diff --git "a/val.jsonl" "b/val.jsonl" new file mode 100644--- /dev/null +++ "b/val.jsonl" @@ -0,0 +1,34 @@ +{"summary": "Na presente nota realízase unha análise do papel de Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910Santiago de Compostela, 1990) na fixación do criterio filolóxico que rexería para a literatura galega de posguerra a través da súa obra de creación literaria.", "text": "Fixando os marcos: Carvalho Calero e o criterio filolóxico\n[Recibido, 27 abril 2020; aceptado, 4 xuño 2020] [Regueira, M. (2020). Fixando os marcos: Carvalho Calero e o criterio filolóxico. Boletín Galego de Literatura, 56, “Notas”, 2334] DOI http://dx.doi.org/10.15304/bgl.56.6783\n Carvalho Calero; criterio filolóxico; literatura galega; posguerra; creación literaria.\nabstract In the present note will be carried out an analysis of Ricardo Carvalho Calero’s role in the process of establishing the philological criterion which regulated Galician literature in the postCivil War through his literary works. K eywords Carvalho Calero; philological criterion, Galician Literature; postCivil War; literary work.\nA delimitación do obxecto a ser premiado é, porén, complexa: “[...] con libertad de tema y volumen. La cualidad de ‘gallega’ podrá provenir, indistintamente, de la lengua empleada, del carácter del asunto o de la naturaleza del autor” din as súas bases, unha definición que máis que negar a expresión literaria en lingua galega, decídese a reservarlle un sector de lexitimidade que concorre en igualdade con outros como a procedencia xeográfica ou mesmo o contido.\nO panorama, a finais dos anos 40 e comezos dos 50, non pode ser máis diferente a aquel que entrevemos na efervescencia previa á Guerra Civil. Con todo o tecido editorial galeguista destruído na contenda, o papel que o franquismo reserva á literatura escrita en galego non ten unha soa interpretación, aínda que podemos dicir que a súa posibilidade pasa máis pola domesticación que por unha simple prohibición con tons de exterminio cultural. A literatura escrita en galego pasa a ser delimitada dende o poder como un produto lírico, de filiación sentimental ou asociado a conceptos de antigüidade. Non é unha lingua para todos os ámbitos, nin sequera dentro do literario: para escribir literatura vangardista ou ensaio filosófico xa está a lingua castelá, e o galego queda reducido a esas vinculacións cun tempo arcaico, xunto co consabido sentimentalismo que vai asociado á suposta “alma lírica” do noso pobo e que converte a poesía galega de posguerra nun elemento relativamente inocuo 3 para o réxime.\nNon se trata, por parte de Bibliófilos Gallegos, da única tentativa neste sentido nese período. Tan só uns anos despois, coincidindo coa publicación da novela gañadora do premio, a editora acolle o primeiro volume do Diccionario BioBibliográfico de Escritores de Antonio Couceiro Freijomil. Publicado en tres volumes entre 1951 e 1954, o Diccionario constrúese cun criterio que lembra poderosamente o que marca este primeiro premio de “novela gallega”: unha noción de “literatura galega” que se refire principalmente ao xeográfico, sen por iso desbotar, naturalmente, as figuras que escribiron en galego, pero acollendo tamén algunhas que só serían galegas por herdanza ou por preocupación polos temas da terra. Os problemas metodolóxicos da obra de Couceiro\nFreijomil son abondosos, e producen situacións delirantes como a inclusión de Francisco e Ramón Franco Bahamonde nesa nómina de “escritores” galegos (Couceiro Freijomil: 1952, pp. 102103). Porén, resulta relevante a análise da obra realizada por Helena MiguélezCarballeira, que a cualifica de “masculine revenge fantasy against the men of prewar Galician nationalism” (MiguélezCarballeira, 2013, p. 130). Unha sorte de axuste de contas do autor contra o ambiente do galeguismo de preguerra, co que xa tivera discrepancias, e que aproveita a situación de redefinición do papel da cultura galega que se dá na posguerra para facer unha clasificación que, apoiada en estruturas ben vistas polo réxime, ten moitas posibilidades de acabar sendo normativa. A proposta de Couceiro Freijomil non vai só contra o criterio filolóxico, tamén apoiaría profundamente a redución da identidade galega aos termos líricos e sentimentais que lle reserva o programa da ditadura franquista.\nAtopamos nestas perspectivas un debate latente que se dá no seo da cultura galega: por unha banda a necesidade de reivindicar un campo literario propio que evite o risco patente de ser absorbido ou folclorizado polo campo cultural castelán, nese momento dominado pola ditadura. Por outra, o grande valor estratéxico que manteñen figuras universais que son recoñecidas no ámbito ibérico pola súa obra noutra lingua. Tal sería o caso de Ramón del Valle Inclán ou Emilia Pardo Bazán, un capital simbólico ao que pode engadirse a produción en castelán de figuras centrais do canon galeguista como Rosalía de Castro. Da mesma forma, non é banal a construción, durante os primeiros anos de Galaxia e moi particularmente na obra do seu director Ramón Piñeiro (1956, pp. 1126; 1959, p. 13) dun “programa étnico” que define a literatura galega como adecuación a unha serie de características esenciais e que ten a posibilidade potencial de competir co criterio filolóxico (Regueira, 2020, pp. 148162). Con todo, ningunha destas vacilacións nega o compromiso principal de Galaxia e do seu círculo coa produción literaria en lingua galega e a súa consideración de produto prioritario na súa definición do campo, cousas claramente ausentes das tentativas de proxectos como o de Bibliófilos Gallegos, máis dispostos a un pacto acomodado cos parámetros da ditadura e a súa consideración folclórica e subalterna da lingua galega.\nElena Quiroga e Ricardo Carvalho Calero, dous modelos autoriais\nEsa situación, entendida tamén nas coordenadas posibilistas de finais dos anos corenta, cando a editorial Galaxia non pasa de ser un simple proxecto, fai que o Premio de Bibliófilos represente unha oportunidade importante para o círculo galeguista que despois rexerá os destinos da editora. O xurado estará formado por Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Serrano Castilla, José Guerra Campos, Francisco Fernández del Riego e Raimundo García Domínguez “Borobó”, unha mestura de afinidades galeguistas, algunhas delas cun histórico de represalias por parte do réxime, con outras completamente afíns a este 6. Unha composición que denota tamén a necesidade de validación que un proxecto como o de Bibliófilos Gallegos precisaba, tanto de parte das novas estruturas políticas como do vello galeguismo e os representantes culturais que sobrevivían no interior. O tema lingüístico é algo que aparece frecuentemente na correspondencia dos que, moi pouco tempo despois, estarán na órbita da Editorial Galaxia. En decembro de 1949, Ramón Piñeiro escríbelle a Fernández del Riego, sobre o premio: “A única obra que está en galego coido que é a de Ricardo, que é galega pola lingua, polo tema e polo autor. Se o concurso foi creado para estimular a creación de novelas galegas [...], supoño que o feito de estar escrita en galego será un tanto a favor en relación coas demais” (Dasilva, 2010, p. 115). Trátase dunha interpretación dunhas bases problemáticas cuxa polémica non tardará en prolongarse.\nA xente da Barreira de Carvalho Calero consegue gañar o certame con catro votos a favor, un en contra e unha abstención. As dúbidas sobre a súa calidade non deixan de manifestarse durante o tempo previo a este fallo na correspondencia privada de Fernández del Riego: “desde o meu punto de vista, hai, polo menos, unha rival da de Carballo, que novelisticamente aventaxa a ista” (Alonso Montero, 2015, p. 236237), escríbelle a Otero Pedrayo en febreiro de 1950. Unha semana antes do 22 de abril, data que figura na acta do premio, Piñeiro segue a barallar con Fernández del Riego a competencia narrativa de Carvalho Calero: “Nunca me pareceu que tivese madeira de novelista. [...]. Mellor sería que esta oportunidade servise para dar un importante paso na política de prestixiamento literario da nosa lingua, mais nin é culpa túa nin dos demais xurados que non se presentase unha obra merescente de lle prestar ese alto servizo á nosa cultura [...]” (Dasilva, 2010, p. 115). A vitoria de Carvalho Calero, en calquera caso, é lida como un triunfo por parte dos galeguistas, exultantes, especialmente no seu discurso privado, de poder demostrar que o galego segue a ser unha lingua válida para a creación literaria distinta dos usos folclóricos e líricos impostos, tanto polo contexto xeral, como por ataques puntuais 7 do mundo cultural. Trátase dunha perspectiva que tamén aparece destacada pola prensa, El Correo Gallego do 23 de abril de 1950 dá conta minuciosa das deliberacións do premio e dos seus finalistas, destacando que a gañadora resultou finalmente a única novela presentada en galego: “La prosa gallega alcanza en la obra premiada un punto de madurez y sobriedad que señalará una etapa en la evolución de nuestra lengua materna” (El Correo Gallego, 1950, p. 2). Non cabe dúbida de que a posibilidade de continuidade dunha literatura escrita en lingua galega supuña un tema aberto nos círculos culturais da época, con distintos posicionamentos ao respecto. Neste sentido, a revista Alba, acolle no seu número 5 dous relatos relacionados co premio:\nRecientemente la Editorial Compostelana Bibliófilos Gallegos, convocó un concurso de novela en el que resultó premiado Ricardo Carballo Calero por su novela “XENTE DA BARREIRA”. El jurado consideró, entre otras, como recomendable la novela de Elena Quiroga de Abarca de la Válgoma, titulada “TUMBA LOUREIRO” Ambos novelistas han escrito, expresamente para ALBA estas dos narraciones\n(Alonso Girgado, Castro Rodríguez, Domínguez Alberte e Eguizábal Gándara, 1995).\nAmbos contos, tanto Os tumbos de Carvalho Calero, escrito en galego, como Vela al Viento de Elena Quiroga, que aparece en castelán, están escritos nunha primeira persoa que favorece un ton confesional e manteñen algunhas ligazóns co mundo do mar. A pesar de que a publicación non evidencia ningunha clase de enfrontamento, non resulta complexo imaxinar que ambos narradores comparecen convocados a unha especie de “duelo” literario, unha sorte de cata que permita comprobar en que medida a literatura galega pode desenvolverse de forma competente polos dous camiños potenciais que mantén abertos naquela altura. Poucos anos despois, o director de Alba, o berciano Ramón GonzálezAlegre, acabará desvelando o seu propio posicionamento contrario ao criterio da lingua no debate sobre a cuestión filolóxica (Alonso Girgado, Castro Rodríguez, Domínguez Alberte e Eguizábal Gándara, 1995), así como as súas propias definicións favorábeis a unha consideración da lírica como algo “espiritualmente gallego” (GonzálezAlegre, 1954, p. 8).\nA polémica sobre o premio, non tarda, porén, en estenderse. A comezos de 1951 faise público que Elena Quiroga, unha das finalistas do Premio Bibliófilos Gallegos coa obra Tumba Loureiro resultou gañadora do prestixioso Premio Nadal cunha novela titulada Viento del norte. El Correo Gallego (9 de xaneiro de 1951, p.1) non tarda en destacar o feito, proclamando a identidade entre ambas as obras de Quiroga. Aléntase así unha polémica que debería ser resolta polo público: A xente da Barreira acababa de ser posta en circulación e tardaría pouco máis dun mes en coincidir con Viento del norte nas librarías. “¿Quien ganará [...] este gran «derby intelectual»?”, preguntan dende o xornal, nunha nova na que tamén é relevante a cuestión da galeguidade de Elena Quiroga, natural de Santander: “si no nació en Galicia, en ella nacieron sus padres, y en ella vive dende hace muchos años”. Ao día seguinte, o mesmo medio entrevista a Otero Pedrayo como membro do xurado de Bibliófilos: “el hecho de estar escrita en gallego -es mi opinión personalera evidentemente un mérito. Pero no puede decidir sobre la bondad relativa de las obras” (El Correo Gallego, 10 de xaneiro de 1951, p. 5). A cuestión filolóxica considerase, por tanto, e seguindo as consideracións de Piñeiro, un mérito relativo, un factor que engade “galeguidade” e que dá unha perspectiva redonda á complexa cuestión do premio e das súas bases, xa que sería a única obra que cumpriría os tres criterios propostos.\nCon argumentos literarios, e sen mencionar a cuestión da lingua, responde tamén Francisco Fernández del Riego (19 de xaneiro de 1951, p. 6), nun artigo que porén, relaciona a superioridade da novela de Carvalho Calero co manexo da tradición oteriana. Vincúlase así de novo a primeira novela en galego da posguerra co curso interrompido nos anos 30, cuxa última peza narrativa editada foi O mesón dos ermos de Otero Pedrayo. Da mesma forma, Fernández del Riego reforza a decisión do xurado: tratándose ambas de dúas novelas “de pazo” cunha tentativa de protagonista colectivo, só A xente da Barreira cumpriría con solvencia o seu proxecto narrativo. Esta resposta xa inclúe, nun postscriptum o feito de que Tumba Loureiro e Viento del Norte non son, a dicir da súa autora, a mesma novela.\nIsto é o que estabelece a entrevista a Elena Quiroga que aparece en El Pueblo Gallego (Fraga de Lis e Quiroga, 1951, p. 5) o mesmo 19 de xaneiro, nunha resposta que parece airada, especialmente contra Otero Pedrayo e o “sensacionalismo” da prensa. Tumba Loureiro sería unha versión primeiriza e inacabada da que gañou o Nadal, e por tanto non debería ser xulgada unha pola outra. Porén, se algo chama a atención desta entrevista é a intensidade coa que a autora pretende vincularse e reivindicar a identidade galega, dunha forma que apela ao sentimentalismo: “llevo a Galicia en las entrañas” e que está trufada dos máis variados tópicos: o sobrenatural, o son do roncón, o contestar con preguntas... De forma propositada ou non, a visión folclorizante da identidade galega convive coa culpabilización desta dos seus propios males: “no, de Astorga para acá se desconoce Galicia y, ciertamente, por culpa de los gallegos. Se empeñan, en cuanto dejan atrás el paisaje nativo, de hacer de Galicia una exportación”. Perspectivas que, se poden ter en común cousas co programa do que serán os primeiros anos de Galaxia, encaixan tamén á perfección con esa posibilidade aberta de subalternidade pintoresca que o programa cultural do franquismo reserva á Galiza.\nCarvalho Calero, pola súa parte, tamén é entrevistado nesas datas en La Noche a causa da cuestión: unha aparición na prensa na que podemos rastrear os ecos do pensamento galeguista de preguerra. Carvalho Calero defende a súa propia autonomía como escritor, parella á loita pola autonomía dun campo literario galego. A perspectiva de Carvalho Calero sobre o “duelo literario” con Quiroga tamén é relevante: “[...] está fuera de la realidad, porque no existe ni puede existir, ya que carece de base para ello”. Ante un xornalista que insiste en que o Nadal podería ser gañado por A xente na Barreira, se a tivese traducido ao castelán, o de Ferrol manifesta o seu desinterese por ampliar o seu público coa tradución da obra: “no tengo afán de notoriedad y mucho menos de industrializar mi obra que es puramente una satisfacción espiritual. Solamente aspiro a enriquecer, dentro de lo posible, la literatura gallega.” (Olano e Carvalho Calero, 1951, p. 5).\nA polémica, sen dúbida esporeada pola prensa galega nun contexto onde este tipo de novas non eran moi habituais, deixa as cuestión dos límites da “literatura galega” abertos e dá unha repercusión inesperada á decisión do xurado, provocando que varios dos seus membros xustifiquen a decisión sen apelar directamente á centralidade do criterio filolóxico. Felipe Cordero Carrete, membro de Bibliófilos Gallegos, aínda escribirá o 9 de xaneiro a\nFilgueira Valverde: “¿Conveniente este jaleo? Yo creo que sí. Le da publicidad a la novela de Carballo Calero. ¿En que lugar deja al jurado? Entre nosotros, creo que no muy bien, a menos que se opine que había de premiarse a una novela en gallego fuese como fuese” (Dasilva, 2010, p. 116).\nA cuestión sobre o criterio filolóxico abríase nas formas posíbeis baixo a férrea presión da ditadura. A mesma configuración do premio de Bibliófilos non deixa de representar a incapacidade de xestionar un debate latente na sociedade literaria galega que acaba por resolverse dunha forma de aparencia espontánea pero baixo a que podemos percibir as fortes correntes de pensamento que pulan, e pularán durante os próximos anos, entre dous modelos de definición da literatura galega: o criterio filolóxico como garantía preliminar dunha autonomía de campo por construír, ou o criterio aberto que encaixa principalmente nunha visión folclorizante e non conflitiva co programa cultural do franquismo 8. Non deixa de resultar irónico que, nos anos por vir, sexa precisamente Carvalho Calero, un dos protagonistas deste affaire, a persoa que máis pulará co seu traballo de investigación 9 pola delimitación filolóxica da literatura galega, rexeitando tanto solucións intermedias, como as propostas, con ambición autonomizadora, polo círculo de Galaxia (Fernández del Riego, 1951b), como aquelas outras que remarcaban a subalternidade da produción en galego, como as do ámbito de Bibliófilos Gallegos (Couceiro Freijomil, 1951) e outras feitas de forma independente (Varela Jácome, 1951).\nElena Quiroga, pola súa parte, continúa unha prolífica carreira como novelista en castelán. No momento no que ingresa na Real Academia Española, en 1983, cun discurso sobre Álvaro Cunqueiro e sendo unha das primeiras mulleres en formar parte da institución, o debate sobre a pertenza da súa obra á “literatura galega” ten unha entidade notabelmente menos relevante. A autora, falece en 1995 na Coruña, só cinco anos despois de que o seu rival literario de antano o fixese en Santiago de Compostela. A biblioteca persoal de cada un deles está hoxe baixo custodia do Parlamento de Galicia.\nBibliografía"} +{"summary": "Neste traballo pretendemos analizar as actividades vinculadas ao mundo do mar en Galicia desde unha perspectiva de xénero, tratando os problemas de cuantificación do traballo das mulleres, e tentando por de manifesto como a profunda transformación que está a sufrir o concello, sobre todo en relación á reestruturación do sector pesqueiro e á profesionalización do sector marisqueiro, lles afecta ás mulleres de forma moi directa.", "text": "O traballo das mulleres nas actividades vinculadas á economía pesqueira en Galicia, con especial atención ao porto de Muros, desde a perspectiva da xeografía do xénero\n: Xénero, traballo, economía pesqueira, Galicia, Muros. A bstRAct In this essay we adopt a gender perspective in order to examine the problems of quantifying women’s work and analyze the activities related to the fish in Galicia. Our interest is to show how the deep transformations of\nO Movemento para a Liberación da Muller (W.L.M., nas súas siglas inglesas) define en 1984 á xeografía do xénero como aquela que para o estudio da sociedade e o contorno toma en consideración de forma explícita a estrutura de xénero da sociedade (García Ramón, 1989). Esta estrutura ten implicacións tan importantes como as de calquera outro factor económico ou social porque inflúe nos comportamentos espaciais de homes e mulleres, e nas institucións que dependen e están influídas por estes comportamentos\n(Sabaté Martínez, 1989). A estrutura de xénero, que é unha construción social, é froito das relacións entre homes e mulleres, e dos procesos que transforman e, á vez, son influídos por estas relacións.\nEste enfoque, en parte grazas á redefinición dalgúns conceptos clave e á ampliación doutros, vai aportar á xeografía unha maior amplitude de miras e a posibilidade de facer unhas análises máis acertadas da realidade e unhas interpretacións máis adecuadas dos procesos, das súas manifestacións no espazo, e dos seus impactos diferentes nas persoas e nos lugares.\nHai que aclarar que non se trata unicamente de facer estudos sobre mulleres senón de cambiar a metodoloxía xeral das investigacións e de buscar as causas da subordinación feminina (Women and Geography Study Group of the I.B.G., 1984). Unha das importantes aportacións do feminismo á Xeografía do xénero é a idea de que as esferas produtiva e reprodutiva da sociedade van asociadas, e que é necesario estudar as dúas e as implicacións entre elas para coñecer mellor os problemas de desigualdade das mulleres.\nAsí, desde un enfoque de xénero, este artigo pretende abordar o estudo xeográfico do emprego feminino nas actividades vinculadas ao mundo do mar en Galicia, e en especial en Muros, relacionando a situación deste pequeno porto da provincia da Coruña, onde as actividades pesqueiras seguen a ter gran relevancia na economía local, coa situación en España e en Europa.\n1. Medición dO traballO das Mulleres. PrObleMas cOas fOntes\nO empeoramento das condicións de traballo no concello, a falta de saídas para a xente nova que busca o seu primeiro posto laboral, e a escaseza de iniciativas xeradoras de emprego –si exceptuamos as tácticas de autoemprego–, son circunstancias que afectan de maneira común a mulleres e a homes no concello de Muros. Pero a estas dificultades podemos engadir moitas outras no caso das mulleres: nulo acceso ás actividades que máis empregos e beneficios teñen xerado dentro do concello, en especial á pesca de litoral ou altura, ao marisqueo con embarcación, ou á construción...., ou o tradicional rexeitamento social á incorporación da muller en empregos rixidamente masculinizados.\nDeste tipo de consideracións xa se ocuparon autoras que, como Sabaté (1995), consideran que a infravaloración do traballo das mulleres ten como base o feito de que neste traballo hai unha fonda interrelación entre elementos económicos e sociais, estes últimos de moi difícil cuantificación cos instrumentos de medida que usa a estatística (Majoral, 1988). Tratan de deixar claro que traballo e emprego non son sinónimos, aínda que o traballo non asalariado ou que non reporta rendas monetarias é invisible para a maior parte da sociedade, e incluso é profundamente infravalorado polas propias mulleres que o levan a cabo, sempre inmersas nunhas redes sociais que lle atribúen ás súas actividades o carácter de axuda familiar (Sabaté et alter, 1995). O labor doméstico é necesario na reprodución da forza de traballo, polo tanto na reprodución do sistema económico e da propia sociedade, pero ao non ser considerado económico, ao non estar incluído dentro do mercado de traballo, está minusvalorado tanto social como economicamente.\nÉ máis, se analizamos os conceptos de poboación activa e poboación inactiva topámonos con graves paradoxos como a inclusión dunha persoa nunha ou outra categoría segundo o lugar ou o ámbito –público ou doméstico– onde realice un mesmo traballo, con todas as implicacións económicas e sociais que isto ten. Organismos como a ONU e a FAO tratan de mellorar a cuantificación do aporte da muller á xeración de riqueza e ao desenvolvemento dos seus países, obxectivo aínda lonxe sobre todo nas nacións menos desenvolvidas 1.\nTodas estas consideracións están fortemente relacionadas co feito de que tanto as enquisas de poboación activa como, e sobre todo, censos e padróns presentan graves dificultades para medir as actividades que non se engloban de cheo nas economías de mercado, poñamos por caso o traballo nas explotacións agrarias de subsistencia ou na economía somerxida, nas actividades ilegais ou naquelas que se realizan no fogar (Sabaté et alter, 1995). Ademais, a información que recollen é, ás veces, inexacta por cuestións técnicas das propias enquisas, como pode ser un enfoque erróneo das preguntas, e incluso a situación na que estas se contestan (Solsona, 1989). Neste senso é moi interesante o artigo de García Negro no que se suxiren unha serie de medidas destinadas a corrixir os erros de concepto deste tipo de estatísticas para que reflictan mellor a realidade social e económica (García Negro, 1987).\nÉ clara así a necesidade de non establecer unha barreira entre traballo no ámbito doméstico e traballo fóra do núcleo familiar, entre traballo produtivo e reprodutivo (García Ramón, 1990) porque, por outra banda, cada vez son máis os traballos asalariados que se realizan na casa (secretariado por teléfono, telemarketing, actividades incluídas no campo das novas tecnoloxías,...), e ao mesmo tempo moitas das tarefas consideradas domésticas (lavar, pasar o ferro, cociñar, coser) pasan a converterse nun servizo dentro da economía de mercado (Sabaté et alter, 1995; Monk e Hanson, 1989).\nAo feito obxectivo de que a poboación activa feminina é inferior á masculina búscanselle varias explicacións. Unhas veces trata de poñerse o acento en que as diferenzas son cada vez maiores a favor dos homes segundo nos achegamos aos empregos de máis grande responsabilidade e mellor remunerados. Outras veces apúntase á cualificación 1 Censos agropecuarios y género. http://www.fao.org/docrep/004/x2919s/x2919s05.htm.\ncomo factor clave á hora de establecer segregacións laborais entre homes e mulleres, unido á descontinuidade da vida laboral destas últimas. Noutras ocasións, aos dous factores anteriores únese un baixo nivel de sindicación feminino, e as súas responsabilidades domésticas. A teoría marxista considera ás mulleres un exército de reserva, e as teorías feministas non fan fincapé só nos factores económicos e culturais senón tamén, e especialmente, nos sociais, considerando como algo primordial á hora de configurar a oferta de man de obra as implicacións entre as relacións no ámbito familiar e o emprego remunerado (Sabaté et alter, 1995).\nUnha realidade moi significativa é a da segregación ocupacional : as mulleres concentran a súa actividade remunerada nun número concreto de profesións –en moitos casos relacionadas cos servizos de limpeza, de asistencia e coidado a nenos e enfermos, de educación– que é moito máis diverso no caso dos varóns. Estes acceden a un gran abano de traballos diferentes, o que tamén implica que as taxas de paro que afectan a homes e mulleres dependen basicamente do sector económico no que se inscriben as súas actividades.\nPor outra banda, moitas son as mulleres que, aínda tendo un traballo asalariado fóra do fogar, consideran que este non é a súa ocupación principal, senón unha situación temporal que só contribúe á economía familiar, que non é o seu piar –aínda que o salario da muller sexa superior ó do home as veces (Vaiou, 1989)–. Infravaloran o seu traballo, e aínda están moi presionadas polo contorno social que considera que son responsables da maior parte das tarefas domésticas.\nTodas estas consideracións arriba citadas vanse ver reflectidas nas diferenzas salariais entre homes e mulleres. Segundo datos do INE para España en 2010, citados no Informe sobre igualdade salarial do sindicato UGT, as mulleres ganan un 25% menos de media ao ano por un traballo de igual valor. Esta desigualdade acrecéntase fundamentalmente porque os homes reciben máis complementos salariais que as mulleres por dispoñibilidade total, tarefas de responsabilidade, ou por horas extraordinarias. Neste estudo incídese en que os complementos salariais e o pago das horas extraordinarias son decisivas nas diferenzas salariais entre homes e mulleres. Estas últimas reciben menos complementos por traballar en fin de semana, cambiar de quenda, ou traballar de noite. As responsabilidades que asumen en relación ao ámbito familiar están na orixe desta situación.\n2. incOrPOración da Muller aO MundO dO traballO\nAs mulleres non constitúen un grupo homoxéneo, senón unha forza de traballo moi diversa. A súa posición con respecto ao mercado depende de factores como a etnicidade, a idade, o nivel cultural, o lugar de residencia, ou as características do núcleo familiar ao que pertencen. Todas estas consideracións van influír na decisión de traballar de cada muller e, por suposto, nas de cando, onde, e en que tipo de emprego facelo (Monk e Hanson, 1989).\nDe maneira xeral, as taxas de actividade das mulleres 2 teñen medrado de maneira considerable desde os anos 1970. Son moitos os factores que propician este crecemento, pero podemos contar o maior nivel cultural, o desexo de independencia económica, a forte redución das taxas de fecundidade, os novos hábitos de consumo, ou os cambios na demanda de forza de traballo, entre os principais.\nPor outra banda hai que sinalar que en España, no mesmo que no resto dos países desenvolvidos, a taxa de actividade feminina segue a medrar, mentres que a masculina descende desde 1970. E esta tendencia non parece verse afectada pola crise económica segundo reflicten os datos dos últimos cinco anos.\nPero as taxas de actividade feminina experimentan un comportamento diferente en relación ás dos homes porque presentan variacións moito máis acusadas. A idade é o factor que máis distorsión establece na curva, pois no noso país, como en toda España, son moitas as mulleres que abandonan o seu traballo para ter fillos. De todos os xeitos, e polo mesmo feito da maternidade, a vida laboral das mulleres é máis descontinua que a dos homes, aínda que a súa taxa de actividade depende do número de fillos, pero tamén, e moito, do seu nivel de estudios, posto que a taxa de actividade é maior segundo aumenta o nivel de instrución.\nNo marco español, Galicia pasou por ser ata finais do século XX a comunidade coas taxas de actividade feminina máis altas, feito relacionado sempre coa importante presenza da muller nas explotacións agrarias e nas actividades vinculadas ao mar. A taxa de actividade galega foi sempre superior á media española desde que se realiza a Enquisa de Poboación Activa (EPA) 3, ata que no 1995 se inverte esta tendencia. En 1976 a taxa de actividade feminina en Galicia era superior en 22 puntos á media española. Esta gran diferenza foise reducindo e en 1986 xa era só de 11 puntos porcentuais. En 1988 Galicia era a única CC.AA. na que a poboación activa feminina acadaba un 53, 8%, superior á masculina (Pérez Vilariño, 1988). Estas diferenzas foron acurtándose e xa en 1992 esta taxa é do 36, 5% en España, fronte ao 38, 8% de Galicia. Pero a tendencia vai cambiar nos últimos tempos e, no ano 2010, a situación é radicalmente distinta como podemos apreciar na figura 4. Só hai catro CC. AA. en España que teñen unha taxa de actividade feminina inferior á galega: Asturias, CastillaLeón, CastillaLa Mancha e Extremadura.\nAnalizando a serie histórica de datos da EPA, vemos que en España se aprecia unha caída da taxa de actividade masculina mentres se rexistra un progresivo aumento da feminina. Pola contra, en Galicia a taxa de actividade diminúe –con moitos altibaixos– tanto para homes como para mulleres. A evolución da porcentaxe de homes e mulleres no sector pesqueiro reflicte que estas magnitudes mantéñense relativamente estables nos últimos dez anos, con valores para o conxunto do Estado en torno ao 83% no caso dos homes, e do 16% no das mulleres. 3 A EPA é unha investigación continúa e de periodicidade trimestral dirixida ás familias, realizada polo Instituto Nacional de Estatística desde 1964.\nFonte: IGEINE. Enquisa de poboación activa.\nPodemos agora achegarnos un pouco máis á realidade galega sempre tendo en conta que as taxas de actividade masculinas reflicten moito máis a situación que as femininas, pola maior presenza das mulleres na economía informal. A poboación activa feminina concéntrase no sector servicios, e en menor medida na agricultura, pesca, gandería, caza e silvicultura.\nA figura 6 danos pé para volver a recalcar a feminización ou masculinización que experimentan a maioría dos sectores de actividade, pois gran parte do traballo feminino se concentra nos servizos –actividades relacionadas coa educación, a sanidade, a asistencia social, ou labores de tipoloxía similar á dos traballos tradicionalmente realizados no ámbito familiar–.\n3. O PaPel das Mulleres nas ecOnOMía Pesqueira\nEspaña é o país europeo que máis activos ten empregados no sector pesqueiro, seguido a distancia de Francia e de Italia. Tamén é o país no que máis mulleres traballan neste sector, aínda que o seu peso relativo nas actividades vinculadas ao mar é maior en Polonia, Letonia, Lituania, Finlandia ou Francia.\nAo analizar estes datos por subsectores, vemos que a pesca como actividade extractiva é unha actividade fortemente masculinizada en toda Europa, e o mesmo pasa coa acuicultura na maioría dos casos. Son as actividades transformadoras as que acollen o groso do traballo feminino como podemos ver nas figuras 9, 10 e 11.\nA preeminencia que en España –en relación ao resto de países europeos– teñen as actividades vinculadas ao mar, só se ve superada no caso de Francia en relación aos empregos xerados pola acuicultura, como se aprecia na figura 10.\nCos datos de Eurostat para o ano 2011 non podemos establecer comparacións por Comunidades Autónomas entre as porcentaxes de emprego na pesca, desagregado por sexo, debido ao reducido da mostra, como podemos ver na figura 12. Pero si se pode afirmar que só en Galicia, Asturias e Cantabria o emprego feminino ten certo peso.\nSegundo datos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, en España no ano 2010 estaban afiliadas ao Réxime Especial do Mar da Seguridade Social 60.907 persoas, das que 9.941, un 18, 7%, eran mulleres. Os subsectores con maior representación feminina son o do marisqueo a pé, e o de transformación e comercialización (cunha cota feminina do 90% e o 75% respectivamente). O número de afiliadas neste réxime especial concéntrase en Galicia, con algo máis do 65% das afiliacións de mulleres de toda España. Cinco anos antes, no 2005 o nº de afiliados ascendía o 70.727, e as mulleres supoñían o 16% desta cantidade. O 71% do total do Estado eran galegas. Esta evolución reflicte a gran perda de emprego no mar ocorrida a nivel estatal que afecta de maneira máis importante aos varóns porque son os máis numerosos entre esa forza de traballo.\nAfiliadas ao Réxime Especial do Mar da Seguridade Social, por CC. AA., 2005.\n4. a situación nO POrtO de MurOs\nO concello de Muros, situado na máis setentrional das Rías Baixas, ten una superficie de 72, 3 Km 2, e 9.437 habitantes en 2012, dos que 4.871 son mulleres. Experimenta un declive demográfico e económico xa arrastrado desde o último cuarto do século XX, e as actividades vinculadas ao mar son de vital importancia no concello. En 2010 as vendas na lonxa de Muros foron de 2.811.153 Kg, por un valor de 4.870.355 €, segundo datos lonxa, e alleas a calquera tipo de control, é imposible de cuantificar, pero os indicios levan a pensar que é considerable. Segundo datos da mesma fonte, no porto de Muros teñen base 83 embarcacións, dos que 9 son buques de arrastre e 74 se dedican ás artes menores.\nO papel das mulleres no sector pesqueiro é complexo pola variedade de actividades que desenvolven, tanto na economía formal como informal. Dentro do sector formal, están presentes nas actividades de pesca e marisqueo en embarcación de maneira testemuñal, e cunha participación moito máis forte no marisqueo a pé, na elaboración e reparación de redes, na acuicultura, na recolección de algas, e no proceso de comercialización e distribución. No sector informal, as mulleres ocúpanse en moitos casos das tarefas administrativas e de xestión do barco, e doutros traballos que son comúns aos realizados na economía formal, como o arranxo das artes de pesca, ou á venta e distribución das capturas.\nCanto menos potencia ten un barco máis importancia ten nel o traballo das mulleres: a preparación de nasas, o cosido dos aparellos, a realizacións das tarefas administrativas e de contabilidade, e a venda do peixe no mercado e a domicilio, son actividades que leva a cabo. A necesidade volve obrigar á muller a dedicar tempo a unha empresa familiar que precisa moito dela, e que supón un traballo considerable, cuns horarios moi ríxidos, sen ningún tipo de seguro, que provoca un gran desgaste físico, e que por suposto carece de consideración social.\nNo caso dos buques arrastreiros os mariñeiros traballan baixo o sistema de retribución “á parte”, polo que reciben en cada marea unha parte das capturas bo barco en especie. Este peixe que levan a casa adoita ser vendido entre os veciños polas mulleres da casa. Pese a importancia e ao común desta práctica, non hai ningún reconto estatístico onde apareza reflectida, e so as enquisas e entrevistas persoais permiten valorar a súa importancia 4.\nAs mulleres axudan aos maridos/fillos/irmáns que van ao mar porque se reforzan os ingresos da unidade familiar, e porque é unha maneira de contribuír a que as pequenas empresas familiares acaden beneficios. Os custos salariais obrigan a reducir ao máximo o número de empregados, polo que as mulleres se ocupan de parte do traballo de mantemento do barco, e de comercialización do peixe en terra. Estas actividades informais, non cuantificadas nin visibilizadas, contribúen en boa medida ao mantemento da pesca artesanal como sistema produtivo, polo aforro que supoñen ás pequenas empresas pesqueiras (Ancora, 2012).\nPodemos afirmar que a pesca, rixidamente masculinizada, vai proporcionar empregos indirectos a un nutrido grupo de mulleres, que controlan gran parte da comercialización e distribución do peixe, e que, por outra banda, son parte imprescindible no traballo realizado no marisqueo a pe e nas pequenas embarcacións de carácter artesanal.\nlento e cheo de atrancos. Como reflicten os datos, hai algunhas mulleres embarcadas, e as máis delas na pesca de baixura, en embarcacións propiedade da súa familia, e tuteladas a bordo por un pai, marido ou irmán. Un estudo de campo feito no ano 2007 na pesca de baixura en Galicia, no marco do proxecto SEREA 5, amosou que pese a que o 87% dos maneira continúa ao logo de todo o ano.\nMarisqueo\nO marisqueo a pé supuxo tradicionalmente unha actividade moi importante á hora de complementar os ingresos familiares, e cunha taxa de feminización moi alta. O proceso de profesionalización do sector marisqueiro, promovido pola administración autonómica, que ten transferidas as competencias neste campo desde 1982, estaba destinado a conseguir unha explotación máis racional dos recursos mariños, acadar unha maior produtividade dos bancos marisqueiros, e acabar co furtivismo, unha das peores lacras do mar en Galicia. Dous foron os fitos fundamentais neste proceso: o Plan de Ordenación dos Recursos Pesqueiros de Galicia publicado en 1992. E a lei 6/1993 de 11 de maio, de pesca en Galicia, onde se refunde toda a lexislación anterior en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, e que será desenvolvida a través de todo un corpo normativo entre o que destaca o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira 6, e a Orde do 31 de maio de 1995 que regula a expedición e a revalidación dos permisos de explotación 7.\nEn 1993 a Confraría de Muros censaba 350 mariscadoras con carné de clase B –marisqueo a pé– fronte a 155 homes con carné A –marisqueo a flote–. Estes datos reflectían a total segregación por sexo que se daba dentro desta actividade. Xa na campaña marisqueira de 1996, posto en marcha o proceso transformador do sector, na confraría de Muros se puido apreciar a forte redución no número de demandas da nova modalidade de carnes de mariscadores: o permex (permiso de explotación). Naquela ocasión só foron expedidos 76 permex para marisqueo a pé, 75 deles a mulleres. No ano 2012 a Confraría de Pescadores de Muros concedeu 69 permisos de explotación a mariscadoras afiliadas a esta confraría. Este drástico descenso no número de licencias para exercer a actividade ten a súa orixe na implantación dunha serie de requisitos imprescindibles para acceder a este permiso, destinados a reducir o número de persoas traballando na praia e a súa reconversión en profesionais do marisqueo.\nA profesionalización do marisqueo a pé afectou basicamente ás mulleres porque os homes veñen mariscando de xeito tradicional enrolados nunha embarcación. O feito de ter que facer un cursiño de capacitación, pagar a seguridade social, declarar o IVE cada tres meses, faenar un mínimo de días ao ano, e acreditar un mínimo de ventas no mesmo período para conseguir a renovación do carnet, leva a moitas mulleres a realizar esta actividade de maneira furtiva, ou a ila abandonado pouco a pouco.\nO abandono da actividade por parte dun importante colectivo feminino que tiña realizado esta actividade de maneira tradicional, e que non estaba preparado para afrontar o proceso de profesionalización, nunca foi un problema que preocupase especialmente a Administración Autonómica, como se pon de manifesto no Plan de Ordenación dos Recursos Pesqueiros e Marisqueiros de Galicia, no que se afirma que:\n“O número de persoas que emprega, sen dúbida excesivo, constitúe un atranco para acadar esta profesionalización, é dicir, para convertelo marisqueo nunha actividade que sexa a principal fonte de ingresos coa conseguinte cotización para percibilas prestacións sociais adecuadas”\nO marisqueo supoñía, ao inicio deste proceso de profesionalización, na maioría dos casos, un complemento ás actividades principais desenvolvidas pola familia, e un xeito de conseguir uns ingresos puntuais, moitas veces en especie. Gran parte das capturas non tiñan como fin último a comercialización senón o autoconsumo na unidade familiar. No ano 2013 a actividade do marisqueo a pe está en mans de profesionais, que para rendabilizar o seu traballo deben de aproveitar ao máximo as mareas, e acadar os cupos máximos de capturas permitidos. Aínda así as diferenzas de ingresos entre as traballadoras das diferentes confrarías galegas é moi grande, e aínda non se ten solucionado o principal atranco da actividade: o furtivismo. Gran parte da poboación nas comunidades costeiras considera que o mar é un ben de uso libre, e polo tanto non respecta a prohibición de recoller marisco na medida en que sería desexable ou aceptable.\nEste proceso, promovido desde a administración, casi vinte anos despois do seu inicio aínda non permitiu a estas profesionais do marisqueo acadar na maioría dos casos uns ingresos anuais relevantes, e acabar co furtivismo e coa consecuente sobreexplotación dos bancos marisqueiros. Pero tivo efectos beneficiosos no proceso de toma de conciencia das mulleres como traballadoras do mar, da necesidade de asociarse e organizarse para facer visibles os seus problemas dentro dun sector fortemente masculinizado, e onde o peso feminino nos órganos de decisión das confrarías sempre foi moi feble. Esta situación está a mudar na actualidade, e segundo datos da Federación Galega de Confrarías de Pescadores no ano 2013 son 10 as confrarías de pescadores en Galicia onde o patrón maior, o seu máximo representante, é unha muller. Ademáis existen 18 vicepatroas maiores no total das 62 confrarías de pescadores galegas.\nCabe preguntarse aquí porqué primaron criterios produtivistas e ecolóxicos á hora de regular o marisqueo. Do mesmo xeito ¿por que non se favoreceu a entrada de xoves no sector? Nesta liña, e no inicio de todo este proceso, a Orde do 31 de maio de 1995 sinalaba que excepcionalmente poderían reservarse para eles un 10% das prazas das que se dispoñía. Pero os requisitos para a obtención do Permex a pé parecían negar calquera posibilidade: non só se esixía formación, senón tamén experiencia profesional no sector, e valorábase o feito de ter estado en posesión do carné de mariscador ou do permiso de explotación con anterioridade. Esta política levou a que no ano 2010 teñamos un sector envellecido e onde o reemprazo xeracional non está garantido, como podemos ver na figura 14. Esta política restritiva por parte da Administración topa un rexeitamento do sector, con posturas claramente combativas, como o recurso interposto no ano 2012 pola Asociación Galega de Mariscadoras e Mariscadores (AGAMAR) perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo endurecemento das condicións para a renovación dos permisos de marisqueo regulado desde a Administración Autonómica.\nEn Galicia o 60% dos permisos de marisqueo concedidos a mulleres teñen beneficiarias maiores de 51 anos, e o 20% a maiores de 60 anos. No caso dos homes non se rexistra este avellentamento dos profesionais, posto que o 66% dos titulares dos permisos de explotación teñen entre 31 e 50 anos. En canto a confraría de Muros, no ano 2012 dos 69 permisos de explotación expedidos, só 9 foron novas concesións, o resto constituíron renovacións de permisos vixentes. Pero isto non supuxo a aparición de novas prazas, senón que se cubriron as 9 prazas dispoñibles por xubilación das titulares.\nMiticultura\nUnha actividade moi vencellada á do marisqueo é a da acuicultura, e en concreto o cultivo de mexillón en bateas. Na ría de MurosNoia, segundo datos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia, existen 118 bateas distribuídas en 4 polígonos. Na lonxa de Muros véndense 8.990.025 Kg. de mexillón, por un importe superior aos 4 millóns de euros. Os concesionarios inscríbense en dúas asociacións: a Asociación de Produtores Mexilloeiros da Ría de Muros e Noia, a que conta cun maior número de asociados e concesionarios, e a Asociación de Bateas de Esteiro.\nNos labores levados a cabo nas bateas e nos barcos auxiliares traballan mulleres que son enroladas con contratos temporais nas campañas de recollida, e que ocupan tarefas relacionadas coa limpeza e clasificación do molusco. Este número sempre é moi reducido, 3 mulleres no caso de Muros para o ano 2012, desde a mecanización da maior parte das actividades.\nDespois de facer un percorrido polas principais actividades do sector pesqueiro analizando o peso nelas do emprego feminino, para concluír debemos sinalar que a maioría das administracións teñen desenvolvido políticas e plans destinados a conseguir a plena integración da muller no mercado de traballo, favorecendo iniciativas que impulsan o traballo feminino. Numerosos proxectos teñen sido apoiados con información, orientación e financiación pola Unión Europeaen especial polos fondos destinados á reestruturación do sector pesqueiro-, por Ministerios, Consellerías, Concellerías e diferentes tipos de asociacións vinculadas coa poboación local. Mais, todo este tipo de axudas non funcionan na periferia da economía formal que é onde moitas mulleres topan emprego, sobre todo nun mercado laboral onde as oportunidades son reducidas, pouco diversificadas, e precarias.\nbibliOGrafía"} +{"summary": "O obxectivo deste traballo é o de incorporar o modelo de crecemento endóxeno da poboación no modelo de crecemento dun sector de Solow. O estudo propón unha interdependencia dinámica entre a taxa de natalidade, a taxa de mortaldade, a poboación, a acumulación da riqueza, e a distribución do tempo entre traballo, lecer e coidado dos fillos. O aspecto da produción e acumulación de riqueza constrúese co modelo de crecemento de Solow. Baseamos o noso modelo de dinámica poboacional no modelo poboacional de Haavelmo e o modelo de elección de fecundidade de BarroBecker. Resumimos estas forzas dinámicas nun marco compacto, mediante a función de utilidade proposta por Zhang. O modelo describe unha interdependencia dinámica entre cambios da poboación, acumulación de riqueza, división de traballo e a distribución do tempo por xénero entre o traballo, o lecer e o coidado dos fillos. Simulamos o modelo para probar a existencia de puntos de equilibrio e movemento do sistema dinámico. Tamén examinamos os efectos dos cambios nos efectos de cambio na tendencia a ter descendencia, a tendencia ao aforro, a tendencia das mulleres a perseguir actividades de lecer, o capital humano das mulleres e a implicación emocional dos homes no coidado dos fillos.", "text": "121 TAXAS DE NATALIDADE E MORTALDADE, DIVISIÓN DO TRABALLO E DISTRIBUCIÓN DO TEMPO POR XÉNERO NO MODELO DE CRECEMENTO DE SOLOW\n : tendencia a ter fillos; taxas de natalidade e mortaldade; crecemento da poboación; diferenzas de xénero na distribución do tempo; acumulación da riqueza\n1 Introdución\nA interacción entre o crecemento económico e os cambios na poboación foron un tema chave na economía dende que Malthus publicou Un ensaio sobre o principio da poboación en 1798. A economía moderna experimenta dinámicas poboacionais sen precedentes (como o avellentamento e a baixada das taxas de fecundidade nas economías desenvolvidas). En moitas partes do mundo a expectativa de vida aumentou dramaticamente. Este estudo examina as interaccións dinámicas entre a acumulación de riqueza e as dinámicas poboacionais con taxas endóxenas de nacemento e mortaldade. Os aspectos económicos desde traballo están fortemente influídos pola teoría de crecemento neoclásica. O ensaio máis influínte neste campo é o modelo de Solow. A súa teoría céntrase sobre todo no capital físico endóxeno ou a acumulación de riqueza (Solow, 1956; Burmeister e Dobell, 1970; Azariadis, 1993; Barro e Salai-Martin, 1995). O modelo deste estudo constrúese no marco da teoría de crecemento neoclásica. Seguimos o modelo de Solow en canto ao modelo de produción económica e acumulación de riqueza. Porén, analizamos o comportamento no fogar segundo as formulacións propostas por Zhang (1993).\nO obxectivo desde artigo é o de incorporar a taxa de natalidade e a taxa de mortaldade no modelo de crecemento dun sector de Solow. Cando analizamos os cambios poboacionais (sen inmigración internacional), necesitamos considerar as taxas de natalidade e\n* Prof. WeiBin Zhang, Universidade Ritsumeikan do Pacífico Asi á tico. Jumonjibaru, BeppuShi, Oitaken 、 8748577 Xapón. Email: wbz1@apu.ac.jp) Recoñecementos : O autor agradece os comentarios construtivos da catedrática e editora MaríaCarmen Guisán. O autor tamén agradece o apoio financeiro do Fondo de Investigación para a Universidade Ritsumeikan do Pacífico Asiático no ano 2014.\nmortaldade. Podemos atopar moitos factores, como os cambios na diferenza dos salarios por xénero (Galor e Weil, 1996), as friccións no mercado laboral (Adsera, 2005), e a estrutura de idade (Hock e Weil, 2012), que afectan á fecundidade. Hai moitos estudos sobre a interdependencia entre o crecemento da economía e a fecundidade. Por exemplo, Barro e Becker (1989) examinan unha correlación entre a fecundidade endóxena e o crecemento da economía nun modelo de xeracións traslapadas. Conforme a Becker et al. (1990), criar fillos ata a idade adulta e darlles unha formación é algo gravoso xa que hai unha relación de calidadecantidade con respecto aos fillos. Na súa análise, o crecemento só é o resultado da acumulación do capital humano. Nas aproximacións de Galor e Weil (1999) e Doepke (2004), a relación calidadecantidade para os fillos foi tratada como un factor que afecta á transición das economías dende unha etapa de estancamento ata unha de crecemento continuo. Bosi e Seegmuller (2012) estudaron a heteroxeneidade dos fogares en canto á renda dispoñible, mortaldade, e custo por fillo sobrevivente. O modelo estuda a relación cantidadecalidade de ter fillos, resumido polo axuste do custo medio para criar cada fillo sobrevivente. Conforme á súa análise, un aumento da mortaldade aumenta o custo no tempo por fillo sobrevivente e aumenta o crecemento económico. O modelo de crecemento de Schumpeter coa fecundidade endóxena e a acumulación de capital humano é o proposto por Chu et al. (2012). Varvarigos e Zakaria (2013) examinan as correlacións entre as escollas de fecundidade e os gastos en saúde no marco tradicional de xeracións traslapadas. O seu modelo está influído polas análises de Bhattacharya e Qiao (2007), e Manuelli e Seshadri (2009) sobre fecundidade e gastos en saúde. O modelo de Varvarigos e Zakaria predí o descenso da fecundidade xunto co proceso de crecemento económico. O modelo de xeracións traslapadas de dous períodos de Strulik (2008) considera o consumo de subsistencia e a supervivencia infantil. O modelo predí unha correlación invertida en forma de U entre a fecundidade e a renda. A medida que a familia ten máis ingresos, tamén ten máis recursos para criar os fillos. Por outra banda, a máis ingresos, máis adican os pais e nais a recursos para o coidado dos fillos. Acemoglu e Johnson (2007) tratan de analizar o impacto da expectativa de vida no crecemento económico. Non hai probas de que se identificara un efecto positivo. Tamén se observa que hai un descenso da taxa de fecundidade xunto co proceso de desenvolvemento económico (p. ex., Kirk, 1996; Ehrlich e Lui 1997; Galor, 2012).\nO avellentamento converteuse nunha enorme preocupación para moitas das economías modernas. Dada a estrutura da poboación, o avellentamento está intimamente relacionado coa taxa de mortaldade. Polo tanto, convén entender os mecanismos sociais e económicos da mortaldade. Robinson e Srinivasan (1997) centran a súa atención na alta relación da taxa de mortaldade para o desenvolvemento da economía. Lancia e Prarolo (2012) propoñen un modelo de lonxevidade da vida e desenvolvemento económico. O modelo de xeración traslapada de tres períodos considera as decisións dos axentes en dous aspectos: unha escolla privada para a educación e unha escolla pública para as políticas de innovación. Pódense atopar moitos estudos e relacións entre os modelos de crecemento económico e a lonxevidade endóxena (p. ex., Blackburn e Cipriani, 2002; Chakraborty, 2004; Hazan e Zoabi, 2006; Balestra e Dottori, 2012). Segundo Schultz (1993, 1998), a expectativa de vida dos fillos aumenta conforme á educación e o capital humano dos pais. Balestra e Dottori (2012) constrúen un modelo de crecemento de lonxevidade endóxena nun modelo OLG de equilibrio xeral para as subministracións públicas de sanidade e protección medioambiental. Tamén hai moita literatura de estudos sobre o impacto da dependencia da vellez na fecundidade a través do sistema de pensións (Cigno e Rosati, 1996; Wigger, 1999). Hock e Weil (2012) examinan a interdependencia entre a fecundidade e a estrutura de idade da poboación que xorde da dependencia económica na presenza de transferencias interxeracionais. Amosan unha posible dinámica na que a crecente dependencia dos anciáns fan que a renda dispoñible da poboación activa baixe, provocando unha menor fecundidade e máis avellentamento da poboación. Hai moitos modelos teóricos sobre a loxevidade (p. ex., Boucekkine et al. 2002; KalemliOzcan et al., 2000; Echevarria e Iza, 2006; Heijdra e Romp, 2008; Ludwig e Vogel, 2009; Lee e Mason, 2010; e Ludwig et al., 2012).\nAlgúns dos datos dos estudos empíricos da relación entre o crecemento natural da poboación e o desenvolvemento internacional son os seguintes: 1) A taxa de fecundidade descende coa educación e aumenta coa renda per cápita. Como amosaron Guisán, Aguayo e Expósito (2001), cunha mostra empírica de 132 países, o nivel educativo medio dos pais baixan as taxas de fecundidade media das mulleres porque as familias tenden a axustar o número de fillos ao seu desexo e capacidade de ingresos, e baixo estas condicións, só un pequeno número de familias decidirían ter moitos fillos. Ademais, o aumento da renda per cápita, nun nivel educativo determinado, a miúdo ten un impacto un chisco positivo no desexo e capacidade financeira para aumentar o número de fillos na familia. 2) Conforme a Guisán e Neira (2006) e outros estudos, hai un importante impacto positivo do nivel educativo da poboación na renda per cápita, cunha retroalimentación xa que o desenvolvemento normalmente axuda a aumentar o nivel educativo da poboación. 3) O efecto total da educación adoita derivar en evitar taxas de fecundidade excesivas e favorecen o desenvolvemento económico: o impacto da educación na fecundidade (diminución) habitualmente é máis alto que o impacto da renda sobre a fecundidade (aumento), o cal leva a unha moderación no aumento da poboación e favorece o aumento da cantidade de capital por cabeza e produción por cabeza. O noso estudo segue a literatura sobre a teoría de crecemento neoclásica e a literatura sobre o crecemento da poboación e o desenvolvemento económico. Unha contribución única neste traballo é o modelo de crecemento da poboación no marco do modelo de crecemento de Solow cunha acumulación da riqueza endóxena e unha distribución do tempo por xénero entre traballo, lecer e coidados dos fillos. O artigo analiza a relación entre o crecemento da riqueza, o crecemento económico, a división do traballo por xénero e o crecemento da poboación. A acumulación física de capital constrúese co modelo de crecemento de Solow. As dinámicas das taxas de nacemento e mortaldade seguen o modelo poboacional de Haavelmo e o modelo de escollas de fecundidade de BarroBecker. Resumimos estes mecanismos dinámicos nun marco compacto, aplicando unha función de utilidade alternativa proposta por Zhang (1993). O modelo vén a ser un resumo dos dous modelos de Zhang. Zhang (2012) desenvolve un modelo de crecemento económico cunha división do traballo por xénero, pero asumindo unha poboación constante. Este artigo introduce as taxas de nacemento e mortaldade endóxenas neste modelo. Zhang (2014) desenvolve un modelo de crecemento coa poboación endóxena sen considerar cuestións de xénero. Este estudo introduce a distribución do tempo por xénero entre o traballo, o lecer e o coidado dos fillos no modelo. Concretamente, xeneralizamos as dinámicas de poboación de Zhang, considerando os custos de tempo adicado ao coidado dos nenos neste estudo. O traballo organízase do seguinte xeito: o Apartado 2 introduce o modelo básico cunha acumulación da riqueza e do capital humano con subsidios do goberno en educación. O Apartado 3 simula o modelo. O Apartado 4 realiza unha análise dinámica comparativa con respecto a algúns dos parámetros. O Apartado 5 amosa as conclusións do estudo.\n2 O modelo básico\nO sector de produción está baseado no modelo de crecemento de Solow (Solow, 1956). Conta cun sector, producindo un só produto para o consumo e o investimento. O capital depréciase nunha taxa exponencial constante, que é independente da maneira de uso. A tecnoloxía do sector produtivo está caracterizada por redementos constantes a escala. Todos os mercados son perfectamente competitivos. Os factores son subministrados inelasticamente e os factores dispoñibles utilízanse por completo en todo momento. Os aforros só se teñen en conta por fogares. Todas as rendas de empresas distribúense en forma de pagos a factores de produción. Os fogares teñen os activos da economía e distribúen a súa renda en consumo, ter fillos e a acumulación da riqueza. A poboación de cada xénero é homoxénea. Asumimos que cada familia consta de marido, muller e fillos.\nTodas as familias son idénticas. Usamos os subíndices e para representar aos homes e ás mulleres respectivamente. Usamos para representar a poboación de cada xénero. e representan o tempo adicado ao traballo e o tempo adicado ao coidado dos fillos do xénero e o caudal de servizos laborais usados nun tempo para a produción. Temos (1)\nonde é o nivel de capital humano do xénero O sector de bens do capital O sector de produción usa o capital e o traballo como variables. representa o total de capital nun momento Usamos para representar o nivel de produción. A función de produción é (2)\nonde e son os parámetros. Os mercados son competitivos, polo tanto o traballo e o capital gañan os seus produtos marxinais e as empresas gañan beneficios cero. Representamos as taxas de interese e de salarios por unidade de tempo, e, respectivamente. Para unha empresa individual, e danse en calquera momento no tempo. O sector de produción elixe e para maximizar os beneficios. As condicións marxinais son:\n(3) Comportamentos dos consumidores Os consumidores deciden a distribución do tempo, o nivel de consumo dos produtos, o número de fillos e as cantidades a aforrar. A diferenza dunha teoría de crecemento óptima na que se usan ondas de consumo futuro definido por utilidade, usamos unha formulación alternativa para os fogares proposta por Zhang (1993). Para describir o comportamento\nChamamos aos ingresos reais no senso de que proveñen dos pagos dos consumidores por obras e servizos e as rendas reais dos consumidores que proveñen da propiedade de riqueza. O valor total da riqueza que a familia pode vender para mercar bens e para aforrar é igual a Neste caso asumimos que a compra e venda de riqueza pódese realizar de forma instantánea sen custo de transacción. A renda dispoñible por familia determínase por\n(4) e representan a taxa de natalidade e o custo do nacemento en cada momento. Hai moitos factores que poden afectar o custo da crianza dos fillos. Conforme a Zhang (2014), consideramos que os fillos teñen o mesmo nivel de riqueza que o dos pais. A maiores do tempo que adican aos fillos, o gasto dos pais exprésase como\nNeste caso, ignoramos outros gastos como compras por produtos e servizos. No modelo de escolla de fecundidade de Barro e Becker (1989), o gasto inclúe tamén o consumo de produtos. Nós introducimos o tempo adicado aos fillos. Becker (1981) pon énfase no gasto do tempo da nai para criar aos fillos ata a idade adulta. Nalgunhas sociedades, as mulleres son as que coidan dos nenos maioritariamente. Consideramos a seguinte relación entre a taxa de fecundidade o o tempo que os pais e as nais adican ao coidado dos nenos\nA función específica implica a suposición de que se os pais queren ter máis fillos, adican máis tempo ao coidado dos fillos. Este requisito é estrito xa que o coidado dos fillos normalmente xera rendementos constantes a escala. Por exemplo, o tempo adicado aos fillos por neno adoita baixar a medida que a familia ten máis fillos. Necesitamos uns rendementos constantes a escala porque deste xeito a suposición fai que a análise sexa tratable matematicamente.\nO fogar distribúe o orzamento dispoñible total entre os aforros, o consumo de bens, e o coidado dos fillos, A reserva de orzamento é (7) Consideramos que a maiores do traballo e o coidado dos fillos, os pais tamén adican tempo ao lecer. Representamos o tempo de lecer por xénero como Un adulto encara a seguinte limitación de tempo (8)\nonde é o tempo total dispoñible para o lecer, o traballo e o coidado dos fillos. Se substituímos (8) por (7), obtemos\nO lado dereito é a renda “potencial” que a familia pode obter ao pasar todo o tempo dispoñible no traballo. O lado esquerdo é a suma dos gastos de consumo, aforros, o custo de oportunidade do coidado dos fillos e o custo de oportunidade do lecer. Ao incorporar (6) en (9), obtemos\nA variable é o custo de oportunidade do coidado dos fillos. Como Barro e Becker (1989), asumimos que a utilidade dos pais depende do número de fillos. Supoñemos que a utilidade é dependente en e do seguinte xeito onde refírese á tendencia a consumir, á tendencia a ter riqueza, a tendencia\ndo xénero a usar tempo de lecer, e á tendencia a ter fillos. Cabe sinalar que neste estudo supoñemos que a utilidade dos pais só depende do número de fillos. Conforme a Soares (2005), a utilidade dos pais non só depende dos fillos sobreviventes, senón tamén da duración da vida de cada fillo que sobrevive. A condición de primeira orde para maximizar suxeito a (13) dá (10) onde\nObservamos que o gasto en cada punto é igual ao gasto dispoñible potencial por tendencia a consumir en cada punto. A partir de (10), chegamos a\nComprobamos que a proporción de tempo de lecer entre o home e a muller están correlacionados positivamente coa proporción da tendencia do home e da muller a quedar na casa e negativamente co capital humano do home e da muller. No noso modelo, ignoramos calquera discriminación por xénero posible. A ecuación anterior é o reflexo desta suposición. É importante incorporar cuestións de discriminación por xénero, diferenzas de xénero nos beneficios dos investimentos do capital humano (por exemplo, Folbre, 2009). Dende un punto de vista analítico, é doado considerar algúns (tipos de) discriminación por xénero no mercado laboral. Conforme a Antecol (2000), hai unha variación substancial nas diferenzas por xénero das taxas de participación no mercado de traballo (LFPR) en todos os países. “As diferenzas por xénero na LFPR, que son a LFPR do homes menos a LFPR das mulleres, varía dende 89.4 puntos porcentuais en Afghanistán, 50.6 puntos porcentuais en Grecia, ata 2.2 puntos porcentuais en Suecia. Sorprendentemente, hai poucos artigos entre economistas que tratan de explicar a variación entre países nas taxas de participación no mercado de traballo por parte das mulleres”. A ecuación anterior amosa que as diferenzas de xénero na tendencia a traballar e en capital humano debería afectar o tempo das mulleres adicado ao traballo. Este estudo supón que a preferencia é constante. Sería razoable considerar ás tendencias endóxenas. As preferencias endóxenas debería axudar a explicar os complicados patróns da división do tempo por xénero (p. ex., Goodfriend e McDermott, 1995; Kelly, 1997; Edmonds e Pavcnik, 2006). É conceptualmente posible considerar os cambios de preferencias endóxenas ao introducir correctamente as tendencias relacionadas con rendas, salarios e outros factores, do seguinte modo onde G é a función dos diferentes factores que se especifican.\nTaxas de nacemento e mortaldade e dinámicas poboacionais\nPara ilustrar a nosa formulación e amosar como o noso modelo se relaciona coa literatura, seguimos o modelo de Haavelmo (Haavelmo, 1954; Stutzer, 1980)\nonde é a poboación, é a produción real, e, , e son os parámetros. Engadimos na ecuación diferencial\n(11) onde é a produción per cápita. No modelo de Haavelmo, non hai acumulación de capital físico. Como a taxa de cambios na poboación correspóndese á taxa de natalidade menos a taxa de mortaldade, podemos interpretar que no modelo de Haavelmo, a taxa de natalidade () está negativamente correlacionada coa renda per cápita.\nOutra aproximación típica na literatura sobre o crecemento poboacional e o desenvolvemento económico é o chamado modelo de Ramsey. Un exemplo é o modelo de Chu et al. (2012). O fogar decide a taxa de fecundidade maximizando a suma descontada da utilidade per cápita conforme á acumulación de recursos é o consumo per cápita de produtos elaborados nun momento é o número de nacementos por persoa, é a cantidade de activos financeiros per cápita, é a taxa de beneficios dos activos, é a taxa de salarios, e é o subministro de traballo realizado polo capital humano. O crecemento total da poboación é Como a mortaldade figura como cero neste modelo, tamén é a taxa de crecemento da poboación. O tipo de crecemento da poboación tamén se acepta, por exemplo, por Razin e\nConforme ás definicións, o cambio poboacional segue a ecuación (12) onde e son a taxa de natalidade e a taxa de mortaldade respectivamente. Cabe sinalar que Tournemaine e Luangaram (2012) constrúen un modelo de crecemento poboacional e de desenvolvemento económico. Nel, examinan as relacións entre a fecundidade, a educación, as taxas de crecemento por cambios técnicos e da renda per cápita. Usan a seguinte tecnoloxía de produción no caso dos fillos: onde é o tempo adicado á criar un fillo e e son os parámetros. No seu modelo, a taxa de mortaldade usada é constante. O noso modelo introduce a taxa de mortaldade endóxena. No modelo de Haavelmo, a taxa de mortaldade está negativamente correlacionada coa renda per cápita. Neste estudo, supoñemos que a taxa de mortaldade está negativamente correlacionada coa renda dispoñible do seguinte modo (13) onde\nChamamos ao parámetro da taxa de mortaldade. Como ocorre no\nmodelo de Haavelmo, unha mellora nas condicións de vida implica que a xente vive máis tempo. ten en conta posibles impacto da mortaldade na poboación. Por exemplo, cando hai superpoboación, o medioambiente se deteriora. Este termo ten en conta este tipo de efecto sobre o medioambiente. Neste caso, é razoable requirir que sexa positivo. Convén sinalar que o signo do parámetro é xeralmente ambiguo no senso que a poboación tamén pode ter un impacto positivo sobre a mortaldade. Engadimos (10) e (13) en (12) (14)\nA ecuación describe as dinámicas da poboación. Hai que destacar que para describir os cambios poboacionais axeitadamente, no modelo non só hai que ter en conta as dinámicas de nacementos e mortaldade, senón tamén a estrutura de idade. Como na meirande parte dos modelos da literaratura referidos a un tempo continuado de crecemento económico e cambios poboacionais, e para simplificar a análise, non tratamos cuestións complicadas relacionadas coa estrutura de idade.\nonde é a suma dos aforros netos e a depreciación e\nComo consecuencia construímos o modelo dinámico. Cabe sinalar que o modelo é xeral no senso que o modelo de Solow e o modelo de Haavelmo pódense considerar casos especiais do noso modelo. Ademais, como o noso modelo está baseado nalgúns dos modelos matemáticos máis coñecidos e inclúe algunhas características que ningún outro modelo teórico explica, deberíamos poder explicar algunhas das relacións que outros modelos formais non o fan. A continuación, examinamos as dinámicas do modelo.\n3. As dinámicas e as súas propiedades\nEsta sección examina as dinámicas do modelo. Primeiro, introducimos Amosamos que as dinámicas pódense expresar mediante un sistema de dúas ecuacións diferenciais con e como variables.\nAs dinámicas do sistema económico está gobernado por dúas ecuacións diferenciais (17)\nonde as funcións e son as funcións de e definidas no Apéndice.\nAdemais, todas as outras variables están determinadas polas funcións de e en calquera momento dado no tempo mediante o seguiente procedemento: por (A11) → e por (A2) → por (A16) → por (A3) → e por (11) → por (6) → por (A4) → por (A1) → por (2).\nno modelo de produción de CobbDouglas é aproximadamente igual a (por exemplo, Miles e Scott, 2005, Abel et al, 2007). Con respecto aos parámetros de preferencia, o que importa no noso estudo son os seus valores relativos. Para seguir os movementos no sistema, especificamos as seguintes condicións iniciais\nO resultado da simulación aparece representado na Figura 1. A poboación crece dende unha condición inicial baixa. A medida que crece a poboación, a taxa de mortaldade tamén crece. A man de obra crece e baixan os salarios. A redución dos salarios diminúe o custo de oportunidade de criar fillos, e o resultado é un aumento da taxa de natalidade. A medida que baixan os ingresos, os homes e as mulleres traballan máis horas e as horas de lecer baixan. A riqueza e a produción nacional aumentan en relación co aumento da man de obra. Porén, tanto o nivel de consumo como a riqueza por fogar baixan.\nÉ sinxelo confirmar que todas as variables chegan a un punto de estancamento a longo prazo. Isto implica a existencia dun punto de equilibrio. A simulación confirma que o sistema ten un equilibrio único. Atopamos os seguintes valores de equilibrio nas variables\nCalculamos dous valores propios: e Como os dous valores propios son negativos, o equilibrio único é localmente estable. Polo tanto, o sistema sempre se achega ao seu equilibrio se non está alonxado do equilibrio.\n4 Análise dinámica comparativa nalgúns parámetros da simulación\nBaixo (18) simulamos os movementos da economía nacional. Agora examinamos as reaccións do sistema económico perante os cambios exóxenos. Como o lema proporciona o procedemento computacional para calibrar o cambio das variables, é sinxelo examinar os efectos dos cambios en calquera parámetro en procesos transitorios e tamén en etapas de estancamento de todas as variables. Usamos a variable para representar a taxa\nde cambio da variable, en porcentaxe debido a cambios no valor do parámetro.\nUn aumento da tendencia a ter fillos\nComo describen Tournemaine e Luangaram (2012: 925), “dependendo do país, o crecemento da poboación pode contribuír, deter, o ata non ter ningún impacto no desenvolvemento económico. Este resultado ambiguo pódese explicar polo feito de que os efectos do crecemento da poboación cambia ao longo do tempo. Por exemplo, unha taxa de fecundidade máis alta pode ter un efecto negativo a curto prazo provocado polos custos dos gastos que xeran o coidado dos fillos, mentres que ten un efecto positivo a longo prazo mediante a man de obra máis grande que produce”. Pero se sostén que se unha economía nacional non ten unha actividade económica caracterizada por un rendemento a escala crecente, o aumento da poboación tende a reducir as condicións de vida por persoa. Agora examinamos como os diferentes parámetros afectan ao cambio do sistema. Primeiro, estudamos o caso se aumenta a tendencia a ter fillos da seguinte forma: Os resultados da simulación preséntanse na Figura 2. Para examinar como cada variable está afectada ao longo do tempo, debemos seguir o cambio do sistema enteiro, xa que cada variable está relacionada coas outras no sistema dinámico. Agora amosamos como a economía reacciona ao crecente desexo de ter fillos. Como consta na Figura 2, a taxa de natalidade aumenta, o cal dá como resultado un aumento da poboación. A crecente poboación fai que as condicións sanitarias sexan peor ca antes, polo que a mortaldade aumenta. Observamos que cando as outras condicións son constantes, un pequeno aumento na tendencia a ter fillos ten un grande impacto no crecemento da poboación. O capital, a cantidade total de man de obra e o nivel de produtividade vense reducidos inicialmente. Os valores destas variables aumentan axiña ao ir aumentando a poboación. A medida que a familia ten máis fillos, os pais adican máis tempo ao seu coidado. Ao principio, aumentan o seu tempo de lecer e reducen as súas horas de traballo. Porén, a medida que baixan os ingresos a longo prazo, deixa de baixar o tempo de traballo. Ter máis fillos implica máis consumo. Cando o cambio da taxa de cambio do capital é máis baixa que a produción, a taxa de interese aumenta ao longo do tempo. Tanto o custo de oportunidade dos fillos como o da riqueza por fogar redúcense a longo prazo. Un aumento da produtividade total dos factores\nA continuación, estudamos como a produtividade total dos factores vese afectada polo crecemento económico. O cambio tecnolóxico no modelo tradicional de Solow ten efectos positivos no crecemento da economía a longo prazo. Como o modelo de Solow supón unha taxa de crecemento constante e uns rendementos a escala constantes, o cambio tecnolóxico non ten impacto sobre a man de obra e a distribución do tempo nin sequera a curto prazo. Agora aumentamos a produtividade total dos factores da seguinte maneira:\nComo mellora a produtividade, o nivel de produtividade e os salarios aumentan. En parte por mor dun crecemento económico positivo, a taxa de natalidade aumenta e a de mortaldade baixa a curto prazo. Os pais adican máis tempo ao coidado dos fillos e a traballar e baixa o seu tempo de lecer. Cando aumenta a poboación, é de esperar que a taxa de mortaldade aumente. A riqueza per cápita e o custo de oportunidade aumentan co tempo. O aumento do custo da oportunidade fai que a familia reorganice a súa distribución do tempo e redúcese a taxa de natalidade. A longo prazo a distribución do tempo, a taxa de natalidade e a taxa de mortaldade non se ven afectadas polos cambios tecnolóxicos. Convén destacar que este estudo ten en conta os cambios tecnolóxicos na produción da economía. Non incluímos os cambios tecnolóxicos relacionados cos coidados de saúde e a innovación médica. Por iso os cambios tecnolóxicos non semellan ter un impacto nas taxas de natalidade e mortaldade a longo prazo no noso modelo baseado no modelo de Solow. En resumo, o cambio tecnolóxico dá como resultado un aumento da saúde nacional, da poboación, da man de obra, dos salarios, dos niveis de consumo e na saúde por fogar, e do custo de oportunidade polo coidado dos fillos. Non ten un impacto a longo prazo na taxa de interese e na distribución do tempo.\nUn aumento na tendencia das mulleres a realizar actividades de lecer En lugar de traballar e coidar dos fillos, a muller pode elixir realizar actividades de lecer. Xa sabemos que as mulleres aumentan a súa tendencia a aforrar da seguinte maneira:\nUnha consecuencia inmediata neste caso é que a muller adica máis tempo ao lecer e o marido menos. O marido traballa máis e a muller menos. Tanto o marido como a muller reducen o tempo adicado ao coidado dos fillos. Os salarios baixan un chisco. O nivel de consumo, o custo de oportunidade polo coidado dos fillos e a riqueza tamén baixan. Con relación ao impacto neto da redución do custo de oportunidade e a redución da tendencia relativa a ter fillos, a taxa de natalidade baixa. Nun primeiro momento, a taxa de mortaldade sube, pero a longo prazo, baixa. Redúcense a poboación, a man de obra, a riqueza e a produción.\nImpacto na tendencia ao aforro\nConforme ao modelo de Solow, o aumento na tendencia a aforrar aumenta a riqueza per cápita, pero reduce o nivel de consumo per cápita. A taxa de crecemento da poboación non se ve afectada polas condicións económicas neste modelo de crecemento de un sector. A continuación, examinamos o que ocorre na nosa economía con taxas endóxenas de natalidad e mortaldade cando se aumenta a tendencia ao aforro da seguinte maneira:\nA riqueza da familia aumenta a medida que aumenta a súa tendencia ao aforro. Isto provoca un aumento no custo de oportunidade do coidado dos fillos. Un aumento dos custos reduce a taxa de natalidade. Cantos menos fillos teñan as familias, menor é o tempo que se adica ao seu coidado. A medida que aumenta a tendencia ao aforro (que tamén implica unha relativa redución do tempo de lecer), o home e a muller teñen menos tempo de lecer e máis horas de traballo nun primeiro momento. Pero a longo prazo, aumenta o tempo de lecer do home e da muller e, mentres que as horas de traballo dos homes non se ven afectadas, as horas de traballo da muller aumentan. Aumenta o salario e a riqueza, e isto reduce a mortaldade. O impacto neto da redución da natalidade e da mortaldade fai que a poboación baixe. Como consecuencia, a longo prazo baixan tamén a riqueza total, a produción e a man de obra.\nA mellora do capital humano das mulleres\nA formulación neoclásica tradicional afirma que as desigualdades de xénero resultado das disparidades no capital humano se esvaecen a medida que a economía experimenta un crecemento alto (p. ex., Beneria e Feldman, 1992, Forsythe, et al. 2000). Conforme a Stotsky (2006: 18), “a formulación neoclásica examina a relación entre o desenvolvemento económico e a redución das desigualdades de xénero. Observa o proceso de desenvolvemento económico que provoca a redución destas desigualdades e tamén desigualdades que impiden o desenvolvemento económico”. Conforme a Boserup (1970) hai unha relación curvilínea entre o crecemento económico e o estatus da muller. Boserup mantén que as primeiras etapas de crecemento económico están caracterizadas por unha maior distancia entre o home e a muller. A continuación, analizamos o que ocorre cando aumenta o capital humano da muller da seguinte maneira:\nA medida que o pai acumula máis capital humano, aumenta o seu salario. A nai gaña máis tempo por unidade e traballa máis. O custo de oportunidade de criar un fillo aumenta a medida que o salario da nai aumenta. Baixa a taxa de natalidade. Os pais adican menos tempo ao coidado dos fillos. A nai traballa máis e o pai menos. O pai ten máis tempo de lecer e a nai menos. O salario do pai vese un chisco afectado. A familia consume máis e ten máis riqueza. A taxa de mortaldade baixa a medida que melloran as condicións de vida. O impacto neto da redución da taxa de natalidade e de mortaldade aumenta a poboación. O capital, a man de obra total e a produción aumentan. Convén destacar que moitos estudos proban que a expectativa de vida aumenta segundo o nivel de capital humano agregado (p. ex., Blackburn e Cipriani, 2002; Boucekkine et al., 2002; Cervellati e Sunde, 2005). O resultado que obtemos confirma esta tendencia se consideramos a taxa de mortaldade correlacionada negativamente con respecto á expectativa de vida. O crecemento positivo da poboación ten un impacto relativamente débil sobre a taxa de natalidade. Se aumenta o capital humano da muller e a súa preferencia polo lecer ao mesmo tempo, a taxa de natalidade baixa máis rapidamente que a taxa de mortaldade. Cando iso ocorre, a poboación baixa.\nMáis tempo adicado á crianza dos fillos polos pais\nHai moita literatura empírica e teórica sobre o crecemento económico e a distribución do tempo. Por exemplo, segundo o estudo empírico de Bose et al. (2009) sobre os patróns de traballo das mulleres e os determinantes da división por xénero do traballo rural en Bangladesh, a persistente división do traballo por xénero está asociada a factores económicos e socioculturais. Analizamos teoricamente outro factor que pode chegar a afectar o crecemento económico e a división do traballo por xénero. Partimos da premisa de que o pai adica máis tempo ao coidado dos fillos. Aumentamos o parámetro  2 así:\nAumenta o tempo que o pai adica ao coidado dos fillos e redúcese un chisco o tempo da nai para a mesma tarefa. Tanto o pai como a nai adican menos tempo ao lecer. A nai traballa máis horas e o pai traballa menos horas. A medida que o pai traballa menos, os ingresos polo salario do pai baixan. A medida que o pai adica máis tempo ao coidado dos fillos, o custo de oportunidade de criar un fillo aumenta. O aumento do custo de oportunidade fai que baixe a taxa de natalidade. Como consecuencia, baixa a poboación e a taxa de mortaldade. A familia ten menos riqueza e baixa a taxa de interese. Aumentan os salarios. Baixa a riqueza total, a man de obra total e a produción. A familia consume menos.\n5 Conclusións\nEste artigo introduce o modelo endóxeno de crecemento da poboación no modelo de crecemento dun sector de Solow. O estudo propón unha interdependencia dinámica entre a taxa de natalidade, a taxa de mortaldade, a poboación, a acumulación da riqueza e a distribución do tempo entre traballo, lecer e coidado dos fillos. Poñemos énfase no rol do capital humano, os cambios tecnolóxicos e de preferencias con respecto ás taxas de natalidade e mortaldade e á distribución do tempo. A nosa formulación segue moitas ideas tradicionais sobre o crecemento o os cambios poboacionais. Tivemos en conta as diferenzas no capital humano, a tendencia a usar tempo de lecer e a eficiencia no coidado dos fillos. Simulamos o modelo para ilustrar os movementos do crecemento económico e os cambios na poboación e atopamos a existencia de puntos de equilibrio.\nTamén estudamos os efectos dos cambios na tendencia a ter fillos, a tendencia ao aforro, a tendencia da muller de usar tempo de lecer, o capital humano das mulleres e a implicación emocional do home no coidado dos fillos. A nosa análise dinámica comparativa aporta datos sobre a correlación entre o crecemento económico e os cambios na poboación. Por exemplo, a nosa simulación amosa que se as persoas teñen un forte desexo de ter fillos, aumenta a taxa de natalidade e a poboación; nun primeiro momento baixa o capital, a man de obra total e a produción, pero a longo prazo aumentan; os salarios baixan e a taxa de interese aumenta; os pais adican máis tempo ao coidado dos fillos e consumen menos; e tanto o custo de oportunidade dos fillos como a riqueza por fogar baixan a longo prazo.\nVemos outro resultado cando o pai adica máis tempo ao coidado dos fillos: a nai traballa máis horas e o pai traballa menos horas; baixa o salario do pai e o custo de oportunidade da crianza dos fillos aumenta; a taxa de natalidade e a poboación baixan. Se se reducen os ingresos da familia, a familia ten menos riqueza e consume menos; a taxa de interese baixa e aumentan os salarios; redúcense a riqueza nacional, a man de obra e a produción. Pero se os ingresos familiares non baixan, a familia conta coa mesma riqueza e consume igual ca antes, e os salarios e a riqueza nacional non baixan. Hai moitas posibilidades para xeneralizar e estender o noso modelo, tendo en conta as limitacións e consideracións que incluímos no Apéndice 3.\nReferences\nUnha limitación evidente no noso modelo é que a función do coidado dos fillos amosa un redemento a escala constante en canto ao tempo que os pais e as nais adican ao coidado dos fillos. É posible xeneralizar o noso modelo aplicando funcións máis xenéricas de produción e utilidade. A nosa investigación tamén se pode estender e xeneralizar ao estudo dalgúns fenómenos relacionados co xénero, o capital humano e o desenvolvemento económico. Por exemplo, Stotsky (2006) identifica unha serie de fenómenos relacionados coas diferenzas de xénero e o comportamento da economía: (1) as diferenzas de xénero afectan as variables macroeconómicas, como o consumo agregado e os aforros; (2) o goberno pode reaccionar ante cambios sociais e económicos; (3) as mulleres tenden a adicar unha maior proporción dos recursos do fogar ás necesidades básicas e ao coidado dos fillos; (4) as mulleres teñen maior tendencia ao aforro e a investir en actividades produtivas e amosan prudencia na forma de aforrar e investir; (5) a falta de acceso da muller á educación e a outras oportunidades económicas e sociais, todas elas en relación aos homes, inhiben o crecemento económico. Para explicar estes fenómenos, debemos refinar o noso modelo. Outra aportación importante sería engadir os aparellos domésticos ao modelo. Conforme a Bar e Leukhina (2011) tanto as diferenzas de ingresos por xénero e o custo dos aparellos domésticos son necesarios para entender a evolución da distibución do tempo da muller casada ao longo do tempo. No marco analítico dun modelo de crecemento endóxeno de tipo expansivo, Bucci (2013) analiza as correlacións entre o crecemento das taxas da poboación e da economía. A análixe conclúe que o crecemento da poboación e o crecemento da produtividade están correlacionados de forma ambigua en referencia á crecente tendencia á especialización. Convén expandir o noso marco analítico para incluír algunhas das forzas económicas e factores da poboación. Tamén sería interesante xeneralizar o modelo dentro do marco de sectores heteroxéneos (p. ex., Uzawa, 1961, 1963; Galor, 1992; Harrison, 2003; Jensen, 2003; Cremers, 2006; Herrendorf e Valentinyi, 2006; Li e Lin, 2008; Stockman, 2009; e Jensen e Lehmijoki, 2011)."} +{"summary": "Neste traballo descríbese o proceso de preparación e posta a disposición do público da versión dixital do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, publicado orixinalmente en papel no ano 1984 baixo a dirección de Francisco DíazFierros Viqueira e Fernando Gil Sotres. No momento de cumprir trinta anos desde a súa publicación, este mapa constitúe aínda o único traballo de avaliación da capacidade produtiva da terra con cobertura completa do territorio de Galicia. Con todo, as limitacións derivadas do formato en papel dificultaban considerablemente o seu uso. Confiamos en que a versión dixital que presentamos permita solventar parte destes problemas e ampliar o seu coñecemento e utilización entre a comunidade científica e técnica. Ao longo do texto trátase de situar en contexto a importancia do mapa orixinal e as razóns que motivaron a súa dixitalización, explicar o proceso seguido para a preparación da versión dixital, proporcionar información básica necesaria para futuros usuarios non familiarizados coa fonte orixinal, e finalmente presentar algúns datos resumo derivados do produto obtido.\nCapability of Galicia, originally published as a book in 1984 by Francisco DíazFierros Viqueira and Fernando Gil Sotres. Although thirty years have passed since its publication, this map still stands as the only available source about soil capability covering the whole territory of Galicia. Nevertheless, limitations imposed by the original publication format (hardcopy) posed a significant obstacle for its use. We believe that the digital version presented in this paper will help users to overcome part of these shortcomings and allow the map to be used by a wider crosssection of the scientific and planning communities. This text is aimed to place the map in context, expand on the reasons for the preparation of a digital version, explain the procedures followed in the process, provide basic information for its future users, and present some summarizing data processed from the final product.", "text": "Artigo\nEduardo José Corbelle Rico · David Vila García · Rafael Crecente Maseda · Francisco DíazFierros Viqueira\nDixitalización do Mapa de capacidade produtiva dos solos de Galicia\n\nPalabras clave mapa de solos, capacidade produtiva, sistemas de información xeográfica, ordenación territorial, Galicia\nO solo, a capa superficial da cortiza terrestre que sustenta boa parte da vida no planeta, é un recurso natural limitado. A súa taxa de renovación é suficientemente lenta como para que poida ser considerado, na práctica, como un recurso non renovable. Particularmente, o solo de boa calidade, fértil e profundo, apto para o cultivo de fibras e alimentos útiles para a humanidade, é relativamente escaso a nivel planetario, e representa unicamente arredor dunha décima parte da superficie de terras emerxidas (Kelley, 1990). Non sorprende, polo tanto, que a súa conservación teña sido o obxectivo das políticas públicas desde hai case un século - por exemplo, desde a década de 1930 nos Estados Unidos de América (Helms, 1992). Entre as medidas que os organismos públicos poden aplicar destacan as de aconsellamento aos agricultores, a cartografía das unidades do solo e do seu estado de conservación e, particularmente, as políticas de ordenamento territorial que aseguren un uso da terra acorde coas súas características (Consello de Europa, 1972; FAO, 1982). No contexto europeo, o marco\nEduardo José Corbelle Rico · David Vila García · Rafael Crecente MasedaLaboratorio do territorio. Departamento de Enxeñería Agroforestal, Universidade de Santiago de Compostela Tlf: 982 823 324 Email: eduardo.corbelle@usc.es.\nFrancisco DíazFierros Viqueira Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, Universidade de\nSantiago de Compostela xeral para estas políticas é o establecido pola Estratexia temática para a protección do solo (Comisión Europea, 2006a, 2006b, 2012).\nDentro do marco legal de Galicia son varios os textos que fan referencia de xeito explícito á conservación do solo como recurso limitado e non renovable. Entre estes podemos citar, por exemplo, a Lei e as Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei de Montes, ou a Lei do Solo 1. Esta preocupación non carece de sentido : estímase que arredor de 26.000 ha de terra agrícola de boa calidade foron reemprazadas por cubertas artificiais (fundamentalmente edificacións, vías de comunicación, e explotacións mineiras a ceo aberto) no período 19852005 (Corbelle e Crecente, 2014); e case 620.000 ha (arredor do 20% da superficie da comunidade autónoma) presentan un estado de erosión que pode ser cualificado de “grave” ou “moi grave” (MAGRAMA, 2014), sexa como consecuencia de incendios forestais previos (Vega e Fernández, 2010) ou a causa dun manexo inadecuado (Taboada et al., 2010).\nPor suposto, e continuando co caso galego, existen diferentes fontes cartográficas que proporcionan información acerca do estado de conservación ou as características dos solos. Por exemplo, o Inventario Nacional de Erosión del Suelo (MAGRAMA, 2014) informa acerca do risco e da existencia real de procesos de erosión hídrica, eólica, ou por movementos en masa. Os Mapas de Clases Agrológicas, pola súa parte, serven como referencia á hora de estimar a maior intensidade de uso agrario que se podería aplicar en cada parte do territorio sen incorrer procesos erosivos de importancia (Ministerio de Agricultura, 1974). Finalmente, o Mapa de Solos de Galicia (Xunta de Galicia, 2014) ten o potencial de converterse na mellor e máis detallada fonte dispoñible en Galicia pero está limitada, no momento de escribir este texto, á cuarta parte do territorio galego. Algúns destes produtos poderían ser utilizados no proceso de elaboración de plans de ordenamento territorial: por exemplo, a Reserva Agrícola Nacional (RAN) de Portugal foi establecida empregando directamente a Carta de Capacidade do Solo portuguesa, equivalente ao Mapa de Clases Agrolóxicas español 2, e temos constancia da utilización de algunha das fontes mencionadas por parte dos equipos que en Galicia se dedican á redacción de plans de ordenación municipal 3. Non obstante, a traslación directa entre as clases de calquera dos produtos cartográficos mencionados e unha ou varias categorías de ordenación non está exenta de problemas, e require no seu caso do uso de determinados supostos sobre que se desexa protexer e de que modo cada mapa concreto permite aproximarse á súa identificación.\nNeste traballo describiremos o proceso de preparación e posta a disposición do público dunha versión en formato dixital, utilizable nun sistema de información xeográfica, do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, coincidindo co trinta aniversario da súa publicación en papel. A intención dos autores é facilitar que as comunidades científica e técnica teñan acceso a este produto que pode resultar de interese no desenvolvemento dos seus traballos. Ao longo do texto detállase o proceso seguido na preparación da versión dixital, e proporciónase algunha información básica necesaria para futuros usuarios non familiarizados coa fonte orixinal.\nMateriais e método\nDescrición do mapa orixinal\nO Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia (DíazFierros e Gil, 1984) tiña como obxectivo principal a obtención dunha cartografía a escala rexional (1:200.000) que puidese servir como base da política de ordenación territorial - de feito, apareceu publicado un ano antes da aprobación da Lei 10/95 de Ordenación do Territorio de Galicia - e tomaba como guía metodolóxica a publicación A Framework for Land Evaluation da FAO (1976). O mapa representa as cualidades da terra como unha acumulación progresiva de factores limitantes da produtividade. Dado que non estaba orientado a un único cultivo ou conxunto de cultivos posibles, senón á totalidade das especies vexetais que tiñan ou podían ter un aproveitamento agrícola ou forestal en Galicia, os autores consideraron inicialmente oito características de interese: (1) posibilidade de mecanización e rega; (2) espazo para enraizamento; (3) resistencia á erosión; (4) duración do período vexetativo; (5) facilidade de labor; (6) dispoñibilidade de auga; (7) dispoñibilidade de nutrientes; e (8) ausencia de toxicidades. Co fin de simplificar a lenda, as oito cualidades mencionadas aparecen agrupadas en cinco categorías: cualidades moi dificilmente modificables relacionadas co solo (13); cualidades moi dificilmente modificables relacionadas co clima (4); cualidades modificables relacionadas coa facilidade de labor e dispoñibilidade de auga (56); cualidades modificables relacionadas coa fertilidade do solo (7); e cualidades relacionadas coa presenza ou ausencia de toxicidade (8). Cada unha destas cinco categorías aparece representada na lenda por unha letra (as dúas primeiras) ou un número (as tres restantes).\nDurante a elaboración do material orixinal, os autores levaron a cabo un extenso traballo de campo para establecer sobre o terreo as transicións entre os diferentes parámetros considerados, seguido dun proceso de interpretación visual sobre fotografías aéreas e unha síntese final sobre as follas do mapa topográfico nacional 1:50.000 (MTN50), antes da súa publicación a escala 1:200.000. Para facilitar a consulta e utilización da versión dixital, incluímos un resumo da interpretación da lenda no apéndice situado ao final deste traballo.\nDixitalización e vectorización\nO material de partida para o proceso de dixitalización estivo formado na súa maior parte polas copias orixinais, en papel vexetal, empregadas nos anos oitenta para a elaboración do mapa orixinal (figura 1). Como xa se indicou, estas estaban organizadas seguindo a cuadrícula do MTN50. Desafortunadamente unha parte deste material orixinal perdeuse co transcurso do tempo - en concreto, o correspondente a 10 cuadrículas, o que supón aproximadamente o 15% da superficie da comunidade autónoma. Nestes casos recorreuse ao mapa publicado en papel en 1989 a escala 1:200.000 (figura 2). En ámbolos dous casos, o material foi dixitalizado cun escáner con capacidade para aceptar documentos a tamaño A0, e cunha resolución de 0’5 mm/píxel, suficiente para capturar adecuadamente o grosor das liñas e ao mesmo tempo non tan detallada como para incrementar demasiado o tamaño dos arquivos resultantes. Para o conxunto das operacións descritas a continuación empregamos unha combinación de varios sistemas de información xeográfica, nomeadamente GRASS GIS (GRASS Development Team, 2012), QGIS (QGIS Development Team, 2013), e ArcGIS (ESRI, 2011).\nTanto as copias de papel vexetal a escala 1:50.000 como o mapa publicado en 1989 a escala 1:200.000 presentan vantaxes e inconvenientes para o seu procesado. En particular, descoñecemos o sistema de proxección e sistema de referencia das primeiras, mentres que da segunda fonte sabemos que foi realizado en proxección UTM, e co sistema de referencia europeo de 1950 (ED50: elipsoide Internacional de Hayford de 1924, datum Potsdam). A escala, pola súa parte, é máis detallada nas primeira fonte que na segunda, pero aquela era un produto intermedio do proceso de traballo mentres que a segunda é un produto final.\nPor outra parte, as follas a escala 1:50.000 inclúen as marcas de referencia da cuadrícula do MTN50 (as catro esquinas) de xeito que estas poden ser utilizadas no proceso de xeorreferenciación, utilizando como guía a división en cuadrículas do MTN50 dispoñible no centro de descargas do Instituto Geográfico Nacional (IGN), en proxección UTM e sistema de referencia ED50. En particular, dado o tipo de distorsións que poderían estar presentes nas copias escaneadas, escollemos para este proceso unha transformación afín, que permite rotar, cambiar a escala en x e y, e trasladar en x e y a imaxe orixinal (Schowengerdt, 2007). A combinación dunha escala máis detallada e unha xeorreferenciación máis precisa permitía obter un produto cartográfico con mellor calidade xeométrica que no caso do mapa a escala 1:200.000, no que ao menor detalle da publicación se suma o feito de que os únicos puntos útiles para a xeorreferenciación veñen dados pola posición das principais vilas de Galicia, representadas por un simple punto de varios milímetros de grosor na fonte orixinal. Nos casos onde foi necesario recorrer a esta segunda fonte, a referencia empregada foi o centroide aproximado de cada vila no MTN50.\nPolo contrario, se ben o material a escala 1:50.000 permite obter un produto final con maior precisión xeométrica, o proceso de vectorización tivo que ser realizado de xeito totalmente manual sobre a pantalla. Unicamente nas áreas nas que foi necesario recorrer ao mapa en papel a escala 1:200.000 (como xa dixemos, arredor do 15% da superficie total da comunidade) o trazado das liñas era moito máis limpo e isto permitiu empregar unha técnica de vectorización semiautomática. Neste caso, procedeuse a illar os píxeles das liñas (máis escuros que o seu entorno) mediante a utilización dun valor limiar (threshold) que os separase do fondo. Tratándose de separar liñas negras sobre un fondo branco, son varios os valores que poden ser empregados con similares resultados, dado que os valores dos niveis dixitais das liñas e do fondo están usualmente moi separados. O valor pode depender, a maiores, do estado de conservación da copia orixinal e dos axustes do proceso de escaneado. As liñas separadas do fondo foron simplificadas para a continuación convertelas de xeito automático en liñas vectoriais e realizar finalmente unha depuración manual do resultado que asegurase a conectividade das liñas formadas e eliminase os segmentos inconexos. O proceso está descrito para unha primeira versión dixital do mapa de capacidade, realizada por\nSarmiento e Corbelle (2009) 4.\nCo obxectivo de asegurar a consistencia con outras fontes cartográficas, o límite da comunidade autónoma foi axustado para corresponder cos límites oficiais publicados a través do proxecto CartoCiudad 5. Estes comprenden numerosas illas de pequena extensión, inexistentes nas fontes orixinais manexadas, que foron mantidas na xeometría do mapa dixital resultante, e codificadas na táboa de atributos co texto “illa”.\nOs códigos correspondentes á clasificación de cada un dos polígonos vectorizados foron asignados manualmente, tomando como fonte principal as copias en papel vexetal. En caso de discrepancias entre os códigos asignados a un mesmo polígono en follas contiguas, ou de dúbidas na interpretación, empregouse o mapa publicado a escala 1:200.000 como respaldo. Os atributos de cada polígono conteñen o código completo e o valor por separado de cada unha das cinco variables que o compoñen. A publicación orixinal en papel incluía unha táboa de conversión entre as clases do mapa e a aptitude produtiva (“o grao de adecuación da terra para un uso determinado”, Rossiter, 1996) para o cultivo de millo, prados e piñeiro bravo de acordo en cinco categorías ordenadas de acordo co esquema proposto pola FAO (1976): desde as máis aptas (A1, A2, A3), ata as marxinais (N1), ou non aptas (N2) para un uso concreto. Os valores de aptitude para estes tres cultivos foron tamén incluídos como atributos de cada polígono.\nO mapa vectorial resultante foi sometido a diversos controis de calidade na topoloxía para solucionar problemas de encaixe entre os polígonos de follas veciñas, e para asegurar que non quedaban espazos sen codificar no produto final. Finalmente, este foi transformado ao sistema xeodésico de referencia ETRS89, oficial en España desde 2007 6, con proxección UTM, fuso 29 norte, utilizando a grella para cambio de datum en formato NTV2 distribuída polo IGN.\n7: http://sit.usc.es\nResultados e discusión\nComo resultado da vectorización manual obtívose unha capa de información en formato vectorial con 6.804 polígonos, cun total de 327 códigos de capacidade produtiva diferentes (figuras 3 e 4). O produto ponse a disposición do público en formatos de uso habitual nos sistemas de información xeográfica como o shapefile e o keyhole markup language (formato vectorial estándar adoptado polo Open Geospatial Consortium) e poderá ser descargado no sitio web do Sistema de Información Territorial da Universidade de Santiago 7. O sistema xeodésico de referencia é o ETRS89, proxección UTM, fuso 29 norte.\nEstimamos que as áreas do mapa procedentes da versión 1:200.000 teñen asociado un erro medio cuadrático de 150 metros na súa posición, o que aconsella precaución á hora de empregar esta información en traballos detallados. En todo caso este é un problema que afecta só ao 15% da área total: no resto do mapa, o erro medio cuadrático derivado da xeorreferenciación estímase en menos de 50 metros. Trátase evidentemente dun erro elevado se o comparamos co que é habitual nas fontes cartográficas máis modernas. Por exemplo, o mapa de solos de Galicia, actualmente en proceso de elaboración, publícase a escala 1:50.000, do que podemos esperar un erro medio cuadrático de aproximadamente 12, 5 m. En todo caso debemos considerar neste sentido dous aspectos fundamentais: que se trata dun produto orixinalmente pensado para ser empregado en papel, a escala 1:200.000, e con trinta anos de antigüidade; e o feito de que non é infrecuente que mapas máis modernos teñan escalas similares ou incluso descoñecidas (Hartemik et al., 2012). Por outra parte, a calidade da clasificación temática (é dicir, o feito de asignar a categoría de solo correcta en cada caso) tamén é relevante. Desafortunadamente, son moi escasos os casos de mapas temáticos que proporcionan unha estimación desta calidade, como é este o caso.\nDesde o punto de vista da súa utilidade, entendemos que estamos ante un produto de relevancia para as comunidades científica e técnica, aínda que só fose pola inexistencia de fontes de información alternativas. Cremos que a calidade do produto final é suficiente para ser empregada no ámbito da planificación e ordenación territorial, particularmente no contexto dos Plans Xerais de Ordenación Municipal, nos procesos de valoración para a expropiación, ou nos proxectos de reforma das estruturas agrarias (por exemplo, pero non exclusivamente, os de concentración parcelaria). No contexto da investigación, diferentes variantes derivadas da versión en papel deste mapa teñen sido utilizadas para caracterizar, por exemplo, os cambios de uso da terra nos últimos decenios (Corbelle e Crecente, 2014), a relación entre os asentamentos humanos e o seu entorno na Idade Media (Sánchez, 2008), ou o uso potencial do territorio na antigüidade (Currás, 2014).\nNa publicación da versión dixital empregamos o concepto de datos abertos (open data), entendendo por tales os que poden ser libremente utilizados e redistribuídos por calquera usuario (Open Knowledge Foundation, 2012). En particular, seleccionamos a licencia Open Database License (ODbL), que permite que os usuarios utilicen libremente os datos coas únicas restricións de citar axeitadamente a fonte de orixe e distribuír, se fora o caso, os produtos derivados baixo unha licencia do mesmo tipo 8. O paquete de información dispoñible para descarga comprenderá o ficheiro vectorial do mapa, un ficheiro vectorial auxiliar coa división en cuadrículas do MTN50 para indicar a procedencia dos datos orixinais, un resumo da metodoloxía empregada, e un ficheiro de texto coa información básica de licencia e formato de cita.\nConclusión\nComo resultado do proceso descrito neste documento, ponse a disposición do público a versión dixital dunha contribución á cartografía de solos que está xa no seu trixésimo aniversario. O esforzo investido na produción e libre distribución desta versión paga a pena, na nosa opinión, por tratarse dunha obra que continúa vixente a pesar do paso do tempo e que aínda pode ser de utilidade en aplicacións diversas, como por exemplo a elaboración de plans de ordenación do territorio, plans xerais de ordenación municipal, ou a valoración de terras en procesos de expropiación ou concentración parcelaria. Agardamos, polo tanto, que a publicación desta versión dixital sexa unha oportunidade para aproveitar o potencial da publicación orixinal.\nAgradecementos Queremos expresar o noso agradecemento aos autores do mapa inicial por termos facilitado o acceso ao material orixinal, sen o que este traballo non sería posible, así como ao Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela por ter permitido o uso da versión publicada en 1984. Tamén nos gustaría manifestar a nosa gratitude e cariño a Dori Sarmiento, Alicia Cañizares e Fernando Miranda, por ter colaborado no proceso en diferentes momentos.\nBibliografía\nComisión Europea (2006a). Comunicación de la Comisión al Consejo, al Parlamento Europeo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones - Estrategia temática para la protección del suelo. COM(2006) 231 final.\nComisión Europea (2006b). Propuesta de Directiva del Parlamento Europeo y del Consejo por la que se establece un marco para la protección del suelo y se modifica la Directiva 2004/35/CE. COM/2006/0232 final.\nXunta de Galicia (2014). Mapa de Solos de Galicia 1:50.000. Dispoñible en: http://siam.cmati.xunta.es/mapade-solos\nApéndice\nReproducimos a continuación unha breve descrición das clases consideradas no mapa co fin de facilitar a súa interpretación por parte dos usuarios. A información presentada é simplemente unha versión reducida da contida na publicación orixinal, polo que pode ser necesaria a consulta desta última.\nAs características contempladas na lenda aparecen agrupadas en cinco categorías: cualidades moi dificilmente modificables relacionadas co solo (cadro 1), cualidades moi dificilmente modificables relacionadas co clima (cadro 2), cualidades modificables relacionadas coa facilidade de labor e dispoñibilidade de auga (cadro 3), cualidades modificables relacionadas coa fertilidade do solo (cadro 4); e cualidades relacionadas coa presenza ou ausencia de toxicidade (cadro 5).\nNo caso particular das cualidades relacionadas co solo, DíazFierros e Gil (1984) consideraron necesario ter en conta os cambios da profundidade e a pendente do solo introducidos pola acción humana despois de moitos anos de cultivo. Así, cando unha clase resulta mellorada para o cultivo (por exemplo se se incrementa da profundidade e suaviza a pendente mediante a construción de bancais) pasa a ser representada pola clase superior, se ben matizada por unha barra superior que indica a súa orixe antrópica: por exemplo, un solo de clase E mellorada pola acción do cultivo aparece representado como clase D. Esta regla ten como excepción ás clases A, B e C, xa que se considera que teñen suficiente profundidade e escasa pendente como para ser melloradas polo cultivo. Estas cunha letra minúscula.\nNo caso do réxime hídrico, algúns dos polígonos do mapa aparecen na lenda con dous números simultaneamente (por exemplo EP3/84): trátase dos solos tipo pelosol, localizados fundamentalmente na Terra Chá e outras depresións terciarias de Galicia, nos que coexisten circunstancias de exceso de auga no inverno e de déficit no verán, motivo polo cal aparecen representados mediante a clase mixta 3/8 (clase 3 de exceso de auga e clase 8 de déficit)."} +{"summary": "Nun número considerábel de linguas, existen operacións morfosintácticas que alteran a codificación do segundo argumento transitivo, de modo que este deixa de marcarse como obxecto e pasa a marcarse como oblicuo. Esta modificación da transitividade ten consecuencias semánticas, nomeadamente en relación co grao de efectividade do evento expresado polo verbo. Aínda que os detalles con que cada lingua materializa esta operación varían, hai pautas a nivel interlingüístico claramente identificábeis, sendo a principal delas a degradación sintáctica e semántica do segundo argumento. O propósito desta contribución é explorar liñas de converxencia entre as construcións das diferentes linguas, co obxectivo de poderen ser tratadas de maneira conxunta. Para isto, é preciso abstraerse dos pormenores das realizacións particulares. Deste modo, cada construción concreta revélase como a manifestación dunha operación máis xeral, moi estendida entre as linguas, de democión do segundo participante. No desenvolvemento deste artigo, trataranse as alternancias antipasiva e conativa e a construción con preposición en do galego, atendendo á súa sintaxe e semántica e examinando a relación destes esquemas gramaticais coa transitividade.", "text": "Vítor Míguez\nUniversidade de Santiago de Compostela vmiguezrego@gmail.com\n Alternancia de diátese, complemento oblicuo, segundo argumento, semántica, sintaxe, transitividade\nSumario 1. Introdución. 2. Estrutura argumental e alternan1. I ntroducIón\nO presente traballo estuda a sintaxe e a semántica das alternancias obxecto/oblicuo. Unha alternancia obxecto/oblicuo debe entenderse como a posibilidade de realización alternativa do argumento interno dun verbo ben como función sintáctica directa —o cal comprende as funcións de obxecto directo (OD), obxecto indirecto (OI) e absolutivo (ABS)— ben como función sintáctica indirecta —é dicir, complemento preposicional ou oblicuo (OBL)—. En concreto, analizaranse tres alternancias que, alén do movemento sintáctico sinalado, presentan uns efectos semánticos moi próximos. Trátase dos complementos transitivos con preposición en do galego e das construcións antipasiva e conativa.\nA maioría destas construcións non adoitan pórse en relación, a pesar de existiren motivos para facelo. Esta contribución pretende desenvolver unha panorámica dos fenómenos amentados, co obxectivo último de consolidar estas alternancias como campo de estudo propio. Para isto, será preciso mostrar os puntos de converxencia e diverxencia entre as distintas linguas e propor unha folla de ruta para abordar a súa comparación interlingüística. Neste sentido, a hipótese fundamental é que as alternancias obxecto/oblicuo son operacións de degradación do segundo argumento, tanto do punto de vista sintáctico canto semántico. Deste xeito, pódese tratar de maneira conxunta os complementos transitivos con preposición en do galego e as construcións antipasiva e conativa.\nAínda que a realización de argumentos e as alternancias de diátese son asuntos obxecto de grande interese na lingüística actual, a atención prestada a estas alternancias é, no mínimo, modesta, se se compara coa recibida por outras configuracións sintácticas como a pasiva ou a media, ben estudadas nun número amplo de linguas. Mesmo en inglés, lingua exhaustivamente examinada, os estudos sobre a coñecida como alternancia conativa son escasos. A principal excepción a esta falta de atención ás alternancias obxecto/oblicuo represéntao a antipasiva, construción que beneficiou do crecente interese suscitado pola ergatividade durante as últimas décadas do século XX.\nEn galego, existe a posibilidade de que o segundo argumento de certos verbos sexa realizado como OD —ou OI, no caso dos poucos verbos cun segundo participante que toma esta función— ou, alternativamente, como un OBL constituído por un sintagma preposicional (SP) nucleado pola partícula en. Esta alteración das marcas adoita asociarse a lecturas durativas ou atélicas e a unha menor afectación do segundo participante. O interese polo fenómeno comeza a se manifestar a partir da década dos 90 do século pasado, aínda que a súa presenza é patente na maioría de tratados gramaticais desde Saco Arce (1868). A pesar de se tratar dun recurso moi singular entre as linguas románicas, os “complementos con en ” continúan a ser practicamente descoñecidos fóra do ámbito da lingüística galega.\nA alternancia conativa, por outra banda, foi identificada primeiramente en inglés, lingua para a que se observou que os obxectos dalgúns verbos transitivos podían tomar a forma de OBL introducidos pola preposición at ou, nalgúns casos, on (cf. Levin 1993: 4142). Ademais, as análises propoñen unha diferenza de interpretación entre a forma con OD e a forma con OBL, estando esta última asociada a valores como os de tentativa e contacto errado ou a mudanzas no aspecto (vid. Adams 2001: 1324). A partir dos traballos sobre o inglés, a alternancia conativa foi recoñecida noutras linguas como o alemán (Frense / Bennett 1996), o danés (DurstAndersen / Herslund 1996), o persa (Ghomeshi / Massam 1994), o hebreo (Borer 2005: 91) e o warlpiri (Guerssel et al. 1985). Pola súa parte, a antipasiva supón unha alteración das marcas dos dous participantes dunha situación transitiva, de modo que o primeiro argumento pasa do caso ergativo ao absolutivo e o segundo do absolutivo a un caso oblicuo. Esta construción foi estudada principalmente dun punto de vista sintáctico, como consecuencia do interese pola sintaxe ergativa. Porén, as súas características semánticas, cuxa variación interlingüística é recoñecida (Comrie 1978; Cooreman 1994; Polinsky 2013), continúan en boa medida aínda por descubrir. A isto hai que sumar a escaseza de datos de moitas linguas ergativas, derivada da comprometida situación sociolingüística da maioría delas e do eurocentrismo secular da lingüística.\nEn primeiro lugar, introduciranse os conceptos de alternancia diatética e estrutura argumental, básicos para comprender o funcionamento do fenómeno en cuestión. En segundo lugar, estabelecerase unha tipoloxía sintáctica que clasificará en dous grandes grupos as alternancias tratadas, tendo en conta a súa diferente importancia estrutural. A seguir, consideraranse os principais factores semánticos implicados nas alternancias obxecto/oblicuo das diferentes linguas, a saber, aspecto, afectación do segundo argumento e axentividade. Por último, darase paso á conclusión.\n2. E strutura argumEntal E altErnancIas dE dIátEsE\nA alternancia de diátese ou de argumentos é, basicamente, a posibilidade de que os argumentos dun verbo sexan realizados por medio de diferentes expresións sintácticas. Por exemplo, a alternancia activa/pasiva, seguramente a máis coñecida, supón que o obxecto directo (OD) da forma activa do verbo pase a ser suxeito na forma pasiva, en tanto que o suxeito da activa é relegado á categoría de adxunto na pasiva.\n(1) a. A nena leu o libro. b. O libro foi lido (pola nena).\nAlsina (1996) caracteriza a estrutura argumental como un nivel de análise autónomo que representa os argumentos dun predicado, diferente da estrutura funcional —que representa as funcións sintácticas— e da estrutura de constituíntes —que representa as expresións morfosintácticas—. Estes distintos niveis de representación relaciónanse mediante principios que levan de argumentos a funcións sintácticas e de funcións sintácticas a expresións morfosintácticas. A aplicación de distintos principios de correspondencia ou mapeados é o que daría lugar ás expresións alternativas que encontramos nos exemplos anteriores. Desta maneira, a estrutura argumental é o nivel de análise que subxace ás alternancias de diátese.\nUnha distinción chave para entender o fenómeno que aquí se estuda é a feita por Alsina (1996: 3843) entre argumentos directos e argumentos indirectos: os primeiros posúen propiedades semánticas que permiten a asignación dun protorrol, en tanto que os segundos carecen de trazos que os identifiquen como protoaxente ou protopaciente (vid. Dowty 1991). Esta diferenza é fundamental do punto de vista sintáctico: os argumentos directos realízanse como funcións sintácticas directas, o cal lles garante o acceso a operacións e principios relacionados coa estrutura argumental, como os principios de mapeado: en troca, os argumentos indirectos realízanse como OBL ou funcións sintácticas indirectas e están excluídos de tales operacións e principios, de maneira que a súa relevancia nunha teoría da estrutura argumental é bastante marxinal.\nEn galego, as funcións sintácticas indirectas son os chamados complementos de réxime ou complementos preposicionais (e.g., consistir en, contar con), denominados aquí complementos oblicuos ou, simplemente, OBL. Os argumentos que só se poden realizar desta maneira —i.e., os argumentos indirectos— non posúen trazos semánticos como ser tema incremental, sufrir un cambio de estado ou estar causalmente afectado e, en consecuencia, non se lles pode asignar o rol de protopaciente típico dos segundos argumentos. Do mesmo modo, non poden ser suprimidos nin gozar de expresións alternativas mediante procesos de alternancia de diátese. Pola súa banda, as funcións directas posúen unha serie de trazos que as caracterizan fronte ás funcións indirectas, como son a posibilidade de ser obxecto de predicación secundaria, a expresión obrigatoria como clíticos cando se trata de pronomes persoais e a imposibilidade de correferencia con outras funcións directas, entre outras propiedades (cf. Alsina 1996: 150160).\nEsta distinción permite tratar de maneira conxunta distintas funcións sintácticas de diferentes linguas, o cal é esencial neste traballo. Cando falamos de alternancias obxecto/oblicuo, o primeiro elemento do par refírese ás funcións directas, ademais de á posición de segundo lugar argumental, mentres que con oblicuo identificamos, como xa se apuntou, as funcións indirectas. No primeiro caso, “obxecto” inclúe non só a función sintáctica OD, senón tamén a de OI 1, así como aqueles segundos argumentos marcados como ABS nas linguas ergativas. Desta maneira, podemos estudar como manifestación dun mesmo fenómeno as alternancias conativa (OD/ OBL) e antipasiva (ABS/OBL), así como a construción con preposición en do galego, que permite a alternancia tanto con OD como con OI (ODOI/OBL) 2. Estas diferentes posibilidades sintácticas serán detalladas no seguinte apartado.\n3. t Ipoloxía das altErnancIas obxEcto / oblIcuo\nAs operacións sintácticas tratadas neste traballo caracterízanse pola posibilidade de que un segundo argumento se realice alternativamente como función directa ou como función indirecta. As linguas en que se dá este fenómeno poden ter características moi variadas. O parámetro principal neste sentido é o aliñamento dos primitivos sintácticosemánticos, que comezaron a empregarse, a partir de Comrie (1978) e Dixon (1979), para distinguir dous tipos básicos de linguas. Así, temos por unha banda as linguas nominativoacusativas, ou simplemente acusativas, e, por outra banda, as linguas ergativoabsolutivas, ou simplemente ergativas. Este factor levou a tradición lingüística a tratar por separado as alternancias obxecto/oblicuo, como fenómenos distintos e non relacionados, dado o desigual efecto das mesmas sobre a sintaxe básica dos distintos tipos de lingua. Estas diferenzas son, como a seguir se explica, notorias, aínda que non impiden o tratamento conxunto das distintas construcións nin a identificación de liñas de converxencia entre elas.\n3.1. Alternancias obxecto/oblicuo en linguas acusativas\nAs linguas acusativas caracterízanse por un sistema de marcaxe S/A vs. O. É dicir, marcan do mesmo xeito o participante único dos esquemas intransitivos (S) e o primeiro argumento dos transitivos (A), reservando unha expresión diferenciada para o segundo participante dos esquemas transitivos (O). Desta maneira, a realización alternativa do segundo argumento como función quer directa quer indirecta ten un impacto reducido no comportamento sintáctico dunha lingua acusativa.\nO principal representante das alternancias obxecto/oblicuo nas linguas acusativas é a coñecida como alternancia conativa. Trátase dun fenómeno atestado nun número bastante reducido de linguas, entre elas o inglés (Levin 1993), o alemán (Frense / Bennett 1996), o danés (DurstAndersen / Herslund 1996), o hebreo (Borer 2005: 91) e o persa (Ghomeshi / Massam 1994). Sirvan como ilustración os exemplos do alemán en (5). (5) a. Hans schlug den Mann. ‘Hans golpeou o home’. b. Hans schlug nach dem Mann. ‘Hans golpeou n o home’. (Frense / Bennett 1996: 309)\nA alternancia conativa adoita vincularse a clases verbais, isto é, conxuntos de verbos que partillan certos trazos de significado e que mostran un mesmo comportamento sintáctico. Desta maneira, os verbos que participan dunha mesma alternancia deben pertencer a unha mesma clase semántica. Así, Levin (1993: 4142) asocia a conativa en inglés a clases como verbs of contact by impact (e.g., hit, swat), verbs of cutting, spray/load verbs ou verbs of ingesting (e.g., drink, eat), mentres que para outras clases como touch verbs e destroy verbs non é posíbel esta alternancia. Porén, existe variación interlingüística nos tipos de verbos que permiten unha alternancia, como mostran Frense / Bennett (1996) no seu estudo contrastivo entre alemán e inglés. Por exemplo (Frense / Bennett 1996: 309310), todos os verbos que permiten a alternancia conativa en inglés tamén a permiten en alemán, mais nesta lingua tamén se dá con verbos de creación (e.g., construír, tecer), cos cales non é posíbel naquela.\nEn galego, existe unha alternancia obxecto/oblicuo, xa ilustrada, que mostra moitas menos restricións no conxunto de predicados a que se pode aplicar: todos os verbos dinámicos e durativos —realizacións e actividades, nos termos de Vendler (1957, 1967)— poden realizar o seu argumento interno, sempre que sexa directo, como un SP nucleado por en (Míguez 2015: 28, 3237).Aquí xorde a cuestión de se este fenómeno do galego debe ou non ser considerado unha manifestación de conativa. Na literatura sobre o tema (Moure 1999, 2010; Rivas 2002; Riveiro Costa 2004; Rodríguez Guerra 1997; entre outros) abundan as referencias a outras linguas, mais este asunto nunca se abordou. A amplitude de verbos con que se dá a alternancia do galego, en comparación co inglés e o alemán, así como a ausencia de contraste entre a forma directa e a indirecta no caso das actividades (Míguez 2015: 48), parecen desaconsellar a utilización deste termo.Sexa como for, a construción do galego encaixa, nalgúns casos, co que suxire o concepto de conativa tal e como o entende Levin (1993:42): “the use of the verb in the intransitive variant describes an attempted action without specifying whether the action was actually carried out”.\nreferidas.Estes e outros padróns semánticos poden observarse nas alternancias obxecto/oblicuo das linguas acusativas, aínda que o seu estudo contrastivo só foi abordado moi parcialmente. Tómese os traballos xa referidos de Frense / Bennett (1996) e Ghomeshi / Massam (1994), que comparan os datos do inglés cos do alemán e o persa, respectivamente. No primeiro deles, trátase a conativa en relación coas clases semánticas verbais, caso xa mencionado anteriormente; no segundo, obsérvanse certas alteracións no aspecto como resultado da alternancia. Trátase, polo tanto, de operacións morfosemánticas, é dicir, operacións que mudan a configuración morfosintáctica da oración, alterando, asemade, a semántica do enunciado.\n3.2. Alternancias obxecto/oblicuo en linguas ergativas: a antipasiva\nAs linguas ergativas posúen un sistema de marcaxe S/O vs. A. Isto supón que o participante único S recibe a mesma marca que o obxecto transitivo O, gozando o primeiro participante transitivo A dunha marca exclusiva. Podemos comprobar estes feitos nos seguintes exemplos do éuscaro:\n(7) a. umean kalean erori da nenoo rúaen caerASP é ‘O neno caeu na rúa’. b. emakumeak gizona ikusi du mulleraERG homeo visto ha ‘A muller viu o home’. (Laka 1996: cap. 1, exs. 1ab)\nO caso empregado para codificar S e O é denominado absolutivo, o empregado para codificar A ergativo. Este último realízase, en éuscaro, mediante unha marca - k, emakumeak en (7b), en tanto que o absolutivo, como é habitual, non recibe marca explícita (véxase umean e gizona), sendo o principal pivote gramatical, ao igual que o nominativo nas linguas acusativas (Dixon 1979: 118122).\nA estrutura antipasiva obtense como derivación dunha construción transitiva e caracterízase pola perda de prominencia do segundo argumento, que desaparece ou pasa a marcarse como OBL. Como suxire o termo, a antipasiva é unha imaxe especular da pasiva: nesta, o argumento degradado é o primeiro, naquela, o segundo. Obsérvese os exemplos do groenlandés occidental (esquimóaleutiana): (8) a. Jaakup ujarak tigua-a JaakuERG pedra collerTRANS.INDICP3.ERG/P3.ABS ‘Jaaku colleu a pedra’. b. Jaaku ujarakmik tigusi-vuq Jaaku pedraINS COLLERAP-INTRANS.INDICP3.ABS ‘Jaaku colleu coa pedra’. (Bittner 1987: 194)\nComo observabamos para o inglés, alemán e galego en (3), (5) e (6), respectivamente, en groenlandés occidental, o segundo argumento dun verbo transitivo pode realizarse alternativamente mediante oblicuo, no caso de (8b) o instrumental - mik. Tanto na conativa das linguas acusativas canto na antipasiva das ergativas, O pasa de función directa (acusativo ou ABS) a indirecta (instrumental, locativo, partitivo…). Porén, a antipasiva posúe certos trazos paralelos aos da pasiva, nomeadamente, a presenza dunha marca formal explícita 3 (- si -, para o exemplo anterior do groenlandés occidental) e o paso do participante A (ergativo) da forma transitiva a S (ABS) na forma intransitiva ou antipasiva.\nEsta conversión de A en S outorga á antipasiva unha riqueza de funcións estruturais ausente en alternancias como a conativa: dado que, nas linguas ergativas, o absolutivo é o principal pivote gramatical, a operación detransitivizadora coñecida como antipasiva dá acceso ao primeiro argumento a procesos gramaticais como a relativización, o ligamento ou a elisión por correferencia (Comrie 1981; Dixon 1979, 1994; Polinsky 2013; Van Valin 1980). O papel da antipasiva é, en grande medida, análogo ao da pasiva, pois ambas as operacións permiten que argumentos dun verbo transitivo sexan albo de procesos gramaticais a que non poderían acceder doutro modo. Por outras palabras, permiten colocar A ou O na función de pivote S.\nA construción antipasiva foi tradicionalmente asociada ás linguas ergativas e, en efecto, existen motivos para vincular esta operación á sintaxe ergativoabsolutiva:\n[…] in every language, discourse is organised about a series of ‘topics’, which are most often human, and controllers of actions, and thus most likely to be in underlying A or S function; an S/A pivot condition accords with this while an S/O pivot is at odds with it. A language with thoroughgoing ergative syntax must have an antipassive derivation, to feed its S/O pivot, otherwise it could not operate (Dixon 1994: 174).\nNon obstante, hai quen considera que non existe correlación entre antipasiva e ergatividade. Givón (2001: 168173) identifica diferentes tipos de antipasiva con base no denominador común da degradación do paciente. Desta maneira, serían mostra de antipasiva en linguas acusativas a elisión do segundo argumento (ela come), a presenza de obxectos plurais, indefinidos ou non referenciais (le libros a moreas, acostuma comer pizza) e a democión do obxecto a un caso oblicuo, como acontece nas alternancias citadas no apartado anterior. Nesta liña, Polinsky (2013: 3) afirma que “The transitive/antipassive alternation is simply more visible in an ergative language, where it typically involves a change in subject case marking from ergative to absolutive”. Porén, a autora trata a conativa do inglés como diferente da antipasiva cando, seguindo a súa propia definición, non habería motivo para falar de dúas construcións distintas. Aliás, a mesma autora indica que as funcións semánticas e discursivas da antipasiva poden variar entre as linguas, o cal apoia a visión sintáctica de Dixon (1979, 1994).\nA principal función da antipasiva é colocar o participante A na posición gramaticalmente privilexiada S. Nas linguas acusativas, onde existe un sistema de marcaxe S/A vs. O, non é necesario, nin posíbel, tal movemento. A promoción de A trae consigo necesariamente a democión de O: para o primeiro argumento poder adquirir caso absolutivo, este ten que deixar de ser ocupado polo segundo participante. Existen aquí dúas posibilidades lóxicas. A primeira opción é que o segundo argumento desapareza completamente. Isto é moi común en chamorro (austronesia), onde máis do 60% dos casos de antipasiva carece de segundo argumento explícito (Cooreman 1988: 572). A segunda opción é que se dea unha degradación morfosintáctica, de maneira que O deixe libre o absolutivo e sexa codificado mediante unha función sintáctica indirecta, como acontecía no exemplo (8) do groenlandés. Este último caso é o que trataremos neste traballo, por constituír unha manifestación de alternancia obxecto/oblicuo comparábel coa conativa e outras operacións afíns das linguas acusativas.\nA tipoloxía bosquexada aquí ten, como todas, certa dose de simplificación. Apuntouse que a antipasiva é unha operación cuxo obxectivo fundamental é colocar A en posición S, outorgándolle relevancia gramatical ao primeiro argumento. Deste xeito, a posibilidade de antipasiva en linguas acusativas queda excluída. Non obstante, existen alternancias obxecto/oblicuo en linguas ergativas que non supoñen o paso de A a S, nas cales se observan efectos semánticos análogos aos da conativa. É este o caso do warlpiri (pamanyungan), lingua en que o segundo argumento pode codificarse alternativamente como ABS ou como OBL, sen que esta mudanza leve aparellada unha alteración na codificación do primeiro argumento, que se realiza como ergativo en ambos os casos (Guerssel et al. 1985). Isto levou os autores a falar de conativa, e non de antipasiva, en warlpiri.\nAs distintas operacións tratadas neste terceiro apartado teñen como denominador común a degradación morfosintáctica do segundo argumento. Este movemento pode responder a unha necesidade da sintaxe básica da lingua, caso da antipasiva, que posibilita o acceso do primeiro argumento a certos procesos gramaticais, ou pode destinarse a alterar certas propiedades semánticas do enunciado, como acontece coa conativa. Sexa como for, o cambio de configuración gramatical ten un impacto sobre a semántica do argumento e do enunciado no seu conxunto en ambos os casos, como veremos a seguir.\n4. p ropIEdadEs sEmántIcas das altErnancIas obxEcto / oblIcuo\nNo marco proposto por Hopper / Thompson (1980), a alteración do esquema transitivo prototípico —cun suxeito e un OD— supón unha alteración paralela de certas propiedades semánticas, en concreto aquelas implicadas na efectividade de transferencia da acción dun axente cara a un paciente. Traballos anteriores ao presente (Cooreman 1988; Ghomeshi / Massam 1994; Moure 2010; Rivas 2002) analizaron as alternancias obxecto/oblicuo nestes termos. Os seus resultados son coherentes coa idea de Hopper / Thompson (1980) de que a alteración da codificación do obxecto fai diminuír o grao de efectividade da transferencia, por exemplo, reducindo a afectación do segundo participante. Trátase, como acontecía no plano gramatical, dunha degradación, neste caso semántica, do segundo argumento. Mais a alteración da codificación morfosintáctica ten efectos de significado que alcanzan non só o elemento que muda de realización, senón tamén as propiedades que afectan o enunciado no seu conxunto, como o aspecto. Outra alteración do significado é a relacionada coa axentividade, factor asociado ao primeiro argumento, aínda que a falta de desenvolvemento teórico desta área impide obter resultados concluíntes. A seguir, ofrécese un percorrido polos principais factores semánticos que xogan un papel nas alternancias obxecto/oblicuo.\n4.1. Aspecto\nA clasificación verbal baseada no aspecto léxico remóntase a Aristóteles e foi revisada e reelaborada por moitos estudosos posteriores. Porén, foi o sistema de Vendler (1957, 1967) o que se tomou como referencia para a maioría do traballo en lingüística. Na súa análise, este autor identifica catro clases verbais — states ‘estados’, activities ‘actividades’, accomplishments ‘realizacións’ e achievements ‘logros’— que aínda hoxe son amplamente aceptadas. Traballos posteriores (Dowty 1979; Rothstein 2004; Smith 1991; entre outros) elaboraron en maior profundidade estes conceptos, identificando as súas propiedades formais. O aspecto léxico ou Aktionsart fai referencia ao tipo de situación que describe un verbo. Tres propiedades son relevantes neste respecto: dinamicidade, telicidade e duración (Smith 1991: 1920). Estas dan lugar ás catro clases verbais xa mencionadas: os estados son as únicas situacións non dinámicas (ademais de seren atélicas e durativas); os logros diferéncianse de actividades e realizacións por seren non durativos ou puntuais (alén de télicos); e as actividades opóñense ás realizacións en termos de telicidade (atélicas aquelas e télicas estas). Todas estas propiedades poden ser identificadas mediante distintos tests (vid. Dowty 1979: 5560).\nO influxo do aspecto na expresión morfosintáctica dos argumentos é unha idea de grande éxito e difusión no campo da lingüística 4 que se remonta, cando menos, ao xa citado traballo sobre a transitividade de Hopper / Thompson (1980). Desta maneira, o sistema de Vendler de clases aspectuais tería unha relación directa coa realización dos argumentos do predicado. Neste sentido, Hopper / Thompson (1980) sitúan a dinamicidade, a telicidade e a puntualidade entre as propiedades que conforman a transitividade prototípica. Nas seguintes liñas revísase o vínculo entre as propiedades aspectuais e a transitividade.\nEn primeiro lugar, os eventos dinámicos poden ser transferidos dun participante a outro, a diferenza dos estados. As situacións estáticas non son alleas ao formato sintáctico transitivo (e.g., Laura coñece a miña amiga), aínda que si é certo que este formato non representa a súa realización natural. De feito, os estados son os únicos eventos que se poden expresar mediante predicadores non verbais (e.g., Laura é loura). Os trazos sintácticos e semánticos destes predicados fan que sexan obviados cando se trata a transitividade e explican en boa medida o papel secundario que ocupan nos estudos lingüísticos.\nEn segundo lugar, considérase que a telicidade é propia do ámbito transitivo. Esta propiedade léxica dos predicados é identificábel mediante diferentes diagnósticos (vid. Dowty 1979: 5658; Kearns 2011: 159165): por exemplo, os predicados télicos, (9a), son máis aceptábeis con modificadores do tipo nunha hora que cos do tipo durante unha hora ; pola súa banda, os predicados atélicos, (9b), só permiten o segundo tipo de modificadores (Dowty 1979: 56). (9) a. O ancián bebeu un vaso de cervexa nunha hora/?durante unha hora. b. O ancián paseou polo xardín ??nunha hora/durante unha hora. Do punto de vista da estrutura mereolóxica, os eventos télicos son indivisíbeis, isto é, non posúen partes que poidan ser descritas mediante o mesmo predicado (Dowty 1991; Krifka 1998).\nAdemais, contan coa presenza dun tema incremental (incremental theme), que mide o evento e a partir do cal podemos coñecer o seu progreso. Así, o evento descrito polo predicado beber un vaso de cervexa componse de subeventos consistentes en inxerir diversas cantidades de líquido. Ningún destes subeventos pode ser descrito mediante beber un vaso de cervexa, por non incluíren o punto final inherente a este predicado. Aliás, observando o participante “un vaso de cervexa” podemos saber cal é o desenvolvemento do evento —dependendo de se o vaso está cheo, parcialmente baleiro ou totalmente baleiro saberemos se o evento aínda non comezou, está en progreso ou xa rematou—. Por contra, predicados atélicos como pasear polo xardín ou xogar ás cartas carecen de culminación e de tema incremental e poden ser aplicados a calquera dos seus intervalos. En consecuencia, os eventos télicos favorecen unha maior transitividade, pois están delimitados por un participante meta cara ao que se orientan e que se ve afectado pola situación descrita polo verbo. Cómpre sinalar que non debe equipararse, como fan Hopper / Thompson (1980: 270271), os termos perfectivo e télico. O primeiro pertence ao ámbito do aspecto gramatical, que recolle o punto de vista desde o que se observa o evento (Smith 1991: 6165) e é manifestado xeralmente mediante a morfoloxía verbal. O segundo, como acabamos de ver, refírese a un compoñente do aspecto léxico. Proba da independencia destes dous elementos son os exemplos da serie\n(9): ambos os dous presentan o verbo na súa forma perfectiva de pretérito (aspecto gramatical) mais, en relación á telicidade, o primeiro deles é télico e o segundo atélico.\nÉ comprensíbel a identificación télicoperfectivo e atélicoimperfectivo. Os eventos télicos posúen uns límites marcados polo seu punto final inherente, de modo que resulta máis natural observalos na súa totalidade, é dicir, mediante un punto de vista perfectivo. Os eventos atélicos, porén, carecen desa culminación inherente e só posúen unha conclusión arbitraria. Por esta razón, é máis común contemplalos desde o punto de vista imperfectivo, que se centra nas propiedades internas dunha situación sen se referir aos seus límites. O experimento de Delidaki (2007: 222223) mostra de maneira clara esta tendencia: as/os falantes de grego de idade adulta expresan o 78% dos eventos atélicos mediante morfoloxía imperfectiva, mentres que os eventos télicos son expresados mediante morfoloxía perfectiva no 83% dos casos.\nEn terceiro lugar, Hopper / Thompson (1980) consideran que a puntualidade é propia dos eventos transitivos canónicos. Aínda que os verbos puntuais, os logros, son sempre télicos, non son compatíbeis coa participación volicional do primeiro argumento, outra das propiedades que se postula como propia do máis alto grao de transitividade. Isto pode verse nos exemplos da serie (10), onde se mostra que os eventos puntuais non admiten modificadores como de propósito, que implican participación voluntaria por parte do primeiro argumento —en relación con este diagnóstico, véxase máis abaixo 4.3 e particularmente os exemplos (22) a (24)—. (10) a. Reparou na súa ausencia #de propósito. b. A rapaza chegou #de propósito.\nParece necesario, pois, que o evento teña duración para o primeiro participante poder controlalo. Neste sentido, as realizacións, en tanto que estados de cousas dinámicos, télicos e durativos, son os eventos propios da transitividade. Por outra banda, hai razóns de natureza non aspectual que reforzan esta idea (Levin 1999): as realizacións posúen unha estrutura de evento complexa, a cal se relaciona con situacións causativas que requiren dous argumentos, e exprésanse, xeralmente, mediante o molde transitivo. Desta maneira, se un verbo transitivo posúe tales propiedades, o seu equivalente noutra lingua corresponderá invariabelmente a un verbo transitivo, a diferenza do que acontece con verbos non causativos, que poden ser transitivos nunha lingua (e.g., inglés like) e non selo noutra (e.g., galego gustar).\nAs alternancias obxecto/oblicuo, en tanto que operacións detransitivizadoras, son, en principio, aplicábeis a un rango amplo de verbos transitivos. Non obstante, na medida en que as realizacións reúnen os trazos semánticos que máis favorecen a efectividade da transferencia da acción ao paciente, as consecuencias semánticas das alternancias que alteran a transitividade son máis notábeis neste tipo de evento que en calquera outro.\nTómese como exemplo o caso da alternancia xa mencionada do galego. Esta operación require en moitos casos que o evento sexa interpretado como axentivo (vid. 4.3), polo cal non é aplicábel a estados nin a eventos puntuais como os logros, os cales non admiten un suxeito lóxico que actúe intencionalmente. Isto déixanos unicamente cos eventos dinámicos e durativos, i.e. actividades e realizacións. Non obstante, a operación ten como efectos semánticos a redución da afectación do segundo argumento (vid. 4.2) e a perda da telicidade, efectos só observábeis nas realizacións.\nPodemos considerar que, do punto de vista aspectual, esta alternancia diatética, ao igual que a conativa, é un mecanismo que forza unha interpretación atélica de verbos tipicamente télicos como son as realizacións. Isto apuntan os datos de Rodríguez Guerra (1997), onde só oito dos 190 verbos diferentes con que aparece a construción con en acumulan un terzo das aparicións, correspondendo sete dos mesmos á clase das realizacións (comer, mallar, roer, facer, segar, apañar e cortar) e só un á das actividades (buscar). Se tomamos un verbo como comer, ou o seu equivalente en inglés, na súa forma de pretérito e cun SN definido en singular como obxecto, a forma de OD terá unha lectura télica, (11a) e (12a), mentres que a forma con complemento oblicuo será atélica, (11b) e (12b). (11) a. A nena comeu a mazá en cinco minutos/?durante cinco minutos. b. A nena comeu na mazá ??en cinco minutos/durante cinco minutos. (12) a. John ate the pie in/?for an hour. b. John ate at the pie for/??in an hour. (Beavers 2013: 688)\n© 2016 Estudos de lingüística galega 8, 167185\nEste recurso é paralelo ao uso de nominais pouco individuados, que tamén levan a unha interpretación atélica do evento:\n(13) a. A nena comeu mazá/mazás ??nunha hora/durante unha hora. b. John ate pie/pies ??in an hour/for an hour.\nAs alternancias obxecto/oblicuo sitúanse na liña dos mecanismos que alteran o aspecto do evento modificando a configuración do segundo argumento, coa diferenza de que o emprego da preposición non altera, necesariamente, a referencialidade do obxecto. Non obstante, si é certo que a atelicidade da construción con complemento oblicuo, e a súa consecuente preferencia polas formas aspectuais imperfectiva, habitual e iterativa, leva a unha presenza maioritaria de obxectos de referencialidade media e baixa 5, como corresponde a eventos episódicos nos que a identificación dos referentes non é crucial para a comunicación.\nNos traballos sobre linguas ergativas, o uso da antipasiva é asociado de maneira terminante ao aspecto imperfectivo e á atelicidade: así, en chamorro, a antipasiva é empregada para se referir a unha acción iterativa (Cooreman 1988: 583584), mentres que Krämer / Wunderlich (1999: 455) afirman que a antipasiva en maia iucateco “produce” verbos intransitivos “inherentemente imperfectivos”. Tchekhoff (1987: 6162), pola súa parte, ofrece información interesante sobre algunhas linguas australianas da familia pamanyungan: por exemplo, en guguyimidhir, o verbo gundal ‘matar, golpear’, na súa derivación antipasiva, non especifica a fin do evento (i.e., o evento é atélico), e en yandruwandha o molde antipasivo é empregado para expresar unha operación xeral ou indefinida do tipo eu comía ou el come pouco. Evidencias semellantes pódense atopar na literatura en referencia ao groenlandés (Bittner 1987), samoano (Maldonado 2007) ou inuktitut (Spreng 2012), o cal apoia a idea da interpretación atélica e imperfectiva da antipasiva como fenómeno xeral das linguas ergativas (Dixon 1994: 148149; Polinsky 2013: 4.3). Por outra parte, é moi habitual o uso desta construción para introducir referentes episódicos (Bittner 1987: 196197; Polinsky / Nedjalkov 1987: 247248). Un caso extremo é o do yupik (esquimóaleutiana), lingua en que só entidades definidas poden ocupar a posición de absolutivo dun verbo transitivo, de modo que para introducir obxectos indefinidos debe empregarse o esquema intransitivo da antipasiva (Mithun 2000: 94). Fronte a isto, o yukulta (tángkica) require a antipasiva cando o segundo argumento é expresado mediante pronomes de primeira ou segunda persoa (Polinsky 2013: 4.3), as unidades máis altas na escala de individuación. Este contraste mostra que as funcións semánticas e discursivas da antipasiva difiren entre as linguas e aínda esperan a ser estudadas con rigor e profundidade.\n4.2. Afectación do segundo argumento\nA negación da efectividade do evento é compatíbel coa forma intransitiva (14b), mais non coa transitiva (14a). Isto demostra que o uso de på ‘en’ en danés para introducir o segundo argumento de certos verbos transitivos resulta na redución da afectación deste participante. Efectos similares obsérvanse nas alternancias obxecto/oblicuo do inglés (Beavers 2013; Levin 1993: 4142), alemán (Frense / Bennett 1996), warlpiri (Guerssel et al. 1985), persa (Ghomeshi / Massam 1994) e na antipasiva das linguas ergativas (Dixon 1994: 148149; Hopper / Thompson 1980: 263; Polinsky 2013: 4.3; entre outros), como é o caso do samoano (Maldonado 2007: 844845), chamorro (Cooreman 1988), groenlandés occidental (Bittner 1987) ou inuktitut (Spreng 2012: 6779). Véxanse os exemplos do samoano (austronesia), cuxo predicado ‘ai ‘comer’ mostra os mesmos efectos na alternancia antipasiva.\n(15) a. Sa ‘ai e le teine le i’a. PASADO comer ERG a nena o peixe ‘A nena comeu o peixe’. b. Sa ‘ai le teine i le i’a. PASADO comer a nena LOC o peixe ‘A nena comeu no peixe’. (Maldonado 2007: 844)\nSegundo Maldonado (2007), a forma transitiva (11a) supón que o paciente, “o peixe”, en absolutivo, está totalmente afectado polo evento descrito polo verbo, o cal quere dicir que a nena comeu o peixe na súa totalidade. Por contra, a construción antipasiva (11b) só implica unha afectación parcial do segundo argumento, realizado como oblicuo. Tense argumentado que este mesmo factor, a afectación, é o que motiva a alternancia entre un obxecto e o OBL con preposición en do galego (Moure 2010: 90; Rivas 2002: 258259). Sen dúbida, este é o caso para predicados como o comer de (2). Proba do papel que xoga a afectación nesta alternancia é a diferenza de aceptabilidade entre a forma transitiva e a intransitiva ante un obxecto cuantificado co indefinido todo. (16) a. Comeu todo o peixe. b. ?Comeu en todo o peixe. Este indefinido serve para se referir á totalidade dunha entidade. No caso dun verbo como\ncomer na súa forma transitiva (10a), o uso de todo como cuantificador do obxecto implica a afectación de cada parte do mesmo. A escasa, se non nula, aceptabilidade do mesmo cuantificador do obxecto coa forma intransitiva (10b) é unha proba clara de que a alternancia aplicada a verbos como comer reduce a afectación do segundo argumento, que non se pode ver afectado na súa totalidade (a única interpretación viábel neste segundo caso sería a da afectación parcial de cada unha das partes do obxecto que, en tal suposto, debería ter unhas dimensións considerábeis).A noción de afectación foi tratada tradicionalmente de maneira intuitiva, sen que se ofrecese unha definición lingüística da mesma nin uns mecanismos fiábeis para detectala. Só moi recentemente, Beavers (2011) ofrece unha definición rigorosa e uns diagnósticos para identificar esta propiedade dos predicados. Así, a afectación é caracterizada como a transición dun paciente por unha escala, a cal codifica unha propiedade ou dimensión do paciente e define a mudanza efectuada sobre o mesmo (vid. Beavers 2011: 350352). Por exemplo, nun enunciado como alargaron a estrada 12 metros, o predicado coloca o segundo participante nunha escala que recolle a súa largura e especifica que o seu avance en relación con esa dimensión é de 12 metros. No modelo de Beavers (2011, 2013), o progreso na escala é delimitado pola xerarquía de afectación que se mostra en (17). (17) The Affectedness Hierarchy: quantized > nonquantized > potential > unspecified(Beavers 2011: 359)\nNeste modelo, as formas alternantes codifican distintos graos de forza a respecto desta xerarquía: se a forma transitiva implica un grao n, a correspondente forma oblicua implica o grao inmediatamente inferior, isto é, n –1. O autor ofrece como evidencia a conativa do inglés: un predicado télico como eat supón cambio cuantificado (i.e., afectación total) na forma transitiva, mentres que a forma oblicua correspondente na que o obxecto é introducido pola preposición at implica cambio non cuantificado (i.e., hai un certo cambio no paciente, sen que se especifique se é total ou parcial). (18) a. He ate his fries, #but left nearly all of them behind/#but none of them were eaten. b. He ate at his fries, but left nearly all of them behind/#but none of them were eaten.(Beavers 2013: 697) A construción conativa (18b) é compatíbel coa cancelación do cambio total, mais non é posíbel afirmar que non houbo ningún cambio en absoluto. Pola súa parte, a forma transitiva (18a) implica afectación total que, polo tanto, non pode ser cancelada —véxase Beavers (2011: 359361) para detalles sobre os diagnósticos—. O mesmo test pode ser aplicado á construción con preposición en do galego, con idéntico resultado. (19) a. Comeu as patacas, #mais deixou algunhas/#mais deixounas todas. b. Comeu nas patacas, mais deixou algunhas/#mais deixounas todas 6.\n(Nótese que o descenso de afectación en verbos télicos vai da man da interpretación atélica do evento, pois telicidade e afectación total implícanse mutuamente (Beavers 2013). A xa amentada noción de tema incremental serve para explicar este feito: o descenso en afectación resulta en que o segundo participante non poida desempeñar a función de medir o evento ou, se se prefire, un participante que non mida o evento non pode ser totalmente afectado).\nNon obstante, a afectación non permite dar conta da totalidade dos datos do galego. Como se apuntou máis arriba, a alternancia con preposición en dáse non só en realizacións, senón tamén en actividades. Estas últimas, como indica Beavers (2013: 692), asócianse a cambio non especificado, o que equivale a estar presente no evento ou, por outras palabras, a non estar necesariamente afectado. Verbos como buscar vincúlanse a este último chanzo da xerarquía de afectación e mostran, en galego, a alternancia obxecto/oblicuo. Da lóxica do modelo despréndese a imposibilidade de explicar estes casos con base na afectación: se un predicado na forma transitiva asocia o segundo argumento coa posición máis baixa da xerarquía, a súa forma oblicua non pode situalo nunha posición inferior, pois esta non existe. O test empregado para detectar cambio non cuantificado é a incompatibilidade coa construción o que lle pasou a X foi Y. (20) a. ??O que lle pasou ao can foi que o dono o buscou. b. ??O que lle pasou ao can foi que o dono buscou nel.\nEstes datos reforzan a idea das realizacións como eventos prototípicos da transitividade: a súa detransitivización mediante a construción oblicua do segundo argumento ten consecuencias semánticas paralelas en relación coa afectación, que descende, e a telicidade, que desaparece. Estes mesmos resultados non se obteñen cando a mesma construción se aplica a outros predicados, como as actividades, de baixa afectación e atélicas. Neste último caso, o emprego do mecanismo pode verse como un reforzo dos valores en cuestión, xa presentes no predicado, en especial cando se trata de contextos durativos, nos cales é común o uso da preposición nas realizacións. 6 Téñase en conta que este tipo de probas pode resultar pouco natural e que non se pretende mediante elas evocar exemplos de uso real, senón constituír pares que permitan analizar un determinado aspecto lingüístico. Neste caso, para tirar conclusións en relación coa afectación, emprégase a forma de pretérito en ambos os exemplos, a pesar de que, como mostran os datos de corpus que ofrece Rodríguez Guerra (1997), a construción con en do galego é pouco frecuente nesta forma do verbo.\nA modo de conclusión, pódese afirmar que a afectación está determinada, nomeadamente, por dous factores. Por unha banda, o formato sintáctico transitivo asóciase cunha maior afectación que os formatos intransitivos, polo menos no caso dos predicados de dous lugares. Por outra banda, os trazos aspectuais do predicado determinan que grao de afectación se verifica sobre o segundo argumento. Aínda que independentes, estes dous factores interactúan entre si para dar lugar a diferentes niveis de afectación. As alternancias estudadas constitúen un caso paradigmático desta interacción.\n4.3. Axentividade\nUn axente animado e con vontade propia é un dos participantes chave nunha situación transitiva prototípica (Hopper / Thompson 1980: 252). Por unha parte, a animación supón que o primeiro participante dun evento transitivo ten potencial para actuar intencionadamente e controlar o estado de cousas: compárese, neste sentido, a rapaza pechou a porta con o vento pechou a porta. Por outra parte, a volicionalidade implica a participación voluntaria do primeiro participante no evento: contrástese aquí a rapaza escribiu a canción con a rapaza esqueceu a canción. Salvando os casos de personificacións, volicionalidade sempre implica animación. A axentividade será entendida como a converxencia destas dúas propiedades, é dicir, como a presenza dun primeiro argumento que actúa intencionadamente e que, necesariamente, é alto en animación.\nAínda que a axentividade non é unha noción aspectual e está determinada pola estrutura argumental e factores pragmáticos, axentividade e Aktionsart parecen non ser totalmente independentes. Proba disto é que algúns dos diagnósticos propostos por Lakoff (1966) para detectar os estados resultaron ser tests para axentividade (vid. Dowty 1979: 110117). Os estados non son susceptíbeis de interpretacións axentivas e tampouco admiten as formas continua, (21a), e imperativa, (21b), nin modificadores como coidadosamente, (21c), ou de propósito, (21d).\n(21) a. ??A rapaza está sabendo a resposta. b. ??Sabe a resposta! c. ??A rapaza soubo a resposta coidadosamente. d. ??A rapaza soubo a resposta de propósito.\nNon obstante, é precipitado considerar que estas propiedades ilustradas na serie (21) serven tanto para detectar estados como para identificar eventos non axentivos. A utilidade destes diagnósticos non foi correctamente entendida porque moitos verbos non estativos son axentivos. Porén, a chave para xebrar os tests de axentividade atópase nos logros. Estes eventos non estativos e puntuais son compatíbeis coas formas continua 7, (22a), e imperativa, (22b), e con modificadores como coidadosamente, (22c), mais non con outros como de propósito, (22d).\n(22) a. A expedición está alcanzando o cumio. b. Alcanza o cumio! c. A expedición alcanzou o cumio coidadosamente. d. ??A expedición alcanzou o cumio de propósito.\nContextos como (22d) fornecen diagnósticos máis precisos para detectar a axentividade porque refiren directamente á participación voluntaria do primeiro argumento. Con todo, esta proba non é fiábel para detectar predicados que non admiten lecturas axentivas: os verbos que lexicalizan axentividade tampouco admiten a modificación con de propósito, mais neste caso por reforzar o significado implicado polo verbo e non por cancelalo, como acontecía nas series (d) de (21) e (22). Da mesma maneira, os verbos lexicamente axentivos tampouco admiten a cancelación da súa implicación semántica con circunstanciais do tipo sen querer. Fronte a isto, os 7 Os membros desta clase aspectual mostran un comportamento irregular en relación coa forma continua (Dowty 1979: 130, n. 8). Compárese neste sentido a inaceptabilidade de formas como ?? está reparando na súa presenza fronte a outras como está chegando/gañando ou a ofrecida no exemplo (22a).\nNestes exemplos ‘??’ indica que un fragmento é anómalo, por reforzar a implicación, e ‘#’ indica que é contraditorio, por cancelala. Isto é relevante porque tanto os eventos non axentivos, como (23a), canto os axentivos, como (23b), son incompatíbeis cos modificadores en cuestión mais mostran, como xa se indicou, padróns opostos de reforzo e cancelación da axentividade.\nSegundo Van Valin (1990: 224), verbos como (24a) non inclúen a axentividade como parte do seu significado léxico, de maneira que, se se omiten os modificadores en cuestión, a interpretación tenderá a ser axentiva, con base nun proceso de implicatura desencadeado pola animación e a propia semántica verbal. Por contra, predicados como (24b) especifican a axentividade lexicamente, é dicir, a axentividade é unha implicación nestes verbos e non unha implicatura, como nos anteriores. As implicaturas son significados adicionais que xorden do contexto e que poden ser cancelados e reforzados. Pertencen, por tanto, ao dominio da pragmática. As implicacións, pertencentes ao dominio da semántica, forman parte do significado léxico dunha unidade e, en consecuencia, non poden ser canceladas nin reforzadas. Desta maneira, cando a axentividade é unha implicación, non son posíbeis os modificadores sen querer e de propósito, pois cancelan e reforzan, respectivamente, a participación volicional do primeiro argumento. En consonancia con isto, os verbos que non implican axentividade admiten suxeitos inanimados, mentres que os que a inclúen no seu significado léxico só permiten entidades altas en animación.\n(25) a. O paquete chegou. b. ??O paquete correu. (26) a. O furacán matou a Xosé. b. ??O furacán asasinou a Xosé.\nDeste xeito é posíbel diferenciar, dentro dos verbos do tipo (23), entre aqueles que non son axentivos e admiten suxeitos inanimados, como chegar, e aqueles que si o son e non admiten este tipo de suxeitos, como correr. Relativamente ás alternancias obxecto/oblicuo tratadas neste traballo, a axentividade parece ser un factor relevante. Por sorprendente que pareza, a construción oblicua do argumento interno supón, nalgúns casos, a participación voluntaria do primeiro argumento. Desta maneira, verbos que non inclúen a axentividade no seu significado léxico, como espallar, para o caso do galego, permiten un contraste entre a súa forma transitiva, (27a), compatíbel con interpretacións volicionais e non volicionais, e a súa forma con complemento oblicuo, (27b), sempre axentiva. (27) a. Os rapaces espallaban as follas accidentalmente ao pasar. b. Os rapaces espallaban nas follas #accidentalmente ao pasar.\nOutro exemplo da necesidade de participación voluntaria do primeiro argumento na construción oblicua é o seguinte: unha forma exclamativa como estás a cortar o cable!, destinada a alertar o destinatario e que presupón que a acción se leva a cabo involuntariamente, non é posíbel na construción oblicua conservando a interpretación en que o suxeito non actúa de maneira intencionada (?? estás a cortar no cable!).\nDo mesmo xeito, as formas transitivas admiten suxeitos inanimados, (28a) e (29a), mentres que a construción preposicional do segundo argumento xeralmente require que o suxeito actúe tiva do inglés, (30).\nOs eventos son comunmente caracterizados polas súas características aspectuais, como as bosquexadas no apartado 4.1 desta contribución. Non obstante, a maneira en que os participantes se implican no evento tamén xoga un papel crucial. Neste sentido, en canto o impacto do paciente na semántica do evento foi amplamente discutido e deu lugar a fértiles nocións teóricas como a de tema incremental (Dowty 1991; Krifka 1998) ou a de afectación (Beavers 2011), a influencia das propiedades do rol de axente ou causante na interpretación do evento continúan en boa medida inexploradas. A carencia de recursos teóricos resultado desta situación fai que sexa difícil avaliar con rigor a verdadeira influencia da axentividade sobre o fenómeno tratado neste traballo.\n5. c onclusIón\nAo longo do presente traballo puido observarse a tipoloxía das diferentes construcións que se axustan ao esquema obxecto/oblicuo. A degradación que sofre o segundo argumento nos distintos niveis de análise permite un tratamento unificado das alternancias analizadas. Aínda que a importancia estrutural da construción antipasiva para a arquitectura sintáctica ergativa non ten correspondencia nas construcións das linguas acusativas, o certo é que en todos os casos se verifica un desprazamento dunha función sintáctica directa (ABS, OD ou OI) cara a unha función sintáctica indirecta (OBL). Trátase dun fenómeno de degradación, pois o segundo argumento perde o acceso a certas operacións gramaticalmente relevantes, ao tempo que diminúe a súa prominencia discursiva. Esta menor importancia do referente, sumada á atelicidade propia da 8 Como exemplos de uso real da construción oblicua nestes verbos, tómense os seguintes: rúbese ás medas a espallar na palla (TILG, 3MA002917); Eu creo que ó veren todos aqueles soldados novos desfacendo na cerca e derrubando nas torres aínda pensaban que as cousas lles habían de ir peor (TILG, CBNCER994).\nforma con complemento preposicional, resulta nunha menor individuación das entidades que ocupan o segundo lugar valencial, o cal explica a alta correlación cos aspectos imperfectivo, habitual ou iterativo. Do mesmo modo, a ausencia dunha culminación lóxica que marque o final do evento impide a presenza dun participante que o mida e verifique o seu progreso. Estamos a falar, neste caso, dun descenso da afectación que o evento descrito polo predicado exerce sobre o segundo participante.\nFronte a isto, o papel, aínda por esclarecer, da axentividade parece ir na dirección contraria das outras alteracións semánticas observadas, pois as formas con preposición —excepto, quizais, a antipasiva— requiren un primeiro argumento que controle o evento e actúe voluntariamente, trazo asociado á alta transitividade. En calquera caso, o escaso desenvolvemento desta noción teórica aconsella precaución na hora de interpretar os datos.\nPor outra banda, a análise das clases verbais permitiu concluír que as realizacións son os eventos máis característicos da transitividade, tanto polos seus trazos aspectuais como pola súa estrutura causativa. Polo tanto, deben ter un lugar preeminente no estudo interlingüístico da transitividade por permitiren estudar como se materializa e como se altera esta propiedade nas diferentes linguas.\nA comparación interlingüística supón, como todo labor teórico, certa dose de simplificación. Polo xeral, trátase a conativa, a antipasiva ou os complementos con en do galego como fenómenos separados e, con certeza, existen elementos que os distinguen. Non obstante, abstraerse das diferenzas permite observar que os feitos dunha lingua concreta non son máis que a manifestación dunha operación moi estendida entre as linguas a nivel xeral, neste caso unha operación de degradación do segundo argumento que, como non pode ser doutra maneira, se materializa de xeito particular en cada lingua.\na gradEcEmEntos\nAgradezo a Francisco Cidrás os seus comentarios sobre unha versión previa deste traballo, dos cales quizais non tirei todo o proveito que debía. Tamén teño que agradecer o labor das dúas persoas anónimas que revisaron este artigo e contribuíron a melloralo substancialmente por medio das súas observacións e suxestións."} +{"summary": "O filme Histoire(s) du cinéma (JeanLuc Godard, 1998) supuxo, fóra do ámbito puramente fílmico, unha toma de posición controvertida sobre a propia disciplina da historiografía, pois, mesmo se metodoloxicamente non é prudente adscribilo claramente a esta, ten puntos en común con ela que superan a barreira institucional da disciplina. Neste traballo analízase o momento no que esta reflexión sobre a historia se concreta na historia do propio medio cinematográfico e examínase como a idea principal a este respecto implica unha apertura de natureza interdisciplinar na súa xenealoxía, de modo que o arquivo da historia do cinema non é puramente fílmico e o cinema é un capítulo na historia de moitas outras cousas. No entanto, admítese que o traballo de Godard ten unha dimensión monumental e melancólica (debida á súa propia centralidade na institución cinematográfica e á lexitimidade autorial que dela resulta) que dá lugar a unha escuridade formal e a un certo conservadorismo que contrastan coa súa visión anovadora da historia. Como antídoto, proponse un diálogo coa obra do realizador alemán Harun Farocki, cunha visión próxima á de Godard pero liberada da pesada carga autorial deste, e exemplifícase cun dos seus filmes (Arbeiter verlassen die Fabrik, 1995) a mencionada idea de que o cinema é un capítulo na historia doutra cousa –neste caso, do traballo.", "text": "Signum crucis: a historia do cinema como encrucillada en JeanLuc Godard e Harun Farocki\nSamuel Solleiro : cinema, Harun Farocki, historia do cinema, historiografía, interdisciplinariedade, JeanLuc Godard.\nsuficiente para participar lexitimamente en debates intelectuais de certa altura 6 e, ao meu xuízo, non xogou un papel menor nesa posibilidade a monumental toma de posición que supuxo Histoire(s) du cinéma.\nIn nomine Patris\nCon efecto, Histoire(s) du cinéma, á espera de que a perspectiva temporal permita unha (necesaria) crítica que valorice os traballos posteriores do autor, é aínda, a día de hoxe, o filme central do Godard post68. Este filme mobilizou, entre as primeiras proxeccións públicas de capítulos soltos en 1989 e a actualidade, grandes e diversos intereses: logo da estrea oficial en 1998 coñeceu un gran volume de textos críticos 7 que contribuíron a fixar, acaso involuntariamente, un relato oficial acerca da interpretación canónica do filme, e após a saída do DVD en Francia en 2007, unha (certa) popularización que fixo que o filme supere as portas dos departamentos universitarios e as fronteiras da francofonía 8. Dado que Histoire(s) du cinéma pretendía non ofrecer apenas un discurso sobre a historia do cinema senón tamén sobre a propia historia “a secas” do século XX, boa parte dos esforzos críticos consistiron en calcular e avaliar a relevancia do filme como posíbel ferramenta teórica historiográfica. Aínda en 1998, á hora de planificar a publicación do libro homónimo que reproduce o texto do filme e diversos fotogramas (Godard, 1998), o director da casa Gallimard propuxo a súa inclusión na colección “Bibliothèque des histoires” a carón de historiadores ou teóricos da historiografía recoñecidos, de Jacques Le Goff a Michel de Certeau ou Carlo Ginzburg. O director da colección, o tamén historiador Pierre Nora, negouse por non tratarse dun traballo historiográfico strictu sensu (Baecque, 2010: 755756). Un episodio como este dá pé a facerse moitas preguntas non apenas acerca de Histoire(s)\ndu cinéma, senón mesmo da validez xeral das imaxes, fílmicas ou non, como documentos históricos 9. E cómpre apuntar que calquera discusión neste sentido debe ser confrontada cuns límites disciplinares que, por moito que teñan un fondo metodolóxico, baten, en última instancia, con fronteiras puramente institucionais. Ao meu xuízo unha lectura interdisciplinar debe asumir este contexto pero ao mesmo tempo pode detectar neste filme a presenza de trazos comúns (non sempre deliberados) con algunhas das distintas tendencias e modalidades historiográficas nadas no século XX da rutura do paradigma positivista: desde Fernand Braudel, explicitamente citado no filme, e a longue durée da escola de Annales até a microhistoria de Carlo Ginzburg ou Natalie Zemon Davis, pasando pola filosofía analítica de Arthur C. Danto, o New Historicism, a metahistoria de Hayden White, a nova historia cultural de Peter Burke ou a historia efectual de raíz ricoeuriana, trazos concretos destas escolas son detectábeis en certos recursos, imposíbeis de enumerar aquí, empregados por Godard para Histoire(s) du cinéma, de xeito que o filme pode estar á altura dun certo “clima intelectual” sen ter que afirmar que por medios cinematográficos se chegue necesariamente a un nivel de abstracción similar ao dun texto teórico. Paradoxalmente, trazos da propia Nouvelle Histoire (a terceira xeración de Annales á que se adscribe Pierre Nora) son detectábeis, tamén, no filme, entre eles a “impossibility of transmitting the whole story or a story of wholeness, while recognizing that the fragmented nature of the present can be endowed with meaning only by opening up passages to the past” (Nettelbeck, 2005: 111) ou os numerosos recursos que tornan “visível o envolvimento pessoal do historiador em seu ofício profissional, praticado na esfera institucional da academia” (Olinto, 2005: 140) e que derivan en conceptos como o de “egohistoria” do mesmo Nora (idem, 141146) 10.