diff --git "a/test.jsonl" "b/test.jsonl" new file mode 100644--- /dev/null +++ "b/test.jsonl" @@ -0,0 +1,35 @@ +{"summary": "Tras unha presentación da Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania (BADARE) e do progresivo baleirado nela de diversos atlas lingüísticos da Romania, preséntanse tres mostras da variación diatópica deste tipo de refráns no espazo iberorromance: (1) coa implicación do arco da vella, (2) dos roibéns e (3) das imaxes de ceo ovellado e afíns. Cómpre destacar o grande interese dos materiais contidos nos atlas románicos, que se poden complementar cos doutras obras vinculadas á lingua e ao territorio: repertorios paremiográficos, monografías dialectais, achegas diversas. Aínda que non parece factible un grande atlas paremiolóxico romance nin sequera de segunda xeración, pois os refráns (meteorolóxicos o de outros tipos) son nos atlas de primeira xeración unha propina ocasional, coidamos que mediante a base de datos BADARE se poden administrar eses materiais de xeito que faciliten o estudo da paremioloxía románica ligada ao territorio.\nTras unha presentación da Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania (1) e dos diversos atlas románicos que lle sirven de fontes (2), presento tres mostras da variación diatópica deste tipo de paremias no espazo iberorromance: refráns meteorolóxicos coa implicación do arco da vella (3.1), dos roibéns (3.2) e das imaxes de ceo ovellado e afíns (3.3). Na conclusión (4) pondero a utilidade dos materiais procedentes dos atlas románicos na investigación xeoparemiolóxica.", "text": "Refráns meteorolóxicos e atlas románicos, paremioloxía e territorio\na base de datos badare e as súas fontes\nA Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania, á que corresponde o acrónimo BADARE, é un proxecto que dirixo desde a Universidade de Barcelona (véxase a referencia na primeira páxina deste artigo). O correspondente equipo investigador está constituído por once investigadores de diversos centros universitarios españois e estranxeiros. Sobre a estrutura e a metodoloxía de BADARE, véxase o traballo de Pilar Río (2009: 173180), unha das investigadoras do equipo.\nA base pretende mostrar, coa axuda das novas tecnoloxías, a inmensa riqueza de saber patrimonial compartido en torno á meteoroloxía popular polos pobos románicos de Europa. Pódese consultar en liña (http://stel.ub.edu/badare/), e comezou a acoller fichas de refráns meteorolóxicos (do calendario ou vinculados a espazos de tempo diversos, e tamén sen implicación cronolóxica) o ano 2006. Dende o primeiro momento prestou atención especial á variación diatópica, á localización dos refráns nas obras de referencia, que adoita ser un indicio de fiabilidade nun ámbito científico en que a transmisión (chámese incluso copia) paremiográfica foi sempre unha práctica moi común.\nOs refráns que acolle BADARE tómanse sistematicamente de fontes escritas publicadas no último século e medio. A base permite ao usuario catro tipos de busca, por separado ou combinadas:\n(1) Textuais, que permiten rastrexar palabras ou fragmentos delas nas caixas de “texto”, “tradución literal”, “glosa” (cita literal) e “comentario”. Por exemplo, “agua de mayo”, na caixa de “texto”, conduce a un refrán como Agua de mayo, pan para todo el año. É de moita utilidade para as localizacións atribuídas aos refráns a caixa de “comentario”: así, mediante a busca nela de “Barcelona”, atópanse os refráns que as diversas fontes atribúen a esta cidade. (2) Por linguas (unha, dúas, tres ou todas as da base). Por exemplo, para obter refráns con referencias textuais, asignacións conceptuais ou fontes bibliográficas compartidas por dúas ou tres linguas. (3) Conceptuais: por ámbitos temáticos, categorías e subcategorías. Por exemplo: Cronoloxía > mes > maio + (b) Meteoroloxía > choiva, chover + (c) Ámbito temático xeral > tarefas agrícolas > colleita + augurio > bo augurio: dá como resultado a paremia castelá Agua de mayo, pan para todo el año e outras conceptualmente afíns. (4) Por fontes bibliográficas, ordenadas por apelidos de autores: con posibles combinacións de ata tres fontes, o que permite observar a transmisión paremiográfica de refráns que aparecen como variantes nunha mesma ficha. Así, Año de nieves, año de bienes, en Rodríguez Marín (1883), Rodríguez Marín (1896) e Martínez Kleiser (1989 [1953]).\nA partir do enlace de Fuentes, pódense realizar buscas textuais nas caixas de (1) Autor, (2) Título, (3) Editorial, (4) Lugar e (5) Fecha. Por exemplo, Marín na primeira caixa conduce a diversas obras de Francisco Rodríguez Marín. A voz almanaque na segunda caixa restrinxe o resultado a Los refranes del almanaque, obra publicada por ese autor en Sevilla o ano 1896. Ofrécese tamén a posibilidade de interrogar á base sobre detalles filolóxicos valiosos como número de páxina, número (e letra) de refrán, sub voce (en entradas de dicionario), volume e número de mapa (en informacións procedentes de atlas lingüísticos).\nEntre as fontes librescas, hainas que revisten un interese especial para a relación da lingua co territorio: así, achegas de refráns de áreas ou rexións específicas, como a de Extremadura (Díaz 1991); así tamén, monografías dialectais de corte tradicional, que inclúen refráns, como a de Zamora Vicente (1943) en Mérida. Así mesmo cómpre destacar a serie de coleccións de nomes de nubes, néboas e ventos en diversas comarcas do Principado de Cataluña, impulsada por Albert Manent, que achega refráns vinculados aos tres meteoros de referencia, con abundante implicación da toponimia local. Hai tamén dicionarios que dan conta de refráns acreditados de primeira man nos lugares de referencia, como o gran DCVB para o ámbito do catalán. E incluso repertorios dun ámbito romance nos que se confrontan os refráns cataláns cos homólogos doutros espazos neolatinos (Gomis 1998) 1. Nesta liña de estudo da paremioloxía ligada ao territorio, ben pouco observada ata de agora, coido que a explotación de datos procedentes dos atlas lingüísticos da Romania abre camiños de investigación ben prometedores. Por iso, na empresa colectiva de BADARE aténdese na presente fase de traballo aos atlas románicos, dende os de grandes dominios (como o ALPI ou o AIS), pasando polos de dominios medianos (ALGa, ALEANR, ALDC), ata os de áreas menores como a do Bierzo (ALBi).\n2. o s atLas románicos\n2.1. O ALGa (Atlas Lingüístico Galego, vol. IV, 2003)\nDespois dunha primeira achega procedente deste impagable volume (Gargallo 2009), María Pilar Río Corbacho, profesora da USC, ocúpase do baleirado exhaustivo en BADARE de refráns meteorolóxicos do ámbito lingüístico galego. O volume, consagrado ao léxico relativo ao tempo atmosférico e cronolóxico, contén un apéndice (o terceiro, na parte final) co título de refráns dos meses (p. 461474). En total, 883 testemuños de refráns do calendario, numerados correlativamente, que conteñen sobre todo referencias a meses, pero tamén a festividades ou días do calendario, como a Candeloria (2 de febreiro: números 204 ao 209), Santa Lucía (13 de decembro: números 872 ao 874) ou San Tomé Apóstolo (21 de decembro: número 877). Os refráns aparecen dispostos no apéndice por orde cronolóxicotemática e a mostra ofrece múltiples variantes de tipo fonético, morfosintáctico ou léxico en relación a paremiotipos básicos. Así, Xaneiro xeabreiro (25) e Xaneiro xiabreiro (26); Marzo pelarzo (304) e Marzo é pelarso (305); En maio queima a vella o tallo (463) e En maio aínda a vella arde o tallo (467). Cada rexistro vai acompañado do correspondente punto de enquisa do atlas. A continuación deste apéndice, os Índices do volume (p. 477531) inclúen un de ditos e refráns das notas (p. 519522), no que unha listaxe ordenada alfabeticamente relaciona varios centos de refráns, con entradas distintas tamén para leves variantes, como: (1) aire solán, auga na man ; (2) aire solano, auga na mano ; (3) aire solano, auga na man ; (4) aire solano, auga na mao ; e con remisión sistemática aos mapas e ás notas correspondentes. Nesta listaxe, para atopar a in1 Trátase de feito dun libro en que Cels Gomis i Serdañons recompila e reedita traballos e escolmas do seu avó, Cels Gomis i Mestre, orixinariamente publicados entre 1864 e 1915. Véxase o título na bibliografía final.\nformación sobre os respectivos puntos de enquisa, o lector deberá acudir ás notas indicadas dos mapas respectivos. Por exemplo, na páxina 169, no mapa 62a (Aire/vento do leste) e nas notas 23, 9 e 15, especifícanse os puntos P.9 (Santa Lucía de Moraña) –para o refrán aquí indicado como (1)–, C.35 (O Outeiro) –para o (2)–, L.18 (Viladonga) e P.5 (Moalde) –para o (4). E na páxina 159, no mapa 57a (Aire/vento do sur), a nota 16 localiza o refrán (3) en L.35 (O Outeiro). As iniciais das referencias aos puntos corresponden ás provincias 2.\n2.2. O ALBi (Atlas Lingüístico de El Bierzo, 1996, I)\nNo seu primeiro volume, o ALBi ofrece unha ducia de refráns meteorolóxicos do Bierzo, comarca fronteiriza onde se atopan o galego e leonés no contínuum románico do noroeste peninsular.\n2.3. Os atlas lingüísticos e etnográficos españois de Manuel Alvar\nNo ALEANR (Atlas Lingüístico y Etnográfico de Aragón, Navarra y Rioja) atópanse representados tres tipos romances: altoaragonés, castelán e catalán. Como outros atlas lingüísticos que ademais se ocupan de aspectos etnográficos, este inclúe paremias entre as informacións complementarias dos mapas relativos aos meteoros e ao ciclo festivo. Da colleita do ALEANR, xa incorporada a BADARE, ocúpome en Gargallo (2010).\nOutros atlas de rexións españolas dirixidos por Manuel Alvar, como o ALEA e o ALEICan, conteñen tamén este tipo de paremias. E de todos eles se fixo un baleirado exhaustivo con destino á base de datos.\n2.4. O ALeCMan (Atlas Lingüístico (y etnográfico) de Castilla - La Mancha)\nAtlas de nova xeración, o ALeCMan (2003-) contén unha riquísima achega de refráns dos meses, así como de fenómenos atmosféricos diversos. Pódese consultar en liña (http:// www.linguas.net/alecman/), e constitúe un complemento excelente aos atlas doutros espazos peninsulares dirixidos por Manuel Alvar (2.3). Un botón de mostra da magnífica colleita de refráns no atlas poderían ser as cinco páxinas do anexo de Notas sobre o mes de marzo (mapa 906), que contén ducias de testemuños do “paremiotipo” (ou tipo parémico) en que se invoca a Marzo, personificado, e se lle reduplica o nome con un derivado ad hoc que facilite a rima posterior. Así, o dialoxismo que aparece no primeiro lugar por orde correlativa: Marzo, marzueco, guárdame uno para mureco 3. [E responde Marzo:] Sí, te lo guardaré, pero el rabillo se lo cortaré (AB [Albacete] 207: Villamalea); en relación coa crenza no diálogo ancestral entre o home (a vella, o pastor) e Marzo que tantas manifestacións ofrece na cultura popular romance (Pedrosa 1995; Gargallo 2003: 48); e que xustifica igualmente a notoria profusión de refráns galegos en que se invoca a Marzo con duplicacións comparables a aquela: marceiro, marcelo, marcián, marciano, marsal, marsán, marzá, marzaco, marzagán, marzal, marzale, marzán, marzolo, marzola (derivados que seguen a Marzo na devandita listaxe de refráns dos meses do ALGa: 2.1).\n2.5. O ALDC (Atles Lingüístic del Domini Català, vol. III, 2006)\nContén as esferas semánticas do tempo cronolóxico e da meteoroloxía, e entre as informacións complementarias dalgúns mapas achega paremias. Por exemplo, no mapa 563 (La Candelera), que atribúe ao punto 188 (Alacant) o coñecido paremiotipo en que a Candeloria chora (Si 2 As catro de Galicia: provincia da Coruña = C; de Lugo = L; de Ourense = O; de Pontevedra = P. Por outra parte, para o “galego estremeiro”: Principado de Asturias = A; provincia de León = Le; provincia de Zamora = Z. 3 A forma mureco é variante disimilada de murueco, que o DRAE remite a morueco (“carnero padre o que ha servido para la propagación”).\nla Candelària plora ׀ l’hivern fora), e ademais unha singular variante para a segunda parte do refrán (l’hivern flora) que parece explicarse por ser esta a época da floración da amendoeira; fai pensar na paremia afín rexistrada por Sanchis (1951: 38, núm. 15) igualmente en Alacant (Si la Candelària flora, ׀ l’hivern està fora, ׀ i si no flora, ׀ ni dins ni fora) e –máis lonxe– na que o ALEANR (mapa 1148: La Candelaria), localiza en Roncal (N [Navarra] 206): Cuando la candelera plora, el invierno flora. Sobre as metáforas do chorar (chover) e o rir (sol, bo tempo) da Candeloria como predición inversa para o inverno restante, e sobre os paremiotipos correspondentes, véxase Gargallo (2004: 117121).\n2.6. Os atlas lingüísticos de Francia por rexións\nSegundo o plan ideado por Albert Dauzat dun Nouvel Atlas Linguistique de la France par régions, a mediados do século XX, o mosaico dialectal do hexágono galorromance componse actualmente de teselas en forma de atlas lingüísticos rexionais, onde a parte etnográfica ten un peso importante, proporcional á contribución deste tipo de paremias. En ocasións, as paremias parecen ben xenuínas. Ás veces van acompañadas da tradución literal ao francés, a linguateito e de redacción. Pero non poucas son visiblemente traducións literais a partir das correspondentes nas variedades autóctonas, segundo un hábito bastante común na tradición paremiográfica francesa. Está previsto baleirar pouco a pouco todo este material galorrománico (oïl, occitano, francoprovenzal) en BADARE.\n2.7. Atlas de espazos maiores: AIS, ALPI, ALEPG\nDo Atlante italosvizzero (AIS, 19281940) pódense espigar algúns refráns (en xeral escasos). Por outra parte, se deixamos a un lado o único volume do ALPI impreso ata de agora, de fonética (1962), esta grande empresa colectiva da filoloxía hispánica e románica do século xx vai camiño de ver a luz grazas ao proxecto Elaboración y edición de los materiales del Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, dirixido dende 2009 por Pilar García Mouton, e que permitirá a consulta en liña dos materiais do atlas. Da colleita dos refráns no ALPI dan unha idea como anticipo a publicación dos que presentan a imaxe do ceo ovellado e afíns en Aragón (Casanova 2004: 49), así como a de paremias diversas do ámbito administrativo valenciano (das dúas áreas lingüísticas, catalá e castelá) por parte de Vicent García Perales (2001).\nSeguen tamén aínda inéditos os materiais do ALEPG, pero grazas á xentileza de João Saramago (investigador do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa) dispoño dunha mostra de proverbios meteorolóxicos da que me sirvo na sección 3. Sobre este atlas, véxase Saramago (2006).\n2.8. O API (Atlante Paremiologico Italiano) e a Geoparemiologia\nNos anos 60 do século pasado o investigador italiano Temistocle Franceschi, membro do actual proxecto de ampliación de BADARE (véxase a referencia na primeira páxina), ideou un Atlante\nParemiologico Italiano, ligado á disciplina que el mesmo chama Geoparemiologia. A partir dun Questionario inicial (Franceschi et al. 19811984) ampliado despois (Franceschi et al. 1998/2000 2), consistente en fórmulas parémicas na linguateito italiana que constitúen o patrón para as enquisas no traballo de campo, hai xa anos que se elaboran monografías de lugares do ámbito italorromance (Franceschi 2010). O meu desexo é que os materiais correspondentes se vaian incorporando no futuro á base de datos BADARE 4. 4 Polo que respecta ao ámbito italorromance, os sete volumes do ALI (Atlante Lingüístico Italiano) publicados dende 1995 ata 2010 non inclúen as esferas semánticas do tempo cronolóxico e meteorolóxico.\n3. a rco da veLLa, roibéns, ceo oveLLado. t res mostras de xeopare -\nmioLoxía no espazo iberorromance\nAs tres mostras desta sección aproveitan datos do conxunto das dez mil fichas que contén BADARE en xullo de 2010. Procuro conxugar as informacións procedentes dos atlas (tamén as dos que esperan a súa inclusión na base de datos) coas doutro tipo de obras. Transcribo con fidelidade aos orixinais (só transformo en maiúscula a inicial minúscula dalgunhas fontes, para homoxeneizar criterios; e engado ocasionalmente signos de puntuación entre corchetes, para facilitar a lectura). Adapto a grafía aproximativa os refráns presentados en transcrición fonética (xa que a maioría de detalles fonéticos non teñen especial relevancia para o propósito desta investigación). A barra inclinada entre corchetes “[/]” indica salto de liña no orixinal.\n3.1. Arco da vella\nTal como afirma Pilar García Mouton (1984: 179), “[…] el pueblo no siempre lo ve con buenos ojos y son frecuentes los conjuros, hoy observados como cancioncillas infantiles, que tienen como finalidad la desaparición del arco”. En Portugal oféndeselle con fórmulas como as recollidas polo ALEPG: Arco da velha, tirate daí, que as moças bonitas não são para ti (Beja 3 - Serpa); Arco da velha sai daí, que menina bonita não vai para ai (Braga 1 - São Romão da Ucha). E de xeito similar é tratado nun par de testemuños do ALGa (mapa 91. Arco da vella, nota 8; C.38: A Serra de Outes): Arco de vela [, ] vaite de aí [, ] que as nenas bonitas non son para ti ; Arco de vella [, ] vaite de aí [, ] que as nenas bonitas non son para ti (O.2: Brués, Boborás). Posiblemente esa animadversión explica tamén o exabrupto que rexistra o ALBi (mapa 85: Arco iris / Arco da vella) na localidade berciana galegofalante de Dragonte: Arco da vella, tempo da merda.\nO arco multicolor non é visto en xeral como un indicio meteorolóxico a longo prazo. Pero a súa observación inspira nalgúns lugares crenzas sobre a súa función augural. As cores máis visibles considéranse sinal de colleitas propicias por afinidade cromática, segundo suxire o cuestionario do API (Franceschi et al. 2000 2 : 592) na fórmula italiana 11.05.13.02: Arcobaleno / se è verde – si fa del fieno, se è rosso – si fa del vino, se è giallo – si fa della paglia. Este augurio visual de bens tanxibles recórdame unha serie de indicios materiais por ducias (sal, cebola, noces) que dende o renovarse do ciclo anual (especialmente en torno ao solsticio de inverno) augura o tempo meteorolóxico dos doce meses do ano por vir en moitos lugares da Romania e do resto de Europa (Gargallo 1999: 264266).\nTal como preciso noutro lugar (Gargallo 2006: 304), o arco da vella raramente sinala o tempo mais alá da xornada (en xeral matutina ou vespertina, cando é máis doado velo, pola inclinación dos raios solares), ou dun día para o seguinte. Adoita estar en relación coas latitudes que indican o levante e o poñente do sol. Ou ben non indica lapso cronolóxico, pero é inherente á choiva que o precede, acompaña ou segue, e xustifica tantas e tantas fórmulas alusivas a cando chove e fai sol (Ferro 2007). Por iso, as manifestacións do arco como indicio meteorolóxico máis alá da xornada seguinte son excepcionais, ligadas á crenza na prefiguración máxica do tempo, como nos doce indicios materiais para o tempo de doce meses, ou nas previsións de choiva dun día para corenta. O arco da vella á travesía, tres semanas de invernía (ALGa, mapa 91, Cuíña, Traba, Laxe: C.17) é unha verdadeira rareza. En cambio, son moeda corrente as previsións que implican partes da xornada (3.1.1) ou un lapso cronolóxico dun día para o seguinte (3.1.2), así como as que descansan no poñente e o raiante solares (3.1.3). E, como en todo tipo de paremias, o recurso á rima é ingrediente común, tamén nos que non aluden ao tempo cronolóxico (3.1.4). Véxase ao respecto Gargallo (2006: 306312) e Río (2009: 180188).\n3.1.1. Mañá e tarde\nLa interpretació de l’arc de Sant Martí com a senyal d’aigua, és diferent segons que l’arc aparega el matí o el capvespre, i és diferent també segons les regions. A Catalunya i València creuen que en veure’s l’arc al matí, plourà prest, i que en veure’s l’arc al capvespre, no plourà; en canvi, a Mallorca i Menorca la interpretació és contrària, car consideren senya de pluja imminent l’aparició de l’arc al capvespre, i com a senyal que no plourà l’aparició de l’arc al matí. (DCVB, s. v. arc).\nSegundo o DCVB, nas rexións peninsulares do catalán o arco matutino anuncia choiva; e o vespertino, bo tempo. En cambio, nas Illas Baleares a previsión de mañá (bo tempo) e tarde (choiva) é inversa. Os refráns do ALDC (mapa 678. L’arc de Sant Martí) incorporados a BADARE corroboran esta apreciación:\n¾ Si surt al dematí | par [a]- li el bací [‘a bacía’] | si surt al vespre | par [a]- li la testa [‘a cazola’]. O ALDC localiza este refrán, con elipse do arco, no punto 34 (Santa Maria de Corcó, bisbarra catalá de Osona). Restituímos a vocal átona en par [a]- li ; e interpretamos que choverá máis ou menos tanto pola mañá como pola tarde. Gomis (1998: 95) localiza en Arenys de Munt\n(bisbarra catalá do Maresme): Arc de Sant Martí al matí, [/] parali el bací; [/] arc de Sant Martí al vespre, [/] parali la testa. Para a última parte Gomis ofrece as variantes la pluja està llesta e la pluja resta. Por outro lado, o DCVB (s. v. arc) localiza na veciña Pineda (da mesma comarca, el Maresme): Arc de Sant Martí al dematí, parali el bací; [/] i al vespre, parali la testa ; e nas comarcas do Ampurdán e da Garrotxa, esta variante: L’arc de Sant Martí, si surt el matí, parali el bací; si surt el vespre, parali la testa.\n¾ S’arc de Sant Martí, si surt es matí, fé ton camí; si surt es capvespre, no vages a festa. Este refrán de Mallorca responde á predición de choiva a partir do arco matutino, e de bo tempo a partir do vespertino, segundo as indicacións devanditas do DCVB (s. v. arc). O refrán é rexistrado precisamente por esta obra, que engade unha variante para a última parte: “o\n«treu es cap a sa finestra»” [‘saca a cabeza á fiestra’]. Cómpre sinalar as formas dialectais fé (con asimilación consonántica da - s de fes), vages (por vagis) e as formas do artigo “salat” característico das Baleares. O ALDC rexistra no punto 81 (Felanitx, Mallorca) unha variante con elipse na mención do arco: Si surt es dematí, prenim bon camí; si surt es capvespre, demà farem festa. Non resulta precisa a previsión meteorolóxica nestes outros dous refráns: ¾ Arc de Sant Martí es matí, o fa ploure o fa aclarir. Localizado polo DCVB (s. v. arc) en Menorca. O ALDC rexistra en Es Migjorn Gran (Menorca): S’arc de Sant Martí | o fa ploure o fa espargir [‘escampar’]. Nótese o uso do artigo “salat”, procedente do latín ipsu.\n¾ L’arquet de Sant Martí | va millor a la tarda que al matí. O ALDC recolle o refrán no punto 3 (Perpiñán, na Cataluña do Norte, baixo administración francesa).\nPor outra parte, do material inédito do ALEPG proceden diversas paremias portuguesas que responden a un paremiotipo de molde iberorromance en que riman tarde e balde (ou as formas prefixadas debalde, embalde): Arco da velha de tarde / não vem cá debalde (Portalegre 5 - Porto da Espada); Arco da velha de tarde / não vem em debalde (Portalegre 6 - Campo Maior); O arco da velha em tarde, não vem embalde (Beja 5 - Barrancos); Arco da velha à tarde, não vem embalde e de manhã, não vem em bem (Évora 2 - Alcáçovas). Cf. en Carrusca (1976: 244): Arco da velha à tarde [/] não vem cá debalde (e, ademais, coa variante em balde). Algúns refráns homólogos en galego: Arco da vella á tarde non vén de balde: se non trae chuvia, traerá aire ; atribuído por Vázquez Saco (2003: 154, núm. 3633) a un texto mecanografiado de Loureiro de Cotobade, así como a un manuscrito coa referencia de “Fraguas, Vida Gallega ”. Compárese co testemuño da mesma obra: Aire de Calde non traballa en balde (Vázquez Saco 2003: 153, núm. 3598); coa seguinte glosa: “Calde, parroquia inmediata a Lugo, hacia el sur. Trae agua”. En castelán Martínez Kleiser (1945: 42) rexistra Arco en la tarde, no viene en balde ; o mesmo autor, noutra obra (Martínez Kleiser 1989 [1953]: 56, núm. 5184), remite a Rodríguez Marín a variante sen artigo: Arco en tarde no viene en balde. E Rodríguez Marín (2007 [1926]: 45) recolle así mesmo o refrán, cunha glosa que indica a súa localización moi preto de Portugal: “Recogido en Higuera de Vargas (Badajoz). Observa que cuando sale el arco iris por la tarde, sobre todo, después de una tormenta con lluvia, mejora el tiempo”.\n3.1.2. Hoxe e mañá\n¾ Hoy arco, mañana charco. O ALEA (mapa 860. Arco iris) rexistra o refrán no punto Ma 406 (Málaga). Aínda máis sinxelo, e tamén con rima consonante, é o testemuño veciño de Gella (1944: 20): Arco, mañana charco (de Peñarrubia, Málaga). ¾ Arco de San Txuan | aigua [ha] sta demà. O ALDC (mapa 678. L’arc de Sant Martí) localiza este refrán híbrido en les Paüls (punto 93), na Ribagorza oscense, xunto á fronteira lingüística de tránsito entre o catalán e o altoaragonés. Do outro lado desta, na ribeira do Ésera, atopamos o espello fronteirizo na variedade do aragonés ribagorzano de transición ao catalán: Arco de San Juan, / aigua pa demán (Gomis 1998: 96, nota 34). O mesmo autor localiza nunha poboación desta ribeira, Santa Liestra, un refrán de feitura máis catalá: Arco de San Juan pel matí, / aigua de tarda pel camí ; e outro con predominio de elementos casteláns: Si sale el arco de San Juan, / prevén la capa per demán (ibídem). “Arco (de) San Juan es la respuesta más frecuente [recollida no ALEANR, mapa 1336] en Huesca”, segundo García Mouton (1984: 172).\n3.1.3. Poñente e levante\nOs refráns do arco ligados a estes dous puntos cardinais expresan frecuentemente a predición de mal tempo (choiva) e bo tempo mediante as tarefas da labranza cos bois no campo: ¾ Se o arco de vella está para o poñente, ceiba os bois e vente; se está para o raiante, fala ós bois para adiante (ALGa, mapa 91. Arco da vella, nota 6; C.23: Rodís, Cerceda). ¾ Arco de vella pó poniente, recolle os bois e vente; arco da vella pó oriente, afálalle ós bois pa diante (ALGa, mapa 91, nota 7; C.35: O Outeiro, Sar, Santiago de Compostela). ¾ Arco al levante, no te espantes; arco al poniente, desunce y vente. O ALEA (mapa 860. Arco iris) rexistra o refrán no punto Al 600 (Carboneras). Cf. outro testemuño da Andalucía oriental: Arco al Levante, / labra y no espantes; / arco al Poniente, / coge la capa y vente ; localizado por Gomis (1998: 96, nota 34) en Quesada (provincia de Jaén). Nesta mesma rica nota ao pé, Gomis localiza en Osuna (provincia de Sevilla): Arco iris por levante, / levanta el tiempo al instante; / arco iris por poniente, / coge los bueyes y vente. Osuna é o lugar onde naceu o grande paremiólogo Francisco Rodríguez Marín, que entre os seus Cien refranes andaluces recolle, con grafía dialectalizante: Arco iris por lebante, -levanta er tiempo al istante. -Arco iris por poniente, -coge los güeyes y bente (Rodríguez Marín 1883: 7, núm. 15). Non parece, pois, caber dúbida sobre a fonte de onde bebeu Gomis, que escribe aínda nesta nota 34: “A la província de Jaén donen el nom de pata de cabra a un tros d’arc de Sant Martí que es veu de vegades entre núvols. Quan surt la pata de cabra, és senyal segur de pluja […]”. Outras patas de cabra recolle no centro peninsular o ALeCMan (mapa 971: Arco iris. Notas); en tres puntos da provincia de Ciudad Real: ¾ La pata cabra al poniente, desunce la yunta y vente (CR 408: Villahermosa). ¾ Si ves la pata cabra salir a poniente, desunce la yunta y vente (CR 605: Torrenueva). ¾ Si la pata cabra está al saliente, desunce la yunta y vente (CR 606: Villanueva de los Infantes). Son patas de cabra manchegas que responden a unha motivación esotérica similar á da localidade mallorquina de Sinéu, onde o ALDC (punto 76 do mapa 678. L’arc de Sant Martí) recolle como segunda resposta coll de cabra, acompañada desta explicación: “Quan només es fa mig arc”.\n3.1.4. A forza da rima\n¾ Arco da velha, chuva na quelha (ALEPG: Braga 3 -Vila Boa de Bucos; material inédito).\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 3150 ¾ Arco de vieja / no llena charco / y, si lo llena, / corre barranco. Localizado polo ALEICan (mapa 762. Arco iris) no punto LP 10 (Tijarafe). Nótese a designación canaria arco de vieja, de motivación análoga á do galego e portugués (arco da vella/velha) e a do asturiano (arcu la vieya); inspirada na ancestral crenza nunha esotérica figura feminina: “La vieja parece ser en toda Europa un demon femenino que mueve las fuerzas de la naturaleza” (en palabras de Pilar García Mouton 1984: 184). Por outra parte, compárese con Agua de arco no hinche charco; mas si lo hinche, corre barranco (Martínez Kleiser 1989 [1953]: 56); no repertorio navarro de Pejenaute (1999: 269): Agua de arco, no hincha el charco; mas si lo hincha, llena el barranco. ¾ La ratlla de Sant Martí | la pluja ja està ací. O ALDC localiza o refrán no punto 179 (Pego, no interior valenciano). Como nos casos anteriores, axuda á memoria a forza da rima.\n3.2. Roibéns\nO DRAG exemplifica a entrada roibén co refrán Roibéns ó nacente, auga de repente ; e remite para a variante rubién, que define con dúas acepcións: (1) “Luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ó abrilo día ou ó atardecer, cando lles dá o sol”; (2) “Nubes de cor vermella ou encarnada que hai ó abrilo día ou ó atardecer cando as ilumina o sol”. Os indicios baseados na cor do ceo e as nubes nas primeiras e nas últimas horas de luz diúrna constitúen un motivo paremiolóxico que se remonta á Biblia (Mieder 1996: 61). Hoxe está moi ben representado no espazo románico (véxase en BADARE: Meteorología > cielo > arreboles), e ademais é coñecido noutras linguas, como a inglesa: Red sky at night, sailor’s [ shepherd’s ] delight; red sky in the morning, sailors take warnin g (Mieder 1996: 62).\nA estrutura dos refráns correspondentes aos roibéns recorda bastante á dos refráns do arco da vella (3.1): abundan as referencias contrapostas aos extremos da xornada diúrna (3.2.1), así como ao levante e ao poñente (3.2.2). Hainos tamén sen mención de lapsos cronolóxicos, por máis que só poden referirse aos crepúsculos matutino e vespertino (3.1.3). Algúns toman como referente o medio natural (mar, monte, topónimos: 3.2.4). E a grande maioría obedece así mesmo á forza da rima.\nNas paremias galegas temos diversos derivados do latín rŭbeu (roibéns, rubéns, rubianas, rubieiras), do que proceden tamén as formas adxectivas royo (do aragonés) e [ mar / posta ] rocha / rotxa (do catalán de Valencia). De rŭbor, da mesma familia latina, sae o derivado romance * arruborar, disimilado en arrebolar ; e deste, o posverbal arrebol (arreboles, arrebolada) propio do castelán (DCECH, s. v. rubio). Outro representante latino da mesma familia léxica indoeuropea é rŭsseu, do cal provén o galego roxo. A cor especial do ceo inspira todas estas designacións, así como a cruenta imaxe da vaca desollada de diversos refráns casteláns. A personificación das nubes e a veciñanza con Galicia explicará as galleguiñas con refaixo rubio do refrán berciano que remata este apartado (3.2.5). 3.2.1. Final e principio da xornada diúrna ¾ Alba roya, viento o ploya. Refrán altoaragonés localizado en Jaca (punto Hu 107) polo ALEANR (mapa 1315. Significación atribuida a los arreboles de la salida o puesta de sol), que rexistra no punto Hu 109 (Yebra de Basa) estas variantes: Alba roya, viento y pluya ; ou viento y pluvia. ¾ Alba rubia, viento o lluvia. O mesmo mapa do ALEANR localiza o paremiotipo anterior, pero co cultismo rubia en lugar da voz patrimonial roya, nos seguintes puntos de enquisa: Na 300 (Pamplona), Na 400 (Artieda), Na 403 (Javier), Na 502 (Cascante), Na 601 (Arguedas), Z 400 (Las Pedrosas) y Z 402 (Zuera). En Te 102 (Muniesa): Alba rubia, o viento o lluvia. Gomis (1998: 93) localiza o refrán en Longares (provincia de Zaragoza): Alba rubia, / viento o lluvia.\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 3150 Cf. Aurora rubia, o viento o lluvia ; paremia rexistrada por Martínez Kleiser (1989 [1953]: 29, núm. 2625). Coa variante pluvia, de feitura culta ou latinizante, aparece na páxina 524 (núm. 45.932) da mesma obra, que toma o refrán de Correas (núm. 2378 da edición de Combet et al., 2000 [1627]: 112). Conde (2001: 115) atribúe ao galego este mesmo paremiotipo: Aurora roiba, ou vento ou choiva. ¾ Candilejo al anochecer, agua al amanecer. O ALEA (mapa 835. Arreboles) localiza o refrán no punto SE 406 (Paradas). O Vocabulario andaluz de Antonio Alcalá Venceslada (1980: 123) rexistra candilejo co significado de ‘roibén’. Outro testemuño andaluz é o de Gomis (1998: 100), que localiza en Peal de Becerro (provincia de Jaén): Candilazo al anochecer, / agua al amanecer ; e engade: “Igual cosa diuen a Sevilla i Madrid”. Candilazo que o DRAE define, na segunda acepción, como “arrebol crepuscular”. Candilazo e candilejo derivan de candil, que alumea, como o sol dos roibéns. ¾ Encarnado á cena, bon tempo espera. Refrán localizado polo ALGa (mapa 41b. Roibén) no punto A.3 (Porzún, Piantón, A Veiga), na raia de Asturias con Galicia. Nótese a forma cena, en lugar da normativa cea ; como neste outro rexistro do ALGa (mapa 41a. Roibén) na AstuII, 769, liñas 4349). O adxectivo rocha é tamén catalanismo (a partir de roja e co enxordecemento da palatal) destas falas castelás da Valencia interior e do Baixo Aragón. Cf. Mar rocha, agua en clocha (3.2.4b). ¾ Rubieiras pola mañá, pola tarde a capa mollada (ALGa, mapa 41a. Roibén ; punto O.8: Larouco). ¾ Tarde arrebolada, mañana mojada. Así, en Martínez Kleiser (1945: 42) e no repertorio navarro de Pejenaute (1999: 272). O ALEA (mapa 836. Arreboles vespertinos) rexistra no punto J 400 (Santiago de la Espada) unha variante cos substantivos en forma diminutiva: Tardecica arrebolada, mañanica mojada.\n¾ Rubianas ó poniente, agua o aire. Localizado polo ALGa (mapa 41a. Roibén) no punto Le.4 (Carracedo de Monasterio, provincia de León). Son tamén leoneses (bercianos) os testemuños de roibéns ao poñente do ALBi: Rubianas a poniente, sol al día siguiente (mapa 54. Atardecer / Atardecer : en Santa Cruz); Rubiais ó poniente, sol ó naciente (Mapa\n3.2.3. Sen implicación cronolóxica\n¾ Sol royo, viento u ploro. O ALEANR (mapa 1315. Significación atribuida a los arreboles de la salida o puesta de sol) atribúe a Santa Lecina (Hu 600) este curioso refrán en que ploro ‘choro’ se refire á coñecida metáfora da choiva. Trátase posiblemente do substantivo, e non da primeira persoa do presente de indicativo de plorar. ¾ Broma roja, [/] vent o ploja. Localizado por Gomis (1998: 99) na bisbarra catalá do Rosellón (baixo administración francesa). O ALDC (mapa 663. Els núvols ; 665. La pluja) recólleo en Perpiñán (punto 3), e a transcrición fonética da fonte reflicte a pronunciación como “u” do [o] pechado histórico, trazo que vincula o catalán máis setentrional co occitano: Bruma ruja, vent o pluja (en transliteración aproximativa). Entendemos aquí broma no sentido xenérico de ‘nubes’, propio da área pirenaica 5. Cf. o refrán homólogo do occitano aranés: Broma arroja, vent o ploja (CNLVA 1992: 22) e estoutro testemuño occitano na súa variedade languedociana: Brumo roujo, [/] Vent o ploujo (Mistral, s. v. brumo); en grafía normativa: Broma roja, [/] Vent o ploja. Por outra parte, o ALDC non inclúe un mapa específico sobre os roibéns, que sen dúbida tería amosado a grande difusión da paremia catalá Cel rogent, pluja o vent, que non atopamos no atlas. En cambio, e significativamente, acompaña como exemplo ilustrativo a entrada rogent [“Vermellós, s’aplica al cel”] do DIEC, o dicionario normativo do catalán. ¾ [La vaquilla (de)sollá] a los tres días remojá. O ALeCMan (mapa 938. Arreboles del amanecer) rexistra o refrán no punto CU 109 (Huete). Expresa tamén a predición de tres días de choiva esta variante extremeña: Vaca “soyá” y a los tres días “mojá” ; localizada en Oliva de 5 “És sabut que avui el sentit de ‘núvol’ és cosa sobretot dels Pirineus i en general de totes les zones muntanyoses del Princ. [Principado de Cataluña], Cat. Fr. [Cataluña francesa] i Maestrat [bisbarra valenciana do Maestrazgo]” (DECat, s. v. broma, II, 264, liñas 3336).\nla Frontera e comarca (da provincia de Badajoz) por Díaz (1991: 85). Na monografía de\nZamora Vicente (1943: 143) sobre Mérida rexístrase unha variante ampliada: Vaca esoyá, a los tres días mojá; – si se ve en jueves, – a los tres días llueve. – Si es castiza, – desde el primer día atiza. ¾ Vaca morena, delante el sol, escuece la uña, regaña el pastor. O ALeCMan (mapa 938. Arreboles del amanecer. Notas) deixa constancia no punto AB 307 (El Bonillo) desta preciosa imaxe dunha “vaca morena”, que parece ter como substrato a menos plástica da “vaca desollada”.\n3.2.4. Con referencias ao medio natural\nO mar e o monte, o mar e a terra, ou referencias a topónimos, marcan a orientación dos roibéns e as consecuentes predicións meteorolóxicas. Os refráns galegos miran ao mar cara o seu poñente (a). En cambio, no levante peninsular, a mar rocha (‘mar roxo’) refírese ao leste, ao Mediterráneo (b):\na) Ámbito galego (e berciano) ¾ Estando encarnado ó mar, colle os bois e vai labrar; estando encarnado ó monte, colle os bois e méteos na corte ; no ALGa (mapa 41b. Roibén), punto C.48 (Cabo de Cruz, Castro, Boiro). O mesmo mapa rexistra unha variante en P.12 (Fefiñáns, Cambados): Encarnado polo mar, colle os bois e vaite labrar; encarnado polo monte, colle os bois e ponos na corte. Tal como\nAragón, na provincia de Teruel, o mapa 1315 rexistra no punto Te 307 (Cedrillas): La mar rocha, agua en la clocha. Cf. Posta rotxa, auia.n clotxa no punto 3.2.1, e as referencias correspondentes a rocha e clocha.\n3.2.5. Personificación\n¾ As galleguiñas con refaixo rubio, sol seguro. A personificación de meteoros é unha das categorías que acolle BADARE. Ocupámonos deste aspecto tan suxestivo da cultura popular romance en Gargallo / Torres (2010). Neste caso, aínda que non o precise a fonte (ALBi, mapa 65. “Rubián” / Roibén), as galleguiñas con refaixo rubio deben de ser as nubes roxas que dende Dragonte, onde se recolle o refrán, se ven de cara á posta na Galicia raiana.\n3.3. Ceo ovellado e imaxes afíns\nA mirada ao ceo proxecta imaxes do hábitat da terra. As nubes compáranse con persoas (así, nas “galeguiñas con refaixo” de 3.2.5) ou con animais (vacas desolladas : 3.2.2a, 3.2.3). É moi frecuente a imaxe dun ceo con ovellas ou cordeiros, da que aquí ofrecemos unha mostra iberorromance (3.3.1), pero que ten abundante representación noutras áreas románicas (francés: Ciel vêtu de laine, eau peu lointaine ; italiano: Cielo a pecorelle, acqua a catinelle). A imaxinación popular ten creado ademais múltiples imaxes dun ceo a roquiñas, empedrado, a montóns, entre outras, que se asocian a obxectos e aspectos diversos do medio natural e da vida cotiá, como se verá nesta achega iberorrománica (3.3.2); e presenta homólogos tamén noutras áreas románicas (francés: Ciel pommelé, femme fardée / Ne sont pas de longue durée ; italiano: Aria a pane [/] se non piove oggi pioverà domane). Nas recollas de nomes de nubes, néboas e ventos por comarcas catalás que ten levado a cabo Albert Manent, hai centos de refráns con este tipo de imaxes, que Joan Veny (2009) catalogou por motivacións e afinidades formais.\n3.3.1. Imaxes ovinas e caprinas\n¾ Al cel cabretes, [/] a la terra bassetes. Así, en Gomis (1998: 101), que localiza o refrán na comarca do Campo [Camp] de Tarragona. O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) rexistra nos puntos 25 e 32 (respectivamente, Roses e Camallera, da comarca do Alto Ampurdán): El cel fa cabretes, la terra farà bassetes [‘balsiñas’]. ¾ Cel a borreguets, [/] aigua a cantirets. Trátase dun paremiotipo bastante difundido polo catalán peninsular. Gomis (1998: 101) rexístrao sen localización. Manent (2002: 19) asigna a variante con cantirets a Camarles e l’Aldea (comarca do Baix Ebre); e nas páxinas 54 e 55, á localidade de Molins de Rei (el Baix Llobregat). Así mesmo, noutra recompilación (Manent, 1999: 21), á comarca do Barcelonés. O testemuño do ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) para o punto 155 (Borriana, na Plana de Castellón) inverte os conceptos do refrán, por confusión do informante (segundo glosa a propia fonte): El cel a canterets, auia a borreguets. O mesmo ALDC recolle máis ao sur: El cel a borreguets | l’auia a canterets (la Font de la Figuera); ambos, co valencianismo auia. ¾ Cielo a carneros, agua a calderos. O ALEANR (mapa 1311. Cielo emborregado) localiza o refrán en Biel (Z 201), da provincia de Zaragoza. Na de Huesca (Hu 105: Berdún): Cielo a carneros, el agua a calderos. Cf. no repertorio oscense de Arnal (1997 [1953]: 31): Cielo a borregos [, ] agua a calderos. Pola súa parte, Gomis (1998: 102) atribúe ao Baixo Aragón: Cielo a corderos, / agua a calderos. Precisamente onde localiza o refrán Rodríguez Marín (2007 [1926]: 74). ¾ Ceo ovellado, chan mollado ; no ALGa (mapa 42a. Ceo ovellado), no punto C.25 (Xanceda, Masía); Ceu de lan, se non chove hoxe chove mañán (mapa 42b. Ceo ovellado), no punto C.17 (Cuíña, Traba, Laxe). Son dúas mostras de entre as moi numerosas paremias galegas que responden a esta imaxe e que recollen estes dous mapas. ¾ Cielo encabricao, a los tres días mojao ; no ALEANR, mapa (1311: Cielo emborregado), punto Cu 400 (Santa Cruz de Moya), localidade conquense nos lindeiros co enclave admistrativo valenciano do Rincón de Ademuz. Cf. Cielo empedrado, a los tres días mojado (3.3.2).\n3.3.2. Outras imaxes, outras motivacións\n¾ Al cel bassetes, [/] a la terra pastetes ; ‘balsiñas’ que se trasladan ao ceo; pastiñas de terra mollada. O refrán figura así en Gomis (1998: 101). O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) rexistra no punto 45 (Moià, el Bages): El cel fa bassetes, [/] a la terra hi ha pastetes ; e no punto 37 (Cruïlles, comarca do Baixo Ampurdán): Quan el cel fa bassetes, a la terra es fan pastetes.\n¾ Cel a roquetes [’roquiñas’] | aigua a canterelletes [‘botixiños’]. O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) localiza o refrán no punto 152 (Atzeneta del Maestrat). O DCVB atribúe ao valenciano a forma canterella. Cf. máis abaixo En el cel roquetes, a la terra bassetes. ¾ Cel borrugat, suelo mullat ; no ALEANR (mapa 1311. Cielo emborregado), punto Hu 404 (Tolva) da área catalanfalante de Aragón. En Benabarre [Benavarri], localidade aragonesa veciña, o ALPI (punto 613) recolle Cel borrugat, camp regat (Casanova 2004: 49). O adxectivo borrugat é variante con asimilación labial do tipo léxico berrugat ‘con berrugas’, que o DCVB localiza en Mallorca. Por outra parte, nótese o castelanismo suelo. ¾ Cel tavellat (‘ceo pregado ou arrugado’) é unha imaxe propia das Baleares: Cel atavellat, dintre tres dies banyat [‘mollado’]; o DCVB (s. v. cel) asigna o refrán a Menorca. A mesma obra (s. v. tavellat) localiza en Mallorca a variante Cel tavellat, dins tres dies banyat. Unha das acepcións que o DCVB consigna para tavella ‘pregue, enruga’ leva á de “núvol prim que sembla un doblec de roba, i que, en aparèixer en gran nombre cobrint el cel, sol esser senyal de pluja”\nbassets ; e máis ao sur, na de Alcora, punto 757 (co valencianismo auia): Cel a muntonets, auia 6 Agradezo a Joan Veny a indicación da posible entidade idioléctica de mukat, pois non resulta ser unha forma acorde coas características da variedade menorquina de Ciutadella.\na cabassets (García Perales 2001: 20282029). Cf. ademais Cel a muntets, aigua a cabassets ; localizado por Manent (2002: 27) en Alfara e Xerta (comarca do Baix Ebre). ¾ Cielo empedrado, a los tres días mojado. Así, en Martínez Kleiser (1989 [1953]: 525) e no testemuño navarro de Pejenaute (1999: 217). No ALEANR (mapa 1311: Cielo emborregado, punto Z 100: Uncastillo): Cielo empedrao, a los tres días mojao. A mesma obra glosa “a los tres días suelo mojado” xunto á resposta empedrao de Lo 100 (Casalarreina). Cf. os rexistros toledáns do ALeCMan: (mapa 950: Cielo emborregado): Cielo empedrao, a los tres días mojao ; localizado en TO 100 (La Iglesuela) e TO 114 (Villamiel de Toledo). En TO 106 (Nombela): Cuando el cielo está empedrao, a los tres días mojao. En TO 311 (Belvís de la Jara): Cuando el cielo amanece empedráo, a los tres días mojao. En portugués, dos datos inéditos do ALEPG (Évora 4 - Nossa Senhora de Machede): Céu empedrado, dentro de três dias é molhado.\nO ceo “empedrado” é unha imaxe moi característica do ámbito iberorromance. Ten así mesmo representación no galego: unha das moitas variantes que recollen os mapas 42a e 42b (Ceo ovellado), escollida ao azar, é Ceu empedrado, chan mollado (42a, C.38: A Serra de Outes). Concorda co castelán: Cielo empedrado, suelo mojado, que recollen así Martínez Kleiser (1989 [1953]: 525) e o repertorio navarro de Pejenaute (1999: 298). O ALEANR (mapa 1311. Cielo emborregado) rexistra en Na 205 (Ochagavía): Cielo empedrau, suelo mojau. O ALPI recolle en Sos [del Rey Católico] (618) e Boquiñeni (620): Cielo empedrau, suelo mojau ; en Codos (625): Cielo empedrau, el suelo mojau (os tres puntos, da provincia de Zaragoza) (Casanova 2004: 49). ¾ Cielo encrespao, monte regao : ALEANR, mapa 1311, punto Hu 405 (Pozán de Vero). O ALPI recolle en Peralta de Alcofea (616): Cielo crespau, monte arregau. Ambos puntos pertencen á provincia de Huesca. ¾ Cielo enladrillado, a los tres días suelo mojado. O ALEICan (mapa 751. Cielo emborregado) localiza o refrán no punto LP 10 (Tijarafe, Las Palmas); en Navarra (Na 401: Navascués), o ALEANR (mapa 1311) rexistra a variante Cielo enladrillau, a los tres días mojau. Na localidade altoaragonesa de Ansó (punto 605), o ALPI recolle : Cielo enladrillau, a los poqués días mullau. ¾ Cielo rizau, suelo mojau ; no mesmo mapa do ALEANR, no punto navarro Na 105 (Ciordia). ¾ El cel a petxinetes [‘conchiñas’] | auia a bassetes [‘balsiñas’]. Así, no ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat), que rexistra o refrán en Borriana (punto 155); coa marca do valencianismo auia ‘auga’. Outras localizacións sitúan o paremiotipo nas terras do Ebro: Cel a petxinetes, aigua a les bassetes en Mequinenza (provincia de Zaragoza), segundo o DCVB (s. v. petxineta) e o ALPI (punto 628) 7, que anota ademais no punto 629 (Maella, tamén da provincia de Zaragoza): Cel a petxines, aigua a badines (Casanova 2004: 49). Albert Manent (1997), na súa recolla das comarcas veciñas da Ribera de Ebro e a Terra alta, ofrece outras variantes: Cel a petxinetes, aigua per les bassetes (páx. 22); Cel a petxinetes, aigua a bassetes (páx. 28); Si lo cel és a petxinetes [, ] aigua a les bassetes (páx. 56). ¾ En el cel roquetes, a la terra bassetes ; en Es Migjorn Gran (Menorca), punto 71 do ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat). Cf. Cel a roquetes | aigua a canterelletes. ¾ Está o céu às camadinhas, ou chuva ou sardinhas ; do material inédito do ALEPG (Beja 7 - Nave Redonda), que anota para o punto Faro 13, S. Marcos da Serra: “o mesmo, mas «em escaminhas»”. 7 Seguramente Manuel Sanchis Guarner, colaborador do DCVB e enquisador do ALPI en Aragón, sexa o responsable da coincidencia dese testemuño das dúas obras en Mequinenza.\n4. p aremioLoxía e territorio. a xeito de concLusión\nNos atlas lingüísticos os refráns son unha propina ocasional, máis ou menos xenerosa segundo os casos. Por iso, non se pode concibir un grande atlas paremiolóxico romance de segunda xeración, elaborado non a partir da enquisa directa, senón da colleita previa dos atlas de primeira xeración, á maneira do ALiR. Por outra parte, dada a complexidade estrutural e motivacional das paremias, tampouco parece factible a cartografía sistemática, nin sequera nun espazo mediano como o do galego ou o do catalán. En compensación, cabe ponderar a utilidade da base de datos BADARE, que acolle materiais de índole xeográfica procedentes tanto dos atlas románicos como doutras fontes.\nAs pertinentes buscas textuais, conceptuais, por variedades románicas, por fontes bibliográficas (vid. 1), permiten detectar, por exemplo, determinadas afinidades, mesmo áreas parémicas. Así, a do paremiotipo iberorromance en que riman tarde e balde (3.1.1); as dos refráns que presentan a imaxe do ceo “empedrado” (3.3.2); a do catalán setentrional Broma roja, [/] vent o ploja, que vai da man co occitano (3.2.3); un ceo (a)tavellat (‘arrugado’) ou con tavelletes (‘preguiños’), propio das Illas Baleares (3.3.2); a alianza de rima entre [ mar / posta ] rotxa e clotxa característica do valenciano e prolongada nas falas castelás veciñas (3.2.1 e 3.2.4b); a comunión transfronteiriza catalanoaragonesa dun Arco de San Txuan / Juan anunciador de auga para demà / demán ‘mañá’ (3.1.2); a imaxe cruenta pero suxestiva da “vaca desollada” na provincia de Badajoz e noutros lugares do interior peninsular, como Cuenca, Guadalajara e Albacete (3.2.2a, 3.2.3).\nAdemais, os comentarios adicionais das fichas de BADARE, en que se precisan as referencias bibliográficas de cada paremia e das súas posibles variantes, acollen con frecuencia datos dialectais ou xeolingüísticos que botan luz sobre aspectos concretos dalgúns refráns, como no seguinte exemplo:\nUnha das múltiples paremias que o folclorista Cels Gomis recolleu fóra do ámbito do catalán, probablemente no seu labor como enxeñeiro polas terras de España, é esta que localiza no Moncayo (por lóxica, refírese ás inmediacións da montaña que se eleva entre Aragón e Castela): Año zagüeñil [de poñente], / coge la capa y vete a dormir ; que confronta como sinónima da catalá Any de ponent, [/] any dolent [‘Ano de poñente, ano cativo’] (localizada en Figueres). Pois ben, o curioso adxectivo zagüeñil, do que unha busca en Google en xullo de 2010 me ofrece como único resultado precisamente este refrán de Gomis incorporado a BADARE, entendo que será derivado de zagüeño, variante (con equivalencia acústica: z/f) de fagüeño, que á sua vez o é (por outra equivalencia acústica: g/v ante semiconsonante velar “u”) de favueño (< latín favoniu). Baseo a miña interpretación no feito de que o ALEANR rexistre fagüeño en Mallén (Z301) e zagüeño en Tarazona (Z302) 8, puntos da provincia de Zaragoza; e Tarazona atópase nas inmediacións do Moncayo. Por outra parte, o DRAE localiza en Aragón a variante patrimonial fagüeño, que remite ao cultismo favonio, definido como “viento que sopla de poniente”. Con estas mostras, coido que se fai evidente o proveito científico derivado da relación entre paremioloxía e territorio, unha alianza conceptual que se inspira no espírito e o título do libro editado por Álvarez, Dubert e Sousa (2006), Lingua e territorio. Agradecementos\nAgradézolle a Rosario Álvarez a lectura do texto e os seus comentarios.\nALEPG = Atlas LinguísticoEtnográfico de Portugal e da Galiza. Centro de Linguística da Universidade de Lisboa [en preparación]. ALGa = Constantino García / Antón Santamarina (directores): Atlas Lingüístico Galego. Volume IV. Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ALI = Atlante Linguistico Italiano (1995-). Fundado por Matteo Bartoli e Giuseppe Vidossi, publicado por Lorenzo Massobrio. Roma: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. ALiR = Atlas Linguistique Roman (1996-). Roma: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. ALPI = Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. I. Fonética (1962). Madrid: CSIC.\nPedrosa, José Manuel (1995): “«Si marzo tuerce el rabo, ni pastores ni ganados»: ecología, superstición, mito pagano y culto católico del mes de marzo”, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares L, 2, 227293. Pejenaute Goñi, Javier María (1999): Los Refranes del Tiempo de Navarra. Pamplona: Caja de Ahorros de Navarra."} +{"summary": "Neste artigo lévase a cabo un estudo do proceso de acumulación de capital na economía española durante o período 19952007. O obxectivo é analizar os desequilibrios dun modelo económico baseado no auxe do prezo dos activos asociados á construción, principalmente de tipo residencial, tendo en conta o papel central que tivo no crecemento económico desta fase. O estudo realízase a partir da relación entre o investimento, a produtividade e os índices de prezos, para revelar as características específicas da acumulación de capital en España. Amósase a importancia da composición do investimento, así como a reconfiguración da estrutura económica para explicar os diversos desequilibrios que se xeraron nestes anos.", "text": ": acumulación de capital, burbulla inmobiliaria, produtividade, España ________________________________________________________________________________________________________\nA MACROECONOMIC ANALYSIS OF CAPITAL ACCUMULATION IN SPAIN ALONG THE GROWTH PHASE (19952007\n1. Introdución\nNeste artigo lévase a cabo unha análise macroeconómica da economía española a partir do proceso de acumulación de capital para o período de expansión que antecede á Gran Recesión (19952007). O obxectivo é revelar os trazos fundamentais da dinámica de acumulación de capital dende a perspectiva da produtividade, do cal se deriva unha estrutura determinada de custos de produción, e que á súa vez incide sobre o crecemento económico. O documento céntrase nas particularidades da evolución e estrutura do stock de capital, tendo en conta o papel central que tivo o auxe dos prezos dos activos asociados á construción, entre os que destacan os de tipo residencial.\nPara iso, analízase a evolución do stock neto de capital fixo non residencial () que proporciona a FBBVA (2014), 1 e utilízanse diversas categorías económicas relacionadas entre elas a partir das series do INE (2014):\ni) A ratio capitaltraballo (θ = K*/L), sendo L a cantidade de traballo ou emprego equivalente, e K* o stock a prezos constantes; ii) a produtividade laboral (π = Y*/L), que relaciona o produto interior bruto (Y, ou PIB) a prezos constantes, co L; e a produtividade do capital (Π = Y/K), ou á inversa, a ratio capitalproduto (K/Y), os dous a prezos correntes; iii) a eficiencia produtiva do investimento (EPI= π / θ); que mide o incremento da produtividade laboral derivada da mecanizaci ó n introducida; iv) a evoluci ó n de diversos deflactores de prezos de produto (P Y), o capital (P K) e o consumo (P C).\nSe eludimos a depreciación e outras continxencias, a acumulación de capital defínese como o reinvestimento (I) dunha parte do beneficio (B) obtido, o que implica un incremento do stock de capital (I= ∆K), polo que a taxa de acumulación indica o ritmo de progreso de tal stock (∆K/K). O estudo deste proceso é especialmente relevante xa que o crecemento económico en España na fase que estudamos estivo impulsado por unha intensa acumulación de capital. Pero ao mesmo tempo, incorporou desequilibrios que se tornaron decisivos en canto aos febles resultados obtidos no desenvolvemento produtivo, tanto con respecto á produtividade laboral como á do capital. Ademais, non sentou as bases para a converxencia coas economías máis avanzadas da Eurozona, pero condicionou a forma de manifestación da crise e os custos sofridos pola sociedade española (remitimos a Mateo, 2014b, 2014c).\nOs estudos do proceso de acumulación que toman como referencia da análise o stock de capital, abordando o seu nivel, estrutura e evolución no tempo, e que utilizan categorías económicas asociadas, foron historicamente pouco numerosos no caso español. Porén, afortunadamente están xurdindo novos traballos, malia que aínda sexan marxinais cuantitativamente, pero que contribúen a paliar esta anomalía. Neste senso, é de agradecer o esforzo da Fundación BBVA (FBBVA), en colaboración co Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), na elaboración de series de investimentos e stock de capital de longo prazo e moi desagregadas por tipo de activo, ramas e dimensión xeográfica, así como unha serie de traballos moi ilustrativos sobre a acumulación de capital en España (véxase por exemplo, Mas, Pérez e Uriel, 2013). Estas series, en constante actualización dende os anos noventa, completan e melloran as elaboradas con anterioridade (como poden ser Baiges, Molina e Sebastián, 1987; Corrales e Taguas, 1989; ou Martín e Moreno, 1991).\nO traballo organízase en dúas partes. O primeiro apartado amosa o marco xeral da economía española no período 19952007 a partir do crecemento económico e do investimento. Posteriormente, trátase o stock de capital e a evolución do conxunto de variables obxecto de estudo, para expoñer despois as principais conclusións. 1 Se non se especifica, utilizaremos K para representar o tipo de stock de capital citado.\n2. Crecemento económico e formación de capital\nO crecemento económico de España nos trece años que discorren entre 1995 e 2007, do 3, 7% anual, foi certamente destacado en relación coa Eurozona, a Unión Europea, e en xeral o conxunto de economías avanzadas (FMI, 2013). Na táboa 1 amósase a evolución do PIB dende a perspectiva da demanda, tanto na composición, conforme aos tipos de gasto a prezos correntes, como na taxa de variación a prezos constantes. Cabe resaltar o incremento da formación bruta de capital fixo (FBCF), que chega ao 30, 7% do PIB en 2007, e cunha taxa de incremento anual medio do 6, 1% anual. Así pois, mesmo en termos cuantitativos o motor da economía española non foi o auxe do consumo, como tampouco o gasto estatal.\nPorén, revélase unha certa asimetría no rol do investimento en canto á composición do PIB e á dinámica de incremento, isto é, entre a evolución do investimento a prezos correntes e a prezos constantes. O incremento de 9, 2 puntos porcentuais na súa participación no produto (un 42%) contrasta co seu menor dinamismo en termos reais con respecto ao resto de variables da demanda. 2\nGasto en porcentaxe do PIB a prezos correntes e taxas de variación anual medias\nEsta fase de expansi ó n estivo caracterizada tam é n por unha crecente integraci ó n da economía espa ñ ola co resto do mundo. O coeficiente de abertura pasou do 44, 8 ao 60, 5% do PIB, pero cun maior dinamismo das importaci ó ns. Precisemos que, deixando na marxe o cuantitativo antes sinalado, cualitativamente o investimento constit ú e un requisito da competitividade que necesita a exportaci ó n, malia que tam é n incide sobre as importaci ó ns, polo que o investimento est á estreitamente relacionado coa dimensi ó n externa, é dicir, coa modalidade de inserci ó n da economía espa ñ ola no conxunto da economía europea e mundial. 2 Apréciase o que podemos denominar un importante “efecto prezo” no proceso de acumulación de capital nestes anos, o que permite aludir ao denominado por Brenner (2006) como “keynesianismo do prezo dos activos”, ou o “modelo financeiroinmobiliario” que sinalan Rodríguez e López (2011).\nNa an á lise da acumulaci ó n de capital (e o crecemento econ ó mico que dela se deriva) non s ó é pertinente o volume total de investimento, sen ó n a composici ó n do mesmo por tipo de activo e ramas da economía, xa que as implicaci ó ns con respecto á produtividade e rendibilidade acadada son diferentes (Mas, P é reze Uriel, 2006; P é rez e Serrano, 2010). Por tipo de activo (figura 2), destaca o investimento en construci ó n, que chegou a unha media de dous terzos do total, con car á cter ascendente ao longo do período, fundamentalmente para na epígrafe residencial, que chega a representar o 40% do total do investimento 3. Asemade, os desembolsos relacionados coa maquinaria e o equipo 4 s ó representaron un 18, 9% do total, e apenas o 15, 7% entre 2003 e 2007.\nFigura 2. Composición do investimento por tipo de activo\nA participación do investimento non residencial (I nr) no total perdeu 10 puntos porcentuais entre a primeira metade dos anos noventa e 200507. Dende principios dos años oitenta a I nr aumentara relativamente, pasando de representar o 6162% entre 1977 e 1982, a estabilizarse en torno ao 70% a partir de 1989. Pola súa banda, o investimento nos sectores que podemos considerar como produtivos 5 dende o punto de vista da valorización do capital amosou unha caída de casi 8 puntos porcentuais en 200007, ata o 46% en 2007 (fig. 3). Québrase así un ciclo relativamente estable en torno ao 5055% do total dende metade dos setenta.\nResulta máis problemática o percorrido do investimento a prezos constantes, pois quebra á súa vez unha tendencia histórica de carácter á alza. 6 Con breves excepcións, a I nr pasa do 3540% na segunda metade dos anos sesenta a 6465% durante a primeira metade dos noventa. Porén, dende 1995 baixa, para flutuar en torno ao 5960% do total a partir de 2001.\n3. O proceso de acumulación de capital 3.1 O stock de capital\nO stock de capital (K) a prezos constantes foise incrementado a un ritmo elevado, en xeral por enriba do 4% anual (fig. 4). A fase posterior a 1999 é a que rexistra un maior dinamismo, tanto para activos residenciais como non residenciais.\nA pesar do menor dinamismo do investimento non residencial, o efecto prezo da inflación de activos reflíctese no crecemento superior do stock a prezos constantes K nr. En termos correntes, o stock non residencial representaba en 1995 o 50, 1% do total, porcentaxe que en 2007 ata será un pouco inferior, do 47, 6%. Por tanto, os desequilibrios do proceso de acumulación, á súa vez, deron co resultado dunha diverxencia en canto ao encarecemento dos diversos activos integrantes do stock de capital.\nNa figura 5 destaca que os deflactores de prezos relacionados co auxe da construción aumentou entre 1995 e 2007 en moita maior medida co resto. O prezo dos activos materiais de vivendas e outras construcións aumentaron un 92, 7 e 67, 4% respectivamente, o que contrasta co equipo de transporte e a maquinaria, equipo e outros activos, cuxos prezos apenas aumentaron entre o 19 e o 25%. Pola súa banda, os activos inmateriais como o software experimentaron un abaratamento en termos absolutos de case o 20%.\nNótese que dende a metade dos anos sesenta do século pasado, o stock de vivendas encarecou relativamente máis co resto de activos, pero a un ritmo de 10 puntos porcentuais inferior ao vixente en 199507. O contraste prunfúndase cando abordamos o equipo de transporte e a maquinaria e equipo. Nas décadas anteriores, os seus deflactores aumentaron o 7073% do total, polo que a caída experimentada durante o ciclo expansivo que se inicia en 1995, no cal os seus prezos só aumentan algo máis dun terzo da media total, ilustra o grao de diverxencia ou relativo dualismo e de desequilibrios desta fase. É máis, ata dentro deste lapso, os prezos dos dous non seguen un camiño relativamente paralelo, pois namentres os equipos de transporte se abaratan relativamente ao longo deste período, os activos da maquinaria, equipos e outros posúen unha evolución nos seus prezos oposta, pois entre 2003 e 2007 o seu aumento medio anual é do 55% do total.\n3.2 Acumulación e desenvolvemento produtivo\nO proceso de capitalización por parte das empresas dunha parte dos beneficios recolleitos materialízase na ratio capitaltraballo (K/L), que constitúe un índice da mecanización do proceso produtivo (véxase Mateo, 2008). Este índice é significativo porque supón o fundamento esencial, aínda que non exclusivo, da mellora da produtividade laboral. 7 Como vimos, a evolución á alza do stock de capital fixo non residencial a prezos contantes mantén certa homoxeneidade ao longo do período, cunha taxa anual media do 4, 6%. A creación de emprego, porén, amósase máis volátil, xa que entre 1996 e 2000 crece a unha media do 4, 4%, pero a partir de 2000 o incremento cae ao 2.8% anual. Este elevado ritmo de creación de postos de traballo, do 3, 3% por ano, trae consigo un dos principais trazos do proceso de acumulación en España, que son: o reducido dinamismo da ratio capitaltraballo, o que terá implicacións sobre a produtividade. Así, este índice da mecanización produtiva apenas aumenta un 16% en 13 anos, o que constitúe un rexistro moi baixo. Se\nen 199500 se incrementa ao 0, 55% anual, na fase posterior de 200007 é sensiblemente superior, do 1, 75% anual. Pero como se amosou, o auxe de K/L non se debe principalmente a unha intensificación no ritmo de crecemento de K, senón na menor creación de emprego con respecto á fase anterior, malia que o aumento da masa de acervo de capital fixo é destacable. 7 Impóñense varios esclarecementos: i) a aseveración do papel fundamental da ratio K/L para explicar a dinámica produtiva non implica descoñecer fenómenos como cambios organizativos que melloren a produtividade sen alterar K, nin cambios no contexto que igualmente impliquen un resultado análogo; ii) ao falar de produtividade laboral non consideraremos o tempo de traballo polas limitacións que teñen a súa medida, polo que, a falta dunha explicación mellor, tomaremos como indicador (imperfecto), o PIB por cantidade de traballo equivalente total.\nCoas excepcións de 1997 e 2000, apréciase que a EPI é moi reducida, pois en xeral atópase por debaixo do 40%, concretamente no 29, 3%. Noutras palabras, a produtividade laboral aumenta algo menos da terceira parte do incremento do volume do stock de capital por traballador.\nA ratio dos deflactores de prezos, aínda cunha variación que non foi substancial, foi tamén en detrimento do proceso de acumulación. O cociente P Y /P K aumentou un 4, 1% ata 199899, para descender posteriormente un 6%. Dende a nosa perspectiva, significa que o stock de capital encarecéuse con respecto ao nivel xeral de prezos a partir de 1999, precisamente cando se establecen os tipos de cambio fixos. 8 Mentres, a competencia e o cambio tecnolóxico expresada por medio dos prezos (Shaikh, 1990) supoñen un atraso ou menor dinamismo producivo das ramas relacionadas co stock de capital e/ou un maior prezo cando que se importa do exterior. 9 Por tanto, o descenso da ratio de prezos relaciónase cos problemas da capacidade produtiva da economía española no sector de bens de capital. Consecuencia destes dous aspectos, a eficiencia produtiva do investimento e a relaci ó n de prezos (á s ú a vez relacionados entre eles), é a evoluci ó n da produtividade do capital (II). Esta ratio amosa unha clara tendencia descendente ag á s nos primeiros anos. Entre 1995 e 1998, o estancamento do K/L (iso si, co correspondente Y/L), unido ao abaratamento relativo do stock de capital, supuxo que II aumentase nun 2, 8%, namentres que ao ano seguinte rexistrou unha caída insignificante (-0, 45%). Por é n, e como sucedeu coa ratio de deflactores de prezos, comeza posteriormente a descender, pero a un ritmo superior. Entre 1999 e 2007 cae un 13.8% acumulado, o que representa unha media do -1, 8% anual. Por tanto, a partir de 19992000 a din á mica de acumulaci ó n de capital presenta unha serie de problemas agravados. Malia que o ritmo de expansi ó n do stock de capital é relativamente elevado, o sector dos bens de capital (ou, f ó ra iso, a dipo ñ ibilidade destes elementos) atopa obst á culos para o desenvolvemento produtivo. Dende 19992000, θ crece case un 13%, namentres Y/L apenas supera o 3% e o encarecemento relativo de K chega ao 6%. É dicir, a acumulaci ó n de capital intensifícase, pero cun encarecemento dos bens de capital e un menor dinamismo relativo da produtividade laboral, todo o cal presiona á baixa a produtividade do capital, que á s ú a vez limita a rendibilidade m á xima.\n3.3 Os custos de produción\nPorén, esclarecemos o senso teórico do “custo de produción” dende a perspectiva deste estudo. Na medida que consideramos a acumulación de capital como o fundamento do crecemento económico, adoptamos unha perspectiva dinámica na que non consideramos ao suxeitos económicos (esencialmente, as unidades empresariais), como meros axentes pasivos prezoaceptantes nun marco de competencia perfecta (Shaikh, 1990). A competencia entre empresas realízase mediante o abaratamento das mercadorías, polo que o desenvolvemento produtivo está estreitamente ligado á progresiva redución dos custos de produción por unidade de produto 10. 8 A modo de recordatorio, esclarecemos que utilizamos o deflactor de prezos do stock de capital non residencial. 9 En todo caso, a necesidade de importar elementos deste stock reflicte unha ausencia de competitividade, polo que se vencella co menor desenvolvemento produtivo. 10 Daí que vencellemos o desenvolvemento cos deflactores de prezos.\nOs custos totais de produción (CT) están compostos por insumos ou consumos intermedios (CI) e remuneracións salariais (RA), polo que.\nOnde os custos totais por unidade de produto () dependen da produtividade (Y/L) acadada a partir da acumulación de capital, materializada na cantidade de capital fixo por unidade de traballo (K/L). Por tanto, o investimento relativamente superior en elementos de capital fixo por unidade de traballo e de produto constitúe o mecanismo esencial para acadar economías de escala (Shaikh, 1990), reducindo deste xeito os custos unitarios de produción. Esta tendencia implica á súa vez un cambio na composición destes custos, namentres o seu nivel absoluto debe tender a reducirse: i) unha maior porcentaxe de custos non laborais por unidade de produto, asociados ao aumento na utilización de activos de capital fixo; ii) a posibilidade de que os salarios en termos absolutos (ou reais) aumenten, simultaneamente a un descenso na súa dimensión relativa (como se expresou no punto anterior); iii) un aumento dos custos de depreciación do stock de capital utilizado.\nOs custos totais en relación ao valor agregado bruto aumentaron un 19, 7% ao longo do período, pasando así de representar o 146% en 1995 a superar o 170% nos tres últimos anos, de 2005 a 2007. Mentres os custos salariais mantiveron un nivel constante en torno ao 5354% do valor agregado bruto (VAB), os insumos, que en 1995 supoñían o 93, 8% do produto, en 200607 xa superaban o 120%. Como consecuencia, os 19 puntos porcentuais que aumentaron a ratio CT/VAB reflicten exactamente o incremento de CI/VAB.\nFonte: INE (2014)\nDo exposto, pódese entender o marco produtivo que imposibilitou o aumento dos salarios\n(RA). O incremento da taxa de asalarización, que pasou do 80, 5% en 1995 ao 86, 4% en 2007 (INE, 2014), foi paralela a unha perda do poder adquisitivo do salario medio. Malia é certo que en relación ao IPC o salario medio aumenta un 1, 26% ao longo do período segundo AMECO (2014), se tomamos o deflactor do PIB, considerando o encarecemento dun ben de consumo duradeiro como a vivenda, atopámonos cunha caída do salario real medio do 4, 70%, que sería do 6% se tomamos como referencia o período 199606 (INE, 2014). Esta dinámica regresiva permitiu á súa vez compensar os desequilibrios do proceso de acumulación, ata posibilitando unha redución dos custos laborais reais unitarios (CLRU). 11 Onde os CLRU que calculamos (proxy da medida ideal) relacionan as remuneracións (RA) dos traballadores asalariados (L w) co produto por traballador (Y/L), ou posto de traballo equivalente (L e), tendo en conta que L w representa máis do 80% de L e. Ata 2006, os CLRU descenden un 9, 52%, xa que os salarios caíron un 5, 86% e a produtividade aumentou case un 4%. Como consecuencia, a regresividade distributiva contribuíu en maior medida á redución dos custos laborais en termos reais. 11 Tanto as remuneracións como o PIB están expresados a prezos constantes utilizando o mesmo deflactor de prezos, o do produto total, polo que non se pon na expresión debida a que está no numerador e no denominador. Porén, o PIB a prezos constantes tómase do que proporciona o INE, namentres que o deflactor utilizado para o salario é o derivado de dividir os PIB a prezos correntes e constantes. Por outra banda, mencionemos o noso desacordo con relacionar salarios a prezos correntes co PIB a prezos constantes, polo que homoxeneizamos as dúas categorías.\nNota: CLRU: custo laboral real unitario; Y/L: produtividade laboral (π); w: salario real medio (remuneracións totais por traballo asalariado equivalente deflactado polo índice de prezos do PIB), sendo CLRU= w/ π. Fonte: INE (2014)\nConclusións\nEsta investigación pretendeu contribuír á comprensión dos desequilibrios da economía española durante a fase de expansión (19952007) a partir do proceso de acumulación de capital. A temática resulta pertinente en tanto que a formación de capital constituíu o motor do crecemento, aínda que cun profundo nesgo cara a vivenda e outras construcións, que chegaron a representar máis do 70% de media do total durante o lapso 200307.\nO elemento subxacente foi o “efecto prezo”, característico do papel adquirido pola inflación de activos da construción e, en concreto, residenciais. O aumento extraordinario dos prezos destes activos da construción e, concretamene, residenciais. O aumento extraordinario dos prezos destes activos xerou unha dualidade en distintas variables a prezos correntes e constantes que presidiu o proceso estudado: o deflactor de prezos de K en construción e vivendas aumento un 67 e 92% ao longo do período, respectivamente, mentres que os prezos do resto de activos de transporte, maquinaria e equipo só aumentaron un 1925%.\nA pesar do dinamismo do stock de capital non residencial, a ratio K/L permaneceu case estancadoa, apenas cun 16% de crecemento, e en verdade limitada á subfase posterior ao ano 2000. A produtividade laboral só aumentou un preocupante 4, 4% total, e ademais, a eficiencia produtiva do investimento baixa dende 2000. Ademais, amosa un nivel absoluto alarmantemente reducido, pois excluíndo 1997 e 2000, nin sequera chega ao 30% de aumento de Y/L con respecto ao aumento en K/L. Unido a esta caída, o stock de capital (non residencial) encareceuse con respecto ao produto total dende 1999, como o proba o seu deflactor de prezos.\nEn consecuencia, os custos totais aumentaron un 19, 7% con respecto ao VAB, o que reflectiu o aumento do custo dos insumos. O custo salarial relativo permaneceu constante, e ata os CLRU baixaron polo descenso do salario real medio (deflactado polo nivel de prezos total), malia o feble comportamento da produtividade. Destacamos que ata 2006 os CLRU caen un 9, 5% e o salario real un 5, 8%. O percorrido comparado da ratio K/L, a produtividade laboral e a relación de prezos da como resultado a produtividade do capital. Un dos aspectos máis relevantes obtidos é a caída do 14% da ratio Y/K entre 1999 e 2007, derivada tanto da “ineficiencia produtiva do investimento” como do aumento relativo de P K.\nBibliografía\nAMECO (2014): Annual macroeconomic database. Comisi ó n Europea, Asuntos Econ ó micos y Financieros."} +{"summary": "O contacto entre o galego e o español, dúas linguas iberorrománicas estreitamente emparentadas, ao contrario do que ocorre no caso do contacto do español con outras linguas, como o catalán, analizouse moi pouco. É aínda máis escaso o que se sabe sobre o contacto da lingua galega co español en América. A diferenza do que pode constatarse no caso do contacto con linguas inmigrantes como o italiano, o inglés, o francés, o alemán, ou ata o danés, en Arxentina, case non se considera o contacto entre estas linguas iberorrománicas. A contribución indaga, principalmente, no feito curioso de que o galego non atraeu nunca o interese dos estudosos arxentinos da lingüística ou da lingüística hispánica en xeral, nin da lingüística hispánica dedicada ao estudo da lingua nacional arxentina, o que se relacionará cos prexuízos culturais existentes no país riopratense para cos galegos. Despois, presentaranse uns casos de influxo lingüístico da lingua galega sobre o castelán de Arxentina. Como base da presentación serviron o baleirado da literatura lingüística existente e diferentes estudos empíricos realizados durante os últimos anos no seo do Grupo de Investigación de Contactos Lingüísticos entre Linguas Iberorrománicas, radicado no Departamento de Lingüística Aplicada e Translatoloxía da Universidade de Leipzig.", "text": "Carsten Sinner\nUniversidade de Leipzig (Alemaña) sinner@rz.unileipzig.de\n Contacto lingüístico, prexuízos, actitudes, Galicia, Arxentina\nSumario 1. Introdución. 2. O galego e os galegos en Arxentina. 3. O silencio sobre a influencia galega. 4. Potenciais\n1. I ntroducIón\nXa no ano 1979, Venceslao Novicov concluíu que as relacións entre as linguas e dialectos da península ibérica e o español americano necesitaban estudos detallados e profundos, históricos e descritivos, xa que representaban un campo de investigación moi amplo que aínda tiña moitos aspectos sen estudar (Novicov 1979: 234). Para os contactos co español americano, iso é válido ata o día de hoxe (cf. Frago Gracia 1999, Sinner 2004: 1 e 3743) 1. Son ben escasos os enfoques que parten da existencia dun castelán de Galicia como variedade propia (cf. Álvarez Cáccamo 1983, Porto Dapena 2001, Dubert García 2002, Castro 2003, Ramallo 2007, Sinner 2004 e 2011) e aínda non dispomos dunha descrición integral do castelán galego 2. Existen pouquísimos estudos sobre fonética —Pérez Castillejo (2012: 235) sinala que “sorprende la escasez de descripciones acústicas de la entonación del castellano hablado en Galicia”— e sobre o léxico dispoñible (Castro 2003, Pérez Castillejo 2012, Álvarez de la Granja 2011, Álvarez de la Granja / López Meirama 2013). Mais a pesar dalgunhas descricións e a mención de supostas características, sabemos ben pouco sobre o castelán falado por galegos no seu conxunto 3. Debido á falta de estudos que abrangan todos os niveis lingüísticos, que se baseen nos corpus de lingua oral e escrita históricos e actuais, ata hoxe non está claro que elementos realmente formarían parte do castelán galego e que elementos constitúen interferencias individuais que unicamente debido ao bilingüismo xeneralizado parecen, no seu conxunto, caracterizar o castelán de Galicia. Tampouco dispomos de estudos do castelán falado en Galicia en épocas anteriores que vaian máis alá das listas de palabras e dalgunhas supostas características sintácticas do castelán dos galegos (cf. os traballos de Gómez Seibane 2011, 2012 sobre un conxunto de cartas de 1767 a 1806). Actualmente, considéranse típicos do castelán falado polos galegos aspectos como:\n• Unha entoación que coa curva ascendentedescendente segue o galego e marca o castelán dos galegos como “melodioso” para os oídos de persoas non galegas. • A diferenciación de / ɛ / – /e/ e de / ɔ / – /o/, que segundo algúns autores ata podería ter carácter fonémico, e unha realización moi pechada de /o/ en posición final, que para falantes doutras variedades pode soar como /u/. • Hiatización de ditongos: [ru’ido] ruido. • Redución de nexos consonánticos ct, pt, bs etc., xeralmente por elisión do primeiro constituínte: [r ɛ ’tor] rector, [as’trato] abstracto. • Uso dos diminutivos ‑iño/a. • Concordancia de medio : maleta media hecha ‘maleta medio hecha’. • Uso escaso dos tempos compostos e como consecuencia uso máis frecuente de perfecto indefinido – esta mañana lo hice (e non de esta mañana lo he hecho) ou do antigo plus‑ cuamperfecto – tomara (e non de había tomado). • Unha serie de fenómenos lexicais que alén dos realia galegos comprenden moitos fenómenos do día a día usados ante todo na lingua falada.\n• Particularidades no uso dalgunhas perífrases verbais (cf. Sinner 2011: 71, Sinner / Tabares Plasencia 2014: 584585), como hubo de + infinitivo con valor avertivo. 1 Para a Península Ibérica, cómpre dicir que, como en Kabatek (1996), prevalece aínda o estudo da influencia do castelán sobre o galego, e tamén son escasos os estudos sobre a influencia inversa. As descricións do español de Galicia xeralmente limítanse ás interferencias do galego (cf. García 1976, García Mouton 1994 e García González / Blanco 1998). Ás veces, ata se argumenta que as diverxencias co castelán estándar só serían posibles debido ao contacto continuo co galego e que coa morte deste desaparecerían (García González 1976: 328, García González / Blanco 1998: 6, Rojo 2004), esquecéndose os autores completamente de que os elementos poden pasar ás seguintes xeracións sen necesidade de conservarse o galego. 2 A razón desta falta é explicada por Porto Dapena —que certamente exaxera en canto á nonexistencia de estudos—, da seguinte maneira: “No se ha hecho, sin embargo, absolutamente nada en torno al español [en Galicia], debido sin duda a que se ha dado por supuesto que la lengua oficial del Estado gozaba de muy buena salud, frente al gallego, lengua sin duda amenazada cuya revitalización era —y sigue siendo— objetivo primordial y preferente tanto por parte de la intelectualidad gallega como de las fuerzas políticas” (Porto Dapena 2001: s.p.). 3 Moitos dos traballos, se ben en principio teñen argumentos ben establecidos, chegan a conclusións que non poden considerarse que sexan o suficientemente fundadas polo material lingüístico analizado. Por exemplo, Pérez Castillejo (2012) cre que o feito de que tres (!) falantes que usaron un determinado tonema teñan familia da provincia de Pontevedra “apoya la hipótesis del influjo gallego en la entonación del castellano de Galicia” (2012: 255), cando tres casos como moito poden indicar unha certa tendencia, pero non son proba de que en grupos maiores se obterían os mesmos resultados.\nNa maioría dos traballos que se ocupan do impacto da inmigración galega en Arxentina, o aspecto cultural e social atópase no centro de atención (cf. os traballos reunidos en Núñez Seixas 2001) e aínda que moitos chegan a afirmar a invisibilidade da influencia ou falan directamente de herdanza invisible (Pascutti / Ruffato 2014), o historiador Ruy Farías afirma que “[n]o hay ningún aspecto de la vida social argentina en el que no estén involucrados los gallegos” e que “la cantidad de emigrantes de ese origen que llegaron a Argentina, y en particular a Buenos Aires, hizo que la idiosincrasia, el modo de ser y las costumbres de ambos pueblos se hayan mezclado de una manera tal que hoy es imposible de separar” (Vellés 2010). Nos estudos lingüísticos sobre a emigración galega, o centro do interese atópase en cuestións sociolingüísticas como, por exemplo, os factores que regulan a transmisión ou non transmisión interxeracional da lingua. Existen algúns traballos sobre a influencia doutras linguas sobre o galego dos emigrantes, mais o impacto do propio galego sobre outras linguas no contexto migratorio está por estudar 5. Non obstante, Gugenberger, especializada na emigración galega cara a Arxentina, sostén que “o galego practicamente non deixou rastros no español arxentino” (2012, no prelo: 552, tradución miña). Se ben a adaptación dos autóctonos aos inmigrantes para algúns autores é a excepción (cf. Bernhard 1998: 7), non cabe dúbida da posibilidade dunha influencia sobre a lingua do país receptor da emigración. Non obstante, é un proceso que depende, en gran medida, do número de falantes dunha determinada variedade lingüística emigrados a un sitio en concreto, alén de varios aspectos adicionais como son:\n• O período da emigración. • A tipoloxía da emigración 6. • Os motivos da emigración (que poden influír considerablemente sobre as actitudes lingüísticas), como dificultades económicas, razóns políticas ou relixiosas, razóns familiares (reunión familiar etc.), eludir o servizo militar etc. • A orixe e o destino dos emigrantes: aspectos xeográficos (como situación en zonas urbanas ou rurais), culturais e sociais (tipo de socialización, escolarización / nivel cultural, sectores ocupacionais dominantes etc.) e lingüísticos antes da emigración e no país de acollida. Son especialmente importantes:\nParecería polo tanto consecuente preguntar se non ocorrería o mesmo en Arxentina. Vexamos o que pasou no caso do castelán de Arxentina, tanto en canto á inmigración como ás razóns polas que non temos estudos que poderían responder as preguntas sobre o impacto lingüístico desta.\n2. o galego e os galegos en a rxentIna\nSuponse que os galegos constituían a maior parte dos emigrantes españois na Arxentina dos séculos XIX e XX —non é fortuíto que en Arxentina se chame galegos aos españois e aos seus descendentes—. Agora ben, en Arxentina é menos documentada a distribución dos inmigrantes de procedencia española do que é noutros países. En concreto, por non se rexistraren ou arquivaren no seu momento ou porque se perderon, faltan datos sobre a procedencia exacta dos inmigrantes españois e sobre as vías de migración interna unha vez chegados a Arxentina, ou sexa, sobre os fluxos migratorios galegos dentro do país, o que complica a interpretación dos datos lingüísticos. Con todo, alén dos rexistros de saída e de entrada que permiten chegar cando menos a números aproximados que posibilitan facérmonos unha idea do volume da inmigración, temos indicadores, como a existencia de casas culturais, institucións de axuda mutua etc., que nos axudan a ter unha visión sobre os movementos migratorios internos. Atópanse datos moi diferentes sobre a inmigración, mais todos os autores coinciden en que a inmigración italiana foi a máis importante. Só en poucas ocasións a inmigración galega como tal se menciona por si mesma e non simplemente incluída na española: menciónase nos poucos traballos sobre os galegos ou a lingua galega, pero non nos traballos sobre a inmigración cara a Arxentina en xeral. 7 Cf. a análise dalgunhas das voces galegas integradas no castelán falado en Cuba realizada por Neira Vilas (1995: 151158).\nGugenberger (2012, no prelo: 1718), por exemplo, di que só a colectividade galega en Bos Aires se calcula en 200.000 inmigrantes e que coa segunda xeración serían unhas 800.000 persoas de orixe galega. Sinala que a comunidade galega sería a segunda comunidade de emigrantes máis grande (despois da dos italianos) no Río da Prata (como práctica moi estendida en moitas obras, iguala Bos Aires co Río da Prata, esquecéndose de Montevideo e doutras cidades situadas no Río da Prata). Arxentina foi, xunto con Cuba e o Brasil, o país que recibiu os continxentes máis grandes de inmigrantes de Galicia, sobre todo durante as dúas vagas inmigratorias masivas, sendo a primeira a finais do século XIX e ao longo das primeiras dúas décadas do século XX, e a segunda nos tempos da posguerra (19481960) (Gugenberger 2012, no prelo: 1718). Segundo a estimación feita por Eiras Roel / Rey Castelao (1992: 248249), dos preto de 600.000 galegos que foron a Arxentina entre 1840 e 1900, uns 330.000 asentáronse definitivamente neste país; e nos tres primeiros decenios do século XX, estímase que saíron de Galicia entre 1.000.000 e 1.100.000 persoas, 550.000 delas definitivamente, das que como mínimo a metade chegou a Arxentina (cf. o resumo en Gugenberger 2002). Se sumamos os que chegaron a Arxentina ata os anos 60, teriamos máis dun millón de galegos que se asenNon me interesan os datos exactos, nin se foron 20.000 máis ou 20.000 menos ou se os cálculos doutros autores ofrecen cifras moi diferentes, o que interesa destacar aquí é a relación aproximada entre os diferentes grupos e o feito de que se fale de España ou de españois sen ter en conta a lingua. Vemos que ao realizar este cadro, a autora non podía evitar totalmente pensar en categorías lingüísticas, como constatamos cando agrupa “Portugueses y brasileños“ e “Ingleses y estadounidenses”. Ao mesmo tempo, Fontanella de Weinberg sinala: “Nos resulta [...] imposible determinar censalmente el uso de una determinada lengua materna por parte de los inmigrantes y las distintas generaciones de sus descendientes, ya que no contamos ni con los datos estrictamente lingüísticos ni con los referidos al origen étnico de los hablantes” (Fontanella de Weinberg 1979: 10). E explica, noutras palabras, que: Las dos principales cuestiones que se suscitan son la imposibilidad de determinar el número de personas que figuran como argentinos, pero que no tienen como lengua materna el español, por tratarse de descendientes de inmigrantes de diversas lenguas, y en segundo lugar la falta de correlación entre clasificaciones nacionales y lingüísticas (Fontanella de Weinberg 1979: 12).\nGüida (1993), ao comentar o texto de Fontanella de Weinberg de 1979, menciona limitacións parecidas con respecto aos inmigrantes franceses e austrohúngaros e explica sobre as posicións de Fontanella de Weinberg (1979: 22):\n© 2016 Estudos de lingüística galega 8, 187204 Por unha banda, isto débese ao feito de que tras unha nacionalidade potencialmente pode agocharse máis dunha lingua como lingua materna. É, por exemplo, o caso da indicación da nacionalidade “española”. Aquí, ademais do castelán, tamén pode ser lingua materna o catalán ou o vasco, por exemplo (Güida 1993: 22, tradución miña).\nÉ sorprendente que de todos os grupos con outras linguas a autora mencione os vascos —que dende a parte española do País Vasco emigraron sobre todo a Venezuela e Uruguai— e cataláns, mais non o grupo máis importante, o que deu nome ao conxunto dos emigrantes españois en Arxentina, os galegos. Isto é sintomático e atópase da mesma maneira en practicamente todos os traballos producidos en Arxentina. Nas súas conclusións, consecuentemente, Fontanella de Weinberg (1979: 11) non ten en conta o galego: “[…] podemos postular que el perfil lingüístico de la Argentina en 1914 comprendía dos lenguas mayores (español e italiano), cinco lenguas menores (idish, francés, alemán, portugués y un conjunto de varias), y dos lenguas especiales (inglés y latín)”. O galego non se menciona nin nunha soa vez e como moito é agochado no “conjunto de varias”. Non obstante, os números e as conclusións de Fontanella de Weinberg (1979) no referente ás linguas dos emigrantes son o fundamento de moitos traballos posteriores. Vexamos dous exemplos. No traballo de Donni de Mirande (1992), quen no seu artigo sobre o castelán falado en Arxentina se ocupa, entre outras cousas, dos contactos coas linguas de inmigración como “factor que debe añadirse a los contactos con las lenguas indígenas” (1992: 396), vemos que non se teñen en conta nin o galego nin as outras linguas iberorrománicas e que se equipara a procedencia de España coa hispanofonía dos inmigrados: Los italianos ocuparon el primer lugar por el número de individuos, seguidos por polacos, rusos, franceses, alemanes, austrohúngaros, portugueses, yugoslavos, suizos, checoslovacos, ingleses y otros grupos menores. Fuera de esta inmigración de habla no hispánica, también fueron numerosísimos los españoles llegados, ocupando por su número el segundo lugar. En esta ola migratoria española, cabe señalar que fueron mayoría los procedentes de Galicia y a ellos siguieron, muy lejos, los catalanes, asturianos, leoneses y castellanos, en tanto que andaluces sólo prevalecieron en los llegados en el año 1889 (Donni de Mirande 1992: 397). Non se di nin unha palabra sobre o feito de que na súa inmensa maioría, os inmigrantes galegos, cataláns e asturianos probablemente eran falantes de galego, catalán e asturiano. A autora enumera exemplos da influencia das linguas estranxeiras, diferenciando entre elas o contacto producido con linguas que chama “de alta cultura” (1992: 398), mais non di nada sobre as linguas rexionais do Estado español.\nTamén en traballos que se ocupan da inmigración máis recente, o galego practicamente non se ten en consideración. É o caso, por exemplo, das contribucións de Barrios e Rivero (1997, 1999 8), talvez os únicos traballos realizados no Río da Prata que se ocupan de xeito explícito da inmigración galega. Agora, se ben as autoras consideran o galego dos inmigrantes da última vaga, fano dunha forma que ten que sorprender se temos en conta que, en principio, parecen comprender a situación sociolingüística galega anterior á emigración. Dos inmigrantes galegos residentes en Montevideo chegados despois da última posguerra din: “encontramos que este grupo experimentó un proceso de asimilación lingüística excepcionalmente rápido, si lo comparamos con otros inmigrantes residentes tanto en el Uruguay como en otros contextos migratorios” (Barrios / Rivero 1999: 201). Tratando de resumir o proceso de asimilación lingüística, sinalan que a lingua materna dos galegos era o galego, e o castelán, a lingua de prestixio, do ensino e da escritura. Explican a expansión funcional do castelán en detrimento do galego co dominio do castelán por parte dos inmigrantes galegos:\n[…] en su tierra natal empleaban el gallego como lengua materna, y eventualmente el español como segunda lengua, adquirida (con mayor o menor competencia) en el ámbito escolar de su país de origen). 8 O título do traballo de 1999 parece dubidoso, xa que fai esperar algo distinto do que realmente trata: analiza variantes fonéticas (pronunciación de diferentes variables) que as autoras chaman “variables sociolingüísticas” cando dende o meu punto de vista serían variables lingüísticas.\nLa situación sociolingüística en la étapa preemigratoria se puede catalogar como un caso de diglosia, en que el gallego era la lengua B (de uso familiar y menos prestigiosa), y el español la lengua A (de la enseñanza, vehículo de la escritura y, por lo tanto, más prestigiosa).\nUna vez que los inmigrantes se instalaron en el Uruguay, el retroceso de la lengua gallega se dio rápidamente, al debilitarse su transmisión generacional. En este proceso incidieron diversos factores que interactuaron entre sí, y que tuvieron que ver tanto con los rasgos propios del grupo, como con las características de su emigración e inserción en la sociedad receptora: procedencia rural y posterior asentamiento urbano, edad de emigración joven, nivel socioeducacional bajo, emigración básicamente económica, exogamia creciente, ausencia de nucleamientos étnicos fuertes, cambio ocupacional, ascenso socioeducacional de la segunda generación, bajas expectativas de retorno, ausencia de reciclaje y de vínculos fuertes con España, relativamente similitud cultural y lingüística con la sociedad receptora y, sobre todo, una efectiva acción de la planificación lingüística del Estado uruguayo tendiente a la imposición del español como lengua exclusiva de todo el territorio nacional.\nLos factores mencionados en el apartado anterior contribuyeron a la rápida expansión funcional del español, en detrimento del gallego. La lengua habitual de los inmigrantes en su interacción con los hijos pasó a ser el español, muchas veces como resultado de una decisión expresa de los mismos gallegos, que consideraron preferible hablarles a sus hijos en esta lengua antes que proponerles otra que, como el gallego, pudiera tener poca utilidad para su futuro social y laboral, y que además estaba muy estigmatizada. De acuerdo a los datos proporcionados por los informantes en la mencionada investigación [Barrios / Rivero 1997], puede afirmarse que el desplazamiento de la lengua gallega en el contexto migratorio montevideano, se completó prácticamente ya en la segunda generación (Barrios / Rivero 1999: 210211).\nObviamente, o que din sobre coñecementos de castelán non pode xeneralizarse para os galegos inmigrados no Río da Prata nos períodos anteriores á Guerra Civil, cando a escolarización aínda era excepcional en Galicia, e tería que indagarse sobre o que significaba, nos diferentes casos, “mayor o menor competencia” ao referirse aos coñecementos dos galegos chegados na última vaga inmigratoria. Continúan as dúas autoras por argumentar que:\nPor su parte, el español peninsular pasaría a funcionar como identificador grupal sólo en un sentido débil; a saber, en tanto variedad dialectal del español, diferente a la rioplatense. En lo que tiene que ver con este hecho, el proceso de cambio de lengua de los inmigrantes gallegos se relaciona con una situación de cam‑ bio de dialecto. En ellos quedó obviada la etapa de incorporación del español, etapa que por el contrario debieron enfrentar otros grupos migratorios llegados al Uruguay (Barrios / Rivero 1999: 211).\nAsí, as autoras pretenden que os galegos pasaron do castelán peninsular ao castelán uruguaio/riopratense, deixando de lado este “problema” da “mayor o menor competencia”. Non obstante, por todo o que se sabe sobre a emigración dende Galicia, tamén na época de despois da guerra civil española ata os anos 60 do século pasado, o castelán non era a lingua materna da grande maioría dos emigrantes nin o falaban ben, xeralmente, se é que o falaban. Obviamente tamén chegaban persoas procedentes de contextos máis urbanos, mesmo de clase media, con estudos, que seguramente falaban con soltura o castelán (e sábese que xa no século XIX existía castelanización no galego en Galicia), mais o peso grande dos emigrantes seguramente non tiña este perfil.\nAquí temos que sinalar que probablemente, as autoras foron “vítimas” da ocultación da realidade galega por parte dos informantes, que posiblemente ao dicir que falaban castelán ao chegar a Uruguai, que foran escolarizados en España, non necesariamente estaban a explicar as cousas como eran en realidade, motivados por un sentimento de vergoña. É semellante o caso dos galegos no Brasil, que dicían ter falado en portugués cos brasileiros cando chegaron ao país (cf. os traballos de Suárez de Albán sobre os galegos na Bahía, Albán 1979, 1983, 1984). Parece que Barrios e Rivero foron vítimas da súa propia credulidade, acreditando todo o que lles dixeron os seus informantes acerca dos supostos coñecementos lingüísticos ao chegar a Uruguai. Ao longo da historia da inmigración galega no Río da Prata, a maior parte dos galegos definitivamente non pasaron do castelán peninsular ao castelán arxentino. Simplemente, polo que se sabe sobre os coñecementos lingüísticos dos galegos ao saír de Galicia, na gran maioría, deberon pasar do galego ao castelán riopratense ou, excepcionalmente, dun castelán galego, é dicir, un castelán visto polos arxentinos ou uruguaios moitas veces como un castelán “malfalado”, e sempre caracterizado por elementos resultantes da interferencia do seu galego nativo, cara ao\ncastelán arxentino. Mais din Barrios / Rivero:\nEl estudio del proceso de asimilación lingüística debe centrarse, pues en este caso, en determinar en qué medida y de qué manera se fueron ampliando los ámbitos de uso del español (restringiéndose, concomitantemente, los del gallego), y qué características adquirió el español de estos inmigrantes al entrar en contacto con la variedad rioplatense (Barrios / Rivero 1999: 211).\nClaramente, as autoras parten da existencia dun “español de estos inmigrantes”, e nin se preocupan da posibilidade dunha adquisición do castelán riopratense ou, mellor dito, uruguaio, influído pola L1 dos galegos: o galego. Vese moi ben o problema da equiparación da nacionalidade coa condición de falantes de castelán, a pesar da consciencia da condición de falantes de galego como lingua materna dos inmigrantes chegados dende Galicia.\nGüida (1993: 24), que pensa na constitución da inmigración procedente de España, explica que a inmigración española figura en números en segundo lugar despois dos italianos e que para a análise lingüística é importante a procedencia rexional dos inmigrantes, dado que non se poden descartar características dialectais do castelán peninsular no castelán de Arxentina. Menciona datos que deberon chamar a súa atención máis do que realmente o fixeron:\nUnha visión de conxunto realizada sobre a base de censos nacionais así como de estatísticas do Departa‑ mento de Migraciones de Arxentina sobre a procedencia rexional de todos os inmigrantes de España dende o principio das inmigracións en masa ata a súa lenta diminución nos anos 60 é proba de que o nome arxentino para os españois non por acaso é “galego” —e non “español”—. Galicia con 905.820 atópase no cume absoluto da lista de números de inmigrantes, seguida por Asturias (146.100), Cataluña (73.500), Castela e León (73.500), o País Vasco (43.830), Madrid [43.830], Aragón (29.220) e Estremadura (29.220). O sur e o sueste do país figuran cun total de 73.050 persoas, as Illas Canarias con 29.220. O punto culminante da inmigración galega foi nos anos 20 […] (Güida 1993: 24, tradución miña).\nO feito de que Güida só pense na influencia de “características dialectais do castelán peninsular” sobre o castelán arxentino é paradigmático para todo o debate sobre a influencia das linguas dos inmigrantes sobre a lingua española no Río da Prata. O que singulariza o traballo de Güida, razón pola que se menciona aquí varias veces, é o feito de a autora pensar nun posible impacto do galego, pois di que “se se correlaciona a lingua/o dialecto dos inmigrantes e a forza da súa presenza, hai que esperar máis ben unha impregnación do español de Arxentina polo galego” (Güida 1993: 25, tradución miña). Non obstante, dado que ela fala de “características dialectais do castelán peninsular”, parece que pensa menos na lingua galega ca no castelán galego, é dicir, un dialecto galego do castelán. Acorde con iso, escribe tamén que, por outra parte, “non se pode partir da presuposición de que todos os inmigrantes sexan falantes do estándar da súa lingua materna” (1993: 23, tradución miña), mais esquece os inmigrantes galegos cando di que “iso é particularmente válido para os inmigrantes de Italia” (Güida 1993: 23, tradución miña). Vemos que, polo seu peso, a inmigración italiana recibe unha atención moi distinta da que se presta ás outras linguas. Fai falta chamar a atención sobre un aspecto moi particular, como di Fontanella de Weinberg en repetidas ocasións e repiten outros autores seguíndoa: “Es necesario tener en cuenta también la diversidad dialectal de los hablantes de italiano, que era muy amplia, llegando en algunas variedades a la falta de inteligibilidad mutua, factor que, sin duda, desempeñó un importante papel en el destino futuro de esta lengua en la Argentina” (Fontanella de Weinberg 1979: 14).\nMoitos dos numerosos traballos realizados no Río da Prata que estudan a inmigración italiana mencionan a forte dialectalización e falan tamén do feito de que durante décadas os italianos chegaban a Arxentina sen coñecementos do estándar italiano (como Güida 1993: 25, que ve na fragmentación dialectal do italiano a razón pola que nunca perigou o castelán como lingua dominante en Arxentina). Non obstante, cando mencionan a inmigración española, non teñen en conta esta diferenciación lingüística. Barrios et al. (1992), ao falar dos españois e italianos inmigrados en Uruguai, entran repetidamente no tema da condición dos italianos de falantes de dialectos diferenciados, mencionando que foi só a partir da segunda metade do século XX cando os inmigrantes “conocen el italiano estándar aunque, al igual que sus antecesores, sus lenguas maternas son diferentes dialectos itálicos según la región de procedencia” (Barrios et al. 1992: 6) e fan referencia explícita ás “lenguas en contacto (español/variedades itálicas)” (1992: 6). Porén, as autoras silencian o feito de que os inmigrantes españois tamén eran falantes de diferentes linguas, a maior parte, de galego. Tamén Barrios / Mazzolini (1994) analizan o proceso de acomodación lingüística en inmigrantes italianos residentes en Montevideo. Cando falan da procedencia das masas de inmigrantes no país, explican dos italianos “que arribaron en grande número al Uruguay hasta el período de la última posguerra” (1994: 57) e que “forman parte integral de la población uruguaya, junto con los españoles y (en menor cantidad) otras colectividades, tan es así que suele considerarse al Uruguay como un país de inmigración” (1994: 5758). En canto diferencian os inmigrantes italianos en diferentes grupos de acordo coa súa situación sociolingüística (“hablantes multilingües fluentes”, “hablantes multilingües no fluentes”, “hablantes monolingües no fluentes de español”, 1994: 5859), non mencionan a mesma situación para os españois, nin teñen en consideración o feito de que a maior parte deles non tiñan o castelán como lingua materna.\nPara Güida (1993: 25), o concepto da influencia italiana necesita ser precisado. Opina que falando con máis exactitude non se trataría (só) dun contacto con outra lingua románica estándar\nSe ben se pensa que, en total, os inmigrantes italianos en Arxentina puideron chegar ata os tres millóns (Vázquez Presedo 1971), temos que ter en conta que non se pode calcular ben cantos dos inmigrantes italianos se contabilizaron máis dunha vez, debido á práctica moi estendida no século XX entre os italianos de certas rexións de facer o que se chama migración estacional ou, máis á galega, migración andoriña, ao traballar en Italia na colleita ao longo do verán europeo para despois viaxar a Arxentina para traballar alí durante o verán americano.\nA opción de que o italiano (ou mellor dito, os seus dialectos) foi a lingua de contacto máis importante paréceme que precisa verse cun pouco menos de énfase se temos en conta todos os datos presentados. Temos sete agrupacións dialectais italianas das que ningunha excede considerablemente os 400.000 inmigrantes. Os autores adoitan coincidir en partir da non intelixibilidade mutua dos dialectos italianos —algunhas das variedades anteriormente vistas como variedades rexionais italianas hoxe nin se consideran dialectos do italiano— e coinciden en que os italianos na súa enorme maioría non falaban o estándar 10, razón que para moitos autores 9 “Provenienza per zone geografiche e per regione dell’emigrazione italiana in Argentina (18761965)\"; in: Euroamericani. Volume 2: La popolazione di origine italiana in Argentina, Torino 1987, 559573” apud Güida (1993: 25). 10 Na literatura sobre as inmigracións italiana e española e a súa distribución por Arxentina, sinálase que os inmigrantes españois se asentaron sobre todo en Bos Aires (cidade, Gran Bos Aires e provincia) e nas provincias de Córdoba, Mendoza, Santa Fe, Tucumán, Salta, Río Negro, San Juan, Santa Cruz e Chubut, mentres que os italianos —que inicialmente eran sobre todo de Xénova e outras áreas da Liguria, máis tarde tamén das provincias do norte de Italia e dende finais do século XIX, das provincias meridionais— ficaron sobre todo preto de La Plata, é dicir, sobre todo na capital (ca. 35%) e nas provincias próximas a Bos Aires (60%), e outras provincias —ante todo, parece que Córdoba e Mendoza— (o restante 5%) (cf. Fontanellea de Weinberg 1987, Baily 1999, Devoto 2002: 30, Güida 1993: 28–29, Gabriel et al. 2013).\nexplica a rápida integración destes no castelán. Temos, por outra banda, máis de 900.000 galegos (segundo algunhas estatísticas, máis de 1.100.000) que si formaron un grupo homoxéneo, social e tamén desde o punto de vista lingüístico. Como se explica entón que nas obras sobre o español de Arxentina ou no Río da Prata en xeral, o galego non se mencione practicamente nunca como lingua de contacto?\n3. o sIlencIo sobre a InfluencIa galega\nAtopamos unha infinidade de traballos sobre os inmigrantes italianos e a influencia do italiano sobre o castelán arxentino e sobre as influencias da inmigración de fala inglesa, francesa, alemá, ata sobre a dos armenios, daneses e alemáns do Volga etc. (cf., por exemplo, Hipperdinger / Rigatuso 1996, Rigatuso / Hipperdinger 1998, Jungblut 2003, Hipperdinger 2005, Cipria 2007 sobre os alemáns do Volga en Arxentina). Con respecto ao galego, só se atopan uns poucos traballos illados sobre o comportamento sociolingüístico dos galegos e sobre o impacto do castelán no galego. Unicamente Gugenberger ten un traballo en que dá unha lista —moi reducida— de galeguismos fonéticos (establece os aspectos prosódicos nun capítulo á parte), morfosintácticos e léxicos que detectou na fala de galegos de primeira xeración entrevistados por ela (Gugenberger 2012, en prensa: 560562) (unha parte dos cales tiñan que ver, seguramente, co feito de estaren a falar sobre Galicia coa autora). Son, porén, innumerables os traballos en que non se ten en consideración o galego. Visto o gran número de inmigrantes galegos, a pregunta inevitable, xa que logo, é: cómo é posible que non se fixesen estudos sobre o impacto da lingua galega? A resposta ten que ser tentativa, xa que como non temos traballos que analizasen o contacto co galego, aínda menos posibilidades temos de atopar xustificacións desta non consideración. Parece obvio que debe ser unha combinación de dous factores: (1) o descoñecemento da lingua galega e da situación lingüística dos galegos, ao contalos como castelanfalantes, e (2) razóns sociolingüísticas, ou mellor dito, prexuízos sociolingüísticos. Se miramos o que se di sobre a tardía e escasa consideración do elemento africano na lingua portuguesa do Brasil nos estudos lingüísticos deste país, vemos que non se tivo en conta por tratarse do elemento escravo, negro, asociado ás capas máis baixas e desprestixiadas da sociedade brasileira, como foi demostrado por autores como Yeda Pessoa de Castro (por exemplo, 2001) ou Lopes (2011). A herdanza europea e máis tarde o elemento indíxena son tratados como aspectos identitarios brasileiros, en canto a herdanza africana deixárase sen atender (cf. tamén Bagno 2013). É semellante o desinterese pola pegada indíxena en Arxentina. Así, por exemplo, Muñoz / Musci (2007: 4) escriben, no seu estudo sobre a lingua falada en Río Gallegos (no que tampouco se considera a influencia galega): Uno de los aportes fundamentales de esta obra es que sus resultados son el producto de un análisis sin la interferencia de preconceptos. Es común que los hispanistas rechacen la influencia de las lenguas aborígenes sobre el español que estudian. Esta negación se debe básicamente al desconocimiento que existía de las lenguas indígenas.\nO mesmo podemos supoñer sobre as razóns polas que non se tivo en conta o galego. Estou de acordo co que di Gugenberger; a autora pensa que unha das razóns polas que o galego non se tivo en conta nos estudos arxentinos de lingüística da migración é que a situación lingüística dos galegos xeralmente non se vía como problemática. Mais na miña opinión non é convincente a explicación que ela dá desta percepción como “non problemática”, xa que Gugenberger pensa que foi polo parentesco entre o galego e o castelán e porque, segundo ela, xa eran bilingües cando chegaron a Arxentina (cf. Gugenberger 2012, no prelo: 22). É unha posición moi dubidosa e que contradí a historia da emigración galega. A autora esquece, por exemplo, que no campo galego (e Galicia era e é moi rural) case non había escolas, que facía falta que os emigrantes enviasen cartos a Galicia para que estas se creasen, precisamente pola nula ou case nula escolarización da maior parte dos galegos durante moitos decenios dos que conforman os períodos da emigración masiva, coa intención de que así os mozos galegos puidesen prepararse para a emigración. Se xa todos falasen castelán, se soubesen escribir, non faría falta esta creación de escolas. Sen escolarización, onde aprenderían os galegos castelán? Alén dos galegos das vilas, de clase media ou alta, que xa falaban castelán moi ben, ou estaban completamente castelanizados, a grande maioría non falaría ben o castelán; como moito, terían coñecementos considerables de castelán os mozos que fixeron o servizo militar antes de emigrar, os que parece ser que foron unha minoría. Tamén podemos considerar como contradición esa postura se vemos que noutro momento, a mesma autora explica que a inmigración en masa das primeiras décadas do século XX reactivou o (vello) estereotipo —o de atraso, pobreza, falta de cultura, de que os galegos eran uns brutos— “que foi nutrido polo feito de que a gran maioría dos inmigrantes galegos viñan do campesiñado e non foran ou foran moi escasamente alfabetizados” (Gugenberger 2012, no prelo: 355, tradución miña). De feito, pódese soster que en Galicia, quen falaba castelán como lingua materna pertencía á clase alta e non tiña por que emigrar. Os galegos que chegaban a Arxentina, identificados e autodeclarados como españois, eran vistos como incultos por nin falar ben o que se supoñía, dende os ollos arxentinos, como lingua materna dos españois. Así, a migración cimentaba o prexuízo do galego bruto, eternizado en figuras como o bruto do Manolito no cómic arxentino Mafalda ou a personaxe da miñona galega Cándida —“una mujer ignorante, ingenua y torpe, pero querible, y que produjo entre los oyentes de Niní una enorme cuota de ternura, por el trasfondo de bondad que emanaba el personaje” (Contreras 2003: 12)— creada pola actriz arxentina Niní Marshall (como se facía chamar Marina Esther Travieso), e igualmente polos incontables chistes de galegos. Ser galego non era unha cousa da que se presumía en Arxentina, o que facía que os galegos ata cambiasen a grafía dos seus nomes, e así, por exemplo, de Souto, se fixo Soto, e de Moure, More, segundo dous casos documentados persoalmente. Rivas (2007) recordaba a frase de Emilio Daireaux, “una cosa es ser gallego y otra que te lo digan”: “en 1888, en Bos Aires, […] isto é o que responden uns galegos a Emilio Daireaux, cando este xornalista e escritor intenta coñecer o grao de identificación dos emigrantes co seu xentilicio” (cf. Daireaux 1888).\nA isto hai que engadirlle que os propios galegos ata descoñecían que o galego non era dialecto do castelán, algo que obviamente influíu sobre como foron vistos polos arxentinos, o que me parece que debeu influír tamén na non consideración do galego nos estudos lingüísticos. Neste sentido, dixo Soto Andión nunha conferencia no Coloquio de lusitanistas alemáns en\nHamburgo o 12 de setembro de 2013: Boa parte dos emigrantes pola falta de formación, e como resultado dos tempos que corrían cando deixaron Galicia, descoñecían que Galicia era unha nacionalidade histórica, cunha lingua, unha identidade e unha cultura de seu, de aí que en certa medida buscaban ocultar a súa orixe e a súa lingua propia. A falta de coñecementos sobre a lingua galega e a falta de prestixio da inmigración galega son as razóns máis probables polas que non se tivo en conta e non se ten en conta nos estudos lingüísticos arxentinos, ou riopratenses en xeral, e sobre o castelán de Arxentina e Uruguai. Mais, sen dúbida, hai cousas que descubrir analizando o papel do galego na historia da lingua española en Arxentina e Uruguai e penso que hai toda unha serie de aspectos que son, claramente, candidatos a seren galeguismos do castelán arxentino/riopratense ou que, cando menos, teñen que considerarse como posibles galeguismos.\n4. P otencIaIs galeguIsmos do castelán arxentIno ou rIoPratense\nA continuación, imos ver só algúns exemplos de aspectos presentes no castelán arxentino ou riopratense en xeral que ao meu modo de ver constitúen ou poderían constituír galeguismos desta(s) variedade(s). Deixo de lado a cuestión do léxico, mais certamente ten que analizarse toda a listaxe de palabras unha e outra vez adscritas a “algún dialecto italiano” sen que aínda se puidese dar coa fonte lingüística, e, sen dúbida ningunha, hai máis elementos galegos que os nomes da culinaria galega chegados cos produtos e pratos galegos (como os Pimientos de\nPadrón, o Caldo gallego o las Filloas 11).\nTamén no caso do che arxentino puido xogar un papel o galego. Existen as máis diferentes teorías sobre a súa procedencia (cf. Dishman 1982) e o seu uso intentou explicarse ata coa lingua guaraní (cf. de Granda 1994), mais no guaraní trátase da primeira persoa, non é pronome de tratamento, o que fai parecer pouco convincente esta explicación do uso e da funcionalidade que ten no castelán arxentino. En traballos sobre che e che pibe aparecen referencias ás variedades italianas como posible explicación, sen poderse probar esta hipótese (cf. GómezPablos 1999). “Probablemente dun dialecto italiano” debe ser, por certo, unha das frases máis usadas nos textos sobre elementos do castelán arxentinos non explicables aínda. Nunca vin: “Probablemente do galego”. Paréceme, cando menos, que a teoría de que o che poida vir do galego é moito máis probable ca calquera das explicacións italianoguaraníticas, mais semella que a ninguén se lle ocorreu ter en conta o galego nas análises das formas e fórmulas de tratamento arxentinas. Ninguén pensou en analizar máis polo miúdo o impacto do che galego, que puido ter algunha importancia no sentido de converxencia lingüística do che galego e o che dos arxentinos, que supostamente se remonta “a los comienzos de la colonia” (Rosenblat 1984: 89), mais a procedencia deste aínda non se puido probar a ciencia certa. O intento de datar o che nos principios da colonización española casa ben co rexeitamento de calquera intento de atribuír o uso á influencia galega. A posibilidade dunha influencia galega, segundo informou Rosario Álvarez nun debate no XI Congreso Internacional de Estudos Galegos en Bos Aires o 7 de abril de 2015, nos poucos textos onde tan sequera se trata esta posibilidade, é rexeitada como idea ridícula, sinalándose que “como influiría no castelán arxentino un elemento do galaicoportugués medieval?”, cando o che en galego moderno parece que ten todas as funcións que ten no castelán de Arxentina menos a de substituír nomes propios. Nin no caso do castelán dos galegos se considera a posibilidade dunha influencia galega, como se ve cando Gugenberger cualifica o uso do che no castelán falado polos seus informantes, inmigrantes galegos de primeira xeración, como exemplo da “combinación” das variedades peninsular e arxentina (cf. Gugenberger 2012, no prelo: 563). É, obviamente, só unha primeira opinión que deberá ser mellor fundamentada. Mais tamén axudaría, certamente, dispor de estudos do che en Galicia, para verificar canto hai de certo na impresión que teñen algúns falantes de que se trata de arxentinismos en Galicia, como resultado de remigración, e se realmente é posible pensar en influencia lingüística entre galego e castelan neste caso concreto.\nNo uso dalgúns tempos verbais e de perífrases verbais podemos ver unha posible ou definitiva influencia galega. Podemos mencionar o caso das formas en ‑ra con valor de pluscuamperfecto de indicativo que xa sinala Novicov para algúns países americanos (Novicov 1979: 233). As análises que fixen sobre a base da parte arxentina do corpus da Real Academia Española —lingua oral e escrita— mostran claramente que é máis alto o uso das formas en ‑ra con este valor ca en España (sempre deixando fóra os textos de falantes ou autores galegos) (Sinner 2016, no prelo).\nAs formas compostas son de difusión tardía no centro peninsular e moi escasas ou antinormativas aínda hoxe en galego e asturiano (Rodríguez Molina 2004). Por iso, esas construcións deberían estudarse tendo en conta que o desenvolvemento do uso do perfecto simple en Arxentina se sitúa na segunda parte do século XIX e as primeiras décadas do século XX; se se quere estudar como foi o uso fóra da escripturalidade, certamente deberían terse en conta particularmente os xéneros escritos menos cultos 12. En Sinner / Neuhaus (2010, no prelo) probamos a influencia do galego sobre o castelán de Córdoba, unha das áreas con moita inmigración galega, no ámbito das perífrases verbais, mais concretamente, o uso avertivo de haber de + infinitivo. Na lingüística galega, haber de máis infinitivo no pretérito perfecto simple de indicativo —nalgúns autores 11 Alén de filloas, tamen pode atoparse a forma frilloas, como no seguinte comentario nun foro dedicado á cociña: “riquísimas, acá en Uruguay les decimos frilloas y las preparamos igual, relllenas [sic] con dulce de ledhe [sic] o con miel, y hacemos los clásicos canelones de verdura o de carne o de choclo” (Alicia San Martín — 5 junio 2014 a las 20:44, http://www. pequerecetas.com/receta/filloas/, visitada o 18 de marzo de 2015). 12 Galego e asturiano comparten unha serie de fenómenos lingüísticos como precisamente o uso escaso ou nulo de tempos verbais compostos, o que imposibilita diferenciar nitidamente certas influencias galegas e asturianas, mais visto o número infinitamente menor de asturianos chegados a Arxentina, podería desestimarse nas análises lingüísticas.\ntamén chamado pluscuamperfecto de indicativo — é considerado como perífrase verbal temporal de inminencia ou inminencia frustrada (cf. Rojo 1974: 100), explicada como perspectivaaspectual (Kabatek 1996: 133) e descrita por Álvarez / Regueira / Monteagudo (1998: 405) como forma que indica acción que estivo a piques de realizarse pero non se realizou. Na lingüística actual este uso chamaríase avertivo, seguindo a Kuteva que fala de “an action which was potentially imminent but did not ultimately get realized” (Kuteva 2001: 78; cf. Kuteva 1998).\nOutro aspecto que puiden comprobar no castelán de Arxentina é a existencia da concordancia do adverbio medio como en maleta media hecha en lugar de maleta medio hecha ou casa media construida por casa medio construida, como no seguinte anuncio inmobiliario arxentino:\n¿Se dice?\nEstá delante mío. o Está delante de mí. Ellos son los que corren mejor. o Ellos son los que mejor corren. Está media aburrida. o Está medio aburrida. (Petruzzi et al. 2000)\nTamén habería que ollar ben os marcadores do discurso, especialmente os estalos ou clics feitos coa lingua —clics non pulmonares, tamén ás veces chamados chasqueos — como marcador estruturador do discurso, un aspecto moi rechamante tanto do galego como do castelán de Galicia para persoas que veñen de fóra, e que tamén chama a atención nas interaccións cos arxentinos 13. 13 Algúns autores falan de estalos ou clics, como Alonso (2000: 86), que os definen da seguinte maneira: “A forma máis sinxela de imaxinar como soan os diferentes estalos ou clics é pensar no son dun bico, o estalo que facemos coa lingua para imitar o ruído dunha rolla ó sair dunha botella, o que se fai para afalar os cabalos”; outros, como Kabatek (2000), falan de chasqueo da lingua : o termo chasqueo, que non se atopa no dicionario da Real Academia Galega, parece castelanismo. Nos exemplos do corpus do castelán de Galicia citado no estudo de Kabatek (1996, tradución galega 2000), a marca aparece nada menos que 62 veces. Unha revisión rápida dos exemplos mostra que moitos teñen funcións de marcadores de discurso, que son, por dar só uns exemplos, estruturadores da información (por exemplo, estruturadores disgresores), conectores (por exemplo, conectores aditivos), reformuladores (por exemplo, de rectificación), operadores (por exemplo, de concreción) ou marcadores conversacionais (por exemplo, metadiscursivos). O mesmo fenómeno habería que analizalo no castelán riopratense.\nTamén no nivel fonéticofonolóxico podemos constatar aspectos que precisan ser analizados antes de descartar unha influencia galega, que nos parece máis que probable. O xeito de realizar a sílaba tónica no castelán riopratense, co seu descenso tonal e o seu alongamento, e o descenso tonal nas interrogativas poderían vir do galego, ou cando menos constituír un caso de converxencia coa influencia italiana proclamada polos investigadores que se ocuparon do tema (cf. Feldhausen et al. 2010, Pešková et al. 2012, Álvarez / Regueira / Monteagudo 1998, Fernández\nRei 1997, Fernández Rei et al. 2005, 2006).\nAfírmase que, á parte de numerosos préstamos léxicos, o contacto lingüístico co italiano influíu, ante todo, na prosodia, o que xeralmente vén acompañado por mencións da coñecida opinión da lingüista arxentina Vidal de Battini, quen afirmou, ao describir o español arxentino, que “Buenos Aires habla con entonación italiana” (1964: 144) (cf., neste sentido, Gabriel et al. 2013), fenómeno que se explica como resultado dos cambios ocorridos a comezos do século XX (cf. o resumo en Pešková et al. 2012: 368). Como explican Gabriel et al. 2013), facendo referencia, entre outros, a Colantoni / Gurlekian (2004), a hipótese da influencia italiana na prosodia bonaerense non se corrobora só pola propia situación histórica —con iso faise referencia á inmigración italiana—, senón tamén polos patróns entoativos que esta variedade comparte con varios dialectos italianos e que a diferencian doutras variedades do castelán. Sen dúbida, debe terse en conta unha posible influencia galega (xa sexa esta directa ou a través do castelán dos galegofalantes) e a posibilidade dunha converxencia de italiano (ou dialectos italianos) e galego. Nos estudos recentes sobre a prosodia do castelán arxentino e as comparacións cos trazos prosódicos doutras linguas, levados a cabo sobre todo polo investigador alemán Gabriel e os seus colaboradores (cf. bibliografía), o galego non se menciona. O autor só comezou a mencionar o galego despois de presenciar unha conferencia nosa sobre o impacto do galego no castelán arxentino (Sinner / Neuhaus 2013, no prelo) no último congreso de lusitanistas alemáns, incluíndo esta posición, polo que sei, por vez primeira nunha conferencia no concurso pola praza de catedrático de castelán na Universidade de Bremen, en Alemaña, no mes de outubro de 2013 (Gabriel 2013), mais con referencias só a Gugenberger.\n5. c onclusIóns\nA criba sistemática da literatura sobre o castelán de Arxentina e Uruguai revela unha ausencia absoluta de referencias ao galego como posible factor no desenvolvemento do castelán nestes países do Cono Sur, o que sen dúbida ten que ver coas actitudes negativas cara ao galego en Galicia e no Cono Sur e a imaxe negativa dos falantes de galego resultado da situación social e sociolingüística precaria dos inmigrantes galegos en épocas anteriores. A nonconsideración do galego na lingüística arxentina (ou riopratense) e na lingüística hispánica en xeral parece un caso máis de invisibilidade ou, mellor dito, invisibilización do galego e corresponde, ao noso xeito de ver, coa tentativa máis ou menos consciente de ocultación da realidade galega e do impacto da inmigración galega, tanto polos propios falantes como polos lingüistas. A mudanza da situación do galego e a mellora no coñecemento desta variedade iberorrománica como resultado da súa normalización poderían permitir a consideración do galego na lingüística hispánica e podería levar ao preenchemento desta lagoa. O presente artigo espera contribuír a que así sexa.\nr eferencIas bIblIográfIcas\nAlbán, Maria del Rosário (1979): Desempenho lin‑ güístico de imigrados galegos na Bahia. Dissertação de Mestrado, 2 vols. Salvador da Bahia: Universidade Federal da Bahia. Albán, Maria del Rosário S. (1983): A imigração gale‑ ga na Bahia. Salvador de Bahia: Centro de Estudos Baianos da Universidade Federal da Bahia. Albán, María del Rosario (1984): “Aspectos de interferência lexical no português de imigrantes galegos”, Estudos lingüísticos e literários 1, 629. Alonso, Juan Alberto (2000): “A orixe da linguaxe”, en: Fernando Ramallo / Gabriel ReiDoval / Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (eds.), Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 6384.\nmanófonos. Actas del coloquio (Viena, 25‑28 de marzo de 2003). Wien: Präsens, 147166.\nVellés, Leo (2010): “Analizan la influencia social, histórica y cultural de los emigrantes gallegos en Buenos Aires”, en España Exterior. El Periódico de las Comunidades Españolas en el Mundo. http:// www.espanaexterior.com/seccion/Galicia/ noticia/200383Analizan_la_influencia_social_ historica_y_cultural_de_los_emigrantes_ gallegos_en_Buenos_Aires. Vidal de Battini, Berta E. (1964): El español de la Ar‑ gentina. Buenos Aires: Consejo Nacional de Educación."} +{"summary": "El Secretario, punto de partida do presente texto, é un exemplo clásico dos epistolarios editados en España, popularizados durante os séculos XIX e XX. O texto iníciase cunha breve reflexión acerca da función da escritura na historia, para posteriormente sinalar a función que a carta representou nos círculos familiares e burocráticos. O artigo finaliza cunha puntualización sobre o tratamento da urbanidade nos epistolarios, así como acerca da súa función como recurso didáctico na escola.", "text": "OS MANUAIS EPISTOLARES E A FUNCIÓN DA CARTA: A APRENDIZAXE DA ORDE SOCIAL A TRAVÉS DAS LETRAS\nCORRESPONDENCE AND FUNCTION OF THE LETTER: SOCIAL ORDER’S TEACHING BY MEANS OF WRITING\n: Escrita, manuais epistolares, cartas, alfabetización, urbanidade.\nABSTRACT El Secretario is a classic example of correspondence´s books published in Spain during the XIX and XX centuries. The text starts with a few reflections about writing´s roles in the History. Subsequently, its explains letter´s roles in families and burocratic societies. The article speaks about correspondence as didactic recourses for teaching courtesy.\nINTRODUCIÓN: EL SECRETARIO, UN EXEMPLO DE EPISTOLARIO\n“Ningún otro conocimiento iguala en su importancia para el comercio de la vida, para el trato social. Quien no sabe cambiar impresiones con sus iguales en forma conveniente, no podrá lograr bienestar alguno. Por eso ante todo y sobre todo, necesita el hombre para vivir en sociedad saber expresar sus pensamientos a los que se hallan cerca de él y a los que están lejos, hablando y escribiendo, por medio de la carta en muchísimos casos…)”.\nAs palabras coas que o prologuista de El Secretario (Sen data de edición: p.3) ilustra as primeiras páxinas do mencionado manual epistolar concédenlle a relevancia máxima á habilidade na utilización da linguaxe, no marco do espazo compartido que é o trato social cos iguais. Esta pericia no emprego lingüístico baixo a forma de coñecemento excelso, vincúlase tanto ás relacións privadas como á comunicación social, dirixido ao bo funcionamento do aparato comercial e burocrático na contorna pública.\nEl Secretario, obra á que pertence o fragmento presentado, corresponde ao conxunto dos manuais epistolares ou de correspondencia difundidos e utilizados entre o século XIX e o século XX, comercializados para un público potencialmente destinatario ou familiarizado coa súa lectura. Sierra (2003) definiu os manuais de correspondencia como libros destinados á difusión das normas da escritura epistolar, obras que constitúen un marcado apoio para a aprendizaxe das mesmas. Braida (2010) introduce un matiz interesante na definición, por canto amplía o obxectivo dos mesmos cando nomea as coleccións epistolares como unha selección de textos baseados en temas variados, utilizados para a redacción doutras cartas, pero que ademais foron susceptibles de acometer a súa lectura como a de calquera outro texto literario.\nSeguindo a tipoloxía recollida por Sierra (2003), El Secretario pertencería ao conxunto de manuais xerais que integraron compendios de cartas de todas as clases, definidos pola autora como libros destinados á difusión das normas de escritura epistolar, obras que ofrecen un marcado apoio para a aprendizaxe das mesmas.\nEditado por Hijos de Santiago Rodríguez; esta empresa burgalesa chegou a publicar, entre 1927 e 1945, catro títulos de manuais agrupados baixo a mesma función.\nTras o prólogo de El Secretario, no cal se xustifica a importancia da carta, inclúense modelos de cartas familiares para ser trocadas entre pais e fillos, irmáns ou esposos. Para esta serie de cartas indícase que “ (…) requieren ir escritas en estilo sumamente sencillo e expresivo; nada de fórmulas ni de cumplimientos que avasallan el pensamiento, impiden la espontaneidad y turban la afección pura”. (Sen data de edición: p. 7).\nEn El Secretario, merecen sección aparte as cartas destinadas para a correspondencia entre mestres e discípulos, amigos e parentes, cartas memoriais – ao Rei, á Raíña, dun soldado pedindo indulto ou dun seminarista solicitando un destino de sacerdote – así como as cartas comerciais.\nO conxunto dos seus modelos da conta dunha sociedade pautada pola xerarquía e pola estratificación dos grupos sociais, en función de ámbitos coma o xénero ou a orixe social, ademais doutras múltiples condicións e circunstancias, como as relacións de parentesco ou de subordinación social.\nA presente obra constitúe un punto de partida para unha breve análise arredor do manual epistolar e da súa función social e escolar, máis alá da mera utilidade comunicativa a partir da copia. Na súa definición dos mesmos, Sierra (2003) destaca á súa función pedagóxica, adoutrinadora, moralizante e propagandística.\nNo presente texto, nun primeiro momento abórdanse as funcións que a correspondencia adquiriu como unha das primeiras tomas de contacto e aproximación do pobo coa escrita. A continuación indícase a diversidade de funcións socializadoras e formativas implícitas na correspondencia epistolar, entre as que se anota a adquisición das normas de urbanidade, contido curricular que foi susceptible de desenvolvemento e atención na aula a partir da correspondencia real.\nA ESCRITURA: O PASO CARA UNHA NOVA CONDICIÓN\nAsí e todo, desde unha perspectiva histórica, Martin (1999) sostén que a escritura non foi necesaria nin abondou para a transformación das sociedades, así como tampouco foi indispensable para o progreso técnico dalgunhas delas. Mesmo menciona que arredor do século XI, os progresos da economía en Europa propiciaron a ascendente utilización da escrita, indispensable para protexer as limitacións da memoria, cando a acta escrita se converteu na mellor forma de fixar os dereitos e deberes de cada un. As persoas comúns aceptaron o recurso a esta técnica, revestida do poder máxico porque permitía, entre outras funcións, fixar a palabra de Deus ou conservar a lembranza dos mortos nas inscricións funerarias. E, aínda que mantén que a escritura por si mesma non é revolucionaria, certamente afirma que as formas escritas potenciáronse nos procesos revolucionarios co obxectivo de acelerar as transformacións iniciadas. Neste sentido, Bouza (1992) afirma que os movementos propagandísticos da alta Idade Moderna aproveitaron o medio escrito, no cal a novidade da imprenta obrou como un arma para os seus fins: os opúsculos derivados da Reforma protestante e da Contrarreforma Católica pertencen a este contexto.\nBouza, tamén noutro lugar (2001), afirma que unha primeira forma de contacto entre os iletrados e a escritura foi aquela derivada da relación entre as nóminas, as cédulas e as “cartas de tocar”, difundidas nos séculos XVI e XVII. Nas “cartas de tocar”, o manuscrito veríase reducido á súa función de talismán, guiado polo principio máxico do contacto, porque este obraría só polo feito de levalo sobre o corpo, mesmo sen ser preciso entender a súa letra.\nMais as palabras de García Carrasco (2005) son atinadas, cando menciona que a escritura introduciu unha fractura xeracional que veu rachar co ciclo vital da formación: na orixe do problema da educación de adultos atopouse a innovación da lectoescritura e as súas interfaces; en tanto que a evolución do formato e as características do soporte foi lenta, a imprenta constituíu unha revolución.\nO cambio acelerouse cando se integraron as consecuencias derivadas do novo sistema de comunicación en coderiva coa evolución do sistema de produción.\nO nacemento, na Ilustración, do xermolo que daría paso aos primeiros sistemas de ensino veu propiciado, en parte, pola conxunción de transformacións socioeconómicas referidas.\nA CORRESPONDENCIA: CUESTIÓNS PÚBLICAS E PRIVADAS\nDe todos os xeitos, Martin (1999) indica que, pese a certos factores característicos da fin da Idade Media, algúns xa mencionados en liñas anteriores, entre os que sinalou o retorno ás fontes escritas, o pulo da correspondencia comercial, a aparición dunha administración escrita que emprega a posta a punto de técnicas de contabilidade ou a resurrección das literaturas nacionais cara ao século XIV, as terras europeas non compartían aínda, de modo suficiente, a simboloxía da escrita. Só unha débil capa social, constituída por varios centos de miles de clérigos, comerciantes, notarios, amanuenses e escritores formaban parte do illado mundo da escrita.\nVolvendo a Bouza (2001), este afirma que a escritura hológrafa dos séculos XVI e XVII, relacionada cos avisos ou coa correspondencia real, xurdiu como un signo de distinción na Corte. O tempo do rei era valioso e limitado, polo que se advertiu como un signo de deferencia que el mesmo asumise as citadas tarefas como unha labor persoal e prescindise delegar en terceiros, na figura dos secretarios ou dos homes de pluma. Así se posiciona o autor en 1992, cando afirma que a escritura manual de puño e letra representou aínda máis intimidade e deferencia, pois existía xa unha nova forma escrita de molde, absolutamente impersoal. Faise alusión á redacción e emprego de cartas hológrafas fronte á posibilidade de utilización da imprenta. O mesmo autor indicará (2001), que tamén se procedeu a adoptar o modelo da carta para conceder verosimilitude as novelas ou panfletos, presentados en ocasións baixo a estrutura de cartas familiares, avisos ou novas. 1 Denomínanse así a aquelas cartas que “en última instancia, motivan e xustifican a partida, (…)”, remitidas polos parentes emigrados desde ultramar, á familia ou ás amizades na terra de orixe, instándoos ao emprendemento da súa propia marcha (Pérez Murillo, 1999, p. 12).\nEn relación con algunhas das finalidades mencionadas da correspondencia que vimos de mencionar, durante os séculos XVI e XVII volveuse unha práctica habitual o recurso aos escribáns, aos escribentes ou “escrevedores de cartas”; afirma Bouza (2001). A voz portuguesa “escrevedores de cartas” alude aos profesionais dedicados a tal oficio, que instalaban as súas escribanías de proveito para a poboación iletrada, no Largo do Pelourinho Velho en Lisboa, profesión estendida tamén no conxunto do territorio ibérico. Xunto aos mencionados, apúntase tamén a importancia dos memorialistas e dos seus “escritorios de asuntos y negocios”, frecuentes de atopar nas villas e cidades do século XIX, que continuaron coa escritura delegada, a partir de prácticas usuais durante a Idade Moderna.\nMemorialistas, escribáns e “escrevedores” remiten á existencia de oficios vinculados a unha necesidade social xurdida ao redor da redacción de cartas. No ámbito privado ou público, a recepción e envío de correspondencia converten aos “escrevedores de cartas” en profesionais dun oficio que respostaba a unha marcada demanda social de relación e comunicación.\nO interese que suscita a arte epistolar como unha forma óptima e galante de comunicarse en sociedade; segundo sinalou Martin (1999), favorece que neste período comecen a proliferar, xunto aos manuais de conversa, os Secretarios perfectos ou os Secretarios á moda, desde que a primeira recompilación de cartas persoais aparecera a finais do século XVI. Os primeiros Secretarios, precursores daqueles sinalados con anterioridade no prólogo, propoñen series de modelos epistolares útiles para os distintos avatares da vida. Un referente demostrativo que, xunto con outros indicios, en vésperas da Revolución Francesa propiciou que unha parte considerable da poboación urbana iniciara o acceso a formas activas da cultura escrita, entre as que se atoparon tanto a escritura como a lectura de epístolas, así como a preocupación pola súa corrección formal.\nChartier (2010) sostén, pola súa parte, que a orixe dos manuais de estilo epistolares vinculouse como parte dun repertorio de edicións baratas e populares, materiais que foron obxecto dunha ampla difusión impresa. E o éxito dos manuais de estilo epistolares prolifera ata mediados do século XX, vinculados ao facilitamento da mensaxe comunicativa en sociedade. A propia obra de El Secretario (Sen data de edición: p.6) – anteriormente referida – no seu prólogo aspira a que o libro resulte de verdadeira utilidade para todos, “y confiamos en que el público ha de responder a la delicadeza con que hemos procurado confeccionarlo”.\nNeste sentido, Chartier (2010) refírese ao establecemento dunha inequívoca finalidade didáctica e práctica para os manuais epistolares, aínda que isto non acontece sempre así; en numerosas ocasións, estes foron lidos e consultados non tanto en virtude da súa utilidade principal, senón en razón de que as súas páxinas permitían a entrada a un mundo aristocrático e aproximaban a aprendizaxe dunha orde social marcada polas fórmulas de urbanidade. Os lectores das clases populares - a maioría dos seus compradores – cando escribían cartas, distaban de atoparse nas situacións características das elites descritas polos secretarios, polo que sería previsible que estes non respectasen as convencións que se lles mostraban, suposto que comparte Braida (2010). Así, a autora afirma que as coleccións epistolares do século XVI xustificábanse de cara á divulgación dos modelos de escritura de cartas “en buon vulgare”.\n“(…) Para estas exigencias de la moda, de las costumbres, se necesitan, sí, modelos que imitar, indicaciones teóricas que seguir, máxime cuando el interesado carece de costumbre en tal sentido, y aún más cuando nos vemos obligados por la cortesía a escribir cartas enteras que ni en el fondo ni en la forma nos salen de dentro, como comúnmente se dice. He aquí el objeto principal de esta obrita, por lo que, después de la sección dicha, figuran otras presentando modelos de cartas amorosas, de etiqueta, comerciales y documentos de solicitud á personas distinguidas”.\nSierra (2003) recolle a distinción dos manuais epistolares entre manuais xerais e específicos. Os primeiros están constituídos por todo un compendio de cartas da máis variada índole, mentres que os segundos céntranse unicamente nunha ou dúas variedades epistolares; cartas de amor ou en menor medida cartas familiares ou de amizade. En canto aos manuais xerais, soen agrupar cartas familiares ou amorosas, de pésame ou felicitación; de agradecemento, reclamación ou queixa; de recomendación e participación, de convite coas súas respostas; así como cartas comerciais ou solicitudes, ademais da posibilidade de incluír prontuarios de ortografía ou vocabularios.\nO éxito desta orde literaria baseada nas fórmulas epistolares relacionouse coa dobre función que esta posúe desde os seus inicios: a transmisión dunha linguaxe oficial e altamente xerarquizada, así como o seu referenciado valor literario. A inclusión de linguaxes diferentes —político, relixioso, amoroso, de conduta— nos modelos epistolares remite a funcións diversas, relativas ben á súa simple lectura ou á imitación das súas fórmulas ou estilos. A sobrevaloración da función normalizadora da práctica da escrita corre o risco de dificultar a comprensión global das claves do seu éxito editorial.\nEn liñas anteriores, sinalouse a finalidade diversa que para Chartier (2010) posuíron os manuais epistolares, entre a que se incluíu a aprendizaxe ou transmisión nas súas páxinas de certas normas de urbanidade. Cuestión que merece ser tratada máis polo miúdo, por canto os modelos de cartas exemplifican a conduta correcta para as mil variadas situacións en que a vida pode situar aos lectores, participándoos, entre unha ampla variedade de acontecementos, de convites ou pésames.\nA urbanidade tería participado dos contidos escolares, paradoxalmente tamén baixo a forma dos modelos epistolares, aspecto que abordaremos a continuación.\nESCOLA, URBANIDADE E LITERATURA EPISTOLAR\nBenso (1997) faise eco da relevancia que a urbanidade nas formas sociais adquire ao longo do século XIX, aparellada ao desenvolvemento das clases medias e á súa vontade de adopción dos usos das elites, cunha clara pretensión de distanciamento do pobo. A urbanidade entenderase ademais como obxecto de estudio nas escolas populares e pretenderá xeralizarse ás clases baixas na sociedade. Así e todo, nos corpos lexislativos de educación esta aparece mencionada como obxecto de instrución primaria; cando así acontece, soe vincularse á relixión e á moral, dúas materias de importancia para a formación das clases populares. Sinala, de igual modo, que na transmisión social\nEl Cortesano favorece un código social refinado, constituído polas boas formas para a clase social acomodada, formas que esixen doses de esforzo. Estas regras de conduta semellarían adquirirse a través dunha longa tradición de aprendizaxe familiar mediante o exemplo e a transmisión oral. A traslación dos manuais epistolares déixase ver no feito de que estes acostuman recoller modelos de cartas de consello de pais a fillos, centrándose nos problemas derivados da mala conduta ou preguiza, como se observa no grupo de cartas familiares de El Secretario.\nOs tratados dirixidos á poboación en xeral baixo a influencia da urbanidade, entre o século XIX e principios do século XX, presentáronse baixo a forma de prontuarios 2 de urbanidade ou lecturas escolares, con diálogos, máximas, preceptos, versos, alegorías ou relatos. A literatura epistolar cultivouse na infancia desde que os nenas e nenas posuían un certo dominio da escritura, cuestión que para a investigadora representa un dos meirandes aproveitamentos da aprendizaxe escolar das clases populares. Deste xeito, os consellos da literatura epistolar comprenderían desde as cativas recomendacións dalgúns textos ata os variados modelos da literatura epistolar. Estes modelos virían incluídos, xa nos libros de texto manuscritos para a lectura ou ben como parte dun conxunto de documentos presentes na vida social, entre as que se atopan as cartas e tamén os anuncios e os telegramas.\nSierra (2003) abunda na temática dos manuais epistolares dirixidos a un uso escolar. A produción dos manuais aparece ligada á utilización da carta na Idade Contemporánea, así como á extensión da práctica da escrita entre as distintas clases sociais, tamén para aqueles grupos que noutros períodos históricos se viran apartados da mesma. A carta significou, para moitas persoas, o primeiro exercitamento cara a súa nova adquirida alfabetización. Neste sentido, os manuais epistolares fóronse convertendo nun apoio para quen se iniciaba na escrita, considerada como unha parcela que se estendía cada vez máis á vida cotiá. O manual epistolar asume unha función didácticapedagóxica e guíase por catro finalidades básicas, entre as que se atopan a propia iniciación na arte epistolar, a importancia da lectura no ámbito educativo, a educación moral, relixiosa e patriótica, así como a adquisición competencial da redacción e da expresión escritas.\nEla mesma pon de manifesto a importancia da carta na escola foi constatada por parte de investigadoras como María del Mar Pozo e Sara Ramos, quen analizaron unha mostra de vinte cadernos escritos entre 1927 e 1939, orixinarios da escola rural nas provincias de Albacete e Cuenca. O estudo deu a coñecer a pauta de desenvolvemento de actividades de ensaio para a vida futura do alumnado, entre as que se atopaban a redacción de solicitudes ás autoridades, a elaboración de contratos de arrendamento ou a escritura de cartas a familiares. 2 Prontuario: Resumo de notas de varias cousas para telas presentes. Compendio das regras dunha ciencia ou arte. Ambas acepcións son recollidas en Aristos. Diccionario Ilustrado de la Lengua Española (1966: 510).\nAleixo e Alves 3 (2008) refírense así mesmo á utilización da carta en contextos regulados. Mencionan que a correspondencia interescolar fora normalizada en Portugal entre 1933 e 1934 polo Ministério de Instrução a través do envío de sendas circulares ao profesorado. O éxito da proposta fora ascendente, pois en 1935 a cifra de correspondentes ascendía a 7000. O corpo de mestres recoñecía as competencias reforzadas na produción de textos a través da carta, así coma o fomento dun sentimento de dignidade persoal.\nCalbarro 4 (2008) analizou a correspondencia entre os denominados “mentor” e “discípulo” epistolares, entendida como unha relación establecida entre unha persoa que por motivos de idade, autoridade ou ambos participa na educación doutra persoa de menor idade ou autoridade.\nAnecdoticamente, Bouza (1992) recolle o caso de Pedro Díaz Morante, quen, a principios do século XVII madrileño, fachendeaba de ter ensinado a ler e escribir a dous discípulos no espazo de nove meses mediante cartas, coa axuda do Arte de escribir que tiña publicado. Afirmaba que, coa axuda dos libros impresos poderían aprender nas súas casas os homes iletrados e, naqueles lugares pequenos que non contasen con bos mestres, os pais saberían ensinar aos fillos.\nA MANEIRA DE SÍNTESE\nO pulo da escritura epistolar contextualízase no marco dunha sociedade europea en transformación, que avanza cara a civilización da escrita, proceso que se sucede ao longo dos séculos XVI e XVII. A aparición da imprenta arredor de 1450 reforzou o protagonismo da escritura, indicador que se viu traducido, por outra banda, nunha orde de cuestións económicas, coma o incremento xeralizado da demanda do papel.\nEn relación coa vinculación do establecemento de relacións sociais prósperas no contexto social, profesional ou familiar sucedeuse a publicación dos manuais epistolares; edicións que adquiriron a súa meirande significación en torno ao século XIX. O valor das mesmas reside en que as súas liñas, na actualidade, dan conta dunha orde social determinada, que sitúa a cada quen nun lugar específico do mosaico mundano; un lugar con marcas de clase, se a expresión é permitida.\nPara a pedagoxía, os modelos de correspondencia e os manuais epistolares significan documentos de interese, por canto informan e reproducen sobre o papel os estereotipos conductuais, entre outros, das relacións paternofiliais ou entre mestres e discípulos. As súas páxinas mostran os requerimentos dunha sociedade que suliña, nos seus patróns sociais, a autoridade para as figuras de respecto e por suposto marca a subordinación para os subalternos.\nO interese pedagóxicodidáctico dos manuais epistolares é susceptible de ser considerado na actualidade na súa utilización transversal, tanto para a análise da socialización e da urbanidade, como desde a perspectiva do ensino das primeiras letras. Aleixo e Alves (2008) destacan a importancia de ditos ambientes alfabetizadores, nos cales a composición e lectura de textos tórnase significativa, pois desde unha liña construtivista explórase a autonomía e a interacción entre os propios escolares.\nREFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS"} +{"summary": "O artigo analiza o tratamento do tema da identidade, a nación e o compromiso na poesía galega de autoría feminina escrita durante o que vai de novo milenio. Logo de facer algunhas consideracións necesarias sobre a encrucillada de estudos na que debe ser situada a análise da cuestión, estabelécese unha diferenza entre a produción das escritoras que iniciaron a súa actividade nos noventa e aquelas que o fixeron con posterioridade. O estudo identifica algunhas actitudes que se manifestan de maneira significativa neste período, como son a sensibilidade ecolóxica, a deslocalización dos conflitos e a denuncia mediante a parodia.", "text": "Identidade, nación e compromiso na poesía galega do novo século escrita por mulleres 1\nMaría Xesús Nogueira Pereira\n[Recibido, xaneiro 2011; aceptado, marzo 2011]\n : identidade, literatura e xénero, poesía galega contemporánea, poesía social. ABSTRACT This paper analyses the treatment conferred on the concept of idenmente, aínda que non só, dende o xénero hai xa algúns anos. A visión que se 107\nAbordar a cuestión da identidade e a nación na poesía galega actual escrita por mulleres supón recoller o testemuño duns estudos iniciados fundamentalpoida ofrecer é, polo tanto, debedora das análises previas efectuadas sobre o corpus da chamada poesía dos noventa, que demostraron a estreita relación existente entre xénero e nación nunha boa parte das obras. O propósito deste traballo non é outro que analizar a produción poética do novo século na procura de reafirmacións ou mudanzas no tratamento da cuestión.\nAnte a amplitude do tema, limitareime a ofrecer un encadramento que permita a identificación dalgunhas tendencias que me parecen significativas, consciente en todo momento dos perigos que supón o feito de levar a cabo análises que carezan dunha maior perspectiva temporal, así como da necesidade de volver sobre el en achegas futuras.\nO encadre\nA análise do tratamento da identidade nacional nas escritoras actuais debe situarse polo tanto nun marco delimitado por, cando menos, tres ámbitos de estudo:\n1 O xénero 2 As poéticas sociais\n3 A cuestión periodolóxica\nOs estudos de xénero\nComo é sabido, no que á literatura galega se refire, as achegas dende o xénero víñanse desenvolvendo dende finais da década dos oitenta. No entanto, foi nos anos noventa cando centraron unha boa parte do seu interese na poesía, tentando dar resposta ao fenómeno que se viña denominando eclosión de voces femininas. O estudo das poéticas de xénero dos noventa non pasou por alto o tratamento da cuestión nacional en canto identidade colectiva levado a cabo por estas escritoras. Nel reparou Helena González nas achegas recollidas nun volume cuxo título resulta revelador: Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (2005). A imaxe do paraugas totalizador (totalizing umbrella), que a estudosa toma de Radhakrishnan 2, serviulle para salientar a priorización na literatura galega escrita por mulleres do discurso nacionalista sobre outros considerados subalternos –entre os que figura o do feminismo–, de xeito que se acaba impoñendo “unha visión xerarquizada e atomizada, e anteponse a defensa do discurso nacional, tido por común, como obxectivo prioritario fronte aos intereses dos colectivos diferenciados que o integran” (González, 2005: 42).\nGonzález identifica ademais unha identidade oximorónica –retomando o concepto proposto por Geraldine Nichols– para se referir á contradición entre a nación e o xénero que as autoras se viron obrigadas a resolver, e lembra, a este respecto, o contundente poema “Enfoque teórico”, de Lupe Gómez (1995: 11), que semella corroborar tales hipóteses:\nA muller é un cristal atravesado por unha patria As achegas de González conforman un paradigma metodolóxico que, con algúns matices, segue a ter vixencia para o exame da produción actual.\nO estudo das poéticas sociais\nTanto a identidade e a nación como a idea de compromiso son cuestións que deben ser tamén abordadas dende a óptica das poéticas sociais. Neste senso, adóitase insistir no abandono das preocupacións cívicas na literatura ao longo dos anos oitenta, considerando este feito como un trazo diferencial que as máis das veces é empregado a xeito de baliza xeracional. A tal afirmación, que merecería ser convenientemente matizada 3, acostúmase a contrapor o xurdimento de novos discursos sociais na década dos noventa, con voces como as Chus Pato, Pilar Beiro, Fran Alonso ou Igor Lugrís, afastadas substancialmente dos vellos modelos socialrealistas que foran tan rexeitados no período anterior.\nNon son moitos os traballos que se ocuparon da poesía social máis recente. Aínda así, algúns estudos específicos afondaron na cuestión da representación nacional nos anos noventa e identificaron dúas tendencias. A este respecto, Cochón (1998: 729) explica como:\nmentres unha perpetúa a presentación discursiva do problema galego dende unha estética de resistencia non sempre actualizada, outra ensaia a disolución crítica das representacións e as concepcións culturais que alentaban boa parte da nosa organización. Especialmente valiosa resultará, como se ha ver, a segunda das tendencias identificadas por Cochón para a cuestión que nos ocupa.\nO interese que suscita na actualidade a representación da cuestión nacional maniféstase na súa presenza como tema de debate en diversos foros. É o caso\nda mesa redonda que tivo lugar en outono de 2008 no Pazo de Mariñán, no marco do encontro Escritores Novos/as, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, que levaba por título precisamente “Literatura, sociedade e nación”. Resulta curioso comprobar a coincidencia de dous dos relatores á hora de botar man dunha metáfora téxtil para presentar as súas intervencións. María Reimóndez escolle o título “Okupar o traxe de galega” para recordar a dimensión social da literatura e a idea de ocupación de espazos aprendida dos feminismos de transformación, de xeito que: “no canto de aceptar o traxe que pretenden impoñernos, dende a literatura buscamos redefinir ese tecido e adaptalo ás nosas curvas ou ausencia delas” (Reimóndez, 2005: 99).\nPola súa banda, Carlos Negro procura o rótulo “A roupa no tendal da casa (ou como divagar sobre literatura galega en relación ao clásico tema do compromiso ético e a súa relación co nacionalismo político)” para reflexionar sobre a súa función en canto escritor, expoñendo “cavilacións como quen pendura a roupa no tendal da casa, á vista da veciñanza” (Negro, 2005: 85). Máis alá da coincidencia na escolla do referente da imaxe, resulta interesante deterse na tipoloxía de motivacións autoriais identificadas por Negro na súa reflexión:\n- Unha motivación redentora: fronte a unha concepción individualista da creación literaria, algúns sectores intelectuais da órbita do nacionalismo galego teiman en manter a literatura ao servizo dun proxecto colectivo de construción política [...]. - Unha motivación lúdica: outros contemporáneos, simplemente, coidan que a literatura vén sendo un oficio de xuntar palabras na orde correcta, e que abonda con ofrecer certas doses de entretemento a un público lector mediante fórmulas estéticas que entran neste amplo caixón denominado literatura de xénero [...]. - Unha motivación subversiva: [...] elementos heterodoxos que se resisten a calquera catalogación ideolóxica ou estética, individuos que só se senten libres indo á contra, rompendo expectativas, abrindo fendas no sistema literario, practicando a difícil arte da provocación intelixente, contra todo e case todos. - Unha motivación pedagóxica: moi vinculada co ámbito educativo e institucional [...]; sería unha literatura onde predominan os valores éticos sobre os estéticos, de carácter funcional e funcionarial, moi condicionada polos intereses pedagóxicos e por certos valores vinculados á defensa dos dereitos humanos (Negro, 2005: 8990).\nAlgunhas das categorías identificadas polo escritor, como a redentora ou a subversiva, resultan válidas, cos debidos matices, para explicar as principais formulacións identitarias e políticas na poesía actual, así como para achegar luz a unha cuestión, a das estéticas sociais, que, agás casos illados, non foi polo de agora abordada co debido rigor.\nA cuestión periodolóxica\nNa delimitación do tema que se está a abordar é necesario finalmente facer unha aclaración relativa á referencia cronolóxica presente no título deste traballo, o novo milenio, unha expresión que emprego non como categoría periodolóxica senón co único obxectivo de acoutar a franxa estudada. Isto non quere dicir, no entanto, que a estas alturas non sexa necesaria unha revisión da cronoloxía recente da literatura galega que supere a segmentación por décadas. A propia denominación poesía dos noventa, abondo asentada na crítica galega, non resulta operativa fóra de usos restrinxidos e concretos.\nCuriosamente, algunhas propostas que pretenden cartografar a literatura recente e, en especial, a poesía semellan ter bastante que ver coa idea de nación, identidade e compromiso. Neste senso, a historia das manifestacións 111\nculturais galegas non pode obviar un acontecemento vertebrador, malia o seu carácter esóxeno, como foi a catástrofe ecolóxica ocasionada tras o afundimento do Prestige, en 2002. O infortunio e, sobre todo, a xestión da crise deron lugar a unha reacción dos axentes culturais sen precedentes. No que á produción poética se refire, cómpre lembrar os tres volumes de intervención publicados no ano 2003, nos que colaboraron a práctica totalidade das escritoras e escritores activos no momento: Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega e A Nosa Terra), Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Federación de Libreiros de Galicia) e Sempre mar (colectivo Burla Negra). Ás mobilizacións xurdidas a raíz da catástrofe do Prestige tiveron a súa continuidade, apenas un ano máis tarde, nas protestas pola invasión de Iraq, que volveron mover a sociedade civil e o mundo da cultura. Dese 2003 é tamén o volume Xuro que non volverei pasar fame, do Colectivo Redes Escarlata, no que participaron, entre outras moitas voces, as das escritoras Chus Pato, Asun Arias, Pilar Beiro, Carme Carballo, Oriana Méndez e Luz Fandiño. Cumpriría ter en conta estas obras, xunto con outras de diferente índole e desigual repercusión, nunha historia dos libros colectivos de intervención na literatura galega, que aínda está por escribir. Dela habíanse extraer datos ben interesantes para o estudo da cuestión do compromiso, así como das poéticas sociais.\nVolvendo á cuestión periodolóxica, non estaría de máis apuntar a posibilidade de incluír o ano 2002 na cronoloxía da poesía galega. Así o fixo, cunha boa dose de crítica, Marta Dacosta (2005: 121) nun comentario que encabeza un texto no que fai un achegamento á súa xeración: “... entre dúas catástrofes, a do Casón e a do Prestige : nace e medra toda unha xeración literaria...”. Unha percepción semellante ten Yolanda Castaño no referido á importancia das mobilizacións sociais na cohesión xeracional dos poetas dos noventa, interesante tamén no que se refire á valoración que fai das estéticas sociais:\nAs representacións\nÁ hora de ofrecer un panorama no que se mostren algunhas das representacións da nación e da identidade na poesía escrita dende o xénero no novo milenio, e a pesar das reservas sobre a delimitación cronolóxica que se acaban de expoñer, resulta operativo facer unha diferenciación entre as autoras que continuaron a desenvolver neste período unha traxectoria poética iniciada nos noventa, e aquelas voces novas que se incorporaron nos anos posteriores. A análise, condicionada polas limitacións dun traballo coma este, centrarase nalgunhas escritoras relevantes no referido á formulación destas cuestións.\nA continuidade das poéticas dos noventa\no nacionalismo é unha cuestión de identidade, róubanche a identidade porque esa identidade xa non pode ser, e logo sofres toda a vida polo roubo [...]. A reconstrucción desa identidade, a súa imposible reconstrucción, son a historia da nación, a historia do poema 4 (Pato, 2000: 48).\nO discurso sobre a naciónidentidade usurpada contextualízase ademais nunha constante denuncia da alienación derivada da historia e da propia evolución do sistema económico capitalista, cuxa repercusión se percibe nas transformacións dos modos de explotación de noso e na propia lingua, representada como unha identidade perdida e en conflito:\nextirpan o galego de nós mesmo se a vida ten que ser arrincada no proceso [...] escribir nunha lingua que na nenez nos foi negada escribir nunha lingua que escoitamos roubada (Pato, 1996: 5962).