{"summary": "Galicia presenta unha longa tradición de escavacións de xacementos da Idade do Ferro dende fi - nais do século XIX. Malia a grande cantidade de investigacións, o intercambio da información xerada continua a ser opaca e a expresarse en formatos dificilmente interoperables, polo que o seu empre - go non reverte habitualmente nunha maior calidade científica ou profesional. Neste texto realízase unha biografía das escavacións e sondaxes sobre a cultura castrexa en base aos datos aportados nas publicacións −a única fonte existente−, ao tempo que se reclama a necesidade de establecer un debate sobre o intercambio de datos en formatos estándares e de acceso público.\nTEMOS DA IDADE DO FERRO? No século XIX evidenciouse en Galicia o xurdimento da arqueoloxía. A Idade do Ferro foi un tema preferente, grazas ao senlleiro dos seus asentamentos máis característicos e á mitoloxía popular en torno deles. Os castros definiron esta etapa cultural enmarcada cro - noloxicamente entre os séculos VIIII a.C. non obstante, como modelo de asentamento presenta unha perduración maior e unha certa materialidade común que motivou tratalos coma unha cultura arqueolóxica de seu, a Cultura Castrexa, tanto dende as súas primeiras manifestacións no Bronce Final, ata ocupacións posteriores ao inicio do seu abandono xeneralizado no século I d.C., ou reocupacións serodias de época baixoimperial ou medieval que responden a unha realidade social xa modificada.", "text": "QuE TIPO DE COñECEMENTO\n\nIdade do Ferro, Noroeste ibérico, Infraestruturas de Datos Espaciais (IDE), biografía escavacións.\nO coñecemento da Idade do Ferro (asociado ao castro) foi aumentando, transformándose, adaptándose e sustentándose sobre cada debate establecido e cada teoría, técnica ou metodoloxía incorporada ata hoxe, mais ao longo de toda esta andaina seguen sen ter resposta unha serie de preguntas básicas. Cantos xacementos desta cronoloxía hai en Galicia? Onde están? Cantos foron escavados? Que metodoloxía foi a empregada? Cal foi a materialidade recuperada? Cantas campañas? Canta superficie? Para case ningunha delas existen datos concretos, ou polo menos, de habelos, a miúdo non o son dunha maneira explícita.\nrarely expressed in interoperable formats. As such, its use does not usually result in increasing scientific or professional quality. In this text a biography of excavations of the Castro Culture is presented based on the data provided in the literature, the only source that exists, while also highlighting the need to establish a debate on the exchange of data in standard formats with public access.\nEstas ausencias acentúanse de entrarmos en cuestións claves para entender o peso e configuración do sector, habitualmente acerbas na profesión. Que organismo/persoa o financiou? Que cantidade se inverteu? Cal foi a finalidade da intervención? Detrás destas interrogantes emana un debate, o de como (na arqueoloxía) xeramos e accedemos á información.\nO discurso arqueolóxico emana duns estándares acordados e recoñecibles. Os protocolos e termos manexados son comprensibles nun principio. Existen, así e todo, códigos diversos no rexistro da información, diferenzas que poden provir do emprego de diversas metodoloxías de campo ou de denominacións de conceptos entre outras. Contra isto son varias as iniciativas pensadas para establecer unha conversa entre as linguaxes existentes (tesauros) e así fuxir do caixón de xastre que ás veces se produce cando non procuramos unha información para ser utilizada alén do uso privado. O noso obxectivo neste texto é máis sinxelo, o de reclamar a través dun exemplo concreto (a biografía das escavacións en xacementos da Idade do Ferro en Galicia) a necesidade dunha mellor xestión de datos, e a do seu uso público para a comunidade arqueolóxica como punto de partida. Consideramos que determinadas expresións da información se producen en formatos dificilmente interoperables −o uso do soporte papel, ou ás representacións gráficas estáticas−, aquelas nas que os datos só existen como texto ou como imaxe. Obviamente non nos estamos a referir a todas as formas do discurso arqueolóxico, senón ao intercambio de determinado tipo de información.\nMalia as posibilidades que as novas tecnoloxías nos ofrecen, as formas actuais de intercambio e publicación de datos entre os distintos colectivos profesionais da arqueoloxía −administración, empresas e academia 1 − non son áxiles nin transparentes. Ademais de obviárense a cotío os procedementos teóricos e metodolóxicos, presentan a problemática inicial de non publicar o conxunto dos datos. Polo corrente só accedemos a filtros xerados polos arqueólogos, e ignoramos os criterios de filtrado. Os exemplos son diversos: dende que material se “ensina” e en que xacemen - tos, que planos se debuxan, e cales son as variables escollidas para elaborar un traballo. As posibilidades de difusión dunha síntese ou obra específica en texto pasan imperati - vamente por ser outra síntese/obra, onde as partes tomadas da primeira configuran a to - talidade ou parte da mostra considerada na segunda, e así de forma sucesiva. Establecémonos nun discurso perigoso próximo ao principio de excepción. Todo o que sucede de forma recorrente non é esencial, sendo as desviacións da norma as que marcan a pauta, consciente ou inconscientemente. Dende o momento en que non ofrecemos a oportunidade de acceder ao global dos datos e a como se extraeron incapacitamos a análise e coartamos as posibilidades para establecer unha crítica. Falla o diálogo, e a información permanece, dalgún xeito, silenciada.\nPara optimizar a información arqueolóxica serían necesarias varias consecuencias, pero quizais dúas sobremaneira: información pública e un formato de datos lexible para todos os usuarios 2. Independentemente do que consideremos un usuario (un arqueólogo, un investigador, a administración, ou un público non especializado), resulta obvio, ao noso parecer, que a información procedente do rexistro dunha intervención arqueolóxica debería entregarse en soportes que poidan utilizarse por outra persoa allea sen necesidade de que a volva reelaborar/reescribir. En todo caso, este problema non é exclusivo de Galicia, nin tan sequera deste tipo de información concreta. As novas capacidades dos formatos dixitais, e máis concretamente do pulo do traslado dos datos á nube (cloud) permitirán -e xa o fanter uns datos cada vez máis accesibles e almacenados en estándares que todos poidamos recoñecer.\nO anteriormente exposto afecta na mesma medida ao texto deste artigo, que adoece do paradoxo de eivas moi semellantes. Os seus contidos non parten dun rexistro pechado e tampouco permiten a adición ou corrección dos datos. Por este motivo forneceremos máis adiante unha serie de enlaces a outros soportes que permitirán descargar, engadir e ampliar información, ou corrixir os erros por nós cometidos, algo que dende o momento de publicación será imposible. Enténdase entón coma un ensaio sobre a potencialidade do libre acceso a unha información básica, a través dun tema que pode ser unha achega para comprender parte da actividade arqueolóxica desenvolvida na cultura castrexa en Galicia.\nVALORACIÓNS PREVIAS\nNeste traballo non se pretende un catálogo completo de todas as escavacións en xacementos da Idade do Ferro habidas ata o 2011, pois os datos non proceden dun rexistro oficial tal e como sería óptimo e esixible. Ademais, hai unha omisión consciente de certas intervencións das que non se obtiveron referencias fiables que permitan contextualizalas. Aínda que non é unha busca exhaustiva e dirixida a tal fin, si consideramos que hai un alto grao de representatividade, non tanto das escavacións da cultura castrexa en si, senón da actividade arqueolóxica transmitida a partir delas. Aserto que explicaremos a continuación.\nExisten unha serie de limitacións na elaboración deste corpus de xacementos que cómpre comentar. En primeiro lugar respecto o obxecto de estudo. Só se contabilizan intervencións que implican o rexistro de información mediante a metodoloxía de escavación, ben sexa escavación en área, sondaxes manuais ou mecánicas. Quedan excluídas, polo tanto, outro tipo de aproximacións ao coñecemento da materialidade arqueolóxica, a saber: prospeccións, limpezas, postas en valor, controis e seguimentos de obra, levantamentos topográficos, achados e noticias de materiais recom - pilados mediante procedementos non científicos, ou calquera outra actuación que non derive nunha escavación do tipo antes sinalado. Establecemos pois un nesgo en certo modo irreal respecto da praxe, coa prioridade da recuperación de datos mediante as metodoloxías antes explicadas e sobre unha época cultural acoutada, reflectindo un aspecto concreto dun - ha actividade arqueolóxica máis complexa. O motivo é a accesibilidade cara este tipo de información, onde converxen varios aspectos: unha intensa publicación e maior persistencia na biografía arqueolóxica, e, sobre todo, un maior reflexo de certos datos básicos.\nEn segundo lugar comprender as limitacións referidas á natureza da información. Todos proceden de baleirados bibliográficos e, nalgún caso, do coñecemento directo das actividades de arqueólogos participantes, ou de novas en medios de comunicación pública. Ningún dos datos proceden de fontes oficiais, agás os relativos ás intervencións dos anos 1987 a 1989 (XUNTA DE GALICIA 1989, 1991 e 1995) e do 2006 ao 2008 (XUNTA DE GALICIA 2008, 2009 e 2010), tamén en formato publicación. Esta limitación provoca que teñamos que establecer unha crítica do tipo de información almacenada. Emporiso, debemos entendelos como datos cualitativos en todo momento, pois apón o que denominamos “visibilidade” das escavacións aos datos cuantitativos. Sinalar que tampouco as referencias consultadas – agás (XUNTA DE GALICIA 2008, 2009 e 2010)– presentan un formato orientado á análise de variables indispensables para esta clasificación.\nNeste catálogo tense en conta a representación dunha información básica de cada entrada:\n• A referencia á escavación ou sondaxes nun xacemento da Idade do Ferro é dato mínimo incluído, sempre e cando se poida vincular a unha campaña de escavación única e determinable e de calquera duración, dende un día a varios meses. • Tipo de escavación. Non se expresa nun alto número de casos, ou ben non é o suficientemente claro como para discernir entre escavación en área ou sondaxes. • Ano de campaña. Non sempre aparece recollido, sobre todo en intervencións anteriores a 1980. Nestes casos optamos por empregar o ano de publicación ou unha data en base ás descricións da bibliografía por mor de ser máis sinxelo de integrar na base de datos. O uso do ano de publicación leva aparellados erros de precisión, mais consideramos que a súa inclusión nunha división por fases ou décadas aporta unha lectura que si podemos considerar dentro da evolución da actividade arqueolóxica. • Director/a ou directores/as da escavación. Antes do Decreto 62/1989 pode fi - gurar máis dunha persoa.\nO número total de intervencións referidas para este texto é de 502 dun total de 147 xacementos, clasificadas por data, arqueólogo director e tipo de intervención, que abranguen dende a primeira escavación coñecida de 1867 no castro de Zoñán −segundo López García (2003)− ata o ano 2011. Nos planos non aparecen etiquetados os xacementos, pois entendemos que a escala empregada e a cantidade de puntos suscitaría certo ruído e distorsionaría a súa lectura, por este motivo os datos de cada un (nome do inventario, código GA e localización xeográfica) e o nú - mero total de intervencións intégranse nunha táboa que se pode consultar na Figura 10 ao final do texto, ademais dos formatos e servi - zos que se expoñerán máis adiante (Capítulo 4). As limitacións que o formato papel impuxo e impón á presentación da información, esperamos salvalo con estas posibilidades, onde non nos encontraremos con problemas de etiquetaxe nin de escalas. O lector poderá acceder aos datos que queira e da forma que necesite.\nAS ESCAVACIÓNS. CONTExTOS\nDas orixes da arqueoloxía ao Seminario de Estudos Galegos (18671936)\nA procura de erudición e satisfacción das necesidades culturais foi un aliciente para que a arqueoloxía prendese entre as clases burguesas medias e altas do século XIX (BERLANGA 2001). Varias sociedades canalizaron este interese constituíndose coma grupos de traballo arqueolóxico, polo corrente de curta vida e escaso apoio institucional, coma o Museo Arqueológico Central de Galicia de Santiago de Compostela, a Comisión Principal de Monumentos Histórico y Artísticos de Ourense dirixida por Marcelo Macías, e a Sociedad Arqueológica de Pontevedra fundada por Casto Sampedro y Folgar en 1894 (PEREIRA 1996, 1997). Daquela, a Arqueoloxía mantiña unha finalidade descritiva e de catalogación de antigüidades, polo que epistemoloxicamente gardaba unha forte ligazón coa Historia da Arte.\nPero a segunda metade do s. XIX tamén suporía o seu nacemento como disciplina científica no marco europeo ao abeiro das correntes de pensamento positivistas e da man das Ciencias Naturais. Galicia non estivo ao marxe, e entraría cedo no tránsito do anticuarismo ao estudo das sociedades prehistóricas construído a partir do método científico 3. A súa ensinanza chegaría á Universidade tempo despois. A idea de implantar un profesorado especializado xurdiría co gallo da viaxe de Hugo Obermaier en 1922, e coa creación da sección de Historia na Facultade de Filosofía e Letras ese mesmo ano (ARMADA 200305, 2008). Mais debemos agardar ata 1936 para ver creada a primeira cátedra de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, a de Historia del Arte, Arqueología y Numismática, praza que\nJulio Martínez Santaolalla posiblemente nun3 “...he procurado descartar todo juicio atrevido, toda aseveración aventurada, toda afirmación insegura; pu - diendo, por otra parte, responder de que cuanto en él se contiene está fundado sobre el sólido cimiento de la certidumbre absoluta de los hechos referidos y de la más exquisita escrupulosidad en la presentación de datos, y revestido de la mayor prudente parsimonia que me ha sido posible emplear en la exposición de principios y admisión de ideas.” (VILLAAMIL1873).\nca chegaría a ocupar polo cedo estoupido da Guerra Civil (ARMADA 200305).\nAs primeiras escavacións emerxeron de iniciativas individuais de persoas podentes, habitualmente de formación universitaria, que co seu peto corrían co gasto dun traballo realizado por xornaleiros 4. Maioritariamente centráronse arredor das súas rexións de orixe ou do lugar onde exercían o seu oficio. O comezo produciuse no norte de Galicia, unha área que a día de hoxe non presenta unha grande concentración de intervencións. Os precursores foron Villaamil y Castro en Zoñán -escavado en 1867 segundo López García (2003)-, Riotorto e Vilamar (VILLAAMIL 1876); e Federico Maciñeira na Croa de Ladrido (MACIÑEIRA 1899) e en Vila dos Cotos −posiblemente o castro de Espá nas Pontes− (MACIÑEIRA 1897). Ambos amosan nas súas escavacións o paradigma científico propio da época, e o emprego de metodoloxías que serán cotiás na práctica arqueolóxica: o rexistro dalgunhas plantas, seccións e descricións dos obxectos atopados. Tamén realizan as primeiras catalogacións de castros, onde se enumeran as súas características (recintos, orientación e dimensións) e localización. Malia que tanto Villaamil como Maciñeira publicaron en revistas científicas nacionais e mantiveron frecuentes contactos coa comunidade arqueolóxica, autores como Pereira (1996) sinalan que toda esta xeira de traballos non tería grande repercusión na bibliografía posterior.\nA arqueoloxía permaneceu sen regulamentar ata os comezos do s. XX. Debemos agardar ata a entrada en vigor o 1 de agosto de 1912 da Normativa Básica de Excavaciones y de Conservación de restos y monumentos arqueológicos, publicada o 7 de xullo de 1911. Esta lei instituía a Junta Superior de Excavaciones y Antigüedade s como organismo encargado do control das prácticas arqueolóxicas, determinaba as condicións da concesión de permisos de escavación, e sometía os obxectos descubertos á propiedade estatal. Un exemplo de súa aplicación práctica é a visita no 1929 da comisión enviada pola Deputación Provincial de Pontevedra co gallo do achado de restos cerámicos no Monte de Castro de Vigo narrada en Carballo et al. (1998) e seguida con atención polos xornais época. Esta comisión estaba formada por Florentino López Cuevillas, membro do Seminario de Estudos Galegos, Antón Losada Diéguez, catedrático do Instituto de Pontevedra, e Xosé Filgueira Valverde, licenciado en Ciencias Históricas, acompañados de Castelao e do deputado Massó.\nOs anos 20 e o comezo dos 30 veñen marcados polo empuxón que lle confire á arqueoloxía o Seminario de Estudos Galegos (19231936). Os coordinadores das seccións de Prehistoria e a de Arqueoloxía foron ocupadas, respectivamente, por Florentino López Cuevillas e por Xoán Carro. O Seminario mantivo unha intensa actividade de dignificación da cultura galega nos máis diversos eidos. Os seus membros fomentaron as catalogacións de castros e as escavacións nalgúns xacementos con sona hoxe en día. Sucederíanse os traballos en San Cibrán de Las, Neixón Pequeno e Neixón Grande, Borneiro, Baroña, Vigo, Troña ou as varias intervencións en castros en torno ao concello da Estrada de Antonio Fraguas, entre outros. As campañas en Santa Tegra de Ignacio Calvo (19141923) inaugurarían as intervencións sistemáticas sobre un mesmo castro. Iniciábase dende entón o maior peso das escavacións na área suroccidental galega.\nEsta xeración veríase truncada pola represión das tendencias políticas de esquerdas a raíz do alzamento franquista. A castración da produción intelectual galeguista afectará en menor medida á arqueoloxía, pois parte dos principais responsables da disciplina no Seminario sobrevivirán asimilándose na estrutura do novo réxime.\nO FRANQuISMO E A TRANSICIÓN\nNa práctica a Comisaría deixou fóra do sistema aos profesores universitarios en todo o estado, quen no 1955 redactaron unha carta ao Ministerio competente en clara oposición a Martínez Santaollalla (HERNANDO e TEJERIZO 2011). Un ano despois (1956) sería substituída polo Servicio Nacional de Excavaciones Científicas, organismo que concederá dende entón os permisos de arqueoloxía, vinculados á aprobación dos proxectos de intervención en concepto de subvención.\nO Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (1944 en diante) herdará do papel que acadara antes da Guerra Civil o Seminario de Estudos Galegos. Non obstante, distaría tanto en ideoloxía coma en estrutura, e as similitudes entre ambos son consecuencia máis das traxectorias e iniciativas dos seus membros ca dunha liña de traballo continuísta. O primeiro director, tamén da sección de Prehistoria, foi Florentino López Cuevillas, substituído ao seu pasamento por Xesús Taboada Chivite. A sección de Arqueoloxía será responsabilidade de Fermín BouzaBrey ao ser rehabilitado na carreira xudicial despois de acusáreno de desafección aos principios do Movemento durante a Guerra (DOMÍNGUEZ 2009). Ata a transferencia de competencias á Xunta os permisos de escavación das diversas institucións centralizábanse extraoficialmente a través do Padre Sarmiento. Malia a non ter responsabilidade legal sobre a súa licitación, na praxe exerceu de filtro capitalizando o envío das so - licitudes.\nOs museos provinciais foron outra institución activa arqueoloxicamente. Os seus membros tomaron parte en escavacións e a publicación de revistas propias contribuíu á difusión do seu coñecemento. Outro aspecto transcendente foi a creación de centros museísticos vinculados a castros, coma o Museo Arqueolóxico de Santa Tegra (1953) e o inicio das obras de construción do Museo de Viladonga nos 70.\nDende a primeira campaña do Tegra en 1914 cada ano estívose escavando ininterrompidamente nalgún castro en Galicia ata a actualidade, todos os anos agás no período pree postGuerra Civil, do 1936 ao 1942. Nos 40 e 50 serán as intervencións da área ourensá, en mans Florentino López Cuevillas e de Xesús Taboada Chivite preferentemente (San Cibrán de Las, Cameixa, San Millán, Medeiros, Bouzadoiro, Baixada de San Xosé...) as que destaquen, amais de iniciárense os traballos noutros xacementos coma Elviña, Meirás e na Lanzada.\nA partir dos 60 consolídase o protagonismo dun relevo xeneracional e unha maior profesionalización. Hai un interese por novos xacementos (Taboexa, Santomé, Penarrubia, Novás, Santa Águeda), e non tan novos (Castromao, Borneiro, Viladonga, Neixón, A Lanzada, Santa Tegra), que serán escavados ou reescavados de maneira recorrente. Sobresae a importancia dunha renovación metodolóxica da arqueoloxía, máis nidia a partir da década dos 70, caracterizada pola introdución do método de escavación Wheeler, as datacións de C14, e o comezo dos estudos interdisciplinares, como se reflicte nas I Jornadas de Metodología Aplicada de las Ciencias Históricas celebradas en Compostela do 24 ao 27 de abril do 1973.\nO relevo do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) nas direccións arqueolóxicas irá amainando paseniño, xa en mans de moitos profesores universitarios vinculados á Facultade de Xeografía, Historia e Historia da Arte, creada en 1974, e persoal de museos (ARMADA 200305). O papel da Universidade xerárase xa na Facultade de Filosofía e Letras, a partir da toma posesión da cátedra de Carlos Alonso del Real en 1955—despois dos intentos frustrados de Julio Martínez Santaolalla (1936) e Martín Almagro Basch (1939)—, a agregaduría de Arqueoloxía de Alberto Balil en 1968, e finalmente a praza de José Mª Luzón Nogué en 1976 (ARMADA 200305), constituíndose arredor destes dous últimos sendas tendencias ou escolas.\n| REVISTA DE ARQUEOLOXÍA E ANTIGÜIDADE 92\nA COMuNIDADE AuTÓNOMA\nA partir da constitución oficial da Comunidade Autónoma de Galicia en decembro de 1981 (Lei Orgánica 1/1981), e co traspaso de funcións en materia de cultura e do patrimonio históricoartístico -Real Decreto 2434/1982-, a xestión administrativa das intervencións arqueolóxicas centralízase nas dependencias da Xunta de Galicia. A encetada etapa democrática reemprazou a lexislación vixente dende o primeiro terzo de século XX. A nivel estatal vería a luz a Ley 18/1985 de Patrimonio Histórico Español. En Galicia, este mesmo ano de 1985 créase o Servizo de Arqueoloxía. No 1988 reestruturaríase a Comisión Técnica de Arqueoloxía (LG 1988\\65), e un ano despois, o Decreto 62/1989 do 31 de marzo, regularía a actividade arqueolóxica. Posteriormente a Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia, e o Decreto 199/1997 (que substitúe ao Decreto 62/1989), remataban de configurar a base legal da actividade arqueolóxica aos “ novos contextos culturais e socias ”. 5\nNo período 19811990 prodúcese a confluen - cia, por un lado do resultado das dinámicas iniciadas a finais da época franquista, coma un maior peso dos membros da Universidade e museos nos proxectos arqueolóxicos; e por outro, a fundamental asunción de competencias da Xunta de Galicia. A descentralización administrativa propiciará a medra da inversión en arqueoloxía promovida dende unha administración autonómica que centralizará as subvencións. A isto debemos engadir a consolidación dunha arqueoloxía profesional. As promocións en Historia que participarán como voluntarios serán protagonistas da seguinte década. Nas súas mans recaerá a formación das empresas de arqueoloxía, ou ben se irán integrando no crecente organigrama da Xunta.\nAs intervencións presentan certas singularidades coma o predominio dos proxectos que contemplan a realización de varias campañas sucesivas nun mesmo xacemento, os centrados na escavación de varios castros en comarcas naturais en liña coa arqueoloxía espacial (o Deza, Ortegal ou o Bocelo), directores vinculados preferentemente a institucións públicas; traballos asumidos por estudantes universitarios e peóns, e a entrada de restauradores. Contra do corrente ata daquela, a finalidade das escavacións non remataba na exhumación da súa materialidade, senón que a miúdo se consideraba a conservación das estruturas. A posta en valor convertíase nun obxectivo fundamental en moitos dos xacementos (Santa Tegra, Vigo, Troña, Borneiro, Santomé...). Malia a estarmos no momento de apoxeo das campañas de escavación, constátanse diferentes ritmos na actividade e unha maior intensidade na área suroccidental, resultando significativa a escaseza de datos para a área máis oriental e para o interior da provincia de A Coruña.\nNo período 19912000 prodúcese un acusado descenso das escavacións, parello a unha transformación da actividade arqueolóxica cara unha maior segmentación e privatización. A andaina da arqueoloxía empresarial 6\niníciase na década dos 90 (véxase PARGA 2009 e 2011) a raíz da obrigatoriedade de control arqueolóxico en determinadas actuacións para dar solución ás afeccións previsibles ao patrimonio dentro do pulo das obras públicas e infraestruturas do momento. A introdución das primeiras normativas de protección do patrimonio arqueolóxico nos concellos, plans xerais ou normas subsidiarias -Vigo (1993), Cangas (1993), A Guarda (1993), Tui (1994)- orixina un debate en torno a resignificación do patrimonio (que debemos protexer e cando) visible no número de publicacións sobre planificación e xestión (ABAD et al. 2000), coincidente no tempo coa Lei 8/1995 de Patrimonio de Galicia e cun novo e vixente Decreto (199/1997) antes citados. As intervencións arqueolóxicas inician un forte in crescendo, e pasarán de roldar as 100 por ano en Galicia no período 199095 ata acadar as 804 no 2007 (véxase XUNTA DE GALICIA 2010: 359). Este aumento cimentarase sobre as prospeccións e controis/seguimentos de obra, e en menor medida sobre as sondaxes, realizadas preferentemente en ámbito urbano. Pola contra as escavacións manteranse en números moi parellos en toda esta etapa (véxase TALLÓN et al. 2004).\nA arqueoloxía traspasa o ámbito académico e instálase como unha profesión liberal regulada administrativamente. Aínda que non dispoñemos de datos oficiais, deixa de financiarse con fondos públicos para depender da contratación privada/pública, como se deduce da orixe das actuacións. Hai algunhas excepcións onde os cartos proceden de organismos oficiais: Cas - tromao, Punta dos Prados, Neixón, O Achadizo, A Graña, Viladonga, Barán, Castro do Vilar, Castro da Torre... Esta situación, de troco de papeis entre os distintos actores, produciu unha quebra na arqueoloxía −extensible a todo o estado− pola privatización da actividade pa - rella á obra pública e o afastamento maioritario da universidade e doutras institucións a estas novas formas de xestión. Malia á posible coexistencia de ambas fórmulas, decidiuse apostar por reducir a inversión destinada a postas en valor, escavacións e xacementos de mecenado público. Algo que se sintetiza no xornalístico titular “ O mellor xacemento é o non escavado ” (La Voz de Galicia, 14 de marzo de 2001) 7. De feito, e como se observa na Figura 6, o descenso de actuacións deste tipo para a Idade do Ferro é notorio, pois sustentábase maiormente a través das subvencións da Dirección Xeral de Patrimonio.\nA modificación nas políticas arqueolóxicas a mediados da década provoca un impulso do financiamento público de escavacións en castros que son entendidas como un recurso económico e social (As Grovas, A Ourela, Formigueiros, San Cibrán de Las, Castromao, O Facho, Neixón, Socastro, Elviña....) parcialmente destinado ao acondicionamento daqueles xacementos que van contar cun centro de interpretación, castros con potencialidade turística (ou próximos a recursos deste tipo) e a realización e campamentos de verán; ao tempo que continúan as intervencións de promoción privada. Como resultado prodúcese un aumento das escavacións e sondaxes en xacementos da Idade do Ferro. Malia a habitual ausencia ou escaseza de publicación da información das intervencións, a obra pública tivo para a investigación unha contrapartida positiva como o foi o traballo en xacementos singulares (San Tomé de Nogueira, Punta Cociñadoiro, Valdamio) ou en estruturas da Idade do Ferro fóra dos intramuros dos castros (O Peto, Follente...), único obxecto de escavación ata daquela.\nA arqueoloxía levaba tempo regulada a nivel administrativo, mais non existía unha lexislación laboral propia. A aprobación no 2009 o Convenio Colectivo de Arqueoloxía en Galicia establece as condicións de traballo específicas para a actividade. Este mesmo ano sería o comezo dunha recesión económica, onde entran en crise os sectores que a soportaban, fundamentalmente a construción, e unha política de axustes e recortes orzamentarios que prexudica sobremaneira a investigación e a cultura, causantes dun marcado descenso das escavacións en castros (véxase Figura 6).\nuN NOVO SOPORTE DA\nINFORMACIÓN ARQuEOLÓxICA\nO presente traballo debe entenderse como un exemplo de explotación da información aloxada dentro das formulacións e principios dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE). Quizais sería conveniente comezar por establecer que é unha IDE. Como xa se recolle nos documentos iniciais de INSPIRE 8, unha IDE é unha infraestrutura de información espacial, que ofrece aos usuarios o acceso a uns servizos integrados onde poden identificar e acce - der a información xeográfica dende unha am - pla gama fontes, a diferentes escalas locais e globais; e para unha grande variedade de usos. Podemos encontrar a súa definición na propia páxina web da IDE de España: “ Unha IDE (Infraestrutura de Datos Espaciais) é un sistema informático integrado por un conxunto de recursos (catálogos, servidores, programas, datos, aplicacións, páxinas Web, …) dedicados a xestionar información xeográfica (mapas, or -\ntofotos, imaxes de satélite, topónimos, …), dispoñibles en Internet, que cumpren unha serie de condicións de interoperabilidade (normas, especificacións, protocolos, interfaces, …) que permiten que un usuario, utilizando un simple navegador, poida utilizalos e combinalos segundo as súas necesidades.”\nContemplado dende un punto de vista tecnolóxico, podemos considerar as IDE como a evolución dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX), e da información que manexan dende os postos de traballo illados, cara a súa distribución e participación a través de Internet. Pero esta evolución apóiase tamén na adopción de políticas europeas comúns que posibilitan o desenvolvemento de iniciativas como INSPIRE e o cumprimento de principios que permitan a configuración e desenvol - vemento das IDEs, principios que podemos resumir nos seguintes puntos:\n• Os datos deberían ser recollidos e mantidos ao nivel onde esta tarefa poida ser feita de forma máis eficiente. • Debe ser posible combinar, de forma coherente, a información procedente de fontes heteroxéneas a través de toda Europa e compartila entre diversos usuarios e aplicacións. • Debe ser posible que información recollida a un determinado nivel poida ser utilizada a outros niveis e para outros propósitos diferentes para os que foi creada. • A información xeográfica debe difundirse en condicións que non limiten o seu uso de forma xeneralizada. • Debe ser sinxelo descubrir que Información Xeográfica está dispoñible, avaliar a súa adecuación para un determinado propósito e coñecer as condicións nas que pode ser adquirida e usada. • O dato xeográfico debe ser doado de entender e interpretar, para que poida ser visualizado dentro dos contextos apropiados e seleccionado dunha forma sinxela para o usuario.\nA Directiva Europea tivo a súa transposición nunha norma con rango de lei en España, coñecida como lei LISIGE 11. Esta permite que se implante nas administracións públicas españolas unha IDE de xeito coordinado. Cos mesmos principios xerais de INSPIRE, LISIGE establece tamén uns anexos nos que se clasifican as temáticas dos datos espaciais. Xunto á definición dos lugares protexidos como INSPIRE nos seus datos de Información Xeográfica de Referencia, no Anexo III inclúense os que non se corresponden cos outros dous ou que “ singulariza ou desenvolve algún aspecto concreto da información... ”. Neste caso menciónanse especificamente temáticas que poden relacionarse coa información arqueolóxica como son os “ patrimoniais, culturais..., ou da evolución histórica dun territorio ”. Polo tanto, na propia lexislación española recóllese a obriga de poñer a disposición do público en xeral a información de carácter patrimonial e cultural. Este tipo de obrigas xa se encontraban non obstante en textos anteriores como a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, onde se destaca no seu artigo 22 que debe existir un Inventario xeral do patrimonio cultural e que será público e accesible. Quizais as novas normas veñan a complementar a primeira declaración de intencións, chegando a conseguir que a información sexa plenamente transparente e accesible.\nOs obxectivos de INSPIRE son perfectamente aplicables á temática histórica e arqueolóxica en particular, polo que debería cumprir os mesmos criterios de interoperabilidade que o resto da información espacial. Como xa mencionamos, o acceso á información arqueolóxica é en boa medida unha tarefa complicada e condicionada por unha dobre casuística: por como se crean os datos e como se almacenan. A recompilación levada a cabo neste traballo é proba diso, e as consecuencias tradúcense nos mesmos problemas diagnosticados, falta de acceso á información total, e como consecuencia caer en erros e inexactitudes.\nÉ evidente que a información arqueolóxica é elaborada polos arqueólogos a través da compilación de datos en campo, polo que é a ese nivel ao que deben dirixirse as iniciativas do establecemento de protocolos de recuperación e rexistro das evidencias arqueolóxicas. É a esta escala onde serán máis eficientes os es - forzos de estandarización da información. O propio carácter heteroxéneo dos arqueólogos, confírelles diferentes perfís á hora de documentar a información. Nos últimos tempos, o papel de empresas privadas ou traballadores autónomos tomou unha especial relevancia polo número de intervencións que realizan. As súas propias limitacións en recursos ou formación inflúen de xeito directo na adopción de estratexias que lles permitan elaborar a información arqueolóxica de base, de xeito digamos interoperable. Como xa se mencionou, o devandito problema non é xa por unha falta de capacidade das empresas, senón da inexistencia de facilidades ou de políticas que obriguen á divulgación da información que xera unha intervención arqueolóxica, e polo tanto a xeración dunhas bases documentais estandarizadas e accesibles. Unha vez rematado o compromiso administrativo que dá lugar a unha escavación, os resultados desta pasan a un segundo plano, sen que existan eses “depósitos accesi - bles de datos”. Pero non soamente a empresa privada elabora información, senón que outros actores como os investigadores de diversas institucións, particulares,..., tamén participan desa tarefa, caendo na mesma práctica que leva a que a información arqueolóxica, ou máis simplemente os datos, continúen nun alto grao de fragmentación e de difícil consulta.\nA actividade arqueolóxica ten un alto custo, non soamente dende o punto de vista económico senón tamén noutros aspectos como o esforzo humano, investimento de tempo, intelectual, etc. Esa dedicación está orientada á preservación e xeración do coñecemento histórico, que en boa medida non se logra polas actividades individuais e puntuais, senón pola comparación e combinación de múltiples intervencións por parte de moi diferentes actores. É evidente que se dispoñemos dos repositorios de datos axeitados, en formatos apropiados e dun xeito accesible, toda a actividade arqueolóxica gañaría valor engadido ao poder ser utilizada por diferentes momentos e diversos axentes, máis alá dos os cales no seu momento orixinaron a súa creación. Neste contexto, calquera dato dunha intervención arqueolóxica podería ser utilizado non só xa polo propio arqueólogo autor material do “dato”, senón que pasaría a formar parte de fondo documental común a diferentes escalas de uso.\ncara á sistematización da información tanto publicada como inédita, derivando un corpus unificado que mellore as capacidades de investigación e divulgación. Con todo tamén entendemos que non podemos tratar dita información como algo illado, pois é evidente que o castrexo relaciónase con outras evidencias, entendendo o noso modelo coma un módulo máis dun arquetipo máis complexo integrado nunha IDE de Patrimonio Cultural. Este traballo entenderase como un produto derivado destas formulacións e como proba das vantaxes que ofrece a xeración das devanditas infraestruturas de datos. Como base elaborouse un modelo que toma ao xacemento como núcleo base, entendido nos principios de INSPIRE como un espazo suxeito a unha protección legal e dentro do modelo simple de identificación dos devanditos datos 12. Esta acción permítenos a individualización inequívoca de cada xacemento dentro do conxunto de datos. A súa representación xeométrica realizámola mediante un par de coordenadas, de maneira que podamos situar a información en combinación con outras cartografías de referencia. Xunto aos sites establecemos unha nova clase de datos nos que identificamos as interven - cións arqueolóxicas do traballo de baleirado de fontes. Estas intervencións contan como atributos de referencia o ano e o director.\nCONCLuSIÓN\nO número de xacementos da Idade do Ferro en Galicia oscila entre os 1.300 aos 5.800 (CALO 1993), e algunhas fontes estiman unha cifra en torno a 4.500 ou a 3.000, sendo quizais esta última a máis aproximada. Todas proxeccións estimativas. No Catálogo de Patrimonio depositado na Delegación Provincial de Pontevedra o número de castros inventariados no 2005 era de 454 18. Pontevedra é a provincia cun maior número de xacementos escavados (54) e de intervencións (186) 19. Existen, polo tanto, datos (de diversa cantidade/calidade, publicados ou sen publicar) do 11, 89% dos xacementos coñecidos (inventariados) para esta provincia cando menos. É sintomático que sendo un número elevado de intervencións, e que reflicten unha mostra suficientemente representativa, teñamos un coñecemento sobre a Idade do Ferro tan parcial. Esta situación resulta ser un indicador, non só do tipo de información que manexamos, senón tamén da súa calidade.\nDende o nacemento da arqueoloxía científica a forma de expresión foi a publicación de libros e artigos, rexida por certas regras. Os datos eran recollidos, elaborados e reproducidos de forma escrita. A chegada de novas tecnoloxías non semella que mudase demasiado esta forma de facer. O emprego de ordenadores e redes axilizou a busca −maior accesibilidade− e a elaboración, pero seguimos copiando a información. Cambiaron as ferramentas, pero non se avanzou á hora de compartir, onde empregamos os mesmos protocolos estáticos.\nComo vemos cada colectivo ten a súa problemática específica. Focalizar a solución en esixir publicacións quizais sexa erróneo. A configuración da información arqueolóxica é un problema profesional e as posibles solucións deberían ser postas en común. Neste senso consideramos que poden existir iniciativas á hora de compartir información que impliquen aos profesionais e non supoñan unha interferencia ou un custe non asumible na súa actividade. Parte delas deberían centrarse en plataformas de datos públicas que faciliten a elaboración e o acceso á información que obrigarían a que o rexistro dependese do consenso dunha serie de estándares e protocolos de rexistro acordados. Non somos depositarios de datos, senón usuarios. Porén, o dispoñer das plataformas de recepción e almacenamento dos datos dunha forma regulamentada e transparente, facilitaría que as relacións entre os diferentes actores no escenario arqueolóxico sexan máis fluídas. Así, o acceso aos datos po - derá levarse a cabo xa non pola proximidade dun individuo ao depositario dos mesmos, ou dependendo da vontade ou xenerosidade; senón porque ten as canles de acceso axeitados, cos permisos pertinentes e nun contexto de seguridade integral para todos os implicados, e de forma especial para o principal implicado, o patrimonio arqueolóxico. Loxicamente a posibilidade de xestionar grande cantidade de información non vai enriquecer os contidos ou provocar unha divulgación espontánea. A arqueoloxía debe actuar de filtro para producir un discurso comprensible socialmente.\nAGRADECEMENTOS\nAgradecemos as achegas sobre o borrador do texto de Xulio Carballo Arceo, Raquel Casal García e Pepa Rey Castiñeira.\nEste texto foi financiado polo proxecto Deseño e desenvolvemento dun modelo de datos para unha IDE arqueolóxica da Idade do Ferro en Galici a: IDEPatri (09SEC002CT).\nREFERENCIAS\nABAD VIDAL, E.; ABOAL FERNÁNDEZ, R.; CARBALLO ARCEO, L.X. CASAL GARCÍA, R.; (2000) Bibliografía arqueolóxica de Galicia (19801998). Deputación de Pontevedra, Pontevedra.\nACUÑA CASTROVIEJO, F.; ACUÑA FERNÁNDEZ, P.; ARIAS VILAS, F.; CALO LOURIDO, F.; FARIÑA BUSTO, F.; GARCÍA MARTÍNEZ, M.C.; LÓPEZ GÓMEZ, F.S.; DE LA PEÑA SANTOS, A.; RAMIL SONEIRA, X.; RIVAS FERNÁNDEZ, X.C.;\nPEREIRA GONZÁLEZ, F. (1996) Unha contribución ó estudio da historia da arqueoloxía galega: O emprego da información arqueolóxica en Galicia (18001922). Gallaecia, 15: 729\nPEREIRA GONZÁLEZ, F. (1997) As opinións sobre a humanidade primitiva na Galicia do século XIX e as súas relacións coa información arqueolóxica. Gallaecia, 16: 7195.\nTALLÓN NIETO, M.J.; RODRÍGUEZ PUENTES, E.; INFANTE ROURA, F.; REY GARCÍA, J.M. (2004) A Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico. RGPA 1. Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.\nVILLAAMIL Y CASTRO, J. (1873) Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia. Lugo: Imprenta de Soto Freire.\nCastro de Vilarrube -8.08553 43.63691 1 GA15089002 Castro de Merín -8.45296 42.76934 2 GA15901007 Castro de Cancela -7.89506 43.69442 1 GA27003014 O Castro dos Carreiros -7.86353 42.78788 1 GA27005005 Punta do Castro -7.17765 43.56278 1 GA27005007 Os Castros/ Castro de Vilamar -7.2711 43.49274 1 GA27010020 Praza da Igrexa de Castro de Rei -7.40013 43.20893 1 GA27010026 Castro de Viladonga -7.38787 43.16042 17 GA27012001 Castro de Santa María -7.04231 42.86489 5 GA27013006 A Atalaia -7.43722 43.6997 3 GA27017006 Castro de Vilar -7.23556 42.55767 1 GA27017016 Castro de Sobredo -7.18472 42.61811 4 GA27019010 Castro de Fazouro -7.29896 43.60353 2 GA27028043 Penarrubia -7.61857 43.01169 1 GA27028145 O Castro A Casilla -7.49735 42.96443 1 GA27030010 Castro de Zoñán -7.3944 43.42646 9 GA27036023 Castro de San Miguel -7.20962 42.91838 1 GA27040035 Castro da Ourela -7.86017 42.94557 3 GA27042027 O Castro de Barán -7.53104 42.76526 3 GA27049013 Castromaior -7.71985 42.83328 5 GA27051007 Castro das Grovas -7.04955 43.55495 1 GA27054003 A Croa / As Rodrigas / Riotorto -7.26543 43.3424 1 GA27055001 Castro de Formigueiros -7.35344 42.70584 5\nCastro de Louredo -7.92396 42.33618 1 GA32085015 A Muradella -7.421 41.88651 1 GA32085022 Baixada de San Xosé -7.40803 41.92351 1 GA32085023 Bouzadoiro -7.41436 41.92666 1 GA32087004 Castro de Santa Águeda -7.85851 42.44435 1 GA36004021 Xacemento do Monte da Torre -8.81521 42.33092 1 GA36005012 O Castro de Follente -8.66416 42.60918 1 GA36007008 Castro do Coto de Penalba -8.55258 42.54294 6 GA36008017 Castro do Facho -8.86107 42.27649 6 GA36008040 Castro Liboreiro -8.78873 42.29845 1 GA36010006 Torres do Oeste -8.72582 42.67667 14 GA36012040 Cruz do Castro -8.47624 42.48117 1 GA36015002 Castro Loureiro -8.53078 42.67783 1 GA36015009 Castro de Castrolandín -8.55239 42.63673 6 GA36015021 Castro de Laxos -8.55023 42.62942 1 GA36017010 Castro de Trasmonte -8.46092 42.73164 1 GA36017014 Castro de Marcenlos -8.43093 42.63239 1 GA36017023 Castro de Guimarei -8.47628 42.67813 1 GA36017024 Castro de Matalobos -8.51107 42.70502 1 GA36017034 Castro de Coto De Castrovite -8.34275 42.74663 1 GA36017038 Castro de Ribela -8.43256 42.64113 1 GA36021055 Castro de Pedra Moura -8.79868 42.09824 2\nGA36022001 Xacementos castrexo e romano da Punta de Cantodorxo\nCastro do Chan das Pipas\nO Castro de Lameán de Arriba\nCastro de A Lanzada"} {"summary": "Preséntanse os resultados dunha intervención arqueolóxica no casco urbano de Rianxo (A Coruña), onde se localizou unha parcela con sete fases de ocupación. O xacemento correspóndese cunha necrópole mixta de incineración/creación e inhumación. A alta concentración de enterramentos nun espazo tan reducido acompañado dos restos dunha estrutura arquitectónica fai sospeitar da existencia dun antigo mausoleo ou similar.\nAs testemuñas históricas do termo municipal de Rianxo podemos fixalas coa presenza de varias estelas funerarias, todas elas fóra do casco urbano de Rianxo. Localizouse unha en Araño en 1907 no lugar de Noiados datada no século III d.C, que se atopa no Museo de Pontevedra e onde aparece representado o nome de Corialis. Outra preto da igrexa parroquial de San Salvador de Taragoña depositada no Centro Arqueolóxico do Barbanza datada entre os séculos III e IV. Asemade, tamén foron recuperados restos de cultura material de adscrición romana como as ánforas do río Ulla, entre outras. Máis discutible, pero reseñable igualmente, é a existencia dalgunhas referencias a unha posible vía romana, en concreto sinálase a posibilidade de que sexa a per loca maritima que atravesaría o termo municipal dende a Vacariza (río Ulla) dirixiríase ao lugar da Marquesa na parroquia de Asados, e dende alí a Té e Cartomil (Taragoña) pero estas referencias carecen polo momento de datos arqueolóxicos que permitan contrastar estas hipóteses.", "text": "V íctoR j. b aRbeito P ose Técnicoarqueólogo do Centro Arqueolóxico do Barbanza\n\nRianxo, necrópole, incineración, inhumación, mausoleo.\nE n referencia ao casco urbano de Rianxo, as primeiras referencias históricas do asentamento actual de Rianxo veñen da man do Almirante Paio Gómez Chariño que recibe en feudo a xurisdición de Rianxo, converténdose no primeiro señor de Rianxo de mans do propio arcebispo de Compostela. Naceu arredor de 1225 en Pontevedra e fina en 1295 en Cidade Rodrigo, como consecuencia dunha traizón. Algúns investigadores consideran que o primeiro solar onde se asentou o Señor de Rianxo foi o Pazo Martelo; nembargantes, o que se pode asegurar e que o Pazo de Martelo era unha pequena torre dos Soutomaior situada no centro da vila, e que estivo en pé a principios do século XVII, pasando por distintos episodios históricos e arquitectónicos que darán o resultado final que hoxe se coñece.\nOutro dos elementos do que se ten constancia documental é a igrexa parroquial de Sta Comba de Rianxo. Presenta un trazado gótico 1 con reminiscencias románicas, o que determina segundo os estudos aos que tivemos acceso e que se presentan na bibliografía, debeu de construírse entre os séculos XIII e XIV. Namentres que non será ata o século seguinte cando existe documentación histórica ao respeto a raíz dunhas reformas acaecidas no edificio, polo tanto, anterior a esta data. Hipótese que se sostén si temos en conta que o rexurdimento urbano sucede a partires do s. XII no litoral atlántico. O templo sufre numerosas reformas, así por exemplo a sancristía no século XVI sendo crego D. Juan Seco. A torrecampanario de estilo barroco é obra do aparellador Miguel Barreiro e comezouse a construír no ano 1737.\nNas inmediacións da igrexa parroquial está a CasaPazo dos Cambeiros, que posiblemente foi fundada en 165759, e que hoxe se atopa en proceso de reforma.\nA trama urbana de Rianxo pivota sobre dous elementos: a igrexa e o borde litoral. Fronte á igrexa ábrese unha gran área ou praza pública rodeada dalgúns dos inmobles de maior avoengo, zona na que recentemente se rexistrou unha ocupación antiga; conforme nos afastamos das inmediacións da igrexa cara ó oeste, as vivendas redúcense en tamaño. Cara ó norte da Igrexa, a trama urbana argállase en base a tres rúas principais, rúa de Abaixo, do Medio e de Arriba. Nestas rúas as casas caracterízanse a modo xeral por ter fachadas de reducidas dimensións, mentres que a fondura da vivenda soe ser maior para gañar habitabilidade. Dende un punto de vista do urbanismo podemos dicir que presenta unhas peculiaridades moi semellantes ó urbanismo medieval, caracterizado pola ausencia de planificación edilicia, con tendencia á irregularidade nos alineamentos e nas construcións, determinado en gran medida pola concentración das poboacións con escasas directrices, se nun patrón organizativo claro, cunha importante falla de acción reguladora, cunha predominancia dun casarío bastante precario, con vivendas sinxelas de planta baixa e primeiro andar, de reducidas dimensións e pouco iluminadas, construídas con materiais pobres como a madeira e a cachotería.\nNos últimos anos sucedéronse un conxunto de intervencións arqueolóxicas no casco antigo de Rianxo, das cales, polo menos unha delas, executada na rúa de Arriba, concretamente no inmoble núm. 23 (CD 102 A 2008/7390), a pesar de que non se identificaron ocupacións antigas, posiblemente desmanteladas por actuacións construtivas posteriores, identificouse un exi - guo conxunto de materiais que testemuñan na zona certa actividade arredor de finais do Me - dievo, como o pon de relevo a presenza de cerámicas aragonesas de cronoloxía baixo medieval procedentes dos alfares de Manieses ou Paterna (s. XIVXV), así como, cerámica común rexional de pastas grises e restos dunha anforeta.\nA INTERVENCIÓN ARQuEOLÓxICA NOS INMOBLES NÚM. 9 E 10 DA PRAZA DE RAFAEL DIESTE\nA intervención arqueolóxica lévase a cabo tralo díctame da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña, dado que nas inmediacións do inmoble obxecto da rehabilitación situado na praza de Rafel Dieste emprázanse o Pazo de Martelo, BIC logo da súa declaración como Monumento polo Decreto 522/1972, de 8 de marzo (BOE de 27/03/1973) e o Cruceiro da Praza da Igrexa, igualmente BIC en aplicación do Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre a protección dos escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese históricoartístico. Na mesma praza tamén se atopa a igrexa de Santa Colomba, incluída no precatálogo das vixentes normas subsidiarias de planeamento, do ano 85 (Concello de Rianxo).\nO solar localizase na praza Rafael Dieste, nº 9 e nº10, no casco antigo de Rianxo (parroquia de Santa Colomba), concello de Rianxo, provincia de A Coruña. O solar presentaba dúas construcións en planta baixa e primeira que se conservaban e se ampliaron en altura, que foron demolidas, agás a fachada, para a construción dun edificio de baixo comercial máis tres vivendas unifamiliares.\nA intervención resolveuse integramente cun control arqueolóxico, que interesaba a aquelas obras que supoñían algunha remoción do subsolo, en concreto as cimentacións perimetrais e central formadas por sendas gabias de 50 cm de lado; así como ao foso do ascensor (rectángulo de 1, 90 x 2, 40 m aprox.), realizado nas proximidades do extremo Leste da parcela. A superficie da parcela é de 110, 85 m 2 a nivel de planta baixa, a profundidade máxima acada é 158 cm no oco do ascensor (respecto cota de obra establecendo como cota cero a superficie do pavimento da planta baixa)\nCon data 11 de agosto de 2010, iníciase o control e seguimento da obra, que rematará logo da resolución do 18 de outubro de 2010 do Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña que emite resolución autorizando a continuidade das obras coas cautelas establecidas pola Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Coruña, procedendo o día 2 de novembro de 2010, á exhumación dos últimos restos cadavéricos localizados durante a intervención.\nDESENVOLVEMENTO DAS OBRAS, LOCALIZACIÓN E DESCRITIVA DAS EVIDENCIAS ARQuEOLÓxICAS\nO control arqueolóxico interesaba a aquelas obras que supoñían algunha remoción do subsolo, en concreto as cimentacións perimetrais e central formadas por sendas gabias de 50 cm de lado; así como ao foso do ascensor (rectángulo de 1, 90 x 2, 40 m aprox.). Unha vez retirada a soleira actual dos inmobles procédese á apertura das gabias perimetrais e central para\n| REVISTA DE ARQUEOLOXÍA E ANTIGÜIDADE 110\na cimentación da futura edificación. A execu - ción comeza polo extremo NW.\nNo extremo NW da parcela localízase a antiga “cañeira” (vertedoiro de lixo) dun dos antigos inmobles, cunha secuencia estratigráfica for - mada por unha capa irregular de escombros relacionados coa demolición do antigo inmoble e as obras actuais, seguido dun concheiro (depósito formado a base de aportes de cunhas de moluscos –ostra, mexillón, bígaro, ameixa, vieira,...) restos de osos e cultura material de adscrición recente (finais XIXXX), así como abundantes restos de material de construción.\nCoa apertura da gabia de cimentación da fachada, concretamente a que se corresponde coa metade sur, e coa apertura do oco do ascensor, localízanse un conxunto de estruturas e depósitos de interese arqueolóxico, que posteriormente, e trala visita dos SSTT do Dpto. Territorial da Coruña, procédese a definir e delimitar as estruturas e depósitos, así como a retirar de forma manual os sedimentos precisos para documentar e interpretar a secuencia cronocultural detectada neste intervención.\nSECuENCIA CONSTRuTIVA E OCuPACIONAL DO xACEMENTO\nSobre un solo xeolóxicamente formado por un horizonte A superposto a un horizonte mineral, realízase nun primeiro momento unha gabia de cimentación (estrutura 28), sobre a cal se asenta un muro de grandes dimensións –estrutura núm. 3-, da que se conserva ata cinco fiadas nalgún treito. Este muro que presenta unha dirección en sentido lesteoeste, e que presenta un grosor que supera os 50 cm. En relación co uso prístino deste muro constrúese a primeira superficie de uso ou pavimento (estrutura 26) a base de axila compactada, e é probable que previamente fixesen un aporte de material sedimentario para regularización e impermeabilización do chan que podería explicar a existencia do depósito h1. Este depósito contén tégula na súa composición; e tendo en consideración, que formando parte do recheo interno do muro descrito anteriormente, se localiza tégula cun rodamento considerable, podería estar indicando o desmantelamento de estruturas e/ou niveis ocupacionais anteriores.\nCon posterioridade –segundo momentodetéctase outro aporte de xabre (g1) sobre o cal se volve a crear unha nova superficie de uso ou pavimento (estrutura 25).\nNun terceiro momento, a primeira superficie de uso h1 do muro (estrutura núm. 3) e maila segunda (estrutura 25) son cortadas pola estrutura negativa 24 que estratigraficamente podería corresponderse coa inserción da tumba localizada no perfil norte feita a base de lousas e tégula (estrutura núm. 9, sepultura 1) e da estrutura negativa 16 (sepultura 5), que está delimitada por dous anacos de tégula, que podería ser un sepulcro de fosa aberta na terra (casos documentados nos xacementos da Lanzada, Cantodoxordo, O Pombal ou Recatelo); esta mesma explicación podería servir para xustificar a existencia da estrutura núm. 15 (sepultura 6) que se sitúa ao sur do muro. A cuarta fase de ocupación ven representada polo selado das tumbas (sepultura 1 e 5) localizadas a carón do extremo norte do muro mediante o aporte de sedimento arxiloso (xabre), sobre o cal se detectan dúas novas superficies de uso ou pavimentos de forma inmediata (estrutura 22 e 23). Nunha fase posterior, quinta, unha vez abandonada a gran estrutura edilicia, sucédense unha serie de enterramentos na zona sur (sepulturas 7 e 8); en primeiro lugar, constrúese a topograficamente inferior a base de lousas chantadas e con forma antropomorfa (sepultura 7), xa que se semella que o derrube provocado polo muro é retirado para realizar a sepultura; posteriormente, unha segunda tumba, coa realización dunha segunda fosa, onde se sepulta ao último cadáver que se teña constancia na zona intervida, e que os restos osteolóxicos se atopan baixo a medianeira da vivenda (sepultura 8). A continuación –sexto momentorealizase un novo aporte de sedimento (xabre, d1) para volver construír unha nova superficie de uso (es -\ntrutura 21). A diferencia das anteriores onde podemos establecer unha cronoloxía serodia ou pertencente a Antigüidade que logo matizaremos máis adiante, neste caso localizouse dous fragmentos de louza con reflexos en azul e morado, cerámica de Manises, polo tanto trátase de niveis baixomedievais e modernos (s. XIVXVII), asemade estes depósitos xa cobren o muro (estrutura 3) que xa non está en uso.\nCon posterioridade –sétima fase de ocupación– procédese a facer un aporte de sedimento mineral, c1, (xabre) sobre o cal se detecta un importante nivel de ocupación con restos de cultura material que se poden fixar entre fi - nais do século XIX e gran parte do XX. Esta ocupación é a responsable do concheiro que se detecta tanto nesta zona do solar como a testemuñada no sector NNW como se recolleu con anterioridade. Forman parte deste sétimo momento o pavimento a base de morteiro de cemento, e as obras de instalación de saneamento e a fachada actual.\nPolo tanto, o último e incluso o penúltimo momento de ocupación da parcela correspóndese coa dinámica histórica do actual inmoble, concibido como espacio residencial e abandonando a anterior función de espacio funerario, sendo posible que a construción da vivenda existente fose realizada en época moderna que sufriu unha serie de reformas e reorganizacións do espazo que deron lugar ao inmoble ou inmobles obxecto da rehabilitación actual.\nNembargantes, os cinco primeiros momentos de uso testemuñados durante a intervención neste sector sudeste se corresponden cronoloxicamente coa etapa máis serodia, sen poImaxe 5. Secuencia estratigráfica localizada no perfil leste da fachada interior do inmoble a partir do cal se estableceron as distintas fases de ocupación da parcela. No solo pódese observar as improntas das sepulturas 5 e 6.\ndermos precisar polo momento con gran exactitude, dado que a cultura material recuperada é exigua e non é o suficientemente diagnósti - ca, agás que permite determinar que o abandono da estrutura principal (UE003) puidera ter sido anterior ao século XI, dado que apareceu material arqueolóxico (p.e.PRD910/09034) selando as tumbas 6, 7 e 8, que a súa vez, para a construción da estrutura 7 fora preciso desmontar parte do derrube do muro, UE003, e polo tanto as tumbas 7 e 8, con seguridade son posteriores a amortización do muro, e de cronoloxía anterior ao s. XI tendo en conta que os restos materiais recuperados puideran retrotraerse a esa época.\nDESCRICIÓN DAS SEPuLTuRAS\nForon identificadas un total de 8 sepulturas de tipoloxía variada:\nSepultura 1. Formado pola UE009. Non foi baleirada. Identificouse en perfil (perfil norte do oco do ascensor). Semella que está feita mediante lousas de xisto e tégula chantadas de maneira vertical. Acada un lonxitude mínima de 131 cm e acada un profundidade máxima de 36 cm Atópase ao norte da estrutura edilicia e pegada á mesma. Presenta unha orientación LW. Polas dimensións que presenta parece responder ao rito de inhumación.\nSepultura 2. Formado polas UE´s 010, 064, 090, 092. Superposta a sepultura 1, e polo tanto localizada ao norte da estrutura edilicia (estrutura 3). En planta presenta unha forma rectangular de 40 x 102 cm. Profundidade máxima de 12 cm. Está orientada leste – oeste. Como leito da sepultura atópanse varias lousas planas de xisto orientadas en sentido NS. Formando parte do depósito localizouse dous anacos de carbón de considerable tamaño. Presenta un reborde de argamasa, posiblemente feito a base de cal, area e arxila. E estaba selada cun pavimento de arxila (estrutura 12).\nNo seu interior foron recuperados 4 elementos osteolóxicos, que foron tratados con medios químicos antes da súa extracción para garantir a súa integridade, xa que o seu estado de conservación non era bo. Os restos osteolóxicos conservados 2 correspóndense cunha mandíbula inferior, e con dous osos longos (un úmero, cúbito ou radio). Localizáronse no extremo leste do sepulcro, e non presentaban conexión anatómica, o que inicialmente nos levou a interpretalo como un posible cinceiro ou osario, resultado da acumulación de restos de unha ou vairas deposicións secundarias (rito de inhumación); interpretación derivada da ausencia de conexión anatómica, e da carencia doutros elementos osteolóxicos máis resistentes (p.e. dentición).\nNembargantes, si temos en conta que o corpo, após da morte, pasa por varios procesos de descomposición seguidos de reccións químicas moi particulares (CRUBÉZY, 2000, p. 28); iniciándose o proceso cunha primeira fase de putrefacción, seguida de produción de diferentes gases que causarán a degradación de todos os tecidos brandos.\nFinalmente, e trala exhumación e a análise en detalle dos datos, descartouse a posibilidade de que fose o resultado da acumulación de restos (cinceiro), ao considerarmos que non se trata de problemas de conservación diferencial; senón que existiu unha redución previa dos cadáveres, mediante unha incineración imperfecta ou cremación, para posteriormente recibir sepultura o ossilegium no ossuraria (tumba). As escasas dimensións que presenta a tumba parece reforzar esta hipótese, dado que restos osteolóxicos exhumados parecen corresponderse cun individuo adulto, polo tanto sería preciso unha sepultura de maiores dimensións para unha inhumación sensu estricto 3. A inexistencia de ósos queimados (ossilegia) pode ser debido a que os restos foron sometidos a un lavado con auga o viño, práctica detectada noutros lugares do da península durante época romana (GONZÁLEZ VILLAESCUSA, 2000: 87); así mesmo, tamén se teñen documentadas noutras zonas peninsulares, como por exemplo en S. Vicente de Roquetas (País Valenciano), sepulturas revestidas de cal (GONZÁLEZ VILLAESCUSA, 2000: 100), ou mesmo no caso do noroeste e de cronoloxía posterior, o caso excepcional da fosa revestida de morteiro no caso de Ouvigo (CAAMAÑO, 2007: 224). A localización de carbóns de grandes dimensións pode ser outro argumento a favor, aínda que tamén poderían tratarse dos restos dunha ofrenda (feita con materiais perecedoiros).\nSepultura 3. Formado polas UE´s 013 e 074. Localizada ao carón da estrutura edilicia, pero ao norte da mesma, e próxima á sepultura 2. Para a execución desta sepultura foi preciso cortar o pavimento que sela a sepultura 2 (estrutura 12), polo tanto, é cronoloxicamente posterior. En planta presenta unha forma trapezoidal irregular, cuxos lados maiores miden 41 e 32 cm respectivamente. En planta apreciase unha diferenciación interna, superpoñéndose outra forma irregular que se aproxima a un cadrado con vértices redondeados (lado de 18 cm aprox.). Descoñecemos a promembros dun individuo debido a causas accidentais que provocasen o desmembramento do individuo perimorten. Pero é pouco probable se temos en conta a recuperación dos grandes carbóns dentro da tumba.\nImaxe 8. Delimitación sepultura 2 vista en planta. Imaxe 9. Delimitación sepultura 3 vista en planta.\nfundidade e sección en perfil, tampouco o seu contido, dado que non foi escavada. Aparentemente estaba cuberta de pequenos cascotes e fragmentos de tégula (aínda que é posible que fose parte do derrube do muro – estrutura 3-). Debaixo deste depósito de pedra, localizouse un depósito de argamasa de idénticas características que o revestimento da sepultura 2, formado por cal, arxila e area. Respondería ao rito de incineración.\nSepultura 4. Formado polas UE´s 076 e 018. Localizada anexa polo W á sepultura 2, e posiblemente coetánea da mesma. Presenta unha forma irregular con tendencia globular imperfecta (eixo maior 45 cm). Semella ter os bordes da fosa revestidos de arxila amarelenta, e no interior conter cinzas (sedimento cun altísimo contido orgánico). Descoñecemos a profundidade e sección en perfil, tampouco todo seu contido, dado que non foi escavada, só delimitada en planta. O peche da sepulturas podería estar composto por dúas lousas de granito. Respondería ao rito de incineración.\nSepultura 5. Situada en paralelo á estrutura edilicia (estrutura 3), a 20 cm cara o norte da mesma. Está orientada lesteoeste; foi escavada na terra (fossae en terra) e non ten revestimento nas paredes. Presenta forma rectangular, cunhas dimensións de 35 cm de ancho e un longo mínimo de 89 cm, e unha profundidade mínima de 34 cm. Non foi escavada integramente, só delimitada parcialmente en planta, polo tanto descoñecemos a súa lonxitude total, sección e perfil, así como o contido íntegro da mesma. Está formada polo corte estratigráfico UE016 e polo deposito UE072 (equiparable a UE082 – depósito descrito en perfil leste fa - chada interior inmoble) que contén gran cantidade de materia orgánica. Responde a un rito de inhumación.\nDelimitando a sepultura, a ambos lados, localizáronse dous anacos de tégulas dispostas de maneira vertical que permitiu definir con maior exactitude os límites da fosa, dado que esta foi executada sobre un nivel orgánico, humus, e o contido da sepultura tamén presenta un alto contido orgánico, provocou unha mimetización de ámbolos depósitos.\nO sistema de cubrición ou peche da tumba parece ser un depósito de arxila, que asemade se empregou para regularizar a superficie, e colo - car un novo pavimento.\nEstratigraficamente parece estar en relación coa sepultura 1.\nSepultura 6. Situada polo sur da estrutura edilicia (estrutura 3). Está orientada leste – oeste; foi escavada na terra (fossae en terra) e non ten revestimento nas paredes. Presenta forma rectangular, cunhas dimensións de 38 cm de ancho e un longo mínimo de 142 cm. Igual que no caso anterior, non foi escavada integramente, só delimitada parcialmente en planta, polo tanto descoñecemos profundidade, sección e perfil. Está formado polo depósito de sedimento UE055 (caracterizado polo alto contido orgánico) e pola estrutura UE015 e 024 (gabia). Presenta unha orientación leste – oeste. Non se localizou evidencias de sistema\nImaxe 10. Delimitación sepultura 4 vista en planta. Imaxe 11. Delimitación sepultura 5 vista en planta (límites sinalados cos anacos de tégula).\nde peche da sepultura fóra da cuberta de terra. Responde ao rito de inhumación 4.\nComo se pode observar en ámbalas estruturas tipo fossae (sepulturas 5 e 6) as dimensións son cativas, caracterizadas pola súa estreitez, aínda así comparándoo con outros paralelos como o caso de Silveirona (CUNHA, 2008: 55) non é algo anómalo, senón unha característica propia. Outro exemplo tomado de GONZÁLEZ VILLAESCUSA, El mundo funerario romano en el País Valenciano: monumentos funerarios y sepulturas entre los siglos I a. de C.- VII d. de C., recolle a modo de síntese que este tipo de sepulturas presentan un forma rectangular, trapezoidal ou pseudoantropomorfa, e cunhas dimensións medias de 174/176 cm de lonxitude, 42/41 cm de anchura e 33/27 cm de profundidade (GONZÁLEZ, 2000: 103). Pero ademais, hai que sinalar que o feito de estar escavadas no humus, terra vexetal, puido provocar modificacións na planta da tumba aberta, ao des - compoñerse os restos cadavéricos; ou incluso si contaron con algún tipo de estrutura de madeira a modo de ataúde ou semellante, ao desaparecer, debido á presión, puido minguar o oco e posterior derrube dos noiros como se ten documentado noutras necrópoles (MOREDA, 2009: 57).\nSepultura 7. Formado polas UE´s 005 e 093. Situada ao sur da estrutura edilicia (estrutura\n3), a uns 45 cm do lenzo exterior. Esta sepultura foi seccionada durante as obras de construción do oco do ascensor, o que a súa vez permitiu identificala no perfil, dado que se ato - pa por debaixo da cota de obra. Conservouse a metade aproximadamente, e nela recuperáronse os restos osteolóxicos mellor conservados 5, formado por parte das extremidades inferiores (2 fémures, 2 tibias e 2 peronés,...). Estaba orientada leste – oeste, coas extremidades inferiores cara Oriente, e en posición estendida de cúbito supino ou de cúbito dorsal, postura que evoca repouso, coas pernas estendidas e os brazos cruzados sobre o ventre ou sobre o pubes. Responde a un rito de inhumación. Durante a intervención localizáronse evidencias efémeras de restos de varias falanxes que foi imposible recuperar polo estado de conservación que presentaban.\nDurante a exhumación non foron recuperados cravos nin grampas, polo que se descarta 6 o emprego de cadaleito; asemade, tampouco foi recuperado ningún alfinete, fíbula ou botóns que puidesen indicar a existencia dun sudario (coa cautela precisa, xa que non se baleirou a tumba).\nra, tipo capulus (ataude) ou sandapila onde repousaría o cadáver, podería explicarse excepcionalmente, pero constatado arqueoloxicamente noutras zonas da península, co baleirado dun tronco de árbore ou o ensamblado de madeira mediante o sistema de cola de milano non deixando evidencias.\nImaxe 12. Delimitación sepultura 6 vista en planta. Imaxe 13. Delimitación de restos sepultura 7 vista en planta.\nA sepultura foi executada sobre o horizonte A, en planta ten unha forma pseudoantropomorfa, a altura dos pés forma unha parábola; consta de varias lousas de granito (5) chantadas a modo de parede. Ten un ancho máximo de 55 cm (exterior) e conserva 85 cm de longo. O chan da sepultura estaba formada a base de area de praia. Estaba cuberta con lousas de pedra (3), unha delas unha catilus dun muíño circular fragmentado, conservando aproximadamente á metade. A parte inferior da mesma, a que se atopaba en contacto cos restos óseos, concretamente na parte máis externa, conserva restos de feluxe, que nun contexto tardorromano poderíase explicar como consecuencia de ritos purificatorios postde - posicionais 7 (libacións, queima de ofrendas,...), como poderían ser as festas denicales, que eran celebracións funerarias nas que se visitaban as tumbas, facíanse sacrificios e de - positábanse nas tumbas a través de conductos, como podería selo noso caso a traveso do oco do eixo do muíño. Celebrábanse en diversas datas, como por exemplo no aniversario da morte do defunto, nos idus, nas kalendas e nonas (GONZÁLEZ VILLAESCUSA, 2000: 83, 428).\nEste tipo de sepulturas que adoitan presentar formas trapezoidais irregulares, feitas a base de soportes laterais de lousas, e abandonando a forma rectangular perfecta do período romano, soen difundirse en época tardía (GONZÁLEZ VILLAESCUSA, 2000: 100).\nSepultura 8. Formado polas UE´s 006 e 060. Situada ao sur da estrutura edilicia (estrutura 3), a uns 90 cm do lenzo exterior. Presenta unha orientación leste – oeste. A maior parte desta estrutura está baixo a medianeira do inmoble colindante. Só foi recuperado un pequeno conxunto de restos osteolóxicos en moi mal estado de conservación (úmero e/ou fémur).\nDesde un punto de vista tipolóxico semella responder ao mesmo patrón construtivo que o caso anterior (sepultura 7), formada por unhas lousas chantadas de maneira vertical delimitando o espazo para depositar o cadáver, e cuberta con lousas de granito (3); pero a diferencia do anterior os restos osteolóxicos estaban amalgamados con terra. Responde a un rito de inhumación.\nEsta sepultura está asentada enriba da sepultura 7, e polo tanto, posterior a esta. Segundo a información obtida, esta é a sepultura máis recente de todas as detectadas durante a intervención.\nA modo de conclusión podemos dicir que foron localizadas 8 sepulturas que responden a 4 tipoloxías distintas: fossae en terra (2), soportes laterais e cuberta en lousas de granito (2), cistas (2), estrutura rectangular con reborde en\nImaxes 14. Delimitación restos sepultura 7 e 8. Imaxes 15. Vista en perfil sepultura 8.\nargamasa (1), lousa e tégula (1). Cinco das sepulturas responden ao rito de inhumación e presentan a mesma orientación, lesteoeste. En xeral, son sepulturas pobres na súa construción, aproveitando nalgún caso material romano (p.e. tégula, muíño,...); para as inhumacións non se aprecian restos de posibles estruturas sepulcrais feitas en materiais perecedoiros como os capuli ou sandapilae, coa localización de cravos, o que podería estar indicando que os cadáveres foron envoltos nun sudario. Tampouco presentan sinais superfi - ciais que aseguren a súa identificación a modo de lápidas ou semellantes. Asemade, ningunha das tumbas presenta enxoval, característica esta xeneralizada dende época baixoimperial (284395 d.C.), e principalmente para os enterramentos cristiáns.\nA variedade tipolóxica e a superposición dalgunhas das tumbas poden estar indicando que se trata dunha necrópole de longa duración, hipótese que viría avalada pola existencia de tumbas de inhumación e incineración (cremación), e a reutilización de materiais de construción podería estar indicando unha operación de limpeza previa, de purificación do espa - zo propicio para os enterramentos cristiáns (CUNHA, 2008:78); xa que ademais, moitos dos depósitos, que forman parte da necrópole, caracterízanse pola gran cantidade de carbóns que conteñen, que poderían ter a súa explicación nun proceso de queima de ofrendas para librarse de impurezas. Paralelamente, fágase notar que formando parte da construción edilicia, estrutura 3, atópase gran cantidade de anacos de tégula a modo de recheo interior, que poderían estar reaproveitadas froito do desmantelamento de construcións máis antigas.\nOutro dos argumentos a ter en conta a hora de establecer que se trata dunha necrópole de longa duración, é a localización de varios pavimentos de arxila superpostos uns a outros, e intercalados nalgún caso coas tumbas, que nos indica un uso intensivo e unha longa amortización deste espazo.\nComo acabamos de ver, as sepulturas parecen nun espazo relativamente pequeno, concentradas, e con certa orde ou organización (orientadas LW, paralelas unhas a outras), superpoñéndose unhas sobre outras; vertebradas arredor dun importante elemento arquitectónico como é a estrutura 3. Un muro cunhas dimensións considerables, acadando un ancho superior aos 60 cm, cunha fábrica moi coidada, que delimita cara o norte un espazo interno; pon de relevo a existencia dunha importante construción, que asemade atrae gran cantidade de sepulturas ao seu carón, chegando incluso a superpoñerse. Construción que debeu ter un intenso trasfego e longa pervivencia, a tenor da sucesións de pavimento coa que conta. Polo tanto, un espazo, unha construción cunha significación importante ou especial, como o de -\no que podería estar indicando a existencia dun santuario ou mausoleo (ou simple basílica). Algo significativo ao respecto, é que parece existir un intento de depositar ós cadáveres nunha zona moi determinada, en contacto uns cos outros; eso si, sen alterar os depósitos cadavéricos anteriores, e xerando unha excesiva masificación nesta zona en concreto, en vez de empregar outras zonas que presupoñemos non ocupadas do entorno.\nCRONOLOxÍA E CONTExTO HISTÓRICO xERAL\nA localización de 8 tumbas, tres delas responden ao rito de incineración e as cinco restantes ao rito de inhumación, e todas elas, a priori, sen enxoval e ordenadas arredor dunha construción e paralelas unhas as outras cunha orientación leste – oeste (inhumación) parece estar indicando a alternancia de rituais ao longo dun período relativamente amplo, e en ningunha delas se localizou enxoval. A ausencia de enxoval pode explicarse por cuestións simbólicas, como acontece no mundo cristián; ou ben por cuestións socioeconómicas, en caso de tratarse dunha clase social caracterizada pola pobreza extrema (reaproveitamento de materiais de construción antigos –tégulas e ímbrices-, ausencia de elementos de mortalla (restrinxido quizais a elementos perecedoiros como alimentos, incenso, flo - res, roupa,...). No mundo romano se detecta o cambio das lucernas polo cirios (feluxe no interior co catillus ?) que apenas deixan evidencias do seu uso.\nSegundo a información da que se dispón para a realidade galega, semella que o cambio de ritual funerario de incineración a inhumación acaece a finais do s. II d.C. (CAAMAÑO, 2007:7677); nembargantes, a simultaneidade de rituais é habitual ao longo de todo o período romano e posiblemente en datas máis tardías 8. Aínda así, é habitual que as inhumacións romanas vaian acompañadas dun enxoval a modo de ofrendas, a diferencia do que sucede cos primeiros enterramentos cristiáns que se caracterizan pola súa ausencia. A mediados do século III d. C. pódense fixar as orixes do cristianismo en Galicia (CAAMAÑO, 2007:55), a pesar de que non será ata o ano 313 d.C. co Edicto de Milán, cando se oficializa a tolerancia do Cristianismo, e pos - teriormente no ano 380, co Edicto de Tesalónica, cando se torna a relixión do Estado. No século IV, existe constancia documental a través dos concilios episcopais e dos restos arqueolóxicos, como acontece co sartego da igrexa de Termes, Carballedo – Lugo pertencente á época constantiniana, datado entre o ano 320330 d.C. Asemade, continuará a coexistir durante varios séculos o rito pagán co cristianismo (DÍAZ e TORRES, 2000, p. 237, CUNHA 90), a incineración e a inhumación. Non existe unha espiritualidade homoxénea. Dende unha perspectiva arquitectónica, as sepulturas de inhumación de época romana presentan unha forma rectangular, que posteriormente tornaranse cada vez máis paralepípetas e antropomorfas nas necrópoles paleocristiáns, como podería ser o caso das sepulturas 7 e 8.\nTendo en conta o exposto, e atendendo ao noso rexistro arqueolóxico onde contamos con varias sepulturas de incineración, outras tumbas de inhumación que están feitas con materiais construtivos romanos reaproveitados (desmantelamento de estruturas anteriores), entre outras consideracións; podemos establecer unha cronoloxía ampla atendendo aos paralelismos doutras necrópoles da nosa orbe, establecendo unha orixe arredor do s. II d.C. e un abandono anterior ao séculos centrais da Idade Media (s. XXII), posiblemente nos século VIVII d.C., convencionalmente o que consideramos Antigüidade e Tardoantigüidade ou período xermánico 8.\nExisten referencias publicadas que podemos considerar como paralelismos, como o caso de Guisande no que foron localizadas sepulturas austeras, sen enxoval, que responden a un ritual de inhumación, cunha orientación LW, feitas con tégula e ímbrice, para as cales se estableceu unha ampla cronoloxía entre o s. IV e o VII (CAAMAÑO, 2007: 71).\nPara o noroeste podemos fixar como data sig - nificativa o século II d.C., momento no que a incineración comeza a ser substituída pola inhumación. 10. No s. IV a inhumación predomina no mundo romano, aínda que ámbolos dous ritos poden sobrevivir coetaneamente nunha mesma necrópole. As tumbas de incineración, menos abundantes en Galicia, caracterízanse por ser enterramentos en fosa ou cista, feitas con laxes de lousa ou tégula e que conteñen no seu interior unha urna cineraria que garda as cinzas do defunto. As tumbas cubríanse con fragmentos de tellas e laxes de lousa e non son frecuentes os sistemas de protección dos restos incinerados, agás nalgún caso que se fai mediante tellas dispostas de forma triangular, trapezoidal ou rectangular.\nA modo de epílogo cabe sinalar a excepcionalidade do estado de conservación dos restos dos individuos enterrados e a ausencia de elementos de sinalización das tumbas (p.e. lápidas, estelas,...). Tamén cabe volver referirse a natureza da intervención arqueolóxica centrada nun control e seguimento das obras, que non afectaron a todo o subsolo nin a toda a parcela. A propia natureza da intervención non permite unha documentación ampla, exhaustiva e detallada; a pesar de recoller o máximo de información posible, existen moitos baleiros, máis preguntas que repostas e máis conxecturas do desexable. Unido elo, a propia complexidade do xacemento, caracterizado por remexidos provocados por enterramentos sucesivos que remexen o subsolo provocando alteracións estratigráficas e destrución / alteración dos contextos máis antigos.\nBIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA CITADA: BERNÁNDEZ VILAR, X. (2003): << O comezo da nosa Idade Media. A Galicia que se emancipou de Roma >>. Ed. Toxosoutos. Noia.\nCAAMAÑO GESTO, J. M. (2007): <>. En La Gran Historia de Galicia. Tomo III, Vol. II. Economía, Sociedade, Relixión e Ate. O Mundo Suevo. Ed. Arrecife Edicións Galegas. A Coruña.\n(1978): << Prisciliano de Avila: Ocultismo y poderes carismáticos en la Iglesia Primitiva >>, ed. EspasaCalve, Madrid.\nCOMOXO, X.; SANTOS, X. (1997): << A heráldica nas terras de Rianxo: brasóns e linaxes >>, ed. Deputación da Coruña.\nCUNHA, Mélanie (2008): <>, en Suplemento 4 de O Arqueólogo Português. Museo Nacional de Arqueologia. Lisboa."} {"summary": "Un dos problemas que vén asociado á historia sobre as orixes de Vigo é escaseza de textos históricos anteriores ó século XII. Nas últimas décadas, esta situación adquire un releve especial ó contrastar co notable incremento da documentación arqueolóxica, especialmente de época romana, tardorromana e altomedieval. En certo modo, este traballo espera contribuír, nunha modesta medida, a paliar esta descompensación entre documentos arqueolóxicos e documentos escritos. A evidente asimetría entre os datos arqueolóxicos que falan dun destacado núcleo de poboación entre os séculos I e VII d. C. en Vigo, deberían ter implicacións á hora de interpretar a información dos textos históricos que puideran aludir ó referido lugar entre eses mesmos séculos.\nO artigo divídese en duas partes. Na primeira proponse que a orixe do topónimo Vigo é alto medieval e non de época romana. Na segunda parte preséntase a hipótese de que a Burbida do Itinerario Antonino estaría situada en Vigo. Asimesmo proponse un trazado da vía XIX romana que comunicaría o porto de Vigo cas antigas Tude e Turaqua.", "text": "Archaeology of a place name: the name of the roman Vigo\nM anuel s antos e stéVez Grupo de Investigación Arqueología Social y Económica Instituto de Historia - CCHS (CSIC) G. I. Prehistoria Social y Económica - CCHS - CSIC\n\nVigo, Burbida, Época Romana, Idade Media, vía XIX.\nPenso que unha das dificultades coas que se teñen atopado os arqueólogos e historiadores é a presenza do topónimo Vigo que, nalgunhas ocasións, levou a algúns investigadores a presupoñer que, historicamente, Vigo ten sido unha entidade de escasa importancia, tópico que semella ter certo calado no eido non só popular. No presente traballo sosteño que, moi probablemente, o topónimo como designante da actual cidade é tardío, e que dita poboación tivo outras denominacións entre os séculos I e VII d. C. Basearei a miña argumentación, especialmente, na análise da paisaxe arqueolóxica dende época romana ata a Plena Idade Media, e verase como existen unha serie de rupturas na evolución desta paisaxe que puideran xustificar o cambio de nome da cidade olívica ó igual que sucedeu noutras entidades de poboación en Galicia.\nARQuEOLOxÍA DuN TExTO\nPrecisamente unha das máis antigas descricións da paisaxe viguesa témola nun enigmático texto publicado por Taboada Leal en 1840, onde se mestura o histórico, o mítico e incluso o arqueolóxico. Fálanos de diversas vicisitudes polas que pasou o núcleo urbano de Vigo con anterioridade ó século XVII, o mesmo autor data este manuscrito no último terzo deste século, concretamente o texto di o seguinte:\nA cronoloxía do texto podería coincidir co inicio da repoboación do Barrio do Areal, que con aterioridade ó século XVII semella estar deshabitado a xulgar pola ausencia deste nun mapa de finais do século XVI (Ávila y La\nCueva, 2003: 85, manuscrito de 1840), incluso aparece case totalmente deshabitado en 1667 segundo un gravado tamén presente no Archivo General de Simancas (Ávila y La Cueva, 2003: 80), (Fig. 1). Esta despoboación do Barrio do Areal vese confirmada polos resul - tados das intervencións arqueolóxicas recentes (Constenla Doce, 2006, Iglesias Darriba, 2006, 2007, 2008 e López Rodríguez, 2007).\nTraio este texto, que mereceu a atención doutros investigadores anteriores, porque creo que é necesario analizalo detalladamente, xa que poden ser atopadas algunhas claves para comprendela evolución de Vigo dende a época romana ata o século XVII. Este texto aborda o tema do traslado da poboación de Vigo dende o Areal ata o actual Casco Vello, aínda que apunta que entre medias existía unha poboación no Roupeiro que “estaba algo desviado de la mar” e que esta pequena poboación pertencía á parroquia de Santiago de Vigo. (Fig. 2)\nRespecto á fiabilidade do texto, creo que é doado distinguir as partes do relato referidas á experiencia directa do autor ou autores do que son tradicións orais ou lendas. En primeiro lugar chama a atención a coincidencia entre a extensión da cidade en “aquel tiempo de gentiles” apuntada polo texto coa extensión do poboamento en época romana: “al oriente has - ta el sitio que hoy se dice del Roupeiro”, “el transito que va de esta villa a las religiosas”, é dicir, dende o actual Casco Vello ata o Roupeiro pasando polo Areal. Tamén apunta a que a poboación non só estaría na liña inmediata á costa, como así semella apuntalo os achados na estación de ferrocarril e os recentes na rúa Policarpo Sanz 1.\nEn segundo lugar apunta a unha descontinuidade na localización da poboación viguesa, primeiramente localizada no Areal e nas ladeiras inmediatas, posterior despoboamento das zonas inmediatas á costa e continuidade nas zonas “desviadas de la mar para la pesca” na veciñanza de Santiago de Vigo, para logo fundar a definitiva poboación no actual Casco Vello ó pé do Castelo do Penso, fortificación situada onde hoxe está o Castelo de San Sebastián.\nPero quizais o máis interesante é que distingue claramente entre dous edificios que nun determinado momento, século XVII, parecen coexistir, o cal descartaría a tese de Álvarez Blázquez (1979: 74, 2008: 144 [1955]), quen sostén a posibilidade de que o convento de relixiosas do Areal ocupara o espazo da antiga Igrexa de Santiago de Vigo. En consecuencia ámbolos dous edificios ocupaban un sitio dis - tinto no século XVII, aínda que o convento do Areal puidese funcionar, nos últimos tempos da súa existencia, como centro parroquial en substitución da desaparecida igrexa de Santiago.\nComo veremos a continuación estas tres observacións teñen a súa corroboración na información arqueolóxica e histórica e que o mencionado texto está relatando os cambios experimentados pola poboación de Vigo dende época romana ata a Idade Media, espazo de tempo crítico para comprender a orixe do nome na cidade de Vigo.\nPara desenvolver a nosa hipótese procedemos a analizar aqueles aspectos relacionados ca orixe do topónimo da cidade olívica.\nARQuEOLOxÍA DO TOPÓNIMO VIGO\nO Vigo romano\nSen dúbida o nome de Vigo deriva do topónimo latino “vicus”, que de forma xenérica podemos traducir por aldea. Por razóns etimolóxicas os diferentes autores que se teñen ocupado do tema das orixes de Vigo, dan por feito que este nome foi posto á poboación en época romana, afirmación ésta que non seme - lla tan evidente como “a priori” puidera pa - recer e que quizáis precise de certa revisión crítica. Sabemos que non todos os topónimos latinos presentes en Galicia foron postos necesariamente en época romana, concretamente o topónimo “vicus” ou “vico” está en pleno uso na Idade Media. Xa Pérez Losada (2007: 35), a pesar de soster que o nome da poboación romana sería vicus, sinala que os 44 topónimos vigo existentes en Galicia son de orixe altomedieval, nembargante, este mesmo autor, propón que o caso de Vigo sería diferente a pesar de advertir certos problemas para encaixar a definición de vicus co que sería o vigo romano.\ntotalmente claro 2, entre o núcleo do casco vello e o que se situaría entre as rúas Carral e Colón. – Na rúa Marqués de Valterra foron atopados muros de mampostería, fustes de columna e unha basa. Hidalgo e Viñas (1998) interprétano como posible edificio oficial ou público baseándose na práctica inexistencia de cerámica doméstica, pero que Pérez Losada (2002) interpreta como posible villa suburbana. – Entre a construción de Marqués de Valterra e o Casco Vello, na antiga praia de San Francisco identifícase unha necrópole con polo menos tres enterramentos. – En termos xerais a cronoloxía destas estruturas irían dende o s. II d. C., posiblemente I d. C. ata o século VI d. C.\nTrátase polo tanto dunha entidade de poboación dun tamaño considerable dentro dos parámetros no noroeste da península Ibérica en época romana. Coa suficiente actividade económica como para atraer inmigrantes (González García, 2010). Semella que xa dende momentos previos á creación do asentamento romano, o val do Fragoso contaba cunha poboación indíxena considerable, o actual termo municipal de Vigo posúe unha das densidades de castros máis altas de Galicia, ademais da presenza dun oppidum no coñecido como Monte do Castro. Por outra banda, a crecente importancia económica do porto ó longo do período romano, debeu converter a Vigo nun importante núcleo comercial o que debeu implicar unha boa rede de comunicacións non só marítima senón tamén terrestre.\nAnte as evidencias arqueolóxicas, o propio Pérez Losada semella atopar certas dificulta - des para encaixar o concepto de vicus co gran sitio arqueolóxico de Vigo, neste contexto presentamos dúas definicións do termo vicus. Unha das definicións vén do lexicógrafo Festo da segunda metade do século III d. C, é dicir, contemporáneo duns dos momentos de ocupación do Vigo romano, o texto chegou ata nós algo incompleto:\n“Vici.... cipiunt ex agris, qui ibi villas non habent, ut Marsi aut Peligni, sed ex victis f partim habent remp. et ius dicitur. partim nihil eorum et tamen ibi nundinae aguntur negotii gerendi causa, et magistri vici item magistri pagi quotannis fiunt. altero, cum id genus aedificior.... nitur, quae continentia sunt his oppidis, quae …….. itineribus regionibusque distributa inter se distant. nominibusque dissimilibus discriminis causa sunt dispartita. tertio, cum id genus aedificiorum defini - tur, quae in oppido privi in suo quisque loco proprio ita aedificat, ut in eo ctdi - ficio pervium sit, quo itinere habitatores ad suam quisque habitationem habeat accessum : qui non dicuntur vicani. sicut ii, qui aut in oppidi vicis, aut hi qui in agris sunt, vicani appellantur” 3.