\nPorén, a barreira dunha disciplina altamente institucionalizada e codificada impide, creo, valorar seriamente o nivel de capacidade historiográfica de Histoire(s) du cinéma por esta vía, unha vez identificados os trazos en común con algunhas modalidades e a pertenza a un mesmo “clima intelectual” 11.\nConsidero que para atopar o factor máis novidoso e aproveitábel deste filme, é preciso antes de máis escorar o enfoque cara ao outro gran bloque no que Histoire(s) du cinéma pretende incidir declaradamente: a historia do cinema. Non para deixar o argumento aí, atrapado nunha das chamadas “historias sectoriais”, senón como un grao máis de concreción do que se lle supón á historia “a secas” pero que, en última instancia, cómpre rebater tamén. Nun comentario ás ideas de Hubert Damisch sobre a pertinencia da disciplina da historia da arte, Ernst van Alphen explica que\n[e]n la cultura occidental, especialmente en la historia del arte, es habitual hablar de la historia sin un objeto. [...] Así, la “historia” es tratada como una realidad. Y, como realidad, se convierte en un principio incuestionable, un dogma. Pero para Damisch la historia existe sólo en la medida en que es la historia de algo (Alphen, 2006: 87. Cursiva do autor).\nNese afán de concreción está unha clave moi importante do traballo de Godard na medida en que resitúa a idea de historia en relación a unha materia (digamos, a imaxe –Damisch falaría do obxecto artístico) que, evidentemente, coñece diferentes realizacións diacrónicas (e velaí a historia) pero tamén suscita preguntas abstractas ás que hai que recoñecerlles un carácter abstracto transhistórico, isto é, teórico. Por iso Damisch chega á premisa fundamental de que a arte pensa anos antes, e sen que me conste influencia directa, de que Godard colocase en Histoire(s) du cinéma esoutro slogan análogo de que o cinema pensa. Os frutos dese pensamento son, obviamente, abertos 12, e como tales non poden ser xa patrimonio dunha disciplina concreta: o paradigma interdisciplinar 13 é a alternativa máis coherente na medida en que as disciplinas fixadas limitan as súas xenealoxías posíbeis a un repertorio cousificado (Alphen, 2006: 8089).\nA historia do cinema tal e como se adoita entender, esa que supostamente dá inicio en rematando o século XIX, é unha disciplina cuxo grao de institucionalización, se ben non coa antigüidade ou o prestixio da historia da arte, é a día de hoxe indiscutíbel. As xenealoxías que adoitan tomarse en consideración van desde un paradigma erudito de obras e autores (o cinema “comezou” en 1895) 14 a outro un pouco máis amplo que toma en conta o desenvolvemento ao longo do século XIX das técnicas para a captura e a reprodución das imaxes en movemento (Carmona, 1998). O punto no que se sitúan as Histoire(s), así, e o ámbito no que o filme pode ser unha ferramenta produtiva de pensamento, é precisamente o da ampliación, relativización e redefinición da xenealoxía das imaxes cinematográficas. Unha ollada rápida ao material do que está feito o filme afástase do esperábel, que serían as imaxes propiamente cinematográficas e, como moito, a mención das obvias tradicións da fotografía e do teatro. Mais aquí hai unha gran presenza da pintura. Poderíase pensar nunha disciplina como a historia da arte, pero tamén hai literatura, normalmente allea á historia da arte nos departamentos. Os fragmentos de novelas poden dar pé a pensar na idea de narración cinematográfica, pero que facer entón coa poesía, coa filosofía, coa crítica cinematográfica? E co texto escrito no ecrán, sempre a medio camiño entre o panfleto político, o slogan publicitario e o verso vangardista? Que lugar ocupan a economía, a política ou a relixión, tan presentes? E a pornografía? E a música?\nChámeselle intermedialidade ou calquera outra cousa: calquera que coñeza minimamente a traxectoria de Godard saberá que a pluralidade de materiais no seu cinema vén de vello. E tamén que, madia leva, Godard non ostenta o monopolio da intermedialidade nin moitísimo menos. A novidade deste filme pódese explicar, creo, a partir do título. Histoire(s) du cinéma. Du cinéma. Repárese nesta segunda parte: a pluralidade do material non impide que a disciplina da que se trata sexa, declaradamente, o cinema en sentido estreito (a imaxe en movemento captada por medios magnéticos, montada e proxectada que, ademais, desde a época da Nouvelle vague admite ser pensada, tamén retrospectivamente, como traballo artístico debido a un autor). Este filme non é un simple traballo de found footage, pretende ser un arquivo de algo e o propio título indica exactamente de que: hai polo tanto unha pechazón aparente, unha vontade de institucionalizar. Pero ao estar o arquivo contaminado, o que parecía pechado ábrese: a materia da que se ocupa unha historia do cinema non é de ningunha maneira estritamente fílmica. Hai moito material que suxire moitas conexións posíbeis, tamén dun punto de vista xenealóxico. Ten sentido falar, malia todo, dunha historia do cinema?\nTeno e non o ten. Jenaro Talens e Santos Zunzunegui xustificaron a pertinencia dunha historia do cinema malia todo a partir dunha ostentación de aparente sentidiño como a que supón o chamado Teorema de Thomas:\nsi la gente define ciertas situaciones como “reales”, dichas situaciones se convierten en “reales” en sus consecuencias [...]. No cabe duda de que hablar de algo tiene, entre otros, el nada desdeñable efecto de hacerlo existir de manera automática [...]. Si adoptamos dicho punto de vista, tan simple como pragmático, deberemos aceptar la existencia de lo que la práctica institucional viene definiendo con el nombre de Historia del Cine (Talens e Zunzunegui, 1998: 9).\nPor outra banda, o material a traballar reborda por todas partes a “pura” imaxe. Como é posíbel que unha simple historia sectorial dea conta da complexidade dos procesos que se poden trazar na xenealoxía do cinema unha vez que a esencialidade da imaxe foi gravemente atacada? Parafraseando, en suma, a Hubert Damisch: de que é o cinema unha historia? (Alphen, 2006: 88). Sen dúbida, de varias cousas: da visión e da representación en sentido amplo, en primeiro lugar (Talens e Zunzunegui, 1998: 1820). Dos réximes escópicos. Dos espectáculos. Da industria, do diñeiro e da guerra. Da narración. Do traballo, do corpo. Da ciencia, do cálculo, das relacións de xénero. Das sociedades de control. De moitísimos procesos en realidade pode o cinema ser unha historia, isto é, un capítulo.\nEt Filii\nNo entanto, estas Histoire(s) non deixan de conformar até certo punto un relato substitutorio dunha cronoloxía convencional, construído desde a melancolía, que se consagra ao rescate da imaxe por medio de anacronías e constelacións; á monumentalización, en definitiva, do cinema, o que para\n(invención fundada xa entón nunha nostalxia do cinema clásico que supuxo, para Losilla (2010) un certo paso atrás respecto das modernidades máis canónicas de Antonioni ou Bergman), incorporou a idea de autoría como paradigma organizador do cinema. Polo tanto o que Godard lamenta, neste filme e, en xeral, en momentos doutros filmes e en entrevistas nas que se mostra particularmente hostil a certas anovacións técnicas, digamos a televisión ou o vídeo dixital (recursos que, por outra parte, non dubida en empregar, véxase, entre outros moitos exemplos, o uso do dixital no recente Film socialisme), é a fin, ou a futilidade cando menos, do paradigma autorial que lle permitiu a el, or outra parte, realizar este filme deste xeito. Esta circunstancia abre a porta da melancolía, do mesianismo e da densidade semiótica: as Histoire(s) non son unha toma de posición, senón moitas, ás veces contraditorias, e dos espectadores depende a decisión de cal activar en cada momento.\nAsí as cousas, talvez a mellor maneira de levar á práctica as ideas historiográficas rastrexábeis neste filme pase, curiosamente, pola necesidade de separarse del e, unha vez lexitimada a idea de que o cinema pode efectuar tomas de posición nesa clase de asuntos, tratar de ver á súa luz outros traballos que, por motivos en última instancia sociolóxicos, non xeraron o corpus crítico de Histoire(s) du cinéma pero desenvolven ideas próximas. Nas liñas que seguen vou regresar a esa consideración do cinema como unha encrucillada de xenealoxías de distinto signo que ficou enunciada no anterior epígrafe, a partir dos traballos do realizador alemán Harun Farocki. O exercicio que se propón é case crístico (en sentido, madia leva, laico) por canto no cinema de Farocki aparecen recorrentemente ideas asociadas a Godard 19 pero mediante un estilo moito máis diáfano e sen a aura esotérica que a mencionada densidade semiótica dá a aquel. Esta proximidade teórica entre ambos coas diferenzas da intelixibilidade, da autoridade e tamén da procedencia e da idade 20 serán as que me permitan pensar agora a Farocki como unha especie de representante de Godard na terra, por así dicilo. Evidentemente isto non exclúe en absoluto o valor de Farocki en si, ao contrario; o feito de que os filmes dun e do outro sexan documentos accesíbeis no presente permite usar uns para pensar os outros sen preocupacións de signo teleolóxico por quen influenciou realmente a quen e en que orde.\nUnha das liñas de traballo máis suxestivas no cinema de Farocki é a que nota, nunha primeira fase, a diferenza crecente entre o visual e a imaxe, segundo as definicións de Serge Daney de ambos os termos (o visual, a simple verificación de que as cousas funcionan no nivel técnico; a imaxe, que é o material que se mobiliza no cinema, a constatación de que sempre hai algo que falta) 21 para, a seguir, exercer unha especie de close reading sobre materiais procedentes claramente do ámbito do visual (rádares de guerra, publicidade, cámaras de videovixilancia, reportaxes industriais) que se comentan e se procesan (móntanse, pero non se alteran con zooms ou efectos) como se fosen imaxes cinematográficas (Blümlinger, 2004: 315). Eis o mecanismo que artella o que acaso sexa o seu traballo máis coñecido, Bilder der Welt und Inschrift des Krieges (1988) 22, no que a narración en off que acompaña unha compilación de secuencias procedentes dese material chamado visual non é en absoluto un recurso pedagóxico senón que instaura a posibilidade de dicir algo sobre imaxes que non están pensadas para que se diga nada sobre ou a partir delas:\nImages of the World fixes on what is not there to be seen, on what could never be seen, not because of some invisibility but rather because of a sort of blindness built into sight; it attends to what is not of the order of sight, to another light or an oversight in the image. Which is to say, it takes these images as inscriptions, to be read and not just to be seen or looked at (Keenan, 2004: 204).\n–marxista–, de estudar e amosar que institucións producen ese tipo de imaxes nas sociedades de control e para que (Brenez, 2009: 129130), pero tamén cunha interesante lectura historiográfica: a súa perspectiva sitúa o cinema como un segmento á fin bastante inofensivo de traxectorias que o sobrepasan por todos os lados. Ou, como o enuncia Thomas Elsaesser: “the cinema has many histories, only some of which belong to the movies” (2004a: 12). Co gallo dunha retrospectiva coordinada polo mesmo Elsaesser, Harun Farocki, en entrevista con el, menciona:\n[t]he choice you’ve made in showing a series of films that look at cinema not as part of the history of storytelling, but as belonging more to the history of other techniques and technologies of surveillance, measuring, calculating, automation (Elsaesser, 2004b: 184), proxecto que a seguir conecta co dun teórico alemán, Bernhard Siegert, para quen a novela é un capítulo máis, unha subcategoría, na historia nada menos que da comunicación postal 23 (idem). É un punto este, pois, no que os traballos de Farocki e de Godard coinciden, ou mellor, admiten unha lectura similar. Coa diferenza de que Farocki, que é, nas súas propias palabras, “the best known unknown filmmaker in Germany” (idem: 177), pode permitirse unha flexibilidade á hora de trazar as súas relacións coa institución cinematográfica, que o peso de Godard, a súa asumida responsabilidade na conversión do cinema nunha cuestión de obras e autores, lle impide; até o extremo de que Farocki, declaradamente por razóns de financiamento (Farocki, 2009: 235), atopou sen maior problema o seu oco no ámbito dos museos (ultimamente o groso do seu traballo está consagrado a este ámbito) mentres que Godard fracasou estrepitosamente na súa achega a esta institución, como se apuntou no comezo.\nMesmo cando Farocki dá en elaborar un proxecto cuxo material principal non procede deste material “visual” senón do cinema en sentido “recto”, o ton respecto do medio segue a ser desapegado. Arbeiter verlassen die Fabrik (1995) 24 é un filme realizado co gallo do centenario do cinema no que se realiza unha reflexión sobre o cinema e a industria a partir do filme La sortie de l’usine Lumière à Lyon (Auguste e Louis Lumière, 1895) e as (escasas) veces que, posteriormente, no cinema se filmou o mundo das fábricas. O filme quere ser un arquivo, o arquivo desas poucas veces, malia estar incompleto por cuestións de dereitos e malia introducir, como Godard, elementos “bastardos” (neste caso, publicidade moderna de medidas de seguridade para fábricas). Aquí, por moito que case todo o material se circunscriba ao que as historias máis canónicas do cinema asumirían como propio, cómpre salientar que a propia selección en función do tema (aínda que haxa quen vexa isto como unha concesión nostálxica) 25 dá a clave dunha idea non moi diferente da de Bilder der Welt : non é a historia do cinema, a esta luz, un capítulo máis ou menos illado, máis ou menos afortunado, da historia do traballo?\nEt Spiritus Sancti\nAté aquí a comparación. Un último apuntamento para rematar: non se pretendeu soster nas liñas anteriores nada parecido a que esta consideración da historia do cinema como encrucillada (de calquera historia sectorial en realidade) sexa patrimonio exclusivo ou invención de Godard ou Farocki. Trátase, pola contra, dunha tendencia importante na historiografía e nomeadamente, para este caso, na arqueoloxía dos medios, con antecedentes filosóficos coñecidos 26. O papel de Histoire(s) du cinéma a este respecto, como se apuntou, ten a ver especialmente con propor un soporte fílmico para este proxecto e tamén, hai que recoñecelo, coa súa (sempre relativa) lexitimación.\nCanto á concepción do cinema a este respecto, o punto de inflexión pódese situar na década dos noventa e formúlao por exemplo Francesco Casetti para dar conta dunha certa crise da teoría cinematográfica naquela década: a cuestión principal non é que esta deixase de practicarse porque o cinema xa non existise como tal, senón que esta situación suscitou a idea de pensar este como un obxecto que nunca existiu senón como esa encrucillada na que outros inventos, outras institucións, outros relatos, deron en cristalizar nun momento dado. O cinema, así, non tería unha historia de seu: compartillaría a historia de outros (Casetti, 2007: 3739) 27. De regreso ao título do filme de Godard, acaso esta sexa a explicación máis acaída do (s) de Histoire(s) de entre as moitas que se teñen apuntado aquí e aló. Non é que a historia do cinema non exista, apenas que existen demasiadas.\nSamuel Solleiro Universidade de Santiago de Compostela Bibliografía Alphen, Ernst van. 2006. “‘¿Qué historia, la historia de quién, historia con qué propósito?’: nociones de historia en Historia del Arte y Estudios de Cultura Visual”, en EV: Estudios visuales, 3, Murcia: CENDEAC, pp. 7998. . Aumont, Jacques. 1999. Amnésies. Fictions du cinéma d’après JeanLuc Godard. París: P.O.L. Baecque, Antoine de. 2010. Godard. Biographie. París: Grasset. Bal, Mieke. 2004. “El esencialismo visual y el objeto de los Estudios Visuales”, en EV: Estudios visuales, 2, Murcia: CENDEAC, , pp. 1149. — 2009 [2002]. Conceptos viajeros en las humanidades. Una guía de viaje. Murcia: CENDEAC. Tradución ao castelán de Yaiza Hernández Velázquez. Bergala, Alain. 2004 [1999]. Nadie como Godard. Barcelona: Paidós. Tradución ao castelán de Jos Oliver. 27 Entendo, ademais, que nun paradigma interdisciplinar este exercicio é válido para todos os ámbitos e produce achegamentos aos obxectos de estudo que serían imposíbeis na aceptación dos limites clásicos.\nGodard, JeanLuc. 1998. Histoire(s) du cinéma. París: GallimardGaumont."} +{"summary": "Por máis que a dedicación de Antón Avilés de Taramancos á tradución poética constitúe un feito ben coñecido, a relación entre os textos que traduciu e súa propia obra non recibiu atención crítica abonda. Emporiso, libros como Crónicade SaintJohn Perse e mais O cemiterio mariño de Paul Valéry, ambos os dous traducidos do francés ao galego por Avilés, arrequecen diversamente o abano interpretativo dalgúns dos seus textos. O mesmo ocorre coa súa versión dun fragmento da rapsodia XXI da Odisea, episodio que acada un valor simbólico importante no conxunto da súa obra. Logo de elucidar o xeito en que a obra de Avilés de Taramancos se sitúa fronte a esas relacións intertextuais, o artigo céntrase na xénese do poema “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”, publicado en Dornaen 1983, un canto épico que actúa como homenaxe ao escritor chileno mencionado no título e que se caracteriza por unha singularidade: non se trata dunha composición enteiramente orixinal de Avilés senón o resultado dunha derivación creativa da súa tarefa tradutora.", "text": "Avilés de Taramancos e a tradución poética Martín Veiga\n : Avilés de Taramancos, poesía, tradución poética, xéneros literarios.\nO cultivo da tradución poética por parte de Antón Avilés de Taramancos constitúe un feito ben coñecido entre nós, pero a relación que se estabelece entre os textos traducidos por el e a súa propia obra literaria non recibiu atención crítica abonda. Aínda que este estudo non foi concibido como rectificación desta lagoa específica, si tenta ofrecer unha serie de reflexións arredor do vencello singular existente entre a obra de Avilés e algúns dos textos que verteu ao galego. A primeira parte do meu traballo interrógase sobre os posíbeis motivos que levaron o poeta a escoller dúas obras emblemáticas de autores en lingua francesa como as únicas traducións que publicou en forma de libro: Crónica, de SaintJohn Perse, e mais O cemiterio mariño, de Paul Valéry. En segundo lugar, céntrase no valor simbólico que Avilés lle conferiu, dentro do conxunto da súa obra, á tradución que levou a cabo dun fragmento da rapsodia XXI da Odisea, que titulou “O certame do arco” e publicou na revista Luzes de Galiza en 1991. Ecos da presenza deste anaco homérico resoan decote na obra avilesiana e adquiren significacións especiais que o autor relaciona sobre todo coa situación social e coa definición identitaria de Galicia. Por fin, a terceira parte esculca na xénese e no significado do poema “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”, publicado en Dorna en 1983. Trátase dun canto épico que actúa como homenaxe poética ao escritor chileno mencionado no título e que se caracteriza por unha singularidade até o de agora non examinada polo miúdo: o texto non é unha composición enteiramente orixinal da autoría de Avilés senón máis ben o resultado dunha derivación creativa da súa tarefa tradutora. Noutras palabras, a pesar de que sempre se considerou creación orixinal, e como tal foi en xeral asumido, en realidade o poema consiste nun intelixente exercicio de tradución poética que se articula a partir da combinación de varias pasaxes das versións que Avilés realizou a partir de dous poemas diferentes de De Rokha.\nUnha dobre chamada\nA entrevista titulada “Avilés de Taramancos: cos pés na terra”, realizada por Manuel Forcadela en 1989 con ocasión da publicación d’ As torres no ar e de Nova crónica das Indias, é un testemuño de enorme relevancia en relación coas ideas poéticas de Avilés, pois nela o autor desvela certas claves interpretativas e ofrece interesantes conexións e confluencias literarias que, na súa opinión, a súa obra posúe con diversos escritores e movementos de distintas épocas e tradicións. Entre os autores citados, alude Avilés (Forcadela, 1989) á influencia que exerceron sobre algúns dos poemas d’ As torres no ar unha serie de poetas brasileiros do século XIX dos que salienta a súa perfección formal e lingüística, así como o feito de que non chegasen a acadar o recoñecemento e a proxección dos poetas franceses da mesma época por non seren tan coñecidos:\nNo Brasil houbo unha xeración de poetas como Afonso de Guimarães, Olavo Bilac e [João da] Cruz e Sousa, que conforman o chamado parnasianismo ou simbolismo brasileiro, tan importantes ou máis que os franceses a pesar de que se coñecen pouco. Influíron moito en min porque forman parte dunha literatura feita na nosa mesma lingua e clarísima, perfecta. Algo de todos eles quere estar presente, aínda que sexa dun xeito inconsciente, no meu libro.\nEste comentario con respecto á influencia, quizais inconsciente, dos autores brasileiros resulta de particular relevancia para calquera estudo que se ocupe das relacións intertextuais que se desenvolven na obra de Avilés. Como indica o propio autor, os aspectos que motivaron o seu interese foron a preocupación formal e a claridade da linguaxe requintada dos simbolistas brasileiros. Estes dous aspectos conviven na coidada factura dos sonetos amorosos recollidos na sección final d’ As torres no ar, “A torre secreta”, nos que salienta ademais a expresión dun amor cargado de pulo erótico e sensual.\nA presenza de Ulises\nUn dos trazos definitorios da obra literaria de Avilés é a relación senlleira que propón coa Odisea homérica e co mito de Ulises, figura coa que o poeta desenvolve unha clara identificación biográfica que se esparexe por toda a obra até chegar a derivar no que Capelán (1993: 409) denomina “fusión mítica”.\nUlises Fingal bota unha ollada ao solar inmenso da Terra Nai e ve os convidados arrombando a mesa, zugando os froitos e aliviando as adegas e os piornos. Escoita as gargalladas e os lumeiros que socavan, escoita a lingua espúrea dos vendidos, dos criados nugalláns que ofrecen os bois e as colleitas, olla a grande esmorga dos desleigados, mentres o pobo anda xordo e mudo e Penélope fía e desfía na roca –“un paso adiante e outro atrás, Galiza”– e un soño avolto de agoiros medra na súa mente mentres escolle os cornos máis longos e cumpridos, afortálaos coa peana de aceiro, ténsaos poderosamente coa súa man, enche o carcás de frechas e sae polos camiños, pide esmola nos pazos, sobe ás grandes salas onde se comete o latrocinio e co seu ollar de lobo montesío vai convocando a cada un para o certame do arco. 4 Avilés adoptou o pseudónimo de Ulises Fingal, utilizado polo pintor Urbano Lugrís para asinar a súa obra literaria, como mostra de homenaxe ao artista, grande amigo seu durante os anos cincuenta na\nO episodio do certame do arco, correspondente, como xa se salientou, á rapsodia XXI da Odisea, sempre tivo especial significación para Avilés. Á parte de traducilo ao galego, aparece reelaborado en numerosas ocasións ao longo da súa obra. O autor utiliza este motivo para desenvolver unha reflexión crítica coa situación sociopolítica da Galicia actual e para instar o pobo a erguerse e reaccionar. En definitiva, o emprego deste fragmento homérico énchese de evidentes connotacións de índole política e de marca reivindicatoria. Novamente, pois, Avilés elixe publicar a tradución dun texto que arrequece a súa propia obra poética e afortala os seus argumentos, desta volta non relacionados co seu posicionamento en canto á tradición ou a un determinado tipo de discurso literario, senón coa definición do seu compromiso ideolóxico co nacionalismo galego de esquerdas.\nAdemais de tratar este motivo arredor da decadencia dos sinais de identidade no relato comentado, Avilés desenvolveuno na súa obra xornalística. No artigo titulado “Na morte de Reimundo Patiño. Soñar en Vegliota” (Avilés, 1992: 18), de novo emprega o poeta referencias a Ulises, Penélope, os abusos dos pretendentes e o certame do arco para falar da súa propia vida e para denunciar a situación da patria:\nA miña vida, ti sabes ben Reimundo, trascorreu por camiños nunca andados. O tácito desterro. Un país novo (tan meu agora); vinte anos ás voltas como Ulises até chegar de novo a Ítaca. Na casa de Penélope –un paso adiante e outro atrás Galiza– os pretendentes e os convivas devoran a facenda. Fan esmorgas de polbo, de empanada de raxo, de lamprea do Ulla; andan de feira en feira bebendonos o viño. Emporcan a lareira. Fan da xente que amamos escravos programados, autómatas. Miséria. Eu contaba contigo, capitán. Para tensar o arco; para afiar a lanza; para loitar de incógnito.\nOs paralelos entre ambos os dous fragmentos citados afiánzanse coa referencia a Penélope que reproduce os versos inicial e final do coñecido poema do lugués Díaz Castro (1961: 32), titulado precisamente “Penélope”: “Un paso adiante e outro atrás, Galiza”. Esta imaxe de Ulises e os pretendentes a devorar a facenda resulta ter moi proveitosa rendibilidade na obra de Avilés, pois utilizouna noutros textos sempre con idéntico valor ideolóxico: a reivindicación da necesidade de alentar a recuperación da identidade de Galicia, como se confirma de vez nunha carta dirixida ao escritor Xosé Neira Vilas en 1986:\nMeu querido Neira Vilas, a nosa patria, que recuperou indudablemente moito da sua identidade e moito do seu pobo a batallar, tén aínda unha boa camada de chacales que temos que escorrentar. Hai que facer esconxuros, meigallos, revolucións, o que sexa para deixar a casa limpa de convidados depredadores como fixera Ulises.\nTradución ou creación?\nNa entrevista citada con Forcadela, Avilés, preguntado pola presenza de certa vontade nerudiana en Cantos caucanos, negou con rotundidade esta relación intertextual. Pero ao mesmo tempo que desbotou a importancia da influencia da poesía de Neruda, sinalou outros vencellos da pegada de América na súa obra poética nos que convén reparar, como a poesía dos tamén chilenos Pablo de Rokha e Nicanor Parra (Forcadela, 1989): “Hai outros poetas chilenos como por exemplo Pablo de Rokha, un home que andaba vendendo libros de segunda man polo trasandino de tan desesperado que estaba, ou mesmo Nicanor Parra”. Na súa resposta, Avilés recoñece a calidade, a solidez e a valía da poesía de Neruda pero considérase máis achegado á De Rokha pola súa proposta estética e ideolóxica.\nEstes dous autores dominaron gran parte da vida literaria chilena entre os anos vinte e os anos sesenta do século XX e, por máis que Neruda escribiu con admiración sobre o primeiro libro de De Rokha, Los gemidos, publicado en 285\n1922 5, xa a partir dos anos trinta comezou unha rivalidade que duraría até o suicidio de De Rokha en 1968. En realidade, esta pugna baséase nas súas profundas diferenzas ideolóxicas e oculta o desexo mutuo de ocupar unha posición central no seo do sistema literario do Chile da época. A inimizade e os encontróns que caracterizan as súas respectivas traxectorias ao longo de tantos anos explícanse polo feito de que os seus proxectos literarios presentan moitos aspectos en común, aínda que naturalmente diverxen en moitos outros. A obra de ambos os dous comparte trazos tales como a presenza de Chile e de América como preocupación constante dende unha perspectiva totalizadora 6 ; o rexeitamento e o combate contra todo tipo de tiranía e de inxustiza, acompañados dunha defensa firme dos valores humanos; certa raigaña surrealista, máis presente e rendíbel en De Rokha; semellante densidade verbal, formal e de contidos, por máis que a maior parte dos textos de De Rokha son verbalmente máis excesivos que os de Neruda, que en xeral amosan maior contención. A proposta estética de De Rokha caracterízase ademais polo seu malditismo, acaso froito dunha vida difícil, conflitiva, controvertida.\nA esta prolongada polémica literaria entre os dous autores chilenos fai referencia Avilés en Nova crónica das Indias. Un dos relatos desta colección, o titulado “O home da rosa branca”, ten como protagonista a Elcano Sidelnik, un vendedor de libros que representaba todas as editoriais do mundo e viaxaba por toda América visitando librarías. A través das longas conversas que mantiña con el na Libraría Cultural Colombiana que rexentaba en Cali, accedeu Avilés ao coñecemento da obra de moitos escritores que o representante lle recomendaba para adquirir. Nas liñas que seguen (Avilés, 1989: 8788), o narrador manifesta a súa preferencia por De Rokha por riba de Neruda, ademais de se referir ao enfrontamento entre eles e á vida atormentada do primeiro:\n[Falabamos] de Pablo de Rokha, “el viejo poeta con la vieja maleta” que tanto queriamos. Da guerra dos Pablos: o Neruda rico e ríspido, de duro trato, e o Pablo de Rokha a vender libros nos vagóns dos trens de Antofagasta a Porto Muntt, ou de Santiago ata a Mendoza arxentina […]. Home incríbel o vello Rokha, poeta amado de grandes poemas e cantos que anovaron os folgos da poesía e que non tivo a trascendencia de Neruda porque andaba perdido nun tren cun cartafol carcomesto, unha maleta de libros de revenda e viseira de ferroviario, cantando e catando as comidas de Chile, ata que, canso de tanta ignominia e golpe militar, agarrou a escopeta de dous canos e ficou deitado para sempre no último andén da terra austral.\nResulta pois evidente que Avilés tomou partido na “guerra dos Pablos” a favor de Pablo de Rokha, de seguro que por mor do romanticismo da súa errabundia bohemia polos camiños de Latinoamérica, mais admitiu tamén (Forcadela, 1989) que Neruda era “un poeta de obra máis total”. Detrás do nomadismo desesperado de De Rokha subxace unha existencia dura, unha historia de supervivencia persoal que presentaba enorme atractivo literario para o gran fabulador que foi Avilés, cuxas andainas americanas supuxeron tamén altas doses de dificultades e sacrificios.\nComo resultado desta súa querenza polos grandes cantos de De Rokha, Avilés, de novo baixo o pseudónimo de Ulises Fingal, publicou na revista Dorna en 1983 o poema homenaxe “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”. En realidade, este texto é a versión poética de dous fragmentos pertencentes a dous extensos poemas do escritor chileno, fundidos por Avilés nunha única composición. Os dous poemas de De Rokha que emprega como base para a súa tradución son os titulados “Sancho Díaz, capitán del sur define los actos mágicos” e mais “Canto del macho anciano” 7. O poema resultante consta dun total de sesenta versos, que se distribúen do xeito seguinte: os primeiros vinte e dous versos do texto de Avilés [122] corresponden, agás por algunhas omisións e alteracións léxicas e morfolóxicas como o cambio da persoa do verbo, co comezo do “Canto del macho anciano”, poema que volve retomar nos oito versos finais da súa versión poética [5360], de maneira que este texto actúa como unha especie de marco para os vinte e nove versos centrais [2352], que pertencen ao poema\n“Sancho Díaz, capitán del sur define los actos mágicos”. Na súa tradución, Avilés converte a primeira persoa empregada por De Rokha no “Canto del macho anciano” (“Sentado a la sombra inmortal de un sepulcro, […] escarbo los últimos atardeceres”) nunha segunda persoa que se dirixe ao propio De Rokha (“Sentado á sombra inmortal dun sepulcro […] escaravellas os últimos solpores”), mentres que no engarce coa outra composición cambia breve e inexplicabelmente a unha terceira persoa (“Sempre anda só...”), para logo recuperar a segunda (“Unha inmensa egua sofre no medio do mar e derrúbase o sol / desesperado debaixo das cunetas a cincocentas leguas de ti mesmo”). Esta alternancia entre as persoas verbais explícase pola natureza diversa dos textos de partida e pola tentativa de Avilés de compoñer unha elexía con carácter unitario.\nO predominio da segunda persoa como marca apostrófica e o feito de que Avilés non aclarase nunca que se trataba dunha versión poética, xunto ao descoñecemento da obra de De Rokha en España, propiciaron que crítica e lectores en Galicia sempre considerasen que o poema era creación orixinal de Avilés, e como texto seu aparece na sección “Obra poética dispersa” da Obra poética completa (Avilés, 2003: 358360). Nun extenso e ben documentado artigo sobre os ecos e as influencias da historia e das literaturas de América na obra de Avilés, Capelán (2003: 125) fixo referencia ao escaso coñecemento e á pouca difusión que coñeceu en España a obra de De Rokha, pois até o ano 1992, en que apareceu unha antoloxía da súa poesía, non se publicara en España obra ningunha do chileno. Foi tamén Capelán (2003: 126127) o único crítico que reparou no emprego do “Canto del macho anciano” de De Rokha como base para o poema de Avilés, aínda que non identificou a autoría verdadeira dos versos centrais da composición como correspondentes a “Sancho Díaz, capitán del sur define los actos mágicos” e atribuíullos erradamente ao poeta de Taramancos.\nPero aínda que de feito se trata dunha tradución, o certo é que Avilés efectuou abondosas alteracións sobre o texto orixinal, someteuno a lenes pero decisivas mudanzas morfolóxicas e léxicas, saltou versos, cambiou a orde dalgunhas sentenzas e mudou palabras á vontade. Deste modo imprimiulle ao canto o selo do seu estilo persoal. Pero estes cambios teñen como consecuencia a problematización da nosa lectura do texto. A poesía exuberante e dionisíaca do homenaxeado maniféstase na versión avilesiana en aspectos como o fluír desatado da conciencia, as imaxes rebordantes, a natureza hiperbólica do discurso, as asociacións libres de ideas características do surrealismo, as reiteracións de intención rítmica e as enumeracións léxicas. Xa que logo, todos estes elementos condicionan tanto a adxudicación autorial coma o posicionamento xenérico do poema no seo da obra literaria de Avilés, e convidan á formulación dunha serie de cuestións ao respecto dos límites entre o que constitúe unha creación orixinal e unha tradución ou versión poética: onde se fixan os lindeiros entre ambas as dúas prácticas? É posíbel determinar estritamente os criterios polos que se rexen? 8\nAbofé que sería ben interesante levar a cabo un traballo crítico no que se estabelecese unha comparación, liña a liña, entre o pranto de Avilés e os dous poemas de De Rokha, mais este labor excedería excesivamente este traballo que só quería ofrecer unha serie de consideracións sobre a relación fecunda, os entrecruzamentos e diverxencias, as interaccións e os achados estéticos que, na obra literaria de Avilés de Taramancos, se producen entre a creación e a tradución poética, sexa a través da súa interpretación de dúas obras literarias en lingua francesa correspondentes a estilos literarios ben opostos, sexa a través dos efectos multiplicadores que un fragmento homérico suscita en distintos recantos da súa obra, ou sexa a través do diálogo entre creación e tradución que institúe unha composición na que homenaxea a vida e a obra dun poeta chileno.\nBibliografía Avilés de Taramancos, Antón. 1983. “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”, en Dorna, nº6, pp. 1820. — 1989. Nova crónica das Indias. Vigo: Ir Indo Edicións. — 1992. Obra viva. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. — 2003. Obra poética completa. A Coruña: Editorial Espiral Maior. 8 Parcerisas (1993) reflexiona sobre estes conceptos nun interesante artigo publicado na revista da Asociación de Tradutores, Correctores e Intérpretes de Lingua Vasca."} +{"summary": "Neste traballo inténtase abordar dende o paradigma da complexidade o problema no que se atopan hoxe sociedade e lingua galegas. Durante séculos, a substitución do galego polo castelán foi xerando unha fragmentación social que, de continuar incrementándose, ameaza con disgregar a propia sociedade. Son moitos os esforzos que se levan feito desde diferentes ámbitos, moitas as análises, e moitas as propostas desde a sociolingüística, pero non se atopan solucións ao problema histórico das linguas en Galicia. Parece que a situación sociolingüística galega precisa dunha nova mirada que faga posible interpretala de xeito innovador: “O cambio de perspectiva produce un cambio na percepción da realidade que cambia a realidade mesma, determinando, como consecuencia, o cambio de toda a situación e das reaccións a ela” (Nardone e Watzlawick 1995: 38). Ata agora traballamos coa visión causallineal do paradigma newtonianocartesiano, dentro do que se inscriben, en diferentes graos, as propostas monolingüistas e mesmo as bilingüistas. Na actualidade dispomos do paradigma da complexidade, desde o cal podemos explorar outras maneiras de achegarnos á situación na que estamos mergullados. O complexo é unha das principais características das sociedades actuais, sistemas e subsistemas nos que os elementos (individuos e organizacións) interaccionan en rede e, polo tanto, son interdependentes. Daquela, cremos que unha ollada desde o paradigma da complexidade podería resultar, entre outras, unha ferramenta axeitada na procura de alternativas á difícil situación lingüística que se vive actualmente en Galicia.", "text": "Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade\n\nSociolingüística, lingua galega, complexidade, linguas minorizadas, teoría de sistemas\nSumario\nEste traballo enmárcase nas liñas de estudo do grupo interdisciplinar, creado no Centre Universitari de Sociolingüística i Comunicació (CUSC) da UB, “Complexitat, comunicació i sociolingüística” (www.ub.edu/complexitat/), do que formo parte.\n1. I ntroducIón\nNas últimas décadas asistimos á emerxencia dun novo paradigma 1 para a investigación científica: a complexidade. É un paradigma que transcende o anterior, newtonianocartesiano, no cal os compoñentes dun sistema eran analizados por separado, buscábanse comportamentos predicibles, e establecíanse leis estáticas e invariantes. O intento de comprender un sistema a través da análise dos seus compoñentes, é dicir, o método reducionista, dominou a visión científica durante a maior parte da historia da ciencia moderna. Este método, que tivo unha importancia crucial no avance científico en xeral, e que se estendeu aos ámbitos sociais, non resultou válido para o estudo de fenómenos máis complexos: “Enfrontada á complexidade, é dicir, ao comportamento de sistemas formados por múltiples elementos en interacción, ben sexa a sociedade, o cerebro, un ecosistema, ou simplemente unha célula viva, a aproximación reducionista falla por completo” (Solé 2009: 19).\nDefinir a complexidade non é tarefa doada; de feito hai autores que pensan que a definición é xustamente o seu aspecto máis problemático. Lévanse feito centos delas, pero parece que ningunha acaba de ser satisfactoria, polo menos para Francis Heylighen (2008), quen cuestiona unhas por imprecisas e cualitativas, e outras, por formais e cuantitativas. Con todo, hai outros investigadores que pensan que se pode dar unha idea moi xeral ao respecto, como Ricard Solé (2009). Na súa opinión, a complexidade quedaría definida por dúas características principais. Por unha parte, a presenza de propiedades emerxentes, que non poden ser explicadas a través das propiedades dos compoñentes. Por outra, a preservación dunha certa invariancia do todo, malia os cambios e flutuacións constantes das partes. Esta última propiedade é, precisamente, a que permite o mantemento do sistema.\nHoxe en día, é un feito incontestable que a mestura incesante de culturas e o avance vertixinoso das tecnoloxías da información e da comunicación incrementan de xeito exponencial a complexidade dun determinado tecido social. Nestas circunstancias vólvese necesario procurar novas perspectivas que permitan visións orixinais para unha comprensión máis ampla e profunda dos fenómenos que se producen nas diversas comunidades. E nestas novas perspectivas, as relacións entre os elementos revélanse de importancia capital, pois o complexo ten máis que ver coa natureza das conexións que coa natureza dos elementos que interaccionan. Hai que subliñar, non obstante, que malia o desprazamento da énfase cara ás relacións, non se pode caer no extremo de desprezar totalmente a natureza dos compoñentes, xa que esta tamén pode impoñer unhas certas restricións sobre os acontecementos que emerxen a través das interaccións nun nivel determinado. Cada vez vai sendo maior a aceptación da complexidade como o natural e non ao contrario, como defendía o paradigma mecanicista. A este respecto di Wagensberg (2007:11): 1 Kuhn definiu os paradigmas como “logros científicos que durante algún tempo subministran modelos de problemas e solucións a unha comunidade de profesionais” (Kuhn 2006: 50). Capra ampliou a definición e entende por paradigma: “unha constelación de conceptos, valores, percepcións e prácticas compartidos por unha comunidade, que conforman unha particular visión da realidade que, á súa vez, é a base do xeito en que a devandita comunidade se organiza” (Capra 1998: 27). Todas as traducións ao galego son da autora.\nQuíxose ver na complexidade un obstáculo interposto pola natura para protexer o segredo das súas leis, un atranco coa única misión de suxerir diferenzas entre sistemas iguais, varios fenómenos onde só hai un, ou certos forzados modelos alí onde reina unha única lei natural. Se non è vero è ben trovato, reza a sentenza positivista. Esta hipótese de traballo tivo a virtude de proporcionar boa parte do saber acumulado ata hoxe (moito sen dúbida), pero o inconveniente de cultivar certo monoteísmo científico chamado mecanicismo.\nÉ preciso salientar que os investigadores que traballan desde o paradigma da complexidade non intentan ofrecer unha explicación única e verdadeira dun fenómeno ou da “realidade”; antes ben, intentan propoñer, recoñecer e respectar unha pluralidade de modelos e de puntos de vista que, a través de miradas complementarias, proporcionen diferentes perspectivas dun mesmo fenómeno observado. Porque, en definitiva, como diría Heisenberg (1976), o que nos mostra a observación da natureza, non é a natureza mesma, senón a visión que dela ten o observador. Desde unha perspectiva complexa, xa que logo, non hai modelos verdadeiros ou falsos, senón distintos achegamentos a un mesmo fenómeno. Para Ceberio e Watzlawick (1998: 37):\nCalquera feito observable pode ser obxecto de estudo desde calquera dos modelos. Daquela, se a mirada é distinta (de acordo ao modelo que se internalice) as construcións de hipóteses resultantes da observación teñen tamén perfís diferentes, coherentes coa epistemoloxía da observación.\nNeste traballo, propuxémonos como obxectivo ofrecer elementos de reflexión que nos permitan unha ollada diferente aos problemas tradicionais das linguas en Galicia, para poder contemplalos dentro da súa complexidade. Como di Àngels Massip, non chega con recoñecer que o entorno é complexo, precisamos un método de coñecemento axeitado para xestionar ese entorno. A autora alude a un pensamento que poida abranguer a multidimensionalide dos fenómenos, a interdependencia dos elementos, e mesmo os paradoxos: “hai que procurar dar cabida a conceptos que parecen antagónicos para poder pensar os procesos organizadores e creadores no mundo complexo da vida” (Massip 2008: 16).\nDe acordo co obxectivo proposto, escolmamos algúns aspectos concretos da complexidade coa esperanza de que estimule outros estudos que afonden nestes ou noutros aspectos e abran novos camiños. De feito, esta primeira aproximación ao tema desde as teorías da complexidade, podería ser obxecto posteriormente dunha análise en profundidade. Forxar unha nova visión que poida contribuír dalgún xeito á resolución do conflito social que pervive en Galicia, por razón de linguas, é, sen dúbida, tarefa de tempo e vai precisar de multiplicidade de contribucións.\nEste estudo disponse en catro apartados. Logo da breve introdución, móstranse uns aspectos determinados do paradigma da complexidade que poderían contribuír a ese cambio de percepción que propugnamos, ou, cando menos, suspender as seguridades que nos ancoran a posicións determinadas. A seguir coméntanse aspectos da situación sociolingüística de Galicia que, ao noso entender, evidencian a necesidade dunha nova comprensión. E no cuarto apartado, propóñense algunhas opcións orientadas a fomentar unha práctica social favorecedora da convivencia lingüística nas sociedades rede. Remata o traballo cunhas consideracións finais.\n2. o paradIgma da complexIdade : dos elementos ás relacIóns\nTransitar pola complexidade lévanos a centrar a comprensión dos sistemas nas relacións entre os seus compoñentes en troques de examinalos por separado, aspecto crucial deste paradigma. Nesta nosa primeira achega tentamos profundar nas relacións, e incidir nalgúns outros aspectos que nos semellan básicos para favorecer un cambio na percepción coa que codificamos a “realidade”. A través de diversas áreas do coñecemento como a bioloxía, física, química, etc. científicos como Prigogine, Maturana, Varela, Capra, entre outros, abordaron os seus estudos desde a complexidade e propóñennos unha lectura dos sistemas vivos que pode ser extrapolable aos sistemas sociais. A este respecto di Morin (2007: 41): “nun sentido toda realidade coñecida, desde o átomo ata a galaxia, pasando pola molécula, a célula, o organismo e a sociedade, pode ser concibida como sistema, é dicir, como asociación combinatoria de elementos diferentes”. Tamén Maturana e Varela (1999) inciden nesta posición; para eles, o principio constitutivo da célula mantense en todos os niveis de complexidade que teñan que ver co vivo: células, organismos, sistema nervioso, comunicación, linguaxe, conciencia, sociedade. Daquela, debemos entender que non existe descontinuidade entre o social, o humano e as súas raíces biolóxicas.\nUnha das características máis sorprendentes observadas co estudo dos sistemas vivos a mediados do século XX, foi o feito de que o sistema como tal, o todo, contiña propiedades que no existían nos elementos constituíntes. Isto, como é obvio, contrastaba enormemente coa visión mecanicista e lineal que aínda dominaba (malia os avances da cuántica) na ciencia oficial. É dicir, o que caracterizaba un sistema vivo non eran principalmente os seus compoñentes, senón as relacións que se establecían entre eles e que definían un patrón de organización (Maturana e Varela 1999). A preponderancia das relacións queda patente nas palabras de Prigogine e Stengers, os cales, seguindo a Whitehead, subliñan que precisamente os elementos adquiren identidade a través das relacións: “ningún elemento da Natureza é un soporte permanente para unhas relacións cambiantes, cada un recibe a súa identidade das súas relacións cos outros” (Prigogine e Stengers 2002: 134).\nDe feito, para estes autores definir os elementos dun sistema como entidades individuais e permanentes, que non alteran a súa identidade coas relacións, estaría en contra do propio devir creativo da natureza. A importancia desta compresión é grande porque, no caso dos elementos ser permanentes (invariables), os procesos de creatividade e emerxencia, inherentes a todo sistema vivo, non se darían. Poderíase definir a emerxencia como a aparición espontánea de novas relacións entre os elementos dun sistema; isto produce niveis de complexidade que antes non existían, e prodúcese nun proceso de autoorganización do propio sistema. De feito, as leis que rexen nun nivel estrutural determinado, non se dan xeralmente no novo nivel creado: “a emerxencia ten como resultado innovar, e o novo é adoito cualitativamente diferente dos fenómenos dos cales abrollou” (Capra 2003: 69).\nNos sistemas sociais, os procesos emerxentes adquiren enorme relevancia no mundo actual interconectado. O intercambio incesante de comunicacións ― os organismos intercambian materia e enerxía, os humanos intercambiamos comunicacións ― esixe un sistema altamente plástico e dinámico, capaz de adaptarse a novas circunstancias e preservar así a estabilidade do sistema (cultura), sempre nun equilibrio dinámico: “Unha comunidade humana sostible é consciente das múltiples relacións entre os seus membros. Nutrir estas relacións equivale a nutrir a comunidade” (Capra 1998: 308). Pola contra, a rixidez das estruturas ou a rixidez de miradas e propostas conduce inexorablemente á perda de creatividade, o cal pode impedir o desenvolvemento do sistema, e mesmo pode chegar a provocar o seu colapso. Para Maturana (2009: 10): “o devir histórico dunha sociedade será sempre o resultado destes dous procesos simultáneos: conservación e variación”.\nAta agora, vimos falando dun dos puntos básicos na nova mirada que propoñemos: contemplar a “realidade” a partir das relacións que se establecen en todo sistema ― e que determinan o que o sistema é ―. Estas relacións, como se dixo, dan lugar aos fenómenos da creatividade e da emerxencia. A seguir, expomos outros dous conceptos que nos parecen básicos para abordar hoxe os problemas da sociedade e linguas en Galicia, o criterio de verdade e o diálogo, a aplicación dos cales mostra diferenzas significativas desde o paradigma da complexidade.\nO criterio de verdade do paradigma mecanicista, no que aínda nos atopamos, parte da convicción de que existe una “realidade” obxectiva, e de que é posible descubrila mediante observacións e investigacións axeitadas. É unha herdanza do pensamento de Descartes que baseou os criterios de verdade na captación do que denominou “ideas claras e distintas”. Este tipo de pensamento, esencial para a creación e perpetuación do devandito paradigma, deu lugar á división de mente e materia como substancias separadas; a materia, “realidade” externa, podía ser descrita con leis matemáticas que lle outorgaban autenticidade á descrición. Así, desde o paradigma newtonianocartesiano afírmase que o noso sistema cognitivo é capaz de percibir e recoñecer todos aqueles datos existentes na realidade, mais esta crenza foi refutada desde outros modelos cognitivos. Por exemplo, os físicos cuánticos tiveron que se afastar dos criterios clásicos de “verdade”, como algo universalmente válido en calquera lugar e en calquera época, e achegarse aos criterios de probabilidade estatística e de complementariedade. Tamén no construtivismo se critica a idea de que a “realidade” pode ser percibida de xeito obxectivo, pois como demostrou Heisenberg, o proceso de observar incide no observado, e polo tanto, non hai obxectividade posible. Para Maturana e Varela (1999), aquilo que chamamos “realidade” non é outra cousa que a construción que efectúa o noso sistema cognitivo a partir do contacto co medio, nun axuste estrutural con outros seres humanos. En definitiva, na complexidade, non se contemplan ese tipo de verdades. En palabras de Nardone e Watzlawick (1995: 34) “non existe unha soa realidade senón tantas realidades como puntos de observación e instrumentos empregados para observar”. Xa que logo, non se trataría de atopar unha suposta verdade, unha teoría sobre a realidade que invalide ou exclúa as outras, senón de ter miradas máis abarcadoras, desde puntos diferentes, que nos permitan ampliar a visión do observado: “As teorías teñen que ser, non verdades irrefutables, senón hipóteses para relacionarse co mundo, puntos de vista parciais, útiles para describir e organizar os datos observables […] pero que se deben corrixir fronte aos fracasos” (Nardone e Watzlawick 1995: 35).\nA importancia do pensamento complexo a nivel social é evidente, pois invalida a idea de que existen razóns incuestionables, e, polo tanto, a pretensión de estar en posesión da verdade. É preciso transcender o pensamento excluínte, que implica que de tomarmos unha idea como verdadeira, respecto a un fenómeno determinado, é imposible que exista outra que tamén sexa verdadeira respecto ao mesmo fenómeno. Isto, tan relevante para as relacións humanas en todos os niveis, debería abrir paso a novas prácticas nos diálogos, nos debates e nos procesos comunicativos en xeral.\nÉ obvio que a comunicación está indisolublemente enraizada na humanidade; está na mesma orixe da socialización, que é o punto de partida e de chegada no noso acontecer como seres humanos. Non podemos prescindir dela sen poñer en perigo a estrutura que nos permite ser o que somos: “As culturas son redes pechadas de conversacións. En consecuencia unha cultura, como unha liñaxe, está definida e constituída por unha rede pechada particular de conversacións que se conserva na vida dos seres humanos que a realizan” (Maturana 2009: 52).\nHai que ter en conta que o devir de calquera ser vivo realízase a través de continuas accións recursivas que conducen a un axuste co medio no que vive. Este feito é denominado por Maturana e Varela “acoplamiento estructural”, é dicir, a estrutura do ser vivo logra axustarse ao medio a partir de accións que distinguen o que é conveniente e o que non para a súa supervivencia. No caso do ser humano ese axuste prodúcese en dous niveis: axuste co medio e axuste con outros seres humanos. O peculiar deste último é que se produce no dominio lingüístico: “realizámonos nun mutuo axuste lingüístico, non porque a linguaxe nos permita dicir o que somos, senón porque somos na linguaxe, nun continuo ser nos mundos lingüísticos e semánticos que traemos á man cos outros” (Maturana e Varela 1999: 201).\nO ser humano chegou a ser tal pola socialización, e toda socialización implica o outro. Xa que logo, a socialización precisa da creación dun espazo de existencia para o outro, como ser humano xunto a un. Sen a socialización non hai linguaxe nin conciencia, polo tanto non hai humanidade (Maturana 2009). Estas consideracións sitúan a convivencia como punto crucial para o funcionamento do sistema social, e condúcennos á necesidade imperiosa do diálogo:\nCada vez que nos atopemos en contradición ou oposición con outro ser humano co cal queremos convivir, a nosa actitude non poderá ser a de reafirmar o que vemos desde o noso punto de vista, senón a de apreciar que o noso punto de vista é tan válido coma o do noso opoñente, aínda que o seu nos pareza menos desexable. O que caberá entón, será a procura dunha perspectiva máis abarcadora, dun dominio experiencial no que o outro tamén teña lugar e no cal poidamos construír un mundo con el (Maturana e Varela 1999: 208).\nSeguiremos para a proposta de diálogo, a Bohm e Peat, que estudaron, desde perspectivas científicas diferentes 2, a importancia do diálogo no funcionamento dos individuos e das sociedades. Os autores afirman que un diálogo libre será sempre creativo, e afástanse do que sería unha discusión habitual:\nUnha diferenza clave entre un diálogo e unha discusión normal é que, na última, a xente adoita aferrarse a unhas posicións relativamente fixas e defende as súas ideas tratando de convencer os outros. No mellor dos casos o resultado pode ser o acordo ou o compromiso, pero nunca nada creativo (Bohm e Peat 1998: 266).\nO punto de partida da necesidade dun diálogo creativo é que, tanto a nivel biolóxico coma social, a creatividade é imprescindible para o desenvolvemento e a superviviencia de calquera sistema vivo. Tanto nos sistemas máis simples coma nos máis complexos, a súa organización flutúa entre a necesidade de conservar e a necesidade de innovar. Agora ben, se un sistema non ten abonda flexibilidade para incorporar as novidades que se producen no seu medio ou dentro do propio sistema, o sistema pode acabar por destruírse, ao non conseguir o axuste obrigatorio co medio no que vive.\nNo nivel social, cando algunha das crenzas presentes na comunidade se enquista, de tal xeito que se ten como universalmente válida, pasa a considerarse absolutamente necesaria. Isto implica que por moito que varíen as circunstancias, as cousas non poden ser distintas. Así, unha crenza (ou conxunto de crenzas), chega a ser converter en inamovible, e acaba por producir un bloqueo da creatividade que ao final prexudicará o conxunto da sociedade.\nNo nivel individual, é a través do diálogo como se xeran novas visións, pois é unha fonte potencial de creatividade, necesaria para que a complexidade se manifeste. Bohm e Peat sosteñen que o diálogo libre podería ser unha das maneiras máis efectivas para abordar a crise á que se enfronta a sociedade actual; pero para que o diálogo se produza é condición indispensable afrontar as discrepancias sen confrontación, e poñer en suspensión os propios puntos de vista para explorar os puntos de vista dos outros, aqueles que un non comparte. Deste xeito, é posible afastarse da competencia e procurar a cooperación, como indica Maturana, de cara a construír unha sociedade integrada e cohesionada: 2 David Bohm desde a física cuántica, e David Peat desde a psicoloxía.\nDebemos ter sempre en conta que os seres humanos actuamos desde un paradigma a priori (uns valores, uns significados, unhas intencións, etc.) que forma a nosa maneira de estar no mundo e que é adoito inconsciente. Bohm e Peat (1998) teiman na necesidade de poñer en suspensión as crenzas propias co fin de poder comprender as crenzas dos outros no diálogo:\nEsta suspensión total das infraestruturas tácitas individuais e culturais nun contexto de plena atención aos contidos, libera a mente e permítelle moverse en formas novas. A tendencia cara ao xogo sucio, característica das estruturas ríxidas, comeza a desaparecer. A mente é agora capaz de responder a novas percepcións creativas superando os puntos de vista concretos que se mantiveron en suspensión (Bohm e Peat 1998: 269).\nDe feito non é doada a construción dun diálogo creativo, xa que en moitas ocasións o punto de vista do outro ameaza seriamente os valores dunha persoa. Aínda así, é preciso facer fronte ás discrepancias sen que haxa confrontación, e estar dispostos a explorar puntos de vista que persoalmente un non subscribiría. Este tipo de actitude non é compatible cun espírito competitivo, contencioso e agresivo: “no entanto, se as persoas son capaces de comprometerse con este tipo de diálogo, sen ira ou evasión, decataranse de que non existe unha posición fixa tan importante que mereza ser mantida a custa do diálogo mesmo” (Bohm e Peat 1998: 268).\nSe cadra, o cerne da cuestión está en non perder nunca de vista que a sociedade e o individuo non teñen existencias separadas, e que individuos e sociedade forman bucles de retroalimentación indisolubles. A socialización está na base mesma da humanidade, pois o fenómeno social aséntase nun fundamento biolóxico: a convivencia. E a convivencia non é posible sen a aceptación do outro xunto a un mesmo (Maturana e Varela 1999). Son as interaccións entre os individuos as que van forxando a convivencia, as que constrúen a sociedade coa súa cultura. Mais tamén cómpre ter en conta que unha vez producida a sociedade, como sinala Morin, retroactúa sobre os individuos nun ciclo constante autoconstituivo e autoorganizador. En definitiva: “Os individuos producen a sociedade que produce os individuos” (Morin 2007: 107).\nDo devandito non se debe desprender a idea de que un bo funcionamento da sociedade leva implícita a restrición total da liberdade do individuo, senón todo o contrario, porque precisamente o sistema social humano ― e esta é unha característica distintiva respecto doutros sistemas ― amplía a creatividade dos seus compoñentes, pois existe para eles. Sen liberdade non sería posible desenvolver a creatividade dos individuos, imprescindible para garantir a evolución do sistema. Así o expresan Maturana e Varela (1999: 172): “A coherencia e harmonía das relacións entre os integrantes do sistema social humano débense á coherencia e harmonía do seu medre nel, nunha continua aprendizaxe social que o seu propio operar social (lingüístico) define”.Para rematar este apartado queremos suxerir, seguindo os autores citados, que, en último termo, a ética ten o seu centro na reflexión sobre a presenza do outro. Saber que sabemos, saber que creamos un “mundo” xunto a outros seres humanos, obríganos a un comportamento ético que teña unha actitude de permanente vixilancia contra a tentación da certeza, xa que toda certeza nega o espazo a todo aquel que non constrúa un mundo semellante ao noso.\ngüístIca galega\nNesta parte do estudo centrámonos en temas concretos da problemática das linguas en Galicia, e as consecuencias sociais derivadas. Non é obxectivo deste traballo comentar criticamente a sociolingüística galega, pois consideramos que a investigación sobre o tema é ampla e rigorosa, e fornece un coñecemento exhaustivo da situación. De feito, á imprescindible historia da lingua galega (Freixeiro Mato, 1997, Mariño 1998, Monteagudo 1999, entre outros), e ao marco legal no que se inscribe (García Negro 1991), engádenselles multitude de estudos que tratan e analizan a situación dende diferentes ángulos (codificación da lingua, educación, actitudes, prexuízos, dereito, etc.) e diagnoses de diversos tipos. O que si pretendemos é chamar a atención sobre algunhas cuestións que están no cerne da situación de hoxe en día, e que cremos que poñen de relevo a necesidade de ter en conta os aspectos tratados no apartado anterior: as relacións entre os elementos do sistema socio(lingüístico), o criterio de verdade e o diálogo libre.\n3.1. Lingua e sociedade\nArestora vivimos unha fragmentación social, por razón de lingua, sen precedentes na historia de Galicia. O Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo en realidade o que fixo foi deixar ao descuberto a fraxilidade do consenso acadado no 2004, grazas ao cal fora posible a aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG). Un consenso que parecía acabar coa recorrente historia de desencontros (desconexións) entre os distintos grupos sociais responsables da normalización do galego, desde a aprobación en 1983 da Lei de Normalización Lingüística (LNL), e mesmo antes. Este decreto que, amparado na Lei de Normalización Lingüística e no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, regulaba e aumentaba a presenza do galego na Primaria e na Secundaria, resultou o detonante dunha situación xa latente nas décadas anteriores. En efecto, a parte da poboación contraria a unha ampliación do galego no ensino re(organizouse) con rapidez nun movemento cidadán Tan gallego como el gallego, do que pouco despois xurdirían Galicia Bilingüe e Mesa por la libertad lingüística.\nPero se o devandito decreto alporizou unha parte dos galegos, a súa derogación e a promulgación do decreto substitutivo (Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia) exaltou os ánimos da outra parte da poboación e provocou unha reacción contundente, dentro e fóra de Galicia. Proba desta reacción foi a formación de múltiples plataformas (Queremos galego, Prolingua, Galego patrimonio da humanidade, Cambia Galicia, Defensem la Llengua Gallega…) en defensa da lingua galega e en reivindicación das funcións que lle corresponden como lingua oficial e propia do país. Todas elas desenvolven unha actividade incesante, en paralelo ao labor inxente que a Mesa pola Normalización Lingüística leva feito desde a súa creación en 1986. Por outra parte, apareceron diversos tipos de iniciativas (eufaloTV\nou Galego Lab, entre outras) e algunhas campañas de empresas de gran éxito. Todo este conxunto evidenciou unha potencia e vitalidade nos sectores etnolingüísticos galegos na que poucos acreditaban. Lémbrese que ao remate do franquismo, a vitalidade dos grupos sociais galegófonos era máis ben escasa, como sinala Lorenzo (2009) para quen os factores determinantes desa febleza seguen tendo presenza na actualidade 3 ; refírese o autor, ao perfil sociodemográfico e socioeconómico do colectivo formado polos galegofalantes, e ao profundo estigma sociolingüístico asociado ao idioma e aos seus usuarios. O enfrontamento dos grupos de poder da sociedade galega en torno á lingua ameaza con facerse crónico, e non parece posible a recuperación do fráxil consenso do 2004, por máis 3 O documento está datado en 2008.\nchamadas que se fan desde as institucións e asociacións que o asinaron, e desde boa parte da poboación. Ante a radicalización de posturas antagónicas entre os defensores do galego e do castelán e se aspiramos a que a cohesión social non sexa unha mera ilusión, non temos outra saída que explorar vías novas de achegamento, como podería ser o diálogo libre e creativo que propoñen Bohm e Peat, e que vimos antes.\nAs consecuencias deste enfrontamento para o galego son evidentes. Despois de 27 anos da LNL, o galego está ben lonxe de ser unha lingua normalizada, como mostra o Mapa sociolingüístico de Galicia (MSG). Esta magna enquisa permite coñecer con bastante exactitude a situación do galego, e os datos que fornece non deixan espazo para a dúbida. O uso do galego diminúe progresivamente a medida que descende a idade dos entrevistados; daquela, o grupo máis novo (de 16 a 25 anos) é o que menos usa o galego nas interaccións cotiás. Á parte da evidente perda de transmisión interxeracional, un máis alto nivel de estudos, de clase social e de mellor profesión, son factores que tamén inciden no abandono do galego a carón da pertenza a núcleos urbanos (MSG 1995). Os datos do MSG de 2004 aínda son máis alarmantes, pois indican que a poboación que emprega o galego habitualmente quedou reducida practicamente á metade. Do 68, 6% de falantes habituais de galego que recollía o MSG de 1995 pasouse ao 38, 36% en 2004. Hai que dicir que a verosimilitude dos datos de 2004 está sendo cuestionada por algúns investigadores que atribúen ao estudo erros metodolóxicos ― Mauro Fernández (2009) coordinador do volume de 1995, e Henrique Monteagudo (2009) ―. Malia toda a prudencia que esta disquisición aconsella, o feito que se constata é que a substitución do galego polo castelán é cada vez maior.\n3.2. Monolingüismo vs. plurilingüismo en Galicia\nNo sistema educativo non universitario, o goberno galego no poder en 2010 decantouse por unha opción plurilingüe (Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia). O Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, xustifica a decisión a partir da nova realidade que vive Europa, convertida nun espazo internacional e plurilingüe: “Esta nova realidade esixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitando a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras” 4. Ademais, o propio secretario xeral anuncia que para garantir un coñecemento efectivo das linguas estranxeiras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai poñer en marcha o Plan de potenciación das linguas estranxeiras. Este fortalecemento das linguas 4 http://www.edu.xunta.es/web/node/1214\nestranxeiras vaise concretar no apoio á creación de centros plurilingües ou de novas seccións bilingües, o aumento da oferta de formación nas escolas oficiais de idiomas, a incorporación de auxiliares de conversa nos centros educativos, etc.\nMais, esa política plurilingüe vai supoñer cambios significativos nunha opción que atenda a diversidade lingüística? Ou continúa a ser expresión da ideoloxía monolingüista? Para nós, o multilingüismo social, cada vez maior nas comunidades actuais, esixe un plurilingüismo que non sexa un simple sumatorio de prácticas monolingües. A procura de novos modelos vai precisar un cambio de percepción sobre as linguas, o tipo de relacións establecidas na trama social, en definitiva, da “realidade”. En Galicia, este cambio non vai ser doado, porque aínda hoxe a maior parte das visións que se teñen ao respecto, proceden da ideoloxía monolingüista.\nEn efecto, en Galicia, ao monolingüismo en español enfróntase o monolingüismo en galego. Son discursos que se integran de cheo nos nacionalismos respectivos. O monolingüismo en español está representado polas extintas Asociación Gallega por la Libertad del Idioma (AGLI), La Mesa por la Libertad Lingüística, e a actual Galicia Bilingüe, que para ReiDoval (2009: 185) forman un verdadeiro “Comité de Sabotaxe da Regaleguización ”. No outro extremo da confrontación está o monolingüismo en galego, discurso moi estendido entre o nacionalismo político. O fundamento teórico desta postura é o conflito lingüístico (Aracil 1982) existente entre dúas linguas nunha mesma comunidade, una prestixiada e outra minorizada. Este modelo tamén foi o adoptado maioritariamente pola sociolingüistica catalá entre 1960 e 1980 (Boix e Vila 1998). Para Aracil, a resolución do conflito lingüístico só ten dúas vías posibles: a substitución da lingua máis feble, ou a normalización da mesma. Desde esta óptica, a lingua propia de Galicia só terá posibilidades de supervivencia desde a uniformización. É a postura que defende Sanmartín (2009: 51): “A arma do monolingüismo social como base fundamental, de amálgama, de feitura de masa para o noso país, é a única que ten como obxectivo unha homoxeneidade lingüística, cultural e social; e a única, por tanto, con visos de garantías de futuro para o noso idioma”. É obvio que para a autora só hai unha posibilidade, pero resulta que esta posibilidade reproduce a outra escala o mesmo modelo que se combate (Mey 1989, citado por Regueira\n2006). Aínda podemos comentar outra proposta de monolingüismo social, defendido por algúns grupos de mocidade, principalmente do ámbito urbano: o monolingüismo en galego(portugués). A\nvisión en torno ao código é compartida por asociacións que desenvolven unha gran actividade en torno á cuestión lingüística, como Associaçom Galega da Lingua (AGAL) ou o Movemento de Defensa Lingua (MDL), entre outros (Regueira 2006).\nCoidamos que intentar normalizar a lingua galega a partir do monolingüismo en galego, sitúanos no cerne mesmo do problema que pretendemos solucionar. Non se debe esquecer que as políticas monolingüistas levaron consigo a estigmatización e desaparición de gran cantidade de linguas. E pode acontecer o mesmo coas variedades internas dunha lingua se non se delimitan as funcións dos estándares, como comentaremos logo.\nXunto ás opcións monolingüistas, apareceron tamén na xeira democrática as chamadas teses bilingüistas, rexeitadas con contundencia desde os sectores galeguistas máis radicais. Subliña ReiDoval que “a palabra ‘bilingüismo’ foi tabú en Galicia e, sorprendentemente, símbolo de debilidade ou mesmo de deslealdade ao galego” (ReiDoval 2009: 181). Nesta breve revisión das opcións lingüísticas, non podemos deixar de citar o bilingüismo harmónico, un discurso desenvolto desde o poder político do Partido Popular durante os seus anos de goberno 5. O obxectivo principal sería garantir a harmonía da sociedade cun “bilingüismo social”, de tal xeito que as linguas castelá e galega puidesen ser usadas nas mesmas interaccións. Foi o discurso que sustentou a política lingüística do goberno do Partido Popular ata 2005, co que se trataba, sobre 5 Os fundamentos teóricos de tal singular formulación foron expostos polo propio Director Xeral de PL entre os anos 1989 e 2000, Regueiro Tenreiro (Regueiro 1999).\ntodo, de evitar o conflito social. É evidente que o conflito non se evitou senón que permaneceu latente, sen a virulencia, é certo, do actual 6.\n3.3. Galego/castelán vs. estándar/variedades\nNos procesos de recuperación de linguas minorizadas, o estándar exerce unha gran presión sobre as variedades. En Galicia produciuse, ademais, un efecto paralelo, cando menos durante a primeira década da oficialización: a poboación non se identificou cun estándar difundido, principalmente, polos medios de comunicación autonómicos. Os galegofalantes non se identificaron con aquela lingua que escoitaban na televisión e na radio galegas pois non se podían recoñecer nela. Como di Antón Dobao, o discurso oral público contiña palabras e expresións galegas, pero faltábanlle outros trazos fundamentais, como a pronuncia ou a entoación. Os galegos recibían a través destas canles “un conxunto de mensaxes que achegan formas léxicas e gramaticais do galego ditas conforme modelos de expresión oral doutra lingua [a castelá]” (Dobao 2008: 223).\nPor outra parte, a elevación do estándar á categoría de lingua supuxo unha hipervaloración desta variedade, que ía ocupar as funcións formais e de prestixio, en detrimento das variedades dialectais de ámbito coloquial. Volveuse reproducir o esquema castelán/galego, con consecuencias desastrosas para a poboación falante de galego. Perpetuamos deste xeito os prexuízos, enchéndoos de novos contidos 7, o cal tivo unha importancia enorme, sobre todo, no sistema educativo. Hai que recoñecer que a oficialidade do galego, a principios dos anos 80 xerou unha situación sociolingüística moi complicada, debido á confrontación social por unha banda, e á confrontación en torno ao código, pola outra. Non se calibrou abondo, no momento, que o potencial de enerxía que se dilapidou nestas guerras tería sido moi necesario para explorar unha experiencia educativa que tiña lugar por primeira vez na historia de Galicia. Se ben calquera experiencia educativa debería ser intrinsecamente positiva, a incorporación dunha lingua minorizada e estigmatizada ao ensino requiría incrementar a niveis máximos ese rendemento emocional. Sen ánimo de xeneralizar, coidamos pertinente facer un breve comentario ao respecto, focalizado naqueles casos nos que a didáctica do galego probablemente se abordou cunha perspectiva monolingüe (esta vez entre estándar e variedades), e que implicou deixar de banda a riqueza dialectal do alumnado galegofalante. En primeiro lugar, a/s variedade/s dos estudantes achegarían un repertorio léxico e expresivo moito máis rico do que o estándar pode achegar. En segundo lugar, o alumnado galegofalante quedaría reforzado a través da valoración da variedade propia, e posiblemente cunha mellor predisposición á aprendizaxe dun estándar que ampliaría o seu patrimonio lingüístico. Tanto os estudantes de galego coma os seus falantes deben ter moi claro que o emprego do estándar nas funcións que lle son propias, non obriga de xeito ningún, ao abandono de cadansúa variedade dialectal.\n4. p ropostas de funcIonamento plurIlIngüe na socIedade rede\nSomos conscientes de que atopar solucións á situación sociolingüística galega, desde o paradigma da complexidade, precisa de moita máis investigación, maduración de ideas, consensos científicos e sociais, e mesmo prácticas parciais. Establecer as conexións entre grupos e institucións implicadas, de tal xeito que haxa unha interdependencia efectiva entre eles, é imprescindible para que poidan abrollar os procesos de creatividade e emerxencia necesarios para o mantemento do sistema. A este respecto, queremos expoñer algunhas propostas que, ao noso entender, fomentarían unha práctica social máis en consonancia cunha sociedade diversa e interconectada. 6 Ao longo das décadas dos 80 e 90, a virulencia do conflito desviouse en boa parte cara á batalla normativa. 7 Un exemplo claro é a negativa consideración social da gheada (Labraña 1999, Recalde 1995, entre outros).\n4.1. Percepción positiva das linguas da comunidade\nÉ incuestionable que a diversidade é consubstancial en todos os ámbitos da nosa vida, e tamén no lingüístico. O gran reto para unha sociedade multilingüe é o desenvolvemento e a xestión da diversidade lingüística como proxecto de toda a comunidade, e non dunha parte dela. Perseguir este obxectivo supón poñer moita énfase na convivencia, de xeito que avancemos cara a unha sociedade integrada e cohesionada. Para Patxi Baztarrika ― Viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Vasco (20052009) ― a convivencia debería ser unha aspiración irrenunciable: “a xestión da diversidade lingüística incide de cheo sobre as persoas e as súas relacións, sentimentos, afectos e emocións. Por iso, falar de política lingüística implica falar, máis que acerca da lingua, da organización da convivencia lingüística” (Baztarrika 2009: 53). Concordamos con Pennycook (2001) en que unha planificación lingüística responsable debe ter moi en conta o multilingüismo imperante na sociedade coa fin de evitar riscos de exclusión social e impulsar a cohesión entre a cidadanía.\nPero para que a coexistencia de linguas se transforme en convivencia, é importante acadar dentro da sociedade unha valoración equitativa das linguas. A aceptación da diversidade lingüística non se restrinxe a conceptos como respecto e igualdade, senón que vai máis alá: supón a aceptación da/s lingua/s histórica/s da comunidade, e das que se van incorporando, como un valor para todo o conxunto. Teñamos en conta que a inmigración é portadora dunha bagaxe cultural que inclúe linguas maioritarias ou minoritarias que pasan a formar parte do sistema sociolingüísitico. Son elementos novos que obrigan o sistema a readaptarse para manter a súa identidade nun equilibrio dinámico constante. O intento de desprover a xente que se incorpora a unha comunidade nova da súa bagaxe cultural vai en detrimento do conxunto pois as súas potencialidades humanas vanse ver diminuídas (en maior ou menor grao) ao ter que se inserir nunha cultura nova na que, en principio, non pode desenvolver a súa creatividade como persoa, unha creatividade que se forxou nunha cultura determinada e diferente.\nDesde este punto de vista, é imprescindible a valoración da diversidade lingüística. Un dos espazos idóneos para fomentala é o sistema educativo, pois no ámbito escolar conflúen obrigatoriamente os nenos dos diversos grupos culturais e lingüísticos con presenza na sociedade. Son xa moitas as experiencias que neste sentido se veñen desenvolvendo en diversos países do mundo no sentido de considerar as linguas de orixe do alumnado un patrimonio a compartir por todos, un legado que debe arrequentar a cultura da clase e do conxunto da comunidade escolar 8.\nPrescindindo das implicación sentimentais ou dos posicionamentos políticos que alguén poida presentar respecto aos dialectos en xeral ou respecto ao seu en particular, parece obvio que unha sociedade civilizada e democrática, onde a diversidade é un valor a defender, preservar e mesmo fomentar, non pode ficar indiferente diante da perda da diversidade lingüística interna (Ramon Sistac 2009: 117).\n4.2. Ensino plurilingüe\nFronte ao ensino de linguas cun obxectivo políglota, hai anos xa que se comezaron a elaborar na Unión Europea outras propostas complementarias, orientadas a conseguir unha competencia lingüística plurilingüe. Estamos a nos referir a métodos de aprendizaxe simultánea de linguas dunha mesma familia: EuroCom e Eurom 4. EuroCom, dirixido desde Frankfurt polos profesores Tilber Stegmann e Horst Klein, distribúese en tres ramas: EuroComRom (románicas), EuroComGerm (xermánicas) e EuroCom Slav (eslavas) 10. Eurom 4, ideado por Claire BlanchBeveniste (1997) abrangue catro linguas románicas: portugués, español, italiano e francés 11. Arestora é case inminente a publicación de Eurom 5 (que engade o catalán), e está en proceso Eurom 8 ― catalán, español, francés, galego, italiano, occitano, portugués e romanés ―. Encárgase da súa elaboración un equipo de investigadores da Universitat de Barcelona, dirixido por Maria Teresa García Castanyer e Eulàlia Vilaginés.\nOs devanditos métodos pretender constituír, un complemento e, á vez, unha alternativa didáctica ao ensino tradicional de linguas. A novidade principal que representan ademais da aprendizaxe de varias linguas a un tempo, está nas competencias. En efecto, mentres no ensino tradicional, o obxectivo é acadar o dominio dunha ou de varias linguas, o cal implica a aprendizaxe de todas as destrezas, receptivas e produtivas, este ensino alternativo oriéntase unicamente cara ás competencias receptivas. Trátase de que as persoas dunha mesma familia lingüística se poidan expresar en cadansúa lingua sen necesidade de usar unha lingua que non é a habitual de ningún deles.\nCon esta didáctica, ademais, garántese o desenvolvemento de habilidades lingüísticas, inherentes a calquera persoa, e que o monolingüismo se encarga teimudamente de atrofiar. Desde a analoxía e mediante o emprego de estratexias como a dedución, a inferencia, a asociación, ou a aproximación, o estudante parte do coñecemento lingüístico que lle proporciona a súa lingua para chegar cun moderado esforzo de aprendizaxe a un alto rendemento na comprensión simultánea de varias linguas emparentadas.\nA través deste ensino a persoa ordena e organiza toda a información que posúe previamente (en xeral as persoas non son conscientes dos recursos cos que contan polo simple feito de ser falantes dunha lingua), e racha os bloqueos mentais que se producen ante a aprendizaxe de novas linguas. Pero iso non é todo, se cadra o máis importante é que estes métodos fomentan a creación dunha conciencia plurilingüe, adecuada para a sociedade complexa actual, na cal todas as linguas están en plano de igualdade, e na cal os cidadáns con variados recursos poden optar por utilizados segundo o que precisen en cada momento. As prácticas heteroglósicas na fala coloquial son un bo exemplo deste feito.\n4.3. Opcións e recursos lingüísticos dos cidadáns\nProcurar a convivencia lingüística nun país multicultural con dúas linguas oficiais, unha das cales é minorizada, é unha tarefa realmente difícil, pois en principio unha xestión orientada á defensa da diversidade lingüística parece que podería poñer en perigo a revitalización da lingua propia do país. Nós pensamos que isto non é así, e que xustamente un contexto no que teñen espazo 10 Máis información en http://www.eurocom.unifrankfurt.de/ A versión galega, publicada en 2009, foi elaborada por Labraña, Vázquez, Klein e Stegmann. 11 Consúltese: www.romanica.intercom.com as linguas e culturas dos grupos que se van incorporando ás sociedades, debería favorecer a\npreservación e normalización da lingua propia.\nÉ máis, a procura da convivencia entre unha pluralidade de linguas debería tamén axudar a transcender os problemas derivados dunha situación sociolingüística anómala (entre lingua dominante e lingua minorizada), situación que tivo importantes consecuencias psicolóxicas e xerou comportamentos lingüísticos tamén anómalos. Por exemplo, nos territorios do Estado español con lingua propia, como Cataluña e Galicia, é frecuente cambiar a lingua e expresarse en castelán ante un interlocutor que non fala catalán ou galego. Tamén se adoita iniciar unha conversa en castelán ante un interlocutor de aspecto físico estranxeiro, sen saber previamente se entende ou non a outra lingua do país. Isto, que en principio parecería unha escolla, en realidade agocha as secuelas psicolóxicas de traumas persoais por razón de lingua.\nEn xeral, nas comunidades nas cales coexisten dúas linguas oficiais, e unha delas é minorizada, as interaccións entre falantes de linguas diferentes, adóitanse facer na lingua prestixiada. Esta tendencia á converxencia lingüística nas interaccións, que a forza do hábito converteu en natural, non é outra cousa que xustamente un hábito cultural, atrás do cal podemos detectar a ideoloxía monolingüista. De aí a importancia da toma de conciencia sobre este feito, pois pode permitir que se produzan cambios nos hábitos lingüísticos sen o perigo de caer en autovaloracións negativas. Os autóctonos e falantes da lingua minorizada, para poder desenvolverse con naturalidade no plurilingüismo, precisan desfacerse desa carga emocional desestabilizadora, e do estrés que produce tanto manter unha conversa en bilingüe, como abandonar a lingua a favor dunha conversa nun único código 12.\nManter unha conversa en distintas linguas, e mesmo producila con alternancia de códigos, ten que chegar a ser percibido dentro da normalidade nunha comunidade multilingüe. Para isto, e sen prexuízo de que os cidadáns dominen diversas linguas, deberían dispoñer dun coñecemento fragmentario de moitas máis, que, por outra parte, favorecería o desenvolvemento eficaz de habilidades lingüísticas e comunicativas. Estas habilidades permitiríanlles afrontar o achegamento a unha lingua nova coa actitude aberta de que, nun nivel moi inicial, é posible a comunicación cuns mínimos coñecementos da outra lingua.\n5. c onsIderacIóns fInaIs\nAs liñas de pensamento que partiron dunha concepción do mundo mecanicista, e que guiaron investigacións, análises e políticas lingüísticas, non parecen aplicables á xestión da diversidade das sociedades multilingües. Desde ese modelo contemplábase a complexidade como problema, e non como posibilidade de conectar a través dela cun mundo máis rico e máis complexo. Para avanzar na procura de modelos máis axeitados a situacións complexas, nas últimas décadas do século XX, e baseada en conceptos ecolóxicos, abrollou a ecoloxía da lingua (Haugen 1972), que foi asumida posteriormente por autores diversos. Na sociolingüística catalá foron varios os estudosos que seguiron esta vía de investigación, como se pode ver na interesante panorámica de Pere Comellas (no prelo), na que o autor comenta criticamente as diferentes contribucións.\nNa sociolingüística galega podemos citar, entre outros, o traballo de Álvarez Cáccamo (1994).\nO estudo desde a perspectiva ecolóxica apareceu como unha verdadeira alternativa, xa que non só contemplaba os fenómenos lingüísticos en si mesmos, senón que tamén incorporaba toda outra serie de factores na dinámica da situación sociolingüística. Para Albert Bastardas, é preciso abandonar o estudo tradicional do fenómeno lingüístico illado para inserilo nos seus 12 Os psicólogos Suay e Sanginés (2010) opinan que cómpre revirar a situación, cousa perfectamente posible desde a psicoloxía. Para conseguilo, montaron os Talleres de Lingua, nos cales se trata cada caso individualmente.\ncontextos biolóxicos, psicolóxicos, sociais, políticos e culturais, nunha visión ecosociolingüística. Nesta perspectiva, hai que situar as estruturas lingüísticas “en relación cos sistemas e suprasistemas que determinan a súa existencia si se pretende entender adecuadamente as súas vicisitudes” (Bastardas 1996: 22). De aplicarmos o modelo ecolóxico ao conxunto das linguas nunha comunidade, parécenos oportuno facer unha reflexión entre dous niveis de mirada ecolóxica que diferencian entre ecoloxía superficial e ecoloxía profunda, unha distinción, hoxe en día amplamente aceptada. A diferenza entre elas estriba basicamente en que a ecoloxía superficial é antropocéntrica: considera o ser humano fonte de todo valor, por riba da natura á que lle outorga un valor instrumental, un valor que se debe protexer porque serve ao ser humano. En troques, a ecoloxía profunda ― que se integra de cheo no paradigma da complexidade ― ve o mundo como unha rede de fenómenos fundamentalmente interconectados e interdependentes, da cal son elementos tanto os seres humanos coma o entorno natural: “A ecoloxía profunda recoñece o valor intrínseco de todos os seres vivos, e ve os humanos como una mera febra da trama da vida” (Capra 1998: 29). No nivel lingüístico, desde a perspectiva da ecoloxía profunda todas as linguas das comunidades que forman unha sociedade serán igualmente importantes, estarán interconectadas a través dos seus falantes, e, xa que logo, retroalimentaranse unhas ás outras. Disto dedúcese que o que ocorra nunha das linguas, ou nun grupo cultural por razón de lingua, afectará o conxunto do sistema lingüístico. A ecoloxía superficial, no entanto, considerará a lingua “propia” como o valor\nprincipal, e o resto como entorno e patrimonio a protexer.\nComo puidemos ver, o desenvolvemento dos sistemas vivos non foi un proceso lineal, senón en rede. Foron xurdindo unha multiplicidade de redes sistémicas, cada vez máis complexas, nas que os procesos emerxentes e a creatividade inherente á vida, produciron novos sistemas e novas relacións. Este xeito de operar, que implica cooperación e interdependencia, é natural nos sistemas vivos; quebrar este fluxo dificulta a creatividade necesaria para que o complexo apareza, e nunha situación extrema, pode chegar a colapsar o sistema.\nMais, que a diversidade lingüística sexa unha opción factible para unha sociedade, esixe unha comunidade consciente do seu funcionamento en rede; consciente, polo tanto, de que o que aconteza nun nodo da rede, inflúe en todo o conxunto. As palabras de Capra (1998: 313314) son ben clarificadoras ao respecto:\nNon obstante, a diversidade é só unha vantaxe estratéxica cando se trata dunha comunidade verdadeiramente vibrante, sostida por unha rede de relacións. Se a comunidade está fragmentada en grupos e individuos illados, a diversidade pode facilmente converterse nunha fonte de prexuízos e friccións. Pero se a comunidade é consciente da interdependencia de todos os seus membros, a diversidade ha enriquecer todas as relacións e, xa que logo, a comunidade toda, así como cada un dos seus individuos. Nunha comunidade así, a información e as ideas flúen libremente por toda rede e a diversidade de interpretacións e de estilos de aprendizaxe —mesmo erros— enriquece toda a comunidade.\nHoxe en día a fragmentación da sociedade galega, por razón de linguas, é obvia. Ao noso entender, outro dos elementos que tivo maior relevancia neste conflito foi a crenza de que as verdades son inamovibles. Cada asociación, grupo, ou centro de poder implicados nas confrontacións mantiveron as súas posicións practicamente fixas, o cal impediu o establecemento dun verdadeiro diálogo entre interlocutores. Un diálogo, como o que propoñen Bohm e Peat, no que se intenten comprender as posturas dos outros, poñendo en suspensión as propias. Neste senso, cómprenos un xeito novo de relación, no que o outro teña un espazo real para que poida desenvolver a súa identidade nunha interaccción libre e creativa.\nEn definitiva, procurar a convivencia lingüística ten que ser unha aspiración irrenunciable nunha sociedade diversa e plurilingüe. Para Albert Bastardas isto pasa pola necesidade do debate creativo como vía para chegar a visións innovadoras:\nCómpre estimular máis o debate crítico e intelixente e a produción de discursos e conceptos innovadores no dereito, sobre unha organización lingüística dos humanos que faga posible a necesaria e xusta conciliación entre a aspiración de comunicabilidade supralocal e xeral, e a de mantemento e desenvolvemento das linguas nas distintas comunidades humanas. Conseguir manter plenamente funcionais os idiomas propios e ao tempo podérmonos comunicar cos outros humanos é o gran obxectivo da humanidade para o século XXI (Bastardas 2009: 130).\nr eferencIas bIblIográfIcas\nRegueiro Tenreiro, M. (1999): Modelo harmónico de relación lingüística. Estudio en Galicia. A Coruña:3catorceeuroEdiciones. ReiDoval, Gabriel (2009): “A sociolingüística de Galicia”, en Henrique Monteagudo (coord.), Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade."} +{"summary": "O obxectivo deste estudo é analizar a ideoloxía do Dicionario da Real Academia Galega (DRAG), tendo en conta o seu carácter lexitimador na sociedade, así coma a relevancia da súa presenza nos eidos da educación e da aquisición da lingua. En concreto, os resultados clasifícanse nos ámbitos da relixión, a política e os temas de xénero. Para acadar o fin exposto realizouse unha lectura exhaustiva do repertorio aloxado na páxina web da RAG, incluíndo as actualizacións máis recentes acometidas ao longo de 2018. Como resultado obtívose un corpus composto por 808 artigos lexicográficos, cuxa forma lematizada recóllese como apéndice para poder servir de guía en traballos complementarios posteriores. Os 808 artigos foron sometidos a análise lingüística desenvolvida con perspectiva crítica seguindo a metodoloxía da análise crítica do discurso lexicográfico (Autor 2012 e 2016b). Entre as conclusións fundamentais destaca a continua actualización da obra analizada, na que se constata unha preocupación pola busca de neutralidade nas definicións e un interese por ofrecer unha cosmovisión ampla, non reducida ás ideoloxías dominantes. Con todo, tamén é preciso sinalar que a análise revela un traballo intenso no futuro no relativo á adaptación deste dicionario a algunhas das medidas da linguaxe inclusiva que permitan maior visibilidade da muller, así como unha revisión da representación do catolicismo como relixión por defecto.", "text": "A ideoloxía no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG)\n dicionario, ideoloxía, lexicografía crítica, análise crítica do discurso lexicográfico, RAG, lingua, sociedade\nSumario\n1. Introdución 1. 1.1. Contexto. 1.2. Obxectivos. 2. Corpus e metodoloxía. 3. Resultados. 3.1. Ideoloxía relixiosa. 3.2. Ideoloxía política. 3.3. Cuestións de xénero. 4. Conclusións. Apéndice. Referencias bibliográficas.\nIdeology in DRAG\nContents\n1. Introduction 1. 1.1. Context. 1.2. Objectives. 2. Corpus and methodology. 3. Results. 3.1. Religious ideology. 3.2. Political ideology 3.3. Gender Issues. 4. Conclusions. Appendix. References.\n1. I NTRODUCIÓN\n1.1. Contexto\nNas sociedades nas que a globalización é un feito a reflexión sobre as linguas aborda temáticas relativamente novas das que outrora non se ocupaban disciplinas como a metalexicografía. Trátase de cuestións de carácter etnolingüístico, nun sentido amplo do termo, que atinxen á relación entre lingua e cultura en producións coma o dicionario, a gramática ou a ortografía. En concreto, este estudo centrarase no dicionario en canto que obra de referencia na conformación normativa da lingua e eixo da lexitimización social das palabras e do seu significado. Xorde así a etnolexicografía como eido fundamental da investigación lingüística no que se insiren, entre outros, os estudos de lexicografía crítica (Autor 2016b), esenciais para comprender a impronta que deixa a sociedade no dicionario e o diccionario na sociedade, nunha simbiose que é certamente diferente en función das persoas ou institucións que están tras a redacción dos repertorios lexicográficos. Pérez Hernández (2000) e Calero Vaquera (2010) xa falan da etnolexicografía para referirse ao estudo do dicionario en termos de análise ideolóxica na que se cruzan os aspectos culturais cos lexicográficos; en realidade só se trata dunha etiqueta que acolle investigacións que xa levan despertando o interese da lingüística dende hai décadas. Ademais, a este contexto académico descrito hai que engadir o contexto social actual, moi sensibilizado co tratamento discursivo das minorías e con temas de xénero, entre os que destaca a representación da muller nos dicionarios, como demostra a continua presenza mediática de novas referidas aos cambios producidos nos repertorios ou relativas ás diversas reivindicacións lexicográficas levadas a cabo a través das redes sociais ou das plataformas de peticións. Por exemplo, no caso do galego, o 3 de abril de 2017 1 o Faro de Vigo facíase eco da nova posibilidade de busca no DRAG a partir da forma en feminino, no caso dos lemas que presentaban moción de xénero. Pero a relevancia do DRAG non se limita á súa presenza mediática, senón que se demostra coa inxente cantidade de consultas que recibe na súa versión en liña. En concreto, os datos para 2017 indican que este dicionario rexistrou máis de 20, 5 millóns de consultas, unha media de 56.000 consultas diarias, o que supuxo un incremento do 42% con respecto ao ano 2016. É dicir, que o número de consultas progresa de xeito ascendente, e marca así unha tendencia que permite consolidar este repertorio como unha ferramenta fundamental para o coñecemento da lingua galega 2. O feito é que o diccionario penetra máis que nunca no tecido social, polo que a imbricación das preocupacións da 1 O titular era: “El diccionario de la RAG incorpora la búsqueda de palabras en femenino”, disponible a través do enlace https://www.farodevigo.es/cultura/2017/04/03/diccionariorag-incorporabusqueda-palabras/1653806.html. 2 Fonte dos datos: Faro de Vigo, nova publicada o 9/01/2018. Dispoñible a través do enlace: https://www.farodevigo.es/sociedad/2018/01/09/odicionario-darag-bate/1816526.html\nsociedade no quefacer de especialistas en lexicografía teórica e práctica creceu dende o último tercio do século XX. Isto motivou en linguas coma o español unha nova onda de investigación nas que se busca un claro retorno social ao denunciar a presenza de ideoloxías dominantes nos dicionarios, fundamentalmente nos dicionarios xerais de referencia, que coinciden no caso do español e do galego cos dicionarios institucionais ou académicos.\nNas linguas francesa, inglesa e española, a análise da ideoloxía presente nos diccionarios posúe unha tradición moito maior ca no caso do galego, onde aínda podería considerarse un campo inexplorado. Destacan xa referencias importantes no último cuarto do século XX, como poden ser os traballos de D’Oria (1988), Lehmann (1978), Feldman (1980), Beaujot (1980), Seco (1983), Desmet et al. (1990), Pascual e Olaguíbel (1992), Jammes (1992), Fishman (1995), Bueno Morales (1993), Forgas Berdet (1996), ou Calero Fernández (1999), por citar algúns destacados. A estes traballos súmanse as diferentes abordaxes realizadas ao estudo da ideoloxía nos diccionarios que se veñen realizando nas primeiras décadas do século XXI, nunha tendencia que no caso do español estase a incrementar de xeito exponencial na medida en que o dicionario da RAE xa pasou a adquirir un claro valor simbólico na sociedade hispanofalante que reclama continuamente a súa revisión de acordo co cambio social. Neste sentido, é preciso referirse a diversos traballos como o de Pérez Hernández (2000), Ariza Viguera (2001), Cazorla Vivas (2002), Díaz Rosales (2005), Pastor Millán (2006), Forgas Berdet (2007), Autor (2008), Sánchez García (2009), Calero Vaquera (2010), López Facal (2010), Marta Rodríguez (2013), Calero Fernández (2014), Lauria (2014), Quilis Merín (2014), García Ramón (2018), Villa (2018) e unha interminable listaxe de referencias, entre as que hai que singularizar o traballo colectivo Ideolex. Este volume, coordinado por San Vicente, Garriga e Lombardini (2011), ofrece un panorama completo do fenómeno ideolóxico no dicionario e da súa análise, polo que debe ser un referente para as persoas que inician a súa investigación nesta liña. Todos estes traballos mencionados céntranse, dende diferentes técnicas de obtención de datos, no estudo dos diccionarios en relación coa presenza de ideoloxía nas súas páxinas.\nFronte a este rico panorama de referencias relativas á análise da ideoloxía nos dicionarios en liguas coma o francés, inglés ou o español, no caso do galego non existe tradición algunha nesta materia. Unha busca na Bibliograía Informatizada da Lingua Galega (BILEGA) revela a ausencia de antecedentes na investigación que se ofrece no presente artigo, coa excepción en materia de xénero da investigación de Hermida Gulías (2010) sobre o sexismo nos dicionarios de galego. Si existen notables traballos sobre ideoloxías, actitudes e identidades lingüísticas en Galicia, que non cómpre citar agora, pero en ningún caso exploran a influencia do dicionario como elemento lexitimador de ideoloxías nin como instrumento fundamental na consolidación destas. Esta é, pois, a primeira abordaxe científica ao Dicionario da Real Academia Galega dende o punto de vista da ideoloxía que reflicte como discurso lexicográfico, polo que o traballo tamén se presenta como resposta a un baleiro notable nos estudos lexicográficos do galego.\n1.2. Obxectivos\nO obxectivo principal deste estudo é de carácter descritivo, xa que se trata de analizar a presenza de ideoloxía no Dicionario da Real Academia Galega (2012, actualizado ata 2018) e describir o estado actual deste discurso lexicográfico en relación co fenómeno da subxectividade. Os obxectivos específicos son:\n(OE1): Proporcionar información acerca da ideoloxía presente neste dicionario nos ámbitos da relixión, a política e os temas de xénero. (OE2): Establecer unha comparación xeral entre este dicionario e a última edición do Diccionario de la Lengua Española (DLE) da RAE, a versión electrónica 23.1. (OE3): Avaliar o estado actual do diccionario dende un punto de vista crítico. (OE4): Ofrecer unha proposta de liñas de actuación xerais para adaptar, en termos ideolóxicos, o repertorio á sociedade actual.\n2. C ORPUS E METODOLOXÍA\nPara acadar os obxectivos propostos compilouse un corpus textual formado por 808 artigos lexicográficos do Dicionario da Real Academia Galega (actualizado ata 2018), cuxa forma lematizada aparece recollida no apéndice deste estudo. Sobre cada artigo lexicográfico realizouse unha ficha na que consta a súa definición (incluíndo a fraseoloxía), referencia sobre a súa actualización (de ser o caso), a comparación co DLE, unha análise da marcación recollida no primeiro enunciado da definición e unha análise dos mecanismos de modalización discursiva observados no segundo enunciado da definición. Isto permitiu que se traballase coa información de xeito global, co fin de poder extraer conclusións a partir dun número representativo de casos analizados. Cómpre sinalar que a lectura non se limitou aos 808 artigos indicados, senón que abrangue o conxunto do repertorio. O grupo final de voces obtívose a partir do refinamento de corpus anteriores manexados na investigación de materiais en español (Autor 2008, 2016a), aos que se engadiron outros artigos a partir da lectura completa da listaxe de últimas actualizacións dispoñible no recurso web da RAG. A metodoloxía de análise é esencialmente cualitativa, posto que parte da análise pormenorizada de cada artigo do corpus escollido. Con todo, tamén ten unha parte cuantitativa en canto que se recorre en ocasións ao reconto de diversos fenómenos e se establecen porcentaxes de frecuencia cando este dato pode ser revelador. A análise cualitativa parte dunha perspectiva crítica dos estudos lingüísticos (recentemente reformulada por un dos seus iniciadores, van Dijk 2016) e axústase á pauta fixada na Análise Crítica do Discurso Lexicográfico (Autor 2012 e 2016b), aínda que neste artigo non é posible desenvolver a análise en función da estrutura de xeito completo, senón que queda reducida á análise da microestrutura do dicionario (con mínima referencia a algún aspecto da lematización). Os resultados organízanse en función das tres áreas temáticas descritas nos obxectivos, é dicir, relixión, política e cuestións de xénero.\n3. R ESULTADOS\nNa presentación de resultados tense en conta o critério temático para realizar unha clasificación do fenómeno ideolóxico no dicionario da RAG. Aínda que é posible facer múltiples escollas temáticas, neste estudo seleccionáronse as dimensións relixiosa, política e de xénero. Por suposto, queda como desafío para o futuro realizar unha análise máis completa na que tamén se inclúan outras temáticas máis específicas, como o tratamento racial, a representación das profesións socialmente estigmatizadas, etc. En cada subapartado contemplaranse os principais aspectos da macroestrutura e da microestrutura. Nesta ocasión non se realizará análise da megaestrutura nin da infraestrutura do dicionario. No que atinxe á infraestrutura ideolóxica, espérase que coas conclusións obtidas neste artigo sexa posible iniciar un estudo mais profundo que permita determinar as claves do ideario institucional académico.\nPola dimensión do corpus non resulta posible nestas páxinas comentar a totalidade de artigos analizados, polo que no apartado de resultados só se destacarán algúns que poden ser máis ilustrativos.\n3.1. Ideoloxía relixiosa\nO tema do tratamento da relixión nos repertorios lexicográficos é un dos que ten acaparado maior atención no eido da lexicografia crítica. Como sinala Díaz Rosales (2005: 316) o catolicismo foi o “pilar fundamental en la construcción ideológica y cultural de España”, polo que resulta natural que na conformación da ideolxía e idiosincrasia españolas estivera moi presente esta orientación e que se trasladara de forma natural aos primeiros dicionarios do español. Sen dúbida, no caso da lexicografía española resulta moi útil o traballo de Sánchez García (2003) sobre a presenza do elemento relixioso nos dicionarios da RAE, un estudo no que se conclúe que non é ata a edición de 1992, e especialmente na de 2001, que a RAE realiza un esforzo por “desacralizar” o seu dicionario de referencia. De feito, o autor non dubida en afirmar que a edición de 1992 aínda se conforma coma un dicionario “confesional, que todavía no había alcanzado la lejanía y la objetividad exigidas por la moderna ciencia lexicográfica”\n(Sánchez García 2003: 196).\nEn definitiva, no caso do español semella clara a impronta católica. Logo a pregunta que corresponde neste estudo e: que sucede no caso do galego? Fronte á RAE, fundada en 1713, a Real Academia Galega (RAG) fúndase en 1906 cuns principios substancialmente diferentes, xa que a primeira buscaba a unidade e pureza do idioma xunto coa súa consolidación como lingua imperial e a segunda perseguía a dignificación dunha lingua minoriza dentro do territorio español. Na liña imperialista española da RAE encadrábase a máxima da unidade non só referida á lingua, senón tamén unidade baixo a relixión católica, algo que non estaba tan explícito na institución galega. No que si coincidían ambas institucións era nos obxectivos iniciais de elaborar unha gramática e, sobre todo, un dicionario. No caso da RAG, este proxecto, aínda coa perspectiva bilingüe que se arrastraba dende o século XIX, desenvolveuse por entregas dende 1912 ata 1928, polo que as bases do dicionario foron elaboradas baixo a presidencia de Manuel Murguía. Antes desta obra só se publicaran no último cuarto do século XIX dicionarios bilingües castelán/galego que non constituían unha referencia, polo que este foi un primeiro paso no achegamento á técnica lexicográfica. Con todo, dende o punto de vista metodolóxico e formal da lexicografia moderna, o primeiro fito da RAG en lexicografia monolingüe foi o Dicionario da lingua galega (ILGA/RAG 1990). Como sinala González González (2008: 257), “aínda que contaba só con 12000 entradas, supuxo un avance decisivo en aspectos metodolóxicos”. Pero non é ata uns anos despois, co DRAG (1997), cando por fin se publica o traballo monolingüe máis completo da institución (González González 2008: 258), que contaba xa con 25000 entradas e cun tratamento actualizado e estandarizado da microestructura. Posto que neste dicionario fíxose un esforzo por ofrecer cada lema textualizado de xeito que ningunha acepción quedara sen o seu correspondente exemplo, resultou moi interesante que a liña de actuación na elección de exemplos pasara por un coidado especial do aspecto ideolóxico. Neste sentido, González González (2008: 258) indica que “na selección de exemplos tívose especial coidado por evitar o clasismo, o sexismo e, en xeral, a transmisión de ideas non acordes cos principios de igualdade de todos os seres humanos, de convivência democrática e de respecto pola natureza”. Non se menciona de xeito explícito o tema da relixión, ainda que se infire deste principio xeral de igualdade que o tratamento debería ser equitativo en relación con todas as formas de culto relixioso. Este mesmo principio sobre a ideoloxía sustenta a última edición do Dicionario da Real Academia Galega (2012, actualizado ata 2018), que é o que se someterá análise neste estudo.\nA realidade da análise amosa que a equidade no tratamento relixioso non termina de acadarse no Dicionario da Real Academia Galega, e que, malia os evidentes esforzos feitos na redacción deste repertorio, o catolicismo constrúese como a relixión por defecto, é dicir, a forma de culto por antonomasia. Non existe un tratamento pexorativo doutras formas de culto, pero si que asume ritos e coñecementos sobre o catolicismo como un saber compartido que, en moitos artigos lexicográficos, non precisa de aclaración.\nDentro da microestrutura do dicionario, os elementos que permiten realizar estas afirmacións son os relativos á ausencia de marcación, ben marca temática xeral de relixión ou ben a específica do catolicismo (exemplos 1, 3, 4); ordenación de acepcións (15); pervivencia de acepcións específicas con ou sen especificación (2, 8); pervivencia do hiperónimo herexía ou seita (9); a manifestación de incerteza no fenómeno esotérico alleo á relixiosidade ortodoxa ou nos dogmas de relixións non católicas (7, 16); o énfase ou destaque do ideario, tradición ou historia católica (8 na acepción 1, 14); e a selección do exemplo (5, 6, 9, 10, 11, 12, 13, 17). (1) coro 5 Relixión Cada unha das xerarquías nas que se clasifican os diferentes tipos de anxos. Os querubíns forman o segundo coro. (2) doutrina 1 Conxunto de ideas ou principios que pretenden dar unha explicación a un fenómeno en relixión, filosofía ou política. Seguir unha doutrina política. Doutrinas relixiosas. 2 Conxunto de principios da relixión cristiá expostos no catecismo. Os cregos explican a doutrina.\n(3) epifania Festividade en que se conmemora a adoración do neno Xesús polos Reis Magos. A Epifanía celébrase o día seis de xaneiro. (4) fillo, filla 6 Relixión A segunda persoa da Santísima Trindade. En Deus hai tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo. (5) humanidade 1 Natureza humana. Humanidade e divinidade de Cristo. (6) martirio 1 Morte ou tortura que sofre unha persoa por non renegar da súa relixión ou dos seus ideais. Padecer martirio. O martirio de Xesucristo. (7) médium Persoa hipoteticamente dotada de facultades paranormais que lle permiten provocar fenómenos parapsicolóxicos ou actuar como enlace entre o mundo dos vivos e o dos espíritos. (8) natividade 1 Nacemento, especialmente de Xesús, da Virxe ou de san Xoán Bautista. No Nadal celébrase a natividade de Xesús. 2 Festa que se celebra o vinte e cinco de decembro, na que se conmemora o nacemento de Xesús. Asistiron á eucaristía para celebrar a Natividade. (9) nestorianismo Relixión Herexía de Nestorio, patriarca da igrexa no século V, segundo a cal en Cristo coexisten dúas persoas, a divina e a humana. O nestorianismo negaba a maternidade divina de María. (10) omnipotencia Calidade de omnipotente. A omnipotencia de Deus. (11) omnipotente Que ten un poder absoluto ou ilimitado. Deus é omnipotente. (12) omnipresente 1 Que está presente en todas as partes ao mesmo tempo porque ten o don da ubicuidade. Deus é omnipresente. (13) rezar 1 Dicir [unha oración] de palabra ou mentalmente. Rezou un rosario á Virxe. (14) sábado Día de semana que segue ao venres, último na consideración relixiosa. O sábado e o domingo son días de lecer. (15) salvación 1 Acción e efecto de salvar ou salvarse, especialmente, de conseguir a gloria eterna. Para a salvación da alma. A salvación dos fieis. 2 Aquilo que salva ou que serve para salvarse.\nAquel transplante foi a súa salvación\n(16) ubicuitario, ubicuitaria Relixión Dunha rama luterana que sostén que Xesucristo está presente na eucaristía, como en todas as partes, polo don da omnipresenza e non pola transubstanciación. Doutrinas ubicuitarias. (17) ubicuo, ubicua 1 Que está presente en todas as partes ao mesmo tempo. Deus é ubicuo.\nPese a todo, apréciase unha vontade por evitar a proxección de definicións sesgadas ideoloxicamente, sobre todo visible cando se establece a comparación entre este repertorio e o Diccionario de la Lengua Española (DLE) na súa última edición, actualizada en liña ata 2018. Non se trata de medidas implementadas sistemáticamente, senón rasgos de obxectividade que se deslizan de xeito ocasional. Por exemplo, poderiamos mencionar neste grupo de decisión máis avanzadas o feito de lematizar elementos de gran relevancia en diversas relixións (talmud); non incluír na macroestrutura voces obsoletas privativas da moral conservadora (incasto, incasta); ou non manter nalgúns casos acepcións específicas para a relixión católica, como por exemplo himno; ou sentidos especialmente interpretados en clave católica (morte). Asimesmo, é importante destacar a, en xeral, adecuada marcación temática do DRAG fronte a algunhas eivas visibles no DLE (23). Tamén pódese entender neste intento de obxectividade o uso de hiperónimos neutros coma condición ou cualidade en lugar doutros aferrados ás raíces do catolicismo coma virtude, que si utiliza o DLE por exemplo en humildade. Neste mesmo sentido, fronte o uso de hiperónimos como secta ou herexía que mantén o DLE, o DRAG trata de buscar hiperónimos máis neutros e descritivos coma movemento teolóxico (18). Destaca tamén a modalización epistémica de incerteza nalgúns fenómenos que no catolicismo tómanse coma dogmas ou que tradicionalmente foron aceptados sen discusión, como por exemplo a identificación entre o catolicismo e a verdadeira forma de culto. Nalgún dor artigos que conforman o corpus analizado observáse que se introduce un matiz cunha estratexia de modalidade epistémica de incerteza, como por exemplo o uso de participios epistémicos de incerteza que alonxan ao suxeito enunciador da veracidade do enunciado (19), este rasgo tamén se observa nas últimas edicións do dicionario da RAE. No caso de infiel ademáis resulta relevante o exercicio de equidade que se leva a cabo en canto que nos exemplos tamén se abre á percepción doutras formas de culto. Outro rasgo que xorde na comparación co DLE é a busca de obxectividade a través da voz enunciadora e da persoa verbal empregada. En relación con isto, chama a atención o uso que o DLE fai da terceira persoa do plural cando quere alonxarse de determinada ideoloxía ou práctica, adquirindo ao mesmo tempo un tono despectivo do que carece o DRAG (20). No que se refire á modalización discursiva, pódese mencionar tamén a ausencia de modalidade valorativa que si persiste no DLE, como é o caso de islamismo. Na obra da RAE e a ASALE indícase que é unha ideoloxía que subxace ao fundamentalismo islámico. Cando se busca o termo fundamentalismo queda explícito na definición o adxectivo “intransigente”, que non aparece no caso do DRAG. Finalmente, corresponde tamén destacar\nnos avances na microestrutura no relativo á presentación das relixións o feito de incluír varios exemplos nos que se visibilicen diferentes formas de culto (21). Este último exemplo é útil precisamente para amosar que estas medidas non están implementadas dun xeito sistemático senón casual, en función da persoa que se encargue da redacción de determinado artigo, pois no caso de rito, por poner un exemplo, o DRAG só proporciona tanto na primeira como na segunda acepcións un contexto de uso relativo ao catolicismo (Casou polo rito católico, Os ritos da Pascua). (18) arianismo Relixión Movemento teolóxico, fundado por Ario no século IV e condenado no Concilio de Nicea, segundo o cal Cristo fixo de mediador na creación, pero está subordinado ao Pai e non é eterno coma el nin da súa mesma natureza. O arianismo tivo unha gran difusión na cristiandade. (19) infiel 2 Que non segue a relixión considerada como verdadeira. Os pobos infieis. Tamén substantivo Os musulmáns predican a guerra contra os infieis. (20) integrismo (DRAG): Tendencia política ou ideolóxica que defende a orde social, as ideas, valores e institucións tradicionais. Despois daquel discurso, quedou claro o seu integrismo. integrismo (DLE) 1 m. Actitud de ciertos sectores religiosos, ideológicos o políticos, que defienden la intangibilidad de un sistema, especialmente religioso. (21) liturxia Relixión Conxunto de cerimonias establecidas por unha igrexa e destinadas ao culto. A liturxia católica. A liturxia anglicana. (22) morte (DRAG): 1 Fin da vida. Chorar pola morte dun ser querido. A morte chegoulle de moi vello. Onte fixo un ano da súa morte. A morte das células, dos tecidos etc. muerte (DLE): 2. En el pensamiento tradicional, separación del cuerpo y el alma. (23) virxe (DRAG): 2 Catolicismo. María, a nai de Xesucristo. virgen (DLE): 3. f. por antonom. María Santísima, madre de Dios.\nPara rematar este apartado é preciso referirse en termos cuantitativos á marcación do léxico relixioso que forma parte do corpus textual empregado nesta investigación. Do total de 808 artigos lexicográficos, 270 corresponde nunha ou varias acepcións a temáticas relixiosas ou teolóxicas. Deste total de 270 non todas se marcan correctamente. Seguindo a Haensch et al. (1982: 482) diferenciaremos materia e especialidade dentro da materia. Neste caso, materia (a marca temática xeral) poderá ser relixión (teoloxía aparece de forma moi illada e non se contempla nas opción de busca avanzada do DRAG en liña); a marca específica de especialidade só poderá ser catolicismo, pois recordemos que no DRAG só se recollen as seguintes marcas referidas ao ámbito relixioso: antigüidade clásica (que non analizamos, pois a relixión é un tema tanxencial nunha temática máis ampla), catolicismo (a listaxe completa de artigos lexicográficos marcados deste xeito pode recuperarse a partir da busca avanzada no DRAG, que indica que só 149 artigos son marcados deste xeito en todo o dicionario), mitoloxía (que tampouco se contempla nesta investigación polo mesmo motivo que antigüidade clásica), e relixión (marca baixo a que se recollen un total de 255 artigos en todo o dicionario). A continuación resúmense os datos principais acadados nesta investigación sobre a marcación na temática relixiosa: -De aproximadamente 60000 artigos totais do DRAG, só 255 aparecen recollidos baixo a marca relixión e 149 baixo a marca catolicismo, o que supón un 0, 2% do total de artigos do dicionario. -Non se contemplan marcas específicas para outras relixións non católicas, só ás marcas que fan referencia a historia antiga e mitoloxía, pero non relativas a relixións actualmente activas. -Dos 808 artigos lexicográficos que compoñen o corpus desta investigación, 270 corresponden nunha ou varias acepcións á temática relixiosa, polo que está claro que a marcación desta temática é\ndeficiente, tendo en conta que só aparece en 255 casos do total da obra (60000) e en 70 dos 270 recollidos. É dicir, o DRAG só presenta a marca relixión nun 0, 4% dos seus artigos. No corpus desta investigación, sobre os 270 identificados como temática relixiosa só o 26% están así marcados no dicionario.\n-En relación coa marca catolicismo no corpus propio, só 43 aparecen con esta marca específica sobre os 270 artigos identificados dentro da temática relixiosa, é dicir, o 16%.\nEn conclusión, en canto á marcación temática e específica da relixión católica no DRAG, resulta evidente que é preciso realizar unha revisión completa e sistemática. Carece de sentido que artigos como evanxeo non aparezan marcados nin coma relixiosos nin coma católicos, e si outros como evanxeliario, por poner un exemplo. Por outra banda, resulta revelador que do total de case 60000 entradas do DRAG só 255 estean marcadas como propias da relixión, pois xa no corpus propio de 808 identificáronse máis casos de léxico directamente relacionado con esta temática relixiosa. A marcación deficiente participa na construción do catolicismo como relixión por defecto. Por outra banda, a análise de marcas tamén indica que non se contemplan marcas específicas para outras relixións, aínda que algunhas como a musulmá teñen moita presenza no repertorio. Isto reflicte a permanencia do tratamento singularizado para o catolicismo, que se erixe así como a forma de culto singularizada. Certamente, a análise cualitativa revela que non existe un tratamento pexorativo do resto de relixións posto que non se manifesta a modalidade apreciativa ou valorativa, pero é preciso mellorar a sistematicidade na marcación e nas restriccións do significado para romper coa idea de relixión católica como relixión por antonomasia.\n3.2. Ideoloxía política\nCentrando xa a análise no DRAG, é preciso retomar a idea da fundación tardía desta institución, a comezos do século e XX, e, sobre todo, recordar que nos seus principios fundacionais confluían os principios básicos do galeguismo. Manuel Murguía defendía o programa xa iniciado do Rexurdimento e o\nRexionalismo, e outra das liñas iniciadoras partía das sensibilidades das persoas migrantes de Galicia en América, en concreto en Cuba. O obxectivo fundamental era outorgar visibilidade e recoñecemento á lingua e a cultura galegas, polo que a súa orientación ideolóxica na infraestrutura do dicionario difícilmente pode coincidir con outras institucións como a RAE, que perseguían a pureza, unidade e glorificación lingüística do español como lingua nacional. Por suposto, este feito e ben determinante nos resultados obtidos nesta investigación xa que, fronte á ideoloxía conservadora e reaccionaria xeral das obras da RAE, o DRAG reflicte na dimensión política unha ideoloxía máis aberta e progresista.\nNo que atinxe á macroestrutura, pode ser interesante por de manifesto que o equipo de redacción do DRAG está atento ás novidades que acontecen no ámbito político social, como demostran as continuas actualizacións do repertorio. Estas modificacións están recollidas por orde alfabética (e con data de inclusión ou modificación) no recurso disponible en liña a través da web oficial da RAG. No que respecta á temática política, entre esas actualizacións recentes están: moción de censura (frase engadida o 21/febrero/2018), coalición (modificada o 15/xuño/2018), clasismo (nova entrada engadida o 13/xuño/2018), cidade estado (frase engadida o 16/abril/2018), migrante (nova entrada engadida o 26/xaneiro/2018), rexedor municipal (frase engadida o 19/xuño/2018) ou xenocida (15/febreiro/2018), entre outras que directa ou indirectamente poden enmarcarse nesta temática. Con esta reflexión quérese destacar o feito de que, pese á pequena dimensión do DRAG en comparación con outros dicionarios institucionais como o elaborado pola RAE e a ASALE, o proceso de incorporación de novas voces e de modificación das definicións é áxil e está en consonancia coa realidade social coetánea, o que resulta sen lugar a dúbidas unha vantaxe en termos de actualización do dicionario. Con todo, tamén se percibe a ausencia como lema dalgunha voz amplamente utilizada en galego no eido político como pode ser facha como uso despectivo para referirse a fascista, aínda que é preciso realizar un estudo máis polo miúdo do lemario para detectar eivas relevantes.\nNo que respecta á microestrutura é preciso referirse en primeiro lugar ao tema da marcación. O DRAG incorpora unha marca específica para os significados que se encadran no ámbito político, pero a busca avanzada por marcación revela que só inclúen esa marca política 47 artigos lexicográficos dos preto de 60000 que actualmente conforman o lemario deste repertorio lexicográfico. Se ben nalgúns casos proporcionan contornos da definición nos que si se especifican informacións que adscriben tematicamente (por exemplo, en abertzale indícase entre corchetes que é un “movemento político e social”), a incorporación de marca temática resulta moi deficiente. Do total dos 808 artigos do corpus compilado nesta investigación, 138 se encadran directamente na temática política. Polo tanto, como mínimo e tendo só en conta este corpus propio, o número de marcas específicas de temática política debería ser superior a 138, o cal choca cos 47 que recolle a totalidade do dicionario. Se no caso da relixión a presenza ou ausencia de marca resultaba determinante dende o punto de vista ideolóxico, sobre todo no relativo ás marcas específicas, no tema político esta marcación temática non é interpretable en termos de ocultación ou priorización de determinadas orientacións políticas.\nAntes de abordar o segundo enunciado da definición convén comentar un exemplo de organización de acepcións no DRAG que, enfrontado ao mesmo artigo do DLE, pon de manifesto non só a maior claridade na definición, senón tamén o esforzo por evitar a inclusión superflua de informacións que poden resultar confusas, descontextualizadas ou imprecisas. En concreto, trátase do caso de comunismo (24). Este exemplo tamén é ilustrativo en canto que resume en certo modo o xeito en que DRAG e DLE interpretan e proxectan segmentos da realidade política; o primeiro de xeito claramente progresista e igualitario e o segundo dunha forma máis conservadora no que se refire a estrutura social e económica.\n(24) comunismo (DRAG) Doutrina económica, política e social que aspira á eliminación do sistema capitalista e a superación da loita de clases, propugnando a propiedade colectiva dos medios de produción e a xustiza social. Avanzar na construción do comunismo.\ncomunismo (DLE) 1. M. Doctrina que establece una organización social en que los bienes son propiedad colectiva. 2. M. Movimiento y sistemas políticos, desarrollados desde el siglo XIX, basados en la lucha de clases y en la supresión de la propiedad privada de los medios de producción.\nO artigo lexicográfico para comunismo ten un tratamento no DRAG de acepción única, o cal xa delimita unha única realidade política, económica e social; fronte a esta definición, o DLE divide en dúas creando dese xeito unha certa confusión conceptual. Por outra banda, ademáis da referencia á “eliminación do sistema capitalista” (ausente no DLE), o dicionario da RAG explicita que se trata da “superación” da loita de clases, ao contrario que o DLE que só indica que se basea nesta loita (como se a perpetura) e que se limita a insistir na supresión da propiedade privada, amosando así a súa principal preocupación. Poderiamos resumir que o RAG ten unha perspectiva aberta (“propiedade colectiva”) fronte á proxección da ideoloxía comunista en termos negativos e de privación social (“supresión de la propiedad privada”).\nXa en canto ao segundo enunciado da definición, a análise do corpus pon de manifesto o carácter progresista e crítico do equipo de redacción deste dicionario no ámbito político, sobre todo se o comparamos co DLE. Sen desvirtuar a realidade, a ausencia de modalidade valorativa e a presentación obxectiva e plural achegan este repertorio lexicográfico ás máximas de neutralidade que require a moderna técnica lexicográfica. Se ben é certo que moitos dos elementos da redacción que contribúen a esta proxección non sesgada da realidade non son visibles facilmente polo conxunto das persoas que habitualmente consultan o diccionario, a análise do discurso do DRAG si permite defender esta postura. Por exemplo, no caso da segunda acepción de indio india (25) pódese ver como en lugar de referirse a “descubrimento” de América a definición recolle o termo conquista, que xa non implica o achado dalgo oculto, senón a posesión e imposición por medio da violencia e das armas. Tamén resulta especialmente curiosa a definición de intervencionismo (26) na acepción de política económica, pois no DRAG non se establece a separación entre os poderes públicos e a sociedade civil (que se define en canto ao carácter privado fronte ao ámbito estatal do público), como si se recolle no DLE, polo que no repertorio da RAG a visión resulta máis próxima ao ben común que no dicionario da RAE e a ASALE. Esta visión máis crítica do privado reflíctese con claridade na segunda acepción de monopolio (27), especialmente no contraste coa definición do DLE. O primeiro expón con de forma sinxela o concepto namentres que o segundo lexitima a realidade codificada especificando informacións innecesarias coma o feito de que a “concesión” sexa outorgada pola “autoridad competente”. Ademais, neste mesmo artigo lexicográfico pódese observar como o DRAG non emprega eufemismos ao tratar da imposición dos monopolios, fronte ao tratamento non só lexitimista senón intencionadamente arcaico da mesma definición no DLE. Esta maior claridade das definicións no DRAG en materia política tamén queda patente no exemplo (28) e no (29), posto que neste último resulta clave a introdución do matiz independencia política. A análise do segundo enunciado da definición tamén detectou que no caso do DRAG resulta habitual o emprego de expresións como “soberanía” en referencia ao pobo, sen dúbida nunha liña máis progresista, non clasista e sensibilizada coa realidade das clases populares. Son frecuentes nas definicións os termos que remiten á perda de liberdades (como ditadura) ou ao exercicio desta liberdade, coma por exemplo o caso de democracia (30). Tamén se aprecia este tratamento máis aberto en artigos como nacionalismo, que no DLE reciben un tratamento de escepticismo (“ideología de un pueblo que, afirmando su naturaleza de nación, aspira a constituirse como Estado”) fronte á modalidade epistémica de certeza que pode presentar no DRAG esta mesma definición: “doutrina política que, no caso das nacións estado, defende a liberdade da comunidade nacional na decisión de forma política que quere adoptar para si”. Finalmente, tamén se percibe en xeral unha baixa incidencia nas definicións de comentarios valorativos que, coma no caso da temática relixiosa, tradúcese na ausencia xeral da modalidade apreciativa. Os exemplos máis notables, que serven tamén para pechar a nómina de exemplos comentados do corpus, son os de conservador, conservadora (31) e o de revolución (32). En (31) pode observarse a que a definición do DLE contrapón en conservador a orde social aos cambios radicais, o cal implica certa violencia ou extremismo. Sen embargo, o DRAG fala de “reformas” e non de cambios radicais, co que non aporta o matiz violento ou de descontrol social. O mesmo matiz de violencia engádese no DLE na definición de revolución (32), fronte a definición do DRAG que non remite a “violencia” senón a cambio “brusco”, que non refire máis que ao carácter inesperado. Ademais, os exemplos, as textualzacións dos lemas, contribúen no DRAG a reforzar esta ideoloxía progresista descrita (32).\n(25) indio, india Relativo ou pertencente aos pobos indíxenas que habitaban América antes da conquista europea. Costumes indios. Traxe indio. (26) intervencionismo (DRAG) Política Doutrina que defende a intervención do Estado en todos os sectores da economía nacional. O presidente declarouse partidario do intervencionismo. O intervencionismo do Goberno está provocando un gran descontento nun sector da empresa. intervencionismo (DLE) m. Tendencia de los poderes públicos a intervenir en asuntos que competen a la sociedad civil, especialmente en el ámbito económico. (27) monopolio (DRAG) Situación comercial na que unha empresa controla de maneira exclusiva o comercio dun determinado produto fixando os prezos. O Estado xa non ten o monopolio da venda do tabaco. Unha cooperativa que ten o monopolio da compra da produción vinícola. 2 por extensión Grande empresa que impón esta situación. O poder político tende a favorecer o establecemento de monopolios. monopolio (DLE) 1. m. Concesión otorgada por la autoridad competente a una empresa para que esta aproveche con carácter exclusivo alguna industria o comercio. 2. Convenio hecho entre los mercaderes de vender los géneros a un determinado precio. (28) referendo (DRAG) Votación directa dos cidadáns dun país para dar a súa opinión sobre unha cuestión importante. Celebrouse un referendo sobre a integración do estado nunha alianza militar. referéndum m. Procedimiento por el que se someten al voto popular leyes o decisiones políticas con carácter decisorio o consultivo. (29) independentismo (DRAG) Movemento que propugna a independencia política dun territorio. Pasquale Paoli, líder do independentismo corso no século XVIII, loitou contra os xenoveses e os franceses. independentismo (DLE) m. Movimiento que propugna o reclama la independencia de un país o de una región. (30) democracia (DRAG) 1 Forma de goberno na que a soberanía pertence ao pobo, que elixe os seus representantes mediante eleccións libres. A democracia esixe participación cidadá. democracia (DLE) f. Forma de gobierno en la que el poder político es ejercido por los ciudadanos. (31) conservador, conservadora (DRAG) 1 [Persoa, organización] que defende os valores tradicionais, fronte aos que propugnan reformas. Un líder conservador. Partido conservador. Teoría conservadora. conservador, ra (DLE) adj. En política, especialmente favorable a mantener el orden social y los valores tradicionales frente a las innovaciones y los cambios radicales. (32) revolución (DRAG) 1 Cambio profundo e brusco das estruturas políticas, sociais e económicas dunha sociedade. Había quen pensaba que só unha revolución permitiría o desenvolvemento do país. 2 Levantamento que procura un cambio deste tipo. A Revolución dos Caraveis. revolución (DLE) 2. Cambio profundo, generalmente violento, en las estructuras políticas y socioeconómicas de una comunidad nacional. 3. Levantamiento o sublevación popular.\n3.3. Cuestións de xénero\nOs recentes traballos de Russell (2012, 2018a, 2018b) para a lexicografía anglosaxona permiten defender o crecente interese da metalexicografía na abordaxe analítica e historiográfica do dicionario dende o feminismo, non só no caso do español, senón como preocupación en estudos doutras linguas. O novo pulo feminista vén fortalecido pola popularización social da crítica androcéntrica e pola vontade de emancipación dos grupos minorizados, pola intención de obter verdadeiro recoñecemento para todos os xéneros, unha vez superado o debate sexo/xénero e aceptada a multiplicidade de identidades. No ámbito hispanofalante, a representación da muller e das diferentes identidades sexuais e de xénero no dicionario académico foi, e continúa a ser, un tema constante na investigación lexicográfica con perspectiva feminista (Mediavilla Calleja 1998; Vargas Martínez 1998; Aliaga Jiménez 2000; Calero Fernández 2002 e 2014; Lledó Cunill, Calero Fernández e Forgas Berdet 2004; Cabeza Pereiro e Autor 2013; Lledó Cunill 2013; Díaz Llorca e Díaz Llorca 2017). Pero, na liña do que acontece cos estudos xerais de lexicografía crítica relativos ao galego, para os diccionarios monolingües en lingua galega non existen estudos específicos que afonden en cuestións de xénero coa excepción da análise puntual de Hermida Gulías (2010) sobre os dicionarios Xerais de 2006 e 2009 e o da editorial Ir Indo na súa versión dixital de 2008. Iso non quere dicir que por parte da Real Academia Galega non exista unha preocupación polo tratamento do léxico relativo a cuestións de xénero, pero si condiciona que no dicionario da RAG non se problematizaran aspectos directamente ligados co sexismo como a revisión global da obra a partir das indicacións da linguaxe inclusiva. Isto é, aínda que o DRAG permanece alerta na introducción de lemas como transfobia e outras cuestión relativas ás identidades de xénero, continúa a empregar home nas súas definicións para referirse a homes e mulleres, e insiste no uso do masculino xenérico, como se verá máis adiante.\nPor outra banda, e antes de abordar a análise das cuestión de xénero en función da estrutura do dicionario, tamén hai que sinalar que o DRAG, ao igual que o DLE, adoita ser obxecto de críticas de carácter mediático e, en xeral, non especializadas e pobremente fundamentadas na análise lexicográfica. Non é infrecuente ver nas redes sociais críticas ao mantemento no RAG de usos despectivos para palabras como cadela ou paxara que nas súas versións masculinas teñen usos ben distintos. O feito é que nestes casos o dicionario non pode eliminar eses usos pois están vivos e teñen dependencia da cultura machista que os xestou, pero si marcalos correctamente como pexorativos e ofrecer información pragmática adicional (como de feito fai nos casos sinalados). É dicir, a crítica especializada debe atender a todos os aspectos que a técnica lexicográfica permite matizar e non deixarse levar por movementos discutibles á luz do argumentario científico. Si poderían ser obxecto dunha crítica máis refinada outras palabras deste grupo, marcadas como pexorativas, como pécora (43), que na actualidade ten un uso moito máis amplo que o da “muller que accede facilmente a manter relación sexuais”, como forma de referirse a mulleres maliciosas ou con malas intencións. Neste caso, o diccionario debe replantexarse o mantemento de determinadas acepcións cuxo uso real adquiriu outra deriva.\nPasando xa propiamente á análise, e do mesmo xeito que as dúas áreas temáticas anteriormente abordadas (relixión e política), os aspectos de xénero posúen tamén un carácter temático transversal. Se no caso da relixión existen temas sumamente ligados, como as cuestións sociais vecelladas á moral ou aos aspectos éticos; e no caso da política existen outras áreas vinculadas como a economía ou incluso a filosofía; as cuestións de xénero constitúen un tema tan amplo que toca absolutamente todos os artigos lexicográficos de calquera dicionario. Isto é, dende o momento en que o proceso de lematización estandarizouse no caso de substantivos e adxectivos a partir do masculino xenérico, otorgouse prioridade ao masculino fronte ao feminino, incluso en contra da lóxica alfabética. Por outra banda, o proceso de lematización tamén implica escolla e toma de decisións sobre os neoloxismos que se incorporan, e neste sentido hai que deterse no estudo non só de voces que incorporan moción de xénero e, polo tanto, forma normativa para o feminino, senón voces que refiren novas realidades sociais en relación co xénero e a diversidade de identidades. Polo tanto, baixo a etiqueta xeral de cuestións de xénero trataranse neste apartado os temas relativos á visibilidade e representación da muller así coma o tratamento da diversidade sexual e a identidade de xénero.\nDentro do artigo lexicográfico, xa no que se refire á microestrutura, no primeiro enunciado da definición é preciso observar a marcación como estratexia lexicográfica para manter no lemario voces claramente pexorativas pero vivas no uso. A cuestión aquí será analizar se presentan ou non a marca pragmática, é dicir, se o dicionario proporciona claves para coñecer verdadeiramente o que o seu uso conleva. Asimesmo, a propia redacción das definicións resulta afectada polo tema de xénero, pois existen dous puntos fundamentais nos que é preciso fixarse para realizar unha análise do discurso lexicográfico dende esta perspectiva: (1) o primeiro é o uso do masculino xenérico como principal voz enunciadora nas definicións e o (2) o segundo remite ao uso de formas como home para facer referencia a todos os sexos e identidades de xénero. Finalmente, na selección de exemplos tamén funcionará como elemento que traslada inevitablemente unha visión do mundo no que a caracterización e rol máis ou menos activo dos homes fronte as mulleres será determinante para a proxección ideolóxica da obra.\nPolo tanto, a análise do discurso lexicográfico en función das cuestión de xénero ten que ter en conta, como mínimo, a análise da lematización na macroestructura, e a análise da marcación no primeiro enunciado da definición, a análise da propia definición e os exemplos na microestrutura. Este repaso aos mínimos que ha de coidar un dicionario para non caer no sexismo tamén foi exposto, grosso modo, por Hermida Gulías (2010: 8999) que agrupou os fenómenos en tres bloques: a entrada, a definición e os exemplos. No relativo á macroestrutura do DRAG, coma o resto de dicionarios, lematízanse adxectivos e substantivos dende o masculino, coa recente novidade de que no recurso electrónico é posible realizar a busca a partir da forma feminina, que remitirá ao lema con moción de xénero. Tamén en canto á macroestrutura, pero esta vez en canto ás voces que pasan a formar parte do lemario e, en especial, dos neoloxismos que o repertorio vai incorporando, é preciso destacar a introdución de léxico moi presente no discurso feminista actual como apoderamento. Estas voces incluso foron obxecto do interese mediático, que recolleu con aplauso a nova. A información foi recollida no Diario de Pontevedra o 5 de novembro de 2018, un mes despois de que o termo fora introducido no dicionario, e ese mesmo día tamén aparecía no Faro de Vigo baixo o titular “A revolución feminista ‘apodérase’ do dicionario da RAG”. Pero máis aló do efecto mediático, un repaso á listaxe de actualizacións recentes do DRAG amosa a importancia que están a adquirir os termos propios da temática transversal de xénero, con subtemas como as identidades sexuais ou o léxico feminista, xa que o Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega tamén decidiu incorporar en 2018 termos como transexualidade, transxénero ou transfobia e expresións como violencia de xénero.\nNo que atinxe ao proceso de lematización, xa se comentou o avance que supón que o recurso web da RAG permita a busca a partir do feminino nos lemas con moción de xénero. Con todo, hai que insistir no feito de que a estandarización técnica do proceso de lematización perpetúa o tratamento subsidiario do feminino fronte ao masculino e que, en realidade, nos dicionarios dixitais este escollo sexista podería saltarse coa duplicación de entradas, que non implicarían o incremento en páxinas que si pode ser argumentado no caso de obras físicas. Por outra banda, tamén en canto ao lemario, cómpre sinalar que o Seminario de Lexicografía da RAG, encargado da redacción e actualización do repertorio, está atento ás novidades que dimanan dunha sociedade en progreso no que se refire ao recoñecemento da muller, da diversidade sexual e da diversidade na identidade de xénero. Dentro do corpus analizado é importante mencionar a incorporación recente (2018) de voces como: apoderamento, apoderar, cisxénero, gai, gay, transexualidade, transxénero e transfobia. En todos os casos as definicións destes novos termos acóllense aos principios dunha técnica lexicográfica con intención de neutralidade na que prima a ausencia de modalización discursiva, como se observa nos exemplos que van do (33) ao (37), nos que incluso se emprega a textualización do lema a modo de reivindicación en termos de igualdade. En canto á inclusión dos termos cisxénero, transxénero e transfobia, chama a atención que este aínda non estean recollidos no DLE da Real Academia Española, o que pon de manifesto un xeito menos proactivo de xestionar os neoloxismos na institución española. Tamén resulta relevante a comparación entre a definición de transexual que proporciona o DRAG e a que recolle o DLE en canto a como se comportan os verbos “ter (a convicción)” fronte “sentir” en termos da seguridade que proxectan sobre a decisión e estado das persoas transexuais, sendo o DRAG o que maior nivel de confianza lles confire.\n(33) cisxénero Que se recoñece na identidade de xénero que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo. Asumir como modelo social de referencia o dos homes e mulleres heterosexuais e cisxénero é unha postura reducionista. (34) gai Persoa que sente atracción sexual por outras do seu mesmo sexo. Denuncian que aínda existen terapias de tratamento para gais. (35) transexual (DRAG) [Persoa] que ten a convicción de pertencer ao sexo oposto, cuns caracteres fisiolóxicos que aspira a ter ou que xa adquiriu por medio da cirurxía e dun tratamento hormonal. Apoia as reivindicacións das persoas transexuais. transexual (DLE) 2. Dicho de una persona: Que se siente del sexo contrario, y adopta sus atuendos y comportamientos. (36) transxénero Que ten unha identidade de xénero distinta á que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo. Foi presentado polo conselleiro de educación o protocolo para o alumnado transxénero. O dereito á non discriminación das persoas transxénero. (37) transfobia Animadversión cara ás persoas transxénero e transexuais. A transfobia provoca condutas intolerantes, discriminatorias e mesmo violentas.\nNo relativo á análise da microestrutura, en primeiro lugar é preciso fixarse na marcación. En xeral, o léxico despectivo está correctamente marcado no DRAG dende o punto de vista pragmático. Por exemplo, na selección do grupo de voces afíns que se definen como “muller que fácilmente accede a manter relación sexuais” atópanse principalmente 10 artigos: candonga, coira, coiruda, galdrapa, paxara, pécora, pelella, pendanga, puta, zolada. Salvo no caso de puta, no que se engade a moralidade, no resto a definición é idéntica ao igual que a marcación pragmática (pexorativo) como recollen os exemplos do (38) ao (47). O que si varía en todos os casos é a textualización do lema onde se insiste no significado referido, en ningún caso utilizando o exemplo como forma de denuncia social metalingüística.\n(38) cadonga 4 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Non te quero envolto con esas candongas. (39) coira 2 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Vas onda a coira esa? (40) coiruda 2 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Supoño que non se presentará alí con esa coiruda. (41) galdrapa 3 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Vírono pasar cunha galdrapa. (42) paxara 3 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. A paxara esa chúchalle todos os cartos. (43) pécora 2 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Todas as fillas lle saíron unhas pécoras. (44) pelella 5 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. É unha pelella, cada día vai cun home. (45) pendanga pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Pendanga, que pareces unha pendanga!\n(46) puto, puta 3 pexorativo Muller sen moralidade que accede facilmente a manter relacións sexuais. Esa é unha puta que se envolve con calquera.\n(47) zolada 5 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Que lle queres a esa zolada!\nSe neste grupo de voces recóllense distintas formas de denominar ás mulleres en función da súa vida sexual máis ou menos libre ou máis ou menos activa, nas culturas androcéntricas tamén se crearon multitude de formas para referirse ás mulleres maliciosas con connotación sexuais, e o galego presenta este mesmo patrón con voces como lagarta ou lurpia. Pese a que nestes exemplos sería sempre necesaria unha marca pragmática que indicase o seu uso despectivo, só no caso de lagarta o DRAG inclúe a marca “pexorativo”.\nDende logo, estas listaxes permite afirmar o carácter non só androcéntrico, senón sumamente inicuo no tratamento da sexualidade da muller na cultura galega, pois non se atopa na lingua a mesma variedade de formas para referirse despectivamente ao home que mantén relacións facilmente nin ao home malicioso con connotación tamén de apertura sexual. Pero, dende o punto de vista da técnica lexicográfica, as definicións aparecen correctamente marcadas como usos pexorativos e, aínda que podería abrirse un debate sobre a pertinencia de mantelas no lemario, a realidade de uso é a que prima. A marcación pragmática está ausente noutras voces deste grupo como fulana ou rameira, como se observa nos exemplos (48) e (49), aínda que si son despectivas no uso real, ao contrario que formas máis cultas como meretriz ou prostituta que son relativamente alleas ao uso popular como insulto. Estes casos si poderían entenderse coma exemplos de marcación deficiente, aínda que como se observou, resultan minoritarios.\n(48) fulano, fulana 2 prostituta. Acompañábao unha fulana.\n(49) rameira Muller que mantén relacións sexuais con alguén a cambio de diñeiro. Acusábana de rameira e queríana lapidar.\nEn canto ao segundo enunciado da definición, ademáis da presenza reseñable dalgún hiperónimo valorativo como “perversión” na definición de determinadas prácticas sexuais (necrofilia), interesa deterse nos aspectos propios da visibilización da muller. En canto a este aspecto, na redacción do 100% das definicións do DRAG empregase o masculino xenérico salvo nos casos en que a realidade á que se cinga o sentido sexa especificamente feminina. Poñamos un exemplo para que se comprenda mellor: na busca da palabra capitá (forma feminina de capitán) remítese ao lema con moción de xénero, e neste inclúense as diferentes acepcións redactadas en masculino (“oficial”, “xefe”). De feito, na acepción 3 defínese como “xefe dun equipo deportivo” e disponse inmediatamente un exemplo en feminino: “A capitá xogaba co número once”. A recomendación para evitar neste sentido a ocultación da muller na voz enunciadora sería abandonar o uso do masculino xenérico nas definicións e optar por palabras abarcadoras coma “persoa”. Neste caso, por exemplo, podería optarse por “persoa que lidera un equipo deportivo”. O mesmo acontece en infinidade de exemplos que poderían ter solucións sinxelas, como en festeiro, festeira (51), no que podería substituírse “que é amigo de divertirse” por “que lle gusta divertirse”. O feito de visibilizar á muller na textualización do lema si pode ser positivo, pero sempre acompañado dunha modificación da voz enunciadora no que concirne ao uso do masculino xenérico referencial. Certamente, a situación empeora cando tanto a definición coma o exemplo só visibilizan aos homes (50, 52, 53, 56, 57). Finalmente, tamén hai que sinalar que, nalgunhas ocasións, utilízase o hiperónimo “persoa” nas definicións, especialmente nos contornos, o cal favorece a visibilidade da muller. Para continuar co campo léxico escollido, é interesante ver neste sentido os exemplos (54) e (55).\nsexismo do DRAG, obsérvase no corpus unha presenza asistemática que podería someterse a revisión nas actualizacións futuras.\n(58) carne Relixión 4 Parte material do home, por oposición co espírito, inclinada ao sensual e á luxuria. Os pecados da carne. (59) ciencia Ciencias humanas As que teñen por obxecto de estudo o home e a sociedade nos seus distintos aspectos e manifestacións. A antropoloxía pertence ás ciencias humanas. (60) gnosticismo Doutrina filosófica e relixiosa que profesaban algunhas comunidades dos primeiros séculos do cristianismo, que crían na salvación do home pola vía do coñecemento. O principal centro do gnosticismo cristián do século II foi Alexandría.\n(61) humano, humana 1 Relativo ou pertencente ao home. O corpo humano. 2 Que ten as características propias do home. Ser humano. Raza humana. (62) microcosmos O home, considerado como un pequeno Universo. (63) natureza 1 Conxunto de todas as cousas e forzas que compoñen o mundo físico, especialmente todo o que existe sen intervención do home e que forma o medio onde este e o resto dos seres viven. A natureza fornécenos do necesario para vivir. Vivir en contacto coa natureza. O home intenta dominar a natureza.\nFinalmente, resulta obrigado referirse a multitude de artigos lexicográficos que nas súas definicións manifestan a natureza inicua da relación que a cultura e a lingua galegas estableceu entre homes e mulleres. A intervención lexicográfica con carácter inclusivo non pode afectar á veracidade do uso, pero si explicar mediante a correcta marcación o condicionamento pragmático dos significados ou visibilizar a todas as identidades de xénero por igual mediante a eliminación de palabras con pretensións xenéricas como home. Debe porse especial coidado na eliminación de aclaracións do significado que, lonxe de precisar o sentido contribúan a perpetuar imaxinarios obsoletos, como por exemplo a sengunda acepción de sedutor, sedutora onde aínda pódese ler “persoa que seduce a outra, en particular, o home que seduce unha muller”. Asimesmo, tamén debe coidarse o mantemento de entradas duplas en canto ao xénero nas que unha das acepcións monoxénero especialízase para un sexo en función da intuición ou prexuízos da persoa que redacta a definición. É o caso de modisto, modista (64) na que a entrada con moción remite a persoas creativas fronte á acepción monoxénero en feminino que fai referencia ás mulleres que confeccionan ou amañan roupa. O masculino adquire así prestixio, pois un modisto parece non poder ser a persoa que fai amaños na roupa, pese a que existe esa realidade. Este tipo de entradas tamén debe revisarse. Con todo, o DLE non mellora este panorama ao manter unha entrada exclusiva en masculino para modisto coa aclaración non pertinente nin veraz de que a roupa que elabora destínase “principalmente a mulleres”. Neste exemplo, tanto o DRAG como o DLE empregan estratexias semánticas que degradan ás mulleres: o primeiro a través de minimizar a labor da muller e o segundo a partir de representalas como persoas máis frívolas e consumistas, polo feito de capitalizar o destino da produción de moda. (64) modisto, modista (DRAG) 1 Persoa que crea modelos ou vestidos orixinais de alta costura. Un modisto galego de fama internacional. 2 substantivo feminino Muller que fai pezas de roupa ou as amaña. Leveille unha tea á modista para facer unha saia. Lévalle o pantalón á modista para que lle suba a basta. modista (DLE) 1. m. y f. Persona que se dedica a hacer prendas de vestir o a crear modelos de ropa, principalmente para mujer modisto (DLE) m. Hombre que se dedica a hacer prendas de vestir o a crear modelos de ropa, principalmente para mujer.\nFinalmente, e aínda que quedan moitos aspectos da análise que necesariamente quedan fóra nesta ocasión por mor da dimensión do artigo, é preciso deterse nas textualizacións dos lemas como elementos a través dos que tamén se traslada ideoloxía sexista. En 2010, Hermida Gulías observaba tras a súa análise dalgúns dicionarios galegos publicados entre 2006 e 2009, que os exemplos visibilizaban nunha evidente maioría aos homes. Tras a nosa análise, pódese concluír igualmente que o DRAG recolle tamén unha ampla maioría de exemplos protagonizados por homes ou nos que se emplea o masculino xenérico, o que potencia dende este elemento do artigo lexicográfico a invisibilidade da muller e do seu rol activo. Os exemplos son múltiples, tanto dentro do noso corpus como no conxunto do diccionario. A busca avanzada parametrizada no recurso web da RAG permite, por exemplo, cuantificar os casos en que no texto do exemplo aparecen (sen ter en conta o rol) algunhas formas como rapaz/rapaza, home/muller, neno/nena, mozo/moza, señor/señora, meniño/meniña no conxunto do DRAG. Algúns dos resultados recóllense a seguir:\n- Neno en 476 exemplos fronte a nena que aparece en 50 exemplos. - Home en 446 exemplos fronte a muller que aparece en 174 exemplos. -Rapaz en 378 exemplos fronte a rapaza que aparece en 77 exemplos. - Mozo en 113 exemplos fronte a moza que aparece en 66 exemplos. - Señor en 49 exemplos fronte a señora que aparece en 13 exemplos. - Meniño en 11 exemplos fronte a meniña que aparece en 3 exemplos.\n(65) patriota Persoa que ama e serve a súa patria. Un bo patriota. (66) quebrantar 4 Abrir [algo] actuando con violencia sobre aquilo que o mantiña cerrado. Os ladr��ns quebrantaron a porta para entraren. (67) ruborizar 1 Facer que [a unha persoa] se lle poña a cara colorada avergonzándoa. Se miramos todos para ela, ruborizámola. (68) sensual 2 [Persoa] que busca todo aquilo que agrada ou causa pracer aos sentidos, en especial no aspecto sexual. Ela é moi sensual. (69) superdotado Que posúe calidades superiores ao normal, en particular no sentido intelectual. Un neno superdotado. Non obstante, a pesar de que en materia de xénero o DRAG precisa revisar os seus exemplos en canto a presenza maioritaria de varóns ou en canto aos roles asignados, si se percibe una intención progresista nas novas incorporacións. Como xa se mencionou ao tratar os neoloxismos referidos á\ndiversidade sexual e de xénero (3337), son ilustrativos desta intención en xeral progresista da RAG os novos exemplos que ilustran algunhas das novas entradas, como o caso do que contextualiza a terceira acepción de apoderar (introducida o 18 de xullo de 2018) : “ Educar apoderando as mulleres e as nenas é fundamental para construír unha sociedade igualitaria e xusta” (71). Tamén se observa esta mesma intención de visibilizar os moventos feministas noutras voces da familia léxica como apoderamento (70). En ningún destes dous casos o DLE presenta exemplo, polo que non é un instrumento que use para posicionarse, como parece ser no dicionario da RAG. (70) apoderamento Socioloxía Proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais. Apoderamento feminino. (71) apoderar 3 Socioloxía Facer poderoso ou forte [un individuo ou grupo social desfavorecido]. Educar apoderando as mulleres e as nenas é fundamental para construír unha sociedade igualitaria e xusta.\n4. C ONCLUSIÓNS\nUnha vez admitida a realidade do dicionario como instrumento ideolóxico e aceptada a súa importancia na sociedade polo seu valor simbólico como aval normativo e case notarial, resulta necesario coñecer cal é a ideoloxía que os repertorios proxectan e como esta contribúe a perpetuar, combater ou impugnar determinadas construcións culturais da realidade. Neste artigo someteuse a análise o Dicionario da Real Academia Galega con fin de coñecer a repercusión da subxectividade na redacción dos seus artigos lexicográficos e así realizar unha diagnose do seu estado actual e propor algunhas recomendacións para a súa mellora en termos de neutralidade, de ser o caso. Tras a análise cualitativa e cuantitativa do corpus recollido e tras establecer a comparación co DLE da RAE e a ASALE, pódese concluír que o DRAG confórmase dende o punto de vista ideolóxico como un dicionario debedor da tradición e cultura nas que foi xestado, pero progresista e atento ao cambio social contemporáneo. Isto é, na temática relixiosa persiste a representación do catolicismo como forma de culto por defecto, con notable supremacía sobre as demais relixións en canto á súa visibilidade. Con todo, esta representación non vai acompañada dun tratamento desprezativo das restantes formas de culto, que están recollidas de forma aséptica e clara. Neste punto, recomendase un tratamento máis sistemático dos procesos de marcación temática xeral e específica co fin de paliar esta situación.\nEn materia política é onde se puido observar en maior medida o carácter progresista deste repertorio, cunha presentación allea ás ideoloxías conservadoras predominantes nas sociedades occidentais. O tratamento dos diferentes movementos e doutrinas políticas está feito con nautralidade, con baixa presenza de modalidades valorativa e epistémica de incerteza.\nFinalmente, en canto ás cuestión de xénero, é preciso dividir as conclusións en tres grupos. (I) En primeiro lugar hai que referirse á visibilidade da muller que, tal e como amosa a análise, presenta avances en canto á busca por lema feminino no recurso web e ao feito de que o lemario recolla un número importante de lemas con moción de xénero; pero a presenza da muller continúa a ser subsidiaria con respecto ao home en canto que a lematización faise dende o masculino e a voz enunciadora adoita a ser tamén masculina polo uso do xenérico. Hermida Gulías (p. 111) concluía que observara “unha clara tendencia dos equipos redactores dos dicionarios por darlle visibilidade ás mulleres coa expresión da dualidade xenérica nos nomes que o permiten”. Neste sentido, en 2018 pódese afirmar que a intención da RAG neste punto continúa a tendencia, e incluso vai máis aló ao permitir esa busca directa pola forma feminina no seu recurso en liña. O problema, pois, non é tanto a visibilidade no que atinxe á lematización e ao tratamento da moción de xénero, senón en canto á definición e aos exemplos. No mesmo traballo, a autora concluía tamén que o uso de home para abranguer a todos os sexos estaba en decadencia, e nese punto si que hai que lamentar unha involución no DRAG, que persiste en manter este uso en contra das reivindicacións feitas dende diversos manuais de linguaxe inclusiva (Bringas López et al. 2012). Nos exemplos, a visibilidade da muller segue a ser moi inferior á dos homes, independentemente dos roles asociados. Recoméndase neste punto que o dicionario recolla máis exemplos onde as mulleres desempeñen roles activos e que se implementen as medidas da linguaxe inclusiva no proceso de redacción. (II) En segundo lugar está o tema xa non da visibilidade da muller, senón da súa representación. E, neste caso, o DRAG si coida, en xeral, a marcación pragmática das acepcións para identificar aqueles usos vivos, pero claramente desprezativos ou pexorativos. Por outra banda, é certo que este dicionario mantén no seu lemario usos xa algo obsoletos que ben podería eliminar polo seu contido ofensivo en canto ás mulleres, pero son casos residuais, moito máis limitados que nosotros diccionarios institucionais como o DLE (RAE e ASALE). A representación, pois, sexualizada, bioloxizada e cousificada da muller aínda é visible nalgunhas defincións, pero non de forma xeralizada nin maioritaria. É máis, as novas incorporacións amosan a intención por renovar esta representación da muller cara a unha imaxe máis acorde cos principios do feminismo. (3) En derradeiro lugar cómpre concluír que ocorre coa\nrepresentación da diversidade sexual e as identidades de xénero. Novamente obsérvase unha intención progresista na presentación equitativa e neutral de todas as identidades e opcións sexuais, a través de definicións con moi baixa presenza de modalidade valorativa e deóntica. O dicionario, salvo algunhas excepcións, non xulga nin discrimina, senón que se limita a proporcionar unha definición dos signos que codifican ás diferentes realidades da sociedade actual.\nEn definitiva, aínda que resulta innegable que o DRAG é froito dunha cultura concreta e do momento no que naceu, trátase dun repertorio vivo que soubo adaptarse aos diferentes momentos históricos e aos requirimentos que impuxo unha sociedade plural onde as minorías e grupos minorizados precisan ter visibilidade e unha representación non discriminatoria. Así, en certo sentido, o DRAG quere participar do proceso de emancipación destes grupos minorizados pola cultura dominante, e recorre á introdución de actualizacións e á creación orientada de textualizacións dos lemas que funcionen como coadxuvantes nese intento emancipador. Aínda que, como se recolle no apartado de resultados, son moitas as melloras que este repertorio lexicográfico debe implementar, especialmente en canto á visibilidade da muller e á presentación do catolicismo, esta obra reflicte un tratamento bastante ecuánime da realidade sen pasar pola utopía da desideoloxización.\nbenéfico, 110 bigamia 312\n111 bígamo, bígama 313\n112 blasfemia 314\n113 blasfemo, blasfema 315\n316 evanxeo mundo\nfacedora\n147 carne 349 flaxelante omnipresente\nvalentía 148 cartomancia 350 flora\nDLE= Real Academia Española e Asociación de Academias de la Lengua Española (2014): Diccionario de la Lengua Española, Madrid: Espasa.\nDRAG (1990) = Instituto da Lingua Galega e Real Academia Galega (1990): Dicionario da lingua galega, ILGA/RAG. DRAG (1997) = Real Academia Galega (1997): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña / Vigo: Real Academia Galega / Xerais / Galaxia. Esparza Torres, Miguel Ángel (1999): \"Notas sobre el Diccionario Nacional de Ramón Joaquín Domínguez\", en Estudios de historiografía lingüística hispánica ofrecidos a HansJosef Niederehe. Vigo: Servicio de Publicaciones Universidade de Vigo, 3963."} +{"summary": "Este traballo ten dous obxectivos principais: por un lado, analizar o Vocabulario que o escritor Manuel Leiras Pulpeiro enviou á Real Academia Galega co fin de contribuír á confección do dicionario que esa institución comezou a publicar en 1913 e deixou inconcluso en 1928; por outro, coñecer o alcance das súas achegas a esta obra tan relevante na lexicografía galega e o modo en que se trataron eses datos. Como é sabido, o dicionario académico estaba chamado a ser o gran repertorio léxico da lingua galega, polo que a Academia utilizou abundantes e diversos materiais como fontes; entre eles, o citado Vocabulario, que ten unha importancia non suficientemente ponderada ata o momento. A análise de diferentes documentos e o cotexo de ambos os dous repertorios permitirá dilucidar en que medida e de que xeito se plasmou esa contribución que, como se verá, resultou moi fructífera para o texto académico. Para rematar, abórdase brevemente a transmiLeiras Pulpeiro’s Vocabulario and its contribution to the Dictionary of the Royal Galician Academy (19131928) and to later lexicography, ISSN 1989578X\nEste artigo enmárcase no proxecto Fuentes de la lexicografía gallega del siglo XIX y principios del XX, financiado polo Ministerio de Educación y Ciencia e os fondos FEDER (HUM200507473-FILO), do que María Dolores Sánchez Palomino foi Investigadora Principal.", "text": "dolores@udc.es\nI ntroducIón\nCando en 1986 Pérez Pascual e Tato García editaron o Vocabulario de Leiras Pulpeiro (en adiante VLP), facíanse eco das palabras do profesor Pensado sobre a urxencia con que debían revisarse os materiais que foron conformando a lexicografía galega desde os seus inicios. Lamentaban asemade o estado case ermo da lexicografía galega por aquela época. Vintecinco anos despois cómpre dicir que o panorama cambiou moitísimo. Polo que se refire á elaboración de repertorios lexicográficos, contamos xa con numerosos dicionarios monolingües de todo tipo (manuais, escolares, de dúbidas, fraseolóxicos…), enciclopedias universais 1 etc. A lingua galega incorporouse de cheo á lexicografía bilingüe e multilingüe, de xeito que hoxe podemos consultar as equivalencias existentes non só entre galego e castelán, senón tamén entre o galego e as outras linguas peninsulares, ou entre galego e inglés, italiano, francés ou xaponés, por exemplo. Especial mención merece o labor desenvolvido pola Real Academia Galega, tanto na liña bilingüe coma na monolingüe 2 e noutras ramas da lexicografía. Tamén se avanzou considerablemente no terreo da terminoloxía 3. Ademais, en todos estes ámbitos a lexicografía galega está plenamente incorporada ás novas tecnoloxías.\nÉ evidente que queda moito camiño por recorrer, pero no eido da lexicografía o ritmo é inevitablemente máis lento do que se desexaría porque o volume de material con que se traballa é inmenso. Aínda que xa dispoñemos da versión “definitiva” do Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa 2004), faltan o dicionario xeral normativo, o dicionario etimolóxico e histórico etc., pero a meirande parte destes proxectos, como outros moitos de grande envergadura, están en marcha 4. No relativo á historia e á crítica lexicográficas, o avance foi igualmente significativo. Tamén aquí cómpre destacar o papel da RAG na publicación de numerosos repertorios felizmente recuperados e postos á disposición do gran público 5. O volume de estudos sobre a lexicografía galega é xa importante, aínda que tamén falta, por suposto, moito por facer. Neste ámbito é precisamente onde se enmarca o traballo que presentamos a seguir. No VI Congreso Internacional de Estudios Galegos (La Habana, 1721 de abril de 2000), expuxemos xa un relatorio, redactado por un grupo de investigadores do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, sobre a achega de numerosos materiais léxicos para a elaboración do inacabado Diccionario gallegocastellano da institución académica que, como é sabido, se publicou entre 1913 e 1928 (Cambre García et al. 2000). A importancia da empresa 1 Referímonos en concreto aos 16 volumes da Enciclopedia Galega Universal (EGU), publicada en Vigo por Ir Indo Edicións entre 1999 e 2006, que dispón xa dunha versión electrónica (http://www.egu.es). 