\nA poesía política de Chus Pato deslocalízase nalgunhas das composicións dos seus últimos libros para se desprazar a outras realidades nacionais marcadas sempre polo conflito, como acontece cos escenarios da barbarie nazi, nunha actitude que, como se verá, non resulta infrecuente nas autoras que se incorporaron á tradición poética no novo milenio.\nUn caso singular no tratamento no que a poesía engagée se refire é o de María Xosé Queizán. A escritora, que construíra ao longo da primeira metade da década dos noventa unha poética feminista programática cos títulos Metáfora da metáfora (1991), Despertar das amantes (1993) e Fóra de min (1995), publica en 2007 Cólera, un poemario no que renuncia á voz feminina para abordar o tema da nación, neste caso dende unha óptica retrospectiva centrada nos anos sesenta e setenta do pasado século. Trátase, en palabras da autora, dun “poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega e provocadores da transición do fascismo á democracia” (Queizán, 2007: 8).\nMaría Xosé Queizán xustifica a súa renuncia ao xénero feminino na enunciación apelando ao realismo, cando explica que non podería escribirse este mesmo libro desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos [...]. Teño moi claro que este poemario [...] non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, porque as mulleres sentíamos unha dupla indignación porque padecíamos unha dobre opresión (ibidem).\nSemellante renuncia non só mostra a invisibilidade da muller na militancia política daqueles anos, senón que evidencia tamén as dimensións do conflito oximorónico xéneronación vivido polas poetas galegas.\nAlgunhas das representacións identitarias levadas a cabo na poesía galega do novo milenio seguen tomando como principal referente o mundo rural. Unha das autoras que abordou este universo dunha maneira máis recorrente foi Lupe Gómez, tanto en Pornografía (1995), o seu primeiro e sorprendente libro, como en obras posteriores, nas que elaborou representacións alegóricas de Galicia, como a que se pode ler en O útero dos cabalos (2005):\nA alegría da nación. Esta nación morta. Este parque fermoso, triste, sen nenos. Farei unha casa para min no interior dunha montaña. A nación verde dos soños (Gómez, 2005: 5253). A nación morta concibida como un parque triste e sen nenos é o espazo que Lupe Gómez escolle para situar o símbolo da casa. A visión crítica da nación plasmada pola autora recorre nalgunha ocasión á representación da usurpación xa comentada. Así acontece nos seguintes versos de Azul e estranxeira (2005): Pintei bandeiras decorando os ollos.\nAs bandeiras dun nacionalismo de patrias roubadas (Gómez, 2005: 28).\nDe natureza diferente son algunhas das actitudes mostradas por María do Cebreiro na poesía, publicada na súa maioría no novo século, no que atinxe á representación da identidade nacional. Unha delas consiste na deconstrución paródica dalgunhas iconas do discurso nacionalista. Así acontece no título do seu segundo libro, Nós as inadaptadas (2002), que dialoga de xeito explícito, e dende a reescritura feminina, cun dos ensaios fundacionais do nacionalismo galego como é “Nós, os inadaptados” (1933), de Vicente Risco. Un diálogo igualmente paródico observámolo no verso “por terras libradas”, de Cuarto de outono (2008a), que fai unha chiscadela á desiderata formulada por Uxío Novoneyra: “Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?” 5. Nos dous casos está a practicar unha intertextualidade paródica que non resulta infrecuente no conxunto da súa produción e que, referida ao concepto de nación, supón un importante exercicio de desidealización que habería que relacionar coa “disolución crítica das representacións e as concepcións culturais” indicada por Cochón, á que se fixo referencia máis arriba.\nOutra actitude practicada pola autora nos seus últimos libros consiste na disolución do concepto de nación mediante a multiplicación de lugares –ou mellor, de nonlugares– e a tematización da estranxeiría. O título do poemario Non son de aquí (2008b), ao que pertencen os fragmentos reproducidos, resulta revelador 6, como tamén o son os seguintes versos:\npero eu non son de aquí, non teño descendencia, non quero máis orixe que esta ponte até que nos sosteña\nAs novas voces do milenio\nNo que respecta ás voces poéticas que comezaron a publicar no novo milenio, chama a atención a ausencia de formulacións explícitas do tema da nación, cando menos en termos políticos. O binomio naciónxénero está, en xeral, ausente da obra de Berta Dávila, de Valentina Carro, de Rosa Enríquez, de Olalla Cociña ou de Iolanda Zúñiga, por citarmos tan só algúns nomes. A\nrepresentación da identidade segue aparecendo vinculada, na obra dalgunha destas autoras, ao mundo rural e ás xenealoxías femininas que as precederon. Así acontece en Libro de Alicia (2008), de Olalla Cociña, ou en Pouso do fume (2009), de Dores Tembrás. A dedicatoria deste último libro resulta abondo ilustrativa:\ná miña xenealoxía dende Cándida perpetuadora do lume e as palabras ata Romeu herdeiro do teu segredo a ti\nDesta tendencia xeneralizada afástanse no entanto autoras como Pilar Beiro ou Oriana Méndez, que codificaron discursos que non obvian a cuestión nacional. Pilar Beiro, que publicou o seu primeiro libro, Hinterland, nos bordos do milenio (decembro de 1999) elabora un discurso crítico e as máis veces paródico sobre a nación 7, como o que a seguir se reproduce, onde bota man dun aparente ton didáctico para expoñer unha visión lúdicomuseística que non estaría de máis relacionar co parque triste e sen nenos de Lupe Gómez:\nMirade, nenos, este museo é o pobo voso\n–que pronunciado é como unha enchenta–\nde marisco amenizado cun viño español de empanada cativa\namenizada cunha carballeira\nNo seu segundo libro, Bingo (2007), volve facer uso da parodia á hora de abordar, dende un punto de vista político, a nación:\nUn pobo así conforme este nace, unha pulpfiction imprevisible e maleable, un avance científico, un outro estrato no mundo, sen pasado perdido nos fondais desventurados sen futuro glorioso (militar)\nÉ dicir, non nos define a traxedia, a crebadura dunha xenealoxía, senón a onda expansiva, incandescente, que contigo vai (INSTINTOCONDICIÓN-DILEMA) Lexitimidade=Soberanía (Beiro, 2007: 51).\nPola súa banda, Oriana Méndez, no seu até o de agora único libro, As derradeiras conversas do Capitán Kraft (2007), introdúcese no terreo da ficción política, localizando as súas composicións en coordenadas espazotemporais insólitas na poesía galega: a Batalla de Alxer, Gaza, Etiopía. No entanto, o seu verso político atende tamén nalgunha ocasión á nación propia en termos abondo críticos: “Ao falarmos de alfabetización en Galicia / nós tamén estabamos dalgún xeito mortos” (Méndez, 2007: 15).\nA ausencia de representacións da identidade e, sobre todo, da nación na poesía escrita no que levamos andado do novo milenio non implica que nesta non quedase plasmado de xeito explícito o compromiso social. O antimilitarismo, a defensa do medio natural, a solidariedade con suxeitos femininos como as mulleres lapidadas, as traballadoras explotadas e as habitantes de Chihuahua, ou a violencia de xénero están presentes na obra da maior parte das autoras ás que me estou a referir.\nAs novas voces semellan polo tanto atraídas pola incorporación de discursos sociais sobre causas diversas –aquelas ás que se refería máis arriba Yolanda Castaño–, así como pola solidariedade con conflitos localizados na nosa contorna ou en lugares afastados. A deslocalización, xunto coa deconstrución e a parodia, resultantes ambas da motivación subversiva á que se refería Carlos Negro, son as principais novidades detectadas na poesía deste período.\nPor outra banda, é preciso destacar como un destes discursos serviu, en gran medida, para canalizar unha boa parte das (re)escrituras da nación emprendidas dende o xénero. Refírome á denuncia ecolóxica, presente en versos de Mariña Pérez Rei ou Elvira Riveiro, e tamén de autoras que continuaron a súa traxectoria iniciada nos noventa, como María Lado, Olga Novo, Chus Pato ou María do Cebreiro. Cumpriría relacionar esta actitude coas consideracións feitas anteriormente acerca da poesía do Prestige, e salientar como esta poética transcendeu os volumes colectivos publicados no seu momento e segue a ser aínda hoxe un modelo produtivo.\nSe Carlos Negro e María Reimóndez evocaban, para se referir ao tema da nación, as imaxes da roupa no tendal e do traxe de galega, á hora de ilustrar o tratamento destas cuestións por parte das novas voces ben se podería botar man da imaxe da camiseta en canto peza exterior e interior asemade –isto é, explícita e implícita–, que serve ademais a miúdo de soporte para imaxes diversas. De botarmos un ollo a algúns dos deseños de produción galega aparecidos nestas prendas nos últimos anos, resultará doado atopar mensaxes sociais con contidos sobre a identidade a ecoloxía ou a nación, que recorren tamén por veces á deconstrución e á parodia 8."} +{"summary": "Neste artigo revísanse as experiencias de resinación desenvolvidas en Galicia dende a década dos 50 aos 60, baseándose en publicacións e no estudo de antigos documentos rescatados do Instituto Forestal de Investigacións e Experiencias (IFIE). Os documentos recompilados resumen as experiencias de investigación realizadas en Galicia, e aportan unhas primeiras conclusións que permiten discorrer sobre a viabilidade económica da extracción de resina en Galicia, e investigar sobre unha silvicultura que compatibilizase o aproveitamento principal da madeira coa extracción complementaria de resina do pino pinaster.", "text": "REVISIÓN DAS PRIMEIRAS EXPERIENCIAS DE RESINACIÓN EN GALICIA (19501970)\n : sistemas resinación, pica con casca, silvicultura, Pinus pinaster Ait.\n1. INTRODUCIÓN\nO aproveitamento resineiro consiste na realización de incisións no tronco das árbores, que permiten a recollida da mera, materia prima empregada na industria resineira e que está constituída polo produto volátil (augarrás) e o corpo sólido de natureza vítrea que se obtén como residuo da destilación (colofonia). O aproveitamento da resina ou mera en España acadou a súa máxima expansión a principios de los anos 60 do século XX, no que se totalizaron 270.000 ha resinadas (Serrada, 2004), acadando en España a súa máxima produción no ano 1961, con máis de 55.000 toneladas, e en Portugal no ano 1973 superando as 90.000 toneladas (Picardo, 2013).\nO Pinus pinaster é a especie española do xénero Pinus que mellor se adapta ao aproveitamento resineiro, malia se resinaron tamén outras especies. Os piñeirais de maior produción resineira foron os da Meseta norte, nas provincias de Segovia, Ávila ou Valladolid, aínda que o aproveitamento afectou tamén a piñeirais da serra en Soria, Cuenca, León, Guadalaxara ou Albacete, malia que con producións máis modestas (Rodríguez Soalleiro et al, 2008). Os sistemas de resinación foron evolucionando ao longo do século XX, dende os que afectaban á madeira (albura), ata os que fixeron compatible o aproveitamento resineiro do piñeiro coa súa explotación da madeira.\nPorén, a década dos oitenta marca o inicio dunha crise nas explotacións resineiras, tanto en España como Portugal, debido fundamentalmente á perda da cota de mercado: \u0017 enrique.martinez.chamorro@xunta.es. Centro de Investigación Forestal de Lourizán, c/Marín Iglesia, 19 Lourizán 36153 Pontevedra. Agradecementos: A D. Juan Carlos Álvarez, presidente da Mesa da Resina en Castela e León e da Asociación Nacional para a Defensa e Vertebración do Sector Resineiro, pola doazón da documentación inédita do IFIE que posuía, ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán da Xunta de Galicia, esencial para poder realizar este artigo.\nelevados custos de produción, disminución da man de obra, e sobre todo, a entrada de China no mercado con prezos moi inferiores aos Europeos (Anastácio et al, 2008). Nembargantes, China actualmente baixou o ritmo das súas exportacións debido, fundamentalmente, á caída da produción nacional, motivada pola perda da man de obra no campo, ao incremento dos custos salariais, e as más prácticas e planificación dos seus aproveitamentos resineiros que deterioraron, en moitos casos, o seu patrimonio forestal (Picardo, 2013).\nTendo en conta este contexto, o rexurdir deste aproveitamento no Norte de Portugal (Santos, 2013) ou en Castela e León e as perspectivas e interese en Galicia, o obxectivo deste artigo é revisar os primeiros ensaios sobre sistemas de resinación realizados en Galicia, recompilando os resultados de producións obtidas e a definición dos métodos de resinación e técnicas máis axeitadas ás peculiaridades produtivas e estacionais dos piñeirais atlánticos.\n2. OS MÉTODOS DE RESINACIÓN ENSAIADOS EN GALICIA\nDende 1940 ata 1970 inciáronse na península ibérica ensaios e experiencias de resinación con diferentes sistemas (Radich, 1995; Hernández, 2006). En España, foi o Instituto Forestal de Investigacións e Experiencias (IFIE) a través da súa sección de resinas e produtos derivados o que promoveu varias probas con diferentes sistemas de resinación.\nA comezos dos anos 50 o antiguo IFIE en colaboración cos servizos forestais provinciais, e especialmente co Distrito Forestal de Pontevedra, realizou experiencias sobre resinación en Galicia que se alongaron ata principios dos anos 70. Galicia, malia non ser unha rexión tradicionalmente resineira, captou deseguido o interese de industriais e da propia administración, debido ás extensas masas de Pinus pinaster existentes, e á necesidad de impulsar a produción de resina fora das rexións tradicionalmente resineiras do centro\npeninsular.\nDos ensaios e experiencias que se amosan neste artigo, dedúcese que en Galicia se empregaron polo menos 4 sistemas de resinación:\na. o sistema Hugues, tradicionalmente aplicado dende o S.XIX, no que se realizaba unha incisión ou ferida vertical e alongada na superficie descascada do tronco, consistente en arrincar de arriba abaixo unhas poucas estelas ou lascas, ata penetrar na albura 1, 5 cm de profundidade máxima, deixando na superficie do tronco unha cara cóncava con perda de madeira. (Calderón, A. 2009; Hernández, 2006). (foto 1) b. o sistema Mazek de “espiña de peixe”, consiste en realizar cun cepillo do mesmo nome, unha serie de estrías longas e transversais ou canais en forma de V, incisións que forman un ángulo de 45º co eixe da árbore e que permiten que a mera se deslice facilitando así a súa recollida (Najera et al., 1957; Solís, 1968). (foto 2) c. o sistema de caras múltiples, onde se realizaban picas 1 longas e continuas de 10 mm de ancho ao longo do eixe da árbore, e en número de 5. Aquí a cicatrización é moi rápida, así que se poden volver explotar as caras que se reconstitúen (Calderón, A. 2009). (foto 3)\nd. o sistema americano de “pica con casca” consiste na realización das picas ou incisións de forma transversal cunha aixola ou cotazo e a aplicación dun estimulante ácido, sempre antes de descascar o piñeiro (Pinillos et al., 2004). (foto 4). 1 Picas: Incisións que se realizan sobre un piñeiro para obter a resina.\nFoto 1. Resinación no Pinhal do Rei. Marinha Grande (Portugal) por método Hugues ou francés.\nFoto 2. Resinación polo sistema Mazek el Alijar. As Navas do Marqués (Ávila)\nFoto 3. Parcela de investigación. Ensaio de extracción polo método español de “caras\nFoto 4. Sistema americano de resinación de Pica de Casca; talladura estimulada con ácido sulfúrico. Fonte: Fototeca forestal INIA En 1952 o IFIE iniciou en Coca (Segovia) experiencias co daquela novidoso sistema de resinación de pica de casca, que consistiu en primeiro lugar na adaptación do sistema e comprobación dos seus rendementos en produción de mera. Despois veu unha segunda fase de extensión do ensaio a todo o ámbito nacional, comparando o novo sistema de pica de casca con estimulación e as súas variantes co sistema Hugues, sobre máis de 200.000 piñeiros de distintas especies das que destacan o Pinus pinaster Ait., o Pinus halepensis Mill. e o Pinus nigra Arnold. Comprobouse unha mellora dos tempos de extracción, unha maior facilidade de aprendizaxe e un incremento de produción de mera de máis do 10% (Anales IFIE 1965).\n3. EXPERIENCIAS DOS ANOS 50: ENSAIO DE MÉTODOS E PRODUCIÓNS\nAs primeiras experiencias das que se teñen constancia en Galicia son dos anos 19521953, e consistiron en probar o sistema Mazek, que tiña como principal vantaxe o seu menor consumo de madeira e a súa maior facilidade de aprendizaxe, malia ser menos produtivo có sistema Hugues (Najera et al, 1957). Escolléronse, na península do Morrazo, dúas rodeiras destinadas a ser cortadas ao rematar as dúas campañas de resinación que tiñan previsto, motivo polo que se abriron todas as caras que o diámetro das árbores (23 cm como media) permitía. Consideráronse dous factores: o número de talladuras a abrir (2 ou\n3) e a estimulación química, con e sen aplicación de ácido sulfúrico ao 50%.\nAbríronse polo tanto dúas ou tres talladuras 2 sobre outras tantas caras de 12 cm de anchura, tomando como referencia árbores resinadas co método Hugues tamén con dúas ou tres talladuras. No caso da resinación Mazek ensaiouse a estimulación química con SO 4 H 2 ao 50%, cos resultados que se amosan na Táboa 1, onde se aprecia unha redución da produción do 37 ao 50% en Mazek con respecto a Hugues cando non se aplica estimulación, malia que as reducións en produción son menores cando o sistema Mazek se combina con estimulación (do 10 ao 44% inferior). A abertura simultánea de tres talladuras supón que o efecto da estimulación química resulta menos importante. Estes\n2 Talladura: Conxunto de picas feitas sobre un mesmo tronco e unidas entre si consecutivamente ao longo da campaña\nDentro desta fase de extensión do ensaio proposta pola sección de resinas, probablemente no ano 195455, déronse as segundas experiencias de resinación en Galicia, tamén na península do Morrazo (Pontevedra). Tratábase de probar distintos sistemas de resinación, con e sen estimulación química abrindo tres clases de caras de resinación: de 12 cm, de anchura igual ao diámetro normal do piñeiro e abrindo caras en toda a árbore (Nájera, 1956). Empregáronse, á parte do anterior sistema dous novos sistemas de resinación:\na. o sistema americano de “pica con cascas” empregando resinación normal e estimulada con SO 4 H 2 en concentracións de 3040-50%, nas tres clases descritas, sistema que tamén se aplicou ao Pinus radiata D. Don con ácido ao 40%. b. o sistema “caras múltiples” aplicado ao Pinus pinaster Ait. e ao Pinus radiata D. Don con unha ou dúas caras de 12 cm para o primeiro e unha soa de 12 cm. para o segundo.\nNesta segunda experiencia, volveu quedar limitada polo delgada que era a masa, aínda que se concluíu que os redementos foron superiores aos do sistema Hugues, nos casos nos que se empregaba SO 4 H 2 como estimulante. 3 Cara: conxunto de talladuras que se fan nun piñeiro\nDurante esta segunda experiencia ampliada agora no tempo (1957) e no espazo, empregáronse en Galicia os tres sistemas de resinación comentados e o sistema Hugues como referencia, e concluíse que o que reunía mellores condicións para o pino pinaster de Galicia era o citado americano de pica de casca estimulado con ácido sulfúrico ao 3040%.\nResulta relevante tamén do informe de 1957, no que se constata unha ampliación da experiencia a diferentes localizacións do sur de Galicia: Tomiño, Pontareas e Entrimo (foto 6) e no que, aínda descartando o sistema Hugues, se fai un estudo de produción comparada con este sistema, utilizando árbores de máis de 30 cm de diámetro normal e obtendo unha media de 2, 76 kg durante os catro anos de experiencias.\nNa Táboa 3 amósase a media dos resultados obtidos durante 4 anos con este sistema en lugares de ensaio con resinacións a vida 4 e a morte 5 con dous dimensións de cara, un feito destacable é o tema de establecer caras estreitas de 9 cm de anchura co método Hugues, de gran importancia en Galicia para que a madeira se depreciara o menos posible.\nentre os 1, 9 kg de Teruel e Málaga e os 4 kg de Segovia. O informe establece dous requisitos ou condicións que considera básicas e que debe cumprir o método de resinación que se aplique en Galicia: a. ser compatible co actual aproveitamento madeirable, no senso de non perturbar o volume de madeira que anualmente se corta b. que o seu manexo sexa cómodo e de aprendizaxe fácil e rápida Continúa o informe indicando que a mera galega ten unha cantidade de agua e impurezas sólidas superior á do resto de rexións resineiras o que rebaixara o grao de colofonia 6 obtida. Finalmente, o informe conclúe que o sistema de pica de casca con estimulación, sen dúbida, dará unha produción superior ao do sistema Hugues. E prognostica unha primeira estimación da produción de mera de 3, 5 kg/piñeiro partindo do feito de que a cada piñeiro se lle poidan abrir dúas caras opostas nos dous anos anteriores á súa corta. O\nautor basea este prognóstico en que anualmente se estaban cortando para serra 3, 3 millóns de piñeiros, realizando o seguinte cálculo sobre a produción teórica posible de mera en Galicia:\nFonte: fototeca forestal. INIA 6 Colofonia: é o corpo sólido de natureza vítrea que se obtén como residuo da destilación da mera.\n4. EXPERIENCIAS DOS ANOS 60: CONDICIÓNS DO APROVEITAMENTO E COMPATIBILIDADE COA MADEIRA\nOutro informe elaborado pola Sección de resinas no ano 1961 titulado: “Informe sobre a resinación dos piñeirais de Galicia e condicións xerais que se propoñen para o outorgamento deste aproveitamento” cuxo autor é Fernando Nájera y Angulo coa colaboración de Rafael Boulet Sirvent, analiza dende as condicións que debe reunir a resinación en Galicia ata as bases para o outorgamento do aproveitamento dos piñeirais de Galicia establecendo as directrices dun plan quinquenal (1963/67).\nDo informe cabe destacar que matiza as dúas condicións, xa mencionadas no informe de 1957, en canto ás condicións que deben reunir o sistema de resinación que se utilice en Galicia, e inclúe outras novas:\nComo resultado final os investigadores propoñían como sistema óptimo para os piñeirais galegos o de pica de casca con estimulación a base de ácido sulfúrico ao 4050%.\nEsta experiencia conclúe que a cifra de 2 kg por talladura, podería servir de base, con carácter mínimo, para o cálculo da capacidade resineira dos piñeirais en Galicia, compostos daquela maioritariamente por masas cunha espesura excesiva con árbores case todas de 20 a 25 cm.\nO resto do informe adícase a establecer as bases para aproveitamentos quinquenais dos piñeirais de Galicia: a posibilidade anual de produción de mera en función das existencias, as medadas e condicións descritas, a análise da capacidade de consumo de produtos resinosos en Galicia e, as posibilidades de exportación destes produtos, analizando tamén a viabilidade de construír dúas fábricas de destilación en Galicia. Concluíndo que, namentres non se determinen as condicións que debe reunir a resinación en Galicia por parte da Dirección Xeral de Montes, non se aconsella a construción de fábricas de destilación.\nPor outra banda, tamén se reflicte a experiencia realizada pola Deputación de Pontevedra sobre 20.000 piñeiros nos montes do Morrazo. Esta experiencia cítase en: “o Informe sobre as experiencias de produción de mera polo sistema de resinación de pica con casca de 1962 da Sección de resinas e derivados (Anais do IFIE, 1962)” onde se desprende que se continuaron 5 anos máis cos ensaios do sistema de pica con casca cos resultados que se observan na Táboa 4.\nNa experiencia determínase que o período de resinación anual foi de aproximadamente 7 meses, moi semellante ou ata algo superior ás das outras experiencias realizadas no centro da península ibérica, que o número de picas foi semellante ao resto; e que as producións foron algo máis baixas, tendo en conta que os ensaios se realizaron en quendas curtas e en árbores de diámetros pequenos (2025 cm de DN) que ían a ser cortadas no prazo dun a tres anos. O informe conclúe: “…ao final do ano 1961 suspendéronse xa estes ensaios, por quedar suficientemente estudada e probada a posibilidade de resinación en Galicia”…\nPorén, a intención do IFIE con estas experiencias era obter a máxima información posible sobre o sistema de resinación idóneo que debía instaurarse nos piñeirais galegos e que se estaban realizando de forma semellante noutras parcelas do resto de España, sen estudar os efectos da perda de volume.\nGarcía Borregón (1966) xa indicaba a necesidade de coñecer cales son as verdadeiras perdas de crecemento anual que a aplicación da resinación produce na madeira dos piñeiros. A súa preocupación é lóxica xa que, segundo manifiesta, o prezo medio da madeira en pé en 1966 para árbores de 20 a 39 cm era de 800 ptas/m 3 cc. (4, 808 €/m 3 cc) valor que actualizado suporía 121, 02 €/m 3 cc 7.\nMoi probablemente, a importancia da madeira como recurso xa fora posta de manifesto en anteriores informes, xunto ao seu prezo, o que fixo que o IFIE en 1967 iniciara un “estudo relativo á influencia que exerce a resinación, polo sistema de pica con casca con estimulación, no crecemento madeirable”, perante a falta de coñecementos sobre a influencia deste sistema no crecemento madeirable, as características físicas, químicas e mecánicas da madeira na industria do serrado.\nCon este obxectivo, elixiuse o monte Seixos Albos de Tui, ao considerarse un lugar representativo dos piñeirais de Galicia con capacidade para ser resinados: diámetros normais de 20 a 40 cm e alta densidade. Durante o período de 1967 a 1971 reformulouse neste monte unha parcela onde resinaron, en principio, 100 piñeiros e deixáronse un\n7 O Instituto Nacional de Estatística (Actualización de rendas co IPC xeral (sistema IPC base 2011) para períodos anuais completos)\nnúmero igual de pés de referencia sen resinar, elixidos todos eles por procedementos estatísticos.\nRealizouse unha cubicación inicial pé a pé, no momento de instalar a parcela, para comenzar a realizar a resinación polo sistema de pica con casca con estimulante líquido, e comparar as medicións con outros 100 de referencia aos 3 e aos 5 anos, cumprindo dúas premisas:\n1. O período de resinación debería ser os 5 anos anteriores á corta 2. Os piñeiros deberían ter máis de 20 cm de diámetro normal.\nA experiencia reforzouse en 1969 engadindo unha segunda parcela con 54 piñeiros máis divididos en dous grupos de 27 para coñecer as posibilidades de resinación con pasta 8 fronte aos estimulados con ácido sulfúrico ao 40%. na foto nº 5 aprécianse árbores resinadas mediante o sistema de pica con casca sobre cara ancha fronte a outras de referencia sen resinar.\nFoto 5: Ensaio de extracción de resina polo sistema de pica de casca con cara ancha. Localización probable: monte Seixos Albos (Tui. Pontevedra).\nMalia que non se puido atopar ningunha publicación ou informe sobre a experiencia, nun documento de 1970 resúmese brevemente o estado da experiencia que, segundo se aprecia na Táboa 5, acadouse unha media de produción aos 3 anos na parcela estimulada con ácido líquido de 3, 1 kg e na parcela de 1969 (pasta fronte a fronte a ácido sulfúrico ao 40% líquido) diferenzas pouco significativas ao ter quizabes unha soa talladura.\nDos documentos estudados nada se desprende sobre o control de perda de crecemento en madeira, nin tampouco se atopou ningunha publicación dos resultados, porén, D. Miguel de Gaviña Mugica responsable da sección de resinas e produtos derivados do IFIE en outubro de 1966 nunha carta dirixida ao Xefe do Distrito de Pontevedra D. Ricardo GarcíaBorregón estima que as posibles perdas serían inferiores ao 19% do crecemento\nEste tema de capital importancia para o caso dunha resinación complementaria ao aproveitamento madeireiro, foi algo máis estudado en Portugal, onde se iniciaron ensaios, na década dos cincuenta para determinar o decrecemento do diámetro normal na Mata Nacional de Leiria (Gomes, 1954). Ultimamente, e baseado nunha hipótese teórica, Guardia, no 1º Simposio de Aproveitamento de Resinas Naturais celebrado en Segovia, considera que a redución anual na produción de madeira é do 10% (Guardia N., 1998), tomando como referencia o estudo de Figueiredo sobre a análise de árbores de Pinus elliottii onde a redución do aumento de volume sen casca foi do 14, 99 % e o da altura total do 12, 02 % (Figueiredo F. A., 1991). Porén, o que quedou demostrado é que canto maior é a produción de mera menor son os crecementos diamétricos das árbores (Palma, 2007).\nA última experiencia da que se ten coñecemento en Galicia, é a que propón o IFIE en 1970 titulada “Estudo da resinación en Galicia mediante o sistema de pica de casca con estimulante sólidos, sobre caras anchas”, onde se pretendía realizar un estudo sistemático da resinación a base do sistema de pica de casca con estimulante sólido executado sobre caras de anchura superior á normal en España, establecida en 12 cm, propoñendo o estudo contrastar, durante 5 anos (19711975) a resinación sobre caras de 20 cm, 16 cm e 12 cm (referencia) e distintos sistemas de recollida en función da anchura e da compatibilidade co aproveitamento madeireiro, realizando, así mesmo, un control da perda de crecemento debido á resinación.\nPracticamente quizabes foron as últimas experiencias, agás da proposta do ano 1970 para realizar a experiencia nos montes de Alto de Sobrada da parroquia de Sobrada e o monte Cabritas da parroquia de Currás, ámbolos dous no concello de Tomiño. 5. DISCUSIÓN En primeiro lugar o máis destacable desta revisión son as numerosas experiencias e ensaios de resinación que se realizaron en Galicia entre a década dos 50 e os 60, e o pouco coñecidos que son tanto no ámbito forestal galego como nacional. Malia que estes ensaios\nPontevedra, quedando fóra outras localizacións xeográficas, como o centro e sur da humidade relativa; exposición, etc.) poderían ter máis interese para a produción de mera; todo iso se cadra motivado pola falta de masas de Pinus pinaster Ait. de dimensións\nsuficientes.\nÉ destacable entre todas as experiencias, a realizada pola Deputación de Pontevedra no Morrazo (Pontevedra) pola súa magnitude, tanto no tempo, 5 anos, como no número de piñeiros resinados, 22.000 pés. Esta importante experiencia e as outras realizadas que no\nseu conxunto superaron de media os 2 Kg /árbol, son representativas das posibles producións que poderían obterse en Galicia por árbore e campaña de resinación; valores\nque se consideran dentro do grao da produtividade do Pinus pinaster, que oscila entre 2 e 3 kg/árbol de media (Picardo, 2013). Outra cuestión destacable é a preocupación, dende os primeiros ensaios, do efecto que a resinación tería na perda de crecemento das árbores, e, en definitiva, no volume madeirable; aínda que pouco ou nada se descubriu da perturbación que o método resinación proposto (2 ou 5 anos antes da corta) podería ter tamén na calidade da madeira. Hoxe é un feito constatable que a modalidade de resinación a vida é dificilmente compatible co aproveitamento da madeira para serra, porén, a modalidade a morte, permitiría a consecución de madeira de calidade e a obtención de resina, como produto secundario (Anastácio et al, 2008).\nNas dúas décadas de ensaios que se realizaron en Galicia, os sistemas de resinación empregados foron evolucionando ata o sistema de pica de casca con estimulación con pasta química, que ao final chegouse a instaurar no resto da península ibérica ata a actualidade, e que non se consolidou en Galicia pola falta de tradición resineira e tamén pola chegada da crise nos prezos da mera. Circunstancia de gran trascendencia xa que este método implica unha serie de vantaxes sobre os outros sistemas: a compatibilidade do aproveitamento resineiro e madeireiro, a maior produtividad, e a maior facilidade de aprendizaxe (Hernández, 2006). 5. CONCLUSIÓNS 1. O antiguo IFIE mantivo líñas de experiencias durante alomenos dúas décadas en Galicia para atopar un método de resinación complementario ao aproveitamento principal ou madeireiro, limitándoo como máximo aos dous ou cinco anos previos á corta final, sen chegar a propoñer a resinación como aproveitamento principal. 2. As experiencias demostraron a superioridade do sistema de resinación de pica de casca con estimulación de pasta química, establecéndose unha produtividade mínima de 2 kg/talladura para resinación nos anos previos á corta das árbores. Aportáronse solucións aos factores naturais que máis poden influír na produción de resinas en Galicia, como son os climáticos (precipitacións, temperaturas, etc.), e os silvícolas (densidade, diámetro normal, biomasa, etc.). 3. Aínda que se tratan de experiencias que pouco aportan xa de interese sobre os factores tecnolóxicos como son os sistemas de resinación ou os estimulantes, os resultados sobre a intensidade, época de resinación ou producións constitúen unha base de interese no escenario actual de interese renovado pola resinación en Galicia. 4. As decisións sobre a viabilidade da resinación en Galicia deberían considerar tanto a cantidade como a calidade da mera que se poida producir, así como o desenvolvemento de métodos e sistemas de resinación adaptados ás características do medio forestal galego.\nBIBLIOGRAFÍA\nANALES DEL IFIE, 1962. Informe sobre las experiencias de producción de miera por los nuevos sistemas de resinación”, por la Sección de resinas y productos derivados del IFIE., n. 7, p.177211.\nde la biblioteca del CIF de Lourizán. Palma, A.M.V., 2007. Capacidade produtiva de resina do pinheiro bravo: Breve panorâmica do sector resineiro em Portugal, Trabalho apresentado como dissertação original para efeitos de acesso à categoria de Investigador Auxiliar, Oeiras: Instituto Nacional de Recursos Biológicos – Estação Florestal Nacional"} +{"summary": "Entre 2017 e 2019 elaborouse a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo. Trátase dun documento realizado a través de mecanismos participativos para o territorio abranguido polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, na raia húmida galegoportuguesa. Debátese aquí esta iniciativa en relación cos presupostos teórico-conceptuais xerais da ordenación territorial e, máis en concreto, da que se tenta implantar en contextos fronteirizos cunha óptica deliberadamente transfronteiriza. A metodoloxía é a da investigación-acción participante. Os resultados estrutúranse mediante tres períodos estabelecidos a efectos analíticos e discursivos, cada un dos cales culminou en cadansúa versión do plan de acción estratéxico. Valóranse os cambios producidos entre as tres versións sucesivas. Agás no relativo ao sector turístico, a dimensión económica foi perdendo peso. En paralelo, acadaron maior relevancia os aspectos de gobernanza. Asemade, detéctase unha tensión constante entre dous ámbitos territoriais presentes no seo do AECT.", "text": "A Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030: unha ordenación territorial para a raia húmida galegoportuguesa?\nIntrodución\nO programa Interreg é unha ferramenta de financiamento da Unión Europea (UE) encamiñada á cooperación territorial que se centra en rexións transfronteirizas (Pujadas e Font, 1998; Ministers Responsible for Spatial Planning [Ministers], 1999; Decoville e Durand, 2016; Paül et al., 2017; Sassano, 2020). No ano 2019 foi aprobada a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030 como celme dun proxecto Interreg denominado de forma semellante (coñecido polo seu acrónimo SMART_MIÑO)1 e participado pola Deputación de Pontevedra (Galiza), a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Minho (Portugal) e, tamén, polo Centro de Estudos Eurorregionais/Eurorrexionais (CEER), fundación integrada polas seis universidades públicas de Galiza e do Norte de Portugal. Naquel momento, en virtude da miña condición de director do CEER, dirixín a elaboración da estratexia da que trata este traballo. Agora ben, o presente artigo arela unha interpretación valorativa dese proceso estratéxico desde unha perspectiva académica, evitando unha mera reprodución do documento resultante (dispoñíbel en Paül et al., 2019). Deste modo, o obxectivo aquí consiste en discutir a iniciativa analizada en relación cos presupostos teórico-conceptuais aplicábeis, para dar avaliado se a experiencia estudada constitúe un caso de ordenación territorial transfronteiriza. Os postulados metodolóxicos subxacentes son os da investigación-acción participante, tal e como se detallará máis adiante. Esta non é a primeira pescuda desta natureza posto que Decoville e Durand (2016) estudan a elaboración do «esquema de desenvolvemento territorial» da Grande Région/Großregion Lorena-Luxemburgo-Valonia-Renania-Palatinado-Sarre, na que os dous autores participaran. Porén, non consta que en Galiza-Norte de Portugal ―o territorio coñecido como a «eurorrexión» (véxanse López Facal, 2000; Gusman et al., 2020; Trillo e Paül, 2020; ou Trillo et al., 2021)―, nin tampouco no conxunto ibérico, se levase a cabo unha investigación sobre ordenación territorial transfronteiriza como a que aquí se presenta.\nA estratexia territorial trata o territorio «Río Miño», isto é, o ámbito abranguido polo agrupamento europeo de cooperación territorial (AECT)2 homónimo, constituído en 2018 (Figura 1). Na banda galega, participan 16 concellos: os das comarcas oficiais3 do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, máis dous máis da comarca de Vigo ―O Porriño e Salceda de Caselas―. Trátase, en esencia, da bacía baixa do Miño situada no territorio galego, coa excepción do concello de Mos e parte do de Pazos de Borbén, que, malia verteren as augas cara a ese río, non pertencen ao AECT (Figura 1). Pola banda portuguesa, o territorio do AECT correspóndese co da CIM Alto Minho, isto é, dez concellos; a diferenza da banda galega, estes dez concellos non só pertencen á bacía do Miño (seis concellos), mais tamén á do Limia (catro), que concentra máis da metade do territorio e da poboación altomiñotos (Figura 1). O precedente do actual AECT Río Miño é a asociación Uniminho (Asociación do Val do Miño Transfronteirizo), constituída en 2006 entre os 16 concellos galegos indicados e os seis portugueses da bacía do Miño (agrupados, daquela, na CIM Vale do Minho), mais a reforma administrativa acontecida en Portugal de 20134 comportou a constitución dunha nova CIM englobando, tamén, os catro concellos da bacía do Limia. En Portugal, esta rexión coñécese, tradicionalmente, como Alto Minho e correspóndese co nivel 3 da Nomenclatura de Unidades Territoriais para Estatísticas(NUTS3) homónimo, así como co distrito decimonónico de Viana de Castelo (Gusman, 2021). Deste xeito, e contraintuitivamente, o Baixo Miño sitúase ao norte do río, en Galiza, e o Alto Minho, ao sur, en Portugal. Agás a bacía limiá, o ámbito do AECT Río Miño é o que se coñece como raia húmida, ou rexión de fronteira entre Galiza e Portugal coincidente coa bacía do Miño (Gusman et al., 2020; Trillo e Paül, 2020; Trillo et al., 2021). A actual poboación englobada no AECT Río Miño é de 365.312 hab. (2021),5 un 63% en Portugal e un 37% en Galiza.\nLogo desta introdución, o artigo achega as chaves teórico-conceptuais da ordenación territorial transfronteiriza. Prosegue cunhas consideracións metodolóxicas sobre o proceso de investigación-acción participante operado, para internarse despois no corpo principal do traballo, dedicado á análise da experiencia ordenadora. O texto culmina cunha discusión que interpreta a iniciativa obxecto de estudo en relación cos referentes teórico-conceptuais.\n2. Cara a unha teorización da ordenación do territorio e cando esta devén transfronteiriza\nAínda se cita arreo (por exemplo, Zoido et al., 2013, pp. 252-253; Farinós, 2014, pp. 30-33) a definición da ordenación do territorio dada en 1983 polos ministros competentes nesta materia do Consello de Europa: o seu «obxectivo é un desenvolvemento equilibrado das rexións e a organización física do espazo segundo un concepto reitor» (Conférence du Conseil de l’Europe des ministres responsables de l’aménagement du territoire [CEMAT], 1983, p. 3).6 Esa conxunción copulativa alerta da xustaposición que opera nela. En efecto, a ordenación xorde da coalescencia de dúas xenealoxías (Hildenbrand, 1996; Pérez Andrés, 1998; Pujadas e Font, 1998). Dunha banda, as políticas que procuran o equilibrio e a cohesión, nomeadamente cunha lóxica redistributiva de recursos, actividades e investimentos. Doutra, as iniciativas de planificación física preocupadas pola disposición de elementos no espazo ―desde un edificio ou unha árbore até un espazo protexido ou unha nova cidade―. A primeira tradición correspóndese co aménagement du territoire da Francia dos Trente Glorieuses, miticamente iniciada, de acordo con autores tales como Pujadas e Font (1998) e Woessner (2010) co libro de título lapidario, París e o deserto francés (Gravier, 1947). A segunda, máis antiga, e cunhas raíces menos evidentes, consiste nunha evolución do urbanismo (planning en inglés); poderiamos situar a súa orixe no oitocentos, coa progresiva expansión da cidade industrial na que resultou imprescindíbel planificar crecementos, infraestruturas, etc. (Hall e Tewdwr-Jones, 2020).\nDe todos os xeitos, a converxencia das tradicións do aménagement e do planning non é evidente por si mesma. Así, o aménagement prefire escalas amplas: o estado-nación ou a propia UE ―como afirmou sagazmente Faludi (2004), a política de cohesión europea non é máis cá súa extensión comunitaria, un «vello viño francés en novas botellas»―. O planning estrito, á súa vez, inscríbese na escala de detalle e cústalle saltar a niveis máis abranguentes alén do local. Parte da querenza do planning polas escalas de proximidade débese ao seu carácter vinculante e normativo. En cambio, resulta difícil estipular a disposición precisa e obrigada no espazo de elementos territorialmente considerábeis, tanto por razóns xurídicas, como por motivos económicos (Jones, 2001). Así, o aménagement adoita ser indicativo ao recomendar, favorecer ou desaconsellar implantacións de empresas, infraestruturas ou equipamentos. Por este motivo, algúns autores (Pujadas e Font, 1998; Galiana e Vinuesa, 2010) asocian a ordenación vinculante coas escalas de detalle e a indicativa con conxuntos amplos. A conciliación de ambas as dúas é sempre complexa; segundo a análise de Hall e Tewdwr-Jones (2020, p. 59), este «foi un tema a miúdo polémico e ségueo a ser no século XXI». Dado que a ordenación ten carácter de política pública, indefectibelmente depende da tradición administrativa e política, así como das linguas de cada país (Woessner, 2010; Jacobs, 2016). Nadin et al. (1997) achegan unha síntese neste senso para Europa, distinguindo catro modelos:\no aménagement clásico correspóndese co modelo francés;\no británico, o planning canónico, preocúpase pola regulación dos usos do solo, en concreto o control dos crecementos urbanísticos, nomeadamente a escala local;\no alemán fundaméntase en plans físicos vinculantes a varios niveis (do local ao nacional), producíndose non só unha coordinación entre esas escalas, senón tamén cos territorios veciños e cos distintos plans sectoriais existentes (agricultura, transportes, etc.); e\no mediterráneo é basicamente arquitectónico ao teimar en regular o espazo construído mediante a zonificación, aínda que se adoite considerar esa actividade como ineficaz.\nHoxe en día estes catro modelos atópanse mesturados (Farinós, 2007). Sexa como for, Nadin et al. (1997, p. 24) achegan a súa propia definición de ordenación territorial (spatial planning en inglés), na que resoa a CEMAT (1983): «os métodos empregados sobre todo polo sector público para influír na distribución futura das actividades no espazo […] [para] crear unha ordenación territorial máis racional dos usos do solo […] e acadar obxectivos sociais e económicos».\nAlén destes intentos de harmonización das diversas prácticas estato-nacionais e das políticas comunitarias de corte aménagiste citadas, a UE propiciou unha ordenación de seu desde os anos 1990. Nese sentido, creou marcos programáticos que, sen seren directamente executivos, presentan unha notábel influencia. Estes comezan, segundo Zoido et al. (2013, p. 253), Decoville e Durand (2016, p. 1830) ou Hall e Tewdwr-Jones (2020, p. 268), coa Estratexia territorial europea (Ministers, 1999). Por agora, rematan na Axenda territorial 2030 (Ministers, 2020), a terceira así chamada desde Ministers (2007). Trátase da chamada «europeización» da ordenación territorial (Paasi e Zimmberbauer, 2016). Sobre a capacidade ordenadora destes documentos paneuropeos, Hall e Tewdwr-Jones (2020, pp. 1-3) semellan estar a pensar neles cando din: «a pesar de que a xente pensa que a ordenación […] [comporta] unha representación física ou un deseño [en forma de mapa] […], varios tipos de ordenación […] poden non implicar a produción dunha representación física exacta […]. [A]sí pois, a ordenación é […] a realización dunha secuencia ordenada de accións que conducirá a acadar o obxectivo ou obxectivos estabelecidos».\nA estas diatribas paneuropeas, súmaselle en España a polémica sobre o alcance da ordenación territorial. Mentres Pujadas e Font (1998, p. 21) estipulan que «calquera escala xeográfica que implique a intervención pública é xa unha escala propia da ordenación», Zoido (1996, p. 25) indica que «a evolución real vai consolidándoa como unha política de planificación física, referida a feitos aos que se confire valor estruturante, en territorios de ámbito rexional e comarcal», parecer reiterado en Zoido et al. (2013, p. 253). Deste modo, a primeira postura segue a estela abranguente do CEMAT (1983) e a segunda coida que a ordenación é sempre física, agás a escala local/municipal (que denominan «urbanismo»). Isto último coincide coa legalidade española que, en teoría, dota as comunidades autónomas da competencia en ordenación do territorio, así chamada, cinguida ao eido autonómico e supramunicipal (comarcal e metropolitano) (Pérez Andrés, 1998; Benabent, 2006, 2012; Farinós, 2014; Farinós et al., 2017).\nDe optarmos pola postura abranguente, Pujadas e Font (1998, p. 22) distinguen entre cinco grandes «apartados» da ordenación territorial, aínda que, novamente, poden presentarse mesturados:\nHerdada da tradición aménagiste, a política rexional consiste na procura da corrección dos desequilibrios territoriais.\nEn relación coa planificación física, diferencian tres:\ndous en función da escala (planeamento urbano versus planificación territorial, é dicir, a escala do urbanismo local/municipal versus niveis supramunicipais); e\nun terceiro, a planificación sectorial, que, como vimos co modelo alemán de Nadin et al. (1997), ten que ver cun tema específico ―un exemplo manido son os espazos naturais protexidos―.\nUn quinto «apartado» é o máis recente: a planificación estratéxica. Segundo Pujadas e Font (1998, p. 369), Pascual (1999, pp. 55-65), Albrechts (2006, p. 1151) e Zoido et al. (2013, p. 280), traslada o sistema de dirección empresarial, baseado en obxectivos, ao eido urbano e territorial. Sempre indicativa, detén un perfil propio ―economicista, selectivo, proactivo, etc.― que Pascual (1999), Albrechts (2006), Farinós (2014), Elinbaum e Galland (2016) ou Paasi e Zimmerbauer (2016) contrapoñen á planificación convencional tradicional.\nEn máis dun século de prácticas ordenadoras, as orientacións teñen cambiado arreo: desde unhas orixes urbanísticas e a teima persistente pola corrección dos desequilibrios territoriais, aos enfoques actuais, por exemplo os estratéxicos soft (Farinós, 2014). Un modelo desenvolvido para un tipo de plans sectoriais, a cargo de Hall e Page (2006), resulta acaído para ofrecer unhas indicacións neste senso. Segundo estes autores, nos primeiros estadios ambicionábase a racionalidade económica ―maximización de beneficios e minimización de custos―, o cal favorecía o crecemento urbano e infraestrutural. Paseniño, emerxeu a vontade de protexer/conservar determinados espazos para subtraelos deses procesos de crecemento, xa na década de 1940 nalgunhas áreas metropolitanas (Londres, Copenhague, etc.) e con antecedentes na Nova York de entreguerras, vontade xeneralizada nos anos 1970 (Paül, 2021). A partir dos anos 1980, xurdiron outros dous enfoques que chegan até hoxe. O primeiro é o comunitario, que defende que a ordenación non debe considerarse un asunto técnico aséptico top-down senón adoptar un sentido participativo bottom-up. Trátase do paradigma colaborativo de Healey (1997), con antecedentes en plans estratéxicos anteriores (Pascual, 1999; Albrechts, 2006). O segundo é o desenvolvemento sustentábel, concepto nacido en 1987 e que devén chave co Cume de Río de 1992, asociándose ao «triángulo» deNijkamp et al. (1990), a partir do cal a ordenación arela conciliar os obxectivos económicos, sociais e ambientais, cun nesgo, máis aparente ca real, polos derradeiros. A pesar das críticas reiteradas ás que foi sometido, ao converterse en hexemónico e a miúdo ser un inane greenwashing empresarial (Parr, 2009), mantén vigor na década actual coa aprobación en 2015 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) para o 2030. En palabras de Ministers (2020, p. 2), a Axenda territorial 2030 «contribúe a acada[los]» na UE.\nO carácter eminentemente estato-nacional das prácticas ordenadoras comporta que a ordenación integrada transfronteiriza resulte problemática (Woessner, 2010; Decoville e Durand, 2016, 2020; Jacobs, 2016). Porén, a UE, a través dos procedementos mencionados, teimou en recomendarlle aos estados-membros ―sobre todo ás autoridades locais―, que a desenvolvesen. Dunha banda, mediante as políticas rexionais e/ou de cohesión. Aos nosos efectos, a súa principal derivada é Interreg, creado en 1989 (Pujadas e Font, 1998; Ministers, 1999; Decoville e Durand, 2016; Paül et al., 2017; Sassano, 2020). En segundo lugar, os documentos-marco xa nomeados concédenlle moita relevancia á ordenación transfronteiriza (Ministers, 1999-2020). Neste sentido, é importante subliñar que na penúltima Axenda territorial foi introducida unha crítica sutil a Interreg: «Apoiamos a integración transnacional e transfronteiriza das rexións alén dos proxectos de cooperación [polo xeral, Interreg] e centrada nos avances e os resultados de relevancia […] real. A cooperación […] debería integrarse mellor nas estratexias de desenvolvemento nacionais, rexionais e locais» (Ministers, 2011, p. 7). Esta última frase resulta significativa, pois sinala o obstáculo principal ao que se enfronta a ordenación transfronteiriza: a persistencia da estato-nacional ―nos niveis político-administrativos instituídos― dificúltaa ou ignóraa. Finalmente, a UE deu un salto adiante nesta materia co Regulamento 1082/2006, que posibilitou os AECT (Woessner, 2010; Decoville e Durand, 2016; Caesar, 2017; Paül et al., 2017);7 estes poden asumir, de o quereren, funcións de ordenación territorial.\nDe acordo con Jacobs (2016, p. 85), o principal «problema de trazar límites alternativos, por exemplo, para chegar a un territorio binacional [trinacional, etc.] de ordenación, é a falla de integración destes límites nun contexto político e legal». E engade que, aínda que existan estruturas de carácter transfronteirizo como os AECT, este problema perdura. De feito, na Eurométropole/Eurometropool Lille-Kortrijk-Tourna, Durand e Perrin (2018, p. 329) evidencian que, malia o AECT, persiste unha diferenza entre os sistemas de planificación de Flandres, Francia e Valonia, producíndose unha «falla de logros concretos» en materia de ordenación, até o punto que, dos nove elementos de integración transfronteiriza estudados, o único percibido como «débil» é a ordenación. En termos similares, maniféstanse Decoville e Durand (2016) para a Grande Région/Großregion, tamén cun AECT, onde se concluíu que a realización dun «esquema de desenvolvemento territorial» estaba inzado de «contradicións entre puntos de vista defendidos polos diferentes responsábeis políticos» dos catro países implicados, inferíndose «a dificultade de atopar algún denominador común entre todas as partes involucradas» (p. 1835). Neste senso, a Grande Région/Großregion é vista como un territorio demasiado extenso, polo que acaería concentrar a ordenación conxunta en Luxemburgo e os territorios inmediatamente veciños, o ámbito das relacións máis intensas. Pola súa banda, Woessner (2010, p. 240) estuda o ámbito do Rin Superior (artellado por Basilea), dotado dunha «agglomération trinationale» denominada eurodistrito, que presenta como «principal dificultade […] a articula[ción] de documentos e de procesos pertencentes a contextos nacionais distintos». En fin, Caesar (2017, p. 248) subliña que, por moito que os AECT (e estruturas concomitantes) desexasen implantar estratexias propias (territoriais incluídas), «teñen que ser realizadas dentro dos marcos nacionais dos espazos administrativos formais, pois as autoridades nacionais seguen a ser os órganos competentes».\nNun balanzo recente, Decoville e Durand (2020) afirman que existen tres categorías de ordenación territorial transfronteiriza na UE, nomeadamente ao abeiro de Interreg:\nA observación e coñecemento das dinámicas territoriais conxuntas, isto é, o que se adoita coñecer como análise e diagnóstico territoriais (Pujadas e Font, 1998; Zoido et al., 2013).\nPartindo das conclusións obtidas na anterior, producir unha estratexia territorial, é dicir, unhas accións indicativas de desenvolvemento (Pujadas e Font, 1998; Pascual, 1999; Albrechts, 2006; Zoido et al., 2013; Farinós, 2014).\nEstabelecer plans e sistemas de xestión específicos para problemas transfronteirizos concretos tales como mobilidade, lixo ou depuración de augas, é dicir, o que máis arriba definimos como planificación sectorial (Pujadas e Font, 1998).\nUnha categoría previa a esta tipoloxía consistiría tan só en que os plans dun lado da fronteira teñan en conta o outro lado. Porén, isto resulta problemático. En efecto, a ordenación implica o estabelecemento de fronteiras: as do seu ámbito de acción (Jacobs, 2016; Paasi e Zimmerbauer, 2016). Así, aínda que aquí cingamos a problemática da ordenación ás fronteiras internacionais, as cuestións indicadas tamén se detectaron entre plans de ordenación producidos por rexións finesas (Paasi e Zimmerbauer, 2016) e estados australianos (Burton e Dedekorkut-Howes, 2021). Sexa como for, constan casos de boas prácticas neste senso, como é Irlanda no seu conxunto, malia a partición en dous estados, desde o proceso de paz post-1998 (Walsh, 2015).\n3. A investigación-acción participante\nDe acordo con Kindon et al. (2009) e Kindon (2010), a investigación-acción participante non é un método máis das ciencias sociais, xa que se trata dunha aposta metodolóxica que implica unha profunda redefinición epistemolóxica. Así, vai alén da participación pública mainstream ―como, por exemplo, propugna Healey (1997) no noso campo específico―, de xeito que asume que as persoas que participan do proceso tamén forman parte da co-xeración de coñecemento e son tan competentes como os/as supostos «expertos/as» que o facilitan. Para levar iso a cabo, deben producirse varios ciclos de acción e reflexión ―Kindon (2010, p. 263) estabelece que tipicamente son tres― nos que se renegocien non só os resultados dos anteriores ciclos senón mesmo o proceso en conxunto de forma reflexiva e crítica: cómpre comezar cun entendemento partillado dos problemas e dos temas a tratar, para, a partir dunha procura de datos e información, en última instancia, concibir proxectos específicos. O obxectivo consiste en facultar a mellora das condicións de vida das persoas implicadas nos procesos, de xeito que o/a investigador/a «non realiza unha investigación nun grupo senón que traballa con eles/elas para procurar o cambio que eles/elas desexan» (Kindon, 2010, p. 263; as cursivas figuran no orixinal).\nIdealmente, o/a investigador/a que conduza un proceso deste tipo debe responder ás seguintes características (Kindon et al., 2009, p. 91): ser ao mesmo tempo académico/a e activista, mesmo heterodoxo/a, o que implica contar coa «capacidade de ser flexíbel e adaptarse ao caos, á incerteza e ao desorde, [así como] tolerar paradoxos e confusións»; practicar a interdisciplinariedade; ser paciente, optimista e sociábel; crer na posibilidade de que se produzan mudanzas; traballar de xeito colaborativo; estar preocupado/a por chegar a transformacións reais; e «comprometerse emocionalmente con prácticas intelectuais». Resulta difícil reunir todas estas propiedades, mais foron as coordenadas que guiaron as prácticas de traballo durante o período estudado. Desde unha perspectiva de estratexias e técnicas específicas a activar, empregamos parte do catálogo de Kindon (2010, pp. 264-267), por exemplo:\nProcurar datos secundarios e revisalos criticamente para estabelecer a dirección da investigación. No noso caso, como se verá, isto fíxose sobre todo con datos estatísticos.\nImplicar persoas expertas en temas concretos, que, no caso do proceso estudado, participaron no equipo redactor (n=6) e no comité científico asesor (n=7), con perfís disciplinares varios: Xeografía, Economía, Ciencias Políticas, etc. (consúltese Paül et al., 2019, p. 3 para coñecer a súa composición precisa).\nObservar directamente as realidades de estudo, por exemplo, con xuntanzas para realizar entrevistas en profundidade, tal e como consta no apartado seguinte.\nTraballar con grupos focais representativos da comunidade. No proceso estudado, estabelecéronse catro (véxase máis abaixo).\nCrear canles de participación por Internet, tamén mencionados no próximo apartado.\nRealizar presentacións frecuentemente, con cartografía, tal e como tamén se verá.\nEn relación con este artigo, Kindon (2010) estabelece a necesidade de negociar, coas persoas que participan no proceso, os termos e modos de difusión da información xerada. Dado o tempo pasado e a cantidade de xente implicada (véxase o apartado seguinte), iso resulta impracticábel. Con todo, séguense dúas convencións indicadas por Kindon (2010, p. 275) a tal efecto: ofrecer mencións específicas a achegas persoais para «ilustrar as múltiples perspectivas en circulación» e citar os desacordos para «subliñar onde hai tensións e diferenzas de perspectiva». Ambas as dúas prácticas deben ser en todo caso «contextualizadas e analizadas axeitadamente» no texto resultante, como aquí se pretende. Sexa como for, e en coherencia co método empregado, o seguinte apartado presenta un neto carácter reflexivo.\n4. O proceso da Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030\nOs seguintes parágrafos analizan o proceso seguido pola Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030 desde os seus inicios até a versión considerada pechada. Cobren un ano e medio e, a diferenza das explicacións descritivas contidas no apartado procesual da súa edición definitiva (Paül et al., 2019, pp. 16-20), aquí as chaves proporcionadas son interpretativas e valorativas, pondo o fincapé nos debates acontecidos e nos cambios producidos. Por esta razón, distinguimos entre tres apartados estabelecidos a efectos analíticos e discursivos: a elaboración dun preborrador a partir dunha primeira participación limitada (de finais de 2017 a xuño de 2018), a conformación propiamente da estratexia participada (de xullo a novembro de 2018) e os cambios finais introducidos (de decembro de 2018 a abril de 2019) (Figura 2).\n4.1. A confección dun preborrador cunha participación inicial\nAlén dos trámites burocrático-administrativos que carrexa a xestión dun proxecto Interreg, o comité de redacción iniciou propiamente as súas tarefas mediante cinco xuntanzas en novembro e decembro de 2017 con alcaldes/alcaldesas/autarcas de doce concellos (Figura 2), co obxectivo de conformar un diagnóstico partillado, así como entender as expectativas que estes/as representantes públicos/as tiñan co proceso que daba comezo. Para estas xuntanzas, confeccionouse un guieiro de entrevista en profundidade. En diferentes ocasións, os/as dirixentes municipais facilitáronlle ao equipo de traballo a documentación xerada nos procesos previos de cooperación transfronteiriza intermunicipal que viñan funcionando desde anos atrás. Seis dos doce concellos abranguidos neste primeiro momento constitúen as denominadas eurocidades da raia húmida ―Tui-Valença (2012), Monção-Salvaterra (2015) e Cerveira-Tomiño (oficialmente constituída en 2018, cunha actividade colaborativa sostida desde 1985, coa sinatura da súa Carta da Amizade)―, que mesmo prestan servizos partillados (Figura 3); As Neves participou canda Monção-Salvaterra. Alén destes sete concellos, desenvolvéronse xuntanzas in situ con outros cinco, que se pode considerar que conforman «eurocidades latentes», pois, sen estaren constituídas, xeraron cadanseus espazos locais de interacción transfronteiriza: Caminha-A Guarda-O Rosal e Melgaço-Arbo (Figura 3). Mediante a análise das entrevistas realizadas nas cinco xuntanzas e da documentación recadada nelas, definíronse uns cadros de síntese de diagnóstico e propostas, ao redor de eivas/problemas detectados e aspectos con potencial, nomeadamente ao redor de aspectos económicos.\nXa entrado en 2018, catro membros do comité científico asesor realizaron cadansúas análises-diagnósticos centrados en aspectos económicos da área de estudo. Asemade, o equipo redactor nese momento desenvolveu unha procura de datos estatísticos, nomeadamente a escala municipal, para fundamentar unha análise que se reflectiu nunha copiosa produción cartográfica, sobre asuntos tales como o solo industrial, as actividades agrarias ou a demografía (Figura 4). Por pór un exemplo desta análise, detectouse unha dinámica contrastada entre, por unha banda, a franxa interior-oriental, caracterizada por baixas densidades demográficas, perda de poboación nos últimos 25 anos e un claro avellentamento; e, pola outra, unha zona costeira-occidental, con altas densidades de poboación, menores idades medias e índices de avellentamento máis moderados, inserida de cheo no eixo urbano atlántico galego-portugués (Gusman et al., 2020; Paül et al., 2020), e con indicadores particularmente positivos naqueles concellos da segunda coroa metropolitana de Vigo onde hai unha chegada recente de poboación nova (sobre todo, Ponteareas, O Porriño e Salceda de Caselas) (Figura 4).\nEn paralelo, o equipo redactor analizou os documentos considerados chave a distintas escalas (UE, España-Portugal, eurorrexión, provincia de Pontevedra, Alto Minho, etc.). Os máis deles estaban vixentes, mais na primavera de 2018 comezaron a coñecerse os borradores comunitarios con vistas ao período financeiro 2021-2027.8 Foi no curso desa análise cando o equipo redactor decidiu que, a diferenza da proposta realizada no momento de candidatarse co proxecto SMART_MIÑO en 2015, a estratexia non se ía proxectar para 2020, senón para 2030, e, aínda máis importante, ía desvencellarse da Estratexia Europa 2020, centrada no crecemento intelixente (smart growth en inglés) (Ministers, 2011; Lois et al., 2013), que guiou o período 2014-2020. De aí que o epíteto «intelixente» desaparecese do proceso estratéxico.\nCon todo este traballo previo, preparouse o comezo do proceso participativo propiamente dito, marcado para o 21 de xuño de 2018, coa celebración do I foro, que se publicitou en varias páxinas web, redes sociais e medios locais (radios e xornais). Nesa data quíxose presentar un preborrador de traballo, que actuase de guía para o debate xeral, reflectindo o traballo realizado até a altura. O traballo no I foro xirou ao redor do preborrador do plan de acción, con cinco eixos:\n1.\nSectores produtivos: potenciar as actividades primarias e secundarias de forma innovadora e orientadas cara a un desenvolvemento sustentábel, nomeadamente a través da implantación unha marca de calidade «Río Miño» para os produtos agroalimentarios e aumentando a superficie industrial sen comprometer o ambiente.\n2.\nRedes de gobernanza: crear instrumentos de goberno común do territorio transfronteirizo. Aquí figura a posta en marcha do AECT (primavera de 2018), así como o aumento dos acordos bilaterais de servizos públicos partillados no marco das eurocidades. Tamén se declara a vontade de acadar un Investimentos Territoriais Integrados (ITI)9 para a área de traballo.\n3.\nMobilidade e servizos partillados: iniciar e favorecer a activación de novos servizos públicos partillados, en relación co eixo anterior. Contémplanse, tamén, diferentes investimentos en infraestruturas, como a autovía Tui-Goián ou completar a conexión entre a A3 e a A28 en Vila Nova de Cerveira, así como desenvolver un servizo de proximidade con frecuencias altas no camiño de ferro Vigo-Viana.\n4.\nTurismo sustentábel: preservar e promocionar o patrimonio natural e cultural como garantía para desenvolver un turismo sustentábel, ao redor do proxecto de elevar o Miño a Patrimonio Mundial da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) e en sintonía co desenvolvemento da marca «Río Miño».\n5.\nCultura e comercio tradicionais: propostas para valorizar a cultura e o comercio como elementos integradores para a sociedade do territorio transfronteirizo.\nOs contidos destes cinco eixos, despregados nunha proposta de liñas de acción (n=10, dúas por cada eixo), obxectivos (n=18) e proxectos (n=24), aliñáronse cos documentos-marco analizados a varias escalas (da UE ao CIM Alto Minho), tentando procurar a coherencia entre estes propósitos e os xa vixentes ou en discusión a outros niveis. Ese esforzo reflectiuse no preborrador como mecanismo para amosar os apoios nos que se enraizaba o proceso.\n4.2. Participación xeral e borrador da estratexia\nA presentación do preborrador no I foro, ao que asistiron 82 persoas, concitou moito debate, deixándose sempre claro que era o que se procuraba e que non se querían prefigurar os resultados, senón abrir o proceso participativo. A unha sesión xeral inicial, na mesma data seguiulle a organización de catro mesas sectoriais de debate en paralelo ao redor dos eixos 1, 3, 4 e 5, nas que participaron os/as asistentes segundo os seus intereses. En cada mesa, voluntariamente anotáronse os/as participantes e, logo do verán, partindo das catro listaxes e facendo de novo publicidade en varias páxinas web, redes sociais e medios locais (radios e xornais), convocáronse novamente as catro mesas en setembro-outubro de 2018. Nas datas sucesivas de traballo participaron 94 persoas. Este mecanismo participativo desenvolvido en outono de 2018 foi o máis frutífero, de xeito que conduciu, como se verá máis adiante, a unha reformulación do preborrador da estratexia.\nUnha cuestión relevante do I foro foi manifestada, particularmente, por alcaldes/alcaldesas/autarcas. Consistiu nunha crítica a unha distinción territorial presente no preborrador: os concellos ribeiráns do Miño (n=13) versus o resto (n=13) (Figura 3). Todo o preborrador referíase ao «Val do Miño» para os primeiros, que xurdían do inicio do proceso estratéxico, tal e como xa se referiu, no que se implicaran 12 concellos (Crecente foi engadido no «Val do Miño» polo equipo redactor). A razón de contemplar o «Val do Miño» estribaba en focalizar nel cuestións como a mobilidade e a prestación de servizos partillados (eixo 3 do preborrador do plan de acción), fronte ao resto do ámbito, no que o equipo redactor asumiu que non aplicaba. Porén, a diferenciación territorial foi rexeitada no I foro e tívose que eliminar.\nEn outono de 2018 despregáronse outros tres procedementos participativos alén das xuntanzas das catro mesas temáticas (Figura 2):\nA participación a través da páxina web, na que estaban pendurados o preborrador de estratexia e resumos dos debates das mesas temáticas ―podíanse enviar opinións por escrito sobre todos eles― e mais unha enquisa web que pretendía calibrar o consenso cidadán en relación coas propostas do preborrador. Cando se pechou esta fase (outubro de 2018), levábanse máis de mil visitas, mais recibíronse moi poucas respostas concretas.\nUnha segunda rolda de xuntanzas con alcaldes/alcaldesas/autarcas coa vontade de robustecer a lexitimidade política na que apoiar o proceso estratéxico. Alén dos doce concellos abranguidos na primeira fase, daquela falouse con outros concellos de fóra do ámbito do «Val do Miño».\nEn novembro de 2018, mantivéronse unha ducia de xuntanzas con actores territoriais e institucionais chave para enriquecer a estratexia en elaboración, tanto a escalas superiores (o AECT Galiza-Norte de Portugal, a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana [DG REGIO] da Comisión Europea, etc.), como grupos de desenvolvemento rural do territorio, representantes empresariais da zona e mais a Capitanía do Porto de Caminha e a Comandancia Naval de Tui.10\nCon todo isto, reformulouse o plan de acción. Para o II foro, marcado para finais do outono de 2018, quíxose contar xa cun borrador resultante do proceso. Deseguido, explícanse os novos eixos estratéxicos, xustificando o porqué das modificacións en relación co preborrador:\n1.\nA insistencia en todos os debates xerados por situar o río Miño no foco comportou convertelo en primeiro eixo estratéxico, vinculándoo á sustentabilidade territorial e á conservación fluvial. A marca territorial «Río Miño», proveniente do preborrador, vencellouse a este eixo.\n2.\nO segundo eixo centrado na gobernanza mantívose, mais agora, respondendo aos debates mantidos, baseándoa na prestación de servizos partillados e, como novidade, na contribución á xestión das barreiras legais e administrativas e dos custos de contexto específicos que eivan a vida cotiá no territorio de fronteira.11 Este último aspecto resultou das queixas constantes ao respecto, expresadas nas sesións participativas, que conduciron a reflectir cinco obxectivos específicos de eliminación de barreiras legais-administrativas no plan de acción: sanidade, educación, mobilidade, emerxencias/riscos e río (pesca). En varios dos debates mantidos a xente confesaba que asumira que o AECT se creara para solucionar estas cuestións, aínda que desde o AECT insistían en non seren competentes nestes eidos. En todo caso, acordouse que o AECT asuma xestionar este asunto «diante dos organismos competentes» (tal e como aparecerá definitivamente redactado: Paül et al., 2019, p. 47). Pola súa banda, a ITI non foi demandada e desapareceu da estratexia.\n3.\nA forza que acadou o turismo nos debates aqueles meses comportou subilo do cuarto nivel xerárquico do preborrador ao terceiro no borrador. Sistematicamente, o turismo emerxeu como aspecto central do desenvolvemento territorial, reclamado sobre todo polos/as políticos/as e técnicos/as municipais participantes e polo sector; por exemplo, empresas de cicloturismo e asociacións promotoras do camiño portugués de Santiago. Como novidade, propúxose unha Reserva da Biosfera transfronteiriza asociada a un lema, á marca «Río Miño», etc. e que fose quen de estruturar seis produtos turísticos «sustentábeis» conxuntos reflectidos en cadanseus obxectivos do plan de acción (Paül et al., 2019, p. 48).\n4.\nUn cuarto eixo que gañou tamén posicións (do último lugar ao cuarto) foi a cultura, aínda que, polos debates mantidos, eliminouse o cualificativo «tradicional» presente no preborrador e decidiuse disociala do comercio. De igual xeito que actores turísticos se mobilizaron arreo, tamén o fixeron os culturais, por exemplo, o Festival Internacional de Teclado e Masterclass (IKFEM, nas súas siglas en inglés), cunha traxectoria asentada, que emprega como escenario nos seus eventos a ponte Tui-Valença ―simbolicamente, a única da raia húmida desde 1886 até os anos 1990―. Incorporouse así a necesidade de implantar unha axenda cultural común transfronteiriza, festivais incluídos. Cómpre subliñar que, a diferenza do preborrador, a iniciativa para un Patrimonio Mundial do esteiro e as fortalezas asociadas resituouse aquí, respondendo á cultura e non ao turismo.\n5.\nO quinto eixo, o de mobilidade, perdeu posicións en relación coa proposta inicial, pois, alén do devandito no segundo eixo, suscitou escasos consensos. O debate sobre as «infraestruturas a reclamar», nomeadamente as viarias, pairou o outono de 2018, por exemplo, coas presións para que constase explicitamente unha conexión infraestrutural (en forma de ponte ou de túnel) entre Caminha e A Guarda-O Rosal. Para non entrar nun detalle que deviña conflitivo, optouse porque as infraestruturas concretas individuais non fosen obxectivos estratéxicos, como constaban no preborrador. Insistiuse, no entanto, na conversión da liña Vigo-Viana nun tren de proximidade con frecuencias de paso axeitadas e na que rehabilitar apeadeiros actualmente en desuso, acción reclamada nos debates e coherente co desenvolvemento dunha mobilidade sustentábel.\n6.\nCómpre destacar que o sexto eixo, o económico, foi o caso máis patente de perda de categoría en relación co preborrador: da primeira posición á derradeira. Infírese, así, a existencia dunha fenda entre pareceres académicos (ao redor, por exemplo, da falla de solo industrial) e a percepción da xente manifestada na participación pública.\nNovamente, o borrador de plan de acción concretou liñas de acción (n=17), obxectivos (n=46) e proxectos (n=39). A multiplicación numérica, case por tres, dos obxectivos e, case por dous, dos proxectos evidencia a cantidade de achegas recibidas e os debates mantidos, que o equipo redactor tentou trasladar ao borrador. Así mesmo, e de acordo co acontecido no I foro, esvaecéronse as distincións territoriais entre o «Val do Miño» e o resto (Figura 3), de xeito que todo o territorio se considera de forma unitaria. Porén, cómpre recoñecer que, aquel outono, o equipo redactor barallou cartografar tres grandes áreas ―costeira/urbana (dinámica, densa…), interior/rural (baleirada, avellentada…) e fluvial miñota (máximas relacións transfronteirizas e dinámica territorial integrada) (Figura 5)―. A tal efecto, ensaiouse aliñar os obxectivos, as liñas e os proxectos para cada unha desas áreas. Finalmente, e polas mesmas razóns que fora desbotada a diferenciación específica do «Val do Miño», considerouse que non debían facerse distincións internas no territorio do AECT Río Miño (Figura 6).\nTamén cómpre indicar que a análise e o diagnóstico se reformularon igualmente en función do proceso seguido. Así, por mencionar un exemplo significativo, no preborrador o Parque Nacional Peneda-Gerês, e mais a Reserva da Biosfera Gerês/Xurés, só se citaban como ámbitos próximos ao Río Miño que implicaban unha «oportunidade» en materia de turismo; no proceso de outono de 2018, desde os tres concellos que forman parte deles (Arcos de Valdevez, Melgaço e Ponte da Barca), reclamouse que se tivesen en conta como activos territoriais, co cal deviñeron unha fortaleza do Río Miño no seu conxunto (Paül et al., 2019, p. 44). Finalmente, a nova versión presentouse no II foro celebrado o 29 de novembro de 2018, ao que asistiron 70 persoas.\n4.3. Do borrador ao documento final da estratexia\nCoas conclusións dos debates desenvolvidos na última oportunidade de discusión colectiva, o equipo redactor pechou ao longo do inverno de 2019 unha versión considerada definitiva e que se reflicte, de forma sintética, en Paül et al. (2019). Producíronse dúas diferenzas chave co borrador, que se explican deseguido. A primeira consistiu na eliminación da listaxe dos proxectos do plan de acción. O motivo principal foi que os marcos de financiamento comunitarios para o período 2021-2027 non estaban daquela asentados, nomeadamente por mor da inestabilidade asociada á incidencia do Brexit12, o que desaconsellaba concretar uns proxectos no horizonte de 2030, que logo poderían estar desaxustados cos marcos definitivos.\nA segunda modificación de calado respondeu, novamente, ás discusións territoriais presentes en todo o proceso. En efecto, que o río Miño conformase o primeiro eixo estratéxico no borrador non era partillado unanimemente, ao ámbito ribeirán miñoto non resultar maioritario no AECT. Un argumento sistemático neste senso, expresado por actores portugueses do val do Limia, e mesmo do do Coura ―afluente do Miño, mais separado da bacía estrita do río―, é formaren parte do Minho como rexión, mais non do val estrito do Miño. Isto conduciu, ao fin, a redistribuír o primeiro eixo entre os outros cinco, tal e como se expresa na cartografía definitiva de Paül et al. (2019, p. 21; Figura 6). En todo caso, introduciuse unha visión xeral da estratexia, ausente nas versións anteriores, que reza significativamente o seguinte: «O río Miño é o vector central do desenvolvemento do territorio» (Paül et al., 2019, p. 46).\nO proceso deuse por concluído coa presentación da versión final no Consello Consultivo do AECT Río Miño o 4 de abril de 2019. Nese acto só se produciu unha voz discrepante, lamentando precisamente a eliminación do primeiro eixo do borrador.\n5. Discusión e conclusións\nO obxectivo deste artigo consiste en situar a experiencia estratéxica analizada no seo do marco teórico-conceptual da ordenación territorial transfronteiriza, partindo dos principais resultados achegados: os cambios no plan de acción (Figura 7). Entre eles, cómpre subliñar de entrada a perda evidente da súa vertente económica, agás o referido ao subsector turístico. En paralelo, gaña peso a dimensión política, nomeadamente a través da énfase que lle concede a participación, até o punto de situárense en primeiro lugar, cando no preborrador estaban ausentes, as accións de contribución á mitigación das barreiras legais e administrativas existentes ligadas á fronteira, así como dos custos de contexto fronteirizo. O turismo e a cultura, que figuraban na penúltima e na última posicións no preborrador, atinxen tamén un rol preeminente, impulsados e demandados explicitamente no proceso estudado. Toda esta reconfiguración contrasta coa planificación estratéxica territorial que, en teoría, focalízase en temas económicos «clásicos» (Pujadas e Font, 1998; Pascual, 1999; Albrechts, 2006; Zoido et al., 2013; Farinós, 2014), os cales, nun exercicio máis académico inicial como era o preborrador, presentaba maior centralidade. Porén, outras características da planificación estratéxica, como son a súa lóxica participada e a súa inherente selectividade temática, poden valer para explicar todos estes cambios.\nA análise realizada no apartado anterior (sintetizada na Figura 7) tamén permite inferir unha cuestión relevante en relación coas distintas modalidades ordenadoras: no preborrador constatábanse determinados atributos adscribíbeis ao planning canónico (Nadin et al., 1997; Pujadas e Font, 1998; Hall e Tewdwr-Jones, 2020), tales como infraestruturas concretas ou propostas de crecementos industriais, mais estes desapareceron ao longo do proceso e non figuran na estratexia final. Este progreso corrobora a transición cara ao soft e a gobernanza territorial na ordenación territorial (Farinós, 2007, 2014; Galiana e Vinuesa, 2010). Asemade, esta transición tamén se pode interpretar como o triunfo dunha certa preferencia política por unha inconcreción que non comprometa. Sexa como for, ante todo, responde á participación operada, que presenta este tipo de consecuencias inesperadas no eido da ordenación territorial, tal e como estabelece Healey (1997) no seu ensaio seminal. Non hai que esquecer que a tensión entre o vinculante e o indicativo é inherente á ordenación (Pujadas e Font, 1998; Galiana e Vinuesa, 2010; Elinbaum e Galland, 2016; Hall e Tewdwr-Jones, 2020) e un non é «mellor» có outro per se. Unha estratexia como a analizada aquí non pode declarar un novo espazo natural protexido, para comezar, pola ausencia das competencias formais ao respecto por parte do AECT (Caesar, 2017). Porén, liderar unha candidatura de Patrimonio Mundial para o esteiro do Miño, como a que se propón, si que está ao seu alcance e implicaría, potencialmente, unha protección máxima. Igualmente, e por citar outro exemplo mencionado anteriormente, xestionar diante dos organismos competentes que se formalice unha xestión transfronteiriza efectiva do ámbito estrito do río, nomeadamente das súas pescarías, tamén resulta unha proposta considerábel. Sen obrigar á creación dun plan vinculante, é susceptíbel de presentar consecuencias significativas sobre o terreo.\nNeste senso, cando Durand e Perrin (2018, p. 329) conclúen que na Eurométropole/Eurometropool Lille-Kortrijk-Tourna non se dan acadado logros concretos en materia de ordenación, argüíndo que os avances nesta materia foron practicamente inexistentes, achamos que asumen a ordenación territorial de forma restritiva. Definicións abranguentes dela, como as de CEMAT (1983), Nadin et al. (1997), Pujadas e Font (1998), Woessner (2010) e Hall e Tewdwr-Jones (2020), permitirían nese AECT franco-belga, como no noso caso, unhas conclusións máis matizadas. As visións reducionistas sobre o que é a ordenación do territorio son abondosas tamén en España (Pérez Andrés, 1998; Benabent, 2006, 2012; Farinós et al., 2017), mais caen na habitual trampa estato-nacional que, precisamente, experiencias como as que aquí revisamos queren combater. É por iso que o modelo de Decoville e Durand (2020) distingue tres niveis de ordenación territorial transfronteiriza; o noso caso corresponderíase, en aparencia, co segundo, ao constituír unha estratexia territorial transfronteiriza formalizada, mais participa tamén dos outros dous (análise/diagnóstico e aspectos sectoriais), polo que cómpre sempre insistir na pluralidade evidente de posibilidades ordenadoras e, polo tanto, alertar ante os reducionismos.\nEn relación coa evolución das políticas de ordenación, o caso estudado sitúase nas actuais coordenadas. Primeiramente, ao reducir a teima economicista, a estratexia analizada supera os estadios iniciais baseados en argumentos estritamente de racionalidade económica que favorecerían determinados crecementos, por exemplo de carácter infraestrutural (Hall e Page, 2006). En cambio, a dimensión ambiental acada un papel notábel, non só porque sexa o signo dos tempos no eido académico (Benabent, 2006; Hall e Page, 2006; Paül, 2021) e no político (Ministers, 1999-2020), mais porque iso é demandado na participación. Asemade, a relevancia do enfoque comunitario na experiencia analizada próbase, alén de pola formulación participativa (Healey, 1997; Pascual, 1999; Hall e Page, 2006), pola forza concedida aos servizos partillados entre dous ou tres concellos, cun marcado carácter social, que se mantén desde o preborrador até a versión definitiva. Neste punto, e na sempre inestábel procura dun equilibrio entre as dimensións económica, ambiental e social da sustentabilidade (Nijkamp et al., 1990; Jones, 2001; Parr, 2009), pódese afirmar que a estratexia propón un determinado modelo de compromiso entre as tres dimensións.\nDesde unha perspectiva territorial, constatamos unha dialéctica potente entre a franxa fluvial con intensas relacións transfronteirizas ―o chamado nalgún momento do proceso «Val do Miño»― e o resto do territorio cuberto pola estratexia e polo AECT. En orixe, no preborrador, asumiuse este contraste tanto política como academicamente, mais o salto á participación aberta fixo patente axiña que a estratexia non se podía cinguir, nin tan só focalizar, nun determinado ámbito. Por iso, o texto final obvia esta diferenciación e recolle elementos territoriais, como, por exemplo, o Parque Nacional Peneda/Gerês, que no preborrador se consideraban de facto fóra do ámbito ordenador. Esta tensión entre dous ámbitos, un máis abranguente e outro máis cativo, mais verdadeiramente transfronteirizo, resoa moito á reportada por Decoville e Durand (2016) para a Grande Région/Großregion, tamén cun AECT no primeiro ámbito que non dá artellado políticas e accións concretas no segundo.\nComo consecuencia destas tensións territoriais, a estratexia estudada non cartografa nin as propostas nin tan só, de forma clara, o diagnóstico, a diferenza doutros casos comparábeis contemplados por Paül et al. (2017). De aí que se pasase dunhas primeiras tentativas onde se diferenciaban ámbitos (Figuras 3 e 5) a un mapa final isotrópico (Figura 6). A pesar de que Hall e Tewdwr-Jones (2020) expliquen que a ordenación pode non cartografar, esta ausencia amosa unha débil concreción territorial. Por outra banda, a decisión final de non considerar o río Miño como un eixo estratéxico de seu ―o primeiro xurdido da participación― e de convertelo na visión pode lerse como unha solución hábil para evitar un nesgo na bacía do Miño mal recibido desde a do Limia. En efecto, elimínase así unha referencia territorial incómoda como eixo estratéxico empregando a fórmula da visión, un aspecto fundamental na planificación estratéxica avanzada (Albrechts, 2006, p. 1160; Farinós, 2014, pp. 34-37). Porén, este cambio tamén pode interpretarse como unha desterritorialización da estratexia. Neste senso, a eliminación, na versión final, da listaxe de proxectos responde ás razóns dadas no apartado precedente, mais, novamente, resulta desterritorializadora, amais de contravir unha das propiedades fundamentais da planificación estratéxica: a súa concreción en proxectos (Pujadas e Font, 1998, p. 384; Pascual, 1999, p. 323). Unha mostra intencionada dunha sexta parte deses proxectos non publicados evidencia até que punto se perdeu o enfoque territorial e de que xeito o foco se puña no «Val do Miño», a saber:\nUtilizar o aeródromo de Cerval para funcións de lecer e de servizos de emerxencias.\nEstudar alternativas de comunicación directa entre Caminha e A Guarda-O Rosal.\nImplantar unha liña de bus Valença-Tui-Vigo, xestionada polas administracións competentes.\nSolicitar ao goberno portugués completar a comunicación entra a A3 e a A28.\nCompletar a comunicación por autovía entre Tui e Goián.\nFacilitar o enlace da A3 cos concellos de Melgaço e Monção e cos seus correspondentes galegos.\nMellorar a PO5003 para conectar Arbo e Melgaço coa A52.\nPor outra banda, no eido territorial tamén salienta a distinción analítica que se fai na estratexia entre o litoral e o interior, que responde a dúas categorías asentadas na xeografía de Galiza e Portugal: o eixo urbano atlántico versus o interior, que mesmo se traslada habitualmente á consideración entre dúas raias, a húmida e mais a seca (Gusman et al., 2020; Paül et al., 2020; Trillo e Paül, 2020; Gusman, 2021; Trillo et al., 2021). E velaí parte do problema: polo xeral asúmese que a raia húmida, a que nos ocupa, participa do eixo urbano atlántico. Teimar na presenza dun interior recesivo no territorio do AECT Río Miño pode ser unha cuestión de escala, pois no conxunto galego-portugués resulta dificilmente discerníbel. Porén, esta diferenciación non xorde da participación, mesmo se esta non a desminta, senón do traballo académico do preborrador (Figura 4) e de instancias políticas atentas a responder á axenda política do momento. En efecto, en España o debate ao redor da chamada «España baleira», ou «baleirada», acadou moita sona desde del Molino (2016), quen fixo pouco máis que darlle o nome, mais valeu de catalizador para que xurdise todo un discurso político ao respecto. Así, en 2020, apareceu un ministerio que se chama «do Reto Demográfico», do cal pende unha dirección xeral denominada «de Políticas contra a Despoboación». En Portugal, á súa vez, existe unha Secretaría de Estado «da Valorização do Interior» desde 2018, na actualidade, por certo, con sede en Bragança.\nUnha última cuestión territorial que merece unha discusión ten que ver coa área metropolitana de Vigo. Como se dixo ao comezo deste texto, a decisión acerca da delimitación do ámbito do AECT e, polo tanto, da estratexia non dependeu do proceso estratéxico, senón que era previa a este. Porén, motivou que o polo urbano principal da rexión, Vigo, fique fóra, e que a súa área metropolitana se vexa partida en función da liña de división das bacías, o cal, para as dinámicas territoriais, resulta irrelevante. Deste xeito, un dos asuntos chave do territorio, como é a relocalización de empresas e industrias ―tanto en Galiza (O Porriño, Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves [PLISAN], etc.) como, con máis controversias desde unha perspectiva galega, en Portugal (Cerveira, Paredes de Coura, etc.)―, resulta de difícil medición sen Vigo. No entanto, o feito de que a área metropolitana de Vigo non estea institucionalizada fai que esa escala sexa etérea e, por outra banda, cómpre insistir no devandito: este tipo de cuestións non xurdiron no proceso participativo.\nRecentemente, resultou evidente que a estratexia está a ser útil para a finalidade que foi concibida: case dous anos despois de rematala, o AECT Río Miño emprégaa de xeito cotián e mesmo está a relanzala como instrumento chave para a súa actuación (Figura 8). Por outra banda, a finais de 2019, no marco do proxecto Promoting EU-CELAC Cooperation on Cross-Border Innovation Support (INNOVACT),13 desenvolvemos un obradoiro en Tulcán (Ecuador)-Ipiales (Colombia) no que presentamos a estratexia aquí analizada e ensaiamos implantala cun método adaptado ás circunstancias locais, aos tempos dispoñíbeis e ás persoas mobilizadas naquel momento. O resultado foi satisfactorio, do cal inferimos que existe un alto potencial de transferibilidade. Tamén nun artigo recente, Sande (2021, p. 86) cualifica o documento como «achega innovadora» no contexto eurorrexional. En definitiva, con eivas e limitacións, achamos que a experiencia de ordenación desenvolvida contribúe a superar o efecto persistente da fronteira, que a propia ordenación adoita tender a reproducir (Jacobs, 2016; Paasi e Zimmerbauer, 2016), e que Caesar (2017) suxire que nin os propios AECT dan abalado. Neste senso, a UE, polo xeral a través de documentos-marco moi xenéricos como a serie asinada polos Ministers (1999-2020), e nesta ocasión grazas a un proxecto Interreg, está a permitir a aparición de ordenacións territoriais que van alén das existentes clasicamente (Nadin et al., 1997; Faludi, 2004; Farinós, 2007, 2014; Woessner, 2010; Walsh, 2015; Paasi e Zimmerbauer, 2016; Paül et al., 2017). A experiencia transfronteirza aquí achegada dá boa proba diso."} +{"summary": "Tras a celebración de dez eleccións ao Parlamento de Galicia, a última delas o pasado 25 de setembro de 2016, é posible facer balance dos rendementos do sistema electoral autonómico galego. Este traballo realiza unha análise exhaustiva dos efectos despregados polas regras electorais galegas, utilizando para elo un conxunto de indicadores que miden a fragmentación partidista, a desproporcionalidade, as primas e penalizacións recibidas polos partidos e a desigualdade no valor do voto. Do mesmo xeito, estúdanse as lixeiras modificacións que experimentou o sistema electoral, dende a súa xénese no Estatuto de Autonomía de 1981, pasando pola aprobación da lei electoral galega en 1985, ata a reforma de 1992, así como os recentes intentos de reforma dos anos 2012 e 2014. Por último, estaremos en condicións para formular unha proposta de reforma electoral propia que, a partir de pequenas modificacións, poida corrixir algunhas das eivas do actual sistema electoral.", "text": ": sistema electoral galego, eleccións autonómicas, reforma electoral Abstract: After the celebration of ten elections to the Parliament of Galicia, the last of them on 25 September 2016, it is possible to analyze the yields of the Galician autonomous electoral system. This work makes a comprehensive analysis of the effects of the Galician electoral rules, using a set of indicators that measure partisan fragmentation, disproportionality, bonus and penalties received by parties and inequality in the value of voting. It also examines the minimum changes that the electoral system has undergone since its genesis in the Statute of Autonomy of 1981, passing through the approval of the Galician electoral law in 1985, until the 1992 reform, as well as the recent attempts to reform the electoral system in 2012 and 2014. Finally, we will be able to formulate a proposal of electoral reform of its own that, based on minor modifications, can correct some of the dysfunctionalities of the current electoral system.\nIntrodución ende que Galicia acadase a autonomía política no ano 1981, os galegos foron chamados as urnas ata en dez ocasións para elixir aos seus representantes no Parlamento de Galicia, a última delas o 25 de setembro de 2016. O sistema electoral empregado para transformar os votos en escanos non experimentou ao longo deste tempo grandes cambios, pese a que si se deron reformas menores relacionadas co tamaño do parlamento, o número de escanos correspondentes a cada provincia e o porcentaxe da barreira electoral.\nA celebración de dez eleccións autonómicas permite facer balance dos rendementos do sistema electoral galego en distintas dimensións. Para elo, resulta tamén indispensable explicar as razóns que están detrás da súa configuración inicial e das súas distintas modificacións. Especialmente interesantes resultan as últimas propostas de reforma defendidas na anterior lexislatura autonómica, posto que coincidían na súa orientación coas formuladas polo Partido Popular (PP) noutras comunidades autónomas onde gobernaba. Para dar resposta a estas cuestións, o presente traballo seguirá a seguinte estrutura.Tras esta breve introdución, dedicarase un apartado a describir os elementos centrais do sistema electoral galego, empregando como marco de referencia os restantes sistemas electorais das distintas comunidades españolas. En segundo lugar, examinarase o sistema electoral como variable dependente, é dicir, tratarase de coñecer a razón da configuración inicial do sistema electoral galego. En terceiro lugar, abordarase o estudo do sistema electoral galego como variable independente, isto é, analizaranse os efectos do sistema electoral na fragmentación de partidos, a desproporcionalidade dos resultados, as primas e penalizacións que reciben os partidos e o valor do voto dos electores nas distintas circunscricións electorais. A continuación, explicarase cal foi o motivo da modificación do sistema electoral galego no ano 1992 polo que se subiu a barreira electoral do 3 por cento ao 5 por cento e, para rematar, exporanse os intentos de reforma máis destacados durante os últimos anos. Por último, e a luz do exposto nos distintos apartados, formularemos a nosa propia proposta de reforma electoral e pecharase o artigo cunhas breves conclusións.\n1. O sistema electoral galego\n1.1. Liberdade dentro dun mesmo marco de movemento\nDurante a transición democrática, a xeneralización das autonomías en todo o territorio español desembocou na instauración de 17 Parlamentos autonómicos, pese a que a Constitución só obrigaba a elo ás comunidades constituídas pola “vía rápida” ou “vía reforzada”. Non obstante, os pactos autonómicos de 1981, acordados entre o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e a Unión de Centro Democrático (UCD), dotaron ao resto de comunidades, segundo prescribía o artigo 152.1 da Constitución Española (CE), dunha “Asemblea lexislativa, elixida por sufraxio universal, consonte a un sistema de representación proporcional que asegurase, ademais, a representación das diversas partes do territorio” 2.\nCon estes vimbios, as comunidades dispoñían dun espazo de liberdade considerable para configurar os elementos básicos dos seus respectivos sistema electorais, é dicir, o tamaño dos seus Parlamentos, a fórmula electoral, a delimitación das circunscricións, a magnitude dos distritos, a existencia de barreira electoral ou o carácter aberto ou pechado das listas electorais. Con todo, a pesar do amplo marxe de actuación, a innovación brillou pola súa ausencia (Pallarés, 1998). Unha boa parte da normativa electoral autonómica limitase a recoller a regulación da LOREG, cando non se remite simplemente aos seus artigos.\nAsí, a regra xeral é a utilización da provincia como circunscrición electoral. Non obstante, existen catro Comunidades Autónomas que se inclinaron por un tipo de circunscrición de base territorial distinta á provincial. Por un lado, Canarias e Baleares escolleron o territorio insular como circunscrición. Por outro, Asturias e Murcia ata fai un tempo 3, decidiron fraccionar o seu territorio en varios distritos electorais, rompendo a tendencia asumida polas restantes comunidades uniprovinciais, consistente en tomar a provincia como circunscrición.\nExiste certa variedade no referente ás barreiras electorais 4, establecendo a maioría de comunidades autónomas barreiras legais entre o 3 por cento e o 5 por cento. Canarias representa a excepción, posto que a súa normativa establece unha dobre barreira do 6 por cento a nivel autonómico e do 30 por cento a nivel insular. Polo que se refire á fórmula de reparto de asentos, todas as comunidades sen excepción inclináronse pola fórmula D´Hondt 5.\nA interpretación que os lexisladores a nivel subnacional lle deron ao artigo 152.1 da CE, materializouse de forma ben distinta nas diferentes comunidades autónomas. Catro de elas prescinden por completo do criterio demográfico á hora de efectuar o reparto de escanos entre circunscricións. En Canarias, Illas Baleares, País Vasco e Cataluña, os seus Estatutos de Autonomía ou unha lei ordinaria establecen o número fixo de escanos para cada circunscrición, non admitindo revisión algunha a pesar dos cambios poboacionais. O reparto de escanos tende así a sobrerrepesentar as zonas menos poboadas, infrarrepresentando como contrapartida as circunscricións onde existen grandes núcleos urbanos 6. Este tipo de reparto de escanos trae consigo serios problemas dende o punto de vista da igualdade de voto (Fernández e Montero, 2016).\nO resto de comunidades, co seu territorio dividido en varias circunscricións, combinan tanto factores xeográficos como poboacionais. A maneira de proceder ao reparto de escanos é similar á empregada polo sistema electoral do Congreso dos Deputados: asígnase un mínimo inicial de escanos a cada circunscrición con independencia da poboación que resida nelas, e o resto de asentos ata completar o Parlamento repártese, agora si, atendendo ao número de habitantes de cada circunscrición. Esta forma de repartir os escanos ten a virtude de superar a rixidez do modelo anterior, posto que permite ir axustando o reparto de deputados autonómicos entre as distintas rexións atendendo a flutuacións demográficas. Deste modo, o número de escanos asignados a cada circunscrición pode variar duns comicios a outros.\nComo é lóxico, é ese mínimo inicial de escanos, ou en outras palabras esa base inicial que cabria denominar como fixa, a que xera desigualdade no valor do voto. As comunidades estableceron bases moi diferentes. En Murcia era de un escano; no Principado de Asturias de dous asentos; de tres en Castela e León e en Castela e A Mancha; de oito en Andalucía; de dez en Galicia; de trece en Aragón; e de vinte na Comunidade Valenciana e Estremadura.\n1.2 As orixes do sistema electoral galego\nComo sucedeu en todas as comunidades autónomas, o Estatuto galego tamén introduciu un sistema electoral provisional, en tanto que non se aprobase a lei electoral definitiva. A Disposición Transitoria do Estatuto fixou o número de asentos da Cámara en 71, repartíndoos entre as catro provincias de tal xeito que sobrerrepresenteña o distrito. Esta fórmula ten unha tendencia a favorecer aos partidos maiores e a prexudicar ás formacións máis pequenas (nesgo maioritario) 6. Esta realidade afonda no nesgo conservador dos sistemas electorais tanto autonómicos como nacional. En esencia, isto significa que as forzas conservadoras conseguen unha prima dos seus votos en escanos ao seren, potencialmente, as formacións que mellores resultados acadan nas zonas rurais que se encontran sobrerrepresentadas.\nAgora ben, esta operación non foi en absoluto inocente, dado que esta distribución de escanos resulta determinante si se atende á distribución xeográfica do votante galego. Así, premiábase “de maneira clara á Galicia campesiña, do interior, máis atrasada económica, social e culturalmente sobre a Galicia urbana e costeira, máis moderna en todos os aspectos mencionados” (Blanco et. al, 1982: 83). A este respecto, cabe sinalar que os aspectos estatutarios relacionados co sistema electoral foron impostos pola UCD sen ser acordados co resto de formacións políticas. Isto explica, sen ir máis lonxe, por que Lugo e Ourense, onde a UCD contaba con un gran respaldo electoral, foron sobrerrepresentadas, fronte ás outras dúas provincias onde o apoio á UCD era más débil (López, 2010:144).\nAgora ben, o sistema electoral foi un dos cabalos de batalla durante a tramitación do Estatuto de Galicia. Como sinala Blanco Valdés (1991: 904), “a competitividade (…) derivou dunha dobre orde de motivos: por un lado, o número e o reparto interprovincial de escanos que habían de compor a primeira Asemblea autonómica e, por outro, a introdución dunha barreira legal de votación, o tres por cento do censo, para acceder á Cámara”.\nNeste sentido, debe recordarse que o proxecto de Estatuto elaborado nun primeiro momento pola Asemblea do Parlamento de Galicia, establecía un sistema electoral algo distinto ao que finamente terminou por aprobarse 7. Así, establecíase unha franxa de parlamentarios notablemente máis avultada (entre 100 e 125 escanos). Ademais, o proxecto de Estatuto de Autonomía incorporaba unha cláusula que esixía ás forzas políticas que concorrían ás eleccións superar o 3 por cento do censo electoral da provincia, o que implicaba a contabilización da abstención. Esta proposta supuña esixir na práctica máis dun 6 por cento dos votos (Maiz, 1991: 17), polo que prexudicaba gravemente ás pequenas formacións, entre as que se situaban boa parte dos partidos nacionalistas galegos. Máxime si se ten en conta que Galicia foi unha comunidade autónoma notablemente abstencionista en perspectiva comparada, especialmente nos primeiros procesos electorais (Montero, 1986; Justel, 1990; Vilas Nogueira, 1992). Baste con sinalar que nos primeiros comicios ao Parlamento de Galicia, celebrados o 20 de outubro de 1981, a participación foi do 46, 3 por cento dos electores, o cal representa o porcentaxe de abstención máis alto nunhas eleccións autonómicas da historia de España 8.\nTal foi a gravidade da situación que, tras o chamado “Pacto do Hostal”, o Presidente da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, Antonio Rosón, a instancias das forzas políticas que aceptaban a Constitución e o Estatuto, remitiu un escrito ao\nCongreso dos Deputados 9, no que entre outras cuestións, instábase á supresión deste polémico punto, co obxectivo último de solucionar as dificultades que impedían culminar o proceso estatutario galego (Maiz, 1991; Blanco, 1991). Finamente, e como consecuencia desta operación, a Comisión constitucional decidiu modificar – entre outros elementos – a cláusula en cuestión, aplicándose finamente a barreira electoral do 3 por cento dos votos válidos, por remisión á barreira contemplada a nivel estatal.\nCabe sinalar que no proceso de elaboración da lei electoral galega de 1985, acordouse aumentar o tamaño do Parlamento de Galicia de 71 a 75 escanos, entre outras cousas, para reducir a desviación do prorrateo de escanos creado pola Disposición Transitoria Primeira do Estatuto de autonomía e pola que se rexeron os dous primeiros comicios autonómicos de 1981 e 1985 (Martínez, 2012: 23). Coa entrada en vigor do novo sistema electoral nas eleccións autonómicas de 1989, reduciuse lixeiramente o desequilibrio representativo que aínda persiste entre as provincias atlánticas de A Coruña e Pontevedra e as provincias de interior de Lugo e Ourense. Ademais, tras figurar no proxecto de lei unha barreira electoral do 5 por cento dos votos emitidos, foi posteriormente rebaixada de novo ata o 3 por cento, por entenderse que, en caso contrario, só dúas ou tres forzas acadarían representación parlamentaria (Portero, 1991:131).\n1.3 A normativa electoral galega na actualidade\nDous piares son os que sustentan a normativa electoral galega. Por un lado, o propio Estatuto de Autonomía de Galicia, e por outro, a Lei 8/1985 do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, reformada pola Lei 15/1992 do 30 de decembro, que supoñía elevar a barreira electoral do 3 ao 5 por cento de votos válidos por circunscrición.\nNo Estatuto de Autonomía fíxase a composición do Parlamento de Galicia. Nel, establece que os Deputados han de ser elixidos por sufraxio universal, libre e directo por un prazo de catro anos e consonte a un sistema de representación proporcional. Do mesmo xeito, establécese, ao igual que fai a CE, que a circunscrición electoral ha de ser a Provincia (art. 11.4). A isto, habémoslle de sumar a marxe de parlamentarios, que tamén ven establecida polo Estatuto de Autonomía Galego, entre 60 e 80, quedando aprazado o número fixo de escanos a unha lei de desenvolvemento básico do estatuto, cuxa aprobación, e por extensión modificación, ha de necesitar da maioría absoluta do Parlamento galego (art. 127.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia).\nCoa aprobación da Lei electoral galega 8/1985 o número de escanos do Parlamento fixouse en 75. O máis curioso e que, co afán de respectar o mandato constitucional de representación de todos os territorios, estableceuse un mínimo inicial de 10 parlamentarios por Provincia, quedando tan só 35 para repartir seguindo criterios proporcionais (artigo 9 da citada Lei). Dende a aprobación da lei electoral e ata a actualidade, o número de deputados de cada provincia foi variando conforme ás flutuacións demográficas, tal e como se pode comprobar na Táboa 2.\nOurense (14)\nPontevedra (22)\nFonte: elaboración propia\n2. Os rendementos do sistema electoral galego\nEn xeral, o sistema de partidos galego pode ser denominado como multipartidista mais, no fondo, debido ao referido sistema electoral galego que alberga unha clara tendencia a favorecer aos partidos maioritarios, o sistema de partidos inclinouse ao bipartidismo. Pese a todo, podemos falar dun sistema de tres partidos no ano 1981, de dous partidos e medio nas eleccións de 1985 e, a partir de entonces, dun claro predominio do PP – salvando as eleccións de 2005 (Pallarés e Lago, 2005) –, no que a formación conservadora encarrila maiorías absolutas e goberna a comunidade autónoma galega (Rivera et. al., 1998: 299307).\nPor outra banda, o carácter de nacionalidade histórica, ter unha lingua propia e riscos culturais de seu, dotou a Galicia de movementos nacionalistas que pronto se habían de agrupar en torno a formacións políticas que acabarían tendo representación parlamentaria 10. Así, aos partidos de implantación nacional, había que sumarlle a presenza de forzas rexionalistas – Esquerda GalegaPartido Socialista Galego (EGPSG), Coalición Galega (CG) e Bloque Nacionalista Galego (BNG) ata 1989, e só o BNG ata 2012 11 (Lago, 2004: 36) – o que fixo que o espazo de competición política dos partidos galegos se orientase ao redor de dúas dimensións principais. Por un lado, unha dimensión esquerdadereita (económica e cultural) e, por outro, unha dimensión centro - periferia que dá conta das posicións dos partidos respecto ao modelo territorial do Estado (Alonso, 2012). O Gráfico 1 mostra a evolución, en porcentaxe de votos, dos partidos que acadaron representación parlamentar nas eleccións autonómicas.\nAs eleccións de 1981 destacan como aquelas nas que a suma de votos da UCD e de Alianza Popular (AP) constitúen o porcentaxe máis baixo da serie (un 58 por cento de votos). No resto de eleccións os partidos máis votados foron o PP e o PSOE, salvando os comicios de 1997 e 2001 nos que o BNG foi o partido alternativo ao goberno (un fito histórico do nacionalismo galego) e 2016, no que a formación En Marea 12 obtivo un maior número de votos que o PSOE, pese a acadar o mesmo número de escanos. A Táboa 3 mostra a evolución na concentración de votos dos principais partidos. A maior concentración obsérvase nas eleccións de 1997, o Partido Popular chegou ao 52, 2 por cento dos votos que, sumado aos apoios do BNG, constitúe un 80 por cento do total. As eleccións de 2012 poden ser tomadas como as primeiras do cambio, que sería contaxiado no 2015 ao sistema de partidos a nivel nacional e subnacional 13 e que se consolidaría en Galicia nos comicios de 2016. O porcentaxe que suman as dúas formacións con maiores sufraxios móvese en torno aos valores das eleccións de 1981 e 1985. Con elo, rómpese o ciclo electoral que se establecera dende as eleccións de 1993.\nGráfico 1 Resultados das eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia, 19812016 Fonte: elaboración propia en base aos datos do Parlamento de Galicia 13. Fernández Albertos (2015: 36) recalca a importancia da formación Alternativa Galega de Esqueda (AGE) que nace nas eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2012, como xerme do movemento Podemos, que entraría con 69 escanos no Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 2015. Citando as propias palabras do líder da formación morada, Pablo Iglesias, “seguramente sen Beiras (líder de ANOVA) non sería posible Podemos”.\nNo caso galego, ao igual que no caso español, o sistema electoral pode ser considerado un dos elementos decisivos da fragmentación de partidos, sobre todo a nivel parlamentario. Así o constata a Táboa 4, sobre todo nas eleccións de 1981, 1985, 1989 e 2012, nas que as diferenzas entre o número efectivo de partidos electorais (NEPE), un índice que ten en conta o número e o peso en votos dos partidos, e o número efectivo de partidos parlamentarios (NEPP), ponderado o número de partidos no Parlamento co seu peso en escanos, foron máis que notables, constatando o efecto redutor do sistema electoral galego.\nPor outra banda, habemos de dedicarlle un espazo relevante a un dos efectos máis coñecidos e estudados que producen algúns sistemas electorais, e que incide de forma directa nos resultados electorais: a desproporcionalidade electoral. Este termo alude á desviación agregada entre a proporción de votos obtidos por un partido, e a proporción de escanos que recibe (Lijphart, 1995: 103). Deste xeito, cun valor de 0 cúmprese unha total proporcionalidade e cun valor de 100 unha total desproporcionalidade. Entre os factores que determinan a proporcionalidade dun sistema electoral áchanse o tamaño do Parlamento, o prorrateo desviado, a fórmula electoral, a barreira de entrada ou barreira electoral e, sobre todo, a magnitude de distrito (Lijphart, 1995) 14.\nA Táboa 5 amosa os niveis de desproporcionalidade acadados nas eleccións ao Parlamento de Galicia dende 1981 ata 2016. A tendencia xeral, con puntuais altibaixos, foi a dunha redución considerable da desproporcionalidade. Non obstante, obsérvase unha subida a valores próximos aos das primeiras eleccións democráticas no ano 2012, en boa medida motivado pola entrada de novos actores políticos na cámara de representación galega, aínda que en 2016 baixa cerca de 1 punto porcentual. A media de eleccións deixa unha desproporcionalidade do 4, 8; o que sitúa a Galicia como a doceava CA máis desproporcional do Estado español, aínda que, se tomamos o valor acadado en 2016, a posición ascende ata o oitavo posto (Fernández e Montero, 2016).\nde escanos. Fonte: elaboración propia\nEstes efectos, denominados efectos mecánicos do sistema electoral, en esencia consisten na sobrerrepresentación dos primeiros partidos, ao transformar os votos en escanos, e na infrarrepresentación dos terceiros. As primas e penalizacións que sofren os partidos políticos debido aos elementos que compoñen o sistema electoral, quedan recollidas na Táboa 6. O Partido Popular é a forza máis beneficiada polos nesgos maioritarios do sistema electoral galego, como evidencian as catro maiorías fabricadas (manufactured majorities) 15 acadadas polos populares (1989, 2009, 2012, 2016), ademais, as tres últimas coinciden cos tres gobernos de Núñez Feijoo. En todas as eleccións ás que concorre resulta o partido cunha maior prima ou bonificación ao transformar os seus votos en escanos. Pola contra, o BNG, salvando os comicios de 2001 e 2009, sempre saíu prexudicado polos efectos correctores da proporcionalidade que introducen as regras electorais galegas. Por outra banda, en menor medida que o PP, o PSOE aproveitouse da súa posición de segunda forza para que o peso dos seus escanos fose maior que o que lle conceden os votantes. Nos comicios de 2012 o PP obtivo a maior prima en escanos da serie histórica, mentres ANOVA recibía a maior penalización dende a acadada polo BNG en 1985.\nO Gráfico 2 ven a complementar a información recollida na Táboa 5. A taxa de vantaxe obtense ao dividir o porcentaxe de escanos que acada un partido político entre o seu porcentaxe de votos. Así, se un partido obtén escanos, pero menos dos que proporcionalmente lle correspondería en función dos seus votos, a súa taxa de vantaxe encontraríase entre 0 e 1; e se acadase máis escanos dos que lle correspondería en función dos seus votos, a taxa de vantaxe situaríase por encima de 1.\nGráfico 2\nTaxa de vantaxe nas eleccións ao Parlamento de Galicia, 19812016 a.\nOs datos do Gráfico 2 confirman o nesgo maioritario do sistema electoral galego. As dúas forzas que, polo xeral, obtiveron máis votos nas nove eleccións autonómicas celebradas, o PP e o PSOE, resultan ser as formacións máis beneficiadas. As eleccións de 1981, 1985, 2012 e 2016, aquelas nas que se deu unha maior fragmentación de partidos, coinciden coas maiores taxas de vantaxe para o PP. A formación que maior prima tivo ao transformar os seus votos en escanos foi a UCD nos primeiros comicios autonómicos, logo de que non acadase representación nos restantes. EG/ PSG, PCG, CG nas eleccións de 1989 e o BNG nos comicios de 1981 e 1985 foron os grandes damnificados do sistema electoral. ANOVA sumaríase a esta lista nos comicios de 2012, aínda que en 2016 (baixo as siglas de En Marea), polos bos resultados acadados, roza a perfecta correspondencia dos seus votos cos escanos.\nEstes efectos mecánicos do sistema electoral repercuten no sistema de partidos ao reducir a fragmentación do Parlamento pero, ademais, inciden na desproporcionalidade electoral, é dicir, afectan ao porcentaxe de escanos que había de corresponderlle a un partido en función da súa porcentaxe de votos. Así, sendo conscientes de elo, tanto as elites como os electores actúan para mitigar os efectos redutores do sistema electoral. A isto Duverger (1954) referiuse como efectos psicolóxicos do sistema electoral. Os partidos minoritarios buscan coligarse con outras forzas co fin de obter os réditos das forzas maioritarias, e os votantes ao interiorizar as consecuencias das leis electorais tras a experiencia de eleccións pasadas, buscan maximizar o seu voto e non desperdicialo apoiando a unha opción política que teña opcións de conseguir un escano no seu distrito. A teoría queda confirmada á luz dos datos que amosa a Táboa 7.\nDende as eleccións de 1989 ata os comicios de 1997, o porcentaxe de votos que acaba en formacións que non obteñen escanos nas provincias galegas, diminuíu de forma moi notable. A excepción dáse nas eleccións de 2009, nas que por primeira vez se presenta Unión Progreso e Democracia (UPyD). A formación situada no centroesquerda do espectro ideolóxico, recolle un amplo número de votos nas provincias de A Coruña e Pontevedra, pero terminan desperdiciados ao non acadar asentos no Parlamento de Galicia. Do mesmo xeito, nos comicios de 2012 a irrupción no Parlamento de Galicia dunha nova formación política, ANOVA, altera as lóxicas de participación electoral dos votantes, e o número de escanos que terminan desperdiciados ou malgastados aumenta en todas as circunscricións electorais con respecto as eleccións precedentes, achegándose a valores dos primeiros comicios. Algo semellante acontece nos comicios de 2016, con valores case iguais aos observados nas eleccións anteriores.\nEstes efectos do sistema electoral, e a súa consecuente interiorización por parte do electorado, en si veñen derivadas dunha das grandes eivas das que adoece a lexislación electoral galega: a desigualdade no valor do voto. O mandato de representación territorial do artigo 152.1 da CE, e a súa diferente interpretación por parte dos lexisladores das 17 CCAA derivou, no caso galego, no establecemento de 10 escanos iniciais adxudicados ás catro circunscricións electorais sen criterio poboacional algún. Deste xeito, e como recalcamos no apartado dedicado ao sistema electoral galego, A Coruña e Pontevedra áchanse infrarrepresentadas fronte ás provincias de interior, que son ao mesmo tempo as menos poboadas, Lugo e Ourense. A Táboa 8 mostra a relación entre habitantes e escanos en catro puntos temporais correspondentes no tempo coas catro variacións que experimentou o sistema electoral galego (recollidas na táboa 2). Así, establece a rateo que se dá comparando coa provincia cuxo cociente, censo electoral escanos, é menor.\nFonte: elaboración propia en base aos datos do censo electoral do INE\nEn xeral, tanto na provincia de A Coruña como de Pontevedra, conseguir cada escano en xogo ten un valor que é case o dobre do que custa obter un asento en Lugo ou Ourense. Deste xeito, o voto dunha persoa destas dúas provincias ten a metade de peso que o do das provincias de interior.\nEsta desigualdade no valor do voto queda ao mesmo tempo reflectida no prorrateo desviado de escanos, ou malapportionment. Este indicador amosa as diferenzas entre o porcentaxe de escanos que se elixen nunha circunscrición e o porcentaxe do censo electoral que se integra na mesma. Por ser máis específicos, o malapportionment dá conta da diverxencia total entre a distribución de facto dos asentos por circunscrición e a distribución que normativamente había ter en función do electorado. As consecuencias desta distorsión son claras na desigualdade do valor do voto do elector, o que, sen dúbida, supón unha violación do principio segundo o cal, todas as rexións dun país deberían ter a mesma rateo de electores con deputados.\nO caso español, entre outros, está asociado coa pretensión que por parte dos lexisladores electorais se deu de sobrerrepresentar as zonas rurais, coincidentes coas de menos electores (e máis conservadores) fronte ás zonas urbanas. Así, España encóntrase (cun malapportionment do 14, 6) no posto 16 da lista dos países con maior prorrateo desviado de escanos en función do porcentaxe de escanos que lle había de corresponder a cada circunscrición segundo o seu porcentaxe de poboación (Samuels e Snyder 2001). Neste sentido, é preciso puntualizar que existen diferenzas nas fórmulas empregadas para o cálculo do prorrateo desviado. Gran parte dos estudos que mediron este fenómeno empregan a relación entre o porcentaxe de escanos das circunscricións e o porcentaxe de habitantes das mesmas. Non obstante, se o que estamos a medir é a desigualdade no valor do sufraxio dos electores, semella que empregar os datos do censo é a mellor das maneiras para testar o fenómeno, pese a que estudos comparados empreguen datos da poboación pola súa facilidade no acceso aos mesmos.\nA Táboa 9 mostra os valores de malapportionment acadados nas eleccións celebradas. A maior desviación do prorrateo obsérvase nos comicios celebrados en 2009 e 2012. Estes valores veñen a supor que máis dun 12% dos escanos que se reparten no Parlamento de Galicia violan a máxima da igualdade do voto. En perspectiva comparada, o caso galego supón o quinto máis alto das 17 CCAA españolas e o posto 16 a nivel mundial, nunha lista que lidera Tanzania (Seijas Macías, 2014: 205). Nas eleccións de 2016 un 11 por cento dos escanos que se repartiron violaron o principio da igualdade do voto. O valor foi inferior ao das eleccións anteriores grazas ao aumento de un escano na provincia de A Coruña.\n3. Reformas e propostas de reforma do sistema electoral galego\n3.1 A modificación do sistema electoral galego en 1992\nNo ano 1992 produciuse unha polémica reforma electoral, en virtude da aprobación da Lei 15/1992, do 30 de decembro, que modificou a lei electoral galega a partir dun proxecto de lei presentado polo executivo autonómico.\nA reforma de 1992 acometida polo Partido Popular, con Manuel Fraga Iribarne ao fronte do Goberno, aumentaba ata o 5 por cento unha barreira legal que anteriormente estaba dous puntos porcentuais por abaixo. A medida sería aprobada sen contar co apoio parlamentario do resto de forzas, e provocaría o tan soado zapatazo do por entonces Secretario Xeral do BNG, Xosé Manuel Veiras, seguindo o precedente histórico de Kruschez na Asemblea da ONU. Esta reforma inaugurou unha tendencia orientada a endurecer as barreiras de acceso ao reparto de escanos que seguirían comunidades autónomas como as Illas Baleares en 1995 (do 3 ao 5 por cento) e Canarias en 1996 (do 20 ao 30 por cento a nivel insular e do 3 ao 6 por cento a nivel autonómico).\nPolo que se refire á motivación da reforma, esta perseguía favorecer a gobernabilidade. En palabras do propio Fraga, era necesario racionalizar e simplificar ao máximo a xeografía política do país e para elo nada mellor que endurecer as condicións para acceder ao Parlamento. Non obstante, este argumento en pos da estabilidade e racionalización parlamentaria semella dificilmente aceptable, dado que por aquel entón, o PP gozaba dunha maioría absoluta na Cámara. Ostentaban daquela representación parlamentaria outros catro partidos políticos, pero dous de eles (Coalición Galega e Partido Socialista GalegoEsquerda Galega) facíano dunha forma practicamente testemuñal, posto que contaban tan só con dous deputados cada un. Así as cousas, parece que o verdadeiro propósito daquela reforma era o de deixar fora de xogo ás pequenas organizacións nacionalistas con representación parlamentaria na época. En opinión de Pallarés (1998: 239), esta modificación pretendía “evitar a emerxencia e desenvolvemento de grupos galeguistas no centrodereita que puidesen erosionar electoralmente ao PP e facer que perdese a maioría absoluta”.\nAsí, no debate á totalidade do proxecto de lei, o Conselleiro de Presidencia e Administracións Públicas, Rodríguez Rodríguez, defendeu no nome da Xunta a necesidade deste aumento na barreira, argumentando que ���o Goberno é consciente de que neste punto non existe consenso, pero considera (…) preciso clarificar as opcións políticas que teñan acceso á Cámara, de maneira que o fagan forzas políticas realmente significativas”. 16 A estas afirmacións respondería o representante de Coalición Galega, Cándido Sánchez Castiñeiras, incidindo en que a reforma sobre todo buscaba “eliminar as forzas políticas que saben que teñen unha ideoloxía galeguista”. E seguía, dicindo que “tódalas forzas políticas representadas hoxe superan o 7 por cento dos votos; agora ben, o engano que pretende levar a cabo o Partido Popular, é dicir, se subimos ó 5 por cento, por exemplo Coalición Galega non estará representada na próxima lexislatura. Sabemos que isto non é certo, pero articulado coa propaganda (…) pode ter un efecto disuasorio sobre aqueles que queren votar una determinada forza” 17. A elo sumaríase o representante do BNG, Álvarez Domínguez, quen afirmaba que “na provincia de Ourense e na provincia de Lugo non se accede á representatividade aínda tendo o 5 por cento; necesítase, como mínimo, o 5, 6 por cento, e aínda co 5, 6 por cento o BNG quedou fóra da representación desta Cámara pola provincia de Ourense nas eleccións do ano 1989. Non vale para nada, ten unha finalidade puramente disuasoria. Agora ben, ten una finalidade para a provincia de Pontevedra ou para a provincia de A Coruña, dado que o número de representantes que se van elixir por cada distrito é superior a 20” 18.\nFinamente, co apoio do Grupo Parlamentario Popular, e a pesares do voto en contra das restantes forzas políticas do Parlamento, aprobouse durante a última sesión plenaria da terceira lexislatura – a menos de tres meses das eleccións – a primeira reforma de un sistema electoral na historia do Estado das Autonomías, co propósito evidente de eliminar contrincantes políticos de corte nacionalista. Quebrouse así o consenso acadado na aprobación do Estatuto e na lei electoral galega, que situaba a barreira legal no 3 por cento (Martínez, 2012: 25).\nEste aumento do 3 ao 5 por cento supuxo un aumento cualitativo por canto situou a barreira legal a niveles superiores da barreira efectiva do voto nas provincias de A Coruña (3 por cento), Pontevedra (3, 5 en 1993 e 3, 3 por cento en adiante) e Lugo (4, 8 por cento), onde os partidos minoritarios tiñan opcións de obter represenDiario de Sesións do Parlamento de Galicia, III Lexislatura, núm. 124, 8 de setembro de 1992, p.2188.\ntación (Rivera et. al, , 1998:324). De feito, nas eleccións de 1993, a coalición Esquerda UnidaUnidade Galega obtivo un 3, 74 por cento dos votos na circunscrición de A Coruña que, de non existir barreira electoral do 5 por cento, conseguiría o escano que obtivo o PP.\nNon debe de estrañar que o aumento da barreira legal contribuíse a erradicar definitivamente a proliferación de pequenos partidos. Fronte á dispersión orixinaria sobre todo do voto nacionalista, emerxeu unha paulatina concentración de forzas intencionada pola clase política. As diversas forzas nacionalistas, coa súa diversidade de matices, deron orixe a un proceso tortuoso de confluencia (Rivera et. al., 1998:325).\n3.2 As tentativas de modificación da lei electoral galega do ano 2012 e 2014\nA grave crise económica do 2008 pronto derivou nunha profunda crise política (Rama, 2016). Así, empresarios políticos viron unha apropiada ventá de oportunidade para canalizar as demandas dos electores aos que as forzas establecidas xa non eran capaces de representar. Novos partidos foron emerxendo e pouco a pouco consolidándose, tanto a nivel nacional como subnacional. Por elo, ante a previsible ruptura do sistema de partidos, varios líderes políticos de distintas comunidades autónomas lanzáronse, xa polo ano 2008, a formular diversas propostas de reforma dos seus sistemas electorais.\nEsta avalancha de propostas de reforma electoral a nivel subnacional poden clasificarse en dúas etapas coincidentes no tempo coa chegada da crise económica a España. A primeira, corresponde ao período anterior as últimas eleccións autonómicas de 2015, na que os líderes (a maioría do PP) propuxeron reformas para establecer barreiras de entrada a novas forzas políticas. Os casos que mellor ilustran esta realidade son os de Cantabria e Castela e a Mancha, esta última, por partida dobre. En Cantabria reduciuse o Parlamento (de 39 a 35) buscando penalizar as terceiras forzas e impedir a entrada de novos partidos. En Castela e a Mancha, na primeira reforma ampliouse o tamaño da Asemblea (de 49 a 53 escanos) buscando outorgarlle ao PP uns mellores resultados. Sen embargo, no 2014 reduciuse do tamaño do Parlamento a 33 deputados coa premisa de impedir o aumento da fragmentación de partidos (algo que daquela xa se podía anticipar). Así, nas eleccións de 2015 Podemos só entrou con 2 escanos, e Ciudadanos, cun 8, 5 por cento dos votos quedouse sen representación.\n(Fernández Esquer, 2016) 19. 19. Outros exemplos de propostas que non chegaron a materializarse son as de Illas Baleares en xuño de 2012, que pretendía a redución do tamaño da Asemblea en 18 escanos, pasando de 59 a 41; e a da Comunidade Valenciana en 2013, que perseguía facer máis pequena a cámara (de 99 a 79 escanos).\nE unha segunda etapa, que estamos a vivir agora, na que tras as eleccións autonómicas de 2015, son as novas formacións políticas as que están a impulsar reformas que pretenden corrixir elementos correctores da proporcionalidade que introducen algúns sistemas electorais autonómicos. Sirvan de exemplo a reforma xa aprobada en Murcia impulsada por Ciudadanos e acordada co PSOE e Podemos, e as reformas que están en camiño en comunidades como Asturias, Andalucía, Canarias e A Rioxa, por citar varios exemplos. As novas formacións (Podemos e Ciudadanos) que son imprescindibles para a gobernabilidade destes territorios, están a impulsar estas reformas de “rexeneración da democracia”.\nPois ben, retrotraéndonos a esa primeira etapa de reformas electorais auspiciadas na súa maioría polo PP, Galicia non ía ser a excepción, e da mesma forma que procederan os seus compañeiros de partido, o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, poría riba da mesa xa no ano 2012 a redución do tamaño do Parlamento. Dende a reforma de 1992 non se rexistraran intentos relevantes de modificar o sistema electoral galego. Nin sequera durante a sétima lexislatura na que se deu a alternancia na Xunta debido ao goberno bipartito do PSOE e o BNG, tramitouse unha proposta que dese equilibrio ao reparto de escanos entre as catro provincias galegas para axustalo á realidade demográfica de cada unha delas. E elo a pesares de que o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, chegase a anunciar unha modificación da lei electoral para facer unha mellor distribución dos asentos en relación á poboación (Martínez, 2012: 20).\nA diminución do número de escanos do Parlamento de Galicia foi anunciada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nunha entrevista ao xornal La Voz de Galicia e presentouse formalmente polo Grupo Parlamentario Popular o 31 de xullo de 2012 en forma de proposición de lei (Martínez, 2012: 23). Esta proposta enmarcábase dentro dun paquete de medidas para o aforro económico no contexto de crise. Así, o grupo Parlamentario do Partido Popular presentaría dita medida como proposición de lei o 31 de xuño de 2012, circunscribíndose a reducir de 75 a 61 escanos o número de parlamentarios, previsto no artigo 9.2 da Lei Electoral galega. Deste xeito, tamén se modificaba o art. 9.3, en relación ao número de asentos que lle corresponden a cada provincia en función da súa poboación, que pasaban de 35 a 21. Esta proposta viña recollida no programa electoral, onde explicitamente dicíase: “reducir o número de deputados a 61, na franxa baixa de representación prevista no artigo 11 do Estatuto de Autonomía de Galicia” 20.\nEsta medida sería parcialmente modificada no ano 2014, no que se proporía reducir de 10 a 8 os escanos que se habían de repartir de inicio por Provincia sen axuste a criterios poboacionais. Mais, en xeral, o resultado destas propostas de reforma permitían que as circunscricións más poboadas resultasen, se cabe, máis infrarrepresentadas que coa Lei 8/1985, mentres que as menos poboadas apenas notarían a modificación que imporía a nova lei electoral. En resumo, con ditas propostas o que se terminaría conseguindo sería un Parlamento menos representativo no relativo á rateo habitantes por escano, e que pasaría a ter un tamaño menor ao de outras comunidades autónomas con menos poboación e provincias - caso de Aragón e Estremadura- (Martínez, 2012).\nFinalmente, debido ao adianto electoral anunciado por Aberto Núñez Feijoo para facer coincidir as eleccións autonómicas galegas coas vascas, o Presidente da Xunta acordou a disolución do Parlamento de Galicia o 27 de agosto e, en consecuencia, a proposta de reforma da lei electoral non chegou sequera a tramitarse. A Táboa 10 amosa, en función das propostas de 2012 e 2014, o número de escanos que lle habían de corresponder a cada provincia e o porcentaxe do total que significarían, empregando datos do censo electoral do ano 2016.\nTáboa 10 Número de escanos por provincia e porcentaxe de escanos segundo o número de habitantes de 2016 coas propostas de reforma do PP do ano 2012 e 2014\nproposta 2012\nA Táboa 11 amosa o reparto de escanos que obterían as formacións políticas que concorreron as eleccións autonómicas de 2016 seguindo os resultados de ditas eleccións, pero empregando para transformas os votos en escanos as leis electorais propostas polo Partido Popular no ano 2012 e 2014. Neste caso, o PP gañaría as eleccións, e ademais vería incrementado o seu porcentaxe de escanos con respecto ao actual, un 57, 4 por cento e 55, 7 por cento fronte ao 54, 7 por cento co que conta en 2016 baixo a normativa electoral vixente. O resto de forzas políticas manterían as mesmas posicións. O PSOE e En Marea, perderían un 0, 7 por cento do porcentaxe en escanos baixo a proposta do PP de 2012. Non obstante, coa proposta de 2014 En Marea sairía beneficiado ao acadar o 19, 7 por cento dos escanos da Cámara, fronte ao 18, 7 actual. O BNG, pola súa parte, perdería con ambas proposta o 1, 4 por cento dos escanos acadados en 2016 coa lei vixente. En esencia, esta baixada de escanos co mantemento da barreira electoral no 5 por cento, viría a supor unha traba para que as formacións pequenas puidesen facerse con un asento no Parlamento de Galicia.\nSe calculásemos as primas e penalizacións que terían as formacións políticas con representación no Parlamento de Galicia tras as eleccións autonómicas de 2016, baixo as propostas de reforma electoral do PP en 2012 e 2014, os resultados serían os seguintes: O PP sairía máis beneficiado, ao obter unha prima do 9, 84 por cento baixo as regras da proposta de 2012 e do 8, 14 por cento coas de 2014, fronte á bonificación actual do7, 1. O PSOE seguiría beneficiándose, pero moito menos que co sistema electoral vixente (un 0, 13 por cento con ambas propostas). Do mesmo xeito, o BNG sería o gran penalizado, con un -1, 73 por cento baixo ambas propostas (a lei actual prexudícao nun -0, 3). Pola súa parte, En Marea correría unha sorte dispar. Por unha banda, sairía penalizado coa proposta de reforma electoral do 2012, ao ver que os seus escanos representan un 1, 07 por cento menos do valor dos seus votos, pero beneficiaríase da opción presentada polo PP en 2014, con unha bonificación do 0, 63.\nPor outra banda, a fragmentación de partidos a nivel parlamentario veríase reducida levemente coas propostas de 2012 e 2014. Pasaría do actual valor de 2, 64 a 2, 51 coa proposta de 2012 e a 2, 59 baixo a de 2014. Sen embargo, o índice a nivel electoral experimentaría un aumento, do 3, 14 actual ao 3, 23 que se acadaría implementando unha ou outra reforma. Pola contra, a desproporcionalidade aumentaría de xeito notable, do xa elevado valor actual de 5, 35 pasaría a acadar unha cifra de 7, 23 coa proposta de 2012 e 6, 13 coa de 2014. O cambio principal estaría no malapportionment. Tanto coa proposta de reforma de 2012 como coa de 2014 este incrementaríase. No primeiro caso, faríao en máis de tres puntos (do 10, 96 ao 14, 6) e, no segundo, acadaría o valor de 11, 3.\n4. Unha proposta de reforma electoral para Galicia Despois de dez eleccións ao Parlamento de Galicia e tras haber analizado os rendementos do sistema electoral galego, se algo podemos afirmar é que os efectos producidos na igualdade do voto dos electores ou na correspondencia dos votos cos escanos, dista moito de estar allea de críticas. De feito, nin a reforma do sistema electoral galego de 1992 nin as propostas de reforma de 2012 e 2014, buscaron resolver as deficiencias do sistema electoral.\nPor elo, a proposta de reforma electoral que aquí se defende ten catro obxectivos principais: 1) mitigar a desigualdade do voto, 2) corrixir a desproporcionalidade electoral, 3) dar cabida a pluralidade de forzas políticas e 4) permitir a gobernabilidade. Para acadar estes fins concretos non ha de ser necesario acometer unha “reforma electoral maior” (Katz, 2005) se non, máis ben, o que pretendemos é mostrar o impacto que unha pequena modificación da lei electoral vixente podería traer en varios indicadores fundamentais do rendemento do sistema electoral.\nO feito de estar fixado estatutariamente que a provincia é a circunscrición electoral fai que sexa de gran dificultade acometer unha modificación de dito elemento. A importancia da circunscrición achase, sobre todo, nos efectos que ten para a correspondencia entre o porcentaxe de votos e de escanos. Nos artigos 56 e 57 do Estatuto de Autonomía, especifícase que para levar a cabo esta reforma serían necesarios dous terzos do Parlamento de Galicia, a aprobación da Reforma nas Cortes Xerais mediante Lei Orgánica, e mesmo a celebración dun referendo. Deste xeito, non semella fácil mellorar a proporcionalidade do sistema electoral galego establecendo outra circunscrición distinta á provincial, cunha maior magnitude. De feito, pese a que sexan varias as voces que defenden que non ten sentido unha circunscrición electoral provincial para elixir unha Cámara de representación dos intereses de toda Galicia, o mandato constitucional e estatutario, sumado a necesidade de representación dos intereses da poboación rural fronte á urbana, xustifican o mantemento das provincias que, máis aló de poder ser xulgadas como meras divisións administrativas, arrastran fortes sentimentos identitarios. Outra das formas de corrixir os problemas de proporcionalidade está en modificar o tamaño do Parlamento. Neste caso, o número de escanos que ha de ter a Asemblea galega non ven fixado no Estatuto, se non que nunha Lei do Parlamento de Galicia de desenvolvemento básico do Estatuto. Para a súa modificación, e incremento ata 80 escanos, sería preciso a maioría absoluta do Parlamento galego nunha votación final sobre a totalidade. Non obstante, estas medidas que habían de corrixir as distorsións na transformación dos votos en escanos, estarían a incidir na quebra doutros elementos que se supón esenciais dun bo sistema electoral, como a gobernabilidade ou o necesario axuste do tamaño do Parlamento coa poboación de dereito. Polo que non entraremos a discutilas na nosa proposta.\nPor todo elo, sen renunciar a un mínimo inicial de escanos por cada unha das catro provincias que compoñen a comunidade galega, decidimos adxudicar 3 asentos sen criterios poboacionais que virían a substituír aos actuais 10 escanos de inicio. Así, sen modificar o tamaño do Parlamento de Galicia que conta con 75 escanos, repartiríanse 63 entre a poboación das catro circunscricións, un incremento de 28 escanos fronte á lei electoral vixente. Os resultados deste reparto poden verse na Táboa 12. A Coruña sube 4 escanos, Pontevedra 3, e Lugo perde 3 e Ourense 4.\nExisten fundamentalmente tres argumentos para defender a redución a tres escanos o mínimo inicial por provincia. En primeiro lugar, mentres que outras propostas suxeriron que ese mínimo se fixase en oito escanos (Martínez, 2012: 2124) ou incluso en cinco (López, 2006: 250251; Seijas, 2012: 14), consideramos que con elo non se reduce o suficiente a desigualdade no valor do voto. Coa nosa proposta as provincias de Lugo e Ourense continuarían estando sobrerrepresentadas, pero a máxima rateo de desigualdade do voto mitigaríase notablemente, de forma que o valor do voto dun lucense sería 1, 23 unidades superior ao dun coruñés.\nEn segundo lugar, ese número mínimo de asentos inicial que se reparte con independencia da poboación é o que xa se emprega en outros sistemas electorais autonómicos como en Castela e León e Castela e a Mancha. Trátanse de dúas comunidades autónomas que presentan similitudes respecto a Galicia en tanto que se caracterizan por ter un hábitat disperso. En estas dúas comunidades autónomas a xustificación da sobrerrepresentación dos territorios menos densamente poboados esgrímese como forma de “asegurar a representación das diversas zonas do territorio” nuns termos similares aos empregados en Galicia. Non semella que os casos de Aragón (mínimo inicial de trece asentos) e os de Estremadura e a Comunidade Valenciana (mínimo inicial de vinte escanos) sirvan como modelos de referencia, pois agravarían aínda máis os desequilibrios representativos e a desigualdade no valor do voto dos galegos. Por último, cabe sinalar que con esta modificación corresponderíanlle os seguintes escanos as distintas provincias: A Coruña 29, Pontevedra 22, Lugo 11 e Ourense 10, polo que as magnitudes de distrito continuarían sendo suficientes como para que os resultados fosen desproporcionais. Con estas magnitudes de distrito, Galicia estaría incluso por encima do rango que vai dende os 4 aos 8 escanos, que algúns autores consideraron como un punto óptimo (electoral sweetspot) para producir un virtuoso equilibrio entre unha suficiente representatividade e unha adecuada rendición de\nÁ proposta de reducir o número de escanos iniciais por provincia, sumámoslle a necesidade de baixar a barreira electoral legal do 5 ao 3 por cento a nivel circunscrición. Tamén encontramos un triplo motivo para modificar este elemento do sistema electoral. De entrada, non cabe soster que a actual barreira do 5 por cento, que apenas ten efectividade, contribúa ao obxectivo de calquera barreira electoral que se prece: evitar a a excesiva fragmentación partidista e así propiciar que os parlamentos sexan centros de decisión política eficaces e garantir en última instancia a estabilidade gobernamental. Ata a fecha, a estabilidade do subsistema político galego foi formidable, como pon de manifesto o dato de que en 7 das 10 eleccións autonómicas o PP conseguise a maioría absoluta. Así as cousas, non parece que o feito de reducir a barreira do 5 ao 3 por cento, incrementando con elo as posibilidades potenciais de que entre algún novo partido no Parlamento, supoña unha ameaza para o equilibrio do sistema parlamentario.\nEn segundo lugar, é preciso recalcar que un dos síntomas de boa saúde democrática de un sistema político é que se produza a alternancia no goberno. Polo que un dos múltiples obxectivos aos que deberá de servir un sistema electoral é, se non a propiciar, si ao menos a permitir que poida darse dita alternancia. En Galicia a alternancia no goberno só se produciu en dúas ocasións: unha fugaz tras a moción de censura de 1987; e unha segunda, que podemos considerar como verdadeira alternancia, co bipartito PSOEBNG no período 20052009. É por elo que a baixada da barreira, en tanto que operación tendente a facer algo más sinxela a alternancia, está máis que xustificada.\nPor último, a redución do mínimo inicial de deputados por provincia a tres, fai que a baixada da barreira ao 3 por cento teña sentido. Iso é así porque as barreiras efectivas 21 de Pontevedra (2, 92 por cento) e A Coruña (2, 53 por cento) situaríanse precisamente por debaixo dese 3 por cento e, chegado o caso, podendo haber partidos que hipoteticamente obtivesen un porcentaxe de votos suficiente como para levarse un escano en esas dúas circunscricións, a barreira electoral do 3 por cento evitaríao. Desta forma, podemos afirmar que a operación de fixar unha barreira electoral do 3% non é unha operación simplemente cosmética ou efectista, senón que pode ter algunha virtualidade.\nCon este novo sistema electoral podemos simular cómo sería o reparto de escanos entre as formacións, seguindo os resultados das eleccións de 2016 (Táboa 13). Se o comparamos co sucedido baixo a lei electoral vixente habemos de destacar: 1) a entrada no Parlamento de Galicia de Ciudadanos, grazas aos asentos conseguidos en A Coruña e Pontevedra, as provincias máis poboadas e que co novo reparto melloran a súa rateo escanos/habitante; 2) o aumento en un escano de En Marea grazas, de novo, á subida nas provincias atlánticas; 3) a perda de dous escanos do BNG, ámbolos dous en Lugo e Ourense – provincias do rural e, por extensión, máis conservadoras – e 4) a subida do PP de dous escanos en A Coruña e a perda de 3 escanos en total en Ourense e Lugo. Así, se ben é certo que o BNG perde dous asentos, tamén o é que os perde nas provincias de Ourense e Lugo, onde había acadado representación con 10.000 votos, mentres que Ciudadanos, que entraría no Parlamento, non había conseguido escano algún nin en A Coruña nin en Pontevedra con 19.000 sufraxios, respectivamente.Se atendemos aos rendementos da proposta de reforma do sistema electoral, seguindo os resultados de 2016, habemos de falar da corrección da desproporcionalidade, dun mellor axuste entre votos e escanos para cada unha das formacións e dunha mellora notable do malapportionment. A Táboa 14 amósanos algúns destes feitos. En primeiro lugar, o NEPE e o NEPP aumentan levemente. Pasando de 3, 15 a 3, 23 e de 2, 66 a 2, 76, respectivamente. O maior aumento vese a nivel parlamentario debido a entrada dunha nova formación no Parlamento de Galicia: Ciudadanos. Con elo, os terceiros partidos gañan peso, e as formacións de pequeno tamaño poden entrar no Parlamento de Galicia sen que por elo se vexa afectada a gobernabilidade. Igualmente, redúcese de xeito leve a desproporcionalidade electoral. O valor de 4, 65 segue a ser alto, mais significaría un dos máis baixos da serie histórica.\nA restante información complétase na Táboa 15. Coa proposta de reforma, o PP sairía menos beneficiado que baixo as regras actuais, pasando dunha prima do 7, 1 por cento ao 5, 8. Continuaría tendo unha bonificación, pero sería de 1, 3 puntos porcentuais menos. Pola contra, tanto o BNG como Ciudadanos serían os máis damnificados polo sistema electoral: cunha penalización do 3 e do 0, 7 por cento, respectivamente. Mención aparte ha de dedicárselle ao malapportionment, pois coa proposta de reforma electoral que aquí defendemos a desviación do prorrateo veríase corrixida amplamente. Se coa lei electoral vixente cerca dun 11 por cento dos escanos que se reparten no Parlamento de Galicia están distribuídos de forma que violan o principio de unha persoa un voto, este porcentaxe quedaría reducido a un 1, 8 por cento; o máis baixo se o comparamos coas restantes CCAA. Se facemos este mesmo cálculo sobre o porcentaxe da poboación de cada unha das provincias en troques de sobre o 22. Nesta proposta non se recolle un cambio de fórmula de reparto. De empregase a cota Hare en lugar da fórmula D´Hont, a asignación de escanos sería a seguinte: en A Coruña o PP 14, En Marea 6, PSOE 5 BNG 3 e Ciudadanos 1. En Lugo: o PP 6, o PSOE 2, En Marea 2 e o BNG 1. En Ourense: PP 5, PSOE 2, En Marea 1, BNG 1 e Democracia Ourensá (DO) 1. En Pontevedra: PP 11, En Marea 6, PSOE 5, BNG 2 e Ciudadanos 1. O resultado final sería: PP 36, En Marea 15, PSOE 14, BNG 7, Ciudadanos 2 e DO 1. O PP perdería a maioría absoluta.\n5. Conclusións\nA celebración de dez eleccións ao Parlamento de Galicia permítenos avaliar os rendementos do sistema electoral dende unha perspectiva lonxitudinal. Deste xeito, algúns elementos como a barreira electoral do 5 por cento a nivel de circunscrición e, sobre todo, o reparto inicial de 10 escanos por provincia sen criterios poboacionais provocaron, por un lado, unha barreira de entrada para novas formacións e, por outro, un desaxuste entre o porcentaxe de votos e o número de escanos dos partidos. Ademais, estes elementos inciden na desigualdade do valor do voto dos cidadáns galegos que ven como, en función da súa residencia, a súa capacidade de influencia política é maior ou menor. Por elo, e tras describir os rendementos do sistema electoral galego (en termos de proporcionalidade, taxa de vantaxe, desigualdade do valor do voto, fragmentación partidista) dende 1981 ata 2016, este traballo analizou as reformas e propostas de reforma electoral que se acometeron ata hoxe. Así, tanto a reforma de 1992, que subiu a barreira de entrada do 3 por cento a nivel circunscrición ao 5 por cento, como as propostas de 2012 e 2014, en ningún caso buscaron paliar as deficiencias do sistema electoral galego. Por elo, este artigo defende unha reforma viable do sistema electoral (baixada ata o 3 por cento da barreira legal e redución do mínimo de escanos iniciais a 3) que tería uns efectos moi favorables para o seu rendemento.\nBibliografía"} +{"summary": "Lonxe de tratar de definir a performance, este traballo pretende avaliar a extensión e os límites do que na actualidade se considera performativo. Realízase unha aproximación á problematización do corpo como un dos eixes fundamentais na investigación arredor dos procesos culturais da posmodernidade, confrontando diferentes achegas teóricas con algunhas propostas artísticas e culturais do ámbito hispánico que se formulan dende o corpo nun ción social), evidenciando a permanente interconexión e hibridación de medios e xéneros.", "text": "deconstrución do xénero: a acción e a abxección no ideal performativo da cultura contemporánea 1 María López Suárez [Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011] 1 Este artigo foi elaborado no marco do proxecto de investigación INCITE09 204039 PR: “Literatura electrónica en España. Inventario e estudio”.\n : corpo, hibridación, performance, posmodernidade. abstract Far from trying to define the term performance, this paper aims\nPensar o corpo performativo\nDende o propio paradigma en que é necesario situarse para abordar o concepto de performance, calquera aproximación debería non só renunciar a intentos definitorios, senón ir máis lonxe e recoñecer, en primeiro lugar, o carácter funcional do termo: a performance non sofre modificacións ao longo da historia, o que non impediría realizar un percorrido de corte empírico que cartografase o funcionamento da categoría “arte de performance ” como xénero artístico institucionalizado, se ben a tarefa de historiar outras formas de intervención social adscritas a esta designación resultaría máis problemática dende o punto de vista práctico 2.\nA performance tampouco se localiza nas marxes: o seu carácter intersticial deriva, fundamentalmente, da necesidade de aglutinar baixo un comodín aquelas prácticas culturais e artísticas que estratexicamente se sitúan nas fronteiras doutras categorías mediais e xenéricas. E é este mesmo procedemento, adoptado polo campo académico denominado Performance Studies, o que permite asegurar a performatividade como modelo epistemolóxico, pragmático e até ontolóxico da posmodernidade, como sinala Marvin Carlson (2005) no seu estudo introdutorio. A incorporación de determinadas achegas procedentes da Lingüística (Austin, 1962) a unha perspectiva eminentemente antropolóxica (Schechner, 2002 e Turner, 1982) confluíu nas últimas décadas do século XX co paradigma postestruturalista, os estudos de xénero e poscoloniais e os estudos queer nun movemento de expansión de ambiciosas dimensións: “a feliz alternativa para expandir a nosa visión do que é a performance consiste en estudala non só como arte senón tamén como significado dun proceso de comprensión histórico, social e cultural” (Schechner, 2004: 9) 3.\nÁ súa vez, o corpo, concibido na contemporaneidade como axencia central de construción da realidade, concentra nun esquema de constantes fenomenolóxicas e corte postestruturalista unha dialéctica presenza/ausencia que aglutina nel o gran proxecto estético occidental. Tomado e formulado como molde do suxeito, proporciona unha constante oscilación entre a materia e a virtualidade que serve a diferentes programas políticos e identitarios, readaptados dende a inmediatez da experiencia física até o simulacro global no imaxinario colectivo. A fórmula procesual, adoptada tanto pola lóxica do mercado como pola lóxica institucional ou por, entre outras, determinadas lecturas de Foucault impulsoras da transformación dos mecanismos de poder dende o corpo (Foucault, 1990), é a que axusta os niveis de intervención na esfera social, executados no ámbito artísticocultural nunha tensión aparentemente fragmentaria e dispersa, pero constante, entre o íntimo (body art, experiencias transxenéro) e o espectacular (teatro, acción, land art, instalación, vídeo) e aínda aquilo que fica no medio e baixo o que poden diluírse todas estas categorías (o posthumano, a experiencia cyborg, o hipermedia, o transmedial…) 4. En ausencia doutras, ademais, esa mesma fórmula resulta operativa dentro das mesmas fronteiras que supostamente atravesa; é así que hoxe podemos falar de performatividade na poesía, na narrativa e, por suposto, no teatro entendido como xénero literario. Da mesma maneira, falamos de corpo tanto cando aludimos a unha práctica de danza contemporánea como cando nos referimos aos obxectos expostos nunha galería como restos corporais. É o ideal performativo o que mantén a tensión entre o dentro e o fóra do corpo na cultura e na arte actual 5.\nA crítica da cultura dende o corpo\nChegados a este punto, é necesario advertir contra a clausura efectuada por unha atención crítica excesivamente formalestrutural á produción artística contemporánea en que a noción de proceso converxe con outros termos como ��fragmentariedade”, “simultaneidade” ou “descentramento do suxeito” como factores dun irreversíbel estado de desorientación e intranscendencia. Se algo é característico do período comprendido entre a irrupción das vangardas históricas até a actualidade, é a constante procura de espazos de significación, configurados en interseccións xenéricas e mediais, cando non\nO concepto de liminalidade como espazo de resistencia contra o poder está presente na maior parte das achegas críticas centradas na performance ou no corpo dende que Victor Turner (1982) o empregase na súa análise antropolóxica de rituais e actividades sociais. Propostas como a de Peggy Phelan (1996) inciden na hipotética resistencia da performance, como expresión marxinal, á economía da reprodución, considerándoa independente do valor do mercado e do réxime de produción cultural que o sustenta 6. Pola súa banda, o xiro performativo introducido por Judith Butler (1990) na consideración do xénero sexual inclúe unha noción de marxinalidade como dimensión desestabilizadora para o desvelamento das construcións “constitutivas” do corpo, tanto no contexto da acción teatral como na práctica dunha certa liminalidade á vez teórica e pragmática:\nDeime de conta que non podía fixar os corpos como simples obxectos do pensamento. Os corpos non só tenden a indicar un mundo que está máis alá deles mesmos; ese movemento que supera os seus propios límites, un movemento fronteirizo en si mesmo, parece ser imprescindíbel para estabelecer o que os corpos “son” (Butler, 2002: 11).\nAmelia Jones, na introdución ao seu estudo crítico da arte corporal, centra na fisicalidade das primeiras performances feministas a capacidade de transformar non só as políticas de representación dentro da cultura visual contemporánea, senón tamén o mesmo funcionamento da crítica institucional. Segundo ela, un dos grandes contributos da arte corporal é a introdución das “relacións intersubxectivas corporizadas” no campo da arte, xa que o corpo, incluso nas ocasións en que mostra a súa fragmentación ou ausencia, estimula a consciencia de que a integridade é unha trampa ideolóxica, provocando unha apertura que insire o corpo no social e modula o xénero en función da raza, a clase, a etnia, a nacionalidade:\nO Body art pídenos unha interrogación non só da política da visualidade, senón tamén doutras estruturas a través das cales a materia colle forma polo inevitábel intercambio erótico da interpretación (Jones, 1988: 23).\nNun traballo posterior, a propósito da exposición “A batalla dos xéneros” 7, Jones directamente invoca unha política de identificación e autocuestionamento que preserve de versións mercantilizadas o legado da arte feminista, depurado así e todo da tendencia á universalidade; isto lograríase, segundo a teórica, a través dunha comprensión do xénero que aposte polo seu carácter “interseccional”, segundo o concepto cuñado pola feminista Kimberlé Crenshaw, pois: “Non existe un momento só no que o xénero se experimente ou se entenda dun modo que non sexa interseccional” (Jones, 2007: 53). En relación con isto, Rebecca Schneider (1997) argumenta que os corpos explícitos na performance cuestionan a perspectiva binaria en función de xénero, raza e clase, provocando a mesma subxectivación do suxeito crítico, un suxeito que retorna dun xeito diferente tras a experiencia reflexiva.\nSegundo se leva visto, todas estas propostas privilexian o corpo como lugar de reflexión e acción: nel concentran aqueloutras categorías (xénero, clase, raza) que manteñen unha orde binaria de representación do mundo dende o punto de vista occidental; en consecuencia, a súa desestabilización proviría dun exercicio crítico posicionado e consciente. O problemático desta fundamentación teórica é o grao efectivo da súa aplicabilidade tanto no social como na praxe crítica, xa que resulta difícil extraer de aquí estratexias concretas que transcendan a mera declaración de intencións. Pensar o corpo performativo no Estado español axuda a comprender os desvíos e a ineficacia dun paradigma de aspiración global pero construído nun contexto concreto: o ambiente dos estudos poscoloniais nos Estados Unidos e a interdependente dinámica iniciada nos países latinoamericanos que acolleron con éxito este tipo de estudos 8.\nintervención\nUnha das grandes dificultades á hora de abordar o estudo do corpo performativo é precisamente a virtude da non linealidade, unha oscilación permanente entre a arte conceptual e os teatros físicos e da experiencia que estabelece camiños de ida e volta, dende a introspección dalgunhas propostas experimentais centradas no individuo até a espectacularidade máxima ou a (ciber)acción como modo de intervención social. Como demostra Abuín (2006), é posíbel estabelecer miles de conexións entre diversas manifestacións culturais actuais (literatura, cinema, teatro, videoxogo, performance artística ou dispositivos híbridos) cuxas principais caracter��sticas son a impredicibilidade, a transformación e, en fin, a performatividade. Despréndese deste mesmo estudo, por outra banda, a crucial importancia da tecnoloxía no desenvolvemento dunha serie de poéticas que, dende os primeiros traballos experimentais de Allan Kaprow ou John Cage, basean na improvisación e a mestura a súa negación da categoría “receptor”, inseríndoo como parte integrante da obra. Esta tradición, de ampla vixencia hoxe en día na arte electrónica e no uso de interfaces e diferentes sistemas que Brea (2002) denomina “posmediais” 9, apréciase na súa vertente máis espectacular na traxectoria do grupo de teatro La Fura dels Baus, sen ir máis lonxe.\nO intento de implicar o espectador desequilibrando a corrente unidireccional do teatro dramático e da obra aurática está moi presente na xénese doutro tipo de formulacións, como os teatros físicos de débeda artaudiana ou brechtiana, accionista ou situacionista. Non obstante, hoxe en día resulta imposíbel pensar nun teatro que non recorra á combinación de diferentes medios na procura deste obxectivo. De maneira que a hibridez se impón como factor inescusábel en calquera análise, incluso nas desenvolvidas dende unha perspectiva estritamente teatral ou semiolóxica.\nvan destinados en gran parte das universidades anglosaxoas á investigación no ámbito da homosexualidade masculina, en prexuízo da muller como suxeito histórico). Non obstante, cómpre non subestimar a súa gran contribución teórica no que respecta ao desmantelamento dos mecanismos de construción do xénero. 9 O concepto “posmedia” supón unha superación da noción de hibridez ao considerar que a caracterísitica fundamental desta época é a transformación, e non o uso, dos mesmos medios de produción e distribución, como demostran as infinitas iniciativas xurdidas na rede: esta non pode ser concibida como soporte ou medio, senón como espazo de transformación.\nA hibridez, compoñente da condición da performance como medio posmoderno por antonomasia segundo Kaye (1994), está tamén na orixe da achega teórica de HansThies Lehmann: este propón o concepto “teatro posdramático” para a abordaxe crítica dun tipo de presentación escénica profundamente marcada pola cesura da irrupción do cinema. O teatro posdramático baséase na imaxe e, polo tanto, na parataxe, a simultaneidade de elementos perceptivos, a nonxerarquía de medios (danza, musicalidade, sinestesias derivadas dunha sorte de “poesía escénica” e procedementos, cando non directamente tecnolóxicos, propios do cinema). Trátase da deconstrución do drama como tal:\na dramaturxia visual non significa aquí unha dramaturxia exclusivamente visual e organizada, senón outra non subordinada ao texto e que pode desenvolverse libremente na súa propia lóxica (Lehmann, 2006: 93) 10. Esta total desvinculación do drama e, en consecuencia, a independencia do texto é evidente e reiteradamente reivindicada polo grupo galego Matarile Teatro, cuxos espectáculos de teatrodanza proceden da creación colectiva nunha poética do proceso, coa negación do personaxe e o principio de coreografía escénica como trazos principais.\nO principio de indeterminación e a definitiva desvinculación do texto como elemento organizador da montaxe teatral, considerada como forma autónoma capaz de abrir novos niveis de significación por Vanden Heuvel (1991: 5), resultan reveladores á hora de comprender o teatro contemporáneo en función dunha vontade interdisciplinaria, o que ten levado a reclamar unha metodoloxía consecuente para o seu estudo. É así que nos últimos anos xurdiron algunhas propostas tendentes á integración de disciplinas, se ben algunhas delas excesivamente centradas no aspecto formal e até entusiastas co elevado valor económico –e, por tanto, simbólico– dalgunhas montaxes, como a de Espinoza e Miranda (2009). O que se propón é contemplar a escena teatral xa non como un medio que sofre interferencias doutros, senón como o lugar da mutación, da transmedialidade :\nLa transmedialidad no es una mera agrupación de medios, esto no es un acto puramente medialsincrético, ni tampoco es la superposición de formas de representación medial, sino –como en el caso de la hibridezun proceso, una estrategia, condicionada estéticamente y que no induce a una síntesis de elementos mediales, sino a un proceso disonante y con una alta tensión (Toro, 2001: 32).\nEntre o teatro e o cinema documental analiza Sánchez (2007) unha tendencia cada vez maior á poética do encontro, efectuada principalmente nunha apertura ao oprimido como o Outro excluído, na xeración de espazos intersubxectivos e “reais” (entre moitas outras, trata as propostas de Sara Molina, Roger Bernat, Simona Levi ou Angélica Liddell, todas elas inscritas nunha esfera “relacional”).