\nTamén hai unha segunda definición de Isidoro de Sevilla, máis tardía concretamente do s. VII d. C., momento en que o Vigo romano semella estar abandonado:\n“11 Vici et castella et pagi hi sunt qui nulla dignitate civitatis ornantur, sed vulgari hominum conventu incoluntur, et propter parvitatem sui maioribus civitatibus adtribuuntur. 12 Vicus autem dictus ab ipsis tantum habitationibus, vel quod vias habeat tantum sine muris. Est autem sine munitione murorum; licet et vici dicantur ipsae habitationes urbis. Dictus autem vicus eo quod sit vice civitatis, vel quod vias habeat tantum sine muris.” 4.\nPérez Losada inclínase pola definición dos vici como asentamentos urbanos, considerando a súa definición como asentamentos rurais como menos corrente. Pero o caso é que tanto o termo como o concepto segue en uso na Alta Idade Media, e de feito, os restantes topónimos vigo, presentes en Galicia semella ter orixe romana semella ter unha orixe romana se atendemos á inexistencia de restos desta época. Por outra banda, Sánchez Pardo (2008: 78) atribúe unha cronoloxía para este topónimo de entre os séculos III e VIII, polo menos para os os casos da antiga terra de Nendos (A Coruña). Polo tanto, o topónimo vicus foi de uso corrente despois da desaparición do Imperio Romano, polo que cabe preguntarse se o nome da actual cidade de Vigo puido ter a súa orixe nun momento máis serodio do que se vén considerando 5. Como veremos a continuación, a orixe serodia do nome de Vigo semella a máis probable. Por outra banda, veremos tamén como o devandito topónimo puido non terse orixinado no lugar ocupado actualmente polo sitio romano.\nA decadencia do Vigo romano\nSegundo Carballo Arceo et al. (1998: 111) e Pérez Losada (2002: 266) o Vigo romano semella ser abandonado na segunda metade do século VI, aínda que este segundo autor propón posteriormente o século VII como o momento máis probable para o abandono (Pérez Losada, 2007: 345), data que semella máis acorde co contexto histórico.\nEntre a segunda metade do século VI e ó longo do VII teñen lugar unha serie de cambios no contexto xeopolítico que van ter unha notable incidencia no mundo urbano e especialmente nas cidades costeiras dedicadas ó comercio marítimo. Dentro da Gallaecia destacarían Brigantium e Vigo. No século V desaparece definitivamente o imperio romano e con el a estrutura política que propiciou o xurdimento destes portos. Gallaecia é ocupada polos Suevos a partir do 409, este Reino Suevo, en continuo enfrontamento cos visigodos, ten como única saída ó exterior os portos marítimos. Quizáis sexa esta a causa pola que estes portos seguisen en plena vixencia, aínda que a decadencia de Brigantium semella comezar no século V (Pérez Losada, 2002: 13940) e a de Vigo parece ser posterior cando menos un século. A estrutura social sueva semella dar prioridade a unha organización territorial espallada e baseada máis na agricultura ca no comercio, de tódolos xeitos, como xa dixemos, a conexión marítima co exterior debeu de ser crítica, especialmente co mundo mediterráneo e co Imperio Bizantino. Co incremento das hostilidades entre suevos e visigodos, as rutas marítimas deberon cobrar importancia, ata o punto que no século VI semella ter lugar unha “momentánea intensificación dos contactos marítimos e a conseguinte revitalización urbana” (López Carreira, 1999: 31), feito corroborado pola presenza de abondosa cerámica de importación para o caso de Vigo (Fernández Fernández, 2011)\nDe tódolos xeitos o século VI parece ser unha época confusa, foi precisamente neste século cando parece ter lugar certa estruturación do territorio no Reino Suevo de Galicia, reflecti - do este feito no “Parochiale Suevorum”, docu - mento redactado a consecuencia do Concilio de Lugo no 569 convocado polo rei Teodomiro. Neste texto, onde se citan tódalas parroquias e dioceses do reino, non aparece ningún Vicus na Diocese Tudense, aínda que algúns autores propoñen como probable a localización da igrexa de Turonio no val do Fragoso (Fernandes 1997). Este Turonio aparece nomeado por primeira vez no 445 no Crónica de Idacio, nun momento no que a poboación tardorromana de Vigo está na súa plenitude. Así mesmo, aparecen outras entidades que se corresponden con algunhas existentes xa en época romana, como semellan ser o caso de Tude e Toruca, esta última moi posiblemente correspondente coa Turoqua do Itinerario Antonino.\nCoa caída da monarquía sueva, a breve entrada na órbita visigoda de Gallaecia, e a profunda crise do Imperio Bizantino na segunda metade do século VI, o tráfico marítimo interrómpese, o que conleva a decadencia das estruturas urbanas (López Carreira, 1999: 41). Cabe esperar que as redes comerciais caísen durante este período e acentuasen con elo a desaparición definitiva do Vigo romano como porto comer - cial e como entidade urbana.\nVigo na Alta Idade Media\nNo que respecta á comarca de Vigo, nomeadamente a Terra do Fragoso, dende a segunda metade do século VI ata o século X, tralo despoboamento da cidade romana, o patrón de poboamento semella fragmentarse, e empeza a presentar certa estrutura artellada en torno á actividade agrícola. Segundo Sánchez Bargiela (1999: 89), na Alta Idade Media asistimos ó espallamento das villae como núcleo básico de asentamento. É de supor que o novo patrón de poboamento aproveitase parte das estruturas agrícolas construídas en época romana. Éste semella ser o caso da vila romana da Praia do Cocho, dos séculos III e IV a. C. (Hidalgo Cuñarro, 1991: 1956), situada nas inmediacións dunha parroquia con advocación paleocristiá como é Santa Baia de Alcabre\nEn todo caso, todo apunta a que na Alta Idade Media ten lugar a práctica desaparición do antigo núcleo urbano romano e a poboación semella dispersarse pola costa e polo Val do Fragoso. Por outra banda, débese facer notar a existencia de certa concentración de topónimos xermánicos no tramo medio do río Lagares, é dicir, nas parroquias de Sárdoma, Brembrive e Beade, precisamente nas terras máis fértiles da bisbarra. Neste período, so contamos con achados illados, como é o caso dun capitel, posiblemente de época sueva, en Beade, e de diversos sartegos pétreos, posiblemente asociados a igrexas altomedievais e pequenos núcleos de poboación de carácter eminentemente rural. Estes sartegos teñen aparecido nas proximidades da igrexa de San Martiño en Coia, en Coruxo, no barrio de San Roque, outro na parroquia de Sárdoma e dous deles situados nas proximidades do que puido ser o emprazamento da Igrexa de Santiago de Vigo na zona da actual rúa Bolivia. De tódolos xeitos, temos para este período un baleiro documental referente a ese proceso de transición entre o abandono do núcleo romano de Vigo e o xurdimento de pequenos núcleos dispersos, posiblemente organizados en torno a igrexas, é dicir, os “vici” alto medievais.\nPero quizais o máis destacable, dentro da notable ausencia de información para este período, sexa a posible existencia dunha igrexa altomedieval ó nacente do monte do Castro. Algúns autores teñen situado a desaparecida Igrexa de Santiago de Vigo na actual rúa do Areal, quizais o máis destacado fose Álvarez Blázquez (1979: 74, 2008: 144 [1955]), pero Carballo Arceo et al. (1998: 112) sinalan no mapa de Vigo de 1734 de Álvarez Limeses a presenza no contorno da rúa Venezuela da igrexa de Santiago. A situación desta igrexa nunha zona relativamente interior do concello de Vigo é corroborado noutros mapas, como ocorre co de Francisco Coello de 1856 6\n(Fig. 2). A posible situación da igrexa coincide co achado de dous sartegos antes mencionados, que de feito, levou no seu momento a Álvarez Blázquez a propor a posibilidade da existencia dun templo de época xermánica na aba oriental do castro de Vigo (Álvarez Blázquez, 1979: 63). Pero quizais a confir - mación definitiva do emprazamento da antiga Santiago de Vigo veña da man de Espinosa Rodríguez (2003: 185 [1949]) como testemuña directa da presenza desta igrexa no lugar de Areosa na actual rúa Bolivia, templo que, segundo este mesmo autor, desapareceu defi - nitivamente en 1897.\nVigo na Plena Idade Media\nTras a escuridade dos séculos VII ó X empezan a observarse síntomas dunha reestruturación do territorio, moi posiblemente produto da consolidación territorial do Reino de Galicia. Con respecto á terra que nos ocupa, o que semella reflectir a documentación é que no século XI soamente temos unha parroquia co nome de Vigo, sabémolo polo documento de 1097, onde se resolve unha contenda entre Vigo e Canadelo, este último puido ser un territorio situado ó este de Vigo, posiblemente na redondelá parroquia de Chapela. Como a contenda é so entre estas dúas entidades só podemos propor un posible límite oriental de Vigo nesa época.\nEntre os fitos nomeados destaca a presenza dunha mammona (mámoa) situada no monte Vixiador (Vidixi) e o derradeiro referente sería un rego, posiblemente o rego do Pugariño que chegaría ata o mar, posiblemente na praia de Area Longa en Chapela, é dicir, os límites actuais do moderno concello de Vigo coincidirían, no seu límite oriental, con esa entidade chamada Vigo no século XI. Chama a atención que neste documento non se mencione se se trata de Santa María de Vigo ou Santiago de Vigo. Carecemos de información sobre a presenza de poboación no enclave e contorno de Santa María despois da época romana, aínda que non debemos dar por feito un baleiro total de poboamento. Sobre Santiago de Vigo temos a presenza de dous sepulcros altomedievais, que puideran estar datando un asentamento nesta época concreta. Esta posibilidade concordaría co sostido por Sánchez Pardo 7 que data os topónimos vicus con anterioridade ó século IX.\nNo século XII empézase a falar de dous núcleos de poboación co mesmo nome, a partir desta centuria a documentación multiplícase e é rara a mención que non especifique a cal dos dous Vigo se refiren, mencionando para elo a advocación da parroquia, algo que non semella ser necesario no documento do século XI. A coincidencia toponímica de dous entidades de poboación limítrofes soe interpretarse como produto dunha escisión ou división a partir dunha única entidade 8. Creo que é razoable pensar que a homonimia das dúas parroquias estea indicando que a vila medieval de Vigo, o que será o xérmolo da actual cidade, puidera ser produto dunha escisión a partir da antiga Santiago de Vigo situada na aba oriental do Monte do Castro e que, antes da división, abranguería a parte nororiental da Terra do Fragoso. Carlos Barros apunta como data máis probable para a fundación de Vigo (a vila intramuros) a segunda metade do século XII argumentando o seguinte: “As outras vilas medievais teñen a súa orixe en Galicia neses anos: a cidade de Pontevedra, máis importante que Vigo naquel entón, data do mesmo ano de 1169, conforme a carta foral concedida pola monarquía para poboar a nova urbe. No século XII conceden os Reis cartas forais así mesmo á Coruña, Allariz, Padrón, Ribadavia, Noia, Viveiro; seguidas doutras pequenas vilas urbanas no século XIII”.\nConsidero oportuno copiar aquí integro un fragmento da conferencia de Carlos Barros dado que nestas poucas liñas sintetízase o proceso clave acontecido na Idade Media en Vigo: “Este desprazamento (da vila de Vigo) que condiciona a construción da muralla maila fortaleza da vila, foi algo habitual –historia comparadana Galicia urbana da Idade Media, presupoñendo un burgo anterior (en Santiago de Vigo no noso caso) e xogando un papel clave o interese militar e orográfico. O rei de Galicia Fernando II obriga a trasladar Tui a un lugar máis elevado, onde está hoxe a catedral, para mellor defensa da cidade. Igual pasou na Coruña no paso da Peixería á “cida - de vella”; en Ribadavia desde a Santa María do Burgo ou da Oliveira á onde están hoxe o restos do castelo dos Sarmientos, na parte alta, e a praza medieval de Santa María de Magdalena, máis abaixo, ambos cercados pola muralla que deixou fóra o vello burgo, como de seguro pasou na formación do Vigo medieval... Dos castros se baixou ó mar –ou a chaira para cultivar a terracon Roma, para logo subir de novo coas novas cidades na Idade Media, estendendo cara arriba a continuidade do hábitat costeiro. O que obriga ás veces a construír a maior torre defensiva, o Penço, non tan alta como o castro prerromano, como en Vigo, pois dise –pendente de mellores comprobacións arqueolóxicas ou documentaisque estaba onde o castelo moderno de San Sebastián, máis abaixo do Castro, o que marcaría probablemente o límite máis alto dunha ocupación urbana medieval que sen dúbida chegaba ata o Berbés (onde os monxes de Melón tiñan intereses portuarios). Vese ben esta disposición espacial nos debuxos e gravados do século XVI e mesmo posteriores, a pesar do crecemento da poboación extramuros” 9.\nPolo tanto, na Baixa Idade Media teríamos dous núcleos de poboación. En 1136 o rei de Galicia Alfonso VII cede Santiago de Vigo ó Bispo tudense Don Paio Meléndez e ó cabido da catedral de Tui Santa María de Vigo (Sánchez Bargiela, 1999: 92), partición confirmada por Fernando II en 1170 (Pérez Ro - dríguez, 2007: 4041). En torno a 1136 puido ter sido o momento da división do territorio de Vigo en dúas parroquias, pudendo ser a de orixe máis antiga a de Santiago de Vigo, que non tería porque ter necesariamente a mesma advocación na Alta Idade Media, e cuxos dominios chegarían ata o porto do Areal; mentres que a outra parroquia, posiblemente máis recente, situouse na ladeira setentrional do Castro articulada en torno á igrexa de Santa María e vencellada ó porto do Berbés. Estes dous modelos de poboamento, o de Santiago e o de Santa María semellan corresponderse con modelos propios da Alta e da Baixa Idade Media respectivamente. Na Alta Idade Media son pequenos asentamentos rurais abertos, co templo parroquial situado nun punto elevado e a certa distancia do núcleo ou núcleos de poboación 10, un deles sería o de O Roupeiro a escasa distancia da liña de costa no Areal. Por outra banda, estaría Santa María de Vigo constituída como vila dende a súa fundación, cunha estrutura urbana e fortificada relaciona - da co porto da Ribeira do Berbés.\nO territorio parroquial de Santiago de Vigo semella ser o resultado dun proceso histórico que se iniciaría coa desintegración da estrutura estatal do Imperio Romano e a progresiva ruralización da paisaxe, aínda que isto non é óbice para que ese “vicus”, situado na aba orien - tal do Castro, non tivera as súas orixes máis remotas nun proceso de abandono do castro de Vigo nos primeiros séculos da nosa era. Pola contra Santa María de Vigo sería de fundación real e estaría vencellada ó renacemento comercial do século XII (Ferreira Priegue, 1988a, López Carreira, 1999: 47, 68). As dúas antigas parroquias de Vigo ilustran ese movemento de arredamento da costa e achegamento posterior o cal puido ser o responsable do cambio de topónimo dende época romana ata a Idade Media. Polo tanto o máis probable é que o nome do Vigo Baixo Medieval non teña unha orixe romana senón que fora un nome herdado dun “vicus” máis afastado da costa e de orixe altomedieval.\nOs historiadores medievalistas semellan concordar que entre a Tardoantigüidade e a Baixa Idade Media existe unha destacable continuidade nos núcleos de poboación máis ou menos destacados en Galicia. Esta afirmación pare - ce tomar releve se comparamos as fontes de época romana: o Itinerario Antonino, a xeografía de Ptolomeo ou a de Estrabón coas alto medievais como o Parochiale Suevorum por unha banda, e o conxunto de cidades e vilas do século XII por outra. Pero esta afirmación non se cumpre sempre, como é nos casos de A Coruña, Pontevedra ou Vigo. Nestes tres casos está constatada a presenza de núcleos de poboación romana, sen embargo estes topónimos non aparecen nas fontes romanas ou de época xermánica. Todo o contrario ocorre con entidades como Lucus Augusti, Iria Flavia, Auriensis, Tude ou Aquis Calidae.\nA construción do territorio da Gallaecia no Reino Suevo (s. VVI) ou posteriormente do Reino de Galicia, especialmente a partir de Alfonso II (791842), aséntase sobre a alianza entre o poder rexio e a Igrexa, única estrutura territorial con implantación en todo o territorio tradicional da Gallaecia. Deste xeito foron precisamente aquelas sedes episcopais do século VI as que experimentaron unha clara continuidade a través dos séculos 11 : Lucus - Lugo, Auriense -Ourense, Iria -Iria e Tude -Tui. Mondoñedo será a herdeira da antiga Britonia, Caldas tamén foi sede episcopal no século V 12 aínda que no século seguinte deixe de selo en favor de Iria.\nEn resumidas contas, a evolución da actual cidade de Vigo nas súas orixes, atravesou diversas vicisitudes, dende o oppidum do Monte do Castro, no século I d. C. empezouse a poboar o barrio do Areal. Nos comezos século VII as condicións políticas e socioeconómicas cambian sensiblemente o que leva a ruína do porto romano, ó despoboamento do Areal e ó xurdimento dun novo tipo de poboamento máis organizado en torno á agricultura. Deste último momento puido datar o núcleo que logo será Santiago de Vigo. A orixe deste “vicus” na la - deira oriental do Castro de Vigo puido ser produto do mesmo proceso que deu orixe ó Vigo romano: o despoboamento do “oppidum” do Castro, cuxos ocupantes se foron desprazando paulatinamente cara a dous núcleos; un máis extenso e urbano na costa e outro máis reducido e agrícola que constituíu un “vicus” onde nacería o topónimo de Vigo.\nEn todo caso, no século XII fúndase a parroquia e vila de Santa María de Vigo, cuxo nome nada ten que ver co mundo romano ó tratarse dunha posible excisión de Santiago de Vigo da cal herda o nome. Queda, polo tanto, a cuestión do nome do Vigo romano. A solución poderíamos atopala no trazado da vía romana número XIX.\nO NOME DO VIGO ROMANO\nAs vías romanas e a vía xIx na provincia de Pontevedra\nNun extenso e detallado traballo sobre os asentamentos romanos secundarios Pérez Losada sostén que : “tódolos aglomerados considerados están situados sobre o trazado de vías estatais primarias: Tui, Pontevedra, Caldas, Iria e Santiago na vía romana XIX; Baños de Bande e A Proba na XVIII; Ourense na vía directa BragaLugo) ou secundarias (Brandomil e A Coruña na XX; Verín e Xinzo na vía ChavesOurense; Castillós na vía ChantadaValdeorras). Vigo é a única excepción, en todo caso relativamente próximo da vía XIX coa cal lle unen sendos camiños menores.” (Pérez Losada, 2002: 327); o mesmo autor sinala outros condicionamentos para a situación dos aglomerados romanos: zonas de cruce de ríos, intersección de camiños e as comunicacións marítimas. De feito a vinculación das vías XIX e XX cos portos semella decisiva á hora de deseñalo seu trazado, Tui, Pontevedra, Iria e Coruña que, segundo a historiografía recente, se corresponderían cos núcleos romanos de Tude, Turoqua, Iria Flavia e Brigantium respectivamente son portos desta época, unha vez máis debemos sinalar Vigo como unha excepción.\nUn revelador estudo sobre os condicionantes xeográficos tanto humanos como sociais que influiron no trazado das vías témolo en Güimil Fariña (2009: 41), segundo estudo deste autor a función da vía XIX sería a de comunicar os portos atlánticos coas capitais conventuais. Numerosos teñen sido os trazados propostos por diferentes historiadores e arqueólogos para a vía XIX. Non vou determe a realizar unha crítica sobre os primeiros traballos relativos ós trazados das vías romanas pola provincia de Pontevedra, traballo xa feito por Peña Santos (1991) e pouco podemos engadir. Unha vez superado ó recurso abusivo á homonimia para identificar as “mansio”, como por exem - plo nos casos de Burbida e Vico Spacorum ó facelos coincidir con Pazos de Borbén e Vigo respectivamente, traballos máis recentes dan prioridade ás evidencias arqueolóxicas e ás características orográficas do terreo como con - dicionantes dos trazados das vías. Exemplos deste último tipo de estudos témolos en Peña Santos (1991), Rodríguez Colmenero et al. (2004) ou Güimil Fariña (2009). Precisamente a partir do traballo de Peña Santos os estudos sobre a vía XIX conseguen soltar o lastre de traballos máis tradicionais o que suporá un importante avance nos estudos dos trazados das vías en Galicia.\nUnha das principais fontes de información para o trazado da vía XIX é o coñecido como Itinerario Antonino. Para este traballo consultáronse as copias de Wesseling (1735), Parthey e Pinder (1848) e Cuntz (1929). Do I. Antonino consérvase na actualidade unha copia que non pode ser anterior a Caracala, aínda que tería modificacións do s. IV, Roldán Her - vás propón a posibilidade de que fose feito no s. II con Antonio Pío ou Marco Aurelio, aínda que propón que o máis probable é que fose redactado nos primeiros anos de Diocleciano, é dicir, nos anos 80 do s. III (Roldán Hervás, 1975: 20). Tamén Caamaño Gesto sostén que a súa redacción orixinal puidera datar da época de Caracala (196217 d. C.), (Caamaño Gesto, 1984: 17). Polo tanto a posible redacción deste itinerario coincidiu, cronoloxicamente, coa colocación de parte dos miliarios situados entre Tui e Caldas, o cal tería lugar entre os séculos II e IV d. C.\nO Itinerario Antonino non semella ser un catálogo de vías, nin sequera un documento oficial. En opinión de Roldán Hervás (1975) trataríase dun documento privado de rutas, posiblemente para uso dun comerciante e que, polo tanto, faría referencia ás entidades de poboación máis destacables dende o punto de vista comercial. Este conxunto de rutas coidase que coincidiría, na maioría dos casos, co trazado das principais vías romanas ademais de rutas marítimas.\nA función primixenia do trazado dos camiños romanos foi o de comunicar os principais centros administrativos, que para o caso de Gallaecia foron Lucus Augusti, Asturica Augusta e Bracara Augusta. É na época de Augusto, século I d. C. cando se trazan as dúas vías máis antigas, unha que comunicaba Braga e Astorga, a vía XVII, e outra que unía estas dúas cidades, pero pasando por Lucus Augusti.\nÓ longo do trazado das vías romanas documéntanse instalacións, xeralmente asociadas a asentamentos e coñecidas como mansio. A finalidade primeira destas instalacións foi a de servir ós usuarios das mesmas, especialmente para abastecer e facilitalo movemento do exército e as comunicacións entre os principais núcleos urbanos. O exército e o sistema tributario eran os dous piares do Imperio e dúas das principais razóns que motivaron a conquista da que sería a antiga Gallaecia: escravos, tropas auxiliares para o exército e ingresos obtidos a través do tributo e as explotacións auríferas. A vía XVIII tería como principal motivación a de comunicar as principais zonas mineiras, en cambio as vías XIX e XX, que en parte discorrerían pola costa occidental da Gallaecia tería unha razón eminentemente comercial, é dicir, comunicalos principais portos. Non debemos esquecer que o tráfico marítimo sería a prin - cipal medio de transporte comercial, por esta razón a vía XX foi coñecida tamén como per loca marítima é dicir, polos lugares marítimos, ou o que é o mesmo que comunica os portos.\nOs principais accesos dende a costa occidental de Galicia cara o interior están asociadas a asentamentos romanos vinculados á vía XIX, Tui co río Miño, Turoqua coa ría de Pontevedra (ou a ría de Vigo como veremos) e Iria coa ría de Arousa. A ría de MurosNoia, por condicionantes orográficos, non presenta boa comunicación co interior, de aí o histórico vínculo de Santiago con Iria e a ría de Arousa. Unha vez máis temos a excepción con Vigo, que inexplicablemente semella permanecer á marxe do trazado da vía.\nDiversos autores, especialmente os máis recentes, non consideran o paso da vía XIX por Vigo (Peña Santos, 1991 e Rodríguez Colmenero et al., 2004), por considerar que o camiño máis económico entre Tude (Tui) e Aquis Celenis (Caldas de Reis) é a través da Depresión Meridiana, cuxo treito máis meridional está ocupado fundamentalmente polo val do río Louro (Fig. 3). Polo tanto, o paso por Vigo entre estas dúas “mansio” suporía un desvío innecesario, de feito alguén que se desprazase entre Bracara e Iria nunca pasaría por Vigo se a súa ruta fose exclusivamente terrestre. Tamén hai que destacalo feito da presenza de tres miliarios en Guizán, Saxamonde e San Mamede de Quintela que son unha proba contundente que apoia a hipótese dun trazado da vía XIX por terras de Mos e Redondela. Pero esta hipótese deixa unha cuestión pendente: a localización de Burbida. Non temos argumentos suficientes para situala no Alto das Barrei - ras, xa que os achados da zona son realmente escasos (Filgueira Valverde e García Alén, 1956: 1801) e tódalas mansio identificadas ata o momento se corresponden con asentamentos de certa entidade.\nVolvendo á cuestión da posible finalidade da vía XIX e traendo a colación o traballo de Güimil Fariña (2009), cabe pensar que a función principal desta vía sería a de comunicalos portos, xa que, se fose exclusivamente comunicalas capitais conventuais entre si, non estaría xustificado que esta vía pasase por ningunha po - boación do occidente de Galicia. Se aceptamos que o propósito da vía XIX era enlazalos portos atlánticos coas capitais conventuais, resultaría difícil de xustificar que no itinerario non se citase o porto de Vigo, que semella contar con estruturas construtivas romanas, como son as salinas, dende o século I d. C. (Carballo Arceo et al., 1998: 95) e cuxo apoxeo sitúase entre os séculos III e VI d. C. Por outra banda, sería necesaria unha infraestrutura viaria de certa entidade, que comunicase o porto de Vigo ca vía XIX e co interior, para posibilitalo movemento de carros de mercadorías para transportes pesados como o plaustro de catro rodas e dous eixos ríxidos, que non permiten o desprazamento por pendentes demasiado pronunciadas.\nA importancia comercial, como así o amosa o estudo de Fernández Fernández (2011) e o tamaño do Vigo romano dentro do noroeste ibérico, xustificaría a presenza dunha duplicación da vía XIX, cun trazado que unise directamente Tui e Caldas e outro que se desviase ó porto de Vigo. Os trazados dobres nas vías romanas non son raros, un caso próximo de trazado dobre paralelo témolo na mesma vía XIX, concretamente no treito que separa as mansio de Limia e de Tude, a vía divídese en dúas variantes, unha occidental e outra oriental que rematan uníndose tras un percorrido de 12 km. e formando de novo un so camiño. Este treito está situado entre Portela de Romarilhães (Paredes de Coura) e São Gabriel (Valença do Minho). As dúas variantes están sinalizadas por miliarios coetáneos, polo que foron utilizadas simultaneamente (Rodríguez Colmenero et al., 2004: 223). Do mesmo xeito a vía XX puido ter funcionado como unha variante da XIX, desvío considerable xustificado para unir Lucus Augusti co porto de Brigantium.\nun posible trazado para a vía xIx entre Tui e Vigo\nO Itinerario Antonino menciona catro topónimos dentro do que se correspondería co actual territorio administrativo da provincia de Pontevedra. O primeiro deles é claro na súa identificación, trátase de Tude, que se corres - pondería coa actual Tui. O segundo topónimo que dito itinerario sitúa a XVI millas de Tude sería o de Burbida. O terceiro, situado tamén a XVI millas é o de Turoqua e, finalmente o cuarto é Aquis Celenis situado a XXIIII millas do anterior. Respecto a este último topónimo semella ser claro que se refire á actual Caldas de Reis, o problema está na identificación dos dous sitios intermedios: Burbida e Turoqua. Nos traballos máis recentes téndese a identificar o primeiro co Alto das Barreiras en Mos e o segundo coa actual cidade de Pontevedra, seguindo a hipótese de Peña Santos (1991)\nA xulgar pola cronoloxía dos achados, o Vigo romano estaría ocupado polo menos dende os séculos II e VII d. C. segundo Pérez Losada (2007: 3435), ou entre o s. I e o VI d.\nC. segundo Carballo Arceo et alii (1998); polo tanto a redacción do Itinerario Antonino e a colocación dos miliarios situados entre Tui e Pontevedra coincidiría cun dos momentos de pleno desenvolvemento urbano de Vigo en época romana. Esta circunstancia é fundamental á hora de analizalo trazado da vía XIX. Aínda que debemos ter en conta unha serie de precaucións.\nUnha das dificultades para abordalo estudo do percorrido das vías é calcular o valor da milla empregada. Peña Santos, para o treito da vía XIX inclínase por usar a equivalente a 1.480 m., neste traballo seguiremos o valor proposto por Roldán Hervás (1975: 33) de 1.481 m., aínda que existe unha certa variedade de propostas sobre este aspecto (como exemplo véxase Rodríguez Colmenero et al. (2004: 3636) ou Caamaño Gesto (1984: 55). Aínda que é unha cuestión importante, tampouco debemos extralimitarnos á hora de precisar en extremo o seu valor, especialmente en distancias non moi longas como é o caso da vía XIX na metade sur da provincia de Pontevedra. As mensuracións entre mansións ou entre miliarios debéronse levar a cabo, na maioría das veces, medíndoas por pasos (gradus) ou por dobre paso (passus) (Caamaño Gesto, 1984: 64); se a este procedemento, non moi preciso de medir distancias, lle engadimos a circunstancia de que descoñecemos os trazados de forma absolutamente precisa, creo que non está xustificado un exceso na rixidez das medicións. Así a todo, as medicións que estableceremos seguindo camiños históricos, cuxa antigüidade pódese remontar nalgún caso á Baixa Idade Media, coinciden de xeito bastante preciso coas distancias establecidas no I. Antonino.\nA antiga estrada TuiVigo e a variante da vía xIx a Burbida\nDende tempos inmemoriais e ata o século XIX, a principal vía de comunicación entre Tui e Vigo foi unha antiga estrada que ascendía pola marxe esquerda do val da Louriña ata a portela do Alto de San Colmado e baixaba a Vigo atravesando o val do Fragoso 13. Neste mesmo senso, Ferreira Priegue (1988: 912) sinala a existencia dun camiño de orixe medieval, que sairía de Tui pola Porta da Corredoira, pasa por Ribadelouro, dende aquí iría ascendendo ata Mosende e Chenlo ata chegar a Herville, logo pasaría por Cela, bordea o Monte Pedra\nCavalaria e de alí a Beade; no lugar de Estrada bifúrcase: un camiño iría dereito a Vigo por Castrelos, Santo Tomé de Freixeiro e entraría en Vigo pola porta da Falperra tras pasar ó pé do castro de Vigo polo poñente. A segunda variante pasaría por San Pedro de Sárdoma, A Salgueira e subiría ata o Couto 14. Esta segunda variante aproveitaría unha portela situada entre o Couto Piñeiro e o Monte do Castro onde se situou, no seu tempo, a capela de San Honorato, logo pasaría pola actual rúa de Puerto Rico, pasaría ó pe dos castros de Castrelos, do Piricoto e logo do Monte do Castro ou Castro de Vigo pola ladeira do nacente e entraría pola porta do Pracer (Fig. 4). Este camiño tería unha pendente máxima entre Figueiras e Erville na subida dende o val do Louro ata a portela do Alto de San Colmado (ou San Cosme), esta pendente sería do 10%, o resto do camiño tería unha pendente que raramente excedería o 4%.\nAs diferentes referencias a este camiño real, tal e como é denominado en diferentes ocasións, poden datar cando menos do século XIII; un documento de 1228 fai referencia a unha “viam veterem” facendo alusión á entra - da a Vigo pola Falperra (citado por Álvarez Blázquez, 1979).\nArqueolóxicamente pódese destacar á existencia de diferentes restos de época romana e alto medieval ó longo deste trazado: en\nCela temos unha inscrición funeraria romana (Filgueira Valverde e García Alén, 1956: 179), no concello de Vigo atravesaría o lugar de Figueirós co achado de muíños circulares e cerámica romana (Carballo Arceo et al., 1998), tamén pasaría pola igrexa de Beade onde foi atopado un capitel de posible época xermánica. Entre Erville e Beade atopamos no posible trazado desta vía os topónimos de Padrón do Couto, barrio de Padrón, Calzada, A Estrada que tradicionalmente se asocian a trazados de vías. Unha hipotética variante que comunicase Tude con Vigo en época romana, ben puido seguir un trazado semellante, aínda que, evidentemente, este trazado puido sufrir transformacións, de feito, na Idade Media e Moderna a entrada máis lóxica sería pola mencionada porta da Falperra. En época romana, o actual Casco Vello so estaría ocupado na súa metade oriental e o groso da poboación atoparíase na barrio do Areal, logo, o hipotético trazado da vía seguiría a variante cara a San Pedro de Sárdoma, pasando antes ó pé dos castros de Castrelos e Piricoto e atravesaría o río Lagares pola ponte medieval aínda hoxe existente e subir cara ó Couto, atravesar pola antiga portela situada entre o Castro de Vigo e o Couto de San Hororato, e de alí baixaría cara á costa pasando pola antiga parroquia de Santiago de Vigo. Este percorrido non suporía unha diferenza significativa na distancia dende Tui (Fig. 5).\nRespecto a distancia existente entre Tui e Vigo, no documento de 1840 de Ávila de la Cueva (2003: 99) establece unha distancia, no século XIX, entre Santa María de Vigo e Tui de 4 légoas, a mesma distancia que establece Henrique Flórez no século XVIII 15 é dicir, entre 22.292 m. e 23. 656 m., xa que o valor da légoa para 1840 era de 20.000 pés 16. En definitiva, en torno a 1840 a distancia entre Vigo e Tui coincidiría coa distancia establecida entre Tude e Burbida no Itinerario Antonino, XVI millas, é dicir de 23.696 m, se nos inclinamos por pensar que cada milla equivalería a 1.481 metros.\nun posible trazado para a vía xIx entre\nVigo e Turoqua Para trazar a vía dende Vigo cara ó norte a cuestión tórnase algo máis complicada. Contamos cun camiño real medieval pertencente a un dos trazados do camiño de Santiago e que aparece mencionado por Ferreira Priegue (1988b: 1023). Saía de Vigo por A Calzada cara a Chapela por Paradela, Parada, Laredo subiría cara a Trasmañó e polos altos do Monte Penide iría cara a Cedeira e logo a Redondela. A existencia deste camiño, con pendentes case imposibles, con ladeiras con 18%, 25% e 33% de inclinación, obviamente paliadas polo trazado do camiño en zigzag, pero cunha pendente excesiva en todo caso, semella indicar que as comunicacións terrestres cara ó norte non eran doadas na Idade Media. Asímesmo chama a atención que non se usase a vía de tránsito seguida pola actual estrada VigoPontevedra por Rande. En principio cabería pensar que o camiño máis económico entre Vigo e Redondela sería a través da actual estrada que bordea o estreito de Rande, pero hai que sinalar que esta estrada non aparece mencionada ata a segunda metade do século XVIII 17, concretamente en 1767 18, a inexistencia desta estrada con anterioridade, puido ser debido á dificultade que ofrecía o releve para a súa construción. O actual trazado tan horizontal é debido a unha grande inversión de traballo para vencer as fortes pendentes laterais que dende o Vixiador e Monte Penide caen ata o mar, ditas dificultades non só afectarían á execución da obra senón tamén ó seu mantemento. É posible que a apertura da estrada por Rande estivera vencellada á construción da batería de Rande, existente en 1702 19 ou ben sería máis serodia e sería construída ó longo do século XVIII coas obras de reformas de estradas levadas a cabo con Carlos III\ne Carlos IV e coa primeira industrialización e Vigo. Rande semella non ser o único sitio da zona onde se atoparon co problema das fortes pendentes laterais, este mesmo impedimento seguramente volveu a aparecer uns quilómetros máis ó norte, entre Cesantes e Arcade á altura de Punta Sobreira, que obrigou a facer un trazado, aparentemente antifuncional, que pasase ó pé do monte da Peneda 20.\nPolo tanto temos que a comunicación tradicional entre Vigo e Redondela antes do século XVIII non era por Rande, senón por TrasmañóPenide-Cedeira. A vía romana dificilmente podería pasar polo camiño medieval mencionado dadas as pendentes extremas, por elo semella que o trazado máis factible en época romana sería saíndo do val do Fragoso pola portela ocupada na actualidade polo aeroporto de Peinador (Fig. 5). Este posible trazado non superaría en ningún momento o 8% no gradente da pendente, que semella o máximo recomendable para as vías romanas (Moreno Gallo, 2005: 64), aínda que puntualmente poda chegar ó 15% (Rodríguez Colmenero et al., 2004: 51). No caso de ser este o trazado correcto o trazado da vía pasaría por Santiaguiño de Antas (Mos), precisamente onde se sitúa un miliario “in situ” 21 coincidindo co sitio 20 Xa Taboada Leal en 1840 chama a atención sobre o inapropiado do trazado desta estrada na súa época e propón o trazado que actualmente ten. 21 Escavado no proxecto “Vías Atlánticas” no 2007. Agradezo a Rafael Rodríguez Martínez a información.\nde cruce entre a o trazado que iría directamente dende Tude a Turoqua co que procedería de Vigo cara a Turoqua.\nUn dos problemas que presenta o trazado que identificaría Vigo con Burbida é que a distancia que separa Vigo de Pontevedra non coincide coa distancia que o I. Antonino estable entre Burbida e Turoqua, é dicir, XVI millas, senón que coincidiría coa distancia existente entre Vigo e o Castro da Peneda con bastante exactitude. Isto leva a pensar que a posible localización de Turoqua estivese en realidade no castro da Peneda, habitado en época romana ou ben na súa contorna. No contorno deste castro contamos con numerosos achados e construcións de época romana, situadas na zona de Soutoxuste a pouco máis de 1 km. ó oeste, trátase de restos dunha posible villa, unha necrópole, releves e cerámica da época (Filgueira Valverde e García Alén, 1956: 181). Dúas circunstancias significativas reforzan a hipótese de que Turoqua puido estar situada no mesmo castro da Peneda ou no seu contorno; en primeiro lugar que a distancia entre a Peneda e Caldas de Reis é prácticamente a mesma que a distancia establecida no I. Antonino entre Turoqua e Aquis Celenis, é dicir XXIIII millas. Este último dato permitiríanos prescindir do argumento dun posible erro na transcrición das distancias tal e como argumenta\nPeña Santos ó situar Turoqua en Pontevearqueolóxicos romanos e a liña discontínua o posible trazado da vía XIX.\ndra (Peña Santos, 1991) 22. En segundo lugar hai que facer mención da presenza, no século VI, dunha igrexa en Toruca situada na antiga diocese tudense, é dicir, ó sur do río Verdugo, no caso que esta Toruca fose a mesma que a Turoqua da vía XIX quedaría descartada Pontevedra como a súa posible localización. (Fig. 6)\nPor outra banda hai que ter en conta que ó situar Burbida en Vigo e Turoqua en A Peneda as distancias coinciden co I. Antonino e o seu trazado explicaría o emprazamento do miliario en Santiaguiño de Antas nunha zona elevada con respecto ó val do Louro, situación pouco xustificable se a vía comunicase directamente Tui con Redondela, este miliario estaría marcando a portela que facilita o acceso ó val do Fragoso.\nPolo tanto se situamos Burbida en Vigo, Turoqua en A Peneda e Aquis Celenis en Caldas de Reis coinciden plenamente tódalas distancias do I. Antonino:\nPercorrido Distancia en km Distancia en millas romanas Distancia no I. A. Tui - Vigo (por san Cosme e sárdoma) 25 XVI Tudeburbida XVI Vigo - A Peneda (por Peinador) 23 XV burbidaTuroqua XVI A PenedaCaldas de reis 34 XXIII TuroquaAquis Celenis XXIIII 22 É moi improbable un erro na transcripción das distancias entre mansiones no Itinerario Antonino cando a suma das distancias entre as mesmas coincide co percorrido completo da vía, tal e como ocorre no caso da vía XIX.\nRECAPITuLACIÓN\nÓ longo deste traballo propúxose a posibilidade de que o topónimo da actual cidade de Vigo tivera unha orixe altomedieval e que, en todo caso, o nome co que se coñece a actual cidade fora posto en plena Idade Media. Por outra banda sinalouse, á luz da información arqueolóxica dispoñible, que no século VII o emprazamento do Vigo romano queda despoboado, polo menos na súa maior parte, o cal xustificaría a desaparición do antigo topónimo de época romana. Así mesmo, propúxose Burbida como posible topónimo para o Vigo romano, aínda que é moi posible que este nome sexa de orixe hispanocéltico 23 (Moralejo Álvarez, 2009: 193) polo que sería probable que este topónimo estivese facendo referencia en principio ó Castro de Vigo 24. A redacción do\nItinerario Antonino puido producirse nun momento no que o castro estaría en proceso de abandono, en torno ó século III d. C. (Hidalgo Cuñarro, 1987, 1989), e a poboación empezaría a ser maioritaria no asentamento romano, este topónimo non volve a ser mencionado en ningún documento conservado, nembargante habería que contemplala posibilidade de que fose Turonio a nova denominación do Vigo propiamente romano, nome citado en fontes a partir do século V, aínda que este é un tema que require un traballo monográfico.\nPara soster a hipótese da identificación de Vigo con Burbida temos a coincidencia coas distancias mencionadas entre as entidades mencionadas no I. Antonino e os asentamentos romanos do sur da provincia de Pontevedra. Esta proposta tamén sería coherente coa posición dos miliarios conservados, aínda que a ausencia destes monumentos no val do Fragoso pode ser unha debilidade desta hipótese. Esperemos que futuros traballos poidan confirmar ou desdicir esta proposta.\nAGRADECEMENTOS\nCarlos Barros, Marco García, Alejandro Güimil e Antonio Uriarte.\nBIBLIOGRAFÍA\nÁVILA Y LA CUEVA, F. (2003). Ciudad de Vigo. Villa de Bouzas. Publicación do orixinal manuscrito de 1840. Ed. C. González Pérez. Editorial Toxosoutos.\nCAAMAÑO GESTO, X. M. (1984). As vías romanas. Cadernos do Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela.\ntes están relacionados na actualidade con castros: Castro Barbude (A Estrada) e dous Castro Barbudo en Rianxo e Ponte Caldelas respectivamente.\nCARBALLO ARCEO, X., LUANCES ANCA, J E TOSCANO NOVELLA, M. A. (1998). Catálogo do patrimonio arqueolóxico. Arqueoloxía de Vigo e a súa historia. Concello de Vigo.\nCONSTENLA DOCE, X. (2006). “Escavación arqueolóxica en área e decapaxe mecánica no soar nº 16 da rúa Areal de Vigo”. Actuacións Arqueolóxicas 2006 : 1523. Xunta de Galicia. CUNTZ, O. (1929). Itineraria Antonini Augusti et Burdigalense. Lipsiae.\nESPINOSA RODRÍGUEZ, J. (2003). Tierra de Fragoso. Notas para la historia de Vigo y su comarca. Reedición do orixinal de 1949. Instituto de Estudios Vigueses. Vigo.\nFERNANDES, A. de ALMEIDA (1997). Paróquias suevas e dióceses visigóticas. Associação para a Defesa do Patrimonio Arouquense. Arouca.\nFERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M. (2004). Toronium. Aproximación a la Historia de una Tierra Medieval. Cuaderno de Estudios Gallegos, Anexo XXXI. IEGPS. CSIC.\nFERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A. (2011). “As relacións externas de Gallaecia durante os séculos IV ó VII d. C. a traveso do material importado localizado en Vigo (Galiza)”. En Pérez Losada ed. Hidacio da Limia e o seu Tempo: a Gallaecia sueva / A Limia na época medieval : 143. Concello de Xinzo da Limia.\nFERREIRA PRIEGUE, E. (1988)a. Galicia en el comercio marítimo medieval. Ed. Fundación Barrié de la Maza. A Coruña.\nFERREIRA PRIEGUE, E. (1988)b. Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense nº 9. Museo Provincial de Ourense.\nFILGUEIRA VALVERDE, J. e García Alén, A. (1956). Materiales para la carta arqueológica de la provincia de Pontevedra. El Museo de Pontevedra VIII.\nGALINDO ROMERO, P. (1923). Tuy en la Baja Edad Media. Siglos XIIXV. Madrid y Zaragoza.\nGONZÁLEZ GARCÍA, F. J. (2010). “Hábito epigráfico, decoración plástica e interacción cultural en el noroeste hispano en época romana. Análisis de las estelas funerarias de Vigo (Pontevedra)”. Madrider Mitteilungen 51: 395419. Instituto Arqueológico Alemán.\nRODRÍGUEZ COLMENERO, A., FERRER"} {"summary": "Neste traballo pretendemos analizar as actividades vinculadas ao mundo do mar en Galicia desde unha perspectiva de xénero, tratando os problemas de cuantificación do traballo das mulleres, e tentando por de manifesto como a profunda transformación que está a sufrir o concello, sobre todo en relación á reestruturación do sector pesqueiro e á profesionalización do sector marisqueiro, lles afecta ás mulleres de forma moi directa.", "text": "O traballo das mulleres nas actividades vinculadas á economía pesqueira en Galicia, con especial atención ao porto de Muros, desde a perspectiva da xeografía do xénero\n: Xénero, traballo, economía pesqueira, Galicia, Muros. A bstRAct In this essay we adopt a gender perspective in order to examine the problems of quantifying women’s work and analyze the activities related to the fish in Galicia. Our interest is to show how the deep transformations of\nO Movemento para a Liberación da Muller (W.L.M., nas súas siglas inglesas) define en 1984 á xeografía do xénero como aquela que para o estudio da sociedade e o contorno toma en consideración de forma explícita a estrutura de xénero da sociedade (García Ramón, 1989). Esta estrutura ten implicacións tan importantes como as de calquera outro factor económico ou social porque inflúe nos comportamentos espaciais de homes e mulleres, e nas institucións que dependen e están influídas por estes comportamentos\n(Sabaté Martínez, 1989). A estrutura de xénero, que é unha construción social, é froito das relacións entre homes e mulleres, e dos procesos que transforman e, á vez, son influídos por estas relacións.\nEste enfoque, en parte grazas á redefinición dalgúns conceptos clave e á ampliación doutros, vai aportar á xeografía unha maior amplitude de miras e a posibilidade de facer unhas análises máis acertadas da realidade e unhas interpretacións máis adecuadas dos procesos, das súas manifestacións no espazo, e dos seus impactos diferentes nas persoas e nos lugares.\nHai que aclarar que non se trata unicamente de facer estudos sobre mulleres senón de cambiar a metodoloxía xeral das investigacións e de buscar as causas da subordinación feminina (Women and Geography Study Group of the I.B.G., 1984). Unha das importantes aportacións do feminismo á Xeografía do xénero é a idea de que as esferas produtiva e reprodutiva da sociedade van asociadas, e que é necesario estudar as dúas e as implicacións entre elas para coñecer mellor os problemas de desigualdade das mulleres.\nAsí, desde un enfoque de xénero, este artigo pretende abordar o estudo xeográfico do emprego feminino nas actividades vinculadas ao mundo do mar en Galicia, e en especial en Muros, relacionando a situación deste pequeno porto da provincia da Coruña, onde as actividades pesqueiras seguen a ter gran relevancia na economía local, coa situación en España e en Europa.\n1. Medición dO traballO das Mulleres. PrObleMas cOas fOntes\nO empeoramento das condicións de traballo no concello, a falta de saídas para a xente nova que busca o seu primeiro posto laboral, e a escaseza de iniciativas xeradoras de emprego –si exceptuamos as tácticas de autoemprego–, son circunstancias que afectan de maneira común a mulleres e a homes no concello de Muros. Pero a estas dificultades podemos engadir moitas outras no caso das mulleres: nulo acceso ás actividades que máis empregos e beneficios teñen xerado dentro do concello, en especial á pesca de litoral ou altura, ao marisqueo con embarcación, ou á construción...., ou o tradicional rexeitamento social á incorporación da muller en empregos rixidamente masculinizados.\nDeste tipo de consideracións xa se ocuparon autoras que, como Sabaté (1995), consideran que a infravaloración do traballo das mulleres ten como base o feito de que neste traballo hai unha fonda interrelación entre elementos económicos e sociais, estes últimos de moi difícil cuantificación cos instrumentos de medida que usa a estatística (Majoral, 1988). Tratan de deixar claro que traballo e emprego non son sinónimos, aínda que o traballo non asalariado ou que non reporta rendas monetarias é invisible para a maior parte da sociedade, e incluso é profundamente infravalorado polas propias mulleres que o levan a cabo, sempre inmersas nunhas redes sociais que lle atribúen ás súas actividades o carácter de axuda familiar (Sabaté et alter, 1995). O labor doméstico é necesario na reprodución da forza de traballo, polo tanto na reprodución do sistema económico e da propia sociedade, pero ao non ser considerado económico, ao non estar incluído dentro do mercado de traballo, está minusvalorado tanto social como economicamente.\nÉ máis, se analizamos os conceptos de poboación activa e poboación inactiva topámonos con graves paradoxos como a inclusión dunha persoa nunha ou outra categoría segundo o lugar ou o ámbito –público ou doméstico– onde realice un mesmo traballo, con todas as implicacións económicas e sociais que isto ten. Organismos como a ONU e a FAO tratan de mellorar a cuantificación do aporte da muller á xeración de riqueza e ao desenvolvemento dos seus países, obxectivo aínda lonxe sobre todo nas nacións menos desenvolvidas 1.\nTodas estas consideracións están fortemente relacionadas co feito de que tanto as enquisas de poboación activa como, e sobre todo, censos e padróns presentan graves dificultades para medir as actividades que non se engloban de cheo nas economías de mercado, poñamos por caso o traballo nas explotacións agrarias de subsistencia ou na economía somerxida, nas actividades ilegais ou naquelas que se realizan no fogar (Sabaté et alter, 1995). Ademais, a información que recollen é, ás veces, inexacta por cuestións técnicas das propias enquisas, como pode ser un enfoque erróneo das preguntas, e incluso a situación na que estas se contestan (Solsona, 1989). Neste senso é moi interesante o artigo de García Negro no que se suxiren unha serie de medidas destinadas a corrixir os erros de concepto deste tipo de estatísticas para que reflictan mellor a realidade social e económica (García Negro, 1987).\nÉ clara así a necesidade de non establecer unha barreira entre traballo no ámbito doméstico e traballo fóra do núcleo familiar, entre traballo produtivo e reprodutivo (García Ramón, 1990) porque, por outra banda, cada vez son máis os traballos asalariados que se realizan na casa (secretariado por teléfono, telemarketing, actividades incluídas no campo das novas tecnoloxías,...), e ao mesmo tempo moitas das tarefas consideradas domésticas (lavar, pasar o ferro, cociñar, coser) pasan a converterse nun servizo dentro da economía de mercado (Sabaté et alter, 1995; Monk e Hanson, 1989).\nAo feito obxectivo de que a poboación activa feminina é inferior á masculina búscanselle varias explicacións. Unhas veces trata de poñerse o acento en que as diferenzas son cada vez maiores a favor dos homes segundo nos achegamos aos empregos de máis grande responsabilidade e mellor remunerados. Outras veces apúntase á cualificación 1 Censos agropecuarios y género. http://www.fao.org/docrep/004/x2919s/x2919s05.htm.\ncomo factor clave á hora de establecer segregacións laborais entre homes e mulleres, unido á descontinuidade da vida laboral destas últimas. Noutras ocasións, aos dous factores anteriores únese un baixo nivel de sindicación feminino, e as súas responsabilidades domésticas. A teoría marxista considera ás mulleres un exército de reserva, e as teorías feministas non fan fincapé só nos factores económicos e culturais senón tamén, e especialmente, nos sociais, considerando como algo primordial á hora de configurar a oferta de man de obra as implicacións entre as relacións no ámbito familiar e o emprego remunerado (Sabaté et alter, 1995).\nUnha realidade moi significativa é a da segregación ocupacional : as mulleres concentran a súa actividade remunerada nun número concreto de profesións –en moitos casos relacionadas cos servizos de limpeza, de asistencia e coidado a nenos e enfermos, de educación– que é moito máis diverso no caso dos varóns. Estes acceden a un gran abano de traballos diferentes, o que tamén implica que as taxas de paro que afectan a homes e mulleres dependen basicamente do sector económico no que se inscriben as súas actividades.\nPor outra banda, moitas son as mulleres que, aínda tendo un traballo asalariado fóra do fogar, consideran que este non é a súa ocupación principal, senón unha situación temporal que só contribúe á economía familiar, que non é o seu piar –aínda que o salario da muller sexa superior ó do home as veces (Vaiou, 1989)–. Infravaloran o seu traballo, e aínda están moi presionadas polo contorno social que considera que son responsables da maior parte das tarefas domésticas.\nTodas estas consideracións arriba citadas vanse ver reflectidas nas diferenzas salariais entre homes e mulleres. Segundo datos do INE para España en 2010, citados no Informe sobre igualdade salarial do sindicato UGT, as mulleres ganan un 25% menos de media ao ano por un traballo de igual valor. Esta desigualdade acrecéntase fundamentalmente porque os homes reciben máis complementos salariais que as mulleres por dispoñibilidade total, tarefas de responsabilidade, ou por horas extraordinarias. Neste estudo incídese en que os complementos salariais e o pago das horas extraordinarias son decisivas nas diferenzas salariais entre homes e mulleres. Estas últimas reciben menos complementos por traballar en fin de semana, cambiar de quenda, ou traballar de noite. As responsabilidades que asumen en relación ao ámbito familiar están na orixe desta situación.\n2. incOrPOración da Muller aO MundO dO traballO\nAs mulleres non constitúen un grupo homoxéneo, senón unha forza de traballo moi diversa. A súa posición con respecto ao mercado depende de factores como a etnicidade, a idade, o nivel cultural, o lugar de residencia, ou as características do núcleo familiar ao que pertencen. Todas estas consideracións van influír na decisión de traballar de cada muller e, por suposto, nas de cando, onde, e en que tipo de emprego facelo (Monk e Hanson, 1989).\nDe maneira xeral, as taxas de actividade das mulleres 2 teñen medrado de maneira considerable desde os anos 1970. Son moitos os factores que propician este crecemento, pero podemos contar o maior nivel cultural, o desexo de independencia económica, a forte redución das taxas de fecundidade, os novos hábitos de consumo, ou os cambios na demanda de forza de traballo, entre os principais.\nPor outra banda hai que sinalar que en España, no mesmo que no resto dos países desenvolvidos, a taxa de actividade feminina segue a medrar, mentres que a masculina descende desde 1970. E esta tendencia non parece verse afectada pola crise económica segundo reflicten os datos dos últimos cinco anos.\nPero as taxas de actividade feminina experimentan un comportamento diferente en relación ás dos homes porque presentan variacións moito máis acusadas. A idade é o factor que máis distorsión establece na curva, pois no noso país, como en toda España, son moitas as mulleres que abandonan o seu traballo para ter fillos. De todos os xeitos, e polo mesmo feito da maternidade, a vida laboral das mulleres é máis descontinua que a dos homes, aínda que a súa taxa de actividade depende do número de fillos, pero tamén, e moito, do seu nivel de estudios, posto que a taxa de actividade é maior segundo aumenta o nivel de instrución.\nNo marco español, Galicia pasou por ser ata finais do século XX a comunidade coas taxas de actividade feminina máis altas, feito relacionado sempre coa importante presenza da muller nas explotacións agrarias e nas actividades vinculadas ao mar. A taxa de actividade galega foi sempre superior á media española desde que se realiza a Enquisa de Poboación Activa (EPA) 3, ata que no 1995 se inverte esta tendencia. En 1976 a taxa de actividade feminina en Galicia era superior en 22 puntos á media española. Esta gran diferenza foise reducindo e en 1986 xa era só de 11 puntos porcentuais. En 1988 Galicia era a única CC.AA. na que a poboación activa feminina acadaba un 53, 8%, superior á masculina (Pérez Vilariño, 1988). Estas diferenzas foron acurtándose e xa en 1992 esta taxa é do 36, 5% en España, fronte ao 38, 8% de Galicia. Pero a tendencia vai cambiar nos últimos tempos e, no ano 2010, a situación é radicalmente distinta como podemos apreciar na figura 4. Só hai catro CC. AA. en España que teñen unha taxa de actividade feminina inferior á galega: Asturias, CastillaLeón, CastillaLa Mancha e Extremadura.\nAnalizando a serie histórica de datos da EPA, vemos que en España se aprecia unha caída da taxa de actividade masculina mentres se rexistra un progresivo aumento da feminina. Pola contra, en Galicia a taxa de actividade diminúe –con moitos altibaixos– tanto para homes como para mulleres. A evolución da porcentaxe de homes e mulleres no sector pesqueiro reflicte que estas magnitudes mantéñense relativamente estables nos últimos dez anos, con valores para o conxunto do Estado en torno ao 83% no caso dos homes, e do 16% no das mulleres. 3 A EPA é unha investigación continúa e de periodicidade trimestral dirixida ás familias, realizada polo Instituto Nacional de Estatística desde 1964.\nFonte: IGEINE. Enquisa de poboación activa.\nPodemos agora achegarnos un pouco máis á realidade galega sempre tendo en conta que as taxas de actividade masculinas reflicten moito máis a situación que as femininas, pola maior presenza das mulleres na economía informal. A poboación activa feminina concéntrase no sector servicios, e en menor medida na agricultura, pesca, gandería, caza e silvicultura.\nA figura 6 danos pé para volver a recalcar a feminización ou masculinización que experimentan a maioría dos sectores de actividade, pois gran parte do traballo feminino se concentra nos servizos –actividades relacionadas coa educación, a sanidade, a asistencia social, ou labores de tipoloxía similar á dos traballos tradicionalmente realizados no ámbito familiar–.\n3. O PaPel das Mulleres nas ecOnOMía Pesqueira\nEspaña é o país europeo que máis activos ten empregados no sector pesqueiro, seguido a distancia de Francia e de Italia. Tamén é o país no que máis mulleres traballan neste sector, aínda que o seu peso relativo nas actividades vinculadas ao mar é maior en Polonia, Letonia, Lituania, Finlandia ou Francia.\nAo analizar estes datos por subsectores, vemos que a pesca como actividade extractiva é unha actividade fortemente masculinizada en toda Europa, e o mesmo pasa coa acuicultura na maioría dos casos. Son as actividades transformadoras as que acollen o groso do traballo feminino como podemos ver nas figuras 9, 10 e 11.\nA preeminencia que en España –en relación ao resto de países europeos– teñen as actividades vinculadas ao mar, só se ve superada no caso de Francia en relación aos empregos xerados pola acuicultura, como se aprecia na figura 10.\nCos datos de Eurostat para o ano 2011 non podemos establecer comparacións por Comunidades Autónomas entre as porcentaxes de emprego na pesca, desagregado por sexo, debido ao reducido da mostra, como podemos ver na figura 12. Pero si se pode afirmar que só en Galicia, Asturias e Cantabria o emprego feminino ten certo peso.\nSegundo datos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, en España no ano 2010 estaban afiliadas ao Réxime Especial do Mar da Seguridade Social 60.907 persoas, das que 9.941, un 18, 7%, eran mulleres. Os subsectores con maior representación feminina son o do marisqueo a pé, e o de transformación e comercialización (cunha cota feminina do 90% e o 75% respectivamente). O número de afiliadas neste réxime especial concéntrase en Galicia, con algo máis do 65% das afiliacións de mulleres de toda España. Cinco anos antes, no 2005 o nº de afiliados ascendía o 70.727, e as mulleres supoñían o 16% desta cantidade. O 71% do total do Estado eran galegas. Esta evolución reflicte a gran perda de emprego no mar ocorrida a nivel estatal que afecta de maneira máis importante aos varóns porque son os máis numerosos entre esa forza de traballo.\nAfiliadas ao Réxime Especial do Mar da Seguridade Social, por CC. AA., 2005.\n4. a situación nO POrtO de MurOs\nO concello de Muros, situado na máis setentrional das Rías Baixas, ten una superficie de 72, 3 Km 2, e 9.437 habitantes en 2012, dos que 4.871 son mulleres. Experimenta un declive demográfico e económico xa arrastrado desde o último cuarto do século XX, e as actividades vinculadas ao mar son de vital importancia no concello. En 2010 as vendas na lonxa de Muros foron de 2.811.153 Kg, por un valor de 4.870.355 €, segundo datos lonxa, e alleas a calquera tipo de control, é imposible de cuantificar, pero os indicios levan a pensar que é considerable. Segundo datos da mesma fonte, no porto de Muros teñen base 83 embarcacións, dos que 9 son buques de arrastre e 74 se dedican ás artes menores.\nO papel das mulleres no sector pesqueiro é complexo pola variedade de actividades que desenvolven, tanto na economía formal como informal. Dentro do sector formal, están presentes nas actividades de pesca e marisqueo en embarcación de maneira testemuñal, e cunha participación moito máis forte no marisqueo a pé, na elaboración e reparación de redes, na acuicultura, na recolección de algas, e no proceso de comercialización e distribución. No sector informal, as mulleres ocúpanse en moitos casos das tarefas administrativas e de xestión do barco, e doutros traballos que son comúns aos realizados na economía formal, como o arranxo das artes de pesca, ou á venta e distribución das capturas.\nCanto menos potencia ten un barco máis importancia ten nel o traballo das mulleres: a preparación de nasas, o cosido dos aparellos, a realizacións das tarefas administrativas e de contabilidade, e a venda do peixe no mercado e a domicilio, son actividades que leva a cabo. A necesidade volve obrigar á muller a dedicar tempo a unha empresa familiar que precisa moito dela, e que supón un traballo considerable, cuns horarios moi ríxidos, sen ningún tipo de seguro, que provoca un gran desgaste físico, e que por suposto carece de consideración social.\nNo caso dos buques arrastreiros os mariñeiros traballan baixo o sistema de retribución “á parte”, polo que reciben en cada marea unha parte das capturas bo barco en especie. Este peixe que levan a casa adoita ser vendido entre os veciños polas mulleres da casa. Pese a importancia e ao común desta práctica, non hai ningún reconto estatístico onde apareza reflectida, e so as enquisas e entrevistas persoais permiten valorar a súa importancia 4.\nAs mulleres axudan aos maridos/fillos/irmáns que van ao mar porque se reforzan os ingresos da unidade familiar, e porque é unha maneira de contribuír a que as pequenas empresas familiares acaden beneficios. Os custos salariais obrigan a reducir ao máximo o número de empregados, polo que as mulleres se ocupan de parte do traballo de mantemento do barco, e de comercialización do peixe en terra. Estas actividades informais, non cuantificadas nin visibilizadas, contribúen en boa medida ao mantemento da pesca artesanal como sistema produtivo, polo aforro que supoñen ás pequenas empresas pesqueiras (Ancora, 2012).\nPodemos afirmar que a pesca, rixidamente masculinizada, vai proporcionar empregos indirectos a un nutrido grupo de mulleres, que controlan gran parte da comercialización e distribución do peixe, e que, por outra banda, son parte imprescindible no traballo realizado no marisqueo a pe e nas pequenas embarcacións de carácter artesanal.\nlento e cheo de atrancos. Como reflicten os datos, hai algunhas mulleres embarcadas, e as máis delas na pesca de baixura, en embarcacións propiedade da súa familia, e tuteladas a bordo por un pai, marido ou irmán. Un estudo de campo feito no ano 2007 na pesca de baixura en Galicia, no marco do proxecto SEREA 5, amosou que pese a que o 87% dos maneira continúa ao logo de todo o ano.\nMarisqueo\nO marisqueo a pé supuxo tradicionalmente unha actividade moi importante á hora de complementar os ingresos familiares, e cunha taxa de feminización moi alta. O proceso de profesionalización do sector marisqueiro, promovido pola administración autonómica, que ten transferidas as competencias neste campo desde 1982, estaba destinado a conseguir unha explotación máis racional dos recursos mariños, acadar unha maior produtividade dos bancos marisqueiros, e acabar co furtivismo, unha das peores lacras do mar en Galicia. Dous foron os fitos fundamentais neste proceso: o Plan de Ordenación dos Recursos Pesqueiros de Galicia publicado en 1992. E a lei 6/1993 de 11 de maio, de pesca en Galicia, onde se refunde toda a lexislación anterior en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, e que será desenvolvida a través de todo un corpo normativo entre o que destaca o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira 6, e a Orde do 31 de maio de 1995 que regula a expedición e a revalidación dos permisos de explotación 7.\nEn 1993 a Confraría de Muros censaba 350 mariscadoras con carné de clase B –marisqueo a pé– fronte a 155 homes con carné A –marisqueo a flote–. Estes datos reflectían a total segregación por sexo que se daba dentro desta actividade. Xa na campaña marisqueira de 1996, posto en marcha o proceso transformador do sector, na confraría de Muros se puido apreciar a forte redución no número de demandas da nova modalidade de carnes de mariscadores: o permex (permiso de explotación). Naquela ocasión só foron expedidos 76 permex para marisqueo a pé, 75 deles a mulleres. No ano 2012 a Confraría de Pescadores de Muros concedeu 69 permisos de explotación a mariscadoras afiliadas a esta confraría. Este drástico descenso no número de licencias para exercer a actividade ten a súa orixe na implantación dunha serie de requisitos imprescindibles para acceder a este permiso, destinados a reducir o número de persoas traballando na praia e a súa reconversión en profesionais do marisqueo.\nA profesionalización do marisqueo a pé afectou basicamente ás mulleres porque os homes veñen mariscando de xeito tradicional enrolados nunha embarcación. O feito de ter que facer un cursiño de capacitación, pagar a seguridade social, declarar o IVE cada tres meses, faenar un mínimo de días ao ano, e acreditar un mínimo de ventas no mesmo período para conseguir a renovación do carnet, leva a moitas mulleres a realizar esta actividade de maneira furtiva, ou a ila abandonado pouco a pouco.\nO abandono da actividade por parte dun importante colectivo feminino que tiña realizado esta actividade de maneira tradicional, e que non estaba preparado para afrontar o proceso de profesionalización, nunca foi un problema que preocupase especialmente a Administración Autonómica, como se pon de manifesto no Plan de Ordenación dos Recursos Pesqueiros e Marisqueiros de Galicia, no que se afirma que:\n“O número de persoas que emprega, sen dúbida excesivo, constitúe un atranco para acadar esta profesionalización, é dicir, para convertelo marisqueo nunha actividade que sexa a principal fonte de ingresos coa conseguinte cotización para percibilas prestacións sociais adecuadas”\nO marisqueo supoñía, ao inicio deste proceso de profesionalización, na maioría dos casos, un complemento ás actividades principais desenvolvidas pola familia, e un xeito de conseguir uns ingresos puntuais, moitas veces en especie. Gran parte das capturas non tiñan como fin último a comercialización senón o autoconsumo na unidade familiar. No ano 2013 a actividade do marisqueo a pe está en mans de profesionais, que para rendabilizar o seu traballo deben de aproveitar ao máximo as mareas, e acadar os cupos máximos de capturas permitidos. Aínda así as diferenzas de ingresos entre as traballadoras das diferentes confrarías galegas é moi grande, e aínda non se ten solucionado o principal atranco da actividade: o furtivismo. Gran parte da poboación nas comunidades costeiras considera que o mar é un ben de uso libre, e polo tanto non respecta a prohibición de recoller marisco na medida en que sería desexable ou aceptable.\nEste proceso, promovido desde a administración, casi vinte anos despois do seu inicio aínda non permitiu a estas profesionais do marisqueo acadar na maioría dos casos uns ingresos anuais relevantes, e acabar co furtivismo e coa consecuente sobreexplotación dos bancos marisqueiros. Pero tivo efectos beneficiosos no proceso de toma de conciencia das mulleres como traballadoras do mar, da necesidade de asociarse e organizarse para facer visibles os seus problemas dentro dun sector fortemente masculinizado, e onde o peso feminino nos órganos de decisión das confrarías sempre foi moi feble. Esta situación está a mudar na actualidade, e segundo datos da Federación Galega de Confrarías de Pescadores no ano 2013 son 10 as confrarías de pescadores en Galicia onde o patrón maior, o seu máximo representante, é unha muller. Ademáis existen 18 vicepatroas maiores no total das 62 confrarías de pescadores galegas.\nCabe preguntarse aquí porqué primaron criterios produtivistas e ecolóxicos á hora de regular o marisqueo. Do mesmo xeito ¿por que non se favoreceu a entrada de xoves no sector? Nesta liña, e no inicio de todo este proceso, a Orde do 31 de maio de 1995 sinalaba que excepcionalmente poderían reservarse para eles un 10% das prazas das que se dispoñía. Pero os requisitos para a obtención do Permex a pé parecían negar calquera posibilidade: non só se esixía formación, senón tamén experiencia profesional no sector, e valorábase o feito de ter estado en posesión do carné de mariscador ou do permiso de explotación con anterioridade. Esta política levou a que no ano 2010 teñamos un sector envellecido e onde o reemprazo xeracional non está garantido, como podemos ver na figura 14. Esta política restritiva por parte da Administración topa un rexeitamento do sector, con posturas claramente combativas, como o recurso interposto no ano 2012 pola Asociación Galega de Mariscadoras e Mariscadores (AGAMAR) perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo endurecemento das condicións para a renovación dos permisos de marisqueo regulado desde a Administración Autonómica.\nEn Galicia o 60% dos permisos de marisqueo concedidos a mulleres teñen beneficiarias maiores de 51 anos, e o 20% a maiores de 60 anos. No caso dos homes non se rexistra este avellentamento dos profesionais, posto que o 66% dos titulares dos permisos de explotación teñen entre 31 e 50 anos. En canto a confraría de Muros, no ano 2012 dos 69 permisos de explotación expedidos, só 9 foron novas concesións, o resto constituíron renovacións de permisos vixentes. Pero isto non supuxo a aparición de novas prazas, senón que se cubriron as 9 prazas dispoñibles por xubilación das titulares.\nMiticultura\nUnha actividade moi vencellada á do marisqueo é a da acuicultura, e en concreto o cultivo de mexillón en bateas. Na ría de MurosNoia, segundo datos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia, existen 118 bateas distribuídas en 4 polígonos. Na lonxa de Muros véndense 8.990.025 Kg. de mexillón, por un importe superior aos 4 millóns de euros. Os concesionarios inscríbense en dúas asociacións: a Asociación de Produtores Mexilloeiros da Ría de Muros e Noia, a que conta cun maior número de asociados e concesionarios, e a Asociación de Bateas de Esteiro.\nNos labores levados a cabo nas bateas e nos barcos auxiliares traballan mulleres que son enroladas con contratos temporais nas campañas de recollida, e que ocupan tarefas relacionadas coa limpeza e clasificación do molusco. Este número sempre é moi reducido, 3 mulleres no caso de Muros para o ano 2012, desde a mecanización da maior parte das actividades.\nDespois de facer un percorrido polas principais actividades do sector pesqueiro analizando o peso nelas do emprego feminino, para concluír debemos sinalar que a maioría das administracións teñen desenvolvido políticas e plans destinados a conseguir a plena integración da muller no mercado de traballo, favorecendo iniciativas que impulsan o traballo feminino. Numerosos proxectos teñen sido apoiados con información, orientación e financiación pola Unión Europeaen especial polos fondos destinados á reestruturación do sector pesqueiro-, por Ministerios, Consellerías, Concellerías e diferentes tipos de asociacións vinculadas coa poboación local. Mais, todo este tipo de axudas non funcionan na periferia da economía formal que é onde moitas mulleres topan emprego, sobre todo nun mercado laboral onde as oportunidades son reducidas, pouco diversificadas, e precarias.\nbibliOGrafía"} {"summary": "El Secretario, punto de partida do presente texto, é un exemplo clásico dos epistolarios editados en España, popularizados durante os séculos XIX e XX. O texto iníciase cunha breve reflexión acerca da función da escritura na historia, para posteriormente sinalar a función que a carta representou nos círculos familiares e burocráticos. O artigo finaliza cunha puntualización sobre o tratamento da urbanidade nos epistolarios, así como acerca da súa función como recurso didáctico na escola.", "text": "OS MANUAIS EPISTOLARES E A FUNCIÓN DA CARTA: A APRENDIZAXE DA ORDE SOCIAL A TRAVÉS DAS LETRAS\nCORRESPONDENCE AND FUNCTION OF THE LETTER: SOCIAL ORDER’S TEACHING BY MEANS OF WRITING\n: Escrita, manuais epistolares, cartas, alfabetización, urbanidade.\nABSTRACT El Secretario is a classic example of correspondence´s books published in Spain during the XIX and XX centuries. The text starts with a few reflections about writing´s roles in the History. Subsequently, its explains letter´s roles in families and burocratic societies. The article speaks about correspondence as didactic recourses for teaching courtesy.\nINTRODUCIÓN: EL SECRETARIO, UN EXEMPLO DE EPISTOLARIO\n“Ningún otro conocimiento iguala en su importancia para el comercio de la vida, para el trato social. Quien no sabe cambiar impresiones con sus iguales en forma conveniente, no podrá lograr bienestar alguno. Por eso ante todo y sobre todo, necesita el hombre para vivir en sociedad saber expresar sus pensamientos a los que se hallan cerca de él y a los que están lejos, hablando y escribiendo, por medio de la carta en muchísimos casos…)”.\nAs palabras coas que o prologuista de El Secretario (Sen data de edición: p.3) ilustra as primeiras páxinas do mencionado manual epistolar concédenlle a relevancia máxima á habilidade na utilización da linguaxe, no marco do espazo compartido que é o trato social cos iguais. Esta pericia no emprego lingüístico baixo a forma de coñecemento excelso, vincúlase tanto ás relacións privadas como á comunicación social, dirixido ao bo funcionamento do aparato comercial e burocrático na contorna pública.\nEl Secretario, obra á que pertence o fragmento presentado, corresponde ao conxunto dos manuais epistolares ou de correspondencia difundidos e utilizados entre o século XIX e o século XX, comercializados para un público potencialmente destinatario ou familiarizado coa súa lectura. Sierra (2003) definiu os manuais de correspondencia como libros destinados á difusión das normas da escritura epistolar, obras que constitúen un marcado apoio para a aprendizaxe das mesmas. Braida (2010) introduce un matiz interesante na definición, por canto amplía o obxectivo dos mesmos cando nomea as coleccións epistolares como unha selección de textos baseados en temas variados, utilizados para a redacción doutras cartas, pero que ademais foron susceptibles de acometer a súa lectura como a de calquera outro texto literario.\nSeguindo a tipoloxía recollida por Sierra (2003), El Secretario pertencería ao conxunto de manuais xerais que integraron compendios de cartas de todas as clases, definidos pola autora como libros destinados á difusión das normas de escritura epistolar, obras que ofrecen un marcado apoio para a aprendizaxe das mesmas.\nEditado por Hijos de Santiago Rodríguez; esta empresa burgalesa chegou a publicar, entre 1927 e 1945, catro títulos de manuais agrupados baixo a mesma función.\nTras o prólogo de El Secretario, no cal se xustifica a importancia da carta, inclúense modelos de cartas familiares para ser trocadas entre pais e fillos, irmáns ou esposos. Para esta serie de cartas indícase que “ (…) requieren ir escritas en estilo sumamente sencillo e expresivo; nada de fórmulas ni de cumplimientos que avasallan el pensamiento, impiden la espontaneidad y turban la afección pura”. (Sen data de edición: p. 7).\nEn El Secretario, merecen sección aparte as cartas destinadas para a correspondencia entre mestres e discípulos, amigos e parentes, cartas memoriais – ao Rei, á Raíña, dun soldado pedindo indulto ou dun seminarista solicitando un destino de sacerdote – así como as cartas comerciais.\nO conxunto dos seus modelos da conta dunha sociedade pautada pola xerarquía e pola estratificación dos grupos sociais, en función de ámbitos coma o xénero ou a orixe social, ademais doutras múltiples condicións e circunstancias, como as relacións de parentesco ou de subordinación social.\nA presente obra constitúe un punto de partida para unha breve análise arredor do manual epistolar e da súa función social e escolar, máis alá da mera utilidade comunicativa a partir da copia. Na súa definición dos mesmos, Sierra (2003) destaca á súa función pedagóxica, adoutrinadora, moralizante e propagandística.\nNo presente texto, nun primeiro momento abórdanse as funcións que a correspondencia adquiriu como unha das primeiras tomas de contacto e aproximación do pobo coa escrita. A continuación indícase a diversidade de funcións socializadoras e formativas implícitas na correspondencia epistolar, entre as que se anota a adquisición das normas de urbanidade, contido curricular que foi susceptible de desenvolvemento e atención na aula a partir da correspondencia real.\nA ESCRITURA: O PASO CARA UNHA NOVA CONDICIÓN\nAsí e todo, desde unha perspectiva histórica, Martin (1999) sostén que a escritura non foi necesaria nin abondou para a transformación das sociedades, así como tampouco foi indispensable para o progreso técnico dalgunhas delas. Mesmo menciona que arredor do século XI, os progresos da economía en Europa propiciaron a ascendente utilización da escrita, indispensable para protexer as limitacións da memoria, cando a acta escrita se converteu na mellor forma de fixar os dereitos e deberes de cada un. As persoas comúns aceptaron o recurso a esta técnica, revestida do poder máxico porque permitía, entre outras funcións, fixar a palabra de Deus ou conservar a lembranza dos mortos nas inscricións funerarias. E, aínda que mantén que a escritura por si mesma non é revolucionaria, certamente afirma que as formas escritas potenciáronse nos procesos revolucionarios co obxectivo de acelerar as transformacións iniciadas. Neste sentido, Bouza (1992) afirma que os movementos propagandísticos da alta Idade Moderna aproveitaron o medio escrito, no cal a novidade da imprenta obrou como un arma para os seus fins: os opúsculos derivados da Reforma protestante e da Contrarreforma Católica pertencen a este contexto.\nBouza, tamén noutro lugar (2001), afirma que unha primeira forma de contacto entre os iletrados e a escritura foi aquela derivada da relación entre as nóminas, as cédulas e as “cartas de tocar”, difundidas nos séculos XVI e XVII. Nas “cartas de tocar”, o manuscrito veríase reducido á súa función de talismán, guiado polo principio máxico do contacto, porque este obraría só polo feito de levalo sobre o corpo, mesmo sen ser preciso entender a súa letra.\nMais as palabras de García Carrasco (2005) son atinadas, cando menciona que a escritura introduciu unha fractura xeracional que veu rachar co ciclo vital da formación: na orixe do problema da educación de adultos atopouse a innovación da lectoescritura e as súas interfaces; en tanto que a evolución do formato e as características do soporte foi lenta, a imprenta constituíu unha revolución.\nO cambio acelerouse cando se integraron as consecuencias derivadas do novo sistema de comunicación en coderiva coa evolución do sistema de produción.\nO nacemento, na Ilustración, do xermolo que daría paso aos primeiros sistemas de ensino veu propiciado, en parte, pola conxunción de transformacións socioeconómicas referidas.\nA CORRESPONDENCIA: CUESTIÓNS PÚBLICAS E PRIVADAS\nDe todos os xeitos, Martin (1999) indica que, pese a certos factores característicos da fin da Idade Media, algúns xa mencionados en liñas anteriores, entre os que sinalou o retorno ás fontes escritas, o pulo da correspondencia comercial, a aparición dunha administración escrita que emprega a posta a punto de técnicas de contabilidade ou a resurrección das literaturas nacionais cara ao século XIV, as terras europeas non compartían aínda, de modo suficiente, a simboloxía da escrita. Só unha débil capa social, constituída por varios centos de miles de clérigos, comerciantes, notarios, amanuenses e escritores formaban parte do illado mundo da escrita.\nVolvendo a Bouza (2001), este afirma que a escritura hológrafa dos séculos XVI e XVII, relacionada cos avisos ou coa correspondencia real, xurdiu como un signo de distinción na Corte. O tempo do rei era valioso e limitado, polo que se advertiu como un signo de deferencia que el mesmo asumise as citadas tarefas como unha labor persoal e prescindise delegar en terceiros, na figura dos secretarios ou dos homes de pluma. Así se posiciona o autor en 1992, cando afirma que a escritura manual de puño e letra representou aínda máis intimidade e deferencia, pois existía xa unha nova forma escrita de molde, absolutamente impersoal. Faise alusión á redacción e emprego de cartas hológrafas fronte á posibilidade de utilización da imprenta. O mesmo autor indicará (2001), que tamén se procedeu a adoptar o modelo da carta para conceder verosimilitude as novelas ou panfletos, presentados en ocasións baixo a estrutura de cartas familiares, avisos ou novas. 1 Denomínanse así a aquelas cartas que “en última instancia, motivan e xustifican a partida, (…)”, remitidas polos parentes emigrados desde ultramar, á familia ou ás amizades na terra de orixe, instándoos ao emprendemento da súa propia marcha (Pérez Murillo, 1999, p. 12).\nEn relación con algunhas das finalidades mencionadas da correspondencia que vimos de mencionar, durante os séculos XVI e XVII volveuse unha práctica habitual o recurso aos escribáns, aos escribentes ou “escrevedores de cartas”; afirma Bouza (2001). A voz portuguesa “escrevedores de cartas” alude aos profesionais dedicados a tal oficio, que instalaban as súas escribanías de proveito para a poboación iletrada, no Largo do Pelourinho Velho en Lisboa, profesión estendida tamén no conxunto do territorio ibérico. Xunto aos mencionados, apúntase tamén a importancia dos memorialistas e dos seus “escritorios de asuntos y negocios”, frecuentes de atopar nas villas e cidades do século XIX, que continuaron coa escritura delegada, a partir de prácticas usuais durante a Idade Moderna.\nMemorialistas, escribáns e “escrevedores” remiten á existencia de oficios vinculados a unha necesidade social xurdida ao redor da redacción de cartas. No ámbito privado ou público, a recepción e envío de correspondencia converten aos “escrevedores de cartas” en profesionais dun oficio que respostaba a unha marcada demanda social de relación e comunicación.\nO interese que suscita a arte epistolar como unha forma óptima e galante de comunicarse en sociedade; segundo sinalou Martin (1999), favorece que neste período comecen a proliferar, xunto aos manuais de conversa, os Secretarios perfectos ou os Secretarios á moda, desde que a primeira recompilación de cartas persoais aparecera a finais do século XVI. Os primeiros Secretarios, precursores daqueles sinalados con anterioridade no prólogo, propoñen series de modelos epistolares útiles para os distintos avatares da vida. Un referente demostrativo que, xunto con outros indicios, en vésperas da Revolución Francesa propiciou que unha parte considerable da poboación urbana iniciara o acceso a formas activas da cultura escrita, entre as que se atoparon tanto a escritura como a lectura de epístolas, así como a preocupación pola súa corrección formal.\nChartier (2010) sostén, pola súa parte, que a orixe dos manuais de estilo epistolares vinculouse como parte dun repertorio de edicións baratas e populares, materiais que foron obxecto dunha ampla difusión impresa. E o éxito dos manuais de estilo epistolares prolifera ata mediados do século XX, vinculados ao facilitamento da mensaxe comunicativa en sociedade. A propia obra de El Secretario (Sen data de edición: p.6) – anteriormente referida – no seu prólogo aspira a que o libro resulte de verdadeira utilidade para todos, “y confiamos en que el público ha de responder a la delicadeza con que hemos procurado confeccionarlo”.\nNeste sentido, Chartier (2010) refírese ao establecemento dunha inequívoca finalidade didáctica e práctica para os manuais epistolares, aínda que isto non acontece sempre así; en numerosas ocasións, estes foron lidos e consultados non tanto en virtude da súa utilidade principal, senón en razón de que as súas páxinas permitían a entrada a un mundo aristocrático e aproximaban a aprendizaxe dunha orde social marcada polas fórmulas de urbanidade. Os lectores das clases populares - a maioría dos seus compradores – cando escribían cartas, distaban de atoparse nas situacións características das elites descritas polos secretarios, polo que sería previsible que estes non respectasen as convencións que se lles mostraban, suposto que comparte Braida (2010). Así, a autora afirma que as coleccións epistolares do século XVI xustificábanse de cara á divulgación dos modelos de escritura de cartas “en buon vulgare”.\n“(…) Para estas exigencias de la moda, de las costumbres, se necesitan, sí, modelos que imitar, indicaciones teóricas que seguir, máxime cuando el interesado carece de costumbre en tal sentido, y aún más cuando nos vemos obligados por la cortesía a escribir cartas enteras que ni en el fondo ni en la forma nos salen de dentro, como comúnmente se dice. He aquí el objeto principal de esta obrita, por lo que, después de la sección dicha, figuran otras presentando modelos de cartas amorosas, de etiqueta, comerciales y documentos de solicitud á personas distinguidas”.\nSierra (2003) recolle a distinción dos manuais epistolares entre manuais xerais e específicos. Os primeiros están constituídos por todo un compendio de cartas da máis variada índole, mentres que os segundos céntranse unicamente nunha ou dúas variedades epistolares; cartas de amor ou en menor medida cartas familiares ou de amizade. En canto aos manuais xerais, soen agrupar cartas familiares ou amorosas, de pésame ou felicitación; de agradecemento, reclamación ou queixa; de recomendación e participación, de convite coas súas respostas; así como cartas comerciais ou solicitudes, ademais da posibilidade de incluír prontuarios de ortografía ou vocabularios.\nO éxito desta orde literaria baseada nas fórmulas epistolares relacionouse coa dobre función que esta posúe desde os seus inicios: a transmisión dunha linguaxe oficial e altamente xerarquizada, así como o seu referenciado valor literario. A inclusión de linguaxes diferentes —político, relixioso, amoroso, de conduta— nos modelos epistolares remite a funcións diversas, relativas ben á súa simple lectura ou á imitación das súas fórmulas ou estilos. A sobrevaloración da función normalizadora da práctica da escrita corre o risco de dificultar a comprensión global das claves do seu éxito editorial.\nEn liñas anteriores, sinalouse a finalidade diversa que para Chartier (2010) posuíron os manuais epistolares, entre a que se incluíu a aprendizaxe ou transmisión nas súas páxinas de certas normas de urbanidade. Cuestión que merece ser tratada máis polo miúdo, por canto os modelos de cartas exemplifican a conduta correcta para as mil variadas situacións en que a vida pode situar aos lectores, participándoos, entre unha ampla variedade de acontecementos, de convites ou pésames.\nA urbanidade tería participado dos contidos escolares, paradoxalmente tamén baixo a forma dos modelos epistolares, aspecto que abordaremos a continuación.\nESCOLA, URBANIDADE E LITERATURA EPISTOLAR\nBenso (1997) faise eco da relevancia que a urbanidade nas formas sociais adquire ao longo do século XIX, aparellada ao desenvolvemento das clases medias e á súa vontade de adopción dos usos das elites, cunha clara pretensión de distanciamento do pobo. A urbanidade entenderase ademais como obxecto de estudio nas escolas populares e pretenderá xeralizarse ás clases baixas na sociedade. Así e todo, nos corpos lexislativos de educación esta aparece mencionada como obxecto de instrución primaria; cando así acontece, soe vincularse á relixión e á moral, dúas materias de importancia para a formación das clases populares. Sinala, de igual modo, que na transmisión social\nEl Cortesano favorece un código social refinado, constituído polas boas formas para a clase social acomodada, formas que esixen doses de esforzo. Estas regras de conduta semellarían adquirirse a través dunha longa tradición de aprendizaxe familiar mediante o exemplo e a transmisión oral. A traslación dos manuais epistolares déixase ver no feito de que estes acostuman recoller modelos de cartas de consello de pais a fillos, centrándose nos problemas derivados da mala conduta ou preguiza, como se observa no grupo de cartas familiares de El Secretario.