2 No 1990 esta institución publicou o primeiro dicionario académico completo, elaborado conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, aínda que presente un volume de entradas reducido (Diccionario da lingua galega (DLG), dirixido por Constantino García). Posteriormente, no 1997, publicou o Diccionario da Real Academia Galega (DRAG97), dirixido por Constantino García e Manuel González González, cunhas vintecinco mil entradas, que supuxo un fito na lexicografía galega pola súa metodoloxía moderna e rigorosa. Actualmente atópase en fase de elaboración o Dicionario xeral da lingua galega. 3 É obrigado mencionar a creación en 1997 do organismo Termigal, froito dun convenio entre a Real Academia Galega, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) e a Xunta de Galicia, que deu xa abundantes froitos. 4 Nesta liña de grandes proxectos cómpre citar o labor de diferentes grupos de investigación das tres universidades galegas, así como o levado a cabo no CRPIH (caso da fraseoloxía) e no ILG. Neste último centro desenvolvéronse proxectos como o Diccionario de diccionarios, o Tesouro Informatizado da Lingua galega (TILGa), o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILGa) ou o Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval (DDGM), ademais do mencionado VOLGa, este conxuntamente coa RAG. Unha vez rematado este artigo, apareceu tamén o Dicionario de pronuncia da lingua galega (Regueira 2010). 5 Nas dúas últimas décadas, a RAG publicou na súa revista, Cadernos de lingua, con cadanseu estudo, repertorios como o de Pondal (Gómez Clemente / Arias Freixedo 1990), o de Reguera (Pensado 1995), o de Payzal (Ferreiro Fernández 1994), o Suplemento ao Dicionario de Valladares (García Ares 2000), o Vocabulario de Pintos (Neira / Riveiro 2000), o Vocabulario de Soneira, de Francisco Romero Lema (Rei Lema 2000), e o Vocabulario do Bacharel Olea (Pensado 2003), que fora editado con anterioridade por Filgueira Valverde (1947). Outra publicación do mesmo teor é a monografía que recolle o dicionario de Porto Rey (Bugarín López / González Rei 2000).\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 137169\nacometida pola Academia merecía e merece unha consideración especial. En primeiro lugar, por tratarse da obra dunha institución que desempeña un papel fundamental na codificación lingüística; en segundo lugar, polo ambicioso do proxecto, que pretendía abranguer o maior volume posible de léxico, común e dialectal, antigo e moderno, oral e literario, proxecto que, de chegar ao seu fin, sen dúbida situaría o galego en posición máis parella á doutras linguas románicas “de prestixio”. Se a isto lle engadimos o valor dos resultados acadados e a súa repercusión na lexicografía posterior, queda máis que xustificado o interese que este di cionario esperta entre os investigadores. No traballo mencionado analizouse o proceso polo que se foron facendo esas achegas, antes do comezo da elaboración do dicionario e durante a mesma, e deuse conta de numerosas contribucións relevantes. Quedaba para traballos sucesivos o estudo da pegada efectiva desas fontes no dicionario académico, tarefa que pretendemos realizar parcialmente aquí. En concreto, cinxirémonos á pegada que sobre o dicionario académico tivo o VLP. Para levar a cabo o estudo, é necesario ter previamente un coñecemento adecuado dese Vocabulario, labor ao que dedicaremos os apartados 2, 3, 4 e 5.\n2. A chegAdA do VLP á AcAdemIA 6\nManuel Leiras Pulpeiro (18541912), considerado un escritor con gran dominio da lingua e moi apegado á fala e á literatura popular, gozou dun importante recoñecemento xa no seu tempo, non só pola súa actividade intelectual e cívica, senón tamén polas súas calidades humanas e profesionais como médico. A pesar de ter unha escasa obra publicada, non é de estrañar que no momento de constituírse a Academia Galega fose unha das persoas propostas para converterse en membro numerario da mesma. Non obstante, Leiras non puido aceptar esta distinción por razóns de saúde, se damos creto á noticia do BRAG (1925, 205-1906: 3) 7, pero xa desde a primeira mención que se fai ao autor hai referencias explícitas ao seu Vocabulario: “Este señor, por enfermedad, no aceptó el cargo, ofreciendo mandar la colección de papeletas que tiene reunidas, cosa importante, por ser persona enteramente conocedora del gallego”. De xeito que Leiras mostra desde o primeiro momento a súa disposición favorable para colaborar na confección do dicionario coa xenerosa doazón do léxico que tiña recollido. Isto indícanos que as relacións entre Leiras e os impulsores da Academia eran boas 8. Doutra banda, o parágrafo reproducido permite deducir que no 1906 o repertorio era xa unha realidade, aínda que posteriormente puidese sufrir modificacións. 6 Sobre este particular, v. Cambre García et al. (2000). 7 En realidade, os motivos da renuncia non están claros de todo. É certo que na carta dirixida polo propio Leiras ao Presidente da RAG o 16/09/1905, que obra en poder da institución, dise textualmente: “No tengo las condiciones necesarias para ocupar el puesto con que, según la atenta comunicación recibida ayer, se han dignado favorecerme, al constituir la Academia Gallega, y no me es permitido aceptarlo” (apud Alonso Montero 1983: 93 e Franco Grande 1970:15), o que levou a pensar na coñecida modestia de Leiras como causa da negativa, pero é curioso que só uns meses máis tarde, a RAG aluda a razóns de saúde. Talvez as “condicións necesarias” fagan referencia tamén á saúde, ou talvez se considerase mellor dar este motivo como “oficial”, ou quizais aínda as razóns fosen varias. En 1912, LenceSantar (apud Alonso Montero 1983: 43) escribe que había tempo que Leiras parecía enfermo, pero ignoramos de canto atrás lle viña a enfermidade e se era esta a diabete que padecía ou algunha das súas consecuencias; o mesmo autor, en 1921 (apud Alonso Montero 1983: 45), refírese á “grave enfermedad que padecía, que lo llevó al sepulcro”. Trapero Pardo (1983: 9) menciona aínda outras posibles causas: “E ora fose porque Leiras non se coidase merecedor daquela honra, ora porque non tivese tempo para acudir ás sesións da corporación, ora por outros motivos –que entón non faltaban tampouco os políticos–, o caso foi que declinou o nomeamento”. 8 De aí que non semelle fundada a opinión de Reimunde Noreña (1984: 6465) sobre os motivos que subxacerían á renuncia ao posto académico: “Persoalmente penso que de viver Leiras hoxe provavelmente aceitaria unha grafia própria do galego e non emprestada polo español. Tal é o que se deduz do seu amor pola língua e do seu galeguismo integral, que o levou –como se cadra tamén hoxe o levaria– a considerarse ‘indigno’ de figurar na Real Academia Galega”.\n3. e dIcIóns do VLP\nCuriosamente, Alonso Montero (1983), que editou toda a obra de Leiras, incluídos o seu traballo sobre medicina e as súas traducións, non fixo o mesmo co Vocabulario. Pola súa banda, Trapero Pardo (1982) publicou adiviñanzas, refráns e frases de Leiras, e un pequeno subconxunto do Vocabulario de 113 palabras e expresións, que comezan coas letras b e c, sen ningún tipo de anotación ou comentario.\nPara o noso estudo, salvo indicación específica, tomaremos como punto de partida a última edición, pola súa fiabilidade e comodidade, aínda que teremos en conta todas as lecturas. Non obstante, para a análise da grafía, seguiremos a edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), máis fiel ao orixinal (v. infra 4.3).\n4. c ArActerístIcAs do VLP\nMalia que Pérez Pascual / Tato García (1986: 239) anunciasen unha continuación do seu artigo (de aí a numeración romana do título) cun estudo do Vocabulario de Leiras, este traballo non chegou a facerse. Tampouco Franco Grande (1970) leva a cabo unha análise concreta do Vocabulario que edita, aínda que si realiza un estudo lingüístico global da produción de Leiras. Canto ao DD, vai acompañado de estudos xerais e da reprodución da análise feita polos editores dalgúns repertorios (caso do de Pintos ou do Suplemento de Valladares), pero non presenta un exame ad hoc dos repertorios, coa excepción parcial do de Rodríguez.\nSen pretensión de exhaustividade, pasamos a comentar a continuación algúns trazos característicos do Vocabulario que nos ocupa, partindo da data de composición.\n4.1. Data de composición\nDescoñecemos a data exacta de composición do VLP. Probablemente este foi resultado dun traballo de recolleita de varios anos e, se consideramos que no 1906 Leiras xa anticipa á RAG que lle fará doazón do seu Vocabulario (aínda que a doazón non se fixese efectiva ata 19111912), haberá que pensar que daquela estaba rematado polo menos nunha versión inicial ou que presentaba certa envergadura, por máis que despois se lle puidesen incorporar engadidos. Máis que confeccionar o Vocabulario coa finalidade de contribuír ao traballo académico, como afirman Pérez Pascual / Tato García (1986: 238239), Leiras teríao feito de antes, polo menos en gran medida, e decidiu doalo no momento en que se pon a andar a empresa académica. Coma el, outros autores fixeron doazón das súas recompilacións léxicas (v. Cambre García et al. 2000), actividade que espertaba un grande interese entre os estudosos e amantes da lingua da época como modo de contribuír á súa recuperación.\nTras a análise pormenorizada das case 400 voces que entran en consideración para o DRAG1328, ata a palabra cativo, e doutras elixidas ao azar entre o resto das entradas, a conclusión é que Leiras debeu de utilizar maiormente, pero non só, a edición de 1899. Esta é a que se reflicte con máis frecuencia nos casos en que o tratamento das entradas varía entre as edicións temporalmente próximas ao autor. Así acontece, por exemplo, con aqueste, definido igual que o equivalente castelán quillotro nesa edición, na que reaparecera tras estar ausente do dicionario académico desde 1817 11 :\n(1) VLP: Aqueste. Quillotro, voz con que se da a entender aquello que no se acierta o no se quiere expresar de otro modo. DRAE1817: Quillotro, tra. adj. fam. Lo mismo que aquel otro. Drae1899: Quillotro. m. Voz rústica con que primitivamente se daba á entender aquello que no se sabía ó no se acertaba á expresar de otro modo 12. O lema bargo leva as equivalencias ‘lastra, lancha’, seguidas desta definición de lancha, tomada do DRAE: ‘piedra naturalmente lisa, llana y de poco grueso’, que aparece xusto en 1899, pois nas edicións anteriores era definida como ‘piedra ó pizarra que sale de la cantera en hojas planas y de poco grueso, á manera de tablas’.\nA definición de longueirolo, tanto na versión da RAG (‘molusco acéfalo de dos conchas simétricas unidas por uno de los lados mayores, formando a modo de las cachas de la navaja’) coma na máis resumida da Penzol (‘molusco de dos conchas formando como las cachas de una navaja’) remiten igualmente ao DRAE1899 que, cunha definición máis enciclopédica (‘molusco acéfalo, de dos conchas simétricas, lisas, de color verdoso, con visos blancos y azulados, diez á doce centímetros de longitud, dos de anchura y unidas por uno de los lados mayores para formar á modo de las cachas de la navaja […]), supuxo unha variación considerable con respecto á definición da palabra navaja da edición de 1884 e anteriores (‘marisco que se cría entre dos conchillas muy hermosas’). Á edición de 1899 corresponde tamén a definición de trapela, equivalente do castelán orzuelo, como deixan ver os cambios producidos nela: (2) VLP: Trapela (de cazar). Orzuelo, trampa oscilante para coger perdices vivas. DRAE1884: Orzuelo. m. Cierta trampa que sirve para coger pájaros. DRAE1899: Orzuelo. m. Trampa oscilante, á modo de ratonera, para coger perdices vivas. Para a voz picota, en galego palán, o DRAE non recoñece a acepción rexistrada por Leiras, con idéntica definición, ata 1899: ‘juego de muchachos, en que cada jugador tira un palo puntiagudo para clavarlo en el suelo y derribar el del contrario’. A definición de bufarada, ‘olor vivo percibido de pronto’, retoma as palabras do DRAE de 1899, data en que se introduciu a locución adverbial ‘de pronto’ no definiens. E así poderiamos continuar con máis casos.\nExisten exemplos, non obstante, en que a edición utilizada puido ser tamén a de 1884. Leiras reflicte nestas ocasións cambios importantes que se deron no dicionario académico español 11 Así se constata no NTLLE da RAE (http://buscon.rae.es/ntlle/SrvltGUILoginNtlle), que consultamos para o que se refire aos dicionarios desa entidade. 12 Sobreira (17921797?), único que recolleu aqueste con anterioridade, presenta unha definición similar (‘aquella cosa que no se quiere, o no se acierta a decir’), baseada nas definicións académicas de aquel, pero o cambio do verbo decir por expresar e o xiro “dar a entender” parecen remitir claramente ao quillotro de 1899. Nas mencións dos lexicógrafos galegos, seguimos o DD, polo que non se inclúen de forma separada na bibliografía.\nxusto nese ano. Como é lóxico, cabe a posibilidade de que tomase ditos cambios da edición de\nEn resumo, cos datos de que dispoñemos non estamos en disposición de concretar unha data precisa de composición do VLP. Aínda que a edición do DRAE máis frecuentemente utilizada fose a de 1899, Leiras tamén puido consultar a de 1884 (ou algunha anterior), e nalgún caso parece que así foi. Isto non quere dicir que comezase a elaborar forzosamente o repertorio nesa data; naturalmente, puido comezar despois e utilizar diferentes edicións para as súas consultas, pero ese feito permite ampliar a marxe temporal en que se puido confeccionar o Vocabulario. En calquera caso, consideramos que un traballo laborioso coma este, de recollida, consulta e comprobación de datos etc. debeu de estenderse ao longo de varios anos, compartindo tempo de dedicación coas outras actividades de Leiras, a comezar pola profesional de médico. Algún indicio a este respecto cremos atopar en referencias como a seguinte de Manuel Amor Meilán, de 1924 (apud Alonso Montero 1983: 47): “También posee ésta [a Academia] un notable Vocabulario de la comarca mindoniense que nuestro biografiado había logrado reunir con paciencia benedictina”.No tocante á redacción das definicións, o VLP puido ser froito dun proceso de elaboración realizado aproximadamente entre 1884 e 1912, con algunhas modificacións a través do tempo, aínda que o período en que se levou a cabo o groso do repertorio debeu de ser o comprendido entre 1899 e 1906, datas, respectivamente, da edición do DRAE aparentemente máis consultada e do momento en que o autor ofrece o seu Vocabulario á RAG. O “intercambio lexicográfico” mantido con Valladares autorízanos a afirmar que a tarefa de recolleita comezou antes de 1896, pois a este ano corresponde unha carta que Valladares lle dirixe a Leiras con comentarios sobre varias voces que este lle “enviara” na “remesa última” (apud Fernández Salgado 2005: 274278) 13.\nTampouco podemos concluír nada seguro sobre o proceso de redacción de cada unha das versións do texto. Podería pensarse que a enviada á Academia debía de ser a máis elaborada ou actualizada. Así o corroboran Pérez Pascual / Tato García (1986: 258, n. 26) para as entradas que van desde meu dito, meu feito, ata orballada, que estarían máis elaboradas no texto académico (v. tamén 1986: 250, n. 6, sobre a voz esteo); do mesmo xeito, nas entradas enxiretar, enxaretar, as definicións máis completas son as da versión da RAG: ‘pasar cordón’ vs. ‘hacer pasar por una jareta un cordón ó cinta’. Pero tamén temos datos que apuntan o contrario. Os mesmos editores (1986: 249, n. 4) sinalan que na entrada chícaro o equivalente no manuscrito Penzol é burgado, 13 O último apéndice de Valladares está datado en 1902, pero os anteriores son de entre 1893 e 1896 (García Ares 2000: 1112) e, como veremos, non é desdeñable o número de voces comúns a ambos os dous autores (v. infra 5.2). Lembremos para rematar con este encadramento temporal que Leiras naceu en 1854 e empezou a exercer en Mondoñedo en 1878.\nen substitución de caramujo, que aparece riscada e é xustamente a que figura no texto da RAG; nunha nota que acompañaba un envío posterior de léxico á institución, Leiras aclaraba que se debía facer ese cambio. Ademais, a principal diferenza entre os dous escritos radica nos catro últimos folios do manuscrito Penzol, cun léxico que non figura no da Academia (Pérez Pascual / Tato García 1986: 241, n. 16). Todo parece indicar que, unha vez enviado o repertorio á RAG, Leiras continuou traballando na outra copia.\n4.2. Os lemas\nSegundo Santamarina (2000/2003a: 24), o repertorio consta de 1618 voces e 85 lemas secundarios, que na versión electrónica se reducen a 1586 entradas; polo noso cómputo, realizado sobre a edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), o número ascende a 1635. A diferenza explícase polo texto base utilizado e por feitos como que na edición en papel se manteñen as entradas repetidas, mentres que na versión electrónica aparecen baixo unha mesma mención (v. tamén o exposto no punto 3). En calquera caso, neste aspecto trátase xa dun repertorio notable, incluso se o comparamos con outras achegas lexicográficas: o vocabulario de Payzal contén unhas 900 voces; os de Reguera e Pereda, arredor de 1200. O seu valor increméntase ademais pola fiabilidade 14 que cabe outorgarlle, dado o bo coñecemento que Leiras tiña da lingua galega e, en particular, da fala mindoniense, fiabilidade que confirman os estudos de que dispoñemos actualmente.\nComo é normal, a maioría dos lemas son substantivos e verbos, aínda que tamén se inclúen bastantes adxectivos, e non faltan exemplos, xa raros, doutras clases de palabras (algún adverbio, algunha interxección, a preposición sobor). Pero talvez o máis destacable neste sentido sexa a presenza entre as entradas de unidades pluriverbais diversas, en consonancia co interese do escritor pola fala popular e a súa querenza polas frases feitas, locucións e refráns. Non esquezamos que Leiras foi tamén autor dunha recolleita importante de material deste tipo (Franco Grande 1970: 373422), que el mesmo gustaba de empregar na súa obra. De feito, algunhas destas expresións aparecen recollidas igualmente no seu repertorio de frases (Franco Grande 1970: 403415): á bao / á vao, a afeito, âs cheas, troque á troque… Aínda que Martíns Seixo (2003: 11) só identifica 36 unidades fraseolóxicas no VLP, pola nosa parte contabilizamos arredor de 90 unidades pluriverbais de diferentes clases (locucións adverbiais, locucións nominais etc.), lematizadas de formas distintas, ás veces incongruentes entre si e non coincidentes co costume actual: así, asexar â papuda vai só en papuda, ou andar na borroalla en borroalla 15, mentres que meu dito, meu feito, vai na letra M. Con todo, cómpre aclarar que non sempre que o autor inclúe ou utiliza no lema varias palabras estas corresponden a unha unidade pluriverbal, segundo os criterios polos que nos rexemos na actualidade. Entre os lemas figuran participios con uso adxectivo (abarrigado, acorporado, avellentado…), pero, a diferenza de repertorios anteriores, non se inclúen nomes propios nin verbos conxugados. Os verbos poden ter entrada pola forma pronominal, se o significado que se consigna corresponde a ese uso, independentemente de que dispoñan dunha forma non pronominal, como ocorre con afacerse. Tamén é posible que se lle dea dobre entrada a un verbo baixo a forma transitiva e a pronominal, como nos casos de ceibar / ceivarse ou deitar / deitarse. Raramente aparecen substantivos flexionados en xénero ou número, diminutivos ou aumentativos, salvo que se lles asigne un significado ou un uso propios. Deste xeito, ten entrada en feminino asistidora, e en plural angarellas, alimpas, beizos, castañolas de lousa, coxegas / coxigas, molos, ouriños, salvas, tarrañolas… (en cambio, maniota aparece en singular). Con forma diminutiva, seguindo o mesmo criterio, figuran substantivos como ferreiriño / ferreirolo, panxoliña, xuaniña ; algunhas 14 Martíns Seixo (2003: 2) empregou xa este termo para referirse ao VLP. 15 No DD transcríbese con v: vorroalla (andar naas cabras), pero castrón da borroalla.\ndestas entradas de diminutivos serían non obstante máis que discutibles, como mioquiño, que o propio Leiras identifica unicamente como ‘diminutivo de mioco ’, tamén incluído na listaxe, ou pinguiña, que aparece a continuación de pinga, ambas as dúas voces con idéntico significado. O mesmo podería dicirse dos aumentativos, de maneira que en poucas ocasións aparecen no lemario formas que hoxe considerariamos indebidas, como badueirón. Canto aos adverbios en –mente, só se rexistra caladiñamente, sen que tampouco aquí se advirta un significado diferente do da palabra base. Poden aparecer entradas dobres, normalmente con distinto significado e contiguas (aruxo, asentar…), segundo se desprende da edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), aínda que tampouco faltan algunhas co significado repetido e bastante separadas entre si (caso de avalar), o que podería deberse a distracción.\nA orde, en principio, é alfabética, pero en realidade non é estrita e existen continuos saltos dentro da mesma letra, froito seguramente de sucesivas addendas e revisións. O ch aparece como dígrafo independente, ao xeito da época. Non se inclúen palabras que empecen por h 16 nin por u (tampouco, por suposto, por j, k, w, estraños ao sistema galego, ou por ll, raro nesa posición).\n4.3. Trazos lingüísticos\nPolo que fai á grafía, interesa consignar o emprego do y en vez do i (achayar, cayota) e do x en todos os casos para representar a fricativa prepalatal xorda, con independencia da súa orixe etimolóxica (ameixa, barxa, feixe, ferraxe); a aparición do j en dous castelanismos, brujulearse e pijotero, ha de interpretarse seguramente como reflexo da fricativa velar xorda. Sempre se utilizan os grafemas ll e ñ, pero é posible atopar outras vacilacións características da escrita nun momento en que a lingua non estaba fixada (ceivarse / ceibar). As contraccións da preposición de co artigo determinado resólvense xeralmente mediante un apóstrofo (d’os, d’as) 17, tamén empregado para marcar a elisión de de ante palabras que empezan por vogal (porta d’abaixo), mentres que as contraccións da preposición en co mesmo artigo se indican mediante un guión (na). A segunda forma do artigo reflíctese graficamente cun guión tras a consoante lateral: pingalo moco.\nOs acentos gráficos 18 utilizados por Leiras son o agudo, maioritario, e o circunflexo, apenas presente nas contraccións da preposición a e o artigo determinado (âs cheas, ô pe) ou nunha palabra como pô 19. Canto ás posibles pautas de acentuación gráfica, aínda que se achegan á norma actual, non son sistemáticas. Levan acento practicamente sempre as palabras esdrúxulas (axóuxara, espólea), pero, ao lado de páxema, podemos ler panxema. Do mesmo xeito, van case sempre marcadas as palabras agudas rematadas en vogal, -n ou –s (avalón, lambecús, mazá), o que non impide atopar chochen ao lado de choquén 20. Tamén se utiliza xeralmente o acento sobre a vogal débil en casos de hiato (felisía, maíz), pero aínda nestes casos é posible atopar 16 Leiras utiliza este grafema en posición inicial, pero é normal que nun vocabulario das características deste non aparezan palabras con h-, en boa medida cultismos ou voces comúns (home, haber, habenza…). 17 Non obstante, se nos atemos á edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), que non mencionan a existencia de diferenzas gráficas entre os dous textos do VLP, esta grafía non é sistemática (cf. pau do caño, pino do carro…). Franco Grande (1970) transcribe do / no. 18 Lembramos que para o estudo dos usos gráficos no VLP seguimos a edición de Pérez Pascual / Tato García (1986). Mentres que nesta edición se mantén a acentuación orixinal, no DD parece que se levou a cabo unha adaptación da grafía ás normas actuais, criterio que non se segue de xeito uniforme na edición de todos os repertorios que inclúe, de xulgarmos pola lematización: así, o fémia de Leiras segundo a lectura de Pérez Pascual / Tato García (1986), aparece no DD como femia, pero mantense aquela grafía para outros autores. A modificación da acentuación pode dar lugar a problemas de interpretación: se por un lado ñañaras, que figura en cambio como entrada do dicionario de Porto Rey, se transforma en ñáñaras, pésego / pexego se reflicte tal cal, aínda que cabería a posibilidade de interpretar tamén pésego / péxego. A segunda forma do artigo en expresións do tipo catalas abellas recóllese no DD como catálas abellas. 19 Reimunde Noreña (1984: 65, 68) dá conta do emprego do circunflexo por parte de Leiras para as vogais abertas e longas das contraccións e para casos de “o aberto” resultante da unión de dous “o” por perda de -l- (dôr), ademais doutros usos “máis caprichosos”. 20 Moitos destes usos disonantes poderían deberse a descoido.\navelaiña ; non é frecuente, en cambio, a acentuación nos encontros ui / iu en hiato (muiño, miuda), salvo en esgüírse, onde unha diérese marca a pronuncia da vogal velar. Non se acentúan as maiúsculas (Engoa), de acordo coa edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), nin se observa emprego do acento diacrítico en palabras como fora (camisa de fora). O criterio non é fixo tampouco no relativo aos monosílabos: a carón de cú, aparece puntas e cus ou pe. As palabras graves que rematan en vogal, -n ou –s non levan normalmente acento, pero de novo aquí cabe algunha excepción, como xóula. Por último, emprégase o acento gráfico na preposición á (á arroliño), aínda que na edición citada aparece unha vez arruche (quedar a).\nMáis alá da grafía, no léxico do VLP atópanse reflectidos fenómenos típicos da fala galega popular (e en particular as solucións mindonienses), como:\nOutras veces estamos ante sinónimos: aquelar / aquestar / acolofacer / aqueloutrar, baduar / barballoar, boizán / burrán, barxa / bagullo, broulla / bravura, bosta / bula, corredoira / congostra, capelo / couselo, lampantín / larpeiro, revocar / recebar. Entre variantes e sinónimos podemos atopar oito formas para un mesmo concepto: lobada / loutrada / lacoada / larpadela / lupanda / lurpanda / lurpanta / lupanta ‘atracón, cuchipanda, comilona’ 22. Entre as características lingüísticas que están a manifestar a procedencia dialectal do VLP, podemos sinalar solucións morfolóxicas como mazá e abelao / abelau, aínda que non faltan exemplos do tipo mourán ou das dúas solucións (birimbán / birimbau, man / mau 23); plurais como correcás e mesmo trazos xeograficamente máis estendidos como os que presentan as palabras troiteiro e gadaña ou a ausencia de formas con seseo, ademais do léxico específico que se abordará máis abaixo (4.4) 24. Os préstamos directos ou indirectos do castelán, con ou sen adaptación, son escasos; non moito máis dunha trintena de voces, tales como acunar, alfileres, aparexar, apedrear 25, (bisagra de) librillo, brujulearse, canutillo, caña, cernideras 26, costilleta, demoñez, desaparexar, espinilla, molexas, morrillo, periquito, polveiro ou trasvolar. De feito, un dos trazos máis xenuínos da lingua poética de Leiras, e un dos máis apreciados, é precisamente o seu enxebrismo, mesmo a súa pureza, como sinalan xa os seguintes testemuños: Pro Chao Ledo, inda que sabia o galego, non deixou de empregar, de cando en vez, algunha palabra castelá nas súas poesías galegas, mais isto, si é chata, tamén a teñen – e meirande aínda – versos de Rosalía, de Añón, de Curros, de Pondal e de todos ou casi tódolos poetas galegos, agás os de Leiras Pulpeiro, que son os máis enxebres, tanto polos vocablos como polos modismos (E. LenceSantar 1929, apud Alonso Montero 1983: 54). De tódolos estudiados, Leiras é o que presenta menos castelanismos. A razón e esta. Quizaves non soupera máis galego que os seus parroquianos, pero n’el prendera o esprito de combate frente a Castela (A. Iglesia Alvariño 1949, apud Alonso Montero 1983: 60).\n4.4. Tipo de léxico\nO léxico do VLP é esencialmente popular. Así se explica que unha parte moi importante pertenza a campos semánticos relativos a actividades rurais, como fiar (fía, lorbaga, mazaroca, parafusa…), o traballo agrícola e gandeiro (abordelar, atoar, baño, bedro, bortelar, cubil, canada, demoucar, endego, enrestrar, limpadoiro, meda, moxega, refregar…), a caza (garamelo, trebello, trapela…), as medidas (furco, presa, tego…), os utensilios e ferramentas (aixada, bedano, birbiriquí, cavadoira, cazapelo, colmeira, chavín, fixa, forcado, ligón, tixela…) etc. Tamén atopamos léxico relativo á pesca, aos peixes e crustáceos (ameixola, berberecho, cabala, carneirolo, chombo, esqueiro, galaxa, lumbrigante, nocra, verdel, vieira, xarda…), aos animais do mundo rural (avelaiña, andurón, burreño, curuxa, delonciña, donicela, escornabois, limacha, licro, lolo, marroa, ouvear, vacaloura, xílgaro…), ás árbores e plantas e aos froi22 No texto editado por Pérez Pascual / Tato García (1986), as palabras que significan o mesmo (variantes ou sinónimos) van unidas cunha chave. 23 Esta lectura recóllea o DD, fronte aos editores anteriores. Na entrada formento de man dise: “As lecturas ‘da’ e ‘man’ tamén serían posibles, pero improbables”. Non obstante, man é o que le en man travesa. 24 Sobre a fala mindoniense pode obterse información, entre outros, en varios traballos incluídos na Homenaxe a Álvaro Cunqueiro (AA.VV. 1982), en Reimunde Noreña (1984), García (1985), Fernández Rei (1990) e no ALGa. 25 DD afirma que esta voz pode ser erro de Leiras por apedrar, baseándose nas escasas palabras que inclúe comúns ao castelán; pero algunha hai, como vemos, e por outro lado, apedrar aparece tamén na listaxe, aínda que é certo que no repertorio existen casos de repetición de lemas. Apedrear non figura na edición de Franco Grande, e Pérez Pascual / Tato García (1986) non sinalan que só se atope nunha das versións do Vocabulario. 26 É a lectura do DD, fronte a cernideiras dos editores precedentes.\ntos (amorodo, abelao, abelaira, ameixa, acebro, bagullo, esvedro, recandea, sorbeira…), e á natureza en xeral (felepar, orballar, regacho, zarzallar…). Outros campos semánticos moi representados son os da vivenda e construcións anexas (coraceiro, cume, cubo, fachineiro, lareira, lumieira…), a comida (formento, maseira, reseso, salpresar, zorza, afreitas, zamelo…), os costumes tradicionais e as pezas de vestir (cadaleito, foliada, galocha, mantela, paxel, rodela, santeiro, sortes e resortes, zoca…), e os xogos e xoguetes (alfileres, arrinca nabos, axóuxara, bailarete, bicho, billarda, eche, inchapeidos, mariola, marrazo, muiño de vento, palán, parque…). Tamén abundan os adxectivos coloquiais caracterizadores de persoa ou cousa, do tipo cagarriñas, caguiñas, charramandeiro, esbragoletado, escachademos, escagallado, escanaveirado, farfullas, fargallón, galdrapas, panxoliñas, tumbalobos. Gran parte deste léxico foi utilizado polo propio Leiras na súa obra poética. Na mesma liña popularizante hai que entender as locucións e frases feitas de que falamos con anterioridade.\nXunto á orixe popular, quizais o trazo máis interesante do VLP sexa o seu marcado carácter dialectal, trazo que, non sendo estraño entre os estudosos e escritores da época, distingue especialmente non só este repertorio, senón tamén a lingua literaria de Leiras. A fala que se reflicte aquí é, como queda dito, a da área mindoniense, en particular da zona norte de Lugo, da que era profundo coñecedor (v. 4.3). Esta pegada dialectal maniféstase sobre todo na recollida de abundante léxico específico da zona: aira, aixada, alburgueiro, alindar, amencer, barruza, cosco, golpe, longueirolo, mazaeiro… e outras voces que teremos ocasión de mencionar máis adiante.\nLeiras parece compartir o criterio tradicional na lexicografía galega dos inicios de non incluír voces comúns co castelán, xa que o que interesaba era recoller as palabras consideradas características ou únicas da lingua galega para salientar así a súa riqueza e singularidade. Son poucas as detectadas, e cando se dá o caso, Leiras non sempre menciona a forma idéntica castelá (v. 4.3 e cadaval 6.5).\n4.5. O artigo lexicográfico\nO VLP intégrase na liña tradicional da lexicografía galega en canto que o lema ou definiendum se atopa en galego, mentres que o definiens está redactado en castelán. A maior parte das veces este consiste nunha ou varias equivalencias na lingua castelá, pero non escasean os que inclúen tamén unha definición ou unha explicación 27.\nÉ notable en moitos casos a precisión e a abundancia das equivalencias sinaladas: corada ‘corada, pulmón, bofe, liviano’; cepo ‘tuero, trashoguero, ceporro”; cota ‘mocheta, recazo, lomo, canto, parte opuesta al filo en los instrumentos cortantes’; ferraxe ‘tranquillón, morcajo, mestura’; sobrexugo ‘barzón, sobeo, latigadera’... Podemos chegar a atopar ata seis sinónimos distintos, ademais da definición: coque ‘beso, bollo, borujón, calamorrazo, chichón, morrada, hinchazón en la cabeza producia por un golpe’. Incluso as expresións levan cadansúa equivalencia na medida do posible: cosco (salir do) ‘salir del cascarón’, cú de galiña ‘culo de pollo’.\nNon obstante, nalgún momento dá a impresión de que a equivalencia castelá é unha voz culta ou máis culta ca a correspondente galega, ou ben dun uso máis limitado, polo menos a xulgar polo que ocorre hoxe en día: así, ameixa é vertida ao castelán como ‘ciruela’, pero tamén como ‘diaprea’; apousar, como ‘posar’ e ‘precipitar”; barruzar é ‘lloviznar’ e ‘asperjar’; cagarriñas non pertence ao mesmo rexistro ca ‘pusilánime’, nin cheirume ao mesmo ca ‘hediondez, hedor, fetidez’.... Outras veces a correspondencia non só semántica senón tamén de rexistro é clara: o equivalente de ceivarse, ‘desenbanastarse’, leva as marcas “fig. y fam.” no DRAE1899; compangada é traducido como ‘pastel’, voz igualmente popular, e comiola como ‘cuchipanda’.\nEn raras ocasións Leiras utiliza como equivalente unha palabra castelá que non estea presente no dicionario académico ou cunha acepción non rexistrada, como ocorre, malia todo, en bourear, burar, ‘bullar, trajinar, meter bulla, andar de un sitio a otro con cualquier diligencia u ocupación’. Bullar, formación análoga a bourear, trajinar, non ten o mesmo significado ca esoutras palabras no DRAE; de aí que a definición que se consigne sexa exactamente a que o DRAE ofrece para trajinar desde 1852. Outro exemplo é o da entrada sarelo : aquí, talvez por erro, o texto da RAG dá como equivalencia ‘aspadero’, voz que non aparece no DRAE, a diferenza de ‘aspadera’, que empeza a ser rexistrada en 1884 e é a que figura no manuscrito da Fundación Penzol.\nPolo demais, a práctica lexicográfica de Leiras non segue criterios uniformes no sentido que a continuación se explica. Existen casos de artigos cun só equivalente, con e sen definición a maiores (exs. (4) e (5)), e o mesmo ocorre cando os equivalentes son dous ou máis ((6), (7)); en todos estes supostos, o(s) equivalente(s) pode(n) ter unha acepción ((4), (5)) ou varias ((8), (9)), de xeito que, cando sucede isto último, é posible que o alcance semántico das voces galegas non quede ben delimitado ((8)):\n(4) VLP: Angulema. Ambición. (5) VLP: Cacarañado. Picoso, hoyoso de viruelas. (6) VLP: Acanear. Bambolear, sacudir. (7) VLP: Argallada. Enredo, maraña, friolera, embuste inventado para complicar un negocio. (8) VLP: Avalar. Sacudir. (9) VLP: Desmestar. Aclarar, disminuir la espesura de alguna cosa.\nPor iso a definición, cando se ofrece, pode ter dúas funcións con respecto ao equivalente mencionado: unha meramente “redundante”, se non cabe ambigüidade sobre o seu significado ((5)) 28, e outra, aclaratoria ou restritiva, para delimitar o contido da voz galega, como ocorre no exemplo (9), ou en amorrallarse ‘abatirse, marchitarse, perder el ánimo y el vigor’.\nPolo xeral, cando a un lema lle corresponden significados diversos, sen un equivalente castelán válido para todos eles, a entrada repítese: chea ‘llena, crecida que hace salir de madre a un río o arroyo’, chea ‘llenura’, chea ‘atracón, hartazgo’. Con todo, nalgún caso unha mesma entrada inclúe dúas acepcións, estreitamente relacionadas, como aguniar, que, ademais de ‘agonizar, estar en la agonía’, leva a indicación “fig. ‘tener ansia o deseo vehemente’”. Moito máis raro é que se presenten xuntos dous significados moi distintos, como aparentemente ocorre en apedrazar ‘echar a perder, acantalear’, esta última voz definida no DRAE1899 como ‘caer granizo grueso’ y ‘llover copiosamente’; nos repertorios que suceden ao de Leiras, a duplicidade semántica quedará reducida a ‘echar a perder, estropear’. Tamén é posible atopar algún lema repetido co mesmo significado, aínda que o artigo non sexa idéntico (panxoliña).\nCanto á ordenación, aínda que o máis habitual é que a definición siga a(s) equivalencia(s), non faltan exemplos do contrario, como en barcal ‘especie de colodro para servir viandas, zapata’ 29 ; mesmo pode ocorrer que a definición quede intercalada entre equivalentes, como en panxoliña ‘caroca, palabra o acción afectadamente cariñosa, garatusa, halago, caricia’.\nNo referente á redacción das definicións, xa comentamos que Leiras utilizou en gran medida o DRAE (v. 4.1). Vexamos algún exemplo máis desa clara influencia da lexicografía académica\nespañola: 28 Neste caso, a definición pode responder tamén ao interese por explicar un termo castelán considerado pouco corrente ou pouco coñecido; cf. biscardo ‘jaramugo, pececillo nuevo de cualquiera especie’. 29 É a lectura que fai o DD do texto da Penzol, mentres que Pérez Pascual / Tato García (1986: 244 e n. 2) recollen ‘zapita’; no exemplar da RAG tanto estes últimos coma Franco Grande (1970) leron ‘zapito’.\n(10) VLP: Parque (juego). Palmo. Juego que consiste en tirar monedas contra alguna pared, y el que acierta a poner la raya 30 en el suelo un palmo o menos de la del otro gana la moneda.\ny el que acierta á poner la suya un palmo ó menos de la del otro, gana la moneda.\nLeiras pode realizar algunha variación sobre o texto académico, pero habitualmente as modificacións son pequenas e tenden á redución ou á simplificación:\n(11) VLP: Lizar. Triscar, torcer alternativamente y a uno y otro lado los dientes de la sierra para que la hoja corra sin dificultad. DRAE1899: Triscar. [a.] Torcer alternativamente y á uno y otro lado los dientes de la sierra para que la hoja corra sin dificultad por la hendidura. (12) VLP: Parafusa. Torcedor, huso con que se tuerce la hilaza. DRAE1899: Torcedor. m. Huso con que se tuerce la hilaza, el cual tiene en el remate un garabato donde se prende la hebra, y debajo de él una rodaja de madera para que haga peso.\nNon convén pensarmos, a pesar disto, que Leiras se limita a copiar do texto académico. Utiliza o que lle vén dado, pero saca o oficio de lexicógrafo cando ten que definir de seu algunha palabra que non presenta equivalente en castelán, aínda que esta circunstancia se dea poucas veces:\n(13) VLP: Copete / Copeta. Especie de colodra que hace oficio de fuente para servir viandas. Tamén adapta a definición académica á realidade galega, se é o caso: (14) VLP: Sortes e resortes. Cálculo que por las variaciones atmosféricas de los veinticuatro primeros días de Enero forma el vulgo para pronosticar el tiempo que ha de hacer en cada mes del resto del año. DRAE1899. Cabañuela 31. [f.] Cálculo que, observando las variaciones atmosféricas en los veinticuatro primeros días de agosto, forma el vulgo para pronosticar el tiempo que ha de hacer en cada mes del año siguiente. Canto ao resto do artigo lexicográfico, a información gramatical que se proporciona é nula 32. Normalmente nin sequera se indica a flexión de xénero daqueles substantivos e adxectivos que dispoñen dela; nalgúns casos aparecen dúas entradas separadas polo xénero do lema (burreño, burreña). Tampouco se proporcionan exemplos nin ningunha outra información das que adoitan incluír hoxe en día os dicionarios, salvo algunha especificación sobre o contido ou sobre a construción, que polo xeral aparece entre parénteses: bombo (pra a puntilla de Camariñas) ‘mundillo’, codo (de pan), derregarse unha vela, vorroalla (andar naas cabras) 33 … Algunhas destas precisións lémbrannos, mutatis mutandis, o que modernamente se considera ‘contorno’ lexicográfico (Seco 2003 2 b). 30 Esta é a transcrición do texto académico feita por Pérez Pascual / Tato García (1986), posiblemente errónea, en vez de “suya”, que é o que aparece no DRAE e tamén na lectura de Franco Grande (1970). No manuscrito da Penzol a definición é simplemente “Juego consistente en etc. 31 Este equivalente só aparece no texto da RAG. 32 O que prima nos momentos iniciais da tradición lexicográfica galega é a recompilación do maior volume posible de léxico; as cuestións gramaticais quedan en segundo plano (Sánchez Palomino 2001: 404). 33 Derregarse (unha vela) e borroalla (andar na) (as cabras) en Pérez Pascual / Tato García (1986).\n5. o VLP nA LexIcogrAfíA gALegA\n5.1. O VLP como primeiro rexistro lexicográfico\nCos datos de que dispoñemos hoxe en día sobre a lexicografía galega, o VLP constitúe o primeiro rexistro lexicográfico dunha parte importante do léxico que nel se recolle, léxico que pasará á lexicografía posterior a través parcialmente do DRAG1328 e sobre todo de Eladio Rodríguez (v. infra 6 e 7). Con frecuencia, estes primeiros rexistros corresponden precisamente ás voces cun carácter dialectal máis acentuado. Os exemplos serían numerosos, pero ofreceremos tan só unha mostra 34.\nA palabra abortelar (do mesmo xeito que bortelar) comeza a súa andaina lexicográfica no VLP, co conciso significado de ‘cernir’. Con idéntico significado é rexistrada en García (1985) nas localidades de Ferreira de Valadouro e Cedofeita. Ademais, Fernández y Fernández (Acevedo / Fernández) afirma que se usa “desde Valdés al Eo” exactamente co significado de ‘pasar la harina de trigo por un bortel’. A palabra base, bortel, é documentada por Sobreira baixo a variante brotel como propia de Mondoñedo, mentres que considera bortél, ‘tamiz o cernedor de seda, peneyra, cedazo’, propia de Viveiro. Trátase, pois, dunha palabra característica cando menos da zona do norte de Lugo. Grazas a Leiras, e a través do DRAG nun primeiro momento, e tras el de Filgueira, Eladio e Franco Grande fundamentalmente, a voz puido chegar á lexicografía actual, onde é recollida por dicionarios de amplo espectro como o Estravís ou o GX e, na variante bortelar, que é como aparece no VOLGa, polo GDS21, por exemplo (as dúas formas figuran tamén no DNGC).\nAlgo parecido ocorre con acebolar ‘atrabancar’, que Leiras rexistra por primeira vez, o DRAG recolle e, despois del, Filgueira, Eladio Rodríguez e Franco Grande. García (1985) dá conta da existencia desta palabra en Ferreira de Valadouro, co mesmo significado de ‘hacer un trabajo con poco cuidado’. Esta palabra tivo menos éxito na nosa historia lexicográfica: non aparece na listaxe do VOLGa, pero si no GX. Outras voces rexistradas por primeira vez por Leiras na lexicografía galega son: abarcular, abarrigado, alangrear, angulema, arrazar, asistidora, atariñar, augaxada, avasar, azamelar, azou e un longo etcétera. En ocasións, trátase de variantes formais doutras palabras con máis ou menos documentacións (brueiro por broeiro, aparar por parar…), pero a miúdo son formas que comportan realmente unha novidade no percorrido lexicográfico.\nTamén pode suceder que a forma fose rexistrada en repertorios anteriores ou contemporáneos pero non coa acepción ou coa categoría gramatical que lle confire Leiras. Así, a voz brizo transmítesenos xa desde Sobreira, pasando por Rodríguez, Cuveiro, Valladares, Porto e Pondal, co significado dunha determinada herba ou planta, pero Leiras é o primeiro que a rexistra co significado de ‘lozano’ e, xa que logo, como adxectivo. Consultado o TILGa, resulta curioso comprobar que o primeiro que a utiliza dese xeito no tesouro é o tamén mindoniense Noriega Varela, seguido de Leiras 35. Acevedo di textualmente: “En Coaña es adj. y significa ‘vigoroso’, ‘lozano’, ‘tratadores del fruto de la tierra’”. Por último, García (1985) rexistra o adxectivo en Cedofeita co significado de ‘muy verde’, en tanto que o substantivo ten maior representación xeográfica. Parece, pois, evidente o carácter localizado desta acepción, que terá moita fortuna na lexicografía sucesiva, onde será recollida por todos os repertorios tradicionais; xa nos nosos días, aparece no VOLGa, no GDS21 e no GX, por exemplo.\nBroulla figura no repertorio de Pintos como ‘nudo, berruga en los troncos, boton, broche’, pero para Leiras é un ‘sarpullido’. Aníbal Otero rexistra este significado tamén en Ribeira de\nPiquín, e García (1985) en Compostela e Valadouro. A acepción foi recollida na lexicografía tradicional e adoita aparecer nos dicionarios actuais, aínda que, segundo se deduce do TILGa, non foi de uso frecuente na literatura.\nNas Papeletas de Sobreira consígnase a voz aterrar como ‘Ribadavia. Causar terror’, pero Leiras recóllea por primeira vez co significado de ‘acollar, recalzar’, que García (1985) rexistra tamén en Valadouro e Cedofeita e é reproducida na lexicografía galega posterior con regularidade (cf. DRAG97: “arrimar terra ó pé de [certas plantas ou cultivos]”). A nosa busca no TILGa non deu resultados sobre o uso da voz con este sentido na literatura anterior ao noso autor. Ás veces as acepcións rexistradas por Leiras supoñen unha restrición ou unha xeneralización semántica con respecto ás sinaladas ata entón. Un caso deste tipo é o constituído por bandear, que unicamente aparece antes en Porto, con tres significados: ‘1. Menear, agitar, mover una cosa de un lado al otro. 2. ant. Conducir, llevar, guiar, dirigir. 3. ant. Auxiliar, proteger’. O mindoniense outórgalle a esta palabra un significado máis específico: ‘flamear, ondear la vela de un buque u otra tela por estar al filo del viento’, que será recollido na lexicografía posterior, e na actual por Estravís e o GX.\nSe amolentar é palabra rexistrada abundamente na lexicografía anterior a Leiras co sentido xenérico de ‘ablandar’, este dálle o significado máis concreto do ‘macerar’ castelán que, en modalidades diversas, aparece máis ou menos documentado na lexicografía galega: ‘colocala roupa a remollo para que amoleza’ (GX); ‘macerar o liño’ (GDS21, baixo amolecer). Acevedo / Fernández recollen este mesmo significado da seguinte maneira: ‘ablandar por persecución o golpeadura’.\nCabería mencionar incluso o caso de beizos, forma recorrente desde Cornide (Aguirre, Rodríguez, Cuveiro, Valladares, Porto) coa acepción xeral de ‘labios’. Ao trasladar os equivalentes casteláns ‘befos, bezos’, Leiras parece referirse en particular aos labios dos cabalos e outros animais ou, cando menos, a labios grosos, o que supoñería unha restrición de significado sobre o consignado anteriormente (só Mirás podería apuntar na mesma dirección, coa súa glosa ‘ocicos, labios’). Precisamente como ‘befo, labio inferior del caballo’ é retomada polo DRAG1328, mentres que Acevedo dá testemuño do significado ‘labio grueso’, que tamén aparece en Eladio. García (1985) recolle a acepción de ‘labio, tanto de personas (menos usado) como de animales, especialmente del ganado vacuno’, nunha zona máis ampla, que inclúe a área xeográfica de Leiras. Na lexicografía moderna, Estravís opta por reunir ambas as posibilidades nunha soa acepción, mentres que o GX as separa nunha acepción para o labio humano e outra para o do gando vacún especificamente.\nRematemos cun exemplo de ampliación do significado. Atopámolo na voz broeiro, ‘comilón’ para Leiras, fronte ao contido semántico que lle asignan Sarmiento, Valladares e Porto, apegado á orixe da forma; para todos eles, broeiro é ‘afeccionado á boroa’.\n5.2. Relacións entre o VLP e outros repertorios anteriores ou contemporáneos\nSon de salientar certas coincidencias que detectamos en ocasións entre o repertorio de Leiras e outras recompilacións previas ou mesmo contemporáneas súas. En particular, son bastante numerosas as voces e acepcións que Leiras comparte exclusivamente con Valladares, sobre todo na recolleita que este fixo como continuación do seu dicionario, o que pode levarnos en bastantes casos ás relacións existentes entrambos os autores, que intercambiaron datos e reflexións (Alonso Montero 1983: 28, n. 8 e 155; Fernández Salgado 2005: 274278). Citaremos só algúns exemplos destas coincidencias.\nBocalán, que Leiras define como ‘bocón’, só aparece no dicionario publicado por Valladares en 1884, onde se remite para bocachan, cunha acepción semellante. Xa no material ata hai pouco inédito, abicadar é definida por Valladares como ‘Alimentar. Dar la bicada’, acepción que Leiras inclúe baixo a forma castelá ‘engargantar’. Anainar é para Valladares ‘acariciar, mimar’ e, © 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 137169\npara Leiras, ‘acariciar, arrullar’. O mesmo poderiamos dicir para asparón, cairo etc. Ás veces parece existir certa diferenza semántica entre as voces recollidas, polo menos tal e como o reflicten os dous autores: así, o apaxear ‘manosear’ de Leiras é desenvolvido por Valladares (apajear) como ‘acariciar de cierta manera, como pasando la mano por el lomo’. García Ares (2000: 16) sinalou outras semellanzas e diverxencias entre Leiras e Valladares.\nEn ocasións, vía Valladares, Porto súmase a estas coincidencias. Nunha das entradas de aruxo, Leiras outórgalle o significado de ‘reacción, confortación’, visible tamén nos apéndices de Valladares como arújo ‘reacción’ e en Porto como aruĵo sen definición (fronte a arúxo ‘molécula’, que remonta a Sobreira e ao arujo de Valladares 1884). Aguniar tamén figura só nos tres repertorios mencionados. Porto comparte igualmente con Leiras e Valladares, esta vez no dicionario de 1884, a voz agruñeiro, entre outras. Que Porto manexou o material de Valladares queda claro non só por estes exemplos, senón por anotacións como a que aparece en argallada: ‘V. adic. de Vall.”\nExisten incluso algúns casos, xa moito máis raros, en que Leiras só coincide con Porto no rexistro dunha voz, como en acunar e amecer : (15) Po 36 : Amecer. v. ant. V. mesturar. VLP: Amecer. Añadir. Outras veces Leiras concorda con Sobreira. Xa vimos o que sucedía con bortel e abortelar. Acabador aparece nas Papeletas como ‘el que gasta mal sus bienes’ e ‘el que destruye y empobrece a otros’. Só Leiras recolle no sucesivo esta palabra, e o seu significado é xustamente ‘disipador’. O mesmo sucede con apetar: (16) Sb: Apetar. ‘Ribas de Sil. Empetar toda cosa, guardar. Alude al Peto. Papeletas’. VLP: Apetar. Ahuchar. Tamén podemos atopar coincidencia de formas pero algunha diferenza semántica, como en bullón, ‘borbollón del agua’ para Sobreira e ‘chaparrón’ para Leiras. Sobreira, Leiras e Valladares no material dos seus apéndices comparten voces como bula, ‘estiércol de ganado’ para o primeiro (que sitúa a voz en Ribadeo), ‘boñiga’ para o segundo, e ‘excremento’ para o terceiro. Para terminar con esta relación de exemplos, angarella só é rexistrado por Sobreira e Porto en singular e por Leiras e Sarmiento en plural. Son algunhas das coincidencias detectadas, que poden resultar interesantes para unha historia da transmisión do léxico ou para a súa localización.\n6. t rAnsmIsIón do VLP Ao drAg1328\nComo vimos, a propia RAG (Actas I, Junta Ordinaria 512-1912: 175176), con ocasión da morte de Leiras, afirmaba que o seu Vocabulario era “de mucho provecho para la redacción del Diccionario GallegoCastellano que se está publicando”. É evidente que os académicos tiñan intención de utilizar desde o primeiro momento o material de Leiras no dicionario, como proba unha ficha existente ao comezo do VLP en poder da Real Academia Galega que reza así: “Vocabulario de Leiras Pulpeiro. Las voces que tienen una línea o raya azul o una cruz es que están puestas en 36 Utilizaremos para os exemplos as abreviaturas do DD: Sr (Sarmiento), Sb (Sobreira), Rg (Reguera), R1 (ms. de Rodríguez), R2 (Rodríguez impreso), Pi (Pintos), Cu (Cuveiro), Va (Valladares 1884), Vi (Valladares inédito), Po (Porto), Fi (Filgueira), C1 (Carré 192831), AF (Acevedo / Fernández), Ot (Aníbal Otero), Ib (Ibáñez), Er (Eladio Rodríguez), Fg (Franco Grande), C4 (Carré 1979), El (Elixio Rivas), Cg (Constantino García).\npapeletas. El punto encarnado que tienen algunas no significa nada. Extraida toda la letra A, B, C”. En Cambre García et al. (2000: 47) indicabamos que a caligrafía do redactor desta nota é a mesma ca a de tantas outras notas e papeletas feitas por César Vaamande Lores, autor material do DRAG1328.Unha aproximación inicial a esta obra podería dar a impresión de que Leiras Pulpeiro foi\nutilizado en poucas ocasións, xa que non son numerosas as veces en que aparece citado de xeito explícito. Non obstante, se analizamos en detalle ambos os dous textos, comprobamos que practicamente todo o VLP (ata a voz cativo, claro está) pasou ao dicionario académico, aínda que de formas diferentes.\nEn efecto, a presenza de Leiras Pulpeiro no DRAG1328 pode ofrecer aparencias diversas:\n1) O escritor é citado aboando unha determinada voz ou acepción. 2) O nome de Leiras non é citado, pero aparecen mencións a Mondoñedo e á súa área de influencia. 3) Non se rexistra ningunha alusión a Leiras, ao seu Vocabulario ou á súa rexión de orixe, pero é evidente ou probable a traslación de material, segundo se desprende da análise dos dous repertorios.\nA seguir explicaremos con máis detalle cada unha destas posibilidades. Remataremos cun apartado sobre a información do VLP que non pasou ao DRAG1328.\n6.1. Mención explícita do autor\nAs ocasións en que Leiras aparece explicitamente mencionado son as menos. Tan só contabilizamos 23 casos sobre 389 posibles, número total de palabras incluídas no VLP ata a entrada cativo, que é a última do dicionario académico. Corresponden ás seguintes voces: ameixoar, arrazar, arredoar, aruxar, asistidora, atariñar, atarrecer, atoar, atrelo, augadeiro, augajada, augueiro, avasar, azamelar, azou, bombo, bruar, cadillo, cagoxa, cairo, callón, canina, canterla. Nesta relación vemos como descende proporcionalmente o número de citas nas letras B e C. A fórmula da mención pode ser “abonado por Leiras Pulpeiro” ou “según Leiras Pulpeiro” e, salvo en ameixoar, arredoar, aruxar, atoar, bruar, cadillo, cairo e callón, trátase de palabras non recollidas en ningún repertorio anterior 37, mentres que nas “excepcións” citadas Leiras achega case sempre unha nova acepción;\nde aí a necesidade de aboar todas estas voces mediante algunha autoridade: (17) VLP: Cagoxa. Castaña. DRAG1328: Cagoxa. s.f. Castaña, según Leiras Pulpeiro. (18) VLP: Canterla. Grapa empleada en las madreñas rotas. DRAG1328: Canterla. s.f. Grapa empleada en las madreñas rotas. Abonada por Leiras Pulpeiro. En aruxar, cadillo e cairo, as mesmas acepcións aparecen nos materiais recompilados por Valladares como apéndices para o seu dicionario, aos que a RAG non debeu de ter acceso 38 : (19) VLP: Cairo. Colmillo. Vi: Cairo. Adición: Colmillo. DRAG1328: Cairo. 2. s.m. Colmillo. Abonado por Leiras Pulpeiro. 37 Augueiro rexístrase baixo outras variantes (Payzal e Valladares agüeiro, Pondal agoeiro). 38 Cadillo figura tamén no repertorio de Payzal con outro significado.\n(20) DRAG1328: Callón. s.m. Cuajarón. Coágulo. Líquido cuajado, especialmente la sangre. V. cadullo. 2. Cachón. Ola que rompe en la playa. Chorro de agua. Abonado por Leiras Pulpeiro 40.\n6.2. Mención da zona do autor\nA sospeita de que o VLP está detrás doutro pequeno grupo de entradas (6 en total, a saber, abarcular, abelaira, abillar, abortelar, apaxear, arrinca nabos), nas que se fai referencia á zona de Mondoñedo, confírmase ao confrontar os dous repertorios. De novo trátase de voces ou acepcións que só aparecen documentadas lexicograficamente no VLP, antes de que as recolla o dicionario académico 41 :\n(21) VLP: Abelaira. Aguijada. DRAG1328: Abelaira. En Mondoñedo se da este nombre á la AGUILLADA. (22) VLP: Abillar. Afilar.\nDRAG1328: Abillar. v.a. Poner la billa ó grifo á un tonel, pipa, barril, etc., para poder sacar el vino. 2. Vender el vino al menudeo. 3. Aviar, ataviar, adornar. 4. En Mondoñedo, significa afilar. Nesta última entrada, por exemplo, a primeira acepción combina a información proporcionada por Sobreira e Pintos, quen tamén podería estar detrás da segunda pola alusión á venda (‘poner la llave a la pipa, para vender el vino, estrayendolo por la billa’); a terceira non se rexistra ata este momento (Filgueira reprodúcea tamén como habillar), e a cuarta é a do VLP. O caso de arrinca nabos (só presente na versión da RAG) é un pouco diferente porque o\nDRAG inclúe a información dialectal noutra variante, á que remite desde aquela:\n(23) VLP: Arrinca nabos. Arráncatenabo, cierto juego que usan los muchachos. DRAG1328: Arrincanabos. V. 1 arrincatenabo. 2 Arrincatenabo. s.m. Arrancate nabo. Juego de muchachos. […] En algunas localidades de hácia Mondoñedo dicen arrincanabos.\n6.3. Sen mención\nEn realidade, o emprego maioritario de Leiras como fonte fíxose de forma totalmente anónima.\nUn indicio deste emprego pode ser o recurso a Leiras como autoridade literaria 42 para exemplificar o uso dunha palabra ou unha acepción características da zona mindoniense: 39 A RAG puido manexar tamén para esta voz a edición de 1884 (coa primeira definición idéntica e a segunda como ‘chorro ó caída de agua’), e quizais ata a de 1925 (‘ola del mar etc.’ e ‘chorro de agua etc.’). En cambio, a de 1899 comeza de modo diferente a definición da segunda acepción: ‘Lámina de agua que cae de poca altura y rompe formando espuma’. 40 Por cuestións de espazo, poñemos as acepcións académicas unha detrás da outra e numeradas, seguindo o DD. Substituiremos as maiúsculas das remisións, como as das entradas, por cursivas. Tamén irán seguidas as acepcións dos outros lexicógrafos galegos. Os exemplos que aparezan no interior dos artigos lexicográficos irán así mesmo en cursiva. 41 Salvo apajear que, como vimos, aparece tamén nos apéndices de Valladares. 42 Sobre o emprego de autoridades no DRAG1328, v. Suárez Vázquez (2000).\nR2: Arrocho. Palo corto con que retuercen las cuerdas para apretar una carga provisionalmente. […] Cu: Arrocho. Palo corto con que se retuercen las cuerdas para apretar provisionalmente una carga. Va: Arrocho. Tarugo, ó palo corto, con que se retuercen las cuerdas de las cargas, para apretarlas\nQueda unha pequena porcentaxe de casos en que é difícil determinar en que medida se utilizou o VLP, por tratarse de voces moi estendidas, cunha longa tradición lexicográfica ou acepcións xenéricas, e que tampouco presentan palabras moi especificas no definiens. Non obstante, dada a tendencia do DRAG a recoller todo o material que tiña á súa disposición e o emprego xeneralizado do VLP, é probable que se atope tamén detrás destes casos, malia que a súa pegada quede diluída entre outras mencións anteriores semellantes e o uso xeral da palabra:\nAdemais de ser voz moi estendida na fala, apalpar fora recollida previamente por Sarmiento, Sobreira, Pintos, Valladares e Porto Rey (ademais de por Aguirre) co mesmo sentido xenérico de ‘palpar’. Así e todo, tamén neste grupo de artigos existen indicios que, sen seren probatorios, apuntan a un posible emprego do VLP, como o recurso ao autor para exemplificar unha acepción (cf. amolecer na acepción 3), a reprodución conxunta e na mesma orde dos equivalentes citados por Leiras, aínda que xa foran empregados de xeito disperso con anterioridade (cf. bafo ‘vaho, aliento’) etc.\nTampouco resulta nidia a pegada de Leiras no caso de lemas moi específicos que ofrecen unha soa palabra equivalente, tamén moi precisa, en castelán. Acontece isto con alfonil, presente antes de Leiras en Sobreira, Cuveiro e Porto (así como nos apéndices de Valladares), case sempre coa mesma equivalencia ‘alfolí’:\n6.4. Voces ou acepcións do VLP non recollidas polo DRAG1328.\nSon moi contadas as ocasións en que o DRAG non se fai eco dos lemas rexistrados por Leiras. En concreto, trátase dos seguintes: abelau, (á) afeito, agucharse, aguniar, ameixola, arruche (quedar a), asela, atizoar, azoso, batideira, biaiteiro, birbiriquí, brujulearse, buxarela, carrilleira, catalas abellas, carapuchos d’as paredes. Un número exiguo, que se reduce aínda máis de eliminarmos da listaxe aquelas palabras que figuran no DRAG baixo outra variante formal: aguniar aparece como agoniar, batideira como batedeira, biaiteiro como bieiteiro, buxarela como buxarelo, agucharse como acocharse, ameixola como ameijoa. (Á) afeito vai lematizado como a feito. No canto de birbiriquí, rexístrase barbiquí e, en vez de carrilleira, aparece carrileira, remitindo para rilleira co sentido de ‘rodada’ que lle atribúe Leiras. Non recolle o DRAG carapuchos d’as paredes, pero si carrapucho en singular, e envía para a voz couselo, que é tamén ‘ombligo de Venus’.\nNon se inclúen aquí os lemas en que o dicionario académico opta por unha grafía distinta á adoptada polo escritor mindoniense, como ocorre con amortuxar, aparexar, augaxada, axirar, axóuxara e cantaruxar, que se converten respectivamente en amortujar, aparejar, augajada, agirar, ajoujara e cantarujar. Brujulearse aparece como bruxulear, cunha acepción bastante similar á de Leiras. Avalar, avafar, carabilla, abelairo e abelao fano respectivamente como abalar, abafar, caravilla, avelairo e avelao (e avelán, remitindo nos dous casos a avelaneira). Bencello e biradeira probablemente haberían figurar nas formas correspondentes con v, aínda que nestes casos o DRAG non remite a elas desde as formas con b, como fai noutras ocasións. Tampouco se tiveron en conta os lemas que aparecen flexionados no VLP ou que son obxecto de derivación, e que o DRAG, con bo criterio, inclúe na forma non marcada correspondente: así ocorre con burreña, comprendida no DRAG na entrada burreño, ña; con beizos, que figura no singular, e con arroliño, que aparece lematizado como aarrolo 43. No mesmo apartado poderiamos incluír o pronominal asisarse, que é substituído por asisar. A medio camiño entre os dous grupos, a palabra avalón ‘sacudida’ é recollida como abalo.\nIgualmente raros son os casos en que o DRAG rexistra a voz, pero non o significado que presenta no VLP. Sucede con cabozo, que ofrece o sentido de ‘calabozo’, non o de ‘hórreo’ que lle outorga Leiras; do mesmo xeito, caña non pasou como ‘tala, billarda, toña’ e si como “gloria” (pastel), e bosteira tampouco o fixo exactamente como ‘privada’ (‘excremento das vacas’) senón como ‘sitio donde hay muchas plastas o privadas de bosta’. Canto a barafustar, que aparece recollido por Leiras e por Valladares nos seus apéndices, foi retomado polo DRAG pero cunha acepción algo diferente: fronte a ‘hablar mal de una persona con fundamento o sin él’ (Valladares) e ‘despotricar, rajar’ (Leiras), o DRAG define a palabra como ‘reñir, alborotar, vociferar’, o que non se corresponde con ningunha das acepcións dos sinónimos casteláns indicados polo escritor mindoniense 44. O DRAG tampouco reproduce a acepción ‘reacción, confortación’ de aruxo nin a de ‘acebeda’ de acebreiro (fai aquí caso omiso de Leiras e segue a Sobreira, dándolle só a acepción de acibo).\nEn resumo, eliminando as variantes formais e gráficas, podemos dicir que todo o VLP pasou ao DRAG, salvo arruche, asela, atizoar, azoso, catalas abellas, carapuchos d’as paredes e as acepcións mencionadas. De todas elas, só asela, barafustar e bosteira son rexistradas no VOLGa, e a maioría tivo unha escasa representación na lexicografía sucesiva e nos dicionarios modernos. É o caso de aruxo, presente só en Franco Grande e Carré (1979), e acebreiro, en Franco Grande, cos significados expostos. Azoso, nun sentido próximo ao de ‘amable’, é recollido por Eladio, que o aboa recorrendo a Noriega Varela, e tras el, de novo por Franco Grande e Carré (1979). Modernamente aparece no GX, pero sen a acepción de ‘amable’, que si ten, en cambio, no Estravís. No TILGa, azoso ten a Leiras como primeira documentación, e posteriormente será usado por autores como Victoriano Taibo (1925) ou Noriega Varela (1928). Arruche é retomada por Franco Grande na mesma estrutura de frase do VLP (quedar a arruche, probable castelanismo procedente de quedar a ruche ‘quedar sin dinero’), mentres que Carré a inclúe como adxectivo e Aníbal Otero, baixo a forma arruches, de novo no interior dunha frase feita (quedarse arruches). Máis preto dos nosos días, é recollida no GX e no Estravís; ningún dato nos achega o TILGa ao respecto máis alá da mención de Leiras. Atizoar só reaparece en Estravís como ‘queimar con tizóns’ (port. atiçoar)\ne ‘atizar’, e no TILGa unicamente Leiras semella dar conta do significado de ‘cizañar, embolismar’.\nPolo que se refire a asela, Aníbal Otero dá noticia desta voz cos significados de ‘clavícula’ e ‘gaza de una cuerda’, esta última próxima á ‘lazada’ de Leiras; a primeira acepción é recollida no\nApéndice de Eladio Rodríguez xunto a ‘asa pequeña’, e o mesmo ocorre a continuación con Franco Grande, que dá entrada á forma acela como ‘lazada’. Por último, García (1985) informa de asela como ‘anilla’ en Valadouro e Pantón. Nos dicionarios modernos, o GDS21 define a palabra como ‘anel’, o GX como ‘anel, obxecto formado por unha tira de calquera material cerrada en forma de círculo’, e Estravís distingue nela tres acepcións: ‘asa pequena’, ‘asa pequena que se fai no extremo da corda para introducir nela o corno da vaca’ e ‘clavícula’. No TILGa soamente se documenta no VLP, pero non na literatura ata os anos 80 do pasado século. Barafustar é voz habitual na lexicografía posterior ao DRAG cos significados de ‘armar moito ruído’ e ‘rifar, berrar’, dos que só se aparta un pouco Estravís coas acepcións ‘Axitarse. Bracexar. Debaterse’ e ‘Protestar. Dicer impropérios’. En vez de catalas abellas, aparece no GX catalas cortizas ; no DRAG97, como exemplo e non como frase, catalos cortizos, e en Estravís simplemente unha acepción de catar como ‘castrar os cortizos’. Pola contra, bosteira figura decote nos dicionarios co significado que lle outorgaron tanto Leiras coma a tradición anterior, e non co do DRAG.\n6.5. Tratamento dos datos do VLP no DRAG1328\nUnha vez comprobado que practicamente todo o material de Leiras debeu de incorporarse ao DRAG, interesa analizar de que forma se produciu este traspaso e como se tratou a información. Tras o exame pormenorizado das entradas afectadas e o cotexo de ambos os textos, pode concluírse que o DRAG manexou eses datos e integrounos no artigo lexicográfico de xeitos diversos.\n1) O dicionario académico transfire, sen máis, o artigo de Leiras, conste este unicamente de equivalentes, de definición, ou de equivalentes e definición. Como exemplos deste comportamento valen os numerados do (17) ao (19), ou o (25). Nalgún caso de voces sen tradición lexicográfica, o DRAG quizais non engade ningunha información por carecer dela (v. angulema, ex. (4)). En poucas ocasións se advirte unha alteración da orde dos equivalentes ou da súa posición con respecto á definición:\n(29) VLP: Atariñar. Titubear, vacilar. DRAG1328: Atariñar. v.n. Vacilar, titubear. Abonado por Leiras Pulpeiro. 2) O DRAG prefire transmitir a información facilitada por Leiras noutra variante distinta, á que remite desde a voz do VLP:\n4) O DRAG suprime parte do definiens do VLP, ben no relativo á definición, ben a algún equivalente, que pode ser substituído por outro(s). Velaquí un exemplo:\nEn apedrazar desaparece o correspondente castelán acantalear. Os responsables do DRAG deberon de interpretar que esta voz non tiña en castelán o mesmo significado ca a entrada galega (v. 4.5), ou ben que unha acepción ‘caer granizo grueso’ / ‘llover copiosamente’ (cast. acantalear) non estaba suficientemente acreditada en galego para o verbo apedrazar. No seu lugar, a Academia inclúe estropear:\n(39) Va: Cadaval. Tojal quemado, pero que conserva aún en pié los troncos medio carbonizados de los tojos. VLP: Cadaval. Chamicera 46. DRAG1328: Cadaval. s.m. Tojal quemado pero que conserva aún en pie los troncos chamuscados de los tojos. Chamicera. DRAE18841925. Cadaval. m. pr. Ast. Terreno donde quedan en pie muchas cádavas. DRAE18841925. Cádava. f. pr. Ast. Tronco de árgoma o de tojo que, chamuscado, queda en pie en terreno donde ha habido una quema y sirve para leña. Aínda que non sexa este o lugar para analizar a práctica lexicográfica do DRAG no referente ás definicións, cómpre sinalar que existen tamén casos en que, tomando información de fontes precedentes, o repertorio académico ofrece definicións propias que poden chegar a ser enciclopédicas, sobre todo cando se trata de realidades características da sociedade e da cultura galegas. Observemos o exemplo seguinte: (40) R1: Canada. Medida de palo echa al torno, con una asa y una nariz por el lado opuesto, en el borde, para derramar el líquido. Su cabida es de media cuartillo hasta dos ó tres azumbres. Las mas grandes se usan para ordeñar las bacas porque están menos expuestas á romperse que los pucheros de barro. […] 45 V. n. 39. Nas palabras analizadas a RAG puido consultar diferentes edicións do DRAE, entre a de 1884 e a de 1927, segundo a data de publicación de cada caderno. Algunha vez incluso parecen aflorar edicións anteriores, como ocorre coa definición de ‘bandada’, que figura na entrada bando : ‘número crecido de aves volando juntas y á un tiempo’ (cf. DRAE1869 ‘número crecido de aves ó pájaros volando juntos y á un tiempo’, que no sucesivo pasará a ser ‘número crecido de aves volando juntas’). 46 Leiras omite o equivalente castelán cadaval, idéntico á voz galega.\nas distintas denominacións deste xogo: (43) VLP: Billarda (juego de caño). Tala. DRAG1328: Billarda. s.f. Billalda, tala, toña. […] El P. Sarmiento en su Glosario, trae una curiosa disertación sobre este juego. […] El origen de tala, es el latín talea, que significa un ramo o palito; el origen de cepo es cippus ; el origen de lipe me huele a gótico del inglés lip […]\nesa acepción.\nÁs veces dá a impresión de que o DRAG non sabe xestionar todas as indicacións que ofrece Leiras pero tampouco quere renunciar a incluílas, seguindo a súa liña habitual de recoller case toda a información de que dispón (cf. bruar).\nDentro desta revisión do material lexicográfico, podemos incluír os casos en que o DRAG engade novas acepcións, como en cabeceiro, só recollida por Leiras e polos apéndices de Valladares co sentido de ‘cabezada de cordel’:\n(48) VLP: Cabeceiro. Jáquima. DRAG1328: Cabeceiro. s.m. Jáquima. Cabezada de cordel para atar las bestias y conducirlas. * 2. Cabecera. Albacea, testamentario [segue exemplo medieval].\nPor suposto, as actuacións sinaladas ata aquí en diferentes apartados poden combinarse entre si de modo que dan lugar a unha tipoloxía moi variada de artigos lexicográficos. No que atinxe ás unidades pluriverbais, atopamos igualmente un proceder diverso por parte do DRAG1328. Mentres que en ocasións as trata como tales (á bao, abogado d’as silveiras, camisa de fora...) coa posibilidade de incrementar o artigo mediante definicións ou citas lite-\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 137169 rarias, noutros casos o que no VLP aparecía como unidade fraseolóxica perde ese carácter no dicionario académico. Así sucede atinadamente con beata falsa: (49) VLP: Beata falsa. Gazmoña. DRAG1328: Beata. [s.f.] 4. La mujer visitadora de templos y sacristías, que frecuenta la iglesia sin la menor devoción, que va a la iglesia a murmurar y a pasar el tiempo; hipócrita, gazmoña, falsa beata.\nNoutras ocasións reconsidérase o alcance da unidade: fronte a ferver a callón, o DRAG inclúe como unidade pluriverbal a callón. Tamén se dan casos en que pasa unha palabra (borroalla), pero non a a expresión de que forma parte (andar na borroalla).\n7. P resenzA do VLP nA LexIcogrAfíA gALegA PosterIor\nAínda que o presente traballo se centra no estudo do VLP e da súa transmisión ao DRAG1328, para o cal se analizaron pormenorizadamente todas as entradas ata a voz académica cativo, non podemos deixar de ofrecer algúns datos sobre a presenza de Leiras na lexicografía galega posterior, tras ampliar a análise a unha mostra do resto dos artigos do VLP (v. tamén 5.1).\nQue o DRAG actuou como primeiro mediador entre Leiras e a lexicografía posterior parece evidente, segundo se desprende do xeito en que se transmitiron as entradas, en particular as que sufriron modificacións. É o caso de abordelar, que Leiras define, segundo a lectura de todos os editores, como ‘encuartar, ayudar, reforzar en pasos difíciles la yunta o tronco de un carruaje’ e que o DRAG retomará como ‘encuartar; ayudar; reforzar, en casos difíciles, la yunta ó tronco de un carruaje’. Mentres que Filgueira, Carré (19281931) e Ibáñez recollen só os dous primeiros verbos (‘encuartar, ayudar’) e A. Otero opta por definir como ‘poner una pareja de encuarte’, Eladio Rodríguez reproduce tal cal a definición da RAG, e tras el, fai o mesmo Franco Grande. Na edición de 1979 Carré engade ‘poner encuarte a un carro, arado, etc.’ e García (1985), documentando a voz en Cabalar, Feás, Ferreira de Valadouro, Codeseda, Guitiriz, Burón e Suarna, volve outra vez á definición académica.\nSeguramente a acepción que quixo reproducir Leiras mediante o ‘engargantar’ foi a primeira do DRAE, que é a que presenta tamén Valladares nos seus apéndices (‘alimentar, dar la bicada’), a que se rexistra na fala (García 1985, xustamente en Ferreira de Valadouro) e a que ten sentido como derivado de bicada (‘comida que leva o paxaro no peteiro para alimentalas crías’, DRAG97), e esta, á súa vez, de bico ; variante, por outro lado, de formas como embicadar, tamén rexistrada por Leiras, e embicar. Pero o responsable do DRAG que leu o texto de Leiras optou\npor darlle a ese ‘engargantar’ a terceira acepción do DRAE, quizais para engrosar máis o número de acepcións da palabra. O que ocorre é que engargantar é un derivado de garganta, que en\ncastelán ten entre os seus significados o de ‘parte superior del pie, por donde está unido con la pierna’ (DRAE1884/1899), pero en galego bico e bicada non teñen esa significación. Trátase, pois, dun calco ou castelanismo semántico que se transmitirá no sucesivo a Eladio Rodríguez e a\nFranco Grande. Mentres que Filgueira recolle o equivalente sen máis sen se comprometer, Carré\n(192831 e 1979) amósase prudente retendo só a segunda e a terceira acepcións do DRAG. Ibáñez segue, como de costume, a Carré. En época moderna, tanto Estravís coma o GX e o GDS21 eliminaron igualmente esa acepción. A Academia retomou tamén o castelanismo acunar, rexistrado por Leiras e Porto Rey, aínda que tivo o bo criterio de remitir a arrolar. Só Eladio, unha vez máis, retomará esta palabra, ao xeito do DRAG. Outro caso digno de mención é o de canina, que Leiras rexistra por primeira vez, co significado de ‘miserable’: (51) VLP: Canina. Miserable. DRAG1328: Canina. s.m. Miserable, según Leiras Pulpeiro. 2. adj. Canina, dícese del apetito o hambre devoradora o insaciable.\nA acepción do DRAG como substantivo masculino será corrixida no sucesivo por Eladio, aínda que manterá a acepción de ‘miserable, avariento, tacaño’, como adxectivo. A continuación, unha vez máis, Franco Grande retoma literalmente a Eladio. Ignoramos o fundamento desa primeira acepción, mentres que a segunda, común a castelán e portugués, aparece en moitos dicionarios modernos, aínda que non no DRAG97. A que quedou desterrada da lexicografía foi a acepción de ‘miserable’. Hoxe adoita recollerse unha acepción xeral para o ‘relativo ao can’ e outra para o ‘dente canino’. Estravís rexistra unha acepción ‘maligno’ (do portugués).\nFronte a Filgueira, que se limita a recoller o VLP a través do DRAG, polo tanto de forma limitada ata a entrada cativo, e as máis das veces resume o artigo, reducíndoo a un ou a dous dos equivalentes sinalados polo dicionario académico (cf. o dito para abordelar, abicadar), Eladio utilizou o VLP completo de primeira man, como se aprecia non só nas voces e acepcións ás que non chegara o DRAG, senón incluso ás veces tamén nestas. Obsérvese como o DRAG retoma parcialmente o VLP na acepción 7 de abanear, mentres que Eladio e Franco Grande recuperan o equivalente zangotear : (52) VLP: Abanear. Zangotear, zangolotear. DRAG1328: Abanear. [v.n.] 7. Zangolotear. Moverse ó sacudirse las ventanas, puertas, etc., cuando hace viento. Er/Fg: Abanear. [v.n./v.] Zangolotear, zangotear, moverse o sacudirse las puertas o ventanas con el viento.\nNon obstante, ata onde chegou o dicionario académico, a pegada deste sobre Eladio é innegable, de xeito que moitas entradas se incorporan a través del. Obsérvese o que ocorre con arostío, que ninguén documentara lexicograficamente antes de Leiras:\n(53) VLP: Arostío. Sífilis. DRAG1328: Arostío. s.m. med. Sífilis. Er: Arostío. s.m. Sífilis, según el DRAG. Más comunmente mal ruin.\nEladio reorganiza e estrutura o dicionario académico en numerosas ocasións, ademais de engadir, como é sabido, importante información cultural e antropolóxica (tamén é certo que noutros casos simplifica as definicións). A revisión de todo este material esténdese tamén ao VLP, de maneira que en ocasións suprime algunha entrada ou acepción. Así ocorre con puntada ‘entrepunzadura, punzada, dolor que se siente más agudo de cuando en cuando’ que non só omite Eladio senón tamén a lexicografía tradicional posterior. Do mesmo xeito, das dúas entradas sufalcar do VLP, cos significados, respectivamente, de ‘sopalancar’ e ‘desfalcar, apropiarse la totalidad o parte de un caudal que se tenía en depósito’, Eladio só recolle a primeira das acepcións, cunha definición que será suprimida a continuación por Franco Grande.\n(54) VLP: Mozo d’a trepia. Moza Maripérez, pieza de las trébedes en forma de horquilla para asegurar el rabo de la sartén.\nFg: Mozo da trepia. Pieza de las trébedes en forma de horquilla, para asiento del mango de la sartén. C4: Mozo da trépia. Pieza de las trébedes en forma de horquilla, para asiento del mango de la sartén. Carré é menos constante na utilización dos datos do VLP. Mentres que en amorgallar reproducía o equivalente ‘apañuscar’ xa na edición de 192833, noutras moitas ocasións omite o léxico do VLP. En edicións sucesivas, e en concreto na de 1979, aparecen en cambio outras voces que fan pensar nunha consulta directa do VLP (caso de azoso, por exemplo, que só el recolle como ‘amable’ 47). 47 Pérez Pascual / Tato García (1986: 240) sinalaron a lectura errónea desta entrada por parte de Franco Grande (1970), que interpretou aroco.\nReivindicaba Alonso Montero en 1983 a figura poética de Leiras, ao que se lle debían, na súa opinión, “lecturas máis remuneradoras, máis xustas” (1983: 149). Coidamos que o Leiras lexicógrafo merece igualmente ser rescatado para ocupar un lugar máis salientable na historia da lexicografía galega.\nPero, con ser o volume de léxico recollido un elemento importante nun período en que era urxente a recompilación do maior número posible de palabras para a súa recuperación, o VLP presenta outros valores que permiten outorgarlle un papel destacado na tradición lexicográfica galega. Se por un lado se integra na tradición precedente por trazos como o uso do castelán no definiens, o criterio aparente de non incluír voces comúns con esta lingua e mesmo o pouco interese polas cuestións gramaticais, por outro ofrece características propias que o singularizan nesa tradición.A escasa presenza de voces comúns co castelán, que noutros repertorios se explica fundamentalmente como un elemento de diferenciación respecto desa lingua, xustifícase aquí dun modo especial por tratarse dun vocabulario eminentemente dialectal. No carácter dialectal e popular deste repertorio é onde reside o seu maior valor. O vocabulario recollido por Leiras apreixa o léxico propio da fala popular mindoniense; de aí a abundancia de voces relativas ao mundo rural, aos medios de vida tradicional etc., cos seus fenómenos fonéticos e morfolóxicos característicos. Este léxico popular era o que máis interesaba ao Leiras escritor e o que utilizaba en boa medida. Así se entende tamén o importante número de unidades pluriverbais que inclúe. Deste xeito, o Leiras escritor e o Leiras lexicógrafo presentan unha admirable coherencia, coherencia que a outro nivel se estendía, como é sabido, ao home e intelectual. Lembremos que un dos trazos máis estimados na obra literaria de Leiras foi precisamente o emprego dun léxico rico, vivo e enxebre.\nEn relación co carácter dialectal atópase o outro gran mérito que ten, ao noso modo de ver, este Vocabulario, e é que, xunto a variantes populares, proporcionános o primeiro rexistro lexicográfico de bastantes voces (arrinca nabos, cagoxa, canterla, carocada, charramandeiro …) ou acepcións (ameixoar ‘reunir’, fía ‘hilandero, paraje donde se hila’, larada ‘lechigada, camada, pollada (si es de pollos)’…). Como bo coñecedor do galego e da fala mindoniense, Leiras sabía moi ben o que recollía, xustamente os elementos diferenciais.\nAínda que os equivalentes casteláns mencionados son en moitos casos abundantes e precisos, a ausencia de definición noutros artigos pode dificultar a comprensión cabal por parte do usuario das acepcións que se atribuén a cada voz. É certo que Leiras recorre a miúdo ás definicións dos DRAE contemporáneos, pero cando arrisca as súas propias definicións deixa ver o seu oficio de lexicógrafo, o mesmo que puxo en práctica na súa relación epistolar con Valladares.\nPor último, o VLP ten un importante valor na medida en que pasou practicamente íntegro á lexicografía posterior, aínda que poucas veces se mencione como fonte. A Real Academia Galega soubo apreciar o mérito e a fiabilidade deste Vocabulario, de xeito que o DRAG incorporou de maneiras diversas case todo o VLP, incluso as variantes máis espurias, habitualmente sen mención da súa procedencia. É preciso recoñecer que, aínda que con frecuencia o DRAG recolle sen máis as indicacións de Leiras, sobre todo cando se trata de primeiros rexistros ou de voces ou acepcións moi localizadas xeograficamente, en moitas ocasións (sistematicamente no caso da categoría gramatical) engade novos elementos ao artigo lexicográfico, tales como variantes, sinónimos, equivalentes casteláns, información de diferentes tipos (rexistro, ámbito de coñecemento etc.) e definicións que, malia estaren tomadas en gran medida do DRAE, responden ás veces á elaboración doutros lexicográfos galegos ou a unha reelaboración propia, e poden chegar a ser enciclopédicas cando se trata de contidos moi vinculados á realidade galega. O material proporcionado por Leiras intégrase neses casos nun artigo máis amplo en que, conforme ao seu costume, o DRAG recolle practicamente todo o que lle proporciona a tradición lexicográfica anterior. Exemplos temos tamén en que o DRAG somete a unha certa revisión, non sempre afortunada, os datos do VLP e os dos lexicógrafos anteriores: separa e reinterpreta acepcións e mesmo, aínda que sexa moi esporadicamente, pode chegar a suprimir o que lle parece errado ou insuficientemente acreditado. O DRAG deu a coñecer o VLP á lexicografía posterior e converteuno nunha fonte importante para ela. Algúns lexicógrafos posteriores limitáronse a recoller os datos que a Academia achegaba, pero outros accederon ao VLP de primeira man, como Eladio Rodríguez e Franco Grande. Deixamos aquí constancia deste emprego, así como dalgúns erros de transmisión.\nEn conclusión, cómpre situar o VLP no lugar que lle corresponde na lexicografía galega e recoñecer o papel importante que nela ten como rexistro fiable de moitas voces e acepcións dialectais, e como fonte do DRAG1328 e da lexicografía posterior.\nAgradecementos\nAgradecémoslle á Real Academia Galega que puxese á nosa disposición o material necesario para a elaboración deste artigo.\nr eferencIAs bIbLIográfIcAs\nAA.VV. (1982): Homenaxe a Álvaro Cunqueiro. Santiago de Compostela: Universidade. Actas = Real Academia Galega, Actas da Academia Galega, libros I e II. Aguirre = Carme Hermida Gulías (ed.) (2007): O ‘Diccionario del dialecto gallego’ de Luís Aguirre del Río. Anexo XXXVII de Cuadernos de Estudios Gallegos. Madrid: CSIC / Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”. ALGa = Constantino García e Antón Santamarina (dirs.) (19902005): Atlas Lingüístico Galego, 5 vols. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Vol. III, Fonética, coord. por Manuel González González, 1999. Alonso Montero, Xesús (ed.) (1983): Obra completa de Manuel Leiras Pulpeiro. Santiago de Compostela: Edicións Sálvora. BRAG = Real Academia Gallega (1925): Boletín de la Real Academia Gallega, t. I (mayo de 1906abril de 1907). La Coruña: Litografía e Imprenta Roel. Bugarín López, María Xesús / Begoña Fernández Rei (eds.) (2000): Diccionario gallegocastellano de Francisco Porto Rey. A Coruña: RAG. C[arré] A[ldao], E[ugenio] (1912): “Leiras Pulpeiro”, Boletín de la Real Academia Gallega VI/67, 184. Cambre García, Carme et al. (2000): “A achega de material léxico ó Diccionario da Real Academia Galega (19131928)”, en Dieter Kremer (ed.), Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos (La Habana, abril de 2000). A Coruña: Ediciós do Castro, 3553. Cornide = Carlos MartínezBarbeito (1956): “Don José Cornide y su ‘Catálogo de palabras gallegas’”, Boletín de la Real Academia Gallega 309320, 291349. DD = Antón Santamarina (2000/2003): Diccionario de diccionarios, 1 CDROM e 1 guía. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, versión 3. Tamén en http://sli.uvigo.es/DdD. DLG = Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (1990): Diccionario da lingua galega. A Coruña: RAG.\npostela: Universidade.\nEduardo Pondal”, Cadernos de lingua 2, 1146.\nTILGa = Antón Santamarina (dir.), Tesouro Informatizado da Lingua Galega. USC / ILG, http://www."} +{"summary": "A narrativa protagonizada pola pequena Alicia, creada por Lewis Carroll a finais do século XIX, segue ocupando un lugar destacado no imaxinario colectivo de pequenos e maiores, tanto pola súa consolidación como un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil como pola multitude de reescrituras literarias e fílmicas que suscitou. O obxectivo desta nota é facer unha análise dende a perspectiva de xénero da reescritura literaria libre, de uso ideolóxico e en formato álbum ilustrado, titulada La esposa del Conejo Blanco, escrita e ilustrada por Gilles Bachelet. Os resultados mostran a intención clara da obra de facer unha denuncia e crítica social á instancia do matrimonio como mecanismo de subxugación da muller, sen por iso perder calidade estética e literaria nin orixinalidade. Na conclusión final evidénciase que a combinación de texto e imaxe mediante diversos tipos de interacción e o uso do sarcasmo, agochado nas palabras da protagonista, que gañan un novo sentido co acompañamento da ilustración, reforza a vinculación da obra co público non infantil, cuxas problemáticas se expoñen e denuncian no álbum.", "text": "A subxugación feminina da esposa do Coello Branco de Alicia en formato álbum ilustrado\n\nO día que Lewis Carroll concibiu a historia de Alicia, durante un tranquilo paseo polo Támesis, non podía saber a repercusión que a súa obra ía ter no sistema literario en xeral, e no infantoxuvenil en particular. Colomer (2010) explica que a publicación de Alice in Wonderland no 1865 supuxo a orixe real da entronización do modelo fantástico para público infantil e a constitución decisiva dunha Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) con voz propia, afastada dos propósitos didácticos típicos da época.\nMais a expansión vivida até o día de hoxe do mundo creado por Carroll, que posibilita a consideración da historia de Alicia como unha narrativa transmedial (Scolari, 2013) que se expande en distintos medios, alén do literario, fixo nacer propostas moi orixinais. Neste sentido, Ramos (2019, p. 50) explica que “a globalização da imagem de Alice e o seu reconhecimento imediato por parte de um público que ultrapassa largamente o universo dos leitores da obra-prima de Carroll resulta de um processo de releituras sucessivas, transformando-a numa espécie de topos literário”.\nDeste proceso continuo nace o álbum ilustrado sobre o que xira esta nota, Madame le lapin blanc (2012), con texto e ilustracións de Gilles Bachelet (Francia, 1952), publicada en español por Adriana Hidalgo Editora en 2016, e reimpresa catro anos máis tarde. A obra vincúlase coa tendencia pola reescritura subversiva de materiais literarios clásicos característica da literatura infantil actual, que en moitos casos aposta polo formato álbum. Segundo Vouillamoz (2022, p. 4), hoxe en día é posible atopar un corpus importante de álbums ilustrados mediante os cales se “ofrecen reescrituras de textos clásicos que se apartan de versiones originales porque las historias son narradas no desde la perspectiva de un narrador omnisciente, sino de uno o varios personajes que intervienen en ellas”. Neste sentido, a reescritura é vista como unha estratexia para a reflexión metaficcional que esixe unha lectura activa, ao mesmo tempo que pretende fomentar o gusto pola transgresión e a transformación (Gómez-López-Quiñones, 2015), que se ve reforzada polo xogo intertextual acometido polas ilustracións. Segundo explica Joosen (2011, p. 28), centrando a atención no caso concreto da reescritura da tradición oral,\nFairy- tale illustrations, like fairy- tale retellings and criticism, can thus off er to the reader a variety of interpretations of a given tale, among other means by drawing special attention to aspects or parallels in the story that may have escaped the reader’s attention, by contradicting messages in the text, or by situating scenes in a broader context\nAs alteracións de focalización e da voz narrativa é algo central na reescritura que se pretende estudar, xa que a través delas constrúese unha narrativa orixinal próxima aos intereses da corrente feminista que, na década dos 70 do século pasado, comezou un importante traballo de análise e denuncia do sexismo presente en gran parte das obras da literatura infantil. En efecto, a consideración da influencia da literatura infantil na reprodución e interiorización de patróns e estereotipos de xénero non só motivou o estudo das obras existentes, senón que reforzou o interese por escribir álbums ilustrados que apostaran polo empoderamento dos personaxes femininos e a súa liberación de roles e tramas estereotipadas (Smith, 2014).\nPor todo o dito, a presente nota ten por propósito facer unha breve análise da obra de Bachelet, tanto das compoñentes narrativas, visuais e textuais coma ideotemáticas, aplicando a perspectiva de xénero, para poder alumar a intencionalidade que subxace na construción dunha historia que lle dá aparente visibilidade a un personaxe descoñecido para o gran público.\nLa esposa del Conejo Blanco como reescritura literaria\nPartindo dos estudos de Gerard Genette (1989), a reescritura literaria pode ser entendida como un proceso de hipertextualidade (forma de intertextualidade ou dialoxismo intertextual) polo cal un texto A (hipotexto) se inclúe dentro dun texto B (hipertexto) dalgunha maneira que non é o comentario. Ferreira Boo (2020) explica que, tras a consolidación do sistema literario infantoxuvenil, empezaron a xurdir reescrituras que subverten e deconstrúen o material de partida nun acto creativo totalmente liberador.\nLa esposa del Conejo Blanco é un claro exemplo da reescritura literaria de Alice in Wonderland (1865), de Lewis Carroll. Trátase da primeira novela protagonizada pola pequena Alicia que relata as súas viaxes e aventuras no País das Marabillas. A súa consideración de reescritura faise patente xa dende os paratextos exteriores. O propio título introduce a un dos personaxes fundamentais da obra, o Coello Branco, cuxo nomeamento serve tanto para vincular a reescritura co seu hipotexto como para reforzar a denuncia social en materia de xénero da obra. No obstante, a ilustración que o acompaña (Fig. 1) pon e primeiro plano á verdadeira protagonista, a súa esposa, cunha expresión que deixa clara a súa incomodidade ante o seu rol de esposa e nai. Ao mesmo tempo, o marido aparece representado ao fondo, a través da ventá, atafegado pola súa incesante necesidade de chegar a tempo ao seu destino, mirando desesperado o reloxo, como foi introducido no hipotexto.\nPor outra parte, na contracuberta refórzase a natureza da obra como reescritura, introducindo incluso o título da obra de Carroll, iniciando cunha serie de preguntas que lle confiren protagonismo ao Coello Branco, para despois introducir á súa esposa e trasladarlle a responsabilidade de guiar a narración\n¿Por qué el conejo Blanco de Alicia en el país de las maravillas siempre está retrasado? ¿Qué hace fuera de sus horas de servicio en el palacio de la Reina de Corazones? ¿Está casado? ¿Tiene hijos?\nA través del diario de la esposa del Conejo Blanco, vamos a entrar en la intimidad de su pequeña familia, conoceremos a su progenie y descubriremos la cara oculta de un país en el que no suceden sólo maravillas...\nEn efecto, a obra constrúese como un desafogo narrado en primeira persoa pola súa protagonista, a esposa do Coello Branco, que vive con infelicidade e resignación o día a día como esposa e nai. Un marido ausente, aínda que de corpo presente, e unha proxenie demandante e afectada por condicionantes sociais aos que resulta moi difícil facerlles fronte. A coella recorda o día no que cumprir o seu soño de ser escritora aínda era posíbel, e retrata a súa situación con sarcasmo, aínda que sen atreverse a esixir aquilo co que soña, que en síntese sería a corresponsabilidade do seu marido para coas tarefas do fogar e o coidado dos menores, así como a mellora da relación de parella. Neste sentido, estaríase ante unha reescritura ideolóxica, propia das obras que reutilizan os elementos ou motivos dos contos, dotándoos dun contido ideolóxico determinado (Valriu, 2010; Roig-Rechou e Ferreira Boo, 2010).\nAo longo da historia é posíbel recoñecer diversos personaxes e elementos do mundo creado por Carroll, incluso un breve cameo da pequena Alicia. Aínda que non se chega a dicir o seu nome, podemos identificala tanto polo texto, que indica que “parecía más bien educada, más allá de una molesta tendencia a cambiar de tamaño por cualquier motivo” [p. 21], así como pola ilustración que acompaña o texto. En todo caso, todos os personaxes son introducidos na nova narrativa de maneira coherente, reforzando a natureza hipertextual do álbum pero dotándoo de independencia creativa.\nTexto e imaxe a mercé da mensaxe\nO feito de querer darlle protagonismo a un personaxe que, de orixe, nin o tiña nin había interese por outorgarllo, non é unha tarefa fácil. Neste grupo estarían moitas mulleres que, tanto na realidade como na ficción, se viron silenciadas e subxugadas mediante unha construción machista e heteropatriarcal que aínda estamos lonxe de deixar atrás. Bachelet, cando concibe a súa obra, é consciente de que a historia da esposa do Coello Branco debía ser similar a de tantas “esposas de” que perdían o seu propio nome e identidade ao contraer matrimonio. Por esta razón, dota de coherencia a súa proposta utilizando o diario como fío condutor, cuxa utilidade expresiva reside na transmisión da realidade como se fora só linguaxe, e non literatura.\nA obra fai que o íntimo se volva público, aproveitando esta transición para denunciar a relegación da muller ao doméstico provocada pola instancia do matrimonio. Lozano Rubio (2012) fala da vinculación entre marxismo e feminismo para argumentar que o sometemento do feminino se fixo efectivo grazas ao confinamento das mulleres no traballo doméstico e á súa exclusión do traballo produtivo que, á longa, as fixo dependentes e submisas aos homes, para o cal se utilizou o matrimonio monógamo.\nA protagonista, privada dun nome propio e condenada a ser coñecida como a esposa do famoso Coello Branco, desafoga a frustración provocada por unha vida monótona e non desexada deixando fluír os seus pensamentos nas follas do seu diario persoal. A narración relata unha vida complexa, tanto no seu rol de esposa coma no de nai, ao mesmo tempo que utiliza a ironía para criticar a consideración elevada dos quefaceres lonxe do ámbito doméstico que realiza o seu marido. Por exemplo, mentres o texto di: “Pero mi marido tiene mucho que hacer con su trabajo en el Palacio... y en ocasiones hasta se ve obligado a volver tarde a casa” [pp. 26-27], a ilustración a dobre páxina mostra a distintos personaxes ebrios no xardín de palacio e, en primeiro plano, á esposa do Coello Branco portando ao seu marido nunha carreta, incapaz de manterse en pé [Fig. 2].\nEsta relación de contrapunto1 entre texto e imaxe intercálase con outro tipo de vinculacións entre ambos compoñentes, aínda que en todo caso se mantén a riqueza de información achegada pola ilustración. Aínda que non con tanta redundancia, é posíbel observar algún caso no que se utiliza a relación contraditoria. Non obstante, vincúlase co proceso de resignación da coella e a realidade que ela quere crer que vive, aínda que sexa moi consciente de que se trata dunha ilusión. Por exemplo, presenta os pequenos xemelgos Gilbert e George como “muchachos aplicados y sensatos” [p. 12], pero en diversos momentos os retratos que se ofrecen nas ilustracións fannos comprender que a imaxe idealizada se afasta moito da verdadeira.\nAs imaxes amplifican o significado das palabras e enchen os ocos baleiros que deixa o pouco texto que as acompaña. Nalgúns casos, trátase dunha interacción complementaria levada ao límite, xa que non só se trata dunha ampliación moi significativa, senón que se utiliza a imaxe para concretar o sentido figurado dunha expresión. Por exemplo, cando a coella fala doutro dos seus fillos, indícase que “A veces mi pequeño Eliot parece muy adelantado para su edad” [p. 16], mentres se observa na imaxe como lle levanta a saia a unha das bonecas da súa irmá, anunciando unha incipiente curiosidade sexual.\nOutro exemplo curioso desta maneira de vincular ambos compoñentes dáse nunha dobre páxina onde a coella fala do fácil que corren os rumores e a xente chega a coñecer datos da vida privada dos demais, mentres o seu home non sabe o que pasa na súa casa porque non mostra ningún interese. Mentres indica isto, de fondo vemos a rúa, onde os veciños falan e, a través da ventá dun piso superior, a filla adolescente da coella nunha sesión de fotos onde adopta poses claramente sexualizadas [Fig. 3]. Aínda que inicialmente parece que non é posíbel coñecer a identidade do fotógrafo, do cal non se ve o rostro, no escaparate inferior vemos que se trata do estudio do fotógrafo C. L. Dodgson, iniciais e apelido real do Carroll, sobre quen aínda hoxe recaen diversas sospeitas de ter sido un pedófilo reprimido por mor de ter fotografado nenas espidas ou con pouca roupa. Carabias Álvaro (2001) fai referencia a isto nun traballo onde explica que pese a que os primeiros propósitos de Carroll ao realizar esta práctica puideron responder ao seu desexo de liberar a temática artística e desacougar a puritana moral victoriana, as fotografías das súas “nenas-amigas” ―como el mesmo as denominou― remítennos ineludibelmente a intencións condenatorias:\nSu fotografía evidencia una osada apuesta reivindicativa por el desnudo integral femenino y una moral sin prejuicios, menos estricta y puritana y, por supuesto, más libre, pero esta misma audacia que le lleva a fotografiar niñas descamisadas, semidesnudas o vestidas está en plena consonancia con una práctica habitual en su criticada sociedad victoriana como fue el coleccionismo de imágenes con niños y niñas desnudas con fines poco lícitos e ilegales. (Carabias Álvaro, 2001, p. 127)\nNa mesma dobre páxina, no escaparate situado no lado dereito, que corresponde a unha tenda de sombreiros, pódese observar outra mostra da vinculación entre a realidade contextual que viu nacer a historia de Alicia e a realidade ficcional creada e orquestrada por Bachelet. A loucura do Sombrereiro co cal se atopa Alicia na obra de Carroll responde ao feito de que, naquela época, un dos compoñentes utilizados no tratamento da tela para a fabricación de sombreiros tiña efectos nocivos para as persoas, cuxos síntomas chegaron a ser confundidos con algunha enfermidade mental. Na ilustración do álbum, tras o escaparate da tenda, sobresae o sombreiro dun personaxe que non se pode identificar, pero que resulta moi similar ao que o ilustrador John Tenniel creou para o personaxe do Sombrereiro Tolo na edición orixinal da novela.\nPor outra parte, as ilustracións tamén asentan o xogo metaliterario sobre o que se erixe a proposta. Mentres o texto escrito no diario pola coella se mostra encadrado de distintas maneiras, podendo ocupar a páxina simple case de maneira completa ou alternando e adaptando a súa posición en función de onde vai situada a ilustración, nas imaxes vemos en diversas ocasións a propia coella realizando a tarefa de escribilo. Ademais, ao remate da historia, a modo de epílogo, o autor deixa unha nota onde di: “Cuando se lleva un diario íntimo, hay que evitar dejarlo a la vista” [p. 30], e a ilustración mostra o esposo da coella lendo o texto sobre o que se constrúe o álbum para pasar directamente a intentar improvisar unha tarta sorpresa para a súa muller, da que nunca chegamos a ver a reacción.\nNesta ocasión, como en moitas outras, a ilustración é capaz de darlle un novo significado ou expandir o contido que se pode ler, reforzando a mensaxe latente da historia, cuxa dureza parece loitar por mostrarse con máis claridade ao lector. Por exemplo, nas expresións da coella e a súa alternancia cando está soñando cunha vida distinta ou soportando aquela na que se ve encerrada, ou as ás que lle saen ao marido co que ela fabula na súa mente, un que si participa nas tarefas do fogar. A isto teriamos que sumarlle tamén a cantidade de información que se agocha nos pequenos detalles, como os elementos e personaxes do hipotexto de Carroll que se van dando cita a través das ilustracións (por exemplo, na escena da escola mostrada na Fig. 4), ou a inclusión de referencias da realidade alén da ficción, algunhas de carácter histórico, como as noticias visíbeis no periódico que le o Coello Branco falando do Titanic, dos asasinatos de Jack o Destripador ou das manifestacións a favor do voto feminino.\nConclusión\nA imaxe final coa que pecha a obra, onde vemos unha estampa familiar a través dos ollos da propia coella, co seu marido esgotado portando unha tarta á que lle costa manterse en pé, puidera ser interpretada como un halo de esperanza. Mais non parece posíbel para a protagonista desta historia. Ela é consciente da situación na que se atopa e a resignación é a única opción que é capaz de imaxinar. Isto queda claro tanto cando escribe “La vida que llevo está muy lejos de aquella con la que había soñado”, como cando a súa única petición real é “¿Mi señor marido se acordará al menos de que hoy es el día de mi cumpleaños?” [p. 29]. Mais de novo Bachelet é capaz de facernos dubidar disto de maneira sutil, pero efectiva, sen achegar un final pechado ou incluíndo detalles como a noticia da manifestación de coellas a favor do voto feminino.\nMais se algo nos ofrece a ficción, neste caso literaria, é a posibilidade de asumir unha postura activa como receptores. Deste xeito podemos imaxinarnos unha secuela onde a coella pode cumprir o seu soño e vivir unha vida digna, a que ela se merece, a que tantas mulleres mereceron e non obtiveron.\nO que se fai evidente é que mediante esta obra Bachelet pretende denunciar unha situación aínda en activo só remediábel polos adultos, principais destinatarios das múltiples mensaxes que de maneira evidente ou latente se transmiten ao lector, mais que no futuro só poderá ser superada pola infancia e xuventude de hoxe.\nTrátase, en síntese, dunha obra de aparencia sinxela capaz de sorprender e retar a aquelas persoas cuxo intertexto lector conteña a obra orixinal de Carroll. Unha obra dura e devastadora, pese á utilización reiterada do sarcasmo, para aquelas outras que se vexan dalgún xeito identificadas coa súa protagonista. E unha obra que demostra como a simbiose perfecta xorde da unión dunha mensaxe que merece a pena ser escoitada e a mestría da súa construción a nivel narrativo, literario, artístico e compositivo. Un álbum ilustrado onde todos os detalles contan e que deixa moitos aspectos abertos á interpretación do lectorado, pois poderiamos algún de nós tan só afirmar que a escolla da especie animal que protagoniza a historia é simplemente unha casualidade?"} +{"summary": "A investigación é a ferramenta coa que se dota á sociedade para acadar o seu futuro. No campo da educación a investigación segue a ser unha práctica non extendida, realizada polos teóricos, pero contemplada como unha dificultade para gran parte dos docentes que poñen en práctica os labores propios da acción educativa nas aulas. Este estudio desenvólvese coa vocación de recoller a experiencia relativa á investigación dos estudantes do Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas durante o seu período como alumnos/as. Mediante unha enquisa preténdese obter un perfil da formación recibida polo alumno tipo e da súa influencia cara a unha posible actividade investigadora e as perspectivas de participar na mesma como futuros docentes.", "text": "INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN: PERFIL E ACTITUDES DOS ALUMNOS/AS DE MESTRADO\nBeatriz Mira Miñones\n : Formación del profesorado, investigación, Mestrado de educación secundaria, docentes investigadores.\nKeywords : Teacher training, research, masters of Secondary Education, research proffesors.\n1. INTRODUCIÓN\nA formación investigadora é un prerrequisito para un correcto desenvolvemento da práctica docente, conformándose como elemento de comunicación e interacción.\nO interese en fomentar a investigación educativa radica en posibilitar transformacións cualitativas profundas na dinámica da educación e as estruturas que a sustentan, para aumentar a calidade da educación.\nDiferentes estudios evidencian unha falta de formación notable no campo investigador nos novos docentes. Tal e como anota Carro (2000) un 82% dos/as alumnos/as que terminaban o curso de capacitación pedagóxica non tiñan uns coñecementos investigadores.\nCon este traballo pretendemos sacar á luz unha realidade que se observa nas aulas e facer conscientes aos futuros docentes da necesidade de mellorar a formación na área de investigación.\nPara elo realizouse un estudo descritivo entre os futuros docentes, alumnos/as do Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas impartido no curso 20092010 na Universidade da Coruña (UDC).\n2. MATERIAL E MÉTODOS\nA investigación dentro da formación do profesorado ten que ser un obxectivo xa que é na facultade onde se logra a creación de actitudes cara a investigación así como aptitudes para iniciarse na mesma e incorporarala na práctica futura.\nComo indica Pérez Juste (1988) “ existe un notable acordo sobre os fins da universidade, centrados na formación humana, cultural, científica e profesional, á transmisión do saber mediante a ensinanza, e ao seu avance por medio da investigación ” aínda que continúa salientando que “ non é menos certo en que non todos móstranse de acordo en que o profesor universitario exerza ambas funcións, isto é, a de ensinanza e a da investigación. ”\nComo resposta aos cambios no sistema educativo e á necesidade de unificar plans de estudo, nos últimos anos comezouse a impartir o Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas. Este programa formativo ven a substituír ao Curso de Adaptación Pedagóxica (CAP), tentando resolver ao tempo as limitacións que comportaba.\nConsiderando que os alumnos/as do Mestrado son os futuros docentes que desenvolverán accións educativas, propuxémonos elaborar un pequeno perfil da súa formación previa en cuestións investigadoras e das súas actitudes cara a investigación educativa O deseño elixido foi o descritivo observacional, combinándose no desenvolvemento do traballo a investigación cuantitativa e a cualitativa, coa finalidade de obter máis matices da cuestión analizada.\nPara a recollida dos datos elaborouse unha enquisa ad hoc de 14 ítems que foi administrada no primeiro trimestre de 2010 ao colectivo de alumnos/as do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade da Coruña (UDC).\nOs alumnos/as do Mestrado foron convidados a participar na cumprimentación da enquisa, non existindo aleatorización na selección (sesgo de voluntario). Os formularios foron cubertos de forma anónima e tras recibir unha explicación da fin que se proporcionaría aos resultados obtidos dos mesmos.\n– Datos sociodemográficos: idade, sexo, titulación de acceso ao Mestrado. – Perfil investigador: materias sobre investigación cursadas en educación superior, asistencia a cursos sobre investigación, participación en actividades investigadoras… (preguntas pechadas) – Actitudes/percepción subxectiva da investigación educativa (escalas de Likert e preguntas abertas).\n3. RESULTADOS\nLevouse a cabo un estudo do perfil dos alumnos/as matriculados no Mestrado de Formación do Profesorado na Universidade da Coruña no ano académico 20092010, recolléndose 66 enquisas dun total de 168 alumnos/as. Atendendo aos factores demográficos, a nosa mostra estaba composta nun 71, 2% por mulleres, sendo a mediana de idade dos enquisados de 25 anos.\nSI NON NS/NC\nActualmente son numerosas as institucións educativas que potencian e incentivan a investigación científica entre os estudantes de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. Sen embargo, os exemplos prácticos de investigación nesta etapa seguen a ser tímidos.\nSe cadra, pode ser herdanza das limitacións da formación do profesorado como veremos, ou como propón Sánchez Valle (1996) da propia concepción do profesorado de secundaria: “ Moitos profesores de niveis educativos diferentes á educación preescolar e primaria non se autoperciben como profesionais da educación. (…) Moitas enquisas e estudos de opinión salientan que, salvadas honrosas excepcións, o licenciado en, por exemplo química, que da clases nun instituto de ensinanza secundaria se autopercibe como químico que por razóns do tipo que sexan achegouse á ensinanza ou á educación. Dificilmente poderíamos pedir a un educador e profesor que non se autoperciba como profesor ou educador que faga do exercicio da súa profesión un motivo para a investigación educativa.”\nCentrándonos nos anos de educación universitaria, un 37, 9% dos enquisados tivo durante os seus estudos superiores algunha asignatura relacionada coa investigación.\nCando estas persoas son convidadas a puntuar do un ao dez a utilidade destas materias de cara á aplicación práctica dos seus contidos, a nota media recibida é dun 5, 88.\nEstes datos concordan cos doutros estudios, coma o informe do INCE (1997) no que se salienta que un 82% dos docentes enquisados sinalaron que nunca recibiran formación en metodoloxía da investigación.\nCarro (2000) resalta a escasa representación das materias sobre investigación, aportando o dato de que representan un 2, 8% da oferta de créditos dos centros de formación do profesorado. Na actualidade, a implantación dos plans de estudio do acordo de Bolonia semella un pequeno avance neste aspecto.\nO Mestrado de Educación Secundaria xurde como resposta ao mercado europeo e como unha demanda da comunidade educativa. No mestrado contemplase a formación investigadora do alumnado tendo os alumnos/as que cursar un módulo de investigación que ten como obxectivos:\n– Familiarizarse ca investigación no ámbito educativo. – Coñecer, comprender e valorar as características da metodoloxía científica. – Comprender os procedementos para a realización de investigacións en educación.\nAbordamos neste punto, non xa as materias específicas sobre a investigación, senón a extensión das actividades innovadoras ao día a día de tódalas materias e aulas.\nA actual Lei Orgánica de Educación (2006) establece entre os seus principios o fomento e promoción da investigación, a experimentación e a innovación educativa.\nUnha das condicións que apunta Cosgrove (1981), citada por Walker (1989), para o desenvolvemento da práctica investigadora é a “ disposición a facer participar aos alumnos no proceso de investigación na acción a base de negociar con eles cuestións de procedementos (…), compartindo información. Os alumnos participan na comunidade crítica.”\nNa actualidade, consideramos fundamental a vinculación entre a formación continuada e as actividades de investigación e innovación educativa. Atendendo á nosa mostra, podemos ver que aínda que un 89, 4% ten asistido a xornadas ou congresos relacionados coa súa titulación, só un 7, 6% se ten formado en investigación durante ou ao remate da carreira.\nCompartimos con Martínez (1999) que “ ser conscientes da necesidade de formación permanente, de lectura activa dos traballos que se están a realizar, do razoamento sobre a propia tarefa e compartir cos compañeiros experiencias; todos eles son aspectos que contribuirán á formación dos futuros docentes interesados na investigación ”.\nA enquisa incluía tamén unha parte valorativa de actitudes e opinións por medio dunha escala Likert onde se ofrecían enunciados que os/as enquisados tiñan que puntuar entre 0 (totalmente en desacordo) e 10 (totalmente de acordo), da que salientamos os seguintes resultados:\n– No enunciado “A investigación é labor fundamental de todo docente” hai unha asociación estatisticamente significativa entre a resposta e o sexo. A puntuación media en mulleres é de 7, 74 (DE 1, 88) e en homes de 6, 07 (DE 2, 84) con p=0, 012. – O enunciado “A carga de traballo día a día na aula impide investigar” recibe unha puntuación media total de 5, 62 sen diferenzas estatisticamente significativas. Aínda que os nosos enquisados non comezaron a impartir clases, xa teñen asumida unha “carga de traballo imaxinaria” que de saída dificulta a súa percepción das labores investigadoras. – No enunciado “Non é necesario investigar para ser un bo docente” existe unha correlación positiva coa idade (r=0, 251, r2=0, 063, p=0, 047): a máis anos, maior puntuación, máis acordo. Neste enunciado existe tamén unha asociación significativa entre a resposta e o sexo. A puntuación media en mulleres é de 2, 77 (DE 2, 65) e en homes de 5, 07 (DE 3, 32) con p=0, 009. – O cuarto enunciado a puntuar era “Tódolos aspectos da práctica docente poden investigarse” no que se obtivo unha alta puntuación media (7, 66) sen diferenzas estatisticamente significativas. Semella que os enquisados si ven a posibilidade de abarcar o proceso educativo na súa totalidade dende a investigación.\nNa enquisa pasada aos alumnos/as do mestrado incluíase un ítem aberto no que pediamos que identificaran os problemas que consideraban afectaban á investigación. As porcentaxes das respostas recóllense na seguinte táboa:\nAs dificultades achegadas polos enquisados coinciden cas recollidas por Rojas (2009), que resaltaba entre os problemas que expresaban os mozos/as sobre a investigación:\n– “Falta de infraestrutura, desvío de recursos, ausencia de incentivos académicos e económicos, – Baixa capacidade institucional para incentivar e facer visible a investigación nas propias universidades. – Desconfianza nas institucións e descoñecemento dos sistemas universitarios de investigación”.\n4. DISCUSIÓN E CONCLUSIÓN\nO punto de partida deste estudo era favorecer a reflexión sobre a participación activa dos docentes no seu decorrer profesional e non tanto o de avaliar de xeito exhaustivo os coñecementos e dificultades dos docentes cára a investigación.\nCon respecto á parte metodolóxica, destacar a limitación da mostra tanto no ámbito xeográfico como académico e profesional; aínda que os alumnos/as proceden de diferentes ramas de coñecemento non posúen experiencia en docencia senón que se están a preparar para exercer esta tarefa.\nA enquisa desenvolveuse no ámbito da percepción individual do público obxecto desta e, como tal, os datos que ofrece son un compendio do subxectivo. A pesar diso, podemos realizar unha análise máis que acertada, non dos coñecementos sobre investigación dos enquisados, se non das barreiras mentais que se autoimpoñen á hora de proporse un futuro investigador.\nA percepción dos problemas da actividade investigadora por parte dos alumnos do Mestrado é estereotipada. Os argumentos esgrimidos coinciden plenamente cos que se recollen noutros traballos similares. Isto reforza a conclusión e debería facilitar a toma de medidas efectivas.\nExisten trabas reais para a investigación, pero estas non poden supoñer un argumento no que escudarse. Segundo os enquisados, o futuro da investigación precisa de cambios nas institucións e na administración, entre outros. Tamén e preciso un cambio actitudinal de quen se propón investigar; dispoñen de formación e recursos limitados para afrontar esta actividade, pero que estes condicionantes non deben impedir o seu desenvolvemento, se estes se encontran o suficientemente motivados e se a súa actitude de cara a investigación é a dun investigador.\n5. BIBLIOGRAFÍA"} +{"summary": "A existencia de intensas relacións de cooperación entre as rexións de Galicia e Norte de Portugal desde principios da década de 1980 conduciron á creación dunha eurorrexión para coordinar accións conxuntas en busca do seu mutuo desenvolvemento. A cuestión de se a existencia destas fortes accións de cooperación entre rexións transfronteirizas contribúe á redución de desigualdades entrambos os lados da fronteira e a unha converxencia permanece sen esclarecerse. Por iso, o obxectivo da presente análise é contribuír a esta discusión, explorando o fenómeno de converxencia na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal durante o período de 1980 a 2019. Os resultados mostran unha redución nas devanditas desigualdades económicas ao longo de todo o período e unha converxencia absoluta ao mesmo nivel económico, demostrándose que a cooperación entre as rexións da eurorrexión conduciu a un proceso de cohesión.", "text": "Análise da Converxencia económica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no período 1980-2019\nINTRODUCIÓN\nA creación da Unión Europea (UE), e a consecuente eliminación das barreiras de mobilidade, comercio e investimento entre os Estados membros, contribuíu a un proceso de intensa interacción e cooperación entre territorios transfronteirizos. Nas últimas décadas, as rexións transfronteirizas foron gañando relevancia tanto no mundo académico como no político pola súa contribución ao proceso de integración europea, ao ser consideradas como “laboratorios da integración europea”, é dicir, espazos pioneiros na implantación de novas medidas para a integración entre comunidades (Comisión Europea, 2021).\nA existencia de amplas relacións transfronteirizas e o financiamento económico proporcionado esencialmente pola iniciativa europea INTERREG para reforzar os procesos de cooperación transfronteiriza na UE conduciron á proliferación de diversas asociacións transfronteirizas (Medeiros, 2013), entre elas as chamadas “eurorrexións”. Unha eurorrexión pode ser definida como unha estrutura europea para a coordinación e a cooperación transfronteiriza dos países europeos. Estes espazos establecen intervencións e medidas conxuntas para solucionar problemas comúns nas fronteiras, explotar o seu potencial crecemento e aumentar os procesos de cooperación.\nA eliminación das barreiras transfronteirizas de mobilidade, mercado de traballo, comercio, etc. revela as amplas desigualdades económicas, sociais e territoriais que existen a ambos os dous lados da fronteira. Estes territorios caracterízanse por ter distintos niveis económicos e unha ampla diversidade social e cultural, derivada principalmente pola diferente linguaxe, os distintos sistemas administrativos e legais, os sistemas educativos e de saúde, os mercados de traballo, etcétera. No entanto, espérase que, coa apertura das fronteiras, aumente a mobilidade de traballo e de persoas, así como a creación de fluxos de capital e bens entre elas, provocando unha nivelación das desigualdades que poidan existir, ao producirse unha redistribución máis eficaz do traballo e dos recursos e un incremento na eficiencia da economía (Pires e Nunes, 2018; Comisión Europea, 2010; Bonin et al., 2008). Isto é, agárdase que se produza un proceso de integración espacial nos territorios que comparten unha fronteira e, consecuentemente, unha converxencia entre os mesmos (Pires e Nunes, 2018).\nCon todo, demostrouse que a existencia de fortes interaccións e accións de cooperación entre as rexións transfronteirizas non implica un proceso de converxencia nas súas características territoriais (Alegría, 2009; Topaloglou et al., 2005; de Boeet al., 1999). É dicir, o desenvolvemento de relacións económicas transfronteirizas non necesariamente leva a unha redución nas disparidades ou a un incremento na cohesión territorial (Decoville et al., 2013).\nCon base nestes argumentos, no presente estudo preténdese explorar a converxencia económica e a evolución das disparidades na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, unha eurorrexión especialmente activa na zona suroeste de Europa (Durá et al., 2018). A converxencia é un dos mecanismos fundamentais para conseguir cohesión entre as rexións, que é un dos principais obxectivos da política de cohesión europea.\nO resto do artigo está estruturado da seguinte forma: no apartado 2 preséntase unha revisión dos antecedentes sobre converxencia e cohesión, así como da eurorrexión obxecto de estudo; a metodoloxía usada para realizar a análise descríbese no apartado 3, mentres que os resultados se presentane discuten no apartado 4; o apartado 5 presenta as conclusións do estudo.\n2. A IMPORTANCIA DA COHESIÓN ECONÓMICA EN EUROPA: O NIVEL EURORREXIONAL E A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL\nAs rexións transfronteirizas, primeiras beneficiadas pola apertura das fronteiras, convertéronse en espazos de intercambios socioeconómicos de bens e servizos (de Sousa, 2013), xerando un proceso de integración. Demostrouse que o proceso de integración transfronteiriza varía ao longo das fronteiras dependendo da intensidade da cooperación entre as rexións, do nivel da confianza social entre as poboacións e da participación en proxectos de cooperación (Durand e Decoville, 2020). Algúns autores alegan que a integración espacial pode levar unha redución das diferenzas entre rexións (Pires e Nunes, 2018; Ehlers et al., 2001), ao producirse unha distribución máis eficaz do traballo e dos recursos, e un incremento na eficiencia da economía (Pires e Nunes, 2018; Comisión Europea 2010; Bonin et al., 2008). Neste sentido, a integración espacial pode ser considerada como un sinónimo de converxencia.\nDoutra banda, hai autores que sosteñen que a integración transfronteiriza (especialmente en termos do mercado laboral) se produce debido á existencia de altas diferenzas económicas, o cal contradí a idea de que a integración leve a un proceso de converxencia (Decoville et al., 2013; Topaloglou et al., 2005). Desta forma, aínda que cabería esperar que a cooperación entre as rexións transfronteirizas nivele as desigualdades rexionais, a existencia de interaccións entre territorios transfronteirizos non é indicativo de converxencia.\nAdicionalmente, é máis probable que a converxencia se cumpra para un grupo homoxéneo de rexións con características socioeconómicas e estruturas institucionais e legais similares, como poden ser as rexións dun mesmo país (Viegas e Antunes, 2013). Concretamente, na Península Ibérica estes autores observaron un forte efecto de club de converxencia nacional, constatando a incapacidade das rexións portuguesas transfronteirizas a converxer coas rexións españolas máis prósperas.\nHai outros factores que tamén poden influír na converxencia e na cohesión territorial das rexións transfronteirizas, como, por exemplo, as infraestruturas de conexión, cuxo papel é fundamental para promover a cohesión social e territorial das rexións. No entanto, de acordo con Gutiérrez et al. (2015), a implantación de novas liñas ferroviarias ‒unha das infraestruturas clave para mellorar a cohesión‒ cumpre só parcialmente o seu obxectivo, xa que poden existir municipios atrasados nos que a dita implantación empeoraría a cohesión. Outras infraestruturas que teñen un grande impacto na cohesión son as universidades e os hospitais, cuxa dispersión, de acordo con García (2014), incrementou a cohesión territorial e social en Galicia nas últimas décadas.\nAs políticas económicas europeas tamén desempeñan un papel esencial na converxencia e cohesión das rexións transfronteirizas. En concreto, a partir do período 2007-2013 produciuse unha reorientación do tipo de programas e de actuacións priorizadas (Sande Veiga e Vence Deza, 2021) e unha redución do financiamento que afectou desfavorablemente á integración da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Faíña et al., 2015). Adicionalmente, a xestión centralizada dos fondos europeos dificulta a distribución correcta cara aos territorios e a absorción dos recursos (Sande Veiga e Vence Deza, 2019), constatando que a situación periférica da eurorrexión penaliza o desenvolvemento económico e a súa converxencia, así como a súa integración co resto de núcleos e redes europeas.\nEn vista deste debate, con este estudo preténdese contribuír á discusión establecendo se, para as eurorrexións (espazos con intensas relacións de cooperación facilitadas por un financiamento específico dentro da política de cohesión), danse procesos de converxencia e de redución das disparidades rexionais, cubrindo así a brecha que existe para este tipo de estruturas híbridas, que conteñen rexións transfronteirizas e non transfronteirizas.\nPara iso, imos estudar a converxencia económica e a evolución das disparidades rexionais na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, unha eurorrexión especialmente activa da zona suroeste da Unión Europea (Durá et al., 2018), durante un período de case 40 anos (1980-2019).\nO estudo da converxencia económica foi amplamente abordado nas últimas décadas, debido á súa importancia como método de avaliación da efectividade da política de cohesión europea. Os conceptos de converxencia clásica máis amplamente estudados son a β-converxencia, proposto por Barro e Sala-i-Martin (1991, 1992), que se refire ao proceso polo que países ou rexións máis pobres alcanzan aos máis ricos ao longo do tempo, mentres que a σ-converxencia, proposta tamén por Barro e Sala-i-Martin (2004), se refire á redución das disparidades entre os países ou rexións no tempo.\nEste análise pódese aplicar a outras eurorrexións da UE para explicar a evolución das desigualdades existentes, e entender o proceso de converxencia en estruturas que teñen unha fronteira común, o que pode ser útil á hora de establecer políticas e mecanismos de cooperación entre rexións transfronteirizas.\n2.1. A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL\nEste estudo centrouse na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na zona suroeste da Unión Europea, a cal é especialmente activa (Durá et al., 2018). É considerada unha pioneira en relacións de cooperación pola súa longa traxectoria, desde principios da década de 1980, mesmo antes de que ambos os países entrasen na Unión Europea en 1986. Estas relacións conduciron á constitución dunha comunidade de traballo en 1991 e á creación da eurorrexión en 2008. A súa liña de traballo está dirixida ao apoio de unións público-privadas, reforzando a interacción entrambos os lados da fronteira en diferentes sectores (Durá et al., 2018).\nA Eurorrexión de Galicia-Norte de Portugal foi a primeira en crearse entre a fronteira de España e Portugal. Está composta por territorios extensos con áreas metropolitanas e cidades de tamaño medio, separadas por áreas rurais ou escasamente poboadas, e longas liñas costeiras (Durá et al., 2018). A eurorrexión ten unha poboación de 6,3 millóns de habitantes. A súa dinámica de actividade e emprego concéntrase principalmente no sector servizos (64,6%), na industria e construción (29,6%) e, en menor medida, no sector primario (5,8%). En xeral, as provincias españolas teñen un nivel máis alto de produto interior bruto per cápita (PIBpc) que as portuguesas (a excepción da subrexión portuguesa Área Metropolitana do Porto).\nUtilizando a nomenclatura de unidades territoriais para estatística da UE (NUTS), a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal englobaba doce rexións NUTS 3 no momento da súa creación: as provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra en Galicia (España), e as subrexións de Minho-Lima, Cávado, Ave, Grande Porto, Tâmega, Entre Douro e Vouga, Douro e Trás-os-montes e Alto Douro no Norte de Portugal. Na Táboa 2 e na Figura 1 móstranse as rexións que comprenden o devandito territorio segundo a clasificación actual NUTS 2021.\n3. METODOLOXÍA\n3.1. DESCRICIÓN DOS DATOS\nO indicador utilizado para medir a evolución das desigualdades económicas e avaliar a converxencia é o PIB expresado en unidades de poder de compra (PPS) per cápita, extraído da base de datos “Annual Regional Database of the European Commission’s Directorate General for Regional and Urban Policy” (ARDECO, 2021). A análise levouse a cabo a nivel NUTS 3, un requisito á hora de crear eurorrexións con fronteiras interiores (Regulamento (CE) 1638/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, 2006).\nAs estatísticas descritivas da Táboa 3 mostran as asimetrías entre as rexións pertencentes á eurorrexión en termos do PIB PPS per cápita (PIBpc de agora en diante). A dispersión (CV) nesta variable oscila desde un valor de 0,38 no ano 1980, ata 0,18 en 1999 e 2013. O nivel do PIBpc aumentou ao longo do período, quintuplicándose.\n3.2. Converxencia\nCo propósito de estudar os fenómenos de converxencia entre as rexións NUTS 3 pertencentes á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, centrarémonos no concepto de converxencia real, que se mide polo PIB per cápita e fai referencia á redución das diferenzas económicas entre rexións, a través dun proceso polo cal os niveis de renda das economías de renda máis baixas se aproximan de forma permanente aos das economías de renda máis altas. Esta aproximación vén dada polo aumento dos niveis de rendemento per cápita das rexións menos desenvolvidas ata alcanzar os niveis das máis prósperas. A converxencia real mídese principalmente con dous conceptos frecuentemente usados en literatura: -converxencia e -converxencia absoluta, ambos os dous propostos por Barro e Sala-i-Martin (2004, 1991, 1992).\nPara obter un proceso de -converxencia, tense que observar unha redución da dispersión do PIB per cápita das rexións ao longo do tempo, mentres que para que se dea a existencia de -converxencia absoluta, as rexións máis pobres deben experimentar un crecemento máis rápido que as rexións máis ricas, as cales crecerán con taxas menores ata que ambas alcancen o mesmo nivel económico. Que exista -converxencia é unha condición necesaria, pero non implica que se obteña -converxencia (Chatterji, 1992). Os dous tipos de converxencia explícanse en detalle a continuación.\n3.2.1. -CONVERXENCIA\nA -converxencia, proposta por Barro e Sala-i-Martin (2004), fai referencia á redución das disparidades entre rexións ao longo do tempo, e é avaliada medindo a dispersión do PIB per cápita entre elas. Unha redución da dispersión do PIBpc implica a existencia dun proceso de -converxencia.\nAs medidas máis comunmente usadas para avaliar este tipo de converxencia son a desviación estándar ou o coeficiente de variación. No entanto, existen máis medidas como o coeficiente de Gini, o índice de Theil ou a desviación logarítmica media (MLD). Na literatura, non hai un método único á hora de seleccionar a medida apropiada. De feito, diferentes medidas poden producir resultados distintos na evolución das disparidades, polo que é recomendable aplicar varias delas para comprobar a validez dos resultados obtidos (Ezcurra e Rodríguez-Pose, 2009). No noso estudo, imos estudar a evolución das desigualdades coas seguintes medidas: o coeficiente de variación, o coeficiente de Gini, o índice de Theil e a desviación logarítmica media, a través das seguintes ecuacións:\nondeé o PIB per cápita da rexión i,é a media e N é o número de rexións.\nO coeficiente de variación expresa a relación entre a desviación típica e a media, mentres que o coeficiente de Gini se calcula como a media aritmética do valor absoluto das diferenzas entre todos os pares de valores do PIB, dividido pola media, o cal é máis sensible cando as variacións nas desigualdades aparecen ao redor da mediana. O índice de Theil (Theil, 1967) é independente da escala e da media, e non está afectado excesivamente por valores atípicos. É un caso particular do índice de entropía xeneralizada con coeficiente 1, mentres que a desviación logarítmica media corresponde ao coeficiente 0. Esta última medida é máis sensible ás desigualdades que aparecen no extremo inferior da distribución, comparado co índice de Theil. Todas as medidas de desigualdade son independentes da media, do tamaño da poboación, simétricas e satisfán o principio Pigou-Dalton (Cowell, 1995). Usarémolas sen ponderar, de acordo con Gluschenko (2018), quen alega que a ponderación pode dar lugar a resultados inconsistentes.\n3.2.2. -CONVERXENCIA\nO concepto de -converxencia, proposto por Barro e Sala-i-Martin (1991, 1992), alude ao proceso polo que as rexións máis pobres alcanzan ás máis ricas no tempo, e é avaliado mediante regresións do crecemento do PIBpc sobre o seu nivel inicial.\nSegundo a teoría neoclásica de Solow (Solow, 1956), as rexións cuns niveis iniciais máis baixos do PIBpc crecen máis rápido que o resto das rexións na primeira etapa do proceso de converxencia, para logo converxer a longo prazo a taxas de crecemento similares ás do resto das rexións. A razón subxacente é que unha rexión con valores económicos máis baixos ten máis posibilidades de aumentar a súa produtividade marxinal, polo que a taxa de crecemento dunha rexión é maior canto máis lonxe está de converxer. Desta forma, a diverxencia é un fenómeno transitorio a curto prazo, ata que se alcanza a converxencia nos niveis económicos. Ao final do proceso, as rexións inicialmente máis pobres alcanzan ás máis ricas, converxendo ao mesmo estado estable no nivel do PIBpc. Unha relación inversa, e estatisticamente significativa, entre os niveis iniciais do PIBpc das rexións e as súas taxas de crecemento implica a existencia deste fenómeno.\nCon todo, poida que o proceso de converxencia non se produza debido ás externalidades e ao aumento do rendemento, segundo os modelos de crecemento endóxeno propostos por Romer (1986) e Lucas (1988) e mais pola nova teoría de comercio internacional propulsada por Krugman (1991). As economías de escala e os efectos externos limitados rexionalmente poden desencadear a concentración da actividade económica en rexións onde o capital xa é elevado, aumentando así as desigualdades económicas rexionais.\nA converxencia absoluta implica que todas as rexións posúen os mesmos parámetros estruturais, fóra do seu nivel inicial do PIBpc, polo que o estado estable ao que converxan será o mesmo para todas as rexións. É máis probable que esta condición se cumpra para un grupo de rexións homoxéneas, con parámetros económicos, legais, etcétera similares, tal e como ocorre para as rexións dun mesmo país (Viegas e Antunes, 2013). Aínda que Portugal e España non comparten as mesmas características económicas e administrativas, as intensas relacións de cooperación que houbo entrambos os países ao longo dos anos e a creación da eurorrexión teñen como propósito aumentar a mobilidade e as relacións económicas a ambos os dous lados da fronteira, contando cun financiamento específico común para iso, polo que é probable que os territorios desta eurorrexión converxan ao mesmo nivel económico. Doutra banda, a converxencia condicional considera que as rexións teñen distintas condicións de crecemento e converxen a distintos estados estables determinados polos seus propios parámetros estruturais, como o nivel de tecnoloxía, as taxas de aforro, a depreciación do capital, etc., polo que estas variables adicionais se deben incluír no modelo a fin de controlar este fenómeno.\nA ecuación tradicional da -converxencia absoluta é a seguinte:\nOnde o termo da esquerda é a taxa de crecemento media anual do PIBpc na rexión i durante o período T,é o PIBpc da rexión i ao comezo do período,é o termo constante a determinar,é o termo de erro eé o parámetro a estimar, o cal indica a relación entre o crecemento do PIBpc e o seu valor inicial. Cando este parámetro ten signo negativo, implica a existencia de -converxencia absoluta. Coa estimación deobtemos a velocidade de converxencia b a partir da seguinte expresión:\nE a vida media, que se define como o tempo necesario para alcanzar a metade do estado estable de converxencia, obtense coa seguinte fórmula:\nCo obxectivo de comparar os resultados da converxencia con distintos estudos, estimaremos a ecuación 5 mediante regresión por mínimos cadrados (OLS), asumindo que a converxencia entre rexións que teñen niveis altos no PIB e entre rexións con niveis baixos ten o mesmo efecto na converxencia total.\n4. RESULTADOS E DISCUSIÓN\n4.1. -CONVERXENCIA\nEn primeiro lugar, estudouse o fenómeno da -converxencia durante o período de 1980 a 2019 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, usando varias medidas de desigualdade, entre elas o coeficiente de variación, o coeficiente de Gini, o índice de Theil e a desviación logarítmica media. Tal e como se pode observar na Figura 2, as disparidades económicas para a eurorrexión foron decrecendo desde o ano 1980. Partindo dun valor de 0,36no ano 1980 (medido co coeficiente de variación), diminuíron ata un valor de 0,18, é dicir, móstrase unha converxencia xeral, ao longo do período estudado, en que as disparidades decreceron nun 50%. Aínda que ao longo de todo o proceso se aprecian flutuacións que poden deberse a influencias nas disparidades dos ciclos temporais económicos, nótanse claramente tres tramos con tendencias distintas. Pódese observar unha forte converxencia durante o período 1980-1999, no cal as disparidades diminuíron desde un valor de 0,36 no ano 1980 a un valor de 0,17 no ano 1999. A partir deste ano, coincidindo coa implementación da Unión Monetaria, as disparidades empezaron a crecer ata alcanzar un valor de 0,24 no 2007, dando lugar a un período de diverxencia. Seguidamente, coincidindo co inicio da crise global de 2008, as desigualdades volveron decrecer ata un valor de 0,18 no ano 2019, implicando converxencia.\nAínda que as medidas de desigualdade usadas son sensibles aos cambios en distintas partes da distribución, e iso pode dar lugar a diferentes resultados, as catro mostran as mesmas tendencias de converxencia ou diverxencia para os mesmos anos. Co coeficiente de Gini obtemos un valor de 0,2 no ano 1980, o cal diminúe ata 0,13 no ano 1990, aumenta ata 0,14 no ano 2007, e volve decrecer ata alcanzar un valor de 0,1 no último ano do período, diminuíndose en total as disparidades nun 51%. Segundo o índice de Theil, as disparidades tiñan un valor de 0,0636 en 1980, as cales van decrecendo ata alcanzar un valor 0,0249 en 1990, aumentan ata 0,02957 en 2007 e volven diminuír ata 0,01644 en 2019, reducíndose un 26% en total. Por último, coa desviación logarítmica media pártese dun valor de 0,0639 en 1980, que diminúe ata 0,0253 en 1990, aumenta ata 0,02959 en 2007 e decrece ata alcanzar un valor de 0,1 en 2019, obténdose unha diminución dun 26,5% nas disparidades ao longo de todo o período.\nAs tendencias obtidas na análise da -converxencia contrastan coas reportadas na literatura para a Unión Europea. Butkus et al. (2018) obtiveron un aumento das disparidades económicas das rexións NUTS 3 europeas ata o ano 2001 (desde o ano 1995), seguido dun período de converxencia ata o ano 2008 e dun período de diverxencia ata o ano 2013. Non obstante, os resultados obtidos parecen estar en liña coas evidencias reportadas a nivel nacional para Portugal e España. Villaverde e Maza (2009), analizando diferentes medidas de desigualdades, obtiveron que as disparidades económicas nas provincias españolas se reduciron un 17% segundo o índice de Theildurante o período comprendido entre 1985 e 2005, sinalando un proceso de converxencia. Pola súa banda, Viegas e Antunes (2013), estudando os procesos de converxencia na Península Ibérica no período 1985-2008, obtiveron un proceso de converxencia nacional tanto para España como para Portugal. Con todo, analizando a Península Ibérica en conxunto, constataron un proceso de diverxencia. En concreto, a dispersión rexional decreceu ata o ano 2001, ano a partir do cal aumentou,alcanzando un nivel superior ao do inicio do período.\nEn base a estas evidencias, aínda que existe un fenómeno de diverxencia entre Portugal e España e as disparidades económicas entrambos os países aumentaron ao longo dos anos, púxose de manifesto que as intensas accións de cooperación baixo o amparo do establecemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal conduciron a unha redución das desigualdades económicas existentes a ambos os dous lados da fronteira, a pesar de que se trata de territorios diferentes en termos socioeconómicos, culturais e administrativos.\n4.2. -CONVERXENCIA\nUnha vez analizada a -converxencia, estimouse a ecuación 5 para determinar a presenza de -converxencia. Na Táboa 4 móstranse os parámetros obtidos para o período completo 1980-2019 e para tres subperíodos, coa intención de captar con máis detalle os cambios ocorridos durante o proceso. Estes subperíodos van desde o ano 1980, coincidindo co inicio das relacións de cooperación a ambos os dous lados da fronteira da eurorrexión, a 1990; de 1991, ano en que se constituíu a comunidade de traballo, a 2007; e de 2008, ano no cal se creou a eurorrexión, ata 2019.\nAs estimacións revelan a existencia dun proceso de converxencia absoluta para o período completo, cunha velocidade de converxencia anual do 1,9%, indicando que o tempo necesario para chegar á metade do nivel do estado estable de converxencia é de 36 anos.\nNa Unión Europea, Butkus et al. (2018) obtiveron -converxencia absoluta nas rexións NUTS 3 europeas, cunha velocidade do 0,74% no período 1995-2014. Máis concretamente, na Península Ibérica, Viegas e Antunes (2013) determinaron un proceso de diverxencia entrambos os países para o período 1985-2008 (sen dependencia espacial). Do mesmo xeito que na análise da -converxencia, aínda que exista diverxencia entre os países, na eurorrexión parece que se conseguiu un proceso de converxencia económica, e os resultados están en liña coas tendencias reportadas a nivel nacional para os países individuais. Villaverde e Maza (2009) obtiveron converxencia absoluta no período 1985-2005 cunha velocidade de 1,48% para as rexións españolas. Viegas e Antunes (2013) tamén obtiveron evidencia de -converxencia absoluta tanto en España como en Portugal, cunha velocidade do 1,2% anual, no período 1985-2008.\nSeparando por tramos co obxectivo de observar o proceso de converxencia en máis detalle, no primeiro tramo ‒de 1980 a 1990‒ obtívose converxencia absoluta cunha velocidade anual do 5%. Vemos, por tanto, que neste primeiro tramo houbo unha forte converxencia, cunha velocidade moito máis alta que para o período completo. No segundo tramo ‒de 1991 a 2007‒ obtívose diverxencia, aínda que non significativa. De acordo con Pirese Nunes (2018), o PIB de Galicia en 1995 era un 10% maior que o de Norte de Portugal, mentres que no 2007 era un 20% maior, concluíndo que a integración económica e a mobilidade laboral da eurorrexión non contribuíran a unha converxencia económica. Segundo a teoría, este período de diverxencia pode tratarse dun fenómeno transitorio a curto prazo, ata que se alcanza a converxencia nos niveis económicos. Efectivamente, no último tramo ‒de 2008 a 2019‒ tamén se obtén converxencia cunha velocidade do 2,4%, máis alta que a do período completo pero o dobre de lenta que a do primeiro tramo. Observamos que a crise económica de 2008 non alterou o proceso de converxencia, senón que máis ben contribuíu a ela.\nSegundo a literatura de converxencia, as rexións están estreitamente relacionadas co comportamento económico dos seus respectivos países (López-Rodríguez e Faiña, 2009), polo que cabe esperar que as rexións portuguesas e españolas non converxan ao mesmo ritmo e que se observen clubs de converxencia nacional. Para iso, representouse a converxencia do período completo (Figura 3) e dos diferentes subperíodos (Figuras 4, 5 e 6), diferenciando entre as rexións españolas e portuguesas. A liña negra mostrada nas figuras representa a regresión, indicando a presenza de -converxencia absoluta, se a pendente da liña é negativa, e -diverxencia absoluta se é positiva.\nEn xeral, obsérvanse dous clústeres de converxencia (ver Figura 3), un comprendido polas rexións españolas e outro polas portuguesas (a excepción da subrexión portuguesa Área Metropolitana do Porto (PT11A), cuxo comportamento se asemella máis ao das rexións españolas). Segundo a figura, as rexións portuguesas presentan os niveis máis baixos do PIBpc (a excepción da subrexión portuguesa Área Metropolitana do Porto, que contén un dos principais centros urbanos e complexos empresariais da eurorrexión) e, por tanto, tal e como predí a teoría, son as que tiveron maiores taxas de crecemento anual e unha velocidade de converxencia máis alta. Mentres, as rexións españolas, con niveis máis altos do PIBpc, experimentan unha velocidade de converxencia menor e teñen taxas de crecemento máis pequenas. A subrexión portuguesa Cávado (PT112) é a que máis creceu, mentres que a provincia española A Coruña (ES111), co valor máis alto do PIBpc, é a que menos creceu.\nNo período de 1980 a 1990, as taxas anuais de crecemento son maiores que as existentes no período de 2008 a 2019, e os seus niveis iniciais do PIBpc, menores (segundo se viu na Táboa 3, os valores do PIBpc foron aumentando conforme o paso dos anos). Obsérvase (ver Figura 6) que a subrexión portuguesa Área Metropolitana do Porto se achega aínda máis ás rexións españolas no nivel inicial do PIBpc no último período de 2008 a 2019. Neste último tramo, as provincias españolas Pontevedra (ES114) e A Coruña son as que menor crecemento tiveron, mentres que as outras dúas (Lugo ‒ES112‒ e Ourense ‒ES113‒) aumentaron o seu crecemento ata alcanzar ás rexións portuguesas que menos creceron. No período intermedio ‒de 1991 a 2007‒ dáse un proceso de diverxencia (ver Figura 5), aínda que, igual ao que se obtivo na Táboa 4, non é significativo.\nEn definitiva, ambas as análises de - e -converxencia verificaron que existe un proceso de converxencia durante o período 1980-2019 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Estudar o proceso de converxencia durante un período amplo, de case 40 anos, permitiunos observar a converxencia nesta eurorrexión. O uso de subperíodos pode mostrar procesos parciais de converxencia ou diverxencia debido as súas características específicas, como é o caso do subperíodo de 1991 a 2007, o cal pode tratarse dun fenómeno de diverxencia transitoria a curto prazo ata que se alcanza a converxencia.\nDesta forma, aínda que se demostrou na literatura que a presenza de fortes interaccións entre territorios transfronteirizos non implica a existencia dun proceso de converxencia entre eles (Durand e Decoville, 2020; Decoville et al., 2013; Alegría, 2009; Topaloglou et al., 2005) e aínda que Viegas e Antunes (2013), analizando a converxencia na Península Ibérica, constataran a incapacidade das rexións portuguesas de converxer coas españolas, no caso concreto desta eurorrexión demostrouse que as intensas relacións de cooperación conduciron a un proceso de converxencia económica entrambos os lados da fronteira, a pesar de que se trata de territorios con características socioeconómicas, culturais e administrativas diferentes.\nIsto pon de manifesto que a cooperación transfronteiriza entre territorios con distintas propiedades e, en concreto, a creación de espazos dedicados a fortalecer esa cooperación, como as eurorrexións, pode ser beneficioso para eles, xa que nivela as desigualdades económicas existentes e mellora o desenvolvemento económico das rexións menos desenvolvidas.\n5. CONCLUSIÓNS\nA cuestión de se o proceso de integración derivado da apertura de fronteiras produce unha redución das desigualdades económicas e unha converxencia permanece sen esclarecerse. Por iso, neste artigo examinamos a converxencia na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no período 1980-2019. A este fin, estudáronse dous conceptos clásicos de converxencia, a - e a -converxencia.\nNeste caso en concreto, para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, obtivemos que se produciu unha redución nas desigualdades económicas ao longo de todo o período, e produciuse unha converxencia absoluta ao mesmo nivel económico. Polo tanto, neste caso, demostrouse que a existencia de fortes accións de cooperación entre as rexións NUTS 3, pertencentes á eurorrexión, contribuíu a un proceso de cohesión entre os dous países membros. En concreto, as rexións portuguesas, con menores niveis de PIBpc, experimentaron taxas de crecemento anuais máis altas para converxer ao nivel das rexións españolas.\nOs resultados obtidos nesta análise pódense aplicar a outras eurorrexións da UE para explicar a evolución das desigualdades existentes e entender o proceso de converxencia en estruturas que teñen unha fronteira común, o que pode ser útil á hora de establecer políticas e mecanismos de cooperación entre rexións transfronteirizas.\nA creación de eurorrexións pode ser un instrumento moi eficaz para conseguir a cohesión europea, debido ao papel das rexións transfronteirizas como “laboratorios de integración”. Xa que logo, a política de cohesión europea debería seguir promovendo o establecemento destes espazos de cooperación e facilitando o financiamento para desenvolver os proxectos conxuntos que se leven a cabo neles. Así, pódense reforzar os procesos de colaboración transfronteiriza, aumentando a mobilidade de traballo e de persoas, co obxectivo de seguir reducindo as desigualdades económicas que poidan existir na eurorrexión. Así mesmo, para promover a converxencia e a cohesión, é necesario incentivar as reformas nas rexións que queden atrás, cun menor nivel económico, e aumentar o peso das infraestruturas ou mellorar as xa existentes.\nPor último, no estudo da -converxencia, supuxemos que todas as rexións posúen os mesmos parámetros estruturais, fóra do seu nivel inicial do PIBpc. É máis probable que esta condición se cumpra para un grupo de rexións homoxéneas, polo que, ao tratarse as eurorrexións dunha composición de rexións heteroxéneas, tamén habería que explorar en futuras análises a converxencia condicional, incluíndo variables adicionais na regresión, xa que as rexións poden ter diferentes condicións iniciais de crecemento e converxer a distintos estados estables. Adicionalmente, non consideramos un deflactor para corrixir os prezos no tempo, polo que sería interesante comparar as taxas de converxencia resultantes ao estimar o devandito efecto coas obtidas nesta análise, determinando como afecta a evolución no tempo dos prezos as velocidades de converxencia."} +{"summary": "Este artigo presenta os resultados preliminares dunha investigación sobre a actual situación sociolingüística de San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno, os tres pequenos concellos da provincia de Cáceres nos que coexisten, desde a Idade Media, tres variedades lingüísticas locais estreitamente asociadas co sistema lingüístico galegoportugués. Como exemplo de enclave lingüístico, esta comunidade constitúe un laboratorio no que observar a dinámica das variedades lingüísticas en contacto, as identidades, o mantemento e a substitución de recursos lingüísticos, as representacións sociais sobre as súas peculiaridades idiomáticas, etc. Neste artigo, presentamos unha análise das condutas verbais declaradas, así como das actitudes lingüísticas da mocidade da comarca, co obxectivo de afondar nos factores que continúan impulsando o proceso actual de mantemento das variedades locais. Os datos proceden dunha enquisa realizada ao universo do alumnado de máis de 10 ou máis nos tres concellos.\nA conclusión do noso traballo é que ao contrario do que ocorre en moitas comunidades de enclave, o Val de Xálima presentou tradicionalmente uns indicadores da vitalidade lingüística moi elevados, tanto pola consistente transmisión interxeracional como polo gran aprecio que a comunidade ten con respecto ás variedades locais. Con todo, este enclave está a afrontar os retos que supón o paso dunha economía tradicional a outra, aínda estruturais da rexión nas últimas décadas.", "text": "O enclave lingüístico de Xálima: unha análise sociolingüística framallo@uvigo.es\n\nEnclaves lingüísticos, Val de Xálima, mantemento e substitución lingüística, actitudes lingüísticas, política lingüística\nSumario\n1. Introdución. 2. As comunidades de enclave. 3. O enclave estremeño de Xálima. 4. Metodoloxía. 5. Resultados. 6. Situación legal e política lingüística. 7. Conclusión.\nContents\nEsta investigación foi financiada pola Secretaría de Estado de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación (ref. HUM200613621-C0403; título do proxecto Enclaves lingüísticos: recursos verbales, ideologías y comunidades: enclaves gallegófonos).\n1. I ntroducIón\nNos últimos 20 anos, o interese da lingüística románica en xeral, e da galega en particular, polas variedades lingüísticas do enclave estremeño de Xálima, contribuíu notablemente a ampliar o coñecemento das particularidades idiomáticas desta comunidade, achegando resultados substanciais que abriron novas liñas de investigación. No marco destes estudos sobre a lingua da comarca cacereña, iniciamos, en 2007, unha investigación sociolingüística dos tres concellos que conforman este territorio. Parte dos resultados dese traballo son os que o lector atopará nas páxinas que seguen.\nDurante o século XX, o enclave de Xálima foi amplamente estudado, con numerosas achegas nos últimos vinte anos (Alén do Val 2004; Carrasco González 2000; Costas González 1992a, 1992b, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2007, 2011; Fernández Rei, 2000; Gargallo Gil 1996, 1999, 2000, 2001, 2007; Maia 2000; Martín Galindo 1993, 1996, 1999, 2010; Rey Yelmo, 1999; Sartal Lorenzo 2007). Ademais da minuciosa descrición lingüística e etnográfica, en boa parte deses traballos visibilízase un debate, aínda non pechado, sobre as orixes e a adscrición lingüística do idioma usado nos tres municipios que conforman esta comunidade de fala. Malia que faremos unha breve referencia ao citado debate (§ 3), non é obxectivo deste traballo afondar nel, salvante no que respecta á autopercepción dos falantes con respecto ao mesmo.\n2. A s comunIdAdes de enclAve\nO interese da lingüística polas comunidades de enclave ten unha longa tradición, especialmente no ámbito da xermanística. De aí procede o termo Sprachinseln (“illa lingüística”, usado por primeira vez en 1847; véxase Rosenberg 2005; Mattheier 2001), que pasa ao inglés como language enclave (Riehl 2010: 335) e ás linguas románicas como enclave lingüístico.\nSeguindo a tradición xermánica, as achegas máis relevantes débense á dialectoloxía e á lingüística histórica, na busca, polo lado da primeira, dos trazos lingüísticos que perviven e, polo da segunda, dos que xa se perderon, con respecto ás comunidades nativas orixinais. Só recentemente os sociolingüistas interesáronse por estes laboratorios lingüísticos nos que, en poucos anos, teñen lugar procesos lingüísticos semellantes aos que nas linguas estandarizadas contemporáneas levaron séculos para completarse (Schirmunski 1930, citado por Rosenberg 2005) 2. Tales laboratorios, que permaneceron moito tempo no esquecemento, son un tipo especial de minoría lingüística no que estudar as dinámicas das linguas en contacto (reaxustes formais e funcionais, converxencia lingüística, nivelación dialectal, etc.), as identidades, o mantemento e a substitución lingüística, as ideoloxías e o valor atribuído ás linguas, etc.\nAínda que as comunidades de enclave non son homoxéneas nin social nin lingüisticamente, dando lugar a unha tipoloxía moi variada, en xeral podemos definir o enclave como unha comunidade lingüística minoritaria alóglota que foi separada do seu ámbito orixinal por motivos diversos (repoboación, emigración, catástrofes naturais, transformación económica, colonización, relixión, etc.) e que foi desprazada a áreas nas que xa había un asentamento lingüístico anterior 3. A diferenza doutras minorías lingüísticas (Anderson 1990; Edwards 1990; White 1991, Grenoble & Whaley 1998) a lingua da comunidade de enclave é orixinaria e está presente noutro territorio que se considera o “fogar da lingua” (language homeland, Mattheier 2001: 490), o que, con frecuencia, favorece a presenza dunha forma de identificación coa comunidade de orixe 4. Esta identidade común vese alimentada pola interacción de membros de ambas as dúas comunidades, ben mediante a emigración, ben mediante o retorno, ben mediante as estanzas educativas para os membros da comunidade de enclave, etc. Isto é o que Mattheier (2001: 491) chamou “conciencia de enclave lingüístico”. Tal conciencia permitiu o fortalecemento das particularidades culturais e lingüísticas, a pesar da presión da comunidade circundante:\nThe existence of a ‘language enclave consciousness’ is the reason why the normal process of intergenerational assimilation to the foreign language of the new environment is interrupted or retarded. Outside of language enclave constellations, this process of linguisticcultural assimilation and acculturation usually takes place within three or four generations (Mattheier 2001: 491)\nCon todo, nestes contextos, non sempre atopamos unha identidade nacional ou étnica de pertenza; isto é o que acontece, por exemplo, cando a comunidade de orixe está distante no espazo ou cando a separación temporal entre comunidade de orixe e enclave é ampla. Este é precisamente o caso do enclave estremeño de Xálima, cuxas orixes se remontan ao século XIII. Outro exemplo é o da comunidade alemá en Pensilvania, a cal deixou de ter contacto coa comunidade de orixe en 1775 (Mattheier 2001). 2 Na actualidade, as comunidades de enclave están a ser estudadas en moitas partes do mundo, tanto dende a perspectiva das linguas (enclaves do alemán, enclaves do hindí, etc.) como dende a perspectiva dos estados (enclaves lingüísticos en Italia, enclaves lingüísticos en EUA, etc.). Para unha revisión bibliográfica recente, véxase, por exemplo, Argenter (2008) para o catalán do Alguer, MaurerLausegger 2004, 2008 para Italia, Austria e Hungría ou Keel & Mattheier 2003 para os enclaves do alemán. Ademais, as comunidades de enclave tamén son abordadas dende saberes tan variados como a xenética (Nasidze et al. 2007; Stoneking 2006, entre outros) ou a economía (Chiswick 2008; Boyd 2009, entre outros). 3 Algúns autores prefiren falar de “colonias lingüísticas” (cf. Toso 2008, para os enclaves en Italia). 4 No caso das minorías xermánicas en Hungría, fálase, por exemplo, de “identidade flotante” (Mattheier 2001: 490).\nMoitas comunidades de enclave comparten unha singularidade de trazos con respecto ás comunidades circundantes: economía primaria, ás veces cunha emerxente terciarización (turismo); área xeográfica reducida, con frecuencia illada; redes sociais densas e endogámicas; identidade local diferenciada; bilingüismo, baixo ou nulo nivel de estandarización lingüística, diversidade dialectal; lingua propia marxinada politicamente, sen recoñecemento legal, etc. Mentres que algúns destes factores son os que explican o alto grao de mantemento lingüístico que encontramos nas comunidades de enclave, outros explican precisamente o contrario, a substitución lingüística e o abandono do patrimonio lingüístico da comunidade orixinaria (Clyne 1985, Deumert 2006, Kloss 1966). A partir da súa xénese, Junyent (2002) diferenza os seguintes tipos de enclaves:\n¾ Enclaves que son residuos dun continuo anterior. Son consecuencia da expansión de determinadas linguas e da conseguinte fragmentación e/ou desprazamento de pequenas comunidades que non foron asimiladas por esa expansión. ¾ Enclaves periféricos. Resultado da presión centrífuga das linguas dominantes. ¾ Enclaves superpostos. A súa orixe son os movementos migratorios. ¾ Illas lingüísticas. Caracterizadas polo seu illamento xeográfico coas comunidades do ámbito. ¾ Comunidades nómades. Grupos humanos que no seu desprazamento permanente conservan as súas linguas, que fan ademais a función do territorio.\nMaher (1991: 67), pola súa parte, reduce a tipoloxía a dous formatos: (1) enclaves de comunidades desprazadas (inmigrantes); e (2) enclaves de comunidades indíxenas que se viron ocupadas por comunidades foráneas nun proceso de expansión política. Neste segundo caso, os reaxustes formais e funcionais adoitan ser máis acusados que nos enclaves de inmigración. Dende unha perspectiva distinta, na tipoloxía de base xeográfica que White (1991) realiza das minorías lingüísticas, os enclaves estarían dentro do grupo 5 (de 10). Os representantes deste grupo caracterízase por (i) ser minorías absolutas en todos os territorios onde se atopan (non minorías únicas como o bretón, por exemplo); (ii) ter unha estrutura externa de contacto de non contigüidade xeográfica coa comunidade de orixe; e (iii) ter unha estrutura interna definida pola cohesión xeográfica. Por outro lado, non está claro o status como enclaves das minorías lingüísticas que se sitúan en estados diferentes pero limítrofes xeograficamente co estado no que a lingua é maioritaria (rusos en Letonia, húngaros en Transilvania e Eslovaquia, suecos en Finlandia, etc.). Paulston et al. (2007: 385) denominan a estes casos “minorías lingüísticas extrínsecas” nas que os seus membros, a diferenza de boa parte dos procesos de configuración de comunidades de enclave, “do not migrate or discolate [...]. Rather they become part of the new polity through legal measures”.\n3. o enclAve estremeño do v Al de X álImA\nO enclave de Xálima, situado na fronteira administrativa entre Cáceres, Salamanca e Portugal, é un territorio caracterizado por manter, cunha notable vitalidade, tres variedades lingüísticas locais estreitamente relacionadas co tronco galegoportugués, con algúns compoñentes leoneses e cunha relevante castelanización recente.\nsector en auxe, especialmente en San Martiño, que ten a categoría de Ben de Interese Cultural.\nXa que logo, demograficamente é un enclave de pequeno tamaño. Seguindo a tipoloxía de Vinokurov (2007), trátase dun enclave interno (subestatal) de tipo socioeconómico. É dicir, un enclave que non é nin independente nin xeograficamente externo con respecto ao Estado do que forma parte. Vinokurov (2007) distingue tres subcategorías dentro dos enclaves socioeconómicos: enclaves económicos, enclaves étnicos e enclaves relixiosos. Neste caso, estariamos ente un enclave étnico, cun asentamento no que se fala unha lingua e se manifesta unha cultura distintas das habituais no ámbito xeográfico e político. Esta lingua e esta cultura son os elementos que actúan como definidores históricos do colectivo por enriba doutras peculiaridades do contorno. De feito, no caso do enclave de Xálima, a lingua é o principal elemento de cohesión e de diferenciación dos habitantes fronte ao exterior (Martín Galindo 1999).\nAs orixes deste enclave foron obxecto de debate dende as primeiras décadas do século XX (véxase, entre outros, Leite de Vasconcelos 1927, 1933; Lindrey Cintra 1959; Maia 1977, Onís 1930). Aínda que na actualidade a discusión segue aberta (Costas González 1996, 2001, 2011; Gargallo Gil 1999, 2000, 2001, 2007; Maia 2000; Martín Galindo 1996, 1999; 2010), en xeral recoñécese que estamos ante o resultado dun repoboamento desas zonas, en tempos de Afonso VIII -rei de Galicia, León e Asturias, entre 11881230-, con colonos maioritariamente procedentes da zona oriental da Galicia medieval. Aceptar esta hipótese significa considerar un contexto duradeiro no tempo sen contacto lingüístico, o cal pode ser explicado principalmente polo illamento xeográfico e polo abandono secular destes territorios, que foron inaccesibles ata mediados do século XX. De feito, no resto dos territorios da actual provincia de Cáceres, menos illados e tamén repoboados polo rei cristián, a lingua dos colonos foi substituída polo castelán. En palabras de Lindrey Cintra (1959: 509):\nTemos, sem dúvida, nese falar, o resultado da impresionante persistência (e retardada evolução independente), em condições especiais de isolamento, de uma linguagem do século XIII, apagada, nas outras localidades ou zonas em que se falou, pelo português ou pelo castelhanoleonês invasor.\nUnha segunda hipótese considera a posibilidade dunha formación autóctona destas falas, como resultado da evolución do latín entre os pobos que habitaban o Val, o que, a diferenza da primeira, suporía unha situación de continuidade lingüística e demográfica con influencias das linguas de substrato anteriores á lingua de repoboación. Os indicios que permiten avalar este segundo suposto son moi fráxiles. En todo caso, cómpre destacar a presenza dalgúns topónimos de presunta orixe prerromana ou romana no territorio (García Oliva 1999; Martín Galindo 1999). Naharro Riera e Parra Sapo (1980) parten dun argumento diferente para xustificar a anterioridade destas falas á reconquista. Para eles, o feito de que San Martiño de Trebello manteña a fala, pertencendo a unha encomenda e a unha Orde militar (Malta) diferente á das Ellas e á de Valverde do Fresno (Alcántara), “demuestra que este dialecto es anterior a la reconquista por los cristianos y no procede de emigraciones de gallegos” (1980: 2) 6. 5 Datos a 1 de xaneiro de 2009, procedentes do Padrón Municipal (Instituto Nacional de Estadística). 6 Os tres lugares mantiveron tamén diferenzas administrativas históricas. A partir de 1833, As Ellas e Valverde formaron parte provincia de Cáceres, mentres que San Martiño mantívose como concello de Salamanca ata 1959. Ademais, Valverde sempre pertenceu á diócese de Coira mentres que As Ellas e San Martiño pertenceron, ata 1958, á de Cidade Rodrigo.\netc.) prefire falar de variantes dialectais de base portuguesa, en concreto do portugués do altobeirão de RibaCôa. Con todo, este mesmo autor sinalaba, anos atrás, que “los naturales hablan una arcaica lengua galaicoportuguesa” (1996: 377) ou que estamos ante “un islote de lengua y cultura de una variedad medieval galaicoportuguesa” (1996: 378). E nun traballo anterior chegaba mesmo a afirmar que a fala era “una lengua autóctona de raíces célticas” (Martín Galindo\nPara os autores galegos, estariamos ante falas claramente vinculadas co galego. Esta é a posición que defenden Costas González, nos seus traballos sobre a zona (vésase bibliografía), Fernández Rei (2000) ou Frías Conde (1997, 1999), entre outros. Sirvan os seguintes fragmentos como exemplos desta posición:\ntas falas, pertencentes sen dúbida ningunha ó tronco galaicoportugués, lingüisticamente teñen moito máis que ver coas falas galegas (e portuguesas setentrionais) que co portugués estándar (e falares portugueses veciños)”.