\nA “arte relacional”, defendida por Nicolas Bourriaud como a propia da posmodernidade, é unha arte intersubxectiva que se constitúe na elaboración colectiva do sentido e cuxo problema non é xa desprazar os límites da arte, senón “poner a prueba los límites de resistencia del arte dentro del campo social y global” (Bourriaud, 2006: 34). Definida como a “actividad que consiste en producir relaciones con el mundo con ayuda de signos, formas, gestos u objetos” (Bourriaud, 2006: 135), expón unha “duración por experimentar” e non un “espazo por recorrer”. Así formulado, o paradigma relacional encerra na propia institución arte a resistencia ao campo social, en paralelo ás propostas que, como vimos anteriormente, concentran no corpo o potencial de acción: este é un dos principais inconvenientes da estética relacional, como sinala Jordi Claramonte (2001) 11. Diversas posturas, como a de Nelo Vilar (2003), apostan pola creación dunha “criptoarte” ou arte secreta que efectivamente se manteña á marxe da institución e do mercado. Wert (2006), pola súa banda, inclúe no seu percorrido pola arte de acción en España prácticas de rúa (guerrillas, graffiti, stencilgraffiti, etc.), documentando procedementos de vocación periférica que, á maneira das performances dalgúns colectivos como o galego Maribolheras Precarias, ou doutras fórmulas de acción que a seguir mencionaremos, operan no lado da performance menos próximo á institución.\nO corpo en abxección: autoficción e espectáculo\nComo vimos intentando soster, resulta practicamente imposíbel concibir algunha práctica artística na actualidade prestando unicamente atención a un único medio, tradición ou disciplina. Un seguimento da longa traxectoria de Esther Ferrer, un dos referentes na arte de performance en España xunto co grupo Zaj, evidencia esta tendencia á oscilación entre o concepto, o obxecto e o corpo, como sinala Aizpuru (1997).\nDo mesmo modo, certas cuestións relativas á arte corporal só poden explicarse a través dunha lectura dialóxica. Sinálase adoito que a inserción do corpo do artista na obra comezou a experimentarse no expresionismo abstracto, en concreto mediante a literal invasión do lenzo por parte de Jackson Pollock, cuxo proceso de creación foi amplamente documentado e publicitado 12. Por outra banda, tende a estabelecerse unha liña discursiva paralela á hora de tratar os diferentes proxectos artísticos elaborados nas últimas décadas do século XX dende posicionamentos feministas. Como sinalan Jones (2006) ou Aliaga (2007), a maior parte destas últimas propostas só cobran sentido en relación coa súa ironía fronte ao suxeito (home, heterosexual e branco) de Pollock. Trátase de accións como as exploracións do corpo feminino de Carolee Schneemann; a pintura vaxinal de Shigeko Kubota; a impactante performance Rape Scene de Ana Mendieta; os conceptuais cortes na pel de Gina Pane; o pornoterrorismo de VALIE EXPORT; as tácticas das Guerrilla Girls; e tantas outras.\nO mantemento de certos modelos de representación ou acción prodigamente experimentados naquelas datas é, dende este punto de vista, sumamente sorprendente. En particular, a recorrencia ao abxecto, que atravesa gran parte das manifestacións artísticas e culturais de vontade radical nos inicios do século XXI.\nNo ámbito do teatro, adoita sinalarse a Rodrigo García como un dos representantes desta poética do abxecto, principalmente polo uso do orgánico e o exceso. Máis alá da provocación, os residuos son concibidos como constituíntes do suxeito no réxime de sobreprodución capitalista (Sánchez, 2007: 157160). Abuín (2006: 204) suxire que a este novo teatro podería atribuírselle unha certa condición de “homelessness”, tamén adscribíbel a autores como Carlos Marqueríe, Roger Bernat, Elena Córdoba ou Angélica Liddell. A traxectoria desta última, cuxa figura pública transcende os límites da creación escénica, partiu do recurso a un infantilismo perverso e obsceno, similar ao sadomasoquismo infantil de Bob Flanagan e, tras diversas incursións no ámbito da performance, as súas obras inicialmente dramáticas foron camiñando cara a unha exploración performativa dos límites corporais, na combinación do monstruoso, a experiencia orxiástica e a indagación nun eu totalmente exposto a modo de vítima sacrificial pola dor humana.\nNo ámbito queer realizouse unha importante achega por parte da filósofa Beatriz Preciado, principal introdutora canda Paco Vidarte desta corrente en España e autora do Manifesto contrasexual, un texto que profundaba na achega filosófica de Judith Butler, propoñendo diversas formas de intervención sexopolítica fundamentadas no carácter transferíbel do falo como construto lóxico. No “ensayo corporal, ficción autopolítica o autoteoría” titulado Testo yonki, lévase a cabo unha escrita performativa en que se van explorando as construcións do eu a través da intoxicación voluntaria con testosterona. A obra, que comeza co relato dunha “videopenetración” (un ritual dragtransxénero en homenaxe ao amigo falecido Guillaume Dustan), ensaia un procedemento teóricocorporal, entre a biografía, a acción, o convite programático, a ficción e a arqueoloxía do que ela denomina o “régimen farmacopornográfico”, o réxime liberal baseado principalmente na “pornificación del trabajo” e no control das subxectividades mediante as ficcións somáticas e a manipulación ou construción farmacéutica e pornográfica dos corpos:\nEn la pornografía, el sexo es performance, es decir, representación pública y proceso de repetición social y politícamente regulado. […] Paralelamente a Butler, en los años ochenta, la actriz porno Annie Sprinkle introducirá un nuevo desplazamiento performativo en la comprensión de la identidad al definir esta vez no ya el género, sino la sexualidad en términos de performance. Para Sprinkle, la verdad de la sexualidad que la pornografía pretende capturar no es sino el efecto de un dispositivo de representación, de un conjunto de coreografías corporales reguladas por los códigos de representación bien precisos, semejantes a los que dominan la danza, la acción en la cinematografía clásica o en el teatro (Preciado, 2008: 181182).\nComo explica Preciado, esta introdución da idea de performance na sexualidade é o motor de diferentes prácticas adscritas á denominación “posporno”, inseridas nos últimos anos no tecido social peninsular mediante a celebración de talleres drag king e festivais que levan ao extremo a performance de xénero e propoñen a performance sexual como forma radical de intervención política, desenvolvendo a idea de “pornoterrorismo” iniciada por VALIE EXPORT cara a un despregamento de desexos e actitudes abxectas, fóra da norma heterocéntrica 13.\nO “posporno”, na súa vertente máis espectacular e irónica, maniféstase nas performances de Sonia Gómez, cuxas obras se inscriben na tradición do cabaré, un medio experimentado por Annie Sprinkle nos setenta e tamén explorado na súa vertente pornoshow polo performer Albert Vidal. Gómez, que ten incorporado á súa propia nai á escena en obras como Mi madre y yo e Las Vicente matan a los hombres, oferta mediante acordo xurídico un catálogo de prácticas bondage, disciplina, dominación e submisión en Experiencias con un desconocido (2009).\nTamén foi percorrida a dimensión espectacular por Antón Lopo, un artista galego que leva traballado no ámbito da performance e da experimentación poética. O seu espectáculo Prestidixitador (2001) era unha especie de cabaré queer, posta en escena dun eu abxecto, sadomasoquista e inmerso no orgánico, nun xogo constante co transformismo e a identidade.\nProcurouse nesta achega realizar unha pequena aproximación a diferentes puntos clave de intersección entre dous conceptos: corpo e performatividade. Como a arte de performance, a performatividade é un termo intraducíbel pero de indubidábel proveito. Cabe agora avaliar en que medida marxinal e en que medida significativo por esa mesma causa. Cabe, tamén, pensar cantos camiños de ida e de volta hai dende o corpo e cantas veces é posíbel provocar unha ruptura.\nNon se fuxiu, como pode comprobarse, da contradición, senón que se mantivo o intento de sinalar, na medida do posíbel, as fronteiras e inestabilidades, así como as zonas de converxencia entre algunhas das contribucións á consideración do corpo como proceso na contemporaneidade. Tentouse propor tamén como proceso o propio traballo, cun decidido xesto de convite á crise e á reflexión compartida.\nMaría López Suárez\nUniversidade de Santiago de Compostela Bibliografía Abuín, Anxo. 2006. Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo blanch. Aizpuru, Margarita. 1997. “Esther Ferrer, de la acción al objeto y viceversa”, en Performancelogía [Consulta: 02/06/2011]. Albarrán, Juan. 2011. “Esplendor y ruina de un paradigma: lo relacional, ParísMadrid, MadridLeón”, en Brumaria. Prácticas Artísticas, Estéticas y Políticas [Consulta: 01/06/2011]. Aliaga, Juan Vicente. 2007. Orden fálico. Androcentrismo y violencia de género en las prácticas artísticas del siglo XX. Madrid: Akal. Auslander, Philip. 1999. Liveness: performance in a mediatized culture. Londres: Routledge.\n— 2007. “19702007: O legado da arte feminista”, en A batalla dos xéneros/Gender Battle. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia e Centro Galego de Arte Contemporánea."} +{"summary": "Neste traballo tentarei mostrar a natureza sintáctica do xénero nos substantivos galegos. O xénero en galego non é un morfema ou un tipo de significado, senón unha categoría morfosintáctica inherente, cuxa función é establecer estruturas de concordancia. Este feito introduce o xénero na representación sintáctica das palabras e fai necesario consideralo unha categoría flexiva. É certo que nalgúns substantivos coma neno ~ nena ou lobo ~ loba, que denotan seres animados, existe unha ligazón produtiva entre a información de xénero e a información conceptual de sexo, e que estas ligazóns poderían ser introducidas por procesos de formación de palabras derivativos; porén, eu defendo a postura de que estes feitos non afectan á natureza basicamente sintáctica e flexiva da categoría. Para poder soster esta posición, analizarei o comportamento do xénero nos denominados procesos de neutralización do xénero, e mostrarei que tal neutralización é semántica, non sintáctica nin flexiva.", "text": "Sobre o lugar do xénero na gramática do galego\n\nGalego, flexión, xénero, neutralización\nSumario 1. Introdución. 2. Marco teórico. 2. 1. A Hipótese de Separación. 2. 2. Léxico e gramática. 3. O lugar das propiedades morfosintácticas Masc e Fem na\n© 2010 Estudos de Lingüística Galega 2, ISSN 1989578X Este traballo realizouse no seo do proxecto “Estudio dialectométrico de las variedades dialectales del gallego”, fi nanciado polo Ministerio de Educación y Ciencia (HUM 2006 - 06907).\nF. Dubert García\n1. I NTRODUCIÓN\nNalgúns substantivos referidos a seres animados pode establecerse unha relación clara entre xénero e sexo; tamén existe en moitos destes substantivos unha certa regularidade entre o xénero/sexo e a expresión formal. Estas relacións escurecen, ó meu xuízo, a función principal do xénero no galego e, polo tanto, o establecemento da súa natureza principal, que é a que lle dá unidade a unha categoría asociada a diversos contidos conceptuais ou a ningún, e asociada a diversas expresións formais ou a ningunha.\nEn de fi nitiva, o feito de que se prime o estudo dos problemas concretos que o xénero levanta nun grupo moi concreto de palabras (maioritariamente, as palabras referidas a algúns seres animados sexuados) conduce a que se organice a explicación e reflexión sobre o status do xénero a partir deste grupo concreto de palabras: unha explicación e unha reflexión construída e organizada sobre a excepción, máis ca sobre a regra. Pretendo, polo tanto, reflexionar sobre o máis obvio: a función constante do xénero e, polo tanto, o seu status básico na gramática; creo que só tendo en conta cal é o papel real do xénero na gramática se poden dar os pasos seguintes: a relación entre xénero e os contidos conceptuais, dun lado, e a análise morfolóxica da expresión do xénero. Para isto, primeiro presento o meu marco teórico (§ 2); a seguir, reflexiono sobre o lugar que o xénero ocupa na gramática do galego (§ 3); despois, medito sobre as relacións entre a información sintáctica de xénero e a semántica de sexo nalgúns substantivos referidos a seres animados (§ 4); acto seguido, abordo o valor explicativo da chamada neutralización de xénero á hora de ilustrar a miña posición (§ 5); acabo indicando unhas breves conclusións (§ 6).\nEn todo caso, este traballo pretende abordar algunhas cuestións que considero previas a unha análise do fenómeno do xénero en galego.\n2. M ARCO TEÓRICO\n2.1. A Hipótese de Separación\nO marco teórico en que me inspiro é a Hipótese de Separación (doravante HS; véxase Beard 1987). Este marco distingue morfemas e lexemas: só os lexemas son verdadeiros signos, unidades que achegan a un tempo información sintáctica, conceptual e fonolóxica; os morfemas son formantes fonolóxicos carentes de signi fi cado e función sintáctica. Beard de fi ne lexema e morfema nos seguintes termos 1 :\nAssume lexeme L, a mutually implied triplet, P, F, R, where P = a prespeci fi ed nonnull phonological matrix, F = a feature inventory specifying lexical and sintactic categories, and R = all knowledge of projected world reference associated with P. […] A morpheme, M, is a(ny) modi fi cation of P (Beard 1987 : 31).\nPolo tanto, un lexema para Beard é unha entidade similar a unha forma de palabra, un elemento que contén unha representación fonolóxica, outra sintáctica e outra conceptual. O elemento teórico máis destacado da HS é que as regras de derivación e de flexión, coñecidas como regras léxicas, afectan directamente o nivel de representación conceptual e o nivel de representación sintáctica; os morfemas, cadeas de fonemas, non teñen en por si poder flexivo ou derivativo e só serven para representar os resultados das regras léxicas. Os morfemas deixan de considerarse signos mínimos e carecen de signi fi cado ou función constantes, pois un e outra dependen do contexto: é a palabra enteira, o lexema, quen transmite o signi fi cado\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego completo; son as regras léxicas as que dan función e signi fi cado a un morfema nun contexto concreto. En palabras de Aronoff: The morpheme is not the basic unit of language and […] morphology and syntax are not one and the same. Morphology is not a matter of concatenation of morphemes in a lexemebased morphology but rather the complex process by which abstrac morphosyntactic representations are realized morphophonologically (Aronoff 1994 : 9).\nA versión da HS que manexarei aquíestá tinxida polas ideas de Jackendoff (2002) e Culicover e Jackendoff (2005). A gramática consta de tres compoñentes xerativas: a conceptual, a sintáctica e a fonolóxica. Cada unha destas compoñentes dá orixe, dun lado, ás súas propias representacións e, doutro, a representacións que resultan das relacións que se establecen entre as tres compoñentes. O lexicón é resultado dunha interface entre as compoñentes conceptual, sintáctica e fonolóxica. Unha representación completa da estrutura dunha forma de palabra debe conter información dos tres niveis. Unha diferenza entre a HS tal e como a presenta Beard e a teoría que aquímanexo é que ningunha das compoñentes teñen precedencia sobre as outras: tódalas estruturas actúan e se xeran á vez, de modo que non se produce primeiro unha modi fi cación no nivel conceptual, ou no sintáctico ou no fonolóxico que teña repercusións posteriores nos outros niveis. Deste xeito, non se pode dicir que a engádega dun su fi xo /xyz/ produza un cambio na representación conceptual ou sintáctica, nin que un cambio na representación sintáctica produza modi fi cacións en calquera das outras dúas. Do mesmo xeito, non existe un tipo de representación autónoma conformada só pola representación conceptual e a representación sintáctica; o que existen son representacións fonolóxicas, sintácticas e conceptuais, todas ligadas entre si (véxase Culicover e Jackendoff, 2005 : 158 - 163).\nA morfoloxía flexiva xorde da interacción entre as propiedades morfosintácticas e a fonoloxía, pois a presenza de determinadas propiedades morfosintácticas determinando unha categoría léxica acostuma a estar correlacionada con diferentes tipos de estruturas fonolóxicas nas formas de palabra. As propiedades morfosintácticas non constitúen signi fi cados gramaticais, non son o signi fi cado gramatical do verbo nin do lexema verbal, senón que colaboran, xunto coa fonoloxía, na expoñencia de elementos conceptuais. Polo tanto, as propiedades morfosintácticas, elementos da mesma natureza sintáctica cá etiqueta V, manteñen tamén relacións de interface co mundo do signi fi cado. En (1 a) mostro unha representación parcial da estrutura da forma verbal serán na oración As eleccións serán mañá e en (1 b) a representación correspondente a serán na oración Agora serán as sete da tarde :\nComo se ve, nada cambia nas representacións sintáctica e fonolóxica da palabra; só cambia a representación conceptual. Isto demostra un certo nivel de independencia entre as propiedades morfosintácticas e as propiedades conceptuais e unha maior ligazón entre as propiedades morfosintácticas e os expoñentes morfolóxicos; e demostra que as relacións entre os niveis de representación se poden producir de diferentes xeitos. Este é un punto importante: a teoría non precisa que se dea isomor fi smo entre os diferentes niveis de representación, xa que permite, poño por caso, que unha estrutura conceptual estea asociada a varias estruturas sintácticas. Pensemos, por exemplo, na oración quero ir fronte a quere que vaias. No primeiro caso, os actantes dos predicados querer e ir son o mesmo, o predicado ir aparece en in fi nitivo, F. Dubert García sen suxeito expreso e sen ningún tipo de propiedades morfosintácticas de número, persoa, modo (a non ser Inf) ou tempo… No segundo caso, os actantes dos predicados querer e ir son distintos; o verbo ir vai precedido dunha conxunción completiva que e determinado con propiedades de modo, tempo, número e persoa. Unha determinada representación sintáctica determina a forma fonolóxica; e é o feito de compartir ou non actante (información conceptual) o que determina unha forma de representación sintáctica ou outra. A seguir quero defender e ilustrar esta proposta teórica.\n2.2. Léxico e gramática\nComo xa sinalei, na tradición gramatical galega é habitual manter unha división forte e clara entre o léxico e a gramática. Esta división, con todo, non é tan clara como adoita pensarse, pois o léxico recolle unha importante cantidade de información gramatical. Aronoff (1994 : 22) de fi ne seguindo a tradición bloom fi eldiana o lexicón como “the list of all idiosyncratic signs, regardless of their category or complexity”. Como veremos, as idiosincrasias non son só as que xorden ó relacionarmos un signi fi cado e un signi fi cante (o que se denomina a arbitrariedade do signo lingüístico), senón tamén os elementos fonolóxicos, sintácticos ou conceptuais imprevisibles nun determinado contexto e que deben aparecer especi fi cados nunha determinada entrada léxica. De feito, Culicover e Jackendoff consideran que debe fi gurar no lexicón todo aquilo que non é explicable mediante regras completamente produtivas: “In our view, what the lexicon should not include is material that can be freely constructed online through fully productive rules” (2005, p. 188). Isto permítenos a fi rmar que o léxico está preñado de información gramatical.A imbricación entre léxico e gramática apréciase ben nun verbo coma ver, de conxugación irregular, i.e., con formas de palabra imprevisibles a partir das propiedades morfosintácticas que determinan o verbo: ver presenta un tema /be ʃ / na P 1 Sing Ind Pres e en todo o Subx Pres (vexo, vexa, vexas); /be/ nas restantes formas do Ind Pres, no Inf, no Xer (ves, ve, vemos, ver, vendo); /bi/ no Ind Pret (vin, viches), CoPret (vía, vías), AntPret (vira, viras) e Subx Pret (vise, vises); e /bis/ no Part (visto). Todas estas particularidades formais deben estar lexicamente codi fi cadas, pois afectan a palabra ver e non, por exemplo, ler, ser, ter, crer, beber. De feito, é posible que haxa que pensar que o complexo {‘ver’ V} conta con todos estes temas almacenados no lexicón, de modo que:\n(2) se {‘ver’ V[P 1 Sing Ind Pres] ou V[Subx Pres]}, logo /be ʃ /} se {‘ver’ V[AntPret] ou V[Ind Pret] ou V[Subx Pret] ou V[CoPret]}, logo /bi/} 3 se {‘ver’ V[Part]}, logo /bis/} se {‘ver’ V[no resto]}, logo /be/} Todas estas representacións mesturan, como vemos, información conceptual (‘ver’), sintaxe (a etiqueta V e as propiedades morfosintácticas) e fonoloxía (/be ʃ /, /bi/, /bis/, /be/). De acordo coas de fi nicións de lexicón que ofrecín arriba, é lóxico supor que todos estes temas estean listados no lexicón relacionados a través dalgún tipo de regra de redundancia léxica que dea orixe á entrada léxica que mostro en (3): (3) representación conceptual: ‘ver’n representación sintáctica: Vn representación fonolóxica: /be ʃ /n, /bi/n, /bis/n, /be/n\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego\nEn (3) presento a estrutura da entrada léxica de ver que contén información sobre a representación conceptual (escrita entre comiñas simples), a representación sintáctica (escrita abreviada con inicial maiúscula) e a representación fonolóxica (en transcrición fonémica). O subíndice que comparten osítems en cada nivel de representación indica que a entrada léxica se constitúe ó cruzárense os tres tipos de información. Tamén debe estar almacenada a información das condicións que sinalei en (2), de modo que a representación /be ʃ / debe aparecer ligada dalgún modo a ‘ver’, a V, e a [P 1 Sing Ind Pres]. En (4) propoño un sistema de representar esta relación:\n(4) ‘ver’ [V [P 1 Sing Ind Pres] ou [Sub Pres]] /be ʃ / Como vemos en (4), o tema /be ʃ / está asociado tanto a ‘ver’ na representación conceptual coma a V e a [P 1 Sing Ind Pres] ou [Sub Pres] na representación sintáctica. Non fi gura información conceptual sobre o modo e o tempo porque esta se adquire no contexto 4 ; a irregularidade de ver é só fonolóxica.\nA fronteira pouco nítida entre léxico e gramática tamén aparece se nos centramos nas relacións que establecen a representación conceptual e a sintáctica. Debido ó seu signi fi cado, o concepto ‘comer’ presenta un marco predicativo que esixe un axente e un tema: alguén come algo ; estes papeis semánticos relaciónanse con unidades sintácticas que, no caso de comer, son FNs seleccionadas polo marco de subcategorización da etiqueta V: unha FN relacionada co papel axente e outra FN relacionada co papel tema. Outros verbos, cunha estrutura conceptual semellante, un axente e un tema, rexen estruturas sintácticas distintas: consistir asocia o tema cunha FPrep introducida por en, consiste niso.\nEstes feitos ilustran a di fi cultade de trazar unha fronteira nidia entre o léxico e a gramática: o léxico, incluso cando este termo se re fi re só ó nivel conceptual, está preñado de gramática. Isto verase máis claro no estudo do xénero en que, como veremos, é unha propiedade sintáctica dos substantivos que, a través de relacións de interface, pode ser parasitada pola compoñente conceptual.\n3. O LUGAR DAS PROPIEDADES MORFOSINTÁCTICAS M ASC E F EM NA\nGRAMÁTICA\nNon é ningunha novidade a fi rmar que tódolos substantivos galegos teñen obrigatoriamente un xénero; incluso as palabras tomadas doutros idiomas (o karaoke, o karate, a Gestalt) son adaptadas ó galego axuntándolles un xénero, aínda que, coma nos préstamos tomados do inglés (o windsurf, o PC, o rock), sexan substantivos que carecen desta categoría na lingua orixinaria. Nas descricións habituais 5 indícase que nalgúns substantivos referidos a seres sexuados masculino signi fi ca ‘macho’ en home, neno ou muradán, e feminino signi fi ca ‘femia’ en muller, nena e muradá. Porén, consideremos detidamente que signi fi ca a expresión\n“masculino signi fi ca ‘macho’ en neno ; feminino signi fi ca ‘femia’ en nena ” ou a expresión non completamente semellante de Vieira (2003 : 929): “Quando associado a un nome animado, o masculino refere geralmente uma entidade de sexo masculino [...], e o feminino refere uma entidade de sexo feminino”. Se masculino e feminino signi fi can ou referem algo, cabe preguntar: ¿é masculino un signi fi cante? Tomemos outra vez a palabra neno : ¿é nela masculino un signi fi cante con respecto a ‘macho’?, e ¿é masculino un signi fi cado con respecto a -/o/? De feito, masculino e feminino veñen sendo considerados signi fi cados gramaticais na nosa tradición lingüística, oposto a ‘neno’, que vén sendo considerado signi fi cado léxico. Deste modo, a expresión o neno tería como signi fi cados léxicos ‘ser humano inmaturo’ + ‘macho’ e ‘masculino’ como signi fi cado gramatical; a expresión o carro tería só o signi fi cado léxico ‘carro’ e o signi fi cado gramatical ‘masculino’. A miña resposta será que masculino debe ser considerado un contido sintáctico e ‘macho’ un contido conceptual ou semántico ; polo tanto, se masculino é un contido sintáctico, o morfo /o/ de neno pódese relacionar con dous contidos : o sintáctico masculino e o conceptual macho. Isto sitúa o xénero completamente fóra do mundo do signi fi cado e sitúao, como veremos, no mesmo lugar ca entidades coma substantivo, frase nominal ou suxeito.\nA razón desta proposta non é nova e aparece en calquera gramática: o xénero, en tanto que categoría morfosintáctica relacionada coa concordancia, permite marcar que elementos constitúen unha determinada unidade sintáctica, por exemplo, a extensión dunha FN. Ese é o seu cometido principal e mantense sempre : masculino é o único elemento constante nunha lista formada por substantivos coma home, neno, mullerón, cancelo, machado, queixo, día, papel e pardal. Todos e cada un destes substantivos seleccionan determinantes e modi fi cadores flexionados para o masculino: un home inmenso, un neno inmenso, un mullerón inmenso... O mesmo vale para feminino nunha listaxe coma muller, nena, machada, queixa e dor. Estes feitos mostran que as propiedades morfosintácticas masculino e feminino son entidades cunha natureza primariamente sintáctica: serven sempre para crear relacións de concordancia, que nunca deixan de producirse 6. Dadas as convencións que sigo, en tanto que etiquetas sintácticas, deben escribirse sempre abreviadas con inicial maiúscula: masculino como Masc e feminino como Fem. E, como xa sinalei, entanto que etiquetas sintácticas, son propiedades que determinan outras etiquetas sintácticas, tales coma Subs, Adx, Pron… e non entidades conceptuais tales coma ‘ser humano’, ‘macho’, ‘femia’.\nO feito de que o xénero veña lexicamente determinado, i.e., que palabras coma fonte, casa, dor teñan xénero Fem mentres que palabras coma leite, mullerón, mar teñan xénero Masc, non é impedimento para que estas propiedades sexan consideradas sintácticas: o léxico encapsula moita información sintáctica, como, para empezar, a información sobre a clase de palabra. Tampouco o feito de que ás veces, nalgúns elementos (non en todos) dunha clase semántica, poidamos correlacionar unha propiedade de xénero cun valor conceptual (Masc con ‘macho’ e Fem con ‘femia’) impide a consideración das propiedades morfosintácticas como entidades eminentemente sintácticas. En primeiro lugar, a concordancia non se produce ás veces, senón sempre; en segundo lugar, que un elemento conceptual teña unha relación estreita con outro elemento sintáctico non signi fi ca que para delimitar ou de fi nir o segundo teñamos que ter en conta o primeiro: ‘axente’, propiedade conceptual, acostuma a relacionarse con Sux, ‘tema’ con CD, e non por iso dicimos que Sux ou CD sexan propiedades conceptuais nin que cumpra describilas desde un punto de vista conceptual.\nAnderson (1988 : 167 - 168 ; 1992 : 82 - 83 ; en Stump 1998 : 21 - 26 aparece unha clasi fi cación similar) sinala que as propiedades morfosintácticas poden agruparse en catro categorías difeSobre o lugar do xénero na gramática do galego rentes: a) propiedades de con fi guración, que son asignadas en función da estrutura sintáctica superior en que unha palabra A se integra: en latín, un substantivo que ocupe a posición núcleo da FN suxeito dunha oración terá a propiedade Nominativo e un substantivo que ocupe a posición de núcleo da FN complemento dunha FV terá a propiedade Acusativo; b) propiedades de concordancia, que se lle asignan a unha palabra A en referencia ás propiedades doutra palabra B situada dentro da mesma estrutura sintáctica: un adxectivo (A) que funcione de modi fi cador dun substantivo (B) dentro dunha FN concordará en xénero e número; c) propiedades de frase, que se asignan ós dominios das frases e que se realizan dentro dunha das palabras que aparecen nesa proxección: as propiedades Ind Pret en comín queixo permiten inserir este verbo nunha oración principal; e d) propiedades inherentes, que son características predeterminadas nunha entrada léxica concreta e que deben ser accesibles ás regras de concordancia. Precisamente, Masc e Fem nos substantivos son propiedades deste último tipo. Mentres que as propiedades de con fi guración, de concordancia e de frase só poden aparecer en contextos sintácticos concretos e non fi guran na representación léxica básica, as propiedades inherentes forman parte da información impredicible que constitúe a entrada léxica, polo que están lexicamente determinadas. Son ademais de natureza sintáctica pois deben ser vistas pola sintaxe, xa que son disparadoras das regras sintácticas de concordancia. Segundo a proposta de Anderson (1988 e 1992), este feito de que a flexión de xénero sexa relevante para a sintaxe pon de manifesto que a categoría morfosintáctica xénero debe ser considerada flexiva e non derivativa. Unha idea importante que me gustaría reter agora é que, neste marco, unha propiedade morfosintáctica inherente é considerada flexiva pola función sintáctica que realiza e non porque sexa adquirida en ningún proceso flexivo previo nin porque remita a un\ncontido conceptual.\nPolo tanto, neste estudo as propiedades morfosintácticas Masc e Fem son consideradas elementos lingüísticos de natureza sintáctica que se localizan no ámbito da palabra e que se sitúan no plano da flexión, sen que por isto último teñan que ser necesariamente adxudicadas por un proceso calquera que modi fi que unha entrada léxica preexistente non especi fi cada en canto ó xénero. En tanto que elementos sintácticos, serven, dun lado, para marcar relacións sintácticas entre palabras. Doutro lado, o feito de que Masc e Fem sexan entidades de natureza sintáctica signi fi ca tamén que deben adxudicarse a outras unidades que sexan da mesma natureza, o que implica que as propiedades están subordinadas a etiquetas sintácticas do tipo Subs, Adx, Pron. Podemos representar a natureza sintáctica das propiedades por medio dunha fórmula como [Subs [Masc]], que quere indicar que un Subs posúe a propiedade morfosintáctica Masc. Se levamos este último postulado ata as súas últimas consecuencias, cumprirá sinalar que Masc e Fem son trazos que se vencellan á etiqueta Subs e non forman parte de ningún tipo de signi fi cado. Desta maneira, Masc nas unidades sintácticas Subs indica un tipo de esixencia combinatoria, de concordancia, que outras unidades sintacticamente relacionadas coa unidade Subst deben cumprir. O feito de que en galego os substantivos teñan unha propiedade Masc ou Fem signi fi ca que os adxectivos e os determinantes relacionados con estes substantivos deben levar tamén esta propiedade, i.e., deben concordar en xénero:\n(5) a) O neno feo d) A nena fea b) O sal gordo e) A cor vermella c) Un camarada socialista f) Unha camarada socialista As frases nominais de (5 a, b, c) móstrannos como as unidades [Subst [Masc, Sing]] neno, sal e camarada impoñen a súa concordancia a determinantes e adxectivos, con independencia de: a) se a propiedade Masc pode ser vinculada a algún tipo de expoñente na forma de palabra (neno en 5 a fronte a nena en 5 d) ou non se pode establecer tal vinculación (sal en 5 b fronte cor en 5 e); e b) se a propiedade se pode vencellar dalgún xeito a un contido tipo ‘macho/femia’ (coma en neno en 5 a e nena en 5 d) ou non (coma sal en 5 b e cor en 5 e).\nPor outra parte, que a propiedade morfosintáctica xénero sexa inherente ós substantivos e que unha entrada léxica coma leite seleccione Masc e outra entrada léxica coma fonte seleccione Fem, sen máis condicionamento ca ser esa entrada léxica e non outra, introduce o xénero no léxico, o que non signi fi ca que torne esta categoría en derivacional, pois xa sabemos doutras particularidades sintácticas das entradas léxicas (a clase de palabra, rexer tal preposición, ter tal marco de subcategorización), que non deixan de ser sintácticas por vir lexicamente condicionadas, e que o lexicón é o listado de formas imprevisibles.\nPolo tanto, unha diferenza fundamental entre, digamos, Masc en sal e P 1 Sing Ind Pret en comín é que a propiedade de xénero no substantivo non se recibe por ningunha regra, senón que forma parte da entrada léxica {‘sal’ [Subs[Masc]] /sal/}, está lexicamente determinada, mentres para o verbo comín podemos pensar nunha base {‘comer’ V /kome/}, non especi fi cada para ningunha propiedade morfosintáctica, que recibe as propiedades en virtude dun contexto sintáctico. O xénero nos substantivos é inherente; o modo, tempo, número e persoa dos verbos non. Digo que o contexto é sintáctico porque é unha determinada posición sintáctica a que permite a aparición das propiedades morfosintácticas de tempo: só aparecen formas coma comín, como ou comerei nas posicións sintácticas que poden ocupar estas formas verbais: unha FV dunha oración principal (comín carne) ou dunha subordinada introducida por conxunción (dixo que comín carne), pero non unha FV, por exemplo, que aparece como constituínte inmediato no interior dunha FPrep (despois de comer carne). Só des que o verbo está nunha posición sintáctica pode cargar coas propiedades permitidas nesa posición. Creo que, de feito, esta concepción concorda coa de Lagares (2003 : 28 - 30) e mesmo explicita formalmente mellor a súa de fi nición de morfema de xénero (no meu caso, propiedade) que non se debe confundir cos morfes en que se realiza nin co posible contido semántico que axude a vehicular nos substantivos caracterizados como [+animado]. 4. A S RELACIÓNS DE ‘ MACHO ’ ~ ‘ FEMIA ’ CON M ASC ~ F EM\nÉ fácil a fi rmar que mar, sal, sangue, fonte teñan un xénero inherente, seleccionado lexicamente: de feito, non cabe outra posibilidade. Porén, en parellas coma neno ~ nena ou conde ~ condesa resulta máis difícil manter esta a fi rmación. Dun lado, parece existir unha correlación clara entre xénero e sexo, de modo que Masc aparece asociado a ‘macho’ e Fem a ‘femia’; aínda que esta a fi rmación vale tamén para parellas coma home ~ muller ou boi ~ vaca. Doutro lado, existe unha relación fonolóxica e conceptual clara entre neno e nena, conde e condesa, mentres que entre boi e vaca ou entre home e muller só existe unha relación conceptual. Estes dous feitos poden loxicamente movernos a pensar que, dalgún xeito, neno e nena poden ser obtidos a partir dunha entrada léxica básica, constituída pola raíz /nen/, unha base léxica sen especi fi cación de sexo e unha base sintáctica sen especi fi cación de xénero. En (6) represento esta relación:\nPolo tanto, podería pensarse que existe un proceso que introduce os elementos que faltan nos diferentes niveis de representación. Precisamente porque esta situación se produce\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego só cun grupo dos substantivos da clase [+animado], porque se produce por meo de diversos medios formais (pensemos en irmán ~ irmá, paspán ~ paspana, ladrón ~ ladroa, conde ~ condesa, emperador ~ emperatriz, director ~ directora, galo ~ galiña) e porque ten repercusións conceptuais, existe a dúbida de se estamos ante un proceso flexivo ou derivativo. De feito, se se desen procesos coma os de resumidos en (6), creo que habería que consideralos primariamente derivativos e non flexivos (véxase Booj 1994, quen tamén a fi rma este tipo de propiedades inherentes que teñen algo de derivativo).\nAsípor exemplo, Lagares (2001 : 180) a fi rma que nestes casos “o morfema de xénero expresa diferencia de sexo, mudando por tanto o signi fi cado conceptual dos substantivos, o cal semella aproximar esta categoría da morfoloxía derivacional”. Pero para Lagares esta consideración derivacional da adxunción de xénero nesta clase de substantivos é problemática pola “imposibilidade de establecer cál é o termo primario de onde parte a derivación. Isto é, en qué dirección se realiza o proceso, pois non é posíbel a fi rmar que o feminino se deriva do masculino” (p. 181 ; véxase tamén 2003 : 39). Ora ben, esta di fi cultade é só aparente, pois como acabo de sinalar, sería máis correcto partir dunha forma subespeci fi cada coma a de (6) que recibe na derivación as súas especi fi cacións conceptual, sintáctica e fonolóxica. Polo tanto, a dirección da derivación iría de subespeci fi cación a especi fi cación.\nA mesma obxección presenta para aqueles substantivos que remiten a obxectos con diferenzas de tamaño, do tipo espeto vs. espeta, barazo vs. baraza. Porén, se tamén aquíhoubese un proceso, este debería ser derivativo; e podería tamén partirse dunha forma subespeci fi cada. Con todo, debería chamarnos a atención que o masculino exprese nuns casos menor tamaño (vasoiro) e noutros tamaño maior (barazo); do mesmo xeito, que o feminino unhas veces se asocie a tamaño menor (espeta) e outras a a tamaño maior (chouriza). Isto fai imprevisible a asociación dun xénero a un tamaño e parece invalidar a ligazón biun ívoca entre un xénero concreto e un tamaño concreto. Máis aínda, como sinalan Álvarez / Xove (2002 : 398), que pre fi ren situar as diferenzas que xebran estes substantivos no ámbito da derivación: A relación entre os membros destes pares sepárase tamén da que existe entre os membros da categoría de xénero pola ausencia de membro extensivo e membro intensivo da oposición e pola súa diferente morfoloxía, pois non hai substantivos sincréticos e a morfoloxía redúcese case exclusivamente ós morfos |o| e |a|. As clases de xénero masc. e fem. funcionan, xunto coas vocais |o| e |a|, como marcas de derivación duns subst. que se diferencian por trazos semánticos de tipo cuantitativo 7.\nonde V está por /o/ ou /a/, e que pode referirse a un home, Luís traballa de químico, ou a unha muller, María traballa de química. Creo que nestes casos é máis fácil falar de conversión (ou se se quere, de morfo Ø) e unha posterior flexión de xénero da unidade resultante. En consecuencia, para Lagares (2003 : 39):\nO morfema de xénero ten, cando proporciona ao nome un signi fi cado lexical determinado, un carácter mixto; pois nestes casos, sen perder o seu signi fi cado gramatical, que lle permite establecer relacións de concordancia, pode actuar tamén como un su fi xo derivacional.\nAqu í, convén sinalalo claramente, insístese outra vez no carácter su fi xal do xénero e na súa consideración de morfema que se engade, de modo que cambia algo, mostrando unha prioridade ou anterioridade formal sobre a semántica; no meu modelo descritivo, non existe tal precedencia: a información sobre xénero e sexo coexisten sempre e ningunha antecede á outra.Pola súa parte Alina Villalva (2000 : 212) considera “a flexão é um processo obrigatório e sistemático, que afecta de um mesmo modo, todas as formas pertencentes a uma dada categoria sintáctica”. Tendo isto presente, para ela o xénero non é unha propiedade flexiva do portugués (nin o sería do galego) precisamente porque é un proceso que non afecta por igual a tódolos substantivos, fronte ó que sucede co número, que é unha categoría morfosintáctica que afecta, practicamente, a tódolos substantivos:\nOs contrastes de género não afectam a totalidade dos adjectivos (cf. leve, apreciável), nem a totalidade dos nomes (cf. pente, criança), ou seja, não são obrigatórios e a sua realização não é sistemática.\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego proceso), pero esa particularidade non se re fi re ó xénero en si e á súa función principal (que sempre cumpre en tódolos substantivos: a concordancia), senón a como se comporta nalgúns substantivos, como se adquire ou por que está presente noutros.\nNo que se re fi re á segunda di fi cultade, a asistematicidade formal, Álvarez / Regueira / Monteagudo (1986 : 64), Villalva (2000 : 219) e Lagares (2000, 2001) falan de morfos derivativos para indicar o xénero en palabras coma galiña, condesa... Con todo, unha cousa é usar para a flexión un su fi xo habitualmente caracterizado como derivativo porque se usa fundamentalmente en procesos derivativos e outra moi distinta considerar que a inserción de xénero sexa un proceso derivativo porque para este fi n se usa un destes su fi xos: isto é confundir a flexión e os medios empregados para marcala. No primeiro caso, derivativo é unha etiqueta que se aplica a un su fi xo; no segundo, derivativo é un proceso que se aplica a adxunción de xénero, información sexual e o proceso morfofonolóxico estrito. Neste sentido, Villalva a fi rma que “alguns contrastes de género são realizados por composição. Este é um processo frequente no domínio dos chamados nomes epicenos” (p. 230), referíndose a casos coma abutre macho vs. abutre fêmea. Porén, o que realmente comprobamos nestes casos non é flexión de xénero (información sintáctica), senón un xeito de indicar o sexo (información conceptual) por medio dun proceso de composición. Quizais haxa un conflito entre o “género gramatical e o sexo da entidade referida”, pero, desde un punto de vista sintáctico (gramatical, se se quere) águia macho é tan feminino coma águia, pois ámbalas dúas palabras requiren concordancia feminina (a águia e a águia macho); como a autora sinala, o composto, que é endocéntrico, herda o xénero do núcleo, e isto explica que macho en águia macho ou cobra macho tampouco concorden en número co núcleo do composto nin cos elementos da FN en que se integra o composto: as aguias macho son máis pequenas cás aguias femia ; as propiedades morfosintácticas de macho non están operativas no composto. É o núcleo do composto quen impón a súa concordancia, tanto de xénero coma de número.\nNeste mesmo sentido, as formacións a muller policía vs. o policía ou a muller soldado vs. o soldado, que Ambadiang (1999 : 4854) considera “con expresión formal de la oposición de género en los nombres animados” e polo tanto aparentemente relacionadas por flexión, non deben considerarse distintas, como el fai, de aguia macho. Desde un punto de vista morfolóxico, seguimos estando ante un composto endocéntrico en que muller é o núcleo, polo que impón o seu xénero; a súa formación é idéntica á de neno soldado ou, no feminino, á de nena soldado.\nEn todo caso, tanto a proposta de Lagares coma a de Villalva presentan, desde o meu punto de vista, un problema ó centrar o seu interese máis en como se introduce o xénero ou como se expresa, e ó organizar a clasi fi cación do xénero desde esta perspectiva. No caso de Lagares, lévao a dividir a natureza unitaria do xénero en categorías diversas: nuns casos, o xénero resulta flexivo, noutros derivativo; nunha categoría de natureza unitaria que aparece en todos e cada un dos substantivos e en todos opera cos mesmos resultados disparando procesos de concordancia (eis as razóns da unidade da categoría) resulta incluída en dous polos morfolóxicos distintos. En canto á proposta de Villalva, alén dos problemas sinalados, levanta outro máis: deixa o xénero nunha especie de limbo, pois pasa de ser unha categoría morfosintáctica flexiva a ser “uma categoria morfosintáctica cuja especi fi cação é lexicalmente determinada ou resultante da intervenção de um proceso morfológico nãoflexional”; en todo caso, un proceso morfolóxico inde fi nido. Deste xeito, para explicar o xénero precisa tomar un novo tipo de categoría, i.e., crear un novo tipo de unidade teórica, o que supón un encarecemento innecesario da teoría. Máis aínda, unha categoría que se comporta do modo unitario que acabo de describir (afecta a tódolos substantivos e dispara procesos de concordancia) pasa a ser xebrada en flexiva nos substantivos animados do tipo neno ~ nena e unha propiedade non flexiva, confundindo o xeito en que se adquire unha categoría coa función que realiza.\nNa visión que eu defendo, o xénero é unha categoría morfosintáctica flexiva simplemente porque dispara procesos de concordancia, considerados sintácticos, aínda que non se reciba por medio de ningún proceso e estea almacenada desde o principio na entrada léxica, do mesmo xeito que está almacenada desde o principio outra información sintáctica, coma a categoría sintáctica Subs, ou a representación fonolóxica /ma ɾ /. De feito, o xénero é parte da información sintáctica que cargan as entradas léxicas dos substantivos. Polo tanto, aínda que en mar non hai un proceso de flexión (entendendo por tal a introdución dunha propiedade morfosintáctica antes ausente), é unha entrada léxica flexionada, pois contén unha categoría flexiva inherente.\nNos substantivos animados con contraste de xénero, do tipo neno ~ nena, a propiedade morfosintáctica de xénero podería deixar de ser considerada inherente ó substantivo (unha visión contraria aparece en Matthews 1991) e atribuírse a súa presenza a un proceso de adxunción: dado ‘ser humano inmaturo’, se ‘macho’, logo {[Subs[Masc]] /neno/}; se ‘femia’, logo {[Subs[Fem]] /nena/}. Este tipo de adxunción é diferente á de Ind ou Pres nos verbos: mentres que a restrición na selección das propiedades no caso dos verbos son primeiramente sintácticas, a restrición nestes substantivos é conceptual. Todo substantivo debe ter Xénero, sexa Masc ou Fem; mais en palabras coma neno escolleríase Masc en virtude do contexto conceptual: se ‘macho’, logo Masc; porén, non todo verbo ten que seleccionar unha propiedade morfosintáctica da cateoría Tempo (Pres, Fut ou Pret), senón que estas propiedades só poden aparecer onde estea permitida a presenza de formas persoais dos verbos (quero que vaias) e non onde se esixan formas non persoais (quero ir). É inelutable que as propiedades Pres, Pret ou Fut están vencelladas a contidos conceptuais temporais e son deícticas e referenciais (Booj 1994), pero a súa presenza debe estar licitada pola posición sintáctica en que se encontre o verbo.Para considerar a adxunción de xénero nos substantivos un fenómeno derivativo, nada terían que ver a selección do expoñente morfolóxico (/a/, /esa/, etc.), pois facer selecciona diferentes expoñentes morfolóxicos na súa flexión (fago, fas, facemos, fi xen); nin a falta de xeneralidade do proceso (que só algúns substantivos contrasten unha forma masculina e outra feminina), senón os feitos de que o contexto que explica a presenza dun xénero concreto é conceptual e de que o proceso afecte a representación conceptual, sintáctica e fonolóxica 8.\nEn todo caso, se o xénero se recibise por vía derivativa non se anularía o seu carácter primordialmente sintáctico e, polo tanto, flexivo. Tanto se neno está almacenado integramente no lexicón como {‘ser humano inmaturo macho’ [Subs[Masc]] /neno/}, coma se recibe o xénero por un proceso coma o descrito en (6), de modo que a unha base subespeci fi cada {‘ser humano inmaturo’ [Subs[ ]] /nen/} se lle engade un morfema (no sentido clásico do termo) tal que {‘macho’ Masc /o/}, o xénero segue cumprindo a mesma función básica ca en mar, sal etc.: impor unha concordancia ós elementos sintácticos con que se relaciona o substantivo. Do mesmo modo, un proceso derivativo pode construír un verbo a partir dun substantivo: neste proceso, o que se muda, alén doutros riscos, é unha etiqueta sintáctica Subs por outra V. A única diferenza entre mar e irmán é que nesta última palabra o xénero aparece relacionado cunha información conceptual de sexo, algo que por certo tamén sucede na oposición home ~ muller, boi ~ vaca ; e algo que, como veremos, se suspende nas mal chamadas neutralizacións de xénero en que desaparece a información conceptual pero se mantén a sintáctica. De feito, o inglés móstranos unha lingua que introduce información sobre o sexo, pero non sobre o xénero (waiter, waitress).\nSe o léxico é o lugar en que conflúe a información sintáctica, conceptual e fonolóxica dunha palabra, non nos debería estrañar tal amálgama de información. Á hora de explicar por que aparecen na lingua parellas coma neno ~ nena ou home ~ muller, cómpre recordar o que sinala Joan Bybee (1985 : 13): existen signi fi cados que poden ser altamente relevantes uns\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego para os outros; estes signi fi cados tenden a aparecer unidos na expresión, ben a través dunha expresión monomorfémica, ben mediante a combinanción de dous morfemas. Deste xeito, dado que ‘macho/femia’ resultan trazos semánticos moi relevantes para ‘ser humano’, a súa combinación ‘ser humano macho’ ou ‘ser humano femia’ exprésanse coa entrada léxica home e muller, respectivamente; o mesmo vale para a combinación conceptual ‘ser humano inmaturo macho’, que se expresa por medio da combinación morfémica neno (fronte a nena, ‘ser humano inmaturo nena’). Este fenómeno chámase relevancia e, segundo a autora, depende de factores culturais ou cognitivos:\nNo matter to what extent an entity, event or quality is descomposable into semantic features, if it is perceived as discrete from surrounding entities, events or qualities, it can have a lexical item applied to it. So two semantic elements are highly relevant to one another if the result of their combination names something that has high cultural or cognitive salience (Bybee 1985 : 13 - 14).\nÉ fundamental insistir en que a relevancia non predínin supón que un elemento conceptual deba ter unha expresión monomorfémica ou morfémica nunha determinada lingua, senón que só sinala que elementos poderían ter tales modos de expresión (p. 13): explica, polo tanto, tendencias. Por exemplo, en galego os trazos ‘macho’ e ‘femia’ teñen relevancia elevada só para un conxunto dos seres animados, pero non para tódolos membros do conxunto: abonda comparar home ~ muller, pai ~ nai, boi ~ vaca, can ~ cadela, carneiro ~ ovella, con expresión monomorfémica; neno ~ nena, muradán ~ muradá, abade ~ abadesa, poeta ~ poetisa, con expresión morfémica; con formiga macho, xirafa femia, pega macho, corvo femia, con expresión sintáctica. Dado que, por razóns culturais, o sexo non ten relevancia para os referentes conceptualizados como ‘corvo’, ‘formiga’, ‘antílope’, cando se lles axunta o trazo semántico ‘macho’ ou ‘femia’, a expresión dos complexos semánticos resultantes, ‘corvo femia’, ‘formiga macho’ ou ‘antílope femia’ constrúese por medio de combinacións sintácticas, axuntando dúas entradas léxicas nun composto endocéntrico co núcleo á dereita: corvo femia, formiga macho e antílope femia. A relevancia non actúa só no marco do sexo: por exemplo, xorde no ámbito da causatividade por meo de parellas coma matar e morrer, caer e tirar, marchar e botar, no ámbito da comparación, por meo de parellas coma malo e peor ‘máis malo’ ó lado de bo e mellor ‘máis bo’ ou pequeno e menor ‘máis pequeno’ ó lado de grande e maior ‘máis grande’ (que, efectivamente, na lingua común poden ser expresadas por medio de FN: máis malo ou máis bo). Nótese que a relevancia se re fi re a unha propiedade ou trazo semántico e á súa expresión no ámbito da palabra, pero en principio non nos obriga a asociar un xénero sintáctico a unha propiedade conceptual nin nos fala da posibilidade de expresión da propiedade conceptual por outros medios. Dun lado, percibimos en home, boi, neno e en muller, vaca, nena unha asociación clara entre Masc e ‘macho’ e Fem e ‘femia’, pero é posible que existan palabras coma mullerón, cun xénero Masc asociado a un sema ‘femia’. Doutro lado, pensemos en palabras coma o/a anarquista ou o/a camarada, en que existe un sema relevante asociado a un xénero pero carente de expresión no seo da palabra, pois o conxunto Masc-‘macho’ e Fem- ‘femia’ só se expresa a través da concordancia, polo tanto, cun recurso sintáctico, pero en que tanto a información conceptual do sexo coma a sintáctica do xénero carecen dun segmento de expresión no ámbito da palabra. Por outra parte, sinala Ambadiang (1999 : 4856 - 4857) con respecto á gramática do español que o xénero dalgúns substantivos que non se re fi ren a seres inanimados está “semanticamente motivado” e é previsible. Refírese a casos coma as marcas de coches, que son masculinas: o Seat, un Fiat, o Porsche ; os meses do ano: un xaneiro húmido, un xullo seco ; os nomes das letras e dos números... Ambadiang explica a previsibilidade semántica destes substantivos do seguinte xeito:\nLos nombres inanimados de género semántico tienden a agruparse en clases más o menos extensas e irregulares basadas en algún aspecto de la realidad o del contenido del propio nombre. En la mayoría de los casos, la información semántica y cada una de las clases establecidas a partir de ella suelen estar asociadas a un nombre genérico, cuyo género se extiende a todos los nombres incluidos en la clase que le corresponde (1999 : 4856).\nOra ben, unha cousa é que sexa previsible por os substantivos manteren unhas relacións paradigmáticas especiais; outra é que sexa motivado. É posible a fi rmar que nestes casos o xénero sexa predicible e que, polo tanto, poida ser adquirido por vía de regra. Non vou entrar agora neste particular. O que si está claro é que neste caso, a relación entre os xéneros Masc ou Fem e o contido conceptual non é de ningún xeito similar á que se establece entre xénero e sexo en parellas coma neno vs. nena. É posible na competencia lingüística do falante exista unha condición tal que “se ‘mes do ano’, logo Masc”, de modo que o xénero se faga predicible a partir do contido conceptual ‘mes do ano’; pero non se pode esquecer que o concepto ‘mes’ da locución ‘mes do ano’ existe como entrada léxica independente ligado a un xénero Masc e a unha representación fonolóxica: {[Subs [Masc]] ‘mes��� /mes/}, e é de aquíde onde xaneiro toma o xénero masculino: O mes de xaneiro foi húmido > O (mes de) xaneiro foi húmido. E esta condición parece di fi cilmente semántica, pois inclúe unha representación semántica, ‘mes’, e unha representación sintáctica, [Subs[Masc]] (alén dunha máis ca segura representación fonolóxica /mes/). Parece máis ben unha condición léxica.\nA entrada léxica nena contén a propiedade Fem na representación sintáctica porque a súa representación conceptual contén o concepto ‘femia’; e contén o concepto ‘femia’ na representación conceptual porque contén a propiedade Fem na representación sintáctica. Coma no caso de nena, a entrada léxica Kawasaki contén a propiedade Fem na súa representación sintáctica porque a súa representación conceptual contén o concepto ‘moto’; pero, a diferenza de nena, Kawasaki non contén o concepto ‘moto’ na súa representación conceptual porque conteña a propiedade Fem na súa representación sintáctica. En nena, o concepto ‘femia’ e a propiedade Fem manteñen unha relación directa biunívoca; pola contra, Kawasaki é Fem porque moto é Fem; e moto é Fem porque motocicleta é Fem, e motocicleta é Fem, quizais, porque –cicleta\n(bicicleta) o é 9 ; e -cicleta é Fem quizais pola súa terminación en /a/ (comparar con triciclo), pero non por un risco extralingüístico: nada hai nunha motocicleta nin nunha Kawasaki que poida explicar Fem, como si hai nunha nena riscos que poden explicar ‘femia’ e de aíFem.\nPor outra parte, en galego dise:\na) Vexo unha moto Kawasaki b) Vexo unha Kawasaki c) Vexo unha nena Pero, non se di (polo menos, nun contexto lingüístico e pragmático idéntico ó de c): d) Vexo unha femia nena.\n5. X ÉNERO E SEXO. A S NEUTRALIZACIÓNS\nAta agora levo insistindo en que Masc e Fem son propiedades morfosintácticas que forman parte da representación sintáctica do léxico e que ‘macho’ e ‘femia’ son trazos semánticos que forman parte da representación conceptual. Calquera entrada léxica etiquetada sintacticamente como Subs debería, en galego, conter unha propiedade morfosintáctica da categoría expresión monomorfémica. En (7 c) mostro como presentar a relación morfolóxica do xénero nunha parella de entradas léxicas co trazo [+animado] nas que existe unha relación entre Masc, ‘macho’ e /o/, dun\nlado, e Fem, ‘femia’ e /a/ do outro.\nCando se producen neutralizacións en (7 b) e (7 c), só afectan ós trazos ‘macho’/ ‘femia’ e non ás propiedades morfosintácticas, que seguen operativas. Isto demostra que as neutralizacións son procesos que non teñen relación directa coa flexión tal e como aquíé entendida e que pertencen ó nivel conceptual; e demostra tamén a autonomía que existe entre o nivel de representación conceptual e o nivel de representación sintáctico. Vexamos uns exemplos:\n(8) a) Os nenos deste colexio xogan no patio b) Antes da aparición do home no planeta c) ¡Mira cantas ovellas!\nAs expresións de (8 a, b, c) son an fi bolóxicas. (8 a) pode referirse só a (α) un conxunto concreto de ‘seres humanos inmaturos macho’ (os nenos xogan no patio e as nenas no ximnasio); ou (β) simplemente un conxunto de ‘seres humanos inmaturos’ (tódolos nenos e nenas deste colexio). Só o contexto pode desambiguar a expresión. Nada na sintaxe nin na fonoloxía muda: tanto se (8 a) signi fi ca (α) coma se (β), nenos é sempre Masc e esixe concordancias nestes termos. En (9) represento as dúas con fi guracións.\nF. Dubert García\nComo se pode apreciar, a neutralización elimina o trazo ‘macho’ da representación conceptual, o que supón que se perda a relación de coindexación de Masc e ‘macho’ sen que a propiedade morfosintáctica se perda nin deixe de estar operativa. Dada a subespeci fi cación conceptual para o sexo, a con fi guración conceptual ‘ser humano inmaturo’ de (β) pode referirse tanto ós nenos coma ás nenas, pois todos comparten os trazos ‘ser humano inmaturo’. Porén, a permanencia de Masc correspóndese, dun lado, coa presenza de /o/ na representación fonolóxica e, máis importante aínda, coa concordancia de nenos co artigo de fi nido. Polo tanto, cando se produce neutralización en palabras coma neno, Masc deixa de manter unha relación de coindexación con ‘macho’ pero segue a manterse a relación de coindexación entre Masc e /o/. Segundo Roca (2005 / 2006), que presenta unha análise distinta desta, a relación de coindexación entre ‘macho’ e Masc é pragmática e non gramatical, pois depende do contexto.\nUnha situación similar acontece con (8 b). Como mostro en (10), nos casos de neutralización ‘macho’ desaparece da representación conceptual, polo que home (β) pode referirse a ‘seres humanos macho’ e a ‘seres humanos femia’; o resultado da neutralización, porén, non implica a desaparición de Masc, que segue expresándose por meo da concordancia, nin supón un cambio na representación fonolóxica da entrada léxica, que segue sendo / ɔ me/. Neste cer nos contextos de neutralización xerando os seus procesos de concordancia sintáctica, igual ca Masc. Isto torna a demostrar a independencia que se dá entre a representación conceptual e a representación sintáctica. E mostra tamén que o que se neutraliza é a oposición entre os semas ‘macho’ e ‘femia’, non a oposición entre as propiedades morfosintácticas Masc e Fem, que seguen operativas nos contextos de neutralización. Polo tanto, a neutralización tórnase nun xeito de construír hiperónimos adxudicando á base conceptual común de dous conceptos a representación sintáctica e a representación fonolóxica dunha das entradas léxicas do conxunto. A neutralización será posible se se detectan\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego unha serie de riscos conceptuais comúns. No caso de cabaleiro v.s. dama que comenta Lagares (2000 : 69), quizais non é posible ningunha neutralización pola carga cultural que adquiren os termos cabaleiro e dama. En todo caso, existen outras formas intensionalmente distintas pero extensionalmente similares que engloban cabaleiro e dama : os nobres ou a nobreza.\n6. C ONCLUSIÓNS\nNeste traballo defendín que o xénero é nos substantivos unha propiedade morfosintáctica inherente, i.e., que forma parte da representación básica da entrada léxica; en tanto que propiedade morfosintáctica e debido á súa función sintáctica, é unha característica primariamente flexiva: a presenza dun xénero concreto nun substantivo repercute, por medio da concordancia, na forma dos seus determinantes e modi fi cadores, determinando a extensión da unidade sintáctica da que é núcleo. Nalgúns dos substantivos referidos a determinados seres animados existe unha correlación produtiva entre a información sintáctica de xénero Masc e a conceptual de sexo ‘macho’, dun lado, e a sintáctica de xénero Fem e a conceptual de sexo ‘femia’, doutro. En virtude dos elementos conceptuais que se introducen nestas parellas e de que nestes casos parece darse unha elección entre Masc e Fem que non existe nos substantivos inanimados, poderíase defender que existe unha relación de derivación entre neno e nena ou abade e abadesa. Con todo, esta correlación non afecta ó carácter basicamente flexivo e sintáctico do xénero: en primeiro lugar, non se dá en tódolos substantivos (como si se dá o fenómeno sintáctico da concordancia), senón só nuns poucos dunha clase semántica concreta; en segundo lugar, esta asociación suspéndese nas neutralizacións, en que o substantivo deixa de ofrecer información conceptual sobre o sexo do referente pero segue a esixir unha determinada concordancia sintáctica, o que mostra que segue operativa a información sintáctica. De feito, se estes substantivos recibisen o xénero nun proceso derivativo, o xénero adquirido sería unha propiedade sintáctica flexiva, pois desde que temos xénero, temos concordancia e esta nunca se suspende.\nConsidero que esta visión é superior á que promoven Lagares (2003) ou Villalva (2000, 2003) porque permite manter unha visión única do xénero e non precisa de categorías ou procesos novos ou mixtos.\nAgradecementos\nAgradezo os comentarios con que F. Cidrás Escáneo, M. Álvarez de la Granja e J. Pena Seijas me axudaron a mellorar este traballo; os erros e insu fi ciencias que aquíse conteñan son só da miña responsabilidade.\nR EFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS\n73 Alarcos Llorach, Emilio (1994): Gramática de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe. Álvarez, Rosario / Xosé Luís Regueira / Henrique Monteagudo (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.\nÁlvarez, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.\nAmbadiang, Théophile (1999): “Capítulo 74. La"} +{"summary": "A morte converteuse para a literatura infantil e xuvenil na gran ausente, a omitida ou a enmascarada. Atopar referencias bibliográficas que aborden o tema con total naturalidade ou que simplemente a mencionen é francamente difícil. Este silencio literario non sempre se mostrou de forma tan acusada; de feito, existen referentes na nosa historia como El Plutarco extremeño, Nombres claros de Extremadura ou El Plutarco de los niños que apostaron por temas tan reais como controvertidos e nos cales a descrición do falecemento dos seus personaxes supoñía un elemento frecuente da narración. Neste artigo darase conta das características comúns destas tres obras, a repercusión no lector infantil e o procedemento habitual na manifestación que fan da morte.", "text": "A morte nas biografías escolares de finais e principios de século de Vicente Barrantes Moreno, Nicolás Díaz y Pérez e Ángeles Morán Márquez\nRamón Tena Fernández\n[Recibido, 2 setembro 2019; aceptado, 12 novembro 2019]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.55.6227\n : Literatura; infancia; morte; historia; biografías. abstract In children’s literature, death has become the major omission, the missing topic or the masked one, so it is utterly hard to find references simply mentioning this topic or addressing it in a natural way. This literary silence has not always been so pronounced; in fact, there are references in our history such as El Plutarco extremeño, Nombres claros de Extremadura or El Plutarco de los niños that include topics not only real but also controversial, and where depicting the death of their characters in a natural was a recurring element in the stories. In this article, we will be talking about the common characteristics of these three novels and their impact on children, as well as the standard procedure in the manifestation of death in works of nineteenth and twentieth centuries. K eywords : Literature; childhood; death; history; biographies.\nIntrodución\nEn cuestión de poucos anos, a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) pasou de ser unha gran descoñecida en investigacións propias das ciencias sociais a ser unha gran demandada en todo tipo de estudos sobre didáctica, historia, socioloxía, pedagoxía e mesmo artes plásticas. Con todo, a pesar de ser conscientes da súa importancia nos ámbitos educativo, cultural e familiar, o certo é que mesmo a día de hoxe se presenta como un tema sobre o que aínda quedan áreas nas que é preciso traballar cunha maior profundidade. Esta situación agrávase aínda máis cando a temática que nos preocupa se afasta das variables asociadas frecuentemente a este tipo de literatura e nos centramos, exclusivamente, en factores catalogados como controvertidos ou delicados.\nO paradoxo prodúcese cando estes temas vetados da LIX (mortes de familiares, asasinatos, secuestros, tiroteos, atentados e raptos) son os mesmos aos que acode de maneira recorrente a literatura destinada ao público adulto a modo de arranque escabroso co que dar comezo á intriga ou á acción. Esta diferenciación temática obedece á imperiosa e innata necesidade de protexer a inocencia dos máis novos e pretender que todo libro infantil, á vez que entretén, incremente a aprendizaxe conceptual do lector. Se temos en conta que o fin deste tipo de literatura non debe estar baseado meramente nun punto didáctico, senón que debe ser un engadido que incremente notablemente o seu atractivo, a actitude mencionada talvez non sexa do todo correcta. Un dos obxectivos da LIX é potenciar a imaxinación, mergullar o lector en aventuras e dotar de ás á fantasía inherente aos gustos e personalidade de cada neno (Perera, 2007).\nDe todos os xeitos, non podemos obviar que, aínda que os mozos lectores gozan e se divirten con obras nas que se incentiva a lectura recreativa, en ningún momento o seu éxito se atopa garantido xa que serán os adultos os que finalmente exerzan de “censores” e valoren segundo o seu propio código ético a conveniencia e idoneidade da obra en cuestión. Os factores que rematan por converterse en ditames para os editores son os gustos e suxestións dos adultos, entendidos como figuras que, amparadas en obxectivos e intereses comerciais, se encargan de impoñer con fervor estes criterios a escritores e ilustradores.\nQuizais esta situación derivase nun labor de autocensura inconsciente por parte dos autores. Condicionados polo medo a que a súa obra sexa rexeitada por afastarse dos canons que na sociedade imperan, non se atreven a desenvolver con total liberdade o seu potencial creativo e apostar por novos temas máis irreverentes. Neste sentido, Michi Strausfeld (1989) advirte que corremos o risco de facer prisioneira á nosa literatura infantil e xuvenil a mans\ndun didactismo que non dubida en antepoñer o valor pedagóxico ao lúdico e pracenteiro. A pesar diso e aínda que a selección de argumentos nos contos se deixase seducir facilmente pola procura do ensino, prodúcese un feito curioso: atópanse ausencias temáticas tan reais e cotiás na vida como invisibles neste tipo de obras (Herrán e Cortina, 2006).\nNa actualidade, a literatura infantil converteuse en páxinas e páxinas onde todos os personaxes irradian felicidade, impera o sentido da xustiza e o éxito aflora tras o esforzo de quen o persegue. Indubidablemente, isto non axuda a capacitar para o futuro aos nosos lectores, porque sinxelamente os argumentos non se corresponden coa realidade. Son poucos os autores que se desvían dunha narrativa edulcorada e destinan algunhas connotacións a elementos de tristeza, pero o certo é que o concepto de vida tamén leva parello o da morte. Un termo que non deixa de ser un feito natural e que tarde ou cedo vivirán de preto eses nenos que tanto nos esforzamos en protexer.\nAutores como Txabi Arnal Gil reflicten con total clarividencia esta idea, advertindo que “se hace necesaria una literatura infantil que alejada de las interferencias del didactismo, ayude en el afrontamiento del fracaso, la pérdida, el sufrimiento y la finitud tanto propia como de los seres queridos” (Oliz, 2013: 73). Neste sentido, destácase a existencia dun numeroso grupo de profesores e escritores que defenden que a morte é un tema que define a nosa vida e, por tanto, debe ser abordado sen necesidade de enmascaralo con eufemismos que despisten a realidade, aínda que con respecto, psicoloxía e sensibilidade.\nO certo é que se desempeñamos un exercicio de retrospección documental e nos situamos no tramo temporal de finais do século XIX e principios do XX, etapa considerada por Román López Tamés (1990), Juan Cervera (1991) e Isabel Pascua Febles (2011) como o inicio da LIJ en España, atopámonos cun trato recorrente cara ao falecemento dos personaxes en todo tipo de situacións e contextos. Aínda que o arraigamento dos contos con valor educativo e didáctico era indubidablemente maior que na actualidade, tamén o era a aposta pola inclusión de temas máis escuros dos que a día de hoxe estamos afeitos (Cendán, 1986).\nNeste sentido, son tópicos os argumentos que aluden aos avatares que a vida proporciona aos personaxes, como descricións de naufraxios, abandonos\nfamiliares, mortes ou inxustizas sociais. A valentía de incorporar estes temas era incluso maior que a que pode supoñer incluílos na contemporaneidade. A aqueles lectores do pasado presentábaselles a morte como un feito cotián, ao que tiñan que facer fronte por vivir no medio dunha sociedade convulsa marcada pola pobreza, as fames negras, as guerras e as altas taxas de mortalidade infantil. É dicir, apostábase por obras máis realistas que contribuísen a normalizar e comprender as situacións que cada un destes nenos presenciaba en primeira persoa dentro dos seus ámbitos familiares.\nReferencias centenarias que protagoniza a morte\nUn bo exemplo do tratamento desta selección de temas controvertidos atópase en obras literarias tanto de índole rexional como nacional; ademais, froito da súa aplaudida aceptación, non só se reeditaron (en tempos de escaseza), senón que tamén foron premiadas en organismos culturais pola súa calidade e enxeño. Entre elas cabe citar El Plutarco de los niños (1859), de Modesto Infante –pseudónimo de Vicente Barrantes Moreno–, El Plutarco extremeño (1890), de Nicolás Díaz y Pérez ou Nombres claros de Extremadura (1914), con Ángeles Morán Márquez como autora (1914). O nexo de unión que comparten estes títulos é que os tres se definen a si mesmos como referencias literarias 1 destinadas a escolares cunha finalidade moralizante e exemplificativa, froito da cal se pretende capacitalos para unha vida adulta en sociedade.\nEsta bagaxe cultural que pretenden transmitirlles aos lectores vaise debullando sutilmente por medio dunha serie de biografías literarias, contextualizadas en episodios históricos que se describen minuciosamente con multitude de cifras e datos que se coidan ao detalle. Cada unha destas entradas ou capítulos destínase á narración de recoñecidos protagonistas do noso pasado, personaxes que polos seus feitos, polas súas obras, ou polo lugar que ocuparon na nosa historia, eran exemplo de imitación nas artes plásticas, as ciencias, as letras ou mesmo nas carreiras militares. Deste xeito, os autores defendían un dobre propósito: á parte de promover a lectura e a educación, propoñíanse enaltecer o valor dos antepasados, todo iso baixo unha inherente loita por homenaxear o seu legado cultural, ese que se mostra como afastado e descoñecido para os lectores máis novos.\nPrecisamente, como son temas usualmente envoltos en contextos fríos e pouco atractivos para a infancia, cada unha destas biografías partía de contornas próximas e sobradamente coñecidas polos seus receptores. Desta forma, buscábase crear un clima cálido que puidese captar a súa capacidade de atención dende a primeira palabra, favorecendo que comprendesen o que en liñas sucesivas ía acontecer e que lle podería afectar a eles mesmos nun futuro próximo. A aventura relatada protagonizáraa anos atrás un personaxe que talvez nacese até na súa mesma rúa, con características moi similares ás súas, pero, en especial, cunha contorna cultural practicamente idéntica, co cal a imitación do recollido era un feito factible.\nCon todo, aínda que entre as finalidades de cada biografía atopamos obxectivos diferentes, existe un que se erixe como eixo vertebral de todos os demais: o propósito de que os nenos atopen nalgunha destas descricións a súa propia vocación profesional e teñan modelos de conduta acordes á profesión que lles puidese deparar o futuro. Por esta razón, atopámonos cun abanico profesional de antagónicas sensibilidades coas que se espera que o lector, ao finalizar a obra, teña capacidade para decidir como quere labrar a súa vida.\nCoas alusións directas a estes duros momentos existenciais, preténdese achaiar o terreo para tratar con naturalidade o carácter vulnerábel da vida e o presente que está a morte no noso día a día. Marcados por esta intención, os tres autores procuran destinar as últimas páxinas de cada biografía a describir con exactitude o trato que o destino ofrece a cada personaxe en función das súas accións, pero demostrando tamén que este pago non ten por que ser sempre xusto. Concepció Poch Avellán (2009: 5253), consecuente con este tipo de obras, sinala que “educar para la muerte significa educar para la vida. Nuestro reto consiste en poder extraer de las situaciones límite –en especial, de la muerte– aquellos valores éticos que su presencia genera: serenidad, amistad, solidaridad, compasión, respeto y paciencia”.\nAs tres obras que nos ocupan, partidarias de que a educación non debe desentenderse da dor, ven no desenvolvemento dos seus argumentos unha oportunidade de ouro para abordar con suficiente sentido crítico temas pouco convencionais. Por isto, o denominador común entre os personaxes implicados atópase nos tipos de morte e as reaccións da súa contorna. É dicir, en función dos oficios que cada un desempeña, os seus actos irán encamiñados nun sentido diferente e, por tanto, a súa morte será o máis acorde posíbel coa súa profesión.\nNo transcurso das súas páxinas atopámonos con gremios de todas as clases: escritores, relixiosos, políticos, militares, humanistas, filósofos e un longo etcétera que aglutina todos os oficios posibles que se desempeñaban nos séculos XIX e XX. Deste xeito, naturalízase a morte dende diferentes perspectivas, o consecuente período de loito e o posterior sentimento de dor. Unha situación que, tras reiteradas lecturas, remata por converter un tema tabú nun feito cotián ao que se lle resta misterio e fantasía. Con esta filosofía respéctase o consello de Bertrand Russell (2000: 145), quen insiste en “no crear el sentimiento de que la muerte es un tema del que no queremos hablar o en el que no queremos que piensen los niños”.\nPartindo desta premisa na que o invisíbel non ten defensa posible, ofrécense desenlaces nos que resulta curioso e inquietante comprender a morte típica en cada profesión, coñecer como afectaba a cada personaxe a perda dun ser querido e en que condicionaba o seu día a día. Mentres que para os conquistadores simbolizaba un feito cotián (e incluso unha honra xa que morrían loitando por defender os intereses do país), para os escritores era máis ben todo o contrario, un serio condicionante con capacidade para cambiar drasticamente a súa sensibilidade artística e capacidade creativa.\nPresenza e significado da morte segundo as profesións dos personaxes\nAnciana ya, y bajo el peso de sus sesenta y ocho años, siente la Coronado y\nRomero palpitar las fantasías soñadoras del poeta; pero, mujer al fin, el dolor por la pérdida de seres que le fueron muy queridos, la retiene muda, allá en un rincón de la Península, en Poco de Bispo, próximo á Lisboa, en su quinta de Paso d´ Arco, vulgarmente llamada A Mitra, secuestrada del mundo y de su patria. ¡Como si ella se perteneciera!\nNesta mesma liña preséntase o grupo dos relixiosos, onde podemos enmarcar a aqueles catalogados como santos, misioneiros ou monxes que asumen a vida terreal como un proceso de entrega desinteresada ao próximo e na que han de procurar o ben común, mesmo en detrimento do seu. Case todos practican o xaxún, renuncian ao calzado ou dormen no chan, feitos que derivan nunhas pésimas calidades de vida que, normalmente, os conducirá a mortes temperás con agonías duradeiras. No sacrificio está a garantía da felicidade eterna.\nPor regra xeral, adoitan afrontar os seus últimos días en soidade, sen luxos de ningunha clase e acompañados polo discípulo que continuará a súa encomiábel e desinteresada misión. Os autores insisten en remarcar as pésimas condicións de vida e chegan a mencionar que algúns deles son enterrados medio espidos e de maneira case totalmente secreta dentro dos conventos nos que desenvolveron o seu labor. Tamén queda de manifesto que os integrantes destes oficios son sepultos conforme as circunstancias humildes que definiron as súas vidas.\nNo polo oposto atópanse os retratos literarios dos militares, conquistadores e xenerais, personalidades que, por cuestións bélicas inherentes á súa profesión, conviven coa morte de forma asidua. Nestes casos, perder a vida móstrase coa máxima naturalidade posible, pero tamén dende un punto de vista diferente que proporciona unha imaxe deshumanizada do protagonista. Ao longo dos textos queda patente que o personaxe en cuestión é o causante da súa propia dor e, ao mesmo tempo, o xerador do dano moral de tantos outros.\nNestes casos, o papel que se lle atribúe á morte cambia de perspectiva e focaliza a súa atención nos compoñentes do “bando inimigo”. Talvez por iso xa non asistimos a unha recreación minuciosa: agora as defuncións despersonalízanse, afástanse e pasan a ser só un mero número cuxa importancia radica na cantidade que represente. Así, mentres maior sexa a cifra, maior será o recoñecemento da vitoria, pois, con ela, engrandécese a figura e o arroxo do militar que salvagarda ao seu pobo.\nEstas figuras, polo xeral catalogadas como heroes, mostrábanse tamén como persoas envexadas e aplaudidas polos seus veciños debido á súa gran mestría no exercicio militar ou aos achados logrados no seu labor de conquistadores. Con todo, a pesar de representar unhas vidas intensas infestadas de emocións, as súas despedidas do mundo terreal rompen co itinerario seguido até o momento. A luz esplendorosa que guiou sempre as súas vidas remata por apagarse ante o ocaso que define os seus últimos anos de vida.\nA morte exerce como xusticeira facéndolles pagar os seus actos máis desprezables, atacando onde máis pode doer a quen arrisca a súa propia vida por defender os intereses do seu país; é dicir, danando a memoria colectiva da sociedade á que entregou os seus mellores anos e achegándolles significativas remesas económicas de cada unha das súas colonizacións. Con todo, na soidade da súa agonía previa á morte, parece non importarlle a ninguén os fitos que cultivou, tornándose así a admiración social nun esquecemento ingrato e desleal. Exemplo desta situación atopámolo fielmente reflectido tanto por parte de Díaz y Pérez (1890), así como por Morán Márquez (1914), na biografía que ambos destinan ao conquistador Hernán Cortés:\nPor último, fijando su residencia en su patria, el héroe de la Nueva España vivió perseguido y maltratado, ora en Medellín, ora en Valladolid, ora en Sevilla, hasta que el 2 de Diciembre de 1547 exhaló el último suspiro, ya pobre y viejo, en un pueblecito titulado Castilleja de la Cuesta, que así mueren siempre los que, como él llenos de laureles y trofeos pudieron ceñir á su sien coronas imperiales, que cedieron generosamente á los que más le ultrajaron (Díaz y Pérez, 1890: 40). Y para que la figura extraordinaria de este héroe no le falte rasgo alguno que le haga interesante, vino tras de la apoteosis de tales triunfos la sombra opaca de las ingratitudes y de las envidias, que obscurecieron los años últimos de una vida tan gloriosa. Los envidiosos, al cabo, lograron enfriar la entusiasta gratitud que, en los primeros momentos de tales conquistas, sintió el emperador Carlos V, colmando de honores al héroe; y llegó a ser tanto el desvío, que la tradición lo ha llegado a concretar en una anécdota, que tiene la amargura desgarradora de una queja y de una protesta (Morán, 1914: 167).\nPor outra banda, o grupo dos políticos, coñecedor da efémera capacidade humana para lembrar o seu pasado e lonxe de buscar exclusivamente a mellora social da comunidade para a que desempeñaron as súas funcións, tamén se afanou en que as súas vidas foran recoñecidas e inmortalizadas. Mentres que co resto de personaxes os datos achegados proviñan da iniciativa de recolección dalgúns autores que consideraron relevantes os seus logros, neste grupo a información adoita emanar das fontes que proporcionaron os propios protagonistas. Son eles os que encargaron as súas biografías para dar eco social ás súas “boas accións”. En ocasións, o éxito nesta profesión medíase polo número de doentes que acudían ao enterro do político e a iso axudaba a fama que se labrase coa popularidade dos seus actos.\nCon todo, o aspecto que descoñecen todos eles é que, mentres que avogan pola súa notoriedade social, están a cultivar todo tipo de envexas, rancores e celos. A natureza destes sentimentos é a que acabará condenándoos a unha morte prematura, cruenta e nada contemplativa, servindo a súa execución como espectáculo público para unha sociedade pasiva e mesmo covarde que verá unha ocasión irrepetíbel no oco profesional que deixa baleiro este dilixente para ascender á súa mesma categoría laboral e gozar da súa calidade de vida e privilexios.\nUnhas liñas finais\nAs tres obras descritas presentan como denominador común a intencionalidade de facer comprender aos lectores que non todos concibimos a morte do mesmo xeito: cada persoa vincúlalle un respecto e significado diferente e en virtude deste criterio afrontan os últimos anos de vida. Ademais, os tres autores esfórzanse en deixar patente que até o personaxe que se erixe como o máis temíbel, vilán e carente de remorsos, chegada a súa hora final, humanízase por completo sen importar a súa profesión, rango social ou bravura persoal. Deste xeito, o lector comprende que, xusta ou non, dunha forma ou outra, o único que non xera dúbida é que a morte é un feito evidente que iguala a todos.\nPor tanto, a ignorancia ante a súa existencia é un comportamento covarde que nos fai aínda máis débiles cando se nos presenta de forma próxima. Medrar sendo conscientes do carácter finito da vida non implica unha existencia marcada polo medo ou a incerteza do devir, todo o contrario. Isto ensínanos a necesidade de conquistar e amarrar os instantes de felicidade que a vida nos brinda, potenciar o compromiso social cos que nos rodean e manifestar os sentimentos que nos invaden sen ningún tipo de vergoña. O problema non é a morte, o problema é vivir alleos a unha realidade que nos persegue dende o primeiro segundo de vida e que pretendemos ocultar cun silencio absurdo que nos fai vítimas de nosa propia ignorancia."} +{"summary": "Neste artigo achegámonos ás construcións de aprender en galego, desde o período medieval ata a actualidade. Aprender pertence ao grupo de verbos que presentan alternancia causativa supletiva, é dicir, a que se dá en pares verbais nos que un membro presenta a construción causativa (neste caso ensinar) e o outro distinto (aprender) a construción anticausativa correspondente. En ocasións esta alternancia supletiva muda ao adquirir o predicado anticausativo as propiedades construtivas do causativo. Tal ocorreu en galego con aprender, que comezou a ser usado como causativo, en esquemas análogos aos de ensinar, cando menos desde comezos do século XIX. Nesta contribución estúdase o funcionamento da alternancia causativa con aprender rastrexando os seus usos ao longo da historia da lingua. Para iso analizamos un corpus de traballo extraído de dous grandes corpus informatizados: o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG), para o período medieval, e o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG), para o galego moderno e contemporáneo. Nun segundo plano, tamén procuramos determinar se a innovadora construción causativa de aprender ten unha distribución dialectal concreta, a través da información que nos achegan tanto o propio corpus como outras fontes máis acaídas para o caso, nomeadamente o Atlas\nLingüístico Galego (ALGa).", "text": "Alternancia causativa, sintaxe, esquema construtivo, variación dialectal\nSumario 1. Introdución. 2. A alternancia causativa e as súas formas de expresión lingüística. 3. Construcións de aprender no galego medieval. 4. Construcións de aprender no galego moderno e contemporáneo. 4.1. Aprender vs. deprender, adeprender: emerxencia e devalo das variantes innovadoras. 4.2. Aprender anticausativo. 4.2.1. Realización sintáctica do segundo argumento: complemento directo e complemento preposicional. 4.2.2. Adxuntos máis frecuentes. 4.3. Aprender causativo. 4.3.1. Emerxencia e prevalencia diacrónica da construción causativa. 4.3.2. Esquema semántico e realización sintáctica da construción causativa. 4.3.3. Distribución dialectal de aprender causativo. 5. Conclusións.\nCausative and anticausative constructions in Galician: the case of aprender\nBeneficiaria dunha axuda para contratos predoutorais para a Formación de Profesorado Universitario (FPU 2015) do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España.\n1. i ntrodución\nA presente contribución encádrase no conxunto de estudos que analizan as alternancias construtivas ou diatéticas, é dicir, as distintas posibilidades de emparellamento entre esquemas semánticos e sintácticos dos predicadores dunha lingua. O estudo das alternancias diatéticas ten unha longa tradición, nomeadamente no ámbito da lingüística anglosaxona, no que non podemos deixar de citar como obra de referencia o traballo de Levin (1993), que dedica a primeira parte do seu libro ás principais alternancias diatéticas dos verbos ingleses e ofrece abundantes referencias bibliográficas dos estudos realizados sobre elas. Na lingüística hispánica, aínda que o interese por estas alternancias é bastante máis recente, o seu estudo experimentou un amplo desenvolvemento nas últimas décadas, desde traballos dedicados aos diversos tipos de alternancias diatéticas e á súa clasificación (Martínez Vázquez 1998, Vázquez et al. 2000, GarcíaMiguel 2010 e Cifuentes Honrubia 2006), ata traballos máis restritivos que tratan algún aspecto ou construción relacionados coas alternancias construtivas (González Romero 1996, Mendikoetxea 1999a e 1999b), ou un tipo determinado de alternancia, como a diátese anticausativa en Moreno Cabrera (1984), a oposición aspectual en Fernández et al. (2002) e as alternancias locais en Cifuentes Honrubia (2008, 2010). No ámbito galego, tamén contamos con algúns traballos sobre alternancias diatéticas, como os de Cidrás (1991, 2003) e o de Diz Gamallo (2001). O primeiro dos traballos de Cidrás céntrase nas alternancias de voz, mentres que o segundo estuda diferentes tipos de estruturas que presentan alternancia transitivointransitivo, entre as cales se atopa a alternancia causativa, que agora nos ocupa especificamente. O terceiro dos traballos céntrase nas diferentes formas de expresión do elemento intransitivo (e anticausativo) do par léxico matar/ morrer, que serían as formas morrer e matarse. Podemos situar o obxecto de estudo do artigo de Diz Gamallo no ámbito da alternancia causativa supletiva (§ 2), no que tamén situamos o par léxico ensinar/aprender do que, en parte, nos ocupamos nesta contribución.\nO principal obxectivo deste artigo é analizar e describir a expresión da alternancia causativa nas construcións de aprender ao longo da historia do galego. Este obxectivo enmárcase noutro obxectivo maior, que é analizar e describir os causativos léxicos do galego, aqueles nos que a alternancia entre o predicado causativo e o anticausativo se dá entre dous predicadores léxicos distintos. Para acadar o noso principal obxectivo explicaremos as principais formas de expresión da alternancia causativa, prestando maior atención ás do noso interese, e definiremos, desde unha perspectiva funcionalista, en parte debedora dos postulados e do repertorio de funcións semánticas propostos por Simon Dik (1997), os principais esquemas construtivos que presentou e presenta aprender desde a Idade Media ata a actualidade.\nA base empírica do traballo fornécea unha ampla base de datos extraídos de dous grandes corpus lingüísticos informatizados: o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) e o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG), desenvolvidos ambos no Instituto da Lingua\nGalega da Universidade de Santiago de Compostela. Estes dous corpus abranguen complementariamente un grande volume de textos correspondentes a toda a historia do galego 1. Para a conformación da mostra na que se basea esta investigación, recompilamos os resultados que tanto o TMILG como o TILG nos devolveron ao procurar as distintas variantes do predicador aprender (aprender, deprender e adeprender).\nUnha das nosas hipóteses de partida, que tentamos verificar, é que as construcións causativas de aprender teñen unha distribución xeográfica determinada no dominio lingüístico galego. Como a maioría de textos aos que pertencen os casos do noso corpus non están xeorreferenciados, consultamos de maneira complementaria outras fontes que nos poidan achegar información dialectal máis detallada, principalmente o Atlas Lingüístico Galego (ALGa), que presenta no seu cuestionario unha pregunta dedicada a “Aprender (enseñar)”. A presente contribución articúlase consonte o seguinte plano: comezamos cunha introdución teórica sobre os diferentes tipos de expresión da alternancia causativa que se dan nas 1 O TMILG integra arredor de 16000 unidades textuais distribuídas en 82 obras datadas con anterioridade ao século XVII, mentres que o TILG recolle case 2000 obras desde o século XVII ata a actualidade, nun amplo corpus lematizado e etiquetado gramaticalmente que permite realizar consultas nunha base integrada por máis de 26 millóns de palabras.\nlinguas e, particularmente, no galego. Deseguido, presentamos a análise dos dous corpus por separado, pero con referencias constantes ás similitudes e diferenzas encontradas en ambos os dous. Na análise dos casos, atendemos, principalmente, ao trazo [± causativo] dos predicados. Tamén prestamos atención ao número de argumentos correspondentes ás distintas construcións que aparecen baixo o lema aprender. A identificación do número de argumentos relaciónase directamente co trazo [± causativo], xa que nos permite saber se estamos ante un predicado aprender anticausativo, se ten dous argumentos, ou causativo, se ten tres. Unha vez diferenciados estes dous tipos de predicados, identificamos os esquemas sintácticosemánticos con que se constrúen. Por último, indicamos a procedencia xeográfica das construcións causativas que pertencen a textos xeorreferenciados e complementamos esta información dialectal con datos recollidos no proxecto do ALGa para determinar se o predicado aprender causativo ten unha distribución dialectal concreta.\n2. a alternancia causatiVa e as súas formas de exPresión lingüística\nEmpregamos a denominación alternancia causativa para designar a relación existente entre dous esquemas sintácticosemánticos que presentan o mesmo significado básico pero que se opoñen polo trazo [± causativo], de tal xeito que o obxecto da construción causativa é o suxeito da anticausativa. Un dos exemplos máis socorridos para representar este tipo de alternancia diatética é o seguinte: alguén rompe algo vs. algo rompe. A alternancia causativa é unha das que maior atención recibiu no conxunto das alternancias diatéticas máis comunmente estudadas, ademais de ser atendida por mútiples perspectivas, tal e como demostran as diferentes formas empregadas para denominala e as diferentes clasificacións nas que se integra 2. Con frecuencia esta alternancia diatética é presentada como unha subclase dun conxunto maior de alternancias que algúns autores denominan alternancias transitivointransitivas (Levin 1993) ou oposición de cambio de foco (Vázquez et al. 2000), mentres que outros falan de ergatividade (Martínez Vázquez 1996) 3. Este conxunto máis amplo de alternancias diatéticas nas que se insiren as do noso interese, fan referencia globalmente a dous esquemas semánticosintácticos que se opoñen porque o segundo argumento dun dos esquemas é o primeiro e único argumento do esquema alternativo.\nCanto ás diferentes formas de expresión da alternancia causativa, varios autores (e.g. Haspelmath 1993, Comrie 1981) ofrécennos, desde unha perspectiva tipolóxica, unha descrición e clasificación destas formas. Outros autores ofrécennos unha descrición deste tipo de alternancia diatética en linguas concretas, como Moreno Cabrera (1984) no español. Haspelmath (1993) estudou o comportamento de 21 linguas na expresión da alternancia causativa e para iso clasificou as diferentes formas de expresar esa alternancia en tres grandes tipos: alternancia causativa (cando o verbo causativo deriva do anticausativo), non causativa (cando o verbo anticausativo deriva do causativo) e non direccionada (cando ningún dos dous verbos deriva do outro); este último tipo de alternancia subdivídese noutros tres: lábil (emprégase o mesmo verbo para construcións causativas e anticausativas), equipolente (os dous verbos derivan do mesmo tema) e supletiva (os dous verbos presentan raíz diferente). Porén, para o noso estudo interésanos máis a clasificación que realizara anteriormente Comrie (1981). Atendendo a parámetros formais, Comrie (1981: 159164) identifica un contínuum na expresión da causatividade que abrangue desde os causativos analíticos ata os morfolóxicos e os léxicos 4. No que o autor denomina causativos analíticos, preséntanse dous predicadores separados, un expresa a causa e outro o efecto, e, entre outros exemplos, indícase este do inglés: I caused 2 Vid. Levin (1993: 2631) e Martínez Vázquez (1996: 2930) para unha panorámica sobre a dispersión terminolóxica empregada para nomear estas estruturas. 3 O uso deste termo foi rexeitado por varios lingüistas (e.g. Comrie 1978 ou Dixon 1987, vid. igualmente Cidrás 2003) por considerarse confuso, xa que tamén se emprega para referirse ao sistema de marcado morfolóxico de caso que empregan as linguas ergativoabsolutivas, fronte ás nominativoacusativas. 4 Para profundar máis sobre o contínuum da expresión da causatividade e a simplificación que supón a tradicional clasificación tripartita en causativos analíticos, morfolóxicos e sintéticos vid. Shibatani e Pardeshi (2002: 103109).\nJohn to go. En galego o verbo causativo máis frecuentemente empregado en complexos verbais deste tipo é facer, María fixo que Pedro viñese, por exemplo. Segundo Comrie (1981: 161163), a construción francesa ‘ faire + infinitivo’, equivalente á galega ‘ facer + infinitivo’ (María fixo vir a Pedro), está entre dous tipos do contínuum, o analítico e o morfolóxico. No galego, encontramos algunhas contribucións relacionadas con este tipo de causativos, como a de Regueira (2001), que se centra na construción ‘ facer + infinitivo’, e a de Sousa (2012), que estuda a expresión do causado nas construcións causativas do galego comparándoa coa doutras dúas variedades lingüísticas próximas: o portugués europeo e o portugués do Brasil.\nOs causativos morfolóxicos, pola súa parte, son aqueles predicados causativos e anticausativos que se relacionan por medios morfolóxicos produtivos, nomeadamente, a afixación. Entre eles, Comrie (1981: 160161) cita os sufixos - t e - dür do turco, que, anexados a calquera verbo, poden formar o seu causativo equivalente (öl ‘morrer’, öl -dür ‘matar’). Tamén é posible que o predicado anticausativo derive do causativo, coma no ruso: lomat’, ‘romper’ transitivo, e lomt’sia, ‘romper’ intrasitivo. Noutros casos é difícil falar dunha direccionalidade na derivación porque os dous verbos da dicotomía presentan sufixos derivativos, coma no caso dos verbos chemk-a ‘ferver’ e chemsha-a ‘facer ferver’ do swahili. No galego existe unha serie de pares verbais nos que o membro anticausativo non presenta sufixo ou presenta o sufixo - ecer e o membro causativo o sufixo - entar : pacer - apacentar, ferveraferventar, amolecer - amolentar, adormeceradormentar. A pesar de que en estadios anteriores da lingua galega puido operar un procedemento morfolóxico na conformación destes pares verbais, na actualidade ese procedemento non é produtivo e, polo tanto, desde unha perspectiva sincrónica debemos estudar estas parellas como alternancias léxicas (Regueira 1994). Como terceiro tipo de causatividade, Comrie (1981: 161) presenta os causativos léxicos e indica que os exemplos máis claros deste tipo son os pares supletivos, como o par inglés kill / die. Neste caso, a alternancia entre o predicado causativo e o anticausativo dáse entre dúas unidades totalmente independentes, é dicir, que non comparten a mesma raíz léxica. No galego encontramos unha serie de pares verbais análogos a este, como matar/morrer 5, queimar/arder ou ensinar/aprender. O primeiro verbo de cada par presenta un predicado básico causativo: O rapaz queimou o papel. O outro verbo do par presenta un predicado básico anticausativo: O papel ardeu. Chegados a este punto preguntámonos en cal destes tres tipos podemos incluír os predicados que admiten a construción causativa e a anticausativa sen ningunha diferenza formal aparente entre os dous predicados (María rompeu o vaso / O vaso rompeu), ou cunha pequena diferenza formal consistente na aparición dun clítico se no predicado anticausativo (de uso obrigatorio nalgúns casos – O valado mollouse/*mollou coa chuvia – pero non noutros – A porta abriuse/abriu co vento–). Cidrás (2003) explica as construcións anticausativas destes predicados como resultado dun proceso de intransitivación dun predicado básico transitivo e causativo, con redución de valencia, que dá lugar a un predicado derivado intransitivo e anticausativo. O autor formula a seguinte regra para explicar o proceso (Cidrás 2003: 91): – Intransitivación anticausativa: input:\n[pred V (x 1) Ax (x 2) Met ] Acción output: [predR V (x 2) Exp ] Proceso\nNo input temos un predicado que fai referencia a unha acción con dous argumentos, o x 1 co papel semántico de axente e o x 2 co de meta. No predicado derivado desaparece o axente (x 1) e a meta é desprazada ao primeiro argumento coa función de experimentador, polo que xa non estamos ante unha acción senón ante un proceso. A marca -R apegada ao predicador resultante identifica o predicado derivado por redución de valencia e actualízase en galego con marca cero ou co clítico se. A forma do predicado derivado oscila na expresión lingüística entre a marca cero (ex.: romper), o incremento pronominal obrigatorio (ex.: mollarse) e alternancia, equilibrada ou non, entre ambas (ex.: abrir(se)). Tendo en conta isto, poderiamos colocar estas construcións 5 Para máis información sobre este par verbal e sobre as diferenzas de significado entre as construcións anticausativas de morrer e matarse vid. Diz Gamallo (2001).\npróximas aos causativos morfolóxicos que identificaba Comrie (1981: 160161) no contínuum da expresión lingüística da causatividade.\nResulta interesante destacar a contigüidade e permeabilidade entre estes causativos morfolóxicos con marca se ou cero e os causativos léxicos do tipo matar/morrer, queimar/arder ou ensinar/aprender. Observamos nalgunhas variedades do galego actual que o membro anticausativo dalgúns dos pares léxicos pode formar predicados causativos seguindo o modelo de romper, é dicir, xerando unha alternancia causativa morfolóxica. É o caso de arder, que invade as construcións causativas propias de queimar (O rapaz ardeu o papel), ou de aprender, que invade as de ensinar (A mestra apréndelle matemáticas a Laura). Estas son as construcións obxecto de estudo neste artigo.\nO uso causativo do membro primariamente anticausativo non está xeneralizado a todas as variedades dialectais do galego actual, nin sequera a outras variedades doutra índole, por exemplo, a estándar. Se tomamos como referencia desa variedade o DRAG observamos que este presenta acepcións que recollen usos causativos do membro anticausativo dalgúns dos pares, como ensinar / aprender, pero non do doutros, como queimar/arder, dos que sabemos que tamén se rexistran eses usos.\nA maioría destes pares supletivos presenta canda a alternancia causativaanticausativa unha alternancia transitivaintransitiva, é dicir, o predicado causativo é bivalente (axente/suxeito e meta/complemento directo) e o anticausativo monovalente (experimentador/suxeito). Pero temos cando menos un par léxico, ensinar/aprender, no que os dous membros alternantes da parella son transitivos. Ensinar, o membro causativo, é trivalente e presenta, no seu esquema sintácticosemántico básico, un axente coa función sintáctica de suxeito, unha meta coa función sintáctica de complemento directo (CD) ou de complemento preposicional (CP) e un benefactario, que é o participante que experimenta o proceso, coa función sintáctica de complemento indirecto (CI) (A profesora ensínalle matemáticas ao neno ou A profesora ensínalle a sumar ao neno). O predicado de aprender –a contrapartida anticausativa– é bivalente e presenta un argumento menos ca o predicado de ensinar, o axente causante do proceso. O benefactario pasa a desenvolver a función semántica de experimentador e a sintáctica de suxeito e o segundo argumento conserva as mesmas funcións ca no predicado de ensinar, as de meta e CD ou CP (O neno aprende matemáticas ou O neno aprende a sumar).\n3. c onstrucións de aprender no galego medieVal\nAs ocorrencias de aprender extraídas do TMILG suman un total de 249 6 e pertencen a obras datadas entre 1220 e 1520. A inmensa maioría dos casos correspóndense coa variante aprender, aínda que tamén encontramos catro casos de deprender. Respecto á distribución cronolóxica dos rexistros debemos indicar que a maioría pertencen a obras datadas entre os séculos XIII e XIV e que do século XV só temos doce casos (catro deles situados en intervalos que abranguen anos dos séculos XIV e XV) e só un do século XVI. Esta baixa frecuencia de aprender nos séculos XV e XVI correspóndese cunha redución considerable do tamaño do corpus do TMILG nese período. Nas ocorrencias de aprender encontramos de forma maioritaria o significado de ‘chegar a saber’. Algunhas das ocorrencias que presentan este significado son:\nÁs veces, nestas construcións aparece un adxunto introducido pola preposición a que se refire á persoa que facilitou ao primeiro argumento a información que aprendeu (2). Hoxe en día, estes usos e significados de aprender son menos frecuentes e relaciónanse co cultismo aprehender (‘asimilar ou captar coa mente’).\nCon menor frecuencia, no corpus medieval, encontramos casos de aprender que presentan unha acepción diferente á de ‘chegar a saber’, como os seguintes:\nder anticausativo porque consideramos que presentan o mesmo esquema construtivo e que non sempre é doado diferencialas nos enunciados de aprender. O esquema construtivo ao que\nnos referimos é o seguinte:\n[APRENDERv [x 1 ] Experimentador/Sux. [x 2 ] Meta/CD ou CP ] Proceso\nComo podemos ver na representación do esquema construtivo destes enunciados, o x 2, que presenta o rol semántico de meta, pode desenvolver dúas funcións sintácticas, CD ou CP, a diferenza do esquema presentado anteriormente para o predicado de aprender co significado de ‘chegar a saber’ no que só podía desenvolver a función sintáctica de CD. No corpus medieval, o\nCD verbalízase, nomeadamente, a través dunha FN (6), pero tamén a través doutras unidades que poden desenvolver esta función, como un clítico de acusativo (9). O CP aparece expresado por unha oración de infinitivo precedida da preposición a, como no exemplo 7. Tamén encontramos usos absolutos de aprender (8, 10 e 11).\nCanto aos adxuntos máis recorridos nas construcións de aprender, encontramos un expresado pola preposición de e unha FN que indica a fonte de onde se extrae o coñecemento que se aprende – de Adam et despoys dos outros (9) ou da lazeyra et do mal (10)–. Serradilla (1996: 25) identifica ata tres estruturas diferentes para os casos nos que aprender presenta un constituínte coa preposición de : un partitivo, etiqueta que a autora coloca entre interrogantes despois do exemplo “...vínose para Toledo para aprender de aquella sciencia (C. Luc., p.96)”; outro constituínte que se asemella ao CP formado pola preposición a e unha oración de infinitivo: “ aprende de dar tu cuerpo a los omnes cuemo fezist a los dios (P. C. G., I, p. 113, 157)” e “ aprende de guardar toda tu pudicia (Corb., p.61); e, por último, un complemento de orixe en “cada qual se guarde e aprenda dellas (Corb., p. 164)”. Os constituíntes introducidos por de dos exemplos 9 e 10 do noso corpus correspóndense co terceiro tipo identificado por Serradilla (1996: 25), o complemento de orixe. Cuervo (1986: 561) ofrécenos máis información sobre este tipo de constituínte ao referirse a el como a fonte de coñecemento. Identifícao co mestre, aínda que nos exemplos que recolle non só se refire a seres humanos, senón tamén a animais e obxectos. No noso corpus, esta función pode aparecer desenvolvida por entidades animadas (9) ou inanimadas (10). Denominamos este constituínte orixe porque indica a fonte de onde procede ou se extrae o coñecemento e consideramos que se trata dun constituínte facultativo, por iso non o incluímos na representación do esquema construtivo. Podemos interpretar ou ben que a orixe contén o que se aprende ou ben que é a partir dela que se obtén ese coñecemento. En todo caso, a noción que impera é que o que se aprende, a meta, procede desa orixe.\nOutro adxunto que rexistramos no noso corpus é unha frase preposicional (FP) encabezada por en, como nas artes do exemplo 11. É habitual que, en galego, esta preposición se empregue para indicar a localización do evento ao que se refire o predicado, pero neste caso concreto semella indicar a fonte de coñecemento, é dicir, a localización da meta, non a do proceso. Segundo Cuervo (1986: 561), o constituínte introducido con en emprégase “para denotar el objeto donde se fija la consideración a fin de adquirir el conocimiento”. Anteriormente, vimos que a fonte de coñecemento tamén se pode expresar empregando a preposición de e denominamos a este participante orixe. Con todo, consideramos que non estamos ante o mesmo constituínte e que neste caso estamos ante a localización do proceso ou da meta. A diferenza entre a orixe e a localización encóntrase en que na primeira semella indicarse un desprazamento da meta que vai da orixe ao experimentador, mentres que na segunda se indica onde se desenvolve o proceso ou onde se localiza o coñecemento sen referirse a unha dirección ou movemento.\nCómpre salientar por último que en todo o corpus medieval non rexistramos ningún caso de aprender usado en construción causativa.\n4. c onstrucións de aprender no galego moderno e contemPoráneo\n4.1. Aprender vs. deprender, adeprender: emerxencia e devalo das variantes innovadoras\nPara a conformación do corpus do galego moderno e contemporáneo, recollemos os resultados de dúas buscas no TILG, unha polo lema aprender, a variante do estándar do galego actual, e outra polo lema deprender, baixo o que tamén se recollen os casos de adeprender (variantes pouco frecuentes na actualidade). O total dos resultados suman 4677 8 ocorrencias (2584 do lema aprender e 2093 de deprender) de obras datadas entre 1743 e 2013. Se nos fixamos nos gráficos da distribución temporal que o TILG nos ofrece para cada un dos dous lemas (Gráfico 1), predicador que procuramos.\nobservamos que a maioría dos casos de aprender se concentra na franxa cronolóxica de 1981 a 2013 (2211 ocorrencias), mentres que a maioría de deprender se sitúa na franxa de 1901 a 1950 (855 rexistros), seguida pola franxa de 1951 a 1980 (560 ocorrencias) e pola de 1851 a 1900 (486 ocorrencias); en cuarto lugar, pero a bastante distancia (199 casos), queda o período que presenta a maior parte de rexistros de aprender (19812013). Vemos entón que hai unha situación case á inversa na distribución temporal dos casos de deprender : o aumento de rexistros de aprender coincide co descenso dos de deprender.\nGráfico 1. Distribución temporal absoluta de aprender e deprender no corpus TILG [03/04/2016]\nSeguramente as tendencias popularistas e diferencialistas dominantes en gran parte das propostas de modelo de lingua escrita esbozadas desde o Prerrexurdimento a comezos do XIX ata o momento de estandarización do galego actual na década de 1980 (vid. Mariño 2008: 183239 para máis información) están na base do aumento da frecuencia no TILG das variantes innovadoras (e diferenciais fronte ao castelán) deprender e adeprender desde mediados do século XIX ata a década dos 80 do século pasado. Non parece, porén, que o fenómeno sexa produto dunha expansión do uso desas formas na lingua oral durante ese período, se temos en conta que a información dialectal do ALGa nos indica que na década de 1970 aprender era a variante esmagadoramente maioritaria no territorio lingüístico galego 9.\nTáboa 1. Construcións causativas e anticausativas dos lemas aprender e deprender O número de rexistros causativos de deprender é lixeiramente menor ao dos de aprender, como tamén é menor o número de rexistros totais de deprender ca o de aprender, polo tanto 9 Na cuestión 2703, recóllense 122 ocorrencias de aprender fronte a 6 ocorrencias de deprender e 4 de adeprender. Na maioría dos puntos nos que se rexistran as variantes deprender e adeprender, non existe unha resposta única, senón que estas variantes conviven con aprender.\ndebemos concluír que os rexistros de aprender e deprender non presentan diferenzas respecto á frecuencia de construcións causativas.\nNo século XVII non temos ningún rexistro de aprender, deprender ou adeprender, nin en construción causativa nin anticausativa; no XVIII temos en total 4 casos e ningún é causativo. Igual que ocorría co último período do corpus TMILG, isto é produto do minúsculo tamaño do corpus TILG neses séculos (XVI, XVII e XVIII chamados ‘escuros’, pois neles a produción escrita en galego redúcese ata case desaparecer), e nada ten que ver cunha caída dramática do uso destes verbos en particular. Como veremos máis abaixo (§ 4.3.1), o primeiro rexistro causativo do lema aprender atopámolo en 1828 mentres que os de deprender só aparecen na segunda metade do XIX.\nNon contamos na actualidade con ningunha obra que describa as construcións de aprender no galego contemporáneo, así que para describir os casos de aprender tirados do TILG apoiámonos en dicionarios de construcións verbais de linguas próximas ao galego, como o castelán (Cuervo 1986) e o portugués (Busse 1994).\n4.2. Aprender anticausativo\nNo TILG encontramos algúns enunciados de aprender que presentan un significado moi próximo ao de ‘chegar a saber’, que identificamos no corpus medieval. A diferenza do que ocorre nos rexistros do TMILG, a frecuencia desta acepción no TILG é moito menor e, en ocasións, resulta difícil determinar se realmente se trata da mesma. Deseguido recollemos dous exemplos:\nFronte a estes casos, encontramos outros moitos que presentan a outra acepción de aprender identificada no corpus medieval (‘adquirir coñecementos de [algo] ou reter [algo] na memoria por medio do estudo, da experiencia ou da observación’):\n4.2.1. Realización sintáctica do segundo argumento: complemento directo e complemento preposicional\nSegundo o esquema construtivo, a meta pode presentar dúas funcións sintácticas diferentes, CD ou CP. Cando á meta lle corresponde a función sintáctica de CD, as unidades lingüísticas que no corpus adoitan ocupar esa función son: unha FN (14), un clítico acusativo (15), unha oración completiva con que (16) ou un pronome relativo (17). Con certa frecuencia, encontramos enunciados nos que á dereita do verbo aparece un constituínte nominal sen determinante, (i.e., un bare nominal ou nominal nu). Un dos substantivos sen determinante que identificamos con maior frecuencia é “oficio” (18). A ausencia do determinante con este substantivo podería levar a pensar que estamos ante unha identificación indefinida do substantivo (cfr. Álvarez / Xove 2002: 440442), é dicir, que non se fai referencia a un tipo de oficio concreto ou coñecido polo alocutario, senón á clase enteira á que fai referencia o substantivo. Pero o feito de que outros substantivos (19, 20), que non permiten esa lectura, aparezan nesas mesmas circunstancias, lévanos a pensar que non debemos falar nestes casos de CD, senón dun predicado derivado por incorporación de obxecto (Cidrás 2004; 2019). O que acontece é que un substantivo que ocupaba unha posición argumental nun predicado verbal básico pasa a integrarse nel, obtendo un predicado derivado cun argumento menos que indica unha acción ou, neste caso, un proceso máis xenérico ou habitual ca o expresado polo predicado inicial sen incorporación.\nComo indicabamos no inicio deste apartado, é frecuente que a meta presente a función sintáctica de Complemento Preposicional conformado pola preposición a e unha oración de infinitivo (21 e 22). En contadas ocasións, encontramos casos en que a meta se presenta como unha oración de infinitivo sen a preposición a (23). Cuervo (1986: 560) indica que, no castelán, aprender + infinitivo é un latinismo e Kasten Lloyd e Nitti (2002), no Diccionario de la prosa castellana del Rey Alfonso X, recollen un exemplo deste tipo de construción datado, con interrogantes, en 12501279. Pola nosa parte, non encontramos ningún caso desta construción no corpus do galego medieval; no corpus moderno e contemporáneo é moi pouco frecuente e a maioría das obras nas que se atopa son poemarios, coleccións de composicións populares e traducións de textos clásicos.\nTamén encontramos rexistros nos que non aparece expreso nin o CD nin o CP. Tendo en conta isto podemos diferenciar dous tipos de construcións nas que non se verbaliza a meta: por un lado, aquelas construcións nas que a meta é claramente recuperable polo contexto lingüístico (24) ou comunicativo (25); e, por outro, os usos absolutos de aprender (26), onde a restitución desa meta non é posible ou, se se fixese, sería a través dunha palabra cun contido semántico moi xeral. Aprender nos seus usos absolutos acostuma levar un adxunto de modo, como ben no exemplo 26. Encontramos un número significativo de rexistros que presentan unha FP formada pola preposición a, de ou para e un substantivo que indica unha actividade profesional: 26. Aprendín a cazador nos montes de Salamanca (1885 Pérez Ballesteros, Cancionero Popular Gallego [TILG, PRZCA1885]). 27. Como sempre, os que máis falaban eran o Eliseo, fillo do ferrador das Mercedes, que adeprendía de tallista cos Dorrego (1972 Blanco Amor, Xente ao lonxe [TILG, BLAXEN972]). 28. –Pero ti –di o Fidel–, se estabas en Letras, ¿cando aprendiches pra técnico? (1994 Cabana, O cervo na torre [TILG, CBNCER994]).\nDas tres FFPP, a menos frecuente é a encabezada por de (28). Para a descrición destas estruturas, o primeiro que debemos preguntarnos é se as tres presentan a mesma función semántica e sintáctica e cales son. Cuervo (1986: 561) indica que na construción coa preposición a do castelán, está elidido o verbo ser entre a preposición e o oficio, aprendín a [ser] cazador (27). Seguindo esta explicación, na estrutura coa preposición para (29) tamén está elidido o mesmo verbo (aprendiches para [ser] técnico) e na estrutura con de (28) o que se omite é unha FN (aprendía [o oficio] de tallista), polo tanto, as funcións sintácticas correspondentes a estas unidades serían un CP, un Complemento Circunstancial de Finalidade (CCFinalidade) e un CD, respectivamente. Aínda que a orixe destas tres estruturas estea nunha elipse, na actualidade semella que son constituíntes con significado propio e que non se precisa restituír ningún elemento elidido para que teñan sentido; polo tanto, podemos pensar que estas unidades indican a meta e presentan a función sintáctica de CP.\nNo caso de aprender a + oficio (27) estamos ante unha construción paralela á de aprender a + oración de infinitivo (21 e 22). Pola súa parte, aprender de + oficio (28) e aprender para + oficio\n(29) non presentan ningunha correspondencia formal coas principais unidades que desenvolven as funcións sintácticas da meta de aprender. Ademais, en aprender para + oficio hai unha connotación de finalidade que as estruturas coas preposicións a e de non presentan.\n4.2.2. Adxuntos máis frecuentes\nDous esquemas frecuentes con adxuntos son aprender de alguén ou algo e aprender con alguén:\nAprender de alguén ou de algo é o que Cuervo (1986: 561) denominaba fonte de coñecemento e o que nós identificamos como orixe na análise do corpus medieval (§ 3). A orixe pode presentar o trazo [- animado], como dos seus libros no exemplo (30), ou [+ animado], como daquel [animal] que se mete no río (31); pero, cando este participante é animado, o máis frecuente é que sexa tamén humano, de miña avoa (32). Poderiamos pensar que ese de [alguén] equivale ao causante do proceso de aprender e transformar o enunciado 32 no seguinte predicado causativo: Isto ensináramo (ou aprendéramo) miña avoa. Pero, se observamos os dous enunciados con detemento, decatámonos de que non hai unha correspondencia total entre os seus significados. No enunciado que creamos, o primeiro argumento ten a intención de que o terceiro argumento experimente o proceso de aprender, mentres que na construción inicial do corpus (32) non podemos saber se a orixe [+ humana] ten ou non intención de que o experimentador aprenda.\nAprender con alguén (3335) aparece recollido nunha das construcións que identifica Busse (1994: 55) en portugués: “N – V - com Np – N Aprendeu com ele o ofício de carpinteiro ”. Na representación desta estrutura sintáctica indícase que o verbo ten tres complementos nominais; ademais, no precedido pola preposición com indícase coa letra “p” que é humano. Entendemos que Busse (1994: 55) interpreta que os tres complementos recollidos nesta construción son obrigatorios, porque no seu dicionario os facultativos se colocan entre parénteses e non é o caso de ningún dos complementos sinalados na construción recollida. A pesar diso, o estatuto deste constituínte como obrigado non parece estar tan claro. Aínda que con algunhas reservas, neste artigo, decantámonos máis por identificalo cun adxunto porque a súa presenza ou ausencia non semella causar un cambio substancial no significado do predicado, aínda que si na súa extensión referencial. Nos casos en que temos este complemento, é frecuente que o CD non apareza expresado, na maioría dos casos enténdese cal é obxecto de aprendizaxe polo contexto ou porque a persoa que se introduce coa preposición con é designada polo seu oficio e interprétase que é ese oficio o que o experimentador aprende (34 e 35). Este constituínte presenta a construción habitual dun adxunto de compaña, aínda que, neste caso, o ser humano ao que se refire non só acompaña o proceso senón que tamén é a persoa da que o experimentador aprende algo, a\ntravés da observación e imitación da actividade que desenvolve e, ás veces, das súas ensinanzas.\nOutros adxuntos frecuentes son de tempo, como Nos vinte anos que levei casada ou tódolos días (36), de finalidade, como pra se faceren cidadaos conscientes (37) e de modo, como a golpe de labazada, (38). Cando o significado de aprender se achega máis á segunda acepción sinalada no DRAG para aprender intransitivo, ‘reter [algo] na memoria’, con frecuencia aparece unha locución adverbial que reforza ese significado e que indica o modo no que se aprende. A locución máis empregada no noso corpus con esta función é de memoria (39), pero tamén rexistramos outras con este mesmo sentido: de cor, de corrido, de cabo a rabo, de coro ou de carretilla. Outro adxunto frecuente é o que indica a localización do proceso e que se expresa cun adverbio de lugar ou unha FP encabezada por en (40). Ao igual que acontecía no corpus medieval (§ 3, exemplo 11), coa preposición en tamén se indica a localización da meta (41). 35. Nos vinte anos que levei de casada, aprendín tódolos días algo (1985 Heinze, Arredor da muller en 18 mundos [TILG, HEIARR985]). 36. o que xuzgan que máis aquí se necesita, escolas, onde as novas xeneraciós deprendan pra se faceren cidadaos conscientes. (1912 A Voz do País. Semanario Rexionalista [TILG, VOZ004912]). 37. El tivo que aprender a golpe de labazada (1985 Heinze, Arredor da muller en 18 mundos [TILG, HEIARR985]). 38. Pro namentres deprendei de mamoria istes versiños que poño máis abaixo, e qu’escribiu D. Xosé B. Amado cuia pruma é unha pelra pra Galicia (1876 O Tío Marcos da Portela [TILG, 1MA000876]). 39. barcos de papel, que adeprendera a facer na escola (1927 Lesta Meis, Estebo [TILG, LESEST927]). 40. e com’ela deprendera nos libros qu’a Virxen facía milagros (1899 Masma, ¡A besta! [TILG, MASBES899]).\n4.3. Aprender causativo\n4.3.1. Emerxencia e prevalencia diacrónica da construción causativa\nA construción causativa de aprender semella unha innovación que debeu ter lugar no galego moderno, xa que non atopamos ningún caso no corpus do galego medieval. Cómpre porén ser moi cautelosos coa datación do fenómeno dada a drástica escaseza, cando non ausencia, de rexistros da forma no corpus lingüístico do galego dos séculos XV, XVI, XVII e XVIII. O certo é que no TMILG a construción non se rexistra e que o primeiro caso localizado no TILG pertence a un texto de 1828 (42); temos que agardar ata a segunda metade do século XIX para rexistrar as seguintes construcións causativas (4345): 41. ¿Aínda non oíche Aquela dulce voz que m’aprendiche? (1828 Díaz Corvelle, Alborada [TILG, DZNALB828]; 1828 Díaz Corvelle, Égloga de Belmiro e Benigno [TILG, DZNEGL828]). 42. só nos deprende a non recuar no da fartura púbrica e da civilizaceón (1859 Domínguez d’Esquerdo, Entonces e agora ou Coroas e cadeas do fidalgo povo galicián [TILG, DOMCOR859]). 43. ¡Oh raza de víboras! ¿quén vos aprendeu que con aparencias solo podedes fuxir da iria que vos amaga? (1861 Sánchez de Santa María, El evangelio según San Mateo traducido al dialecto gallego de la versión castellana de D. Félix Torres Amat [TILG, SNZEVA861]). 44. Ora vou a deprendervos a moda de facer “piniños” (1861 Fernández Morales, Ensaios poéticos en dialecto berciano [TILG, FMOENS861]).\nCanto ás causas da aparición da construción causativa innovadora, observamos que, por un lado, os primeiros catro casos de aprender causativo (4245) presentan dous aspectos comúns, que tamén aparecen na maioría dos demais rexistros causativos de aprender do século XIX. Un deses aspectos é que un ou varios dos interlocutores, reais ou ficcionais, da mensaxe á que pertence o rexistro aparecen como participantes do predicado de aprender causativo (en primeira e segunda persoa tanto do singular, exemplos 42 e 45, como do plural, exemplos 43 ao 45). O outro é un certo ton enfático detectado, sobre todo, nos exemplos 42 e 44. Estas dúas características, recorrentes nos rexistros causativos do século XIX, poderían indicar algún tipo de contexto específico favorecedor da aparición da construción innovadora, se non fose por que as dúas características sinaladas son moi comúns no xénero literario líricopoético, ao que pertencen a maioría das obras do século XIX do noso corpus.\nPor outro lado, debemos ter en conta que a emerxencia da construción causativa de aprender non é un fenómeno illado da lingua galega. Na clasificación tipolóxica da alternancia causativa de Haspelmath (1993), que fai a partir do estudo de 31 pares verbais en 21 linguas, observamos que o par ensinar/aprender presenta os cinco tipos identificados polo autor (§ 2), incluída a alternancia lábil (aquela que se dá cando o mesmo verbo se emprega tanto na construción anticausativa como na anticausativa, o que acontece con aprender no galego moderno e contemporáneo). Con todo, no artigo de Haspelmath, observamos que a alternancia lábil non é a máis frecuente no par ensinar/aprender, xa que só se identifica en dúas linguas: o francés e o grego. Se reparamos no francés, vemos como, efectivamente, apprendre é usado en construcións anticausativas (L’enfant apprend à lire) e causativas (Elle apprend à lire à son fils). O uso causativo deste verbo está totalmente aceptado pola norma estándar francesa, como demostra o feito de estar recollido nos dicionarios franceses actuais, entre eles, o Dictionnaire de l´Académie française (9 e édition) e Le Nouveau Petit Robert de la langue française 2008 (Robert 2007). Con todo, no francés tamén se emprega outro verbo, enseigner, nas construcións causativas co significado básico común de ensinar/aprender, polo que podemos dicir que, no francés, ademais da alternancia lábil, tamén se dá a alternancia supletiva neste par, como acontece no galego. Aínda que no estudo de Haspelmath se indica que no inglés o par ensinar/aprender ten alternancia supletiva (teach/ learn), temos noticia de que, nalgunhas variedades non estándares do inglés, learn é usado en construcións causativas, no lugar de teach, como Will you learn me to draw a church? (1885 G. Allen, Babylon apud OED) e Lern Yourself Scouse (1966, F. Shaw et al., Lern Yourself Scouse apud OED) 10. Estes usos causativos de learn poderían non ser unha innovación do inglés moderno, pois no inglés medio era corrente a dobre diátese anticausativa e causativa de lernen (a forma do inglés medio correspondente ao actual learn) 11.\nNoutras linguas moito máis próximas ao galego, como o asturiano e o castelán, tamén encontramos referencias a usos causativos de aprender. No Diccionariu de la Llingua Asturiana (DALLA), recóllese como primeira acepción de aprender, o significado causativo. Canto ao castelán, no DRAE indícase que aprender co significado causativo está en desuso. Na Nueva Gramática de la lengua española (NGLE, páxs. 26202625) atopamos que nalgúns pares supletivos do castelán, como tirar/caer ou meter/entrar, tamén se recollen usos causativos do membro do par a priori anticausativo, con desigual distribución xeográfica e aceptación na lingua estándar. Con anterioridade (§ 2), tamén sinalabamos que en galego, ademais de no par ensinar/aprender, se observa a dobre diátese causativa/anticausativa no membro anticausativo doutros pares supletivos (v. g. queimar/arder), aínda que eses pares non parecen coincidir cos cognados do castelán que tamén presentan o mesmo fenómeno.\nTal vez a emerxencia da construción causativa de aprender e doutros verbos anticausativos do galego e doutras linguas estea favorecida polos moitos pares en que a mesma forma léxica ten significado causativo e anticausativo, como é o caso de romper no galego (§ 2).\nSe nos fixamos na información cronolóxica dos rexistros do lema aprender do TILG (Táboa 2), decatámonos de que a maioría dos casos causativos se encontra nos rexistros de 1981 en diante (88, 34%); pero este dato non nos achega información relevante sobre os usos causativos de aprender, xa que é nesta franxa cronolóxica onde se concentra o maior número de 10 No OED indícasenos que learn co significado de ‘impartir coñecemento’ é na actualidade vulgar. Noutras fontes (Pegge 1844: 115122; Aarts et al. 2014: 120) faise referencia ao uso causativo de learn nalgúns dialectos do inglés moderno. 11 Algunhas fontes, como o Online Etymology Dictionary (Harper 20012017), amplían a aceptación do uso causativo de learn ata o século XIX.\nrexistros totais do lema aprender (84, 44%) e en case todos os períodos hai unha relación pracSe atendemos agora aos rexistros do lema deprender (Táboa 3), observamos que, ao igual ca no lema aprender, hai unha relación case proporcional entre os rexistros totais de deprender e os causativos. Pero, a diferenza de aprender, a maior frecuencia de predicados causativos non se sitúa no período que vai entre 1981 e 2013, senón entre 1901 e 1950 (37, 93%) e é precisamente nesa franxa cronolóxica onde se sitúa o maior número de rexistros de deprender, causativos e anticausativos (40, 75%). Outra diferenza entre os resultados dos dous lemas é rexistros totais correspondentes a cada un deses períodos (Táboa 4 e Táboa 5), poidamos tirar algunha outra conclusión sobre a variación cronolóxica. Tanto nos rexistros de aprender como de deprender observamos unha tendencia semellante: a porcentaxe de casos causativos diminúe no cuarto (19011950) e quinto período (19511980) e volve a aumentar no último período (19812013). Factores desgaleguizadores, como a expansión da escola pública (en castelán), puideron levar, entre 1901 e 1980, a unha “corrección” dos usos causativos, considerados vulgares\n4.3.2. Esquema semántico e realización sintáctica da construción causativa\nAprender nas construcións causativas do noso corpus presenta o mesmo esquema semánticosintáctico e o mesmo significado denotativo ca ensinar. A pesar de que aprender causativo e ensinar presentan a mesma conceptualización (‘facer adquirir [a alguén] coñecementos de [algo]’), non descartamos que haxa entre estes dous predicados diferenzas no uso dialectal, social, estilístico e pragmático, aínda non descritas na literatura, polo menos, de forma pormenorizada. Neste artigo, trataremos por extenso a cuestión dialectal no apartado § 4.3.3.\nComo acabamos de sinalar, o esquema semánticosintáctico das construcións causativas de aprender é igual ao de ensinar e representámolo da seguinte forma: [APRENDERv [x 1 ] Axente/Sux. [x 2 ] Meta/CD ou CP [x 3 ] Benefactario/CI ou CD ] Acción Neste esquema, ademais do experimentador do proceso de aprender e o obxecto, temos un terceiro argumento que é o causante do proceso e que ocupa a función sintáctica de suxeito desprazando o experimentador á función de CI ou, na menor parte dos casos, á de CD: 45. e aprendámoslles a cantinela (1875 López Ferreiro, A tecedeira de Bonaval [TILG, LFRTEC895]). 46. Solo me propoñía aprenderlle a ese a respetar ós mais (1899 Rodríguez López, A crus de salgueiro [TILG, RDRCRU899]). 47. Miña nai, miña naiciña, aprendeime a costureira (1942 Ventín Durán, Cantigueiro. [TILG, VNTCAN942]). 48. co gallo de lle aprender pra peinadora (1962 Blanco Amor, Os biosbardos [TILG, BLABIO962]). 49. E meus pais non querían porqu’aprenderon unh’a coser e non continuou co oficio (1986 Vázquez Somoza, O galego en Zolle [TILG, VAZTDI986]) 50. Aprendeuno a ler i escribir (1925 Fernández e González, Como son os do grorioso (Antón Piruleiro) [TILG, FNDANT925]). 51. que Caravantes aprendeu ós pobres ostiatim para que llelo recitasen ós labregos de paso que lles pedían esmola (1992 Saavedra, A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 [TILG, SAAVID992]).\nO máis habitual é que o benefactario, o experimentador nos predicados anticausativos, se exprese cunha FP ou cun clítico dativo 12 coa función sintáctica de CI (46, 49, 52 e 53), pero tamén predicados nos que a meta está elidida ou presenta a función sintáctica de CP, nomeadamente naqueles casos nos que se encontra a construción a + infinitivo, coma no exemplo 51.\nNo que se refire ás construcións con redobro do terceiro argumento (Táboa 8), o máis freno], pode corresponderse co causante do proceso, polo tanto, nos predicados causativos resulta imposible a súa inclusión porque o causante do proceso xa aparece como suxeito.\n4.3.3. Distribución dialectal de aprender causativo\nO corpus baseado no TILG non é o instrumento máis apropiado para coñecer a distribución dialectal de aprender causativo porque a maioría de textos que o compoñen son escritos e de carácter literario, non un levantamento da fala dialectal. Con todo, reparamos naqueles poucos rexistros de aprender causativo que pertencen a textos de obras nas que se indica o lugar de recollida do texto. A maioría destes textos pertencen a traballos académicos sobre variedades xeográficas concretas e ao Cancioneiro Popular Galego, no que se indica o lugar a onde pertence cada composición. Esta información aparece representada no Mapa 1. No que se refire a traballos académicos dialectais, encontramos predicados causativos de aprender en Seteventos (O Saviñao, Lugo), Loureses (Os Blancos, Ourense), Zolle (Guntín, Lugo), Palas de Rei (Lugo), A Pontenova (Lugo), concello de Abadín (Lugo), Os Ancares, norte da Terra Chá, O Bierzo, Asturias e Os Coutos (Ibias, Asturias). No Cancioneiro Popular Galego identificamos predicados causativos do lema aprender en composicións recollidas en Louzarela (Pedrafita do Cebreiro, Lugo), Vilar de Corrais (Trabadelo, León), Maroxo (Arzúa, A Coruña), Vilar (Carnota, A Coruña) e Marantes (Santiago de Compostela, A Coruña). Identificamos casos causativos do lema deprender en: Ferreiras (Noceda, As Nogais, Lugo) e Xunqueira de Espadanedo (Ourense). Tamén identificamos usos causativos de aprender ou deprender en obras que non están directamente orientadas ao levantamento da fala dialectal pero que fan referencia nos seus títulos a unha variedade dialectal ou a unha área xeográfica determinada: Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861) de Antonio\nFernández Morales, Cantigueiro Popular da Limia Baixa (1973) de Xoaquín Lorenzo Fernández e 13 No corpus aparece un rexistro con clítico dativo e FN que contabilizamos dentro dos casos de clítico dativo + FP por considerar que non se indica graficamente a contracción da preposición a e o artigo os pero que en realidade estamos ante unha FP. Trátase dun rexistro dunha obra datada en 1933, polo tanto, moito anterior á aprobación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982). 14 Na Táboa 8 incluímos baixo a etiqueta clítico acusativo + FN tres rexistros que en realidade presentan un clítico acusativo e unha FP como expresión formal do benefactario (55). Este tipo de estrutura responde á marcación selectiva de Obxecto do galego, que explica Cidrás (2006). Consonte este autor, de forma xeral en galego non se marca o CD coa preposición a, a non ser aqueles casos susceptibles de confundirse co suxeito, é dicir, os CD que presentan unha alta animación e determinación (O coche viuno Xiana vs. A Pepe viuno Xiana). Os tres rexistros identificados entran dentro deste suposto porque os benefactarios presentan un alto grao de animación –dous deles son humanos e o terceiro refírese ao corpo dunha persoa– e son determinados. Polo tanto, a pesar de presentar a preposición a, estas FP desenvolven a función de CD. 15 A excepción dun único rexistro, no que a orixe presenta os trazos [-animado] e [-humano]: “(...) a luz, a branca luz do día novo, apréndenos do noso erro amosándonos unha paisaxe distinta, marco definitivo do cotián ata o momento de pagála factura e furtálas toallas.” (1997 López López, Biff, bang, pow. Novela case negra [TILG, LEZBIF997]).\nContos e cantigas eonaviegos de Xavier Díaz Conde (2000). Como podemos observar no Mapa 1, case todos os rexistros causativos localizados xeograficamente se sitúan no galego exterior e nas dúas provincias galegas do interior, salvo tres casos situados nos concellos coruñeses de Arzúa, Santiago de Compostela e Carnota.\nSe consultamos a pregunta 2703 do cuestionario do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), aínda inédita, observamos que aprender causativo ten unha ampla extensión, sendo minoritarios os puntos nos que se recolle ensinar e as súas variantes, que poden aparecer como resposta única ou xunto a aprender (Mapa 2). Nalgúns destes casos de dobre resposta indícase unha diferenza de significado 16, da que deducimos que ensinar se emprega en construcións causativas e aprender en construcións anticausativas. Noutros casos de dobre resposta non se sinalan diferenzas de significado entre ensinar e aprender, pero, ás veces, si que se dá outro tipo de información, por exemplo, en O22 (Castrelo do Val, provincia de Ourense) indícase “hoxe” ao lado da forma enseñar. Talvez a incorporación recente desta forma nese punto se pode explicar pola corrección que se facía na escola, xa que no castelán estándar o predicado causativo de aprender se considera incorrecto. Se observamos os puntos onde se recolle ensinar, como resposta única ou como primeira ou segunda resposta, decatámonos de que a maioría se concentra na provincia da Coruña. Os puntos de ensinar espállanse por toda a provincia coruñesa, a excepción dalgúns puntos de aprender localizados, sobre todo, nas comarcas de Ferrol, de Fisterra, de Muros, de Terras de Melide e na área limítrofe coa provincia de Pontevedra. Os demais puntos de ensinar sitúanse, na súa maioría, na Mariña Occidental, na comarca do Ortegal, no Morrazo, no Baixo Miño, no sur da provincia de Ourense e nos dous puntos zamoranos de Lubián e Hermisende. De forma xeral, podemos dicir que ensinar se concentra en zonas próximas á costa e á fronteira administrativa con Portugal, ademais de no interior da provincia coruñesa, e que aprender, a forma maioritaria, ten maior presenza no interior e no oriente do territorio lingüístico galego.\nComo indicamos anteriormente (§ 4.3.2), nos predicados causativos intransitivos de aprender, o benefactario non aparece expresado de forma sistemática por un clítico acusativo ou FN, con todo, sempre que aparece expresado por unha destas dúas posibilidades o segundo argumento (a meta) non presenta a función sintáctica de CD. Polo tanto, obsérvase certa regularidade na escolla do caso do experimentador, que pode ter a súa motivación na variación diatópica. Propomos a hipótese de que, en determinadas zonas xeográficas, o benefactario de aprender causativo aparece expresado por un clítico dativo ou FP, independentemente da función sintáctica que desenvolva a meta; pero hai outras zonas nas que o terceiro argumento aparece expresado por un clítico acusativo ou unha FN, cando a meta de aprender presenta a función de CP ou non está verbalizada, e un clítico dativo ou unha FP, cando a función sintáctica que presenta a meta é a de CD. Os rexistros de clítico acusativo e FN que podemos localizar xeograficamente son sete e sitúanse en: Seteventos (O Saviñao, Lugo), Zolle (Guntín, Lugo), Ferreiras (Noceda, As Nogais, Lugo), Maroxo (Arzúa, A Coruña) e Vilar (Carnota, A Coruña). Os dous primeiros puntos localízanse na parte occidental da provincia de Lugo, o seguinte na metade sueste da mesma provincia, o cuarto na parte sueste da provincia da Coruña e o último punto no sur da costa coruñesa. Esta escasa información xeográfica non nos permite identificar ningunha área nin confirmar a nosa hipótese, só constatar que se rexistran casos do benefactario de aprender causativo coa función sintáctica de CD no centro e no occidente da metade norte do territorio galego. 16 Só hai catro puntos nos que se indica unha diferenza de significado entre ensinar e aprender : A4 (Boal, Asturias), C13 (A Laracha, A Coruña), C14 (Monfero, A Coruña) e C23 (Cerceda, A Coruña). Na resposta do punto C13 aparece unha frecha entre a variante de aprender e as variantes de ensinar recollidas nese punto. Este símbolo parece indicar que se produciu un cambio lingüístico, relativamente recente ao momento da realización da enquisa, polo que as variantes de ensinar substituíron á variante de aprender, entendemos que nas construcións causativas. Algo máis clara semella a simboloxía empregada nas respostas dos outros tres puntos, nelas a diferenza de significado sinálase co símbolo ≠ entre a variante de aprender e a de ensinar. Ademais, nalgúns casos tamén se indica “os nenos” ao lado da variante de aprender e “o mestre” a carón da variante de ensinar, inferindo as características semánticas do primeiro argumento dos dous predicados.\nMapa 1. Rexistros causativos de aprender pertencentes a obras xeorreferenciadas do TILG\n5. c onclusións\nNo TMILG non encontramos ningún caso de aprender causativo cunha valencia análoga á de ensinar, mentres que no TILG hai unha presenza significativa de aprender causativo (10, 39%). Por tanto, parece claro que a construción causativa de aprender é unha innovación do galego moderno. Canto ao período no que tivo lugar esta innovación, sabemos que o primeiro caso do noso corpus se rexistra nunha obra de 1828 e que o seu uso comeza a proliferar en obras da segunda metade do século XIX. Con todo, a pesar de non atoparmos ningunha construción causativa antes do século XIX, non nos atrevemos a situar taxativamente neste século a data de inicio do seu uso e expansión, porque, os só cinco casos de aprender recollidos entre os séculos XVI e XVIII non permiten desbotar a posibilidade de que fose nese intervalo no que xurdise a construción causativa.\nOutra conclusión que podemos tirar da información cronolóxica do noso corpus (Táboa 4 e Táboa 5) é que a frecuencia de aprender causativo diminúe fronte o anticausativo nos períodos 19011950 e 19511980 e volve a aumentar no último período (19812013). Dúas das causas sinaladas para explicar esta tendencia son a “corrección” dos usos causativos por presión do estándar castelán, que rexeita como fortemente vulgares os usos causativos de aprender, e a conformación do estándar galego a partir da década de 1980, que admite como correctos eses usos.Nos rexistros do corpus medieval e contemporáneo, identificamos dúas acepcións principais de aprender anticausativo: ‘chegar a saber’ e ‘adquirir coñecementos de [algo] ou reter [algo] na memoria por medio do estudo, da experiencia ou da observación’. Os exemplos da Idade Media sacados do TMILG amosan unha alta frecuencia de aprender co primeiro significado, mentres que nos rexistros do galego máis recente, tirados do TILG, case non ten presenza e, cando aparece, o significado non é claro, situándose a medio camiño entre as dúas acepcións indentificadas. Os dous predicados presentan un esquema sintácticosemántico semellante. A diferenza radica na función sintáctica que pode desenvolver a meta, no primeiro caso, só a de CD, mentres que no segundo caso pode presentar tamén a de CP.\nAprender anticausativo presenta un proceso con dous argumentos: un experimentador animado coa función sintáctica de suxeito e unha meta coa función sintáctica de CD ou Complemento Preposicional, o máis habitual nestes casos é que teñamos a preposición a seguida dunha oración de infinitivo. Con moi pouca frecuencia, encontramos no TILG algúns casos de aprender seguido de infinitivo sen preposición a. Nos rexistros do TILG, identificamos outras unidades que desenvolven a función de CP: as preposicións a, de e para seguidas dun substantivo que denota un oficio. Nos rexistros dos dous corpus tamén encontramos usos absolutos de aprender. É habitual que os predicados presenten constituíntes facultativos, un dos máis frecuentes é o que neste traballo denominamos orixe e que vai introducido pola preposición de, outro é o de localización de lugar, que pode referirse a dous tipos: a localización do evento ou a localización da meta.\nO evento que presenta aprender causativo, que como xa indicamos ao inicio deste apartado só se rexistra no TILG, é unha acción. O predicado causativo caracterízase por presentar un argumento máis ca o predicado anticausativo: o axente que causa o proceso polo que alguén aprende algo. Este argumento desenvolve a función de suxeito e o participante que nos predicados anticausativos desenvolve o rol semántico de experimentador e a función sintáctica de suxeito pasa a ser o benefactario e a presentar, maioritariamente, a función sintáctica de CI, aínda que tamén pode aparecer como CD nos predicados que non presentan o segundo argumento (meta) codificado como un CD. É posible que esta alternancia CI/CD do benefactario presente unha distribución dialectal, aínda que os datos dos que dispomos non nos permiten confirmar esta hipótese nin determinar a súa distribución. O segundo argumento, a meta, mantense coas mesmas características semánticas, sintácticas e morfolóxicas ca nos predicados anticausativos. Canto aos participantes adxuntos, podemos encontrar os mesmos ca nos enunciados anticausativos, coa diferenza da práctica ausencia do adxunto coa función de orixe. Probablemente, isto débese a que, en ocasións, a entidade que ocupa esta función nas construcións anticausativas se poida identificar co causante ou o desencadeante do proceso, polo tanto, na contrapartida causativa, o referente da orixe e o do axente serían o mesmo.\nO feito de que, no corpus extraído do TILG, a frecuencia dos predicados causativos de aprender sexa menor ca dos anticausativos pode deberse, principalmente, a tres factores non excluíntes. Un deles é que na lingua galega podemos empregar dous predicadores léxicos, ensinar e aprender, para formar predicados causativos co mesmo significado, mentres que para construír predicados anticausativos con ese mesmo significado só temos un, aprender, o que explicaría a alta frecuencia deste predicador nas construcións anticausativas. Outro dos factores é que durante moito tempo os usos causativos de aprender foron penalizados na escola por non ser considerados correctos no castelán. E por último, existe a posibilidade dunha restrición dialectal, pois parece que non en todas as variedades dialectais do galego son posibles os predicados causativos de aprender. A partir da información dialectal que podemos tirar do corpus do TILG, observamos que os rexistros causativos teñen maior presenza na zona centro oriental do dominio lingüístico galego e se, ademais, temos en conta os datos da cuestión 2703 do ALGa, vemos como esta construción se amplía ao norte e centro da provincia de Ourense, ao interior da provincia de Pontevedra e á costa suroeste da provincia coruñesa. A pesar de que aprender causativo non se rexistra na totalidade dos puntos do ALGa, os casos rexistrados suxiren que o seu uso está moi estendido e que a súa distribución é dispersa, sen que se poida restrinxir a unha área compacta.\nCanto ás causas da emerxencia da construción causativa, só nos atrevemos a sinalar (§ 4.3.1), a modo de hipótese, algúns aspectos que puideron estar implicados, como a existencia no galego de moitos pares que presentan o mesmo verbo na diátese causativa e na anticausativa (v. g. romper).\nCon este artigo decatámonos da necesidade de realizar estudos sobre as construcións verbais e a sintaxe dialectal do galego, así como traballos de campo orientados a estas cuestións e á constitución dun corpus. Este tipo de traballos permitiríanos coñecer mellor o comportamento sintáctico do par verbal que nos ocupa e doutros pares semellantes, ademais de profundar no coñecemento da distribución dialectal das construcións causativas e anticausativas de aprender e doutros verbos que, a priori, se presentan como o membro anticausativo da parella verbal. Tamén sería interesante realizar un estudo sobre o proceso de cambio construcional que dá lugar á construción causativa de aprender na liña dos traballos sobre gramaticalización ou construcionalización e cambio construcional de Traugott e Trousdale (2010 e 2013). Un estudo deste tipo tal vez nos poida axudar, por un lado, a comprender as motivacións da aparición dunha construción cun significado que, aparentemente, xa se podía expresar con outro predicado (ensinar); e, por outro, a identificar o contexto crítico en que emerxe a construción innovadora e o percurso que seguiu para a súa codificación lexicogramatical plena. a gradecementos Agradézolles a Rosario Álvarez e a Francisco Cidrás a atenta lectura deste texto e as súas suxestións, aos revisores anónimos os seus comentarios e correccións e aos editores do volume o seu traballo e dedicación. Naturalmente, todos os erros que se poidan atopar neste artigo son da miña exclusiva responsabilidade."} +{"summary": "O estudo dos factores que permiten obter vantaxes competitivas sostibles que melloran o rendemento organizativo segue sendo tema de debate na actual contorna empresarial. O obxectivo principal deste traballo é identificar os factores sobre os que as empresas gandeiras deben exercer control para incrementar o seu éxito no mercado. Para iso, realízase un estudo empírico nunha mostra de 201 explotacións gandeiras. Os resultados amosan a importante influencia que ten o tamaño, a mecanización, o benestar animal e a renovación das instalacións para o éxito competitivo.", "text": "DELIMITACIÓN DOS FACTORES CHAVE DE ÉXITO EN EMPRESAS DO SECTOR PRIMARIO: O CASO DAS EXPLOTACIÓNS DE BOVINO EN GALICIA RODRIGUEZ, Estefanía 1 GONZÁLEZ Raúl b LÓPEZVALEIRAS Ernesto c GÓMEZ Jacobo d\n: Éxito empresarial, explotacións gandeiras, rendemento financeiro. Clasificación JEL : Q10.\nfarms in Galicia.\n1. Introdución\nBlanco et al. (2011) expoñen que as últimas décadas foron un período de gran transformación do sector gandeiro nacional debido, entre outros motivos, á implantación de innovacións tecnolóxicas e ás medidas adoptadas na aplicación da Política Agraria Común (PAC). Tamén destacan factores como a incerteza e risco existente nun mercado globalizado, a diminución de barreiras comerciais ou a redución do custo de acceso á información (Capitanio et al., 2013).\nO aumento da competitividade internacional e a importancia do sector gandeiro na economía nacional xustifican o estudo dos factores de éxito neste sector. Por iso, o obxectivo deste traballo é identificar os factores chave de éxito sobre os que as empresas gandeiras deben basear a súa planificación e control para incrementar o seu éxito a Instituto de Estudos Superiores de FAFE. Escola Superior de Tecnologias de FAFE (Portugal). Autor de contacto. b Cámara de Comercio e Industria de Ourense. c Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Universidade de Vigo. d Departamento de Contabilidade. Universidade Autónoma de Madrid. Agradecementos : Este traballo foi desenvolvido no marco dun proxecto de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (nº de rexistro 0MRU003CT). Os autores tamén agradecen aos colegas do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia e aos revisores e participantes do “VII Congreso Iberoamericano de Contabilidad de Gestión” (Valencia - Xullo 2013) polos seus valiosos comentarios e suxestións. Queremos facer constar tamén o noso agradecemento á Dra. María do Carmen Guisán Seijas, directora da Revista Galega de Economía (RGE), polas súas valiosas aportacións e suxestións.\norganizativo. Ademais de servir de axuda aos xestores das empresas deste sector, os resultados deste traballo tamén pode resultar unha ferramenta valiosa para facilitar a toma de decisións de organismos públicos e administracións. Do mesmo modo, este traballo tamén supón unha nova contribución á literatura de xestión de empresas centrada na identificación dos factores chave de éxito.\nO resto do traballo estrutúrase do seguinte modo. Na segunda epígrafe realízase unha breve revisión da literatura centrada no marco conceptual sobre o que se sustenta este traballo. Así mesmo, desenvólvese o modelo teórico e preséntanse as hipóteses. Na terceira epígrafe, descríbese a metodoloxía da investigación. No cuarto apartado, expóñense os resultados empíricos obtidos. Para finalizar, na quinta epígrafe, amósanse as conclusións máis destacadas, limitacións e futuras liñas de investigación.\n2. Modelo teórico e hipóteses\nOs directivos, durante o proceso de planificación estratéxica, identifican as vantaxes competitivas e establecen os obxectivos estratéxicos da empresa. Obxectivos estratéxicos son, entre outros, a procura do máximo beneficio, a mellora dos ingresos (Rubio e Aragón, 2009), o incremento da cota de mercado, ou mellora da produtividade (Miller et al., 2013). Os conceptos de vantaxe competitiva, rendemento financeiro e rendemento financeiro superior mestúranse e amosan en moitos casos límites difusos (Leonidou et al., 2013). Boso et al. (2012) entenden a vantaxe competitiva como a que ostentan as empresas que obteñen un rendemento financeiro por enriba da media. Na misma liña, Tubagus (2012) afirma que o rendemento financeiro actúa como un bo estimador para determinar a existencia dunha vantaxe competitiva nunha empresa no mercado. Li e Liu (2012) miden, co obxectivo de determinar a presenza dunha vantaxe competitiva xeradora de rendementos superiores, a asociación entre unha serie de factores con variables de rendemento. Na mesma liña, a continuación, preséntanse as seis variables que son incluídas no modelo de investigación deste traballo polo seu potencial efecto sobre o rendemento financeiro.\n2.1. Relación entre tamaño e rendemento financeiro\nA influencia do tamaño no éxito de empresas do sector primario foi cumpridamente estudada, porén, as evidencias empíricas obtidas non son concluíntes. Por unha banda, os argumentos utilizados para xustificar unha relación directa e positiva entre rendibilidade e tamaño céntranse na maior dispoñibilidade de recursos e oportunidades de mercado que teñen as grandes empresas, o que lles pode permitir economías de escala (LopezValeiras et al., 2016). Ademais, posúen maior poder de negociación, tanto con clientes como con provedores, así como maior facilidade para acceder a mercados internacionais (Bojnec e Latruffe, 2013).\nPor outra banda, entre as causas que dende a teoría se aportaron para explicar a ausencia de relación entre tamaño e rendemento atópase a inexistencia dunha dimensión óptima da empresa e, en consecuencia, a falta dunha asociación entre rendibilidade e tamaño, tal como cabería esperar se as economías de escala funcionasen na forma proposta polos economistas clásicos. Neste senso, un tamaño excesivo pode anular o diferencial de custo unitario asociado á dimensión da empresa, tendendo a reducir a rendibilidade, tanto sobre capital como sobre vendas, en especial nos sectores intensivos en capital (Bojnec e Latruffe, 2013). Por todo o indicado anteriormente preséntase a seguinte hipótese:\nH1: O tamaño da explotación incide no seu rendemento financeiro. 2.2. Relación entre a localización e o rendemento financeiro As explotacións gandeiras pódense localizar tanto en chairas como en zonas menos accesibles denominadas zonas de montaña. As zonas de montaña caracterízanse por ter limitacións importantes á hora de utilizar o terreo existente (elevada altitude, clima adverso ou presenza de pendentes que evitan ou complican o uso de maquinaria) (Penati et al., 2012). Esta situación pode influír de maneira significativa nos custos de produción (Kampmanna et al., 2012).\nPorén, debido ás dificultades que atopan os gandeiros para desenvolver a súa actividade en zonas de montaña leváronse a cabo políticas de apoio para fomentar a gandaría nestas localizacións, así outorgáronse axudas de carácter agrario en forma de subvención ou a través de investimentos como a mellora de estruturas agrarias, forestais ou agroambientais, sen esquecer a cohesión social desenvolvida a través do Fondo Social Europeo (FSE) (Comisión Europea, 2011). Neste senso, Briner et al. (2013) suxiren que as explotacións situadas en zonas de montaña benefícianse do aproveitamento de recursos, recoñecidos e protexidos polas administracións públicas, como é o caso dos espazos naturais ou das especies autóctonas.\nPor outra banda, a localización de montaña pode influír na calidade do produto e na sustentabilidade ambiental da explotación percibida polos consumidores (Bell et al., 2013). As zonas de explotación agraria e gandeira caracterízanse por unha paisaxe con presenza de altos valores de biodiversidade que propician unha serie de recursos estéticos de gran repercusión e atractivo para os consumidores (Ruiz et al., 2012). Nunes et al. (2013) recordan que a presenza das granxas é un factor que contribúe notablemente ao mantemento e desenvolvemento da contorna rural. Polo tanto, a localización en montaña pode permitir mellorar a percepción dos clientes sobre a calidade dos produtos, contar con melloras estruturais que favorecen o desenvolvemento da actividade gandeira e optimizar o aproveitamento dos recursos naturais (Renwicka et al., 2013). Seguindo estes argumentos, formúlase a seguinte hipótese:\nH2: A localización da explotación gandeira en espazos de montaña inflúe no seu rendemento financeiro.\n2.3. Relación entre o grao de mecanización da explotación e o rendemento financeiro\nA mecanización da actividade dispón de potencial para a mellora do rendemento dunha empresa agraria reducindo os custos de produción (Udo et al., 2011), incrementando a produtividade (Lemairae et al., 2013), optimizando a relación calidadeprezo dos produtos obtidos (Tsourgiannis et al., 2011) e mellorando a atención ao cliente (Zander et al., 2011). Neste senso, traballos como o de Aldai et al. (2012) suxiren que o nivel da mecanización da explotación é un factor que inflúe significativamente no rendemento económico dunha organización. En base a todo o anterior preséntase a seguinte hipótese:\nH3: O grao de mecanización da explotación gandeira inflúe no seu rendemento financeiro. 2.4. Relación entre o benestar animal e o rendemento financeiro Ohl e Van Der Staay (2012, p. 18) entenden o benestar animal como “unha función biolóxica, que abrangue a continuidade entre benestar positivo e benestar negativo, (..) Benestar positivo implica que o animal ten a liberdade e a capacidade de reaccionar de forma axeitada (é dicir, adaptativamente) a estímulos positivos ou potencialmente prexudiciais (negativos)”. O benestar animal converteuse nas últimas décadas nun importante atributo no concepto de calidade sensorial e ética dos alimentos de orixe animal (Hjelmar, 2012) e que, polo tanto, pode influír directamente no rendemento das empresas. Whay et al. (2013) consideran que o benestar animal afecta á saúde do gando, o cal pode repercutir na produtividade que se obten. Así mesmo, o grao no que as explotacións cumpren con requisitos de benestar animal ten unha repercusión no mercado e nas decisións de compra dos consumidores (Morris et al., 2012). Segundo estes\nautores, o benestar animal, ademais, pode chegar a provocar modificacións produtivas que afectan aos custos da explotación ou incluso ao proceso de distribución da carne. Neste mesma liña, Montossi et al. (2012) indican que contar cun maior grao de benestar animal incide no éxito no mercado, xa que os consumidores están dispostos a pagar un maior prezo polos alimentos se teñen a súa orixe en explotacións con conciencia de benestar animal. En base a todo o anterior, preséntase a seguinte hipótese:\nH4: O grao de benestar animal da explotación gandeira inflúe no seu rendemento financeiro.\n2.5. Relación entre a pegada de carbono e o rendemento financeiro\nPandey et al. (2011, p. 3) definen a pegada de carbono ou pegada de CO 2, como “a medida das emisións totais de dióxido de carbono que se orixinan de forma directa ou indirecta por unha actividade ou se acumulan ao longo do ciclo de vida dun produto”. Na mesma liña, Smith (2011) considera que a pegada de carbono é a cantidade de gases de efecto invernadoiro emitidos á atmosfera, derivados das actividades de produción ou consumo de bens e servizos.\nO cambio climático e a contaminación orixinaron unha preocupación global acerca dos impactos ambientais das actividades humanas (Valderrama et al., 2011). Porén, aínda que algúns autores defenden que a pegada de carbono converteuse nun indicador de competitividade (Senthilkannan et al., 2011) e de sustentabilidade a longo prazo das empresas (Jiménez et al., 2011), outros autores como Ruotolo et al. (2013) consideran que a relación entre medio ambiente e economía xera discusión científica. Nesta liña, Crastona e Harmona (2012) afirman que tanto os indicadores de competitividade como os utilizados para establecer os prezos dos produtos non teñen en conta os recursos ambientais que se estean consumindo.\nTomando como base argumental a primeira corrente, neste traballo deféndese que o cálculo e a redución da pegada de carbono favorece a redución de custos (Jiménez et al., 2011), mellora a imaxe de marca da empresa polo compromiso co medio ambiente (Hua et al., 2011), aumenta a demanda dos produtos no mercado (Muthu et al., 2012), favorece o emprego de recursos renovables (Carrico e Riemer, 2011) e permite optimizar o combustible no transporte e distribución dos produtos (Carrico e Riemer, 2011). Tendo en conta todo o anterior, formúlase a seguinte hipótese:\nH5: A pegada de carbono da explotación gandeira inflúe no seu rendemento financeiro. 2.6. Relación entre renovación de instalacións e rendemento financeiro\nCada día o mercado é máis esixente con respecto aos produtos que demandan. É dicir, esixéselle máis aos produtos xa existentes e, asemade, demándanse novos e mellores produtos. Esta situación implica que as explotacións gandeiras se deben adaptar aos novos cambios que se producen na contorna mediante a modernización das súas instalacións e, na medida do posible, dos seus produtos. Neste contexto, Dalgaard et al. (2012) consideran as decisións sobre a capacidade de produción, entre outras os investimentos de renovación, como unha acción chave para o desenvolvemento presente e futuro da empresa. Isto débese a que, segundo estes autores, a renovación de instalacións favorece a produtividade empresarial. Deste xeito, o uso que a empresa faga dos seus activos pódese converter nun factor determinante da eficacia e da eficiencia da empresa\n(Tsai et al., 2012). En base ao exposto, preséntase a seguinte hipótese:\nH6: A renovación das instalacións da explotación gandeira inflúe no seu rendemento financeiro. O Gráfico 1 amosa a representación do modelo de investigación.