\nOs tratados dirixidos á poboación en xeral baixo a influencia da urbanidade, entre o século XIX e principios do século XX, presentáronse baixo a forma de prontuarios 2 de urbanidade ou lecturas escolares, con diálogos, máximas, preceptos, versos, alegorías ou relatos. A literatura epistolar cultivouse na infancia desde que os nenas e nenas posuían un certo dominio da escritura, cuestión que para a investigadora representa un dos meirandes aproveitamentos da aprendizaxe escolar das clases populares. Deste xeito, os consellos da literatura epistolar comprenderían desde as cativas recomendacións dalgúns textos ata os variados modelos da literatura epistolar. Estes modelos virían incluídos, xa nos libros de texto manuscritos para a lectura ou ben como parte dun conxunto de documentos presentes na vida social, entre as que se atopan as cartas e tamén os anuncios e os telegramas.\nSierra (2003) abunda na temática dos manuais epistolares dirixidos a un uso escolar. A produción dos manuais aparece ligada á utilización da carta na Idade Contemporánea, así como á extensión da práctica da escrita entre as distintas clases sociais, tamén para aqueles grupos que noutros períodos históricos se viran apartados da mesma. A carta significou, para moitas persoas, o primeiro exercitamento cara a súa nova adquirida alfabetización. Neste sentido, os manuais epistolares fóronse convertendo nun apoio para quen se iniciaba na escrita, considerada como unha parcela que se estendía cada vez máis á vida cotiá. O manual epistolar asume unha función didácticapedagóxica e guíase por catro finalidades básicas, entre as que se atopan a propia iniciación na arte epistolar, a importancia da lectura no ámbito educativo, a educación moral, relixiosa e patriótica, así como a adquisición competencial da redacción e da expresión escritas.\nEla mesma pon de manifesto a importancia da carta na escola foi constatada por parte de investigadoras como María del Mar Pozo e Sara Ramos, quen analizaron unha mostra de vinte cadernos escritos entre 1927 e 1939, orixinarios da escola rural nas provincias de Albacete e Cuenca. O estudo deu a coñecer a pauta de desenvolvemento de actividades de ensaio para a vida futura do alumnado, entre as que se atopaban a redacción de solicitudes ás autoridades, a elaboración de contratos de arrendamento ou a escritura de cartas a familiares. 2 Prontuario: Resumo de notas de varias cousas para telas presentes. Compendio das regras dunha ciencia ou arte. Ambas acepcións son recollidas en Aristos. Diccionario Ilustrado de la Lengua Española (1966: 510).\nAleixo e Alves 3 (2008) refírense así mesmo á utilización da carta en contextos regulados. Mencionan que a correspondencia interescolar fora normalizada en Portugal entre 1933 e 1934 polo Ministério de Instrução a través do envío de sendas circulares ao profesorado. O éxito da proposta fora ascendente, pois en 1935 a cifra de correspondentes ascendía a 7000. O corpo de mestres recoñecía as competencias reforzadas na produción de textos a través da carta, así coma o fomento dun sentimento de dignidade persoal.\nCalbarro 4 (2008) analizou a correspondencia entre os denominados “mentor” e “discípulo” epistolares, entendida como unha relación establecida entre unha persoa que por motivos de idade, autoridade ou ambos participa na educación doutra persoa de menor idade ou autoridade.\nAnecdoticamente, Bouza (1992) recolle o caso de Pedro Díaz Morante, quen, a principios do século XVII madrileño, fachendeaba de ter ensinado a ler e escribir a dous discípulos no espazo de nove meses mediante cartas, coa axuda do Arte de escribir que tiña publicado. Afirmaba que, coa axuda dos libros impresos poderían aprender nas súas casas os homes iletrados e, naqueles lugares pequenos que non contasen con bos mestres, os pais saberían ensinar aos fillos.\nA MANEIRA DE SÍNTESE\nO pulo da escritura epistolar contextualízase no marco dunha sociedade europea en transformación, que avanza cara a civilización da escrita, proceso que se sucede ao longo dos séculos XVI e XVII. A aparición da imprenta arredor de 1450 reforzou o protagonismo da escritura, indicador que se viu traducido, por outra banda, nunha orde de cuestións económicas, coma o incremento xeralizado da demanda do papel.\nEn relación coa vinculación do establecemento de relacións sociais prósperas no contexto social, profesional ou familiar sucedeuse a publicación dos manuais epistolares; edicións que adquiriron a súa meirande significación en torno ao século XIX. O valor das mesmas reside en que as súas liñas, na actualidade, dan conta dunha orde social determinada, que sitúa a cada quen nun lugar específico do mosaico mundano; un lugar con marcas de clase, se a expresión é permitida.\nPara a pedagoxía, os modelos de correspondencia e os manuais epistolares significan documentos de interese, por canto informan e reproducen sobre o papel os estereotipos conductuais, entre outros, das relacións paternofiliais ou entre mestres e discípulos. As súas páxinas mostran os requerimentos dunha sociedade que suliña, nos seus patróns sociais, a autoridade para as figuras de respecto e por suposto marca a subordinación para os subalternos.\nO interese pedagóxicodidáctico dos manuais epistolares é susceptible de ser considerado na actualidade na súa utilización transversal, tanto para a análise da socialización e da urbanidade, como desde a perspectiva do ensino das primeiras letras. Aleixo e Alves (2008) destacan a importancia de ditos ambientes alfabetizadores, nos cales a composición e lectura de textos tórnase significativa, pois desde unha liña construtivista explórase a autonomía e a interacción entre os propios escolares.\nREFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS"} {"summary": "Coa chegada das Misións Pedagóxicas a partir de 1931 producíase en Galicia un intenso acercamento á ILE, nacida en Madrid en 1876. A pesar de ser acusada ás veces de “elitismo cultural”, encontramos na ILE unha importante vertente dirixida ao popular que rebasa o ámbito meramente sentimental para converterse en algo máis profundo, de reencontro coa historia real do pobo. No marco da Segunda República atopa a Institución un terreo fertilizado para desenvolverse fóra dos seus establecementos educativos e chegar a lugares recónditos do pobo. A guerra civil, como é ben sabido, supuxo a drástica desaparición daquel proxecto innovador, cheo de ilusión e esperanza. Á parte da imprescindible consulta de fondos documentais en Madrid (Biblioteca da Real Academia da Historia, Biblioteca Nacional, CSIC, Hemerotecas Nacional e Municipal, etc.), no noso estudo facemos uso de material de arquivo, especialmente do Museo Provincial de Pontevedra e do Arquivo Histórico Universitario de Santiago, da prensa e revistas galegas da época, de memorias e demais literatura pedagóxica de ou sobre o tema, xunto a textos de carácter normativo (Gaceta de Madrid, Boletíns Oficiais da Provincia, etc).", "text": "INNOVACIÓNS REPUBLICANAS NA EDUCACIÓN POPULAR: AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS. ANÁLISE DUNHA EXPERIENCIA, CON REFERENCIAS A GALICIA\nREPUBLICAN INNOVATIONS IN PEOPLE’S EDUCATION: THE MISIONES PEDAGÓGICAS. ANALYSIS OF AN EXPERIENCE, REFERRING TO GALICIA\ncanciones, farsas poéticas, teatro de Lope y Calderón”. Alejandro Casona, Nuestra Natacha, Madrid, Castalia, 2007, p. 31.\n : Innovacións na historia da educación, educación popular, Misiones Pedagógicas, Institución Libre de Enseñanza, Historia da Escola en Galicia. ABSTRACT When the Misiones Pedagógicas arrived in Galicia from 1931 took place a remarkable approach to the Institución Libre de Enseñanza (ILE), born in Madrid in 1876. Despite of being branded as prone to\n1. AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS\nO 14 de abril de 1931 quedaba implantada a Segunda República en España. As cidades mostráranse republicanas, pero o mundo rural, baixo intereses e formas de vida tradicionais, ofrecera notábeis resistencias. Interesaba, por conseguinte, elevar o nivel cultural deste sector, cara á súa integración no novo marco social (Otero Urtaza, 1982, p. 13). Dentro deste contexto de educación popular sitúase o nacemento das Misións Pedagóxicas. Non se trataba de organizar unha ensinanza sistemática; o que se pretendía era unha modalidade de educación, onde o que asistise ás Misións fora alcanzando un novo caudal de coñecementos a través do espectáculo ao aire libre, da conversación directa, das conferencias, etc. Era a plasmación do vello ideal institucionista da extensión universitaria. Marcelino Domingo, o Ministro que subscribía o Decreto, sostiña que era necesario e urxente ensaiar novas formas de influencia educativa no pobo, non soamente coa letra impresa, senón coa palabra e o espírito que a animaba:\nSe trata de llevar a las gentes, con preferencia a las que habitan en localidades rurales, el aliento del progreso y los medios de participar en él, en sus estímulos morales y en los ejemplos del avance universal, de modo que los pueblos todos de España, aun los apartados, participen en las ventajas y goces nobles reservados hoy a los centros urbanos. (Decreto do 29/5/1931, Gaceta de Madrid do 30/5/1931).\nDiante destas preocupacións da Segunda República, non é de estrañar a pronta aparición do Patronato de Misións Pedagóxicas. O Patronato foi creado por un Decreto de 29 de maio de 1931 (Gaceta do 30/5). Constituíuse tres meses despois. Os iniciadores das Misións recibiran a súa inspiración na doutrina predicada por Manuel Bartolomé Cossío dende os seus primeiros anos de acción educadora, e, por iso, pensaron nel para poñelo á fronte do Patronato. Cossío reflexionara con frecuencia en levar ás aldeas e pobos apartados o alento da cultura, reivindicando o ocio e a contemplación estética como valores educativos, convencido de que o goce no estudo e na beleza da arte era tan importante para un campesiño como para un intelectual. É este un punto fundamental na súa concepción educativa. Esta preocupación por chegar ao corazón do mundo rural xa o expresara naquel Primeiro Congreso Nacional Pedagóxico de 1882:\nCando F. Barnés acode á Estación madrileña do Norte, ao retorno de Manuel B. Cossío de Suíza, para rogarlle que garantise coa súa dirección e consello a viabilidade da empresa, este, aínda que xa enfermo, dá a súa conformidade. Cossío sitúase, pois, no centro da obra das Misións Pedagóxicas. O Decreto que nomea Presidente do Patronato a Manuel B. Cossío sae á luz o 6 de agosto (Gaceta do 13 de agosto). Nel aparecen nomeados os restantes membros da Comisión Central: Vicepresidente, Domingo Barnés, Director do Museo Pedagóxico; Secretario, Luis Álvarez Santullano, moi vinculado a Cossío; catorce vogais: Rodolfo Llopis, Marcelino Pascua, Francisco Barnés, Antonio Machado, Lucio Martínez, Luis Bello, Pedro Salinas, Enrique Rioja, Juan Uña, Oscar Esplá, Ángel Llorca, José Ballester, Amparo Cebrián e María Luisa Navarro.\nO Decreto de Misións, impulsado pola corrente institucionista, sinala tres grandes apartados nos que vai centrar a súa actividade:\na) Fomento da cultura xeral, mediante o establecemento de bibliotecas populares, fixas e circulantes, organización de lecturas e conferencias públicas, audicións e exposicións, etc. b) Orientación pedagóxica, con visitas a escolas e celebración de Semanas ou Quincenas pedagóxicas; c) Educación cidadá, con reunións onde se afirmasen os principios democráticos, acompañadas de conferencias e lecturas nas que se explicasen ao pobo diversas cuestións relacionadas coa estrutura do Estado, participación política e demais.\nUn dos servizos máis importantes do Patronato de Misións constituíuno a creación de bibliotecas. O 8 de agosto de 1931 a Gaceta publicaba o Decreto do día anterior que daba paso á creación de bibliotecas escolares. A biblioteca escolar convertíase así nun dos elementos fundamentais da escola. Para elo, a primeira atención do Patronato neste servizo foi seleccionar as obras que habían de integrar as bibliotecas, tarefa que ofrecía importantes dificultades polo público ao que ían dirixidas e polas resistencias atopadas nos ámbitos rurais, a miúdo controlados polas forzas contrarias á República. A experiencia do Museo Pedagóxico e o ensaio de bibliotecas circulantes iniciado en 1912, xunto co consello de persoas coñecedoras da bibliografía recomendable, facilitaron o labor.\nO labor cultural das bibliotecas complementábase cos outros servizos do Patronato: coleccións de gramófonos e discos; o cinematógrafo e as proxeccións fixas, dous dos auxiliares máis poderosos da actuación misioneira; o Coro e o Teatro do Pobo, encargados de espertar a sensibilidade artística; o Retablo de Fantoches; os cursos para mestres, e, finalmente, o Museo do Pobo, con reproducións de cadros, especialmente do Museo do Prado. Sabemos que as Misións foron duramente atacadas durante o segundo bienio, a partir de 1934, reducindo os seus orzamentos e criticando as súas funcións. O Patronato publicou dúas Memorias, Misiones Pedagógicas (Septiembre de 1931, Diciembre de 1933) (1934) e Memoria de una misión pedagógicosocial en Sanabria (Zamora) (1935).\n1.1. Actividades desenvolvidas en Galicia\na) 1931. O Servizo de Bibliotecas\nCreadas as Misións Pedagóxicas, comezouse co servizo de bibliotecas. As orixes das bibliotecas de instrución primaria con servizo circulante hai que situalas moi anteriormente na creación e desenvolvemento do Museo Pedagóxico Nacional, do que Cossío foi director dende 1883 a 1929, e despois director honorario até a súa morte (1935). Recibiron un novo pulo coa política de Rafael Altamira dende a Dirección Xeral de Ensinanza Primaria (19111913). Na Segunda República este labor correu ao cargo de Patronato de Misións Pedagóxicas.\nDurante 1931 concedéronse para Galicia as seguintes bibliotecas: A Coruña (19), Lugo (20), Ourense (25) e Pontevedra (16). A finais de 1934 o Patronato de Misións Pedagóxicas repartira un total de 5.000 Bibliotecas, das que correspondían a Galicia 485: A Coruña, 98; Lugo, 68; Ourense, 148, e Pontevedra, 171. Aínda hoxe podemos topar con algún daqueles libros, perdidos polas antigas escolas unitarias. Recoñécense, porque levan o carimbo do “Patronato de Misiones Pedagógicas”. O seu achádego pode seguir dando máis luz sobre este tema. A Memoria redactada en 1935 pon de manifesto o papel desempeñado por estes pequenos centros culturais nos que lían os nenos, os seus familiares e o público, en xeral. Sen embargo, o clima político nótase no ambiente, como sucedeu en Chantada e Pedrafita do Cebreiro, onde o mestre só daba os libros que lle parecían morais, “confiscando” os demais e agachándoos na súa casa, e con elementos que pregoaban que cando viñese un Goberno favorable suprimirían as Bibliotecas (Porto Ucha, 1986, pp. 304306).\nAs lecturas poden clasificarse en dous grupos: para rapaces e para adultos. Como autores preferidos polos lectores infantís, os seus clásicos Perrault, Grimm, Andersen, Hoffmann, Las mil y una noches, Homero e Dante; as novelas de aventuras de Swift, Poe, Mayne, Reid, Verne, Lagerlöf e Kypling; as descricións xeográficas; as biografías de homes ilustres: A. Magno, Gonzalo de Córdoba, Cervantes, Napoleón, Franklin, Stephenson, Livingstone, Miguel Servet, etc. Os adultos inclinábanse en primeiro termo pola novela; pero a poesía e as obras de carácter sociolóxico tamén figuraban entre os libros solicitados. Pérez Galdós e os seus Episodios Nacionales, Valera, Pérez de Ayala. Dos clásicos, Cervantes e Quevedo. Entre os estranxeiros, Dickens, Tolstoi, Víctor Hugo. Dos nosos poetas, Bécquer, Machado e J. R. Jiménez. Alentados por Santullano, os mestres elevaban as peticións de bibliotecas para as súas escolas, co informe favorable da Inspección.\nO servizo viuse xa afectado pola redución nos presupostos do Ministerio do ano 1934. Lembremos que despois dos avances do Bienio 193133 (Bienio Azañista), comezou unha época de retroceso, coñecida como Bienio Negro. É significativa a actitude de Tiburcio Romualdo de Toledo, deputado a Cortes en 1933 que chegaría a xefe de primeira ensinanza en 1938, que propuxo suprimir do orzamento de 1934 a dotación asignada ás Misións Pedagóxicas.\nb) 1932. O labor de Alejandro Rodríguez Cadarso. Conferencias Pedagóxicas\nNunha xuntanza do 29 de decembro de 1931, o Reitor da Universidade de Santiago, Alejandro Rodríguez Cadarso, moi vinculado aos institucionistas, propoñía a conveniencia de que o\nConsello Universitario de Primeira Ensinanza realizase un labor eficaz, dentro das atribucións que tiña conferidas polo Decreto do 9 de xuño de 1931, no que se creaban os Consellos Universitarios, Provinciais, Locais e Escolares. Para redactar as bases, o Reitor propuxo unha ponencia integrada polos inspectores Díaz Rozas e Lorenzo Gil. Na reunión do 5 de xaneiro de 1932 dábase conta dos traballos a desenvolver. Entre eles, “dar conferencias ao Maxisterio”, dentro dos proxectos das Misións Pedagóxicas. A noticia era recollida por El Noroeste, sobre o papel da Universidade neste cometido:\nNo es hoy el Rectorado el que ordena y manda desde su torre de Oro de la Universidad, como en tiempos de antaño, sino que es el mismo Rector quien viene a la montaña, encareciéndoles el mayor celo, cariño y energía para las Misiones Pedagógicas. La propia Universidad se presta a ser Misionera, llevando a las recónditas aldeas de estas provincias en forma vivida, sencilla y práctica, cuanto pueda y deba saber nuestro aldeano, desterrando los prejuicios que la imaginación y la fantasía, sin el control del juicio y el discernimiento, han embotado durante centurias el cerebro de nuestros campesinos (Marras, 1932).\nTamén El Pueblo Gallego destacaba a orientación especificamente galega en senllos artigos publicados o 4 e o 7 de maio de 1932 co título “Elogio a las Misiones Pedagógicas”. Sen embargo, á chamada do Reitor só acudiron os Presidentes dos Consellos Provinciais da Coruña (Díaz Rozas) e Pontevedra (Álvarez Limeses). Descoñecemos as causas polas que non acudiron os de Lugo e Ourense. Nunha sesión de 15 de xuño acordouse o desprazamento dunha comisión a estas dúas últimas cidades para realizar un labor relacionado coa problemática xurdida.\nAsí pois, neste ano 1932 o traballo estivo dirixido á realización de conferencias. Unha Circular do Consello Provincial de Primeira Ensinanza de Pontevedra, publicada no Boletín Oficial da provincia, concretaba os obxectivos das Misións: tratábase de conseguir que todos os domingos se desen nos locais escolares conferencias de divulgación daquelas materias indispensables para elevar o nivel cultural dos cidadáns. Para dar estas conferencias requiríase o concurso de todas as persoas cultas dos Concellos: médicos, peritos agrícolas, farmacéuticos, avogados, sacerdotes [obsérvese este dato], mestres, “y cuantos se presten a realizar esta obra de divulgación en un terreno neutral, como esas mismas enseñanzas requieren” (El Pueblo Gallego, 1932).\nO 30 de xullo unha carta do Ministro de Instrucción Pública felicitaba ao Consello Universitario. Foron importantes as xestións de Rodríguez Cadarso, que mantiña relacións moi cordiais co Director Xeral de Instrucción Pública, Rodolfo Llopis. Ademais da correspondencia sostida, acompañou a Llopis durante varios actos por Galicia. Neste ano, á marxe das accións directamente programadas polo Consello Universitario, o Patronato de Misións Pedagóxicas, co informe favorábel das inspeccións provinciais de primeira ensinanza, continuou co labor iniciado en 1931, relativo ao fomento das bibliotecas e ao obxectivo da República de proceder á renovación dos libros escolares. Sen embargo, os resultados non debían ser óptimos, xa que o mestre Víctor Fraiz (Garrido Moreira, 2002) —fusilado despois, en 1937— (Porto Ucha, 2003, pp. 158163) queixábase en El Pueblo Gallego o 1 de xullo de 1932 de que “salvo contadísimas excepciones, en las escuelas de España siguen poniéndose en manos del niño los libros de la vieja farándula pedagógica”.\nc) 1933. Misións Pedagóxicas nas catro provincias\nCadarso pensaba continuar coas Misións Pedagóxicas da Universidade, pero non puido ser porque faleceu nun accidente de coche. Precisamente no ano 1933 as accións misionais correron a cargo do propio Patronato de Misións Pedagóxicas. Entre o 11 de agosto e o 17 de decembro as Misións estendéronse polas catro provincias galegas. Contouse coa colaboración de Rafael Dieste, Ramón Gaya, Antonio Sánchez Barbudo, José Otero Espasandín e Arturo Serrano Plaja. A nivel local colaboraron tamén Cándido Fernández Mazas e Antonio Ramos Varela. Durante estes meses percorréronse os pobos de Xinzo de Limia, Allariz, O Carballiño e Maside (Ourense), Lalín, Silleda e A Estrada (Pontevedra), Rianxo, Boiro, Noia, Outes, Muros, Serres, O Pindo, Corcubión (Figura 1), Cee, Fisterra, Carballo, Malpica (Figura 2) e Betanzos (A Coruña), Vilalba, Ribadeo, A Fonsagrada, Baralla e Becerreá (Lugo), para rematar de novo na provincia de Ourense: A Mezquita, Queiruga e o Barco de Valdeorras.\nFoi a Misión de máis longa duración das realizadas por España e a primeira vez que se fixo coincidir co Museo circulante de pintura. De acordo cos datos publicados polo Patronato de Misións Pedagóxicas (Patronato de Misiones Pedagógicas, 1934, pp. 105106), o Museo circulante estaba composto por dúas coleccións. Integraban a primeira colección catorce copias doutros tantos cadros do Museo do Prado, orixinais dos máis famosos pintores da escola española: “Autos de fe”, de Berruguete; “Retrato del príncipe Don Carlos”, de Sánchez Coello; “Resurrección” e “Retrato de un Caballero” de El Greco; “El sueño de Jacob” de Ribera; “Las hilanderas”, “Retrato de la infanta Margarita” e “Don Antonio el inglés” de Velázquez; “La visión de San Pedro Nolasco” de Zurbarán; “El niño Dios pastor” e “Santa Isabel de Hungría” de Murillo; “Los fusilamientos del Dos de Mayo”, “La maja vestida” e “El pelele” de Goya. Con eles expoñíanse tamén reproduccións dos gravados de Goya: Los caprichos (Retrato de Goya, ¡Que viene el coco!, Se quebró el cántaro, Bravísimo), Los desastres de la guerra (¡Qué valor!, No saben el camino), La Tauromaquia (El animoso moro Gazul, El diestrísimo estudiante de Falce, Desgracias acaecidas en la plaza de Madrid) e Los disparates (Disparate femenino, Disparate de miedo, Los ensacados, Los majos bailarines, Una reina del circo).\nFigura 2: Mariñeiros e nenos esperando aos misioneiros para oír a charla impartida en Malpica (A Coruña), outubro de 1933. Fotografía de José Val del Omar. Archivo María José Val del Omar y Gonzalo Sáenz de Buruaga, Madrid.\nFormaban a segunda colección circulante gravados de Goya, e as seguintes copias de cadros do Museo do Prado, a Academia de San Fernando e o Museo Cerralbo: “Pasaje de la vida de Santo Domingo” de Berruguete; “Retrato de la Infanta Doña Isabel Clara Eugenia” de Sánchez Coello; “Crucifixión” e “San Francisco” de El Greco; “Martirio de San Bartolomé” de Ribera; “Las Meninas”, “Retrato ecuestre del Príncipe Don Baltasar” e “El bobo de Coria” de Velázquez”; “Un fraile mercedario” de Zurbarán; “Familia del pajarito” e “Sueño del patricio romano” de Murillo; “El entierro de la sardina”, “Aquelarre de brujas” e “La nevada” de Goya. As exposicións, que con frecuencia tiñan lugar no salón de actos dos concellos, soían abrirse de once a trece horas, e de dezaseis a dezanove horas. A esa hora, un dos misioneiros falaba do valor artístico dos cadros. En Lalín fíxose a exposición o 30 de agosto e o 3 de setembro. A xulgar pola relación de cadros e gravados descrita anteriormente, non había por que escandalizarse. Todo o contrario. Sen embargo, parece ser que nalgún lugar houbo problemas. El Emigrado de A Estrada, expresábase así nun artigo publicado o 10 de setembro de 1933:\nUna nota censurable merece mención y es que los elementos derechistas, arguyendo que entre los cuadros había algunos con figuras escasas de ropa, y otras de la época de la Inquisición, han empezado a aconsejar a la beatería que no asistiesen ni dejasen ir a sus hijos. Las gentes exentas de esos prejuicios han concurrido.\nPola noite, a partir das dez e media, proseguíase a actuación, para finalizar cunha pequena sesión de cine. Púxose tamén en marcha unha nova creación artística de Misións: o Teatro de Guiñol. A colaboración de Rafael Dieste foi decisiva neste cometido. Mediante o Guiñol, representáronse, tamén noutras zonas da xeografía española, romances escenificados como La Doncella Guerrera, e farsas creadas por Dieste como El falso fakir, El gato de Siloc, La amazona y los excéntricos, Curiosa muerte burlada, Duelo de máscaras, El dragón y la paloma e Equivocación fatal ou El Extranjero. Entre o repertorio do Coro e Teatro de Misións, figuraban cancións populares de Galicia.\nDentro do apartado de bibliotecas solicitadas ao Patronato de Misións Pedagóxicas, o InspectorXefe de primeira ensinanza de Pontevedra, Pedro Caselles Rollán, laiábase de que “nuestra provincia es una de las que más bajo nivel han dado en la petición” (El Pueblo Gallego, 11/5/1933). Para mentalizar ao maxisterio enviouse unha circular, que aparece nos xornais El País e El Noticiero Gallego dos días 3 e 11 de maio de 1933, respectivamente. A resposta debeu surtir efecto, xa que a petición seguiu nesta provincia un ritmo ascendente, a xulgar polos datos do propio Patronato de Misións Pedagóxicas: 16 Bibliotecas en 1931, 12 en 1932, e 103 en 1933.\nÁ parte das Misións Pedagóxicas programadas polo Patronato de Misións, queremos subliñar que Daniel Calvo, InspectorXefe de Lugo, dirixía o 27 de maio de 1933 un escrito ao Reitor, pedindo a conformidade para solicitar do Patronato de Misións Pedagóxicas unha saída á provincia, coincidindo cunha Semana Pedagóxica na que tomaba parte tamén Luis Soto Menor, e na que estaba garantida a asistencia de “elementos de Madrid”. Entre estes elementos figuraba Mª Luisa Navarro, a dona de Lorenzo Luzuriaga, que fixo labor de divulgación tamén noutros lugares da xeografía española, como Cantabria (González Rucandio, 2011). Debemos aclarar nese sentido que os mestres, en colaboración coa Inspección, desenvolveron durante estes anos “pequenas” Misións. Das celebradas en Lovios, presididas pola inspectora María Cid, infórmanos Lagares: a presentación correría a cargo do mestre de Delás, Sebastián López; o de Gandeiros, Manuel González, disertaría sobre “Derechos y deberes sociales”; o de Grou, Isidro Prieto, sobre “La escuela considerada como primero y principal centro de cultura”; José Pena, Presidente da Asociación “Sociedad Loviense de Trabajadores de la Enseñanza”, resumía as distintas misións realizadas; entre os oradores figuraba o médico Antonio Lorenzo; a rondalla entrimeña, co seu director Ricardo Domínguez, interpretou varias composicións (Lagares, 1933). A ese respecto, cabe destacar o labor de apoio das distintas colectividades culturais (bandas de música, coros, rondallas, gaiteiros, etc.) neste tipo de tarefas pedagóxicas, acercándonos, así, a unha vertente institucionista pouco estudada, a da cultura popular na ILE, tema do que nos levamos ocupado nalgunha ocasión (Porto Ucha, 1996). d) 1934. Dúas Misións Pedagóxicas (en Pontevedra e A Coruña). O labor da Inspección En 1934 Galicia contou con dúas Misións Pedagóxicas, dirixidas por Antonio Ramos Varela e Xavier Arias. A primeira tivo lugar na provincia de Pontevedra, colaborando na súa organización o Inspector de Primeira Ensinanza Rogelio Pérez González. A Misión Pedagóxica celebrada en Pontevedra pode dividirse en dúas fases: a primeira dende o 23 ao 28 de maio, na que se visitou Meaño, Vilalonga e Combarro; a segunda, do 5 ao 23 de xuño, coa visita a Arbo, A Lomba, Valeixe, A Cañiza, Ameixeira, A Franqueira, Luneda, O Covelo, Maceira e San Pedro de Campo (Patronato de Misiones Pedagógicas, 1935, p. 59).\nEn A Coruña a Misión tivo lugar en Outes, A Picota, Mazaricos, Beba, Muros, Serres e Abelleira, durante os meses de xullo e agosto. Contouse coa participación do Inspector Manuel Díaz Rozas, que o ano anterior fora nomeado director da sección de Pedagoxía creada no Seminario de Estudos Galegos para mellorar o coñecemento da escola rural. Con esta finalidade, creouse o “Patronato da Escola Rural Galega” (Lage Casal, 1989, pp. 179181).\nd.1. Labor desenvolvido na Cañiza\nCando no mes de xuño de 1934 o Patronato de Misións encargou aos misioneiros Ramos e Farias o desenvolvemento dun plano misional na provincia de Pontevedra, o inspector José Muntada Bach ofreceuse a compartir o plano levado a cabo na Cañiza, polo carácter rural da zona onde se ía desenvolver. Este inspector, procedente da decimo sexta promoción (19241928) da Escola de Estudos Superiores do Maxisterio, e que tiña adxudicada a Zona 10ª da provincia (comprendía o Partido da Cañiza e o Concello de Salceda de Caselas), foi un dos máis destacados impulsores da renovación educativa na Segunda República a nivel de inspección, se ben despois da guerra experimentou unha fonda reversión ideolóxica. Colaboraron tamén os mestres da Cañiza, o freinetiano José Benito González Álvarez e o de Achas, Jesús Eugenio Pérez Pérez (fusilado en outubro de 1936); xunto a eles, tomaron parte activa os mestres da Lamosa e Paraños, que fixeron cos misioneiros un percorrido polos montes da Franqueira. A Misión celebrouse entre o 5 e o 24 de xuño de 1934.\nOs actos misionais, enfocados cara os tres eidos distintos de fomento da cultura xeral, a orientación pedagóxica e a educación cidadá, ían precedidos dunha sinxela presentación que facían, ben o inspector ou o Sr. Ramos, “exaltándose la figura de Cossío, alma mater del ideario misional”, e subliñando que as Misións, no nome da República, intentaban acercarse ao pobo para proporcionarlle recreo espiritual (Muntada Bach, 1934). Proxectábanse despois películas como “Curiosidades de otros países”, “En el reino del carbón”, “La seguridad en el mar”, etc. As películas eran explicadas\nRealizáronse tamén audicións musicais, que eran escoitadas nun emocionado silencio. Para iso, a Misión acudía á facilidade do gramófono e dos discos, escrupulosamente seleccionados para formar interesantes coleccións graduadas de obras universais ou de estimación xeral (Patronato de Misiones Pedagógicas, 1934, p. 73): de Bach, Haendel, Mozart, Beethoven, Schubert, Mendelsshon, Weber, Chopin, Liszt, Wagner, Rossini, Berlioz, Gounod, Verdi, Franck, Brahms, Strauss, Saint Saëns, Debussy, Mussorgski, Borodin, Rimski Korsakoff, Grieg, Puccini, Dukas, Ravel, Stravinski, etc.; dos autores españois, Chapí, Bretón, Albéniz, Falla, Esplá, Turina, García Lorca, e exemplos de canto gregoriano e da lírica rexional galega, asturiana, montañesa, catalana, valenciana, andaluza, etc.\nMuntada Bach aproveitaba ese recollemento para recitar poemas como “La ermita de San Simón”, “La loba parda”, e outros romances que “les enternecían como versos que son del pueblo”; entón, Ramos anunciaba o remate con películas de debuxos ou cómicas, tales como “La calle de la paz” de Charlot. Nembargante, como ocorrera xa o ano anterior na Estrada, onde elementos dereitistas, obxectando que entre os cadros expostos había algúns “escasos de roupa”, empezaron a aconsellar á beatería que non asistise nin deixase ir aos seus fillos e tamén aquí houbo dificultades. Muntada Bach (1934) fálanos dos “espíritos do mal” que divulgaban aquilo de “xa veredes na cédula” ou “buscan votos para o partido comunista”:\ntodas partes el pueblo asistió maravillado, desentendiéndose de ‘tartugos’ y escuchando las gentes, en pie y descubiertos, con el máximo respeto, el himno nacional que cerraba los actos misionales.\nd.2. Unha Semana Pedagóxica\nPola Orde Ministerial do 31 de xullo de 1934 (Gaceta do 8/8), foille subvencionada unha Semana Pedagóxica ao Centro de Colaboración da Cañiza, baixo a orientación do seu Inspector, Muntada Bach. Esta subvención incluía varias viaxes a escolas galegas. Neste tempo, os mestres programaron para as súas escolas o estudio dos feitos xeográficos das respectivas parroquias, a xeito de base para o ensino globalizado, dun gran caudal de experiencias escolares (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, 1934, pp. 2223).\nAdemais de trasladarse a A Coruña, onde visitaron as Escolas da Guarda e recibiron leccións de María Barbeito Cerviño (Vázquez Ramil, 2012, p. 180), a única galega entre os dez primeiros inspectoresmestres correspondentes ao concurso restrinxido de abril de 1933, todos eles de gran prestixio, os mestres da Cañiza e dos concellos limítrofes (O Covelo, Arbo, Crecente) visitaron a Escola Rural de Budiño (O Porriño), na que funcionaba unha cooperativa escolar rural, creada polo mestre Luis Carragal Peón (Porto Ucha, 2003), e que contaba cunha prometedora granxa agrícola, traballada e administrada polos propios rapaces (parque, horta, galiñeiro, colmeas, etc.).\nSublíñaselle aos semanistas a importancia do medio rural no que os nenos vivían, e a necesidade de traballar todos na redacción dun folleto divulgativo da xeografía cañicense nas escolas da zona. Pídeselle aos mestres que xunten materiais documentais completos para que este labor cristalice nun libro de lecturas xeográficas que sexan firme iniciación do ensino xeográfico, nun tramo que comprendía 43 parroquias. Para orientar este traballo, Muntada Bach trazou un guión que, aínda transcorridos preto de oitenta anos, segue a ser, ao noso entender, de grande interese metodolóxico:\nI.- Idea de conxunto da parroquia – Planos das dúas escolas, barrios, lugares e nomes típicos, fixándose nun esbozo sinxelo. – Situación, delimitación e extensión aproximada. – Porcentaxes medias de natalidade, mortalidade e emigración: poboación actual. II.- Paisaxe da parroquia – Ambiente natural (relevo, vexetación e fauna). – Causas dos fenómenos naturais que aquí se observan e fixación deles nun sinxelo esbozo. – Conxunto climático e a súa influencia nos cultivos agrícolas (variedade e intensidade destes e esbozo comparativo). III.- Vida humana – Alimentación, vestido, hixiene e edificación de casas, segundo o clima. – Traballos da muller, do home e do rapaz, e consecuencias para a escolaridade (problemas de asistencia). – O que produce, vende e consume a parroquia e as aspiracións desta: Melloras agrícolas ou industriais, camiños, escolas, etc. – Costumes e moralidade. Rexístranse feitos delituosos? – Santuarios e romarías. – ¿Conta a parroquia con algún fillo ilustre? – As supersticións e a súa influencia e manifestacións nos nenos. – Número de tabernas e de “manciñeiros”, e a que especialidades se dedican estes. – Médico e farmacias máis cercanas. – Carteiría. – Regadíos e aproveitamentos agrícolas comúns. – Vías de comunicación e puntos de referencia (pobos importantes nas cercanías...). – Sociedades culturais.\nEn máis dunha ocasión, preguntámonos se estas ambiciosas actividades se realizaran na práctica. Entre os mestres da zona da Cañiza, temos noticias do labor de Julio Olivares Guzmán, da escola de Piñeiro, en Santa María de Oroso, que acompañou aos alumnos á Cañiza para disfrutar das películas de Charlot, lles mandou facer un mapa da parroquia, cos ríos, aldeas e montes, e organizou unha excursión ao arboredo, a 3 quilómetros (Porto Ucha, 2013). Ao igual que outros que colaboraron con estas experiencias, Julio Olivares foi expedientado no proceso de depuración, a partir dos sucesos de 1936, con traslado dentro da provincia e inhabilitación para cargos directivos (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, 115-1940).\ne) Actividades realizadas en 1935 e 1936\nEn 1935 o Seminario de Estudos Galegos levou á práctica en Pontevedra un curso de extensión escolar, que ben pode encadrarse dentro do conxunto de actividades misionais realizadas en Galicia durante o período republicano. Estes cursos tiñan o propósito de iniciar a sistematización\nAo curso asistiron inspectores, mestres, alumnos de escolas normais, alumnos universitarios, de bacharelato y doutros centros profesionais. Se ben o número oficial se sitúa en 110, A Nosa Terra informaba que houbo unha matrícula de 120, ademais de gran cantidade de persoas invitadas e non matriculadas, que asistiron ao curso, cun público diario de 200 persoas. Foron, ademais, seguidas a través da radio, por moitas máis. En total, foron 56 conferencias sobre temas diversos, 32 en castelán, e 24 en galego. A organización correu a cargo de José F. Filgueira Valverde.\nPor outra banda, os proxectos de Misións Pedagóxicas seguiron nestes dous últimos anos da República. Escola Vivida, a Revista dos mestres da Casa del Maestro de Pontevedra (Porto Ucha e Vázquez Ramil, 2013), presentaba entre os seus proxectos de 1935 os de Misións Pedagóxicas nas apartadas localidades rurais, “allí donde la voz de la vida civilizada se silencia en ancestralismos de resignación y renunciamiento”. A súa idea era preparar unha especie de TeatroBarraca, que puidese ser eficaz auxiliar na obra misioneira (Escuela Vivida, 1935). De acordo cos datos do Boletín Provincial de Educación (Pontevedra), seguiron, ademais, desenvolvendo o seu labor os Centros de Colaboración Pedagóxica, e continuaron recibíndose Bibliotecas que, ao non seren publicadas as correspondentes Memorias do Patronato de Misións Pedagóxicas, é difícil saber o número exacto.\nNa Revista Vida Escolar, de Lugo, E. Díaz manifestábase así:\nA citada nota aporta información sobre o distrito de Castroverde, no que existían tres bibliotecas: FurísAlbardeiro, Riomol e Furís de Arriba, concedidas polo Patronato de Misións Pedagóxicas, que contiñan 102 exemplares “profusamente encuadernados”.\n2. A CHEGADA DA GUERRA E A DEPURACIÓN, A PARTIR DE 1936\nNon puido ser. O estourido da guerra civil rompeu con aquel proxecto de ilusión. Neste clima de ruptura, nun traballo aparecido en 1940, F. MartínSánchez Juliá refírese ás Misións Pedagóxicas como:\n“verdadero apostolado del diablo, corruptor de pueblos, enardecedor de revolucionarios del surco y de la estepa. Repartiéndose ‘bibliotecas populares’ cuyos libros comprados en masa por sectarios antiespañoles del Ministerio de Instrucción Pública eran manuales de anarquismo (…) con los cuales se ‘ilustró’ a pobres campesinos que sólo sabían leer o a jóvenes obreros con ambiciones políticas”. (MartínSánchez Juliá, 1940, p. 117).\n2.1. Os ataques contra a ILE. O final dunha innovación\nOs ataques ían especialmente dirixidos contra a Institución Libre de Enseñanza e as institucións creadas por ela. Unha Orde Circular sobre depuracións en Instrucción Pública, asinada o 7 de decembro de 1936 polo Presidente de “Cultura y Enseñanza”, José Mª Pemán, propoñía a separación inexorable das súas funcións maxistrais de cantos directa ou indirectamente contribuíran a soster e propagar aos partidos, ideario e institucións da chamada “Fronte Popular”. A Orde fala “de los envenenadores del alma popular, primeros y mayores responsables de todos los crímenes y destrucciones, que sobrecogen al mundo”. A Circular engadía:\nLos individuos que integran esas hordas revolucionarias, cuyos desmanes tanto espanto causan, son sencillamente los hijos espirituales de catedráticos y profesores que, a través de instituciones como la llamada ‘Libre de Enseñanza’, forjaron generaciones incrédulas y anárquicas.\nNa mesma liña, ao tempo que anunciaba uns cursos de formación para mestres, o Boletín Provincial de Educación (Pontevedra) insería en 1937 unha Orde Circular da “Comisión de Cultura y Enseñanza” da Xunta Técnica do Estado. Nela pode lerse:\nLas fuerzas secretas de la Revolución adueñadas por completo estos últimos años del Ministerio de Instrucción Pública, llevaron a cabo la obra de deformación espiritual del Magisterio español; iniciado ya, muchos años antes, por la ILE, ejecutora de aquella ‘espantosa liquidación del pasado’ que anunció Menéndez Pelayo, seduciendo con el espejuelo de una falsa y postiza Cultura a la juventud en vez de adiestrarla en el ‘cultivo de sus propio espíritu’ que es lo único que ennoblece y redime a las razas.\n2.2. O proceso de depuración. Depuración de mestres e bibliotecas\nFracasada a sublevación militar do 17 de xullo de 1936, constituíuse a denominada Xunta de Defensa Nacional, substituída logo pola Xunta Técnica do Estado, formada por sete comisións. Entre elas, a Comisión de “Cultura y Enseñanza”, estivo presidida por José Mª Pemán. Como vicepresidente, Enrique Súñer “un auténtico extremista, obsesionado por la obra de la Institución Libre de Enseñanza”, (Morente Valero, 1997). Creáronse 57 comisións depuradoras do Maxisterio.\nEntre os cargos que se formulaban contra os mestres e mestras, figuraban:\n• Aplicación de métodos pedagóxicos estranxeirizantes • Posta en marcha da coeducación • Participar en campañas de alfabetización de adultos • Creación de Bibliotecas • Laicismo e neutralidade relixiosa • Ensinar en linguas vernáculas, etc.\nMoitos deles estaban relacionados coa experiencia republicana das Misións Pedagóxicas. As acusacións aparecen a miúdo até ridículas. Dunha mestra asturiana, consta que cantaba cos alumnos “Asturias, patria querida”. Coméntase que Unamuno, nunha ocasión en que presidía unha Comisión na que se analizaba o expediente dun mestre, e no que o cura anotara á marxe que “non ía á misa”, aquel contestou: “¡Ni yo tampoco!”.\nAportamos só algúns datos sobre a depuración. Molero Pintado (1977) apunta a cifra de 50.527 mestres nacionais en 1935. Pola súa banda, Morente Valero sinala unha cifra próxima a 61.000 mestres depurados entre 1936 e 1943. Practicamente, todos. Por provincias, Asturias tiña 2.427 mestres, dos que foron depurados 2314 (o 95, 34%). Pontevedra tiña 1651, dos que sufriron depuración 1478 (o 89, 52%), aínda que pensamos que a cifra real pode andar arredor dos 1800. O\nmesmo Morente Valero sinala que Pontevedra foi a provincia na que a Comisión Depuradora Provincial actuou como maior dureza. Pola contra, en Asturias sucedeu ao revés; tivo que actuar con maior endurecemento a Comisión Central do Ministerio, para corrixir a actitude máis temperada da Comisión da provincia. Temos localizado para Pontevedra arredor de 30 mestres que perderon a vida. Ademais do exilio, os traslados forzosos (dentro e fóra da provincia, fóra da rexión, baixas no escalafón, suspensións de emprego e soldo, etc.) É frecuente encontrar unha clara relación entre estes mestres e mestras e a súa participación nas Misións Pedagóxicas.\nÁ parte, estaba a depuración de libros e bibliotecas. Para saber da concepción que tiña o réxime franquista das Bibliotecas e libros escolares utilizados durante aqueles anos de República, non temos máis que fixarnos nunha Circular do Gobernador Civil de Lugo, Ramón Bermúdez de Castro, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOPL) o 21 de xaneiro de 1937, anunciando que a Comisión Depuradora de Bibliotecas Escolares ía realizar o labor que lle fora encomendado. Nesta Circular lemos:\n“Por desgracia los fondos de libros escolares y Bibliotecas de Misiones Pedagógicas no sólo no respondían a un criterio cristiano y nacional de la cultura sino que revelaban un deplorable intento de disipación y una pedantesca concepción de la tarea escolar”.\nDespedíanse cun ¡Viva España! os membros da Xunta Depuradora de Bibliotecas Escolares, Andrés García Conde, Joaquín García Ojeda e José Fernando Filgueira Valverde.\n2.3. As estratexias do Estado novo\nComo estamos observando, para construír un novo sistema educativo, era necesaria unha purga. Había que castigar ao maxisterio, non soamente polo que fixera anteriormente, senón como prevención para o futuro. De aí a represión dende os primeiros días do alzamento militar. Había que construír unha nova escola. A escola do “Estado Novo”. Este novo Estado había que dotalo de legalidade e de lexitimidade. Alicia Alted (1996) sinala que a canle privilexiada para esa lexitimación era fixar na memoria da sociedade uns principios que encarnasen a esencia do réxime. Había que eliminar todo o que recordase á República, someter o pasado inmediato ao esquecemento, substituíndoo por outro pasado máis afastado que se proxectase cara ao futuro. Había que institucionalizar a memoria.\nForon profundos os cambios que se produciron en poucos meses. Ademais da censura ríxida dos libros de texto e bibliotecas, os docentes pasaron por un proceso de reeducación, organizándose cursiños de formación do Maxisterio para unificar os criterios e o sistema educativo e na defensa da educación católica. Como exemplo desa estratexia, dicir que nese mesmo ano 1937, en agosto, a Asociación Católica de Maestros de Lugo presentaba uns “Cursillos de Formación del Magisterio”, nun Programa redactado pola Inspección de 1ª Ensinanza da provincia encabezado cunha foto do “Generalísimo”, co rótulo do “Segundo Año Triunfal” e con catro salutacións: ¡Viva Cristo Rey!, ¡Viva España!, ¡Viva Franco! e ¡Arriba España!. As sesións tiveron lugar na segunda metade do mes de agosto. Trataron de temas relixiosos, da lonxana historia de España (Roma, a unidade imperial dos Austrias...), de formación patriótica e demais. Asinaba o InspectorXefe, Joaquín G. Ojeda.\nEn síntese, é verdade que as Misións Pedagóxicas foron cualificadas por algúns de “utopismo educacional”. Pero, fronte a aquela senlleira experiencia, despois viría “a longa noite de pedra”, como diría o noso escritor Celso Emilio Ferreiro. Durante moitos anos, a innovación e a modernización dificilmente ían ter cabida. E alí, onde –como en Galicia– había unha lingua e unha cultura diferenciadas das que se pretendía impoñer un modelo único, sen concesións á diversidade, o estrago foi dobre.\nBIBLIOGRAFÍA"} {"summary": "Este traballo ten por obxectivo abordar a análise etimolóxica da toponimia maior da freguesía de San Salvador de Taragoña (Rianxo, O Barbanza). Para esta fin, pártese dos nomes de lugar adscritos á parroquia que figuran no Nomenclátor de Galicia. Ademais, incorpóranse os topónimos que, sen se recolleren no Nomenclátor, nomean igualmente núcleos habitados de Taragoña. A pretensión deste artigo é que sexan tidos en consideración en revisións vindeiras. Para a análise do corpus, bótase man de fontes autorizadas, discutindo, se as houbese, as distintas propostas etimolóxicas en base ás características orográficas e históricas de cada localidade. Para aqueles topónimos que non están estudados lanzaranse hipóteses etimolóxicas propias. O traballo tamén se presenta como un labor de pescuda a través da documentación antiga dos nomes de lugar, con especial atención ás atestacións medievais, pero engadindo, cando interese, información tirada de rexistros posteriores, coma o catastro de Ensenada e o dicionario de Madoz.", "text": "Barbanza). Estudo etimolóxico\nGonzalo Hermo González Asociación Galega de Onomástica –Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela gonzalo.hermo@gmail.com\n\nToponimia, etimoloxía, léxico\nSumario\n1. I ntroducIón. o bxectIvos e metodoloxía\nEste artigo acolle unha dobre finalidade. En primeiro lugar, busca ofrecer a etimoloxía e motivación orixinal dos nomes que se refiren no momento presente a entidades de poboación da freguesía de Taragoña (Rianxo, O Barbanza) 1. En segundo termo, compila aqueles topónimos maiores que non foron incluídos no Nomenclátor de Galicia (en diante, NG), oficializado pola Xunta de Galicia en 2004 en base ás recomendacións da Comisión de Toponimia, coa intención de que sexan incorporados en revisións próximas. En todos os casos, trátase de pequenos núcleos de poboación, de carácter rural, constituídos por máis dunha casa habitada, cualificados polos fregueses como aldeas.\nO corpus estudado inclúe, pois, os lugares adscritos a Taragoña que aparecen recollidos no NG e aqueloutros que, sen que figuren nel, constitúen igualmente zonas habitadas da parroquia. Os motivos para que este último grupo de topónimos estea ausente no Nomenclátor poden ser de diversa orde, pero da abordaxe aquí presentada despréndese que, en boa parte dos casos, a devandita ausencia se xustifica por seren zonas poboadas desde época moi recente.\nAgrupo os topónimos de acordo cun criterio de tipo toposemántico e, dentro de cada epígrafe, organízoos por orde alfabética. Nas entradas fornezo información relativa á etimoloxía e significado das formas, facendo mención aos distintos sentidos con que a palabra se recolle nos estudos de onomástica e na lexicografía galega ata concretar a cal deles responde o nome da aldea analizado. Tamén me referirei á documentación antiga de cada localidade, con especial atención ás atestacións medievais. Se non contamos con testemuños da Idade Media, entón incorpo información tirada de rexistros posteriores, coma o Catastro de Ensenada (s. XVIII) e o Diccionario geográficoestadístico-histórico de Madoz (s. XIX) 2. Os topónimos que non aparecen no NG márcoos entre parénteses cadradas.\n2. c lasIfIcacIón do corpus\nExisten distintos modelos de clasificación da toponimia, ningún dos cales se pode considerar definitivo. A meirande parte deles coinciden en distribuír o léxico toponímico en campos semánticos, pero o establecemento deses campos varía duns estudosos a outros en función de cal sexa o corpus ao que se enfronten. Nos estudos de toponimia galega hai, de feito, distintos marcos de categorización, dos que podemos destacar os desenvolvidos por Palacio (1981), Rivas (1982) e Marqués (2004). Neste traballo optouse por partir da clasificación establecida por Martínez Lema (2010) na súa tese de doutoramento, por ser a que mellor se axusta á toponimia maior de Taragoña. Así pois, seguindo ao devandito toponomástico, distingo, nun primeiro nivel de categorización, a toponimia delexical, isto é, aquela que procede de elementos do repertorio léxico da lingua (en calquera dos seus estadios, presentes e pasados), e toponimia deonomástica, a creada a partir de elementos onomástico preexistentes (Martínez Lema 2010: 3941). Dentro de cada un destes grupos, establezo, aínda, unha serie de subcategorías de tipo toposemántico. No que a este artigo interesa, a toponimia delexical queda subcategorizada en orotoponimia (alusiva ás características do solo), litotoponimia (onde permea o trazo semántico ‘pedra’), ecotoponimia (a que designa construcións humanas), agrotoponimia (topónimos vinculados coas actividades agrarias e o aproveitamento do terreo), hodotoponimia (referida ás vías de comunicación) e hidrotoponimia (relacionada coa auga). Todos os topónimos de tipo deonomástico considerados neste traballo pertencen a un mesmo subtipo, a antropotoponimia (derivada dun nome persoal), polo que non se terán en conta outros subgrupos 3. Abro, aínda, un terceiro apartado para aglutinar os topónimos de orixe incerta ou dubidosa.\nAlgúns nomes de lugar teñen máis dun sentido e poderían figurar en apartados distintos en función do seu referente (cfr. § 3.1). Aquí figuran naquela epígrafe que mellor se adecúa ao significado que se desprende da localidade de Taragoña á que lle dan nome. Os topónimos compostos clasifícoos segundo o seu sentido en tanto que unidade, non dos elementos que os compoñen por separado 4. Se existen dúbidas sobre a adscrición dun nome de lugar a un tipo determinado, márcoo cun signo de interrogación encerrado entre parénteses detrás do nome. Esas dúbidas serán discutidas ao longo do artigo.\nToponimia delexical — Orotopónimos: As Barreiras (?), A Burata, O Burato, A Coviña, O Coveliño, O Curuto, Dorna, A Lomba, Monte de Dorna, O Montiño, O Moroso (?), Outeiro, Paradela — Agrotopónimos: Campo da Feira, Campo(s) de Pazos, O Curral, A Senra, Pastoriza — Ecotopónimos: O Castriño, A Igrexa, O Porto, A Torre — Litotopónimos: Corques, A Laxe, A Laxe Pequena, As Pedriñas — Hidrotopónimos: Fonte Susán, Iñobre (?), Taragoña, Té — Hodotopónimos: O Cruceiro (?), A Cruz (?), A Revolta — Fitotopónimos: As Brañas, O Bugallón, A Devesa\nToponimia deonomástica — Antropotopónimos: Cartomil, Chorente, Ourille, Ourolo Toponimia de orixe incerta : Cuvide, Fachán, O Meco, O Périto, O Poste 3 Dentro da toponimia deonomástica, Martínez Lema (2010: 41) recoñece outras tres categorías, ademais da antropotoponimia, a saber, a etnotoponimia, derivada do nome dunha colectividade ou grupo étnico, a haxiotoponimia, con orixe no nome dun santo, e os xentilicios, coma Cumbráns ou Canduas. 4 En topónimos formados por máis dun lexema xorde a dúbida de a que elemento atender á hora de abordar a súa clasificación semántica. Campos de Pazos, por exemplo, pode considerarse agrotopónimo (atendendo ao sentido de Campos) ou ecotopónimo (centrándonos en Pazos). Partindo da premisa de que o significado nuclear da forma composta é o de Campos, non por acaso marcado sintacticamente como núcleo de frase nominal, neste artigo incluirémolo na agrotoponimia.\n3. o rotopónImos\n3.1. [Barreiras, As]\nÉ unha forma problemática do punto de vista da súa etimoloxía e significado toponímico. Podería pensarse, como fan Rivas (1982: 3233) e outros, nunha forma feminina de barreiro, tamén frecuente na toponimia, que deriva da voz de orixe prelatina barro. Con todo, Gonzalo Navaza (2007b: 33) apunta á posibilidade de que o topónimo proceda, non do mesmo étimo ca barro, senón ca barranco. Nese caso, As Barreiras sería orotopónimo e designaría un descenso brusco e profundo do terreo, na liña do significado do seu parente barranco. A hipótese de Navaza axústase ben á xeomorfoloxía da nosa localidade, que se sitúa nunha pendente abondo pronunciada. Non obstante, a proposta de Rivas parece acaída para os distintos lugares de Marín chamados A Barreira que el analiza no seu estudo e que constitúen, segundo as súas propias palabras, terreos onde abunda a arxila. O máis probable é que as 70 entidades de poboación recollidas no NG que se chaman (A) Barreira e As Barreiras, xunto a compostos coma A Pena Barreira (Curantes, A Estrada) e As Vendas da Barreira (Santa María de Riós, Riós), haxa que organizalos en dous grupos distintos de topónimos homónimos: uns abundanciais de barro, zonas ricas en lama, e outros emparentados con barranco, que sinalan pendentes no terreo. A observación directa sobre o territorio pode inclinar a balanza dun lado ou do outro.\n3.2. Burata, A\nO substantivo feminino burata ‘burato ou cavidade grande’ (DRAG) formouse a partir de burato mediante un proceso derivativo asociado ao cambio de clase de xénero que marca a nova peza léxica co trazo semántico [amplitude extensa] (cfr. § 3.3). É o mesmo fenómeno que observamos nos pares mazo/maza, saco/saca ou zoco/zoca (Álvarez/Xove 2002: 398).\nO NG rexistra seis entidades de poboación chamadas A Burata, ás que hai que engadir unha localidade da parroquia de Burres, en Arzúa, que presenta o plural As Buratas. A forma Buraca, frecuente na toponimia portuguesa (Machado 2003 v. I: 294), só figura no Nomenclátor para nomear un lugar da parroquia de Cans, no Porriño, aínda que si é habitual como microtopónimo (PTG).\nO nome deste lugar debe contar cun significado similar ao de Burato (cfr. 3.3). A localidade non se menciona na documentación medieval. Tampouco aparece no catastro de Ensenada nin no dicionario de Madoz. Si se recolle no NG.\n3.3. Burato, O\nUn burato ou buraco é unha abertura ou cavidade, xeralmente arredondada, que pode traspasar unha superficie ou un corpo sólido (DRAG). O substantivo presenta unha etimoloxía escura. Sarmiento (DdD) suxire o grego oulakkos ‘orificio’, mais esta hipótese, imposible de soster do punto de vista da historia externa e interna da lingua 5, vén sendo substituída en datas máis recentes por propostas que inciden na relación do termo co latín tardío fŏrātu (m), derivado de fŏrāre ‘ perforar’, de onde proceden o substantivo masculino furado ‘orificio, burato’, así como o verbo furar. O caso de burato / buraco resulta, con todo, máis complexo, pois a bilabial inicial é difícil de xustificar se partimos de fŏrātu (m). Wartburg pensou nun cruzamento entre fŏrāre e o xermánico * baúran, con idéntico significado, que deduce do alemán antigo (DCECH v. III: 391). No entanto, parece máis razoable acreditar en Corominas/Pascual (DCECH v. III: 389391) e Manuel Rabanal (1967: 74) cando apuntan na dirección dun étimo prerromano, probablemente celta. Fronte á 5 Ademais da dificultade fonética para facer derivar burato e buraco de oulakkos (como se explica o b– inicial ou rotacismo de –l– no canto da lenición?), sería realmente insólito que un termo grego que non entrou a través do latín callase no NO da Península e non deixase pegada no Mediterráneo.\nhipótese xermánica de Wartburg, a proposta dun étimo celta emparentado co latín fŏrāre permite explicar o carácter noroccidental da palabra, que atopamos, con variantes, nas falas galegas, portuguesas, asturianas, leonesas e castelás estremeiras (DCECH v. III: 389). Na mesma liña, García de Diego (1985: 512) remite ao celta * bora, de onde tamén fai derivar o francés dialectal bôre, bourette ‘burato’.\nDe acordo co NG, Burato é topónimo único. Buraco non figura. Non obstante, tanto Burato coma Buraco son frecuentes como microtopónimos (PTG), suxeitos a unha distribución de orde xeolingüística 6. O seu significado toponímico debe ser similar ao de Dorna ‘depresión do terreo’ (cfr. § 3.7).\nA localidade figura en Madoz (18461850 v. XIV: 590).\n3.4. Coviña, A\nCoviña é diminutivo de cova ‘cavidade feita nun terreo’. Cova procede, pola súa vez, do adxectivo hispanolatino * cŏva ‘ oca, baleira’, feminino de cŏvus / cŏus, variante arcaica de cavus (DCECH v. II: 282; Lorenzo 1977: 389).\nOs lugares chamados cova e derivados adoitan asentar en depresións do terreo. Deste xeito, o topónimo designa ‘calquera tipo de concavidade orográfica’ e non unicamente unha furna ou caverna (Navaza 2007a: 65).\nNon figura na documentación medieval nin nos rexistros de Ensenada e Madoz.\n3.5. [Coveliño, O]\nEste nome de lugar, pronunciado [o kuβε'li ɲ o] na fala local pero que regularizamos graficamente como O Coveliño seguindo os criterios do NG (cfr. infra), engrosa unha lista de topónimos foneticamente moi próximos cuxa ambigüidade formal dificulta o establecemento da súa etimoloxía. Trátase das formacións construídas sobre as bases * cova / u e cŭpa / u e mais o sufixo diminutivo – ĕlla / us. En principio, poderiamos pensar que cova e covo orixinasen os topónimos Covelo e Covela mentres que Cubelo e Cubela reflectisen unha base cubo e cuba. Mais o certo é que unha forma [ku'βelo] ou [ku'βεlo] pode remitir a cubo, pero tamén a covo ; do mesmo xeito, resultados cuxa pronuncia sexa [ko'βelo] ou [ko'βεlo] son xustificables como derivados de cubo e non só de covo. Con certeza, o / u en posición átona poden mudar unha noutra de maneira non sistemática:\nsobela/subela, nobelo/nubelo, botelo/butelo (Santamarina 2008b: 613) (cfr. § 4.3).\nDaquela, como discernir? O recurso máis seguro é botar man de documentación antiga, con especial atención á medieval. No caso que nos ocupa, isto non é posible, pois, ata onde sabemos, non existe ningunha mención documental da aldea que non sexa actual; de feito, nin sequera se recolle no NG. Polo tanto, só nos resta atender ao significado toponímico da forma e á harmonía coa toponimia veciña.\nNa verdade, semella que o noso O Coveliño remite a unha depresión do terreo, significado que compartiría con outros topónimos da parroquia, non por acaso erguida sobre unha valgada. Véxanse, se non, os exemplos de Dorna, O Burato e A Burata (cfr. § 3.2, § 3.3, § 3.7). Ese é xustamente o significado orográfico de * cova / u, pero tamén pode selo de Cuba e derivados, nunha dimensión metafórica (Santamarina 2008b: 624625). O parámetro semántico tampouco verte luz sobre a súa etimoloxía.\nQue nos din, pois, os nomes de lugar circundantes? Como se sabe, un procedemento toponímico moi frecuente é designar unha localidade pola forma diminutiva dun lugar próximo 6 Material inédito do ALGa que tiven a ocasión de consultar no ILG mostra que burato é a solución maioritaria, mentres que buraco se atopa restrinxido a algún punto da Costa da Morte, a costa pontevedresa e o Baixo Miño, o leste de Ourense, sur de Lugo e zonas limítrofes de Zamora e León. Se cruzamos estes datos cos tirados do PTG veremos que en puntos onde Buraco está presente na microtoponimia, hoxe a forma común é burato, o que suxire que a solución con [k] vén cedendo terreo á forma con [t], hoxe dominante.\n(Santamarina 2008b: 614). Así acontece, por exemplo, con Rianxiño e Rianxo ou con Dodriño e Dodro. Deste xeito, O Coveliño debera xurdir dun Covelo que se atope preto. Hoxe non hai ningún Covelo ou Cuvelo na freguesía, nin tampouco posuímos ningunha evidencia da súa existencia noutras épocas, pero si temos constancia dun derivado de cova na contorna: A Coviña (cfr. § 3.4).\nOs argumentos a favor dunha base cova para o noso topónimo son moito máis potentes ca os de cuba. Santamarina (2008b) demostrou que a meirande parte dos Cuvelo/a/s e Cubelo/a/s galegos que figuraban nos nomenclátores de España anteriores ao NG remiten a * cova / u e non a cŭpa / u, ata o punto de suxerir a posibilidade de que cuba non dispoña de derivados toponímicos en Galicia con sufixo – elo/a. Cova é, ademais, unha base moito máis produtiva na toponimia, con máis dunha decena de formas derivadas (Covacho, Coval, Covás, Covallo, Covada, Coviña etc.) e un número de rexistros moito máis alto no NG. Por maior abastanza, en Taragoña existe un lugar chamado A Coviña, claramente derivado de cova, pero ningún herdeiro claro de Cuba. Por todos estes motivos podemos afirmar como moi probable que o noso O Coveliño remita, en última instancia, a unha base * cova / u, no sentido de ‘depresión do terreo’.\nTemos que facer mención, aínda, á cronoloxía do topónimo. A forma Coveliño é un diminutivo de Covelo, á súa vez tamén forma diminutiva. É dicir, a solución Coveliño tivo que ser creada nun momento en que o diminutivo Covelo xa estaba lexicalizado, o que nos conduce a pensar que a denominación da nosa aldea non pode ser moi antiga.\nMalia que a pronuncia local sexa [o kuβε´li ɲ o], a incorporación desta localidade no NG significaría a súa regularización na forma gráfica O Coveliño, razón pola cal se optou neste traballo por escribir o no canto de u 7. Como acabamos de ver, ese está xustificado do punto de vista etimográfico.\n3.6. [Curuto, O]\nO substantivo masculino curuto é sinónimo de cume, cima e bico. Designa, pois, a parte máis elevada de algo, especialmente dun monte (DRAG). Corresponde co portugués coruto.\nAnibal Otero (DdD) propón como étimo o latín corōna (m). o sentido metafórico ‘parte máis elevada’ de corōna aplicado á orografía parece estar presente, por exemplo, nas formas galegas As Coroas e A/s Croa/s ou no topónimo asturiano Les Corones. No entanto, do punto de vista da fonética histórica é imposible facer derivar curuto de corōna (m). Máis acertada semella a hipótese de Krüger (1956: 102117), que aventura unha raíz prelatina * cor - ‘punta, remate, cúspide’, de onde tamén procederían a variante curucho, o nome do monte veciño da Curuta e, por disimilación da vogal pretónica, carocha ‘vaíña que cobre a espiga de trigo’ e caroza ‘capa con carapucho de palla ou xuncos’, que remiten á mesma idea de ‘punta, extremo’.\nA nosa localidade sitúase no alto do monte, nunha zona afastada doutros núcleos de poboación da parroquia. Permaneceu deshabitada ata hai ben poucos anos, o que explica a súa ausencia no NG.\nO substantivo feminino dorna sobrevive en galego moderno con dúas acepcións: ‘recipiente que recibe o viño despois de pisar as uvas’ e ‘pequena embarcación para a pesca de baixura’ (LNotasRianxo: 397). Existe, tamén, unha forma masculina dorno á que Carré lle atribúe o sentido de ‘lacena feita co tronco oco dunha árbore ou con cortiza onde se garda centeo, carne de porco etc.’ e Eladio Rodríguez ‘especie de barcal de figura naviforme que se emprega para recoller o viño que se verte ao medilo ou trasfegalo’ (DdD). Corresponden coas formas do asturiano, leonés e castelán antigo duerna e duerno ‘artesa’.\nÉ un termo de orixe dubidosa. A proposta etimolóxica clásica debémoslla a MeyerLübke, seguido por García de Diego (1985: 1046), para quen o lexema xurdiu dun cruzamento entre as formas latinas ŭrna ‘urna’ e dōlium ‘cántaro’ (DCECH v. II: 531). Corominas/Pascual (DCECH v. II: 531534) apóñenlle algunhas eivas a esta hipótese, principalmente a escaseza de resultados patrimoniais de ŭrna e dōlium e, sobre todo, a imposibilidade de explicar a partir deses étimos a vogal tónica media aberta do galego e portugués e o ditongo do asturiano e español. Eles relacionan a palabra co occitano dorn, francés medio dour e francés dialectal dorne, que se refiren a unha medida de lonxitude tradicional que equivale ao puño dunha man, e mais co irlandés dorn, galés dwrn e bretón dourn ‘man’. Así pois, sobre unha base celta * dŭrno - produciríase no norte e centro da Península un cambio semántico de ‘medida de lonxitude’ a ‘medida de capacidade’ e desta a ‘perfia de contido equivalente a esta capacidade’ ata chegar ás solucións romances dorna e duerna. Para xustificar o paso de ŭ a ŏ, os etimólogos botan man de reliquias celtas de estrutura semellante que vacilan no vocalismo entre [o] e [ ɔ ] (DCECH v. II: 531534).\nMáis recentemente, Sevilla Rodríguez (1992: 340341) desbotou as propostas de Meyer- -Lübke/García de Diego, por unha banda, e Corominas/Pascual, pola outra, e, con base en Pokorny (1959), postulou un radical indoeuropeo * drŭno -, que aludiría a un produto traballado e obtido da madeira. A devandita raíz dedúcea a partir do antigo indio drunam ‘arco’, drunahah ‘funda da espada’, drónam ‘recipiente de madeira, artesa, cubo’, drunih, drunī, ‘artesa’, albanés drüni\n‘cerrollo, pasador de madeira’ e irlandés antigo dron ‘firme, sólido’. De * drŭno - derivarían unhas formas orixinarias * dŏrnu, * dŏrna, dos que procederían, respectivamente, as romances duerno e duerna, no centro da Península, e dorno e dorna, no occidente. Do punto de vista fonético, Sevilla xustifica a súa teoría apuntando a que a abertura de * ŭ indoeuropeo non é un feito insólito; así ocorre, por exemplo, en irlandés e ocasionalmente en galo. Fronte á proposta de Corominas/ Pascual, a hipótese de Sevilla presenta a vantaxe de establecer unha relación semántica máis transparente entre o étimo e o resultado romance.\nO NG recolle nove entidades de poboación chamadas (A/s) Dorna/s, seis do diminutivo Dornela /s, unha do derivado Dorneda, cadansúa dos compostos Monte de Dorna e Portadornas e unha última da solución masculina correspondente O Dorno. Suman un total de dezasete localizacións, ás que hai que lles engadir un bo número de microtopónimos (PT). Non son, polo tanto, formas marxinais na toponimia galega.\nSobre o seu significado toponímico, téñense barallado distintas propostas. Ares (2011: 242) apunta á posibilidade de que remita a algunha cista funeraria prehistórica ou sartego pola semellanza cunha barca ou artesa. Silveira (1913: 1956) e Piel (1947b: 333334), pola súa parte, relaciónano co sentido hidronímico de ōlla : ‘ remuíño’ e ‘escavación circular en forma de caldeira ou fondo de pote que ese remuíño produce coas pequenas pedras que fai xirar nun leito rochoso’. Na estela de Piel, Rohlfs (1951: 232) propón o significado de ‘burato profundo no río’.\nO certo é que a forma Dornas existe como hidrónimo en Galicia. Tal é o nome dun afluente do Xallas e dun río das terras de Quiroga que se menciona nun documento do Tombo de Celanova datado no ano 983: rivulo Dornas (CODOLGA). Isto deu pé a que Edelmiro Bascuas (2002a: 52) propuxese unha base prelatina * dheu - ‘ fluír’, que estaría por detrás dos hidrónimos Dornas e Duero / Douro. Dada a afinidade lingüística entre os substantivos dorna e duerna, enriba debullada, poderiamos engadir a esa lista o hidrónimo Duerna (afluente do Órbigo, provincia de León)\ne, aínda, os varios ríos Dora do Piamonte que Rohlfs (1951: 232) pon en relación con Duero.\nA evolución semántica da forma sería, pois, a seguinte: ‘corrente fluvial’ (hidrónimo) > ‘canle, val’ (topónimo) > ‘recipiente’ e ‘embarcación’ (substantivo común). Tendo en conta que os nomes dos ríos son, en moitas ocasións, auténticas reliquias léxicas de épocas remotas, parece sensato acreditar en Bascuas cando afirma que o significado hidronímico de ‘corrente fluvial’ foi o primario. A partir del teríase xerado o sentido toponímico de ‘val, depresión do terreo’ e, posteriormente, os de ‘recipiente’ e ‘embarcación’, que remiten á idea de concavidade, afín ao significado do topónimo. O propio Bascuas establece evolucións semánticas idénticas para artesa e outras formas tiradas de linguas indoeuropeas que veñen reafirmar a súa hipótese.\nÁ luz dos topónimos que neste traballo interesan, Dorna e Monte de Dorna, resulta axeitado asumir a súa proposta, pois ambos os lugares se sitúan na valgada en que asenta a parroquia, ao pé do río Té. O mesmo pensa Cabeza Quiles (1992: 184), que asegura que os topónimos galegos Dorna e variantes se atopan sempre dando nomes a ríos e vales. A localidade aparece mencionada nun manuscrito do TToxosoutos (635) datado en 1170: Durna (Martínez Lema 2008: 276).\n3.8. [Lomba, A]\nOs orotopónimos (A/s) Lomba/s e (O/s) Lombo/s, habituais na toponimia maior e na microtoponimia de Galicia (NG; PTG), dan nome a elevacións do terreo, xeralmente alongadas (Navaza 2007a: 69). Son casos de linguaxe metafórica aplicada ao relevo, que evocan a semellanza entre este tipo de formas topográficas e o lombo humano: lat. lŭmbu (m) > lombo ‘costas’ > lomba ‘elevación do terreo’ (Marqués 2004: 207208).\n3.9. Monte de Dorna\n3.10. [Montiño, O]\nÉ diminutivo de monte, do latín mŏnte (m), con pechazón da vogal pretónica nun grao por influxo da nasal trabante. Monte e Montiño son topónimos recorrentes en Galicia que atopamos designando dúas realidades distintas: ben elevacións do terreo, ben terras sen cultivo poboadas de árbores e vexetación espontánea. Neste caso, atopámonos ante o segundo significado.\n3.11. Moroso, O\nÉ un topónimo problemático do punto de vista da súa etimoloxía. Se facemos caso á opinión popular, que se manifesta en brincadeiras a respecto dos veciños da localidade, a forma procede de moroso ‘[persoa] que demora en exceso o pagamento dunha débeda’, á súa vez do latín morōsu (m) ‘ malhumorado’. É obvio que, desde unha perspectiva lingüística, non podemos aceptar que exista relación entre o topónimo e a devandita palabra, non só porque se trataría dun caso insólito na toponimia iberorrománica, senón porque, en realidade, as formas son homógrafas, pero non homónimas: o adxectivo presenta vogal tónica medio pechada mentres que o nome da localidade se pronuncia con vogal tónica medio aberta: Mor [ ɔ ] so. Neste sentido, cómpre subliñar que a identificación entre o topónimo e o adxectivo moroso no imaxinario popular non provocou, polo momento, que a vogal tónica de Mor [ ɔ ] so pechase na fala da parroquia. O mantemento desa diferenza resulta especialmente útil do punto de vista da pescuda etimolóxica, pois, en principio, permite desbotar que o topónimo sexa resultado dun proceso derivativo mediante o sufixo adxectival – oso, que en galego presenta [o]: aband [o] so, ansi [o] so, arxil [o] so (DPLG).\nUnha posibilidade considerada por lingüistas coma Moralejo Laso (1977: 119) e Nieto Ballester (1997: 246247) para os derivados da raíz moré que procedan de * mŏra, variante tardía do latín * mōrum ‘ amora’. Rivas (1982: 87) descarta esta posibilidade baseándose na orixe foránea da moreira, que, segundo o autor, chegou serodiamente de AlAndalus a medida que os cristiáns avanzaron na Reconquista. El apunta na dirección dunha raíz indoeuropea * mor - ‘ rocha, monte’, que tamén se atoparía por detrás de formas con ditongo do tipo Mourente ou Moura, por cruzamento con mouro (< latín maŭru ‘invasor’), solucións formalmente próximas e con certa afinidade semántica (lembremos que na mitoloxía popular galega, os mouros eran os lendarios habitantes dos castros, edificacións situadas polo regular en terreos elevados, Martínez Lema 2007: 8687).\nGonzalo Navaza (2006: 355357) contravén a Rivas, adianta a chegada dunha especie de moreira á época romana e recoñece como fitotopónimos derivados de * mŏra formas coma Moreiras, Moreda ou Morás. Con todo, o propio Navaza (2007 a: 123) recoñece a pertinencia de reconstruír unha raíz prerromana * mor – para outros nomes de lugar. O radical atópase ben atestado na toponimia de dentro e fóra da Península e, ademais, en galego parece estar por detrás de lexemas coma morea ‘cantidade de cousas, especialmente as agrupadas en forma de montaña’ ou morouzo ‘montón de pedras miúdas’ (DRAG).\nMorouzo, e tamén Morozo, existen como topónimos en Galicia (Navaza 2007a: 123). Hubschmid (1955: 22) recoñece en morouzo un sufixo indoeuropeo – oukjo, ao lado de – ouko, que puido desditongar. Deste xeito, cabe ver en Moroso unha variante con seseo e redución do ditongo de Morouzo, aínda que estraña a abertura da vogal tónica. Sexa como for, parece oportuno rexeitar no noso caso a hipótese fitotoponímica e entender o nome do lugar como orotopónimo, máxime cando a localidade se sitúa nunha elevación do terreo que concorda co sentido da raíz * mor –. Non contamos con rexistros do lugar na documentación medieval nin tampouco se menciona no catastro de Ensenada nin no dicionario de Madoz.\n3.12. Outeiro\nUn outeiro é unha pequena elevación do terreo illada e de pouca extensión (DRAG). O termo é sinónimo de lomba (cfr. § 3.8) e designa unha realidade orográfica constante na xeografía galega, o que explica o seu éxito como topónimo, con máis de 500 resultados no NG e unha frecuencia altísima na microtoponimia (PTG). O apelido derivado atópase entre os vinte máis frecuentes de Galicia, se ben se conserva esencialmente na súa forma deturpada: Otero (CAG).\nOuteiro é, probablemente, unha formación romance creada sobre outo ‘alto’ (< latín altu) e o sufixo – eiro (Álvarez Maurín 1994: 8889). No entanto, a tese clásica parte dun radical * altariu, orixinado a partir de altaria, plural do neutro altare ‘ altar’, derivado de altus ‘ alto, elevado’ (Oríg. 408; García de Diego 1985: 460). O topónimo rexistrámolo xa no ano 922, nun documento incluído no Tombo de Celanova, onde figura a forma Auteiro, aínda sen asimilación (CODOLGA).\nCon respecto á nosa aldea, menciónase por vez primeira en 1457, no LNotasRianxo (115):\nDiego d’Out ey ro de Taragoño.\n3.13. Paradela\nTrátase do diminutivo de parada, pola súa vez de parata, forma feminina do participio de presente do verbo latino parare ‘ preparar’. Cabeza Quiles (2000: 299) atribúelles aos topónimos Parada e Paradela, numerosos en Galicia, o significado de ‘descanso orográfico’, o que concorda coa xeomorfoloxía do lugar aquí tratado.\nA localidade aparece mencionada na documentación medieval: Paradela (LNotasRianxo: 92, 94, 103, 162, 182, 188).\n4. a grotopónImos\n4.1. Campo da Feira, O\nO substantivo masculino campo ‘superficie extensa de terra máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo’ (DRAG), de enorme difusión na toponimia galega, procede do latín campu (m), con idéntico significado. Pola súa parte, feira ‘mercado público’ é tamén un substantivo de orixe latina que deriva de fēria, con metátese do iode.\nO topónimo O Campo da Feira dá nome a entidades de poboación sitas nos concellos de Carballo, Cerceda, Friol, A Mezquita, O Páramo, A Pobra do Caramiñal, Salvaterra do Miño, Santa Comba, Val do Dubra, Vilasantar, Vimianzo, Xermade e este do concello de Rianxo (NG). Tamén se rexistra como microtopónimo (PTG). Refírese a espazos onde se celebra ou celebraba a feira parroquial. O mercado de Taragoña, dedicado fundamentalmente á venda de gando vacún, esmoreceu na década de 1960.\nNon se menciona en Ensenada nin Madoz. Tampouco posuímos atestacións máis antigas.\n4.2. Campo(s) de Pazos\nPazo representa o resultado patrimonial do latín palātium : palātiu (m) > paaço > pazo. A forma palacio, incorporada á lingua tardiamente, é solución semiculta. Para a etimoloxía de campo cfr. 4.1. Non é necesario recorrer á existencia dun pazo señorial na localidade para xustificar o topónimo. Segundo Elixio Rivas (1976: 363), a forma palātium, con herdanza abondosa na toponimia de Galicia, facía referencia á casa do dono dunha granxa ou propiedade rural (as coñecidas como vīllae) en época romana e xermánica. Moralejo Álvarez (2007: 296297), en cambio, prefire reconstruír un indoeuropeo * palatio, termo que designaría antigas paraxes onde os pastores recollían o gando da intemperie, harmonizando co sentido etimolóxico de Pastoriza (cfr. § 4.5). En calquera caso, ha ser ao longo da Alta Idade Media cando a forma paaço perfile o seu significado para pasar a sinalar a edificación onde reside unha familia nobre, acepción que conserva na actualidade. Malia existir nas proximidades do lugar un pazo señorial, do que hoxe só se conserva a capela, non parece probable que a motivación orixinal do topónimo asente nel, tendo en conta que Pazos, forma plural, referencia necesariamente un conxunto de elementos. Cómpre sinalar que na fala local o topónimo vacila entre as formas Campos de Pazos e o singular Campo de Pazos, talvez hoxe máis frecuente. A aldea carece de atestacións antigas.\n4.3. [Curral, O]\nUn curral é un espazo situado preto dunha casa labrega onde se ceiban certos animais domésticos, se gardan os apeiros ou o carro, a leña ou o toxo etc. (DRAG). No DCECH (v. II: 202206) barállase a relación entre curral e curro ‘curral, xeralmente de pequenas dimensións’ (cast. corral e corro) e chégase á conclusión de que curro, máis raro na Idade Media e menos extenso do punto de vista xeográfico, é derivación regresiva de curral. Deste xeito, proponse como étimo máis probable o latín vulgar * cŭrrale, procedente do latín carrus. Corominas/Pascual tentan explicar o [u] de curral e curro a partir dunha presumible acción metafónica de –o en curro, logo estendida a curral. Semella máis sensato, no entanto, ter en consideración un fenómeno fonético que conta con plena vitalidade na fala galega moderna: a inestabilidade da vogal posterior en posición pretónica, perfectamente ilustrada no par covelo / cuvelo, xa tratada neste mesmo traballo (cfr. § 3.5). De feito, a vacilación curral / corral mantense viva no territorio galegófono (García 1985: 245), cun predominio de curral sobre corral que se remonta xa á Baixa Idade Media (TMILG). Podemos afirmar, polo tanto, que o cambio analóxico se produciu de curral a curro, e non á inversa, como pensaban Corominas e Pascual. Existen, con todo, outras teorías. Krüger (1956: 125146) presupón a existencia dunha raíz * corr - ‘ círculo’, talvez celta, a xulgar pola existencia dunha base * cor - en dialectos celtas co mesmo significado. A escolla do nome da localidade debe proceder dunha primeira currada en torno á cal foi medrando a aldea, nun proceso metonímico altamente rendible na xeración de toponimia delexical (cfr. § 5.2). O lugar, ausente no NG, carece de atestacións medievais e tampouco se rexistra en Ensenada e Madoz.\n4.4. Senra, A\nOs substantivos comúns senra e seara contan con plena vitalidade na fala popular, onde podemos atopalos co sentido xenérico de ‘campo sementado de trigo ou outros cereais’ ou co máis específico de ‘parcela de monte roturada para sementar trigo ou outros cereais’ (DRAG; Navaza 2007a: 57). Corresponden co leonés senara e co castelán serna.\nCorominas/Pascual fan derivar a palabra de * senara ‘ campo que se labra á parte’, composto de ar - ‘ labrar’ e sen -, prefixo que indica separación (DCECH v. V: 221). Estes autores cren que a orixe do termo é celta, pois só se rexistra no norte e centro da Península, mentres que é descoñecido en aragonés e catalán. Contra o que opinan Corominas e Pascual, para quen senra e seara esixirían do étimo unha cantidade vocálica de seu, consideramos que a evolución * senăra > * séara xustifica sobradamente ambos os resultados: senra reflicte a síncope da vogal postónica mentres que en seara permea un deslocamento acentual cara ao núcleo vocálico máis aberto dos dous que forman o hiato (cfr. exemplos similares en Martínez Lema 2010).\nAs dúas variantes constitúen formas rendibles na toponimia galega, con máis de trinta resultados para cada unha no NG e un número maior na microtoponimia (PTG). Non existe un estudo de carácter xeolingüístico que confronte senra e seara, mais os resultados que nos ofrece a toponimia non nos permiten distinguir áreas dialectais definidas. De feito, as dúas solucións parecen convivir nun mesmo territorio. Por exemplo, na parroquia de Ferreira, concello de San Sadurniño, atopamos dúas entidades de poboación chamadas A Senra e A Seara (NG). O mesmo sucede en Porto do Son, onde existen senllas terras chamadas As Senras e As Searas (PTG). Será que representan variantes formais dun mesmo semema ou serán lexemas con matices semánticos distintos? Limitámonos a achegar este dato á espera de que un traballo de campo verta luz sobre esta cuestión.\nA localidade aparece mencionada no dicionario de Madoz (18461850 v. XIV: 590).\n4.5. Pastoriza\nO substantivo pastoriza pertence á mesma familia de pasto (< pastu) e pastor (< pastōre), cun sufixo – īcĭa, feminino de – īcĭus, tamén presente en vacariza e porcariza (Navaza 2006: 400). A motivación orixinal do topónimo podería responder a calquera dos dous sentidos que a lexicografía galega clásica lle atribúe ao termo: ‘terreo de pasto abundante’ e ‘albergue para pastores’ (DdD). A localidade, estremeira co concello de Lousame, atópase ben afastada doutras entidades de poboación de Taragoña, monte arriba. A xeomorfoloxía da aldea e o seu carácter de enclave illado lévannos a pensar que outrora fose lugar de pastoreo e é moi probable, en consecuencia, que daquela acollese casetas para uso dos pastores.\nPastoriza é un topónimo frecuente en Galicia. Dálle nome a un concello da comarca da Terra Chá, a dúas parroquias dos concellos de Arteixo e Pastoriza e 16 localidades das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra (NG). De xeito consecuente co seu significado etimolóxico, abunda tamén como microtopónimo (PTG), O lugar aparece mencionado no catastro de Ensenada e no dicionario de Madoz (18461850\n5. e cotopónImos\n5.1. Castriño, O\nDiminutivo de castro, do latín castru (m) ‘ castelo, fortaleza’. Designa un tipo de asentamento prehistórico característico do NO peninsular, se ben pode referirse tamén a outra clase de edificacións de características semellantes ou mesmo a unha elevación do terreo onde existise ou puidese existir un castro (Martínez Lema [2012]). Os motivos que impulsaron á escolla do topónimo están claros, pois a aldea asenta sobre os restos dun castro, hoxe apenas perceptible por mor da\nconstrución de casas no lugar.\nAparece mencionado no dicionario de Madoz (18461850 v. XIV: 590).\n5.2. Igrexa, A\nIgrexa procede do latín ecclēsia, cunha evolución anormal – cl – > – gr –, contra o máis habitual – cl – > [ ʎ ], coma en apĭcula > apic ’ la > abella. É, con todo, forma patrimonial, aínda que estivo suxeita ao influxo cultista da institución eclesiástica, que a apartou da deriva habitual.\n5.3. [Porto, O]\nDo latín pŏrtu (m) ‘porto’, pronunciado con vogal tónica media pechada por acción metafónica de – u. O lugar esténdese desde o camiño que baixa da localidade da Igrexa cara ao porto de Taragoña.\n5.4. [Torre, A]\nCoñécese como A Torre un lugar da parroquia de Taragoña situado nas inmediacións da praia do mesmo nome que se estende a carón da desembocadura do Té (tamén coñecido como Río da Torre) na ría da Arousa (cfr. § 7.4).\nO topónimo remítenos automaticamente ao latín tŭrre (m) ‘torre’. Non hai problema ningún para suxerir o tal étimo, sobradamente recoñecible na toponimia románica e para o cal podemos atopar unha motivación orixinal sensata, pois a praia e o lugar así chamados asentan preto do lugar onde outrora se erguía o castelo da Lúa, probablemente erixido por Paio Gómez Chariño no século XIII e derruído polos Irmandiños na segunda metade do XV. Con todo, a existencia dun río homónimo obríganos a considerar outras perspectivas.\nÉ sabido que os nomes dos ríos visibilizan moitas veces lexemas de estadios lingüísticos remotos que sobreviven ao paso do tempo e que nos fornecen información valiosísima sobre as linguas que se falaban antes da romanización. Eles dan lugar, en moitos casos, a hidrotopónimos que pasan designar as terras próximas ao curso da auga, como acontece con Té (río) > Té (localidade). Pois ben, aplicando esta tendencia ao caso que nos ocupa, o lóxico sería pensar que o nome orixinal (A) Torre sexa o do río, referencia que nun segundo momento empregaría a poboación para nomear a praia e o lugar. Daquela, cabe a posibilidade de que detrás do nome desta corrente de auga (e a partir del o da praia e a localidade) se atope un herdeiro da raíz prerromana * tur (r)- ‘fonte, río’, que segundo Adrados (2001: 571574) dispuxo de valor apelativo ata o século X e acabou confundíndose co substantivo torre. A presenza do artigo, inusual en raíces hidronímicas deste tipo, pode xustificarse sen problema polo cruzamento co substantivo romance.Con todo, Edelmiro Bascuas (2005: 288290) ve problemas na hipótese de Adrados, pois os\ntopónimos que el recolle como supervivente de * tur (r)- poden ser explicados a partir de tŭrre (m). No que aquí interesa, debemos ter en conta que río da Torre é unha denominación alternativa e secundaria con respecto a Té, moito máis frecuente (cfr. § 7.4). Sería estraño que dúas denominacións tan antigas, provenientes ambas de raíces prerromanas, sobrevivisen á contemporaneidade para nomear o mesmo curso de auga. É máis doado asumir que o nome río da Torre, creado xa en época romance, xurdise como alternativa ao principal, este si prelatino, por ser o río que desemboca na praia homónima.\nA localidade non figura no NG nin dispoñemos de documentación antiga en que se mencione. Ou será que aquel Jo ha n Rro drige s da Torre citado nun documento do LNotasRianxo (116) relativo á parroquia de Taragoña fai referencia ao lugar?\n6. l ItotopónImos\n6.1. Corques\nPaulo Martínez Lema (2010: 155161) achega na súa tese de doutoramento unha hipótese etimolóxica plausible para este topónimo, caso único no NG, que permanecía sen estudar. O lingüista pon en relación Corques con outros nomes de lugar coma Corcubión, Corcoesto (Cabana de Bergantiños) e Córcores (Avión), por citar só os galegos, e a partir deles propón unha raíz prerromana * kork -, cuxo significado, no entanto, non é doado inferir. Martínez Lema ofrece dúas posibilidades: ben que estea relacionada co indoeuropeo *(s) ker - ‘xirar, curvar’, ben que entronque co radical prelatino * kar (r)- ‘ pedra, rocha’. Ao autor chámalle especialmente esta última opción, que encaixa ben coas características físicas da forma que a el máis lle interesa, isto é, Corcubión, aínda que apunta á necesidade de constatar os trazos orográficos nas entidades de poboación asociadas ás distintas expresións toponímicas arriba mencionadas. O nome da nosa localidade, lugar pedregoso, semella darlle a razón. Martínez Lema suxire que Corques puido contar cunha fase previa * Corcas, con posterior relaxamento de a postónico final, fenómeno que neste traballo se lle supón tamén ao topónimo Cuvide (< * Covida) (cfr. § 11.1). De todos os xeitos, a ausencia de atestacións medievais obriga a ser cautelosos neste terreo.\nO lugar aparece mencionado no dicionario de Madoz (18461850 v. XIV: 590).\nLaxe ‘pedra lisa e de grandes dimensións’ procede do latín hispánico lagĕna, talvez de orixe celta (DCECH v. III: 560). A evolución lagĕna > lágẽa permite explicar os dous resultados que atopamos hoxe en galego: laxe e laxa. É forma frecuentísima na toponimia galega, en consonancia coas características orográficas dun país pedregoso, con máis dun cento de resultados no NG.\nA carón da Laxe, ás veces chamada A Laxe Grande, especialmente en contextos ambiguos, sitúase outra localidade coñecida como A Laxe Pequena. É probable que as denominacións A Laxe de Arriba e A Laxe de Abaixo, hoxe desaparecidas en favor de A Laxe Pequena e A Laxe, respectivamente, fosen dominantes noutro tempo, pois así se recollen no dicionario de Madoz (18461850 v. XIV: 590): Lage de Arriba, Lage de Abajo. No Nomenclátor só figura A Laxe. O lugar rexístrase na documentación consultada desde o século XVIII, no catastro de Ensenada.\n6.3. [Laxe Pequena, A]\n6.4. Pedriñas, As\nO substantivo pedra e variantes (pedriña, pedroso, pedreira, pedregal, pedrouzo etc.) ofrécennos, en Galicia, un repertorio extenso de nomes de lugar, que supera a barreira do medio milleiro de rexistros no NG. Formas frecuentísimas tamén na microtoponimia (PTG), o éxito dos sobrevivintes galegos do latín pĕtra asenta nas características xeolóxicas do territorio. Son, pois, formas semanticamente transparentes. Nalgúns casos, a orixe da denominación asenta nunha rocha ou conxunto de rochas que destacan no espazo local, como semella claro en exemplos coma\nA Pedra Grande (Santa María de Pastoriza, Arteixo) ou Pedras Brancas (Guísamo, Bergondo). No entanto, cremos que a motivación do nome da nosa aldea non responde tanto a un conxunto de rochas definidas na paisaxe como á mesma constitución do terreo. Neste sentido, o topónimo, non por acaso marcado en diminutivo plural, entraría en relación directa cos varios (A / s) Pedreira(s) e (O) Pedregal que se reparten polo territorio galego e que sinalan terreos cubertos de pedra.\nNon dispoñemos de atestacións medievais da localidade nin se menciona no catastro de Ensenada nin no dicionario de Madoz.\n7. H IdrotopónImos\n7.1. Fonte Susán\nFonte ‘lugar onde mana a auga’ e, máis especificamente, ‘construción por onde sae a auga’ (DRAG: 567) procede do latín fŏnte (m). Pola súa parte, Susán deriva do latín vulgar * susana ‘ de arriba’, derivado de sūsum ‘ cara a arriba’, equivalente de sūrsum (Moralejo Laso 1977: 107). Etimoloxicamente, Fonte Susán significa, pois, ‘fonte de arriba’.