\nDomené Sanchéz (2008) tamén somete a crítica o illamento como parte da explicación do mantemento lingüístico. Para él, o fenómeno hai que relacionalo preferentemente coas necesidades comunicativas nun escenario de repoboamento. Se o destino dos inmigrantes procedentes dunha mesma comunidade de fala era un lugar previamente despoboado, non había necesidade de negociar á interacción comunicativa e non se xeraba situación de contacto que puidese derivar en substitución lingüística. E isto é o que puido acontecer en San Martiño e en\nEn todo caso, o mantemento lingüístico puido deberse a unha conxunción de factores diversos: a homoxeneización do grupo, o seu relativo illamento, as prácticas endogámicas, as actitudes cara á lingua, o sentimento dunha identidade diferenciada, o recente movemento asociacionista, etc. Moitos destes factores teñen a súa orixe nos inicios do enclave pero a situación das últimas décadas, cun cambio económico que posibilitou novos modelos de vida social, unha maior exogamia, a apertura do territorio cara ao exterior, etc, incita a reflexionar sobre os novos desafíos aos que se enfronta a comunidade e sobre as medidas que deben levarse a cabo para reconducir a situación de susbtitución lingüística que comeza a detectarse.\n4. m etodoloXíA\nParticipantes\nA investigación que levamos a cabo no enclave de Xálima produciu datos triangulando técnicas diversas: entrevistas en profundidade, enquisa ao universo dos estudantes de 10 ou máis anos, grupos de discusión e traballo etnográfico. Como o obxectivo prioritario desta investigación era analizar os comportamentos e as prácticas lingüísticas en contexto, para poder describir e explicar axeitadamente os procesos de mantemento e/ou substitución de las variedades lingüísticas, un dos aspectos que analizamos é o da autopercepción dos comportamentos lingüísticos da mocidade. Para iso deseñamos unha enquisa que pasamos a todos os estudantes matriculados nos centros educativos dos tres concellos, abranguendo o universo total do alumnado matriculado en 6º de primaria e nos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Obtivemos\nInstrumentos\nO dispositivo utilizado para producir os datos foi un cuestionario, estruturado arredor de 19 preguntas, a través das que se mediron as seguintes variables dependentes: lingua inicial, competencia conversacional, usos lingüísticos, actitudes e ideoloxías lingüísticas e conciencia sobre a adscrición idiomática (véxase o apéndice). Como estratexia analítica, o cuestionario redactouse en galego, lingua que foi comprendida por practicamente todos os informantes. Apenas houbo que aclarar o significado dun par de palabras.\n5. r esultAdos\nComo acabamos de sinalar, o enclave caracterízase por unha situación histórica de mantemento das variedades lingüísticas locais. A práctica totalidade dos habitantes emprega a diario a lingua local, salvo con foráneos e nas relacións máis institucionalizadas, nas que se recorre ao castelán. Malia o dito, e derivado da penetración recente do castelán, o enclave atópase nos inicios dun proceso de substitución lingüística, con consecuencias tanto formais coma funcionais.\nPolo tamaño, pola alta homoxeneización sociodemográfica e pola mesta cohesión social, cada un dos municipios do enclave considérase unha intensa rede social múltiple e densa que garante o mantemento e a reprodución das convencións sociais, entre elas o uso das variedades vernáculas. Iso convírteo nun exemplo de comunidade lingüística local. Unha comunidade na que, a diferenza das comunidades lingüísticas estatais ou globais, “within a group of communicating people there is a process that produces a contrastive and positive sense of their participation in their own language community” (Silverstein 1998: 404).\nA vitalidade lingüística é moi notable, por dúas razóns fundamentais: dun lado, a elevada transmisión interxeracional e doutro unha actitude cara á lingua moi favorable. Esta segunda\nHai exemplos coñecidos do que acabamos de dicir. Así, a extraordinaria fragmentación lingüística de Papúa Nova Guinea -con máis de 800 linguas e co maior índice de diversidade lingüística do planeta (Greenberg 1956) 8 - explícase, alén de pola orografía e pola milenaria habitabilidade do territorio, sobre todo por unha actitude favorable cara ao mantemento identitario de cada comunidade a través da súa lingua (Foley 1986: 9; Kulick 1992: 2). De feito, no caso do enclave extremeño, ademais do seu illamento, nos últimos anos tamén se constata unha actitude moi favorable cara ás variedades locais, que son o elemento central na súa construción identitaria como grupo e na cohesión social dunha comunidade. E nada nos fai pensar que isto non fora así dende os inicios medievais do enclave.\nAnalizamos a continuación os datos máis relevantes da enquisa citada, incidindo na lingua inicial, na competencia conversacional, nas actitudes lingüísticas e na percepción da adscrición lingüística.A familia segue a ser a principal axencia de reprodución lingüística (táboa 2). Un 79% tivo unha exposición familiar alta na lingua local, pero, agora, en moitos casos xa en contextos bilingües (40.3%). O castelán foi a lingua inicial exclusiva do 20% dos informantes. Hai diferenzas\nEstes datos contrastan cos dalgunhas enquisas feitas anteriormente 10. Nos datos recollidos en 1994 (Sóñora Abuín et al. 1996), o 100% da poboación podía falar nas variedades locais, fronte ao 10% que agora afirma ter dificultades para manter unha conversa na fala. Pola súa parte, Martín Galindo (1993) debulla unha poboación cun alto descoñecemento do castelán. Segundo os seus datos (só da poboación de San Martiño), o 54% afirmaba que descoñecía ou falaba mal o castelán cando tivo o primeiro contacto co sistema educativo, porcentaxe que chegaba ao 81.3% nos que tiñan entre 41 e 60 anos e reducíase ata o 37.5% nos menores de 20. Lembremos que este último grupo é o que utilizamos no noso traballo como informantes. Xa que logo, nos últimos 15 anos, o coñecemento do castelán universalizouse na poboación máis nova da comarca, sendo a escola a principal axencia de produción dese idioma.\nRespecto da lingua habitual e da lingua utilizada nalgunhas prácticas lingüísticas específicas, os resultados figuran na táboa 4. Cómpre salientar o seguinte:\n¾ Tocante á lingua habitual, o 54.4% dos escolares utiliza só ou preferentemente a fala, o 21.1% utiliza por igual as dúas, e o 24.4% utiliza só ou preferentemente o castelán.\nIsto confirma que a escola segue a ser a principal axencia de non reprodución lingüística. Dados os cambios sociolingüísticos que se están a detectar no enclave, é cada vez máis urxente que se dean os pasos necesarios para instaurar plenamente o vínculo escolalingua materna. Na lingua habitual, hai algunhas diferenzas segundo o concello de residencia. O alumnado procedente de As Ellas é o que máis utiliza a fala, mentres que o de Valverde é o que está máis castelanizado. A comparación dos nosos datos cos doutra enquisa realizada en 1992, tamén entre a poboación escolar, pon de manifesto que o proceso de substitución lingüística avanzou significativamente (táboa 5).\nAsí pois, nas interaccións familiares, a penetración do castelán en só 15 anos foi moi notable. O uso da lingua vernácula segue sendo predominante nos tres lugares do enclave pero as prácticas bilingües incrementáronse moito. Esta situación permite diagnosticar o proceso de substitución e obriga a reformular as accións de dinamización. Se a tendencia continúa nese sentido, o castelán irá ocupando pouco a pouco as interaccións máis informais e o proceso de\n¾ As opinións máis favorables céntranse en enunciados xeneralistas e abstractos, que apelan a recoñecementos xenéricos e a valoracións emotivas: diversidade lingüística, orgullo de 11 Ademais, este proceso de castelanización apréciase tamén no conxunto da poboación. A principios dos anos 90, o 95% da poboación utilizaba exclusivamente as linguas locais para relacionarse cos seus veciños (Martín Galindo 1993).\nTrátase de actitudes de resistencia, xa que hai moita conciencia dos riscos que supón a globalización e a apertura a novas redes comerciais que comeza a producirse. Valoran moi positivamente o recoñecemento exóxeno das súas particularidades culturais porque son conscientes de que se abren novas posibilidades de traballo, que reducirán o continuo goteo migratorio dos seus pais e avós. Pero son tamén conscientes de que isto terá algúns riscos para a súa lingua. Por iso, son partidarios de promovela con máis forza e con novas estratexias que prolonguen a súa vitalidade, como a posibilidade de introducila no sistema educativo. O mercado laboral tradicional esixe o dominio das variedades vernáculas pero tampouco queren quedar fóra das novas oportunidades económicas. O apoderamento da comunidade pasa, en certo sentido, polo mantemento das variedades lingüísticas locais.\nA maioría da mocidade xustifica a introdución da lingua no sistema educativo. Practicamente todos se senten orgullosos da súa identidade lingüística e son partidarios de promover a súa escrita, aínda que son moi conscientes de que non é unha tarefa doada. A demanda de protección lingüística por parte das autoridades da rexión é xeneralizada tamén, sobre todo dende que a lingua ten un recoñecemento institucional.\nComo dixemos, a lingua é o elemento definitorio da identidade local. No enclave funciona unha dobre adscrición identitaria: dun lado, nas súas relacións co exterior, a maioría defínense como falantes da fala mentres que internamente aparecen barreiras identitarias, consecuencia de que cada grupo se identifica claramente coa variedade lingüística propia de cada un dos tres lugares. É moi frecuente entre os habitantes a verbalización das diferenzas lingüísticas entre unhas\nvariedades outras. Os falantes acumulan coñecementos fonéticos e léxicos sobre a variación lingüística e utilizan eses coñecementos na súa construción identitaria (Sullivan 2006). A falta dun estándar contribúe a lexitimar unha concepción de autoridade para os falantes de cada un dos tres lugares. É un exemplo de folk linguistics que permite elaborar representacións sociais a partir da lingua que fala cada un dos grupos. O exemplo máis claro é o estigma que os propios falantes de Valverde utilizan ao referirse á súa lingua. Din que entre eles falan “chapurreau”, autoglotónimo que reforza unha forma menos purista e máis castelanizada que a que se pode encontrar nos outros dous lugares. Os mozos prefiren substituír esta denominación polo xenérico “A Fala ” ou polos nomes de cada lugar: valverdeiro, lagarteiro e mañego.\nEsta falta dun estándar non imposibilita que entre os mozos entrevistados o uso da lingua vernácula nas novas tecnoloxías estea moi estendido. É xeneralizada a súa presenza nas mensaxes de móbil e tamén hai blogs nos que a lingua ten unha forte presenza. Outras expresións culturais, como a música, tamén teñen unha cota importante na lingua do enclave. Hai un grupo de rock que utiliza as variedades locais como unha forma máis de expresar a súa lealdade comunitaria. Esta lealdade lingüística é tamén un elemento cohesivo entre os estudantes, de tal maneira que se manifestan sancións sociais para aqueles nos que se percibe un cambio de lingua.\nEstes datos contrastan cos atopados nas enquisa anteriores. Así, na elaborada por Martín Galindo (1993, apud 1999: 341) entre a poboación de San Martiño, o 66, 6% consideraba que estamos ante unha lingua autóctona, un 20% adscribíaa ao portugués e un 13, 3% afirmaba que se trata dun dialecto do castelán. Máis semellanza cos nosos resultados atopámolos na distribución que se recolle en Costas González (1999: 102). Entre os seus informantes, o 22% opina que é unha mestura entre galego, portugués, leonés e castelán; o 21% emparenta a fala co galego; o 13% co portugués; o 15 co asturleonés e o 11% fala de mestura entre galego, portugués e asturiano. Finalmente, un 18% non o ten claro. A comparación con Martín Galindo (1993) débense non só a obvias diferenzas mostrais, que tamén as hai con Costas González (1999), senón tamén as opcións de resposta posibles.\nEn todo caso, o que resulta interesante é a diversidade de opinións que hai nunha poboación tan homoxénea e compacta. A poboación en xeral, e a mocidade en particular, mostra niveis de inseguridade comprensibles, de termos en conta que tampouco hai unanimidade entre os especialistas, como sinalamos anteriormente.\n6. s ItuAcIón legAl e polítIcA lIngüístIcA\nEstremadura non foi sensible ás posibilidades que lle ofrecía o artigo 3.2 e no seu Estatuto de Autonomía (1983) non hai referencia explícita ás diversidade lingüística, máis aló dun artigo que remite xenericamente á potenciación das peculiaridades culturais do pobo estremeño. Dende un punto de vista xurídico, o feito de ter obviado esta realidade, obriga a aterse ao ditado na CE no seu artigo 3.3 e das posibilidades que entraña a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, tendo en conta os informes relacionados con España nos que se recollen tamén recomendacións para mellorar a situación d’A fala 12.\nEn 2001, a Consellaría de Cultura aproba unha declaración oficial que recoñece A fala como un Ben de Interese Cultural. Aínda que como tal declaración carece de valor xurídico, nela podemos ler:\nLa lengua pertenece a los hablantes, «A Fala» pertenece a los habitantes de estas tres localidades y han de ser ellos los que digan cómo desean practicarla, en qué medida y con qué limitaciones. No puede dejar de reconocerse, en este ámbito, la gran importancia que las diversas asociaciones que existen en la zona, llenas de dinamismo y entusiasmo, han ejercido con el fin de proteger el patrimonio lingüístico y en suma, el patrimonio cultural. En 2008, o departamento de cultura estremeño convocou un concurso oficial para a contratación dos servizos de materialización da redacción dun proxecto museolóxico do Museo “ A Fala ” en San Martiño de Trebello. O obxectivo é crear un centro de interpretación que sirva como referencia para o turismo da zona. 12 Os datos relacionados coa fala que aparecen no terceiro, e por agora último, informe (20062009) están accesibles en http://www.coe.int/t/dg4/education/minlang/report/PeriodicalReports/SpainPR3_es.pdf\nA realidade é que non podemos dicir que exista unha verdadeira política lingüística de arriba abaixo. O recente recoñecemento institucional cara á lingua deste enclave non tivo ningún efecto na protección e, sobre todo, na promoción dos dereitos lingüísticos dos falantes do Val. Sirva como exemplo a situación diglósica que encontramos. O uso da lingua é moi elevado na maioría dos dominios agás nos servizos públicos, fundamentalmente no sistema educativo e tamén nas cerimonia relixiosas.\nA lingua da aula é o castelán en todos os niveis educativos: infantil, primaria e secundaria. Todos os profesores, a excepción dun, proceden de fóra dos tres municipios e, aínda que algúns teñen unha aceptable competencia na lingua, non se usa. O alumnado acepta esta situación diglósica con naturalidade aínda que, dende hai uns anos, as actitudes cara a esta práctica están a cambiar e, como veremos máis adiante, valórase moi positivamente que a súa lingua acceda tamén á escola na súa dimensión formal.\nDe todos os xeitos debemos ser cautos á hora de formular iniciativas como esta, principalmente porque a lingua carece dun estándar. Á dificultade inherente que leva consigo a creación dunha variedade unificada, hai que engadir que as tres variedades teñen certas diferenzas e, sobre todo, que os falantes de cada unha delas se recoñecen como falantes exclusivos e, en certo sentido, existe unha deslexitimación das variedades veciñas. Neste punto, convén recordar que cada unha das variedades ten o seu propio autoglotónimo: mañegu, lagarteiru e valverdeiru. Ademais, dende as elites que promoven a creación dun estándar, hai tensións e desacordos. A día de hoxe, non é doado encontrar un consenso arredor da solución normativa. O abano vai dende estender as propostas normativas do galego estándar, ao portugués estándar, pasando por unha norma endóxena (Gargallo Gil 2007; Costas González 2011). Debido á falta de acordo, a expresión escrita realízase na variedade propia de cada autor.\nO ámbito da investigación recente tivo tamén unha gran repercusión no enclave. Dende que nos anos 90, estudosos de distintas partes interesáronse polas linguas deste enclave, a comunidade viuse recompensada. O feito de ser un territorio de tamaño reducido posibilitou que os resultados do traballo dialectolóxico e sociolingüístico realizado transcendesen á comunidade. Isto propiciou o reforzamento da lealdade lingüística, o orgullo de saberse diferentes e un capital cultural que cada vez se aproveita máis. A visita ao enclave pon de manifesto que hai un sentimento común de valorización dunhas variedades que tradicionalmente estiveron proscritas, desacreditadas e que para os propios falantes non deixaron de ser variedades desprestixiadas. Agora, a situación comeza a inverterse. Ao lado do prestixio social que, obviamente, ten o castelán, a comunidade comeza a ser consciente de que as súas formas de falar atraen cada vez a máis xente do resto de Estremadura, que sente curiosidade por escoitar a sonoridade de “esa outra lingua de Estremadura”. A lingua convértese nun elemento central no apoderamento do enclave e o coñecemento local comeza a reestruturarse despois de moitos séculos de illamento (Canagarajah 2005). Esta reestruturación ten tamén consecuencias na construción identitaria. A\nasunción de novos roles para a lingua levou consigo un axuste identitario, no sentido de que os falantes se senten diferentes porque agora son conscientes de que falan unha lingua distinta. A propia web do concello de San Martiño considera a lingua como un “valioso sanatorio lingüístico para os estudantes do Bacharelato e Universidade que pasan nel estanzas de estudo e convivencia”. Interésanos remarcar o sintagma “sanatorio lingüístico” pola referencia semántica que conleva.Durante os últimos 15 anos, dende Galicia organizáronse eventos de distinto tipo patrocinados polo departamento de Política Lingüística. Isto contribuíu ao recoñecemento desta riqueza lingüística mais, ao mesmo tempo, parte das elites locais, viu este tipo de accións como unha intromisión. Isto xerou un novo desencontro que non contribuíu á necesaria cohesión social, tan necesaria nestes momentos.\nRecentemente, constátase un emerxente turismo lingüístico cultural. O enclave comeza a ser un obxecto de consumo, unha commodification (Fairclough 1992). Ademais de achegárense á zona para gozar das súas moitas posibilidades de descanso e de aproveitamento dos recursos naturais, entre os visitantes comeza a detectarse unha emerxente demanda de produtos lingüísticos. Isto permitiría un modelo de mantemento que Dorian (2004: 454) denominou “assertive language maintenance”. Segundo esta autora, este modelo de mantemento dáse cando un grupo logra, antes de que a substitución lingüística se complete, un avance económico a través da educación ou a través do desenvolvemento de recursos destinados ao turismo. Para Dorian (2004: 445) “economic sucess can produce enough psychological confidence among stillbilingual speakers to encourage assertion of their ethnolinguistic identity and to the right to use their heritage language more widely, incluiding in education”.\n7. c onclusIón\nO mantemento das variedades locais e a súa ampla vitalidade social baséanse, en primeiro lugar, na acción de varios factores macrosociais (económicos e sociodemográficos), entre os que destacamos a estabilidade da poboación residente, a escasa inmigración foránea e unha economía local sustentada na agricultura e no intercambio comercial con Portugal. Tamén debemos engadir un relativo illamento xeográfico, derivado da orografía do seu emprazamento e das deficientes comunicacións terrestres. E non podemos esquecer as recentes propostas asociativas e a creación dun clima social favorable orientado a valorizar a lingua propia, semellante ao que atopamos noutras comunidades de enclave (Viikberg 2002).\nA este respecto, a poboación nova do enclave manifesta unha tendencia a valorar moi positivamente as súas variedades lingüísticas. O interese pola súa conservación, e mesmo polo seu recoñecemento oficial en Estremadura, semella derivar do forte vínculo afectivo e identitario con estas variedades.\nNon obstante, na actualidade, este enclave enfróntase aos desafíos que formula unha produción económica emerxente baseada, por un lado, no recoñecemento interno e foráneo da súa particularidade idiomática e, por outro lado, nunha maior intensidade de intercambios co seu ámbito máis próximo debido aos cambios estruturais da rexión nas dúas últimas décadas.\nMalia iso, o enclave estremeño está nun momento crucial para o seu futuro. Dun lado, os datos apuntan a unha redución funcional e formal das variedades vernáculas. Doutro lado, hai unha ausencia de medidas de planificación de arriba abaixo e de abaixo arriba que incida na recuperación da vitalidade lingüística tradicional, especialmente as que teñen que ver coa promoción da lingua no sistema educativo. Xunto a isto, hai signos positivos que debemos valorar: a conciencia, case xeneralizada, de que é necesario construír unha comunidade cultural que axude a saír do atraso económico no que vive a maioría da poboación. O cambio de modelo produtivo debería desembocar na creación dun novo espazo económico no que o turismo lingüístico cultural vaia tendo cada vez unha maior importancia. Para iso, é necesario un liderado interno que nestes momentos non existe.\nAgradecementos\nAgradezo os comentarios dos dous informantes anónimos que avaliaron unha versión previa deste artigo.\nr eferencIAs bIblIográfIcAs Alén do Val, Asociación Cultural (2004): Fala e Cultura d’Os Tres Lugaris. Noia: Toxosoutos.\nA péndIce. c uestIonArIo Cuestionario Enclaves Lingüísticos\n1. Por favor, introduce a data de hoxe 2. Sexo  1. Home  2. Muller 3. ¿Cantos anos tes? 4. ¿Onde naciches?  1. San Martín de Trebello  2. As Ellas  3. Valverde do Fresno  4. Outro 5. ¿Onde vives?  1. San Martín de Trebello  2. As Ellas  3. Valverde do Fresno  4. Outro\nNº de cuestionario……………………………………… Concello…………………………………………………\n6. ¿En qué curso estás?  1. Terceiro ciclo Primaria  2. Primeiro da ESO  3. Segundo da ESO  4. Terceiro da ESO  5. Cuarto da ESO 7. ¿Cal é a profesion do teu pai? 8. ¿Cal é a profesión da túa nai? 9. Ademais do castellano, ¿cómo denominas as outras linguas se falan na zona onde ti vives?  1. Valverdeiro, lagarteiro ou mañego  2. Fala  3. Galego de Estremadura  4. Estremeño  5. Portugués  6. Asturleonés  7. Outras 10. ¿Podes manter unha conversa nas seguintes linguas? 1. Moi ben 2. Ben 3. Regular 4. Mal 5. Moi mal Lingua Nivel Valverdeiro, lagarteiro ou mañego / Fala 1 2 3 4 5 Portugués 1 2 3 4 5 Castellano 1 2 3 4 5 11. ¿En qué lingua aprendiches a falar? [podes marcar varias]  1. Valverdeiro, lagarteiro ou mañego / Fala  2. Castellano  3. Outras\n2. Máis castellano que fala\n4. Máis fala que castellano\n5. Só a fala\n5. Só a fala 14. ¿En qué lingua falas cos teus compañeiros na escola?\n2. Máis castellano que fala\n17. ¿En qué lingua escribes habitualmente?  1. Só o castellano\n2. Máis castellano que fala  3. Igual castellano e fala\n4. Máis fala que castellano  5. Só a fala 18. ¿Ónde aprendiches a falar castellano?  1. Na casa\n2. Na escola\n3. Cos veciños\n4. Cos amigos 19. ¿Cal é a túa consideración sobre as linguas d’Os Tres Lugaris?  1. É unha variedade de portugués  2. É unha variedade de castellano  3. É unha mestura de castellano, portugués e outras linguas  4. É unha variedade de galego  5. É unha lingua autóctona\n6. É unha variedade de asturleonés  7. Outra MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!"} +{"summary": "Neste artigo analizamos o impacto que ten a identidade cultural e a autonomía política na capacidade das rexións europeas para desenvolver o sector das industrias creativas e culturais. En primeiro lugar, facemos unha recompilación da literatura existente sobre os factores clave para explicar a aglomeración das ditas industrias. En segundo lugar, presentamos as nosas hipóteses sobre o efecto da identidade propia nas industrias culturais e creativas. A continuación, mostramos catro modelos econométricos que relacionan estes conceptos no caso das rexións europeas. Finalmente, expoñemos as principais conclusións do traballo, que poden resumirse na existencia dun impacto positivo da identidade propia no desenvolvemento das industrias creativas e culturais nas rexións europeas.", "text": "http://dx.doi.org/10.15304/rge.29.3.6831 1\nARTIGO\nIdentidade propia e industrias creativas e culturais. O caso das rexións europeas\n Industrias creativas / Industrias culturais / Autonomía política / Identidade propia / Rexional.\nOwn identity and cultural and creative industries. The case of European regions\n1. Introdución\nA creatividade é un concepto clave no contexto socioeconómico actual. Co paso do tempo, a evolución da economía e da sociedade foi outorgándolle unha maior importancia e peso ás actividades creativas, ao igual que ás persoas que as levan a cabo. Así o mostran múltiples traballos nas áreas da economía e da socioloxía publicados nos últimos 25 anos. Segundo sinala Richard Florida, que posiblemente sexa o autor máis destacado deste campo, “ a economía creativa está remodelando case todos os aspectos do desenvolvemento económico tal e como o coñecemos ” (Florida, 2005, p. 49).\nA economía creativa é, na súa definición máis xeral, unha economía que se basea na creatividade das persoas, a cal constitúe, á súa vez, a principal fonte de innovación e riqueza. A creatividade po-\n* Correspondencia autor: josemanuel.amoedo.meijide@rai.usc.es deriámola definir como a calidade dun individuo para ser creativo, é dicir, para innovar, inventar e crear.\nTal e como explicaremos máis adiante, a nosa conceptualización da identidade rexional propia refírese a dous aspectos: a autonomía política e a identidade cultural. A identidade cultural ten que ver cos trazos culturais propios dunha sociedade, neste caso centrarémonos na presenza dunha lingua propia. A autonomía política fai referencia á presenza de institucións políticas propias nunha rexión e á capacidade destas para tomar decisións e levar a cabo políticas.\nDeste xeito, o obxectivo deste artigo é contrastar que a identidade rexional propia ten un impacto positivo no desenvolvemento das industrias creativas e culturais da rexión. Para facelo, o noso artigo consta de dúas partes principais. Na primeira, a parte teórica, facemos unha revisión da bibliografía existente sobre os diferentes conceptos, definíndoos e analizando as relacións que outros autores destacaron entre eles. Na segunda parte, a parte empírica, presentamos as variables dos modelos, xustificamos a súa elección expoñendo cal é o impacto esperado, analizamos brevemente os datos e mostramos os modelos que relacionan as ditas variables coas industrias creativas e culturais. Finalmente, recollemos as conclusións extraídas sobre as relacións entre os distintos conceptos, analizando se o defendido na parte teórica é certo na realidade.\n2. Industrias creativas e culturais e identidade rexional\nComezamos, deste xeito, revisando que entendemos por creatividade, economía creativa, actividades creativas, clase creativa e, finalmente, recollemos cales son os factores que levan á concentración xeográfica das industrias creativas. Tamén introducimos o concepto de industrias culturais, un subgrupo con características particulares dentro das creativas.\n2.1. A creatividade dentro da economía\nA creatividade, tal e como a define a Real Academia Galega (s.f.a) – definición 1 –, é a calidade de ser creativo, para despois definir creativo/a como algo que fomenta a inventiva e a creación (Real Academia Galega (s.f.b) – definición 2 –. O termo creatividade asóciase estreitamente co termo innovación. Aínda que ambos os termos comparten piares comúns, existen certas diferenzas entre eles. A innovación destínase a xerar novos dominios, técnicas ou métodos de produción baixo o marco do mercado e da esfera produtiva. Por isto, podemos dicir que a innovación cumpre unha función dentro do proceso produtivo englobado no marco do mercado, algo que de forma similar expresou Schumpeter na súa obra. Porén, a creatividade, tal e como a describe Florida (2010), supón unha certa ruptura co anterior, a creación con éxito de novas ideas que sexan apropiadas. Deste xeito, a creatividade pode ser entendida como o concepto e a innovación como o proceso. Aínda así, na súa obra, Florida dálle á creatividade unha utilidade económica e dependente das organizacións. Para outros autores, a creatividade asóciase á aparición do imprevisto e coa posta en dúbida da orde instituída. Tamén este autor asocia a creatividade co risco, debido ao carácter continxente de ambos.\n2.2. A economía creativa e as actividades ou industrias creativas\nEn Florida (2010) fálase do cambio vivido pola economía a partir dos anos 80, froito da aparición e do peso cada vez maior que van cobrando as industrias de alta tecnoloxía. Concretamente, con anterioridade aos anos 50 e 60, a economía era maioritariamente industrial. Esta economía asociábase ás manufacturas e aos grandes centros de produción, grandes factorías e complexos produtivos, de xeito que existía unha separación clara entre o traballo e a vida cotiá. Esta situación comezou a cambiar, segundo Florida (2010), cara aos anos 50 e 60 co xurdimento das industrias de alta tecnoloxía. Xa nos anos 80 apareceu en escena a economía creativa, e desde eses anos ata a actualidade sucedeu unha clara eclosión que cambiou a economía de forma dramática. Desde aquela, cada vez máis persoas traballan en actividades creativas. Segundo datos do propio Florida, en Estados Unidos, por exemplo, en torno a 40 millóns de persoas traballan neste tipo de actividades;\nen Canadá, o 25% da poboación xa o fai.\nEste cambio trouxo consigo un punto de inflexión claramente positivo, como é o feito de que agora unha maior porcentaxe da poboación pode desenvolverse e levar a cabo actividades que lle gustan, algo que non sucedía, en xeral, na economía industrial. Isto aconteceu polo cambio da fonte de riqueza que se deu. Coa irrupción da economía creativa, a riqueza e o coñecemento comezaron a provir da mente das persoas e da súa creatividade. Deste xeito, a concepción que a xente tiña sobre o seu traballo comezou a cambiar, ata o punto de que hoxe en día é cada vez máis difícil diferenciar cando unha persoa está traballando e cando non o está. Polo tanto, esa clara e férrea liña que dividía na economía industrial o traballo dun individuo do que non o era vólvese cada vez máis feble e incluso chega a desaparecer nalgúns casos.\nXa que logo, podemos definir a economía creativa como un tipo de economía baseada na creatividade das persoas, sendo este recurso a principal fonte de riqueza e de coñecemento. Dentro da economía creativa inclúense aquelas actividades que xeran valor engadido a partir da creatividade das persoas que traballan nelas. As actividades que se encadran neste grupo teñen puntos en común, pero tamén son moi heteroxéneas. Atópanse dentro deste tipo de actividades as culturais (teatrais, musicais, cinematográficas…), as de desenvolvemento de novas tecnoloxías (software informático…), as relacionadas co márketing e coas actividades audiovisuais (fotografía, deseño de produtos, publicidade…), a investigación (I+D) ou mesmo algunhas ligadas á enxeñería e á arquitectura.\nOutros autores tamén estudaron este tema. Por exemplo, segundo Higgs e Cunningham (2008), as industrias creativas (ICC) son aquelas que teñen a súa orixe na creatividade, nas habilidades e no talento individuais, e que teñen un potencial para a creación de riqueza e postos de traballo mediante a xeración e a explotación da propiedade intelectual. Pola súa banda, as Nacións Unidas considera que tamén son ciclos de creación, produción e distribución de bens e servizos que utilizan creatividade e capital intelectual como inputs primarios; constitúen un conxunto de actividades baseadas no coñecemento, centrado pero non limitado ás artes, que xera potencialmente ingresos do comercio e dos dereitos de propiedade intelectual; inclúen produtos tanxibles e servizos intanxibles intelectuais ou artísticos con contido creativo, valor económico e obxectivos de mercado; son un cruzamento entre os sectores artesáns, culturais, de servizos e industriais, e constitúen un novo ámbito de crecemento económico (nalgúns países foi denominada como a economía laranxa) (United Nations, 2010).\nEn canto aos sectores que se consideran de xeito xeneralizado dentro da economía creativa, poderiamos apuntar os seguintes: moda; xoguetes; artes gráficas; software para videoxogos; publicidade e deseño; fotografía; cine, vídeo, música, radio, televisión, artes escénicas, artes visuais, literatura, artesanía e actividades relacionadas co patrimonio, a arquitectura, a enxeñería e o comercio de bens creativos (TurViñes, GarcíaMedina e HidalgoMarí, 2018, p. 11).\nNa Táboa 1 recollemos a achega feita en TurViñes et al. (2018) con respecto a que actividades poden catalogarse como creativas 1.\nDentro das actividades creativas, podemos destacar un subgrupo: as actividades ou industrias culturais. As industrias culturais son aquelas ligadas estreitamente coa arte e coa cultura. Estarían incluídas nelas, deste xeito, categorías como as artes visuais, a literatura ou a música. Nese sentido, poderiamos definir a economía da cultura como “ unha expresión que se refire a un conxunto amplo de actividades involucradas na produción e comercialización de bens e servizos culturais ” (Lins, 2011, p. 232).\nEntre os traballos que analizan cuestións ligadas ás industrias creativas e culturais podemos destacar os de Rey (2009), que analiza a relación destas co desenvolvemento; Bernal, Blanco, Camacho e D í az (2018), quen estudan as industrias creativas e culturais desde o enfoque da xestión do coñecemento; ou In Grant (2014), que indaga no seu papel nas cidades creativas.\n2.3. A clase creativa\nAínda que se trata dun debate aberto, Florida (2002) describe as persoas que traballan en actividades creativas como unha clase social cunhas características e comportamentos diferenciados do resto da sociedade. Dentro dela, existe unha grande heteroxeneidade de individuos que teñen en común a xeración de valor engadido a partir da súa creatividade. Inclúense dentro da clase creativa unha gran cantidade de traballadores do coñecemento, analistas simbólicos, traballadores profesionais e técnicos que desempeñan o seu papel na economía. Ademais, Florida sinala que o feito de pertencer a esta clase social tamén leva a un comportamento diferenciado dos seus membros fronte ao resto da sociedade, o que supón comportamentos distintos na súa toma de decisións á hora de escoller traballo, residencia..., debido a que amosan uns intereses particulares. Concretamente, Florida destaca que, á hora de buscar traballo, os membros da clase creativa teñen en conta tres factores:\n1) Que lles atraia. Para os membros da clase creativa é vital que o traballo sexa atractivo e que lles supoña un reto continuo. Á súa vez, ten que estar libre de restricións de carácter burocrático. Necesitan ter a responsabilidade e a liberdade para crear. 2) Un lugar atractivo para vivir. Para este tipo de persoas o lugar para vivir cobra un papel primordial, tanto desde o punto de vista físico (atractivo natural, histórico...) coma desde outros enfoques (que conte cunha baixa taxa de criminalidade, con bos servizos de educación, sanidade...). 3) Por último, tamén buscan un lugar no que poidan ser eles mesmos, é dicir, un lugar no que exista un alto nivel de tolerancia. Isto vese reflectido na aceptación de colectivos coma o LGTBIQ+ ou de persoas estranxeiras. Xa que logo, procuran un lugar no que non existan problemas de discriminación tanto racial coma doutros tipos. Outros traballos que inciden e analizan a existencia desta clase creativa son os de Mahon e Riambau\n2.4. A concentración xeográfica das industrias creativas\nAs diferentes teorías e traballos sobre a concentración das actividades económicas no espazo teñen os seus inicios a finais do século XIX co economista Alfred Marshall. Basicamente, ao que se refiren estes termos é aos beneficios que obteñen – e dos que gozan – as empresas por situarse nun determinado territorio onde xa existan outras, beneficios ligados á redución das distancias (menores custos de transporte, de subministración…) ; á existencia de “reservas” de man de obra (gran número de traballadores formados dispoñibles), de tecnoloxía e de innovación. Son o que se coñece como economías externas, que posteriormente foron divididas en economías de localización (de tipo marshalliano), vinculadas a un sector ou sectores relacionados entre si, e economías de urbanización, froito dun ambiente urbano multidisciplinar.\nNeste sentido, unha das características máis salientables e relevantes das actividades creativas é a forte concentración que estas teñen no espazo. Á hora de explicar cales son os factores que levan á concentración deste tipo de actividades, podemos diferenciar dúas grandes liñas de investigación. Por unha banda, atopámonos coas achegas de Florida, e por outra coas teorías relacionadas coas economías de aglomeración.\nNos seus traballos Florida destaca tres factores clave para explicar isto. Son os denominados como os tres T que, en certo modo, están relacionados co recollido nos apartados anteriores. Estes son os seguintes:\n1) A tecnoloxía. Historicamente, os economistas sempre lle deron un papel moi relevante á tecnoloxía nos procesos de crecemento e desenvolvemento económico, pero sempre centraron a súa análise – ou cando menos maioritariamente – nos sectores industrial e agrario. Deste xeito, xa os clásicos, como Smith ou Ricardo, falaban destes temas nas súas obras. Pero na actualidade, e máis no contexto das actividades creativas, aparecen o que poderiamos chamar novos factores produtivos. Así, afastámonos daquela idea de que os factores produtivos eran basicamente o capital, a terra e o traballo. Na actualidade, algúns autores, coma o propio Florida, poñen de relevo a importancia do coñecemento e das novas tecnoloxías da información e a comunicación coñecidas como TIC. Deste modo, unha rexión cun alto nivel tecnolóxico terá unha vantaxe clara sobre outra cun nivel baixo e, polo tanto, terá máis potencialidade á hora de ser un centro creativo, aínda que existen outros factores clave. 2) A tolerancia. É, sen discusión, o factor máis orixinal ou propio para explicar a aglomeración nunha rexión de actividades creativas. Aínda que o termo tolerancia pode ser moi amplo, e mesmo subxectivo, poderiamos definilo como o ambiente de respecto e permisividade co modo de vida das persoas. Desta forma, podemos englobar aquí conceptos como a boa integración das persoas estranxeiras, de grupos tradicionalmente marxinados como o colectivo LGTBIQ+, de persoas de etnias discriminadas, etcétera. Á fin e ao cabo, o que nos di isto é que para o desenvolvemento destas actividades se precisa unha atmosfera de tolerancia e de liberdades individuais que atraia e deixe vivir nas mellores condicións a clase creativa. Para poñer un exemplo de como lles afecta a tolerancia ás cidades, en Florida (2002) analízase como, no marco dos Estados Unidos, cidades cun nivel de tolerancia alto (San Francisco, Austin, Seattle ou Boston) teñen unha maior presenza de actividades creativas do que outras cidades que, polo resto de condicións, deberían situarse por diante (Memphis, Ocklahoma, Norfolk…). Como sinala Florida (2005): “ Nós estamos convencidos polas nosas investigacións de que a tolerancia e unhas barreiras ao capital humano baixas axudan a atraer talento, e que o talento se asocia á industria intensiva en tecnoloxía e ao crecemento rexional. As cidades deberían combinar os seus obxectivos de mellorar o desenvolvemento empresarial con estratexias para fomentar a súa diversidade e tolerancia” (p. 139).\nEstudos máis actuais afondan na importancia da apertura intercultural como un factor que incide positivamente na capacidade innovadora dos territorios (González e Fernández, 2018). 3) O talento. É o último factor que se recolle na literatura de Florida. Consiste, fundamentalmente, na formación e nas aptitudes dos individuos. Fai referencia, en certo modo, ao nivel educativo dos individuos desa rexión e tamén a outros factores relacionados co que algúns economistas denominan coma capital humano. Como di Florida (2005): “ Nesta nova era, o capital humano – ou talento – converteuse no factor produtivo clave ” (p. 49). Algúns autores critican esta idea de Florida. Concretamente, en Friedman (2009), o autor defende que o proceso de globalización e a aparición das novas tecnoloxías (como as TIC) levan ao mundo a ser máis pequeno e quítanlles importancia aos factores sociais, xeográficos e culturais. Isto iría en contra da teoría de Florida, xa que o resultado sería unha igual distribución das actividades ou, polo menos, unha tendencia cara á dispersión.\n2.5. A identidade rexional propia\nUnha vez definidos os conceptos relacionados coa economía creativa, e explicados cales son os factores que levan á súa concentración, imos definir os conceptos comprendidos baixo o termo identidade rexional propia, e as súas relacións coas industrias creativas.\nÉ difícil facer unha definición que abarque completamente o termo identidade propia, pero poderiamos empezar dicindo que son aquelas características culturais, lingüísticas, estruturais, económicas, sociais e incluso políticas que caracterizan e distinguen un territorio dos demais. Alternativamente, poderiamos describir o termo como o conxunto de características dunha nación, rexión ou sociedade que lle son propias.\nPara poñermos un exemplo próximo, podemos falar do caso de Galicia na que, sendo unha comunidade autónoma dentro dun país plurinacional, plurilingüe e con sociedades claramente diferenciadas, existen claros sinais de identidade propia. O máis claro e evidente é o idioma. Galicia ten o seu propio idioma, recoñecido institucionalmente como unha lingua cooficial co castelán, que comparte espazo e falantes co idioma a nivel nacional e que ten unha presenza clara nas institucións públicas, sociais, educativas, etcétera. É razoable considerar que o feito de ter este idioma propio xera unha riqueza cultural maior que podería producir efectos positivos no desenvolvemento das industrias creativas e, máis concretamente, no que podemos denominar como industrias culturais.\nAínda que, aparentemente, estes son os signos e os casos máis obvios que cómpre incluír dentro da identidade propia, podemos engadir máis aspectos. Isto é o que imos facer deseguido.\n2.6. A identidade cultural e a autonomía política\nComo xa adiantamos na introdución do traballo, dentro do concepto de identidade rexional propia incluímos dous conceptos, que pasamos a explicar de forma máis detallada a continuación. O primeiro é o da identidade cultural propia, que é o máis ligado ao explicado anteriormente. A presenza dunha cultura propia, lingua propia, historia propia, etcétera, conduce á existencia de actividades relacionadas con eses puntos diferenciadores que impulsan o peso de actividades de carácter cultural e tamén creativo. Por exemplo, unha lingua propia impulsará actividades relacionadas coas publicacións literarias (industria da edición, editorial, etc.). A presenza dunha historia e dun patrimonio cultural propios impulsará aquelas actividades vinculadas ao turismo cultural (industria do espectáculo ou turismo histórico), por exemplo mediante exposicións ou representacións de obras artísticas populares típicas da rexión ou festas tradicionais relacionadas coa cultura popular.\nEn Lorenzo (2017) faise referencia, para o caso galego, á existencia dun capital simbólico que supón un activo relevante no sector cultural, cunha capacidade para representar os valores dunha identidade común. Tamén sinala a importancia do compromiso con esta por parte das Administracións públicas. Deste xeito, parece lóxico extrapolar este caso a outras rexións.\nO segundo concepto é o da autonomía política. Neste caso atopámonos nun contexto que fai referencia máis ben ao ámbito político ou institucional. O poder na toma de decisións políticas e a presenza de institucións propias deberían ter un efecto positivo sobre as actividades creativas. De novo, para ilustrar esta feito podemos recorrer ao caso galego. A existencia da Xunta de Galicia, ou doutras institucións similares (deputacións e concellos), xera unha demanda de servizos e de bens culturais e creativos que produce un efecto positivo na presenza destas actividades e industrias. Concretando nun caso moi específico, a presenza dunha televisión pública rexional, como é a Televisión de Galicia (TVG), orixinará unha demanda de certos recursos e un incremento do peso das actividades creativas.\nNesta liña, González (2009) e Vence e González (2014) apuntan que, aínda que na maioría das teorías tenden a limitarse á incorporación de factores derivados do mercado privado, existe evidencia de que as institucións públicas, e en particular a Administración e os organismos públicos dela dependentes, son clientes cun perfil alto de KIBS (das siglas en inglés de servizos a empresas intensivos en coñecementos). Segundo estes autores, isto explicaría en certo grado a concentración destes servizos nas grandes capitais, debido á presenza nestas das ditas institucións. Algúns dos sectores habitualmente incluídos na economía creativa poden definirse tamén como KIBS, polo que a súa localización responde ás mesmas pautas que estas actividades. Outros traballos previos, como Vence e González (2005), amosan como a extensión do estado do benestar, e polo tanto o papel do sector público, desempeña unha función relevante na conformación e no establecemento de certos servizos intensivos en coñecemento que se atopan profundamente ligados á economía creativa.\nEn Aguiar (2014) lévase a cabo un estudo, para o caso español, das actividades creativas. Nel fálase da importancia das institucións públicas na demanda de bens e servizos culturais. En concreto, faise unha análise empírica de como se distribúe o gasto entre os diferentes niveis da Administración. Nese apartado recóllese o seguinte (Aguiar, 2014):\n“ As Administracións locais son as que realizan un maior gasto en cultura, seguidas de lonxe polas autonómicas e pola do Estado, a pesar de que a maior parte das competencias en materia de cultura as teñen as comunidades autónomas... ” (p. 10). Aguiar (2014) sinala tamén que: “ Existe unha relación forte entre o que gastan as Administracións públicas en cultura e o output do sector cultural, é dicir, que o aumento sostido do gasto público no ámbito cultural foi acompañado dun crecemento sostido do valor da actividade deste sector ” (p. 11).\nEn liña con isto, tamén podemos destacar o recollido en Lorenzo (2017), onde se analiza a forte influencia, debido á súa demanda, das Administracións públicas (locais e rexionais) na industria cultural, o que conduce a que as decisións destas sexan clave na deriva da cultura. Tamén destaca o papel do Goberno autonómico, neste caso galego, no mantemento do emprego cultural nas épocas de crise.\nXa que logo, parece clara a idoneidade de incluír a autonomía rexional como unha variable da identidade propia que cómpre considerar. Por unha banda, Vence e González (2005, 2014) achegan datos de ámbito europeo sobre a importancia da Administración pública como demandante de servizos intensivos en coñecemento. Por outra parte, Aguiar (2014) e Lorenzo (2017) móstrannos, para os casos español e galego, a importancia das comunidades autónomas e, sobre todo, das entidades locais como demandantes do sector cultural e creativo.\n3. O caso das rexións europeas\nPara analizarmos se na realidade se cumpre o exposto na parte teórica, imos empregar datos das rexións europeas. Todos eles proceden da base estatística de Eurostat, máis en concreto das bases de datos rexionais. Para adaptármonos mellor aos casos de cada Estado, decidimos empregar distintas categorías de rexións, correspondéndose sempre con NUTS 1 ou 2. Mesmo dentro dun mesmo país, incluímos rexións distintas 2. Cabe sinalar que, debido á complexidade da base de datos necesaria para a evolución do traballo, non existen datos para algúns anos. Por esta razón usamos modelos rexionais atemporais. Especificamente, utilizamos datos do ano 2016, e para o caso de que non existan datos deste ano, remontámonos ao anterior máis próximo.\nDeste xeito, como xa sinalamos na introdución, en primeiro lugar presentamos as variables empregadas, explicando a súa relación coa teoría exposta anteriormente. En segundo lugar, facemos unha breve análise dos datos e dos problemas que poden aparecer á hora de trasladalos a un modelo econométrico. Finalmente, presentamos os modelos econométricos e analizámolos brevemente.\n3.1. As variables explicativas do modelo\nComo variable explicada ou regresando, temos un índice de especialización (IE) elaborado do seguinte xeito: á hora de seleccionar os sectores que incluír no traballo, tomamos como guía a clasificación feita pola Comisión Europea que se mostra na Táboa 1, seleccionando entre os sectores recollidos por Eurostat aqueles que coinciden con esta (Eurostat, s.f.a). Tras obter os datos sobre o emprego dos sectores ligados ás industrias creativas de cada rexión, elaboramos o índice mediante a seguinte fórmula:\nonde IE é o índice de especialización; j refírese á rexión j =1, 2, 3,..., J ; J é o número de rexións; TC j é o número de empregados creativos na rexión j ; e TT j é o número de empregados totais na reComo se pode deducir da fórmula anterior, os datos que obtemos de Eurostat son os do número total de empregados en cada sector. Así, utilizamos sempre o dato do último ano dispoñible, estando todos eles comprendidos entre os anos 2012 e 2016. Os sectores son considerados como pertencentes á economía creativa. Tamén, dentro das creativas, podemos distinguir as actividades culturais 3.\nDeste xeito, no numerador da anterior fórmula temos o peso do emprego das actividades creativas e no denominador, o peso do emprego das actividades creativas no conxunto de todas as rexións. Para interpretarmos o valor dado polo devandito indicador, debemos ter en conta os seguintes aspectos:\n1) Se o valor é inferior a 1, a rexión en cuestión mostra menor numerador que denominador, o que quere dicir que o seu peso no emprego é menor do que no conxunto das rexións. Este valor mostra que nesta rexión hai unha baixa presenza de industrias creativas.\n2) Se o valor é igual a 1, a rexión ten o mesmo peso no emprego que a media. Este dato revélanos que esta rexión non está especializada no sector pero que tampouco queda por baixo da media. 3) Se o valor é superior a 1, a rexión si estará especializada nese sector en cuestión.\nPolo tanto, atopámonos con que valores superiores pero preto de 1 mostran un nivel de especialización moderado, pero niveis claramente superiores mostrarán que a rexión está claramente por riba da media.\n3.2. As variables explicativas do modelo\nDentro deste apartado debemos facer unha clara distinción. Por un lado, temos que recoller as variables centrais da análise, como son as relacionadas coa identidade propia da rexión. Por outra banda, atopámonos coas variables de control, que nos axudarán a engadirlle significatividade e robustez ao modelo. Polo tanto, no primeiro grupo encadramos dúas variables que denominamos autonomía rexional e lingua propia, que explicaremos na correspondente epígrafe. No segundo, temos as variables ligadas á teoría de Florida e ás economías de aglomeración, sendo estas as seguintes: un índice composto de tolerancia (tolerancia), a porcentaxe de gasto en I+D sobre o PIB (tecnoloxía), o nivel educativo (talento), e xa por último a densidade de poboación (economías de aglomeración).\n3.2.1. As variables de identidade rexional propia\nNo noso traballo incorporamos dúas variables de identidade propia que, como xa adiantamos nos primeiros apartados da parte teórica, están relacionadas coa lingua propia e co nivel de autonomía rexional. 1) A lingua propia. Para medir a influencia da lingua propia, empregamos unha variable ficticia que pode tomar dous valores. As rexións que non teñen lingua propia reciben o valor cero. Pola contra, as rexións que si teñen unha lingua propia reciben un valor igual á unidade. Deste xeito, rexións como a Comunidade de Madrid reciben un cero, mentres que o País Vasco recibe o valor un. Para establecer que falares consideramos lingua propia e cales non, fixamos os seguintes criterios. O primeiro deles é a oficialidade na rexión; así, por exemplo, o bable non se incluiría como lingua propia, e Asturias recibiría un 0 como valor. No caso de linguas como o catalán, que é falado en máis dunha rexión e que é tamén oficial nas Illas Baleares e na Comunidade Valenciana, o valor é de 1. Xa que logo, as tres comunidades reciben un 1. Isto tamén sucede con algunhas rexións de Bélxica, por exemplo. 2) A variable de autonomía rexional. Para a elaboración desta variable, seguimos criterios similares aos do anterior apartado e utilizamos como referencia o traballo de Baier, Kroll e Zenker (2013). Neste traballo faise un estudo do impacto da autonomía rexional sobre a innovación. Para iso, os autores elaboran unha clasificación en que lles outorgan diferentes valores (sempre entre 0 e 5) ás diferentes rexións respecto a múltiples criterios. Debido a que nalgúns casos se empregaban os\nmunicipios como rexións para ter en conta, o que xeraba un gran número de rexións e a indispoñibilidade de datos para facer o noso traballo, adaptamos a selección de rexións ás que mostramos no primeiro subapartado, utilizando só NUTS 2 e nalgúns casos particulares, NUTS 1. Os criterios que se utilizan en Baier et al. (2013) son os seguintes:\na) O valor 1 asígnase ás rexións nun país totalmente centralizado en sen parlamento rexional. b) O valor 2 aplícase ás rexións nun contexto marcadamente centralizado (por exemplo, con representantes rexionais pero asignados de xeito central).\nc) O valor 3 establécese para ás rexións cunha estrutura compartida centro/rexional (representantes designados dunha forma centralizada e representantes elixidos a nivel rexional). d) O valor 4 adxudícase ás rexións con contextos maioritariamente descentralizados e con representantes elixidos a nivel rexional. e) O valor 5 outórgase ás rexións con gobernos rexionais electos que teñen amplas competencias, representación noutros países e/ou nas estruturas das institucións europeas.\nAdemais, cabe sinalar que non todas as rexións dentro dun mesmo país teñen por que ter o mesmo valor. No Reino Unido e en España, por exemplo, non é así. Tamén cómpre indicar que nos casos de países dunha única rexión o valor dado é o máximo, xa que, á fin e ao cabo, son “ plenamente ” autónomos. Nos casos en que tivemos que facer cambios nas rexións orixinais, a estas se lles asignou o mesmo valor que tiñan orixinalmente.\n3.2.2. As variables de control\nNeste apartado incluímos as variables que teñen o cometido de achegar significatividade e robustez ao modelo. Temos catro variables que podemos empregar como proxys de catro factores que, como xa vimos na parte teórica, son relevantes á hora de explicar a presenza de actividades creativas. Deste modo, atopamos tres relacionadas coa visión de Florida e unha coas teorías de aglomeración.\nNo tocante ás primeiras, temos a seguinte relación:\n1) Variable proxy do talento. Como variable proxy do talento utilizamos os datos dunha variable educativa rescatada da fonte estatística de Eurostat. Concretamente, esta variable agrupa a porcentaxe de persoas entre 25 e 64 anos que teñen un nivel educativo cualificado como terciario. En Eurostat recóllese como os niveis 5, 6, 7 e 8. Os datos foron obtidos de Eurostat (s.f.b). 2) Variable proxy da innovación (tecnoloxía). Aínda que na parte teórica estivemos a falar de tecnoloxía, como fai Florida na súa obra, cremos que este termo está demasiado acoutado e que o termo innovación, máis amplo, é mellor á hora de empregalo nesta parte empírica. Para incluírmos o efecto da innovación na nosa análise, usamos como variable proxy desta a porcentaxe de gasto en I+D sobre o PIB das diferentes rexións. Os datos foron extraídos de Eurostat (s.f.c). 3) Variable proxy da tolerancia. Para incluír a tolerancia no traballo, incorporamos como variable proxy un indicador composto rescatado de Eurostat. En concreto, o indicador denominado tolerance and inclusion, que inclúe diversos conceptos 4. Cómpre sinalar que no caso dos Estados nos que empregamos NUTS 1 o valor utilizado se corresponde coa media aritmética das NUTS 2 que a compoñen, xa que os datos só están dispoñibles para estas últimas. Os datos proveñen da European Commission (2016). 4) Variable proxy das economías de aglomeración. Para medirmos o efecto da aglomeración nas industrias creativas e culturais incorporamos no noso traballo un índice calculado a partir da densidade de poboación das diferentes rexións. Os datos foron recollidos de Eurostat e son o resultado de dividir a densidade de cada rexión pola media de todas (365, 35 habitantes por quilómetro cadrado). Isto faise coa intención de obter uns estimadores dos parámetros cunha facilidade maior na súa interpretación.\nonde IDP j fai referencia ao índice de densidade de poboación da rexión j ; j refírese á rexión j =1, 2, 3,..., J ; J é o número total de rexións; e DP j fai referencia á densidade de poboación da rexión j. Os datos foron obtidos de Eurostat (s.f.d).\n3.3. Análise dos datos\nPara comezarmos coa análise dos datos, recollemos nas Táboas 2 e 3 os principais estatísticos descritivos e a matriz de correlacións de todas as variables.\nDesta primeira análise descritiva podemos observar o seguinte: − Existe unha correlación positiva forte entre as variables das industrias creativas e culturais; algo lóxico, dado que as culturais están incluídas dentro das creativas. − As dúas variables de identidade rexional propia teñen un impacto positivo sobre as variables explicadas. − Hay que destacar o maior impacto da autonomía rexional sobre as industrias culturais fronte ás creativas. − Tamén é salientable o maior impacto da lingua propia sobre as industrias creativas, algo que contradí, en certo modo, as nosas hipóteses de partida e que pode vir relacionado coa pouca desagregación nos sectores. − Existe unha relación considerable entre as dúas variables de identidade rexional propia. Isto parece lóxico, xa que as comunidades cun maior nivel de autonomía rexional se corresponden, comunmente, con antigos Estados independentes ou con rexións que no pasado contaron cunha maior independencia. Esta senda histórica explica que, en moitos casos, tamén tiveran unha lingua propia e unha cultura máis diferenciada. Un exemplo claro é o caso das comunidades autónomas galega, vasca e catalá en España, que gozan dunha maior autonomía política e contan con linguas propias.\n− No que respecta ás variables de control, estas tamén presentan un impacto positivo sobre ambas as variables, coincidindo co recollido previamente. − Existe unha correlación considerable entre as variables de control de Florida.\n3.4. Os modelos econométricos\nAntes de presentar os modelos econométricos, é necesario explicar o proceso polo que chegamos a eles. O primeiro que cabe facer é explicar as implicacións das conclusións extraídas no apartado anterior que, como amosaremos posteriormente, influirán na formulación dos modelos finais. Desta maneira, podemos recoller as tres seguintes:\n1) A correlación existente entre as variables de identidade rexional propia pode levar a que estas non poidan ser incluídas no mesmo modelo por problemas de multicolinealidade. 2) A correlación que se produce entre as variables de control pode dar lugar a que non sexa posible incluílas xuntas nos modelos por problemas, novamente, de multicolinealidade. 3) O feito de estar a falar dun modelo rexional atemporal pode provocar a existencia de heterocedasticidade, o que implicaría non poder empregar mínimos cadrados ordinarios (MCO) como método de estimación.\nUnha vez recollidas estas implicacións, pasamos a analizar se, de feito, ocorre isto ou non. O primeiro que cómpre destacar é que existe heterocedasticidade en todos os modelos que estimamos por MCO. Isto é algo que comprobamos co test de White, empregando un nivel de significación do 5%. Para paliarmos a heterocedasticidade, utilizamos un método de estimación proporcionado por Eviews chamado mínimos cadrados robustos (MCR) (robusts least squares, RLS), que se usa para eliminar a existencia de puntos fóra de escala, tamén coñecidos como valores atípicos ou out liers, que frecuentemente causan heterocedasticidade.\nAdemais, como xa sinalamos con anterioridade, non é posible incluír ambas as variables de identidade propia nun mesmo modelo. Por isto, finalmente presentamos catro modelos. Cada un combina unha variable explicada cunha variable explicativa de identidade rexional propia. Presentámolos todos xuntos e, posteriormente, recollemos as principais conclusións que podemos extraer deles. Na Táboa 4 mostramos as ecuacións dos catro modelos, destacando a variable de identidade propia incluída en cada un deles, onde CREATIVAS é o índice de especialización nas actividades creativas;\nCULTURAIS é o índice de especialización nas actividades culturais; AUREX é a autonomía rexional; LP é a lingua propia; DP é o índice de densidade de poboación; INN é o peso do gasto en I+D no PIB; TOL é o indicador de tolerancia e inclusión (tolerance and inclusion); e TAL é a porcentaxe de poboación, entre\nNa Táboa 5 ofrecemos os resultados máis relevantes que nos achegan as estimacións dos catro modelos. Nela presentamos os estimadores dos parámetros, o nivel de significación proporcionado pola probabilidade asociada ao estatístico z 5, o coeficiente de determinación axustado común, a modalidade robusta do anterior denominada como coeficiente de determinación W, e o estatístico empregado con MCR correspondente ao test de Wald de significatividade conxunta. Algúns destes estatísticos non son empregados ao usar mínimos cadrados ordinarios ou axustados, polo que explicaremos tamén en que consisten e compararemos cales son as melloras que amosan respecto aos seus estatísticos de partida.\nO primeiro que se debe sinalar dos modelos é que, como indicamos xa nos anteriores apartados, debido á existencia de relacións considerables entre as variables empregadas como regresores, non é posible formar un modelo que inclúa todas elas. No caso das variables de identidade propia, isto prodúcese tanto no caso das industria culturais como no das creativas, o que provoca que sexa necesario estimar os catro modelos que amosamos. Para o caso do resto dos regresores, podemos incluílos se van acompañados da variable de autonomía rexional, pero non coa de lingua propia. Ademais, como podemos observar, todos os estimadores son significativos cunha probabilidade asociada do 1%. Esta probabilidade é asociada ao estatístico z, que é o resultado de dividir o valor do estimador entre a súa desviación típica. Neste caso, aínda que se calcula ese estatístico do mesmo xeito que con MCO para o estatístico t, denomínase z debido a que tanto o estimador como a súa desviación típica son distintos ao empregar o método robusto. O que estes datos están amosando é que o modelo é significativo, e que todas as variables teñen un efecto que ter en conta na variable explicada.\nVerbo dos valores dos estatísticos, en primeiro lugar observamos o coeficiente de determinación axustado común (Ax. R 2). Este estatístico non proporciona información directa sobre os resultados do modelo, pero si serve para amosar a mellora – e a necesidade – no emprego dun modelo de estimación alternativo a MCO. Isto faise a partir da comparación co seguinte estatístico, o coeficiente de determinación axustado w (Ax. R 2 w), que, como se recolle en Renaud e VictoriaFeser (2010), é o estatístico axeitado para empregar ao estimar co método robusto. En relación con este estatístico, hai que ter en conta dúas cuestións. Por unha banda, a mellora con respecto á súa modalidade común, que se cifra en máis de tres décimas en todos os casos e ata en catro e media no cuarto. Por outra banda, temos que os valores do indicador se sitúan entre 0, 46 e 0, 63, o que, sen ser valores extraordinariamente bos, son valores suficientes e incluso bastante bos. Igualmente, é preciso indicar que o modelo 1, o que ten un valor máis baixo, só emprega tres variables debido á multicolinealidade, o que xustifica en certo modo o valor acadado no indicador.\nFinalmente, temos o estatístico R 2 n, que é a modificación do estatístico F para a estimación robusta. Este estatístico serve para contrastar a existencia de significatividade conxunta do modelo. Como podemos observar na táboa, tamén ten unha probabilidade asociada, que é proporcionada directamente por Eviews. Neste caso, vemos como todos os modelos teñen significatividade conxunta ao ser a probabilidade asociada, en todos os casos, inferior ao 1%. Tras analizarmos todas estas cuestións, podemos chegar á conclusión de que as estimacións amosan boas propiedades e uns resultados que sosteñen e concordan coas hipóteses expostas ao longo do traballo. Tanto as variables de identidade propia coma as de control presentan un efecto positivo na presenza de industrias creativas e culturais nunha rexión.\nCentrándonos nas variables de identidade propia, non é posible facer comparacións precisas entre elas, no sentido de que cada modelo inclúe distintas variables de control debido á presenza de multicolinealidade, xa que o valor do estimador e o seu estatístico z varían segundo o contexto do modelo.\nRevisando por separado os datos correspondentes a cada unha das variables, atopamos os seguintes resultados:\n1) No caso da variable de autonomía rexional, o valor positivo indícanos que a maior nivel de autonomía maior é a presenza de industrias culturais e creativas, xa que o índice de especialización aumentaría ao facelo a variable. Dada a natureza da variable, de corte cualitativo e con valores do 1 ao 5, o estimador amósanos que as rexións cun maior nivel de autonomía presentan maior presenza destas industrias. O impacto é moi semellante tanto para as industrias creativas no seu conxunto como para as de tipo exclusivamente cultural. 2) O caso da lingua propia é similar. Trátase dunha variable bimodal que pode tomar os valores 0 e 1. Esta variable indícanos que as rexións cun valor de 1, as que teñen lingua propia, presentan unha maior presenza de industrias creativas e culturais. Neste caso, non podemos comparar o efecto da lingua propia sobre a especialización en industrias culturais e en creativas, pois o número de variables explicativas que podemos incluír en cada modelo é diferente.\n4. Conclusións\nNeste artigo quixemos afondar nos factores que inciden nunha maior presenza de actividades creativas a nivel rexional, centrándonos nas rexións europeas. A nosa achega baséase na consideración da identidade rexional, nas súas variantes cultural (lingual propia) e institucional (autonomía política), como factor explicativo dunha maior especialización en industrias creativas e, adicionalmente, daquelas máis ligadas ao eido da cultura.\nÁ vista dos resultados da nosa análise empírica, podemos afirmar que existe un impacto positivo da identidade rexional propia sobre a presenza das actividades creativas en xeral, e das actividades culturais en particular, nas rexións europeas. En concreto, a existencia dunha maior autonomía política ten un efecto positivo sobre a especialización das rexións nas industrias creativas, efecto que tamén é visible, aínda que un chisco menor, no caso específico das industrias culturais. Isto reforza a importancia de contar con institucións propias xa que, tal e como indica a literatura existente, estas poden actuar como catalizadores e demandantes de actividades creativas e culturais dentro da propia rexión. Por outra banda, en canto á existencia dunha lingua propia, variable coa que tratamos de medir a identidade cultural das rexións, o efecto é tamén significativo e positivo. Contar cunha identidade cultural propia, nas súas manifestacións musicais, literarias ou de calquera outro tipo, pode actuar como acicate para desenvolver industrias neses eidos dentro das propias rexións, facéndoas non exclusivamente dependentes do consumo de produtos culturais mainstream, as máis das veces desenvolvidos nas rexións metropolitanas de ámbito estatal ou global.\nNa Táboa A.1 presentamos a clasificación das industrias creativas realizada pola Comisión Europea, na Táboa A.2 recollemos a listaxe de rexións europeas elaborada pola Eurostat, e por último na Táboa A.3 ofrecemos as ramas de actividade que utilizamos a partir da información da Eurostat.\n17 Táboa A.3. Ramas empregadas no traballo\nFonte: elaboración propia a partir de datos da Eurostat.\nBibliografía\nAguiar, E. (2014). Las industrias culturales y creativas en España. UAMAccenture Working Paper #2014/13. Madrid: Universidad Autónoma de Madrid. Recuperado de: https://www.academia.edu/29627520/LAS_INDUSTRIAS_CULTURALES_Y_CREATIVAS_EN_ESPA%C3%91A\nhttps://ec.europa.eu/regional_policy/en/information/maps/social_progress Eurostat. (s.f.a). Employment by age, economic activity and NUTS 2 regions. Luxembourg, Luxembourg: Eurostat. Recuperado de: https://appsso.eurostat.ec.europa.eu/nui/show.do?dataset=lfst_r_lfe2en2&lang=en\nCultural\nProdución de programas de cine, vídeo e televisión, gravación de son e publicación de música.\nActividades de programación e radiodifusión. Non\nProgramación informática, consultaría e actividades relacionadas. Non\nActividades de arquitectura e enxeñería; probas técnicas e análises. Non\nInvestigación científica e desenvolvemento. Si\nPublicidade e estudos de mercado. Non M74 Outras actividades científicas, profesionais e técnicas. Non\nImpresión e reprodución de soportes de gravación.\nReal Academia Galega. (s.f.b). Creativo/a. En Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. RecupeRecuperado de http://www.revistasice.com/index.php/ICE/article/view/810/810"} +{"summary": "Neste traballo preséntanse os resultados dun estudo sobre a Escola Agrícola Pedro Murias no relativo ao seu papel como institución adicada á experimentación agropecuaria e á divulgación. Un labor que se desenvolveu entre 1916 e 1936 na parroquia A Devesa, concello de Ribadeo, e que parte do interese particular dun indiano por fundar un centro que permitira aos labregos da comarca innovar as súas explotacións. Coincide no tempo con outras institucións creadas polo Estado co obxectivo de facer competitivos os produtos agrogandeiros españois no marco dunha agricultura mundializada e inmersa nun novidoso marco capitalista. A institución devesá, a través dos seus directores, vaise postular nos grandes debates agronómicos do momento (mellora da raza vacúa galega, opción produtiva da gandería, etc.) e levar a cabo un destacado labor de experimentación e divulgación que se ben non consegue converterse nun referente a nivel galego, malia súa potencialidade, resulta decisivo no avance do agro da comarca de Ribadeo.", "text": "Ana Cabana Iglesia\nO labor de experimentación e divulgación agronómica da Granxa da Devesa (19161936)\n Experimentación agropecuaria, divulgación, agro galego, Ribadeo, primeiro terzo do século XX Abstract We report the results of a study of the agricultural research and community education activities of the Pedro Murias Agricultural School. This school, which operated between 1916 and 1936 in the parish of A Devesa in the municipality of Ribadeo (Lugo, Spain), was promoted by a returned émigré to encourage and help local peasant farmers to modernize their farms. During the same period, Spanish governments were also setting up institutions aimed at making Spanish farming produce competitive in a market that was becoming increasingly international and capitalist. The directors of the Pedro Murias School were active in contemporary debate on issues such as the improvement of autochthonous Galician breeds cattle and carried out significant research as well as educational programmes. Although the School failed to achieve general renown throughout Galicia as it might have done, it was a decisive factor in the modernization of agriculture in the Ribadeo area.\n20th century.\nIntrodución\nNas primeiras tres décadas do século XX desenvolvéronse en España unha serie de iniciativas institucionais co obxectivo de mellorar a situación agrícola e gandeira nacional. Unha delas foi a constitución e o fomento de centros destinados á investigación agronómica. En Galicia os máis senlleiros foron a Granxa Agrícola da Coruña, a Estación de Fitopatoloxía e a Misión Biolóxica, con Cruz Gallástegui á cabeza (Fernández Prieto, 1988, 1992; Cabo Villaverde, 1997, 1999). De maneira paralela a estas institucións xurdiu outro centro con obxectivos similares. Foi posto en marcha no concello de Ribadeo, concretamente na parroquia da Devesa. En puridade, estamos ante unha escola agrícola, é dicir, unha institución onde se primaba o ensino sobre calquera outra actividade, pero tamén ante unha “granxa”, nome co que é coñecida na zona, dado que a experimentación agronómica e a divulgación era outro dos eixes do seu labor. A Granxa da Devesa, fundada polo desexo e co capital do indiano Pedro Murias, empezou a erguerse en 1916 e tivo nos anos vinte o seu momento de máximo esplendor institucional. A diferenza do resto do\nAna Cabana Iglesia Dpto. Historia Contemporánea e de América Escola Politécnica Superior. r./ Bernardino Pardo Ouro, s/n Campus de Lugo. Univ. de Santiago de Compostela 27002 LUGO Tfno: 34982252231ext. 24728 email: acabana@usc.es\n“entramado institucional”, a Granxa da Devesa non parte do anceio estatal por innovar o sector agrícola galego e facelo competitivo no mercado internacional, senón do interese persoal dun emigrante que, a título póstumo, decidiu investir a súa fortuna, acumulada en Cuba na industria do tabaco, na fundación dunha institución educativa que puxera a disposición das novas xeracións de devesáns os avances científicos referidos ao agro. O feito fundacional confírelle, polo tanto, unha dobre peculiaridade á institución, por unha banda está na base da explicación da súa curta andaina, xa que o financiamento dependía exclusivamente dos rendementos dun capital individual e éstes, debido á situación económica de Cuba (alén da mala xestión), non fixeron máis que mermar co pasar do tempo. E pola outra, está, como xa se apuntou, no carácter secundario da experimentación fronte ao ensino, entendida aquela como subsidiaria deste.\nA nosa pretensión está en dar conta do papel que tivo a Granxa da Devesa como centro experimentador e divulgador no tempo en que estivo en funcionamento e insistir na súa condición de elemento xerador das innovacións acontecidas na agricultura e gandería da zona ribadense dos anos vinte. Repararemos nas súas liñas de investigación prioritarias, nos modos e vías establecidos para a difusión das novidades agronómicas e, no posible, aprehenderemos o calado social e o grao de receptividade dos labregos cara dita institución. Pretendemos, igualmente, situar a Granxa e o seu labor dentro dos grandes debates que sobre agricultura e gandería se deron no primeiro terzo do século XX, sobre todo, no relativo á especialización da cabana gandeira galega cara á produción cárnica ou a leiteira. Coa finalidade de presentar unha panorámica completa sobre as actuacións acometidas na Granxa devesá, aprofundaremos nos proxectos que foron realizados no propio centro na procura da mellora pecuaria e na súa condición de ente divulgador dos progresos e novidades dese mesmo ámbito.\nO núcleo fundamental das fontes documentais empregadas para a realización deste estudo procede da propia institución. Trátase do Fondo Documental co que conta o actual Centro de Experimentación e Formación Agroforestal Pedro Murias. O volume de documentación conservada é relativamente pequeno debido ao abandono que sufriu o edificio sé da Granxa dende a década dos setenta ata 1993, pero o grao de conservación dos fondos, que se atopan sin catalogar, é máis que aceptable. Podemos agrupar os materiais empregados como fonte en dous grupos. Por unha banda, a documentación administrativa, é dicir, aquela que se xerou a partir da xestión do centro. Destacan dentro deste corpus as memorias anuais, que proporcionan información sobre orzamentos, propostas de actuación e realizacións, e os oficios, que dan conta das diferentes compras pecuarias e de aparellos que se levan a cabo. Pola outra banda, está o material xerado a raíz da relación epistolar entre a dirección da Granxa e o padroado que a rexía dende La Habana, a Xunta de Patróns. Nesta correspondencia constan as peticións de fondos económicos que realizan os diferentes directores para acometer novas actuacións na institución ribadense, así como as directrices dadas polo órgano reitor cubano sobre como debía funcionar ésta.\nAlén da análise histórica desta documentación tívose en conta para a realización deste traballo a información que achegan os diferentes órganos de prensa da zona, xa de tipo xeralista, como LA COMARCA ou LAS RIBERAS DEL EO, xornais da comarca de Ribadeo, ou EL PROGRESO, xa prensa sindical, como EL AGRICULTOR, xornal voceiro da Sociedade Agraria de Riotorto.\nA actividade experimental da Granxa da Devesa: o seu papel nos debates agronómicos do primeiro terzo do século XX\nOs dous labores, o experimental e o divulgador, dependían na Granxa dos intereses que primaran na dirección da institución, polo tanto, cómpre facer un seguimento dos diferentes persoeiros que estiveron á súa fronte.\nO primeiro director da Granxa foi o enxeñeiro agrícola ribadense Enrique Suárez Couto. Membro dunha importante familia do concello, realizara os seus estudos en Bélxica e no Instituto Agrícola catalán de S. Isidoro. Á altura de 1918, cando asume o posto na Devesa, xa tiña participado en experiencias de renovación agraria en Meira, estando ao cargo dunha explotación modelo que funcionaba como granxa experimental da Sociedade de Agricultores de dito concello arredor de 1910 (Fraga Vázquez e Domínguez, 1993:309). Persoa de ideoloxía liberal, o que o levou a manter unha estreita relación coa Institución Libre de Enseñanza, estivo na dirección ata 1923, ano do seu pasamento. A súa elección como responsable da institución devesá era totalmente lóxica tanto se se ten en conta o seu perfecto coñecemento da comarca, como a tenor da súa sólida formación e experiencia previa.\nO seu prematuro falecemento deu paso a un período de interinidade na dirección da Granxa. Como director actuou, dende principios de 1924 ata finais de 1925, Ramón Blanco. Antes de acceder a este cargo exercera como enxeñeiro da Deputación Provincial de Lugo e, despois da Devesa, converteuse no xefe do Servizo Agronómico Provincial, do que marchou en 1928 para ampliar os seus estudos na Estación Xenética de Svalöf, en Suecia, incorporándose máis tarde, en 1939, á Misión Biolóxica, onde colaborará activamente con Gallástegui (Fernández Prieto, 1989; Fraga Vázquez e Domínguez, 1993:3536)\nUn enxeñeiro agrónomo valenciano, Francisco Roig Ballesteros, será quen suceda a Blanco dende os últimos meses de 1925. Permanece no cargo ata 1933, ano no que dimite e se traslada a Madrid para traballar na Dirección Xeral de Propiedade e Contribucións Territoriais no Departamento de Catastro Rústico. Converteuse así no director que máis tempo estivo á fronte da Granxa e, igualmente, no último enxeñeiro en levar as rendas da institución xa que, dende esa data, e xa coincidindo coa Guerra Civil, a institución abandona os presupostos de experimentación e divulgación agronómica cinguíndose ao seu papel de escola. A súa chegada á Devesa está en relación coa petición que dende alí se lle fai ao Ministerio de Agricultura para que envíe un dos enxeñeiros agrónomos do seu cadro de persoal, e coincide no tempo coa xefatura doutro enxeñeiro valenciano na Granxa da Coruña, Leopoldo Hernández Robredo.\nAo primeiro director correspondeulle marcar os obxectivos científicos da Granxa. Estes, malia as mudanzas na dirección, van permanecer inalterables, sobre todo no referido á preferencia pola orientación gandeira fronte a agrícola. Suárez Couto entendía que a Granxa debía acometer un labor que estimulara aos labregos para a realización das modificacións pertinentes no sistema de cultivo e nos procedementos de cría co fin de mellorar o gando orientándoo cara ao que el prevía era o futuro da gandería galega, a produción leiteira. Estaba convencido de que os gandeiros locais erraban ao preocuparse unicamente do engorde dos xatos para carne, unha opción que non se amosaba rendible dado o alto prezo que tiña a terra e o baixo importe que acadaba a carne (estimado neses anos en 0, 75 pta. q./vivo).\nSegundo o seu criterio, a orientación leiteira, e non a cárnica, era a que debía priorizarse na Granxa en tanto que foco dunha mudanza que debía acometerse no rural galego. Esta intención é argumentada en tanto que, deste xeito, o agro podería responder ás necesidades de abastecemento que se estaban empezando a definir por aquel entón, os primeiros anos vinte, cando comeza a notarse o incremento da demanda de produtos lácteos por parte dos núcleos urbáns e, asemade, en relación coas grandes oscilacións á baixa nos prezos das reses destinadas ao matadoiro. A opción de fomentar a especialización láctea supón acometer unha actuación pioneira que ía a contracorrente neses momentos, moito antes de que o propio Rof Codina se amosara favorable a esta vía e tanto técnicos, como Hernández Robredo, como medios societarios viran a conveniencia desta alternativa, o que non acontece ata finais dos anos vinte e, sobre todo, ata a década dos trinta. Suárez Couto, no seu plan precoz de cambio de orientación produtiva, considera que a misión da Granxa da Devesa era fornecer aos labregos da comarca de coñecementos elementais sobre a industria láctea, de aí que programe a instalación dunha industria de manteiga fermentada e outra de queixos, amén de fomentar naqueles o espírito de asociación.\nNa procura deste cambio produtivo elaborou un ambicioso proxecto que tiña como obxectivo fundamental a mellora do gando vacún galego, que, na súa opinión, amosaba unha total “ausencia de carácteres específicos da raza motivado polos continuos mestizaxes mal dirixidos”, segundo recolle no Anteproxecto de Mellora do centro, en 1916. Estaba convencido de que a rexeneración da raza non viría dada polo método da selección, xa que non existía gando de raza pura, senón a través do método de cruzamento. Este debía ser “continuo”, é dicir, realizaríase a partir da importación dun número abondoso de sementais para cruzalos coas femias da raza local primeiro e cos mestizos posteriormente. Suárez Couto desbota a posibilidade de levar a cabo unha importación masiva de femias de raza mellorada tanto polo alto desembolso que ocasionaría como porque implicaría unha intensificación e desenvolvemento dos cultivos repentinos que o agro galego non podería asumir de súpeto.\nCo seu proxecto o director da Granxa toma partido no debate que dende mediados do século XIX se viña mantendo en relación coa elección do procedemento máis pertinente para a mellora do gando vacún galego. Unha polémica que xurdira en relación coa exportación de gando vacún a Inglaterra e que abrollara ata converterse no centro das preocupacións agronómicas con motivo da crise agraria finisecular que conlevou a fin desa orientación comercializadora (Carmona e de la Puente, 1988). En dito debate queda de manifesto a vontade de crear unha raza vacúa do país uniformadora das existentes e que servise ao aproveitamento mixto do gando que se viña realizando nas explotacións galegas.\nPrecisamente nesta controversia entre as opcións de selección e cruce, que non se esgotou no primeiro terzo do século XX, senón que continuou durante a ditadura franquista (Alenda, 1992; Bernárdez Sobreira, 1997, 1998), tivera un papel decisivo o pai do director, Juan Suárez Casas. Éste contribuíra a fixar as posicións de partida da mellora xenética da raza indíxena do país coa súa obra Soluciones para el mejoramiento de la raza bovina en la región Noroeste de España (1897), na que enuncia os principios que anos despois serían aplicados, declarándose partidario do cruzamento combinado coa selección. As súas formulacións púxoas en práctica Suárez Couto na Granxa da Devesa, amosándose seguidor en todo menos no relativo á raza escollida para realizar os cruces. Mentres o pai avogaba pola raza Normanda, que xa tiña probada a súa boa aclimatación por vir dun clima parello ao galego, o fillo opta por elixir a raza S chwyz ou parda alpina, e planifica unha cabana gandeira para a Granxa composta por dous touros desta raza e catorce vacas indíxenas que se irían substituíndo polas crías. Neste elección amósase continuador dos postulados de Bartolomé Calderón quen, aínda que a nivel xeral recomendara o cruce coa raza S immenthal, pola que aposta tamén Hernández Robredo na Granxa da Coruña, tendo en conta a diversidade de Galicia, propón para a zona costeira a Shcwytz (Fernández Prieto, 1988:5557; 1992:259271). Suárez Couto realiza esta escolla sendo coñecedor da polivalencia desta raza na produción de leite, carne e traballo e, tamén, da súa fácil adaptación, xa que sabía do labor das Deputacións Provinciais do País Vasco, que se decantaran por esa mesma raza para cruzar o seu gando xa nos primeiros anos do século XX (Mendizábal Aizpuru et ali, 2005).\nA preocupación que Suárez Couto tiña polo cultivo era dependente e subsidiaria do seu proxecto para a gandería, de aí que non amose un especial interese por ir alén do que marcaba a mellora da cabana gandeira a través da súa alimentación. Nesta liña sitúase a súa adicación á experimentación con forraxes na procura do desenvolvemento das súas capacidades para manter un maior número de cabezas e obter adubos a prezos máis baixos. Con esa finalidade estableceu un réxime de cultivos co que pretendía dividir a finca da Granxa (algo máis de 14 ha.) en dúas partes, unha para cultivos pratenses e outra para labradío. Nesta última instaura un sistema de rotación que alternaba pataca/trevoremolacha-trigo/navo/millo.\nRamón Blanco aposta tamén pola orientación leiteira dándolle así continuismo ao proxecto pecuario de Suárez Couto. Dado o pouco tempo que estivo na dirección da Granxa, a súa contribución resultou máis teórica e formal que real. Neste senso, elucubrou co establecemento dun campo de experimentación e dunha estación de ensaio de sementes. No que si se involucrou directamente foi nos cultivos, concebidos igual que Suárez Couto, en relación coa súa condición de elemento indispensable para a rexeneración do gando. Preocupouse especialmente pola remolacha, porque entendía que era o cultivo que mellor se adaptaba ás características do terreo (terra vexetal silíceoarxilosa húmida) e á pluviosidade da zona costeira, e polos cultivos pratenses, ata o punto de converterse nun activo propagandista das súas vantaxes (Blanco, 1925, 1942).\nRoig Ballesteros tiña moi clara tamén a preferencia que debía darse ao ámbito gandeiro sobre o agrícola, e proba disto é a súa preocupación pola experimentación con cultivos forraxeiros, pero partía de presupostos totalmente opostos aos dos dous primeiros directores. O enxeñeiro valenciano amosouse proclive a vencellar os traballos de experimentación pecuaria do centro á orientación cárnica, en consonancia coa tendencia comercializadora existente no momento e en contra da opción asumida dende as súas orixes pola institución devesá. Isto levouno a recompoñer a cabana gandeira existente, para o que realizou numerosas viaxes por Galicia mercando reses premiadas en diferentes concursos que pretendía adicar á recría para a mellora das súas capacidades no relativo á produción de carne.\nOs anos trinta na Granxa son anos de numerosas formulacións no plano teórico que fan presaxiar avances prácticos, pero é tamén un período de moi poucos resultados. Neste senso, cabe sinalar que xa en 1930 se aprobara e orzamentara a posta en marcha de paradas de sementais, pero nunca se chegaron a realizar. Acordárase, igualmente, a instalación de laboratorios para acometer análises edáficas e de adubos, a realización de estudos sobre sementes e de enfermidades das plantas e, incluso, a posibilidade de montar unha pequena instalación de industrias leiteiras, pero nada disto se levou a cabo. Francisco Roig resultou un pésimo administrador e un preguizoso enxeñeiro que desatendeu as súas obrigas e, con iso, incidiu no esmorecemento da Granxa da Devesa como institución eixe da innovación agropecuaria.\nComo queda reflectido, no plano experimental manterase unha orientación única no que a cultivos se refire dende o principio da andaina da institución ata 1936, perseguindo a mellora das forraxes e dos cultivos pratenses. Esta experimentación, como se sinalou, sempre tivo por obxecto a mellora da alimentación do gando, aínda que tamén se emprenderon modestas iniciativas tendentes á obtención de produtos hortícolas mediante o emprego de sementeiros. Sendo o labor preferente do centro adecuar os cultivos ao marco local, o que se perseguiu foi constatar cales eran as especies vexetais que mellor se adaptaban ao medio para proceder á realización de ensaios con elas. Axiña se comprobou que estas eran a remolacha, a pataca, o millo, as especies pratenses, as coles, os nabos e a avea. Estes serán os cultivos obxecto de experimentación nos campos de demostración da Granxa coa pretensión de que os labregos da comarca puideran observar os resultados e adoptar as variedades de maior rendemento. Resulta, xa que logo, este espazo de experimentación tamén un eido para a divulgación.\nA categoría que se lle daba a cada un dos cultivos dependía, como practicamente todo no funcionamento da institución, da vontade amosada polo director do momento. Así, por exemplo, mentres que Suárez Couto concede unha gran trascendencia ao ensaio coa remolacha, Roig Ballesteros incide nas probas coa avea. Debido ao pouco tempo que permaneceu na dirección Ramón Blanco, a experimentación nos campos circunscríbese aos períodos nos que Suárez Couto e Francisco Roig dirixiron a Granxa, é dicir, de 1918 a 1923 e entre 1925 e 1933. Trataremos de facer un percorrido polos traballos realizados nos campos da Granxa atendendo aos cultivos que maior interese espertaron e, polo tanto, cos que se experimentou e con máis insistencia. O primeiro ao que se lle prestou atención foi o millo.\nEn Galicia no primeiro terzo do século XX verificouse un descenso no cultivo de cereais panificables en beneficio dos cultivos forraxeiros, mudanza que repercutiu tamén na redución de espazo cultivado a millocereal, un dos soportes básicos do policultivo galego, a favor do milloforraxeiro, especie coa que se ensaiará na Devesa. As experiencias con este cultivo comezaron inmediatamente despois de preparar os terreos onde se instala a Granxa e baixo a dirección de Suárez Couto. Os ensaios estaban orientados a aclimatar as diferentes variedades ás condicións edafoclimáticas locais, a atopar as máis axeitadas e a acadar sistematizar o método de laboura máis conveniente, combinando o uso de diferentes tipos de adubos. Con esta fin habilitouse un campo de experimentación de 1.200 m 2 disposto para a realización de ensaios co millo. Tratábase de, por unha banda, determinar o rendemento por hectárea das diferentes variedades e, pola outra, constatar a influencia que sobre a produción exercían o maior ou menor espallamento das plantas e os diferentes adubos empregados (orgánico e mineral fosfatado). As variedades coas que se experimentou foron millo americano Wisconsin nº 2, millo indíxena de Ove, indíxena de Vilaframil e indíxena de Meira. Chegouse á conclusión de que a variedade americana superaba en rendementos ás indíxenas concluíndo que o rendemento por hectárea fora moi alto, sempre superior a 50, 5 hl./ha. (o normal neses anos era non pasar dos 40 hl/ha.) e que iso se debera á substitución do superfosfato de cal por escorias de defosforación, ademais de ao menor espallamento das plantas. Á experimentación acompañouna a divulgación na prensa dos resultados, unha actuación de grande importancia pola maior repercusión que podía ter o ensaio, sen dúbida de interese para os labregos ribadenses, pois tratábase dun cultivo estendido e de variedades coñecidas e de fácil adquisición. Este foi o único traballo de experimentación con millo que se desenvolveu, aínda que o seu cultivo nos terreos da Granxa foi continuado. Francisco Roig, que recalca a importancia deste cereal no agro galego pero que non realiza ensaios con el -moi na súa liña-, limitouse a mantelo como un cultivo máis da rotación que establece coa finalidade de fabricar penso para o gando do centro.\nUnha das teimas dos directores da Granxa, sobre todo dos dous primeiros, foi a extensión da remolacha forraxeira. É un cultivo constantemente gabado por estes enxeñeiros entendendo que debera ter un papel preeminente na agricultura galega. Aparece xa no primeiro campo de demostración e estará presente na maioría das tentativas experimentadoras. Os ensaios tiñan sempre un carácter comparativo das diferentes variedades, poñéndose en relación coas diferentes variables de fertilización e coa cantidade de semente. En 1920 nun campo de 400 m 2 vaise experimentar especificamente o seu rendemento en función do adubo empregado. A terra adubouse con oucas mariñas (88.000 q./ha.) en inverno e con adubo fosfatado, escorias de desfosforación (600 q./ha.), en primavera. Ademais, ao da primeira laboura engadíuselle ao chou adubo nitroxenado (300 q./ha.). Os rendementos por hectárea foron moi altos en todos os casos (102 tm./ha.) e Suárez Couto, ante o éxito, declarou a súa intención de xeralizar o cultivo na comarca. Francisco Roig segue o labor do primeiro director e realiza sementeiros con dúas variedades, a Jaune Geante de Vauriac e a Gigante Branca, estirpe semiazucreira, para comprobar o seu rendemento como forraxe verde para o inverno. Nos terreos da Granxa, e mesmo sen ánimo experimentador, nunca faltou este cultivo que foi adquirido nas súas diferentes variedades, foran ensaiadas previamente ou non (Jaune Geante de Vauriac seleccionada, etc).\nAs experiencias coa pataca resultan de grande relevancia, non tanto porque se mellorara o seu labrado determinando a cantidade de adubo que se debe empregar ou a fondura á que se deben plantar os tubérculos, senón porque se logrou acabar cunha das súas pragas. Foi en 1922 cando se empezou na Granxa coa experimentación deste cultivo, ensaiando con tres variedades a Etoile du Nord, a Rouge du Soissonnais e a Imperator. Os rendementos sempre resultaron moi pobres debido a que as plantas sufrían de xeito continuado o ataque dos fungos, en concreto de Phytophtora. Os resultados non melloraron ata 1930, ano no que se atalla o problema do fungo empregando caldo bordelés. Esta é unha actuación que non debe pasar inadvertida, pois supón unha actuación de Suárez Couto tendente a popularizar unha medida de loita contra esa doenza que se viña empregando nos campos de demostración dependentes da Granxa da Coruña e que esta mesma institución, e a Estación Fitopatolóxica, trataran de divulgar con escaso éxito (Cabo Villaverde, 1999). Esta non era a primeira experiencia que contra as pragas se realiza na Granxa devesá pois, un ano antes loitárase con éxito contra os popularmente coñecidos como “vermes de alambre” (Agriotis linneatus “oscurus”, Agrotis segetum, Agrotis exclamationis) que atacaran ao conxunto dos cultivos, incluídas as patacas, empregando cianogás en po que, en contacto coa auga, soltaba o reparador ácido cianhídrico.\nNo período de Suárez Couto tamén se experimenta con cultivos pratenses, adicando unha parte do campo de demostración ao ensaio con trevo violeta e a outra asociando esa planta a unha pequena cantidade de raigrás inglés, probando o centeo como planta de abrigo na rotación. Francisco Roig concede moita importancia a veza, que se empeza a recolleitar na Granxa a partir de 1929. Gaba as condicións desta planta por poder empregarse tanto para forraxe como para facer penso coa súa semente. Malia a que, de feito, foi un cultivo que non estivo presente nos campos de demostración, pensamos que o seu cultivo continuado como parte da rotación nos terreos da Granxa e os continuos comentarios favorables por parte do enxeñeiro valenciano puideron ter cumprido o labor divulgativo que se perseguía cos campos. Puntuais foron a realización de sementeiros de cenorias, fabas e chícharos para experimentar a forma de promover o seu uso na comarca non como cultivos de hortícolas senón como plantas forraxeiras. Igual que a realización dun pequeno ensaio con verzas e do que é pomposamente denominado “punto de partida para os estudos de paraticultura” na memoria do centro do ano 1930, e que non é máis que a decisión de adicar un prado á produción de herba seca. Trátase nestes últimos casos, de experiencias que non tiveron continuidade no tempo e que, polo tanto, pódese asegurar que careceron de relevancia aos ollos dos labregos da zona.\nO labor de divulgación da Granxa da Devesa. En prol da adopción de innovacións no agro\nAmén do ensino, vía na que non repararemos por ser un labor da Granxa da Devesa merecente dun estudo por si mesmo, e alén dos xa mencionados campos experimentais, outras canles fundamentais de difusión das novidades técnicas no eido agrícola entre os labregos da comarca foron as paradas de sementais, os concursos de gando e as conferencias. A segunda vía, como xa mencionamos, foi concibida na teoría pero nunca se chegou a converter nunha realidade, polo que o aporte da institución no que respecta á mellora directa da cabana da comarca ribandese amósase insubstancial, sobre todo se se ten en conta que nunca se realizaron nin préstamos nin vendas de gando. Na mesma liña de actuación que co gando está a da maquinaria agrícola, pois en ningún momento se enfocou o seu préstamo con fins divulgativos entre os agricultores devesáns, ao contrario que co adubo. Tratábase dunha concepción diferente á que se tiña nos campos de demostración dependentes da Granxa da Coruña, na que o préstamo era entendido como unha vía excelente de que os labregos fosen adaptando a maquinaria novidosa ás súas explotacións e ás súas necesidades. Na Granxa devesá decidiuse empregar a maquinaria in situ, nos terreos da institución, propiciando que os labregos da zona puideran observar o seu funcionamento e apreciar as súas potencialidades.\nXa que logo, os concursos de gando, os campos de experimentación e as conferencias, polo tanto vías indirectas, son os mecanismos escollidos dende A Devesa para influír nos labregos locais e darlles a coñecer os traballos que en prol do progreso pecuario se estaban a realizar.\nO grande éxito de Ramón Blanco como xestor da Granxa, e, ao cabo, da andaina da institución, foi a celebración dun concurso de vacas leiteiras na Devesa. Os concursos de gando comarcais resultaron unha das canles principais para difundir as melloras gandeiras pero, ata daquela, víñanse centrando unicamente en impulsar a produción de carne. O\nGalicia que ten como finalidade popularizar a orientación láctea da cabana gandeira. Trátase dunha competición organizada pola Asociación General de Ganaderos del Reino que, aproveitando o ofrecemento do director da Granxa de usar o novo establo, celebrouse na Devesa. Alí permaneceron as vacas en competición oito días sometidas a análises diarias de produción e calidade leiteira. Con ese motivo Ramón Blanco adquiriu unha báscula para pesar o gando, método imprescindible para unificar criterios de avaliación e garantir o procedemento, e que a esas alturas era toda unha novidade, pois a norma era dar credibilidade ao “ollo” dos veterinarios que actuaban de xurado. O director da Granxa contou co apoio, amén dos membros da Comisión Delegada da Fundación Pedro Murias (órgano reitor do capital da Granxa) e do concello de Ribadeo, que cofinanciaron o evento, doutro técnico, o veterinario local Gonzalo Pozo, defensor tamén das posibilidades de Galicia como rexión produtora de leite.\nNesta iniciativa pódese albiscar non só un logro illado de Ramón Blanco senón o amplo arraigo que os postulados en prol da orientación leiteira do anterior director, Suárez Couto, tiveran entre os labregos da comarca, pois a maioría das reses premiadas eran propiedade de familias labregas da zona. Un aspecto a resaltar é que en todas elas había un emigrante habaneiro retornado, proba evidente do grao de receptividade ás novidades que amosou historicamente este colectivo. O concurso supuxo un fito para a institución, pois supoñía unha consecución senlleira na súa tarefa de ser un dos motores do avance da gandería da Devesa e unha mostra do que un establecemento desas características podía supoñer en canto á divulgación de iniciativas innovadoras e progresos pecuarios. Disto decatouse a prensa local que se fixo eco amplamente desta actividade. De feito, este concurso está na base do notorio avance que na zona tivo a orientación leiteira ao longo dos anos vinte e durante o posterior período republicano.\nA divulgación tamén está presente no esquema de difusión das innovacións da Granxa, aínda que soamente de forma oral a través das conferencias. Nunca foi barallada a posibilidade, tan empregada noutros centros ou por parte de sociedades agrarias, de editar unha publicación. A divulgación oral tivo un lugar secundario, estando a súa contribución circunscrita á colaboración con outras entidades e á cesión das súas instalacións. A cooperación foi especialmente estreita coa Cátedra Ambulante de Divulgación Pecuaria de Galicia e coas sociedades agrícolas da parroquia da Devesa. Da relación con ambas as dúas xurdiu o que sería un dos logros máis significativos da Granxa, a constitución da Federación das Sociedades Agrarias do Partido Xudicial de Ribadeo.\nEn xuño de 1928 as sociedades agrarias de Obe, A Devesa e Vilaframil acordaran levar a cabo un ciclo de conferencias en colaboración coa Cátedra Ambulante e Francisco Roig ofreceu as instalacións da Granxa para que serviran de marco. A primeira desas conferencias correu a cargo de Rof Codina, que falou das vantaxes da asociación dos gandeiros e da venda directa de gando, explicando o seu funcionamento a través do exemplo da Federación xa existente en Ortigueira. A audiencia que concorreu resultou moi numerosa, contándose entre os asistentes as comisións das sociedades agrarias ribadenses e dos concellos limítrofes (Trabada, VilaodridA Pontenova, Vilameá, Riotorto, A Pastoriza, Mondoñedo, Barreiros, Castropol, Vegadeo e Tapia), que ademais de escoitar aos poñentes puideron facerse co Boletín de Cotizacións e Informacións do Consello Provincial de Fomento e con varias monografías sobre a venda de gando de maneira directa nas prazas. A repercusión deste relatorio, no que tamén colaboraron os veterinarios Gonzalo Pozo naquela altura, inspector de Hixiene e Sanidade, e Valentín Jiménez Moro, resultou fundamental xa que foi o primeiro chanzo para a constitución da Federación, que se concretará en xullo de 1928 e terá como presidente ao avogado republicano e despois deputado, José María Díaz y Díaz Villamil. Foi na Granxa onde se acordou comezar os envíos conxuntos de carne a Madrid, Barcelona, Bilbao e outros destinos máis secundarios como Santander (Lombardero, 1999:105106). Pero o papel da institución devesá foi máis substancial que o de ser a sé das reunións. A súa importancia confírella o labor dun antigo membro do seu cadro de persoal, o mestre da escola primaria Gregorio Sanz. O seu esforzo como propagandista da Federación resultou decisivo na súa constitución, ata o punto de que se lle concedeu o cargo de secretario desta organización e, máis tarde, e como signo de agradecemento, foi nomeado Presidente de Honra da Federación. Esta, como se dixo, resultou das maiores consecucións da Granxa, xa que demostrou a súa capacidade para ser un punto de referencia naqueles proxectos que repercutiran no progreso do sector agrario comarcal.\nA Granxa tamén colaborou coa Cátedra Ambulante de Fitopatoloxía, así, ésta última, no ano 1928, enviou dous enxeñeiros agrónomos para impartir cadansúa conferencia na Devesa, ás que se sumaron dous relatorios dos enxeñeiros da Granxa. Os temas tratados foron a formación dos prados, a mancha da pataca, a gandería galega e a alimentación do gando. Na mesma liña, cabe sinalar a cooperación da Granxa coa Cátedra Ambulante do Servizo Agronómico Nacional, tan intensa que o seu Enxeñeiro Xefe non dubidou en agradecer a Francisco Roig a súa boa disposición para ofrecer o centro como emprazamento para as conferencias e para actuar el mesmo ou outros membros do cadro de persoal como poñentes.\nConclusións\nÁ hora de valorar o labor de experimentación e divulgación da Granxa devesá, é preciso diferenciar dous períodos, antes de 1925 e despois desta data. A primeira etapa merece loubanzas en ambos os aspectos. Debemos ter en conta que en pouco máis de cinco anos puxéronse en marcha proxectos de gran alcance como o concurso de vacas leiteiras ou as experimentacións cun cultivo como a remolacha, planta de grande predicamento nesta zona, ben seguro que pola repercusión destas actuacións, ou ben a loita contra as pragas da pataca. Son exemplos precisos que permiten albiscar unha tendencia xeral de traballo en prol da introdución de melloras científicotécnicas na agricultura da zona que converten a Granxa nun foco de innovación agronómica senlleira, amén da participación\n73 activa nos grandes debates do momento, como era o procedemento de mellora da raza vacúa galega.\nPero esta actitude mudou despois de 1925. É moito o que se bota en falta no que respecta ao traballo de experimentación, destacando sobremaneira a inexistencia de tentativas por respaldar a mellora gandeira a través de paradas ou concursos e o descoido dos ensaios sobre cultivos, nos que non existe a continuidade no tempo precisa para poder tirar conclusións válidas. O único éxito logrado pola Granxa durante o período de dirección de Francisco Roig é o que respecta ao seu papel na formación da Federación de Sociedades Agrarias do Partido Xudicial de Ribadeo, se ben este logro débese concretamente ao labor de Gregorio Sanz, que chegara á Granxa da man de Suárez Couto. É dicir, incluso esta consecución debe adscribirse ao que foi o período inicial da andaina da Granxa. Igualmente o labor de divulgación debido á acción de Francisco Roig resultou escasísimo, pois non se celebrou ningunha outra conferencia ou reunión tendente a divulgar algúns aspectos relacionados co agro alén das celebradas en 1928.\nA explicación deste parón, que afectou a todos os ámbitos, pode estar en que a partir do 1929 os fondos diminuíron e, malia a ser suficientes para poder actuar case como se da Cátedra Ambulante se tratase, os xestores da Granxa pensaron que os investimentos neste tipo de actuacións ían en contra do seu propio beneficio ao reducir a contía dos bens dos que se estaban lucrando. Un caso oposto a esta actuación atopámolo no traballo de divulgación que sobre asuntos pecuarios realizou neste mesmo período a Sociedade de Instrución “Círculo Habanero”, tamén na Devesa, de fácil seguimento na prensa local, abondosa e de calidade tanto polo interese dos temas tratados como pola calidade dos poñentes.\nAsí pois, é indubidable que se impón unha diferenciación de dúas etapas, a de Suárez Couto e Ramón Blanco, por unha banda, e a de Francisco Roig, pola outra. Na primeira cumpríronse os desexos do fundador, Pedro Murias, e de certo que a Granxa contribuíu ao desenvolvemento agrario da zona e, con iso, ao de Galicia en xeral. Ben diferente foi a segunda que, por ser moito máis dilatada no tempo e comprender os anos centrais do funcionamento da Granxa, acaba por pesar de xeito decisorio nun balance final sobre o devir do centro.\nA repercusión real no agro e nos labregos, aínda que está en relación co anteriormente dito, merece unha certa puntualización a nivel espacial entre o agro galego no seu conxunto e o rural ribadense especificamente.\nEn conxunto, aínda que subliñando máis que honrosas excepcións, non se pode máis que recoñecer que o seu labor como centro de experimentación e divulgación das innovacións agropecuarias acontecidas no primeiro terzo do século XX foi puntual se nos referimos ao ámbito galego. Os méritos non son suficientes para un centro que contaba coas posibilidades que tiña o da Devesa. As súas capacidades eran moi superiores ao que amosou o seu rendemento. A súa disposición económica e de capital humano facía posible que a Granxa devesá fora un centro punteiro en investigación agrícola, podendo estar á altura da Granxa da Coruña, da Estación de Fitopatoloxía Agrícola ou da Misión Biolóxica. Pero o regueiro de cartos que viña de Cuba desaproveitouse. O diñeiro íase en gastos pouco ou nada relacionados co labor agrícola sendo a malversación de fondos evidente. A morte prematura de Suárez Couto, a fugacidade da estancia de Ramón Blanco e as actuacións de Francisco Roig impediron que o centro da Devesa fora de maneira continuada no tempo o que si conseguiu ser de maneira puntual en determinados ámbitos, un centro de innovación agraria de referencia para o agro galego. Pero o que si é evidente é que resultou a todas luces decisivo na innovación e mellora da realidade do agro na comarca ribadense, cuxos avances non poden entenderse sen o influxo que a Granxa tivo, tanto no seu papel como centro de experimentación como no de espazo de debate, encontro e divulgación cumprindo, así, cos anceios do seu fundador.\nBibliografía\nAlenda, R., (1992), “La preocupación por la mejora del ganado vacuno gallego: su historia y metodología desde 1887 a 1952”, 100 anos de investigación agraria, 18881988, Betanzos, Xunta de Galicia, vol. I, pp. 351381\nBernárdez Sobreira, A., (1997), “A evolución do sector pecuario na Galicia contemporánea: especialización productiva e mercantilización na sociedade rural (18651996), Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, 9, pp. 371388\nBernárdez Sobreira, A., (1998), “Desenvolvemento pecuario e autarquía: as propostas de mellora bovina na Galicia de posguerra (19401950)”, Ingenium, 6, pp. 6580"} +{"summary": "A mobilidade do factor traballo é, especialmente nesta etapa de globalización económica, un aspecto positivo que promove a competitividade. Non obstante, é tamén un elemento que pode determinar a existencia de deficiencias estruturais nas rexións ou nos países de orixe dos emigrantes. Galicia é unha Comunidade cunha ampla traxectoria na expulsión de man de obra. Nos anos finais do pasado século empezan a detectarse evidencias de que en Galicia se está a producir unha nova emigración. O obxecto desta investigación é cuantificar estes movementos de man de obra e verificar cales son as causas da moderna terceira emigración en Galicia.", "text": "Deficiencias estruturais, emigración...\nDEFICIENCIAS ESTRUTURAIS, EMIGRACIÓN INTERREXIONAL E FUGA DE CEREBROS: O CASO DE GALICIA 1\nR ECIBIDO : 9 de xaneiro de 2012 / A CEPTADO : 7 de maio de 2012\n: Economía rexional / Mobilidade da man de obra / Mercado de traballo rexional / Migracións / Galicia.\n1. INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS\nGalicia é unha rexión con abundante experiencia na expulsión de man de obra cara a outras rexións ou países. Son coñecidas e estudadas amplamente as dúas correntes migratorias emprendidas pola poboación galega durante o pasado século XX: a primeira delas, principalmente transoceánica, na primeira metade da centuria; e a segunda, a partir dos anos cincuenta dese século, cara aos países europeos máis desenvolvidos. As causas son bastante comúns: a lentísima evolución en Galicia dunha sociedade agraria a outra industrial e de servizos incapaz de absorber excedentes de man de obra do sector primario.\nEn consecuencia, establécense como hipóteses para constatar nesta investigación, entre outras, as seguintes (McConnell, Brue e Macpherson, 2003, pp. 340 e ss.): (H1); “ canto máis nova sexa unha persoa, en igualdade de circunstancias, é máis probable que emigre. En primeiro termo, as persoas novas consideran (de cara a maximizar o seu beneficio esperado) que unha diferenza salarial pequena é significativa ao longo da súa vida laboral. En segundo lugar, os custos de traslado son menores nas persoas novas. E por último, por tratarse de persoas con inferiores cargas familiares, teñen maior tendencia á mobilidade ”; (H2): “ canto maior é o nivel de estudos, máis posibilidades existen de que se emigre, pois é a consecuencia lóxica da necesidade de recuperar o investimento inicial en formación ”; (H3): “ a distancia, na actualidade, é un factor pouco determinante da emigración, sobre todo cando se refire a fenómenos interrexionais, xa que a mellora das infraestruturas de transporte implica unha maior tendencia á saída cara a rexións próximas (en tempo) dentro do Estado ”; e (H4): “ as taxas desemprego na comunidade de orixe son unha das razóns para a emigración. No caso de persoas formadas, a taxa de subemprego ou inadecuación da demanda a unha oferta de traballo cualificada é outro dos factores determinantes na decisión de emigrar ”.\n3. FONTES ESTATÍSTICAS, ASPECTOS METODOLÓXICOS E PROCEDENCIA DOS DATOS\nAs fontes de información tradicionais (censo, padrón) e as relativas a movementos migratorios facilitadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE) non son suficientemente explicativas deste fenómeno, sobre todo cando a razón fundamental dos procesos migratorios se debe a razóns laborais: por tratarse de movementos en principio no curto prazo as persoas que se desprazan non soen efectuar cambios de residencia declarados explicitamente, o que leva consigo o mantemento do seu domicilio habitual no lugar de orixe.\nPara esta investigación empregáronse dúas fontes de información básicas: en primeiro lugar, e para os primeiros anos obxecto de estudo (ata o ano 2003), utilizáronse os datos procedentes dos estudos e datos básicos de mobilidade do Instituto Nacional de Emprego (INEM), organismo dependente do Ministerio de Traballo e Emigración español. En segundo lugar, a partir do ano 2002, o Observatorio Ocupacional de Galicia (dependente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia) desenvolveu unha base de datos rexional que contén os informes de mobilidade ata o ano 2010 cos datos básicos extraídos das estatísticas do INEM e cunha metodoloxía homoxénea, o que permite unha análise coherente da evolución das variables tratadas 2.\n4. ANÁLISE DE RESULTADOS\nA partir das fontes estatísticas citadas, é posible establecer unha pauta de análise detallada dos datos encamiñada á verificación ou non das hipóteses de partida.\n4.1. OS PRIMEIROS INDICIOS\nA importancia destas cifras achega unha primeira idea da transcendencia que parece ter este fenómeno. Os datos detallados relativos aos movementos de man de obra entre Galicia e o resto do Estado, que se presentan na táboa 2 para o período 20032010, son suficientemente explicativos: entre eses anos foron contratados fóra de Galicia 315.155 galegos e entraron nesta rexión 186.469, o que determina un saldo neto de expulsión de man de obra de 128.686 persoas. Pode apreciarse que os saldos negativos nesta particular balanza do emprego son constantes ao longo de todos os anos, con especial relevancia no trienio 20052007.\nNúmero de contratos realizados a ga4.2. O PERFIL DOS NOVOS EMIGRANTES GALEGOS\nA través do tratamento estatístico das bases de datos de mobilidade da man de obra para os distintos anos pódese analizar detalladamente a tipoloxía dos traballadores galegos contratados no resto de España, tanto no que se refire ás súas circunstancias persoais (idade, sexo ou capacitación, entre outras) como polo que respecta ás características específicas dos seus destinos (por exemplo, o sector económico de destino, a ocupación que desenvolven ou a área especial onde foron contratados) 3.\n4.2.1. Idade e xénero\nNa táboa 3 preséntanse os datos relativos ao perfil dos emigrantes clasificados por estas variables. Polo que se refire á primeira delas, a oferta de traballo de Galicia que se despraza ao resto do Estado para traballar é excepcionalmente nova:\nun 46, 7% do total ten menos de 29 anos e un 39% ten entre os 30 e os 44 anos. As porcentaxes relativas a idades superiores son pouco significativas (un 11, 19% para aquelas persoas de idades comprendidas entre os 45 e os 54 anos e un 3, 09% para os maiores de 55 anos). Polo que respecta ao xénero, é palpable que a nova emigración é esencialmente masculina. En efecto, un 68, 49% dos que saen traballar son homes, por un 31, 51% que corresponde ao xénero feminino. Se se analizan os datos cruzando ambas as dúas variables, poden apreciarse dous fenómenos. En primeiro lugar, que das mulleres emigrantes o que destaca é a súa xuventude, pois un 61, 48% ten menos de 29 anos e un 32% ten entre os 30 e\nos 44 anos; e en segundo lugar, que o conxunto dos homes que se despraza para traballar fóra de Galicia presenta un perfil de idade superior: un 39, 88% son menores de 29 anos e un 42% teñen entre os 30 e os 44 anos. A porcentaxe relativa aos maiores de 45 anos é, neste caso, bastante significativa (un 18% respecto dun 6, 4% das mulleres).\n4.2.2. Formación\nNa táboa 4 poden observarse os datos relativos aos contratados fóra de Galicia de acordo co seu nivel formativo. A maior porcentaxe corresponde a aquelas persoas que posúen cando menos estudos de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), e que ascende a un 36, 74% (115.783 persoas). Hai que destacar que practicamente un 40% corresponde a contratados con estudos de formación profesional, bacharelato e universitarios. A cifra de emigrantes con estudos superiores é moi alta (un 12, 56% do total e 39.581 persoas en termos absolutos), feito que merecerá unha análise máis profunda ao longo desta investigación. Por outra parte, só un 23, 6% das persoas contratadas no exterior da Comunidade galega contaban con estudos primarios.\n4.2.3. Tipoloxía dos destinos. Sectores\nNas táboas 5 e 6 preséntanse os datos porcentuais (horizontais e verticais) segundo os sectores económicos de destino. Destes datos cómpre sinalar que un 4, 73% se dirixiu ao sector primario e que un 9, 09% o fixo cara ao sector industrial, mentres que o sector servizos acaparou un 62, 21% dos emigrantes. Non obstante, salienta o case 24% contratado no sector da construción, feito que reflicte claramente a particular conxuntura económica da economía española na década que se está a analizar.\nA clasificación por xénero e idades apunta algunhas conclusións interesantes. Por un lado, a emigración feminina vai dirixida esencialmente ao sector servizos (89, 30%), e é excepcionalmente nova (un 91% das mulleres de 29 ou menos anos son contratadas no sector terciario). Por outro lado, polo que respecta á poboación masculina, a distribución é bastante distinta: mentres que un 6, 17% van ao sector primario e un 10, 53% á industria, un 33, 69% saen contratados cara ao sector da construción e un 49, 61 cara aos servizos. Para este subconxunto, a distribución por idades é máis homoxénea.\nNo tocante á clasificación por porcentaxes verticais, a información da táboa 6 confirma a preeminencia da poboación emigrante masculina nos tres primeiros sectores. En efecto, do 4, 73% do total que era contratado polo sector primario, un 89% son homes; do 9, 09% que ía para a industria, érao un 79, 09%; e un 95, 93% dos que se dirixiron á construción. O sector servizos presenta unha salvidade importante na súa distribución por razón de xénero: da poboación total un 62, 21% se contrataba no sector terciario, desa porcentaxe un 54, 45% eran homes e un 45, 55% mulleres.\n4.2.4. Tipoloxía dos destinos. Ocupacións\nNas táboas 7 e 8 móstranse os datos en porcentaxes (horizontais e verticais) segundo as distintas categorías ocupacionais en que son contratados os emigranFONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Observatorio Ocupacional de Galicia (varios anos). 4 A Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO) a que se refiren as táboas é a seguinte: 0Forzas Armadas; 1Dirección das empresas e das Administracións Públicas; 2Técnicos e profesionais científicos e intelectuais; 3Técnicos e profesionais de apoio; 4Empregados de tipo administrativo; 5Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores dos comercios; 6Traballadores cualificados na agricultura e na pesca; 7Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras, a construción e a minaría, etcétera; 8Operadores de instalacións e maquinaria, montadores, etcétera; 9Traballadores non cualificados.\nPolo que respecta ás porcentaxes por ocupacións, destacan particularmente varios aspectos: un 20, 02% dos emigrados clasifícanse como non cualificados nos datos estatísticos. Non obstante, hai que sinalar que a categoría de técnicos, científicos e intelectuais representa un 8, 01% dos contratados; técnicos e profesionais de apoio representan un 12, 93%; artesáns e traballadores cualificados, un 19, 35%; e operadores de instalacións, maquinaria, etcétera, un 8, 21%. En definitiva, preto dun 60% dos contratados presenta un grao de cualificación representativo. Cómpre destacar en relación cos sexos que a presenza feminina é maior na categoría de traballadores de servizos de restauración e comercio, pero tamén salientable na de técnicos e científicos, por riba dos valores porcentuais da poboación masculina.\nEn relación coas porcentaxes horizontais (táboa 8), podean sinalarse algunhas cuestións interesantes. A contratación de homes é superior en todas as categorías con dúas excepcións: por un lado, a presenza feminina é máis ampla na categoría de traballadores de tipo administrativo (63, 73%) e en servizos de restauración e comerciais (57, 26%), onde, ademais, as maiores porcentaxes de mulleres son novas; por outro lado, a presenza masculina é practicamente absoluta nas categorías profesionais de traballadores cualificados da pesca e da agricultura, artesáns e traballadores cualificados de industrias manufactureiras e operadores de maquinaria e instalacións. Unha cuestión final que cómpre salientar é que a maioría dos traballos non cualificados (70, 15%) son ocupados por homes.\n4.2.5. Tipoloxía dos destinos. Comunidades autónomas\nCo obxecto de verificar coherentemente as hipóteses de partida é importante segmentar espacialmente os destinos dos novos emigrantes segundo a rexión de destino (táboa 9).\nDebe destacarse principalmente a atracción da Comunidade de Madrid, que absorbe o 22, 40% dos contratos (70.601 persoas). Séguena en importancia Cataluña cun 12, 11%, e Canarias cunha porcentaxe dun 10, 2%. Nunha análise detallada dos datos, esta última porcentaxe explícase baseándose nunha emigración sustentada fundamentalmente en servizos de restauración e hostalaría e, por riba de todos, na construción. Tamén resulta salientable a atracción de comunidades autónomas como Castela e León (7, 93%) e Asturias (5, 06%) onde, sen dúbida, a proximidade é unha circunstancia que cómpre ter en conta.\n4.3. AS CONDICIÓNS DE TRABALLO EN ORIXE\nSegundo se estableceu nas hipóteses de partida, resulta evidente que as condicións da economía galega reflectidas na estrutura do seu mercado de traballo e as súas características diferenciais co resto do Estado deberían ser determinantes da decisión de emigrar. Para verificar estes extremos analízanse a continuación algúns aspectos cuantitativos (diferenzas salariais, tipoloxías contractuais e xornadas de traballo) e cualitativos (medios de acceso ao traballo e satisfacción con este).\n4.3.1. Salarios, contratos e xornada de traballo\nNa táboa 10 preséntase a evolución das diferenzas de custos salariais entre os\nPode destacarse que en Galicia os custos salariais no ano 2000 se situaban nun 86, 75% sobre a base 100 para a totalidade da economía española. Esta diferenza, en lugar de converxer a valores medios, amplíase: no ano 2008 o custo salarial medio dun traballador galego redúcese a un 85, 03%.\nUn feito máis transcendental aínda para a análise que nos ocupa é que os custos salariais en Madrid, en Cataluña ou no País Vasco son moi superiores á media (o caso de Madrid é o máis significativo, cunha diferenza de 20, 24 puntos no ano 2000 e de 18, 94 no ano 2008). A comparación cos destinos dos galegos contratados noutras rexións españolas analizados en apartados anteriores e os seus maiores salarios non deixa lugar a dúbidas: nalgúns casos, os maiores salarios alcanzan case un 40% máis que en Galicia, como no caso da Comunidade de Madrid. A existencia dunha excelente correlación entre destinos e maior custo salarial parece irrefutable.\nA relación directa entre as condicións de traballo en destino e a maior emigración en orixe volve repetirse se o que se analiza son as tipoloxías dos contratos de traballo polo que respecta á súa duración, distinguindo os de carácter indefinido dos eventuais ou de carácter temporal. Na táboa 11 móstrase a comparación entre a relación entre contratos indefinidos sobre totais para as rexións españolas. Para facilitar a comparación tomouse como base o índice 100 para Galicia 5.\nComo resultados máis destacados, cómpre incidir novamente en que as rexións ás que acoden máis galegos a traballar no período analizado nesta investigación presentan un maior índice de contratación indefinida que Galicia. É o caso de Madrid, de Cataluña e de Canarias –con diferenzas máis acusadas nos dous primeiros casos–, que absorben máis dun 42% dos destinos dos traballadores galegos no resto de España.\nOutra circunstancia que, sen dúbida, é condicionante para a decisión de emigrar ten relación directa coas xornadas de traballo que se realizan en orixe. Na gráfica 1 móstrase a comparación entre as porcentaxes de persoas que traballan máis de 50 horas á semana entre Galicia e España. Como pode constatarse, durante toda a serie temporal, en Galicia as xornadas laborais de máis de 50 horas son sempre superiores que no Estado español, chegando a alcanzar no ano 2005 un 17, 7% do total o número de traballadores que ten unha xornada maior de 50 horas á semana.\nGráfica 1.- Porcentaxe de persoas que traballan máis de 50 horas semanais. Comparación GaliciaEspaña, 20012007 FONTE: Elaboración propia a partir de Instituto Nacional de Estatística: Encuesta de Población Activa (varios anos).\n4.3.2. Métodos de acceso ao traballo e adecuación deste ás expectativas\nNa táboa 12 preséntanse as porcentaxes relativas ás diversas maneiras en que a poboación galega declara ter accedido ao seu primeiro emprego. Son varias as observacións que se poden facer a través desta análise. En primeiro termo, hai que constatar a absoluta ineficacia dos servizos públicos de emprego (non chega mais alá do 2, 5% o acceso ao traballo por este sistema) e das empresas de traballo temporal (un exiguo 2% no mellor dos casos). Destacan dúas formas de acceso ao mercado: por un lado, o autoemprego (un 23, 24% e un 20, 52% nos anos 2001 e 2007, respectivamente); e por outro, o acceso a través de amizades, de familiares e doutros contactos (máis dun 32%). Dan unha idea estes breves apuntamentos sobre a precariedade e a falta de transparencia do mercado de traballo en Galicia.\nPor último, non é menos significativo como condicionante á decisión de emigrar, o feito de se o traballo que se desenvolve ten relación coa formación recibida (táboa 13).\nOs resultados da táboa 13 parecen non deixar lugar a dúbidas: só o 26, 64% dos traballadores galegos sinalan que o seu traballo en Galicia se adecúa aos seus estudos previos; con outras palabras e en sentido inverso, no caso do 73% dos contratados o seu traballo non ten relación cos seus estudos. Os datos son máis adversos para aqueles que non adquiriron unha educación superior: só para un 11, 82% ten relación coa súa formación o traballo conseguido. E por último, para aquelas persoas que alcanzaron un nivel formativo máis alto (educación superior), practicamente un 58% declara que estudos e traballo teñen relación, pero a lectura contraria é extremadamente significativa, porque determina que un 42% dos titulados superiores se coloca en situación de subemprego en Galicia.\n4.4. ANÁLISE PARTICULARIZADA: A EXPULSIÓN DA MAN DE OBRA MÁIS FORMADA DE\nGALICIA\nDa análise levada a cabo ata o momento, ademais dunha serie de conclusións provisionais que se poderían ir inferindo, hai un feito que merece unha reflexión máis detallada, pues debe destacarse que do total de traballadores galegos contratados noutras rexións españolas 39.581 resultaron ser titulados universitarios.\nPodería parecer en termos relativos unha cifra exigua comparada coa totalidade dos emigrados no período considerado (un 12, 56% do total), pero se se compara co número de persoas que remataron os seus períodos formativos superiores en Galicia nese mesmo período, resulta cando menos suficientemente expresiva: se o número de titulados anuais no sistema universitario galego é por termo medio dunhas 9.000 persoas por ano, pode concluírse que en termos netos a metade destes titulados marchou traballar fóra da Comunidade galega. Por outro lado, parece detectarse un altísimo nivel de subemprego neste colectivo no mercado interior. Ambos os dous feitos suxiren a importancia de afondar brevemente na análise da particular situación da man de obra máis formada nos termos en que se formulou esta investigación.\n4.4.1. Destinos preferenciais\nNa táboa 14 analízase o subconxunto de man de obra máis cualificada, desprazada a traballar ao resto de España cara ás rexións máis importantes. Pode constatarse que Madrid resultou ser a comunidade con máis atractivo para os emigrantes, cun 39, 27% do total (15.542 persoas), seguida de Cataluña (12, 56%), Castela e León (5, 90%), Andalucía (4, 77%), Canarias (4, 08%) e Asturias (3, 81%). Entre esas seis comunidades absorben o 70% destes traballadores (máis de 28.000). A relación directa coas variables salarios superiores e, en menor medida, proximidade resulta evidente.\n4.4.2. Perfís por idade e xénero\nOs datos contidos na táboa 15 dan unha idea moi clara do perfil dos emigrantes galegos con estudos superiores ao resto de España. Por idades, o 52, 31% do total son moi novos (29 anos ou menos), o que implica que practicamente abandonan Galicia unha vez concluída a súa formación máis da metade; e, así mesmo, un 41, 16% ten entre os 30 e os 44 anos. Este perfil tan novo da poboación universitaria emigrante é tan explícito que só un escaso 6% do total supera os 45 anos.\nA análise por xénero mostra algunhas cuestións de excepcional interese. Por un lado, ao contrario do que sucedía no conxunto total, onde a emigración era maioritariamente masculina, existe unha distribución practicamente igualitaria (un 51, 56% de mulleres por un 48, 44% de homes); e por outro lado, as mulleres galegas con titulacións universitarias tenden a emigrar a unha idade máis temperá que os homes: un 61% daquelas faino con 29 ou menos anos por un 52% dos homes nesa mesma idade.\nFONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Observatorio Ocupacional de Galicia (varios anos).\n4.4.3. Análise cuantitativa: actividade, desemprego e estrutura empresarial\nA análise particularizada deste conxunto de emigrantes galegos máis formados pode realizarse dunha forma cuantitativa a través dos datos que ofrece a Encuesta de Población Activa (EPA), que realiza periodicamente o INE 6. Unha variable determinante da estrutura do mercado de traballo cualificado é a taxa de actividade tanto en Galicia como nas principais comunidades de destino (táboa 16).\nPode apreciarse que no período tratado a porcentaxe de titulados universitarios sobre a poboación activa total é máis alta en Madrid, País Vasco, Asturias e Castela e León que en Galicia, comunidades estas que absorben máis da metade da emigración galega cualificada. Como excepción, Andalucía e Canarias (ás que se dirixe un 9%) e Cataluña, con taxas de actividade parellas ás galegas.\nDos datos reflectidos poden analizarse dous períodos. O primeiro vai ata o ano 2007 (ano de comezo da crise), no que as comunidades autónomas que máis emigrantes galegos reciben presentan unha taxa de paro para este colectivo inferior á galega, con excepcións moi puntuais. Cómpre destacar que no ano 2005 a totalidade das rexións que reciben emigrantes galegos teñen unha taxa deste paro cualificado menor que a galega, mentres que no ano 2006 o panorama é similar coa soa excepción de Andalucía, que supera lixeiramente a Galicia. No ano 2007, Asturias, Canarias e novamente a Comunidade andaluza presentan unha taxa lixeiramente superior á galega, manténdose o resto por baixo. O segundo período sería a partir do ano 2008 onde, como consecuencia da crise, a emigración interrexional galega comeza a descender leve pero paulatinamente (táboa 2). Esta situación coincide á vez cun aumento das taxas de desemprego nas comunidades de destino.\nO fenómeno da relación entre ciclos económicos e emigracións interrexionais en España foi estudado por Recaño e Cabré (2003) nunha das escasas contribucións existentes sobre a materia. A través da análise das Estadísticas de Variaciones Residenciales do INE 7 no período 19882001, estes autores chegan á conclusión de que a emigración interrexional dos novos está afectada polos ciclos económicos. Para o caso de Galicia sinalan que dentro do período considerado se acentúa a emigración nos ciclos expansivos e diminúe nas fases de contracción da economía.\nPor último, unha variable que condiciona a contratación de persoal cualificado é, sen dúbida, a estrutura empresarial que conforma a demanda de traballo. Parece evidente inferir que nunha economía desenvolvida as unidades de produción máis demandantes deste tipo de emprego de calidade serán aquelas con características organizativas avanzadas. Na táboa 18 efectúase unha comparación entre a tipoloxía das empresas con actividade en Galicia e en España.\nPode verse que na Comunidade galega opera case un 61% de unidades empresariais que non teñen ningún asalariado (un 40% en España). Se se amplía o intervalo ata os nove empregados, en Galicia chégase ata o 97% das empresas, por un 78, 7% en España. As diferenzas de tamaño das empresas galegas con respecto ao Estado español son evidentes, e a súa estrutura tradicional, en xeral, non é a máis propicia para que lle dea cabida á oferta de traballo máis cualificada.\n4.4.4. Expectativas e condicións de traballo: a perspectiva propia\nUnha fonte de información indirecta e cualitativa sobre as circunstancias laborais dos universitarios galegos lévaa realizando durante varios períodos consecutivos a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Os estudos, denominados de Inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia, conteñen información moi valiosa para analizar as circunstancias do mercado laboral galego e as apreciacións e a experiencia dos propios interesados. Para realizar esta análise tivéronse en conta os resultados dos estudos de Inserción laboral (PIL) para diferentes períodos e coa mesma metodoloxía desde o ano 2001 ata o 2007 e que se atopan publicados no último deles (ACSUG, 2010).\nDaqueles titulados que traballan, advírtese unha importante presenza destes fóra de Galicia (táboa 20): un 10, 5% da xeración analizada no período 20012003 está a traballar no resto de España, porcentaxe que alcanza o seu valor máximo entre os anos 2005 e 2006 (14, 02%).\nReafírmase, unha vez máis, que as razóns de semellante proceder son consecuencia das deficiencias do mercado de traballo en Galicia. Segundo os datos que se presentan na táboa 21, máis dun 60% recoñece que marchou porque non atopaba traballo na Comunidade ou porque tiña mellores ofertas de traballo do exterior.\nPor último, dous indicadores serven para constatar as condicións de traballo dos titulados universitarios en Galicia.\nO primeiro deses indicadores é o tipo de traballo que realizan e baixo que fórmula de contratación o fan. A partir do contido da táboa 22 pode verificarse que a opción de autoemprego non está moi estendida dentro do colectivo, xa que a porcentaxe de titulados que optan por esta opción se move entre o 6, 85% entre os anos 2005 e 2006 e o 8, 75% entre os anos 2006 e 2007. Unha cuestión que cómpre destacar é a porcentaxe de titulados que traballan por conta allea e que se encadran dentro da economía irregular: nalgúns períodos ata máis do 21% non está dado de alta e máis dun 4% non ten contrato de traballo. E dentro dos que contan con contrato, os datos non son máis que un reflexo da inestabilidade temporal: nalgún intervalo de tempo os contratos eventuais chegan a alcanzar o 49% e o uso dos contratos en prácticas e bolsas vai máis alá do 20%.\nO segundo dos indicadores que determina a precariedade do mercado de traballo galego para os titulados universitarios e, en consecuencia, as súas posibilidades de emigrar transcríbese no salario medio mensual que perciben, como se pode ver na gráfica 2: durante o período 20012007 atópase no intervalo comprendido entre os 800 euros e os 1.000 euros en termos de salario real (cifras deflactadas polo Índice de Prezos ao Consumo).\n5. CONCLUSIÓNS\nA investigación levada a cabo tiña como obxecto verificar axeitadamente se as hipóteses de partida poderían referendarse a través da análise pertinente dos datos manexados. A primeira conclusión é que esas hipóteses se verifican practicamente na súa totalidade, baseándose nos seguintes argumentos:\na) O colectivo emigrante é moi novo. En efecto, un 47% ten 29 ou menos anos e un 39% ten unha idade comprendida entre os 30 e os 44 anos. Polo que se refire ao xénero e ás cifras totais, trátase dunha emigración predominantemente masculina (68, 49%) b) Un 39% dos emigrados posúe bacharelato, un título de formación profesional ou estudos universitarios; e un 36, 74%, cando menos, o ensino secundario obrigatorio. Preto dun 60% da man de obra que sae de Galicia é contratada para traballos cualificados. c) As comunidades de destino presentan unhas características moi determinantes para a decisión de emigrar: ou teñen salarios medios máis altos, están relativamente preto de Galicia ou teñen mellores indicadores de estabilidade laboral. d) Polo que respecta á comunidade de orixe, os salarios medios en Galicia son moi inferiores á media española, e as súas condicións de contratación e de xornada de traballo son máis precarias. Existe unha escasa transparencia e ineficacia dos servizos públicos de emprego no mercado laboral galego. e) Polo que se refire á man de obra máis cualificada (titulados universitarios), o proceso migratorio recrúase: no período analizado saen de Galicia 39.581 titulados universitarios con destino ás rexións con maiores salarios e oportunidades. O perfil deste subconxunto de emigrantes é distinto ao global: trátase de persoas moi novas e está moi equilibrado en xénero (é particularmente destacable a presenza de tituladas moi novas no proceso). A precariedade contractual dos titulados, o seu escaso estímulo salarial, a ausencia de emprego de calidade e a propia estrutura empresarial galega quedan constatados como outras das causas da expulsión desta man de obra cualificada cara a outras rexións. Este fenómeno, coñecido como brain drain (fuga de cerebros), debilita o potencial produtivo da rexión de orixe dos emigrantes (Conseil d’Analyse Économique, 2009).\nEn segundo termo, cómpre sinalar unha conclusión non menos importante: verificadas as hipóteses de partida, estas son expresivas de situacións nas economías de orixe de deficiencias estruturais graves no seu sistema produtivo. Coa excepción de fenómenos conxunturais, como é o caso da expansión do sector da construción, a constatación das hipóteses non vén determinar máis que iso: a economía galega é incapaz de absorber eficientemente o capital humano no que inviste; e de aí a terceira emigración.\nComo se sinalou ao principio desta investigación, aínda que a mobilidade do factor traballo teña aspectos positivos nesta etapa de globalización económica, as consecuencias sobre as áreas exportadoras de man de obra –especialmente a altamente cualificada– son indicadores claros de ineficiencias nos seus sistemas produtivos interiores. Esta situación está perfectamente recollida no pensamento do filósofo e catedrático de Historia da Ciencia José Manuel Sánchez Ron, que nun artigo publicado nun xornal de ampla difusión sinala que: “ Si todo sigue igual, muchos de nuestros jóvenes más capaces terminarán sino en el paro, frustrados, limitados o contribuyendo permanentemente a la ciencia de otros países. Ya sé que así se contribuye, finalmente, al acervo científico común de la humanidad, pero egoísta como soy para con mi patria, querría que este fuera un hogar más propicio para la ciencia y, aún más, para su gente joven. Si a esta nueva emigración –forzosa también– se le llama «globalización», entonces: ¡«maldita globalización»! ” (Sánchez Ron, 2011).\nPor último, e derivada das conclusións anteriores, é preciso facer unha reflexión sobre as consecuencias indirectas deste comportamento: unha das maiores preocupacións sobre o futuro da economía galega radica na súa extrema debilidade demográfica que se manifesta na súa baixísima taxa de natalidade e, pola contra, nunha taxa de mortalidade moi alta 8. Baixo eses parámetros, todas as proxeccións advirten do extraordinario problema que no futuro se pode xerar en Galicia. Resulta evidente, polo tanto, que este fenómeno da nova emigración (non se debe esquecer, fundamentalmente nova) vén agravar aínda máis, se é posible, esas perspectivas nada prometedoras para a sustentabilidade da economía galega.\nBIBLIOGRAFÍA\nde Compostela: IGE. .\n."} +{"summary": "A igualdade plena entre mulleres e homes constitúe na actualidade un dos retos pendentes por resolver nas sociedades, aínda sen esquecer o visible avance logrado nos últimos anos na loita pola erradicación da desigualdade de xénero. Neste contexto, é innegable a necesidade de impulsar novas medidas para facer efectiva a equidade, dentro das cales a educación debe ser considerada unha ferramenta indispensable.\nO obxectivo deste traballo é explorar as iniciativas de educación para a igualdade contempladas nunha mostra de vinteún plans de igualdade municipais de diferentes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, seleccionados aleatoriamente. Para isto, procedeuse a realizar unha análise documental dos mesmos, centrada nas estratexias de coeducación e dirixida fundamentalmente á poboación escolar. Entre as liñas de traballo prioritarias destacan a organización de obradoiros e accións formativas nos centros educativos sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade de xénero, a proposta de iniciativas encamiñadas a implicar ás familias na coeducación, a dotación de fondos bibliográficos e o fomento da lectura en materia de igualdade.", "text": "INICIATIVAS DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE NA ADMINISTRACIÓN LOCAL: UNHA ANÁLISE DOS PLANS DE IGUALDADE MUNICIPAIS\nEDUCATION INITIATIVES FOR EQUALITY IN LOCAL ADMINISTRATION:\n: coeducación, igualdade de xénero, plans de igualdade, administración local.\nINTRODUCIÓN\nDo mesmo xeito, as desigualdades por razón de xénero teñen sido obxecto dun acrecentado número de publicacións, dende perspectivas moi diversas, e afondando en cuestións de gran calado para o logro da equidade, como a análise dos estereotipos de xénero (Tomé e rambla, 2001; Díez Gutiérrez, 2004; Colás e Villaciervos, 2007; sánchez García e cols., 2011); as manifestacións de condutas violentas cara as mulleres (Torres e Antón, 2006; Blaya, Debarbieux e lucas, 2007; Delgado e cols., 2007); as barreiras profesionais (Gimeno e rocabert, 1998; Padilla, 2001; Elejabeitia e lópez sáez, 2003; Coronel, 2005; Donoso, Figuera e rodríguez Moreno, 2011) a formación do profesorado en materia de igualdade (lópez Valero e Encabo, 2002; Colás e Jiménez, 2004) ou a preocupación por promover a igualdade de xénero dende a administración local (Méndez lois e Payo, 2007; FEMP, 2007; Moreno Mínguez, 2008); entre outros.\n1. A EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE: UNHA ESTRATEXIA CLAVE NA PROCURA DA EQUIDADE\nAs persoas configuran o seu rol como homes e mulleres en función da aprendizaxe das representacións culturais de xénero que rexen non só a súa constitución xenérica, senón tamén o carácter das relacións que ambos manteñen en diferentes esferas sociais (Colás e Villaciervos, 2007). Estas representacións culturais exprésanse a través de estereotipos de xénero, que son preconcepcións que se caracterizan por incidir na percepción que o individuo ten dos demais e de si mesmo en función da súa pertenza a un sexo determinado.\nA interiorización das diferenzas de xénero ten consecuencias educativas importantes en tanto que xogan un papel básico nas formas de pensar, interpretar e actuar dos suxeitos, así como de relacionarse cos outros (Colás e Villaciervos, 2007). Porén, parece necesario que un dos obxectivos primordiais se encamiñe á configuración dunha identidade de xénero en igualdade.\nNeste contexto, a educación constitúe unha ferramenta valiosa na promoción de valores de equidade e no respecto á diferenza. Para rebollo e cols. (2012), a coeducación formúlase como unha estratexia prioritaria na transformación de modelos, valores e vínculos que reproducen relacións non equitativas. Cabe destacar, a este respecto, que son diversos os recursos que se teñen desenvolvido para traballar dende a educación estas dimensións (Instituto de la Mujer, 2007; Pena e sampedro, 2010; Villar e Casado, 2012).\nAsí é considerado tamén en numerosos informes e propostas de acción das administracións públicas, que establecen a educación para a igualdade como un dos elementos clave na prevención da violencia contra as mulleres e na consecución da equidade. A nivel estatal, o Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades (20142016) (Instituto de la Mujer, 2014) formula como un dos eixos a Educación para a igualdade, con tres obxectivos específicos:\n- Fomentar a realización de accións de sensibilización e formación na igualdade, nas familias e nos centros educativos. - Apoiar ás alumnas en situación de vulnerabilidade por múltiple discriminación. - Traballar pola eliminación de estereotipos por sexo que poidan afectar á elección de estudos e profesións, docencia e dirección dos centros educativos.\nA nivel autonómico, o VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes. Estratexia 20132015 (Xunta de Galicia, 2013) ten como finalidade renovar e reforzar o compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a través dunha actualización e avance nas políticas e medidas aplicadas sobre este ámbito. Para isto, intégranse neste plan un total de seis eixos estratéxicos, un deles centrado no “cambio de valores e modelos para a igualdade”, cuxa motivación recae en “remover os valores, actitudes e estereotipos que aínda sustentan un clima social tolerante coas desigualdades entre mulleres e homes, así como con calquera acción ou inacción que teña como consecuencia un acto discriminatorio ou violento por razón de sexo” (p. 2122). Establécese así como necesario promover a colaboración entre diferentes axentes, especialmente considerando e implicando á comunidade educativa. Dous dos obxectivos formulados neste eixo entroncan directamente con accións nas que se fai indispensable a colaboración da escola: promover a sensibilización a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida persoal, social, laboral e familiar e reforzar a igualdade de xénero no ámbito da educación non universitaria e no desenvolvemento da orientación académica e profesional do alumnado.\n2. AS INICIATIVAS DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE NUNHA MOSTRA DE PLANS DE IGUALDADE MUNICIPAIS\nEntre as propostas institucionais impulsadas na promoción da igualdade figura o desenvolvemento de distintos instrumentos de intervención, entre os cales os plans de igualdade son un dos principais referentes. Os plans de igualdade, elaborados e implementados a partir da década de 1990 por institucións de diferente índole, tales como comunidades autónomas, universidades ou municipios, téñense constituído nun dos instrumentos máis eficaces para poñer en práctica a transversalidade de xénero.\nA súa implementación viuse reforzada coa aprobación da lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, que define os plans de igualdade no seu artigo 46.1 como o conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico da situación, tendentes a alcanzar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.\nA nivel municipal configúranse como instrumentos que permiten propiciar a asunción por parte da sociedade dos principios e dereitos recoñecidos na lexislación en materia de igualdade. En efecto, as diferentes iniciativas e plans en materia de igualdade que xorden desde a administración local supoñen un compromiso coa mellora da situación política, económica, familiar e cultural da cidadanía.\n2.1. Obxectivos\nO obxectivo deste traballo é realizar un achegamento ás estratexias de educación para a igualdade formuladas dende a Administración local a través dos plans de igualdade municipais. Como obxectivos específicos, formuláronse os seguintes:\n- Explorar as medidas de coeducación recollidas nos plans, especialmente aquelas que implican á poboación escolar e os centros educativos. - Identificar os/as destinatarios/as destas accións de educación para a igualdade. - Coñecer as temáticas clave desenvolvidas a través das diferentes actuacións propostas: principios de coeducación, corresponsabilidade, etc.\n2.2. Metodoloxía\nPara dar resposta aos obxectivos formulados, procedeuse a realizar unha análise de contido dos devanditos plans. A selección desta metodoloxía parte da necesidade de explorar e describir os compoñentes básicos dos plans de igualdade, establecendo categorías que permitan a clasificación e agrupación da información das diferentes unidades de análise. Estas categorías despréndense dos obxectivos formulados: destinatarios, medidas de actuación e temáticas clave.\nCorresponden ao campo da análise de contido aquelas actividades que, partindo dun conxunto de técnicas parciais pero complementarias, consisten en explicitar e sistematizar o contido das mensaxes e a expresión dese contido coa axuda de indicios cuantificables ou non (lópez Noguero, 2002).\n2.3. Mostra de plans de igualdade analizados\nA selección dos plans de igualdade realizouse entre aqueles accesibles desde as páxinas web oficiais dos municipios ou desde a da secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Na busca realizada foron localizados un total de 47 plans, maioritariamente xa na súa segunda edición e cunha presenza desigual por provincias, sendo os municipios de A Coruña nos que foi máis sinxelo acceder aos documentos a través da rede. Destes, foron seleccionados a través dunha mostraxe aleatoria simple un total de 25, aínda que para a súa análise excluíronse 4 deles, por ter estes un período de finalización anterior ao ano 2010.\nA mostra queda así constituída por 21 plans de igualdade de diferentes municipios da Comunidade Autónoma de Galicia que na maioría dos casos constitúen, como xa se indicou, o segundo plan municipal en materia de igualdade. A Táboa 1 recolle información que permite describir a mostra: municipio, denominación do plan, período de vixencia e número de eixos ou grandes áreas de actuación.\nrespecto ao período de vixencia é en todos os casos de catro ou cinco anos, estendéndose na maioría dos plans analizados ata o 2014. A estrutura destes plans difire tanto no número de eixos e áreas de actuación como de obxectivos e accións específicas que propoñen.\n2.4. Resultados\n2.4.1. Destinatarios/as das accións de educación para a igualdade\nA totalidade dos plans analizados contemplan iniciativas de educación para a igualdade e teñen como principais destinatarios/as tanto o conxunto da poboación do concello como, máis especificamente, a comunidade educativa (Figura 1).\nAs estratexias que teñen como obxecto a sensibilización cidadá centran a súa atención en diferentes colectivos poboacionais, entre os que se mencionan: maiores, adultos, mozos/as, mulleres, asociacións, etc. Nalgúns dos plans formúlanse accións específicas para algún destes grupos, pero maioritariamente están formuladas para que poidan participar nelas o conxunto da poboación do municipio.\nPor outra banda, ocupa un lugar destacado a implicación dos centros educativos e da poboación escolar. Os nenos e nenas dos diferentes niveis educativos centran maioritariamente a atención, pero tamén se realizan propostas de educación para a igualdade que implican a outros membros da comunidade educativa como o profesorado, os departamentos de orientación, as familias, etc.\n2.4.2. Accións para a sensibilización cidadá sobre igualdade de xénero\nUn dos obxectivos que con maior frecuencia se recollen nos plans de igualdade que compoñen a mostra é desenvolver accións de sensibilización e prevención cidadá sobre a violencia de xénero. Porén, hai dúas liñas xerais de actuación que figuran na maior porcentaxe dos plans: a proposta de campañas informativas e divulgativas e a conmemoración de datas sinaladas en relación á igualdade (Figura 2).\nAs primeiras, as campañas informativas e divulgativas sobre a igualdade de xénero están presentes en todas os plans analizados e abordan diversas áreas temáticas, aínda que maioritariamente sitúan o foco no fomento da corresponsabilidade e a prevención da violencia de xénero. Amósase algún exemplo a continuación:\nrealización dunha campaña de sensibilización para o fomento do reparto equilibrado das responsabilidades familiares entre mulleres e homes (dípticos, chapas…) (P1)\nsensibilizar e informar a mulleres e homes sobre as principais tipoloxías de violencia (física, sexual, psicolóxica, económica) para que aprendan a detectar as súas manifestacións, nomeadamente as menos coñecidas ou de máis difícil identificación como violencia de xénero (…) e desmitificar os falsos estereotipos de perfís de vítimas e maltratadores, dando a coñecer os recursos existentes para mulleres e homes contribuíndo á autodetección por parte de vítimas e maltratadores. (P17)\nA conmemoración de datas sinaladas en relación á igualdade como o Día Internacional da Muller (8 de marzo) ou o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller (25 de novembro) constitúe outra das estratexias máis presentes nos plans de igualdade para o conxunto da poboación. Algunha das manifestacións nos plans son as seguintes:\nContinuar cos actos de sensibilización, visibilización e información en torno ao 25 de novembro que favorezan a toma de conciencia por parte da cidadanía en xeral. (P9)\nConmemoración anual do 8 de Marzo, realizando actividades que impliquen á propia comunidade como: conferencias, concertos, obras de teatro... tomando en consideración a participación e opinión das asociacións rabadenses. (P15)\n2.4.3. Accións de educación para a igualdade en colaboración cos centros educativos\nOutra das liñas de traballo prioritarias é a de desenvolver accións educativas dirixidas á poboación escolar en colaboración cos centros educativos. Neste caso, as propostas son diversas, en orde de maior a menor frecuencia (Gráfico 1), pódense sinalar: a organización de obradoiros e accións formativas sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade de xénero (95, 2%), iniciativas para mellorar a implicación das familias na coeducación (85, 7%), a dotación de fondos bibliográficos ás bibliotecas escolares ou municipais e o fomento da lectura en materia de igualdade (76, 2%), actividades extraescolares e actividades para os tempos de ocio (66, 7%), propostas de información e orientación académicoprofesional non sexista (57, 1%) e accións formativas para o profesorado e outros profesionais da educación (38, 1%), entre outras.\nGráfico 1. síntese das principais medidas de educación para a igualdade destinadas á comunidade educativa. Fonte:\nelaboración propia.\nA continuación analízanse de xeito máis pormenorizado cada unha destas actuacións. A realización de obradoiros e accións formativas en colaboración cos centros educativos está presente na gran maioría dos plans analizados en relación a contidos clave para a igualdade de xénero (95, 2%). As medidas, en orde de maior a menor frecuencia, son as seguintes:\n- Igualdade nas relacións afectivosexuais (52, 4%): o afecto en parella, educación para a saúde dende unha perspectiva de igualdade, etc.\nA organización destas accións formativas adquire diversos formatos nos plans analizados. A modo de exemplo, algunhas das medidas propostas son as que se indican a continuación:\nInstar aos centros educativos implantados no Concello de Teo a incluír obradoiros sobre corresponsabilidade nas actividades escolares e extraescolares. (P10) Colaboración cos centros educativos, ANPA e asociacións na organización de obradoiros que aborden modelos afectivos e sexuais igualitarios e non violentos. (P19)\nA continuación, destacan as accións encamiñadas a implicar ás familias na educación para a igualdade (85, 7%), entre as que cabe resaltar a organización de actividades formativas para os pais e nais (obradoiros, escolas de familia, etc.) e a difusión ás familias das actividades organizadas en materia de coeducación dende diferentes organismos do concello (centros educativos, Centro de Información á Muller, etc.). Menciónase de xeito específico en moitos dos plans analizados o rol que deben desempeñar as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as (ANPA), tanto na organización das actividades como no fomento da participación por parte dos pais e nais. A modo de exemplo:\nrealización de obradoiros de nais e pais nos que se traballen as temáticas de educación non sexista, relacións afectivo – sexuais, prevención da violencia de xénero e reparto de responsabilidades. (P4) Apoiar e impulsar a escola de nais e pais como un espazo onde se explicite o desigual reparto de responsabilidades e a toma de decisións familiares, e se oriente ás nais e ós pais sobre como educar ós fillos e ás fillas nos principios de igualdade, cooperación e respecto nas relacións persoais e familiares. (P5)\nTamén se fai referencia na maioría dos plans á dotación de fondos bibliográficos nas bibliotecas escolares ou municipais e ó fomento da lectura en materia de igualdade (76, 2%). En primeiro lugar, destacan aquelas iniciativas que propoñen a adquisición de libros, recursos e materiais didácticos para abordar temas de igualdade de xénero (52, 4%); incluso algúns concellos propoñen a creación dunha sección específica sobre a temática. Do mesmo modo, case a metade dos plans inclúen especificamente propostas encamiñadas a fomentar a lectura en igualdade (42, 9%): contacontos, campañas de fomento da lectura, etc. Máis concretamente, algunhas das accións propostas son as seguintes:\nrealizar actividades de animación á lectura infantil a través de contacontos que axuden a eliminar os estereotipos que aínda estean presentes nalgunhas narracións infantís, e fomentar lecturas de contos non sexistas a través dos fondos da biblioteca infantil. (P5) Dotar á biblioteca pública municipal dun fondo documental de obras de mulleres e sobre temáticas de igualdade nos diferentes estilos e formatos (banda deseñada, literatura, poesía, ensaio, fotografía...). (P14)\nObtención de recursos educativos (xogos, xoguetes, libros, actividades...) que permitan unha abordaxe integral e transversal da violencia de xénero en función das idades destinatarias. (P15)\nOutro dos obxectivos que ocupa un lugar destacado é o de fomentar a eliminación dos roles e estereotipos de xénero no tempo de lecer. Así, en oito dos plans indícase especificamente a necesidade de propoñer actividades extraescolares que fomenten os valores de igualdade, tolerancia e diversidade (66, 7%). Entre as actividades que formulan, sobresaen a realización de concursos sobre a promoción da igualdade de oportunidades (38, 1%), as destinadas a favorecer o uso non sexista dos xoguetes (28, 6%) e a realización de obras de teatro que teñan en conta a perspectiva de xénero (14, 3%). A modo de exemplo:\nrepresentación dunha obra de teatro que trate o tema de igualdade de oportunidades. (P1) Programa para concienciar do carácter non sexista dos xoguetes, que constará da realización dunha unidade didáctica (…) e dunha exposición. (P3) Organización de actividades extraescolares que fomenten os valores da igualdade, a tolerancia, a diversidade e a non violencia. (P7)\nA información e orientación académicoprofesional non sexista tamén é considerada en moitos dos plans como un elemento clave para dar a coñecer a diversidade de opcións formativas postobrigatorias e promover a incorporación das mulleres a profesións tradicionalmente masculinizadas. Así, en doce deles (57, 1%) proponse a realización de iniciativas como obradoiros, elaboración de material divulgativo, etc. que teñan como obxectivo favorecer unha elección vocacional non sexista. A modo de exemplo, podemos identificar algunhas delas:\nrealización dun obradoiro sobre orientación vocacional non sexista no último ciclo de primaria. realización dun obradoiro sobre orientación vocacional non sexista no último ciclo de primaria. (P1)\nElaboración e difusión de material divulgativo e de sensibilización aos equipos de orientación dos centros educativos sobre diversificación profesional non sexista. (P2)\nUnha das iniciativas clave para o fomento da coeducación entre os nenos/as e mozos/as do concello é a de impulsar a formación do profesorado e outros profesionais da educación. Así é considerado de xeito específico en moitos dos plans (38, 1%), que recollen iniciativas como as que seguen a continuación:\nFacilitar formación básica en xénero e igualdade ao persoal de animación sociocultural e ao profesorado de educación infantil, primaria e secundaria. (P17) realización de actividades de formación dirixidas ao profesorado que promovan unha educación para unha cultura da igualdade de oportunidades de mulleres e homes. (P21)\nFinalmente, é de interese resaltar que, aínda que cunha presenza moito menor, algúns dos plans analizados tamén realizan outras propostas educativas para fomentar a igualdade de oportunidades, tales como a creación dunha rede social virtual para a comunidade educativa que sirva para a transmisión de boas prácticas (P2), a creación de grupos de estudo sobre coeducación (P4), a realización dun concurso para o profesorado de propostas de innovación en coeducación (P4), a análise da linguaxe sexista empregada nos centros educativos (sinalización, material didáctico...) e substituíla por unha linguaxe igualitaria (P13), etc.\n3. CONSIDERACIÓNS FINAIS\nA análise realizada neste traballo pon de manifesto que os plans para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes constitúen unha evidencia do compromiso explícito adoptado polas administracións locais para avanzar na consecución efectiva dunha política de igualdade de oportunidades. Neste contexto, a educación é considerada unha ferramenta esencial no camiño cara a igualdade de xénero, tal e como se recolle nos diferentes documentos e directrices emanados dende organismos internacionais, nacionais, autonómicos e, no caso que nos ocupa, tamén locais.\nA necesidade de formular iniciativas de carácter educativo parte da idea de que a contorna non é neutra e que nos diferentes espazos sociais (escola, familia, medios de comunicación, etc.) seguen reproducíndose estereotipos sexistas. Entre as medidas consideradas dende os plans, ocupan un lugar destacado as accións de información e divulgación para o conxunto da poboación, entendendo que a sensibilización sobre temas como a corresponsabilidade ou a prevención da violencia de xénero debe chegar ao maior número posible de escenarios, persoas e colectivos (maiores, adultos, mozos/ as, asociacións, etc.).\nPor outra banda, as estratexias educativas formuladas para os centros escolares implican na maioría dos casos o traballo colaborativo entre diferentes axentes (profesorado, familias, departamento de orientación, etc.), o que permite aunar esforzos na procura da igualdade. Entre elas, destacan as accións formativas para a poboación escolar sobre contidos esenciais como a identificación e eliminación de estereotipos, a prevención da violencia de xénero, o fomento da corresponsabilidade e a igualdade nas relacións afectivosexuais.\nAsí, se ben é certo que aínda queda moito camiño por percorrer, as iniciativas de educación para a igualdade adoptadas dende os concellos en colaboración cos centros escolares supoñen un paso esencial na loita contra a discriminación por razón de xénero.\nREFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS"} +{"summary": "A escola sempre é escola. Unha obviedade que non precisa matices cando a imaxinamos formando parte da armazón urbana. Non sucede o mesmo cando nos situamos no mundo rural. Aquí, identificar, explicar, interpretar... as súas circunstancias só é posible cando aludimos ás realidades que a contornan, no variado xogo de palabras que nomea a ruralidade.\nA escola que quixo, podía e debería ser: un recurso, equipamento, institución, centro educativo..., ao servizo da comunidade e das persoas ás que se vincula territorial, pedagóxica e socialmente. Sen dúbida, unha oportunidade para educar sendo congruentes cos contextos nos que insire as súas prácticas; tamén para poñer en valor as identidades e diversidades do rural e as súas opcións para un desenvolvemento máis sostible e integral. Unha escola que, sendo grande ou pequena, agrupada ou unitaria, vella ou nova... non se contradiga a si mesma. No artigo argumentamos sobre os significados inherentes ás súas posibilidades e limitacións, en clave de pasado e futuro.", "text": "A ESCOLA (RURAL) COMO PASADO E FUTURO LA ESCUELA (RURAL) COMO PASADO Y FUTURO THE SCHOOL (RURAL) AS PAST AND FUTURE\n : Escola rural, ruralidade, desenvolvemento rural, sistema educativo, comunidade\nRESUMEN\nLa escuela siempre es escuela. Una obviedad que no precisa matices cuando la imaginamos formando parte del entramado urbano. No sucede lo mismo cuando nos situamos en el mundo rural. Aquí, identificar, explicar, interpretar… sus circunstancias sólo es posible cuando aludimos a las realidades que la contornan, en el variado juego de palabras que nombra la ruralidad. La escuela que quiso, podía y debería ser: un recurso, equipamiento, institución, centro educativo…, al servicio de la comunidad y de las personas en un determinado territorio, con vocación pedagógica y social. Sin duda, una oportunidad para educar siendo congruentes con los contextos en los que inscribe sus prácticas; también para poner en valor las identidades y diversidades de la vida rural y sus opciones para un desarrollo más sostenible e integral. Una escuela que, siendo pequeña o grande, unitaria o agrupada, vieja o nueva… no se contradiga a sí misma. En el artículo argumentamos sobre los significados inherentes a sus posibilidades y limitaciones, en clave de pasado y futuro.\nPalabras clave : Escuela rural, ruralidad, desarrollo rural, sistema educativo, comunidad que se axudaban, que facían xuntos sementeiras e ceifas, que os rapaces da escola eran os mesmos que levaban xuntos as vacas a pacer ao monte e xuntos asaban as patacas, armaban músicas, facían magostos de piñóns. Eramos, todos nós, pais e fillos e netos vencellados por moitas cousas: arada, gando, montes, muíño, regueiros, costumes. Xosé Neira Vilas (2006: 98).