\nGRÁFICO 1\nModelo de investigación\n3. Metodoloxía\n3.1 Mostra\nAs hipóteses foron contrastadas no sector gandeiro galego. A poboación está formada por explotacións adicadas á produción de vacún de carne con, alomenos, nove cabezas de media durante a campaña 2010/2011. A poboación total é de 9.680 empresas, da que se obtén unha mostra de 201 explotacións, que cumpren co tamaño mínimo para poboacións finitas 2.\nCo obxectivo de que a mostra fose representativa, a poboación de empresas foi segmentada de acordo a dous criterios: número de cabezas de gando e provincia de localización. O número de empresas en cada un dos estratos construídos obtívose a partir da información do Instituto Galego de Estatística (IGE). A distribución das unidades mostrais deseñadas realizouse de acordo ao criterio de afixación proporcional, isto é, o número de empresas da mostra en cada estrato é directamente proporcional ao peso relativo do devandito estrato sobre a poboación total. Dentro de cada estrato a selección realizouse mediante unha mostraxe aleatoria simple. A información foi obtida a través da análise da documentación dos Cadernos de Explotación Sostible (CES) 3 correspondentes á campaña 2010/2011 4. 2 Para N = 9.680; Z = 1, 96 (nivel de confianza 0, 95); p = 0, 5; q = 0, 5; e = 0, 06 obténse unha mostra mínima de 201 empresas, onde: n = tamaño da mostra; N = poboación; Z = nivel de confianza; p = variabilidade positiva; q = variabilidade negativa; e = erro permitido. 3 “O Eixe 2 do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 20072013 abrangue actuacións dirixidas prioritariamente á conservación da biodiversidade, o fomento de métodos de produción compatibles coa protección da contorna e a remuneración das funcións territoriais, sociais e ambientais da actividade agraria. Entre esas actuacións prioritarias está o “Contrato de Explotación Sostible” (CES) que pretende reforzar a sustentabilidade das explotacións e fomentar o\nTama ñ o Localizaci ó n Mecanizaci ó n da explotaci ó n Benestar animal Pegada de carbono Renovaci ó n de instalaci ó ns\n3.2. Definición e medición das variables\nTamaño. O tamaño mídese con dúas variables (Escribano et al., 2002): (i) número de cabezas de gando que hai en explotación, e (ii) hectáreas de superficie da explotación.\nLocalización. Seguindo a metodoloxía utilizada por Reyes et al. (2011), a localización mídese en función de se as explotacións gandeiras están situadas en zonas de montaña ou non. Isto permite a construción dunha variable dicotómica que toma o valor 1 en caso afirmativo (se a explotación se sitúa en montaña) e valor 0 en calquera outro caso.\nMecanización da explotación. Seguindo a metodoloxía empregada por Serrano et al. (2008) mediuse a mecanización da explotación con dous ítems: (i) tractores que dispón por superficie de terreo e (ii) tractores que dispón por cabeza de gando. Ambas variables foron modeladas a través dunha análise factorial, que deu como resultado un único factor.\nBenestar animal. Este construto foi estimado de acordo aos criterios establecidos por Schnettler et al. (2007). Para iso, mídese o benestar animal con dúas variables: (i) as cabezas de gando que hai por hectárea de superficie da explotación e (ii) as cabezas de gando que hai por superficie de construcións. Estas variables foron introducidas como ítems nunha análise factorial, do que resultou un único factor.\nPegada de carbono. Para realizar o cálculo da pegada de carbono seguiuse a metodoloxía utilizada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (2010). Esta metodoloxía foi utilizada tamén polo estudo do IPCC de emisións do sector gandeiro (2011), o Arcadio et al. (2010). Para o seu cálculo aplicouse a seguinte fórmula que inclúe sete ítems: (i) enerxía consumida de forma interna na explotación (gasóleo vehículos) + (ii) emisións de animais ruminantes + (iii) emisións de partículas á atmosfera + (iv) emisións de amoníaco á atmosfera+ (v) nitróxeno excretado á atmosfera + (vi) factor de emisión de metano + (vii) emisión de gases por superficie de cultivo. Algúns destes ítems proveñen directamente da base de datos, namentres que outros son valores estimados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (2010) en función das características de cada explotación gandeira.\ndesenvolvemento de sistemas de produción sostibles. A través do CES xestiónanse: axudas agroambientais e axudas relativas ao benestar dos animais” (tomado literalmente de http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/es/fogga/politica_agraria_comun/axudas_directas/?ctexpsust&ctexpsustobx). 4 A recollida da información levouse a cabo no marco dun proxecto pertencente ao Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (nº de registro 0MRU003CT).\nRenovación de instalacións. Este construto mediuse tendo en conta o estudo de Jover e Pérez (1996). En base a iso, atopáronse dúas variables: (i) o investimento no ano de investigación en construcións, e (ii) o investimento no ano de investigación noutros bens. Estas variables foron introducidas como ítems nunha análise factorial da que resultou un único factor.\nRendemento financeiro. Neste caso séguese a metodoloxía empregada por Amant et al. (2010) ao usar a variable de resultado do exercicio.\n4. Resultados\n4.1. Análise de regresión lineal\nO estudo para identificar as variables que poden actuar como factor chave no éxito das empresas realizouse cunha análise de regresión. Esta regresión permite coñecer a porcentaxe do rendemento financeiro das empresas que vén explicada polas variables estudadas e destas, as que contribúen a que o resultado empresarial mellore.\nO modelo 1 analízase mediante a regresión de Rendemento financeiro en función de varias variables explicativas. Os resultados recollidos no Cadro 2 amosan que o número de cabezas de gando e a renovación de instalacións son dous factores chave para o éxito das empresas gandeiras, xa que como se pode observar os coeficientes das dúas variables son significativos (p<0, 01). A mecanización da explotación e o benestar animal tamén se amosan como variables importantes para o rendemento financeiro das empresas, xa que os coeficientes das dúas tamén son significativos (p<0, 05). Porén, chama a atención que os coeficientes de número de cabezas de gando, mecanización da explotación e renovación de instalacións son negativos. Ademais o modelo presentado explica unicamente un 24, 30 %\ninterpretados con cautela xa que o valor da bondade de axuste é reducido e os signos dos\n4.2. Análise engadida\nTendo en conta os resultados obtidos coa análise do Modelo 1, en especial o efecto negativo do número de cabezas de gando, realizamos a continuación a estimación dun Modelo 2, no que o Rendemento financeiro por cabeza é función da superficie por cabeza, localización e pegada por cabeza. Os resultados figuran no Cadro 3. Este modelo presenta unha elevada bondade do axuste e coeficientes significativos para superficie por cabeza e pegada por cabeza. A variable localización (en montaña) non amosa un efecto significativo. A superficie por cabeza parece ter unha influencia moi positiva sobre o rendemento por cabeza.\n5. Conclusións\nO principal obxectivo deste traballo é identificar os factores chave de éxito sobre os que as empresas gandeiras deben fundamentar a súa planificación estratéxica e exercer o control para incrementar o seu éxito competitivo. Para iso, analízase a incidencia do tamaño, a localización, a mecanización da explotación, o benestar animal, a pegada de carbono e a renovación de instalacións no rendemento financeiro das explotacións galegas de gando vacún.\nOs resultados obtidos da análise estatística permiten extraer varias conclusións. En primeiro lugar, o tamaño medido como cabezas de gando ten un efecto negativo no éxito das explotacións gandeiras segundo os datos do modelo 1. Neste senso, argumentouse que as diferenzas de tamaño neste sector poden non implicar unha redución de custos que non poida ser compensada con outro tipo de vantaxes, como o acceso favorable a recursos ou a diferenciación do produto (Ríos et al., 2013). Estes resultados están na mesma liña cos de Verschelde et al. (2013). Grandes leiras están sometidas a máis probabilidades de ser abandonadas pola escaseza de acceso a man de obra cualificada (Cocca et al., 2012). Porén, se se observa o resultado obtido polo tamaño medido como a superficie da explotación entre o número de cabezas de gando segundo os datos do Modelo 2, aprecíase que esta relación inflúe de forma positiva no rendemento das empresas. Ríos et al. (2013) establecen que, nas explotacións de corte extensivo, canto maior sexa o seu tamaño, menor dependencia da demanda alimentaria externa teñen, por dispoñer de capacidade de produción interna da mesma, ademais de poder vender os seus excedentes no mercado.\nA segunda conclusión é que non se pode afirmar que a localización das explotacións gandeiras xogue un papel relevante no rendemento financeiro das mesmas. De feito, existen diversos estudos que afirman que a situación das explotacións gandeiras en áreas de montaña é un hándicap para o seu desenvolvemento e para a competitividade (Cocca et al., 2012).\nA terceira das conclusións é que a mecanización da explotación supón un menor resultado de explotación da empresa. Este resultado aparentemente contraditorio podería vir explicado pola baixa utilización da capacidade produtiva da maquinaria. A recente política de subvencións fomentou a compra de nova maquinaria que en moitos casos non supuxo a baixa da antiga.\nCabe recoñecer que os resultados obtidos deben ser interpretados con cautela, xa que as características deste subsector poden limitar a capacidade de xeneralización dos resultados a outros subsectores. A pesar diso, este traballo contribúe á literatura nesta"} +{"summary": "O obxectivo desta publicación é dar a coñecer unha proposta metodolóxica multidisciplinar para a xestión e planificación dos usos e aproveitamentos do monte Xalo (Culleredo, A Coruña) no que se integren os valores dos servizos ecosistémicos producidos, amosando ademais un dos procedementos de actuación dunha das disciplinas integradas: a arqueoloxía e o patrimonio cultural. Esta iniciativa xeral foi definida por un Grupo Operativo de Innovación formado por entidades de distintos perfís que gardan relación co desenvolvemento rural do ámbito das da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (CMVMC Xalo, Asociación de Desenvolvemento Rural MariñasBetanzos, USC, Ingacal, IET) na provincia da Coruña, e que optan por aplicar novas directrices que promovan un modelo de xestión sostible. Desta forma, esta publicación exporá en primeiro lugar o marco do proxecto e os seus postulados principais, pasando a centrarse posteriormente no procedemento de actuación plantexado pola arqueoloxía e o patrimonio cultural, unha das disciplinas integradas que non adoita ser unha parte relevante dentro da xestión habitual dos recursos forestais.", "text": "Methodology for integration and management of ecosystem services of commonly held mountain in natural spaces: an approach from archaeology and cultural heritage\n: Monte Xalo, monte veciñal en man común, multifuncionaidade do monte, xestión sostible, arqueoloxía e patrimonio cultural.\n1. IntroducIón\nGalicia é a principal rexión produtora madereira de España: máis do 50% do volume de cortas de madeira con destino industrial realizados a nivel estatal proveñen do territorio galego (atendendo ao Anuario de Estatística Forestal (Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, 2017)). De forma paralela, durante os últimos anos foron aprobadas unha inxente cantidade de medidas lexislativas no sector forestal a nivel autonómico, creando unha base xurídica que simplifica e clarifica moitos dos procesos e xestións habituais que gardan relación cos terreos forestais (entre outras, destacamos: Lei 7/2012, de 28 de xuño de montes de Galicia (2012); Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais; Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia; Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal).\nAínda que os principios teóricos nos que se inspira esta normativa son os de potenciar a multifuncionalidade dos montes, a conservación e mellora dos recursos forestais, a calidade paisaxística ou o mantemento da biodiversidade; o certo é que a súa principal orientación céntrase na maximización da produción de madeira.\nEn pleno século XXI, nun escenario de sobreprodución e estancamento de prezos, cunha paisaxe cada vez máis erosionada e afectada por factores coma o cambio climático ou os incendios forestais, precísase que os montes integrados en áreas naturais teñan unhas directrices complementarias que propoñan e promovan un modelo de xestión forestal con criterios baseados nun aproveitamento madeireiro no que se coñezan os servizos ambientais producidos polo monte (biodiversidade, paisaxe, patrimonio cultural, uso social do monte, posibilidades de creación de emprego rural, fixación de emisións de CO2, recarga de acuíferos, etc.) ao mesmo tempo que permitan a súa compatibilidade. Como apoio, existe un amplo elenco de acordos internacionais (Convenio da Diversidade Biolóxica, Convenio do Cambio Climático, Convenio Europeo da Paisaxe, etc.) así como unha ampla lexislación a nivel europeo, estatal e autonómico que promoven a protección e conservación dos compoñentes do patrimonio natural e cultural, ao mesmo tempo que fomentan o desenvolvemento sustentable e promoven a súa integración na ordenación das áreas forestais.\nNos últimos anos os estudos que analizan os servizos prestados polos ecosistemas comezan a cobrar importancia, entendendo estes como a multitude de beneficios que estes aportan á sociedade e ao benestar humano (FAO, 2013; TEEB, 2009). A crecente poboación humana está sometendo á biodiversidade a unha enorme presión (destrución de hábitats, especies invasoras, sobreexplotación, contaminación, cambio climático, etc.) (Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza, 2018). Este declive nos hábitats naturais e na saúde dos ecosistemas tradúcese na redución dos mesmos a producir bens e servizos esenciais non só para a conservación da flora e fauna, senón para a propia especie humana. Resulta evidente a necesidade de valorar as externalidades prestadas polos ecosistemas para que a conservación do medio ambiente ocupe un espazo de importancia nas políticas públicas e nos proxectos e toma de decisións transcendentais para o medio natural (Álvarez Vergel et al, 2010).\nExiste ademais unha gran cantidade de traballos e publicacións realizados sobre os aproveitamentos e usos do monte que se atopan totalmente dispersos e non accesibles para os propietarios e xestores de terreos forestais (Rigueiro Rodríguez et al, 1997; Carcelén Fernández et al, 1998; Fernández López, 2014; Miranda Fontaíña, 2018; Centro de Investigación Forestal de Lourizán, 2018a; 2018b), que en moitos casos descoñecen posibles alternativas ás usuais plantacións de especies de crecemento rápido con destino de produción de madeira de baixa calidade. A recollida, homoxeneización e divulgación destas posibilidades facilitaría ás comunidades de montes e a outros propietarios forestais o coñecemento para avaliar diferentes posibilidades de uso, para non ter en conta exclusivamente o beneficio económico e incluír dentro das aportacións que pode ofrecer o monte o compoñente social e ambiental.\nPolo tanto, considérase necesario a definición dunha metodoloxía que complemente á lexislación autonómica (Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, que describe a estrutura e contido mínimo dos proxectos de ordenación forestal), que axude á ordenación dos montes veciñais en áreas naturais e que propoña aproveitamentos alternativos, simulando diversos escenarios que estimen as produtividades e servizos que poderían xerarse no monte atendendo ás superficies que se dediquen a cada uso (madeira, froitos, gando, protección, recreativos, etc.). Esta proposta, que como dixemos tería a súa aplicación no monte veciñal, aportaría unha serie de criterios con maior peso no que se refire ao uso ambiental dos terreos forestais, permitindo integrar máis información no proceso de toma de decisións e asignación de usos potenciais. Aínda que este proxecto se enfoca cara os Montes Veciñais en Man Común, algúns dos seus procedementos e metodoloxías poderían ser válidos noutro tipo de espazos forestais, sempre atendendo ás súas circunstancias particulares.\nNo seguinte artigo, definiremos algunhas das características fundamentais deste proxecto, analizando os principais postulados do mesmo, as súas vías de traballo ou os seus obxectivos principais. Aínda que se trata dun traballo multidisciplinar con diversos enfoques, excedería os seus límites a explicación sistemática das estratexias de traballo de todas as materias integradas. Polo tanto, vémonos na obriga de focalizarnos nas propostas dun caso concreto: a arqueoloxía e o patrimonio cultural. Optamos por centrarnos nesta disciplina debido ao habitual abandono deste tipo de materias dentro da xestión forestal. Neste sentido, consideramos que ao outorgarlle un peso preponderante dentro deste artigo, estamos a fomentar a visibilización o valor do patrimonio cultural como un ben activo dentro dos recursos potenciais que ofrece o monte. Se ben se trata dun recurso que non adoita proporcionar beneficios materiais “económicos”, si que ten un valor único como elemento de cohesión e vertebración entre paisaxe natural e social.\n2. o Marco de actuacIón: unha proposta de actuacIón para a ordenacIón e xestIón dos Montes coMunaIs\nDentro das liñas de fomento da innovación e cooperación no ámbito agrario que se está a promover desde a Asociación Europea para a Innovación, creouse a figura dos Grupos Operativos para a Innovación. Estas entidades buscan abordar de forma conxunta un problema concreto ou unha oportunidade nos sectores agroalimentario e forestal, empregando para elo unha idea innovadora; podendo estar constituídos por agricultores, gandeiros, investigadores, centros tecnolóxicos, universidades, organización non gobernamentais, grupos de desenvolvemento rural, asociacións ou outras organismos de interese. Neste marco, considerouse a creación durante o ano 2017 por parte da C.M.V.M.C. Xalo e da Asociación de Desenvolvemento Rural MariñasBetanzos do Grupo Operativo “Deseño dunha metodoloxía para a ordenación e xestión de montes veciñais, considerando os servizos ecosistémicos producidos”. Para a súa constitución, contouse coa participación dos centros de investigación con experiencia e estudios no que respecta á valorización e coñecemento do medio ambiente e patrimonio cultural (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago de Compostela), aproveitamentos agrarios das áreas rurais (Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo, Ingacal) e da cartografía e análise territorial galega (Instituto de Estudos do Territorio), en especial no ámbito da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Ademais contouse co asesoramento e colaboración do gupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela Síncrisis. Investigación en Formas Culturais á hora de coñecer as accións precisas para a análise e estudio do patrimonio histórico e cultural.\nEn primeiro lugar, esta iniciativa pretende promover unha ordenación dos usos do monte que fomente un aproveitamento multifuncional, considerando os criterios ambientais como unha parte dos recursos a xestionar, integrando a mitigación do cambio climático e a fixación do CO 2 como obxectivos fundamentais a ter en conta.\nAsí mesmo, buscarase a creación dunha ferramenta informática baseada en diversas aplicacións, que axuden a definir e propoñer novos modelos de aproveitamentos forestais e usos alternativos, en detrimento daqueles centrados na produción madeireira, ao mesmo tempo que fomente a cuantificación e valoración dos servizos ecosistémicos que ofrecen. Estas ferramentas informáticas terán como principal obxectivo dar a coñecer os resultados do proxecto e farán accesible toda a información para aquelas persoas ou entidades que estean interesadas.\nPor outra parte, resulta esencial plantear unha vía de comunicación entre as comunidades de montes e as liñas de financiamento asociadas á xestión sostible dos terreos forestais (compensación de emisións, custodia cultural, etc.). Un maior coñecemento deste tipo de incentivos axudará a que estes modelos propostos sexan máis atractivos para as Comunidades de Montes.\nNesta liña, a aplicación positiva deste tipo de medidas fomentará que o patrimonio biolóxico e cultural dos montes galegos melloren o seu estado de conservación e valoración.\n2.1. procedementos e vías de actuación\nCoa intención de crear un marco de traballo que permita coñecer con detalle todas as posibilidades, realizaranse unha serie de entrevistas, tanto a comuneiros como a veciños da zona piloto. Isto permitirá coñecer as variables de maior importancia á hora de valorar e decidir os usos e aproveitamentos a realizar no monte, ao mesmo tempo que permitirá valorar cales son as principais materias de interese para os actores involucrados.\nOs integrantes do proxecto conformarán a creación dun comité de expretos, que ademais contará con investigadores e profesionais doutras entidades e da administración de referencia, gardando relación coa xestión foresta e ambiental do territorio (Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Augas de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, CSICIncipit, Universidade da Coruña, Distrito Forestal, colectivos de comunidades de montes veciñais, etc.). Este comité de expertos permitirá unha correcta coordinación e avaliación dos traballos realizados, avaliaría a viabilidade e aplicación da metodoloxía aplicada e realizará unha supervisión directa da iniciativa, garantindo que se cumpran os obxectivos da mesma. Así mesmo, este comité avaliará o caso real da proba piloto realizada, comprobando a aplicación e funcionalidade as propostas realizadas e analizando e identificando os benefcios que se poderían obter cas diferentes alternativas propostas.\nTodos os pasos deste proceso estarán acompañado do uso e xestión de diferentes aplicacións informáticas (follas de cálculo, software SIX), que axudarán tanto á xestión dos datos como á identificación e análise das problemáticas acontecidas, sendo unha parte activa de todo o proceso de recopilación, investigación e difusión da información. Para a aplicación das medidas propostas e a avaliación da valía das mesmas, utilizaranse estas ferramentas para a creación de “simulacións”, escenarios alternativos que, atendendo a criterios predefinidos, permitirán analizar, avaliar, interpretar e propoñer diferentes medidas que serán aplicadas ao longo de todo o proxecto. O softtware utilizado será de libre acceso, o que permitirá tanto unha maior versatilidade como unhas maiores facilidades á hora de axilizar e facilitar o acceso libre á información obtida.\nPor outra parte, resulta necesario sinalar o eminente carácter multidisciplinar da proposta. Dado que se pretenden analizar e valorar unha gran cantidade de recursos ecosistémicos de índole diversa, resulta imprescindible acudir a múltiples disciplinas e áreas de coñecemento. O carácter interdisciplinar deste proxecto implica atender e integrar a todas estas áreas, orientándoas cara un mesmo fin e aproveitando o potencial que esta tranversalidade investigadora ofrece para obter unha análise moito máis prolífica e detallada.\nTras a creación dun marco institucional e da preparación dos puntos de partida, os primeiros traballos centraranse na caracterización e análise da situación dos montes veciñais das zonas piloto, valorando os seus recursos a nivel ambiental, como se utilizan e cal é o seu plan de ordenación. Identificaranse os usos e aproveitamentos potenciais para cada caso, seleccionando aqueles que semellen máis oportunos, sempre atendendo ás necesidades e intereses dos membros da comunidade, os cales serán involucrados dentro deste proceso a través de múltiples estratexias de participación colectiva.\nTras unha correcta avaliación das posibilidades do monte e das posibles melloras de aproveitamento dos recursos ecosistémicos (sempre seguindo as directrices xerais anteriormente plantexadas), estas proporanse para ser integradas tanto dentro dos plans de ordenación e conservación ambiental, como dentro dos servizos de ecosistemas nas Instrucións Xerais de Ordenación de Montes de Galicia.\nFinalmente realizarase unha estratexia de divulgación dos resultados, tanto entre os actores do sector como entre a comunidade científica. Dentro dos plans de divulgación no medio rural, celebraránse varias xornadas de presentación e difusión (tanto para os membros das entidades colaboradoras e participantes, como de acceso libre), así como a divulgación a través de múltiples notas de prensa e artigos de divulgación a través de medios e redes informativas enfocados ao ámbito rural e á xestión de recursos agrícolas e forestais (Rede de Asesoramento e Innovación Rural, Asociación Europea da Innovación, etc.). A nivel científico, procederase a difusión a través de diferentes congresos e publicacións de índole científica, buscando contrastar a información recollida con outro tipo de aproximacións metodolóxicas.\nComo dixemos anteriormente, estes procedementos son de carácter xeral e deben entenderse como unhas directrices básicas a seguir por todas as disciplinas que forman parte deste proxecto, sempre atendendo ás conxunturas particulares de cada materia. Tal e como veremos no caso da arqueoloxía, estas directrices deben de ser comprendidas como un marco que englobe todas as actuacións e lles outorgue uns obxectivos e unha finalidade conxunta.\n2.2. Zona de traballo\nA zona piloto escollida para a aplicación desta metodoloxía trátase do Monte Veciñal en Man Común Xalo (Culleredo, A Coruña). A nivel ecosistémico, estamos ante unha zona cun gran valor ecolóxico e ambiental, formando parte dunha Reserva da Biosfera e constando dun valor natural moi destacado, coa existencia de especies vexetais e animais endémicas da zona dentro do seu marco xeográfico. Entre os valores naturais máis destacados podemos contemplar a existencia dun hábitat de especial importancia comunitaria, Brezais húmidos atlánticos de zonas templadas de Erica ciliaris e Erica tetralix. Tamén cabe sinalar a identificación de especies destacadas como os anfibios Rana iberica, Rana temporaria e Hyla molleri, ou as aves Tartaraña cincenta (Circus pygargus) e a Rula brava (Streptopelia turtur).\nResulta relevante sinalar que nos atopamos ante unha zona case “virxe” a nivel poboacional, o cal resulta significativo tendo en conta a súa situación en pleno centro da comarca da Coruña, e a escasos quilómetros da propia capital provincial.\nA nivel xeográfico, destacamos a situación do Xalo dentro dun macizo granítico montañoso, conformado por granodioritas tardía e precoz. Dentro do seu conxunto, destaca como punto de interese xeolóxico o “Petón do Xalo”, un afloramento rochoso conformado por rochas erosionadas de grandes dimensións. O Monte Xalo elévase a 521 metros sobre o nivel do mar, unha altitude moderada, pero única na súa contorna, o que lle outorga unhas características paisaxísticas e microclimáticas únicas, sendo o miradoiro do Golfo Ártabro máis importante pola súa amplitude de visión panorámica, abarcando unha superficie de 64.641 hectáreas (IET, 2017). Estamos, polo tanto, ante un dos puntos máis altos da área da Coruña, expoñéndose como un anfiteatro que contempla toda a área metropolitana da cidade da Coruña.\nA nivel hidrográfico, resulta especialmente relevante o nacemento do río Anllóns, que abastece de auga a toda comarca de Bergantiños e á zona norte da Costa da Morte. A relevancia dos recursos hídricos que contén o Xalo quedan definidos non só por ser o nacemento do rego das Xesteiras, e outros regatos afluentes do río Valiñas, senón que no seu ámbito tamén aparece a cabeceira do río Anllóns, que recorre toda a comarca de Bergantiños. A súa riqueza hidrolóxica tamén se contempla nas traídas de augas veciñais existentes e que abastecen de auga aos núcleos rurais das parroquias do sur do concello de Culleredo.\nA nivel arqueolóxico e patrimonial, destacamos a presenza de ocupación neolítica, documentando restos de dúas mámoas situadas na súa parte Leste. Por outra parte, tamén se atopan catalogados dous xacementos fortificados de carácter indeterminado, un situado no Petón do Xalo e outro no lugar coñecido como “Castelo da Veiga” (Ferrer Sierra, 2012).\nA nivel etnográfico e cultural, o Monte Xalo consta cunha inxente cantidade de lendas e mitoloxías, centradas principalmente na gran cantidade de bolos graníticos existentes nas súas partes máis elevadas, así como fontes, como a “Fonte das Meigas”, situada na parte Oeste, ou a “Fonte do Cáliz”, situada na parte Leste do Monte Veciñal, na base da Pedra do Castelo. Existía tamén un uso de augas termais ferruxinosas no lugar coñecido como Ternande, na falda orientada ao Oeste do Monte Xalo, que se perdeu pola urbanización da zona.\nA responsabilidade da xestión do monte é da CMVMC Xalo, unha comunidade de montes con 310 comuneiros/as que xestiona e posúe 315 ha dentro do ámbito do monte, dentro da parroquia de Celas de Peiro. A xunta reitora desta comunidade leva anos co obxectivo primordial de realizar un aproveitamento multifuncional do monte, onde poidan ter collida usos complementarios e alternativos aos madeireiros tradicionalmente realizados na zona. Coñecedores do importante valor paisaxístico, cultural e natural do monte, buscan realizar unha ordenación que contemple os servizos ecosistémicos e os promova e potencie no futuro.\n3. a arqueoloxía e o patrIMonIo cultural coMo exeMplo de dIscIplIna Integrada\nCoa intención de exemplificar algunha das propostas de traballo das disciplinas integradas no proxecto, no seguinte punto exporemos brevemente os postulados iniciais dende a arqueoloxía e o patrimonio cultural. Malia que non se trata dunha especialidade que habitualmente teña demasiado peso dentro deste tipo de proxectos, consideramos que as súas propostas amosan con fidelidade os postulados xerais e a “esencia” deste proxecto. Ademais, consideramos que a súa elección é especialmente pertinente para visibilizar os estudos de índole social e das ciencias históricas dentro deste tipo de metodoloxías. Nesta liña, a arqueoloxía e o patrimonio cultural permiten crear vínculos entre a comunidade e o monte, amosando os procesos históricos que os involucraron a ambos de forma conxunta e que permitiu a creación da paisaxe social que actualmente constitúen.\nHabitualmente, os bens arqueolóxicos son ignorados, esquecidos ou incluso alterados dentro da xestión forestal, sendo considerados como unha parte irrelevante e carente de interese. Malia este habitual esquecemento, o patrimonio arqueolóxico debe de comprenderse como un recurso máis dos que ofrece o monte, e debe formar parte de calquera marco de actuación que implique a administración destes recursos. Este tipo de proxectos multidisciplinares non só axudan a permitir a súa visibilización, senón que poñen de manifesto a súa relevancia para unha xestión forestal sostible e de calidade.\nSeguindo as liñas aportadas polo marco teórico xeral do proxecto, desenvolveranse varios procedementos de actuación que permita unha correcta integración do patrimonio arqueolóxico dentro da xestión do monte, tendo en conta tanto as conxunturas propias de cada espazo como as necesidades da comunidade. Con todo, debemos ter claro que a proposta que aquí expoñemos partirá tanto das directrices marcadas polo plan de actuación xeral como polas circunstancias concretas de estudo e conservación que presenta a zona piloto, e os puntos de partida da mesma deben atender ao estado da investigación da zona en cuestión. Neste sentido, aínda que os postulados xerais desta proposta metodolóxica poidan ofrecer ideas ou metodoloxías con potencial para ser de aplicación xeral, algunhas aproximacións parten das casuísticas particulares da situación do monte a estudar, o que obriga a proceder con cautela e a non extrapolar de xeito sistemático determinados aspectos. No hipotético caso de aplicación deste tipo de metodoloxías noutros exemplos de estudo, débese ter en conta o estado da investigación e as circunstancias particulares de cada área de traballo, e modificala nos casos oportunos.\nCon todo, considérase oportuno ter claros dous puntos de partida que deberían resultar comúns a calquera iniciativa que se integre dentro dunha proposta de semellantes características. En primeiro lugar, considérase necesaria a implicación da propia comunidade de montes dentro de todo o proceso de realización dos traballos. O seu compromiso e colaboración resulta esencial para que estes consideren a investigación e os seus resultados como unha parte esencial do monte que poidan recoñecer e coa que sentirse identificados. Ao mesmo tempo, o seu coñecemento da zona en cuestión pode aportar un interesante background contextual que pode facilitar tanto a elaboración de hipóteses coma o traballo de campo.\n3.1. contexto arqueolóxico\nAtendendo ao estado da investigación e ao coñecemento arqueolóxico dispoñible respecto á zona do Monte Xalo, podemos falar dun bagaxe bastante escaso, mitigado por algunhas obras concretas (Monteagudo Fariña, 1991; Villar Hermida, 1998, así como pola recente realización do PXOM do concello de Culleredo (Ferrer Cruz, 2012), publicacións que aportan algunha información relevante do patrimonio cultural existente na zona. Atendendo a estos traballos, documéntase a existencia de 4 xacementos arqueolóxicos dentro da zona de traballo: dúas mámoas e dúas fortificacións sen adscrición cronolóxica clara. Dado o limitado alcance da información dispoñible, as metodoloxías propostas encamiñaranse cara a realización dun primeiro achegamento ao patrimonio arqueolóxico do Monte Xalo de forma conxunta. Os obxectivos propostos son os seguintes:\n• Caracterización e interpretación preliminar do patrimonio arqueolóxico da zona, revisando os bens arqueolóxicos inventariados e recoñecendo posibles emprazamentos susceptibles de acoller novos xacementos arqueolóxicos. Para tal fin, aplicaránse diversas técnicas arqueolóxicas non invasivas. • Estudo e interpretación da paisaxe arqueolóxica da zona de xeito diacrónico, seguindo algunhas metodoloxías de investigación propias da arqueoloxía da paisaxe (Criado Boado, 1999; Parcero Oubiña et al., 1999; García Sanjuan, 2005) e realizando unha interpretación que permita comprender de xeito diacrónico a ocupación humana desenvolvida na zona.\nEn función dos resultados obtidos, proporanse futuras liñas de investigación e divulgación, atendendo a aqueles puntos que ofrezan un maior interese investigador e divulgativo, e considerando en todo momento os intereses da propia comunidade.\nAcadar estes obxectivos permitirá un maior coñecemento arqueolóxico da zona, posibilitando a apertura de novas liñas de investigación e divulgación que, dentro dunha xestión do monte sostible, poden ser de interese mutuo tanto para a comunidade como para o mundo da arqueoloxía.\n3.2. Metodoloxía\nA continuación, analizarase cal será o proceso de traballo a realizar, expoñendo finalmente un exemplo práctico de aplicación das metodoloxías propostas.\n3.2.1. Revisión inicial e puntos de partida\nO método habitual das prospeccións e catalogacións arqueolóxicas adoita partir dunha revisión inicial dos bens arqueolóxicos inventariados na zona en cuestión, revisando as fichas de inventario depositadas na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, toda a bibliografía relevante e aquelos datos toponímicos e etnográficos que poidan considerarse de interese. Este primeiro proceso permitirá realizar unha caracterízación preliminar da zona a estudar, ao mesmo tempo que permitirá definir algúns posibles puntos de interese. Dentro deste procedemento máis “canónico”, consideramos relevante incidir na necesidade de fomentar unha relación estreita cos propietarios do monte e coa súa comunidade, atendendo ao xa proposto no punto anterior. A comunidade, ademais de aportar información valiosa sobre a zona, será a que deba ter interese en avaliar e valorar os recursos patrimoniais das súas terras, co que a súa implicación e interese nos traballos resulta clave para que o resultados obtidos sexan incorporados á xestión do monte, así como para que ocupen unha posición relevante dentro da mesma.\nAsí mesmo, a recollida de datos non debe tratarse do paso previo aos traballos de campo, senón como un mero punto de partida inicial que debe de ser completado con outros procedementos, que permitirán adquirir un coñecemento da zona o suficientemente profundo como para realizar un traballo arqueolóxico moito máis certero e eficaz.\n3.2.2. “Prospección arqueolóxica dende o sofá”: aplicación de métodos de visualización arqueolóxica baseados en Modelos Dixitais do Terreo\nAínda que nos últimos anos os traballos con SIX están a experimentar un tremendo auxe dentro da arqueoloxía galega, aínda queda moito camiño por percorrer na súa aplicación práctica. A prospección a través da creación de MDT con datos LiDAR é un paso ineludible se pretendemos realizar unha revisión e catalogación do patrimonio arqueolóxico exitosa.\nA metodoloxía a empregar, xa aplicada con éxito noutros casos de estudo (Nión Álvarez, 2018a; 2018b), consiste na creación, visualización e interpretación de MDT e MDE creados a partires de nubes de puntos LiDAR a través de software SIX. Se ben é certo que este tipo de técnicas comezan a difundirse dentro do eido da arqueoloxía de investigación, non son especialmente habituais dentro da arqueoloxía profesional. A aplicación deste tipo de técnicas permite un gran avance para a súa interpretación, ao mesmo tempo que crea múltiples posibilidades para a súa integración dentro da xestión forestal. Os métodos de visualización baséanse principalmente na creación de múltiples shaded relief models de carácter diverso, dentro dos que destacan os seguintes:\nestudo e xeorreferenciación de toponimia.\nO traballo con este tipo de técnicas de visualización posibilitará un mellor coñecemento dos bens arqueolóxicos xa catalogados, ao mesmo tempo que permitirá presentar diversos emprazamentos con potencial para acoller xacementos arqueolóxicos. Así mesmo, a precisión xeográfica do software SIX facilitará o estudo en campo das hipóteses de traballo seleccionadas.\n3.2.3. Traballo en campo\nOs dous anteriores puntos son esenciais para crear unha visión de paisaxe conxunta, así como para propoñer novos puntos de partida e recoñecer posibles xacementos descoñecidos sobre o terreo. Sen embargo, estas hipóteses requiren un intenso traballo de campo que permita avaliar a súa validez, así como afinar con máis detalle as súas características. Dende o noso punto de vista, consideramos que este tipo de traballos deben aproveitar a transversalidade da arqueoloxía e das súas disciplinas para aproveitar todo o seu potencial, sexa tanto en campo coma no laboratorio, pois todas teñen unha mesma finalidade: coñecer o noso pasado.\nNesta liña, a nosa proposta metodolóxica baseada na aplicación de técnicas de teledetección con base SIX posibilitará establecer hipóteses de traballo de alta fiabilidade, ao mesmo tempo que permite interactuar de forma case simultánea cun amplo número de variables. Sen embargo, a información que nos aporta debe de ser comprobada e avaliada en campo, amosándonos esta relación simbiótica entre PC e campo que aquí estamos a defender.\nPola súa parte, as metodoloxías arqueolóxicas a aplicar en campo dependerán en boa medida das características e condicións dos bens cos que se traballará. En todo caso, e de forma xeral, ao tratarse dunha prospección arqueolóxica, os traballos estarán encamiñados aos seguintes aspectos: localización de novos xacementos arqueolóxicos e caracterización dos xa coñecidos, definición das características dos sitios documentados, delimitación e xeorreferenciación e propostas de investigación, conservación e divulgación.\n3.2.4. Síntese, elaboración de propostas e divulgación\nO último paso a seguir será a elaboración dunha síntese xeral, centrada en catro aspectos principais:\n• Delimitación, definición e interpretación das zonas arqueolóxicas revisadas. • Interpretación e caracterización da paisaxe social e da dimensión da ocupación humana no Monte Xalo, creando unha narrativa inicial que permita comprender, grosso modo, as principais características da ocupación humana da zona de xeito diacrónico. • Elaboración de propostas para a súa correcta integración e conservación dentro da explotación dos recursos ambientais que ofrece o monte. • Elaboración dun conxunto de medidas de divulgación e visibilización do patrimonio arqueolóxico, coa intención de que forme parte integral do conxunto de medidas propostas para poñer en valor e maximizar os recursos ecosistémicos.\nComo plantexamos con anterioridade, o papel da comunidade resulta esencial. Eles deben ser os principais valedores do patrimonio das súas terras, e como tales, deben de formar parte da toma de decisións para conservalo, integralo e visibilizalo dentro da xestión do monte. Deste xeito, as medidas de divulgación propostas para caso serán expostas en común coa comunidade, atendendo ás distintas conxunturas que poden influír en cada cuestión.\n3.2.5. Caso de estudo: A capela de San Bartolomeu e os camiños tradicionais\nPara concluír, amosarase un caso práctico de aplicación desta proposta metodolóxica: a (desaparecida) capela de San Bartolomeu e as rutas de tránsito tradicionais do Monte Xalo. Estamos ante dous exemplos perfectos de como esta conxunción de técnicas e métodos de estudo resulta moi eficaz para a recuperación do patrimonio arqueolóxico. Así mesmo, este tipo de bens arqueolóxicos non adoitan ser receptores en Galicia de plans de posta en valor e de recuperación patrimonial 1 (con algunha excepción, como pode ser Otero Vilariño, 2003), co que resulta interesante analizar o seu caso para poder explorar outras posibles vías de recuperación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico. Nunha primeira fase preliminar de recollida de documentación, recuperouse certa información relativa a unha fase de ocupación medievalmoderna materializada a través de dous rutas tradicionais, o camiño dos Montañeses e o camiño da Costa. O camiño dos Montañeses transitaría dende Celas de Peiro ata a Pedra do Coto, atravesando boa parte do Monte Xalo (Villar Hermida, 1998: 26). O Camiño da Costa, pola súa parte, percorrería dende Altamira ata o val das Encrobas a través do Monte Xalo, pasando pola capela de San Bartolomeu do Vao, a súa fonte e o seu cruceiro (Villar Hermida, 1998: 26). Esta capela estaría citada en diferentes fontes que acreditan a súa existencia entre 1727 e 1822 (Villar Hermida, 1998: 27), ano no que, debido á súa ruína, sería substituída por outra nova edificación situada en Folgueira (Culleredo). Teoricamente, a súa situación estaría na encrucillada de camiños entre o Camiño da Costa e a estrada que parte dela ata a coñecida como Pedra do Castelo (Villar Hermida, 1998: 27). Resulta bastante plausible que boa parte dos seus paramentos fosen transportados e reutilizados para a construción da nova capela, o cal explicaría a ausencia de datos dispoñibles sobre a mesma.\nA revisión e análise desta información posibilitará unha modelización e xestión da mesma a través de diferentes técnicas e métodos de estudo, coa intención de documentar e recuperar o posible emprazamento destes bens arqueolóxicos non documentados. Atendendo á diversidade das técnicas de visualización, serán utilizadas diferentes metodoloxías de traballo que, en función das súas características, permiten unha mellor aproximación a cada caso de estudo concreto. En primeiro lugar, para o recoñecemento dos camiños tradicionais optarase por aplicar aquelas técnicas de visualización de MDTs que do Vao.\nnos permiten recoñecer en superficie a pegada deixada por vagoadas e rutas tradicionais, das que podemos destacar algunhas coma o SLRM ou o positive openness, de validez probada para analizar este tipo de elementos (Vletter, 2014; Small 2016/2017; Herzog, 2017). Como xa explicamos anteriormente, estas técnicas reducen, de xeitos distintos, a morfoloxía xeográfica a gran escala, permitindo poñer o foco de atención en anomalías a pequena escala e facilitando a visibilización de elementos como posibles rutas creadas polo home, que non serían visibles con outras técnicas de visualización. Así mesmo, estes procedementos serán complementados con outros non baseados en MDTs, como pode ser a ortofotografía histórica, o cal permitirá avaliar a pervivencia, características e entidade destes posibles camiños ao longo dos últimos 70 anos.\nPola súa parte, e atendendo ás localizacións para a capela de San Bartolomeu e ás hipóteses plantexadas para o percorrido dos camiños, procederase a analizar as anomalías do terreo a través da aplicación de técnicas de visualización como hillshading, slope gradients ou SkyView Factor, de indubidable valor para recoñecer estruturas soterradas en superficie (Zaksek et al, 2011; Carrero Pazos et al, 2015). Deste xeito, proporanse diferentes hipóteses para o seu asentamento orixinal, que serán avaliadas na fase de traballo de campo.\nEn función dos resultados ofrecidos por esta fase, proporanse diferentes medidas de conservación, investigación, valorización e divulgación dos mesmos. A modo de exemplo, podemos esbozar algunhas posibles propostas (asumindo, de xeito eventual, un resultado positivo das anteriores hipóteses).\nO primeiro paso sería a súa integración dentro das habituais rutas de sendeirismo existentes dentro do Monte Xalo. Proporíase unha limpeza da ruta, ao mesmo tempo que se procedería á súa integración dentro do resto de sendeiros e á súa sinalización e identificación a través de diferentes cartaces informativos que ofrezan información sobre os mesmos. Estes poderán completarse tamén con informaci��n sobre o patrimonio da zona (tanto arqueolóxico e cultural como biolóxico), en función da localización de cada sitio. Deste xeito, e aproveitando a privilexiada localización da capela dentro da ruta (no caso de ser documentda), esta debería formar parte do propio conxunto, ao mesmo tempo que se poderían aplicar outras metidas alternativas de divulgación e visualización patrimonial, como poden ser a fotogrametría ou a reconstrución virtual en 3D.\nEste tipo de medidas permitirían a integración do patrimonio arqueolóxico dentro da xestión do monte, ao mesmo tempo que se aproveitaría unha actividade moi popular na zona, o sendeirismo, para dar a coñecer o patrimonio cultural a outros sectores da poboación.\n4. conclusIóns\nEn definitiva, consideramos necesaria a creación de novos marcos administrativos e metodolóxicos que permitan comprender a xestión do monte dende a perspectiva dos servizos ecosistémicos, superando as políticas de explotación do monte encamiñadas unicamente á explotación de madeira. A través deste proxecto, preténdese deseñar unha metodoloxía que permita xerar modelos alternativos de xestión dos terreos forestais en áreas de alto interese ambiental e cultural, que teñan en conta os servizos ecosistémicos producidos e que incorpore criterios ambientais e de loita contra o cambio climático nos plans de ordenación dos montes veciñais.\nA súa función non será unicamente a elaboración de escenarios de planificacións para casos concretos ou a simplificación de toma de decisións, senón que se pretende crear unha metodoloxía común que sexa aplicable para os montes veciñais (dos cales existen uns 2800 en Galicia), pero tamén que sente as bases para unha aplicación potencial para os 600 000 propietarios de parcelas forestais que existen no noso territorio. Desta forma, iniciaríase a creación dun marco de actución que permita coñecer e definir cada caso concreto, analizando os recursos do monte e as alternativas posibles para a súa xestión.\nNesta liña, consideramos que a arqueoloxía e o patrimonio cultural xogan un papel clave. Na actualidade, podemos albiscar un crecente interese da comunidade no seu patrimonio arqueolóxico e a súa historia, e estes xa non son tan vistos como un estorbo, senón que comezan a ser considerados como unha oportunidade, un nexo de unión con esa paisaxe social da que forman parte e que define a súa identidade persoal. Este tipo de propostas, que comezan a integrar de forma sostible tanto a explotación do monte como a integración do patrimonio, son esenciais para interpretar e valorar os restos arqueolóxicos dentro dun contexto que permita a coexistencia de ambos.\nBIBlIograFía"} +{"summary": "O rol da muller desempeña unha importancia capital na literatura universal, tanto que algúns prototipos femeninos convertéronse en referentes canónicos que, dalgunha maneira, conseguiron marcar unha tendencia ao desvincularse das caracterizacións máis ao uso, dando así paso a unha tradición de herdanzas literarias ancoradas no cambio dos patróns de comportamento social como factor distintivo. Utilizando como base de partida as teorías de representación de xénero de Butler (1999) e Wood (2005), o presente estudo pretende sacar á luz os posibles padúas figuras literarias distanciadas polo tempo, os xéneros e as voces narrativas, pero que atopan puntos de semellanza comúns articulados ao redor do conflicto bélico, configurado como o elemento artífice da ruptura dos estereotipos clásicos de feminidade.\nstereotypes of femininity.", "text": "A fame que o vento non levou: Paralelismos literarios entre Escarlata O’Hara e Katniss Everdeen\nPatricia Val Antelo\n[Recibido, 8 marzo 2016; aceptado, 10 xuño 2016]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.48.3186\n : gender studies, literary archetypes, woman and war, characterization.\nComparar O que o vento levou 1 e Os xogos da fame 2 non é tarefa fácil. Máis aló da máxima que recalca que quen quere achar semellanzas entre dous suxeitos farao, as dúas obras atópanse distantes en moitos aspectos literarios que a crítica define esenciais, como a tipoloxía, o público receptor, a época, o ámbito literario e mesmo o xénero. De feito, se non nos cinguimos unicamente ás diferenzas que se poderían remarcar entre unha obra clásica e unha saga xuvenil e seguimos os parámetros marcados por Lluch (2007: 201203), podemos afirmar que a novela de Mitchell encaixaría baixo a definición de obra canónica, mentres que a triloxía de Collins ampararíase baixo o concepto de paraliteratura. Pero o eixo temático da guerra que subxace no transfondo de ambas as narracións permite, en certo xeito, transcender clasificacións como a anterior e enfocar a comparación valéndonos dunha característica que pode considerarse común ás literaturas xuvenil, bélica e destinada ás mulleres (ámbito no que algúns seguen situando a obra de Mitchell): o feito de desenvolver discursos relacionados con preocupacións inherentes ao xénero e ás nacións, á humanidade e ao crecemento entendido en sentido amplo, e contextualizalos baixo paradigmas sociais, culturais ou morais (Coates 2011: 316318). Así, se O que o vento levou nos fala dos cambios acontecidos na sociedade sureña de Estados Unidos durante e despois da Guerra Civil de 1861, cunha visión centrada especialmente nos roles femininos (Kone č ná 2010), Os xogos da fame pon o acento sobre a formación da identidade no seo dunha comunidade distópica dominada por un totalitarismo mediático e as desigualdades de clase (Irwin 2012).\nO foco narrativo das dúas obras difire. No caso da novela de Mitchell atopámonos cun narrador omnisciente, mentres que na saga de Collins é a mesma protagonista, Katniss Everdeen, quen se encarga de relatar a súa historia en primeira persoa. A pesar diso, o aspecto máis relevante e central á hora de levar a cabo o labor comparativo obxecto do presente traballo segue visible no corazón de ambos os relatos: o contar con dúas escritoras que desenvolven a narración ao redor de dúas heroínas que presentan unha caracterización pouco usual se comparada cos prototipos femininos de ficción das súas respectivas épocas. Unha caracterización que atopa puntos de conexión tanto no referente a factores intrínsecos aos personaxes coma a factores externos relativos ao relato, que contribúen a perfilar os trazos das protagonistas e o seu devir como arquetipos literarios. Trátase duns paralelismos razoablemente marcados, tanto é así que á luz do ensaio de Margaret D. Bauer “A Study of Scarletts. Scarlett O’Hara and her Literary Daughters” (2014) non sería desatinado afirmar que a propia Katniss Everdeen podería considerarse unha das fillas literarias do inmortal personaxe creado por Margarett Mitchell.\nA guerra gañada da caracterización: batallas paralelas, frontes distintas\nA fascinación por dous personaxes tan distintos como Escarlata O’Hara e Katniss Everdeen é facilmente demostrable pola estética da recepción das obras que protagonizan. A pesar do anterior (ou, se cadra, xusto por iso), é innegable que parte do encanto atribuído a ambas as protagonistas débese ás exitosas adaptacións cinematográficas de O que o vento levou e Os xogos da fame, e ás fantásticas interpretacións das talentosas actrices sobre as que recaeu a responsabilidade de dar vida ás heroínas, Vivien Leigh e Jennifer Lawrence, respectivamente, creando así un efecto propio das que se poden denominar narrativas transmedia.\nTanto Escarlata coma Katniss actúan, utilizando os trazos femininos para conseguir os fins que se propoñen que, máis aló de obxectivos específicos, pódense sintetizar na supervivencia no seo dunhas sociedades convulsas e violentas. A forma de proceder tipicamente masculina de Escarlata, recalcada de forma directa en decenas de pasaxes distintas da novela, é un dos eixos temáticos da narración, e ao chocar coas vertentes sedutoras e coquetas falsamente impostadas contribúe a marcar a dualidade de trazos enfrontados do personaxe que, en palabras de Commager (1936:1), se sintetiza da seguinte maneira:\nShe was not a lady, though she wanted to be, but a magnificent woman, a vital, proud, passionate creature, undismayed by life or by death, tenacious of what was hers, acquisitive of what was not, hungry for admiration rather than love, ruthless but capable of tenderness, ambitious but capable of sacrifice, sentimental but without nonsense, deeply rooted in the soil of Tara but uprooted, too, lost.\nEsta combinación binaria é a que segundo Deeks (1997: 312) permite catalogar idealmente a Escarlata O’Hara baixo o tipo psicolóxico que Adler (1956: 123) denomina “erudito”, feito que explicaría a fascinación ambivalente que o personaxe é capaz de exercer, producindo tanto admiración coma rexeitamento. En palabras de Spanbauer (2001: 14) “This conflict makes Scarlett both despicable and a compelling, attractive, even glamorous, character”.\nO caso de Katniss Everdeen presenta connotacións parecidas. Os estudos que se centran nunha análise de xénero da protagonista de Os xogos da fame 3 coinciden en que o personaxe de Collins presenta preferentemente trazos distintivos que adoitan atribuírse aos homes, aínda que os balancea con algunhas características habitualmente consideradas femininas (Lem 2012). Unha vez máis se fai patente esa ambivalencia de xéneros e roles, que no referente a Katniss cristalízase no feito de convertela nunha indubidable heroína de connotacións progresistas, capaz de espertar a admiración dos lectores da literatura para mozos adultos (Henthorne 2012), á vez que nunha figura ambigua que por mor das súas características pouco marcadas, dubitativas e cambiantes pode provocar o escepticismo e o desapego dun público máis afeito a tratar con personaxes literarios de maior espesor.\nEscarlata e Katniss viven nunha época de conflito bélico. Aínda que un corresponde a unha visión bastante fiel da realidade histórica e o outro se define entre as marxes da ficción distópica, ambos os dous se configuran como transfondos das narracións e inflúen profundamente nas personaxes, de tal maneira que se poderían considerar un motor da acción. A guerra e as penurias que supón motivan algúns dos paralelismos máis interesantes entre estes dous personaxes tan afastados. O primeiro deles ten que ver coa necesidade de supervivencia e a loita contra o horror. Fundamentalmente, ambos os personaxes buscan sobrevivir: Escarlata á pobreza e miseria que proporcionan a guerra e o seu final cargado de cambios e incerteza; Katniss, antes aos propiamente chamados Xogos, e posteriormente á guerra civil na que se verá forzada a ter un papel clave. Para facelo, as dúas están dispostas a mentir, roubar e mesmo matar e, de feito, fano, cometendo accións abominables sen desenvolver culpas demasiado remarcadas, contradicindo así as calidades de receptividade, sensibilidade, pacifismo e tenrura que Marcuse (1983: 14) consideraba dominantes en calquera universo centrado nun carácter feminino e trocando unha vez máis os roles de xénero para subsistir nunha contorna hostil.\nComo vimos, Escarlata e Katniss posúen actitudes e características preferentemente masculinas que inflúen tanto na súa conduta coma na imaxe que proxectan, o que á súa vez repercute na tipoloxía de relacións e roles que van asumindo ao longo da narración. Debido á súa fortaleza e espírito de supervivencia, ambas vense abocadas a asumir o rol de cabeza de familia, un papel marcadamente patriarcal que se alimenta dos trazos masculinos e á vez refórzaos. Os lazos afectivos que as unen ao pai antes de que este, en ambos os casos, faleza son máis fortes e significativos dos que se establecen coa nai. A devoción de Escarlata polo seu pai Gerald é explícita e tradúcese nunha reprodución consciente de actitudes do mesmo na súa propia forma de actuar. É un dos poucos personaxes cara aos que demostra abertamente un agarimo desinteresado, xa que os devanditos sentimentos non son proxectados de igual maneira cara á súa nai, Ellen, nin cara a ningún outro membro da familia. Escarlata toma a súa nai como exemplo, idealízaa e outórgalle poder moral, pero mantén con ela unha relación fría e privada de connotacións cariñosas, si baseada no sentimento de protección e admiración, pero baixo o veo da distancia (Bauer 2014: 1920). Pola súa banda, Katniss mantén un recordo cariñoso do seu pai (xa defunto ao comezo da obra) e segue os seus pasos de forma literal vestindo a súa cazadora e indo cazar ao bosque, territorio prohibido. Poderíase dicir que toma o seu sitio e á vez despreza á súa nai por non ser capaz de manexar as rendas da familia e coidar dela e da súa irmá pequena Prim, mantendo unha actitude reprobatoria e resignada que se reflicte no primeiro capítulo de Os xogos da fame (Collins 2008: 1220). En ambos os casos parece latente unha especie de síndrome de Electra que se articulará nos aspectos emocionais e sociais da configuración dos personaxes.\nO segundo aspecto ten que ver coa falta de interese romántico xenuíno que experimentan ambas as figuras femininas a pesar de ser o vértice central dun triángulo amoroso. Escarlata sofre innegablemente un enamoramento cara a Ashley, algo que lle leva a anhelalo e perseguilo, esperalo e desexalo, pero que en realidade revélase unha fantasía, unha fantasía á que agarrarse para cobrar forza e escapar da triste realidade, sen ter un fondo ancorado nun amor auténtico (Haskell 2010: 87). Igualmente, a súa relación con Rhett baséase máis en equilibrios de conveniencia que en sentimentos profundos, polo menos ata as páxinas finais da obra, nas que parece que Escarlata dáse conta do que sente en realidade (Bauer 2014: 2133). Con todo, a actitude do personaxe e as súas propias reflexións deixan entrever que Escarlata non está interesada na parte romántica do amor, tan só a idealiza precisamente polo feito de non necesitala verdadeiramente. Pola súa banda, Katniss expresa de forma inequívoca o seu desinterese nas cuestións románticas, escudándose no feito de non poder permitirse pensar nesas cousas cando se está vivindo unha situación de guerra que ameaza a existencia dunha enteira sociedade. A esa reflexión únese o comportamento ambiguo que adopta en relación a Gale e Peeta, alentándoos e rexeitándoos segundo esixa a situación ou os desexos deles (Layfield 2013: 15), e aínda que ao final da obra acaba casada con Peeta, esa unión parece responder máis a un desexo de estabilidade e tranquilidade que á satisfacción dun impulso romántico.\nConclusión\nAtopar puntos de semellanza ao desenvolver unha análise comparativa de dúas obras significa interconectar dous mundos literarios que, a priori e se non se demostra o contrario, non se propoñen voluntariamente ser debedores un do outro. O mesmo ocorre cos personaxes. Collins puido perfectamente inspirarse na Deusa Diana para perfilar algúns trazos de Katniss Everdeen, pero é complicado pensar que puidese tomar a Escarlata O’Hara como referencia. A pesar diso, hai unhas herdanzas literarias que se transmiten de forma implícita e silenciosa e que remiten á reprodución de arquetipos universalmente instaurados. Aínda sendo “heroínas”, os dous personaxes que abordamos ao longo deste traballo distan bastante de ser arquetípicos, máis ben poderían definirse como construcións contraditorias baseadas en forzas antagónicas, que triunfaron porque souberon suscitar a curiosidade dos lectores, espertando simpatías e antipatías pero, sobre todo, funcionando como catalizadores de discursos de xénero sobre o rol e os estereotipos da muller. O que lles fai cobrar aínda máis forza é, se cabe, conseguilo desde dous subsistemas literarios tradicionalmente de segunda fila: o drama romántico e a literatura xuvenil.\nOs trazos inusuais que as caracterizan e que, como tratamos de explicar, as unen, desenvólvense en ambos os casos de acordo a paralelismos que se fraguan a pesar das distancias narrativas que as separan. Iso pode facer pensar que é posible achar a existencia dun factor intrínseco á narración que actúe como meridiano e permita o despregamento dos subseguintes paralelos. En base ao exposto, atreveríame a afirmar que ese factor pode corresponderse cos conflitos bélicos que se atopan no transfondo das dúas ficcións. A guerra, histórica ou distópica, coas súas penurias, os seus dramas e o seu consecuente halo de horror e incerteza, actúa nos mundos literarios creando personaxes que para ser cribles e inspiradores teñen que vivir no desdobramento, nesa liña que separa o medo e a coraxe, a ética e o moralmente cuestionable, a empatía e a dureza, e mesmo a masculinidade e a feminidade. Cando se sitúa no centro dese escenario a unha muller, a historia que narran os seus actos pode tomar moitos camiños, pero inevitablemente acaba transcendendo os moldes sociais ancorados aos estereotipos clásicos e se o personaxe é construído de forma sincera e crible terá que ser partícipe dunha representación de vivencias que consegue expresarse coa mesma potencia tanto nunha obra canónica coma nunha ficción de literatura xuvenil, posto que, como está a demostrar o paso do tempo, a distancia entre estes dous mundos literarios non é maior da que pode existir entre unha Escarlata e unha Katniss.\nPatricia Val Antelo Universidade de Santiago de Compostela\nReferencias bibliográficas\nKone č ná, H. 2010. Gone with the Wind: Changes in the Southern Society Brought by the Civil War, especially Changing the Role and Status of Women, http://is.muni.cz/ th/265872/pedf_m/diploma_thesis.pdf. [Consulta: 22/12/2015]."} +{"summary": "O obxectivo deste traballo é examinar a influencia dos factores contextuais e da comunidade nos resultados de políticas lingüísticas familiares (PLF) orientadas ao mantemento interxeracional do galego. Con este fin analizamos tres entrevistas semi-dirixidas con nais galegofalantes que foron seleccionadas en función do tipo de hábitat, buscando o contraste no contínuum rural-urbano. A análise céntrase nas ideoloxías e formas de xestión lingüística no ámbito familiar, así como nas observacións e expectativas sobre o desenvolvemento lingüístico dos fillos e fillas. Como esperabamos, o tipo de hábitat destácase como un factor contextual de gran relevancia nos resultados da PLF declarada polas informantes. No contexto semirrural, a socialización dos nenos e as nenas no ámbito escolar e nas relacións cos iguais desenvólvese principalmente en galego, o que contribúe ao éxito da PLF. En cambio, nos contextos semiurbanos e urbanos, onde a presenza do galego é minoritaria, esta socialización fóra do fogar e das relación familiares prodúcese en castelán e actúa así como unha forza externa contraria á PLF, ata o punto de ser considerada como a causa principal do seu posible fracaso. Porén, a análise tamén detecta nos tres casos abordados unha infravaloración da xestión lingüística, que semella especialmente problemática para o éxito da PLF nos contextos urbanos e semiurbanos, xa que o mantemento do galego depende unicamente nestes casos da súa escolla como lingua de interacción cos fillos/as.", "text": "“Fálalle castelán que é o idioma da cidade”: a importancia dos contextos no éxito ou fracaso da transmisión familiar do galego\nINTRODUCIÓN\nEste artigo aborda o estudo dos procesos de mantemento interxeracional do galego, na actualidade, en Galicia. Desde a aprobación do Estatuto de Autonomía no ano 1981, o galego goza de status legal de lingua propia e cooficial nesta comunidade xunto co castelán, que é a única lingua oficial en todo o estado español, o que provoca unha situación de xerarquía lingüística en detrimento das demais linguas de España (Ramallo 2018). O galego e o castelán conviven en Galicia desde finais da Idade Media, nunha relación desigual que foi evolucionando de diferente forma co paso do tempo, aínda que sempre co castelán como lingua teito, na terminoloxía de Kloss (1969), a pesar de ser o galego a lingua da gran maioría da poboación (Monteagudo 2017; Ramallo 2018). Porén, o proceso de substitución do galego polo castelán continuou avanzando lenta pero progresivamente ata a actualidade, de xeito que a lingua dominante se foi introducindo cada vez máis nos ámbitos tradicionalmente reservados ao galego e, en concreto, no ámbito familiar (Ramallo & Vázquez 2020). Como consecuencia, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (2018), actualmente a proporción de uso do galego (de xeito exclusivo ou maioritario) supera tan só en 2,29 puntos porcentuais a metade da poboación. Encontrámonos así nunha situación paradoxal, na que o aumento das competencias escritas e a extensión de usos, máis alá dos orais e coloquiais, a raíz do proceso de normalización, é acompañada dunha continua diminución de falantes, sobre todo entre a xente nova, así como dunha ruptura na transmisión interxeracional (Monteagudo 2017).\nPor este motivo, consideramos fundamental analizar os procesos que subxacen ao mantemento ou abandono da lingua propia, que se dan de forma simultánea en Galicia e nos que a familia xoga un papel fundamental (Loredo & Monteagudo 2017). Con este fin, situámonos no marco dos estudos sobre política lingüística familiar (PLF), campo que ata o momento atraeu escasa atención na nosa comunidade (Nandi 2018 e 2019; O’Rourke & Nandi 2019) e no que, en xeral, os estudos se teñen centrado principalmente nos procesos de substitución e, en todo caso, en contextos de migración (Kasares 2017: 135; King & Lanza 2017). Máis concretamente, atendemos a cuestións como as seguintes: Que tipo de estratexias de xestión lingüística empregan os proxenitores galegofalantes para conseguir o obxectivo de manter a lingua minorizada na seguinte xeración? É suficiente unha PLF “pro-galego” na familia, de tipo individual, sen ter en conta o contexto inmediato e o seu grao de galeguización? Como inflúe o contexto e a comunidade na PLF? Desenvolven estas familias pro-galego (nivel micro) ideoloxías de resistencia fronte ás políticas lingüísticas das institucións, de nivel meso (por exemplo, a escola) e macro (goberno)? A investigación demolingüística destaca que a variable sociolóxica que máis inflúe na lingua habitual en Galicia é o hábitat (Rodríguez Neira 2008: 41-42; Monteagudo, Loredo & Vázquez 2016), no sentido de que a presenza do galego diminúe de maneira inversamente proporcional ao tamaño do municipio: canto maior é o número de habitantes, menor é o uso do galego. Sobre esta base, partimos da hipótese de que o hábitat de residencia e/ou de escolarización dos nenos e nenas vai xogar un papel fundamental no resultado das PLF orientadas á reprodución do galego que se levan a cabo na nosa comunidade, na medida en que está estreitamente ligado ó grao de galeguización do contexto, máis alá do ámbito familiar. Así, no caso dos hábitat urbano e semiurbano, onde a presenza do galego é cada vez menor e nalgúns casos incluso residual ou anecdótica, cabe esperar que estes tipos de PLF poidan fracasar. Os datos máis actuais dos que dispoñemos (Instituto Galego de Estatística 2018) ratifican estas diferenzas segundo o contínuum rural/urbano, indicando, por exemplo, que o monolingüismo en galego representa o 56,52% nos concellos de menos de 10.000 habitantes e un escaso 8,91% nos de máis de 50.000. Se temos en conta as dúas opcións máis favorables ao galego (“en galego sempre” e “máis galego que castelán”), obtemos aínda maior diferenza: 81,15% fronte a 24,91%.\nDesde a perspectiva teórica da PLF, partimos das tres compoñentes que se diferencian dentro do modelo tradicional proposto por Spolsky (2004), isto é, prácticas, ideoloxía e xestión lingüísticas, aínda que concordamos coas modificacións críticas realizadas, tanto por el mesmo (Spolsky 2019), como por outras autoras (Curdt-Christiansen 2018; Schwartz & Verschik 2013). En primeiro lugar, consideramos que cómpre ir máis alá do estudo da transmisión da lingua dos proxenitores aos descendentes como un proceso unidireccional e centrado no papel dos adultos. Fronte a esta visión, e de acordo con Curdt-Christiansen (2018: 421), o noso enfoque combina a teoría sobre PLF coa teoría da socialización lingüística (Ochs 1986; Ochs & Schieffelin 2012), que fai fincapé na lingua como parte integral dos procesos nos que os nenos e as nenas medran e se desenvolven como seres sociais. Esta teoría asume o papel activo que estes tamén realizan en dito proceso, en canto que a súa participación nas prácticas comunicativas “is promoted but not determined by a legacy of socially and culturally informed persons, artifacts, and features of the built environment” (Ochs e Schieffelin 2012: 4). Deste xeito, contemplamos o papel dos fillos e fillas non só como receptores pasivos da transmisión lingüística, senón tamén como “axentes socializadores” (Kasares 2017: 141), é dicir, como parte das múltiples entidades que interveñen na crianza lingüística, con capacidade para influír nas súas propias dinámicas lingüísticas, así como nas das súas familias e outras persoas. Como demostra Harris (1995) na súa teoría da socialización grupal, a aprendizaxe e evolución do individuo non só dependen do efecto dos proxenitores, senón tamén do contexto. Ter en conta esta capacidade para actuar dos nenos e nenas vai resultar fundamental para valorar o éxito ou fracaso do mantemento das linguas minorizadas (King & Lanza 2017: 719), así como para ampliar o estudo máis alá da socialización na primeira infancia e do ámbito estritamente familiar. En efecto, entendemos que se trata dun proceso dinámico e ás veces conflitivo que abrangue toda a vida dos individuos e no que inflúen outros axentes socializadores como a escola, o grupo de iguais, as actividades extraescolares, o deporte, a música ou os medios de comunicación, en definitiva, a comunidade no seu conxunto (Schwartz & Verschik 2013: 8).\nDe acordo con King, Fogle & Logan-Terry (2008: 909), o estudo da PLF sitúase nun espazo interdisciplinar entre a adquisición lingüística e a política lingüística, co fin de estudar como se interrelacionan as crenzas e comportamentos lingüísticos familiares no día a día co contexto máis amplo da comunidade. Como calquera tipo de política lingüística, a PLF pode entenderse, de acordo con Spolsky (2004), como unha construción social que inclúe tres compoñentes: ideoloxías, prácticas e xestión lingüística. En xeral, as ideoloxías lingüísticas defínense como as crenzas sobre as linguas e usos lingüísticos (Spolsky 2004: 5) e considéranse a base das outras dúas compoñentes. As prácticas lingüísticas son os comportamentos lingüísticos que se dan nun ámbito determinado, como a interacción familiar. Son observables e poden xestionarse de maneira implícita ou explícita a través de diversos tipos de accións, polo que se solapan a miúdo coa xestión lingüística, dificultando por veces unha delimitación clara de ambas (Kheirkhah 2016: 11, Curdt-Christiansen 2018: 126). Con respecto a esta última, nós consideramos que fai referencia a todas as estratexias e medidas levadas a cabo polos distintos membros da familia co fin de obter determinados resultados en favor da adquisición e aprendizaxe dunha lingua ou linguas. Así, incluímos nesta compoñente tanto a creación dun determinado ambiente de alfabetización no fogar para os fillos e fillas (Curdt-Christiansen 2018; Nandi 2018), como a escolarización destes en programas de inmersión (Caldas & Caron-Caldas 2000; Nandi 2018), por exemplo, pero tamén accións de apoio lingüístico para os proxenitores (Smith-Christmas & NicLeòid 2020) ou a propia elección dunhas linguas ou outras por cada un dos membros da familia, non só por parte dos proxenitores, senón tamén de irmáns e outros familiares cos que se manteña relación (Smith-Christmas 2016). Seguimos nisto a Curdt-Christiansen (2018: 124), quen sinala as distintas estratexias de elección de lingua no fogar como o elemento fundamental da xestión lingüística.\nSobre estes fundamentos teóricos, e como contribución ao estudo dos procesos de transmisión familiar do galego, neste artigo analizaremos as entrevistas a tres mulleres galegofalantes, que foron socializadas en galego polos seus proxenitores, e que tratan de mantelo nos seus propios fillos e fillas. Ademais, estas informantes foron seleccionadas en tipos de hábitat diferentes, semirrural, semiurbano e urbano, o que nos permitirá abordar a nosa hipótese sobre a influencia dos contextos sociolingüísticos nos resultados das súas PLF desde unha perspectiva comparativa, como explicaremos con máis detalle na seguinte epígrafe.\n2. METODOLOXÍA\nDesde o punto de vista metodolóxico, as investigacións sobre PLF poden clasificarse en tres principais grupos (Curdt-Christiansen 2018): os estudos cuantitativos, baseados en cuestionarios lingüísticos, os estudos cualitativos e interpretativos, baseados en entrevistas, e os estudos sociolingüísticos de tipo etnográfico-conversacional, baseados en gravacións en audio ou vídeo das interaccións no ámbito familiar. O presente estudo sitúase na liña das aproximacións cualitativas que empregan o método da entrevista, o máis frecuente no campo (Schwartz 2010: 10). Fronte ás aproximacións interaccionais, que permiten analizar con detalle as prácticas lingüísticas reais dos membros da familia, os nosos obxectivos céntranse na análise da PLF declarada polos informantes (King, Fogle & Logan-Terry 2008: 9), co fin de identificar as súas metas, ideoloxías e formas de xestión lingüística como proxenitores, así como as súas observacións e expectativas sobre o desenvolvemento lingüístico dos seus fillos e fillas. No nivel das prácticas e xestión lingüística, indagamos sobre a traxectoria e perfil sociolingüístico dos informantes, así como sobre a súa escolla de lingua nos distintos contextos e, sobre todo, no fogar e na relación cos fillos e fillas. En xeral, este tipo de aproximación pon o foco nas experiencias dos proxenitores nos procesos de transmisión lingüística interxeracional, atendendo aos contextos socioculturais máis amplos e á posible influencia de forzas externas (Curdt-Christiansen 2018: 434). Para este artigo seleccionamos tres entrevistas das 15 que realizamos en total, na medida en que representan as experiencias de tres nais no proceso de transmisión lingüística que denominamos “mantemento do galego”, como explicaremos máis adiante, e porque ademais permiten abordar comparativamente o impacto do tipo de hábitat neste respecto, xa que as informantes foron seleccionadas en función do seu lugar de residencia e/ou de escolarización dos fillos/as, segundo diferentes niveis de urbanización. A continuación, explicamos os criterios de selección de informantes para a realización das 15 entrevistas que comprende a nosa investigación en conxunto, na que se insire o presente estudo1.\nO tipo de hábitat, xunto coa idade e a lingua habitual, foron os criterios para a selección de informantes. Dado que nos interesaba, en xeral, a socialización lingüística das xeracións máis recentes, buscamos informantes de 30 a 45 anos, franxa etaria na que sería máis probable que cumprisen o requisito de ter fillos e/ou fillas en idade escolar (3-16 anos). Ademais, os informantes foron seleccionados en tres municipios con diferente grao de urbanización, seguindo a clasificación do Instituto Galego de Estatística (2016), baseada na densidade de poboación; así, escolleuse o municipio de Cuntis como zona pouco poboada (ZPP), o de Tui como zona intermedia (ZIP) e o de Ourense como zona densamente poboada (ZDP)2. Quintá & Macía (2017) teñen en conta máis variables para establecer un índice de ruralidade que aplican a todos os municipios galegos: a evolución da poboación nos últimos dez anos, a taxa de envellecemento, o número de vivendas por cada cen habitantes, a poboación ocupada que traballa no sector agrario e o tempo de desprazamento ata a cidade máis próxima que conte polo menos con 50.000 habitantes (Quintá & Macía 2017: 94). Segundo este estudo, Cuntis constitúe un hábitat semirrural, mentres que Tui é semiurbano e Ourense urbano. Tamén se tivo en conta a lingua habitual dos informantes, para obter datos tanto de galegofalantes como de castelanfalantes en cada un dos tres municipios indicados. Obsérvese que o xénero non foi un criterio de selección, dado que ata o momento os estudos cuantitativos non destacan esta variable como unha das máis significativas na explicación da lingua habitual, aínda que si recollen un uso algo menor da lingua minorizada nas mulleres (Rodríguez Neira 2008: 42, 76)3. Polo tanto, o feito de que as informantes nas tres entrevistas que analizamos neste artigo sexan mulleres foi algo totalmente aleatorio.\nEn todos os casos, as entrevistas realizáronse de maneira individual e non se entrevistou ao outro proxenitor, aínda que o guión incluíu numerosas preguntas sobre a historia lingüística da parella e sobre o papel desta con respecto do uso das linguas na casa e cos fillos e fillas. En todo caso, debe subliñarse que o foco da investigación se sitúa nas persoas entrevistadas, nas súas propias experiencias e perspectivas, que non teñen por que coincidir coas do outro proxenitor. O guión da entrevista estaba orientado a obter “historias de vida”, seguindo un modelo semellante ó de Bastardas (2016), con preguntas organizadas en catro bloques: 1) socialización da persoa entrevistada, 2) socialización coa parella, 3) socialización dos fillos e fillas e 4) ideoloxía e identidade política. Deste xeito, acadamos información sobre tres xeracións: a dos proxenitores dos entrevistados (primeira xeración), a dos propios entrevistados (segunda xeración) e a dos descendentes destes (terceira xeración). Cómpre subliñar que esta información é transmitida en primeira persoa no caso da segunda xeración, pois correspóndese cos informantes, mentres que os datos obtidos sobre a primeira e a terceira xeración constitúen información reportada en terceira persoa e mesmo proxectada no caso da última, xa que algunhas preguntas tiñan que ver coas expectativas con respecto do desenvolvemento lingüístico dos descendentes no futuro. As entrevistas tiveron unha duración media de corenta e cinco minutos.\nA selección das tres informantes para este artigo responde a que son as únicas, das 15 entrevistas realizadas, que podemos incluír dentro da transmisión lingüística que denominamos mantemento do galego: foron socializadas en galego polos seus proxenitores e, á súa vez, educan tamén en galego os seus descendentes. O obxectivo da súa PLF é polo tanto o mantemento interxeracional da lingua minorizada en Galicia. A nosa hipótese é que o resultado vai máis alá do ámbito doméstico / familiar, de xeito que outros factores externos acadan gran relevancia no seu éxito ou fracaso. Na Táboa 1 recollemos o seu perfil sociolingüístico e o dos seus fillos e/ou fillas. Para identificalas, creamos os códigos M12-CUN, M5-TUI e M11-OU, onde o M inicial se refire ao xénero (muller) e o número que segue indica a orde que ocupa a entrevista no conxunto; por último, indicamos as primeiras letras do municipio no que foron seleccionadas e se realizaron as entrevistas.\nCómpre aclarar algunhas cuestións máis sobre estas informantes e facer mención tamén ó perfil das súas parellas e a súa escolla de lingua cos fillos. Como pode apreciarse na Táboa 1, o lugar de residencia de M5TUI é a cidade de Vigo e non Tui, o municipio semiurbano onde se realizou a entrevista. Esta falta de correspondencia débese a que, para a selección de informantes en Tui, solicitouse a colaboración de escolas de Educación Infantil e Primaria, nas que pedimos voluntarios/as para ser entrevistados, contando con que vivisen neste mesmo municipio. M5TUI traballaba nunha destas escolas como profesora, pero durante a entrevista descubrimos que vivía en Vigo. Porén, o seu neno está escolarizado no mesmo centro, polo que consideramos que a súa entrevista representa as súas experiencias e percepcións tanto en relación cun contexto urbano como semiurbano, aínda que a vinculamos con este último polo proceso de selección. Como se mostrará na análise, ela sinala que a socialización do neno nesta escola, a través das relacións cos iguais en castelán, é precisamente o principal factor que inflúe negativamente nas súas metas e planificación lingüística no fogar e coa familia, orientada ao mantemento do galego. En xeral, esta informante transmite unha visión semellante das poboacións urbanas e semiurbanas con respecto da situación do galego, na medida en que o castelán ten claro predominio, fronte ao que acontece na contorna rural onde se criou, unha aldea de Lalín, onde actualmente a familia pasa moitas fins de semana.\nCon respecto á M11OU, os seus pais naceron e criáronse en aldeas de Ourense, logo emigraron a Suíza e finalmente instaláronse na cidade de Ourense. Esta informante declara que o galego é a súa lingua inicial, aínda que empregou o castelán como lingua habitual ata os 17 anos, momento no que decidiu instalarse no galego. Con anterioridade, falaba castelán fóra da casa, o que ela explica precisamente polo predominio desta lingua en Ourense, o hábitat urbano no que se criou e vive actualmente. A súa parella, en cambio, ten o castelán como lingua inicial e habitual e emprégaa tamén co seu fillo. Ambos forman polo tanto unha parella lingüisticamente mixta (Bastardas 2016), que aplica a chamada estratexia OPOL (One-Parent-One-Language, Palvaiainen & Boyd 2013: 236; Curdt-Christiansen 2018: 423), xa que a nai usa o galego co neno, mentres que o pai lle fala en castelán. Nos casos das outras informantes, M5TUI e M12CUN, as súas parellas presentan un perfil sociolingüístico semellante ao delas, xa que teñen o galego como lingua inicial e habitual, e ademais tamén o empregan cos fillos/as.\n3. MANTEMENTO DO GALEGO FAMILIAR NUN HÁBITAT SEMIRRURAL: M12-CUN\nM12-CUN e a súa parella sempre educaron en galego os seus fillos, un mozo de 18 anos e unha nena de 12, sen necesidade de ningunha conversa explícita ó respecto:\n(1)\nI: Os rapaces empezaron a falar e nós falamos con eles en galego. Non se falou doutra forma.\nI: Nin siquiera se chegou a plantear, vámoslle a falar castelán, no, para nada…\nPolo tanto, esta familia sitúase nunha PLF de uso exclusivo da lingua minorizada na socialización dos fillos, estratexia detectada noutros estudos, como por exemplo Curdt-Christiansen & Lanza (2018: 124, “hot-house approach”), Nandi (2019) ou Smith-Christmas & NicLeòid (2020: 580), que se refiren a ela como “stand your ground approach to language choice”. Coincidindo con estes autores, consideramos que se trata dunha estratexia claramente pro-activa, que aínda o é máis cando os nenos/as se instalan na lingua dominante, a pesar do cal os proxenitores non cesan na súa práctica monolingüe. M12-CUN sustenta esta decisión nunha ideoloxía de resistencia en contraposición ao desprazamento á lingua dominante para dirixirse aos descendentes, práctica moi habitual en Galicia desde a ditadura (Rojo 1981) e que aínda se mantén na actualidade (Iglesias & Acuña, no prelo). Así, elabora un discurso cunha alta compoñente afectiva e emocional, no que valora a lingua minorizada por si mesma, vinculada á súa función identitaria, e non como un medio para conseguir o bilingüismo (Smith-Christmas & NicLeòid 2020: 585-586): “sempre me pareceu algo patético o de falarlle ós fillos en castelán cando ti falas en galego, que hai moitas familias que o fan (…) Non o entendo, é a túa lengua, por que renuncias a ela? Porque ademais paréceme un algo, non sei, paréceme algo moi feo. Sempre me pareceu. Entón, pa nós non cambiou nada”. Repárese, de todos os xeitos, en que a comunidade na que vive esta informante, unha aldea do concello de Cuntis, reforza a súa práctica e ideoloxía lingüísticas, xa que nela a norma social é o mantemento do galego, polo que no seu contexto inmediato se trata dunha práctica que podemos cualificar como “natural” (Armstrong 2013):\n(2)\nE: Hai familias que o fan [cambiar ao castelán cos fillos], ti sabes de familias que o fan?\nI: Si, si, si. Si, si, si, efectivamente...\nE: Na túa propia aldea?, que dis que todo era galego, todo é galego...\nI: Non. Na miña aldea, non.\nAdemais, ante o cambio da súa filla ao castelán a raíz da escolarización, no segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos), como vía de integración nun grupo de compañeiras castelanfalantes (minoritario na clase), M12CUN reacciona exercendo a súa autoridade materna e reprobando á súa filla o seu comportamento, xestión que, en cambio, as nosas outras dúas informantes non se ‘atreven’ a realizar, de acordo coa ideoloxía que considera “unnatural” e “authoritarian” (Armstrong 2013) calquera medida para favorecer a lingua minorizada, en detrimento da dominante. Porén, neste caso, ante a influencia externa (a través do grupo de iguais da escola), a nai rebélase e actúa, co fin de conseguir o resultado lingüístico desexado na súa filla, obxectivo que acada a curto prazo, pois a nena xa se instala plenamente no galego en primaria, tanto ela como as súas compañeiras. En consecuencia, a este logro tamén debeu contribuír o propio grupo de iguais e a comunidade no seu conxunto, pois non esquezamos que se sitúan nun contorno predominantemente galegofalante, onde o \"antinatural\" para esta nai é falar castelán:\n(3)\nI: No. Inés sen embargo, si. Quería falar castellano como María e unhas cuantas máis, Paula, que hablaba en [RISA] castellano, por aquel momento, si.\nE: Como compañeiras dela?\nI: Entonces falaba castellano e tiñamos unhas peloteras gordísimas porque eu negábame a que o falara. Parecíame antinatural, sabes? Pero ela quería, dicíame que a tiña que deixar elegir, o sea, ben pequeniña, con tres anos.\nEn efecto, este é un claro exemplo do papel activo dos nenos e nenas (“children’s agency”) no proceso de socialización e da rapidez coa que aprenden as normas de adecuación no proceso de adquisición da lingua, desenvolvendo polo tanto a súa competencia sociolingüística (Canale & Swain 1980; Andersen 1986; Kasares 2017). No extracto (4), a informante relata como a súa filla tamén recorría ao castelán cando estaba a soas nos seus xogos de simulación, o que demostra como xestionaba xa o repertorio lingüístico bilingüe galego-castelán, cambiando de lingua en función das situacións:\n(4)\nI: E de feito, ela cando xogaba, xogaba en castelán. Non xogaba en galego, non. Ela sola, por exemplo. Si, ela sola. Estaba na casa e faláballe: ‘Que guapa estás hoy. Ay Qué bien te veo’. Si, si, faláballe en castelán. [RISAS] E debía ser que aínda falaba máis cando estaba a solas, porque como sabía que nos molestaba moito….\nNon obstante, esta xestión lingüística, que Kopeliovich (2010) denomina “política lingüística coercitiva”, non está exenta de conflito e, de feito, algúns autores recollen o seu escaso éxito (Pease-Álvarez 2003: 14-17), posto que adoita provocar reaccións en contra entre os descendentes. No noso caso, como acabamos de ver, non ocorre isto, aínda que a filla si pon en evidencia e lle recrimina á súa nai o comportamento aparentemente incoherente coa súa propia xestión lingüística na familia, cando descobre que ela cambia de lingua no traballo: “Ahora á que lle molesta é a ela, por exemplo, ten vido comigo a traballar a Pontevedra: ‘Por que lles falas castellano a estes nenos?’ (…) Como unha pequena venganza, de dicir: Cando a min non me deixabas…”.\nNo que se refire á creación dun ambiente de alfabetización en galego, M12-CUN afirma que lle lía aos seus fillos os contos en castelán, pero intenta xustificarse por iso: “Era no que había, sobre todo hai dezaoito anos… O que eu coñecía, directamente ou que lle regalan…”. Os seus fillos tamén vían a televisión en castelán (series coma Bob Esponja)4, aínda que ela prefire a canle autonómica, en galego: “Si podo ver a tele, prefiero ver a galega. A min gústame moito. Porque me parece que é moi cercana a nós, sabes?”. En calquera caso, a informante non parece darlle importancia a esta cuestión, é dicir, non intervén nas formas de lecer no fogar para contribuír ao mantemento do galego, posiblemente porque este parece asegurado por numerosos factores de socialización, como son a propia familia, compañeiros de colexio, amizades, veciños, etc. Polo tanto, despreocúpase de buscar unha xestión lingüística do galego para os seus fillos, facendo recaer todo o peso da transmisión nas prácticas en galego dos membros da familia (proxenitores e irmán maior), así como na expresión dunha ideoloxía lingüística que defende o uso exclusivo desta lingua no fogar, como vimos, por exemplo, na súa reprobación dos cambios ao castelán da súa filla ou das familias galegofalantes que empregan o castelán cos fillos.\nEn efecto, M12-CUN atribúese un papel fundamental na transmisión do galego aos seus fillos e, por conseguinte, de forma implícita, está asumindo a máxima responsabilidade no mantemento da lingua (Pease-Álvarez 2003: 17), o que pode levar a unha infravaloración do papel do resto de axentes da socialización e doutras formas de xestión lingüística. No caso do seu fillo maior, conta que ten unha gran competencia en inglés, debido a que xoga a videoxogos on line nesta lingua. Polo tanto, valora positivamente a influencia desta forma de entretemento como input lingüístico para a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, pero non a estende á aprendizaxe das linguas ambientais (galego, castelán), que parece considerar cuberta por outras vías. A pesar disto, si reivindica a presenza maioritaria do galego como lingua vehicular na escola, comparando incluso a situación entre os seus dous fillos e decantándose pola época na que predominaba o galego5:\n(5)\nE: Da escola dos teus fillos, non che preguntei se, estás de acordo en como utilizan as linguas?\nI: Si.\nE: Os profesores...\nI: Si. No, de feito gustaríame que houbera máis materias en galego, pero bueno... Porque xa quitaron algunhas.\nE: Si, pero bueno...\nI: E Anxo xa chegou case a estudalas, case todas en galego.\nE: Si? Ah...\nI: Si, si, houbo unha época en que case todo era en galego, o sea, ó mellor dúas eran en castelán...\nE: Si…\nI: E ponte outra máis. E agora xa están, ou mitad e mitad ou case... Supoño que ao mellor hasta máis en...\nE: En castelán.\nI: En castelán. Si, si.\nDe todos os xeitos, esta preferencia polo galego como lingua vehicular parece responder máis a unha ideoloxía que valora a lingua minorizada sobre a dominante, ca á asignación dun papel importante ao profesorado no mantemento da lingua. Isto concorda coa súa propia experiencia persoal, dado que o seu paso por unha escola totalmente castelanizada (“tódalas materias eran en castelán, nada:: de de feito facíanche, dirixirte ós profesores en castelán”) non lle influíu no seu uso lingüístico. Porén, a súa experiencia neste modelo de escola si que provocou que amose menor competencia en galego nas destrezas escritas, ao non ser alfabetizada nesta lingua, fronte ao que acontece cos seus fillos, aspecto que si valora positivamente: “eles si que teñen unha parte importante en galego e a min paréceme moi importante... Paréceme moi ben”.\nComo diciamos ao principio, esta informante presenta unha conciencia lingüística importante pro-galego, aínda que mantén nalgún grao certos comportamentos propios de épocas pasadas, como o de converxer cara ao castelán en determinadas situacións, comportamento que non relaciona coa tradicional valoración superior da lingua dominante e que non acaba de superar, como tamén demostra cando o proxecta na súa filla: “por exemplo, eu si ela vai a Pontevedra e fala con unha persoa en castellano, a min non me parece mal, non? Porque si están dirixindo a ti en castelán a ti que máis che dá”.\nComo conclusión, non observamos unha preocupación nesta informante pola competencia en castelán do seu fillo e filla, senón que confía en que van ser bilingües, aínda que ela non lles transmita esta lingua, crenza que se ve reforzada pola experiencia, tanto no seu caso, coma no dos seus descendentes. Polo tanto, a súa PLF diríxese ao galego, aínda que centrada no uso exclusivo da lingua minorizada na casa, a chamada “hot-house aproach” (Curdt-Christiansen 2018: 124), xa que tampouco coida outras posibilidades de xestión lingüística, por exemplo, intentando crear un ambiente de alfabetización en galego, como xa remarcamos. Podemos afirmar que M12-CUN ten éxito nesta PLF, pois os seus fillos son ambos galegofalantes e teñen competencia tamén en castelán, pero, tras analizar a súa experiencia e percepcións, parece claro que este éxito non se debe só á influencia da familia, senón ao ambiente lingüístico do seu lugar de residencia, como veciños, compañeiras de escola, etc, é dicir, o que se coñece como influencia da comunidade, na liña do estudo de Caldas & Caron-Caldas (2000), no que profundaremos máis adiante.\n4. MANTEMENTO DO GALEGO FAMILIAR NO HÁBITAT SEMIURBANO: M5-TUI\nM5-TUI sinala que toda a familia fala en galego co seu fillo: “E: O pai tamén lle fala:: galego. I: Galego. Si si, nós na casa todos. Abuelo…”. Como tamén ocorría no caso de M12-CUN, no núcleo familiar non contemplaron educar o neno noutra lingua que non fose esta: “Nin sequera o: falamos, porque::: falámoslle galego, é a nosa lingua (…) E punto”. Polo tanto, de novo encontramos que o feito de non tratar de forma explícita o tema da transmisión lingüística non parece implicar unha ausencia de PLF. Ó contrario, o mantemento da lingua familiar nun contexto onde predomina a lingua dominante, o castelán, transloce unha potente ideoloxía en favor da lingua minorizada, máis aínda se temos en conta que supón un comportamento marcado, que chama a atención, dada a estreita vinculación existente entre a lingua dominante e o ambiente lingüístico no que se sitúan (neste caso, entre o castelán e a vila onde traballa a nai e está escolarizado o neno, así como a cidade onde residen). Polo tanto, os proxenitores están actuando contracorrente e son conscientes disto, a pesar do cal se manteñen na súa escolla do galego:\n(6)\nE: Ninguén vos dixo nunca nada:: así en pla:n, pois?\nI: Bueno, algunha: tía que teño eu en Coruña, dixo: ‘e por que non lle falades castelán ó neno?’\nE: Mm…\nI: E dígolle: ‘non, porque: a nosa lingua é o galego’. Si preguntou, si. Agora estou dándome conta, si (…) Non, non me dixo unha razón. Pero bueno (…) Suponse, non? que:: que razón é. Por que lle vas falar galego? Fálalle castelán que é:: o idioma da cidade, non?\nAsí, está clara a decisión destes proxenitores de falarlle ao seu fillo en galego, postura excepcional no lugar onde viven, pero que se ve reforzada pola familia extensa e o seu círculo de amizades, galegofalantes que continúan vivindo no rural, lugar co que seguen a manter un contacto frecuente, pois pasan alí todas as fins de semana. Polo tanto, trátase de migrantes interiores, do rural á cidade, que non acaban de crear redes sociais sólidas na súa nova residencia, como se recolle en (7), senón que manteñen as do seu lugar de orixe, situado a uns 130 km aproximadamente (unha hora e media en coche). Nótese que a propia informante se diferencia da “xente de cidade”:\n(7)\nI: nós todos os fines de semana nos imos para Lalín\nE: Mm e:: gústache vivir, onde vives agora, en Vigo?\nI: Si, prefería vivir donde na- donde me crié, pero por motivos de traballo (…) son moi distinta á xente de cidade. Considérome moi distinta\nE: Xa\nI: Pero bueno. A ver, a lingua en, por exemplo en Vigo é todo castelán, inda por encima vas a algún sitio e fálaslle galego e parece que::\nA pesar de que as prácticas lingüísticas familiares se basean no monolingüismo en galego e de que o neno está escolarizado no mesmo centro onde traballa a súa nai, onde tamén se fomenta o uso do galego, observamos unha actitude de resignación na informante ante o feito de que ela prognostica que vai fracasar na súa política lingüística familiar, pois prevé que o seu fillo vai abandonar o galego e, de feito, relata como, con só catro anos de idade, xa o está substituíndo polo castelán:\n(8)\nE: Mm Vale. E:m, que lingua cres que fala con máis comodidá, comodidade hoxe por hoxe o teu neno?\nI: O castelán\nE: O castelán?\nI: Si. Si, porque: dígoche que a influencia do… É que é unha realidade, é dicir, a influencia dos nenos, el nunca di: ‘Eu’. Ahora xa nunca o dice, antes dicíao\nE: Mm\nI: E ahora dice: ‘Yo. Dámelo a mí’. Quédanlle xa moi poucas pala- e mira que está tempo con nós. Pero el contéstache en castelán\nPolo tanto conclúe: “inda que o galego llo fagamos ver na casa, a súa lingua vai ser o castelán”. Atribúe o cambio lingüístico do seu fillo á escolarización, pero non debido á influencia do profesorado, que utiliza principalmente o galego neste centro, senón polo grupo de iguais, que é na gran maioría castelanfalante: “I: Si, porque é que eles lle falan caste-, os nenos lle falan castelán”. A súa predición de que o seu fillo se vai acabar instalando no castelán baséase ademais noutros casos que ela coñece polo seu propio alumnado, pois, segundo afirma, a influencia dos compañeiros “é forte”, tanto que ao acabar infantil xa están totalmente castelanizados, a pesar de que ela mesma utiliza o galego tamén como docente:\n(9)I: E sei que se vai a convertir en castelanfalante (…) Si. Por casos que vimos aquí, a maioría dos nenos chegan castelanfalantes. I eu no meu grupo (…) e:h os nenos que chegan galegofalantes que ó mellor son un ou dous, acábanse convirtindo en castelanfalantes pola influencia dos demais nenos.\nI: É que no meu grupo pásalle. Chegaron dous nenos, falan-, e:h falando galegofalantes e agora márchase, eu acabei ciclo. Vanse para primeiro. Pasan castelanfalantes.\nEn consecuencia, esta informante insiste en que a escola nin sequera garante unha competencia plena en galego, recorrendo ás palabras do director do colexio (“non salen competentes en galego”) para reforzar o seu testemuño, pero sen atribuír en ningún momento este ‘problema’ ao propio sistema escolar a nivel macro, pois non fai ningunha referencia á lexislación lingüística vixente nin á política lingüística educativa gobernamental. Ademais, afirma que “desde o cole faise todo o que se pode” e que “está ben plantexado”, insistindo en exculpar o sistema educativo da castelanización, quizais tamén porque isto implicaría que ela mesma, como profesora, debería asumir parte desa responsabilidade6. En cambio, atribúe a castelanización do seu fillo (e do escaso alumnado galegofalante do seu centro) á influencia dos compañeiros/as castelanfalantes e por extensión ás familias destes e ao contexto en xeral (“aquí tira moito o castelán”), co que ademais ela non se identifica. O contexto semiurbano castelanfalante acaba presentándose así como responsable en última instancia do fracaso da súa propia PLF, pero tamén do fracaso da xestión lingüística escolar: “Intentámolo, pero é difícil, porque: se ti o falas aquí [no colexio], pero despois, aquí pasan cinco horas, o resto están na ca:sa, con ami:gos, e se lle falan castelán, que vai predominar máis?”.\nEn definitiva, sitúase a causa da castelanización no ambiente lingüístico da comunidade, tal como se ten recollido noutros estudos. Por exemplo, Caldas & Caron-Caldas (2000: 377) conclúen na súa investigación: “the strongest factor influencing the fluctuation in the children’s bilingual preference is the predominant language of the community”, comparando como cambia o uso do inglés e o francés en tres nenos dunha familia francófona, segundo estean en Louisiana (en Estados Unidos, durante o período escolar) ou no Québec (cidade francófona de Canadá, durante o período vacacional), de xeito que, neste último ámbito, aumenta considerablemente o uso do francés por parte das fillas e o fillo. E insisten: “when both parties are able to speak two languages, it is not so much the person which determines language choice as it is the environmental context” (ibíd. 377, subliñado noso), o que pode explicar tamén o uso do castelán incluso cos proxenitores por parte destes nenos e nenas pertencentes a familias galegofalantes que residen en lugares onde a lingua ambiental é o castelán. No marco da teoría da socialización de Harris (1995), Schwartz (2010: 179) tamén insiste na importancia do grupo de iguais: “children favor the behavioral system of the peer group outside the home over the one they acquire at home”. Non obstante, cómpre subliñar que na nosa investigación detectamos isto desde idades moi temperás, o que resulta en certa medida sorprendente, pois de feito os estudos destacan que esta influencia aumenta coa idade e, sobre todo, na adolescencia (Schwartz 2010: 187; Caldas & Caron-Caldas 2000 e 2002). Porén, segundo as observacións de M5TUI, ocorre xa desde a primeira infancia (con tres ou catro anos), coincidindo en todo caso co momento do inicio da escolarización. Casos semellantes téñense detectado noutros estudos (Díaz Guedella 2017; Iglesias 2018; Rodríguez Carnota 2020, aínda que neste último tamén se sinala a adolescencia como idade proclive ao cambio de lingua). No caso da filla da informante anterior, M12CUN, recórdese que o seu desenvolvemento foi favorable ao galego coa idade, pois tamén empezou cambiando ao castelán cando era máis pequena, en infantil, pero xa en primaria se instalou plenamente no galego, da mesma maneira ca os seus compañeiros/as na súa escola nun hábitat semirrural. Así, neste desenvolvemento pareceu xogar de novo un papel moi importante o grupo de iguais e, en xeral, a lingua da comunidade. No caso do fillo de M5TUI, en cambio, a lingua da comunidade é o castelán, polo que cabe esperar un desenvolvemento que reforzará cada vez máis esta lingua co paso dos anos.\nEn canto á competencia, M5-TUI afirma sentirse máis cómoda falando galego e insiste en que en Galicia “eu creo que todo o mundo, tanto en cidade, como: nos pobos, sabemos falar galego”, polo que podemos deducir que o tema da falta de competencia nunha das dúas linguas non lle preocupa, igual que viamos na informante anterior. De feito, non fai ningunha referencia aos beneficios do bilingüismo para o seu fillo, nin presenta o bilingüismo como un dos seus obxectivos ao falarlle galego, coma si se detecta noutros estudos (Palviainen & Boyd 2013: 236-237). No seu discurso, o que predomina é o seu desgusto polo feito de que o neno estea a abandonar o galego con tan só catro anos, o que provoca que non perciba nel este uso bilingüe, senón unha substitución precoz polo castelán, a lingua dominante. Tampouco recorre ao ‘consolo’ de que polo menos terá o galego en potencia e que, grazas á súa presenza no ámbito familiar, vaino dominar máis e mellor que a maioría dos seus compañeiros. Polo tanto, non utiliza a dobre competencia como argumento para reafirmarse na súa política lingüística familiar, senón que se presenta como unha illa nun contexto no que parece sentirse incómoda, precisamente polo predominio do castelán, e fala da súa “loita” polo mantemento do galego como perdida de antemán, a pesar do cal non renuncia á súa postura e continúa resistíndose á castelanización, tanto no seu uso habitual (monolingüe en galego), como na súa relación co seu fillo (uso exclusivo do galego na súa relación con el).\nAdemais, resulta curioso que a pesar desta consciencia do gran predominio do castelán fóra dos límites familiares, a informante non parece preocuparse por levar a cabo unha xestión lingüística pro-galego, máis alá das prácticas e ideoloxías lingüísticas da familia e amizades na súa aldea de orixe, onde pasan as fins de semana. Non intervén na busca de recursos en galego para o tempo de lecer do seu fillo, nin no que se refire ás novas tecnoloxías, nin tampouco por exemplo á lectura de contos, xa que llos le en ambas linguas:\n(10)\nI: Si.. E lémoslle contos\nE: E le:: le:, en que linguas?\nI: Galego e castelán\nE: Nas dúas\nI: Nas dúas, si (…)\nI: E despois tamén ve moitos vídeos de coches, porque a el fascínanlle os coches\nE: E nese tipo de actividades que fai ca: coa tablet, escoita tamén o galego, está en contacto co galego o: ou mai- máis xa co castelán?\nI: Máis o castelán\nE: Mm\nI: Esa é unha realidá\nTampouco procura unha socialización en galego do seu fillo a través doutros nenos e nenas galegofalantes, que ela precisamente coñece, grazas á súa profesión como mestra de infantil, como vimos en (9), polo que a súa reacción ante o seu propio fracaso na PLF é máis ben dunha resignación pasiva e frustrante. Noutras investigacións rexístranse comportamentos opostos, de xestión activa cara á lingua minorizada, que implica incluso crear ambientes de socialización nesta fóra do fogar cando non os hai, como é o caso dalgúns dos proxenitores estudados por Nandi (2019: 95-96), neofalantes residentes nun contexto urbano que, fóra do ámbito doméstico, non só procuran un contexto educativo en galego, senón tamén eventos extraescolares, creando así o que se denominan “safe-spaces” (O’Rourke & Nandi 2019: 507) ou “breathing spaces” (Fishman 1991: 59). O caso da nosa informante, en cambio, amosa o desenvolvemento dunhas expectativas moi negativas sobre a súa PLF pola influencia insuperable que atribúe ó ambiente diario en xeral e ao grupo de iguais en particular. De acordo con algúns estudos (Pérez Báez 2013; Curdt-Christiansen 2016), estas expectativas poden funcionar como “crenzas de impacto” que contribúen ao fracaso da PLF, xa que levan a unha falta de intensificación desta a través de máis formas de intervención ou xestión lingüística.\n5. MANTEMENTO DO GALEGO FAMILIAR NO HÁBITAT URBANO: M11-OU\nA diferenza das informantes anteriores, M11-OU criouse nun hábitat urbano, a cidade de Ourense, aínda que os seus pais tamén son de procedencia rural. Concretamente, criouse nun barrio formado por inmigrantes do rural, como ela mesma explica, que é bastante galegófono, pero no que está instaurada, segundo as súas propias palabras, a conduta de falarlles aos nenos en castelán, hábito xa comentado (véxase epígrafe 3). Os proxenitores da entrevistada, con todo, non aplicaron esta norma, situación da que ela parece sentirse orgullosa, expresando así unha crítica a este comportamento semellante á que vimos no caso de M12-CUN (epígrafe 3). Non obstante, por influencia da escola, tanto do profesorado como dos seus compañeiros/as, restrinxiu o seu uso do galego ao ámbito familiar ata os 17 anos, idade en que, a raíz da motivación dunha profesora de galego que a marcou, decidiu instalarse plenamente na lingua galega. Á parte do seu pai, a súa nai, a súa irmá e cuñado, o resto das persoas coas que se relaciona habitualmente é totalmente castelanfalante: “Si, no ámbito no que me movo, menos eu que [RISA] vou á miña... á miña bola, o resto todos en en castelán”. Polo tanto, estamos ante unha persoa que se resiste, de forma explícita, a converxer cara ao castelán, aínda que é totalmente bilingüe desde o punto de vista da competencia, tanto a nivel oral como escrito. Tendo en conta o ambiente castelanfalante que a rodea, a aceptación da converxencia implicaría a restrición do seu uso do galego ao ámbito familiar, como de feito lle ocorrera na súa infancia e adolescencia. Actualmente, ademais, o galego tamén quedaría excluído da comunicación co seu marido, castelanfalante, co que forma unha parella mixta, tanto pola súa orixe lingüística, xa que os pais del tamén son castelanfalantes, como pola relación entre eles, pois cada un se mantén na súa lingua sen que isto supoña, segundo ela, ningún problema. Na comunicación co fillo lévase a cabo a estratexia OPOL, pero non de forma explícita nin consciente, senón que simplemente cadaquén continúa a empregar con el a súa lingua inicial e habitual.\nM11-OU manifesta de forma explícita o seu obxectivo de que os seus fillos (un de catro anos e outro en camiño) sexan galegofalantes, e mantén que en Galicia o castelán se adquire de forma espontánea, dada a súa presenza ambiental: “sería imposible ter dificultade en castelán, cando todo o que nos rodea está en castelán”. Polo tanto, a súa “preocupación” radica na adquisición da lingua galega por parte dos seus descendentes, cuestión sobre a que xa desde o principio se mostra máis ben pesimista (“pero o meu fillo pois solo colle as [palabras] que están en castelán”), dado o contexto pouco favorable a este idioma no que se sitúa: “Si que me preocupaba siempre con respecto aos meus fillos pues, que non chegasen a... a falar en... en galego, i eu tiña clarísimo que quería que os meu fillos falaran en galego solo…”. En efecto, a realidade está a demostrarlle a dificultade de transmitirlle ao seu fillo a súa propia lingua e a da súa familia, pero, ante esta constatación, reacciona priorizando outras preocupacións con respecto ao desenvolvemento do neno:\n(11)\nI: Si que despois a realidade ca que te encontras, pois é outra, e ao final, o que me importou dos meus fillos é que aprendesen a falar, e que non tuvesen ningunha dificultade... Si que... eu fálolle... en galego, a miña familia fálalle en galego, el [o pai] fálalle en castelán e a súa familia en castelán, o neno fala maioritariamente en castelán eu creo que... un porque, os estímulos que recibe a través de... televisión e demais son en castelán... e despois á parte porque no colexio, realizas unha enquisa para cuando van... a comezar, para definir eses anos de infantil en que idioma... queren que... que se faga, e a maior parte dos pais pois... escolleron o castelán, entón... as clases son todas en... en castelán.\nComo podemos observar neste extracto, a informante atribúe a castelanización do seu fillo principalmente a dous factores: a televisión e a escola (en ningún caso sinala o uso do castelán por parte da súa parella). Ao profundar máis nesta cuestión, aduce outro posible factor, que é a influencia do único familiar non adulto do neno, a súa prima, de 10 anos (seis máis ca el), a quen lle ocorre o mesmo que ao seu fillo: fala castelán, a pesar de que, neste caso, os dous proxenitores lle falan en galego. Os avós maternos, encargados do coidado de ambos nenos mentres os proxenitores traballan, tamén lles falan en galego, a pesar do cal os dous nenos falan castelán. Polo tanto, para a percepción do fillo da nosa informante, o galego está vinculado ás persoas adultas (a súa nai, avós e tíos), imaxe reforzada polo feito de que a única persoa non adulta da familia, a súa prima, fala en cambio castelán. Encontramos así a influencia do grupo de iguais (outra nena) xa no interior do fogar, influencia moi poderosa, pois implica que os referentes familiares máis novos e as correspondentes connotacións positivas a eles asociadas remiten á lingua dominante e viceversa (lingua minorizada asociada a connotacións máis negativas). Como observa tamén Smith-Christmas (2016: 98) no contexto gaélico-inglés, o feito de que eses referentes familiares novos decidan non falar galego pode xerar unha visión negativa da lingua minorizada nos ollos dos máis pequenos. A influencia dos outros nenos e nenas maiores da familia tense revelado en diversos estudos (Schwartz 2010: 173), funcionando principalmente como canle de introdución nas casas da lingua maioritaria para os membros de menor idade, e, en todo caso, demostra o papel axentivo dos máis pequenos na realización da PLF a través da interacción (Fogle 2013: 84). Coincidimos neste sentido con Goodwin & Kyratzis (2012: 366) cando afirman que as relacións co grupo de iguais e de irmáns e familiares constitúen importantes escenarios de socialización lingüística.\nPrecisamente, o comportamento lingüístico da nena (sobriña da nosa informante) si foi obxecto de debate e análise na familia, dada a perplexidade ou sorpresa que provocou e, de novo, sinálase a televisión como principal axente castelanizador, en concreto unha das series de debuxos animados de moda na primeira infancia da nena. Tamén se cita a influencia do grupo de iguais, pero fronte ao que ocorría no caso de M5-TUI, non parece que se lle dea tanta importancia. O maior peso da televisión arguméntase pola variedade de castelán que utilizan os nenos, con acento “de Madrid” e con presenza de “tempos compostos”, variedade que ten que proceder dun axente externo, xa que o español de Galicia é diferente e facilmente recoñecible (Rojo 2004; Recalde 2012):\n(12)\nI: Si, si, si. por ejemplo no... do caso da... da miña sobriña, si, que o temos falado moitas veces, porque siempre nos pareceu curioso, ademais a min... Eu creo que... Sempre lle boto a culpa a Dora la Exploradora7 [RISA] Porque... porque a miña sobriña empezou a falarlle... Decía, é que ten acento madrileño [RISA] é que non é normal. [RISA] Porque xa non é que fale en castelán, é que non... non ten acento...\nE: Galego.\nI: Galego, o sea, eu non llo noto, sabes? É que falaba un castelán tan perfecto, que dis tú de donde sale se todo o mundo lle fala en... En galego. E a veces, si que lle insisto... En plan, jobá, pero fálame... “A ver, veña, dime unha frase en galego\", pero no [RISA].\nEn definitiva, para o fillo de M11-OU, o castelán é a lingua da súa curmá maior, das súas series de televisión preferidas e da escola, ámbitos todos eles sen dúbida de prestixio, mentres que o galego se reduce aos seus familiares adultos (nai, avós e tíos maternos). Polo tanto, parece inevitable que medre asociando o castelán ao ámbito dos xogos, a diversión, a complicidade, etc., así como aos seus desexos de integración no grupo de iguais (Rodríguez Carnota 2020). Ademais, non podemos esquecer que o pai é castelanfalante e polo tanto reforza tamén esta lingua no fogar.\nA pesar das intencións explícitas de M11-OU de socializar o seu fillo en galego, non leva a cabo unha xestión dirixida a aumentar o input da lingua minorizada que este recibe. Nin sequera parece ter en conta a posibilidade de proporlle ao seu marido que tamén el se dirixa en galego ao neno, para incrementar así a presenza desta lingua no propio núcleo familiar (en canto á competencia, isto sería posible, pois de feito o marido si usa o galego cos compañeiros de traballo galegofalantes). Palviainen & Boyd (2013: 237) tamén destacan a sorpresa de que os seus informantes, a pesar da súa preocupación polo mantemento da lingua minoritaria (sueco) por parte dos seus fillos e fillas, non aumenten o uso desta na familia en detrimento do finlandés, renunciando así á estratexia OPOL, aínda que neste caso si procuraron por exemplo escolas infantís en sueco.\nM11-OU tampouco intervén na xestión lingüística dos programas de televisión que ve o seu fillo, a pesar de que os sinala de forma explícita como culpables en primeira instancia da castelanización. Critica que as opcións en galego son menos cómodas, xa que a televisión autonómica, única en galego, non emite programación infantil durante todo o día, a diferenza das canles temáticas en español. E ademais, a súa oferta é máis limitada e non a considera en xeral adecuada á idade do seu fillo8:\n(13)\nI: Claro, a ver, por ejemplo, a televisión si que maioritariamente é en castelán a pesar de que a veces intento poñerlle:… os debuxos na galega para que faga oído polo menos, pero si que maioritariamente en castelán.\nE: Porque cal é a canle que máis ve?\nI: Clan [canle temática en español].\nE: Claro.\nI: Porque por edad... os debuxos que hai son os máis, quizás os máis adecuados para... Para el, adecuados de... con respecto aos seus gustos (…) si houbera unha canle en galego solo con debuxos seguramente tería moita máis variedade, pero non hai. Entón, claro, os debuxos que hai eu creo que son tamén para máis maiores…\nNo entanto, si comenta que algunha vez recorreu ao seu dispositivo móbil para ensinarlle ao seu fillo unha serie infantil en galego (‘Os Bolechas’), que a este lle encantou: “En momentos puntuais pois no móbil, se lle pon- cando lle poño no móbil si que intento poñerlle os Bolechas en galego, porque llos puxen unha vez e lle (…) e encantáronlle”. Polo tanto, podía optar por esta opción: visionado de contidos previamente seleccionados en función da lingua e descargados de internet. Porén, esta posibilidade implica un esforzo extra por parte da proxenitora e ademais probablemente non podería recoller as series de moda, que o neno acabará demandando por influencia dos iguais. A importancia da televisión, como input favorecedor da lingua dominante, que tamén destacan Caldas & Caron-Caldas (2000: 373), merece ser estudada con máis detemento en futuros estudos.\nO mesmo ocorre coas lecturas infantís realizadas nesta familia, nas que tamén predomina o castelán, aínda que neste caso a xustificación baseada na falta de oferta ten menos fundamento. En efecto, a pesar de que a publicación de literatura infantil en galego é abundante e dunha alta calidade (Roig Rechou 2015; Mociño 2019), a informante parece descoñecela e opta por empregar títulos en castelán, que traduce espontaneamente ó galego para o neno “a veces”, xa que este aínda se encontra pola súa idade na época de lectura acompañada: “E: Lédeslles contos…? / I: Pues mira, a maior parte dos que ten son en... en castelán, ten algún en galego, eu o que si fago a veces é léolle os contos en castelán en galego [RISA]”.\nEn resumo, volvemos atopar falta de axentividade na xestión lingüística, que se estende ademais neste caso á escola, ámbito no que M11-OU tampouco leva a cabo ningún tipo de intervención, a pesar de que ela mesma lle atribúe gran peso na castelanización. En efecto, non ten en conta a cuestión da lingua á hora de escoller onde escolarizar o seu fillo, senón que nesta decisión priman outros factores, como son a proximidade e familiaridade co colexio. Non contempla preguntarlle ao profesorado pola cuestión lingüística, nin solicitar ou reclamar por parte deste un maior uso da lingua, senón que o exime de toda responsabilidade ao presentalo como un mero representante do sistema: “Si a maior parte dos pais deciden falar en castelán, o sea, o profesor aí tampouco ten moito que facer”. Ante as preguntas da entrevistadora, nin sequera parece ter moi claro como é o tratamento das linguas por parte dos centros escolares nos que estivo o seu fillo, xa sexa a escola infantil ou, actualmente, o colexio ao que asiste:\n(14)\nI: Eu entendo que si, o sea tampouco sei seguro, pero dos profesores que coñezo falan en castelán... E creo que as clases e todas as actividades que fan son todas en castelán.\nI: Quero pensar que as clases que son en galego que as dan en galego.\nE: E na gardería?\nI: Pues, seguro que tamén en Castelán.\nE: En Castelán. Vale... Vale.\nI: Si. (…) Si porque foi cuando empezou cos verbos compostos [RISA] Entonces eu creo que sería tamén de alí.\nIsto contrasta fortemente coa xestión doutras familias pro-galego, como algunhas das estudadas por Nandi (2018: 218-219), que chegan a fundar escolas de inmersión (cooperativas privadas), como unha alternativa ás escolas públicas e concertadas, cuxa lexislación non permite estes programas. Desta maneira son quen de estender a súa PLF máis alá do ámbito doméstico, nun exercicio de “biopower”. En cambio, no caso das nosas informantes, xustifican a súa non intervención recorrendo ao argumento de que se trata de cuestións que escapan ao seu control, pois dependen de decisións políticas e lexislativas, do nivel macro. M11-OU si critica esta política no que se refire á educación infantil, que é o nivel no que está o seu fillo no momento da realización da entrevista: “non ten sentido ningún que en infantil no falen NADA en galego e cheguen a primeiro en primaria e empecen a ter clases de galego”; pero, como xa vimos, no caso da informante anterior (M5-TUI), non se dá nin sequera este nivel de crítica dirixida ao nivel macro, senón que centra o seu discurso na escola e nas familias.\nPolo tanto, observamos que M11-OU sente que todo o peso da transmisión do galego recae case exclusivamente nela (e avós e tíos maternos), tal como viamos nas outras informantes e como recolle tamén, por exemplo, Pease-Álvarez (2003: 17), no contexto dos migrantes mexicanos en Estados Unidos: “Ms Garrido shared her belief that she should be the primary language-socialization agent available to her children. While she felt teachers could offer some support, she considered herself to be the one adult utlimately responsible for making sure her five children continued to develop and maintain their Spanish.”\nA informante adopta unha postura de resignación ante o fracaso obtido ata o momento en canto á súa propia PLF e manifesta a esperanza de que o seu fillo acabe volvendo ao galego, expresándoo en forma de desiderátum do que realmente non parece estar moi convencida, preocupándose asemade por aclarar que é algo que non se pode impor, recorrendo ao discurso da imposición e obrigación do galego, moi estendido en Galicia (Iglesias 2002: 301; Formoso 2013: 102), que presenta as medidas de normalización como contrarias á liberdade individual: “Si, home, eu a esperanza que teño é que o día de mañá se decante [RISA] por utilizar sólo galego ou maioritariamente galego anque bueno ao final, son cousas que non podemos impoñer porque ao final é peor”. Distínguese nisto da primeira informante analizada (M12-CUN), quen si aplicaba na educación dos seus fillos medidas coercitivas de control interno, recorrendo á súa autoridade materna para conseguir que estes cumprisen as prácticas lingüísticas que estaban a promover na familia (uso exclusivo do galego, polo menos no ámbito doméstico). O extracto (15) ofrece un resumo da postura diferente que mantén M11-OU neste sentido e respecto dos usos lingüísticos dos seus fillos no futuro:\n(15)\nE: que lingua cres que falará con máis comodidade... bueno... o teu fillo, e o teu futuro fillo?\nI: Pues, creo que por desgracia, [RISA], o que máis van a falar vai ser en castelán, porque eu creo que non se está favorecendo para nada o uso do... do galego. Entón creo que a tendencia final vai a a ser esa, por moito que... nós intentemos insistir en que falen en galego… (…) Ao final, o seu grupo de iguais, maioritariamente fala en castelán... Todos os estímulos que teñen, televisión, cine, lecturas e demais, todo aquelo que é interesante ou chama a atención é todo en castelán, entonces, eu creo que a lingua na que van a falar é castelán. Teño a esperanza de que... de que non, que lle pase como a min, que se dé conta que é importante o uso do galego, que non se pode perder, e que intente falalo e usalo nos ámbitos da súa vida, polo menos nos máis que poida, pero bueno (…) Evidentemente non o vou obligar, pero si que lle direi que me gustaría que comigo que falase en galego, que utilizase o mismo idioma que, no que eu lle falo (…) Pero claro, son cousas que... están máis alá das miñas decisións...\nEn definitiva, ante as súas previsións de fracaso, M11-OU presenta a lingua dos seus descendentes como unha cuestión que escapa á súa decisión e control, como algo que vén dado desde arriba e sobre o que ela non ten oportunidade de intervir. As súas prácticas lingüísticas declaradas son en galego e a súa ideoloxía lingüística tamén é favorable en principio a esta lingua, aínda que reproducindo (inconscientemente) algúns aspectos do discurso dos detractores da normalización. Con todo, a súa política lingüística familiar non vai máis alá disto, xa que non demostra estratexias complementarias para reforzar a reprodución do galego, senón que xustifica o seu “fracaso” pola presión de todos os demais axentes, fóra da familia (nunca cita entre as posibles causas a súa propia parella, castelanfalante). A pesar disto, tampouco desenvolve un argumentario discursivo contra esta situación, a non ser na súa crítica puntual á lexislación lingüística educativa en infantil, senón que, como puidemos ver, a única vez que utiliza o termo “imposición” é para referirse ao galego e non ao castelán.\n6. CONCLUSIÓNS\nOs tres casos analizados dan conta de políticas lingüísticas familiares que se apoian fundamentalmente na “hot-house approach” (Curdt-Christiansen 2018: 124), é dicir, na escolla do galego como lingua de interacción exclusiva na casa e cos fillos/as. Porén, esta estratexia non vai acompañada doutras que poderían enriquecer o input e a socialización nesta lingua, como si fan outros proxenitores pro-galego, como por exemplo algúns dos estudados por Nandi (2018: 5.2. e 5.4.), que crean ambientes de alfabetización en galego e seleccionan compañeiros de xogo de familias galegófonas. Deste xeito, as tres informantes amosan unha actitude pasiva, non axentiva, con respecto a outros posibles esforzos pro-galego que podían realizar. Ningunha delas parece ser consciente disto (ou ben o consideran pouco viable), o cal é máis comprensible no caso do contexto rural, xa que neste o galego xa parece estar suficientemente reforzado pola comunidade, ao contrario do que ocorre nos outros dous contextos estudados: urbano e semiurbano. Como consecuencia, e a pesar da curta idade dos fillos, as informantes nestes dous contextos anuncian xa o fracaso da súa PLF, atribuíndoo precisamente aos outros axentes de socialización, especialmente os iguais (familiares e non familiares), e, no caso de M11-OU, tamén en gran medida á televisión.\nDeste xeito, a nosa análise pon de relevo a importancia de aproximarnos aos nenos e nenas como suxeitos que interveñen de forma axentiva no seu propio proceso de socialización e de ter en conta o gran peso do grupo de iguais, así como do resto de axentes sociais. As prácticas lingüísticas familiares non son suficientes para o mantemento da lingua se non existe un apoio do seu uso na comunidade, como destacan as propias informantes que se atopan nos hábitat semiurbano e urbano e como tamén conclúe Kasares (2017) no caso do éuscaro. Retomando as palabras de Harris (1995: 482), na súa teoría da socialización grupal, o que os nenos e nenas aprenden na familia pode resultarlles de escasa utilidade fóra do fogar, pois tamén deben aprender como comportarse para chegar a ser membros dun grupo social, proceso no que a lingua xoga un papel fundamental. Non se trata de que escollan libremente outra lingua diferente á familiar, senón dun proceso de adaptación ao contexto ou ao ambiente, no cal os nenos e nenas favorecen o sistema comportamental do grupo de iguais (Schwartz & Verschik 2013: 3). En calquera caso, a pouca confianza das informantes dos hábitat semiurbano e urbano no éxito da súa PLF como proxenitoras tamén pode estar incidindo na súa escasa axentividade, na liña do que apunta Curdt-Christiansen (2016: 3-4).\nPolo tanto, os casos aquí analizados contradín a decisiva influencia que se ten concedido á familia, como un ámbito inexpugnable na transmisión da lingua (Fishman 1991: 94). Ben ao contrario, como fomos vendo ao longo do artigo, concedemos gran relevancia ao contexto lingüístico que rodea os nenos e nenas na súa socialización en xeral, máis alá do fogar. Así, o éxito da PLF pro-galego no rural temos que atribuílo tamén en gran medida ao ambiente galegófono deste tipo de hábitat, mentres que no caso das familias que se atopan en contextos urbanos asistimos a un fracaso da PLF debido precisamente á influencia cara ao castelán do resto de axentes. Ante tal situación, estas proxenitoras adoptan unha actitude de resignación, acompañada dun maior ou menor grao de frustración segundo o caso, que en cambio non as leva a intentar aumentar o seu control e buscar outras estratexias de xestión lingüística, nin dentro nin fóra do fogar. Tampouco desenvolven un discurso claramente crítico coa política lingüística a nivel meso e macro, recorrendo por exemplo a argumentos que apoien e reforcen a súa PLF, como poderían ser as vantaxes de educar os seus fillos no bilingüismo, a pesar de que son conscientes dos seus beneficios, xa que si expresan de forma explícita a idea de que ao transmitirlles o galego no fogar, os nenos van adquirir as dúas linguas, pois o castelán xa lles chega por outros axentes.\nPor conseguinte, cómpre dotar estas familias que transmiten a lingua minorizada dun argumentario que reforce as súas decisións de PLF. Ademais, é fundamental aumentar a presenza do galego con políticas lingüísticas desde arriba, nos niveis macro e meso, por exemplo, con maiores recursos de lecer (canle de televisión infantil en galego) e actividades educativas e lúdicas máis alá do ensino regrado (campamentos, actividades extraescolares, etc.), nas que se usen tamén rexistros lingüísticos máis coloquiais, necesarios para interiorizar a lingua máis alá de vela como lingua da escola, como tamén reivindican outros estudos (Seminario de Sociolingüística 2018). Todo isto sen esquecer o sistema escolar, que tampouco potencia o uso do galego na nosa comunidade, segundo a lei vixente de distribución das linguas no ensino (Decreto 79/2010). En definitiva, cómpre afondar no estudo das políticas lingüísticas familiares en Galicia atendendo tamén ó contexto máis amplo e incidir na importancia dunha concienciación xeral da sociedade sobre as grandes dificultades que poden atopar moitas familias para manter o galego nas novas xeracións, debido precisamente á forte presenza do castelán como lingua dominante. Para contrarrestala, é necesaria ademais a aplicación de políticas gobernamentais que impulsen a creación de ámbitos potenciadores do uso do galego e contribúan deste xeito á súa normalización social, o que resulta indispensable para frear o proceso de substitución lingüística polo castelán, que ata o momento nunca foi detido."} +{"summary": "Os últimos 10 anos supuxeron un absoluto cambio de paradigma no sector de aloxamentos turísticos a nivel mundial. Fronte aos aloxamentos convencionais xorden desde a economía colaborativa novas formas de aloxamento coñecidas como alugueiros turísticos. O obxectivo deste artigo é analizar este novo fenómeno, a súa orixe, as causas do seu crecemento e as consecuencias derivadas del, tales como a xentrificación e a masificación turística, achegando finalmente algunhas posibles solucións a estas.", "text": "Revista Galega de Economía 2019, 28 (1), 5772 ISSNe 22555951 http://dx.doi.org/10.15304/rge.28.1.6163 57\nARTIGO\nOPEN ACCESS\nAloxamentos turísticos convencionais fronte á expansión dos alugueiros turísticos. Orixe, causas e consecuencias\n Aloxamentos turísticos / Alugueiros turísticos / Economía colaborativa / Xentrificación / Masificación turística.\nConventional tourist accommodations versus the expansion of vacational rentals.\nOrigins, causes and consequences\nAbstract In the past 10 years, there has been an absolute paradigm shift in the tourist accommodation sector worldwide. Apart from conventional accommodation, new forms of accommodation known as vacation rentals have appeared in the context of col1. Introdución\nOs últimos 10 anos supuxeron un absoluto cambio de paradigma no sector de aloxamentos turísticos a nivel mundial. Fronte aos aloxamentos convencionais, tales como hoteis, Bed & Breakfast (B&B, en adiante), moteis, cámpings, aloxamentos rurais, albergues (hostels), aparthoteis e apartamentos turísticos (AT, en adiante), xorden desde a economía colaborativa 1 novas formas de aloxamento como as vivendas con fins turísticos (VFT, en adiante) e, aínda que pola súa forma de explotación comercial os AT son máis similares aos aloxamentos convencionais, a miúdo son considerados dentro dos alugueiros turísticos polo seu gran parecido coas VFT e porque moitas lexislacións a nivel mundial nin sequera fan distincións entre eles.\n* Correspondencia autor: d42sosam@uco.es 1 Modelos de negocio nos que mediante plataformas se crea un mercado aberto para o uso temporal de bens e servizos, ofrecidos na súa maioría por particulares (Comisión Europea, 2016).\nEstas novas formas de aloxamento caracterízanse principalmente por ser un reaproveitamento de vivendas inutilizadas, non en forma de alugamento convencional para uso residencial, senón esporádico e con fins turísticos. O xurdimento da internet na era das comunicacións propiciou unha posta en común masiva entre oferta de aloxamento turístico e demanda a nivel mundial sen precedentes na historia, supoñendo consecuentemente unha expansión do sector nunca vista ata entón. O obxectivo deste artigo é, polo tanto, realizar unha visión xeral dos distintos tipos de aloxamentos turísticos, desde os máis tradicionais ata os máis modernos para, posteriormente, centrarse no estudo deste novo fenómeno, os motivos da súa orixe, as causas da súa expansión e as consecuencias tanto positivas como negativas que deste se derivan.\nPara isto, en primeiro lugar, ofrecerase unha breve revisión histórica e unha recensión do estado actual dos aloxamentos turísticos convencionais, para logo contrastalos cos alugueiros turísticos, remarcando as súas diferenzas. A seguir, analizarase este novo fenómeno, a súa orixe, un estudo estatístico da súa expansión, as causas do seu éxito e, finalmente, as consecuencias derivadas del, así como algunhas reflexións e conclusións sobre o investigado, ofrecendo posibles solucións aos problemas detectados.\nA Táboa 1 enumera os diferentes tipos de aloxamentos turísticos que se analizarán a continuación, clasificándoos conforme a diferentes criterios. En liñas xerais, as diferenzas máis palpables existen entre as VFT fronte aos aloxamentos turísticos convencionais, especialmente as referidas a unha explotación comercial exclusiva (xa que as VFT poden volver transformarse en vivendas en tempada baixa), o seu xurdimento por mor da economía colaborativa e os problemas para a súa delimitación legal (que serán posteriormente analizados).\n2. Oferta convencional de aloxamentos turísticos\n2.1. Hoteis\nO sector hostaleiro, segundo Mestres (1999), pode ser definido como o que comprende aqueles establecementos dedicados profesional e habitualmente a prestar un servizo de aloxamento, mediante prezo, con ou sen servizos de carácter complementario.\nO hotel é o máis antigo e xenérico de todos os establecementos, e aínda que existen evidencias de servizos de aloxamento desde tempos bíblicos (LevyBonvin, 2003), pasando polas pousadas e cantinas medievais (Hollifield, 2009), que dan orixe ao termo francés hôtel (usando a raíz de palabras como hospital ou hospitalidade), non é ata a chegada da revolución industrial cando se comezan a construír hoteis tal e como son coñecidos hoxe en día, proliferando na Europa Continental, Inglaterra e América, segundo LevyBonvin (2003).\nNa actualidade, autores como Zervas, Proserpio e Byers (2017) destacan nos seus estudos a ameaza que supón para o sector hostaleiro o fenómeno da economía colaborativa e de portais como Airbnb 2, estimando reducións de entre o 8% e o 10% dos beneficios hostaleiros de gama media e alta nos últimos 10 anos para a cidade de Austin (Texas). É destacable tamén o traballo de Alabdullatif e Akram (2018) acerca da influencia que o “boca a boca electrónico” (electronic word of mouth, eWoM polas súas siglas en inglés), en forma de comentarios positivos e negativos plasmados online, ten nos potenciais consumidores á hora de reservar cuartos de hotel.\n2.2. Bed & Breakfast (B&B)\nA orixe da idea dos B&B pódese situar no Reino Unido a mediados do século XX, con motivo de lles dar unha solución económica ás antigas casas señoriais de varios cuartos, ofrecendo cama e, posteriormente, o almorzo na mesma cociña da casa (de aí a expresión B&B: “cama e almorzo” en inglés). A miúdo o baño era compartido e, na maioría das ocasións, os donos do inmoble vivían nel.\nSegundo a Professional Association of Innkeepers International [PAII] (2018), o clásico B&B inglés adoita constar de entre 4 e 11 cuartos (uns 6 de media) e actualmente contan nun 94% dos casos con baño propio e con outros recursos como internet e televisión. Segundo estudos desta Asociación, o 72% dos propietarios son parella e o 79% viven no local, converténdose nun auténtico estilo de vida no que é difícil discernir o tempo libre do de traballo. Shen, Miao, Lehto e Zhao (2018) poñen de relevo este paradoxo nun recente traballo que estuda os hábitos de traballo de 327 propietarios de B&B nos Estados Unidos, incidindo en que teñen períodos sen respiro durante curtos intervalos de tempo e períodos longos de inactividade nos que resulta beneficioso estar dedicados a un hobby para evadirse do traballo.\nO fenómeno deste tipo de aloxamento tamén se foi estendendo ao redor do mundo. Así, en China, expatriados occidentais remodelaron casas tradicionais en zonas rurais e, aínda que a maioría dos seus clientes son turistas internacionais, están a popularizarse tamén entre a sociedade chinesa, segundo os estudos de Ives (2013), posteriormente complementados cos de Huang e Perng (2018) que revelan adicionalmente a importancia que ten no usuario de B&B de tipo rural o coidado do medio ambiente na costa leste taiwanesa.\nEn Sudáfrica, tal e como pon de manifesto Hikido (2017), o fenómeno B&B adquire un carácter interracial, xa que multitude de mulleres de raza negra que administran o aloxamento estreitan lazos con europeos ou con sudafricanos brancos que adoitan achegar o capital para poñer en marcha o establecemento. En México, o estudo de Serrano, Mendoza, PalmasCastrejón e ZarzaDelgado (2017) pon de relevo o empoderamento e a saída da pobreza que para moitas mulleres supón traballar en B&B de tipo familiar ou noutras clases de aloxamentos. Ultimamente, este fenómeno tamén se foi diversificando e especializando, ofrecendo B&B especiais para turistas con mascotas ou turismo gayfriendly (Pérez, 2014), entre outros. Os últimos estudos realizados por Prayag, Hall e Wood (2018) poñen de relevancia os sentimentos que lles producen aos propietarios de B&B os comentarios que deixan os seus clientes a través de internet. Unha enquisa realizada a estes en Nova Zelandia proba a existencia de catro perfís distintos acerca das súas reaccións: neutral, desgustado, partidario e aprehensivo.\n2.3. Moteis\nA súa orixe sitúase na California de 1925, cando o arquitecto Arthur Heineman deseñou un espazo residencial coa idea de que os hóspedes puidesen entrar co seu vehículo ata a mesma porta do aloxamento. Así, etimoloxicamente, Heineman sumou as palabras motor e hotel, creando o termo motel. Foi ideado, pois, desde os seus inicios, como un extenso conxunto de apartamentos ou estancias separadas con amplos espazos para albergar vehículos, xa que se situaban á beira das grandes estradas para ofrecerlles noites en hotel aos viaxeiros que se atopaban realizando longas travesías (Jackson, 1993). Cómpre mencionar aquí o artigo de Caton e Almeida (2007) no que poñen de relevo o turismo nostálxico de patrimonio sobre a cantidade de moteis e restaurantes ao longo da Ruta 66 nos EE.UU.\nAínda que teña a súa orixe nese país, o concepto axiña se estendeu ao longo do mundo, especialmente en países de tradición anglosaxona e de longas estradas como Australia. BerginSeers e Jago (2007) revelan a grande expansión que tiveron neste país os moteis desde a súa aparición en 1949, pasando de 80 establecementos deste tipo a finais dos anos cincuenta aos 700 que había a mediados dos anos sesenta.\nEn Europa, é destacable a referencia que realiza Čavlović (2018) da cadea de moteis Slijeme (Croacia), deseñada polo arquitecto Ivan Vitic en 1965, podendo ser vista como unha extensión mesma da autoestrada do Adriático, hoxe foco sen dúbida do turismo arquitectónico, bastante afastado do seu propósito orixinal como aloxamento de turismo masivo próximo á costa.\nNo Extremo Oriente, en cambio, o concepto de motel difire algo máis do orixinal. Especialmente en Corea do Sur, Hong Kong ou Xapón, os coñecidos como love motel ou love hotel adquiren un carácter máis urbano, situados usualmente dentro das grandes cidades (ou nos arredores), e tendo o propósito principal de garantirlles intimidade ás parellas. Non deben confundirse con lugares dedicados á prostitución, xa que usualmente os clientes destes establecementos son persoas que xa manteñen unha relación previa. En Taiwan, o concepto de love motel é un híbrido entre o clásico motel americano e o love hotel xaponés (Alexander, Che, MacLaren e O’Gorman, 2010).\n2.4. Cámpings\nSegundo Feo (2003), os cámpings pódense definir como terreos acoutados e preparados para recibir aloxamentos móbiles, ben tendas de campaña ou caravanas. Aínda que hai vestixios de clubs de acampada desde os inicios do século XX, non é ata mediados dos anos corenta cando xorde a súa popularización en Europa, estendéndose posteriormente a outras zonas (Feo, 2003). Autores como Østby (2014) defenden nos seus estudos o boom que tivo o cámping na Noruega dos anos sesenta, moi unido ao uso do coche nese país, que tivo serias restricións á importación de vehículos nos anos anteriores. O levantamento destas restricións trouxo consigo un forte interese polas viaxes en automóbil e polas acampadas.\nNa actualidade, aínda que a presenza de cámpings existe a nivel mundial, segue sendo un fenómeno maioritariamente europeo. En Europa, Francia encabeza a lista con 7.800 na área metropolitana, segundo o Institut National de la Statistique et des Études Économiques [INSEE] (2016), fronte aos 1.188 que tivo abertos España en agosto de 2016, segundo o Instituto Nacional de Estadística [INE] (2016).\n2.5. Aloxamentos rurais\nBlanco (1996) acouta o termo “turismo rural” describíndoo como unha nova forma de turismo que se desenvolve fóra dos núcleos urbanos, producida de forma reducida, usando os distintos recursos naturais, culturais, patrimoniais e de aloxamento no medio rural e contribuíndo ao seu desenvolvemento. Posteriormente, Björk (2000) definiría o turismo rural en termos moi semellantes, engadindo o concepto de desenvolvemento sustentable, de maneira que eses recursos non se estraguen co tempo e poidan conservarse inalterados.\nResaltando este último concepto, é interesante mencionar as recentes investigacións de Moral, Fernández e Sánchez (2018) acerca das intencións e actitudes de xerentes e propietarios de aloxamentos rurais de cara a implementar nos seus negocios accións socialmente responsables que impliquen un desenvolvemento sustentable en Andalucía (España). O estudo concluíu que, aínda que a maioría dos\nRevista Galega de Economía 2019, 28 (1), 5772 61 propietarios entenden a importancia de desenvolver accións conducentes a un turismo sustentable, o pequeno tamaño dos seus aloxamentos e, polo tanto, a súa escasa capacidade de reacción neste aspecto impiden a realización destas accións de motu proprio, e así na súa maioría os cambios conducentes a un turismo máis sustentable veñen tanto da presión social da súa contorna como das esixencias que a lei impón. Este mesmo estudo, grazas á enquisa que realiza, pon de relevancia os tipos de aloxamentos rurais que existen. A grandes trazos, pode concluírse que non existe un tipo de aloxamento rural per se, senón máis ben que o termo rural se converte nun adxectivo transversal que impregna os demais tipos de aloxamentos existentes tales como hoteis, apartamentos, vivendas e albergues, rurais todos eles.\n2.6. Albergues (hostels)\nO hostel (ou albergue, como se coñece en España) xorde na Alemaña de 1909 da man de Richard Schirrmann (Hostelling International, 2018), un mestre de escola que adaptou as aulas dos colexios para aloxamentos engadíndolles camas cando quedaban baleiras durante o verán. En 1912 funda o primeiro albergue de tipo xuvenil da historia no Castelo de Altena (Westfalia, Alemaña).\nPosteriormente, o concepto foise transformando, absorbendo un público non só xuvenil senón de todas as idades que busca aloxamento barato, e foi adquirindo un carácter máis rural, aventureiro e backpacking (mochileiro), como solución idónea para estancias curtas durante longas travesías a pé, como o Camiño de Santiago (Santos, 2003).\nO albergue ou hostel caracterízase principalmente por ser un aloxamento barato, onde usualmente existen grandes cuartos compartidos de entre 6 e 12 persoas, con aseos e outras zonas comúns como cociña ou sala de estar (Krasnoperova, Shchetkina, Martyn, Gizbrekht e Mlynar, 2016).\nO inicio do século XXI trouxo consigo o nacemento dun novo concepto de albergue de tipo urbano e xuvenil, centrado especialmente en estudantes con escasos recursos. O fenómeno colonizou o centro das principais capitais europeas. Así, o público usuario foi cambiando de viaxeiros “ nómades ” a mozos interesados polo turismo cultural, ampliado posteriormente a vacacións de tipo familiar co alugamento de cuartos enteiros con varias camas. Foi unha auténtica revolución no mundo do aloxamento turístico, que veu non só a facer caer os prezos dos aloxamentos no centro das principais capitais europeas senón a ofrecer unha experiencia de calidade a un prezo razoable (Richards, 2016).\n2.7. Aparthoteis e AT\nEn Europa, o termo aparthotel fai referencia a un tipo de hotel composto por apartamentos que inclúen varias estancias, incluídas a cociña, o baño e un ou varios dormitorios. En América, en cambio, o termo aparthotel fai referencia a un pequeno hotel ou B&B, mentres que para describir o aparthotel europeo anteriormente referido se emprega o termo apartment hotel (Beaver, 2005).\nOs AT son un concepto algo distinto do aparthotel. A diferenza deste, non é necesario pasar por recepción no momento da entrada ou da saída. Usualmente, atópanse construídos a modo de complexo, ben como bloque de apartamentos, ben como casas acaroadas, e malia que na súa forma de xestión son máis similares aos aloxamentos convencionais, a miúdo tamén se engloban dentro dos alugamentos turísticos, dependendo da lexislación de cada país.\n3. Alugueiros turísticos xurdidos da economía colaborativa. As VFT\n3.1. Definición e precedentes das VFT\nSegundo De la Encarnación (2016), as VFT son inmobles (ou parte deles, é dicir, cuartos) privados que se ofrecen para uso turístico durante un período concreto de tempo mediante o seu alugueiro.\nPola forma en que exercen a súa actividade, as VFT encádranse e xorden como un fenómeno totalmente novo dentro da economía colaborativa, ao tratarse dun uso compartido de bens e servizos mediante unha rede entre iguais ou entre pares (coñecido en inglés como sistema peerto-peer, P2P, en adiante) (Guillén, 2015). Etimoloxicamente falando, non é ata o ano 2007, grazas ao estudo de Algar (2007) titulado Collaborative consumption e ao posterior libro What’s mine is yours: The rise of collaborative consumption, de Botsman e Rogers (2010), cando o termo economía colaborativa comeza a se facer realmente popular. Nesta obra defínena como a economía construída mediante redes repartidas entre individuos, fronte a institucións centralizadas, transformando a maneira que se ten de producir e consumir. Posteriormente, a Comisión Europea (2016) definiu a economía colaborativa como “modelos de negocio nos que se facilitan actividades mediante plataformas colaborativas que crean un mercado aberto para o uso temporal de mercadorías ou servizos ofrecidos a miúdo por particulares”. O inicio da economía colaborativa no uso de bens inmobles ten o seu xerme no intercambio de casas, que empeza a estenderse a principios dos anos noventa mediante a empresa HomeExchange, fundada en 1992 por Ed Kushins e orixinalmente cun modelo de negocio baseado nun catálogo por correo, que posteriormente deu o salto á rede de redes (HomeExchange, 2018).\nO paso xusto anterior ao fenómeno das VFT dáo Couchsurfing, fundada en 2004 (Couchsurfing, 2017) na cidade de San Francisco. Foi un auténtico pioneiro no sector analizado, xa que foi a primeira entidade sen ánimo de lucro (transformándose máis tarde en empresa) en ofrecer aloxamento en casas de terceiros, “ surfeando” entre sofás alleos (couch significa “sofá” en inglés, e de aí Couchsurfing).\n3.2. Diferenzas das VFT cos B&B e cos AT\nMoitas das características destes novos tipos de aloxamentos son compartidas cos B&B, onde nalgunhas ocasións os límites entre un tipo de aloxamento e outro non están claros (Jordan e Moore, 2018), polo que os B&B marcan un claro precedente nas VFT.\nTanto é así que, en lugares como Hawai, a existencia dun pequeno apartamento anexo (chamado ohana unit, xa que ohana significa “familia” en hawaiano) a moitas das vivendas construídas nas illas, e utilizado na súa orixe para aloxar familiares e amigos nunhas zonas onde os prezos inmobiliarios non deixaban de crecer, foise transformando de algo parecido a un B&B a directamente unha VFT (Jordan e Moore, 2018).\nPara comprendermos mellor as diferenzas e as semellanzas entre un B&B e unha VFT preséntase a Táboa 2.\nAínda que xeralmente os AT e as VFT se encadran dentro dos denominados alugueiros turísticos, ao comparalos pódense resaltar as seguintes diferenzas. En primeiro lugar, os AT englóbanse dentro dun conxunto dedicado exclusivamente a unha explotación turística comercial, mentres que as VFT son propiedades individuais que poden estar rexistradas legalmente para tal fin ou non, exercendo así a súa actividade fóra da lei (Táboa 2) e dentro da economía somerxida, producíndose unha intrusión no sector de aloxamentos turísticos que se atopan dentro dunha actividade regrada (Guillén, 2015). Existe, polo tanto, un verdadeiro problema a nivel mundial por tentar acoutar lexislativamente esta actividade (De la Encarnación, 2016). En segundo lugar, ao contrario que os AT e tal e como se comentou anteriormente, as VFT xorden como un fenómeno diferente ao resto de aloxamentos e dentro da economía colaborativa.\n4. A expansión das plataformas P2P e do sector de alugueiros turísticos\nEn febreiro de 2005, Brian Sharples e Carl Shepherd encontrábanse reunidos en Austin (Texas) e decidiron cambiar a industria dos alugueiros turísticos para sempre. En xuño de 2006, nacía a web Homeaway.com, que poñía en contacto a propietarios e hóspedes nos EE.UU. Hoxe ofrecen unha oferta de máis de 2 millóns de aloxamentos distribuídos en 190 países (Homeaway, 2018).\nEn outubro de 2007, Brian Chesky e Joe Gebbia necesitaban un diñeiro extra para poder seguir pagando o seu alugueiro en San Francisco. Ocorréuselles comprar tres colchóns inchables para alugalos por noite. Bautizaron aquela idea como “ airbed and breakfast ”. En febreiro de 2008, Nathan Blecharczyk, arquitecto técnico graduado en Harvard, uniuse a Brian e Joe para fundar Airbnb (Salter, 2012) e cambiar o mundo dos alugueiros turísticos para sempre. Na actualidade, aloxan na súa web case 5 millóns de anuncios de propiedades de arredor de máis de 191 países do mundo (Airbnb, 2018).\nA partir da Táboa 3, pódese analizar a presenza que ambas as dúas compañías teñen a nivel mundial e estadounidense. Así, pódese observar a través desta Táboa 3 que Airbnb ten unha proxección a nivel mundial, copando as grandes capitais europeas, maior que a que ten Homeaway, que obtén a súa presenza internacional a través das filiais do seu grupo (véxase Táboa 4); polo tanto, o grao de coñecemento xeneralizado de Airbnb como marca a nivel mundial é superior. É destacable tamén que Homeaway ten unha presenza moito máis decisiva dentro das zonas eminentemente vacacionais dentro dos EE.UU., e só é superada por Airbnb nas grandes cidades como Nova York, Os Ánxeles ou Florida.\nDesde a aparición de Homeaway e Airbnb, fóronse xerando multitude de empresas online de intermediación entre particulares, tipo plataforma P2P, parecidas en funcionamento a estas. Para observar a súa relevancia actual, analizarase o Ranking Alexa 3 a nivel mundial en xuño de 2018 a través da Táboa 4, onde se expoñen as webs máis visitadas do sector e a súa posición global. Na Táboa 4 pódense observar os países nos que este fenómeno esperta máis interese e no que está, polo tanto, máis desenvolvido. Liderando a clasificación está EE.UU., lugar de orixe desta nova forma\nSe se analiza o crecemento do número de hóspedes (Figura 2), obsérvanse tendencias de crecemento moi parecidas ás da Figura 1, cun crecemento do 10, 4% entre os anos 2016 e 2017, e un crecemento total agardado do 32, 95% entre os anos 2018 e 2022. Por último, e tomando como base a Booking (que lidera a lista da Táboa 4), realízase unha aproximación do peso relativo que ocupan os distintos tipos de aloxamentos turísticos dispostos nos apartados 2 e 3 a nivel mundial (Figura 3). Para iso, tómase como base o total global de anuncios por tipos de aloxamento para xuño de 2018.\nÉ evidente unha preponderancia maioritaria do sector hostaleiro como a forma de aloxamento turístico máis común aínda existente (Figura 3). En termos de prazas, a súa porcentaxe sobre as demais sería maior, xa que aquí son contabilizados os aloxamentos por unidades; porén, o normal é que os hoteis dispoñan dun número bastante alto de prazas, fronte a outros establecementos como os B&B ou as\nVFT. Obsérvase tamén como as demais formas de aloxamentos convencionais ocupan, mesmo xuntas, un sector minoritario dentro da oferta de aloxamento que propón Booking a nivel mundial. B&B, moteis, cámpings, aloxamentos rurais e albergues non chegan a supoñer en conxunto nin o 12, 5% da oferta.\nÉ evidente unha preponderancia maioritaria do sector hostaleiro como a forma de aloxamento turístico máis común aínda existente (Figura 3). En termos de prazas, a súa porcentaxe sobre as demais sería maior, xa que aquí son contabilizados os aloxamentos por unidades; porén, o normal é que os hoteis dispoñan dun número bastante alto de prazas, fronte a outros establecementos como os B&B ou as VFT.\nObsérvase tamén como as demais formas de aloxamentos convencionais ocupan, mesmo xuntas, un sector minoritario dentro da oferta de aloxamento que propón Booking a nivel mundial. B&B, moteis, cámpings, aloxamentos rurais e albergues non chegan a supoñer en conxunto nin o 12, 5% da oferta.\n5. As causas do crecemento dos alugueiros turísticos\nDemostrado, polo tanto, o esmagador éxito dos alugueiros turísticos, o seguinte paso é a formulación das razóns do triunfo do sector a día de hoxe, que se resume en parte en adaptar o produto ofertado aos requirimentos do cliente. Seguidamente, pormenorizaranse os factores explicativos deste notable crecemento.\nEn primeiro lugar, nunca ata agora a humanidade estivera tan conectada. Nunca antes tantos millóns de persoas de calquera parte do mundo puideron comunicarse dunha maneira tan inmediata e directa, sen se coñeceren absolutamente de nada, e tendo tan só un posible interese común. Como consecuencia, existe unha expansión sen precedentes tanto da oferta como da demanda desde que esta posibilidade é factible. Sen dúbida, a internet permitiulles a estas plataformas P2P facer de intermediarios entre millóns de compradores e vendedores no mundo (Gwin, 2004).\nSeguidamente, analízanse algunhas das razóns polas que os clientes prefiren hospedarse nun alugueiro turístico fronte a un aloxamento convencional. Segundo Statista (2016), nunha enquisa realizada a 1.620 usuarios de alugueiro turístico en EE.UU. en xuño de 2016 (Figura 4) sobre as razóns polas que se aloxaron neste tipo de establecemento, as enquisas permitían respostas múltiples.\nAnalizando a Figura 4, pódense extraer catro grandes razóns que explican o éxito desta nova forma de hospedaxe: dispoñibilidade de cociña, intimidade, experiencia caseira e/ou local pero, sobre todo, prezo inferior.\nO nivel de intimidade e confort que outorga un alugueiro turístico non é o que se pode ofrecer nun cuarto de hotel. Sen dúbida, a sensación de “estar como na túa propia casa” é moito maior nun apar - tamento ou vivenda do que nun hotel. Isto, especialmente nos casos de parellas con nenos, é un punto clave. A isto engádeselle, na maioría das ocasións, a vantaxe engadida de contar cunha cociña propia, co consecuente aforro que supón o non ter que estar a comer fóra da estancia durante toda a viaxe.\nPor outra banda, a experiencia “local”, é dicir, a sensación de ato parse máis integrado na contorna é outro plus engadido para os hóspedes. A miúdo os hoteis son máis fríos e impersoais e, en ocasións, están situados tamén en lugares afastados das zonas históricas e/ou turísticas máis auténticas da cidade. Estar integrado nun inmoble dentro da zona que se visita proporciona, sen dúbida, unha sensación maior de vivencia no ambiente “real” da cidade.\nFinalmente, se se fala de prezo, pódese comprobar (Táboa 5) como o prezo de aloxarse nun alugueiro turístico é sensiblemente inferior ao do seu máis inmediato competidor, como son os hoteis. Obsérvanse, polo tanto, diferenzas acusadas (Táboa 5) entre o prezo medio diario dun alugueiro turístico fronte a unha media de todo tipo de cuartos hostaleiros, que adoitan estar en torno a un 40% máis caras. É notable o caso de Barcelona, no que sucede xusto o contrario. Posiblemente, a presión turística da cidade e a demanda de alugueiros turísticos disparasen os prezos, así como a loita que o\nConcello de Barcelona mantén coas VFT ilegais e os permisos especiais que estas requiren sexan os factores decisivos deste sorprendente resultado (Busbud, 2015).\nEn termos xerais, os motivos que propiciaron un prezo menor con respecto a outras formas de aloxamento convencionais foron o exceso de oferta que supuxo esta expansión das plataformas P2P, poñendo en valor recursos infrautilizados aos que non se lles estaba obtendo un rendemento económico. A isto cómpre engadir que na maioría das ocasións este tipo de vivendas se atopan nun baleiro legal, sen estar rexistradas nin tributar pola súa actividade, fenómeno que explica tamén estas diferenzas no\n6. Problemas orixinados polas VFT e outros alugueiros turísticos. Delimitación legal, xentrificación e masificación turística\nXa se foron citando ao longo do apartado 3.2. os problemas para delimitar legalmente as VFT. Conforme a De la Encarnación (2016), a economía colaborativa supón un cambio de paradigma no sector do aloxamento, e esta nova forma de hospedaxe choca coa normativa de moitos países, que só contemplaban aloxamentos rexistrados unicamente con fins turísticos, e non cesións temporais de inmobles ou de partes deles (cuartos).\nO problema da delimitación legal desta nova actividade non é exclusivo, xa que logo, dun país en concreto, e afecta especialmente a EE.UU., Países Baixos, Francia, Alemaña, Reino Unido e España, estados nos que o fenómeno, tal e como se analizou (Táboa 4), tivo unha maior repercusión e onde se realizaron os maiores esforzos por acoutar lexislativamente estas actividades, ben no ámbito local, rexional ou estatal.\nOutro inconveniente derivado deste novo fenómeno é a chamada “xentrificación” das cidades nas súas zonas máis turísticas. Esta xorde cando os residentes das áreas céntricas e/ou turísticas da cidade vense obrigados a se desprazaren cara a barrios máis periféricos (Cócola, 2015). O termo, atribuído orixinalmente a Glass (1964), xorde etimoloxicamente do inglés gentry, unha clase social inglesa de baixa e media nobreza que, aproveitando os seus recursos, mercaba inmobles vellos e/ou deteriorados no centro das cidades a baixo prezo para reformalos e mudarse a eles, desprazando así os seus residentes orixinais (de clase media ou baixa) cara a zonas máis periféricas da cidade.\nNa actualidade, o fenómeno transformouse no que hoxe se coñece como xentrificación turística, e consiste en que as zonas turísticas e/ou céntricas da cidade se encheron de alugueiros turísticos, transformándose en auténticos espazos destinados ao consumo turístico. Así, o visitante usuario destes alugueiros turísticos é considerado como o novo gentry, que grazas aos seus recursos se aloxa nestas zonas da cidade (Cócola, 2015) fomentando que máis vivendas na zona se destinen ao turismo (xa que é máis rendible que alugalas a un residente permanente) e, en consecuencia, subindo o prezo dos alugueiros. Isto forza a moitos dos habitantes destas zonas a se desprazaren a barrios máis afastados do centro, que teñen alugueiros máis baratos.