\nSusán representa a forma occidental herdeira de * susana, de acordo cunha evolución do tipo * susana > susãa > susán, paralela á dos femininos irmán (< germana) e Fontán (< fontana). O resultado esperable no centro e oriente de Galicia, con perda total da nasalidade, rexistrámola en formas coma Susá ou Vilasusá.\nNa relación de localidades da parroquia de Taragoña, o dicionario de Madoz menciona Fuente e Susán como topónimos individuais (Madoz 18461850 v. XIV: 590). Trátase simplemente dun erro.\nOs topónimos galegos rematados en – obre contan cunha longa tradición de estudo que se remonta ao Onomástico de Sarmiento, quen os daba por xermánicos, suevos ou visigodos (Moralejo Laso 1977: 50). Hoxe sabemos que a súa antigüidade foi maior. Os traballos aparecidos ata o momento coinciden en sinalar o seu carácter prerromano, concretamente celta. A tese clásica debémoslla a M. H. d’Arbois de Juvainville, que no limiar do século XX considerou formas do tipo Canzobre, Fillobre ou este noso Iñobre como derivados de anteriores en – o – briga, quere dicir, compostos do lexema celta briga ‘altura fortificada’ (Moralejo Laso 1977: 50). Malia a opinión de Menéndez Pidal (1968: 186187), que vía neles un etnónimo da antiga tribo celta dos ártabros tornado sufixo adxectivador, a opinión máis aceptada na actualidade parte das premisas de d’Arbois e entende a terminación – obre como herdeira de briga. Así o pensan Moralejo Laso (1977), Búa/Lois (1995), Villar (1995) e Blanca Prósper (2002). Tendo en conta a afinidade semántica do celta briga co latín castrum, podemos concluír que estes topónimos designan o tipo de asentamento prehistórico que coñecemos co nome de castro (Navaza 2011: 1213) (cfr. § 5.1).\nSobre o primeiro elemento desta forma existen máis dúbidas. Prósper (2002: 377) propón unha raíz indoeuropea * (p) en – yo ‘pantano’, con caída de p – inicial, como é habitual en celta, comparable a (Rego da) Iña (Cerceda, Ordes, A Coruña) ou ao nome do río austríaco Inn. A percepción de Iñcomo raíz hidronímica encaixa ben co sentido doutro topónimo formalmente moi próximo, Illobre, que é doado de vincular co substantivo illó ‘manancial, braña’, se ben Prósper ve en Illobre unha raíz ilio - ‘inflando, turxente’. Á falta dun traballo máis extenso sobre a materia, a tese de Prósper debe ser ofrecida como provisional.\nA localidade aparece mencionada nun documento do TToxosoutos (609) do ano 1289: Ignoure, Ygnoure (Martínez Lema 2008: 276). No LNotasRianxo (92, 93, 133) figura como Inobre e Ynobre (a. 1457).\n7.3. Taragoña\nO nome da parroquia reflicte unha raíz indoeuropea * ter – ‘fretar, atravesar’, con variante * tar –, que detectamos en hidrónimos europeos (Bascuas 2005: 237242). Con todo, nas rías de Arousa e Muros existen unha serie de nomes de lugar que comparten con Taragoña a presenza dun radical tar –, mais que non parecen posuír valor hidrotoponímico: San Xián de Tarás (Outes), Tara (Ribasieira, Porto do Son), As Taras (Posmarcos, Pobra do Caramiñal) e os diminutivos A Tarela e Tarela, localidades das parroquias de Noal e Queiruga (Porto do Son). Edelmiro Bascuas (2005: 262) cre que este grupo de topónimos se relacionan co substantivo feminino tara ‘relevo rochoso’, que no Apéndice ao Diccionario enciclopédico gallegocastellano, de Eladio Rodríguez, figura como forma propia do Courel (DdD), mais que debeu ser un lexema xeral na Península, a xulgar pola pegada toponímica. Aceptada a hipótese de Bascuas segundo a cal tara procede da raíz * ter – arriba mencionada, concluímos que os nomes de lugar herdeiros do indoeuropeo * ter – /* tar – poden ter sentido ora hidronímico, ora oronímico. De entrada, a Taragoña acáelle mellor a categoría de hidrotopónimo, pois, do punto de vista lingüístico, os sufixos ko + on + io son frecuentes na lingua da hidronimia e, dunha perspectiva xeográfica, a parroquia érguese sobre o val dun río. Emporiso, supoñerlle valor oronímico non é absurdo, dado que a freguesía conta con puntos de altitude relativamente importantes e, por outra banda, o sentido harmoniza coa toponimia veciña.\nEn todo caso, podemos reconstruír sen problemas unha forma prerromana * tarakoniu, emparentada directamente co catalán Tarragona. A forma medieval, en consonancia co étimo proposto, era Taragonio, con – o final. Bascuas (2005: 264) explica a evolución Taragoño > Taragoña a partir dunha solución intermedia * Taragoñe, coa vogal átona final debilitada, coma en Pedrido / Pedride. Afirma o autor: \"En este proceso puede mantenerse durante mucho tiempo la vacilación entre la forma originaria y la debilitada, llegándose con frecuencia al olvido de la primera\" (Bascuas 2005: 264). Esquecida a solución primitiva, Taragoña xurdiría dunha ultracorrección, como acontece cos topónimos Tarnas (< Tarnes) e Tállara (< Taliar < * Taliare).\nO cambio debeu producirse cara a finais do século XV, comezos do XVI. Ata a segunda metade do XV só rexistramos a solución etimolóxica. Así, en 1457, o LNotasRianxo (93, 110, 115, 118, 129131, 133, 144, 162163) recolle sistematicamente a solución con – o. O mesmo sucede con senllos documentos inéditos do Arquivo Catedralicio de Santiago dos anos 1465 8 e 1485 9. Con posterioridade a esta última data, polo menos desde 1539 10, a forma moderna xa é a regular e, no sucesivo, única. Quere isto dicir que nun período comprendido entre 1485 e 1539 tivo que producirse a evolución Taragoño > Taragoña. Por maior abastanza, debemos ter en conta que a evolución – oño > – oña tamén se produce en Carantoña (< Carantoño), aínda que neste caso a mudanza pódese explicar por analoxía co substantivo feminino carantoña ‘aceno que deforma o aspecto normal do rostro’, xa recollido por Sarmiento (TILG). No canto de reconstruír unha forma intermedia * Taragoñe, non documentada, está xustificado concibir o fenómeno coma un caso máis sinxelo de disimilación, apoiado na harmonía coas vogais pretónicas e a analoxía con palabras do léxico común coma vergoña, cegoña ou o propio carantoña.\nTense afirmado que a primeira mención documental da parroquia se remonta ao capítulo\nLXX do libro primeiro da Historia Compostellana (s. XII). Nel recóllese unha doazón da raíña 8 Sinatura: P 001 fols. 355r355v. 9 Sinatura: LD 16 fols. 11r11v. 10 Lida a forma Taragoña nun documento inédito do Arquivo Catedralicio de Santiago con signatura P. 12/1 fols. 461r462v.\nUrraca á igrexa de Santiago onde se menciona unha localidade da terra de Postmarcos chamada Trenonzum (HC 125). Mais Trenonzum ben puidese referirse á aldea de Trevonzos, freguesía de San Vicenzo de Cespón (Boiro, Barbanza). Por este motivo, consideraremos que o primeiro testemuño seguro de Taragoña se atopa nun documento do TToxosoutos datado en 1139: Taragonio (TToxosoutos 608).\nTé é o nome dun río, tamén chamado da Torre (cfr. § 5.4), que nace ao pé do Monte Muralla, na parroquia do Araño, e que atravesa as parroquias de Taragoña, Asados e Rianxo ata morrer na ría da Arousa. Ademais, é o nome dun lugar da parroquia de Taragoña, estremeiro coa de Rianxo, que se sitúa á beira do río. O hidrónimo e o hidrotopónimo derivado deben reflectir un radical paleoeuropeo * tā - ‘ derreterse, fluír’, con variante * te -, que permea por detrás do nome do río Tea, afluente do Miño, de nomes de lugar coma Teaño (Santa Baia de Boiro, Boiro; Estacas, Cuntis), Teaio (San Xoán de Laíño, Dodro) ou Teáns (Oleiros, Salvaterra de Miña) e mesmo do substantivo tea, nome dun peixe que Santamarina recolle en Arcade, zona próxima ao río homónimo (Bascuas 2005: 5556, 106).\nA localidade menciónase no catastro de Ensenada e mais no Diccionario geográficoestadístico-histórico de Madoz (18461850 v. XIV: 590).\n8. H odotopónImos\n8.1. Cruceiro, O\nUn cruceiro é unha gran cruz de pedra, lisa ou con figuras esculpidas, sobre unha longa columna asentada nunha plataforma, que se sitúa principalmente nas encrucilladas, á beira dos camiños, nos límites das parroquias e nos adros das igrexas (DRAG). Deriva de cruz. Sobre a motivación, significado e extensión do topónimo cfr. § 8.2.\nÉ vocábulo semiculto. Procede do latín crŭce (m) ‘ cruz’, con apócope de – e e mantemento de ŭ como [u], con certeza por influencia eclesiástica. Como topónimos, (A) Cruz e (O) Cruceiro, nomes semanticamente afíns, abundan en toda Galicia. O NG ofrécenos máis de cen resultados para cada lexema e son frecuentísimos tamén como microtopónimos (PTG). Navaza (2007a: 53) dá no cravo da dificultade para coñecer o significado exacto destes dous nomes de lugar:\nOs substantivos cruz e cruceiro están moi presentes na toponimia, se ben en moitos casos non é doado coñecer con precisión a motivación e o significado orixinarios dos topónimos que os conteñen, pois unhas veces aluden a unha cruz erixida no lugar, de pedra ou doutro material, e outras veces simplemente fan referencia a unha encrucillada viaria, cun uso tradicional do substantivo cruz hoxe ameazado na fala polo castelanismo cruce. Dado que era habitual erguer os cruceiros nas encrucilladas dos camiños, ambos os significados van unidos con frecuencia e non sempre podemos saber cal deles deu orixe ao topónimo.\ncaso deste último, na súa forma castelanizada, Crucero.\n8.3. [Revolta, A]\nFormado a partir de volta, resto participial do latín vulgar * voltare ‘facer rodar’, ‘facer ir e vir’, ‘desenvolver’, latín clásico vŏlvĕre (m arqués 2003: 838). O topónimo pode ter o sentido de ‘parcela cultivable, xeralmente no monte’ (terras de revolta) ou ben designar un cambio de dirección nun río ou camiño (Navaza 2007a: 52). A teor da situación xeográfica do lugar, é obvio que a motivación do nome asenta neste segundo sentido, concretamente no viario.\nÉ un nome de lugar especialmente abundante como microtopónimo (PTG). De acordo co Nomenclátor, designa, ademais, unhas 37 entidades de poboación da Comunidade Autónoma de Galicia, entre as cales non se inclúe a aldea que aquí tratamos (NG).\nNon dispoñemos de documentación medieval onde se mencione a localidade. Tampouco se rexistra en Ensenada nin en Madoz.\n9. f ItotopónImos\n9.1. [Brañas, As]\nUnha braña é un terreo moi húmido que pode ser prado ou monte baixo (DRAG). É unha forma recorrente na toponimia, con 54 resultados no NG (incluídos derivados coma Brañal e compostos coma Brañamoura) e máis de 500 no PTG. En Taragoña, dá nome a dous lugares diferentes: un que se sitúa na zona comprendida entre Fachán e O Poste e outro que asenta nun camiño que conecta O Burato coa Torre. Ningún dos dous figura no NG. Porén, non son lugares habitados en data recente, como acontece, por exemplo, co Curuto (cfr. § 3.6). Malia a que non podemos precisar se se trata dunha localidade ou da outra, xa o dicionario de Madoz recolle en Taragoña unha entidade de poboación chamada Brañas, polo que un dos dous lugares estaba habitado, cando menos, desde mediados do século XIX (Madoz 18461850 v. XIV: 590).\nO substantivo é voz presente no léxico do NO peninsular: Galicia, Asturias, León e Cantabria. Non se rexistra na toponimia maior de Portugal (Navaza 2006: 102). A súa orixe é discutida. Carolina Michäelis, seguida por Menéndez Pidal, MeyerLübke e Piel, entre outros, propuxo unha base veranēa, derivada de ver ‘verán’. Para García de Diego, en cambio, procede de vorago, - inis ‘terreo húmido, tremedal’. Pola súa parte, Corominas/Pascual e Elixio Rivas pensan que é un vocábulo prelatino: os primeiros sinalan unha forma celta * brakna ‘ lugar húmido’ mentres que para Rivas o lexema reflicte unha raíz hidronímica, tamén celta, * bar - ‘auga’(Palacio Sánchez 1981: 355357).\n9.2. [Bugallón, O]\nÉ aumentativo de bugallo ‘excrecencia que se forma en certos vexetais, coma os carballos’. Sobre a orixe do termo, forma propia do galego, portugués e leonés, non existe acordo entre os etimológos. Menéndez Pidal pensa nun cruzamento entre o latín bŭlla ‘ burbulla’ e galla ‘ galada’ (DCECH v. I: 690) mentres que Elixio Rivas (1982: 153), seguindo a García de Diego, considera que o cruzamento se produciu entre baca ‘baga’ e galla ‘ galada’. Pola súa parte, Corominas/Pascual apuntan ao celta * bullaca ‘ bocha’ (DCECH v. I: 690). Ningunha destas propostas logran explicar a presenza da lateral palatal (Navaza 2006: 112).\nBugallo, ao lado do feminino bugalla, de idéntico significado, son formas produtivas na toponimia galega, con derivados coma (O / A) Bugallal, (A) Bugalleira, Bugallido, Bugalledo, Bugallelas ou este noso O Bugallón, que tamén identifica un lugar da parroquia de Cervás, en Ares. En total son 19 casos no NG e máis de corenta microtopónimos presentes no PTG.\nCabe a posibilidade de que bugallón, en orixe aumentativo, callase na toponimia xa como unha forma plenamente lexicalizada. Merino (1980 v. I: 44; v. III: 503) recóllea como denominación de dúas especies de ranúnculo: o Ranunculos Steveni, tamén chamado herba dos mendigos, e o Ranunculus flammula. En todo caso, a natureza fitotoponímica de O Bugallón semella garantida (Navaza 2006: 112113).\n9.3. [Devesa, A]\nUnha devesa é un terreo poboado de árbores, adoito valado ou cercado e xeralmente dedicado ao pastoreo (DRAG). Palacio (1981: 200) e Navaza (2006: 230) atribúenlle o significado máis restrinxido de ‘bosque de carballos’. En calquera caso, a idea de ‘terreo acoutado’ parece estar por detrás da súa motivación orixinal, pois os traballos etimolóxicos ata hoxe trazados coinciden en indicar a súa procedencia do latín tardío defensa, participio de defendere ‘ prohibir’ (DCECH v. II: 435).\nNo catastro de Ensenada menciónase un lugar chamado Cova da Devesa, onde na altura había un muíño. É difícil concretar se esa devesa se corresponde coa da nosa localidade.\n10. a ntropotopónImos\n10.1. Cartomil\nTrátase dun nome de lugar herdeiro do antropónimo xermánico cartomirus / cartemirus, composto da raíz Cart –, talvez relacionada co substantivo gótico gards ‘casa’, ‘granxa, curral’, e mais de – mirus, procedente de mêreis ‘famoso’ (HGNB 106107, 146; Boullón 1999: 169, 234). En Galicia existen as variantes Cartemil (Nogueira de Miño, Chantada; Román, Vilalba), Cartimil (Ventosa, Agolada; Siador, Silleda) e Cartamil (Amil, Moraña) (NG).\nRamón Barros Silvelo (1875) fixa no lugar a situación da mansión romana grandimiro do Itinerario de Antonino. Malia que non existen datos fiables que confirmen esta hipótese, a presenza dos romanos na parroquia está sobradamente documentada, pois a calzada per loca maritima, que unía Caldas de Reis con Betanzos, desenvolvía parte do percorrido por territorio de Taragoña (Comoxo/Santos 1997: 14).\nA localidade recóllese no Diccionario geográficoestadístico-histórico de Madoz (18461850 v.\n10.2. Chorente\nO topónimo provén do antropónimo latino florentius, derivado de florens, - entis, participio de presente de floreo ‘ florecer’. Florentius debeu ser un nome frecuente na Gallaecia altomedieval, a xulgar pola pegada documental (CODOLGA) e os resultados na toponimia, con seis rexistros para Chorente no NG: San Fiz de Amarante, Antas de Ulla; San Lourenzo de Nogueira, Meis; Moraime, Muxía; Nemenzo, Santiago de Compostela; Ribas Pequena, Bóveda. Como a meirande parte dos topónimos galegos procedentes de antropónimos latinos, Chorente deriva dunha estrutura nominal con núcleo villa ou fundus modificado polo antropónimo en caso xenitivo. Co tempo, o elemento nuclear villa (ou outro semanticamente afín) acabaría esvaecendo, de tal maneira que o topónimo, na súa forma moderna, só reflicte a forma antroponímica. Esquematicamente: (villa) florenti (i) ‘vila de Florentius’ > Chorente (Piel 1947a: 72; Kajanto 1982: 116, 233).\nA localidade aparece nomeado por vez primeira en 1170, nun documento do TToxosoutos (635): Churenti. Figura, tamén, no LNAP (92): Chorẽte (92).\n10.3. Ourille\nEste topónimo tense considerado herdeiro de aurelii, xenitivo de aurelius, prenome latino que deriva dunha gens romana de orixe antiquísima relacionada cunha divindade solar (Boullón Agrelo 1999: 145). A denominación orixinaria do lugar debeu ser *(villa) aurelii, con posterior caída do elemento villa (ou outro similar), na liña do visto para Chorente (cfr. § 10.2). De feito, a forma composta consérvase nos topónimos asturianos Villaorille (Las Agüeras, Quirós), Villaoril (Piñera, Navia; Taladrid, Ibias), Villaoril de Bimeda (Bimeda, Cangas del Narcea) e Villaoril de Sierra (San Pedro de Coliema, Cangas del Narcea). Na toponimia maior de Galicia só rexistramos a solución Ourille (Remesar, Bóveda; Verea), ao lado de Ourille de Arriba (San Pedro de Ourille, Verea) (NG). Debemos sumar, aínda, os norteños Ouril (Segude, Monção) e Ourilhe (Celorico de Basto), en Portugal, e mais Orellana la Vieja e Orellana de la Sierra, municipios da provincia de Badajoz, probables descendentes dunha vila romana aureli - ana (Piel 1947a: 178179).\nSon moitos os autores que defenden a pertinencia de remitir todos estes nomes de lugar ao antropónimo aurelius. Entre eles, cabe destacar a Piel (1947a: 178179), para quen Ourille, por unha banda, e Ouril/Oril, pola outra, reflicten evolucións diverxentes do xenitivo aurelii : nun caso produciuse a palatalización da lateral alveolar seguida de /i/ (aurelii > Ourille) e no outro a apócope de – i latino final (aurelii > aureli > Ouril/Oril). Machado (2003: v. III, 1107) non acredita nesta hipótese, dado que non explica a presenza da vogal i nos resultados romances, contra a máis esperable, que sería e. Certamente, de aureli (i) deberan xurdir unhas formas románicas * Ourelle e * Ourel. No entanto, o CODOLGA fornécenos varios rexistros documentais que, desde o século VIII, dan constancia da existencia dunha forma aurilius, paralela a aurelius, na Gallaecia altomedieval, o que permite salvar as eivas apostas por Machado.\nDe máis difícil resolución se presenta o problema derivado da presenza documental antiga da nosa localidade. No LNotasRianxo (110111, 119) (a. 1457) menciónase, en varias ocasións, a Juã d’Ouril, morador na freguesía de San Salvador de Taragoña. Se, como parece desprenderse da documentación citada, ese Ouril se corresponde co moderno Ourille, como se xustifica a evolución do topónimo? Aceptemos, pois, a hipótese de Piel e fagamos un breve repaso histórico pola denominación da aldea. O lugar sería bautizado, nun primeiro momento, como * villa aurelii. Co paso dos séculos, conxuntamente co devir do latín galaico en lingua románica, ese * villa aurelii (ou mellor, aurilii) tornaría Ouril, forma que atopamos, aínda, a finais da Idade Media. É dicir, de acordo cos datos que manexamos, o paso Ouril > Ourille tivo que producirse en época\nposmedieval. E esa evolución é dificilmente xustificable do punto de vista lingüístico. Como non dispoñemos de máis referencia documental cá do LNotasRianxo, poderiamos pensar que o devandito Ouril alude a un outro topónimo da parroquia, vivo aínda no século XV e desaparecido hoxe. En apoio desta teoría cabe apuntar un dato: non é estraño que dúas localidades compartan nome dentro das estremas dunha mesma freguesía; en Taragoña, poñamos por caso, temos o exemplos das Brañas (cfr. § 9.1). Porén, é altamente improbable que dous topónimos que designan lugares moi próximos (inscritos, ambos, nunha mesma fala local) compartan étimo e, ao mesmo tempo, reflictan camiños evolutivos diverxentes. Sen outra posibilidade que barallar, limitámonos aquí a presentar o problema, coa certeza de que a descuberta de novos rexistros documentais poden contribuír a resolvelo.\n10.4. Ourolo\nPiel (1947 a : 38) ofrece este topónimo como herdeiro do nome de posesor latino auriolus, ao lado de aureolus, diminutivo de aureus, derivado de aurum ‘ouro’ (Kajanto 1982: 340). a sí pois, Ourolo provén do mesmo étimo ca Ourol, nome de varias entidades de poboación da provincia de Lugo (NG). Partindo dun xenitivo *(villa) aurioli chegamos por vía regular a Ourol, pero non Ourolo, dato non tido en consideración por Piel (1947 a : 38). Con todo, o sufixo diminutivo latino – ŏlus, que participa na creación do antropónimo aureolus a partir de aureus, consolidou en galego, talvez por cruzamento con – elo (< – ĕllus), un resultado – olo (paiolo, ferreirolo, cabezolo), presente na lingua desde os primeiros momentos, paralelo á solución esperable –ó (* aviŏlus > avó) (Ferreiro Fernández 1997 v. II: 187188). Nalgunhas formas, – olo convive coa variante – ol, coma en pedrolo / pedrol ‘tipo de verme’, barolo / barol ‘balor’ e mesmo ouriolo / ouriol, nome dun paxaro (tamén chamado vichelocrego) que procede da mesma base aureolus ca Ourolo (DdD).\nCremos que desta maneira podemos xustificar o resultado romance sen necesidade de botar man de hipóteses máis conxecturais, como a proposta por Cabeza Quiles (1992: 322323), para quen Ourolo reflicte unha base prerromana * or ou * oro ‘monte, costa, val, altura’, relacionada co posible preindoeuropeo * or - r ‘ val entre montañas’ e o grego óros ‘monte, montaña, altura’.\n11. t opónImos de orIxe Incerta\n11.1. Cuvide\nCaso único no NG e no PTG, o nome desta localidade de Taragoña presenta unha etimoloxía escura, feito ao que contribúe a ausencia de atestacións medievais. Cabe a posibilidade de que sexa un derivado de cova (< * cŏva) (cfr. § 3.4), con pechazón da vogal pretónica nun grao igual á que se produce en topónimos afíns como Covelo/Cuvelo (cfr. § 3.5). Fala a favor desta tese a produtividade de cova na toponimia galega e o feito de existiren no dominio iberrománico solucións análogas con o pretónico: Covide (Braga e Porto), Covides (Burgos). Por outra banda, a situación xeográfica da localidade encaixa ben co sentido orográfico de * cŏva ‘depresión no terreo’ (cfr. § 3.4). De ser certa esta teoría, o topónimo reflectiría un sufixo – ide (< – ida < – ēta), frecuente na formación de nomes de lugar: Pedride, Ermide, Escouride etc (Navaza 2006: 224225).\nNingunha destas hipóteses é, en todo caso, definitiva. A falta de rexistros documentais antigos pode ser suplida no futuro e vir darnos novas pistas que inclinen a balanza nun sentido ou no outro.\nO DRAG recolle o substantivo facho coas acepcións (1) ‘lume que se acendía antigamente para guía dos mariñeiros’, (2) ‘lugar elevado onde se acendía unha fogueira para guiar os barcos’ e (3) ‘fachuzo’. Este último significado compárteo co feminino correspondente facha. Son formas que tamén existen en portugués e que se identifican respectivamente co castelán hacho e hacha.\nCorominas/Pascual (DCECH v. III: 301303) fan derivar facha de * fascŭla, variante de facŭla, diminutivo de fax, - cis ‘ fachuzo’. É necesario supoñer que nalgún momento existise no latín hispánico unha forma * fascŭla para xustificar o resultado romance, pois o grupo cl que agromou da síncope da vogal postónica (* fascŭla > * fasc ’ la) só puido dar africada en posición forte, isto é, posconsonántica. Os autores explican a devandita forma por cruzamento entre facŭla e fascis ‘ feixe, monllo’, facilmente relacionables do punto de vista semántico. Así pois, a base da cadea de formación debe ser facha e facho forma derivada que se especializou para referir as fogueiras prendidas para guiar os barcos. A existencia duns significados idénticos para o castelán hacha e hacho reforzan esta idea.\nNo entanto, o padre Sarmiento (DdD) dá noticia da voz facho empregada co sentido de ‘lume que se prende nas atalaias para alertar da chegada de inimigos’. Segundo o erudito, os fachos prendíanse en puntos elevados próximos á costa para avisar a poboación dun ataque por mar, aínda que tamén se podían empregar nas zonas interiores de fronteira coa mesma finalidade. Sarmiento insiste en diferenciar os significados de faro e facho e de ningunha maneira lle recoñece a facho o sentido de ‘fogueira acendida para guiar os mariñeiros’.\nCoas precaucións enriba trazadas, podemos supoñer que a cadea de formación sexa a seguinte: * fascŭla ‘ fachuzo’ > facha ‘fachuzo’ > facho ‘lume prendido nun punto elevado (ben para a guía de barcos, ben para avisar da chegada de inimigos)’ > facho ‘lugar elevado onde se prende o facho (para guiar os barcos ou alertar dun ataque)’. Martínez Lema (2007: 193194) e Fernández González (2007: 131132) consideran que a forma Facho cristalizou na toponimia con este último sentido. É, polo tanto, un orotopónimo que define puntos altos do relevo.\nOs nomes de lugar derivados de facho non son estraños en Galicia: Fachelas, Os Facheiros, O Fachal, A Fachita. O nome da nosa localidade cadra ben nese grupo. Fachán podería ser resultado dun proceso derivativo dese lexema mediante o sufixo – anus, – a, – um, como en font - anu (< Fontán, Fontao). Non existen argumentos lingüísticos que contraveñan esa posibilidade. No entanto, ben é certo que non rexistramos ningunha forma galega do tipo * Fachao, * Fachau ou similar que veña confirmar esa hipótese. Tampouco existe ningún * Fachão en Portugal nin * Hachana ou * Hachano en España. Fachán é topónimo único. A ausencia de parentes directos leva a que, mesmo sendo certa a teoría que propoño, nin sequera poidamos saber se en orixe era solución masculina (orixinada a partir de – anu) ou feminina (creada desde – ana), pois o resultado local dese sufixo non permite distinguir formalmente a oposición de xénero. A ausencia de artigo tampouco dá para diferenciar. Por se isto fose pouco, carecemos de atestacións documentais antigas e o sentido toponímico de Facho ‘terreo elevado’ encaixa só relativamente coa xeomorfoloxía da localidade, encadrada nunha subida, pero que non constitúe un enclave demasiado alto.\nPolo momento, ofrezo a hipótese dun posible étimo * fasculanu ou * fasculana, á espera de que outros etimólogos expresen a súa opinión e vertan teses de seu.\n‘ berrar o castrón’, que se relacionaría cun culto autóctono paralelo ao de Dioniso ou Atis.\nAmbas as hipóteses contan con problemas de orde lingüística difíciles de resolver, mais, no que aquí importa, semella posible que o nome da localidade de Taragoña O Meco teña xénese nese mito, ben directamente, referindo de xeito explícito a personaxe, ben indirectamente, a través das acepcións que numerei como 2, 3 e 4. O sentido de ‘boneco que se queima ao acabar o Entroido’ parece moi probable para unha entidade de poboación así chamada de Santiago de Compostela, cidade que bota ao lume o Meco cada mércores de Cinza. Cabe tamén a posibilidade de que o topónimo reflicta o alcume dalgún antigo veciño do lugar, adeallo que se basearía en calquera dos sentidos que o adxectivo posúe en galego: ‘birollo’, ‘de ollos claros’, ‘sen unha orella, parte dela ou sen as dúas’ e ‘moreno’. Na zona, meco tamén é o nome dun tipo de embarcación, hipótese que non podemos descartar como motivación orixinal e que tamén parece posible para un accidente costeiro de Porto do Son chamado O Cocho do Meco (PTG). Menos probable parece a relación co topónimo madrileño Meco, cuxo sufixo – eccu lle dá aparencia de forma ibera (Galmés de Fuentes 1996: 36).\n11.4. [Périto, O]\nA interpretación popular atribúe a orixe do nome deste lugar situado a escasos metros do mar á profesión dun veciño que, segundo os fregueses máis vellos, morou na localidade tempo atrás e que exercía de perito, é dicir, enxeñeiro. Malia que un caso de etimoloxía popular non goza, en principio, de ningunha fiabilidade científica, neste caso pode estar no certo. Non existe problema lingüístico ningún que contraveña a hipótese, pois a palabra, cultismo tomado de pĕrītus ‘ experto’, manifesta popularmente unha dislocación do acento que a converte en proparoxítona, caso análogo ao de estántiga, méndigo ou cántiga (Ferreiro Fernández 1997 v. I: 212). Polo tanto, é posible que, como pensa o pobo, o nome da aldea proceda da profesión dalgún antigo veciño ou mesmo responda a un alcume orixinado a partir do sentido máis xeral de ‘sabio, erudito’.\n11.5. [Poste, O ]\nÉ un topónimo de orixe problemática. En principio parece derivar do substantivo masculino poste ‘obxecto alongado que se chanta verticalmente para servir de apoio ou de sinal’, en galego probablemente cultismo ou semicultismo, do latín p ǒ ste (m) ‘ xamba dunha porta’ (DCECH v. IV: 619). Iso pensa Bértolo Ballesteros (2007: 238), quen fai derivar o nome dun microtopónimo de Soutelo dos Montes (Forcarei) así chamado “dun poste con transformador, que se puxo alí cando se trouxo desde Trasdomonte a luz eléctrica”. O caso semella anecdótico de máis como para explicar as, cando menos, catro entidades de poboación e trece zonas non habitadas que en Galicia se chaman Poste ou compostos (NG; PTG).\nAres (1995: 68) relaciona o topónimo co substantivo feminino posta ‘lugar de parada situado nas estradas e camiños onde antigamente se efectuaba o cambio de cabalos das dilixencias’. Segundo o autor, a confusión entre poste e posta puido producirse por mediación do francés poste, de significado idéntico ao galego posta, un galicismo que atoparía entrada no Camiño Francés. Aínda, Gonzalo Navaza (2007a: 3637) relaciona o elemento postede Postemirón (Vilaboa) e Posteporón (Catoira) con Busto, cuxo sentido é o de ‘lugar onde pace o gando vacún’.\nO presente traballo debera completarse coa recollida e estudo da microtoponimia de Taragoña, que de seguro achegaría datos lingüísticos de interese, alén de información relevante sobre o transcurso da vida na parroquia ao longo dos séculos. É tarefa pendente e de máxima urxencia, pois a urbanización paulatina do territorio e a morte dos veciños máis vellos ameazan con facer caer no esquecemento unha parte importante do patrimonio inmaterial da comarca e, en consecuencia, do país mesmo.\nAgradecementos\nQuero mostrar a miña gratitude a Ana Boullón e Paulo Martínez Lema, pola lectura atenta e as oportunas suxestións. O meu recoñecemento tamén para Ramón Lorenzo, que me deu as claves para interpretar Ourolo, e a Gonzalo Navaza, por abrirme os ollos co Périto. Por último, debo agradecerlle ao ILG, e especialmente a Raquel Vila Amado, que me facilitasen material inédito do ALGa para complementar as achegas deste traballo.\nr eferencIas bIblIográfIcas Álvarez Maurín, María del Pilar (1994): Diplomática asturleonesa. Terminología toponímica. León: Universidad de León. Álvarez, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.\ny Deportes. CCT = Comisión de Toponimia (2007): “Criterios da Comisión de Toponimia”, en Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.), Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica, 809811.\nGalicia. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. CODOLGA = José Eduardo López Pereira (1994–): Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. DdD = Antón Santamarina (dir.) (2003): Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza. NG = Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia (2004): Nomenclátor de Galicia. Toponimia oficial das provincias, concellos, parroquias e lugares. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. PTG = Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia (2000–): Proxecto Toponimia de Galicia (microtoponimia). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. TILG = Santamarina, Antón (dir.) (1986–): Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. TMILG = Xavier Varela Barreiro (dir.) (2004–): Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. "} {"summary": "Malia que a lingua galega sobreviviu varios séculos de contacto co castelán, unha combinación de factores sociopolíticos e socioeconómicos na segunda metade do século XX acelerou o proceso de substitución lingüística. As accións de política lingüística postas en marcha desde 1980, non obstante, tentaron conter esta tendencia, nun esforzo por manter a lingua galega en ámbitos nos que sempre se falou e a revitalizala nos que foi tradicionalmente desprazada. Aínda que o número dos chamados \"falantes nativos\" ou \"falantes tradicionais\" do galego continúa en caída, houbo unha incipiente recuperación da lingua entre determinados sectores máis novos, urbanos e falantes nativos de castelán. Malia que as características sociais deste grupo son positivas para as perspectivas de supervivencia da lingua galega, os chamados \"novos falantes\", ou \"neofalantes\" atópanse frecuentemente negociando o seu dereito a un espazo lingüístico entre os falantes nativos de castelán e os de galego. Neste artigo imos explorar este espazo lingüístico a través da análise dos discursos contemporáneos sobre os \"novos falantes\" e dos \"novos falantes\" do galego. Estes discursos producíronse en tres grupos de discusión con falantes nativos e non nativos de galego. Na nosa análise dos datos, detémonos no papel do neofalante como falante lexítimo e lexitimado (Bourdieu 1982). O traballo conclúe que o espazo sociolingüístico das neofalas e dos neofalantes precisa de máis recoñecemento social, imprescindible para o futuro da lingua.", "text": "\" A miña variedade é defectuosa \": a lexitimidade social das neofalas\n\nNeofalantes, falantes nativos, linguas minoritarias, lexitimación social\nSumario\n1. Introdución. 2. O interese dos neofalantes en contextos de minorías lingüísticas. 3. Neofalantes na Galicia actual. 3.1 A lingua na sociedade. 3.2 Neofalantes e neofalas como obxectos de estudo. 4. Metodoloxía. 5. Análise. 6. Conclusión\n\" My variety is flawed \": The social legitimacy of neofalas\n1. I ntroducIón 1\nDefinimos o neofalante como unha persoa que se converte en usuaria habitual e, con frecuencia exclusiva, dunha lingua que non foi a súa lingua materna ou familiar. Na meirande parte do casos, esta lingua foi aprendida na socialización secundaria, en especial a través do sistema educativo. Este tipo de falantes asóciase a contextos tan diversos como (i) inmigración, coa adquisición da lingua da comunidade de acollida por parte da poboación inmigrante, (ii) colonización, mediante a que unha comunidade autóctona se ve obrigada a aprender a lingua dun grupo de fóra, c) globalización, que favorece a expansión de determinadas linguas como segundas linguas. A miúdo, os neofalantes, en tanto que falantes non nativos dunha lingua, teñen pouca visibilidade (Pujolar 2007) e as súas prácticas percíbense como pouco ‘auténticas’ e ‘ilexítimas’ (Bourdieu 1982).\nEn moitas situacións de minorización lingüística, a presenza de neofalas ligadas ao estándar está favorecendo unha lenta e paulatina transformación da orde sociolingüística imperante durante séculos. Así, as comunidades tradicionais de falantes de linguas minoritarias están desaparecendo como consecuencia da crecente urbanización e modernización da economía. Un sinal clave disto é o descenso da comunidade falante tradicional, provocado por unha quebra na transmisión interxeracional da lingua na casa e na comunidade. Ao mesmo tempo, como consecuencia tanto de políticas lingüísticas favorables á recuperación lingüística como de posicionamentos persoais de elites intelectuais e académicas, en moitos destes contextos está emerxendo un novo perfil de falantes da variedade estándar en ambientes urbanos (Costa 2010; Grinevald e Bert 2011; Pusch e Kabatek 2011; O’Rourke e Ramallo 2011). Malia que os modelos teóricos utilizados para describir procesos de revitalización lingüística sitúan nun lugar central a transmisión interxeracional e o falante nativo (Fishman 1991; UNESCO 2006), é preciso contemplar outros aspectos nos procesos de revitalización de linguas minoritarias, en particular o papel de novos perfís ou novos tipos de falantes (Romaine 2006; Jaffe 2010).\nNa literatura especializada atopamos unha variedade de termos para describir este fenómeno, incluíndo “falante non nativo”, “neofalante”, “falante de segunda lingua”, “L2”, ou “alumnado adulto”. O propio termo neofalante é un dos menos empregados na literatura e só recentemente acadou relevancia (Robert 2009). Ademáis, non hai consenso con respecto ao que se entende por neofalante e termos afíns. Un neofalante pode, por exemplo, remitir a unha persoa que aprendeu a lingua minoritaria como unha segunda lingua na escola ou na fase adulta, pero que non necesariamente é usuaria activa desa lingua. Grinevald e Bert (2011) refírense especificamente a este tipo de falantes como ‘aprendices de linguas ameazadas’. A pesar de que estes neofalantes teñen o potencial para facérense usuarios activos da lingua, esta pode inhibirse por unha variedade de factores, incluíndo a falta de oportunidades para a súa utilización, a falta de motivación para practicar a capacidade adquirida ou a falta de competencia lingüística, sexa percibida ou sexa real.\nO interese polos neofalantes debe encadrarse nunha revisión epistemolóxica que abrangue outras categorías analíticas como a de ‘falante nativo’, ‘falante tradicional’, ‘lingua materna’, etc. En particular, nas últimas dúas décadas, o estatus teórico do ‘falante nativo’ ten sido obxecto de amplo debate na lingüística (Kachru 1990; Rampton 1990; Phillipson 1992; Davies 2004; Singh 1 Algunhas partes do corpus utilizado neste texto foron presentadas en diversos congresos. En particular, inclúense algúns fragmentos utilizados nun relatorio no marco do IX Congreso Internacional de Lingüística General, celebrado en Valladolid no ano 2010 (O’Rourke / Ramallo 2010). O artigo foi redactado durante a estadía de Bernadette O’Rourke na Universidade de Vigo no ano 2012. A dita estadía foi financiada por The Arts and Humanities Research Council de Gran Bretaña, ref. AH/ J00345X/1.\n2006). Así, a definición clásica do “falante nativo” como un usuario da forma “pura”, “auténtica” ou “lexítima” da lingua recibiu considerable atención no ámbito da adquisición de segundas linguas, en particular o ensino e a aprendizaxe de inglés como segundo idioma (Kachru 1990; Phillipson 1992; Holborow 1999; Crystal 2003; Graddol 2006; Jenkins 2007), pero déuselle menos atención á exploración desta dicotomía na investigación das tensións que xorden entre ambos os dous grupos no contexto de linguas minoritarias (O’Rourke e Ramallo 2011). Neste artigo, centrámonos nalgunhas destas tensións e nas representacións que os distintos falantes fan dos demais grupos, co obxectivo de afondar no papel social dos neofalantes e nas súas prácticas lexitimadoras a partir da análise de discursos socialmente cristalizados sobre os “novos falantes” e dos “novos falantes” do galego. Estes discursos producíronse en tres grupos de discusión con falantes nativos e non nativos de galego. En consecuencia, este traballo tenta responder a seguinte pregunta de investigación: están as neofalas socialmente lexitimadas como falas auténticas do galego?\n2. o Interese dos neofalantes en contextos de mInorías lIngüístIcas\nNos últimos anos, os neofalantes de linguas minoritarias europeas foron obxecto de numerosos estudos, principalmente entre as linguas celtas. Jones (1995, 1998) estuda as consecuencias do proceso de estandarización do bretón e a emerxencia dunha nova variedade, formal e funcionalmente diverxente co bretón tradicional dialectalizado. Hornsby (2005, 2008) incide tamén na posición social do neobretón mediante a análise, por unha banda, dos discursos que suscita a variedade lingüística usada polos falantes non nativos de bretón e, por outra, do papel dos néobretonnants na visibilidade do idioma, favorecendo un cambio no seu valor simbólico, que se orixinou no “process of commodification which the language has gone through in the past few decades” (Hornsby 2008: 132). A aparición histórica destes neofalantes tivo consecuencias non só formais senón tamén funcionais, identitarias, etc. creando novas tensións na sociedade. Timm (2001: 452) fala de “a profound conflict” entre falantes tradicionais e neofalantes. En parte esta tensión deriva dunha concepción diferente sobre o valor da lingua. Os falantes tradicionais acostumáronse a unha distribución funcional do bretón, con presenza en dominios como a familia, a veciñanza e a relixión e ven con certa distancia a énfase dos neobretóns en expandir a lingua ao conxunto da sociedade (Timm 2010: 727), incluíndo un proxecto de estandarización recente que non sempre é ben recibido (Le Nevez 2006). Na súa análise comparativa do gaélico escocés e do sorbio, Glaser (2007) detense no papel dos neofalantes no futuro de ambas as dúas minorías. No caso do gaélico escocés, estímase, en coincidencia con MacCaluim (2007), que o seu futuro depende da incorporación de aprendices adultos como usuarios activos. Isto, como noutros contextos, leva asociado un cambio actitudinal orientado a mellorar a tolerancia cara a este colectivo de “nouveau Gaels” por parte dos falantes tradicionais, das asociacións e doutros colectivos que traballan en defensa do idioma.\nPara Glaser (2007: 260): while this type of attitude is becoming more common, there is no denying that the dual agenda of the Gaelic renaissance —revitalisation in the heartland and revival at a national level— has retained quite distinct and not easily reconcilable social correlates.\nA situación en Escocia reflicte unha tensión polo control sobre a variedade lexítima. Así, para McEwanFujita (2008: 82) “ambiguity and conflict among Gaelic speakers […] over the very meaning of the social restratification in relationship to ethnicity and language is part of the process of register formation”. O caso sorbio tamén reflicte discrepancias interdialectais con consecuencias negativas na transmisión do idioma. A promoción dunha variedade escolar (Schulsorbisch) vese como artificial e xera desafección nos falantes de variedades tradicionais (Glaser 2007: 285).\nNo contexto das linguas en contacto co castelán, o termo tamén ten unha traxectoria. No seu traballo etnográfico sobre a situación sociolingüística do catalán en Barcelona, Woolard (1989, 2011) utilizou diversas categorías para describir os falantes que aprenderon catalán como segunda lingua. Por un lado, os “New Catalans” (novos cataláns) caracterizados por presentar prácticas bilingües. Por outra banda, os “Catalan Converts” (persoas que se converten en falantes de catalán monolingües). En traballos máis recentes (Pujolar e Gonzàlez 2012; Pujolar e Puigdevall, no prelo) analízase o novo rol dos neofalantes de catalán na sociedade do século XXI. Tamén o caso vasco fai referencia a esta categoría de falantes, denominados euskaldunberris (Urla 1993, 2012), en boa parte responsables do incremento do uso do éuscaro nos últimos 40 anos. Ata tal punto que a investigación actual considera ao grupo euskaldunberri crucial para o futuro da lingua (Ortega et al., no prelo).\nEste selectivo repaso da recente investigación sobre neofalantes en comunidades lingüísticas minoritarias en Europa pon en evidencia que, á marxe das idiosincrasias de cada contexto, podemos establecer un universal, no sentido de que en todas elas se aprecia unha fase de tensión entre perfís de falantes diferenciados, que proceden de biografías sociolingüísticas opostas. A devandita tensión require ser manexada con especial coidado dende o lado das políticas públicas (onde as haxa) e/ou dende o lado do activismo social. Esta tensión, emerxente na maioría dos contextos, ten efectos non só nos planos formal e funcional da lingua, senón que tamén leva consigo unha reorganización identitaria con consecuencias, aínda por explorar, no político, no cultural e no ideolóxico. Así, entre os falantes tradicionais non é infrecuente establecer un peche social, no sentido weberiano, entendido como un práctica de control de acceso identitario (e polo tanto de exclusión) a partir do privilexio que dá ser falante nativo dunha lingua (O’Rourke e Ramallo 2013a), o que, a miúdo, establece unha barreira e xera frustración entre os neofalantes (McEwanFujita 2010; O’Rourke 2011b). Pola súa banda, o dominio da variedade estándar conseguiu converterse nun poderoso filtro para a mobilidade social, o que, case sempre, implica abandono das variedades tradicionais en escenarios de substitución lingüística.\n3. n eofalantes na g alIcIa actual\n3.1. A lingua na sociedade\nO idioma galego segue en situación sociolingüística regresiva. Trinta anos despois da aprobación do Estatuto de Autonomía (1981), que permitiu aos respectivos gobernos galegos levar a cabo accións para mellorar o prestixio da lingua e para corrixir a tendencia histórica de substitución lingüística, houbo luces e sombras con respecto aos indicadores sociolingüísticos da lingua (CidadaníaRede de Aplicacións Sociais 2002; Lorenzo Suárez 2005; Monteagudo 2012). Os datos máis recentes motivan unha interpretación preocupante. Así, por primeira vez en Galicia, o uso monolingüe do galego xa non é maioritario no conxunto da poboación. De feito, consolídase a que podemos considerar a característica máis relevante da segunda metade do século XX: a incorporación progresiva do castelán no repertorio activo da maior parte dos galegofalantes tradicionais mesmo nas vilas de menos de 10.000 habitantes nas que as prácticas monolingües en galego pasaron do 72% en 2003 ao 55% en 2008. No conxunto da poboación, os monolingües en galego diminuíron un 30% nestes cinco anos, aumentando nunha porcentaxe semellante os bilingües. A porcentaxe de falantes de castelán, 20%, é a mesma nos dous períodos temporais (Ramallo 2010, Observatorio da Cultura Galega 2011).\nPolo dito, é difícil non aceptar a interpretación de que o proceso de substitución lingüística segue activo. O que queda é ver se estamos ante un bilingüismo de transición ou nun modelo que tende á estabilización. O que si sabemos é que esta diminución do monolingüísmo se explica a partir de variables como a idade e o hábitat. É sobradamente coñecido que entre a poboación máis nova o uso do castelán aumenta significativamente en calquera das interaccións estudadas nos últimos anos. Na medición de 2008 confírmase o dito: só unha de cada dez persoas maiores de 65 anos é monolingüe en castelán, mentres que entre os menores de 14 anos esta proporción está próxima a un de cada tres (Observatorio da Cultura Galega 2011). En canto ao hábitat, a polarización urbanorural segue sendo moi clara con respecto á lingua. Nas cidades é moi difícil unha socialización en lingua galega. A situación da lingua nas cidades é moi preocupante non só pola súa escasa presenza senón polas actitudes que expresan algún sectores urbanos con respecto á lingua. O debate sobre a lingua instrumentalizouse politicamente dende os escenarios de maior mobilidade social e, na actualidade, calquera intento de aumento planificado de usos urbanos atopa dificultades.\n3.2. Neofalantes e neofalas como obxectos de estudo\nComo sinalamos anteriormente, neste traballo consideramos o neofalante como unha persoa que aprendeu o galego fóra da casa e que nalgún momento adopta esta lingua como lingua principal, desprazando, con frecuencia, a súa lingua materna, que pasa a converterse nun segundo idioma. As razóns aducidas para este cambio de lingua son de diverso tipo, cun reaxuste identitario tras moitos casos (KovácováMoman 2007, O’Rourke e Ramallo 2011, 2013a). Na sociolingüística galega o termo convive con outros coma ‘novo galego urbano’ (Regueira 1999; González González 2008), ‘paragalego’ ou ‘neogalego urbano’ (Monteagudo 2004).\nMalia que en Galicia o neofalante constitúe unha categoría intuitiva cunha certa cristalización social, só recentemente se converteu nunha categoría analítica obxecto de estudo. Centrámonos neste apartado nas perspectivas analíticas máis produtivas na sociolingüística galega. Dunha banda, a que reflexiona sobre a calidade lingüística dos neofalantes e o seu lugar no espazo lingüístico galego. Doutra banda, os traballos que describen o perfil lingüístico das neofalas. Por último, destacamos as investigacións que abordan o papel do neofalante na sociedade actual.\nA discusión sobre a calidade lingüística\nPor un lado, dende a vertente normativa, as variedades utilizadas polos neofalantes son caracterizadas tanto fronte ás variedades tradicionais como fronte á súa ‘fidelidade’ respecto do estándar. Hai unha literatura emerxente, de base purista, que suxire un control máis rigoroso sobre a calidade lingüística do galego urbano, o que ten como consecuencia lexitimar máis unhas variedades urbanas fronte a outras (Freixeiro Mato 2009; Sanmartín Rei 2009; Callón 2012). Dende esta perspectiva, as neofalas, para seren válidas, deben guiarse por un elevado criterio de corrección. Do contrario, deben ser desbotadas por non ‘auténticas’; ademais, dos seus usuarios considérase que carecen do compromiso preciso coa lingua. A función queda supeditada á forma. O resumo desta posición recóllese nas seguintes palabras de Sanmartín Rei (2009: 36): a calidade da lingua que empregamos é un sinal inequívoco, público, notorio, do noso compromiso lingüístico. […] Non abonda con empregar o galego, temos que utilizalo correctamente e restituír aquelas formas hoxe esquecidas ou preteridas por coñecidas circunstancias sociohistóricas.\nEsta mesma ideoloxía lingüística atopámola en Freixeiro Mato (2009: 41) para quen “xa non chega con podermos dicir que falarmos galego, debemos poder dicir tamén que falamos galego coa mesma competencia e dignidade con que unha persoa rusa fala o seu idioma, ou unha inglesa ou unha italiana”. Nesta proposta o compromiso lingüístico xorde da calculada asociación entre competencia e dignidade, inferíndose que quen non domina a lingua segundo as lóxicas do que o autor considera ‘lingua de calidade’ é indigno/a. Xa que logo, o neofalante é un falante inauténtico, impuro. Non obstante, outras voces consideran que o futuro do galego está nestas novas falas e só “comezará a estar normalizado cando ninguén cuestione os seus novos falantes” (Callón 2012: 27, a cursiva é nosa).\nÉ significativo que, ás veces, sexan os propios neofalantes os que actúan dentro dun modelo “moi purista no tocante ao léxico ou á morfoloxía” (Regueira 2004: 86). Isto é unha característica dun tipo de neofalantes mais non de todos. Noutros, hai conciencia sobre a necesidade de mellorar pero a súa fala está moi hibridizada, mesturada e interferida. Para algúns autores o galego urbano é un “perigo” na medida en que está “xerando un complexo de minusvaloración da variedade auténtica propia de moitos galegofalantes, que ven como a súa variante lingüística segue sen ter valor social, porque non é a propia dos que están instalados no poder” (González González 2012: 48). Esta consideración está bastante arraigada en ámbitos académicos e entre filólogos e profesores de lingua galega.\nO perfil lingüístico das neofalas\nDende unha perspectiva diferente, nos últimos anos os trazos lingüísticos das novas variedades urbanas foron obxecto de traballos descritivos (Vidal Figueroa 1997; Dubert García 1999, 2005; Regueira 1999, 2004, 2012; Kabatek 2000; Lorenzo Suárez 2003). Como trazos máis salientables destácanse as interferencias do castelán ao galego nestas falas, o que para ÁlvarezCáccamo (2000: 113) sería como “falar espanhol en galego”. Para Regueira (1999: 869), non obstante, “existen indicios suficientes para defendela idea de que se trata dun modelo estable e ben valorado socialmente”.\nO papel social do neofalante\nA liña de investigación relacionada coas representacións sociais dos e sobre os neofalantes é na que se sitúa este artigo. Os antecedentes son unha serie de traballos empíricos, tanto cuantitativos como cualitativos, publicados nos últimos anos, que, con obxectivos distintos, pretendían deitar luz sobre as actitudes e as valoracións que os neofalantes activan na sociedade galega (Iglesias 2002; González González 2003; Frías Conde 2006; KovácováMoman 2007; LoureiroRodríguez 2008; O’Rourke 2011a; LoureiroRodríguez, Boggess e Goldsmith 2012). Na maioría destes traballos saliéntase, dunha banda, o compromiso coa lingua por parte dos neofalantes e, doutra banda, a autoconciencia sobre o seu papel na dignificación e no futuro do idioma. Xustamente, aquilo que é criticado por parte dalgunhas das posicións puristas que significamos máis arriba. É dicir, a (auto)percepción sobre a relevancia dos neofalantes no futuro do galego é unha constante nestes traballos.\n4. m etodoloxía 2\nNa investigación que estamos levando a cabo sobre neofalantes, utilizamos diversas metodoloxías cualitativas: historias de vida, entrevistas en profundidade e grupos de discusión. Os datos que se 2 Esta investigación forma parte dun macroproxecto sobre neofalantes en linguas minoritarias (irlandés, catalán, euskera, manés, occitano, galés, gaélico escocés, galego, bretón) que se está levando a cabo por diversas universidades e centros de investigación europeos con deseños metodolóxicos comúns.\npresentan nesta contribución proceden de tres grupos de discusión con estudantes universitarios da Universidade de Vigo: dous formados por neofalantes e o terceiro por falantes tradicionais 3. No primeiro grupo (NEOFIL), os estudantes eran neofalantes de galego con estudos no ámbito dos humanidades e a filoloxía. O segundo grupo (NEO), estaba formado tamén por neofalantes pero neste caso a súa formación académica non estaba relacionada cos estudos lingüísticos nin literarios: estudantes de enxeñería, economía, bioloxía, etc. No terceiro grupo (FT) participaron falantes tradicionais con estudos do ámbito das humanidades. O total de participantes nos tres grupos foi de 16, cunha distribución semellante de homes e de mulleres de entre 18 e 25 anos. Os grupos foron moderados por un dos autores do artigo e tiveron lugar na Universidade de Vigo no ano 2008.\nO grupo de discusión constitúe unha técnica de produción de datos útil para explorar tanto os discursos socialmente cristalizados coma aqueloutros emerxentes sobre un determinado obxecto de estudo. Como tal, posibilita unha conversa socializada, con respostas máis espontáneas que as que producen as entrevistas en profundidade (Callejo 2001; Flick 2009). Na medida en que os participantes incorporan ideas duns e doutros, o discurso xerado non sempre reflicte pensamentos orixinais. Con todo, esta técnica permite recrear contextos de interacción informal, que se poden entender como reprodutivos de situacións reais nas que as ideas e os puntos de vista son negociados (Edley e Litosseliti 2010). O que se procura é crear un contorno analítico no que se articulen as estratexias de produción de consenso e de conflito de xeito semellante a como se reproducen na vida cotiá. Polo tanto, a técnica contribúe á produción das representacións sociais máis relevantes sobre o grupo social investigado.\n5. a nálIse\nPara a análise dos datos seguiuse un exhaustivo proceso de codificación dos textos, a partir das unidades temáticas consideradas relevantes nesta investigación. No presente artigo centrámonos nalgunhas destas unidades temáticas: a valoración social das neofalas, a autenticidade e as tensións entre falas tradicionais e neofalas.\nPara os neofalantes as súas variedades son obxecto constante de valoración social, de tal xeito que tanto eles mesmos como o resto dos perfís de falantes en Galicia as ven como variedades marcadas. Resumindo, os discursos producidos polos propios neofalantes (NEOFIL e NEO)\ndistinguen dous perfís básicos: ¾ Neofalantes I. Menos coidadosos coa calidade da lingua. Son conscientes da súa ‘artificialidade’ e avalían como variedades lingüísticas lexítimas as dos falantes tradicionais. ¾ Neofalantes II. Moi coidadosos coa calidade da lingua. Son críticos cos neofalantes que presten menos atención ás cuestións formais (neofalantes I). Ademais, consideran que a súa variedade é tan lexitima como as tradicionais. Na medida en que non foi ese un criterio utilizado na captación dos participantes nos grupos de discusión, os dous grupos de neofalantes incluían persoas identificadas por nós como neofalante I e como neofalante II. En troques, para os falantes tradicionais que participaron na investigación (todos con estudos universitarios), esta diferenza é menos relevante, na medida en que a oposición é entre falante tradicional e neofalante en xeral. Ademais, o discurso produ3 As historias de vida e as entrevistas en profundidade realizáronse ao abeiro do proxecto “Nuevos hablantes, nuevas identidades: prácticas e ideologías lingüísticas en la era postnacional” (NEOPHON), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (ref. FFI201124781).\ncido pon de relevo percepcións doutros perfís de falantes: falantes tradicionais de galego de idade avanzada, que viven no rural ou en vilas pequenas e en xeral cun nivel de estudos básico, e falantes de diversas variedades de castelán urbano.\nNas seccións seguintes presentamos extractos que reflicten esta variedade de representacións, en particular sobre como os neofalantes (que son o noso obxecto de estudo) se presentan a si mesmos en relación a estas outras categorías de falantes, como interpretan e negocian a súa inserción social e o seu espazo lingüístico e, á súa vez, como este espazo parece ser interpretado e negociado por outros.\nCon respecto á calidade lingüística, é frecuente que o neofalante autoavalíe a súa propia variedade como de pouco valor, resumido na expresión ‘galego de escola’ no sentido negativo, ligado á pobreza idiomática (exemplos 1 e 2). Ás veces hai un recoñecemento metalingüístico explícito que dá un valor de autenticidade ao falante tradicional: “teñen outra fonética e falan moito mellor ca min” (exemplo 3) 4 :\n1. [NEO] M: A miña variedade é defectuosa. Eu entendo que a persona que o falou sempre, que tal, que a miña variedade non é nin diatópica nin diafásica, que a miña… eu falo o galego que podo. Cada día intento falar mellor, e ahora pois si intento máis o menos meter variedades da miña zona o intentar melloralo, facelo…, pero para min o meu galego é inauténtico. […] a miña aprendina na escola\nD: Claro, o noso é un galego de escola Sa: Un galego de libro, un galego pobre 2. [NEO] A: Pero os meus avós non usan esas variantes ás que el se refería […] Entón, para min como teño de referente o seu galego penso que o galego, o millor galego, por dicilo así, é o deles. 3. [NEOFIL] Su: Eu relaciónome con moita xente que ten como lingua inicial o galego e en moitísimas ocasións, non digo unha, nin dúas, nin tres, de ir xuntos a algún sitio, o ir cun amigo, o co meu mozo, a calquera sitio de galegofalantes de sempre, que teñen outra fonética e falan moito millor ca min.\nEsta mesma apreciación sobre as neofalas dáse entre falantes tradicionais universitarios. Así, exprésase explicitamente que o galego dos neofalantes é de baixa calidade, con moitos problemas formais. Respéctase o uso funcional mais dubídase da calidade e a seguridade lingüística; é dicir deslexitímase que todo valla en defensa dunha norma ás veces pouco coidada (exemplo 4). Esta crítica interpretámola como unha forma de exercer un liderado lingüístico implícito, a través dun discurso de apropiación da lingua por parte dos falantes tradicionais universitarios: “pode ser máis noso, dos que levamos toda a vida falándoo” (exemplos, 5 e 6). Para estes falantes tradicionais, o feito de que destaquen que só os que levan toda a vida falando galego son os falantes verdadeiros, despraza toda posibilidade de que as neofalas acaden o estatus de galego auténtico:\nX: Eu identificaría a un neofalante como aquil que lle note perfectamente que aínda ten o lastre do castelán por detrás, que non utiliza ben no idioma determinadas estruturas, non son naturais, sen entrar xa 4 Os fragmentos que comentamos son transcricións literais das formas utilizadas polos participantes. En ningún caso se fixeron correccións ou adaptacións formais. Como se verá, algúns extractos procedentes das neofalas (NEOFIL e NEO) reflicten un elevado grao de interferencias do castelán.\nidentificaren e co que se sentiren máis seguros falando galego. En xeral o que noto é pouca seguridade ao falalo. 5. [FT] X: Considero que o galego é máis dos galegos que falan de sempre. Sobre todo naqueles lugares onde non se perdeu, onde o uso está moito máis normalizado e tal. 6. [FT] I: O galego non vai deixar de ser galego para os neofalantes. Non vai deixar de ser deles, porque poden optar a que o galego sexa deles tamén. Pero tamén penso que pode ser máis noso, dos que levamos toda a vida falándoo.\nque non sempre é de agrado para o neofalante, que interpreta esta práctica como unha forma de control e de autoridade ás veces excesiva (exemplo 7):\n7. [NEOFIL]\nS: Están continuamente corrixindo. Están máis atentos a ti que a outro calquera. Están máis atentos a que ti digas “xoves” en vez de “jueves” que a que un galegofalante de sempre diga “jueves” en vez de “xoves”. Están co ollo aí posto. Sempre, como en gran hermano.\nOutra das tensións que perciben os neofalantes está estreitamente relacionada co uso da variedade normativa, na medida en que a mesma os afasta das variedades locais; e isto é motivo de sanción dentro da comunidade (exemplo 8): 8. [NEO] M: Bueno, a min aínda o outro día me puteou…, me putearon na Guardia porque dixen “galego” non “ghallegho” ou “ningún” en vez de “niñún”. É algo que, claro, como respondes a iso? Vale eu falo galego pero tu falas galego millor ca min, pero eu non teño dereito a falar galego? Non sei, é un conflito algunhas veces… Con todo, a variedade normativa tamén é funcionalmente relevante e prestixiada para os falantes tradicionais sen estudos. A súa percepción supón unha minusvalorización da lingua propia e unha mitificación do galego urbano. As consecuencias desta mitificación é que en interaccións entre galegofalantes tradicionais e neofalantes é moi frecuente que o falante tradicional, sobre todo se é unha persoa maior e sen estudos, opte por cambiar de lingua e falar en castelán (exemplo 9): 9. [FT] I: A min tamén me pasa iso. Eu normalmente, por exemplo, o normal é que eu fale con gheada sempre, e sin embargo cando empecei, non sei, no cole, no instituto, cando empecei a carreira, pois non sei ao principio parece que me costaba máis e de feito aínda agora me costa falar aquí con gheada. O exemplo 10, ademais, recolle unha percepción moi frecuente entre neofalantes. Así, é habitual que se narren experiencias que inclúen un laio respecto dunha práctica dos falantes\ntradicionais:\nconscientes de que coa súa práctica asumen unha parte da responsabilidade relacionada coa recuperación da lingua, sobre todo nas cidades e isto constitúe un estímulo moi importante e tamén unha responsabilidade. Hai unha conciencia xeneralizada da perda do idioma e valórase moi positivamente o papel do neofalante no futuro da lingua, xunto coa recuperación da transmisión lingüística nas familias que tradicionalmente falaron galego. Por iso, ao lado do sentimento de culpabilidade, hai tamén unha reivindicación da diferenza (exemplos 13 e 14): 13. [NEO] M: Eu creo que os neofalantes son fundamentais. É importantísimo e unha cousa fundamental no futuro da lingua porque no neofalante existe un desexo de querer falar, un compromiso, unha conciencia de querer falar esa lingua i eu creo que é fundamental para o futuro dunha lingua.\nOs neofalantes posiciónanse en termos do que Moscovici (1976) denominou ‘minoría activa’.\nEn realidade, moitos dos seus discursos reflicten comportamentos típicos das minorías activas (O’Rourke e Ramallo 2013b; Ramallo 2013); un participante refírese a eses comportamentos, en tanto que comportamentos sociais influentes, en termos de neofalantismo (exemplo 15): 15.[NEO] A: home eu penso que si, porque é unha forma de gañar falantes que doutro xeito non habería…pois non atopo outra forma de que incorpore…xente da sociedade galega ao emprego da lingua galega se non e así, polo polo neofalantismo.\nO neofalante tamén ten que significarse ante os falantes de castelán. O cambio lingüístico non sempre é ben recibido por este outro grupo. O cambio é percibido habitualmente como unha posición ideolóxica, con atribucións políticas pouco realistas. Elabórase un discurso de apropiación lingüística: se empezas a falar galego sitúaste no imaxinario político da esquerda nacionalista. A isto contribuíu especialmente a propia esquerda nacionalista, cun discurso identitario centrado especificamente na lingua como valor central do seu ideario. Para grupos urbanos castelanfalantes, comezar a expresarse en galego ten un significado claro: ser nacionalista. É un novo prexuízo que contribúe negativamente á polarización social. Pódese non ser nacionalista se falas galego tradicional pero non se falas galego urbano. Obviamente é unha cuestión política pero non partidista. É dicir, a opción de falar galego implica un posicionamento político, unha toma de conciencia sobre unha realidade sociolingüística regresiva pero isto non necesariamente debe levarse ao terreo partidista, como se veu facendo en Galicia nas últimas tres décadas.\nPor outra banda, o perfil do neofalante é tamén unha construción. A partir dunha calculada simplificación, o neofalante comeza a ser reivindicado por certa parte do nacionalismo galego. Asúmese que o neofalante é unha persoa moi comprometida politicamente, que foi capaz de renunciar á súa lingua inicial, o castelán, que ten un nivel cultural medio alto e que se sitúa na órbita do nacionalismo. Esta construción arquetípica explícase mellor se temos en conta que o falante tradicional de galego procede dun hábitat rural, con escasa formación, economicamente empobrecido e, ademais, votante tradicional da dereita (exemplos 16, 17, e 18): 16. [NEO] M: Home, eu creo que o compromiso activo coa lingua, quero dicir, ao mellor o PP tendo unha base social de votantes galego falantes probablemente moito máis grande, a percepción é que nunca tuvo unha preocupación real por dignificar a lingua i supoño que esa asociación de neofalante que supón facer un esforzo, facer algo diferente que é cambiar a lingua pois estará vinculada a ese compromiso activo, non? 17. [FT] X: Si, si porque poñen a cruz. Que para min podería ser un orgullo pero claro, ao final acaba sendo en moitos sitios de estigma tamén. 18. [NEO] M: Sobre todo nas ciudades se identifica falar galego con afiliación política que moitas veces non é así. Teño unha amiga miña é neofalante i me di ela ahora, pois ten certa afiliación, e me di, eu primeiro falei galego i despois o outro impuxéronme.\n6. c onclusIón\nOs neofalantes constitúen un grupo social a ter en conta no presente e no futuro do galego. Na medida en que as súas prácticas lingüísticas se distancian formal e funcionalmente das tradicionais, é preciso consideralos como un obxecto de estudo prioritario na sociolingüística galega. Un dos aspectos máis relevantes é o dos discursos sobre as neofalas e sobre o papel do neofalante na vitalidade da lingua. Tanto as autopercepcións coma as precepcións dos outros nos neofalantes e nos falantes tradicionais poden levar a certas tensións sobre cales das formas da lingua son consideradas correctas, sobre que falantes son lexítimos usuarios do idioma e sobre quen ten acceso e control respecto dos recursos lingüísticos nos emerxentes mercados lingüísticos (Heller 2011). Na medida en que as linguas están ligadas ao poder simbólico, como Pujolar (2007: 121) suxire a falta de “nativeness” asociada aos neofalantes tamén pode ser usada para negarlles o acceso a certos mercados lingüísticos, que á súa vez pode ter consecuencias importantes para as súas perspectivas sociais e económicas. Por outra banda, con todo, as formas máis estandarizadas da lingua utilizadas polos neofalantes poden concederlles certos privilexios, a miúdo de orde económica. Estes privilexios están moitas veces ligados ao uso da variedade estándar, que pasa a representar un filtro poderoso para a mobilidade social, case sempre levando ao abandono de variedades tradicionais en contextos de substitución lingüística (Dorian 1994). O obxectivo deste traballo foi afondar no papel social dos neofalantes e das súas prácticas a partir da súa consideración como grupo sociolingüístico lexítimo. En consecuencia, este traballo tentou comprobar se as neofalas están socialmente lexitimadas en tanto que falas auténticas do galego. Por una banda, comprobamos que tanto a autopercepción dos neofalantes coma aqueloutra dos falantes tradicionais universitarios é crítica, especialmente coas cuestións relativas á calidade formal da maioría das neofalas. Por outra banda, confírmase o que outros estudos previos demostraron sobre a valoración positiva das neofalas que comparten os falantes tradicionais de galego de máis idade, subordinando a autenticidade do seu propio galego ao galego lexitimado polos medios e polo sistema educativo. Por último, a falta de lexitimidade tamén ten orixe na crítica dos falantes de castelán ás persoas que deciden desprazar esta lingua e convertérense en neofalantes de galego. En conclusión, o neofalante está en continúa negociación do seu espazo no sistema sociolingüístico galego.\nr eferencIas bIblIográfIcas\nÁlvarez Cáccamo, Celso (2000): “Para um modelo do ‘codeswitching’ e a alternância de variedades como fenómenos distintos: dados do discurso galegoportuguês / espanhol na Galiza”, Estudios de Sociolingüística 1(1), 111128.\nBourdieu, Pierre (1982): Ce que parler veut dire: L’économie des échanges linguistiques. Paris: Fayard. Callejo, Javier (2001): El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Barcelona: Ariel."} {"summary": "O mundo da moda require dunha actualización continua dos termos lingüísticos, debido á creación de novas pezas de roupa ou calzado ou á aparición de variantes ou evolucións doutras xa existentes. Como en calquera outro sector comercial ou industrial, no téxtil tamén é imprescindible dispoñer dun compendio léxico que nos permita referirnos a cada un dos seus elementos con precisión e sen lugar a confusións ou malentendidos. Neste artigo analizamos unha ducia de termos procedentes do ámbito da moda, a maioría deles creados a partir de préstamos ou calcos doutras linguas (nomeadamente inglés e castelán). De cada un destes termos analizamos a súa presenza nos dicionarios galegos de maior uso, así como as referencias nos diferentes córpora do galego. Así mesmo, establecemos unha análise comparativa das solucións desenvolvidas nas linguas do noso contorno (castelán, portugués, catalán, francés e italiano) e estudamos a súa orixe histórica. Finalmente, e a partir da información recollida, para cada un dos termos analizados ofrecemos a solución que nos parece máis acaída, en función da extensión do seu uso, a súa correspondencia con vocábulos propios do galego e as posibilidades de éxito da súa incorporación á lingua, en caso de propostas novidosas.", "text": "O galego, lingua de moda: algunhas solucións terminolóxicas rvilaamado@gmail.com\n\nTerminoloxía, moda, pezas de roupa, téxtil\nSumario\n1. Introdución. 2. Metodoloxía. 3. Termos analizados. 3.1. Calzón: bóxer e slip. 3.2. Cárdigan. 3.3. Culote. 3.4. *Horquilla. 3.5. Légging. 3.6. Pantalón *pitillo. 3.7. Paxarela. 3.8. Sostén. 3.9. Suadoiro. 3.10. Tenis. 3.11. Top. 3.12. *Xemelgos. 4. Conclusións.\nGalician as a language of fashion: some terminological solutions\n1. I ntroducIón\nAs palabras que conforman o léxico dunha lingua deben responder a todas as necesidades comunicativas dos seus usuarios. Por este motivo, un idioma é unha entidade viva, que xera novos termos (do mesmo xeito que se desprende doutros que xa non lle son útiles) ou que lles confire ós xa existentes novos sentidos ou novas acepcións.\nDe entre as posibilidades de que dispón unha lingua para incrementar o seu patrimonio léxico, as principais son a creación propia e a incorporación dun vocábulo doutra lingua (préstamo). A medio camiño entre estas dúas (máis preto da incorporación que da creación) está a adaptación dun préstamo á estrutura propia da lingua de destino (calco). Finalmente, atópase a extensión dun concepto xa existente (como o bonete, en inicio ‘gorro utilizado polos clérigos’ que pasou tamén a designar o ‘tipo de sombreiro sen aba que cobre a parte posterior, lateral e superior da cabeza enmarcando a cara, e que conta cuns lazos ou cordeis que se anoan debaixo do queixelo’, actualmente asociado ós bebés 1), xeralmente a partir dunha ampliación semántica. Malia que os diferentes estudos 2 indican que a creación mediante recursos propios (a derivación morfolóxica, nomeadamente) é o modo máis corrente de achegar novos termos a unha lingua, a realidade mostra que o préstamo/calco é un proceso que se presenta con excesiva frecuencia, sobre todo nos ámbitos tecnolóxico, comunicativo, económico ou deportivo, ademais do que nos ocupa, que son precisamente os de maior riqueza creativa.\nO maioritario (e, moitas veces, o cómodo) é coller prestada tal cal unha palabra do idioma propio daqueles que crearon a necesidade de empregala (o inglés, case sempre). Con todo, un mínimo labor de análise permite descubrir que o idioma de recepción (neste caso, o galego) posúe as ferramentas suficientes como para xerar un termo de seu, ou para estender o sentido dun dos seus vocábulos cara a ese novo espazo, “a cuestión radica na vontade de utilizar a lingua neses ámbitos” (Galanes 2006: 112). Débese partir da base, especialmente en linguas en proceso de normalización terminolóxica –como é o galego-, de que todas as linguas poden denominar calquera novo concepto. Así e todo, haberá ocasións en que será preciso claudicar (neste artigo temos varios exemplos), porque non aparece unha solución propia, ou porque o nivel de penetración do préstamo é tal que fai inviable a súa substitución.\nUn dos síntomas da boa saúde dunha lingua é a súa capacidade para darlles resposta ás necesidades expresivas e denominativas que van xurdindo ó longo do tempo. Unha lingua vital 3 é aquela que é capaz de utilizar os seus recursos internos para a creación de palabras (e de manter dentro dos límites razoables a aceptación dos empréstitos tomados doutras linguas). Outra cousa será que logo esa proposta de noso calle ou non, pero a obriga dos lingüistas é, cando menos, ofrecer unha solución propia 4. Neste senso, é interesante a análise da implantación terminolóxica, é dicir, o paso dun termo proposto cara a un uso común. Os estudos de implantación serven para medir de que maneira ou en que grao as propostas pasan ó uso efectivo por parte da comunidade para a que estaba destinada.\nA terminoloxía, en palabras de Teresa Cabré 5, “fortalece o corazón das linguas, especialmente daquelas que sofren o embate do inglés”. Neste senso, o campo da moda é un ámbito moi contaminado de anglicismos, mais tamén temos que fuxir do castelán. Rastrexar os termos que empregan os especialistas neste campo non é produtivo, pois todos precisan unha adaptación.\n2. M etodoloxía\nOs conceptos escollidos para este traballo pertencen ó ámbito do vestiario ou da moda. Comparten entre eles a súa orixe foránea e a inexistencia dun termo asentado propio do galego para definir esa realidade (ou cando menos, non se atopan exemplos consolidados do seu uso nos principais dicionarios de galego ó noso dispor). As obras lexicográficas que manexamos foron as seguintes: Dicionario de Galego de Ir Indo, Gran Dicionario Xerais da Lingua (GDXL), Gran Dicionario Século 21 da Lingua Galega (GDS21), Dicionario Cumio, Dicionário electrónico Estraviz, Dicionario da Real Academia Galega (DRAG). Tamén empregamos os seguintes dicionarios bilingües: Diccionario Cumio avanzado español/galego, galego/español, Gran dicionario Século 21 galego/castelán, castelán/galego, Diccionario Xerais castelángalego de usos, frases e sinónimos e Dicionario castelángalego da Real Academia Galega. Canto ás obras terminográficas, seguimos a Cabré (1993), Rodríguez Río (2003) e Galanes Santos (2006).\nEscollemos este ámbito debido ó desenvolvemento de blogs de moda 6 que se produciu nos últimos anos, cuxo impacto a nivel social, e mesmo económico 7, favorece a expansión do sector téxtil e, en consecuencia, o incremento de novos termos, a reconceptualización semántica doutros e, inclusive, a substitución lingüística por vocábulos estranxeiros, de modo que é necesaria unha intervención terminolóxica temperá ou en fase de implantación das novas palabras, pois unha parte substancial dos nomes do noso vestiario provén doutras linguas.\nO proceso que seguimos para a análise de cada un dos termos está baseada na proposta que Rodríguez Río presenta na obra Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega (2003), sobre todo na aliña referida ó traballo terminográfico puntual, cuxas fases presentamos a continuación sinteticamente.\nEn primeiro lugar realizamos unha determinación do concepto, para o que buscamos en dicionarios da lingua da denominación e en córpora especializados (entre outros, o Tesouro Informatizado da Lingua Galega, TILG, e o Corpus de Referencia do Galego Actual, CORGA), así como en bancos de datos terminográficos (o Cercaterm catalán e o InterActive Terminology for Europe, IATE). Tamén tivemos en conta as denominacións doutras linguas (principalmente as do noso contorno lingüístico: portugués, castelán, catalán, francés, italiano), e aplicámolas ó contexto galego. A seguir fixemos unha busca das denominacións dese concepto na lingua de consulta, para o cal buscamos información en dicionarios e vocabularios monolingües e multilingües (Collins Universal, Dicionário Priberam da Língua Portuguesa, Dicionário Visual Verbo, Diec2, Houaiss, Le nouveau Petit Robert, Zingarelli) e documentación especializada (Formoso Gosende 1998, Bandrés Oto 1998, Ambrose 2008, Stalder 2009) cunha conseguinte aplicación ó contexto galego.\nDespois realizamos unha avaliación da calidade e perspectivas de asentamento do uso das solucións atopadas, para o cal analizamos o grao de autoridade das solucións atopadas e a súa aplicación ó contexto galego, seguindo criterios intrínsecos (respecto pola autoridade normativa, adaptación ás pautas morfolóxicas, sintácticas, ortográficas e ortofónicas do galego, busca da precisión e dos matices diferenciadores con respecto a conceptos similares, preferencia polos préstamos xa presentes na lingua de destino e polas solucións das linguas veciñas) e pragmáticos (grao de uso real e de difusión e antigüidade da fonte orixinal, adecuación do termo ó nivel de lingua no que vai ser usado, preferencia pola concisión e pola relación transparente entre concepto e denominación, e previsión de posibles efectos cacofónicos ou de asociacións connotativas non adecuadas). Logo vén o resultado e conclusións da avaliación, fase na que se procede á recompilación e análise de toda a información localizada de cada un dos conceptos, que se completa coa avaliación da proposta neolóxica a partir da valoración das posibilidades ofrecidas pola formación propia ou polas opcións derivadas dun neoloxismo de préstamo (por substitución ou por importación). O último chanzo será sempre a validación da nosa proposta neolóxica, fundamentada e contextualizada.\nEn resumo, o esquema a seguir en cada un dos casos é ofrecer a definición do termo en cuestión, buscar as súas correspondencias noutras linguas do noso contorno, ver as opcións empregadas ata agora no galego (de haber algún precedente no seu uso) e tratar de establecer a solución máis correcta en cada caso, que quizais nalgún sexa o mantemento da forma de orixe. Escollemos unha ducia de conceptos, a maioría deles presentes na nosa lingua desde hai anos (mesmo décadas, como o caso de tenis, sostén ou paxarela). Eliximos estes termos por tratarse de vocábulos cotiáns de alta difusión que precisan ou ben aprobación ou ben unha solución que teña cabida na nosa lingua. Algúns deles, debido ó seu carácter de estranxeirismo, desbotámolos, intentando unha substitución a partir dos recursos propios do galego e respectando as súas normas de composición verbal, sempre baixo a referencia do que se fixo noutras linguas da nosa veciñanza. Así pois, pretendemos substituír, na medida do posible, todos os conceptos foráneos innecesarios en galego e buscar ou propoñer a solución terminolóxica máis axeitada.\nIntentamos en todo momento propoñer uns conceptos que sexan viables, é dicir, que pola tipoloxía da palabra (transparencia e concreción) e/ou polo uso do termo definan perfectamente o concepto en cuestión e sexan interpretados polos falantes como conceptos de seu. Estableceremos como amplo marco de criterios xerais os seguintes: a corrección/adaptación dos termos ó galego; a existencia de termos previos; a denominación de realidades novas, e o uso/ difusión dos termos.\nOutra das pretensións deste traballo consiste en dar a coñecer as solucións galegas dalgúns conceptos, é dicir, espallar vocábulos galegos que son coñecidos maioritariamente pola súa forma castelá, como acontece con *horquilla, *gemelos e *pajarita.\n3. t erMos analIzados\n3.1. Calzón: bóxer e slip\nPodemos definir o calzón ou as cirolas 8 como ‘peza de roupa interior masculina que cobre da cintura para abaixo, cada perna por separado, cunha lonxitude variable 9 ’. Nas linguas do noso contorno esta realidade (en inglés underpants, men's drawers, shorts ou pants) exprésase do seguinte xeito:\nes calzoncillo ca calçotets fr caleçon pt cueca it mutande 8 Termo probablemente xurdido dunha motivación conceptualasociativa ou conceptualmetafórica moi transparente: os órganos xenitais masculinos son denominados cirolas pola súa forma, o que logo se extrapola tamén para denominar a peza de roupa que serve para tapalos. 9 Definición tirada do DRAG.\nCon todo, hai diferentes realidades baixo este termo xeral. Isto é, calzón (ou a súa variante patrimonial cirolas) funciona como hiperónimo, baixo o cal se engloban outros conceptos máis específicos, como ‘tipo de calzón, normalmente axustado ó corpo, que cobre unha parte das coxas 10, ou ‘tipo de calzón cinguido e sen perneiras, semellante a unha braga’. Precisamos, pois, dúas denominacións para ambos os conceptos definidos. Comezamos polo ‘tipo de calzón, normalmente axustado ó corpo, que cobre unha parte das coxas’. Vexamos como designan esta realidade as diferentes linguas: es bóxer ca bòxer(s) fr boxer, boxeur(s) pt boxer it boxer Para o ‘tipo de calzón cinguido e sen perneiras, semellante a unha braga’, propoñen os seguintes termos: es slip ca eslip fr slip pt slip it slip Como podemos observar, a nivel xeral óptase pola incorporación dos anglicismos boxer 11 e slip. Con todo, nos diferentes dicionarios de galego consultados, ó contrario do que acontece noutras linguas 12, non aparecen estes termos, máis que no Dicionario Electrónico Estraviz, no cal encontramos slip definido como ‘prenda interior masculina, especie de calzón curto’, e no GDXL e no GDS21, onde atopamos a forma slip marcada cun asterisco como non recomendada e para a cal aconsellan o emprego do hiperónimo calzón por slip, algo que non cremos conveniente por se tratar de conceptos diferentes. A pesar disto, cremos que polo seu amplo uso e polo que\nocorre noutras linguas sería interesante facer unha distinción entre estes tipos de calzóns.\nEn galego ambos os conceptos aparecen en moitas páxinas de moda asumindo o anglicismo. Nos nosos córpora, no TILG aparecen dúas ocorrencias de bóxer, mais só co significado de ‘raza de can’. O mesmo acontece no CORGA, onde ningunha das catro ocorrencias se refire á peza de roupa interior (tres refírense a ‘raza de can’ e unha a ‘sociedade secreta chinesa’). A respecto de slip, este documéntase co significado que nos ocupa no TILG (nove ocorrencias de nove totais) e tamén no CORGA (oito de dez):\nTILG : A man do home, segura, desce, érguelle a saia, introdúcese tremendo antre as coxas e o pubis, intenta apartar o slip, confíase (Antón e os inocentes, Xosé Luís Méndez Ferrín, 1976). CORGA : Como non tiña na axenda unha cita amorosa, vestira unhos slips moi pasados, frouxos, que podían deixalo coas partes á recacha (Pan e coitelo. Novela moi moral, Bieito Iglesias, 2008). 10 Esta definición responde, quizais, ó concepto de calzón tradicional, mais decidimos igualmente propoñer dúas formas específicas. 11 Os bóxers son semellantes ós pantalóns tradicionalmente usados no boxeo. 12 Atopamos slip no diccionario portugués Houaiss, no francés PetitRobert, no italiano Zingarelli, no catalán Diec2 (adaptado coa forma eslip) e na última edición do DRAE (escrito en cursiva). Documentamos boxer ou boxershorts nos dicionarios citados, agás no DRAE.\nAtopamos 1 ocorrencia destes termos na Neoteca – Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo :\nPara eles, tamén uns interiores moi novos e confortables, porque os bóxers e slips de Dim son cada vez máis finos, dinámicos e flexibles (O Correo Galego, 27/12/1998).\nDespois de observarmos a incorporación dos conceptos bóxer e slip nas linguas próximas e mais de examinarmos a documentación destes termos nos nosos córpora, propoñemos designar estes dous hipónimos de calzón mediante as formas bóxer para o ‘tipo de calzón que cobre parte das coxas’ e slip para o ‘tipo de calzón sen perneiras’.\nAdaptamos o anglicismo boxer á ortografía do galego e grafamos bóxer, con acento gráfico e sen cursiva 13. Neste senso, no GDXL e no Dicionario Cumio atopamos a forma bóxer, adaptada á grafía galega, con dous significados distintos ó téxtil: ‘raza de can’ e ‘membro dunha sociedade secreta chinesa’, polo que cremos que se debería considerar unha terceira acepción referida ó concepto tratado. Slip non o adaptamos (o catalán é a única das linguas vistas que adapta o termo), senón que decidimos adoptalo directamente e en redonda.\n3.2. Cárdigan\nO DRAG define cárdigan como ‘chaqueta de punto, xeralmente con escote en forma de uve’. Unha definición semellante aparece no dicionario galego Ir Indo e no Cumio. O GDS21 define directamente o concepto como ‘chaqueta de punto’. A primeira vista, semella un vocábulo totalmente implantado no noso ámbito cotián.\nA procedencia do termo remóntase ó século XIX e debe o seu nome a James Thomas Brudenell (17971868), sétimo conde de Cárdigan, quen popularizou o seu uso. A denominación desta peza de roupa é equiparable a rebeca 14 (‘chaqueta feminina de punto, sen colo, abotoada por diante e cuxo primeiro botón está á altura da gorxa’), pamela 15 (‘tipo de sombreiro de muller, inicialmente de palla, baixo de copa e de aba moi ancha e flexible’) ou bolero (‘tipo de chaqueta moi curta de señora’), pois todos eles pertencen a unha tradición cultural compartida e non a unha translación lingüística, pois foron termos xurdidos do ámbito cultural, polo que son susceptibles de transcender os criterios lingüísticos 16, é dicir, son palabras que se poden adoptar directamente sen necesidade dunha grande adaptación.\nComo se pode observar, as linguas do noso ámbito lingüístico optaron pola incorporación deste vocábulo:\nes cárdigan ca\ncàrdigan fr cardigan pt cardigã it\ncardigan\nCon todo, ó lado desas denominacións existen sintagmas complexos, máis propios quizais do uso coloquial, como chaqueta de punto malla (es), jaqueta de punt (ca), veste tricotée (fr), 13 No texto cómpre a cursiva debido ó carácter metalingüístico do termo, o cal se traslada a outros casos que virán despois. 14 Vocábulo tomado da película de Alfred Hitchcock de 1940, baseada nunha novela de D. du Maurier, onde a protagonista lucía chaquetas dese tipo. 15 Termo xurdido da novela Pamela or Virtue Rewarded de Samuel Richardson de 1740. 16 Ó nivel destes termos atopamos tamén catiúscas (da opereta Katiuska de 1931 do compositor español Pablo Sorozábal, onde a protagonista lucía botas altas), sa brinas (da película de Billy Wilder de 1954, onde Audrey Hepburn lucía ese tipo de zapatos), pantalón (de Pantaleón, personaxe da Commedia dell’Arte que vestía una peza característica deste tipo), polo (peza de roupa empregada neste deporte). Estes vocábulos, agás polo, poden considerarse casos de eponimia, pois son substantivos comúns que derivan dun nome propio.\ncasaco de malha (pt) ou magioncino, maglietta con i bottoni (it). A primeira vista semella existir un mesmo concepto con dúas posibilidades designativas. Vexamos o que acontece na nosa lingua. Consultando o TILG, atopamos un só exemplo de cárdigan; con todo, o seu tratamento con comiñas indica que o propio autor considera estar perante un termo alleo, igual que sueters ou pullovers :\n\"Sueters\", xerseis, \"pullovers\", \" cárdigans \", chalecos e artigos similares (Nomenclatura do Arancel Integrado Comunitario, Instituto Galego de Estatística, 1990).\nFronte ó anterior, no mesmo corpus atopamos moitas ocorrencias de chaqueta 17, pero concretamente seis documentos (o primeiro de 1972 e o último de 1996) onde se acha chaqueta de punto, os cales ofrecen un contexto e un significado semellante e intercambiable co anteriormente citado cárdigan, que nos levan a pensar no concepto de ‘chaqueta de punto fino con escote en forma de punto’. O mesmo acontece no CORGA, onde aparecen sete documentos (entre 1983 e 2006) nos que aparece chaqueta de punto (catro deles coincidentes co TILG), fronte a, neste caso, ningún de cárdigan. Os autores utilizan este termo co mesmo significado que queren transmitir no significante chaqueta de punto, cando poderían empregar simplemente chaqueta se se estivesen a referir a un termo xeral sen características específicas, o que nos indica que a citada frase nominal funciona como unha expresión fixada na lingua. Neste senso, chaqueta de punto é equiparable a chaqueta americana por exemplo, chaqueta de la. Ilustramos a nosa explicación mediante algúns exemplos dos córpora mencionados: TILG : e unha chaqueta de punto moi longa (Follas de vagar. Xornal, Eduardo Moreiras, 1972). CORGA : desabotoou a chaqueta de punto de pura la virxe, que eu lle calcetara (Culpable de asasinato, Úrsula Heinze, 1993).\nTILG e CORGA : combinada coa chaqueta azul de punto que trouxera de Londres (Deus sentado no sillón azul, Carlos Casares, 1996). Polo que puidemos observar, cárdigan presenta unha ampla presenza na norma actual (rexístrase na meirande parte das obras lexicográficas vixentes, mais non así nas antigas, pois non atopamos ningunha ocorrencia no Diccionario de Diccionarios (DdD)), aínda que esta presenza non se reflicte no uso.