\nINTRODUCIÓN\nNas últimas décadas, os espazos rurais teñen experimentado unha profunda e incesante transformación das súas realidades xeográficas e humanas, con frecuencia inseridas nunha dobre perspectiva de futuro: dunha banda, a que se nutre dun pasado ligado á produción agropecuaria e a estilos de vida que procuran dar continuidade histórica a unha “civilización campesiña” depositaria de valores e sinais de identidade socioculturais estimables; doutra, a que confía nas posibilidades dunha transformación —mesmo radical— da paisaxe e dos costumes, dos sistemas de produción e comercialización, das pautas de vida e dos procesos de desenvolvemento, achegándoos á súa equiparación co benestar social e material do mundo urbano. Ao respecto, debe salientarse que son varias as investigacións que coinciden en sinalar a elevada calidade de vida da que goza a poboación das zonas rurais europeas, ao ser comparadas coa das zonas urbanas (Schucksmith, Cameron, Merridew e Pichler, 2009), por moito que o imaxinario social persista en observalo como periférico e subsidiado, pobre e debilitado.\nAludimos, sen dúbida, a un posicionamento controvertido, tanto no que supón de cotexo entre un e outro modelo de sociedade, coma no que se poida esperar que sexa o futuro dun mundo rural feito a imaxe e semellanza do urbano, consonte aos desexos e necesidades dos centros do poder económico e social, acostumados a percibir o desenvolvemento das cidades como superior e máis avanzado. Segundo advirte Amiguinho (2011), tomando nota das políticas socioeducativas portuguesas, a revitalización das ideoloxías neoliberais e da competividade social teñen reforzado a consideración do rural como un espazo residual, en contraste cun mundo urbano en expansión, cada vez máis enaltecido e globalizado.\nEsta é a visión que acostuma trasladarse ás súas institucións —entre outras, á escola— e ás prácticas sociais que promoven, mesmo chegando a deprezar o que delas se pode agardar para a rehabilitación ou rexeneración do mundo rural, desconfiando da capacidade emprendedora e/ou innovadora das persoas que o habitan. Neste sentido, fronte ao que supón —implícita ou explicitamente— dubidar do valor da educación e das potencialidades da xente para que sexan os principais artífices do seu desenvolvemento, reivindicamos con GarcíaMarirrodriga e PuigCalvó, 2011: 205) a aparición dunha nova “cidadanía rural”, que mobilice aos axentes do territorio, activando o tecido e o capital social grazas ao sistema educativo, partindo das persoas e contando con elas.\nSon palabras e tamén deberían ser feitos, se a Europa dos 28, consonte coas súas proclamas a favor dun desenvolvemento rural integrado, apostase decididamente polo crecemento intelixente, equilibrado, sustentable e inclusivo que citan nos seus documentos: un desenvolvemento, afirman de xeito reiterado, que non só deberá atinxir ás necesidades e desafíos da sociedade actual, senón, e sobre todo, aos que se prevé terán as xeracións do futuro.\nSituándonos no caso español e galego, é difícil entender os avatares históricos da que se ten identificado como “ escola rural ” sen unha lectura atenta das transformacións territoriais, demográficas, socioeconómicas e culturais que veñen acontecendo dende mediados dos anos sesenta do pasado século ata a actualidade, xerando visións contrapostas arredor das súas realidades do presente e das que poderá deparar nos vindeiros anos. Cambios, diría Mayoral (2008: 166) de “carácter poliédrico, que afectan aos diferentes sistemas sociais e, en consecuencia, tamén ao sistema educativo”, que o autor resume —incidindo no seu desigual impacto e intensidade— en tres esferas significativas: a social, a cultural e a económica. Ningunha delas pode ser esquecida cando focalizamos a mirada na educación e nas escolas no rural.\n1. O RURAL COMO ESCENARIO DUNHA EDUCACIÓN ESQUECIDA\nA incorporación das sociedades rurais a procesos de desenvolvemento que procuren unha mellora substancial da calidade de vida e do benestar da súa poboación, pon de manifesto a notoria incidencia que no rural teñen as dinámicas políticas, económicas e lexislativas coas que se trata de dar resposta aos cambios que se veñen producindo no mesmo desde os anos cincuenta do pasado século: reestruturación do sector agropecuario, gandeiro e forestal; redución e involución do seu potencial demográfico (despoboación, envellecemento, etc.); perda de entidade e identidade cultural; minoración dos recursos infraestruturais e institucionais; reorientación dos usos que se lles dá aos bens patrimoniais e ambientais; etc.\nSendo verdade que ningunha das tensións que suscitan os modelos de desenvolvemento rural e urbano pode ser minimizada, tamén o é que precisamos abrir novos diálogos sobre o que un e outro representan para a sustentabilidade do Planeta, entre a preservación da súa biodiversidade e a homoxeneización dos estilos de vida, os impactos medioambientais e a satisfacción dos dereitos a un benestar social de mínimos para todas as persoas, alí onde residan. Son diálogos nos que a educación sempre deberá ter un especial protagonismo, dándolle a cada suxeito —desde a infancia ata a vellez, dentro e fóra da escola— a oportunidade de participar activa e conscientemente nos procesos de desenvolvemento que o afectan de xeito cotiá, nos planos individual e colectivo.\nNo que respecta ás nosas realidades máis tanxibles e asumindo a heteroxeneidade do mundo rural, nos últimos anos oitenta a Unión Europea diulle un xiro radical ás actuacións que se viñan promovendo ata entón nos países que a conformaban, en boa medida inducidas polas conclusións que se derivarían do Informe sobre o futuro do mundo rural (Comunidades Europeas, 1988) e das súas propostas cara un desenvolvemento mais integral e integrador, con obxectivos tendentes a:\n– Promover actividades e iniciativa locais (en pobos, concellos, comarcas, etc.) que posibiliten restablecer e/ou consolidar o tecido social existente, tomando como referencia os sinais de identidade físiconaturais e socioculturais dos seus respectivos contornos. – Incentivar a posta en marcha de programas e proxectos de dinamización socioeducativa e cultural que incrementen a autoestima da poboación, respectando as peculiaridades da cultura autóctona, así como das súas diferentes manifestacións e potencialidades, como soportes principais no logro dun desenvolvemento rural integrado. – Xerar e, no seu caso, consolidar a vida asociativa e a participación da poboación no quefacer social e cultural, fomentando actitudes e prácticas colaborativas a través de diferentes actuacións de alcance sectorial e/ou global.\n– Diversificar e mellorar as opcións formativas da poboación, desde a infancia ata a vellez, incorporando novas canles de información e comunicación, de cualificación e aprendizaxe social, ao tempo que se amplían as relacións entre os centros escolares coas súas comunidades. – Crear e/ou restaurar equipamentos e infraestruturas socioculturais que posibiliten o desenvolvemento de diferentes actividades educativas, culturais, artísticas, recreativas, etc. – Promocionar e difundir a cultura local noutros ámbitos (rexionais, nacionais, internacionais), integrando as súas manifestacións en contextos máis amplos e, incluso, de proxección global no plano dos saberes, da información e das novas tecnoloxías, singularmente internet e das opcións que ofrecen as súas redes comunicacionais para o diálogo intercultural.\nNon obstante, para John Bryden (1998), as novas perspectivas da ruralidade europea, posteriores ao Informe sobre o futuro do mundo rural, non puideron evitar estar profundamente marcadas pola acelerada liberalización e mundialización do comercio internacional e polos movementos de capital, inducindo cambios bruscos nos mercados e nas políticas públicas. Cambios que se sitúan nos prolegómenos da crise financeira que deprezará as economías nacionais na primeira década do século XXI, complicando sobremaneira as xa de por si febles opcións dos territorios rurais a un desenvolvemento integral. Na súa descrición das tendencias globais e das respostas locais, Bryden argumenta acerca das importantes repercusións que ten a mundialización no entramado económico e social do mundo rural, con efectos específicos, entre outros: no declive da actividade agrícola e do peso económico relativo da produción alimenticia, xunto a cambios estruturais na industria agropecuaria; nunha maior exposición das empresas rurais locais á competencia, a resultas da súa crecente penetración na economía mundial; nunha maior interdependencia entre os territorios e os sectores de actividade; na deslocalización dos capitais e dos fluxos financeiros orientados á explotación dos recursos naturais; na articulación sociodemográfica e no aumento da mobilidade persoal; na introdución e difusión das TIC, así como da biotecnoloxía.\nEstas tendencias globais, coas especificidades que se dan en cada realidade local, representan, ás veces sen pretendelo, un conxunto paradoxal de ameazas e oportunidades para a poboación rural, que a educación —e as escolas— deberán traducir en obxectivos e iniciativas que se axusten ás súas novas particularidades. Por iso, e alén da nostalxia de calquera pasado (Amiguinho, 2011: 29), dunha “escola e un mundo rural que xa non existe”, é preciso insistir en que ao igual que os problemas de agora son outros, as solucións aos mesmos tamén deben ser diferentes (Bustos, 2011a). En definitiva, porque non debe esquecerse que boa parte do que supón a súa “transformación dentro doutra transformación” (Mayoral, 2008: 167), ten nas dinámicas demográficas e produtivas unha das súas principais motivacións, como un contorno de potenciais “retornos” a un rural alternativo, no que asuma —sen complexos— o rol que lle corresponde xogar na construción dunha sociedade da información e do coñecemento máis inclusiva. Dar cobertura ás necesidades alimentarias, redimensionar a estrutura do hábitat ou contribuír ao mantemento da diversidade cultural, son algúns dos retos que ten diante de si nos curtos e medios prazos.\nEn España, a actividade agropecuaria, que ocupaba á maioría dos habitantes do rural (por riba do 75 por cento do total de activos nos inicios do século XX), na actualidade ocupa —segundo as zonas xeográficas— entre un 2 e un 11%, mentres que as persoas que viven nas zonas rurais apenas supoñen unha cuarta parte do conxunto da poboación censada. Máis que isto, cabe salientar que na súa cotidianeidade conflúen procesos e realidades que poñen de relevo desequilibrios e/ou desigualdades que condicionan substancialmente o seu desenvolvemento socioeconómico, caracterizado por un atraso crónico respecto dos espazos urbanos; ao que se engade unha complicada sustentabilidade ambiental e social, que permita unha calidade de vida aceptable para quen reside nos seus territorios.\nNeste sentido, entre outras adversidades, Camarero (2009: 18) alude ao elevado sobreenvellecemento da poboación —con altas taxas de dependencia e/ou incapacidade para valerse por si mesmos—, á masculinización e ás disparidades existentes nos roles de xénero (cunha presión familiar que afecta especialmente ás mulleres, limitando a súa autonomía individual e colectiva), ou as dificultades para a mobilidade por esixencias derivadas do quefacer cotiá, sendo unha característica das áreas rurais “a maior dispersión poboacional e a maior distancia respecto dos lugares nos que se atopan os servizos sanitarios, educativos, comerciais ou de lecer”. Por moito que se desexe un futuro esperanzador para a educación e a escola de contexto rural (Gallardo, 2011), as súas diferenzas coa educación e a escola de contexto urbano perpetúan, e mesmo acrecentan, as inxustas e inxustificables desigualdades que existen entre un e outro medio.\nAo respecto, cumpre lembrar que xa desde a primeira infancia, a distancia física e psicolóxica que se establece entre os nenos e as nenas que viven no medio rural coas institucións educativas —fundamentalmente a partir do peche das escolas unitarias ou graduadas de pequenas dimensións, coa súa progresiva reconversión en concentracións escolares de ámbito comarcal— ten sido un factor clave nas percepcións e representacións sociais xeradas arredor do que, con maior ou menor énfase, se ten conceptuado como “educación” ou “escola rural”. Ao igual que ten acontecido con outras prácticas sociais, as políticas públicas outorgáronlle un lugar secundario ou residual nas súas decisións e iniciativas, de tal xeito que:\nas reformas tanto estruturais coma de servizos que se levaron a cabo, en liñas xerais, non se deseñaron en clave rural... tentando responder máis ás necesidades das cidades e das cabeceiras de comarca que a un artellamento do territorio realmente efectivo (Blanco, 2010: 71).\nAs consecuencias máis visibles deste comportamento —no que abundan as análises realizadas desde diferentes eidos científicos e académicos— acentúan a grave crise de expectativas que se cerne sobre o mundo rural, máis alá do que comporta facer uso dos seus recursos para abastecer ás cidades, de emprazar certas infraestruturas enerxéticas (centrais eléctricas e térmicas, parques eólicos e solares, depósito e/ou transformación de residuos, etc.), ou do esparcimento que se asocia a actividades deportivas, de lecer ou turísticas distintas ás que poden realizarse nas paisaxes urbanas.\nCon este trasfondo, aínda que a dualidade campocidade non debera incorrer nas simplificacións que historicamente teñen alentado as comparacións que se fan entre os seus respectivos estilos de vida, o contínuum que existe entre ambas —cando menos nas sociedades occidentais— non minora as súas diferenzas, senón que as matiza ou gradúa. De aí que, sen obvialas, se insista en atribuírlles novos significados (Entrena, 1998; Márquez e outros, 2002; Pérez, 2004) na sociedade de redes que se debuxa no tránsito cara ao novo milenio, entre a tradición e o cambio, o herdado e o transformado, a persistencia do local e a irrupción do global... nun traxecto con percorridos incertos para os seus respectivos procesos de desenvolvemento, aos que nin a educación nin as institucións escolares poden mostrarse indiferentes.\nNon o están sendo —por acción ou omisión— na construción dunha sociedade da información e do coñecemento que procura acomodar os seus trazos ás emerxentes interaccións socioeconómicas e culturais que atravesan a vida urbana (Trachana, 2013), na conformación dos espazos públicosprivados e da participación cidadá. Non poderán selo no rural se, como argumenta Antonio Bustos (2011b: 107), aspiramos a unha maior e mellor participación da poboación nos seus centros escolares, con obrigas e compromisos compartidos, profundizando “nas responsabilidades colectivas cara ao ben común, da comunidade e das súas escolas como servizos mutuos”.\nInvocamos, como máis tarde salientaremos, unha participación e implicación real de toda a comunidade —dirían fai anos Flecha e Oliver (2000)— que supere a cultura da queixa, o desánimo e o pesimismo, para reconverter as dificultades en posibilidades; ou, expresado noutros termos, que ao fomentar uns vínculos máis estreitos entre a escola e a comunidade, induza a transformación da propia escola como un factor de identidade e de desenvolvemento local, como un servizo público comunitario: unha finalidade e unha práctica (Amiguinho, 2011). Aínda así, segundo analiza Escribano (2012: 37), chama a atención que ao analizar as valoracións da poboación rural acerca dos servizos públicos, “entre os elementos sinalados con maior regularidade non aparezan nin os servizos educativos básicos, nin os sanitarios”, máxime cando se trata de dous servizos que teñen aumentado o seu valor neste medio, formando “parte dos aspectos sociais que máis urxentemente precisan mellorarse, para atender así a un conxunto de poboación cada vez máis ‘numeroso’ e esixente, no tocante á calidade e cantidade das ofertas” (Escribano, 2012: 38).\n2. UNHA EDUCACIÓN COMPROMETIDA CO DESENVOLVEMENTO RURAL\nÁ marxe doutras connotacións, a vontade de animar proxectos e alternativas que posibiliten un medio rural vivo (Declaración de CorkIrlanda, 1996), trascende a mera consideración dun proceso de resistencia ou subsistencia da poboación rural ante a nova volta de rosca que supón a crise económica nos inicios do terceiro milenio. Sendo así, máis que finalidades ou metas prefixadas a acadar, trátase de activar unha metodoloxía da acciónintervención social congruente co enfoque integral, multisectorial e sostible que se precisa para un desenvolvemento rural de amplas miras, con novos modelos e solucións: unha ruralidade que non renuncie á súa identidadediversidade cultural, nin devalúe os valores que son inherentes ao seu legado medioambiental, histórico e patrimonial (Márquez, 2002).\nA acción integral, para Natividad de la Red (1997: 175), sempre ten un sentido estratéxico, xa “que fomenta as estruturas baseadas na reciprocidade, capacita aos individuos e aos grupos e habilítaos para respostar ás súas necesidades e potenciar as súas vías de crecemento”, incidindo na autonomía dos individuos e dos seus contextos na loita contra a pobreza e a exclusión social. Unha loita que, tras varias tentativas de ámbito nacional e internacional, segue acumulando frustracións polos escasos resultados acadados en boa parte da xeografía mundial; tamén na Unión Europea e no Estado español, cando se analizan algúns indicadores que toman como referencia os obxectivos e logros do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ou do Plan Estratéxico Nacional de Desenvolvemento Rural (20072013).\nA multisectorialidade presupón, non sen controversias, a aparición e consolidación de novas funcións para as áreas rurais, que non estean directamente relacionadas coa agricultura, “así como o establecemento de medidas promotoras dunha maior equidade social en materia de acceso ao traballo ou á renda, ou a fixación de pautas de sustentabilidade ambiental e mantemento da biodiversidade” (Rodríguez, 2004: 15). Un paradigma teórico emerxente en materia de desenvolvemento rural, que suxiere a creación dunha ruralidade de novo cuño, sobre a que se cernen numerosas incógnitas.\nFinalmente, a idea da sustentabilidade do e no rural —non só ambiental senón tamén social— deberá basearse na conciliación das expectativas das persoas coas dos proxectos colectivos, incidindo “na creación e fortalecemento das condicións materiais e subxectivas que permitan unha calidade de vida aceptable para a maioría dos residentes nos territorios rurais, coa construción de escenarios atractivos e socialmente ben valorizados” (Camarero, 2009: 20). Indo alén desta perspectiva, Sevilla e Soler (2009: 23) postulan un verdadeiro cambio de paradigma; este non virá da man dos modelos que impoñen a modernización, industrialización e mercantilización agraria, senón por unha agroecoloxía que rescate “coñecementos, manexos, relacións sociais, racionalidades e valores asociados historicamente ao campesiñado como estratexia para un desenvolvemento rural que tamén dea resposta á crise ecolóxica. O desenvolvemento rural agroecolóxico propón, en definitiva, unha estratexia de recampesinización”.\nSexa cal sexa a vía pola que nos decantemos, a participación comunitaria devén nun soporte pedagóxico e cívico imprescindible, ao que deberán sumarse outros requirimentos de natureza ética e política, que poñen de manifesto non só as fortalezas senón tamén as debilidades dun desenvolvemento rural fiado ao quefacer dos actores locais (Guiberteau, 2002). Aínda así, coincidimos con Artur Cristóvão e Raquel Miranda en que o desenvolvemento centrado nas persoas e nos territorios, contando:\ncoa participación activa dos cidadáns e das comunidades é unha cuestión esencial... cada vez máis, entendida como empowerment, ou sexa, como a efectivación do dereito das persoas e comunidades a ter unha palabra substancial e real nas decisións respectantes ás súas vidas (Cristóvão e Miranda, 2006: 40).\nUns cidadáns, que ben nas cidades ou ben nos pobos do rural, non poderán seguir sendo percibidos como meros “receptáculos de políticas, senón a súa razón de ser e conteñen en si o saber, a competencia e a vontade que poderán ser decisivos neste período” (Lopes, 2012: 31). A autora encadra a súa argumentación no labor das asociacións e organizacións locais (públicas e privadas), que a través da implicación das persoas e da territorialización dalgunhas políticas levadas a cabo, teñen posibilitado unha maior eficacia, xunto cuns mellores resultados e niveis de desenvolvemento en determinadas zonas rurais; por exemplo, mediante as iniciativas LEADER, PRODER, PRORURAL, etc.\nDándolle continuidade, subscribimos a urxencia de comprometer ao conxunto da sociedade co desafío de promover iniciativas que supoñan un aproveitamento máis racional e planificado dos recursos do medio rural, conxugando a tradición herdada coa capacidade innovadora que se require para facer partícipes ás comunidades rurais das oportunidades que habilita a globalización, no marco dos dereitos sociais que deben garantir os poderes públicos e as súas Administracións. A implicación destas será fundamental para reverter o que, décadas atrás, a UNESCO (1975: 53) diagnosticaba como un problema crónico da educación e da escola no medio rural: terse convertido nun servizo “deliberadamente pobre”. E, aínda con todo, segundo unha expresión proferida por un vello campesiño portugués ao que entrevistaron Sarmento e Marques de Oliveira (2005) é o mellor do pobo e das persoas, porque nelas está o porvir do mundo.\nSe este ten sido o pasado e, en moito, o que temos no presente, dotar á escola e á educación no rural dun novo futuro require dunha mentalidade pedagóxicasocial e dunha actitude sociocultural crítica, que non se limite a acomodar as súas prácticas aos preceptos normativolegais ou a reducir os seus desafíos a cuestións de alcance organizativo, curricular ou económicos, por moi importantes que sexan, agora e sempre. Na opinión que, iniciándose os anos dous mil, expresaba Eudaldo Corchón (2000: 53), “a mellora do mundo rural conseguirase coa mellora de todos os seus servizos”; de aí que se impoña “unha política socioeconómica, cultural, etc, xenerosa, contemplando e partindo da propia realidade e non de esquemas alleos e proxectados desde fóra, involucrando aos seus habitantes e, se é posible tamén, a estamentos e/ou organismos non gobernamentais”.\nComo tamén sinalaba Pedro Sauras (2000: 42), os “interrogantes acerca da configuración definitiva da educación obrigatoria no medio rural” obrigan a pensar e actuar en moi diferentes planos. De aí que coincidamos co seu posicionamento ao postular que calquera decisión que se adopte debe ser “flexible, non irrevogable, dada a coñecer e consensuada ao máximo entre os sectores implicados, revisada e avaliada periodicamente” (Ibíd.: 44). Un talante que poucas veces se ten reflectido nas actuacións das Administracións Públicas (estatais, autonómicas e locais) e das súas políticas, que ao estar moito mais preto da inhibición ou das solucións parciais, case nunca conseguiron solventar os seus problemas de fondo, agrandando os significados e significantes da súa cronificada crise institucional (Carmena e Regidor, 1985; Ortega, 1995; Caride, 1998).\nNeste marco, todo indica que deberá reforzarse considerablemente o protagonismo da educación nas actuacións estratéxicas que se propoñan, apelando á súa caracterización como un piar fundamental de calquera política integral de desenvolvemento rural. Isto é: non só como unha dimensión substantiva para a formación das persoas e da súa cualificación profesional e sociolaboral, senón tamén como un factor clave para o impulso da súa participación na toma de decisións, no logro dunha maior equidade no acceso ás oportunidades sociais, ou na procura dunhas mellores condicións de sustentabilidade ambiental e produtiva dos espazos xeográficos que habitan.\nDiferenciamos dous planos nos que estas opcións poden concretarse, dentro e fóra do sistema escolar, nos seus centros e nas súas comunidades. Isto é: por unha banda, mediante a educación e formación que compete ao sistema escolar, a través da súa rede de centros, dando maior —ou menor— cobertura ás esixencias emanadas do dereito á educación da infanciaadolescencia (na Educación Primaria e Secundaria), conforme aos principios e obxectivos que inspiran o seu ordenamento legal; por outra, abrindo o quefacer educativo ás realidades comunitarias locais, poñendo en valor os diferentes axentes e recursos dos que dispón o territorio, en clave pedagóxica e social. Procurando ser coherentes co enfoque que pretendemos dar ao noso discurso, detémonos con certa exhaustividade na primeira (“educación escolar”); mentres que na segunda perspectiva (“educación social”, para resumilo en poucas palabras) faremos unha breve incursión descritiva.\n2.1. Avatares dunha escola historicamente condicionada\nComo se sabe, os procesos de escolarización no medio rural víronse profundamente afectados —nas últimas catro décadas— polas reformas educativas que comportaron a aplicación da Ley 14/1970, de 4 de agosto, General de Educación y de Financiamiento de la Reforma Educativa (LXE) e da Ley 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación General del Sistema Educativo (LOXSE); e, con elas, fora por acción ou omisión, polo diversificado conxunto de disposicións normativas (Leis Orgánicas, Decretos, Ordes, Regulamentos, etc.) de ámbito estatal e autonómico, que contribuíron a unha progresiva e incesante restruturación das ensinanzas non universitarias no medio rural, desde a educación infantil ata a formación de adultos.\nPoucas, acaso ningunha, das razóns esgrimidas para un peche masivo das escolas unitarias —tamén cabería dicir, das únicas escolas— existentes no medio rural, en aplicación da Lei Xeral de Educación (LXE) de 1970, se concretaron en logros pedagóxicos e sociais estimables: nin no que atinxe á dar máis oportunidades educativas para a infancia e as familias que residen neste medio, nin na mellora da calidade dos centros e do sistema educativo, nin na procura dunha formación máis ampla e diversificada da poboación rural; moito menos, aínda, no que se anticipaba que sería o “progresivo” desenvolvemento socioeconómico das comunidades rurais ao carón dos supostos beneficios que se producirían coa industrialización e o “desexable” crecemento das cidades.\nDebe salientarse que o entón Ministro de Educación e Ciencia, José Luís Villar Palasí (1969), na “introdución” ao detallado análise realizado sobre a situación educativa española nos anos previos á promulgación da LXE, anotaría que as reformas programadas incidirían na superación das desigualdades existentes entre o rural e o urbano no tocante á súa formación. As explicacións acerca dos fracasos e discriminacións que padecían os habitantes do primeiro no acceso á educación — sobre todo ás ensinanzas postobrigatorias, nos estudos medios e superiores— atribuiranse moito máis ao medio rural que a outros factores de natureza ideolóxica, socioeconómica ou pedagóxica, expoñentes do abandono secular ao que fora sometido na planificación educativa e, no seu conxunto, nas políticas públicas centralizadoras e autárquicas do Estado. Como advirte Santamaría (2012: 9), as medidas coas que se pretenderán neutralizar as carencias non só se basearán na consecución dun novo modelo de “ruralidade industrializada, que rexeita todos os valores da sociedade rural tradicional e mitifica os da sociedade desenvolvida industrial e urbana”, senón que acabará “recorrendo á escola como factor provocador da desigualdade”.\nAdemais, como xa tivemos a oportunidade de expor, o modelo organizativo polo que se opta:\nSuperposto ás realidades da Galicia rural, esencialmente baseado nun sistema arbitrario de decisións orientadas á concentración física e humana dos escolares, someterá á educación rural a unha\nParadoxalmente, por se non fose entendida a súa vontade “contextualizadora”, as bases desta política educativa, proxectada na aplicación da Lei e das súas reformas nas nosas realidades, levaría o selo rexional de “Galicia” (Ministerio de Educación e Ciencia, 1970).\nAcomodando as decisións que se adoptan ás dinámicas de supresión, concentración, transporte..., que viñan sendo ensaiadas noutros contornos, nada ou moi pouco se dirá do que estes feitos impactarían na cotidianeidade dunha sociedade que se verá abocada á desertización ecolóxica e demográfica, á inexistencia e/ou á perda continuada de prestacións e servizos, ao maltrato social e á atonía cultural. Unha degradación ocultada polas “previsibles” bondades dunha educación que fornecería de recursos humanos e materiais (man de obra, capitalización das familias, benestar social) ao conxunto do país, sendo fonte dunhas riquezas das que nunca se recoñecerían expresamente as pobrezas das que partían. Deste xeito, o que anos ou décadas atrás sucedera en Italia, Francia, Escocia, etc., ou estaba acontecendo no veciño Portugal, concretaría as súas actuacións “planificadas” no territorio español, sendo Galicia unha das comunidades que sufriría con maior rigorosidade as súas consecuencias prácticas.\nO peche de milleiros de escolas “unitarias”, diante da suposta mellora da calidade educativa que se lles recoñecía aos centros comarcais ou de concentración (Corchón, 2000), acadaría cifras impensables tamén coa aprobación da LOXSE. Só en Galicia, entre o curso escolar 199091 e o 200001 pasarase de 791 a 385; e destas a 214 no curso escolar 201112, das que a súa gran maioría están dedicadas á Educación Infantil. Agás excepcións, nin este modelo de escolarización “concentrada” nas vilas e/ou cabeceiras de comarca ten resultado máis eficaz e funcional, nin polo que se infire das análises feitas cabe interpretar unha maior calidade dos seus logros pedagóxicos; moito menos, que del se teñan derivado beneficios substanciais para o medio rural ou para unha maior apertura da escola ás comunidades nas que se insire. Como argumentan Corchón, Raso e Hinojo (2013: 161162):\na concepción destas concentracións escolares no medio rural resultou ser, na práctica, confusa e irregular, en tanto que a súa constitución víase influída por factores como o número de nenos concentrados no centro, os núcleos de poboación de procedencia, as rutas de transporte, as características da zona onde se situaba a concentración, etc... En realidade, este modelo de xestión, máis que simplificar e economizar, o que facía era despilfarrar e complicar a situación da escola rural innecesariamente.\nComo se ten lembrado con certa insistencia, a supresión de equipamentos públicos no rural, entre os que a escola ten sido para moitas comunidades o único servizo de proximidade, ademais de supor a perda dun referente fundamental para a convivencia e os procesos de socialización, tamén comporta a desaparición dun dos seus elementos simbólicos e materiais máis importantes (Woods, 2006; Jean y Champollion, 2007; Bustos, 2009), mediante o que se mostra o “valor” que esa comunidade ten no seu contorno e para as persoas que nas Administracións Públicas toman decisións sobre a mesma. Nesta perspectiva, xa Forsythe e outros (1983) puxeron de manifesto que os impactos sociais, culturais e comunitarios das escolas do medio rural deben ser contemplados no amplo escenario dos procesos de cambio social que teñen lugar nas zonas rurais, nos que a reorganización educativa son tan só unha dimensión máis. Sendo así, nin a despoboación nin a devaluación do sector primario poden ser culpabilizadas do peche das escolas: as dinámicas demográficas, as oportunidades laborais, a dotación de servizos e recursos, etc. do rural teñen sido demasiado complexas como para permitir conclusións simples ou interesadas no intre de establecer causasefectos.\nCon criterios de lexitimidade política dispares, teñen acentuado a dependencia da escola no medio rural aos padróns da “escola urbana”, constituíndose a xuízo de diversos autores nun factor que ten contribuído á devaluación dos valores campesiños (Ortega, 1995), perpetuando as desvantaxes socioculturais do campo respecto da cidade (Carmena e Regidor, 1984), inducindo ou agravando problemas asociados á supresiónconcentración de centros educativos, ao desarraigo familiar provocado polo traslado a outros núcleos de poboación, á necesidade de dar cobertura aos desprazamentos mediante o transporte escolar, ao “estrañamento sociolóxico” do profesorado, etc. aos que a crise económica engadirá novas realidades de pobreza, perda de prestacións e servizos, migración exterior, etc. Na opinión de Miguel Grande (1998: 47), “a LOXSE e a política educativa rural posterior non semella ter satisfeito as necesidades e expectativas das diversas zonas rurais españolas”, xa que nin ten servido para “conseguir a reconstrución do subsistema educativo rural propio dos tempos que vivimos e rematar coa discriminación, marxinalidade e déficit histórico”. Segundo a súa argumentación, a Lei non propiciou outra cousa que unha reconversión de centros e recursos, que prexudican ao medio rural na súa planificación global.\nEn liñas xerais, son aspectos nos que se amosa a ausencia dunha política educativa axustada ás necesidades territoriais e humanas do medio rural, do que ten sido e continúa sendo un claro expoñente a mal chamada “escola rural” (expresión discutida e discutible). Ou, formulado noutros termos, a disonancia existente entre os modelos de organización escolar, a dotación de infraestruturas e recursos, a orientación dos programas curriculares, etc.) ás cambiantes sociedades rurais e aos seus complicados procesos de desenvolvemento. Circunstancias, en síntese, que teñen determinado unha escola e unha educación problematizada tanto na súa entidade como na súa identidade institucional, con “cantidades” e “calidades” sometidas a difícil harmonización entre o devir dun mundolocalrural en decadencia e o dun mundoglobal-urbano en auxe.\n2.2. Opcións para outras prácticas educativas\nA educación, na súa dimensión máis “social”, acostuma a estar ligada aos programas de desenvolvemento rural (local, comunitario, etc.) que xorden e se consolidan desde os anos oitenta do pasado século, adoptando distintas modalidades: “Educación Permanente e de Adultos”, “Animación Sociocultural”, “Formación Ocupacional e Laboral”, “Educación Familiar”, etc., con iniciativas nas que interveñen activamente colectivos de mulleres, mozos, agricultores, maiores, etc. con variados propósitos. Nuns casos, pola vía dunha educación “compensatoria” orientada ao logro de plena alfabetización, a inserción laboral ou da superación de carencias formativas previas; noutros, procurando acomodar a formación ás cambiantes realidades dos procesos produtivos e das necesidades sociolaborais que emerxen coas novas empresas rurais (agroindustria, turismo, cooperativismo, novas tecnoloxías, etc.), sen obviar o que delas se agarda en termos de impulso do asociacionismo, do incremento da autoestima persoal e colectiva, de preservación dos recursos naturais e patrimoniais, etc.\nDebe salientarse que son liñas de actuación educativa que, non sempre de forma expresa, acomodan as súas iniciativas ao concepto de multifuncionalidade que propón a Axenda 2000 da Unión Europea para reorientar a súa Política Agraria Común, co apoio dos Fondos de Cohesión e de Desenvolvemento Rexional que se prevén habilitar con tres obxectivos estratéxicos principais: aproveitar as materias primas e a produción de alimentos en condicións competitivas no mercado global; dotar de novos mecanismos de sustentabilidade ao medio ambiente e á paisaxe rural, conciliando a súa preservación con novos usos para o turismo e o lecer; contribuír á viabilidade das áreas rurais e a un desenvolvemento territorial máis equilibrado.\nConsideradas como un activo de primeira magnitude para a converxencia económica e social da Unión Europea, as políticas de desenvolvemento rural emprendidas pola Comunidade —das que serían un bo exemplo os Programas LEADER (Liasion Entre Actions de Development de l’Economie Rural), a partir do ano 1991— invocan a necesidade de posibilitar unha maior participación da poboación rural na transformación das súas propias realidades. Simultaneamente, deberían garantirse as funcións económicas, medioambientais e socioculturais que se lles asigna, en relación a si mesmas e ao conxunto da sociedade. Unha mobilización endóxena, cos apoios que se requiran desde os Organismos e as Administracións Públicas, para a que se asume a importancia de mellorar a educación xeral e básica, a formación ocupacional e a cualificación profesional.\nPromover cambios significativos no quefacer educativo, acomodando as prácticas formativas ás necesidades e peculiaridades do medio rural, supón adentrarse nunha lectura pedagóxicasocial de amplos percorridos políticos, económicos e culturais, en converxencia con modelos de desenvolvemento rural repensados a escala humana, comprometidos co territorio e coas persoas que viven nos seus contornos. Elas son, desde a infancia ata a vellez, os verdadeiros referentes da educación e do que esta poida contribuír ao futuro do mundo rural, nunha permanente presenza da escola na comunidade e da comunidade na escola (Castro e outros, 2007). Ambas deberán cumprir, tanto como poidan, coas funcións pedagóxicas e sociais que teñen asignadas, a favor da socialización, da inclusión e da cohesión social. En opinión de Julio Vera (2007) isto supón integrar plenamente ás escolas nos proxectos de desenvolvemento comunitario, como parte que son da comunidade e da acción comunitaria.\n3. CONCLUÍNDO: REPENSAR A COTIDIANEIDADE DO RURAL NA SOCIEDADE REDE\nTense insistido pouco na necesidade de observar ás escolas do rural en toda a súa complexidade. Cando menos, para salientar que por moito que aludamos a elas cun termo xenérico, os seus modelos institucionais e organizativos son plurais, xa que ao igual que non hai un concepto unívoco de ruralidade, tampouco hai unha soa escola rural, senón moitas (Feu, 2008). Tantas como as que dan de si as distintas formas de relacionarse co territorio, coas comunidades e as propostas formativas nas que se singulariza o seu vínculo co alumnado e o profesorado, desde a Educación Infantil ata a Educación de Adultos, pasando polo Ensino Primario e Secundario, obrigatorio e postobrigatorio; obviamente, sen que en ningún caso poidan pasarse por alto outras circunstancias que afectan á tipoloxía dos centros educativos, aos equipamentos e recursos dispoñibles, aos proxectos de centro e curriculares, ou aos servizos complementarios.\nO calificativo de “rural”, substantivando ou adxectivando ás escolas existentes neste medio, ten representado moito máis un problema que unha solución, por moito que se teña insistido en observala como unha oportunidade e non como unha complicación. Porén, a falta dunha política educativa específica para o medio rural ten limitado, inhabilitado ou retardado que puidera ser así, impedindo a consecución de avances significativos na concreción práctica dos principios constitucionais que evocan o dereito á educación e á igualdade de oportunidades.\nSen dúbida, toda escola é ou debería ser unha opción estimable para un mellor futuro de calquera sociedade. Serao sempre que as súas concepcións e prácticas educativas poñan énfase no valor da educación para o desenvolvemento individual e colectivo das persoas, especialmente en circunstancias adversas —abandono, marxinalidade, atraso, pobreza, etc.— como as que teñen caracterizado historicamente o rural español e galego, ante a imposición e o antagonismo xerados polo crecemento urbano. Tanto como para que coincidamos con Hernández (2000: 132) cando pon de manifesto que as decisións que se adoptaron respecto da escolarización no medio rural en España non foron “froito da deixadez ou a mala xestión, senón que responde a un modelo de actuación sutilmente pensado e máis complexo sobre o medio rural español no seu conxunto”. A misión dunha escola que confronta o seu rol tradicional cos novos papeis sociais, económicos e culturais que deberá desempeñar na sociedade rede.\nNomeamos unha sociedade que deberá repensar a súa cotidianeidade nas aulas e nas relacións coa comunidade diante do crecente e incesante impulso que están adquirindo as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), coas oportunidades que lles ofrecen para a innovación educativa e social. Tamén para mediar nunha maior e mellor conectividade coa sociedade globalizada, cos centros escolares doutros contornos, cos saberes accesibles a través dos dispositivos electrónicos, etc.\nSen que nos adentremos nas súas posibilidades e limitacións, lembraremos como determinados proxectos institucionais —Aldea Dixital, Programa Escola 2.0— orientados a dotar de recursos ou a promover novas prácticas educativas no sistema escolar, tiveron unha notable incidencia no medio rural, minorando a fenda dixital aberta co mundo urbano. Un mais dos que —voltando ao relato de Neira Vilas (2006: 98)— lembra a escola que foi ou quixo ser: “unha parte inseparable daquel núcleo rural”. A escola do neno labrego que medrou coa fermosura literaria das súas memorias, evocada con inevitable nostalxia: “Que lle imos facer! Un ama o seu recanto, o seu onte. Aínda sinto certo anoto no peito cando paso por diante do local onde estivo a miña escola”. A súa e a de moitos, nalgún tempo perdido na infancia, tamén a nosa.\nREFERENCIAS\npdf Bustos, A. (2011a). La escuela rural. Granada: MaginaOctaedro."} +{"summary": "Malia que a lingua galega sobreviviu varios séculos de contacto co castelán, unha combinación de factores sociopolíticos e socioeconómicos na segunda metade do século XX acelerou o proceso de substitución lingüística. As accións de política lingüística postas en marcha desde 1980, non obstante, tentaron conter esta tendencia, nun esforzo por manter a lingua galega en ámbitos nos que sempre se falou e a revitalizala nos que foi tradicionalmente desprazada. Aínda que o número dos chamados \"falantes nativos\" ou \"falantes tradicionais\" do galego continúa en caída, houbo unha incipiente recuperación da lingua entre determinados sectores máis novos, urbanos e falantes nativos de castelán. Malia que as características sociais deste grupo son positivas para as perspectivas de supervivencia da lingua galega, os chamados \"novos falantes\", ou \"neofalantes\" atópanse frecuentemente negociando o seu dereito a un espazo lingüístico entre os falantes nativos de castelán e os de galego. Neste artigo imos explorar este espazo lingüístico a través da análise dos discursos contemporáneos sobre os \"novos falantes\" e dos \"novos falantes\" do galego. Estes discursos producíronse en tres grupos de discusión con falantes nativos e non nativos de galego. Na nosa análise dos datos, detémonos no papel do neofalante como falante lexítimo e lexitimado (Bourdieu 1982). O traballo conclúe que o espazo sociolingüístico das neofalas e dos neofalantes precisa de máis recoñecemento social, imprescindible para o futuro da lingua.", "text": "\" A miña variedade é defectuosa \": a lexitimidade social das neofalas\n\nNeofalantes, falantes nativos, linguas minoritarias, lexitimación social\nSumario\n1. Introdución. 2. O interese dos neofalantes en contextos de minorías lingüísticas. 3. Neofalantes na Galicia actual. 3.1 A lingua na sociedade. 3.2 Neofalantes e neofalas como obxectos de estudo. 4. Metodoloxía. 5. Análise. 6. Conclusión\n\" My variety is flawed \": The social legitimacy of neofalas\n1. I ntroducIón 1\nDefinimos o neofalante como unha persoa que se converte en usuaria habitual e, con frecuencia exclusiva, dunha lingua que non foi a súa lingua materna ou familiar. Na meirande parte do casos, esta lingua foi aprendida na socialización secundaria, en especial a través do sistema educativo. Este tipo de falantes asóciase a contextos tan diversos como (i) inmigración, coa adquisición da lingua da comunidade de acollida por parte da poboación inmigrante, (ii) colonización, mediante a que unha comunidade autóctona se ve obrigada a aprender a lingua dun grupo de fóra, c) globalización, que favorece a expansión de determinadas linguas como segundas linguas. A miúdo, os neofalantes, en tanto que falantes non nativos dunha lingua, teñen pouca visibilidade (Pujolar 2007) e as súas prácticas percíbense como pouco ‘auténticas’ e ‘ilexítimas’ (Bourdieu 1982).\nEn moitas situacións de minorización lingüística, a presenza de neofalas ligadas ao estándar está favorecendo unha lenta e paulatina transformación da orde sociolingüística imperante durante séculos. Así, as comunidades tradicionais de falantes de linguas minoritarias están desaparecendo como consecuencia da crecente urbanización e modernización da economía. Un sinal clave disto é o descenso da comunidade falante tradicional, provocado por unha quebra na transmisión interxeracional da lingua na casa e na comunidade. Ao mesmo tempo, como consecuencia tanto de políticas lingüísticas favorables á recuperación lingüística como de posicionamentos persoais de elites intelectuais e académicas, en moitos destes contextos está emerxendo un novo perfil de falantes da variedade estándar en ambientes urbanos (Costa 2010; Grinevald e Bert 2011; Pusch e Kabatek 2011; O’Rourke e Ramallo 2011). Malia que os modelos teóricos utilizados para describir procesos de revitalización lingüística sitúan nun lugar central a transmisión interxeracional e o falante nativo (Fishman 1991; UNESCO 2006), é preciso contemplar outros aspectos nos procesos de revitalización de linguas minoritarias, en particular o papel de novos perfís ou novos tipos de falantes (Romaine 2006; Jaffe 2010).\nNa literatura especializada atopamos unha variedade de termos para describir este fenómeno, incluíndo “falante non nativo”, “neofalante”, “falante de segunda lingua”, “L2”, ou “alumnado adulto”. O propio termo neofalante é un dos menos empregados na literatura e só recentemente acadou relevancia (Robert 2009). Ademáis, non hai consenso con respecto ao que se entende por neofalante e termos afíns. Un neofalante pode, por exemplo, remitir a unha persoa que aprendeu a lingua minoritaria como unha segunda lingua na escola ou na fase adulta, pero que non necesariamente é usuaria activa desa lingua. Grinevald e Bert (2011) refírense especificamente a este tipo de falantes como ‘aprendices de linguas ameazadas’. A pesar de que estes neofalantes teñen o potencial para facérense usuarios activos da lingua, esta pode inhibirse por unha variedade de factores, incluíndo a falta de oportunidades para a súa utilización, a falta de motivación para practicar a capacidade adquirida ou a falta de competencia lingüística, sexa percibida ou sexa real.\nO interese polos neofalantes debe encadrarse nunha revisión epistemolóxica que abrangue outras categorías analíticas como a de ‘falante nativo’, ‘falante tradicional’, ‘lingua materna’, etc. En particular, nas últimas dúas décadas, o estatus teórico do ‘falante nativo’ ten sido obxecto de amplo debate na lingüística (Kachru 1990; Rampton 1990; Phillipson 1992; Davies 2004; Singh 1 Algunhas partes do corpus utilizado neste texto foron presentadas en diversos congresos. En particular, inclúense algúns fragmentos utilizados nun relatorio no marco do IX Congreso Internacional de Lingüística General, celebrado en Valladolid no ano 2010 (O’Rourke / Ramallo 2010). O artigo foi redactado durante a estadía de Bernadette O’Rourke na Universidade de Vigo no ano 2012. A dita estadía foi financiada por The Arts and Humanities Research Council de Gran Bretaña, ref. AH/ J00345X/1.\n2006). Así, a definición clásica do “falante nativo” como un usuario da forma “pura”, “auténtica” ou “lexítima” da lingua recibiu considerable atención no ámbito da adquisición de segundas linguas, en particular o ensino e a aprendizaxe de inglés como segundo idioma (Kachru 1990; Phillipson 1992; Holborow 1999; Crystal 2003; Graddol 2006; Jenkins 2007), pero déuselle menos atención á exploración desta dicotomía na investigación das tensións que xorden entre ambos os dous grupos no contexto de linguas minoritarias (O’Rourke e Ramallo 2011). Neste artigo, centrámonos nalgunhas destas tensións e nas representacións que os distintos falantes fan dos demais grupos, co obxectivo de afondar no papel social dos neofalantes e nas súas prácticas lexitimadoras a partir da análise de discursos socialmente cristalizados sobre os “novos falantes” e dos “novos falantes” do galego. Estes discursos producíronse en tres grupos de discusión con falantes nativos e non nativos de galego. En consecuencia, este traballo tenta responder a seguinte pregunta de investigación: están as neofalas socialmente lexitimadas como falas auténticas do galego?\n2. o Interese dos neofalantes en contextos de mInorías lIngüístIcas\nNos últimos anos, os neofalantes de linguas minoritarias europeas foron obxecto de numerosos estudos, principalmente entre as linguas celtas. Jones (1995, 1998) estuda as consecuencias do proceso de estandarización do bretón e a emerxencia dunha nova variedade, formal e funcionalmente diverxente co bretón tradicional dialectalizado. Hornsby (2005, 2008) incide tamén na posición social do neobretón mediante a análise, por unha banda, dos discursos que suscita a variedade lingüística usada polos falantes non nativos de bretón e, por outra, do papel dos néobretonnants na visibilidade do idioma, favorecendo un cambio no seu valor simbólico, que se orixinou no “process of commodification which the language has gone through in the past few decades” (Hornsby 2008: 132). A aparición histórica destes neofalantes tivo consecuencias non só formais senón tamén funcionais, identitarias, etc. creando novas tensións na sociedade. Timm (2001: 452) fala de “a profound conflict” entre falantes tradicionais e neofalantes. En parte esta tensión deriva dunha concepción diferente sobre o valor da lingua. Os falantes tradicionais acostumáronse a unha distribución funcional do bretón, con presenza en dominios como a familia, a veciñanza e a relixión e ven con certa distancia a énfase dos neobretóns en expandir a lingua ao conxunto da sociedade (Timm 2010: 727), incluíndo un proxecto de estandarización recente que non sempre é ben recibido (Le Nevez 2006). Na súa análise comparativa do gaélico escocés e do sorbio, Glaser (2007) detense no papel dos neofalantes no futuro de ambas as dúas minorías. No caso do gaélico escocés, estímase, en coincidencia con MacCaluim (2007), que o seu futuro depende da incorporación de aprendices adultos como usuarios activos. Isto, como noutros contextos, leva asociado un cambio actitudinal orientado a mellorar a tolerancia cara a este colectivo de “nouveau Gaels” por parte dos falantes tradicionais, das asociacións e doutros colectivos que traballan en defensa do idioma.\nPara Glaser (2007: 260): while this type of attitude is becoming more common, there is no denying that the dual agenda of the Gaelic renaissance —revitalisation in the heartland and revival at a national level— has retained quite distinct and not easily reconcilable social correlates.\nA situación en Escocia reflicte unha tensión polo control sobre a variedade lexítima. Así, para McEwanFujita (2008: 82) “ambiguity and conflict among Gaelic speakers […] over the very meaning of the social restratification in relationship to ethnicity and language is part of the process of register formation”. O caso sorbio tamén reflicte discrepancias interdialectais con consecuencias negativas na transmisión do idioma. A promoción dunha variedade escolar (Schulsorbisch) vese como artificial e xera desafección nos falantes de variedades tradicionais (Glaser 2007: 285).\nNo contexto das linguas en contacto co castelán, o termo tamén ten unha traxectoria. No seu traballo etnográfico sobre a situación sociolingüística do catalán en Barcelona, Woolard (1989, 2011) utilizou diversas categorías para describir os falantes que aprenderon catalán como segunda lingua. Por un lado, os “New Catalans” (novos cataláns) caracterizados por presentar prácticas bilingües. Por outra banda, os “Catalan Converts” (persoas que se converten en falantes de catalán monolingües). En traballos máis recentes (Pujolar e Gonzàlez 2012; Pujolar e Puigdevall, no prelo) analízase o novo rol dos neofalantes de catalán na sociedade do século XXI. Tamén o caso vasco fai referencia a esta categoría de falantes, denominados euskaldunberris (Urla 1993, 2012), en boa parte responsables do incremento do uso do éuscaro nos últimos 40 anos. Ata tal punto que a investigación actual considera ao grupo euskaldunberri crucial para o futuro da lingua (Ortega et al., no prelo).\nEste selectivo repaso da recente investigación sobre neofalantes en comunidades lingüísticas minoritarias en Europa pon en evidencia que, á marxe das idiosincrasias de cada contexto, podemos establecer un universal, no sentido de que en todas elas se aprecia unha fase de tensión entre perfís de falantes diferenciados, que proceden de biografías sociolingüísticas opostas. A devandita tensión require ser manexada con especial coidado dende o lado das políticas públicas (onde as haxa) e/ou dende o lado do activismo social. Esta tensión, emerxente na maioría dos contextos, ten efectos non só nos planos formal e funcional da lingua, senón que tamén leva consigo unha reorganización identitaria con consecuencias, aínda por explorar, no político, no cultural e no ideolóxico. Así, entre os falantes tradicionais non é infrecuente establecer un peche social, no sentido weberiano, entendido como un práctica de control de acceso identitario (e polo tanto de exclusión) a partir do privilexio que dá ser falante nativo dunha lingua (O’Rourke e Ramallo 2013a), o que, a miúdo, establece unha barreira e xera frustración entre os neofalantes (McEwanFujita 2010; O’Rourke 2011b). Pola súa banda, o dominio da variedade estándar conseguiu converterse nun poderoso filtro para a mobilidade social, o que, case sempre, implica abandono das variedades tradicionais en escenarios de substitución lingüística.\n3. n eofalantes na g alIcIa actual\n3.1. A lingua na sociedade\nO idioma galego segue en situación sociolingüística regresiva. Trinta anos despois da aprobación do Estatuto de Autonomía (1981), que permitiu aos respectivos gobernos galegos levar a cabo accións para mellorar o prestixio da lingua e para corrixir a tendencia histórica de substitución lingüística, houbo luces e sombras con respecto aos indicadores sociolingüísticos da lingua (CidadaníaRede de Aplicacións Sociais 2002; Lorenzo Suárez 2005; Monteagudo 2012). Os datos máis recentes motivan unha interpretación preocupante. Así, por primeira vez en Galicia, o uso monolingüe do galego xa non é maioritario no conxunto da poboación. De feito, consolídase a que podemos considerar a característica máis relevante da segunda metade do século XX: a incorporación progresiva do castelán no repertorio activo da maior parte dos galegofalantes tradicionais mesmo nas vilas de menos de 10.000 habitantes nas que as prácticas monolingües en galego pasaron do 72% en 2003 ao 55% en 2008. No conxunto da poboación, os monolingües en galego diminuíron un 30% nestes cinco anos, aumentando nunha porcentaxe semellante os bilingües. A porcentaxe de falantes de castelán, 20%, é a mesma nos dous períodos temporais (Ramallo 2010, Observatorio da Cultura Galega 2011).\nPolo dito, é difícil non aceptar a interpretación de que o proceso de substitución lingüística segue activo. O que queda é ver se estamos ante un bilingüismo de transición ou nun modelo que tende á estabilización. O que si sabemos é que esta diminución do monolingüísmo se explica a partir de variables como a idade e o hábitat. É sobradamente coñecido que entre a poboación máis nova o uso do castelán aumenta significativamente en calquera das interaccións estudadas nos últimos anos. Na medición de 2008 confírmase o dito: só unha de cada dez persoas maiores de 65 anos é monolingüe en castelán, mentres que entre os menores de 14 anos esta proporción está próxima a un de cada tres (Observatorio da Cultura Galega 2011). En canto ao hábitat, a polarización urbanorural segue sendo moi clara con respecto á lingua. Nas cidades é moi difícil unha socialización en lingua galega. A situación da lingua nas cidades é moi preocupante non só pola súa escasa presenza senón polas actitudes que expresan algún sectores urbanos con respecto á lingua. O debate sobre a lingua instrumentalizouse politicamente dende os escenarios de maior mobilidade social e, na actualidade, calquera intento de aumento planificado de usos urbanos atopa dificultades.\n3.2. Neofalantes e neofalas como obxectos de estudo\nComo sinalamos anteriormente, neste traballo consideramos o neofalante como unha persoa que aprendeu o galego fóra da casa e que nalgún momento adopta esta lingua como lingua principal, desprazando, con frecuencia, a súa lingua materna, que pasa a converterse nun segundo idioma. As razóns aducidas para este cambio de lingua son de diverso tipo, cun reaxuste identitario tras moitos casos (KovácováMoman 2007, O’Rourke e Ramallo 2011, 2013a). Na sociolingüística galega o termo convive con outros coma ‘novo galego urbano’ (Regueira 1999; González González 2008), ‘paragalego’ ou ‘neogalego urbano’ (Monteagudo 2004).\nMalia que en Galicia o neofalante constitúe unha categoría intuitiva cunha certa cristalización social, só recentemente se converteu nunha categoría analítica obxecto de estudo. Centrámonos neste apartado nas perspectivas analíticas máis produtivas na sociolingüística galega. Dunha banda, a que reflexiona sobre a calidade lingüística dos neofalantes e o seu lugar no espazo lingüístico galego. Doutra banda, os traballos que describen o perfil lingüístico das neofalas. Por último, destacamos as investigacións que abordan o papel do neofalante na sociedade actual.\nA discusión sobre a calidade lingüística\nPor un lado, dende a vertente normativa, as variedades utilizadas polos neofalantes son caracterizadas tanto fronte ás variedades tradicionais como fronte á súa ‘fidelidade’ respecto do estándar. Hai unha literatura emerxente, de base purista, que suxire un control máis rigoroso sobre a calidade lingüística do galego urbano, o que ten como consecuencia lexitimar máis unhas variedades urbanas fronte a outras (Freixeiro Mato 2009; Sanmartín Rei 2009; Callón 2012). Dende esta perspectiva, as neofalas, para seren válidas, deben guiarse por un elevado criterio de corrección. Do contrario, deben ser desbotadas por non ‘auténticas’; ademais, dos seus usuarios considérase que carecen do compromiso preciso coa lingua. A función queda supeditada á forma. O resumo desta posición recóllese nas seguintes palabras de Sanmartín Rei (2009: 36): a calidade da lingua que empregamos é un sinal inequívoco, público, notorio, do noso compromiso lingüístico. […] Non abonda con empregar o galego, temos que utilizalo correctamente e restituír aquelas formas hoxe esquecidas ou preteridas por coñecidas circunstancias sociohistóricas.\nEsta mesma ideoloxía lingüística atopámola en Freixeiro Mato (2009: 41) para quen “xa non chega con podermos dicir que falarmos galego, debemos poder dicir tamén que falamos galego coa mesma competencia e dignidade con que unha persoa rusa fala o seu idioma, ou unha inglesa ou unha italiana”. Nesta proposta o compromiso lingüístico xorde da calculada asociación entre competencia e dignidade, inferíndose que quen non domina a lingua segundo as lóxicas do que o autor considera ‘lingua de calidade’ é indigno/a. Xa que logo, o neofalante é un falante inauténtico, impuro. Non obstante, outras voces consideran que o futuro do galego está nestas novas falas e só “comezará a estar normalizado cando ninguén cuestione os seus novos falantes” (Callón 2012: 27, a cursiva é nosa).\nÉ significativo que, ás veces, sexan os propios neofalantes os que actúan dentro dun modelo “moi purista no tocante ao léxico ou á morfoloxía” (Regueira 2004: 86). Isto é unha característica dun tipo de neofalantes mais non de todos. Noutros, hai conciencia sobre a necesidade de mellorar pero a súa fala está moi hibridizada, mesturada e interferida. Para algúns autores o galego urbano é un “perigo” na medida en que está “xerando un complexo de minusvaloración da variedade auténtica propia de moitos galegofalantes, que ven como a súa variante lingüística segue sen ter valor social, porque non é a propia dos que están instalados no poder” (González González 2012: 48). Esta consideración está bastante arraigada en ámbitos académicos e entre filólogos e profesores de lingua galega.\nO perfil lingüístico das neofalas\nDende unha perspectiva diferente, nos últimos anos os trazos lingüísticos das novas variedades urbanas foron obxecto de traballos descritivos (Vidal Figueroa 1997; Dubert García 1999, 2005; Regueira 1999, 2004, 2012; Kabatek 2000; Lorenzo Suárez 2003). Como trazos máis salientables destácanse as interferencias do castelán ao galego nestas falas, o que para ÁlvarezCáccamo (2000: 113) sería como “falar espanhol en galego”. Para Regueira (1999: 869), non obstante, “existen indicios suficientes para defendela idea de que se trata dun modelo estable e ben valorado socialmente”.\nO papel social do neofalante\nA liña de investigación relacionada coas representacións sociais dos e sobre os neofalantes é na que se sitúa este artigo. Os antecedentes son unha serie de traballos empíricos, tanto cuantitativos como cualitativos, publicados nos últimos anos, que, con obxectivos distintos, pretendían deitar luz sobre as actitudes e as valoracións que os neofalantes activan na sociedade galega (Iglesias 2002; González González 2003; Frías Conde 2006; KovácováMoman 2007; LoureiroRodríguez 2008; O’Rourke 2011a; LoureiroRodríguez, Boggess e Goldsmith 2012). Na maioría destes traballos saliéntase, dunha banda, o compromiso coa lingua por parte dos neofalantes e, doutra banda, a autoconciencia sobre o seu papel na dignificación e no futuro do idioma. Xustamente, aquilo que é criticado por parte dalgunhas das posicións puristas que significamos máis arriba. É dicir, a (auto)percepción sobre a relevancia dos neofalantes no futuro do galego é unha constante nestes traballos.\n4. m etodoloxía 2\nNa investigación que estamos levando a cabo sobre neofalantes, utilizamos diversas metodoloxías cualitativas: historias de vida, entrevistas en profundidade e grupos de discusión. Os datos que se 2 Esta investigación forma parte dun macroproxecto sobre neofalantes en linguas minoritarias (irlandés, catalán, euskera, manés, occitano, galés, gaélico escocés, galego, bretón) que se está levando a cabo por diversas universidades e centros de investigación europeos con deseños metodolóxicos comúns.\npresentan nesta contribución proceden de tres grupos de discusión con estudantes universitarios da Universidade de Vigo: dous formados por neofalantes e o terceiro por falantes tradicionais 3. No primeiro grupo (NEOFIL), os estudantes eran neofalantes de galego con estudos no ámbito dos humanidades e a filoloxía. O segundo grupo (NEO), estaba formado tamén por neofalantes pero neste caso a súa formación académica non estaba relacionada cos estudos lingüísticos nin literarios: estudantes de enxeñería, economía, bioloxía, etc. No terceiro grupo (FT) participaron falantes tradicionais con estudos do ámbito das humanidades. O total de participantes nos tres grupos foi de 16, cunha distribución semellante de homes e de mulleres de entre 18 e 25 anos. Os grupos foron moderados por un dos autores do artigo e tiveron lugar na Universidade de Vigo no ano 2008.\nO grupo de discusión constitúe unha técnica de produción de datos útil para explorar tanto os discursos socialmente cristalizados coma aqueloutros emerxentes sobre un determinado obxecto de estudo. Como tal, posibilita unha conversa socializada, con respostas máis espontáneas que as que producen as entrevistas en profundidade (Callejo 2001; Flick 2009). Na medida en que os participantes incorporan ideas duns e doutros, o discurso xerado non sempre reflicte pensamentos orixinais. Con todo, esta técnica permite recrear contextos de interacción informal, que se poden entender como reprodutivos de situacións reais nas que as ideas e os puntos de vista son negociados (Edley e Litosseliti 2010). O que se procura é crear un contorno analítico no que se articulen as estratexias de produción de consenso e de conflito de xeito semellante a como se reproducen na vida cotiá. Polo tanto, a técnica contribúe á produción das representacións sociais máis relevantes sobre o grupo social investigado.\n5. a nálIse\nPara a análise dos datos seguiuse un exhaustivo proceso de codificación dos textos, a partir das unidades temáticas consideradas relevantes nesta investigación. No presente artigo centrámonos nalgunhas destas unidades temáticas: a valoración social das neofalas, a autenticidade e as tensións entre falas tradicionais e neofalas.\nPara os neofalantes as súas variedades son obxecto constante de valoración social, de tal xeito que tanto eles mesmos como o resto dos perfís de falantes en Galicia as ven como variedades marcadas. Resumindo, os discursos producidos polos propios neofalantes (NEOFIL e NEO)\ndistinguen dous perfís básicos: ¾ Neofalantes I. Menos coidadosos coa calidade da lingua. Son conscientes da súa ‘artificialidade’ e avalían como variedades lingüísticas lexítimas as dos falantes tradicionais. ¾ Neofalantes II. Moi coidadosos coa calidade da lingua. Son críticos cos neofalantes que presten menos atención ás cuestións formais (neofalantes I). Ademais, consideran que a súa variedade é tan lexitima como as tradicionais. Na medida en que non foi ese un criterio utilizado na captación dos participantes nos grupos de discusión, os dous grupos de neofalantes incluían persoas identificadas por nós como neofalante I e como neofalante II. En troques, para os falantes tradicionais que participaron na investigación (todos con estudos universitarios), esta diferenza é menos relevante, na medida en que a oposición é entre falante tradicional e neofalante en xeral. Ademais, o discurso produ3 As historias de vida e as entrevistas en profundidade realizáronse ao abeiro do proxecto “Nuevos hablantes, nuevas identidades: prácticas e ideologías lingüísticas en la era postnacional” (NEOPHON), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (ref. FFI201124781).\ncido pon de relevo percepcións doutros perfís de falantes: falantes tradicionais de galego de idade avanzada, que viven no rural ou en vilas pequenas e en xeral cun nivel de estudos básico, e falantes de diversas variedades de castelán urbano.\nNas seccións seguintes presentamos extractos que reflicten esta variedade de representacións, en particular sobre como os neofalantes (que son o noso obxecto de estudo) se presentan a si mesmos en relación a estas outras categorías de falantes, como interpretan e negocian a súa inserción social e o seu espazo lingüístico e, á súa vez, como este espazo parece ser interpretado e negociado por outros.\nCon respecto á calidade lingüística, é frecuente que o neofalante autoavalíe a súa propia variedade como de pouco valor, resumido na expresión ‘galego de escola’ no sentido negativo, ligado á pobreza idiomática (exemplos 1 e 2). Ás veces hai un recoñecemento metalingüístico explícito que dá un valor de autenticidade ao falante tradicional: “teñen outra fonética e falan moito mellor ca min” (exemplo 3) 4 :\n1. [NEO] M: A miña variedade é defectuosa. Eu entendo que a persona que o falou sempre, que tal, que a miña variedade non é nin diatópica nin diafásica, que a miña… eu falo o galego que podo. Cada día intento falar mellor, e ahora pois si intento máis o menos meter variedades da miña zona o intentar melloralo, facelo…, pero para min o meu galego é inauténtico. […] a miña aprendina na escola\nD: Claro, o noso é un galego de escola Sa: Un galego de libro, un galego pobre 2. [NEO] A: Pero os meus avós non usan esas variantes ás que el se refería […] Entón, para min como teño de referente o seu galego penso que o galego, o millor galego, por dicilo así, é o deles. 3. [NEOFIL] Su: Eu relaciónome con moita xente que ten como lingua inicial o galego e en moitísimas ocasións, non digo unha, nin dúas, nin tres, de ir xuntos a algún sitio, o ir cun amigo, o co meu mozo, a calquera sitio de galegofalantes de sempre, que teñen outra fonética e falan moito millor ca min.\nEsta mesma apreciación sobre as neofalas dáse entre falantes tradicionais universitarios. Así, exprésase explicitamente que o galego dos neofalantes é de baixa calidade, con moitos problemas formais. Respéctase o uso funcional mais dubídase da calidade e a seguridade lingüística; é dicir deslexitímase que todo valla en defensa dunha norma ás veces pouco coidada (exemplo 4). Esta crítica interpretámola como unha forma de exercer un liderado lingüístico implícito, a través dun discurso de apropiación da lingua por parte dos falantes tradicionais universitarios: “pode ser máis noso, dos que levamos toda a vida falándoo” (exemplos, 5 e 6). Para estes falantes tradicionais, o feito de que destaquen que só os que levan toda a vida falando galego son os falantes verdadeiros, despraza toda posibilidade de que as neofalas acaden o estatus de galego auténtico:\nX: Eu identificaría a un neofalante como aquil que lle note perfectamente que aínda ten o lastre do castelán por detrás, que non utiliza ben no idioma determinadas estruturas, non son naturais, sen entrar xa 4 Os fragmentos que comentamos son transcricións literais das formas utilizadas polos participantes. En ningún caso se fixeron correccións ou adaptacións formais. Como se verá, algúns extractos procedentes das neofalas (NEOFIL e NEO) reflicten un elevado grao de interferencias do castelán.\nidentificaren e co que se sentiren máis seguros falando galego. En xeral o que noto é pouca seguridade ao falalo. 5. [FT] X: Considero que o galego é máis dos galegos que falan de sempre. Sobre todo naqueles lugares onde non se perdeu, onde o uso está moito máis normalizado e tal. 6. [FT] I: O galego non vai deixar de ser galego para os neofalantes. Non vai deixar de ser deles, porque poden optar a que o galego sexa deles tamén. Pero tamén penso que pode ser máis noso, dos que levamos toda a vida falándoo.\nque non sempre é de agrado para o neofalante, que interpreta esta práctica como unha forma de control e de autoridade ás veces excesiva (exemplo 7):\n7. [NEOFIL]\nS: Están continuamente corrixindo. Están máis atentos a ti que a outro calquera. Están máis atentos a que ti digas “xoves” en vez de “jueves” que a que un galegofalante de sempre diga “jueves” en vez de “xoves”. Están co ollo aí posto. Sempre, como en gran hermano.\nOutra das tensións que perciben os neofalantes está estreitamente relacionada co uso da variedade normativa, na medida en que a mesma os afasta das variedades locais; e isto é motivo de sanción dentro da comunidade (exemplo 8): 8. [NEO] M: Bueno, a min aínda o outro día me puteou…, me putearon na Guardia porque dixen “galego” non “ghallegho” ou “ningún” en vez de “niñún”. É algo que, claro, como respondes a iso? Vale eu falo galego pero tu falas galego millor ca min, pero eu non teño dereito a falar galego? Non sei, é un conflito algunhas veces… Con todo, a variedade normativa tamén é funcionalmente relevante e prestixiada para os falantes tradicionais sen estudos. A súa percepción supón unha minusvalorización da lingua propia e unha mitificación do galego urbano. As consecuencias desta mitificación é que en interaccións entre galegofalantes tradicionais e neofalantes é moi frecuente que o falante tradicional, sobre todo se é unha persoa maior e sen estudos, opte por cambiar de lingua e falar en castelán (exemplo 9): 9. [FT] I: A min tamén me pasa iso. Eu normalmente, por exemplo, o normal é que eu fale con gheada sempre, e sin embargo cando empecei, non sei, no cole, no instituto, cando empecei a carreira, pois non sei ao principio parece que me costaba máis e de feito aínda agora me costa falar aquí con gheada. O exemplo 10, ademais, recolle unha percepción moi frecuente entre neofalantes. Así, é habitual que se narren experiencias que inclúen un laio respecto dunha práctica dos falantes\ntradicionais:\nconscientes de que coa súa práctica asumen unha parte da responsabilidade relacionada coa recuperación da lingua, sobre todo nas cidades e isto constitúe un estímulo moi importante e tamén unha responsabilidade. Hai unha conciencia xeneralizada da perda do idioma e valórase moi positivamente o papel do neofalante no futuro da lingua, xunto coa recuperación da transmisión lingüística nas familias que tradicionalmente falaron galego. Por iso, ao lado do sentimento de culpabilidade, hai tamén unha reivindicación da diferenza (exemplos 13 e 14): 13. [NEO] M: Eu creo que os neofalantes son fundamentais. É importantísimo e unha cousa fundamental no futuro da lingua porque no neofalante existe un desexo de querer falar, un compromiso, unha conciencia de querer falar esa lingua i eu creo que é fundamental para o futuro dunha lingua.\nOs neofalantes posiciónanse en termos do que Moscovici (1976) denominou ‘minoría activa’.\nEn realidade, moitos dos seus discursos reflicten comportamentos típicos das minorías activas (O’Rourke e Ramallo 2013b; Ramallo 2013); un participante refírese a eses comportamentos, en tanto que comportamentos sociais influentes, en termos de neofalantismo (exemplo 15): 15.[NEO] A: home eu penso que si, porque é unha forma de gañar falantes que doutro xeito non habería…pois non atopo outra forma de que incorpore…xente da sociedade galega ao emprego da lingua galega se non e así, polo polo neofalantismo.\nO neofalante tamén ten que significarse ante os falantes de castelán. O cambio lingüístico non sempre é ben recibido por este outro grupo. O cambio é percibido habitualmente como unha posición ideolóxica, con atribucións políticas pouco realistas. Elabórase un discurso de apropiación lingüística: se empezas a falar galego sitúaste no imaxinario político da esquerda nacionalista. A isto contribuíu especialmente a propia esquerda nacionalista, cun discurso identitario centrado especificamente na lingua como valor central do seu ideario. Para grupos urbanos castelanfalantes, comezar a expresarse en galego ten un significado claro: ser nacionalista. É un novo prexuízo que contribúe negativamente á polarización social. Pódese non ser nacionalista se falas galego tradicional pero non se falas galego urbano. Obviamente é unha cuestión política pero non partidista. É dicir, a opción de falar galego implica un posicionamento político, unha toma de conciencia sobre unha realidade sociolingüística regresiva pero isto non necesariamente debe levarse ao terreo partidista, como se veu facendo en Galicia nas últimas tres décadas.\nPor outra banda, o perfil do neofalante é tamén unha construción. A partir dunha calculada simplificación, o neofalante comeza a ser reivindicado por certa parte do nacionalismo galego. Asúmese que o neofalante é unha persoa moi comprometida politicamente, que foi capaz de renunciar á súa lingua inicial, o castelán, que ten un nivel cultural medio alto e que se sitúa na órbita do nacionalismo. Esta construción arquetípica explícase mellor se temos en conta que o falante tradicional de galego procede dun hábitat rural, con escasa formación, economicamente empobrecido e, ademais, votante tradicional da dereita (exemplos 16, 17, e 18): 16. [NEO] M: Home, eu creo que o compromiso activo coa lingua, quero dicir, ao mellor o PP tendo unha base social de votantes galego falantes probablemente moito máis grande, a percepción é que nunca tuvo unha preocupación real por dignificar a lingua i supoño que esa asociación de neofalante que supón facer un esforzo, facer algo diferente que é cambiar a lingua pois estará vinculada a ese compromiso activo, non? 17. [FT] X: Si, si porque poñen a cruz. Que para min podería ser un orgullo pero claro, ao final acaba sendo en moitos sitios de estigma tamén. 18. [NEO] M: Sobre todo nas ciudades se identifica falar galego con afiliación política que moitas veces non é así. Teño unha amiga miña é neofalante i me di ela ahora, pois ten certa afiliación, e me di, eu primeiro falei galego i despois o outro impuxéronme.\n6. c onclusIón\nOs neofalantes constitúen un grupo social a ter en conta no presente e no futuro do galego. Na medida en que as súas prácticas lingüísticas se distancian formal e funcionalmente das tradicionais, é preciso consideralos como un obxecto de estudo prioritario na sociolingüística galega. Un dos aspectos máis relevantes é o dos discursos sobre as neofalas e sobre o papel do neofalante na vitalidade da lingua. Tanto as autopercepcións coma as precepcións dos outros nos neofalantes e nos falantes tradicionais poden levar a certas tensións sobre cales das formas da lingua son consideradas correctas, sobre que falantes son lexítimos usuarios do idioma e sobre quen ten acceso e control respecto dos recursos lingüísticos nos emerxentes mercados lingüísticos (Heller 2011). Na medida en que as linguas están ligadas ao poder simbólico, como Pujolar (2007: 121) suxire a falta de “nativeness” asociada aos neofalantes tamén pode ser usada para negarlles o acceso a certos mercados lingüísticos, que á súa vez pode ter consecuencias importantes para as súas perspectivas sociais e económicas. Por outra banda, con todo, as formas máis estandarizadas da lingua utilizadas polos neofalantes poden concederlles certos privilexios, a miúdo de orde económica. Estes privilexios están moitas veces ligados ao uso da variedade estándar, que pasa a representar un filtro poderoso para a mobilidade social, case sempre levando ao abandono de variedades tradicionais en contextos de substitución lingüística (Dorian 1994). O obxectivo deste traballo foi afondar no papel social dos neofalantes e das súas prácticas a partir da súa consideración como grupo sociolingüístico lexítimo. En consecuencia, este traballo tentou comprobar se as neofalas están socialmente lexitimadas en tanto que falas auténticas do galego. Por una banda, comprobamos que tanto a autopercepción dos neofalantes coma aqueloutra dos falantes tradicionais universitarios é crítica, especialmente coas cuestións relativas á calidade formal da maioría das neofalas. Por outra banda, confírmase o que outros estudos previos demostraron sobre a valoración positiva das neofalas que comparten os falantes tradicionais de galego de máis idade, subordinando a autenticidade do seu propio galego ao galego lexitimado polos medios e polo sistema educativo. Por último, a falta de lexitimidade tamén ten orixe na crítica dos falantes de castelán ás persoas que deciden desprazar esta lingua e convertérense en neofalantes de galego. En conclusión, o neofalante está en continúa negociación do seu espazo no sistema sociolingüístico galego.\nr eferencIas bIblIográfIcas\nÁlvarez Cáccamo, Celso (2000): “Para um modelo do ‘codeswitching’ e a alternância de variedades como fenómenos distintos: dados do discurso galegoportuguês / espanhol na Galiza”, Estudios de Sociolingüística 1(1), 111128.\nBourdieu, Pierre (1982): Ce que parler veut dire: L’économie des échanges linguistiques. Paris: Fayard. Callejo, Javier (2001): El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Barcelona: Ariel."} +{"summary": "No marco da literatura galega, a novela negra converteuse nun dos xéneros máis cultivados, que conta, ademais, cun amplo número de lectores. O presente artigo ten como obxectivo principal demostrar a existencia dun modelo de detective galego mediante a análise de catro personaxes: Leo Caldas (Domingo Villar), Frank Soutelo (Miguel Anxo Fernández), Horacio Dopico (Diego Ameixeiras) e Toni Barreiro (Manuel Forcadela). O estudo destes investigadores, presentes nun mínimo de dúas novelas, permiten realizar unha busca de trazos diverxentes e semellantes. Deste xeito, o artigo fundaméntase na procura das características que configuran o personaxe do detective na novela negra galega a través das obras Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Ollos de auga, A praia dos afogados, Baixo mínimos, O cidadán do mes, Sangue sobre a neve e Barato, barato.", "text": "udo s A figura do detective na\nnovela negra galega: Leo Caldas, Frank Soutelo, Horacio Dopico\nVerónica Pousada Pardo\n[Recibido, 24 febreiro 2016; aceptado, 20 marzo 2016]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.48.3164\n : literatura galega, novela negra, detective. abstract Within the framework of Galician literature, crime novel has been one of the most written genres that also has a great number of readers. The main goal of this essay is to demonstrate the existance of a model of Galician detective through the analysis of four characters: Leo Caldas (Domingo Villar), Frank Soutelo (Miguel Anxo Fernández), Horacio Dopico (Diego Ameixeiras) and Toni Barreiro (Manuel Forcadela). The study of these investigators, which appear in at least two novels, allow us to search for similar and divergent traits. Thus, the essay is focused on the search for features that conform the detective character in Galician crime novel through the books Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Ollos de auga, A praia dos afogados, Baixo mínimos, O cidadán do mes, Sangue sobre a neve and Barato, barato. keywords : Galician literature, crime novel, detective.\nNos primeiros anos da década dos 80 do século XX, as mudanzas no contexto socioeconómico e cultural evidencian a necesidade de que a literatura galega se achegue a un novo público lector. Partindo desta situación, algúns escritores e empresas editoriais apostan pola renovación da narrativa explorando novos xéneros, temáticas e estilos. Dentro da perspectiva de apertura insírese Crime en Compostela (1984) de Carlos G. Reigosa, novela de corte policial coa que se abriu o xénero negro para a literatura galega (Tarrío 1994: 441). No mesmo ano da publicación recibe o I Premio Xerais, suceso que implica unha mudanza sen retorno no campo literario galego 1. O outorgamento deste galardón causou unha grande convulsión, xa que a novela negra non formaba parte do modelo de literatura da época. Para Dolores Vilavedra (2013: 110) a decisión de concederlle este premio foi unha ousada aposta canonizadora, xulgada coma unha transgresión nalgúns sectores do ámbito cultural. Con Crime en Compostela iníciase un proceso de incorporación de novas formas narrativas ao sistema literario galego que ata ese momento foran consideradas impropias dunha cultura na que primaba a recuperación da identidade (GonzálezMillán 1994: 228). Ademais, grazas á concesión do Premio Xerais, ráchase cos tópicos que ligaban a literatura galega á ambientación rural ou que lle esixían ao lector unha determinada posición política, académica ou ideolóxica. A partir deste acontecemento, o xénero negro foi abríndose paso no campo literario ata experimentar unha grande expansión e popularidade. Na actualidade, existe un amplo número de escritores galegos que se dedican á súa elaboración, creando novelas de fronteira que compracen por igual a adolescentes e adultos.\nO presente estudo propón unha análise comparativa dos trazos dos detectives galegos nunha serie de obras seleccionadas de autores de diversa idade, formación e con novelas escritas en períodos dispares. Tómanse unicamente aqueles investigadores que aparecen nun mínimo de dúas creacións, coa intención de recoller a tipoloxía de detective galego asentado nos trazos das sagas. A decisión de elixir dúas obras por autor parte da idea de poder percibir cambios de personalidade ou evolucións nos personaxes. Non se escolle un número maior de obras porque, nalgúns casos, non existen, é dicir, só temos dúas novelas protagonizadas por Horacio Dopico e outras dúas por Leo Caldas. A escolla realízase cronoloxicamente, optando sempre polas primeiras novelas nas que aparece o investigador e, na medida do posible, recóllense todos os elementos que constitúen a súa idiosincrasia para intentar demostrar a existencia dun modelo que tende a repetirse.\nA análise desenvolta está baseada no estudo pormenorizado de oito novelas: Un nicho para Marilyn (2002) e Luar no inferno (2006), de Miguel Anxo Fernández (Carballiño, 1955), profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico; Ollos de auga (2006) e A praia dos afogados (2009), de Domingo Villar (Vigo, 1971), guionista de cine e televisión, que traballa como crítico gastronómico nunha emisora de radio; Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), de Diego Ameixeiras (Lausana, Suíza, 1976), licenciado en Ciencias da Información, guionista e xornalista; e, por último, Sangue sobre a neve (1990) e Barato, barato (1991), de Manuel Forcadela (Tomiño, 1958), doutor en Filoloxía e catedrático de lingua e literatura no ensino secundario, que posúe unha ampla produción académica.\nAntes de iniciar o percorrido, cómpre presentar brevemente cada un dos personaxes que se van analizar e citar todas as obras nas que aparecen.\nMiguel Anxo Fernández crea a Frank Soutelo, o detective privado máis internacional do grupo de investigadores analizados. Pese a ser de pais galegos e considerarse moi próximo á terra dos seus proxenitores, nace e desenvolve toda a súa vida en EUA. A primeira vez que aparece será en 2002 na obra Un nicho para Marilyn. Protagoniza, ademais, as novelas Luar no inferno (2006), Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011) e Bícame, Frank (2013). Vive en Los Ángeles e é alí onde se desenvolven os seus casos, agás nas dúas últimas novelas nas que viaxa a Galicia.\nVillar. Orfo de nai dende cativo, mantén unha estraña relación co pai. Traballa como inspector de policía en Vigo e, ademais, é locutor nun programa de radio chamado “Patrulla nas ondas”. Aparece nas novelas Ollos de auga e A praia dos afogados. Ten como compañeiro a Rafael Estévez, un axente aragonés bastante peculiar. Ambas as obras foron traducidas para diversos idiomas e acadaron galardóns como o Premio Losada Diéguez de Creación Literaria en 2010 ou o Premio Frei Martín Sarmiento en 2011.\nO detective privado Horacio Dopico aparece da man do escritor Diego Ameixeiras nas novelas Baixo mínimos e O cidadán do mes. Insírese dentro do Ourense máis marxinal, onde todo semella sexo, drogas, alcohol e corrupción política. Horacio Dopico é un home excluído e inadaptado que gaña a vida facendo traballos sucios. Representa a adicción a diversos vicios: bebedor, fumador, consumidor de droga, habitual de puticlubs e clubs de copas.\nManuel Forcadela presenta a Toni Barreiro, exboxeador e exlexionario, en 1990 coa novela Sangue sobre a neve. Detective moi intuitivo e supersticioso que vive na cidade de Vigo e traballa para unha xestoría realizando todo tipo de tarefas (cobros a morosos, seguridade, investigación de roubos...). É o personaxe principal doutras tres novelas: Barato, barato (1991), Fóra de xogo (1993) e A procura do falso Grial (2006). Desenvolve as súas investigacións coa axuda do seu amigo Elvis Constantino.\nA novela negra\nAs primeiras novelas inscritas dentro do xénero negro ofrecen un detectiveprotagonista que responde á imaxe dun heroe virtuoso con características superiores, intelixente, culto e nobre. Identifícase cun ser maniático, estraño, distante, excéntrico (Martín Cerezo 2006: 60) e ademais “Su fantástico supercerebro así como su falta de emociones con respecto a los demás le confieren al detective un halo inhumano superior” (Colmeiro 1994: 67). Trátase dunha persoa que sente unha verdadeira vocación polo seu traballo, “es un héroe, es el depositario de los valores morales, sociales y jurídicos de una colectividad” (Martín Cerezo 2006: 60). Algúns exemplos de detectives clásicos que responden a esta caracterización son Sherlock Holmes (Conan Doyle) e Hércules Poirot (Agatha Christie).\nArredor da década de 1930, debido a unha serie de acontecementos (Primeira Guerra Mundial, Lei Seca, crack do 29, aumento do poder das mafias, corrupción...), prodúcese unha transformación no modelo de detective clásico británico, encabezada polos autores Raymond Chandler e Dashiell Hammett en Estados Unidos e Georges Simenon en Francia. Dende este preciso momento comeza a establecerse unha diferenza, é dicir, fálase de “novela policiaca clásica” en referencia ás narracións anteriores a esta mudanza e denomínanse “novelas negras” as obras aparecidas posteriormente. Deste xeito, o xénero negro convértese nunha “literatura de alcance social que desdeña el universo burgués y el simple divertimento mental que, protagonizada por un nuevo tipo de detective privado –el hardboiled (traducido literalmente como ‘duro y en ebullición’ o, de forma menos rigurosa como ‘duro de pelar’), casi tan violento, cínico y marginado como un delincuente– aborda con honestidad, rigor, y realismo la cotidiana realidad criminal” (Alonso e Santamaría 1991: 2223). Algúns exemplos de detectives que responden a esta caracterización son Philip Marlowe (Chandler), Sam Spade (Hammett) e Race Williams (Carroll John Daly).\nCoa evolución e desenvolvemento da novela negra, o personaxe do detective racha radicalmente coa visión clásica. Os investigadores aparecen retratados coma persoas cheas de defectos, vicios e temores. Son os antiheroes, “conocen y exploran los bajos fondos de la sociedad que habitan, y entran en contacto con delincuentes, criminales y todo tipo de seres marginales” (Colmeiro 1994: 72). Relegando ao esquecemento esa visión romántica do detective como suxeito case perfecto que ten como única finalidade loitar polos seus ideais, nas novelas negras actuais o investigador convértese nun ser humano normal e corrente. Fronte á idealización da novela clásica, agora prima o uso da violencia en detrimento da capacidade mental, “they used guns and physical force more than intellectual reasoning” (Barnes 1975: 75). Colmeiro (1994: 70) presenta unha conexión entre a novela negra clásica e os libros de cabaleirías, mentres que relaciona o xénero negro “moderno” coa novela picaresca.\nDentro desta perspectiva innovadora insírense os catro personaxes que se van analizar a continuación (Leo Caldas, Frank Soutelo, Horacio Dopico e Toni Barreiro). Todos eles implican unha ruptura co heroe tradicional (nobreza, beleza, integridade, valor…). Xa non se trata dun ser infalible, o personaxe trabúcase con frecuencia e amosa algúns aspectos que se afastan claramente da heroicidade. Por exemplo: Toni Barreiro e Leo Caldas son tímidos, é dicir, mostran falta de seguridade e de desenvoltura nas súas relacións persoais; Leo Caldas é débil, posto que se marea con facilidade nos medios de transporte; e Frank Soutelo sente medo con frecuencia cando traballa nos casos. Como indica Colmeiro (1994: 70) o protagonista da novela negra é un home deste mundo, cuxa fortaleza física e moral non é invulnerable ante os ataques que sofre continuamente cando está a investigar.\nA figura do detective galego\nMediante a comparación de oito novelas (Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Ollos de auga, A praia dos afogados, Baixo mínimos, O cidadán do mes, Sangue sobre a neve e Barato, barato) establécense unha serie de concordancias que permiten entrever un mesmo bosquexo para os catro detectives, dado que os trazos que os escritores escolleron para cada personaxe parten dun determinado motivo e teñen unha finalidade concreta.\nCabe destacar que o investigador é un home. Aínda que son abundantes, na literatura, as mulleres detectives (por exemplo, Mrs. Marple de Agatha Christie), hai unha tendencia a escoller personaxes masculinos na novela negra galega. Polo que se refire ao aspecto físico, existen algunhas pequenas diferenzas. Horacio Dopico ten uns 40 anos e unha complexión corrente; Frank Soutelo, duns 50 anos, é acorporado, diso que reciba o sobrenome de “Big Frank”; Toni Barreiro, duns 40 anos é moi forte e corpulento, dado que foi boxeador no pasado; e, por último, de Leo Caldas non se sabe nin a súa idade nin o seu aspecto físico 2, porén polos datos facilitados é posible que teña entre 40 e 50 anos, como os demais investigadores analizados.\nO detective vive nunha cidade e frecuenta os mesmos locais. Leo Caldas e Toni Barreiro viven en Vigo, Horacio Dopico en Ourense e Frank Soutelo en Los Ángeles. O espazo literario predilecto da novela negra é a cidade, posto que no ambiente urbano a criminalidade é máis significativa. As urbes implican a existencia dunha periferia marxinal que reflicte a degradación social. Por outro lado, nas novelas analizadas as cidades galegas descríbense con moito detalle (rúas, parques, monumentos…), converténdose en verdadeiros personaxes. Todos os investigadores teñen un ou varios locais aos que van a miúdo: Leo Caldas a taberna Elixio e o bar Puerto, Toni Barreiro o bar Teide, Horacio Dopico o bar Auriense e Frank Soutelo o restaurante Peirao. Nalgúns casos os sitios de lecer dos que son habituais teñen unha función esencial para o detective, dado que o axudan a resolver o caso.\nAínda que non se cumpre escrupulosamente, o investigador acostuma a non traballar só. Os acompañantes, na novela negra, son personaxes de grande importancia que teñen a tarefa de humanizar e reforzar a personalidade do detective. Coa excepción de Horacio Dopico, todos reciben axuda dun colaborador. Leo Caldas e Toni Barreiro teñen compañeiros fixos, Rafael Estévez e Elvis Constantino, respectivamente. O acompañante actúa como contrapunto, discernindo dun xeito máis sinxelo as facultades e as características propias do investigador. Pola súa banda, Frank Soutelo aparece acompañado de axudantes ocasionais:\nEmpreguei as xornadas seguintes en deseñar un plan coa axuda de Tabasco, reconvertido en socio accidental nesta empresa porque no fondo ambos estabamos no mesmo, aínda que desde posicións e intereses diferentes (Fernández 2002: 113).\nHabitualmente o detective non pertence á policía ou a outro corpo oficial. Nos casos analizados cúmprese esta premisa, coa excepción de Leo Caldas que é inspector de policía. Frank Soutelo exerce por conta propia como investigador (ten despacho de seu), Toni Barreiro e Horacio Dopico traballan para outras persoas realizando “choios” de todo tipo. Na situación concreta de Horacio Dopico percíbese unha mudanza da primeira novela á segunda: primeiro executa tarefas fóra da lei para organismos oficiais, concretamente para a Consellería do Interior e, posteriormente, traballa de maneira independente.\nO investigador ten gustos exquisitos. Grazas a estes elementos refinados polos que sente pracer ou satisfacción, o detective aparece caracterizado dun xeito pouco convencional, afastándose así do común da sociedade. Nas novelas estudadas son dous os puntos fundamentais que permiten esta diferenciación: a gastronomía galega 4 e música jazz. A Frank Soutelo, Leo Caldas e Toni Barreiro gústalles o viño galego (Albariño, Ribeira Sacra…) e o bo comer. Nas obras recóllense continuas referencias a pratos galegos de todo tipo, aínda que destacan o peixe e o marisco (nécoras, robaliza, rape, xoubas, empanada de vieiras, polbo, percebes, linguado…). Pola outra banda, a Leo Caldas e a Horacio Dopico encántalles o jazz, xénero musical conectado coa novela negra americana.\nAsí empecei a utilizar a John Coltrane como balsámico existencial. Os acordes do saxo tenor, diluídos na atmosfera requecida da mañá, moito me prestaban (Ameixeiras 2006: 27).\nA pesar de que sempre acabará resolvendo os casos que se lle presentan, a súa vida persoal é un desastre. En certa maneira o detective é un triunfador no ámbito profesional, pero un perdedor no ámbito privado. Aínda así, o éxito laboral acostuma ser acedo. No caso concreto de Leo Caldas, o recoñecemento público nada ten que ver co seu verdadeiro traballo:\nPor moi pouco orgulloso que estivese de participar nel, a pesar dos anos de servizo no corpo de policía, se a xente o coñecía era por aquel absurdo programa de radio (Villar 2006: 73).\nFrank Soutelo ten unha boa situación económica que lle permite levar unha vida acomodada e mercar artigos caros (traxe de Armani, coche Pontiac Sunfire…). Pola súa banda, Horacio Dopico e Toni Barreiro non teñen traballo fixo e realizan actividades laborais ocasionais, por conseguinte, a súa situación económica resulta bastante precaria. Ambos os investigadores son relativamente pobres e precisan o diñeiro que reciben polos traballos resoltos para sobrevivir:\n–¡O que realmente necesito é pasta para ir de putas! –berrei (Ameixeiras 2004: 57). –Consegue diñeiro para casarnos e deixo o traballo –dixo Katty. –¡Que máis quixera eu que poderte sacar dese tugurio! –dixo Toni (Forcadela\nIndependentemente do diñeiro que posúen, as súas vidas parecen miserentas. Por exemplo, a Horacio Dopico uns cativos róubanlle o anticipo dun pago por culpa dun descoido (O cidadán do mes). Carecen de horarios, realizan traballos cheos de perigos e sofren continuos enfrontamentos violentos. Sempre están ao límite e son vulnerables.\nComo parte fundamental do antiheroe, o detective mostra diversos signos de degradación, porén non todos os vicios indican o mesmo deterioro da persoa. Destácase a existencia de tres dependencias, dúas delas aceptadas socialmente (tabaco e alcohol) e outra que implica unha degradación maior, posto que representa unha conduta socialmente censurable (droga). En primeiro lugar, agás Frank Soutelo, os detectives fuman con frecuencia, fundamentalmente cando están a meditar sobre a investigación. Para Horacio Dopico fumar resulta case enfermizo, xa que implica empeorar a súa doenza de farinxite crónica:\nCaldas asentiu sen deixar de remexer coa culleriña na cunca. Prefería acender un cigarro, pero no bar Puerto eran tan estritos co tabaco coma cos tempos de cocción do marisco, e tivo que conformarse con remover o café (Villar 2009: 39).\nAlmorcei un café negro e tres cigarros nun bar da Praza de Abastos (Ameixeiras 2004: 39).\nEn segundo lugar, todos beben con frecuencia. Ademais do viño galego, que como se comentou anteriormente é a bebida predilecta, aparecen referencias a outros líquidos espirituosos: cervexa, licor café e whisky. Neste último caso destacan Frank Soutelo, Toni Barreiro e Horacio Dopico. Do mesmo xeito que acontecía coa música jazz, o whisky é a bebida que máis se asocia coa novela negra americana:\n–Entre as cousas que non paga a pena cambiar, está o boubon vello, ben o sabes\n(Fernández 2006: 129).\nO whisky estábame a pasar factura –gástrica, fundamentalmente–, mais a miña cabeza gozaba dunha claridade mental que, para calquera bebedor masivo, resultaría envexable (Ameixeiras 2004: 107). Pese a que todos beben, só Horacio Dopico se emborracha e sofre as conseguintes resacas do día despois. Nalgúns intres o alcohol parece ser unha necesidade ou mesmo unha vía de escape:\nSentíame coma sempre e coma cando non estaba borracho: baixo mínimos (Ameixeiras 2004: 166).\nPor último, vivindo ao límite das súas posibilidades, o único que consume drogas é Horacio Dopico:\nCoa perica azoutándome as ansias todas, sentinme en disposición de saír á rúa (Ameixeiras 2004: 17).\nO detective non acostuma ter parella estable. A soidade está presente en todos eles coma unha sombra que nunca se esvaece e que lles lembra a imposibilidade dunha sólida vida sentimental. En realidade, ningún dos investigadores analizados está só por propia elección, trátase dunha consecuencia do traballo ou do prexudicial ambiente no que se moven. Deste xeito, os detectives aparecen representados coma persoas solitarias, fortes e desencantadas da vida. Logo de rematar un dos seus casos, Leo Caldas prefire pasar as horas no bar que regresar a casa:\nO inspector decidiu acudir ao bar do casco vello por terceira vez. Non quería achegarse á soidade da súa casa (Villar 2006: 241). Para o inspector da policía de Vigo, o traballo convértese no único motivo para vivir, relegando ata a inexistencia o ámbito persoal: A vostede dálle o mesmo chamar de noite que de día; para vostede non hai diferenza entre un martes, un venres ou un domingo. Todos os días son iguais (...) Eu non teño a culpa de que a súa vida se reduza ao traballo –dixo–, pero ten que comprender que non todo o mundo é coma vostede (Villar 2009: 321).\nOutro punto en común relacionado coa estabilidade sentimental é a existencia, no pasado, dunha relación truncada. A perda da muller amada é un símbolo do fracaso persoal do detective. Leo Caldas tivo unha moza coa que ía moi en serio e Frank Soutelo e Horacio Dopico estiveron casados. Leo\nCaldas e Horacio Dopico 5 seguen namorados das persoas coas que estiveron con anterioridade, aínda así, fican en silenzo, compadecéndose da súa vida, sen loitar por recuperar a relación truncada: Para torturarme un pouco rematei a botella de whisky botándolle unha ollada a un vello álbum de fotos de cando facía con Marina o que a primavera coas amendoeiras (Ameixeiras 2004: 61). Leu dúas veces o nome na pantalla. “Alba”. Alba? (...) Quedou parado no medio da beirarrúa co teléfono na man, mirándoo, sen atreverse a marcar (Villar 2009: 255). 5 Segue tendo a foto da súa ex. na mesa de noite (Ameixeiras 2004: 123).\nPola súa banda, Frank Soutelo non se outorga a si mesmo a oportunidade de volver empezar de novo, pese a sentir algo pola súa secretaria Pat Pérez 6 e pensar nela continuamente:\nFinalmente rematara tan satisfeito daquela aventura que na cabeza me fervía a idea de invitar a Pat, a cear ou ao que fose. Quedara tan farto de cadáveres que me notaba necesitado da súa vitalidade. Non quería catre a pelo, iso quede claro, buscaba outra cousa (Fernández 2002: 141).\nResulta infactible a recuperación da relación perdida, por iso todos, agás Leo Caldas, manteñen aventuras ocasionais, incluso con mulleres relacionadas cos casos que están a investigar. Existen exemplos desta conduta nas novelas Sangue sobre a neve e O cidadán do mes.\nAdemais destes encontros casuais, semella que os detectives só poden establecer vínculos afectivos con persoas que se moven neses mesmos ambientes marxinais. Horacio Dopico sae durante un tempo cunha das rapazas (Ágatha) que traballa nun puticlub e Toni Barreiro mantén unha relación cunha estrela do streaptease. Aínda así, a felicidade é inviable. Ágatha finalmente acaba fuxindo co mellor amigo de Horacio Dopico e Toni Barreiro séguese sentindo completamente só:\nCada vez que penso algo éntranme ganas de cortar o pescozo. Ágatha deixárame tirado meses atrás polo meu mellor amigo, Roi Maceira […] (Ameixeiras 2006: 25).\nSen embargo, aquilo non bastaba para encher a soidade. Moitas noites desexaba encontrar a outra persoa. Estabilizar a súa relación sentimental. O mundo na nocturnidade, do streaptease, da semiprostitución, comezaba a facérselle moi duro (Forcadela 1990: 41).\nA ironía e o cinismo 7 son características propias que o antiheroe emprega como protección, permitíndolle fuxir da penuria da realidade coa que ten que convivir. Xunto con estas dúas calidades, na novela negra galega destaca o humor e a retranca, como distintivos do detective autóctono:\n–Chegamos –díxome o mordomo logo de baixar o cristal que nos separaba.\nDiante dunha obviedade como aquela non puiden menos que contestar: “Xa, crin que parabamos a mexar.” Pasmou un pouco. Seguro que botou tempo tentando atoparlle a graza ao meu comentario... (Fernández 2002: 30). Xeneticamente estou programado para sementar o maior número de femias posibles (Ameixeiras 2004: 169). –Xefe, aínda non me contou que facemos aquí –comentou Rafael Estévez mirando ao seu superior. –Non, aínda non. (Villar 2006: 143).\nConclusións\nUn dos aspectos máis interesantes do xénero negro é súa vitalidade, dinamismo e capacidade para evolucionar. Un exemplo desta transformación é a mudanza que supuxo a novela negra fronte á novela policíaca clásica, o permitiu que o lector se achegase a unha realidade próxima e cativadora, cumprindo, ademais, coa obriga de mostrar as carencias morais da sociedade. Polo que se refire á literatura galega, a novela negra está a vivir unha época de esplendor, sobre todo no século XXI, cun número cada vez maior de escritores e lectores asiduos que converten as obras en grandes éxitos. Diego Ameixeiras, Manuel Forcadela, Miguel Anxo Fernández e Domingo Villar, xunto con Carlos G. Reigosa, son algúns dos principais cultivadores contemporáneos da novela negra galega.\nTras a análise, polo miúdo, dos personaxes de catro detectives galegos de sagas 8 : Leo Caldas (Domingo Villar), Frank Soutelo (Miguel Anxo Fernández), Horacio Dopico (Diego Ameixeiras) e Toni Barreiro (Manuel Forcadela), conclúese que os investigadores, na literatura galega, rachan co modelo tradicional (novela negra clásica) e seguen as pegadas innovadoras da novela negra americana, é dicir, da que se publica a partir de 1930. Porén, iso non significa que non existan certas reminiscencias á visión clásica dos detectives, como, por exemplo, os seus gustos exquisitos.\nA tipoloxía dos personaxes presentados non constitúe unha tradición literaria propia, posto que, en xeral, se reproducen arquetipos da novela negra americana. Pese ás diferenzas dos seus autores e dos anos de publicación das obras estudadas, existen certas concordancias entre Leo Caldas, Frank Soutelo, Horacio Dopico e Toni Barreiro. Seguindo estas similitudes é posible elaborar un perfil común, é dicir, o modelo de detective galego: é un home, vive nunha cidade e frecuenta sempre os mesmos locais. Habitualmente non traballa só e quebranta as normas para resolver os casos. Ten gustos refinados que o diferencian do resto da poboación e usa o humor e a retranca como parte indiscutible da súa identidade. Na súa vida persoal, é un fracasado, non ten parella estable e conta con varias adiccións que non é quen de superar. A presenza dos axudantes fixos ou eventuais serve como contrapunto para o desenvolvemento da trama ou como solución do caso investigado, naturalizando os protagonistas. Algo semellante acontece cos principais personaxes femininos cos que se relacionan sentimentalmente os investigadores: Katty (Manuel Forcadela), Marina (Diego Ameixeiras), Pat Pérez (Miguel Anxo Fernández) e Alba (Domingo Villar). Todas elas mulleres independentes, á altura dos tempos actuais e da reformulación dos roles femininos.\nNarratoloxicamente, o investigador da novela negra galega preséntase como o antiheroe, cargado de matices que o degradan e elementos que o humanizan. A súa propia existencia é unha crítica voraz á hipocrisía social, á corrupción das clases adiñeiradas e á situación marxinal que viven as persoas que carecen de todo tipo de dereitos. Os diversos compoñentes galegos (gastronomía, cultura, idiosincrasia…) están continuamente presentes nas creacións literarias e establécense como unha particularidade inseparable do detective protagonista.\nVerónica Pousada Pardo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades\nAlonso, José e Pedro Santamaría. 1991. Antología del relato policial. Barcelona: Editorial Vicens Vives. Ameixeiras, Diego. 2004. Baixo mínimos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 2006. O cidadán do mes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Barnes, Melvyn. 1975. Best Detective Novel: A Guide from Godwin to the Present. Londres: Clive Bingley. Bourdieu, Pierre. 2004. O campo literario. Tradución e presentación Carlos Pérez Varela. Ames: Edicións Laiovento. [1ª ed. 1991]. Colmeiro, José. 1994. La novela policíaca española: teoría e historia crítica. Barcelona: Anthropos Editorial. Fernández, Miguel Anxo. 2002. Un nicho para Marilyn. Vigo: Editorial Galaxia. — 2006. Luar no inferno. Vigo: Editorial Galaxia. — 2008. Tres disparos e dous friames. Vigo: Editorial Galaxia. — 2011. Lume. Vigo: Editorial Galaxia. — 2013. Bícame, Frank. Vigo: Editorial Galaxia. Forcadela, Manuel. 1990. Sangue sobre a neve. Pontevedra: Edicións do Cumio. — 1991. Barato, barato. Pontevedra: Edicións do Cumio. — 1993. Fóra de xogo. Pontevedra: Edicións do Cumio. — 2006. A procura do falso Grial. Pontevedra: Edicións do Cumio. G[onzález] Reigosa, Carlos. 1984. Crime en Compostela. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 1988. O misterio do barco perdido. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 1996. A guerra do tabaco. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 2000. Narcos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\n— 2014. A vinganza do defunto. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\nGonzálezMillán, Xoán. 1994. “A novela policial. Fragmento de Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa”. En Claudio Rodríguez Fer (ed.), Comentarios de textos populares e de masas (pp. 193229). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\nMartín Cerezo, Iván. 2006. Poética del relato policiaco (de Edgar Allan Poe a Raymond Chandler). Murcia: Universidad de Murcia. Servicio de Publicaciones.\nSantos, Ágatha de. 2009. “Soy un escritor que trabaja despacio e incumplo religiosamente los plazos” Faro de Vigo (23 de maio). Consultado o 12 de xaneiro de 2016, http://www.farodevigo.es/sociedadcultura/2009/05/23/escritortrabajadespacio-eincumplo-religiosamenteplazos/330328.html\nTarrío Varela, Anxo. 1994. Literatura Galega. Aportacións a una historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\nVilavedra, Dolores. 2013. “Literatura galega, un fenómeno proteico”. Grial, 200, pp.\n— 2009. A praia dos afogados. Vigo: Editorial Galaxia."} +{"summary": "Neste traballo analizamos como o sector do comercio ao por menor evolucionou nun contexto de crise. Establecemos as hipóteses sobre o seu comportamento por mor da especialización na venda de bens de primeira necesidade, así como das dificultades para acceder ao crédito. Obtivemos unha mostra de empresas da base SABI e clasificámolas por tamaños. Estudamos a evolución de ratios de eficiencia, operatividade, rendibilidade ou solvencia e procuramos os cambios estatisticamente significativos nas ratios dependendo do tamaño empresarial, o que permitiunos afirmar que só as pequenas empresas perderon rendibilidade e tiveron que reorganizar a súa estrutura financeira.", "text": "CANDO A CRISE CHE EXIME. O SECTOR DA DISTRIBUCIÓN E O COMERCIO AO POR MENOR ESPAÑOL: PEQUENAS Vs GRANDES EMPRESAS\n: Crise financeira; Comercio ao por menor, tamaño empresarial, autonomía financeira, rendibilidade.\nTitle: When the crisis exempts you: the spanish retailer sector: small vs big companies\n1. INTRODUCIÓN\nA distribución comercial española sofreu importantes cambios nas últimas décadas. Os novos hábitos de consumo da sociedade, a integración vertical e o desenvolvemento das denominadas marcas brancas fixeron que o panorama do comercio minorista de España cambiara. A posición dominante dalgunhas cadeas de distribución no comercio ao por menor, tanto sobre os provedores como sobre os consumidores, xeraron preocupación nas autoridades da competencia española e europea (García, J.A. e Delgado, J., 2012) e propiciaron un comportamento excepcional perante a actual crise económica.\nNun sistema económico capitalista, a un período no que existen forzas ascendentes que provocan acumulación de ganancias e investimento, séguelle outro con forzas no senso contrario que desemboca en depresión económica e social (Keynes J., 1936). É dicir, as crises económicas xéstanse lentamente durante os períodos de crecemento e especulación e xurden mediante un choque violento de depresión e unha reestruturación económica (Galbraith, 1991). Neste senso, a actual Gran Crise provocada pola economía Norteamericana en agosto de 2007 co estoupido das hipotecas subprime e a súa rápida expansión ao resto do mundo a través do sector financeiro, xestouse por unha regulación financeira permisiva e uns baixos tipos de interese que alimentaron unha burbulla inmobiliaria, tanto en EEUU como noutros países europeos, como por exemplo, España. A economía estaba desaxustada: máis de dous terzos do PIB estaban relacionados coa vivenda e cos seus créditos, o cal non era sostible (Stiglitz, 2010). A explosión da burbulla inmobiliaria arrastrou un sistema financeiro cheo de produtos complexos baseados no crédito inmobiliario. A expansión do crédito e o exceso de liquidez internacional dos anos de crecemento económico provocaron un nivel de endebedamento privado máis aló do razoable e por tanto, calquera perturbación baseada nun aumento de tipos de interese, restricións de liquidez empresarial ou sinxelamente, nunha redución dos beneficios esperados por debaixo do custo dunha refinanciación ían provocar unha crise financeira, máis \u0017 remedios.ramon@ua.es http://web.ua.es/es/defc/remediosramon-dangla.html\nO obxectivo desta investigación é ver como afectou a crise económicofinanceira ao sector da distribución comercial en España e, se a existencia de grandes cadeas de distribución, coas súas propias marcas e forte poder de negociación nos mercados, permitiulles evadir unha potente reestruturación dos seus estados contables. Para iso, o traballo foi estruturado en catro apartados ademais desta introdución. En primeiro lugar realízase unha revisión da literatura sobre as principais variables a estudar e que supoñen o punto de partida desta investigación. A continuación, desenvólvense as hipóteses do modelo e explícase a metodoloxía utilizada para acadar os obxectivos formulados. Seguidamente analízanse os resultados obtidos. E, por último, expóñense as conclusións do traballo, entre as que se inclúen a discusión dos resultados e as principais implicacións para a xestión empresarial, limitacións e futuras liñas de investigación.\n2. REVISIÓN DA LITERATURA\nCrise financeira, endebedamento empresarial e sector económico É abundante a literatura económica sobre as causas e efectos das crises financeiras ao longo da historia (Minsky, 1976; Galbraith, 1991, por citar algúns), así como as revisións sobre a teoría clásica dominante que levou á actual crise (Stiglitz, 2010; Krugman, 2009), que coinciden en que a situación actual se parece á dos anos trinta do século pasado e que os desaxustes déronse pola predominancia das doutrinas que cren que “os mercados funcionan ben e se autorregulan”, defendidas, entre outros, polos Premios Nobel de Economía Harry Markowitz e William Sharpe en 1990 ou Robert Merton e Myron Scholes en 1997.\nNon hai dúbida de que a evolución das variables macroeconómicas condiciona a evolución das contas empresariais, de tal modo que existen innumerables estudos que amosan que o endebedamento empresarial está estreitamente relacionado coa evolución de variables macroeconómicas. Neste senso, podemos destacar a Jordà et al. (2011), que despois de analizar as recesións económicas de 1870 e 2008 en catorce países desenvolvidos, relaciona o endebedamento das empresas e a inestabilidade da economía, concluíndo que existe unha clara relación entre o apancamento financeiro, medido pola taxa de crecemento do crédito bancario en relación ao PIB en etapas de expansión, e a dureza que presentan as etapas de recesión posteriores.\nNo caso español, é necesario considerar as consecuencias que se derivaron do ingreso no euro e que coincide co patrón de comportamento descrito por Fernández (2010) cando indica que a política de baixos tipos de interese formulada polos bancos centrais, asolagou o mercado cun exceso de liquidez que estimulou ás familias, empresas e bancos a endebedarse en exceso sen considerar que, ao longo da historia, todas as crises financeiras viñeron precedidas de grandes crecementos do crédito. A diferenza nas preferencias polo endebedamento das empresas españolas con respecto aos seus veciños vén avalada pola tese de Rajan e Zingales (1995); DemirgüçKunt e Maksimovic, (1999); Booth et al., (2001); Hanousek e Shamshur (2011), que defenden o argumento de que os custos e os beneficios que as empresas teñen en conta nas súas decisións de estrutura de capital non só\nveñen determinados polas súas características específicas, senón tamén polas características do país. Nos seus traballos de investigación, Schularick e Taylor (2012) establecen a comparación entre o volume total de activos bancarios e a cifra de empréstitos bancarios en circulación con algúns dos agregados monetarios habituais (M2 ou M3), afirmando que os cambios na oferta de crédito (empréstitos bancarios) son o mellor indicador que anuncia as crises financeiras, especialmente cando estes cambios se producen de maneira acelerada. Nembargantes, Rubio e Sogorb (2011) conclúen que as empresas españolas, en contradición coa evidencia empírica internacional e cos estudos precedentes de Miguel e Pindado (2001) e González e González (2008), móvense con maior rapidez cara ratios\nobxectivas de endebedamento nas fases de contracción do ciclo económico que nas expansivas.\nHIPÓTESES FORMULADAS E METODOLOXÍA\nO obxectivo do noso traballo é ver como afectou a crise económica ao sector da comercialización e distribución en España: CNAE 2009Rev2 471: Comercio ao por menor en establecementos non especializados e en que medida. As táboas 1 e 2 resumen a evolución do\nAs hipóteses formuladas expóñense no Anexo e son as seguintes:\nH1: O sector da distribución e comercialización ao por menor CNAE 471 sofreu con menor intensidade os efectos da crise. H2.1 : Malia que as empresas do sector da distribución ao por menor sentiron menos a crise, a dificultade para acceder ao crédito e o seu encarecemento orixinou un efecto de desapancamento e de recapitalización dos fondos propios. H2.2 : Non todas as empresas do sector van estar afectadas pola reestruturación financeira. As máis grandes, con maior capacidade de negociación con entidades de crédito e sobre todo, A caída do PIB, o aumento do desemprego e a diminución dos salarios entre 2008 e 2012 tivo que afectar directamente ás empresas que se adican ao comercio nacional aínda que a especialización en venda de bens cunha elasticidade e renda baixa quizabes amortiguou os efectos negativos da crise. Para o noso estudo, agrupamos por tamaños as empresas do sector CNAE 2009Rev2 471 en España ofrecida pola base de datos SABI e a Central de Balance do Banco de España (BdE).\nA poboación de partida foi de 14.832 empresas e sobre ela, aplicamos 3 filtros. No primeiro eliminamos todas as sociedades que non estiveran activas en todos os anos estudados (20082012) e que non presentaran a información financeira completa. A submostra obtida foi de 2.814 empresas.\nPosteriormente, clasificamos estas empresas por tamaños segundo a Directiva Europea 2013/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 26 de xuño de 2013, sobre os estados financeiros anuais, os estados financeiros consolidados e outros informes afíns de certos tipos de empresas, o que deu como resultado: 54 grandes empresas, 47 medianas; 925 pequenas e 1788 microempresas. Destes catro grupos, eliminamos o último por representar empresas moi pequenas, cun Total Activo (TA) inferior a 350.00€ e unha Cifra Neta de Negocio (CNN) inferior a 700.000€ pero sobre todo foron eliminados pola pouca calidade informativa.\nver se, nos casos onde se rexeitou a hipótese nula de igualdade de medias, afecta a todos os pares de medias ou pola contra, só afecta a algún deles. A definición de ratios utilizada inclúese no Anexo.\n4. RESULTADOS E ANÁLISE\nAnálise da conta de Perdas e Ganancias: Ratios operativas ou de rendibilidade (RO)\nA táboa 8 amosa o resumo dos estatísticos descritivos das variables empregadas para analizar a rendibilidade e operatividade das empresas despois de eliminar as ratios que non cumpren a homoxeneidade das varianzas.\nDos estatísticos descritivos das RO podemos intuír que se produciron cambios significativos nalgunhas das ratios. As caídas nos gastos pero sobre todo, nos resultados pode que causara retrocesos na operatividade destas empresas. Para comprobar se a media de cada RO difire ou non, de maneira significativa como consecuencia da crise, realizamos unha análise univariante da varianza Anova cun nivel de significación de 0, 05. A táboa A1 do anexo e atendendo ao estatístico F e ao pvalor xurdido da análise Anova podemos ver que efectivamente, para o grupo de pequenas empresas do sector 471 producíronse cambios significativos nas medias do RO1; RO2 e RO5. Se consideramos o conxunto do sector, a hipótese nula de igualdade de medias pódese rexeitar nunha ratio operativa máis: RO3. O que se confirma coa análise Post Hoc Manova (Táboa M1 do anexo).\nAs distintas rendibilidades medidas polo grupo de ratios RO foron caíndo no sector como consecuencia do empeoramento da situación económica. A perda de operatividade produciuse fundamentalmente nas pequenas empresas pero, dado o seu elevado peso sobre o conxunto total, fai que tamén caian as rendibilidades do total do sector. Neste senso, vese que, tanto nas pequenas empresas como no conxunto, a Produtividade da Man de Obra, medida por (RO1), cae. Os gastos de persoal (GP) creceron porcentualmente por enriba da cifra neta de negocio (CNN), o que se podería deber ao custo dos despedimentos.\nEn termos xerais, o emprego no sector caiu en torno a un 6% pero os gastos laborais creceron un 7, 5% nas pequenas empresas e un 20% no conxunto. Esta diverxencia de valores e evolucións entre emprego e custos laborais, podería avalar a tese de que a financiación do despedimento e o redimensionamento empresarial minguaron a operatividade do sector. Nembargantes, parece razoable supoñer que, unha vez satisfeitas as indemnizacións, a xestión do cadro de persoal será máis eficiente e polo tanto mellorará a produtividade.\nEn canto á Marxe de Explotación RO2, (relación Resultados de Explotación REX e CNN) podemos apreciar que, tanto na pequena empresa como no conxunto do sector produciuse un empeoramento. A redución da marxe de explotación vén motivada por unha forte caída no resultado de explotación de máis dun 12% no conxunto do sector e dun 45% para o caso das pequenas empresas. O descenso nos resultados de explotación vén motivado por unha caída nas vendas pero sobre todo, por un incremento dos gastos de explotación como son os gastos de persoal, os fixos e outros gastos adicionais que limitou a rendibilidade das empresas. A caída da ratio de Rotación de Activo (RO3) entre 2008 e 2010 no conxunto das empresas amosa que, en xeral, o sector dispoñía de activos que non estaban sendo utilizados para xerar negocio. Porén, a partir de 2010 comeza a recuperarse, o que podería ser sintomático dunha reactivación do negocio.\nCon respecto á Rendibilidade sobre Activos (RO5) observamos, tanto nas pequenas empresas como no total, que a caída dos resultados se acentúa como consecuencia da redución dos resultados de explotación e da obtención duns resultados financeiros negativos que, malia que van dimunuíndo a consecuencia do desapancamento, non conseguen compensar o seu efecto negativo, o que se traduce nunha caída da rendibilidade empresarial.\nRatios Financeiras (RF)\nA análise do resultado financeiro amósase mediante o resumo dos estatísticos descritivos das RF (Táboa 9).\nA evolución das medias das ratios financeiras (RF) dános pistas que algúns deles puideron mellorar ao longo do período producindo cambios significativos nas medias dos mesmos. Para comprobar se a media de cada RF difire ou non, de maneira significativa como consecuencia da crise, realizamos unha análise univariante da varianza Anova cun nivel de significación de 0, 05 e cuxos resultados se amosan na táboa A2 do anexo. Atendendo ao estatístico F e ao pvalor xurdido da análise Anova rexeitamos a hipótese nula de igualdade de medias para o RF1 e nos grupos de empresas pequenas, medianas e o total. Tamén rexeitamos a hipótese de igualdade de medias no RF3 tanto para pequenas empresas como para o conxunto total. O que se confirma coa análise Post Hoc Manova (Táboa M2 do anexo).\nAo estudar a evolución entre os gastos financeiros e a CNN descrita en RF1 advírtese que, tanto para a pequena empresa, como a mediana e o total, a relación era de equilibrio malia que amosaba unha peor posición que a do grupo de grandes empresas. O desapancamento financeiro nos grupos de pequenas e medianas empresas aliviaron as súas cargas financeiras sobre a cifra neta de negocio, así, os gastos financeiros foron caíndo e, en 2012, os valores do (RF1) igualáronse ao das grandes empresas, os que partían dunha mellor relación financeira e, polo tanto, non sofreron cambios significativos, non por ter un menor volume de débeda, senón por\n30 ter unha maior e mellor capacidade de financiación froito do seu gran tamaño.\nAs medias das ratios de circulante (RC) indican que pode que existiran cambios significativos en varios deles. Tanto os aumentos das ratios que miden os activos circulantes como a redución nas ratios que consideran os pasivos correntes, poderían revelar que a liquidez inmediata das empresas está mellorando. Para comprobar se a media de cada RC difire ou non, de maneira significativa como consecuencia da crise, realizamos unha análise univariante da varianza Anova cun nivel de significación de 0, 05 e cuxos resultados se amosan na táboa A3 do Anexoƒ. Atendendo ao estatístico F e ao pvalor xurdido da análise Anova podemos ver que efectivamente, para o grupo de pequenas empresas producironse cambios significativos nas medias da RC4. No caso de empresas de tamaño medio, os cambios significativos producironse na RC3. Se consideramos o conxunto do sector, a hipótese nula de igualdade de medias pódese rexeitar só na RC4, o que se confirma coa análise Post Hoc Manovam (táboa M3 do anexo).\nA redución de RC3 no grupo das medianas empresas ocorre por mor dunha diminución do peso dos acredores comerciais en relación coa CNN. A mellor xestión do endebedamento a curto prazo permitiu que este tamaño empresarial obteña unha maior sincronización entre a corrente de cobros e pagos ao longo do período. Cando se inicia a crise, o nivel de endebedamento a curto prazo, tanto de grandes como medianas empresas, era maior ao do conxunto do sector pero sobre todo, ao de pequenas empresas, a crise conseguiu que as medianas empresas melloren o seu nivel de débedas comerciais pero non o conseguiron para as grandes cadeas de comercialización.\nA relación entre o Fondo de maniobra e a CNN expresada en RC4 indícanos para o grupo das pequenas empresa e o conxunto do sector unha melloría levada a cabo, principalmente, durante os primeiros anos da crise. Neste senso, é interesante observar que o grupo das grandes empresas mantiveron un Fondo de Maniobra negativo e sen cambios significativos durante o período. A súa maior capacidade de negociación permitiulles cobrar ao contado e seguir matendo prazos de pago cos seus provedores, beneficiándose así dunha financiación espontánea que, polo momento, parece vetada para empresas de menor tamaño.\nAnálise do balance e a solvencia a longo prazo: As ratios de activo (RA)\nA táboa 11 amosa o resumo dos estatísticos descritivos das variables empregadas para analizar a estrutura do activo a través das ratios de activo (RA).\nTáboa 11 Estatísticos descritivos RA e análise da varianza: 2008, 2010, 2012\nPerante os descritivos sobre as ratios da estrutura de activo (RA), podemos intuír que só se produciron cambios significativos nas medias da ratio RA2. A priori poderíamos dicir que se produciu un incremento nas existencias que podería ser consecuencia dun estancamento nas vendas. Para comprobar se a media de cada RA difire ou non, de maneira significativa como consecuencia da crise, realizamos unha análise univariante da varianza Anova cun nivel de significación de 0, 05 e cuxos resultados se amosa na táboa A4 do anexo. Atendendo ao estatístico F e ao pvalor xurdido da análise Anova rexeitamos a hipótese nula de igualdade de medias para a RA2 tanto para as empresas pequenas como para o conxunto total, o que se confirma coa análise Post Hoc Manova (Táboa M4 do anexo). A relación descrita en RA2 amosa o peso das existencias sobre o total dos activos e, para o caso das pequenas empresas, increméntase un 7, 6% de 2008 a 2012. Durante os anos da crise, as existencias das pequenas empresas creceron un 16, 8% fronte ao 0, 51% da cifra neta de negocio, daí que o incremento da RA2 reflictiría unha política inadecuada na xestión dos stocks de existencia que provocan unha caída de rendibilidade do conxunto das empresas, así como unha ineficiencia e ociosidade en parte dos recursos. Pola contra, tanto as medianas e grandes empresas amosan unha mellor xestión do stock de mercadorías. A posibilidade de estar departamentalizado e manter a persoal cualificado para cada departamento pode estar na base desta mellor xestión comercial.\nRatios de Pasivo e Solvencia Xeral (RP)\n32 Perante os descritivos sobre as ratios da estrutura de pasivo (RP), podemos intuír que só se produciron cambios significativos nas medias da ratio RP1 para pequenas empresas e para o total. O seu crecemento pódenos indicar que mellorou a súa autonomía financeira por aumento de fondos propios.\nA RP1 mide a autonomía financeira das empresas. A dificultade de acceso ao crédito permitiu que o grupo de pequenas empresas aumente a súa autonomía financeira. A maior capitalización do seu valor patrimonial fortaleceu a súa autofinanciación situando a súa ratio de autofinanciación, en 2012, por enriba do dobre do das grandes empresas. A posición de forza das grandes empresas comerciais fronte aos seus prestamistas permitiulles manter os mesmos niveis de débeda e autofinanciación, antes que despois da crise, porén, as pequenas empresas non tiveron máis remedio que reestruturar as súas fontes de financiación, reducindo a allea e incrementando os recursos propios.\nA RSX amosa a garantía que as empresas ofrecen aos seus acredores no hipotético caso de liquidación, no noso caso, obsérvase nas pequenas empresas e en conxunto que a solvencia mellorou ao longo da crise. Durante este período e malia a crise, as pequenas empresas do sector melloraron a súa solvencia por unha combinación de menor débeda e incremento do activo con fondos propios adicionais e posicionáronse, neste senso, por diante das medianas e grandes empresas.\n5. CONCLUSIÓNS\nO obxectivo deste traballo era ver como o sector de CNAE 2009Rev2 471: Comercio ao por menor e distribución en establecementos non especializados resistiron á crise. Do traballo realizado despréndese que só algunhas ratios amosaron cambios significativos ao longo da crise, ademais, estes cambios, en xeral, obsérvanse unicamente para o grupo de pequenas empresas e, polo seu elevado peso sobre o conxunto da mostra, extrapólanse ao total do sector. Por tanto, en termos xerais, podemos dicir que a crise produciu efectos o suficientemente importantes como para dicir que o sector tivo que reorganizarse dende o punto de vista económicofinanceiro pero estes cambios non afectaron a todos os tamaños empresariais: as grandes empresas, cun forte poder nos mercados, apenas sofreu a crise. Da análise das ratios podemos ver que:\n1. Tanto as pequenas empresas como o conxunto total viron como empeoraba a súa produtividade laboral (RO1), a súa marxe de explotación (RO2) e a súa rendibilidade sobre activos (RO5). Os aumentos de gastos de persoal, de custos fixos para a explotación e de gastos financeiros, entre outros, provocaron caídas na operatividade e rendibilidade empresarial. Ademais, a Rotación de Activos RO3 sofre un empeoramento entre 2008 e 2010, o que indica que, en xeral, o sector dispoñía de activos que non estaban sendo utilizados. Porén, despois de 2010 prodúcese unha melloría, o que podería ser sintomático dunha reactivación do negocio. Por iso, podemos dicir que a crise provocou unha menor eficiencia e rendibilidade no conxunto do sector pero só como efecto rebote ou contaxio do sufrido polo grupo de pequenas empresas. As medianas e grandes cadeas distribuidoras apenas viron cambiar as súas ratios de rendibilidade ou eficiencia.\n2. As pequenas, medianas e total de empresas vén diminuír o seu RF1 ou Cobertura de gastos financeiros, como consecuencia dun desapancamento tanto á curto como á longo plazo, o que permitiu que os valores do RF1 se igualen ao das grandes empresas, que partían dunha mellor cobertura financeira, non por un menor nivel de endebedamento senón por unha maior capacidade para negociar os seus gastos. 3. Tanto nas pequenas empresas como no total, aumentou significativamente a RC4 o que significa que mellorou o fondo de maniobra empresarial. A partir de 2010, estas empresas teñen unha maior liquidez e poden facer fronte mellor aos seus inmediatos a pesar de ser un sector que, tradicionalmente, se caracteriza por ter un fondo de maniobra negativo. O feito de cobrar ao contado e poder pagar a prazos aos acredores comerciais lles permite beneficiarse dunha financiación espontánea, nembargantes, a crise provocou que este beneficio só o manteñan as grandes empresas do sector. A súa maior capacidade de negociación e a súa posición de forza permitiulles manter, durante toda a crise, un fondo de maniobra negativo. Por outra banda e só para o caso das empresas de tamaño medio, mellorou a RC3 que mide o volume de acredores coa cifra de vendas. A crise obrigoulles a facer máis compras ao contado e menos a crédito. Porén, esta reestruturación do volume de acredores non lles fai posicionarse ao\nmesmo nivel que o conxunto nin que as pequenas empresas, que teñen menos acredores. 4. Producíronse significativos aumentos no RA2 tanto para pequenas como para o conxunto das empresas. O crecemento das existencias por enrima do aumento do total de activos avala a tese de que este grupo de empresas xestionou peor os stocks de mercadorías que as súas homólogas en tamaños superiores, o que pode que lles levara a peores resultados e eficiencia.\n5. As medianas e grandes empresas, ao iniciarse a crise, mantiñan peores niveis de autofinanciación pero ademais, non tiveron a necesidade de modificar a súa estrutura financeira. Daí que só se produciron cambios significativos no nivel de autofinanciación para o grupo de pequenas empresas e do total da mostra: ratio RP1. A maior capitalización do seu valor patrimonial fortaleceu a financiación propia en sintonía coa media do sector e dalle un nivel de autofinanciación do dobre do das grandes empresas. A Solvencia Xeral RSX mellora nas pequenas empresas e no total da mostra. A pesar da crise, a combinación dunha menor débeda xunto a un incremento do activo con fondos propios adicionais favoreceron a recuperación.\nEn resumo, vimos que as empresas do sector manteñen un comportamento anticíclico en relación ás variables macroeconómicas como o PIB p.m., ou o consumo interno medido como Gasto Medio por Fogar. Namentres as variables macroeconómicas caen, a cifra neta de negocio do grupo de análise crece un 8, 4%, sobre todo, a partir de 2010. Posiblemente este comportamento débese ao peso dos produtos que comercializa o sector que se poden considerar bens de primeira necesidade. O devandito comportamento avalaría a tese da teoría de consumo na relación renda e consumo para os bens de primeira necesidade e por tanto, permitiríanos aceptar a H.1 na medida que o sector tivo que se reorganizar como consecuencia da crise e perdeu eficiencia e rendibilidade, pero a especialización en comercialización de bens de primeira necesidade cunha elasticidade demandarenda baixa permitiulles seguir mantendo niveis aceptables, sobre todo, para os tamaños empresariais máis grandes.\nPor outra banda, comprobamos que foi significativo o esforzo de capitalización malia que só no caso das empresas de tamaño máis pequeno. Os aumentos de recursos propios orientados a diminuír a dependencia na financiación allea, así como a diminución dos pasivos a curto prazo no grupo de medianas fixeron que mellorara o nivel de autofinanciación do sector. Por mor destes resultados, podemos dicir que a crise financeira iniciada a principios de 2008 obrigou a reestruturar o nivel de endebedamento no conxunto sectorial, o que nos permite admitir a H2.1 na que se expoñía que a crise financeira dificultaría o acceso ao crédito orixinando neste sector un efecto de desapancamento pero tamén aceptaríamos a H2.2, xa que só as empresas de tamaño pequeno estiveron afectadas por unha reestruturación financeira. A substitución da fonte de financiación allea pola propia permitiulles duplicar a súa ratio de autonomía financeira moi por enriba da das medianas e grandes empresas do grupo. O gran tamaño dalgunhas destas empresas permítelles ter unha maior capacidade de negociación, tanto con entidades de crédito como con acredores, e non necesitaron recompoñer a súa financiación.\nPor todo isto, podemos dicir que, a pesar de que o sector do comercio ao por menor goza dunha escasa elasticidade demandarenda que lle permita manter un comportamento anticíclico, os esforzos para sobrevivir á actual crise foron inversamente proporcionais ao tamaño empresarial. As empresas máis pequenas son as que sofreron maiores perdas de rendibilidade e necesitaron unha maior reorganización da súa estrutura financeira.\nAnexo on line\nA1. DEFINICIÓN DE RATIOS UTILIZADOS\nI. Para el análisis de la cuenta de Pérdidas y Ganancias: Ratios operativos o de rentabilidades y Ratios Financieros\nPara analizar el resultado de la actividad económica de nuestras empresas objeto de estudio, hemos confeccionado un grupo de ratios, denominados Ratios Operativos: RO (tabla 3) en los que se analiza la evolución de los resultados de las empresas medidos a través de la Cifra Neta de Negocio (CNN), del Resultados de Explotación (REX) el Resultado Antes de Impuestos (RAI) o el Resultado del Ejercicio (REJ) y puestos en comparación con los Gastos de Personal (GP), con el Total Activo (TA) o con Patrimonio Neto (PN). De su estudio, se observa la evolución de la actividad empresarial, su rentabilidad y su operatividad, lo que nos permitirá comprobar si, como consecuencia de la crisis, nuestras empresas han mejorado o no su eficiencia.\nLos ratios financieros (Tabla 4) nos dan una imagen del coste de las deudas empresariales y se obtienen mediante la comparación de los Gastos Financieros (GF), Resultado Financiero (RF) con la CNN o el REX. Con ellos, se puede ver el efecto sobre las empresas de haber realizado cambios o no en la forma de financiación.\nI.Para el análisis de la liquidez: Ratios Corrientes (RC)\nCon este grupo de ratios se analizar la evolución del capital corriente. Comparamos masas patrimoniales tanto de activo como pasivo corrientes, tales como Existencia (EX), Deudores Comerciales (D) Acreedores Comerciales (ACR), Activo Corriente (AC) con la Cifra Neta de Negocio (CNN) y con el Pasivo Corriente (PC). La comparación de las diferentes cuentas nos indicará el peso de la financiación ajena, el fondo de maniobra y la capacidad de hacer frente a las deudas a corto plazo. Los Ratios Corrientes son los de la tabla 5.\nendeudamiento empresarial.\npeso de cada masa patrimonial sobre el conjunto del Activo (TA) y su evolución durante la crisis. Los ratios de activo son descritos en la tabla 6.\nLos ratios de pasivo nos ofrecen la evolución de la estructura financiera de las empresas. La crisis ha endurecido las condiciones de acceso a los mercados financieros y es conveniente estudiar los cambios en las distintas formas de financiación mediante la evolución del Patrimonio Neto (PN), Pasivo no Corriente (PNC), Pasivo Corriente (PC), incluso el coste de financiar la deuda Gastos Financieros (GF) respecto al Total de financiación ajena o Total Pasivo (TP). Los ratios de pasivo son los de la tabla 7\nA2. distribución al por menor e hipótesis planteadas\nLa distribución al por menor y la demanda de bienes de consumo\nSi bien, son abundantes y los estudios que relacionan crisis financiera y grado de endeudamiento empresarial, no lo son tanto aquellos que hace lo propio respecto al sector y menos sobre el sector del comercio y la distribución al por menor. En este sentido, sabemos que la función de demanda de consumo depende de la renta disponible, adoptando una ecuación como la expresada en (1)\n(1) C 0 sería el consumo autónomo que no depende de la renta, (C 0 >0)\nC 1 es la propensión marginal a consumir. Mide el efecto de una unidad monetaria adicional de renta disponible sobre el consumo (0< C 1 <1) Y d es la renta disponible una vez pagados los impuestos. Variaciones en el nivel de renta disponible, afectan en el mismo sentido al consumo, lo que se conoce como elasticidad demanda renta positiva.\nSin embargo, para el caso de los bienes de primera necesidad, que son principalmente los ofrecidos por el sector del comercio y distribución al por menor (Boletín Económico del ICE, 2011), esta elasticidad es próxima a cero (). La baja elasticidad demanda renta y el elevado nivel de concentración del mercado en manos de cinco grandes cadenas podrían estar en la base de que el sector, principalmente el grupo de grandes empresas, ha sufrido con menor intensidad la crisis, por tanto, en este trabajo se amplían las visiones de los efectos de la crisis en la economía al centrarlo en un sector concreto como es el del comercio y la distribución en España.\nFormulación de hipótesis\nA pesar de la fuerte contracción en el consumo nacional, las ventas de las empresas del sector CNAE 2009Rev2 471: “Comercio al por menor en establecimientos no especializados” no se vio tan mermada como la caída del PIB o del Gasto Medio por Hogar y, a partir de 2010, empezó a recuperar parte de las posiciones pérdidas (Tabla 1). La especialización en la venta de productos de muy poca elasticidad demandarenta y la concentración del mercado en manos de unos pocos distribuidores 1, pueden estar en la base de este comportamiento. De ahí que formulemos nuestra primera hipótesis\nH1 : El sector de la distribución y comercialización al por menor CNAE 471 ha sufrido con menor intensidad los efectos de la crisis.\nLa caída del PIB y la fuerte reducción de la demanda interna han provocado pocos cambios en las cuentas empresariales. La especialización en venta de productos con una elasticidad demandarenta baja y el alto grado de concentración del mercado han permitido que, en términos generales pero sobre todo, para el caso de las grandes empresas distribuidoras, la crisis les haya dado brío y situado en mejor posición para afrontar los nuevos retos.\nLas empresas comerciales y de distribución al por menor han tenido que recomponer sus pasivos en menor proporción que las empresas de otros sectores (Tabla 2). La contracción del crédito y su encarecimiento, a pesar de la caída de los tipos de interés oficiales, provocó que las empresas que antes habían tenido un fuerte nivel de endeudamiento intentaran desapalancarse. Las bajas tasas de beneficio empresarial dificultaban la devolución de los créditos y evidenciaban el sobredimensionamiento del endeudamiento, lo que iba a llevar ineludiblemente, a una restructuración de los pasivos contables en las empresas. La estructura financiera empresarial debía cambiar, incluso en un sector poco afectado por la crisis, lo que nos lleva a formular nuestra segunda hipótesis. 1 Entre 2008 y 2011 el grado de concentración del mercado creció, sobre todo en comunidades autónomas como El País Vasco, Comunidad Valenciana, Madrid o Andalucía y 3 grandes cadenas distribuidoras controlaban el 68% de la cuota total del mercado. (García, J.A. y Delgado, J 2012).\nH2.1 : A pesar de que las empresas del sector de la distribución al por menor han sufrido menos la crisis, la dificultad para acceder al crédito y su encarecimiento ha originado un efecto de desapalancamiento y de recapitalización de los fondos propios.\nNo obstante, la existencia de grandes cadenas de distribución y comercialización que controlan el mercado y actúan como oligopolios con los fabricantesproveedores, va a provocar que la reestructuración financiera del sector sea pequeña, lo que no lleva a formular otra subhipótesis.\nLas empresas H2.2 : No todas las empresas del sector van a estar afectadas por la reestructuración financiera. más grandes, con mayor capacidad de negociación con entidades de crédito y sobre todo, con acreedores, apenas tendrán necesidad de recomponer su deuda mientras que las más pequeñas buscarán sustituir deuda ajena por autofinanciación.\nRevista Galega de Economía: http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm https://ideas.repec.org.s/sdo/regaec.html"} +{"summary": "O alumnado con Altas Capacidades forma parte da diversidade que debe atender a escola.\nTal como establece a lexislación educativa actual (LOE, LOMCE, LEI 3/2020), a resposta ás súas necesidades específicas de apoio educativo ha de darse nun contexto inclusivo, afastada de propostas segregacionistas que pretendan educar a estes estudantes illados do resto da poboación escolar.\nA escola é capaz de tomar decisións e poñer en práctica medidas de resposta inclusivas para atender as diferenzas. Estas medidas han de partir de propostas colectivas, preventivas, que favorezan a todo o alumnado, establecendo plans e programas de actuación que abranguerán dende o centro como sistema ata o plano individual, superando a causalidade lineal e individualista da práctica docente, onde o éxito ou o fracaso débense a un único elemento, cara a unha causalidade circular que busca corresponsables e implica a un equipo de persoas: profesorado, alumnado e familias, que analizan, planifican, interveñen e avalían, poñendo en práctica medidas innovadoras de atención á diversidade. As aulas avanzadas recollen estas e outras premisas e pretenden proporcionar, dende a escola ordinaria, unha resposta inclusiva de calidade a todo o alumnado, tamén ao alumnado de Altas Capacidades.", "text": "ALTAS CAPACIDADES: XESTIÓN DE AULAS AVANZADAS\n\nGalicia foi a primeira Comunidade Autónoma do Estado que institucionalizou a atención ao alumnado de Altas Capacidades (AA CC), creando, coa reforma da orientación do 1998, a especialidade de Sobredotación Intelectual nos Equipos de Orientación Específicos.\nAo longo de todos estes anos, foron moitas as experiencias acumuladas e moitas as cuestións e casuísticas que foron xurdindo que esixían unha profunda reflexión a fin de mellorar as prácticas e as actuacións que se realizaban.\nEste artigo é froito da experiencia e do coñecemento acumulado ao longo de máis de vinte anos de traballo con alumnos/as de AA CC, cos centros, co profesorado e coas familias. Pretende aportar un fío de luz sobre como se debería artellar a resposta educativa dende a escola ordinaria.\nEste alumnado forma parte da diversidade, das diferenzas existentes nos centros aos que acode a diario. É obvio que é aquí onde prioritariamente se ten que dar resposta ás súas necesidades educativas e así debe quedar contemplado no Plan de Atención á Diversidade de cada centro.\nRespectando o principio de igualdade de oportunidades, a escola pode e debe atender estas necesidades, sexan específicas ou ordinarias, como algo común e normal na súa tarefa diaria.\nCabe aclarar que os termos normal, común ou ordinario, refírense á normalización da resposta educativa, non á normalización e adaptación deste alumnado ao currículo estandarizado e ordinario que ofrece o mesmo menú para todos/as. Incluso, se debería entender, dende esta perspectiva, como algo habitual a implementación nas dinámicas escolares de programas específicos individualizados, con todo o que isto leva consigo, tanto a nivel organizativo como curricular.\nNon se lle pode dar un carácter extraordinario a estas necesidades e só poñer en práctica un plan de intervención cando se ten escolarizado un alumno/a con necesidades educativas asociadas a AA CC.\nTrátase, pois, de que a escola acepte e atenda este tipo de necesidades como algo implícito nas súas prácticas, non de converter en normal a un alumno excepcional. Isto significaría a anulación desa excepcionalidade, desa personalidade e, xa que logo, a súa inadaptación ao sistema.\nConstitúe este alumnado unha das grandes fortalezas da escola e, polo tanto, esta non pode poñerse de costas a esta realidade, despreocupándose das súas necesidades educativas e mantendo vivos tópicos como estes nenos non me preocupan porque xa van sós, non necesitan axuda; preocúpanme máis os nenos con dificultades ou xa están indo a unha asociación. Afirmacións que, afortunadamente cada vez menos, inda se escoitan nalgunhas reunións do profesorado.\nEn realidade, estaríase descoidando a atención a esta potencial fonte de talento pero tamén desperdiciando a inmensa riqueza que este alumnado pode aportar ás dinámicas de aula e viceversa. A aula constitúe un contexto idóneo para desenvolver as catro aprendizaxes básicas na formación de toda persoa: aprender a coñecer; aprender a facer; aprender a convivir e aprender a ser (Delors, 1996). Por outra banda, estaríase descapitalizando á escola dun dos seus bens máis prezados que lle dan prestixio, calidade, ilusión e liderado.\nPara atender este tipo de necesidades, igual que ocorre con outras, a escola necesita colaboración pero tamén silencio para realizar a súa función. A atención á excepcionalidade nos centros educativos ordinarios debería estar á marxe de calquera foco de espectáculo mediático ou mercantilista.\n1. A RESPOSTA EDUCATIVA DENDE UN MODELO DE ESCOLA INCLUSIVA\nO sistema educativo español sitúanos nun modelo de escola inclusiva. Isto vai moito máis alá dun simple cambio terminolóxico. Significa abordar a educación de todo o alumnado dende a escola ordinaria, tendo en conta as súas características e necesidades.\nA atención ás AA CC, xa que logo, esixe aulas e medidas de resposta inclusivas.\nEnsinar nun modelo inclusivo, supón que tódolos alumnos/as teñan a oportunidade de acceder, participar e implicarse no proceso de aprender, tamén o alumnado de AA CC. Será necesario que a ensinanza se aborde dende unha perspectiva complexa que permita o acceso aos procesos de aprendizaxe a todos os estudantes, cun enfoque que poida ser flexible, que posibilite facer adaptacións para responder ás necesidades e capacidades de cada un deles (Alba Pastor, 2018).\nSeguir un modelo inclusivo implica que a escola ha de estar sometida a un constante proceso de reflexión e revisión das súas prácticas e, por conseguinte, a unha continua innovación para poder dar resposta ás necesidades de todo o alumnado. Os centros de calidade serán aqueles que conseguen que todos os seus alumnos/as aprendan e se desenvolvan o máximo posible, dándolle a cada un o que necesita. A calidade implica simultaneamente excelencia e equidade (Martín e Mauri, 2011).\nUn dos sinais que define a inclusión é a participación e o traballo en equipo, dende un enfoque sistémico de intervención, onde cada unha das partes está en equilibrio e corresponsabilidade coas demais, en prol de acadar o mellor rendemento dun suxeito. Será imprescindible a colaboración, a consulta, o intercambio de información e o apoio entre moitas persoas encargadas de educar a un grupo de nenos/as.\nO centro escolar deberá deixar de ser un centro receptivo e reprodutivo do que outros experimentan e propoñen, para pasar a ser un centro singular e creativo que poida chegar a tomar decisións e iniciativas dentro da súa comunidade educativa e poder, deste xeito, enfrontarse con éxito ás distintas problemáticas que poidan xurdir.\nUnha organización que aprende é aquela que adquire unha competencia nova, que lle capacita para -aprendendo colexiadamente da experiencia pasada e presente-, procesar a información, corrixir erros e resolver os seus problemas dun modo creativo ou transformador, non simplemente dun xeito acumulativo ou reprodutivo. (Bolívar, 2000, p. 26).\nFarán falta espazos e tempos para a reflexión pero tamén vontade de facela. A escola é unha organización que pode aprender como tal (Santos Guerra, 2000), pero esa aprendizaxe só será posible se a escola é capaz de transformar a aprendizaxe individual dos seus membros en aprendizaxe colectiva a disposición do centro.\nA organización que aprende é aquela que aprende continuamente e se transforma a si mesma, a organización que é capaz de integrar os saberes dos seus membros a fin de construír un coñecemento común máis rico e amplo que a suma dos coñecementos individuais que lle permite implementar innovacións para afianzarse e medrar en contextos cambiantes. (Watkins e Marsick, 1993, p. 8).\nHaberá que chegar a respostas individuais a partir de plans e programas colectivos de centro e de aula que abranguen a toda a súa poboación escolar. Non servirá que se poña en práctica un modelo de resposta ás AA CC nunha aula e noutra non, cun alumno/a si e con outro/a non.\nSerá así como se atoparán solucións diferentes para problemáticas diferentes. A aprendizaxe organizacional ha de estar presente no funcionamento das institucións educativas.\nExisten varios tipos de resposta para as AA CC. Todos eles recollidos na lexislación en vigor dende o ano 1995. Pártese, en realidade, de dous tipos de resposta: os Programas de Enriquecemento Curricular, entendendo por enriquecemento todas aquelas modificacións que se poden facer nos elementos non preceptivos da programación de aula que apunten a organizar, dificultar, complicar e, en definitiva, a facer pensar. Esas modificacións, pois, irían enfocadas ás actividades, fundamentalmente, pero tamén aos recursos e á metodoloxía. Sería o que se coñece como Reforzo Educativo (RE) ou Programas de Enriquecemento Horizontal (PEH). Por outra banda, están os Programas de Ampliación Curricular, entendendo por ampliación curricular as modificacións que afectarían aos elementos preceptivos da programación, é dicir, aos obxectivos, contidos e criterios de avaliación. Necesitarían autorización da administración educativa para ser implementadas. Serían as Adaptacións Curriculares Significativas (ACS), de ampliación curricular.\nAmbos bloques, con finas fronteiras entre eles, admiten diferentes ramificacións, tanto a nivel curricular como organizativo. Estas medidas figuran no Decreto 229/2011 da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, como medidas ordinarias e extraordinarias. Van dende o ámbito máis xeral ata o plano individual. As primeiras serían moito máis inclusivas, as segundas moito máis individuais e excluíntes.\nA dia de hoxe, inda en moitos centros só se realizan modificacións nos elementos do currículo cando se establecen Adaptacións Curriculares Significativas ou flexibilizacións do período de escolarización. Como afirma Tourón (2010): “La escuela moderna […] se organiza en función de la edad, asumiendo que todos los alumnos de las mismas edades tienen, básicamente, las mismas necesidades y demandas educativas” (p. 134).\nDiferentes expertos coinciden en que a aprendizaxe é un proceso intrinsecamente social, baseado na interacción e cooperación entre as persoas (Onrubia, 2003); que a base de aprender é enormemente social e emocional (Vigotsky, 1979). A clave estará, pois, no grupo. De como se xestione ese grupo vai depender o equilibrio emocional do alumnado e, por conseguinte, a motivación para aprender e participar, a socialización e, en definitiva, o desenvolvemento harmónico dun individuo.\nO alumnado con AA CC necesita desenvolver o sentido de pertenza á súa comunidade, onde se sinta aceptado e recoñecido e poida aportar riqueza a eses grupos de aprendizaxe nos que, desenvolvéndose persoal, escolar e socialmente dun xeito excelente, poida contribuír ao desenvolvemento dos seus compañeiros/as, e ter un proxecto de vida na sociedade na que vai vivir.\nSituándose nunha escola inclusiva, o alumnado de AA CC, é certo que ten outros ritmos de aprender, outras motivacións, intereses, nivel de profundidade…, pero ha de entenderse como unha fonte de oportunidades para ese grupo, non como un problema. Será o que nos permitirá abrir o currículo nesa aula, darlle máis profundidade ás aprendizaxes, aumentar a estimulación dese grupo e, en definitiva, mellorar a calidade da ensinanza acadando un maior grao de desenvolvemento curricular e persoal de todos os compañeiros/as. Neste sentido, Van Tassel-Baska (2015) no seu modelo de currículo integrado fala de como os programas de atención ás AA CC dentro de aula, favorecen o desenvolvemento daquel outro alumnado que ela denomina alumnos prometedores. O mesmo Renzulli foi reconvertendo o seu Modelo de Enriquecemento Curricular (Renzulli, 1994; Renzulli e Reis, 1997; Renzulli e Reis, 2016), para que sexa posible aplicalo tamén en aulas ordinarias coa finalidade de desenvolver a aprendizaxe de todos os seus membros. A profesora Freeman (2015), propón a xestión de aula como un contexto intelixente de aprendizaxe que ofreza a oportunidade de medrar a todo o alumnado.\nNa mesma liña sitúase o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), propoñendo que os currículos escolares han de ser o suficientemente flexibles para permitir que todos os suxeitos dunha aula poidan progresar desde o seu nivel actual de competencias e acadar coñecementos, habilidades e implicación no proceso de aprender (CAST, 2011).\nÉ aquí, pois, onde encaixa directamente o concepto de aulas avanzadas.\n2. AS AULAS AVANZADAS\nUnha escola inclusiva na diversidade ha de centrarse no seu alumnado e, daquela, terá que conxugar as diferenzas individuais que atende cos estilos de ensinanza; coa organización da aula, dos espazos e dos tempos; cos recursos persoais e materiais; coas metodoloxías a empregar; coas modificacións curriculares que sexan necesarias...\nSen estas premisas a igualdade de oportunidades para todos/as sería difícil ou imposible, sen o respecto a esa diversidade como feito contundente tanto na vida escolar como na vida real (Guirado e Valera, 2012)\nAs aulas avanzadas pretenden ser un modelo de resposta educativa que, contemplando todos estes elementos, abrindo, enriquecendo e flexibilizando a rixidez dos currículos e programas escolares, sexa capaz de atender as necesidades educativas de todos e cada un dos seus alumno/as.\nComo se sinalou no apartado anterior, a implementación de programas de enriquecemento para o alumnado de AA CC en aulas ordinarias favorece o seu desenvolvemento pero tamén o dos seus iguais. Os procesos de aprendizaxe mediado entre alumnos/as, os procesos de modelaxe, a capacidade de saber xestionar os pequenos éxitos e fracasos, a capacidade de resiliencia, o desexo de avanzar nas aprendizaxes como os demais..., están presentes nestas dinámicas de aula.\nO profesorado que traballa con medidas de enriquecemento e ampliación curricular en aulas necesita ter unha visión ampla sobre este tipo de programas. Serán eficaces aqueles programas que sexan adaptados ou elaborados polo propio profesorado, aqueles nos que o profesorado crea. Centrarse nun único modelo non sería o máis recomendable.\nDesde este punto de vista, a intención será proporcionar información sobre as distintas opcións posibles e cada profesional irá moldeando e perfeccionando aquela que mellor se adapte ás súas preferencias e ás características do alumnado, do seu contexto de aula, centro e comunidade.\nExisten experiencias de enriquecemento curricular que poden ser interesantes para conformar un modelo propio de resposta educativa. Unhas desenvólvense en paralelo ao currículo escolar, dentro do centro, outras integradas no propio currículo do nivel, dentro da aula, outras fóra de aula, outras fóra do centro.\nAsí, pois, han de terse en conta as aportacións que nos ofrecen modelos de enriquecemento como o devandito Modelo de Currículo Integrado de Van Tassel-Basca (2015); o Modelo de Enriquecemento Escolar de Renzulli e Reis (1997, 2008, 2016); o Modelo das Intelixencias Múltiples de Gardner (1995), ou a combinación deste modelo coa Taxonomía de Bloom que conforma as paisaxes de aprendizaxe (Hernando, 2016), como unha estupenda ferramenta para dar resposta á diversidade da aula; o modelo de desenvolvemento da pericia de Sternberg (1997, 1999); o Freeman’s Sports Approach, (Freeman, 2015), baseado no modelo de como se traballa o deporte nas escolas, dando á alta capacidade a posibilidade de medrar ao seu propio modo e tempo; o Modelo de detección de Talentos Matemáticos de Stanley (Brody, 2015). Existen outros modelos de enriquecemento curricular como o modelo das tres etapas de Fedlhusen e Kolloff ou o modelo de aprendizaxe autónomo de Betts e Kercher, citados por López Garzón no seu libro Didáctica para Alumnos con AA CC (López Garzón, 2012). Tamén son interesantes as experiencias que a profesora Güenter (Guenther e Freeman, 2000), leva a cabo no CEDET, na cidade de Lavras en Brasil; o modelo Oasis que se desenvolve en Arabia Saudí (Aljughaiman, 2010), entre outros.\nNo eido nacional destacan os Programas de Enriquecemento Extracurricular que propicia Casanova na Comunidade de Madrid (Casanova, 2007); os programas que fomenta Artiles en Canarias (Artiles et al., 2013); o modelo CAIT (Pérez Sánchez e Beltrán, 2012); as experiencias de autores como Artola, Arocas e Regadera na Comunidade de Valencia (Regadera e Sánchez Carrillo, 2002; Arocas et al., 2009); os traballos que se levan a cabo na comunidade de Murcia dirixidos pola profesora Prieto (Prieto et al., 2005); os traballos sobre enriquecemento extracurricular da profesora Sastre en La Rioja (Sastre, 2014), ou os traballos de Del Caño e colaboradores en Valladolid (Elices et al., 2013), entre outros.\nAs aulas avanzadas están inspiradas nas achegas destes expertos, nos principios da escola inclusiva e do DUA, nos catro piares básicos que propón a UNESCO para a educación do século XXI e nos principios da aula intelixente (Segovia e Beltrán, 1998; Segovia et al., 1999). Tamén presentan elementos comúns coas Aulas do Futuro, proxecto promovido polos Ministerios de Educación da Unión Europea (INTEF, 2021).\nRefírese a aquelas aulas que, dotadas dos recursos necesarios, establecen dinámicas participativas e colaborativas, capaces de introducir modificacións curriculares e organizativas, capaces de transformar a información en coñecemento epistemoloxicamente válido e socialmente útil e relevante para o seu alumnado, propiciando un cambio e unha mellora nas prácticas pedagóxicas actuais.\nUnha aula avanzada é unha cuestión de grao. Un concepto ao que cadaquén vai ir chegando en función das súas crenzas, conceptos, valores educativos e fundamentos epistemolóxicos. Será sempre unha tendencia cara a que haberá que camiñar e, xa que logo, sempre será incompleta, o cal ten un sentido positivo, pois garante o proceso innovador da escola ao introducir, despois dunha exhaustiva reflexión colectiva, melloras nos plans e programas implementados ao longo de cada curso escolar. Sen dúbida, contribuirá a acadar unha educación de calidade para todos os nenos e nenas e a un enriquecemento profesional do profesorado.\nAs aulas avanzadas serán, pois, toda aula ordinaria que, utilizando os recursos necesarios que pode aportar un centro, organiza o seu espazo e metodoloxía para aprender xuntos, perseguindo o máximo nivel de desenvolvemento curricular e persoal de cada un dos seus alumnos/as, que aprenderán a regular a súa aprendizaxe coa axuda do profesorado e deles mesmos.\nSerá unha aula ordinaria, inclusiva, que ha de responder á diversidade do alumnado que acolle. As aulas avanzadas (Fig. 1), están apoiadas en catro apartados que se corresponden con: o que ensinar/aprender, serían os aspectos curriculares, o como, serían os aspectos metodolóxicos, o con que, serían os recursos que imos utilizar e o a quen ensinamos, facendo referencia ao alumnado a quen vai dirixido todo este proceso.\n2.1. O Que Ensinar/Aprender (Aspectos Curriculares)\nO currículo de referencia seguirá sendo o propio do nivel ou etapa educativa. Polo tanto, as programacións de aula seguen sendo válidas, o único que se modificará, neste apartado, serán as actividades. A modo orientativo (Fig. 2), esas actividades han de ser abertas, con distintos graos de dificultade e profundidade; que impliquen pequenos proxectos de investigación; que permitan diferentes tipos de presentación e execución; que impliquen unha utilización máis intensa das TIC; que supoñan o desenvolvemento dalgún programa específico, se fose o caso; que fomenten a creatividade, etc.\n2.1.1. Propostas Abertas e Xerarquizadas\nEste apartado está moi relacionado coas aportacións de Renzulli. Planificaranse actividades con diferentes graos de dificultade (Fig. 3). A oferta dirixirase a todo o grupo pero procurando que cada alumno/a traballe os contidos cun nivel de complexidade e ritmo axeitados ás súas capacidades. Deberanse incluír actividades que impliquen habilidades superiores de pensamento: resolución e formulación de problemas simples e complexos, análise crítico de textos, composición creativa, interpretacións de gráficos, busca e filtrado de información relevante, elaboración de conclusións, revisión crítica de preconceptos e crenzas..., serían algúns exemplos. A clave estará en facelos pensar, cadaquén ata o nivel de complexidade que pode chegar, dende o simple ao complexo.\n2.1.2. Actividades de Enriquecemento ou Afondamento\nUnha vez que as actividades están graduadas en dificultade en función do grupo-aula, tódolos alumnos/as terán a posibilidade de realizar actividades que lle permitan afondar nos contidos que se están tratando nesa unidade e será moi doado determinar en que intervalos vai traballar cada alumno/a (Fig. 4). Moi relacionado co apartado anterior, podemos falar da aplicación do método de condensación curricular, por exemplo (Reis et al., 1992), que consiste en reducir ou substituír aquelas actividades que sexan demasiado fáciles para un alumno/a ou que xa domina, por outras cun grao de dificultade acorde coas súas características.\nPropoñer actividades de enriquecemento ou afondamento non significa que se teñan que aumentar os obxectivos e contidos. Estes, en principio, serán os que figuran na propia programación de aula. Tampouco significa que o alumnado máis implicado ou mais capaz, teña que facer máis traballo cós seus compañeiros/as. Non sería xusto que, como ocorre moi a miúdo, aqueles nenos/as que despois de rematar a tarefa común que o profesor/a propuxo para o grupo, teñan que facer, a máis, actividades de afondamento.\nTeranse que programar en cada unidade didáctica un abano de actividades que vaian dende o nivel máis baixo da aula ata aquelas que estean lixeiramente por enriba do nivel máis alto, dende aquelas que fomenten as Habilidades de Pensamento Simple ata aquelas que impliquen Habilidades de Pensamento Superior.\nCombinando a Teoría das Intelixencias Múltiples de Gardner coas propostas da Taxonomía de Bloom (Hernando, 2016; Fernández Aguirre et al., 2018), poderase conformar un panel de actividades harmónico e equilibrado para toda a aula, organizadas dende o simple ao complexo, que poden dar resposta ás necesidades de todo o alumnado. É o que coñecemos como paisaxes de aprendizaxe e cada alumno/a moverase en intervalos de realización acorde co seu nivel de competencias, orientado polo profesor/a da materia que se trate.\n2.1.3. Actividades de Investigación\nAquí integraríanse as aportacións de Renzulli, o que el denomina clusters de enriquecemento, coas metodoloxías activas e o uso das TIC (Aptdo. 2.1.5), pero facendo referencia sempre a e dende o centro educativo.\nÉ conveniente que os alumnos/as poidan elixir entre varias actividades que respondan aos seus particulares intereses, a poder ser, sobre temas de actualidade. Serán pequenas investigacións a levar a cabo en pequenos equipos de investigadores para satisfacer curiosidades propias ou que xurdan na aula. Serán propostas que permitan introducir prácticas cooperativas e colaborativas, como poden ser: a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), a aprendizaxe baseada en retos (ABR), a aprendizaxe baseada en tarefas (TDL), as propostas de aprendizaxe-servizo..., que ademais de favorecer o desenvolvemento de habilidades interpersoais, contribúen a unha mellor atención á diversidade.\nUnha vez escollido un tema, trátase de poñer ao alumnado en contacto con fontes de información variadas (dixitais, escritas, orais e de observación) para que, en función do que se queira saber, recollan a información, a organicen, depuren, analicen, interpreten, reflexionen e sexan capaces de integrala nos seus esquemas cognitivos, transformando esa información obtida en novos coñecementos que han de expoñer ante os seus compañeiros/as (Gallego e De la Cruz, 2016).