\nAdemais, a proliferación de aloxamentos máis baratos que os aloxamentos convencionais (Táboa 5) implica un aumento na demanda turística ata o punto da masificación, o que provoca problemas de convivencia cos residentes. Segundo o recente informe Coping with success. Managing overcrowding in tourism destination (World Travel and Tourism Council [WTTC], 2017), cidades como Roma, Venecia, Ámsterdam, París, Praga ou Barcelona atópanse entre as máis masificadas turisticamente do mundo.\nObsérvase así como estes son tamén fenómenos producidos a nivel mundial. Xa existen numerosos estudos sobre a xentrificación en cidades masificadas polo turismo como Ámsterdam, onde Pinkster e Boterman (2017) describen como o histórico Distrito da Canle se transformou dunha zona residencial nunha área de lecer e aloxamento turístico.\nNotable é tamén o estudo de Minoia (2017) sobre a xentrificación en Venecia, cidade na que tamén se orixinaron recentemente soadas protestas (EFE, 2018) en contra da polémica decisión do Concello de colocar tornos de control para turistas debido á masificación durante o 1 de maio (Día do Traballo) no único punto de entrada á cidade. Por último, Cócola (2016) tamén reflicte no seu estudo a xentrificación á que está sometida a cidade de Barcelona.\n7. Conclusións\nDentro dos aloxamentos turísticos convencionais, obsérvase unha crecente preocupación no uso da internet por parte dos seus clientes á hora da influencia que os comentarios destes poidan ter sobre os seus futuros clientes potenciais. Este fenómeno é especialmente evidente nos establecementos hostaleiros e nos B&B.\nÉ perc eptible tamén como a “guerra comercial” entre tipos de aloxamentos turísticos a nivel internacional se dá, de forma maioritaria, entre hoteis (aloxamento convencional) e alugueiros turísticos (AT e VFT). O resto de establecementos convencionais supoñen no seu conxunto un 12, 5% da oferta de aloxamento mundial total e son, polo tanto, escasamente relevantes na actualidade.\nPor outra banda, un acceso á internet xeneralizado a nivel mundial propiciou o xurdimento de diversas plataformas P2P, que poñen en común a axentes no mercado con intereses complementarios dentro da economía colaborativa e a compartición de recursos. No eido do aloxamento turístico, isto traduciuse na reconversión de moitas vivendas existentes (na súa maioría desaproveitadas) mediante o seu alugamento con fins turísticos.\nO exceso de oferta xurdido deste fenómeno, unido na maioría de ocasións á existencia de situacións sen carga legal ou mesmo de ilegalidade (polo tanto, sen suxeición a tributación), propiciou uns prezos de aloxamentos turísticos por baixo dos que ata agora eran usuais, situación frecuentemente denunciada por parte dos propietarios de aloxamentos convencionais como competencia desleal.\nOs prezos baixos, polo tanto, así como unha maior intimidade, a dispoñibilidade de cociña e a sensación dunha maior inmersión cultural coa contorna son as principais razóns que explican o éxito deste novo tipo de aloxamentos.\nCon todo, este novo cambio de paradigma tamén implica situacións non desexadas non só para os propietarios de aloxamentos convencionais senón para os veciños dos barrios afectados por ese novo tipo de alugueiros. A súa maior rendibilidade fronte ao alugamento residencial tradicional provoca un ascenso nos prezos deste último, desprazando da zona a moitos dos seus residentes habituais, que agora non se poden permitir o prezo dun alugueiro na súa contorna. Esta nova realidade é coñecida co nome de xentrificación.\nAdemais diso, estes prezos baixos traen como consecuencia un aumento do número de visitantes, que ás veces chegan a colapsar as cidades. Especialmente graves son os casos das cidades de Venecia (Italia), Ámsterdam (Países Baixos) e Barcelona (España), entre outras. Este fenómeno é coñecido co nome de masificación turística e supón un auténtico problema para moitos concellos.\nFinalmente, conclúese que o fenómeno do alugueiro turístico facilitou un turismo máis alcanzable, creou unha fonte de recursos e emprego alí onde non a había e supuxo unha revitalización dos distritos centrais de moitas cidades; porén, non se poden esquecer os seus efectos negativos tales como a xentrificación e a masificación turística, aos que se recomenda mitigar mediante unha loita contra a fraude máis decidida, unha delimitación legal clara, ou a aplicación dun tratamento fiscal máis favorable para o alugueiro residencial convencional.\nBibliografía"} +{"summary": "Neste artigo tentaremos escrutar, desde a perspectiva antropolóxica, todo canto de feminino hai na olería tradicional galega alén dos estereotipos asignados. Somos conscientes das dificultades para aplicar a perspectiva de xénero ó eido dos oficios tradicionais alén daqueles relacionados co tecido. O noso interese, centrarase en atopar ás mulleres nun oficio que a propia tradición reservou, cando menos no seu discurso, como un campo de traballo masculino.", "text": "Estereotipos de barro.\nMulleres na olería tradicional galega : xénero, oficio tradicional, olería, Galicia. abstract In this article we will try to examine, from the anthropological perspective, everything feminine is in the traditional Galician pottery beyond the stereotypes assigned. We are aware of the difficulties in applying the gender perspective to the field of traditional crafts beyond those related to the clothing. Our interest will focus on to find women at one activity who own tradition to set aside, at least in his speech, as a male labor camp. keywords : gender, handcraft, pottery, Galician.\n“ The past is a foreign country; they do things differently there. ” Leslie Poles Hartley “Hay una grieta en todo; solo así entra la luz.” Leonard Cohen\nIntrodución\nO obxecto do presente traballo é proxectar unha mirada en feminino cara á olería tradicional en Galicia desde a antropoloxía social. Neste sentido, cabe precisar, xa desde o comezo, que non imos desenvolver unha análise pormenorizada da actividade nin desde o fío condutor dos procesos de elaboración e de venda, nin desde as dinámicas económicas, sociais, políticas e culturais xeradas polos axentes implicados, e tampouco a través dunha descrición detallada dos produtos. As nosas tentativas camiñarán, antes ben, cara a unha proposta de reflexión en violeta sobre o mundo do barro en múltiples perspectivas, nunha sorte de patchwork mental que permita incorporar os estudos de xénero a unha temática ata o de agora nunca abordada con esas claves. Hai que matizar, pois, que para a olería tradicional en Galicia se ten mirado hai xa un tempo; ora ben, repensar a presenza feminina nese oficio resulta unha tarefa tan atractiva como de novío.\nNon consideramos de especial interese expoñer aquí de xeito detallado todas as non poucas referencias bibliográficas que existen sobre a olería tradicional da, desde, para ou en Galicia, pero si traer a colación unha breve catalogación colectiva e xeral das mesmas en función das tres directrices ás que, na nosa opinión, teñen respondido. Por una banda, atoparíanse todos aqueles estudos de orde ideolóxicopolítica nos que a olería tradicional se presenta e/ ou emprega, conformada en termos de esencia, como soporte ou esqueleto sobre o que armar una identidade galega diferenciada que emana do pobo [folk]. En segundo lugar, estarían aqueles traballos, unidos en certa medida cos anteriores, en tanto en canto o oficio segue a interpretarse como un continuum coa comunidade que o produce, pero que presentan como característica máis significativa a présa por recoller información sobre una actividade que se cataloga, desde o último terzo do século XX, en inminente perigo de desaparición. Desde esta perspectiva, a olería representaría os vestixios ou tizóns dun pasado chamado, irremediablemente, a desaparecer coas transformacións irreversibles da modernización das sociedades rurais europeas. O terceiro grupo de publicacións sobre esta temática, e último, na nosa clasificación, polo seu carácter máis recente, incluiría todas aquelas análises nas que a olería funciona como capelo dunha identidade galega posmoderna na que a tradición debe de ser entendida en clave de recurso —non só económico, aínda que tamén— o que permite a súa existencia nas sociedades capitalistas máis aló do seu valor de uso e como colectores de cultura nos procesos de posta en valor do patrimonio que caracterizan o momento actual.\nAtopámonos, desde logo, ante unha temática cunha certa bagaxe como campo de estudo ou reflexión desde distintas áreas de coñecemento que xiran, de maneira maioritaria, arredor das humanidades e das ciencias sociais pero que, por veces, tamén recollen as achegas doutras disciplinas, como a química ou a edafoloxía. É nestes enfoques, máis técnicos, sobre a olería, onde non é posible atopar o que xa de por si debería constituírse coma un apriorismo: a presenza das mulleres no oficio. Que elas sempre formaron parte da olería resulta incontestable, xa que a única alternativa en negativo sería que non tivesen formado parte do grupo social que orixinou, mantivo e traspasou o oficio de xeración en xeración, e nesa sucesión temporal, se algo non pode faltar son, precisamente, as mulleres. Agora ben, unha cousa é que estiveran alí e outra coñecer e entender ou tentar explicar o Como?, o Onde?, o Cando?, o Por que?, o Para que? Ou o Cantas? Rastrexar a presenza das mulleres nun oficio que a tradición reservou, cando menos no seu discurso, como un campo de traballo masculino, vólvese, como xa adiantamos, moito máis complexo e a bibliografía existente ata o momento cobra un carácter máis restrinxido 1.\nComo vimos de expoñer, a incorporación da perspectiva de xénero ós estudos culturais que ten levado nas últimas décadas a localizar a existencia do feminino, tanto no momento actual como en retrospectiva histórica, non semella atopar un terreo fértil se o acoutamos ó ámbito dos oficios tradicionais. A primeira limitación coa que nos atopamos é que non contamos con fontes documentais concentradas nin específicas que rexistren a historia social da xente do común, o que dificulta enormemente, xa que logo, dar coas mulleres que, por forza, tiveron que estar alí. Porque no caso delas a subordinación ten que entenderse con base en dous vectores de opresión que as relegaron ás marxes da periferia desde onde nunca cobraron entidade suficiente como para constituírse nun obxecto de estudo propio nin, na maior parte dos casos, foron quen de deixar rexistro documental. Se no concepto de “ ordinary people ” (Gardner&Adams 1983) a vida cotiá do colectivo anubrou, con carácter xeral, a capacidade de axencia dos suxeitos convertidos “en calquera” ou “en ninguén”, como será posible buscar o rastro “das outras dos outros”? E aínda máis, como atopar as trazas do xénero dentro dun oficio que, nun rango temporal prolongado, se viu clasificado como descarte en termos sociais, incluso dentro do grupo do campesiñado no que se insire e que non foi quen de deixar pegada do seu devir diario?\nTodas estas circunstancias outorgan aínda máis relevancia ós datos obtidos a través das fontes orais que, no caso que nos ocupa, atópanse condicionadas por dúas variables moi significativas. A primeira delas fai referencia ó acoutamento temporal que nos impoñen, xa que non é posible recompilar a memoria do oficio máis aló de dúas xeracións cara atrás con respecto ós nosos informantes de maior idade, o que nos sitúa, no mellor dos casos, no último cuarto do século XIX. A segunda obriga ó recoñecemento explícito da debilidade dun rexistro atenazado entre as figuracións da memoria entendida como unha elaboración na que se xustapoñen o cultural e mais o persoal e a ampla amálgama de información non filtrada que emana dos informantes de xeito caótico durante a recollida de datos.\nDe todos xeitos, como xa adiantamos ó comezo do texto, a nosa intención non é a de trasladar aquí un material etnográfico detallado e consolidado co que dar visibilidade ás mulleres do barro, senón reparar nelas con outros ollos ou, por mellor dicir, con outras miradas. Non queremos dicir con isto que o traballo de campo non conforme esta proposta; metodoloxicamente falando, na base da nosa análise está a conxugación dos métodos cuantitativos e cualitativos que dotan de significación á antropoloxía social e cultural, pero a nosa intención non é presentar un estudo de caso. A observación participante, as entrevistas semiestruturadas con final aberto, as historias de vida e a consulta de fondos documentais referidos á actividade oleira que empregamos como substrato, forman parte do traballo de campo, da revisión bibliográfica e da consulta de documentación que comezamos no ano 1998 e que tivo unha primeira etapa continuada de forte intensidade ata 2004, despois da cal se mantivo o contacto directo co terreo, aínda que de xeito máis esporádico, e unha revisión continuada de materiais.\nAgora, que xa precisamos cal será o obxectivo das liñas que se presentan a continuación e nos achegamos a unha ollada integral sobre as mulleres como corporalidades do xénero sendo, en realidade, esta última a categoría que centra o noso interese, consideramos importante achegar, a partir de aquí, outras matizacións non menos destacadas. Así pois, para poder contextualizar correctamente as nosas reflexións procederemos a comezar por revisar, aínda que sexa de xeito sucinto, algúns outros conceptos significativos que aparecen xa no título deste texto.\nDaqueles barros\nAínda que poida resultar obvio, non está por demais manifestar a evidencia de que a olería galega é heteroxénea, múltiple e diversa, en tanto en canto mantén unha correlación con todas as outras creacións culturais dun territorio o suficientemente amplo como para rexistrar no seu interior diferenzas 2 considerables. É dicir, non se sostén o concepto cultural nin etnográficomaterial de olería galega. De feito, ó noso entender, o agrupamento das distintas tipoloxías só se produce mediante a creación dunha narración en público na que poden ter cabida todo tipo de discursos encamiñados desde a súa raíz a constatar un feito cultural diferencial común asentado territorialmente en Galicia aínda que o percorrido histórico das súas reivindicacións se puidese axeitar a diferentes parámetros, desde o provincialismo, o rexionalismo, o galeguismo ou o nacionalismo, así como a organigramas económicos tan variables como a autarquía da posguerra española no século XX ou a globalización do XXI, por citar só dous deles.\nEsa pretendida, logo, homoxeneidade nos fondos estruturais da actividade estaba composta, na práctica, por unidades formais necesariamente condicionadas polo feito de que, as pezas de barro producidas, distribuídas e consumidas en Galicia sempre percorreron —aínda que por distintas razóns— itinerarios de proximidade o suficientemente preservados. Os lindes entre as distintas variantes servían para manter as diferenzas se ben estes nunca poderían ser entendidos como pechados nin no que atinxe ós cambios, nin ás incorporacións de técnicas, materiais, formas, decoracións ou outros elementos cos que se erixiron e se conforman os modelos propios de cada comarca así como, tampouco, ós procesos de imitación, adaptación ou hibridación.\nMáis aló dunha división territorial que responde á administración do estado, Galicia non debería de ser unha etiqueta uniformada para unha actividade coma a olería tradicional espallada por todos os recunchos do planeta na súa faceta utilitaria, en primeira instancia; isto é, a de cubrir necesidades materiais cotiás como son a conservación, preparación e consumo de alimentos conxugada, nalgúns casos ou momentos con connotacións simbólicas ben sexan sagradas ou profanas. En realidade o adxectivo ‘galego’ aplicado ós cacharros de barro resulta só definitorio nun plano abstracto de seguimento\ncultura ora ben nas súas concrecións materiais ou nas atribucións intanxibles.\nmente sinxelo o que nos conecta co segundo dos significantes que quixéraa súa realización, os xeitos de fabricación, o patrón dos obxectos, as posibilidades de ornamentación, as formas de poñelas no mercado, etc. Pero a olería non só se constitúe como un elemento cultural senlleiro de cara a dentro senón que tamén identifica ás mans polas que pasa ben sexa para facela ou ben para facer uso dela funcionando, polo tanto, como signo de identidade non só desde as connotacións antropolóxicas do termo senón atándonos á segunda das acepcións na súa definición filolóxica: o barro constitúe un elemento susceptible de ser empregado para caracterizar as persoas e distinguilas doutras nun conxunto ou grupo social.\nDentro do complexo mundo das cerámicas tradicionais, conformado por terras arxilosas cocidas e dividido en olería, louza, gres e porcelana, no que están incluídos todos os produtos fabricados a partires de silicatos complexos de aluminio formados por meteorización de roca feldespática ou o que vén ser ser o mesmo: unha combinación de elementos químicos comúns na que se poden apreciar diferentes graos de pureza con maior ou menor presenza de minerais asociados —sodio, potasio, calcio, ferro e magnesio—, a olería resérvase para designar aquelas pezas producidas con barro de basto. Deste xeito, o propio xermolo do oficio entronca pola dobre acepción do termo como sinónimo da arxila pero tamén da propia terra 3, sempre mesturadas con auga —de novo outro elemento dual que pode funcionar como acelerador na descomposición dos corpos e tamén como orixe da vida— o que lle confire unha dupla posibilidade de clasificación que oscila sempre entre o estigma da\nsucidade e o da pureza atávica.\nEsta autenticidade telúrica, acentuada por unha mínima resistencia á calor durante o proceso de cocción imprescindible para fixar as formas, sitúa os obxectos feitos con barro no extremo oposto á fineza, en orixe, da porcelana que é só caolín e que o é case que por completo xa que precisa, para poder ser traballado agregarlle pequenas doses de feldespato e cuarzo. Ese compoñente maioritario na máis elevada das cerámicas tradicionais, que evoca como ningún outro a unicidade, é unha arxila que atesoura na súa cor branca as claves para conseguir pezas de alta homoxeneidade na súa composición o que vén garantido pola alta densidade das partículas vitrificadas que a compoñen e xunto á que tamén acaban por concorrer outras circunstancias que elevan o resultado final; por exemplo, as altas temperaturas que poden soportar durante a cocción, o que remata por conferir ós obxectos elaborados con esta pasta cerámica as características físicas de ausencia de porosidade e, ó mesmo tempo, as fai altamente uniformes e impermeables tanto ós líquidos como ós gases e lles outorga unha non menosprezable resistencia en termos de proximidade ás fontes caloríficas e tamén ante un posible golpe ocasional. Pero ademais, en referencia ós sentidos de maior impacto aínda na distancia como son a vista e o oído, os obxectos de porcelana distínguense por unha elevada sonoridade derivada do escaso grosor 4 que precisa a súa materia base para soportar a forma e un acabado visual translúcido 5 o que, sen dúbida, axuda a reforzar un sincretismo máxico sobre elas que incrementa, a súa vez, o poder de atracción.\nComo diciamos, a olería sitúase no extremo oposto á porcelana no ranking de excelencia que se pode aplicar á produción de cerámica tradicional e abarca, por metonimia, a práctica totalidade dos produtos feitos con barro cocido, sen diferenciar entre as posibles clasificacións susceptibles de seren realizadas dentro das arxilas segundo estas se presenten modeladas ou torneadas, brunidas ou sen pulir, vernizadas ou esmaltadas, utilitarias ou decorativas, etc. A diversidade recollida no caso do galego na lingua só se pon de manifesto para separar dous oficios unidos pola materia prima que empregan pero separados en función dos produtos ós que dan lugar: os que fan co barro, maioritariamente aínda que non só, olas serán oleiros, os que fan co barro só tellas serán telleiros. De feito, a especialización probablemente se produciu por escisión dunha das ramas, a dos telleiros 6, que ocupou un campo de traballo específico cunha alta demanda en termos cuantitativos como rama secundaria da construción nas zonas norte de Galicia, o que lle conferiu á actividade singularidades tan marcadas como a xerga dos “cabaqueiros”, unha variedade da fala con carácter críptico.\nA enganosa simpleza da olería que encamiña, como vimos de ver, desde os principios técnicos máis básicos as súas posibilidades de consideración en termos sociais e culturais recolle de xeito máis que completo e complexo a súa capacidade de agregación na vida de Galicia apelando ó último dos termos sobre os que imos introducir algún tipo de matización: a tradición ou o tradicional. Ben é certo que, fronte á exclusividade da porcelana e moi por debaixo dos camiños intermedios transitados pola louza e o gres 7, a olería, durante anos, impúxose pola súa función de uso en todos os estamentos do corpo social en Galicia, xa fose, de maneira illada, no consumo ou, como habitual auxiliar, na cociña das clases acomodadas ora coma enxoval cotiá para a escasa burguesía e, sobre todo, entre as grandes masas do campesiñado para as que a louza, e aínda máis, a porcelana, representaban a excepcionalidade absoluta cun uso totalmente restrinxido ás celebracións, sempre con público, máis destacadas, xa fosen estas de carácter festivo ou cerimonial 8.\nA ampla e continua presenza dos obxectos fabricados con barro entre a maioría da poboación nun segmento temporal non acoutado, entre outras cousas porque nunca se constituíu como categoría significada nin endexamais estivo dotada de connotación algunha que non fose a necesidade, acabou por conformar a percepción destes asociados á condición de sostén cultural fóra do tempo como excelsos representantes sempiternos da tradición desde unha visión a todas luces romántica da identidade. O valor engadido da olería garántese, así, porque as pezas de barro ofrecen todos os ingredientes precisos para ser susceptibles de pasar a ser unha especie de matryoshka infinita en bucle ou espiral galaica eterna que define a tradición como aquilo que vive e se mantén de forma esencial nunha comunidade sen alteracións de ningún tipo. Ollada desde ese prisma pola tradición só pasa o tempo pero esta nunca transita por aquel.\nDeste xeito, a potencia desa imaxe fixa, ancorada na inmensidade dun pasado total, a olería tradicional como un elemento que estivo aí e así desde sempre nun pretérito perfecto continuo que se mantén no presente. Non obstante, a tradición como construción cultural que é nunca pode ser entendida como perenne nin estática; pola contra, sempre é inventada e argumentada desde o presente, construída en función dos intereses coetáneos do grupo que a xera ó mesmo tempo que a sostén. A tradición que busca a súa lexitimación alí onde xa non se pode intervir, no que xa pasou, responde sempre a unha selección na que non só se desbotan as manifestacións culturais que perden utilidade para o grupo que as produce senón que as que se manteñen fano porque representan os intereses cara ó futuro dos grupos dominantes. Apelar pois á tradición ou cualificar, neste caso á olería, como tradicional non consiste en volver os ollos cara a atrás para recoller a testemuña do paso do tempo sen intervir nel senón en proxectarse cara a adiante en función das relacións de poder que caracterizan a interacción humana sobre a base da catalogación de determinados elementos culturais como ancestrais.\nCando presentamos as nosas fontes e mencionamos as dificultades para dar visibilidade ó noso obxecto de estudo fixemos fincapé no feito de que o noso traballo de campo presentaba unha limitación temporal retrospectiva que lindaba con derradeiro cuarto do século XIX. Nese lapsus de tempo, non moi extenso en duración se ben moi intenso en canto a variacións nas que a velocidade da transformación social se viu incrementada por unha forte aceleración, téñense establecido, cando menos, tres momentos diferenciados para a olería tradicional galega, pero se observamos ese proceso en clave feminina decatarémonos de que a presenza das mulleres no oficio introduciu unha bifurcación no último dos intervalos co seu traslado desde a periferia ata o centro da actividade. Tomemos posición, logo, nesa secuencia cronolóxica e localicemos os espazos ocupados polas mulleres en función dos estereotipos de cada retrinco do camiño.\nPezas de olería: formas de muller\nA primeira das etapas no período estudado abrangue ata a década dos 60\ndo século XX. A olería tradicional levábase a cabo nunha sociedade maioritariamente agraria que demanda para o enxoval doméstico recipientes de pasta cerámica da variedade barro conseguida con ata tres elementos básicos na súa composición: “materiales arcillosos, materiales no arcillosos refractarios y materiales no arcillosos fundentes” (Vázquez Malagón 2005: 32). Dentro da arxila, a masa coa que finalmente se traballaba estaba composta por unha mestura entre un tipo de barro 9 pouco plástico, cunha porosidade ínfima, de tacto moi maino, cuxa cor tende ós tons escuros —gris, azul, marrón ou negro— e que proporciona ós obxectos con el fabricados unha alta resistencia á calor, con outro barro moi plástico, con máxima porosidade, de tacto moi áspero, cuxa gama cromática oscila desde o amarelo ata os ocres e que permite o modelado ou torneado da pasta final aínda que presenta unha grande fraxilidade. A combinatoria de materiais para a preparación do barro resultaba decisiva nunha olería que tiña dous requisitos básicos para conseguir a súa aceptación nun mercado no que aínda non fixeran acto de presenza os materiais sintéticos, coma o plástico: a lixeireza e a resistencia. Desde o principio mesmo da olería facíanse patentes a mestría e o saber científico acumulados\npolos especialistas nesa labor.\nNon obstante, na altura, a totalidade dos factores que caracterizaban a olería poñen de manifesto o carácter eminentemente pragmático do oficio. Unha actividade cargada con altas doses de coñecementos técnicos sobre todo na fase de preparación dos materiais así como nas de elaboración e cocción das pezas pero que só levaba aparellada unha consideración notable en claves internas do oficio manifestadas nas unidades de produción e, máis en concreto, con relación á variable xénero que afastaba ás mulleres do control do torno e do lume e, aínda así, isto non sempre se producía. Así pois, “habría que considerar la explotación familiar como un marco privilegiado que permitiría analizar en profundidad y en un territorio concreto las relaciones entre los sexos. En ese territorio, y en las relaciones que se establecen entre los miembros del grupo y lo social, se ven a menor escala los detalles con los que se teje lo cotidiano” (Méndez 1988: 207).\nOs oleiros, como colectivo, non acadaron no contexto socioeconómico da época maior recoñecemento porque a súa actividade caracterizadora —facer olas— non remarcaba os patróns de valía do momento; isto é, a súa faceta, na maior parte dos casos, de campesiños propietarios. Antes ben, o dominio como expertise dun coñecemento restrinxido ós iniciados permitiulles inserirse como traballadores, xa fose por conta propia ou xa por conta allea, nun sistema que derivaba cara a unha especie de xornaleiros, dificultando a súa integración no grupo do campesiñado 10. Moi lonxe das connotacións míticas que aproximaban o dominio dos catro elementos —terra, auga, lume e aire— á alquimia, á maxia, e mesmo a Deus, o desempeño diario do oficio atopaba a excelencia na repetición exacta do modelo en quendas establecidas ou tarefas marcadas desde a cúspide da pirámide de cada unidade de produción, xa fose o xefe de taller ou ben o propietario 11, do mesmo en función do ritmo da demanda. O ideal do oficio neste período consiste na repetición e na consecución de obxectos idénticos ó modelo. E, se ben é certo que os modelos sufriron cambios, o paradigma do artesán non reflectiu variación ningunha perseguindo unha e outra vez a reprodución exacta.\nA exaltación por reiteración da mestría no torno alto, que supoñía un condicionamento tecnolóxico de maior consideración que o torno baixo 12 ou o modelado a man, levaba aparellada a estimación de quen acadase ese nivel de control, pero cando esa estimación se presenta afectando só ó xénero masculino consideramos que está mediatizada por unha visión binaria e xerarquizada do oficio que non debería de ser a correcta 13 ou, cando menos, non a única se se aplica en termos de capacidade individual. Do mesmo xeito, restrinxir a catalogación de oleiro para quen moldea dentro da estrutura de produción tampouco sería adecuado. Hai que evidenciar que, en primeira instancia a olería desenvolveuse alí 14 onde a cortiza terrestre ofrece a presenza das materias primas precisas para que existan oleiros. Sobre esta limitación inicial, as unidades de produción, que coinciden coas unidades familiares, de tal xeito que, nunha sociedade caracterizada por modelos de parentesco en primeiro grado extensos o desempeño da actividade oleira abrangue a totalidade de compoñentes da casa e, se ben presenta diferenzas internas considerables —en función dos dous factores, xénero e idade, que resultan sempre distintivos dentro do mesmo grupo social—, identifican a todos e cada un dos membros da familia. Por suposto que existía “unha certa división sexual do traballo (…) pero esta división era bastante flexible” (Aalten 2012: 74).\nTodos os recursos humanos dunha casa de oleiros se etiquetaban en función da súa proximidade ó barro sen distinguir entre as fases internas dos procesos nin no que se refire á produción nin ó que atinxe ás vendas. Cada individuo integrábase como un elo imprescindible na cadea de produción, en termos ‘fordistas’, para realizar as tarefas que podían ser cualificadas como principais e secundarias na elaboración do discurso pero que, na realidade, resultaban, todas elas, imprescindibles. Nas interpretacións clásicas do oficio considéranse como principais as fases de torneado, que pode incluír como apéndice a decoración, e de cocción, fronte ás secundarias de consecución da materia prima, tratamento e preparación das pastas, secado, achega de materiais combustibles e venta.\nPois ben, nos estudios e rexistros da actividade levados a cabo ata o de agora, as mulleres aparecen relegadas ás tarefas catalogadas de segunda orde fronte á primacía dos varóns exercendo o poder a través da reserva para o xénero masculino das actividades máis destacadas do proceso de fabricación. Non é a nosa intención poñer en dúbida, nin por un intre, a condición de subordinadas das mulleres nun sistema patriarcal pero, canto dese sometemento non responde a manter unha interpretación interferida 15 pola ideoloxía dominante máis aló dos feitos constitutivos? Entender os febles como obxectos sen capacidade de axencia non incorpora unha ollada en feminino ás análises e, no caso das mulleres, entendemos máis apropiado empregar a proposta de equilibrio entre a estrutura e a axencia de Ortner cando empregou o concepto de serious game (Ortner 1996) como marco teórico para entender que, se ben todos os suxeitos estamos dirixidos polas regras sociais\ne motivados por obxectivos tamén sociais, actuamos sobre eles de acordo con interpretacións e estratexias persoais.\nAs mulleres oleiras, que eran todas aquelas que traballaban co barro e non só as que facían no torno, eran suxeitos con ocupacións en tarefas imprescindibles no proceso de fabricación, pero seguimos a velas como as que axudaban. Sirvan de exemplo as seguintes consideración: elas eran as que carretaban os cestos de barro desde as barreiras ata os carros para transportalo cara ás casas, eran elas as encargadas de repasar un por un os fondos de pasta antes de poñelos no torno para evitar as feridas que as pedras non retiradas podían chegar a facer —coa velocidade da roda calquera extremo agudo podía producir cortes importantes o que provocaría, en caso de infección, a perda temporal dese traballador— nas mans que torneaban, eran elas as que trasfegaban cos cacharros nas distintas fases de secado —primeiro nos caínzos da cociña, despois fóra, finalmente ó sol nunha muda constante de quita aquí e pon alí—, eran elas as que ían pola leña, preferentemente de carqueixa ou uces, para cocer, as que a cortaban no monte e as que a carretaban en feixes ata o forno, eran elas as que estaban para dar as pezas de unha en unha cando se enfornaba e as que preparaban as gavelas de leña para atizar, eran elas as que coa desaparición da calor baleiraban o forno e tamén as que protexían as pezas para transportalas ata as feiras.\nPero ademais, houbo mulleres desde finais do século XIX ata un pouco máis da metade do XX en Galicia que exerceron na súa totalidade o oficio da olería en estrito senso, xa que elaboraron coas súas mans as pezas de barro. O sometemento feminino nos discursos xerados que en tanto en canto son actos da linguaxe e “non poden explicarse só como actos lingüísticos, ou só como actos do entendemento, separados da acción social” (Rodríguez Campos 2001:11), prodúcese de xeito dispar na olería en función do desenvolvemento tecnolóxico presenta no acto de crear as pezas. No caso das cerámicas modeladas e das moldeadas en torno baixo establécese un vínculo automático entre a existencia de mulleres realizando esas tarefas e a postura corporal necesaria para levalas a cabo. Normalízase así a presenza de mulleres nesas olerías porque se levan a cabo sentadas no chan ou en pequenas banquetas, cando non, directamente, de xeonllos. A simple imaxe corporal asociada a ese xeito de facer propicia que a actividade permita ás mulleres acceder ó espazo sacralizado por excelencia; isto é, o torno. A evidencia visual acéptase, así, como símbolo de claudicación en termos de control social.\nPara os lugares nos que se emprega o torno alto, a visión androcéntrica dominante habilita, cando menos, dúas vías para rebaixalas na súa consideración social. Primeiro mediante a excepcionalidade, facendo delas rara avis en situacións que non podían ser menos que normais. Neste grupo estarían as explicacións para a presenza feminina no torno naquelas zonas tecnicamente asociadas ó torno alto no que este aparece restrinxido ós homes; neses casos, atoparíanse aquelas mulleres que constituían o temón da unidade familiar ben por morte do marido ben por incapacidade deste. En ámbalas dúas circunstancias a xustificación vén dada pola necesidade, case nunca entendida de maneira individual senón como nai que no exercicio da función que por natureza lle corresponde fai cacharros de barro para alimentar os fillos, como se o desempeño habitual do oficio non tivese per se esa mesma finalidade. Cando as mulleres ocupan os espazos asignados socialmente ós homes precisan da escusa da maternidade para poder manterse neles. Pero hai, vinculada a este carácter de excepción, outra pauta nos discursos que evidencian a existencia desas mulleres non tanto como cabezas de familia —por acceso forzoso, iso si— senón como expertas oleiras e que constitúe a segunda das formas de mantelas sometidas nun nivel inferior: o seu desempeño do oficio reduciríase a producir só as pezas de menor tamaño. Nestas ocasións bótase man da forza física en función do volume acadado polas pezas grandes para salientar a necesidade dun home fronte á debilidade fisiolóxica da muller que lle impediría poder levar a cabo o traballo. Curiosamente esta limitación só se localiza na fase de torneado, como se as outras fases da olería ou os outros labores asignados ás mulleres dentro do organigrama familiar non tivesen ningunha relación coa forza. Tal afirmación só pode ser realizada, fóra das consideracións ideolóxicas do heteropatriarcado, por quen nunca foi, por exemplo, lavar a un río ou pia, unha tarefa exclusivamente feminina de máxima dureza en canto a esforzo físico e que, en concreto en Galicia, na maior parte do tempo, se facía nunhas condicións climatolóxicas para nada benévolas o que incrementaba a súa dificultade.\nDa propia transmisión do oficio durante o tempo aquí referido evidenciase que non podía existir ese condicionamento físico para o control do torno polas mulleres e que, na realidade, esa circunstancia responde a unha norma social. Cando os oleiros desa época describen a súa aprendizaxe afirman que nunca recibiron unha formación específica, que aprenderon desde nenos por imitación, incluíndo a roda entre os seus xogos infantís e aproveitando os descansos dos homes que estaban a traballar nelas. Eles tamén din que, nas zonas de torno alto, o seu reducido tamaño non lles permitía xogar no torno de xeito individual xa que non daban a altura mínima precisada de tal xeito que o facían como pouco entre dous: o que exercía a forza motora abaixo e o que moldeaba arriba. Neses comezos da actividade as nenas xa non participaban do xogo e aí non se poden aplicar as xustificacións de que non tiñan suficiente forza xa que nin o procedemento nin os efectos tiñan pautados un resultado e, polo tanto, non debería de ter sido impedimento para que as cativas tamén xogasen coa roda, cousa que non ocorría a non ser que estivesen aprendendo o oficio.\nPor se a análise derivada das fontes orais non resultase concluínte, a arqueoloxía data con precisión que “en términos generales, la mayoría de los alfareros estudiados etnográficamente aprenden a modelar entre los siete y diez años y continúan su formación durante unos dos años” (WallaertPetre 2001). Isto sitúanos arredor dos doce anos, a data na que un rapaz era quen de facer cacharros e fai máis difícil de entender, se cabe, por que unha muller adulta non é capaz de superar en capacidade física —base da argumentación— a unha crianza de tan curta idade que aínda non superou a adolescencia. Se o mundo se constrúe a través da narración, neste caso os discursos que explican por que se freou o acceso ó torno das mulleres evidencian que era unha decisión social disfrazada de protección na que se recorre á falta de forza ou de envergadura física delas pero que, en realidade, buscaba retelas na infancia para atribuírlles, a continuación, na necesidade dun titor vital. Nelas estaba o problema e, desde fóra, se lles proporcionaba a solución. A última das evidencias para asentar a nosa interpretación atopámola na que será a derradeira fase do período estudado e será, polo tanto, máis adiante onde\nretomaremos esta cuestión.\nA partir da década dos anos 60 a sociedade galega entra en profundos cambios que rematan por desarticular toda a tremoia á que nos estamos a referir como consecuencia da aparición en competencia das mesmas pezas pero realizadas con materiais sintéticos máis lixeiros e perdurables como o plástico ou o cristal. Pero neste proceso de abandono da actividade tamén temos que barallar as claves de acceso a outros horizontes vitais grazas ó capital acumulado por parte dos oleiros e ó desexo de abandonar unha actividade marcada con estigmas negativos polos que a olería tradicional perde fol en Galicia e entra nunha etapa cualificada como os anos dos “alfares en silencio” (Freire Paz 2004: 523). A maior parte da unidades familiares dedicadas ata entón á olería abandonan o oficio que se mantén con moitas dificultades a base de casos illados cunha forte pegada do carácter complementario, e en numerosas ocasións anecdótico, que adquire o traballo nas rendas do grupo familiar desde o punto de vista económico e onde cobra especial forza a presenza individual do artesán. Xa non se pode atopar en Galicia deses anos familias dedicadas integramente á produción de cacharros de basto fóra dos talleres asentados en Buño cuxa olería se subsumía de maneira máis evidente cara a faceta decorativa da cerámica. As marxes quedan ocupadas por oleiros que manteñen unha produción mínima, transformada en xeral nos tamaños e nas decoracións cada vez máis profusas así como no uso de impermeabilizantes, vernices e esmaltes de todo tipo que achegan as pezas á demanda non moi significativa da olería popular como souvenir asociada á vertente lúdica dun incipiente turismo cultural que tamén achega ás aldeas de oleiros a estudosos do tema que buscan recoller testemuñas dun pasado continuo que entenden a punto de desaparecer para sempre.\nNestas circunstancias e cunha cada vez maior emancipación feminina, as mulleres comezan a chegar desde fóra, e este é un dato moi importante, á olería galega da man de dúas condicionantes básicas: unha consideración artística do oficio ata entón nunca evidenciada en termos performativos e as posibilidades de formación oficial ou cando menos regrada da actividade. As mulleres que se achegan ós alfares galegos nas décadas dos 70, 80 e incluso 90 non o fan como relevo xeracional correspondente porque xa non hai mercado que cubrir con eses produtos nin elas emerxen, nin de xeito individual nin colectivo, do grupo que os producía. Antes ben, á olería tradicional chegan as mulleres nesa altura polas súas posibilidades de absorber o xénero feminino pola súa proximidade ás ‘manualidades’ 16 e o desenvolvemento dunha faceta artística en clara consonancia co estereotipo feminino de delicadeza e habilidade manual. Os mesmos corpos para os que o torno estaba vedado uns anos antes comezaron a aproximación a eles a cambio de recubrirse de arte 17, xa fose esta figurativa ou abstracta.\nNeste período a olería galega queda subsumida nunha etapa de amnesia colectiva na que perde os significados outorgados no contexto precedente, o que posibilita a súa metamorfose ben entrada a década dos 90.\nMulleres oleiras: dando corpo á tradición\nLuciano García Alén recollía no ano 1983, na primeira edición da súa obra La alfarería de Galicia, a evolución da olería galega e concluía: “Podría considerarse, como resumen, que de 500 talleres de alfarería que existían por el año 1930 en el área de Galicia, no llegaban a 35 los talleres en activo por la década de los 70” (García Alén 2008: 213). Os datos non ofrecen lugar a dúbidas e semellaban anunciar unha morte irreversible de forma inminente. De terse mantido as, desde un punto de vista social, nunca precisas contas matemáticas en pouco máis de tres anos deberían de ter desaparecido todas as pegadas dos cacharros de basto no noroeste peninsular, xa fose por abandono absoluto da actividade ou por derivacións cara a gustos estéticos moi distantes dos catalogados como tradicionais. E, non obstante, ese proceso non terminou de levarse a cabo pola introdución de dúas variabeis definitivas: por unha banda, a intervención institucional; pola outra, a incorporación plena das mulleres a un oficio que, cando menos desde o relato 18 colectivo se\npresentaba como masculino. 16 Na segunda acepción deste termo o dicionario da Real Academia Española (RAE) recolle os traballos manuais propios dos escolares. Apréciese, de novo, a vinculación entre as tarefas susceptibles de seren realizadas polas mans femininas e as crianzas. 17 Para un coñecemento máis pormenorizado da cerámica creativa en Galicia no que, ademais, se recolle de maneira máis que precisa a incorporación das mulleres a ese reduto artístico, Vid Garrido Moreno (2001). 18 Debemos anotar aquí que os oficios tradicionais respondían na súa totalidade a unha completa masculinización explicada en termos de dominio do coñecemento —realizar un oficio implicaba sempre unha aprendizaxe específica— coas únicas excepcións daqueles que podían estar relacionados co tecido: coser, zurcir, bordar, tecer, etc. sempre foron actividades desenvolvidas polas ‘Penélope’ de Galicia.\nNo derradeiro dos apartados deste traballo daremos conta dos cambios acontecidos na olería tradicional galega nos últimos case trinta anos e localizaremos neles, de novo, os espazos habitados polas mulleres nos que se leva a cabo a ocupación total do oficio en dous tempos consecutivos: primeiro chegaron ós talleres como aprendices; despois, deron un paso adiante e asumiron a xefatura destes. Superada a fase de abandono case por completo do oficio, na que se posibilitou tamén a perda das connotacións negativas asociadas á produción ou ó emprego das pezas de barro polos estratos máis baixos da escala social o que, á súa vez, lles marcou o camiño da desaparición como elementos non desexables da cultura, a olería popular xorde de novo a finais dos anos 90 coas novas claves socioeconómicas e culturais do momento.\nOs obradoiros do barro volven traballar nunha recuperación institucionalizada do oficio no que, de xeito paradoxal, o único que se mantén inalterable é a memoria da actividade; isto é, a tradición. Nesta nova fase caracterizada pola intervención e posta en valor das pezas, en primeira instancia, como colectores de cultura e despois, por osmose, dos artesáns como portadores de saber o barro cobra novos sentidos. A olería tradicional galega ten visto alterados todos e cada un do procesos na cadea produtiva con respecto ó pasado que pretende recuperar ou manter. Desde a consecución das materias primas ata as formas de comercialización das pezas nada permaneceu estático. A olería tradicional galega actual faise para conter o discurso do pasado pero tanto a narración do proceso como as fases deste non manteñen máis que o fío da tradición como nexo condutor. Porque nada dos usos e costumes do primeiro período aquí descrito queda en pé a tradición segue viva.\nO barro mantense hoxe en Galicia de xeito moito máis reducido porque a súa demanda xa só satisface necesidades representativas e simbólicas para as que non é preciso unha produción constante senón que chega cunha selección significativa pero esporádica. Os procesos de consecución do barro e amasado téñense mecanizado, as súas proporcións reducíronse e alteráronse; o modelado modificou as formas e os tamaños, aumentou a decoración e o uso de esmaltes e impermeabilizantes de forma prolixa, os tempos do secado reducíronse e a cocción lévase a cabo en fornos eléctricos con peches herméticos sempre en pequenas cantidades. Os artesáns xa non se desprazan ás feiras 19 e mercados da contorna para comercializar as pezas e, aínda que se manteñen os acordos con determinados intermediarios ou punto de distribución indirecta, a maior parte das vendas realízase no propio taller, case convertido en, ou anexionado a, un museo. Os actuais compradores de cacharros rastrean en primeira persoa un pasado que nunca lles é propio pero que poden capturar se é aprehendido in situ porque é no santuario do taller onde o rito cobra sentido e as pezas se enchen de identidade. O traspaso da memoria queda contido para sempre nos cálices simbólicos da tradición que a dotan de materialidade e a fan tanxible pero só para aqueles que, aínda saíndo del, nunca tocaron nin foron tocados pola sucidade do barro.\nEsta nova moega pola que se filtra o oficio na actualidade serve tamén como explicación á necesaria a aceptación das mulleres recoñecidas xa como artesás oleiras. En primeiro lugar, porque para poder levar a cabo a cerimonia iniciática de apresamento —real e simbólico— do barro depositario da cultura resulta imprescindible a existencia de alguén que transmita o oficio nunha combinación que aínda que remita o pasado precisa ser levada a cabo no presente. A derradeira xeración de oleiros, mormente constituída en masculino 20, que desempeñara a actividade aínda coas claves da etapa anterior foi desaparecendo na primeira década do século XXI e, para poder acadar o relevo, foi preciso aceptar a quen estaba en disposición —vital e laboral— de asumir o desempeño dese traballo. Estas circunstancias foron as que facilitaron a chegada das mulleres 21 que agora mesmo traballan de maneira masiva na olería tradicional á fronte dos talleres de forma individual. Pero esta transformación que supuxo, de facto, aceptar as mulleres como mal menor non se produciu de xeito automático nin directo.\nConcluímos este traballo retomando unha reflexión que xa expuxemos cando analizamos a exclusión das mulleres na primeira etapa dos períodos aquí estudados en clave de xénero. A derradeira das explicacións para afirmar que manter as mulleres afastadas do moldeado respondía, non ás desculpas protectoras presentadas nos discursos, senón a unha forma de entender o mundo, atópase no feito de que as actuais oleiras non teñen alterado as súas condicións fisiolóxicas. Os mesmos corpos, outrora cualificados como débiles ou febles, serven agora para manter con vida un oficio en constante cambio. As oleiras están mediatizadas, en primeiro termo, polo seu propio a través do que constrúen a súa identidade e con cuxa historia de vida teñen que xestionar a marxe de decisión individual que permite a cultura ó mesmo tempo que casan coa tradición. Nesta altura, ser muller é a primeira das condicións desde as que se elixe ou desde as que se acepta a olería en Galicia hoxe. Como ben recolle Mari Luz Esteban Galarza, nas súas reflexións sobre o xénero e a identidade de xénero expostas por Judith Butler no seu artigo “ Performative Acts and Gender Constitution: An Essay in Phenomenology and Feminist Theory ” de 1997:\nel yo es el cuerpo, un modo concreto de encarnación, y que lo que se encarna son diferentes posibilidades históricas (...) El cuerpo es una situación histórica, una manera de hacer, de dramatizar, de reproducir situaciones históricas (...) Ser mujer es para Butler convertirse en una mujer, adaptar el cuerpo a una idea histórica, concreta, de lo que es ser mujer, así el cuerpo es inducido a convertirse en un signo cultural y una misma se materializa de acuerdo con unas posibilidades históricas determinadas, y todo esto dentro de un proyecto sostenido y repetido corporalmente (Esteban Galarza 2004: 60).\nComo vimos ó longo destas liñas, os estereotipos de xénero que Nieves Herrero (2015: 219) define como “as ideas e representacións dominantes referidas ás diferenzas entre os homes e as mulleres” flutúan en función das coordenadas desde as que se constrúen e sobre as que se desenvolven. No caso da olería tradicional en Galicia as mulleres teñen ocupado diferentes espazos condicionadas pola asignación social do lugar que lles corresponde segundo as necesidades do grupo que distribúe a orde tanto dos obxectos como dos suxeitos.\nElena Freire Paz Universidade de Santiago de Compostela\nReferencias bibliográficas identidad y cambio. Barcelona: Edicions Bellaterra. Freire Paz, Elena. 2004. La recuperación de la alfarería tradicional en la provincia de Lugo: procesos socioeconómicos y culturales. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. García Alén, Alfredo. 1980. A alfarería na literatura popular galega: cántigas, refráns, frases e modismos, adivinanzas, formuliñas dos pícaros. Vigo: Editorial Galaxia. García Alén, Luciano. 2008. La alfarería de Galicia. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza."} +{"summary": "O pensamento contemporáneo referido á ciencia deu un xiro moi importante nos anos 1960 e 1970, sobre todo en Francia. Varios autores cuestionaron a preeminencia e inmutabilidade do discurso histórico. Nas súas obras comezaba a colocarse en primeiro termo a análise espacial e territorial crítica. Este proceso coñécese como o “xiro espacial” no coñecemento contemporáneo. A presente proposta epistemolóxica espacial e territorial é recollida na USC polo Grupo de Investigación ANTE (GI1871) tratando de crear un potente polo de reflexión territorial no contexto universitario galego, ibérico e internacional. Trátase de estudar os grandes temas do mundo actual desde a perspectiva enmarcada na teoría social crítica. Os efectos da globalización e da urbanización, do cambio rural, do abandono e avellentamento, dos impactos ambientais, do turismo ou do desenvolvemento endóxeno e sustentable son temas centrais nunha abordaxe que sempre recorre á análise a diferente escalas.", "text": "Análise territorial no xiro espacial do coñecemento\n: Análise espacial e territorial, pensamento contemporáneo, teoría social crítica, Grupo ANTE (GI1871).\nAbstract Contemporary thought referring to science gave a very important turn in the 1960s and 1970s, especially in France. Several authors questioned the preeminence and immutability of historical\nO pensamento contemporáneo referido á ciencia deu un xiro moi importante nos anos 1960 e 1970, sobre todo en Francia. Autores como M. Foucault, G. Deleuze, H. Lefebvre ou G. Debord cuestionaron a preeminencia e inmutabilidade do discurso histórico (Debord, 1967; Deleuze e Guatari, 1980; Foucault, 1969, 1978; Lefebvre, 1974). Ao mesmo tempo, nas súas obras comezaban a aparecer os conceptos de cidadanía, espazos acoutados, desterritorialización e reterritorialización, deconstrucción, etc., que colocaban en primeiro termo a análise espacial e territorial crítica (Bauman, 1989; Deleuze e Guatari, 1980). Todo este proceso coñécese como o “xiro espacial” no coñecemento contemporáneo que acompañou á postmodernidade no seu combate contra os grandes relatos. Así, xeógrafos e sociólogos ilustres como D. Harvey. E. Soja, S. Sassen, YiFu Tuan ou M. Castells animaron unha Xeografía distinta moi actual (Castells, 1974, 1995; Harvey, 1990, 2001; Sassen, 1991: Soja 1989, 1996; Tuan, 1977).\nPor outra banda, tres novidades recentes reforzaron aínda máis o papel central do espazo no pensamento social e científico desenvolvido nos últimos decenios. A primeira, a aparición do concepto antropoceno, que procura caracterizar a dinámica seguida polo planeta Terra nos últimos milenios, onde a actuación dos seres humanos se conceptúa como fundamental para entender as mudanzas acontecidas no medio físico e nos sistemas naturais: cambio climático, artificialización dos solos, destrución acelerada do patrimonio natural, alteracións rexionais acrecentadas dos ecosistemas, etc. (Latour, 1993; Revkin, 1992; Ruddiman, 2003). No antropoceno a acción humana e social ao longo da historia é quen condiciona a dinámica natural, o que volve situar o debate humano/físico fundamental na Xeografía desde a súa orixe como ciencia no centro do coñecemento actual. Isto é recoñecido xa por pensadores centrais do panorama filosóficocientífico mundial como B. Latour, unha evidencia que consolida esta apreciación (Latour, 2015). O antropoceno substitúe ao holoceno, no que aínda as variables climáticas (sucesión de períodos fríos e cálidos), condicionaban a evolución humana (por exemplo, o proceso de neolitización).\nA segunda novidade ven dada polo papel central da cartografía para o coñecemento e a conceptualización do mundo. O xeógrafo italiano F. Farinelli foi o primeiro en escribir sobre “a crítica da razón cartográfica”, xogando co titulo do ilustre xeógrafo e filósofo pai da modernidade I. Kant (Farinelli, 2009). De feito, este autor chega a defender que desde a antigüidade grega a Xeografía axuda a construír o pensamento filosófico a partir de esquemas e mapas moi básicos que pretenden ordenar sobre un papel ou un pergamiño todo o que se sabe de distintos lugares e rexións, tanto no referido ás características da súa poboación, accidentes do relevo, riquezas ou cidades, entre outros datos. Xorde así unha forma de interpretar o mundo mediada pola cartografía, que intentará poñer orde no coñecemento das rotas comerciais na Baixa Idade Media ou na época dos descubrimentos, inventará América e os outros continentes (Farinelli, 2009). Cando a reprodución masiva de mapas e a súa popularización nas escolas se consolide nos séculos XIX e XX, a cidadanía aprenderá a ollar e a razoar sobre o conxunto do territorio, sobre a súas nacións ou localidades doutro xeito. Nós pensamos na actualidade nos problemas cotiáns e decidimos ao longo do día en función do que nos din mapas e planos, que constitúen unha forma de mediación precisa (e sempre manipulada) entre as persoas e o espazo que nos rodea ou os territorios aos que nos adscribimos.\nA terceira cuestión a considerar refírese á redución efectiva das liñas de separación entre as diferentes Ciencias Sociais, Humanas e da Terra nos últimos decenios. Autores tan reputados da socioloxía como S. Sassen ou M. Castells son tomados polos xeógrafos como propios, convidados aos seus eventos como pertencentes a un mesmo ámbito de coñecemento. Xeógrafos tan populares como D. Harvey, E. Soja, D. Massey ou YiFu Tuan son confundidos con economistas, antropólogos ou humanistas. Os debates sobre o antropoceno son lugar de encontro de ambientólogos, xeólogos, e economistas, e por suposto xeógrafos. E o que se debe valorar como moi importante, a Xeografía en numerosas ocasións sitúase no centro destes debates, entre aquelas disciplinas máis sociais e humanas, e as ciencias experimentais ou da natureza. Nun período de transferencias e intercambios multidiscipinares, a Xeografía reforza o seu papel atendendo ao carácter tradicional de coñecemento fronteirizo, con enormes puntos de contacto, con outros ámbitos do saber. Como complemento, no interior da propia ciencia xeográfica a unidade entre o social (dominante) e o natural, espacial ou territorial, refórzase fronte ás vellas interpretacións que definían una tendencia á escisión entre a Xeografía física e a humana, hoxe unidas por conceptos como o antropoceno e pola enorme renovación da teoría social crítica (Ortega, 2000).\n1. O XirO espAciAl\nBaixo esta expresión tenta resumirse o apuntado nos parágrafos introdutorios, como a postmodernidade e o novo pensamento crítico colocan á Xeografía e aos seus temas de interese no centro das Ciencias Sociais e do coñecemento actual. Un patrimonio tan relevante para a nosa disciplina como a análise territorial a diferentes escalas adquire un protagonismo central nos últimos anos. Se nos centramos nos tres xeógrafos máis influentes desde mediados do século, D. Harvey, E. Soja e YiFu Tuan (Benach e Albet, 2010; Harvey, 2001; Nogué, 2018), poderemos observar en concreto as contribucións que a Xeografía está facendo ao debate científico actual.\nAsí, D. Harvey nunha prolífica obra de múltiples significados e enfoques propúxose interpretar a dinámica do capitalismo contemporáneo, reducindo as súas lecturas evolutivohistóricas ou economicistas e reforzando a compoñente espacial do mesmo. Deste xeito, o desenvolvemento desigual e combinado do modo de produción caracterizado, a íntima conexión entre a desposesión das sociedades do sur e a acumulación concentrada nas do norte, convértese nun eixo dos seus razoamentos. Non só isto, a análise dos procesos de acumulación desigual, o xogo da subordinación das riquezas naturais ao fluxos financeiros. A propia financiarización (capacidade das entidades bancarias privadas de producir diñeiro sen parar, de forma directa ou indirecta), como motor do funcionamento do sistema (Nova Iorque exportaba produtos manufactureiros e agrarios a Europa hai un século e agora exporta papel diñeiro ou bits, chegou a escribir). A necesidade que o capital xera de posuír e dominar espazos, a xeopolítica implícita neste proceso, e o continuo xogo escalas global, local e intermedias na dialéctica xerada. Nova Iorque e París, como construcións urbanas que reflicten o éxito do capitalismo triunfante, as xeografías do desperdicio e da crise como expoñentes doutros moitos estudos e conceptos que este profesor angloamericano manexa sobre espazo e territorio como elementos decisivos do mundo actual.\nPola súa banda, E. Soja radicalizou aínda máis o “xiro espacial” na súa argumentación cando se referiu a que o lugar tivera máis importancia nalgunhas fases da evolución da humanidade que os propios avances tecnolóxicos ou os modos de produción definidos no materialismo histórico clásico. Exemplifica isto en relación cos achados arqueolóxicos no xacemento turco de Catalhoyuk, unha cidade de 7.000 anos de antigüidade que aparece como resultado do comercio, da súa situación inmellorable como lugar central dun amplo espazo. A partir da propia existencia dunha aglomeración humana prodúcese a innovación, os progresos socio económicos e non á inversa como tradicionalmente se opinaba (Benach e Albet, 2010). Xunto a esta contribución, enmarcada na trialéctica espacial reivindicada polo xeógrafo norteamericano, outros conceptos como postmetrópoli ou terceiro espazo compréndense nun reforzamento espacial da teoría materialista. Neste senso, mesmo E. Soja chegou a afirmar que O Capital de K. Marx era tan só un primeiro volume economicista dunha tentativa máis complexa de tres tomos, un dos cales se centraría no desenvolvemento rexional desigual; dito doutro xeito, nunha análise espacial do gran pensador alemán do século XIX. Aquí, Soja coincide con D. Harvey cando formulou unha lectura xeográfica completa do materialismo histórico xa nos finais dos 1970 (Harvey, 1976; Soja, 1989).\nPor último, YiFu Tuan recuperou o valor do lugar, un lugar con significado, con atributos vinculados a súa propia existencia e carácter (Tuan, 1974). A Xeografía é a forma que as sociedades humanas teñen de apropiarse do espazo, poñerlle nomes e outorgarlle cualificativos. Uns lugares que xeran todo tipo de sentimentos, agradables ou repulsivos, de medo ou acollemento, de inmediatez ou inmensidade. Uns lugares que foron cambiando ao longo da historia e das civilizacións, polo que o entrelazado xeohistórico, espacial e temporal, resulta plenamente coherente. En épocas máis recentes, Tuan volveu recuperar algúns dos seus intereses máis ambientalistas, xeomorfolóxicos, dos seus primeiros anos como investigador a través doutra obra emblemática denominada Escapismo (Tuan, 1998). Na mesma, formula unha teoría orixinal consistente en que a humanidade ao longo da historia sempre procurou progresar tecnicamente e, para este fin, desorganizar a natureza. Neste proceso, a natureza tenta recuperar o seu estado orixinario e debido a esta razón prodúcense catástrofes, acontecementos estruturais preocupantes (como o cambio climático) ou o xurdimento de epidemias e novas enfermidades. Por iso acuña o concepto de escapismo, como a tendencia dos humanos a escapar da lóxica ambiental fronte á natureza que sempre loita por recomporse.\nAparte destes tres autores centrais, o xiro espacial tamén se topa no novo protagonismo adquirido polas diversas escalas nas que se estrutura a realidade. As primeiras, as fundamentais para estruturar o coñecemento da realidade, a global e a local. A estas alturas do século XXI, ninguén pode negar que estamos inmersos nun proceso de globalización, que explica moitas dinámicas do mundo actual. A globalización faise evidente no funcionamento dun sistema económico entrelazado, capitalista e dominado polos fluxos financeiros, que se caracteriza pola concentración da riqueza e das decisións mundiais nun conxunto de bolsas de valores continuas ao longo do día (desde Toquio e Shanghai a Wall Street pasando polos mercados europeos), un amplo grupo de grandes bancos privados e de fondos de inversións, e os gobernos da grandes potencias que procuran con desigual éxito regular o funcionamento da economía. A globalización tamén é cultural e maniféstase de moi distintas formas: campionatos e competicións deportivas retransmitidas a todos os continentes; cantantes que producen videoclips descargados por decenas de millóns de persoas; semanas da moda e reprodución de formas estandarizadas de vestir; xeneralización do modo de vida urbano, etc. Sen dúbida, existe unha dimensión globalizada das nosas vidas á que non nos podemos subtraer e que os xeógrafos, xunto con outros científicos sociais, tratan de caracterizar (Zoido et al., 2013).\nNo plano oposto reforzouse a escala localafectiva, a dos lugares onde actuamos de xeito cotián, na que están os nosos familiares e amigos. A dos lugares con dirección, significado e atributos concretos. A do barrio, o centro urbano, a aldea e a poboación de orixe, o centro comercial, os bares de confianza, o parque no que corremos, etc. Esta escala resulta fundamental para comprender moitos procesos elementais de socialización, para achegarse a temas xeográficos relevantes como o comportamento demográfico, a vivenda ou desprazamentos por motivo de compras, entre outros. Tamén se revalorizou na interpretación dos procesos electorais e da Xeografía política en xeral (Taylor, 1994), e serve de base para a construción de programas educativos baseados na aprendizaxe a partir do entorno máis próximo, o denominado coñecemento do medio, que permite o achegamento á Xeografía situando ao neno ou á nena e ao rapaz/a fronte a súa realidade espacial cotián, para logo manexarse ben nas escalas máis remotas, supralocais ou rexionais.\nDe feito, o terceiro nivel de análise xeográfica é o conformado polas escalas intermedias, normalmente rexionais. Estas escalas son unha construción humana, determinada polo período histórico onde nos encontremos e a sociedade de referencia. Permiten entender a estruturación da realidade actual en nacións, con todas as implicacións que isto implica a nivel político ou económico. Por suposto, xustifican a organización do noso espazo de actividade en áreas urbanas ou metropolitanas, en comarcas provedoras de determinados servizos públicos, ou en rexións máis ou menos amplas onde nos desprazamos e vivimos ao longo dunha semana ou dun mes. As rexións, as escalas supralocais, definen o terceiro nivel para interpretar a realidade territorial, aquel que varía segundo o período e as construcións espaciais fronte á que nos atopemos, pero non por iso constitúe un nivel menos relevante para encadrar o conxunto de actividades humanas. En boa medida, todas as escalas e delimitacións que se sitúan entre o global e o local reflicten o sistema socio político e a formación espacial onde nos movemos para comprender a organización territorial dunha etapa histórica determinada.\n2. O XirO epistemOlóXicO\nNeste proceso de revalorización do discurso xeográfico, cumpre destacar dúas influencias teóricas moi importantes que condicionan a súa construción de coñecemento no presente. A primeira é a teoría social crítica, ligada directamente ao pensamento marxista occidental que se consolidou desde os anos 1980. A Xeografía interesase polas desigualdades espaciais, polos contrastes de riqueza e de apropiación dos territorios entre os seres humanos, pola perspectiva feminista e de xénero. Neste senso, autores como D. Harvey, D. Massey, E. Soja, N. Smith ou os brasileiros M. Santos e R. Haersbaert (Santos, 1996; Haersbaert, 2010), reivindican abertamente o legado do pensador alemán nado en Tréveris nos comezos do século XIX. Pero, tamén en todos os casos, toman as súas contribucións como un referente inicial, a partir do cal desenvolver novas ideas, matizar moitas opinións e elaborar argumentos flexibles, coherentes coa superación que o marxismo occidental fixo das estreitas lecturas materialistas dos anos 1960 e 1970 (Willians, 1980; Hobsbawn, 1997).\nDo mesmo xeito que o pensamento xeográfico actual é hexemónicamente marxiano e crítico, o xiro cultural, postmoderno, nas Ciencias Sociais tamén se incorporou con forza na nosa disciplina. Unha Xeografía que, a pesar desta afirmación recorre nas súas ramas á cuantificación, medición e tipificación dos seus resultados, como acontece co manexo das TICs, e máis en concreto do SIX, en moitos estudos xeomorfolóxicos ou de Xeografía social, urbana e económica. O emprego de paradigmas analíticos e sistémicos continúa (Ortega, 2000), pero baixo unha corrente relativista e interpretativa dominante. Isto apreciouse claramente nas obras de D. Harvey ou E. Soja no tránsito dos 1980 a 1990 (Harvey, 1990; Soja, 1989), e dun xeito continuo no conxunto da obra de YiFu Tuan. Tamén se corrobora no retorno ao interese pola paisaxe, como un dos eixos máis revalorizados na investigación e na práctica xeográficas. Por suposto, na aproximación constatable entre a Xeografía e a Antropoloxía, e no desenvolvemento e afondamento no emprego de métodos cualitativos na análise espacial e territorial.\nUn terceiro elemento a considerar refírese á marcada actualidade dos temas de investigación xeográfica no presente, non só a nivel xeral senón tamén na súa aplicación ao caso galego. Semella que a Xeografía se topase no centro das reflexións e debates da nosa sociedade. Por unha banda, o conxunto dos problemas ambientais globais, resumidos na alarma provocada polo cambio climático e o quecemento xeral do planeta. No noso país, isto ten consecuencias na modificación acelerada do nivel do mar, na maior irregularidade dos fenómenos meteorolóxicos e no control das emisións do CO2 á atmosfera (onde as centrais térmicas de As Pontes e Meirama encabezan as clasificacións de impacto de toda España). Por outra, o debate poboacional, centrado en temas tan relevantes como o avellentamento demográfico e as migracións, tanto da mozidade galega que debe partir para topar un emprego digno no exterior como de inmigrantes pobres que tratan de construírse un porvir entre nós. En terceiro lugar, a desarticulación do medio rural, expresada no carácter crónico e incontrolable dos lumes forestais, no sobreconsumo produtivista de auga ou no abandono de decenas de aldeas de todo o país. En cuarto termo, o descontrol do crecemento urbano e da artificialización masiva do litoral; a dificultade na súa regulamentación, os impactos paisaxísticos e a conxestión que xeran. Por último, e sen ánimo de ser exhaustivos, o debate sobre as infraestruturas de transporte ou a mobilidade, a necesidade de modelos sustentables da mesma, da fixación de obxectivos concretos para unha mellor accesibilidade ou conectividade, sen que estes supoñan enormes gastos en obras de enxeñería civil, como o paradigma dominante até agora tratou de afirmar.\nDe forma reiterada, a cuestión que se formula no quefacer investigador dos xeógrafos e dos analistas territoriais é como proceder para realizar os estudos. Qué recursos, fontes, procedementos, obxectivos, hipóteses e preguntas formular. En particular tendo en conta que os temas a abordar son moi amplos e que as metodoloxías a desenvolver adoitan ser variadas, a diferenza no que ocorre noutras ciencias. O xeógrafo e a xeógrafa móvense entre a cuantificación e o emprego de técnicas cualitativas, o recurso a escalas concretas, rexionais ou a un marco xeral de reflexión. Recorren tamén a figuras, imaxes, mapas e táboas, como expresión dos resultados. Polo tanto, resulta bastante difícil sintetizar as bases epistemolóxicas da ciencia xeográfica, os camiños seguidos para xerar coñecemento científico.\nEn primeiro lugar, e como adoita ser frecuente conforme nos achegamos ao presente, a análise territorial debe fundamentarse dun xeito sólido e completo en bases teóricobibliográficas solventes. Desde o punto de vista estritamente teórico xa nos referimos a autores moi significativos e a enfoques que, sen dúbida, se están empregando hoxe en día para facer Xeografía. Cumpre dicir que os fundamentos bibliográficos mudaron nos últimos tempos en tres direccións. Primeira, e de forma paralela a outras ciencias sociais, os libros e os tratados perden forza relativa fronte ao empuxe de artigos e textos breves publicados en importantes revistas de impacto global. Segunda, como consecuencia da anterior, recórrese a moita máis literatura científica publicada en inglés, e retrocede o uso dalgunhas linguas que foron moi influentes no pasado, como o francés. Terceira, as citas amplíanse, xeneralízanse, dado que se considera que calquera documento debe estar respaldado por moita literatura previa. Como xa se insistiu en parágrafos previos, o recurso ao mapa e aos planos son fundamentais no coñecemento xeográfico. A razón da nosa disciplina é cartográfica e, ademais, esa cartografía é fundamentalmente temática, elaborada directamente para soster unha argumentación, para favorecer a análise en marcha. A este respecto, os xeógrafos e as xeógrafas diferenciámonos doutros especialistas (como, por exemplo, os arquitectos e enxeñeiros) polas escalas preferidas á hora de desenvolver os nosos estudos. Deste xeito, movémonos por escalas máis amplas, do 1:500 (fuxindo do proxecto arquitectónico) e chegamos sen dificultade á 1:50.000 característica dos primeiros mapas topográficos). No medio as 1:2.000 a 1:10.000 para as cidades e espazos urbanos, e as 1:20.000 ou 1:25.000 para ámbitos supralocais. Os mapas de representación rexionais, nacionais ou continentais tamén se empregan moito, pero cuns fins máis didácticos ou divulgativos, e menos analíticos.\nXunto á cartografía, a análise xeográfica non pode esquecer que se encadra no coñecemento científico de tipo social e territorial. Por iso, debe recorrer á produción regular de estatísticas oficiais e de series de datos contrastables e medibles. O acto de cuantificar, de crear indicadores e taxas sintéticas, de empregar as análises factoriais e as representacións gráficas de modelos analíticos complexos, forma parte dos quefaceres xeográficos. De xeito especial, nos estudos de Xeografía física, cando se utilizan os Sistemas de Información Xeográfica (SIXs) ou se procuran realizar caracterizacións rexionais e locais ben argumentadas. O xeógrafo e a xeógrafa organiza parte dos seus saberes sustentándoos na estatística. Volvendo a un argumento anterior, faino mediante a estruturación da súa pescuda a diferentes escalas, desde a micro de barrios ou seccións censuais nas cidades e das parroquias no rural até a macrorexional ou estatal pasado pola municipal, supralocal (áreas metropolitanas e comarcas) e rexional, nos seus múltiples significados.\nA cuantificación é unha parte da base investigadora, pois a Xeografía tamén utiliza moito a aproximación cualitativa. Podería dicirse que cada vez máis, resultado do apuntado xiro cultural no coñecemento e na aproximación que se deu en épocas recentes á antropoloxía. A análise territorial gusta das entrevistas, do contacto directo cos actores e do emprego das categorías lingüísticas e representativas nos seus estudos. Isto compróbase nunhas renacidas Xeografía cultural e social, nos estudos urbanos e migratorios e mesmo nas novas liñas emprendidas pola análise climática ou das augas. A paisaxe, a súa revalorización recente e consideración como obxecto a protexer, tamén contribuíu moito á valorizar o perceptivo, o intanxible e o cualitativo.\nPor último, o esforzo científico, de xeración de coñecemento xeográfico, nunca pode circunscribirse ao gabinete, ao despacho ou ás consultas nos arquivos. Necesita da observación participante no exterior, das visitas e saídas organizadas; en definitiva, do traballo de campo. Saíndo fora dos espazos cotiáns de traballo é posible comprobar dinámicas xeomorfolóxicas, rexistrar a variabilidade dos tipos de tempo, medir ríos e regatos, elaborar informacións dirixida aos catálogos da paisaxe e precisar as cuncas visuais, observar a organización do espazo agrario, as características dominantes da morfoloxía urbana e, como antes comentabamos, falar coas xentes, cos habitantes do lugar. A investigación sobre o terreo ven sendo fundamental na Xeografía contemporánea e completa uns métodos de investigación, unha formulación epistemolóxica do coñecemento xeográfico, diversa, xa que a análise territorial aborda un conxunto complexo de cuestións referidas a unha realidade, a organización do espazo, tamén polisémica.\n3. A cOnteXuAlizAción en GAliciA A trAvés dO GrupO ANTE\nEsta proposta epistemolóxica espacial e territorial é recollida na Universidade de Santiago de Compostela polo Grupo de Investigación ANTE (GI1871), que se interesa por estudar os grandes temas do mundo actual e que afectan a Galicia, as súas cidades e concellos, desde a perspectiva enmarcada na teoría social crítica. Deste xeito, os efectos da globalización e da urbanización, do cambio rural, do abandono e avellentamento, dos impactos ambientais, do turismo ou do desenvolvemento endóxeno e sustentable, son temas centrais nunha abordaxe que sempre recorre á análise a diferente escalas. Os enfoques marxiano e dos estudos culturais contribúen a formular esta liña investigadora que se traduce, seguindo a B. Latour (1993) sobre as formas de acumulación capitalista na produción de coñecemento, na publicación en editoras e revistas de impacto, na obtención de proxectos e contratos de investigación competitivos ou na dirección de Teses. Todo iso, co obxectivo de crear un potente polo de reflexión territorial no contexto universitario galego, ibérico e internacional.\nA metodoloxía empregada para afrontar o caso de estudo concretado no Grupo ANTE consistiu en analizar elementos chave como a súa composición, as liñas de investigación prioritarias e os enfoques de achegamento aos temas. Esta primeira aproximación máis cualitativa completouse co estudo dunha serie de indicadores cuantitativos, relacionados coa produción científica do grupo, e coa súa participación en proxectos, e contratos de investigación. Por último, o estudo completouse co afondamento en dúas liñas de traballo de gran importancia e tradición grupo, concretamente no Camiño de Santiago e na Xeografía da Pesca.\n3.1. O Grupo Ante (Gi1871): Grupo de investigación en Análise territorial\n3.2. A acumulación capitalista do coñecemento: proxectos, publicacións, teses e contratos de investigación do grupo Ante\nA globalización faise evidente tamén no funcionamento dos sistemas universitarios de investigación e innovación, e como resultado prodúcese un crecemento do tamaño dos grupos co obxectivo de reforzar a súa capacidade de afrontar os retos de sociedades cada vez máis complexas. As políticas europeas, estatais e rexionais de fomento da investigación favorecen o desenvolvemento de unidades de investigación fortes, multidisciplinares, que dedican parte dos seus esforzos á transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para adaptarse a esta tendencia o grupo ANTE ten experimentado unha evolución desde a súa creación centrada en 3 aspectos fundamentais:\nI. Aumento do número de membros e reforzo do peso dos investigadores novos desde un punto de vista cuantitativo. Precisamente esta nova xeración de investigadores ten sido recoñecida a nivel nacional e internacional con premios á investigación en diferentes temáticas. Exemplos destacados son o galardón Jesús García Calvo para investigacións en desenvolvemento rural e cooperación, o Premio Roser Majoral Moliné da AGE, o Best Paper Award no Encontro anual IGU Urban Geography Commission 2017, ou o premio Valeria Morabito ICT and Heritage con ocasión do Congreso Internacional 3 rd New Metropolitan Perpective 2018. II. Internacionalización do grupo tanto pola incorporación de colaboradores estranxeiros como pola participación en consorcios internacionais de investigación, ou como polo aumento da produción científica e da actividade investigadora a escala internacional e nacional. III. Incorporación de enfoques e liñas de investigación novidosas e de carácter fortemente pluridisciplinar, froito da propia incorporación de novos investigadores, e pola dirección de teses no marco do grupo. Esta profunda evolución resultou moi favorecida, e condicionada, pola chegada de fondos públicos ao grupo, procedentes de programas e convocatorias autonómicos, estatais e internacionais. Estes recursos financeiros destináronse a consolidar a figura do tecnólogo no grupo, e a transferir os resultados da investigación, asistindo a congresos e reunións nacionais e internacionais. O efecto deixouse sentir na capacidade do grupo para a creación e xestión de consorcios de grupos de investigación para concurrir a convocatorias de proxectos europeas, no aumento do seu número de publicacións en revistas de impacto, na posibilidade de participar en redes de investigación e docencia a nivel internacional, e na presenza en comités editoriais de numerosas revistas científicas. Por outra banda, o grupo ANTE puido iniciar unha traxectoria como organizador e financiador de bolsas de colaboración, seminarios, xornadas e visitas de expertos de referencia mundial que reforzaron a posición do grupo non só na USC, senón tamén a escala galega e estatal. Podemos citar como exemplos o II Congreso Internacional SETEDANTE “Seminario Estado, Territorio e Desenvolvemento”, celebrado en 2015, ou o 26th Annual Colloquium of the Commission on the Sustainability of Rural Sysmtes da IGU, celebrado\nEntre os fondos chegados ao grupo, resultaron de especial relevancia os de carácter autonómico, nunha tripla vertente:\nI. Desde o inicio do programa en 2009, o grupo recibe as axudas para a consolidación e estruturación das Unidades de Investigación do Sistema Galego de I+D, o que favorece o desenvolvemento da súa vocación internacional. II. Desde a súa primeira edición en 2011, sete doutores formados no ámbito do grupo, obtiveron unha axuda de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades doSUG. En virtude destas mesmas axudas, na convocatoria de 2014 sumouse ao grupo unha nova doutora, procedente do Departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Illes Balears, o que permitiu reforzar a liña de investigación centrada na análise dos procesos de segregación socioespaciais en áreas urbanas. III. O grupo ANTE lidera a rede de investigación “Novos enfoques da Análise Territorial: implicacións sociais, económicas e formativas”(NEDAT), que se ten beneficiado das axudas para Redes das Convocatorias de Consolidación da Xunta de Galicia desde 2014. A rede NEDAT agrupa a profesionais das Ciencias Sociais interesados en estudar as implicacións territoriais da sociedade, e economía e a educación. Inicialmente estaba formada por 4 grupos de investigación da USC e da UdC, e centrada en temas como o crecemento intelixente, sustentable, e inclusivo, as smart cities, a relación entre turismo, patrimonio, e paisaxe ou a educación como motor de crecemento intelixente. Desde 2016 incorporáronse 2 grupos máis da USC, especializados en métodos cuantitativos e empresas agroalimentarias, e en valoración financeira aplicada.\nXa no ano 2011, pero sobre todo desde 2012, o Grupo ANTE iniciou unha estratexia de intensa concorrencia a convocatorias europeas, tanto en liñas de investigación xa coñecidas polo grupo, como en outras de carácter moi innovador. Así, nos últimos anos presentáronse propostas no marco de varios Programas europeos. Como resultado, o grupo ten liderado o proxecto ESPON European Regions: potencial contribution to the EU 2020 Strategy. Spatial Indicators for a Europe 2020 Strategy (111_PR1_18_0387), e participado no ESPON Action 2.1.5: Territorial Impacts of European Fisheries Policy (20042005), membros do grupo participan no Programa European Cooperation in Science and Technology (COST) a través da Acción COST A European network to improve understanding and use of the ground beneath our cities (SUBURBAN); no Programa Erasmus +, a través dos proxectos Urban Dynamics: Global Perspectives for a SocioCultural Urban Management (URBDYN), coa Universidade de Kiel como xefe de filas, e Patrimoine Européen pour un Avenir Culturel Ensemble (PROPEACE), liderado pola Universidade Jean Monnet - SaintEtienne; e no INTERREG V (20142020), Programa de Cooperación Transfronteiriza EspañaPortugal, a través do proxecto Patrimonio Colectivo Cultural: Plataforma para la valorización e Innovación (GEOARPAD).\nA escala estatal, o grupo Ante leva participando desde a súa creación en convocatorias do ministerio de Economía e Competitividade, e resulta significativo que desde o ano 2010 se teñan desenvolvido tres proxectos consecutivos, os últimos na Convocatoria de Retos para a Sociedade, que tratan de afondar no estudo do sistema metropolitano español, na súa evolución e retos, con especial incidencia nas cidades galegas: (1) Sistema de indicadores para el análisis de las dinámicas urbanas y metropolitanas en España a comienzos del siglo XXI (CSO201016298); (2) Los retos del sistema metropolitano español ante la Estrategia Europea 2020 en un contexto de crisis. La consolidación de un observatorio urbano y metropolitano (CSO201347833-C41-R) e (3) Nuevos modelos de gobierno de las ciudades, e intervención en los espacios urbanos en el período postcrisis (CSO201675236C2-1R). Estes proxectos permitiron integrar no equipo de traballo a investigadores de universidades galegas, españolas e a expertos internacionais de México, Canadá e Francia, o que sen dúbida permitiu ao grupo reforzar a súa capacidade de traballo en equipo e de liderado.\nTamén resultan de gran interese para o grupo os proxectos financiados pola Agencia Española de Cooperación Internacional (AECID), pola novidade que supuxo iniciarse en proxectos de cooperación interuniversitaria e investigación científica en África Occidental, e polo desafío de traballar en países como Senegal, Cabo Verde, Níxer ou Mali. Trátase das dúas edicións do proxecto Diseño de instrumentos económicoterritoriales para la gestión administrativa del desarrollo local en Senegal, Cabo Verde y Mali (A/23313/09 e A/030061/10), e do Proxecto Máster Internacional en Planificación, Desarrollo Local y Ordenación del Territorio en África Occidental (A1/037585/11).\nPor último, a nivel autonómico, o grupo de investigación ten estado moi activo e participe nas políticas de planificación turística da Comunidade galega. A través do Centro Universitario de Estudos Turísticos (CETUR), dirixido nos últimos anos por membros do Grupo ANTE, participouse en, varios observatorios turísticos, como o Observatorio do Camiño de Santiago por encargo da S. A. Xacobeo, e desenvolvido entre 2006 e 2010, ou os estudos de viabilidade para a posta en marcha do Observatorio Turísticos de Galicia en 2004, encargado pola administración autonómica. Así mesmo, deseñáronse e puxéronse en marcha outros observatorios turísticos, de variable entidade e recorrido, como os das cidades de Lugo (desde 2004), Santiago de Compostela (desde 2005) e Ferrol (desde 2008), por encargo dos respectivos concellos.\nO aumento considerable da produción científica do grupo nos últimos anos queda reflectida na seguinte táboa de indicadores (Táboa 1), tanto a partir de publicacións en revistas indexadas, como a través de libros e traballos en congresos internacionais. Por outra banda, desde o ano 2011 téñense defendido 20 teses doutorais dirixidas por membros do grupo, 7 de elas elaboradas por investigadores estranxeiros. No ano 2017 estaban a dirixirse 33 teses, e 15 dos doutorandos eran estranxeiros.\n3.3. enfoques e liñas de investigación novedosas e pluridisciplinares\nAs investigacións desenvolvidas no marco do grupo teñen en común o seu carácter multidisciplinar desde dunha análise espacial e territorial crítica. As liñas de especialización abórdanse desde a Xeografía social, urbana e económica, tamén desde a Xeografía cultural e desde as perspectivas feminista e de xénero. O desenvolvemento socioeconómico e as desigualdades espaciais xeradas polo turismo, industria, transportes, pesca, así como os problemas ambientais derivados destas actividades son obxecto de estudo. Como tamén o son o desenvolvemento local, o urbanismo e á ordenación do territorio, e os problemas asociados á mobilidade e á cooperación internacional ao desenvolvemento.\nAs teses de doutoramento desempeñan un papel importante no marco do grupo, pois a través das mesmas explóranse novas linas de investigación e fortalécense as relacións interdepartamentais e internacionais, como no caso da tese en cotutela de José Ignacio Vila, defendida na Universidade Paris 1PanthéonSorbonne. Ademais, o factor internacional queda reflexado nos mesmos títulos de doutores, pois grazas as estadías realizadas durante as etapas doutorais, o grupo conta coa presenza de Doutores Europeos e Doutores Internacionais.\nNeste artigo tentamos exemplificar este enfoque pluridisciplinar e transversal a través da consideración de dúas liñas de presentes no grupo desde o seu inicio, pero que teñen sido obxecto de abordaxes novidosas.\n3.3.1. O Camiño de Santiago de Compostela\nDende sempre o Camiño de Santiago representa una liña de investigación do grupo, que ten sido abordada desde enfoques distintos: Xeografía do turismo, Xeografía cultural, Xeografía urbana e na actualidade estase a explorar as súas relacións coas Xeohumanidades. Os resultados foron, e son, estudos nos que se tenta por en relación a Xeografía coa Economía, a Socioloxía, a Historia, a Historia da Arte, a Antropoloxía e a Relixión. Tamén as teses de doutoramento defendidas no marco do grupo amosan este interese científico polo fenómeno xacobeo. Como exemplos, a tese de David Santomil Mosquera A imaxe exterior de Galiza no século XXI (2012), onde se analiza en profundidade a promoción de Galicia a nivel internacional, e se pon de manifesto a función atractiva do Camiño como produto estrela do turismo galego. Ou a tese de Lucrezia Lopez La imagen de Santiago de Compostela y del Camino en Italia. Una aproximación desde la geografía cultural (2012), onde se adoptan a perspectiva da Xeografía das peregrinacións e dos espazos sagrados para abordar a difusión do culto xacobeo no país italiano. Nese traballo explóranse fontes e metodoloxías habituais noutras disciplinas como a Historia, analízanse legados e testamentos de peregrinos ou ben textos da literatura odepórica. Esas fontes son empregadas para estudar os impactos territoriais do culto e os resultados plásmanse nos seguintes mapas.\nOutros exemplos de teses de doutoramento que teñen investigado o Camiño de Santiago son a de Miguel Nuno Marques Pereira: Sistemas de Información Xeográfica e realidade aumentada en Turismo: Guía interactiva do Camiño Portugués de Santiago en Barcelos (2014), e de maneira tanxencial a tese de Pilar Taboada de Zúñiga: O Turismo Idiomático en Santiago de Compostela (2014).\nAs publicacións dos últimos anos en revistas internacionais apoian o interese cara o feito xacobeo, como o proban varios artigos en Mobilities, Culture and Religion: An Interdisciplinary Journal, Journal of Tourism and Cultural Change, GenderPlace and Culture, AlmaTourism. Journal of Tourism, Culture and Territorial Development ou Tourism Management Perspectives.\nNa actualidade, o Camiño segue sendo uno dos focos da investigación do grupo, de feito, no marco do proxecto INTERREG GEOARPAD, estanse levando a cabo o suproxecto Piloto 2: Camiño de Santiago na área transfronteiriza GaliciaNorte de Portugal. O mesmo estruturase en tres accións: Acción 1. Investigación e catalogación dos elementos intanxibles do Camiño Portugués vinculados ao turismo cultural; Acción 2. Xestión de datos e transferencia na plataforma; Acción 3. Avaliación e planificación interpretativa do patrimonio intanxible do Camiño Portugués na rexión transfronteiriza GaliciaNorte de Portugal.\n3.3.2. A pesca\nA limitada abordaxe da temática marítimopesqueira por parte da Xeografía, tanto a escala rexional, como estatal, ten sido unha liña de estudo en si mesma dentro do grupo (Duran et al, 1998; Lois, 1999; Piñeiro e Lois, 2018; Santos, 2001). Neste marco, o auxe dos estudos relacionados coa actividade pesqueira tivo lugar entre os anos 2005 e 2007, cando se celebraron unha serie de reunións científicas que actuaron como catalizadores desta temática. Son de destacar as tres edicións sucesivas do congreso internacional “Globalización, Arraigo Xeográfico e Comunidades Costeiras en tempos de cambio”, que permitiu ademais reforzar os lazos de colaboración entre os departamentos de Xeografía das Universidades de Bergen (Noruega) e Santiago (Piñeiro e Lois, 2018). Nos últimos anos, a defensa de teses no marco do grupo e a incorporación de investigadores posdoutorais ao departamento, reforza as investigacións nesta temática en colaboración con departamentos de Xeografía do resto de España, Portugal e Irlanda. As abordaxes desta temática realízanse desde Xeografía rural, os estudos de Desenvolvemento Rural, desde os estudos de Gobernanza, pero tamén desde o enfoque novidoso da Investigación e Innovación Responsables (RRI).\nProxectos de investigación como o ESPON Action 2.1.5: Territorial Impacts of European Fisheries Policy (20042005) ou o Proxecto financiado polo Fondo Social Europeo SEREA, Actividades complementarias da Pesca e do Marisqueo (20062008) mantiveron ao grupo ANTE entre os consorcios punteiros que estudaban as implicacións das políticas sectoriais de pesca no territorio a escala europea. Pero tamén o grupo mantíñase atento á realidade española e galega, como proba o contrato coa Dirección Xeral de Turismo da\nXunta de Galicia para a realización do Estudo sobre o turismo pesqueiro. Exemplos de boas prácticas desenvolvidas en España (2006).\nPor outra banda, teses como a de María de los Ángeles Piñeiro, centrada na Política Pesqueira Común e as comunidades costeiras de Galicia (2015), e publicacións relacionadas coa pesca e as comunidades costeiras seguen a manter viva esta liña de investigación dentro do grupo (Felicidades e Piñeiro, 2017; Piñeiro e Lois, 2018; Piñeiro, Durán e Santos, 2018; Piñeiro, Felicidades e O´Keefe, 2018).\nNa actualidade o grupo colabora na redacción do Pacto Local polo Territorio Costeiro Sostible, coordinado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) Costa Sostible, unha estratexia de desenvolvemento para esta zona de pesca no litoral da provincia da Coruña.\n3.4. estratexia de futuro: cara a un polo de reflexión territorial no contexto universitario galego, ibérico e internacional\nO grupo Análise Territorial, ten como obxectivo avanzar nas súas liñas de investigación clásicas, onde se incorporaron as prioridades establecidas nos documentos de planificación da I+D+i para os próximos anos, tanto a nivel europeo (Horizonte 2020, Investigación e Innovación Responsables), como español e galego (RIS3 Galicia, Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible (EGDS), Plan Director do Camiño de Santiago). Son as relacionadas co desenvolvemento sostible, a ordenación do territorio, os estudos urbanos, o turismo como factor de desenvolvemento territorial, as actividades relacionadas coa pesca, ou a xestión integral de zonas costeiras. Asemade, traballase para mellorar o proceso de formación doutoral e posdoutoral de cada membro do grupo, reforzando as ligazóns entre os métodos de ensino e as novas tecnoloxías, obxectivo definido na estratexia da Unión Europea para o Ensino Superior. Estes obxectivos xerais poden concretarse en obxectivos específicos que marcan o traballo do grupo de cara ao futuro:\nI. Avanzar na estratexia de internacionalización destinada a reforzar o peso específico do grupo no ámbito da Xeografía e das Ciencias Sociais.\nAs relacións internacionais do grupo tratarán de formalizarse a través da sinatura de convenios e protocolos de colaboración con universidades e institucións estranxeiras. Neste camiño, o grupo ANTE -polo de referencia en España da Ano Internacional do Coñecemento Global (20172018)- apoia agora a declaración do «Decenio da Ciencia do Entendemento Global (SDGU) de 2020» e a declaración da nova Cátedra da UNESCO “Entendemento Global para a Sostibilidade”.\nPara o grupo tamén é fundamental reforzar as redes de colaboración con outras universidades. En primeiro lugar coas universidades brasileiras, coas que se teñen asinado acordos de mobilidade de docentes e alumnos, e coas que se concorre a convocatorias públicas de axuda á investigación. En segundo lugar, con universidades de África Occidental, coas que desde 2009 se ten creado unha rede de cooperación e colaboración para favorecer o fortalecemento, nesta área xeográfica, dos programas educativos do ensino superior con vocación de servizo á sociedade. En terceiro lugar, as relacións científicas con China, en concreto coa Universidade de Zhejiang, para a creación dun ChinaEU Center for Innovation & Technology Transference. A este proceso de internacionalización tamén contribúe de maneira importante o traballo en redes científicas como DARIAH (Digital Research Infraestructure for Arts and Humanities), COST (European network to improve understanding and use of the ground beneath our cities), REGGSILA (Rede de Estudos de Geografia, Género e Sexualidade Ibero LatinoAmericana), EAVF (European Association of Vie Francigene), ou RECOT (European Network on Territorial Cooperation), das que os membros do Grupo ANTE forman parte. II. Intensificar a participación nas convocatorias de proxectos de I+D+I, financiadas pola Unión Europea, o Estado e pola Comunidade Autónoma Galega. Asemade, procurar contratos de investigación con empresas e organismos cos que nunca se tivera traballado anteriormente e concorrer a convocatorias e programas de financiación da investigación que sexan novos para o Grupo.\nIII. Mellorar a transferencia dos resultados das investigacións en curso fundamentalmente a través da publicación en revistas de referencia a nivel internacional na nosa área de coñecemento. Por unha banda, buscarase o aumento da produción científica do grupo publicada en revistas recollidas no Journal Citation Reports (JCR) ou WoS. Por outra, tamén resulta importante incrementar os traballos publicados noutros índices de referencia para as revistas españolas de Ciencias Sociais como o INRECS, ou para as publicacións de América Latina, Caribe, Portugal e España, como o Latindex. E, por último, continuarase colaborando con editoriais de prestixio no ámbito das Ciencias Sociais como Springer, Cambridge ou Routledge. Asemade, interesa manter a liña editorial propia iniciada desde o grupo, que persegue publicar resultados da investigación de especial relevancia ou interese a través do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago. IV. Manter a integración e a colaboración coas actividades científicas e formativas do Departamento de Xeografía, do IDEGA, e do CETUR. Ao mesmo tempo, aumentar a actividade de colaboración co Colexio de Xeógrafos de Galicia, e no marco do agrupamento estratéxico BETA +. V. Continuar favorecendo a incorporación de xoves á actividade investigadora do grupo, e ao mesmo tempo aumentar o número de doutores do mesmo.\n4. cOnclusións\nO “xiro espacial” no coñecemento contemporáneo atopa a súa máxima expresión nas investigacións xeográficas, pois as mesmas abordan temas moi actuais que van desde os problemas ambientais globais ao debate poboacional, dende a desarticulación do medio rural e o descontrol do crecemento urbano ao da artificialización masiva do litoral e a dificultade na súa regulamentación, sen esquecer os impactos paisaxísticos e a conxestión que xera. Tamén o estudo das infraestruturas de transporte ou dos patróns de mobilidade resaltan a centralidade da Xeografía como ciencia social postmoderna.\nAs fontes e as metodoloxías empregadas para lograr estes obxectivos son moi variadas, e adecúanse ás temáticas de referencias. En xeral, o Grupo ANTE ten traballado desde sempre compaxinando metodoloxías cuantitativas e cualitativas. No primeiro caso, os proxectos de investigación e os observatorios turísticos teñen xerado e xeran actualmente datos estatísticos primarios e inéditos que constitúen fontes primarias relevantes para as publicacións, sobre todo nas revistas internacionais cada vez mas esixentes coas orixinalidade das investigacións. No caso das metodoloxías cualitativas, as investigacións diferéncianse entre aquelas que se poderían definir mais tradicionais (revisións bibliográficas, análise da planificación turística e dos estudos de viabilidade, análise de documentos de planificación, entrevistas a actores locais), e outras metodoloxías mais novidosas como por exemplo a Critical Discourse Analysi s, as análises visuais, a netnografía, o Sentiment Analysis e o Opinion Mining. Neste sentido faise explícita a necesidade dunha continua formación dos investigadores para estar ao paso coas novas fontes e metodoloxías que as transformacións tecnolóxicas tamén requiren.\nA interpretación xeográfica do mundo non pode esquecerse da cartografía, xa que planos e mapas fan parte e determinan en moitos casos as decisións da nosa vida cotián. Por iso, a cartografía e os SIX son ferramentas de traballo moi importantes no grupo ANTE. Aínda que se recoñece na produción dos mapas a mediación humana, no se pode prescindir dos mesmos para entender os acontecementos e os xeitos xeográficos. Esta necesidade fai que a representación cartográfica sexa un punto de forza nos mesmos resultados dos proxectos de investigación e nas publicacións. De feito, pódese afirmar que a produción cartográfica dunha investigación é unha ferramenta estratéxica para facer mais doado entender o tema do estudo, e máis visibles os seus resultados. A tal propósito, o grupo ANTE inviste na formación en SIX, remarcando así a importancia das relacións cos outros colectivos profesionais para a mellora da formación dun perfil investigador, que poda ao mesmo tempo operar no mundo de traballo, no só académico.\nSendo a Xeografía unha ciencia multifacética, polo seu carácter tradicional de coñecemento fronteirizo facilita puntos de contacto con outros ámbitos do saber. Esta necesidade queda reflectida nos consorcios interuniversitarios que desde o grupo ANTE se levan empuxando e, en moitos casos, liderando. Como xa comentado, trátanse de consorcios nacionais e internacionais, que ao mesmo tempo contribúen a mellorar o rendemento de indicadores relativos ao número de proxectos en colaboración con outros grupos estatais ou estranxeiros, e de aí o número de publicacións en colaboración con outros grupos estatais ou estranxeiros. Nese contexto, destaca a coordinación da rede NEDAT, unha rede de investigación interdisciplinar, a través da cal tamén se traballa para mellorar os indicadores de rendemento, no só do grupo, senón da mesma rede.\nCaptar fondos é unha tarefa complexa, resultado dunha combinación case matemática de indicadores de produtividade que, pola súa natureza cuantitativa, a veces parece priorizar a cantidade máis que a calidade. Polo tanto de cara o futuro existe o compromiso de manter viva a lóxica dun modelo académico cada vez mais competitivo, pero sen comprometer a calidade da investigación."} +{"summary": "Nos últimos anos instaurouse no imaxinario colectivo a idea de que a mocidade galega está a emigrar de novo, subliñando un problema de fuga de cerebros. Non obstante, son poucos os estudos sistemáticos sobre esta cuestión. Neste traballo, cruzamos os datos de emigración españois cos datos dos censos dos países de destino, recollidos pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) na súa base de datos sobre inmigrantes en países pertencentes e non pertencentes á OCDE (DIOC-E ou DIOC estendida), para estimar os stocks de emigrantes por nivel educativo e comunidades autónomas (CC.AA.) de orixe. De igual forma, empregamos unha serie única de datos de mobilidade laboral do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE) para estudar as migracións internas. Os nosos resultados amosan que Galicia é unha das comunidades máis afectadas pola fuga de cerebros no contexto español. A emigración externa aumentou de forma significativa coa crise económica e mantense en niveis elevados desde entón, namentres a emigración interna presenta un nivel reducido en comparación con outras CC.AA. pero ofrece un saldo negativo persistente e unha tendencia crecente.", "text": "Emigración e fuga de cerebros en Galicia, 2001-2019\nIntrodución\nA crise económica do 2008 e a lenta recuperación dende entón, especialmente en termos de emprego, xeraron un ambiente propicio para instaurar na opinión pública española a idea dunha xeración perdida. En efecto, a taxa de desemprego dos menores de 25 anos instalouse en niveis asfixiantes, sempre superiores ao 30% durante o período 2009-2020, cun máximo do 55.5% no 2013, moi por riba dos niveis da Unión Europea (UE) e da Eurozona, onde nunca chegou a superarse o limiar do 25%1. Aqueles que teñen a sorte de contar cun emprego enfróntanse a unha gran precariedade, que podemos exemplificar na elevada taxa de temporalidade ou no estancamento salarial2.\nA emigración internacional aparece, daquela, como unha saída lóxica para afrontar esta situación. Se España se convertera claramente nun país de inmigración neta na década previa, o incremento da emigración a partir do 2008 levou a que o país presentase de novo saldos negativos. Este fenómeno atraeu o interese dos medios e do mundo académico e instaurouse no debate político (Selva e Recordà, 2018). O discurso máis estendido destacaba axuventude dos emigrantes e a súa maior cualificación, en contraposición ás vagas migratorias previas, normalmente subliñando o termo “a xeración máis preparada da nosa historia”, que remitía directamente á chamada fuga de cerebros, que se popularizou no noso país nestes anos.\nUnha análise máis pormenorizada dos datos amosa unha maior complexidade. Aínda recoñecendo a debilidade das fontes estatísticas dispoñibles, compróbase que esta emigración estivo claramente dominada polos inmigrantes naturalizados que retornaron aos seus países de orixe ou abandonaron o país para probar fortuna noutros menos afectados pola crise económica. Alén diso, se ben o perfil tipo dos emigrantes españois amosaba un alto nivel formativo, a emigración de baixa cualificación non era en absoluto desprezable (González Ferrer e Moreno Fuentes, 2017). Aínda que a emigración dos nados en España foi menor, indubidablemente aumentou, o que pode ter consecuencias no futuro. Por exemplo, se estes emigrantes se consolidan nos seus países de asentamento e serven de plataforma para facilitar a emigración sucesiva nos vindeiros anos, o que sería consecuente co papel que acostuman desempeñar as redes migratorias (Izquierdo et al., 2015).\nEn calquera caso, a fuga de cerebros non semella (aínda) un problema de calado significativo para España. Os datos sitúan o país como un dos menos afectados a nivel mundial (Artuc et al., 2015; d’Aiglepierre et al., 2020)3. Nos últimos anos, o interese desprazouse a un problema moito máis evidente: as migracións internas e as súas consecuencias en termos de desequilibrio territorial. A idea dun gran centro, Madrid, que aglomera o conxunto de empregos de alta cualificación grazas a ser a localización predilecta das sedes das multinacionais e dos organismos públicos, drenando o talento das areas circundantes, está detrás de boa parte da narrativa sobre a España baleira (González Leonardo et al., 2019). Se ben non deixa de ser certo, especialmente para Castela e León e Castela-a Mancha, o panorama é máis complexo, cunha clara predominancia do eixe Mediterráneo e das zonas costeiras sobre as interiores.\nOnde se sitúa Galicia dentro deste esquema xeral das cousas? Ás notas introdutorias xa presentadas habería que engadir o pasado emigratorio da comunidade, que sen dúbida fai que este debate asente e se intensifique no territorio. Agora ben, podemos contrastar a difusión deste discurso coa ausencia de estudos rigorosos sobre a temática. Dentro do noso coñecemento, só podemos citar tres: un deles analiza a mobilidade interna a partir de datos de contratación derivados do Servizo Publico de Emprego para o período 2003–2010, chegando á conclusión de que o colectivo emigrante é marcadamente novo e altamente formado. O elevado volume desta emigración podería constituír un problema de fuga de cerebros, motivado polas deficiencias do mercado laboral galego e os seus elevados niveis de precariedade (Laxe et al., 2013). Outro máis recente, emprega multitude de fontes entre as que destacan unha macro-enquisa realizada entre os diplomados da Universidade de Vigo desde a súa creación, o que permite estudar a emigración deste colectivo para o período 1990–2015. A súa conclusión básica é que Galicia é unha exportadora de talento a outras CC.AA., ao tempo que presenta un saldo positivo na migración internacional, sen que sexa posible determinar o nivel educativo neste caso (Vaquero García et al., 2020)4. Pola súa banda, o terceiro traballo emprega diversas fontes para estudar a emigración contemporánea, centrándose en boa medida na estrutura por idades da diáspora galega nos distintos destinos e amosando que boa parte do seu crecemento se debe ás segundas xeracións, descendentes dos emigrantes galegos do século XX que, malia ter nacido fóra do país, manteñen a vinculación con Galicia (Domingo e Blanes, 2017).\nO noso estudo vén, pois, a cubrir este significativo baleiro ofrecendo unha panorámica xeral da situación da emigración contemporánea en Galicia que nos permita, ademais, facer un primeiro balance sobre a existencia, ou non, dunha problemática de fuga de cerebros. A nosa achega principal con respecto aos estudos anteriores vén dada pola elaboración dunha metodoloxía propia que permite estimar stocks de emigrantes internacionais por rexión de orixe en lugar de por país, como é tradicional. Complementamos esta achega metodolóxica co estudo de dúas fontes de datos propias, proporcionadas respectivamente polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e polo SEPE. Os nosos resultados amosan que Galicia é, con diferenza, a comunidade máis afectada pola fuga de cerebros, aínda que existen importantes matices. Precisamente, a outra contribución principal do noso traballo consiste en ofrecer unha comparativa da situación galega coa das outras CC.AA., feito que consideramos básico para entender realmente a posición relativa da comunidade.\nNo que segue, a estrutura do artigo é a seguinte: despois desta introdución, realizamos unha breve revisión da literatura da temática. Posteriormente, presentamos os materiais e métodos dispoñibles para o estudo das migracións en Galicia, incluíndo a metodoloxía desenvolvida por nós para estimar os stocks de emigrantes internacionais por nivel educativo e CC.AA. de orixe. No apartado de resultados, presentamos a panorámica xeral da emigración externa e da emigración interna en dous epígrafes diferenciados. Nos epígrafes seguintes analizamos a fuga de cerebros, tamén a nivel externo e interno. Posteriormente, reflexionamos sobre o papel da inmigración como forza compensatoria da emigración. Para finalizar, pechamos o traballo coas nosas conclusións.\n2. Revisión da literatura\nContrariamente a algunhas suposicións, a “fuga de cerebros” é xa un vello debate para os economistas (Godwin et al., 2009). Resumindo, esta fuga de cerebros pode definirse como a preocupación tanto pola elevada emigración de individuos altamente formados como polas potenciais repercusións negativas que esta emigración pode ter para os seus territorios de orixe. Enténdese de forma implícita que as persoas altamente cualificadas teñen unha contribución superior á hora de acadar e soster o desenvolvemento económico. Por unha parte, considérase que o nivel de estudos da poboación é un proxy válido para captar o esquivo concepto de capital humano, que se supón chave do desenvolvemento económico nos modelos de crecemento endóxeno. A nivel teórico, unha maior cualificación media dos traballadores debería reflectirse nunha maior produtividade e mesmo nun avance tecnolóxico máis rápido ou intenso.\nExisten, polo tanto, dúas cuestións cruciais para concluír se podemos falar dun problema de fuga de cerebros: determinar se a emigración de persoas altamente cualificadas é moi elevada (o que debe ser entendido sempre a nivel relativo) e determinar se esta emigración ten efectos negativos en Galicia. Debemos apuntar que a segunda cuestión ten dado lugar a un amplo debate teórico, no que se propuxeron diversos mecanismos que poden mitigar, ou mesmo anular completamente, estes potenciais efectos negativos: o envío de remesas, a migración de retorno, a formación e impulso de vínculos comerciais co país no que se asentan importantes diásporas ou o efecto incentivador no investimento en educación. Así e todo, probar a existencia destes efectos a nivel empírico foi, ata o de agora, moi complexo5.\nSe as consecuencias desta emigración xeraron certa polémica, existe máis consenso ao indicar que a causa (ou determinante) destes movementos é maioritariamente económica. O modelo neoclásico parte do concepto de capital humano como investimento que os individuos realizan en si mesmos (Schultz, 1961). Segundo esta lóxica, as migracións son unha forma racional de maximizar a utilidade (retorno) deste investimento, unha vez descontados os posibles custos6 (Sjaastad, 1962). Esta visión foi mellorada cunha achega básica do campo da socioloxía: o concepto das “redes migratorias”. A existencia dunha comunidade xa asentada de inmigrantes dun determinado territorio, comunidade, país ou etnia reduce os custos de asentamento de posteriores inmigrantes que comparten esa procedencia. Conxuntamente cos xa sinalados, considéranse outros factores de atracción ou expulsión, que actúan respectivamente nos países de destino ou orixe e que se incorporan en modelos econométricos derivados do “modelo de gravidade” (Czaika e Parsons, 2017; Grogger e Hanson, 2011).\nXa que a migración depende, polo xeral, das disparidades nos niveis de vida e das oportunidades laborais, o territorio cobra especial importancia na análise. A concentración das actividades intensivas en coñecemento, especialmente nas grandes cidades, pode ter un impacto directo sobre os fluxos migratorios de persoas altamente cualificadas. Esta tendencia á aglomeración explícase por factores económicos (Krugman, 1991; Porter, 1998; Vence Deza e González López, 2014) que non se tiveron en demasiada consideración dentro da literatura da fuga de cerebros, coas notables excepcións de Miyagiwa (1991), que desenvolveu un modelo teórico onde a existencia de rendementos crecentes xera unha fuga de cerebros auto-sostida, ou Malul (2015), que máis recentemente desenvolveu un modelo similar7.\nNo campo da economía urbana, tivo lugar un debate sobre se o atractivo á hora de captar estes inmigrantes é a causa ou a consecuencia do dinamismo económico (Storper e Scott, 2009)8. En calquera caso, causa ou consecuencia, as persoas altamente cualificadas tenden a aglomerarse nun reducido número de cidades dinámicas, cualificadas ás veces de “cidades globais” (Sassen, 1991). No caso de España, recentes estudos de denuncia sobre a “España baleira” teñen subliñado como as cidades de tamaño medio comezan xa a perder poboación ante a incapacidade de competir cos grandes núcleos urbanos de Madrid e Barcelona, que se configuran como os polos de dinamismo do país (González Leonardo e López Gay, 2019).\n3. Materiais e métodos\nO primeiro paso que temos que dar consiste en establecer unha definición operativa do que entendemos por emigrante cualificado. Na teoría, ese capital humano abstracto que atesouran estes individuos debería vir sinalizado por ter un maior nivel educativo, ser preciso para desempeñar tarefas específicas ou trasladarse, directamente, nunha maior produtividade e por tanto nunha meirande remuneración polo seu traballo (Parsons et al., 2014). Na medida do posible, empregaremos a definición de individuo cualificado con base no nivel educativo, xa que é o máis operativo cos datos dos que dispoñemos habitualmente. En adiante, clasificaremos como cualificados aqueles individuos que teñan polo menos un ano de educación terciaria ou superior completa, equivalente a un nivel 5 no International Standard Classification of Education (ISCED) 20119.\nA nosa seguinte puntualización sinala que, ao falar do estudo das migracións con perspectiva rexional, debemos referirnos tanto a migración externa como a interna. Dentro de ambas,existen dúas formas fundamentais de presentar a información no referente á emigración, ben amosando os stocks de emigrantes ou ben referíndonos aos fluxos migratorios. En canto ás súas diferenzas:\na)\nOs stocks amosan cantas persoas orixinarias dun determinado territorio se atopan residindo fóra del nun determinado momento do tempo. Actúan así, como fotos fixas que permiten contrastar cales son os territorios máis afectados pola emigración (ou máis atractivos para os inmigrantes). Porén, este tipo de información ten varias eivas: os stocks de emigrantes non deixan de ser consecuencia dos fluxos acumulados durante anos. Que un territorio presente unha elevada proporción dos seus nativos residindo no exterior non quere dicir, necesariamente, que ese territorio teña un problema de emigración no momento actual (como veremos máis adiante).\nb)\nOs fluxos, pola súa parte, determinan cantas persoas saen ou entran dun determinado territorio durante unha franxa temporal determinada (xeralmente un ano). Son, pois, os axeitados para medir a intensidade da emigración e da inmigración actual, e ademais capturan as variacións de tendencia provocadas polos cambios de conxuntura (como as crises económicas, os conflitos bélicos, etc.).\n3.1. Materiais e métodos para o estudo da migración internacional\nA práctica máis espallada para a determinación da fuga de cerebros na emigración internacional emprega xeralmente os stocks de emigrantes por nivel educativo. Ante a ausencia de datos de emigración de calidade e con información precisa sobre o nivel educativo nos países de orixe, desenvólvese unha metodoloxía alternativa que consiste en recompilar todos os censos posibles para obter información dos inmigrantes presentes en cada país de destino10. Na medida en que o conxunto de destinos acada niveis considerables, pódese considerar representativo da emigración total. Inicialmente, o traballo realizouse tomando os países da OCDE como destino (Docquier e Marfouk, 2006), e máis tarde foi ampliado ao resto de países (Artuc et al., 2015; d’Aiglepierre et al., 2020). Na actualidade, é a propia OCDE a que publica unha base de datos con esta información, coñecida como DIOC ou DIOC-E.\nO principal problema desta metodoloxía é o relativo “desfasamento” para actualizar os datos. En efecto, os datos máis recentes son do 2015/16 para o conxunto de países da OCDE é do 2010/11 para o conxunto dos países do mundo con información dispoñible. Dado que a seguinte ronda de censos está programada para o 2020/21, e tendo en conta os previsibles problemas derivados pola pandemia mundial da COVID19, é probable que a versión da DIOC-E non se actualice ata ben entrado o 2025. En calquera caso, esta metodoloxía non nos permite estudar a emigración rexional, xa que identifica os inmigrantes unicamente por país de orixe.\nTemos, pois, que atopar fontes primarias de emigración que inclúan unha desagregación por rexión de orixe dos emigrantes e, a poder ser, con información sobre o nivel educativo dos mesmos. Afortunadamente, España é un dos poucos países que dispón desta información e a fai pública. Concretamente, os datos do padrón de españoles residentes no extranxeiro (PERE) ou do censo electoral de residentes ausentes de España (CERA), permítennos calcular stocks de emigrantes por rexión de procedencia e país de destino11. Desafortunadamente, debemos advertir que estes datos están sistematicamente infravalorados debido ao problema do subrexistro consular (Romero Valiente, 2017). Porén, se supoñemos que non existe unha diferenza estatisticamente significativa na propensión a rexistrarse segundo a comunidade autónoma de nacemento, podemos calcular as proporcións rexionais na emigración a cada país de destino e aplicar logo eses coeficientes rexionais ao número de inmigrantes nados en España presentes no censo dese país12, de acordo á formula:\nOndeé o stock de emigrantes con nivel educativo s orixinarios da rexión i presentes no país J no ano t. A rexión i é unha máis do conxunto de rexións que conforman o país I, de acordo coa expresión i ∊ {1, ..., n} ∊ I. No noso caso, cada unha das 19 CC.AA. de España13. Para calcularmos esta cifra, multiplicamos o stock de emigrantes do país I, con nivel educativo s, presentes no país de destino J no ano t, tomado directamente do DIOC-E, pola proporción que cada rexión i representa no total de emigrantes do país I no destino J no ano t. Estas proporcións calcúlanse coas estatísticas de emigración rexional (CERA, no noso caso), dividindo directamente o número de emigrantes de cada rexión polo total do país14. Esta metodoloxía permite dúas cuestións: estimar un número de emigrantes máis aproximado á realidade e, por outra banda, imputar o seu nivel educativo. Pola contra, esta estimación “realista” só nos vai dar unha imaxe arredor do 2000/01 e do 2010/11, e está suxeita a erros derivados das suposicións.\nPara complementarmos esta imaxe da emigración internacional, imos empregar as fontes primarias que permiten o estudo dos fluxos emigratorios cara ao exterior. A única fonte posible vén dada pola Estatística de Variacións Residenciais (EVR). Esta estatística recolle os cambios de domicilio no Padrón Municipal, incluíndo por primeira vez no ano 2002 aqueles cambios de domicilio con destino no estranxeiro15. Estes fluxos teñen o gran problema de estar igualmente infravalorados. Existen algúns estudos que poñen en comparativa a magnitude dos fluxos recollidos nos rexistros de entrada nos países de destino cos fluxos recollidos nas estatísticas de emigración dos países de saída (González Ferrer e Moreno Fuentes, 2017). No noso caso, empregando unha metodoloxía e unha ecuación similar a 1, estimamos noutro traballo unha serie corrixida dos fluxos emigratorios para o caso de Galicia, agregando os 15 principais destinos da emigración galega dos que existen datos dispoñibles (Blanco Álvarez, 2021). Pola contra, non existen moitos precedentes á hora de estimar fluxos migratorios por nivel educativo. Un dos poucos neste senso é o elaborado por Czaika e Parsons (2018), que intentan harmonizar a clasificación internacional uniforme de ocupacións (ISCO) cos distintos tipos de visados de varios países para calcular unha serie coa que estudar o efecto da crise económica nos fluxos migratorios. A complexidade do método non o fai recomendable para o noso caso.\n3.2. Materiais e métodos para o estudo da migración interna\nNo campo da migración interna, temos tres alternativas para calcular os stocks de emigrantes por comunidade. O mellor de todos eles pola cantidade e calidade dos seus datos é, sen dúbida, o censo español do 2011. O principal problema, como é lóxico, é que só nos pode proporcionar unha imaxe estática da situación naquel momento. Pola contra, a estrutura do cuestionario da Enquisa de Poboación Activa (EPA) contén boa parte das variables necesarias para estudar a migración, incluído o nivel de estudos. Outra opción sería empregar directamente os datos do Padrón Municipal, cousa que faremos para mostrar taxas de migración con stocks equivalentes ás derivadas do CERA.\nÁ hora de falarmos dos fluxos de migración interna, tamén podemos empregar a propia EPA, que recolle aqueles individuos que cambiaron de domicilio no último ano. A EVR ofrece eses datos a nivel administrativo, pero non recolle o nivel educativo. Despois de contactar cos responsables de estatística do Servizo Público de Emprego (SEPE), obtivemos unha estatística que contén o número de contratos laborais asinados cada ano, por nivel educativo, nacionalidade e lugar de residencia do traballador. Á súa vez, contén a información sobre o lugar do posto de traballo, o que nos permite elaborar matrices de migración por provincia de orixe e destino16. Outras estatísticas alternativas, que identificamos pero descartamos pola súa menor relevancia ou polas súas maiores eivas para o noso estudo, son a estatística de mobilidade nas fontes tributarias, publicada cada ano pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), e que recolle as migracións coma a discrepancia entre o domicilio fiscal do traballador e o da empresa, e mais a mostra continua de vidas laborais da Seguridade Social, que proporciona información lonxitudinal dunha mostra dos seus afiliados.\n4. Resultados\nPara unha mellor comprensión dos nosos resultados, imos dividilos de forma esquemática en varios apartados que se centran nalgunha temática concreta.\n4.1. A volta da emigración internacional?\nGalicia, ao igual que no pasado, presenta unha singular prevalencia da emigración externa cando se compara co resto das rexións españolas, como podemos observar na Figura 1 (a), que mostra taxas de emigración calculadas cos stocks de emigrantes rexistrados no CERA. Podemos ver unha notable tendencia ascendente que se frea progresivamente nos últimos anos da serie. Pola contra, se nos centramos nas persoas nadas en Galicia, podemos observar unha clara diminución progresiva na Figura 1 (b).\nA sobre-representación dos galegos na emigración española desde a última metade do século XIX ata a década de 1980 é a que explica esta aparente contradición. En ausencia de fluxos migratorios de alta intensidade nos 90 e na primeira metade da década dos 2000, a tendencia natural da comunidade galega no exterior é decrecente: a medida que os emigrantes envellecen e morren, e non son substituídos por novos emigrantes procedentes de Galicia, redúcese automaticamente o seu stock. Para exemplificar este avellentamento, baste dicir que a día 1 de xaneiro de 2020 o 65.6% do total dos 150.127 nativos galegos rexistrados no PERE tiña 65 anos ou máis. Outra historia é o número total de galegos rexistrados como residentes no exterior no CERA. Unha parte moi significativa deles non naceu en Galicia: trátase de descendentes dos emigrantes de primeira xeración ou de estranxeiros nacionalizados españois que residiron en Galicia e abandonaron o país posteriormente. Tomando as persoas de 16 a 64 anos, a día 1 de xaneiro de 2020 había 311.764 españois no estranxeiro rexistrados en Galicia, pero só 49.350 naceran na comunidade (menos do 16%).\nCon todo, esta figura non nos pode levar a concluír que a emigración galega estea a descender nos últimos anos. Simplemente, o seu volume non é suficiente para compensar o avellentamento do stock de emigrantes. Esta é, en parte, unha conclusión lóxica polo menor tamaño das cohortes actuais. Polo tanto, debemos analizar os fluxos migratorios ao estranxeiro para responder a pregunta de se a emigración galega está a aumentar. Un dos grandes dilemas ao analizar esta cuestión é se debemos preocuparnos pola saída de persoas desde a comunidade, ou se temos que empregar un criterio máis restritivo e analizar unicamente a saída dos nacionais españois ou dos nados en Galicia.\nA nivel práctico, sabemos que a meirande parte da emigración posterior á crise económica do 2008 estivo protagonizada polos estranxeiros que abandonaron o país. Neste senso, analizar a saída bruta de persoas de cada CA podería sobreestimar a emigración daquelas comunidades onde estes estranxeiros están máis presentes. Isto é o que podemos observar na Figura 2 (a), onde Galicia aparece, sorprendentemente, como unha das rexións con menores taxas de migración cara ao exterior. Empregar o criterio da nacionalidade podería mitigar este problema só en parte, xa que existe un importante colectivo de inmigrantes que accedeu á nacionalidade nas décadas anteriores. Optamos, pois, por empregar un criterio máis restritivo e analizar a emigración de persoas nadas en cada CA, con independencia do lugar desde onde se produza a saída. É dicir, unha persoa nada en Galicia, emigrando ao estranxeiro desde Madrid, aparecerá recollida nos nosos datos, e viceversa. Este enfoque ten a vantaxe de que as persoas aquí recollidas son as que alimentan o stock de emigrantes mostrado na Figura 1 (b) e, polo tanto, é o que nos permitirá dicir se a emigración contemporánea está a aumentar ou non.\nPodemos ver como o panorama cambia de forma notable. Galicia aparece agora como unha das rexións con maiores taxas de emigración na Figura 2 (b). O máis importante, na nosa opinión, é o notable incremento a partir do 2008 e o feito de que as taxas de emigración se manteñan en niveis superiores aos anteriores á crise de forma constante, en liña coas preocupacións expresadas por Izquierdo et al. (2015). Na medida en que esta situación persista, poderase agravar o problema de emigración externa en Galicia e en España. Ademais, debemos lembrar que esta serie está en boa medida infravalorada e non capta o 100% da emigración, polo que as taxas reais deben ser máis elevadas para todas as CC.AA.\n4.2. O problema da emigración interna?\nÁ hora de estudarmos a emigración interna, imos seguir unha metodoloxía equivalente. Comezamos mostrando os stocks de poboación que viven fóra da súa CA de nacemento cos datos do Padrón Municipal. Podemos ver na Figura 3 (a) como, polo xeral, estes stocks teñen unha tendencia decrecente, polos mesmos motivos comentados no apartado anterior. Na Figura 3 (b) amosamos as taxas de emigración calculadas cos fluxos migratorios da EVR, onde podemos ver que Galicia é a CA coa menor taxa, pero cun crecemento constante. Moi probablemente, o incremento da emigración interna recollido na Figura 3 (b) aínda non acadou niveis similares ás migracións das décadas dos 60, polo que a tendencia natural dos stocks de emigrantes é decrecente. Galicia comparte tendencia coas outras CC.AA., pero aparece como unha das menos afectadas pola emigración interna e moi lonxe das tres CC.AA. máis afectadas por esta emigración, que son Castela–a Mancha, Castela e León e Estremadura.\nNa medida en que a tendencia ascendente continúe, a magnitude da emigración interna podería converterse nun problema de maior gravidade para Galicia. Outra importante puntualización é que, a pesar da reducida emigración de galegos e galegas cara a outras CC.AA., a inmigración cara a Galicia é aínda menor. A comunidade presenta, polo tanto, un saldo negativo de forma crónica, como imos ver máis adiante.\n4.3. Unha fuga de cerebros? Nivel educativo dos emigrantes\nUnha das cuestións básicas do debate sobre a emigración galega dos últimos anos é ata que punto podemos afirmar que se trata dunha fuga de cerebros. Neste apartado, tentaremos abordar esta cuestión tanto a nivel externo coma interno.\n4.3.1. Unha fuga de cerebros externa?\nNo relativo á emigración internacional desenvolvemos unha metodoloxía propia que nos permite inferir o nivel educativo dos emigrantes a partir dos datos da base DIOC-E da OCDE. Os resultados deste exercicio amósanse na Figura 4. Podemos ver como Galicia aparecería, neste caso, como a CA con maiores taxas de emigración, tanto de persoas de baixa como de alta cualificación. Porén, esta diferenza acúrtase de forma acelerada nos dez anos que van desde o 2000 ata o 2010. Estes datos son coherentes coa evolución da Figura 1 (b). A sobre-representación de Galicia no exterior explica estas elevadas taxas de emigración, que se reducen nos últimos anos. A nivel interpretativo, os nosos cálculos estiman que arredor do ano 2010 residían fóra de Galicia o 7.2% de todas as persoas cualificadas e o 5.4% das persoas sen cualificar en idade laboral nadas na comunidade. Esta taxa queda lonxe da media para España, que se sitúa, respectivamente, no 2.52% e no 1.96%.\nAínda que se produciu un descenso do 2001 ao 2011, debemos sinalar que a proporción de emigrantes galegos altamente cualificados aumentou do 20.5% ao 32.8% do total, nunha tendencia xeral que inclúe a todas as CC.AA., como podemos ver na Figura 5 (a). Cos datos do censo do 2011, apenas o 28.6% da poboación desa franxa de idade nada en Galicia e que residía na comunidade tiña estudos terciarios nese momento, polo que o cociente entre os dous valores é superior a 1 (1.15)17. Podemos observar con estas taxas un fenómeno ben coñecido: a selección positiva dos emigrantes. É dicir, as persoas de maior nivel educativo acostuman ter unha maior propensión a emigrar e, polo tanto, están sobre-representadas no colectivo de emigrantes. Existen varias explicacións teóricas para este fenómeno: pode ser unha consecuencia lóxica das políticas de inmigración, que cada vez con maior énfase buscan atraer persoas cualificadas en detrimento dos traballadores sen cualificar18, tamén pode deberse á maior capacidade das persoas cualificadas para asumir os custos da emigración (tanto económicos como de adaptación ao novo ambiente), ou simplemente pode reflectir o maior retorno do seu investimento en educación no estranxeiro.\nSe entramos a valorar os destinos da emigración galega, podemos comprobar como os máis recentes presentan unha maior proporción de emigrantes altamente cualificados (ver Figura 5 (b)). As nosas estimacións mostran como case o 65% dos emigrantes galegos no Reino Unido (un dos destinos paradigmáticos da vaga migratoria máis recente) contaría con estudos terciarios, por apenas un 13% dos que residen na Arxentina e un 24% dos que residen en Suíza (paradigmas da emigración transoceánica de finais do s. XIX e inicios do XX e da emigración europea dos 60, respectivamente). Estas cifras son consecuentes co amosado no traballo de Domingo e Blanes (2018), no que tamén se observa como a diáspora galega no Reino Unido é máis recente que as diásporas presentes en Francia e Alemaña, o que explica o maior nivel educativo medio dos emigrados neste país. No cómputo xeral, a proporción de emigrantes cualificados mantívose ou aumentou nos principais destinos.\nNeste senso, a idea de que os galegos e galegas que emigran teñen maior cualificación que no pasado parece obvia, pero non podemos supoñer que exista una selectividade maior dos emigrantes. Isto é, o feito de que os emigrantes do pasado tivesen menor cualificación explícase polo menor nivel medio de estudos das súas xeracións, pero é posible que a selección positiva xa estivese presente naqueles momentos. Por exemplo, os estudos da emigración transoceánica do século XIX e inicios do XX apuntaron o alto nivel de alfabetización dos emigrantes en comparación á poboación galega (Vázquez González, 2002), o que pode levar a caracterizar o fenómeno como unha primitiva “fuga de cerebros” (Fernadez Sánchez, 2021)19.\nDebemos tamén recoñecer as dificultades e as eivas desta metodoloxía. A nosa suposición fundamental é que non existe unha diferenza significativa na propensión a rexistrarse como residente no exterior segundo a CA de nacemento dos individuos. Pola contra, as diferenzas prodúcense pola distancia do país con respecto a España, pola dispoñibilidade de estruturas consulares accesíbeis ou pola duración da experiencia migratoria. É dicir, son na súa maioría condicionantes específicos do destino e do tempo os que producen estas diferenzas. Na medida en que nós calculamos unha serie corrixida polos pares CA de orixe e país de destino, podemos ter certa confianza en que sexan representativos da situación real. O outro posible problema é que as cifras do DIOC-E 2010 non recollan aínda os efectos do incremento na emigración externa posterior á crise do 2008, que podemos observar na Figura 2 (b).\n4.3.2. Unha fuga de cerebros interna?\nA nivel interno, temos máis opcións dispoñibles. Alén do censo e da EPA, que nos permiten amosar stocks de emigrantes por nivel educativo, preferimos centrarnos nos datos administrativos de contratación do SEPE. Podemos ver como a situación de Galicia é semellante aos datos de migración interna da Figura 3 (b): Galicia atópase no grupo de CC.AA. con reducida emigración pero, ao mesmo tempo, presenta un saldo cronicamente negativo debido á súa escasa capacidade de atracción.\nPola propia natureza dos datos, a Figura 6 reflicte migracións de carácter laboral. Podemos dicir, pois, que subliña o escaso dinamismo do mercado de traballo galego como o principal problema que explica a posición migratoria da comunidade en España. Debemos destacar como a mobilidade dos traballadores sen estudos superiores (aos que nos referimos como de baixa cualificación) inicia o período por enriba da mobilidade dos traballadores cualificados, cunha fonda diminución á consecuencia da crise do 2008. No período inicial teñen especial relevancia os fluxos migratorios asociados ao turismo e á construción, coas Illas Canarias como destino preponderante incluso por riba da Comunidade de Madrid. A fin da fase expansiva e a diminución de oportunidades laborais no resto de España explica o notorio descenso da mobilidade, que só se recupera na seguinte fase expansiva. Pola contra, a diminución na mobilidade dos traballadores altamente cualificados é moito máis reducida e recupérase cedo cun incremento sostido desde entón. Na actualidade, os traballadores cualificados xa teñen unha taxa de mobilidade maior, aínda que cunha diferenza non demasiado significativa, que os traballadores sen cualificar. Nos dous casos, o saldo de Galicia é marcadamente negativo desde o 2003. A CA “perde” arredor dun 5% do total de contratos realizados a traballadores cualificados. Na medida en que estas emigracións sexan temporais e se salden co retorno destes emigrantes á CA, pódese argumentar que non son tan negativas. Na medida en que unha parte deste 5% se converta en emigracións permanentes ou de longo prazo, a nosa CA estará a perder unha parte non desprezable da súa poboación en idade laboral cada ano, o que vai agravar as xa precarias dinámicas demográficas.\nSe entramos a valorar en máis detalle os destinos da emigración altamente cualificada, podemos comprobar como existe unha clara tendencia á concentración en Madrid, moi evidente na Figura 7. Na actualidade, unha cifra próxima ao 35% dos contratos a traballadores cualificados que se desprazan fóra da súa CA ten o seu centro de traballo na capital, por apenas un 15% en Cataluña (datos do SEPE para o ano 2018). Ambas as dúas CC.AA. sitúanse a moita distancia do resto nesta capacidade de atracción, sendo notoria a mellor evolución de Madrid a partir de cifras máis próximas no inicio da serie. Pódese apreciar unha maior concentración dos traballadores cualificados, xa que estes dous territorios acumulaban “só” o 29% e o 12% dos contratos con mobilidade de traballadores de baixa cualificación nese mesmo ano.\nAlén da concentración, Madrid pechou o 2018 como a CA con maior saldo positivo nos contratos a traballadores, tanto altamente cualificados como de baixa cualificación. Estes datos, no seu conxunto, parecen confirmar os apuntados por outros estudos sobre a “España baleira”, e poderían ter importantes consecuencias no desenvolvemento económico rexional e na converxencia a medio prazo.\n4.4. Inmigración externa e balance xeral\nPara acabar de matizar a nosa panorámica xeral, debemos ter en conta unha cuestión fundamental: España converteuse nas últimas décadas nun país de inmigración neta. Neste senso, os posibles problemas derivados da emigración, e particularmente da fuga de cerebros, poden ser cuestionados. Este razoamento é perfectamente defendible, pero aquí imos puntualizalo con dúas cuestións fundamentais que non poden ser obviadas:\nA inmigración distribúese de forma desigual. Os inmigrantes tenden a aglomerarse naquelas CC.AA. que xa son receptoras netas de inmigración interna. Polo tanto, a inmigración externa pode compensar en certa medida a emigración pero, case irremediablemente, vai empeorar os desequilibrios territoriais xa existentes. Usando un exemplo moi gráfico, con datos do Padrón Municipal España pasou de 1.173.767 inmigrantes en 1998 a 6.753.098 no 2019 (+5.579.331). No mesmo período, Galicia só aumentou o seu stock de inmigrantes estranxeiros en 140.338 persoas, apenas o 2.5% do incremento total no Estado, de xeito que o peso de Galicia no total da poboación española se reduciu do 6.84% ao 5.74%.\nOs datos permiten pensar que o nivel educativo medio dos inmigrantes é menor que o dos nativos e os emigrantes no caso español. Podemos velo cos datos do DIOC-E e dos censos españois: no 2001, o 22.36% dos inmigrantes estranxeiros presentes en España tiña estudos superiores, por un 21.79% dos nativos. Pola contra, no ano 2011 só o 23.55% dos estranxeiros tiña estudos superiores, por un 31.15% dos nativos. Ademais, calculamos con datos do DIOC-E que no 2001 o 23.53% dos emigrantes españois tiña estudos superiores, por un 37.89% no 2011. Pode verse como a cualificación media das novas xeracións españolas aumentou, namentres o nivel educativo dos inmigrantes se mantivo.\nEn resumo, varias das rexións máis afectadas pola emigración son tamén (de forma non sorprendente) as que teñen menor capacidade para captar inmigrantes. No longo prazo a inmigración vai desequilibrar aínda máis as disparidades territoriais. De igual forma, os inmigrantes atraídos por España son, en termo medio, de menor cualificación que os emigrantes que abandonan o país, polo que non poden compensar unha eventual fuga de cerebros.\n5. Conclusións\nO presente estudo tiña como obxectivo ofrecer unha visión panorámica da emigración contemporánea galega. Nese sentido, o noso traballo complementa e amplía os estudos previos de Laxe et al. (2013), Vaquero García et al. (2020) e Domingo e Blanes (2018). Como novidade, neste traballo presentamos por primeira vez unha estimación do stock de emigrantes galegos no exterior considerando o seu nivel de estudos, o que nos permite facer unha aproximación ao problema da fuga de cerebros.\nOs nosos resultados indican, en primeiro lugar e referíndonos á emigración exterior, que os galegos e as galegas seguen a estar sobre-representados na diáspora española, o que se debe en gran medida ao crecemento das segundas e sucesivas xeracións nos países de destino. A emigración actual cara ao estranxeiro aumentou de forma significativa tras a crise económica do 2008 e segue a ser das máis elevadas de España, pero perdeu o diferencial característico da historia migratoria galega e non constitúe agora un fenómeno tan extraordinario. Aínda que os datos dispoñibles non permiten facer unha análise profunda do nivel educativo dos emigrantes que abandonan o país, si podemos amosar como varía a cualificación do stock de emigrantes no exterior entre os anos 2000/1 e 2010/11. Así, obsérvase que o nivel educativo dos emigrantes aumentou de forma significativa nese período, sendo ademais os destinos máis recentes da emigración galega (Reino Unido, Estados Unidos, Irlanda, etc.) aqueles onde a cualificación dos emigrantes é maior. Xa que logo, temos un indicio de que os continxentes que actualmente emigran son de cualificación elevada, o que é consistente co fenómeno da fuga de cerebros.\nEn segundo lugar, no relativo á migración interna, Galicia presenta unha nomeada posición periférica. Os seus fluxos de emigración son máis reducidos que os doutras CC.AA. máis próximas aos grandes polos de atracción de inmigrantes, como Castela e León, Castela–a Mancha ou Estremadura, pero ao mesmo tempo presenta un saldo cronicamente negativo, dado o seu escaso poder de atracción de inmigrantes. Os datos de contratación do SEPE amosan que o principal problema é a falta de dinamismo do mercado laboral galego e presentan dous períodos diferenciados: durante a expansión económica previa á crise do 2008 a emigración de baixa cualificación mantíñase en niveis elevados, por enriba da emigración de traballadores cualificados. A situación invértese coa crise do 2008, posiblemente debido ao afundimento de oportunidades laborais en sectores de baixa cualificación (turismo, construción, servizos) no resto de España. A emigración cualificada crece de forma constante na última década, e nos últimos anos comeza a recuperarse a emigración sen cualificar. A tendencia máis destacada no caso da emigración interna, e moi especialmente no caso dos individuos cualificados, é a aglomeración nuns poucos destinos, nomeadamente a Comunidade de Madrid, que superou claramente a Cataluña en capacidade de atracción e se converteu, con diferenza, no grande centro receptor destes fluxos. Na medida en que esta tendencia continúe, o resto de rexións poderá ver drenada unha parte significativa do seu capital humano, o que pode ter repercusións directas sobre o crecemento económico e a converxencia."} +{"summary": "Partindo das bases metodolóxicas desenvolvidas arredor do ámbito da paratradución e mais doutras teorías como o marxismo (dende Gramsci até F. Jameson) e socioloxía literaria, este traballo céntrase na ideoloxía como elemento paratradutivo para analizar a presenza da noción de proletariado na poesía galega de finais do franquismo. A partir dunha escolma de textos aproxímase ao devir político e social da Galicia situada na mal denominada transición, propoñendo unha nova achega para cartografar a historia do campo literario galego de finais dos anos setenta, isto é, entre as últimas representacións da vangarda e a aparición do posmodernismo.", "text": "A paratradución do proletariado na poesía galega dos setenta\n :campo literario, estéticas, ideoloxía, paratradución, posmodernismo, proletariado, repertorio, vangarda.\nEste traballo enmárcase dentro dos estudos de tradución e paratradución da Universidade de Vigo 1. Aínda que se trata dun marco hermenéutico que está dando os seus primeiros pasos, este colectivo propón un novo espazo heurístico que afonda nunha anovadora praxe de interpretación literaria. Procurando resumir o marco teórico, podemos dicir que nun nivel inicial, os estudos de tradución centraríanse na forma de se concretar unha lingua A nunha lingua B, deixando un oco para a paratradución, entendida aquí como investigación dos elementos que se engarzan neste proceso tradutivo (relacionado cos paratextos de Genette).\nPero existe un outro modelo que ha explicar un proceso especial de tradución paralelo: a obra de arte. Este profundiza no movemento mediante o cal partimos dunha lingua matriz (o concepto lingua nai de W. Benjamin 2), a cal se iría constituíndo a través de elementos como a ideoloxía, a estética ou a cultura, até chegarmos á súa forma resultante (un poema, un cadro, un filme, etc.). Desta forma entendemos a literatura como unha mestizaxe colectiva, un proceso comunicativo que se podería explicar dende unha óptica interdisciplinar. Para isto, sigo o modelo de contexto paratradutivo que o profesor B. Baltrusch ten presentado e corrixido, chegando á última proposta utilizada nos seus cursos de doutoramento 20082009:\nCómpre indicar que este novo ámbito heurístico e hermenéutico ten unha compoñente heteroxénea importante. Dende aquí procuramos un discurso interdisciplinario, co cal poder acceder á “realidade” dende diferentes prismas. A escrita é unha forma de traducir un mundo de sensacións, ideas, recordos, etc., de paratraducilos a través dunha rede neuronal que se define tendo en conta variábeis tal como a cultura, a ideoloxía ou a estética de partida e procurar ver a maneira de se materializaren no resultado final ou texto chegada. Neste transcurso é onde o/a crítico/a debe afondar e procurar enxergar para despois tirar conclusións de diferente índole. Asemade, trátase de buscar un discurso que teña como cerna a glosolalia, practicada por Antón Patiño 3, ou a antropofaxia dos modernistas brasileiros no que atinxe a unha verdadeira interpretación interdisciplinar.\nPor outra banda, anoto que tomo emprestadas na análise moitas ferramentas vindas do ámbito marxista, en concreto das teorías de Jameson (1989), coas que penso se pode enriquecer o modelo de análise. Nos estudos de paratradución cadaquén pode focalizar diferentes elementos do esquema antes presentado (ideoloxía, cultura, estética ou o propio texto). Ao me centrar na ideoloxía, as propostas de análise literaria vindas do marxismo e, máis en concreto, as elaboradas por Jameson propoñen ferramentas de análise da ideoloxía que no ámbito da paratradución son moi viábeis. Estoume referindo á interpretación que se realiza dos aparellos ideolóxicos de estado de Althusser e a súa relación coa semiótica.\nÉ necesario tamén anotar que esta idea xorde dentro dos meus estudos de doutoramento, nomeadamente na análise que estou facendo dunha etapa crucial no ámbito da historia da literatura galega: a fin do franquismo e o comezo da restauración monárquica. Mantendo unha liña de traballo que ten como guieiro a ideoloxía marxista e independentista, considerei que había un sector social que se representaba de xeito regular na lírica desta época: o proletariado. Cando revisamos a historia da literatura galega deste período, batemos cun conxunto de textos que a crítica non deu atinado ben á hora de os encaixar dentro dun discurso lineal e homoxéneo. Nesta sorte de crebacabezas asoman exemplos como as Follas de Resistencia Poética (19751977), de autoría anónima ou asinadas con pseudónimo, ou a obra de poetas que procuran un outro socialrealismo, como é o caso de Farruco Sesto Novás. A procura de catalogar os materiais en lugares estanco non é algo único do discurso literario; até agora a crítica obviou unha serie de produtos artísticos que traban unha forte aliaxe cos literarios. Pódense citar experiencias vindas das artes plásticas e que se concretan nas mostras da Praza da Princesa de Vigo, tamén na pintura de Luís Seoane e Reimundo Patiño; ou o mesmo sucede cando non se teñen en conta os movementos políticos alternativos da altura e, en concreto, a planificación desenvolvida polo nacionalismo galego á hora de achegar a súa mensaxe de resistencia ao espazo social. Son todos vieiros interdisciplinares que se han desenvolver co paso do tempo e que poden dar pistas para comprendermos mellor as dinámicas internas do campo cultural galego.\nObxectivos\nDesta forma, os obxectivos marcados foron:\n– Investigar e procurar as diferentes definicións do concepto proletariado que aparecen no discurso literario galego de finais dos anos setenta. – Partindo de diferentes definicións do proletariado, caracterizar unha época en cambio. Definir os diferentes intereses e representacións que o nacionalismo propuxo deste termo. – Dentro deste período, imos focalizar un discurso artístico: a lírica, e como se paratraduce o proletariado. Seguindo o marco teórico que propón o Grupo de Tradución e Paratradución e, en concreto, o profesor Baltrusch, o autor propón incidir na ideoloxía que os poemas seleccionados representan, mais ampliando o campo de estudo ao introducir as teorías literarias marxistas.\nTendo en conta a extensión deste traballo, escollín catro autores e cadanseu poema representativo dos cambios de estética propios da época: dous autores canonizados pola crítica e por diferentes axentes sociais: Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel María; e poetas que até hai pouco estaban situados nas marxes do canon: Alfonso Pexegueiro e o grupo Rompente. Despois de ler a súa obra, a escolma obedeceu ás seguintes directrices:\na) o texto debeu ser publicado no final dos anos setenta (deste modo: Con pólvora e magnolias e Seraogna, en 1976; Poemas pra construír unha patria, de 1977; e mais o Silabario da turbina, de 1978).\nb) no poema debe representarse o proletariado, ben citado literalmente ben metaforicamente. c) representar cadansúa ideoloxía dentro dunha paleta heteroxénea, mais común nos postulados marxistas. Os catro poemas han incidir nunha ideoloxía diversa.\nFican fóra outros autores como Manuel Rivas cos primeiros poemarios (Libro do antroido), onde aparece tamén o proletariado, mais dende a postura máis underground, ou tamén Vitor Vaqueiro co seu Informe da gavilla, que retoma a figuración do proletariado a nivel grupal e mítico. O mesmo cómpre dicir da obra de Margarita Ledo Andión ou Farruco Sesto, textos que fican por explorar.\nContidos\nOs contidos desenvolvidos afondan en procurar as definicións que xorden nos textos sobre o concepto proletariado e interpretar o termo que se traduciu e paratraduciu en diferentes formatos e linguas. Porén, como xa indicamos, faremos un pequeno percurso pola época e estéticas literarias deste momento histórico e estudaremos as diverxentes perspectivas á hora de representar este sector que xorde na loita de clases.\nComecemos pois co obxecto de estudo neste traballo: o proletariado. Aínda que esta palabra ten a súa orixe xa no latín (proletarius 4), partimos dunha consideración política propia do momento contemporáneo. Así, temos de adentrarnos no século XIX e máis en concreto no celebérrimo Manifesto Comunista (1848), de Marx e Engels, que define o proletariado en oposición á burguesía e dentro da dialéctica da loita de clases. O mesmo vai suceder co primeiro tomo do Capital de Marx, onde ha incidir neste concepto para o concretar na súa crítica ao capitalismo. Esta sería unha definición de partida que cada autor vai ir perfilando segundo a súa posición no sistema e rede de intereses para a promoción dentro do campo.\nDe seguir o ronsel marxista, atoparemos ducias de pensadores que trataron de explicar e definir este grupo social, pero, atendendo ao campo cultural galego e ás súas dinámicas internas, apenas focalizo uns cantos autores que deixaron a súa pegada neste paralelo.\nEscollo a Gramsci pola incidencia que teñen os seus estudos sobre o intelectual orgánico e a súa faceta de intermediario entre capital e proletariado. A obra do pensador aparece en momentos cruciais da historia do campo literario galego. Tal é o caso do I Congreso da AELG, celebrado en Poio en 1981. No relatorio que desenvolve Méndez Ferrín refírese ao italiano como representante dunha ideoloxía marxista que procura na súa praxe social a presenza dun intelectual que estea en contacto coas masas. Nos seus Quaderni del carcere, Gramsci insire a cultura dentro da sociedade civil, que opón á sociedade política e ao Estado. Esta é a platea onde o poeta, o intelectual, debe organizarse e procurar contactos para a revolta que conduza á ditadura do proletariado.\nPor outra banda, Lukács é o gran teórico da consciencia de clase e máis en concreto sobre as dinámicas desta no proletariado. Trátase dun pensador que está emparentado co marxismo soviético, aínda que con certa crítica ao stalinismo (Lukács, 1966). Nos textos internos que se poden consultar da UPG, partido nacionalista que abrangue o número máis elevado de simpatizantes, vemos como a liña marxista soviética é a máis citada 5. Logo podemos dicir que este autor se pode entroncar coa denominada veta ortodoxa do nacionalismo marxista galego, que ten como guieiro o marxismo leninista e stalinista.\nNos anos setenta xorde con forza a figura de Mao Tse Tung, especialmente os seus discursos no Foro de Ienan, onde postulaba os pasos necesarios na aculturización do proletariado (Mao, 1974). Estes textos foron materiais moi estudados en foros socioliterarios da época que analizamos, en concreto aparecen nas actas de reunión do Grupo de Resistencia Poética Rompente (19751978), que ten a súa continuación no Grupo de Comunicación Poética Rompente (19781983).\nMais tamén temos en conta pensadores máis próximos á actualidade, como Althusser e Willians. Do primeiro interesoume a súa visión dos aparellos ideolóxicos do estado e como incide de xeito directo e indirecto no posicionamento do proletariado dentro da infraestrutura social (Althusser, 1988); e de Willians (2001) o seu tratado sobre a dicotomía campo/cidade na poesía e como se presenta o proletariado en contraste co labrego.\nCentrándonos no discurso galego, tiven en conta dous volumes básicos por revisaren o concepto investigado e o contexto dos textos para analizar: O atraso económico de Galicia (1972), de X.M. Beiras, e Do capitalismo colonial (1979), de R. López Suevos. Destes libros podemos tirar unha radiografía do país caracterizado por un cambio socioeconómico que se produce entre os anos sesenta e setenta. Trocamos unha economía galega baseada en sectores produtivos primarios (agro e pesca) e cunha lacra social reducionista como a emigración, cara a un capitalismo serodio, postindustrial. Todo isto acontecendo nun intervalo de vinte anos e non dun século como nas potencias imperialistas. Constatamos que as causas de todo isto son a consolidación, outra volta, dunha oligarquía colonialista, vinda dos estratos franquistas e que co novo modelo político conseguiu perpetuarse no poder e absorber a masa social. Por outra banda, os síntomas desta situación son a aparición do subproletariado (híbrido do proletariado e labrego definido por Marx), a consolidación do minifundismo (elemento fagocitador da especulación), que o capital segue en mans estranxeiras (pexas para o despegamento dunha burguesía nacionalista), etc.\nO contexto\nProcurando definir o campo literario galego da época que queremos analizar, cómpre indicar unha serie de variábeis.\nA crítica literaria adoita pór como marco para o cambio a data de 1975 ou 1976 coa publicación de dous volumes: Con pólvora e magnolias, de Méndez Ferrín, e Seraogna, de Alfonso Pexegueiro. Os motivos son a ruptura cun dominio do discurso socialrealista e folclorista na lírica e tamén a aparición da nova literatura feminista galega. Este trazo podémolo constatar no I Congreso da AELG de 1981, especialmente nos coloquios que se desenvolveron no relatorio de Méndez Ferrín, Rompente e Manuel María, pois tratan esta cuestión.\nDesta forma, encétanse novos camiños que terán o seu vieiro nos anos seguintes. Estamos a falar da liña culturalista e da vangardista; á vez que tamén 261\nxorden novos axentes e espazos asociados a un campo no sistema políticosocial, isto é, novas editoriais, premios, asociacións, revistas, etc.\nObsérvase como se vai perfilando un campo de gran produción, á vez que se asentan as novas empresas editoriais e o seu número de negocio. Mais nos anos setenta a publicación non era tan doada. Podíanse obedecer as dinámicas da editorial Galaxia, sobre todo a liña piñeirista de dinamización do ensaio científico, publicar en pequenas empresas como Pombal ou Castrelos, optar por unha edición depentente dunha colectividade ou partido político (destaca a Fronte Cultural da ANPG), tirar de ciclostilo (véxanse as Follas de Resistencia Poética) ou edición manual.\nEsta é unha época de profundos cambios dentro do campo. Créanse novos subcampos de produción restrinxida. Aquí situamos a obra de Rompente, que nun inicio se estabelece como grupo de resistencia poética, quérese dicir, de compromiso coa nación e mais coa reflexión socioliteraria, e o segundo ciclo ou de Comunicación Poética, onde o discurso interdisciplinario era o eixe central. Mais estes subcampos fican aínda por estudar; o caso da mostra O outro lado da sombra. Sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas entre 1971 e 1989, programada pola Fundación Luís Seoane en 2005, está apostando por unha nova liña de investigación sobre o campo. En resumo, estamos ante unha etapa que aínda fica por debullar e chegar ao carozo.\nA paratradución do proletariado\nPara comezar coa análise, imos ver nun principio a intencionalidade que amosan os catro autores á hora de entender o concepto proletariado. Ao lermos os poemas atopamos catro formas de paratraducir esta etiqueta: – Proletariado como conxunto de traballadores asalariados: “Amigos de ferro e dinamita” (Méndez Ferrín, 1989: 7071). – A incorporación da muller labrega, visión que engarza coas doutrinas feministas e ecoloxistas: “as mulleres cansas da eira” (Pexegueiro, 1997: 95). – Traballadores de todo tipo e condición en Manuel María (2001: 579580): o “Proletariado e Galiza: obreira, labrega e mariñeira” ou dende unha postura máis posmoderna (véxase a ironía).\n– O proletariado na posmodernidade en Rompente (1978: 7): “exército simbiótico de labregosproletarios e asistentas”, que tamén cómpre cotexar co movemento feminista que nese momento se estaba a consolidar no país.\nO posicionamento externo da voz lírica serviría de guieiro das masas nos poemas, á vez que crea unha nova expresión dentro do campo literario galego. De cotexar a presenza do discurso político na literatura galega vemos como neste momento o repertorio muda na súa praxe. Agás o poema de Manuel María, non estamos diante dun discurso onde prevalece o emisor multidimensional (Rodríguez Fer, 1989: 190192) que aparece representado nos textos de Cabanillas e en menor medida co paso dos anos nos poemas de Celso Emilio Ferreiro (“Irmaus”, en Longa noite de pedra), Lorenzo Varela (“Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados”, en Lonxe) ou Seoane (“Noso pobo”, n’ As cicatrices). Méndez Ferrín, Pexegueiro e Rompente sitúanse neste momento histórico nas marxes do canon, logo procuran rachar o status quo socialrealista incorporando novas fórmulas de expresión dende a periferia. Fronte a eles sitúase Manuel María, que detenta un poder simbólico vindo da propia edición do texto, o mundo ortodoxo do nacionalismo galego que o eleva á categoría de voceiro do movemento, ao igual que fixeron as Irmandades con Cabanillas.\nAsemade imos asistir tamén á paratradución dunha ideoloxía marxista plural. Este dato debemos relacionalo co contexto social; son os anos nos que os cambios implican tamén trocos ideolóxicos e discursos que deben encher novos ocos que agroman co cambio ficticio de goberno. Aquí entendemos que se debería redimensionar a transición como espazo temporal onde se sucederon unha serie de mudanzas que están por estudar e entender dende unha perspectiva multidiscursiva.\nCando Méndez Ferrín escolle representar o pensamento de Gramsci e Mao estase posicionando a favor dun marxismo non ortodoxo, que volve a ollada ao pasado prebélico e alleo ao ámbito soviético dominante. Ou tamén cando introduce elementos vindos do marxismo cubano ao incidir na idea da patria, botando man das ideas de José Martí. Neste sentido, este posicionamento concíbese dentro dun tipo de literatura que ten a nación como cerna do discurso e que procura no maoísmo unha solución para o padecemento colonialista.\nNo caso de Manuel María, vemos como pretende abranguer o ámbito do marxismo nacionalista canonizado, isto é, o soviético, procurando incidir en pensadores como Lukács. Ao mesmo tempo, a crítica actual pode botar man de novas achegas que nos fornecen filósofos como Althusser e que funcionarían como elemento interpretativo. Logo, vemos como tamén se poñen as bases do denominado nacionalismo populista (acabada de crear ANPG en 1975), que procura enredarse co nacionalismo do antigo PG xa extinguido, e que se enfronta cun nacionalismo de escisión representado pola figura de Méndez Ferrín. Coido aquí que a través da poesía galega desta época podemos acceder á representación das loitas polo poder simbólico do nacionalismo: temos o exemplo de Manuel María, representante da ANPG, Méndez Ferrín do Partido Galego do Proletariado (vindo da escisión da UPG liña proletaria no 1978), e ficando case sen representación, a Asemblea Popular Galega (nai de revistas como Teima).