\ntodo, a tradición que amosa no noso vocabulario é insignificante, todo o contrario ó que acontece nos blogs e nas webs de moda, tanto en galego, como en castelán ou en portugués. Ó noso modo de ver, o termo cárdigan espallouse debido á vertente ‘pseudomoderna’ que lle outorga o anglicismo, ó igual que acontece con trench 18, sen que teña nada que ver o antedito conde. Desde o noso punto de vista, cárdigan precisa unha observación ó lado da acepción nos diferentes dicionarios para xustificar a súa presenza neles, é dicir, sería necesario indicar a procedencia do epónimo 19. 17 O propio termo chaqueta (< fr jaquette) tamén constitúe un exemplo de préstamo adaptado gráfica e foneticamente á nosa lingua. 18 O termo trench provén de trench coat (‘abrigo de trincheira’). 19 Isto só acontece no GDS21, no que aparece unha nota despois da entrada do termo: ‘do conde de Cardigan, militar inglés’.\nPor unha banda, aceptar a entrada cárdigan sen o previo coñecemento da súa motivación sería unha autoestrada sen peaxe na que entrarían moitos neoloxismos innecesarios, como por exemplo blazer ou, se preferimos, bléiser (seguindo o portugués blêizer) para designar a ‘chaqueta de tea ou pano, con lapelas e botóns, que chega por debaixo da cadeira’, comunmente coñecida como americana. O éxito de cárdigan radica en que as novas xeracións de falantes relacionan o termo inglés con algo máis moderno 20. Por extensión, todo o que soa a inglés é moderno (clutch por bolso de man, short por pantalón curto, trench por gabardina, flipflop por chancletas etc.).\nPor outra banda, cárdigan é un termo alleo para moitos falantes, pois o seu uso non está estendido entre toda a poboación, senón que semella máis ben unha cuestión xeracional e de mercadotecnia. Ademais, o termo inglés cárdigan non designa un concepto tan concreto e detallado da realidade como para ser mantido, é dicir, non designa un concepto especializado como semella a primeira vista, pois o termo chaqueta de punto implica os trazos de cárdigan, que serían o colo en pico e as mangas longas.\nDecidimos, por tanto, desbotar este anglicismo por non ter tradición de uso na nosa lingua (ó contrario que acontece con catiúscas, por exemplo) e por considerarmos que no noso léxico tradicional dispoñemos dun concepto máis axeitado para designar a realidade citada: chaqueta de punto.\n3.3. Culote\nO culote denomina a peza de roupa interior feminina que a modo de pantalón curto, elástico e cinguido cobre a parte superior da coxa, ó xeito dos empregados polos ciclistas (que adoita ser máis longo e chega practicamente ós xeonllos). A súa orixe é inequivocamente francesa (culotte), onde actualmente este termo serve para denominar un amplo abano de pezas co denominador común de referirse a aquelas que cobren a parte superior da perna: braga, calzón 21, pantalón curto...\nTodos os idiomas do noso contorno incorporaron o termo francés, ben directamente (como no caso do italiano), ben mediante a adaptación á grafía propia (como o culote castelán ou o culot catalán). A seguir pode comprobarse a homoxeneidade das solucións:\nes culote ca\nculot fr culotte pt culote 22, shorties, cuequinhas altas, boxers it\nculotte\nA lexicografía galega apenas recolle este termo, o único dicionario que o recolle é o GDXL, baixo a entrada culote e cunha ambigua definición: 'pantalón elástico e cinguido de perneira curta que soamente cobre unha parte da coxa', que tanto pode servir para o tipo de braga como para a peza propia dos ciclistas ou calquera outra similar. No entanto, no DdD aparecen dúas ocorrencias: unha de Constantino García de 1985 (culote ‘braga de felpa’) e outra de Elixio Rivas de 2001 (culotes ‘especie de calzón usado por mujeres mayores’). O mesmo acontece no Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués (TLPGP) 23, onde se rexistra culote ‘braga de felpa’ na Pobra de Burón (A Fonsagrada). Con todo, nos vocabularios anteriores (DdD e TLPGP) non se infire exactamente o significado que ten actualmente culote. As compilacións como Termoteca (UVigo) ou Buscatermos (USC) non recollen o termo (nin como culote nin como culotte), e tampouco a literatura ou outros usos escritos da lingua son xenerosos en exemplos. O TILG non rexistra ningún caso, mentres que o CORGA si, en catro obras distintas e sempre baixo a forma culotte. Son as seguintes: Equipo persoal: casco homologado, gafas, luvas, \" culotte \", \"maillot\", calzado, impermeable, mochila, etc. (Diario Oficial de Galicia, 06/04/2000). Nesta ocasión voltaron en dez minutos, ela cun culotte coma o dos ciclistas e unha camiseta axustada, descalza, el cun albornoz e unhas chanclas […] a camiseta e o culotte marcábanlle ben o tipo (Na maleta, Xurxo Borrazás, 2000). que esas bragas culotte que se levaban daquela seica eran moito máis cómodas cós calzóns dos homes […] pensou ela no acerto e no atractivo de Cary Grant en culotte […] preguntoulle se sería verdade que Carmen Sálvora coñeceu a Cary Grant, é máis, se o coñeceu tanto como para saber a ciencia certa (e non coma elucubración de prensa rosa) que usaba bragas tipo culotte mercadas en underwear for women de Rodeo Drive (Concubinas, Inma López Silva, 2002). {Lourdes} Son \" culottes \".{Maruxa} \" Culós \"? {Lourdes} Non, non \" culós \", \" culottes \", pechando o u: \" culottes \", \" culottes \" (Teatro imprevisto. As Damas de Ferrol, Eduardo Alonso, 2006).\nComo se pode comprobar, a práctica totalidade das ocorrencias de culotte aparecen marcadas, xa sexa polo emprego de comiñas ou mediante o uso de cursiva, o que indica a consciencia dos autores de estar utilizando un termo de procedencia foránea. Tamén destaca nesta reducida listaxe de contextos o uso indistinto de culotte como peza de roupa interior (masculina ou feminina) ou elemento para a práctica do deporte. Como peza de roupa interior feminina cómpre aclarar que non é válido como sinónimo de braga, senón como un hipónimo cos trazos referidos (axustada, que recolle as nádegas por completo e que presenta unha mínima perneira).\nO termo culote rexístrase nos nosos córpora (mesmo aparece en vocabularios reais non literarios como o DdD e o TLPGP) e está presente de xeito homoxéneo nas linguas próximas a nós, polo que consideramos que debe pasar a formar parte do lexicón do galego, preferentemente baixo a súa variante adaptada á nosa grafía (culote), o que evita o estrañamento do lector ante o -ttforáneo. O contexto en que aparece aclarará sen ambigüidades se nos referimos á peza de roupa interior ou ó pantalón ciclista.\n3.4. *Horquilla pasador, pinza, prendedor ? En galego todo se coñece por pinza, mais é preciso diferenciar conceptos. Prendedor é máis ben un broche e pasador é un termo que se emprega máis quizais no ámbito téxtil. Outra opción posible é gancho, que aparece nalgunha obra lexicográfica con este sentido como a continuación veremos.\nEn primeiro lugar imos dar unha definición do concepto que tentamos expresar: ‘obxecto metálico ou plástico con forma de U empregado para suxeitar os cabelos’. Calquera dos termos nomeados anteriormente valerían, a primeira vista, para designar a devandita realidade. Con todo, entre eles hai diferenzas significativas que cómpre ter en conta.\nPara o concepto que acabamos de definir atopamos en dicionarios bilingües de españolgalego horquilla (es) e gancho (gl) ou pinza (gl) no Dicionario Xerais CastelánGalego de Usos, Frases e Sinónimos 2007 e no Diccionario Xerais CastelánGalego de usos, Frases e Sinónimos 1990. No Gran Diccionario Século 21 galego/castelán castelán/galego aparece para horquilla (es) o equivalente pinza (do pelo) (gl). O Dicionario castelángalego da Real Academia Galega propón o termo prendedor. No Buscatermos da USC ofrécesenos pinza como 'instrumento, a modo de tenaces, usado para suxeitar cousas pequenas, especialmente os peiteados' como equivalencia do español horquilla, co sinónimo de gancho 24.\nPara a combinación españolportugués temos horquilla (es) e gancho (pt) ou grampo (pt)\nno Diccionario Bilingüe de Uso, EspañolPortugués / PortuguésEspañol 2003. Deseguido veremos as solucións que presentan outras linguas para este concepto. Ademais, cómpre ter en conta a diferenza entre o ‘obxecto metálico ou plástico con forma de U empregado para suxeitar os cabelos’ e o ‘obxecto metálico ou plástico con forma de U empregado para suxeitar o moño’. es horquilla / horquilla de moño ca agulla de ganxo / agulla de monyo fr pince à cheveux / épingle à cheveux pt grampo, gancho de mola / gancho it molletta / forcina Como observamos, nas linguas consultadas diferéncianse dúas realidades 25, polo que nós deberemos facer o mesmo. No TILG baixo o lema forquilla (pelo) aparece a forma * horquilla en catro ocasións, a cal desbotamos pola súa clara orixe castelá. Xeralmente utilízase pinza para se referir ó concepto anteriormente definido, mais este vocábulo designa unha realidade diferente: ‘instrumento formado por dúas pezas unidas entre si, que se emprega para suxeitar algo’. Deseguido imos ver algúns exemplos extraídos do TILG do uso de pinza como ‘obxecto metálico ou plástico con forma de U empregado para suxeitar o cabelo’. Con todo, é maior o número de exemplos atopado de pinza como significado xeral (161 vs. 4). que el force o pequeno candado do diario de Mo cunha pinza do cabelo (Porta Blindada, Margarita Ledo Andión, 1990). alisou un pouco o cabelo diante do espello, meteulle unhas pinzas para recollelo (Salseiros, Francisco Calo Lourido, 2001). 24 Fontes: Léxico de arqueoloxía. Santiago de Compostela, Universidade, 1996 e Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña, RAG, 2002. 25 O mesmo acontece en inglés hair grip / hairpin e en alemán Haarklemme / Lockennade.\nNo CORGA, como no caso anterior, a maioría das ocorrencias non se refiren ó obxecto para o cabelo, senón que ten un significado xeral. Así, de 154 exemplos baixo a forma pinza, só se refiren a obxectos para o cabelo os exemplos que presentamos:\nriu, recolocando as pinzas do moño (Contos da Baiuca, Bieito Iglesias, 2006). co seu cabelo louro ceibado da pinza que ocultaba a súa sensualidade (O violinista de Malá Strana, Xerardo Agrafoxo, 2008).\nQuería ter o pelo lacio e facía de todo por estirar o seu cabelo crecho. Non era a primeira vez que, de mañá, medio dormido, aparecía no Banco cunha pinza esquecida no pelo (A semellanza, María Xosé\nQueizán, 1992). inclúe un cepillo redondo, un cepillo semicircular, un peite, dúas pinzas e un neceser (Consumer Eroski, R. Oleaga e Iker Merchán, 2005).\nComo podemos observar, o termo pinza empregado co significado do castelán *horquilla ten un uso moi residual nos nosos córpora. Iso, sumado á ambigüidade en que pode recaer o termo debido ó outro significado que presenta no mesmo ámbito, fai que este vocábulo non\nsexa un candidato adecuado.\nAlgo semellante acontece no CORGA, onde atopamos 40 exemplos de pasador e 17 de prendedor, dos cales se adecúan ó noso uso un de pasador e sete de prendedor : quedou mirándolle o pelo, comezou a acariñarllo e a xogar con el entre os dedos despois de soltarlle o pasador que llo suxeitaba na caluga (Concubinas, Inma López Silva, 2002). Suxeita os rizos indómitos da melena cun prendedor de pequenos capullos rosados (A semellanza, María Xosé Queizán, 1992). e unha goma para o pelo, e un estoxo con pluma e lapis, e un bombón, e tres prendedores, e unha agulla de poñer na lapela (Herba moura, Teresa Moure, 2007). No Corpus Paralelo CLUVI, na sección do Corpus literario TECTRA inglésgalego, atopamos tres ocorrencias (dúas de prendedor e unha de pasador), as cales corresponden a unha mesma obra: O espertar, de K. Chopin (1999). Trátase, polo tanto, dunha soa ocorrencia con dúas formas de uso (non sabemos se con diferenza entre elas ou non): collendo un prendedor do seu cabelo, asegurou as deslucidas flores artificiais […] esplendorosa e aparente: a madeixa de pelo dourado que nin peites nin prendedores lograban conter […] Estaba tentando axustalo ramallete de violetas que afrouxara do pasador que tiña no pelo.\nComo podemos observar, non hai demasiadas ocorrencias destes termos referidos á realidade que pretendemos designar. Ademais, poderían entrar en conflito con outros conceptos do mesmo ámbito. O termo gancho, a última alternativa que presentamos para este concepto, pode definirse como ‘instrumento de metal ou madeira, rematado en curva por un ou polos dous extremos, que serve para colgar ou coller algo’ (segundo o DRAG) ou como ‘peza de metal ou dunha materia dura, de forma curvada que acaba en punta e que serve para coller cousas ou para agarrar algo’ (Diccionario Cumio), definicións que casan perfectamente coa de ‘obxecto metálico ou plástico con forma de U empregado para suxeitar os cabelos’. O GDXLG, pola súa banda, define gancho como ‘instrumento curvo e aguzado que se emprega para pendurar ou agarrar cousas’. Con todo, neste dicionario ó final da entrada atopamos a locución substantiva gancho do cabelo ‘pasador para amarrar o pelo’. A presenza do vocábulo neste dicionario avala a proposta presentada. No entanto, analizando os diferentes córpora galegos ós que temos acceso, observamos que este termo tampouco ten unha gran difusión; de feito só atopamos dous exemplos de uso no TILG: Peites, peinetas, pasadores e artigos similares; ganchos do cabelo; rizadores, rolos e artigos similares para o peiteado (Nomenclatura do Arancel Integrado Comunitario, Instituto Galego de Estatística, 1990). Levanto atestados e falsas testemuñas máis papel -formalidadessinaturas e os ganchos do pelo (Flor de tan mal xardín, Isolda Santiago, 1994). Vistas as posibles propostas e os seus exemplos de uso, procedemos a avalialas e dar unha definitiva.\nPinza ? Este termo non é axeitado por dúas razóns importantes. Por unha banda, a definición de pinza implica unha serie de trazos que non están presentes no concepto que tentamos designar. Ademais, este vocábulo emprégase xa no ámbito capilar, polo que se daría unha confusión ou ambigüidade de termos.\nPasador ou prendedor ? É un vocábulo de uso xeral que se adecúa á nosa definición. Con todo, o problema deste radica no significado que xa ten no mesmo ámbito. Ademais, como xa dixemos, preferimos utilizar pasador no ámbito téxtil.\nGancho ? Este concepto, a pesar de ser de uso xeral e non atoparmos demasiados usos nos córpora, adáptase perfectamente á definición deste accesorio capilar e concorda coas restantes linguas próximas, especialmente co portugués. Ademais, non entra en conflito nin ambigüidade con outros vocábulos do mesmo campo. Este é tamén o termo proposto polo TERMIGAL. Con todo, non desbotamos pinza e pasador (simplemente mantémolas como variantes nonpreferentes), xa que contan cunha certa tradición lexicográfica en galego e con difusión entre os falantes.\nDada a solución que tomamos de gancho, procedemos a propoñer gancho de moño para designar o tipo de gancho que se emprega para recoller o cabelo nun moño, a cal resulta unha solución moi transparente e harmónica coas linguas próximas.\n3.5. Légging\nA respecto do tan estendido termo inglés legging (usado xeralmente en plural) para nos referir á 'especie de pantalón moi elástico de tecido de punto moi fino que se cingue moito ás pernas', en principio cabería a posibilidade de substituílo por 'mallas'. Consideramos que o anglicismo, que pretende dar un aspecto innovador, adquiriu protagonismo fronte ós termos autóctonos, mais designan o mesmo ambos os conceptos?\nMallas e leggings aparecen como sinónimos nalgúns dicionarios (Bandrés Oto 1998, Collins Universal 2006) e, de feito, non é sinxelo diferencialos. No Collins Universal distinguen leggings e tights (‘mallas’) sinalando que os primeiros non cobren o pé. Cómpre destacar que o anglicismo legging non aparece como entrada en ningún dicionario de galego.\nNós consideramos que realmente non hai diferenza ningunha entre ambos os conceptos, senón que o concepto subxectivo creado polos falantes é unha actualización dun produto preexistente creada polas empresas téxtiles para abranguer máis mercado, é dicir, reactualizouse unha realidade (mallas) para darlle unha nova vertente máis moderna e innovadora e converterse así nunha realidade nova (leggings) que en realidade non o é tanto.\nA diferenza radica basicamente no uso: mallas asociadas ó mundo do deporte (dado que é o seu uso tradicional) e leggings asociados á roupa da rúa (reconceptualización do termo debido ó cambio de hábitos que supuxo a moda), o que fai que ambos os conceptos non porten o mesmo significado, polo que é importante diferenciar conceptos (sobre todo polas repercusións que isto supón no mundo empresarial). En palabras de Rodríguez Río na Precisión Léxica 125 :\n\"Se nun contorno profesional se distinguen dous conceptos non se debe recomendar para eles o mesmo nome, xa que iso dificultaría a súa identificación e faría que os profesionais rexeitasen o emprego das formas propostas\". Por isto, parécenos inviable introducir o termo mallas na comunicación comercial, pois impediría distinguir produtos diferenciados (ademais de resultar ‘estraño’ que en tendas de moda nondeportiva vendan ese tipo de pezas), polo que debemos buscar unha alternativa. Nos termos tratados xa atopamos algún caso de anglicismos, mais ningún deles tivo tanto éxito nin se xeneralizou tan rapidamente como o que nos ocupa, na nosa lingua e nas do noso\ncontorno:\nos seus moradores non tiñan reparos en viren de lonxe para facerse cos deseños máis exquisitos, cos mellores remates, coa imprescindible distinción [...] Legüis : variante de polainas, de coiro, moi estilizadas e de deseño, eran ornato diferenciador, que o cabaleiro coidaba (Os vellos oficios, Xosé Vázquez Pintor, 1996). 26 Atopamos 6 ocorrencias baixo o lema legging e 13 baixo leggings, as cales decidimos tratar xuntas por considerármolo un erro de lematización.\nOs exemplos achegan unha importante información sociolóxica, ademais de lingüística, pois a diverxencia de solucións gráficas reflicte unha forma pouco asentada (mesmo atopamos diferenzas dentro do mesmo autor). Semella que a importación da forma legging non é tan moderna como parece. Con todo, a realidade que designan os exemplos non se refire ó mesmo concepto que temos hoxe, mais parte desa base. A creación de novos significados a partir doutros xa existentes non é arbitraria, senón que ten que ter algunhas bases estables. Con todo, o significado actual de leggings non procede do antigo significado legues galego ‘polaina’, senón que os leggings actuais veñen directamente do inglés (que tamén significou ‘polainas’). Neste sentido cabe destacar que no DRAE está aceptada a forma legui co valor de\n‘polaina’.No Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués rexístrase a forma legues no Valadouro como unha ‘especie de polainas hasta las rodillas cerradas por todas partes’. Constantino García [1985] tamén recolle legues como ‘especie de polainas’ no DdD.\nNo TILG e no CORGA, os exemplos rexistrados baixo malla non son demasiados (de 325 baixo a lematización malla SVO que se veri fi ca no paso do latín ao galego, ou do xermánico ao inglés, que sitúa a nais e fi llas en tipos distintos, ao tempo a) b)\nque as asocia a linguas fi loxeneticamente moi distantes (o latín ao xaponés e o galego ao chinés, e.g.). Outro exemplo moi claro ofrécenolo, no ámbito das linguas romances, o funcionamento do sistema de marcado selectivo do OD con preposición (vid. secc. 4 infra): o español ten neste punto un comportamento moi similar ao do romanés (co marcado máis extensivo da Romania) e fortemente oposto ao do portugués (cun marcado moi restritivo), o que para nada se corresponde cos agrupamentos xenéticos —e.g. familia iberorrománica; románico oriental vs. occidental. Estes agrupamentos fanse sobre a base de diferenzas fónicas —e.g. o tratamento do –s e das oclusivas xordas -p-, -t-, -kno paso do latín aos romances, que separa os sectores oriental e occidental pola coñecida liña La SpeziaRimini.\nEn de fi nitiva, os cambios na maneira de pronunciar os sons na cadea fónica parecen responder a unha dinámica distinta á dos cambios da gramática que esas cadeas soportan 2.\n2. D INÁMICA DO CAMBIO LINGÜÍSTICO : ENTRE A VERSATILIDADE DA\nPRAGMÁTICA E O RIGOR DA GRAMÁTICA\nComezarei por debullar unha serie de postulados acerca da natureza, funcionamento e evolución das linguas que, aínda que espallados, se atopan lonxe de suscitar un acordo unánime. Sitúanse, porén, no alicerce da miña exposición e, daquela, asumireinos sen necesidade dunha demostración explícita previa.\nAs linguas son sistemas dinámicos e adaptativos, en constante proceso de mudanza guiada polo uso e orientada á optimización da súa función comunicativa. En consecuencia, están integradas por complexos códigos, dotados de distintas densidades de estruturación, segundo as zonas. Cara ao núcleo do sistema atopamos as áreas máis altamente codi fi cadas, as máis automatizadas e menos proclives á variabilidade, aínda que tamén elas están en constante mudanza. Cara ás marxes as estruturas presentan un menor grao de codi fi cación, unha maior motivación icónica e un meirande dinamismo variacional. Por suposto, a transición dunhas zonas a outras é gradual e nonestática 3.\nCando frecuentemente se a fi rma que a lingua é unha institución social quere dicirse que o sistema lingüístico é o produto dunha institucionalización levada a cabo, mediante procesos autoorganizados de negociación e converxencia, polos membros dunha comunidade de individuos que precisan formalizar a súa interacción comunicativa para mellor regular asía súa convivencia. O que se institucionaliza mediante tales procesos son os usos comunicativos dos individuos, que denominamos usos lingüísticos. Asípois, os usos lingüísticos preexisten á codi fi cación gramatical, no plano social, do mesmo xeito que, no individual, a actuación preexiste á competencia. O produto desa institucionalización, i.e. o código, a gramática, é por tanto un epifenómeno da lingua (Hopper 1987).\nA lingua e a gramática son producións sociais, pero o acto de fala é claramente unha actuación individual —falan as persoas, non os colectivos— construída consonte unha competencia tamén individual 4. A gramática é, pois, unha produción social espontánea emerxente de múltiplas actuacións individuais realimentadas (que chamamos corpus lingüístico), non orientadas intencionalmente á construción da gramática senón á obtención de bene fi cios na interacción grupal. A gramática pertence ao que Rudi Keller (1994) denominou, evocando a Spielberg, “fenómenos da terceira clase”. Trátase de fenómenos que non son naturais, pero tampouco artefactos creados de maneira intencionada: son efectos colaterais nonintencionais de múltiples actuacións individuais guiadas por intencións distintas á do produto causado —como ocorre, por exemplo, coa inflación ou cun atasco de estrada. O cambio lingüístico, unha modi fi cación da gramática ao cabo, tamén é en parte un fenómeno de terceira clase: engloba procesos xurdidos de actuacións individuais inconexas e innovadoras que exploran opcións marxinais do código (replicacións mutantes, en terminoloxía evolucionista) e que, ao xeneralizarse, acaban por xerar neste mudanzas cualitativas, non procuradas propositadamente, non predicibles pero tamén non aleatorias.\nDo devandito derívase a convición —non universalmente aceptada— de que as linguas non mudan de maneira cega ou azarosa, senón que o cambio lingüístico é funcional e direccional. Repárese, porén:\n‘Funcional’ e ‘función’ son termos tan polisémicos que poden signi fi calo case todo. Soster que o cambio é funcional non implica que o cambio teña unha función entendida como unha motivación, unha fi nalidade apriorística —que pode tela ou non. Implica si que o cambio é unha función do uso lingüístico (nun sentido próximo ao que o termo ten en matemáticas: as mudanzas do código son correlativas das mudanzas de uso) e non algo que ocorra de xeito autónomo (Keller 1997). Neste senso, dicir que o cambio lingüístico ten como función (= fi nalidade) acadar un óptimo desempeño da comunicación é algo que me parece certo no predicado pero inexacto no suxeito, en tanto que o aserto recolle unha propiedade das linguas, non do cambio lingüístico 5. Por suposto, a direccionalidade do cambio non debe entenderse como un movemento rectilíneo e uniforme: contempladas cunha perspectiva cronolóxica reducida (ou de rango dos fenómenos considerados moi parcial), o carácter sinuoso das mudanzas empece a percepción dese camiño baixo a fasquía do caos ou o puro azar e conduce á crenza de que non existen ao longo do tempo sistemas (ou estadios) lingüísticos máis avanzados que outros e de que o cambio lingüístico non está orientado (Newmeyer 2002). Porén, contemplando os feitos cunha perspectiva ampla, é difícil subtraerse á idea de que a linguaxe humana evoluíu paulatinamente desde primitivos sistemas gramaticais moi simples, cunha morfosintaxe rudimentaria di fi cilmente identi fi cable como tal, ata sistemas gramaticais enormemente complexos como os das linguas actuais, con toda a súa aparataxe de marcas morfolóxicas, palabras funcionais e arrevesados códigos para o seu manexo. Numerosos estudos sobre a evolución lingüística a longo termo teñen fornecido múltiplas evidencias empíricas de que o estadio primixenio da linguaxe careceu de toda esa so fi sticación que amosan as linguas actuais. Media entre ambos os puntos un longo camiño (vid. Heine e Kuteva 2007 para a súa reconstrución) que conduciu a códigos enormemente institucionalizados.\nConsonte ditan o sentido común e o principio do uniformitarismo lingüístico, o proceso evolutivo segue hoxe o seu curso e responde en todo momento á mesma dinámica —de aíque se poida soster aquilo de que “o presente é a chave do pasado”. Ora ben, iso non implica exactamente que o cambio lingüístico responda a unha dinámica constante de complexidade crecente ad in fi nitum. Como en todo mecanismo deseñado para un fi n (comunicarse ou lavar 5 Croft (2006) sinala atinadamente que o cambio lingüístico é funcional na súa fase de innovación (emerxencia da variante) en tanto que encerra unha alteración da relación entre forma e contido da construción modi fi cada (funcional como pertinente, como valor semántico alicerzado na expresión), mentres que é social na súa fase de propagación da variante. Isto é congruente coa visión funcionalista da linguaxe como produción social comunicativa, pero non implica que a propagación dos cambios sexa funcional, no senso de motivado ou intencional —que pode selo ou non. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 2746 a) b)\nroupa) o que se procura é conseguir a máxima e fi ciencia na consecución da tarefa da maneira óptima, i.e., coa mecánica máis simple. Por tanto a evolución fi loxenética cara á complexidade non é unha dinámica sen fi n, e menos aínda un fi n en si mesmo. O que non ten fi n é o proceso de cambio, guiado por unha necesidade de adaptación ás necesidades sempre cambiantes do contorno. Por iso as máquinas (de lavar ou de comunicarse) non acostuman utilizar mecánicas cada vez máis simples, ao teren que atender demandas adicionais de uso, máis so fi sticadas —non abonda con que a máquina lave a roupa sen máis: ten que tratala con delicadeza, evitar que se engurre, deixala lista para o ferro, aforrar auga, etc.\nA liña evolutiva da linguaxe humana pode ser en boa medida caracterizada, consonte as ideas xa clásicas de Givón (1979), como unha longa transición desde sistemas comunicativos baseados no que podemos denominar modo pragmático, ou ‘natural’, cara a outros organizados esencialmente segundo un modo gramatical ou sintáctico. No primeiro predominan o contido, as intencións comunicativas e a inestabilidade formal sobre unha codi fi cación de construcións incipiente ou pouco asentada, polo que o éxito da comunicación é altamente dependente do contexto. O modo gramatical xorde do pragmático a través de procesos de elaboración do código que dan lugar a sistemas altamente formalizados, con construcións sintácticas estables, explícitas, máis convencionais, automatizadas e fortemente pautadas, por tanto de interpretación independente da situación comunicativa 6.\nPorén, a evolución lingüística non consiste nun paulatino abandono da ‘primitiva’ pragmática que dá paso a un modo sintáctico ‘superior’ e máis so fi sticado. Os sistemas lingüísticos foron acadando co tempo máis gramática, pero non menos pragmática. Dáse, de certo, no proceso evolutivo da linguaxe, un peso crecente da (morfo)sintaxe, inicialmente inexistente, mediante procesos de gramaticalización de pautas pragmáticas. Pero ao mesmo tempo a pragmática reclama o seu papel fundamental na e fi ciencia comunicativa, xerando constantes procesos compensatorios de (re)codi fi cación de valores pragmáticos —i.e., mecanismos de pragmatización.\nOs modos pragmático e gramatical son dúas manifestacións polares do xeito de organizárense as linguas na súa dimensión comunicativa, concorrentes en todo o proceso fi loxenético da linguaxe (agás do seu primordio, que presumiblemente carecía dunha gramática de seu). Ningún deles é superior ao outro. A multimilenaria supervivencia de ambos é proba de que o triunfo evolutivo do produto reside na complementariedade de ambas as ordes, que conxuntamente optimizan os recursos para acadar o éxito da comunicación. Un e outro tipo de recursos (pragmáticos e sintácticos) son máis ou menos adecuados segundo as circunstancias en que ten lugar o acto comunicativo, de xeito que aquilo que nunha situación supón unha vantaxe relativa se converte noutra nunha pexa, e viceversa. As í, a forte dependencia do contexto que amosa o modo pragmático constitúe unha desvantaxe en situacións comunicativas distantes, moi complexas ou moi formais, en que o contexto físico non está accesible ou é pouco operativo. Porén, na interacción próxima, en que ese contexto, pola súa inmediatez, asume moito protagonismo comunicativo, a pexa convértese en vantaxe: a pragmática outórgalle unha maior versatilidade ao sistema lingüístico, que se adapta ás circunstancias comunicativas como a auga se adapta á forma da xerra que a contén. A maior densidade estrutural do modo sintáctico faino máis independente do contexto, pero asemade menos versátil para adaptarse a el, o que, na comunicación próxima, supón algunha eiva.\nEn de fi nitiva, os sistemas lingüísticos evolúen movidos por unha tensión dialéctica entre as bondades da formalización/institucionalización rigorosa do código gramatical, que permite superar limitacións, ambigüidades e ambivalencias do acto comunicativo, e as vantaxes 6 De xeito simpli fi cado, no modo pragmático prevalecen as estruturas tópicocomentario, asícomo a xustaposición aditiva de enunciados ou a súa coordinación con conectores laxos ou inespecífi cos; a orde de palabras e a entoación teñen gran relevancia no marcado de relacións (pragmáticas) mentres que as marcas morfolóxicas teñen escaso relevo. No modo sintáctico dáse, por contra, unha prevalencia da estrutura suxeitopredicado, dos conectores trabados, con alta presenza de subordinación específi ca, unha ampla morfoloxía e abondosos marcadores funcionais e dependenciais, entre outros trazos. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 2746\nda máis laxa codi fi cación pragmática, máis versátil á hora de modular o texto para axeitalo ás características inestables do contexto. Se o resultado a longo termo son sistemas gramaticais progresivamente máis explícitos (e en principio tamén máis complexos), non é por causa dunha irrefreable pulsión regulamentista dos seus usuarios, senón da incorporación do mínimo de regras que en cada momento se estiman necesarias para o óptimo funcionamento comunicativo deses sistemas.\nConcibido o cambio lingüístico como produto da tensión dialéctica que acabo de referir, compréndese tanto que o dinamismo liberado avance a través de numerosos ciclos sucesivos de gramaticalizacións sintactizantes e pragmatizacións restauradoras, como a tendencia da variabilidade de construcións a facerse crónica. Os constantes procesos de gramaticalización, co lixiviado ou desemantización que desencadean, supoñen con frecuencia a perda de ricos valores de contido pragmáticotextual, o que favorece a emerxencia de novas pezas rexeneradoras do subsistema (pragmático) lañado. O proceso cíclico avanzaría asíen espiral, pois de cada volta nunca se volvería ao punto inicial, senón a unha situación parella nun estadio máis evoluído. Por suposto, as devanditas constituirían as hipotéticas liñas mestras do cambio lingüístico nunha perspectiva a gran escala. Non se pode pretender explicar todas e cada unha das modi fi cacións puntuais do sistema, nunha dimensión microtemporal, como mostra desa direccionalidade, do mesmo xeito que os avatares da meteoroloxía cotiá (en que se suceden anos secos e húmidos, invernos duros e suaves, en secuencias que, a pequena escala, semellan caóticas) non poden de fi nir illadamente unha hipotética situación de cambio climático. Porén é o certo que, supoñendo correcta a hipótese do cambio (climático ou lingüístico), todas e cada unha das mudanzas veri fi cadas, mesmo aquelas que circunstancialmente semellan moverse en sentido oposto, forman parte da mesma corrente global, e todas elas contribúen activamente ao seu fluxo.\nNas seguintes seccións baixarei ao ‘ámbito micro’ do galego actual, para presentar diferentes fenómenos de variación sintáctica en curso como manifestacións puntuais e parciais dunha dinámica global de cambio nonaleatorio. Porque parece claro que as pequenas mudanzas do cotián algo teñen que ver co cambio lingüístico, do mesmo xeito que a Historia emerxe día a día dunha morea de anécdotas azarosas que en realidade son menos anecdóticas e menos azarosas do que aparentan.\n3. A VARIACIÓN NA CONCORDANCIA : COHESIÓN DISCURSIVA E MARCADO\nDE FUNCIÓNS\nA concordancia é hoxe, como debeu ser sempre, un dos paraísos da variabilidade, escenario privilexiado das tensións cotiás entre o modo comunicativo pragmático e o sintáctico. Perm ítenos asemade percibir, no eixe diacrónico, a orientación do cambio lingüístico cara a unha meirande complexidade e prevalencia da gramática, matizada pola aludida tendencia da variabilidade a facerse crónica, a non asentar nunha reformulación estable do código sintáctico. Comezarei lembrando unha evidencia que tende a pasar máis desapercibida do que debera: na concordancia dáse moita variabilidade, máis ou menos discrecional, pero só na concordancia externa —i.e., na concordancia verbal: alúgase/alúganse pisos, houbo/houberon festas, un grupo de rapaces foi/foron de excursión. Na concordancia interna ou nominal a variabilidade é practicamente nula: un/*uns grupo numeroso/*numerosos de xente traballadora/*traballadoras. Este comportamento radicalmente distinto de dúas modalidades do que en esencia é un mecanismo formal común (de copia de trazos) explícase por seren procedementos moi distintos desde o punto de vista funcional, i.e., atendendo á contribución que fan para a comunicación:\nA concordancia interna é un mecanismo xerado cunha estratexia relacional, de marcado de relacións gramaticais no ámbito da frase. Actúa como indicador formal do alcance da proxección do Núcleo da frase, marcando ata onde chegan os límites do goberno deste. A concordancia externa, por contra, responde a unha estratexia cohesiva, de ámbito textual: a súa función orixinaria e básica é a de recuperar entidades presentadas noutro lugar do texto ou na situación comunicativa (Lehmann 1988, Cidrás 1992). Actúa como indicador do máximo grao de accesibilidade dunha entidade no discurso, marcando ata onde esa entidade se pode recuperar da memoria a curto prazo mediante anáfora cero, i.e., sen necesidade de reactivala mediante nomes ou pronomes.\nAcontece que, co tempo, esa función pragmático/textual se volve menos relevante e sobrepónselle gradualmente a función (subsidiaria da anterior) de marcar determinadas relacións gramaticais no seo da oración. Convértese asíunha estratexia referencial de ámbito textual nunha relacional de ámbito oracional, mediante un proceso de gramaticalización.\nRodrigues Lapa, nunha atinada indagación preteórica do modo pragmático que goberna a concordancia, refería hai xa moitos anos a crecente presión que sobre ela exerce o modo gramatical: Qualquer dos exemplos de contrução irregular [modernos] é verdadeiramente inofensivo, se o comparamos às audácias dos escritores bem vernáculos dos séculos XVI e XVII. (…) O que hoje se a fi gura aos olhos do gramático um erro ou uma impropiedade foi largamente empregado pelos nossos melhores escritores clássicos. (…) É que, de um modo geral, o sistema de concordância tem evoluído de forma que se têm refreado as liberdades da silepse em benefício da concordância literal. Tem sido o triunfo da lógica sobre a imaginação (Lapa 1945 / 1979 : 218 - 9). Porén, esa rica variabilidade segue viva na lingua. Máis ou menos encuberta baixo o veo do prescritivismo institucional, atopamos mostras de alternancias na concordancia verbal en practicamente toda a súa diversidade tipolóxica: construcións de se impersoal (1), existenciais con haber ou facer (2), mensurativas coa estrutura ‘QN-deN’ (3), con nomes colectivos (4) ou coordinativas (5). Velaíexemplos de todas elas, con atestacións literarias das opcións normalmente tidas por ‘anómalas’ (en (3) recóllense as dúas alternativas, ao non estar clara a opción gramatical preferida):\n(3 b) Un grupo de mozos puxéronse a berrar (Casares) (4) Mandou dar alto á súa xente para que non se espallasen ou caesen nalgunha emboscada (López Ferreiro) (5) O rosario que rezaba a vella e mailo sobriño medrou aquela noite (Castelao)\nPodemos seguir citando a Lapa para lembrarmos que “a língua não acumula formas de dizer só por amor à variedade. Essas variantes traduzem outros tantos matizes do sentimento e da ideia” (1945 / 1979 : 220). Detrás de cada unha delas está, en efecto, unha forma distinta de conceptualizar, de construír na mente a imaxe da entidade evocada. As í, no caso de Suxeitos múltiplos coordinados, o verbo aparecerá en singular nomeadamente cando (a) os membros agrupados se conciben na mente do falante como un todo unitario (A novidade e a orixinalidade desta obra é inmensa, García Sabell), ou (b) cando un deses membros —xeralmente o máis próximo ao verbo— acapara a atención do falante, como semella acontecer no exemplo (5) de Castelao, en que a prominencia conceptual da vella fronte ao sobriño é análoga á que reflicte a construción O rosario que rezaba a vella co sobriño, onde o rapaz é degradado de argumento coAxente a adxunto co papel semántico de Compaña 8. Cos nomes colectivos e coa estrutura cuanti fi cadora ‘QN-deN’ a alternancia resulta da prevalencia da imaxe mental do colectivo ben como unha entidade unitaria (A maor parte dos refuxiados era de orixe xermánica, Risco), ben como unha pluralidade de individuos: A maor parte dos vedoiros de que hoxe ouvimos falar son homes (Risco).\nOra ben, como dicía, este modo de comunicar que chamamos pragmático, baseado na solidariedade de trazos semánticoconceptuais, dá moitos problemas cando opera o modo gramatical: a función da concordancia como marcadora de relacións sintácticas (de SU coa concordancia númeropersoal, de OD e OI coa concordancia de clíticos 9) fundaméntase na solidariedade formal de determinadas categorías gramaticais (número, persoa, xénero, caso) e\no seu funcionamento debe estar estritamente pautado, pois as vacilacións poden facer cambalear a identi fi cación das funcións sintácticas na oración. De aía aludida tendencia á redución da variabilidade no sistema da concordancia, coa marxinación e proscrición das opcións ‘discordantes’. Porén, as restricións non afectan por igual a todo o sistema. Atinxen particularmente: a) ás modalidades lingüísticas que funcionan máis polo modo sintáctico (i.e., ás máis gramaticalizadas), e b) dentro de cada modalidade, ás áreas en que a gramaticalización resulta máis determinante (i.e., ao núcleo central do sistema).\nEn efecto, as concordancias gramaticalmente anómalas son moito máis frecuentes nos modelos de lingua orais, nas producións informais e nonestándar que nos textos escritos, formais e estándar. O motivo é obvio: estes últimos están sometidos a un proceso de (auto) corrección que leva a desbotar, ás veces de maneira inconsciente, estruturas que producimos libremente noutras modalidades menos institucionalizadas e, por tanto, codi fi cadas dunha maneira máis laxa. Porén, é claro que tamén nos textos literarios e formais asoman, como viamos nos exemplos dados, as vacilacións. Estas tenden a manterse máis doadamente naquelas áreas en que a gramaticalización da concordancia resulta menos transcendente. Vexámolo:\nNas construcións de se impersoal, a alternancia alúgase/alúganse casas resulta completamente inocua para a integridade da estrutura: trátase de construcións transitivas en que se omite o primeiro actante, de maneira que carece de relevo que o argumento restante sexa tratado como un SU ou como un OD, dada a perda do valor opositivo da parella de funcións, ao quedar só un dos candidatos ás mesmas. Verifícase certa preferencia normativa polas formas concordadas, pero as outras non atentan contra a integridade do sistema (nin introducen ningún tipo de ambigüidade de contido). Algo semellante ocorre coas construcións existenciais con haber ou facer (houbo/houberon festas, fi xo/ fi xeron uns días moi bos): son tamén un tipo anómalo de estrutura transitiva en que falta o ‘primeiro’ actante, o que determina a irrelevancia da asignación de función SU/OD ao único argumento. Neste caso a preferencia normativa é a inversa: o modo gramatical privilexia (en galego) as formas non concordadas. Na estrutura cuanti fi cadora ‘QN-deN’ a alternancia (un grupo de embozados asaltara/ asaltaran a casa) carece tamén de toda transcendencia sintáctica ao non comprometer a identi fi cación do SU, dado que só afecta á escolla do constituínte da FNSU que debe determinar a concordancia verbal, i.e., que actúa como Núcleo da frase, unha frase inequivocamente SU sexa cal sexa a opción tomada. De feito, a norma gramatical non amosa unha preferencia clara por ningunha delas, síntoma inequívoco da súa inocuidade. Por contra, as concordancias ad sensum coas construcións coordinativas e con nomes colectivos son notoria e progresivamente mal asimiladas nos usos máis formais, máis elaborados consonte o modo sintáctico. O motivo é que poden comprometer a identi fi cación das funcións oracionais, sen que concorran as circunstancias ‘neutralizantes’ vistas nos casos anteriores. En consecuencia, o ditame prescritivo é contundente. Tanto como os seus efectos: se no galego medieval aproximadamente na metade das oracións con SU coordinado se daba silepse 10, na actualidade esa opción é moi marxinal, sobre todo na escrita. Porén, mesmo nas modalidades máis institucionalizadas seguimos a atopar este tipo de concordancias, contrarias ao ditado da gramática mais non ao das necesidades da comunicación —sobre todo en certos contextos que as favorecen e que agora serían prolixos de explicitar 11. Esta relutancia a desapareceren e a tendencia á croni fi cación da variabilidade nas concordancias amosan como o avance do modo sintáctico nunca chega a sobrepoñerse completamente ao pragmático, dado que ambos optimizan de maneira complementaria a función comunicativa da linguaxe.\n4. A VARIACIÓN NA MARCA DE CASO\nConsonte o devandito, a rica variación na concordancia, tanto flexiva como de clíticos, está asociada ao seu duplo funcionamento nos modos pragmático e gramatical: como recurso cohesivo e como marcador de relación gramatical (SU, OD, OI) respectivamente. Nesta segunda dimensión, ademais de ser un mecanismo inespecífi co (a súa función cohesiva, no plano 10 Datos de Alexandre Rodríguez Guerra (comunicación persoal). 11 Determinadas construcións con silepse poden chegar a ser asumidas mesmo como opción non marcada no uso, por máis que gramaticalmente susciten reticencia (cfr. ex. 4, ou ocorrencias do tipo A súa maxestade é moi xeneroso, dito dun rei). Por tanto, cando digo que estas concordancias ad sensum son progresivamente mal asimiladas fago un xuízo xeral, estruturalmente motivado, que ten o seu reflexo na diminución cuantitativa do fenómeno. Iso non implica, porén, que as silepses que persisten no uso o fagan dun xeito necesariamente máis marxinal que as outras concordancias anómalas. Tal vez haxa mesmo certa tendencia ao contrario, como efecto dun proceso moi restritivo, que selecciona como superviventesítems excepcionalmente ben adaptados ao medio. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 2746 a) b)\npragmáticotextual, é a orixinaria) a concordancia ten un alto potencial de erro. A marca non vai colocada no termo de que se marca a función, senón no verbo; isto provoca incerteza na identi fi cación do constituínte a que fai referencia (e.g., o su fi xo númeropersoal pode coincidir con varios constituíntes á vez, de xeito que non se saiba de certo con cal deles concorda o verbo, i.e., cal deles é o SU). Dado que o modo gramatical precisa dun alto grao de explicitación e e fi ciencia formal, no marcado de funcións atopamos a carón da concordancia un mecanismo máis inequívoco: a marca de caso. Na marca de caso elimínase o problema da referencialidade, pois a marca (ora flexiva, como en latín, ora adpositiva, como en galego) vai hospedada no propio termo ao que fai referencia. O procedemento resulta as í, de seu, inequívoco.\nComo é sabido, a marca de caso non alcanza nunca ao SU e está plenamente asentada e gramaticalizada no OI (que sempre leva prep. a). No OD, porén, dáse unha situación inestable e unha variación tanto sincrónica como diacrónica moi interesante de estudar.\n4.1. Marcando o Obxecto: sistemas selectivos e nonselectivos\nA perda da flexión casual latina provocou nos romances emerxentes un de fi ciente marcado diferencial das funcións SU e OD, que xeraba unha considerable incerteza na interpretación dos enunciados, con frecuencia soluble só acudindo ao contexto ou ás presuposicións. Esta situación atentaba gravemente contra os principios do modo gramatical no cerne mesmo do seu núcleo duro: a transitividade. Algunhas linguas (francés, italiano) recompuxeron o sistema de marcado gramaticalizando a orde de constituíntes —de natureza pragmáticotextual, repárese. Porén, a maioría reconstruíron un novo sistema de marca de caso, que pasou a ser prepositivo e selectivo, fronte ao latino, que era flexivo e nonselectivo 12. Esta nova marca de caso xorde tamén da gramaticalización de mecanismos pragmáticos, por máis que esa gramaticalización estea moi asentada, o que escurece a percepción dos valores pragmáticos orixinarios.O novo sistema gramatical, que denominaremos Marcado Selectivo de Obxecto (MSO), demorou bastante tempo en callar. No galego medieval (e nos comezos dos restantes romances que emprenderon esta vía) non existía de seu. Só a fi nais do século XV se asenta o sistema en portugués, mentres o galego entra no período escuro sen o seu MSO plenamente gramaticalizado (Cidrás 2005); o castelán xa daquela camiñaba un pouquiño máis adiantado. O que si se documenta desde os primeiros textos romances é un uso esporádico da prep. a ante OD que os estudosos interpretan unanimemente cun valor pragmático —falan de “nota de insistencia”, “forza afectiva”, “posta de relevo”, “signi fi cación enfática”, etc. Esta innovación no xeito de presentar algúns OD (unha ‘replicación modi fi cada’ en termos de teoría da evolución) é o punto de partida dun proceso de cambio: a gramaticalización do MSO. O proceso avanza coa difusión dese marcado preposicional de (algúns) OD, a paulatina perda do seu valor enfático e a parella adecuación do seu uso ás necesidades gramaticais do marcado e fi ciente de OD, consonte as regras do sistema MSO (Cidrás 1998). En de fi nitiva, co acusativo preposicional “un phénomène qui primitivement ne devait avoir souvent qu’une fonction stylistique, a fi ni par devenir un simple morphème grammatical ou syntaxique (Rohlfs 1971 : 331). Repárase asíunha eiva do sistema gramatical a custo dunha perda no sistema pragmático, que é rapidamente recomposta.\nEn efecto, a prep. a non era a única usada con algún tipo de valor enfático perante OD naquel período. Por iso, a ferida causada no modo pragmático pola súa gramaticalización no sistema MSO debeu estiñar axiña ao abeiro do emprego desoutras preposicións. De feito moitas delas seguen sendo de grande uso na actualidade, sobre todo en rexistros non formais da lingua: en (Estivo apañando na herba), de (Comeu daquel pan tan rico), con (Tirou co vaso ao chan), etc. Fronte aos seus correlatos sen preposición, estes usos (que se adoitan etiquetar como Obxectos Preposicionais —OP vs. OD) seguen a asociarse a contidos pragmáticos de énfase ou posta de relevo.\nPorén, o espallamento do uso dalgunha(s) destas construcións leva camiño de pechar algunha nova rolda gramaticalizadora. Refírome nomeadamente a en + OD, cuxo moi frecuente uso se limita en galego de xeito cada vez máis restritivo a contextos sintácticos durativos e atélicos, de acción considerada no seu desenvolvemento. Semellan cada día máis insólitas ocorrencias desta construción con eventos puntuais e télicos, como E cueso escolleu nela e casáronse (Contos Vianeses 60). Non parece aínda que a atelicidade sexa un valor achegado pola preposición en si, senón unha propiedade das construcións sintácticas en que é empregada —e.g., perífrases verbais durativas. Mais tal vez está a piques de converterse o en nunha marca aspectual, pois ao especializarse o seu emprego neses contextos, acaban por atribuírselle á preposición esas propiedades gramaticais que inicialmente eran responsabilidade doutras pezas do contexto sintáctico. É posible que a aparición desoutras pezas acabe sendo puramente eventual e daquela terase consumado a transferencia dos seus valores gramaticais á preposición.En de fi nitiva, tanto neste caso (en + OD) como no do MSO con a ou na habilitación da orde de constituíntes con valor de marca, a folla de ruta é parella: gramaticalízase e institucionalízase un recurso inicialmente pragmático, versátil e discrecional, ao tempo que ese desprazamento favorece a habilitación ou promoción doutros mecanismos afíns ao desprazado. Dáse pois unha mudanza global no sistema lingüístico, que atinxe asemade aos seus modos sintáctico e pragmático.\n4.2. Avance no uso de prep. a con OD: economía, prevención e interferencia\nOutro aspecto evolutivo do MSO moi interesante e debatido é o avance no uso da prep. a co OD. O goberno do sistema é común a todas as linguas que o posúen: márcanse con preposición os OD que presentan os trazos semánticos prototípicos dos SU, para evitar que se confundan con estes. A presenza da prep. a asóciase asíaos chanzos máis altos da xerarquía de animación:\n[PronPers [+deíct]] > [N prop] > [+parent] > [+hum] > [+anim] > [+discr] > [+contin]\nO que muda dunha lingua a outra, ou dun momento histórico a outro dentro dunha mesma lingua, é a zona de conmutación entre os segmentos marcados e os non marcados por preposición. Nesta variación dáse unha situación que semella paradoxal: visto que o sistema selectivo substitúe nos romances un nonselectivo (o do latín, en que se marcaban todos os chanzos) sería de esperar nestas linguas un uso da marca preposicional restritivo. Porén, a tendencia dominante (non carente de excepcións puntuais, certo) é a incrementar co paso do tempo os segmentos marcados, i.e., a usar de maneira cada vez máis extensiva a preposición. Podería chegar a reinstaurarse asíun sistema nonselectivo, opción que fora inicialmente rexeitada por todas as linguas neolatinas. A partir dese futurible escenario, cabería pensar na repetición da mesma serie: desgaste da marca, substitución por outra selectiva, avance do marcado…En realidade, este é o mesmo itinerario que transitou o latín no marco da evolución xeral do sistema indoeuropeo (vid. Villar 1983). Partindo dunha situación primitiva en que non se diferenciaban formalmente as posicións de SU e OD (o denominado sistema neutro, moi pouco representado nas linguas actuais polo alto potencial de fracaso comunicativo que encerra), o latín iniciaría un camiño de marcado selectivo do OD mediante o espallamento progresivo dunha marca de caso diferencial fronte ao SU: o acusativo 13. Concordan os expertos, © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 2746 13 Noutras linguas o proceso de diferenciación dos constituíntes básicos da transitividade resolveuse de maneira simétrica, marcando o SU dos verbos transitivos cun caso (o ergativo) inicialmente selectivo e progresivamente espallado.\ncase con certeza, en que a marca de acusativo apareceu nos pronomes persoais (en P 1, cunha expansión P 1 >P 2 >P 3), consonte predío funcionamento do sistema MSO, e foi alargándose pouco a pouco sobre o resto do léxico, primeiro animado e logo inanimado. A expansión viña guiada pola vontade de evitar erros (cun modus operandi cada vez máis preventivo: ‘o erro é improbable, mais por se acaso marca’) e asemade pola forza da expansión analóxica (que se realimenta e fai máis forte canto máis avanza o marcado).\nEsta dinámica non é circunstancial senón xeral e, en consecuencia “es de esperar que cualquier sistema de marca no generalizada experimente la tendencia a transformarse en sistema de marca generalizada y obligatoria” (Villar 1983 : 122, curs. miñas). A evolución do galego insírese na mesma dinámica: o sistema MSO comeza a instaurarse tamén nos pronomes persoais e segue a rota P 1 >P 2 >P 3 (procúrese en López Martínez (1993) os datos documentais), o mesmo que, nun plano máis global, o avance no uso da marca segue a rota da xerarquía de animación e determinación. Porén, tamén responde a unha tendencia xeral, non circunstancial, a preferencia dos falantes polo marcado diferencial fronte ao nondiferencial cando este entra en crise e debe recompoñerse —Bossong (1991) constata esa preferencia en numerosas familias lingüísticas non emparentadas. Desta dupla evidencia xorde un escenario que encerra algún enigma:\nPor que se dá esa preferencia translingüística polos sistemas selectivos na emerxencia do cambio lingüístico? Por que, se hai tal preferencia, os sistemas incrementan o marcado na fase de expansión do cambio, situándose asíno camiño de se converteren en nondiferenciais?\nA motivación económica non semella xusti fi cación abonda da preferencia sinalada en (a) por culpa da evidencia incluída en (b): se o que se procura é apenas un aforro de marcas, non parece lóxico que a seguir se camiñe cara á xeneralización delas. Na miña opinión, algo debe ter que ver tamén o feito de que o sistema MSO sexa o produto da gramaticalización dun sistema pragmático precedente, en que a preposición marcaba o carácter eventualmente enfático do OD. A natureza selectiva do sistema sintáctico deviría pois do feito de ser produto da reciclaxe dun sistema pragmático previo que era, pola súa propia natureza, selectivo. Ao gramaticalizarse como marca (selectiva) de OD, o sistema despragmatízase, o que favorece a súa deriva cara a un marcado cada vez máis extensivo e preventivo (i.e., menos selectivo) dos\nOD.A preferencia (a) sería asímáis ben produto dunha constante externa ao sistema de marcado gramatical, ao imputarse a unha herdanza do sistema pragmático previo. Este escenario facilita a explicación da tendencia xeral (b) ao alargamento do uso da preposición no MSO, impulsado polas referidas forzas da prevención de erros e da analoxía. Ora ben, a dinámica asíxerada non conduce a un sistema realmente menos económico: éo en canto á cantidade de marcas, pero non en canto á complexidade de xestión, de xeito que o que o falante aforra en uso de marcas (fonicamente moi leves, polo demais) contrapésase coa complexidade do sistema á hora de decidir se cómpre ou non usalas. O espallamento do marcado conduce, pois, a sistemas máis seguros contra o erro e máis económicos en tanto que máis simples na súa xestión; pero menos en tanto que usan extensivamente unhas marcas das cales, ben mirado, se podería prescindir sen risco de erro —iso si, despois de tomar o traballo de miralo ben, i.e., de veri fi car en cada caso que a ausencia da marca non induce ao erro. O galego está actualmente mergullado nesa dinámica de avance no marcado preventivo do OD dunha maneira acelerada. Constátase un gran espallamento ao longo dos séculos XIX e (sobre todo) XX no uso de prep. a con OD [+hum], ata o punto de que hoxe por hoxe este uso (aínda que rexeitado polo estándar, vid. Cidras 2006) está de feito moi xeneralizado, tanto na lingua literaria como na daqueles falantes que se supoñen máis coidadosos co seu uso. E o proceso continúa acelerándose nas xeracións máis novas: nunha recente enquisa que fi xen\nentre alumnos meus, estudantes de terceiro ano de Filoloxía Galega (elaboración dun texto guiado, formalmente orientado a outro fi n para evitar reaccións de alerta), a construción do tipo Un xornalista entrevista a un extraterrestre e O extraterrestre desintegra a o xornalista (o contoía de marcianos!) resultou esmagadoramente maioritaria, fronte a un uso sen preposición case residual. Mais o modelo está xa (e non precisamente a título de excepción) nos nosos mellores escritores modernos e contemporáneos 14 :\n(6) ¡Era que unha man piadosa / coidaba ós desamparados ! (R. Castro I, 472) Dos magos deixa as leituras, / lee ós gallegos escritores / e poetas (Curros, 137) Eu coñecín ao fi dalgo padronés (Castelao, Sempre, 176) O ano pasado mataron a un mozo (M. Antonio, 184) Un día destes plántome a ver ao señor bispo (Blanco Amor, Xente, 50) Comezaba a nevar i a neve a cobrer ao cabaleiro (Cunqueiro, Merlín, 60)\nNon entrarei agora no apaixonante tema das estreitas relacións entre o contacto de linguas e o cambio lingüístico, na extrema di fi cultade para deslindar o cambio interno do externo (i.e., o inducido nunha lingua polo influxo doutra), no feito de que o contacto dunha lingua di fi cilmente provoca noutra mudanzas contrarias á súa dinámica natural, senón que acelera ou retarda movementos propios, etc. Unha cousa é ponderar a di fi cultade de discernir o cambio que é inherente ao galego do que é inducido polo castelán, e outra minimizar a existencia deste último e a magnitude dos seus efectos 15. O cambio e o contacto son fenómenos intrínsecos á natureza das linguas, agás que estean mortas. Mais cómpre non esquecer que hai formas de contacto entre linguas que conducen á morte dalgunha delas. E que é ao cabo a morte dunha lingua senón a forma derradeira e máis radical de cambio lingüístico?\n4.3. Do avance no marcado preposicional de OD á expansión do OI\nUn aspecto do cambio das linguas que, na miña opinión, pasa máis desapercibido do que debera é a expansión do OI. Tanto en galego como noutras linguas, o OI é unha función que vai gañando paulatinamente novos usos (i.e., novos tipos) e novos efectivos (i.e., maior emprego), de xeito que se está a converter nun colector funcional de contido heteroxéneo en que os membros prototípicos (o OIReceptor) son unha parte cada vez máis pequena do todo. Pénsese, por exemplo, en estruturas innovadoras atípicas como a construción OIV-SU (A Marta gústalle o queixo) cun OI que ocupa a posición funcional do SU, ou en construcións de avance de nonargumentos a argumentos (Colocou uns estores nas ventás > Colocoulles uns estores ás ventás), ou de elevación de constituíntes secundarios a primarios (Comeu o bocadillo da nena > Comeulle o bocadillo á nena)… Son diversos os factores implicados nesta complexa expansión de usos, mais un deles é precisamente o avance no marcado de a con OD.\nTrátase de dous procesos distintos, pero vencellados. Tamén no caso do latín se dá unha circunstancia análoga: a difusión da marca de acusativo –m vai asociada de xeito connatural ao cambio do sistema dos xéneros, coa decadencia do xénero inanimado (o neutro, que acabará por desaparecer nos romances) e a conversión do animado (masculino e feminino) nunha categoría formal que engloba indistintamente entes animados e inanimados. Ocorre asíporque o acusativo é unha forma que xorde asociada ás entidades animadas: consonte 14 Exemplos tirados de López Martínez (1993); remito alípara as referencias e veri fi car a extensión do fenómeno. Nos textos editados máis recentemente a taxa de ocorrencias poderá ser algo menor por causa, maiormente, do labor dos correctores editoriais. 15 Unha di fi cultade adicional á hora de avaliar o alcance do castelanismo no uso de a con OD é a situación do portugués actual como lingua MDO. O portugués non é un indicador óptimo do tipo de marcado que debería exhibir o galego se non fose polo influxo do castelán, pois experimentou a fi nais do s. XVIII un notable recuamento no uso da preposición (ata entón con toda probabilidade non menor que o do galego) inducido desde as elites ilustradas e abeirado polo poder (Delille 1970, cfr. Cidrás 2005). En todo caso, isto demostra que as dinámicas neste eido son reversibles e tamén poden reverterse no galego. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 2746\nCoa marca preposicional do OD ocorre en galego algo similar. Lémbrese que a preposición habilitada ao efecto non é unha propia, senón que se bota man da marcadora de OI. A escolla, comprensible ao abeiro do carácter tan excepcional que o marcado preposicional tiña nos comezos do sistema MSO, produce co tempo diversos efectos colaterais. Entre eles non é o menor o de propiciar a reanálise como OI de non poucos OD [+hum] marcados con a, ao posuíren as características dos OI prototípicos. É o caso de verbos que se constrúen cun atípico SU [-anim], non axentivo e con tendencia á posición posverbal, que combina cun OD [+hum] frecuentemente preverbal: A túa contestación estrañou a aquela muller ~ ?A aquela muller estrañouna a túa contestación → A aquela muller estrañoulle a túa contestación. Repárese: a) cando o Obxecto ten forma léxica, necesita levar sempre preposición, mesmo correspondendo a chanzos da xerarquía de animación nos\nA nena imítalle moito ao pai OI [‘parécese a el’]. Nalgúns casos a vitalidade do uso destes OI emerxentes amosa diferenzas dialectais, “con distribución distinta para cada verbo: aténdelle ao leite, chámalle por teléfono, etc., nalgunhas zonas, fronte ao común aténdeo, chámao ” (Álvarez / Xove 2002 : 555).\nTamén teño a impresión (intuitiva, como observador) de que o fenómeno presenta certa distribución etaria no proceso de adquisición da linguaxe. Cando menos algúns nenos tenden a usar, en faixas de idade relativamente temperás, formas innovadoras de OI a partir de OD que habitualmente se constrúen con a consonte as regras do MSO. Refírome a construcións do tipo das seguintes: (8) Bea está no parque coa rapaza que lle coida [Clara, 6 anos] (recol. propia) Despois ao can perseguían lle as abellas [Cristina, 9 anos] (García Soto 1996) Co paso do tempo, ao asentaren a súa competencia gramatical como falantes, parece que os rapaces abandonan estes usos, reconducíndoos ao seu tratamento canónico como OD: que a coida, perseguían o. Aínda que non coñezo estudos específi cos sobre o tema, existen algunhas evidencias empíricas que apuntan neste sentido 16. Manteñen, iso si, os casos consolidados no corpus social ambiente, como os antes referidos (estráñalle, imítalle, dial. aténdelle, dial. chámalle). © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 2746 16 No corpus de 70 textos de nenos e nenas de entre 4 e 11 anos que emprega García Soto (1996) no seu estudo da evolución da linguaxe en nenos galegofalantes, recóllense 7 exemplos claros de construcións como as de (8). No corpus de control de adultos non rexistrei ningún, a pesar de tratarse de individuos novos —entre 23 e 40 anos. Aínda que o tamaño de ambos os córpora son de certo distintos (ratio aprox. 70 / 30), a correlación (7 / 0) semella signi fi cativa. Cómpre aclarar que García Soto marca como usos ‘indebidos’ de clítico de dativoítems do tipo lambeulle na cara que non son de seu tales, pois encerran unha construción de dobre Obxecto; un deles (o OP con en) enche a posición de OD e despraza o outro a OI (cfr. lambeuno → lambeulle a cara). Desta construción (que non computo) hai un exemplo nos textos adultos e dous nos infantís —a ratio é, repárese, correlativa ao tamaño dos respectivos córpora.\n5. A VARIACIÓN NA TEMPORALIDADE / MODALIDADE : OLLADAS NO FUTURO\nReferireime por último brevemente á variabilidade e ao cambio na expresión do futuro. Situámonos asínos lindeiros entre a temporalidade e a modalidade, no vector temporal máis dinámico e nutrido (e.g., case todas as perífrases temporais son de futuro) e nunha atalaia especialmente interesante, e bastante estudada, para contemplarmos os procesos históricos de ciclos sucesivos de gramaticalizacións.\nEste estado de cousas ten que ver co feito de non ser o futuro un vector temporal aséptico, de mera localización dos eventos con relación ao momento do discurso. O futuro é o ámbito da predición, da potencialidade, non da constatación obxectiva do que é ou foi. Porén, como vector temporal reclama o seu espazo no sistema gramatical da temporalidade. Dada a súa natureza, a gramaticalización do futuro faise moitas veces a partir de primitivas formas modais —de obrigación, desexo, etc. Co desgaste do uso vanse apagando devagar esas notas orixinarias, que acaban sendo redemandadas; ábrense asínovos procesos de substitución dunhas formas por outras.\nLimitándonos á liña xenealóxica do galego, cómpre lembrar que a forma básica de futuro latina en –b (cantabo) procede da gramaticalización como su fi xo dun verbo ‘ser/estar’ seguramente a través dun valor modal de predestinación —cfr. o noso . Algunhas outras formas de futuro latinas (as sigmáticas), como todas as do grego, posúen unha orixe modal desiderativa. En calquera caso, ao abeiro do apagamento deses valores modais, a forma sintética (e xa opaca) de futuro pasou no Baixo Latín a concorrer coa forma perifrástica , de transparente carácter modal, que acabou por substituíla nos romances 17. Reiníciase asíun novo proceso gramaticalizador. A forma sintética resultante daquela primitiva perífrase modal (cantare habeo > cantarei), devén tamén opaca e sofre a competencia progresiva de formas perifrásticas emerxentes, que volven patentizar o carácter pragmaticamente incerto do futuro. En galego (e nas linguas veciñas) as formas alternativas son < haber (de) + in fi nitivo>, que reabre o proceso en termos idénticos aos seus precursores, e unha innovadora perífrase < ir + in fi nitivo> —ademais do uso do presente con valor de futuro (vou mañá), en xeral minoritario, aínda que cunha crecente presenza.\nA evolución dos usos romances duns e outros procedementos concorrentes varía sensiblemente no tempo, no espazo e nas condicións de uso, e a súa descrición detallada cae fóra dos límites da presente achega. Destaca, porén, unha notable perda de frecuencia de uso da forma sintética, máis mitigada na lingua literaria que na oralidade (se na primeira di fi cilmente alcanza o 50 %, na segunda semella francamente minoritaria na actualidade, cfr. Rojo 1974).\nSemellante situación se dá en español, se ben cuns niveis de uso da forma sintética algo máis altos (segundo reporta Sáez Godoy 1968), e asemade no portugués, en que, polo contrario, é hoxe xa raro o emprego do futuro simple con valor temporal fronte ao seu uso predominante con valor modal —de probabilidade (Oliveira 1985). Na outra cara da mesma moeda, ao longo da historia do español e o portugués verifícase un proceso simétrico común (que, como veremos, cómpre matizar para o galego) na sorte das perífrases alternativas: < haberde + in fi nitivo>, moi usada como forma de futuro no período medieval e clásico, cae dramaticamente nestas linguas ata a casemarxinalidade actual, en que se (re)impón o seu uso modal obrigativo. Por contra, < ir + in fi nitivo>, extremadamente rara ao principio, incrementa o seu uso con valor de futuro de xeito espectacular, sobre todo no século XX. Estes datos parecen suxerir un cambio de modelo na construción das formas de futuro, cun abandono da base modal de obrigación/predestinación, en decadencia fronte a unha imaxe metafórica do futuro como un camiño que se emprende cara a un destino máis 17 O que visto desde hoxe non resulta tan claro é o tipo de valor modal que expresaba esta perífrase: se de obrigación, como aparenta, se de predestinación, cun sentido máis próximo a ‘estar de’ que a ‘ter que’, como sosteñen algúns (Benveniste 1968, Bybee et al. 1994). No segundo caso estaríase a reconstruír, repárese, o valor modal orixinario da forma clásica en – b.\nou menos incerto. De seren asías cousas, a decadencia das formas sintéticas e con haber na expresión da futuridade non estaría ligada ao seu lixiviado semántico, senón inversamente a un reforzamento dos seus valores modais sobre os temporais. Isto é:\nCantarei:\nmodal obrig/predest. > temporal posterioridade > modal probabilidade Heide cantar: modal obrigativo > temporal posterioridade > modal obrigativo\nNeste senso, a construción da posterioridade con ir a —parella á da anterioridade con vir de (menos gramaticalizada en galego, cfr. o francés) e á da simultaneidade con estar a — faise sobre unha metáfora de base espacial: o tempo como un camiño que se percorre. Trátase dunha construción da temporalidade máis neutra, en tanto que evita a interferencia do sistema modal (na gramática concorren ambos sistemas, de aías interferencias) ao tempo que salvagarda o valor de incerteza inherente ao futuro (e ao camiño) sen que esa incerteza se sobrepoña sobre o valor puramente temporal.\nEn galego a situación é algo máis matizada. A pesar do gran incremento de uso de < ir + in fi nitivo>, dáse un notable mantemento da construción < haber (de) + in fi nitivo>, que está moi lonxe da marxinalidade acadada nas linguas veciñas como forma de futuro. Temos asíunha situación de equilibrio entre todos os mecanismos de expresión formal da futuridade (a forma analítica, as dúas formas perifrásticas e o presente con valor de futuro) non exenta dalgunhas tensións, mesmo inducidas por ditames prescritivos diverxentes de distintos normalizadores 18. Máis que optar por algunha, a dispoñibilidade de alternativas semella en galego croni fi carse, cunha ampla paleta de cores a disposición do falante á hora de retratar (i.e., relatar) o futuro.\nEn calquera caso, a variación lingüística vén ser sempre o produto dun equilibrio dinámico e inestable entre a necesidade de codi fi car/institucionalizar un mecanismo de gran importancia para a gramática (a deíxe temporal) e a de salientar o carácter incerto, preditivo, do que aínda non ocorreu, mais xulgamos que pode ocorrer ~ ten que ocorrer ~ desexamos que ocorra, etc. O modo pragmático demanda recursos versátiles, de interpretación discrecional, altamente dependentes do contexto, mentres o gramatical demanda unha codi fi cación expl ícita e formalizada do vector de posterioridade.\n6. R EMATE\nÉ difícil e arriscado propor unha caracterización direccional única para todo o complexo proceso de cambio das linguas. Porén, as achegas clásicas ao tema tenden a ser inseribles nun modelo con dous polos: a) o cambio responde a unha evolución basicamente lineal —ás veces avaliada como progreso, ás veces como decadencia— ou b) a evolución é esencialmente cíclica —por suposto, tanto nun caso como noutro, visto cun determinado grao de abstracción e xeneralización. En realidade, estes dous escenarios correspóndense aos dous tipos máis comúns de atractores que gobernan os sistemas dinámicos: os de punto fi xo (en que o sistema evoluciona cara a un punto de equilibrio) e os de ciclolímite (en que a evolución deseña unha órbita periódica). Roger Lass, que aplica á lingüística estes principios da dinámica, presenta o fenómeno da gramaticalización como exemplo prototípico de atractor de punto: cada chanzo do itinerario sitúa oítem cambiante máis preto do punto de atracción, que actúa como un ‘sumidoiro’ que conduce o cambio linealmente cara a si (Lass 1997 : 295 ss). O modelo explicativo semella válido e útil; mais cómpre reparar nun par de cuestións: 18 AsíNovo (1991) denunciaba a “utilización inmoderada da opción verbal do futuro sintético” nos medios de comunicación, mentres Álvarez Blanco (1994) se refería a ese tipo de xuízos prescritivos como unha “cruzada en contra do futuro galego, que está levando a un uso abusivo e erróneo da perífrase / haber + in fi nitivo/ nos medios”. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 2746\nDebe a gramaticalización ser vista como un exemplo dos mecanismos a través dos cales mudan as linguas ou como o modelo marco para explicar o cambio lingüístico? Aínda que o termo abrangue ámbitos diversos segundo quen o use, na miña opinión, cando menos no cambio morfosintáctico, a gramaticalización semella máis o segundo que o primeiro: é o proceso constante de construción sempre en curso da gramática. A pregunta viría daquela a ser, no ronsel de Hopper e Traugott (1993 : 31), a seguinte: “What phenomena in language are not examples of grammaticalization?” 19. Considerarmos a gramaticalización como o modelo marco do cambio gramatical conduce á seguinte cuestión: É realmente a gramaticalización un atractor de punto fi xo (lineal) ou encerra algún tipo de dinámica cíclica? (Repárese que o que se pon en xogo, en de fi nitiva, é se esta segunda dinámica é ou non irrelevante no cambio gramatical). Como se ten posto de manifesto de xeito reiterado, os itinerarios de gramaticalización presentan case sempre un número moi limitado de chanzos no seu proceso evolutivo. Asípois, nada ten de particular que, percorrida toda a escala, se chegue a unha situación distinta pero dalgún xeito análoga á do punto de partida, desencadeante do proceso. Os exemplos examinados nas seccións precedentes son boa mostra disto: a gramaticalización do futuro ou da marca de Obxecto, e.g., conducen fi nalmente a produtos moi similares ás formas iniciais das cales se fuxira.\nDesde un punto de vista funcional, os procesos de gramaticalización (e en de fi nitiva as gramáticas no seu conxunto) xorden como bené fi cos mecanismos de codi fi cación formal de contidos semántico/pragmáticos a través de procesos de automatización; mais estes procesos provocan o esvaemento daqueles contidos ata facelos irrecoñecibles. Desde un punto de vista formal verifícase como, a partir do inicio mesmo da emerxencia das marcas que integran o código gramatical, a erosión fónica e a coalescencia comezan a operar nun sentido tal que conducen dun xeito máis ou menos rápido á destrución (da perceptibilidade) desas marcas. Esta situación propicia o recomezo do proceso.\nAsípois, a gramaticalización pasa a ser, vista cunha perspectiva temporal su fi cientemente ampla, unha sorte de atractor cíclico. A lingua evolucionaría, a certo nivel, en órbitas periódicas en espiral. A imaxe do cambio en espiral (abofé que moi antiga, remite cando menos ao neogramático von der Gabelentz) semella máis apropiada que a da simple circularidade, pois de cada volta o punto de partida é parello ao anterior, pero situado noutro nivel, i.e., cunha gramática modi fi cada (e potencialmente máis evoluída) e un sistema pragmático reconstitu ído. Cada período condúcese cunha traxectoria semellante pero en distinta cota.\nEsta dinámica cíclica ten levado a algúns autores mesmo a presentar o cambio lingüístico como algo moitas veces superfluo, próximo á ganancia cero: “There is much change just for the sake of change”, sostén Lehmann (1985 : 316). Ora ben, quitado o anecdótico (que por outra banda pode selo menos do que aparenta), a constante recomposición do sistema sintáctico das linguas semella responder, máis que a unha oca inclinación ao cambio polo cambio, a unha dinámica de equilibrio inestable entre dúas forzas que teñen carácter de constante: a necesidade de codi fi cación explícita e rigorosa propia do modo gramatical e as vantaxes da versatilidade inherente ao modo pragmático. As linguas actúan sempre e asemade nestes dous modos. Pero son dous modos de traballo para un único sistema. Daquela, as formas lingüísticas dese sistema mudan nunha constante tensión entre eses dous polos de atracción. Xérase asíunha dinámica cíclica que parece explicar cando menos boa parte do cambio lingüístico en (morfo)sintaxe. 19 A concepción radicalmente emerxentista da gramática que sostén Paul Hopper leva non xa a identi fi car a gramaticalización co cambio gramatical, senón a identi fi cala coa gramática: “Because grammar is always emergent but never present, it could be said that it never exists as such, but is always coming into being. There is, in other words, no ‘grammar’ but only ‘grammaticization’ —movements towards structure which are often characterizable in typical ways” (Hopper, 1987 : 148). © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 2746 1) 2)\nR EFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS"} {"summary": "A toponimia medieval veu sendo utilizada historicamente como un instrumento ao servizo de determinadas propostas etimolóxicas, mais poucas veces se concibiu como unha ferramenta que permita comprender globalmente as transformacións internas e os procesos de renovación do sistema toponímico, en constante interacción coa historia e a xeografía. Por outra banda, a relevancia dada á toponimia nosíndices incluídos nas diversas coleccións documentais é escasa, cando non nula ou de fi ciente. Co propósito de subsanar estas carencias levamos a cabo a elaboración dun inventario que recollese todo o material toponímico presente no tombo do mosteiro de Toxos Outos (documentación dos séculos XII ao XIV), indicando a totalidade de formas distintas baixo as que aparece cada topónimo, a contextualización cronolóxica e documental de cada unha delas dentro do tombo e a situación do seu referente extralingüístico no marco xeográ fi coadministrativo correspondente (galego ou foráneo). Neste artigo descríbense de xeito breve as principais fases do proceso de elaboración dese inventario, asícomo certas cuestións teóricas e prácticas que se nos foron presentando no transcurso do mesmo, coa intención de deseñar un principio de metodoloxía para o tratamento da toponimia na documentación medieval galega.", "text": "Proceso de construción dun inventario toponímico medieval: o Tombo de Toxos Outos\n Lingüística histórica, onomástica, toponimia\nSumario 1. A toponimia medieval no marco dos estudos toponomásticos. 2. Obxecto de estudo: a documentación do tombo de Toxos Outos. 3. A construción do inventario toponímico do tombo de Toxos Outos. 3. 1 O procesamento dos textos. 3. 2 A dimensión lingüística dos topónimos. 3. 3 A dimensión referencial dos topónimos. 3. 4 Identi fi cación e localización dos topónimos: fontes utilizadas. 4. Algunhas conclusións.\nConstructing an inventory of medieval placenames: the Tombo de Toxos Outos\n1. A TOPONIMIA MEDIEVAL NO MARCO DOS ESTUDOS TOPONOMÁSTICOS\nOs estudos onomásticos, e máis en concreto os toponímicos (estudo diacrónico e/ou sincrónico da xénese e evolución dos nomes xeográ fi cos), constitúen unha liña moi produtiva desde sempre en todo o ámbito da lingüística románica, e, dentro deste, no dominio cultural galegoportugués. Estudosos como Martín Sarmiento, J. M. Piel, Dieter Kremer, Edelmiro Bascuas ou Abelardo Moralejo, por citar soamente uns poucos, realizaron achegas impagábeis a este eido, e é grazas a eles que contamos hoxe cunha idea máis cabal e coherente de como se comportou ao longo do tempo o sistema toponímico galego, tanto no seu conxunto como no tocante a certas parcelas máis ou menos amplas do mesmo. Porén, non é menos certo que aínda nos nosos días fi can por resolver moitas cuestións, algunhas das cales esixen unha solución até certo punto urxente. É o caso, por exemplo, da estandarización grá fi ca de numerosos topónimos sometidos durante séculos a presións de distinto signo (salientando entre elas a da castelanización) que acabaron por deturpalos. Esta eiva, e aínda outras doadamente detectábeis por calquera investigador que se mergulle no mundo da toponomástica galega, só poden emendarse mediante o afondamento nas liñas de traballo abertas e a ampliación das fontes existentes a día de hoxe. Entre esas fontes, como é evidente, atinxe unha importancia vital a documentación medieval.\nTradicionalmente, as atestacións de topónimos nos textos antigos (medievais sobre todo, mais non só) viñeron empregándose como argumentos para apoiar ou rebater a validez de determinadas hipóteses etimolóxicas. Tamén se utilizaron para realizar, na medida do posíbel, un seguimento das mudanzas e alteracións sufridas polas formas estudadas, asícomo da cronoloxía de tales transformacións. As posibilidades que disto se derivan son numerosas. Atendendo á toponimia medieval poderemos extraer datos interesantísimos sobre os movementos de poboación (que sempre deixan unha pegada directa ou indirecta nos nomes de lugar), a emerxencia, desaparición ou fusión de asentamentos humanos, a vixencia e cronoloxía de determinados fenómenos lingüísticos (fonéticos, léxicos e mesmo morfolóxicos) ou, xa nun plano máis específi co, o grao de interacción da toponimia co outro grande subsistema onomástico, a antroponimia. Estes poucos exemplos fálannos, como vemos, duns aproveitamentos que atinxen non soamente á lingüística, senón tamén a outros eidos de coñecemento tan amplos como a historia ou a socioloxía, o que converte a toponimia (e en xeral a onomástica) nun campo de traballo de fi nido polo seu carácter interdisciplinar e dotado dunha inmensa riqueza de contidos. En palabras de Terrado Pablo (1999 : 127), “la toponimia es una ciencia histórica, es una parte de la antropología cultural, sin dejar de ser una ciencia lingüística”. Na actualidade contamos con instrumentos que nos facilitan sensibelmente o acceso a esas fontes medievais ás que nos referiamos. Medrou de xeito considerábel o número de coleccións documentais publicadas, grazas non só ao traballo dos paleógrafos e editores máis veteranos, senón tamén ao dos novos autores que comezan os seus labores de investigación achegándose ao moito material inédito pendente de transcribir, ou ben ás obras xa disponíbeis mais necesitadas dunha revisión e actualización que as faga máis fi ábeis. En todo caso, e salvando sempre honrosas excepcións, podemos dicir que a atención dada á toponimia nestas publicacións é bastante escasa, ou mesmo marxinal. Son moitos os exemplos de coleccións documentais cuxosíndices toponímicos, de existiren, non contemplan sequera todo o material existente nos textos, ou ben rexistran soamente unha parte das variantes formais que tales topónimos ofrecen. Noutros casos, as localizacións que se propoñen para os referentes deses nomes de lugar son demasiado vagas, cando non inexactas.\nPor outra banda, unha boa parte deste inxente corpus textual antigo pode consultarse desde hai tempo en soporte dixital grazas ao CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaecie) e especialmente ao TMILG (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega), desenvolvido pola sección de Gramática Histórica do Instituto da Lingua Galega e que pretende contar a curto prazo cun módulo complementario, o Inventario Toponímico da Galicia Medieval, que afondará máis aínda nas posibilidades da toponimia medieval. A creación dese inventario é unha consecuencia lóxica do proceso de tratamento dos textos, unha de cuxas fases principais consiste na marcaxe dos múltiples elementos onomásticos dos documentos. Neste contexto concreto de informatización e sistematización do abondoso material toponímico da documentación medieval galega é no que comezamos a desenvolver o noso Inventario Toponímico do Tombo de Toxos Outos, concibido como un amplo glosario que recolla todos os topónimos (coas súas diversas variantes formais e o contexto cronolóxico e documental de cada unha delas) dun cartulario medieval galego concreto, o Tombo de Toxos Outos.\n2. O BXECTO DE ESTUDO : A DOCUMENTACIÓN DO TOMBO DE TOXOS OUTOS\nSituado na ruta que une a ría de Muros coa cidade de Santiago de Compostela, o mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos (radicado na freguesía homónima, hoxe pertencente ao concello de Lousame) foi fundado a comezos do s. XII polos cabaleiros Froila Afonso e Pedro Muñiz. Grazas á protección de Afonso VII e da poderosa familia dos Traba, o cenobio non tardou en se converter nun dos máis importantes de Galiza, chegando a contar con posesións territoriais en áreas tan distantes como a comarca leonesa de Los Oteros ou o norte de Portugal. Porén, o mosteiro de Toxos Outos foise sumindo a partir do s. XIV nunha progresiva decadencia que culminou en 1475 coa súa anexión á abadía de Santa María de Sobrado dos Monxes. Mais foi antes, a fi nais do s. XIII, cando os monxes de Toxos Outos comezaron a reunir toda a documentación xerada desde a súa fundación e relacionada, directa ou indirectamente, cos seus diversos dominios. A elaboración deste tombo iniciouse seguramente durante o abaciato de don Sancho Eáns, concretamente no ano 1289, mais contou con adicións posteriores datábeis na primeira metade do s. XIV. Hoxe consérvase no Arquivo Histórico Nacional e xa desde época temperá foi obxecto de transcricións parciais por parte dalgúns autores. A máis antiga da que temos noticia apareceu publicada en 1889 en Galicia Diplomática, da man do diplomático Pedro Pais Lapido. Seguíronlle, xa un século máis tarde, as edicións de Mª de los Ángeles GuajardoFajardo Carmona (1989) e a de Vicente Salvado Martínez, realizada na década dos 40 do pasado século, mais que non foi dada a coñecer até o ano 1991 nas páxinas\nda revista Compostellanum.\nA única edición completa do tombo de Toxos Outos coa que contamos a día de hoxe, e sen dúbida a máis fi ábel de cantas foron aparecendo ao longo do tempo, saíu á luz no ano 2004 da man de Francisco Javier Pérez Rodríguez, e é esta a que tomamos como referencia para o noso traballo. Os seusíndices onomásticos son, con moitísima diferenza, os máis completos de cantos dispomos até o momento. De feito, oíndice toponímico serviunos como base impagábel para a construción do noso inventario e ofreceunos as claves para a localización de numerosos topónimos, moitos deles menores (regatos, outeiros, leiras...) e difíciles de identi fi car por outras vías. Aínda as í, non deixan de observarse certas carencias bastante comúns neste tipo de obras: nosíndices non se dá conta de todo o material toponímico do tombo, nin tampouco resultan sempre todo o exhaustivos que deberían á hora de enumerar o total de ocorrencias dun determinado topónimo ou a diversidade de formas distintas baixo as que pode aparecer na documentación do cartulario. Os topónimos que aparecen unicamente como apelidos dentro de cadeas antroponímicas son sistematicamente ignorados, decisión comprensíbel no caso de topónimos excesivamente xenéricos ou abundantes (casos como o de Oduarius Carvalius, por exemplo), mais xa non tan xusti fi cábel noutros que non ofrecen tales di fi cultades (como Petrus Conde de Gamazanes, no que se recoñece o actual Gasamáns, lugar da parroquia de Agrón, concello de Ames). Estas foron algunhas das de fi ciencias que quixemos emendar, sempre dentro das nosas posibilidades, no inventario que elaboramos e cuxo proceso de construción e estruturación pasamos a describir polo miúdo.\n3. A CONSTRUCIÓN DO INVENTARIO TOPONÍMICO DO TOMBO DE TOXOS OUTOS\n3.1. O procesamento dos textos\nA elaboración do noso traballo constituíu un proceso laborioso e complexo, organizado en varias fases. A primeira delas, imprescindíbel de cara á posterior organización e manipulación do material toponímico, consistiu na etiquetaxe de todos e cada un dos documentos do tombo, facendo constar unha serie de informacións que nos permitisen fi xar as coordenadas xeográ fi cas, cronolóxicas, lingüísticas, autoriais e editoriais de cada documento. Porén, na versión de fi nitiva do inventario soamente fi gura unha parte desesítems informativos, concretamente os relativos ao ano, capítulo e páxina (ordenados sempre nesta orde) nos que se rexistra cada forma toponímica. As í, no seguinte exemplo vemos que a forma Santiago d’Arquos aparece no tombo nun documento do ano 1334, e que ese documento constitúe o número 795 e aparece na páxina 704 da edición utilizada como referencia:\nAs restantes etiquetas presentan valores que non xulgamos pertinentes polo de agora para o estudo toponímico, mais que seguramente haberá que incorporar conforme se vaian\nsumando novas coleccións documentais ao noso proxecto. É o caso do lugar de redacción do documento ou o nome do notario responsábel da elaboración do mesmo. Estes datos poden resultar de grande relevancia para comprender aspectos como, por exemplo, os distintos mecanismos empregados na adaptación de certas formas toponímicas xa romances aos hábitos escriturais herdados da tradición latina e imperantes aínda na época en que se están a producir os textos que máis tarde integrarán o tombo de Toxos Outos 1. A segunda fase consistiu na minuciosa identi fi cación e marcaxe de todas e cada unha das cadeas onomásticas da obra. Neste proceso consideramos tanto as cadeas estritamente toponímicas (Carnota, Beato Jacobo) como as secuencias antroponímicas que conteñen un ou varios apelidos de natureza detoponímica (Rudericus Carnota, Munionis Beato Jacobo). Neste segundo grupo xurdiron algunhas di fi cultades metodolóxicas, reducíbeis en última instancia a dúas circunstancias principais. 