\nEstas actividades serán sempre dirixidas polo profesorado e poderán ser realizadas integramente dende o centro, aula ou parte no centro e parte fóra do centro en colaboración coa familia.\n2.1.4. Actividades que posibiliten diferentes maneiras de Execución e Expresión\nNa escola predominan as actividades de lapis e papel, descoidando outras maneiras de realización, presentación e exposición. Calquera alumna/o, por moi capaz que sexa, necesita aprender a expoñer o adquirido. Aspectos como o control do escenario, o falar en público, o control da ansiedade, o descoñecemento das estratexias de exposición..., poden chafar a calidade dun excelente traballo. A día de hoxe, existen variadas maneiras de adquirir e de expoñer os coñecementos adquiridos e creados. Por exemplo, elaborar un dossier ou informe, composicións e representacións de obras teatrais, simulacións: crear unha axencia de viaxes, un xulgado, axencias inmobiliarias, axencias de noticias, informativos, programas de radio escolar..., levar a cabo un proxecto de investigación con cadernos de campo, apoiada en TIC, sobre calquera tema. Contalo por escrito, oralmente, dramatizado, con música, con apoio informático, propiciar foros, debates, coloquios sobre o tema estudado, publicitalo coa axuda das TIC... Actividades de gran grupo, pequeno grupo e traballo individual. En fin, son formas de traballar que axudarán a romper esas inercias sobre a forma de ensinar/aprender onde, inda hoxe, predomina a exposición polo profesor e a recepción polo alumno/a pero non á inversa.\n2.1.5. Utilización das novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)\nA lexislación española propón que os ordenadores han de ser utilizados como unha ferramenta que axude ao alumnado a aprender e ao profesorado a ensinar. Serán entendidos como centros de documentación a disposición permanente de estudantes e profesores.\nA utilización das TIC debe favorecer o pensamento reflexivo, permitindo unha mellora na planificación de tarefas, controlando os procesos e os resultados da aprendizaxe, dándolle a posibilidade de mostrar o que xa saben, creando coñecementos ou modificando crenzas, comunicando e revisando os seus logros… En definitiva, deben permitir tomar decisións respecto a construción do coñecemento de cadaquén para mellorar o seu propio proceso de adquisición (Badía e Monereo, 2008).\nPor outra banda, as TIC deben contribuír ao desenvolvemento do pensamento crítico, así deberanse fomentar no alumno/a habilidades de analizar, debater, comparar, relacionar, distinguir, sintetizar, interpretar, deducir, concluír... A utilización das novas tecnoloxías implica capacidades cognitivas que favorecen a adquisición de coñecemento pero tamén implica capacidades analíticas e avaliativas que permiten ao alumnado ser capaz de valorar e xulgar medios de información e os seus contidos segundo criterios como: ideoloxía, tendencia, mesura, veracidade, neutralidade, exactitude... (Vázquez-Cano e Sevillano, 2015).\nA modo de exemplo, diremos que se han de fomentar actividades que impliquen:\n- Buscar e seleccionar información, a través de internet, buscadores, ecuacións de busca…\n- Organizar a información, por medio de bases de datos, redes persoais de aprendizaxe, ferramentas de aprendizaxe, repositorios, entorno persoal de aprendizaxe (PLE)...\n- Elaborar a información, con redes conceptuais, diagramas, esquemas...\n- Representar o coñecemento, pósters dixitais interactivos, infografías, liñas de tempo, mapas mentais, hipermedia…\n- Aplicar e comunicar o coñecemento, a través de chats, e-mail, blogs, wikis, redes escolares…\nA utilización de metodoloxías activas con tecnoloxía favorece enormemente o anterior.\nOs estudantes de hoxe son nativos dixitais, saben manexar a tecnoloxía, consumen contidos dixitais pero non saben construír coñecemento. A habilidade máis importante que se lles vai pedir, será saber descartar moita da información que lles chega (Coll e Monereo, 2008). Polo tanto, a procura da información relevante vai ser unha competencia nuclear que van necesitar.\nAlgúns recursos a utilizar para traballar as metodoloxías activas por medio das TIC (Fig. 6), serían as Webquest, Miniquest, EarthQuest, GeoQuest, Aventura Didáctica, Cazas do Tesouro, Mapas Conceptuais e o Software Social creado polos propios alumnos/as (Páramo et al., 2016).\n2.1.6. Actividades e Técnicas que fomenten o Pensamento Diverxente e Creativo\nA creatividade ven definida pola fluidez e flexibilidade de pensamento pero tamén pola rareza e a orixinalidade das respostas e polos matices e detalles que aporta unha persoa na súa visión das cousas (Torrance e Myers, 1986).\nA isto temos que engadir a capacidade de insight, o que coloquialmente se coñece como a inspiración ou a experiencia do “ahá”. A capacidade que ten unha persoa de resolver dun xeito novidoso cuestións que lle son novidosas (Sternberg, 1990).\nToda aula que cree dinámicas onde se favoreza o desenvolvemento destas características estará traballando o potencial creativo dos seus alumnos/as. As clases nas que se poida participar, buscar diferentes solucións a cuestións formuladas, onde nos poidamos equivocar, experimentar, probar maneiras de facer e resolver, flexibilizar, arriscar, criticar, respectar as opinións dos demais, analizar, reflexionar, innovar, adaptar, buscar alternativas para mellorar o convencional..., sen dúbida, conseguirán unha maior implicación, ilusión e desenvolvemento da capacidade creativa do alumnado.\nKen Robinson (Robinson, 2015), sinalaba que a escola penaliza continuamente o erro, polo que indirectamente está matando a creatividade. Sostiña que un neno para poder ser creativo non debería ter medo a equivocarse. A chave estará, non en propiciar os erros dos estudantes, senón en como actuamos ante o erro. Se se entende como unha posibilidade de volver a intentalo para mellorar o anterior, estaremos fomentando a creatividade.\nA escola soe ser reticente aos cambios, segue a estar presa de moitas inercias. Os programas están marcados polas editoriais, plasmados en libros de texto, organizados para grupos pero non para as necesidades dun alumno/a; o desenvolvemento de programas prescritos, pechados e estandarizados, pensemos nos currículos dos primeiros cursos das etapas de EP e ESO, por exemplo, nos que se fomentan os procesos simples de pensamento; os modos de ensinar/aprender perpetuados no tempo e no espazo; o uso inadecuado das novas tecnoloxías, utilizadas basicamente para transmitir pero non para axudar a adquirir ou xerar coñecementos; a metodoloxía da repetición; a excesiva monitorización...; anulan o pensamento superior do alumnado, sen dar lugar á profundidade dos contidos, ao pensamento crítico e reflexivo, á imaxinación, á capacidade de iniciativa e emprendemento, de modo que o pensamento diverxente non ten cabida e converte ós nosos alumnos/as en reprodutores e consumidores de coñecementos. En navegantes, observadores ou lectores do que outros producen (Vázquez-Cano e Sevillano, 2015), dito doutro xeito, en consumidores de tecnoloxía e contidos dixitais, pero non en actores e construtores de novos coñecementos (Gallego e De la Cruz, 2016).\nTraballar a creatividade implica promover actitudes creativas. As compoñentes serán os contidos escolares de tódalas materias do currículo. O que interesa é promover actitudes creativas ante eses contidos (De la Torre, 1995).\nDeberanse potenciar as estratexias inventivas e creativas: Como razoar dedutiva e indutivamente; como xerar ideas; como aproveitar sucesos interesantes e estraños; buscando múltiples solucións aos problemas; definir problemas, non solo resolvelos; potenciando diferentes formas de resolver conflitos; dar posibilidades de inventar, de crear, de compoñer , de producir en vez de reproducir… É importante habituar aos nenos e nenas a facer aquelas preguntas que se lle poidan ocorrer sen sentirse inhibidos ou ridiculizados, axudándolles a atopar unha resposta axeitada. Debemos ensinarlles a cuestionar os feitos, pensar sobre eles e explorar ideas máis complexas.\nClaro que se poden desenvolver programas específicos ou obradoiros onde se traballe a creatividade, como poden ser a análise de instrumentos, o taller de inventos ou a elaboración de campañas publicitarias, por exemplo. De calquera xeito, a creatividade debe estar implícita nas prácticas escolares.\n2.2. O Como Ensinar/Aprender (Aspectos Metodolóxicos)\nHoxe, na sociedade da información e do coñecemento, semella estar emerxendo un novo paradigma educativo que cambia substancialmente o centro de gravidade. En lugar de centralo no profesor e na ensinanza, vaise ir desprazando cara á aprendizaxe e a persoa que aprende. Isto vai cambiar o rol do profesorado. Xa non vai ser tan importante o transmitir coñecementos, canto axudar aos alumnos/as a adquirir eses coñecementos (Segovia e Beltrán, 1998).\nEvidentemente, a xestión dos espazos, dos tempos, dos recursos e da metodoloxía que se empregue vai condicionar os procesos de ensinar/aprender. Se se entende a aula avanzada como unha comunidade de aprendizaxe onde os alumnos e alumnas aprenden xuntos, haberá que artellar as modificacións necesarias para que isto sexa posible.\nNon se trata de utilizar un método de ensinanza máis ou menos eficaz, máis ben trátase de conformar un enfoque de traballo no que se respecten as formas de aprender do alumnado. Nunha aula avanzada non se pode defender que se utilicen sistematicamente modelos de ensinar/aprender ríxidos, expositivos/receptivos, onde o alumnado escoita de forma pasiva as explicacións que dun xeito repetitivo realiza un docente. Haberá que ir cara a unha aprendizaxe activa onde o alumnado aprenda facendo, onde se poida mover para experimentar, consultar, descubrir, compartir, discutir, observar, facer, reflexionar…, será fundamental o tipo de actividades que se propoñan, pero tamén como realizalas, procurando a implicación do alumno/a nas súas tarefas escolares en colaboración cos demais e acadando un rol activo no seu proceso de aprender.\nPara isto, é importante utilizar o grupo e o espazo como recursos educativos. A aula ha de ser un espazo de liberdade organizada. Debe contar con estruturas estables, normalmente pequenos grupos heteroxéneos que non deberían exceder de catro membros, pero ha de ser un espazo aberto que posibilite organizacións flexibles, onde sexa posible o traballo individual, en parellas, en pequenos grupos, en equipos ou en gran grupo, que facilite a comunicación e a interacción entre o alumnado, respecte os ritmos de cada alumno/a e facilite o acceso aos recursos e a intervención eficaz doutro profesorado nas dinámicas de aula.\nEstas dinámicas poden facilitar enormemente o labor do profesor/a, propiciando situacións de aprendizaxe mediado, onde o alumno/a pode proporcionar e desfrutar da axuda doutros compañeiros/as ou do profesorado, intervindo sobre todo no proceso de aprender e non tanto no resultado da súa aprendizaxe.\nArtellando ben as grellas de actividades diarias, levarase frecuentemente a cada alumno/a ata o seu nivel natural de incompetencia verbo do tema que se trate. Aprendemos cando non entendemos. Será aí cando un alumno/a necesite axuda para comprender e enlazar os novos coñecementos cos que xa posúe, para ir construíndo o seu propio coñecemento; será cando se producen os procesos de reflexión interna e compartida con outros para aprender a pensar.\nAs explicacións dun profesor/a non deberán ser demasiado aclaratorias e repetidas, deberase deixar marxe a que os alumnos/as pensen por si mesmos/as. Máis ben deberíanse tocar puntos clave que lle permitan recuperar información, comparar, relacionar, aplicar, establecer hipóteses, contrastar, deducir, concluír e resolver de xeito adecuado e creativo; descubrir e aprender en colaboración cos compañeiros/as e co profesor/a.\nNas estruturas cooperativas e colaborativas a unidade básica de intervención dun profesor/a debería ser o pequeno grupo e as súas explicacións, escaladas, dende o xeral ao concreto, dende o gran grupo ata o individual, intercalando procesos de análise, reflexión, discusión e aclaración de dúbidas que realizan os alumnos/as nese pequeno grupo. Evitarase que aquel alumnado que xa comprendeu non teña que soportar repetidas aclaracións sobre o tema. Esta construción social e colectiva do coñecemento é o que fomenta a aprendizaxe dialóxica (Freire, 1997; Álvarez Álvarez et al., 2013) e apuntala o carácter social da aprendizaxe (Vigotsky, 1979).\nAnalizando a realidade das aulas, convén reflexionar sobre algúns aspectos que poden contribuír á súa xestión. Se se entenden as metodoloxías cooperativas e colaborativas como unha medida de atención á diversidade, non se debería esquecer que a diversidade confórmana todos os alumnos e alumnas do grupo aula. Un dos roles invisibles que con máis frecuencia se lle asigna ao alumnado máis capaz soe ser a función de axuda aos compañeiros/as. Sen desprezar o lado positivo desta función, como se sinalaba anteriormente, os alumnos/as aprenden cando necesitan axuda para “andamiar” o seu coñecemento. O alumnado con AA CC non é unha excepción e ten que pasar por momentos nos que tamén debe necesitar axuda para aprender. De non ser así, deberíase reflexionar se o que se lle está ensinando élle demasiado fácil ou se lle está ensinando o que xa sabe. As consecuencias disto obvian calquera comentario.\nEsa axuda pódella prestar o profesor/a, os seus iguais ou os recursos que se utilizan na aula. Deste xeito, nas dinámicas de aula, inda que, en xeral, a base da organización dos grupos ha de ser heteroxénea, deberanse posibilitar, de ser necesario, tamén estruturas homoxéneas, tanto para os máis capaces como para o alumnado con dificultades. No primeiro caso, facilita a mediación do alumnado e do profesorado naquelas actividades máis complexas e, no segundo, o agrupamento daqueles alumnos/as que teñen dificultades semellantes para comprender determinados conceptos ou procedementos e necesitan a intervención dun profesor/a, facilitará a función deste ao explicalo para un grupo homoxéneo reducido e non ter que repetilo para cada un no seu grupo de referencia. Evidentemente, estes grupos terán carácter puntual, podéndose facer en calquera materia e en calquera momento da xornada escolar.\nOutro aspecto é que, se se utilizan estruturas cooperativas, haberase de ter en conta que o abuso na aplicación dalgunhas técnicas pode crear incomodidade aos máis capaces ao ter que acompasar os seus ritmos aos dos seus compañeiros/as. O uso reiterativo destas técnicas pode ocasionar que estes alumnos/as non queiran traballar en grupo ou en equipo. Neste sentido é importante que se alternen estruturas cooperativas e colaborativas.\n2.3. Con Que Ensinar/Aprender (Recursos)\nOutro elemento importante a ter en conta son os recursos e materiais didácticos que se utilizan nunha aula avanzada. Os materiais que necesitan os nenos/as con AA CC case que sempre resultan interesantes para o resto dos compañeiros/as do grupo.\nA dia de hoxe, os libros de texto tamén teñen cabida; pero non se debería reducir todo o saber dun alumno/a ao que figura nun libro de texto máis ou menos acertado, no que figura un paquete de contidos a ensinar e un paquete de leccións a aprender (Freire, 1997), como bagaxe de coñecementos que debe acadar un suxeito ao finalizar un curso escolar.\nA posibilidade de poder dispoñer de tecnoloxía e conectividade no centro, na aula e tamén na familia, facilitará enormemente o acceso á información da comunidade e do mundo que nos rodea. Isto favorecerá o desenvolvemento dos contornos persoais de aprendizaxe e o seu enriquecemento continuo.\nOs libros da biblioteca de aula han de ser axeitados ós seus intereses. Neste sentido, é interesante non só dispor de libros de literatura infantil, contos, aventuras..., tamén se deberán incluír libros temáticos en función dos intereses dos alumnos/as, libros informativos para nenos/as e con linguaxe de nenos/as. Canto máis amplo e diverso sexa este material máis posibilidades teremos. Esta mesma idea pódese aplicar a outros recursos: xogos, material de experimentos, materiais didácticos, etc.\nÉ conveniente ir construíndo bancos de recursos, tanto a nivel de centro como a nivel de aula, que poden incluír:\n-Temas elaborados polo profesorado e polo propio alumnado. Libros de texto de diferentes editoriais. Cadernos de actividades. Libros de literatura infantil. Libros temáticos, informativos. Libros de actividades específicas. Material individual. Revistas especializadas. Programas de actividades. Repositorios de documentos. Páxinas web de actividades. Redes de coñecemento. Bibliografía temática.\n- Outros recursos como: aulas informatizadas con ordenadores, pizarras dixitais, conexións a internet, conectividade adecuada, mobiliario que permita distintos agrupamentos...\n- Recursos para a experimentación: obradoiros, horta escolar, laboratorios de física, de química, de matemáticas...\n- Sitios e lugares a coñecer que inclúan un plan de visitas: monumentos, ecosistemas, escolas de teatro, planetarios, centros e eventos culturais, xacementos arqueolóxicos, museos, casa das ciencias, centros de computación...\n2.4. O Alumno/a que Aprende (Con Quen)\nSinalábase noutro apartado, que o rol do profesor está cambiando paseniñamente, a forma de aprender dos alumnos e alumnas, tamén.\nA aprendizaxe entendida como aquel proceso onde o discente absorbe o coñecemento dunha fonte autorizada, o profesor/a, xa non é suficiente. Diferentes autores apuntan a que se está producindo unha verdadeira revolución no referente aos contidos, os axentes, os recursos, os tempos e os espazos tradicionais dos procesos de ensinanza-aprendizaxe (Vázquez-Cano e Sevillano, 2015).\nXa se fala dunha nova teoría da aprendizaxe: o conectivismo, coma unha teoría que intenta explicar como se comunican e aprenden os rapaces e rapazas do século XXI. Siemens fálanos do coñecemento conectivo (Siemens, 2009), e explícao como o resultado da conexión entre as distintas redes de coñecemento. O conectivismo sería a base sobre a que se sustenta a aprendizaxe ubicua (u-learning), ao posibilitar acceder á información en calquera lugar e en calquera momento por medio dos dispositivos móbiles.\nA sociedade que nos tocou vivir, esa sociedade do coñecemento, como se coñece, é unha sociedade enormemente complexa, con moitas oportunidades de formación pero tamén con moitos riscos para que un estudante se desenvolva persoal e academicamente dun xeito óptimo, como un cidadán libre, reflexivo, crítico e construtivo que poida aportar solucións aos problemas de hoxe.\nTodo apunta a un tipo de aprendizaxe por descubrimento, activo, colaborativo, compartido, onde primará a capacidade de iniciativa, o acceso á información, a discusión, a argumentación e a reflexión. Un tipo de aprendizaxe autónomo e autorregulado. Aprender neste contexto e acadar excelentes niveis de logro, esixe un alto nivel de manexo das estratexias metacognitivas (Hartman e Sternberg, 1993), tamén das estratexias cognitivas.\nHaberá, pois, que intervir sobre os procesos internos da persoa que aprende. Haberá que descubrir como aprende e como se lle pode axudar a aprender, deseñando e implementando pautas autointerrogativas que leve ao alumnado a unha discusión metacognitiva e favoreza unha progresiva autorregulación do seu proceso de aprendizaxe (Badía e Monereo, 2008). Haberá que ensinarlle a pensar, a controlar os seus propios procesos de aprender. En definitiva, a ser mediadores de si mesmos.\nNeste sentido cobra especial importancia o concepto de metacognición. Sería algo así como unha plataforma da que partir antes de iniciar calquera realización de tarefas, traballos ou actividades, tanto escritos como orais.\nÉ o coñecemento que un suxeito ten sobre o seu propio coñecemento, sobre os propios procesos e produtos cognitivos e todo o relacionado con eles (Flavell, 1987). Un coñecemento de segundo grao, cuxo obxecto de coñecemento non é a información senón o propio coñecemento: se sabe, se sabe o que hai que saber, se sabe o que non sabe... Pero que vai máis alá, posto que a metacognición implícase no control e na regulación dos procesos de facer (Brown, 1987).\nConsiste nunha reflexión dun individuo sobre si mesmo, sobre o seu propio proceso de aprendizaxe. Sobre como aprende, que estratexias utiliza e poderá utilizar para poder mellorar, cales son as limitacións, cales son as fortalezas, …\nEsa reflexión interna é o que permite a autorregulación ao tomar conciencia do proceso de aprendizaxe, sendo conscientes das propias habilidades, actitudes, intereses, ilusións para aprender, pero tamén das limitacións. Por outra banda, tamén vai permitir tomar conciencia da actividade a realizar, analizando as súas características e dificultades. E, por último, permite tomar conciencia da estratexia a utilizar para resolvela, analizando as avantaxes e os inconvenientes dos procedementos que se utilizan á hora de resolver unha determinada actividade ou tarefa (Flavell, 1987; De la Fuente e Martínez, 2000; De la Fuente e Justicia, 2007).\nPero, como sinalaban Zimmerman e Bandura (1994), a autorregulación implica algo máis cá metacognición, xa que abrangue tamén procesos volitivos e contextuais. Todo alumno/a necesita unha continua orientación externa pero, sobre todo, interna, na que sexa el/ela mesmo/a quen se autorregula. Trátase de conseguir que os alumnos/as adquiran maior responsabilidade na xestión da súa propia aprendizaxe. É necesario, pois, desenvolver nas aulas programas de intervención, tanto en estratexias cognitivas coma metacognitivas. Estas deben ensinarse de xeito temperá, idealmente na escola primaria (Sternberg, 1999; Stoeger et al., 2015).\nAs estratexias cognitivas son os procesos que serven de base para a realización de temas intelectuais. Son as que nos permiten actuar directamente sobre a información. Son manifestacións observables da intelixencia. Será máis intelixente e obterá mellores resultados aquel que faga un uso máis axeitado e eficaz destas estratexias (Román e Diez, 1990). Sternberg, defíneas coma as obreiras do coñecemento (Hartman e Sternberg, 1993).\nSon estratexias cognitivas (Beltrán, 1989; Herrera et al., 2019):\n- As estratexias de atención: enfoque exploratorio inicial, fragmentación, selección, control de distractores e contradistractores...\n- As estratexias de razoamento: observación, clasificación, relación, argumentación...\n- As estratexias de comprensión: captación de ideas principais, tradución a linguaxe propio, subliñado, resumes, anotacións complementarias, mapas conceptuais, relación e combinación de conceptos, relación entre palabras, as estruturas de texto, detección de significados ocultos…\n- As estratexias de lectura: repetición, subliñado, parafraseo, resume, ideas principais...\n- As estratexias de busca de información: pregunta de busca; elección da fonte de información; ecuación de busca; palabras clave, descritores, interseccións…\n- As estratexias de asimilación de coñecementos: escoita activa, como estudar, como ler comprensivamente.\n- As estratexias de memorización: exploración inicial, asociacións, repeticións, formulación de autopreguntas e respostas. Por ex. o método L3: ler, recitar e revisar.\n- As estratexias de elaboración: apuntes, organizadores, formulación de preguntas, analoxías, categorización, clasificación…\nAs estratexias metacognitivas son un tipo de coñecemento estratéxico que permite á persoa decidir o que mellor pode facer para levar a cabo con éxito unha determinada actividade (De la Fuente e Martinez, 2000).\nRefírense ás accións que realiza un suxeito antes, durante e despois de que teñan lugar os procesos de aprendizaxe coa finalidade de optimizar a súa execución. Son eses procesos conscientes que poñemos en funcionamento para supervisar a realización dunha actividade, tarefa ou proxecto de traballo en canto á planificación, en canto ao seu desenvolvemento e en canto a avaliación do seu proceso e dos seus resultados (Brown, 1987).\nUnha gran parte dos alumnos/as non reflexionan sobre as súas habilidades metacognitivas. Non avalían a súa comprensión das cousas, non revisan a calidade das súas producións e están satisfeitos con terminalas superficialmente, o cal impídelles recoñecer a súa incompetencia (Kruger e Dunning, 1999)\nSon estratexias metacognitivas (Beltrán, 1989):\n- Como seleccionar unha estratexia axeitada para resolver un tema ou problema determinado.\n- Como enfocar a atención a un problema.\n- Como decidir cando detemos unha actividade.\n- Como determinar si estamos comprendendo o que estamos facendo.\n- Como aumentar a motivación para facer e aprender.\n- Como emocionarnos para aprender.\n- Como darnos conta da dificultade das tarefas.\n- Como saber cando necesitamos axuda.\n- Como darnos conta das nosas limitacións.\n- Como utilizar as nosas fortalezas.\n- Como coñecer cando as notas son acordes coas nosas capacidades e esforzo.\n- Como coñecer o que, cando, como facer e o porqué.\nAs escolas teñen que actualizarse e innovar arreo para adaptarse aos cambios que, dun xeito tan rápido, suceden nesta sociedade que entre todos e todas construímos. Se este proceso non se da, perderá sentido a súa finalidade que non é outra que educar e formar aos futuros profesionais desa sociedade. Unha das necesidades fundamentais dos estudantes de hoxe é precisamente aprender por si mesmos, aprender a regular os seus procesos de aprendizaxe.\nA autorregulación, en definitiva, ven sendo unha forma de control da acción de aprender dun suxeito polo propio suxeito onde interveñen as habilidades metacognitivas, as habilidades cognitivas e a motivación para aprender (Herrera et al., 2003). Aprendemos a autorregularnos interrogándonos a nós mesmos sobre estes aspectos. A escola terá que ensinar aos alumnos/as a reflexionar sobre o seu propio proceso de aprendizaxe, a aprender a pensar para aprender mellor.\nNisto consiste a autorregulación da aprendizaxe (De la Fuente e Martinez, 2000):\nSaber pensar antes de empezar (planificación).\nSaber pensar e saber facer durante a realización da actividade (regulación).\nSaber pensar ao finalizar a actividade (avaliación).\na. Saber Pensar Antes de Empezar a Actividade\nImplica unha reflexión previa para saber que facer, como facer, cando e onde facer antes da realización dunha determinada actividade, tarefa ou traballo. A modo de exemplo:\n- Autointerrogarse ao principio do proxecto.\n- Analizar o tipo de aprendizaxe que nos propoñemos.\n- Que sei sobre o tema a traballar.\n- Que se necesita saber para realizalo.\n- Que cousas necesito para poder facelo.\n- Buscar información previa sobre o que imos facer.\n- Establecer as fases do traballo.\n- Pensar como debo facer en cada fase, que procedementos poden resultar mellor.\n- Anticipar posibles dificultades coas que nos imos atopar.\n- Establecer metas, de aprendizaxe e a nivel persoal.\n- Planificar respostas ás posibles dificultades.\n- Buscar técnicas que nos melloren a motivación e a ilusión.\n- Propoñerse facelo ben e dedicarlle o tempo necesario.\n- Fixar un tempo de aprender para cada fase.\nb. Saber Pensar Durante a Realización da Actividade\nImplica unha reflexión sobre que fago, como fago, cando e onde fago, durante o proceso de realización dunha determinada actividade, tarefa ou proxecto. A modo de exemplo:\n- Saber dirixir o pensamento cara a tarefa: se nos estamos trabucando, se debemos volver atrás, se nos estamos saltando algún apartado, se debemos buscar información complementaria, se necesitamos pedir axuda.\n- Modificar as técnicas se non son efectivas.\n- Revisar a grao de fidelización coa proposta inicial.\n- Tomar decisións sobre a marcha do traballo.\n- Redefinir metas cando sexa necesario.\n- Redefinir o nivel de dificultade elixido.\n- Saber autoobservarse.\n- Saber manter a motivación e a ilusión para facer, dándose autoinstrucciones.\n- Captar o grao de satisfacción persoal co esforzo realizado.\n- Realizar autorrexistros sobre a experiencia.\n- Realizar autopreguntas durante o desenrolo.\n- Autoaplicar consecuencias.\nc. Saber Pensar Despois da Realización da Actividade\nImplica unha reflexión final para saber que fixen, como fixen, cando e onde o fixen despois de realizar unha determinada actividade, tarefa ou proxecto. A modo de exemplo:\n- Unha avaliación completa de todo o proceso: erros e acertos na planificación e na regulación da actividade.\n- Como imos autoavaliarnos: con autopreguntas sobre o proceso, sobre os obxectivos, os contidos, as actividades,…\n- Seguíronse os pasos planificados, cales saíron mal, que erros se cometeron, as metas fixadas foron adecuadas, os contidos proporcionaron a información necesaria, as actividades foron planificadas en consonancia coas metas a alcanzar...\n- Unha avaliación formativa, que permita delimitar o que se aprendeu, as lagoas conceptuais, os coñecementos inexistentes pero necesarios, os aspectos con máis dificultade, o grao de consecución das metas fixadas, que aspectos se deberán modificar,…\n- Saber pensar sobre o que se pode facer para mellorar en próximas ocasións: erros que non se poden cometer, se debemos comezar por outra parte, como mellorar a presentación, se o nivel de ilusión, emoción e motivación foi suficiente, se o nivel de profundidade pode mellorarse, se a planificación previa dou resultado, o remate das partes e da actividade en si foi óptimo, as axudas foron eficaces...\n- Reflexionar se as atribucións que facemos sobre os éxitos ou fracasos son as verdadeiras e adecuadas, se as situamos nun mesmo, no tipo de tarefa, no profesorado, non contexto, na sorte..., e aplicar modificacións de mellora.\n- Elaborar conclusións de todo o proceso con novas propostas.\n- Autoaplicarse consecuencias.\n3. CONCLUSIÓN\nA resposta educativa ás necesidades do alumnado de AA CC é unha cuestión que ha de partir dos centros educativos e será planificada dende os propios centros seguindo a normativa actual que, entre outros aspectos, sinala explicitamente que as medidas de resposta educativa para a atención á diversidade do alumnado han de ir dende as máis ordinarias ás máis específicas.\nAs aulas avanzadas constitúen unha proposta de medida ordinaria de atención á diversidade, pois están baseadas nun programa de enriquecemento curricular para todo o grupo-aula e, asemade, son a antesala doutras medidas máis específicas, en caso de non seren suficientes para atender as necesidades dese alumnado.\nNesta liña, as aulas avanzadas supoñen un primeiro nivel de resposta educativa seguindo os principios de inclusión e normalización. Non exclúen ningunha outra medida pero existen evidencias de que este tipo de prácticas a nivel de aula favorecen o desenvolvemento escolar, social e persoal de todo o grupo e sendo sistemáticos e persistentes na súa aplicación, na maioría dos casos, non son necesarias outras medidas curriculares ou organizativas máis específicas.\nPor outra banda, este tipo de aulas supoñen unha excelente oportunidade para mellorar as prácticas como docentes, rompen barreiras que obstaculizan a educación inclusiva, constitúen unha fonte constante de estímulo para estudantes e profesores e melloran a calidade educativa garantindo a suficiente diferenciación curricular para cada alumno/a dese grupo-aula que lle permitirá progresar ao seu ritmo e cun nivel de profundidade axeitado ás súas capacidades e motivacións."} +{"summary": "O adxectivo grande presenta ante substantivo dúas variantes: unha plena grande e unha apocopada gran. Na época medieval a forma apocopada tendía a aparecer ante substantivo comezado por consoante, mentres que a variante plena mant íñase ante substantivo que comezaba por vogal. No galego moderno no entanto non se aprecian criterios claros que expliquen a distribución. Con este traballo tentamos analizar a aparición destas variantes en diferentes textos do galego moderno e contemporáneo para tentar de fi nir estes criterios. Para esta análise botamos man dos textos recollidos no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). A pesar da existencia dun certo condicionamento fonético (ante vogal prodúcese unha forte alternancia entre as variantes, mentres que ante consoante a variante gran está máis consolidada), o certo é que o contexto fonético non é decisivo na escolla. Esta parece responder a criterios particulares do autor e, de feito, obsérvanse grandes diferenzas no que respecta ó uso das variantes entre os textos de autores pertencentes a unha mesma época.", "text": "As variantes gran e grande dentro da frase nominal\n Lingüística, adxectivo, diacronía\n1. I NTRODUCIÓN\nO adxectivo grande pertence á clase dos adxectivos atributivos, que dentro da frase nominal poden aparecer antepostos ou pospostos. A anteposición relaciónase normalmente coa expresión de calidades intrínsecas, non especi fi cativas (fría neve). No caso de grande, no entanto, a posición do adxectivo afecta ó seu signi fi cado, posto que cando aparece anteposto se re fi re normalmente, non a unha calidade obxectiva, medible, senón a unha característica subxectiva, afectiva, é dicir, atribuída polo propio emisor.\nA diferenza doutros adxectivos valorativos, grande presenta en posición anteposta dúas variantes distribucionais: grande e gran. O proceso de formación da variante apocopada ten lugar debido ó carácter especialmente feble que adquire a vogal fi nal dentro da secuencia cando o adxectivo presenta esta posición. Tras a caída desta vogal produciuse, ante substantivo comezado por consoante, a desaparición da consoante anterior. Asípodemos observar nos textos medievais unha clara tendencia á distribución complementaria en función do contexto fonético: gran aparece ante substantivos que comezan ante consoante, mentres que grande tende a aparecer ante os substantivos que comezan por vogal.No entanto, esta distribución non se manifesta no galego moderno, onde é moi común a alternancia entre as variantes tanto ante substantivo que comeza por consoante coma ante substantivo comezado por vogal. Os criterios que rexen a distribución non parecen estar claros. A meirande parte dos manuais, dicionarios e gramáticas limítanse a describir gran como variante apocopada do adxectivo grande e non ofrecen datos sobre a súa distribución (vid. R. Álvarez Blanco / X. Xove 2002 ; X. R. Freixeiro Mato 2006 ; I. Alonso Estravís 1995)., mentres que as obras que tentan achegarse un pouco máis a este tema non presentan unha conclusión unitaria no que respecta ós criterios de uso das variantes. R. Álvarez Blanco / X. L. Regueira / H. Monteagudo (1995) mencionan que a escolla é libre, pero recoñecen que a variante plena ten un carácter máis arcaizante. Outras obras mencionan criterios fonéticos. Carballeira Anllo et al., no Diccionario Xerais da Lingua e Pena et al. no Gran Dicionario Século 21, ó describiren a variante gran, apuntan que esta é a variante que se emprega anteposta a substantivos en singular que comezan por consoante, mentres que a variante plena aparece ante substantivos que principian con vogal. Este é o uso que se prescribe tanto no Gran Diccionario Xerais da Lingua de Carballeira et al. coma no Consultor Cumio de galego de A. Hermida e tamén o que se recomenda no Dicionario Galaxia de usos e di fi cultades da lingua galega de Fernández Salgado et al., no cal, a diferenza do que acontece nos casos anteriores, si se recoñece a existencia de vacilación.\nNo portugués contemporáneo dáse unha situación completamente diferente, posto que a variante apocopada grande se impuxo á apocopada en todos os contextos (M. H. Mira Mateus et al. 2003). Esta só se mantén fosilizada nalgunhas expresións (grãocapitão, grãocomendador, grãoducado, grãolama, grãomogol, etc.). Nun principio, non hai variación de xénero nin de número, pero a partir do século XVIII xeneralízase a flexión: grãcruz, grãscruzes, grãomestre, grãosmestres (A. Houaiss / M. de Salles Villar / F. M. de Mello Franco 2001). Na maior parte das gramáticas históricas consultadas menciónase a existencia da variante apocopada gram e explícase como resultado da supresión da sílaba fi nal cando o adxectivo vai anteposto, sen dar detalles sobre o seu uso (vid. por exemplo J. J. Nunes. 1930). Huber ofrece algúns exemplos tirados de textos medievais onde se aprecia a existencia de vacilación: a variante grande pode aparecer anteposta tanto ante vogal (grande arroido, grande enveja) coma ante consoante (grande sanha, grande folgança), mentres que a variante apocopada aparece unicamente ante substantivo comezado por consoante (gram temor, gram coita, gram pesar) (J. Huber 1933). O obxectivo deste traballo é analizar a aparición das variantes en diferentes textos galegos modernos e contemporáneos para poder establecer, de existiren, os criterios da súa distribución. Os textos nos que basearemos a nosa análise son os recollidos polo Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).\n2. A APARICIÓN DAS VARIANTES NAS DIFERENTES ETAPAS DO GALEGO\nESCRITO EN FUNCIÓN DO CONTEXTO FONÉTICO\nComo xa apuntamos nun principio, no galego medieval parece existir unha clara tendencia á distribución complementaria das variantes en función do contexto fonético. No entanto, os textos conservados dos séculos XVI e XVII amosan unha distribución diferente, aínda que non unitaria. Nos textos recollidos das Festas Minervais (1697) hai unicamente dous casos en que o adxectivo aparece ante vogal: nun deles aparece a variante apocopada e noutro a variante plena. Ante consoante é claramente maioritaria a forma gran : 14 casos de gran fronte a 2 casos de grande. No Coloquio de 24 gallegos rústicos (1746), pola súa banda, existe ante consoante unha forte vacilación: hai 15 casos de grande fronte a 11 de gran.\nOs datos amosan que a partir de 1917 si hai unha evolución paralela: cando o uso das formas descende ou aumenta, este descenso ou ese aumento prodúcese tanto ante vogal coma ante consoante, aínda que non na mesma medida. Como xa vimos anteriormente, a situación ante vogal mantense máis estable e é ante consoante onde se producen as mudanzas máis signi fi cativas. Pero cal é entón o criterio ou os criterios que determinan a escolla?\n3. N A PROCURA DUN CRITERIO SEMÁNTICO\nTampouco podemos falar da exclusividade da variante apocopada para os casos en que o adxectivo posúe un carácter obxectivo, non afectivo. Nestes casos, xunto con gran (gran buraco, gran bloque, gran colar) tamén pode aparecer a variante plena (o plan urbanístico dunha grande vila, grande arteria, grande vaca, grande lenzo, grande lazo azul). Non podemos, xa que logo, relacionar a variante plena cunha maior subxectividade: se o tipo de substantivo ou o carácter subxectivo do signi fi cado achegado polo adxectivo determinase a escolla desta variante, esta sería a maioritaria en todos os contextos.\n4. A VARIACIÓN EN FUNCIÓN DO TIPO DE TEXTO\nO noso corpus está composto por textos pertencentes a ámbitos moi diferentes: a literatura (poesía, narrativa e teatro), a prensa, o ensaio, a investigación científi ca e mesmo a oralidade. Neste apartado tentaremos averiguar se a distribución das variantes garda algún tipo de relación co tipo de texto ou ó xénero ó cal se adscriben. Para isto imos observar separadamente a variación en textos literarios, ensaísticos e xornalísticos dentro de cada período.\nNa época Nós dáse a circunstancia de que os mesmos autores publican á vez nestes tres ámbitos diferentes. Tomemos como primeiro exemplo a Castelao. Nas súas obras narrativas Cousas da vida (1929), Retrincos (1934) e os Dous de sempre (1934) a variante grande practicamente non aparece anteposta ó substantivo. O único caso prodúcese ante vogal: grande amor (Cousas da vida). Con todo, tamén neste contexto a variante apocopada é a maioritaria (7 casos). + consoante + vogal Gran 11 (100%) 7 (87, 5%) Grande - (0%) 1 (12, 5%) Táboa 1. Distribución das variantes gran e grande ante substantivos comezados por consoante, por unha banda, e substantivos comezados por vogal, pola outra, na obra narrativa de Castelao Esta mesma tendencia é a que presentan as súas obras ensaísticas. Na seguinte táboa especifícase o número de casos tirados de tres das súas obras 1 : © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 199208 1 Temos en conta as obras Arte e galeguismo (1919), As cruces de pedra na Bretaña (1939) e Sempre en Galiza (1944).\nNas obras de Risco O porco de pé (1928) e O Bufón d’el Rei (1928) vemos un comportamento semellante no que respecta ó uso das variantes. Ante substantivo que comeza por consoante aparece unicamente a variante apocopada, mentres que ante substantivo comezado por vogal se produce alternancia:\nEsta distribución non coincide, no entanto, coa que se reflicte na obra de Otero Pedrayo. Nos Camiños da vida (1928) e nos Contos do camiño e da rúa (1932) o autor emprega de forma maioritaria a variante plena, tanto ante consoante coma ante vogal. A porcentaxe de aparición desta variante ante vogal é lixeiramente máis elevada ca ante consoante:\nEsta tendencia acentúase na súa obra posterior: Desengano do prioiro (1952) e O señorito da Reboraina (1960). As porcentaxes de aparición de grande mantéñense por enriba do 70 % e ademais esta variante convértese na única presente ante substantivo que comeza por vogal (10 casos).\nPorcentaxes moi semellantes reflicte a súa obra non literaria Prólogo e Xeografía (1962): ante vogal aparece unicamente a variante plena (34 casos) e os casos nos que aparece esta variante ante consoante representan un 86 % (80 casos de grande fronte a 13 casos de gran). A variante grande, polo tanto, convértese na única que aparece ante vogal e é ademais maioritaria ante consoante.\nÁ luz destes datos, podemos concluír que os autores representativos da Xeración Nós, aínda que amosan nas súas obras tendencias diverxentes entre si, manteñen esta tendencia independentemente do xénero escollido.\nComo é situación noutros períodos? A partir dos anos 50, como xa mencionamos, percíbese un aumento no uso da variante plena. Esta tendencia reflíctese na obra de Álvaro Cunqueiro. Nas obras Merlín e familia (1955) e Escola de menciñeiros (1960), a variante plena grande tamén é a preferente ante consoante e ante vogal. A variante apocopada g ran aparece de xeito minoritario e unicamente en Merlín e familia. Merlín e familia Escola de menciñeiros + consoante + vogal + consoante + vogal Gran 6 (19 %) 1 (10 %) - (0 %) - (0 %) Grande 26 (81 %) 9 (90 %) 12 (100 %) - (0 %) Táboa 7. Distribución das variantes gran e grande ante substantivos comezados por consoante, por unha banda, e por vogal, pola outra, na obra narrativa de Cunqueiro No entanto, nos textos ensaísticos da época, entre os que fi guran as obras de clásicos como Piñeiro, GarcíaSabell ou Risco, non se manifesta esta tendencia e o uso da variante plena descende. Con todo, debemos ter en conta que os criterios empregados varían en cada autor. Na obra de Ramón Piñeiro 2 a variante plena é minoritaria en tódolos contextos e, de aparecer, tende a facelo ante vogal: + consoante + vogal Gran 115 (93 %) 44 (73 %) Grande 9 (7 %) 16 (27 %) Táboa 8. Distribución das variantes gran e grande ante substantivos comezados por consoante, por unha banda, e por vogal, pola outra, na obra ensaística de Ramón Piñeiro © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 199208 2 Incluímos na análise os seguintes traballos: Siñi fi cado metafísico da saudade. Notas para unha fi losofía galaicoportuguesa (1951), A lingoaxe i as língoas. Discurso de entrada na Real Academia Galega (1967) e Olladas no futuro (1974).\nNos textos recollidos do xornal A Nosa Terra durante o ano 1993 aprécianse uns resultados moi semellantes ós que se manifestan na obra de Rivas: a forma plena é claramente\nDos anos 70 datan os primeiros textos orais dos que dispomos para a nosa análise. Aínda que o número de ocorrencias non é moi elevado e non ofrece datos moi signi fi cativos, podemos concluír que a variante apocopada é claramente maioritaria ante consoante. Os resultados quedan reflectidos na seguinte táboa:\n+ consoante + vogal\nHai un único caso no que o adxectivo vai anteposto a substantivo comezado por vogal: grande ubre. Ante substantivo comezado por consoante, hai alternancia entre as variantes, aínda que a apocopada é claramente maioritaria (23 casos de 26). Esta variante aparece tanto para referirse a unha calidade obxectiva (gran casa, gran caldeiro) coma subxectiva (gran costureira, gran político, gran zoqueiro).\n5. C ONCLUSIÓN\nO adxectivo grande anteposto ó substantivo aparece nesta posición preferentemente baixo a súa forma apocopada. Dos textos recollidos no Tesouro Informatizado da Lingua Galega recollemos 7238 casos de gran fronte a 5417 casos de grande. A distribución das variantes non é nin moito menos complementaria, pero a porcentaxe de aparición de cada unha delas varía claramente en función do contexto fonético, é dicir, de se o substantivo ó que acompañan comeza por consoante ou por vogal. Ante consoante, a variante apocopada é a opción maioritaria: temos 6115 casos de gran fronte a 3767 de grande (o que supón realmente só un 38 % dos casos). No entanto, ante vogal, a variante plena é lixeiramente maioritaria: recollemos 1123 casos de gran e 1650 de grande (59, 50 %). A distribución das variantes non é igual en todas as épocas nin en todos os autores de cada período. Como tivemos ocasión de comprobar nos grá fi cos, o uso de grande tende a aumentar en determinados períodos, sobre todo durante a época Nós e a partir dos anos 50 do século pasado. Estes dous períodos teñen en común o afán por enxalzar as peculiaridades do galego fronte ó español e isto leva consigo o emprego de arcaísmos e de palabras populares (reutilizadas moitas veces en contextos cultos) (B. Fernández Salgado / H. Monteagudo 1995).\nEn calquera caso, non hai unha distribución claramente complementaria en función do contexto fonético e preguntámonos se hai outros criterios que poidan determinar a utilización dunha ou doutra variante. É difícil establecer un posible criterio semántico. O adxectivo grande en posición anteposta, tanto na súa variante apocopada coma na súa variante plena, tende a valorar subxectivamente o substantivo seguinte e a acompañar substantivos abstractos. Nas escasas excepcións tamén concorren tanto a variante plena coma a apocopada.\nTampouco se pode establecer unha distribución particular en función do tipo de texto. Os autores tenden a manter unha tendencia independentemente do xénero escollido e esta tendencia non sempre é coincidente coa que se reflicte nos textos dos seus contemporáneos. A existencia de tendencias diverxentes dentro de cada período parece apuntar a que a escolla responde ó criterio particular do autor. Esta escolla podería responder a moitos factores, sen que ningún destes sexa decisivo. Por unha banda, parece funcionar certo condicionamento fonético. Pero tamén o carácter arcaizante da variante plena grande ou o feito de que esta variante non exista no español en posición anteposta pode explicar a súa utilización en determinadas épocas ou en determinadas obras."} +{"summary": "Dende a entrada en vigor da Lei de normalización lingüística, a meirande parte dos esforzos a prol da recuperación e da dignificación social do galego foron dirixidos ao ensino non universitario, ao considerarse como un dos eidos de actuación principais. Porén, o tratamento que se lle deu á lingua galega nas aulas foi cualificado a miúdo como de mínimos ou de baixa intensidade, polo menos ata a chegada da coalición de goberno entre o Partido dos Socialistas de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego: durante o seu período ao mando da Xunta, a devandita coalición aplicou o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Este texto representa o maior avance rexistrado cara á normalización do idioma nas aulas, priorizándose o seu emprego para contrarrestar os usos sociais privilexiados (e dominantes) do castelán no resto da sociedade. Non obstante, coa vitoria do Partido Popular de Galicia nas eleccións do 2009, o Decreto 124 foi de rrogado e substituído polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, co que en esencia se suprimiu o tratamento favorable á lingua nas aulas e se fixo unha distribución igualitaria, baixo unha perspectiva estritamente cuantitativa, entre o galego e o castelán. Partindo disto, neste estudo elaboramos unha análise contrastiva de ambos os dous textos para amosar que modelos de educación bilingüe se aplicaron con cada decreto, intentando demostrar que a miúdo as políticas lingüísticas desenvoltas pola Xunta no ensino pretenderon manter a desigualdade entre as dúas linguas oficiais, máis que responder a un verdadeiro compromiso pola normalización do galego.", "text": "Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego Analysis of last two decrees of language distribution in Galician education\n\nNormalización lingüística; lingua galega; ensino; bilingüismo; modelos de educación bilingüe; decretos\nSumario 1. Introdución. 2. Principios metodolóxicos. 3. Precisión conceptual. 3.1. Definición asumida para o termo bilingüismo. 3.2. O alumnado galego, bilingüe?. 3.3.\nNoción tradicional do ensino bilingüe, monolingües por privilexio e bilingües por necesidade. 3.4. Hipótese da interdependencia lingüística e posibles modelos de educación bilingüe: inmersión, mantemento e submersión. 3.5. Cataluña e os programas de inmersión e mantemento do catalán. 4. Análise dos decretos 124/2007 e 79/2010. 4.1. Decreto 124/2007: o ensino como un axente compensatorio do galego. 4.1.1. Educación Infantil: introdución á lectoescritura en galego nas contornas urbanas e lingua predominante da contorna. 4.1.2. Primaria, ESO e Bacharelato: o galego como lingua vehicular e lingua de interacción nun mínimo do 50% das clases. 4.1.3. Un modelo de inmersión parcial para castelanfalantes e un modelo de mantemento para galegofalantes. 4.2. Decreto 79/2010: unha diferenciación entre o igualitario e o equitativo. 4.2.1. Educación Infantil: consulta aos pais e lingua predominante na contorna. 4.2.2. Primaria, ESO e Bacharelato: reparto igualitario de linguas por materias e liberdade idiomática do alumnado. 4.2.3. Un modelo de submersión para castelanfalantes. 5.\nConclusións e reflexión final.\n1. Introdución\nU nha vez finalizado o período de represión franquista, a aprobación da Constitución Española do 1978 supuxo a consideración da diversidade lingüística de España por primeira vez en décadas. No seu terceiro artigo, establécese o castelán como a lingua oficial de todo o Estado, recaendo en todos os españois “o deber de coñecelo e o dereito de usalo”, ademais de recoñecerse a oficialidade das linguas autóctonas empregadas nalgunhas comunidades autónomas, de acordo cos seus estatutos, e a necesidade do seu respecto e protección (Constitución Española 1978: 29332).\nSexa como for, e á marxe desta diferenza legal de base entre os dous idiomas, despois de máis de corenta anos Galicia dispón dun amparo lexislativo para desenvolver medidas de normalización lingüística que persigan deter (e reverter) o proceso de substitución lingüística que sufriu a lingua galega dende finais da Idade Media, e que se viu especialmente acentuado dende principios do século xx.\nUnha das características fundamentais das políticas lingüísticas da Xunta dos últimos trinta e cinco anos é a seguinte: a meirande parte dos esforzos a prol do galego foron dirixidos ao contexto educativo, ao considerarse como un dos ámbitos máis relevantes para garantir unha mellora dos usos, as actitudes e as competencias lingüísticas na lingua por parte das novas xeracións (Seminario de Sociolingüística 2016: 201). Esta decisión, cómpre engadir, parece sustentarse no aumento do grao de influencia da escola para garantir a aprendizaxe do galego: de acordo cos datos achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE de agora en adiante), en tan só dez anos manifestouse un aumento de 13 puntos entre a porcentaxe do 2003 (30, 1%) e a do 2013 (43, 17%) (Seminario de Sociolingüistica 2016: 50). Esta situación resulta comprensible se consideramos que, nas últimas décadas, o aumento do número de familias monolingües en castelán e o descenso da transmisión xeracional do galego foi moi notable, especialmente nas contornas urbanas, polo que o ensino se constitúe nestes casos como o principal contexto de aprendizaxe desta lingua (Seminario de Sociolingüística 2016: 50; 190).\nA grandes trazos, as políticas lingüísticas desenvoltas pola Xunta de Galicia durante máis de tres décadas no ensino poderían denominarse como non conflitivas, baseadas en tímidos avances cara á lingua autóctona, pero que contribuían a manter unha situación desigual de seu. Esta afirmación é apoiada por investigadores como Lorenzo e Subiela, que cualificaron a lexislación lingüística que foi aplicada no ensino ata a chegada do Decreto 124/2007 como “de baixa intensidade” e “de mínimos”, respectivamente (2005: 46; 2002: 131171). Os contidos que se manexan a continuación poden servir para demostrar que o emprego destes termos está xustificado e lexitimado.\nDende a entrada en vigor do Real Decreto 1981/1979, co que se establece a materia de Lingua galega e literatura como obrigatoria nas antigas etapas de Educación Preescolar, Educación Xeral Básica e Formación Profesional de Primeiro Grao (Ministerio de Educación, 21 de agosto do 1979: 19550), os decretos de distribución de linguas posteriores (xa amparados na Lei de normalización lingüística) que se sucederon ata o decreto actual, o 79/2010, caracterizáronse por introducir un aumento progresivo da presenza do galego nos centros; de feito, este último é o único elaborado ata o momento que supón unha regresión respecto á introdución da lingua no ensino, como veremos máis adiante. Con todo, ata a entrada en vigor do decreto da coalición de goberno entre o Partido dos Socialistas de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego, o 124/2007, nas aulas seguía a estar presente un tratamento lingüístico que, na práctica, favorecía ao castelán. Neste senso, cómpre desenvolver esta idea máis polo miúdo. Durante os anos en que o Decreto 247/1995, precedente ao 124/2007, estivo en vigor, o galego debía ser a lingua impartida nun mínimo de dúas áreas de coñecemento (o equivalente a aproximadamente un terzo do horario semanal), deixando á elección dos centros o idioma no que debían impartirse o resto de materiais. Non obstante, non había para o alumnado unha obriga explícita de empregar o galego nas materias destinadas ao seu uso: en todo caso, o profesorado debía procurar que o seu uso se convertese nunha realidade, pero sen indicarse no decreto pautas concretas para acadar este obxectivo, ou desenvolvendo unha inspección de rigor que comprobase o seu cumprimento (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 14 de setembro do 1995: 23). Se a isto lle sumamos a precaria situación do idioma propio na Educación Infantil, onde os nenos de familia galegofalante carecían “do dereito a seren escolarizados na súa lingua, ante a pasividade xeral” (Monteagudo & Bouzada 2002: 61), e lembramos ademais que todos os decretos aplicados ata a chegada do bipartito 1 supoñían un escaso avance respecto do establecido no texto anterior, poderemos comprender por que as políticas lingüísticas (máis que de normalización lingüística) que desenvolveu a Xunta no ensino durante case vintecinco anos foron denominadas coa etiqueta, antes mencionada, de “baixa intensidade” (Lorenzo 2005: 46).\nNon obstante, esta situación mudou debido á aprobación no Parlamento de Galicia, por unanimidade de todas as forzas políticas do momento (Partido Popular de Galicia, Partido dos Socialistas de Galicia e Bloque Nacionalista Galego 2), do Plan xeral de normalización da lingua galega no 2004. En esencia, neste texto recollíanse unha serie de principios orientadores para intentar acadar como obxectivo último a normalización lingüística plena, isto é, a igualdade efectiva entre o castelán e o galego en todos os ámbitos da sociedade. Entre as medidas destinadas ao ensino, destacan as seguintes: na Educación Primaria, na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, a implantación dun mínimo do 50% de horas totais de cada curso impartidas en galego e a obrigatoriedade de que o alumnado empregue esta lingua como a vehicular nas materias destinadas ao seu uso e, en Educación Infantil, a realización de actividades de iniciación á lectoescritura neste idioma en tódolos centros, incluídos os situados en contornas castelanfalantes, de maneira que o galego sexa o idioma vehicular nun mínimo do 50% do horario total de todos os centros do primeiro ensino (Xunta de Galicia 2006: 102104).\nEstes compromisos recollidos no plan foron asumidos pola coalición entre o BNG e o PSdG: durante a sétima lexislatura de Galicia, este goberno bipartito elaborou o texto legal no que se establecería o maior grao de presenza do galego no ensino que se rexistrou ata o de agora: falamos do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 1124711251). Baseado no establecido no Plan xeral para o ámbito educativo, no decreto recóllese este mínimo do 50% do horario impartido en galego para todas as etapas educativas, coa obriga adicional, por parte do alumnado, de empregar esta lingua nas materias respectivas na Educación Primaria, na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato. En esencia, con este texto fíxose unha discriminación positiva do galego na escola, co obxectivo de contrarrestar as diferenzas de privilexios entre esta lingua e o castelán no resto da sociedade. Como afirma Iglesias (2017: 55), “este decreto resérvalle ao ensino un papel compensatorio: se o galego se encontra minorizado fóra da escola, cómpre priorizalo nela”.\nNon obstante, todos os avances acadados polo texto do bipartito víronse truncados co retorno ao goberno da Xunta do PPdG, liderado por Alberto Núñez Feijóo. No 2009, os conservadores derrogaron o devandito decreto e substituírono polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo non universitario de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 25 de maio do 2010: 92429247), que por primeira vez en case trinta anos de políticas lingüísticas supuxo un retroceso no proceso de inclusión da lingua galega nas aulas. Cun reparto lingüístico distribuído a partes iguais, o total de materias impartidas en galego nos niveis de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria non poden superar o 50%, porcentaxe que se reduce a un 33% no caso dos centros que incorporan unha lingua estranxeira (xeralmente inglés) como o terceiro idioma vehicular: pásase, pois, dunha lexislación lingüística de mínimos a unha de máximos. Por outra banda, o factor da obrigatoriedade idiomática elimínase (isto é, o alumnado xa non ten por que empregar o galego nas materias destinadas ao seu uso), e na Educación Infantil xa non ten cabida a lectoescritura nesta lingua nos xa mencionados centros que teñen unha maioría de alumnado co castelán como lingua inicial, polo que se retorna á situación anterior, na que simplemente se usa na clase a lingua predominante na contorna. Con este procedemento, vólvese perpetuar a xa tradicional distinción entre a Galicia urbana e a rural.\nConsiderando as notables diferenzas entre o Decreto 124/2007 e o 79/2010, que serán analizadas máis polo miúdo nas seccións 4.1. e 4.2., podemos inferir que o pouso ideolóxico que subxace a ambos os dous textos é ben distinto. No que a este estudo respecta, intentaremos extraer estas ideoloxías mediante unha análise dos modelos de educación bilingüe (inmersión, mantemento e submersión) aplicados en cada caso, o que, de maneira paralela, nos permitirá obter unha comprensión xeral sobre o tratamento de linguas nas aulas que realizou cada goberno (a coalición entre o BNG e o PSdG, por un lado, e o PPdG, por outro) cos dous últimos decretos.\n2. Principios metodolóxicos\nComo sinalamos na Introdución, neste traballo realizamos unha análise dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino que elaborou a Xunta de Galicia, isto é, o 124/2007 e o 79/2010. Para isto, combinamos os resultados da análise destes textos con algunhas das referencias básicas sobre o papel das linguas no ensino e os modelos de educación bilingüe de autores como Baker (1997), Cummins (1983), ou Lambert (1981). Con este procedemento, pretendemos comprobar cales destes modelos son aplicados con cada decreto, apoiándonos nas achegas dos investigadores que os empregaron para describir a lexislación lingüística de Galicia enfocada ao ensino, isto é, Iglesias (2017: 5356) e Fernández, Lorenzo e Ramallo (2008: 6365). Isto permitiranos, en última instancia, inferir que ideoloxías lingüísticas se obteñen de cada decreto, e por extensión de cada goberno.\nAo complementar a análise dos decretos coas achegas sobre os modelos de educación bilingüe, cómpre empregarmos unha terminoloxía de rigor para ter un coñecemento máis sistematizado e exacto do tratamento do galego e do castelán que se fai en cada decreto. Por este motivo, para este estudo optamos por recorrer aos conceptos de inmersión, mantemento e submersión, que se ben constitúen de seu unha clasificación simplificada das múltiples etiquetas utilizadas, permiten asociar as políticas lingüísticas que se desenvolveron nos dous textos con modelos concretos e delimitados.\nFinalmente, tamén cómpre mencionar que neste traballo unicamente nos centramos nas partes dos decretos en que se especifica o reparto de linguas por materias e as obrigas idiomáticas de profesorado e alumnado, ao considerarmos que son os factores que máis inflúen nos posteriores usos, actitudes e competencias lingüísticas da mocidade. Porén, non debemos esquecer que neste texto se especifica o grao de presenza do galego no ensino dende outras perspectivas: o seu uso por parte da administración educativa, o funcionamento dos equipos de normalización, os casos de exención da propia materia de lingua, etc.\n3. Precisión conceptual\nTendo en conta que na análise dos decretos intentaremos establecer cales son os modelos de educación bilingüe que con eles se aplican, debemos adicar unha parte do estudo a aclarar, na medida do posible, toda a confusión denotativa que con frecuencia rodea a conceptos como bilingüismo e educación bilingüe. Polo tanto, non debe sorprendernos que precisamente estas palabras, empregadas a miúdo no discurso leigo, presenten unha confusión denotativa que mesmo custa delimitar na propia linguaxe especializada.\n3.1. Definición asumida para o termo bilingüismo\nDebido á xa mencionada falta de consenso sobre a definición deste concepto, así como á variedade de contextos en que pode ser empregado o termo, debemos partir dunha distinción inicial que permita saber se nos referimos a un bilingüismo centrado no falante, na medida na que este dispón dunha certa competencia de dúas ou máis linguas, ou na sociedade á que pertence, entendida como un conxunto de cidadáns dos que a maioría son bilingües. É o que investigadores como Siguán e Mackey denominan “bilingüismo individual” e “bilingüismo social”, respectivamente (1986: 17).\nConsiderando os contidos que se manexan neste artigo, a nós interésanos a perspectiva individual do concepto, ao intentar esclarecer que tipos de bilingüismo se obteñen coa aplicación de cada decreto. De acordo cos mesmos autores, que fan unha definición do termo baseada no grao de competencia, estes entenden ao falante bilingüe como a persoa “que, ademais da súa primeira lingua, ten unha dominio parecido noutra e é capaz de usar unha e outra en calquera circunstancia con parecida eficacia” (Siguán & Mackey 1986: 17). Como cabe esperar, isto non se corresponde co dominio real que os falantes bilingües adoitan ter das súas linguas 3 : en calquera caso, case sempre está presente un desequilibro acentuado entre o idioma ou idiomas iniciais e os que son adquiridos posteriormente. Porén, Siguán e Mackey utilizan esta definición como un modelo perfecto de referencia, a partir do que se poden valorar os diferentes graos de bilingüismo de cada falante (1986: 1718).\nNon obstante, e a pesar do carácter ideal desta definición, o certo é que na bibliografía especializada utilizouse a miúdo esta concepción do bilingüismo non como modelo, senón como unha representación errónea da realidade lingüística. Seguindo a Baker (1997: 3435), o termo non sempre se empregou con rigor, e utilizouse para abranguer graos de competencia nunha segunda lingua que non se corresponderían co verdadeiro bilingüismo. Neste senso, fala de dous casos extremos de bilingüismo: o máximo ou equilibrado, equivalente á noción “perfecta” de Siguán e Mackey, e o incipiente, empregado para calquera falante cunha competencia mínima nun segundo idioma. Por isto, o propio Baker (1997: 3435) rexeita considerar a este perfil de falantes como bilingües, pois por unha banda é moi pouco habitual atopar un falante “real” que presente un dominio equiparable en varias linguas, tal e como viñemos sinalando nas liñas anteriores, mentres que por outra un coñecemento mínimo dun idioma non sobrepasa a simple capacidade memorística dos trazos básicos do código, e que está moi afastada do complexo sistema cognitivo que subxace ao dominio de\ncalquera fala.\nDeste xeito, neste artigo seguimos unha definición do bilingüismo baseada nas competencias, pois o grao de dominio das linguas é un dos principais temas de análise deste traballo, en función dos modelos de ensino bilingüe que se desenvolveron cos dous decretos en que aquí nos centramos. De feito, a concepción do bilingüismo dende a perspectiva do dominio tamén se recolle no artigo 14.3 da Lei de normalización lingüística, ao establecerse a necesidade de que “ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán” (Xunta de Galicia, 14 de xullo do 1983: 4).\n3.2. O alumnado galego, bilingüe ?\nNo que a Galicia respecta, cuestionarios como os elaborados polo IGE parecen indicar que a práctica totalidade da cidadanía galega podería considerarse minimamente bilingüe, pois os resultados amosan competencias considerablemente altas tanto na produción como na comprensión oral e escrita. De acordo cos datos fornecidos polo IGE na súa última enquisa sobre o coñecemento e o uso do galego, realizada no 2013, un 96% dos galegos e galegas afirman entender a lingua na dimensión oral, e un 85% considera que a pode ler sen dificultades. Se nos centramos agora na vertente expresiva, un 86% cre posuír unha capacidade efectiva para falar en galego (a porcentaxe máis alta de todas as comunidades cunha lingua distinta ao castelán, cómpre engadir)\ne un 60% para escribir neste idioma (Seminario de Sociolingüística 2016: 3740).\nTodo isto, cómpre engadir, sen que destaquen diferenzas moi considerables entre os que teñen un maior dominio dunha lingua ou doutra: da porcentaxe total de persoas que manifestaron ter mellores competencias en castelán que en galego 4, un 68%\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 39\ncre posuír unha competencia efectiva na expresión oral da lingua galega, un 77% na comprensión lectora e un 43% na expresión escrita (Seminario de Sociolingüística 2016: 48); o dominio da comprensión oral, considerando que a inmensa maioría de Galicia entende o idioma do país, non se tivo en conta. Deste xeito, a excepción da expresión escrita, que a pesar da súa progresiva mellora (debido á implantación do galego como materia obrigatoria) sempre amosa porcentaxes de adquisición efectiva inferiores ás competencias orais, unha parte moi considerable dos galegos que afirman ter un maior dominio do castelán manifesta posuír unha competencia aceptable na lingua galega.\nAs enquisas elaboradas polo IGE, que mencionamos máis arriba, están baseadas en estudos de autopercepción de competencias; noutras palabras, son os propios falantes os que manifestan a súa impresión sobre o seu dominio da lingua galega nas vertentes oral e escrita. Por este motivo, pode ocorrer que as respostas achegadas polos participantes non reflictan a realidade sociolingüística de Galicia, de maneira que as competencias en galego por parte dos castelanfalantes, especialmente os asentados nas contornas urbanas, non sexan tan positivas como suxiren este tipo de estudos.\nNo 2010, o Instituto de Ciencias da Educación da USC publicou os resultados dun proxecto de investigación, dirixido por Bieito Silva, co que se pretendía avaliar as competencias en galego e castelán do alumnado de 4º da ESO. A grandes trazos, a media da competencia xeral en galego foi, sobre un total de 5, dun 3, 66 para a expresión oral e dun 2, 77 para a expresión escrita (o dominio da comprensión non se considerou no estudo) (2010: 109; 62). En ambos os dous casos, os resultados son inferiores á competencia amosada en castelán, que se corresponde cun 3, 77 para a expresión oral e cun 3, 04 para a expresión escrita (Silva 2010: 121; 82). Dito doutro xeito, e como afirma Pérez (2011: 294), “sen ser a competencia lingüística plenamente satisfactoria en ningún dos dous idiomas, o alumnado remata o ensino obrigatorio cunha competencia superior en castelán ca en galego”.\nPor outra banda, outros dous aspectos destacables dos resultados deste traballo tamén residen nas puntuacións obtidas nas subcompetencias avaliadas, así como na importancia das variables que inflúen nestas mesmas puntuacións. Na dimensión oral, o alumnado obtivo os mellores resultados na adecuación sociolingüística con 3, 81 puntos, e na coherencia e na cohesión con 3, 7, mentres que as subompetencias con puntuacións máis baixas foron as de coñecemento do léxico, con 3, 54 puntos, e a do saber gramatical, con 3, 63 (Silva 2010: 110). Contrastando estes resultados cos obtidos en castelán, atopámonos con que neste caso ocorre exactamente o contrario: as subcompetencias con mellores puntuacións son as dúas que acabamos de mencionar (3, 89 puntos na gramática e 3, 8 no léxico), mentres que a subcompetencia da adecuación se reduce a 3, 71 puntos (Silva 2010: 82).\nConsiderando os preocupantes datos sobre a perda da transmisión xeracional da lingua galega nos últimos anos (o que provocou que, no 2013, só un 25% da mocidade de entre 5 e 14 anos tivese o galego como lingua única ou habitual, de acordo cos datos do IGE), resulta comprensible que a escola aumentase o seu grao de importancia como axente determinante para garantir xa non só un aumento dos usos lingüísticos en galego, senón a adquisición dunha competencia mínima nesta lingua por parte dos discentes castelanfalantes, tal e como vimos na Introdución. Porén, os resultados deste estudo, o de maior amplitude desenvolto ata o de agora en Galicia, lévannos a interpretar que o goberno autonómico está a incumprir o artigo da Lei de normalización xa mencionado ao fin da epígrafe 3.1, isto é, o 14.3, no que se establece a necesidade de que o alumnado dispoña dunha competencia equiparable nas dúas linguas oficiais ao remate de cada ciclo educativo obrigatorio (Xunta de Galicia, 14 de xullo do 1983: 4).\nNon obstante, parece que este desequilibro de competencias non se produce, polo menos de maneira tan acentuada, no alumnado que ten o galego como lingua habitual. No 2014, Loredo e Silva publicaron un traballo no que, partindo da análise dos resultados do estudo ao que nos viñemos referindo nos parágrafos anteriores, establecen cales son as variables que inflúen en maior ou menor medida na adquisición das competencias lingüísticas por parte do alumnado de 4.º da ESO. Segundo os propios autores, “os resultados indican que ter unha boa competencia gramatical e léxica en galego inflúe de maneira positiva nas mesmas competencias en castelán, circunstancia que non se produce á inversa ” (a cursiva é nosa) (Loredo & Silva 2014:\nPara intentar atopar unha explicación a esta diferenza de competencias entre castelanfalantes e galegofalantes, pode resultar esclarecedor o seguinte texto de Costas. Neste, destácase que o predominio do castelán na práctica totalidade dos contextos da sociedade galega garante que toda Galicia teña unha competencia axeitada neste idioma, mentres que en moitas ocasións certos sectores, como a mocidade castelanófona das contornas urbanas, apenas ten contacto co galego, o que dificulta a súa aprendizaxe:\nVerbo da competencia bilingüe dos galegos, quen acada hoxe en día con máis facilidade o bilingüismo galegocastelán? Só os galegofalantes, xa que o castelán (que é obrigatorio, segundo a Constitución) o pode aprender calquera en ámbitos e medios moi diversos: escola, televisión, xornais, cómics, cinema, radio, música, igrexa, administración, empresa, sanidade, grandes superficies comerciais etc. En troques, os castelanfalantes urbanos novos, agás parcialmente nos centros de ensino, en que outros lugares teñen oportunidade de se facer competentes en galego? En moi poucos, así que dificilmente poderán ser bilingües; o máis previsible é que acaden un bo dominio dunha lingua (castelán) e un dominio insuficiente ou simplemente dominio pasivo da outra (galego).\nEn suma: nas condicións actuais, as persoas que realmente se fan bilingües son as galegofalantes, algo que non ocorre coas castelanfalantes. De feito, na xeración dos menores de 30 anos, na Galicia urbana, hai xa unha porcentaxe elevada de monolingües en castelán que teñen graves dificultades para se expresar nun galego oral minimamente aceptable (Costas 2009: 2728).\nTendo en conta esta diferenza de usos lingüísticos, baseados nunha maior cantidade de espazos reservados para o emprego do castelán que do galego, os defensores do Decreto 124/2007 concibiron o ensino como un axente compensador da desigualdade lingüística presente no resto da sociedade galega para conseguir o equilibro. Esta igualdade intentaríase acadar mediante unha priorización do galego na escola, ao considerar esta medida como a única posible para obter unha mocidade plenamente bilingüe, de acordo co estipulado no artigo 14.3. da Lei de normalización, antes mencionado.\n3.3. Noción tradicional do ensino bilingüe, monolingües por privilexio e bilingües por necesidade\nTradicionalmente, supoñíase que unha exposición temperá a unha lingua distinta da inicial podía representar un desenvolvemento cognitivo e lingüístico negativos para o falante. Noutras palabras, considerábase que o procesamento de calquera tipo de información nun segundo idioma supoñía non só o deterioro de todas as linguas involucradas no proceso, senón tamén o retraso na aprendizaxe do coñecemento. Neste senso, existen traballos sobre educación bilingüe en que se expoñen como, nunha mesma aula, o alumnado bilingüe era precisamente o que presentaba os resultados máis deficitarios na adquisición dos coñecementos e na competencia lingüística. Como afirma Cummins (1983: 38), hipóteses como “o efecto balanceo”, coa que o dominio dunha segunda lingua se traduce nunha perda equivalente de competencia na primeira, ou a que defende que a escolarización nun idioma distinto do inicial equivale a un retraso académico do neno, foron as máis empregadas para soster que a educación bilingüe implicaba “confusión mental” e “hándicap” no individuo.\nAtopámonos, pois, ante unha concepción absolutamente negativa da educación bilingüe que se ve sostida por ideas como as que acabamos de mencionar. Non obstante, cómpre sinalarmos un aspecto clave: ao longo de toda esta liña de investigación tradicional sobre educación bilingüe, ningún dos especialistas deu en sinalar que estes resultados deficitarios se podían deber a outros factores de índole social, e non necesariamente aos estritamente lingüísticos. En calquera territorio con linguas en contacto, adoita estar presente un reparto de contextos de uso prexudicial para unha delas: nestes casos, pode acontecer que a lingua dominante e de maior prestixio social estea vencellada aos usos lingüísticos de prestixio, ademais de contar coas actitudes máis favorables por parte da cidadanía, independentemente do idioma que esta utilice; por outra banda, tamén é probable que a lingua dominada, xeralmente a autóctona, sexa empregada nos ámbitos informais de menor consideración e conte coas actitudes máis negativas.A situación que acabamos de describir correspóndese co contexto sociolingüístico de Galicia anterior ás políticas de normalización iniciadas nos oitenta: nesta época, os galegofalantes víanse obrigados a adquirir competencias en castelán, ao mesmo tempo os castelanfalantes podían permanecer na súa posición de monolingües, sen que en ningún momento se lles esixise aprender o galego (Vila 2012: 5). Para comprender esta diferenza de xerarquías lingüísticas entre o galego e o castelán e, ademais, dispoñer de etiquetas específicas para cada grupo, nós propoñemos os conceptos de monolingües por privilexio para os castelanfalantes e os de bilingües por necesidade 5 para os galegofalantes, pois poden resultar útiles para describir o contexto sociolingüístico galego que é anterior ao inicio das políticas de normalización lingüística dos oitenta. Noutras palabras, ao non existir naquel momento medidas concretas que buscasen potenciar os usos e as competencias en galego no ensino, a mocidade galegofalante non dispoñía de contextos en que adquirir unha competencia escrita baseada na lectura e na escritura da súa lingua, aínda que si acadaba un dominio (tanto oral como escrito do castelán), mentres que os castelanfalantes tiña un acceso moito menor á\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 43\naprendizaxe da lingua galega en calquera das catro modalidades (falar, entender, ler e escribir).Porén, a partir dos decretos de distribución de linguas do ensino que se derivaron da Lei de normalización esta situación cambiou: se ben é certo que, tal e como sinalamos ao inicio deste traballo, nestes textos se seguía priorizando o uso do castelán nas aulas (ata a chegada do Decreto 124/2007), resulta evidente que a introdución do ensino do (e en) galego nunha parte do currículo permitiu superar a situación de “bilingüismo asimétrico” (isto é, na que os galegofalantes eran bilingües e os castelanfalantes permanecían illados no seu monolingüismo) das décadas anteriores. Como proba disto, convén acudir aos resultados amosados no primeiro volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia do 1992, xa que neste ano xa se comezan a apreciar os resultados da escolarización parcial en galego: concretamente, un 80, 3% dos enquisados de entre 16 e 25 anos afirma ter un bo dominio do galego falado, un 72, 9% da lectura e un 64, 1% da escritura, mentres que a práctica totalidade de informantes afirma entender o galego sen dificultades (Seminario de Sociolingüística 1994: 82). Tendo en conta que, neste mesmo ano, xa un 53, 4 dos enquisados situados neste tramo de idade afirma ser total ou maioritariamente castelanfalante (Seminario de Sociolingüística 1995: 50), podemos concluír que nos últimos anos do século xx os castelanfalantes xa tiñan acceso a unha aprendizaxe parcial en galego, á marxe do tipo de competencias nesta lingua que posuísen ao rematar o ensino obrigatorio e do seu grao de presenza nas aulas, que foi variando con cada novo decreto. En función destes dous últimos factores, podemos falar de diferentes modelos de ensino bilingüe, que neste traballo denominamos como modelos de inmersión, mantemento e submersión de linguas.\n3.4. Hipótese da interdependencia lingüística e posibles modelos de educación bilingüe: inmersión, mantemento e submersión\nNo 1965, na provincia canadense de Quebec, Wallace Lambert e Wilder Penfield realizaron varios traballos de investigación sobre educación bilingüe con grupos experimentais de inmersión en francés para alumnado de familias anglófonas, co obxectivo de acadar a dignificación deste idioma nun país no que había unha desigualdade moi acusada entre o inglés, o idioma de prestixio, e o francés, vencellado aos grupos de poboación co status socioeconómico máis baixo. Así pois, despois do consentimento das familias anglófonas participantes no programa, xa que desexaban o bilingüismo para os seus fillos, ao longo de toda a súa escolarización obrigatoria este perfil de alumnado, que tiña o inglés como lingua inicial, recibiu unha educación monolingüe en francés nos primeiros anos de educación, a medida que se ía introducindo o inglés de maneira progresiva nos cursos posteriores.\nA diferenza dos resultados obtidos nas investigacións precedentes, os resultados destes grupos amosaron que o desenvolvemento académico, lingüístico e cognitivo dos nenos sometidos á inmersión podía supoñer a adquisición, a longo prazo, dunha maior “flexibilidade cognitiva” por parte dos discentes (Lambert 1981: 172). No seguinte texto, o propio Lambert compendia os principais beneficios que se obtiveron da aplicación dos programas, que parecen indicar que o alumnado anglófono do programa de inmersión en francés conseguiu unha competencia lingüística neste idioma moito máis próxima á dos nenos francófonos cá dos nenos anglófonos que estudaban o francés como unha lingua estranxeira:\nlante ten suficientemente asentado o seu coñecemento da lingua inicial. Dáse, deste xeito, unha relación de reciprocidade entre as linguas empregadas por un mesmo falante, relación que adquire especial relevancia á hora de acadar unha segunda lingua, xa que o falante usará de maneira combinada os seus idiomas cando se dea calquera tipo de aprendizaxe. Algunhas das vantaxes da devandita hipótese son compendiadas por Baker no fragmento que representamos a continuación:\nSeguindo de novo a Baker (1997: 229220), son catro os factores que determinan os modelos de educación bilingüe: a) o perfil dos falantes aos que vaian dirixidos (monolingües ou bilingües); b) o tratamento de linguas que se faga nas aulas; c) os obxectivos lingüísticos do sistema; e d) o tipo de bilingüismo que se queira obter coa aplicación do programa. Partindo destes criterios, atoparémonos con que nun territorio con contacto de linguas poderanse empregar diferentes modelos educativos, distribuídos ao longo dun continuo con diversas posibilidades, e cos seguintes extremos: a) un modelo pensado para que os falantes da lingua minorizada abandonen este idioma e empreguen o dominante, derivando na obtención de falantes nun inicio monolingües no uso, e a longo prazo tamén en competencias ao abandonar a lingua propia; e b) a súa contraparte, coa que se realiza unha escolarización integramente na lingua autóctona, permitindo aos seus falantes que a manteñan e asegurando que os falantes da lingua hexemónica se convertan en bilingües. Atopámonos, polo tanto, ante unha postura utilitarista e prexudicial para a diversidade lingüística, por unha banda, e con outra comprometida pola variedade idiomática e cos dereitos lingüísticos de todas as persoas, tanto individuais como colectivos, pola outra.\nAínda que o propio Baker fala de ata dez modelos de educación bilingüe, para este traballo optamos por establecérmonos unha clasificación máis simplificada, na que cada categoría poida ser susceptible de diferentes graos de aplicación e permita atopar unha equivalencia directa entre os modelos teóricos e os decretos de distribución de linguas no ensino que analizaremos nos Resultados. En consecuencia, para a seguinte clasificación aproveitamos as achegas feitas ao respecto por Iglesias (2017: 5356) e Fernández, Lorenzo e Ramallo (2008: 6365), que como mencionamos no capítulo 2 constitúen as únicas referencias do ámbito da bibliografía especializada galega nas que se aplica a terminoloxía dos modelos de ensino bilingüe aos Decretos 124/2007 e 79/2010:\n• Modelo de inmersión: con este tipo de educación bilingüe faise unha priorización da lingua minorizada nas aulas. Tamén recibe a denominación de modelo de enriquecemento (Fernández, Lorenzo & Ramallo 2008: 65), pois está pensado para que os falantes da lingua hexemónica (monolingües) engadan un novo idioma ao seu sistema cognitivo e lingüístico, desenvolvendo un bilingüismo aditivo. • Modelo de mantemento: este modelo está orientado a que os falantes bilingües (isto é, os falantes da lingua autóctona) conserven o idioma dominado, evitando na medida do posible que a acción asimiladora da lingua dominante derive nunha perda da que lles é propia. Na práctica, o que se pretende é que os falantes bilingües acaden un resultado positivo en usos (evitando a perda da lingua) e actitudes cara á variedade autóctona. • Modelo de submersión: dirixido aos falantes da lingua minorizada, constitúe un xeito de que o alumnado bilingüe adquira os trazos lingüísticos e culturais do grupo dominante, coa conseguinte perda do idioma propio; por este motivo é tamén denominado modelo de asimilación (Fernández, Lorenzo & Ramallo 2008: 66), acadándose ademais un bilingüismo substractivo. Nun territorio con linguas en contacto, resulta obvio que, partindo da clasificación anterior, só poderemos garantir a normalización da lingua autóctona mediante a aplicación dos dous primeiros modelos; o ensino, deste xeito, desempeñaría o papel compensatorio ou equilibrador ao que nos viñemos referindo durante as páxinas anteriores. O modelo asimilatorio, pola contra, será desenvolto por unhas autoridades que desexan manter esta desigualdade lingüística, para o que se adoitan empregar estratexias como a “naturalización” ou a “lexitimación” do seu discurso (Sánchez 2018: 1617) que permiten que esta discriminación sexa aceptada polos propios falantes da lingua autóctona, ou mesmo percibida como o lóxico.\n3.5. Cataluña e os programas de inmersión e mantemento do catalán\nCo obxectivo de refutar os argumentos que se esgrimiron en contra dos modelos de inmersión e mantemento de linguas aplicados en Cataluña, no 2011 a Universitat Oberta publicou os Resultats del model lingüístic escolar de Catalunya: l’evidència empírica (Strubell et al. 2011), un estudo no que un grupo de expertos analizou os resultados dos informes PISA (tanto desta Comunidade Autónoma coma doutras do resto do Estado) nos anos anteriores, co obxectivo de avaliar as habilidades cognitivas, os coñecementos académicos e as competencias lingüísticas en castelán e en catalán do alumnado de Cataluña. A grandes trazos, os especialistas que participaron na elaboración da investigación, a máis ampla realizada ata o de agora nesta comunidade, pretendían dar resposta a cuestións como a que se o alumnado castelanfalante ten dificultades para aprender nunha lingua que non é a súa, se se está a acadar unha competencia en castelán inferior ao catalán, ao só estar presente a primeira lingua na propia materia de Lingua castelá e literatura, e se existen problemas para que este perfil de estudantes acade unha competencia axeitada en catalán se non se fai un uso prioritario deste no ensino, entre outras interrogantes (Strubell et al. 2011: 7). No que a este artigo respecta, só nos ocuparemos brevemente das tres que foron mencionadas.\nComezando pola primeira das cuestións, no informe afírmase que as dúbidas sobre a correcta adquisición dos coñecementos académicos do alumnado castelanfalante de Cataluña que está escolarizado nos programas de inmersión non están xustificadas (Vila 2011a: 1113). Mediante unha comparación dos resultados obtidos en diversas competencias (comprensión lectora, coñecementos matemáticos, expresión lectora, etc), entre os estudantes castelanfalantes de Cataluña e os castelanfalantes doutras Comunidades Autónomas, chégase á conclusión de que a variable da lingua empregada no ensino non parece ser significativa para a adquisición dos coñecementos escolares: na maioría dos casos, os discentes cataláns amosaban resultados similares, ou incluso superiores, ao do alumnado doutros territorios en que o alumnado si estaba escolarizado na súa lingua propia (o castelán). Nas excepcións nas que se se presentan resultados significativamente inferiores aos doutras comunidades, extraeuse que influían outras variables alleas ao idioma vehicular das aulas, “implicadas na práctica educativa e na organización escolar” (Vila 2011a: 13).\nFinalmente, para tratar a cuestión do perigo da adquisición de competencias en catalán se non se prioriza este idioma na escola, Vila (2011b: 2931) baséase en tres estudos diferentes para demostrar que o único xeito de que o alumnado de Cataluña adquira unha competencia axeitada nesta lingua é mediante os programas de inmersión para castelanfalantes e os de mantemento para catalanfalantes. No primeiro destes traballos, a comparativa entre un modelo de ensino en catalán e outro en castelán demostra que o dominio do catalán é moito maior no primeiro modelo ca no segundo; no segundo estudo, contrástanse dous grupos de 2º da ESO, dos anos 2002 e 2004, escolarizados nos modelos de inmersión e mantemento do catalán, demostrándose que, a pesar do maior dominio desta lingua na dimensión oral, a competencia escrita está máis desenvolta en castelán; por último, a terceira investigación está dirixida á análise das variables que inflúen en maior medida, entre as que destaca a contorna sociolingüística (isto é, un ámbito catalanfalante facilitará a adquisición de competencias axeitadas en catalán). Se a estes resultados lles sumamos os argumentos esgrimidos nos dous parágrafos anteriores, cos que os coñecementos académicos e as competencias en castelán vense garantidas, interpretaremos que a priorización do catalán no ensino, traducida nos programas de inmersión e mantemento, resulta fundamental en Cataluña para obter unha mocidade bilingüe.\nRecuperando os contidos manexados na epígrafe 3.2., hai dous aspectos que poderían xustificar a necesidade da aplicación en Galicia dos programas de inmersión e mantemento da lingua galega: a) o alumnado remata o ensino obrigatorio cunha competencia en galego inferior ao castelán; e b) os discentes galegofalantes posúen unha competencia máis equilibrada en ambos os dous idiomas (e polo tanto máis bilingüe), o que parece estar xustificado pola predominio do castelán nos contextos alleos á escola. Por outra banda, os resultados positivos obtidos noutros territorios onde se aplicaron estes modelos de ensino parecen reforzar a idea dunha priorización do galego nas aulas.\nNeste senso, non existe en Galicia un estudo que analice en profundidade os efectos do Decreto 124/2007, o que introduciu en maior grao o uso do galego no ensino ata o de agora, nas competencias lingüísticas do alumnado. En todo caso, aínda que contamos co estudo do Instituto de Ciencias da Educación da USC, sobre o que nos centramos na mencionada epígrafe 3.2., o escaso período no que estivo en vigor o decreto do bipartito (tres cursos académicos), non foi suficiente para que se notasen os efectos da súa aplicación. Con todo, estudos de caso realizados en centros de Educación Infantil en que se realizaron proxectos experimentais de inmersión en galego, así como varios traballos críticos cos principios recollidos no Decreto 79/2010, axudan a interpretar que o ensino galego requería dos dous modelos de ensino bilingüe que viñemos mencionando nestas páxinas, co obxectivo último de que o alumnado acade unhas competencias plenamente bilingües. No seguinte capítulo, tras analizar os textos de ambos os dous decretos e algúns dos estudos publicados ao respecto, intentaremos inferir que modelos de ensino bilingüe aplicou cada goberno e que tipo de ideoloxías lingüísticas se lles poden adscribir.\n4. Análise dos decretos 124/2007 e 79/2010\n4.1. Decreto 124/2007: o ensino como un axente compensatorio do galego\nEn setembro do 2004, as tres forzas políticas que tiñan representación parlamentaria en Galicia nese momento (PPdG, PSdG e BNG) aprobaron na cámara autonómica o Plan xeral de normalización da lingua galega, no que se integran un conxunto de propósitos cos que se pretende acadar a dignificación e a recuperación social do idioma en todos os ámbitos de Galicia. No segundo sector do Plan, adicado ao ensino, á familia e á mocidade, destácase a necesidade de garantir unha competencia axeitada na lingua por parte do profesorado e do alumnado, promover o seu uso maioritario nas aulas nas interaccións co docente e co resto de compañeiros e aumentar a súa presenza na Educación Infantil, ao considerarse un dos niveis educativos máis castelanizados (Xunta de Galicia 2006: 94).\nPartindo dos datos recollidos no Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 6, no Plan destácanse varios problemas que afectan de maneira directa á normalización da lingua, como son a perda da transmisión xeracional do galego, a competencia desigual entre os dous idiomas oficiais, máis desenvolta en castelán, e o mantemento dunhas actitudes aínda reticentes cara ao galego e máis favorables cara á lingua estatal (Xunta de Galicia 2006: 7980).\nCo obxectivo de cumprir os preceptos recollidos no Plan xeral, no 2007 a coalición de goberno entre nacionalistas e socialistas derrogou o Decreto 247/1995, xa descrito brevemente na Introdución deste artigo, e substituíuno polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 1124711251). Así, xa no seu preámbulo se destaca a validez do devandito Plan, a necesidade de normalizar a lingua nos ámbitos de uso máis relevantes e a falta de adecuación do decreto anterior aos principios asumidos dende o 2004 (a cursiva é nosa):\nO Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004, establece como un dos seus obxectivos xerais conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, e dálle prioridade á súa presenza en sectores estratéxicos. O Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983 de normalización lingüística para a súa aplicación ao ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, recoñece que a adquisición dunha competencia comunicativa en galego por parte do alumnado só se pode conseguir a través da utilización vehicular desta lingua nunha parte significativa do currículo (Xunta de Galicia, 29 de xuño do 2007: 11247).\nTal e como se destaca no fragmento anterior, o bipartito apoia os principios recollidos no Plan xeral, especialmente nos referentes ao ensino. Isto é así ata o punto de que o Decreto 124/2007 contén puntos en que se reproducen literalmente fragmentos do texto do Plan, especialmente aqueles dedicados ao tratamento da lingua nos principais niveis de educación, e que se poden resumir en tres aspectos clave que xa mencionamos: a introdución do galego mediante a lectoescritura en Educación Infantil e, tanto neste nivel como na Educación Primaria e na Educación Secundaria Obrigatoria, a impartición dun mínimo do 50% das clases de cada curso en galego, coa obriga de que profesores e discentes utilicen en todo momento esta lingua nas materias destinadas ao seu uso (Xunta de Galicia, 29 de xuño do 2007: 1124811249). Non obstante, debemos tratar cada un destes puntos algo máis polo miúdo.\n4.1.1. Educación Infantil: introdución á lectoescritura en galego nas contornas urbanas e lingua predominante da contorna\nAta a entrada en vigor do Decreto 124/2007, tódolos decretos de distribución de linguas que se foran sucedendo dende a aplicación da Lei de normalización recollían o principio, establecido no seu artigo 13.2, de garantir que “todos os alumnos teñen o dereito a recibilo seu primeiro ensino na súa lingua materna” (Xunta de Galicia, 14 de xullo do 1983: 1896). Ademais, no caso do Decreto 247/1995, o inmediatamente posterior ao 124/2007, tamén se recollía que os profesores debían “ter en conta a lingua ambiental e coidar que [o alumnado] adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo” (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 15 de setembro do 1995: 2). Non obstante, para poder cumprir estes dous artigos da Lei de normalización e do Decreto 247, estaban presentes tres factores problemáticos sinalados por Martínez, Sobriño e Varela (2002: 572): a) a ausencia dunha metodoloxía de rigor que permitise acudir a fontes científicas e especialistas para determinar a lingua predominante na contorna; b) a imposibilidade, debido ao contexto interactivo e dinámico das clases, de atender de maneira individualizada ao alumnado cunha lingua inicial diferente dun xeito eficaz; e c) o mantemento de actitudes indiferentes, se non directamente reprobatorias, cara á lingua galega.\nPara intentar suplir estas carencias, no Decreto 124/2007 respectouse o devandito artigo 13.2 da lei, como dixemos, pero garantindo que tivese unha aplicación real tanto para o alumnado castelanfalante como galegofalante. Para iso, a lingua empregada en cada centro sería determinada mediante a consulta dos datos achegados polo Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, co obxectivo de coñecer a lingua predominante da contorna e combinando estes coñecementos coa información dos pais e dos datos estatísticos oficiais. Ademais, co obxectivo de garantir o desenvolvemento das competencias en galego por parte do alumnado castelanfalante, por unha banda, e de garantir que o galegofalante tivese acceso ao primeiro ensino na súa lingua propia (tal e como se recolle na Lei de normalización), por outra, no decreto tamén se introduce o uso do galego nun mínimo do 50% do horario total de cada ano (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 11248).\nPor outra banda, e considerando a preocupante situación da lingua galega neste chanzo educativo, o amparo xurídico do Decreto 124/2007 permitiu aos centros situados en contornas castelanfalantes que así o desexasen desenvolver programas en que o galego era a lingua predominante nas aulas, tal e como se recollera previamente no Plan xeral (Xunta de Galicia 2006: 102). Estes programas, cómpre engadir, eran de carácter totalmente voluntario, e desenvolvéronse co obxectivo de proporcionarlle ao alumnado castelanfalante o contacto suficiente co galego como para que puidesen acadar unha competencia axeitada neste idioma.\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 52\ncastelán pola simple interacción co resto de compañeiros galegofalantes (2011: 7071). Despois de implantar un grupo escolarizado integramente en galego en cada curso, observouse que unha maioría de alumnado castelanfalante ía mudando os seus hábitos lingüísticos cara ao galego, acadando deste xeito unha competencia moi desenvolta nesta lingua, sen que por iso se vise prexudicada a súa competencia en castelán (Varela & Oubiña 2011: 7074). Estes resultados, que deixan constancia da efectividade de utilizar o galego como a lingua prioritaria nas aulas, deberán ser tidos en conta máis adiante para valorar os modelos de ensino bilingüe que se aplicaron con cada decreto.\n4.1.2. Primaria, ESO e Bacharelato: o galego como lingua vehicular e lingua de interacción nun mínimo do 50% das clases\nComo xa sinalamos máis arriba, coa aplicación do Decreto 124/2007, o galego foi por vez primeira a lingua prioritaria no ensino non universitario, pois debía empregarse nun mínimo do 50% das horas totais de cada curso, de acordo co previamente establecido no Plan xeral de normalización da lingua galega (Xunta de Galicia 2006: 103104), sen chegar a especificarse unha porcentaxe máxima para a súa presenza (exceptuando as restantes materias de lingua, nas que debía utilizarse o idioma correspondente), e deixando aos centros o libre criterio de decidir se a partir da dita porcentaxe optaban por empregar a lingua en máis materias. En calquera caso, as materias que tiñan que ser impartidas obrigatoriamente no idioma propio foron, de acordo co propio texto do decreto (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 1124711248), as seguintes: a) na Educación Primaria, as áreas de matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía e dereitos humanos; b) na Educación Secundaria Obrigatoria, ciencias da natureza, ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas e educación para a cidadanía. No que ao Bacharelato respecta, se ben no texto non se chegan a establecer as materias específicas que estaban reservadas para o uso do galego, si que se establece o mínimo do 50% que tamén queda reservado para o resto de niveis educativos.\nPorén, o uso da lingua galega nun mínimo da metade das clases non foi a única medida favorable ao galego que se recollía no texto, pois tamén se establecía a obriga de que “nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega” o alumnado empregase “con carácter xeral o galego nas manifestacións oral e escrita” (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 11249). Noutras palabras, o galego convertiríase non só na lingua vehicular das clases (isto é, a propia dos materiais didácticos, as actividades e a empregada polo docente), senón tamén na lingua de interacción (a utilizada polos alumnos nas aulas, nas súas intervencións orais cotiás).\nAtopámonos, en definitiva, ante unha disciminación positiva da lingua galega na que, mediante a obriga de empregala en todos os contextos das materias destinadas ao seu uso, pretendíase contrarrestar ou compensar a hexemonía do castelán do resto da sociedade, garantir os dereitos lingüísticos dos estudantes galegofalantes (evitando que a escola funcione como un axente castelanizador) e posibilitar que o castelanfalante entrase en contacto co galego para posuír unha competencia bilingüe, tal e como se recolle no artigo 14.3 da Lei de normalización lingüística, sobre o que xa nos detivemos na epígrafe 3.2.\n4.1.3. Un modelo de inmersión parcial para castelanfalantes e un modelo de mantemento para galegofalantes 7\nTal e como acabamos de ver, debido á escasa efectividade da lexislación lingüística precedente ao Decreto 124/2007, na maioría dos casos o alumnado castelanfalante de Galicia non posuía unha competencia en galego axeitada, nin tampouco tiña un contacto suficiente co idioma para que aumentasen os usos; ademais, no caso do alumnado galegofalante, o ensino chegaba a funcionar como un axente castelanizador, especialmente nos centros de Educación Infantil das contornas urbanas, debido ao escaso contacto que os discentes tiñan, e aínda teñen, coa lingua propia fóra do ámbito familiar. Tendo en conta as súas características xerais, e tomando como base as achegas de Iglesias (2017: 5356) e Fernández, Lorenzo e Ramallo (2008: 6365) na epígrafe 3.4, agora cómpre establecer os tipos de ensino bilingüe que se aplicaron co devandito decreto.\nDeste xeito, e recordando os trazos básicos deste: a) uso do galego en Educación Infantil nun mínimo do 50% do horario total dos centros de Educación Infantil que están situados en contornas castelanfalantes; b) uso desta mesma lingua nun mínimo do 50% das horas totais en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria; e c) nestes dous últimos niveis educativos, a obriga de que o galego fose tanto a lingua vehicular (utilizada polo docente e a propia dos materiais curriculares) como a lingua de interacción (a empregada polo alumnado en tódalas intervencións orais e escritas) das materias destinadas ao seu uso, obtemos que o modelo de educación bilingüe para castelanfalantes consiste nun modelo de inmersión parcial.\nCon todo, cómpre lembrar que no decreto non se establecía un número de horas máximo para empregar o galego en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, coa excepción das materias restantes de lingua, polo que os centros que así o desexasen podían empregalo en máis do mínimo do 50% estipulado. Ademais, varios centros de Educación Infantil tamén desenvolveron programas experimentais onde se utilizaba exclusivamente o galego, polo que tamén posibilitaba o desenvolvemento de modelos de inmersión total para castelanfalantes.\nNo caso do alumnado galegofalante, o decreto intentaba contrarrestar a presión social derivada do predominio do castelán en contextos alleos á casa e á familia, onde aprenderon o galego. Mediante a proxección dunha imaxe positiva do galego e a súa presenza prioritaria no ensino, aplícabase un modelo de mantemento para evitar que se realizase un cambio de idioma, modificando o efecto castelanizador do ensino que caracterizara á lexislación anterior.\n4.2. Decreto 79/2010: unha diferenciación entre o igualitario e o equitativo\nA grandes trazos, xa no preámbulo do texto pódese inferir a oposición dos PPdG a calquera tipo de discriminación positiva da lingua galega, aducindo que resulta fundamental continuar co modelo de “conxunción lingüística” 8 que se desenvolvera cos decretos anteriores ao 124, e xustificando esta decisión pola necesidade de acadar\nAnálise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165\nun dominio pleno dos dous idiomas oficiais e, a maiores, de polo menos unha lingua estranxeira (a cursiva é nosa):\nO motivo polo que destacamos algúns fragmentos do texto anterior débese a que estes conteñen, precisamente, o argumentario que empregou o PPdG para defender a distribución de linguas a partes iguais que impera no Decreto 79/2010: para os conservadores, o modelo de “conxunción lingüística” permitía que o alumnado acadase unha competencia plena en galego e castelán, rexeitando para iso calquera tipo de discriminación positiva cara ao galego que predominaba no Decreto 124/2007. Ignoraron, pois, varios aspectos clave aos que xa nos viñemos referindo anteriormente: a) os resultados positivos doutros territorios en que se desenvolveron programas de inmersión, tales como a provincia canadiense de Quebec ou Cataluña, tal e como expuxemos nas epígrafes 3.4. e 3.5.; b) dentro da propia Galicia, traballos de avaliación de competencias como o do Instituto de Ciencias da Educación (ICE de agora en adiante) (Silva 2010), xa desenvolto na sección 3.2., que amosaban que o modelo de linguas desenvolto ata o momento no ensino non garantía a adquisición de competencias bilingües 9 ; c) o predominio do castelán no resto de ámbitos da sociedade, o que permitía que o coñecemento do castelán estivese máis que garantido.\nTamén merece especial mención que, no que respecta á distribución de linguas por materias, con este novo decreto permítese que os centros que dispoñen de proxectos plurilingües incorporen unha lingua estranxeira como o terceiro idioma vehicular do currículo, de maneira que nestes casos a porcentaxe de uso do galego queda reducida a un terzo do horario total. Esta decisión xustífícase no texto polos efectos da globalización, pero parece responder máis a unha mercantilización das linguas que a un verdadeiro compromiso por acadar unha competencia semellante en varios idiomas:\nCon este tipo de discurso, o PPdG pretendeu xustificar un modelo de ensino de linguas que lle concede ao castelán e ao inglés o mesmo grao de presenza co galego nas aulas, ignorando a desigualdade lingüística de base que impera non só en Galicia (entre o galego e o castelán), senón tamén no mundo moderno, debido ao valor que se lle concede ás frecuentemente chamadas “linguas globais”, consideradas unicamente polo seu potencial sociopolítico e económico. Noutras palabras, dende esta perspectiva os idiomas son concibidos como simples ferramentas que permiten a inclusión nun mercado laboral cada vez máis competitivo, pero sen ter en conta o respecto pola diversidade lingüística e polas linguas autóctonas e propias dun determinado territorio. Tal e como expón Ramallo (2017: 60), falamos dunha “mercantilización da lingua, sen outra finalidade que obedecer as ‘ordes’ dunha razón neoliberal deseñada para promover o fortalecemento do capital humano como única saída ao suxeito emprendedor”.\nPartindo deste argumentario, as características fundamentais do decreto correspóndense, precisamente, con todo o que se anulou do texto do bipartito. Tal e como fixemos na sección de análise do Decreto 124/2007, nesta nova epígrafe analizaremos máis en detalle cada un destes trazos que definen o Decreto 79/2010 e as súas diferenzas co texto anterior, clasificando os contidos en función do nivel educativo no que se aplican.\n4.2.1. Educación Infantil: consulta aos pais e lingua predominante na contorna\nNo tocante ao primeiro nivel de ensino, en todos os decretos de distribución de linguas que se foron sucedendo dende os anos oitenta ata a actualidade respectouse o principio, recollido na Lei de normalización, de que “todos os alumnos teñen o dereito a recibilo seu primeiro ensino na súa lingua lingua materna” (Xunta de Galicia, 14 de xullo do 1983: 1896). En todo caso, se ben no Decreto 124/2007 tamén se respectaba este criterio, tal e como vimos na sección 4.1., tamén se tiñan en conta os datos obtidos a través de fontes de consulta como o Mapa Sociolingüístico de Galicia, para así saber cal era a lingua predominante no alumnado.\nPorén, mentres que no texto do bipartito se consideraban o criterio das familias, os datos estatísticos e as fontes especializadas por igual, nun inicio no Decreto 79/2010 o PPdG unicamente tiña en conta “unha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais” (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 25 de maio do 2010: 9244) para decidir con obxectividade cal era a lingua máis empregada na contorna. Neste sentido, deixar a responsabilidade total desta decisión no criterio dos pais suporía un factor de risco que podería derivar nun predominio absoluto do castelán en Educación Infantil, tendo en conta que moitas xeracións de falantes aínda manifestan unhas actitudes que, se ben non son directamente negativas cara ao galego, tenden a amosar unha preferencia social polo castelán. Como afirman Janeiro e Álvarez (2013a: 19), “é ben coñecida a histórica negación da identidade galegofalante nunha ampla masa social onde aínda aniña unha diglosia inculcada a ferro. Polo tanto, un risco engadido é que a información familiar responda máis ao desexo ca á realidade”.\nPor outra banda, a eliminación, nas contornas urbanas, da introdución compensatoria do galego trouxo consigo dúas consecuencias principais: a) a eliminación dun dos escasos contextos de contacto, se non o único, coa lingua por parte das novas xeracións de castelanfalantes das grandes cidades galegas; e b) o incumprimento, por parte do PPdG, dun Plan xeral de normalización no que se recollía a necesidade de “fixar, como mínimo, un terzo do horario semanal en galego nestas etapas educativas para os contextos e contornos nos que a lingua predominante sexa o castelán” (Xunta de Galicia 2006: 102), e que no Decreto 124/2007 se aumentara ata un mínimo do\n50%.Non obstante, e a pesar de que o Decreto 79/2010 xa non permite un uso do mínimo do 50% nas contornas castelanfalantes, séguese recollendo a obriga do profesorado de procurar “que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo” (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 25 de maio do 2010: 9244). O problema que xorde aquí é que en ningún momento se especifica que grao de presenza debe ter o galego nestes contornos, o que provoca, segundo Iglesias (2018: 151) que “estes apartados da lexislación apenas se aplican na práctica, pois na maior parte dos casos os centros decántanse pola lingua predominante entre o alumnado, introducindo a outra de forma anecdótica ou incluso obviándoa totalmente”.\nDe feito, neste mesmo traballo a autora comproba que tipo de competencias lingüísticas se obteñen, coa aplicación do decreto, en alumnado de diferentes perfís sociolingüísticos; para iso, aplicouse unha entrevista ao alumnado de Educación Infantil cunha parte de conversa espontánea, e con outra parte baseada nun exercicio de identificación de imaxes. Ante a ausencia do suficiente input en galego da escola, considerada como o principal axente que podería reverter a falta de contacto con esta lingua nas contornas castelanfalantes, o estudo extrae dúas conclusións básicas sobre as competencias do alumnado situado nestes contextos: a) a maioría do alumnado, castelanfalante, non parece posuír un dominio equilibrado das dúas linguas, pois na parte de identificación de imaxes nomeaban case todas en castelán, sen ser quen de dicilo en galego; b) dos seis nenos galegofalantes de contornas castelanfalantes que participaron neste mesmo exercicio, cinco nomearon as imaxes maioritariamente en castelán, o que tamén parece deberse a un descenso nos usos do galego destes mesmos falantes, debido (entre outros factores) ao efecto castelanizador da escola (Iglesias 2018: 152157).\n4.2.2. Primaria, ESO e Bacharelato: reparto igualitario de linguas por materias e liberdade idiomática do alumnado\nO decreto do plurilingüismo baséase nun reparto equitativo de linguas, de maneira que un 50% das materias pasan a ser impartidas en galego e outro 50% en castelán. Esta porcentaxe, cómpre engadir, queda reducida a un 33% para cada lingua nos centros que incorporan unha lingua estranxeira como a vehicular dunha parte do currículo (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 25 de maio do 2010: 9244).\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 59\ndebían posuír un coñecemento similar dos dous idiomas ao remataren cada ciclo educativo (Lei 3/1983: 1896). Polo tanto, debido a esta decisión do tribunal, o factor da obriga explícita de empregar o galego que predominaba no decreto do bipartito segue a estar presente no novo texto.\nEn esencia, coa aplicación do Decreto 79/2010 os populares anularon todos os usos prioritarios do galego que se fixeran co decreto anterior, rexeitando calquera medida compensatoria do idioma e obviando a situación de desigualdade entre os dous idiomas en calquera ámbito das esferas pública e privada de Galicia. Neste senso, non só se incumpría o establecido no Plan xeral de normalización no 2004, senón que tamén se ignoraban algúns dos puntos básicos da Lei de normalización, tales como priorizar o uso da lingua no ensino ou garantir unha competencia equiparable nos dous idiomas. De feito, traballos como os de Silva (2010: 62; 82) e Iglesias (2018: 152157), xa mencionados anteriormente, parecen indicar que este domino equiparable non chega a producirse, e o alumnado remata o ensino básico cunha competencia inferior en galego ca en castelán.\nDito doutro xeito, fíxose un tratamento supostamente igualitario entre o galego e o castelán nas aulas, pero sen ter en conta que, de acordo co marco legal vixente, estas deberían funcionar como un axente compensatorio da devandita desigualdade. Desta maneira, e coincidindo con Villares (2010: 46), o tratamento igualitario (división a partes iguais do grao de presenza de cada lingua) debería ser considerado non como un medio, senón como un fin que se debe acadar unha vez se acade a normalización ou igualdade plena entre o galego e o castelán; mentres tanto, o medio para obter ese obxectivo sería un predominio do uso do galego neste ámbito (o realmente equitativo).\n4.2.3. Un modelo de submersión para galegofalantes\nComo puidemos ver na análise deste decreto, unha distribución de linguas por materias do 50% para cada lingua, que queda reducida a un terzo para os centros que incorporan un idioma estranxeiro como vehicular, non permite que o alumnado galegofalante situado en contornas urbanas poida empregar a súa lingua propia sexa con normalidade. Por este motivo, o Decreto 79/2010 desenvolveu, acudindo de novo aos traballos de Iglesias (2017: 5455) e Fernández, Lorenzo e Ramallo (2008: 66), un modelo de submersión para os estudantes galegofalantes destes contextos, recuperando a escola a función castelanizadora que viñera desempeñando en tódolos decretos de distribución de linguas anteriores ao 124/2007.\n5. Conclusións e reflexión final\nCoa aprobación unánime do Plan xeral de normalización da lingua galega no 2003, sentáronse as bases para que a coalición de goberno entre o PSdG e o BNG elaborase un decreto co que, por primeira vez na historia, se priorizaría o uso do galego nas aulas. Tal e como puidemos ver nas páxinas anteriores, coas medidas do Decreto 124/2007 desenvolvéronse dous modelos de ensino bilingüe: un de mantemento da lingua propia para o alumnado galegofalante e outro de inmersión parcial para o castelanfalante, deixando á elección dos centros que o grao de uso da lingua galega se aumentase para obter un programa de inmersión total. Un exemplo disto constitúeno os programas experimentais que desenvolveron numerosos centros de Educación Infantil situados en contornas castelanfalantes.\nNon obstante, non se puido realizar unha comprobación dos efectos da aplicación do Decreto 124/2007 sobre as competencias lingüísticas do alumnado galego: despois de estar só tres cursos académicos en vigor, o retorno do PPdG ao goberno da Xunta derrogou o texto e substituíuno polo Decreto 79/2010, actualmente en vigor. Como xa puidemos comprobar, eliminouse calquera tipo de priorización da lingua galega nas aulas, facéndose un reparto lingüístico distribuído a partes iguais entre o castelán e o galego, que podía quedar reducido a un terzo no caso dos centros que incorporaban o inglés como o terceiro idioma do currículo. Ante a negación dun contacto suficiente coa súa lingua propia no ámbito educativo, este decreto funciona como un modelo de submersión para o estudantado galegofalante de contornas castelanófonas, converténdose a escola nun axente castelanizador, tal e como ocorría antes de que se aplicase o texto do bipartito. Atopámonos, pois, ante o primeiro decreto de distribución de linguas que retrocede no proceso de inclusión do galego no ensino dende que se aprobou a Lei de normalización lingüística.\nDespois da análise dos dous decretos, podemos inferir que, ademais dos modelos de ensino bilingüe que aplicou cada goberno, as ideoloxías lingüísticas que o separan son moi diferentes. No caso da coalición entre socialistas e nacionalistas, estes parecían ser plenamente conscientes da desigualdade social entre o galego e o castelán. A súa proposta, en definitiva, foi a de facer un uso compensatorio do galego para que todo o alumnado, independentemente de cal fose a súa lingua, acadase unhas competencias bilingües axeitadas. No que respecta á metodoloxía máis axeitada para conseguilas, os estudos sobre o ensino bilingüe extraen que o camiño máis axeitado para conseguilo é mediante a inmersión na lingua máis débil. Tal e como afirma Iglesias (2018: 157), “o máis recomendable é o ensino na lingua menos prestixiada socialmente, é dicir, un programa de inmersión (total ou parcial), xa que a lingua dominante xa conta con suficientes vías de entrada fóra da escola e, polo tanto, a súa competencia está garantida”. Noutras palabras, co Decreto 124/2007 realizouse, como xa mencionamos en varias ocasións ao longo deste traballo, unha priorización do galego nas aulas para intentar contrarrestar a desigualdade que impera no resto na sociedade. Neste senso, esta devandita priorización da lingua nas aulas constitúese como un medio para acadar a igualdade plena entre ambos os dous idiomas no conxunto da sociedade.\nPolos motivos que acabamos de expoñer, resulta evidente que o modelo de linguas aplicado no Decreto 79/2010 obvia a desigualdade lingüística de base que impera en Galicia. Aínda que resultan necesarios máis traballos que examinen o impacto da aplicación deste decreto sobre as competencias lingüísticas en galego dos alumnos, os escasos estudos realizados ao respecto (Iglesias 2018; Silva 2010), indican a menor competencia en galego do alumnado e a castelanización á que se ven sometidos o estudantes galegofalantes das contornas urbanas e semiurbanas, especialmente na Educación Infantil.\nCon todo, cómpre mencionar que, aínda que neste artigo fixemos unha análise dos decretos baseándonos na adquisición de competencias, a súa aplicación tamén terá un influxo sobre as actitudes e, especialmente, sobre os usos lingüísticos dunha lingua ou doutra. Como exemplo, basta con considerar que, nos programas de inmersión, a adquisición de competencias bilingües facilitará a liberdade de escolla entre un idioma ou outro, de xeito que a mocidade castelanfalante podería ter unha maior predisposición a usar esta lingua, mentres que a galegofalante disporía dun aliciente para conservar o seu idioma propio.\nEn síntese, a análise que realizamos ao longo das páxinas anteriores evidencia que, mentres que o goberno bipartito asumiu un compromiso pola normalización do galego e a adquisición dunha competencia plena por parte de toda a mocidade, o PPdG aplicou un decreto que rexeita o camiño que parece máis propicio para acadar a igualdade plena entre as linguas galega e castelá. Neste senso, cómpre desenvolver unha actividade investigadora que permita comprender cal foi o contexto discursivo que rodeou a estes dous decretos, cunha dobre finalidade: a) coñecer cales foron os erros cometidos polo bipartito, máis alá da simple derrota electoral, ao non ser quen de facer chegar á sociedade os obxectivos que se perseguían co Decreto 124/2007; b) inferir que tipo de estratexias empregou o PPdG para ocultar a súa verdadeira ideoloxía lingüística, traducida nun texto que parece prexudicar enormemente á lingua galega no ensino como o Decreto 79/2010.\nAnálise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 63\nReferencias bibliográficas\nBaker, Colin. 1997. Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo. Madrid: Cátedra. (Tradución de Ángel Alonso; primeira edición en inglés 1993). Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidos nos diferentes niveis non universitarios. Diario Oficial de Galicia, 15 de setembro de 1995, 178, 6991. https://www. xunta.gal/dog/Publicados/1995/19950915/Anuncio4366_gl.html Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Diario Oficial de Galicia, 29 de xuño do 2007, 125, 1124711251. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2007/20070629/Anuncio22B3A_gl.html Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo non universitario de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 25 de maio do 2010, 97, 92429247. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20100525/Anuncio196D2_gl.html\nGutiérrez. 143161. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Janeiro, Xosé Luis & Andrés Alonso. 2013a. A lingua galega no ensino: reflexións sobre o decreto 124/2007. A letra miúda. Revista de sociolingüística para o ensino 3. http://coordinadoraendl.org/ aletramiuda/index.php?art=art5_n3.html (12/11/2018). Janeiro, Xosé Luis & Andrés Alonso. 2013b. O decreto 79/2010: Penélope e a lexislación lingüística. A letra miúda. Revista de sociolingüística para o ensino 4. http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/ index.php?art=art4_n4.html (12/11/2018).\nSeminario de Sociolingüística. 2016. Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 19922013. Santiago de Compostela: Real Academia Galega. http://publicacions.academia.gal/index.\nSerra, Josep. 2006. El plan de lengua y cohesión social en Cataluña: primeros datos de una investigación. Cultura y Educación 18 (2), 159172. https://doi.org/10.1174/113564006777973897"} +{"summary": "Achegarnos aos antecedentes con respecto ao estudo da infancia e da adolescencia desde a perspectiva históricoeducativa sitúanos ante o estado actual das investigacións neste eido e, igualmente, permítenos trazar novos horizontes a partir de retos e interrogantes que fican por resolver. Mediante esta aproximación historiográfica pretendemos ofrecer un percorrido que, tendo presentes as principais mudas acontecidas desde os incipientes traballos desenvolvidos a partir dos anos sesenta do século pasado, suscite novas posibilidades para a investigación en torno á infancia e á adolescencia na actualidade.", "text": "O ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA DESDE A PERSPECTIVA HISTÓRICOEDUCATIVA. PERFÍS POSÍBEIS PARA A INVESTIGACIÓN ACTUAL THE STUDY OF CHILDHOOD AND ADOLESCENCE FROM THE HISTORICALEDUCATIONAL PERSPECTIVE. POSSIBLE PROFILES FOR CURRENT RESEARCH\n: Infancia; adolescencia; historiografía; Historia da Ed ucación; investigación histórica.\nANTECEDENTES NO ESTUDO DA INFANCIA DESDE OS EIDOS HISTÓRICO E\nHISTÓRICOEDUCATIVO\nO estudo da infancia e da adolescencia constitúe un ámbito de recente atención no contexto da investigación histórica e históricoeducativa, en particular. Pese a que os historiadores se “dedicaron tradicionalmente a explicar a continuidade e o cambio no transcurso do tempo, coa conciencia de que desde Platón a infancia é unha das chaves para iso” (DeMause, 1994:16) pode detectarse unha tradicional ausencia de estudos sobre os suxeitos infantís e adolescentes. Esta ausencia foi en ocasións atribuída á escaseza de fontes; nesta liña cita DeMause (1994) as preguntas que Peter Laslett formula no seu texto do 1965 The world we have Lost sobre os “silencios” das testemuñas da infancia e da adolescencia, así como a pesimista afirmación de Bossard (1948) sobre as dificultades para escribir a historia da infancia debido á escaseza de datos históricos sobre a mesma.\nAsí, os suxeitos infantís, pese a estar paulatinamente presentes nos estudos e traballos procedentes das máis diversas áreas científicas durante o século XIX, estiveron practicamente ausentes na historiografía aínda durante as primeiras décadas do século XX, tanto na historiografía positivista como mesmo na historiografía dos Annales 1, sendo só a partir dos pasados anos 60 cando o seu estudo comezou a abordarse dun modo sistemático (Bajo Álvarez e Betrán Moya, 1998), en coincidencia coa renovación dos obxectos de estudo histórico. Ademais, pode detectarse no decurso historiográfico, segundo sinala Sanchidrián (2010) 2, que ata os últimos anos estes estudos centraron a súa atención máis na infancia que na adolescencia.\nA infancia fora, en todo caso, un obxecto de atención propio de horizontes considerados “non especificamente históricos” (Caspard, 2001). Etnólogos e folcloristas tíñanse dedicado a describir os ritos e costumes das sociedades denominadas “tradicionais”, entre os cales tamén chegaron a destacar os relativos á infancia e á adolescencia 3. Por isto mesmo, o enfoque etnográfico será adoptado por parte dos historiadores a partir dos anos 70, “suscitando a grande moda dos arquivos e investigacións orais, ou a redacción de memorias e de relatos de infancia” (Caspard, 2001:80). Tamén desde a historia do dereito, que inclúe o dereito canónico, proporcionáronse pautas que permitiron comprender non só o dereito relativo á infancia, senón tamén as concepcións ou representacións da infancia sobre as que se fundamentaba; por iso “nesta tradición, non sorprenderá que unha das primeiras obras colectivas consagradas á infancia fora, en 1976, un libro da Sociedade Jean Bodin, que reunía a xuristas e historiadores de dereito 4 ” (Caspard, 2001:81).\nDesde a historia da literatura tamén se estudaron as ideas e as representacións da infancia presentes en obras de grandes escritores como Rabelais, Montaigne, Rousseau ou Víctor Hugo, mentres que outros xéneros de menor recoñecemento foron relegados a un plano secundario ‒tales como a literatura infantil‒; non sendo ata a década dos pasados 70 cando “debutará a grande moda, que aínda non se esgotou, dos estudos referentes á historia da imprenta e da literatura infantís, incluíndo os debuxos animados. As representacións da infancia, da adolescencia e da xuventude transmitidas por esta literatura constitúen un dos temas recorrentes das investigacións neste campo” (Caspard, 2001:81). Incluso se realizaron estudos desde a denominada “historia da ensinanza”, cun carácter pouco relevante ata os anos sesenta, elaborados entón por parte de profesorado e funcionariado da Ensinanza Pública, que daba preferencia a temáticas relacionadas coas políticas escolares e coas ideas pedagóxicas. O suxeito infantil aparecía daquela “como representación dos pedagogos, como unidade contábel para os administradores, ou ben como futuro cidadán por educar; nin el nin a súa familia eran considerados en si mesmos como suxeitos, e logo como obxectos da historia” (Caspard, 2001:81).\nA riqueza e abundancia dos datos obtidos permitiu entón determinar a precisa evolución cronolóxica dos fenómenos observados (polo menos desde o século XVII) e, deste xeito, esta disciplina ao principio esencialmente cuantitativa, levou a un mellor coñecemento das actitudes, dos comportamentos, das representacións e das mentalidades cara ao neno, xa que os índices de 4 A obra en tres volumes L’enfant. Recueuils de La Societé JeanBodin, editada en Bruxelas por parte da Librairie Encyclopédique. 5 Aínda que con respecto á propia historia da infancia este autor expón que non poderíamos falar da existencia de tal campo de investigación específico, xa que foi o resultante de investigacións levadas a cabo desde moi diversas perspectivas que só poden converxer parcialmente; de aí a “dificultade, aínda na actualidade, de escribir unha historia da infancia ou da xuventude que sexa algo máis que unha suma de puntos de vista relativamente heteroxéneos” (Caspard, 2001:82) 6 Desde 1973, os Annales de démographie historique consagraron un número especial ao tema Enfant et sociétés.\nfecundidade, a importancia das prácticas contraceptivas e o abandono de nenas e nenos, entre outros fenómenos, demostraron ser moi reveladores do lugar socialmente atribuído á infancia (Caspard, 2001). Ao cruzar os datos propiamente demográficos con indicadores sociais puido escribirse unha historia social da infancia, diferenciada segundo os medios, as profesións, as rexións xeográficas ou diversos criterios culturais. Podería dicirse pois que a demografía histórica bateu e entrelazouse con algúns dos interrogantes da historia social, que se atopaba sumida nun tempo de renovación desde finais dos 60, ampliando os seus horizontes limitados polas barreiras da investigación históricopolítica e históricoinstitucional, introducíndose na esfera privada da familia, das mulleres e da infancia (Ulivieri, 1986). Estes traballos tratan fundamentalmente de recuperar o lugar que tradicionalmente lle foi negado ou ben ocultado ao mundo infantil na historia, con todas as dificultades que comporta recobrar estas pegadas e voces.\nFoi neste momento cando as ciencias sociais se afastaron da análise das clases sociais hexemónicas para interesarse polas minorías sociais, entre as que figuran as nenas e os nenos, e os interrogantes de investigación pasaron do plano “económico” ao “mental” e cultural, outorgando interese á análise de todos os procesos de formación, de educación, de socialización e de inculcación da sociedade. Desta maneira, a historia cultural, a historia social, a historia das mentalidades, así como os relevantes estudos e formulacións elaboradas por Foucault 7 en relación coa xenealoxía, a biopolítica e as historias dos individuos, contribuíron tamén á constitución da infancia como campo de investigación, tendo como un dos seus obxectos principais poñer de manifesto as representacións sociais do neno e a súa evolución ao longo dos séculos.\nHai autores, como é do caso sinalar a Bajo Álvarez e Betrán Moya (1998), que afirman que o debate aberto por Ariès estaba xa perfilado na obra de Norbert Elias (1939), El proceso de civilización, aínda que esta non acadou notoriedade ata os anos 70. Para Elias o proceso de civilización implicaba o control dos instintos, “fenómeno que apenas tiña sido bosquexado durante a Idade Media con respecto aos séculos posteriores. Nos primeiros tempos da Idade Moderna, un conxunto de manuais prácticos ensinaban aos adultos como debían comportarse, distanciándose así do mundo dos nenos. Este foi o punto de partida de Ariès” (Bajo Álvarez e Betrán Moya, 1998:12). Con estes principios, abríronse novos paradigmas en torno á temática da infancia e da familia 11, fundamentalmente a partir das críticas realizadas por parte de medievalistas a esta visión trazada por Ariès.\nOutra temática de grande importancia estivo constituída, seguindo a Compére (1995) e a Caspard (2001), polo que á aculturación e á socialización das xeracións máis novas atinxe, dando como froito moi variadas investigacións, entre as que destacou a obra de Michel Foucault (sobre todo Surveiller et punir, 1975). Seguindo o seu exemplo estudáronse os “axentes de control social” (entre os que a escola e a familia ocupaban un lugar privilexiado), a organización e os regulamentos escolares, a institucionalización da familia, o contido dos medios de comunicación de masas destinados á infancia e á xuventude (para coñecer e afondar nas ideoloxías que transmiten e nos seus posíbeis “efectos”), os manuais escolares de todas as disciplinas, a literatura infantil, a prensa infantil e os debuxos animados. Nesta liña tamén a xuventude foi obxecto de estudos particulares:\nos grupos de bachareis, as sociedades de varóns ou as abadías de xuventude nos tempos antigos, os padroados católicos ou laicos, os movementos de xuventude, entre outros.\nCon estes preceptos podemos aludir a unha notábel evolución no que á historia da infancia e da adolescencia se refire, e tamén de moi diversas formas de ver e de comprender a infancia, das que destacamos, pola pegada que deixaron na historiografía da infancia, a visión do historiador francés Ariès, quen no marco da historia da vida privada das sociedades concibiu a infancia como un “sentimento moderno”; posteriormente, a do estadounidense Lloyd deMause, quen ubicou a historia do neno no curso dun proceso “psicoxénico” de evolución das pautas ou modelos de crianza; ou a perspectiva de Foucault, quen sitúa a construción dun modelo de infancia acorde cos poderes dominantes na Modernidade, entre outras. Toda a diversidade de perspectivas ou enfoques históricos foi tamén interpretada á luz das críticas realizadas por parte de Egle Becchi, Dominique Julia e Jacques Gélis (Alzate Piedrahita, 2003). Entre estas visións poden apreciarse dúas grandes tendencias sobre as que xiran todas as demais que, segundo Caspard (2001), serían as predominantes ata a actualidade na historiografía da infancia:\nanos), e unha adolescencia e unha xuventude que ofrecen menos referencias naturais e que obedecen en maior medida ás convencións sociais e xurídicas. A actitude do historiador neste caso radicaría na maior sensibilidade cara as continuidades, “podendo chegar, ao extremo, ata a historia inmóbil dos etnólogos” (Caspard, 2001:88).\nAfirma, igualmente, Caspard que:\nos historiadores que poñen en evidencia o papel das institucións, e sobre todo da escola, na constitución dos grupos de idade, son, significativamente, máis ben historiadores da época contemporánea, ou de finais do Antigo Réxime. Os interesados na Antigüidade ou no Medievo teñen máis tendencia a recalcar certas invariantes antropolóxicas que rexen aos grupos de idade (Caspard, 2001:88). Agora ben, como sinalan Bajo Álvarez e Betrán Moya (1998:13), “as cuestións que preocupan hoxe máis aos historiadores xa non se encamiñan pola vía da discusión sobre a existencia ou ausencia dun sentimento ‘moderno’ da infancia, senón pola de coñecer a natureza dese sentimento en cada etapa histórica e contexto social particular”. A infancia como obxecto do estudo histórico actual comprende a nenos e a nenas, todos suxeitos concretos observados nun marco social, entendendo que “o neno é, polo tanto, un ser á vez real e imaxinado, portador de significados e de ideoloxías” (Bajo Álvarez e Betrán Moya, 1998:13), e tendo tamén presente que non existe só unha infancia, senón moitas e todas elas diferentes; tal e como indica Becchi na presentación a Dávila e Naya:\nen plural e con distintas voces (...). A infancia, como unha categoría conceptual, ao igual que o seu referente ‒os nenos e as nenas, de todas as partes e de todos os tempos‒ require esa maneira poliforme de achegarse. Non só en canto aos espazos que ocupa, senón en canto ás súas representacións, imaxes e visións (Becchi; cit. en Dávila e Naya, 2005:17).\nEn todo caso, debemos recalcar que, en xeral, a meirande parte dos estudos de tipo histórico sobre a infancia que se desenvolveron amosan unha visión nesgada ou parcial da realidade 14 ; como formula DeMause “é innegábel que os historiadores veñen escribindo desde algún tempo sobre os nenos en épocas pasadas, pero (...) a maior parte destas obras dan unha visión deformada dos feitos da infancia nos períodos que abarcan” (DeMause, 1994:18), afirmando el mesmo que a idealización dos primeiros anos de vida adoita estar moi presente nos relatos elaborados por parte de biógrafos oficiais, de sociólogos da historia e de historiadores da literatura. A isto podemos engadir as complicacións xurdidas ao querer estudar as “diversas infancias”, cando a información da que dispoñemos a través das distintas fontes se restrinxe habitualmente (sobre todo en determinados períodos históricos) a unha infancia ideal ou idealizada, ou a aquela infancia relacionada coas clases sociais dominantes de cada período e lugar. Por este motivo, as cuestións ás que temos acceso relativas á infancia non poden ser sempre xeneralizábeis, senón expoñentes concretos dunha infancia pertencente, ou á sociedade marxinada (da que poucas referencias quedan e as que quedan están a ser un dos obxectos de estudo dominantes), ou á minoría privilexiada que foi tradicionalmente obxecto de estudo (Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón, 2004). 14 Non querendo referirnos con esta visión nesgada ou parcial a aquela requirida ou inherente á propia práctica interpretativa necesaria do historiador.\nAdemais, practicamente só podemos aproximarnos aos sentimentos, pensamentos, alegrías e pesadumes de nenas, nenos e adolescentes, a través das testemuñas que sobre isto deixou o mundo adulto (Bajo Álvarez e Betrán Moya, 1998) 15, o que pode supoñer xa de por si unha considerábel “desfiguración”. Un mundo adulto tamén en certa medida “desfigurado” se reparamos en que este se expresou, durante boa parte da historia occidental, parcial ou unilateralmente a través do pensamento dos máis destacados teóricos ou pensadores (homes) de cada época. Pero é verdade tamén que non poderemos comprender os conceptos que prevalecen nunha determinada cultura (entre eles os propios conceptos do mundo, do ser humano e da infancia) se non coñecemos o que nos din os adultos (ou uns poucos adultos concretos) sobre como desenvolven as súas interaccións cos nenos e adolescentes nesa sociedade concreta. A complexidade que todo isto encerra, mesturada coas lagoas existentes no propio coñecemento das vidas das nenas, dos nenos e das adolescentes (derivadas en parte da tradicional falta de consideración da infancia nas coordenadas das historia), poderá en múltiples ocasións impedirnos coñecer as súas realidades, sobre todo no que a certos períodos históricos refire.\nPodería dicirse que no contexto peninsular hispano, as “historias das infancias” abordadas como obxecto de investigación desde o ámbito históricoeducativo están aínda en iniciación pois, tras ter superado un enfoque “excesivamente institucionalista propio da historiografía tradicional da educación” (Borrás Llop, 1996:13), é certo que se ampliaron os seus horizontes, mais probabelmente aínda permanecen excesivamente dependentes doutros temas ou ámbitos de estudo, como poden ser a historia da escola, a historia da familia ou a historia das mulleres, entre outros.\nA pesar de que esta historiografía non ocupou ata agora un lugar destacado orixinou, porén, unha revisión da historia da educación en xeral, ao atender aos nenas e nenos que se están educando; isto implicou “pensar a educación en sentido amplo, para poder incluír todos os ambientes e situacións nas que o neno poida aprender” (Sanchidrián, 2010:73). Así, de forma relativamente recente apareceron en España varias obras centradas xenericamente na historia da infancia, e entre elas podemos destacar: Pancera (1993), Borrás Llop (1996), Santolaria Sierra (1997), Delgado Criado (1998), Bajo Álvarez e Betrán Moya (1998), e Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón (2004). A todo este repertorio, habería que engadir aínda outras obras ofrecidas desde diversos lugares de Europa, entre elas citamos un monográfico sobre a infancia en Europa (AA. VV, 1992), a Levi e Schmitt (1996) e a Becchi e Julia (1998a, 1998b), polas influencias que puideron suscitar nas sinaladas anteriormente 16.\nFalamos dun conxunto de textos redactados desde o mundo actual, onde gañan presenza os dereitos da infancia; nos que medra o interese pola súa educación e pola concienciación da sociedade e das familias a este respecto; onde se pretende que a interacción entre os diversos axentes educativos sexa cada vez maior, desenvolvéndose unha atención específica aos nenos e adolescentes 15 Para destacar este feito de que somos as adultas e adultos quen escribimos a historia de nenas e nenos, xa se interrogaban Becchi e Julia no ano 1996: “Historia da infancia. Historia sen palabras?”. 16 Ás que habería que sumar algunhas publicacións que nos chegan desde o territorio anglosaxón, entre as que destacamos as citadas en Sanchidrián (2010), quen contempla que “tamén neste terreo, a historiografía anglosaxona lévanos certa vantaxe” (Sanchidrián, 2010:77).\nconsiderados “en risco”, e no que de cada vez son máis os colectivos, asociacións e organizacións públicas e privadas que irrompen o silencio e os tabús tradicionais. Hoxe tamén son efectivamente máis o número de educadores e de familias convencidos de que o maltrato psíquico e físico anulan a chegada á idade adulta con equilibrio e madurez, así como a integración social (Delgado Criado, 1998). Ademais, valoramos que a estimábel presenza da historia da infancia e da súa educación nos planos de estudo universitarios, está permitindo a maior apertura e divulgación de novos campos de investigación.\nO ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA HOXE\nNas últimas décadas do século XX a visión da infancia como un “período especial da vida” sufriu fortes ataques e, á vez, resistiu, quizais porque unha das peculiaridades do século XX e “a raíz de grande parte da confusión actual e do ‘medo’ cara a infancia, é que uns defenden que os nenos son persoas con dereito a un certo grao de autonomía e outros, desde a perspectiva romántica, argumentan que o neno ten dereito a ser neno” (Cunningham, 1995:190). Consideramos, con Sanchidrián (2010), que podemos situarnos nunha ou noutra postura, pero sempre sabendo que a clarificación das forzas presentes en cada momento histórico axudarán a explicar as relacións entre nenas, nenos, adultas e adultos, que variarán, ademais, en cada contexto en función doutras variábeis como as clases sociais, os niveis culturais ou as relacións de xénero, entre outras dimensións. Neste camiño indica Pinilla (2011) que non é doado sintetizar o que prevalece nunha longa realidade froito da creación cultural en relación a un concepto evolutivo como é o de infancia, no que interveñen con notoriedade as diversas relacións entre persoas adultas, marcadas por factores de carácter económico, demográfico, político, psicolóxico ou moral, e no que existiron e existen elementos diferenciais segundo o xénero, a orixe e a clase social.\nA este respecto Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón realizan unha interesante achega ás Luces e sombras no proceso histórico da infancia. O neno hoxe (Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón, 2004:306336), trasladando novas dilucidacións sobre o perfil da infancia presente como “consecuencia”, “produto” ou “final” do proceso histórico, aludindo ás cuestións que reflectimos deseguido, reformuladas cos nosos criterios, polo interese que consideramos nelas recae. Pensamos que poden ser aspectos a ter en conta ao facer referencia á infancia, da adolescencia e das súas representacións no mundo actual e, polo tanto, de cara á proxección de investigacións vinculadas de algún modo con este campo 17 :\n— As ambigüidades no trato dos nenos, das nenas e dos adolescentes. Partindo da investigación de Richardson (1996) na que se examina esta temática asumindo que a infancia é unha categoría histórica e social forxada con ambivalencias 18, as autoras comprenden que o historiador debe ser, por necesidade, “estudante das ironías do cambio”, xa que o estudo da infancia e da adolescencia implica:\nun dos máis sucintos problemas da historiografía posmoderna, unha materia ilusoria con documentos inestábeis cargados de interpretacións mesturadas dos outros. Incluso as fontes de evidencia están contaminadas inevitabelmente pola memoria e a inmaturidade substituída polas autoridades adultas e os cambios nas actitudes sociais. O historiador debe dar un paso de confianza nos paradoxos das fases do recoñecemento e distorsión da materia que caracteriza a fugaz e ilusoria realidade da experiencia dos que están en vías de ser adultos (Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón, 2004:309). — A infancia explotada, marxinada, abandonada, ignorada, maltratada, acosada, secuestrada, perdida e asasinada. — Os nenos, nenas e adolescentes “acelerados” e os seus posíbeis “riscos” dentro das sociedades occidentais actuais. Os rápidos cambios sociais nas comunidades, nas familias, nas escolas, nos traballos; as influenzas e saturacións dos medios de comunicación; as tecnoloxías; as altas expectativas e presións das persoas adultas sobre as nenas e nenos; o illamento do contacto familiar e comunitario; a sobrecarga horaria e de responsabilidades, entre outros posíbeis factores vencellados ao capitalismo e xeradores de malestar, de estrés ou da desesperación, entre outras moitas consecuencias, fan que chegue a haber autores que nos falan hoxe en día do “neno apresurado”, como aquel que vive en constante desequilibrio apresurándose a ir cara o mundo dos adultos, e incluso da “desaparición da infancia” (cuestión abordada por autores como Elkind, Suransky, Postman, Meyrowitz, entre outros). Segundo Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón (2004), os autores destas teorías argumentan que os nenos de hoxe son dramaticamente diferentes dos de épocas históricas precedentes, presupoñendo unha “Idade de Ouro” da infancia na que nenas e nenos eran inocentes, despreocupados e protexidos, sendo estes esforzos inadecuados, como pode comprobarse a partir das grandes obras e investigacións en torno á historia da infancia 19. Ao noso parecer, cremos que se pode facer mención á desaparición dalgúns dos conceptos de infancia, da aparición doutros novos e incluso da persistencia doutros entre determinados grupos sociais no decurso da historia, pero non podería aludirse á desaparición da “infancia” e das súas representacións como constructo social do que se trata, e polo tanto, variábel segundo o contexto ao que esteamos a referir. Concordamos con Sanchidrián (2010) en afirmar que non hai dúbida de que as tecnoloxías, e en xeral as sociedades capitalistas nas que habitamos 20, mudaron as nosas vidas e, igualmente, están\ncooperando na construción dun novo concepto de infancia que bate, en certa medida, coas concepcións tradicionais. Así, poderíamos reiterar que as mudanzas sociais están 19 Entre as que Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón (2004) sinalan os traballos de Ariès (1960); DeMause (1994); Pollock (1983); ou Shorter (1975). 20 Valoramos que a “mercadorización” e o control das necesidades dos nenos, nenas e adolescentes (e incluso a creación doutras necesidades ilusorias mercé aos intereses do propio mercado) perverte a súa racionalidade natural en beneficio dos intereses económicos. Así acontece actualmente nos eidos: da saúde, a través da patoloxización e farmacoloxización dos patróns condutuais non normativos; do ocio, vencellado a un consumo individualista e exacerbado de produtos “prefabricados” marcados por nesgos de xénero, clase social, etnia, condición sexual, etc.; da alimentación industrial en prexuízo da local; da comunicación dixital en detrimento da comunitaria; e incluso dos tempos, controlados ao servizo dunha suposta conciliación que camiña cara a procura de rendementos e méritos intercambiábeis no mercado do coñecemento; entre outros.\nconstruíndo novos roles dos nenos como obxecto de consumo e como consumidores, e destruíndo outros tantos ligados a valores probabelmente máis desexábeis. Neste sentido, cremos que poderíamos falar non tanto de menores ou de mocidade en risco, senón que deberíamos, ao noso parecer, poñer máis énfase nos riscos que leva de seu vivir nas sociedades nas que vivimos, podendo aludir entón a “sociedades de risco” (para todas e todos nós, para as nosas vidas e, polo tanto, tamén para as vidas das crianzas) e “en risco” (poñendo o acento tamén nas teorías do decrecemento e nos máis recentes estudos medioambientais). — O neno ¿ameaza? ou ¿vítima? : a partir dos estudos da socióloga Barrie Thorne, investigadora da estrutura familiar desde os diversos condicionamentos de xénero, lingua e sexo, pregúntanse as autoras polo lugar que nenas e nenos ocupan a finais do século XX. Seguindo esta liña de investigación (marcada pola revisión da imaxe do neno desde a perspectiva do adulto e das incidencias que o cambio social exerce nisto) defínense tres imaxes do neno no mundo contemporáneo: como ameaza para a sociedade adulta, como vítima, ou como aprendiz da cultura. Estas imaxes parten das nocións que comezan a xerarse no século XIX en Inglaterra e Estados Unidos, do problema que representa a delincuencia xuvenil como ameaza da orde social. Fronte a isto, a figura do neno como vítima cobra especial énfase nos tempos recentes, poñendo de relevo o problema do abuso ao neno por parte do adulto. A presenza do neno como figura inocente suxire que hai vítimas sen culpabilidade, pero ao mesmo tempo preséntase como ameaza cando representa un problema social. Desde o ano 1982 xorden múltiples traballos que xiran sobre este núcleo temático, nos que os contidos dominantes son: “a desaparición da infancia”, “os nenos sen infancia”, “a infancia acelerada”, “a infancia en perigo”, “a erosión da infancia”, entre outros 21. — O pai e a crianza do neno : este é un tema moi debatido hoxe pola escasa importancia que tradicionalmente se lle veu asignando á figura paterna con respecto ao papel asumido pola nai na crianza e acompañamento das nenas e nenos. Así, son moitas as investigacións que desde o punto de vista histórico se realizaron sobre a infancia e a familia, pero poucas sobre o papel do pai e as súas actuacións coas crianzas. Abondan os traballos sobre a diferenza de enfoques entre a Europa occidental e a América colonial, así como aqueles centrados na natureza e a severidade da paternidade patriarcal (como os estudos de Hunt, Ozment ou Pollock) e, desde 1800 os traballos históricos centráronse maioritariamente no rol da nai 22. Neste sentido, os relativos cambios nos últimos anos do papel dos pais e das nais no eido familiar farían necesaria unha aproximación á integración da paternidade no desenvolvemento infantil. A partir de 1840 a abondosa literatura sobre o comportamento dos pais coas súas fillas e fillos estaba dirixida ás nais, asumíndose que eran estas as\núnicas que tiñan a responsabilidade da crianza (ademais de incorporar todos os nesgos e 21 Todos estes rótulos son descritores dos nenos actuais que se presentan como vítimas, desprovistos da protección adulta, sometidos á competitividade, a abusos sexuais, a manipulacións, vítimas da droga e doutras múltiples adicións relacionadas co mundo no que se sitúan. 22 Algúns investigadores trataron de explicar esta ausencia do pai en relación co xurdir do fenómeno do feminismo a finais do XIX e comezos do século XX; pronúncianse a este respecto Elder, Modell e Parke (1993).\nas nacións que o ratificaron. Máis alá do mencionado, cabe indicar que toda reconstrución da historia da infancia que se pode procurar non é doada e, a pesar de que nos últimos cincuenta anos a bibliografía sobre este tema foi abondosa, poden aínda detectarse certas problemáticas e controversias teóricas e metodolóxicas que:\nparecen dificultar a consolidación dunha disciplina que toma á infancia como un obxecto de estudo en todos os seus espazos e representacións. O estudo da infancia, tamén desde a perspectiva histórica, antóllasenos como auga que esvara entre as mans. Trátase dunha historia caleidoscópica que varía a cada momento e que se ofrece a múltiples lecturas.\nEsta é a súa fortaleza e, tamén, a súa debilidade (Dávila e Naya, 2012:1112) 23. 23 Cuestión esta tratada por múltiples autores, entre os que salientamos a Becchi e Julia (1998a, 1998b), que engadiron interrogantes para construír unha disciplina como a historia da infancia; e a Catarsi (1991), que formulou certos problemas e perspectivas para a historia da infancia no caso italiano.\nNeste sentido, xa se pronunciaba Sanchidrián (2010), facendo notar que un dos problemas máis preocupantes que se nos presenta ao querer construír unha historia da infancia é precisamente que incluír baixo tal denominación; isto débese fundamentalmente ao seu carácter interdisciplinar e á ausencia de pautas explícitas ou delimitacións que respondan á cuestión “¿que é a historia da infancia?” 24. Dar resposta a esta cuestión foi en ocasións unha tarefa obrigada debido a motivacións docentes suscitadas a raíz da aparición nalgúns plans de estudo de materias sobre a historia da infancia ou relacionadas con ela, e tamén na meirande parte dos Coloquios españois de Historia da Educación houbo alusións á necesidade de incidir máis nesta cuestión.\nNa mesma liña, Dávila e Naya (2012) insisten en que escribimos sobre a historia da infancia sen coñecer ben os límites entre os que podemos movernos, non estando claros con respecto a\n“outras” historias (da familia, das mulleres, da escola, do xoguete, da literatura infantil, etc.) 25 ; e que a maior dificultade para poder facer referencia a unha Historia da Infancia con certa autonomía reside posibelmente no:\nrecoñecemento de que os nenos, nenas e adolescentes son suxeitos, como o resto dos seres humanos, e non meros obxectos dependentes e necesitados de axuda. Da aceptación desta premisa poderían derivarse beneficios importantes para enfocar dunha maneira diferente o estudo da infancia desde a perspectiva histórica. De aí que falar de dereitos da infancia e de educación non é un tema insignificante, senón que entronca nun novo paradigma que nos posibilita ver aos nenas e nenos desde outra perspectiva, sendo protagonistas da historia (Dávila e Naya, 2012:1213).\nNOVOS RETOS E INTERROGANTES\nA meirande parte dos estudos realizados co ánimo de estabelecer un campo de coñecemento arredor da historia da infancia atopáronse con abondosas dificultades, cousa que o campo sociolóxico parece que conseguiu superar (Dávila e Naya, 2012). A pesar deste panorama, Tiana Ferrer (2005) pode ofrecernos un intento de ubicar a historia da infancia como disciplina dentro da historia da educación 26, e cada vez son máis as obras, congresos e eventos científicos sobre a historia da infancia, o que beneficia ao apreciábel aumento de coñecemento arredor deste campo. Indicaba Sanchidrián que se “van facendo achegas sobre a historia da infancia, pero sen entrar a fondo no tema da infancia como concepto construído, de forma que se veñen repetindo sobre todo as afirmacións de Ariès e DeMause a pesar, incluso, de non coincidir en moitos puntos” (Sanchidrián, 2010:74). Sendo así, habería que engadir a estes autores as perspectivas complementarias de Shorter (1975) e Stone\n(1977), posto que:\nos catro manteñen a tese de que houbo cambios importantes nas actitudes e no trato cara os nenos, mentres que outros, como Anderson e Pollock defenden unha maior continuidade nos últimos cinco séculos, que a que estes autores dan a entender: son máis os elementos que se manteñen que os que cambian, cando menos desde 1500 e os debates sobre a infancia, o seu lugar na familia e na sociedade, a conveniencia ou non de segregala durante uns anos do mundo dos adultos, etc. foron máis circulares que lineais (Sanchidrián, 2010:74), E, poderíamos engadir, tan circulares foron que este debate aínda hoxe en día non esgotou as súas posibilidades. Recentemente Kuhlmann e Fernandes (2004) exploraron a tensión entre “infancia” como categoría psicobiolóxica e/ou como categoría sociohistórica, facéndonos reflexionar sobre as diferenzas entre unha historia da infancia e unha historia do neno/a (ou ben unha historia dos discursos ontolóxicos sobre o que é ser neno). Podemos facer mención ás obras relativamente recentes de Fass (2004a, 2004b) e de Bardet, Luc, RobinRomero e Rollet (2003); tamén foron apreciábeis contornas para a divulgación e o debate científico neste ámbito o 29º Congreso da ISCHE celebrado en Hamburgo no ano 2007: Children and Youth at Risk Aproaches in the History of Education, e o XIII Coloquio da SEDHE (Sociedad Española de Historia de la Educación) celebrado no 2005.\nTamén son salientábeis os cada vez máis frecuentes estudo aparecidos en recoñecidas e prestixiosas revistas como Paedagogica Historica, Historia de la Educación 27, Revista de\nEducación 28, Bordón, History of Education, Histoire de l’Education, Educació i Història, Revista 26 Existen múltiples obras xerais de Historia da Educación que inclúen entradas ou capítulos sobre a historia da infancia ou sobre a historia da educación infantil, por exemplo: Escolano (1985); Ruiz Berrio (1996); Costa Rico (2004). E tamén hai obras que sendo de Historia da Educación destinan algún capítulo á Historia da Infancia, abarcando cuestións como “os nenos e o traballo”, “a explotación infantil” e “as concepcións da infancia”, entre outras: Lozano (1980, 1994); ou Trilla (2001). 27 Revista que dedicou o número 6 á historia da infancia onde, en conxunto, a infancia escolarizada recibe moito peso. Tamén o número 2223 dedicou a súa parte monográfica aos “espazos de socialización e formación da mocidade no século XX”. 28 Podemos destacar que a Revista de Educación dedicou a sección monográfica do número 347 a tratar a temática que xira en torno a “os dereitos da primeira infancia (06)”.\nd’Història de l’Educació, Sarmiento, entre outras 29 ; así como o continuo aumento de publicacións sobre a infancia en América Latina. Pero a pesar deste tan bulicioso horizonte co que podemos atoparnos, non volveu haber verdadeiramente máis debate sobre os fundamentos historiográficos da infancia desde aquel suscitado por Ariès arredor da década dos sesenta do pasado século (Dávila e\nNaya, 2012) e aínda son moitas as controversias por esclarecer.\nO tema dominante nos estudos sobre a historia da infancia adoita estar relacionado coa infancia necesitada de axuda e de protección, coa infancia marxinada e/ou marxinal e coa protección da sociedade fronte a estes menores. Son pois, temas recorrentes: a infancia abandonada; a delincuencia xuvenil; a reeducación; as institucións para protección social, recollida, coidado, educación, reeducación, entre outras. Quizais foron os nenos pertencentes a estes denominados “grupos de (ou en) risco” os que máis atraeron aos historiadores, probabelmente porque:\ndentro da invisibilidade histórica dos nenos, estes grupos (orfos, abandonados, enfermos, delincuentes, vagabundos, etc.) eran os máis visíbeis e resultaban molestos para as xentes ‘benpensantes’. Eran os nenos que estaban nas rúas, xunto aos das clases populares, vivindo case nelas, xogando ou traballando, mentres que os ‘outros nenos’ estaban nas casas e nas institucións docentes (Sanchidrián, 2010:7071).\nConvén destacar tamén que foi só nos últimos anos cando comezou a agromar un maior número de traballos centrados no estudo da adolescencia e da xuventude, atendendo maioritariamente aos procesos de socialización da mocidade do século XXI, á historia do asociacionismo xuvenil e ás relacións entre ideoloxía e xuventude (Sanchidrián, 2010). A isto engaden Dávila e Naya (2012, 2015), que a época sobre a que adoitan xirar os traballos de historia da infancia oscila entre os séculos XIX e XX e os ámbitos territoriais máis estudados desde a nosa contorna occidental son Europa, América Latina e Estados Unidos. Ante esta situación pregúntanse os autores se estamos asistindo a unha hexemonía do estudo da infancia desde unha visión “traumática” e “vitimista”, centrada exclusivamente no estudo das situacións marxinais que viviron tantos nenas e nenos ao longo da historia. Ademais, na maioría destas obras a autoría adoita ser compartida e a elección dos temas, fontes e metodoloxías, moi variábel, o que aporta unha pluralidade que, ao tempo que enriquece, tamén dificulta a visión de conxunto. Fuxir dunha “historia traumática da infancia” (ou ben, ter claro que é esta a que se quere facer, destacando que esa visión non é a da historia da infancia en todo o seu conxunto) implica analizar a historia dos nenas e nenos como suxeitos históricos en toda a súa complexidade. Hoxe en día algunhas das tendencias aparecidas nos anos 80 foron consolidadas pero, malia a presenza de novos temas e novas fontes en uso, os enfoques continúan a ser maioritariamente\ndescritivos; por iso: 29 Cremos oportuno citar tamén os Boletíns de Historia da Educación publicados pola SEDHE; a revista anual (desde 1998) centrada infancia e xuventude marxinada ou marxinais que intenta vincular a investigación histórica co ámbito profesional da educación especializada Revue d’histoire de l’enfance “irregulière” ; e a revista History of Education & Children’s Literature (HECL), que publica dous números ao ano desde 2006, promovida desde Italia con vocación internacional e que adoita abordar temáticas ligadas á historia da educación e da literatura e das publicacións para nenos e adolescentes, tamén no pensamento pedagóxico e nos manuais escolares.\nbótanse en falta traballos de fondo que presenten cuestións conceptuais, que revisen os enfoques e que abran debates que permitan, realmente, avanzar a nosa disciplina. Hai entre nós certo desinterese cara a teoría, unha forte tendencia a facer cousas sen preguntarse primeiro o marco teórico no que nos situamos. Así, na historia da infancia estanse incluíndo novas formulacións historiográficas, quizais porque os ámbitos novidosos, tematicamente, están tamén máis abertos ás innovacións metodolóxicas, pero estes cambios deberían ir acompañados dunha reflexión polo que respecta ao que, para que, como, etc. (Sanchidrián, 2010:7172).\nTamén, no que se refire ao estudo da infancia podemos destacar hoxe en día o relevante labor desenvolvido polos museos da infancia. Interesante e relativamente nova categoría museográfica que, a diferenza dos museos da escola, dos museos da educación e dos museos pedagóxicos 30 ‒ particularmente concentrados en Alemaña e Europa Central, en Francia e na Península Ibérica‒ conta cun peculiar desenvolvemento en Gran Bretaña, onde existe unha rede de institucións museísticas (Museums of Childhood) dedicada ao estudo e conservación relativo á “cultura material da infancia”.\nEn atención, igualmente, ao estudo da infancia e das súas representacións teñen destacado no panorama lusobrasileiro as achegas brindadas por Moysés Kuhlmann a partir da publicación do seu libro, no ano 1998, Infância e educação infantil: uma abordagem histórica, centrado na análise do período comprendido entre o século XIX e o XX; así como as reflexións propiciadas por Sonia Kramer na obra colectiva Infância e Educação Infantil (1999), entre outras mencionadas por Arriada (2012). Non podemos deixar de sinalar os estudos de carácter historiográfico que, desde Portugal, nos chegan da man de Fernandes (2000), Fernandes e Filgueiras (2002), Ferreira (1998, 2000), entre outros; e, desde o Brasil, os máis recentes de Faria Filho e Veiga (1999), Monarcha (2001) e Gondra (2002), entre outros.\nEntre dépendance et autonomie. Paris: Presses de l’Université de ParisSorbonne. 30 Sobre os museos pedagóxicos en España queremos destacar a recente obra de conxunto coordinada por Pablo Álvarez Domínguez (2016), Los museos pedagógicos en España. Entre la memoria y la creatividad."} +{"summary": "Neste traballo preténdese estudar algunhas das evidencias estruturais e gran parte da cultura material documentadas durante a escavación do asentamento prehistórico de Monte dos Remedios (Moaña, Pontevedra) por medio do uso de Sistemas de Información Xeográfica (GRASSGIS, Quantum GIS, etc.) e de programas de análise estatístico de código aberto (R). De esta forma, abórdanse as problemáticas do asentamento e prantéxanse as relacións entre os propios materiais arqueolóxicos recuperados (cerámica, artefactos líticos…) e as principais estruturas identificadas (buratos de poste, pavimentos…) co fin de intentar achegar datos sobre a natureza e finalidade de ditos restos estruturais.", "text": "Análise microespacial do asentamento prehistórico de Monte dos Remedios (Moaña, Pontevedra): unha achega preliminar Microspatial analysis of the prehistoric settlement of Monte dos Remedios (Moaña, Pontevedra): a preliminary approach http://dx.doi.org/10.15304/gall.36.5083\nramon.fabregas@usc.es\n : Neolítico, Calcolítico, asentamento, I ntroducIón\nAs publicacións científicas e as memorias das escavacións realizadas nos últimos anos veñen de propiciar un aumento dos datos dispoñibles con respecto aos asentamentos das primeiras comunidades produtoras do noroeste peninsular. A información espacial proporcionada polas intervencións en xacementos domésticos é fundamental para tentar reconstruír as dinámicas que tiveron lugar no interior dos mesmos.\nEn Galicia existe unha longa tradición de estudos espaciais, os cales teñen analizado distintos tipos de xacementos (petróglifos, túmulos, castros,..). Neste tipo de traballos aplicáronse os denominados Sistemas de Información Xeográfica (SIX), cos cales se realizaron análises a unha escala na súa maioría macroespacial. Tamén se ten chegado a aplicar estatística espacial en conxunción cos SIX en algúns traballos concretos. Un exemplo disto último é o traballo referido aos petróglifos de Porto do Son (A Coruña) (RODRÍGUEZ RELLÁN, FÁBREGAS VALCARCE 2015), no cal se profundizou nas variables que terían afectado á distribución destes elementos arqueolóxicos. Con este fin, realizáronse numerosas análises a través dos SIX (intensidade de tránsito, visibilidade absoluta,..) e da estatística (test do veciño máis próximo, test L de Ripley, …).\nOutros traballos anteriores con perspectivas similares son, por exemplo, o estudo sobre os castros da comarca de Ortegal (A Coruña) (FÁBREGA ÁLVAREZ 2005), que pretende aproximarse á organización do espazo inmediato destes poboados e á interacción entre eles. As análises realizadas mediante SIX abarcan o cálculo de isocronas, visibilidade, intervisibilidade, etc. Para o caso do fenómeno tumular tamén se pode mencionar a aproximación realizada para a península do Barbanza (RODRIGUEZ RELLÁN, FÁBREGAS VALCARCE IP). Neste último, procurouse afondar na relación dos megálitos e os lugares de tránsito natural. Sen embargo, o conxunto de tests e técnicas aplicadas nestes estudos están orientadas á análise macroespacial, mentres que a aplicación ás escalas meso e microespacial segue sendo practicamente inédita na nosa comunidade.\nDesafortunadamente, existen unha serie de circunstancias que dificultan a aplicación destas ferramentas na nosa comunidade. Así, os asentamentos da Prehistoria Recente en Galicia tenden a presentar unha importante problemática respecto da súa “estratigrafía horizontal” (CANO PAN et al. 2016): a escasa diferencia en termos de profundidade entre os solos de ocupación correspondentes a distintas fases dificulta a interpretación dos episodios de habitación no xacemento. Así mesmo, a similitude compositiva dos distintos niveis fai que –en ocasións– resulte complicado identificar a separación neta entre estratos.\nPor outra banda, a metodoloxía seguida habitualmente nas intervencións destes sitios arqueolóxicos incluíu o uso de medios mecánicos para a retirada da camada vexetal e a posterior escavación manual dos seguintes estratos, o caso tamén de Monte dos Remedios (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). Este modelo de actuación de campo, aunado ás devanditas circunstancias de tipo formativo, sen dúbida condicionou a calidade e detalle do rexistro destes xacementos, limitando as posibilidades de interpretación dos sucesos acontecidos neles.