\nNos eixes antipódicos atopamos a loita campo/cidade tan ben estudada por R. Willians e que representaría o lado combativo e alternativo do ecoloxismo comunista. Nesta liña sitúase Pexegueiro, ao dignificar o campo (no poema seleccionado considera que “así coidou o home do home”, Pexegueiro, 1997: 95) e presentalo como unha metáfora da loita dialéctica entre corpo e espazo, ser e tradición, razón e relixión. A lectura superficial viría dada pola metáfora do campo e a proletarización do mesmo, pero o que atopamos é un macrotexto de seu onde o home é “pantasma analfabeto e xigante que recurre case sempre á súa torpeza pra saír da gaiola e sempre se atopa pechado” (Pexegueiro, 1981: 91). O ser humano forma parte dun colectivo caracterizado pola violencia, algo moi presente en toda a obra. Isto formaría parte dunha estética que indaga no atemporal. Recordemos como a loucura e as tensións humanas son a cerna da súa escrita até hoxe.\nEn cambio, Rompente enchería o oco do posmodernismo anovador a través do discurso vangardista e que procura reflectir un capitalismo serodio. A través dunha linguaxe underground, con certas reminiscencias punk, a voz lírica propón unha visión do proletariado en profunda reconstrución e mal cohesionado. Como ten afirmado M. Mann (1993: 2830), “a consciencia de clase sempre estivo en transición e conflito, mesmo con outras entidades colectivas, algo do que sempre se encargou o sistema capitalista”.\nElaborando un cadro semiótico procuramos afondar no que este último teórico denomina o inconsciente político que se paratraduce en poesía.\nPara localizalo imos ver os dous pares opositivos:\n– proletariado e burguesía, – eixe temporal: pasado e futuro.\nEstes vanse repetir nos catro textos formando unha totalidade que nos dá idea da interpretación deste termo nun contexto históricosocial importante no devalar da historia deste país até o día de hoxe, caracterizada pola manipulación informativa da oligarquía capitalista.\nO proletariado en Ferrín: “Quero que os meus amigos de ferro e dinamita”\nA obra de Méndez Ferrín caracterízase por se inserir de cheo nunha dinámica de loita intelectual e física por recrear a nación galega na segunda metade do século XX. Todo o seu macrotexto pretende afincarse coma un palimpsesto da cultura universal que procura dotar Galicia de honra e maior capital simbólico dentro da estratexia comunista e internacionalista. Para isto procura no repertorio literario unha serie de recursos que lle son suxestivos á hora de esborranchar unha dinámica política e cultural.\nA formación académica deste poeta fixo que no diálogo dos seus textos con outros tamén se suxerisen novas formas de acometer o traballo da escrita. Nesta liña, hai voces críticas que sitúan a Méndez Ferrín e mais a Cunqueiro como os iniciadores do que se deu en denominar o discurso culturalista na poesía galega dos anos oitenta. Mais non nos imos deter nesta cuestión porque o que nos interesa é ver a ligazón entre a escolma de repertorio, facendo que se tezan nos seus escritos unha serie de referencias culturais e literarias que teñen como finalidade dotar o texto dun maior capital simbólico dentro do campo e asemade conseguir introducirse dentro do canon literario.\nCon estas dúas ideas podemos comezar a analizar o texto “Quero que os meus amigos de ferro e dinamita” 6 (Méndez Ferrín, 1989: 7071). Así atopamos dende o comezo do poema a oposición entre “os amigos de ferro e dinamita”, destinatarios do texto, e mais unha oligarquía que vai destecer co paso dos poemas e dos libros (sobre todo no último, Contra maquieiro (2005) e, en concreto, na figura de Chiño). Esta loita da que fala o eu lírico ten como escenario da rebeldía outro par opositivo: o pasado e mais o futuro, representado pola figura do “pai Miño”. A combinación destes eixes amosános o inconsciente político que se paratraduce na confección do poema; con isto estámonos a referir á dialéctica marxista, de aí a cita de Heráclito e Mao. Fainos ver a interpretación da historia dun colectivo, o proletariado, que non debe sucumbir, debe manter o “valoroso puño” en alto. Isto último podémolo contrastar coa poesía de corte nacional iniciada por Eduardo Pondal, “o valoroso clan” que aparece no himno galego, pois aquí vólvese sobre estes pasos mais con diferenzas. O discurso internacionalista comunista fúndese coa tradición nacionalista do Volksgeist que parte de Murguía para procurar outras derivas na idea de nación no trinomio RiscoOtero-Castelao. Botando man da análise de Máiz (1997), non estamos diante da paratradución dunha idea de etnia como exclusión nin de reintegración, sería unha nova forma de entender a etnia de identificación. Sen esquecer por completo a raíz celta (“A determinación de chorar non impida a fouce”) o poeta abrangue esta visión internacionalista e comunista: “nunha festa que celebre o paso dialéctico de tódalas cousas do/ mundo”. O termo “amigos” será unha constante no devalar do poema e mais do poemario, como tamén de toda a obra do autor ourensán. Neste momento\npodemos traer a colación aquel Libro dos amigos (1953) que Otero Pedrayo deixara armado nos anos cincuenta e que cun ton elexíaco traía á memoria os pensadores galegos que se distinguiron na loita cultural. No poemario estamos diante dunha elite proletaria, que vai dende aqueles que non teñen nome até figuras chave como Sean Mac Stiofain, Ulrike Meinhof, ou dedicarlle un poema a Manuel María.\nPor outra banda, atopamos o ferro e mais a dinamita, facendo referencia ao subproletarido (de aí a palabra ferro), clase social definida por X.M. Beiras (1972), que á vez recorda aquela revolución social ou organización armada espontánea da que falaba Lenin n’ O Estado e a revolución (no poema aparece representado como dinamita). Estes amigos están caracterizados polas iconas marxistas: “ferro” domeado polo martelo, a “fouce” que recorda a nación campesiña e o puño, emblema da loita comunista.\nEste sector do proletariado desenvolvería a loita no marco dunha resistencia que tería como inimigo un poder coercitivo, o cal aínda non ten preso estes personaxes do poema: “non collidos, que perden os ollos e o pubis moitas noites”. A voz lírica incrépaos, defínelles unha liña que pende dun axioma filosófico: “Todo devén, nada fica”. Esta sentenza xorde entre dúas tradicións antipódicas (occidente e oriente), isto é, na boca de Confucio e de Heráclito, e que terían o marxismo, vía maoísmo (o “Pastor do Leste”), como ligazón. Logo sintetiza a mensaxe na máxima do Manifesto comunista : “¡Proletarios de todos os países, xuntádevos!” (Marx e Engels, 1998: 85).\nDesta forma, a presenza do correr do tempo transfórmase na base dialóxica na que descansa esta linguaxe de resistencia. A esperanza por unha terra liberada non se fai tan explícita coma noutros poemas (“Recramo a liberdade pró meu pobo” ou “A Manuel María”). Sitúa o discurso do seu pensamento nun locus concreto, o Miño, mais o río serve de metonimia do país galego. Así estabelece, coma noutros textos, un diálogo que procura a nacionalización do proletariado. Este debe buscar neste espazo a base da loita ou resistencia contra o imperialismo, como o definiron no seu momento Lenin e Mao Tse Tung.\nEsta nación proletaria debe á vez festexar o paso do tempo (“nunha festa que celebre o paso dialéctico de tódalas cousas do/ mundo”), recordando aquel famoso verso de Walt Whitman (2001: 8): “I celebrate myself, / and what I assume you shall assume”.\nÉ no marco da paratradución onde podemos estabelecer unhas bases holísticas e hermenéuticas á hora de analizar un texto. Aquí vemos como un simple poema pode transformarse nunha radiografía da sociedade que o recibe e á vez crea. Vemos como o poeta se transforma nun axente cultural que para/traduce un esquema ideolóxico do que bebeu previamente e esa estrutura mental precisa apoiarse en conceptos con definicións semánticas aceptadas por un grupo social e, se pretende sobrevivir ao paso do tempo, este mesmo grupo precisa velar para estas definicións seren aplicadas á realidade sociocultural do momento cronolóxico (Baltrusch, 2006: 13).\nMéndez Ferrín forma parte dunha estrutura políticosocial que procura unha linguaxe de resistencia artellada en dous eixes básicos: a cuestión nacional e mais o marxismo. Para isto vaise valer dun partido político, a UPG 7, co que vai colaborar de diferentes xeitos e un deles é o espallamento a través da súa voz lírica dunha mesma mensaxe. Esta pode aparecer en diferentes formatos, ora en publicacións clandestinas, ora en formato libro, ora en recitais de poesía, contribuíndo coa súa palabra á rebelión da sociedade civil. Desta forma, proclámase un intelectual no sentido gramsciano:\nEl modo de ser del nuevo intelectual ya no puede consistir en la elocuencia, motora exterior y momentánea de los efectos y de las pasiones, sino en su participación activa en la vida práctica, como constructor, organizador, “persuasivo permanente” (Gramsci, 2004: 14).\nSeguindo coa terminoloxía do comunista italiano, tamén nos atrevemos a considerar o poeta galego como verdadeiro intelectual orgánico, o cal procura cos seus versos intermediar e facer que as masas instrumentais (Gramsci, 2004: 19) –no poema “os meus amigos de ferro e dinamita”- exerzan un influxo político sobre os técnicos do goberno: “poñan fe coma fouces da Fonmiñá hastra a Guardia”, nesta loita que se vai demorar como o río de Confucio/Heráclito.\nManuel María: a poesía ás ordes do partido\nManuel María comezou a súa viaxe poética aló polos anos sesenta da man do novo renacer na cultura galega que significou a editorial Galaxia. Dende moi novo relacionou o seu facer poético coa causa nacionalista galega. Desta maneira nacen libros cun capital simbólico amplo no campo literario; con isto estámonos a referir a Terra Chá ou Muiñeiro de brétemas, pasando nos anos setenta a se designar como o herdeiro da veta socialrealista iniciada na Galicia exterior por Luís Seoane e Lorenzo Varela e na Galicia interior por Celso Emilio Ferreiro. Despois do seu paseo polos camiños da poesía social, abandona este discurso ao final dos anos setenta con Sonetos do outono e nos oitenta dialogará coa vía culturalista que tan ben se asentou no campo literario galego.\nNeste traballo apenas nos centraremos no Manuel María máis reivindicativo e na súa relación co nacionalismo como ideario político, isto é, social e cultural. Polo tanto, imos incidir nos anos setenta, cando o poeta se posiciona dentro do campo como voz do novo sindicalismo e vía política iniciada pola UPG e ANPG, partidos que se distinguen no campo sociocultural como verdadeiros portadores do herdo nacionalista anterior á guerra, nomeadamente do extinguido PG (iniciado no ano 1931 da man de Alexandre Bóveda e Castelao). Desta maneira, nas derivas polas que atravesou a vida política nacionalista galega dos anos setenta, atopamos o poeta asentado como axente cultural e intelectual orgánico (Gramsci) voceiro desta ideoloxía.\nNa obra socialrealista de Manuel María vemos como a voz do poeta paratraduce unha liña ideolóxica que se autodefine como voceiro do pobo galego que padece o xugo fascista do nacionalismo español. Ao igual que Méndez Ferrín, entende a literatura como ferramenta elemental do nationbuilding, isto é, como construto ideolóxico dunha comunidade imaxinaria. Nesta altura, tamén apuntamos a diferenciación entre os dous autores, pois así como Manuel María incide na compoñente étnica, Méndez Ferrín apuntala o concepto nación 8.\nNo poema que propomos, “Poema/democrático/G/sindical” (Manuel María, 2001: 579580) 9, atopamos unha linguaxe que ten moitas características do discurso socialrealista, tal como a historicidade (o desexo de abordar os problemas urxentes do home contemporáneo) e o predominio da obxectividade sobre a subxectividade, do realismo sobre a imaxinación, do ton épiconarrativo sobre o lírico ou da ética sobre a estética (Vilavedra, 2004: 290292). Tamén batemos con dúas das zonas temáticas que Guillermo Carnero definiu dentro da estética socialrealista da poesía feita no estado español: “4. Manifestación de solidaridad, humanoafectiva e ideológica con el proletariado” e “5Voluntad de lucha política” (Carnero, 1989: 316). Mais é a actitude de clase a que tece o poema. Apenas con estas anotacións quero deixar clara a compoñente socialrealista do escrito e ademais a estratexia do que se vale o vate á hora de elaborar un poema que camiña da man do discurso marxista como modelo sociopolítico e de intervención social 10.\nA primeira oposición binaria proletariadoburguesía represéntase na loita dialéctica entre o nós, simbolizado na figura do “SINDICATO”, e un actante que funciona como antagonista que é “explotación/capitalista”. Sobre o primeiro postulado, o “nós”, estamos ante unha proposta programática que bebe na literatura de ideoloxía marxista e que na biografía do poeta ten posicionamentos concretos. Así, nunha entrevista en 1976, sostén que “o deber do poeta galego: Identificarme coas clases populares do meu país e poñer o que sei e podo ao seu servizo” (Costa Clavell, 1976: 51). Aquí Manuel María bota man do concepto perspectiva de Lukács (1966: 243), o cal determinou que todo escritor amosa unha perspectiva (hoxe nós utilizamos o concepto ideoloxía, se cadra mantendo o pensamento de Gramsci) e esta está determinada por tres características: non é existente, non é utópica e amosáse obxectivamente. A relación desta idea co tema central, a configuración dun sindicato nacionalista galego e de clase, vese a respecto da dialéctica que se estabelece no poema, en concreto, entre a dicotomía actancial: proletariadoburguesía.\nO outro eixe do cadro é o que incide no tempo. Así atopamos un pasado caracterizado pola violencia exercida pola oligarquía colonialista e un futuro que pasa pola adhesión, o agrupamento (“un home só non é ninguén”). Nesta loita histórica, xorde a idea da concentración do proletariado como “O NOSO POBO”. Deste xeito, a voz lírica presenta unha aliaxe que se dá no trasunto temporal e que desta vez define o obxecto de estudo aquí, o proletariado, como unha argamasa conceptual e de clase, configurada como “OBREIRA/LABREGA/MARIÑEIRA”. Supérase un estadio que vén dende o século XIX e que se exacerba na primeira metade do século XX na figura do labrego, símbolo do devalar do volkgeist oteriano.\nDesta forma, atopamos un discurso que institúe unha nova maneira de entender a loita de clases e a súa representación no campo literario galego. O proletariado comeza a ter voz, máis na poesía ca noutros xéneros, porén vai ir ocupando espazos repertoriais a medida que se confirma a democracia no Estado. Esta ollada sobre o concepto que ten Manuel María vemos que é moi debedora das ideoloxías marxistas canonizadas na época; así o eixe ParísMoscova é o que maior peso ten no nacionalismo galego ortodoxo. Atopamos, pois, certas distancias entre a poética de Méndez Ferrín, paratradutor dunha liña ideolóxica heterodoxa e con centro no marxismo maoísta, fronte a unha proposta máis ortodoxa do poeta chairego, próximo á ANPG e dentro dunha liña máis política ou de procura da performance. Exemplo disto é o estilo do poema, o uso do caracter alto é proba dunha escrita que procura a súa performatividade na oralidade dun recital poético, dunha arenga política ou dun discurso.\nAlfonso Pexegueiro: o proletariado na maraña da linguaxe\nEn Alfonso Pexegueiro, como xa anotamos antes, trocamos o discurso. O inconsciente político que paratraduce viría dado por unha liña de pensamento que se sitúa nas marxes da dialéctica marxista canonizada neste momento. Hai unha aposta pola compoñente ecoloxista e de volta ao rural (véxase hoxe a revolución bolivariana).\nNo poema escollido, “En Seraogna” (Pexegueiro, 1997: 95) 11, os eixes opositivos son semellantes: por unha banda temos o par muller rural, destinataria da mensaxe, en confronto co estranxeiro, isto é, a cidade e o capital; e pola outra, un eixe temporal que parte dun pasado caracterizado polo mito (HomeDeus) e un futuro (o fillo) que pode/debe ser trocado. Aquí hai unha revisión do proletariado, a través dunha crítica feminista e marxista.\nNo primeiro par atopamos a figura da muller que presenta múltiples interpretacións. A primeira viría dada pola súa reclusión na crítica feminista, a loita entre a figura feminina e o patriarcado, algo mesmo inédito no campo literario galego dende a obra de Rosalía de Castro e con algún caso illado (Xohana Torres, María Xosé Queizán e María Mariño). Mais a formulación doutra lectura amosa novas propostas hermenéuticas ao caracterizar a muller como metáfora da loita polo poder. Isto último vese sobre todo na aparición da figura da fonte, da dor, do traballo. Se ben foi Hölderling un dos primeiros poetas en centrarse na figura da muller culta, aquela Diotima, a figura feminina en Pexegueiro, tamén representa a fusión do pobo coa natureza. Viría oporse ao “estranxeiro”, aquel que non forma parte do colectivo, aquel que corrompe e non asume a comunidade porque “non sabes que”.\nNo segundo eixe xorde a dicotomía temporal entre o pai (homeDeus) e fillo (“son de carne”). O poeta propón un xogo caracterizado pola tensión mullerDeus, isto é, a violencia, estancamento, involucionismo, tristeza, igrexa e que se representa cos verbos en copretérito, a voz da fábula. Fronte a esta atopamos a relación muller e fillo ou futuro a través dun presente atemporal (“beben”) que significa a esperanza dun tempo mellor. A seguinte rede viría dada pola relación patriarcado e fillo, loita biolóxica que tería o seu reflexo na figura do estranxeiro, a ollada da natureza, terrorífica (reparemos na actual visión da natureza proposta polo cineasta Lars von Trier) e á vez doce (“Florea”). A cuarta aliaxe é a que se estabelece entre, outra volta, o patriarcado e mais Deus, simbolizando o poder da igrexa e da súa violencia do coidado (“Así coidou o home do home”), un status quo que pode ou debe ser derrubado.\nOutro piar da poesía de Pexegueiro é a pretensión atemporal da súa mensaxe. Ao igual que os grandes da literatura universal, afonda na “lei cruenta da natureza” da que falara no seu día P. Gauguin ao pintar as mulleres que recollían algas en Le Pouldu a finais do século XIX. Estamos perante unha pintura que afonda no proletariado rural da Francia en pleno proceso de industrialización, no que ao igual que no poema de Pexegueiro se parte dunha visión plástica da realidade da clase traballadora (“mentres coas ganchillas / arrincan das cortes o esterco”). Mais a cerna da crítica, no poeta galego, diríxese contra o pensamento, a cultura, a elevación cultural (“e dende sempre beben o silencio das letras”), algo que carreta unha posición marcada polo peso do patriarcado (“así coidou o home do home”) e da relixión (“cando nas igrexas resoaba a voz de Deus”).\nCaracterizamos moi por riba un poema que se encadra na lóxica da poética de Pexegueiro. As diferentes constantes que debullei pódense atopar en toda a súa obra, mais dende prismas distintos, tendo a fábula como territorio común que se debe explorar a través da loucura. Dende este volume que recolle o texto proposto, Seraogna, até o seu último, Dados blancos (2004), a metáfora dunha violencia que atenaza o proletariado é unha das constantes. En comparación coas outras estéticas expostas, na súa pretendida fuxida de posturas oficiosas dentro do discurso marxista, alenta unha nova vía que vai da man, como lemos antes, da ecoloxía (comuñón coa terra) e mais da xustiza social.\nRompente, o posmodernismo do proletariado vigués\nNoutra liña ideolóxica caracterizamos a Rompente. Aínda que nun inicio parecemos dar cunha outra visión da norma marxista, en realidade atopamos unha perspectiva diferente que parte do marxismo serodio para incidir nas novas propostas do posmodernismo. O poema que propoño é o que inicia o libro Silabario da turbina, isto é, “Se vos quixese falar” (Rompente, 1978: 7) 13. Aquí defínese o proletariado (“labregosproletarios e asistentas”) en oposición ao beatismo, ao conformismo dunha clase media urbana. Ademais, o eixe temporal vén determinado por un presente que se define como mediocre, popular, ancorado en vellos sistemas comunais fronte a un futuro que pode estar determinado pola variante punk do no future dos Sex Pistols. Partimos dun colectivo que comparte por completo a visión underground que floreceu por volta da década dos setenta e que se caracterizaba por unha oposición clara á sociedade do benestar que a socialdemocracia europea estaba propugnando. Rompente, neste sentido, formaría parte daquela rede social que vai dende o situacionismo de Godart até a plasmación da neovangarda italiana dun Sanguineti. Mais estamos diante dun dos primeiros intentos por saír do texto dun canon asfixiante para os poetas máis mozos e que os leva a unha suposta democracia que marxina o discurso plurinacional español en prol dunha suposta maioría de visión única e con antecedentes no franquismo anterior.\nNeste poema, detectamos claramente a paratradución do que Beiras (1972: 67) define como subproletariado (traballadores asalariados que teñen unha horta de seu para o autoconsumo). E tamén en contraste co eixe opositivo temporal: pasado ou guerra, loita sindical e un futuro aparentemente apracíbel (“cidade en calma”). O inconsciente político que se reflicte viría representado por ese “exército simbiótico” que debe espertar, como o proletariado sindical de Manuel María, “os amigos de ferro e dinamita” de Ferrín ou a muller que padece a Historia en Pexegueiro. Mais en Rompente a compoñente posmoderna sedúcese a través da ironía, o retrouso, a asimilación do fracaso dos grandes mitos (“un exército que durme”) ou a aparición da marxinalidade underground (“asistentas”).\nCómpre indicar que a diferenciación entre posmodernismo e vangarda é un feito a posteriori e realizado pola crítica, pois neste momento as discusións dentro do campo literario eran entre o discurso de vangarda e mais a literatura comprometida. Por máis que a finais dos setenta, cando no eido comunista se dan os primeiros pasos na introdución da cultura pop (Huyssen, 2002), tamén agroman os mesmos pasos na literatura de subalternidade ou resistencia no campo literario galego. No noso caso, Rompente simboliza a aposta pola renovación da vangarda, se quixeren neovangarda, e que dende a nosa contemporaneidade consideramos mesmo posmoderna. Apenas con seguir un dos cadros base para comprender o posmodernismo en oposición coa vangarda, isto é, o elaborado por Hassan (1982: 275) batemos con elementos esenciais na obra de Rompente, como a preferencia pola ironía ou escarnio dun modernismo simbolista, cun culto pola forma, con xerarquías simbólicas, sintético, metafórico, transcendental e cunha ampla carga de códigos mestres. Con isto quero facer fincapé na elaboración dun tipo de proposta literaria que se comeza a acometer dun xeito paralelo á que anos despois se consideraría culturalista. Mais non se debe entender que funciona o modelo de Rompente como unha crítica desta nova forma de entender a literatura; é unha ruta que se posiciona e formula como un subcampo de produción restrinxida, caracterizado por nosoutros dentro dunha liña posmoderna.\nAsí chegamos a unha formulación do proletariado dende a cultura subalterna. En Inglaterra os Sex Pistols e mais os Joy Division constituíron unha nova forma de entender a poesía dende a música coa creación do pospunk e deste bebe Rompente ao compor un tipo de poesía que ironiza até sobre un estamento como o proletariado, mais cunha carga galega no que respecta á compoñente retranqueira, que tamén está nas letras inglesas dos “No future”. Trátase dun berro por parte dunha mocidade que quere vivir e crear a súa arte dende o seu tempo e os seus intereses. Logo a proposta por un tipo de léxico e referencias sobre o cotián son algo propio do discurso pospunk e posmoderno de Rompente.\nUnha ironía que tamén se debe comprender dende un posicionamento intertextual, non só no xenérico, senón que tamén dentro do campo literario e máis en concreto co canon. Atopamos abondos exemplos, é máis, o poema sería unha sorte de ironía sobre a poesía galega canonizada. Hai unha crítica da literatura folclórica, de veta relixiosapanteísta e que afonda na saudade piñeirista. Isto vese na descrición dunha sorte de locus amoenus :\nNon; senón da choiva que vai caíndo, das ruas desertas -arriba/abaixopercorridas polo nubeiro cando o día bocexa. Da miña cidade en calma, toda de pedra. Das beatas, mentras rezan a novena nunha eirexa.\nEste horizonte de expectativas do lector/a que coñece Rompente é un xoguete que procura a mofa dun tipo de poesía que se sitúa dentro do canon. Con isto referímonos ao elemento relixioso en atención a Aquilino Iglesia Alvariño, a choiva que remite a Xosé Mª Díaz Castro ou a cidade “toda de pedra” de Celso Emilio Ferreiro, membro da escola socialrealista. Elabórase deste xeito un discurso que, a través da crítica, postula o seu repertorio posmoderno.\nConclusión\nAsistimos con estes catro textos á paratradución dun sector social que padeceu profundos cambios no devalar histórico da nación galega. Aínda que a década dos setenta comeza cunha conflitividade abafante no Estado español, avanzados os anos e a transición democrática consolídase como unha fuxida cara a diante, non muda nada. Silver (1988: 75) considera este período apuntando que: “aunque las formas hayan cambiado, hay mucho que todavía permanece igual. En pocas palabras, una transición no es una ruptura con el pasado, sino una continuidad”.\nCon esta análise procuramos avanzar algunhas notas arredor da confección dunha nova liña ideolóxica que seguiron os poetas nesta época de transición política e cultural. Desta forma, atopamos diferentes postulados que emanan dos textos: un proletariado que camiña cara á súa configuración como masa social a través dun troco cultural (marxismo heterodoxo cara ao posmodernismo onde a fin dos grandes discursos mitificadores chega aos puntos máis baixos), un cambio de estéticas (da militancia socialrealista cara á estética de vangarda posmoderna) e, asemade, un movemento ideolóxico que vai dende a interpretación do marxismo máis ortodoxo cara a un marxismo plural, onde se van definindo cada vez máis as críticas ao capitalismo serodio (Jameson, 1989). Mais un dos datos máis interesantes que tiramos foi o que atinxiu á maneira de ser paratraducido este sector, atendendo aos procedementos e aos seus valores e intencións dentro do campo literario. Nesta análise, encontramos unha domesticación na obra de Manuel María que se opón á intensificación e asimilación que realiza Méndez Ferrín dentro do subcampo marxista. Por outra banda, batemos coa obra de Pexegueiro, o cal propón unha deconstrución e deformación do concepto para o encallar dentro do labirinto da arte. E, por último, xorde o posmodernismo de Rompente, que modula a ideoloxía nova aparecida nunha Galicia que troca de pel (novas formas de explotación do capital) mais non de mañas (a oligarquía franquista fica no poder).\nRelacionado co anterior, presentouse unha sorte de radiografía das loitas internas dentro do canon literario galego. Os repertorios teñen en conta este sector social e a súa forma de representalo tamén nos dá pistas á hora de elaborar unha cartografía da época. Así temos cando menos tres tendencias. A primeira é a continuación do socialrealismo da man de Manuel María, mantendo os postulados máis ortodoxos da teoría da literatura marxista; unha escisión desta vén da man de Méndez Ferrín. El serve de ponte entre a estética ortodoxa, en declive por mor da caída do réxime franquista, e unha nova que tería o seu apoio no discurso de vangarda e culturalista. Unha segunda vía sería a vangarda propiamente dita. Pexegueiro e Rompente (non esquezamos que o primeiro formou parte do xermolo do grupo) configuran esta liña, a pesar de que aquí os distinguimos ao falar de neovangarda en Pexegueiro fronte ao posmodernismo de Rompente. E a terceira non a tivemos en conta neste traballo, pois é a veta culturalista, que se caracteriza por non revisar de forma directa este sector social. Alberto Valverde Otero Grupo de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo\nBibliografía"} +{"summary": "Comézase facendo unha achega á tendencia na narrativa xuvenil galega na que se recrean elementos de carácter identitario. A seguir descríbense algunhas das características da serie Dragal, de Elena Gallego Abad, considerada unha novela de aprendizaxe na que corren parellas a construción da identidade individual e a descuberta da colectiva. Destácanse como elementos recorrentes a relevancia dos monumentos e lugares emblemáticos, as lendas e tradicións galegas e os símbolos empregados pola autora.", "text": "DRAGAL E A REAFIRMACIÓN DA IDENTIDADE DRAGAL Y LA REAFIRMACIÓN DE LA IDENTIDAD DRAGAL AND REAFFIRMATION OF IDENTITY\nDATA DE RECEPCIÓN: 26/06/2017\nDATA DE ACEPTACIÓN: 06/09/2017\n : identidade, narrativa xuvenil, serie, Dragal.\nResumen : Se comienza con una aproximación a la tendencia en la narrativa juvenil gallega en la que se recrean elementos de carácter identitario. A continuación se describen algunas de las características de la serie Dragal, de Elena Gallego Abad, considerada una novela de aprendizaje en la que discurren paralelas la construcción de la identidad individual y el descubrimiento de la colectiva. Se destacan como elementos recurrentes la relevancia de los monumentos y lugares emblemáticos, las leyendas y tradiciones gallegas y los símbolos empleados por la autora. Palabras llave : identidad, narrativa juvenil, serie, Dragal.\nMociñoGonzález, Isabel (2018). Dragal e a reafirmación da identidade. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 5, \"Notas\", 5571. ISSN 23867620.\nEntre o último lustro do século XX e a primeira década do século XXI a narrativa xuvenil galega experimentou un importante avance, tanto dende o punto de vista cuantitativo coma cualitativo, e diversificou as propostas temáticas e formais. O sistema editorial apostou con forza por novos creadores e puxo en marcha coleccións dirixidas a un lectorado mozo e adulto que requiría novos puntos de vista e enfoques que respondesen aos intereses do momento. Avanzouse así por un camiño que se iniciara mediada a década dos anos oitenta coa publicación de modo continuado de novelas e relatos dirixidos a este lectorado en coleccións nas que conviviron obras galegas e traducidas (Roig Rechou, 2015).\nEste pulo da narrativa xuvenil galega é froito, en boa medida, das reformas no ensino, primeiro debido á aprobación da Lei de Normalización Lingüística 1, que colocou a lingua propia na institución escolar e puxou por unha literatura de noso, e despois á Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) 2, que ampliou a idade de escolarización ata os dezaseis anos e creou a necesidade de ofrecer lecturas literarias adecuadas a estas bandas de idade que seguían dentro do sistema escolar obrigatorio (Roig Rechou, 2005, 2008, 2015). Estas obras narrativas contribuíron a manter e desenvolver hábitos lectores a través de creacións adaptadas aos intereses e coñecementos da realidade propios da idade xuvenil (García Padrino, 1998: 101110).\n1. A identidade como tema\nCabe destacar entre as tendencias que marcaron o avance da narrativa xuvenil galega dende o seu inicio a recorrencia a elementos de carácter identitario, tanto dende a perspectiva individual coma de pertenza a unha colectividade. Unha reivindicación que se viña dando na literatura infantil dende as décadas dos anos sesenta e setenta (Roig e outros, 2009; Mociño, 2011;\nAgrelo, Mociño e Roig, 2012) e que, mediada a década dos oitenta, ten a súa mellor expresión nalgunhas das novelas que iniciaron vías logo transitadas con éxito por creadores que se incorporaron á literatura xuvenil xa comezado o século XXI. Entre as novelas pioneiras cabe citar Arnoia, Arnoia (Xerais, 1985), de Xosé Luís Méndez\nFerrín, e O segredo da pedra figueira (Tintimán, 1985), de María Xosé Queizán, así como os relatos de Irmán rei Artur (Xerais, 1987), de Carlos G. Reigosa. Tres exemplos da aposta clara de autores\nda literatura institucionalizada por achegar propostas creativas novidosas (e tamén o seu prestixio) a un sistema emerxente e a un lectorado mozo que, por primeira vez, se podería sentir identificado cuns heroes/heroínas netamente galegos/as 3. Nestas obras sitúanse, ao igual que na literatura de adultos da que proveñen, en paradigmas que buscan fixar novos modelos identitarios nacionais a través da recreación de mundos míticos, aínda que presentan grandes diferenzas entre elas nos tipos de protagonismo e de aproximación á temática (Roig Rechou, 2015). Estas obras pioneiras, así como as que as imitaron en décadas posteriores, salientan polo marcado carácter épico, a recreación dunha Galicia mítica e dun universo lendario, que ten como punto de partida un material ancestral reivindicado como válido para un proceso de transformación social e colectiva no que mozas e mozos están chamados a participar. Tamén son novelas de iniciación nas que a construción da identidade individual, elemento chave da narrativa xuvenil, evoluciona asociada á descuberta da colectiva, de modo que a ficción literaria incide na toma de consciencia a través de elementos afectivos que impulsan cara a un compromiso activo coa terra e a historia galegas 4. Este fenómeno deuse na narrativa xuvenil do mesmo modo que xa ocorrera algún tempo atrás na literatura institucionalizada pois, tal como sinala Antón Figueroa (2001), recorreuse a paradigmas identitarios cos que consolidar novas estruturas de poder e valores colectivos e fíxose desprazando as tramas das ficcións cara a ámbitos representativos separados do presente e mitificadores de espazos e tempos distantes. De aí que se reconstrúa un pasado mitificado no que en moitas ocasións se potencian elementos identitarios propios, que á vez queren ser pezas universais.\nTodo isto pódese rastrexar nun interesante conxunto de obras xuvenís que inciden na toma de consciencia da identidade colectiva (Mociño, 2015b: 118133) porque, como sinala Itamar EvenZohar (1993: 444), por medio da literatura o sistema cultural conta cun repertorio de modelos semióticos a través dos que “o mundo” se explica cun conxunto de narracións que transmiten sentimentos de solidariedade, pertenza e, sobre todo, de submisión a leis e decretos que non poden ser impostos só coa forza física. Salientamos de entre os elementos ficcionais máis recorrentes para a reafirmación dunha cultura diferenciada a conservación e/ou recuperación da lingua propia, as referencias e orgullo de monumentos históricoculturais, o folclore, os mitos e lendas, a forma de vida en xeral con características específicas, así como lugares e paisaxes características, símbolos representativos etc. (Thiesse, 1999: 133158; Figueroa, 2001: 83). Con eles tense reivindicado o feito diferencial da cultura galega fronte, fundamentalmente, á castelá, que durante séculos ostentou unha posición dominante. Conscientes disto, os autores recrearon nas súas ficcións un conxunto de elementos sociosemióticos coa finalidade de xustificar, sancionar ou fundamentar a existencia, o interese e a pertinencia desa cultura de noso (EvenZohar, 1994: 369). Tendo en conta todo o anterior, consideramos de interese achegarnos á serie Dragal, de Elena Gallego Abad (Teruel, 1969), na que resultan reveladores algúns dos mecanismos aos que recorre a autora ao redor da construción da identidade do protagonista, Hadrián, así como da descuberta do legado familiar, cultural e social no que se desenvolve. Dragal é un exemplo da chamada novela de aprendizaxe ou de formación (bildungsroman), na que salienta o recurso a unha boa dose de suspense, aventuras, misterio, fantasía e mesmo trazos propios da novela policial ou de detectives, polo que o ritmo trepidante das vivencias dos protagonistas son moi do gusto do lectorado mozo. Amais en cada unha das entregas recréanse problemáticas moi de actualidade, coas que os potenciais destinatarios se poden sentir identificados, como os conflitos interxeracionais, as novas tecnoloxías, o acoso escolar, os embarazos non desexados... Elementos que contribúen tamén a unha reflexión sobre a necesidade de adoptar posturas activas e de recoñecemento das características diferenciais da cultura propia e dos valores que se instauraron na sociedade galega democrática, cuestionados nalgúns casos pola globalización.\n2. A saga do dragón galego\nDragal é unha serie composta, ata o momento, por catro entregas. A primeira, A herdanza do dragón, foi finalista do Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2010, recoñecementos que animaron a autora a continuar escribindo e editando A metamorfose do dragón (2011), A fraternidade do dragón (2012) e A estirpe do dragón (2015). Todas foron publicadas por Edicións Xerais de Galicia na colección “Fóra de xogo”. Con estas obras Elena Gallego sitúase na liña daqueles autores novos, os chamados por Roig e outras (2015) “Xeración dos 90” e “Xeración Google” que, dende inicios do século XXI, apostaron polas series literarias na narrativa xuvenil galega 5, seguindo a liña marcada por fenómenos editoriais mediáticos e de tradución (Cid, 2006; Mociño, 2015a), nos que a narrativa seriada ten unha especial incidencia. Esta estratexia editorial non é nova nin se pode atribuír á cultura actual, tal como sinala Victoria Sotomayor (2001: 42), senón que ten moito que ver coa natureza mesma da literatura e se atopa en todas as épocas dunha ou doutra forma, aínda que na narrativa xuvenil galega non se tiña producido con anterioridade, nin co impacto que conseguiu Gallego coa súa serie. É de salientar neste sentido a ampla aceptación por parte do público e da crítica, o que contribuíu a que se teña traducido a diferentes linguas 6, a que se reedite con asiduidade 7 e mesmo sexa a base dun ambicioso proxecto crossmedia da compañía Ficción Producciones no que se inclúe un cómic interactivo, videoxogos e cinema 8. Tamén é de sinalar que deu lugar a un programa multidisciplinar de dinamización multimedia, o “Proxecto Dragal”, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística 9. A trama xira ao redor dunha profecía sobre a reencarnación do último dragón galego. O elixido é Hadrián, un mozo de dezaseis anos, marcado polo seu propio nome (“cazador de serpes”), polos vestixios que tiveron lugar o día do seu nacemento e, sobre todo, pola morte de seu pai, a única persoa que o iniciou no coñecemento das lendas sobre dragóns e do que herda un\nenigmático medallón.\nHadrián comeza a padecer unha serie de mutacións logo do contacto cos restos do dragón sepultado na cripta da igrexa de San Pedro, o templo románico que está a carón do seu instituto.\nAínda que todos os feitos teñen lugar no presente e na sociedade actual, as descubertas que realiza\nHadrián, coa axuda da súa compañeira Mónica, poñen de relevo a orixe desta transformación na herdanza ancestral que enlaza cun mundo antigo cargado de mitos, lendas e tradicións que configura un suxestivo e rico mosaico de referencias culturais, artísticas, históricas e fantásticas, enlazando a tradición culta e popular, reescribíndoa e actualizándoa (Gentili, 2010 e Mociño, 2012, recompilados en Roig e Mociño, 2015). De feito, está moi presente a maxia da época medieval que vai desvelando a profecía e o papel de cada un dos personaxes, en especial o protagonista, ao que terán de axudar os outros seis membros da Fraternidade do Dragón para reunir as claves da Ciencia Secreta e pechar así o círculo da vida para que se produza a reencarnación. Porén, fronte a eles están os inimigos da memoria, os que pensan que o dragón é unha estirpe maldita capaz de destruír o mundo e, polo tanto, que ten de ser aniquilado. A eterna loita do ben contra o mal é o marco no que se desenvolven outras confrontacións que teñen que superar os protagonistas, sobre todo Hadrián e Mónica, dous estudantes adolescentes que teñen problemas de integración no instituto e viven momentos de grandes cambios nas súas vidas. Mónica é rexeitada por ser aplicada e unha rapaza con bos resultados académicos, aínda que de carácter retraído; Hadrián, é o novo, o que vén de chegar\nao centro despois de perder o pai nun suposto accidente e regresar á vella casa familiar coa nai, o que o obriga a mudar de cidade e de vida, fuxir cara ao descoñecido sabendo que non hai marcha atrás. Nunca é doado, pero quizais a peor das veces sexa a primeira. Queima a alma cortar as raíces e despedir os amigos coa promesa de manteres esa amizade, sabendo que probablemente non será fácil de cumprir. Ou non queiras (Gallego, 2010: 13).\nEsta situación provoca en ambos os dous mozos unha falta de apoios e integración no grupo aula que os rexeita e mesmo somete a unha violencia verbal, física e psicolóxica da que lles resulta moi difícil defenderse. Unha problemática, a do acoso escolar, que tardou en ser tratada tanto na sociedade coma na ficción e, aínda hoxe, son poucas as obras que a recrean, dándolle voz a protagonistas que sufriron dende o silencio a presión do maltrato por parte de iguais no contexto escolar. O seu tratamento ficcional vén contribuír a un distanciamento que permite unha abordaxe emocional que pode incidir na actitude tanto da(s) vítima(s) (neste caso Hadrián e Mónica), coma do(s) acosador(es) (aquí representados por Brais e Andrea) e do(s) observador(es) (o grupo clase e o persoal do instituto), nun momento tan delicado da configuración das identidades, como é a adolescencia.\nHadrián e Mónica, malia a presión á que son sometidos, viven con intensidade novas experiencias, entre elas o espertar ao amor, á vez que atopan no coñecemento e nos libros a mellor forma de aprender e de superarse, de buscar respostas e abrir novos interrogantes. Esta actitude curiosa levaraos a descubrir o legado cultural e familiar que marcará as súas vidas, de modo que, a través das súas experiencias se lle transmite ao lectorado que é fundamental acceder ás fontes de coñecemento, á cultura letrada e tamén ás novas tecnoloxías para comprender o presente e o pasado, de onde vimos e cal é o sentido da herdanza que recibimos, aínda que non sempre cheguemos a alcanzar a comprender o sentido pleno das circunstancias que nos rodean. Elena Gallego pon de relevo ao longo de toda a serie o valor dos libros na etapa xuvenil como medios que permiten, como tan ben comprendeu o bisavó mariño mercante de Hadrián, “visitar aqueloutros mundos. Porque naqueles mapas, trazados por vellos navegantes, atopou estrañas terras entre mares poboados por monstros mariños, baleas xigantes e sereas” (Gallego, 2010: 50). E de todas as descubertas que lles revelan é, sen lugar a dúbidas, o vello códice dos Segredos da alquimia o que provocará un cambio transcendental nas vidas destes mozos e nas súas identidades: coñecer a existencia de Dragal e de todo o seu universo, a pegada que deixou nos seus devanceiros e sentir os cambios que opera neles mesmos como persoas.\n3. A configuración da identidade individual vs. a reafirmación da colectiva\nEntre os elementos ficcionais empregados por Elena Gallego na serie de Dragal deterémonos nalgúns dos máis recorrentes para a reafirmación identitaria, como son: os lugares e monumentos emblemáticos, as tradicións e materiais lendarios e, por último, os símbolos asociados á herdanza recibida. Entre os monumentos e lugares emblemáticos que aparecen ao longo das diferentes entregas da novela cabe citar pola súa posición central e a forte carga simbólica a igrexa de San Pedro, ao redor da que teñen lugar os feitos máis importantes. Este templo é “unha xoia do románico medieval” (Gallego, 2010, 11), estilo artístico que chegou a Galicia a través do Camiño de Santiago e que predominou en Europa entre os séculos XI e XIII. Preséntase como símbolo da cristianización á que foron sometidos lugares sagrados de crenzas pagás. Un pasado remoto onde non había máis ca “un altar sobre un penedo, nun poboado que adoraba deuses pagáns representados por unha xigantesca serpe alada. Paseniño a fe cristiá foi substituíndo en todo o territorio os primitivos ritos celtas, mais aínda así as vellas tradicións conseguiron subsistir” (Gallego, 2010: 127128). Incídese no valor histórico desta igrexa, pero sobre todo simbólico, ao albergar múltiples elementos fundamentais na trama, dende as diferentes representacións do dragón, a cripta na que repousan os seus restos, algúns dos libros que revelan os segredos da súa orixe, a efixie da fachada de San Pedro, “unha estatua que é como o cordón umbilical do dragón co mundo” (Gallego, 2011: 32)... pegadas todas elas que se irán desvelando a medida que avanza a trama e adquiren sentido para comprender os avatares polos que pasou a construción. Asenta a súa antigüidade nos tempos en que era un monte considerado sagrado por estar aliñado coa dirección do solpor nos equinoccios, no que os antigos moradores crían que dende alí existía un camiño directo cara ao alén. Este lugar privilexiado foi elixido como o refuxio do último dragón galego, agochado nas súas catacumbas. A través da historia da igrexa de San Pedro elabórase unha síntese das mudanzas que condicionaron a evolución da sociedade occidental e faise a través dun vestixio que se foi adaptando aos tempos e ás crenzas, de modo que os máis novos sexan conscientes do legado cultural que representan construcións coma esta. Amais, é no propio templo onde se produce a pegada máis fonda do conflito que está a comprometer o feble equilibro da loita do ben contra o mal e que se plasma de modo paralelo nas propias vidas dos personaxes: un incendio, que pon ao descuberto os segredos agochados e anuncia un cambio radical, unha transición cara a outra era. O lume, símbolo de purificación, é o anuncio de que chegou o momento de dar paso a un novo ciclo porque\nos tempos do dragón son chegados... Á media noite da primeira lúa chea do equinoccio de primavera, a luz da lúa penetrará na cripta do dragón para coller a súa barca funeraria e descender ao reino dos mortos, brindando unha promesa de resurrección co abrente. Nese preciso instante o dragón deberá mergullarse no mundo de ultratumba, no que moran os espíritos, para dar continuidade ao ciclo do ouroboros e propiciar a súa completa rexeneración a través do corpo do elixido (Gallego, 2012: 101).\nUnha misión na que será preciso desvelar moitas claves do lugar, das identidades dos membros da Fraternidade, das implicacións que ten asumir o compromiso co dragón nas súas vidas e das ameazas que xorden ao seu redor, por iso é tan importante o consello que lle dá a Hadrián o\npárroco de San Pedro, don Xurxo, no que o anima a que ten que “volver á orixe de San Pedro e buscar nas túas orixes, porque os teus devanceiros deixáronche parte do camiño marcado”\n(Gallego, 2010: 110).\nEn estreita relación con este templo aparece tamén un lugar de especial significado e simbolismo: a Poza da Moura 10, espazo natural sobre o que existen lendas que falan da súa orixe e razón do nome. Moi abundantes en Galicia, xeralmente as lendas de mouras e mouros están asociadas a xacementos arqueolóxicos, monumentos relixiosos ou a reminiscencias de divindades acuáticas. Neste caso concreto, o lugar aparece descrito como un conxunto natural de tres pozas que se considera cargado de maxia, pois dúas delas son de auga fría e a outra de quente, de aí que sexa considerada popularmente como a porta ao inframundo (Gallego, 2012: 52). A relevancia do lugar vén dada por diferentes razóns: alí perdeu a vida o pai de Hadrián, acudira con el de visita uns anos antes do falecemento e, por primeira vez, faláralle da existencia do dragón; é a porta de saída da cripta de San Pedro despois do incendio que deixa atrapados a Hadrián e Mónica; nas súas augas o mozo consegue controlar a mutación que padece (a natureza humana vence a do dragón polo “lume líquido” que humaniza cada célula do seu ser, Gallego, 2012: 57) e esta Poza da Moura é o escenario da encarnizada loita da natureza de dragón coa humana, que a piques está de custarlle a vida ao rapaz.\nA relación entre ambos os lugares quedou na memoria colectiva a través das lendas que falan dos dragóns, dos sacrificios humanos, da inmolación de nenos e rapazas para manter o dragón\nfóra da aldea ou da chegada dun alquimista, un home sabio que, acompañado da súa filla moza, quixo encontrarse con este ser para conseguir o último ingrediente que lle cumpría para elaborar a fórmula maxistral que lle daría a vida eterna. Do encontro nada se soubo, só que o home apareceu semanas despois tolo e espido. Porén, a memoria colectiva artellou unha resposta e dende aquela dise que o dragón se namorou da rapaza e a ten secuestrada e cativa nunha cova baixo as augas, que mantén quentes agardando a que ela corresponda ao seu amor (Gallego, 2010: 86). Pero a Poza da Moura non é o único lugar asociado ás forzas telúricas e á maxia, tamén o Pico Sacro xorde na obra a través das referencias que se recollen del en fontes como o Códice Calixtino, no que segundo o relato do bispo Teodomiro, que data do século IX, entre os prodixios que tiveron lugar durante a viaxe dos discípulos de Santiago o Maior co seu corpo a Compostela se produciu o encontro destes co dragón que custodiaba o lugar chamado Pico Sacro, parte dos territorios da raíña Lupa, e ao que supostamente os discípulos deron morte antes de xunguir os touros que Luparia lles ofreceu para trasladar o corpo. Deste modo, establécese un estreito vínculo do dragón coa tradición xacobea e alúdese a outras fontes que fan referencia a que a Orde de Dragal en realidade é unha escisión da Orde de Santiago, producida no século XIV, ao\nabandonar a disciplina xacobea que velaba pola seguridade dos peregrinos sete cabaleiros que formaron unha sociedade secreta e que serían os devanceiros dos protagonistas da novela (Gallego, 2011: 140).\nTodos estes elementos configuran un rico mosaico de referencias culturais nas que asenta a identidade colectiva e demostra a habelencia da autora para establecer relacións entre feitos, lugares e personaxes de modo verosímil, converténdose en potenciais itinerarios de coñecemento para o lectorado mozo, como a relación da tradición xacobea e o Camiño de Santiago coa explotación das minas de mercurio en Galicia (Gallego, 2015: 177), mineral que empregaban os alquimistas para a transmutación de metais preciosos a partir do azougue (purificación do ouro e da prata); o control dos minerais, da súa explotación e circulación por parte do poder ao seren un recurso fundamental para dominar a industria armamentística (Gallego, 2015: 180) en diferentes momentos da historia; ou a relación de personaxes históricos, como Leonardo da Vinci ou Napoleón, coa alquimia e o afán por atopar a pedra filosofal.\nHistoria, lendas, mitos e crenzas contribúen a crear un suxestivo universo no que Dragal é o epicentro que o percorre de inicio a final e ante o que o potencial lectorado debería asumir que todas estas referencias lendarias son “máis antigas que os cimentos desta vella igrexa, que tiveron a súa orixe no principio dos tempos. Atoparás a Dragal na cultura anterior á dos celtas que poboaron estas terras. Seica o seu poder segue aí, agardando... ou quizais non existiu nunca” (Gallego, 2010: 108). Teña sido real ou non, o certo é que un dos elementos definidores da serie é o dragón e os seus múltiples significados, que se van recreando a medida que evoluciona a personalidade do protagonista asociada á súa dupla natureza: a humana e a de dragón, nun xogo intertextual con obras da literatura universal que teñen recreado das máis diversas formas a dualidade da natureza humana. Este ser mitolóxico universal forma parte das tradicións de todas as culturas, tamén da galega, na que existen numerosos vestixios en monumentos históricos e noutras representacións\nculturais 11. A súa desaparición explícase como o resultado da loita contra o home, que “non foi quen de dominar os seus poderes. Os dragóns foron vistos coma un perigo e, daquela, eliminados da face da terra” (Gallego, 2011: 36). Só Dragal é unha excepción, por ser resultado dun experimento alquímico, o que o converte nunha realidade coñecida só por uns poucos iniciados na Ciencia Secreta: os sete descendentes primoxénitos dos membros da Fraternidade, encargados de custodiar a esencia do dragón ao longo dos séculos. Porén para o resto de mortais os dragóns “non existen máis aló dunha pantalla de cine ou das páxinas dun cómic” (Gallego, 2010: 129). O símbolo do dragón experimenta ao longo da serie unha constante evolución, pois pasa de ser unha presenza intuída nos primeiros signos que coñece Hadrián: a efixie da fachada de San Pedro e o medallón que herda de seu pai morto, a estar presente e dominar todos os planos da realidade e da vida dos protagonistas, tal como lembra o mozo no final da segunda entrega: “O dragón comezou a facerse dono da miña vida dende o preciso momento en que regresei á vila, despois da morte de meu pai” (Gallego, 2011: 329). As primeiras manifestacións da presenza de Dragal danse a través da capacidade do mozo para escoitar as palabras do dragón, “un ser que é moito máis ca unha voz, moito máis ca unha presenza... é a suma de moitas sabedorías xuntas que buscan un xeito de canalizar as súas enerxías, de fluír emerxendo a través da materia para existir, xerando a súa propia vida” (Gallego, 2010: 127). Un proceso que se pon de relevo na mutación do rapaz en dragón, o que o leva a recoñecer que “o dragón que descubrimos na cripta non era máis ca unha enerxía poderosa vinculada aos restos momificados dun corpo destruído, que agardaba a chegada do seu tempo para reencarnarse e culminar a súa evolución” (Gallego, 2011: 265). Proceso de simbiose que produce un fondo\ncambio no mozo, quen deixa de ser el para poñerse ao servizo dunha profecía: O Hadrián que coñeciches esvaeceuse na Poza da Moura, pero entenderás que o sacrificio pagou a pena. O dragón conseguiu rexenerar as estruturas vitais deste corpo, conservando intactos a miña memoria, os meus sentimentos, a miña alma. Deste xeito demos comezo a un novo tempo para a evolución, para rectificar e acadar a perfección. Agora os dous somos un, xa non hai volta atrás (Gallego, 2011: 265).\nEsta confirmación leva parella a consciencia de que a súa vida está comprometida, de que coñecer é asumir riscos, facerse adulto é vivir a complexidade da existencia, da dificultade de manexar o control da nosa vida, tal como se lle transmite a Hadrián: “os dragóns son moi\nperigosos, porque a súa sabedoría é vella coma o mundo e están por riba de moitas das leis da natureza” (Gallego, 2010: 129). De feito, a multiplicidade de representacións responde tamén á dos significados: “Un dragón pode ser unha serpe aterradora que defende tesouros. Por este\n66 motivo os nosos devanceiros utilizárona como insignia militar, adornaron os seus escudos e as proas dos barcos. O dragón, non o esquezades, escorrenta os inimigos e representa o poder” (Gallego, 2010: 18).\nUn poder como o do medallón que Hadrián herda do seu pai, no que se representa o dragón nun baixorrelevo:\nnunha faciana, un animal con boca de crocodilo enormemente aberta, grosas patas palmeadas rematadas en poutas, un corpo cuberto de escamas, ás de morcego cubertas de plumas e tres colas de serpe [...]. No reverso, o que parecía o mesmo animal, pero máis maxestoso, amosaba unha pose serena. Neste caso o monstro estaba deitado ao coidado do que semellaba un ovo, coa boca pechada sobre as patas dianteiras. Chamoulle moito a súa ollada, de verde esmeralda que brillaba, tranquilizadora, á luz do sol (Gallego, 2010: 15).\nEste obxecto en realidade é a chave que permitirá o contacto cos restos do dragón na cripta da igrexa de San Pedro e que o identifica como o Gran Mestre da Orde de Dragal. Polo tanto, trátase dun símbolo da descuberta dunha parte da súa identidade, da natureza que se\nmetamorfosea para facer posible a profecía: “Chegará o día en que o fillo do dragón recupere o poder arrebatado ao seu pai e libere as forzas telúricas. A profecía cumprirase na entrada do terceiro milenio, cando a terra premie ao enviado outorgándolle as claves da Ciencia Secreta” (Gallego, 2010: 193), un proceso previo a conseguir a pedra filosofal, obxecto máxico de inmenso poder.\nO símbolo do dragón está tamén na marca que levan todos os primoxénitos dos membros da Fraternidade, o ouroboros, unha tatuaxe que representa un ser con cabeza de réptil, grosas patas palmeadas rematadas en poutas, un corpo cuberto de escamas, ás de morcego emplumadas e\ntres colas de serpe, símbolo dos instruídos no coñecemento hermético e que simboliza a sinatura do contrato vital polo que os cabaleiros consagran a vida do seu primoxénito a Dragal, unha marca indeleble que só se visualiza ao rematar o proceso de iniciación, cando os novos cabaleiros pasan a proba de\nfogo que acredita a súa lealdade ao dragón (Gallego, 2011: 185).\nO ouroboros é tamén símbolo do ciclo eterno das cousas, é o dragón que morde a súa cola e representa a continuidade do tempo e da vida, cuxa natureza se renova a si mesma dun xeito cíclico e constante, no que o principio e a fin están enlazados dun modo perfectamente\nConclusións\nDragal é unha relectura en clave actual da eterna loita do ben contra o mal, unha achega aos medos e inseguridades propios da adolescencia na sociedade actual, unha reflexión sobre a natureza humana, a súa dualidade e, sobre todo, a descuberta progresiva da identidade persoal, integrada nunha historia marcada polo legado cultural que configura a tradición galega, caracterizándonos como pobo e situándonos por dereito na rica tradición universal. É tamén unha suxestiva cosmogonía da tradición occidental na que se inscriben as nosas raíces, cuxas recreacións míticas desenvolven un diálogo co material lendario e mítico que é\n68 interpretado e reformulado en función dos intereses do mundo dragaliano, nalgúns aspectos moi próximo ao mundo artúrico, no que o potencial lectorado atopa unha oportunidade para a\nreflexión sobre o autocoñecemento, o proceso de maduración, a busca do noso lugar no mundo e a importancia da educación, o coñecemento e a lectura como descuberta, ademais de comprender aos que nos rodean como modo de integración e aceptación persoal.\nReferencias bibliográficas\nAGRELO, E., MOCIÑO, I. e ROIG RECHOU, B.-A. (2012). “Manuel María y la construcción de la identidad a partir de su obra infantil y juvenil”. En Rodríguez, B.e Reis da Silva, S. (Eds.). Literatura Infantil y Juvenil e Identidades / Literatura para a Infância e Juventude e Identidades (pp. 1328). Vigo / Braga: ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil / ELOS. Asociación GalegoPortuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil / Centro de Investigação em Estudos da Criança (Instituto de EducaçãoUniversidade do Minho). Consultado o 23 de xuño de 2017, http://anilij.es/#service e http://anilij.es/web2017/ CID, X. (2006). “De Harry Potter á carteira de Baíña. É Harry Potter unha obra clave de literatura infantil e xuvenil galega?”. En Luna Alonso, A. e Montero Küpper, S. (Eds.). Tradución e Política editorial de Literatura infantil e xuvenil (pp. 215222). Vigo: Universidade de Vigo.\nReflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal. Porto: Tropelias & Companhia / inED (Centro de Investigação e Inovação em Educação)- ESEIP Porto. FERREIRA DA SILVA, V. R. (2011). “ Dragal. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad”."} +{"summary": "O artigo explora algúns dos modos de intervención no campo cultural galego contemporáneo, afondando en particular nas relacións estabelecidas entre poesía e manifesto. Estas relacións materialízanse en fenómenos de imbricación e fenómenos de contigüidade. De entre toda a casuística exposta, aténdese especialmente aos casos nos que a función manifesto comparece no poema, en obras de autores como Chus Pato, Alberto Lema ou Daniel Salgado, e nas alianzas entre manifestos e poesía que vén potenciando a actividade de diversos movementos cívicos nos últimos anos.", "text": "Como desfacer as cousas coas palabras: alianzas entre a poesía e o manifesto no campo cultural galego actual\nIria Sobrino Freire\n[Recibido, xaneiro 2011; aceptado, marzo 2011]\n : campo cultural, intervención, manifesto, poesía. ABSTRACT This paper explores some of the modes of intervention within the\nO manifesto e a poesía son vellos aliados. Dende que a modernidade virou o manifesto en contestación, a palabra poética é compañeira habitual de viaxe. A metáfora do espectro percorreu non só Europa, senón o planeta todo, co Manifesto comunista. O carácter arquetípico deste texto determinou, daquela, que outros manifestos se servisen tamén da linguaxe poética na súa tarefa de transformar o mundo. Do mesmo xeito, a poesía –e, en xeral, a arte– vénse apoiando dende o simbolismo no berro manifestario para defender o seu programa.\nNos últimos tempos, estas alianzas non só se consolidaron, senón que apareceron novos fenómenos nos que se verifica a cooperación dos dous xéneros, xa sexa por imbricación ou por contigüidade. Neste artigo exploraranse algúns destes fenómenos no campo cultural galego actual, en especial aqueles que se consideran característicos do momento poéticopolítico que estamos vivindo. Antes de entrar a analizar estes aspectos, faremos unha breve introdución ao manifesto como xénero e estabeleceremos unha tipoloxía de manifestos en Galiza a partir de 1975.\nO manifesto, un xénero de intervención\nTal e como definimos noutros traballos (Sobrino Freire, 2001), entendemos por manifesto a “acción comunicativa en virtude da cal se realiza unha declaración explícita de principios co obxectivo de intervir no repertorio vixente”. Co eido político ou o cultural como ámbitos de actuación, o manifesto posúe os seguintes trazos distintivos:\n— Trátase dunha declaración de novos principios e estratexias, un programa de acción para o futuro. — Procura o poder dende unha posición enunciativa de falta de poder (cfr. Puchner, 2006: 2426). — Constitúe un desafío á autoridade. — Ten como efecto perlocucionario a creación dunha identidade colectiva (cfr. Lyon, 1999: 24).\nTipoloxía do manifesto galego a partir de 1975\nA partir de 1975 e até hoxe, coa expansión do campo cultural, os manifestos non só aumentaron en número, senón que tamén se diversificaron dende o punto de vista funcional. A seguir proponse unha posíbel tipoloxía a partir dos dous grandes bloques, os manifestos artísticoculturais e os manifestos políticos. Esta primeira división debe ser entendida como unha indicación de tendencias porque, evidentemente, en moitos casos non se pode trazar unha fronteira clara entre o cultural e o político, especialmente nos tipos que bautizamos como manifestos críticos e manifestos cívicos.\n1. Manifestos artísticoculturais: — Manifestos poetolóxicos 2. Textos programáticos de colectivos poéticos, nos que se definen os trazos distintivos da súa identidade grupal. Son manifestos poetolóxicos os de Cravo Fondo, Ronseltz ou o Batallón Literario da Costa da Morte. — Manifestos editoriais. Textos que serven para presentar ao público un proxecto de difusión cultural (editorial, revista, páxina web) e que anuncian unha axenda de actuación a medio ou longo prazo. Por exemplo, a introdución ao número 1 da revista Festa da palabra silenciada, asinada por Mª Xosé Queizán, ou o apartado “Sobre Urco Editora” na páxina web de Urco. — Manifestos críticos. Textos nos que se combate o repertorio cultural hexemónico e/ou as políticas culturais da Galiza autonómica, como en Fóra as vosas sucias mans de ManoelAntonio, do colectivo Rompente, ou n’ Un disparo contra 81\na indecência, de Júlio Béjar, Rivadulha “Corcom” e Henrique M. Rabunhal Corgo.\n2. Manifestos políticos:\n— Manifestos cívicos. Textos cos que determinadas asociacións ou grupos cidadáns expresan o seu desacordo con respecto a unha decisión política. Manifestos como os de Nunca Máis, Galiza non se vende ou Queremos Galego responden ao modelo “clásico” de manifesto cívico, en tanto que o manifesto de Galicia Bilingüe constituiría un caso de manifesto cívico de signo conservador ou “contrarreformista”. — Manifestos institucionais. Comunicados oficiais de institucións ou partidos políticos con representación parlamentaria. Exemplos deste tipo son o Manifesto da Deputación da Coruña no día 8 de maio ou Galiza ten dereito, manifesto promovido polo BNG.\nAs alianzas entre a poesía e o manifesto no campo cultural galego actual\nComo sinalabamos ao comezo, as relacións entre a poesía e o manifesto verifícanse de dous modos diferentes: por imbricación ou hibridación e por contigüidade ou paratextualidade. A continuación analizaremos os tipos e características destes fenómenos, dos que ofrecemos algúns exemplos significativos.\nFenómenos de imbricación ou hibridación\nNeste apartado incluímos dúas variantes destes fenómenos, segundo o texto se adscriba xenericamente á clase “manifesto” ou “poesía”. Estenderémonos máis na segunda variante, que consideramos un trazo salientábel da práctica poética na Galiza actual.\n—A función poética nos manifestos. Xa mencionamos máis arriba que este fenómeno nace canda o manifesto moderno. A maior ou menor poeticidade dun manifesto depende de factores como o público ao que se dirixe, o asunto que se quere denunciar e a urxencia da denuncia. Non nos deteremos moito nesta variante, xa que constitúe un dos aspectos máis estudados, en particular no que atinxe aos manifestos das vangardas históricas. Como exemplo do campo cultural galego contemporáneo pódese citar o “Manifesto mohicano” (1996). Se non se titulase “manifesto” e non ocupase o lugar do editorial na revista Luzes de Galiza probabelmente fose lido como un poema:\nA Académia (Real e Gallega) é un esquelete de elefante. O Consello da Cultura Galega un corno de rinoceronte. As vacas sagradas fuxiron ao nirvana Sete vezes sete pestes asolagaron Breogánia. Sete vezes sete pestes anúncian que virán. [...] Somos profetas do Non porque dicimos Si ao futuro. Os raios do sol elevanse na fuga. Pasan moreas de cavalos polo val. Alzaremos un canto que non cale xamais.\nREXURDIMENTO. REXURDIMENTO. REXURDIMENTO.\n—A función manifesto na poesía. Con esta formulación referímonos á dimensión performativa do poema, cando os actos de fala nel contidos están\nNa poesía de Xosé Luís Méndez Ferrín a función manifesto emerxe para crear conciencia nacional, lingüística e de clase: denunciando a usura (nun título como Contra Maquieiro), esixindo liberdade (“Reclamo a liberdade pró meu pobo”, Méndez Ferrín, 2004: 107113) ou refundando a lingua como garante desa liberdade nun acto de fala cuns efectos performativos semellantes aos dun ritual de bautismo:\nNon esquezas as verbas estirpe que son morte pró estranxeiro opresor, elas nos lavan. Sempre dirás: URCES. Repite: os carballos. (Méndez Ferrín, 1994: 147).\nEn Chus Pato atopamos esta función a miúdo asociada cunhas estruturas gramaticais que recoñecemos como propias do discurso argumentativo, próximas ao slogan publicitario e á consigna política. A tese é que o modo de produción capitalista constitúe unha ameaza de alienación para a linguaxe, para a liberdade dos falantes, para a comunidade lingüística, por canto a lingua pasa a se converter nun ben de consumo:\nPORQUE NON É SÓ O IDIOMA O QUE ESTÁ AMEAZADO SENÓN A NOSA PROPIA CAPACIDADE LINGÜÍSTICA, sexa cal sexa o idioma que falemos\n[...] A lingua é PRODUCCIÓN, de aí os intentos do CAPITAL por PRIVATIZAR a lingua, por deixarnos SEN PALABRAS [...] LINGUASERVIDUME LINGÜÍSTICA KAPITALKILLER ASASINA (Pato, 2000: 25).\nNoutros lugares a función manifesto xorde ligada a unha dicción aforística, con carácter profético, nun discurso que se presenta como virado cara ao futuro: “O poema é a política futura. / A política futura é o real. / O real son os habitantes do poema. / Os habitantes da Literatura son anónimos, un pobo futuro” (Pato, 2009: 8990).\nNo seu particular FarWest, Carlos Negro constrúe unha Galiza de película de John Ford para, a través do exotismo, desmontar ironicamente os mitos culturais herdados, en particular o celtismo:\no oeste a fisterra the last frontier o territorio colonizado polo mito terra única terra nai terra sagrada nós tamén disparamos a liberty valance nós tamén preferimos o mito á realidade (confín dos verdes castros etcétera etcétera)\nNa poesía de Daniel Salgado comparecen a miúdo slogans ou fragmentos de discursos políticos (“de pé famélicos da terra”, 2006: 34): a repetición recontextualizada cobra aquí o sentido de reactivación. A función manifesto detéctase tamén nalgúns textos metapoéticos, nos que se constrúe o poema como suxeito, como acontecemento, e se definen as súas funcións: sinalamento, deconstrución do real:\na prol dun poema culpábel: que interrogue a cidade, que proceda, que se responsabilice: sen adestrar: un poema ao ataque para se interpor entre urbanismo e exclusión: un poema coma que o pode todo: un poema periférico, isto é: onde haxa ferruxe, canellas, fábrica, camións estomballados, gatos, tapadeiras, ofensa, ignición: poema condenado a non usar cadeira: (“Ofensiva”)\nEn autores como Antón Dobao ou Alberto Lema asistimos á construción dun nós revolucionario, responsábel da futura caída do capitalismo. O ton é tamén profético:\nNon volveremos pasar medo. Así teñamos que nos desfacer dos coches, das casas e dos televisores, borralo todo. Cada posesión será fundida, a masa nutricia esculpirá figuras fundacionais do noso pensamento activo reapropiado. Non volveremos pasar fame. (Antón Dobao, en VV. AA., 2003: 133). Nós, os últimos herdeiros dos últimos vencidos, [...] veremos caer os muros de McDonald’s, 85\ncompañeiros, veremos un fungo devorar o seu chaleco antibalas, e a lenta ferruxe chantar os dentes no corazón de ferro de occidente [...] E esta vez non podemos perder:\nseremos o cancro na pel do cancro. (Lema, 2007: 60).\nPor último, no caso de Raida Rodríguez Mosquera emprégase explicitamente a palabra “manifesto”, nas últimas liñas do seu libro Máquina de guerra. O nós que aquí aparece declárase en contra do esencialismo, a favor dunha escrita descentrada, dun poemaartefacto.\ncontra a escrita, contra as ansias de comunicar, de ocupar efectivamente un hábitat (léase nación, lingua, territorio)\nMANIFESTO: o noso será un tempomáquina ou non será, un presente erguido contra o horizonte, un idioma mutante, un poema exento de raíces\n(Rodríguez Mosquera, 2009: 81). Fenómenos de contigüidade ou paratextualidade\nCando a relación entre poesía e manifesto é de contigüidade ou paratextualidade, materialízase fundamentalmente de tres maneiras:\n—Manifestos poetolóxicos acompañados dunha escolma de poemas do grupo. Constitúe unha alianza bastante común, que atopamos entre nós, por exemplo, nos fanzines de Rompente. —Eventos poéticos nos que se dá lectura a un manifesto. Pódese tratar de manifestos que explican os obxectivos e a filosofía do evento, a modo de manifestos editoriais, como o que se leu na II Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol (2009). Un caso diferente é o do Festival da Poesía no Condado, no que se cede un espazo a diversos movementos sociais para que fagan públicos os seus manifestos.\n—Actos cívicos nos que se alían manifesto e poesía e, eventualmente, tamén manifestación. Referímonos concretamente a actos reivindicativos que contan cun recital poético entre as súas actividades: mobilizacións polos dereitos das mulleres e contra a violencia de xénero, xornadas de reivindicación política e visibilización dos colectivos LGBT, manifestacións polos dereitos civís, movementos pola defensa da lingua, protestas en contra da guerra, actos contra a destrución do territorio... Os movementos que xurdiron a raíz do afundimento do Prestige (Nunca Máis, Plataforma contra a Burla Negra) marcaron un punto de inflexión na participación dos e das poetas nos actos de protesta, pola súa adhesión masiva e o seu consecuente protagonismo social.\nÁ luz destes fenómenos, todo parece indicar que existe unha demanda de participación do poeta e da poesía no espazo público. A explicación desta demanda témola que procurar en aspectos non estritamente racionais dos movementos sociais. No seu estudo sobre a protesta moral, Jasper (1997) analizou amplamente o papel das emocións na práctica do activismo. Dende a súa perspectiva, o compoñente emocional, entendido como un construto social, está na cerna das mobilizacións e inflúe considerabelmente no seu desenvolvemento. Factores como o ethos dos protagonistas do movemento, a retórica escollida para construír os discursos e os rituais colectivos que acompañan a protesta serían, daquela, elementos indispensábeis para comprender o funcionamento, o éxito ou fracaso dun movemento.\nNo caso que nos ocupa estes factores semellan totalmente pertinentes. En relación co ethos dos actores, é certo que o feito de que Manuel Rivas, Méndez Ferrín ou Chus Pato apoien un movemento serve para lexitimar as súas reivindicacións perante un certo número de persoas, mesmo, en ocasións, perante quen está en contra dos movementos. Por outra banda, o poder da linguaxe poética como condensadora de símbolos e creadora de pathos faina especialmente atractiva para complementar retoricamente os outros discursos de protesta. E, finalmente, a dimensión comunal do recitado poético contribúe a crear un sentimento de solidariedade e de identidade cultural no grupo.\nConclusión\nA cantidade e diversidade tipolóxica de manifestos que circulan na Galiza actual pódese interpretar como síntoma de consolidación do campo cultural contemporáneo. As relacións entre o manifesto e a poesía non son exclusivas deste momento histórico e esta cultura, pero a súa análise contribúe a iluminar as sinerxias que se crean entre os eido político e poético en cada caso.\nDiversos son os modos nos que se estabelecen estas relacións, pero de entre eles só dous se poden considerar sintomáticos dun estado de cousas no campo cultural galego contemporáneo: a presenza da función manifesto na poesía e as alianzas entre manifesto e poesía arredor de determinados movementos cívicos. Estes fenómenos fannos pensar nunha tendencia á reactivación do discurso manifestario como modo de intervención no real e, ao tempo, nun novo xiro político da poesía dos últimos anos. Iria Sobrino Freire Universidade da Coruña\nBibliografía"} +{"summary": "Este artigo presenta o novo estilo de relacións (NER), modelo desenvolvido e insittuído no País Vasco co fin de xestionar axeitadamente ás persoas e o seu coñecemento e enfrontar os retos empresariais do século XXI, e estuda a xestión de conflitos nas organizacións do NER Group. Os principais resultados do traballo empírico desenvolvido para analizar as características culturais do NER, a percepción das mesmas por parte das persoas que traballan con el, amosan que a responsabilidade, o compromiso e a confianza son percibidos como elementos fundamentais para a xestión de conflitos nas organizacións, e constitúen un dos sinais de identidade do NER.", "text": "31 NOVO ESTILO DE RELACIÓNS NA SOCIEDADE DO COÑECEMENTO. A XESTIÓN DE CONFLITOS NAS ORGANIZACIÓNS DO NER GROUP NO PAÍS VASCO María ALVAREZ SAINZ *\nKepa Xabier APELLANIZ VALLE\n: xestión de conflitos, confianza, compromiso, novo estilo de relacións (NER)\n1. Introdución\nDende finais do século XX, xenaralizouse un importante debate en torno á validez, necesidade de adaptación, ou radical transformación, do modelo de Administración de Empresa co fin de facer fronte á nova realidade económica, social, tecnolóxica, cultural... xerada polos cambios constantes e trepidantes que se producen no seo da Sociedade da Información e da Comunicación.\nOs vertixinosos desenvolvementos tecnolóxicos da Cuarta Revolución Industrial durante estas primeiras décadas do século XXI permitirán avances significativos no campo da Intelixencia Artificial, robótica, a Internet das cousas…, esfumando as fronteiras entre as esferas física, dixital e biolóxica e afectando a diferentes ámbitos industriais e sociais en calquera país.\nNo derradeiro Foro Económico Mundial celebrado en Davos en xaneiro de 2016, Klaus Schwab sinalou que a Cuarta Revolución Industrial terá importantes repercusións na forma de goberno, nas persoas, e no mundo dos negocios, afectando neste último caso\nfundamentalmente a: as expectativas dos clientes, a mellora dos produtos, a innovación colaborativa e as formas de organización. Igualmente amosouse convencido de que no futuro o talento, máis que o capital, representará o factor crítico de produción (http://www.weforum.org/agenda). * María Alvarez Sainz. Email: maria.alvarezsainz@ehu.eus, Departamento de Economía Aplicada V, Facultade de Economía e Empresa. C/ Agirre Lehendakari, 83. 49015. Bilbao. Bizkaia, Universidade do País Vasco. UPV/EHU. Kepa Xabier Apellaniz Valle. Email: kepaxabier.apellaniz@ehu.eus, Departamento de Socioloxía e Traballo Social, Facultade de Economía e Empresa. C/ Agirre Lehendakari, 83. 49015. Bilbao. Bizkaia, Universidade do País Vasco. UPV/EHU\nNeste Foro tamén se presentou un estudo que calcula que a Cuarta Revolución Industrial destruirá máis de 5 millóns de postos de traballo nos 15 países máis industrializados cara o ano 2020, o que nos enfronta á desacougante pregunta xa formulada en Race Against The Machine (Brynjolfsson & McAfee, 2011): onde e como se van a crear os novos postos de traballo? A nova Sociedade da Información e a Comunicación, do Coñecemento, presenta numerosas posibilidades e inquietantes retos, aos que haberá que hacer fronte con novidosas ferramentas sociais e intelectuais.\nConsecuentemente, parece que non hai dúbida de que as organizacións empresariais deben reaccionar e axustarse ás novas necesidades, ser innovadoras, decisión que deben tomar se queren cumprir o primeiro obxectivo de toda organización, sobrevivir (Deming, 1989). Daí que se poida afirmar que se queremos situar a unha empresa como referente polos seus resultados, o elemento básico a considerar é a existencia dunha vantaxe competitiva sostible, que a diferencie dos seus competidores, que proporcione resultados económicos positivos e que non se poida copiar facilmente. É dicir, innovación radical en cultura de empresa para achegar unha determinante vantaxe competitiva á organización.\nO obxectivo deste artigo é presentar a realidade do novo estilo de relacións (NER), e analizar, como o compromiso, a responsabilidade e a confianza son elementos determinantes na xestión dos conflitos nas organizacións do NER Group. En 2016, 21 proxectos empresariais do País Vasco integran a asociación NER Group e están unidos para aplicar unha forma organizativa e de funcionamiento interno baseado no NER co obxectivo de “compartir experiencias, sinerxias e coñecementos; unificar esforzos para mellorar, para avanzar para ser máis eficientes e obter mellores resultados; e para acompañarse unhas organizacións ás outras no camiño de cambio cultural que supón o novo estilo de relacións (NER)” (Gbener elkartea, 2010, p. 13). Os proxectos empresariais do NER Group pertencen a distintos sectores de actividade, teñen diferentes tamaños e formas xurídicas e están presentes en 60 países, pero todos teñen en común guiarse polo NER e “comparten un proxecto baseado nas persoas, centrado no cliente e enfocado á eficiencia, dende os valores da transparencia, a confianza, a liberdade, a responsabilidade, a xenerosidade e a ética” (Gbener elkartea, 2010, p. 13).\nEste artigo comeza revisando a literatura máis relevante sobre xestión organizacional e cambio. Seguidamente presenta a xénesis do novo estilo de relacións (NER), ligada á traxectoria profesional de Koldo Saratxaga, líder e impulsor do proxecto. A continuación, define os fundamentos teóricos do NER relacionados coa xestión dos conflitos nas organizacións e detalla as características fundamentais do NER Group na actualidade. Finalmente, explícase a investigación empírica desenvolvida entre as persoas que traballan nas organizacións do NER Group co fin de coñecer as percepcións que teñen sobre os trazos culturais relacionados co tema de estudo e expóñense os resultados máis importantes, xunto ás implicacións teóricas dos principais resultados obtidos.\n2. Xestión empresarial na sociedade do coñecemento\nÉ evidente a necesidade de adaptar a Administración da Empresa á nova realidade social (Winslow e Bramer, 1995; Drucker, 2000; Ramos P. P., 2008; Covey, 2012; Rao e Chuán 2012; Goñi Zabala, 2012), xa que as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) provocaron cambios radicais na economía, o mercado, a estrutura das empresas, a segmentación do consumo, os valores dos consumidores, e, en última instancia, na sociedade no seu conxunto.\nhumanos, xestionados de forma axeitada e coordinada coa estratexia xeral da compañía, motivados e comprometidos co proxecto, poden ser unha importante fonte de vantaxe competitiva (Kogut e Zander 1992; Cappelli e Singh 1992; Pfeffer 1994, 1996, 1998), xa que o coñecemento dos empregados sobre produtos, procesos e clientes poden xerar capacidades difíciles de imitar. “The role of people has also changed. Leading organizations see that their employees, instead of being a replaceable commodity, is the fundamental capability behind their whole existence and success” (Wiig, K., 1997, 5). Agora ben, tamén sinalaron a necesidade dun alto nivel de compromiso e compensación por parte da empresa. “Workers will only contribute their discretionary effort to problemsolving if they believe that their individual interests are aligned with those of the company, and that the company will make a reciprocal investment in their wellbeing” (Macduffie, 1995, p. 201).\nComo indicaba Walton en 1985, é preciso pasar do modelo de orde e control xerárquico a un novo modelo baseado nun alto nivel de participación e compromiso recíproco. “…we need to open up a third approach to the study of HRM, which might be termed a workercentred or workerfriendly approach, which locates the worker at the heart of the analysis” (Guest, 2002, p. 354). É ineludible, polo tanto, a posta en marcha de innovacións organizativas e culturais (Mansfield, Schawarts e Wagnes, 1981; Pfeffer, 1996; Senge, 1999; Hamel e Breen, 2008; Rao e Chuán 2012) que produzan unha vantaxe competitiva radical, porque a radicalidade da innovación (Schumpeter, 1978; Damanpour, 1991; Rao e Chuán, 2012) provoca un importante cambio con respecto á situación orixinal e permite avanzar cara un novo modelo, un novo paradigma en Administración de Empresa que posibilite a valoración da persoa e o desenvolvemento das súas capacidades e talentos.\nDada a relación entre tecnoloxía e posto de traballo, o cambio nn pode quedar reducido a unha modificación do perfil das persoas, ten que ser un cambio moito máis amplo e transformador que incida directamente na consideración da persoa, portadora do coñecemento, e cuxo fin ha de ser potenciar o desenvolvemento integral da mesma. Hai que cambiar fundamentalmente a forma de entender o “traballo”: non é unha “cousa”, senón que é “persoa”, implica o desenvolvemento da persoa, o seu crecemento fundamental en dúas dimensións:\na) Desenvolvemento de competencias, habilidades, coñecementos, incremento de valor da persoa b) A dimensión social que corresponde fundamentalmente á disposición da persoa a “cooperar” cos outros, a contribuír participando coas súas competencias, “cooperando” para dar resposta ás necesidades tanto da propia persoa, como dos outros (García Echevarría, 2015, p. 1).\nO cambio, que pode ser percibido como oportunidade ou peligro polas persoas, debido á incerteza que entraña abandonar a zona de seguridade coñecida, comporta a aparición do conflito, e a necesidade de xestionalo axeitadamente.\n3.- Novo estilo de relacións (NER)\nA proposta organizativa que representa o NER débese a Koldo Saratxaga quen a deseña e pon en práctica entre 1991 e 2005, sendo Coordinador Xeral do Proxecto Irizar e presidente de Irizar Group. Cuando se incorpora en 1991, atopa unha organización en fonda crise económica, con importantes problemas de rendibilidade dos seus produtos e unha gran falta de implicación dos traballadores. Deseguida, a nivel organizativo interno, pon en marcha “un proxecto baseado nas persoas” (Ugarte, 2004: 129), compartido con ilusión, con visión de futuro, onde se traballa en equipos, asentado en tres piares fundamentais: a comunicación, a liberdade e a responsabilidade; onde os líderes se orientan a motivar, apoiar e recoñecer ás persoas; acuñándose o termo de “pensamentos estratéxicos compartidos”. Todo iso, leva a unha redefinición de Irizar como “Un proxecto baseado nas persoas, e procúrase o equilibrio entre as persoas de Irizar, os clientes, os colaboradores externos, a sociedade e o medio ambiente” (Ugarte, 2004, p. 33).\nA nivel comercial, Irizar experimenta un importante proceso de expansión nacional e internacional coa posta en marcha, en 1995, da primeira planta de produción en China. Posteriormente continúa a súa expansión en Marrocos (1996), Brasil (1998), México (1999), India (2001) e Sudáfrica (2004). Pásase “do abismo da quebra ao recoñecemento nacional e internacional en menos dunha década” (Etxebarria Caño, 2001, p. 77) obtendo múltiples premios e recoñecementos tanto Irizar como Koldo Saratxaga en canto líder deste proceso de transformación. The Economist, en xaneiro de 2000, define a Irizar como, probablemente, a empresa fabricante de autobuses máis eficiente do mundo. O éxito obtido esperta un amplo interese no ámbito internacional, publicando a Harvard Business School o caso “Irizar in 2005” para ser estudado polos seus alumnos (CasedesusMasanell e Mitchell, 2006). En 2005, Koldo Saratxaga abandona Irizar e ese mesmo ano crea K2K emocionando S.L. co obxectivo de acompañar ás organizacións que desexan instituír o “novo estilo de relacións” (NER) entre as persoas das organizacións, entre organizacións e entre as organizacións e a sociedade. O 2 de novembro de 2010, créase a asociación NER Group para “compartir experiencias, sinerxias e coñecementos; unir esforzos para mellorar, para avanzar para ser máis eficientes e obter mellores resultados; e para acompañarse unhas organizacións ás outras no camiño de cambio cultural que supón o novo estilo de relacións (NER)” (Gbener elkartea. Revista Hurbilean, 2010, p. 13). Cinco anos máis tarde, NER Group integra 21 proxectos empresariais cunha importante diversidade en canto aos sectores en que desenvolven a súa actividade, forma xurídica das organizacións, ubicación xeográfica (nas provincias vascas de Bizkaia e Gipuzkoa), tamaño empresarial e data de inicio da institución do novo estilo de relacións (NER) (Cadro 1 no Anexo). Todas as organizacións que forman parte do NER Group asumen a necesidade dun novo estilo de relacións e de administración na organización (Hamel e Breen, 2008; Covey, 2012) malia que son conscientes de que o proceso de cambio non vai a ser fácil (Kotter, 1997; Conger, Speritzer e Lawler, 2000; Ramos, 2008). A pesar diso están amosando, coa súa actividade diaria, que o NER é aplicable a calquera tipo de organización, independentemente da súa forma xurídica de propiedade ou de organización, porque ao estar baseado nas persoas encaixa perfectamente en calquera organización integrada por elas.\n3.1.- Fundamentos teóricos do NER\nO NER é unha innovación na forma de entender a organización a todos os niveis: persoas, relacións, administración… (Hamel e Breen, 2008; Goñi Zabala, 2012; Rao e Chúan, 2012) que posibilita a supervivencia da organización (Deming, 1989) e supón tamén unha vantaxe competitiva (Porter, 1985) ao permitir facer fronte ao modelo xerárquico tradicional, ter carácter sistémico e ser un proceso continuado no tempo (Hamel e Breen, 2008). A súa posta en marcha require un liderato transformacional onde os líderes “… motivate their followers by raising their followers’concerns from secularity and belonging to achievement and selfactualization, and by moving them beyond selfinterest to concerns for their Group, organization, or society” (Burns, 1978). Un liderato cuxos compoñentes son “… charisma or idealized influence, inspirational leadership, intellectual stimulation, and individualized consideration” (Bass, 2008). O obxectivo do NER é crear organizacións intelixentes, cunha visión compartida do futuro e co seu pensamento sistémico que permita a interrelación de todos estes elementos (Senge, 1999); polo tanto, a radicalidade desta innovación vai provocar innovacións radicais (Damanpour, 1991; Hamel e Breen, 2008; Rao e Chúan, 2012) porque xeran cambios substanciais con respecto á situación orixinal baseados na visión de futuro compartida. Innovación que o NER vai aplicar ao ámbito da cultura da organización para crear unha cultura de innovación porque “a cultura é unha consecuencia lóxica do éxito” (Rao e Chúan, 2012, p. 104) e o éxito posibilita a pervivencia e o futuro da organización xa que “o futuro orienta á innovación e a innovación constrúe o futuro” (Goñi Zabala, 2012, p. 32). Esta nova cultura da organización proposta polo NER potencia o rol das persoas (Deal e Kennedy, 1985; Kilman e cols. 1985; Frost e cols. 1985; Peters e Waterman, 1987; Schein, 1988) como elemento determinante do futuro e eficiencia da organización (Baker, 1980; Pascale e Athos, 1981; Ouchi, 1984; Martin e cols. 1983; Kilmann, Saxton e Serpa, 1985; Gordon, 1985; Martin e cols. 1983); persoas que constitúen o piar básico da organización, e en torno ás cales se definen todos os trazos culturais (Cadro 2).\nCadro 2. Características culturais do novo estilo de relacións (NER)\nAs persoas organízanse en equipos autoxestionados para desenvolver a súa actividade orientada a acadar a satisfacción do cliente; comparten un proxecto de futuro e participan conxuntamente no proceso de toma de decisións. Todo iso nunha necesaria contorna de confianza, comunicación, transparencia, compromiso, responsabilidade… características culturais que van favorecer a integración das persoas na organización.\nPara mellorar a operatividade, e en liña co proposto por Denison e Neale (1994, 2000), agrupamos as características culturais do novo estilo de relacións (NER) en catro categorías (Cadro 3), analizando, para os obxectivos deste artigo, soamente a IMPLICACIÓN, a CONSISTENCIA e a ADAPTABILIDADE (interna).\nIMPLICACIÓN: No NER Group, as persoas son a base das organizacións, e estas dotanas de poder recoñecendo a súa valía e creando equipos autoxestionados de traballo. Non se considera polo tanto axeitado utilizar a terminoloxía caduca de “recursos humanos”, “capital humano”, “activo”, “xestión de persoal” (Saratxaga, 2007; Bennis e Nanus, 2008; Covey, 2012), porque se se quere acadar un proxecto compartido é necesario que as persoas “se ilusionen, se comprometan, se consideren donas do éxito”... (Saratxaga, 2007, p. 25). Compartir proxectos e comprometerse con eles esixe un novo instrumento para a realización da actividade “a estrutura xerárquica debe dar paso ao traballo en equipo” (Saratxaga, 2007, p. 35), equipo composto por un número reducido de persoas que fixan os seus propios obxectivos para un tempo delimitado e dos cales se sinten responsables (Saratxaga, 2007; Hamel e Breen, 2008; Goñi Zabala, 2012). Este traballo en equipo posibilita a integración de persoas, clientes e provedores na organización, sendo fundamental que as persoas que traballan en equipos autoxestionados sexan conscientes da súa achega ao mesmo e aos obxectivos da organización, porque “o éxito do novo estilo de relacións require situar ao cliente no centro da organización” (Saratxaga, 2007, p. 71).\npor canto van a delimitar unha forma moi concreta e específica de entendelos, unha oportunidade para amosar na práctica os principios e trazos culturais teóricos do novo estilo de relacións. ADAPTABILIDADE INTERNA: O NER propón unha serie de valores culturais que afectan á estabilidade no traballo e reflicten unha actitude solidaria: compromiso de “non despedimentos” mediante a “recolocación voluntaria”, que supón ir a outra organización do grupo namentres dure a situación crítica na súa de orixe; repartición dos resultados, proporcional ao nivel salarial que varía segundo a forma xurídica de cada organización cun mínimo do 30% nas sociedades anónimas; redución das diferenzas salariais, non se permitindo máis de cinco niveis salariais entre as persoas; e eliminación das horas extras, xa que o compromiso co equipo posibilita a realización dunha cobertura horaria extra cando a situación así o requira. Esta responsabilidade e solidariedade interna tamén se manifesta na creación dun fondo de axuda (20.000 euros) para atender ás necesidades puntuais das persoas que se poidan atopar nunha situación económica crítica.\n4.- Xestión de conflitos\nA psicoloxía social experimentou grandes avances no estudo do conflito nas últimas sete décadas dende os comezos da disciplina, claramente influenciados polos escritos de Darwin, Marx e Freud. A teoría de xogos resultou da máxima utilidade ao poñer “…its core emphasis that the parties in conflict have interdependent interests” (Deutsch, 1990, p. 242) e a investigación sobre xustiza e conflito, a pesar da súa novidade, resulta unha urxente necesidade na actual conxuntura, xa que “Justice and conflict are intimately intertwined; the sense of injustice can give rise to conflict, and conflict can produce injustice” (Deutsch, 1990, p. 249).\nA literatura sobre o tema resaltou a importancia de centrarse na xestión do conflito máis que na súa resolución (Rahim e Bonoma, 1979; Rahim, 2002) e estableceu diferentes taxonomías sobre os estilos de xestión do mesmo, resaltando “on the whole, collaboration is a desirable state of affairs” (Kenneth, 1992, 268) tanto para individuos como organizacións.\nNo ámbito da xestión empresarial, é imprescindible resaltar as achegas de Mary Parker Follett (18681933), quen en Prophet of management: A celebration of writings from the 1920s, publicado por primeira vez en 1995, baseado nas conferencias que imparte entre 19251933, expón por primeira vez o concepto de xestión como un proceso no cal a gobernabilidade democrática é determinante a través da participación e o compromiso individual das persoas. Analiza o conflito e fala do “conflito construtivo” (1925) formulando a necesidade de entender o conflito non en clave de vitoria senón en clave de integración dos diversos intereses. Parte do principio de que o conflito é “un feito da vida” e considera que para facer que o conflito sexa producivo é necesario atopar unha solución integradora. Isto implica deixar de lado a dominación (a vitoria dun bando sobre outro) e require o compromiso (cada bando cede un pouco da súa parte para que a actividade suspendida poida continuar) para apostar de forma decidida pola integración (posibilitar que as persoas involucradas crezan en respecto mutuo e aprendan a traballar xuntas).\nCando analiza o poder e a autoridade, diferencia “poder con” e “poder sobre”, definindo o poder como a capacidade de facer que as cousas ocorran e considera que o\n“poder sobre” (poder sobre outra persoa) é un poder que é necesario reducir mediante a integración e o recoñecemento de todas as persoas. Fronte a isto, dirá que é necesario potenciar o “poder con” (poder con capacidade), un poder non coercitivo nin coactivo. Peter Drucker (2000) defínea como “profeta da xestión” dado que as súas achegas, tan descoñecidas como apaixonantes, pódense sintetizar cunha proposición xeral, no senso de que todo o mundo interesado na empresa debe ser responsable do éxito da mesma. O novo estilo de relacións (NER) integra os anteriores aspectos e considera que o conflito nas organizacións é e debe ser un elemento construtivo e diferenciador, xa que ofrece unha oportunidade para amosar, na práctica, que as formas de actuar, xestionar e resolver os conflitos tamén son diferentes nas organizacións do NER Group.\n5. Investigación empírica. Estratexia e metodoloxía\nDurante o ano 2015, levamos a cabo un estudo empírico co fin de coñecer e analizar a percepción que teñen as persoas que forman parte das organizacións de NER Group dos 14 trazos culturais (Cadro 2) que definen o novo estilo de relacións (NER). A poboación obxectivo está constituída polas 1310 persoas que forman parte das diferentes organizacións situadas en Bizkaia e Gipuzkoa (País Vasco), quedando fóra do estudo aquelas integradas en organizacións localizadas noutras zonas do Estado eu no ámbito internacional (400 persoas).\nPara a recollida de datos elabórase un cuestionario adhoc, estudándose para iso diferentes modelos de análise da cultura da organización, tales como os de García Echevarría (1990, 2007, 2014); Price e Mueller (1986); Shein (1988); Denison e Neale (1994, 2000); Cameron e Quinn (1999); Ashkanasy, Broadfoot e Falkus (2000); Kimberly e Cook (2008); Hofstede e Mikov (2010) e Covey (2012). Tamén se tiveron en consideración as importantes achegas que realizan o modelo XQ de Franklin Covey e o cuestionario denominado Denison Organizational Culture Survey de Denison e Neale (1994, 2000).\nO cuestionario finalmente deseñado para esta investigación presenta unha estrutura con catro bloques claramente diferenciados:\n(cid:0) Un primeiro bloque de preguntas no que se solicita á persoa o seu nivel de acordo 1 con afirmacións varias sobre distintos trazos culturais básicos do NER relacionados coas categorías Implicación e Consistencia. (cid:0) Un segundo grupo de preguntas no que se pide á persoa que valore 2 distintas situacións, condutas e actitudes relacionadas cos trazos culturais das categorías Misión e Adaptabilidade (interna e externa). (cid:0) Un terceiro bloque de preguntas no que se solicita á persoa que indique os 3 trazos culturais que considera máis fortes, máis febles e os que deberían potenciarse do novo estilo de relacións (NER). (cid:0) O cuarto e derradeiro bloque contén preguntas relacionadas cos datos de carácter persoal (idade, sexo, antigüidade na organización, nivel de estudos…).\nNo cuestionario tamén figura unha pregunta na que se lle pide á persoa que manifieste o seu grao de satisfacción co novo estilo de relacións (NER) na organización.\nO cuestionario valídase realizando un estudo piloto (pretest) cun grupo de 40 persoas representativas das organizacións e as súas diferentes estruturas, incorporándose as suxerencias e cambios pertinentes. 1 Escala de Likert de 5 puntos: 1 Totalmente en desacordo 2 En desacordo 3 Indiferente 4 De acordo 5 Totalmente de acordo 2 Escala de 10 puntos en que 1 é a mínima puntuación e 10 é a máxima\nO traballo de campo inicíase a principios de marzo de 2015 e finaliza na primeira semana de maio dese mesmo ano. A cumprimentación do cuestionario realízase adaptándose á realidade de cada organización: quendas de mañán, tarde e noite, conseguíndose 937 cuestionarios correctamente respondidos, o 80, 2% da poboación obxectivo, variando dunhas organizacións a outras entre o 66, 3% e o 100%.\n6.- Resultados 3\nA continuación amósanse os principais resultados do traballo empírico desenvolvido relacionados coas categorías analizadas neste artigo.\n6.1 Percepcións e valoracioóns:\nIMPLICACIÓN (Gráfico 1 no Anexo) (cid:0) Unha importante maioría (73, 7%) maniféstase de acordo ou totalmente de acordo con que as persoas son os piares básicos da organización. (cid:0) Unha maioría significativa (61, 9%) posiciónase de acordo ou totalmente de acordo con que é posible coñecer información sobre toda a organización. (cid:0) A maioría das persoas (53, 8%) consideran que a comunicación é fluída e habitual. (cid:0) Unha gran maioría (74, 3%) amósase de acordo ou totalmente de acordo con que os equipos son os piares nos que se apoia a actividade na organización. CONSISTENCIA (Gráfico 2 no Anexo) (cid:0) A maioría (58, 3%) está de acordo con que as persoas están comprometidas coa organización. (cid:0) Unha gran maioría (71, 2%) está de acordo ou totalmente de acordo con que o compromiso das persoas co equipo posibilita o funcionamento da organización. (cid:0) Unha maioría (50, 4%) considera que a aprendizaxe é un obxectivo prioritario na organización. (cid:0) Unha importante maioría (72%) considera que se persegue facer as cousas mellor cada día. (cid:0) Unha gran maioría (78, 1%) está de acordo ou totalmente de acordo con que a satisfacción do cliente é o obxectivo primordial da actividade diaria. (cid:0) Unha maioría (43, 3%) considera que perante o conflito se actúa de forma inmediata tratando de buscar a mellor solución. (cid:0) Por último, unha maioría (51, 1%) percebe que se intentan solucionar os conflitos coa integración de todos os intereses.\nADAPTABILIDADE INTERNA (Gráfico 3 no Anexo)\n(cid:0) Una maioría (62, 4%) dá a puntuación máxima á predisposición para facer traballo extra cando a situación o require.\ndun conxunto de ítems que se espera que midan a mesma dimensión teórica. Segundo sinalan\nGeorge e Mallery (2003, 231) cando o coeficiente é superior a 0.9 pódese considerar excelente.\n40 (cid:0) Unha maioría (52, 8%) dá a puntuación máxima á redución das diferenzas salariais. (cid:0) Unha significativa maioría (64, 7%) outorga a puntuación máxima á repartición proporcional da porcentaxe de beneficio acordada. (cid:0) Unha importante maioría (73, 9%) dá unha puntuación máxima á seguridade que ofrece a organización fronte a posibles situacións de crise.\nCalculados os principais parámetros das puntuacións outorgadas obsérvase (Táboa 1 no\nAnexo) que: (cid:0) Todas as medias son superiores a 6. (cid:0) A media máis alta (7, 4) desta categoría, e de todo o estudo realizado, corresponde á seguridade que ofrece a organización fronte a posibles situacións de crise e presenta o menor coeficiente de variación, o que indica unha importante grande homoxeneidade de respostas entre as diferentes organizacións.\n6.2 Análise relacional\nRealizadas as correspondentes probas de independencia entre as percepcións dos trazos culturais relacionados coas categorías Implicación, Consistencia e Adaptabilidade e as variables sociodemográficas consideradas, sexo, idade, posto de traballo, estudos realizados e antigüidade, pódese afirmar que non existe relación entre elas. Só se detectou relación de dependencia, con confianza do 99, 9%, entre a percepción, e consecuente valoración, das características da Adaptabilidade e o sexo e os estudos realizados, pero estas asociacións non son moi fortes (coeficientes de continxencia entre 0, 171 e 0, 331). Porén, obsérvase que as mulleres, as persoas máis novas, as que teñen estudos de licenciatura/grao, as que traballan na oficina e as que teñen unha menor antigüidade son as que teñen mellores percepcións dos trazos culturais das categorías Implicación e Consistencia e outorgan unha valoración máis elevada aos trazos culturais analizados da categoría Adaptabilidade.\n6.3 Análise de Compoñentes Principais Categóricos (CATPCA)\nObservada a existencia de relación de dependencia, cunha confianza del 99, 9%, entre a percepción/valoración das características da Adaptabilidade e o sexo e os estudos realizados, desenvolveuse unha Análise de Compoñentes Principais Categóricos (CATPCA) 4, o cal permite representar conxuntamente as valoracións outorgadas ás preguntas do cuestionario correspondentes ás diferentes categorías estudadas, e as variables sociodemográficas consideradas (Gráfico 4 en Anexo). A primeira dimensión explica o 64, 68% da varianza total e distingue aqueles con maior nivel de estudos e unha mellor percepción e valoración dos trazos culturais do NER relacionados coa categoría Adaptabilidade, e os que teñen peores percepcións e outorgan valoracións inferiores, que son as persoas con menor formación académica.\n7. Conclusións\nOs resultados do estudo empírico permiten concluír que o grao de IMPLICACIÓN das persoas das organizacións de NER Group é moi importante e que valoran favorablemente as características culturais do NER relacionadas con esta categoría. A gran maioría considera que as persoas son os piares básicos da organización, e están comprometidas con ela; se senten valoradas e consideradas na organización, o cal reforza o principio básico do NER (Saratxaga, 2007). Igualmente, consideran que os equipos 4 Método de graduación óptima, técnica non linear de Análise Multivariante, que permite reducir a dimensionalidade dun conxunto de variables que non estean en escala métrica.\nautoxestionados son os piares da actividade e que mediante o compromiso co equipo posibilítase o funcionamento da organización, puidendo concluírse que os equipos son percibidos como os instrumentos básicos para o desenvolvemento da actividade diaria e, asemade, como depositarios do compromiso das persoas para garantir o funcionamento da organización. As persoas alíñanse nos equipos para dar o mellor de sí e orientarse cara a consecución dos obectivos tanto destes equipos como da organización (Senge, 1999). Tamén manifiestan que a información e a comunicación son fluídas e habituais, sendo posible coñecer datos sobre toda a organización. Con respecto á CONSISTENCIA, as persoas de NER Group perceben que as cousas se tratan de facer mellor cada día; que a aprendizaxe é un obxectivo prioritario e que a capacidade e o nivel de compromiso das persoas son a base da participación na organización. Isto pon de manifesto a responsabilidade e compromiso das persoas coas organizacións, comportamento sumamente importante xa que as organizacións que aprenden o fan porque comparten coñecementos e experiencias, e cando este proceso de aprendizaxe se realiza en equipo a aprendizaxe da organización é maior e máis rápida (Senge, 1999). É de destacar que o trazo cultural sobre o que non hai apenas discrepancias senón consenso total da gran maioría das persoas nas distintas organizacións do NER Group é a percepción de que a satisfacción do cliente é o obxectivo primordial da actividade diaria, con case oito persoas de cada dez apoiando esta afirmación. É dicir, as persoas alíñanse nos equipos para satisfacer aos clientes como obxectivo prioritario, conscientes de que mediante o mesmo acádase a eficiencia e garantízase a pervivencia da organización.\nEn relación coa confianza e a xestión dos conflitos, as persoas do NER Group consideran que se xestionan tratando de integrar todos os intereses existentes na organización e que cando xorde o conflito, actúase de forma inmediata para tratar de buscar a mellor solución para todas as persoas. Nas organizacións do NER Group, o conflito non se contempla como unha ameaza senón como unha oportunidade de aprender e crecer e a xestión do conflito non se entende en clave de vitoria senón en clave de integración de intereses (Mary Parker Follett, 1995). O conflito ten así carácter construtivo xa que a través do mesmo e a súa resolución créase algo novo, procúrase a mellor solución posible. Esta característica cultural do novo estilo de relacións (NER) enlaza co exposto a principios do século XX pola gran profeta da xestión Mary Parker Follett (1925) quen amosou moita máis sensibilidade cara a realidade das relacións na industria que, por exemplo, o seu contemporáneo Elton Mayo.\nA valoración que outorgan as persoas do NER Group ás características culturais da categoría ADAPTABILIDADE é moi positiva e favorece a percepción e xestión do conflito, xa que unha maior igualdade en salarios, na repartición dos beneficios, a seguridade de non despedimentos… fomentan e fortalecen a identificación e integración das persoas na organización, puidéndose afirmar que potencian e garanten a IMPLICACIÓN das persoas e dan CONSISTENCIA ao sistema de valores e trazos culturais característicos destas organizacións. Dado que o novo estilo de relacións (NER) baséase nas persoas, a posible aparición de conflitos nas relacións interpersoais é moito máis elevada que noutros modelos de xestión. Potenciais conflitos que non son entre as persoas e as organizacións senón entre as propias persoas que traballan en equipo nas organizacións. É por isto que a forma de recoñecer e xestionar os conflitos é un aspecto que forma parte do ADN destas organizacións, que máis aló de supoñer un problema, representa unha oportunidade de amosar na práctica unha forma diferente de desenvolver as relacións entre as persoas e de facer fronte aos diferentes conflitos que poidan xurdir. As persoas do NER Group manifestan estar comprometidas, ser responsables, sentirse confiadas e consideradas polas organizacións, todo o cal garantiza con alta probabilidade que o uso desta cooperación e compromiso sexan instrumentos útiles para a resolución de todo tipo de problemas nas organizacións."} +{"summary": "Na actualidade, aínda se fai difícil concretar o alcance do termo literatura fantástica. Por outra banda, o mesmo apelativo fai referencia a obras moi diferenciadas no caso da literatura para adultos e no da literatura para os máis novos. A presencia do fantástico neste último grupo ten unha orixe distinta, e significa para os seus receptores a posibilidade de entrar en contacto con lecturas que reflicten a súa forma de entender o mundo. No presente traballo argumentarase a necesidade e validez do fantástico na Literatura Infantil e Xuvenil ao mesmo tempo que se determinarán as formas que adopta o xénero ao que fai referencia.", "text": "ELOS. REVISTA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL / ISSN 2386 -7620 / n.º 3 / 2016 / pp. 3345 García Pedreira, Rocío (2016).\nDATA DE RECEPCIÓN: 14/01/2016\n33 CARACTERIZACIÓN DO XÉNERO FANTÁSTICO PROPIO DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL CARACTERIZACIÓN DEL GÉNERO FANTÁSTICO PROPIO DE LA LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL CHARACTERIZATION OF THE FANTASY GENRE OF Children and Young Adults Literature\nDATA DE ACEPTACIÓN: 11/05/2016\n : xénero literario, Literatura Infantil e Xuvenil, literatura fantástica.\nResumen: En la actualidad, aún se hace difícil concretar el alcance del término literatura fantástica. Por otra banda, el mismo apelativo hace referencia a obras muy diferenciadas en el caso de la literatura para adultos y en el\nKeywords: literary genres, Children and Young Adults Literature, fantastic literature.\n“Caracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil”. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 3, \"Artigos\", 3345. ISSN 2386 -7620. DOI http://dx.doi.org/10.15304/elos.3.3023\nIntrodución\nDe botar unha ollada ao cómputo total de estudos que versan especificamente sobre o xénero fantástico 1 na Literatura Infantil e Xuvenil (a partir de agora LIX), faise patente a falta de referentes que permitan concretar un acordo común en canto a que fai referencia o termo.\nEn moitos casos, cando se fala sobre unha obra infantil ou xuvenil na cal aparece o fantástico, faise referencia á determinación do xénero que fixo o teórico literario Tzvetan Todorov (2001) a partir do estudo de obras dirixidas ao público adulto. Non obstante, as diferencias psicoevolutivas dos estadios diferenciados que constitúen a infancia e a adolescencia fan que esa definición se faga insuficiente e pouco axeitada. De feito, a necesidade de proporcionar aos máis novos obras literarias que teñan en conta a súa maneira de entender e procesar o mundo é un dos aspectos motivadores do presente estudo.\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil\nO primeiro grupo inclúe obras que na súa maioría xiran arredor dun personaxe ou mundo fantástico. Estaban pensadas para o entretemento da sociedade, sen ningún tipo de condicionante didáctico. O éxito destes relatos, unido á necesidade de textos de lectura para o crecente alumnado que propiciou a progresiva escolarización social do século XIX, supuxo o inicio da presenza da LIX na escola. Non obstante, foron moitos os detractores que contemplaron estas historias como a expresión dunha sociedade arcaica e periclitada. De feito, na primeira metade deste mesmo século, as historias realistas con protagonistas de curta idade medraron en relevancia e difusión por mor de que os libros didácticos, que constituían a maioría da literatura para nenos e xoves, proscribían a fantasía. Grazas á psicanálise reivindicouse o beneficio psicolóxico que os contos populares supoñen para a infancia e a súa consideración como un legado literario idóneo para a formación da personalidade de nenos e nenas (Colomer, 2010). Na actualidade pódense atopar reminiscencias destas posicións enfrontadas, aínda que en liñas xerais se avoga por reflexionar sobre a mellor maneira de utilizar a forte conexión que o público infantil establece con estes relatos para a desactivación dos estereotipos que a súa ideoloxía oculta, pero preservando os valores literarios dos mesmos. A LIX de corte fantástico segue loitando por establecerse como unha alternativa para o tratamento da multitude de temáticas actuais que, desde mediados do século pasado, protagonizan os libros dirixidos a este público. Moitos temas que nunca antes foran tratados nas obras destinadas aos máis novos fanse agora necesarios, posto que este lectorado coñece e vive de xeito directo ou indirecto as súas consecuencias, e precisan de recursos para poder afrontalos. A reivindicación da fantasía formou parte esencial dos novos supostos educativos da man de moitos autores coa convicción do seu poder educativo, “puesto que ésta no es concebida como una vía escapista o un entretenimiento vacío, sino como una nueva forma de interrogar, de ‘amasar’, dice el autor, la realidad” (referencia a Albanell en Colomer, 2010: 145). Ao longo do presente traballo reflexionarase sobre a necesidade da fantasía na LIX, para posteriormente realizar a caracterización dun xénero fantástico propio destas obras e exemplificalo con clásicos pertencentes a este sistema literario.\nPor que literatura fantástica?\nLa fantasía cumple una función imprescindible en nuestras vidas, no sólo porque sirve como válvula de escape a la realidad existencial, sino también porque es la fuerza impulsora que permite rectificar la realidad insatisfactoria y realizar los deseos inconclusos por medio de los ensueños (Montoya, 2001).\nFacer referencia ao fantástico non significa esquecer a realidade para vivir unha aventura “irreal” lonxe de todo o coñecido sen ningún tipo de repercusión posterior. De feito, “¿lo irreal de lo fantástico, es en verdad un irreal? ¿Lo fantástico, nos conmovería?; la obra fantástica, ¿encontraría lectores si éstos no reunieran las aspiraciones, las necesidades, las experiencias que también llevamos en nosotros en diverso grado, oscuras y semiignoradas quizá, pero muy reales, sin embargo?” (Held, 1985: 18). Trátase dunha forma diferente de entender a realidade, da cal se distancia o lector de xeito momentáneo para vivir unha experiencia da que volverá cunha visión renovada, posto que “una historia fantástica no nos interesaría para nada si no nos enseñara algo sobre la vida de los pueblos y los seres, aunando así nuestras preocupaciones y nuestros problemas” (Held, 1985: 22). Por outra parte, “la fantasía es una condición fundamental del desarrollo normal de la personalidad del niño, le es orgánicamente inherente y necesaria para que se expresen libremente sus posibilidades creadoras” (Montoya, 2001). Estudos do campo da psicoloxía demostran que o contacto coa fantasía durante a infancia é unha das condicións fundamentais para a asimilación da experiencia social e dos coñecementos. Na seguinte táboa pódese apreciar como as fases do desenvolvemento infantil ata a adolescencia que establece a Psicoloxía Evolutiva se relacionan coa evolución da capacidade lectora segundo a idade dos máis novos, as preferencias literarias de cada grupo e os estadios evolutivos establecidos por Jean Piaget (1991). É importante recalcar que se trata dun proceso evolutivo de adquisición de novos hábitos, intereses ou visións, pero que en ningún momento nega os seus predecesores. A evolución do pensamento infantil invita a ampliar a visión inicial do mundo, unicamente entendido a través da fantasía, cara a outras formas de relación que se ven identificadas cunha percepción máis realista e que conviven coa primeira. Caer no erro de crer que ser adulto supón a negación da infancia en lugar dunha evolución natural da mesma non é máis que outra\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil forma de ocultar a propia incomprensión do que supón a madurez. “Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran)”, afirmaba Antoine de SaintExupéry na dedicatoria d’ O Principiño (2006). Por tanto, a fantasía, que conta cun papel fundamental durante a infancia, pode e debe ter a súa continuidade na adolescencia e na vida adulta, pero deixando a porta aberta, por suposto, a outro tipo de manifestacións, e proporcionándolle ás obras fantásticas outros significados axeitados á propia evolución psicolóxica do suxeito, “porque ni la realidad debe\nimponerse a la fantasía, ni la fantasía neutralizar a la realidad” (Suárez, 2007: 40).\nartístico Realismo e fantasía\nComo refire Montoya (2001), os psicólogos dividiron a evolución da fantasía en etapas por mor da importancia da imaxinación nos máis novos. O mesmo autor establece un primeiro período que consiste no paso da imaxinación pasiva á imaxinación activa e creadora; o segundo, coñecido baixo o termo de “animismo”, fai referencia ao momento no cal o neno atribúe conciencia e vontade aos elementos inorgánicos e aos fenómenos da natureza. Por último, a terceira etapa caracterízase pola capacidade de imaxinar personaxes sobrenaturais cuxas aventuras os seducen e suxestionan. A reivindicación da presenza do fantástico na LIX susténtase tendo en conta a realidade que está vivindo a propia infancia e xuventude na actualidade. Moitos estudos falan da desaparición da infancia como consecuencia das transformacións sufridas desde finais do século XX. Neil Postman (1994) dedicou boa parte do seu traballo intelectual a estudar sobre como a tecnoloxía transforma a sociedade. A pesar de que son indubidables os avances que as novas tecnoloxías supoñen en moitos campos, parecen establecerse como un perigoso aliado para os máis novos, especialmente ao facer referencia ao caso específico da televisión, posto que o feito de que “muestre indiscriminadamente cualquier tipo de información, hace que la diferencia entre niños y adultos se borre; todos, indistintamente de su edad, acceden a la información que la televisión ofrece” (Cortés, 2011: 70); un aspecto que se torna aínda máis perigoso de ter en conta a inexistencia de ningún tipo de mediador específico neste contexto. E non se está a falar dunha cuestión meramente cognitiva, posto que ten consecuencias sobre os parámetros que os máis novos utilizan para actuar. A infancia “possui uma especificidade que precisa ser percebida, observada e considerada, pois conserva em si as possibilidades da vida adulta, da subjetividade humana”, recuperando así unha visión crítica da mesma (García de Lima, 2008: 47). Os adultos, no afán por criar os nenos e xoves da forma que estiman máis conveniente, rematan moldeándoos como adultos en miniatura, véndoos unicamente polo que poden chegar a ser, no lugar do que xa son (Láquesis, 2013). En efecto, o reto que se lle propón á LIX é maiúsculo. Aínda máis de ter en conta que, ante todo, é literatura, e de ningún xeito o valor didáctico debe ter máis relevancia que o literario. O seu maior desafío reside en “existir dentro de normas con una requisitoria de valores de contenido (pedagógicos, éticos, psicológicos) al valor axial: lo estético y, desde este punto de vista, hemos de afirmar que la literatura infantil pertenece al ámbito del arte de la producción literaria” (Rubio, 1999: 29).\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil\nO xénero fantástico e o xénero marabilloso\nO xénero fantástico propio da LIX\nA pesar de que en certas ocasións o xénero fantástico se traduce na intrusión de un ou varios elementos extraordinarios nun mundo común, en LIX fálase, en xeral, da presenza dun “mundo secundario” poboado por seres da mitoloxía ou da imaxinación que se rexen por outras leis temporais que gardan, inevitablemente, unha próxima relación co mundo real. A crítica distingue actualmente dous tipos de fantasía na LIX: a “fantasía doméstica” e a “alta fantasía”. Ambas as dúas comparten moitas características, pero difiren no modo en que o autor decide introducir o mundo secundario ou, no seu defecto, o elemento fantástico. Moitas delas xiran arredor dun protagonista infantil independente, afastado dalgunha maneira dos seus pais ou referentes adultos, quen limitarían as posibilidades do neno de penetrar na historia, achegando solucións demasiado pragmáticas e evitando calquera posible perigo e, con isto, o desenvolvemento da acción (Davis, 2000).\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil\nA “fantasía doméstica” comeza coa representación realista do mundo, que o lectorado infantoxuvenil recoñece e asume sen a necesidade de ningún proceso de reflexión previa. Os protagonistas (maioritariamente nenos, nenas ou xoves) viven nun ambiente posible, cunha configuración familiar concreta. “Todo comienza como en una historia ‘realista’. Estamos ante la vida trivial, cotidiana” (Held, 1985: 50). A partir deste contexto, o elemento fantástico pode introducirse de dúas formas distintas: por unha banda, pode conectar coa realidade a través da súa intrusión no mundo común, como en Mary Poppins (1934) de Pamela Lyndon Travers; no segundo caso, é o protagonista ou protagonistas os que se desprazan desde o mundo realista ata o mundo fantástico, como ocorre na colección de sete novelas de Clive Staples Lewis que se inicia con The Lion, the Witch and the Wardrobe (1950). Tórnase relevante resaltar de novo que o elemento fantástico non é permanente. Ten o seu sentido durante a ficción, posto que toda a historia xira arredor del. De igual modo que chegou á realidade ficcionada, debe abandonala. Deste xeito, ao remate da historia, o lector pode, desde unha nova perspectiva facilitada polo contacto co fantástico, adoptar novos puntos de vista ante a realidade vivencial. As obras que se encadran dentro deste primeiro grupo manteñen unha relación máis próxima co xénero fantástico referente á literatura para adultos; por outra banda, as do segundo\ngrupo implican, dado o propio procedemento de intrusión do fantástico, que o insólito domine cuantitativamente. “El elemento ‘normal’ se encontrará solo –lo que significará, por fuerza, ‘aislado’ o ‘desterrado’ si se trata de un héroe, porque podrá adaptarse muy bien y sentirse a gusto– en un mundo extraño, diferente” (Held, 1985: 52). Nas obras pertencentes á fantasía doméstica, o problema familiar será un recurso frecuente para a incorporación do elemento fantástico, mais non para evadirse, senón para obter unha nova visión da realidade. A través do vivido en contacto co elemento ou mundo fantástico, o protagonista pode enfrontarse dunha maneira máis eficaz á situación vivencial que debe afrontar ao retornar ao seu estado inicial no mundo realista, de xeito que el recurso de la fantasía se puede emplear para solucionar problemas reales de forma imaginativa, ofrecer una vía de escape, o enfrentar al niño con situaciones que requieren valor e inteligencia (…). El desplazamiento al mundo fantástico también implica cruzar una frontera social. Una vez en ese mundo, deben conocer sus leyes, luchar contra el mal, y, de este modo, aprenden sobre su propio mundo, adquiriendo así la necesaria madurez. Las novelas concluyen con la vuelta al mundo real, pero lo importante es que el personajeniño ha sufrido un cambio, ha adquirido virtudes, ha conocido la forma de actuar de los adultos, o ha tomado decisiones importantes (Davis, 2000: 93).\n42 Asumir a existencia dun elemento imposible no mundo real así como a dun mundo paralelo fantástico parece ser unha tarefa máis sinxela para os máis novos. Esta rexión fantástica é a miúdo a do animismo, a do egocentrismo infantil, percepcións psicolóxicas do mundo que os nenos e nenas están aínda empezando a abandonar ao comezo da súa nenez ou terceira infancia e, que en certa medida, os segue determinando durante toda ela. Resulta evidente que la fabulación del niño no tiene nada que ver con la mitomanía del adulto. Para el niño es normal trocar la realidad en fantasía y la fantasía en realidad; la mentira en el adulto, en cambio, es una alteración de la verdad de manera voluntaria y consciente. No obstante, desde la más remota antigüedad hasta nuestros días, muchos siguen considerando al niño como un “homúnculo” (adulto en miniatura) y siguen exigiendo de él un razonamiento lógico, a pesar de que la psicología evolutiva ha demostrado que el niño tiene un dinamismo propio que lo diferencia del adulto (Montoya, 2001).\nPor outra parte, neste mundo fantástico o tempo mantén as estratexias tradicionais da súa representación nun mundo secundario, polo que está marcado polas leis da natureza ou por un\ntempo psicolóxico que non ten por que corresponderse co do mundo real dentro da ficción. O termo “alta fantasía” fai referencia a obras onde o mundo secundario é o único representado. A miúdo son personaxes extraordinarios os que evolucionan nun universo en si mesmo extraordinario, pero isto non quere dicir que os elementos naturais, psíquicos ou sociais do mundo normal estean totalmente ausentes. “Cada niño puede encontrarse a sí mismo en el comportamiento de los personajes” (Held, 1985: 56), así como na posición que adoptan respecto ao mundo e ao Outro. A este grupo pertencerían algunhas das más recoñecidas obras de J. R. R. Tolkien como The Hobbit (1937) ou a triloxía The lord of the rings (19541955). Para este tipo de relatos fantásticos é fundamental que o lector crea no mundo que describe o narrador na mesma medida que cre no propio escritor. É dicir, non debe pararse a cuestionar os sucesos nin sorprenderse polo fantástico, posto que de igual xeito que acontece coa LIX en xeral, “el lector implícito ideal es alguien que quiere escuchar historias, ya sean reales dentro del mundo real donde vive o historias reales sobre acontecimientos posibles en un mundo paralelo” (Davis, 2000: 498). De feito, “solo cuando el narrador y el lector implícito, por la alusión de que esta historia de un mundo es verdadera, ignoran que el mundo es fantástico, puede establecerse la credibilidad de la fantasía”. Neste xénero, a relación entre escritor e lector é fundamental, e “la clave de esa relación está en la fe que tiene el lector en el narrador: la posición que toma el narrador permite al lector creer en lo que sabemos que no existe” (Davis, 2000: 499). O estilo literario é, por tanto, a clave da boa fantasía.\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil\nO mundo fantástico recreado polas obras de alta fantasía non é, en ningún caso, totalmente inventado. É necesario que posúa elementos que o lector recoñeza, ou que formen, dalgunha maneira, parte dunha tradición xa coñecida. En moitas obras que cultivan este xénero, a sociedade representada está baseada no romance medieval. “De hecho, las raíces de la alta fantasía se encuentran en la literatura medieval y antigua” (Davis, 2000: 496). Ambas as formas do xénero fantástico na LIX teñen en común que fan que o lector sexa consciente dos límites do elemento fantástico. Na fantasía doméstica presénciase a intrusión do elemento fantástico na realidade ficcional ou, doutra banda, a entrada do personaxe proveniente desa realidade representada no mundo secundario. No caso da alta fantasía, o mundo representado desde que a historia comeza é o secundario, o cal se fai explícito. Efectivamente, toda obra que presenta elementos imposibles ou unha realidade que bota man da fantasía para recrearse non pertence, necesariamente, a este xénero; é necesario que o fantástico non só apareza, senón que tamén transcenda a historia grazas ao distanciamento que establece coa propia realidade.\nA modo de conclusión\nNeste traballo deféndese a presenza necesaria do fantástico nas obras literarias dirixidas aos máis novos, posto que “razón e imaginación no se construyen una contra otra, sino más bien una por otra” (Held, 1985: 36). Non obstante, en moitos casos os adultos séntense atafegados ante a capacidade de abstracción fantástica dos máis pequenos e intentan eliminala, mais a fabulación non se volve racional suprimíndoa, senón que, polo contrario, axudando os máis novos a manexala con máis e máis finura e distanciamento. De certo, a liberdade da que se apropian os nenos grazas á imaxinación “convirtiendo un palo en caballo o una muñeca de material plástico en niña, debe encontrar su paralelo, continuidad y enriquecimiento a través de lecturas o narraciones con un alto tono imaginativo y sanamente fantasioso” (Suárez, 2007: 40). A pesar do papel fundamental que xoga a fantasía na vida dos máis pequenos e, polo tanto, as obras literarias fantásticas infantís e xuvenís, non abundan os estudos sobre o xénero fantástico que fagan referencia á literatura específica para un lectorado infantoxuvenil, de aí a aposta realizada no presente traballo.\nPor outra parte, cómpre referirse ás diversas adaptacións que as obras fantásticas están levando a cabo para axustarse ao que a sociedade lles demanda en cada momento. Na actualidade, como resposta á apertura temática á que xa se aludiu, explóranse novas formas de existencia do fantástico e reflexiónase, a través do seu tratamento, sobre a súa orixe como parte da psique humana. Sirva como exemplo que o fantástico pode poñerse en relación co mundo dos videoxogos ou da mente humana á hora de traballar temas actuais como a inclusión das novas tecnoloxías ou o control e entendemento dos sentimentos e emocións. Así mesmo, tamén se pode buscar na recreación dese mundo fantástico mostrar a problemática social actual dun xeito non mimético coa realidade para que, en lugar de que a situación conmova o lector, lle suscite a realización dunha análise e reflexión sobre o tema tratado.\nSe aínda puidera existir algunha dúbida do porqué da fantasía como tendencia principal na LIX, só basta lembrar que na ficción, a diferenza da realidade, David logra vencer a Goliat (Silveyra, 2010).\nReferencias bibliográficas\nBLÁZQUEZ ORTIGOSA, A. (2009). “Conceptos básicos de la literatura infantil”. Innovación y experiencias educativas, 17. Consultado o 10 de decembro de 2015, http://www.csicsif.es/andalucia/modules/mod_ense/revista/pdf/Numero_17/ANTONIO_BLAZQUE Z_ORTIGOSA_1.pdf COLOMER, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis. CORTÉS PALOMINO, M. (2011). “La desaparición de la infancia. Dos perspectivas teóricas”."} +{"summary": "No período 20072013 a economía de Galicia e de España experimentou unha diminución de produción e emprego seguida dunha lixeira recuperación no período 20142017. Esta recuperación é bienvida pero non é suficiente para impulsar o desenvolvemento económico, porque a produción industrial por habitante non está experimentando a necesaria converxencia cara niveis de rexións e países máis avanzados. Para impulsar o crecemento simultáneo da renda real por habitante e do nivel de emprego, Galicia e España precisan dun incremento importante da renda real producida nos sectores industriais. Neste informe destacamos o papel da industria, o turismo e o capital humano no desenvolvemento rexional. Galicia experimentou no período 19962008 un incremento importante da renda per cápita industrial, ata acadar a converxencia coa media española, pero experimentou un estancamento, como o conxunto de España, no período 20082015, lonxe dos niveis de rexións españolas e europeas de maior nivel de desenvolvemento industrial.", "text": "A ECONOMÍA DE GALICIA E ESPAÑA EN 20072017: DEZ ANOS DE CRISE E RECUPERACIÓN\n: Desenvolvemento económico rexional, Industria en Europa, Galicia, España, Crise económica, 20072017\nJEL code: F14, R1, R15, O52\n1. Introdución\nA crise financeira e económica iniciada no ano 2007 xestouse nos anos anteriores debido a diversos desequilibrios sectoriais e a problemas derivados de excesos da globalización, como consecuencia do incremento de déficits da balanza comercial en moitos países, e a outros problemas derivados da primacía do beneficio rápido como motor da actividade económica, fronte a políticas máis prudentes de desenvolvemento sostible. O desenvolvemento sostible require no caso de España impulsar o valor engadido (VEB) xerado na industria, pois ten uns niveis de VEB por habitante moi baixos neste sector e iso reduce as súas posibilidades de expansión noutros sectores. Neste informe destacamos os resultados obtidos en diversos estudos económicos realizados en Galicia e en España sobre o importante tema do desenvolvemento industrial como importante motor do desenvolvemento.\nNa sección 2 analizamos a evolución da industria e o turismo, en España e en Galicia, no período 20072016 e comparamos a situación de España e Galicia, polo que respecta ao grao de industrialización, con Alemaña, Estados Unidos e Suiza, co obxecto de poñer de manifesto a importancia da industria no desenvolvemento. Tamén incluímos unha escolma bibliográfica de artigos publicados no período 20012017 con relación á industria de Galicia, e a referencia a un modelo econométrico interrexional de 151 rexións europeas que amosan o efecto, positivo e significativo, da industria, o turismo e o nivel educativo da poboación sobre o desenvolvemento rexional. Na sección 3 analizamos a evolución da produción e da renda real sectorial, e incluímos a estimación dunha relación entre a renda real dos sectores de servizos e a renda dos outros sectores.\nPor último, a sección 4 presenta as principais conclusións.\n2. Industria, turismo e desenvolvemento económico\nO gráfico 1 amosa a evolución da produción industrial por habitante en Galicia, España, Alemaña, Suiza e Estados Unidos. Podemos observar que Galicia experimentou un impulso importante no período 19942008 ata acadar a converxencia coa media de España. Tamén observamos o escaso impulso á produción industrial de España en todo o período, con valores moi inferiores aos dos outros países que figuran no gráfico. É imprescindible que se impulsen políticas de desenvolvemento industrial para que España poida acadar niveis\nFonte: Elaborado pola autora a partir de datos do INE e OCDE. Datos de VEB real, conforme ao enfoque produción en miles de dólares a prezos e tipos de cambio do ano 2000.\nEvolución do turismo nacional e estranxeiro en Galicia e España\nOs modelos econométricos intersectoriais, como os estimados en Guisán et al (2011) amosan un grande impacto positivo da renda real procedente da industria e o turismo sobre o desenvolvemento dos sectores da construción e dos servizos. Malia o estancamento da produción industrial, España experimentou un impulso ao desenvolvemento e ao emprego grazas ao incremento do turismo de procedencia estranxeira.\nA táboa 1 e os gráficos 2 a 4 amosan a evolución das noites feitas en hotel en España e en Galicia no período 20062016.\nNo período 20062016 prodúxose un incremento importante no número de noites feitas en hotel de orixe estranxeira en España, pasando de 151, 94 millóns anuais a 216, 46 millóns. Tamén Galicia experimentou un incremento das noites feitas en hotel de procedencia estranxeira, e a súa porcentaxe no conxunto nacional aumentou lixeiramente. Galicia pasou de 1, 233 millóns de noites feitas en hotel de orixe estranxeiro no ano 2006 a\nNota: Miles de Euros a prezos de 2000. Fonte: elaborado pola autora a partir de datos do INE.\nImpacto da industria e o turismo sobre o desenvolvemento económico\nVarios modelos econométricos amosaron o impacto positivo da industria e o turismo sobre o desenvolvemento económico. A táboa 2 presenta os resultados da estimación por Guisán (2004) da ecuación do QNMH nun modelo econométrico interrexional con 151 rexións da Unión Europea no ano 2000. As variables desta ecuación son as seguintes:\nQMH e QNMH son, respectivamente, o VEB manufactureiro (M) e non manufactureiro\n(NM) por habitante de cada rexión.\nA educación está medida mediante a porcentaxe da poboación adulta con nivel de escolaridade igual ou superior ao Segundo ciclo de ensino secundario.\nnalgunhas rexións.\na significatividade dos coeficientes. Os seus valores son superiores ao nivel crítico e polo tanto permiten rexeitar a hipótese de nulidade dos coeficientes.\nA ecuación foi estimada por Mínimos Cadrados ordinarios (LS ou MCO) e por Mínimos Cadrados en dúas Etapas (TSLS ou MC2E) no contexto dun modelo biecuacional con relación bilateral (non contemporánea no caso de LS e contemporánea no caso de TSLS). Ámbalas dúas estimacións amosan o efecto positivo e significativo de todas as variables. O nivel educativo ten varios efectos positivos, directos e indirectos, tanto sobre o QNMH como sobre o QMH.\nCon respecto ao efecto de variables omitidas, hai que ter en conta que, en parte, se transmite ao modelo a través das variables incluídas relacionadas linearmente coas incluídas, como se indica no capítulo 5 de Guisán (1997), e, en parte, a través da perturbación aleatoria. Se a variable omitida ten alta correlación coas incluídas, a bondade do axuste non se verá apenas afectada pola devandita exclusión, pero afectará aos valores dos coeficientes estimados das variables incluídas, os cales recollen os efectos tamén das excluídas.\nEntre as variables omitidas podemos citar o efecto do turismo non hoteleiro, o cal pode chegar a ter tanta importancia como a do turismo hoteleiro nalgunhas zonas xeográficas, como se analiza en Guisán e Aguayo (2010).\nA Revista Galega de Economía (RGE), e outras revistas científicas, publicaron varios artigos de interese sobre o sector industrial de Galicia. Na seguinte táboa destacamos algúns dos publicados na RGE no período 20012017.\nEmprego, poboación, industria e desenvolvemento económico en Europa Guisán, M.C., Aguayo, E.(2009) Emprego e produción de Galicia: efectos da industria e o turismo Otero, L. et al (2007) Problemas financeiros da PEME industrial galega Rodil, O. (2008) Inserción de Galicia no novo patrón de comercio intraindustrial SánchezCarreira, M.C. (2009) O papel da empresa pública industrial no desenvolvemento rexional Vence, X. (2010) Políticas de innovación en Galicia: Balance dunha década\nTamén podemos destacar diversos estudos interrexionais da industria en España e en Europa, que achegan perspectivas moi interesantes para o desenvolvemento económico de Galicia e de España, algúns dos cales citamos neste informe e incluímos na bibliografía. Capital humano e política económica\nEstudos como o mencionado na Táboa 2 e outros que se inclúen na bibliografía amosan un impacto positivo importante do capital humano, tanto polo que respecta ao nivel educativo como o gasto en Investigación e Desenvolvemento (I+D) sobre o desenvolvemento económico rexional. Para que o capital humano poida desenvolver os seus efectos positivos sobre a economía e a calidade de vida, precísase non só potenciar os factores que contribúen ao seu desenvolvemento, senón tamén potenciar a industria e a produción dos outros sectores produtivos.\nEducación: O número de graduados universitarios, e doutras titulacións, aumentou nas últimas décadas en Galicia e en España, cunha calidade media xeralmente de bo nivel, equiparable á doutros países máis desenvolvidos, pero non se desenvolveron as políticas económicas capaces de xerar emprego de calidade suficiente, o que xerou un incremento da emigración da mocidade cualificada a diversos países onde se presentan mellores oportunidades laborais. Investigación e Desenvolvemento: Tamén ocorre no caso do gasto en I+D. Como se pon de manifesto en Guisán (2017) e noutros estudos, España presenta un nivel de gasto en I+D pequeno en comparación con outros países máis avanzados e con fortes disparidades rexionais na distribución dos fondos nacionais. No caso de Galicia, o gasto en I+D por habitante é, en xeral, menor que no conxunto de España. Malia este baixo nivel de gasto, hai que constatar que a política económica non foi capaz de deseñar unha capacidade suficiente de empresas e institucións para absorber ao persoal capacitado en materia de I+D, o que provoca tamén emigración ao estranxeiro deste persoal altamente cualificado. Nos interesantes estudos de Vence (2010), Fernández e Vaquero (2017) e Guisán (2017), destaca a importancia que ten unha boa política ao apoio do gasto en I+D nas universidades e ás políticas económicas que tenden a potenciar os resultados de investigación universitaria que contribúan a mellorar o desenvolvemento sostible e a calidade de vida.\nPrecísanse melloras nas políticas económicas, tanto a nivel europeo, como español e rexional, para acadar os obxectivos de impulso á industria necesarios para chegar aos niveis de emprego e desenvolvemento sostible que demanda a sociedade.\nAs políticas de financiamento industrial precisan apoios das entidades financeiras e das institucións. A crise financeira e económica do per��odo 20072017 pode afectar ao financiamento empresarial a nivel rexional e é importante o traballo que poidan desenvolver os organismos responsables de garantir o acceso ao financiamento necesario.\nDentro das políticas económicas dirixidas a impulsar a industria, un factor moi importante é o asesoramento económico das debilidades e fortalezas dos distintos sectores industriais, de forma que as políticas económicas poidan contribuír a resolver os obstáculos á súa evolución.\n3. Renda e emprego sectorial\nA crise iniciada en 2007 provocou caídas da renda real por habitante de diversos sectores produtivos ata o ano 2013, e aprecíase unha lixeira recuperación en varios sectores a partir de 2014 ou de 2015.\nOs gráficos 7 e 8 amosan a evolución da renda real producida (expresada en miles de millóns de Euros a prezos constantes do ano 2000, mediante o cociente entre o VEB real e o deflactor do Consumo) dos sectores de Servizos e Non Servizos en España e en Galicia, no período 20072016. Os gráficos 9 e 10 amosan a evolución do emprego nos devanditos sectores no período 20072017.\nGráfico 7. Renda real (miles mill. €2000) España Gráfico 8. Renda real (miles mill. €2000) Galicia\nNos gráficos 7 e 8 observamos que o sector servizos trata de se manter, e mesmo incrementar a súa actividade con dificultade, malia a caída da renda real do conxunto dos\nO emprego no conxunto dos sectores da Agricultura, Industria e Construci ó n, baixou tanto en Galicia como en Espa ñ a, ante a diminuci ó n dos prezos relativos da Agricultura (coa s ú a conseguinte diminuci ó n de renda real por habitante), o estancamento da renda industrial por habitante. Para impulsar o emprego nos sectores de servizos, é moi importante que aumente a renda real dos outros sectores produtivos, como amosan as ecuacións estimadas ao final desta sección.\nO gráfico 11 amosa o impacto da crise sobre a renda real por habitante producida no conxunto de todos os sectores produtivos. Observamos unha forte caída no período 20092012, e tentativas de recuperación a partir de 2013 e 2014. No caso de España tanto a caída como a recuperación foron máis pronunciadas que en Galicia.\nSe continúan as políticas económicas actuais, de suave recuperación, nos vindeiros anos volveriamos á posición do ano 2008, pero se queremos acadar un nivel de converxencia real en renda per cápita con países máis avanzados, haberá que adoptar medidas máis dinamizadoras, polo que respecta ao incremento da renda industrial por habitante, pois como vimos no gráfico 1 a situación de España e Galicia dista moita da que corresponde aos países máis avanzados.\nAs táboas 4 e 5 amosan a estimación da relación entre a renda real dos Servizos (RS00) e a renda real dos sectores da Agricultura, Industria e Construción (RA00+RI00+RB00), mediante un modelo dinámico mixto no que a variable dependente depende do seu valor e co incremento da renda dos outros sectores. Os efectos de variables omitidas (como o turismo) recóllense en gran parte nos coeficientes das variables incluídas correlacionadas coas devanditas variables, como se indica no Capítulo 5 de Guisán (1997). A táboa 4 está estimada con datos de España (ES) e a táboa 5 con datos de Galicia (GA). No Anexo incluímos os datos das variables.\nOs coeficientes das variables explicativas resultan positivos e significativos. Observamos unha elevada bondade do axuste nos dous casos, con valores de Rcadrado maiores ca 0.98 e valores da porcentaxe de S.E. sobre a media da variable dependente moi baixos: 2.67% en España e 3.41% no caso de Galicia.\n4. Conclusións\nUn dos principais retos da economía galega é aumentar asemade a renda real por habitante e o nivel de emprego, e así evitar a emigración forzosa dos seus recursos de capital humano (titulados de diversas cualificacións e expertos en I+D) mediante a creación dun número suficiente de empregos. O desenvolvemento industrial favorecerá sen dúbida que se poida acadar este obxectivo e, ao mesmo tempo, xerar un incremento do salario real medio e da renda real per cápita de todos os sectores produtivos. A importancia do desenvolvemento industrial para Galicia e España xa foi posta de manifesto en interesantes estudos publicados nas últimas décadas, como en Guisán (1990), Ogando e Calvo (1996), Mayes (1997) e outros.\nA análise da evolución da economía galega no período 20072017, permítenos observar que logo de acadar a converxencia coa media española en produción industrial por habitante, débese procurar acadar niveis maiores, propios das rexións máis industrializadas de España ou de Europa, co obxecto de xerar un desenvolvemento suficiente da renda e do emprego nos sectores de Servizos.\nO impulso ás actividades de educación e I+D débese dirixir tanto ao aumento da calidade de vida (saúde, medioambiente, etc.) como ao incremento da renda e do emprego. Tamén é de interese potenciar a participación de Galicia no conxunto do turismo de España, especialmente en determinados segmentos de turismo que demandan factores dispoñibles en Galicia (paisaxe, clima suave, arte, cultura, etc.).\nBibliografía\nFernández López, S., Vaquero García, A. (2017). Luces y sombras del nuevo plan\nINE (2017) y años anteriores. Datos de Contabilidad Regional, Contabilidad Nacional, Nota: Os datos de renda real de Agricultura (RA), Industria (RI), Construción (RB) e Servizos (RS) están medidos en millóns de Euros a prezos constantes do ano 2000. Os datos de renda sectorial por habitante (RHA, RHI, RHB, RHS) están medidos en Euros, a prezos do ano 2000, por habitante e ano. Fonte: Elaborado pola autora a partir de datos do INE.\nNota: Os datos de renda real de Agricultura (RA), Industria (RI), Construción (RB) e Servizos (RS) están medidos en millóns de Euros a prezos constantes do ano 2000. Os datos de renda sectorial por habitante (RHA, RHI, RHB, RHS) están medidos en Euros, a prezos do ano 2000, por habitante e ano. Fonte: Elaborado pola autora a partir de datos do INE. Revista Galega de Economia: http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm"} +{"summary": "Fronte á feminización simbólica da nación e a nacionalización da muller levadas a cabo por certos discursos nacionalistas, as poetas irlandesas actuais denuncian as institucións e ideoloxías que non garanten os seus dereitos e só entenden a muller como nai de patriotas. Dende o movemento sufraxista a inicios do século XX até a actualidade, houbo en Irlanda unha loita de intereses entre as mulleres e os discursos sobre a nación sustentados, ben no control ideolóxico exercido pola Igrexa Católica, ben no soño do celtismo ou na concepción monolítica da identidade nacional. As poetas irlandesas reproban os carices nacionalista e patriarcal da literatura nacional e reclaman outras configuracións de identidades híbridas e heteroxéneas.", "text": "Escritoras irlandesas e nación: Crónica dun desencontro 1\nManuela Palacios González\n : catolicismo, celtismo, división lingüística, feminismo, Irlanda, literatura nacional, muller, nación, nacionalismo, poesía.\nPatrick Pearse (18791916) –escritor irlandés, mestre e líder da Insurrección de Pascua contra os ingleses en 1916, tras a cal foi executado– traduciu ao inglés o poema gaélico “Mise Eire” [Eu son Irlanda] no que o eu lírico personifica a nación irlandesa e se identifica cunha figura feminina da mitoloxía celta: a vella de Beare, emblema de inmortalidade. O poema constrúe unha Irlanda gloriosa, nai de guerreiros míticos como Cuchulainn, ao tempo que nai humillada, vendida polos seus propios fillos 2. Fronte a esta feminización da nación e nacionalización da muller, que fixa a reprodución de patriotas como función e destino das irlandesas, a poeta Eavan Boland (1944) escribiu, sete décadas máis tarde, o poema “Mise Eire”, no que a voz lírica substitúe a afirmación “eu son Irlanda” de Pearse por “eu son a muller” e rexeita os estereotipos que definiron a patria no pasado para centrar a súa atención na loita das mulleres pola supervivencia nos tempos da fame e a emigración 3. En 1991, Máighréad Medbh retoma o poema de Pearse en “Easter 1991” [Pascua 1991], pero a súa voz poética é a dunha muller contemporánea que denuncia as estruturas patriarcais que corrompen a Irlanda de comezos dos noventa:\nI am Ireland and I’m sick sick in the womb sick in the head and I’m sick of lying in this sickbed and if the medical men don’t stop operating I’ll die [Eu son Irlanda e estou doente dóeme a matriz dóeme a cabeza e estou doente por ter que ficar neste leito de enfermo e como os homes doutores non deixen de operaren hei morrer]\n(Medbh, 1993: 58). 122 2 “Great my glory: / I that bore Cuchulainn the valiant. / Great my shame: / My own children that sold their mother” [Grande a miña gloria: / eu que parín o valente Cuchulainn. / Grande a miña vergonza: / os meus propios fillos venderon a súa nai] (Pearse, [1917] 2004: 391). As traducións do inglés ao galego son propias, agás cando se indique o contrario. 3 “I am the woman / in the gansycoat / on board the Mary Belle, / in the huddling cold, / holding her halfdead baby to her / as the wind shifts east / and north over the dirty / water of the wharf” [Eu son a muller / do abrigo de la / a bordo do Mary Belle, no frío atenazante, / quen suxeita o seu fillo medio morto / mentres o vento muda do leste / e o norte sobre a suxa / auga do peirao] (Boland, [1987] 2005: 128129). Boletín Galego de Literatura, nº 45 / 1º semestre (2011) / ISSN 02149117\nMedbh denuncia os clixés cos que o cinema de Hollywood constrúe Irlanda, desbota os modelos de beleza que lle impoñen e confesa a súa deficiente autoestima: “my face in the mirror is shy” [o meu rostro no espello é apoucado] (Medbh, 1993: 58). De especial interese é a súa condena da censura que tapa a boca das mulleres:\nI am Ireland and I’m silenced I cannot tell my abortions my divorces my years of slavery my fights for freedom it’s got to the stage I can hardly remember what I had to tell and when I do I speak in whispers. [Eu son Irlanda e estou silenciada non podo falar dos meus abortos dos meus divorcios dos meus anos de escravitude das miñas loitas pola liberdade chegou ao punto de que case non lembro o que tiña que contar e cando o lembro falo quedo] (Medbh, 1993: 59).\nToda a historia e a enerxía desta mullerIrlanda está dedicada a cimentar un patriarcado que non dá nada a cambio. Pero os feitos berran e o poema torna en catálogo de inxustizas e opresións: mínima protección social das mulleres, violencia machista, complicidade das autoridades con esta violencia, criminalización do aborto, prohibición do divorcio 4, violencia nos cárceres, control ideolóxico da poboación e das institucións por parte da Igrexa Católica, emigración, pobreza: “and the poorest of all are my daughters” [e as máis pobres son as miñas fillas] (Medbh, 1993: 59). Se a vella de Beare do poema gaélico agardaba na costa a volta do príncipe, o suxeito lírico de “Easter 1991” rebélase e, nun xesto que poderiamos comparar co da Penélope da escritora galega Xohana Torres ([1992] 2004: 251), pon fin á súa espera: “I am Ireland / and I’m not waiting anymore” [Eu son Irlanda / e non agardo máis] (Medbh, 1993: 60).\nA identidade nacional sempre está en crise ou transformación, e os fluxos migratorios en Irlanda –de emigración nos anos oitenta, e de inmigración favorecida pola prosperidade económica do Celtic Tiger dende a segunda metade dos noventa– mantiveron candente o debate sobre esa identidade 6. Detrás da categoría “nación”, ademais da comunidade imaxinada da que falou Anderson ([1983] 1991) e do desexo colectivo de labrar un futuro común, hai tamén unhas institucións que regulan a vida práctica das persoas, dando dereitos, ditando prohibicións, ordenando as condicións materiais da existencia e distribuíndo cotas de poder en distintos graos. Moitas mulleres irlandesas teñen razóns para pensar que as institucións que representan a nación non garanten os seus dereitos. Segundo cifras de Woman’s Aid (2009), unha de cada sete mulleres sofre violencia doméstica severa en Irlanda, unha de cada cinco que o solicitan non pode refuxiarse nunha casa de acollida por falta de espazo; só entre o 1% e o 6% dos maltratadores reciben penas de prisión.\nDende os tempos nos que as sufraxistas irlandesas loitaban polo dereito ao voto a principios do século XX, os grupos feministas tiveron unha difícil relación coas institucións do Estado. Simultaneamente á reivindicación das sufraxista perante o goberno británico, os grupos nacionalistas reclamaban a independencia de Irlanda e, paradoxalmente, ambos os obxectivos non parecían doados de compaxinar. Segundo Ward ([1982] 1993), o principal inimigo das sufraxistas era o partido nacionalista irlandés, Irish Parliamentary Party, que apoiaba cos seus votos o goberno Liberal en Londres. Os liberais prometéranlles aos nacionalistas a independencia para Irlanda (Home Rule Bill), pero desbotaban a posibilidade de concederlles o voto ás mulleres tanto en Gran Bretaña coma en Irlanda. Cando en 1912 os nacionalistas irlandeses votaron en contra do sufraxio feminino, provocouse unha fenda profunda entre as sufraxistas británicas e as irlandesas, pois as segundas aspiraban a compaxinar a independencia da nación co seu propio status de cidadás. Con todo, o goberno Liberal e o Irish Party, xa decidiran os termos nos que se desenvolvería a independencia de Irlanda: negándolles a cidadanía ás mulleres, desouvindo a súa opinión e impendíndolles participar na futura lexislatura. Pola súa parte, o Irish Party temía os cambios no corpo electoral, pois prevía que con eles gañarían forza tanto o Sinn Féin coma os Unionistas do Ulster. Así mesmo, temía que a axitación feminista provocase divisións dentro das filas nacionalistas. Co inicio da Primeira Guerra Mundial, pospúxose a independencia irlandesa, pero durante a Insurrección de Pascua de 1916, Patrick Pearse leu a proclamación da República na que defendía os mesmos dereitos de cidadanía para homes e mulleres. Como este era un documento respectado por todos os nacionalistas, non semellaba haber volta atrás na cuestión do sufraxio feminino. En 1918, o goberno británico deulles o voto ás mulleres demáis de trinta anos. En 1922, declarouse a independencia do Irish Free State [Estado libre irlandés] do que non formou parte Irlanda do Norte e, neste mesmo ano, déuselles o voto ás irlandesas de máis de vinte e un anos.\nEsta crónica da opresión das mulleres por parte dos partidos e gobernos nacionalistas irlandeses ao longo do século XX resulta necesaria para comprender a rebelión protagonizada polas organizacións feministas e as escritoras a partir dos anos setenta. Porén, se non concordamos coa apropiación da muller como símbolo da nación, tampouco o faremos, como sinala Meaney ([1991] 1993: 238), coa asignación á muller do papel de vítima da nación e da historia. Meaney afirma que son precisamente as visións patriarcais as que retratan a muller como pasiva e mera testemuña do proceso político, engadindo que as mulleres non son vítimas inocentes, xa que moitas delas se implicaron ben nas políticas nacionalistas, ben nas unionistas, compartiron prexuízos, foron cómplices da violencia e foron axentes da súa propia opresión. Non obstante, resulta pertinente neste punto chamar a atención sobre as estratexias das ideoloxías para conseguir que os suxeitos os que interpelan non só interioricen valores que van en contra dos seus intereses, senón que os identifiquen como posicións desexábeis de poder e os estabelezan como ideais a acadar.\nO corpus de poesía contemporánea que arremete contra os ditados da Igrexa\nThey call me Mary — Blessed, Holy, Virgin. They fit me to a myth of a man crucified [...] They name me Mother of all this grief though mated to no mortal man [...] My being cries out to be incarnate, incarnate, maculate and tousled in a honeyed bed. [Chámanme María — Bendita, Santa, Virxe. Relaciónanme cun mito dun home crucificado [...] Chámanme Nai de toda esta dor aínda que non copulei con home mortal ningún [...] O meu ser clama por se encarnar, por se encarnar, maculado e desamañado nun leito meloso] 9.\nCómpre entender este poema no contexto dos anos oitenta e noventa en Irlanda, onde unha serie de medidas lexislativas e referendos arredor do divorcio, a contracepción e o aborto converteron o corpo da muller en territorio de loitas ideolóxicas, coma se a muller só existise para o estado en tanto que nai. 127\nTamén a poeta Mary Dorcey ([1991] 1995: 66, 70), que visibilizou a experiencia lesbiana, arremeteu contra o modelo de feminidade imposto pola Igrexa Católica, acusándoa de silenciar as mulleres e contribuír ao feminicidio:\nHail Mary Holy Mary. Be it done unto me according to thy word [...] Die quietly — die quietly — or the neighbours will hear. [Ave María Santa María. Fágase en min segundo a túa palabra [...] Morre en silencio — morre en silencio — vante oír os veciños] 10.\nA violencia de xénero tamén é o leitmotiv do poemario Domestic Violence, de Eavan Boland (2007), onde se denuncia a retórica nacional e cultural que idealiza abstraccións femininas como a Nai Natureza a a Nai Patria, mentres a nación deixa morrer as súas mulleres:\nWe say Mother Nature when all we intend is a woman was let die, out of sight, in a fever ward [...] Now say Mother Ireland when all that you mean is there is no need to record this death in history. [Dicimos Nai Natureza cando a intención é que deixaron morrer unha muller, fóra da vista, nunha sala do hospital [...] Agora di Nai Irlanda cando a intención é que non é preciso rexistrar esta morte na historia]. (Boland, 2007: 30).\nNo poema “Letters to the Dead” [Cartas aos mortos], a voz poética sentencia que Irlanda é un país que aborrece o corpo da muller:\nHow many daughters stood alone at a grave, and thought this of their mothers’ lives?\nesa estraña maña que se dá para ouvir só o que a reafirma na idea que ten de si mesma, a súa melosa figura núbil e a rosa encarnada, a rosa orgullosa ou cancro prendida tras a orella, na correa das anteolleiras 11.\nOutro alicerce sobre o que se sustentou o nacionalismo irlandés foi a lingua gaélica. O irlandés figura como a primeira lingua da nación na Constitución e o censo de 2006 revela que o 42% da poboación da República pode falar irlandés grazas ao estudo da lingua na educación obrigatoria. Porén, só o 3% emprega esta lingua como vehículo principal nas súas relacións familiares e contorna próxima 12. Por esta razón, o emprego da lingua gaélica non é condición esencial da identidade irlandesa hoxe en día. Eavan Boland, poeta en lingua inglesa, “encarna” o bilingüismo resultante da colonización na imaxe da lingua bífida: “I speak with the forked tongue of colony” [falo coa lingua bífida da colonia] (Boland, 1998: 3031). En realidade, a segunda lingua de Irlanda non é tanto o inglés como o “hibernoinglés”, un dialecto dos habitantes irlandeses que inclúe particularidades sintácticas, léxicas e de pronunciación. No poema “A Habitable Grief” [Unha mágoa habitábel] Boland explora a identidade híbrida irlandesa en termos dunha cicatriz, sinal dunha ferida –a colonización– agora xa cerrada, pero que aínda doe:\nThis is what language is:\na habitable grief. [...] which hurts just enough to be a scar. And heals just enough to be a nation [Iso é o que a lingua é: unha mágoa habitábel [...] que doe o xusto para ser unha cicatriz. E cura o xusto para ser unha nación].\n(Boland, 1998: 29) 13.\nA poeta rexeita as construcións esencialistas da identidade nacional irlandesa, mesmo as que a contrúen nunha soa lingua, pero é consciente da perda que iso implica. En “The Mother Tongue” [A lingua materna] o suxeito lírico imaxina un acento e fala sen contaminacións e comprende o que perdeu, pero tamén o monolitismo do que está a salvo:\n[I] imagine my pure sound, my undivided speech [...] I hear what I am safe from. What I have lost. [Imaxino o meu puro son, a miña fala íntegra [...] Oio aquilo do que estou a salvo. O que perdín].\nTamén a poeta en lingua irlandesa Nuala Ní Dhomhnaill denuncia o machismo de certos grupos nacionalistas de finais do século XIX –o Irish Revival– ao afirmar que impuxeron o gaélico “over the silenced backs of women and children” [sobre as costas silenciadas de mulleres e nenos] e conta a anécdota da muller de fala inglesa que, moribunda, se esforzou en dicir as súas derradeiras palabras en gaélico; o seu home corrixiulle o gaélico. Afirma a poeta que optou polo gaélico para non deixalo exclusivamente nas mans dese tipo de homes (McGuckian e Ní Dhomhnaill, 1995: 588589).