1. A presenza de elementos en principio claramente toponímicos, mais cuxa identi fi cación resultaba a miúdo moi complicada ou mesmo imposíbel debido ao carácter xenérico da forma en cuestión e, xa que logo, á multiplicidade de posíbeis referentes asociados a ela. Tal foi o que aconteceu con topónimos como Vilar, Carvalius ou Castro, entre outros. Por tal motivo, moitos destes topónimos, aínda que fi guren na versión de fi nitiva do inventario, fi caron como non localizados e foron obxecto dun tratamento especial que comentaremos no seu momento. 1 Pensemos, a xeito de exemplo, no propio topónimo Toxos Outos, que só na documentación do tombo coñece até dous xeitos distintos de (pseudo)latinización: por un lado, a mera latinización externa do topónimo, mediante a aplicación dunhas correspondencias fonolóxicas e grá fi cas moi básicas (e non poucas veces antietimolóxicas) entre lingua latina e lingua romance (Togios Altos, Togios Octos...); polo outro, o recurso a formas semanticamente afíns, extraídas da lingua culta latina (en ocasións mesmo carentes de continuidade no romance) e empregadas para “traducir” unha forma sentida xa como vulgar (SP Ī N Ŭ S > Spinis Altis, TRIB Ŭ L Ŭ S > Tribulis Altis). Pois ben, investigando a fondo esta cuestión, seguramente concluiriamos a existencia dalgún tipo de conexión entre o predominio dun ou outro mecanismo e os factores xeográ fi co (no sentido de demarcación notarial, basicamente), autorial e/ou cronolóxico. As í, das catro atestacións da forma Spinis Altis, todas elas restrinxidas aos anos centrais do s. XII, dúas delas aparecen en documentos redactados por un tal Pelagius Cardinalis, diaconus / Pelagius Cardinalis, clericus, asentado segundo parece na cidade de Santiago de Compostela.\nPorén, é certo que nalgúns casos o contexto xeográ fi co explicitado no texto orientounos con maior ou menor claridade nunha determinada dirección: por exemplo, nun testamento outorgado en 1232 (doc. 470 do tombo) comparece como con fi rmante un tal Fernandus Petri de Ferreiros, cuxo apelido se corresponde cun topónimo amplamente estendido por todo o territorio galego (na actualidade, e cinxíndonos tan só ao terreo da toponimia maior, localizamos máis de 50 entidades de poboación con ese nome). No testamento faise alusión a diversos lugares doadamente identi fi cábeis, todos eles localizados nun marco xeográ fi coadministrativo moi concreto como é o actual concello de Rois: vémolo no caso de villa Silua Redonda sub aula Sancti Johannis de Bugian (hoxe Silvarredonda, na freguesía de San Xoán de Buxán), de Sancti Petri de Oruogo (hoxe San Pedro de Herbogo) e de Nederonio (actual Leroño, na freguesía homónima). Por outra banda, os demais con fi rmantes son aludidos mediante secuencias antroponímicas e especi fi cacións profesionais nas que concorren topónimos igualmente situados no devandito concello coruñés ou ben na súa contorna máis inmediata: ademais de Didacum Petri de Carrales (seguramente Carrais, aldea da freguesía de San Pedro de Herbogo), podemos mencionar a Petrus Pelaiz, presbiter de Ermedelo (actual freguesía de San Martiño de Ermedelo) e a Pelagius Iohannis, clericus Sancti Martini (identi fi cábel tal vez coa parroquia de San Martiño de Fruíme ou ben coa de San Martiño de Lesende, englobadas ambas as dúas no concello de Lousame, mais limítrofes xa co de Rois). A conxunción de todos estes datos permitiunos estabelecer unha identi fi cación case segura entre o devandito Ferreiros e a aldea do mesmo nome localizada na freguesía de San Miguel de Costa, sempre dentro do concello de Rois. Outro tanto podemos dicir a respecto do Alfonsus Iohannis de Insula citado como testemuña nun testamento con data de 1215 (doc. 352): as propiedades enumeradas no documento radican todas elas en Sancti Laurencii de Ogrom, ou sexa, na actual freguesía de San Lourenzo de Agrón (Ames); e, ademais, os apelidos detoponímicos das restantes testemuñas remiten sempre a núcleos de poboación desa mesma freguesía, como vemos en Johannes Didaci de Sendar (hoxe Sandar), Petrus Conde de Gamazanes (actual Gasamáns) ou Martinus Iohannis de Pinol (identi fi cábel co moderno Piñor). Todo parece indicar, xa que logo, que o Insula que lle serve como apelido a ese tal Alfonsus Iohannis debe ser a variante latinizada da forma Ínsua que lle dá nome hoxe en día a unha das aldeas de San Lourenzo de Agrón. Asíe todo, o criterio que acabamos de exempli fi car con estas dúas cadeas antroponímicas non sempre resulta igual de e fi caz, e non son poucas as ocasións nas que a súa aplicación resulta excesivamente di fi cultosa, arriscada ou mesmo imposíbel, dada a precariedade da información toponímica fornecida polo texto.\nNoutros casos, a maior relevancia social acadada polos personaxes portadores do topónimo facilitou sensibelmente o traballo de busca. Por exemplo, Ferran Rroyz de Castro, citado como con fi rmante en dous privilexios reais do monarca Afonso X (docs. 37 e 38 do tombo), pertencía á estirpe dos Castro, cuxo epónimo era, segundo parece, a vila castelá de Castro ou Castro Seriz, hoxe Castrogeriz (Burgos). Procedementos similares foron os que adoptamos con apelidos detoponímicos como Mendoza, Guzmán, Haro e outros.\n2. A di fi cultade á hora de discernir a natureza detoponímica ou delexical dun sobrenome. Este problema advírtese sobre todo naqueles topónimos que, pola súa forma externa, poderían remitir etimoloxicamente a apelativos vixentes na lingua medieval e aínda na moderna. É o caso, por exemplo, de Biteyro, rexistrado en dúas ocasións na documentación do tombo (Dominici Petri dicti Biteyro e Domingo Perez dito Biteyro). Este apelido podería relacionarse co fi tónimo bieiteiro, denominación dunha árbore moi común en Galiza, e estaría por tanto na liña doutros moitos sobrenomes igualmente procedentes do mundo vexetal. Porén, tampouco existe ningún impedimento aparente para consideralo un apelido detoponímico, tendo en conta a existencia de topónimos como O Bieiteiro (núcleo de poboación da freguesía de Santa María de Laxe). Por outra banda, a especi fi cación do sobrenome mediante o participio dictus / dito, aínda sendo máis característica dos de orixe lexical, non resulta en absoluto estraña nos apelidos detoponímicos, e asío vemos en casos como Martinus Pelagii dictus Brandonias (hoxe Brandoñas, no concello de Zas), Fernandus Pelagii dictus Padrum (alusivo a Padrón, no concello coruñés homónimo) ou Roderico Petri dicto Villarino (seguramente o actual Vilariño da freguesía de Cornanda, concello de Brión), entre outros moitos que poderían extraerse da documentación do tombo.\nA di fi cultade increméntase cando o sobrenome delexical aparece integrado na cadea antroponímica pola preposición de, sistema moito máis habitual nos apelidos detoponímicos como indicador de procedencia xeográ fi ca ou de calquera outro matiz relacionado. Encontramos este mecanismo en casos como o de Johanne de Ganancia (doc. 247), seguramente relacionado co sintagma fi llo de ganancia ou fi llo de gaança, co signi fi cado de ‘ fi llo ilexítimo, bastardo’ (Boullón 1999 : 232). Menos comúns poden resultar outros exemplos, como o de Fernando Fernandi dicto de Manu (doc. 723), onde de todas formas non resulta difícil recoñecer o uso onomástico do apelativo man, encadrábel dentro da tendencia ben coñecida de tomar os membros e extremidades corporais como elementos de fi nitorios do individuo e, por tanto, como xeradores de alcumes 2. Tamén pode darse confusión cando se produce a duplicación desta estrutura, un fenómeno relativamente habitual nos documentos do tombo: vémolo en Johanne Pelagii de Noya dictus de Molendino, Munionis Martini de Noya de rua de Valado ou Petro Fernandi de Noya dicto de Lauro, exemplos nos que a combinación de dúas formas toponímicas distintas dentro da mesma secuencia parece suxerir unha certa relación xerárquica entre elas ou, incluso, unha etioloxía distinta para cada unha. En todo caso, o problema vén dado por casos como Johannes Petri dictus de Cornoes de Roo, onde, á luz dos exemplos anteriores, poderiamos considerar Cornoes como un apelido detoponímico, calquera que sexa a súa relación con respecto a Roo (nome compartido por dúas freguesías pertencentes respectivamente aos concellos de Noia e Outes). A favor desta hipótese estarían os numerosos topónimos galegos creados sobre a raíz prerromana * corn-, varios deles concentrados ao redor da área de influencia do mosteiro de Toxos Outos 3, mais tampouco poderían descartarse outras opcións estritamente lexicais, como por exemplo un aumentativo do substantivo corno 4.\nEn de fi nitiva, podemos observar ao longo dos textos unha grande versatilidade na creación de estruturas antroponímicas complexas, quer na súa constitución quer na súa articulación sintáctica interna, o cal complicou notabelmente o recoñecemento da natureza delexical ou detoponímica dun bo número de apelidos. Porén, unha vez superadas con máis ou menos éxito estas di fi cultades, e con todo o material toponímico xa debidamente reunido, identi fi cado mediante os marcadores pertinentes e contextualizado dentro dos parámetros de fi nitorios de cada documento, procedemos á construción dunha grande base de datos da que servirnos para a terceira e máis laboriosa fase do noso inventario: a lematización, clasi fi cación e (cando for posíbel) localización sobre o territorio de todas e cada unha desas formas toponímicas. Mais isto obrigounos a distinguir dentro da base de datos (e do texto de fi nitivo dela derivado) dous grandes bloques de información nos que se recoñecen os dous grandes núcleos constitutivos do nome de lugar: por unha banda, a información estritamente lingüística; pola outra, a información referencial ou extralingüística.\n3.2. A dimensión lingüística dos topónimos\nA información lingüística incluída no noso traballo refírese única e exclusivamente á forma externa dos topónimos. Encabeza cada rexistro da base de datos, e no inventario atoparémola concentrada no lema de cada entrada, tal e como se observa no seguinte exemplo:\nL OURO [L OURO ] - [L AURO ] n.h. (L OURO -Muros1).\nComo podemos comprobar, distinguimos en primeiro lugar un lema moderno (en negriña), que se corresponde coa forma actual do topónimo sempre e cando esta perdurase até os nosos días. O lema moderno é o que serve de cabezallo na maioría das entradas que conforman o glosario, concretamente no 64 % das mesmas, mais existe asíe todo unha porcentaxe considerábel de casos (o 36 % restante) para os cales tivemos que recorrer a procedementos alternativos na construción das respectivas entradas. Estas excepcións están constituídas por aqueles topónimos para os que nos resultou imposíbel estabelecer un lema moderno, pois a forma en cuestión careceu de continuidade ou ben, téndoa, non fomos capaces de localizar o seu referente extralingüístico. Podemos falar asídos seguintes grupos de topónimos carentes de lema moderno. 1. A forma antiga foi substituída por outra que segue vixente na actualidade como denominación dese lugar, un fenómeno que podemos de fi nir como substitución toponímica e que se observa no 5 % das entradas do inventario. Adoita acontecer nos eidos da oronimia e da hidronimia menor, xa de por si propensos a fenómenos de polinomia, asícomo na toponimia urbana (odonimia), tenuemente representada na nosa documentación. Pensemos, por exemplo, nas rúas compostelás hoxe denominadas de Xelmírez e da Acibechería, ás que se alude en varios textos do tombo como Moneta Nova e Moneta Grande / Moneta Magna, respectivamente. Fóra xa do ámbito urbano, o río Gamo, mencionado ao longo de moitos documentos en relación co monte Iroite, a praia de Barraña, o río Duabra (actual Brea) e as freguesías de Santo André de Cures, Santa Baia de Boiro e San Vicenzo de Cespón, só pode corresponderse co río hoxe denominado Coroño, designación que seguramente tomou do núcleo de poboación homónimo pertencente á devandita parroquia de Santa Baia de Boiro. En todos estes casos habilitamos como cabezallo a denominación hodierna correspondente, mais en letra itálica e subliñada, de xeito que unha simple visualización do lema permita xa ao usuario recoñecer a existencia dun fenómeno de substitución toponímica: F IGUEIRA [B OUZAS ] - [-] n.h. F IGUEIRA (CuresBoiro1). 2. Existe un pequeno grupo de exemplos nos que a forma toponímica non se conservou nin tampouco perviviu a realidade xeográ fi ca a ela asociada, mais a abondosa documentación existente permítenos situar no territorio os seus antigos referentes cun grao de precisión máis\nou menos elevado. Esta circunstancia, constatábel no 1 % das entradas do inventario, aféctalle principalmente aos nomes de demarcacións de tipo natural e/ou xurídicoadministrativo, sempre suxeitas (especialmente estas últimas) a fenómenos de reestruturación, recti fi cación e, en último caso, de supresión ou de substitución por outros modelos de organización territorial que poden herdar ou non as antigas denominacións. A teor disto, englobamos neste grupo topónimos alusivos a antigas terras ou territorios (sempre no sentido medieval dos termos), asícomo a xurisdicións eclesiásticas e/ou civís hoxe extintas e cuxo nome non se perpetuou en ningunha outra institución ou entidade poboacional. Tampouco podemos esquecer algúns exemplos de edi fi cacións (principalmente mosteiros, igrexas e capelas) caídas en desuso e fi nalmente desaparecidas. Na documentación do tombo concorren asítopónimos como Corenza / Corentia, couto e freguesía baixo a advocación de San Martiño e en cuxos termos existiu antigamente un mosteiro. Hoxe, todas as realidades noutrora designadas polo topónimo Corenza / Corentia desapareceron; no que se re fi re concretamente ao núcleo de poboación, este repartiuse entre os lugares de Nimo, Vilardante e Vilafabeiro, todos eles actualmente englobados na parroquia de Santa María de Roo (Noia). Nunha situación similar encontraríase o topónimo Sancta Taasia / Sancta Talasia, designación dun mosteiro (e mesmo dunha freguesía asociada a este) hoxe xa desaparecido, mais que estivo radicado no que hoxe é a parroquia de Santo Ourente de Entíns (Outes) 5. A un nivel xeográ fi co máis amplo podemos sinalar exemplos como o de Toronium (antigo territorio do suroeste de Galiza) ou Montem Nigrum (antigo territorio estendido polo norte da actual provincia de Lugo), bastante recorrentes ao longo das distintas coleccións documentais medievais. En todos estes casos utilizamos como cabezallo o lema romance ou, no seu defecto, o latino, pois son estas as referencias que necesariamente terá que manexar o usuario á hora de buscar información sobre tales entidades. O cabezallo fi gura sempre entre corchetes ([ ]) e en itálica, mentres que no corpo da entrada o símbolo [ ∅ ] (conxunto baleiro) denota a inexistencia moderna do referente extralingüístico orixinal do topónimo: [C ORENZA ] - [C ORENTIA ] n.h. [ ∅ ] Nimo~Vilardante~Vilafabeiro (RooNoia1). 3. Cómpre xebrar claramente o subconxunto anterior do formado por topónimos que, malia perderen o seu referente inicial, seguiron existindo aplicados a realidades da contorna xeográ fi ca máis ou menos inmediata. Neses casos, que non superan o 2 % das entradas do glosario, produciuse por tanto unha deslocación do referente. Obsérvase especialmente no caso de antigos mosteiros cuxa denominación, ao desapareceren, foi conservada pola freguesía na que radicaban, con independencia de se a orixe desta foi anterior ou posterior á da propia institución monástica. Pensemos por exemplo no desaparecido mosteiro de Portoor / Portus Hodorii, situado na parroquia que aínda hoxe conserva a denominación e mesmo a advocación do antigo cenobio (Santa María de Portor, no concello de Negreira). Tamén adoita observarse en nomes de circunscricións e comarcas medievais que unicamente se mantiveron como denominación de entidades poboacionais creadas dentro dos seus límites, case sempre coa estrutura [Haxiónimo + de + Territorio de referencia]. Este fenómeno, ben coñecido, pode exempli fi carse co antigo territorio de Ribadulla (Ripa Ulie na documentación do tombo), cuxa extensión se correspondería aproximadamente coa dos actuais concellos coruñeses de Boqueixón e Vedra. Ese territorio desapareceu como tal demarcación políticoxur í dica e mesmo como bisbarra, mais a súa denominación perpetuouse a través de topónimos como San Mamede de Ribadulla e Santa Cruz de Ribadulla (freguesías do concello de Vedra), asícomo o propio Ribadulla (nome dunha aldea da parroquia de San Xiao de Arnois, na Estrada). 5 A extinción destas dúas realidades e das súas respectivas denominacións non se remonta a época especialmente remota, pois aínda o arcebispo Jerónimo del Hoyo as rexistra nas súas Memorias del Arzobispado de Santiago (1607), referíndose a elas cos nomes de San Martino de Corença e Santa María la Real, alias Santa Tasia y Anastasia. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 6783\nNo inventario encontraremos estes casos introducidos pola forma moderna conservada como cabezallo: P ORTOR [P ORTOOR ] - [P ORTO H ODORI ] most. [ ∅ ] Portor (PortorNegreira1). 4. Por último, contamos cun 28 % de entradas nas cales non só se perdeu a forma topon ímica antiga reflectida nos documentos, senón que ademais descoñecemos a denominación hodierna da realidade xeográ fi ca á que aludía. Aínda as í, e grazas ás referencias directas e indirectas dos documentos, podemos estabelecer cunha certa marxe de seguranza a freguesía, concello e/ou provincia onde se encontraría tal referente, cando menos na maioría dos casos. Por exemplo, o topónimo Cortal (doc. 609 do tombo) carece, até onde nós sabemos, de continuadores na toponimia galega actual, mais na carta de partición na que o rexistramos explicítase que totam istam hereditatem habet monasterium Sancti Justi in villa Aluariza, información coincidente coa do propio rexesto redactado polo copista en época posterior (De particione ville de Aluariza de parte Sancti Justi). Deste xeito, aínda descoñecendo o referente actual de Cortal e/ou a denominación que podería dárselle na actualidade, podemos cando menos situalo nunhas coordenadas xeográ fi cas moi precisas: o lugar de Alvariza, pertencente á freguesía de Santa Cristina de Barro, no concello de Noia. Noutros casos, en cambio, a información extraíbel do corpo do documento será moito máis parcial, difusa ou mesmo inservíbel para o noso cometido 6. Xa que logo, as particulares circunstancias que caracterizan este conxunto de topónimos obrigounos a utilizar marcadores numéricos a xeito de cabezallos, seguidos en cada caso dun determinado número de asteriscos (*) mediante o cal expresamos a maior ou menor cantidade de información disponíbel para ese topónimo en cuestión. Deste xeito, a ausencia de asteriscos supón que o corpo da entrada está completo: 042 [C ABANA ] - [-] agr.? Alvariza (BarroNoia1). Pola contra, un único asterisco (*) indica que non conseguimos localizar o lugar, ou que a opción que damos é cando menos dubidosa; dous asteriscos (**) implican xa a ausencia de información relativa ao lugar e mais á parroquia; nos topónimos marcados con tres asteriscos (***) falta ademais o concello; e, fi nalmente, catro asteriscos (****) signi fi can o descoñecemento de calquera posíbel coordenada xeográ fi coadministrativa segura na que encadrar o topónimo: 107 * [D OMBAZ ] - [-] n.h. ??? (CespónBoiro1). 122 ** [F ORCA S] - [-] c.fluv. ??? (???-Negreira1). 076 *** [C ERESA ] - [-] n.h. ??? (???-???- 1). 087 **** [-] - [C ONCHIS ] n.h.? ??? (???-???-???). En de fi nitiva, podemos ver como os distintos grupos de topónimos que acabamos de comentar veñen de fi nidos en cada caso por unha determinada relación entre a forma topon ímica e o seu referente extralingüístico, relación que pode expresarse basicamente en termos de pervivencia / extinción e que, nas súas diversas posibilidades combinatorias, exempli fi can as dinámicas internas que foron conformando e transformando ao longo do tempo o sistema toponímico galego. Velaqu í, por tanto, unha aplicación do noso traballo que cremos especialmente interesante para reorientar os estudos onomásticos cara a unha concepción máis sistémica e global da toponimia: 6 Evidentemente, a situación que se reflicte no inventario para moitos destes topónimos debe entenderse como algo provisional, pois a ampliación do repertorio documental manexado e un traballo de campo exhaustivo seguramente nos permitirán localizar boa parte deses referentes xeográ fi cos xunto coas súas correspondentes denominacións modernas ou, cando menos, perfeccionar a cantidade e calidade de información ofrecida en moitas destas entradas.\ntopónimos apareceren en ocasións con trazos evolutivos xa claramente de fi níbeis como romances (principalmente galegos, mais nalgúns casos tamén casteláns e incluso leoneses), mentres que noutros casos a súa fi sionomía externa é aínda latina, ou ben resultado dun proceso de (pseudo)latinización. Deste xeito, tanto as formas claramente latinas como as latinizadas 7 obrígannos a considerar un lema medieval latino ao carón do lema medieval romance.\nEn moitas ocasións, esta distinción revélase como unha convención puramente práctica orientada a unha mellor manipulación do material, pois son moitos os topónimos que ofrecen solucións intermedias entre o romance e o latín (Palazos, Figaria...), asícomo os compostos cuxos constituíntes aparecen en linguas distintas (Juncaria de Rielo, Paaços de Celticos...). Nestes casos dámoslle sempre primacía ao romance: sempre que o topónimo presente un cambio vocálico e/ou consonántico identi fi cábel como romance será clasi fi cado como tal e motivará, xa que logo, a presenza dun lema medieval romance no corpo da entrada. Outro tanto acontecerá sempre que nun topónimo composto exista cando menos un elemento romance. Noutras ocasións, o problema orixínano as distorsións provocadas pola representación grá fi ca: son casos nos que o topónimo presenta unha forma externa que podería ser adscrita tanto ao latín como ao romance. A miúdo esta complicación vese agravada polo emprego de grafías ou combinacións grá fi cas que poden entenderse efectivamente como propias da escrita latina, mais tamén como opcións arcaicas para a representación de fonemas xa romances, algo nada estraño se temos en conta as datas tan temperás (fi nais do s. XII e primeira metade do s. XIII) nas que comezaron a producirse os documentos logo reunidos no tombo. 7 Esta latinización (ou pseudolatinización) materialízase de distintos xeitos. Salienta especialmente a reconstrución de grupos consonánticos cultos incongruentes coa etimoloxía real da palabra: é o caso de Coczario por Couceiro (< CALC Ĭ AR ĬŬ) ou de Octario por Outeiro (< ALTAR ĬŬ). Tamén habería que falar de latinizacións super fi ciais como a que implica a forma Istario por Esteiro (< AESTUAR ĬŬ), p. ex., ou da intervención da asociación etimolóxica, que explica a forma Tauro para Toro (probábel derivado da raíz prerromana *tur-). Todos estes casos, e algúns máis que poderían engadirse, foron considerados como formas latinas, e xusti fi caron a presenza de cadanseu lema latino. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 6783\nAlternancias como Brandonas / Brandonias, Luana / Luania ou Beseço / Besecio ilustran esta di fi cultade, incrementada naqueles casos en que descoñecemos a base etimolóxica. Noutros exemplos a decisión resultou máis sinxela: en Bugian (e variantes) hai que ver xa un topónimo claramente romance, por máis que na representación do fonema / ӡ / se optase polos grafemas nunha solución continuadora da tradición escriptográ fi ca latina, mais cuns referentes fonolóxicos xa alleos á mesma.\nEn canto aos criterios de lematización, estes procuraron sempre a creación de lemas homoxéneos e coherentes, mediante a redución das numerosas variantes grá fi cas existentes ao longo do tombo. As í, fronte á vacilación entre < u > e , allea moitas veces á natureza vocálica ou consonántica do fono que se procura representar, nós optamos por estabelecer unha distribución sistemática: cando se trata dunha vogal e cando o son en cuestión é de natureza consonántica. Deste xeito facilítase ademais o acceso do usuario á correcta pronuncia dos topónimos, pois a alternancia grá fi ca dos textos medievais conduce non poucas veces a confusións neste sentido. Por exemplo, o lema romance das formas toponímicas Uazas e Vanzas (actual Banzas, na freguesía de Santo Ourente de Entíns) é [ V ANZAS ], mentres que para Curuido e Coruido (hoxe Croído, na freguesía de San Xoán de Lousame) reconstruímos un lema [ C URUIDO ], que obriga a unha lectura [  ]  coherente coa posterior evolución da forma toponímica en cuestión. Asemade, optamos sistematicamente polo emprego de como representación da semivogal de articulación palatal ([ j ]) nas formas romances, e por nas formas latinas, respectando asías tendencias grá fi cas características dunha e outra lingua. De acordo con esta pauta, o lema romance das formas Noia e Noya é [ N OYA ], mais para as formas Briom de Juso e Brium de Iuso reconstruímos un lema [ B RION DE JUSO ]. Por outra banda, reservamos para os casos en que a vogal palatal é núcleo silábico, de xeito que o lema romance de Moino é [ M OINO ], por\nexemplo.Para os casos de vacilación <ç> / , / e similares escollemos as opcións grá fi cas máis acordes coa etimoloxía, coa condición de tales opcións estaren apoiadas por formas toponímicas concretas dos textos. Todos os casos de nasal homosilábica fi nal, grafada alternativamente como ou nos documentos do tombo, foron reducidos a esta segunda opción: por exemplo, as formas Orelam e Orelan (hoxe Orellán, nome dunha aldea da freguesía sonense de San Pedro de Baroña) redúcense por este criterio a un lema [ O RELAN ]. En canto aos grupos vocálicos heterosilábicos resultantes da síncope consonántica, conservámolos sempre e cando non haxa exemplos no texto que representen xa a súa crase, e optando pola forma\nmáis próxima á solución moderna: as í, Braonio e Broonio (actualmente Broño, nome dunha freguesía do concello de Negreira) presentan un lema [ B ROONIO ]. A toponimia latina ou latinizada presenta o problema da flexión casual, que nos textos do tombo xa raras veces se adapta aos patróns do latín clásico. Para solventar esta cuestión e dotar dun mínimo de homoxeneidade ao tratamento desta inxente masa toponímica, optamos por lematizala reducindo todas as ocorrencias ao caso xeral do latín galaico (procedente do acusativo latino), por outro lado o máis habitual na nosa documentación. Deste xeito, Ferrarios e Ferrariis teñen como lema latino [ F ERRARIOS ] (correspondente ao caso acusativo plural), mentres que pola súa banda as formas Gallecia, Gallaetia, Gallecie... remiten a un lema [ G ALLECIA ].\n3.3. A dimensión referencial dos topónimos\nA información referencial, relativa á realidade extralingüística aludida polo topónimo, ocupa o corpo da entrada e presenta distintos niveis:\nPorén, eses niveis poden reducirse, como decote, a dous grandes subgrupos con características de fi nitorias netamente diferenciadas:\n1. O contexto xeográ fi coadministrativo do topónimo: neste punto habilitamos as categorías Lugar (núcleo de poboación subordinado á freguesía ou a unha entidade poboacional equivalente a esta), Freguesía (referido a parroquias propiamente ditas), Concello e Provincia. Canto a esta última, permitiunos estabelecer dous grandes grupos de topónimos: os galegos e os extragalaicos, dicotomía bastante acorde co grao de presenza e representatividade duns e outros na documentación do tombo. Asímesmo, estabelecemos un código numérico que nos permitiu un manexo máis áxil e práctico desta categoría. Desta maneira, para os topónimos galegos tomamos como referencia a división administrativa vixente nos nosos días, asignándolle o número 1 á provincia da Coruña (a máis representada con moita diferenza na documentación), o 2 á de Lugo, o 3 á de Ourense e o 4 á de Pontevedra. Aplicamos este criterio aínda sabendo das limitacións que supón para certos topónimos, nomeadamente aqueles que designaban entidades supralocais cuxos límites raramente poden conciliarse cos das modernas provincias. Porén, cando tales entidades se manteñen hoxe en día abonda coa simple xustaposición dos códigos numéricos propostos. É o caso da diocese de Santiago de\nCompostela, que, ao estenderse por parte das actuais provincias da Coruña e Pontevedra, foi caracterizada mediante a combinación numérica 14. O mesmo procedemento adoptamos con certos fenómenos xeográ fi cos, concretamente o río Miño (Minei na documentación do tombo), marcado coa combinación 234 en alusión ás tres provincias (Lugo, Ourense e Pontevedra)\npolas que discorre o seu caudal. Para os topónimos non galegos (exceptuando o caso dos españois), a etiqueta Provincia non resulta plenamente funcional, cando menos tomada no sentido xurídicoadministrativo co que llelo aplicamos aos topónimos galegos, e máis aínda tendo en conta que moitos deses topónimos aluden a reinos e entidades políticas maiores (Hispania, Anglaterra...), non localizadas obviamente en ningunha provincia, distrito ou circunscrición análoga. Por tanto, esta etiqueta servirá unicamente para indicar en que país actual se encontran localizados. Tomando como base o número 5, que por si só implica situación non galega da referencia toponímica en cuestión, creamos os códigos 51 (España), 52 (Portugal), 53 (Francia), 54 (Italia), 55 (Inglaterra), 56 (Turquía) e 57 (Palestina). En todo caso, somos conscientes de que esta cuestión deberá ser retomada, repensada e re fi nada conforme vaia avanzando e perfeccionándose o propio proxecto. Asemade, farase necesario ir arrequentando o repertorio de categorías administrativas (dándolles entrada a realidades como as comarcas, dioceses, arciprestados, partidos xudiciais, xurisdicións antigas...), o que necesariamente implicará unha profunda reformulación do que empregamos para o noso inventario, ao mesmo tempo que posibilitará unha localización máis exacta e matizada de cada topónimo. Ademais destas catro categorías existe unha quinta, Outros, pertinente tan só para aqueles topónimos que designan entidades non habitadas (montes, ríos, fontes, terras de cultivo…) ou que, estándoo, presentan unha extensión supramunicipal e/ou supraprovincial (reinos, dioceses, arciprestados…) que nos obriga a tratalos de xeito particular e específi co. Cando coñecemos con certa precisión os lugares, freguesías e/ou concellos abarcados por esas entidades, facémolas constar todas no lugar correspondente da entrada, mais debidamente separadas entre si polo símbolo ~. Pensemos, por exemplo, no antigo territorio de Besezo / Besecio, cuxa extensión podería corresponderse grosso modo coa da actual freguesía de Santa María de Viceso e parte da de San Xulián da Luaña, no concello coruñés de Brión (González Pérez\nS EGO [S EQUA ] - [-] c.fluv. S IRVES (Olveira~ArtesRibeira1). V ICESO [B ESEZO ] - [-] terr. [ ∅ ] (Luaña~VicesoBrión1).\nmos neste punto baséanse na natureza referencial dos diversos topónimos do tombo, e foi en función dela que recoñecemos os seguintes subgrupos:\ncomo Inferno / Infernum (e o mesmo podería dicirse dos seus respectivos sinónimos, como Paraíso ou Tártaro, por exemplo) presentan as características e fi sionomía propias do topónimo, aínda posuíndo referentes de natureza radicalmente distinta ao da inmensa maioría dos nomes de lugar.\nO resultado desta división foi a creación do seguinte repertorio de tipoloxías referenciais, acompañadas en cada caso da abreviatura coa que aparecen expresadas no inventario:\n© 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 6783\nindistinta e sistematicamente a calquera outro corpus toponímico distinto daquel para o que foi construído. De feito, a nosa intención é ir perfeccionando, ampliando e matizando esta proposta tipolóxica, algo ao que tamén nos irá obrigando a progresiva introdución de novas obras no proxecto. As grandes clasi fi cacións toposemánticas existentes (tan diversas como autores, mais asentadas nun catálogo máis ou menos recorrente de categorías) e os manuais de xeografía e historia serán instrumentos claves para este propósito. Por outra banda, algunhas das categorías contempladas presentan o problema de que se solapan mutuamente, ou ben presentan zonas importantes de intersección entre si. Advertímolo sobre todo no eido das demarcacións naturais, políticas e/ou relixiosas, fondamente interconectadas xa desde os comezos da territorialización do Noroeste peninsular (Baliñas 2006 : 95). É moi habitual que comarcas inicialmente de fi nidas por unhas características físicas e nalgúns casos tamén sociais acabasen servindo como base territorial para a constitución de condados (o que nos fala xa dunha realidade estritamente sociopolítica), na órbita do poder civil, e de arciprestados ou arcediagados, se falarmos desde a óptica da administración relixiosa. Neste sentido, cómpre lembrar que moitos topónimos antigos foron conservados única e exclusivamente na nomenclatura relixiosa, unha vez desaparecidos do ámbito estritamente civil. Tendo en conta esta realidade, os problemas resultaban evidentes á hora de clasi fi car topónimos como Valeirón, antiga comarca que se estendía por varias freguesías do que hoxe é o concello de Rois e que tamén funcionou como arciprestado da arquidiocese compostelá até a súa integración no da Maía, a comezos do s. XIII (González Pérez 1999 : 24). No universo político contamos con exemplos análogos: Lemos, por exemplo, é desde época temperá un\ncomitatus, mais este alicerzouse á súa vez nunha realidade xeográ fi ca preexistente que, neste caso, si se mantivo até os nosos días (aínda que fose parcialmente ou con variacións territoriais máis ou menos signi fi cativas con respecto á extensión orixinal), a través da comarca da Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo. Nunha liña similar están casos como Sarria, Berez (= Bierzo), Limia e varios outros.\nPara resolver esta cuestión optamos por respectar no máximo posíbel o contexto no que aparecen este tipo de topónimos. Fixámonos as í, por un lado, no contexto textual, procurando referencias dentro do documento que nos especi fi casen en que categoría exacta debiamos inscribir esa mención concreta do topónimo. Volvendo ao exemplo de Valeirón, clasi fi cámolo como circunscrición relixiosa (arciprestado) só cando o topónimo se relaciona con indicadores léxicos que asío explicitan: por exemplo, a secuencia archipresbiter de Valeyrom (doc. 178) é su fi cientemente clara a este respecto. No resto de atestacións deste topónimo ao longo do tombo, polo demais moi numerosas, non existen especi fi cacións deste tipo, de xeito que optamos por clasi fi calo, por defecto, como nome dun territorio natural. No caso de Transtamar, denominación dun arcediagado da igrexa compostelá mais tamén dun dos condados máis importantes da Galiza medieval, efectuamos unha operación similar, mais desta vez procurando termos desambiguadores como archidiaconus fronte a comes ou tenens, por exemplo. Por outra banda, respectamos sempre que puidemos a tipoloxía referencial explicitada na documentación do tombo, ou ben a que lle coñecemos ao topónimo en cuestión a través doutras fontes: Lemos existe hoxe efectivamente como comarca física dotada ademais dunha certa personalidade administrativa, mais na Idade Media era o núcleo dun poderoso condado e, conforme a isto, clasi fi camos ese topónimo como denominación dunha entidade política menor.\n3.4. Identifi cación e localización de topónimos: fontes utilizadas\nTal e como viñemos comprobando, un dos puntos clave do noso traballo consistiu en estabelecer as correspondencias entre as formas toponímicas atestadas no tombo de Toxos Outos e os seus correlatos modernos, asícomo o contexto xeográ fi coadministrativo dos seus referentes extralingüísticos. Nesta angueira recorremos a distintos tipos de fontes, salientando moi especialmente as seguintes: Coleccións documentais da área xeográ fi ca na que se instalou o mosteiro de Toxos Outos e pola que se espallaron os seus dominios. Trátase principalmente de documentación eclesiástica tanto monástica como arcebispal, mais tamén adquiriu moita relevancia a © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 6783 1.\ndocumentación civil xerada nas principais vilas e cidades da contorna de Toxos Outos. Referímonos basicamente a Noia, Muros (con especial importancia da documentación do antigo Hospital dos Pobres, Lamas 198 ?), Rianxo (para a cal contamos coa magnífi ca edición dos documentos do notario Álvaro Pérez, Tato 1999), Padrón e, en menor medida, Santiago de Compostela Obras de carácter estritamente onomástico, centradas tanto no eido da toponimia como no da antroponimia. Estas últimas servíronnos moitas veces para determinar a natureza de certos sobrenomes persoais e a fi rmar ou descartar a súa natureza detoponímica. Entre elas debemos sinalar, para o ámbito galegoportugués, a Antroponimia medieval galega de Ana Boullón, a Antroponímia portuguesa de Leite de Vasconcellos, o Hispanogotisches Namenbuch de J. M. Piel e D. Kremer e, quizais cun menor grao de fi abilidade en moitos aspectos, a Onomástica persoal do Noroeste hispano de Elixio Rivas. No que respecta aos estudos sobre toponimia, recorremos primeiramente a obras teóricas, que nos axudaron a con fi gurar un marco e unhas categorías nas que ir encaixando as distintas fases e obxectivos do noso traballo. Tamén nos resultaron de grande axuda as obras centradas en subáreas toponímicas concretas (toponimia prerromana, antropotoponimia, hidrotoponimia...) e, por suposto, os estudos toponímicos sobre zonas xeográ fi cas concretas que, pola súa relación no pasado co mosteiro de Toxos Outos, resultaban de especial interese para o noso propósito Obras de temática histórica e xeográ fi ca sobre a nosa área de referencia. A utilidade deste tipo de textos é dupla: por un lado, permítennos afondar nas características que de fi nen, a eses dous niveis, o territorio no que centramos o noso traballo; por outro, estas obras sempre fornecen, directa ou indirectamente, datos sobre a toponimia das zonas estudadas e as posíbeis alteracións que esta puido experimentar ao longo dos séculos Dicionarios e glosarios, tanto de uso común como de natureza estritamente onomástica e, máis en concreto, toponímica. Aínda necesitando unha profunda revisión, deben destacarse por motivos obvios dúas obras: o Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa, de J. P. Machado, e o Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico de Joan Coromines.\n4. A LGUNHAS CONCLUSIÓNS\nPorén, cremos que ao longo destas páxinas puideron xa intuírse algúns dos bene fi cios máis salientábeis que poden reportarnos inventarios toponímicos como o construído para o tombo de Toxos Outos. Un deles consiste en subliñar o carácter sistémico da toponimia e expresar, mediante unhas convencións sempre suxeitas a crítica e revisión, algunhas das dinámicas que interviñeron na súa evolución e transformación e que explican, xa que logo, a súa fi sionomía actual. Mais poderían sinalarse tamén outros aproveitamentos máis inmediatos, como a grande utilidade de repertorios deste tipo para as cuestións etimolóxicas, consubstanciais á propia ciencia toponímica, ou para traballos históricos e xeográ fi cos sobre territorios como, neste caso, o dominio monástico de Toxos Outos. Utilidades todas elas que invitan a seguir explorando o terreo complexo, escuro mais fascinante da nosa toponimia medieval.\nR EFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS\nFontes documentais\nCal Pardo, Enrique (2005): Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de MondoñeLamas Carballo, Adela (198 ?): Edición dos documentos do Espital dos Pobres da vila de Muros. Santiago de Compostela. Memoria de licenciatura inédita. Pais Lapido, Pedro (1889): “Documentos del monasterio de TojosOutos”, Galicia Diplomática 49 - 50, 337 - 341."} {"summary": "No presente traballo ofrécese unha análise scriptolingüística dunha serie de textos producidos en Galicia entre ca. 1225 e 1254, lidos directamente sobre os orixinais, e que mostran diversos graos de aproximación á escrita plenamente romance e galega que se iría xeneralizando nas últimas décadas do século XIII. O obxectivo do estudo é afondar no estudo dos aspectos scriptolingüísticos do proceso de transición que abocou ao xurdimento da scripta galega medieval, atendendo tanto ao plano grafemático coma ao propiamente lingüístico. Os aspectos que se consideran decisivos nesa análise son: 1) o grao de interlectalismo, tanto latinogalego como interromance (fenómenos de interferencia lingüística, alternancia e mestura de códigos); 2) a progresiva autonomía do sistema grafemático romance, de base fonográ fi ca; 3) a selección congruente de variantes lingüísticas galegas típicas (fronte a variantes periféricas). Segundo o anterior, propomos distinguir as seguintes modalidades de escrita de transición: a) heterónoma galegolatina, b) semiheterónoma galegolatina, c) semiautónoma galega, d) autónoma ‘típica’, e) galega periférica e fronteiriza, f) interromance alternante ou interferida. O foco do estudo debrúzase sobre as modalidades a), b) e c), que están no cerne do proceso de transición, e que aparecen caracterizadas conforme os criterios devanditos.", "text": "Historia do galegoportugués, período medieval (ca. 1225 - 1254), emerxencia da escrita romance en Galicia, contacto latín/galego, galego/leonés, galego/castelán\nSumario 1. 1. Tipoloxía interlectal dos textos de transición: interglosia. 1. 2. Tipoloxía grafemática dos textos de transición: autonomía. 1. 3. Tipoloxía idiomática dos textos de transición: individuación. 1. 4. Tipoloxía diplomática dos textos de transición: basografía. 2. 1. Escrita heterónoma galegolatina (textos n º 1 e 4). 2. 2. Escrita semiheterónoma galegolatina (textos n º 5, 7 e 8). 2. 3. Escrita semiautónoma galega (textos n º 10 e 36). 3. Elaboración da escrita galega autónoma (textos n º 2 e 3). 4. Escrita periférica (galego oriental) e fronteiriza (n º 9 e 14 / 15). 5. Conclusións.\ncia, LatinGalician, GalicianLeonese and GalicianCastilian contact\nO proceso de emerxencia dos romanzos na escrita vén concitando un interese crecente. Referíndonos soamente a algúns dos traballos recentes de maior relevancia para o ámbito galegoportugués, debemos mencionar entre outros os contributos de Ana Maria Martins (1999, 2001, 2004, 2007, Martins / Albino 1997), Ivo Castro (2004) e António Emiliano (2003 e 2004) para o dominio portugués, os de Ramón Lorenzo (2004 e 2007) e Ana Isabel Boullón (2004, 2005 e 2007) para o dominio galego, e os de J. A. Souto Cabo para ambos os dous (2003 a, b; 2004 a, b e 2006). A colectánea de estudos realizados co gallo do Simposio Na nosa lyngoage galega, que recentemente veu a lume (Boullón 2007) dá cumprido testemuño dos avances na materia, dos proxectos en curso, dos debates abertos e das tarefas pendentes 1.\nO autor destas liñas tamén se ten debruzado sobre algúns aspectos relacionados coa cuestión en foco (Monteagudo 2007, 2008 a, 2008 b e 2008 c), e desde 2004 vén traballando en colaboración con Ana Boullón na edición dunha colleita de textos do período primitivo que inclúe a totalidade da produción de prosa instrumental en galego anterior a 1256 que chegou a nós, e unha escolla da aparecida entre este último ano e 1260. Esta colectánea, que proximamente virá a lume (Boullón / Monteagudo no prelo), constitúe a base primaria do presente traballo 2. Na devandita colección ofrécese unha edición fi lolóxica de cincuenta documentos lidos directamente sobre os orixinais. A partir da submostra dos textos máis antigos desa colectánea, producidos entre 1225 ca. e 1254 (n º 1 ao 18) 3, na presente contribución visamos ofrecer unha aproximación ao proceso de elaboración do galego escrito no período de emerxencia, coa fi nalidade de analizar o progresivo avance na de fi nición da scripta galega medieval, chamando a atención sobre aqueles aspectos dese proceso que nos parecen máis relevantes 4. Como sinalamos noutro lugar (Monteagudo 1999 : 84 - 113), concibimos o proceso de constitución do romanzo galego na idade media a partir dun estadio protorromance difuso como un movemento evolutivo de progresiva focalización en dous sentidos interrelacionados: (a) a de fi nición no eixo ‘vertical’, isto é, de destaque e autonomización do romanzo fronte ao latín; (b) a de fi nición no eixo ‘horizontal’, isto é, de individuación do galegoportugués fronte a outros romanzos, no noso caso fronte ao leonés e o castelán 5. Como é sabido, neste proceso de focalización do romanzo, a emerxencia dunha scripta galega autónoma xogou un papel clave: obviamente, este será o aspecto que reclame a nosa atención no presente contributo. En efecto, a escrita do período de transición pode caracterizarse pola extrema difusividade ou borrosidade, á que van intimamente vencellados outros dous trazos: (a) a súa rechamante ou interglosia dos textos 6. Por difusividade entendemos un estado magmático de inde fi nición idiomática, asociada a unha elevada borrosidade da consciencia lingüística e á ausencia de modelos recoñecidos que permitan identi fi car variedades lingüísticas e idiomas claramente distintos. Como dixemos, á difusividade vai asociada a inestabilidade, noción en que acollemos dous aspectos complementarios: (a) no que atinxe á selección de variantes dos distintos planos da lingua (sobre todo, no morfofonolóxico), o fenómeno da variación maniféstase cunha intensidade moi elevada e nun espectro de dispersión extraordinariamente amplo, e (b) á hora de procurar unha representación grá fi ca destas variantes, rexístrase unha grande inconstancia, co resultado dunha extrema irregularidade ou anisomor fi smo na relación entre unidades do plano grá fi co e unidades do plano fónico.\nPor parte, outro fenómeno ligado á borrosidade lingüística característica dos textos do período de transición é o que podemos denominar interlectalismo ou interglosia. Esta noción refírese tanto á copresenza nun mesmo texto, e mesmo nunha mesma unidade sintáctica, de formas adscribibles (ao menos desde fóra e a posteriori) a distintas variedades –no caso aquecente, sobre todo latín e romanzo–, coma á aparición de variantes híbridas, nomeadamente vocábulos que resultan da combinación de compoñentes (por caso, unha raíz e un su fi xo ou desinencia) que corresponden a diferentes variedades lingüísticas ou idiomas.\nCando falamos de scripta galega medieval estamos a pensar en dous aspectos distintos, de aío termo composto scriptolingüístico : dunha banda, a compoñente grafemática (scripto -), doutra banda, o sistema lingüístico subxacente. No plano grá fi co, o proceso conduciu ao establecemento dun sistema grafemático autónomo para a representación do romanzo de tipo fonográ fi co, isto é, caracterizado por unha relación unhaa-unha entre unidades fónicas e unidades grá fi cas. No plano propiamente lingüístico, o proceso decantouse cara á selección sistemática de formas e construcións especi fi camente galegas na fonética, na morfosintaxe e no léxico. O proceso de focalización que desemboca na constitución da scripta galega medieval tamén implica unha progresiva estabilización e mais a redución, delimitación e fi nalmente eliminación dos fenómenos relacionados coa interglosia.\nA nosa análise da scripta do período de emerxencia do galego vai atender, por tanto, a tres aspectos, estreitamente interrelacionados, aínda que claramente discernibles: a) a autonomización do romanzo fronte ao latín, especialmente no plano grafemático; b) a individuación do galego fronte aos romanzos veciños, especialmente no plano propiamente lingüístico; c) a compactación idiomática dos textos, coa tendencia á redución da interglosia.\n1.1. Tipoloxía interlectal dos textos de transición: interglosia\nComezaremos polo fenómeno que denominamos interglosia. Como noutro lugar sinalamos, a noción de interglosia abrangue dúas modalidades distintas de combinación de formas e construcións de dúas (ou máis) variedades lingüísticas (Monteagudo 2007 : 288 - 90): a) a interferencia lingüística, isto é, o emprego nun texto producido nunha determinada variedade, de elementos (formas ou estruturas) procedentes doutra; b) a hibridación propiamente dita, que constitúe unha modalidade específi ca de interferencia, consistente na aparición, como resultado de combinacións das variedades en contacto, de formas ou construcións previamente inexistentes (ás veces oportunistas e de vida efémera): combinacións heteroglósicas de raíces e su fi xos, ou de temas e desinencias, calcos semánticos ou de construción, ultracorreccións, reanálises... 6 Sobre a noción de interlectalidade e os fenómenos conexos, véxase Monteagudo 2004 : 387 - 88 e 416 - 22 ; máis en concreto sobre o período de emerxencia, Monteagudo 2007 : 289 - 94, onde empregamos o termo interglosia. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\nA aparición de fenómenos de interferencia e hibridación pode dar lugar a dous tipos de fenómenos no nivel dos textos: a) a alternancia de códigos (code switching), isto é, a utilización alternante nun texto de dúas variedades lingüísticas, ou, dito doutro xeito, a combinación de enunciados ou unidades sintácticas máis ou menos amplas, cada unha delas composta homoxeneamente nunha determinada variedade (obviamente, adoito aparecen tamén interferencias e formas híbridas); b) mestura de códigos (code mixing), isto é, a utilización no interior dun mesmo sintagma –isto é, nunha mesma oración ou ben noutra unidade sintáctica de rango inferior á oración– de formas e/ou construcións adscribibles a distintas variedades ou idiomas e mais\nde formas híbridas.\nNa práctica, os distintos tipos de fenómenos sinalados están estreitamente interconectados, e nos enunciados reais adoitan aparecer, máis ou menos profusamente, de forma conxunta. Xa en referencia aos textos do período aquecente, Souto Cabo propuxo a seguinte tipoloxía textual para o período de emerxencia: “a) textos latinos com segmentos compactos em vernáculo, b) textos latinos, ou de adscrição idiomática imprecisa, caracterizados por uma presença geral, mais difusa, de elementos vernáculos, c) textos romances, contendo em maior ou menor grau resultados exclusivamente latinos” (2003 a: 332) 7. Pola nosa banda, segundo as precisións que acabamos de explicitar, distinguiriamos:\nA. Textos latinogalaicos, con interferencias : na maior parte dos textos escritos latinos da época –isto é, que están redactados nun latín medieval ben de fi nido, ou falando con maior precisión, no rexistro notarial do latín medieval galaico– verifícanse fenómenos de interferencia de formas e construcións romances (Lorenzo 2003). En particular, nalgúns textos notariais latinogalaicos dos séculos XII e XIII, moitos ou incluso a maior parte dos topónimos, os nomes de persoa e algúns vocábulos (sobre todo, neoloxismos e termos especializados), aparecen escritos en formas híbridas ou de xeito plenamente fonográ fi co. Neste caso trátase de interferencias lingüísticas, que poden atoparse en distintos estadios de xeneralización de uso no rexistro escrito, e por tanto de integración no latín notarial. B. Textos translectais ou difusos propiamente ditos: textos extremamente borrosos, na sintaxe e no léxico basicamente romances, na morfoloxía dubidosos, pero que poden estar escritos en parte ou en todo con roupaxe grá fi ca latina ou semilatina –unha roupaxe que atinxe fundamentalmente á relación entre os planos fónico e grá fi co, e parcialmente á morfoloxía–, alén de concesións ao latín no vocabulario e en certas fórmulas máis ou menos estereotipadas. Estes textos adoitan ser ricos en fenómenos de interglosia, chegando á combinación de alternancia e mestura de códigos, salferidos códigos, cada un destes á súa vez salferidos. Na nosa colectánea, corresponden a esta categoría os textos n º 1 (con alternancia de códigos mixtos), n º 4 (con interferencias de formas híbridas e outras puramente galegas), n º 5 (tamén con alternancia de códigos mixtos e hibridismo), n º 7 e 8 (inzados de formas híbridas), n º 11 e 13 (con alternancia latín / romanzo, interferencias e formas híbridas). C. Textos bilectais ou parcelados : constitúen unha modalidade específi ca de textos alternantes, en que as dúas variedades lingüísticas copresentes son utilizadas en distintas seccións de xeito máis ou menos estanco. Nomeadamente, nos documentos notariais o latín apa7 Porén, este autor non volveu sobre ela en traballos publicados posteriormente. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\nrece nas seccións formularias, sobre todo de inicio e remate do documento (protocolo e escatocolo), e o romanzo nas seccións do corpo non formulario (o teor ou parte dispositiva do documento). Obviamente, o bilectalismo tamén se pode dar entre dúas variedades romances. Nos textos bilectais, aínda que frecuentemente aparecen outros fenómenos asociados ao interlectalismo (mestura e hibridación), as dúas variedades en presenza adoitan aparecer nun estadio relativamente ben de fi nido. De feito, a parcelación, a diferenza da simple alternancia de códigos, implica unha relativa especialización funcional dos códigos lingüísticos, e por tanto, un grao notable de individuación de cada un deles. Na nosa colectánea corresponden a esta categoría os textos n º 3 (o latín no protocolo e escatocolo, pero non totalmente parcelado, pois entra no inicio do teor), n º 9 (a parcelación é imperfecta, pois o latín alterna nun lugar do texto, o teor está en galego periférico con interferencias leonesas e castelás), n º 6 (con interferencias castelás no texto galego, e parte do escatocolo en latín), n º 10 (o latín no escatocolo), n º 12 (protocolo e escatocolo en latín, texto en galego con interferencias do castelán), n º 14 (protocolo e data en latín, teor en galego fronteirizo co leonés) e n º 16 (escatocolo en latín, coa subscrición e a data, texto en galego). D. Textos galegos interferidos, co latín e/ou con outros romanzos : trátase de textos basicamente galegos, cunha alta de fi nición da lingua, con certas concesións ao latín (uso de fórmulas fosilizadas ou ritualizadas) e aparición de interferencias latinas (‘puras’ ou híbridas); e/ ou, no seu caso, con interferencia de formas doutros romances (nomeadamente, do leonés e do castelán). Na nosa colectánea corresponden a esta categoría os textos n º 2 (pode considerarse parcelado, pois ten a data en latín), n º 15 (comeza cunha salutatio en latín, e ten carácter fronteirizo, galegoleonés), n º 17 (a data e a subscrición notarial en latín), e n º 18 (todo en galego, de carácter periférico).\nPor razóns obvias, no presente traballo vannos interesar os tipos B, C e D, e de xeito moi particular o primeiro deles.\n1.2. Tipoloxía grafemática dos textos de transición: autonomía\nDistinguimos antes dous eixos de focalización da scripta, vertical e horizontal, e dúas compoñentes, a grafemática e a lingüística. Nos dous eixos contan entrambas as compoñentes, pero entendemos que no eixo de de fi nición vertical a crucial é a grafemática (ou, mellor dito, neste eixo a compoñente lingüística vai intimamente presa á scripto-) 8, mentres que no eixo de de fi nición horizontal a máis relevante é a compoñente propiamente lingüística (ou, mellor, a scriptovai da man desta).\nA investigadora Ana Maria Martins (1999) ofrece unha achega inicial moi importante cara á distinción de tipos scriptolingüísticos no período de emerxencia, ao sinalar a existencia de dúas tendencias no proceso de constitución da scripta romance portuguesa, unha conservadora e outra innovadora, unha observación da cal nós mesmos subliñamos os presupostos sociolingüísticos (Monteagudo 2007 : 294 - 98). Aquíimos tentar afondar neste punto, pero atendendo máis ao aspecto lingüístico. Como hipótese de partida, que posteriormente iremos matizando, pódese postular a existencia dun gradatum interescriptural (sit venia verbo) nos dous extremos do cal se situarían dunha banda o sistema de escrita latina medieval (que se manifesta plenamente no tipo A que acabamos de distinguir máis arriba), e doutra banda, o sistema de escrita romance galega (que se manifesta plenamente no tipo D). Deixando á parte 8 Independentemente das distintas posicións sobre o asunto, a maioría dos estudosos están contestes na importancia da constitución dun sistema grafemático autónomo de tipo fonográ fi co no recoñecemento no proceso de individuación (e, por tanto, de recoñecemento) do romanzo galego como idioma de seu fronte ao latín (Monteagudo 2007 : 286 - 98). En particular, nós adherimos á tese de que o punto crítico na emerxencia do romanzo radicou no establecemento dun sistema de escrita autónomo, en que as unidades do plano grá fi co (grafemas) corresponden, ao menos laxamente, con unidades do plano fónico (fonemas). © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\no primeiro, distinguiriamos os catro seguintes tipos grafemáticos, dos cales os tres primeiros constituirían os tipos de transición propiamente ditos:\na) Escrita heterónoma galegolatina: textos n º 1, 4, 11 e 13 da nosa colectánea (coas precisións que máis adiante faremos). b) Escrita semiheterónoma galegolatina (non elaborada): textos n º 5, 7 e 8. c) Escrita semiautónoma galega (semielaborada): textos n º 10 e 36. d) Escrita autónoma galega (elaborada): seccións galegas dos textos n º 2, 3, 16 e 17. Como se pode ver, os textos que corresponden aos tipos grafemáticos a) e b) van incluídos no tipo interlectal B (textos difusos ou translectais). Os dos tipos grafemáticos c) e d) corresponden aos interlectais C e D. Doutra banda os textos n º 6, 9, 12, 14, 15 e 18 da nosa colectánea que non son incluídos nas devanditas categorías grafemáticas, corresponden a exemplos de escrita romance autónoma, pero non estritamente galega, como veremos axiña, e inclúense tamén nos tipos interlectais C e D.\n1.3. Tipoloxía idiomática dos textos de transición: individuación\nCanto ao segundo eixo, de de fi nición horizontal, como antes apuntamos, o problema colócase de xeito distinto, pois o aspecto máis relevante non é tanto o grafemático canto o propiamente lingüístico. Isto é, o grao de de fi nición da base idiomática do texto, a escolla congruente de formas que correspondan (nos planos léxico, morfosintáctico, fonolóxico) a unha variedade galega ‘típica’ –por oposición á combinación de formas galegas e non galegas, ou a escolla de variantes galegas atípicas (periféricas), fronteirizas ou directamente non galegas–. Neste senso, coidamos que se deben distinguir dous aspectos distintos:\na influencia de modelos textuais e scriptolingüísticos centropeninsulares, casteláns e (en menor medida) leoneses, relacionada coa traxectoria que seguiu a innovación que supuxo o cultivo do romanzo na prosa instrumental, unha innovación que chegou ao noroeste desde o centro da Península (véxase Monteagudo 2007); a emerxencia na escrita de variedades periféricas e mesmo fronteirizas, fenómeno este de carácter ben diferente ao anterior, pois asóciase simplemente á ausencia de centros con su fi ciente potencial de elaboración e irradiación de modelos lingüísticos para a escrita en galego (e en leonés), e por tanto, á carencia de modelos típicos de galego escrito (véxase Rodríguez Parada e Méndez 2007).\nNo que se re fi re a este, ademais do tipo (d) que antes establecemos, e que acollería os textos máis próximos ao galego ‘típico’ (subsistema caracterizado por un conxunto amplo e congruente de trazos propios e distintivos do galego fronte a outros romanzos), podemos distinguir outros tres tipos dentro dos textos da nosa colectánea:\ne) Textos escritos en modalidades periféricas do galego: n º 9 e 18. f) Textos escritos en modalidades fronteirizas (galegoleonesas): n º 14 e 15.\ng) Textos alternantes galegocastelán: n º 6 e 12. No caso do tipo (e), atopámonos fronte a modalidades do galego oriental, con trazos lingüísticos periféricos no galego, varios deles compartillados co asturleonés; e nese senso tamén suceptibles de ser consideradas de transición horizontal. No caso do tipo (f), atopámonos fronte a modalidades lingüísticas estritamente fronteirizas, por canto mostran trazos típicos do © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111 (cid:190) (cid:190)\ncopista.No que vén a seguir, imos tentar caracterizar as modalidades (a), (b), (c) e (e), e só a efectos de contraste, as modalidades (d) e (f), fundádonos para tanto na análise dalgúns textos da nosa colectánea (non todos os citados) que nos parecen especialmente representativos. Dado que a nosa edición aínda non veu a lume, ao fi nal do artigo remitiremos ás edicións dos textos actualmente dispoñibles, aínda que, loxicamente, na análise que efectuamos e para os exemplos que ofrecemos, partimos da nosa propia lectura.\n1.4. Tipoloxía diplomática dos textos de transición: basografía\nPara rematar con esta introdución, é obvio que, como teñen sinalado outros estudosos (véxase en particular Martins 1999 : 499 - 504 e 2001 : 36) existe unha correlación perceptible entre as características scriptolingüísticas dos textos e os tipos diplomáticos aos que se adscriben 9, unha correlación que noutro lugar quixemos pór de relevo mediante as nocións de acrografía e basografía (Monteagudo 2007 : 294 - 98). Na presente ocasión non nos interesa afondar neste aspecto, pero en todo caso cómpre salientar que entre os textos vertentes resulta especialmente signi fi cativa a abundancia de tipos específi cos de diploma coma a inquisitio ou enquisa (n º 1, 4, 8), o testamento (n º 3, 5 e 6), a en fi teuse ou contrato de foro (n º 9, 11 e 13) e a doazón (n º 12, 14, 15 e 18); engádanse a estes cadanseu exemplo de contrato de compravenda (n º 2), sentenza\n(n º 7), pacto de benfeitoría (n º 10) e unha quitazón ou retirada de demanda (n º 17).\nEn conxunto, practicamente todos eles son ou documentos probatorios (nótese sobre todo as enquisas e os testamentos) e/ou documentos de dereito privado (nótese o foro e a doazón). É de subliñar tamén que, signi fi cativamente, boa parte dos textos máis antigos (cinco dos dez anteriores a 1250) carecen de subscrición notarial: n º 1, 4, 5, 6 10, 8. Obviamente, todo o devandito nos remite máis ben ao campo da basografía, pero aínda asíresulta interesante salientar que os textos que presentan unha maior de fi nición do romanzo (n º 2, 3 e 14 - 18), presentan todos eles subscrición notarial, e, en xeral, ofrecen unha cualidade escrituraria notablemente superior aos restantes.\n2.1. Escrita heterónoma galegolatina (textos nº 1 e 4)\nComo mostra das características da escrita heterónoma galegolatina, imos ofrecer unha análise scriptolingüística dos textos n º 1 e 4, que datamos en 1225 ca. e 1235 ca. respectivamente (é de notar que, como deixamos sinalado, ambos os dous carecen de subscrición notarial e de data), e nos que se deixa apreciar a borrosidade nos estadios máis incipientes do proceso de conformación do galego escrito. Comezaremos polo plano morfosintáctico, para seguirmos co fonográ fi co. Canto ao primeiro, os textos manifestan unha sintaxe case totalmente romance, e unha morfoloxía mixta, como se pon de manifesto nos seguintes trazos:\na) De regra, a orde de constituíntes da oración e da frase responde ao modelo romance (en xeral: base + modi fi cador, na cláusula principal: S VO) e non ao latino (en xeral: modi fi cador + base; verbo ao fi nal da cláusula). Ademais, o sistema casual latino só funciona parcialmente para algúns pronomes; as í, ao xeito romance, os substantivos e adxectivos son invariables, e a función sintáctica vén expresada pola posición na oración ou mediante o uso de preposicións. Por caso, no texto n º 1 : In Manzaneda, hereditate que fuit de los Capezudos tota est regalenga ; Melendus Herez comparauit una leira de homines mandados et tenet eam. No texto n º 4 : ipsos homines ĩ uiaron rogar per suo uizino Iohannes Diat... qui uenissent responder ; ipso fratre Petro rezonou ante ipsos bonos homines qui non erat... ; us vicaros s’acordarunt ĩ a uerdade ; quando oyrum ista uigareze, Martinus de Bo ẽ e suos heredes alcar ũ se e fur ũ fortjar hereditate e fur ũ ibi fazer casas. b) No texto n º 1, é moi rechamante a frecuencia da construción existencial con haber, inexistente en latín, que por outra banda dá azo ao uso do artigo indeterminado, coma tal: In Candaneda habet una terra regalenga. c) En relación co anterior, é de notar o emprego profuso do artigo determinado, e no texto n º 1, tamén do artigo indeterminado. Exemplos de aparición do artigo determinado no texto n º 1 :\no Souto de Porta, o Lameiro, illum domnum Rex, illo mato, ill ũ Gonsalus Roderici, ela heredade, de la terra d el Souto, de las Trauessas, de las Bouzas, de los Capezudos, de los Casales, al marco do Lameiro, de la terra. Ao pé de formas de aparencia máis latina, aparecen outras claramente romances, que nalgúns casos son comúns a varios romanzos ou de adscrición idiomática indecidible, noutros apuntan claramente ao galego típico (o Souto, do Lameiro), e nalgún máis ao galego oriental (al marco) ou mesmo ao leonés (ela heredade). Exemplos de artigo indeterminado (adoito na construción existencial): una leira, uno solare, una terra, uno mato, uno casale, uno casal, una vinea. No texto n º 4 aparece soamente o artigo determinado, ás veces baixo o disfraz latinizante ipso / ipsa (testemuña dun romance primitivo ese /esa usado como artigo?): ipsa hereditate, ipso iudice e ipso alchayde e ipso concilio ; u fratre, u cõcilio, u iudice, u qui mãdara u iudice, us vicaros, a uerdade. Nótese que neste texto n º 4 todas as outras formas de artigo corresponden ao galego ‘típico’ o / a. d) Abundan as formas verbais con desinencia claramente romance. No texto n º 1 : parti, otorga, comeza, leuo (P 3 do pretérito), tomo / tomou, quitou, relinquio, ouueron, enqueriron, deron, raciongar, fazer... No texto n º 4 : defendeo, tornou, rezonou, ĩ uiaron, furun, dixerun, oyurum, alcar ũ se, fur ũ ; ualue, ouve ; prendia, istauã, erã, tornariã, mãdara, chegassen, responder, fundar, stando, uenindu, tenudas, fusse fectu, ouve sèèr alchado, auia fecto, auiã fecto, auuera sèèr, auia sèèr, fur ũ fortjar... © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\ne) Igualmente, non son raras as formas oblicuas do pronome persoal de terceira persoa acusativo e dativo que responden claramente ao sistema romance. No texto n º 1 : leuo los, tomou la, quitou la, tomo les, que le non deron... No texto n º 4 : qui u facian, qui u desfecissen ; qui u auia fecto, qui illi fecerã, nõ le ualue. Cabo destas, aparecen outras de fasquía máis latinizante, co pronome latino clásico is, ea, id : tenet eã, n ũ quam ea uidit, benefectauit eos, dederunt ei, uendiderunt ei, comparauit e ũ, benefectauit ei, ĩ uenit eos (texto n º 1). Pero incluso estas formas pronominais, como se ve nos exemplos, seguen as pautas de colocación dos clíticos con respecto ao verbo propias do galego medieval. No texto n º 4 aparecen formas tónicas de P 3 e P 6 que lembran o romanzo (“istando cum illo ”, “ illos dixerun”) e mais formas romances do demostrativo de P 3 : “ aquil die”, “ aquilos homines”. Coma no caso do artigo, a formas do pronome persoal obxecto directo de P 3 suxiren unha base (xeo) lingüística distinta para o texto n º 1 (lo, la) e para o texto n º 4 (u), que correspondería no primeiro caso a unha variedade fronteiriza, e no segundo ao galego típico. En troques, para o pronome oblicuo de obxecto indirecto, as formas de tipo romance adiantan as que serán correntes nos textos plenamente galegos: le / les. Resta a dúbida, difícil de esclarecer, de se se trata de variantes arcaicas, que non presentan palatalización do [ l ] inicial, ou de se, o que é máis probable, o da grafía reenvía para a consoante lateral palatal, que aparece\nnas formas máis evolucionadas (Álvarez 1994 : 138 - 143).\nf) Aparecen varias secuencias oracionais completas ou case completas de feitura practicamente romance. Por sinal, no texto n º 1 : ouueron a fazer senaras in monte regalengo cun boues de suas casas ; como comeza in molino et inde per rio al marco do Lameiro ; tomoles don Pelaio ela heredade pro una tertia [ ? ] que le non deron. No texto n º 4 : qui quanto faziã u fazian in sua hereditate ; furun ibi meter isteos e uscherias ; uenindu per la carreyra acordar ũ se in aquilo qui mãdara u iudice. g) De resto, coma na maioría dos textos notariais mediolatinos, nos dous vertentes abundan as formas romances ou arromanzadas, tanto de nomes de persoa como de topónimos e doutros vocábulos; coa particularidade de que nestes aparecen cunha frecuencia especialmente elevada. No texto n º 1 : don Beneito, Garsia Diez, Sancio Nunez, Sancho Ramirez, Lope Ordoniz, Melendo Moniz... ; O Lameiro, Requeixo, Oseiros, Bouzas, Piornedo, Eira Uela, Cima de Villa, Mazaneda, O Souto de Porta, Soutelo... ; benfeitado, linar, heredade, rio, campo, molino, mato, casale, leira, solare, marco, regalengo, cortina, mandado, tomar, raciongar, leuar, quitar, comezar, como.\nSe estes son usos que xa corresponden ao que será máis ou menos corrente (non xeral) no romanzo, ou aínda a variantes abreviadas conforme o procedemento usual latinomedieval 14, é cuestión que non nos atrevemos a responder de forma conclusiva. Pero aínda na hipótese máis conservadora, estes exemplos ilústrannos acaidamente sobre como puido transporse un procedemento da escrita latinomedieval á nacente escrita galegoportuguesa, dándolle un novo uso.\npara a semivogal palatal: alchayde(s) / alchaide(s), Froilla, Froille / Froylle, madeyra, carreyra / Careira ; tornou, ouve 15. E, igualmente, tamén se rexistran vacilacións, com motivación etimográ fi ca e resultado ás veces pseudoetimográ fi co: o latinismo directo e o pseudolatinismo fecto (por facto, como se vai vendo, este híbrido é moi corrente nestes textos) e Sauto (topónimo ‘Souto’ < latín saltu -) e auuera (latín habuerat). Finalmente, nótese o innovador uso da letra neste texto, que tamén é empregada para a [ i ] tónica en hiato en oyrum (véxase pp. 93, 95 e 97). En de fi nitiva, estes dous textos ofrecen cadanseu exemplo ilustrativo do tipo híbrido: mentres que a súa base lingüística é inequivocamente romance, a roupaxe grá fi ca é en parte latina e en parte romance. No caso do texto n º 1 a base lingüística parece ser especi fi camente galega nalgúns trazos e máis inespecífi ca ou claramente transromance noutros; no caso do texto n º 4, o referente lingüístico é máis claramente galego. Nunha situación similar ao texto n º 4 están os textos n º 11 e 13, que non son analizados en pormenor no presente contributo.\nPorén, canto aos dous últimos citados (de datación considerablemente máis tardía), advírtase as vacilacións na representación do ditongo ei – meyrino, leyra, celejro, leira, freires / cabaleros (nº 11), ianeiro / ianero (nº 13)– nos apelidos rematados en –ez (Men ẽ dj, Fernandj, Martinj, Rodericj / Lupet, Fernandet / Paez, nº 11). Como antes sinalamos, no texto nº 11, aparece , cabo de para a palatal lateral (Caruallas Uellas, Ollo / colerdes). Por parte, tamén son de notar as formas homèès (nº 11, con plicas para indicar a caída da consoante nasal), e morabidil (plenamente romance) fronte a morabitìjs (híbrida), no texto nº 13. 2.2. Escrita semiheterónoma galegolatina (textos nº 5, 7 e 8)\nEste tipo de escrita viría exempli fi cada polos textos n º 5, 7 e 8, aínda que o penúltimo se acha moi preto da escrita semiautónoma de que trataremos a seguir. En realidade, este tipo presenta unha fasquía similar á anterior, só que as formas romances ou semiromances son considerablemente máis abundantes. As í, fóra do marco formulario (sempre máis latinizante), a maioría das formas verbais presentan desinencias romances ou variantes híbridas (n º 5 : istet, n º 8 : uidi ‘viu’, dixi ‘dixo’). Por exemplo no texto n º 5 :\nmora, ganei, quitu, uiuir, dei, uiua, siia ‘sexa’, c ũ pra, á, fui, doc ‘dou’; no texto n º 8 : deu, trociese ‘trouxese’, ĩ fiar ũ se, disu / dixi ‘dixo’, quiriamos, ĩ xirquades, abemos, auiã a u ẽ der, dicedes, dicimos, podedes, oira, oiu, quitoc ‘quitou’, auenis ẽ, dic ẽ, queria, u ẽ dese, ar ẽ dase, supinoras ẽ... 14 Por sinal, no mesmo texto aparece repetidamente a variante bonos. 15 A forma quexar que aparece en dúas ocasións no texto n º 4, puidera reflectir unha variante fónica sen ditongo. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\nNo n º 7 predominan amplamente as romances: fur ũ, manda, couberun, dixesi, dixu, fi gu, era, mandou, uerti, dixu, fazer, partiu, fronte a debet, fuit.\nDoutra banda, a inestabilidade dentro dun mesmo texto queda de vulto con algúns exemplos deste mesmo texto n º 7 : fratres / frades, istud / istu, (de) autra / (de) outros.\nDe todos os xeitos, boa parte das conxuncións, as preposicións e outras palabras gramaticais (relativos, posesivos, demostrativos, persoais, inde fi nidos) aparecen baixo formas alatinadas (isto é, propiamente latinas, ou ben semiou pseudolatinas): et, si, in, inter, qui - quid, ibi - i, unde, meus, meo, mea, suo - seu, ista / istu - istud, ipsi - isi, aquile / aquila / aquilu, ili / illis (‘ele/s’), alios. Algunhas variantes aproxímanse máis ao romanzo: aquesta, aqueles (n º 8), Curiosamente, úsase pur (‘por’) e con, esta segunda ao lado de cum / c ũ, sendo que as formas plenamente latinas destas preposicións son moi frecuentes incluso nos textos escritos en galego elaborado. En realidade, a meirande parte das formas que antes alistamos aparecen de xeito máis esporádico nos textos escritos nas modalidades máis de fi nidamente romances (véxase máis abaixo, pp. 95 e 98).\nO texto n º 7 presenta alternancia latín (protocolo e escatocolo) / romanzo (teor), próxima ao modelo bilectal, e tamén galego / castelán, pois a oración “do es Sancti Cipriani e sos dos frades” parece castelá. Dous dos trazos que mellor caracterizan esta escrita transicional relaciónanse coa representación das vogais medioaltas [ e ] e [ o ], pois tanto en posición tónica coma na átona tenden a aparecer representadas mediante e respectivamente (véxase para os textos primitivos portugueses Cintra 1990 : 50 - 55 e Martins 1999 : 501 - 2). Con certeza, en principio este uso está motivado polo apego á tradición scriptolingüística latina, aínda que tamén puido influír a percepción da diferenza canto ao grao de apertura con respecto aos pares mediobaixos; de feito, nalgúns casos, o uso de / acabar por resultar antietimográ fi co, como se pode ver nos exemplos que damos a seguir. Doutra banda, parece claro que o trazo de nasalidade, sexa orixinado na caída dun [ n ] intervocálico, sexa debida ao contacto cun [ n ] implosivo, está tamén relacionado co emprego de para [ o ]. Exemplos do emprego de para [ e ] : istiista / aquestaistes – isto / istud, isi (‘ese’), aquilu / aqueles - aquila, qui (‘que’), siia (‘sexa’) 16, istet (‘esté’) ismolna, Lijg ũ di, dixesi, parti / parte, Castrouiridi, anti (véxase para textos portugueses Martins 2004 : 515). Exemplos de emprego de para [ o ] : bua, d ũ (‘don’), moesteru, quitu, pasam ẽ tu, manus, salgerus, pur, u(s) (art. e pron. de P 3 ‘o/ os’), Fermosu / Fermoso, ĩ fiar ũ se, disu / dixu, ueruu / ueruo, aquilu ; fur ũ, couberuno, inquisidur.\nTamén é característico desta modalidade que os ditongos ei e ou reciban varias representacións. Para o primeiro rexístrase unha solución - con motivación etimográ fi ca (Citofacta, plectu, fectura ; advírtase que as dúas últimas voces son pseudolatinismos, por placitu e factura respectivamente), aínda que tamén se usa , sobre todo nos fi nais en - eiro / - eira (lera, moesteru, salgerus) e tamén se rexistran (Cabreeru) e (n º 7 : frei). Para o ditongo ou aparece a solución nos textos n º 5 e 8 (oc ‘ou’ doc ‘dou’, trociese ‘trouxese’, quitoc ‘quitou’); no n º 7 rexístrase xa (couberun, outros, mandou) e unha forma autra, pero tendo en conta a procedencia do documento onde aparece, o n º 7, o oriente de Lugo, esta 16 Non se pode excluír a hipótese de que esta forma reflicta unha variante fónica de tipo sía, que perviviu dialectalmente ata hoxe, ben que na actualidade este tipo de variantes aparece rexistrado case soamente na zona eonaviega. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\ngrafía debe representar unha variante dialectal con ditongo au (Maia 1986 : 554 - 55 ; Monteagudo 2008 b: 187 - 91 e 482 [ mapa n º 6]). Nese mesmo texto n º 7, as formas sos dos (frades) poden ser interpretadas como interferencias do castelán, pero non se pode descartar que reflictan formas orais con ditongo: sous dous. No texto n º 5 rexístrase vacilación na representación da caída do [ n ] e o [ l ] intervocálicos: germana, moesteru / bua ; casaes / Cãpanola. No entanto, nos docs. n º 7 e 8, prefírese sistematicamente a grafía conservadora con entre vogais (auenis ẽ, homines bonos ; una, omines bonos, unus). Finalmente, nesta modalidade de escrita rexístranse as grafías latinizantes e en contextos onde na escrita plenamente romance se usan ou <ç>; as í, no texto n º 5 aparece perigrinacione, ganãcia, populacione, mãdacione, generacione (todas elas, excepto a segunda, poden considerarse formas híbridas); no texto n º 8 rexístranse dicer, dicimos, dicedes, dic ẽ ; facer, facia, faciã. Porén, neste punto o texto n º 7 segue xa a pauta grá fi ca romance (fazer, prazer), que por outra banda xa vimos documentada nos textos n º 1 e 4. Por parte, son de salientar as formas dixesi, dixu, fi gu (n º 7) e disu, dixi (n º 8), que parecen reflectir dúas importantes innovacións que, a xulgar polos testemuños escritos, só se xeneralizarían no galego contra fi nais da idade media: a palatalización da consoante fi nal do tema de perfecto en verbos irregulares con perfecto forte, como dizer e fazer 17, e mais a extensión analóxica da desinencia - o para a P 3 do Indicativo Pretérito nese mesmo tipo de verbos. Canto ao primeiro, podería pensarse que a grafía de dixesi, dixu e dixi non reflicte a palatalización da consoante –mais podía ter motivación etimográ fi ca–, pero a forma fi gu ‘ fi xo’ só pode sensatamente remitir a unha pronuncia con consoante palatal, co cal parece lóxico pensar que as primeiras formas tamén a presentaban. Canto ao segundo, as formas dixu, fi gu e disu non parecen ofrecer dúbida. Debemos concluír, por tanto, que a escasa circulación deste tipo de formas innovadoras no galego escrito da segunda metade do século XIII e da primeira metade do século XIV reflicte máis ben a preferencia na escrita polas formas conservadoras de tipo disse, fez, do que a situación real no galego falado. Non queremos suxerir con isto que as variantes innovadoras fosen máis correntes na fala cás conservadoras, senón que debían ter unha presenza maior nesta do que o rexistro escrito deixa supór.\nCanto á forma uiuir do texto n º 5, diverxente da xeral uiuer do galego coetáneo, tendo en conta as consideracións que acabamos de facer nos parágrafos precedentes, quedamos na dúbida de se interpretala como variante grá fi ca motivada polo étimo latino, ou ben como representación dunha variante fónica que circulaba na fala.\nFinalmente, tamén queremos chamar a atención sobre os pseudolatinismos vadi (por ‘vai’?) e istet (por stet, no lugar do propiamente latino sit) no texto n º 5, ademais dos xa indicados plectu e fectura, no mesmo texto. O primeiro exemplo, vadi, é de comparar con vidi por viu e dixi por ‘dixo’, no texto n º 8, pois nos dous casos se aprecia que un dos procedementos de arromanzamento das formas grá fi cas latinas consistía simplemente na deleción da consoante fi nal, sen atender á correspondencia coa forma oral do romanzo.\nNo aspecto puramente grafématico, chama a atención nestes textos (igual que acontece na modalidade de escrita heterónoma, ben que no texto n º 4 se rexistra algún exemplo do seu uso) a completa ausencia da letra , que será de uso moi frecuente, aínda que non universal, na escrita galega autónoma.\n2.3. Escrita semiautónoma galega (textos nº 10 e 36)\nPasaremos agora a analizar un tipo scriptolingüístico que, a diferenza do anterior, xa é plenamente romance, aínda que presenta un grao de autonomía limitado fronte ao latín, e por tanto un nivel de elaboración só incipiente. Para unha caracterización sumaria desta modalidade, imos realizar unha rápida análise dun dos textos que, ao noso entender, mellor a exempli fi ca: o documento do pacto de benfeitoría de Munio Fernandez con veciños da área de Pallares, de 1247 (n º 10). O texto n º 36, procedente tamén de Ferreira de Pallares, ofrece unha modalidade scriptolingüística moi semellante a este, e imos botar man del para completar a análise. As características máis notables son:\na) Representación de [ e ] e [ o ] mediante e respectivamente: nos textos coevos xa plenamente galegos, este tipo de representación é relativamente frecuente en posición átona, sobre todo por [ o ] en posición fi nal, pero no texto vertente aparece tamén para a posición tónica (igual que vimos no tipo semiautónomo). Para a vogal anterior medio alta en posición tónica temos pertìj  ze, cabiza, ĩ simbla, siga / sega (‘sexa’), mita (‘meta’), ista, isti. Nalgún destes vocábulos a grafía pode ter relación coa nasalidade, nos dous últimos exemplos podería explicarse por latinismo, pero en cabiza, siga e mita non é aplicable ningunha destas explicacións. Esta grafía é especialmente abundante en fi nal átono: qui (pronome relativo; aquípode tratarse tamén dun latinismo ou da pervivencia arcaizante dunha forma qui especializada na referencia a persoas), padri, aquestis, heredadj, mi, isti, fazim (nótese outra volta o posible influxo da nasal), semprj /sempri. Tamén se dá en posición pretónica: moystero, irdamento / herdamento, capilã. No que atinxe a [ o ], a representación mediante é menos frecuente neste texto do que acontece coa correspondente vogal anterior: en posición tónica, só aparece en s ũ (‘son’ P 6), onde se pode pensar no influxo da nasal, ou ben nun pseudolatinismo, en posición pretónica vese en outurgamos e outrussi, e en posición fi nal en sabudu, manu, bispu, Lugu e outorgu. b) Representación dos ditongos ei e ou como - e -, (máis esporadicamente, tamén acontece o mesmo con oi < lat. oc e ui < lat. uc): no caso do documento vertente, este fenómeno é relativamente pouco frecuente, pois afecta principamente a ei, que vén representado mediante nunhas palabras e por noutras (Rodero, Moystero, Perera ; pero nótese cabaleyros, e mais freyre, rey), e por con motivación etimográ fi ca (b ẽ fecto, b ẽ fecta). Como se ve nos dous últimos exemplos, a presión a prol da etimografía conduce á aparición de pseudolatinismos (obviamente, o étimo deses vocábulos deriva de factu -, non dun inexistente * fectu -). A forma octaua tamén responde á mesma motivación etimográ fi ca. c) Representación grá fi ca vacilante dos resultados da caída dun [ n ] intervocálico: (α) solución etimográ fi ca, co mantemento do , uiner ẽ, manu ; (β) ningún signo especial, Moystero, Martiz, irmaos ; (γ) uso de plicas, cando as dúas vogais son iguais, uìj  r, pertìj  ze ; (δ) solución máis innovadora, co uso dun til, boã (2 exemplos), jrmaõ ; (ε) combinación idiosincrática do primeiro e o terceiro procedementos, omnìj  s (‘homes’). As dúas últimas solucións merecen unha explicación: coidamos que o último (e insólito) exemplo pode deberse a un cruzamento con inde fi nido latino omniis ; máis rechamante é o uso do til (δ), pois probablemente se trataría do exemplo máis antigo do emprego deste sinal grá fi co para representar a nasalidade na documentación galega. Canto a este, chama a atención a forma do diacrítico, que é a dunha curva cóncava, claramente distinta ao titulus ou sinal abreviativo xeral do cal se orixina, e que se emprega para a nasal implosiva ao longo do texto (s ū, h ā, Mart ī, b ē fecto, uiner ē...), que ten forma recta; en troques, o til de boã e jrmaõ é similar ao que se emprega sobre dõ. Tamén é de notar que o til se coloca claramente sobre a segunda vogal do hiato, como se pode comprobar na ilustración(compárese coas imaxes e o dito na p. 90):\nd) Representación da consoante lateral palatal mediante e
  • (muler, colo, fi lio) e da fricativa prepalatal sonora mediante (sega, siga), ao lado de / (ajuda, iur). e) Emprego de para representar de xeito indistinto as consoantes (primitivamente) africadas dentoalveolares xorda e sonora, a primeira incluso ante : cabiza, faza, prestanza, pertìj  ze, fazim. En posición fi nal, alterna con , que aparece nunha ocasión: uoz, Uermuiz, Martiz, Sanchiz, Ualasquiz, Diaz, fronte a Floylat. É de notar que esta última grafía apareza nun apelido, pois paradoxalmente na onomástica persoal, que desde vello viña sendo un campo de innovación grá fi ca (Boullón 2007 : 610 - 613), no período de emerxencia tenden a manterse, aínda que sexa esporadicamente, algunhas solucións grá fi cas arcaizantes. As í, por caso, tamén, Gõsaluo con para a africada dentoalveolar xorda (que lembra a grafía latinizante Gundisaluus) e Sancia con para a africada dentopalatal (compárese con Sanchiz no mesmo texto). f) Emprego de formas latinizantes, semilatinismos ou pseudolatinismos como habeo, isti / ista, meo / mea, ipsi, aquil / aquila ou qui (non só como pronome relativo, mais tamén como conxunción completiva: “outorgulis qui li siga semprj amigo... e qui lis faza sempri amor”). As formas do demostrativo con no radical (fóra do neutro isto, que constitúe un fenómeno diferente, sobre o que voltaremos máis abaixo) e meo / mea para o posesivo aparecerán tamén de tanto en tanto nos textos grafados en modalidades máis avanzadas de scripta romance. Por caso, meo aparece nos n º 9, 12 e 15 (alternando con meu), 27 (meo - mj  a), 40 (mea - mia), 45 (meo - meu), 47 e B; mentres que as variantes grá fi cas iste, ista, isse / esse, il / ell, iste, ista aparecen todas elas no n º 43, ista nos n º 9, 23 e 50, e ipsa – essa no n º 49. De resto, é de salientar a forma cabaleyros, con no lugar dun esperable , que debe colocarse por de par doutras que aparecen en tres textos en galego máis antigos da nosa colección: cabaleros (n º 11), arbores (n º 3 e n º 9 ; tamén no Foral de Caldelas aparece a variante barba, sobre a cal véxase Monteagudo 2008: 22425), e uerbo alternando con ueruu (n º 8). O elevado grao de apego á escrita tradicional latina do texto, nun marco de notable inestabilidade grá fi ca, podería suxirir que a primeira variante é un simple latinismo (como debe ser a forma abemos que a precede); pero coidamos que non se trata disto. En primeiro lugar, é notable o contexto fónico da consoante labial, análogo a arbores, barba e uerbo, non estritamente intervocálico. Doutra banda, na nosa colectánea rexistramos outros exemplos de vacilación / que non poden atribuírse ao influxo grá fi co do latín, como cibeyra / ceueyra, e, novamente entre vogal e [ r ], libre / liure. Nun plano grafemático, nótese o uso do grafo , practicamente ausente das modalidades máis apegadas ao latín, que na escrita romance semiautónoma aparece nos ditongos: cabaleyros, Floylat e moystero.\n3. E LABORACIÓN DA ESCRITA GALEGA AUTÓNOMA (TEXTOS N º 2 E 3)\nTentaremos agora unha caracterización sumaria da escrita galega autónoma, comezando polos dous documentos plenamente romances máis antigos da colección, entrambos procedentes do fondo documental de Melón n º 2, de 1231 e n º 3, de 1233. O texto n º 2 está redactado integramente en galego, salvo a data e a fórmula de introdución dos con fi rmantes, mentres que o n º 3 é alternante, co marco formulario e o comezo da expositio en latín. Poderá sorprender que os dous textos plenamente romances máis antigos ofrezan mostras do tipo de scripta máis evolucionada. Este feito servirá para alertarnos fronte a unha visión inxenua do proceso evolutivo da escrita romance. Dunha banda, non podemos esquecer que o testemuño documental que chegou a nós é o resultado dunha selección aleatoria da produción que realmente existiu, unha selección que con certeza foi especialmente severa e casual para os\nperíodos máis recuados. Doutra banda, como advertimos noutro lugar (Monteagudo 2007 : 296 - 97 e 2008 b: 261 - 62), a evolución da scripta romance non correu ao mesmo ritmo e atravesando as mesmas etapas en todo o territorio galego (en rigor, en cada un dos centros de produción de textos escritos da Galicia medieval), senón ao lor de contactos entre centros, de derivas e de circunstancias peculiares difíciles de precisar, pero que de todos os xeitos debuxan un mapa moi complexo, lonxe dunha progresión lineal e gradual acompasada. Xa que logo, as diferenzas canto ao momento de arranque, ao ritmo evolutivo e á orientación das tendencias non dependen soamente da localización, mais tamén das redes de contactos e de influencias, do tipo de texto e de características individuais dos escribáns, coma a idade, a formación ou as preferencias persoais –aínda que fronte ás derivas centrífugas tamén entraban en xogo factores cohesivos, coma a chancelaría real castelá, cunha potente capacidade de irradiación que se deixaba sentir con maior ou menor intensidade en todas partes, e que por tanto actuou como forza centrípeta. Todo o devandito signi fi ca que a scripta galega podía atoparse nun estadio moi primitivo nun lugar e simultaneamente nun estadio moito máis avanzado noutro lugar, e incluso nun mesmo lugar e momento, dependendo do escribán e/ou do tipo de texto, coexistiron modalidades de scripta máis primitivas e outras máis evoluídas. Isto fai particularmente aventurado datar un escrito determinado sen contar co apoio de evidencias moi circias. Por caso, os dous documentos reputados como máis antigos en galego (n º 2 e 3), tanto no aspecto paleográ fi co coma no scriptolingüístico parecen mostrar un estadio moito máis evoluído cá maior parte dos anteriores a 1250, comezando polo n º 5 e seguindo por todos os documentos da década dos ’ 40.\nUn pouco máis tarde, o texto n º 16 (de 1253) ofrece unha madureza, sistematicidade e regularidade superior á meirande parte dos documentos en galego anteriores a 1260 ; o cal, por certo, será debido a un contacto estreito do seu redactor coa chancelaría castelá, pois o documento aparece dado en Sevilla. Neste texto, chama especialmente a atención o emprego regular do til para marcar a nasalidade (bõa, uõetade, mão, uezy  o) e o uso dos dígrafos (fi llo, mellor, Seuilla) e (testemunnas) para as palatais lateral e nasal respectivamente. Pola contra, no texto n º 17, estes fonemas son representados con