\nAnte o carácter diacrónico da maior parte deses sitios, as datacións radiocarbónicas e o estudo da cultura material (CANO PAN et al. 2016) axudan a identificar os espazos de uso e a diferencialos dende un punto de vista cronolóxico. Malia diso, moitas veces, os parámetros ou regularidades existentes a nivel espacial dentro destes xacementos non resultan evidentes tras unha inspección superficial, sendo preciso botar man de outras metodoloxías que facilitan unha análise máis profunda. Este é o caso dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e de determinados programas que permiten levar a cabo cálculos de estatística espacial.\nNeste artigo, botamos man destas tecnoloxías para levar a cabo unha nova aproximación á análise microespacial dun asentamento da Prehistoria Recente do noroeste da Península Ibérica, o xacemento de Monte dos Remedios (Moaña, Pontevedra) (Figura 1), que constitúe un bo exemplo de ocupacións reiteradas dunha mesma zona ao longo dun prolongado período de tempo. Tal diacronía deu lugar a acumulacións, modificacións e reestruturacións do espazo doméstico: así, a gran cantidade de buratos de poste documentados en Monte dos Remedios responde, probablemente, aos diferentes momentos de ocupación detectados tanto a través do C14 como grazas aos restos de cultura material recuperados (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007).\nNo Noroeste peninsular non se teñen realizado estudos –coa metodoloxía proposta no presente estudo– sobre asentamentos pertencentes á etapa entre o V e o II milenio a.C. É así que analizamos un xacemento cun rexistro xerado mediante unha escavación arqueolóxica na cal se documentaron materiais e estruturas. A nosa achega resulta novidosa e convértese nunha aproximación, ata certo punto inédita, ás pautas de análise de contextos domésticos da Prehistoria Recente.\nA ntecedentes\nDurante os últimos anos, incrementouse de xeito importante o número de artigos relacionados coa análise microespacial de xacementos arqueolóxicos, tanto de carácter doméstico coma de outro tipo. Algúns destes traballos incorporan Sistemas de Información Xeográfica e estatística espacial para a realización das súas análises, xa que son ferramentas que facilitan o manexo dos datos e amosan unha gran versatilidade. Ate o momento, estas tecnoloxías aplicáronse en diversos contextos e áreas xeográficas.\nUn destes estudos microespaciais lévanos ata a illa de Baffin (Canadá), onde se realizou unha análise do espazo doméstico de cazadoresrecolectores árticos. Para este fin, os investigadores aplicaron a función K de Ripley, a análise de densidades Kernel e o test de independencia de Chicadrado (THACHER et al. 2017). Con esta metodoloxía, achegáronse á distribución da cultura material no interior das cabanas e no conxunto do sitio arqueolóxico para esclarecer o seu patrón de dispersión.\nNo contexto europeo, tamén nun asentamento de cazadoresrecolectores (Motala, Suecia), investigouse a relación entre as estruturas atopadas e distintos tipos de actividades domésticas (MOLIN et al. 2017). O foco centrouse nas tarefas realizadas tanto no interior coma no exterior de dúas das cabanas constituídas por postes. A cultura material –industria lítica, ictiofauna e carbóns– conxuntamente coas diversas estruturas –cabanas e fogares– serviron de base para a análise da distribución espacial dos restos. Neste caso, non se aplicou SIX ou estatística espacial, mais o fin perseguido foi moi similar ao caso anterior.\nEn outros dous exemplos europeos si atopamos a aplicación destas novas tecnoloxías. No xacemento de Zeewijk (Países Baixos) (THEUNISSEN et al. 2014) a análise de densidade Kernel foi amplamente utilizada en diferentes rangos de distancias co fin de determinar o grao de concentración de buratos de poste, ictiofauna, industria lítica, etc. Mentres, nos Alpes occidentais italianos, levouse a cabo un estudo dos patróns espaciais da cultura material de dúas cabanas (CARRER 2017). Os investigadores aplicaron estatística espacial, en concreto o algoritmo da I de Moran e variogramas, co obxecto de xerar un modelo preditivo do desprazamento dos materiais. Tamén tiveron en conta factores coma o trampling para detectar áreas de paso.\nPara a Península Ibérica tamén podemos mencionar algunhas aproximacións microespaciais. Na maioría dos casos, non se aplican Sistemas de Información Xeográfica ou estatística espacial para a resolución das problemáticas intrasite, mais o estudo en profundidade da cultura material e da estratigrafía do lugar axudan a entender as dinámicas internas alí acontecidas. Este é o caso das fosas aparecidas en contexto doméstico do xacemento da OrdenSeminario de Huelva (Andalucía) ou na área da Plana del Penedès (Barcelona, Cataluña) (MESTRES et al. 1998; VERA RODRÍGUEZ et al. 2010).\nNoutros estudos, coma o do xacemento de Los Millares (Almería, Andalucía), aplicouse estatística para determinar a distribución espacial dos restos faunísticos e diferenciar áreas de actividade (NAVAS, et al. 2005). Pola súa parte, na Cueva de El Mirón (Cantabria) aplicáronse técnicas xeoespaciais, como á análise de densidade Kernel e de agrupación Clúster, perseguindo os mesmos obxectivos que no caso anterior (GEILING et al. 2016).\nEn Galicia, chegouse a realizar unha análise microespacial con ferramentas SIX para o castro de Achadizo (Boiro, A Coruña) (RODRÍGUEZ NÓVOA et al. 2016). Neste caso, os seus autores desagregaron as fases de ocupación do xacemento e as cerámicas correspondentes a cada nivel co fin de aplicar a análise Kernel á cultura material e detectar as concentracións de actividade de cada lugar e época.\no bxectIvos e metodoloxíA\nNo xacemento de Monte dos Remedios escollemos coma obxecto primario de estudo os buratos de poste, os fragmentos de cerámica e a industria lítica, ademais de outras entidades secundarias (gabias perimetrais, estruturas de combustión, fosas e pavimentos). Para levar a cabo a análise, creáronse varias bases de datos que incluían diversos atributos de cada elemento a tratar, coma os grupos cerámicos, o tipo de artefacto lítico ou o diámetro e profundidade de cada burato de poste.\nEstas bases de datos cumprimentáronse coa información recollida da escavación de Monte dos Remedios. A metodoloxía seguida en campo incluíu o uso de medios mecánicos para a retirada da camada vexetal e a posterior escavación manual dos seguintes estratos. Utilizáronse as Unidades de Referencia (UR) e as Unidades Estratigráficas (UE) para rexistrar espacial e estratigraficamente a cultura material e as estruturas arqueolóxicas. Este rexistro está reforzado pola toma de puntos mediante estación total, co cal se precisou a situación dos materiais e estruturas. Tamén se realizou unha toma de mostras de tódalas UEs e unha columna de mostras da estratigrafía máis expresiva da constitución do solo –conformado principalmente polas UE001 (Horizonte A), UE002 (Horizonte B) e UE003 (Horizonte C) (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nUn dos obxectivos que se pretende alcanzar neste traballo é a identificación e análise da distribución de posibles áreas de actividade no asentamento, tendo en conta criterios espaciais e estatísticos. Para ilo realizáronse os test de Estimación de Densidade Kernel (KDE, nas súas siglas en inglés) e os de Clúster co fin de observar correlacións entre as maiores concentracións das entidades analizadas e as agrupacións obtidas co algoritmo DBSCAN. Con estas técnicas, procurarase determinar se existen diferencias a nivel cronolóxico ao contrastar os resultados das probas cos tipos de materiais (cerámico ou lítico) das distintas ocupacións.\nO segundo obxectivo é o de comprobar se os procesos posdeposicionais están detrás da ausencia de restos de cultura material en determinados sectores do xacemento. O traslado de material dentro do asentamento non está vinculado exclusivamente aos devanditos procesos posdeposicionais -como semellan apuntar as remontaxes de industria líticao cal mostramos mais adiante no estudo. Malia diso, realizamos tests de Aleatoriedade Espacial Completa para comprobar se a cultura material e as estruturas están ou non distribuídas de maneira aleatoria. Desta forma, nos aproximamos -de xeito xeralao patrón de distribución das actividades e construcións intrasite.\nPor último, examinaranse as características dos buratos de poste para así detectar posibles pautas na construción das cabanas. Aplicarase estatística espacial para comparar os diferentes atributos dos negativos co resto de análises xeradas e coñecer así se existen diferencias espaciais entre as diferentes estruturas. Tendo en conta as datacións radiocarbónicas e a cultura material de cada fase de ocupación, poderemos aproximar a posible cronoloxía dalgúns conxuntos de buratos.\nAnálise espacial mediante SIX\nNeste estudo se empregou GRASS GIS, nas súas versións 7.0.4 e 7.3, e Quantum GIS (v. 2.18), ambas ferramentas son Sistemas de Información Xeográfica de código aberto e gratuítas, cuxo desenvolvemento é posible grazas fundamentalmente ao traballo dunha ampla comunidade de usuarios.\nMalia das vantaxes que nos ofrecen estas tecnoloxías para a análise espacial, neste traballo non puidemos centrarnos na terceira dimensión (profundidade) –pola súa escasa fiabilidade (BONILLA RODRÍGUEZ 2004)– e por esta razón o presente traballo céntrase na análise bidimensional (x e y) dos materiais e estruturas, tendo en consideración a terceira dimensión (z) para o caso concreto dos buratos de poste. Isto redunda tamén na citada problemática dos asentamentos da Prehistoria Recente, os cales non gardan apenas diferencias, en termos de potencia do terreo, entre as diferentes ocupacións. Ademais, os escavadores de Monte dos Remedios argumentan que boa parte da cultura material se atopa in loco e non in situ polo cal non manexamos unha localización moi precisa (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nComo base para as análises, se empregou a cartografía obtida a través da web do Instituto Geográfico Nacional, coma o Modelo Dixital de Terreo cunha reixa de 5 metros elaborado a partir do LiDAR do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) (http://centrodedescargas.cnig.es/CentroDescargas/index.jsp)[10/11/2016]. Estes mapas se empregaron para a contextualización da contorna de Monte dos Remedios, mentres que para as análises realizadas no propio xacemento, utilizouse un mapa ráster da área intervida creado a partir da interpolación dos puntos tomados durante o levantamento topográfico feito con estación total no curso da escavación. Dita cartografía tiña 10 centímetros de resolución, o que permitiu realizar observacións de gran precisión.\nOs mapas vectoriais empregados son bases de datos en formato CSV coas localizacións da cultura material e os contornos das estruturas do xacemento en formato DWG. Levouse a cabo unha labor de edición en AutoCAD previa á exportación de ditos elementos a un SIX. Como todos os datos foron tomados mediante estación total durante a escavación de Monte dos Remedios, contamos cunha situación precisa dos elementos estudados. Aínda así, transformamos as coordenadas relativas dunha parte da cultura material en absolutas. Isto foi posible ao dispor da xeorreferenciación dos bordes das UR (Unidades de Referencia) (Figura 2) onde se atopaban ditos materiais.\nOs traballos realizados abranguen dende o estudo da distribución do material polo asentamento ate a relación espacial coas distintas estruturas detectadas. A través de GRASS GIS, se efectuaron análises como as densidades Kernel, un método que xera un ráster de densidades a partir dun mapa de puntos vectoriais. Este test permitiu coñecer as concentracións de entidades –sexan buratos de poste, industria lítica ou fragmentos cerámicos– ao longo do xacemento. O resultado consiste nun mapa no que cada píxel expresa un valor específico por m 2, cm 2, etc (NETELER, MITASOVA 2008; RODRÍGUEZ RELLÁN, FÁBREGAS VALCARCE 2015). Para que o seu entendemento sexa doado, dita densidade expresouse en forma dunha paleta de cores na que os tons máis vivos indican unha maior concentración.\nA ferramenta v.cluster de GRASS GIS axudounos a desenvolver a análise de agrupacións (NETELER, MITASOVA 2008), a través da cal puidemos clasificar en grupos as distintas poboacións de puntos (sexan estes buratos de poste, artefactos líticos ou fragmentos de cerámica). Ademais, tamén se identificaron aqueles puntos que presentan diferencias salientables co resto (valores extremos ou outliers). Para realizar ditos cálculos, aplicamos o algoritmo DBSCAN (DensityBased Spatial Clustering of Applications with Noise), que xera agrupacións en base á distancia máxima dun elemento con respecto ao seu veciño (NETELER, MITASOVA 2008). Posteriormente, aplicouse a regresión lineal aos mapas kernel xerados co fin de coñecer o grao de dependencia entre os mesmos (ex.\na densidade de cerámica fronte á da industria lítica).\nAs análises kernel e clúster compleméntanse mutuamente para facilitar a visualización das posibles áreas de actividade das comunidades prehistóricas que habitaron Monte dos Remedios. Desta forma, podemos asociar determinadas tarefas domésticas –coma por exemplo a talla lítica– a espazos concretos dentro do asentamento. Tamén nos permite aproximarnos ás ocupacións máis intensas de determinados sectores en distintas cronoloxías –tendo en conta, para iso, as datacións radiocarbónicas e os materiais recuperados.\nA última proba realizada con GRASS tivo como obxectivo determinar a distancia euclidiana entre os restos líticos e cerámicos con respecto ás diversas estruturas do xacemento detectadas en Os Remedios (buratos de poste, gabia perimetral, pavimentos, fosas e estruturas de combustión) co fin de observar a existencia de posibles asociacións espaciais. Para ilo, se empregou o módulo r.grow.distance, que proporciona un mapa ráster cuxas celas representan a distancia máis próxima con respecto ao obxecto ou estrutura analizada. No que respecta aos remontaxes de pezas líticas e fragmentos cerámicos, se utilizou a ferramenta v.distance. Esta permite calcular a distancia entre dous puntos dados (vectores). O resultado é tanto numérico coma gráfico, ao ofrecer a distancia (en metros, neste caso) e un mapa vectorial cunha liña que une ambos puntos (NETELER, MITASOVA 2008) (Figura 11).\nO cálculo das distancias axúdanos a comprender a organización interna do xacemento e o traslado de pezas. Con esta análise podemos constatar se as estruturas (gabias, fosas,..) se asocian ou non á cultura material e ós buratos de poste. Deste xeito, observamos se as construcións se vinculan a distintos momentos cronolóxicos –segundo a proximidade ás datacións radiocarbónicas e á cultura material asociada. Tamén nos mostra como foi o traslado de materiais co fin de coñecer se os procesos posdeposicionais afectaron á distribución destes ou se se debeu a outras causas.\nEstatística espacial\nPara a análise estatística, utilizouse a linguaxe de programación estatística R (https:// www.rproject.org/) [16/01/2018], na súa versión 3.4. (R CORE TEAM 2017). A integración entre GRASS GIS e R, realizouse grazas a paquetes como rgrass7 (BIVAND 2017), o que fixo posible a utilización de utilidades tanto xerais como específicas de estatística espacial, como spatstat (BADDELEY, TURNER 2005), sp (PEBESMA, BIVAND 2005), maptools (BIVAND, LEWINKOH 2017) ou raster (HIJMANS 2017), entre outros. Dita conexión entre GRASS e R empregouse para aplicar as probas de Quadrat Test e a K Ripley, mentres que para o resto de analíticas se recorreu a bases de datos externas importadas a R. Os datos están recollidos en follas de cálculo de Microsoft Excel coa entidade relevante (cerámicas, líticos ou buratos de poste), que posteriormente foron importados ao programa de estatística.\nTodos os datos foron sometidos a unha serie de probas para determinar o método estatístico máis idóneo a empregar na súa análise. Así, se comprobou a normalidade e homocedasticidade da mostra para o que se aplicaron, respectivamente, os tests de ShapiroWilk e Fligner (CRAWLEY 2013). A resultas das características amosadas pola poboación estudada (ausencia de normalidade, diferencias na varianza), se aplicaron tests non paramétricos coma o de MannWithney-Wilcoxon ou o de KruskalWallis (KRUSKAL, WALLIS 1952; POHLERT 2014). Neste último test, realizouse –ademais– un exame posthoc –Multiple Comparison Test after KruskalWallis– que permite identificar que colectivo ou colectivos son significativamente diferentes do total do conxunto analizado.\nCon eses métodos, puidemos realizar comparacións entre os diversos atributos da base de datos (por exemplo, entre as familias cerámicas e a súa distancia ás gabias). Realizando múltiples operacións deste tipo, chegamos a saber se existen diferencias a nivel estatístico na distribución das poboacións analizadas (buratos de poste, fragmentos cerámicos e industria lítica).\nNo que respecta aos métodos de estatística espacial, a comprobación da aleatoriedade espacial foi un dos obxectivos principais deste traballo. Con esta análise pretendíamos coñecer o grao de dispersión das estruturas e da cultura material ao longo do xacemento e, a súa vez, detectar se os procesos posdeposicionais puideron ter algún impacto sobre a dispersión dos materiais documentada durante a escavación. Unha das probas realizadas foi o Quadrat Test (ou test de cuadrantes) (CRAWLEY 2013; RODRÍGUEZ RELLÁN, FÁBREGAS VALCARCE 2015), un método que xera unha partición interna da área de estudo nun número variable de cuadrículas (Figura 12). O montante teórico de puntos esperado dentro de cada unha das cuadrículas se a súa distribución fose aleatoria é comparado con aquel observado na distribución da poboación real analizada (por exemplo, os buratos de poste).\nO resultado do Test de cuadrantes amosa unha cuadrícula que divide o xacemento. En cada cadro aparecen tres cifras que amosan: o número de entidades aleatorias esperadas (á dereita), os elementos existentes (á esquerda) e o coeficiente positivo ou negativo resultante do cálculo de aleatoriedade (xusto embaixo das anteriores). En función desta última cifra pódese deducir se as entidades estudadas semellan distribuírse ao chou ou non (Figura 12).\nCon esta análise conseguimos aproximarnos ao patrón de distribución da cultura material e dos buratos de poste do xacemento. Sabemos que o material cerámico e lítico non se atopa in situ e este test axúdanos a coñecer onde se concentra e tamén se existen baleiros de material dentro do espazo analizado. Por esta razón, aplicamos dita análise ao xacemento de Os Remedios, para saber se existen sectores con menos material do esperado e –por tanto– testar se os procesos posdeposicionais teñen sido a causa de moitos destes baleiros.\nOutro dos métodos realizados conxuntamente con GRASS foi a función K de Ripley (CASTILLEJO 2013; CRAWLEY 2013). Este método detecta a aleatoriedade espacial completa a medida que aumenta a desviación estándar da distribución. Captura a distribución real dos puntos que pretendemos estudar e compáraos cun número dado de poboacións simuladas (no noso caso 999) co mesmo tamaño que a real pero cunha distribución totalmente aleatoria. Desta forma, permite detectar se os elementos analizados se distribúen de maneira aleatoria ou non.\nO resultado derivado da K de Ripley (Figura 13) é un gráfico onde aparece o clustering das nosas observacións, é dicir, dos elementos que analizamos (K obs) e a media da concentración das simulacións realizadas (K r). Ademais, se destaca o límite inferior (K lo) e superior (K hi) do intervalo de confianza derivado desas 999 simulacións. Para interpretar o gráfico resultante, hai que fixarse se os valores K dos elementos analizados (K obs) son superiores ou inferiores aos valores K esperados (K r) así como se se atopan dentro da área demarcada polo intervalo establecido por K lo e K hi. No caso de que as nosas observacións sexan superiores, se pode afirmar que a distribución é máis concentrada que aquela na que os puntos se sitúan de xeito aleatorio. No caso contrario, as entidades atópanse dispersas (CRAWLEY 2013).\nCo test K de Ripley coñecemos se os materiais e estruturas do asentamento están repartidas de xeito aleatorio ou non. Esta información complementa os resultados do Quadrat Test e nos amosa cal é a tendencia da distribución. Desta forma, podemos consolidar a argumentación sobre o posible efecto dos procesos posdeposicionais sobre o rexistro arqueolóxico en determinados sectores do xacemento.\nConxuntamente cos Quadrat Test e a K de Ripley, tamén se realizou a análise de Kmeans (CRAWLEY 2013), un método que permite calcular o promedio de distancias de cada punto (ex. un burato de poste) con respecto aos seus veciños máis próximos. O resultado é un gráfico no que se amosa unha liña ascendente que contén as distancias. O obxectivo é identificar o punto de inflexión de dita liña para así coñecer a distancia óptima que pode empregarse para calcular os clústeres na análise de agrupacións Clúster realizado con DBSCAN (NETELER, MITASOVA 2008).\nAmbas análises –Kmeans e clúster – compleméntanse e axúdannos a visualizar áreas de actividade dentro do asentamento. É preciso ter en conta os tipos de materiais que analizamos e as datacións radiocarbónicas para así poder asociar os clústeres xerados cos distintos episodios de ocupación detectados durante a escavación de Os Remedios. Nalgúns casos, observamos como determinados sectores do asentamento puideron relacionarse con actividades realizadas en máis dunha fase (Neolítico, Calcolítico...).\nPara o caso da industria lítica e dos fragmentos cerámicos recuperados durante a escavación, aplicouse o test de ChiCadrado (CRAWLEY 2013), o cal permitiu analizar o grado de dependencia entre determinadas variables categóricas, como o tipo de útil lítico, as familias cerámicas, etc... Desta maneira, puidemos comparar diferentes características da cultura material que non son posibles de analizar cos tests citados anteriormente (KruskalWallis e MannWithney-Wilcoxon). Así, ampliamos a información sobre a industria lítica e os fragmentos de cerámica, ademais de coñecer se as diferencias que poidan existir entre estes elementos marcan algún tipo de cambio a nivel cronocultural.\nPor último, importáronse a R os datos relativos ás distancias previamente calculados por medio de GRASS GIS. Desta maneira, a información someteuse aos métodos que determinan a normalidade e a homocedasticidade (test de ShapiroWilk e de Fligner) (CRAWLEY 2013). Unha vez determinada a súa desviación da normalidade, os datos foron analizados mediante tests nonparamétricos (KruskalWallis) co fin de determinar as diferencias espaciais entre as estruturas e a cultura material. (KRUSKAL, WALLIS 1952; POHLERT 2014). Con este último proceso –e como apuntamos xa máis arribapretendemos incrementar o coñecemento sobre a relación espacial da cultura material co resto de estruturas. Desta forma, explóranse as diferencias cronoculturais na distribución das entidades arqueolóxicas que analizamos (buratos de poste, fragmentos de cerámica e industria lítica).\nc ontexto ArqueolóxIco\nO xacemento de Os Remedios\nO asentamento de Monte dos Remedios atópase nun espazo xeográfico e xeolóxico ben definido: a península de O Morrazo (Pontevedra). Situado no extremo surleste da mesma, ocupa un pequeno promontorio na parte media da ladeira noroccidental do Monte dos Remedios (Moaña), estendéndose por unha área de aproximadamente 1, 6 hectáreas. A unha altura de 78 m.s.n.m., se localiza moi preto da actual liña de costa, apenas a uns 800 metros de distancia, preto das praias de Vilela e Canabal (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010). (Figura 1).\nA nivel topográfico, domina sobre un amplo val costeiro, protexido dos ventos e drenado por varios cursos de auga. Dito val ten unhas características que favorecerían a súa explotación agrícola, como podería testemuñar o seu uso para este fin ata fai moi poucos anos. Ao mesmo tempo, a súa situación permítelle exercer o control visual do tránsito a través da plataforma costeira, e dándolle un acceso doado ao alto das serras que ocupan a zona central da península do Morrazo. A intensa ocupación dos arredores queda demostrada pola existencia de varios petróglifos na contorna así coma un castro da Idade do Ferro (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nO xacemento descubriuse durante as obras do trazado previsto do enlace de Cangas co Tramo II da Vía de Alta Capacidade do Morrazo (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). Ao verse afectado por ditas obras, realizáronse traballos de sondaxe e unha posterior escavación en área. Esta última consistiu na apertura de cadros de 10x10 metros (Unidades de Referencia ou UR), distribuídos en forma de malla (Figura 2). En total, xerouse un rectángulo de 90x48 metros co seu eixo maior orientado en sentido NESW (BONILLA RODRÍGUEZ 2004) e unha superficie total de 3995 m 2.\nA estratigrafía do lugar resultou ser relativamente uniforme en toda a área escavada, identificándose tres horizontes edáficos (A, B e C) correspondentes respectivamente coas tres principais UEs (001, 002 e 003). Nos dous últimos é onde se documentou a maioría dos restos de cultura material así como de estruturas prehistóricas. Ademais, no nivel máis profundo (C) se atoparon alteracións intensas do substrato derivadas de actividades antrópicas de cronoloxía prehistórica, correspondentes –sobre todo– a regularizacións do terreo mediante rebaixes e nivelacións, as cales evidencian o carácter intensamente transformador dalgún dos episodios de ocupación do xacemento (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nDas modificacións executadas sobre o propio nivel C salientamos un pavimento sito na parte central do xacemento. Esta nivelación do terreo prodúcese por riba de buratos de poste preexistentes e está en relación coa aparición no xacemento das cerámicas tipo Penha e campaniforme, xa no III milenio a.C. No mesmo milenio, realízase un rebaixe do firme central que coincide coa construción dunha cabana de tendencia circular (UR 39 e 40) neste sector (BONILLA RODRÍGUEZ 2004) (Figura 4). Ditos cambios –tanto o pavimento coma o rebaixe– teñen relevancia no actual estudo e axudan a definir as áreas de actividade nesta parte do asentamento, como se comentará máis adiante (Figura 3).\nBuratos de poste\nEn Monte dos Remedios se definiron un total de 330 buratos de poste, dos cales 319 foron analizados neste estudo ao ter sido rexistrados tridimensionalmente durante a escavación (Figura 3). A terceira dimensión rexistrada –profundidade (z)– a atopamos na análise destas estruturas ademais da x e y representadas pola anchura/diámetro. Gran parte destes negativos localízanse no sector oriental do xacemento, mentres que –pola contra– están practicamente ausentes da metade occidental. O diámetro medio dos buratos sitúase en torno aos 2025 cm, sendo minoritarios aqueles con diámetros superiores aos 40 e inferiores aos 10 cm. En algúns casos, apareceron pedras no seu interior que foron interpretadas como calzos. Este tipo de elementos non é moi abundante, xa que só se rexistraron nunha decena de casos (Figura 4).\nA distribución dos buratos de poste parece ser o resultado acumulado de diferentes fases construtivas (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007). Só nunhas poucas ocasións atopamos unha delineación clara que mostre a morfoloxía das cabanas (Figura 4): o caso máis claro se localiza na UR 52, onde aparecen buratos de poste no interior dunha gabia circular que tería servido como cimentación dunha estrutura (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). O resto son aliñacións ovais, circulares ou rectangulares que se sitúan ao Norte (UR 24), Este (UR 10 y 17), centro (UR 39 y 40) e Sur (UR 60 e 67) do asentamento (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nCerámica\nDurante a escavación de Os Remedios se recuperaron un total de 2063 fragmentos cerámicos, dos cales 1821 son lisos e 242 presentan decoración. Deste conxunto, analizáronse un total de 1234 fragmentos para os que dispomos de coordenadas tomadas con precisión subcentimétrica (Figura 3). Na súa análise recorreuse á clasificación por familias cerámicas realizada durante o estudo de materiais do xacemento (BONILLA RODRÍGUEZ 2004; FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007).\nDita clasificación apóiase en traballos específicos de corte tecnotipolóxico ou cronotipolóxico vinculados –en moitos casos– a contextos tumulares do Noroeste –como no caso da cerámica tipo Penha (ABAD 199293, REY 1995). Para o campaniforme móstranse diversos exemplos en asentamentos e túmulos da península do Morrazo –como Chan de Arquiña (túmulo) ou A Fontenla e O Regueiriño (domésticos) (BONILLA RODRÍGUEZ 2004: 94). Tamén se apunta a ampla cronoloxía da cerámica boquique a cal aparece en xacementos de diversas rexións –Norte de Portugal, Andalucía ou na Meseta española– e cronoloxías –dende o Neolítico Final e ate o Bronce Medio/Final (BONILLA RODRÍGUEZ 2004: 92).\nPara o noso artigo prescindimos de dúas das sete clases (incisoimpresa e impresa non campaniforme) (Táboa 1). Isto se fixo polo escaso tamaño da mostra, pois os efectivos de algunha eran tan reducidos que resultaba difícil comparalas co resto, e por tanto, sería contraproducente para o estudo. Desta forma, se analizaron un total de 5 grupos diferentes que, ate certo punto, reflicten as distintas fases de ocupación do asentamento.\nNo que respecta á cerámica campaniforme e tipo Penha, estas son dúas familias que nos aportan cronoloxías relativas de ocupación do asentamento. Aínda que o número de fragmentos non é moi abundante (45 restos de cerámica campaniforme e 66 de tipo Penha), o seu número é o suficientemente amplo como para acadar resultados relativamente representativos.\nEntre ambos grupos cerámicos existe unha relación estratigráfica moi clara. A cerámica campaniforme aparece nos niveis superficiais (UE 2) e, sobre todo, nas zonas Norte e central do xacemento, por encima dos elementos datables no primeiro cuarto do III\nTáboa 1. Clasificación das cerámicas de Monte dos Remedios.\nmilenio a.C. Por outra banda, parte dos fragmentos do tipo Penha atopáronse por debaixo do nivel de pavimento no sector central do asentamento. Desta forma se lle pode outorgar –a priori– unha cronoloxía bastante antiga, da primeira metade do III milenio a.C. Noutros xacementos –como por exemplo o de Requeán (CRIADO BOADO et al. 1991) e o de Lavapés (GÓMEZ FERNÁNDEZ, FÁBREGAS VALCARCE, DE LA PEÑA SANTOS 2001)– atopamos este tipo de cerámica en cronoloxías similares.\nPor último, contamos co conxunto de cerámicas indeterminadas, no cal se inclúen aqueles restos que non se integraron nos anteriores grupos e que carecen dunha adscrición cronolóxica definida. No estudo de materiais contemplouse este grupo separadamente do resto. Na súa maioría, son fragmentos sen decoración algunha, ainda que varios –uns dez– presentan incisións, impresións, elementos plásticos e un está pintado. Tamén se documentaron fragmentos que remontan –sen decoración fundamentalmente– pero estes non amosan dinámicas de traslado de material durante a ocupación do asentamento –ao contrario do que acontece coa industria lítica.\nIndustria lítica\nA industria lítica do xacemento está constituída por uns 755 efectivos, ademais de 150 manuports (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007; RODRÍGUEZ RELLÁN 2010). Deste conxunto, analizáronse un total de 488 elementos rexistrados tridimensionalmente (63% do total) (Figura 3). O resto do material procede de unidades fortemente alteradas por procesos posdeposicionais. Na súa maioría, os restos líticos asócianse á UE002, disposta baixo o nivel superficial revolto e sobre a rocha base desmantelada (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007). Nese nivel tamén é onde aparece a maior parte do material cerámico, situándose por riba das estruturas. Non obstante, unha elevada proporción de pezas líticas (17, 13%) foron rexistradas no nivel superficial de revolto (UE001). Isto fai difícil a identificación ou delimitación de areas de actividade xa que o número de pezas in situ é reducido e non aparecen tecnotipos asociados a UE concretas. Aínda así, existen tipos de artefactos vinculados a certas unidades, sendo o máis significativo a concentración do groso das pezas líticas en torno ás estruturas de combustión (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nToda a industria lítica foi clasificada segundo o Sistema LóxicoAnalítico (BP, BN, BN1G..) (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010), reducido neste estudo a cinco grupos básicos co fin de mellorar o tratamento estatístico dos datos: Bases positivas (ou lascas), Bases negativas (núcleos), Configurados (retocados), Bases naturais (soportes líticos –seixos, bloques– sen sinais evidentes de modificación) e Outros.\nA nálIse e resultAdos\nAnálise de evidencias estruturais\nao III milenio a.C., a teor do material cerámico asociado (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nNa análise de agrupación Clúster (Figura 6, Táboa 2), detectáronse algúns conxuntos que coinciden coas grandes densidades de buratos de poste mencionadas anteriormente. Un dos grupos, o 8, engloba aos buratos baixo o pavimento (BONILLA RODRÍGUEZ 2004), mentres que o 6 e 1 reflicten –respectivamente– as outras grandes concentracións ao Norte e ao Sur do xacemento. Ademais, pódese mencionar a posible correlación cronolóxica e espacial do citado conxunto 8, adscrito a un momento anterior á construción do pavimento central, coma doutras agrupacións –a 7, 10 e 11– estas vencelladas a materiais cerámicos do III milenio a.C. En concreto, o conxunto 11 –sito sobre a gabia perimetral e na zona “extramuros”– podería estar a marcarnos un episodio máis tardío e de posible ampliación do asentamento cara o Este.\nDos clústeres xerados co algoritmo DBSCAN (Figura 6), pódense destacar dous dos grupos –o 7 e o 11– que se distinguen por conter buratos de poste a diferentes profundidades. O primeiro conxunto, o 7, atópase na zona central, contendo a estrutura circular vinculada ao rebaixe documentado nesta área. O grupo 11 sitúase ao Sureste do asentamento, e estendese alén da gabia perimetral. Ambos están asociados a espazos que, a priori, foron creados ou modificados durante o III milenio a.C. (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nNa agrupación 7 os buratos de poste rexistran unha profundidade media duns 20 cm mentres que na 11 ronda os 10 cm. Esta diferencia podería, quizais, marcar unha distinción en canto á forma de construír en dúas áreas que –a priori– son coetáneas. No clúster 7, localizado na área central, profundiza moito máis no terreo, chegándose incluso a soster algúns dos postes con calzos. O clúster 11 se sitúa nas aforas do asentamento e xusto no límite Sureste da área escavada. É posible que a presenza do pavimento central condicionase a localización das cabanas, que quizais se terían situado en torno desta estrutura. É certo que neste grupo as estruturas non se asentan tan profundamente coma no conxunto 7. Quizais a potencia do solo inflúe neste cambio construtivo ou ben sexa outra variable a que está a actuar.\nPor outro lado, leváronse a cabo varias análises das distancias entre os buratos de poste e outros elementos do asentamento (gabias, calzos, pavimentos...). Observamos que a profundidade e a anchura dos buratos de poste e a existencia de calzos presentan certa dependencia entre si (Figura 7). En primeiro lugar, puidemos observar que a profundidade dos negativos aumenta coa aparición dos calzos, acadando os 20 ou 30 cm. Aínda que esta é a norma xeral, existen algúns ocos afundidos a máis de 40 cm que semellan non ter requirido esa clase de soporte.\nEn canto ao diámetro, ocorre algo semellante ao que acabamos de ver. Os buratos se moven entre os 30 e 35 cm de ancho cando van acompañados de calzos, mentres que a anchura se reduce a entre 20 e 30 cm cando carecen deles. Novamente, e como pasaba coa profundidade, existen algúns negativos con máis de 40 cm de largo que non requiriron de ningún dispositivo para estabilizarse.\nOs calzos documentados no xacemento están concentrados no Sur, nunha área onde non temos cultura material asociada aos buratos de poste, e –en menor medida– no centro, onde se rebaixou o nivel do pavimento. O resto dos calzos atópanse dispersos polo asentamento. A resultas da súa distribución ao longo do xacemento, poderíase argumentar que a ocupación calcolítica foi a responsable de consolidar o uso de calzos, xa que os lugares citados están en estreita relación coas zonas ocupadas durante o III milenio a.C.\nOs buratos de poste do xacemento teñen morfoloxías diversas (circular, oval e irregular). Para o estudo realizamos unha análise comparando estas formas coa profundidade dos negativos de poste e os resultados mostran que os negativos con planta irregular afondan ata os 25 cm de media fronte o resto (circular e oval) que só chegan aos 15 cm (Figura 7). Este tipo de planta informe é minoritario no asentamento e, na súa maioría, adscríbese a contextos de hábitat Calcolítico.\nOs buratos de poste de planta circular e oval, ademais de ser maioritarios, se reparten de xeito homoxéneo polo xacemento. En termos xerais, vincúlanse ás cabanas calcolíticas, aínda que tamén foron utilizados en momentos previos. Como exemplo de estruturas do III milenio a.C. temos as dúas do Norte –a rectangular e a ovalada–, a central e a do Sur (Figura 4), estas últimas circulares. En todas estas construcións atopamos, de xeito indistinto, negativos de poste circulares e ovais. Pola súa parte, os postes de deseño irregular non forman parte desas estruturas calcolíticas, aínda que se espallan polas súas inmediacións.\nAnálise da cultura material\nUn dos primeiros datos relevantes aportados pola análise espacial da cultura material é que industria lítica e fragmentos cerámicos presentan unha correlación positiva a nivel espacial.\nSegundo a análise Kernel, a cerámica concéntrase no Norte, Nordeste e en toda a área central do xacemento (Figura 8). Na parte setentrional destacaría a cerámica Penha e campaniforme vinculada a ocupacións do III milenio a.C., mentres que na parte central do asentamento semella existir un maior solapamento de ocupacións (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nPola contra, as agrupacións Clúster (Figura 9, Táboa 2) mostran un patrón diferente ás densidades Kernel. Un dos conxuntos encadra nun gran grupo ás cerámicas do pavimento central e as do Norte do xacemento. O resto de cerámicas intégranse en pequenos conxuntos, dos que destacan o 7 –con presencia de cerámica Penha e campaniforme– e o 2 –vinculado á estrutura circular con poste central do Sur. Tamén resulta de interese o grupo 5, ao atoparse en torno á estrutura de combustión datada no Neolítico Medio (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007).\nA cerámica Penha atópase máis próxima do pavimento (menos de 1 m.) que os grupos campaniforme, lisa fina e indeterminada (a uns 4 e 12 m, respectivamente) (Figura 10). A relativa maior distancia do campaniforme pódenos indicar unha disociación temporal entre a devandita preparación do terreo e a ocupación do lugar na segunda metade do III milenio a.C. Tamén nos mostra a posible expansión, neses momentos, do asentamento cara á contorna inmediata.\nAdemais, vemos como a cerámica tipo Penha se atopa lixeiramente a maior distancia das gabias que a familia de lisas finas. Isto nos pode falar do uso estendido deste último tipo de cerámicas que, por outra parte, non podemos vincular a ningunha cronoloxía en particular. Pola contra, a cerámica campaniforme está moi preto dos sucos que se atopan nas marxes do xacemento. Este resultado garda relación coa posible expansión do asentamento na segunda metade do III milenio a.C., aludida anteriormente.\nNo que respecta aos tests realizados á industria lítica, a análise de densidade Kernel revelou a concentración de líticos sobre todo na parte central do asentamento –na área de talla ao Sur do pavimento (Figura 8). O resto de pezas líticas dispérsase ao Norte do pavimento central e sobre a zona rebaixada. Tamén é interesante apuntar unha pequena concentración destes artefactos ao Nordeste, vinculada probablemente á ocupación calcolítica.\nOs clústeres realizados sobre o material lítico amosan correlacións coas concentracións xa mencionadas no anterior parágrafo (Figura 9, Táboa 2). O grupo 5 aglutina as maiores densidades de líticos da parte central do asentamento e, ao Noroeste, o clúster 9 coincide con outra das concentracións marcadas na análise Kernel. Ao Norte, observamos un grupo –o 7– vinculado a un espazo ocupado no III milenio a.C., como proba a presenza no lugar de cerámica campaniforme e tipo Penha.\nAo igual que para a cerámica, levamos a cabo unha análise sobre os tipos de industria lítica e a súa relación coas estruturas do asentamento. O resultado amosa que as bases negativas se sitúan a maior distancia dos buratos de poste que os materiais clasificados coma Outros. Isto quizais indique que as actividades de talla se realizaron non moi lonxe das estruturas (a uns 2 metros) pero si a unha distancia prudencial delas. Tal circunstancia é extensible ás bases positivas ou ós configurados e refrenda as observacións feitas por aproximacións etnográficas, que amosan a tendencia a segregar as actividades de\ntalla das inmediacións das vivendas (HARDY 2006).\nPor último, podemos observar o traslado de pezas dentro do asentamento a través dos remontaxes de industria lítica (Figura 11). Aínda que a escasa cantidade das evidencias fai que debamos tomar estes datos con moita prudencia, a gran distancia e as distintas direccións nas que parece que se desprazou o material, semellan suxerir que dito desprazamento non se podería explicar unicamente por mor de procesos posdeposicionais.\nAsí, apareceron dous núcleos explotados, un sobre a gabia de drenaxe do norte e outro no nivel de uso da área central. Preto desta última, atópase outra base negativa similar e vinculada cunha peza –unha base positiva– ao Sur da zona rebaixada. Ademais, atopamos outra remontaxe entre unha base negativa preto da estrutura oval ao Norte e un configurado no pavimento central.\nNa área de talla identificada ao Sur do pavimento central, aparece un fragmento de base positiva relacionado con outra base positiva localizada no Suroeste, ao lado da cabana circular cun burato de poste central. No mesmo sector central, atópanse varios restos –unha base positiva e un fragmento doutra– asociados a un proceso de talla que puido ter ocorrido noutro lugar. É exemplo disto a base negativa aparecida por riba da gabia de drenaxe central e que xerou dúas lascas: unha atopada ao lado da área de talla, e outra ao Norte. Esta situación márcanos distintas zonas de talla lítica e o posible uso do espazo ao Sur do pavimento central como área de traballo ademais de como lugar de produción de ferramentas líticas.\nIdentificación de posibles patróns de actividade\nCos resultados obtidos sobre as estruturas, os fragmentos de cerámica e a industria lítica podemos sinalar posibles patróns de actividade dentro do asentamento de Monte dos Remedios. As análises Kernel e Clúster axudan a localizar estes espazos e a cultura material, xunto coas datacións radiocarbónicas, é a que permite definir as diferentes ocupacións do sitio. A mellor constatada de ditas ocupacións é a pertencente ao III milenio a.C., dada a cantidade e calidade dos indicios que obtivemos.\nAs principais áreas de actividade sitúanse no Norte e no centro do xacemento. As plantas das cabanas identificadas emprázanse precisamente nestas zonas, a excepción da circular ao Sur e aquela formada por unha gabia circular (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). Ao Nordeste temos outra área de intensa ocupación e con materiais que axudan a adscribila cronoloxicamente ao III milenio a.C.\nNa parte central do asentamento, existe un solapamento de ocupacións que dificulta a identificación das diferentes fases. Aínda así, podemos afirmar que os buratos de poste por debaixo do pavimento central foron utilizados durante o Neolítico mentres que os que circundan dito firme serían posteriores. A estrutura circular na zona rebaixada é un exemplo disto e a súa creación vincúlase ás ocupacións calcolíticas.\nNo pavimento central temos diferentes fragmentos de cerámica de tipo Penha e campaniforme que mostran o uso deste espazo durante o III milenio a.C. Tamén a área de talla ao Sur do firme se vincula a esta fase. As remontaxes mostran a relación entre as actividades realizadas nesta zona e aquelas levadas a cabo no Norte, Nordeste e Sur. Isto demostraría o uso destes lugares durante o Calcolítico mais non desbota a súa ocupación anterior.\nNo Norte –onde a cabana ovalada– existe un dos puntos de maior concentración de buratos de poste e de fragmentos de cerámica. Esta estrutura se relaciona con cerámicas tipo Penha e campaniforme que a poden vincular coa ocupación do III milenio a.C. O clúster 4 de cerámica (Figura 9) relaciona a parte central do asentamento coa setentrional, a cal puido ser ocupada simultaneamente na primeira metade de dito milenio. Coa creación da gabia de drenaxe (BONILLA RODRÍGUEZ 2004), a estrutura detectada na zona quedou inutilizada, dando lugar a outro momento de ocupación, xa na segunda metade do III milenio.\nNo Nordeste existe unha pequena zona onde coinciden varios clústeres de todos os elementos estudados. Isto é significativo xa que todo indica que existiu unha intensa ocupación calcolítica deste lugar. A presencia de cerámica tipo Penha e campaniforme ademais dos remontaxes de industria lítica sinalan esta relación espacial.\nÉ destacable a expansión do asentamento cara o Leste, probablemente na segunda metade do III milenio a.C. A presenza de cerámica campaniforme máis lonxe das gabias e dos pavimentos en contraposición ás tipo Penha é significativa do posible uso destas zonas periféricas. O colapso da estrutura do Norte e a creación da gabia de drenaxe orienta o hábitat cara outras áreas. A diferencia entre os clústeres de buratos de poste 11 e 7 é significativa, xa que marca un posible cambio na forma de construír nun espazo curto de tempo, entre a primeira e a segunda metade do III milenio.\nPor último, debemos destacar que semella que os calzos se utilizaron en casos concretos e en función dunhas características determinadas. Os buratos de poste calzados mostran as mesmas profundidades e anchuras. Ademais, algúns destes calzos os localizamos na periferia dos espazos de ocupación calcolítica –ao igual que as plantas irregulares de negativos de poste– mais, en ambos casos, non temos suficientes datos para afirmar a súa relación con dita fase cronolóxica.\nProblemática derivada das actividades posdeposicionais\nParte do sector Sur do xacemento está caracterizado pola falta de industria lítica e cerámica. Isto contrasta coa grande densidade de buratos de poste da zona, os cales semellan estar vinculados ás ocupacións do Calcolítico (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010). Esta circunstancia débese, probablemente, a un forte proceso de erosión que arrastrou o material dos horizontes A e B. Este podería ser o motivo polo cal o único que se conserva sexan os buratos de poste atopados na capa C (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nSe prestamos atención ás probas de aleatoriedade, vemos como o Quadrat Test (Figura 12) mostra que para a cerámica e a industria lítica existen menos exemplares no sector Sur dos esperados na análise. Ademais, no sector Occidental son inexistentes ditos materiais e estruturas, a excepción da gabia perimetral da cabana circular (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nPola súa parte, os resultados da K de Ripley (Figura 13) indícannos que tódalas entidades analizadas tenden a concentrarse. Con isto, elimínase a posibilidade de que a localización espacial dos buratos de poste, a industria lítica e a cerámica sexa aleatoria. A localización deliberada dos restos demostraría que teñen un orixe antrópico. Desta forma, a ausencia de material no Sur é pouco probable que se enmarque nun fenómeno intencionado. É certo que, ao longo do asentamento, non toda a cultura material se atopa vinculada aos buratos de poste, pero non nestas proporcións.\nAdemais, preto dese sector, ao Noroeste do mesmo aparece a área de talla localizada ao Sur do pavimento onde se acumula unha gran cantidade de útiles líticos (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010). Tamén, existe unha concentración importante de cerámica nesta parte do firme, como se pode observar no Kernel correspondente. En ámbolos dous casos, a dispersión se detén xusto nesta zona, o pavimento vese interrompido e reaparece máis cara o Suroeste, polo que podería ter sido desmantelado polos procesos posdeposicionais (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nc onclusIóns\nA modo de conclusión, pódese apuntar que a utilización de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e de métodos estatísticos permitiunos coñecer máis en detalle as características do asentamento de Monte dos Remedios. A suma de ambas metodoloxías aumentou a nosa capacidade analítica e potenciou a calidade dos resultados, proporcionando así unha visión máis completa sobre os patróns de actividade do xacemento.\nO traballo aquí presentado supón unha primeira aproximación ao estudo microespacial dun asentamento da Prehistoria Recente da nosa comunidade. Aínda así, resulta obvio que será necesario ampliar a mostra para así comprobar se o patrón de actividade detectado en Monte dos Remedios se repíte noutros xacementos. Ademais, a análise en outros contextos nos permitirá -nun futuroconfirmar a utilidade das metodoloxías empregadas neste primeiro estudo.\nA análise das evidencias arqueolóxicas –tanto de estruturas como de fragmentos de cerámica ou industria lítica– aportou información sobre as áreas de actividade e as dinámicas de construción no xacemento. En menor medida, aproximounos ás dinámicas posdeposicionais da cultura material. Todo isto serviu de axuda á hora de diferenciar as fases de ocupación do lugar e comprender os cambios acontecidos ao longo de dous mil anos.\nA tenor dos resultados, semella que o período de ocupación calcolítico foi o que deixou unha pegada máis intensa no xacemento e, por esta razón, tamén foi o mellor retratado na análise microespacial. A presencia de cultura material característica -cerámica tipo Penha e campaniformeserviu de fósil director para delimitar mellor esta fase e, desta forma, diferenciar os espazos vinculados ao III milenio a.C. de aqueles correspondentes a momentos precedentes. A remodelación da parte central do asentamento e a expansión máis aló da gabia perimetral modificaron de forma contundente a organización que tiña o poboado en boa parte das súas ocupacións anteriores.\nAs analíticas realizadas neste artigo corroboran as interpretacións expresadas previamente na memoria técnica da intervención e nas publicacións posteriores. Deste modo, identificáronse as áreas de maior intensidade construtiva e de concentración de material cerámico e lítico. Destacan -sobre todoa zona central, cun maior solapamento de ocupacións, e a setentrional, cunha importante actividade vinculada ao III milenio a.C. Como xa se mencionou, a cerámica tipo Penha e campaniforme foron esenciais para contextualizar as áreas de actividade correspondentes ao Calcolítico. Cos novos resultados, pódese afirmar que a tipo Penha mostra unha certa continuidade coa ocupación previa do asentamento, no interior, Norte e Nordeste, mentres que o campaniforme se afasta das estruturas anteriores –como a gabia lineal– e tende a distribuírse por un espazo periférico. Todas estas informacións apuntan a que as comunidades da segunda metade do III milenio semellan terse expandido cara o Leste, aínda que mantendo algunhas actividades como a práctica da talla lítica ao Sur do pavimento central, coma se afirma na memoria técnica (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nTras as análises realizadas neste estudo, vemos como as remontaxes da industria lítica sinalan a relevancia desta área de talla que mencionamos e que se vincula directamente cos materiais localizados no Norte, Nordeste e na parte central do xacemento. Desta forma, temos unha conexión entre este foco de actividade e outros posibles na periferia. O uso destes espazos coincide coa utilización do pavimento central, é dicir, en torno á segunda metade do III milenio a.C. Segundo se contempla noutros estudos, neste espazo é onde quizais se concentrou o desenvolvemento de actividades cotiáns (RODRÍGUEZ\nOutros resultados novidosos deste artigo son os referidos aos clústeres, cos cales puidemos marcar diferencias substanciais a nivel estatístico e espacial. Un exemplo disto é o posible cambio a nivel construtivo marcado por dous grupos de buratos de poste que poderían pertencer á ocupación calcolítica. Tamén se observou unha distinción cronolóxica e espacial nos dous conxuntos de negativos da parte central do xacemento. Neste caso, –e baseándonos nas interpretacións realizadas na memoria técnica– podemos falar da ocupación neolítica sita baixo o pavimento central e preto da gabia perimetral (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). No Norte –onde o grupo de cerámicas relacionadas coa estrutura de combustión– atópase outro posible espazo vinculado a finais do V milenio a.C. (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007).\nSeguindo cos resultados do presente estudo, a nivel estrutural obsérvase unha certa diferenciación no que respecta ao emprego de calzos, xa que existe unha significativa distinción en canto ás características dos buratos de poste dos que forman parte. Con todo, non podemos aseverar que se vinculen especificamente ao Calcolítico, aínda que están próximos a espazos ocupados nesta fase. O mesmo acontece cos buratos con plantas irregulares, que se atopan lonxe de estruturas de combustión datadas no Neolítico, o que non necesariamente implica que se vinculen en exclusiva coas áreas de actividade máis tardías.\nFinalmente, coa aplicación dos test de aleatoriedade espacial se determinou o grao de concentración da cultura material, obtendo información que nos permite argumentar que a carencia de cultura material na área Sur do asentamento se derivou, moi posiblemente, de algún proceso posdeposicional. Neste senso, a ausencia repentina de fragmentos de cerámica e industria lítica non parece darse por razóns antrópicas, a tenor das dinámicas observadas no resto do xacemento.\nA grAdecementos\nOs autores queren agradecer a Andrés Bonilla Rodríguez e Mario César Vila a cesión dos datos sobre o asentamento de Monte dos Remedios, sen os cales sería imposible abordar este estudo microespacial.\nr eferencIAs bIblIográfIcAs\nABAD GALLEGO, J.C. 19921993. ”Balance de las actuaciones arqueológicas llevadas a cabo en la necópolos megalítica de Cotogrande (Cabral). (Campañas de 1989 a 1992)”. Castrelos, 56, pp. 728."} +{"summary": "Nas seguintes páxinas imos achegarnos ó funcionamento de vale como marcador discursivo (MD). Para analizalo, utilizamos unha base de datos elaborada a partir dos rexistros que nos forneceron dous corpus galegos: o Tesouro Informático da Lingua Galega (TILG) e o\nCorpus de Referencia do Galego Actual (Corga). Para que esta forma do verbo valer se desenvolva como MD requírese, alén de que funcione dunha forma allea á propia estrutura sintáctica da oración, unha serie de condicionantes contextuais: o texto debe ser dialogado e o estilo de lingua informal. Ademais, en liña co comportamento propio dos MMDD, pode combinarse con outros elementos externos á oración e prefire illarse do conxunto da estrutura. Esta definición xenérica non caracteriza por completo o seu funcionamento, xa que a pluralidade dos seus sentidos discursivos vai traer, á vez, consecuencias en aspectos do seu comportamento, tales como a posición que ocupe no discurso ou o regulamento da enunciación interrogativa do MD. Finalmente, contrastamos os nosos resultados co comportamento descrito por outros autores para os MMDD estranxeiros OK da lingua inglesa e vale do español. Dende esta posta en común e ó observar os paralelismos evidentes nos seus funcionamentos, defendemos que o MD vale en galego experimentou unha ampliación no hábito de uso polos falantes nas dúas últimas décadas derivado dun fenómeno de interferencia pragmática intralingüística, a partir da fórmula inglesa OK e a través da súa tradución ó castelán vale.", "text": "O marcador discursivo vale : usos ou abusos?\nSoraya Domínguez Portela IES Pazo da Mercé dominguezportela@edu.xunta.es\n Vale, marcador discursivo, valores pragmáticos, OK, interferencias pragmáticas Sumario 1. Os marcadores discursivos. 2. Traballo de corpus. 3. Descrición de vale. 3.1. Os valores pragmáticos de vale. 3.2. Extensión de vale. 4. O marcador discursivo inglés OK. 5. O marcador discursivo español vale. 6. Conclusión.\nThe discourse marker vale : use or abuse?\nKeywords\nVale, discourse marker, pragmatic usage, O.K., pragmatic interferences\nContents\n1. Discourse markers. 2. Corpus work. 3. Description of vale. 3.1. Vale’s pragmatic usages. 4. The English discourse marker OK. 5. The Spanish discourse marker vale. 6. The extension of vale. 7. Conclusion.\n1. O s marcadOres discursivOs\nOs marcadores discursivos (MMDD) son partículas fundamentais á hora de cohesionar o texto (Halliday e Hassan: 1976; Fuentes: 1987; entre outros) e de guiar a interpretación do enunciado (Portolés: 1991). A orixe gramatical deste tipo de elementos é moi diversa: hai MMDD que derivan de adverbios (ben), de conxuncións (pois), de verbos (mira, vale) ou de substantivos (home). A pesar desta diversidade na orixe gramatical, ó funcionaren como MMDD todos perden as características que lles eran inherentes á súa clase de palabra e pasan a desenvolverse exclusivamente no plano discursivo e dun modo relativamente parello.\nFinalmente, é importante atender ao feito de que as partículas do discurso son elementos moi susceptibles nunha lingua ás modas sociais de fala e ás interferencias intralingüísticas. Por iso é común que determinados usos moi estendidos en certas épocas estean practicamente esquecidos en datas posteriores —pensemos en expresións das diferentes xergas xuvenís—; ou que haxa un transvasamento entre idiomas de determinados MMDD con éxito social a partir da lingua simbolicamente mellor marcada na comunidade.\n2. T raballO de cOrpus\nO noso obxectivo nestas páxinas será describir o funcionamento do MD galego vale. A elaboración dun corpus de traballo e a súa análise é, por conseguinte, unha ferramenta útil, xa que nos vai fornecer unha descrición empírica do comportamento desta partícula. Deste modo afastámonos da caracterización intuitiva baseada ou na experiencia lingüística da investigadora ou no aproveitamento de fontes bibliográficas que, por outra banda, non existen a respecto deste elemento en lingua galega. Este tipo de investigación ten, en confronto, unha desvantaxe que debemos atender: os datos que fornecemos veñen condicionados polo propio corpus. Deste xeito é importante que a base de rexistros cubra un abano de posibilidades o máis variado posible de maneira que as conclusións sexan válidas para o funcionamento xeral do elemento que se vai estudar. Escollemos dous corpus léxicos galegos en grande medida paralelos e que son referenciais\npara os estudos lingüísticos deste idioma, singularmente polas institucións que os crearon: o\nTesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG), do Instituto da Lingua Galega; e o Corpus de\nReferencia do Galego Actual (Corga), do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.O TILG está conformado por textos do galego moderno, dende o Soneto de Pedro Bázquez de Neyra de 1612 ata documentos do ano 2002. Hai exemplos de todos os xéneros e rexistros, dende transcricións de gravacións orais (procedentes principalmente de memorias de licenciatura e doutoramento) ata obras ficcionais literarias, prosa científica ou prensa. Conforman este corpus os rexistros extraídos dun total de 1464 obras diferentes. O Corga tamén está conformado por textos do galego actual de moi diversa orixe: xornais, revistas, ensaios, novelas, relatos curtos e teatro; obras que cobren áreas temáticas tan diversas como economía, política, cultura, ciencias sociais, tecnoloxía, ficción, deportes, turismo, inauguracións, etc. A diferenza co TILG encóntrase en dous puntos: por unha banda, non recolle fontes explicitamente orais e, pola outra, os textos que comprende están todos publicados a partir de 1975 e chegan ata o ano 2009. Para este corpus procesaron case 1000 fontes diferentes, das que extraeron 25 millóns de formas consultables. Unha vez baleirados estes dous corpus, rexistramos no TILG un total de 154 construcións en que vale xorde como MMDD e 493 en igual situación no Corga; é dicir, o noso corpus de traballo está conformado por un total de 647 exemplos de vale como MD.\nA través desta base de datos analizamos o valor pragmático da partícula, a súa posición a respecto da estrutura que afecta, as súas necesidades de corte da liña entoativa, o estilo de lingua do discurso, o tipo de obra en que xorde, a súa capacidade combinatoria con outros MMDD ou complementos externos e se funciona como un elemento enunciativo, exclamativo ou interrogativo. A partir da información que nos forneceu este corpus propio, caracterizamos o MD vale.\n3. d escrición de vale\nVale é un MD invariable derivado do verbo valer na súa forma imperativa de P2. O modo da orde, isto é, o imperativo, é unha das fórmulas máis habituais baixo a que un verbo se fosiliza para desenvolverse como partícula do discurso —pénsese nos MMDD olla, mira, oe, etc. A razón encóntrase en que o imperativo é o modo verbal que trae consigo intrinsecamente a necesidade de interactuación co outro; a partir desa situación é extrapolable o seu uso como elemento exclusivamente de relación co interlocutor/a e o seu progresivo baleirado semántico. Isto é, enténdese dende este punto o alcance para algúns verbos da función discursiva, singularmente cando o MD actúa na conversa. O uso de vale como MD é recente —no noso corpus non xorde ningún exemplo anterior á\ndécada dos 60 do século pasado— e vén marcado por unha serie de condicionantes contextuais. Vale é un MD conversacional (Martín Zorraquino e Portolés: 1999), isto é, utilízase exclusivamente en estruturas dialogadas, sexan estas con dous ou máis interlocutores explícitos, sexan supostos conversacionais da voz narradora co seu público ou dun personaxe con outros non presentes. Este tipo de estratexia repítese especialmente nas linguaxes xornalística e ensaística. Formúlase un diálogo ficticio co lector, ó introducir unha corrección ou hipótese que esperablemente el daría, pero formulada e aceptada, en menor ou maior medida, polo mesmo emisor. y ¿que función social ten o teatro aí?, porque se di que o teatro ten que facer algo, vale, ¿que?, exactamente ¿que? (Teatro do Noroeste: 1997).\ny Oio dicir que a traxedia conduce á piedade a través do terror; vale. Pero en que consiste esa tal piedade? (Sampedro: 2006) En definitiva, estamos ante unha estrutura dialogada suposta que permite o uso deste MD. A finalidade é crear unha proximidade coa receptora que está, por natureza, ausente e rebaixar a formalidade do texto. Esta última consecuencia interlígase co feito de que vale se caracteriza como unha marca de coloquialidade. No noso corpus de traballo xorde case en exclusiva neste tipo de lingua (97% dos rexistros), e cando aparece nun texto de ámbito máis formal, a súa presenza relaxa, como xa indicamos, a dita formalidade e favorece a empatía co receptor. Ademais, unha última proba de como o estilo de lingua é un condicionante para o uso de vale encontrámola no tipo de documentos en que recollemos este elemento pragmático. Se observamos a táboa que segue, encontrarémonos que en ningún caso xurdiu vale en textos formais encaixables na prosa científica 1, que si inclúen os dous corpus de referencia do noso traballo.\nNo 69% dos rexistros vale é o único MD da estrutura. Por conseguinte, a acumulación con diferentes MMDD ou con outros elementos periféricos da construción é bastante habitual. As combinatorias que rexistramos no noso corpus poden ser:\n¾ Acumulacións de MMDD que teñen un mesmo valor e funcionan como reforzos comunicativos no mesmo sentido: vale, vale ; xa, vale ; vale, ben ; vale, OK ; vale, veña; vale, moi ben ; vale, está ben ; está ben, vale... y Ten que ser do Oeste, ¿ou onde carallo está Galicia? — Xa. Vale. Nin unha palabra máis. (Reigosa: 2001). y Xa está: “Castelao connosco pra sempre”. Vale. Ben. Pois heillo comunicar ao noso galeguista profesional, ao insigne Ramón Pineiro, que a frase vai figurar como feita por el (Riveiro Loureiro: 1985). y Raquel: ¡Aaaaah! Mirna: ¡Joder! Inés: Vale, vale, tranquila, OK, Ok. Non pasa nada. (Prieto Roca: 2005). y E veña, nada, que do que sexa xa te chamamos. —Xa, xa... Vale, veña... Din que de todo aprende un, e nós, xerentes espelidos, sacamos unha boa lección a tempo disto (Feijoo Barreiro: 2005). O mesmo tipo de concorrencia encontrámolo con partículas afirmativas que, sen seren MMDD, indican tamén aceptación: vale, si ; si, vale ; vale, por suposto ; vale, de acordo... y Vale, si, fun eu pero porque me ensarillaron (Ruibal: 2006).\nEn conclusión, vale é un MD conversacional, propio da coloquialidade, que se illa da estrutura oracional e permite a súa combinatoria con outros MMDD ou partículas externas, sexan estas sinónimas ou con significados diferentes. Esta é a descrición xenérica de vale, pero con ela non definimos plenamente o seu funcionamento. Réstanos tratar os seus valores pragmáticos e os condicionantes de comportamento que traen consigo cada un deles.\n3.1. Os valores pragmáticos de vale\nComo xa se indicou, os MMDD presentan dúas grandes funcións: guiar a interpretación do discurso ou cohesionalo. No primeiro dos casos o seu labor é transmitir a intención comunicativa do emisor; no segundo, o MD adoita empregarse como unha estratexia fundamental para organizar internamente o discurso propio ou a respecto do alleo. Estes non teñen que ser usos necesariamente excluíntes; aínda que hai autores que defenden un funcionamento estanco que opón os elementos que conectan o discurso fronte aos que marcan modalidade discursiva e aos que organizan o texto (Cortés: 2000), nós imos defender que non hai unha liña exclusivista. Un mesmo\n3.1.1. Marca de aceptación\nEste é o sentido primeiro do MD vale, xa que no noso corpus representa o 47% do total dos rexistros. A aceptación adoita ser dunha proposta formulada polo outro y —Ben. Primeiro imos comer e logo xa veremos, que o día é ben longo. — Vale. Pero antes lémbrame que teño que falar con Inés (Araguas: 2001). ou polo propio emisor, aínda que se marca con vale como igualmente allea. y A min se me din: ¿queres liarte cun tío? Vale, moi ben, estás catro noites con el e enlíaste, pero non máis, é imposile (Heinze: 1985). A mesma dobre natureza, isto é, a aceptación dunha afirmación formulada polo interlocutor ou polo emisor, encontrámola cando se dá por válida unha hipótese, excluída ten de ser forzosamente Francine. — Vale, Descartes non era un papá modelo (Moure: 2006).\ny Probablemente é Groucho Marx e segue vivo. Si, vale, quizáis non sexa o propio Julius Marx, máis coñecido por Groucho, o que ali estea (Blanco: 2002). ou un feito. y Mirei como entrabas no Martin Lauer, pero logo faltaches á nosa cita. ¿Onde está o diadema? —Si, vale. Entrei no mercante, de acordo. Pero foime imposible dar o cambiazo (Jauguerizar: 2005). y Que me gustaba unha, pois vale, eu á miña historia e ninguén se metía (Costas: 2000). Estas dúas posibilidades esixen unha diferente colocación do MD. Se a información que se acepta é presentada polo interlocutor, vale iniciará a intervención do emisor ou, en menor medida, seguirá outro MD ou complemento externo da estrutura. Pola contra, se é o propio emisor quen a formula —sexa por primeira vez, sexa repetindo o dito polo outro—, vale pechará a idea exposta, isto é, sitúase no final da oración. Nos restantes tipos de aceptación —dunha postura concreta, y —Xa, pero nós sabemos que a eses dous camándulas que mandou, “Gatillo rabuñoso” encargoulles uns traxes moda eterna deses que non levan sisas. — Vale, si, pero a nós o fulano non nos dixo que volvesemos ó labor (Novo: 1997). dunha petición, y Lourdes: Dáme outra galleta, hostia, e deixa de relear! (Dándolla) Maruxa: Vale, toma, pero nin unha soa máis (Alonso: 2006).\nou dunha resposta—, y —Pero eu tamén, ¿non? —¡Claro! — Vale, segue (Borrazás: 1991). sempre se toma como referencia o dito ou feito polo outro. Por conseguinte, sempre inicia vale a construción, ou segue outro MD ou complemento externo. De todos os xeitos, independentemente de cal sexa o elemento acatado, co uso de vale pódese transmitir sempre un matiz comunicativo concreto de dobre natureza: ou a busca de conciliación co outro y ¡Vasme volver tolo con tanta historia e tanta gaita! — Vale, home, xa calo (Novo: 1997). ou cargar a aceptación cun ton de falsidade, irónico.\ny —Cando se está en guerra —dicía o outro—, non hai que pór reparos a ningún aliado. Eles queren quedar de heroes, vale. Nós utilizámolos (Queizán: 2000). Quérese dicir, coa presenza de vale é pouco común —aínda que posible— que se transmita exclusivamente un acatamento neutro de algo, y ¿cando ides chegar? —non o sei, xa te chamarei cando esteamos aí — vale, comezarei preparalo todo —ben, adeus —adeus (Jaureguizar: 1995). senón que o habitual é que esa aceptación traia consigo unha información comunicativa extra. 3.1.2. Marca de reforzo Con vale pódese enfatizar o que foi exposto polo emisor, sexa isto unha proposta, (1) Nada de valentías, imos levarnos ben, ¿ vale, señora? (Ruibal: 2006). unha petición (2) Pero non tardes moito, ¿ vale ? (Pena: 1991). ou unha afirmación sen máis. (3) Non veño de bo humor, ¿ vale ? (Jaureguizar: 2001). É dicir, co uso deste MD focalízase o dito na busca de crear un efecto sobre o outro, mais non sempre é o mesmo o que se procura. Con vale o reforzo pode ir en tres direccións. Quérese sobresaír esa información sobre o resto do discurso porque se considera importante (véxase o exemplo 3); ou directamente indiscutible e por iso se usa un ton ameazante ou de aviso (véxase o exemplo 1); mentres que noutros casos a intención comunicativa é xustamente a inversa ó dominar o ton amigable, conciliador, por procurar ser agradable co outro ou porque se pretende diminuír a intensidade da conversa e por iso se emprega vale como estratexia de atenuación (véxase o sentido e funcionamento deste valor pragmático en Briz: 2002) que marca o exposto como unha busca de cordialidade entre os interlocutores (véxase o exemplo 2).\nComo marca de reforzo, vale sempre pecha a construción. A atención do receptor podemos\n(tentar) captala antes de dar a información ou marcando esta como crucial. No caso de vale a estratexia é a segunda. Isto xustifica que o MD nestes contextos sexa sempre unha partícula interrogativa. Ó funcionar como un instrumento focalizador, pero situado despois do que se quere destacar, é evidente que se debe usar unha entoación que rompa co discurso dunha forma absoluta e que faga reaccionar o interlocutor. Só nun exemplo do noso corpus encontramos un vale non interrogativo e usado con esta finalidade pragmática de énfase:\ny Deixame dormir, vale —rosmou o marido (Ferreiro: 1972).\nNeste caso a ausencia de interrogación enténdese como unha marca de orde, imperativa, que fai máis violenta a expresión. Estes contextos comunicativos son sempre os menos, xa que as regras básicas da conversa e da sociabilidade en xeral, tenden sempre a tentar diluír en diferente grao o malestar ou a violencia que poida haber entre os participantes do diálogo. Isto no caso do galego faise evidente a través do amplo uso da retranca. Polo tanto, unha afirmación tan cortante é pouco común, o que explica que no noso corpus só xurdira nunha única construción.\n3.1.3. Cortar a intervención do outro\nComo organizador do discurso, vale úsase para pechar un asunto tratado —ou directamente a conversa—, ou para cortar a intervención do outro e introducir así a propia dunha forma máis ou menos violenta. A razón desta interrupción é de diversa natureza e vai depender do ton que se use. Nuns casos débese a que a información dada pola interlocutora xa foi suficiente para que a emisora entenda a que se está a refirir, polo tanto, o corte tenta aforrarlle esforzo innecesario á outra; y Ceferino: Hai a hostia de países que non chegan ós 200 mil quilómetros. Albania, 29 mil, Austria, 84, Bélxica, 31, Bulgaria, 111, Costa Rica, 51, Cuba, 115, Checoslovaquia, 128, Islandia 103, Nicaragua, 130, Países Baixos, 41, Portugal, 92, ¡Galicia, 29 mil quilómetros! Aurelio: Vale, vale, ¿e que me queres demostrar con iso? (Cid Cabido: 1993). noutros casos o ton cortante ou de enfado escenifica que o exposto polo interlocutor se considera molesto ou inoportuno, de maneira que se obstaculiza a súa intervención; y ¡Pola noite non se lle poden ver os ollos! Bip — Vale, Toño, pero hoxe non estou para esas cousas, que hai que chegar á Gudiña a tempo (Alonso: 1992). finalmente, vale emprégase como instrumento que corte a violencia da exposición do interlocutor ó interrompelo e darlle a oportunidade de que se tranquilice. y —Xa as farás ti. Se queres practicar fotografía paga unha modelo que te ature. — Vale, vale. Xa pasou. Non te quixen molestar, perdóame, anda (Toro: 1993). Este último uso ten unha variante irónica, na que se mantén a tensión na conversa, xa que o ton empregado é en realidade falsamente conciliador.\ny —Exactamente. Incluso no ámbito dos personaxes... —Si, ¡ vale, vale ! Segue (Borrazás: 1991).\nAsí como a interrogación marca vale cuns sentidos moi concretos, fundamentalmente como estratexia de reforzo dunha idea, non acontece o mesmo coa exclamación. No 8% dos rexistros do noso corpus vale constitúe unha unidade exclamativa. Esta non trae consigo unha limitación tan marcada de sentidos: agás coa idea de reforzo e de pausa, vale pode aparecer con este tipo de enunciación en calquera caso. Polo tanto, simulan ser as necesidades contextuais, máis cós valores, os que requiren desta entoación.\n3.1.4. Pechar un asunto ou a conversa\n(1) Federico: Pois non, non sabía que Alberte fose o decano... Ben, si, farei o que poida!... Vale, vale, un bico para ti e para o cativo... Adeus! (Colga o auricular) (Alonso: 2006).\nCon este uso, o MD tende a iniciar a intervención; pola contra, se a conclúe, o ton empregado é sempre brusco e violento cara ó dito polo outro. y —¿Eí hai un, verdá? —Si, hai un, si, un cu e un coño, vale (López Valledor: 1999).\nNon é común que este matiz desafiante se empregue para pechar a conversa, xa que sería cargar a situación comunicativa cunha tensión final excesiva. Domina a busca de cordialidade co uso de vale ; o propio feito de dar por finalizado un asunto ou un diálogo é unha situación incómoda de seu, por iso se procura suavizar a situación cun ton amigable ou conciliador (véxase o exemplo 1).\nFinalmente, como xa indicamos ó falar das posibilidades combinatorias de vale, con esta función xorden catro dos seus construtos compostos. O comportamento de todos eles é parello ó descrito para o funcionamento do MD simple; só o caso de e vale e tal diverxe nun aspecto. A pesar de non dominar un ton cortante e violento, pecha a intervención, fronte o que é a norma. Isto débese a que estamos ante un combinado aberto semanticamente no que a segunda parte — e tal — elide unha información máis concreta que vale introduciría.\n3.1.5. Marca de comprensión\nEncontrámonos agora nunha función pragmática ponte entre o organizador e a transmisión da intención comunicativa. Está estreitamente relacionada coa idea de aceptación dunha información dada, pero co engadido de que ó afirmar que se entendeu o dito permítese que o acto comunicativo siga desenvolvéndose. Polo tanto, situámonos, á vez, próximos do uso de vale como ferramenta de corte da intervención, pero aquí non se bloquea a exposición do interlocutor, senón que se deixa que se desenvolva plenamente. Ademais, favorece que prosiga o seu discurso, se o que se fai é confirmar que se entendeu o que leva exposto;\ny Coidar un pouco a seguridade. isto non é un xogo —si, si. vale, vale. non son xordo. xa me decatei — ben —Aintzane retomou (Jaureguizar: 1995).\nou que o inicie, se o que se busca é a confirmación de que comprendeu o dito ata o momento.\ny -Pois perfecto —dixo a mestra vendo como Luís asentía. Entón xa veño eu despois para falar co señor\nLuís e dígoche como facedes. ¿ Vale ? (Quiroga: 2002).\nNeste segundo caso, o MD sitúase en posición final e pode ser interrogativo, tal e como cando indica un reforzo da información dada. Ó quererse comprobar que o outro entendeu a información refórzase a idea exposta, polo que estes dous valores pragmáticos aparecen estreitamente vencellados.\n3.1.6. Pausa para pensar a resposta\nO falante conta con diferentes instrumentos para conseguir tempo á hora de organizar as súas ideas e presentalas: interxeccións do tipo eh..., ou MMDD como ben, pois ou vale son algunhas. Vale enche un oco temporal que o emisor precisa para pensar a resposta que quere ofrecer, por conseguinte, sempre inicia a intervención. y Se fai o favor, digame como se chaman as pezas; {S} — Vale. Est’ é unha cachucha (Sánchez Rodríguez: 1983).\n3.1.7. Ánimo para comezo dun xogo\nEste é un valor marcado polo contexto comunicativo e o tecnolecto propio dos xogos infantís. É unha fórmula fosilizada co que se dá inicio a partida ou xogo. Sitúase, tal e como vale que ou vale deus que, nun estadio ponte entre o comportamento de MD e o propiamente verbal, como fórmula fixa de expresión. y No Escondite, por unha sorte de refenda rítmica, queda unha soia que ten que buscar ás compañeiras, cando dicen: ¡ Vale !. Namentras a que quedou persigue ás outras, elas (Taboada Chevite: 1972).\n3.2. Extensión de vale\n4. O marcadOr discursivO inglés OK\nUn dos MMDD máis globalizados é o inglés OK. A súa orixe é moi discutida e aínda non se determinou unha explicación pechada sobre ela que convenza a maioría da comunidade investigadora —véxase, por exemplo, a diversidade de posibilidades que recolle o Oxford Dictionary of English (Soanes e Stevenson: 2003). Independentemente do descoñecemento dos seus inicios, esta partícula nada no século XIX estendeuse amplamente no XX non só na lingua inglesa —a partir da variante norteamericana—, senón ó longo dos diferentes idiomas europeos. Aínda sendo así dun modo xeral, a intensidade deste é diferente segundo a lingua —mentres nos corpus galegos, tanto no TILG coma no CORGA, o número de rexistros en que xorde OK con valor discursivo é de 8, no Corpus do Português () aparece un total de 40 exemplos— e incluso a época histórica —segundo os corpus galegos, é unha fórmula máis empregada na segunda metade dos anos 80 e primeira dos 90, a través da xerga xuvenil moitas veces incluído en frases feitas coma ok makey.\nO interese de OK para o noso traballo encóntrase nos paralelismos que presenta co MD galego vale. A partícula inglesa é tamén un MD conversacional propio da coloquialidade que presenta unha ampla gama de usos. Para achegármonos ós valores de OK utilizamos parte da bibliografía que hai sobre o asunto: empregamos fundamentalmente os traballos de Sherri L.\nCondon (1986, 2001, 2003), Wayne Beach (1993) e Lindsay Clandfield (2008 2). Nestes estudos non etiquetaron dun mesmo modo os usos de OK nin tampouco coinciden coas fórmulas que presentamos para vale, pero consideramos que son facilmente equiparables. Deste modo, OK cobre as mesmas dimensións básicas que lle adscribimos ó MD galego: utilízase para indicar unha aceptación ou acordo; y Shall we open some more wine? Ok (Clandfiel: 2008).\ny I’ll bring in the next course, ok ? (Clandfiel: 2008). y We just don’t want to hear your opinion, OK ? (Clandfiel: 2008). para pechar o asunto que se está a tratar ou directamente a conversa; y ok then we could walk down scenic uh tourist district you know and go and sightsee in the French Quarter area (Condon: 2000). e para marcar que se comprendeu o dito polo outro (valor recollido por Bellés Fortuño: 2006) ou polo emisor. y Is everyone listening? OK, I just wanted to say how nice it is to see you again. I know it’s been a long time since I’ve been home for Christmas... (Condon: 2000). Pola contra, non recollemos ningún exemplo nin descrición parella ás posibilidades que observamos de vale para facer unha pausa antes de dar unha resposta ou para cortar a intervención allea. Ademais, OK aparece no discurso habitualmente substantivado —cos significados ‘permiso, concesión’, 2 Clandfield, Lindsay (2008): “Six uses of ok” en Six Things. < http://sixthings.net/2008/12/20/sixuses-ofok/>.\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 211226\nposibilidade totalmente allea ó MD galego vale. Os significados que lle son propios a OK con función substantiva están estreitamente relacionados cos seus valores pragmáticos como MD, polo que semanticamente non refiren dimensións novas.\nEn definitiva, OK é un MD conversacional propio da informalidade de relativa recente instauración e extensión no idioma inglés a partir da variante norteamericana, para o que as súas funcións básicas se sitúan nun claro paralelismo funcional co MD galego vale. A gran diferenza entre os dous MMDD encóntrase en que o elemento inglés tivo dende a década dos 80 unha exitosa extensión polo conxunto das linguas europeas a partir da globalización dos hábitos e marcas sociais do seu territorio orixinal, fundamentalmente a través da xerga xuvenil e do ámbito informal fortemente influenciables polos produtos de consumo cultural de masas importados de Estados Unidos.\n5. O md españOl vale\nEn 1976 Lázaro Carreter testemuñou a forte expansión dende finais dos 60 do MD vale no español falado (esta información aparece nun artigo recompilado en Lázaro Carreter: 1997). Resaltaba o abuso desta partícula en detrimento doutras fórmulas sinónimas, só xustificable a súa aceptación pola RAE no feito de formularse como o único freo do anglicismo OK. En realidade, non hai tal pexa á entrada do anglicismo, senón que se lle abre a porta a través da potenciación de uso da partícula que se correspondería á súa tradución e coa que comparte a maioría dos valores. Desta maneira, encontramos que vale en español é tamén un MD conversacional, especialmente usado nos ámbitos informais (Fuentes: 1987) e cuns paralelismos evidentes nos usos coa partícula anglosaxona. En Martín Zorraquino e Portolés (1999) defínese como un MD de modalidade deóntica, por reflectir as actitudes do falante relacionadas coa expresión da vontade. Se facemos un repaso pola bibliografía que atende esta partícula, encontrámonos novamente cunha descrición moi parella coa que demos para vale en lingua galega e coa que se dá de OK en inglés. Deste modo o MD español indica aceptación —podendo esta adquirir un sentido irónico ou estar referida sobre algo que o propio emisor formula (Fuentes: 2009)—, corte da intervención do outro e peche de asunto ou de conversa (Cestero Mancera: 2008). Reforzando a idea exposta —sexa unha proposta, petición, etc— non apareceu recollido en ningunha das obras consultadas, pero, pola contra, encóntranse abundantes exemplos con este valor no Corpus del Español, con sede na rede ().\nFinalmente, valores máis específicos e periféricos no uso como son ‘marca de comprensión do dito’, ‘pausa para pensar unha resposta’ ou ‘ánimo para o comezo dun xogo’ que presenta o MD galego non foron recollidos para o español 4.\n6. c Onclusión\nNo idioma galego, vale é un MD derivado da forma imperativa do verbo valer. A partir deste modo verbal, o cal se basea na interactuación entre os participantes do acto comunicativo, enténdese o seu desenvolvemento como partícula discursiva conversacional. Tamén os valores que adquire o MD son facilmente extrapolables a partir do corpo semántico do verbo, en particular da acepción ‘ser válido algo’ (García e González: 1997).\nEsta partícula do discurso defínese como un elemento conversacional, propio da coloquialidade, que se illa da estrutura oracional, que permite a súa combinatoria con outros MMDD ou partículas externas, sexan estas sinónimas ou con significados diferentes; e que circunscribe o seu funcionamento no discurso a dous ámbitos: por un lado, o seu uso como partícula de aceptación ou reforzo dunha idea e, polo outro, como instrumento que artella o discurso propio internamente ou a respecto do do interlocutor. Como artellador, é unha estratexia atenuante para cortar a intervención do outro, para pechar o acto comunicativo, para introducir unha pausa que reorganice o discurso propio ou, en menor medida, para dar comezo a un xogo.\nOs sete usos que delimitamos están estreitamente relacionados entre eles, podendo observalos como un continuum dende o seu funcionamento como modalizador ata como organizador ou conector do acto discursivo. Por conseguinte, defendemos que todos eles lle son propios a esta partícula galega, de maneira que definimos este MD como un elemento que se encadra na lóxica sistémica do noso idioma. Mais non mantemos a mesma postura se o que se observa é a recente extensión de uso polos falantes do MD vale. Este MD concorre con outros elementos pragmáticos parellos nos valores e no contexto de uso: (xa) está ben, está moi ben, xa está, ben, xa son as formas coas que mantén un maior paralelismo no seu comportamento no discurso. Pero a concorrencia está claramente desequilibrada a favor de vale, singularmente a partir dos anos 90. Por exemplo, se revisamos o número de rexistros do MD está ben no TILG, encontramos que o 70% dos casos xorden antes desta década, de maneira que a partir de 1990 só aparecen 17 casos de está ben como MD; pola contra, con vale supéranse os 100 exemplos no mesmo período temporal. Polo tanto, é necesario buscar unha explicación a este cambio lingüístico.\nNa mesma época e ata a actualidade, o seu correspondente discursivo español co que coincide na forma, viviu e vive o mesmo proceso de ampliación no uso habitual dos falantes en detrimento doutras formas propias; e, no referido ó MD inglés OK, este experimentou unha forte expansión non só no seu idioma, senón que tamén noutras linguas do mundo occidental, as cales están fortemente influenciadas polos modelos de comportamento e hábitos sociais americanos. Estes tres procesos coetáneos non nos parecen simples coincidencias, senón que pensamos que están estreitamente relacionados. É dicir, defendemos que estamos ante un caso de interferencia lingüística, non pola función pragmática senón polo aumento de uso do MD. 3 http://www.corpusdelespanol.org. [20/12/2010] 4 Non xorde ningún exemplo no Corpus de Referencia del Español Actual, o cal ten unha bagaxe amplísima e se pode considerar unha peneira eficaz desa lingua. [20/12/2010]\nAs partículas discursivas son moi influenciables a modas lingüísticas, e boa parte destas nas últimas décadas veñen do ámbito anglosaxón. Especialmente sensibles a esta influencia son as camadas máis novas que na actualidade funcionan en grande medida como modelo de conduta para o conxunto da comunidade (Valle Edenio: 1986). A partir de aí, é facilmente defendible que a extensión de uso de vale en galego responda a un proceso de asimilación do MD OK inglés a través da súa forma correspondente no español, quérese dicir, de vale. Isto fai que autores como Freixeiro Mato (2003) describan este MD como un calco do español. Nós defendemos unha outra postura. No que se refire ó funcionamento pragmático e ós valores que vale desenvolve baixo o rol de MD, estamos ante un MD galego formado a partir da forma imperativa do verbo valer. Por conseguinte, defendemos o seu uso no noso idioma. Pero no que respecta á súa extensión en detrimento doutras formas propias, encontrámonos ante un caso de interferencia lingüística, polo que nos posicionamos en que na actualidade se está a facer un abuso desta partícula. Sendo xustificable este MD dentro do noso sistema, non o é a ampla extensión que adquiriu, de maneira que está a desbancar outras fórmulas que concorren con el. Está ben, ben, xa … son MMDD cos que comparte todos ou parte dos seus valores como partículas pragmáticas, pero estas estanse vendo en retroceso —especialmente está ben — polo emprego case exclusivo do MD vale, o que empobrece o idioma. A expansión desta partícula xustifícase como un castelanismo sociolingüístico a partir do anglicismo OK, polo que, admitindo o carácter galego de vale deberíase recomendar un uso máis ponderado desta ferramenta xunto doutros elementos sinónimos de maneira a non reducir a diversidade construtiva do noso idioma."} +{"summary": "Neste artigo trazamos a perspectiva de construción dun Instituto de Investigación Educativa en e para Galicia, tendo en conta, non só pero tamén, a evolución e actual situación do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun proxecto inclusivo, que ben se podería artellar entre as tres universidades do país. O obxectivo non sería outro que ofrecer un axeitado soporte ás políticas centradas na mellora da calidade de procesos e resultados educativos, incentivando sinerxias colaborativas arredor de ideas e programas. Rematamos dando conta das vantaxes que tería para a Comunidade Autónoma a existencia dun Instituto co enfoque e as características apuntadas.", "text": "CONSTRUÍNDO A PERSPECTIVA DUN INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN EDUCATIVA PARA GALICIA\nBUILDING A PERSPECTIVE MODEL FOR AN EDUCATIONAL\n : investigación educativa, universidade, calidade, política educativa, procesos educativos.\nIntroducIón\nA historia do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela, o único destas características na Comunidade Autónoma de Galicia, podería enfocarse como narrativa se non fose porque, xustamente, unha narrativa precisa dunha trama na que basear e á que remitir o relato ou, mellor, os relatos que, sucesiva e funcionalmente, dean conta daquela nos seus termos discursivamente comprensivos. A propósito do caso invocado, para o que se solicita opinión, nove anos despois de deixar a dirección, é fácil colixir que aludo, metaforicamente, á sistemática falta de encaixe do noso ICE (como todos os demais en medida equiparable) na estrutura da universidade española, máis envorcada ao control administrativo dos tímidos cambios efectuados durante o último século que á promoción de auténticas vías de renovación educativa nos seus centros e\ndepartamentos.\nCuriosamente, os ICEs nacen nos estertores dun réxime político de triste memoria, sobre o que, a finais dos anos sesenta do pasado século, precipítanse as presións, desde o exterior e desde o interior, a fin de ir situando ao país nas vías dunha modernidade que, aínda que tardía, xa non era postergable, por razóns económicas á par que outras estritamente políticas. Tal esixencia requiría un sistema educativo que apuntase a un futuro de gradual homologación de credenciais formativas para a poboación máis nova e a súa inserción nun mercado de traballo que avanzaba en competitividade.\nNese contexto promúlgase a lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa (lxE), que sanciona a previa creación dos ICEs e adscríbeos ás universidades (Decreto 1678/1969, do 24 de xullo; BOE do 15 de agosto). Entre os primeiros ICEs estaba tamén o da Universidade Compostelá, con funcións e responsabilidades parellas, a saber, a formación do profesorado non universitario e a investigación e innovación educativas. logo habería outras (avaliación do sistema, asesoría de organizacións, formación de profesores universitarios, programas de doutoramento,...) ao socairo das conxunturas e, por suposto, de vigorosos impulsos diferencialmente selados no mapa español, que foron labrando máis –aínda que non sempre mellorimaxe de marca.\nA continuación cinguiremos a nosa análise á investigación, pero antes permítasenos a licenza de sinalar que tampouco a formación inicial do profesorado de secundaria o tivo fácil, senón todo o contrario, xa que, como moi ben advertían, fai a friorenta de corenta anos, Escudero Escorza e Fernández Uría (1975), os plans de estudo universitarios, orientados cara á disciplina, son certamente obstáculos de gran magnitude.\nDesde logo, a axenda investigadora realizada nos ICEs ao amparo do que establecía o artigo 73 da lxE foi destacable, polo menos mentres permaneceron vixentes os plans nacionais de investigación coordinados, primeiro polo Centro Nacional de Investigacións para o Desenvolvemento da Educación (CENIDE) (BOE do 10 de decembro de 1969) e logo polo Instituto Nacional de Ciencias da Educación (INCIE), creado polo Decreto 750/1974, do 4 de marzo, desde o que se deseñaron e executaron convocatorias públicas de Proxectos, con financiamento estatal, de substanciosa contía ao comezo e sensiblemente máis parca a medida que se foron sucedendo os distintos plans nos anos setenta e parte dos oitenta (cfr. Escudero Escorza e Fernández Uría, 1976).\nAuxe e cAídA dA InvestIgAcIón nos Ices\nCon todas as dificultades para o seu normal funcionamento (afectando, basicamente, ao seu persoal) e os erros nos que se incorreron, sería inxusto non recoñecer que por entón había nos ICEs un inequívoco afán de investigación en temas de cardinal interese para o desenvolvemento do sistema (rendemento escolar, bilingüismo, organización de centros, orientación educativa, educación especial,...).\nÉ salientable a capacidade de iniciativa da que se deu mostra en determinadas instancias á hora de deseñar e acordar proxectos, algúns con moi positivas avaliacións externas, abundando os que tiñan un sinal interdisciplinario e, por descontado, unha dirección acreditada e solvente, non só polo aval de doutorados en ciencias da educación, ou noutras, senón polas excelentes traxectorias de quen os encabezaban, xa fose na universidade ou noutros niveis de ensino. O feito de que non poucos proxectos contasen no equipo con Inspectores de Educación constituíu unha variable digna de atención, dada a súa proximidade aos centros e as facilidades que se abrían ao deseñar estudos empíricos e a correspondente previsión de análise documental, realización de entrevistas e, desde logo, recollida de datos a través de cuestionarios e escalas.\nPode dicirse que o enfraquecemento do labor investigador dos ICEs iníciase unha vez que a administración central deixa de apoiar aos citados plans de investigación coordinados polo INCIE (organismo autónomo que se declara extinguido mediante o Real Decreto 2183/1980) (ver Camacho Pérez, 1986). Na perspectiva de quen escribe non foi outro o punto de inflexión nun percorrido que xa se lastrou pola irredenta carencia de recursos humanos propios na maioría dos Institutos, de modo e maneira que a investigación pasou a ser, na práctica, actividade máis circunstancial que nuclear no discorrer destes organismos, independentemente da letra dos seus estatutos e/ou regulamentos.\nDe facto, na maioría dos casos, a máis diso o seu rol na formación permanente do profesorado (poucos son os docentes dese tempo que non conten no seu rexistro con diploma derivado dalgún curso do ICE), o seu labor reduciuse a organizar e xestionar a realización anual do “Curso de Aptitude Pedagóxica” (CAP), cuxos reiterados, e incumpridos, anuncios de reforma non facían máis que confirmar unha frustrante inercia, ata desembocar —despois de múltiples peripecias legais— na aprobación do máster de Formación do Profesorado de Secundaria e Formación Profesional no curso 200809, baixando o pano a toda unha época de protagonismo institucional (cfr. llorent Bedmar, 2012), para ceder a testemuña ás Facultades de Ciencias da Educación que, con distintas denominacións, son as encargadas, aquí e agora, da formación pedagóxica inicial dos futuros profesores de educación secundaria (como é sabido, da formación permanente ocúpanse os centros de profesores, de responsabilidade autonómica).\nAo longo dos anos oitenta do século fenecido, despois da vitoria electoral do Partido Socialista (1982), a perda de influencia por parte dos ICEs foi unha realidade, debido en boa parte á redución de competencias cando empezaron a desenvolverse os Estatutos de Autonomía nas distintas Comunidades do territorio español, e tamén coa promulgación e aplicación da lei de Reforma Universitaria (lRU) en 1983 (ver Camacho Pérez, 1986; García Suárez, 1988; García Gómez, 1998).\nLru: A oportunIdAde perdIdA\nCreo recoller o sentir de moitas persoas comprometidas e ilusionadas coa mellora da educación naqueles anos se digo que a lRU constituíu a gran oportunidade e acabou sendo o eixo dunha maiúscula frustración no devir dos ICEs. Coa lei (artigo 101) impulsouse un proceso de autorregulación das universidades, que implicaba decisións de organización e funcionamento. Nese marco creábase unha tipoloxía de centro de prístina semántica, ou sexa, “instituto universitario”. Sendo así, calquera vería unha pista, libre de obstáculos, para proceder á súa consideración como institutos universitarios, acordes coa norma legal. Inxenua apreciación.\nNon foi así porque non se lles incluíu no texto de lei, nin ninguén con peso político defendeu a súa inclusión, con carácter propio e específico. Quedaban, pois, á intemperie da boa vontade de cada universidade (Blanco lorente, 2009). E esa vontade non foi, na maioría dos casos, a de homologar a existencia dos institutos de ciencias da educación á dos restantes institutos, vinculados e asociados aos diversos ámbitos do coñecemento científico. O resultado non podía ser outro que o dunha variada heteroxeneidade en canto ás funcións e competencias, amparadas en letra impresa de alcance estatutario, pero sen maior valor ou recoñecemento efectivo.\nVisto en panorámica histórica, foi por entón cando se iniciaba unha etapa na vida dos ICEs que habería de ser xa moi distinta das anteriores. Afianzouse, dunha parte, a súa presenza na educación superior, chegándose mesmo a crear novos institutos en distintas demarcacións do Estado, pero sen os pasos que demandaba a súa conversión en auténticos institutos universitarios de investigación (rémora que, lamentablemente, foi unha constante no tempo).\nlonxe de aproveitar a ocasión para unha reestruturación a fondo dos ICEs e polos ao servizo da misión educativa das universidades, os Reitores, salvo excepcións, descoñecedores e —o que é peor— desinteresados do que podería achegar o ICE, auspiciaron o nomeamento de non poucos cargos directivos no seo destes Institutos, sen máis criterio que o de acomodar solicitudes desde grupos de presión afíns ao equipo de goberno, pero sen programa definido, nin ideas para iniciativas de alcance científico, dentro e fóra dos campus. Con iso non afirmamos, en absoluto, que esa fose a tónica de todos os ICEs do país e, menos aínda, que o denominador común das directoras ou dos directores fose a desidia ou a incompetencia\nmanifestas. Naturalmente que tamén as houbo, para elocuente desprestixio do ICE e a súa inevitable asociación coa pedagoxía e os pedagogos.\nIces con pegAdA e boA xestIón\nNon é do caso facer unha lista exhaustiva, pero si houbo ICEs en España (algúns non desapareceron ata a data) que deixaron unha magnífica pegada de investigación e innovación educativas, ben visible entre finais dos 80 e mediados da primeira década do novo século, mercé á capacidade e ao esforzo despregado por académicos de distintas áreas de ciencias da educación e en organismos que tiveron a fortuna de contar con liderados de nivel, tanto nos mesmos ICEs como nos equipos de goberno da institución.\nIsto que dicimos nótase, a pouco que repasemos as traxectorias de certos institutos (Universidade de Barcelona, Universidade Autónoma de Barcelona, Universidades Politécnicas de Valencia e de madrid, Universidade Autónoma de madrid, Universidade de Zaragoza,... e Universidade de Santiago de Compostela), privilexiando os indicadores relacionados con proxectos de investigación de iniciativa propia ou vinculados a convocatorias oficiais, creación e dinamización de seminarios de formación permanente en ámbitos académicos específicos, activación de laboratorios de tecnoloxía educativa, premios á innovación, impulso de convenios e contratos con administracións e organizacións da sociedade civil, ou posta en marcha de revistas de investigación, ademais da vertebración editorial (libros, monografías, cadernos didácticos,...) que, igualmente, axudou a propiciar\nunha marca diferencial recoñecible no mapa das publicacións educativas desde a universidade.\nUnha clave explicativa de tales singularidades hai que buscala na coidadosa xestión económica levada a cabo nalgúns ICEs, mercé ao rendible emprego de fondos provenientes dos ingresos por matrícula do Curso de Aptitude Pedagóxica, naturalmente alí onde se puido contar coa anuencia e comprensión da Vicerreitoría de Economía, pois do que se trataba era de que ese diñeiro puidese favorecer unha imaxe do ICE máis dinámica e comprometida coas necesidades educativas do país.\nPosto que a prudencia non é inimiga da claridade, quero dicir, a este respecto, que na etapa que tiven a honra de exercer a dirección do ICEUSC (19982006), a marxe de acción e a confianza depositada no equipo de persoas que alí coincidimos serviu de moito, pois non en balde puidemos propor obxectivos e mesmo facer un plan estratéxico para unha década, que resultou gratificante no plano persoal e intúo que notablemente produtivo para o instituto e a súa reputación.\nAs memorias realizadas ao final de cada cuadrienio (2002, 2006) resumen un labor colectivo do que me sinto enormemente orgulloso: convocatorias de axudas para proxectos de investigación no ICE dirixidos a toda a comunidade universitaria, independentemente da área á que puideran pertencer os seus IP, creación na USC dos premios á innovación educativa, impulso ao seminario de educación ambiental, patrocinio de cursos de verán, apoio material a experiencias educativas innovadoras na universidade, acordo co Consello Escolar de Galicia para a realización de estudos sobre o estado do sistema educativo na Comunidade Autónoma, Informe sobre a Investigación Educativa en Galicia (19892001), deseño de nova web para mellorar a política de comunicación, ou potenciación da liña editorial, engadindo novas coleccións de libros e monografías, sempre en colaboración co servizo de publicacións e intercambio científico da USC.\nTal vez o feito de que o máster de Formación do Profesorado de Secundaria non permanecese no ICE (opción perfectamente posible, e ata vantaxosa, desde unha óptica de organización, e de coordinación coa Facultade de Ciencias da Educación) contribuíse á actualidade debilidade estrutural do Instituto no contexto da nosa centenaria universidade, sen que ninguén saiba do seu proxecto e do seu programa de acción, como corresponde a unha axencia que recibe fondos públicos. E, con todo, segue sendo un organismo necesario a pouco que pensemos en como axudar a reconstruír o proxecto universitario para unha verdadeira formación do profesorado (cfr. Santos Rego e lorenzo moledo, 2015).\nrumbo A un InstItuto de InvestIgAcIón educAtIvA pArA gALIcIA\nÉ, pois, momento de facer balance crítico e, entre todos, facer o que estea nas nosas mans (cunha Reitoría que cohesione e aglutine) para que o ICE non desapareza, senón que se transforme nunha institución de novo cuño, ao servizo da Comunidade Autónoma e aos superiores intereses da educación en Galicia. Unha cuestión que só pide liderado e decisión, maiormente na xunta de Galicia, que é onde reside a competencia e a influencia persuasiva en pos dun labor ao que só cabe atribuír beneficios, se imperase o desexo de que as políticas educativas non se sigan facendo á marxe do coñecemento educativo e con olímpico desaproveitamento dos considerables recursos investigadores que traballan nas universidades e noutros organismos.\nA meta non debería ofrecer mácula de dúbida. Agradecer conxunturais implicacións en postos asociados a unha tradición orgánica herdada, rutineiramente ineficaz, sen rumbo nin proxecto coñecidos, e dar paso a algo novo que, sen metáforas por medio, se exprese en ideas prealiñadas cunha ilusionante proposta de refundación do ICE, aínda en e desde a USC, pero xa nunha perspectiva de converxencia con persoas, grupos e organismos dispostos á elevada e solidaria tarefa de recrear un Instituto Galego de Investigación Educativa (IGIE).\nEsa e non outra tería que ser a dirección a tomar, para unha viaxe, nin longa nin custosa, cara a unha estación de termo, legalmente vinculada a un Instituto Interuniversitario, tutelado polo goberno da Comunidade Autónoma e xestionado por un Consello no que, necesariamente, haberían de estar investigadores de recoñecida experiencia e prestixio, con vínculo ou non ás universidades galegas. Trataríase de garantir a presenza no Consello de profesionais destacados, capaces de recoñecer e orientar liñas de abordaxe para a continua mellora da calidade no sistema, á vez que marcar vías de conexión investigadora coas posibilidades formativas da educación non formal nun contexto global ou, se se prefire, transnacional.\nmediante un convenio da xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) coas tres universidades do país e a recomendable comunicación ao Consello Escolar de Galicia, non sería difícil sentar as bases do Instituto, propondo un comité de non máis de sete expertos (e un asesor internacional), de xeito que nun prazo non superior a un ano elaborasen un ditame de creación e desenvolvemento estatutario do novo organismo, que habería de ser aprobado polo mesmo Consello da xunta, unha vez lograda a anuencia e un certo compromiso desde as universidades.\nA idea non ten nada de utópica, aínda que desbasta recoñecer que, por estes pagos, é costume (des)cualificar de tal guisa calquera proposta que altere o status quo sen reparar na súa valía e utilidade estratéxica a medio prazo, incluso vivindo nunha época global na que todo o relacionado coa calidade educativa e os resultados académicos dos nosos nenos e mozos (repárese no impacto que teñen nos despachos oficiais os grandes informes internacionais que, ademais, agora comanda a mesma OCDE) repercuten velozmente na imaxe de marca dun país no mundo.\nen concLusIón …\nxerar coñecemento educativo de alto nivel desde Galicia é perfectamente posible porque, de feito, xa se está facendo. E pódese optimizar sen grandes custos complementarios ao que xa supoñen os bos recursos humanos con que contamos en universidades e tamén nos centros de ensino non universitario, que xa o fan, pero non coa forza e o alcance que podería darse incentivando sinerxías colaborativas ao redor de programas de investigación aplicada. Cos obxectivos prístinos e os controis expeditivos, aos efectos dunha escrupulosa rendición de contas, ou á vista de contrastados sistemas de accountability.\nSe como afirman os pragmatistas, a suxestión devén idea cando se examina en referencia á súa aptitude funcional, á súa capacidade en tanto que medio para resolver a situación dada, entón non estaría de máis asumila como parte dunha teoría lóxica, racionalmente operativa, pensando en colocar o que é común por encima do privativo, o cal significa, en relación ao tema exposto, que o sentido de posibilidade que para Galicia tería un instituto de investigación como o esbozado supera con fartura o peso de calquera incógnita, ou aínda as lexítimas dúbidas procedimentais. Desde logo, quen subscribe non teme tanto á dúbida (nin aos que dubidan ao grande, que sempre axudan a prever obstáculos e a construír pontes) como aos pusilánimes que afogan a esperanza do progreso.\nAínda podemos reunir vontades para unha acción concertada. xa non só é cuestión de elevar voces, senón de incidir sobre unha realidade sociocultural desde o convencemento de que os cambios hai que promovelos con visión e responsabilidade. A inercia ante os feitos é un fatídico presaxio se os feitos non anuncian xeneratividade algunha no devir dunha axenda, que é o que se pon de manifesto cando a cegueira se alía coa parálise.\nreferencIAs\nBlanco lorente, F. (2009). los ICE: cuarenta años de contribución a la formación y el perfecciona-"} +{"summary": "Cando falamos das redes sociais non só deberiamos ter en conta os compoñentes tecnolóxicos, comunicativos ou de ocio. As redes como Facebook implican, ademais, unha participación activa a través dos contidos que se consumen ou se verten nelas. Esta actividade pode ser analizada como a realización performativa dunha personalidade no ciberespazo. Neste artigo preséntase o uso das redes sociais como un exercicio de discurso: unha performance baseada na translación da realidade á rede.", "text": "BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 46 / 2º SEMESTRE (2011): pp. 133148 / ISSN 02149117 e s t udo s / s t ud i e s\nA lectura performativa e a performance da personalidade en Facebook\n[Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011]\n : Facebook, hipertexto, novas literaturas, performance, personalidade. abstract When we talk about social networks we often take into account technological, communicative and leisure issues. But networks such as Facebook also imply an active participation of their users through the contents they contribute to or take from them. This actiIntrodución\nUn lector performativo sería aquel que dalgún xeito actuase a través da súa propia lectura. Neste caso, a primeira acepción do adxectivo “performativo” (aínda que aplicada a emisores e non a receptores) ten a súa orixe nos enunciados de acción estudados por John L. Austin e nas súas teorías sobre os actos da fala. Estes enunciados son aqueles que, no canto de simplemente enunciar, realizan actos con só ser pronunciados. “Xuro que non volverei mentir” non é unha enunciación, non se refire a nada. É un xuramento e como tal funciona. É un acto. Quizais pareza demasiado aventurado describir como performativo o uso dunha rede social como Facebook, pero, en contraste coa natureza pasiva e unidireccional das relacións entre autores e lectores, indiscutíbel até finais do século XX, coido que será interesante ver como unha actividade baseada na lectura e a comunicación destas características podería encaixar nun paradigma de performance.\nA natureza dos estudos sobre performance é en extremo esvaradía e os seus métodos poden ser facilmente desestimados por acumularen criterios e por seren demasiado indulxentes na súa amplitude de miras. Tan prolixa en enfoques como multidisciplinar, os Performance Studies albergan varias respostas para a pregunta “que é performance ?”. Cando Judith Butler fala deste concepto non está a se referir necesariamente ao mesmo que Barbara KirshenblattGimblett cando emprega o termo, de aí a existencia de tantos ensaios sobre a propia validez da perspectiva como estudos que a empregan para chegar a conclusións de proveito. O que si está claro e podemos estabelecer como interese común, da disciplina, en xeral, e deste texto, en particular, é a centralidade das accións: todo xira arredor da realización, execución e comportamento, máis alá de calquera outro obxectivo de estudo.\nDalgunha maneira, paradoxalmente nunha publicación sobre literatura, podemos estabelecer que a performance se opón ás letras, máis en concreto á filosofía, ao seren estas palabras, ideas e potencialidades e aquela acción e posta en práctica 1. Este é o sentido da performatividade que adopta Judith Butler: o da realización (política, social, artística ou outra) dun discurso específico; a toma dunha posición máis alá das verbas. O etnolingüista Richard Bauman (1989) define performance como a execución da acción en oposición á súa potencialidade, como a actuación oposta ao guión en teatro, a resposta dun Fórmula 1 nas voltas de proba en contraste coas súas posibilidades mecánicas ou, en termos lingüísticos, a diferenza entre parole e langue.\nNotably derived by Judith Butler from J. L. Austin’s speech act theory, which foregrounds “performative utterances” that bring into being the conditions they iterate, such as “I do thee wed, ” performativity is defined as a reiteration\nof norms by the citation of them. With performance, the performer makes the acts; with performativity, the acts make the performer: gender, for example, performatively speaking, exists only in the doing of it. Yet both performance 1 Non só se opón á literatura/filosofía, senón, por extensión, a todo rexistro, a toda inmortalidade. A performance é información efémera, irreproducíbel, sensorial, imposíbel de recuperar, atada ao presente. O seu contraste co paradigma electrónico, baseado nuns rexistros continuos e nas redes que os conectan, é, prácticamente, total.\nO ángulo de incidencia dos Performance Studies nas novas literaturas dixitais podería resultar confuso, pero, particularmente, as condicións polimorfas e en continua mutación das plataformas de comunicación na rede requiren unha atención multidisciplinar e flexíbel como a que esta perspectiva pode achegar. Por unha parte, a capacidade de elixir un camiño que ofrece a lectura hipertextual, á que volveremos logo con máis detalle, implica esa actuación, esa decisión que diferencia o lector pasivo tradicional do novo lector en internet. Esta escolla, este debuxar un mapa de contidos ao tempo que se vai lendo, habita nas marxes da Teoría da Literatura e entra nun campo que podería ser analizado de diferentes maneiras, dependendo dos intereses de cada un. No referido a este texto, máis que ese mapa, máis que eses contidos e máis que as tecnoloxías empregadas, importa a actividade. Esta actividade, á que xeralmente nos referimos como “navegar por internet” está en moitos casos, actualmente, condicionada polo fenómeno das redes sociais. Xa non se trata dunha busca constante e arbitraria na soidade dunha biblioteca dixital e infinita. A través das redes, os contidos son compartidos, negociados e encadeados para pasar a formar parte da nosa realidade comunitaria. En Facebook, o usuario entra nun medio distinto ao que ten experimentado anteriormente e, a través da lectura, a escrita, o videoxogo, o visionado e o enlazado de contidos determinados, deberá poñer en práctica unha identidade que non é necesariamente igual nin necesariamente distinta da que asume no día a día nondixital (Vid. Schechner, 2002: 4).\nComecemos coa morte do vello, antes de retomar o nacemento do novo. No seu seminal ensaio de 1968, Roland Barthes certificaba a morte do autor literario. Esgotada a vía do New Criticism, o estudo do autor non podía dar xa máis resultados. A clave non estaba no produtor, xa que o produtor era imposíbel de localizar. As súas raíces pérdense no tempo. Ideas coma ese mosaico de citas que conforma a intertextualidade absoluta de Kristeva converten o autor nunha especie de selector, algo así como un antólogo ou un compilador 3. Os motivos, as escenas e os temas, que nos parecían infinitos, non o son. O estudo sistemático do Estruturalismo desensamblou e volveu ensamblar a literatura da humanidade, e deixou rexistrados os seus mecanismos, as súas materias primas, cada unha nun apartado, de maneira que calquera obra literaria, pasada ou futura, poida descompoñerse en pezas e estas pezas pasen a ser practicamente intercambiábeis coas categorías nas que se clasifican.\nDe modo que, morto o escritor, os focos apuntan agora ao outro extremo do esquema comunicativo. O lector foi historicamente un modelo de pasividade, nulo e silencioso. Todos os lectores son o mesmo lector, todos len igual e son tratados do mesmo xeito polo autor. Non hai información que tomar deles, posto que non se manifestan a menos que eles mesmos pasen ao lado dos autores, para se expresar en referencia á lectura. Pero nese momento deixan xa de ser lectores. Salvando as distancias e sen tentar ningún tipo de paralelismo, a irrupción das novas tecnoloxías, internet e as redes sociais permítenlles aos lectores manifestarse e abrirse á comunicación como textos eles mesmos. O rexistro constante da rede (a través da permanencia nos servidores), ese denominador imposíbel da performance 4, fai que os usuarios do Facebook poidan ser analizados como compiladores de contidos (polo menos en potencia), revelando automaticamente os textos dos que se compoñen e deixando un rastro lexíbel de toda a súa actividade (literaria ou non, multimedia) que contribúan ao seu discurso. Con cada “acción” defínense e esta definición é rexistrada e catalogada para ser recibida e descifrada (lida) por outros usuarios. As “accións” ás que me refiro, obviamente, reflíctense no medio electrónico, pero non necesariamente están narradas e a literatura (como arte) non é exclusivamente o vehículo desta información.\nA unidade (ou máis ben multiplicidade) básica que permite saltar dunha lectura tradicional á que podemos experimentar agora en Facebook é o hipertexto. George P. Landow (1994: 1), o pai da noción principal de “hipertexto” que empregamos, definiuno en 1994 coma unha “tecnoloxía da información que consiste en bloques individuais de texto ou “lexias” e os enlaces que os conectan”. A linearidade e a orde dos textos xa non é a norma xeral de lectura, polo menos en internet. O principal compoñente novidosamente activo da lectura na rede é aquel que permite ao lector manipular a súa propia lectura, sobrepoñendo os seus desexos ou intereses aos do autor en primeiro lugar. O texto comeza e, sobre todo, remata onde o lector así o decide. É común a práctica, en xornais, blogs ou calquera outra publicación dixital, incluír vínculos hipertextuais para completar a información ofrecida. Co uso de buscadores como Google, o propio lector pode localizar os enlaces que máis lle interesen, construíndo un tecido personalizado cos fragmentos de textos, imaxe, audio ou vídeo que desexe. Non convén esquecer que “buscar” neste ámbito implica escribir, ler, elixir e seleccionar; moitas veces tamén copiar, pegar e editar. E, grazas ás redes sociais, en ocasións até inscribir esta actividade nun perfil persoal, publicar, comentar e fomentar un debate sobre cada publicación. Nutrir de contidos o pracer tecnolóxico da comunicación dixital e construír, no proceso, unha identidade que funcione coma eixe cohesionador dun continuo de lectura (ou escoita, visionado, etc.), escrita (ou enlace a contidos), ou acción (coma o poke ou o like) 5 son os fundamentos do que logo explicaremos coma unha performance da personalidade na rede social.\nNeste contexto, un “lector” paradigmático sería aquel cunha conta de correo electrónico (ou varias), un perfil nunha rede social –ou varias, neste caso propoñemos Facebook por ser o máis popular e permitir un maior número de interaccións– e unha serie de páxinas de contidos que acostuma visitar –xornais, revistas, portais de compravenda, buscadores de contidos temáticos, blogs persoais, foros ou calquera outro tipo de espazo.\nFacebook: a rede social\nNun momento dado de The Social Network, o personaxe de Sean Parker, codirixente de Facebook na súa primeira etapa de éxito global, refírese a Facebook como a plataforma que fará posíbel a dixitalización da vida.\nThe next transformative development? A picture sharing application. A place where you view pictures that coincide with your social life. It is...the true digitalization of real life. You don’t just go to a party anymore, you go to a party with your digital camera and your friends relive the party on Facebook 6 . 6 O novo desenvolvemento transformativo? Unha aplicación para compartir fotos. Un espazo onde ver imaxes que coinciden coa túa vida social. É a... a auténtica dixitalización da vida real. Xa non vas de festa e listo; vas de festa coa túa cámara dixital e os teus amigos reviven a festa en Facebook.\nFacebook resume e habilita todos os recursos do alfabetismo dixital. Proporciona unha base persoal que gravita nun sistema social e serve de espazo común onde deitar e compartir toda a nosa experiencia multimedia. Permite a cada usuario definirse e dar a información que considere necesaria nun perfil que funciona como segmento persoal da rede. Unha vez asignados os datos principais, dá a oportunidade de publicar contidos propios ou enlaces a outros, que poden ser comentados coma se cada un resultase un fío dun foro. Ademais, permite subscribirse a calquera das páxinas non persoais que teñen cabida en Facebook –en representación de deportistas, artistas, empresas, organizacións, eventos, etc.– e seguir así, mediante un sistema de feeds (avisos), calquera información relevante ao respecto. Esta información mestúrase coa dos contactos persoais na pantalla de “noticias”, que é o espazo común no que se deitan todas as expresións das entidades ás que o usuario elixe conectarse. Este conxunto de mecanismos e máis fan de Facebook unha especie de híbrido humano e tecnolóxico que permite filtrar a infinidade de contidos de internet a través dos propios contactos e intereses de cada un.\nDalgunha maneira, Facebook convértese nunha axenda, guía e centro de actividades na rede de redes. No seu libro Othermindedness, do ano 2000 –a data, neste caso, é moi significativa: van xa once anos–, Michael Joyce, probabelmente o máis recoñecido dos escritores e ideólogos hipertextuais, queixábase da rixidez das xerarquías no movemento pola rede.\nIf I move from your page to a certain site you point to, I am obliged to come back to your page if I wish to visit another of the sites you point to. In the process of doing so I begin to construct a contour that represents at very least the momentary ranking of my own interests and curiosity and, at worst, my lonely reading of what I think to be what you value. You cannot yet easily point me from your page to another site and lead me back to a second page of yours. There is as yet no way to shape a reading of successive spaces, whether visually, socially, or through sequenced links to and from exterior sites 7 (Joyce, 2000: 52). 7 Se vou da túa páxina a outra web que me suxires, teño que volver á túa páxina se quero visitar algunha outra das túas suxestións. Nese proceso comezo a construír un contorno que representa como mínimo un gráfico dos meus intereses e da miña curiosidade e, no peor dos casos, da miña lectura solitaria do que considero que ti valoras. Mais ti non podes guiarme da túa páxina a outra web e de alí a unha segunda páxina túa. Aínda non hai maneira de configurar unha lectura de espazos sucesivos, nin visual, nin socialmente, nin por medio de enlaces secuenciais de ou a páxinas exteriores.\nA interface de Facebook podería interpretarse, en certos aspectos, como unha posíbel solución ao problema que Joyce presentaba. Basicamente, esta rede social combina a independencia das páxinas persoais, similares ás que Joyce tería en mente no 2000 (renomeadas como “perfís”) e a dinámica dun lugar común que sería o famoso bloque de “novas”, implementado en 2006, onde conflúen, nun eixo cronolóxico, navegábel sen necesidade de saltos nun scroll (desprazamento, escorregamento) vertical, todas as achegas, os enlaces e as suxestións que cada contacto decida compartir. Así, nin o trazado da lectura persoal é lonely (solitario), dado que se realiza nun espazo común, con outros usuarios moitas veces conectados en tempo real comentando e xerando conversacións sobre as ligazóns e posts (publicacións), nin ese reading of successive spaces é tan imposíbel, xa que os enlaces se incorporan agora á pantalla de “noticias” comúns que nin sequera ten por que ser abandonada cada vez que se queira profundar nun deles, grazas á opción “abrir noutra pestana/ventá”, implementada por varios navegadores na segunda metade da década pasada.\nPerformatividades en Facebook\nO noso comportamento día a día pode ser descomposto en multitude de rituais ou, en termos de Richard Schechner twicebehaved behaviours, algo así como “comportamentos recorrentes”. En Facebook temos unha performance dixital e multimedia que emprega a literatura como un dos seus vértices. Así que posuímos unha personalidade que poremos en práctica a través de, entre outros medios, a escrita. Do mesmo xeito, poderiamos entender como performance o comportamento dun narrador, seleccionando e entregando os fragmentos de información de acordo cun patrón suxerido pola personalidade que lle concede o escritor. É dicir, o escritor pon en práctica o seu deseño persoal de narrador mediante o que é a narración da novela. Así, podería incluso entenderse a novela como o resultado deste tipo de performance. Por exemplo, poderiamos entender que Nabokov imaxinase a Humbert Humbert, a súa forma de ser, como o portador das esencias (unha crítica existencial, un ensaio sobre o poder da linguaxe, se cadra) que quere expresar. Lolita sería o resultado dunha performance, dunha execución do texto “personalidade de Humbert Humbert” por parte de Nabokov; coma se llo explicase a un actor e despois lle pedise que improvisase o papel sobre esa base de características psicolóxicas. Schechner trazou unha relación similar entre o usuario da rede e a súa identidade ao comunicarse en certos espazos dixitais.\nWhat is gaining in importance is hypertext, in the broadest meaning of that word. Hypertext combine words, images, and various shorthands. People who own cell phones use the keypads to punch out messages that combine letters, punctuation marks, and other graphics. This widespread practice is called “texting”. Texting is not writing as taught in schools, nor is it voice telephony, or even email. Texting leaves lots of room for interperetation. What’s not said or depicted explicitly is read in - a very wide range of implied feelings, requests, and desires. As in chat rooms, the persons of texters can be partly or fully fabricated. Texters perform their assumed identities, which may or may not be who they “really are”. This kind of writing is unliterary but highly performative. It demands that senders and receivers use their imagination in transmitting and interpreting the dynamic cloud of possibilities that surrounds each message. As with indeterminacy in physics, only when someone “pins down” a message does it take a definite shape. And as in a jazz improvisation, what happens is a onceonly interaction 8 (Schechner, 2002: 5).\nNa reedición de 2005, Schechner omite parte do texto citado. Moi significativamente, o fragmento no que se mencionan as interaccións en chat rooms, onde as identidades non eran reais na maioría dos casos. Isto pode deberse á irrupción do modelo de Facebook en 2004, que presentaba identidades reais nun contexto relativamente formal. Facebook comezou como unha versión dixital do anuario de Harvard, cunha motivación social –na súa orixe tiña unha función como páxina de citas para universitarios– e que, dada a súa versatilidade e as funcións innovadoras que achegaba, estendeuse moi rapidamente, primeiro a outras universidades e logo ao mundo en xeral. A performance da identidade �� que se refería Schechner na primeira edición era moi obvia nos chats, pero eu considero que o mesmo proceso se segue a dar neste novo modelo maioritariamente estruturado arredor das identidades reais.\nCando unha persoa se dá de alta nunha rede social asume un papel, asociado ou non ao seu nome real (oficial ou legal), que condiciona as súas actividades. Como na vida fóra da rede, a forma de ser de cada un é representada, normalmente de xeito involuntario, en cada acto. Ao pasar dun medio natural a unha rede social como Facebook, no que o modo de comunicación primario (fala, linguaxe xestual e mirada) se ve necesariamente suplantado polos recursos multimedia que ofrece a tecnoloxía, o usuario de Facebook atópase cunha serie de comandos, de opcións e de estratexias ás que poder recorrer para poñer a súa personalidade en acción na rede. A escrita, tanto producida orixinalmente coma referida ou editada, é un destes medios, e vese fertilizada por outros como a imaxe, o son ou comandos propios do Facebook como o utilizadísimo like (“gústame”), que salta por riba da linguaxe reducindo a un só clic o comentario máis habitual: “coincido, a favor, gústame”. Trátase dun novo código baseado na asociación e adhesión aos discursos que conflúen na plataforma, primando a propia adhesión por riba da elaboración do discurso.\nEste actuarsen-actuar de Facebook, entre o relato e a representación, precisamente a compoñente performativa que se quere expoñer aquí, está a obrigar a que moitos códigos éticos se repensen. Obviamente, hai unha diferenza entre levar a cabo unha acción no mundo real e simplemente reflectila no espazo social e de comunicación que alberga a rede. A cuestión é até que punto a performance en Facebook está suxeita ás normas da sociedade primaria. Resulta ilustrativo o exemplo, saído en xuño de 2011, do congresista demócrata estadounidense Anthony Weiner, cuxa esposa, Huma Abedin, e estreita colaboradora de Hillary Clinton, foi protagonista dun escándalo sexual sen precedentes ao intercambiar fotos grotescas e mensaxes de contido sexual con varias mulleres a través de Facebook. Segundo a opinión popular e os medios norteamericanos, esta forma de actuar convértese nunha perversión e unha infidelidade executadas a través da rede social.\nEl caso impactó también por el modelo de la infidelidad. Weiner no es, desde luego, el primer miembro del Congreso norteamericano a quien se le coge en flirteos extramatrimoniales. Pero sí es el primero que lo hace únicamente de forma virtual. En su comparecencia aseguró que nunca llegó a tener sexo real con las mujeres con las que interactuaba en la Red, lo que ha dado lugar a muchas reflexiones sobre el alcance de la traición en los tiempos actuales, en los que el pensamiento (la tentación) se transforma en palabras y mensajes de forma instantánea. Es posible que, si lo que escribió online, hubiera tenido que hacerlo en una carta, ponerle un sello y enviarlo al correo, Weiner hubiera tenido tiempo para pensárselo mejor 9.\nParticularidades da nova lectura\nNas condicións descritas até agora, a lectura non só cambia en forma e contido, autoría e autoridade, senón que eses cambios estruturais afectan á vida dos lectores, aos seus hábitos de lectura. Xa non é que non se poida ler nun soporte dixital do mesmo xeito que se lía un libro de papel, relaxado na bañeira, á sombra dunha árbore ou no tren, situacións vencelladas á lectura que moitos puxeron na contra do sistema dixital. Pódese facer todo iso, grazas ao avance tecnolóxico que acomodou os formatos ás necesidades do usuario (estimulado pola industria, claro). O cambio máis salientábel é o da configuración mental que o lector adopta cando vai afrontar unha sesión de lectura. Coa intervención das novas tecnoloxías da comunicación, a inercia e a estabilidade da relación tradicional entre ser humano e texto escrito viuse atomizada en diversas condicións que será interesante repasar:\n- Lectura multimedia: a nivel formal, o modelo de lectura que se pode levar a cabo na rede é radicalmente diferente, ao converxer varias dimensións de discurso nunha mesma actividade. En termos ingleses, a alfabetización tradicional da literacy torna electrónica no neoloxismo electracy, que pretende ser máis exacto no caso da navegación por internet. A oralidade e o literario vense complementados pola imaxe e o son, enlazados ao mesmo texto, cada vez máis heteroxéneo e, con todo, gañando forza a medida que asimilan as posibilidades do multimedia. Moitas cadeas referenciais comezan a semellar superfluas: agora unha imaxe ou un vídeo poden ir integrados no texto harmoniosamente. Unha felicitación de aniversario pode ser unha canción. O uso de imaxe e son intégrase cada vez con máis eficacia na comunicación cotiá, que aínda está a negociar unha dinámica que leva moitos anos sendo fixa nas publicacións oficiais como revistas e xornais.\n- Lectura social: as redes sociais aliméntanse continuamente de contidos que os seus usuarios “soben” ás súas contas e que, dese xeito, pasan a ser lidos e comentados nun contexto de comunidade. Así, os contidos gañan cobertura publicitaria –pódese saber cantas persoas comparten cada enlace nos seus perfís de redes sociais, é un importante medidor de popularidade– e os usuarios acadan así o combustíbel para o funcionamento da súa empresa social: algo do que falar, algo que ofrecer ou algo que simplemente dea constancia da existencia de un na rede. A cantidade, tipo, calidade e éxito (en volume de comentarios) de cada enlace, de cada contido compartido, determina quen e como é cada usuario. Deste xeito dáse orixe a unha confluencia de discursos que queda rexistrada e publicada na que é posíbel “ler” a alguén sen que ese alguén teña que escribir nada. Unha nova morte do autor: agora xa nin sequera escribe.\nDo mesmo xeito que un individuo pode ler os seus contactos a través desta actividade, a súa actividade vese condicionada irremediabelmente polos seus contactos. Dificilmente poden existir dúas lecturas iguais na rede social, xa que os contactos persoais de cada un, máis as afinidades e grupos aos que se asocia, crean o fluxo de información que acabará procesando.\n- Lectura e Antoloxía / Lectura e Arqueoloxía: estritamente vencellado a esa lectura social existe un novo sentido no que os contidos son administrados. En paralelo ao constante pulso da actualidade, as características de internet e das redes sociais convidan a unha constante arqueoloxía e antoloxía de todo o rexistrado con anterioridade, tanto nos anos de vixencia da esfera virtual coma no pasado máis ou menos distante, saltando de formato en formato: da momia ao manuscrito sobre a momia, a fotografía do depósito e a dixitalización e carga na rede de todo o anterior. As seleccións persoais de cancións, imaxes, fragmentos cinematográficos, literarios, rarezas e documentos son discutidas e comentadas nunha asemblea constante que acelera as tendencias, as revisións e solidifica un zeitgeist cada volta máis efémero e verificábel. Os canons constrúense, reafírmanse e son destruídos. A crítica popular esténdese e demostra que responde a un impulso universal humano. - Lectura febril: non só é nonlineal na súa estrutura hipertextual, tamén o principio e o final de cada sesión vense alterados e repetidos varias veces, creando sensacións alleas ás da lectura tradicional. A inestabilidade dos contidos, que se renovan e actualizan constantemente, engadida á resposta emocional da comunicación persoal, sempre aberta a tantos focos coma contactos se teñan, contribúen en gran medida aos comportamentos adictivos na rede.\nOs tempos tradicionais, tanto xornalísticos (edicións diarias, semanais, xeralmente matinais, etc.) coma sociais (encontros pactados, lugares de reunión frecuentes, etc.) substitúense por un influxo irregular, permanente e, nalgúns casos, absorbente. A función de refrescar a páxina (F5 ou cmd R) convértese nun comando omnipresente e o palimpsesto da lectura dixital é reactivado freneticamente pola ansia de novas informacións. É unha das consecuencias do latexar duns textos vivos e cambiantes. Textos que, por outra banda, adoitan ser consumidos parcialmente. A oferta é inmensa e continua e a marxe de atención cada vez máis pequena.\nConclusión\nComo un xogador, que atende ás posibilidades que se lle brindan e escolle os camiños e as accións que mellor se adaptan aos seus desexos –dentro do marco máis ou menos limitado do xogo–, un lector experimenta nas redes sociais unha especie de xogo cos materiais audiovisuais e textuais da realidade. Estes materiais son reproducidos, comentados e asociados á súa personalidade na rede seguindo impulsos non só lúdicos senón emocionais, sociais ou, como vimos no referido á estética do cotián, tamén artísticos.\nLondres"} +{"summary": "A capacitación ou competencia financeira dos individuos, resultado da combinación da súa cultura financeira e da oportunidade de acceder aos produtos financeiros, supón un reto nas sociedades actuais e, particularmente, para certos colectivos de poboación como a xeración millennial. Por esta razón, é importante coñecer a competencia financeira dos millennials e constatar se existen diferenzas con respecto ás xeracións predecesoras. Tras a revisión da literatura, a análise empírica baséase nunha mostra de datos extraída da Enquisa de Competencias Financeiras (ECF). A mostra está conformada por unhas 6.852 persoas non xubiladas menores de 65 anos, das cales aproximadamente un 34% son millennials, e sobre elas aplicaranse senllas análises estatísticodescritivas e econométricas.\nA evidencia empírica suxire que a capacidade financeira dos individuos está máis condicionada pola súa cultura financeira que polas súas oportunidades de acceso a produtos financeiros. Con todo, a inclusión financeira relaciónase en maior medida cos comportamentos financeiros dos enquisados. Esta relación é clara, con independencia da cohorte xeracional analizada, no atraso en pagos, no mantemento de fondos de emerxencia e no horizonte de planificación financeira. Tamén se detecta que a relación que manteñen algúns comportamentos coa capacitación financeira é máis similar entre os millennials adultos e os non millennials, que cando se compara aos primeiros cos seus conxéneres. Esta investigación contribúe á literatura financeira existente a través da análise da competencia financeira da xeración millennial en España e de como esta inflúe no seu comportamento financeiro. Neste sentido, o traballo achega evidencias empíricas a un campo de estudo no que apenas existen investigacións que vaian máis aló das análises centradas en contextos anglosaxóns.", "text": "Revista Galega de Economía 2020, 29 (3), 7045 ISSNe 22555951 http://dx.doi.org/10.15304/rge.29.3.7045 1 © 2020 Universidade de Santiago de Compostela. This is an open access article distributed under the terms of the Creative Commons AttributionNonComercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BYNC-ND 4.0) License.\nARTIGO\nOPEN ACCESS\nCapacitación e comportamento financeiro da xeración millennial en España\n Cultura financeira / Inclusión financeira / Competencia financeira / Millennials / España.\nFinancial capability and financial behaviour of the millennial generation in Spain\nJEL Codes: G31, G32, G40. * Correspondencia autora: sandra.castro@usc.es\n1. Introdución\nNun contorno no que a complexidade das finanzas en xeral (RodríguezCastellanos, 2019), e dos produtos financeiros en particular, non deixou de crecer nas últimas décadas (Klapper, Lusardi e van Oudheusden, 2015), dispor dunha boa cultura financeira é cada vez máis necesario. Non obstante, segundo a última enquisa de S&P Global FinLit Survey, elaborada polo Global Financial Literacy Excellence Center (2020), en España soamente o 49% da súa poboación adulta ten unha cultura financeira aceptable. Así mesmo, os nosos mozos de 15 anos obteñen unha menor puntuación en competencia financeira que a media dos países OCDE, segundo se recolle no informe PISA nas súas edicións tanto de 2012 como de 2015 (Organisation for Economic Cooperation and Development [OECD], 2013, 2016). Agora ben, como sinala Sherraden (2013), o feito de ter unha boa cultura financeira, por si mesmo, non garante un comportamento financeiro óptimo por parte dos individuos, senón que este depende tamén das oportunidades que os individuos teñan ao seu alcance. Así, é a combinación de ambos os aspectos – isto é, coñecemento e oportunidade – o que se denomina capacitación ou competencia financeira (Friedline e West, 2016; Sherraden, 2013).\nNo contexto actual, condicionado polas secuelas que traerá a incerteza económica desencadeada pola pandemia COVID19, a falta de competencia financeira resulta máis preocupante entre os millennials. Esta xeración, conformada por aqueles nados entre os anos 1980 e 2000, incorporouse ao mercado laboral nun contexto económico marcado pola Gran Recesión e as súas consecuencias, entre as que se atopan unha diminución de oportunidades e unha maior precariedade laboral (Cutler, 2015; Kim, Anderson e Seay, 2019; McLendon, 2016). Neste sentido, este cúmulo de dificultosas circunstancias propicia un panorama complexo que aboca á xeración millennial a tomar decisións nun contexto de enorme incerteza (Cramer, 2014). Aínda que abundan os traballos que teñen como obxecto de estudo o nivel de competencia financeira en si mesma, en particular referidos aos novos estudantes de 15 anos por mor da información contida nos informes PISA, apenas existen estudos que exploren como a dita competencia se relaciona cos comportamentos financeiros das persoas. A escaseza de traballos que estuden este tema non reside tanto no desinterese por analizar este grupo de individuos como na falta de datos sólidos para contrastar as hipóteses, dado que as bases de datos que permiten obter unha mostra representativa da xeración millennial non estiveron dispoñibles ata hai relativamente pouco tempo.\nNeste sentido, os obxectivos da presente investigación resúmense en tres: (1) coñecer a competencia financeira dos millennials españois, distinguindo entre millennials novos (nacidos entre os anos 1990 e 1998) e millennials adultos (nacidos entre 1980 e 1989), pois, aínda que pertencen á mesma xeración, poden atoparse en etapas da súa vida moi diferentes que condicionan totalmente o seu ciclo de vida financeiro; (2) explorar como esa competencia interactúa coas súas actitudes e comportamentos financeiros; e (3) comprobar se a dita relación difire no caso das xeracións predecesoras. Para iso, esta investigación analiza unha mostra de 6.852 persoas non xubiladas menores de 65 anos que foi extraída da Enquisa de Competencias Financeiras (ECF).\nTras esta introdución, o segundo epígrafe continúa coa revisión da literatura máis recente, e o terceiro e cuarto epígrafes resérvanse para a presentación da metodoloxía e dos resultados empíricos, respectivamente. Finalmente, o quinto epígrafe remata coa síntese das principais conclusións do traballo.\n2. Revisión da literatura: millennials e competencia financeira\nOs millennials son individuos que viviron a súa infancia e adolescencia nun ambiente de expansión económica truncado pola Gran Recesión iniciada no ano 2008 (Cutler, 2015). A partir de entón, o contexto económico no que se incorporaron ao mercado laboral provocou que esta xeración teña unha menor renda dispoñible que as xeracións precedentes á súa mesma idade (Campos, 2019). Así mesmo, as súas expectativas vitais e a súa forma de entender a vida provocan que esta xeración aforre menos\n3 que as xeracións anteriores (FernándezLópez, VivelBúa, ReyAres e SixtoPuente, 2020). Os millennials aforran pouco con vistas á súa xubilación (Mottola, 2014; Yao e Cheng, 2017), pois consideran que aínda lles queda moito tempo antes de abandonar o mercado laboral (Foster, Ng e Wee, 2015). Igualmente, a desconfianza que lles inspiran as institucións financeiras polo seu papel na crise económica iniciada no ano 2008 (Lövgren e Magnusson, 2016) tampouco non favorece o seu aforro.\nAdemais, aínda que a xeración millennial adoita ter menos produtos financeiros que as xeracións predecesoras, asume maiores custos no seu uso. É o caso da posesión de cartóns de crédito. Aínda que os millennials posúen unha porcentaxe inferior, tenden a exceder os límites de dispoñibilidade, a atrasar pagos ou a sacar diñeiro por adiantado (Mottola, 2014). Igualmente, están altamente endebedados en termos de préstamos a longo prazo. Pola súa curta idade, manteñen menos préstamos hipotecarios que as xeracións previas (de Bassa, Lusardi e Yakoboski, 2014), pero máis préstamos estudiantís (CornejoSaavedra, UmañaHermosilla, Guíñez Cabrera, MuñozSilva e MardonesLagos, 2017). Como resultado do anterior, esta xeración vese abocada a un menor aforro do que podían realizar outras (Cramer, 2014).\nIsto tamén pode responder a unha serie de actitudes que definen a esta xeración do milenio, que tende a exhibir comportamentos financeiros máis preocupantes que os que, á seu mesma idade, mostraban as xeracións precedentes (Kim et al., 2019; Mottola, 2014). A modo de exemplo, aínda que están preocupados pola complexidade da situación financeira á que se enfrontan, son reticentes a buscar asesoramento financeiro profesional (de Bassa et al., 2014).\nNeste contexto económico e financeiro tan complexo, a formación dos mozos en cuestións financeiras foi unha das intervencións básicas que desde as Administracións se levaron a cabo para axudarlles a evitar comportamentos financeiros perigosos (Lusardi e Mitchel, 2014). Klapper et al. (2015) definen a cultura financeira como a habilidade para entender os conceptos financeiros esenciais que permitan tomar decisións adecuadas no relativo ao aforro, ao investimento ou ao financiamento. Por tanto, tal e como apuntan Hastings, Madrian e Skimmyhorn (2013), a cultura financeira esixe certo tipo de coñecementos (por exemplo, conceptos ou produtos financeiros), combinados con determinadas habilidades (como o cálculo numérico) e actitudes (por exemplo, a capacidade de planificación a longo prazo). Nesta mesma liña, articúlase a definición de alfabetización financeira utilizada nos informes PISA (Ministerio de Educación, Cultura y Deporte [MECD], 2014).\nNo entanto, a educación financeira por si soa pode resultar insuficiente para impulsar comportamentos financeiros positivos nos individuos, especialmente nos millennials que, ata a recente crise provocada pola pandemia COVID19, e desde a Gran Recesión, se enfrontaron a unhas condicións macroeconómicas desfavorables (Friedline e West, 2016) en que se viron obrigados a tomar decisións financeiras que marcarán boa parte da súa vida. En particular, Cole, Paulson e Shastry (2016) demostran que cursar educación financeira non inflúe significativamente en comportamentos como a acumulación de activos ou a xestión do crédito. Por iso, recentemente algúns investigadores suxeriron a necesidade de combinar os coñecementos financeiros coa inclusión financeira, co fin de mellorar a toma de decisións dos individuos (Friedline e West, 2016; Sherraden, 2013) ou a propia alfabetización financeira (MorenoHerrero, SalasVelasco e SánchezCampillo, 2018a, 2018b). A inclusión financeira condiciona a oportunidade das persoas de acceder a aqueles produtos ou servizos financeiros acordes coas súas necesidades. Segundo Anderloni, Bayot, Bledowski, IwaniczDrozdowska e Kempson (2008), esa oportunidade é un aspecto determinante na vida social e económica do individuo, que inflúe de forma notoria na súa inclusión ou exclusión social.\nA combinación de ambos os factores – cultura financeira e inclusión financeira – dá lugar á competencia ou capacitación financeira dos individuos (Friedline e West, 2016; Sherraden, 2013), que os levará a tomar mellores decisións na medida en que posúan os coñecementos necesarios para iso (cultura financeira) e a oportunidade de aplicalos (inclusión financeira) (Friedline e West, 2016; Sherraden, 2013).\nNa literatura existente non son poucos os traballos que evidencian unha menor cultura financeira dos mozos (Lusardi e Mitchell, 2007; Shim, Barber, Card, Xiao e Serido, 2010). No caso particular da xeración millennial, este resultado repítese. Os millennials adoitan presentar menores coñecementos financeiros que as xeracións anteriores (CornejoSaavedra et al., 2017; Kim et al., 2019; Mottola, 2014) e, en cambio, tenden a autoavaliar os devanditos coñecementos de forma máis elevada (de Bassa et al., 2014; Kim et al., 2019).\nTamén abundan os estudos que analizan a competencia financeira dos adolescentes por mor da súa avaliación a través dos informes PISA a partir do ano 2012. En xeral, estes traballos céntranse nos factores que poden incidir nesa competencia financeira; é dicir, a competencia financeira é a variable dependente. Así, MorenoHerrero et al. (2018b) atopan que os estudantes dos países cuxos sistemas educativos presentan unha maior calidade na formación matemática e científica teñen un maior nivel de alfabetización financeira. Do mesmo xeito, cando os pais falan con eles sobre temas relacionados co diñeiro, a súa alfabetización financeira mellora (MorenoHerrero et al., 2018b). Igualmente, o uso ou a exposición a produtos financeiros, como unha conta bancaria ou un cartón de débito de prepagamento, aumenta o coñecemento financeiro dos estudantes (MorenoHerrero et al., 2018a, 2018b). Tamén o desenvolvemento das habilidades matemáticas ou o nivel educativo da familia, en particular o da nai, exercen un papel mediador na evolución das competencias financeiras dos novos españois (Mancebón, Ximénez ‐ de ‐ Embún, Mediavilla e Gómez ‐ Sancho, 2019). Pola súa banda, Cordero e Pedraja (2019) recomendan a inclusión da educación financeira non como materia en si mesma, senón transversalmente, incorporándoa noutras materias para, deste xeito, mellorar a adquisición de coñecementos financeiros por parte dos adolescentes. Pola contra, Molina, Marcenaro e Martín (2015) detectan que aqueles sistemas educativos que articularon unha materia separada para a impartición da educación financeira obteñen un impacto relevante sobre o grao de desenvolvemento desta competencia entre os seus adolescentes.\nEn contraste coa literatura mencionada, apenas existen traballos que exploren os comportamentos financeiros dos millennials e a súa relación coa competencia financeira ou, de forma separada, coa cultura e inclusión financeiras. De feito, ata onde sabemos, o traballo de Friedline e West (2016) é o único que abordou o tema. En concreto, as autoras analizan como a competencia financeira dos millennials se relaciona con diferentes aspectos financeiros, tales como a fraxilidade financeira; a retención de aforros de emerxencia; o uso de instrumentos financeiros alternativos, como os payday loans 1 ; a posesión de débeda; ou a satisfacción financeira xeral. Os resultados constatan que os millennials “financ eiramente competentes”, comparados co resto das categorías (a saber: “financ ei ramente incluídos”, “fi‐ nancei ramente formados” e “financ ei ramente excluídos”), teñen maiores probabilidades de posuír fondos de emerxencia e experimentan unha maior satisfacción tocante a aspectos financeiros. Ao mesmo tempo, t eñen menores probabilidades de recorrer a “débedas malas”, de percibir que teñen demasiada carga financeira ou de experimentar fraxilidade financeira. Ademais, mentres a inclusión financeira desempeña un papel significativo en todos os comportamentos, non ocorre así coa cultura financeira, posto que as diferenzas entre os financeiramente formados e os financeiramente excluídos non son significativas á hora de explicar o uso de fontes alternativas de financiamento ou a percepción dunha importante carga financeira.\nPor outro lado, Kim et al. (2019) tamén realizan un estudo centrado nos comportamentos financeiros dos millennials, pero considerando unicamente a influencia da cultura financeira e non a da inclusión financeira. En xeral, os autores conclúen que a cultura financeira obxectiva está positivamente relacionada con bos hábitos financeiros tanto no curto coma no longo prazo, mentres que a cultura financeira subxectiva se mostra unicamente relacionada con estes últimos.\nEn definitiva, como se mencionou anteriormente, neste traballo preténdese: (1) analizar a competencia financeira, tal e como a definen Friedline e West (2016), dos millennials españois, en concreto dos millenials novos e dos millennials adultos; (2) explorar como esa competencia financeira se relaciona coas súas actitudes e comportamentos financeiros; e (3) comprobar se esa relación difire do caso das xeracións predecesoras. Ata onde sabemos, ningún estudo abordou a análise destas posibles relacións para a poboación española.\n3. Metodoloxía\n3.1. Mostra\nA análise empírica deste traballo baséase na Enquisa de Competencias Financeiras (ECF) que, elaborada de maneira conxunta polo Banco de España e pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), ten como propósito analizar os coñecementos financeiros da poboación española con idades comprendidas entre os 18 e os 80 anos. Os datos desta enquisa están referidos aos anos 2016 e 2017, período no que se realizou o traballo de campo a través de enquisas persoais.\nA partir da mostra orixinal, integrada por 8.554 persoas entrevistadas, a mostra de estudo restrinxiuse a aquelas persoas entre 18 e 64 anos que non estivesen xubiladas no momento da entrevista. Iso deu como resultado unha mostra final de 6.852 individuos 2. Para a súa clasificación en grupos de idade utilizouse como referencia o seu ano de nacemento, considerando como millennials a quen nacesen en 1980 ou en anos posteriores, mentres que ao resto se lles cualifico u como “non millennials”. É máis, dentro dos primeiros distinguíronse dous grupos: millennials novos (nacidos entre 1990 e 1998) e millennials adultos (nacidos entre 1980 e 1989), dado que o momento do ciclo de vida no que se atopan pode provocar máis diferenzas dentro desta xeración que con respecto a outras, isto é, ao comparar os millennials adultos (na trintena no momento de realizar a enquisa) con persoas da xeración non millennial. A mostra quedou integrada por un 15, 29% de millennials novos, un 18, 39% de millennials adultos e un 66, 32% de non millennials.\nPara todos os cálculos que se presentan a continuación, usáronse os pesos mostrais proporcionados pola ECF que, unha vez consideradas as “non respostas”, foran axustados para reflectir a estru - tura demográfica – basicamente, sexo, idade e nacionalidade por comunidade autónoma – da poboación española segundo o Censo de 2011 (Banco de España, 2019; Bover, Hospido e Villanueva, 2019).\n3.2. Variables 3.2.1. Variables dependentes\nEste estudo considera como variables dependentes diferentes variables proxy do comportamento financeiro dos individuos. En particular, buscáronse na ECF variables similares ás estudadas por Friedline e West (2016) e Kim et al. (2019), co obxectivo de que os resultados poidan ser, na medida do posible, comparables. Así, utilizáronse as variables recollidas na Táboa 1, algunhas das cales xa eran orixinalmente de natureza dicotómica mentres que outras foron transformadas a partir de variables en formato tipo escala Likert.\nPresupostación 1 Fai no seu fogar unha planificación dos gastos? É dicir, decide periodicamente, por exemplo, que parte da renda do fogar se usa para gastar, aforrar ou pagar recibos.\nFixeime obxectivos financeiros a longo prazo e esfórzome por alcanzalos.\n3.2.2. Variables independentes\nA variable de interese é a competencia ou capacitación financeira que, seguindo a Friedline e West (2016), se crea a partir da combinación de diferentes variables que miden, por un lado, a cultura financeira e, por outro, a inclusión financeira. Así, no que se refire á cultura financeira tivéronse en conta tres cuestións, de forma análoga a Lusardi e Mitchell (2011), relativas aos tipos de xuro, á inflación e á diversificación de riscos (véxase a Táboa 2). A partir das tres cuestións anteriores construíuse unha variable categórica que mide o número de respostas correctas (cultura financeira: 0 ningunha, 1 baixa, 2 media e 3 alta).\nPola súa banda, a inclusión financeira pode considerarse, ata certo punto, un proceso gradual. Por iso, procedeuse a buscar na ECF que cuestións poderían reflectir mellor o devandito proceso e que resultasen similares ás medidas de inclusión expostas por Friedline e West (2016). En concreto, atopáronse as cuestións recollidas na Táboa 2, que permitiron crear tamén unha variable categórica que mide o número de produtos financeiros que a persoa posúe de forma individual ou conxunta (inclusión financeira: 0 baixa, 1 media e 2 alta 3).\nA partir das variables anteriormente descritas, e seguindo o patrón establecido por Friedline e West (2016), creáronse dúas variables distintas de competencia financeira en función do produto financeiro adquirido (contas de aforro e cartóns de crédito) que, á súa vez, teñen dúas variantes en función do nivel de cultura financeira do individuo (ver a Táboa 3). Deste xeito, combináronse as variables de inclusión e cultura financeira para construír un índice que oscila entre 0 e 3, onde o valor 0 fai referencia a aqueles individuos que nin posúen un nivel alto de cultura financeira nin o produto financeiro elixido (conta de aforro/cartón de crédito). Son individuos, na terminoloxía de Friedline e West (2016), “financeiramente excluídos”. Asignaríaselles un valor 1 a aqueles individuos “financeiramente formados” (que acertaron tres preguntas sobre coñecementos f inanceiros); un valor 2 a aqueles individuos que dispoñen do produto financeiro en cuestión, pero fallaron polo menos una das preguntas de cultura financeira –“financeiramente incluídos”– ; e un valor 3 para os que presentan tanto o produto financeiro como coñecementos financeiros altos –individuos “financeiramente capacitados”–. A segunda variante considera financeiramente formados aos individuos que contestaron correctamente dúas das tres cuestións expostas; é dicir, suaviza o filtro referido á cultura financeira.\nTáboa 2. Definición das variables independentes: cultura financeira e inclusión financeira\nDefinición a. Supoña que deposita 100€ nunha conta de aforro cun xuro fixo do 2% anual. Nesa conta non hai comisións nin impostos. Se vostede non fai ningún movemento adicional, unha vez que o xuro lle fose aboado, de canto diñeiro disporá na súa conta despois de 5 anos? [Máis de 110€/Exactamente 110€/Menos de 110€/É imposi ble calculalo cos datos facilitados/Outras respostas]. b. É habitualmente posible reducir o risco de investir no mercado de títulos ao comprar unha ampla variedade destes [Verdadeiro/Falso]. c. Imaxine que 5 irmáns teñen que esperar un ano para obter un importe de 1000€, e\nFonte: elaboración propia.\n3.2.3. Variables de control\nNa Táboa 4 inclúense as variables de control utilizadas na análise. Para iso, seleccionáronse aquelas características sociodemográficas e económicas que a literatura tradicionalmente asociou cos comportamentos financeiros estudados.\nTáboa 4. Definición das variables de control Variable Definición\nVariable dicotómica: (1) se a persoa enquisada convive habitualmente coa súa parella/cónxuxe; (0) en caso contrario.\nVariable dicotómica: (1) se a persoa enquisada convive no seu domicilio cos seus fillos/as menores de 18 anos, ou cos da súa parella/cónxuxe; (0) en caso contrario.\nSituación\n4. Resultados\n4.1. Análise univariante\nA Figura 1 mostra os pesos porcentuais da poboación que presenta as actitudes e os comportamentos financeiros obxecto de estudo, distinguindo tres submostras: millennials novos, millennials adultos e non millennials.\nAsí, os millennials teñen, en xeral, un maior coidado á hora de administrar os seus recursos, pois aproximadamente un 70% recoñece decidir periodicamente que parte da renda do fogar destina a aforrar e a gastar, fronte a un 64% das xeracións precedentes. Dun modo similar compórtase a variable relativa á formulación de obxectivos a longo prazo, sendo este comportamento moito máis habitual nos millennials, especialmente no subgrupo dos máis novos. A diferenza con respecto ao non millennials supera os 15 puntos porcentuais.\nAproximadamente un 30% das tres submostras declara que no último ano os seus gastos correntes superaron os seus ingresos. No entanto, o efecto sobre a percepción do nivel de carga financeira asumida é diferente, ao afirmar unha maior porcentaxe dos non millennials ter un alto nivel de endebedamento. Tamén estes afirman dispor de fondos de emerxencia en maior medida que os millennials. En xeral, a satisfacción financeira é bastante alta (nótese que máis dun 40% de todos os colectivos contestan nas dúas categorías de resposta máis altas da escala).\nAo centrarse especificamente nos millennials, apréciase que os comportamentos dos adultos se parecen máis aos comportamentos dos non millennials que aos dos seus conxéneres máis novos. Dito doutro xeito, a porcentaxe de persoas que dentro da submostra millennials adultos presenta o comportamento analizado está máis próximo á porcentaxe correspondente da submostra non millenials que da de millennials novos. As únicas excepcións danse no exceso de gasto durante o último ano e na satisfacción financeira, onde unha menor proporción de millennials adultos manifestaron sentirse financeiramente satisfeitos en relación ao nivel de satisfacción que refiren tanto os millennials novos coma os non millennials (neste caso, a porcentaxe coincide).\nEn xeral, os datos presentan un comportamento financeiro dos enquisados bastante solvente, cunha posesión de aforros de emerxencia e cunha baixa incidencia de atrasos no pago de débedas. Non obstante, a “xeración do milenio” tende a planificar e administrar máis os seus recursos, posiblemente como resultado da súa maior escaseza relativa, e mostra unha menor dispoñibilidade de fondos de emerxencia. As tendencias apuntadas agrávanse se comparamos aos non millennials cos millennials novos.\nNa Figura 2 móstrase a porcentaxe de individuos en función do número de respostas correctas ás tres preguntas de cultura financeira. Os datos indican un relativamente maior nivel de cultura financeira entre as xeracións precedentes á millennial. Así, a porcentaxe de individuos que non contestan ben ningunha das tres preguntas é máis alta dentro do colectivo millennial (un 16% dos millennials adultos e un 18% dos millennials novos), mentres que a proporción de non millennials respecto da de millennials de ambos os grupos que contestan correctamente as tres cuestións é sensiblemente maior\n(21, 39%). Estes indicadores de cultura financeira da poboación española mostran unha situación máis optimista que a que se deduce doutras enquisas. Así, na súa cuarta edición referida a 2011, a enquisa SHARE 4 mostraba que dos 3.570 participantes españois, só 258 responderan a unha cuestión relativa ao cálculo do nominal e aos xuros dunha conta corrente, e destes, só o 19% o fixera correctamente (PumaresIglesias, FernándezLópez, VivelBúa e ReyAres, 2015). En definitiva, a cultura financeira obxectiva do colectivo millennial tende a ser máis baixa, especialmente se nos centramos nos millennials máis novos. Este resultado coincide parcialmente cos apuntados por CornejoSaavedra et al. (2017), para o caso chileno, e por Kim et al. (2019) e Mottola (2014), para o caso estadounidense.\nA Figura 3 presenta a porcentaxe de individuos que, dentro de cada submostra, conta con algún dos produtos financeiros recollidos na Táboa 3, tratando así de reflectir o seu nivel de inclusión financeira. Pódese concluír que case a metade dos millennials novos non teñen acceso a ningún dos dous produtos financeiros analizados (conta de aforro e cartón de crédito). En cambio, unha porcentaxe bastante similar tanto de millennials adultos como de non millennials, levemente inferior ao 50%, afirma dispor dun dos dous produtos financeiros. Ao contrario, a proporción de non millennials con ambos os produtos (29%) é máis alta que a de millennials adultos, e case o dobre que a de millennials novos. En definitiva, a exclusión financeira, tal e como se definiu, é un problema máis habitual nos millennials, sobre todo nos de menor idade.\nDe maneira similar, procédese a analizar a competencia financeira dos individuos enquisados (Figura 4). É necesario lembrar que as variables de capacitación ou competencia financeira se distinguen polo produto financeiro asociado e polo número de respostas correctas para a variable cultura financeira. A variante “ cultura financeir a alta” esixe que o individuo responda as tres preguntas correcta‐ mente para poder ser clasificado como financei ramente formado ou capacitado. A variante “ cultura financeira media” é menos restritiva e só esixe dúas respostas correctas.\nCon carácter xeral, a menor esixencia de acertos na versión “cultura financeira media” provoca que as porcentaxes de individuos excluídos diminúan, ao esixirse un menor número de respostas correctas, a cambio de notables incrementos nas porcentaxes de individuos financeiramente incluídos.\nA comparación entre os produtos financeiros lévanos a concluír que o cartón de crédito é un produto máis habitual na poboación que as contas de aforro. Nótese que a proporción de individuos financeiramente incluídos ou capacitados é notablemente superior nas figuras inferiores respecto das figuras superiores.\nEn todo caso, a tendencia xeral é que os millennials, e especialmente os máis novos, teñen un menor acceso aos produtos analizados e un menor nivel de cultura financeira verbo dos non millennials. Os millennials adultos, como vén sendo habitual, adoitan estar nun punto intermedio, cun nivel de competencia financeira superior ao dos millennials de menor idade, pero inferior ao dos non millennials.\nPor tanto, e en relación co primeiro dos obxectivos formulados neste traballo, podemos concluír que a competencia financeira das persoas enquisadas, tal e como foi definida, non é moi elevada, con independencia da submostra analizada. Unicamente a maior presenza do cartón de crédito provoca que máis da metade dos millennials adultos e dos non millennials se agrupen nos valores superiores da variable. Con todo, nos demais casos, e sobre todo para os millennials novos, esas porcentaxes son sensiblemente inferiores. Pódese concluír, tamén, que a cultura financeira condiciona a capacitación financeira dos individuos en maior medida que a exclusión financeira. Isto pode ser debido a que no traballo se seleccionaron uns produtos financeiros relativamente estendidos entre a poboación española.\nFinalmente, a Táboa 5 mostra a porcentaxe de poboación que presenta a característica analizada dentro de cada submostra. Aproximadamente a metade das persoas enquisadas son mulleres, con independencia da submostra.\nArredor dun 70% dos millennials adultos e mais dos non millennials estarían nunha situación de emprego, sendo a proporción algo máis alta nos primeiros. O nivel de emprego cae de maneira radical (uns 40 puntos porcentuais) no caso dos millennials novos. Esta diferenza podería explicarse por se atoparen aínda en período de formación (a porcentaxe de millennials novos con estudos superiores, a máis baixa das tres mostras, resulta demasiado baixa, se temos en conta o elevado número de membros do colectivo coa educación secundaria superada). Nesta liña de razoamento, a porcentaxe de millennials adultos con educación superior é notablemente maior que a de non millennials.\nO nivel de ingresos brutos anuais do fogar parece ter unha relación positiva coa maior idade do enquisado. A pesar diso, a ampla maioría dos entrevistados, de calquera colectivo, declaran ter uns ingresos brutos circunscritos ao tramo medio dos tres propostos.\n4.2. Análise multivariante\nNeste apartado preséntanse os resultados das estimacións realizadas para alcanzar o segundo e mais o terceiro obxectivo deste estudo. Dun modo máis específico, os modelos expostos buscan determinar se existe algunha asociación entre as variables referidas á competencia financeira e as actitudes e os comportamentos financeiros dos millennials (novos e adultos), e se esa relación varía no caso do non millennials. As variables dependentes fan referencia a sete comportamentos e actitudes financeiras, e teñen natureza dicotómica. Por iso, é necesario realizar unha estimación alternativa ao Mínimo\nCadrado Ordinario (MCO), optando, neste caso, por regresións probit binomiais.