\nAo falar de escritoras e nación, hei mencionar, aínda que sexa brevemente, o concepto de literatura nacional. Eavan Boland (1989) –escritora da República– criticou os nesgos nacionalista e patriarcal da tradición literaria irlandesa. Do nesgo nacionalista lamentaba o efecto que teñen, nos escritores, as expectativas sobre os que se pode ou debe escribir e o que non; do nesgo patriarcal criticaba o paradoxo entre o enorme valor simbólico da muller como alegoría da nación fronte ao seu carácter marxinal na historia e literatura irlandesas. Longley (1990) –escritora e crítica de Irlanda do Norte– retrucoulle que, ao identificar tradición literaria irlandesa con nacionalismo, Boland estaba a silenciar o segmento non nacionalista da illa e que, se tivese en conta a cultura protestante, observaría unha tradición menos patriarcal –non obstante, é importante aclarar que as mulleres escritoras tamén son minoría no Norte. Dende o Norte unionista, logo, interesa configurar unha literatura nacional que non estea dominada polo arraigado discurso nacionalista do Sur, mesmo cando é para subvertilo, como acontece con moitas escritoras da actualidade.\nManuela Palacios González Universidade de Santiago de Compostela\nBibliografía\n— 2007. “Windfall”, en Domestic Violence. Manchester: Carcanet, p. 30. — 2007. “Letters to the Dead”, en Domestic Violence. Manchester: Carcanet, pp. 3132. Central Statistics Office. 2006. http://www.cso.ie/statistics/popnclassbyreligionandnationality2006.htm. Consulta 912-2009.\nCommission to Inquire into Child Abuse. (2009). http://www.childabusecommission.com/rpt/ExecSummary.php Consulta 912-2009.\nWas Marked by Winter. Loughcrew: The Gallery Press, pp. 4042. Ní Dhomhnaill, Nuala. 1992. “Caitlín /Cathleen)”, en The Astrakhan Cloak. Edición bilingüe. Trad. Paul Muldoon. Loughcrew: The Gallery Press, pp. 3841. Palacios, Manuela (ed.). 2003. Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Trad. M. Palacios e A. Casas. Santiago de Compostela: Follas Novas.\n— 2009. “Within and Beyond the Nation: Contemporary Irish and Galician Women"} +{"summary": "No proceso de estandarización do galego, o recoñecemento e substitución dos castelanismos acadou gran relevancia, tanto desde a investigación lingüística, como nos discursos de difusión e transmisión do estándar e tamén entre os propios falantes. Neste artigo poñemos de relevo o que consideramos unha sobrevaloración deste fenómeno, sobre todo na súa visión reducionista aos castelanismos de tipo léxico. Precisamente a presenza destes caracteriza unha variedade do galego que os falantes denominan “castrapo”, coa que se identifica unha parte importante dos galegofalantes, a pesar de ser sancionada e cualificada como “mal galego” no discurso público. Todo isto sen esquecermos a outra cara da moeda, os galeguismos no castelán de Galicia, un fenómeno que, non obstante, atraeu moita menos atención, tanto por parte dos falantes como dos lingüistas. Levamos a cabo polo tanto unha análise destes dous tipos de fenómenos, castelanismos e galeguismos, desde a perspectiva dos falantes, pero tamén na literatura especializada. O fin último radica en descubrir as ideoloxías lingüísticas que se agochan baixo estes discursos e terminoloxía.", "text": "Universidade de Vigo anaiglesias@uvigo.es\n Ideoloxía lingüística, estandarización, castelanismos, galeguismos\nSumario 1. Introdución. 2. Metodoloxía. 3. Os castelanismos e a ideoloxía purista. 4. A perspectiva dos falantes. 4.1. Cas1. I ntroducIón\nCando unha lingua aspira a estender os seus usos a ámbitos formais e escritos, ademais de coloquiais, o repertorio lingüístico aumenta necesariamente, xa que ás variedades tradicionais engádese unha nova: a variedade estándar ou normativa. A entrada en escena desta variedade implica ademais un posicionamento ideolóxico con respecto á imaxe da lingua que se desexa transmitir, desde o momento en que esixe toda unha serie de decisións sobre os elementos lingüísticos escollidos para convertelos en estándar. Estamos a falar do proceso denominado “normativización”, tamén coñecido como “estandarización” ou “planificación do corpus”, en termos de Haugen (1983) e Kloss (1969) respectivamente. O proceso de normativización está estreitamente relacionado co de “normalización”, tamén denominado “planificación do status”, ou, mellor dito, deriva deste. Para unha revisión destes conceptos no noso contexto, véxase por exemplo Lamuela e Monteagudo (1996).\nUnha parte moi importante do proceso de estandarización radica na difusión da nova variedade, a estándar, e polo tanto o seu éxito ou fracaso dependerá en gran medida de ata que punto calle entre os falantes. Trátase do subproceso denominado “aceptación” ou “implementación”, que, xunto aos de “selección”, “codificación” e “elaboración”, conforman o modelo proposto por Haugen (1983). Como destacan Lamuela / Monteagudo (1996: 263):\nPolo tanto, o proceso implica unha certa unificación, aínda que non necesariamente a uniformización ou homoxeneización de toda a comunidade lingüística, “pues las variantes/variedades subestándar pueden conservar su espacio funcional fuera de los contextos formales” (Lamuela / Monteagudo (1996: 263). Porén, na práctica as estratexias de planificación do estándar, no sentido de conseguir a súa aceptación entre os falantes, adoitan perseguir o obxectivo de “naturalizar y legitimar las prácticas y actitudes que las agencias al servicio de la planificación lingüística tratan de promover”, isto é, a variedade seleccionada como estándar e os valores a ela asociados (Del Valle / GabrielStheeman 2004: 27). Isto lévase a cabo a través dos discursos, en forma de artigos, conferencias, entrevistas, libros de texto etc., pero tamén das propias prácticas lingüísticas daqueles que teñen voz pública e, polo tanto, se converten en modelos de lingua, desde profesorado e xornalistas ata representantes políticos, pasando por figuras da cultura. Os falantes anónimos encóntranse no medio desta amálgama de voces, como destinatarios e (re)produtores ao mesmo tempo. Neste artigo imos centrarnos precisamente nos discursos de difusión do estándar da lingua galega, co fin de analizar como son adoptados, e tal vez reformulados, polos falantes, nunha dirección topdown. É dicir, pretendemos analizar como os falantes reciben e reformulan as ideoloxías lingüísticas subxacentes nos discursos públicos que perseguen a aceptación do estándar galego.\nO concepto de ideoloxía acadou un papel central no estudo das relacións entre lingua e sociedade nos últimos tempos. Non obstante, non encontramos na bibliografía especializada un significado único, senón múltiples, ás veces complementarios e outras incluso contraditorios, ata o punto de que Woolard, unha das responsables da escolla deste termo, se cuestiona sobre o acertado da decisión (Woolard 2007: 130). En calquera caso, non é obxecto deste traballo teorizar sobre o concepto de ideoloxía, polo que imos recorrer ás palabras de Eagleton na busca dunha definición, a pesar de que el mesmo recoñece que se pode definir a ideoloxía de “seis maneras aproximadamente diferentes” (1997: 52). En calquera caso, Eagleton indica algunhas características comúns: La ideología [conxunto de ideas, crenzas e valores] no es una ilusión carente de base sino una sólida realidad, una fuerza material activa que debe tener al menos cierto contenido cognitivo para contribuir a organizar la vida práctica de los seres humanos. (…) muchas de las proposiciones que presenta son realmente verdaderas. Sin embargo (…) a menudo o normalmente supone falsedad, distorisón y mistificación (Eagleton 1997: 49).\n2. M etodoloxía\nDado que o noso obxectivo é analizarmos as ideoloxías dos falantes sobre as linguas, na parte empírica da investigación necesitamos acceder aos seus discursos metalingüísticos, xa que o discurso constitúe o medio de expresión por excelencia das ideoloxías e outros fenómenos mentais (Van Dijk 2003). Polo tanto, á hora de producir os datos, recorremos a unha das técnicas metodolóxicas que mellor contribúe a reproducir os discursos colectivos dos informantes: o grupo de discusión. Así, como recorda Callejo (2001: 47), a situación grupal é adecuada para a produción de discursos ideolóxicos, xa que todo discurso constitúe un produto ideolóxico configurador dunha sociedade.\nDecidimos acoutar a selección de informantes en función da idade, de xeito que limitamos o estudo ao alumnado de 4º da ESO e, polo tanto, a individuos que se situaban entre os 15 e os 17 anos no momento da realización dos grupos (curso 201213). Esta decisión responde ao obxectivo de acceder ao perfil etario escolarizado na última fase, ata o momento, do proceso de estandarización da lingua galega, a que comeza coa aprobación en 2003 da coñecida como “normativa de concordia”, que consensúa as opcións ata daquela en pugna (mínimos e oficial) e continúa vixente na actualidade, tamén chamada “normativa de consenso”. En efecto, o alumnado participante iniciou a súa escolarización primaria no mesmo ano en que se aprobou a normativa actual (curso 200304) ou un ou dous anos antes no caso dos repetidores. Polo tanto, trátase de individuos que xa non viviron en primeira persoa o debate normativo e dos que en consecuencia podemos esperar unha visión do estándar galego como variedade máis consolidada que en xeracións anteriores.\nEn cambio, si buscamos heteroxeneidade canto ao tipo de hábitat e, en consecuencia, o perfil lingüístico dos informantes, de xeito que realizamos dous grupos nun hábitat urbano (a cidade de Pontevedra), G3 e G4; tres en vilas (un en Vilalba e dous en Caldas de Reis), G2, G5 e G6; e dous no hábitat rural (Guitiriz e contorna, por unha parte, e zona de Cuntis, Portas e Moraña pola outra), G1 e G7. Isto permitiunos acceder a representantes dunha ampla variedade de perfís sociolingüísticos: desde monolingües en castelán ata monolingües en galego, pasando por diferentes tipos de combinación de ambas as linguas. En total, nos sete grupos de discusión realizados participaron 52 informantes (sete ou oito por grupo) 1. O desenvolvemento dos grupos foi adecuado en todos os casos, excepto en dous, G5 e G6, onde resultou difícil a creación dun ambiente distendido que permitise a elaboración por parte dos participantes dun discurso espontáneo. Por este motivo, estes dous grupos deben ser considerados entrevistas grupais, “focus group” na investigación anglosaxona. 1 A parte empírica da investigación levouse a cabo no marco do Plan Anual de Formación do Profesorado, coa subvención da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (cursos 201213 e 201314).\n3. o s castelanIsMos e a Ideoloxía purIsta\nDesde o punto de vista teórico e explícito, os principios nos que se basea a elaboración do estándar galego aparecen recollidos nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, cuxa responsabilidade recae na Real Academia Galega (RAG). Resúmense na seguinte descrición: “Unha lingua común asentada na fala, mais depurada de castelanismos, supradialectal, enraizada na tradición, coherente e harmónica coas demais linguas de cultura” (2004: 12, a cursiva é miña). Se nos detemos agora no primeiro dos catro principios que recollen as Normas, lemos o seguinte:\nPor conseguinte, un dos obxectivos na elaboración do estándar foi “limpar” este de elementos “alleos” ao galego por proceder do castelán, denominados nas propias Normas “castelanismos”. De feito, os dous extractos citados mantéñense idénticos desde a primeira edición das normas, en 1982, coa única diferenza do cualificativo que se aplica aos “castelanismos”: o adxectivo “espúreo” usado daquela foi substituído polos actuais “alleo innecesario”. En primeiro lugar, “espúreo” non é un termo aceptado no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG), que establece o léxico normativo, nin no dicionario da RAG. Si encontramos “espurio”, cos seguintes significados, na segunda e terceira acepcións: ‘que non é auténtico’, ‘contrario ás leis ou á ética’. Polo tanto, a substitución, ademais dos motivos estritamente “normativos”, tamén parece indicar unha preferencia por termos non tan negativamente connotados. En calquera caso, este principio senta as bases dunha liña de actuación e a contraria ao mesmo tempo, isto é, por unha parte continuar a fala do pobo, pero por outra rexeitar desta todo o que non sexa considerado “fiel” ao galego “pola presión do castelán”. Esta distinción remite necesariamente a criterios históricos, asumindo ademais que se trata dun “problema” estendido, dada a prioridade que se lle outorga nas Normas. Así, os castelanismos convértense, en efecto, nun dos focos do proceso de estandarización. Porén, nas Normas queda sen especificar nin exemplificar a que tipo de castelanismos se refiren os seus autores. O concepto de castelanismo definido como “canto de alleo innecesario hai incrustado na fala viva como presión do castelán” pode facer referencia a calquera nivel da lingua: fónico, morfolóxico, sintáctico ou léxico. Non obstante, o termo “castelanismo” vinculouse durante moito tempo en primeiro lugar ao campo do léxico, tal como recolle o dicionario da RAG na súa primeira acepción: ‘trazo idiomático ou vocábulo propio do castelán’ (a cursiva é miña). En efecto, á hora de trasladar o primeiro principio das Normas ao discurso lingüístico, os castelanismos foron interpretados sobre todo como castelanismos léxicos. A relevancia outorgada aos castelanismos podemos percibila tanto no ámbito da investigación lingüística, como nos manuais e libros de texto. Así, o seu tratamento forma parte dos contidos do currículo da materia Lingua galega e literatura (DOG, 29 de xuño de 2015), onde o termo “castelanismo” aparece sete veces, como por exemplo no 3º curso da ESO: “LGB. 4.2.3. Identifica os castelanismos nas producións lingüísticas e depura estes elementos no seu propio discurso”. Máis alá das referencias explícitas aos castelanismos no currículo e, en consecuencia, nos libros de texto, resulta especialmente significativa a presenza transversal que acada o seu recoñecemento e substitución nas aulas. Seguramente moitos profesores e profesoras poderán confirmalo e recoñecerse en exercicios do tipo “Identifica os castelanismos dos seguintes enunciados e indica a forma estándar correspondente”, referidos unha vez máis ao léxico. Podemos consultar, a modo de exemplo, o exercicio 5 da opción A da proba de acceso á universidade (PAU, setembro 2015).\nCanto á bibliografía especializada, imos citar só algúns exemplos que nos parecen suficientemente ilustrativos da grande importancia concedida aos castelanismos e, en concreto, aos pertencentes ao ámbito léxico. Graña Núñez, nun manual titulado Vacilacións, interferencias e\nSe a morfoloxía e a sintaxe galegas, tamén a fonética, se viron afectadas por quiñentos anos de dominio do castelán como lingua do poder na Galiza, que dicirmos do léxico? A castelanización foi tan intensa neste ámbito que mesmo afectou o nome do país e o noso propio nome de galegos e galegas.\nEstes dous extractos evidencian a ideoloxía “purista” na que se instalaron moitos dos estudosos e planificadores do galego, derivada á súa vez dos principios das propias Normas, como acabamos de ver, e herdeira dos escritores incluídos no período denominado por Fernández Salgado / Monteagudo (1995) “enxebrizante ou diferencialista” (primeiro terzo do S. XX). Estes autores resumen: de exceptuármolos encadrables na fase do galego popular, a case totalidade dos poetas e prosistas sentiron a necesidade de eliminalos elementos espurios á lingua. Este sentimento purista na procura dunha lingua diferencial, distanciadora do castelán e xeradora de identidade propia dominaría o proceso de “nacionalización” do galego durante o primeiro tercio do galego [sic] (Fernández Salgado / Monteagudo 1995: 123, a cursiva é miña).\nRecentemente, ReiDoval (2013) realiza unha revisión da ideoloxía purista, aínda que centrándose, xa na época actual, no que el denomina “grupo da Coruña” (sobre todo, Freixeiro Mato e Sanmartín Rei). Se ben coincidimos en que estes autores representan o seu máximo expoñente, consideramos que se trata en xeral da ideoloxía máis estendida nos discursos de estandarización do galego, expresada de forma máis ou menos explícita segundo os casos. Así, Fernández Salgado, quen tamén examina o concepto de purismo, afirma (2003: 956): Ós profesores que tiven na Universidade de Santiago e no Instituto da Lingua Galega, enfeitizábaos o tema da corrección lingüística do galego. Foron eles quen transmitiron á miña xeración a súa paixón polas palabras correctas. (…) A depuración lingüística tamén foi a operación principal acometida na elaboración do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG). (…) O purismo foi, sen dúbida, a ideoloxía prevalente na composición das NOMIG do 82, á par do populismo e oralismo (a cursiva é miña). Por suposto, non se trata dunha ideoloxía orixinal nin nova, senón que adoita acompañar calquera proceso de estandarización e non só no caso de linguas minorizadas, senón tamén das dominantes. Seguindo a Romaine (1996: 109), ninguna otra variedad tiene los recursos y el prestigio del estándar escrito. El hecho de que exista como un objeto descrito en los libros de gramática produce la idea de que es, de alguna manera, la lengua “vernácula” y “legítima”, y que las otras variedades son versiones degeneradas o corruptas de ella.\nEfectivamente, no noso contexto o discurso que representa esta ideoloxía aliméntase de todo este tipo de termos pertencentes ao campo semántico da pureza e os seus contrarios, como deturpación, dexeneración, contaminación, corrupción, pecados etc. Máis aínda, como intentaremos demostrar, os planificadores das linguas minorizadas e, no caso concreto que nos ocupa, do galego, o que fan é imitar e reproducir as estratexias e o discurso puristas aplicados ás linguas dominantes. En efecto, como sinala ReiDoval (2013: 262), “son comúns a estratexia e o desexo puristas de conectala lingua estándar coa forza da nación que fala esa variedade promovida como lingua nacional. Eis a razón de que acabase aplicándose tal visión tamén ás linguas minorizadas”. Así, no proceso de construción nacional percíbese a necesidade de reducir as diferenzas internas. En palabras de Del Valle (2004: 25), citando á súa vez a Hobsbawn, “las particularidades individuales y locales deben quedar subordinadas (y si es necesario sacrificadas incluso) a la identidad colectiva”. E, na construción desta identidade colectiva, a lingua acada un papel preponderante, unha lingua concibida tamén sen diferenzas internas, como unha variedade homoxénea, a estándar, que pasa a ser a única considerada lexítima. Recalde (2003: 63) tamén realiza esta interpretación da ideoloxía purista, indicando que responde á\nnecessity to create a standard language that becomes a symbol of national identitiy, for which it is essential to purify it of foreign elements, especially of those which are believed to have originated in the superimposed language, although the antiquity and integration into the system of these elements are recognised.\nNon obstante, hai unha diferenza importante entre o purismo nas linguas dominantes e as minorizadas. Como recorda ReiDoval (2013: 262): “as comunidades minorizadas presentan como especificidade o feito de a pureza da súa identidade se construír por contraste e oposición ó Estadonación que pretende absorbelas e/ou dominalas, o que axuda a entendelo seu desexo de se independizaren respecto a este”. En consecuencia, o proceso de “unificación” e “depuración lingüística” baséase no afastamento da lingua representante do Estado opresor, no noso caso, o castelán. Isto explica o “éxito” e grande difusión da ideoloxía purista na elaboración do estándar galego, entendida sobre todo como diferenciación con respecto ao castelán e, polo tanto, identificación e substitución dos castelanismos.\nPor outra parte, a ideoloxía purista está estreitamente relacionada co que Woolard denomina a “ideoloxía do anonimato”, a pesar de que esta autora vincula esta ás linguas hexemónicas, fronte á “ideoloxía da autenticidade”, asociada, en cambio, ás linguas minorizadas e ás variedades non estándar. A ideoloxía do anonimato intenta desenvolver unha lingua “libre de identificacións locais concretas”, “una lengua pública común, estandarizada y no marcada” (Woolard, 2007: 1334). Como sinalan O’Rourke / Ramallo (2013: 291), efectivamente “standard Galician is described as polydialectal in that it is not seen to derive from any one single variety (…). Arguably, therefore, its anonymity stems from the absence of traces of any recognizable local variety”. Na difusión desta variedade estandarizada, a escola e os medios de comunicación desempeñan un papel fundamental: “Bajo el poder persuasivo de las escuelas y los medios de comunicación, la gente llega a aceptar el poder de la lengua como algo natural e inherente a la lengua misma. Tras haber perdido sus raíces sociales, se convierte en una lengua ‘de ningún lugar’” (Woolard 2007: 135). Non obstante, para conseguir esta aceptación por parte dos falantes, cómpre dotar o estándar de función simbólica, alén da instrumental e comunicativa, é dicir, que sexa quen de “encarnar el espíritu de la nación y/o representar (aunque sea en una relación arbitraria) la unidad nacional” (Del Valle, 2004: 26). Como analizaremos na seguinte epígrafe, non semella que o estándar galego acadase ata o momento este valor simbólico, xa que efectivamente non se trata dunha lingua dominante e, polo tanto, nos seus falantes vai ter máis forza a “ideoloxía da autenticidade”, que sitúa el valor de una lengua en su asociación con una comunidad concreta y como expresión de su espíritu (…). Para ser auténtica, una variedad de habla debe ser claramente ‘de algún lugar’ en la conciencia de los hablantes. Si no se pueden hallar sus raíces en un territorio social y geográfico, carece de valor (Woolard, 2007: 1312). Repárese en que na ideoloxía purista dos discursos da estandarización do galego, os termos “auténtico” e “autenticidade” tamén acadaron grande relevancia, pero cun significado diferente do que teñen na proposta de Woolard, como opostos a “anonimato”. No caso do purismo, “auténtico” equipárase a “lexítimo” e remite ao “galego fiel a si mesmo” do primeiro principio das Normas reproducido máis arriba, co significado en definitiva de “diferenciado con respecto ao castelán”. Son moi claras neste sentido as seguintes palabras de Sanmartín Rei (2009: 27): “non é posible manter ningunha actitude diferente á do purismo, entendido sempre non como reforzo normativo senón como lóxica procura dun modelo de lingua auténtico afastado do español ” (a cursiva é miña). Como veremos, nos discursos dos falantes, o concepto de auténtico remite en cambio ao local e singular, en oposición ao anónimo (o que non é de ningún lugar), de acordo coa interpretación de Woolard.\nCo fin de seleccionar o que é admitido ou non neste galego “lexítimo” e “auténtico” —o estándar—, recórrese ao argumento da “pureza xenealóxica”, isto é, ao criterio etimolóxico, de xeito que se rexeita todo aquilo que se atribúe a un cambio lingüístico provocado por influencias externas, neste caso polo contacto coa lingua dominante, o castelán, fronte aos cambios provocados por evolución interna da lingua (Thomason 2001: 86). Cómpre aclarar, seguindo a esta autora, que “the difference between contactinduced changes and internallymotivated changes largely disappears. The main difference (…) is in the trigger for the change”, de xeito que nos primeiros o desencadeante radica na influencia doutra lingua. É máis, ás veces as motivacións externas e internas combínanse para dar lugar a un cambio lingüístico. De todos os xeitos, no caso do léxico, a identificación das influencias do castelán adoita ser pouco cuestionada na literatura. Porén, si encontramos debate con respecto á influencia ou non do castelán por exemplo respecto ao fenómeno da gheada, xa no nivel fónico. E, precisamente, como denuncia Recalde (2003), os seus detractores baseánse na teoría da súa orixe castelá (tese castelanista), recorrendo así ao argumento xa citado da “pureza xenealóxica”: se se demostra que a gheada apareceu no galego como resultado da influencia castelá, isto considérase motivo suficiente para rexeitala. Coincidimos con esta autora cando conclúe “it appears that the academic debate over the acceptance or rejection of the gheada as a standard variant will have to begin to use arguments different from those of genealogical purity and authenticity” (Recalde 2003: 70).\nA ideoloxía purista derivou nos últimos tempos no que podemos denominar a “ideoloxía da calidade da lingua”, que establece unha relación directa entre a defensa do uso do galego, como posicionamento ideolóxico, e as escollas lingüísticas máis puristas, no sentido de “máis galegas”\ndesde un punto de vista xenético. Como establece Sanmartín Rei (2009: 36, a cursiva é miña): A calidade de lingua que empregamos é un sinal inequívoco, público, notorio, do noso compromiso lingüístico. O grao de deturpación, de españolización, de falta de coidado co idioma que mostramos a cotío mostra, fai evidente, a relaxación nesta materia. Non é posible acreditar, neste contexto histórico, nun discurso de defensa da lingua galega usando un modelo de lingua tan pouco acaído, tan corrompido (…) temos que utilizalo correctamente e restituír aquelas formas hoxe esquecidas ou preteridas.\nObsérvese como se contrapón a suposta “deturpación” e “corrupción” do galego actual, identificada coa súa “españolización”, fronte á recuperación de formas do pasado, isto é, a volta ás orixes, recorrendo a un criterio histórico, etimolóxico ou xenealóxico. En definitiva, trátase de preservar a superioridade da variedade estándar, única para toda a comunidade, sobre as demais, co argumento de que se trata da variedade “auténtica” no sentido de “depurada de castelanismos”. Coincidimos con Regueira (2012) cando defende que a noción de “calidade da lingua” responde non a criterios lingüísticos senón a xuízos de valor e xuízos sociais. De novo os que en maior medida representan estas ideoloxías son os estudosos que se integran no que ReiDoval denominou “grupo da Coruña”, aínda que as encontramos así mesmo en autores fóra deste círculo. Así, por exemplo González González (2012: 46) afirma: A pesar de contar con todas estas ferramentas [normas, gramáticas, dicionarios, vocabularios] que, en teoría, facilitarían a utilización desta lingua dunha maneira correcta, o galego nunca se utilizou cun nivel de calidade tan baixo nin cun nivel de contaminación tan alto. E este feito supón un perigo real para o futuro da lingua. Ninguén discute que cómpre normalizar o status do galego e estender o seu uso, iso é incuestionable. Pero tamén é necesario velar pola calidade da lingua, porque as linguas morren porque as deixan de falar os seus potenciais usuarios, pero tamén desaparecen por desfiguración do seu corpo, a través dun proceso de ‘patoisización’. Como vemos, repítese o mesmo tipo de terminoloxía: “calidade” fronte a “contaminación”. Por conseguinte, o galego “de calidade” é o “galego auténtico”, “fiel a si mesmo”, en contraste co galego castelanizado, froito da “deturpación” e “españolización”. Cómpre aclarar, de todos os xeitos, que nestas afirmacións González se refire ao “galego urbano”, é dicir, ao dos falantes “maioritariamente urbanos, que teñen na súa maioría o castelán como lingua materna” (González González 2012: 47), e caracterízao por presentar castelanismos nos planos fonético e morfosintáctico, fronte ao “galego tradicional”, no que se “perseguen” sobre todo, como xa vimos, exactamente esta etiqueta.\nNo extracto de González González citado aparece ademais outro dos argumentos amplamente utilizado polas ideoloxías purista e de calidade da lingua, o “medo” á asimilación no castelán, argumento recorrente desde o principio do proceso de estandarización, co fin de xustificar a postura purista, como sinalan Fernández Salgado / Monteagudo (1995: 123) con respecto aos escritores do período “enxebrizante ou diferencialista”: “dado que nas situacións de contacto lingüístico entre linguas próximas, o influxo da lingua hexemónica tende a acurtala distancia lingüística entre as dúas variedades, o diferencialismo no caso do galego acabou lexitimándose como resposta efectiva nunha estratexia antiasimilista”.\nlización do idioma e só se pode conseguir desde a calidade e a autenticidade (Freixeiro Mato 2014: 134).\nVemos nesta cita como efectivamente se vincula a normalización cunha determinada postura con respecto ao proceso de estandarización, baseándose nos criterios de prestixio e autenticidade das linguas e atribuíndo esta ideoloxía ademais aos propios falantes, “utentes do idioma”. Á parte de que, como xa dixemos, estamos ante xuízos de valor, consideramos moi arriscado a atribución aos falantes de ideoloxías sen lles preguntarmos a eles mesmos, sen recollermos e analizarmos os seus propios discursos. De aí que precisamente a investigación da que extraemos os datos se centrase en dar voz aos falantes. A través das súas palabras imos estudar como valorizan as variedades lingüísticas e ata que punto reproducen ou non nos seus discursos as ideoloxías lingüísticas purista e de calidade da lingua.\nComo xa explicamos, limitámonos a unha franxa etaria moi concreta, que escollemos ademais porque establecemos como hipótese que podía representar cambios con respecto a xeracións anteriores canto á imaxe do estándar, dadas as mudanzas acontecidas no último período do proceso de estandarización. Por conseguinte, os resultados teñen que se limitar necesariamente polo momento a este segmento de poboación: alumnado de 4º da ESO. Ademais, ao tratárense de individuos inmersos no último ano de escolarización obrigatoria, supoñemos que na súa formación ideolóxica van acadar grande importancia os discursos do profesorado. De feito, nalgúns momentos fan referencia explícita a aspectos que estudaron nas aulas. En calquera caso, o que nos interesa é como eles e elas recollen todas estas influencias, non só do profesorado senón tamén dos demais axentes de socialización, e conforman e producen un discurso propio.\n4. a perspectIva dos falantes\n4.1. Castelanismos: o castrapo\nEntre o alumnado galegofalante que participou na nosa investigación encontramos unanimidade á hora de caracterizar a súa forma de falar pola presenza de castelanismos léxicos, como revela a seguinte selección de extractos:\n• “eu por ejemplo nunha frase podo dicir tres palabras en castelán e tres en galego aínda que sea galegofalante” (G1) • “aquí en galego por cada tres palabras que soltamos dúas delas son castelanismos” (G2)\n• “vou:: decir vou á escuela / non vou á escola ou ao colexio entendes? non non digo: moitas cousas non as digo como son normativas en galego falo castelán pero nin eu nin a maioría da xente falante así en galego que me fala a min polo menos” (G5) Así, citan, a modo de exemplo, palabras normativas que coñecen, pero non utilizan, xa que no seu lugar “prefiren” os castelanismos correspondentes. Aparecen de forma recorrente nos seus discursos as seguintes: “garfo, culler, tesoiras, lixivia, bolboreta, xoaniña, por exemplo, escola, colexio” etc. Como xa analizamos noutro artigo (Formoso / Iglesias / Rial no prelo), “son conscientes de que estes castelanismos non forman parte do estándar” e pasan a identificar esta variedade precisamente pola ausencia dos castelanismos léxicos. En palabras dun informante: “o normativo non ten castelanismos por iso é normativo” (G2).\nEn contraste, a variedade con castelanismos léxicos denomínana “castrapo”, termo que aparece espontaneamente na maioría dos grupos onde hai galegofalantes, xa desde as primeiras intervencións. É dicir, son os propios informantes os que recorren a esta denominación, de xeito que, só cando non xorde de forma espontánea, é o moderador quen lles pregunta por ela. Isto só acontece no único grupo formado totalmente por castelanfalantes (G3), así como nos dous grupos que resultaron entrevistas grupais (G5 e G6), nos que todos os temas foron propostos polo moderador. O mesmo ocorría no estudo piloto previo a esta investigación (Iglesias Álvarez 2013), no que se realizaran tres entrevistas grupais a alumnado de 2º da ESO de Caldas de Reis. O termo castrapo sempre era introducido polos informantes por iniciativa propia e ademais desde as primeiras intervencións, xa nas autopresentacións. Por este motivo, xa daquela afirmabamos: “necesitan recorrer ao castrapo á hora de explicar a súa identidade como falantes” (Iglesias Álvarez 2013: 177).\nAínda que nun primeiro momento definen o castrapo como “mezcla de gallego e castellano” (G7), “unha maneira de designar unha mestura entre dúas linguas” (G5), e que hai castelanfalantes que tamén afirman “castrapear”, maioritariamente este termo aplícase ao galego con influencias do castelán no léxico. O seguinte fragmento resulta especialmente ilustrativo da súa concepción do castrapo como galego con castelanismos léxicos, en oposición ao galego estándar, aínda que, como se pode ver, con certas vacilacións (a cursiva é miña):\nMo: rara vez eu creo (G6)\nNo estudo piloto encontraramos tamén esta asociación do castrapo ao galego, pero de forma aínda máis tallante, de xeito que aqueles que se autopresentaban como falantes de castrapo eran os mesmos que escollían no cuestionario escrito a opción “só ou máis galego” como lingua habitual e “en contraste, aqueles que se presentan como monolingües en castelán en ningún momento asocian o seu xeito de falar ao castrapo” (Iglesias Álvarez 2013: 181). En calquera caso, como veremos na seguinte epígrafe, os castelanfalantes tamén recoñecen na súa fala influencias do galego, pero evitan a etiqueta castrapo para definila (Formoso / Iglesias / Rial no prelo). Isto non deixa de ser sorprendente, posto que ademais o termo “castrapo” se aplicou tradicionalmente ao “castelán agalegado”. Con este significado recólleno Rojo (2004: 1092), Recalde (2012: 670) ou Freixeiro Mato (2013: 213), entre outros. Por exemplo, Rojo (2004: 1092) defíneo como “la variedad que surge de los intentos por expresarse en español por parte de gallegohablantes que tienen un conocimiento muy imperfecto de la otra lengua” e engade que se trata dunha “denominación casi siempre peyorativa”. Inclúea polo tanto dentro do subconxunto de variedades correspondentes ao español, xunto co “castellano de Galicia” e o “español estándar peninsular” (Rojo 2004: 1092). Como vemos, trátase dunha definición moi afastada do significado que asignan ao mesmo termo os nosos informantes.\nO “castrapo” é a variedade lingüística que se transmite na familia e constitúe polo tanto a lingua materna ou inicial destes falantes, con todas as implicacións identitarias e afectivas que isto supón. Así, refírense a ela como “galego da familia, galego dos meus pais, galego de toda a vida”. Polo tanto, trátase dunha variedade dentro do galego, “pero non unha variedade calquera, xa que goza, fronte ás demais, dun elevado poder simbólico e emocional” (Iglesias Álvarez 2013: 187). En definitiva, como xa afirmamos noutro artigo, “a identificación entre o castrapo e a maneira de falar galego dos galegofalantes é total” (Formoso / Iglesias / Rial no prelo).\nAdemais destas motivacións, no mantemento do castrapo tamén pesa moito o factor da comodidade e o hábito e incluso ás veces o descoñecemento, aínda que en xeral o alumnado participante recoñece que o uso dos castelanismos se debe máis a unha falta de interiorización que á ignorancia. Proba disto é que, como vimos antes, son quen de poñer numerosos exemplos nos que exemplifican como na súa fala cotiá espontánea “escollen” os termos non estándar, mais saben indicar cales son os termos normativos correspondentes. Esta falta de interiorización da variedade normativa acentúase debido ao seu escaso contacto con ela: “o galego normativo solo:: eu polo menos solo o escoito na escuena escola e: na televisión e pouco máis” (G5). De aí que por unha parte cualifiquen o castrapo e, polo tanto, o que eles falan, como incorrecto, “que non está ben dito”, e por outra, en cambio, intenten reivindicalo e rexeiten a súa cualificación de incorrecto, por exemplo por parte do profesorado: “hai profesores que che din\nObservamos como, co fin de desfacer a contradición na que eles mesmos incorren con respecto á corrección ou non do castrapo, introducen a diferenza entre as variedades en función do grao de formalidade e o tipo de ámbito (público ou privado): “nun documento escrito formal non podes poñer (cousas) en castelán pero (ao mellor) estás falando cos teus amigos e si” (G1);\n“pois haino que usar [o castrapo] na / bueno / eu polo menos úsoo cando estou cos meus amigos ou así [escóitase unha afirmación] / pero o normativo / pois xa o dixen / cando te diriges a alghén importante ou así” (G7). Paralelamente, tamén atopamos informantes que amosan unha clara vontade correctora, no sentido de converxencia cara ao estándar na súa fala cotiá, aínda que son posturas minoritarias: Mod: e que opinades sobre iso? sobre ese xeito de falar que dicides que tedes con con tanto castelanismo P: pois que haberá que ir evolucionando e: cambiar cambiando / non digo que haxa que falar galego normativo sempre porque si hai algunhas palabras que igual (xa) son demasiado para o ámbito culto e tal entre oralidade e escritura, de xeito que son máis permisivos con aqueles, aínda que só na vertente oral:\nen lugar de excursións hai que escribir o galego: normativo pero no ámbito coloquial se ti es desta zona igual que un que fala con gheada a utiliza eu tamén poido dicir excursiós porque realmente un andaluz tampouco forza o seu acento para falar así o castelán normal e: entón xx unha lingua porque xx A: i os madrileños tamén que dicen el la dijo (G2) 2 Neste sentido, concordamos coa crítica que realiza Marcos Bagno ao termo “culto” aplicado ás linguas ou normas, no sentido de que implica necesariamente o seu antónimo, “inculto”, e este asóciase no imaxinario colectivo a adxectivos tan negativos como “incivilizado”, “ignorante”, “bruto”, “vulgar” etc. Como sinala este autor, “do ponto de vista sociológico e antropológico, simplesmente não existe nenhum ser humano que não esteja vinculado a uma cultura ” (Bagno 2003: 58). Polo tanto, á hora de referirnos á variación intralingüística deberiamos evitar o termo culto, fronte a vulgar ou popular, para utilizar no seu lugar as etiquetas formal e informal ou coloquial, máis neutras.\nEn definitiva, os galegofalantes presentan un repertorio plurilingüístico e pluridialectal que inclúe tres opcións. En palabras dun deles: “depende / no / porque tanto podes falar gallego / como castrapo / como castellano” (G7). Dado que o castrapo se opón ao estándar e este é presentado como unha variedade diafásica para ser usada en contextos formais, o castrapo pasa a situarse tamén neste parámetro de variación, isto é, xustifícano como unha variedade diafásica coloquial e, en consecuencia, totalmente lexítima para ser empregada nos usos cotiáns espontáneos da lingua. Como recollemos en Formoso / Iglesias / Rial (no prelo): “estes galegofalantes defenden plenamente a súa valía no ámbito coloquial”.\nFronte á variación (diafásica) que recoñecen no galego, no caso do castelán, redúcese a unha única variedade, polo menos no que respecta aos galegofalantes, variedade que identifican ademais co estándar.\nDeste xeito, mentres o “galego estándar” é unha variedade homoxénea (común e supradialectal), o castrapo inclúe as diferentes variedades dialectais mais os castelanismos léxicos, en diferentes graos. Como xa sinalaba Dubert (2002: 21), poden establecerse “diferencias entre distintos sociolectos [do galego] en función da cantidade de innovacións castelanizantes que aparezan ou en función da cantidade de trazos enxebres que se conserven”. É o que Dubert denomina “mesolectos”, fronte ao “basilecto”, que sería a variedade máis conservadora, tanto no acento como no léxico ou a gramática. Polo tanto, a etiqueta xenérica de “castrapo” parece agochar máis ben un continuo, diferenciado polo nivel de presenza de castelanismos, por unha parte, e pola outra polos dialectalismos específicos de cada zona. Non obstante, os falantes, polo menos no grupo etario estudado por nós, refírense a el como unha variedade única, en cuxa identificación prima a característica de presentar castelanismos léxicos, aínda que, como acabamos de ver, efectivamente algúns os eviten en maior medida ca outros.\nPara concluír, os galegofalantes demostran ter interiorizada a ideoloxía purista que os planificadores difundiron con respecto ao galego, de xeito que nos seus discursos metalingüísticos o tema dos castelanismos acada grande relevancia, nalgúns casos expresado de maneira moi semellante á dos discursos públicos —”tamén o galego oral está plagado de castelanismos” (G2)—, ata o punto de que necesitan recorrer a unha etiqueta diferente para identificar o seu galego oposto ao estándar: “por dicilo dalgunha maneira castrapeamos” (G2). Este castrapo caracterízase principalmente pola presenza de castelanismos léxicos, pero tamén por trazos dialectais, sobre todo pola gheada, característica fónica que, como vimos, tamén é obxecto de crítica nos discursos públicos máis puristas, a pesar de que é cuestionable que teña a súa orixe na lingua dominante (Recalde 2003). Coincidimos polo tanto con Monteagudo (2004: 397), cando afirma: “Podemos dicir que o castrapo é un lecto ou variedade que se acha caracterizado por un número reducido de variables, variables que ademais pertencen por unha parte só ao plano léxico e noutros a este e tamén ao fónico (cando se inclúe a gheada)”. De aí que este autor sinale: “determinadas variantes poden asociarse a máis dun tipo de ‘lecto’, e mesmo poden mudar de estatus: como antes sinalamos, a gheada, por exemplo, que en principio é unha variante diatópica, pode converterse nun momento dado ou para certos falantes nunha variante estilística” (Monteagudo 2004: 396) 3. 3 Cómpre engadir que, cando o castrapo inclúe a gheada, os falantes cualifican a súa propia maneira de falar como “bruta” ou “do monte”, como ocorre no G7 (véxase Formoso / Iglesias / Rial, no prelo), de acordo co alto grao de estigmatización deste fenómeno.\nNon obstante, isto non significa que os falantes asuman todas as implicacións que a ideoloxía purista e de calidade da lingua intenta impoñer, no sentido de abandonaren a súa variedade dialectal en función da variedade estándar. Así pois, das dúas posibilidades que expoñían Lamuela / Monteagudo, recollidas na introdución, estes falantes decántanse pola opción a), é dicir, adquiren o estándar como variedade estilística pero sen se asimilaren a ela, no sentido de abandonaren os sus “dialectos subalternos”. En efecto, a variedade que desempeña para eles a función simbólica é o “castrapo”, mentres que a variedade estándar cumpre só unha función instrumental, isto é, para ser usada nos contextos máis formais, que en realidade son moi escasos, polo menos na franxa etaria estudada. No seu discurso observamos como aplican a “ideoloxía da autenticidade” no sentido de Woolard. De feito, o valor simbólico do castrapo procede da súa oposición ao galego estándar, neutro, de ningún sitio. Fronte a este, o castrapo tamén é denominado “o noso galego”, “galego de aquí”, “galego con gheada”, “galego de Villalba” (Formoso / Iglesias / Rial no prelo), denominacións nas que se pon de relevo a súa singularidade: unha variedade “de algún lugar”, que representa as súas raíces, como sinalaba Woolard (2007: 1312) na cita reproducida máis arriba.\n4.2. Galeguismos: o castelán de Galicia\nTodos os informantes admiten tamén a influencia do galego no castelán, pero restándolle importancia, de xeito que para os castelanfalantes a súa variedade de castelán resulta moi ben situada nos criterios que eles mesmos establecen para valorar a calidade lingüística: grao de aproximación ao estándar e índice de mestura, tal como xa analizamos noutro artigo (Formoso / Iglesias / Rial no prelo). Os exemplos que citan de variedades máis afastadas do estándar e, por isto mesmo, peor valoradas son o andaluz e o castelán de Suramérica.\nEsta visión coincide en gran medida coa análise dos especialistas, como se pode comprobar en Rojo (2004), Moreno Fernández (2009: 123124), ou Dubert (2002: 20). Este último autor destaca que se trata de formas que “non están estigmatizadas en ningún grupo social”. Non obstante, os informantes en ningún momento se refiren por exemplo ás perífrases, que si inclúen os autores citados (formas como “dar + participio”, co significado de ‘posibilidade’; ou “tener +\nparticipio”, con valor reiterativo). Isto pode ser un indicio do seu alto nivel de integración, que provoca que os falantes non sexan conscientes de que están cometendo unha “incorrección” desde o punto de vista do español estándar, mesmo por parte daqueles que amosan unha visión máis “purista” da lingua.\nComo consecuencia do analizado ata aquí, temos que matizar a nosa conclusión da epígrafe anterior. Desde a perspectiva dos falantes, as variedades que conforman o repertorio lingüístico en Galicia son: castelán de Galicia, castrapo e galego estándar. Mentres os galegofalantes e bilingües manifestan incorporar as tres aos seus usos lingüísticos, en proporcións bastante dispares segundo os casos, os castelanfalantes limítanse á primeira, isto é, ao castelán de Galicia. Non obstante, coincidimos con Dubert (2002: 21), cando insiste en que o castelán agalegado ou basilectos casteláns de Galicia non constitúen unha masa uniforme que se opoña ó castelán culto de Galicia ou ós acrolectos casteláns [variedade máis tendente ao castelán estándar xeral], senón que quizais se poidan establecer diferentes variedades con límites difusos ó longo dun contínuum.\nMais os castelanfalantes presentan a súa propia variedade como homoxénea e ademais moi próxima ao castelán estándar. Como xa vimos, os galegofalantes tamén presentan o seu castelán como moi próximo ao estándar, no seu caso ademais reforzado polo argumento de que o aprenden nun ámbito formal, a través do ensino 4.\nEsta conclusión contrasta coa sinalada por Recalde (2012), pois segundo esta autora, para os seus informantes, “el EdG [español de Galicia] es un castellano mal hablado”. En cambio, na nosa investigación, polo menos en contraste co galego non estándar (“castrapo”), aquel resulta moito mellor valorado e, de feito, os nosos informantes tenden a xustificar a presenza de “galeguismos” na súa fala e a reivindicar que tamén está “ben falada”. Estas diferenzas poden deberse ás distintas técnicas metodolóxicas empregadas e ao perfil social dos informantes, xa que no noso caso se trata dunha poboación moi nova (menores de 18 anos) e os datos que ela manexa responden a unha franxa de idade desde os 20 ata máis de 54 anos. Ademais, neste estudo contrastábase o castelán de Galicia co estándar académico do español, é dicir, non entraba na comparación o galego.\n5. c ultura da MonoglosIa\nDo mesmo xeito que o normal, no sentido de máis frecuente, é o plurilingüismo, tamén o é, en consecuencia, o contacto lingüístico, aínda máis hoxe en día, a raíz da globalización e os avances tecnolóxicos, que multiplican as posibilidades de intercomunicación. A pesar disto, vivimos nunha cultura na que se adoita presentar o esquema ideolóxico contrario: o considerado normal é o monolingüismo e o estraño son as sociedades bilingües e, polo tanto, o contacto de linguas e as súas consecuencias. Isto é o que José del Valle (1999) denomina “culture of monoglossia”, recorrendo a unha noción similar á que presentan J. e L. Milroy (1991) como “ideology of standardization”. Estas ideoloxías baséanse na “possession of a well defined and relatively stable grammar” como o que caracteriza un individuo e a súa comunidade desde o punto de vista lingüístico (Del Valle 1999: 119). Como consecuencia, levan a concibir as linguas como entidades fixas, invariantes e estables (Milroy / Milroy 1991: 26), nas que polo tanto a diversidade é considerada incorrección, falacia e deturpación. O que busca esta ideoloxía monoglósica ou da estandarización é a uniformidade, tanto desde o punto de vista interlingüístico (debemos tender a instalarnos nunha soa lingua), como intralingüístico (tendencia a converxer co estándar). Esta ideoloxía xa foi analizada con respecto ao español por lingüistas como Del Valle (2004 ou 2007) ou Moreno Cabrera (2010), que visibilizan a ideoloxía que emana da propia Real Academia Española e que pretende reducir a diversidade dialectal existente na chamada lingua de Cervantes. En palabras de Del Valle (2007: 41):\nDesde las agencias a cargo de la política lingüística española se ha ido mucho más allá de la simple elaboración de la norma culta del español. La preservación de la unidad del idioma, es decir, la garantía de la lealtad de los hispanohablantes a la norma culta y a sus guardianes, y la promoción internacional del español, es decir, el estímulo y explotación de un interés por la lengua española en el mundo, han sido declarados objetivos prioritarios por la Academia y el Cervantes respectivamente. (…) En otras palabras, se ha producido una ideología lingüística.\n• Un discurso sobre as linguas desde unha perspectiva xeral que defende o respecto pola diversidade lingüística (todas as linguas e variedades lingüísticas enriquecen) e as vantaxes do bilingüismo. • Un discurso sobre o caso concreto da lingua galega, que penaliza as variedades lingüísticas diferentes da estándar (rexeitamento de castelanismos léxicos proscritos no estándar e de trazos dialectais como a gheada), así como a alternancia de códigos galegocastelán, isto é, os comportamentos bilingües individuais. Como analiza Regueira (2012: 195), desde a entrada do galego no sistema escolar e o arranque do proceso de normalización lingüística un dos obxectivos foi a promoción de ideas de non discriminación e de dignificación da lingua galega, mais en boa parte mantense a base ideolóxica de que existe unha (e só unha) forma correcta de escribir e mesmo de falar a lingua. No marco desta “ideoloxía do estándar”, preséntase a evolución lingüística como unha tendencia natural á uniformidade, no sentido de aproximación ao estándar establecido, e enténdese que o comportamento lingüístico dos individuos tenderá a converxer baixo a presión da norma estándar, de acordo coa visión monolítica das linguas na que se sustenta. Como consecuencia, a variación dialectal verase reducida.\nDesde o noso punto de vista, o tratamento que se lle outorgou ao estudo do contacto galegocastelán na nosa investigación lingüística reflicte esta ideoloxía, caendo ademais no engano de aplicar criterios diferentes segundo se trate das influencias nunha ou noutra dirección. En primeiro lugar, chama a atención a escaseza de estudos dedicados á influencia do galego no castelán, como sinalan Recalde (2012) e Rojo (2004) en cadanseu artigo sobre o “español de Galicia”: “Los no demasiado numerosos trabajos dedicados a las características del español de Galicia” (Rojo 2004: 1091).\nEn contraste, é notable a proliferación de estudos dirixidos a estudar o nivel de penetración do castelán no galego. Na Guía bibliográfica de lingüística galega, na epígrafe 4.3. titulada “Consecuencias lingüísticas do conflicto: as inteferencias e os cambios de código”, os seus autores comezan afirmando: “A maioría dos traballos realizados sobre interferencias centráronse no estudio do influxo do castelán na lingua galega” (Regueira et al. 1996: 80). Máis recentemente, na revisión bibliográfica levada a cabo por min, mantense esta tendencia, de xeito que agás algunha referencia dedicada ao estudo dos galeguismos (Romero / Núñez Singala 2004, Álvarez de la Granja / López Meirama 2013), a maioría céntrase nas “interferencias” do castelán no galego 5. En moitas destas achegas, ademais, o estudo dos “castelanismos” preséntase baixo o título xenérico de “interferencias”, sen especificar no título o sentido no que se van abordar.\nPor outra parte, nas escasas referencias bibliográficas existentes sobre o castelán ou español de Galicia, os autores encárganse de rexeitar precisamente o termo “interferencia” para aplicalo ás influencias do galego nesta variedade. Así, Rojo (2004: 1090) aclara que “no son realmente interferencias, sino casos de integración de fenómenos propios del gallego que se han incrustado en el español que habla una buena parte de la población gallega”. No mesmo sentido, Moreno Fernández (2009: 124), despois de citar os trazos característicos do “castellano de Galicia”, engade: Todos esos rasgos tienen su origen en la lengua gallega, pero han pasado a la modalidad castellana de Galicia con tal determinación y, en muchos casos, desde hace tanto tiempo, que ya no estamos ante voces o usos prestados: son voces o usos del castellano gallego. El castellano que incorpora tales elementos no es sentido como foráneo y esas características lingüísticas pueden encontrarse prácticamente en todo hablante de Galicia, incluidos los más cultos y prestigiosos. 5 Sen pretender en absoluto ser exhaustivos, ofrecemos só a modo de exemplo as seguintes referencias: Kabatek 1991 e 2000, Álvarez de la Granja 2003, Dubert 2005, Fernández Salgado 2004, Hermida Gulías 2004, Silva Domínguez 2003 etc. Tamén hai algunha investigación que estuda a influencia nos dous sentidos, como a de Silva Valdivia 2004.\nIsto non quere dicir que consideren que se trata dun fenómeno menor, máis ben ao contrario. Rojo (2004: 1098), despois de analizar as “peculiaridades” fonéticas e gramaticais do español de Galicia, aclara con respecto ás “peculiaridades léxicas”: “Las palabras gallegas integradas en diferentes formas en el léxico del español de Galicia son, por tanto, muy numerosas, de modo que resulta imposible hacer aquí siquiera una aproximación a este conjunto”.\nPolo tanto, cando se fala do castelán de Galicia, rexéitase aplicar o termo interferencia aos galeguismos que o definen. En cambio, cando se fala da calidade lingüística do galego, insístese reiteradamente na abundancia de castelanismos, denominados “interferencias”, “deturpacións”, “solucións espurias”, “formas foráneas”, en oposición a “voces patrimoniais galegas”, “vocábulos autóctonos”, “solucións propias” ou “formas propias”. Por suposto, estas últimas son as que caracterizan o “galego auténtico”, o “bo galego”, mentres que o “outro galego” é cualificado como “inauténtico” e “mal galego”.\nNa nosa opinión, baixo este tipo de afirmacións está actuando a ideoloxía que reduce a lingua á norma estándar, de acordo coa cultura monoglósica e a ideoloxía da estandarización. En definitiva, este discurso contribúe, sen dúbida, a asociar o fenómeno da interferencia directamente coa lingua galega, con todas as connotacións negativas que isto implica, xa que, como acabamos de ver, as interferencias aparecen vinculadas a denominacións claramente pexorativas. A situación agrávase debido a que o concepto de interferencia non se aplica sempre co mesmo significado, non xa na lingua común senón na propia bibliografía especializada. Xa Silva Valdivia (1991: 29) denunciaba esta situación, indicando que “é moi frecuente incluír baixo este rótulo calquera fenómeno de intercambio ou transferencia (léxica, morfosintáctica, fonética etc.) entre dúas linguas que conviven socialmente nun mesmo territorio”. De feito, a vaguidade non é exclusiva da lingüística galega e remóntase á propia orixe do concepto. Como sinalaba Blas Arroyo (1993: 19), “todavía hoy se mantienen numerosas discrepancias entre los investigadores sobre muchos aspectos relacionados con la interferencia lingüística; y a ello ha contribuido, sin duda, la propia imprecisión del concepto”. Consideramos que a falta de concreción continúa ata a actualidade e que, en consecuencia, cómpre revisar esta terminoloxía en futuros estudos.\n6. c onclusIóns\nOs galegofalantes obxecto da nosa investigación (alumnado de 4º da ESO) reproducen en parte esta ideoloxía, sobre todo no que respecta á importancia outorgada aos castelanismos léxicos no seu galego (castrapo). Non obstante, desde unha perspectiva heteroglósica, defenden o mantemento dun repertorio plurilingüístico e pluridialectal, o que lles permite presentar a súa variedade tradicional como “lexítima” para os usos familiares e coloquiais. Para eles e elas, este “castrapo” é a variedade “auténtica”, segundo o significado de Woolard, a que contén valor simbólico; fronte ao estándar, ao que asignan un valor puramente instrumental (variedade para ser usada nos contextos máis formais e públicos).\nEn definitiva, temos que ser capaces de modificar os esquemas conceptuais impostos pola cultura monoglósica e elaborarmos un novo discurso no que os galegofalantes tradicionais e o seu castrapo teñan cabida tamén na calidade da lingua. Se provocamos que os galegofalantes se sintan excluídos do proceso de estandarización da súa propia lingua, dificilmente imos ter éxito non xa na difusión do estándar, senón no propio mantemento e recuperación de falantes. Trátase, na nosa opinión, de potenciar a variación diafásica e o dominio dun amplo repertorio lingüístico, de xeito que os falantes poidan escoller entre diferentes opcións segundo os contextos. Desta maneira, poderemos ser “puristas” con respecto á variedade estándar pero sen a concibirmos como a única lexítima. Consideramos que esta postura tamén é compatible coa esixencia nos usos públicos e formais dun estándar coidado, tal como defende Regueira (2012: 196), pero sempre sen excluírmos da lingua de calidade os galegofalantes tradicionais e o seu castrapo.\na gradeceMentos\nEste artigo é resultado das reflexións levadas a cabo a raíz da realización dun grupo de traballo como profesora de secundaria. Ademais de todos os profesores e profesoras que participaron nas súas diferentes fases, quero dar as grazas aquí especialmente a Xosé Álvarez, Salomé Díaz, Valentina Formoso e Ana Rial. Os observadores internos da realidade que están a estudar corren o risco de caer na procura dos seus propios estereotipos e seguramente así acontecerá nalgúns casos nestas liñas sen ser eu mesma consciente. Non obstante, penso que o feito de ter debatido con elas e el todas estas cuestións axudoume en gran medida a ver aspectos diferentes dos que eu estaba a buscar e que ás veces por non buscalos non os atopamos. Por isto, os meus máis sinceros agradecementos. Tamén quero darlles as grazas aos dous revisores anónimos, cuxas apreciacións e contribucións foron de grande axuda.\nr eferencIas bIblIográfIcas\nÁlvarez de la Granja, María (2003): “As interferencias na fraseoloxía”, en Carmen Cabeza / Anxo Lorenzo Suárez / Xoán Paulo RodríguezYáñez (eds.), Comunidades e individuos bilingües: Actas do I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo. Vigo: Universidade de Vigo, 614624. Álvarez de la Granja, María / Belén López Meirama (2013): “A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia. Análise distribucional”, en Eva Gugenberger / Henrique Monteagudo / Gabriel ReiDoval (eds.), Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 4996. http://consellodacultura.gal/ mediateca/documento.php?id=2065. Bagno, Marcos (2003): A norma oculta. Lingua & poder na sociedade brasileira. São Paulo: Parábola Editorial. Blas Arroyo, José Luis (1993): La interferencia lingüística en Valencia (dirección: cataláncastellano). Valencia: Publicacions de la Universitat Jaume I. Callejo Gallego, Javier (2001): El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Barcelona: Ariel. DOG, Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. http://www.\nxunta.gal/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioG0164260615-0002_gl.html\n[03/06/2016]. Dubert García, Francisco (2002): “Os sociolectos galegos”, Cadernos de lingua 24, 527. http:// academia.gal/documents/10157/23708/ Cadernos_24.pdf. Dubert García, Francisco (2005): “Interferencias del castellano en el gallego popular”, Bulletin of Hispanic Studies 83/3, 271291. Eagleton, Terry (1997): Ideología. Una introducción. Barcelona: Paidós. Fernández Salgado, Benigno (2003): “Pureza e contaminación na estandarización da lingua”, en María Álvarez de la Granja / Ernesto X. González Seoane (eds.), A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 93127. http://consellodacultura.gal/ mediateca/documento.php?id=297. Fernández Salgado, Benigno / Henrique Monteagudo (1995):”Do galego literario ó galego común. O proceso de estandarización na época contemporánea”, en Henrique Monteagudo (ed.), Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, 109176. Fernández Salgado, Xosé A. (2004): “A interferencia do castelán no léxico galego: o castelanismo como recurso eufemístico”, en Rosario Álvarez / Francisco Fernández Rei / Antón Santamarina (eds.), A lingua galega: historia e actualidade, tomo I. Santiago de Compostela: Consello da Cultura galega / Instituto da Lingua Galega, 501507."} +{"summary": "Neste traballo lévase a cabo unha análise do grao de exclusión social nos fogares españois tanto a nivel nacional como por comunidades autónomas. Para alcanzar este obxectivo, selecciónase un conxunto de indicadores cualitativos e cuantitativos relacionados coa exclusión social, construíndose un indicador composto sintético a partir deles que despois será utilizado para o estudo do obxectivo formulado. Os datos utilizados, que abarcan o período 20042010, proceden do “Módulo de Exclusión Social” da Encuesta de Condiciones de Vida (ECV), que é a enquisa española integrada na European Union Statistics on Income and Living Conditions (EUSILC), coordinada pola Oficina Estatística Europea (EUROSTAT).", "text": "Domínguez, J.; Núñez, J.J. Exclusión social nos fogares españois... Revista Galega de Economía, vol. 22, núm. extraordinario (setembro 2013), pp. 115134 ISSN 11322799 115 EXCLUSIÓN SOCIAL NOS FOGARES ESPAÑOIS. UN ESTUDO COMPARATIVO REXIONAL DURANTE O PERÍODO 20042008\nR ECIBIDO : 10 de decembro de 2012 / A CEPTADO : 14 de xuño de 2013\n: Exclusión social / Indicadores sociais / Encuesta de Condiciones de Vida.\nSocial Exclusion in the Spanish Households.\nA Regional Comparative Study in the Period 20042010\nused come from the Social Exclusion Module of the “Encuesta de Condiciones de Vida” (ECV) as the Spanish Survey included in the European Union Statistics on Income and Living Conditions (EUSILC) Survey, carried out by EUROSTAT. Last disposable data turns out 20042010 as the studied period.\n1. INTRODUCIÓN\nO obxectivo deste traballo é o estudo da pobreza e da exclusión social nos fogares españois desde unha perspectiva baseada na súa participación no consumo, por canto se estudan os aspectos relacionados coa pobreza económica, tal e como se xustificará a continuación, así como a exclusión social baseada na privación e non noutros aspectos sociais, como os lazos e as relacións persoais, nin de participación cidadá, como os aspectos políticos. Feita esta aclaración, debe admitirse que se trata de dous conceptos afíns pero cuxas diferenzas convén matizar.\nAsí, polo que respecta ao estudo da exclusión social, Subirats [dir.] et al. (2004, p. 11) afirman: “ No se trata de dejar a un lado el concepto de pobreza, ni mucho menos, sino más bien de ampliar sus márgenes. Nuevos mecanismos de segregación social han ido tomando cuerpo y siendo considerados como significativos a la hora de impedir o dificultar a las personas su acceso al mercado de trabajo, a la vivienda, a la formación, etc. Ante la crisis relativa o reconsideración de los modelos del Estado de Bienestar, no se puede seguir hablando de la pobreza y sus efectos como la causa última de las desigualdades y la integración social. Asistimos a nuevos desequilibrios, a nuevas formas de desigualdad que emergen más allá de los ingresos, y se consolidan como determinantes de la marginación y la inhibición social, política, económica y laboral que padecen ciertos colectivos y personas ”.\nPolo tanto, de acordo co expresado, a exclusión social debe incluír outros aspectos que sexan indicativos de marxinación, ademais da pobreza, co que a súa problemática deberá ser forzosamente multidimensional. Neste traballo tómase en consideración o “Módulo de Exclusión Social” incluído na Encuesta de Condiciones de Vida (ECV), elaborada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), para construír a batería de síntomas sociais e económicos que resultan indicativos de vulnerabilidade á marxinación social. Estes síntomas constitúense xeralmente en variables cualitativas dicotómicas, o que dificultará a construción dun indicador que cuantifique a exclusión social padecida como o que se propón neste traballo.\nPor outra parte, os métodos baseados na mobilidade dos fogares necesitarían idealmente a utilización dun panel como fonte de datos, mentres que a ECV só é un panel rotante con taxa de reposición do 25%, o que non fai posible o seguimento completo dos fogares durante todo o período analizado. Porén, fronte á maior complexidade destes métodos e o seu enfoque diferente ao utilizado neste traballo, a metodoloxía adoptada non necesita destas características ao empregar un indicador sintético, que mesmo podería utilizarse aínda que a enquisa só fose de tipo transversal.\nEn canto ao estudo da pobreza, son moitas as decisións que deben tomarse e todas elas cunha incidencia importante nos resultados obtidos. Una das principais liñas de debate ten a súa orixe na consideración do carácter absoluto ou relativo do concepto, avivada polo traballo de Sen (1983), ao que seguiron réplicas de Townsend (1985) e do propio Sen (1985). A modo de resumo, Subramanian (2004) conclúe que podería considerarse a pobreza como absoluta no espazo das “capacidades” (functionings) pero relativa no espazo dos recursos, bens e ingresos.\nO estudo da pobreza a través das capacidades resalta o carácter multidimensional do fenómeno mediante o uso de indicadores non monetarios. Con todo, os problemas que formula esta alternativa son importantes, comezando co da selección e dispoñibilidade de datos adecuados (Laderchi, 1997), o que levou a algúns autores a utilizar modelos de clases latentes (Pérez Mayo e Fajardo, 2003; Ayala e Navarro, 2004) 2. A alternativa enlaza de novo co concepto de pobreza económica\n(Sen, 1976) no sentido de admitir o ingreso ou o gasto para fixar a posición económica dos fogares, malia as súas limitacións (RuizCastillo, 1987), que será a aproximación adoptada neste traballo.\nAsí pois, neste contexto o propio Sen (1976) sinala a incidencia, a intensidade e a desigualdade como as tres dimensións presentes no fenómeno da pobreza 3. Todas elas están presentes na elaboración do indicador proposto polo dito autor, así como na construción das curvas TIP/IID 4 que permiten efectuar as comparacións en pobreza propostas por Jenkins e Lambert (1997), e das que unha aplicación ao caso español pode verse, por exemplo, en Casas, Domínguez e Núñez (2003). Porén, estas curvas non logran alcanzar unha estrutura de ordenación total entre as distribucións de renda ou gasto, como tampouco o conseguen outros tipos de curvas globais como as propostas por Atkinson (1987) ou Foster e Shorrocks (1988a, 1988b).\nNeste traballo optarase pola aproximación tradicional a través das dimensións determinadas pola incidencia e a intensidade da pobreza, que tampouco están exentas de problemas. En efecto, así ocorre mesmo ao abordar a identificación dos pobres que permite estudar a incidencia da pobreza, ao definir o nivel que determina a situación de pobreza, denominado limiar ou liña de pobreza, que xerou un bo número de propostas na literatura 5.\nTampouco resulta doada a selección dunha medida que permita cuantificar a intensidade da pobreza, dada a estrutura de orde parcial que as aproximacións globais proporcionan. A gran variedade de propostas moveu aos investigadores a asumir unha serie de condicións mínimas ou axiomas de obrigado cumprimento (Foster, 1984; Núñez, 1990) que, non obstante, non permiten a selección dunha alternativa que resulte netamente superior ao resto (Foster e Sen, 1997), reproducíndose a problemática da case ordenación de intersección proposta por Sen (1973) no marco da desigualdade. Neste caso, así e todo, a diferenza da desigualdade, existe un certo consenso en considerar as medidas propostas en Foster, Greer e Thorbecke (1984) como as máis satisfactorias polas súas propiedades teóricas, polo que serán as utilizadas neste traballo.\nDe acordo co anterior, o traballo estrutúrase da seguinte maneira. Na sección 2 preséntanse os datos e indicadores de intensidade da pobreza empleados como base, así como as principais decisións relacionadas coa escala de equivalencia e o limiar de pobreza utilizados. A sección 3 resume a metodoloxía inherente á construción do indicador sintético de exclusión social. Na sección 4 preséntase os resultados obtidos en relación coa evolución da incidencia e a intensidade da pobreza entre os anos 2004 e 2010, así como a evolución da exclusión social nese período. Finalmente, na sección 5 establécense as conclusións máis relevantes do estudo. 2. DATOS UTILIZADOS E MEDIDAS DE POBREZA EMPREGADAS\nUtilizáronse os datos da Encuesta de Condiciones de Vida (ECV). Trátase dunha enquisa de carácter anual que se obtén dun panel rotante de 14.640 fogares elixidos no ano 2004. Na actualidade disponse das ondadas do período 20042010 6. Para avaliar a posición económica dos fogares utilizouse o ingreso neto familiar procedente da ECV. Por outra parte, é coñecido que a medición da pobreza depende criticamente da escala de equivalencia seleccionada como indicador das economías de escala no seo do fogar (Duclos e Mercader Prats, 1999), provocando patróns de comportamento recoñecibles 7. Por iso, tendo en conta a extensión que suporía a consideración de varias escalas de equivalencia e a persistencia dos patróns comentados, optouse por traballar coa escala recomendada por EUROSTAT, que se obtén dividindo o ingreso neto familiar entre a raíz cadrada do número dos seus compoñentes, que é a opción máis habitual hoxe en día, obtendo ingresos netos equivalentes aos que se notará por x i para a familia i.\nPara a selección do limiar de pobreza (z) seguíronse as directrices da metodoloxía da ECV, optando polo 60% do ingreso neto mediano equivalente. Esta liña de pobreza relativa resulta ser moito máis estable que as baseadas nunha porcentaxe da renda media, que están máis expostas aos valores extremos da distribución. Por outra parte, se se nota por q ao número de fogares pobres (é dicir, cuxo ingreso neto equivalente se atopa por baixo do limiar de pobreza), as medidas de intensidade de pobreza seleccionadas son as seguintes:\nA proporción de pobres (H = q/n) só se utilizou para estudar a evolución da incidencia da pobreza nos diferentes anos ao longo do período considerado.\nPara estudar a evolución da exclusión social en España e nas diferentes comunidades autónomas, elixíronse as variables cualitativas que, segundo a información dispoñible, pode considerarse que mellor definen o estado de exclusión social, aínda que algunhas delas puideran ser discutibles. Por iso, tomáronse aquelas preguntas que forman parte do “Módulo de Exclusión Social” da ECV e que, xunto coas súas posibles respostas, son as seguintes:\nE1.- Producíronse atrasos no pagamento da hipoteca ou do aluguer do fogar nos últimos 12 meses? Si/Non E2.- Producíronse atrasos no pagamento das facturas da electricidade, auga, gas, etcétera, nos últimos 12 meses? Si/Non E3.- Producíronse atrasos no pagamento de compras aprazadas ou doutros prestamos (débedas non relacionadas coa vivenda) nos últimos 12 meses? Si/Non E4.- Pode o fogar permitirse pagar unhas vacacións fóra de casa cando menos unha semana ao ano? Si/Non E5.- Pode o fogar permitirse unha comida de carne, polo ou peixe (ou equivalentes para os vexetarianos) cando menos cada dous días? Si/Non E6.- Ten o fogar capacidade para afrontar gastos imprevistos? Si/Non E7.- Ten o fogar teléfono (incluído móbil)? Si/Non (por non llo poder permitir)/Non (outro motivo)\nE12.- Capacidade do fogar para chegar a fin de mes: Con moita dificultade/Con dificultade/Con certa dificultade/Con certa facilidade/Con facilidade/Con moita facilidade E13.- Os gastos totais da vivenda (incluíndo seguros, electricidade, comunidade, etc.) supoñen para o fogar: Unha carga pesada/Unha carga razoable/Ningunha carga E14.- Os desembolsos por compras a prazos ou por devolución de préstamos non relacionados coa vivenda supoñen para o fogar: Unha carga pesada/Unha carga razoable/Ningunha carga E15.- Ten a vivenda luz natural insuficiente nalgún cuarto? Si/Non E16.- Ten a vivenda problemas de ruídos producidos por veciños ou procedentes do exterior (tráfico, negocios, fábricas, etc.)? Si/Non E17.- Ten a vivenda problemas de contaminación, sucidade ou outros problemas ambientais producidos pola industria ou o tráfico? Si/Non E18.- Ten a vivenda problemas de delincuencia, violencia ou vandalismo na zona?\nPara a selección do indicador de exclusión social optouse por un indicador sintético que combine a información anterior para que permita medir o grao de exclusión social dos fogares. Esta formulación exponse na seguinte sección.\n3. INDICADOR SINTÉTICO DE EXCLUSIÓN SOCIAL\nNeste traballo utilízase o indicador de exclusión social proposto en Domínguez e Núñez (2009), construído mediante unha adaptación da medida enunciada por Dagum, Gambassi e Lemmi (1991) para medir a pobreza a partir de conxuntos difusos. A continuación, expóñense as súas características máis sobresalientes. Admitindo un conxunto de k indicadores cualitativos sintomáticos do grao de exclusión social (Y 1, Y 2,..., Y k), defínese Y ij como a modalidade do indicador Y j correspondente ao fogar i de tal forma que:\nRepresentamos por A o conxunto formado polos fogares excluídos socialmente desa poboación. Así, para cada fogar i defínese μ A (i) como o seu grao de exclusión social, onde μ A (i)  [0, 1], de tal forma que se μ A (i) = 1, daquela o fogar i vive nunha situación de exclusión social extrema, mentres que se μ A (i) = 0 ese fogar i non está en situación de exclusión social. Así, para cada fogar tense:\nHai dúas formas de obter a función de pertenza á situación de exclusión social, dependendo de que se considere que todos os indicadores teñen a mesma importancia ou que non a teñen. A continuación, exponse a forma que presenta esa función de pertenza en ambos os dous casos.\ncadores Y 1, Y 2,..., Y k, no fogar i, onde w j é a ponderación asociada ao indicador Y j. Dada a manifesta diferenza no impacto e na repercusión das distintas causas posibles de exclusión social, esta será a opción elixida neste traballo.\nPara estimarmos as ponderacións (w j) imos considerar unha relación funcional inversa entre o sistema de ponderacións e as frecuencias correspondentes aos síntomas de exclusión social. Polo tanto, sexa f j a frecuencia relativa do indicador ao síntoma de exclusión social Y j, considerados os n fogares da poboación. É dicir:\nEntón, consideramos a seguinte función, que presenta máis estabilidade que a inversa das frecuencias (Dagum, Gambassi e Lemmi, 1991):\nUnha vez que temos definida a función de pertenza, defínese o índice de excluonde  A (i) é a función de pertenza do fogar i ao conxunto difuso determinado pola exclusión social. Polo tanto, I E  [0, 1] representa a proporción de fogares que pertencen ao conxunto difuso dos excluídos socialmente.\n4. ANÁLISE DOS RESULTADOS OBTIDOS O estudo fíxose para as sete ondadas consideradas da ECV. En primeiro lugar, analízase a proporción de fogares en España que sofren algún tipo de carencia.\nNa táboa 1 pode observarse como mellorou a situación dos fogares, xa que no ano 2010 só un 0, 4% non tiña teléfono fixo, móbil ou televisión en cor; un 0, 18% carecía de lavadora e un 6, 2% de ordenador. Porén, aumentou a porcentaxe de fogares para os que os gastos da vivenda supoñen unha pesada carga (o 49, 66% dos fogares no ano 2010), e nesta liña os atrasos nos pagamentos de facturas (electricidade, auga, gas, etc.) no último ano pasaron dun 5% no ano 2004 a un 6, 12% no ano 2010, así como tamén a porcentaxe de fogares que ten problemas para facerlles fronte ás compras aprazadas, que se incrementou nun 21, 5%.\nNon obstante, diminuíu a porcentaxe de fogares que non se pode permitir unha semana de vacacións fóra da súa casa, e nun 29, 3% os problemas de vandalismo, delincuencia ou violencia. Só o 5% destes fogares non teñen coche. Tamén se pasou de máis dun 39% de fogares con problemas para facerlles fronte a gastos imprevistos no ano 2004 a un 36, 6% no ano 2010, o que supón unha diminución de máis dun 6% no período de estudo. Melloraron os problemas de contaminación por industria, pasando dun 15, 6% a menos dun 11% no ano 2010, o que supón unha diminución dun 32%.\nNa táboa 2 móstranse as ponderacións do indicador sintético da exclusión social en España. Por construción, as ponderacións crecen cando decrece a proporción de fogares que presenta cada carencia. Este comportamento atopa a súa explicación en que, loxicamente, canto máis xeneralizada sexa unha carencia menor sentimento de exclusión social deberá inducir no fogar que a sofre, e o mesmo pode dicirse en sentido contrario.\nAsí, pode observarse que o síntoma de exclusión social que máis pondera no índice sintético é a carencia de televisión en cor (7, 9%), seguido da falta de lavadora no fogar (7, 74%) e de teléfono fixo/móbil (6, 8%), mentres que non poder comer carne/polo/peixe cando menos dous días á semana pondera un 5%, e a falta de luz nalgún cuarto do fogar, un 4, 3%. Pola contra, os indicadores cualitativos que menos ponderan son os préstamos e pagamentos aprazados, que presentan unha importancia dun 1, 62%, e os préstamos hipotecarios e alugueiros, cun 1, 9%.\nNa gráfica 1 preséntanse as ponderacións do indicador de exclusión social nos fogares a nivel nacional durante o período 20042010, de maneira que pode apreciarse a súa evolución.\nGráfica 1.- Evolución das ponderacións nos fogares en España, 20042010\nou móbil?; TV: Ten televisión en cor?; OR: Ten ordenador?; LA: Ten lavadora?; CO: Ten coche?; CFM: Capacidade para chegar a fin de mes; CGV: Carga gastos vivenda; CDP: Carga desembolso pagamentos aprazados; LI: Luz insuficiente; PR: Problemas de ruído; PC: Problemas de contaminación; PD: Problemas de delincuencia. FONTE: Elaboración propia.\nNa táboa 3 móstrase a evolución da exclusión social en España, nas distintas comunidades e nas dúas cidades autónomas, cuantificada a partir do indicador sintético construído de acordo coas directrices expostas e utilizando os indicadores cualitativos obtidos a partir do “Módulo de Exclusión Social” da ECV. Debe terse en conta que os resultados correspondentes a Ceuta e Melilla deben tomarse con cautela polo escaso tamaño mostral que lles corresponde na enquisa.\nSe se observa a táboa 3 pode deducirse que a exclusión social diminuíu practicamente en todo o territorio nacional a excepción de catro comunidades autónomas e da Cidade Autónoma de Melilla, como se detallará a continuación. Porén, os diferentes ambientes económicos que se dan durante o período considerado provocan a existencia de flutuacións na evolución do indicador, como era de esperar.\nAsí, a nivel nacional obsérvase unha diminución da exclusión social entre os anos 2006 e 2008, mentres que a partir do ano 2009 se produce un repuntamento para volver diminuír no ano seguinte, sendo a magnitude da diminución dun 15, 3% no período 20042008, o que pode visualizarse máis claramente na gráfica\nGráfica 2.- Evolución da exclusión social nos fogares en España, 20042010 FONTE: Elaboración propia.\nEn relación coa evolución da exclusión social nas comunidades autónomas, a táboa 3 mostra que é en Melilla onde máis aumentou a exclusión social con respecto ao ano 2004, cifrándose este aumento nun 28%, seguida de Cantabria (25%), País Vasco (cun aumento dun 9%) e Estremadura (cun 3, 6%). As traxectorias que mostran a evolución dos niveis detectados de exclusión social nas comunidades mencionadas poden comprobarse máis claramente na gráfica 3.\nGráfica 3.- Evolución da exclusión social nos fogares das comunidades autónomas onde se incrementou a exclusión social, 2004- -2010 FONTE: Elaboración propia.\nA continuación, estúdase a evolución da pobreza en España e nas diferentes comunidades autónomas durante o período considerado seguindo as directrices expostas na sección 2.\nNa táboa 4 pode observarse que só en catro comunidades autónomas e en Melilla aumentou a porcentaxe de fogares por baixo do limiar de pobreza nacional, se se considera o período analizado de maneira global, mentres que diminuíu esta porcentaxe en todos os demais casos, incluíndo o nacional.\nNeste sentido, destaca o caso de Aragón, que mostra un importante incremento de fogares pobres, en termos relativos, con respecto ao ano 2004, aínda que convén matizar que é 2005 o ano en que se produce o grande aumento da proporción destes fogares, seguindo despois unha diminución continuada aínda que máis leve ata o ano 2009, para rexistrarse un novo repuntamento no ano 2010. En Melilla rexístrase un aumento dun 36% de fogares pobres e en Estremadura o incremento é superior ao 33%. As dúas restantes comunidades autónomas nas que crece a proporción de fogares pobres son CastelaA Mancha e Canarias, aínda que de maneira máis leve.\nPor outra parte, a comunidade autónoma na que máis diminuíu a porcentaxe de fogares pobres durante todo o período considerado é Navarra (42%), seguida de Madrid (33%), Ceuta (28, 6%) e A Rioxa, onde se rexistra un descenso do 19%. En Galicia produciuse un descenso de máis dun 16%. De novo, cómpre sinalar que estas diminucións non se realizaron de maneira continua ao longo do período senón que se producen flutuacións notables na evolución da incidencia da pobreza.\nNa táboa 5, que se centra na intensidade da pobreza cuantificada a través da medida de Foster, Greer e Thorbecke de orde 2 (FGT2), o comportamento é distinto, xa que se aprecian bastantes máis evolucións negativas. Destaca o caso de CastelaA Mancha, que practicamente duplicou a súa intensidade na pobreza, á que seguen Aragón (cun incremento dun 75%), Valencia (cun aumento dun 58%) e Estremadura (cun 56%). En Andalucía aumentou a intensidade da pobreza nun 35% con respecto ao ano 2004, situándose no ano 2010 practicamente no seu máximo. Murcia sufriu un incremento dun 54, 7%, mentres que en Madrid foi dun 6, 75% e en Cantabria dun 12, 1%. Unha vez máis hai que advertir que a evolución desta magnitude mostra flutuacións ao longo do período analizado.\nAsí e todo, Navarra é a Comunidade Autónoma onde máis diminuíu a intensidade da pobreza (55, 76%), xunto con Asturias (46, 93%) e Galicia (25, 41%). En Baleares, o descenso é practicamente dun 10% e en Cataluña dun 6, 81%, destacando por riba de todas o descenso dun 68% en Ceuta.\nNa táboa 6 móstranse os valores da medida de Foster, Greer e Thorbecke de orde 3 (FGT3), que se interpretan, como é habitual, como o grao de pobreza severa que se rexistra no noso país. Os resultados obtidos mostran que segue destacando Ceuta, cunha diminución de case un 70%, á que lle seguen Navarra (cun descenso do 59%), Asturias (54, 36%), Galicia (22, 68%) e Baleares, onde a diminución de pobreza severa é dun 10, 24%. Lembramos, unha vez máis, que estas porcentaxes corresponden ao período completo, onde cómpre observar flutuacións máis ou menos notables, segundo os casos, como pode comprobarse.\nEntre as comunidades autónomas nas que se rexistraron incrementos da pobreza severa destaca CastelaA Mancha, que presenta o maior aumento con respecto ao ano 2004 (136%). Outros casos notables son os de Aragón (cun 96, 7% de incremento), Murcia (79, 6%), Valencia (65, 3%), Estremadura (61, 4%) e Andalucía (50, 46%). Outras comunidades que rexistraron tamén incrementos, aínda que de maneira algo máis moderada, son Madrid (34, 22%), Canarias (24, 63%) e Cataluña (9, 33%).\nO saldo final do período completo mostra que, fronte a unha diminución da intensidade da pobreza dun 4, 34% acompañada dun descenso da exclusión so cial dun 15, 39%, se produce un incremento da intensidade da pobreza dun 19, 2% e un agravamento da severidade da pobreza dun 32, 02%, o que suxire que, malia o descenso no número de fogares pobres e excluídos socialmente, se produciu un notable agravamento dos fogares que se atopan en peores condicións.\n5. CONCLUSIÓNS\nNeste traballo utilizouse un indicador sintético que permite medir a exclusión social a partir dunha batería de indicadores cualitativos sintomáticos de exclusión social. Este indicador aplicouse aos fogares españois tanto a nivel nacional como para as diferentes comunidades e cidades autónomas. Para iso, utilizáronse os datos provenientes da Encuesta de Condiciones de Vida (ECV), utilizando un período de estudo que vai desde o ano 2004 ata o ano 2010.\nOs indicadores cualitativos que integraron o indicador sintético proposto para medir a exclusión social permitiron, ademais, extraer gran cantidade de información útil sobre a evolución da situación en que viven os fogares. Os resultados obtidos posibilitaron a realización dunha ampla análise da evolución rexistrada no grao de exclusión social dos fogares españois ao longo do período analizado, tanto a nivel nacional como autonómico, avaliándoo en relación coa evolución da pobreza a través da súa incidencia, da súa intensidade e da súa severidade. Esta análise facilitou a comparación do impacto que os diferentes ambientes económicos tiveron sobre os fogares. En termos relativos, cómpre destacar que a nivel nacional se aprecia unha diminución de máis de quince puntos porcentuais no indicador de exclusión social e un descenso de máis de catro puntos porcentuais polo que respecta ao número de fogares que están por baixo do limiar de pobreza, aínda que esta evolución non foi constante durante o período considerado senón que se aprecian notables flutuacións, así como un empeoramento desde o ano 2008 como consecuencia da crise económica. Porén, tamén se produciu a nivel nacional un incremento na intensidade da pobreza (superior ao 19%) e máis aínda da pobreza severa (en torno ao 32%), sobre todo desde o ano 2008, o que é indicativo de que os fogares que están nos tramos máis baixos de renda se atopan paulatinamente en peores condicións."} +{"summary": "Este artigo versa sobre o tratamento que algunhas narradoras vascas deron nas súas novelas á violencia de xénero no período comprendido entre 1979 e 2009. Dun corpus xeral de trinta novelas, só cinco tratan a violencia de xénero. Por isto, analízanse dun xeito detallado dúas destas novelas de autoría feminina, Tango Urdina [ Tango Azul ], de Aitziber Etxeberria, que trata especificamente sobre os malos tratos e Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ], de Uxue Alberdi, que aborda o tema da violencia sufrida polas mulleres en tempos de guerra. Doutra banda, puxemos estas dúas novelas en comparación con outras tres contemporáneas escritas por narradores vascos: Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ], de Anjel Lertxundi, Zureak egin du [ Estás acabada ], de Iñaki Friera, e Golgota [ Golgota ], de Xabier Montoia. As dúas primeiras teñen como eixo temático os malos tratos (do mesmo xeito que a xa mencionada Tango Urdina [ Tango Azul ]) mentres que a última incorpora o tema da violencia exercida contra as mulleres durante a guerra (tal e como fai Uxue Alberdi na súa Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ]). Como conclusión, podemos aseverar que se observaron diferenzas importantes no tratamento do tema dos malos tratos por parte dos narradores e narradoras; non así no tema da violencia sufrida polas mulleres nas contendas bélicas onde narradoras e narradores converxen na súa maneira de narrar os feitos e tratar o tema.", "text": "sinécdoque da violencia de xénero na literatura vasca\nGema Lasarte\n[Recibido, 14 outubro 2014; aceptado, 22 setembro 2015]* http://dx.doi.org/10.15304/bgl.47.2183 * A versión galega que ofrecemos é tradución do Consello de redacción do BGL desde o orixinal castelán remitido pola autora do traballo.\n : literatura, corpo, xénero, malos tratos, guerra. abstract This article studies how some Basque female writers have dealt with the topic of genderbased violence on their novels, in the period between 1979 and 2009. Starting with a corpus of thirty novels, only five deal with genderbased violence. Thus, this essay analyses in detail two of them, Tango Urdina [ Blue Tango ] by Aitziber Etxeberria, which focuses on abuse, and Aulki jokoa [ Musical Chairs ] by Uxue Alberdi, which shows the violence suffered by women during war. On the other hand, we have comIntrodución\nEste artigo pretende abordar un dos temas máis vixentes na sociedade actual: a violencia de xénero e o seu tratamento e reflexo na literatura contemporánea en lingua vasca. Para iso, utilizamos como ferramenta de análise, por unha banda, o paradigma e marco teórico, e por outra, describimos tamén os aspectos máis estritamente literarios das novelas analizadas. No paradigma teórico a nosa pretensión é, en primeiro lugar, a de esmiuzar todo o marco conceptual tecido ao redor do que se denominou violencia machista : conceptos tales como violencia doméstica, violencia familiar, violencia contra as mulleres, feminicidio etc. En todos estes termos albíscase o xénero como parte determinante contra a que se erixe a violencia machista contra as mulleres. En segundo lugar, e tamén dentro do marco conceptual, obsérvase o corpo: o corpo como texto que non é outra cousa que unha metáfora da realidade histórica no caso dos corpos maltratados e violentados na guerra, por unha banda, e corpos obxecto de violencia física ou de malos tratos, exemplo existencial da condición feminina, por outra.A segunda parte analiza o aspecto literario que comprende á súa vez dúas partes diferenciadas. Por unha banda, examínase o tema da violencia de xeito detallado, e para iso recorremos ao uso da narratoloxía como método. Observamos así algúns personaxes protagonistas femininos recreados polos narradores nas últimas décadas. Incídese na análise das voces e, sobre todo, afóndase no estudo do paradigma actancial, para ver pared these two novels with tree contemporary books written by male narrators: Zoaz infernura, laztana [ Go to Hell, Darling ] by Anjel Lertxundi, Zureak egin du [ You’re Done ] by Iñaki Friera and Golgota [ Golgotha ] by Xabier Montoia. The first two have abuse as their main thematic axis (such as the aforementioned Tango Urdina [ Blue Tango ]); while the third one has the topic of violence against women during war (as it was done by Uxue Alberdi in Aulki jokoa [ Musical Chairs ]). To conclude, we can point out important differences on the treatment of the topic of abuse by male and female narrators; but not so much on the topic of violence due to war, in which writers coincide on their way of approaching the subject.\nPara estabelecer un paradigma que reflicta a violencia de xénero e como se leva a cabo a representación do corpo maltratado na literatura vasca dos últimos anos, tomamos como corpus do noso estudo, principalmente, cinco novelas: Tango Urdina [ Tango Azul ] (2003), de Aitziber Etxeberria, Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] (2008), de Anjel Lertxundi, Zureak egin du [ Estás acabada ] (2009), de Iñaki Friera, Golgota [ Golgota ] (2008), de Xabier Montoia, e Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ] (2009), de Uxue Alberdi. As tres primeiras incorporan como eixo central da súa temática os malos tratos inflixidos polo marido á muller e as dúas últimas tratan da violencia exercida contra as mulleres durante as guerras. Para a nosa análise diferenciamos estes dous bloques.\nA violencia exercida sobre personaxes femininas na obra das autoras e autores vascos das últimas décadas\nRepaso de todas as obras producidas polas narradoras vascas desde 1979 ata 2009 que representan a violencia de xénero\nEste estudo analiza a presenza da violencia de xénero na produción narrativa das autoras vascas. Neste sentido cómpre sinalar que este tema tivo escasa relevancia na produción narrativa das autoras. Así, da trintena de novelas publicadas por narradoras vascas nas tres últimas décadas, soamente adquire protagonismo no eixo temático de cinco delas. Deste xeito, Uxue Alberdi en Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ] (2009) pon en boca da protagonista, Teresa, toda a crueza da guerra e, sobre todo, denuncia de xeito solapado a violencia de xénero que se produce nos conflitos bélicos. Aitziber Etxeberria, pola súa banda, na novela Tango Urdina [ Tango Azul ] (2003), retoma como fío narrativo a violencia de xénero: aquí a violencia é doméstica e susténtase nos malos tratos que o marido exerce de forma sistemática contra a súa muller, Marga. Laura Mintegi móstranos outro tipo de violencia na obra Bai baina ez [ Si pero non ] (1985), a relación de abuso sexual exercida por un pai cara á súa filla Rosa.\nA diferenza das novelas anteriormente citadas, que teñen a violencia de xénero como eixo temático principal, hai textos que a tratan de maneira tanxencial. Por exemplo, na novela de Dorleta Urretabizkaia, Jaione [ Jaione ] (2006), o exmozo da protagonista acósaa sistematicamente, por teléfono e pola rúa, tras a ruptura do noivado entre eles. Doutra banda, nesta mesma novela albiscamos outro tipo de relacións violentas, como a que se dá entre os proxenitores da protagonista. O conflito orixínase coa perda do emprego por parte do pai e o papel da nai como sustento da economía familiar. Esta situación incomoda o marido e é a que desata a violencia que exerce contra ela. Por tanto, en Jaione [ Jaione ] observamos que a violencia de xénero prodúcese en dúas xeracións ben distintas: contra a nai, exercida polo pai, e contra a filla, exercida polo seu exnoivo.\nPor último, Aitziber Etxeberria pon de manifesto en 31 baioneta [ 31 baionetas ] (2007), a violencia de xénero que sofren as mulleres en tempos de guerra. Esta novela transcorre en Donostia durante o verán de 1813, cando a cidade estaba baixo o dominio das tropas de Napoleón. Etxeberria relata a penosa situación que viven as protagonistas (nai e filla), que se ven obrigadas a deixar o caserío e refuxiarse na cidade, Donostia, cando esta é asediada e incendiada polas tropas angloportuguesas. Neste enfrontamento, que representa os derradeiros momentos da guerra da Independencia de España, os soldados angloportugueses violarán a filla unha e outra vez. Así, de forma paradoxal, o que se contempla como o final dunha guerra, constitúe, á súa vez, o inicio do sufrimento e da estigmatización que se perpetuará no percurso da vida da protagonista. E é que, como ben indicou Adrianne Rich (1996: 85, 102, 401), o corpo da muller é o territorio onde se erixe o patriarcado.\nSelección de tres novelas de autoría masculina de recente publicación que representan a violencia de xénero\nComo anticipamos ao comezo, tamén quixemos examinar o tratamento que os autores vascos dan á violencia machista, para posteriormente equiparalo co tratamento que as autoras dan ao mesmo tema. Para iso, analizaremos Golgota [ Golgota ] (2008), de Xabier Montoia, que narra a historia de Felisa, muller estigmatizada pola guerra civil. A protagonista, filla de Gorria (Roxo), foi testemuña na súa máis tenra infancia de como, o día da Virxe, os falanxistas tras bater no seu pai e a súa irmá maior, leváronos para sempre. Así mesmo, ao día seguinte meten na cadea a súa nai para lle cortar o pelo e deixar a familia marcada pola guerra civil e pola violencia para toda a súa vida. Anjel Lerxtundi, en Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] (2008), relátanos os malos tratos que Tomás dá á súa esposa, Rosa, atemorizada nun ambiente de violencia que non lle ofrece ningunha saída, máis que a de aguantar, ata que coñece a Inazio e xuntos traman o asasinato de Tomás. A psiquiatra de Rosa faise eco da historia de toda unha vida de medo e violencia que Rosa lle relata desde a cadea. Así, asistimos a un doloroso relato no que a protagonista nos conta que non coñeceu o amor da súa nai e que foi violada por primeira vez aos oito anos. En definitiva, Rosa é a encarnación dunha muller que arrastra unha historia de soidade e de carencia de amor ata que coñece ao seu marido pero que seguirá sufrindo tamén durante o seu matrimonio. Iñaki Friera, pola súa banda, dános conta da historia dunha muller aterrorizada polos malos tratos aos que é sometida por parte do seu home. Trátase de Sofia, na novela Zureak egin du [ Estás acabada ] (2009). A diferenza aquí radica en que se trata dunha persoa de status elevado que finalmente é acollida e escondida por unha Comunidade de Mulleres que se dedica clandestinamente a asistir a vítimas da violencia machista temerosas pola súa vida.\nAínda que esta investigación ten como obxectivo principal o estudo da violencia de xénero reflectida nas novelas das autoras vascas nas últimas décadas, tamén quixemos poñelas en comparación con outras narracións de autores vascos, porque iso ofreceranos unha maior visión de campo e unha perspectiva máis ampla que afonda na consecución do noso obxectivo. As obras de narradores vascos que eliximos para a nosa análise son as tres obras mencionadas máis arriba. Estas tres novelas, do mesmo xeito que as escritas polas autoras, outorgan relevancia á personaxe protagonista feminina e explicitan varios tipos de violencia, ás veces mediante a representación do corpo dócil, obxecto da violencia, e outras veces, valéndose da escritura do corpo, das vivencias do corpo feminino ferido e mutilado.\nMarco conceptual\nViolencia de xénero e violencia simbólica\nNos estudos culturais, os conceptos máis utilizados son os de violencia doméstica e violencia de xénero. Raquel Osborne (2009: 28) afirma que o concepto de violencia doméstica omite información, xa que en opinión da autora este concepto non explica quen é o suxeito e quen o obxecto da violencia; tampouco se explica cal é o obxectivo final desa violencia. Por outra banda, Osborne di que este concepto contempla toda a violencia exercida dentro da casa, pero de ningunha maneira a violencia exercida fóra do fogar. Esta característica de non especificar nin o suxeito nin o obxecto, fai imposible, pola nosa banda, o emprego desta expresión no uso metodolóxico do paradigma actancial para a análise das relacións de violencia que se estabelecen de xeito hexemónico cando hai obvios sinais de violencia machista.\nSe comparamos o concepto de violencia doméstica co de violencia de xénero, este último ofrece moitos máis matices e moita máis información. Para empezar, o concepto de xénero ten como epicentro a relación entre homes e mulleres, e non a familia. En canto ao espazo, abrangue a casa, así como calquera outro lugar onde se exerza a violencia contra as mulleres. Pero este termo tamén ten as súas lagoas e carencias, lagoas que quedan reflectidas na lei 1 : cando a violencia de xénero se dá entre a parella penalízase máis; cando se dá fóra da parella, tanto na rúa coma no traballo, non se tipifica da mesma maneira (Osborne 2009; Larrauri 2007).\nOutra expresión que se usa con frecuencia é a de violencia familiar (Larrauri 2007). Con todo, este tipo de violencia non ten moito que ver coas relacións de afecto nin coas relacións eróticas. Do mesmo xeito que o concepto de violencia doméstica, trátase dun concepto demasiado ambiguo como para que nos permita delimitar as funcións gramaticais 2 dos actantes no paradigma actancial. Cabe sinalar, tamén, o uso, aínda que en menor grao, do concepto de terrorismo familiar, cuxa idea xorde a partir da observación do trato recibido polas vítimas de distintos terrorismos (Osborne 2009: 28). Pero esta expresión tampouco contempla aspectos importantes da violencia de xénero, como son o acoso no traballo ou o acoso sexual exercido contra as mulleres polo simple feito de seren mulleres. Outra denominación que se utiliza, pero dun xeito moito máis excluínte, é a de feminicidio, concepto análogo ao concepto que a criminoloxía fai das expresións asasinato en serie ou asasinatos sistemáticos, como os que ocorren na cidade mexicana de Juárez, por exemplo. É dicir, este concepto refírese a asasinatos en serie pero que teñen como obxectivo a agresión sexual.\nAsí mesmo, utilízase recorrentemente o concepto de violencia contra as mulleres. Cabería sinalar o interese que suscita esta expresión porque especifica dun xeito tallante o obxecto da violencia, a muller, non así o suxeito da violencia, nin tampouco o obxectivo da violencia (sexista, roubo ou calquera outra finalidade). Todos estes conceptos son frecuentes en máis dun campo, pero o uso máis xeralizado dáse en todo o referido á violencia sexual. Dicimos que se produce violencia sexual cando hai unha acción deste tipo non consensuada, non desexada (Bourke 2009; Larrauri 2007), con violencia física ou sen ela. Dentro desa violencia utilizada para controlar as mulleres poderíase afirmar que collen todas as tipificacións da violencia: desde a simbólica ata o acoso publicitario, pasando polas violacións e o acoso sexual, os malos tratos, a violencia de xénero, a exercida contra as mulleres nas guerras etc. (Osborne 2009; Bosch e Ferrer 2002).\nPara finalizar, citaremos a Esperanza Bosch e Vitoria Ferrer (2002: 3436) que mencionan o concepto de terrorismo patriarcal e doméstico, así como o de violencia patriarcal, pero todos eles inscríbenos dentro dun concepto máis amplo ao que denominan terrorismo misóxino, xa que, segundo as autoras, todas as violencias de xénero teñen como base o desprezo cara ás mulleres.\nComo conclusión, pódese afirmar que o concepto de violencia de xénero integra unha multiplicidade de conceptos, pero que todos teñen un denominador común, isto é, que se trata dun tipo de violencia que se exerce contra as mulleres polo único feito de seren mulleres, e que é, ademais, unha violencia de natureza erótica. Do mesmo xeito que apareceron diversos conceptos, xurdiron tamén distintas clasificacións. Por mencionar algunhas, podemos falar da diferenza que se establece entre as violencias que se dan no ámbito íntimo e no ámbito público; outra clasificación sería a referida á frecuencia dos malos tratos: esporádico ou continuo; tamén se podería estabelecer outra clasificación atendendo aos malos tratos físicos ou psicolóxicos. É neste último apartado onde incluiriamos a violencia simbólica. Citamos aquí a definición que deste concepto dan Bosh e Ferrer (2002: 30) xa que nos referiremos a este tipo de violencia a miúdo ao longo deste artigo:\nEsta forma de violencia caracterízase porque transforma en naturais aquelas modalidades culturais que teñen como finalidade someter a un certo grupo social empregando estratexias que foron desenvolvidas por quen dispón do poder. É dicir, é unha violencia que converte en natural o que é un exercicio de desigualdade social e, precisamente por iso, é unha violencia contra a que adoita opoñerse pouca resistencia.\nDeste xeito, a violencia simbólica significa menosprezo ou desvalorización cara á outra persoa: “Colocala dentro dunha categoría estigmatizada, negarlle a posibilidade de expresar ou facer valer as propias intencións” (Juliano 2004: 68). “É a aceptación sumisa como natural da dominación masculina (…) O efecto da dominación non se produce na lóxica das conciencias coñecedoras, senón a través dos esquemas de percepción, de apreciación e de acción que constitúen os hábitos que sustentan, antes que as decisións da conciencia e dos controis da vontade, unha relación de coñecemento profundamente escuro para ela”, en palabras de Bourdieu (2000: 5254).\nNeste artigo fixemos uso principalmente do concepto de violencia de xénero porque vertebra o significado e a amplitude de todas as outras expresións detalladas neste apartado. Con todo, a violencia simbólica aínda que non está tipificada como de xénero, en moitas situacións derivará finalmente en violencia de xénero. As novelas analizadas son un claro exemplo disto, xa que dan conta de como, antes de aparecer dun xeito explícito a violencia de xénero, prodúcese outra violencia moito máis implícita (linguaxe sexista, cultura da desigualdade (…) que fomenta e deriva nunha violencia física e psicolóxica contra as mulleres.\nO corpo\nO corpo, segundo Cristóbal Pera (2006: 153) é unha forma e tamén unha historia. En canto á forma, o corpo humano sofre unha continua transformación ao longo da súa vida. De aí a existencia de “corpos avellentados”, “corpos deteriorados”, e mesmo “corpos medicalizados”. Esa forma, ademais, sofre continuas modificacións na cultura occidental por motivos estéticos ou de moda. Neste sentido, non hai que esquecer a vixente cultura da modificación do corpo, tan de actualidade: adelgazamentos obsesivos por parte das mulleres, excesivo remodelado muscular por parte dos homes, a cirurxía plástica e estética loitando sempre contra o avellentamento natural e a fealdade en aras de elevar a autoestima, as tatuaxes, a perforación do corpo mediante body piercing etc.\nO corpo é, ademais, espazo de posesión e submisión, e é por isto polo que neste traballo tamén analizamos o abuso dos corpos. A tortura suporía así o supremo abuso dun corpo humano, pero hoxe en día prodúcense moitas outras intervencións, como poden ser o abuso do corpo como instrumento de reprodución (in vitro e outras técnicas), como recuperación doutros corpos (doazón de órganos), como instrumento opresivo (guerras, soldados), como instrumentos especializados (corpos límite, atléticos), instrumentos para o pracer sexual etc.\n“A forma do corpo, por tanto, é unha xeografía que se constrúe coa mirada e coas mans doutro corpo” (Pera 2006: 56). É dicir, é un territorio disposto a ser explotado e colonizado mediante as mans e as olladas. É esta a xeografía literaria que nos dispoñemos a analizar neste artigo, e atópase representada polas personaxes femininas en tanto que constitúen imaxes de muller como “un espectáculo para ser mirado, investigado, controlado e, finalmente, posuído por un suxeito que é masculino” (Lauretis, apud Palencia Vila 2008: 41).\nPor outra banda, o corpo, ademais de ser un espazo cambiante e de ocupar un lugar no mundo, narra unha historia, escribe un texto sobre a súa propia conduta. Este espazo con forma cambiante contén así o seu texto e a súa historia, lémbraos na súa memoria, sopórtaos e fainos visibles nas súas cicatrices. Estas pegadas físicas afianzan a identidade na memoria do eu ao longo das súas vivencias (Pera 2006: 153).\nObviamente, a memoria destes corpos queda subsumida nunha extensa gama de identidades, dependendo do xénero, sexo, etnia, cultura, relixión, ideoloxía, profesión, nación, lingua, clase social etc. Esta identidade persoal do corpo ao longo da historia foi estudada, dunha banda, como unha oposición de raiceiras platónicas: espírito versus corpo ou como suxeito moderno, de identidade persoal do corpo como esencia, segundo Descartes e Kant, por outra. Con todo, a perspectiva que máis nos interesa no noso estudo é a do corpo como devir. O corpo ten unha existencia performativa dentro dos marcos culturais. Máis que ter un corpo ou ser un corpo, convertémonos nun corpo (Torras 2007: 20). Desde esta perspectiva o corpo é unha representación corporal, posúe unha existencia performativa dentro duns marcos culturais determinados cuxos códigos o fan visible. Así, máis que ter un corpo (Platón) ou ser un corpo (Descartes), convertémonos nun corpo e negociámolo nun proceso que se entrecruza co noso devir como suxeitos, pero dentro dunhas coordenadas particulares que nos fan identificables e recoñecibles, á vez que nos manteñen collidos ás súas determinacións de ser, estar, parecer ou devir (Torras 2007: 20). Esta representación do corpo pódese estudar desde a perspectiva intencional (Husserl), afectiva (Sheler), simbólica (Lacan), social (Foucault) e carnal (MerleauPonty) (Adrián 2007: 55).\nEse “corpo no espello”, que nunca se parece ao corpo imposto polos modelos mediáticos, non é o que imos examinar nesta investigación. Centrarémonos directamente nos “corpos violados”, os “corpos cicatrizados” e os “corpos mutilados” pola violencia machista, para deste xeito rescatalos, por unha banda, do esquecemento histórico nos casos nos que a violencia se produce en escenarios bélicos e, por outra, do esquecemento político nas narracións que viran ao redor do tema dos malos tratos xa que “os malos tratos son un problema político” 3. Cómpre reescribir estes corpos para que non perezan na omisión e para que o lector ignorante e amnésico perda a súa inocencia (CamíVea, apud Sontag 2008: 31).\nAnálise da violencia de xénero desde a Narratoloxía O tempo e as voces da narración nas novelas Tango Urdina [Tango Azul], Zoaz infernura, laztana [Vaite ao inferno, querida] e Zureak egin du [Estás acabada]\nA continuación imos analizar como se trataron as voces literarias nas novelas Tango Urdina [ Tango Azul ] (2003), de Aitziber Etxeberria, Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] (2008), de Anjel Lertxundi e Zureak egin du [ Estás acabada ] (2009), de Iñaki Friera, coa fin de desenvolver un discurso que responda á vertebración da violencia de xénero e á representación dos corpos maltratados.\nEn primeiro termo, debemos sinalar que nas tres obras se realizou a mesma xestión temporal mediante o uso do tempo intercalado. Deste xeito, por unha banda, óptase por narrar os acontecementos acaecidos nun tempo pasado; e por outra, o presente constitúe o tempo no que a violencia se materializa. O tempo pasado é o tempo da violencia simbólica no que, dun xeito “solapado”, irase xestando a posterior violencia machista explícita.\nNas obras Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] e Zureak egin du [ Estás acabada ], o presente constitúe un tempo de reflexión, é o tempo de lembrar e contar os estragos causados pola violencia de xénero, nunha palabra, de sufrir e xulgar as consecuencias. Na novela Tango Urdina [ Tango Azul ], con todo, o presente é o tempo do agravamento da violencia; é o tempo da materialización da violencia que se foi amoreando no pasado. Desta análise da xestión do tempo pódese deducir que nas tres novelas son claramente identificables tempos distintos para cada unha das fases da violencia: xerminación, realización e narración. Deste xeito, vaise intercalando o tempo pasado da narración que dá conta da xerminación da violencia e o tempo presente da narración que informa da materialización da devandita violencia. A diferenza entre estas tres novelas radica no feito de que tanto na obra de Anjel Letxundi coma na de Iñaki Friera se omite a xerminación e a orixe das condutas do suxeito violento, é dicir, non se especifica a existencia performativa do “corpo violento”. En cambio, Aitziber Etxeberria si dá conta do pasado do maltratador, nárranos a súa historia e ofrece unha explicación política para esa violencia, simbólica nun principio e de xénero máis tarde. Así vemos como a infancia do protagonista masculino e agresor son a fonte do trauma e da violencia:\nAzkenean, bere gaitz guztietatik sendatuko zuen edabe magikoa topatu zuen. Semea. Seme hark bere aitak kendu ziona itzuliko zion eta aldi berean, Manolok bere aitak inoiz eman ez zion maitasun hura emango zion. (Tango Urdina [ Tango Azul ], 21) 4\nAta o de agora fixemos referencia ao tempo da narración. Respecto das voces no nivel narrativo cómpre dicir, en primeiro lugar, que o narrador é homodiexético: é parte da historia nas tres novelas. Ademais, a narración emana da multiplicidade de voces dos protagonistas nos tres textos, xa que hai unha coincidente polifonía á hora de ler o corpo maltratado. É este un aspecto que consideramos que se debe salientar sempre que o coro de voces destas novelas amosa de maneira obvia o desexo, por parte dos autores, de poñer de relevo a diversidade de voces que dan conta da violencia de xénero. Narradores, personaxes principais e secundarios, é dicir, personaxes de terceiro ou cuarto grao, por exemplo, médicos, enfermeiras, xuíces, xornalistas etc., todos eles toman a palabra para reflexionar sobre a violencia. É importante tamén salientarmos a voz que se lle dá á vítima, e sobre todo, o peso que adquire cando a narradora dos feitos é a mesma protagonista.\nSe o tempo intercalado se utilizou como zoom para delimitar os distintos tempos da violencia, a polifonía de voces viría provocar xusto o efecto contrario xa que ten como obxectivo abranguer o campo máis amplo posible. Á hora de contar a historia, os autores valéronse tamén de distintas distancias. Desta maneira, Etxeberria fai falar a todos os personaxes involucrados na violencia, menos á vítima, á cal se lle quitou a voz. Semella que Etxeberria opta por facer unha analoxía entre o que sucede na realidade e a ficción, xa que a maioría das vítimas optan polo silencio (Bourke 2009: 24), non así as testemuñas da devandita violencia, que falan irremediablemente. Pódese estabelecer unha diferenza moi básica entre as tres narracións porque o coro de voces que narra a violencia faino dun xeito moi diferente: Etxeberria relátanos dunha forma obxectiva, como se se valese dunha cámara de vídeo para filmar todos os pasos dos malos tratos, para o que se vale da voz dun veciño voyeur que é o narrador principal da novela e da filla da maltratada. Non sucede o mesmo nas novelas de Lertxundi e Friera onde o corpo violentado apenas se nos amosa, a favor dun relato que adquire un ton detectivesco. Consideramos, por isto, que a violencia perde así forza e credibilidade nestas dúas últimas novelas.\nEn Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] o narrador principal da historia é a psiquiatra da protagonista maltratada, que toma a resolución de asasinar o maltratador, isto é, o seu marido. Na novela Zureak egin du [ Estás acabada ] o narrador é un xornalista que reconstrúe a modo de quebracabezas e con moito suspense quen e como son a maltratada e o maltratador da novela. Poderíase dicir que Aitziber Etxeberria insistiu en efectuar unha radiografía milimétrica dos malos tratos desde o seu nacemento, omitindo a voz da maltratada, pero expoñendo o seu corpo; en cambio, Anjel Lertxundi e Iñaki Friera sucumbiron á tentación de relegar a un segundo plano o corpo maltratado en favor do suspense e da novela policíaca, dando como resultado que en Tango Urdina [ Tango Azul ] o eixo temático sexa o do corpo violentado mentres que nas outras dúas narracións son máis importantes as historias que circundan o corpo maltratado.\nCadro actancial coincidente nas cinco novelas estudadas\nO carácter do actante defínese segundo a función que cumpre na estrutura gramatical. Argildas Julien Greimas (1983) valéndose da gramática estrutural de Lucien Tesnière (1965) foi o primeiro que introduciu o termo actant nas análises literarias (Retolaza 2008; Reis e Lopes 2002).\nO esquema dos actantes constitúeno seis axentes: os suxeitosobxectos da acción. O suxeito ofrece un principio dinámico á acción, respondendo ao desexo, ao medo, ás ganas etc. Todo iso constitúe o sentido do obxecto, é dicir, o que o suxeito quere lograr. Desta forma o desexo, o medo ou as ganas unen o suxeito e o obxecto na función gramatical (Retolaza 2008: 25).\nOutros actantes son o destinatario e o destinador da acción. O destinador incide directamente no suxeito, esíxelle distintos quefaceres. “O destinador comunícalle ao suxeito un obxecto que ten un carácter cognitivo” (Reis e Lopes 2002: 60). O destinatario á súa vez pode ser ao mesmo tempo o beneficiario da acción; moitas veces pode tratarse do mesmo protagonista, é o que recibe a acción. Os axudantes e contrarios do suxeito poden axudar ou poñer trabas aos obxectivos do suxeito. En resumo, o paradigma actancial\nconstrúese da seguinte forma: Destinador Obxecto Destinatario Axudante Suxeito Opoñente\nA violencia de xénero reflectiríase da seguinte forma nun paradigma actancial e así se manifesta nas cinco obras estudadas: Tango Urdina [ Tango Azul ], Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ], Zureak egin du [ Estás acabada ], Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ] e Golgota [ Golgota ] 5.\nAsí, neste momento a violencia de xénero prodúcese desta maneira nas sociedades onde prevalece o patriarcado de modo hexemónico. Nesta orde de cousas, os homes loitan por manter intacta a súa hexemonía. Polo tanto, o patriarcado é o destinador que comunica ese sentir ao suxeito (home) mediante a acción cognitiva da violencia simbólica, e o suxeito é coñecedor de que se quere manter a súa hexemonía e os seus privilexios debe neutralizar o poder das mulleres. Por tanto, o obxecto do suxeito é o poder e para logralo activará todo tipo de accións (violentas) contra as mulleres que serán, consecuentemente, quen sufran estas accións de violencia. E neste quefacer encomendado polo patriarcado ao home, os axudantes serán todos aqueles que colaboren na lexitimación do poder do home, sexan estes axudantes tanto homes coma mulleres. E os opositores, pola contra, serán os que reclamen a igualdade entre os xéneros.\nNas novelas analizadas observamos que este cadro actancial se cumpre, pero con algunhas matizacións. Así, en Zureak egin du [ Estás acabada ] revélase a existencia dunha comunidade de Mulleres ou Redes de Mulleres que traballan para axudar as maltratadas; Golgota [ Golgota ] subliña a absoluta soidade da muller maltratada mentres que en Tango Urdina [ Tango Azul ] critícase o silencio dunha veciñanza que lonxe de axudar a muller obxecto de malos tratos, é testemuña pasiva da crónica dunha morte anunciada. Desta novela, poderíase afirmar, de feito, que é a que mellor retrata a realidade cotiá dos malos tratos mediante o seu paradigma actancial: o patriarcado, mediante o pai do maltratador, Paco, instrúe na violencia simbólica ao seu fillo; este maltratará despois sistematicamente á súa esposa, sumíndoa nunha soidade e illamento absolutos. Toda a veciñanza, mesmo a filla da parella, é consciente dos malos tratos, pero ninguén se enfronta ao maltratador ata que a policía e o corpo médico atopan o cadáver de Marga.\nA violencia simbólica desde o punto de vista semántico:\nuso sexista da linguaxe\nUso sexista da linguaxe nas cinco novelas estudadas\nPara afondar no uso sexista da linguaxe é imprescindible tomar en consideración diversos aspectos da violencia simbólica. Carolyn Heilbrun, na súa obra Escribir a vida dunha muller (1988), fixo a seguinte observación:\nA verdadeira representación do poder non é un home forte golpeando a un home ou a unha muller máis pequenos. O poder é ter a capacidade de ocupar un lugar en todo tipo de discurso que sexa esencial para a acción e ter dereito a que o papel que desempeña conte para algo. Isto é verdade no Pentágono, no matrimonio, na amizade e na política. (Heilbrun 1988: 21)\nDores Juliano, pola súa banda, afirma que as relacións de poder entre o home e a muller estabelécense no campo simbólico, isto é, na linguaxe despectiva, no menosprezo e na estigmatización (Juliano 2004: 140). Robin Lakoff (1981: 85) nun estudo que realizou sobre o uso sexista da linguaxe apuntou que cando se ensinan linguas, á parte de falar de aspectos como a sintaxe, a fonoloxía ou a semántica, habería que tratar tamén a dimensión social da linguaxe. Ao fío destas observacións, Adelina Sánchez Espinosa (2007: 19) expresou que a linguaxe é o reflexo da sociedade que o usa.\nO acto de comunicación non é neutro: non se transmite só unha información senón que se transmite igualmente unha estrutura de relacións entre as persoas inseridas no acto de comunicación, relacións que poden ser de dominación, de submisión ou de igualdade (Fernández Frade, 2007: 26).\nA linguaxe pode así ser unha vía para desprezar, burlar ou humillar, e desta maneira pode expresar, por exemplo, aspectos do sexismo ou do racismo. O\nuso das estruturas e o léxico da linguaxe ofrecen moita información sobre a sociedade e sobre as relacións que se estabelecen entre os colectivos que compoñen esa sociedade. Non é a estrutura lingüística ou o sistema o que está en causa, senón a estrutura reflectida no discurso, así como os usos sociais das palabras e os discursos que se anquilosan segundo unha determinada retórica fosilizada polo costume: “Expresións administrativas, substantivos xenéricos, modos de expresión” (Fernández Frade 2007: 28). Annette Kolodny (1980: 5) afirma que a linguaxe é unha estrutura patriarcal totalmente unida ao sistema simbólico: “Language as a symbolic system\nclosely tied to a patriarchal social structure. Taken together, their work demonstrates the importance of language in establishing, reflecting, and maintaining an asymmetrical relationship between women and men”. No mesmo artigo, Kolodny fai súa unha frase de Hélène Cixous: “Language conceals an invincible adversary”.\nTras esta breve introdución ao marco teórico, podemos afirmar que o uso sexista da linguaxe aparece en boca dos personaxes masculinos das novelas Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ], Zureak egin du [ Estás acabada ] e Tango Urdina [ Tango Azul ] 6, non así na novelas Golgota [ Golgota ] e Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ] nas que maioritariamente falan as personaxes femininas. Nesta última, máis que un uso sexista da linguaxe o que hai son continuas referencias a un mundo de homes, a un mundo que é exclusivo dos homes.\nPódese afirmar, polo tanto, que os escritores e escritoras estudadas fan uso da linguaxe sexista cando falan os personaxes protagonistas masculinos. Nos textos de Tango Urdina [ Tango Azul ], Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] e Zureak egin du [ Estás acabada ] hai que subliñar, ademais, que se confirma o que se deu en chamar “o decálogo da perfecta crueldade” (Philip Hallie 1969) xa que nestas novelas prodúcese unha relación de poder que mutila o modo de vivir de Marga, Rosa e Sofia respectivamente. O agresor persiste en limitar a liberdade de movemento da vítima, pero antes do illamento dáse un proceso de victimización; posto que o agresor ten que converterse no único dono da maltratada, para iso faise imprescindible primeiro desvalorizar, ningunear e facer responsable á vítima do fracaso da relación sentimental, ou familiar, no caso de que haxa fillos. Esta fase dos malos tratos materialízase nas novelas mencionadas mediante o uso da linguaxe sexista. Unha vez illada a maltratada, unha vez vencida psicoloxicamente, é cando o agresor inicia os malos tratos físicos. Así, o que verdadeiramente define a situación da vítima é a progresiva destrución da súa personalidade a causa do terror ao que se ve sometida. Esa destrución da vítima outórgalle ao agresor un poder absoluto e, na práctica, anula por completo a identidade daquela (Valera 2002: 7576). Neste sentido, consideramos que a novela de Anjel Lertxundi perde verosimilitude porque a maltratada, no medio do acoso sistemático, da súa anulación identitaria, inicia unha nova relación amorosa dificilmente crible nunha situación de violencia total.\nPor último, quixeramos sinalar que, dentro do uso da linguaxe sexista, Osborne (2009: 147) menciona as gabanzas e máis concretamente as gabanzas sexuais como de uso habitual no acoso laboral. Na obra de Etxeberria, Tango Urdina [ Tango Azul ], atopamos comentarios deste tipo: por exemplo, a secretaria leva unha saia máis curta do habitual. En relación a esta circunstancia os compañeiros de traballo fan distintos comentarios. “—Ostia, hi, ikusi ao duk gaur gure Karmele! —Jexux Mari astopotroaren hitz goxoak izan dira entzun ditudan lehenak—. Zer duk, enpresaren politika berria? Mutilak, aurrekontuaren murriztasuna dela eta, aurtengo neguan berogailutan gutxiago gastatzea erabaki dugu, beraz, berotu nahi dutenak idazkariari begiratu diezaiola” (Tango Urdina [ Tango Azul ], 30) 7. E en Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] Rosa traballa no seu bar servindo os clientes. Nun momento determinado, un deles tócaa e dille “Txortaxiro polita egiten din” (Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ], 12) 8, sen tirar o puro da boca; os demais clientes rin ás gargalladas mentres Rosa sorrí.\nAnálise dos corpos maltratados nas cinco novelas estudadas\nO corpo foi o grande obstáculo para as mulleres dentro da cultura patriarcal: condenado polo discurso relixioso, patoloxizado pola medicina, penalizado na orde simbólica, manipulado e agredido na realidade (Fariña Bustos\nAs agresións á muller percíbense, neste sentido, como invasión do espazo corporal e como unha forma de control sobre o mesmo por parte do agresor. Este ten que marcar o territorio da súa posesión e para iso debe deixar pegadas visibles e invisibles. Nos textos analizados comprobamos como a violencia machista e os seus executores exercen un control sobre o corpo das mulleres e unha expropiación do mesmo, sumíndoos nun ambiente de degradación e humillación que se reflicte na perda de autoestima e identidade femininas (Castelo 2007: 257). “Une gogorrenetakoa izan zen garai hura: bultzadak, herrestan eramatea, ostikoak astean hiuruzpalau bider errepikatzen ziren umea jaio zenetik” (Zureak egin du [ Estás acabada ], 81) 9. “Halaxe tratatzen zuen Tomasek, ergel baten moduan, eta sentimendu horrek ezgaitzen zuen Rosa: sinetsia baitzegoen ez zuela ezertarako balio” (Zoaz infernura laztana, 53) 10.\nEn relación a Rosa (Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ]), Marga (Tango Urdina [ Tango Azul ]) e Sofía (Zureak egin du [ Estás acabada ]) podemos afirmar que son “corpos fragmentados”, corpos que representan espazos de dor dentro dunha concepción do corpo humano como xeografía sobre a cal se busca o pracer pero tamén como espazo onde asenta a dor (Pera 2006: 161). “Bost aldiz ingresatu zuten Sofia ospitalean: kalean edo etxean izandako istripu arin batzuen ondoriozko lesioak artatu zizkioten… Behin, bere buruaz beste egiten saiatu eta sendatu arteko ospitaratzea izan zuen” (Zureak egin du [ Estás acabada ], 40) 11. Así mesmo, a personaxe de Rosa de Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] revélalle ao seu psiquiatra que o seu sorriso é artificial, aínda que ninguén o sabe, desde que Tomas lle arrincou a súa dentadura a golpes. Estes “corpos doídos” son un punto de partida importante para toda relación que unha conciencia estabelece co mundo e cunha posible reacción. Pero ¿que capacidade de reacción ten este corpo doído e anulado? Ningunha. Velaí a resposta.\nAnjel Lertxundi trata de dar resposta a este dilema mediante un estudo lacaniano do “corpo simbólico” de Rosa. Para iso válese dun personaxe protagonista, psiquiatra, que trata, mediante terapia, de indagar as razóns que levan a maltratada (Rosa) a asasinar o seu esposo maltratador (Tomás). Iñaki Friera (Zureak egin du [ Estás acabada ]), en cambio, tenta responder cun estudo social do corpo; desta maneira, o protagonista, xornalista, revélanos toda a armazón social que hai ao redor dos malos tratos que infrinxe a Sofía o seu marido. Nun intento de culpabilizalo, prepárase un xuízo no que o xornalista reunirá as probas suficientes para meter na cadea o maltratador. Nestas dúas narracións, a experiencia vivida, a conciencia dos malos tratos quedan relegadas a un segundo plano e a relación co mundo protagonízana outros axentes: unha psiquiatra e un xornalista, respectivamente.\nSoamente Aitziber Etxeberria (Tango Urdina [ Tango Azul ]) representa mediante o personaxe de Marga as funcións afectivas, carnais, simbólicas e sociais do corpo maltratado. Omítenos a voz e a identidade do corpo maltratado pero non así a representación do corpo que é, do mesmo xeito que a súa vida, unha nulidade, pura dor; atopámonos ante un corpo que non fala, que non sae dunha casa na que só se escoitan ruídos, ruídos de portas, de corpos que caen ao chan, berros… toda unha semántica que nos transmite a experiencia dos malos tratos encarnados nun corpo violentado e golpeado. Poderíase afirmar así, facendo uso do concepto de homoloxía de Lucien Goldmann (1967), que esta estrutura literaria que observamos en Tango Urdina [ Tango Azul ] presenta unha analoxía coas estruturas sociais violentas, que este personaxe literario nace nunha dialéctica coa realidade actual e que funciona como sinécdoque da violencia sexista.\nRespecto das diferentes teorías que investigaron o tema do corpo, teriamos que remitirnos, en primeira instancia, ao concepto foucaultiano de biopoder, o cal nos informa sobre a capacidade que o estado ten de controlar os corpos ou, mellor dito, de manipulalos, co obxectivo de producir corpos dóciles. Interésanos para o noso propósito este concepto de biopoder porque no paradigma actancial subliñamos que unha sociedade machista crea suxeitos que teñen como obxecto o poder, aínda que para iso teñan que exercer a violencia contra a outra metade da sociedade, isto é, as mulleres. Esta dinámica de relación de poder ten o seu correlato, á súa vez, na teoría dos corpos porque o corpo, pola súa propia natureza de espacialidade, está condenado a loitar continuamente por un espazo, tanto físico coma simbólico; é dicir, que o ser humano loita por conservar o espazo propio da súa corporeidade na que expresa o seu eu, sen deixar, por outra banda, de conquistar e estender, como hábitat para o seu vivir, o maior espazo posible (Pera 2006: 91).\nConclusións\nEn primeiro lugar, podemos estabelecer unha diferenza moi básica entre as tres narracións que tratan o tema dos malos tratos sistemáticos, xa que o coro de voces que narra os malos tratos exercidos por parte do marido cara á esposa, faino dun xeito distinto. En Tango Urdina [ Tango Azul ] proxéctase dun xeito narrativo obxectivo, coma se se tratase dunha cámara de vídeo que filmase todos os pasos e fases dos malos tratos. Para iso utiliza a voz do veciño, un voyeur, que se converte no narrador principal da novela, e tamén se vale da voz da filla da maltratada que vai apoiando a narración. Non sucede o mesmo nas novelas de Lertxundi (Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ]) e Friera (Zureak egin du [ Estás acabada ]) onde o corpo violentado apenas se ve a favor dun relato que adquire un ton detectivesco. Consideramos que a violencia perde así forza e credibilidade: En Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] o narrador principal da historia é a psiquiatra da protagonista maltratada que decide asasinar o maltratador (o seu marido). Na novela Zureak egin du [ Estás acabada ], o narrador é un xornalista que reconstrúe a modo de quebracabezas e con moito suspense quen e como son a maltratada e o maltratador na historia. Poderíase dicir que Aitziber Etxeberria (Tango Urdina [ Tango Azul ]) pretende facer unha radiografía milimétrica dos malos tratos desde o seu nacemento ou orixe, omitindo a voz da maltratada, pero expoñendo o seu corpo; en cambio, Anjel Lertxundi e Iñaki Friera sucumbiron á tentación de relegar a un segundo plano o corpo maltratado a favor do suspense e da novela policíaca. Así, podemos afirmar que en Tango Urdina [ Tango Azul ] o eixo temático é o corpo violentado mentres que nas outras dúas narracións son máis importantes as historias que circundan ou rodean o tema do corpo violentado.\nEn segundo lugar, soamente Aitziber Etxeberria (Tango Urdina [ Tango Azul ]) presenta a través de Marga todas as funcións posibles do corpo violentado e maltratado: afectivas, carnais, simbólicas e sociais. Para iso, suprime a voz e a identidade do corpo maltratado. A existencia de Marga é unha omisión total, é un corpo calado e paralizado sumido na dor… toda unha semántica que refire a experiencia dos malos tratos encarnados nun corpo, na crueza dun corpo violentado e golpeado. Como indicamos anteriormente e facemos noso o concepto de homoloxía de Lucien Goldmann (1967), esta referencia literaria é unha representación das estruturas sociais violentas. É así que este personaxe literario de Marga nace da dialéctica coa realidade actual e funciona como sinécdoque da violencia sexista.\nEn terceiro lugar, debemos sinalar que os escritores estudados coinciden nun punto: fan uso da linguaxe sexista cando dan voz aos personaxes protagonistas masculinos. É dicir, o inicio da desvalorización e da anulación da identidade psicolóxica (violencia simbólica) dos personaxes femininos parte dos personaxes masculinos e da sociedade en xeral. Neste sentido coinciden todos os textos analizados, tanto de autoras femininas coma de autores masculinos. Por isto é tan importante para o noso obxectivo tomar moi en consideración tamén o concepto de violencia simbólica ademais do propiamente entendido como violencia de xénero.\nPor último, quixeramos subliñar que a maior diverxencia atopámola nos relatos que falan da violencia doméstica, tanto na constitución dos paradigmas actanciais coma no uso do significado da violencia. Aitziber Etxeberria optou por ceder todo o protagonismo ao corpo violentado, ao personaxe feminino que sofre a violencia diaria, mentres que Iñaki Friera e Anjel Lertxundi crearon historias paralelas e parellas que acompañan a historia central que é a dos malos tratos. Esta técnica distrae e resta importancia ao corpo violentado e á representación da violencia de xénero. Gema Lasarte Universidade do País Vasco Bibliografía primaria Alberdi, Uxue. 2009. Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ]. Donostia: Elkar. Etxeberria, Aitziber. 2003. Tango Urdina [ Tango Azul ]. Donostia: Erein. — (2007). 31 baioneta [ 31 baionetas ]. Donostia: Erein.\nmujeres: miradas, representaciones e identidades. Granada: Universidad de Granada, pp. 1822. Torras, Meri (ed.). 2007. Cuerpo e identidad. Estudios de género y sexualidad. Barcelona: Ediciones UAB. Valera, Nuria. 2002. Íbamos a ser reinas. Barcelona: Ediciones B. Grupo Zeta."} +{"summary": "Neste traballo coméntase o achádego de dúas novas especies de orquídeas na Serra do Courel. Estes datos complementan a información existente da Familia Orchidaceae nesta serra e no contexto global de Galicia e a Península Ibérica.", "text": "Artigo\nElvira Sahuquillo Balbuena\nNovas aportacións á orquideoflora da Serra do Courel (Galicia, NW Península Ibérica)\n Orquídeas · Biodiversidade · Ophrys e Listera. New contributions to the orchidological flora of the Serra do Courel (Galicia, NW Iberian Peninsula) Abstract In this study, the find of two new orchids at Serra do Courel is commented. These data improve knowledge about the F. Orchidaceae in this area and, therefore, in Galicia and the Iberian Peninsula.\nResultados\nOphrys sphegodes Mill. aparece dispersa nos areais costeiros sobre todo da provincia da Coruña e nalgunhas zonas montañosas do E das provincias de Lugo e Ourense. A presenza de Listera ovata (L.) R.Brown en Galicia é menos coñecida, con poucas citas nas provincias de A Coruña e Lugo.\nOphrys sphegodes inclúese no xénero Ophrys, constituído por orquídeas rechamantes pola curiosa transformación do seu labelo que lembra a diferentes tipos de insectos. Nesta especie o resto das pezas florais son de cor verdosa, o que a diferenza dos outros dous representantes do xénero presentes na Serra do Courel (O. apifera Hudson e O. scolopax Cavanilles, con pezas florais rosadas). O labelo en O. sphegodes é pardo escuro, con dúas protuberancias laterais e pubescencia na súa marxe, ademais de presentar unha mácula central satinada en forma de H, de cor violáceo (Fig. 1). Esta especie utiliza o engano sexual para ser polinizada axudándose, ademais de pola forma do seu labelo, polo efecto de substancias que emite semellantes ás feromonas dos insectos. Atrae polo xeral a himenópteros, normalmente da especie Andrena nigroaenea (Claessens & Kleynen, 2016). A forma do labelo desta especie é moi variable, polo que se describiron numerosas subespecies ao longo do seu rango de distribución, non existindo un acordo xeral sobre o seu status taxonómico (Pedersen &\nIntrodución\nComo resultado das recentes prospeccións florísticas pola Serra do Courel, no ano 2018 atopáronse dúas novas especies de orquídeas que completan o catálogo orquideolóxico courelao. Ata o momento citáronse 22 especies, o que representaba algo máis do 50% dos taxons presentes en Galicia (Sahuquillo 2018). As novas achegas elevan esta porcentaxe ao 60%, o que converte a Serra do Courel na mellor zona de Galicia para a observación das orquídeas silvestres. A continuación indícanse as novas\nElvira Sahuquillo Balbuena Dpto. Bioloxía. Facultade de Ciencias. Universidade da Coruña Email: elvira.sahuquillob@udc.es\nFaurholdt, 2007; Aedo & Herrero, 2005; Hermosilla Fernández, 2018). Florece na Serra do Courel de maio a xuño e trátase dun xeoelemento Mediterráneo, sendo a súa presenza testemuñal.\nAparece nos pasteiros desenvolvidos sobre os afloramentos calcarios, e polo tanto as súas poboacións forman parte da flora destes hábitats de interese comunitario (tipo de hábitat 6210*, Directiva Europea 92/43/CEE). Ademais, como a maioría das orquídeas, inclúese no anexo II do Convenio CITES, sobre o comercio de especies silvestres (Convention on International Trade in Endangered Species of Wild Fauna and Flora, 1986).\nListera ovata (L.) R.Brown é unha orquídea pouco rechamante, que pasa facilmente desapercibida pola súa coloración verdosa, que non destaca da contorna. Caracterízase e distínguese doutras orquídeas, ademais de pola súa cor, polas dúas únicas follas opostas que ten na base do tallo. Estas follas son moi características, amplas, ovais e con nervios paralelos ben marcados. As flores verdosas sitúanse nun acio terminal pouco aparente. Nelas é fácil observar o ovario, ben definido baixo o resto das pezas florais, e o labelo dividido en dous lóbulos terminais (Fig. 2). A súa estrutura floral favorece a entomofilia mediante recompensa, xa que ofrece abundante néctar na base do seu labelo, sendo visitada principalmente por avespas ichneumonidas aínda que tamén se observaron outros polinizadores coma os coleópteros (Claessens & Kleynen, 2016). Florece na Serra do Courel nos meses de xuño e xullo. Pola súa distribución xeral é considerada como un xeoelemento Euroasiático. É unha orquídea escasa na Serra do Caurel pero tamén en Galicia. A comunidade vexetal onde foi atopada na Serra do Courel é no sotobosque dun piñeiral con capudre aínda que pode aparecer en matogueiras abertas e pasteiros.\nTratase dunha especie moi escasa en Galicia, con poucas poboacións dispersas e de pequeno tamaño que debería ser tida en conta para a súa protección a nivel autonómico. Ao igual que no caso anterior, está incluída no convenio CITES que regula o comercio de especies silvestres (Convention on International Trade in Endangered Species of Wild Fauna and Flora, 1986).\nBibliografía\nAedo, C. & Herrero, A. (Eds.) (2005). Smilacaceae-"} +{"summary": "Procédese á revisión dos traballos previos de prospección na serra do Barbanza, agora ampliados aos montes de Macenda e Bealo na procura de asentamentos gandeiros/pastorís. No curso deses traballos localizáronse, ademais, un interesante xacemento de cronoloxía calNo marco do proxecto Ocupación de las zonas altas del Noroeste Peninsular a lo largo de la historia: la Sierra del Barbanza (A Coruña) financiado polo Ministerio de Economía y Competividad (HAR201567435-P), veñen desenvolvéndose unha serie de actuacións arqueolóxicas que pretenden, entre outras, contribuír ao avance do coñecemento científico sobre os modos de ocupación e explotación da Serra da Barbanza, ao longo de un período de tempo comprendido dende o Neolítico ata a Idade Media.\nDende unha perspectiva arqueolóxica, nos interesa realizar unha análise diacrónica da ocupación humana da Serra do Barbanza, centrada fundamentalmente na esfera doméstica, ámbito sistematicamente ignorado en anteriores investigacións, provocando un descoñecemento practicamente absoluto sobre as características do poboamento na área de estudo; e, trasladando unha visión que tende a considerar as terras altas coma zonas practicamente ermas durante boa parte da Historia.\nNeste traballo preséntamos os resultados finais da prospección arqueolóxica e de dúas intervencións arqueolóxicas, executadas nos xacementos de Río Barbanza e Outeiro da Torre; complementando os datos obtidos con aqueles procedentes do estudo da documentación histórica sobre a explotación gandeira na serra do Barbanza.", "text": "Do planalto ás terras baixas: novas achegas á ocupación da península do Barbanza dende a Prehistoria ata o Medievo From the sierra to the lowlands: new data on the settlement of the Barbanza Peninsula from Prehistoric to Medieval times http://dx.doi.org/10.15304/gall.37.5131\nP rosPeción arqueolóxica\nDende o ano 2013 1 ata o 2017, fóronse realizando diversas prospeccións na Serra do Barbanza, orientadas fundamentalmente á identificación dun conxunto de estruturas caracterizados por estar construídas coa técnica da pedra seca; e, aparentemente cunha clara orientación gandeira e/ou pastoril que denominamos como grupos ou agregados (BARBEITO et al., 2015), sen desatender aqueles outros ítems patrimoniais inéditos, que se localizasen no transcurso dos traballos de prospección.\nAs prospecións foron temáticas e graduadas 2 ; temáticas por estar claramente orientadas á localización dun tipo moi concreto de evidencias e, graduadas, polas características da zona, do formulación e dos propios recursos dispoñibles.\nEn xeral, as prospecións presentan unha serie de limitacións que xa foron tratadas de forma ampla e recorrente por distintos autores, e nós mesmos temos incidido nalgunhas delas en traballos anteriores (BARBEITO et al., 2015: 131); non obstante, é preciso mencionar aquelas máis transcendentes como son: a pericia do propio equipo de prospectores; a existencia de vexetación que cobre grandes áreas e fai imposible acceder a determinados espazos; a propia natureza das evidencias, en ocasións tan alteradas que fan dubidar da súa orixe antrópica; o carácter inédito deste tipo de rexistro arqueolóxico; ou mesmo, o propio paradigma teórico do que participan os autores. A estas limitacións que podemos considerar propias do rexistro arqueolóxico, hai que engadirlle a imposibilidade de atribuírlle microtopónimos ás zonas en estudo, fundamentalmente na zona alta da Serra.\nA prospeción arqueolóxica centrouse en dúas grandes áreas; unha delas, correspóndese coa plataforma por riba dos 400 m da Serra da Barbanza, que xa fora obxecto de prospeccións máis limitadas en fases de traballo anteriores; pero agora, se estendeu a toda a superficie (4784, 8 hectáreas). A outra área seleccionada, correspóndese con parte dos montes das parroquias de San Pedro de Bealo e Santo Xoán de Macenda, que se atopan en cotas inferiores aos 400 m de altitude, e cunha superficie de 570, 9 hectáreas. A prospección en zonas máis baixas tiña coma obxectivo testar a existencia dos novidosos xacementos arqueolóxicos localizados no planalto serrán.\nParalelamente, revisáronse aqueles elementos xa censados en fases precedentes, non tanto no aspecto descritivo dos xacementos, senón na súa propia configuración: estes se caracterizan pola agregación de distintas construcións (cercados, currais, cabanas, chozos, muros,....) feitas en pedra seca, cunha coherencia de estilos, formas, tipoloxías, aparencias e deseños construtivos singulares; emprazándose, fundamentalmente, ao carón de cursos de auga. En ocasións, se atopan unhas relativamente preto das outras; e, se ben inicialmente procuramos individualizalas, resulta francamente difícil establecer os límites nalgúns casos de dúas agregacións dadas, polo que finalmente, aquelas que estaban relativamente próximas (p.e. no Río San Xoán ou Folgoso Vello) definíronse como unha soa. Estes xacementos teñen un marcado carácter espacial e diacrónico, xa que semella que son zonas de ocupación e reocupación continua ou secuencial ao longo do tempo; integrados por múltiples estruturas que seguramente experimentaron modificacións continuas, non necesariamente usadas todas ao mesmo tempo, ou coa mesma intensidade. Deste xeito rachan cunha visión tradicional dos xacementos como unidades discretas espacialmente e concretas cronoloxicamente; discretas porque resulta relativamente sinxelo poder distinguilos (un túmulo, un castro,....) e concretas porque, a pesar das distintas fases de ocupación que poidan presentar, a tipoloxía permite encadralas nunha determinada adscrición cultural e cronolóxica (idade do Ferro, período romano, medieval,...).\n1.1. Serra do Barbanza\nNa Serra do Barbanza identificáronse un total de 42 agregados que se distribúen entre os 350 e os 617 m de altitude; 17 deles no termo municipal de Pobra do Caramiñal, 16 en Boiro, 6 en Porto do Son, 2 en Ribeira e 1 en Lousame.\nAdemais dos agregados foron identificados outros 23 xacementos e 3 achados de distinta adscrición tipolóxica e cultural 3 ; alén de 6 zonas con indicios arqueolóxicos.\nDestes novos xacementos destacan 12 abrigos, aos que lles atribuímos unha adscrición cultural indeterminada. Durante os últimos anos intervimos en dous deles: o Abrigo de Canle da Porteliña 4, no que a pesar de contar cunhas lousas chantadas que pechan o abrigo, non se recuperou ningún resto de cultura material que aporte luz sobre a súa cronoloxía; e o outro, o Abrigo de Pedra da Xesta 5, que tamén amosaba evidencias de acondicionamento, pero durante a intervención confirmouse que a secuencia estratigráfica estaba moi alterada; se ben, foron recuperados restos materiais como unha chatola, de características semellantes ás recuperadas en Río Barbanza; algúns anacos de cerámicas medievais, semellantes ás recollidas en Porto Traveso ou Río Barbanza e máis unha pseudoforma dun machado puído. A isto, hai que engadirlle un núcleo discoidal con varias extraccións, atopado a escasos metros do Abrigo de Chan de Leis, un artefacto que sería indicativo de momentos posiblemente preneolíticos. Todos os abrigos presentan labores claros de acondicionamento; algúns, incluso malia da súa escasa habitabilidade, como é o Abrigo do Camiño de Pérdigo Pérez, contan con paramentos e derrubes, que son indicios suficientes para consideralos como espazos usados nun momento impreciso agás o abrigo de Outeiro do Raio, que posiblemente afunda as súas raíces no primeiro terzo do século XX.\nO conxunto de gravados está formado por 8 novas estacións; tres delas, concretamente os petróglifos de Casamea, Estación Decca e Outeiro Follado, forman parte da denominada arte rupestre galaica (elementos xeométricos e zoomorfos); outro, o Petróglifo das Cortes de Chacín, amosa unicamente coviñas; e, os catro restantes, están compostos por cruces, alfabetiformes e algunha que outra coviña illada. Algúns deles atópanse moi próximos ao actual límite entre termos municipais (Eiteiro da Avea e Penedos dos Curros ou da Cruz); e, tanto polas súas características como polos motivos gravados, consideramos que se corresponden con antigos deslindes.\nIlustracións 5 e 6. Abrigo de Pedra da Xesta onde se aprecia á esquerda un muro de acondicionamento (fotografía de Xulio Gutiérrez Roger, década de 1990) e abrigo de Canle da Porteliña onde se distinguen lousas a modo de peche da viseira granítica.\nChan da Carballosa ou Rego Batán III, xunto coa galería mineira de Rego da Portela son dous lugares onde se realizaron intensas actividades mineiras; un deles, a ceo aberto, e no que aínda se aprecian restos de construcións (almacéns, presas,....); e o outro, subterráneo. Foron explotados na primeira metade do século XX aínda que, no caso de Chan da Carballosa, poida existir un aproveitamento máis antigo.\nAs zonas con indicios arqueolóxicos son aquelas onde as evidencias non teñen a suficiente entidade como para defender con seguridade a existencia dun xacemento; entre elas, figuran tres posibles agregados (Barazal III, Pérdigo Pérez e Rego das Lobeiras IV).\nIlustración 7. Localización dos gravados de Penedo da Cruz e Eiteiro da Avea respecto dos límites municipais e parroquiais actuais. Ilustración 8. Desmontes mineiros de Chan da Carballosa.\n1.2. Montes de Macenda e Bealo\nA prospección nos montes de Macenda e Bealo foi especialmente frutífera ao rexistrarse un total de 31 novos xacementos 6 : 12 túmulos, 9 agregados, 6 gravados, 1 dispersión cerámica, 1 castro, 1 asentamento ao ar libre e 1 indeterminado.\nCabe facer unha serie de consideracións sobre algúns destes xacementos, a parte de Chan do Cerqueiro, ao que lle reservamos un apartado específico máis adiante. É salientable, por exemplo, o Penedo do Demo, un conxunto de gravuras das que se tiña coñecemento dende mediados da década de 1920, tralos traballos publicados por Bouza Brey e Cuevillas sobre o Barbanza, pero ilocalizable dende aquela. Outro xacemento de interese é Outeiro das Porras, onde se localizou unha concentración cerámica preto de dous pequenos túmulos, un dos cales aínda conserva parte da cámara á vista. Outro xacemento rechamante é Casas de Pa, emprazado a media ladeira a unha altitude de 409 m, no ascenso cara á Serra. Deste lugar existen referencias na memoria colectiva dos veciños de Moimenta, polo que chegamos a considerar que a súa orixe podería ser relativamente recente, pero tras consultar o Catastro do Marqués de Ensenada non se atopou referencia algunha, polo que seguramente xa estaba abandonado a mediados do século XVIII.\nCentrándonos nos agregados, igual que na Serra, son construcións feitas coa técnica da pedra seca aínda que, neste caso, destaca o emprego do cachote sobre a lousa, seguramente, como consecuencia da maior facilidade de facerse co primeiro ao ser aquí a penedía de peor calidade que na zona alta. Outra pequena diferenza é que os agregados localizados en Macenda e Bealo son de menor superficie que a maioría dos serráns. Tamén é distinto o estado de conservación, peor que os da Serra, quizais debido á unha peor calidade na construción ou a un abandono máis prematuro. Esta mesma casuística tivemos ocasión de observala en Santa María de Estacas 7 (termo municipal de Fornelos de Montes) onde, en dúas zonas moi próximas da Costa do Alén, se atopan conxuntos de restos similares aos barbanzáns; mentres nunha o estado de conservación\nRELACIÓN DE NOVOS XACEMENTOS NOS MONTE DE BEALO E MACENDA Nome do Xacemento Adscrición cultural Adscrición tipolóxica XEOLOXALIZACIÓN Concello Parroquia X Y Altitude Penedo Redondo Idade do Bronce Gravado ao ar libre 509577 4728512 227 Boiro San Xoán de Macenda Achados cerámicos en Outero das Porras Idade do Bronce Achado 509339 4728446 274 Boiro Santo André de Cures Penedo do Demo Medieval / Moderno Gravado ao ar libre 509805 4728358 184 Boiro San Xoán de Macenda Mámoa do Confurco 2 Neolítico Túmulo 512446 4728414 64 Boiro San Pedro de Bealo Mámoa do Confurco 3 Neolítico Túmulo 512256 4728577 75 Boiro San Pedro de Bealo Mámoa do Confurco 4 Neolítico Túmulo 512275 4728554 75 Boiro San Pedro de Bealo Macenda 1 / Costa das Cabras Indeterminado Agregado 510049 4729971 185 Boiro San Xoán de Macenda Macenda 2 / Costa das Cabras 2 Indeterminado Agregado 510177 4729914 172 Boiro San Xoán de Macenda Macenda 3 / Costa das Cabras 3 Indeterminado Indeterminado 510256 4729748 152 Boiro San Xoán de Macenda Macenda 4 / Costa das Cabras 4 Indeterminado Agregado 510221 4729679 152 Boiro Santo Xoán de Macenda Macenda 5 / Derriba da Igrexa Indeterminado Agregado 510241 4729459 145 Boiro Santo Xoán de Macenda Coto do Espiño Idade do Ferro Castro 509744 4730083 230 Lousame / Boiro San Pedro de Tállara / San Xoán de Macenda Chan do Cerqueiro Calcolítico Asentamento ao ar libre 509802 4729912 215 Boiro San Xoán de Macenda Casas de Pa Indeterminado Agregado 508466 4730056 409 Boiro San Xoán de Macenda Rego Orrial Indeterminado Agregado 512274 4729384 88 Boiro San Pedro de Bealo Bouza Indeterminado Agregado 510811 4729305 88 Boiro San Pedro de Bealo Mámoas Monte das Porras 3 Neolítico Túmulo 509313 4728655 271 Boiro San Xoán de Macenda Mámoas Monte das Porras 2 Neolítico Túmulo 509337 4728464 278 Boiro San Xoán de Macenda Mámoa Monte Peón Neolítico Túmulo 509468 4727963 288 Boiro Santo André de Cures Canle do Raposiño Indeterminado Gravado ao ar libre 512878 4728657 93 Boiro San Pedro de Bealo Mámoas Monte das é excepcional, observándose restos de chozos de falsa cúpula e de reducidas dimensións, na outra, a pesar de que se adiviña a mesma tipoloxía construtiva, tan só sobreviven os alicerces, con gran concentración de cachotes, consecuencia dos derrubes. Nesta segunda zona, presentan un estado de conservación similar ás localizadas na zonas altas do Barbanza.\nVolvendo aos resultados da prospeción dos montes de Macenda e Beluso, podemos concluír que os xacementos denominados Agregados ou Grupos non son exclusivos de altitudes superiores aos 400 m, senón que se atopan tamén máis abaixo, concretamente a cotas de 88 m, como é o caso do xacemento da Bouza 8. Xa tíñamos comentado noutros traballos (BARBEITO ET AL., 2015), que estes complexos arquitectónicos non se cinguían á Serra do Barbanza, pois tiñamos constancia da súa existencia noutros lugares como o Monte Pindo ou en Oia 9, aínda que, sempre en altitudes superiores aos 350 -400 m. A presenza dos agregados a cotas inferiores en Barbanza, apoia a idea de que estes non teñen por que estar exclusivamente vinculados a fenómenos de pastoreo estacional ou de transterminancia.\nIlustracións 14 e 15. Cortello do Porco e Alto da Carboeira.\n1.3. Chan do Cerqueiro\nOs traballos de prospeción nos montes de Bealo e Macenda realizáronse maioritariamente na primavera de 2015, coincidindo cunha corta de madeira queimada. O lume afectou a unha superficie considerable dos montes en estudo, despexándoos de vexetaIlustracións 16 e 17. Monte das Cabanas en Rianxo.\nción, o que propiciou as labores arqueolóxicas de supervisión e facilitou o recoñecemento de grandes superficies.\nO tránsito de maquinaria forestal ocasionou que nalgunhas zonas xurdisen novos camiños e gabias que, unido a un período de choivas sobre un chan nu, sen vexetación que suxeitase os solos superficiais fixeron aflorar nunha pequena chaira (Chan do Cerqueiro) numerosos restos de cultura material. Esta chaira ocupa unha superficie de aproximadamente 2, 2 hectáreas. Os restos de cultura material recuperados teñen un encadre cronolóxico en torno ao III milenio ANE, que culturalmente podería corresponderse cun Calcolítico preCampaniforme.\nEste xacemento pertence administrativamente á parroquia de San Xoán de Macenda (concello de Boiro, A Coruña), preto do núcleo de Moimenta. Situado nunha pequena chaira ao sueste do xacemento castrexo de Coto do Espiño, ocupa unha plataforma sobreelevada, encaixada entre dous pasos naturais que atravesan a península da Barbanza en dirección NNL. que permiten o tránsito entre o sur e o norte desa comarca. Ámbolos dous pasos seguen a ser empregados actualmente como vías de comunicación por estradas provinciais (DP1105, Ponte GoiánsNoia) e DP1104 (BealoNoia). Conta cun amplo dominio visual, concretamente cara as zonas de paso naturais e, dende este emprazamento divísase a parte máis setentrional da ría de Arousa. Nun dos extremos da plataforma, concretamente no sector sueste, apréciase unha posible estrutura de contención, que coincide co punto de ruptura desa superficie que podería ter unha función delimitadora, como se ten descrito para outros xacementos de cronoloxía parella (p.e. Sola ou San Lourenço, en FABREGAS et al., 2012: 40).\nAs características deste tipo de asentamentos fan que non sexan moitos os localizados e, menos aínda, fóra dos seguimentos de grandes obras públicas (vías de alta capacidade, polígonos industriais, etc.). A falta de monumentalidade dos seus restos, ao tratarse orixinalmente de construcións edilicias en materiais lígneos, combinada cos procesos postdeposicionais (erosivos, de colmatación, …) e da propia natureza edáfica dos solos da Galicia atlántica, explican a súa excepcionalidade. Na comarca da Barbanza son coñecidos de vello os xacementos de Cabeiro ou Punta Sendón, en Porto do Son e Ribeira (respectivamente) e, na vertente meridional da península, Ladeira do Chazo (Boiro) (CONCHEIRO et al., 1994).\nPara o caso do Barbanza, é preciso ter en consideración os traballos preliminares que trataron especificamente este tipo de xacementos, concretamente as investigacións levadas a cabo nos anos 90 do pasado século, exemplos dos cales son CONCHEIRO COELLO e GIL AGRA (1994), ou os realizados por CRIADO BOADO e VILLOCH VÁZQUEZ (1998) en relación ao fenómeno tumular que, colateralmente, tratan aspectos relacionados. Máis recentemente, unha publicación monográfica abordou esta cuestión, nunha obra dedicada á arte rupestre no norte do Barbanza (FÁBREGAS et al. 2012). A situación do xacemento de Chan do Cerqueiro parece indicar que encaixaría dentro dunha pauta de subsistencia diversificada, no marco dun proceso de intensificación que comeza posiblemente durante o IV Milenio, senón antes, que desembocará nun notable incremento da estabilidade e complexidade do fenómeno doméstico ao longo do III Milenio a.C. (FÁBREGAS et al. 2012: 39).\nO xacemento atópase nun punto estratéxico, non só polo control sobre dous pasos naturais entre norte e sur da península da Barbanza senón, porque o emprazamento elixido atópase a menos de 5 km da zona costeira actual e á mesma distancia do alto da Serra, o que abre a posibilidade de explotación de ambos ecosistemas sen necesidade de trasladar o asentamento, tendo en conta que non estamos a falar de sociedades plenamente sedentarias. É rechamante a gran cantidade de materiais recollidos durante a prospeción arqueolóxica (máis de 1800 pezas), que talvez pertenzan a conxuntos ergolóxicos distintos, non só calcolíticos senón tamén máis tardíos, encaixables na Idade do Bronce ou, mesmamente, en épocas históricas como testemuña algunha cerámica feita a torno. Ademais do sinalado, hai que destacar que nas inmediacións se atopan filóns de casiterita, aproveitados intensamente durante a primeira metade do século XX; neste senso, talvez sexa significativo o achado de 3 fragmentos de crisois en Chan do Cerqueiro. A isto úneselle a existencia de espazos con aptitude agrolóxica diversa no contorno máis inmediato, que permiten unha explotación e aproveitamento de recursos variada, polo que, conflúen neste ámbito unha serie de factores que o fan idóneo para a ocupación humana. Ilustración 18. Situación dalgúns dos xacementos de adscrición calcolítica en Galicia.\nDurante a prospeción foron recuperados un conxunto de 1.832 ítems, dos cales 750 son cerámicas, 1.131 líticos e 1 metálico (ferro). A maior concentración de restos localízase na parte norte, central e oriental do xacemento. Os líticos recuperados foron clasificados como bases naturais e elementos manufacturados. A primeira das categorías –bases naturais (B/N)– se corresponde con soportes alleos ao contexto litolóxico no que se asenta o xacemento (soportes rolados ou dunha materia prima alóctona) pero que non amosan mostras evidentes de uso. No que respecta á materia prima da industria lítica, esta presenta unha gran variabilidade, coa presenza de xisto, cuarzo, cristais de rocha, ocre, lousa, cuarcita, materiais criptocristalinos do grupo sílex, conglomerados, granitos, feldespatos, pedras de gran e outros non identificados. Entre todos estes materiais, predomina o seixo, que representa máis do 60 % dos elementos, seguido do granito (9, 22%), do cristal de rocha (7 %) e dos materiais criptocristalinos (6, 21%), mentres que o resto das rochas non superan –en ningún dos casos– o 5%.\nIlustracións 24 e 25. Algunhas das puntas de frecha recuperadas nos traballos de prospeción de Chan do Cerqueiro.\nAtendendo á súa categorización, foron recollidos un total de 115 elementos que clasificamos como bases naturais, cuxa presenza no xacemento podería ter atendido ao seu uso como alisadores e/ou pulidores; tamén, semella que algunha das pezas puido servir como man de muíño ou percutor. É posible, que algún deles se trate de bloques de materia prima, destinados a ser sometidos a unha explotación que nunca chegou a producirse. Tamén foi recuperado un total formado por 53 seixos rolados, que presentan evidencias de lascado aínda que este conxunto está bastante fragmentado por procesos postdeposicionais, polo que esta cifra podería reducirse nun estudo máis detallado dos mesmos.\nTamén foron recuperados un total de 441 ítems considerados restos de talla, 382 núcleos con algunha extracción e varios cantiños (5), que polas dimensións semella puidesen funcionar como pedras de funda.\nEn canto ás cerámicas, sinalar que do conxunto recuperado, 169 están decoradas, principalmente con motivos impresos e incisións. En canto a formas, foron identificados 62 bordes, dos cales 58 presentan decoración, no que se correspondería co colo da peza. Ademais, foron identificados 97 fragmentos de galbos ou corpos con algunha decoración. En total, un 22, 53% das pezas cerámicas recuperadas son diagnósticas, ben por constituír formas, ou por presentar decoración.