  • (fi lio, nulio, julio) ou (Ramalosa) e (Toronio) ou (camino ; neste caso pode tratarse máis ben dunha vogal nasal [ ĩ ]).\nVexamos entón as características scriptolingüísticas máis signi fi cativas dos textos n º 2 e 3 :\na) Estabilidade na representación das vogais, cos grafemas e correspondendo ás vogais medioaltas, mesmo en contacto con nasal e en posición átona (dom, condicõ, bòòs ; conoçuda, todos, vendo, cõu ẽ to, nõ...; frades, nomeada, n ẽ, ẽ terg ẽ uos, leue, uèèr ẽ, melor). Asíe todo, no caso de [ e ] detéctase vacilación nas condicións indicadas (influxo nasal, atonicidade); en todo caso, advírtase que neste caso a inestabilidade pode ser máis ben fónica do que grá fi ca: Saluadorit / Gomet, queser / quiser ẽ, ordim (esta última forma, coa variante grá fi ca ordin, reaparece no texto n º 13). No caso de sicas e agusto (n º 3), pode tratarse de latinismos, dado que o texto é alternante 18. O caso de logar (n º 2) é diferente, pois a vacila18 Porén, nótese que agusto pode ser un dialectalismo (Álvarez 2007 : 387), avalado polo rexistro de magusto por magosto nesa zona do suroeste de Galicia aínda hoxe. No texto n º 24 (dado en Portomarín) da nosa colectána aparece (caendas) agustas, e a forma a gusto tamén se rexista no Foral de Caldelas.\nción nas grafías e testemuñan unha vacilación no timbre da vogal documentada en moitos textos galegos medievais: nos nosos textos, rexistran formas con os docs. n º 2, 12, 33, 41 e 49 ; e formas con os n º 9, 15, 34, 36, 37, 39, 47, C e D 19. Canto a nomeada, a grafía para a pretónica é xeral (n º 2, 17, 23, 38, 47, A), aínda que tamén se rexistra (nomiados, n º 33). Fóra de casos puntuais coma este, como veremos, a estabilidade na representación do vocalismo átono é característica da escrita romance autónoma.\nb) Tamén é notable a estabilidade na representación dos ditongos. As í, temos en cousa, ouuer, outorgamos, outro, dous ; só aparece vacilación no caso da conxunción ou / o (n º 2). De xeito análogo, ei é representado establemente, como , tal como se constata en Sequeyros, moesteyro, celareyro, Manteyga, notey, Rey, celeyro, taleyga, caualeyro (nótese o emprego regular do grafo , que será corrente, aínda que non xeral na escrita romance autónoma); aínda as í, nos vocábulos que presentan no seu étimo o nexo - ct -, o apego ao latín marca a pauta: precto, pecte (n º 2) fronte a colleyta (n º 3). Analogamente, rexístrase luctosa (n º 3). A tendencia cara á etimografía no caso dese nexo latino tamén se revela na abreviación dco por dito (n º 2), corrente nos textos galegos medievais. Estas características adiantan o que acontecerá na escrita plenamente romance, aínda que nesta tenderase a abandonar a etimografía tamén nos ditongos procedentes do nexo latino - ct -. c) A caída da consoante nasal [ n ] é reflectida case sempre na escrita, e úsanse as plicas cando as vogais son iguais, pero, fóra disto, non se empregan procedementos específi cos para sinalar a presunta nasalidade das vogais en hiato: pea, bòòs, ùùm (n º 2). No texto n º 3, ao par de uèèren, rexístranse exemplos de etimografía, con mantemento do : Varzena, vna. De feito, esta última grafía con será a preferida para o artigo indeterminado e os pronomes inde fi nidos relacionados con el (una, alguna). Doutra banda, nos textos plenamente romances comezará a empregarse o til de nasalidade, cando menos desde 1247, aínda que este uso está lonxe de xeneralizarse, ao menos antes de 1260 (véxase o dito antes sobre o texto n º 16 e Monteagudo 2008 b: 18286). d) A representación das primitivas africadas dentoalveolares [ ts ] e [ dz ] é extremadamente confusa. No texto n º 2, en posición inicial de palabra aparece / (scelareyrocelareyro), en interior de palabra, o grafo máis utilizado en inicial de sílaba é <ç>, tanto para a primitiva xorda (conoçuda, raçõ / raçom ‘ración’), coma para a primitiva sonora\n(façemos), pero para a primeira tamén se utiliza ante e (faca, condicõ) e para a segunda tamén aparece (plazo). No mesmo texto n º 2, en fi nal de palabra dáse preferencia á grafía arcaizante (iat, Saluadorit, Gomet), cabo da innovadora (uoz, Paez). No texto n º 3, só temos exemplos de , para a consoante sonora (Varzena, fazer, Galiza) e en fi nal de palabra (paz, Paez), e de ante e para a primitiva xorda (celeyro, seruico). Na escrita romance autónoma tenderá a abandonarse a representación mediante en posición fi nal de palabra (con pervivencias ocasionais, sobre todo nos nomes propios 20) a favor de , e as grafías de tipo , con valor sibilante serán menos frecuentes (aínda que non totalmente descoñecidas). As í, no texto n º 16 conoçuda, colaçõ, cima ; Dezemeiro, uezy  o ; Perez, Diaz, Paiz, Mon ĩ z ; e no n º 17 celareyro, quitaciõ, cunuçudo ; fazia. O uso de <ç> é unha innovación grá fi ca característica da escrita romance autónoma, pois non se rexistra nas outras modalidades anteriores. Con todo, esta novidade coñeceu unha difusión lenta e irregular (Monteagudo 2008 b: 20024 e 24561).\n© 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\ne) Como xa se avanzou na epígrafe b, en ambos os dous textos, a letra utilízase de forma sistemática para representar a semivogal anterior nos ditongos decrecentes (Pay, mays ; Sequeyros, moesteyro, celareyro, Manteyga, caualeyro, colleyta, notey, Rey), pero non para representar a consoante sibilante prepalatal, para a cal, ademais de ante (monges) só vemos empregado o (iat) e como maiúsculo, (Johannes), entre vogais úsase ante (seia, seiamos, n º 3). Estas solucións son as máis adoitadas na escrita romance autónoma, na cal, asíe todo, chama a atención a innovación do emprego de , especialmente rechamante cando é utilizada para a representación da consoante, o que acontece sobre todo en interior de palabra e entre vogais 21. f) Para a consoante lateral palatal, a grafía máis frecuente, e única no texto n º 2, é (coler, tola ‘tolla’, melor, fi los). No texto n º 3 aparece nunha ocasión (colleyta). Para a representación da nasal palatal, só temos exemplos no texto n º 3, onde vemos (vino, lino, empenore 22) e (castaneas, pero este pode ser un latinismo). As grafías e serán as máis correntes na escrita romance plena, como xa apuntamos atrás ao referirnos aos textos n º 16 e 17. g) Para a consoante africada dentopalatal, que unicamente se rexistra no texto n º 3, temos unha dupla solución, curiosamente no mesmo vocábulo, (chantar) e (cantares). Na escrita romance plena, o dígrafo será de uso xeral, con moi escasas excepcións. h) Como acontecerá na xeneralidade dos textos notariais coevos, as grafías e en posición intervocálica tenden a ser utilizadas con valor grafemático (vassalo / cousa, casa, suso, queser, quiser ẽ, quiserdes, quisermos, uso, poderoso), pero isto raramente se fai de xeito sistemático, con confusións máis ou menos frecuentes segundo os textos. Conforme Maia (1986 : 459 - 67), na documentación galega medieval é máis corrente que apareza en vez de ; en troca, nos textos que nós editamos, é máis adoitado o contrario, como mostran os dous textos vertentes: essa (n º 2, 3) / esa (n º 3), uossa (n º 2, 3), nosso (n º 3) / uosa (n º 2). i) En parte grazas á estabilidade na representación das vogais átonas, unha serie moi conspicua de palabras gramaticais presenta formas plenamente romances: que conxunción completiva, este / essa (isto no n º 3 reflicte seguramente unha variante viva na fala daquelas bisbarras), as preposicións en (n º 2), en / in (n º 3), por e a, a conxunción se. Mantense et, que será de uso abundante en todo o galego medieval, aínda que sempre será máis frecuente o emprego do signo tironiano que o abrevia. Quedamos en dúbida canto ao qui da subscrición notarial no texto n º 2, en que este pronome relativo aparece con referencia persoal e en función de suxeito, o cal convida a pensar nunha pervivencia na fala desta forma, que puidera estar atestada noutros textos galegos anteriores a ca. 1260 (Monteagudo 2008 b: 231). Asíe todo, e malia a súa prioridade cronolóxica, os dous textos en foco, en especial o n º 2, presentan unha serie de trazos scriptolingüísticos particularmente avanzados. Xa sinalamos os demostrativos este, essa (non iste - isti ou ipsa) e outras palabras gramaticais (se, que, en, por), engadamos agora as formas do artigo determinado o, a, os empregadas regularmente, sen a concorrencia de variantes grá fi cas (u, hu, ad...), nin morfolóxicas (lo, la... como alomorfos libres, coma noutros moitos textos), incluso en contracción con preposicións: as í, do, da, dos ; é especialmente rechamante no, na e non inlo, enno, eno...; tamén 21 O uso de para a consoante fricativa prepalatal é corrente nos textos posteriores, aínda que non atinguiu carácter xeral. Coma tal, dentro da nosa colectánea: ayo / ayades / ayam (docs. n º 18, 22, 37, 41, 42), seya / seyan (n º 26, 37, 42, 48). 22 No caso de lino e vino non se pode descartar unha pronuncia con [ ĩ ], previa ao desenvolvemento da consoante nasal palatal. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\nchama a atención o Rey, no texto n º 2, cando o máis frecuente é el Rey (porén, tamén no texto n º 44 se le du Rey). Tamén son salientables as representacións das contraccións coa preposición a : á uoz do Rey, n º 2 (sen til no orixinal); ó cellareyro (n º 3 ; con til no pergamiño). Nótese, pola contra en este (n º 2) / in essa (n º 3). Finalmente, a forma mesmo (n º 2) tamén ofrece a variante máis evoluída, fronte a textos posteriores que presentan variantes máis recuadas: mèèsmo (n º 33) - meesmo (n º 43). j) As formas de pronome persoal son as que aparecerán xeralmente nos outros textos: P 1 eu, (a) mj  / P 4 (a) nós, non nos busquedes / P 5 (a, de...) uós / vós ; damos uos, ẽ terge uos, se uola entergar. Para as P 3 e P 6 só se rexistran dúas formas, ambas átonas, de OD da P 3 a, e de OI de P 6, les. É de notar o escaso emprego dos pronomes átonos para as P 1, P 2, P 4 e P 5, en función de obxecto indirecto: vendo a uós; dedes a mj  ; outorgamos a uós; n ũ ca sea demãdada de uós; façemos a uós; dés a nós, que a nós cumpra. Outros exemplos átonos: se uos uossa raçõ nõ queremos dar, fazer les, que a pobredes, se a nós non quisermos. k) Finalmente, chama a atención a orde de constituíntes oracionais en determinado tipo de cláusulas subordinadas, en particular nas condicionais e nas de relativo, con ocorrencias coma a seguinte: se uos uossa raçõ nõ queremos dar o uos na ordìm nõ queremos coler (n º 2) (se) uola entergar nõ quiser ẽ (n º 2), qu ẽ in essa herdade morar (n º 3). Non nos referimos tanto á posición do pronome átono no primeiro exemplo (separado do verbo por outros constituíntes oracionais), coma á anteposición do OD ou do CL no primeiro e no terceiro exemplos, e do in fi nitivo con respecto ao verbo principal querer no primeiro e no segundo exemplos. Estes tipos de secuencia de constituíntes sintácticos (OV), en orde inversa á xeral en romanzo (VO) –tal como sinalamos con anterioridade–, é relativamente frecuente, ao menos nos textos máis antigos, no caso de certas clases de cláusula subordinada (tal como as condicionais e as de relativo) e/ou de complexo verbal (tal como querer + in fi -\nnitivo) (Monteagudo 2008 c). Asíe todo, nos propios textos en foco se constata que tamén era posible a secuencia VO, mesmo nas subordinadas condicionais e de relativo: que a nós\ncumpra nosso foro en paz (n º 3); se quiserdes chantar arbores (n º 3); se a nós nõ quisermos comprar (n º 3).\n4. ESCRITA PERIFÉRICA E FRONTEIRIZA (N º 9 E 14 / 15)\nAínda que na nosa mostra temos máis exemplos de textos do galego oriental e fronteirizos, os que na nosa opinión mellor serven para caracterizar lingüisticamente tanto a primeira variedade (galegooriental) coma a segunda (galego fronteirizo) son respectivamente o n º 9, procedente das terras orientais da provincia de Ourense, e os números 14 e 15, procedentes do mosteiro de Castañeira, da outra banda da fronteira administrativa actual entre as provincias de Ourense e Zamora (pero lémbrese que no período estudado, ambas as comarcas pertencían á diocese de Astorga). Tamén resulta de interese neste punto ter en conta o n º 18, de Vilafranca do Berzo, e os n º 20, 21 e 29, de Sobrado de Trives 23. Trazos relevantes do texto n º 9 (1244) son a variante estos (véxase máis abaixo), as formas que poñen de manifesto a caída do [ n ] intervocálico, aínda que con vacilacións grá fi - cas (homèèsomees, marraas, lagua, Candaeda / Bona, centeno, panes, dineiradas, bonos), e o mantemento do [ l ] intervocálico (talega, calendas ; con todo, nótese en senso contrario o topónimo Mamoela < mammula + diminutivo ella); as formas do artigo determinado (el carneiro, por el regueiro - o foro; la escoleita; los bonos omees, a los caseiros, á (?) lagua; da muler, dos casares, das sortes; pola talega - p or la (?) Mamoela, ena, alos), as variantes ouer ‘ouuer’ e ouiron, a grafía xantaren. Tendo en conta a limitada extensión da mostra, diríase que a base 23 Unha achega xeral a esta documentación periférica e especialmente á fronteiriza, en Rodríguez Parada 2007. Véxase tamén Méndez 2007, quen estudo o chamado Tombo das Viñas de Ribadavia, um documento alternante galego / leonés. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\nlingüística do texto é unha variedade que presenta caída de [ n ] intervocálico, mantemento do [ l ] na mesma posición (a excepción a isto, Mamoela, explicaríase por tratarse dun topónimo), e artigo determinado ello-o / la / los / las. Ademais, poden sinalarse os castelanismos dos, por dous e quien por quen ; quizais este sexa tamén o caso de ouer, pero ouiren suxire o uso de para representar o ditongo, corrente nos textos primitivos (Monteagudo 2008 b: 186 - 201).\nDe resto, a xeneralidade dos trazos remiten ao galego típico, ben que parte deles son compartidos polo leonés occidental: l ũ bos, con mantemento de mb ; resultados das palatais en melor, muler, escoleita, xantaren ; aditongación (boi, osas, foro, fore ; quere, quiseren, uiron), ditongos ei (dineiradas, carneiro, caseiro, escoleita, dereito...), ou (outra) e ui (luitosa, fruita, muitos), ome, fame, morrer... No aspecto grafemático, chama a atención o emprego de para a africada dentopalatal, uso relativamente insólito que de contado veremos reaparecer no texto n º 14. Finalmente, canto a formas híbridas latinoromances, chaman a atención a aparición de ad como artigo determinado feminino nun treito en latín (ad uxor eius Marina Petriz ; a construción repítese tres veces no mesmo treito), o pseudolatinismo cocto (por cautu\n‘couto’) e a a forma malediciõ nun enunciado en latín (por maledictionem, pois a construción esixe uso do acusativo: abeat malediciõ). No caso dos textos 14 e 15, está claro que o fondo lingüístico é galego, aínda que algúns trazos son compartidos outra vez polo leonés occidental: aditongación das vogais mediobaixas (trazo característico do galego fronte ao leonés: morte, uosso, ten ẽ te, conuen, quero, vener, quiser, enferno...), ditongacións, tanto primarias coma secundarias, características do galego (mais ; monesteiro, caualejro, Castanejra, escudeiro, preito, fejto, ey, mandei ; eu, meu ; foi, depois ; dous, outro, couto, sou, dou, outorgacion, Lourenzo ; muitos), mantemento do [ e ] átono nos fi nais de tipo abade, erdade, salude ; palatalizacións consonánticas tipo fi lo, melor (‘ fi llo’, ‘mellor’) e ia e seia ; resultado de pl - inicial (xena). No último exemplo, é de notar a grafía para a africada dentopalatal, que xa vimos aparecer no n º 9. Compárese con / en cantares / chantar no texto n º 3 (de 1233). Aquela grafía aparece noutros documentos coetáneos leoneses centrais e orientais (Sahagún, 1245 xenos e 1258 xosa ; León 1246 xano e 1260 xamado, véxase Staaff 1907 : 240). Endebén, no caso dos documentos de Castañeira, parece claro que a base lingüística presenta mantemento de [ n ] e [ l ] intervocálicos: irmanos, una, monesteiro, pertenesce, mano, centeno, tenente, xena, donación, tener, uener, pertinencias ; casales, salude. Nestes textos a grafía intervocálica non pode interpretarse como arcaizante (o que sería o caso do documento de 1244), pois non hai un só exemplo que testemuñe a caída de [ n ] intervocálico, sendo que abundan as ocasións en que podería darse. Por contraste, nos documentos de Sobrado de Trives temos ten ẽ te (n º 20) e monesteiro pero arcidiagòò (n º 20, 29), e mais alternancia no mesmo texto das variantes grá fi cas moesteiro / monesteiro (n º 21). No texto n º 18, de Vilafranca do Berzo, aparecen ten ẽ te e canoligo, pero tamén termios, que testemuña a caída do [ n ]\nintervocálico.Para o artigo determinado, os textos de Castañeira, ademais de ofreceren as formas el (del, al) / la, los, eno / enos –as máis abundantes nos dous documentos–, que, ao menos na época e nos contextos morfonolóxicos en que aparecen, poden considerarse comúns ao galego oriental e ao leonés occidental, dunha banda presentan formas inequivocamente leonesas, como ela, elos, e doutra as claramente galegas o (do) / os (dos). No texto n º 18, a que acabamos de referirnos, tamén son de notar as formas do artigo determinado e pronome de terceira persoa obxecto directo: lo qual, el aniuersario, el rey, la carta, la regina, las quales, las casas, a la, en la\n- en lo, por la, vendila, lo pagu ẽ. Unha forma de tipo claramente leonés, ela, tamén se rexistra nun documento procedente de Sobrado de Trives (n º 21).\n5. CONCLUSIÓNS\nNo presente traballo tentamos internarnos no complexo proceso de emerxencia da scripta galega, centrándonos no estudo do rexistro notarial e no período de transición a partir da relativamente máis innovadoras cás da modalidade de escrita semiheterónoma. Pola súa banda, na segunda, aparecen variantes morfolóxicas innovadoras que raramente se rexistran na modalidade plenamente romance. É por isto que o modelo de gradatum lineal ofrece unha imaxe inadecuada do proceso evolutivo. As principais innovacións grá fi cas que, moi irregularmente, aparecen na compoñente romance da modalidade de escrita heterónoma son (§ 2. 1): (1) emprego de para as consoantes (primitivamente) africadas dentais, aínda que alternando con outras solucións máis conservadoras como , , , e en posición fi nal <-t>; (2) uso do dígrafo , ao lado de para a africada dentopalatal; (3) repercusión grá fi ca esporádica da caída de [ l ] e [ n ] intervocálicos; (5) grafías de tipo e para os ditongos, ao lado das máis conservadoras - e - respectivamente; (6) uso esporádico de . As principais innovacións morfolóxicas que rexistramos na modalidade de escrita semiheterónoma (§ 2. 2) son as variantes mina ‘miña’ (e quizais uiuir) no texto n º 5 ; fi gu, dixu e dixesi no texto n º 7 e disu no texto n º 8. Probablemente o punto máis discutible da nosa proposta (unha vez aceptada a súa pertinencia xeral) sexa a distinción entre a modalidade semiheterónoma (b) e a semiautónoma\n(c), particularmente tendo en conta a proximidade de solucións entre os textos n º 7 (que consideramos na primeira destas) e n º 10 (que xusti fi ca o establecemento da segunda). Os trazos que nos parecen consentir tal división son fundamentalmente (§ 2. 2 e § 2. 3): (1) na modalidade semiheterónoma, latín e galego están fortemente entremeados, mentres que na semiautónoma, o latín ten moita menor presenza, e a alternancia de códigos está máis claramente parcelada (o latín áchase acoutado no escatocolo); (2) no texto n º 10, a caída do [ n ] intervocálico repercútese na grafía con moita frecuencia, ademais recorrendo (aínda que de xeito irregular) a recursos novidosos, coma o uso das plicas e o til; (3) dáse un uso innovador de , palmariamente antietimolóxico; (4) aparece, aínda que paseniño, o , ausente dos textos n º 5, 7 e 8.\nEn recapitulación xeral, os puntos críticos que rexistramos, de acordo ao xa sinalado por outros investigadores (en particular véxase Cintra 1990 e Martins 1999, 2004 e 2007) atinxen a dous planos: o morfográ fi co e o fónicográ fi co. De acordo cos nosos resultados, no primeiro\nsalientan:\n1) A deslatinización na escrita foi máis rápida na morfoloxía flexional dos substantivos e adxectivos. 2) A deslatinización na escrita da morfoloxía flexional das formas persoais do paradigma verbal foi posterior á dos nomes. 3) A latinización grá fi ca dos pronomes persoais, demostrativos, posesivos, numerais e inde fi - nidos resistiu con máis forza do que a verbal. 4) As clases de palabras invariables, en particular preposicións e conxuncións, foron as que resistiron máis duradeiramente con forma grá fi ca latina ou alatinada. Canto ao plano fonográ fi co, subliñamos:\n5) No vocalismo, a representación conservadora das vogais medioaltas [ e ] e [ o ], tanto tónicas, como, sobre todo, átonas, foi e nos textos escritos en modalidades máis conservadoras; na escrita romance plena, esas grafías son insólitas para as vogais tónicas e claramente obsolescentes para as átonas. 6) A representación conservadora dos ditongos, en particular ei e ou foi variable (tamén dependendo do étimo): preferentemente ou / para o primeiro, e ou , para o segundo. Na escrita romance, tenderon a xeneralizarse as grafías ( / ) e , ben que con pervivencias das grafías arcaicas.\n7) A caída de [ l ] e [ n ] intervocálicos non foi representada senón esporadicamente; no caso do segundo, tardou en atoparse unha maneira de representar a nasalidade da vogal anterior ou do hiato vocálico resultante, mediante plicas, e máis raramente, mediante til. Os dous últimos procedementos foron de uso común (pero non xeral) na escrita romance autónoma, na cal, en todo caso, as formas con conservación grá fi ca de e tenden claramente a decaer. 8) Para a representación das (primitivas) africadas dentais, rexístranse dúas novidades: e <ç>. A primeira, conviviu con solucións máis conservadoras, do tipo e , e en fi nal de palabra, <-t>; que tenderon a decaer na escrita plenamente romance. Máis novidoso aínda, o uso de <ç> caracteriza a escrita plenamente autónoma, ben que a súa difusión foi lenta e irregular. 9) Para a representación da africada dentopalatal, a innovadora tivo que imporse a solucións máis tradicionais, en particular , que viña empregándose nos nomes propios (e seguiu tendo certo uso neles), e no oriente, . 10) O uso do grafo constituíu unha notable innovación, puramente grá fi ca; nos textos plenamente romances remataría empregándose (aínda que non con carácter xeral) sobre todo para a semivogal dos ditongos decrecentes (ay, ey, oy, uy) e a vogal [ i ] en hiato (oyr), con menor frecuencia para a sibilante prepalatal (seya). © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 85111\nTendo en conta o carácter extremadamente esvaradío da situación de transición scriptolingüística, manifestado na volatilidade das solucións rexistradas e no azaroso das súas posibles coocorrencias, parece lóxico preguntarse pola viabilidade de efectuar unha clasifi cación minimamente consistente. Despois do que acabamos de dicir, semella indubitable que a resposta será negativa se entendemos por modalidades scriptolingüísticas variedades lingüísticas de corpo enteiro (isto é, cunha correspondencia máis ou menos certa na lingua falada), ben de fi nidas e fi xadas. Pero pode ser positiva se por tales modalidades entendemos, coma no presente traballo, rexistros altamente especializados, exclusiva ou basicamente da escrita, con carácter transicional, só minimamente –e quizais desigualmente– consistentes e estabilizados, e que por tanto ofrecen ampla marxe para a aparición de solucións circunstanciais, improvisadas, e moitas veces de existencia efémera. En todo caso, estamos certos de que ao enfrontarnos a textos coma os estudados no presente traballo, producidos en situacións caracterizadas por un elevado grao de difusividade, resulta aconsellable suspender os marcos perceptivos e conceptuais propios das situacións lingüísticas altamente focalizadas, valedeiros só para estas.\nFinalmente, non se nos escapa que a proposta que presentamos se estea nun número moi reducido de textos, que ademais estes cobren unha franxa cronolóxica estreita e que ofrecen un espectro limitado de tipos textuais, sexa do punto de vista diplomático sexa do punto de vista máis xeral de xéneros de escrita. De todos os xeitos, a impresión que obtemos dunha lectura máis rápida de moitos outros textos do período, coidamos que corrobora a nosa proposta. Obviamente, esta só se poderá dar por validada despois dunha exploración que abranga unha mostra documental máis abundante, máis ampla na cronoloxía e máis diversa canto a tipos lingüísticos e textuais. Tal tarefa reborda as nosas posibilidades e os obxectivos do presente contributo, que se ofrece como unha aproximación inicial ao asunto.\nEn de fi nitiva, somos conscientes de que a proposta que adiantamos é debatible e en todo caso precisa dun maior re fi namento. Secomasíestamos convencidos de que resulta pertinente, pois ofrece vías de análise que esclarecen aspectos importantes do fenómeno en foco, e xulgamos que a tipoloxía proposta é de aplicación ao corpus textual do período de transición e emerxencia da scripta galega medieval.\nA PÉNDICE : T ÁBOA DE TEXTOS\nA numeración dos documentos remite á nosa colección e é correlativa á súa respectiva antigüidade.\nNa data damos ano / mes / día, cando constan. Nótese: (a) se o ano vai entre parénteses, o documento carece de data; (b) o signo de interrogación indica data dubidosa; (c) a frecha > sinala que o documento non foi transmitido en orixinal, senón mediante copia posterior; neste caso, indícase tamén a data do traslado. Só dous documentos, os n º 16 e 17, levan expresa a localidade en que foron dados; no noso cadro esta aparece en cursiva. No resto dos documentos, a localización tentou determinarse tendo en conta a relevancia xeolingüística do dato: ou ben se localizan polo notario que subscribe (not.), ou ben se remite á colección diplomática de onde proceden (col.), ou, noutros casos, polos topónimos que aparecen no documento (top.). En moitos casos, son aplicables os tres criterios, noutros son aplicables dous deles, e por vía da regra os resultados confírmanse mutuamente. As indicacións abreviadas que se xuntan a cada topónimo remiten á provincia: Co = Coruña, Le = León, Lu = Lugo, Ou = Ourense, Po = Pontevedra, Za = Zamora.\nR EFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS\ntuguês: notícia de uma noticia de auer ”, en D. Kremer (ed.), Homenaxe a Ramón Lorenzo, vol. 1. Vigo: Galaxia, 105 - 121."} {"summary": "O adxectivo grande presenta ante substantivo dúas variantes: unha plena grande e unha apocopada gran. Na época medieval a forma apocopada tendía a aparecer ante substantivo comezado por consoante, mentres que a variante plena mant íñase ante substantivo que comezaba por vogal. No galego moderno no entanto non se aprecian criterios claros que expliquen a distribución. Con este traballo tentamos analizar a aparición destas variantes en diferentes textos do galego moderno e contemporáneo para tentar de fi nir estes criterios. Para esta análise botamos man dos textos recollidos no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). A pesar da existencia dun certo condicionamento fonético (ante vogal prodúcese unha forte alternancia entre as variantes, mentres que ante consoante a variante gran está máis consolidada), o certo é que o contexto fonético non é decisivo na escolla. Esta parece responder a criterios particulares do autor e, de feito, obsérvanse grandes diferenzas no que respecta ó uso das variantes entre os textos de autores pertencentes a unha mesma época.", "text": "As variantes gran e grande dentro da frase nominal\n Lingüística, adxectivo, diacronía\n1. I NTRODUCIÓN\nO adxectivo grande pertence á clase dos adxectivos atributivos, que dentro da frase nominal poden aparecer antepostos ou pospostos. A anteposición relaciónase normalmente coa expresión de calidades intrínsecas, non especi fi cativas (fría neve). No caso de grande, no entanto, a posición do adxectivo afecta ó seu signi fi cado, posto que cando aparece anteposto se re fi re normalmente, non a unha calidade obxectiva, medible, senón a unha característica subxectiva, afectiva, é dicir, atribuída polo propio emisor.\nA diferenza doutros adxectivos valorativos, grande presenta en posición anteposta dúas variantes distribucionais: grande e gran. O proceso de formación da variante apocopada ten lugar debido ó carácter especialmente feble que adquire a vogal fi nal dentro da secuencia cando o adxectivo presenta esta posición. Tras a caída desta vogal produciuse, ante substantivo comezado por consoante, a desaparición da consoante anterior. Asípodemos observar nos textos medievais unha clara tendencia á distribución complementaria en función do contexto fonético: gran aparece ante substantivos que comezan ante consoante, mentres que grande tende a aparecer ante os substantivos que comezan por vogal.No entanto, esta distribución non se manifesta no galego moderno, onde é moi común a alternancia entre as variantes tanto ante substantivo que comeza por consoante coma ante substantivo comezado por vogal. Os criterios que rexen a distribución non parecen estar claros. A meirande parte dos manuais, dicionarios e gramáticas limítanse a describir gran como variante apocopada do adxectivo grande e non ofrecen datos sobre a súa distribución (vid. R. Álvarez Blanco / X. Xove 2002 ; X. R. Freixeiro Mato 2006 ; I. Alonso Estravís 1995)., mentres que as obras que tentan achegarse un pouco máis a este tema non presentan unha conclusión unitaria no que respecta ós criterios de uso das variantes. R. Álvarez Blanco / X. L. Regueira / H. Monteagudo (1995) mencionan que a escolla é libre, pero recoñecen que a variante plena ten un carácter máis arcaizante. Outras obras mencionan criterios fonéticos. Carballeira Anllo et al., no Diccionario Xerais da Lingua e Pena et al. no Gran Dicionario Século 21, ó describiren a variante gran, apuntan que esta é a variante que se emprega anteposta a substantivos en singular que comezan por consoante, mentres que a variante plena aparece ante substantivos que principian con vogal. Este é o uso que se prescribe tanto no Gran Diccionario Xerais da Lingua de Carballeira et al. coma no Consultor Cumio de galego de A. Hermida e tamén o que se recomenda no Dicionario Galaxia de usos e di fi cultades da lingua galega de Fernández Salgado et al., no cal, a diferenza do que acontece nos casos anteriores, si se recoñece a existencia de vacilación.\nNo portugués contemporáneo dáse unha situación completamente diferente, posto que a variante apocopada grande se impuxo á apocopada en todos os contextos (M. H. Mira Mateus et al. 2003). Esta só se mantén fosilizada nalgunhas expresións (grãocapitão, grãocomendador, grãoducado, grãolama, grãomogol, etc.). Nun principio, non hai variación de xénero nin de número, pero a partir do século XVIII xeneralízase a flexión: grãcruz, grãscruzes, grãomestre, grãosmestres (A. Houaiss / M. de Salles Villar / F. M. de Mello Franco 2001). Na maior parte das gramáticas históricas consultadas menciónase a existencia da variante apocopada gram e explícase como resultado da supresión da sílaba fi nal cando o adxectivo vai anteposto, sen dar detalles sobre o seu uso (vid. por exemplo J. J. Nunes. 1930). Huber ofrece algúns exemplos tirados de textos medievais onde se aprecia a existencia de vacilación: a variante grande pode aparecer anteposta tanto ante vogal (grande arroido, grande enveja) coma ante consoante (grande sanha, grande folgança), mentres que a variante apocopada aparece unicamente ante substantivo comezado por consoante (gram temor, gram coita, gram pesar) (J. Huber 1933). O obxectivo deste traballo é analizar a aparición das variantes en diferentes textos galegos modernos e contemporáneos para poder establecer, de existiren, os criterios da súa distribución. Os textos nos que basearemos a nosa análise son os recollidos polo Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).\n2. A APARICIÓN DAS VARIANTES NAS DIFERENTES ETAPAS DO GALEGO\nESCRITO EN FUNCIÓN DO CONTEXTO FONÉTICO\nComo xa apuntamos nun principio, no galego medieval parece existir unha clara tendencia á distribución complementaria das variantes en función do contexto fonético. No entanto, os textos conservados dos séculos XVI e XVII amosan unha distribución diferente, aínda que non unitaria. Nos textos recollidos das Festas Minervais (1697) hai unicamente dous casos en que o adxectivo aparece ante vogal: nun deles aparece a variante apocopada e noutro a variante plena. Ante consoante é claramente maioritaria a forma gran : 14 casos de gran fronte a 2 casos de grande. No Coloquio de 24 gallegos rústicos (1746), pola súa banda, existe ante consoante unha forte vacilación: hai 15 casos de grande fronte a 11 de gran.\nOs datos amosan que a partir de 1917 si hai unha evolución paralela: cando o uso das formas descende ou aumenta, este descenso ou ese aumento prodúcese tanto ante vogal coma ante consoante, aínda que non na mesma medida. Como xa vimos anteriormente, a situación ante vogal mantense máis estable e é ante consoante onde se producen as mudanzas máis signi fi cativas. Pero cal é entón o criterio ou os criterios que determinan a escolla?\n3. N A PROCURA DUN CRITERIO SEMÁNTICO\nTampouco podemos falar da exclusividade da variante apocopada para os casos en que o adxectivo posúe un carácter obxectivo, non afectivo. Nestes casos, xunto con gran (gran buraco, gran bloque, gran colar) tamén pode aparecer a variante plena (o plan urbanístico dunha grande vila, grande arteria, grande vaca, grande lenzo, grande lazo azul). Non podemos, xa que logo, relacionar a variante plena cunha maior subxectividade: se o tipo de substantivo ou o carácter subxectivo do signi fi cado achegado polo adxectivo determinase a escolla desta variante, esta sería a maioritaria en todos os contextos.\n4. A VARIACIÓN EN FUNCIÓN DO TIPO DE TEXTO\nO noso corpus está composto por textos pertencentes a ámbitos moi diferentes: a literatura (poesía, narrativa e teatro), a prensa, o ensaio, a investigación científi ca e mesmo a oralidade. Neste apartado tentaremos averiguar se a distribución das variantes garda algún tipo de relación co tipo de texto ou ó xénero ó cal se adscriben. Para isto imos observar separadamente a variación en textos literarios, ensaísticos e xornalísticos dentro de cada período.\nNa época Nós dáse a circunstancia de que os mesmos autores publican á vez nestes tres ámbitos diferentes. Tomemos como primeiro exemplo a Castelao. Nas súas obras narrativas Cousas da vida (1929), Retrincos (1934) e os Dous de sempre (1934) a variante grande practicamente non aparece anteposta ó substantivo. O único caso prodúcese ante vogal: grande amor (Cousas da vida). Con todo, tamén neste contexto a variante apocopada é a maioritaria (7 casos). + consoante + vogal Gran 11 (100%) 7 (87, 5%) Grande - (0%) 1 (12, 5%) Táboa 1. Distribución das variantes gran e grande ante substantivos comezados por consoante, por unha banda, e substantivos comezados por vogal, pola outra, na obra narrativa de Castelao Esta mesma tendencia é a que presentan as súas obras ensaísticas. Na seguinte táboa especifícase o número de casos tirados de tres das súas obras 1 : © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 199208 1 Temos en conta as obras Arte e galeguismo (1919), As cruces de pedra na Bretaña (1939) e Sempre en Galiza (1944).\nNas obras de Risco O porco de pé (1928) e O Bufón d’el Rei (1928) vemos un comportamento semellante no que respecta ó uso das variantes. Ante substantivo que comeza por consoante aparece unicamente a variante apocopada, mentres que ante substantivo comezado por vogal se produce alternancia:\nEsta distribución non coincide, no entanto, coa que se reflicte na obra de Otero Pedrayo. Nos Camiños da vida (1928) e nos Contos do camiño e da rúa (1932) o autor emprega de forma maioritaria a variante plena, tanto ante consoante coma ante vogal. A porcentaxe de aparición desta variante ante vogal é lixeiramente máis elevada ca ante consoante:\nEsta tendencia acentúase na súa obra posterior: Desengano do prioiro (1952) e O señorito da Reboraina (1960). As porcentaxes de aparición de grande mantéñense por enriba do 70 % e ademais esta variante convértese na única presente ante substantivo que comeza por vogal (10 casos).\nPorcentaxes moi semellantes reflicte a súa obra non literaria Prólogo e Xeografía (1962): ante vogal aparece unicamente a variante plena (34 casos) e os casos nos que aparece esta variante ante consoante representan un 86 % (80 casos de grande fronte a 13 casos de gran). A variante grande, polo tanto, convértese na única que aparece ante vogal e é ademais maioritaria ante consoante.\nÁ luz destes datos, podemos concluír que os autores representativos da Xeración Nós, aínda que amosan nas súas obras tendencias diverxentes entre si, manteñen esta tendencia independentemente do xénero escollido.\nComo é situación noutros períodos? A partir dos anos 50, como xa mencionamos, percíbese un aumento no uso da variante plena. Esta tendencia reflíctese na obra de Álvaro Cunqueiro. Nas obras Merlín e familia (1955) e Escola de menciñeiros (1960), a variante plena grande tamén é a preferente ante consoante e ante vogal. A variante apocopada g ran aparece de xeito minoritario e unicamente en Merlín e familia. Merlín e familia Escola de menciñeiros + consoante + vogal + consoante + vogal Gran 6 (19 %) 1 (10 %) - (0 %) - (0 %) Grande 26 (81 %) 9 (90 %) 12 (100 %) - (0 %) Táboa 7. Distribución das variantes gran e grande ante substantivos comezados por consoante, por unha banda, e por vogal, pola outra, na obra narrativa de Cunqueiro No entanto, nos textos ensaísticos da época, entre os que fi guran as obras de clásicos como Piñeiro, GarcíaSabell ou Risco, non se manifesta esta tendencia e o uso da variante plena descende. Con todo, debemos ter en conta que os criterios empregados varían en cada autor. Na obra de Ramón Piñeiro 2 a variante plena é minoritaria en tódolos contextos e, de aparecer, tende a facelo ante vogal: + consoante + vogal Gran 115 (93 %) 44 (73 %) Grande 9 (7 %) 16 (27 %) Táboa 8. Distribución das variantes gran e grande ante substantivos comezados por consoante, por unha banda, e por vogal, pola outra, na obra ensaística de Ramón Piñeiro © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 199208 2 Incluímos na análise os seguintes traballos: Siñi fi cado metafísico da saudade. Notas para unha fi losofía galaicoportuguesa (1951), A lingoaxe i as língoas. Discurso de entrada na Real Academia Galega (1967) e Olladas no futuro (1974).\nNos textos recollidos do xornal A Nosa Terra durante o ano 1993 aprécianse uns resultados moi semellantes ós que se manifestan na obra de Rivas: a forma plena é claramente\nDos anos 70 datan os primeiros textos orais dos que dispomos para a nosa análise. Aínda que o número de ocorrencias non é moi elevado e non ofrece datos moi signi fi cativos, podemos concluír que a variante apocopada é claramente maioritaria ante consoante. Os resultados quedan reflectidos na seguinte táboa:\n+ consoante + vogal\nHai un único caso no que o adxectivo vai anteposto a substantivo comezado por vogal: grande ubre. Ante substantivo comezado por consoante, hai alternancia entre as variantes, aínda que a apocopada é claramente maioritaria (23 casos de 26). Esta variante aparece tanto para referirse a unha calidade obxectiva (gran casa, gran caldeiro) coma subxectiva (gran costureira, gran político, gran zoqueiro).\n5. C ONCLUSIÓN\nO adxectivo grande anteposto ó substantivo aparece nesta posición preferentemente baixo a súa forma apocopada. Dos textos recollidos no Tesouro Informatizado da Lingua Galega recollemos 7238 casos de gran fronte a 5417 casos de grande. A distribución das variantes non é nin moito menos complementaria, pero a porcentaxe de aparición de cada unha delas varía claramente en función do contexto fonético, é dicir, de se o substantivo ó que acompañan comeza por consoante ou por vogal. Ante consoante, a variante apocopada é a opción maioritaria: temos 6115 casos de gran fronte a 3767 de grande (o que supón realmente só un 38 % dos casos). No entanto, ante vogal, a variante plena é lixeiramente maioritaria: recollemos 1123 casos de gran e 1650 de grande (59, 50 %). A distribución das variantes non é igual en todas as épocas nin en todos os autores de cada período. Como tivemos ocasión de comprobar nos grá fi cos, o uso de grande tende a aumentar en determinados períodos, sobre todo durante a época Nós e a partir dos anos 50 do século pasado. Estes dous períodos teñen en común o afán por enxalzar as peculiaridades do galego fronte ó español e isto leva consigo o emprego de arcaísmos e de palabras populares (reutilizadas moitas veces en contextos cultos) (B. Fernández Salgado / H. Monteagudo 1995).\nEn calquera caso, non hai unha distribución claramente complementaria en función do contexto fonético e preguntámonos se hai outros criterios que poidan determinar a utilización dunha ou doutra variante. É difícil establecer un posible criterio semántico. O adxectivo grande en posición anteposta, tanto na súa variante apocopada coma na súa variante plena, tende a valorar subxectivamente o substantivo seguinte e a acompañar substantivos abstractos. Nas escasas excepcións tamén concorren tanto a variante plena coma a apocopada.\nTampouco se pode establecer unha distribución particular en función do tipo de texto. Os autores tenden a manter unha tendencia independentemente do xénero escollido e esta tendencia non sempre é coincidente coa que se reflicte nos textos dos seus contemporáneos. A existencia de tendencias diverxentes dentro de cada período parece apuntar a que a escolla responde ó criterio particular do autor. Esta escolla podería responder a moitos factores, sen que ningún destes sexa decisivo. Por unha banda, parece funcionar certo condicionamento fonético. Pero tamén o carácter arcaizante da variante plena grande ou o feito de que esta variante non exista no español en posición anteposta pode explicar a súa utilización en determinadas épocas ou en determinadas obras."} {"summary": "Este artigo analiza a rección sintáctica do verbo informar nun corpus de lingua escrita do galego moderno (1837 - 2002). A análise céntrase nas estruturas trivalentes activas da acepción ‘ [ alguén ] dá noticias ou datos [ a alguén ] sobre [ algo ] ’, nas que informar selecciona semanticamente un Axente, un Destinatario e un Tema, respectivamente. Determínanse as expresións formais e sintácticas que enchen os ocos [ a alguén ] e [ algo ] e discútese a validez dos diferentes esquemas sintácticos para o galego estándar, segundo criterios de tradición, frecuencia e autoridade.", "text": "Sintaxe léxica, valencia de informar, esquema sintáctico, variación sintáctica, galego\nSumario 1. Obxectivos. 2. Corpus de traballo. 3. Acepcións e esquemas sintácticos de informar no TILG. 4. Réxime de informar como verbo de comunicación. 4. 1 Formalización do Destinatario e do Tema. 4. 2 Informar [ a alguén ] [ de algo ]. 4. 3 Informar [ a alguén ] [ que algo pasou ]. 4. 4 Informarlle [ a alguén ] [ de algo ]. 4. 5 Informarlle [ a alguén ] [ que algo pasou ]. 4. 6 Informar [ a alguén ]. 4. 7 Informar [ de algo ] e informar [ que algo pasou ]. 5. Conclusións: suxestións para o uso estándar. 6. Apéndice.\nContents 1. Objectives. 2. Corpus. 3. Syntactic schemes of informar in TILG corpus. 4. Syntactic government of informar in the sense of ‘communicating’. 4. 1 Ways of indicating Addressee and Theme. 4. 2 Informar a alguén de algo’ [ to inform someone of something ]. 4. 3 Informar a alguén que algo pasou [ to inform someone that ]. 4. 4 Informarlle a alguén de algo [ to inform someone of something ] 4. 5 Informarlle a alguén que algo pasou [ to inform someone that ]. 4. 6 Informar a alguén [ to inform someone ]. 4. 7 Informar de algo [ to inform of something ] and informar que algo pasou [ to inform that ]. 5. Conclusions: some suggestions for standard use. 6. Appendix.\n1. O BXECTIVOS\nNo actual uso do verbo informar non é estraño atopármolo construído con esquemas sintácticos diferentes. As í, mentres que un xornalista pode despedirse dende o lugar da noticia con Informounos do suceso..., outro pode facelo como Informoulles do suceso... Igualmente, podemos ler nun correo electrónico Informamos de que xa están dispoñibles..., e seguidamente abrir outro que diga: Informamos que xa están dispoñibles... Incluso agora, na era das telecomunicacións, unha caixa de voz a través dun contestador automático pode anunciarnos: Telefónica infórmao de que non ten mensaxes... (nalgún tempo escoitouse tamén infórmalle que...), en tanto que un caixeiro automático de Caixa Galicia pode advertirnos: Informamos a vostede que a súa operación está sendo gravada. Ante esta variación de réximes, cabe a pregunta dun usuario do galego sobre qué complementos selecciona o verbo informar : alguén informa de algo a alguén, ou informa algo a alguén ? E cando informamos a alguén, informámolo ou informámoslle ? E a situación aínda se complica cando o algo é unha cláusula completiva: Informamos que ou de que... ?\nNo que segue analizamos os distintos esquemas sintácticos a que dá lugar o verbo informar como verbo de comunicación. Con este signi fi cado informar selecciona tres argumentos cos papeis semánticos que denominamos ‘Axente’ [ alguén ], Tema [ algo ] e ‘Destinatario’ [ a alguén ] 1. Interésanos, sobre todo, ver como se codi fi ca categorial e sintacticamente o Tema do que se informa e o Destinatario da información; dar conta da variación que xa bosquexamos; e, fi nalmente, suxerir prioridades de uso no galego estándar, segundo criterios de tradición, gramaticalidade, frecuencia e autoridade. Tamén contrastaremos o que sucede en galego coas linguas do noso arredor.\n2. C ORPUS DE TRABALLO\nCo fi n de ampliar a variedade de textos, o corpus analizado completouse con usos de informar en textos de Internet, sen dúbida, non tan plani fi cados coma os contidos no TILG, posto que queriamos corroborar a percepción de que as construcións sintácticas tradicionais están a ser substituídas por outras innovadoras, ou conviven con aquelas, na lingua actual. Para iso, no mes de novembro de 2007, realizamos buscas selectivas en Google con formas\nEn total, obtivemos 335 novos exemplos que axuntados ós 687 do TILG suman en total 1022 esquemas analizados 4. Na táboa 3 rexistramos os esquemas sintácticos establecidos en cada acepción por orde de frecuencia, tanto no TILG coma en Internet: 4 Ademais do TILG, existe outro importante corpus lingüístico do galego, o CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual), desenvolto no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (http://cirp.es), que contén unha ampla tipoloxía de textos dende 1975 ata a actualidade. Por operatividade, non analizamos os datos de informar desta base de datos, xa que a súa consulta non se pode facer por lema. Queriamos advertir, por iso, que quizais o manexo dun corpus con maior número de textos xornalísticos, escasos no TILG e abundantes por exemplo no CORGA, podería facer variar as porcentaxes dalgunhas construcións. Asíe todo, coidamos que a variedade e o número de textos fi nalmente analizados son su fi cientemente representativos e reveladores da sintaxe deste verbo en galego.\n3. A CEPCIÓNS E ESQUEMAS SINTÁCTICOS DE INFORMAR NO TILG\nDespois da análise dos 687 exemplos contidos no TILG establecemos catro signi fi cados fundamentais para o verbo informar. 1. Dar forma [ a outra cousa ].\n2. Dar noticias ou datos [ a unha persoa ] sobre [ unha persoa ou cousa ]. 3. Dar noticias ou datos da súa competencia sobre [ unha cousa ]. 4. Buscar noticias ou datos sobre [ outra persoa ou cousa ].\nDe todos as maneiras, os argumentos [ a alguén ] e [ de algo ] son potestativos; isto é, poden estar expresos os dous ou soamente un deles. Temos daquela os esquemas sintácticos SVCD Dto (só co Destinatario expreso) e SV-CP Tma (só co Tema). Pero informar pode ser tamén capaz de asumir no seu lexema os signi fi cados que lle achegan os complementos e pasar asía ter\nSV: qu’era pasase o espediente á comisión de policía pra qu’esta informe \nPor último, na acepción 4, informar é tamén bivalente, pero sempre en construción pronominal. O Tema formalízase nun CP maioritariamente, isto é, SVse-CP (39 casos), que con 5 Ademais de informar, o TILG rexistra 4 casos da variante popular enformar, que, por outra parte, é a forma medieval máis documentada. No Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) (http://ilg.usc.es/tmilg/) rexístranse 10 formas do verbo (5 activas e outras tantas pasivas), delas, 9 coa base enform - e só 1 coa cultista inform -, a máis moderna (1481). A documentación máis antiga no galego é de 1333 ; no castelán é de 1444. 6 Mantemos a forma de cita utilizada no TILG. Nas siglas , as tres primeiras maiúsculas aluden ó título da obra, as tres seguintes ó autor e os tres números ó ano da obra. Vid. a lista destas referencias en http://www 4.usc.es/ TILG/. 7 Utilizamos as siglas C(P)q para referirnos á función sintáctica de Complemento Prepositivo, formalizado nunha cláusula completiva, ó que se suprimiu a preposición (vid. a epígrafe 4. 1. 2). 8 Somos conscientes de que tamén poderían fi gurar nos esquemas correspondentes de SV-CD e SV. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 209223\n4. R ÉXIME DE INFORMAR COMO VERBO DE COMUNICACIÓN\n4.1. Formalización do Destinatario e do Tema\nA primeira cuestión que nos interesa saber é como se expresa categorialmente o Destinatario e o Tema nos exemplos que analizamos. Na táboa seguinte só temos en conta os exemplos que se inclúen nos esquemas da acepción 2 de informar.\n4.1.1. O Destinatario\nDos datos anteriores, interésanos destacar que cando o Destinatario é un ti, el/ela ou vostede o galego dispón de clíticos pronominais diferenciados acusativo/dativo para marcar as funcións de CD/CI, respectivamente. Á vista dos datos, o galego opta amplamente por codi fi car esa función sintáctica como un CD (o 75 % nestes casos), antes ca coma un CI (o 25 %) 9, isto é, prefírese informouno ou informeite, antes ca informoulle ou informouche 10. Nos casos de pronomes átonos que non posúen forma diferenciada de acusativo e dativo (me, nos, vos), optamos por analizalos sempre como CD (vid. epígrafe 4. 3). Por outra parte, se o Destinatario vén expresado por unha FN, agás 2 casos, esixe maioritariamente a presenza da preposición a 11. Considerámolos sempre CD, agás nos casos en que a+FN redobra nun clítico lle; nese caso asignámoslles CI 12. 9 Nos casos de acusativo son amplamente maioritarios os de 3 ª persoa (o/a, 90 % dos casos) fronte ós de 2 ª (te, 10 %). Nos de dativo tamén son maioritarios os de 3 ª (lle/lles, 92 %) fronte ós de 2 ª (che, 8 %). 10 Á hora de establecer os esquemas sintácticos e asignar as funcións de CD e CI, seguimos o criterio formal xa convencional de conmutación por un pronome de acusativo (o/a/os/as, te =CD) ou de dativo (lle/lles, che =CI). Non obstante, aínda que non é este artigo o lugar idóneo, cabería, cando menos, a discusión de se nalgún esquema (por exemplo, SV-CICP) o clítico de dativo non podería ser considerado como expresión dun CD animado; coma tal, non se observan grandes diferenzas de comportamento entre os Destinatarios o/lle nos modelos Informeino de que pasou isto / Informeille de que pasou isto. Nestes casos o Destinatario (marcado como o ou lle) admite na construción pasiva ser un suxeito paciente: El foi informado por min de que pasou isto. O feito de referírense a un CD de persoa, semanticamente Destinatario, facilita que o falante o formalice cun clítico de dativo ó interpretalo como CI. 11 Os datos da presenza case obrigada da preposición a contrastan coa tendencia actual na lingua estándar escrita de eliminala sistematicamente ante CD de persoa. No seu dicionario, Riveiro Costa (2002 : s.v. * informar a), a teor do exemplo, proscribe o seu uso (O presidente informou os conselleiros …). Pola contra, Fernández Salgado (2004 : s.v. INFORMAR), í ndica que en galego, a diferenza do que acontece no portugués, o verbo leva expresa a preposición a cando o CD é de persoa. 12 O redobro do CI en galego, sendo frecuente, non é obrigatorio en galego. Non obstante, optamos por entender que cando este redobro se produce, o sintagma a+FN animado (orixinariamente CD) ten máis consolidada a súa identi fi cación como CI, polo menos para o falante. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 209223\nO Tema exprésase maioritariamente a través dunha frase prepositiva (o 60 % dos exemplos). A preposición preferida é de, aínda que cando o termo é unha FN poden aparecer sobre (ou a súa variante sobor) e, en menor medida, as locucións acerca de e en relación con. Canto ó termo da preposición, de cada 6 exemplos, 4 son FN e só 2 son cláusulas subordinadas substantivas, maioritariamente completivas con de que (45 casos), fronte ás nominalizadas de relativo (do que, 15 casos) e ás interrogativas indirectas (11 casos). A conxunción maioritaria que as introduce é a completiva que (63 casos), 3 casos son de se e 1 do interrogativo cómo. Estas construcións prepositivas analizámolas sintacticamente como CP.\nComo xa dixemos, os contidos do Tema poden estar referidos baixo diferentes formatos de discurso directo (82 casos), que consignamos nos esquemas coas siglas :DD. Por último, o Tema exprésase tamén a través dunha cláusula maioritariamente introducida pola conxunción que, pero sempre coa preposición suprimida; isto é, casos de “queísmo” (16, 2 % dos exemplos) 13. Esta cláusula completiva presenta problemas sobre qué función asignarlle 14. O feito de que no esquema exista un Destinatario codi fi cado como CI (informeille) facilita que a cláusula completiva sexa codi fi cada como CD e pase a ocupar este oco baleiro; o que mesmo axuda a explicar a omisión da preposición (informeille que...). Pero asignarlle a esta cláusula a función de CD chocaría cos casos en que o Destinatario é codi fi cado como CD (informeino que...), pois nese caso contraviríase o principio gramatical de que nunha mesma cláusula non poden coaparecer dúas funcións sintácticas iguais no mismo nivel xerárquico. O que parece apreciarse é certa tendencia a suprimir as preposicións que introducen cláusulas completivas de CP (o caso tamén do réxime informei (de) que), pero iso non implica que a cláusula pase a ser un CD. Dunha banda, esta cláusula Tema non admite a clitización por un pronome átono de acusativo (Informei que algo pasou > * informeino), nin sequera resulta natural cando o Destinatario se codi fi ca como dativo (Informeille que algo pasou > * informeillo). Tampouco parece admitir a pasiva (Eu informeite que algo pasou > *Que algo pasou foite informado por min).\nXa que logo, esta cláusula completiva pode parecer un CD, pero non é. Por iso, en todos estes casos de “queísmo” optamos por seguir considerando que a cláusula ocupa a función de Complemento Prepositivo, iso si sen a preposición expresa. Para diferencialos dos CP en que a preposición si é reitora, empregamos nos esquemas as siglas C(P)q.\nEn suma, canto á expresión do Tema, o prototipo no galego é Informou de algo (máis numeroso ca Informou de que algo pasou e Informou que algo pasou). Diso poderiamos concluír que cando se expresan os dous argumentos o réxime habitual en galego é Informeino de algo (VCD-CP). Non obstante, poden producirse diferentes combinacións que dan lugar ós esquemas que imos comentar a seguir.\n4.2. Informar [ a alguén ][ de algo ] : SV-CDCP\nComo xa indicamos, o esquema SV-CDCP (167 casos) é a estrutura sintáctica máis documentada de informar no TILG (o 24, 3 % do total de exemplos), e tamén a máis numerosa (máis do 50 % dos casos) das estruturas sintácticas do signi fi cado 2 en calquera dos períodos recentes da lingua 15. Canto á categoría do CP, os casos de prep+FN (108) case dobran ós de prep+cláusula (59): SV-CDCP: si chega a vir, xa o informarei do nagocio. < 1 M A 000877 > 13 Entendemos por “queísmo” a supresión dunha preposición, polo xeral de, que vén esixida por un elemento reitor (verbo, nome, adxectivo) diante da conxunción que. Pola contra, o “dequeísmo” consiste na introdución da preposición de ante a conxunción que cando aquela non está rexida. 14 Esta asignación afecta ós esquemas representados como SV-CDC(P)q (epígrafe 4. 3), SV-CIC(P)q (epígrafe 4. 5) e SV-C(P)q (epígrafe 4. 7). 15 Vid. no Apéndice a táboa 7. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 181196\nSV-CDCP: a Santiago a informar do acontecido ás de SanctiPetri. SV-CDCPq: informeino de que traballaba en sociedade \nSegundo as datacións do TILG, dentro dos trivalentes, é o único esquema que se rexistra nos textos do século XIX, o que en certo modo o lexitima. E é, asímesmo, o réxime que documenta na lingua medieval, a partir das estruturas activas e pasivas que analizamos nos exemplos do TMILG: por quanto eu fou enformada por lo procurador da çidade d’Ourense 16. Pedimos nos que vos enformedes da verdade e o libredes 17\nEsta construción de SV-CDCP é a única recomendada pola Real Academia Galega (RAG) no seu dicionario (DRAG 1997 : s.v. I NFORMAR), como se ve da exempli fi cación intencionada: Informárono de que tiña o premio... Nas correspondentes entradas de informar, rexistran e recomendan este mesmo uso para o estándar galego outras publicacións de carácter normativo e correctivo, coma o GDXL (2000), o dicionario de construcións de Riveiro Costa (2002) e o de usos e di fi cultades de Fernández Salgado (2004).\nCando no Tema o termo da preposición é unha FN, este mesmo réxime é igualmente o preferido na lingua culta do portugués, español peninsular, catalán e francés. Asíe todo, como se comenta na sección seguinte, existe a tendencia á omisión da preposición cando o Tema é unha cláusula, que é obrigada en francés e catalán. Na busca realizada con Google, este esquema xa non é o maioritario nos textos de Internet:\nSV-CDCP aparece en 3º lugar (64 ocorrencias de 331 exemplos), tras SV-CIC(P)q e SV-CICP.\n4.3. Informar [ a alguén ] [ que algo pasou ] : SV-CDC (P)q\nDesde o punto de vista normativo, trátase dunha construción “queísta” (eliminación da preposición de), con respecto ó esquema maioritario e tradicional SV-CDCP. O esquema representa o 5, 6 % do total dos exemplos, o segundo máis frecuente dos trivalentes (39 casos). O primeiro exemplo no TILG data de 1912, aparece outra vez na década dos cincuenta, e non volve asomar ata a dos setenta, onde boa parte deles se concentra nun único autor (). Na década dos oitenta e noventa aumenta moito o seu uso, ata representar o 9 % do total (vid. táboa 7 no Apéndice).\nSV-CDC(P)q: Verea e Aguiar nos veu a informar que [... ] tódolos tumulus SV-CDC(P)q : pra que me informes si el ten coñecimentos \nSV-CDC(P)q : Informamos ó cocheiro que tiñamos que quedar no tambo \nEstamos ante un esquema que admitiría a discusión sobre a asignación doutras funcións. En tódolos exemplos, as categorías gramaticais que aparecen no Destinatario son sempre pronomes átonos (me, nos, vos) sen forma diferencial de obxecto (26 casos), e frases nominais de persoa con a (12 exemplos), polo que tamén poderían ser interpretados como CI 18. A nosa decisión fi nal de asignarlles a función de CD fundamentámola en que a) as a+FN nunca aparecen dobradas co clítico de dativo (vid. nota 11); e b) estes CD de persoa parecen admitir ser suxeitos pacientes nas estruturas pasivas correspondentes. Nós fomos informados por Verea e Aguiar (que tódolos túmulos...) O cocheiro foi informado por nós (que tiñamos que quedar...) 16 En http://ilg.usc.es/tmilg/ poden consultarse as referencias textuais. A consulta é de xaneiro de 2008. 17 No primeiro exemplo, o suxeito paciente (eu) permítenos concluír que na estrutura activa era un CD. O segundo acláranos que enformar rexía un Complemento Prepositivo. 18 Por outra banda, o feito de que a cláusula que funciona como C(P) teña suprimida a preposición favorecería a interpretación do Destinatario como CI, e a cláusula Tema como CD. De aíteriamos un esquema SV-CICDq, que sen dúbida é o que actúa na gramática dalgúns falantes. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 209223\nComo xa se comentou, o esquema do tipo Informeino que é a construción estándar no francés e no catalán cando o Tema se expresa a través dunha cláusula. Por outra parte, no portugués, aínda que non é a preferida pola lingua académica, goza actualmente de moito uso e tolerancia, mesmo en ámbitos da lingua culta (vid. nota 33). Nas buscas selectivas en Internet, atopamos 15 exemplos deste esquema (o 4, 5 % dos casos), o menos frecuente dos trivalentes: A través deste correo infórmote que o vindeiro día 6 de outubro terá lugar... 19\n4.4. Informarlle [ a alguén ] [ de algo ] : SV-CICP\nIncluímos baixo este esquema os casos en que o Destinatario (CI) aparece referenciado polos pronomes átonos de 2 ª e 3 ª persoa de dativo: che, lle e lles. É un esquema pouco frecuente (o 2, 7 % do total) e de recente asentamento no galego. Dos 19 exemplos rexistrados, a maioría deles (16) localizámolos en textos posteriores a 1980 (vid. táboa 7 no Apéndice). As 3 testemuñas anteriores a esta data son:\nSV-CICP: pregueille que de paso lle informase do meu propósito < M ANCOR 929 > SV-CICPq: Elvira informoulle a Pablo de que a raíz de aquel percance

    SV-CICP: O motivo desta carta é informarlle sobre o estado actual 20\nEste réxime é habitual no español peninsular, aínda que o lle se interpreta como dativo en función de CD ó se referir a un complemento de persoa. Por iso, coidamos que non é de descartar que a expresión castelá interferise na galega, aínda que só fose favorecendo a súa difusión. Non se deben descartar tampouco causas internas ó propio galego sustentadas nos reaxustes funcionais e de marcación que se están a producir neste verbo, en parte por sinonimia con outros verbos de comunicación, como logo comentamos noa epígrafe 4. 5.\nAs gramáticas galegas máis recentes aluden a este cambio. Freixeiro Mato (2000 : 147) inclúe informar no grupo de verbos que poden compatibilizar un CP cun complemento de persoa pronominalizado en dativo ou acusativo, e parece validar os dous usos: Informounos da situación / Informoulles da situación. Álvarez / Xove (2002 : 557) exempli fi can estes cambios con avisar e advertir, de réxime semellante a informar, e observan un uso crecente das formas dativas cando o CD é de persoa; non obstante recoñecen que o uso do acusativo responde ó modelo tradicional: Advertinte de que / Advertinte / Advertinche de que / Advertinche. Pola súa parte, a construción aparece proscrita para o estándar por Sanmartín Rei (2006 : 31) no manual de uso do galego da Universidade da Coruña; asícorr í xese *Informámoslles do procedemento … para Informámolos/as do procedemento …\nNas buscas en textos de Internet atopamos 66 exemplos deste esquema SV-CICP. É o segundo esquema en frecuencia (20 % do total), o que dá mostras da súa actual vitalidade en comparanza coa que semella que tivo noutras etapas do galego (vid. táboa 7 no Apéndice).\nSV-CICP: De seguido infórmolle dos acordos da sesión ordinaria... 21 SV-CICPq: Informámoslle de que debe dirixirse por calquer medio... 22 19 20 As tipoloxía e procedencia destes exemplos lévannos a ser cautos canto ó seu poder de autoridade: o de 1929 é dunha carta de Manoel Antonio (documento persoal), o de 1936 son unhas notas dun emigrante (A. Paz Domínguez), e o de 1969 localízase nas narracións orais galegoasturianas recollidas por Dámaso Alonso. 21 22 © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 209223\n4.5. Informarlle [ a alguén ] [ que algo pasou ] : SV-CIC(P)q\nTrátase do esquema trivalente de informar menos frecuente e máis recente dos rexistrados no TILG. Son unicamente 4 os casos en que o complemento referido ó Destinatario aparece expresado a través dun clítico de dativo, en todos os casos lle. Outra volta, o Tema é sempre unha cláusula completiva sen preposición introdutora. Os exemplos rexistrados son todos da década dos oitenta e noventa:\nSV-CIC(P)q: podo informarlle que á primeira hora da mañán xa... \nEste réxime Informar a alguén que algo pasou é ata o de agora o último paso dun proceso de reasignación estruturalfuncional que se vén producindo nos esquemas trivalentes dende o tradicional SV-CDCP 23.\nProba da actual vitalidade de SV-CIC(P)q é que na pescuda de Google resulta ser o esquema sintáctico máis frecuente dos rexistrados nos textos de Internet: 138 casos de 331 totais (máis do 40 %): SV-CIC(P)q: Informámoslle que no BOE do sábado 11 de marzo... 24\nSV-CIC(P)q: Infórmoche que as eleccións foron en febreiro... 25\nEste reaxuste de funcións dende o tradicional SV-CDCP é posible porque o CD de persoa é interpretado polo falante como un CI, precisamente porque non se trata dun CD prototipo. Moi á contra, este CD comparte trazos semánticos e formais típicos co CI (papel semántico de Destinatario, ente +humano, frase prepositiva con a) 26, polo que pode nun momento dado asignarlle formalmente un clítico de dativo lle, a marca habitual de CI. Non obstante, isto é posible porque, asemade, o CP, semanticamente moi próximo ó CD, pode perder a marca prepositiva (de) que o diferencia del, sobre todo cando o termo da FPrep é unha cláusula (que xa ten un nexo conxuntivo), e pasar a ocupar no esquema sintáctico o oco da función de CD que quedara libre ó se interpretar o Destinatario como CI 27. En todo este reaxuste inflúe tamén o cruzamento sinonímico de informar con outros verbos de comunicación como indicar, comunicar, dicir, trivalentes igualmente, pero que seleccionan algo (CD) a alguén (CI). De feito, baixo o esquema SV-CDCP é nidio o signi fi cado de informar como “dar noticia de algo”, en tanto que no de SV-CDC (P)q parece agocharse ‘anunciar, comunicar’. Por outra banda, na consolidación deste esquema non se debera desbotar tampouco o uso case ritual dalgunhas expresións formulísticas que encabezan os textos administrativos do tipo * Infórmolle que segundo a reunión..., onde se podería falar asemade da interferencia do castelán: Le informo que... No español actual, informar algo a alguén (CDCI) é aceptado academicamente á par do tradicional informar a alguén de algo (CDCP) (vid. RAE/AALE, s.v. informar(se)). A datación dos textos que nos ofrece o TILG permítenos aventurar como puido ser este proceso de variación sintáctica, tendo en conta as primeiras documentacións de cada esquema (vid. táboa 7 no Apéndice): 1877 : Informar [ a alguén ] [ de algo ou de que algo pasou ] 23 Esta mudanza parece ir consolidándose no galego nos últimos 25 anos e semella ter como destino un réxime Informar(lle) a alguén algo (SV-CICD). A nivel oral, segundo Pena Romay (2004), parece que nalgúns dialectos do galego xa se produciu. 24 25 26 O CD tipo é un ente –animado, semanticamente Tema e categorialmente unha FN. 27 Este réxime admitiría, cando menos, a discusión dunha análise como SV-CICD; de feito esta proposta é a máis habitual na lingüística española. Para a nosa decisión, vid. a epígrafe 4. 1. 2. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 209223\nO chanzo derradeiro neste proceso sería a verbalización do Tema cunha FN 28, isto é Informarlle [ a alguén ] [ algo ] (xa que logo, SV-CICD), do cal xa atopamos esporadicamente algún exemplo en Internet 29 : SV-CICD: no centro de saúde de Viveiro, infórmolle o seguinte: Estanse a facer... 30\nPara o galego, Sanmartín Rei (2006 : 31) proscribe * Infórmolle que … (que si é admitida no español e no brasileiro) en favor de Infórmoo de que...\n4.6. Informar [ a alguén ] : SV-CD Dto\nSegundo os nosos datos, cando algún dos complementos de informar non se realiza formalmente no enunciado, informativamente, exprésase máis veces só o Tema da información (100 casos), baixo os esquemas SV-CP e SV-C(P)q, do que o Destinatario da mesma (88 casos), que se verbaliza sintacticamente como SV-CD Dto. En Informar a alguén, o complemento de persoa aparece expresado inequivocamente cun clítico de acusativo en 18 exemplos (o/a 11 veces e te 7). Esta clitización única con pronomes acusativos repítese no esquema SV-CD:DD (6 casos de o):\nSV-CD Dto : ¿E el é certo? -Non o informaron mal. SV-CD\nDto : «¿Que te informase eu?» < M RTCHA 981 > SV-CD:DD: Non, non se me perdera nada, informeino. O esquema alternativo SV-CI Dto, co Destinatario inequivocamente codi fi cado con dativos (lle ou che), resulta estraño en galego. Nos textos de Internet é tamén raro (2 casos). No corpus do TILG só hai un 1 caso, e recente 31 : SV-CI: a este futuro xornalista que lles está a informar. \n4.7. Informar [ de algo ] : SV-CP e informar [ que algo pasou ] : SV-C(P)q\nNo esquema co Destinatario non realizado, o Tema aparece maioritariamente formalizado coa función sintáctica de CP (76 casos), fronte á que carece de preposición, C(P)q (23 exemplos). En SV-CP, a preposición de é a máis frecuente e o seu termo habitual é unha FN, agás en 7 exemplos que son cláusulas, todos a partir de 1980. Tamén o esquema SV-C(P)q é recente no galego moderno, de feito a primeira documentación no TILG é igualmente de 1980. Non obstante, a partir desta data resulta relativamente habitual 32. A cláusula é sempre unha completiva con que, agás un único caso de se : 28 A expresión do Tema como CD, a través dunha frase nominal, é habitual no español americano. 29 Asíe todo, nos exemplos que analizamos no noso traballo aínda non documentamos ningún caso de clitización en amálgama do pronome dativo e acusativo, do tipo Informeillo, o que nos fai pensar que neses casos a FN Tema aínda non é codi fi cada totalmente polo falante como un CD. 30 31 Non obstante, despedidas de xornalistas do tipo Informoulles dende V... comezan a ser habituais actualmente nas radios e televisións en galego. 32 A aparición e difusión destas construcións neste momento ten que estar relacionada, sen dúbida, coa difusión masiva dos diferentes medios de comunicación, nos cales o verbo informar é un referente léxico fundamental. Repárese, na táboa 1 deste traballo, na diferenza de ocorrencias deste verbo nos distintos perídos do galego: máis de dous terzos dos exemplos analizados son de a partir da década dos oitenta. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 209223\nSV-CPq: o dono, que informou de que non houbo botes en Aguiño SV-C(P)q: tamén informa que F. Bouza Brey cita a existencia [ … ] \nÁ vista dos datos, nas últimas décadas parece que están a competir o réxime prepositivo e o nonprepositivo. Polo número de ocorrencias, os usuarios semellan inclinarse pola construción “queísta” informar que (23 casos entre 1980 - 2002), en detrimento da prepositiva informar de que (con só 7 casos no mesmo período). Repárese en que esta última é a continuadora da tradicional informei diso. Pola contra, o esquema informar que non ten paralelismo nun informar iso, pois os exemplos de que dispoñemos son anecdóticos.\nA predilección pola construción “queísta” parece corroborar para o galego as conclusións que Gómez Devís (1997 : 316) tirou para o español, referentes a que o “queísmo” é mellor aceptado polos falantes do que o “dequeísmo”. Esta tendencia ó “queísmo” explícaa Gómez Torrego (1999 : 2139) por economía lingüística ó apreciaren os falantes redundancia nexual nas construcións con de que. Nestes esquemas que vimos comentando, nin francés, nin italiano, nin catalán agrupan nunca nexo preposicional e conxuntivo. Pola contra, portugués, galego e español si o aceptan. Asíe todo, nestes idiomas as preferencias por que ou de que parecen variar segundo estea expresado ou non o Destinatario. As í, cando só se expresa o Tema, o portugués europeo, mesmo nun rexistro culto, amosa tolerancia con informou que (fronte ó académico de que); pola contra cando coaparecen Destinatario e Tema, o bo uso portugués parece primar o tradicional informei - o de que sobre o innovador informeio que 33.\nPola súa parte, no español actual tanto informar de que como informar que son correctas, aínda que a RAE sempre amosou preferencia pola construción prepositiva tradicional, en base a que na península o réxime máis frecuente é a alguén de algo (CDCP), fronte ó habitual en América algo a alguén (CDCI), actualmente tamén consagrado no uso culto (vid. RAE/ AALE 2005 : sv informar(se)). Na súa investigación, Anaya Revuelta (2001) constata que tanto informar que como informar de que son usadas no español peninsular, pero observa un uso crecente de de que a partir dos anos 90 en comparación cos 70, nos que apenas aparecía. Indica que en América o habitual é, e sempre foi, informar que e que mesmo informar de que é sentido como “dequeísta”. Os exemplos galegos que analizamos no TILG parecen ir tamén nesa dirección que vimos anotando. Por unha banda, cando se expresan o Destinatario e o Tema, informeino de que —o réxime tradicional e promocionado academicamente—, é máis empregado ca informeino que; pero cando só se expresa o Tema (xa cun signi fi cado próximo a ‘anunciar’), informei de que é moito menos frecuente ca informei que. O datos poden verse na táboa 5 :\nInformar +Dto+Tma Nº de ex. Informar +Tma Nº de ex. Informeino de que 59 (60 %) Informei de que 7 (25 %) Informeino que 38 (40 %) Informei que 23 (75 %) Táboa 5. Casos de “queísmo” con informar no TILG Malia estes datos, a observación de Anaya Revuelta de que en español están a aumentar os casos de de que parece ser válida para o galego nos últimos anos, se facemos caso dos exemplos obtidos a través de buscas en Internet: 33 Agradézolle estas indicacións á profesora Elisabete Pais de Jesús, lectora de portugués na Universidade de Vigo, que me viñeron con fi rmar os datos tirados de dicionarios e manuais de corrección. Nas correspondentes entradas de “informar”, o DLPC da Academia das Ciências (2001) só dá cabida a Informou os presentes de que... ; pola contra, no Dicionário do português básico coordinado por M. Vilela (1990) recóllese Informaram o pai que… No de construcións de Busse (1994) rexístranse todos os usos: Informou os alumnos de que …, Informou ainda (de) que … e Informei os alunos que … Pola súa parte, na súa guía, Estela et al. (2003 : 136) recollen Informou os operadores de que..., pero O ministro informou que … En buscas selectivas co Google en páxinas portuguesas, os casos de “informeio que” sempre dobran os de “informeio de que”, o que indica que no uso común a construción “queísta” se está a impoñer. © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 209223\n(2001 : 329 - 31) non localiza no peninsular máis ca nun exemplo, pero sinala que si é normal en Hispanoamérica, onde constitúe a segunda estrutura en frecuencia tras informar que.\n5. C ONCLUSIÓNS : SUXESTIÓNS PARA O USO ESTÁNDAR\nÁ luz das explicacións anteriores, podemos suxerir algunhas indicacións sobre o uso de informar para o estándar galego. Na acepción 1 etimolóxica, informar é un verbo bivalente que esixe un CD, igual ca na 3, onde tamén pode rexer un CP con sobre no sentido de ‘emitir un informe’.\nO signi fi cado 2 de ‘dar noticias a [ alguén ] sobre [ algo ] ’ é o que máis dúbidas sintácticas suscita entre os usuarios pola variación na formalización do [ alguén ] e do [ algo ]. Ó noso ver, a construción Informouno de algo (CDCP) debe ser a preferida por ser o modelo tradicional. Documéntase na lingua medieval e é, fronte ós outros posibles esquemas trivalentes, a única que rexistramos nos textos modernos do XIX. É tamén a forma máis frecuente nos textos manexados do TILG e a recomendada dende as institucións académicas. Cando o de algo é unha cláusula, a construción con de que cremos que debe seguir sendo a recomendada, en paralelo á construción nominal, sobre todo cando o Destinatario a alguén aparece tamén expresado: Informouno de que pasou algo. Esta é tamén a construción preferida da lingua culta portuguesa.\nO réxime Infórmoo que pasou algo é innovador e aparece con pouca frecuencia en galego, aínda que o número de exemplos asíconstru í dos está a medrar. É a construción habitual do francés e catalán e no portugués é cada vez máis usada nun rexistro medio, e mesmo tolerada no culto. Para o galego estándar coidamos que por “queísta” non debe ser preferida á tradicional de Infórmoo de que.\nSó nos tempos máis recentes, comezan a verse nunha porcentaxe alta usos de dativos (lle máis ca che) para referirse ó a alguén, sobre todo en textos de Internet e en usos rituais de textos administrativos, do tipo Infórmolle... Isto ocasionou a aparición de esquemas alternativos ó tradicional, como Infórmolle de algo, Infórmolle de que algo pasou e Infórmolle que algo pasou, que ó noso ver, aínda que se poidan explicar estruturalmente desde o propio galego por reasignación de funcións, coidamos que non deben ser promocionados na lingua estándar, en parte porque pensamos que nalgúns deses usos está detrás a influencia da construción paralela española (Le informo...), onde a pronomninalización con lle do Destinatario é moi frecuente cando o CD é de persoa. Estas pronominalizacións en dativo non se dan no portugués peninsular, pero si no brasileiro. Por outra parte, cando só se expresa o Destinatario a alguén, a única opción válida no galego é a do caso acusativo: Infórmoo e Infórmote, nunca * Infórmolle nin * Infórmoche.\nPor último, cando informar rexe unha cláusula que textualiza o Tema, sen estar expresado o Destinatario, tanto Informo de que... como Informo que... poden ser válidos para o rexistro culto do galego. A construción Informei de que é, como xa se dixo, seguidora da tradicional e académica Informei de algo, e a súa frecuencia está a medrar actualmente en detrimento de informei que (a máis habitual noutras épocas da lingua aínda recentes), quizais por reacción cultista. Malia ser unha construción “queísta”, coidamos que informou que non se debe anatematizar, porque, socialmente, os propios falantes son tolerantes con ela. Ademais, lingüisticamente, parecen existir causas gramaticais e léxicas internas que explican este cambio, como poden ser a economía lingüística (redución de que > que por recarga nexual), o cruzamento sinonímico de informar con outros verbos de comunicación (comunicar, anunciar …), que si rexen unha completiva con que, e mesmo razóns de non marcación prepositiva de caso cando outras funcións sintácticas próximas non están explícitas na cláusula. De por parte, a redución estase a dar tamén no portugués e mais no español, e noutras linguas coma o francés ou o catalán a secuencia de que non é tolerada. De últimas, lémbrese que entre as poucas documentacións medievais de informar xa se rexistra un informou que, o que nos di que o fenómeno do queísmo é xa antigo no idioma.\n6. A PÉNDICE\nNa seguinte táboa pode verse a diacronía dalgúns dos esquemas sintácticos establecidos a partir do corpus do TILG:"} {"summary": "Nesta nota pretendo iluminar a etimoloxía do substantivo galego estibada / estivada, moi común como topónimo, e a doutros termos pertencentes á mesma familia léxica. Achego exemplos tirados da documentación medieval e razóns semánticas e fonéticas que contradín a etimoloxía máis difundida, segundo a cal tería relación co latín AESTAS e AESTIVUS. Sosteño a etimoloxía que o explica a partir do verbo ST Ī PARE. Razoo a evolución do signi fi cado de estibada a partir de ‘terreo cercado con sebes ou estacas’ e ocúpome dalgúns posibles exemplos de pervivencia dun signi fi cado patrimonial de estiba ‘estaca’. Baseándome nesa etimoloxía, defendo a grafía con b empregada pola Comisión de Toponimia no ditame dos topónimos que conteñen o nome estibada, en contra da grafía con v, que é a máis consolidada na nosa tradición lexicográ fi ca e a que fi gura actualmente no Vocabulario Ortográ fi co da Lingua Galega.", "text": "As estibadas ou estivadas. Nota etimolóxica\nGonzalo Navaza Universidade de Vigo\n Léxico, toponimia, etimoloxía, ortografía. Sumario 1. Estibada ou estivada en obras lexicográ fi cas. 2. Estibar. 3. Atestacións medievais. 4. Etimoloxía. The estibadas or estivadas. An etymological note\n1. E STIBADA / ESTIVADA EN OBRAS LEXICOGRÁFICAS\nSarmiento recolle coas grafías estibada e estivada este substantivo: Es la roza que se hace en el monte para quemar la broza y después arar la tierra y sembrarla de trigo o centeno (en Pontevedra cachar). O viene de esteva o mejor de aestiva, aludiendo al verano, que es cuando se quema, o de aestus. (Sarmiento, CatálogoVF 1745 - 1755, en Santamarina 2004 :s.v.). Ese signi fi cado que lle asigna Sarmiento a mediados do século XVIII é o que fi gura en case todos os dicionarios do galego. En Reguera (1840 - 1858): “Lo mismo que roza: es un terreno de monte calvo, que se cierra y se le alza el cesped, se quema y se le siembra centeno o trigo. (Santamarina 2004 : s.v.). En Valladares (1884): “Monte, ó terreno inculto, cuya broza se cava y quema, para en él sembrar despues alguna cosa” (Santamarina 2004 : s.v.). En Filgueira e outros (1926): “sf. Monte o terreno inculto cuya broza se cava y quema para luego sembrarlo” (Santamarina 2004 : s.v.), etc. Ás veces especifícase que as estibadas ou estivadas se practican no monte de man común. AsíCarré (1974, 4 ª): “Partición provisional que, de vez en cuando, se hace en un monte comunal para roturarlo y sembrarlo con objeto de obtener una cosecha de trigo o avena y después renovarlo.” (Santamarina 2004 : s.v); Eladio Rodríguez (1958 - 61): “Distribución que hacen los vecinos de un monte comunal para aprovecharlo entre ellos...” (Santamarina 2004 : s.v.), etc. E Aníbal Otero (1949 - 1977): “Parte de un monte en condominio que se parcela y se cava para una cosecha de cereales, restableciéndose luego el aprovechamiento común sin cultivo, en Berres. Montoncillo de terrones secos que se queman (...). Del lat. stipa.” (Santamarina 2004 : s.v.).Nalgúns dicionarios galegos e portugueses recóllese tamén un substantivo estiva, variante de estivada e distinto doutro estiva relacionado coa carga das embarcacións e co verbo estivar ou estibar, que trataremos máis adiante. As í, en Alonso Estravís (1995, s.v. estiva) lemos: “Estiva, s.f. Campo en que se labrou trigo ou centeio e que se torna a labrar para semear millo seródio. Sinón. Estivada [ Latín stiva ] ”. Esta vinculación do termo co latín STIVA contradise coa etimoloxía que o mesmo Alonso Estravís ofrece para o sinónimo estivada (s.v.), que considera derivado de AESTIVUS, coincidindo na hipótese defendida por Corominas e outros, como veremos, e que xa fora suxerida por Sarmiento. O dicionario portugués de Morais recolle estiva cunha de fi nición case idéntica (“ provinc. minh. Campo em que se segou centeio e que se lavra logo para sementeira de milho seródio”), caracterizándoo como propio do portugués miñoto, mais sen atribución de étimo (Morais 1958 s.v. estiva 2), en tanto que para a outra entrada homónima (a relacionada coa carga das embarcacións) dá como étimo o latín stiva (Morais 1958 s.v. s.v. estiva 1). O dicionario da Academia das Ciências de Lisboa (2004, s.v. estiva 2) tamén recolle en entradas distintas esas dúas estiva ; a primeira explícaa como derivado regresivo do verbo estivar (e este de STIP Ā RE), en tanto que a equivalente á nosa estibada vén de fi nida as í : “(Do lat. stiva ‘Rabiça do arado’). Region. (Minho). Campo de milho seródio, anteriormente semeado de centeio e trigo”. Dalgunha destas fontes debe de tomar tamén a súa información o dicionario Cumio, que considera o galego estivada como “deriv. do lat. st ī va ‘rabela, rabiza, caderna’” (Pena 2004 : s.v.). O portugués medieval rexistra este substantivo co mesmo signi fi cado de hoxe; nas inquirições de Afonso III (1258) atopamos referencia ao pan de estiva (“Item de Campo de Ripa I almude de pane d estiva”) 1 que interpretamos como cereal cultivado en terras gañadas ao monte, equivalente ao grao de revolta da documentación medieval galega (Navaza 2007 : 54). Para o castelán, o dicionario da Real Academia Española inclúe, desde a edición de 1899, o substantivo estivada, acaso como voz propia do noroeste peninsular, aínda que sen indicar localización. Defíneo como “Monte o terreno inculto cuya broza se cava y quema para meter1 PMH, I, Tomo I. Inquirições de D. Affonso III. Quinta alçada, p. 1456. “In collatione Sancti Petri d Ermeriz” (hoxe Esmeriz, en Vila Nova de Famalicão).\n© 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 225233\nlo en cultivo”. A mesma explicación (co cambio de meterlo por ponerlo a partir de 1992) fi gura en tódalas edicións posteriores (DRAE: s.v.). Fronte aos signi fi cados comúns expostos nos parágrafos precedentes, o dicionario de Pintos (c. 1865) daba unha explicación e unha etimoloxía diferentes para estibada : “Seto, de stipes, tis, estaca.” (Santamarina 2004 : s.v.). Debemos interpretar que ese seto serían as sebes que pechan un terreo gañado ao monte para o seu cultivo. Xa vimos que Reguera (1840) explicaba que a estivada era un terreo de monte calvo “que se cierra”. Eladio Rodríguez (1858 - 61) recolle asímesmo para estiva e estivada signi fi cados próximos aos que daba para estibada Pintos, explicando o primeiro destes termos como: “Seto, cercado de estacas o palos. / Cercado de matas y arbustos que rodea una heredad. / Cierre de una fi nca labrantía, que se hace con terrones; E STIVADA ” (Santamarina 2004 : s.v. estiva). Para indagarmos na orixe deste substantivo non podemos desprezar este trazo semántico de ‘terreo cercado’, vinculado á acepción de ‘sebe’ ou ‘cercado de estacas ou paus’ que recollen Pintos e Eladio, por máis que calquera terreo de monte que se cultivaba debía pecharse forzosamente para evitar que entrase nel o gando que pacía no comunal. O substantivo estivada ~ estibada ten presenza abundante na nosa toponimia, mesmo como nome de entidade de poboación (o Nomenclátor recolle nove localidades chamadas A Estibada, Estibadiña ou As Estibadas), e non parece haber dúbida de que en orixe estes topónimos designaron terras gañadas ao monte para o cultivo. Dentro dos topónimos pertencentes a ese campo semántico, tan ilustrativos da expansión das actividades agrícolas, interesa saber se as estibadas reciben o seu nome do procedemento de roturación e preparación para a actividade agricola (coma arada, brita, decrúa, cavada, cachada, roza, rozada, rotea ou arrotea, vesada, cernada, queimada...) ou ben da súa condición de terreos cercados (coma en chousa, cerrada, zarra, tapada...).\n2. E STIBAR\nA morfoloxía de estibada ~ estivada é a dunha forma feminina de participio, pero os dicionarios non inclúen o verbo correspondente. Acevedo e Fernández (1932) recollen no bable occidental un verbo estibar, que dan como equivalente de arar (Santamarina 2004 : s.v.). Non sabemos se os autores o rexistraron asína fala ou se é un signi fi cado inferido, sexa por eles ou polos informantes, a partir do substantivo estibada ; e se cadra podemos dicir outro tanto do estibar que recolle Constantino García (1985, en Santamarina 2004 : s.v.) como variante, localizada en Friol, dun in fi nitivo estibadar, recollido noutros tres puntos. Esta última forma só se explica como recreación a partir do substantivo estibada.\nExiste nas linguas románicas un verbo estibar (esp.), estibar (cat.) estivar (pt.), estiver (fr.), stivare (it.) con signi fi cados como ‘apertar, calcar cousas soltas para que ocupen o menor espazo posible’ ou ‘distribuír a carga dunha embarcación’; e tamén, como derivado regresivo deste verbo, un substantivo estiva, estiba, estive ‘acción de repartir a carga, especialmente nunha embarcación’ ou ‘parte da embarcación onde se acomoda a carga’. En xeral, a tradición lexicográ fi ca non considera que este verbo e este substantivo garden relación coas nosas estibadas ou estivadas. No dicionario etimolóxico de Machado considérase de orixe italiana o verbo portugués estivar referido a cargamentos: “do it. stivare, este do lat. stip ā re ” (Machado 1977 : s.v.). A mesma opinión recóllese no Aurélio: “ estivar. (Do lat. stipare, poss. pelo it. stivare)” (Ferreira 1999 : s.v.). O dicionario Houaiss (2004 : s.v. estiva, estivar) tamén atribúe ao italiano stivare o portugués estivar. Concorda con esa orixe a data relativamente serodia das atestacións portuguesas (estivar no XVI, algo antes estiva, grafado como estiba, no XV). Non parece fi able unha suposta atestación de estivar en portugués no século XIII, mencionada no dicionario Houaiss 2.\n© 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 225233 2 A data que se ofrece para estivar é “talvez a 1566 ”, coa dúbida provocada por outra posible primeira atestación do século XIII (Houaiss 2004, s.v. estivar, s.v. estivado), tomada do Vocabulário HistóricoCronológico do Português Medieval de A. G. da Cunha. Un exame do contexto desa atestación (procede de M. P. Merea: “A versão portuguesa das Flores de las leyes de Jácome Ruiz”, Revista da Universidade de Coimbra n º 6, pp. 343 - 371, 1916 - 17) permite sospeitar que non se corresponde co estivar actual e semella erro de lectura por estimar: “deue o juyz entregar ao demandador en ualya de tanto [ s ] béés de que e uençudo quanto estiuar o juyz”.