\nEn concreto, tras formular un modelo básico que incluía as variables de control, incorporáronse nun primeiro modelo as variables categóricas cultura financeira e inclusión financeira a fin de comprobar se ambas as variables (por separado) gardaban algunha relación cos comportamentos estudados. A partir dese primeiro modelo definíronse outros catro, substituíndo as variables cultura financeira e inclusión financeira por cada un dos catro proxies de competencia financeira (onde cultura e inclusión financeira se combinan). Estes cinco modelos estimáronse para cada variable dependente (un total de sete) e para as tres submostras (millennials novos, millennials adultos e non millennials), resultando un total de 105 modelos estimados. Pola súa banda, a Táboa 6 resume os resultados obtidos dos modelos estimados con respecto ás variables independentes obxecto de estudo 5.\nTáboa 6. Resumo dos resultados para as variables de competencia financeira por grupo de poboación e comporTáboa 6 (continuación). Resumo dos resultados para as variables de competencia financeira por grupo de poboNotas: A Táboa 6 recolle os resultados, para as variables independentes de interese, que resultaron significativos por < 0, 10. En todos os modelos estimados se inclúen todas as variables de control definidas na Táboa 4. Os pesos mostrais foron utilizados. MN/MA/NM refírense a millennials novos, millennials adultos e non millennials, respectivamente. (+)/(-) indican unha relación positiva ou negativa. Na variable cultura financeira as categorías son: Alta (tres respostas correctas), Media (dúas respostas correctas) e Baixa (unha resposta correcta), sendo a categoría de referencia Ningunha (0 respostas correctas). Na variable inclusión financeira as categorías son: Alta (dous produtos) e Media (un produto), sendo a categoría de referencia Baixa (0 produtos). No resto das variables de competencia financeira as categorías son: Capacitado, Incluído e Formado, sendo a categoría de referencia Excluído. Fonte: elaboración propia.\nAdicionalmente, analizouse a potencial existencia de multicolinearidade nos modelos propostos, utilizando para isto o factor de inflación da varianza (VIF, polas súas siglas en inglés). Estes problemas foron descartados, xa que os valores do factor de inflación da varianza non se afastaban en exceso do valor unitario.\nAs estimacións indican que a variable cultura financeira apenas mostra relacións significativas cos comportamentos estudados (nun 33% dos modelos). Pola súa banda, a variable inclusión financeira garda unha maior relación coas variables dependentes (nun 48% dos modelos). Xa que logo, ambas as variables por separado apenas contribúen a explicar os comportamentos e/ou actitudes financeiras dos enquisados, con independencia do seu rango de idade. Con todo, a combinación de ambas a través das variables de competencia financeira, e en particular da que conxuga contas de aforro e cultura financeira alta, que resultou significativa nun 67% dos modelos estimados, presenta un maior grao de asociación coas actitudes financeiras analizadas. Pola súa vez, as variables de competencia financeira referidas á posesión de cartóns de crédito, un produto máis estendido que as contas de aforro, teñen un menor poder explicativo. A diferenza entrambas radica na inclusión financeira, en lugar de na cultura financeira. Polo tanto, os resultados suxiren, de novo, que a inclusión financeira garda unha maior relación cos comportamentos que o nivel de coñecementos financeiros do individuo. Neste aspecto, os nosos resultados coinciden, en certa medida, cos atopados por Friedline e West (2016).\nOs resultados tamén ofrecen conclusións interesantes cando a comparativa se realiza atendendo ás variables dependentes. Así, hai algúns comportamentos, como a presupostación, e algunhas actitudes, como a satisfacción financeira, que non presentan case relación coas variables independentes obxecto de estudo. Pola contra, estas últimas resultaron significativas nun 80% dos modelos que explicaban o atraso en pagos, nun 73% dos que explicaban a posesión de fondos de emerxencia e nun 67% dos que o facían co horizonte de planificación. En termos xerais, un maior nivel de competencia financeira relaciónase negativamente con incorrer en atrasos en pagos nos últimos doce meses, mentres mantén unha relación positiva co mantemento de fondos de emerxencia para lles facer fronte aos gastos correntes polo menos durante tres meses e con ter un horizonte de planificación financeira a longo prazo.\nFinalmente, a competencia financeira dos individuos tamén resultou significativa en aproximadamente a metade dos modelos que explicaban o exceso de gasto e mais a percepción dunha excesiva carga financeira. Deste xeito, para os millennials novos apréciase unha relación negativa entre a capacitación financeira e incorrer en excesos de gasto; a maior capacitación, menor probabilidade de ter uns ingresos inferiores aos gastos correntes durante o último ano. Esta relación apenas se confirma para as outras dúas submostras. En cambio, no caso dos millennials adultos e dos non millennials constátase unha asociación negativa entre a súa competencia financeira e a percepción de estaren excesivamente endebedados (carga financeira).\nAs conclusións que se poden extraer por cohortes de idade son tamén relevantes. Dos 35 modelos estimados para cada submostra, no 80% dos referidos aos non millennials algunha das variables independentes de interese resultou significativa. Esta porcentaxe redúcese ao 46% e ao 37% dos modelos para o caso dos millennials adultos e novos, respectivamente. Este resultado podería deberse, en parte, a un efecto derivado dos tamaños tan diferentes entre mostras 6. A pesar desta limitación, considérase igualmente que a relación que manteñen algúns comportamentos coa competencia financeira é máis similar entre os millennials adultos e os non millennials (horizonte de planificación, fondos de emerxencia e carga financeira), que cando se comparan aos primeiros cos mozos da súa xeración (millennials novos), por exemplo no exceso de gasto. Isto pode explicarse, dalguna maneira, porque os millennials adultos se atopan nunha etapa do seu ciclo vital onde deben afrontar situacións e decisións financeiras máis semellantes ás do non millennials que ás dos mozos millennials.\nPor último, no tocante aos obxectivos principais deste traballo, os resultados obtidos coinciden parcialmente cos de Friedline e West (2016). Así, nas tres variables dependentes similares estas autoras a topaban que os millennials “financ ei ramente capacitados” é máis probable que teñan unha maior sa‐\ntisfacción financeira e que conten con fondos de emerxencia, e teñan, pola contra, unha menor probabilidade de percibirse excesivamente endebedados. Estes dous últimos resultados replícanse no noso estudo. Con todo, fano só para a mostra de millennials adultos, non atopándose evidencias empíricas suficientes destas relacións para os millennials novos.\nCon respecto ás variables de control, achouse que, excluíndo o subgrupo millennials novos, as mulleres teñen unha maior probabilidade de exporse a obxectivos financeiros a longo prazo (horizonte de planificación) e, dentro dos non millennials, mostran unha maior satisfacción financeira.\nOs modelos tamén constatan que a maior idade dos millennials adultos se relaciona negativamente co establecemento de obxectivos financeiros a longo prazo, e positivamente coa percepción de estar excesivamente endebedados (carga financeira), coincidindo en ambos os aspectos cos non millennials. Curiosamente, entre os millennials novos, a medida que aumenta a súa idade diminúe a súa satisfacción financeira. Con independencia da cohorte xeracional analizada, estar empregado asóciase positivamente coa dispoñibilidade de fondos de emerxencia e coa satisfacción financeira; tamén, no caso dos millennials adultos, cun horizonte de planificación financeira a máis longo prazo. No caso dos millennials novos, reduce a súa probabilidade de mostrar un déficit doméstico (gasto).\nA grandes trazos, os maiores ingresos da unidade familiar exercen os efectos esperables sobre as variables de gasto, atrasos en pagos, carga financeira, fondos de emerxencia e satisfacción financeira, con independencia do grupo de idade analizado.\nAsí mesmo, o maior nivel educativo relaciónase cunha conduta financeira máis solvente, fundamentalmente entre os millennials, cunha maior presenza de fondos de emerxencia especificamente entre os máis novos que, ademais, terán un horizonte de planificación financeira máis longo e unha menor probabilidade de mostrar atrasos en pagos. Por outra banda, e con independencia do grupo de idade, unha maior educación reduce a probabilidade de percibirse excesivamente endebedado.\nA presenza de fillos menores a cargo parece afectar en maior medida aos millennials adultos, que mostrarían un maior déficit doméstico e maiores cargas financeiras. Por outro lado, a convivencia co cónxuxe ou parella apenas se relaciona con ningún comportamento financeiro, con independencia da submostra considerada. No caso dos millennials, relaciónase positivamente cunha maior presupostación (millennials adultos) e con establecer obxectivos financeiros a longo prazo (millennials novos).\nFinalmente, a aversión ao risco parece asociarse negativamente co establecemento de obxectivos financeiros a longo prazo en todos os grupos de idade, relacionándose en maior medida cos comportamentos dos non millennials (positivamente co gasto e negativamente coa posesión de fondos de emerxencia e coa satisfacción financeira).\n5. Conclusións\nNo contexto actual, a capacitación financeira converteuse nun aspecto de gran relevancia para o desenvolvemento económico e social. Esta circunstancia é máis relevante, se cabe, entre a xeración millennial, recentemente incorporada ao mercado laboral e cunhas características moi particulares con respecto ás xeracións anteriores. Por isto, é moi importante explorar como están de preparados e que capacidade teñen os millennials para enfrontarse a un mercado financeiro onde os produtos e as relacións son cada vez máis complexas e no que as decisións han de tomarse nun contexto de volatilidade e complicación financeira nunca antes experimentado. Xa que logo, os principais obxectivos deste traballo foron coñecer a competencia financeira dos millennials españois (obxectivo 1), e explorar como esa capacitación se relaciona coas súas actitudes e comportamentos financeiros (obxectivo 2) en comparación coas xeracións precedentes (obxectivo 3). A fin de alcanzar estes obxectivos, a investigación utilizou unha mostra de 6.852 persoas non xubiladas menores de 65 anos na que o 34% son millennials.\nVerbo do primeiro dos obxectivos, os resultados mostran que os millennials, e en particular os máis novos, teñen un menor acceso aos produtos analizados e un menor nivel de cultura financeira respecto dos non millennials. Como consecuencia, tamén presentan un menor nivel de capacitación financeira, especialmente os millennials novos. Ese nivel de competencia financeira está máis condicionado pola cultura financeira que polos produtos financeiros ao alcance dos individuos. A pesar de que os coñecementos financeiros condicionan en maior medida o nivel de capacitación financeira das persoas, cando esta se relaciona coas actitudes e cos comportamentos financeiros (obxectivo 2), tales comportamentos gardan unha relación maior coa inclusión que coa cultura financeira. Neste sentido, as evidencias obtidas acerca dos potenciais drivers de actitudes e decisións financeiras inclinan a balanza cara aos argumentos baseados no learning by doing suxeridos pola literatura (Moreno-Herrero et al., 2018b). Os nosos resultados non mostraron unha relación significativa entre a competencia financeira e comportamentos e actitudes como a presupostación e a satisfacción financeira. En cambio, aquelas aparecen moi relacionadas cos atrasos en pagos (negativamente) e co mantemento de fondos de emerxencia e horizontes de planificación longos (positivamente). No resto de comportamentos analizados (gasto e carga financeira), a relación coa capacitación financeira vai depender máis do subgrupo de idade considerado.\nAs conclusións que se poden extraer por grupos xeracionais tamén resultan interesantes (obxectivo 3). En xeral, a competencia financeira está máis asociada coas actitudes e comportamentos financeiros dos non millennials. Este resultado podería obedecer, en certo modo, aos tamaños tan diferentes entre mostras. No entanto, tamén se aprecia que a relación que manteñen algúns comportamentos coa capacitación financeira é máis similar entre os millennials adultos e os non millennials (véxase horizonte de planificación, fondos de emerxencia e carga financeira), que cando se comparan os primeiros cos seus conxéneres. Isto é atribuíble a que os millennials adultos se atopan nun período do seu ciclo vital no que han de tomar decisións financeiras máis semellantes ás dos non millennials que ás dos mozos millennials. Neste sentido, percíbese a necesidade de seguir profundando no estudo desta xeración, nas súas características e nos seus comportamentos.\nA principal achega deste traballo, polo tanto, é contribuír con novas evidencias empíricas ao campo de estudo dos comportamentos e competencias financeiras dos millennials, nun contexto sociocultural – o español – non analizado ata este momento. Ademais, dados os distintos ciclos vitais nos que poden atoparse os individuos da xeración millennial, o traballo permite diferenciar comportamentos e competencias entre mozos e adultos millennial. Desta forma, supón unha extensión e/ou contraste dos resultados alcanzados por Friedline e West (2016) na súa investigación realizada no contexto estadounidense, e conforma unha aproximación robusta á análise dos comportamentos financeiros da xeración máis numerosa e que constitúe o núcleo dos mercados actuais. Xa que logo, futuros traballos deberán seguir profundando na devandita análise. Doutra banda, no ámbito da xestión os resultados mostran que as Administracións e os gobernos deben seguir investindo na capacitación financeira da súa poboación, tratando de garantir o acceso aos produtos financeiros óptimos co afán de erradicar e previr “malos hábitos financeiros”.\nPor último, as liñas futuras de traballo parten das principais limitacións atopadas. Estas viran ao redor de dous aspectos: a mostra e a definición das variables. En relación coa mostra, destacariamos a relativamente baixa porcentaxe de millennials que incorpora (ao redor do 34%). Esta proporción é comprensible dentro do obxectivo da ECF, e tendo en conta que o seu proceso de mostraxe se axusta á distribución da poboación española, pero resulta escasa cando se pretende pór o foco de estudo nos millennials. En futuros estudos deberíase contar cunha mostra maior ou, cando menos, con submostras máis equilibradas, aínda que, como se referiu ao comezo deste traballo, as bases de datos con información sobre millennials foron ata o momento limitadas. Ademais, sería interesante dispor de datos para máis anos de cara a establecer tendencias temporais nos resultados. Neste sentido, os datos foron obtidos entre finais do ano 2016 e o 2017, pero sería desexable contar con datos actualizados para ver a influencia da segunda gran crise que afecta aos millennials no que vai de século (a da COVID19).\nEn relación coa definición das variables, traballamos fundamentalmente con variables categóricas que se construíron a partir dos datos dispoñibles e seguindo o patrón de Friedline e West (2016) adaptado á realidade española. Con todo, en futuros traballos sería desexable moverse cara a unha variable continua, tal e como sucede con aquelas puntuacións que miden a competencia financeira dos estudantes de 15 anos nos informes PISA. Outra cuestión que cómpre analizar en profundidade en futuras ampliacións desta investigación é a posible endoxeneidade da variable cultura financeira con outras variables contidas no estudo, e en particular coa propia inclusión financeira, tal e como refiren van Rooij, Lusardi e Alessie (2012) no seu\nestudo dos determinantes da planificación para a xubilación.\nBibliografía"} +{"summary": "No verán de 2013 realizouse a recolleita da microtoponimia de Sálvora e do seu arquipélago, no marco do Proxecto Toponimia de Galicia. O feito de se tratar dun espazo insular que levaba despoboado case medio século dificultou o proceso, porén precisamente por esa excepcionalidade os resultados obtidos teñen un especial valor para as análises tanto filolóxicas como históricas.\nO presente estudo ten dous bloques fundamentais, denominados Metodoloxía e Análise da toponimia. No primeiro deles explicamos como se realizou o traballo de recolleita, que criterios se adoptaron e que problemas se enfrontaron. No segundo examinamos a toponimia do interior de Sálvora, dos elementos mariños que a rodean e os xenéricos locais utilizados polos informantes. Esta análise achegou diversos datos para o coñecemento dos modelos pasados de poboamento e organización da illa, e de explotación e humanización do mar. A toponimia demostra unha vez máis ter interese máis aló do ámbito estritamente lingüístico.", "text": "Lingüística, toponimia, microtoponimia, lectura histórica da paisaxe, Sálvora\nSumario 1. Introdución. 2. Metodoloxía da recolleita. 2.1. A revisión documental. 2.2. Os informantes e as entrevistas.\n2.3. O tratamento dos datos. 3. Análise da toponimia. 3.1. A toponimia de Sálvora: ferramenta de lectura his1. I ntroducIón\nOs microtopónimos 1 son aqueles nomes con que as comunidades humanas identificaron cada un dos pequenos elementos naturais ou artificiais constituíntes da súa xeografía cotiá. As pedras, os camiños, as leiras, as fontes, os montes, os cruceiros, os regueiros, os illotes ou os viñedos; todo aquilo que merecía ser nomeado para recoñecer e acoutar o espazo habitado recibiu unha denominación que o singularizou.\nXa na Idade Media contamos en Galiza con testemuños escritos en que a importancia da tenza da terra obrigaba a definir os límites con extrema precisión e polo tanto a estabelecer marcas e nomealas de tal xeito que ninguén puidese dubidar delas. Estas descricións, provenientes principalmente de herdanzas, transaccións ou preitos, achegan en ocasións unha información tan concreta e clara que permite recrear ao detalle a fisionomía da aldea medieval, abrindo a porta a un coñecemento valiosísimo do conxunto da sociedade da época. Así o estudaron os medievalistas Portela e Pallares (1998) no caso de Rabal e Bobadela, dúas villae, segundo o termo latino contemporáneo, amplamente documentadas nos séculos X e XI. Hoxe mantéñense como parroquias no concello ourensán de Celanova e continúan, por certo, cos seus límites case intactos un milenio despois.\nEstamos entón nun momento en que se fai imprescindíbel un traballo inmediato e decidido de recolleita e posta en valor dun patrimonio lingüístico e cultural de enorme riqueza e calidade e, no caso galego, tamén de inxentes proporcións. A nosa particular ocupación do territorio, cun poboamento disperso e unha explotación agrícola intensiva sobre unha xeografía irregular, deu lugar a unha inxente cantidade de topónimos, que aparecen cunha densidade moito maior que a do Estado español.\nO Proxecto Toponimia de Galicia (PTG) creouse no ano 2000 como plan de recuperación, estudo e posta en valor da microtoponimia. Baséase nun método de enquisas orais con que recoller todos os nomes aínda vivos na fala, para os introducir despois nunha base de datos global e finalmente, após fixar unha forma normalizada, implantalos nun soporte cartográfico e, sobre todo, difundilos nas comunidades que os crearon e os usaron.\nA pesar das dificultades e de que aínda resta traballo por facer, son numerosas as parroquias e mesmo os concellos que na súa totalidade xa foron obxecto de estudo. Cando comezamos a recolleita na Illa de Sálvora 2 este era o único espazo do concello de Ribeira que ficaba sen investigar 3. Non é estraño que isto fose así, pois as características da illa para un proxecto coma este son notabelmente diferentes ás da maioría de territorios estudados en Galiza e presentan problemas de difícil solución. Talvez a particularidade máis decisiva sexa que se trata dun espazo que no momento de realización do estudo levaba deshabitado máis de catro décadas. Durante ese tempo o acceso á illa estivo restrinxido e a maioría dos seus antigos poboadores nunca tivo a oportunidade de visitar as que foran as súas casas desde que se viron obrigados a abandonalas ao longo da década dos cincuenta e dos sesenta.\nA segunda peculiaridade é que o poboamento en Sálvora non foi estábel e ininterrompido desde a Idade Media, etapa na cal se fixaron a maior parte dos topónimos, senón que tivo múltiplos propietarios, períodos de despoboamento e diferentes modelos de explotación. Os últimos habitantes descendían de familias de San Paio de Carreira que no século XIX se asentaron alí como usufrutuarias, nunca como propietarias, e que formaron unha única aldea desde a que traballaban os 2, 5 km cadrados de territorio insular. A formación e consolidación dos topónimos de ningunha maneira puido seguir, nestas circunstancias, unha evolución semellante á do groso do territorio galego. A realidade da illa contrasta co mar que a rodea, enormemente produtivo e intensamente explotado e humanizado polos mariñeiros de baixura, obrigados a coñecer con detalle cada un dos accidentes marítimos que agochan os bancos de pesca ou ameazan a navegación. Pódese dicir que o mar foi, no caso de Sálvora, máis habitado que a terra.\nOra ben, todo isto non supón só dificultades na investigación, senón que asegura tamén que a información lograda teña un especial interese pola súa excepcionalidade. Ao longo deste artigo veremos como foi o proceso de recolleita, que resultados deu, e como nos poden axudar estes a avanzar no estudo do territorio, a historia e a lingua.\n2. M etodoloxía da recolleIta\n2.1. A revisión documental\nPara o proceso de recolleita seguimos a metodoloxía proposta por López Boullón et al. (2007), polo que o primeiro paso foi a revisión de parte da documentación toponímica existente na topografía, nas publicacións específicas e en xeral en calquera obra escrita de interese. Non pretendemos facer unha recompilación e análise de toda canta produción escrita ao longo da historia puidese facer referencia a Sálvora; un labor desa envergadura sería digno dunha investigación de maiores dimensións que sen dúbidas achegaría resultados do máis interesantes. Porén non é ese o obxectivo do presente traballo. A nosa intención neste apartado é resumir cal pode ser a imaxe xeral que un suxeito tería se o seu contacto coa toponimia da illa se limitase á unha ollada á documentación máis accesíbel ao seu dispor.\nComezamos en primeiro lugar comprobando o Nomenclátor, onde aparecen rexistrados os nomes das entidades de poboación, e encontramos unicamente Sálvora, en referencia á súa aldea como núcleo actualmente deshabitado. Sálvora é un topónimo moi consolidado e que conta cunha longa tradición escrita, iniciada no século IX, como se comproba nun documento de 899 asinado polo rei Afonso III (Lucas Álvarez 1998: 73) onde se nomea a insulam Saluare e a igrexa alí fundada. Ao longo da Idade Media e Moderna mantívose constante, aparecendo por exemplo como Salva en 1318, Salma en 1380 e Saluaro en 1435 (Roselló i Verguer 2010: 30). Pola súa banda, as fontes árabes adoitaban citala como Salicora (Fernández Pazos 1998: 16). Non se sabe a súa orixe certa, mais non hai dúbida da persistencia e relevancia do topónimo, tamén en época moderna, como vemos por exemplo nos mapas de Pedro Teixeira (1634, Isla de Salvre) e Tomás López (1784, Isla de Salvora) entre moitos outros. No rexistro do catastro a información é un pouco máis abundante, recollendo arredor dunha ducia de nomes dos accidentes xeográficos máis destacados da illa e case outros tantos dos illotes e pedras que completan o arquipélago. Boa parte das referencias aparecen con erros, como *Gralleiros por As Gralleiras ou *Besuqueiros por Besugueiros, e outras non foron nomeadas nin recoñecidas por ningunha das persoas informantes, caso de Volta de Roque, Cova de Salvareiros ou Brisán 4. 4 Sobre este topónimo volveremos no apartado 3.2. © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 127145\nAlgo semellante ocorre coa topografía. Consultamos o Mapa Topográfico Nacional de España (1:25.000) elaborado polo Instituto Geográfico Nacional, concretamente os 151IV Ribeira, 151III Corrubedo e 184II O Grove. Aparecen moitas novas referencias de grande utilidade nunha primeira fase de familiarización co territorio. No entanto, continúan figurando erros, *Cova de Balde por Candabade ou *Illa Cornella por As Cornudas, e mesmo castelanismos, *Illote Cabeceiro Chico por O Cabaceiro Pequeno ou de Terra. Ademais non se manteñen os xenéricos locais dos elementos que o mapa denomina e homoxenéizanse por exemplo as pedras, os conles, os petóns e os eiteiros cos termos illa e illote. Nestes planos repítense practicamente os mesmos nomes e os mesmos erros que no catastro, o que evidencia a retroalimentación entre as fontes.\nNesta mesma liña, tamén foron de interese as cartas náuticas. Non obstante sofren a limitación de repetiren os seus datos edición tras edición sen correccións, perpetuando así deturpacións e erros en maior cantidade que os mapas do IGE. Ao revisarmos a carta náutica da Ría de Arousa de 1910 achamos non só exactamente as mesmas denominacións que nas cartas náuticas posteriores consultadas, senón boa parte dos erros que posteriormente serían reproducidos polos nomeados mapas estatais. A carta náutica de 1909 do S. W. da Ría de Arousa, dunha escala maior, tamén contén erros e castelaniza boa parte dos topónimos, porén recolle unha cantidade considerábel de pequenos accidentes, o cal lle suma un maior interese. Estes planos parecen ser a fonte de que se nutriron boa parte das informacións posteriores.\nPor outra banda, máis aló das representacións gráficas, tamén consultamos publicacións, entre as que destacamos a obra de Rodríguez Rodríguez (1976), que ordena alfabeticamente os topónimos mariños da Ría de Arousa (ou hidrotopónimos se seguimos a denominación utilizada no libro) e explica con precisión onde se sitúan, indicando as coordenadas. Moitos dos nomes aparecen castelanizados e tamén se reproducen erros, porén respecta en certa medida a dialectoloxía e os xenéricos locais e serve como elemento comparativo e de referencia. No mapa que inclúe son relativamente poucos os nomes que aparecen representados e manteñen os erros habituais.\nPor último é de grande utilidade a visión de imaxes aéreas en diversos formatos, especialmente para paliar as dificultades na accesibilidade. O Instituto de Estudios do Territorio ofrece recursos interesantes, do mesmo xeito que o Visor Sixpac da Xunta de Galicia. O propio Google Earth é unha ferramenta nada desprezábel. Estes elementos complementan as fotografías aéreas proporcionadas polo SITGA, do ano 19992000 a escala 1:20.000. As imaxes foron clave para a situación dos topónimos, mais os citados recursos electrónicos axudaron a corrixir certas limitacións, como é o caso das variacións nas mareas.\nO que vemos en conxunto é que tamén nas fontes escritas o estudo da illa de Sálvora ten as súas particularidades. Mentres que nos documentos catastrais e administrativos só aparece o nome da illa e non hai información ningunha sobre o interior desta, nos mapas e nas cartas náuticas recóllense numerosos topónimos mariños, aínda que en moitos casos deturpados ou mal situados. Ademais, a maioría dos elementos recolleitos son aqueles que inflúen de xeito directo na navegación, como puntas, praias, illas e as pedras máis importantes, obviándose totalmente outros topónimos como os que nomean baixos ou bancos de pesca, aspecto que xa fixo notar Martínez Baleirón (2007: 380). O recomendábel é sermos cautelosos en canto á información que nos ofertan as fontes escritas, sen deixar de utilizalas e de aproveitar todo canto poidamos delas.\n2.2. Os informantes e as entrevistas\nUnha vez finalizado o traballo inicial de documentación (á que se volveu repetidas veces ao longo da recolleita) comezouse coa busca de informantes e coa realización das entrevistas. Fixéronse algunhas visitas previas a Sálvora para explorar o territorio, nalgunha ocasión coa guía dos gardas do parque nacional ou do fareiro, e volveuse á illa tamén en momentos puntuais a medida que avanzaba o proceso.\nA estratexia para encontrar os informantes foi certamente intuitiva. O feito de que o investigador sexa nativo da zona e teña alí familiares e amigos facilitoulle o achegamento inicial a algunhas persoas, e logo foron eses primeiros entrevistados os que localizaron e o acompañaron a coñecer aqueles outros que puidesen dar unha información máis precisa. Este contacto mediante intermediarios contribuíu a minguar a desconfianza natural da xente ante o descoñecemento do fin do noso traballo e mesmo a provocar certa implicación e interese.\nPara a recolleita do espazo marítimo buscamos mariñeiros que traballasen na baixura, coñecesen ben o territorio e tivesen unha idade avanzada e escasa formación académica. Porén, os que mellor cumprían esas características e traballaran de xeito plenamente tradicional nin eran quen de se desenvolveren cos mapas con soltura, nin estaban en condicións físicas nin ánimo de embarcaren. Malia todo, finalmente conseguimos encontrar un informante adecuado e disposto a realizar unha enquisa móbil, un mariñeiro de baixura de 72 anos, natural de Carreira e residente en Aguiño, cunha boa e firme memoria e que traballara sempre na zona, especialmente arredor de Sagres. Realizámola con outros dous pescadores, un de Castiñeiras e outro de\nRibeira, para contrastar as informacións, e o resultado foi moi satisfactorio.\nO resto das entrevistas foron estáticas e puidéronse executar coa axuda de mariñeiros máis novos que axudaban a situar no mapa os nomes que os vellos proporcionaban. Logo contrastábanse cos resultados da enquisa móbil, cos datos recolleitos da documentación e coas outras enquisas. Esforzámonos por dar con informantes das tres parroquias meridionais do concello (Carreira, Castiñeiras e Aguiño) para detectar posíbeis variacións de interese. Nesta liña, para un futuro estudo máis completo, sería de grande interese contactar pescadores do outro lado da ría, especialmente da área de Cambados pola súa vinculación con Sálvora.\nAdemais dos pescadores, foron de enorme utilidade as entrevistas con percebeiros de Aguiño. Tal como xa apuntaron Vilar e Rodríguez (2006: 45), mentres os mariñeiros coñecen o perfil costeiro dun xeito máis amplo e identifican con precisión o fondo do mar, os mariscadores de a pé son máis precisos á hora de nomearen pequenos detalles. Por iso, a maiores de contrastaren os datos dos pescadores, os percebeiros coñecían a maior parte dos nomes da pedregosa costa de Sálvora, que a aqueles se lles escapaban. Por outra banda, ao se tratar en boa medida de xente nova, traballan con facilidade cos mapas, porén sen esqueceren a toponimia tradicional, ao ser o coñecemento detallado das pedras un piar fundamental na súa profesión. Tanto é así que, nun caso, ao seren descendentes dunha informante nativa de Sálvora de avanzada idade e con problemas de mobilidade, foron os netos percebeiros os que axudaron a situar boa parte dos topónimos que ela nomeaba grazas aos seus coñecementos dos nomes do litoral da illa e dunha boa interpretación da fotografía aérea.\nSen dúbida, o máis difícil da pescuda foi o interior da illa. Aínda que oficialmente a aldea ficou deshabitada na década dos setenta, a maior parte dos nativos e as nativas marcharon ao longo dos cincuenta e comezos dos sesenta, especialmente desde o ano 1958 en que o réxime franquista renunciou á titularidade de Sálvora en favor da casa nobiliaria de Goiáns. Unha das condicións da operación era o mantemento da condición de colonos que os habitantes da aldea tiñan cando esta era de propiedade estatal; porén, no momento en que o novo propietario recibiu a illa comezou un plan de explotación agrícola pola súa propia conta, do cal aínda dan testemuño material un oxidado tractor e algunha construción de cemento sen rematar. Ao flamante terratenente, para desenvolver o seu proxecto, convíñalle que os antigos poboadores marchasen por si mesmos, pois quen abandonaba a illa perdía os seus dereitos de semipropiedade, e se alguén novo desexaba instalarse alí debía facelo aceptando as novas condicións que se lle propuxesen (Fernández Pazos 1998: 41). Por isto, o relato dos nativos coincide en recordar que “os botaron” da casa e rememora con amargura as estratexias que o señor de Goiáns utilizou para forzalos a se iren, entre elas a solta de cabalos e cervos que dificultaban os labores agrarios.\nProba disto é que algunhas das persoas que se nos recomendou que localizásemos como habitantes de Sálvora resultaron ser xornaleiras que vivían en terra e ían traballar á illa intermitentemente, desde 1958, ocupando durante períodos curtos as casas dos colonos que se foran. Unha delas, natural da parroquia interior de Oleiros, recorda que traballou alí semanas alternas nos períodos 19581962 e 19701973. Aínda que as datas é o que máis adoita esvaecerse e confundirse nos relatos orais, a súa cronoloxía encaixa e parece que confirma a narración dos colonos. O coñecemento dos nomes dos espazos da illa desta informante foi, certamente, case nulo.\nTiñamos entón que encontrar xente que vivira en Sálvora con anterioridade a 1958. Tendo en conta ademais que as últimas persoas en abandonar a illa eran as de maior idade, hoxe falecidas, e que os novos (os vellos de hoxe) marcharan antes coa intención de casaren e formaren vida en terra, foi custoso encontrar informantes cunha boa memoria da vida alí. Da máis de media ducia de nativos que localizamos, tres foron os que nos proporcionaron a maior parte dos topónimos. Trátase de dúas mulleres de 84 e 87 anos, coas que realizamos entrevistas estáticas, e un home de 74 que foi dos últimos en abandonar a illa e que, ademais, nos acompañou a ela. O percorrido por Sálvora foinos de grande axuda, malia que o abandono por décadas mudou substancialmente o aspecto do territorio. Cando el o deixou estaba organizado e cultivado e agora é monte e matogueiras.\nEn suma, para completar o traballo realizáronse dúas entrevistas móbiles, unha en barco arredor do arquipélago e outra a pé polo interior de Sálvora. O resto foron estáticas e, a grandes trazos, poderíanse diferenciar entre as feitas a mariñeiros, a percebeiros e a nativas da illa. Recolléronse máis de 300 topónimos, dos cales arredor de 250 son elementos mariños e só 50 elementos terrestres.\n2.3. O tratamento dos datos\nPara o tratamento o proceso constou de dúas fases. A primeira consistiu en transcribir os topónimos foneticamente nun caderno, outorgándolle a cada un deles un número co que se sinalaría na fotografía aérea o espazo que nomeaba. A segunda fase foi o baldeirado do material do caderno e dos mapas nun ficheiro dixital en que se recollen os seguintes datos: número do topónimo, número de foto en que se sitúa, central en que se sitúa, concello (neste caso sempre Ribeira), parroquia (Aguiño), aldea (ou A Aldea, ou ningunha), topónimo (adaptado á normativa ILGRAG), fonética, topónimo 2 (no caso de se recolleren dous nomes para un mesmo elemento), fonética 2 (no caso de un mesmo topónimo se recoller con pronuncias lixeiramente diferentes), tipoloxía, grupo de informantes principais que o proporcionaron e comentarios.\nEn canto á tipoloxía, na ficha tentamos adaptar os elementos nomeados á lista estandarizada proporcionada polo PTG, para facilitar a catalogación dos topónimos achegados na súa base de datos a nivel galego. Esta lista organiza os topónimos en sete grandes grupos segundo as realidades que nomean:\n• Entidades humanas: A Aldea (de Sálvora). • Accidentes terrestres: O Milreu, A Valgada de Candabade. • Augas: A Poza da Zafra, A Fonte da Telleira. • Accidentes costeiros: A Insua Bela, Mar de Pateiros. • Terras: As Leiras do Curro, O Pinal da Cova. • Vías: O Camiño do Faro, O Camiño de Vixán de Baixo.\nAínda que recollemos topónimos de todos os grupos, a maior parte son accidentes costeiros. Moitos deles son coñecidos por un xenérico local concreto, que recollemos no caderno, porén na ficha adaptáronse á proposta do PTG e catalogáronse na súa maior parte como illotes ou pedras. Por outra banda, para minimizarmos as posibilidades de confusión, os distintos tipos de topónimos situáronse na foto aérea utilizando diferentes símbolos.\nEn relación á fonética, a transcrición faise utilizando unha serie de convencións que permitan rexistrar o máis fielmente posíbel a fala espontánea dos informantes, recollendo todos os trazos particulares do ámbito dialectal. Represéntase entón as vogais abertas, [pEdra vElla, as mOs de vionta], o seseo e a gheada [a sentoleira, o ghalo da bicha], a fonética sintáctica [o eiteiro da’scala] e mesmo os castelanismos [o castillo, o lavadEro]. O reducido da área da cal proveñen os informantes fai que na recolleita non se perciba ningunha diferenza dialectal que afecte aos topónimos, agás quizais a despalatalización do nalgúns dos informantes. Neste caso, á hora de escribirmos o topónimo no estándar escrito, se algún deles pronunciaba o “x palatal” e outro un “s despalatalizado”, entendemos que probabelmente sexa causa deste fenómeno e optamos por recoller a forma palatal [sunqueira / xunqueira] > Xunqueira. A gheada non a representamos graficamente, como non se fai na norma oficial, e o seseo, naqueles termos en que é evidente, tampouco [a posa da safra] > A Poza da Zafra. Porén, noutros casos nos cales é máis dubidoso que se trate de seseo, mantemos o na grafía [o laghuso > O Laguso]. Nos casos en que hai algunha outra variación fonética, rexistramos todas as opcións e escollemos para normativizar ou ben a máis amplamente estendida [o billOte / o bellOte] > O Billote ou ben, se as dúas son igualmente utilizadas, a máis transparente [a telleira / a tilleira] > A Telleira. Cando se recollan dous topónimos diferentes para o mesmo elemento mantéñense ambos, como é o caso da Insua dos Caldeiros ou dos Cativos, que son igualmente válidos. A norma habitual en canto ao artigo é incluílo na forma estándar en todos aqueles casos en que se rexistre na lingua oral acompañando o topónimo. No entanto, ás veces pode haber excepcións. Algúns autores, entre eles Marqués Valea (2003), propoñen que non se poña o artigo cando concorra cun nome xenérico acompañado de complemento preposicional. Segundo eles, ao escribirmos por exemplo O Camiño do Faro, estamos dando a entender que xa non existe tal camiño e que ese nome sobreviviu denominando outra realidade; para falarmos dun camiño aínda funcional deberíamos optar por camiño do Faro.\nCoincidimos no esencial con esa proposta, mais no proceso de recolleita atopamos unha contraindicación: algúns dos topónimos con xenérico e complemento preposicional na fala oral non se usan con artigo. Isto é, atopamos ao mesmo tempo [tErra de lontreiros] e [o cOnle de suafonte], sendo tanto terra como conle xenéricos locais. Rexistrando os dous casos sen artigo, terra de Lontreiros e conle de Suafonte, estariamos dando a entender que na oralidade terra de Lontreiros leva artigo igual que conle de Suafonte, obviando así unha diferenza que os falantes nunca elidirían. É certo que a opción que fica, que é manter o artigo en todos os casos nos que apareza sen excepción ningunha, impídenos nunha primeira lectura saber se topónimos como As Leiras do Curro continúan a ser leiras ou dan nome a outra cousa. Porén, na ficha de topónimos o apartado de tipoloxía de que falamos anteriormente soluciona esta disxuntiva indicando a que clase de elemento dan nome, o que permite comprobar se polo tanto manteñen un xenérico en uso ou fosilizado no topónimo. Ademais, debido ao estado de abandono da illa, a determinación da morfoloxía do topónimo a partir do estado actual da realidade nomeada traería algúns problemas, ao atoparmos Leiras que se refiren a antigas leiras que agora son monte, aínda que continúan valadas, ou topónimos Camiño que aluden a camiños comestos total ou parcialmente pola maleza. En tales situacións é realmente arriscado determinar até que punto o xenérico estaría fixado no topónimo ou non. Deste xeito, e seguindo os consellos do noso supervisor na recolleita, Feijoo Ares, optamos pola segunda opción e mantivemos en toda circunstancia o artigo vivo na oralidade.\n3. a nálIse da toponIMIa\n3.1. A toponimia de Sálvora: ferramenta de lectura histórica da paisaxe\nDo punto de vista da formación dos topónimos e a súa relación cos xenéricos aparecen diferentes posibilidades. Martínez Baleirón (2007: 383) no seu traballo sobre a costa continental do concello de Ribeira sintetízaas nas seguintes categorías, que exemplificamos con topónimos recolleitos no noso traballo:\n• Sen presenza do xenérico: · Denominacións plenas, (art.) + subs. + (adx. / fr. prep.): A Mansa, Os Carapiteles, Torán, O Porco de Sagres, Piollosa. • Con presenza do xenérico: · Denominacións plenas, (art.) + subs. + (adx. / fr. prep.): A Area dos Bois, Pedra Vella, A Insua do Bandil, O Eiteiro Vermello. · Elipse do xenérico, art. + fr. prep.: A de Cordas (casa), A de Caneda (leira), A de Arcos (baixío).\n· Nomes creados a partir doutro topónimo, (art.) + subs. + fr. prep.: As Barqueiras do Carreiro Ancho, Os Campos de Lagos, A Insua do Carreiro da Galera, Os Petóns dos Destos. · Topónimos referenciais: As Touzas de Leste da Pagal, Debaixo do Muíño, A Queixada de Terra / do Medio / de Fóra 5, A Praia do Norte.\nAínda que haxa algúns topónimos que presenten dificultades para se encadraren nunha soa das categorías (Onde Embisteu o Pialla, Sunoro, Por Onde Non Pasou Dios, O Conle de Suafonte), a clasificación seméllanos, a grandes trazos, utilitaria. Malia todo, esta listaxe podería parecer talvez irrelevante se non fose porque, ao nos determos sobre a relación de topónimos elaborada, unha enorme parte destes inclúese dentro das dúas últimas categorías: topónimos referenciais ou creados a partir doutros topónimos. Nos nomes do mar, dos cales falaremos despois, ao seren usados na súa maioría como marcas de traballo, non é sorprendente esta constatación. Mais si o é no caso dos topónimos interiores da illa, xa que en terra os topónimos referenciais ou creados a partir doutros topónimos adoitan ser puntuais e non hexemónicos.\nOs nomes que se conservan do espazo terrestre de Sálvora traducen de xeito transparente as sinxelas instalacións e espazos en que os colonos dividían o territorio. Ollemos como uns poucos deles, que definen as máis das veces zonas amplas de difícil delimitación que adoitan incluír ao mesmo tempo un espazo mixto costeiro e interior, acaban por denominar a maior parte dos elementos da illa: • A Perna do Prado : A Punta da Perna do Prado, A Praia da Perna do Prado, O Muíño da Perna do Prado, O Canal da Perna do Prado, As Brañas da Perna do Prado, O Conle da Perna do Prado, O Camiño da Perna do Prado. • A Cova : A Touza da Cova, O Porto da Cova, A Punta da Cova, As Leiras da Cova de Dentro, As Leiras da Cova de Fóra, O Pinal da Cova, O Camiño da Cova, O Eiteiro da Cova. • A Telleira : A Fonte da Telleira, A Cancela da Telleira, O Campo da Telleira, O Muíño da Telleira 6, Debaixo do Muíño, A Praia de Debaixo do Muíño ou de Isemuíño. • Candabade : O Muíño de Candabade, A Valgada de Candabade, As Leiras de Candabade de Baixo, As Leiras de Candabade de Riba. • A Zafra : A Punta da Zafra, A Praia da Zafra, O Conle da Zafra, O Regueiro da Zafra, A Poza da Zafra, As Leiras da Zafra. • O Curro : As Leiras do Curro, A Punta do Curro, A Canteira do Curro. • A Area dos Bois : O Camiño da Area dos Bois, A Punta da Area dos Bois, O Conle da Area dos Bois. • Lagos : A Punta de Lagos, O Petón de Lagos, Os Campos de Lagos. • O Faro : O Camiño do Faro, O Faro Vello, Debaixo do Faro.\nA Cova e Candabade son enseadas, A Perna do Prado é unha liña de costa pedregosa e A Area dos Bois e Lagos son praias. Malia non todos responderen ao mesmo patrón (por exemplo A Telleira e O Faro son construcións e O Curro é un monte), a maioría destes nomes teñen a súa orixe no litoral costeiro da illa. Unha vez convertidos en elementos referenciais, superan o seu marco e pasan a dar nome a un ámbito ampliado cara ao o interior e aos elementos que se atopan nese espazo. Tal xeito de nomear a realidade habitada, tan diferente do que os ascendentes dos habitantes da illa aplicaron en terra, demostra unha vez máis o interesante que é a toponimia e o útil que resulta como instrumento para a lectura histórica da paisaxe.\nEspecialmente desde os anos 80, as investigacións francesas (Martinelli 1982) tenden a interpretar “la toponimia, y especialmente la microtoponimia, como un sistema de representación más que como un reflejo directo de la realidad, analizando cómo se lleva a cabo su organización, su fosilización y su transmisión, que no es posible más que cuando el topónimo sigue siendo utilizado” (Fernández Mier 2006: 38). É dicir, a toponimia non é só un instrumento para atopar xacementos arqueolóxicos ou para outros fins auxiliares, é un feito social en si mesmo. É un reflexo da concepción que se ten dun determinado espazo, e polo tanto pódenos achegar información sobre os lugares de explotación agrícola, gandeiros, boscosos, mariños, sobre a repartición e a apropiación da terra e sobre os cambios suscitados no aproveitamento do territorio.\nEsta particularidade que caracteriza a toponimia da illa convida a revisar a cronoloxía do seu poboamento. Sabemos pola documentación que en 899, cando deixou de ser propiedade rexia para pertencer á igrexa de Santiago, contaba cun templo (Lucas Álvarez 1998: 73) e en 1283, a esa altura nas mans de San Paio de Antealtares, era produtora de carne (Andrade Cernadas 1997: 90). Isto demostra unha ocupación alto e pleno medieval, aínda que descoñecemos até que punto estábel, tendo que ter en conta como mínimo as interrupcións na ocupación resultado de invasións sarracenas no século XI, que chegaron a fixar a súa base en Sálvora tal como relata a Historia Compostelá (Falque 1995: 245, 340). Con data de 1321 aparecen por primeira vez na documentación os Mariño (familia con casa solar en Goiáns, á que a Sálvora ficaría ligada durante séculos), recibindo do mosteiro de Antealtares en foro unha serie de territorios entre os que se encontraban o casal de Carreira e a metade de Sálvora (Vázquez Lijó 2012: 2224). O contrato foise renovando até que, a finais do XV ou comezos do XVI, deixou de se lle recoñecer o dominio á dita comunidade relixiosa (xa fusionada con San Martiño Pinario) e se incorporaron perpetuamente estes dous territorios á casa nobiliaria; un cambio de mans que, segundo Fernández Pazos, se debería \"á desidia do Cabido\" (1998: 30). No entanto, o principal período de despoboamento de Sálvora do que temos certeza non comezaría até 1636, tras un ataque corsario no que foi capturado o arrendatario da illa, Bartolomé Martínez El Salvorero, xunto coa súa familia e criados, os únicos habitantes da mesma (Vázquez Lijó 2012: 37). Durante dous séculos Sálvora estivo deshabitada, e só a partir de ben entrado o XIX se asentou alí unha nova comunidade estábel, esa que abandonou a illa definitivamente a mediados do século pasado e a cuxos últimos membros tivemos a sorte de entrevistar.\nIsto ten unha enorme relevancia desde o punto de vista toponímico, especialmente se temos en conta que a meirande parte dos topónimos galegos que chegaron a nós son, cando non anteriores, dos séculos de plenitude feudal (XIXIII). Nesa etapa na que a expansión económica e agrícola transformaron o modelo de poboación e de aproveitamento do campo (Portela / Pallares 2007) aparecen por exemplo os Vilar, Campos, Casalnovo ou Vilanova que tanto se repiten ao longo da xeografía galega e portuguesa (Matosso 1989: 7677). Sálvora non tivo continuidade desde ese período como territorio habitado. E se nos enganásemos e, contra os datos que actualmente posuímos, si albergara unha poboación estábel da que non temos constancia, a toponimia que esa comunidade creou non parece ter chegado até nós. Por iso, os nomes do interior de Sálvora son na súa maioría os nomes do litoral de Sálvora.\nprohibido o acceso, optaran por nomear a realidade ocupada con referentes dunha costa que coñecían á perfección e non aproveitando os nomes patrimoniais dunha primitiva comunidade medieval coa que non tiñan continuade ningunha. Isto explicaría que as áreas que dividen a illa leven nomes provenientes de topónimos costeiros.\nPara alén disto, o feito de se tratar dun grupo de persoas pequeno e procedente do mesmo lugar, que ocupaban ademais a única aldea desde a que se explotaba un terreo de dimensións considerábeis, podería acentuar este proceso de fixación dos topónimos que ante nós aparenta pouco menos que simplista. En realidade é pura lóxica; se todos sabían que aló no sur só había un muíño e que ese muíño estaba preto da enseada chamada Candabade, o práctico era chamarlle O Muíño de Candabade. Pois así mesmo con leiras, camiños, pedras, piñeirais ou calquera outro elemento. Non houbo tempo para eses nomes evolucionaren, mudaren ou se mesturaren, nin tiveron motivos na súa vida cotiá para complicarse máis. Non é a toponimia do minifundio milenario; é a toponimia dunha illa ampla, pouco poboada e dividida en grandes parcelas para a súa mellor explotación.\nNin sequera os campos de labranza, que habitualmente posúen topónimos con formatos diversos e múltiples orixes, teñen denominacións individuais. Adquiren tamén nomes referenciais: As Leiras da Cova de Dentro, As Leiras de Cova de Fóra, As Leiras do Curro, As Leiras de Candabade de Riba, As Leiras de Candabade de Baixo, As Leiras da Cachada, As Leiras da Perna do Prado, As Leiras do Espiño ou dos Espiños, As Leiras da Volta, As Leiras do Milreu, As Leiras da Zafra, As Leiras das Gralleiras, As Leiras de Vixán de Baixo, As Leiras do Con de Riba e As Leiras do Con de Baixo. Cando os informantes se refiren a elas noméanas en plural, tal como acabamos de enumerar, como unha zona ou un conxunto de leiras, mais ás veces eliden “as leiras de” e manteñen só o topónimo base, especialmente cando xa se dá por entendido que se refiren ao espazo de cultivo e non, por exemplo ao Alto do Curro ou á pedra costeira chamada O Espiño. Nalgún caso coma o das Leiras da Cachada, que hoxe están parcialmente ocupadas por un arboredo, o nome das leiras non se repite para ningún outro elemento. Aproveitamos entón para lles preguntar aos informantes “que é A Cachada ?”, en singular, esperando atopar un xenérico que definise cunha soa palabra un espazo tan ben identificado. Máis a resposta era sempre en plural: “son unhas leiras que hai alí, As Leiras da Cachada chámanlle”. O nome, entón, perdeuse, porén as súas descricións e a revisión do territorio desvelan que estes conxuntos que eles chaman as leiras de aquí ou de alá non son nin máis nin menos que agras 7.\nAsí, Sálvora como espazo habitado e traballado amosa as tres partes esenciais do asentamento rural clásico herdado do mundo romano: unha aldea concentrada, a villa, no seu día pechada cunha cancela e organizada de xeito regular arredor dun curral central, con algunhas hortas anexas para verduras e árbores froiteiras e espazos como brañas e canais; unhas agras de gran tamaño, o ager, rodeadas polas súas murallas e dispersas por toda a xeografía da illa (mesmo no monte máis alto, As Gralleiras, había unha agra) e o terreo a monte, o saltum, con algunhas plantacións de árbores para leña, campos para pastaren os animais e zonas pedregosas de nulo aproveitamento.\nA maiores de todo isto, no interior de Sálvora aparecen por suposto algúns nomes puntuais, nomes que non levan o xenérico e unha frase preposicional que os sitúa nunha das áreas. En moitos casos trátase de elementos de uso cotián que ou son os únicos na illa ou son o máis rele7 Noutras zonas de Galiza ademais de agra utilízanse xenéricos diversos como veiga, praza, chousa, barbeito ou vilar, mais non recollemos nesta pescuda ningún deles.\nvante entre a súa clase: A Cancela, O Curral, O Río, A Paneira 8. Noutros, trátase de singularidades que destacan por algún motivo, como A Pedra das Letras, da que se di que antes de romper tiña petróglifos, ou O Eiteiro das Bestas, que se ergue ben visíbel no medio dos Campos de Lagos, o terreo máis amplo e menos pedregoso dedicado para pastos. A transparencia de boa parte dos nomes dá para pensar que ocorre o mesmo con outros topónimos e que por exemplo O Curro, onde os informantes non lembran facer ningún curro, pode remitir con certa seguridade á realización en tempos pasados desa actividade 9. Na pedregosa cima do Milreu, un pequeno monte anexo ao perímetro da aldea e perfectamente visíbel desde Carreira e Aguiño, atópanse restos de materiais calcinados que parecen corroborar o relato dos nativos, que aseguran que cando precisaban mandar un aviso prendían alí unha fogueira 10. Este topónimo amósanos, unha vez máis, a configuración do espazo de Sálvora en relación co continente.\nÉ digno de mención o topónimo O Castillo, recolleito sempre en castelán. A xente de menor idade tende a asociar este nome co edificio conserveiro que, unha vez despoboada a illa, o novo propietario redecorou con ameas buscando un aspecto de fortificación. No entanto, a denominación tradicional para esta construción é O Almacén, que se utiliza tamén para a praia á beira da cal se asenta, A Praia do Almacén. O Castillo, que corriximos para o PTG como O Castelo, é un topónimo anterior á modificación do edificio e denomina unha escarpada punta no sueste da illa, que protexe o recollido porto e que por casualidade non se atopa lonxe do nomeado edificio conserveiro. Aínda que non sabemos de vestixios materiais, non sería descartábel pensar que sexa unha reminiscencia dalgún tipo de construción defensiva 11 desaparecida tendo en conta o convulso pasado da illa, non exento de episodios bélicos 12. Fica esta cuestión para futuras investigacións.\n3.2. Os topónimos mariños e as súas temáticas\nNa recolleita dos topónimos mariños que rodean Sálvora conseguimos unha maior abundancia de resultados con respecto ao interior da illa, tanto en termos proporcionais como absolutos. Porén, non podemos pasar por alto os dous fenómenos que entrañaron maior complexidade no medio do proceso de recolleita dos nomes mariños.\nA primeira singularidade reside en que algúns elementos reciben nomes diferentes segundo a procedencia do informante. Non estamos ante un fenómeno infrecuente neste ámbito, porén chama a atención polo reducido da área de orixe dos entrevistados e por non se tratar de idiolectos ou variacións fonéticas, senón de diferenzas ben definidas e compartidas por grupos de persoas. Os mariñeiros cos que traballamos proceden dos portos de Aguiño e Castiñeiras, que son os máis próximos a Sálvora e distan menos de 2 km entre si. A maiores da proximidade, ambos formaron parte da parroquia de Carreira até a segunda metade do século XX, polo que os vínculos familiares, sociais e mesmo lingüísticos entre os habitantes das tres localidades resultan indubidábeis 13. Así e todo os mariñeiros dos dous portos utilizan algunha toponimia de xeito diferente.\nEn Aguiño teñen ben claro, por exemplo, que as perigosas pedras mariñas da zona do suroeste de Sálvora se chaman A Pagal, A Pagaliña e O Corviño (de suroeste a nordeste), mentres que para os de Castiñeiras son A Pagal, A Filla da Pagal e A Pagaliña 14. Isto non é unha diferenza menor, pois implica que dependendo do informante A Pagaliña pode dar nome a dúas pedras distintas, unha na costa da illa e a outra a varios centos de metros mar a dentro. A explicación de asimetrías así podería residir no feito de que o porto de Aguiño ten a súa propia confraría, na que os mariñeiros do porto de Castiñeiras non participan, polo tanto uns e outros mariñeiros realizan o seu traballo de xeito independente. Deste xeito tería sentido o feito de que os entrevistados da Carreira actual, que si traballan vinculados á confraría aguiñense 15, coincidan nas denominacións cos mariñeiros desta localidade, mentres que son só os de Castiñeiras, que non participan nese ámbito organizativo, os que utilizan nomes diferentes.\nAs persoas que navegan xuntas teñen que se referir constantemente aos mesmos elementos e, polo tanto, precisan nomes facilmente identificábeis. Mais a isto hai que lle sumar aínda outro factor. No oficio da pesca o coñecemento de determinados accidentes mariños pode carrexar un valor económico, polo tanto nalgúns casos mantéñense en segredo e transmítense de xeito corporativo ou até familiar. Tanto é así que algún entrevistado recoñeceu que, ao non comprender exactamente os fundamentos da recolleita, nas primeiras visitas gardaba á mantenta os nomes dalgunha zona de pesca para que ficasen ocultas e o seu aproveitamento ficase en mans dos seus fillos.\nNesta liña sería desexábel que algunha investigación futura recompilase os nomes que lle outorgan aos mesmos accidentes os mariñeiros da outra beira da ría. Pouco se sabe dos contactos dos habitantes de Sálvora coas xentes do Salnés, máis aló dalgún matrimonio puntual e das visitas que os mariñeiros realizaban á taberna da illa após pescaren nas súas augas, mais seguramente fose unha relación máis estreita do esperábel. Non debería sorprendernos que aí residise a resposta ao curioso feito de que boa parte dos hórreos de Sálvora sexan do tipo Pontevedra — mixtos de pedra e madeira—, coma na costa do Salnés, mentres que son minoría os que manteñen a tipoloxía de Noia —macizos de pedra labrada regular—, hexemónica no Barbanza (Martínez Rodríguez 1975).\nPor outra banda, a segunda das particularidades consiste en que as habituais variacións fonéticas entre informantes (Feijoo Ares 2007) revisten maior dificultade ao se lles sumar a xa nomeada deturpación e incorrección das fontes escritas de carácter marítimo. Así, por continuarmos cun exemplo xa coñecido, o caso da Pagal non só se complica polos diferentes nomes das pedras que a rodean. Haille que engadir os matices na pronunciación que ás veces son difíciles de identificar [a paghal / a paghar / a paghara / a apaghal / a apaghar] e o feito de que as cartas e mapas consultados non axudan, ao chamarlle dun xeito deturpado e non ouvido de ningún informante: Piedra de Lapegar. Non en todas as ocasións aparecen problemas deste calibre —nese caso a realización do traballo sería difícil—, mais o caso da Pagal e os elementos que a rodean serve para ilustrar os problemas que, en menor medida, se repetiron tamén con outros topónimos.\nAo analizarmos con detalle os documentos escritos, chama especialmente a atención o caso do topónimo Brisán, que aparece en case todas as fontes consultadas (catastro, mapas do IGE, cartas náuticas, bibliografía) e con diversas formas (Punta de Brisán, Punta de Brisan, Laxes de Brisán, Punta Brisán), e que ningún informante recoñeceu, nin sequera logo de lles preguntarmos explicitamente. Malia a reiteración das fontes, semella haber nelas certa confusión á hora de situar o topónimo na pedregosa costa sueste da illa. Xúntanse alí dúas pequenas puntas que o catastro denomina Salgueiriño e Brisan, e o mapa do IGE Brisán e Salgueiriño, lendo de leste a oeste. Os informantes, pola súa banda, coinciden en chamarlles A Salgueiriña e Paramos. Ademais, segundo algunha informante, A Salgueiriña convive co segundo topónimo de A Figueiriña, o que podería provocar a confusión coa próxima Punta Retornada, que os mapas do IGE chaman equivocadamente Figueiriño. Por outra banda ás Laxes de Brisán, como aparecen no mapa do IGE, noméanas As Langostreiras.\nO enleado da situación e as numerosas incorreccións e incoherencias dos mapas e o catastro farían pensar que se trata dun erro que se foi reproducindo dunhas fontes a outras, mais non podemos descartar que Brisán sexa un topónimo orixinario porén xa morto na oralidade —ou cando menos nos informantes aos que tivemos acceso— e que se mantivo só nas fontes escritas. Outra posíbel hipótese, que tampouco tivemos a capacidade de comprobar, é que se trate dunha mala transcrición do topónimo Vixán de Baixo, tamén presente en Sálvora e que polo fenómeno de despalatalización dalgunhas persoas nativas pode ter certa semellanza con 15 De xeito oficial chámase aínda Confraría de Pescadores Carreira - Aguiño.\nBrisán 16. Porén, Vixán de Baixo non nomea un accidente costeiro, senón unha agra e un camiño notabelmente afastados da zona onde a documentación sitúa Brisán.\nMoitos dos nomes do mar teñen unha orixe incerta e un significado descoñecido para nós, porén tamén hai algúns que remiten a realidades identificábeis e que traducen unha interesante análise do medio e da natureza, tal como estudaron Rodríguez / Vilar (2006: 4546) no seu traballo sobre a costa sur de Galiza. Basearémonos na súa clasificación para pór algúns exemplos representativos das temáticas recorrentes.\nHai moitos que non só describen, senón que demostran unha interpretación particular e remiten a aspectos diversos da realidade que por un motivo ou outro se vinculan ao elemento nomeado. Os elementos naturais ocupan un lugar preeminente: • Os zootopónimos son moi frecuentes e responden a diferentes motivos e contextos. Ao\nse tratar dun espazo de pesca, a abundancia de peixe e marisco fixou numerosos nomes : A Poza das Ameixas, A Centoleira, O Buraceiro, As Langostreiras, Besugueiros, A Pedra do Sargo, A Reboliceira, O Petón dos Buraces, As Curvinas, Mar de Pateiros, Os Melgachos.\nTamén a presenza de aves foi digna de mención : A Punta da Zarceta, O Cagavoteiro 19, A Praia das Pírulas, O Falcoeiro. Outras pedras presentan aspecto zooforme, como O Cabalo da Forcadiña ou O Porco de Sagres. Aínda que nalgúns casos se poidan intuír, os motivos da escolla dalgúns nomes de animais non son unívocos: A Area dos Bois 20, O Eiteiro das 16 A informante da que recollemos o topónimo Vixán de Baixo pronunciaba [bisán de baiso], mais optamos pola normativización na forma Vixán porque nas súas indicacións especificou que era o mesmo nome que a lagoa, en referencia á Lagoa de Vixán, en Carreira. Ademais deste elemento natural rexístranse nesa parroquia Vixán como aldea e Montevixán como lugar. Segundo Cabeza Quiles (2000: 355) estes dous topónimos proceden do acusativo Vigilanem, de (villa de) Vigilanem, por referencia a un terratenente medieval co nome xermánico Vigila, mentres que Martínez Lema (2010: 120), pola contra, relaciónaos co xenitivo Busiani, do nome propio Busianus, o que os vincularía con topónimos galegos como Buxán e portugueses como Bujão e mesmo Vijão, aínda que para o noso caso non se dispoña da documentación que o certifique. Ambas as teorías coinciden, iso si, na orixe antroponímica. 17 No caso dos topónimos As Pardiñas e Os Pardóns, que optamos por explicar como derivacións do adxectivo “pardo”, non debemos excluír unha interpretación alternativa a partir do substantivo “parede”, tal e como acontece con outros moitos topónimos deste xénero existentes no resto do territorio galego (parediñas > Pardiñas, paredóns > Pardóns). Agradecémoslle o comentario a un dos revisores anónimos do traballo. 18 A idea de que Os Fornos poden ter relación coa acción violenta e ruidosa do mar tomámola de Vilar (2008: 77) e de Rodríguez / Vilar (2006: 45). 19 Tamén recolleito como Can Gavoteiro e nomeado nas fontes escritas mesmo como Illa Gavoteira. O Cagavoteiro é a forma máis frecuente. 20 Sobre o topónimo A Area dos Bois recollemos dúas etimoloxías populares. A primeira delas sostén que o nome ten a súa orixe nos bois que os habitantes da illa posuían para os labores agrícolas. Esta praia era a máis próxima á aldea e servía de punto de partida e chegada das viaxes (o porto, no outro estremo da illa, daba servizo preferentemente ao faro e á nave conserveira), polo que alí se pousaban as mercancías que logo os animais debían cargar até o pequeno grupo de casas. Segundo esta versión, os bois, afeitos a faceren tal percorrido, volvían teimudos á praia cando os soltaban para pastaren libremente pola illa, creando unha curiosa estampa que remataría por identificar o areal. O segundo relato considera, pola contra, que os “bois” que dan nome á praia eran o gando que os campesiños levaban en dorna desde o continente á illa a aproveitar os pastos. Tal hipótese coincidiría con certa documentación moderna que dá fe do aproveitamento ilegal da illa por parte de veciños de San Paio de Carreira polo menos desde o século XVI (Fernández Pazos 1998: 30). Até hoxe, non temos maneira de saber canto hai de certo na influencia destes relatos na creación do topónimo. Probabelmente o correcto sería atérmonos a interpretacións máis prosaicas; como sinala Cabeza Quiles (2008: 110) o termo “boi” nomea de xeito “frecuentísimo” penedos terrestres ou marítimos ao longo de toda Galiza. No entanto, este autor non descarta por defecto a posibilidade de estes casos seren zootopónimos. No caso da Area dos Cans, na Illa de Ons, que podería vir da raíz can, pedra, valora que o nome da praia se debe á presenza noutro tempo de grupos de cans procedentes dalgún lugar poboado próximo (Cabeza Quiles 2006: 13).\nBestas, O Furado das Pombas, O Corviño, Piollosa, O Galo de Vionta 21, O Salto da Cabra, Lontreiros, O Galo da Bicha. • Tamén se recollen varios fitotopónimos: Xunqueira, A Salgueiriña, A Figueiriña, Os Espiños, A Herbosa, A Figueira das Cabanas. A referencia ao ser humano e á súa acción sobre o espazo aparece de diferentes maneiras: • Por unha banda a xeito de antropónimos, que talvez nos falen de quen descubriu un espazo de pesca ou do protagonista dalgún accidente ou anécdota: Xan Ferreiro, O Candagosto 22, A de Arcos, Bieite Pérez, Os Baixos da Inasia, O Baixo do Manilo. Ademais, algúns nomes fálannos de persoas, aínda que sen nome propio, como A Insua das Mulleres ou O Eiteiro do Abuelo, e noutros, probabelmente pola súa aparencia, o corpo humano constitúe a fonte básica da metáfora (somatónimos): As Mos de Vionta, As Mos do Carreiro, As Queixadas, Os Canteiros. • A navegación e o papel que desempeñaban os accidentes mariños no seu normal desenvolvemento tamén se fixaron: O Traito, O Carreiro Falso, A Mansa, O Trancoeiro 23, O Carreiro do Inferniño, Por Onde Non Pasou Dios, As Rofegas. A memoria dos naufraxios encárganse de lembrar o perigo dalgunhas zonas: Santa Isabel, Onde Embisteu o Pialla 24. • Outros fan referencia a artes de pesca e ferramentas: As Tanconas, A Insua dos Caldeiros, O Billote, O Eiteiro do Tablón, O Eiteiro da Escala, O Lavadero, Os Alastres, A Laxa do Embude, O Eiteiro do Pau. Outros a algúns tipos de embarcacións: A Carabela, A Pinaza, A Galera. • Algúns nomes lembran que tamén había diversión nun mundo tan duro: A Pedriña de Esparar; e outros deixan voar a imaxinación e remiten mesmo á escatoloxía: O Cagalloto / O Caralloto, O Conle da Mexadeira / Mexareira.\nUn bo número de topónimos nomea outros elementos da realidade escolleitos por diversos (e en ocasións escuros) motivos. Nalgúns casos, aínda que a palabra utilizada é sobradamente coñecida, non fica claro o significado que asume en cada topónimo. As Rabudas, por exemplo, probabelmente sexa un zootopónimo relacionado con esa especie de peixe, mais tamén podería remitir á súa perigosidade na navegación. A Insua dos Cativos a primeira vista semella referir a meniños, mais o certo é que na zona a palabra “cativo” non ten a acepción de “neno” senón que é un adxectivo que significa ‘feo’ ou ‘de mala calidade’ que pode ter a ver co peixe ou o marisco. Os Cabaceiros parecen falar de hórreos, aínda que é o máis verosímil é que teñan que ver co termo “cabezo”, é dicir, ‘cume redondeado’, o que coincide coa súa forma 25 e coa documentación na que se recollen como Cabeceiros. O Petón do Mouro tanto pode ser un antroponímico, como cuestión de cor, alusión á figura da mitoloxía popular ou un topónimo tautolóxico no cal mouro remita ao coñecido litónimo prerromano mo(u)r-.\n3.3. Os xenéricos locais\nEn liñas xerais, os xenéricos marítimos espállanse por toda a costa galega mantendo similitudes e termos comúns. Aínda que non fixemos un traballo centrado neles, a recompilación de topónimos facilitounos o coñecemento dos principais e evidenciou algunhas particularidades da zona.\nVexamos algúns casos.\nO xenérico area é a voz patrimonial galega equivalente a praia, unha palabra moderna que o galego debeu tomar do castelán, como apunta Cabeza Quiles (2006: 13). Consérvase fixado só no topónimo A Area dos Bois, mais mantén vivo o seu significado ao non se usar en ningún caso A Praia da Area dos Bois, que soaría neste caso redundante. Unha situación semellante é a de illa, que se utiliza en ocasións, especialmente acompañando un topónimo (A Illa de Sálvora), pero que está en franco retroceso na fala espontánea fronte ao termo español isla. Non ocorre así con illote, que si se mantén en pleno uso. O xenérico fisga, co sentido de fenda na pedra, habitualmente acubillo de mariscos, é moi utilizado aínda que non forma parte de ningún topónimo. Pola contra, a propia palabra fenda, da que non se testemuñou uso espontáneo, si se mantén nun topónimo: As Tres Fendas.\nUn dos xenéricos máis frecuentes que atopamos na costa galega é con, que aparece con frecuencia na Ría de Arousa (Rodríguez Rodríguez 1979) e se recolle tamén noutras áreas de Galiza (Rodríguez / Vilar 2006). Martínez Baleirón (2007: 387) recólleo tamén na lista de xenéricos da costa de Ribeira. No entanto, nós consideramos que non se trata dun xenérico propio da zona, ou cando menos non deste extremo sur do concello. Nunha entrevista cun informante de moi avanzada idade e de mente lúcida ocorreu unha anécdota que nos orientou. Entre explicacións e historias xurdiu o xenérico conle, polo cal preguntamos con curiosidade, ante o que o fillo do entrevistado, que nos acompañaba, interrompeu explicando que conle era un erro que cometían os vellos, que estaba mal dito, que o correcto era con e que así viña recolleito nas cartas. O pai retrucou, “aquí con nunca se dixo”. De novo o fillo, ante a miña sorpresa, e convencido de que me estaba axudando a non recoller unha información errada, tentou explicar que certamente con era unha palabra máis frecuente no outro lado da ría e que aquí había preferencia por dicir pedra (que é un hiperónimo que engloba calquera tipoloxía de elementos pétreos). Este episodio non só dá unha primeira pista de que o xenérico patrimonial poida ser conle, senón que tamén ilustra como funciona o proceso de substitución do vocabulario local por formas alleas.\nA explicación do vello informante coincidiu cos resultados da recolleita, entre os que atopamos até nove topónimos que integran o xenérico conle : O Conle da Mexareira / Mexadeira, O Conle da Gallada, O Conle da Area dos Bois, O Conle da Zafra, O Conle de Noro, O Conle Vieiras, Conle Mouro, O Conle de Suafonte e O Conle da Perna do Prado. Pola contra, só demos con dous que incluísen a palabra con, As Leiras do Con de Riba e As Leiras do Con de Baixo, nas que ademais non funciona como xenérico de pedras mariñas senón como complemento de senllas agras. Consideramos entón que o xenérico local para as pedras mariñas rodeadas completamente de auga, nunca cubertas polo mar e preferibelmente de forma redondeada é conle.\nOra ben, si se rexistran algúns topónimos que inclúen o lexema can-, concretamente: O Cangavoteiro, O Candagosto e Candabade. Segundo Cabeza Quiles (2008: 147) estas palabras proceden da forma preindoeuropea cant, ‘rocha’, e comparten etimoloxía con topónimos como O Cantábrico, con palabras como cantil (acantilado) ou canto (pedra redonda) e con xenéricos como con ou, engadimos nós, conle. Os tres topónimos nomean pedras que responden á perfección ás características do xenérico conle e, de feito, para O Candagosto recolleuse o segundo topónimo de O Conle Agosto. Destes topónimos comezados por cantamén dan fe no sur de Galiza Rodríguez / Vilar (2006) e Vilar (2008) con topónimos como Can Cagado ou A Pedra do Can.\nDiferentes xa dos conles son os petóns, xenérico que tamén recollen Martínez Baleiron (2007) e Rodríguez / Vilar (2006). Aínda que esta forma si se encontra viva e foi frecuente nas entrevistas, recollemos ademais unha outra variante local, petoucos, presente exclusivamente nos informantes de maior idade. No entanto, esta non se reflicte nos topónimos, que manifestan exclusivamente a forma petón : Os Petóns da Insua Grande, O Petón de Lagos, O Petón da Insua Bela, Os Petóns da Reboliceira, Os Petóns da Centoleira, O Petón do Mouro, O Petón dos Buraces, O Petón do Medio e Os Petóns dos Destos. Trátase de pedras que son cubertas polo mar ou non segundo o nivel da marea, contra as que o mar bate e se arremuíña como consecuencia desta situación intermedia.\nPara as rochas que presentan unha superficie marcadamente lisa o xenérico que se utiliza é laxa : A Laxa do Embude, A Laxa Negra, As Laxas, A Laxa do Cangavoteiro, A Laxa da Insua Bela, A Laxa das Barqueiras, A Laxa da Forcadiña e A Laxa de Sentensián. A variante laxe, presente en toda Galiza e mesmo nalgúns topónimos do concello de Ribeira 26, non a rexistramos nin como\nxenérico nin fixado en ningún topónimo.\nOutro xenérico de pedra mariña é touza que se refire a pedras sempre cubertas polo mar aínda que non necesariamente a moita profundidade e que adoita servir de bancos de pesca. Forma parte dos seguintes topónimos: A Touza da Areamesa, A Touza do Ferro, As Touzas de Sur de Sagres, A Touza da Cova, As Touzas da Pagal e As Touzas de Leste da Pagal. Sinónimo de touza é baixo, malia que algún informante matizou que as touzas nomean pedras individualizadas e os baixos poden ser conxuntos ou mesmo espazos máis amplos. Rexistramos tres exemplos: O Baixo das Pezas, Os Baixos de Inasia e Os Baixos do Manilo. Descendendo un paso máis o xenérico que atopamos é fanequeira, que remite, neste caso si, a pedras profundas que dan acubillo a peixes que viven lonxe da superficie, como é o caso das propias fanecas. É usado de xeito habitual mais apenas se ve reflectido na toponimia: As Fanequeiras de Noro.\nEiteiro é un xénerico ben coñecido na zona, porén non ten só carácter mariño senón que tamén ten presenza na illa e no continente. Nomea unha pedra de gran tamaño, que destaca en altitude entre as que a rodean e que está descuberta (de mar ou de terra) na súa práctica totalidade: O Eiteiro do Pau, O Eiteiro da Cova, O Eiteiro da Perdiz, O Eiteiro das Bestas, O Eiteiro Vermello, O Eiteiro do Tablón, O Eiteiro da Escala e O Eiteiro do Abuelo. Nalgún lugar do concello de Ribeira normativizouse o topónimo O Eiteiro en O Outeiro, atopándose en franco retroceso a forma patrimonial.\nNon só a presenza de pedras senón tamén a súa ausencia ten como resultado o uso de xenéricos. Un deles é carreiro, que ten o sentido de atallo para as dornas, sendeiro entre espazos pedregosos que se podía recorrer con seguridade. Contamos cos seguintes exemplos: O Carreiro da Galera, O Carreiro da Insua Grande, O Carreiro Falso, O Carreiro do Inferniño e O Carreiro Ancho. O topónimo O Carreiro, en Aguiño, nomea actualmente unha longa fila de pedras que parten da costa e parecen sinalar Sálvora, no primeiro tramo das cales se construíu un paseo. Malia que o significado da palabra carreiro, como ‘camiño’, ‘vía’, parece indicar que a súa orixe é esa aparencia de sendeiro que se interna no mar 27, algúns mariñeiros sostiveron a teoría de que o nome vén en realidade dos dous carreiros, ou pasos, que permitían a auga e as embarcacións pasar entre as moles de pedra. Eses carreiros están hoxe cubertos por dúas pontes que permiten continuar o paseo e que se converteron pouco menos que en símbolos da parroquia. Co mesmo sentido que carreiro se utilizan tamén pasantía e paso, aínda que só sobreviven fixados en dous topónimos: A Pasantía das Caíñas e o redundante O Paso do Carreiro. O xenérico poza tamén se usa para un espazo libre de pedras, mais non por servir como paso senón por constituír un espazo resgardado e habitualmente refuxio de animais: A Poza das Ameixas.\n4. c onclusIóns\nExpomos a continuación algunhas das conclusións ás que chegamos após a finalización do traballo:\n• A documentación de que se dispón sobre a toponimia de Sálvora, ao estar a illa deshabitada e ter un único propietario, non procede de rexistros ou fontes administrativas, que adoitan estar até certo punto actualizadas. Só contamos con cartas e planos de uso náutico e topográfico que presentan numerosos erros e deturpacións. Utilizáronse estes recursos de xeito orientativo e xeorreferencial, porén non se tomaron como modelos para a catalogación dos topónimos. Sería desexábel que as cartas marítimas e en especial os mapas do IGN tivesen en conta estudos toponímicos coma este para as vindeiras edicións. • Para a recolleita da microtoponimia dun espazo coma este, que inclúe territorio (des)habitado e superficie mariña, o idóneo é conseguir informantes de diversos perfís. No noso caso entrevistamos mariñeiros, percebeiros e nativos e nativas da illa. Traballamos só con informantes da zona, concretamente das parroquias de Aguiño, Carreira e Castiñeiras. Sería positivo en traballos vindeiros incluír mariñeiros do outro lado da ría. Máis complexa é a investigación futura con nativos, pois son poucos os que fican vivos e xa entrevistamos os que puidemos encontrar. • Foron realizadas dúas entrevistas móbiles, unha percorrendo a pé o interior de Sálvora cun nativo e outra navegando arredor da mesma cun grupo de mariñeiros. O resto foron estáticas por causa da avanzada idade dos e das informantes e das complicacións que supón viaxar até a illa. • Rexistráronse aproximadamente 250 topónimos mariños e 50 topónimos interiores. • Os topónimos inventariáronse atendendo a criterios fonéticos e gardáronse nun ficheiro electrónico no cal se incluíron tamén outros datos de interese, como a tipoloxía ou a localización. Propúxose unha forma estándar de cada un deles para o PTG. Optouse por fixar o artigo no topónimo en todos os casos nos que apareza na fala oral sen excepción. • Os microtopónimos do interior de Sálvora contrastan cos estudados no conxunto de Galiza: menos densidade, maior correspondencia dos nomes con realidades identificábeis e hexemonía de topónimos referenciais e dependentes doutros topónimos. Estamos entón ante unha toponimia simple, escasa e que traduce de xeito transparente as sinxelas instalacións e espazos nos que os nativos organizaban o territorio. A illa divídese en grandes áreas individualizadas por un topónimo, xeralmente tomado dun accidente mariño, que dá nome á maioría dos pequenos elementos que se atopan nas proximidades. Consideramos que esta situación é unha anomalía na toponimia galega, resultado de que o asentamento estábel na illa data do século XIX. Os colonos nomearon as zonas atendendo a elementos costeiros porque coñecían con maior detalle o espazo marítimo que o interior. A análise toponímica fálanos entón dun modelo determinado de ocupación do territorio. • Esta particularidade ampara as teorías que entenden a toponimia como un sistema de representación máis que como un reflexo directo da realidade. Os resultados do traballo apenas falan de Sálvora dun punto de vista físico, mais si achegan importante información arredor de como foi a súa ocupación e explotación, de cal foi a relación dos homes e mulleres co medio e de que concepción tiñan estes do espazo que habitaron. A análise da toponimia, e especialmente da microtoponimia, confírmase como ferramenta útil para a lectura histórica da paisaxe. • Os topónimos mariños, pola súa banda, si coinciden coa tónica xeral da costa galega. A densidade de topónimos recolleitos foi relativamente alta, como é de esperar nun espazo longa e intensamente explotado, e as principais complicacións na recolleita proviñeron das variacións fonéticas, das confusións coa documentación ou da multiplicidade de versións dependendo dos informantes. • Aínda que boa parte dos topónimos mariños son opacos e de orixes incertas, algúns achegan información sobre os elementos que nomean. Recollemos referencias á forma, o son ou as cores dos accidentes mariños, referencias a animais e plantas, referencias antroponímicas, referencias ás vicisitudes da navegación e ás actividades pesqueiras e referencias a elementos diversos e aparentemente non relacionados co medio mariño. Aínda que algúns parecen transparentes no seu significado, convén sermos prudentes á hora de buscar etimoloxías. • Catalogamos unha serie de xenéricos locais que xurdiron nas entrevistas. Boa parte deles son comúns a outras zonas de Galiza. Aínda así, perfílanse algunhas particularidades locais, como o uso de conle por con ou de laxa por laxe. Os xenéricos manteñen en ocasións palabras patrimoniais perdidas na oralidade e ilustran como se produce ese proceso de substitución. É o caso de area por praia. • O caso de Sálvora evidencia a urxencia da realización de traballos coma este. En primeiro lugar porque manifesta con toda a súa crueza o drama da despoboación e o inmenso coñecemento que está para se perder de non intervirmos a tempo. En segundo lugar porque demostra que o estudo da toponimia é importante non como simple exercicio lingüístico senón como instrumento de coñecemento histórico, territorial e sociolingüístico."} +{"summary": "A evidencia sobre a irreversibilidade de certos cambios sociais foise consolidando, mais os procesos de formación das percepcións de irreversibilidade e as relacións entre os elementos que as alimentan permanecen inexplorados. Este traballo aborda a contribución dos usos do solo á creación de condicións de habitabilidade no rural, un dos principais retos socioeconómicos destas áreas, empregando 10 entrevistas con persoas expertas no monte realizadas no ano 2016 na Mariña luguesa. Mediante un Diagrama de Bucles Causais, elabórase un modelo de benestar percibido que captura as dinámicas entre subsistemas sociais e naturais no presente, ademais das súas posibilidades de cambio. Os resultados confirman que a autoeficacia, o sentimento de lugar ou a sensación de control asentan unha percepción de irreversibilidade sobre a calidade de vida no rural e reducen a probabilidade de acción colectiva. A necesidade de considerar as percepcións da poboación no deseño de políticas de dinamización rural eficaces queda subliñada.", "text": "ARTIGO\nDegradación das institucións sociais e usos do solo: mecanismos de retroalimentación entre forestación e condicións de habitabilidade no rural\n\nEucalipto / Percepcións / Irreversibilidade / Benestar / Acción colectiva.\nDegradation of social institutions and land use: unfolding feedback mechanisms between afforestation with fastgrowing species and living conditions in rural areas\nJEL Codes: Q56, I31, Z13. *Correspondencia autora: helena.martinez@usc.es 1 Hugo M. Ballesteros agradece o financiamento da Xunta de Galicia do proxecto de investigación posdoutoral Nº ED481B 2018/088.\n1. Introdución\nA datación da crise climática a nivel global e a importancia do contacto coa natureza para o benestar humano (Hartig, Mitchell, de Vries e Frumkin, 2014) caracterizan un contexto no que parece socialmente desexable apostar pola multifuncionalidade do monte, ou o equilibrio entre as funcións produtivas, recreativas e de conservación. As tendencias recentes na evolución dos usos deste a nivel global van precisamente no sentido contrario, cara á homoxeneización, malia ir en aumento o corpo de literatura sobre os beneficios da xestión multifuncional do monte (Franklin, Johnson e Johnson, 2018). Factores históricos e factores relacionados coa globalización económica facilitarían que a produción de fibra de madeira se impuxera como uso maioritario das áreas forestais a nivel global (Food and Agriculture Organization of the United Nations [FAO], 2020) e que a principal función do monte sexa a de producir madeira e derivados, ignorando outros bens, servizos e mesmo a estabilidade das comunidades locais dependentes da actividade. Estes cambios son referidos na literatura como vectores de homoxeneización biocultural (Rozzi et al., 2019).\nAs culturas da natureza modulan o tipo de interaccións entre persoas, organismos vivos e materia inanimada, e para o caso do monte en Galicia ten sido caracterizada como “un modelo de extra ctivismoprodutivismo orquestrado polo Estado”(Ares -López, 2017, p. 59). Esta cultura definiría como norma unha relación co monte que busca a obtención de grandes cantidades de recursos naturais non procesados, na actualidade orientados ao mercado exterior, e que se caracteriza por ter un fondo impacto socioambiental. A orientación exportadora do conxunto da cadea forestalmadeira galega, así como a especialización do sector en produtos intermedios dos primeiros elos da cadea, confírmase en informes recentes (Picos Martín, 2015).\nA cultura define as condicións para a reproducibilidade de modos de vida, a compatibilidade das plantacións forestais con outros usos e as posibilidades de satisfacción material e emocional das comunidades (Jasper, 2017), incluídos os modelos de xestión forestal e o tipo de conflitos e respostas diante destes (MareyPérez, DíazVarela e Calvo González, 2014). A integración da cultura nos estudos da acción colectiva serve de ponte coas análises de cambio social, ao recoller significados compartidos baseados na identidade que atravesan as dinámicas da acción colectiva (van Zomeren e Louis, 2017).\nO monte, ademais de prover recursos, contribúe á propia definición das comunidades, no senso en que acolle e sostén os seus xeitos de vivir, as súas tradicións (Stedman, 1999). Traballos previos sobre a percepción da forestación intensiva con especies de medra rápida para o monte galego constataron a súa aceptación xeneralizada e empregaron como variable explicativa para facelo unha variante da identidade: o sentimento de lugar (MartínezCabrera e Rodríguez Rodríguez, 2016). Trátase dun vencello emocional, de pertenza aos lugares, e que se compón de dúas dimensións: apego e satisfacción, ambas preditoras da acción colectiva, especialmente cando o apego é alto e a satisfacción baixa, ou á inversa (Stedman, 2002). O estudo para o caso galego constatou a importancia do apego ao monte na identidade das persoas, e unha satisfacción alta polas rendas xeradas e pola facilidade do cultivo das plantacións con eucalipto, apoiando achegas que demostraban empiricamente o vínculo emocional, ou “vocación forestal”, no tipo de xestión forestal practicado polas persoas propietarias (Marey Pérez, Rodríguez Vicente e Crecente Maseda, 2007).\nAínda que as persoas normalmente se senten máis ligadas a lugares non degradados, en ocasións intereses como poden ser os económicos impóñense (Stedman, 2003). A percepción dunha vulnerabilidade persistente, un sentimento de autoeficacia escasa, modelos de gobernanza concretos ou a irreversibilidade de certos cambios son exemplos de mecanismos que desincentivan a acción colectiva (Benford e Snow, 2000; Masterson, Enquvist, Stedman e Tengö, 2019; van der Toorn et al., 2015).\nEste artigo enmárcase dentro do proxecto da tese de doutoramento Calidade de vida e monocultivos forestais: un enfoque interdisciplinar sobre o benestar da poboación no medio rural, e busca definir os mecanismos que conectan extractivismo, abandono e benestar. Supón un avance respecto de esforzos anteriores 2, cuxa información primaria serve de base para a análise presentada a continuación. O obxectivo é probar se estes mecanismos sosteñen a percepción de irreversibilidade sobre o abandono forestal, e como prefiguran unha probabilidade de acción colectiva baixa. Ademais, pretende contribuír a cubrir o baleiro detectado na literatura da Economía e Ecoloxía á hora de medir os danos estruturais que acontecen en institucións sociais que “dependen fundamentalmente das capacidades, valores e recursos das comunidades afectadas” (Pols e Romijin, 2017, p. 498). Ao facelo, preténdese contribuír ao cambio d unhas análises sobre a gobernanza centradas no “lado da oferta” – ou perda da centralidade das institucións públicas tradicionais – por outras focalizadas na “demanda”, ou a capacidade percibida para provocar cambios, defenderse diante de ameazas ou crear rutas alternativas de desenvolvemento (Garud, Kumaraswamy e KarnØe, 2010; Nussbaum, 2011).\nEste traballo aborda un dos problemas demográficos do rural – o abandono – desde unha perspectiva integral, dos significados que se derivan das interaccións entre persoas e medio ambiente. Aplica este marco para avaliar a contribución dos usos do solo á creación de condicións de habitabilidade, un dos principais retos socioeconómicos destas áreas. Parte de que a reproducibilidade da vida precisa da existencia de apropiación, sentimento de autoeficacia ou desexo de permanecer nun lugar entre as comunidades implicadas.\nO artigo presenta un modelo de benestar percibido para a comunidade de persoas dependentes do monte, e captura as dinámicas complexas entre subsistemas sociais e naturais no presente, ademais das súas posibilidades de cambio no futuro. Para artellar as percepcións elabórase un Diagrama de Bucles Causais (Sterman, 2000) e represéntanse procesos de retroalimentación que dificultan a aparición de cambios na relación entre usos do monte e benestar da poboación. O contraste empírico dos procesos explorados neste artigo forma parte da axenda futura de investigación, e permitirá ponderalos e operativizalos axeitadamente.\n2. Métodos\nA investigación presentada foi elaborada por medio de técnicas cualitativas de investigación: 10 entrevistas en profundidade realizáronse a residentes na Mariña lucense entre xullo e agosto de 2016. A escolla deste tipo de técnicas responde ao obxectivo de obter, sobre todo, información exhaustiva e en primeira persoa da cosmovisión (conxunto de explicacións causais aproximadas) sobre a relación co medio ambiente nas zonas arboradas da Mariña lucense, e sobre como as mudanzas na paisaxe forestal afectan a estas comunidades. Seguindo a Teoría Fundamentada, a análise dos datos levouse a cabo por fases, combinando estratexias indutivas e dedutivas. O obxectivo desta aproximación epistemolóxica é a xeración de teorías e relacións causais axustadas ao terreo, ao caso de estudo, que emerxen directamente dos datos dispoñibles e que aseguran que se respecta a diversidade nos resultados (Charmaz, 2005).\nNa elaboración do guión para as entrevistas en profundidade, tivéronse en conta 6 grupos de factores que afectan directamente ás probabilidades de acción colectiva, e que a literatura ten apuntado adoito como significativos. Así, realizouse unha transcrición o máis literal posible das 10 entrevistas, que foron a continuación codificadas e analizadas seguindo 6 ítems ou bloques temáticos: crenzas avaliativas sobre a natureza e o monte na Mariña lucense; historia de vida; apego ao lugar e identidade; satisfacción co lugar; actitudes e probabilidade de comportamento proambiental; e finalmente, expectativas de cambio futuras empregando preguntas para a xeración de escenarios retrospectivos (Vergragt e Quist, 2011).\nDesenvolveuse un modelo conceptual empregando Diagramas de Causalidade Circular (Sterman, 2000), propio da Teoría de Sistemas, para estruturar as percepcións das persoas entrevistadas. As freRevista Galega de Economía 2020, 29 (2), 6909 4 chas nas Figuras 2 e 3 indican que un cambio nunha variable provoca cambios noutra. A dirección da relación, que se indica cun símbolo + ou –, refírese a que, ao aumentar a variable de saída da frecha, a outra aumenta ou mingua máis do que acontecería de non existir o cambio na variable de saída. Unha liña atravesando a frecha suxire que existe un atraso no efecto.\n2.1. Estudo de caso\nA escolla da Mariña luguesa como área para a realización do traballo de campo debeuse ao especialmente intenso proceso de forestación da área (Corbelle e Crecente Maseda, 2014) e ao peso da cadea forestalmadeira dentro da economía local (Instituto Galego de Estatística [IGE], 2013); ao relativo dinamismo económico e demográfico que presenta a Mariña dentro do rural galego; á facilidade de acceso a informantes chave polo previo coñecemento da área; e a que, identitariamente falando, pode considerarse unha unidade á que a poboación segue intensamente vencellada (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural [AGADER], 2011).\n2.2. Participantes\nDez homes e mulleres da Mariña lucense participaron neste estudo. O perfil buscado foi o de persoas recoñecidas nas súas contornas locais como boas coñecedoras do monte, que fixesen distintos tipos de usos deste e que presenciasen as transformacións máis importantes en canto a usos do solo. Así, as persoas entrevistadas socializáronse entre o final da posguerra (anos 50 e 60) e a etapa de desarrollismo franquista (19601972). Contactouse con persoas que foran recomendadas en máis dunha ocasión nas tres bisbarras da Mariña. A cota de xénero nas persoas entrevistadas foi tamén tida en conta. Malia isto, a nosa mostra non é paritaria. Só tres das dez entrevistas realizadas foron con mulleFonte: elaboración propia.\nDurante o recrutamento non se buscaron especificamente persoas que tiveran en propiedade un predio forestal, mais os criterios de busca e as características sociodemográficas da área levaron a conformar unha mostra na que só unha das dez persoas participantes non era propietaria forestal. A distribución xeográfica da mostra pode observarse na Figura 1, cun maior número de entrevistas realizadas na Mariña Oriental froito da técnica de bóla de neve empregada para a preselección de informantes, pero con presenza de casos nas tres bisbarras que compoñen a área de estudo.\n3. Mecanismos\n3.1. Mecanismo 1: utilitarismo na relación entre persoas e monte e extractivismo como progreso\nO eucalipto e as plantacións forestais están amplamente asimiladas á riqueza forestal de Galicia. As persoas participantes amosan unha satisfacción xeral con respecto ao estado do monte, que caracterizan como un eucaliptal na zona de estudo. O monte é entendido, maioritariamente, como un espazo produtivo que tanto na actualidade coma no pasado serve para complementar a economía familiar das persoas propietarias. O mantemento da actividade produtiva é a vía principal de relación co monte.\nO monte e a súa evolución compréndese como un feito significativo da vida das persoas entrevistadas. Na maior parte dos casos, a conexión co monte mantense ao longo de toda a vida, malia ir cambiando. O monte da infancia das persoas entrevistadas (isto é, o dos anos 4060) é descrito como un espazo produtivo, de autoabastecemento para as familias e no que tamén se realizaban traballos por conta allea. Dos traballos tradicionais no monte ocupábanse as clases menos acomodadas. Isto descríbese no bucle R1, ampliado na Figura 2. Así, dado o reducido das súas quendas de corta, os cultivos forestais – primeiro con piñeiro e posteriormente con eucalipto – axudan á produción de rendas no monte, e aprovéitanse de acordo a un sistema sinxelo no que se emprega maquinaria, rachando cuns usos do monte connotados negativamente, propios do pasado (R2):\nAi! os cambios do monte non afectan á xente de aquí, porque era moi escravo. Mira que antes a madeira había que facela con tronzador, e serrar entre dous. Eu teño ido irlle axudar ao home, xa varias veces, e cargala igual á man, que non había p lumas nos tractores nin había…; n in había tractores. Non había nada. Había uns coches cativos que a carretaban, e listo. Así, que de estraño o monte non se bota para nada, porque era moi escravo, moi escravo. Non daba para vivir, non sendo aos que tiñan moito capital.\nA extensión dos monocultivos forestais, favorecidos polo efecto demostración das repoboacións practicadas polo Estado e por outros incentivos máis tarde, aparece relacionada cunha estratexia de maximización da rendibilidade do monte por parte das persoas propietarias forestais. As plantacións multiplícanse nun contexto onde non habería demanda doutro tipo de recursos producidos no monte, onde chegan á zona novas oportunidades de traballo ligadas ao mar, á construción ou a Alcoa, e en que as rendas dispoñibles da poboación son referidas como baixas. A produtividade do eucalipto e a facilidade do seu cultivo axudan, tamén, a explicar a multiplicación destas masas no monte da Mariña lucense. O aproveitamento tradicional do monte é asociado cunhas condicións duras e de pobreza, o que redunda en beneficio da difusión dos monocultivos, tal e como amosa en detalle a Figura 3, impedindo que o monte cumpra outras funcións.\nCon todo, a necesidade destacada que a eucaliptización axuda a satisfacer é a de subsistencia. Isto relaciónase cunha comprensión maioritaria do monte como recurso produtivo, e distribuidor da riqueza, do que amplas capas sociais da Mariña se benefician. As modalidades nas que a plantación de monocultivos satisfán a necesidade de subsistencia foi mudando. Se ben a xestión directa por parte das persoas propietarias era o común, a mecanización da actividade, coa consecuente menor esixencia do factor traballo, novas oportunidades laborais e o cambio nas aspiracións profesionais farían que a xestión forestal se fose externalizando progresivamente.\nA homoxeneización dos usos do solo restrinxe o contacto co monte ao manexo das masas forestais. As plantacións forestais non están, polo xeral, asociadas cos usos recreativos ou ambientais do monte, contribuíndo á perda de contacto con el para a poboación en xeral e reducindo a demanda de funcións non produtivas.\nFronte a esta visión utilitaria, dúas persoas afirman entender o monte como o marco para o contacto coa natureza, para o deleite e como oportunidade para unha conexión orgánica co medio, que algunhas entrevistas apuntan como inalienables da condición humana.\n3.2. Mecanismo 2: o mantemento do uso produtivo do monte como fonte de apego comunitario, hoxe ameazado\nO cultivo do monte con plantacións forestais enténdese como expresión dun modo de vida propio do rural (R8). Malia recoñeceren que o estado do monte cambiou, as persoas entrevistadas subliñan a importancia do monte na súa propia definición. O monte é comprendido como patrimonio, no senso en que atesoura o pasado da Mariña, o modo de vida da poboación. O monte é un medio a través do cal se establecen ligazóns coas xeracións anteriores, continuando a súa obra. O estado do monte e os atributos da paisaxe intégranse na autodefinición e na identificación das persoas entrevistadas, e aparecen nos seus discursos asociados ás interaccións coa comunidade local.\nTodas as funcións do apego ao lugar como trazos identitarios (continuidade, autoestima, autoeficacia e distinción) son sinaladas nas entrevistas, malia que as máis destacadas son a continuidade e a distinción. O coñecemento do monte e o feito de se realizaren traballos directamente nel implican ser da zona, ser da casa ou ser do rural, e achegan continuidade respecto das xeracións pasadas que tamén traballaban o monte e distinción con respecto ás residentes no eido urbano, como reflicte esta cita: “Teño un neto que é moi de aquí, de ir ao monte, de coller o fouciño e darlle...”.\nO manexo de plantacións forestais une as persoas, individualmente, coas comunidades locais onde residen. O coñecemento e a implicación persoal na xestión dos cultivos forestais durante todo o ciclo de crecemento enténdense como sinal de autoeficacia. Relacionado con isto, a produtividade do monte, ligada ás plantacións forestais con especies de medra rápida, enténdese como unha característica distintiva da Mariña. Porén, o modelo de xestión do monte (R3) que se describe no apartado 3.4 facilita que as persoas propietarias compitan entre si, o que vai en detrimento, segundo as entrevistas, da confianza e da cooperación.\nOs rendementos decrecentes das plantacións segundo se suceden as repoboacións fan que as persoas expertas vaticinen un aumento da presión para o acceso a novos terreos. Isto aparece nos discursos asociado ao conflito entre demandas produtivas e non produtivas que se lle fan ao monte, e a mencións a unha identidade negativa do rural fronte ao urbano. Así, o conflito pola definición dos usos do monte entre ecoloxistas e paisanos, tamén referido como un conflito entre residentes no medio rural e no urbano, serve de mecanismo de distinción entre un grupo e outro. Se por unha banda as demandas non produtivas (de lecer, de estima...) se atribúen a necesidades propias das persoas urbanitas, as produtivas relaciónanse coas rurais, cando menos para unha parte das persoas entrevistadas:\nOs ecoloxistas, ecoloxistas de salón, os que discuten e din: “N on, temos que ter todo con carballos, e todo con bosque natural ”. C laro, están dispoñendo do que non é seu, que todos teñan para que el pasee, pero, claro, dirán: “O e, que pasee tu padre, que eu o teño para o que o teño ”. Aí hai... Eu ás veces digo unha frase (que recoñezo que é un pouco cabrona), que é que eu ando todos os días polo monte, pero cando digo todos os días é todos os días. Poño as botas e ando por aí, non? Cando non é co can, é co coche, co Land Rover, con iso, e tal... Pero eu nunca encontro un ecoloxista no monte.\n3.3. Mecanismo 3: unha espiral fatal entre abandono e forestación\nO abandono do rural (R6) baleira estas áreas de persoas en idade activa. Segundo as persoas expertas entrevistadas, o cambio climático, a maior exposición á contaminación, a redución da produtividade das plantacións a medida que se suceden as repoboacións, a progresiva mecanización da actividade silvícola e o proceso de degradación ambiental (R4) asociado aos monocultivos e ás súas quendas provoca que as necesidades de terreo para os cultivos forestais no futuro medren : “Ocupáronse [os terreos con plantacións] polo sistema que fora, porque moita xente marchouse de aquí e... É preferible ter unhas terras a eucaliptos que telas a toxos, porque non van dar absolutamente nada ”.\nE eu dediqueime á madeira, pero comprábanma… D espois, a partir de grande, na Forestal [Patrimonio Forestal do Estado]; que é unha marabilla, unha marabilla. Contrataban por cortar, pagáballes por tonelada e chegaba a fin de mes. Non tiña que estar pendente da nómina da xente, porque iso é moi duro, eh! Hai moitas familias esperando e tes que ter a pasta alí para pagarlles.\nAsí e todo, isto non evitaría que a poboación moza marchase a núcleos de poboación maiores e que os servizos gañasen peso como motor económico na zona. Ao facelo, o aproveitamento que permite un uso produtivo do monte co mínimo esforzo é o eucalipto (R7). Así, de acordo coas entrevistas, o abandono explica a forestación con especies de uso industrial, pero a forestación e a estrutura do sector 3 non evita o abandono dos terreos forestais:\nHai moi pouca xente nova involucrada. É certo que a propiedade está na xente maior. [...] Porque a xestión propia estase perdendo totalmente. A xente marchouse para vilas mai ores e…, o contacto directo co monte o perdeu, creo, inclusive o coñecemento da súa propiedade, unha gran parte. Por tanto, se non vai traballar ao monte está perdendo o contacto total co monte. Entonces, a situación é que si lle pode inter esar o monte como un ben que lle… D esde un punto de vista ecolóxico é importante, se quere vivir na zona. É importante desde o punto de vista económico; pero non de xestión propia, non ten nin que vivir aquí...\nA propagación dunha economía rendeira e cunha xestión externalizada no monte fai que o coñecemento sobre o patrimonio e os recursos naturais deixen de ser precisos para o mantemento da actividade produtiva, de acordo coas persoas expertas. Os baixos coidados requiridos polas plantacións posibilitan que persoas que residen lonxe das súas propiedades poidan ter cultivos con especies de medra rápida. O movemento das xeracións novas cara ás áreas máis dinámicas, urbanas, conduce – segundo as entrevistas – á perda dos vencellos co monte e á desaparición de certos vínculos comunitarios, o que favorece a expansión de posturas fatalistas entre as persoas de maior idade respecto das posibilidades de dinamización do rural no futuro (R5).\nNeste contexto, as persoas participantes consideran que a forestación está ligada a que a perda de poboación aumenta máis do que o faría de seguir igual todo o resto de variables que inflúen na perda de poboación. A nivel micro, o abandono e a non obtención de toda a variedade de beneficios que o monte podería ofrecer, dada a asunción do cultivo de eucaliptos como fórmula maioritaria do seu aproveitamento, relaciónase con razóns de tipo cultural e históricas: non aprecio polo propio, autoestima baixa, ou ben co individualismo atribuído aos galegos e ás galegas.\nDo eucalipto sabemos, efectivamente, que é foráneo. Que indica unha falta de identidade? Si, efectivamente, iso e moitas cousas máis. Eu penso que o pobo galego é un pobo que, digamos, se deixa conquistar facilmente. Dá lle igual quen veña de fóra a poñer aquí…, a plantar.\nA desconfianza entre as persoas propietarias do monte, que as volvería remisas á colaboración e crearía receos respecto da Administración pública (R3), explícase – de acordo coas entrevistas – por unha longa lista de abusos por parte das institucións públicas e dos madeireiros, que aproveitaban, en moitos casos, o baixo nivel cultural ou a necesidade económica da parte propietaria para obteren beneficios ou conseguiren destas persoas cambios de conduta.\nMalia darse na Mariña luguesa cunha menor intensidade que noutras zonas rurais galegas, a falta de oportunidades laborais para as xeracións novas explica tamén o éxodo da poboación en idade activa. Así mesmo, moitos informantes mencionan a existencia dun cambio de valores entre a poboación, que lle daría menos importancia ao coidado e ás tarefas produtivas do día a día. A velocidade dos cambios socioeconómicos acompaña a mudanza de valores, dificulta a adaptación das xeracións máis vellas e o intercambio interxeracional. Percíbese unha desconfianza cara ás xeracións novas por parte das persoas de maior idade, que vai acompañada dunha postura fatalista respecto das posibilidades dun relevo xeracional e polo tanto do benestar do rural, que se prognostica como moi deficiente (R5).\n3.4. Mecanismo 4: un modelo de xestión forestal caduco sobre o cal as persoas perden capacidade de control\nMalia o anterior, os informantes consideran que nin a variedade nos usos do monte nin o incremento da produtividade contribuirán de xeito significativo a frear a perda de poboación do rural, que se agravará:\nO que eu vexo con pesimismo é que, cando se produce un movemento migratorio que colle unha dirección, é dicir, que vai desde o campo, a zona rural, e apunta cara á costa e á zona urbanizada, é moi difícil facer un movemento de retroceso para iso. Como é o movemento? Fins de semana, turismo rural, turismo en certas épocas; pero xa vas experimentar [...] Ti tes a túa vida, o teu traballo, a túa zona de vida, o teu hábitat. Queres ter autovías, queres ter cemento, queres ter espectáculos, queres convivir nunha zona tal... Entonces, é difícil o regreso, non sabes? En Galiza estamos perdendo un pouco o que podíamos chamar o tren rural.\nA xestión do monte, diante da retirada da Administración, recae sobre a vontade particular das persoas propietarias forestais (R3). A estrutura da propiedade da terra, definida como anacrónica, e o desleixamento tanto da Administración como de propietarios/as particulares respecto do ordenamento do territorio supoñen unha barreira á maximización desa necesidade principal de subsistencia que a actividade dos montes satisfai.\nTodo o anterior, sumado a unha estrutura da cadea forestalmadeira, denotada en xeral como pouco xusta e con posicións monopolistas, provoca que as rendas dos cultivos forestais supoñan unha fonte secundaria de ingresos para a maior parte da poboación, ademais de depender de factores que non controlan as persoas pequenas propietarias. Aínda que as visións ideais de futuro son diferentes, as entrevistas apuntan maioritariamente cara á caducidade do modelo actual de aproveitamento do monte:\nEstes galegos de aquí, por que puxeron todo de eucalipto? Porque ti, mires onde mires, todo, todo, todo, sempre é eucalipto. A non ser que sexa unha zona... Non sei, no val, que haxa unhas maciñeiras; todo o demais é eucalipto. E por que? Teñen unha propensión ao eucalipto, ou como é? Non, porque sacan diñeiro; é o máis produtivo, por iso o plantan. Plantan durante dúas ou tres xeracións, eh!, porque despois non vai dar máis. El chupa, toma os seus nutrientes, e despois hai que cambiar de especie, pensar noutra cousa.\nVarios dos significados asociados ao monte son percibidos como ameazados ou mellorables, especialmente aqueles que vencellan o monte coa función social, de lecer e patrimonial. Para aqueles casos nos que o monte era considerado maiormente un recurso produtivo, este non era xulgado como en perigo na actualidade, e as persoas enfocaban as súas suxestións de futuro cara á mellora da produtividade dos cultivos. A concentración parcelaria, a mellora das infraestruturas forestais, a xestión conxunta das explotacións forestais, unha maior transparencia do mercado ou o fomento do asociacionismo entre propietarios e propietarias forestais figuraban entre os cambios que farían posibles as visións de futuro.\nDiante das ameazas percibidas, as persoas entrevistadas amosaban unha boa disposición ao uso múltiple do monte, aínda que con excepcións e sinalando certas condicións para que isto puidera darse. Incluso varias entrevistas sinalan o interese económico que se podería derivar dunha maior multifuncionalidade do monte. A planificación no longo prazo dos usos do monte, a xestión conxunta e un maior ordenamento dos terreos forestais son considerados elementos beneficiosos, independentemente dos significados principais atribuídos ao monte. Estas medidas enténdense como positivas para o monte e para as relacións das persoas con el, reducindo o risco de abandono.\nA respecto da capacidade percibida para provocar un cambio, as entrevistas denotan que o estado do monte está estreitamente ligado ás posibilidades de participación, de involucración na súa xestión. Sobre todo, a estrutura da propiedade da terra favorece – de acordo coas entrevistas – a perda de contacto co monte para amplas capas da poboación, dificultando tamén a interacción nel con outras persoas e creando vías distintas ás tradicionais para a xeración de diversas fórmulas de capital social, como a confianza ou o apego comunitario, condicións necesarias para provocar un cambio.\nPorén, e malia rexistrar o beneficioso dunha diversificación dos usos do monte no 2040 na Mariña, as persoas expertas participantes coincidían no mantemento da importancia relativa das plantacións forestais sobre o conxunto de usos do solo. O cambio de usos do monte e a capacidade de arrastre deste para a dinamización do rural, de poder darse, dependería sobre todo da intervención da Administración pública.\n4. Discusión\n4.1. Bloqueo e reforzo do equilibrio: a percepción de irreversibilidade\nA combinación entre o utilitarismo como vía de vencello principal co monte, a estrutura do sector e a deficiente xestión forestal, ademais do abandono e a combinación entre satisfacción pola obtención de rendas e identidade relacionada co mantemento da actividade produtiva, resulta nunha situación de equilibrio que favorece a intensificación do uso extractivo do monte. Como se observa na Figura 2, existe a percepción xeneralizada de que factores como a demografía, a historia, as condicións socioeconómicas, a identidade ou a gobernanza na área de estudo, e específica para o grupo de persoas propietarias forestais, funcionan como bucles de retroalimentación positivos, con múltiples relacións circulares directas ou mediadas.\nOs resultados confirman a percepción de irreversibilidade sobre as posibilidades de reproducir os modos de vida que satisfán, material e emocionalmente, ás persoas expertas na actualidade, especificamente na súa relación co aproveitamento do monte. Os resultados apuntan cara á existencia dun sistema con dependencia da senda, que resultaría nunha situación de bloqueo (Garud et al., 2010), dificultando a medida que pasa o tempo a aparición de usos alternativos no monte e a capacidade de fixar poboación da actividade.\nVarias relacións circulares concretas son subliñadas directamente nas entrevistas. En primeiro termo, os cultivos forestais enténdense como causa e consecuencia da perda da participación nos usos e ordenamento do monte, propia do pasado. Por unha banda, os cambios na estrutura socioeconómica facilitarían – de acordo coas nosas informantes – a proliferación das plantacións menos esixentes en traballo. Por outra, os eucaliptos, como uso maioritario no monte, afastarían a poboación del, que deixaría de interesarse polo seu estado ao non ter tanto contacto con este. En segundo termo, a perda gradual de vencellos coa comunidade ten unha orixe consensuada: o abandono do rural. O eucalipto é entendido, sobre todo, como unha consecuencia do movemento da poboación cara ás cidades, malia indicarse tamén que pode ser unha causa.\nO recoñecemento da irreversibilidade de certos procesos, como a perda de poboación en idade activa ou o cambio de usos do solo logo de ter acollida unha plantación forestal, está asociado á percepción da perda de capacidade das persoas residentes e propietarias forestais para provocar un cambio na dinámica do rural e á perda de coñecemento directo sobre o territorio, preciso para un aproveitamento multifuncional e para a distribución da riqueza dentro do sector. A contaminación crecente na zona, por influencia de Alcoa ou por outras causas relacionadas coa urbanización das zonas costeiras, é sinalada tamén como unha barreira ao pleno desenvolvemento do potencial produtivo do monte. A conxunción dun sentimento de autoeficacia baixo e a sensación de perda de control sobre os usos do solo, coa capacidade de xerar oportunidades para os estratos poboacionais máis novos leva a que a Administración pública, como garante do benestar da poboación no rural, gañe terreo.\nRespecto da estrutura socioeconómica, a especialización da cadea forestalmadeira e, nas primeiras fases de transformación, a presión polo acceso a novos terreos son referidas como condicionantes tanto dos usos do solo como das posibilidades para a creación de postos de traballo na zona que sexan quen de fixar poboación, especialmente nas áreas do interior.\nO cambio de valores e preferencias entre as capas máis novas da poboación, xunto coa progresiva perda do saber facer e do coñecemento do territorio, ao deixar a actividade aquela parte da poboación con experiencia directa, limita as posibilidades de que os usos maioritarios do solo muden. Con todo, a perda de poboación nas áreas rurais estudadas e mais a baixa demanda do factor traballo, asociada á economía forestal actual baseada no cultivo de especies de medra rápida, levarán á institucionalización da forestación con especies de medra rápida como o uso maioritario do monte, producindo dous fenómenos que se reforzan mutuamente e que darán lugar a un bloqueo. A ampla aceptación deste uso (MartínezCabrera e Rodríguez Rodríguez, 2016) pode considerarse como un indicador da existencia dunha “licenza social para operar” (Prno e Scott Slocombe, 2012), malia ser recoñecida como non óptima en canto á rendibilidade por arredor dun 60% das persoas propietarias forestais, de acordo coas investigacións aplicadas nun dos concellos da nosa área de estudo (Marey Pérez, Rodríguez Vicente e Crecente Maseda, 2007).\nEstes resultados redundan no papel chave do abandono do rural identificado en traballos sobre a relación entre distintos factores socioeconómicos co tipo de manexo forestal practicado nas comunidades de montes veciñais en man común galegas (Marey Pérez et al., 2014). Estes autores apuntan, en liña coas nosas achegas, que o abandono dos terreos e a inexistencia de procesos decisorios sobre o manexo do monte, que sexan quen de integrar a diversidade crecente de demandas realizadas, teñen o risco asociado, de cara ao futuro, de desprazar aquelas motivacións de tipo emocional ou intrínsecas que axudan a explicar o mantemento da actividade forestal entre moitas persoas pequenas propietarias, e nas que o sentimento de lugar se sostén. Nestes casos, as Teorías de Sistemas sitúan, como principal vía para a saída do bloqueo, a obsolescencia do sistema (Sterman, 2000), que definen como aquelas situacións nas que estes deixan de axustarse e de evolucionar á par das tecnoloxías e das estruturas sociais.\n4.2. Capacidades para a acción colectiva presente e futura como indicador de benestar\nAs proxeccións de futuro sobre o benestar das persoas dependentes da actividade forestal ancóranse na percepción actual sobre a baixa capacidade de cambio no estado do monte e sobre as condicións de habitabilidade do rural no futuro, indicadores que recoñecen como fenómenos que se reforzan mutuamente e que crean un equilibrio fráxil. Noutras palabras, a percepción de irreversibilidade actuaría como profecía autocumprida e alicerce do bloqueo. Cimentando esta percepción, tres temas emerxen da análise realizada: o acceso á toma de decisións, as relacións de poder e a xustiza. As tres son variables mediadoras nas accións colectivas (Mannarini, Talò e Gelli, 2014).\nO control percibido, dimensión constitutiva do empoderamento, xunto con variables de tipo contextual como o sentido de pertencer a unha comunidade, o tipo de aspiracións ou o tipo de construción da identidade teñen sido demostrados, tamén, como antecedentes da acción colectiva (van Stekelenburg, Klandermans e van Dijk, 2009). Os nosos resultados van nesta liña e reflicten un sentimento de empoderamento sociopolítico baixo, especialmente de cara ao futuro. As persoas entrevistadas predín a dificultade crecente dunha potencial acción colectiva entre a comunidade de persoas dependentes da industria forestal madeireira. Isto enténdese como causa e consecuencia da perda do sentimento de comunidade, da competencia das xeracións máis novas para seguir mantendo a actividade produtiva do monte e da falta de esperanza en que no futuro as persoas propietarias forestais teñan capacidade para influír nos usos maioritarios do monte (Louis et al., 2016).\nEn concreto, o sentido de control, ou axencia, está estreitamente asociado, no discurso das persoas entrevistadas, á equidade. A equidade, ou a percepción sobre a xustiza distributiva e contextual ligada aos usos do monte, pode comprenderse como unha dimensión fundamental do valor, en sentido amplo, da actividade forestal e dos modos de vida locais que a rodean (McDermott, Mahanty e Schreckenberg, 2013). Se ben na avaliación actual non hai referencias a este respecto, ao referirse aos cambios futuros na estrutura do sector e á dinámica demográfica regresiva estes fenómenos si están asociados á iniquidade, tanto nun plano material (p. ex. rendas derivadas) como no relativo aos significados culturais e comunitarios que os usos do monte ofrecen. Os escenarios do futuro coinciden en apuntar cara a unha substitución do valor local do monte polo seu valor global, definido pola industria, e que crearía inseguridade sobre a provisión de medios de vida da poboación (Ghazoul, Butler, MateoVega e Koh, 2010). A inseguridade percibida no benestar comunitario é indicativa da vulnerabilidade presente, e acompáñase dun discurso sobre a perda de capacidade futura para emprender accións colectivas de defensa dos propios intereses como propietarios e propietarias forestais. O benestar é comprendido como proceso e como característica dun sistema. A Teoría da Identidade Social (Drury e Reicher, 1999) e as da Acción Colectiva (Ostrom, 2010; van Stekelenburg et al., 2011) defenden que a participación en accións colectivas ten consecuencias positivas sobre compoñentes do benestar como o estado de ánimo, a sensación de competencia, a autoeficacia percibida e o empoderamento. A Psicoloxía Comunitaria apoia estas achegas, e demostrou que a relación entre participación e sentido de comunidade, ou entre participación e empoderamento, é circular (Louis et al., 2016), como tamén se constata en traballos que analizan os efectos da organización de procesos participativos entre persoas propietarias forestais para a certificación da súa madeira en Galicia (González Tato et al., 2013). Como direccións futuras para a investigación, cómpre salientar que un dos compoñentes clásicos do control sociopolítico, a concienciación ou a vontade de reunir información sobre a actualidade, non se menciona no discurso das persoas entrevistadas ao avaliar a situación actual. Isto podería ser explicado pola Teoría de Xustificación do Sistema (Jost e van der Toorn, 2012). De acordo con esta teoría, o sentimento de falta de poder e de iniquidade pode favorecer a defensa do statu quo entre os grupos sociais máis negativamente afectados por el. Para o noso caso de estudo, e complementado co prisma do sentimento de lugar e do interese propio, esta teoría da Psicoloxía Política axudaría tamén a explicar por que as persoas entrevistadas non perciben que os significados que asocian ao monte, como o de ser referencia para a construción dunha identidade rural fundada no traballo activo da terra, estean ameazados pola actividade forestal industrial na actualidade, cuxa xestión está maioritariamente externalizada. Interesante, tamén, sería explorar como a percepción de discriminación histórica das persoas propietarias forestais, recollida nas entrevistas, pode asociarse a unha intención de comportamento colectivo menor e predicir descensos nos niveis de benestar subxectivo como resultado da acción colectiva (Foster, 2014). Por último, sería de interese investigar a influencia do conflito crecente entre demandas que se\nlle fan ao monte sobre os procesos e significados que apuntalan o apego comunitario das persoas propietarias forestais, indagando sobre a existencia dun apego de tipo negativo que dificultaría as posibilidades de cooperar con grupos que demandan usos non produtivos. Esta polarización xa foi verificada como freo á consecución dos obxectivos da acción colectiva en distintos ámbitos (Thomas e Louis, 2013), e sería enormemente interesante abordala con deseños de investigación lonxitudinais. 4.3. Implicacións para o deseño de políticas: desenvolvemento e benestar funcional\nA percepción política sobre o que debera pasar no futuro (un uso máis multifuncional do monte pero onde os cultivos forestais xeren maiores rendas) está desacoplada das referencias ao modelo de gobernanza actual do monte. As visións normativas non son viables se as relacións de poder e a toma de decisións seguen funcionando coma no presente. Así, os nosos resultados apoian as aproximacións aos problemas de sostibilidade como problemas de gobernanza (O’Riordan, 2009). A nosa análise sistémica viría a indicar que a sensación de perda de control sobre os recursos locais de cara ao futuro non é anulada por un alto sentimento de lugar, e suxire, pola contra, a súa potencial relación co modelo de gobernanza do monte. Isto é coherente cos estudos recentes sobre coxestión dos recursos naturais ou silvicultura comunitaria a nivel global (Bixler, 2014), e van tamén en liña cos resultados de varios traballos que inclúen casos de estudo galegos. Estes últimos demostran a relación entre valores, ou as percepcións do risco (Cidrás, LoisGonzález e Paül, 2018), modelos de gobernanza\ndo monte e conservación dos recursos naturais.\nFronte ao modelo de gobernanza de laissez faire, que caracteriza a xestión forestal en Galicia, outros como o policéntrico teñen vantaxes tanto no tocante ao proceso coma no relativo aos resultados (Adger e Jordan, 2009). En relación ao proceso, os sistemas policéntricos crean condicións favorables para a emerxencia de institucións locais e a súa evolución, porque favorecen que coñecemento, acción e contextos socioecolóxicos se axusten (Berkes, 2010). Verbo dos resultados, estes arranxos facilitan o mantemento dos medios de vida e os beneficios para a economía local (Wyborn e Bixler, 2013), e adecúanse a un modelo de desenvolvemento humano funcional polo cal as opcións da xente para ser e facer o que valora na vida aumenten. Os nosos resultados amosan que a gobernanza actual do monte facilita a concentración de poder e que esta é percibida como a única alternativa. Tanto na literatura sobre sistemas socioecolóxicos como nos estudos sobre desenvolvemento, a axencia – referida antes como a capacidade de control ou de provocar cambios – é un atributo principal da resiliencia, e funciona tanto de xeito reactivo diante dos cambios como proactivo, ao entenderse como ferramenta para a construción da capacidade para afrontar e modelar as mudanzas (Bousquet et al., 2016; Fischer et al., 2015). A axencia implica capacidade para a mobilización colectiva, que se acciona ben cando existe unha percepción de agravio ou inxustiza, ben cando se quere salvar a distancia entre unha situación actual e unha ideal.\nOs nosos resultados non reflicten unha percepción actual de inxustiza ou agravio, que si son habituais nas proxeccións de futuro. Esta cuestión debera ser analizada en traballos futuros para determinar os motivos desa diferenza. En todo caso, o utilitarismo, entendido como cultura da natureza ou sistema de valores, determina a medida en que o funcionamento do sistema – representado na Figura 2 neste traballo – é percibido como inxusto, salientando a importancia de considerar os valores dos distintos grupos sociais no deseño de políticas que aspiren a ser aceptadas socialmente e a contribuír ao desenvolvemento humano, respectando e promovendo aspiracións diversas e en conflito. Ademais, conteñen evidencia dun tipo de resiliencia reactiva, mais non ocorre o mesmo para o tipo de resiliencia proactiva.\nDiante da progresiva complexidade do medio rural na Galicia actual, na cal o monte terá un papel protagonista, non caben solucións homoxéneas. Cada territorio ten de buscar fórmulas propias conforme aos seus recursos e posibilidades, e deberá, de acordo con López Iglesias (2012, p. 137), ter en conta actividades, axentes locais fronte a foráneos, consecuencias sobre a poboación local e o papel do sector público. O desenvolvemento do sentimento de comunidade, a construción inclusiva de identidades ou a consideración dos valores que filtran a percepción da realidade e inflúen na nosa definición de benestar funcional son fundamentais para que a posibilidade da imposición de dinámicas que comprometan os modos de vida locais e a sostibilidade presente e futura dos distintos territorios sexa evitada con políticas eficaces.\nA gobernanza policéntrica e multinivel ofrece un marco integrador para entender problemas complexos, para a interacción entre sistemas sociais e naturais, e para eliminar ineficacias. Como ferramenta de deseño de políticas, pode facilitar a superación de retos relacionados coa acción colectiva, ao axudar á escolla do nivel correcto de implementación (Wyborn e Bixler, 2013). Este traballo pretende ser un paso na representación do papel das percepcións nun modelo de gobernanza multinivel para as comunidades dependentes do monte, que debera desenvolverse en profundidade en investigacións futuras.\n5. Conclusións\nEste traballo demostra que abandono, extractivismo (forestación) e utilitarismo son fenómenos complementarios cuxas interaccións sosteñen unha percepción de irreversibilidade sobre o benestar do rural e das comunidades dependentes da actividade forestal. O reforzo mutuo entre os tres crea unha inseguridade sobre a provisión de medios de vida da poboación local no futuro, tanto materiais como emocionais, ademais dunha probabilidade de acción colectiva baixa. Entre os mecanismos que os conectan, identificados por este artigo, atopamos o sentimento de lugar, a sensación de perda de capacidade de control ou axencia, o apego comunitario, a construción negativa de identidades, a avaliación sobre a xustiza, ou a gobernanza. Estas variables sociais contribúen á creación dunha dependencia da senda e ao bloqueo, teñen unha natureza independente e son dimensións constitutivas dunha situación de dano estrutural sobre as institucións sociais.\nVarias implicacións para a diagnose actual e o deseño de políticas para a creación de condicións de vida aceptables no rural poden derivarse deste traballo:\n4º. Do estudo derívase o paradoxo de que, sendo a capacidade de axencia reducida, e en ausencia dun colapso do sistema produtivo, este só cambiará diante dun shock ou intervención externa, como pode ser a do sector público, responsable directo da creación do sistema de incentivos para que as plantacións industriais se espallaran como uso do solo en Galicia.\n5º. A contribución metodolóxica consiste en que o recurso a ferramentas propias da Teoría de Sistemas permite identificar, desconstruír e avaliar o impacto de procesos caracterizados como irreversibles. Estas ferramentas facilitaron o achegamento ao benestar presente e futuro a través dunha cosmovisión conxunta.\n6º. A incorporación das visións retrospectivas de futuro e o prisma do benestar funcional no deseño de investigación conectan a diagnose actual co prognóstico futuro e coa axencia, salvando distancias entre as dúas, o que nos permite achegarnos a un tempo a dimensións estáticas e dinámicas da interacción entre persoas e monte.\nRelacionado con todo o anterior, e nun plano teórico, os resultados obtidos confirman unha comprensión do benestar entre as persoas entrevistadas como característica dun sistema (na actualidade en termos de satisfacción, identidade ou empoderamento) e como proceso dinámico (cara ao futuro e relacionado coa capacidade de provocar cambios a través da acción colectiva). Este operativo encaixa cos marcos de análise dos estudos da resiliencia, da gobernanza policéntrica ou dos sistemas socioecolóxicos, e considerámolo prometedor como vía para o diálogo interdisciplinar e para a acumulación de evidencias sobre o papel das variables sociais na sostibilidade.\nCon todo, se ben neste traballo buscamos patróns que permitiron a elaboración dunha única cosmovisión, sería interesante complementala cunha análise sobre como esta varía, incluíndo unha maior diversidade de persoas entrevistadas. A ampliación do tamaño da mostra en traballos futuros permitirá identificar empiricamente os mecanismos explorados neste artigo, operar coas variables e coas súas relacións, e ponderalas mediante procedementos estatísticos. Finalmente, o estudo pormenorizado da axencia podería estender a comprensión sobre a relación entre benestar, percepcións e acción colectiva."} +{"summary": "Neste texto descríbense a organización estrutural e funcional do ICE da USC no comezo dos pasados anos noventa, indícanse os programas de acción desenvolvidos, as limitacións contextuais e propias da Institución e as consecucións máis apreciables. O texto, escrito por quen tivo responsabilidades directivas na Institución, serve ademais para realizar unha reflexión crítica sobre a funcionalidade do Instituto de Ciencias da Educación da USC e para propoñer unha desexable perspectiva de desenvolvemento como “Instituto (Galego) de Ciencias da Educación”.", "text": "OF SANTIAGO DE COMPOSTELA (COURSES 199192 TO 199394). DESIRES, PURPOSES, REALITIES AND ACHIEVEMENTS\nAntón Costa Rico\n : Ciencias da Educación; USC; investigación pedagóxica; Galicia; formación do profesorado.\nHai 24 anos\nTantos anos xa que a memoria persoal, necesaria pero fraca e por veces tramposa ou reacomodada no tempo, non serviría para dar conta adecuada e con suficiente obxectividade do que aconteceu nese período de tres cursos nos que tiven a oportunidade de realizar tarefas de dirección dun\n74 anTón CoSTa rICo: O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da USC dos Institutos universitarios da nosa Universidade, un dos primeiros creados nela, se ben por impulso da Administración central ás portas do inicio da década dos anos 70, formando parte da posta en marcha da reforma educativa española suscitada arredor da Lei Xeral de Educación de 1970.\nPor fortuna e algún coidado do arquivo particular dispoño de dous documentos que me servirán de guía. Nalgún momento da primavera de 1991 o Vicerreitor de Profesorado profesor Xulio rodríguez López, trasladándome o desexo do reitor ramón Villares, invitábame a asumir a responsabilidade da dirección do ICE no comezo do cursos 199192 e aceptado o reto pensei que debería examinar o que esta Institución universitaria viña sendo daquela, o que se lle demandaba no marco estatutario aos varios Institutos universitarios da USC, os seus condicionamentos e oportunidades e o que de singular podería ter como “Instituto de Ciencias da Educación en Galicia”, dado que ademais non había outros. Contemplando o conxunto de elementos compuxen o texto O ICE da Universidade de Santiago, asinado en Setembro de 1991, asentando daquela unha copia no rexistro administrativo propio do ICE. Alí se expoñían un xeral diagnóstico dunha institución que variara a partir do curso198687 unha parte da súa concepción, ao deixar de pertencer á rede de ICEs da Administración central, unha vez aprobado o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981 e realizadas tamén as transferencias universitarias, e se sinalaban propósitos que só parcialmente se puideron levar a cabo posteriormente e ao longo do trienio indicado. O segundo e preciso documento editado é a Memoria 19911994 1, que porén non dispón xa non digo de ISBN, senón tampouco de Dep. Legal e por iso será que non consta ningún exemplar nos fondos da nosa Biblioteca Universitaria 2, pero servirá aos efectos desta presente achega.\nQue era o iCe da usC\nEste Instituto creouse ao abeiro do Decreto 1978/1969 e da LXE de 1970 como un centro de investigación e de especialización no campo da educación, coa específica finalidade de impartir a formación inicial de capacitación pedagóxica docente (CAP) dos profesores de ensino secundario, de contribuír á formación permanente do profesorado dos niveis non universitarios, así como a de promover a investigación pedagóxica e prestar asesoramento técnico á propia Universidade e demais centros do sistema educativo.\nDesenvolvera estas funcións ao logo das década dos setenta e durante o primeiro quinquenio dos oitenta, pero a mediados desta década a formación permanente do profesorado de niveis non universitarios, transferida con outras funcións á Comunidade Autónoma de Galicia, deixou de ser unha das tarefas do ICE, que seguiu, en todo caso cos cursos de CAP, con actividades de investigación, pero xa sen obedecer a un Plan Estatal (coa perda de recursos económicos que isto significaba), e encontrándose coa activación da investigación educativa desde os novos Departamentos universitarios das Facultades de Filosofía e Ciencias da Educación, entre elas a de Santiago, e con actividades de asesoramento, que eran, por outra parte de menor visibilidade, xunto a algunha capacidade aínda conservada no eido da publicística pedagóxica.\nNeses termos, nun escenario de reaxustes e dalgunha incerteza institucional, organizativa e funcional, o equipo directivo antecesor, con Manuel Bermejo, como Director, e José antonio Caride como Vicedirector, procederon a distintas reformas, que acadaron tamén ao cadro docente e técnico estable (de moi reducidas dimensións e limitadas capacidades), pero sen poder cerrar a incerteza a que aludimos, dada a singularidade do ICE como Instituto Universitario; unha singularidade non contemplada á hora de establecer principios e criterios para os Institutos universitarios no marco dos Estatutos da USC, concordantes coa Lei de Ordenación Universitaria de 1981, que os facía centros para o desenvolvemento da investigación científica imbricados cos distintos Departamentos Universitarios, o que non se acomodaba a un ICE que tiña como actividade central a docencia e como complementaria a de investigación pedagóxica, sen se lle recoñecer un cadro de investigadores específicos, nin a posibilidade de integrar no computo horario docenteinvestigador (nos PoDs) a posible presenza da dedicación investigadora nos programas do ICE 3.\nprofesores antecitados e unha distribución en cinco sés: a central de Santiago, máis as da cidade da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, co auxilio en cada caso dun coordinador “local”, habitualmente algún dos profesores das Escolas de Maxisterio en cada caso existentes e colaboradoras en canto a espazos docente e outras tarefas;\nc) a composición, edición multicopiada e distribución de amplos dossiers de documentación (apuntamentos) para os 1600 alumnos nas cinco sés sinaladas e para todas as materias do ciclo teórico; d) o cambio de instalacións do Instituto e dos seus arquivos (xa grosos) a fin de ocupar o 4º andar do que actualmente é a Facultade de Filosofía, á porta de Mazarelos 7 ;\ne) a elaboración e asinamento de Certificados de realización dos Cursos de CaP en número probablemente próximo aos 3000 solicitados por profesores de toda Galicia, a raíz dalgunha medida administrativa solicitada pola Consellería de Educación.\nComo choque para o primeiro trimestre do curso 199192 e como ‘exercicio de dirección’ non estaba mal. Menos mal que o nadal puxo un pouco de tranquilidade.\nb) organización, sectores, desenvolvemento\nO cadro de recursos humanos estables compúxose entón do seguinte modo: unha dirección (con dedicación compartida coa docencia na Facultade de Ciencias da Educación), cinco profesores (coa central tarefa dos cursos de CAP), catro PAS 8, un posto exclusivo de persoal técnico de documentación e biblioteca, e unha bedelería compartida; isto é, doce desempeños, a quen había que adxuntar, con dedicacións parciais, unha directora da área de formación de profesorado, un director da área de investigación educativa e un director da área de documentación administrativa 9.\nCon descontinuidade no tempo e nas xornadas ao longo deses tres cursos académicos acompañaron a este equipo humano máis estable unha media de sete bolseiras 10 por curso, cun total de 14 persoas, das que actualmente a metade son profesoras ou profesores universitarios. Non quero esquecer aquí, non debo, a rede de profesoras e profesores, algúns en centros universitarios e a maioría presentes en niveis non universitarios que se sentían en colaboración co ICE, achegando así unha efectiva rede de intercomunicación que permitiu desenvolver máis tarefas das que tería sido posible só cos recursos propios: ben por formar parte de equipos de investigación, ou do Taller de Educación Ambiental, ou por ser titores de alumnos de CAP...; contribuíndo deste modo a xerar un valioso nodo entre sectores do profesorado de todo o sistema educativo 11. 7 Cunha apreciable melloría no conxunto das instalacións (despachos, salas de traballo, biblioteca e centro de documentación, e arquivo, ao pasar dos 540 aos 800 m 2 8 non permanentes nesa cifra e con dedicación á oficina administrativa. 9 responsabilidades que ocuparon respectivamente a profesora María del Pilar Jiménez aleixandre, Xosé rubal rodríguez (só durante o curso 199192) e Vicente Peña Saavedra, quen ligados ás tarefas docentes na Facultade de Ciencias da Educación ou na Escola de Maxisterio vían limitado o seu tempo de intervención no ICE, en particular nos dous últimos casos. 10 Con diversos tempos de contratación para os varios proxectos de investigación levados a cabo. 11 En ocasións esa mesma vinculación tiña relación con fíos difusos, como en ocasións podía ser a pertenza de uns e outros a plataformas de renovación pedagóxica, en particular Nova Escola Galega.\nA xestión administrativa, que repousaba sobre un Negociado con dous postos constantes, era ben notable. Son indicio as 7000 (sic) dilixencias administrativas e as 1500 operacións de pago 12, rexistradas na primeira das anualidades contempladas 13.\nO ICE dispoñía dunha BibliotecaCentro de Documentación Pedagóxica tradicionalmente posto a disposición do profesorado, tanto dos centros universitarios como en particular dos outros niveis educativos. Nos anos setenta a súa importancia era superior á da nacente Biblioteca da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación (Sección de Pedagoxía). a fins desta década era, porén, esta Biblioteca a que gañaba superior protagonismo, e posteriormente os fondos da Biblioteca do ICE pasarían a ser organicamente unha parte dos fondos da biblioteca da Facultade. En febreiro de 1992 mediante a aprobación do documento “Bases para un programa de funcionamento da División de Documentación Educativa e Publicacións” procuramos reforzar a súa potencialidade no ámbito das didácticas específicas para a formación inicial do profesorado de educación secundaria, potenciar a edición e difusión dos traballos de investigación e dos materiais didácticos realizados e promovidos polo ICE e darlle, ademais, un acento específico: a achega, catalogación, conservación e posta a disposición dos profesionais da educación da documentación educativa xerada en Galicia, algo que comezaba a ter unha constatable importancia, a modo de publicacións de libros de texto, recursos didácticos, e de unidades e guías didácticas, en ocasións con modesta edición 14, con algunha aspiración de ser Centro de Documentación Educativa de Galicia.\nA Biblioteca dispuña a mediados da anualidade 1994 de case 8000 títulos editados, dos que máis de 1700 ingresaran ao longo do trienio 15 (764 deles por doazón). Dispoñía de 129 publicacións periódicas abertas, 59 delas por doazón/intercambio, conservando 176 coleccións pechadas e con distinto volume en cada caso. A súa beira, estaba catalogado distinto material audiovisual, 12 Incluíndo, por exemplo, o pago de dietas do profesorado dos cursos de CAP ou o das persoas que interviñan na aplicación de cuestionarios centro a centro e curso a curso en toda a USC. Cuns orzamentos anuais do ICE que se moveron en cifras próximas aos 50 millóns de pesetas, sendo o equivalente a algo máis de catro quintas partes dedicadas á organización e desenvolvemento dos cursos de CAP, o que revela a singularidade do ICE en canto Instituto universitario. 13 Compre salientar que a celebración anual do CaP consumía moita oficina, como sinalamos, o que actualmente parecería incrible: matriculación, confección de listados e grupos de alumnado, elaboración de fichas e avaliación, comunicación escrita cos estudantes, profesores e profesorestitores (co envío de documentación oportuna, para os períodos de prácticas, así como a recepción dos informes de avaliación; máis de 2000 no curso 199394), confección de certificados, rexistro e control de saída de títulos, confección de nóminas do profesorado... 14 así, neste trienio ingresaron nos fondos bibliográficodocumentais do ICE un amplo e diverso material en relación coa educación en Galicia, sendo isto unha liña de traballo que non se continuou posteriormente coa intensidade realizada neste período. Vinte anos máis tarde abría as súas portas o Museo Pedagóxico de Galicia (2004), que entre outros antecedentes, poucos, contaba coa aprobación na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei, presentada polo grupo de Esquerda Galega, para que a Consellería de Educación procedese á creación do MuseoCentro de Documentación Pedagóxica de Galicia. o MUPEGa durante os seus primeiros anos, en particular, procurou levar a cabo esta tarefa de reunión documental. 15 No período tramitáronse facturas de compra por valor de 3.600.000 pts.\nen particular no campo da educación ambiental, e un fondo vario de documentos relacionados coa ensinanza en Galicia 16, con algunha frecuencia posto a disposición de distintas entidades 17.\nc) un instituto de investigación\nProcuramos, en liña de continuidade co que xa se viña realizando, deseñar un perfil de actuación coas seguintes tres liñas:\n– Unha sección de Investigación Avaliativa como unidade especializada, responsabilizada da análise da calidade da docencia universitaria, e que puidese estar aberta a realizar estudos de diagnóstico e de avaliación institucional do sistema educativo en Galicia, a través da posible realización de convenios coa Consellería de Educación, – Unha sección relacionada cos estudos de Bilingüismo, acaída no escenario sociolingüístico de Galicia, que xa contaba cunha certa tradición investigadora no ICE, – E una sección de investigación no campo dos Deseños curriculares e das Didácticas especializadas, nun momento por outra parte de certo dinamismo neste campo á sombra da recente aprobación (1990) da Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE).\nTocantes á sección de Investigación avaliativa debemos falar en primeiro lugar dos procesos de avaliación da actividade docente do profesorado por parte do alumnado da USC. Fixéranse con anterioridade tres procesos anuais de avaliación, tomando por base o ICE, baixo a dirección do profesor Javier Tejedor, que se trasladara en 1991 á Universidade de Salamanca. Pero no ICE non quedaran máis que varios precarios papeis sobre a cuestión, de tal modo que na primavera de 1992 houbo que comezar de novo: equipos de traballo, concepción e tradución metodolóxicaoperativa, cun orzamento de catro millóns de pesetas. Unha grande dificultade só sorteada co traballo laborioso e a eficaz colaboración de dous bolseiros 18. Dos 60.000 cuestionarios aplicados en 1992, pasamos aos 85.000 e 96.000 dos anos sucesivos 19. Unha grande laboriosidade, pois. Tivemos a intensa preocupación por deseñar un a modo de manual operativo e de tarefas que servira para o desenvolvemento de posteriores operativos nas quendas que fose.\nA outra intención era a de poder elaborar estudos e informes a petición e por convenio coa Consellería de Educación. Neste ámbito debo referirme, en particular, á serie de estudios de “Avaliación da xornada lectiva de sesión única en Galicia” (realizados entre 1988 e 1992), baixo a dirección do profesor José antonio Caride e coa intervención de quince investigadores, e ao logro que supuxo atraer cara o ICE a realización dos estudos de Informe anual sobre o estado e a situación do sistema educativo en Galicia por encargo do Consello Escolar en Galicia, entregándose o primeiro deles, de carácter global en 1994: “O sistema educativo en Galicia (niveis non universitarios). Curso 199293”, baixo a nosa dirección e coa participación de trece investigadores 20.\nEn relación cos estudos de Bilingüismo cómpre sinalar que no ICE existía algunha tradición de estudo desenvolvida nos anos 70 mediante traballos dirixidos polos profesores da USC José Pérez Vilariño e Guillermo rojo. a cuestión desatendeuse neste plano investigador logo e retomouse a mediados dos anos oitenta coa participación do profesor Xosé rubal rodríguez, que continuou no comezo do trienio 9194, materializándose nos seguintes informes: “A lingua do alumnado e profesorado das franxas occidentais de Asturias, León e Zamora” 21, a tese e doutoramento de Neves arza arza “Bases para a planificación da normalización da lingua galega no ámbito escolar” e na publicación en 1992 do coidado informe Aproximación á situación da lingua no ensino non universitario (Preescolar e EXB). Pero no curso deste Trienio esta Sección decaeu ante as dificultades administrativas e a dificultade de obter financiamento público.\nA investigación no campo curricular e didáctico logrou a súa plasmación nos seguintes proxectos realizados: “Estudo sobre as clases prácticas de botánica” (5 investigadores, baixo a dirección de María Pilar aleixandre), “Proxecto curricular de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia aula Sete. Materiais curriculares para a ESo” (8 investigadores baixo a dirección de ramón López Facal)”, Aprendendo ciencias no Ensino Secundario (ACES)” (13 profesores investigadores, baixo a coordinación mancomunada de Jiménez aleixandre, Lorenzo Barral e otero Gutiérrez), “Elaboración de materiais curriculares na área tecnolóxica da Educación Secundaria (7 profesores, baixo a coordinación de antonio rial rodríguez).\nAdemais, desenvolvéronse outros tres informes: “Os aspectos cualitativos da FP en alternancia” (antonio rial), “EurosurveyGalicia” (realizado desde o Taller de Educación ambiental 22) e “a demanda de educación superior e as súas implicacións no rendemento académico” (María L. rodicio).\nCómpre indicar que todos os Informes deron lugar a distintas contribucións académicas publicadas polos seus autores; en varios casos tiveron edición como Informes por parte de Institucións\n20 Este primeiro, esixente e amplo informe, enlazaba de algún modo cun Informe previo realizado con varios anos de antelación como Informe Cero tamén desde o ICE e a través de convenio específico coa Consellería de Educación. Seguiríanlle outros Informes a veces bianuais e de carácter temático ata que en 2006 se publicou outro extenso e esixente Informe global, neste momento baixo a dirección do profesor Miguel anxo Santos, neste momento tamén director do ICE. 21 Con edición por parte do Consello da Cultura Galega en 1992. 22 Coa implicación sobre todo dos profesores Caride Gómez, Morán de Castro, Manuel a. Fernández Domínguez e Meira Cartea.\npúblicas ou a cargo do Servizo de Publicacións da USC. nalgún casos tamén significaron a elaboración de materiais didácticos para uso docente no ensino primario e no secundario.\nd) o impulso á difusión editorial\nNo período contemplado publicáronse por parte de Institucións públicas, pois, varios Informes de investigación elaborados desde o ICE, varios desde o propio ICE, entre eles 20 anos de investigación educativa en Galicia (19701990), baixo a coordinación de Cebreiro López e Míguez rodríguez, e distintos materiais didácticos de diversa temática 23, unido isto ás iniciativas de publicación e de difusión emprendidas polos propios profesores e investigadores e investigadoras ligadas ao ICE.\ne) Formación e asesoramento docente\nFixemos a oportuna referencia aos Cursos para a obtención do Certificado de aptitude Pedagóxica 24. Diremos aínda que o Ciclo de formación teórica tiña unha compoñente formativa en relación coas didácticas específicas mediante a estruturación de catro Seminarios docentes, que a súa volta organizaban 15 materias didácticas 25 e uns 140 profesores e profesoras, o que tiña logo a súa continuidade na celebración de Ciclo Práctico, establecido en 50 horas de duración, que significaba a entrada en contacto con numerosos centros e profesores de Institutos de toda Galicia, como indicamos atrás.\nE por isto que tamén o ICE convocou distintas Xornadas e Seminarios de Formación, tendo como iniciativas máis notables no período: o VII Simposio español de ensinanza da Xeoloxía (con case 400 participantes), o II Seminario español sobre desenvolvemento curricular na área das CC. Sociais, Xeografía e Hª no ensino Secundario”, catro sesións específicas de formación do profesorado dos distintos Seminarios docentes, unha xornada de traballo con 150 profesores titores de Prácticas, e un Curso de Técnicas de Grupo aplicadas á Formación celebrado en distintos momentos e sesións para 70 profesores titores. En troques, non foi posible construír un Programa de formación didáctica para o profesorado universitario, a pesar de desenvolver algunha inicial tarefa. 23 Entre outros: Itinerarios didácticos por la geología gallega, Tecnoloxía, O patrimonio arqueolóxico e artístico I, II, Textes français pour l´entrée a l´Université, Alimentación e Nutrición, Proyectos curriculares de Ciencias Sociales. 24 o profesor antonio rial, do cadro de recursos estables do ICE, exerceu a coordinación xeral organizativa destes Cursos, coa colaboración dos coordinadores de Seminarios, das didácticas especiais e dos catro presentes nos outros Campus de Galicia. 25 os Seminarios de Filoloxía (Galego, Español, Francés, Inglés e L. Clásicas), Xeografía, Hª e CC. Sociais (Xeografía e Hª, Filosofía, Música), CC. Experimentais (CC. naturais, Física e Química, Matemáticas e CC. Experimentais), Tecnoloxías, Educación Física e Belas artes (Debuxo técnico, E. Física, Tecnoloxías).\nf) Taller de educación ambiental\nDe modo estable viña funcionando con sede no ICE un Taller de Educación ambiental que así o continuou realizando 26 neste período para a formación ambiental do profesorado (formación, sensibilización, debate, construción de recursos, intercambio de experiencias, elaboración de informes) e con diversas actividades abertas ao público; un Taller que contou ademais, ata 1993, cunha subvención pública da Consellería de ordenación do Territorio. organizou preto de vinte conferencias, sete visitas de estudo a enclaves e lugares de sinalado interese ecolóxico e ambiental, tres exposicións, preparou varios recursos didácticos editados por impulso do ICE, diversas colaboracións con outras Institucións e un proxecto de investigación formando parte do proxecto europeo Eurosurvey, con cuestións relativas a Medio ambiente e Saúde, para o que se mobilizou unha mostra estatística de 2000 alumnos galegos de ESO. Parte dos seus traballos foron expostos en reunións congresuais e o Taller chegou a reunir unha rica documentación, destacando as case 700 monografías desde o inicio da súa constitución.\nunHa esColla de realizaCións\nA máis de vinte anos de distancia este anterior exercicio descritivo manifesta a existencia dun centro académico laborioso e con un certo e apreciable grao de efectividade. Desde aí, poderíamos preguntarnos por aquilo que máis favorablemente pode cualificar este trienio. Sen unha especial orde de prioridade salientamos:\na) a preocupación certa pola cualificación da formación impartida nos cursos de CaP, que frecuentemente estaban tinxidos dunha deficiente valoración (con razón, pero tamén sen ela) por parte dos licenciados universitarios que xa os realizaran ou que se dispoñían a realizalos. o ‘campo de xogo’ en liñas xerais estaba trazado a nivel oficial e estatal, o que en por si introducía limitacións que un singular ICE, como o da nosa USC, non podía modificar. nese contexto e indubitable o esforzo realizado na busca da máxima racionalidade organizativa, na procura da descentralización, na atención titorial, na preparación da documentación escrita para o alumnado e na propia formación do profesorado participante. b) A preocupación pola seriedade na organización dos procesos conducentes á avaliación docente por parte do alumnado da USC. c) A realización da varios estudos e informes de investigación ligados ao diagnóstico do sistema educativo en Galicia. d) O inicio da constitución dun Centro de Documentación Educativa de Galicia en conexión coa Biblioteca do ICE. e) As achegas varias de investigación, en particular en relación coa lingua galega e con didácticas especiais. f) A consolidación do ICE como espazo académico de referencia para a formación e a educación ambiental en Galicia.\ng) A preocupación polo mantemento e renovación de dúas linas de publicación editorial, a pesar das limitacións económicas.\nProPósiTos non realizados\nTamén houbo propósitos non realizados ou arredor dos que non se puideron poñer primeiros chanzos efectivos. Por exemplo, adecuar a estrutura directiva e organizativa co máximo axuste ao que indicaban os Estatutos da USC para o conxunto dos Institutos universitarios.\nNo documento O ICE da Universidade de Santiago, asinado en Setembro de 1991 nas súas pp. 1415 indicábamos como liña prioritaria de investigación educativa: “a de carácter interdisciplinar relativa ao coñecemento do sistema educativo de Galicia, así como o asesoramento a grupos e proxectos de investigación xurdidos nos niveis non universitario do sistema educativo de Galicia e o servizo experto a aquelas necesidades e requirimentos de investigación educativa demandados pola Administración Educativa, en orde á toma e decisións no ámbito da política educativa” (sic), advertindo que “neste suposto dúas cuestións deberán ser dilucidadas: a primeira referente ó alcance a dar a un Instituto que no actual momento é administrativamente é só instrumento da USC, pero que podería ser, a través dos pertinentes convenios e decisións, un Centro de Investigación Universitaria con alcance sobre o conxunto de Galicia; en relación a este considerando haberá que construír a pertinente plantilla humana de recursos técnicos de investigación” (sic). A estes efectos propoñía igualmente neste documento (p. 17): “a conveniencia de singularizalo ICE da USC dentro da rede de Institutos desta Universidade”.\nArredor destas cuestións moi probablemente mantiven como Director distintas conversas con membros do Equipo reitoral sen encontrar acollida efectiva que levase a pensar en calquera modificación estatutaria por esta cuestión, ou a abrir un escenario de diálogo coas outras Universidades de Galicia carentes dun Instituto destas características, nin coa Consellería de Educación. E os interrogantes aí quedaron ‘no papel’.\nNese mesmo Documento falábase (p. 18) do “Centro de Documentación e Información Educativa de Galicia”, que só en medida moi limitada e de modo ‘voluntarista’ e precario se conseguiu poñer en marcha, como en páxinas atrás se indicou, pero sen unha vía de acordo e convenio favorecedor coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia: “un centro dinámico, propositivo e activo..., que non existe na nosa Comunidade Autónoma, contrariamente ás tradicións que veñen seguindo os distintos países no marco da proxección das súas respectivas políticas educativas” 27.\nEra propósito o de intensificar a relación cos centros educativos desde o punto de vista da formación docente e do intercambio, no suposto da ampliación dos recursos humanos dispoñibles e da especificación estatutaria do Instituto. na práctica isto foi máis limitado. nesa perspectiva sinalábamos na p. 28 do documento: 27 Eramos ben conscientes, por unha parte, da existencia dun Centro de Documentación no Ministerio de Educación en Madrid ou dos Centros Documentais de alcance internacional, como o do Bureu Internactional d´Education en Xenebra, baixo a supervisión, coma outros, da UNESCO, e, pola outra, da ‘precariedade’ e non regularidade presente nas actuacións técnicas da Consellería de Educación en San Caetano, desde onde tampouco existía a conveniente liña ordenada de comunicación institucional, en particular, coa Facultade de Filosofía e CC. da Educación (Sección de Pedagoxía) da USC.\n“Promover a celebración anual dun Certame de Premios de Investigación, Innovación e Experiencias Educativas de Galicia, de modo a favorecer o encontro entre a reflexión, o pensamento e a práctica educativa, así como a constitución no ICE dun fondo de documentos didácticos e educativos sempre crecente e de interese para os investigadores, como para os docentes universitarios formadores de novos profesores”\nA estes efectos xeramos logo un documento coas posibles Bases dos Premios Padre Sarmiento de Educación en Galicia, non natos naquel período de 199194 28. Tampouco foi posible desenvolver outro propósito: a creación dun “Foro Galego de expertos e responsables de Programas de Educación”, ao que aludimos na p. 95 da Memoria e do que só se xerou un documento de bases, que non tivo ningunha consecuencia práctica.\nunHa Posibilidade: o insTiTuTo (GaleGo) de CienCias da eduCaCión\nAlgo máis de vinte anos transcorreron con diversos cambios nos equipos directivos do ICE 29, mentres foron minguando as funcións e tarefas deste Instituto e a súa influenza educativa, en distinto modo e con distinta intensidade, non exenta dalgunhas moi positivas realizacións investigadoras e de formación (con algún importante recoñecemento incluído), entre as que se inclúen algunhas valiosas publicacións e a revistaanuario de Innovación Educativa que agora mesmo o lector examina. Porén, sendo certo que o ICE non ten capacidade nin posibilidades para situarse como un actor da investigación educativa no mesmo territorio onde se estableceu a dimensión investigadora realizada desde os Departamentos universitarios ligados ás CC. da Educación, o seu patrimonio académico, sen ser marcadamente brillante, é un valioso e lexítimo punto de partida para ser institucionalmente recoñecido, alén da Facultade de CC. da Educación, pola Universidade de Santiago, o que quere\ndicir valorado 30. En tanto que esa valoración se faga poderán vir outras reflexións serias. o desenvolvemento educativo de Galicia hoxe é amplo, dinámico e complexo, como o son tamén amplos, 28 En Outubro de 1997 tiven a fortuna de ser electo Decano pola Xunta de Facultade da nova Facultade de Ciencias da Educación e entre as diversas iniciativas no ano 2000 celebramos a Primeira convocatoria dos Premios María Barbeito de Educación en Galicia a proposta decanal, que diriximos a todos os centros educativos de niveis non universitarios de Galicia, con dúas modalidades, a de Investigación e a de Experiencias educativas, con dotación económica ambos os dous, sobre a base do documento elaborado para os Premios Padre Sarmiento no marco do ICE. Previamente a esta convocatoria de Premios, a Xunta de Facultade aprobara a proposta do Equipo Decanal establecer como patrón da Facultade o Padre Sarmiento, acolléndose ao día do seu natalicio. Parecía oportuno que dispoñendo xa dun nome de varón (o Padre Sarmiento) así recoñecido, que os Premios enxalzaran con todo merecemento a unha muller, como propuxo na ocasión a profesora aurora Marco: María Barbeito. Interrompida a convocatoria destes Premios desde a Facultade, Nova Escola Galega concertou co Concello de Compostela a convocatoria para toda Galicia dos Premios para experiencias escolares “EducaCompostela”. Máis recentemente a través do exercicio vicedecanal do profesor Xesús rodríguez rodríguez a Facultade de CC. da Educación volvería realizar unha nova convocatoria dos Premios María Barbeito. 29 Baixo a dirección respectivamente dos profesores sempre ligados profesional mente as CC da Educación Miguel Zabalza, Miguel a. Santos, Xosé Cajide e ana Mª Porto, no presente. 30 Teño a impresión de que a USC, desde os seus equipos reitores e actores ‘con maior influencia’, nunca valorou adecuadamente este seu Instituto. Máis ben se sentiu que cubría unhas tarefas ‘necesarias’, pero non dinámicos e complexos os retos aos que día a día ten que enfrontrarse. E creo que no ámbito dos niveis educativos non universitarios o fai, autolimitándose, con menos instrumentos, capacidades, dedicación e destrezas do que precisa.\nretos, problemas, demandas, prospectiva. Todo se xunta na plasmación do desenvolvemento social da educación. Cómpre que o poder político (tanto parlamentario, como executivo), a Administración pública, as institucións de formación,...dean e articulen respostas e programas de acción, sostidos e participados democraticamente, facéndoo con esixencia intelectual, comprensión do tempo no que se vive e dos seus horizontes e con creatividade. Sendo así, o poder executivo ten unha capacidade limitada de resposta, por máis que dispoña dos instrumentos propios da administración pública e da relativa capacidade financeira.\nParte considerable das decisións a tomar e dos programas a implementar teñen maior complexidade académica e técnica da que é capaz de aprehender en por si como poder ou como administración. Porén, con frecuencia faise sen a suficiente conciencia desa complexidade, ou en habendo unha puntual consciencia acódese ou a staffs privados cun inoportuno e abultado custe económico ou á formula de convenios coas Universidades a efectos de interesar a un determinado Grupo de Investigación consolidado e probablemente acreditado, pero que frecuentemente é experto nun conxunto de temáticas, no caso socioeducativo, que polo seu espectro non teñen porque ser as de maior interese para unha Administración pública como pode ser a Consellería de Educación e de Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, mesmo porque con frecuencia os Grupos de Investigación en activo teñen condicionamentos 31, ligados á consecución de recursos financeiros, á promoción académica e profesional dos seus membros, ás políticas xerais de investigación universitaria en España e de recoñecemento internacional da súa produción académica.\nTeño a convición de que a administración Pública Educativa de Galicia precisa un cerebro experto, nunca un artefacto tecnocrático, pois que tantos son os aspectos organizativos, funcionais, curriculares, de innovación, de avaliación, e de formación que pertencen ao campo das competencias políticoadministrativas, que é necesario atender con esixencia e lucidez. Sen ir máis lonxe, aí temos un asunto tan central como a elaboración de deseños curriculares, que a Consellería encarga a grupos de profesores 32 segundo a súa especialización didáctica para a súa confección en períodos excepcionais de tempo (tres meses??), antes de pasar a ser examinados tamén nun período máis breve de tempo polo órgano deliberativo e consultivo que é o Consello Escolar de Galicia, para a necesariamente ‘desexables’, vindo de aí una minusvaloración institucional que acompañou probablemente sempre a súa existencia. En todo caso, foi a miña máis consciente percepción no tempo do meu mandato directivo. 31 Isto é, actualmente carecen involuntariamente da suficiente capacidade de autonomía, co que iso pode comportar e comporta en canto á creación de coñecemento e as súas características e significados; un déficit que en particular está a penalizar entre nós o desenvolvemento das ciencias sociais e do coñecemento experto e crítico. 32 onde se encontran profesores con maior ou cualificación didáctica e curricular situados en varios lugares: algún na propia Consellería de Educación, algún formando parte dos Centros de Formación Continuada e outros como docentes dos diversos centros escolares, quizais algúns recoñecidos ademais con algún premio de innovación educativa e similar.\nsúa inserción inmediata no Diario Oficial de Galicia, para o seu xeral cumprimento. Faise con xeral ausencia da capacidade experta que se concentra nos Centros universitarios de formación do profesorado e de ciencias da educación, naturalmente sempre e en conxunto máis atentos ao desenvolvemento investigador, con máis capacidades e destrezas metodolóxicas e con mellor coñecemento de enfoques, debates e orientacións internacionais con relación ás diversas cuestións que poderán ser planteadas e examinadas.\nO Instituto (Galego) de Ciencias da Educación debería ser ese lugar que como cerebro experto concentra capacidades técnicas e recursos humanos cualificados para o desenvolvemento investigador e avaliativo, segundo un programa de traballo de base cuatrienal, cunha dirección académica, un cadro investigador periódica e parcialmente renovado en parte dos seus desempeños, baixo a tutela dun Consello Asesor, a delimitar, con representación autocontida das tres Universidades de Galicia, da Consellería de Educación e da Xunta e Galicia en conxunto, dos docentes (desde a súa representación sindical) e do Consello EconómicoSocial de Galicia: o órgano que aproba as liñas de investigación e de actuación xeral do Instituto, os seus orzamentos xerais, substancialmente públicos, e as súas memorias de avaliación.\nPor que non pensar que o ICE da USC, situado en Santiago de Compostela, adoptados os acordos e convenios precisos interuniversitarios e coa Xunta de Galicia, non podería ser ese Instituto preciso, e que en parte tomase en consideración para o seu funcionamento ordinario o que son prácticas consolidadas en diversos Institutos pertencentes ao CSIC? Por que non pensar que podería desempeñar ese espazo preciso intermedio, de diálogo e de concertación oportuna, situado entre a Administración educativa, cos seus desempeños e ritmos, o espazo académico universitario das ciencias da educación en particular, e o espazo pluriforme dos centros escolares, do profesorado e técnicos locais da educación, e dos actores sociais?\nNo presente aínda o contemplo con maior claridade que cando algo así formulaba hai máis de 20 anos. Terán que pasar outros 24?"} \ No newline at end of file