\nNun primeiro nivel de análise, os fragmentos recuperados pertencen principalmente a galbos de cacharros lisos, nunha proporción moi elevada. Moito menos frecuente, dáse a aparición de fragmentos pertencentes a cacharros que posúen decoración. En termos xerais, existen distintos tipos de producións, pero como o material aínda está en fase de estudio, imos centrarnos na caracterización tecnolóxica e formal de xeito preferente, fronte a outro tipo de consideracións cronolóxicas ou morfotipolóxicas, aspectos que precisan de avances no procesamento dos datos que nos ofrecen estes restos. Así, distinguimos por unha banda a cerámica lisa, que á súa vez podemos separar en 2 grandes grupos:\n2. Cerámica lisa (B) de paredes mais finas e cocción mais coidada, maioritariamente oxidante e en menor medida redutora: a elaboración destes cacharros é máis coidada ca do grupo 1, con pastas máis compactas e desgrasantes de tamaño medio, con presenza de seixos e tamén moita mica. En canto ó acabado, o alisado é o tratamento preferente tanto no exterior como no interior. A nivel morfolóxico, a maior parte parece corresponderse con vasos de morfoloxías compostas e perfiles abertos (troncocónicos, cuncos, etc….). Neste grupo aparecen fragmentos pertencentes a colos ou bordes, así como, algunha carena. Ademais desa cerámica lisa, aparece un elevado número de cerámicas decoradas, que supoñen un 22, 53% dos rexistros. A cerámica decorada tamén presenta variados e ricos patróns, nos que a técnica predominante será a incisión, seguida da impresión ou a combinación de ambas. Os motivos localízanse no terzo superior da peza. Os fragmentos aparecidos pertencen a cacharros de distintos tamaños, formas, grosores e facturas, conformando un conxunto de material moi variado. A nivel xeral, a cerámica decorada pertence a contedores dun tamaño proporcionalmente menor cas vasillas lisas. A nivel tecnolóxico e por norma xeral tamén se trata de exemplares de mellor factura, e acabados máis coidados.\nOs motivos que atopamos son a base de acanaladuras horizontais e verticais, ou a combinación de ambas; incisións verticais ou horizontais en forma de espiña de peixe; os motivos en forma de retícula; triángulos incisos recheos de impresións, e mesmo, ungulacións paralelas ou conformando espiñas de peixe. Na maior parte das cerámicas decoradas, o instrumento utilizado pode ser un punzón, posiblemente vexetal, escollido e posiblemente traballado para elaborar estas decoracións. A execución destas é moi variada: en xeral é bastante coidada e apenas se observan rebarbas nin superposición de liñas incisas. Temos que destacar tamén que, exceptuando casos moi puntuais, os motivos non se organizan en metopas. Tamén é necesario salientar a localización de 3 fragmentos de crisois cerámicos, e que algunha cerámica amosa evidencias de uso de torno.\nAínda que maioritariamente os restos, tanto cerámicos, como líticos, poñen de relevo que nos atopamos cun xacemento do III/II mil. a.C., con, posiblemente, varias reocupacións, tamén semella haber evidencias (mínimas) de cultura material pertencente á Idade do Ferro ou épocas históricas. Obviamente, todo o material recuperado é froito dunha prospección intensiva sobre os carreiros abertos pola maquinaria forestal, polo que os resultados están limitados espacialmente aos devanditos lugares, sen posibilidade de adscrición estratigráfica do material recuperado, pois este se atopa mesturado a causa deses traballos.\n2. i ntervención en río B arBanza\nO xacemento arqueolóxico de Río Barbanza (Agregado 6) foi intervido por primeira vez no ano 2013, cando se executou unha sondaxe de 7 x 7 m. Posteriormente, no ano 2014, realizáronse outras tres que afectaron a unha superficie de 37 metros cadrados, grazas ás cales se detectou un palimpsesto estrutural e cronolóxico. Como resultado das análises radiométricas efectuadas, obtivéronse catro datacións. Dúas delas, datan eventos arqueolóxicos (BETA – 395978 e BETA -395979), e outras dúas (BETA419212 e BETA419213) proveñen de mostras extraídas do estudo dunha columna estratigráfica. Coa ampliación da escavación, a mostra BETA419212 quedou contextualizada respecto da secuencia estratigráfica da intervención. A derradeira intervención executouse no ano 2016, e tiña como obxectivos definir en planta o conxunto de estruturas arquitectónicas relacionadas coa última fase de ocupación (Altomedieval), á vez que intentar detectar os niveis máis antigos. Tamén se realizou unha pequena sondaxe 10, para realizar un novo estudo dunha columna estratigráfica. O conxunto de intervencións executadas abrangueu un total de 170 m 2, conformando un rectángulo de 25 m de longo por 7 m de ancho.\n2.1. Os restos arquitectónicos\nOs restos arquitectónicos exhumados amosan unha edificación de forma rectangular, orientada nortesur, composta por 5 estancias acaroadas unhas ás outras, compartindo muros medianeiros e coas esquinas moi irregulares, que presentan certa tendencia ao redondeo. Só a Estancia 2 conservaba restos dun lousado de pedra. Foi posible identificar os accesos ás estancias 2, 3 e 5. Na Estancia 2 o acceso realízase polo lado leste da construción, coincidindo cunha gran lousa de granito colocada verticalmente 11, que funcionaría a modo de xamba; na Estancia 3 detectouse unha entrada ao norte, cun ancho de 90 cm, que se resolve mediante un reforzo no lado W cun pequeno muro de 1 x 1, 4 m. Non é descartable que no flanco leste presentase outro acceso, pero o dato non é concluínte ao atoparse o paramento nun estado de conservación malo, que impediu confirmar este extremo durante os traballos de escavación arqueolóxica. E, na Estancia 5, cuxo acceso consideramos inicialmente que se realizaba polo extremo norte, finalmente resultou estar situado na interrupción do paramento leste, cunha abertura duns 95 cm. Todo apunta a que a Estancia 4 tamén tivese acceso polo leste, pero neste caso non están tan claras as súas características ao atoparse este paramento practicamente desaparecido.\n2.2. As ocupacións\nOs restos arquitectónicos descritos correspóndense coa última fase de ocupación que podemos fixar, grazas a unha datación radiométrica (Beta419212), entre a segunda metade do século VIII d.C. e finais da centuria seguinte. Formando parte destes restos, concretamente incorporada a un dos paramentos da estancia 3, atopouse un ara que se conserva case enteira, da que logo trataremos máis en detalle. Estas construcións asentan sobre os restos doutras que se atopan nun estado de conservación moi fragmentario (UE´s 3008, 3009 e 3010) que poñen de relevo o palimpsesto estrutural que xa tíñamos constatado en intervencións anteriores. Consideramos que esta fase previa podería corresponderse cunha ocupación romana, tanto pola presenza dalgunha peza cerámica, como pola reutilización da ara formando parte do paramento da Estancia 3; pero ademais, as propias características das UE´s 3008, 3009 e 3010 compostas unicamente por cachotes, lévannos a pensar que as pedras de maior tamaño foron reempregadas para erguer os paramentos da última fase de ocupación mentres que as pedras de módulo máis cativo foron desprezadas para a nova construción. Ademais diso, unha das datacións obtidas, BETA395979, amosa un rango cronolóxico de entre o s. II AC e mediados do s. I AC; polo que, encaixaría perfectamente co uso e amortización neste período romano.\nA fase máis antiga remóntase á Idade do Bronce, concretamente ao século IX a.C. (BETA395978), grazas a unha mostra obtida debaixo dunha estrutura de combustión. Desta ocupación prehistórica non foi posible identificar estruturas arquitectónicas se ben cabe sinalar a existencia de dous depósitos (UE’s 4006 e 4008) localizados no sector sur da intervención: se trata de manchas que se diferencian do seu entorno inmediato polo grao de compactación e a tonalidade, que interpretamos como relitos de solos de frecuentación. Eses restos atópanse inmediatos á UE 022, datada no século IX a.C., e son equiparables topográfica e estratigraficamente. Ilustración 28. Río Barbanza: delimitación das UE´s 3008 (azul), 3009 (amarelo) e 3010 (verde).\nIlustracións 29 e 30. Vista e delimitación da UE4006.\n2.3. A cultura material\nNo que atinxe á cultura material, segue a tónica en xeral de campañas anteriores: foron recuperados un total de 263 anacos de cerámica, 12 elementos metálicos, 3 fragmentos de vidro e 727 elementos líticos.\nA cerámica recuperada segue a tónica habitual (escasa, moi esnaquizada e nun estado de conservación paupérrimo) pero distínguense dous conxuntos: un, que semella corresponder a unha tradición oleira romana cunhas pastas relativamente coidadas; e outra, de clara tradición medieval, como a que xa se describiu en ocasións anteriores para Río Barbanza ou Porto Traveso (BARBEITO et al., 2015).\nA maioría da cerámica (81, 61 %) non se pode atribuír a unha forma concreta; só 48 das pezas son identificables (18, 39%), das cales 25 son fragmentos de bordes, 10 fondos, 11 colos, 1 fusaiola ou pondus e os restos dunha ola bastante completa, pero non o suficiente para poder reconstruír a súa forma con seguridade.\nOs 12 elementos metálicos son todos feitos en ferro, agás un, que parece bronce; das pezas recuperadas, destacan 2 chatolas, análogas ás recuperadas en campañas precedentes, 5 láminas de ferro e unha posible fibela de cinto.\nIlustración 31. Táboas de cultura material. Ilustración 32. fotos de pezas significativas: D17/2588 (fusaiola ou pondus) e D17/2732 (lámina).\nEntre as bases naturais destacan algunhas pezas que puideron empregarse como pulidores (7), percutores (3), mans de muíño (8) e 1 posible bigornia. O 71, 43% destas bases naturais son de granito, o 14, 28 % en cuarcita, o 9, 52 % en seixo e o 4, 76 % en xisto. Os restos de talla representan unha fracción importante (81, 33 %), favorecida pola minuciosa escavación e polo labor de flotación á que foi sometido un volume importante dos sedimentos escavados. O 75, 65% dos materiais recuperados son de seixo, o 14, 92 % de lousa, o 3, 47 % de material criptocristalino ou cristal de rocha, o 3, 33 % de cuarcita, o 2, 46 % de granito, e un 0, 14 % doutros materiais.\nFormando parte da estrutura 3002 (Estancia 3) atopouse unha ara ou altar labrada en granito, ao que lle falta a parte inferior. Na parte superior presenta unha moldura saínte polas catro caras coa que se separa do fuste do coroamento. Na cara superior, ostenta un foculus abarquillado, flanqueado por dous pulvinos sen decoración. A superficie frontal está moi desgastada, pero en orixe as catro caras estiveron alisadas. Este feito e a forma da moldura superior permiten adiantar que o altar foi exposto na antigüidade en posición exenta, visible mesmo por detrás e non arrimado a ningunha parede. As dimensións actuais son de (35) x 28 x 20 cm; o fuste, hoxe cortado, mide (26) x 26 x 20 cm. A altura das letras é de circa 4, 5 cm. e non se aprecian restos de interpuncións.\nO texto conserva tres liñas, das cales só é visible a forma completa da primeira, xa que das dúas seguintes só se poden ver as letras finais. Na primeira fila di claramente NONIV, mentres que a S final aparece ao comezo da segunda; nesta outra liña distínguense as tres letras finais que parecen ser VLL. Ao final da terceira parece haber unha O, precedida dunha E e con unha posible R diante dela. O texto hoxe visible di:\nNONIUS [---] VLL [---]REO\nA estrutura do texto parece estar formada polo nome do dedicante seguido da divindade. Aínda que a identidade desta non se pode determinar debido ás lagoas do texto, o tipo de coroamento exclúe unha dedicación aos Lares Viales, pois neste caso debería contar con tres foculi aliñados na parte superior da peza, como é habitual na gran parte do conventus Lucensis. É evidente que a ara de Río Barbanza non pertence a esa categoría. Na terceira liña podería estar tanto o cognomen do dedicante como o teónimo. A terceira liña puido dedicarse incluso para o epíteto da divindade, é dicir [---]reus, que faría o dativo en -o, si o nome figuraba na liña anterior. O nome do dedicante merece un breve comentario, Nonius é un coñecido nomen gentile latino (SCHULZE, 1933: 229, 424) que encontramos en diversas inscricións de Hispania (ABASCAL, 1994: 189), normalmente como parte da tria nomina. Non obstante, hai que recordar que tamén aparece como nome único nunha placa marmórea do teatro de Mérida (HAE 1846) e, sobre todo, que se coñece en posición de cognomen nunha inscrición perdida de Cáceres con epitafio de M. Iunius Nonius (CIL II 707). Dado que no altar de Río Barbanza non aparece o praenomen, é moi probable que o dedicante teña como nome único Nonius, en cuxo caso se podería deducir –aínda que coas lóxicas reservas– que se trata dun personaxe de condición peregrina e que, a divindade citada no texto pertenceu ao panteón indíxena. Nin a paleografía nin a forma do altar permiten unha datación precisa aínda que, o hábito epigráfico sobre este tipo de monumentos no noroeste peninsular suxire que foi tallado entre os séculos I e III.\nA aparición da ara de Río Barbanza é análoga, polo seu emprazamento serrán, á localizada no Monte Dordo en Porto do Son en 1987 (PEREIRA, 1991).\nEn xeral, o estado de conservación da ara non é bo; e concretamente, o campo epigráfico está moi erosionado resultando moi difícil a súa lectura; porén, levouse a cabo un traballo de documentación mediante o emprego da fotogrametría por Structure From Motion (SFM) (Plets et al., 2012). Para elo, cunha cámara fotográfica tomáronse un total de 35 fotografías da inscrición, as cales foron procesadas co programa Agisoft Photosca n para obter o modelo 3D. Este modelo foi tratado mediante o software Xshade (Rusinkiewicz et aliI, 2006; CARREROPAZOS et al., 2018), co fin de acentuar as concavidades e convexidades da superficie, conseguindo mellorar a lectura da superficie deteriorada.\n3. i ntervención en o uteiro da t orre\nNo ano 2015 12, simultánea coa intervención de Porto Traveso, realizouse unha intervención no xacemento denominado Alto do Canle da Porteliña ou Outeiro da Torre. Este xacemento presenta unha serie de particularidades que se afastan das características típicas dos xacementos que definimos como AGREGADOS; máis concretamente, do seu patrón de emprazamento, xa que, todos eles están situados ao carón de cursos de auga.\nIlustración 35. imaxe da Alto do Canle da Porteliña / Outeiro da Torre coa ría de Arousa ao fondo.\nNa contorna inmediata de Outeiro da Torre non existe manancial ou rego de ningún tipo; sen embargo, a súa situación non pasa desapercibida; xa que, está colocado no borde da penechaira serrá, no punto de inflexión a partir do cal comezan as ladeiras da serra cara o val, cun amplísimo dominio visual sobre a ría de Arousa. Estruturalmente tamén semellaba distinto, xa que, unicamente afloraba unha construción; aínda que, esta presentaba certa similitude coas rexistradas no caso dos AGREGADOS, ao estar feita a base de cachote e lousa, coa técnica da pedra seca.\nO emprazamento, en certa medida é antagónico, pero á vez complementario doutro xacemento, Penas de Calo I (Agregado 24) 13 ; antagónico, porque se empraza no lado oposto da serra do Barbanza, concretamente na vertente oeste e complementario, posto que se ten un dominio visual de toda a entrada da ría de MurosNoia, existindo á vez intervisibilidade entre ambos xacementos. Con todo, o gran dominio visual de ambos xacementos non se repite cara o interior da serra, no que quedan grandes baleiros sen control visual, o que nos induce a pensar que podería formar parte dunha estrutura de vixilancia da costa, o que tampouco impide que servisen ao tempo como lugares de aviso cara o interior da serra mediante o lanzamento de sinais de lume, luz ou son.\nA intervención arqueolóxica puxo ao descuberto unha construción de forma redondeada, cun diámetro aproximado de 11, 5 m; ocupa unha superficie de 84, 61 m 2, feita a base de acumulación de cachote e lousas depositadas de maneira anárquica, aproveitando o espazo existente entre distintos penedos para construír unha pequena plataforma. Algunhas destas lousas, na parte superior, estaban dispostas de maneira vertical ou con certa inclinación, o que nos levou a pensar inicialmente na posibilidade de atoparnos ante paramentos construídos de xeito semellante aos dos Agregados.\nA escavación centrouse en retirar a vexetación que cubría a estrutura sen apenas remoción do sedimento, ao ser este practicamente inexistente. Logo de definir a estrutura en planta, e ante a imposibilidade de diferenciar o que era estrutura do que puidera ser derrube, procedeuse a facer unha sección no cuarteirón noroeste, para chegar á base da mesma, confirmando que estaba feita mediante acumulación de pedras para conseguir unha pequena plataforma. Os restos materiais recuperados foron unicamente 3 líticos, aos que non podemos atribuírlle unha orixe antrópica clara.\nDurante a intervención, decatámonos da existencia dos restos dun paramento no flanco oeste, apenas apartado uns 10 metros da estrutura, que presenta unha disposición lineal (dirección SLNW), e cunha fábrica ciclópea (bloques de granito), de 1 m de ancho e unha altura de 1, 20 m no treito mellor conservado. A súa funcionalidade podería estar relacionada coa protección da construción de Outeiro da Torre, non dende unha perspectiva poliorcética, senón como cortalumes, evitando a propagación destes, empregados a modo de comunicación para a emisión de sinais por medio de lume ou fume.\nIlustración 38. Vista cenital de Outeiro da Torre escavado. Ilustración 39. Imaxe da muralla / peche de Outeiro da Torre.\n4. e studo documental\nParalelamente ao desenvolvemento dos traballos arqueolóxicos, realizouse un estudo sobre a documentación histórica, que puidese aportar información de interese sobre aspectos relacionados coa explotación gandeira da Serra do Barbanza, para o cal se procedeu a revisar catro tipos de fontes documentais:\n1. Expedientes xudiciais, procedentes do fondo da Real Audiencia de Galicia e Audiencia Territorial, custodiada no Arquivo do Reino de Galicia (ARG) en A Coruña e, tamén, os expedientes xudiciais nos fondos de “clero” do Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS). Esta información é portadora en ocasión de información sobre aspectos como as reivindicacións de lugares (por parte de particulares, institucións eclesiásticas o familias nobres), de rendas impagadas, apeos, conflitos de lindes entre veciños, problemas co gando (para aproveitamento de pastos, esquilmos, leñas, etc.), asuntos relacionados con vínculos e morgados, aproveitamento de augas, composición de camiños, etc. 2. Protocolos notariais de Noia e Padrón: é unha documentación na que se pode atopar gran cantidade de contratos ou documentos realizados ante notario, como escrituras de compravenda de todo tipo de xénero, escrituras de arrendamento, aforamentos, cartas de pago, cartas de obriga, testamentos, escrituras de dote para casamentos, recontos de bens de defuntos, espontáneas, contratos de sacadas (relacionados co mar), contratos de fretes, avinzas en torno a todo tipo de problemas, cartas de poder e procuración, etc. 3. Documentación producida por diversas institucións eclesiásticas e depositada nos arquivos en función do proceso desamortizador do século XIX (mosteiros, cabido de Santiago e Mitra compostelá). No caso que nos ocupa, eran fundamentais de partida os documentos dos mosteiros de Toxos Outos, Sobrado dos Monxes (do cal dependía o primeiro), San Martiño Pinario, Santo Antón da Pobra do Deán e San Francisco de Noia. As tipoloxías documentais consultadas son moi amplas: cartas de aforamento, arrendamentos, apeos (numerosos), copias de preitos, relacións de bens, compravendas, etc. 4. O Catastro do Marqués de la Ensenada, realizado entre 1752 e 1753 na zona que nos ocupa. Revisáronse os Interrogatorios das freguesías do Barbanza que máis interesan, ademais dos Libros Reais de Legos das parroquias nas que se conservan (moi poucas en relación ao total).\nComo resultado destas consultas obtívose algunha información de interese, como por exemplo, un preito de 1777 14 custodiado no Arquivo do Reino de Galicia, no que se constata o emprego dos montes altos para o apacentamento e acorralamento do gando cabrío, recolléndose textualmente: <<<... el ganado cabruno al monte alto aprisionado y con pastor, sin permitirles lo traygan al vecindario entre viñedos y sembrados.>>. No preito, baseándose nos códigos de xustiza vixentes, ordénase que o gando cabrío sexa levado aos montes altos e “acorralado” alí, con presencia de pastor, para evitar os danos que estes animais poidan facer nas terras dedicadas á viña, labradío ou mesmo sobre árbores froiteiras.\nDe xeito similar, pero para mediados do século XVIII, o Catastro do Marqués de Ensenada volve sinalar a existencia de cabana gandeira no monte, constatando que algunhas parroquias como Obre, Argalo, San Pedro de Boa, Miñortos, Goián teñen eguas que pastan no monte de Barbanza; outras, como Queiruga, Baroña, Nebra, Ribasieira, Noal ou Cures, ademais de eguas, tamén teñen vacas.\nNos protocolos notariais dos séculos XVI e ata mediados do XVII relacionados con testamentos, partillas de bens e recontos de bens de defuntos, atopáronse numerosas referencias á existencia dunha ampla e diversa cabana gandeira nos montes, como son: vacas de monte, vacas “pequenas” de monte, becerros, eguas, “poldros” e “poldras”, bestas “mulares”, cabras, cabritos, ovellas e roxelos, entre outros.\nO gando equino e vacún acada maior protagonismo nas fontes escritas, seguramente debido a que posuían máis valor, en detrimento do ganado menor, que non o sendo en termos pecuniarios, aparece infrarrepresentado na documentación histórica (PÉREZ, 2004: 5259).\nA documentación citada encádrase cronoloxicamente na Idade Moderna, pero existe documentación máis antiga, de finais do século XII e principios do XIII, na que xa hai constancia da existencia de gando no monte do Barbanza e outros (PÉREZ, 2004).\n5. c onclusións\nA gran cantidade de xacementos localizados indica que unha das principais actividades rexistradas na serra do Barbanza é a gandería e que, esta actividade tivo unha dilatada pervivencia, que podemos rastrexar cando menos dende o Bronce Final, rexistrando novos episodios en momentos da Idade do Ferro, mundo romano e Altomedieval, que as fontes documentais consultadas estenden ata finais do século XVIII.\nEste aproveitamento serrán seguramente é consonte coa explotación estival das brañas de altura, como sucede noutras latitudes do norte peninsular (LÓPEZ GÓMEZ et al., 2016; GASSIOT et al., 2014; MÚJIKAALUSTIZA et al., 2013) que, lamentablemente, non teñen recibido ata agora unha atención suficiente por parte da arqueoloxía galega. Este novo rexistro arqueolóxico presenta un enorme potencial informativo, tanto para a comprensión duns modos de vida particulares, como son aqueles vinculados coas explotacións gandeiras e pastorís, como para achegar novos datos para aqueles períodos históricos nos que existe un déficit importante de informacións históricoarqueolóxicas para o noroeste, nomeadamente para un novo tipo de xacementos que se afastan dos estándares clásicos coñecidos e investigados e que semellan estar presentes non só en localizacións serráns senón tamén por cotas inferiores, nalgúns casos a escasos metros do nivel do mar (p.e. Monte das Cabanas en Rianxo).\nDende un punto de vista arquitectónico, demos os primeiros pasos para a caracterización destes espazos, ao ter identificado estancias completas, coas súas dimensións, accesos, morfoloxías e posibles usos, ou cando menos, identificar aqueles sectores que consideramos máis aptos para o asentamento humano pola presenza de lousados, situación que se repite tanto no xacemento de Río Barbanza coma en Porto Traveso, xa publicado (BARBEITO et al.. 2015).\nDoutra banda, puidemos identificar outra ocupación (Outeiro da Torre) que diverxe do patrón de emprazamento típico dos asentamentos gandeiros, pois presenta unha localización singular que o relaciona directamente con outro, que semella responder a unha dobre finalidade (gandeira e de vixilancia) como é o de Penas de Calo I. Entre ambos, manteñen unha perfecta relación de intervisibilidade, aínda que o campo visual dende Penas de Calo é moi limitado; esta limitación física minimizouse coa construción artificial dunha pequena plataforma feita por acumulación de pedra e cachote, que garantise esa interconexión visual entre ambos xacementos. O seu contexto hai que polo en relación, non só coa importancia económica dos espazos gandeiros da Serra, senón tamén coa necesidade de control territorial principalmente orientado á vixilancia da costa pola inseguridade que se viviu en certos momentos.\nE, fóra xa das áreas serráns, a identificación dun asentamento coma o de Chan do Cerqueiro, cuxos materiais encádranno con claridade no Calcolítico rexional bota luz sobre unha etapa na que a ocupación do Barbanza e, particularmente, das terras baixas adquire unha maior intensidade e importancia económica, circunstancia que se ben algúns achados previos semellaban apuntar, agora ven de confirmarse de cheo, a xulgar pola variedade e cantidade da cultura material recollida nese lugar.\nB iBliografía\nABASCAL PALAZÓN, J.M. 1994. Los nombres personales en las inscripciones latinas de Hispania, Murcia – Madrid."} +{"summary": "Neste traballo faise un percorrido polas traducións, versións e adaptacións que, dende a década dos anos oitenta e ata a actualidade, se fixeron á lingua galega da obra de Lewis Carroll, Alice’s Adventures in Wonderland. Despois dun breve repaso aos condicionamentos sociopolítico-culturais que sufriu o sistema literario infantil e xuvenil galego, explícanse algunhas das principais vías seguidas pola tradución á lingua galega, con especial atención ao tratamento dos clásicos universais. Por último, revísase con máis detalle as características das edicións publicadas en lingua galega deste clásico universal.", "text": "LER OS CLÁSICOS: ALICIA EN LINGUA GALEGA\nDATA DE RECEPCIÓN: 15/09/2020\nLEER LOS CLÁSICOS: ALICIA EN LENGUA GALLEGA\nDATA DE ACEPTACIÓN: 15/11/2020\nREAD THE CLASSICS: ALICE IN GALICIAN LANGUAGE\n : tradución, clásico, Carroll, lingua galega. Resumen: En este trabajo se realiza un recorrido por las traducciones, versiones y adaptaciones que, desde la\nMociñoGonzález, Isabel e Roig Rechou, BlancaAna (2020). “ Ler os clásicos: Alicia en lingua galega ”.\n1. Introdución\nAlice’s Adventures in Wonderland, a obra máis universal de Lewis Carroll (Charles Lutwidge Dodgon, Daresbury, Cheshire, 1832Guildford, 1898), foi traducida por primeira vez á lingua galega a inicios dos anos oitenta do século XX, coincidindo co período de consolidación do sistema literario infantil e xuvenil. Dende entón coñeceu diferentes traducións, adaptacións e versións nesta lingua meta, polo que é de interese observar o momento no que se produciu a transferencia, a forma en como se incorporou a este sistema literario e a fortuna da obra dentro del, pois estas estratexias poden explicar algunha das vías seguidas na incorporación de modelos e novas opcións ao repertorio literario, así como a súa contribución ao reforzo, lexitimación e autosuficiencia deste fronte ao sistema central, o castelán. Non esquezamos que a transferencia é un dos recursos dos sistemas emerxentes 1 para acumular unha reserva importante de elementos que contribúan á súa estabilidade, a chamada lei de proliferación (EvenZohar, 1978: 43; 2008), dado que a través das obras estranxeiras se van introducindo características que antes non existían no sistema de chegada e asumindo funcións ausentes nesa cultura, de aí que a literatura traducida veña cubrir a necesidade dunha literatura nova que ten que poñer a súa lingua a funcionar na maior cantidade posíbel de xéneros literarios para facela útil para os seus usuarios (EvenZohar, 1996: 61). É por iso que, tal como apunta Antón Figueroa (2003: 64), o estudo deste intercambio interliterario e a súa incidencia na historia literaria de cada cultura presupón instrumentos metodolóxicos que explican a complexa rede de relacións entre o estado do sistema doméstico e a esencia da actividade da transferencia, ao tempo que desvela as relacións entre o poder e o mercado. Por outra parte, tal como sinala Gideon Toury (1995), a tradución está suxeita a limitacións nas que non só inflúen as características do texto ou das linguas coas que se traballa, senón que os factores socioculturais afectan ás estratexias adoptadas polos tradutores e, como consecuencia, ao resultado final. Abordar a evolución da tradución no sistema literario infantil e xuvenil galego implica referirse a unhas circunstancias históricosocio-políticoeconómicas pouco favorábeis (Roig, 2015; Luna Alonso, Fernández Rodríguez, Galanes Santos e Montero Küpper, 2015) que determinaron a carencia de instrumentos de lexitimación e arrastraron durante tempo uns condicionamentos propios 2. Aínda así, a tradución de Literatura Infantil e Xuvenil (a partir de agora LIX) á lingua galega representa o 70% do volume da importación entre 1981 e 2011, tal como revela a base de datos da\nBiblioteca da Tradución Galega (BITRAGA), o que evidencia a súa relevancia dentro do sistema literario.\n2. Tradución e LIX galega: condicionantes e primeiros pasos\nComo se ten posto de manifesto en numerosos traballos críticos sobre as traducións ao sistema literario infantil e xuvenil galego (Domínguez, 2008a, 2008b, 2008c, 2012a: 121136; 2012b: 113127; Mociño e Agrelo, 2008; Agrelo e Mociño, 2010; Fernández Rodríguez 2010: 93107; Bendoiro, 2012: 3951; Roig Rechou, 2015; Luna Alonso, Fernández Rodríguez, Galanes Santos e Montero Küpper, 2015; Luna, 2017), foi na década dos anos oitenta do século XX cando a tradución adquiriu máis pulo 3 e contribuíu ao asentamento e posterior consolidación deste sistema literario, que comezou a contar cunha produción regular de obras pensadas para os máis novos. Isto concorda co apuntado por BlancaAna Roig Rechou (2005: 141), quen afirma que des pois dunha etapa de “transición” na década dos anos sesenta, o sistema literario infantil e xuvenil pasou por un “afianzamento” na década dos anos setenta e comezou a “consolidación” na dos oitenta, momento no que a lingua galega foi adquirindo unha dimensión social e pública cada vez maior, amparada na Constitución Española e nas leis dela derivadas, fundamentalmente a Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia (BOE 101, de 28 de abril de 1981); e, sobre todo, a promulgación da Lei de Normalización Lingüística (3/1983, de 15 de xuño, Parlamento de Galicia, DOG, 14 de xullo de 1983), que oficializaron a lingua galega nos ámbitos administrativos e educativos, aínda que as condicións sociopolíticas mantiñan un mercado no que os resultados eran froito máis dun compromiso intelectual e político ca puramente empresarial.\nÁ vista da evolución da tradución á lingua galega dende outros sistemas literarios que se pode seguir en Roig (19952018) ou ata 2008 en Roig, Domínguez e Mociño (2008), as principais vías seguidas pola importación ao sistema literario infantil e xuvenil, tal como se recolle con detalle en Roig (2015) e Mociño (2015), son as seguintes:\n- as coedicións, recurso co que se iniciou a importación de LIX en Galicia e que permitiu ás editoras ofrecer produtos cuxos custos non lle eran asumíbeis, aínda que resultaban imprescindíbeis para a formación do lectorado na lingua propia, a defensa da cultura e, sobre todo, para a normalización lingüística. Esta estratexia desembocou nunha complexa rede de relacións que deu como froito multiedicións de consorcios editoriais que publicaron, simultaneamente, obras para a primeira infancia en todas as linguas do estado, froito máis do interese por reducir gastos ca por unha verdadeira planificación (Domínguez, 2012: 132); - as autotraducións, que proliferaron nas etapas iniciais de configuración do sistema literario, cuxos protagonistas foron autoras e autores que, condicionados por unhas circunstancias históricoculturais marcadas pola ditadura, comezaran a escribir na lingua central pero que, posteriormente, arrastrados polos cambios sociais e as demandas de colectivos comprometidos coa cultura, verteron as súas obras á lingua galega para contribuír á normalización lingüística e literaria; - as traducións de clásicos universais, como a obra que nos ocupa, que representan unha estratexia de carácter ideolóxico e políticoliterario, aínda que cuestionada para a autonomía da lingua meta se se prolonga no tempo (Galanes, 2010), a cal fornece o sistema cun corpus de títulos canónicos que teñen unha dobre función: a literaria e a cultural, ao exercer o corpus traducido un papel de reforzo de novos modelos literarios polo prestixio do sistema de orixe; - e as traducións de autores contemporáneos, vía que representa o maior peso cuantitativo da produción traducida, a cal pasou de se centrar no intercambio entre sistemas do marco ibérico nos anos oitenta e noventa, a experimentar importantes cambios nos primeiros anos do o século XXI, entre outras razóns pola incorporación ao mercado de editoriais que adoptaron estratexias diferentes na importación de LIX, como Kalandraka, OQO Editora, Lata de Sal ou El Patito Editorial, entre outras moitas, contribuíndo á renovación do discurso e tamén dos formatos, aínda que o aumento anual de traducións non significa necesariamente o mesmo nivel de calidade literaria, que nalgúns casos é cuestionábel (Mociño, 2015).\n3. Os clásicos universais na LIX galega\nA tradución de autores considerados clásicos da literatura universal á lingua galega para o público infantil e xuvenil comezou na década dos anos setenta con O Principiño (Galaxia, 1972), de Antoine de SaintExupéry, realizada por Carlos Casares, que a trasladou dende a lingua de orixe, o francés. Esta primeira tradución supuxo o comezo dun proceso destinado a suplir o baleiro de obras canónicas no sistema de chegada e a afirmación dunha cultura minorizada (Galanes, 2014). Porén non foi ata a década seguinte cando comezou a ser máis regular a tradución de clásicos da literatura universal, que se incluíron en diferentes coleccións, xa infantís, xa xuvenís.\nA incorporación destes textos traducidos considérase fundamental na fase filolóxica ou de acumulación de capital simbólico do sistema literario e no proceso de normalización lingüística 4 (Lema, 2009: 128129), unha vez que se supera a etapa de resistencia propia do sistema emerxente ao transvase cultural dentro do proceso de descolonización cultural 5. Unha estratexia coa que se pretende consolidar unha corrente literaria formal, emerxente na década dos anos oitenta (Bendoiro, 2012: 44), que coincidiu co inicio dunha política de axudas á edición, creación literaria e tradución da Xunta de Galicia 6, a cal non impulsou por iso unha planificación cultural, como se evidencia pola debilidade dalgúns xéneros (especialmente poesía e teatro) e a improvisación no terreo da tradución, feito que segue vixente na actualidade, ao seguir sen a planificación precisa para guiar o lectorado e o mediador cronoloxicamente polas obras consideradas canónicas.\nEntre os aspectos máis salientábeis da tradución de clásicos universais á lingua galega cabe citar o feito de que conviven nunha mesma colección obras consideradas lecturas xuvenís con outras que na literatura fonte ou de orixe forman parte da literatura de adultos ou institucionalizada, situándose na denominada literatura de fronteira (Roig, 2008: 113) ou crossover fiction (Beckett, 2008), feito que non só se vai dar no sistema literario galego. Esta desviación probabelmente responda, nun primeiro momento, á necesidade de garantir un sector máis amplo de público lector, en parte debido á ampliación do período de escolarización obrigatoria e á necesidade de contar con lecturas acordes a idades con maior formación e intereses, o que propiciou a consolidación e auxe desas coleccións de fronteira, á vez que converteu a literatura xuvenil, como di Gemma Lluch (2009: 94), nun fenómeno editorial e mesmo sociolóxico. A isto cremos preciso engadir a falta de hábito lector na poboación adulta galega, que se inclina por acceder aos clásicos na lingua central, o castelán\n(Alonso, 2006: 91). Por todo isto é de interese observar como evolucionaron as estratexias editoriais que, fundamentalmente a partir da primeira década do século XXI, renovaron moitas destas coleccións enchendo os paratextos de elementos subliminares e incluso facéndoos desaparecer cando acenan cara a un lectorado concreto ou indican as franxas de idade, aínda que sen renunciar a algunhas chiscadelas á cultura xuvenil. Por outra parte, tamén é preciso ter en conta que a inclusión dunha obra traducida nunha colección infantil ou xuvenil condiciona o tradutor/a, pois como confesan\nXoán Manuel Garrido Vilariño e Ana Luna Alonso (1998: 189), o tradutor/a imaxina un destinatario ideal que, consciente ou inconscientemente, inflúe na súa toma de decisións, entre elas as propias obras que son traducidas (Luna, 2017).\n4. A obra de Lewis Carroll en lingua galega\nOs primeiros contactos da infancia galega coa obra de Lewis Carroll en lingua propia foi a través de adaptacións, concretamente a que en 1983 publicou Susaeta co título de Alicia no país das maravillas 7. Trátase dunha adaptación chea de erros (tanto conceptuais coma lingüísticos) que recrea a anécdota central da obra: o encontro de Alicia co coello branco e a entrada no mundo marabilloso. Esta primeira adaptación da obra de Carroll hai que situala no momento en que se aproba a Lei de Normalización Lingüística e editoras de ámbito nacional ven en Galicia un potencial nicho de mercado para os seus produtos traducidos a esta lingua, pois a versión en lingua castelá desta obra saíra publicada un ano antes, en 1982. Ademais, esta primeira adaptación responde a unha das catro fontes que identifica Victoria Sotomayor (2005), a dos clásicos da literatura infantil, das que proceden na súa maior parte os textos adaptados, xunto cos contos populares, os clásicos da literatura xeral e as novelas de aventuras. Neles, o texto adaptado (hipertexto) é o resultado da\ntransformación do hipotexto (texto orixinal) a través dunha simplificación, para facilitar a lectura dun público menos avezado do que orixinalmente prevé a obra. A baixa calidade literaria e estética desta primeira aproximación á obra de Carroll foi seguida, un ano despois, en 1984, pola súa tradución íntegra en As aventuras de Alicia no País das Maravillas 8, que mereceu o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura en 1985 e foi publicada inmediatamente na colección emblemática á que nos referimos, “Xabarín”. Neste caso preséntase unha tradución moi axustada ao orixinal, da man de Teresa Barro e Fernando PérezBarreiro, responsábeis tamén dunha esclarecedora introdución e abondosas notas que acompañan o texto. Na introdución comezan referíndose á consideración de clásico do relato, á súa referencialidade en todos os planos da sociedade inglesa (político, medios de comunicación, escolas, teatros e vida cotiá en xeral), o seu profundo alcance, a súa constante actualidade e novas dimensións, porque malia que\nAlicia deu pé a tantas interpretacións: relixiosas, políticas, lóxicomatemáticas, psicoanalíticas. Todas con ánimo de dicila última palabra. E sempre ficou algo máis, para outros explicadores. Como na Biblia, como en Shakespeare, como no amor, como na vida... (Carroll 1984: 8)\nSeguen referíndose brevemente á personalidade de Carroll e ás hipóteses sobre os seus xogos de desdobramento Dodgson/Carroll, ás particulares circunstancias que marcaron a época vitoriana como un prolífico período, no que salienta a imaxinación creadora do autor e a orixinalidade de Alicia, dado que Non hai nada igual antes nin despois dela. ¿A que xénero corresponde? Imposible situala. Fálase de “nonsense” ou absurdo, pero esa é unha cualificación que “Alicia” certamente posúe, máis que non a define como forma, non a estructura como producto artístico. O Ulises de Joyce é máis como unha novela que “Alicia” como un conto de fadas. E, deixando a cuestión da forma, o material imaxinativo non ten tampouco precedentes, nin a ausencia de moralexas. Tense insistido moito neste último contraste con toda a literatura infantil anterior e grande parte da seguinte (...). “Alicia” é unh a grande “outra cousa” da literatura. (Carroll 1984: 12)\nA seguir detéñense na xénese da obra e relatan a anécdota que lle deu orixe o 4 de xullo de\n1862, para repasar tamén brevemente a produción posterior de Carroll, entre a que salientan a continuación en 1871 das aventuras de Alicia en A través do espello e o que Alicia atopou aló. Destacan\na capacidade do autor para deseñar unha personaxe que transcende o tempo a través dun libro “no que o absurdo e a violencia do mundo – e non só do País das Marabillas – exprímese cunha\nintensidade e unha severidade de liñas que fai parecer artificiosos a tódolos tremendismos” (Carroll\n1984: 14) por iso conclúen que, A suma lección de Alicia é, tal vez, que só ollando con curiosidade e lucidez o horror do mundo, se poden atravesalas tebras co fachizo do humor, cantando o cantar do propio destino, e acabar ciscando polo aire da ilusión ó que pertencen as cartas do barallo que tanto sufrimento causan coa súa soberbia estupidez. (Carroll, 1984: 14)\nA introdución aínda s e completa cunhas “Notas sobre as ilustracións”, onde explican con moito detalle como os deseños que acompañan o orixinal que Carroll lle regala a Alice Liddell foron\nfeitos por el mesmo, mentres que para a publicación recorre a John Tenniel, caricaturista político.\nDetállanse algunhas das diatribas que sufriron os deseños e como a personaxe de Alicia é produto só da imaxinación e da man do ilustrador, non así o resto de protagonistas saídos da imaxinación de Carroll, que seguiu moi de preto o seu deseño.\nEsta toma de posición adianta unha das características xerais desta tradución, como é a fidelidade ao orixinal e o achegamento ao polo da estranxeirización, o que non impide que no conxunto da obra en lingua galega se logre un estilo natural en canto ao léxico e rico en canto ás estruturas e elementos propios da lingua meta, en especial no desvío da estratexia dominante da estranxeirización que adoptan cos nomes dos personaxes (Lorenzo, 2015: 7681). A isto súmase o amplísimo aparato de notas, que aparece colocado no final da obra. Nelas explican as fontes que parodia Carroll, aqueles termos pouco usuais para os galegos pola distancia cultural (significado de Mary Ann, como criada), os elementos descoñecidos na nosa cultura (bathingmachines ou máquinas de bañarse), as referencias reais das personaxes fantásticas (O Parrulo é o Reverendo Robinson Duckworth que acompañou a Carroll ao pícnic que deu orixe a Alicia) ou aqueles nos que están inspirados (a Duquesa, no cadro da Duquesa Fea, de Quintin Matsys); a explicación de fraseoloxía e ditos ingleses que aparecen implícito s no texto (“Arregaña - los dentes coma un gato de Cheshire”, “Tolo como un sombreireiro”)... Nestas notas tampouco falta a referencia ás primeiras traducións ás linguas do ámbito ibérico, iniciadas nos anos vinte (castelán e catalán) e á bibliografía que os tradutores manexaron tanto sobre Alicia coma sobre a biografía de Carroll. A fortuna desta tradución de Teresa Barro e Fernando PérezBarreiro plásmase tanto no recoñecemento do Premio Nacional de Tradución recibido ao ano seguinte da súa publicación, como nas múltiples reedicións 9 que a obra coñeceu durante décadas e nas que foron moi poucos os cambios introducidos até o ano 2002, momento no que a editorial decidiu levar a cabo unha renovación da colección “Xabarín” e integrar esta obra na serie “Xabarín de ouro”, na que manteñen o texto íntegro de Teresa Barro e Fernando PérezBarreiro, aínda que substitúen as ilustracións de Tenniel polas do ilustrador galego Federico Fernández Alonso, Premio Nacional de Ilustración 2002. Este cambio foi valorado positivamente pola crítica, que destacou a súa expresividade (CLIJ, 2003: 73; Nicolás, 2003: IV; Fraga, 2003: 45) 10, aínda que dende o noso punto de vista lle imprimen á obra un carácter algo máis tétrico do agardado, pero concordamos con Ramos (2010, 2019) en que ilustrar obras clásicas é un desafío debido á ingrata posición do artista ao ter que dialogar ou silenciar unha longa tradición iconográfica. Nesta (re)actualización do texto tamén se trasladan as notas ao rodapé de cada páxina, o que facilita a súa lectura e integración co texto ao que achegan aclaracións, aumentando mesmo o número delas, como as referidas ás explicacións da orixe e fontes das que parte Carroll para os seus xogos de reescrita e subversión, as referidas a proverbios ingleses no texto... O éxito desta primeira tradución animou á editorial a publicar un ano despois, en 1985, Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló, incluída na mesma colección e da man dos mesmos tradutores, polo que o proxecto gaña en unidade e mantén as mesmas premisas da anterior. Porén, malia a unidade e coherencia que isto lle imprime ás dúas obras, a fortuna de ambas é ben dispar, pois mentres a primeira foi reeditada en numerosas ocasións, a segunda está actualmente fóra do catálogo editorial e non foi incorporada a ningunha outra colección.\nA década dos noventa\nHoubo que agardar unha década despois destas primeiras achegas, ata 1995, para que se publicase unha nova adaptación de Alicia no País das Marabillas, nesta ocasión na colección “Os meus contos clásicos favoritos”, da editorial Sálvora, na que conta coas ilustracións de Manuel Barco. A\nedición é un conto ilustrado de gran formato e pastas duras, subvencionado pola Xunta de Galicia, no que non consta o nome do tradutor/adaptador e que se inicia cunha Alicia durmida diante dun libro que comeza a soñar e leva o lectorado polas principais escenas e personaxes da obra, nun texto moi simplificado, que cede o protagonismo a unhas ilustracións a toda páxina de carácter figurativo e moi coloristas. Un ano despois, en 1996, publicouse Alicia para nenos [ The Nursey Alice, 1890] da man do Equipo Tris Tram, que manifesta respectar ao máximo a publicación orixinal. Trátase dunha adaptación de Alicia no País das Marabillas, que realizou o propio Carroll destinada á nenez, como sinala no prólogo “dirixido a todas as nais”. O texto recolle en catorce breves episodios as ave nturas máis significativas de Alicia e apóiase nas ilustracións realizadas por Tenniel para a primeira versión de Alicia, de xeito que a narración constitúe unha explicación de cada un dos debuxos. Complétase cunha “Felicitación de Pascua para todos os cativos que queren a Alicia” e cunha “Felicitación de Nadal. Dunha fada a unha nena”, ambas asinadas polo autor. Desta proposta a crítica salientou a fidelidade da edición galega co orixinal de Carroll (Manteiga, 1997: III), que viña ampliar así a presenza deste clásico universal no corpus traducido á lingua galega 11.\nAs primeiras décadas do século XXI\nAdemais da reedición da tradución canónica de Alicia no País das Marabillas, que viu a luz, como sinalamos, nunha remozada colección “Xabarín de ouro” en 2002, tamén se editaron nestes anos dúas novas adaptacións e outras tantas traducións.\nAs adaptacións son versións moi simplificadas que buscan propiciar un contacto precoz da primeira infancia co universo ficcional deste clásico universal. No primeiro caso, trátase dun estoxo no que se reúnen dez contos baixo o título xenérico de Colección Xirasol, editado por Everest Galicia en 2007, con tradución de Irene Penas e ilustracións de Ada García. Entre os títulos recompilados aparece Alicia no País das Marabillas, un texto de marcado carácter didáctico, tal como revela a guía de lectura e as actividades que se atopan no final do volume. No segundo caso, é unha adaptación realizada por María Lado para Edicións do Cumio e publicada en 2010. Trátase dun álbum de gran formato e a toda cor, dirixido a primeiros lectores e lectorado autónomo, con ilustracións de Ana Santiso Villar, nas que se recrea o mundo fantástico no que transcorre a historia, caracterizado por imaxes figurativas con debuxos detallados que complementan os textos. É de sinalar nesta versión o recurso á retranca de raizame galega, no sentido de penetrar nun plano máis intelectual e emocional, como sinala Ánxela Gracián (2010: 16), a sensibilidade que transloce nas eleccións léxicas, determinadas por un criterio memorialista, na selección dos elementos principais da narración orixinal e no coidado da edición e da calidade plástica. Probabelmente esta adaptación sexa froito, como sinala a profesora Ana Margarida Ramos (2015: 9394), de fenómenos como a estrea do filme de Tim Burton, nun agromar de novas reescritas deste clásico universal que non deixa de sorprender e desafiar a quen se achega a el, tanto dende o punto de vista lingüístico, coma literario, porque “as Alicias crean espazo e tempo para que os lectores exploren o xogo en que se transforma a lectura” (Ramos, 2015: 94). Coincidindo coa efeméride da celebración do 150 aniversario da publicación da obra en 2015 viron a luz dúas traducións. A primeira é unha edición de El Patito Editorial, un volume en tapas duras, cun papel de alta gramaxe e coas ilustracións de Fausto Isorna, nas que recorre á colaxe fotográfica. A tradución é de Xavier Queipo a partir da edición de Alice’s Adventures in Wonderland, publicada por D. Appleton and Co. New York en 1866. Sen dúbida trátase da edición máis ambiciosa de todas cantas se teñen publicado en lingua galega, fundamentalmente polo investimento e a alta calidade material e estética, que contou coa axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ao visualismo surrealista das composicións realizadas por Fausto Isorna súmase a limpeza do texto e a desaparición do aparato de notas, que quedan reducidas a unicamente catorce, colocadas no final do volume. Isto fai pensar na decisión editorial de ofrecer unha obra de fronteira que busca captar a atención da xuventude pero, sobre todo, dun público máis avezado e formado, coñecedor deste clásico, que agora pode achegarse á obra na lingua propia, respectuosa coa norma ortográfica vixente. A crítica, tal como se pode seguir nos Informes de literatura (2015), destaca a aparición da obra no marco de múltiples proxectos artísticos ao redor da obra de Carroll con motivo do sesquicentenario da súa publicación e chama a atención sobre a busca do lectorado adulto e incluso de lecturas en clave psicanalítica, filosófica, metafísica e mesmo feminista. Un ano despois, en 2016, pero tamén como efecto da efeméride da publicación da obra, a editorial Lata de Sal publicou As aventuras de Alicia no País das Marabillas na colección “Vintage”, destinada a libros inesquecíbeis, escritos e ilustrados en calquera lugar do mundo hai máis de trinta anos e que nunca foron publicados en lingua galega. Trátase da tradución feita por Rafa Salgueiro da\nadaptación da historia orixinal publicada en 1907, unha edición de coleccionista de moi reducido tamaño (95x122mm), en papel de 128 gramos e pensada para a infancia, tal como se pode ler na nota que aparece na páxina de títulos de cré dito: “E no País das Marabillas todo o mundo pode entrar. Sen pasaporte”.\nO volume, de capa dura e reminiscencias de libro antigo, conta cunha breve introdución na que se explica que o texto representa unha sexta parte da extensión da obra orixinal, aínda que\nconta con todas as personaxes e escenas deste, e que esta edición en cor e prezo popular foi posíbel grazas ás novidosas técnicas de imprenta de inicios do século XX, na que aparecen trinta e dúas ilustracións de Sir JohnTenniel. Saliéntase tamén que é a primeira e única edición na que a protagonista aparece caracterizada cun vestido vermello, dende que en 1903 aparecera a primeira edición coa característica cor azul, que foi a que permaneceu posteriormente. Todas estas edicións, nuns casos adaptacións para o lectorado infantil, noutros traducións fieis a diferentes edicións publicadas da obra orixinal, evidencian o interese dos axentes literarios por se achegar a este clásico universal da LIX. Con elas contribuíuse a que diferentes xeracións se familiarizaran con personaxes e universos literarios referenciais, relevantes polo seu valor intrínseco de memoria colectiva, pola súa capacidade para conectar co potencial lectorado infantil e xuvenil e por representar propostas de modelos literarios con interese cara ao fomento da educación literaria. De feito, cando o mediador emprega clásicos como Alicia no País das Marabillas entre os máis novos está espertando o interese pola obra completa a partir das imaxes e escenas seleccionadas, demostra gran creatividade e recursos, evita que as lecturas realizadas sexan rutineiras e frustrantes, ademais de compartir universos ficcionais que contribúen a ler o mundo.\n5. A modo de conclusión\nPor todo o dito, o rico universo literario creado por Lewis Carroll incorporouse ao sistema literario galego no momento en que este iniciou o camiño cara á súa consolidación, aínda que a súa pegada a través de xogos intertextuais nas obras de autoras e autores galegos está presente dende os\nprimeiros pasos desta literatura na década dos anos sesenta 12. As primeiras traducións aparecen no momento en que se estaba a superar a febleza e resistencia propias dunha cultura en proceso de descolonización, que foi adquirindo cada vez máis importancia dentro do sistema literario, tanto pola incidencia no repertorio coma pola importancia de cara a unha normalización lingüística que durante esta década foi fundamental para reivindicar o uso da lingua galega como vehículo de comunicación válido en calquera aspecto da cultura.\nO resultado destas catro décadas son cinco traducións das obras que teñen a Alicia como protagonista e catro adaptacións, máis ou menos libres, para o lectorado máis novo. Unha incidencia cuantitativa que semella pouco relevante no marco da produción xeral da LIX galega, mais que probabelmente se explique polo feito de que a tradución de excelente calidade que viu a luz en 1984 deste clásico universal coartou a posibilidade de novas traducións, aínda que non de adaptacións, que son ben poucas se se ten en conta os recorrentes diálogos intertextuais que creadores e creadoras galegas manteñen con este clásico universal, así como as múltiples propostas que noutros contextos culturais teñen vido a lume, en especial as máis próximas ao universo do libroobxecto\n(García Pedreira e Cortizas, 2017).\nBibliografía\nBibliografía activa\nCARROLL, L. (1983). Alicia no País das Maravillas. Madrid: Susaeta (ilust. René Cordero).\nCARROLL, L. (1984). As aventuras de Alicia no País das Maravillas. Vigo: Edicións Xerais de Galicia\n(Premio Nacional de Tradución 1985, Ministerio de Cultura, ilust. John Tenniel, introd., trad. e notas Teresa Barro e Fernando PérezBarreiro).\nCARROLL, L. (1985). Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló. Vigo: Edicións Xerais de\nCARROLL, L. (2015). Aventuras de Alicia no País das Marabillas. Santiago de Compostela: El Patito Editorial (trad. Xavier Queipo, ilust. Fausto Isorna).\nCARROLL, L. (2016). As aventuras de Alicia no País das Marabillas. Madrid: Lata de Sal (ilust. Sir John Tenniel, trad. Rafa Salgueiro).\nBibliografía pasiva\nAGRELOCOSTAS, E. e MOCIÑOGONZÁLEZ, I. (2010). “Contactos e intercambios da Literatura Infantil e Xuvenil galega coa catalá e vasca: diálogos dende a periferia”. En LAFARGA, F., PEGENAUTE, L. e GALLÉN, E. (eds.), Interacciones entre las literaturas ibéricas. Relaciones literarias en el ámbito hispánico: traducción, literatura y cultura (pp. 731). Bern: Peter Lang.\nALONSO, F. (2006). “Quince puntos para o debate sobre Literatura Infantil e tradución”. En LUNA ALONSO, A. e MONTERO KÜPPER, S. (eds.), Tradución e Política editorial de Literatura infantil e xuvenil (pp. 9193). Vigo: Universidade de Vigo.\nBENDOIRO MARIÑO, P. (2012). “ Primeras traducciones de la literatura infantil y juvenil al gallego y su recepción”. En RAMOS, R. e FERNÁNDEZ MOSQUERA, A. (eds.), Literatura Infantil y Juvenil y Diversidad Cultural/Literatura para a Infância e Juventude e Diversidade Cultural (pp. 3951). Vigo/Braga: ANILIJ/ELOS/Centro de Investigação em Estudos da Criança"} +{"summary": "As competencias básicas son características das empresas que lles permiten situarse en mellor posición que os seus competidores. Partindo da teoría de recursos e capacidades é habitual considerar que esas competencias, que se forman a partir de factores internos e externos das empresas, se combinan mediante a estratexia. Este traballo, mediante unha análise de traxectorias, analiza se as competencias básicas xeran mellor desempeño, para o cal partimos de cinco grandes competencias básicas: xestión de recursos humanos e tecnolóxicos, xestión de recursos territoriais, xestión de clientes, xestión de produtos e innovación. Móstrase que só a innovación ten efectos directos sobre os resultados percibidos polos empresarios, mentres que o resto dos recursos considerados presenta efectos indirectos a través da innovación.", "text": "FernándezJardón, C.M.; Martos, M.S. Xeran as competencias básicas... Revista Galega de Economía, vol. 20, núm. 2 (2011), pp. 2146\nXERAN AS COMPETENCIAS BÁSICAS RESULTADOS EMPRESARIAIS MELLORES EN PEMES REXIONAIS?\nAceptado: 29 de outubro de 2010\n: Competencias básicas / Fontes de vantaxe competitiva / Teoría de recursos e capacidades / Resultados empresariais / Pemes rexionais.\nDO CORE COMPETENCES MAKE PERFORMANCE IN REGIONAL SMES?\n1. INTRODUCIÓN\nO tecido económico rexional de moitos países europeos está formado por pemes, grandes empresas, institucións públicas e outras organizacións sociais e, de todas elas, as pemes son as máis numerosas.\nAdemais, o territorio ten un compoñente fundamental que fai que o seu desenvolvemento económico estea condicionado en gran parte polas peculiaridades propias da zona (Vázquez Barquero, 1999). Galicia non é unha excepción. É unha Comunidade Autónoma situada no noroeste de España, que limita con Portugal, e que tivo un desenvolvemento económico retardado con respecto a outras rexións españolas –aínda se inclúe nas rexións tipo I da UE–, pero que actualmente está despegando cun gran potencial (Río e Bande, 2008). Á hora de definir a súa competitividade cómpre ter en conta as características específicas da empresa, pero tamén os sectores de actividades (Iglesias et al., 2007). Son moitos os autores que analizan a competitividade dos sectores industriais galegos (Martínez Senra, 1999; Ferro e Rodríguez, 2001; Gómez Suárez et al., 2003; Rodríguez e Guisado, 2003). A competitividade nas empresas maniféstase nas súas vantaxes competitivas. No\ncaso das pemes adoita ter un alto compoñente local.\nEste carácter local das vantaxes competitivas avanzadas e duradeiras, no marco dunha economía cada vez máis globalizada, interrelaciónase dentro dos sistemas territorialmente concentrados, de modo que a calidade do espazo económico favorece o bo funcionamento de quen se instalan nel, e estes, á súa vez, reforzan as vantaxes iniciais ofrecidas polo territorio (Rodríguez, 2005).\nUn exemplo dese carácter local da competitividade localízase en Vigo e na súa área de influencia. É esta unha comarca cunha longa tradición empresarial, que destacou a principios do século XX co auxe das conserveiras, véndose reforzada a mediados dos anos sesenta coa implantación dunha multinacional do automóbil na zona. Estes feitos significaron que as actividades asociadas ao mar –tanto a pesca como a alimentación ou os estaleiros–, xunto con aquelas que están orientadas ao material de transporte, adquiriran nesta comarca unha grande importancia. Sufriu varias reconversións industriais que puxeron a proba a súa capacidade de recuperación, e que demostraron o seu grande espírito emprendedor. Por estes motivos, preséntase como o lugar idóneo para contrastar algunhas das teorías elaboradas sobre as vantaxes competitivas (González et al., 2006).\nPrahalad e Hamel (1991) acuñaron o termo “competencias básicas” para distinguir aquelas capacidades fundamentais para a estratexia da empresa (Fernández e Suárez, 1996). Segundo estes autores, as competencias básicas son aquelas que fan unha contribución desproporcionada ao valor para o cliente final ou á eficiencia con que ese valor se entrega, e que proporcionan unha base para entrar en novos mercados, é dicir, que xeran vantaxes competitivas na empresa.\nEn xeral, unha vantaxe competitiva defínese como aquel aspecto da empresa non imitable facilmente, con posibilidades de ser mantido no futuro, no que se posiciona por riba dos seus competidores, e que o leva a obter mellores resultados empresariais (Powell, 2001). Existen, polo tanto, tres elementos asociados a este concepto: unha característica da empresa que se mantén no tempo e que é dificilmente imitable, unha comparación cos competidores, e unha utilidade práctica desa característica que se manifesta en obter dalgunha maneira mellores resultados empresariais (O’Donnell et al., 2002).\nEn principio, calquera característica da empresa podería ser fonte de vantaxe competitiva. Isto fixo que a literatura sobre vantaxes competitivas tivera en conta os diferentes aspectos que dificultan unha clasificación clara para coñecer onde radican estas. Para ordenar os elementos que interveñen nesa clasificación é necesario partir dun modelo que facilite o seu estudo. Grant (2005) formula un modelo que enlaza os factores internos e externos da empresa coas súas vantaxes competitivas. Partiremos dese esquema, aínda que introduciremos aspectos doutros traballos.\nSeguindo a Prahalad e Hamel (1991), denominaremos “competencias básicas” ás competencias que se obteñen como combinación dos factores internos e externos, deixando o concepto de vantaxe competitiva para aquelas competencias básicas nas que a empresa estea mellor posicionada que os seus competidores. Dada a dificultade para medir ese posicionamento, unicamente o consideraremos cando unha competencia básica produza mellor desempeño da empresa de modo global.\nAs características específicas de Galicia (Álvarez et al., 1995; Álvarez et al., 1996; Figueroa e Jardón, 1997; González et al., 2000) mostran que as súas vantaxes competitivas non son as mesmas que as doutras rexións (Jardón e Martos, 2010), aínda que existen moitos elementos comúns. Por outra parte, non todas as competencias básicas producen resultados empresariais mellores (Calvo e López, 2003; López e Veciana, 2004; Cabanelas e Lorenzo, 2007; Camisón et al., 2007; Rubio e Aragón, 2008). Polo tanto, queda aberta a cuestión de cales son as competencias básicas que realmente forman parte do éxito das empresas en Galicia. Para avalialo, determinaremos –mediante técnicas de análise de traxectorias– o impacto que as diferentes competencias básicas producen sobre os resultados empresariais. Desa forma, non só detectaremos se existe impacto das competencias básicas sobre os resultados da empresa, senón que tamén determinaremos cal é o proceso secuencial a través do que se leva a cabo ese impacto. Este será o obxectivo deste traballo.\nO artigo estrutúrase da seguinte maneira. Na sección 2 establécese o modelo básico, indicando as competencias básicas definidas polas empresas da zona, e introducindo as hipóteses de traballo. Na sección 3 analízase a metodoloxía. Na sección 4 contrástanse as hipóteses para as empresas da zona. Na sección 5 realízase a análise empírica. E por último, na sección 6 presentamos as conclusións.\n2. FUNDAMENTOS TEÓRICOS E MODELO DE ANÁLISE\nO primeiro paso para construír unha competencia básica consiste en definir as posibles fontes que lle permitan situarse nunha mellor posición con respecto aos seus competidores para obter mellores resultados (O’Donnell et al., 2002). Isto esixe formular un modelo teórico que sirva como base para detectar esas posibles fontes. Para determinalas, partimos do modelo enunciado por Grant (2005), que considera a idea dos recursos e capacidades (Wernerfelt, 1984, 1995; Ray et al., 2004; Newbert, 2007). Desde ese enfoque, os recursos son vistos como os activos produtivos de propiedade da empresa, mentres que as capacidades son o que as empresas poden facer. Os recursos non confiren vantaxe competitiva, senón que deben traballar xuntos para crear capacidades organizativas, definíndose estas como a capacidade dunha “ empresa de despregar recursos para un resultado final desexado ” (Helfat e Lieberman, 2002).\nEsas capacidades son a esencia dun rendemento superior. Existe unha relación entre os recursos, as capacidades e as vantaxes competitivas, que vén dada a través da estratexia. Esta ten en conta os factores clave de éxito da industria, e a partir das súas capacidades organizativas determina as súas vantaxes competitivas (Barney, 1991; Grant, 1991; Peteraf, 1993; Gautam et al., 2004; Strandskov, 2006).\nGrant (2005) identifica tres tipos principais de recursos: tanxibles, intanxibles e humanos. Os recursos tanxibles son os máis fáciles de identificar e avaliar, e inclúen os recursos financeiros e os activos físicos identificados e valorados nos estados financeiros da empresa. Para a maioría das empresas, os recursos intanxibles son máis valiosos que os recursos tanxibles; porén, nos estados financeiros das empresas, os recursos intanxibles permanecen invisibles.\nOs factores clave do éxito dunha actividade están asociados co produto ou co servizo, cos provedores e co mercado. En comparación coas grandes empresas, as pemes teñen características específicas: teñen unha menor capacidade para xerar produtos e competir en custos; teñen unha maior proximidade aos clientes e, en consecuencia, son máis específicas e están mellor adaptadas ás necesidades do mercado (Pelham, 1997); están estreitamente relacionadas co territorio, porque debido ao seu reducido tamaño existe unha maior dependencia coa contorna local na que operan (Vázquez Barquero, 1999), manifestándose este feito no maior intercambio de relacións entre provedores e clientes debido á súa proximidade. Isto permite ter en conta este factor na definición das competencias básicas da empresa.\nAmpliando o modelo de Grant, o empresario utiliza os recursos, as capacidades e os factores externos mediante a estratexia para desenvolver as súas competencias básicas. Existen dúas cuestións abertas na literatura: por un lado, interesa analizar se as competencias básicas impactan sobre o desempeño da empresa (Coff, 1999) e, por outro lado, interesa pescudar se ese impacto é directo, se se produce mediante a interacción das diferentes competencias ou se segue un proceso secuencial, afectando algunhas de modo directo e outras indirectamente. A maioría dos autores analizan os efectos directos dalgunha das competencias de modo individual (Covin et al., 1990; Darroch, 2005); porén, outros suxiren que este efecto pode ocorrer de maneira indirecta a través doutras competencias (Bontis et al., 2000). Neste traballo trataremos de darlles resposta a estas cuestións.\n2.1. MODELO E HIPÓTESE\nGrant (2005) propuxo un modelo baseado en recursos; estes recursos son organizados polo empresario para establecer as súas capacidades organizativas; e a estratexia combina estas capacidades cos factores clave do éxito na actividade para determinar as vantaxes competitivas que melloran o seu rendemento.\nNo noso caso, presuponse que os empresarios organizan as súas competencias básicas a partir dos recursos, capacidades e factores clave de éxito da actividade mediante a estratexia. Unha vez que se estableceron as competencias básicas, centrámonos en estudar o proceso de influencia das competencias sobre o rendemento. Foron moitas as competencias básicas definidas na literatura (Calvo e López, 2003; Rubio e Aragón, 2008; BaniHani e Faleh, 2009; López e Iglesias, 2010). Neste caso, e partindo de traballos previos (Jardón e Martos, 2010), consideramos a xestión de clientes, a xestión de produtos, a xestión de recursos territoriais, a xestión de recursos humanos e tecnolóxicos e a innovación.\nA primeira competencia básica asóciase cos clientes. A xestión de clientes comprende a capacidade da compañía de crear valor para os clientes a través dos seus produtos ou servizos (Narver e Slater, 1990). As organizacións necesitan comprender e satisfacer as necesidades dos seus clientes para obter mellor desempeño que os seus competidores (Pelham, 2000). O coñecemento do mercado e a xestión de clientes é un medio importante para mellorar a eficiencia económica, a lealdade do cliente e a diferenciación competitiva (Narver e Slater, 1990). As pemes teñen dificultades para desenvolver esta competencia, xa que non teñen as vantaxes de escala das grandes empresas e porque teñen moitos recursos comerciais orientados á consecución da súa reputación, das súas marcas e das súas redes de distribución; porén, estas dificultades poden ser compensadas pola segmentación dos mercados, por unha maior accesibilidade ás canles de distribución e pola súa proximidade ao cliente, proximidade que lles permite darlle unha resposta rápida e directa á demanda do cliente (Pelham, 1997, 2000). Por outra parte, esta axilidade tamén se ve favorecida polos baixos niveis da burocracia (Pelham, 2000).\nA segunda competencia refírese aos aspectos básicos relacionados cos produtos e coas políticas de marketing da empresa. O produto ou estratexias de produción foron estudados como unha vantaxe competitiva global por Zahra e Das (1993) para desenvolver estratexias de produción e analizar o seu impacto na competitividade das empresas. Este recurso iníciase coa conceptualización de negocio que ofrece o empresario para desenvolver a súa estratexia para competir, existindo diferenzas na forma de establecer esta estratexia en función do tamaño da empresa. As pemes soen ter máis dificultade para establecer as súas políticas de promoción, as campañas para reforzar a súa imaxe de marca son baixas, teñen menos acceso ás canles de distribución e as súas políticas de prezos tenden a ser máis restritivas (Spillan e Ziemnowicz, 2003). Porén, a organización produtiva das pemes adoita ser máis tradicional que na grande empresa, e poden desenvolver produtos máis personalizados e, ademais, teñen máis facilidade para interactuar co cliente.\nDe modo paralelo, analízase como competencia básica a xestión dos procesos internos da empresa, especialmente dos recursos humanos e tecnolóxicos. Nesta competencia están incluídos os aspectos de xestión e capacitación de recursos humanos e de tecnoloxía. Entre os primeiros podemos sinalar o capital humano (Hatch e Dyer, 2004), unha adecuada xestión dos recursos humanos da empresa (Kazlauskaité e Bučiūniené, 2008), a actitude dos directivos e dos empregados, ou a formación do persoal da empresa (Barney, 1996; Pfeffer, 2005).\nAdemais dos recursos humanos, tamén inclúe outros recursos intanxibles que poden ser unha fonte de vantaxe competitiva (Calvo e López, 2003; Flatt e Kowalczyk, 2008). De feito, a capacidade dos empregados para harmonizar os seus esforzos e integrar as súas habilidades non só depende das súas habilidades interpersoais, senón tamén do contexto organizacional. Isto afecta á colaboración interna, que está determinada por un recurso intanxible clave: a cultura da organización.\nEn xeral, a cultura organizacional é vista como un recurso de empresa dunha grande importancia estratéxica, que é potencialmente moi valiosa (Barney, 1996), e que resume todos os valores que existen na empresa (Flatt e Kowalczyk, 2008). Os recursos humanos posúen características específicas das pemes en relación coas grandes empresas. Algúns autores consideran que o pequeno tamaño é unha fonte de vantaxe competitiva, xa que permite a consecución dun bo ambiente de traballo, hai menos complexidade organizativa e uns maiores niveis de flexibilidade, o que facilita a motivación dos empregados e a súa identificación cos obxectivos da empresa. Porén, outros autores cren que o tamaño pequeno �� peor, porque o liderado é máis personalizado, as decisións están máis centralizadas e hai unha maior marxe de discrecionalidade na promoción e remuneración dos asalariados, e isto implica un empeoramento do clima laboral e a existencia de menos oportunidades de desenvolvemento profesional para os traballadores (Hornsby e Kuratko, 2003) e, en consecuencia, é menos capaz de reter os mellores profesionais (Klass et al., 2002).\nOs recursos tecnolóxicos inclúen accións de tecnoloxía, coñecementos técnicos e recursos humanos, e desenvolvemento científico e técnico, pero tamén inclúen o conxunto de coñecementos, formas, métodos, ferramentas e procedementos para combinar os diferentes recursos e capacidades nos procesos produtivos e de organización que garantan que estas sexan eficientes. Tradicionalmente foi considerada como unha vantaxe vinculada ás grandes empresas, aínda que algúns autores tamén relacionaron esta variable co éxito competitivo das pemes (Donovan, 1996). É habitual distinguir entre as posibilidades de desenvolvemento mediante a tecnoloxía e o persoal existente, ou as oportunidades externas través de novas adquisicións. O desenvolvemento interno da tecnoloxía dificulta a imitación por parte da competencia e, polo tanto, facilita a consecución de vantaxes competitivas sostibles. Esta competencia engloba competencias básicas definidas por outros autores (Rubio e Aragón, 2008) denominadas, respectivamente, recursos tecnolóxicos e xestión e dirección dos recursos humanos, aínda que neste caso aparecen asociados elementos doutras competencias básicas consideradas tradicionais, tales como a cultura da empresa (Ritchie e Brindley, 2005) e aspectos asociados á calidade.\nA innovación da compañía tamén é unha competencia básica (Ribeiro, 2003; Rodeiro e López, 2007), que se refire ao cambio de produtos e procesos e á súa mellora, aos novos enfoques de marketing, ás novas formas de distribución ou ao feito de penetrar en novos mercados. Estas novas ideas poden mellorar a forma en que ata agora se están facendo as cousas ou cambialas de forma radical. A innovación pode ser o resultado da investigación da empresa ou da adquisición de novas tecnoloxías ou licenzas. Na práctica, a innovación nas pemes é moi básica e elemental, en lugar de ser radicais por natureza (Donovan, 1996). Aínda que as empresas grandes teñen máis recursos financeiros e humanos e, en consecuencia, poden parecer máis propensas a involucrarse na innovación, as pemes tamén innovan. Moitas estatísticas mostran que as pemes son os principais promotores do crecemento nos niveis de innovación (LloydReason et al., 2002).\nTodas estas competencias foron consideradas na literatura como vantaxes competitivas que lles permitiron ás empresas conseguir mellores resultados empresariais (Jennings e Beaver, 1997; Strandskov, 2006).\nA orientación ao mercado e a preocupación polo cliente foi considerada un factor de éxito para as empresas (Pelham, 1997; Baldacchino, 2002; Spillan e Parnell, 2006). Os diferentes elementos que interveñen nunha boa organización dos recursos comerciais fan posible que a empresa aproveite mellor a proximidade ao cliente e que xere valor ao produto ou ao servizo. As pemes teñen, polo tanto, unha maior axilidade para adaptarse ás necesidades dos clientes, que se ve favorecida pola súa baixa burocracia (Pelham, 2000). Isto suxírenos unha primeira hipótese de traballo:\n H 1 : Unha mellor xestión dos clientes xera mellores resultados empresariais.\nComplementariamente co anterior, as políticas de marketing e de produto tamén están asociadas a unha maior eficacia en xerar resultados empresariais (Kotler, 1999), aínda que é certo que as pemes soen ter máis restricións tanto para establecer o seu prezo como para organizar a amplitude da gama e elaborar as estratexias de marketing, xa que, entre outros factores, contan con menos especialistas na empresa (Spillan e Ziemnowicz, 2003). Isto suxírenos a seguinte hipótese:  H 2 : O establecemento das políticas de marketing e estratexia de produto xera unha mellora no desempeño da empresa.\nOs recursos financeiros, e en xeral os recursos físicos da empresa, foron considerados como elementos complementarios para a competitividade da empresa (Balakrishnan e Fox, 1993). De feito, as limitacións de recursos existentes nestas empresas a miúdo fai imposible a creación de éxito empresarial, polo que a cooperación entre as pemes é unha arma estratéxica para xerar redes de coñecemento e para obter recursos de apoio que permitan o desenvolvemento de mellores produtos, servizos ou procesos (Verhees e Meulenberg, 2004). A necesidade de financiamento é clave para as pemes, tanto para os recursos tecnolóxicos actualizados como para a formación da innovación, e en xeral para mellorar a súa competitividade. A cooperación tamén se asocia a estes aspectos como unha estratexia de internacionalización (Cal et al., 2007). En moitos casos, os resultados dunha empresa asócianse ao establecemento de acordos de cooperación tecnolóxica entre empresas diferentes como estratexia para abordar proxectos de tecnoloxía de alto custo (Klofsten e Scheele, 2003). Esta cooperación realízase fundamentalmente a través de asociacións entre empresas a nivel local, é dicir, agrupacións de empresas chamadas clusters empresariais. A xestión dos recursos territoriais está asociada coa creación de clusters empresariais, e forma parte das vantaxes competitivas rexionais (Porter, 1990). Porén, o efecto dos clusters empresariais sobre a mellora de resultados da empresa foi considerado no longo prazo, dado que os seus efectos son sobre as posibilidades de competir das empresas, polo que en xeral non se consignou un efecto directo deste factor. Por ese motivo ten interese analizar se eses recursos son vistos como xeradores de vantaxes competitivas para as empresas dunha determinada rexión. Todos estes son elementos incluídos na xestión dos recursos territoriais. Por esta razón establecemos a seguinte hipótese:\n H 3 : A xestión da zona e dos recursos tanxibles da empresa permite un maior éxito nas pemes rexionais. A maior parte dos traballos indican que existe un efecto positivo dos recursos humanos sobre os resultados empresariais, sendo considerado por algúns como un recurso clave (Hornsby e Kuratko, 2003), mentres que outros non lle dan tanta importancia (Deshpande e Golhar, 1994). Comparadas coas grandes empresas, as pemes teñen unha serie de vantaxes para a xestión de recursos humanos, posto que existe unha maior comunicación que facilita a identificación coa empresa e a asunción da cultura, aínda que os directivos adoitan actuar de forma máis centralizada e non facilitan a delegación. Ademais, os salarios tenden a ser inferiores, e isto fai que non sempre teñan os mellores recursos humanos dispoñibles (Klass et al., 2002). En xeral, os recursos intanxibles permitiron unha mellora dos resultados da empresa (Calvo e López, 2003). Por outra parte, unha adecuada xestión dos recursos tecnolóxicos facilita o seu rendemento e optimiza os procesos e mesmo o rendemento dos recursos humanos e, por conseguinte, aumenta a capacidade de produción, diminúe os custos e facilita a súa adaptación ás necesidades dos clientes, polo que se espera un mellor desempeño da empresa (Donovan, 1996). O manexo inadecuado dos recursos humanos non só reduce a produtividade da empresa e a rendibilidade, senón que pode crear un ambiente negativo que pode levar ao fracaso das pemes. Ademais, a tecnoloxía estivo tradicionalmente asociada ao éxito da grande empresa, aínda que algúns autores a asociaron tamén coas pemes (Camisón, 1997). Todo isto suxire a seguinte hipótese:  H 4 : A mellor xestión dos recursos humanos e tecnolóxicos nas pemes rexionais produce mellores resultados. É frecuente atopar que existe relación positiva entre innovación e éxito empresarial nas pemes (Camisón et al., 2004). A vantaxe competitiva descansa na menor complexidade burocrática, na maior comunicación entre todos os niveis da empresa e na maior proximidade ao mercado, factores que lles permiten responder con máis rapidez ás necesidades deste (LloydReason et al., 2002; Rodeiro e López, 2007). Isto permite enunciar unha nova hipótese de estudo:  H 5 : A innovación das pemes rexionais permite obter mellores resultados. A figura 1 recolle todas as hipóteses enunciadas. En conxunto trátase de avaliar se as diferentes competencias básicas poden realmente ter un efecto sobre o éxito empresarial.\n3. METODOLOXÍA\nO obxectivo das hipóteses propostas é comprobar cal é o impacto que as competencias básicas –formadas a partir dos diferentes tipos de aspectos analizados– teñen sobre os resultados empresariais. Polo tanto, en primeiro lugar, deben combinarse eses recursos e capacidades para construír as competencias básicas. A continuación interésanos ver cal ou cales desas competencias promoven o éxito competitivo da empresa.\nAs competencias básicas obtéñense pola análise de compoñentes principais (Jardón e Martos, 2010). Partindo delas, e mediante técnicas de análise de traxectorias, determínanse cales desas competencias afectan realmente aos resultados empresariais e como é o proceso de influencia.\nTodo isto leva consigo varios elementos de traballo. En primeiro lugar, debemos determinar a poboación de estudo e a mostra sobre as que se van contrastar as hipóteses; en segundo lugar, deben discutirse as medidas das variables utilizadas e os constructos definidos; e finalmente, detallamos a metodoloxía estatística utilizada para os contrastes.\n3.1. POBOACIÓN E MOSTRA\nNormalmente, a estrutura empresarial dunha zona incorpora algunha das características desta; por ese motivo conviña deseñar a mostra tendo en conta esa estrutura, existindo diferentes alternativas para analizala. Neste traballo imos seguir un enfoque de cadeas empresariais, é dicir, que se analizarán de modo conxunto as actividades asociadas a unha mesma cadea de valor dun produto ou servizo e aqueloutras actividades que serven de apoio ou que son necesarias para a realización do conxunto de actividades anteriores. Este enfoque permite avaliar as interrelacións entre empresas e facilitar a constitución de clusters empresariais, que é unha das estratexias de competitividade adoptada polas rexións. Parece, polo tanto, unha estrutura lóxica para o estudo das pemes rexionais (González et al., 2000).\nA área de estudo é Vigo e a súa área metropolitana, que están situadas no suroeste de Galicia. Segundo González et al. (2006), en total estímase que o valor engadido bruto (VEB) xerado polo sistema produtivo empresarial do sector privado nesta zona no ano 2006 era duns 10.374 millóns de euros, existindo, de acordo coas estimacións realizadas por estes autores e con base nos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), máis de 30.000 empresas. Seguindo traballos previos, como o de González et al. (2006), e considerando a situación específica deste estudo, distinguimos once cadeas empresariais.\nPara obter a información empírica realizouse unha enquisa nesa zona no ano 2005. Dado o alto contido estratéxico da enquisa e para non afectar de modo importante á representatividade dos resultados considerados en termos de produción, elimináronse aquelas empresas que eran moi pequenas. Como consecuencia, non se consideraron como parte da poboación obxectivo os autónomos e as microempresas, é dicir, as empresas con menos de dez traballadores e que tiveran unha facturación menor de 50 millóns de euros; de modo similar, tampouco se incluíron as empresas con máis de 250 traballadores, para que na mostra quedaran unicamente as pemes.\nInicialmente, seleccionouse unha mostra de 400 empresas que, cun nivel de confianza do 95, 5%, tería un erro máximo no caso dunha pregunta dicotómica do 5% en todo o conxunto. Para asegurar a representatividade da mostra, procurouse que cada cadea empresarial contara cun número mínimo de empresas, seleccionándose por este motivo vinte empresas en cada cadea, repartíndose o resto da mostra proporcionalmente de acordo coa estrutura combinada. A taxa de resposta foi do 59%, polo que finalmente se obtiveron 236 respostas válidas coas que se elaborou o estudo. Comprobouse que a estrutura final das cadeas empresariais da mostra se axustaba á poboación de estudo mediante un test de homoxeneidade de poboacións (Newbold et al., 2002).\n3.2. MEDIDAS E VALIDEZ\nPara definir as variables e constructos que interveñen no modelo, utilizáronse diferentes ítems que aproximaban o seu valor, os cales, xunto coas súas referencias, se inclúen na táboa 1.\nA forma do cuestionario seguiu o esquema de González et al. (2006) baseado en escalas contrastadas na literatura (Malhotra, 1981; Narver e Slater, 1990; Deshpande e Golhar, 1994; Camisón, 1999). Por conseguinte, en cada un dos ítems que se referían ás fontes de vantaxe competitiva pedíaselles que valoraran se o aspecto que se indicaba era importante como vantaxe competitiva da súa empresa, utilizando unha escala que ía desde 1 (“non é importante como vantaxe competitiva”) ata o 5 (“é moi importante como vantaxe competitiva”). Este tipo de valoración permite discriminar entre cada vantaxe.\nO desempeño da empresa está asociado co éxito competitivo. A maior parte dos autores defíneno como unha capacidade para xerar vantaxes competitivas sostibles, para producir bens e servizos creando valor ou para actuar adecuadamente como consecuencia da rivalidade suscitada na súa relación con outras empresas (Camisón, 1997). Aquí faremos uso dunha serie de elementos relacionados co desempeño empresarial, e este vai estar formado por diferentes indicadores, segundo o tipo de estratexia elixida pola empresa, centrándonos fundamentalmente naqueles indicadores utilizados noutros traballos.\nEn xeral, o parámetro máis utilizado é o beneficio empresarial (Darroch, 2005); porén, á hora de indicar unha valoración do beneficio contable tamén se fai uso do cash flow, polo que o incluiremos dentro do conxunto dos nosos indicadores. Moi unido ao beneficio atópanse os resultados obtidos na facturación. Desde o punto de vista financeiro soen terse en conta ratios, posto que eliminan o efecto do tamaño.\nNese sentido, adoita ser interesante analizar a rendibilidade da empresa (Cabanelas e Lorenzo, 2007).\nDentro destes resultados tamén acostuma considerarse aspectos que indican a saúde financeira da empresa, que normalmente vén medida pola solvencia. Algúns autores engaden outro tipo de resultados máis orientados á organización da empresa, ao grao de innovación (Bontis et al., 2000) ou ás repercusións sociais destes, como poden ser a profesionalización dos empregados e as vantaxes competitivas adquiridas pola empresa (Gautam et al., 2004).\nPara avalialo, pode facerse uso de datos cuantitativos ou cualitativos. Os datos cuantitativos parecen máis obxectivos, porque que están recollidos de forma numérica e porque son igualmente considerados por todos os observadores; porén, este tipo de datos –que se basean nun sistema de información contable determinado por consideracións legais e fiscais– poden terxiversar a realidade explícita da empresa, e por este motivo en diferentes traballos optaron polos datos subxectivos (Covin et al., 1990; González et al., 2006; Rubio e Aragón, 2008). Seguindo o dito esquema, preguntouse se os diferentes ítems considerados diminuíran ou aumentaran nos últimos anos, utilizando unha escala de 1 a 5.\n4. TÉCNICAS ESTATÍSTICAS\nO primeiro paso consiste en buscar o conxunto de aspectos que, asociados entre si, xeran unha competencia básica para a empresa, é dicir, unha potencial vantaxe competitiva, e para iso debemos buscar as variables estruturais subxacentes comúns aos recursos e capacidades de que dispón a empresa.\nA técnica estatística que utilizamos para conseguir o resultado dese proceso denomínase Análise de Compoñentes Principais (ACP), e consiste en reducir a dimensión do conxunto de ítems inicial buscando a información común a todos eles e creando unas novas variables que recollen esa parte de información común, quedando de modo residual a información máis específica de cada un dos ítems orixinais. Unha vez reducida a información, e para interpretar mellor o seu sentido, emprégase un proceso de rotación dos eixes, axustándoos aos diferentes ítems orixinais para que non se perda a información. Tradicionalmente, utilízase unha técnica varimax que mantén a relación ortogonal entre os compoñentes que interveñen, asegurando a súa interrelación. Porén, como non nos importa manter unha interrelación entre as variables estruturais, senón que o que nos interesa sobre todo é adaptarnos aos datos para recoller do modo máis axustado posible as asociacións realizadas polos empresarios, utilizaremos unha rotación oblimin directo cun delta de 0, 5, que é unha rotación non ortogonal, que minimiza as distancias entre as cargas factoriais antigas e novas. A mesma técnica de compoñentes principais aplícaselles aos ítems que miden os diferentes resultados empresariais (Hair et al., 2006).\nPara comprobar cal das competencias básicas ten realmente un efecto sobre os resultados empresariais utilizaremos a análise de traxectorias (Hair et al., 2006). Este método selecciona as variables que afectan á variable reposta –ou variable dependente–, e a partir desa relación vaise percorrendo cara atrás o efecto das demais variables independentes, obtendo así a traxectoria de causalidade lineal ata a variable resposta. Para elaborar as traxectorias entre cada dúas variables utilizaremos as técnicas de regresión paso a paso, que nos van permitir avaliar e contrastar cal é o efecto directo de cada variable independente sobre a variable dependente considerada, tendo en conta o efecto das demais variables independentes (Hair et al., 2006).\nPara o proceso de análise, depuración e tratamento dos datos, determinación de factores e avaliación de efectos utilizouse o programa Statistical Package for the Social Sciences (SPSS versión 15).\n5. ANÁLISE EMPÍRICA\nRealizouse unha análise de compoñentes principais diferente para as variables que caracterizaban as posibles vantaxes competitivas da empresa e para as que se referían aos resultados empresariais.\nEn conxunto obtivéronse as cinco grandes competencias básicas da empresa, que xa definimos con anterioridade (Jardón e Martos, 2010). Para medir o éxito competitivo da empresa procedeuse de modo similar mediante unha análise de compoñentes principais. Neste caso, quedámonos cun único compoñente, que explica o 42% da varianza dos datos, observándose que todas as variables están interrelacionadas positivamente con ese compoñente (táboa 2). O coeficiente KMO tamén é maior de 0, 8 e a información común é significativa, posto que o test de Bartlett así o confirma. A alfa de Cronbach destes ítems é de 0, 873, o que nos indica que a súa fiabilidade é suficientemente boa. Aplicando os criterios clásicos sobre medición do tamaño dun constructo podemos utilizar ese compoñente como un indicador: o tamaño do éxito competitivo da empresa, que denominaremos resultados empresariais.\nOs valores máis altos obtéñense nas variables económicas e na posición competitiva da empresa, que é consecuencia directa no curto prazo dos resultados económicos. A modernización das instalacións e a profesionalidade son secundarias como resultados das empresas, aínda que seguen tendo unha importancia significativa na construción da variable.\nPara comprobar ese efecto realizamos unha regresión paso a paso entre esas variables. A única variable que tivo efecto significativo foi a innovación, quedando excluídas do modelo todas as outras competencias básicas. Os resultados da regresión final preséntanse na táboa 3.\nO coeficiente de determinación da regresión é moi pequeno (0, 049), pero aínda así chega a ser significativo ao 5%, polo que se pode dicir que esa variable explica unha parte do comportamento dos resultados empresariais. Desa forma, comprobamos que o feito de ter innovación nas empresas cos recursos asociados a esta mellora en parte o éxito competitivo das empresas no caso das pemes rexionais (Ribeiro, 2003; Camisón et al., 2004; Rodeiro e López, 2007). Está claro que o fomento da innovación como estratexia de diferenciación (Porter, 1985) nas pemes se presenta como a forma de posicionarse por riba dos seus competidores. Aínda que non se pode dicir que ningunha das outras competencias básicas afecten de modo directo aos resultados da empresa, é posible que o fagan de maneira indirecta a través da innovación. Por iso, interesa comprobar se o resto das competencias básicas afecta dalgún modo a ese recurso, pois pode ser que as demais competencias básicas estean como substrato dun recurso clave, como é a innovación. Para isto, realizamos unha regresión paso a paso da innovación con respecto ao resto das competencias. O R 2 da regresión final é de 0, 4725, indicando un alto efecto entre as variables. Tal e como se observa na táboa 4, interveñen tres variables: a xestión territorial, a xestión de produtos e a xestión de recursos humanos e das tecnoloxías, afectando todas elas de modo significativo á innovación. A única competencia básica que non afecta de modo directo á innovación é a xestión de clientes. Parece lóxico pensar que a orientación das políticas de marketing deseñadas na xestión de produtos estea asociada coa innovación e que condicione as directrices desa actividade dentro da empresa.\nA xestión dos recursos humanos –e en especial a orientación do directivo– é considerada como unha parte influente da innovación da empresa (Chandler et al., 2000; García Erquiaga, 2007). Os recursos humanos tamén son considerados claves na innovación, posto que ao existir uns maiores niveis de comunicación e uns menores niveis de formalización, facilítase a creatividade dos traballadores, o que permite desenvolver innovacións (Verhees e Meulenberg, 2004).\nLoxicamente, a utilización dos recursos tecnolóxicos tamén ten un efecto importante sobre a innovación, posto que marcan a base do desenvolvemento futuro, permiten optimizar o rendemento dos recursos humanos da empresa e facilitan as posibles innovacións (Donovan, 1996).\nPor outra parte, a limitación de recursos existentes neste tipo de empresas frea as súas posibilidades de innovación. Por ese motivo, a cooperación da empresa aparece como unha estratexia para xerar redes que sirvan de base ao desenvolvemento de melloras en produtos, procesos ou servizos (Verhees e Meulenberg, 2004). De modo semellante, a necesidade de financiamento e de recursos físicos na empresa é necesaria para os investimentos en innovación futura. Nese sentido, a xestión dos recursos territoriais vai ser clave para a elaboración da política de innovación da empresa, posto que son os elementos que as compoñen.\nFinalmente, analizamos se a xestión de clientes afecta a algunha das tres variables introducidas no modelo anterior, posto que pode ocorrer que a dita xestión estea na base do resto das competencias básicas. Para iso, usaremos a matriz de correlacións (táboa 5) entre esas variables e o resto das variables introducidas no modelo, posto que, ao ser variables estruturais tipificadas, os seus coeficientes de regresión e de correlación coinciden. Os asteriscos indican cales son significativos. Obsérvase que esta ten efecto sobre a xestión territorial, sobre a innovación e sobre a xestión de recursos humanos e tecnolóxicos, pero non sobre a xestión de produtos. O efecto sobre a innovación é indirecto, a través da xestión de recursos humanos e tecnolóxicos e a través da xestión de recursos territoriais.\nO modelo definitivo de efectos entre competencias básicas e resultados empresariais preséntase na figura 2, na que pode observarse o proceso das traxectorias do efecto das diferentes competencias básicas sobre os resultados empresariais, indicando que todos os efectos se canalizan a través da innovación, aínda que cada un deles ten un efecto determinante nos resultados finais.\nEse proceso indícanos que o empresario desenvolve as súas estratexias de cliente e produto e que elabora as competencias básicas asociados a ambos os dous. Para levalos a cabo organiza o conxunto de recursos asociados ao territorio e os recursos humanos e tecnolóxicos da empresa. A partir destes, e xa cunha coordinación total coa estratexia de produto, organiza a innovación da empresa en produtos, en mercados ou en procesos. Esa innovación é a que permite obter mellores resultados no curto prazo, aínda que o seu efecto, malia ser significativo, non é moi grande, polo que é posible que ese efecto se note máis no longo prazo.\n6. DISCUSIÓN E IMPLICACIÓNS PARA A XESTIÓN\nOs factores explicativos do éxito competitivo abordáronse desde moi diversas perspectivas. Inicialmente, e aceptando a homoxeneidade entre empresas, explícase o éxito partindo de factores externos, como o país ou o sector de actividade (Iglesias et al., 2007). Outros investigadores sinalan os factores internos como a principal explicación da excelencia empresarial de cara ao logro de éxito empresarial (Gautam et al., 2004), incluíndose neste enfoque a teoría de recursos e capacidades (Newbert, 2007), cuxa tese central reside en que son os recursos e as capacidades de cada empresa os que sustentan as vantaxes competitivas e, polo tanto, quen explican o seu éxito (Grant, 1991; Amit e Schoemaker, 1993), aínda que combinados con factores externos.\nA empresa organiza mediante a estratexia os seus recursos e capacidades tendo en conta os elementos da contorna para establecer as súas competencias básicas\n(Grant, 2005), que lle permiten posicionarse mellor que a súa competencia. Seguindo ese modelo, neste traballo definíronse mediante técnicas de ACP cinco grandes competencias básicas referidas á xestión dos recursos humanos e tecnolóxicos da empresa, ás relacións co territorio e os recursos tanxibles, á xestión dos clientes, á xestión do produto e á innovación. O obxectivo deste traballo é determinar se todas as competencias básicas teñen efectos reais sobre os resultados das empresas. Ao avaliar o seu impacto obsérvase que unicamente a innovación é significativa (Jardón et al., 2004; Rodeiro e López, 2007) e, polo tanto, só esta pode considerarse un factor de éxito empresarial da empresa a nivel global, o que nos indica o relevante papel da innovación á hora de obter mellores resultados na empresa (Ribeiro, 2003; Pil e Holweg, 2003). O pequeno tamaño facilita a flexibilidade para atender as novas necesidades do mercado mediante novos produtos ou procesos. Este resultado é coherente cos obtidos por outros autores, como LloydReason et al. (2002) ou Camisón et al. (2004).\nPorén, outras competencias básicas teñen efecto sobre a innovación e, por conseguinte, pode dicirse que teñen un efecto indirecto sobre os resultados da empresa. Dos cálculos anteriores parece deducirse que un incremento no uso da xestión dos recursos territoriais produce unha mellora significativa na innovación e, en consecuencia, do desempeño da empresa. Isto é coherente con outros traballos da literatura organizacional, que insisten na importancia de aproveitar a proximidade ao mercado e ao cliente dada a reducida dimensión das empresas (Pelham, 1997). É fácil estender esa idea aos provedores e en xeral á constitución de clusters empresariais (Vázquez Barquero, 1999). Algo similar ocorre coa xestión dos recursos humanos e tecnolóxicos. Ambos os dous factores foron considerados como elementos do éxito competitivo na literatura tanto nas grandes empresas (Pil e Holweg, 2003) como nas pequenas (Camisón, 1997). Finalmente, a xestión do produto tamén xera unha mellora significativa na innovación e é consecuencia do desempeño da empresa de acordo coa teoría da estratexia máis tradicional. A única competencia básica que non aparece neste segundo nivel é a xestión dos clientes; porén, esta afecta tanto á xestión dos recursos territoriais como á dos recursos humanos e tecnolóxicos, seguramente polo impulso que o coñecemento e o trato cos clientes esixe ao resto da organización tanto nas súas actuacións internas como externas; en consecuencia, pode dicirse que esta tamén afecta de modo indirecto ao desempeño da empresa. Unha boa xestión dos clientes require ter listos os factores tecnolóxicos e humanos que inflúen na relación cos clientes e, polo tanto, unha boa xestión de clientes implica unha mellor estrutura dunha empresa de negocios cun uso máis eficiente\ndos seus recursos humanos e tecnolóxicos (Hooley et al., 2005). Existe unha influencia da xestión de clientes nunha mellor xestión dos recursos humanos e da tecnoloxía. Ademais, a xestión do cliente require a xestión dos recursos internos e externos da empresa de maior rendemento do negocio. Polo tanto, unha boa xestión de clientes afecta á xestión dos recursos materiais e ao territorio da empresa máis directamente adaptados para satisfacer as necesidades do mercado.\nAdemais, a innovación nas pemes baséase en gran parte do equipo de que dispón a empresa. O xerente dunha peme debe fomentar a xeración e o desenvolvemento de novas ideas (García Erquiaga, 2007). De feito, un enfoque cultural cara á innovación inflúe, á súa vez, positivamente no nivel de innovación da empresa (Chandler et al., 2000; Verhees e Meulenberg, 2004). Os recursos humanos son un elemento clave na evolución futura, sobre todo nas empresas máis pequenas. Os maiores niveis de comunicación existentes ao reducir os niveis de formalización proporciónanlles unha maior autonomía aos traballadores e un maior compromiso entre estes e a empresa, o que facilita a súa creatividade e a participación no desenvolvemento de innovacións (Chandler et al., 2000; Verhees e Meulenberg, 2004).\nPor outra parte, a xestión adecuada dos recursos de tecnoloxía mellora o rendemento da maquinaria, os procesos de produción, os sistemas e desempeño dos recursos humanos. Tamén aumenta a capacidade de produción, reduce os custos e facilita unha mellor adaptación ás necesidades dos clientes, o que mellora o rendemento da compañía (Donovan, 1996). As organizacións que incorporan a tecnoloxía ou o desenvolvemento dos activos están en mellores condicións que a súa competencia.\nEste proceso maniféstase tamén nas empresas galegas. Nese sentido, as políticas de promoción da innovación e de constitución de clusters empresariais parece acertada para facerlle fronte á situación actual (Rodríguez, 2005).\n6.1. IMPLICACIÓNS PARA A XESTIÓN\nAs hipóteses comprobadas suxiren unha serie de resultados que teñen interesantes implicacións para a xestión empresarial. En primeiro lugar, as vantaxes competitivas das pemes constitúense pola combinación de recursos e capacidades da empresa, tendo en conta factores externos asociados á propia actividade. En xeral, as empresas fan uso de todos eles para xerar competencias básicas. En certa forma, confírmase o modelo de Grant ampliado de que é a estratexia a que permite establecer as vantaxes competitivas a partir dos factores internos e externos da empresa, pero tamén indica que unha empresa competitiva debe saber aproveitar todos os recursos e capacidades dispoñibles dalgunha forma, posto que combinándoos eficientemente se pode mellorar a súa situación no mercado.\nPara as pemes é importante ter en conta o territorio (Vázquez Barquero, 1999), posto que o asignan a unha das competencias básicas. Aínda que ese recurso non é directamente unha vantaxe competitiva común a todas as empresas analizadas, si que o fai de modo indirecto a través da innovación, claramente fomentada mediante a cooperación e a relación con clientes e provedores (Verhees e Meulenberg, 2004). Nese sentido, é importante para as pemes fomentar a constitución de clusters empresariais que faciliten a innovación das empresas (Porter, 1990).\nO capital intelectual da empresa asígnase a diferentes competencias básicas, pero unha gran parte del concéntrase na xestión dos recursos humanos e tecnolóxicos e na innovación. Este segundo é directamente xerador de éxito empresarial das empresas (Pil e Holweg, 2003). Consecuentemente, e de acordo con numerosos autores (Bontis et al., 2000), o investimento en capital intelectual por parte da empresa vai ser clave no desenvolvemento das súas vantaxes competitivas. Isto é importante na zona (Jardón, 2008).\nOs recursos tanxibles están fundamentalmente asociados ao territorio, comportándose como aqueles cubrindo as necesidades básicas das empresas para xerar innovacións (Donovan, 1996).\nAs capacidades organizativas da empresa participan en case todas as competencias básicas, posto que van servir como aceleradores da fusión dos elementos introducidos dentro de cada recurso. Nese sentido, aproxímase á idea de que as capacidades organizativas están asociadas coa forma en que os recursos se utilizan para mellorar os resultados (Grant, 2005). Porén, non só as capacidades organizativas permiten xerar éxito empresarial, senón que estas tamén deben combinarse cos recursos da empresa, pois son estes os que as alimentan e as fan eficientes. Non se trata de organizar e deixar que o proceso siga o seu camiño, senón que é necesaria a achega continua dos recursos para que as capacidades sexan efectivas.\nFinalmente, os elementos considerados como factores clave de éxito nunha actividade relacionados co produto e co cliente tamén se estruturan como competencias básicas da empresa. A súa xestión non aparece como un elemento claro de xeración de éxito empresarial, aínda que de forma indirecta a través da innovación ambos os dous proporcionan unha mellora ao desempeño da empresa (Grant, 2005).\nEn conxunto, á hora de comprobar cales desas competencia básicas son vantaxes competitivas, unicamente a innovación aparece como tal de forma directa, indicando que o capital intelectual da empresa vai ser o principal activo para competir. De novo, queda patente a importancia de insistir nas pemes por manter a formación e o investimento en capital intelectual como base da competitividade futura. En xeral, a orde de importancia dos diferentes tipos de recursos coincide coas teorías máis actuais (Newbert, 2007). O proceso causal observado indica que para que as pemes galegas teñan éxito é moi importante organizar inicialmente as súas competencias básicas para xestionar os clientes e o produto. A partir desa primeira organización, débense organizar a xestión de recursos internos e externos da empresa para fomentar a innovación. Esta é a que xerará mellores resultados empresariais, establecéndose desta forma directivas de funcionamento estratéxico para as pemes.\n6.2. LIMITACIÓNS E POSIBLES AVANCES\nO traballo presenta un modelo teórico de análise dos recursos e capacidades da empresa como fontes de vantaxe competitiva nunha determinada zona de Galicia, tendo en conta outros factores externos asociados aos factores de éxito dunha actividade. O territorio é analizado como soporte para os provedores, a empresa ou os clientes, e non como fonte de cultura, de mercado laboral ou de lexislación, factores todos eles de atracción. Nese sentido, podería mellorarse o modelo tendo en conta eses aspectos complementarios. O modelo mostra un esquema de recursos e capacidades seguindo as características estudadas noutros modelos (Wernerfelt, 1984; Bontis et al., 2000; Grant, 2005), aínda que de modo conxunto e orientadas á zona de estudo. Isto limita tamén o seu alcance, posto que existen outras características que se poden incluír como posibles fontes de vantaxes competitivas.\nOutro aspecto que se debe matizar refírese á forma de medir cando un aspecto pode considerarse vantaxe competitiva ou non, ou cando unha empresa obtivo un bo desempeño. O feito de facer uso dunha valoración subxectiva pode condicionar os resultados. Una posible alternativa sería contrastar a validez desas medicións con algún indicador obxectivo de cada unha delas.\nTamén existe unha limitación polo tipo de mostra seleccionada. A necesidade de traballar con preguntas estratéxicas esixiu buscar dentro das empresas ás máis profesionalizadas, o que supuxo un rumbo cara ás maiores dentro deste ámbito, e por iso as conclusións non se poderían xeneralizar a microempresas; ademais, por ser datos referidos a unha época de expansión da economía, pode condicionarse a elección das vantaxes competitivas e a situación da valoración das empresas. Con todo, ao estar todos os factores en igual situación para as empresas e recoller unha visión atemporal, os resultados poden ser xeneralizables ao conxunto da economía. Nese sentido, sería interesante un seguimento da mostra de empresas mediante datos de panel para avaliar a evolución das vantaxes competitivas.\nFinalmente, a clasificación de cadeas empresariais que facilita a integración entre empresa e territorio que foi utilizada para o deseño da mostra implica algunhas limitacións, posto que non é un concepto estandarizado e a súa construción depende de cada zona, dificultando as comparacións da súa importancia entre zonas. Porén, parece un criterio máis lóxico de análise de empresas e territorio e, dado que a súa conceptualización teórica é común para todas as zonas, mantén a súa xeneralidade. Isto permítenos deixar aberta a posibilidade de realizar un estudo das diferenzas entre cadeas empresariais para establecer vantaxes competitivas asociadas a cada unha delas."} +{"summary": "Un dos problemas que vén asociado á historia sobre as orixes de Vigo é escaseza de textos históricos anteriores ó século XII. Nas últimas décadas, esta situación adquire un releve especial ó contrastar co notable incremento da documentación arqueolóxica, especialmente de época romana, tardorromana e altomedieval. En certo modo, este traballo espera contribuír, nunha modesta medida, a paliar esta descompensación entre documentos arqueolóxicos e documentos escritos. A evidente asimetría entre os datos arqueolóxicos que falan dun destacado núcleo de poboación entre os séculos I e VII d. C. en Vigo, deberían ter implicacións á hora de interpretar a información dos textos históricos que puideran aludir ó referido lugar entre eses mesmos séculos.\nO artigo divídese en duas partes. Na primeira proponse que a orixe do topónimo Vigo é alto medieval e non de época romana. Na segunda parte preséntase a hipótese de que a Burbida do Itinerario Antonino estaría situada en Vigo. Asimesmo proponse un trazado da vía XIX romana que comunicaría o porto de Vigo cas antigas Tude e Turaqua.", "text": "Archaeology of a place name: the name of the roman Vigo\nM anuel s antos e stéVez Grupo de Investigación Arqueología Social y Económica Instituto de Historia - CCHS (CSIC) G. I. Prehistoria Social y Económica - CCHS - CSIC\n\nVigo, Burbida, Época Romana, Idade Media, vía XIX.\nPenso que unha das dificultades coas que se teñen atopado os arqueólogos e historiadores é a presenza do topónimo Vigo que, nalgunhas ocasións, levou a algúns investigadores a presupoñer que, historicamente, Vigo ten sido unha entidade de escasa importancia, tópico que semella ter certo calado no eido non só popular. No presente traballo sosteño que, moi probablemente, o topónimo como designante da actual cidade é tardío, e que dita poboación tivo outras denominacións entre os séculos I e VII d. C. Basearei a miña argumentación, especialmente, na análise da paisaxe arqueolóxica dende época romana ata a Plena Idade Media, e verase como existen unha serie de rupturas na evolución desta paisaxe que puideran xustificar o cambio de nome da cidade olívica ó igual que sucedeu noutras entidades de poboación en Galicia.\nARQuEOLOxÍA DuN TExTO\nPrecisamente unha das máis antigas descricións da paisaxe viguesa témola nun enigmático texto publicado por Taboada Leal en 1840, onde se mestura o histórico, o mítico e incluso o arqueolóxico. Fálanos de diversas vicisitudes polas que pasou o núcleo urbano de Vigo con anterioridade ó século XVII, o mesmo autor data este manuscrito no último terzo deste século, concretamente o texto di o seguinte:\nA cronoloxía do texto podería coincidir co inicio da repoboación do Barrio do Areal, que con aterioridade ó século XVII semella estar deshabitado a xulgar pola ausencia deste nun mapa de finais do século XVI (Ávila y La\nCueva, 2003: 85, manuscrito de 1840), incluso aparece case totalmente deshabitado en 1667 segundo un gravado tamén presente no Archivo General de Simancas (Ávila y La Cueva, 2003: 80), (Fig. 1). Esta despoboación do Barrio do Areal vese confirmada polos resul - tados das intervencións arqueolóxicas recentes (Constenla Doce, 2006, Iglesias Darriba, 2006, 2007, 2008 e López Rodríguez, 2007).\nTraio este texto, que mereceu a atención doutros investigadores anteriores, porque creo que é necesario analizalo detalladamente, xa que poden ser atopadas algunhas claves para comprendela evolución de Vigo dende a época romana ata o século XVII. Este texto aborda o tema do traslado da poboación de Vigo dende o Areal ata o actual Casco Vello, aínda que apunta que entre medias existía unha poboación no Roupeiro que “estaba algo desviado de la mar” e que esta pequena poboación pertencía á parroquia de Santiago de Vigo. (Fig. 2)\nRespecto á fiabilidade do texto, creo que é doado distinguir as partes do relato referidas á experiencia directa do autor ou autores do que son tradicións orais ou lendas. En primeiro lugar chama a atención a coincidencia entre a extensión da cidade en “aquel tiempo de gentiles” apuntada polo texto coa extensión do poboamento en época romana: “al oriente has - ta el sitio que hoy se dice del Roupeiro”, “el transito que va de esta villa a las religiosas”, é dicir, dende o actual Casco Vello ata o Roupeiro pasando polo Areal. Tamén apunta a que a poboación non só estaría na liña inmediata á costa, como así semella apuntalo os achados na estación de ferrocarril e os recentes na rúa Policarpo Sanz 1.\nEn segundo lugar apunta a unha descontinuidade na localización da poboación viguesa, primeiramente localizada no Areal e nas ladeiras inmediatas, posterior despoboamento das zonas inmediatas á costa e continuidade nas zonas “desviadas de la mar para la pesca” na veciñanza de Santiago de Vigo, para logo fundar a definitiva poboación no actual Casco Vello ó pé do Castelo do Penso, fortificación situada onde hoxe está o Castelo de San Sebastián.\nPero quizais o máis interesante é que distingue claramente entre dous edificios que nun determinado momento, século XVII, parecen coexistir, o cal descartaría a tese de Álvarez Blázquez (1979: 74, 2008: 144 [1955]), quen sostén a posibilidade de que o convento de relixiosas do Areal ocupara o espazo da antiga Igrexa de Santiago de Vigo. En consecuencia ámbolos dous edificios ocupaban un sitio dis - tinto no século XVII, aínda que o convento do Areal puidese funcionar, nos últimos tempos da súa existencia, como centro parroquial en substitución da desaparecida igrexa de Santiago.\nComo veremos a continuación estas tres observacións teñen a súa corroboración na información arqueolóxica e histórica e que o mencionado texto está relatando os cambios experimentados pola poboación de Vigo dende época romana ata a Idade Media, espazo de tempo crítico para comprender a orixe do nome na cidade de Vigo.\nPara desenvolver a nosa hipótese procedemos a analizar aqueles aspectos relacionados ca orixe do topónimo da cidade olívica.\nARQuEOLOxÍA DO TOPÓNIMO VIGO\nO Vigo romano\nSen dúbida o nome de Vigo deriva do topónimo latino “vicus”, que de forma xenérica podemos traducir por aldea. Por razóns etimolóxicas os diferentes autores que se teñen ocupado do tema das orixes de Vigo, dan por feito que este nome foi posto á poboación en época romana, afirmación ésta que non seme - lla tan evidente como “a priori” puidera pa - recer e que quizáis precise de certa revisión crítica. Sabemos que non todos os topónimos latinos presentes en Galicia foron postos necesariamente en época romana, concretamente o topónimo “vicus” ou “vico” está en pleno uso na Idade Media. Xa Pérez Losada (2007: 35), a pesar de soster que o nome da poboación romana sería vicus, sinala que os 44 topónimos vigo existentes en Galicia son de orixe altomedieval, nembargante, este mesmo autor, propón que o caso de Vigo sería diferente a pesar de advertir certos problemas para encaixar a definición de vicus co que sería o vigo romano.\ntotalmente claro 2, entre o núcleo do casco vello e o que se situaría entre as rúas Carral e Colón. – Na rúa Marqués de Valterra foron atopados muros de mampostería, fustes de columna e unha basa. Hidalgo e Viñas (1998) interprétano como posible edificio oficial ou público baseándose na práctica inexistencia de cerámica doméstica, pero que Pérez Losada (2002) interpreta como posible villa suburbana. – Entre a construción de Marqués de Valterra e o Casco Vello, na antiga praia de San Francisco identifícase unha necrópole con polo menos tres enterramentos. – En termos xerais a cronoloxía destas estruturas irían dende o s. II d. C., posiblemente I d. C. ata o século VI d. C.\nTrátase polo tanto dunha entidade de poboación dun tamaño considerable dentro dos parámetros no noroeste da península Ibérica en época romana. Coa suficiente actividade económica como para atraer inmigrantes (González García, 2010). Semella que xa dende momentos previos á creación do asentamento romano, o val do Fragoso contaba cunha poboación indíxena considerable, o actual termo municipal de Vigo posúe unha das densidades de castros máis altas de Galicia, ademais da presenza dun oppidum no coñecido como Monte do Castro. Por outra banda, a crecente importancia económica do porto ó longo do período romano, debeu converter a Vigo nun importante núcleo comercial o que debeu implicar unha boa rede de comunicacións non só marítima senón tamén terrestre.\nAnte as evidencias arqueolóxicas, o propio Pérez Losada semella atopar certas dificulta - des para encaixar o concepto de vicus co gran sitio arqueolóxico de Vigo, neste contexto presentamos dúas definicións do termo vicus. Unha das definicións vén do lexicógrafo Festo da segunda metade do século III d. C, é dicir, contemporáneo duns dos momentos de ocupación do Vigo romano, o texto chegou ata nós algo incompleto:\n“Vici.... cipiunt ex agris, qui ibi villas non habent, ut Marsi aut Peligni, sed ex victis f partim habent remp. et ius dicitur. partim nihil eorum et tamen ibi nundinae aguntur negotii gerendi causa, et magistri vici item magistri pagi quotannis fiunt. altero, cum id genus aedificior.... nitur, quae continentia sunt his oppidis, quae …….. itineribus regionibusque distributa inter se distant. nominibusque dissimilibus discriminis causa sunt dispartita. tertio, cum id genus aedificiorum defini - tur, quae in oppido privi in suo quisque loco proprio ita aedificat, ut in eo ctdi - ficio pervium sit, quo itinere habitatores ad suam quisque habitationem habeat accessum : qui non dicuntur vicani. sicut ii, qui aut in oppidi vicis, aut hi qui in agris sunt, vicani appellantur” 3.\nTamén hai unha segunda definición de Isidoro de Sevilla, máis tardía concretamente do s. VII d. C., momento en que o Vigo romano semella estar abandonado:\n“11 Vici et castella et pagi hi sunt qui nulla dignitate civitatis ornantur, sed vulgari hominum conventu incoluntur, et propter parvitatem sui maioribus civitatibus adtribuuntur. 12 Vicus autem dictus ab ipsis tantum habitationibus, vel quod vias habeat tantum sine muris. Est autem sine munitione murorum; licet et vici dicantur ipsae habitationes urbis. Dictus autem vicus eo quod sit vice civitatis, vel quod vias habeat tantum sine muris.” 4.\nPérez Losada inclínase pola definición dos vici como asentamentos urbanos, considerando a súa definición como asentamentos rurais como menos corrente. Pero o caso é que tanto o termo como o concepto segue en uso na Alta Idade Media, e de feito, os restantes topónimos vigo, presentes en Galicia semella ter orixe romana semella ter unha orixe romana se atendemos á inexistencia de restos desta época. Por outra banda, Sánchez Pardo (2008: 78) atribúe unha cronoloxía para este topónimo de entre os séculos III e VIII, polo menos para os os casos da antiga terra de Nendos (A Coruña). Polo tanto, o topónimo vicus foi de uso corrente despois da desaparición do Imperio Romano, polo que cabe preguntarse se o nome da actual cidade de Vigo puido ter a súa orixe nun momento máis serodio do que se vén considerando 5. Como veremos a continuación, a orixe serodia do nome de Vigo semella a máis probable. Por outra banda, veremos tamén como o devandito topónimo puido non terse orixinado no lugar ocupado actualmente polo sitio romano.\nA decadencia do Vigo romano\nSegundo Carballo Arceo et al. (1998: 111) e Pérez Losada (2002: 266) o Vigo romano semella ser abandonado na segunda metade do século VI, aínda que este segundo autor propón posteriormente o século VII como o momento máis probable para o abandono (Pérez Losada, 2007: 345), data que semella máis acorde co contexto histórico.\nEntre a segunda metade do século VI e ó longo do VII teñen lugar unha serie de cambios no contexto xeopolítico que van ter unha notable incidencia no mundo urbano e especialmente nas cidades costeiras dedicadas ó comercio marítimo. Dentro da Gallaecia destacarían Brigantium e Vigo. No século V desaparece definitivamente o imperio romano e con el a estrutura política que propiciou o xurdimento destes portos. Gallaecia é ocupada polos Suevos a partir do 409, este Reino Suevo, en continuo enfrontamento cos visigodos, ten como única saída ó exterior os portos marítimos. Quizáis sexa esta a causa pola que estes portos seguisen en plena vixencia, aínda que a decadencia de Brigantium semella comezar no século V (Pérez Losada, 2002: 13940) e a de Vigo parece ser posterior cando menos un século. A estrutura social sueva semella dar prioridade a unha organización territorial espallada e baseada máis na agricultura ca no comercio, de tódolos xeitos, como xa dixemos, a conexión marítima co exterior debeu de ser crítica, especialmente co mundo mediterráneo e co Imperio Bizantino. Co incremento das hostilidades entre suevos e visigodos, as rutas marítimas deberon cobrar importancia, ata o punto que no século VI semella ter lugar unha “momentánea intensificación dos contactos marítimos e a conseguinte revitalización urbana” (López Carreira, 1999: 31), feito corroborado pola presenza de abondosa cerámica de importación para o caso de Vigo (Fernández Fernández, 2011)\nDe tódolos xeitos o século VI parece ser unha época confusa, foi precisamente neste século cando parece ter lugar certa estruturación do territorio no Reino Suevo de Galicia, reflecti - do este feito no “Parochiale Suevorum”, docu - mento redactado a consecuencia do Concilio de Lugo no 569 convocado polo rei Teodomiro. Neste texto, onde se citan tódalas parroquias e dioceses do reino, non aparece ningún Vicus na Diocese Tudense, aínda que algúns autores propoñen como probable a localización da igrexa de Turonio no val do Fragoso (Fernandes 1997). Este Turonio aparece nomeado por primeira vez no 445 no Crónica de Idacio, nun momento no que a poboación tardorromana de Vigo está na súa plenitude. Así mesmo, aparecen outras entidades que se corresponden con algunhas existentes xa en época romana, como semellan ser o caso de Tude e Toruca, esta última moi posiblemente correspondente coa Turoqua do Itinerario Antonino.\nCoa caída da monarquía sueva, a breve entrada na órbita visigoda de Gallaecia, e a profunda crise do Imperio Bizantino na segunda metade do século VI, o tráfico marítimo interrómpese, o que conleva a decadencia das estruturas urbanas (López Carreira, 1999: 41). Cabe esperar que as redes comerciais caísen durante este período e acentuasen con elo a desaparición definitiva do Vigo romano como porto comer - cial e como entidade urbana.\nVigo na Alta Idade Media\nNo que respecta á comarca de Vigo, nomeadamente a Terra do Fragoso, dende a segunda metade do século VI ata o século X, tralo despoboamento da cidade romana, o patrón de poboamento semella fragmentarse, e empeza a presentar certa estrutura artellada en torno á actividade agrícola. Segundo Sánchez Bargiela (1999: 89), na Alta Idade Media asistimos ó espallamento das villae como núcleo básico de asentamento. É de supor que o novo patrón de poboamento aproveitase parte das estruturas agrícolas construídas en época romana. Éste semella ser o caso da vila romana da Praia do Cocho, dos séculos III e IV a. C. (Hidalgo Cuñarro, 1991: 1956), situada nas inmediacións dunha parroquia con advocación paleocristiá como é Santa Baia de Alcabre\nEn todo caso, todo apunta a que na Alta Idade Media ten lugar a práctica desaparición do antigo núcleo urbano romano e a poboación semella dispersarse pola costa e polo Val do Fragoso. Por outra banda, débese facer notar a existencia de certa concentración de topónimos xermánicos no tramo medio do río Lagares, é dicir, nas parroquias de Sárdoma, Brembrive e Beade, precisamente nas terras máis fértiles da bisbarra. Neste período, so contamos con achados illados, como é o caso dun capitel, posiblemente de época sueva, en Beade, e de diversos sartegos pétreos, posiblemente asociados a igrexas altomedievais e pequenos núcleos de poboación de carácter eminentemente rural. Estes sartegos teñen aparecido nas proximidades da igrexa de San Martiño en Coia, en Coruxo, no barrio de San Roque, outro na parroquia de Sárdoma e dous deles situados nas proximidades do que puido ser o emprazamento da Igrexa de Santiago de Vigo na zona da actual rúa Bolivia. De tódolos xeitos, temos para este período un baleiro documental referente a ese proceso de transición entre o abandono do núcleo romano de Vigo e o xurdimento de pequenos núcleos dispersos, posiblemente organizados en torno a igrexas, é dicir, os “vici” alto medievais.\nPero quizais o máis destacable, dentro da notable ausencia de información para este período, sexa a posible existencia dunha igrexa altomedieval ó nacente do monte do Castro. Algúns autores teñen situado a desaparecida Igrexa de Santiago de Vigo na actual rúa do Areal, quizais o máis destacado fose Álvarez Blázquez (1979: 74, 2008: 144 [1955]), pero Carballo Arceo et al. (1998: 112) sinalan no mapa de Vigo de 1734 de Álvarez Limeses a presenza no contorno da rúa Venezuela da igrexa de Santiago. A situación desta igrexa nunha zona relativamente interior do concello de Vigo é corroborado noutros mapas, como ocorre co de Francisco Coello de 1856 6\n(Fig. 2). A posible situación da igrexa coincide co achado de dous sartegos antes mencionados, que de feito, levou no seu momento a Álvarez Blázquez a propor a posibilidade da existencia dun templo de época xermánica na aba oriental do castro de Vigo (Álvarez Blázquez, 1979: 63). Pero quizais a confir - mación definitiva do emprazamento da antiga Santiago de Vigo veña da man de Espinosa Rodríguez (2003: 185 [1949]) como testemuña directa da presenza desta igrexa no lugar de Areosa na actual rúa Bolivia, templo que, segundo este mesmo autor, desapareceu defi - nitivamente en 1897.\nVigo na Plena Idade Media\nTras a escuridade dos séculos VII ó X empezan a observarse síntomas dunha reestruturación do territorio, moi posiblemente produto da consolidación territorial do Reino de Galicia. Con respecto á terra que nos ocupa, o que semella reflectir a documentación é que no século XI soamente temos unha parroquia co nome de Vigo, sabémolo polo documento de 1097, onde se resolve unha contenda entre Vigo e Canadelo, este último puido ser un territorio situado ó este de Vigo, posiblemente na redondelá parroquia de Chapela. Como a contenda é so entre estas dúas entidades só podemos propor un posible límite oriental de Vigo nesa época.\nEntre os fitos nomeados destaca a presenza dunha mammona (mámoa) situada no monte Vixiador (Vidixi) e o derradeiro referente sería un rego, posiblemente o rego do Pugariño que chegaría ata o mar, posiblemente na praia de Area Longa en Chapela, é dicir, os límites actuais do moderno concello de Vigo coincidirían, no seu límite oriental, con esa entidade chamada Vigo no século XI. Chama a atención que neste documento non se mencione se se trata de Santa María de Vigo ou Santiago de Vigo. Carecemos de información sobre a presenza de poboación no enclave e contorno de Santa María despois da época romana, aínda que non debemos dar por feito un baleiro total de poboamento. Sobre Santiago de Vigo temos a presenza de dous sepulcros altomedievais, que puideran estar datando un asentamento nesta época concreta. Esta posibilidade concordaría co sostido por Sánchez Pardo 7 que data os topónimos vicus con anterioridade ó século IX.\nNo século XII empézase a falar de dous núcleos de poboación co mesmo nome, a partir desta centuria a documentación multiplícase e é rara a mención que non especifique a cal dos dous Vigo se refiren, mencionando para elo a advocación da parroquia, algo que non semella ser necesario no documento do século XI. A coincidencia toponímica de dous entidades de poboación limítrofes soe interpretarse como produto dunha escisión ou división a partir dunha única entidade 8. Creo que é razoable pensar que a homonimia das dúas parroquias estea indicando que a vila medieval de Vigo, o que será o xérmolo da actual cidade, puidera ser produto dunha escisión a partir da antiga Santiago de Vigo situada na aba oriental do Monte do Castro e que, antes da división, abranguería a parte nororiental da Terra do Fragoso. Carlos Barros apunta como data máis probable para a fundación de Vigo (a vila intramuros) a segunda metade do século XII argumentando o seguinte: “As outras vilas medievais teñen a súa orixe en Galicia neses anos: a cidade de Pontevedra, máis importante que Vigo naquel entón, data do mesmo ano de 1169, conforme a carta foral concedida pola monarquía para poboar a nova urbe. No século XII conceden os Reis cartas forais así mesmo á Coruña, Allariz, Padrón, Ribadavia, Noia, Viveiro; seguidas doutras pequenas vilas urbanas no século XIII”.\nConsidero oportuno copiar aquí integro un fragmento da conferencia de Carlos Barros dado que nestas poucas liñas sintetízase o proceso clave acontecido na Idade Media en Vigo: “Este desprazamento (da vila de Vigo) que condiciona a construción da muralla maila fortaleza da vila, foi algo habitual –historia comparadana Galicia urbana da Idade Media, presupoñendo un burgo anterior (en Santiago de Vigo no noso caso) e xogando un papel clave o interese militar e orográfico. O rei de Galicia Fernando II obriga a trasladar Tui a un lugar máis elevado, onde está hoxe a catedral, para mellor defensa da cidade. Igual pasou na Coruña no paso da Peixería á “cida - de vella”; en Ribadavia desde a Santa María do Burgo ou da Oliveira á onde están hoxe o restos do castelo dos Sarmientos, na parte alta, e a praza medieval de Santa María de Magdalena, máis abaixo, ambos cercados pola muralla que deixou fóra o vello burgo, como de seguro pasou na formación do Vigo medieval... Dos castros se baixou ó mar –ou a chaira para cultivar a terracon Roma, para logo subir de novo coas novas cidades na Idade Media, estendendo cara arriba a continuidade do hábitat costeiro. O que obriga ás veces a construír a maior torre defensiva, o Penço, non tan alta como o castro prerromano, como en Vigo, pois dise –pendente de mellores comprobacións arqueolóxicas ou documentaisque estaba onde o castelo moderno de San Sebastián, máis abaixo do Castro, o que marcaría probablemente o límite máis alto dunha ocupación urbana medieval que sen dúbida chegaba ata o Berbés (onde os monxes de Melón tiñan intereses portuarios). Vese ben esta disposición espacial nos debuxos e gravados do século XVI e mesmo posteriores, a pesar do crecemento da poboación extramuros” 9.\nPolo tanto, na Baixa Idade Media teríamos dous núcleos de poboación. En 1136 o rei de Galicia Alfonso VII cede Santiago de Vigo ó Bispo tudense Don Paio Meléndez e ó cabido da catedral de Tui Santa María de Vigo (Sánchez Bargiela, 1999: 92), partición confirmada por Fernando II en 1170 (Pérez Ro - dríguez, 2007: 4041). En torno a 1136 puido ter sido o momento da división do territorio de Vigo en dúas parroquias, pudendo ser a de orixe máis antiga a de Santiago de Vigo, que non tería porque ter necesariamente a mesma advocación na Alta Idade Media, e cuxos dominios chegarían ata o porto do Areal; mentres que a outra parroquia, posiblemente máis recente, situouse na ladeira setentrional do Castro articulada en torno á igrexa de Santa María e vencellada ó porto do Berbés. Estes dous modelos de poboamento, o de Santiago e o de Santa María semellan corresponderse con modelos propios da Alta e da Baixa Idade Media respectivamente. Na Alta Idade Media son pequenos asentamentos rurais abertos, co templo parroquial situado nun punto elevado e a certa distancia do núcleo ou núcleos de poboación 10, un deles sería o de O Roupeiro a escasa distancia da liña de costa no Areal. Por outra banda, estaría Santa María de Vigo constituída como vila dende a súa fundación, cunha estrutura urbana e fortificada relaciona - da co porto da Ribeira do Berbés.\nO territorio parroquial de Santiago de Vigo semella ser o resultado dun proceso histórico que se iniciaría coa desintegración da estrutura estatal do Imperio Romano e a progresiva ruralización da paisaxe, aínda que isto non é óbice para que ese “vicus”, situado na aba orien - tal do Castro, non tivera as súas orixes máis remotas nun proceso de abandono do castro de Vigo nos primeiros séculos da nosa era. Pola contra Santa María de Vigo sería de fundación real e estaría vencellada ó renacemento comercial do século XII (Ferreira Priegue, 1988a, López Carreira, 1999: 47, 68). As dúas antigas parroquias de Vigo ilustran ese movemento de arredamento da costa e achegamento posterior o cal puido ser o responsable do cambio de topónimo dende época romana ata a Idade Media. Polo tanto o máis probable é que o nome do Vigo Baixo Medieval non teña unha orixe romana senón que fora un nome herdado dun “vicus” máis afastado da costa e de orixe altomedieval.\nOs historiadores medievalistas semellan concordar que entre a Tardoantigüidade e a Baixa Idade Media existe unha destacable continuidade nos núcleos de poboación máis ou menos destacados en Galicia. Esta afirmación pare - ce tomar releve se comparamos as fontes de época romana: o Itinerario Antonino, a xeografía de Ptolomeo ou a de Estrabón coas alto medievais como o Parochiale Suevorum por unha banda, e o conxunto de cidades e vilas do século XII por outra. Pero esta afirmación non se cumpre sempre, como é nos casos de A Coruña, Pontevedra ou Vigo. Nestes tres casos está constatada a presenza de núcleos de poboación romana, sen embargo estes topónimos non aparecen nas fontes romanas ou de época xermánica. Todo o contrario ocorre con entidades como Lucus Augusti, Iria Flavia, Auriensis, Tude ou Aquis Calidae.\nA construción do territorio da Gallaecia no Reino Suevo (s. VVI) ou posteriormente do Reino de Galicia, especialmente a partir de Alfonso II (791842), aséntase sobre a alianza entre o poder rexio e a Igrexa, única estrutura territorial con implantación en todo o territorio tradicional da Gallaecia. Deste xeito foron precisamente aquelas sedes episcopais do século VI as que experimentaron unha clara continuidade a través dos séculos 11 : Lucus - Lugo, Auriense -Ourense, Iria -Iria e Tude -Tui. Mondoñedo será a herdeira da antiga Britonia, Caldas tamén foi sede episcopal no século V 12 aínda que no século seguinte deixe de selo en favor de Iria.\nEn resumidas contas, a evolución da actual cidade de Vigo nas súas orixes, atravesou diversas vicisitudes, dende o oppidum do Monte do Castro, no século I d. C. empezouse a poboar o barrio do Areal. Nos comezos século VII as condicións políticas e socioeconómicas cambian sensiblemente o que leva a ruína do porto romano, ó despoboamento do Areal e ó xurdimento dun novo tipo de poboamento máis organizado en torno á agricultura. Deste último momento puido datar o núcleo que logo será Santiago de Vigo. A orixe deste “vicus” na la - deira oriental do Castro de Vigo puido ser produto do mesmo proceso que deu orixe ó Vigo romano: o despoboamento do “oppidum” do Castro, cuxos ocupantes se foron desprazando paulatinamente cara a dous núcleos; un máis extenso e urbano na costa e outro máis reducido e agrícola que constituíu un “vicus” onde nacería o topónimo de Vigo.\nEn todo caso, no século XII fúndase a parroquia e vila de Santa María de Vigo, cuxo nome nada ten que ver co mundo romano ó tratarse dunha posible excisión de Santiago de Vigo da cal herda o nome. Queda, polo tanto, a cuestión do nome do Vigo romano. A solución poderíamos atopala no trazado da vía romana número XIX.\nO NOME DO VIGO ROMANO\nAs vías romanas e a vía xIx na provincia de Pontevedra\nNun extenso e detallado traballo sobre os asentamentos romanos secundarios Pérez Losada sostén que : “tódolos aglomerados considerados están situados sobre o trazado de vías estatais primarias: Tui, Pontevedra, Caldas, Iria e Santiago na vía romana XIX; Baños de Bande e A Proba na XVIII; Ourense na vía directa BragaLugo) ou secundarias (Brandomil e A Coruña na XX; Verín e Xinzo na vía ChavesOurense; Castillós na vía ChantadaValdeorras). Vigo é a única excepción, en todo caso relativamente próximo da vía XIX coa cal lle unen sendos camiños menores.” (Pérez Losada, 2002: 327); o mesmo autor sinala outros condicionamentos para a situación dos aglomerados romanos: zonas de cruce de ríos, intersección de camiños e as comunicacións marítimas. De feito a vinculación das vías XIX e XX cos portos semella decisiva á hora de deseñalo seu trazado, Tui, Pontevedra, Iria e Coruña que, segundo a historiografía recente, se corresponderían cos núcleos romanos de Tude, Turoqua, Iria Flavia e Brigantium respectivamente son portos desta época, unha vez máis debemos sinalar Vigo como unha excepción.\nUn revelador estudo sobre os condicionantes xeográficos tanto humanos como sociais que influiron no trazado das vías témolo en Güimil Fariña (2009: 41), segundo estudo deste autor a función da vía XIX sería a de comunicar os portos atlánticos coas capitais conventuais. Numerosos teñen sido os trazados propostos por diferentes historiadores e arqueólogos para a vía XIX. Non vou determe a realizar unha crítica sobre os primeiros traballos relativos ós trazados das vías romanas pola provincia de Pontevedra, traballo xa feito por Peña Santos (1991) e pouco podemos engadir. Unha vez superado ó recurso abusivo á homonimia para identificar as “mansio”, como por exem - plo nos casos de Burbida e Vico Spacorum ó facelos coincidir con Pazos de Borbén e Vigo respectivamente, traballos máis recentes dan prioridade ás evidencias arqueolóxicas e ás características orográficas do terreo como con - dicionantes dos trazados das vías. Exemplos deste último tipo de estudos témolos en Peña Santos (1991), Rodríguez Colmenero et al. (2004) ou Güimil Fariña (2009). Precisamente a partir do traballo de Peña Santos os estudos sobre a vía XIX conseguen soltar o lastre de traballos máis tradicionais o que suporá un importante avance nos estudos dos trazados das vías en Galicia.\nUnha das principais fontes de información para o trazado da vía XIX é o coñecido como Itinerario Antonino. Para este traballo consultáronse as copias de Wesseling (1735), Parthey e Pinder (1848) e Cuntz (1929). Do I. Antonino consérvase na actualidade unha copia que non pode ser anterior a Caracala, aínda que tería modificacións do s. IV, Roldán Her - vás propón a posibilidade de que fose feito no s. II con Antonio Pío ou Marco Aurelio, aínda que propón que o máis probable é que fose redactado nos primeiros anos de Diocleciano, é dicir, nos anos 80 do s. III (Roldán Hervás, 1975: 20). Tamén Caamaño Gesto sostén que a súa redacción orixinal puidera datar da época de Caracala (196217 d. C.), (Caamaño Gesto, 1984: 17). Polo tanto a posible redacción deste itinerario coincidiu, cronoloxicamente, coa colocación de parte dos miliarios situados entre Tui e Caldas, o cal tería lugar entre os séculos II e IV d. C.\nO Itinerario Antonino non semella ser un catálogo de vías, nin sequera un documento oficial. En opinión de Roldán Hervás (1975) trataríase dun documento privado de rutas, posiblemente para uso dun comerciante e que, polo tanto, faría referencia ás entidades de poboación máis destacables dende o punto de vista comercial. Este conxunto de rutas coidase que coincidiría, na maioría dos casos, co trazado das principais vías romanas ademais de rutas marítimas.\nA función primixenia do trazado dos camiños romanos foi o de comunicar os principais centros administrativos, que para o caso de Gallaecia foron Lucus Augusti, Asturica Augusta e Bracara Augusta. É na época de Augusto, século I d. C. cando se trazan as dúas vías máis antigas, unha que comunicaba Braga e Astorga, a vía XVII, e outra que unía estas dúas cidades, pero pasando por Lucus Augusti.\nÓ longo do trazado das vías romanas documéntanse instalacións, xeralmente asociadas a asentamentos e coñecidas como mansio. A finalidade primeira destas instalacións foi a de servir ós usuarios das mesmas, especialmente para abastecer e facilitalo movemento do exército e as comunicacións entre os principais núcleos urbanos. O exército e o sistema tributario eran os dous piares do Imperio e dúas das principais razóns que motivaron a conquista da que sería a antiga Gallaecia: escravos, tropas auxiliares para o exército e ingresos obtidos a través do tributo e as explotacións auríferas. A vía XVIII tería como principal motivación a de comunicar as principais zonas mineiras, en cambio as vías XIX e XX, que en parte discorrerían pola costa occidental da Gallaecia tería unha razón eminentemente comercial, é dicir, comunicalos principais portos. Non debemos esquecer que o tráfico marítimo sería a prin - cipal medio de transporte comercial, por esta razón a vía XX foi coñecida tamén como per loca marítima é dicir, polos lugares marítimos, ou o que é o mesmo que comunica os portos.\nOs principais accesos dende a costa occidental de Galicia cara o interior están asociadas a asentamentos romanos vinculados á vía XIX, Tui co río Miño, Turoqua coa ría de Pontevedra (ou a ría de Vigo como veremos) e Iria coa ría de Arousa. A ría de MurosNoia, por condicionantes orográficos, non presenta boa comunicación co interior, de aí o histórico vínculo de Santiago con Iria e a ría de Arousa. Unha vez máis temos a excepción con Vigo, que inexplicablemente semella permanecer á marxe do trazado da vía.\nDiversos autores, especialmente os máis recentes, non consideran o paso da vía XIX por Vigo (Peña Santos, 1991 e Rodríguez Colmenero et al., 2004), por considerar que o camiño máis económico entre Tude (Tui) e Aquis Celenis (Caldas de Reis) é a través da Depresión Meridiana, cuxo treito máis meridional está ocupado fundamentalmente polo val do río Louro (Fig. 3). Polo tanto, o paso por Vigo entre estas dúas “mansio” suporía un desvío innecesario, de feito alguén que se desprazase entre Bracara e Iria nunca pasaría por Vigo se a súa ruta fose exclusivamente terrestre. Tamén hai que destacalo feito da presenza de tres miliarios en Guizán, Saxamonde e San Mamede de Quintela que son unha proba contundente que apoia a hipótese dun trazado da vía XIX por terras de Mos e Redondela. Pero esta hipótese deixa unha cuestión pendente: a localización de Burbida. Non temos argumentos suficientes para situala no Alto das Barrei - ras, xa que os achados da zona son realmente escasos (Filgueira Valverde e García Alén, 1956: 1801) e tódalas mansio identificadas ata o momento se corresponden con asentamentos de certa entidade.\nVolvendo á cuestión da posible finalidade da vía XIX e traendo a colación o traballo de Güimil Fariña (2009), cabe pensar que a función principal desta vía sería a de comunicalos portos, xa que, se fose exclusivamente comunicalas capitais conventuais entre si, non estaría xustificado que esta vía pasase por ningunha po - boación do occidente de Galicia. Se aceptamos que o propósito da vía XIX era enlazalos portos atlánticos coas capitais conventuais, resultaría difícil de xustificar que no itinerario non se citase o porto de Vigo, que semella contar con estruturas construtivas romanas, como son as salinas, dende o século I d. C. (Carballo Arceo et al., 1998: 95) e cuxo apoxeo sitúase entre os séculos III e VI d. C. Por outra banda, sería necesaria unha infraestrutura viaria de certa entidade, que comunicase o porto de Vigo ca vía XIX e co interior, para posibilitalo movemento de carros de mercadorías para transportes pesados como o plaustro de catro rodas e dous eixos ríxidos, que non permiten o desprazamento por pendentes demasiado pronunciadas.\nA importancia comercial, como así o amosa o estudo de Fernández Fernández (2011) e o tamaño do Vigo romano dentro do noroeste ibérico, xustificaría a presenza dunha duplicación da vía XIX, cun trazado que unise directamente Tui e Caldas e outro que se desviase ó porto de Vigo. Os trazados dobres nas vías romanas non son raros, un caso próximo de trazado dobre paralelo témolo na mesma vía XIX, concretamente no treito que separa as mansio de Limia e de Tude, a vía divídese en dúas variantes, unha occidental e outra oriental que rematan uníndose tras un percorrido de 12 km. e formando de novo un so camiño. Este treito está situado entre Portela de Romarilhães (Paredes de Coura) e São Gabriel (Valença do Minho). As dúas variantes están sinalizadas por miliarios coetáneos, polo que foron utilizadas simultaneamente (Rodríguez Colmenero et al., 2004: 223). Do mesmo xeito a vía XX puido ter funcionado como unha variante da XIX, desvío considerable xustificado para unir Lucus Augusti co porto de Brigantium.\nun posible trazado para a vía xIx entre Tui e Vigo\nO Itinerario Antonino menciona catro topónimos dentro do que se correspondería co actual territorio administrativo da provincia de Pontevedra. O primeiro deles é claro na súa identificación, trátase de Tude, que se corres - pondería coa actual Tui. O segundo topónimo que dito itinerario sitúa a XVI millas de Tude sería o de Burbida. O terceiro, situado tamén a XVI millas é o de Turoqua e, finalmente o cuarto é Aquis Celenis situado a XXIIII millas do anterior. Respecto a este último topónimo semella ser claro que se refire á actual Caldas de Reis, o problema está na identificación dos dous sitios intermedios: Burbida e Turoqua. Nos traballos máis recentes téndese a identificar o primeiro co Alto das Barreiras en Mos e o segundo coa actual cidade de Pontevedra, seguindo a hipótese de Peña Santos (1991)\nA xulgar pola cronoloxía dos achados, o Vigo romano estaría ocupado polo menos dende os séculos II e VII d. C. segundo Pérez Losada (2007: 3435), ou entre o s. I e o VI d.\nC. segundo Carballo Arceo et alii (1998); polo tanto a redacción do Itinerario Antonino e a colocación dos miliarios situados entre Tui e Pontevedra coincidiría cun dos momentos de pleno desenvolvemento urbano de Vigo en época romana. Esta circunstancia é fundamental á hora de analizalo trazado da vía XIX. Aínda que debemos ter en conta unha serie de precaucións.\nUnha das dificultades para abordalo estudo do percorrido das vías é calcular o valor da milla empregada. Peña Santos, para o treito da vía XIX inclínase por usar a equivalente a 1.480 m., neste traballo seguiremos o valor proposto por Roldán Hervás (1975: 33) de 1.481 m., aínda que existe unha certa variedade de propostas sobre este aspecto (como exemplo véxase Rodríguez Colmenero et al. (2004: 3636) ou Caamaño Gesto (1984: 55). Aínda que é unha cuestión importante, tampouco debemos extralimitarnos á hora de precisar en extremo o seu valor, especialmente en distancias non moi longas como é o caso da vía XIX na metade sur da provincia de Pontevedra. As mensuracións entre mansións ou entre miliarios debéronse levar a cabo, na maioría das veces, medíndoas por pasos (gradus) ou por dobre paso (passus) (Caamaño Gesto, 1984: 64); se a este procedemento, non moi preciso de medir distancias, lle engadimos a circunstancia de que descoñecemos os trazados de forma absolutamente precisa, creo que non está xustificado un exceso na rixidez das medicións. Así a todo, as medicións que estableceremos seguindo camiños históricos, cuxa antigüidade pódese remontar nalgún caso á Baixa Idade Media, coinciden de xeito bastante preciso coas distancias establecidas no I. Antonino.\nA antiga estrada TuiVigo e a variante da vía xIx a Burbida\nDende tempos inmemoriais e ata o século XIX, a principal vía de comunicación entre Tui e Vigo foi unha antiga estrada que ascendía pola marxe esquerda do val da Louriña ata a portela do Alto de San Colmado e baixaba a Vigo atravesando o val do Fragoso 13. Neste mesmo senso, Ferreira Priegue (1988: 912) sinala a existencia dun camiño de orixe medieval, que sairía de Tui pola Porta da Corredoira, pasa por Ribadelouro, dende aquí iría ascendendo ata Mosende e Chenlo ata chegar a Herville, logo pasaría por Cela, bordea o Monte Pedra\nCavalaria e de alí a Beade; no lugar de Estrada bifúrcase: un camiño iría dereito a Vigo por Castrelos, Santo Tomé de Freixeiro e entraría en Vigo pola porta da Falperra tras pasar ó pé do castro de Vigo polo poñente. A segunda variante pasaría por San Pedro de Sárdoma, A Salgueira e subiría ata o Couto 14. Esta segunda variante aproveitaría unha portela situada entre o Couto Piñeiro e o Monte do Castro onde se situou, no seu tempo, a capela de San Honorato, logo pasaría pola actual rúa de Puerto Rico, pasaría ó pe dos castros de Castrelos, do Piricoto e logo do Monte do Castro ou Castro de Vigo pola ladeira do nacente e entraría pola porta do Pracer (Fig. 4). Este camiño tería unha pendente máxima entre Figueiras e Erville na subida dende o val do Louro ata a portela do Alto de San Colmado (ou San Cosme), esta pendente sería do 10%, o resto do camiño tería unha pendente que raramente excedería o 4%.\nAs diferentes referencias a este camiño real, tal e como é denominado en diferentes ocasións, poden datar cando menos do século XIII; un documento de 1228 fai referencia a unha “viam veterem” facendo alusión á entra - da a Vigo pola Falperra (citado por Álvarez Blázquez, 1979).\nArqueolóxicamente pódese destacar á existencia de diferentes restos de época romana e alto medieval ó longo deste trazado: en\nCela temos unha inscrición funeraria romana (Filgueira Valverde e García Alén, 1956: 179), no concello de Vigo atravesaría o lugar de Figueirós co achado de muíños circulares e cerámica romana (Carballo Arceo et al., 1998), tamén pasaría pola igrexa de Beade onde foi atopado un capitel de posible época xermánica. Entre Erville e Beade atopamos no posible trazado desta vía os topónimos de Padrón do Couto, barrio de Padrón, Calzada, A Estrada que tradicionalmente se asocian a trazados de vías. Unha hipotética variante que comunicase Tude con Vigo en época romana, ben puido seguir un trazado semellante, aínda que, evidentemente, este trazado puido sufrir transformacións, de feito, na Idade Media e Moderna a entrada máis lóxica sería pola mencionada porta da Falperra. En época romana, o actual Casco Vello so estaría ocupado na súa metade oriental e o groso da poboación atoparíase na barrio do Areal, logo, o hipotético trazado da vía seguiría a variante cara a San Pedro de Sárdoma, pasando antes ó pé dos castros de Castrelos e Piricoto e atravesaría o río Lagares pola ponte medieval aínda hoxe existente e subir cara ó Couto, atravesar pola antiga portela situada entre o Castro de Vigo e o Couto de San Hororato, e de alí baixaría cara á costa pasando pola antiga parroquia de Santiago de Vigo. Este percorrido non suporía unha diferenza significativa na distancia dende Tui (Fig. 5).\nRespecto a distancia existente entre Tui e Vigo, no documento de 1840 de Ávila de la Cueva (2003: 99) establece unha distancia, no século XIX, entre Santa María de Vigo e Tui de 4 légoas, a mesma distancia que establece Henrique Flórez no século XVIII 15 é dicir, entre 22.292 m. e 23. 656 m., xa que o valor da légoa para 1840 era de 20.000 pés 16. En definitiva, en torno a 1840 a distancia entre Vigo e Tui coincidiría coa distancia establecida entre Tude e Burbida no Itinerario Antonino, XVI millas, é dicir de 23.696 m, se nos inclinamos por pensar que cada milla equivalería a 1.481 metros.\nun posible trazado para a vía xIx entre\nVigo e Turoqua Para trazar a vía dende Vigo cara ó norte a cuestión tórnase algo máis complicada. Contamos cun camiño real medieval pertencente a un dos trazados do camiño de Santiago e que aparece mencionado por Ferreira Priegue (1988b: 1023). Saía de Vigo por A Calzada cara a Chapela por Paradela, Parada, Laredo subiría cara a Trasmañó e polos altos do Monte Penide iría cara a Cedeira e logo a Redondela. A existencia deste camiño, con pendentes case imposibles, con ladeiras con 18%, 25% e 33% de inclinación, obviamente paliadas polo trazado do camiño en zigzag, pero cunha pendente excesiva en todo caso, semella indicar que as comunicacións terrestres cara ó norte non eran doadas na Idade Media. Asímesmo chama a atención que non se usase a vía de tránsito seguida pola actual estrada VigoPontevedra por Rande. En principio cabería pensar que o camiño máis económico entre Vigo e Redondela sería a través da actual estrada que bordea o estreito de Rande, pero hai que sinalar que esta estrada non aparece mencionada ata a segunda metade do século XVIII 17, concretamente en 1767 18, a inexistencia desta estrada con anterioridade, puido ser debido á dificultade que ofrecía o releve para a súa construción. O actual trazado tan horizontal é debido a unha grande inversión de traballo para vencer as fortes pendentes laterais que dende o Vixiador e Monte Penide caen ata o mar, ditas dificultades non só afectarían á execución da obra senón tamén ó seu mantemento. É posible que a apertura da estrada por Rande estivera vencellada á construción da batería de Rande, existente en 1702 19 ou ben sería máis serodia e sería construída ó longo do século XVIII coas obras de reformas de estradas levadas a cabo con Carlos III\ne Carlos IV e coa primeira industrialización e Vigo. Rande semella non ser o único sitio da zona onde se atoparon co problema das fortes pendentes laterais, este mesmo impedimento seguramente volveu a aparecer uns quilómetros máis ó norte, entre Cesantes e Arcade á altura de Punta Sobreira, que obrigou a facer un trazado, aparentemente antifuncional, que pasase ó pé do monte da Peneda 20.\nPolo tanto temos que a comunicación tradicional entre Vigo e Redondela antes do século XVIII non era por Rande, senón por TrasmañóPenide-Cedeira. A vía romana dificilmente podería pasar polo camiño medieval mencionado dadas as pendentes extremas, por elo semella que o trazado máis factible en época romana sería saíndo do val do Fragoso pola portela ocupada na actualidade polo aeroporto de Peinador (Fig. 5). Este posible trazado non superaría en ningún momento o 8% no gradente da pendente, que semella o máximo recomendable para as vías romanas (Moreno Gallo, 2005: 64), aínda que puntualmente poda chegar ó 15% (Rodríguez Colmenero et al., 2004: 51). No caso de ser este o trazado correcto o trazado da vía pasaría por Santiaguiño de Antas (Mos), precisamente onde se sitúa un miliario “in situ” 21 coincidindo co sitio 20 Xa Taboada Leal en 1840 chama a atención sobre o inapropiado do trazado desta estrada na súa época e propón o trazado que actualmente ten. 21 Escavado no proxecto “Vías Atlánticas” no 2007. Agradezo a Rafael Rodríguez Martínez a información.\nde cruce entre a o trazado que iría directamente dende Tude a Turoqua co que procedería de Vigo cara a Turoqua.\nUn dos problemas que presenta o trazado que identificaría Vigo con Burbida é que a distancia que separa Vigo de Pontevedra non coincide coa distancia que o I. Antonino estable entre Burbida e Turoqua, é dicir, XVI millas, senón que coincidiría coa distancia existente entre Vigo e o Castro da Peneda con bastante exactitude. Isto leva a pensar que a posible localización de Turoqua estivese en realidade no castro da Peneda, habitado en época romana ou ben na súa contorna. No contorno deste castro contamos con numerosos achados e construcións de época romana, situadas na zona de Soutoxuste a pouco máis de 1 km. ó oeste, trátase de restos dunha posible villa, unha necrópole, releves e cerámica da época (Filgueira Valverde e García Alén, 1956: 181). Dúas circunstancias significativas reforzan a hipótese de que Turoqua puido estar situada no mesmo castro da Peneda ou no seu contorno; en primeiro lugar que a distancia entre a Peneda e Caldas de Reis é prácticamente a mesma que a distancia establecida no I. Antonino entre Turoqua e Aquis Celenis, é dicir XXIIII millas. Este último dato permitiríanos prescindir do argumento dun posible erro na transcrición das distancias tal e como argumenta\nPeña Santos ó situar Turoqua en Pontevearqueolóxicos romanos e a liña discontínua o posible trazado da vía XIX.\ndra (Peña Santos, 1991) 22. En segundo lugar hai que facer mención da presenza, no século VI, dunha igrexa en Toruca situada na antiga diocese tudense, é dicir, ó sur do río Verdugo, no caso que esta Toruca fose a mesma que a Turoqua da vía XIX quedaría descartada Pontevedra como a súa posible localización. (Fig. 6)\nPor outra banda hai que ter en conta que ó situar Burbida en Vigo e Turoqua en A Peneda as distancias coinciden co I. Antonino e o seu trazado explicaría o emprazamento do miliario en Santiaguiño de Antas nunha zona elevada con respecto ó val do Louro, situación pouco xustificable se a vía comunicase directamente Tui con Redondela, este miliario estaría marcando a portela que facilita o acceso ó val do Fragoso.\nPolo tanto se situamos Burbida en Vigo, Turoqua en A Peneda e Aquis Celenis en Caldas de Reis coinciden plenamente tódalas distancias do I. Antonino:\nPercorrido Distancia en km Distancia en millas romanas Distancia no I. A. Tui - Vigo (por san Cosme e sárdoma) 25 XVI Tudeburbida XVI Vigo - A Peneda (por Peinador) 23 XV burbidaTuroqua XVI A PenedaCaldas de reis 34 XXIII TuroquaAquis Celenis XXIIII 22 É moi improbable un erro na transcripción das distancias entre mansiones no Itinerario Antonino cando a suma das distancias entre as mesmas coincide co percorrido completo da vía, tal e como ocorre no caso da vía XIX.\nRECAPITuLACIÓN\nÓ longo deste traballo propúxose a posibilidade de que o topónimo da actual cidade de Vigo tivera unha orixe altomedieval e que, en todo caso, o nome co que se coñece a actual cidade fora posto en plena Idade Media. Por outra banda sinalouse, á luz da información arqueolóxica dispoñible, que no século VII o emprazamento do Vigo romano queda despoboado, polo menos na súa maior parte, o cal xustificaría a desaparición do antigo topónimo de época romana. Así mesmo, propúxose Burbida como posible topónimo para o Vigo romano, aínda que é moi posible que este nome sexa de orixe hispanocéltico 23 (Moralejo Álvarez, 2009: 193) polo que sería probable que este topónimo estivese facendo referencia en principio ó Castro de Vigo 24. A redacción do\nItinerario Antonino puido producirse nun momento no que o castro estaría en proceso de abandono, en torno ó século III d. C. (Hidalgo Cuñarro, 1987, 1989), e a poboación empezaría a ser maioritaria no asentamento romano, este topónimo non volve a ser mencionado en ningún documento conservado, nembargante habería que contemplala posibilidade de que fose Turonio a nova denominación do Vigo propiamente romano, nome citado en fontes a partir do século V, aínda que este é un tema que require un traballo monográfico.\nPara soster a hipótese da identificación de Vigo con Burbida temos a coincidencia coas distancias mencionadas entre as entidades mencionadas no I. Antonino e os asentamentos romanos do sur da provincia de Pontevedra. Esta proposta tamén sería coherente coa posición dos miliarios conservados, aínda que a ausencia destes monumentos no val do Fragoso pode ser unha debilidade desta hipótese. Esperemos que futuros traballos poidan confirmar ou desdicir esta proposta.\nAGRADECEMENTOS\nCarlos Barros, Marco García, Alejandro Güimil e Antonio Uriarte.\nBIBLIOGRAFÍA\nÁVILA Y LA CUEVA, F. (2003). Ciudad de Vigo. Villa de Bouzas. Publicación do orixinal manuscrito de 1840. Ed. C. González Pérez. Editorial Toxosoutos.\nCAAMAÑO GESTO, X. M. (1984). As vías romanas. Cadernos do Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela.\ntes están relacionados na actualidade con castros: Castro Barbude (A Estrada) e dous Castro Barbudo en Rianxo e Ponte Caldelas respectivamente.\nCARBALLO ARCEO, X., LUANCES ANCA, J E TOSCANO NOVELLA, M. A. (1998). Catálogo do patrimonio arqueolóxico. Arqueoloxía de Vigo e a súa historia. Concello de Vigo.\nCONSTENLA DOCE, X. (2006). “Escavación arqueolóxica en área e decapaxe mecánica no soar nº 16 da rúa Areal de Vigo”. Actuacións Arqueolóxicas 2006 : 1523. Xunta de Galicia. CUNTZ, O. (1929). Itineraria Antonini Augusti et Burdigalense. Lipsiae.\nESPINOSA RODRÍGUEZ, J. (2003). Tierra de Fragoso. Notas para la historia de Vigo y su comarca. Reedición do orixinal de 1949. Instituto de Estudios Vigueses. Vigo.\nFERNANDES, A. de ALMEIDA (1997). Paróquias suevas e dióceses visigóticas. Associação para a Defesa do Patrimonio Arouquense. Arouca.\nFERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M. (2004). Toronium. Aproximación a la Historia de una Tierra Medieval. Cuaderno de Estudios Gallegos, Anexo XXXI. IEGPS. CSIC.\nFERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A. (2011). “As relacións externas de Gallaecia durante os séculos IV ó VII d. C. a traveso do material importado localizado en Vigo (Galiza)”. En Pérez Losada ed. Hidacio da Limia e o seu Tempo: a Gallaecia sueva / A Limia na época medieval : 143. Concello de Xinzo da Limia.\nFERREIRA PRIEGUE, E. (1988)a. Galicia en el comercio marítimo medieval. Ed. Fundación Barrié de la Maza. A Coruña.\nFERREIRA PRIEGUE, E. (1988)b. Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense nº 9. Museo Provincial de Ourense.\nFILGUEIRA VALVERDE, J. e García Alén, A. (1956). Materiales para la carta arqueológica de la provincia de Pontevedra. El Museo de Pontevedra VIII.\nGALINDO ROMERO, P. (1923). Tuy en la Baja Edad Media. Siglos XIIXV. Madrid y Zaragoza.\nGONZÁLEZ GARCÍA, F. J. (2010). “Hábito epigráfico, decoración plástica e interacción cultural en el noroeste hispano en época romana. Análisis de las estelas funerarias de Vigo (Pontevedra)”. Madrider Mitteilungen 51: 395419. Instituto Arqueológico Alemán.\nRODRÍGUEZ COLMENERO, A., FERRER"} \ No newline at end of file