\nEn francés o verbo correspondente estiver, relativo á acomodación dos cargamentos, tamén se rexistra relativamente tarde, a partir do XVI, e considérase asímesmo tomado do italiano (Dauzat 1964 : s.v. estive, estiver ; Rey 2000 : s.v. estiver).\nEn castelán, atendendo á data das primeiras atestacións de estibar (ou estivar), que son do século XV (Nieto / Alvar 2007 : s.v.; DCECH s.v.) tamén é probable que proceda do italiano. E acaso podemos dicir o mesmo do catalán estibar, cuxa primeira documentación corresponde ao último terzo do século XIV (Alcover 1993 : s.v. estibar). Corominas, non obstante, cre que no hay fundamento alguno para suponer que el cast. estibar sea italianismo (...); el it. stivare (...) o stipare, el langued. estibà ‘poner tirante, tenso’, prov. estiblàíd., cat. estibar ‘estibar’, port. estivaríd., serán también representantes autóctonos de la voz latina, que no hay motivo para suponer palabra migratoria en romance (con la excepción del fr. estiver, probablemente de origen italiano). (DCECH s.v. estibar)\nConcordamos con Corominas en que algunhas das acepcións do latín ST Ī PARE deixaron descendencia patrimonial nos romances, polo menos nos hispánicos, independentemente de que outras acepcións (as relacionadas coa terminoloxía náutica e o cargamento ou almacenamento de mercadorías) sexan ou non italianismos. Semella que entre eses descendentes debemos contar estibada e outros termos galegos emparentados. Naturalmente, outras voces relacionadas con ST Ī PARE como constipar (fr. constiper etc.) son cultismos incorporados serodiamente.\n3. A TESTACIÓNS MEDIEVAIS DO TERMO GALEGO\nNa documentación medieval de Galicia localizamos exemplos do substantivo estivada na súa forma romance. Aínda que non proporcionan información precisa sobre o signi fi cado do termo, algún corrobora que se trata de terreos labrados no monte. Os seguintes están tomados do TMILG:\nItem maýs, o noso agro que chaman da Porta, con todo seu chantado, commo departe d -outro voso agro de vos, o dito Fernán Peres, et departe da Estivada da vos dos Anayas et da herdade de Iohanne. [ M SPT | 1314 |doc. 19, páx. 253 | Trasancos, Neda (Trasancos, NedaC) (mosteiro San Salvador de Pedroso) ]. Item mando a Johan Migelez, clerigo de Pereyra, por deueda que lle deuo o pam da estiuada que jaz entre as estiuadas do Amenal. [ F DUSC | 1326 | doc. 63, páx. 65 | Santiago (Santiago de CompostelaC) ]. Item mando a Johan Martinz do Amenal por alguna errança, se lla fi z, o pam da outra estiuada que jaz entre as gorueas sobre la casa de Soellanes, que fuy de meu padre. [ F DUSC | 1326 | doc. 63, páx. 65 | Santiago (Santiago de CompostelaC) ]. Item vos arrandamos et aforamos o agro que chaman da Porta, con seu chantado que en él está, commo departe do agro que foy da Fernán Pérez Tinnoso, et departe da estivada de vos dos Anaýas, et departe da herdade de Iohannes, et departe da leyra de Dominga Martínez et do agro que ora ten Iohán dos da Riba; de que nos avedes a dar, por renda en cada hun anno, çinco soldos. [ M SPT | 1346 | doc. 21, páx. 256 | Ferrol (FerrolC) ].... Grueyro que vos assy aforamos for ẽ a fazer et labrar estiuadas enos dictos montes da dicta Graña de Carn ẽ es que se... [ DGS 13 - 16 | 1474 | doc. 69, páx. 153 | (Sobrado dos MonxesC) ]. No seguinte documento en latín, que tomamos do CODOLGA, aparece tamén a forma romance deste substantivo, malia a desinencia de acusativo: quomodo se departet de ecclesia dicti sancti Laurenti et quomodo departet se de Sancto Vincencio, et deinde per ipsam estivadam de Petro Melle [ ano 1243, Fernández de Viana et al. Caaveiro, n º 37. n º 38] © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 225233\nOutra atestación en latín, tamén tomada do CODOLGA, é un documento de Sobrado, sen data pero atribuíble aos séculos XIII ou XIV; contén información que axuda a entender un dos signi fi cados orixinarios do termo:\nDE B RION orta est contentio inter fratres Superaddi ex una parte et fratres Sancti Martini de Iuuia super unam estiuadam quam fratres de Brione fecerunt in monte inculto de Brione superiori, et deuenerunt inde in presentia principis terre domni Roderici Gomet qui posuit inquisitores domnum Mateum de Siloure et domnum Nunonem Iohannis de Sarantis et Ouecum Froile presbiter de Leixa et Martinum Petri presbiter de Sedis, qui uenientes dixerunt quod terra culta de Brione superiori erat diuisa inter eos per marcos et diuisiones factas et mons incultus non erat diuisus, et quod fratres Superaddi habebant de monte inculto tres quartas cum suis heredibus et fratres de Sancto Martino habebant quartam. dixerunt etiam quod frater Petrus Fernandi qui eo tempore erat procurator monasterii de Iuuia defenderat magistro de Brion predictam estiuadam (...) fratres Sancti Martini nolentes hoc facere coadunauerunt multitudinem grandem hominun et fuerunt ad estiuadam et miserunt boues in seminata et magister stetit ante boues cum fratribus suis, quod uidentes fratres Sancti Martini accesserunt cum armis, laceis, gladiis, cultellis et brosis et fustibus, et percusserunt et uulnerauerunt fratres et dederunt unam brossadam et unam lanzadam in equo quo sedebat magister de Brione uolentes illum occidere ruperunt capam magister cum lancea et posuerunt fratres Iuuia per uiolentia de ipsa estiuada fratres de Superaddo et magister de Brione pedibus caballi euasit manus eorum” [ Loscertales, Tumbos Sobrado 2, n º 390, páx. 368 - 369, en CODOLGA ].\nOs mosteiros de Sobrado e de San Martiño de Xuvia compartían dereitos e propiedades en terras de Brión, en Ferrol. As terras cultivadas tiñan marcos e divisións, pero o monte inculto (do cal correspondían tres cuartas partes a Sobrado e unha cuarta a Xuvia) non estaba dividido, e foi a realización dunha estibada o que desencadeou o enfrontamento, co seu episodio de violencia armada e mailo litixio que deu lugar ao documento.\nNon rexistramos atestacións romances do correspondente verbo * estivar, pero si atopamos stipare en documentos en latín datados no século VIII, todos eles de Lugo, pertencentes ao conxunto dos chamados documentos odoarianos. A data é dubidosa, pois non se conservan os orixinais, mais aínda que as copias poidan conter interpolacións un ou dous séculos posteriores á súa data, a información lingüística que conteñen é igualmente válida, e en calquera caso anterior ás atestacións arriba mencionadas. Máis ca polo –p– das grafías (que podería ser unha hiperlatinización, aínda que cremos que non o é), interesan estes textos polo signi fi cado que revelan, que é o de ‘cercar’ ou ‘demarcar’, e vemos que non só se aplica a montes incultos, senón tamén a propiedades en xeral, mesmo a villae, e vai acompañado ás veces dun complemento preposicional como stipare in circuitu, stipare per terminos anticos ou locucións semellantes. ipsam urbem, et uniuersam prouinciam studuit restaurare, hac propria familia stipauit (ano 745, Floriano Cumbreño, Diplomática española del periodo astur, n º 4 ; dátao en 745 Risco, M., España Sagrada, 40 - 41, n º 9 ; en 760 García Conde, Documentos Odoarianos, n º 2 ; en CODOLGA).\nMiranti stipata de familia mea, in territorio sancte Ololalie de Latriti, et sancti Mameti de Nandor, sancti Iacobi de Mera stipatas de familia mea ab integro. in Besancos sancto Mamete de Larido, et sancto Georgio de Castrobomir ab integro stipatas de familia mea (...) in dexteris lucense uilla de Benati de mea pressura stipata de mea familia per suis terminis (...) in monte Lappio ecclesia © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 225233\nsancte Marie uirginis stipata de familia mea in omnique circuitu per suis terminis antiquis. (ano 747 ; Floriano Cumbreño, Diplomática española del periodo astur, n º 5 ; Risco, M., España Sagrada, 40 - 41, n º 10 ; García Conde, Documentos Odoarianos, n º 1, en CODOLGA)\net illa uilla in giro que desuper mandamus stipata de nostra familia, his perhactis precepimus edifi care eclesiam in nomine sancti Iuliani de Boccamalos (...) eclesia sancte Eulalie de Macedoni ubi posuimus Macedonio et ipsa uilla integra stipata de familia nostra per suis terminis antiquis ab omni integritate (ano 757 -s.d García Conde, Documentos Odoarianos, n º 4 ; datado en 760 por Floriano Cumbreño, Diplomática española del periodo astur, n º 5 ; en c. 760 por Risco, M., España Sagrada, 40 - 41, n º 10 ; en CODOLGA)\nNon debe sorprendernos a grafía con v (e non b) das atestacións medievais que rexistran a forma romance, dada a posición intervocálica da consoante; do mesmo xeito, á beira de poboo, pibidal, riba, etc., podemos atopar igualmente povoo, pividal, rivas (e arriva, Rivadavea) ou exemplos semellantes, que as normas ortográ fi cas vixentes na actualidade prescriben con b porque a consoante responde a un p do étimo latino.\n4. E TIMOLOXÍA\nNa toponimia actual da vertente meridional pirenaica existen topónimos La Estiva, L’Astiba e semellantes que corresponden a apelativos rexistrados na documentación medieval en latín (séculos IXXII) como estiva, aestiva, stiva... Desde Menéndez Pidal vénse considerando que estas formas medievais pertencen á familia léxica de AESTAS e AESTIVUS, e atribúeselles o signi fi cado de “lugar fresco donde permanece el ganado durante el verano” (LHP s.v. estiua, aestiua, estiva, stiua, stiva). Non hai dúbida de que eses topónimos aragoneses e navarros designan pastos de montaña, mais non dispomos de información que nos permita con fi rmar que en efecto proceden dese étimo unanimemente aceptado. De ser as í, a relación desas estivas coas galegas e portuguesas sería a dunha mera coincidencia homonímica. Asíe todo, cabe salientar que estas estivas pirenaicas corresponden a un terreo cercado, “cerrado, o al menos delimitado, en el que se señalan entradas y salidas o límites” na documentación medieval (Vaquero 2005 : 523).\nÉ probable que sexan esas formas da toponimia do Pireneo, e a explicación aceptada para elas, o que leva a Corominas a non vincular o galego estivada (“la roza que se hace en el monte para quemar la broza y después arar la tierra y sembrarla de trigo o centeno”) co verbo estibar e a propoñer tamén para ela a etimoloxía a partir de AESTIVUM (DCECH s.v. estío). É esta unha hipótese que presenta di fi cultades semánticas e fonéticas. O fi lólogo catalán non desenvolve a razón semántica da súa etimoloxía, pero cabe supoñer que a apoia no feito de que as queimas se fan supostamente no verán, tal como argumentaba Sarmiento, a quen segue literalmente Corominas, sen citar a fonte, na de fi nición do vocábulo. As di fi cultades fonéticas teñen que ver coa conservación do v do étimo, que se perde noutras voces patrimoniais emparentadas con AESTIVUM, tanto en galego e portugués coma no castelán (gal. estío, estiaxe, estear - estiñar; cast. estío, estiaje...) e só se conserva en termos que debemos considerar cultismos, isto é, latinismos incorporados á variedade literaria dos romances na idade moderna. O máis arraigado destes cultismos é seguramente o adxectivo estival, que só se rexistra en español e portugués a partir de fi nais século XV (Nieto / Alvar 2007 : s.v.; Houaiss 2004 : s.v.) e en francés é raro antes do XVI (Bloch / Wartburg 1975 : s.v.). Tampouco son patrimoniais os verbos estivar (esp. port.), estiuar (cat.), estiver (fr.), emparentados con AESTAS e estío, por máis que Alain Rey considere que este último, usado no francés contemporáneo unicamente desde mediados do XIX, está tomado dun antigo occitano estivar, e este só documentado no XIV na forma dun substantivo correspondente ao participio estivada (Rey 2005 : s.v. estiver 2).\nA documentación medieval de Galicia permite apoiar unha etimoloxía para o galego estibada na dirección suxerida por Xoán Manuel Pintos e por Aníbal Otero, isto é, que non pertence á familia léxica emparentada con AESTAS e AESTIVUS senón que constitúe un derivado\n© 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 225233\nde STIPARE. A diferenza doutros derivados deste, coma estibar e estiba, que son seguramente italianismos nas súas acepcións náuticas e relativas a cargamentos para almacenamento e transporte, o substantivo estibada constituiría unha voz patrimonial en galego.\nO latín STIPARE adoita considerarse emparentado co substantivo ST Ī PES, - ITIS (‘estaca, tronco, pau’) e ten signi fi cados que xiran arredor das ideas de ‘a fi rmar, apertar, comprimir’, ‘xuntar, amontoar’ e ‘cinxir, rodear, cercar’. Lewis & Short (s.v. st ī po) vinculan este verbo co grego στέφω, στέφω (‘ to surround, crowd upon ’), e ademais dunha primeira acepción co valor de ‘apertar, comprimir’ (to crowd or press together, to compress), asígnanlle outra co signi fi cado de ‘rodear’ (to surround, encompass, environ...), ilustrada con exemplos coma o de Cicerón: Catilina stipatus choro juventutis (‘Catilina rodeado dun coro de mocidade’). Gaf fi ot ofrece tamén eses dous signi fi cados: por unha banda mettre dru, mettre serré, entasser e por outra mettre serré autour, entourer (Gaf fi ot 2000 : s.v. st ī p ō). O mesmo fan Ernout/Meillet (1985 : s.v.) (serrer, presser, entasser... / entourer étroitement) e outras fontes lexicográ fi cas latinas. Raimundo de Miguel (2000 : s.v.) vincúlao co sánscrito sthap ‘ fi rmare’ e glosa o participio STIPATUS como\n‘circumdatus, circumfusus’. No Universal vocabulario de A. F. de Palencia (1490) de fi níase do seguinte xeito: “ stipare es estibar, apretar, cercar en derredor, ceñir y ayuntar” (Palencia 1967 : s.v. stipare). Son os signi fi cados de ST Ī PARE como ‘cercar, rodear, cinxir’ os que concordan coas atestacións galegas medievais dese verbo e permiten interpretar o substantivo estibada na súa orixe participial: talvez a partir dunha [ TERRA ] ST Ī PATA. A orixe remota do signi fi cado ‘cercar, rodear’ debeu estar nun uso agrícola; posiblemente se cercaban os terreos chantando estacas vivas, para que prendesen e formasen sebes vexetais, e puido ser ese uso o que deu lugar ao galego estibada. Non sabemos se a de fi nición que dá Pintos, facendo estibada sinónimo de sebe, responde á fala viva do momento ou se é máis ben unha dedución do pontevedrés a partir do étimo que lle atribúe. En calquera caso, Pintos coñecía sen dúbida o que dixera o seu admirado Sarmiento acerca de estibada / estivada, pero desbota as súas hipóteses etimolóxicas para propoñer esta nova, que consideramos atinada.\nA partir do substantivo latino ST Ī PES (‘estaca, palo hincado en tierra, tronco, ramo grueso’, segundo R. de Miguel 2000 : s.v.), ou dunha variante en – a, da primeira declinación, rexistrada por Isidoro de Sevilla en uso fi tonímico 3 e nacida probablemente como derivado regresivo de ST Ī PULA, poden explicarse algunhas voces románicas coma o antigo francés estive ‘perna’ (Rey 2000 : s.v. stipe), fr. estivale, ital. stivale 4, esp. estival (“bota de calzar” segundo a Real Academia Española no Diccionario de Autoridades, que o dá como italianismo), e con el o antigo español estivo ‘zapato’ (Nieto / Alvar 2007 : s.v.), un galego estibo recollido co signi fi cado de ‘rastrojo’ por García de Diego, quen o remonta ao latín STIP Ŭ LUM (1985 : s.v.), algunhas acepcións portuguesas de estiva con signi fi cados como ‘leito de traves’, ‘grade de madeira’ (Houaiss 2004 : s.v.) ou o español estiba e estibar como ‘castigo’, ‘castigar’, propio do léxico de ambientes marxinais (Chamorro 2002 : s.v.), que Corominas explica supondo que “en germanía, de la idea de ‘apretar’ ‘atiborrar’ se pasó a ‘castigar’” (DCECH s.v. estibar), mais que tamén pode explicarse polo uso de ST Ī PES no latín medieval co signi fi cado de “furca, patibulum” (Forcellini 1965 : s.v.) ou ben directamente a partir do signi fi cado de estiva ~ estiba como ‘estaca, pau’. En relación con este último uso debemos considerar un substantivo feminino galego estiva que recolle dicionario de Porto (1900) de fi níndoo como “Paliza, en algunas partes” (Santamarina 2004 : s.v.), coincidindo con Eladio Rodríguez, quen, recolle entre as acepcións de estiva as seguintes: “Seto, cercado de estacas o palos. / Cercado de matas y arbustos que rodea una heredad. / Cierre de una fi nca labrantía, que se hace con terrones; E STIVADA. / Castigo, paliza, zurra de golpes: díronlle unha estiva de paus que o brearon.” (Santamarina 2004 : s.v.). Esta última acep- © 2009 Estudos de Lingüística Galega 1, 225233 3 “Stipa vocata propter quod ex ea stipentur tecta”, in Isidorus Hispalensis Episcopus: Etymologiarum libri XX, Libro XVII, VII, 56. 4 Explícase como galicismo en italiano e español: “Dal fr. ant. estival, deriv. di estive ‘gambo’ che è il lat, stipa, estr. da stip ŭ la” (Devoto 1999 : s.v.).\nción tamén é recollida por Valladares: “Castigo, zurra &. Unha estíva de páus. Una zurra o mano de palos.” (Valladares inédito, 1896 - 1902, en Santamarina 2004, s.v. estìva).\nEn conclusión, debe admitirse que o substantivo estibada ou estivada pertence etimoloxicamente á mesma familia léxica de estibar, remonta ao verbo latino ST Ī PARE, relacionado co substantivo ST Ī PES ‘estaca’ e a súa variante ST Ī PA ‘id’, e tiña por signi fi cado orixinario o de ‘terreo cercado’. Fronte á tradición de escribilo con v, maioritariamente seguida polos lexicógrafos, en galego debería escribirse con b, tal como fan Pintos, Carré ou Elixio Rivas (Santamarina 2004 : s.v.), e tal como vén ditaminando Comisión de Toponimia nos topónimos que conteñen estas formas.\nR EFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS\nAcademia das Ciências de Lisboa (2001): Dicionário da língua portuguesa contemporânea. Lisboa: Editorial Verbo. Alcover, A.M. / F. de B. Moll / M. Sanchis Guarner (1993): Diccionari catalàvalencià-balear, Palma de Mallorca: Moll. [ http://dcvb.iecat.net/ ] Alonso Estravís, I. (1995): Dicionário da língua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. Bloch, Oscar / Walther von Wartburg (1975): Dictionnaire étymologique de la langue Française. Paris: Presses Universitaires de France. Cicerón, M. T., Pro Murena : http://www.thelatinlibrary.com/cic.html (último acceso 13 -XI08) Chamorro Fernández, María Inés (2002): Tesoro de Villanos, diccionario de germanía. Barcelona: Herder. CODOLGA = López Pereira, J.E. (dir.) (2006 -): Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades [ http://balteira. cirp.es/codolga/consulta.asp ] [ último acceso: 13 / 11 / 2008]. Cunha, Antônio Geraldo da (2007): Vocabulário HistóricoCronológico do Português Medieval. Rio de Janeiro: Ministério da Cultura. [ CD. Vers. 1. 0 abril 2007] Dauzat, A. / J. Dubois, J / H. Mitterrand (1964): Noveau dictionnaire étymologique et historique. Paris: Larousse. DCECH = Corominas, J / J.A. P ASCUAL (1980 - 1991): Diccionario Crítico Etimológico Catellano e Hispánico. Madrid: Gredos. Devoto, Giacomo (1999): Avviamento alla etimologia italiana. Milano: Mondadori\nDRAE = Real Academia Española (2001 22): Diccionario de la lengua española [ http://buscon.rae. es/draeI/ ] Ernout, A. / A. Meillet / A. André (1985): Dictionnaire étymologique de la langue latine. Histoire des mots. Paris: Klincksieck Ferreira, Aurélio Buarque de Holanda (1999): Novo Aurélio Século XXI: O dicionário da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira. Forcellini = Furlanetto / Corradini / Perin / De Vit (1965): Lexicon totius latinitatis ab Aegidio Forcellini (18641926). Bologna: Forni. Gaf fi ot, Félix (2000): Le grand Gaf fi ot. Dictionnaire LatinFrançais. Paris: Hachette."} {"summary": "Neste traballo tentarei mostrar a natureza sintáctica do xénero nos substantivos galegos. O xénero en galego non é un morfema ou un tipo de significado, senón unha categoría morfosintáctica inherente, cuxa función é establecer estruturas de concordancia. Este feito introduce o xénero na representación sintáctica das palabras e fai necesario consideralo unha categoría flexiva. É certo que nalgúns substantivos coma neno ~ nena ou lobo ~ loba, que denotan seres animados, existe unha ligazón produtiva entre a información de xénero e a información conceptual de sexo, e que estas ligazóns poderían ser introducidas por procesos de formación de palabras derivativos; porén, eu defendo a postura de que estes feitos non afectan á natureza basicamente sintáctica e flexiva da categoría. Para poder soster esta posición, analizarei o comportamento do xénero nos denominados procesos de neutralización do xénero, e mostrarei que tal neutralización é semántica, non sintáctica nin flexiva.", "text": "Sobre o lugar do xénero na gramática do galego\n\nGalego, flexión, xénero, neutralización\nSumario 1. Introdución. 2. Marco teórico. 2. 1. A Hipótese de Separación. 2. 2. Léxico e gramática. 3. O lugar das propiedades morfosintácticas Masc e Fem na\n© 2010 Estudos de Lingüística Galega 2, ISSN 1989578X Este traballo realizouse no seo do proxecto “Estudio dialectométrico de las variedades dialectales del gallego”, fi nanciado polo Ministerio de Educación y Ciencia (HUM 2006 - 06907).\nF. Dubert García\n1. I NTRODUCIÓN\nNalgúns substantivos referidos a seres animados pode establecerse unha relación clara entre xénero e sexo; tamén existe en moitos destes substantivos unha certa regularidade entre o xénero/sexo e a expresión formal. Estas relacións escurecen, ó meu xuízo, a función principal do xénero no galego e, polo tanto, o establecemento da súa natureza principal, que é a que lle dá unidade a unha categoría asociada a diversos contidos conceptuais ou a ningún, e asociada a diversas expresións formais ou a ningunha.\nEn de fi nitiva, o feito de que se prime o estudo dos problemas concretos que o xénero levanta nun grupo moi concreto de palabras (maioritariamente, as palabras referidas a algúns seres animados sexuados) conduce a que se organice a explicación e reflexión sobre o status do xénero a partir deste grupo concreto de palabras: unha explicación e unha reflexión construída e organizada sobre a excepción, máis ca sobre a regra. Pretendo, polo tanto, reflexionar sobre o máis obvio: a función constante do xénero e, polo tanto, o seu status básico na gramática; creo que só tendo en conta cal é o papel real do xénero na gramática se poden dar os pasos seguintes: a relación entre xénero e os contidos conceptuais, dun lado, e a análise morfolóxica da expresión do xénero. Para isto, primeiro presento o meu marco teórico (§ 2); a seguir, reflexiono sobre o lugar que o xénero ocupa na gramática do galego (§ 3); despois, medito sobre as relacións entre a información sintáctica de xénero e a semántica de sexo nalgúns substantivos referidos a seres animados (§ 4); acto seguido, abordo o valor explicativo da chamada neutralización de xénero á hora de ilustrar a miña posición (§ 5); acabo indicando unhas breves conclusións (§ 6).\nEn todo caso, este traballo pretende abordar algunhas cuestións que considero previas a unha análise do fenómeno do xénero en galego.\n2. M ARCO TEÓRICO\n2.1. A Hipótese de Separación\nO marco teórico en que me inspiro é a Hipótese de Separación (doravante HS; véxase Beard 1987). Este marco distingue morfemas e lexemas: só os lexemas son verdadeiros signos, unidades que achegan a un tempo información sintáctica, conceptual e fonolóxica; os morfemas son formantes fonolóxicos carentes de signi fi cado e función sintáctica. Beard de fi ne lexema e morfema nos seguintes termos 1 :\nAssume lexeme L, a mutually implied triplet, P, F, R, where P = a prespeci fi ed nonnull phonological matrix, F = a feature inventory specifying lexical and sintactic categories, and R = all knowledge of projected world reference associated with P. […] A morpheme, M, is a(ny) modi fi cation of P (Beard 1987 : 31).\nPolo tanto, un lexema para Beard é unha entidade similar a unha forma de palabra, un elemento que contén unha representación fonolóxica, outra sintáctica e outra conceptual. O elemento teórico máis destacado da HS é que as regras de derivación e de flexión, coñecidas como regras léxicas, afectan directamente o nivel de representación conceptual e o nivel de representación sintáctica; os morfemas, cadeas de fonemas, non teñen en por si poder flexivo ou derivativo e só serven para representar os resultados das regras léxicas. Os morfemas deixan de considerarse signos mínimos e carecen de signi fi cado ou función constantes, pois un e outra dependen do contexto: é a palabra enteira, o lexema, quen transmite o signi fi cado\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego completo; son as regras léxicas as que dan función e signi fi cado a un morfema nun contexto concreto. En palabras de Aronoff: The morpheme is not the basic unit of language and […] morphology and syntax are not one and the same. Morphology is not a matter of concatenation of morphemes in a lexemebased morphology but rather the complex process by which abstrac morphosyntactic representations are realized morphophonologically (Aronoff 1994 : 9).\nA versión da HS que manexarei aquíestá tinxida polas ideas de Jackendoff (2002) e Culicover e Jackendoff (2005). A gramática consta de tres compoñentes xerativas: a conceptual, a sintáctica e a fonolóxica. Cada unha destas compoñentes dá orixe, dun lado, ás súas propias representacións e, doutro, a representacións que resultan das relacións que se establecen entre as tres compoñentes. O lexicón é resultado dunha interface entre as compoñentes conceptual, sintáctica e fonolóxica. Unha representación completa da estrutura dunha forma de palabra debe conter información dos tres niveis. Unha diferenza entre a HS tal e como a presenta Beard e a teoría que aquímanexo é que ningunha das compoñentes teñen precedencia sobre as outras: tódalas estruturas actúan e se xeran á vez, de modo que non se produce primeiro unha modi fi cación no nivel conceptual, ou no sintáctico ou no fonolóxico que teña repercusións posteriores nos outros niveis. Deste xeito, non se pode dicir que a engádega dun su fi xo /xyz/ produza un cambio na representación conceptual ou sintáctica, nin que un cambio na representación sintáctica produza modi fi cacións en calquera das outras dúas. Do mesmo xeito, non existe un tipo de representación autónoma conformada só pola representación conceptual e a representación sintáctica; o que existen son representacións fonolóxicas, sintácticas e conceptuais, todas ligadas entre si (véxase Culicover e Jackendoff, 2005 : 158 - 163).\nA morfoloxía flexiva xorde da interacción entre as propiedades morfosintácticas e a fonoloxía, pois a presenza de determinadas propiedades morfosintácticas determinando unha categoría léxica acostuma a estar correlacionada con diferentes tipos de estruturas fonolóxicas nas formas de palabra. As propiedades morfosintácticas non constitúen signi fi cados gramaticais, non son o signi fi cado gramatical do verbo nin do lexema verbal, senón que colaboran, xunto coa fonoloxía, na expoñencia de elementos conceptuais. Polo tanto, as propiedades morfosintácticas, elementos da mesma natureza sintáctica cá etiqueta V, manteñen tamén relacións de interface co mundo do signi fi cado. En (1 a) mostro unha representación parcial da estrutura da forma verbal serán na oración As eleccións serán mañá e en (1 b) a representación correspondente a serán na oración Agora serán as sete da tarde :\nComo se ve, nada cambia nas representacións sintáctica e fonolóxica da palabra; só cambia a representación conceptual. Isto demostra un certo nivel de independencia entre as propiedades morfosintácticas e as propiedades conceptuais e unha maior ligazón entre as propiedades morfosintácticas e os expoñentes morfolóxicos; e demostra que as relacións entre os niveis de representación se poden producir de diferentes xeitos. Este é un punto importante: a teoría non precisa que se dea isomor fi smo entre os diferentes niveis de representación, xa que permite, poño por caso, que unha estrutura conceptual estea asociada a varias estruturas sintácticas. Pensemos, por exemplo, na oración quero ir fronte a quere que vaias. No primeiro caso, os actantes dos predicados querer e ir son o mesmo, o predicado ir aparece en in fi nitivo, F. Dubert García sen suxeito expreso e sen ningún tipo de propiedades morfosintácticas de número, persoa, modo (a non ser Inf) ou tempo… No segundo caso, os actantes dos predicados querer e ir son distintos; o verbo ir vai precedido dunha conxunción completiva que e determinado con propiedades de modo, tempo, número e persoa. Unha determinada representación sintáctica determina a forma fonolóxica; e é o feito de compartir ou non actante (información conceptual) o que determina unha forma de representación sintáctica ou outra. A seguir quero defender e ilustrar esta proposta teórica.\n2.2. Léxico e gramática\nComo xa sinalei, na tradición gramatical galega é habitual manter unha división forte e clara entre o léxico e a gramática. Esta división, con todo, non é tan clara como adoita pensarse, pois o léxico recolle unha importante cantidade de información gramatical. Aronoff (1994 : 22) de fi ne seguindo a tradición bloom fi eldiana o lexicón como “the list of all idiosyncratic signs, regardless of their category or complexity”. Como veremos, as idiosincrasias non son só as que xorden ó relacionarmos un signi fi cado e un signi fi cante (o que se denomina a arbitrariedade do signo lingüístico), senón tamén os elementos fonolóxicos, sintácticos ou conceptuais imprevisibles nun determinado contexto e que deben aparecer especi fi cados nunha determinada entrada léxica. De feito, Culicover e Jackendoff consideran que debe fi gurar no lexicón todo aquilo que non é explicable mediante regras completamente produtivas: “In our view, what the lexicon should not include is material that can be freely constructed online through fully productive rules” (2005, p. 188). Isto permítenos a fi rmar que o léxico está preñado de información gramatical.A imbricación entre léxico e gramática apréciase ben nun verbo coma ver, de conxugación irregular, i.e., con formas de palabra imprevisibles a partir das propiedades morfosintácticas que determinan o verbo: ver presenta un tema /be ʃ / na P 1 Sing Ind Pres e en todo o Subx Pres (vexo, vexa, vexas); /be/ nas restantes formas do Ind Pres, no Inf, no Xer (ves, ve, vemos, ver, vendo); /bi/ no Ind Pret (vin, viches), CoPret (vía, vías), AntPret (vira, viras) e Subx Pret (vise, vises); e /bis/ no Part (visto). Todas estas particularidades formais deben estar lexicamente codi fi cadas, pois afectan a palabra ver e non, por exemplo, ler, ser, ter, crer, beber. De feito, é posible que haxa que pensar que o complexo {‘ver’ V} conta con todos estes temas almacenados no lexicón, de modo que:\n(2) se {‘ver’ V[P 1 Sing Ind Pres] ou V[Subx Pres]}, logo /be ʃ /} se {‘ver’ V[AntPret] ou V[Ind Pret] ou V[Subx Pret] ou V[CoPret]}, logo /bi/} 3 se {‘ver’ V[Part]}, logo /bis/} se {‘ver’ V[no resto]}, logo /be/} Todas estas representacións mesturan, como vemos, información conceptual (‘ver’), sintaxe (a etiqueta V e as propiedades morfosintácticas) e fonoloxía (/be ʃ /, /bi/, /bis/, /be/). De acordo coas de fi nicións de lexicón que ofrecín arriba, é lóxico supor que todos estes temas estean listados no lexicón relacionados a través dalgún tipo de regra de redundancia léxica que dea orixe á entrada léxica que mostro en (3): (3) representación conceptual: ‘ver’n representación sintáctica: Vn representación fonolóxica: /be ʃ /n, /bi/n, /bis/n, /be/n\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego\nEn (3) presento a estrutura da entrada léxica de ver que contén información sobre a representación conceptual (escrita entre comiñas simples), a representación sintáctica (escrita abreviada con inicial maiúscula) e a representación fonolóxica (en transcrición fonémica). O subíndice que comparten osítems en cada nivel de representación indica que a entrada léxica se constitúe ó cruzárense os tres tipos de información. Tamén debe estar almacenada a información das condicións que sinalei en (2), de modo que a representación /be ʃ / debe aparecer ligada dalgún modo a ‘ver’, a V, e a [P 1 Sing Ind Pres]. En (4) propoño un sistema de representar esta relación:\n(4) ‘ver’ [V [P 1 Sing Ind Pres] ou [Sub Pres]] /be ʃ / Como vemos en (4), o tema /be ʃ / está asociado tanto a ‘ver’ na representación conceptual coma a V e a [P 1 Sing Ind Pres] ou [Sub Pres] na representación sintáctica. Non fi gura información conceptual sobre o modo e o tempo porque esta se adquire no contexto 4 ; a irregularidade de ver é só fonolóxica.\nA fronteira pouco nítida entre léxico e gramática tamén aparece se nos centramos nas relacións que establecen a representación conceptual e a sintáctica. Debido ó seu signi fi cado, o concepto ‘comer’ presenta un marco predicativo que esixe un axente e un tema: alguén come algo ; estes papeis semánticos relaciónanse con unidades sintácticas que, no caso de comer, son FNs seleccionadas polo marco de subcategorización da etiqueta V: unha FN relacionada co papel axente e outra FN relacionada co papel tema. Outros verbos, cunha estrutura conceptual semellante, un axente e un tema, rexen estruturas sintácticas distintas: consistir asocia o tema cunha FPrep introducida por en, consiste niso.\nEstes feitos ilustran a di fi cultade de trazar unha fronteira nidia entre o léxico e a gramática: o léxico, incluso cando este termo se re fi re só ó nivel conceptual, está preñado de gramática. Isto verase máis claro no estudo do xénero en que, como veremos, é unha propiedade sintáctica dos substantivos que, a través de relacións de interface, pode ser parasitada pola compoñente conceptual.\n3. O LUGAR DAS PROPIEDADES MORFOSINTÁCTICAS M ASC E F EM NA\nGRAMÁTICA\nNon é ningunha novidade a fi rmar que tódolos substantivos galegos teñen obrigatoriamente un xénero; incluso as palabras tomadas doutros idiomas (o karaoke, o karate, a Gestalt) son adaptadas ó galego axuntándolles un xénero, aínda que, coma nos préstamos tomados do inglés (o windsurf, o PC, o rock), sexan substantivos que carecen desta categoría na lingua orixinaria. Nas descricións habituais 5 indícase que nalgúns substantivos referidos a seres sexuados masculino signi fi ca ‘macho’ en home, neno ou muradán, e feminino signi fi ca ‘femia’ en muller, nena e muradá. Porén, consideremos detidamente que signi fi ca a expresión\n“masculino signi fi ca ‘macho’ en neno ; feminino signi fi ca ‘femia’ en nena ” ou a expresión non completamente semellante de Vieira (2003 : 929): “Quando associado a un nome animado, o masculino refere geralmente uma entidade de sexo masculino [...], e o feminino refere uma entidade de sexo feminino”. Se masculino e feminino signi fi can ou referem algo, cabe preguntar: ¿é masculino un signi fi cante? Tomemos outra vez a palabra neno : ¿é nela masculino un signi fi cante con respecto a ‘macho’?, e ¿é masculino un signi fi cado con respecto a -/o/? De feito, masculino e feminino veñen sendo considerados signi fi cados gramaticais na nosa tradición lingüística, oposto a ‘neno’, que vén sendo considerado signi fi cado léxico. Deste modo, a expresión o neno tería como signi fi cados léxicos ‘ser humano inmaturo’ + ‘macho’ e ‘masculino’ como signi fi cado gramatical; a expresión o carro tería só o signi fi cado léxico ‘carro’ e o signi fi cado gramatical ‘masculino’. A miña resposta será que masculino debe ser considerado un contido sintáctico e ‘macho’ un contido conceptual ou semántico ; polo tanto, se masculino é un contido sintáctico, o morfo /o/ de neno pódese relacionar con dous contidos : o sintáctico masculino e o conceptual macho. Isto sitúa o xénero completamente fóra do mundo do signi fi cado e sitúao, como veremos, no mesmo lugar ca entidades coma substantivo, frase nominal ou suxeito.\nA razón desta proposta non é nova e aparece en calquera gramática: o xénero, en tanto que categoría morfosintáctica relacionada coa concordancia, permite marcar que elementos constitúen unha determinada unidade sintáctica, por exemplo, a extensión dunha FN. Ese é o seu cometido principal e mantense sempre : masculino é o único elemento constante nunha lista formada por substantivos coma home, neno, mullerón, cancelo, machado, queixo, día, papel e pardal. Todos e cada un destes substantivos seleccionan determinantes e modi fi cadores flexionados para o masculino: un home inmenso, un neno inmenso, un mullerón inmenso... O mesmo vale para feminino nunha listaxe coma muller, nena, machada, queixa e dor. Estes feitos mostran que as propiedades morfosintácticas masculino e feminino son entidades cunha natureza primariamente sintáctica: serven sempre para crear relacións de concordancia, que nunca deixan de producirse 6. Dadas as convencións que sigo, en tanto que etiquetas sintácticas, deben escribirse sempre abreviadas con inicial maiúscula: masculino como Masc e feminino como Fem. E, como xa sinalei, entanto que etiquetas sintácticas, son propiedades que determinan outras etiquetas sintácticas, tales coma Subs, Adx, Pron… e non entidades conceptuais tales coma ‘ser humano’, ‘macho’, ‘femia’.\nO feito de que o xénero veña lexicamente determinado, i.e., que palabras coma fonte, casa, dor teñan xénero Fem mentres que palabras coma leite, mullerón, mar teñan xénero Masc, non é impedimento para que estas propiedades sexan consideradas sintácticas: o léxico encapsula moita información sintáctica, como, para empezar, a información sobre a clase de palabra. Tampouco o feito de que ás veces, nalgúns elementos (non en todos) dunha clase semántica, poidamos correlacionar unha propiedade de xénero cun valor conceptual (Masc con ‘macho’ e Fem con ‘femia’) impide a consideración das propiedades morfosintácticas como entidades eminentemente sintácticas. En primeiro lugar, a concordancia non se produce ás veces, senón sempre; en segundo lugar, que un elemento conceptual teña unha relación estreita con outro elemento sintáctico non signi fi ca que para delimitar ou de fi nir o segundo teñamos que ter en conta o primeiro: ‘axente’, propiedade conceptual, acostuma a relacionarse con Sux, ‘tema’ con CD, e non por iso dicimos que Sux ou CD sexan propiedades conceptuais nin que cumpra describilas desde un punto de vista conceptual.\nAnderson (1988 : 167 - 168 ; 1992 : 82 - 83 ; en Stump 1998 : 21 - 26 aparece unha clasi fi cación similar) sinala que as propiedades morfosintácticas poden agruparse en catro categorías difeSobre o lugar do xénero na gramática do galego rentes: a) propiedades de con fi guración, que son asignadas en función da estrutura sintáctica superior en que unha palabra A se integra: en latín, un substantivo que ocupe a posición núcleo da FN suxeito dunha oración terá a propiedade Nominativo e un substantivo que ocupe a posición de núcleo da FN complemento dunha FV terá a propiedade Acusativo; b) propiedades de concordancia, que se lle asignan a unha palabra A en referencia ás propiedades doutra palabra B situada dentro da mesma estrutura sintáctica: un adxectivo (A) que funcione de modi fi cador dun substantivo (B) dentro dunha FN concordará en xénero e número; c) propiedades de frase, que se asignan ós dominios das frases e que se realizan dentro dunha das palabras que aparecen nesa proxección: as propiedades Ind Pret en comín queixo permiten inserir este verbo nunha oración principal; e d) propiedades inherentes, que son características predeterminadas nunha entrada léxica concreta e que deben ser accesibles ás regras de concordancia. Precisamente, Masc e Fem nos substantivos son propiedades deste último tipo. Mentres que as propiedades de con fi guración, de concordancia e de frase só poden aparecer en contextos sintácticos concretos e non fi guran na representación léxica básica, as propiedades inherentes forman parte da información impredicible que constitúe a entrada léxica, polo que están lexicamente determinadas. Son ademais de natureza sintáctica pois deben ser vistas pola sintaxe, xa que son disparadoras das regras sintácticas de concordancia. Segundo a proposta de Anderson (1988 e 1992), este feito de que a flexión de xénero sexa relevante para a sintaxe pon de manifesto que a categoría morfosintáctica xénero debe ser considerada flexiva e non derivativa. Unha idea importante que me gustaría reter agora é que, neste marco, unha propiedade morfosintáctica inherente é considerada flexiva pola función sintáctica que realiza e non porque sexa adquirida en ningún proceso flexivo previo nin porque remita a un\ncontido conceptual.\nPolo tanto, neste estudo as propiedades morfosintácticas Masc e Fem son consideradas elementos lingüísticos de natureza sintáctica que se localizan no ámbito da palabra e que se sitúan no plano da flexión, sen que por isto último teñan que ser necesariamente adxudicadas por un proceso calquera que modi fi que unha entrada léxica preexistente non especi fi cada en canto ó xénero. En tanto que elementos sintácticos, serven, dun lado, para marcar relacións sintácticas entre palabras. Doutro lado, o feito de que Masc e Fem sexan entidades de natureza sintáctica signi fi ca tamén que deben adxudicarse a outras unidades que sexan da mesma natureza, o que implica que as propiedades están subordinadas a etiquetas sintácticas do tipo Subs, Adx, Pron. Podemos representar a natureza sintáctica das propiedades por medio dunha fórmula como [Subs [Masc]], que quere indicar que un Subs posúe a propiedade morfosintáctica Masc. Se levamos este último postulado ata as súas últimas consecuencias, cumprirá sinalar que Masc e Fem son trazos que se vencellan á etiqueta Subs e non forman parte de ningún tipo de signi fi cado. Desta maneira, Masc nas unidades sintácticas Subs indica un tipo de esixencia combinatoria, de concordancia, que outras unidades sintacticamente relacionadas coa unidade Subst deben cumprir. O feito de que en galego os substantivos teñan unha propiedade Masc ou Fem signi fi ca que os adxectivos e os determinantes relacionados con estes substantivos deben levar tamén esta propiedade, i.e., deben concordar en xénero:\n(5) a) O neno feo d) A nena fea b) O sal gordo e) A cor vermella c) Un camarada socialista f) Unha camarada socialista As frases nominais de (5 a, b, c) móstrannos como as unidades [Subst [Masc, Sing]] neno, sal e camarada impoñen a súa concordancia a determinantes e adxectivos, con independencia de: a) se a propiedade Masc pode ser vinculada a algún tipo de expoñente na forma de palabra (neno en 5 a fronte a nena en 5 d) ou non se pode establecer tal vinculación (sal en 5 b fronte cor en 5 e); e b) se a propiedade se pode vencellar dalgún xeito a un contido tipo ‘macho/femia’ (coma en neno en 5 a e nena en 5 d) ou non (coma sal en 5 b e cor en 5 e).\nPor outra parte, que a propiedade morfosintáctica xénero sexa inherente ós substantivos e que unha entrada léxica coma leite seleccione Masc e outra entrada léxica coma fonte seleccione Fem, sen máis condicionamento ca ser esa entrada léxica e non outra, introduce o xénero no léxico, o que non signi fi ca que torne esta categoría en derivacional, pois xa sabemos doutras particularidades sintácticas das entradas léxicas (a clase de palabra, rexer tal preposición, ter tal marco de subcategorización), que non deixan de ser sintácticas por vir lexicamente condicionadas, e que o lexicón é o listado de formas imprevisibles.\nPolo tanto, unha diferenza fundamental entre, digamos, Masc en sal e P 1 Sing Ind Pret en comín é que a propiedade de xénero no substantivo non se recibe por ningunha regra, senón que forma parte da entrada léxica {‘sal’ [Subs[Masc]] /sal/}, está lexicamente determinada, mentres para o verbo comín podemos pensar nunha base {‘comer’ V /kome/}, non especi fi cada para ningunha propiedade morfosintáctica, que recibe as propiedades en virtude dun contexto sintáctico. O xénero nos substantivos é inherente; o modo, tempo, número e persoa dos verbos non. Digo que o contexto é sintáctico porque é unha determinada posición sintáctica a que permite a aparición das propiedades morfosintácticas de tempo: só aparecen formas coma comín, como ou comerei nas posicións sintácticas que poden ocupar estas formas verbais: unha FV dunha oración principal (comín carne) ou dunha subordinada introducida por conxunción (dixo que comín carne), pero non unha FV, por exemplo, que aparece como constituínte inmediato no interior dunha FPrep (despois de comer carne). Só des que o verbo está nunha posición sintáctica pode cargar coas propiedades permitidas nesa posición. Creo que, de feito, esta concepción concorda coa de Lagares (2003 : 28 - 30) e mesmo explicita formalmente mellor a súa de fi nición de morfema de xénero (no meu caso, propiedade) que non se debe confundir cos morfes en que se realiza nin co posible contido semántico que axude a vehicular nos substantivos caracterizados como [+animado]. 4. A S RELACIÓNS DE ‘ MACHO ’ ~ ‘ FEMIA ’ CON M ASC ~ F EM\nÉ fácil a fi rmar que mar, sal, sangue, fonte teñan un xénero inherente, seleccionado lexicamente: de feito, non cabe outra posibilidade. Porén, en parellas coma neno ~ nena ou conde ~ condesa resulta máis difícil manter esta a fi rmación. Dun lado, parece existir unha correlación clara entre xénero e sexo, de modo que Masc aparece asociado a ‘macho’ e Fem a ‘femia’; aínda que esta a fi rmación vale tamén para parellas coma home ~ muller ou boi ~ vaca. Doutro lado, existe unha relación fonolóxica e conceptual clara entre neno e nena, conde e condesa, mentres que entre boi e vaca ou entre home e muller só existe unha relación conceptual. Estes dous feitos poden loxicamente movernos a pensar que, dalgún xeito, neno e nena poden ser obtidos a partir dunha entrada léxica básica, constituída pola raíz /nen/, unha base léxica sen especi fi cación de sexo e unha base sintáctica sen especi fi cación de xénero. En (6) represento esta relación:\nPolo tanto, podería pensarse que existe un proceso que introduce os elementos que faltan nos diferentes niveis de representación. Precisamente porque esta situación se produce\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego só cun grupo dos substantivos da clase [+animado], porque se produce por meo de diversos medios formais (pensemos en irmán ~ irmá, paspán ~ paspana, ladrón ~ ladroa, conde ~ condesa, emperador ~ emperatriz, director ~ directora, galo ~ galiña) e porque ten repercusións conceptuais, existe a dúbida de se estamos ante un proceso flexivo ou derivativo. De feito, se se desen procesos coma os de resumidos en (6), creo que habería que consideralos primariamente derivativos e non flexivos (véxase Booj 1994, quen tamén a fi rma este tipo de propiedades inherentes que teñen algo de derivativo).\nAsípor exemplo, Lagares (2001 : 180) a fi rma que nestes casos “o morfema de xénero expresa diferencia de sexo, mudando por tanto o signi fi cado conceptual dos substantivos, o cal semella aproximar esta categoría da morfoloxía derivacional”. Pero para Lagares esta consideración derivacional da adxunción de xénero nesta clase de substantivos é problemática pola “imposibilidade de establecer cál é o termo primario de onde parte a derivación. Isto é, en qué dirección se realiza o proceso, pois non é posíbel a fi rmar que o feminino se deriva do masculino” (p. 181 ; véxase tamén 2003 : 39). Ora ben, esta di fi cultade é só aparente, pois como acabo de sinalar, sería máis correcto partir dunha forma subespeci fi cada coma a de (6) que recibe na derivación as súas especi fi cacións conceptual, sintáctica e fonolóxica. Polo tanto, a dirección da derivación iría de subespeci fi cación a especi fi cación.\nA mesma obxección presenta para aqueles substantivos que remiten a obxectos con diferenzas de tamaño, do tipo espeto vs. espeta, barazo vs. baraza. Porén, se tamén aquíhoubese un proceso, este debería ser derivativo; e podería tamén partirse dunha forma subespeci fi cada. Con todo, debería chamarnos a atención que o masculino exprese nuns casos menor tamaño (vasoiro) e noutros tamaño maior (barazo); do mesmo xeito, que o feminino unhas veces se asocie a tamaño menor (espeta) e outras a a tamaño maior (chouriza). Isto fai imprevisible a asociación dun xénero a un tamaño e parece invalidar a ligazón biun ívoca entre un xénero concreto e un tamaño concreto. Máis aínda, como sinalan Álvarez / Xove (2002 : 398), que pre fi ren situar as diferenzas que xebran estes substantivos no ámbito da derivación: A relación entre os membros destes pares sepárase tamén da que existe entre os membros da categoría de xénero pola ausencia de membro extensivo e membro intensivo da oposición e pola súa diferente morfoloxía, pois non hai substantivos sincréticos e a morfoloxía redúcese case exclusivamente ós morfos |o| e |a|. As clases de xénero masc. e fem. funcionan, xunto coas vocais |o| e |a|, como marcas de derivación duns subst. que se diferencian por trazos semánticos de tipo cuantitativo 7.\nonde V está por /o/ ou /a/, e que pode referirse a un home, Luís traballa de químico, ou a unha muller, María traballa de química. Creo que nestes casos é máis fácil falar de conversión (ou se se quere, de morfo Ø) e unha posterior flexión de xénero da unidade resultante. En consecuencia, para Lagares (2003 : 39):\nO morfema de xénero ten, cando proporciona ao nome un signi fi cado lexical determinado, un carácter mixto; pois nestes casos, sen perder o seu signi fi cado gramatical, que lle permite establecer relacións de concordancia, pode actuar tamén como un su fi xo derivacional.\nAqu í, convén sinalalo claramente, insístese outra vez no carácter su fi xal do xénero e na súa consideración de morfema que se engade, de modo que cambia algo, mostrando unha prioridade ou anterioridade formal sobre a semántica; no meu modelo descritivo, non existe tal precedencia: a información sobre xénero e sexo coexisten sempre e ningunha antecede á outra.Pola súa parte Alina Villalva (2000 : 212) considera “a flexão é um processo obrigatório e sistemático, que afecta de um mesmo modo, todas as formas pertencentes a uma dada categoria sintáctica”. Tendo isto presente, para ela o xénero non é unha propiedade flexiva do portugués (nin o sería do galego) precisamente porque é un proceso que non afecta por igual a tódolos substantivos, fronte ó que sucede co número, que é unha categoría morfosintáctica que afecta, practicamente, a tódolos substantivos:\nOs contrastes de género não afectam a totalidade dos adjectivos (cf. leve, apreciável), nem a totalidade dos nomes (cf. pente, criança), ou seja, não são obrigatórios e a sua realização não é sistemática.\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego proceso), pero esa particularidade non se re fi re ó xénero en si e á súa función principal (que sempre cumpre en tódolos substantivos: a concordancia), senón a como se comporta nalgúns substantivos, como se adquire ou por que está presente noutros.\nNo que se re fi re á segunda di fi cultade, a asistematicidade formal, Álvarez / Regueira / Monteagudo (1986 : 64), Villalva (2000 : 219) e Lagares (2000, 2001) falan de morfos derivativos para indicar o xénero en palabras coma galiña, condesa... Con todo, unha cousa é usar para a flexión un su fi xo habitualmente caracterizado como derivativo porque se usa fundamentalmente en procesos derivativos e outra moi distinta considerar que a inserción de xénero sexa un proceso derivativo porque para este fi n se usa un destes su fi xos: isto é confundir a flexión e os medios empregados para marcala. No primeiro caso, derivativo é unha etiqueta que se aplica a un su fi xo; no segundo, derivativo é un proceso que se aplica a adxunción de xénero, información sexual e o proceso morfofonolóxico estrito. Neste sentido, Villalva a fi rma que “alguns contrastes de género são realizados por composição. Este é um processo frequente no domínio dos chamados nomes epicenos” (p. 230), referíndose a casos coma abutre macho vs. abutre fêmea. Porén, o que realmente comprobamos nestes casos non é flexión de xénero (información sintáctica), senón un xeito de indicar o sexo (información conceptual) por medio dun proceso de composición. Quizais haxa un conflito entre o “género gramatical e o sexo da entidade referida”, pero, desde un punto de vista sintáctico (gramatical, se se quere) águia macho é tan feminino coma águia, pois ámbalas dúas palabras requiren concordancia feminina (a águia e a águia macho); como a autora sinala, o composto, que é endocéntrico, herda o xénero do núcleo, e isto explica que macho en águia macho ou cobra macho tampouco concorden en número co núcleo do composto nin cos elementos da FN en que se integra o composto: as aguias macho son máis pequenas cás aguias femia ; as propiedades morfosintácticas de macho non están operativas no composto. É o núcleo do composto quen impón a súa concordancia, tanto de xénero coma de número.\nNeste mesmo sentido, as formacións a muller policía vs. o policía ou a muller soldado vs. o soldado, que Ambadiang (1999 : 4854) considera “con expresión formal de la oposición de género en los nombres animados” e polo tanto aparentemente relacionadas por flexión, non deben considerarse distintas, como el fai, de aguia macho. Desde un punto de vista morfolóxico, seguimos estando ante un composto endocéntrico en que muller é o núcleo, polo que impón o seu xénero; a súa formación é idéntica á de neno soldado ou, no feminino, á de nena soldado.\nEn todo caso, tanto a proposta de Lagares coma a de Villalva presentan, desde o meu punto de vista, un problema ó centrar o seu interese máis en como se introduce o xénero ou como se expresa, e ó organizar a clasi fi cación do xénero desde esta perspectiva. No caso de Lagares, lévao a dividir a natureza unitaria do xénero en categorías diversas: nuns casos, o xénero resulta flexivo, noutros derivativo; nunha categoría de natureza unitaria que aparece en todos e cada un dos substantivos e en todos opera cos mesmos resultados disparando procesos de concordancia (eis as razóns da unidade da categoría) resulta incluída en dous polos morfolóxicos distintos. En canto á proposta de Villalva, alén dos problemas sinalados, levanta outro máis: deixa o xénero nunha especie de limbo, pois pasa de ser unha categoría morfosintáctica flexiva a ser “uma categoria morfosintáctica cuja especi fi cação é lexicalmente determinada ou resultante da intervenção de um proceso morfológico nãoflexional”; en todo caso, un proceso morfolóxico inde fi nido. Deste xeito, para explicar o xénero precisa tomar un novo tipo de categoría, i.e., crear un novo tipo de unidade teórica, o que supón un encarecemento innecesario da teoría. Máis aínda, unha categoría que se comporta do modo unitario que acabo de describir (afecta a tódolos substantivos e dispara procesos de concordancia) pasa a ser xebrada en flexiva nos substantivos animados do tipo neno ~ nena e unha propiedade non flexiva, confundindo o xeito en que se adquire unha categoría coa función que realiza.\nNa visión que eu defendo, o xénero é unha categoría morfosintáctica flexiva simplemente porque dispara procesos de concordancia, considerados sintácticos, aínda que non se reciba por medio de ningún proceso e estea almacenada desde o principio na entrada léxica, do mesmo xeito que está almacenada desde o principio outra información sintáctica, coma a categoría sintáctica Subs, ou a representación fonolóxica /ma ɾ /. De feito, o xénero é parte da información sintáctica que cargan as entradas léxicas dos substantivos. Polo tanto, aínda que en mar non hai un proceso de flexión (entendendo por tal a introdución dunha propiedade morfosintáctica antes ausente), é unha entrada léxica flexionada, pois contén unha categoría flexiva inherente.\nNos substantivos animados con contraste de xénero, do tipo neno ~ nena, a propiedade morfosintáctica de xénero podería deixar de ser considerada inherente ó substantivo (unha visión contraria aparece en Matthews 1991) e atribuírse a súa presenza a un proceso de adxunción: dado ‘ser humano inmaturo’, se ‘macho’, logo {[Subs[Masc]] /neno/}; se ‘femia’, logo {[Subs[Fem]] /nena/}. Este tipo de adxunción é diferente á de Ind ou Pres nos verbos: mentres que a restrición na selección das propiedades no caso dos verbos son primeiramente sintácticas, a restrición nestes substantivos é conceptual. Todo substantivo debe ter Xénero, sexa Masc ou Fem; mais en palabras coma neno escolleríase Masc en virtude do contexto conceptual: se ‘macho’, logo Masc; porén, non todo verbo ten que seleccionar unha propiedade morfosintáctica da cateoría Tempo (Pres, Fut ou Pret), senón que estas propiedades só poden aparecer onde estea permitida a presenza de formas persoais dos verbos (quero que vaias) e non onde se esixan formas non persoais (quero ir). É inelutable que as propiedades Pres, Pret ou Fut están vencelladas a contidos conceptuais temporais e son deícticas e referenciais (Booj 1994), pero a súa presenza debe estar licitada pola posición sintáctica en que se encontre o verbo.Para considerar a adxunción de xénero nos substantivos un fenómeno derivativo, nada terían que ver a selección do expoñente morfolóxico (/a/, /esa/, etc.), pois facer selecciona diferentes expoñentes morfolóxicos na súa flexión (fago, fas, facemos, fi xen); nin a falta de xeneralidade do proceso (que só algúns substantivos contrasten unha forma masculina e outra feminina), senón os feitos de que o contexto que explica a presenza dun xénero concreto é conceptual e de que o proceso afecte a representación conceptual, sintáctica e fonolóxica 8.\nEn todo caso, se o xénero se recibise por vía derivativa non se anularía o seu carácter primordialmente sintáctico e, polo tanto, flexivo. Tanto se neno está almacenado integramente no lexicón como {‘ser humano inmaturo macho’ [Subs[Masc]] /neno/}, coma se recibe o xénero por un proceso coma o descrito en (6), de modo que a unha base subespeci fi cada {‘ser humano inmaturo’ [Subs[ ]] /nen/} se lle engade un morfema (no sentido clásico do termo) tal que {‘macho’ Masc /o/}, o xénero segue cumprindo a mesma función básica ca en mar, sal etc.: impor unha concordancia ós elementos sintácticos con que se relaciona o substantivo. Do mesmo modo, un proceso derivativo pode construír un verbo a partir dun substantivo: neste proceso, o que se muda, alén doutros riscos, é unha etiqueta sintáctica Subs por outra V. A única diferenza entre mar e irmán é que nesta última palabra o xénero aparece relacionado cunha información conceptual de sexo, algo que por certo tamén sucede na oposición home ~ muller, boi ~ vaca ; e algo que, como veremos, se suspende nas mal chamadas neutralizacións de xénero en que desaparece a información conceptual pero se mantén a sintáctica. De feito, o inglés móstranos unha lingua que introduce información sobre o sexo, pero non sobre o xénero (waiter, waitress).\nSe o léxico é o lugar en que conflúe a información sintáctica, conceptual e fonolóxica dunha palabra, non nos debería estrañar tal amálgama de información. Á hora de explicar por que aparecen na lingua parellas coma neno ~ nena ou home ~ muller, cómpre recordar o que sinala Joan Bybee (1985 : 13): existen signi fi cados que poden ser altamente relevantes uns\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego para os outros; estes signi fi cados tenden a aparecer unidos na expresión, ben a través dunha expresión monomorfémica, ben mediante a combinanción de dous morfemas. Deste xeito, dado que ‘macho/femia’ resultan trazos semánticos moi relevantes para ‘ser humano’, a súa combinación ‘ser humano macho’ ou ‘ser humano femia’ exprésanse coa entrada léxica home e muller, respectivamente; o mesmo vale para a combinación conceptual ‘ser humano inmaturo macho’, que se expresa por medio da combinación morfémica neno (fronte a nena, ‘ser humano inmaturo nena’). Este fenómeno chámase relevancia e, segundo a autora, depende de factores culturais ou cognitivos:\nNo matter to what extent an entity, event or quality is descomposable into semantic features, if it is perceived as discrete from surrounding entities, events or qualities, it can have a lexical item applied to it. So two semantic elements are highly relevant to one another if the result of their combination names something that has high cultural or cognitive salience (Bybee 1985 : 13 - 14).\nÉ fundamental insistir en que a relevancia non predínin supón que un elemento conceptual deba ter unha expresión monomorfémica ou morfémica nunha determinada lingua, senón que só sinala que elementos poderían ter tales modos de expresión (p. 13): explica, polo tanto, tendencias. Por exemplo, en galego os trazos ‘macho’ e ‘femia’ teñen relevancia elevada só para un conxunto dos seres animados, pero non para tódolos membros do conxunto: abonda comparar home ~ muller, pai ~ nai, boi ~ vaca, can ~ cadela, carneiro ~ ovella, con expresión monomorfémica; neno ~ nena, muradán ~ muradá, abade ~ abadesa, poeta ~ poetisa, con expresión morfémica; con formiga macho, xirafa femia, pega macho, corvo femia, con expresión sintáctica. Dado que, por razóns culturais, o sexo non ten relevancia para os referentes conceptualizados como ‘corvo’, ‘formiga’, ‘antílope’, cando se lles axunta o trazo semántico ‘macho’ ou ‘femia’, a expresión dos complexos semánticos resultantes, ‘corvo femia’, ‘formiga macho’ ou ‘antílope femia’ constrúese por medio de combinacións sintácticas, axuntando dúas entradas léxicas nun composto endocéntrico co núcleo á dereita: corvo femia, formiga macho e antílope femia. A relevancia non actúa só no marco do sexo: por exemplo, xorde no ámbito da causatividade por meo de parellas coma matar e morrer, caer e tirar, marchar e botar, no ámbito da comparación, por meo de parellas coma malo e peor ‘máis malo’ ó lado de bo e mellor ‘máis bo’ ou pequeno e menor ‘máis pequeno’ ó lado de grande e maior ‘máis grande’ (que, efectivamente, na lingua común poden ser expresadas por medio de FN: máis malo ou máis bo). Nótese que a relevancia se re fi re a unha propiedade ou trazo semántico e á súa expresión no ámbito da palabra, pero en principio non nos obriga a asociar un xénero sintáctico a unha propiedade conceptual nin nos fala da posibilidade de expresión da propiedade conceptual por outros medios. Dun lado, percibimos en home, boi, neno e en muller, vaca, nena unha asociación clara entre Masc e ‘macho’ e Fem e ‘femia’, pero é posible que existan palabras coma mullerón, cun xénero Masc asociado a un sema ‘femia’. Doutro lado, pensemos en palabras coma o/a anarquista ou o/a camarada, en que existe un sema relevante asociado a un xénero pero carente de expresión no seo da palabra, pois o conxunto Masc-‘macho’ e Fem- ‘femia’ só se expresa a través da concordancia, polo tanto, cun recurso sintáctico, pero en que tanto a información conceptual do sexo coma a sintáctica do xénero carecen dun segmento de expresión no ámbito da palabra. Por outra parte, sinala Ambadiang (1999 : 4856 - 4857) con respecto á gramática do español que o xénero dalgúns substantivos que non se re fi ren a seres inanimados está “semanticamente motivado” e é previsible. Refírese a casos coma as marcas de coches, que son masculinas: o Seat, un Fiat, o Porsche ; os meses do ano: un xaneiro húmido, un xullo seco ; os nomes das letras e dos números... Ambadiang explica a previsibilidade semántica destes substantivos do seguinte xeito:\nLos nombres inanimados de género semántico tienden a agruparse en clases más o menos extensas e irregulares basadas en algún aspecto de la realidad o del contenido del propio nombre. En la mayoría de los casos, la información semántica y cada una de las clases establecidas a partir de ella suelen estar asociadas a un nombre genérico, cuyo género se extiende a todos los nombres incluidos en la clase que le corresponde (1999 : 4856).\nOra ben, unha cousa é que sexa previsible por os substantivos manteren unhas relacións paradigmáticas especiais; outra é que sexa motivado. É posible a fi rmar que nestes casos o xénero sexa predicible e que, polo tanto, poida ser adquirido por vía de regra. Non vou entrar agora neste particular. O que si está claro é que neste caso, a relación entre os xéneros Masc ou Fem e o contido conceptual non é de ningún xeito similar á que se establece entre xénero e sexo en parellas coma neno vs. nena. É posible na competencia lingüística do falante exista unha condición tal que “se ‘mes do ano’, logo Masc”, de modo que o xénero se faga predicible a partir do contido conceptual ‘mes do ano’; pero non se pode esquecer que o concepto ‘mes’ da locución ‘mes do ano’ existe como entrada léxica independente ligado a un xénero Masc e a unha representación fonolóxica: {[Subs [Masc]] ‘mes’ /mes/}, e é de aquíde onde xaneiro toma o xénero masculino: O mes de xaneiro foi húmido > O (mes de) xaneiro foi húmido. E esta condición parece di fi cilmente semántica, pois inclúe unha representación semántica, ‘mes’, e unha representación sintáctica, [Subs[Masc]] (alén dunha máis ca segura representación fonolóxica /mes/). Parece máis ben unha condición léxica.\nA entrada léxica nena contén a propiedade Fem na representación sintáctica porque a súa representación conceptual contén o concepto ‘femia’; e contén o concepto ‘femia’ na representación conceptual porque contén a propiedade Fem na representación sintáctica. Coma no caso de nena, a entrada léxica Kawasaki contén a propiedade Fem na súa representación sintáctica porque a súa representación conceptual contén o concepto ‘moto’; pero, a diferenza de nena, Kawasaki non contén o concepto ‘moto’ na súa representación conceptual porque conteña a propiedade Fem na súa representación sintáctica. En nena, o concepto ‘femia’ e a propiedade Fem manteñen unha relación directa biunívoca; pola contra, Kawasaki é Fem porque moto é Fem; e moto é Fem porque motocicleta é Fem, e motocicleta é Fem, quizais, porque –cicleta\n(bicicleta) o é 9 ; e -cicleta é Fem quizais pola súa terminación en /a/ (comparar con triciclo), pero non por un risco extralingüístico: nada hai nunha motocicleta nin nunha Kawasaki que poida explicar Fem, como si hai nunha nena riscos que poden explicar ‘femia’ e de aíFem.\nPor outra parte, en galego dise:\na) Vexo unha moto Kawasaki b) Vexo unha Kawasaki c) Vexo unha nena Pero, non se di (polo menos, nun contexto lingüístico e pragmático idéntico ó de c): d) Vexo unha femia nena.\n5. X ÉNERO E SEXO. A S NEUTRALIZACIÓNS\nAta agora levo insistindo en que Masc e Fem son propiedades morfosintácticas que forman parte da representación sintáctica do léxico e que ‘macho’ e ‘femia’ son trazos semánticos que forman parte da representación conceptual. Calquera entrada léxica etiquetada sintacticamente como Subs debería, en galego, conter unha propiedade morfosintáctica da categoría expresión monomorfémica. En (7 c) mostro como presentar a relación morfolóxica do xénero nunha parella de entradas léxicas co trazo [+animado] nas que existe unha relación entre Masc, ‘macho’ e /o/, dun\nlado, e Fem, ‘femia’ e /a/ do outro.\nCando se producen neutralizacións en (7 b) e (7 c), só afectan ós trazos ‘macho’/ ‘femia’ e non ás propiedades morfosintácticas, que seguen operativas. Isto demostra que as neutralizacións son procesos que non teñen relación directa coa flexión tal e como aquíé entendida e que pertencen ó nivel conceptual; e demostra tamén a autonomía que existe entre o nivel de representación conceptual e o nivel de representación sintáctico. Vexamos uns exemplos:\n(8) a) Os nenos deste colexio xogan no patio b) Antes da aparición do home no planeta c) ¡Mira cantas ovellas!\nAs expresións de (8 a, b, c) son an fi bolóxicas. (8 a) pode referirse só a (α) un conxunto concreto de ‘seres humanos inmaturos macho’ (os nenos xogan no patio e as nenas no ximnasio); ou (β) simplemente un conxunto de ‘seres humanos inmaturos’ (tódolos nenos e nenas deste colexio). Só o contexto pode desambiguar a expresión. Nada na sintaxe nin na fonoloxía muda: tanto se (8 a) signi fi ca (α) coma se (β), nenos é sempre Masc e esixe concordancias nestes termos. En (9) represento as dúas con fi guracións.\nF. Dubert García\nComo se pode apreciar, a neutralización elimina o trazo ‘macho’ da representación conceptual, o que supón que se perda a relación de coindexación de Masc e ‘macho’ sen que a propiedade morfosintáctica se perda nin deixe de estar operativa. Dada a subespeci fi cación conceptual para o sexo, a con fi guración conceptual ‘ser humano inmaturo’ de (β) pode referirse tanto ós nenos coma ás nenas, pois todos comparten os trazos ‘ser humano inmaturo’. Porén, a permanencia de Masc correspóndese, dun lado, coa presenza de /o/ na representación fonolóxica e, máis importante aínda, coa concordancia de nenos co artigo de fi nido. Polo tanto, cando se produce neutralización en palabras coma neno, Masc deixa de manter unha relación de coindexación con ‘macho’ pero segue a manterse a relación de coindexación entre Masc e /o/. Segundo Roca (2005 / 2006), que presenta unha análise distinta desta, a relación de coindexación entre ‘macho’ e Masc é pragmática e non gramatical, pois depende do contexto.\nUnha situación similar acontece con (8 b). Como mostro en (10), nos casos de neutralización ‘macho’ desaparece da representación conceptual, polo que home (β) pode referirse a ‘seres humanos macho’ e a ‘seres humanos femia’; o resultado da neutralización, porén, non implica a desaparición de Masc, que segue expresándose por meo da concordancia, nin supón un cambio na representación fonolóxica da entrada léxica, que segue sendo / ɔ me/. Neste cer nos contextos de neutralización xerando os seus procesos de concordancia sintáctica, igual ca Masc. Isto torna a demostrar a independencia que se dá entre a representación conceptual e a representación sintáctica. E mostra tamén que o que se neutraliza é a oposición entre os semas ‘macho’ e ‘femia’, non a oposición entre as propiedades morfosintácticas Masc e Fem, que seguen operativas nos contextos de neutralización. Polo tanto, a neutralización tórnase nun xeito de construír hiperónimos adxudicando á base conceptual común de dous conceptos a representación sintáctica e a representación fonolóxica dunha das entradas léxicas do conxunto. A neutralización será posible se se detectan\nSobre o lugar do xénero na gramática do galego unha serie de riscos conceptuais comúns. No caso de cabaleiro v.s. dama que comenta Lagares (2000 : 69), quizais non é posible ningunha neutralización pola carga cultural que adquiren os termos cabaleiro e dama. En todo caso, existen outras formas intensionalmente distintas pero extensionalmente similares que engloban cabaleiro e dama : os nobres ou a nobreza.\n6. C ONCLUSIÓNS\nNeste traballo defendín que o xénero é nos substantivos unha propiedade morfosintáctica inherente, i.e., que forma parte da representación básica da entrada léxica; en tanto que propiedade morfosintáctica e debido á súa función sintáctica, é unha característica primariamente flexiva: a presenza dun xénero concreto nun substantivo repercute, por medio da concordancia, na forma dos seus determinantes e modi fi cadores, determinando a extensión da unidade sintáctica da que é núcleo. Nalgúns dos substantivos referidos a determinados seres animados existe unha correlación produtiva entre a información sintáctica de xénero Masc e a conceptual de sexo ‘macho’, dun lado, e a sintáctica de xénero Fem e a conceptual de sexo ‘femia’, doutro. En virtude dos elementos conceptuais que se introducen nestas parellas e de que nestes casos parece darse unha elección entre Masc e Fem que non existe nos substantivos inanimados, poderíase defender que existe unha relación de derivación entre neno e nena ou abade e abadesa. Con todo, esta correlación non afecta ó carácter basicamente flexivo e sintáctico do xénero: en primeiro lugar, non se dá en tódolos substantivos (como si se dá o fenómeno sintáctico da concordancia), senón só nuns poucos dunha clase semántica concreta; en segundo lugar, esta asociación suspéndese nas neutralizacións, en que o substantivo deixa de ofrecer información conceptual sobre o sexo do referente pero segue a esixir unha determinada concordancia sintáctica, o que mostra que segue operativa a información sintáctica. De feito, se estes substantivos recibisen o xénero nun proceso derivativo, o xénero adquirido sería unha propiedade sintáctica flexiva, pois desde que temos xénero, temos concordancia e esta nunca se suspende.\nConsidero que esta visión é superior á que promoven Lagares (2003) ou Villalva (2000, 2003) porque permite manter unha visión única do xénero e non precisa de categorías ou procesos novos ou mixtos.\nAgradecementos\nAgradezo os comentarios con que F. Cidrás Escáneo, M. Álvarez de la Granja e J. Pena Seijas me axudaron a mellorar este traballo; os erros e insu fi ciencias que aquíse conteñan son só da miña responsabilidade.\nR EFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS\n73 Alarcos Llorach, Emilio (1994): Gramática de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe. Álvarez, Rosario / Xosé Luís Regueira / Henrique Monteagudo (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.\nÁlvarez, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.\nAmbadiang, Théophile (1999): “Capítulo 74. La"} {"summary": "Neste traballo examinamos as diferentes propostas etimolóxicas suxeridas para o verbo galego devecer / debecer e presentamos unha nova proposta *DEBILESCERE, un verbo formado a partir do adxectivo DEBILIS. Este *DEBILESCERE explica mellor ca outras teorías as formas e os significados galegos actuais, de acordo con criterios fonéticos, semánticos e morfolóxicos.", "text": "D evecer e a súa etimoloxía\n\nLéxico, etimoloxía, ortografía Sumario 1. Debecer / devecer nos dicionarios e no galego actual. 2. Hipóteses etimolóxicas para debecer / devecer. 2. 1. Sarmiento. 2. 2. García de Diego. 2. 3. Corominas e Pascual. 2. 4. Aníbal Otero e outras explicacións etimolóxicas. 3. Adoecer e mais devecer / debecer non teñen parentesco etimolóxico. 4. Proposta etimolóxica de relación co adxectivo latino DEBILIS. 5. Cabo.\nA. S. Alonso Núñez e G. Navaza Blanco\n1. D EBECER / DEVECER NOS DICIONARIOS E NO GALEGO ACTUAL\nNo galego existe un verbo devecer ou debecer (e variantes) que aparentemente non ten paralelo exacto noutras áreas lingüísticas. Carecemos de atestacións medievais en romance (non consta no TMILG nin no DDGM) que poidan axudar a esclarecer a súa etimoloxía. No CODOLGA vemos un documento de Sobrado datado no ano 985 que na edición de Pilar Loscertales parece conter unha forma de participio axente deste mesmo verbo:\nmiento, quen tamén suxire unha explicación etimolóxica:\n« Devecér. Mermar, v. g. este niño deveceu la mitad, esto es, descreció; este vino deveceu, minoró o mermó. Del verbo de fi cio, de fi cere, devecer. La F en V. (CatálogoVF 1745 - 1755, en Santamarina DdD, s.v. devecér) » Desde Sarmiento vén presentando grafía vacilante: devecer ou debecer. Esta segunda, con b, é a maioritaria nos dicionarios do século XIX e do XX, e tamén na tradición literaria ata datas relativamente recentes, pero no Vocabulario Ortográ fi co da Lingua Galega fi gura con v e esa é a grafía con que o recollen os dicionarios normativos actuais.\nAs acepcións que lle asignan os dicionarios a este verbo poden reducirse a dous grupos: o primeiro relacionado co signi fi cado de ‘ansiar, apetecer ou desexar ardente mente’ e o segundo co de ‘mermar, diminuír, enfraquecer’. Se ben en Sarmiento é este segundo signi fi cado o único que aparece, na tradición lexicográ fi ca predomina o outro, como primeira e mesmo como única acepción. Resumimos aquío que ofrecen as fontes incluídas no Dicionario de Dicionarios (Santamarina 2006 - 2009), ademais da mencionada de Sarmiento: F. X. Rodríguez (1863): D EBECER v. Degorar. Cuveiro Piñol (1876): D EBECER v. DEGORARASE y DEGÓADIZO. Marcial Valladares (1884): D EBECERSE v. DEGARARSE F. Porto Rey (1900 c) D EBECER v. Desesperarse por conseguir alguna cosa que se busca, morti fi carse por poseer algo que se desea. Degorarse. X. Filgueira Valverde et al. (1926): D EBECER v. Desear ardientemente. L. Carré Alvarellos (1928 - 1931): D EBECER v. a. Ansiar. Desear una cosa con vehemencia. Apetecer. Ambicionar. Véase cobizar, arelar y degorar.\nB. Acevedo - M. Fernández (1932): D EBECER. Anhelar, apetecer. Ús. desde Valdés al Eo, y en gall. y portugués. F. — D EVECER. Sentir ansia de algo; desear con avidez. En Oviedo, enagüar. V. ADEVECER. A. — A DEVECER. Alampar, desear ardientemente una cosa, principalmente de comer o beber. Adevecen los niños cuando ven comer a otro. No toma la forma incoativa del cast., y dice: adevezo, adeveces ; adeveza, adevezas. Us. de Luarca al Eo. F. J. Ibáñez Fernández (1950): D EBECER v. a. Ansiar. Apetecer.\nAníbal Otero (1951): D EBECER. Anhelar, apetecer. FA. del lat. “ DOLESCERE ” (HE 02)\n— A DEVECER. Alampar, desear ardientemente una cosa, principalmente de comer o beber. FA. del lat. “ DOLESCERE ” (HE 02) Aníbal Otero (1977): D EBECER intr. Alamear. Menguar, 3 acep. Var. adebecer. bazar, menguar la luna, y bazante, f. Menguante de la luna, en Adelán: Na bazante da luna. (VSP) Eladio Rodríguez (1958 - 1961): D EBECER v.a. Ansiar. Anhelar, desear con vehemencia una cosa. || Apetecer, ambicionar un alimento que mitigue el hambre o una golosina que satisfaga el gusto: DEGORAR. || Calmar, templar uno la acritud de su carácter: cando o xenio che debeza será outra cousa (Prado Lameiro. Farsadas). || v. n. Decaer, menoscabarse el ánimo o los arrestos. || Enflaquecer, ir perdiendo carnes. || Ir a menos algunas cosas, como la luz que se extingue, las costumbres que desaparecen, etc. — D EBECERSE v.r. Consumirse, desvivirse por algo que se desea con avidez || Sentir vehementes deseos de una cosa tras de la cual parece que se van los ojos: DEGORAR - SE. || Desalentarse, debilitarse, quebrantarse el vigor, los ánimos, el carácter, etc. X. L. Franco Grande (1972): D EBECER v. Ansiar, anhelar, desear con vehemencia una cosa; degorar. || Calmar, templar uno la actitud de su carácter; cando o xenio che debeza será outra cousa. || Decaer, menoscabar el ánimo o los arrestos. || Enflaquecer. || Ir a menos. || Apetecer. Ambicionar. || cobizar, arelar. || Malparir por ver algo que no se puede conseguir, aplicado especialmente a animales y, en sentido fi gurado a personas, sobre todo cuando se tiene muchas ansias de algo. Ej.: Vai debecer si non lle das o que pide. — A DOBECER v. Rabiar, desesperar: adobece por marchar. Está adobecido de fame. E. Rivas (1978): DEVECER i Enflaquecer, menguar (Fondo de Vila): Tes que comer ben, que deveciche moito ; deveceuche a roupa ou medrache tú. El dicc. trae los signi fi cados: decaer de ánimo, ansiar. Éste último tiene en Dragonte, como vemos por el dicho: Devece como gato por a manteiga. (FrampasI) E. Rivas (2001): DEVECERSE v.p. Desesperarse. Il devécese por ir. Camba, Laza, Our. Cf. devecer, deveza, en Frampas I, II.(FrampasIII) Constantino García (1985) DEBECER v. 1. (Com. Mel. Ced. Cre. Gui. Fri. Gun. Bur. Sua. Ped. Mon. Ver.), adebecer (Ver.) anhelar, desear. || 2. (Ped. Xun. Mez.) adelgazar; || 3. var. de debalar 2. [debalar 2. (Sad. Com.), debecer (Bur.) entrar la luna en el cuarto menguante]. — ADOBECER v. var. de adoecer.\nNo uso correspondente ó signi fi cado de ‘minguar, enfraquecer’, ‘debilitarse’ (e ‘devalar -a lúa-’, ‘decaer o ánimo’ ‘consumirse’, etc.), devecer é intransitivo, tal como fan constar algúns dicionarios e como con fi rman os exemplos (tes que comer ben, que deveciche moito). Cando o signi fi cado é ‘ansiar, desexar ardentemente’, aínda que normalmente non consta de maneira explícita nos dicionarios, o verbo rexe preposición: devecer por, devecerse por, como con fi rman tamén os exemplos (devece pola manteiga, devécese por ir). Na tradición literaria está presente asímesmo esa diferenza, non sendo nalgúns autores recentes onde excepcionalmente podemos atopar usos anómalos (ou non tradicionais) de devecer como transitivo coa acepción de ‘desexar, ansiar, cobizar’, posiblemente tomada erradamente dos dicionarios. Velaquíuns exemplos do CORGA: devecendo unha fartura que a súa terra lle negaba (R. Vidal Bolaño) ¡Que máis pode devecer un home (…)! (R. Vidal Bolaño) para conseguila devecida capitalidade cultural (Neira Cruz).\nNeste último caso, o adxectivo participial devecido aparece cun signi fi cado de ‘desexado, ansiado’ oposto ó que recolle a tradición lexicográ fi ca (Eladio Rodríguez: Devecido. adx. Deseoso, ansioso de algo que se anhela vivamente).\n2. H IPÓTESES ETIMOLÓXICAS PARA DEBECER / DEVECER\n2.1. Sarmiento\nComo vimos, a primeira proposta etimolóxica para devecer formulouna o Padre Sarmiento ó suxerir o latín DEF Ĭ CIO (DEF Ĭ C Ě RE) con evolución de - F - a - v -. En latín DEF Ĭ CIO, creado con DE + FACIO, significaba como verbo intransitivo ‘separarse de algo, desprenderse de algo; abandonar, traizoar; faltar, ter falta ou necesidade, cesar, desmaiar; eclipsarse; mostrar falta de enerxía, de decisión; apagarse; terminar; deixar de pagar’ e como verbo transitivo ‘cesar, deixar, abandonar, renunciar a; faltar a’ (Blánquez s. v. deficio). Os primeiros significados (que conteñen o trazo semántico de ‘separación’ achegado polo prefixo DE -) non conducen ós do devecer galego actual, mais si os de varios dos seus usos figurados, como ‘desmaiar’, ‘apagarse’, ‘terminar’ e outros. Algúns dos exemplos que recolle Gaffiot en César e en Cicerón son moi próximos ós usos de devecer en galego: « animo deficere [...] ou deficere seul [...] perdre courage» e tamén memoria deficit, luna deficit… (Gaffiot s.v. d ē f ĭ cio). No dicionario de Niermeyer de latín medieval figura o significado de ‘morrer’ como primeira acepción (Niermeyer 1976, s.v. def ĭ c ě re). Desde o punto de vista fonético tamén resulta verosímil esta etimoloxía (cf. latín DE - FENSA > galego devesa). Sarmiento ofrece ademais unha etimoloxía paralela, formada para outro verbo intransitivo avecer ‘ser proveitoso’:\nAvecéulle. Aprovechar. Diósele un medicamente fuerte e aveceulle. De pro fi cio o af fi cio (DdD, s.v.\navecéulle).\nCorominas e Pascual examinan a proposta de Sarmiento para devecer e avecer e apóñenlle tres obxeccións; a principal é de carácter fonético e refírese a avecer (o dobre FF de AFF Ĭ CERE non pode sonorizar), en tanto que as outras dúas (a ausencia de sobrevivencias de DEFICERE nos romances e a remotivación a partir de FACERE nos verbos derivados que en latín presentaban apofonía) son menos indiscutibles e só recoñecen a excepcionalidade da evolución suxerida por Sarmiento, non a súa imposibilidade. Dado que Corominas e Pascual admiten, como Sarmiento, parentesco etimolóxico entre avecer e devecer, rexeitan a hipótese no seu conxunto: Como etimología propone Sarm. DEFICERE y AFFICERE, pero éste no sirve fonéticamente, pues - FF - no se podía sonorizar; DEFICERE ‘faltar’ sípoder í a ser en rigor, pero no es verosímil porque no ha quedado en ningún romance y es sumamente probable que la F se hubiese conservado por influjo de FACERE y que éste además lo hubiese cambiado en * DEFACERE (DCECH, s.v. deber).\n2.2. García de Diego\nVicente García de Diego recolle adevecer como propio de Asturias (non precisa localización, quizais corresponda á área occidental, onde o recollen Acevedo e Fernández, como vimos antes) e propón un étimo * AVESCERE ó cal lle asigna o signi fi cado de ‘desexar’ (García de Diego, s.v. adevecer). Este suposto * AVESCERE sería un verbo formado sobre o latín clásico VESCOR ‘alimentarse’. Aínda que desde o punto de vista semántico se puidese admitir como veros ímil o paso dun signi fi cado orixinario de ‘alimentar’ ós de ‘aproveitar’/‘desexar’ presentes en\nDevecer e a súa etimoloxía avecer / devecer, Corominas e Pascual rexeitan esta hipótese sostendo que non houbo pervivencia do VESCOR latino ou formas emparentadas en ningún romance (DCECH s.v. deber). Debemos engadir que desde o punto de vista morfolóxico, para devecer habería que explicar a duplicación do pre fi xo, ou triplicación nas variantes como adevecer.\n2.3. Corominas e Pascual\nO DCECH inclínase por relacionar debecer con deber : “ debecer junto a deber sería como fallecer frente a fallir, fenecer junto a fi nir, como una especie de incoativo” (DCECH, s.v. deber). Deste xeito, devecer (debecer) e avecer (* habecer) serían derivados mediante su fi xo incoativo - SCERE a partir dos verbos correspondentes a DEBEO e HABEO. En última instancia, os dous verbos gardarían remoto parentesco etimolóxico entre si, dado que na súa orixe o latín DEBE - RE corresponde a DE + HABERE.\nEsta hipótese resulta pouco verosímil desde o punto de vista semántico, xa que o signi fi - cado orixinario dese suposto derivado de deber con su fi xo incoativo sería ‘empezar a deber’ (Lloyd 2003 : 266 - 268).\n2.4. Aníbal Otero e outras explicacións etimolóxicas\nAníbal Otero propón para debecer e adevecer o latín DOLESCERE, como vimos. As í, estas formas serían variantes da máis común adoecer ‘enfermar’, ‘contraer a rabia’ ‘rabiar’. Corominas e Pascual (DCECH, s. v. doler) relacionan o castelán adolecer ‘caer enfermo’ con doler ; en latín existía ADOLESCERE, pero era un verbo incoativo intransitivo de adoleo (Blánquez, s.v. ADO - LESCO) e signi fi caba ‘crecer; adquirir vigor’, de xeito que por razóns semánticas non pode ser o étimo de adoecer (e do castelán adolecer) nin de devecer. O étimo de adoecer e adolecer ten que ser DOLESCERE, incoativo de DOLERE co signi fi cado de ‘aflixirse’ (Blánquez s. v. DOLESCO), reforzado co pre fi xo AD -. No caso de que devecer / debecer fosen variantes deste mesmo verbo, teriamos que aceptar unha evolución adoecer → adovecer → adevecer → devecer ou ben adoecer → adovecer → dovecer → devecer. A xeración dunha consoante labial a partir da vogal velar nese contexto é explicable (cf. Seoane > Seivane / Savane, Sancta Eulalia > Santa Baia) pero ofrece certas di fi cultades admitir o cambio da vogal pretónica o para e nese contexto fónico, precisamente ó contrario da tendencia do idioma, que polo regular altera a vogal palatal en velar por contacto con consoante labial (semana → somana, levar → lovar), e hai tamén obstáculos semánticos para explicar algúns dos signi fi cados presentes en devecer\nOutras explicacións etimolóxicas ofrecen aínda menos garantías, como a que supón parentesco co latín VITIU, que xa foi rexeitada noutro lugar (Alonso Núñez 2008 : 359 - 371) polas di fi cultades semánticas que presenta. De VITIU derivouse o verbo avezar ‘habituarse’, o cal presenta un pre fi xo reforzador que se volveu no galego de hoxe inanalizable morfoloxicamente.\n3. A DOECER E MAIS DEVECER / DEBECER NON TEÑEN PARENTESCO\nETIMOLÓXICO\nUn exame atento dos diferentes signi fi cados de adoecer e o noso verbo lévanos a concluír que non teñen parentesco etimolóxico. Constantino García (s. v. adoecer en Santamarina, DdD) considera que adoecer é voz común do galego, pero só recolle dela o signi fi cado de ‘rabiar’. O signi fi cado de ‘caer doente’, ‘enfermar’ está ben atestado en galego desde a época medieval\n(DDGM). O signi fi cado de ‘contraer a rabia’, ‘rabiar’ tamén o rexistra Constantino García para o verbo adovecer nos puntos da diocese iriense de Compostela, Santa Comba, Razo e Toba. En Razo atesta doecer como verbo transitivo signi fi cando ‘provocar a algún bicho perigoso’.\nAdovecer existe noutros lugares da diocese iriense tales como Negreira e a comarca de Soneira. Nesta comarca adovecer ten os signi fi cados ‘rabiar’, ‘contraela enfermidade da rabia ou hidrofobia’ e ‘ansiar moito unha cousa’ (Romero Lema s. v. adobecer).\nOs signi fi cados que recolle o Dicionario de Dicionarios para adoecer poden explicarse facilmente dende o étimo latino (AD +) DOLESCERE. Este é tamén o étimo do verbo doecer de Razo e do minhoto adocer ‘adoecer’ (Gonçalves s. v. adocer). Nas formas que predominan en galego, en portugués e en asturiano, o étimo dolescere viuse incrementado cun pre fi xo de reforzo, que non engadiu ningún signi fi cado novo. Vexamos algúns pasos da semántica deste verbo adoecer. O signi fi cado incoativo ‘empezar a doer’ xa aparece en latín transformado en ‘aflixirse’ para o verbo sen pre fi xo reforzador DOLESCERE (Blánquez s. v. dolesco). O signi fi cado ‘caer enfermo’, que se rexistra na actualidade e xa se documenta no galego medieval, o mesmo que sucede co correspondente castelán adolecer, é continuador do incoativo latino (‘empezar a doer’ / ‘caer enfermo’ ou ‘entrar no estado do que está enfermo’). Unha especialización dese signi fi cado xenérico ‘enfermar, caer enfermo’ é o específi co ‘padecela enfermidade da rabia’. É moi posible que deste último xurdise a acepción ‘rabiar por desexo de algo’ en construcións rexidas pola preposición por ; e foron este uso e signi fi cado de adoecer os que colisionaron cos de devecer por ‘desexar moito algo, morrer por algo, consumirse por algo’.\nEn relación con isto, parece que devecer / debecer / adevecer responden a un estrato máis antigo que mostra a irradiación da perda de - l - dende Galicia (Penny 2004 : 180 - 182) non só no territorio do galego de Asturias senón tamén nas zonas de transición entre o galego e o asturiano.\n4. P ROPOSTA ETIMOLÓXICA DE RELACIÓN CO ADXECTIVO DEBILIS\nPara o verbo galego devecer / debecer propuxemos (Alonso Núñez 2008 : 359 - 371) un étimo relacionado co adxectivo latino DEBILIS mediante o su fi xo verbal incoativo en - SCERE. Ese * DEBILESCERE tería o signi fi cado orixinario de ‘entrar no estado de débil’ ‘debilitarse’. DEBILIS en latín signi fi caba ‘débil, impotente, fraco, enfermo’ (Blánquez s. v.). Do signi fi cado ‘debilitarse, entrar no estado de débil’ pode pasarse ós valores de ‘minguar’, ‘enfraquecer’, ‘mermar’ ‘devalar (a lúa)’, que ademais de atestarse nos lugares recollidos por Constantino García e por Elixio Rivas, tamén se rexistra en Trasos-Montes (Portugal) coa grafía debezer (Dias e Tender s. v.) co signi fi cado de ‘minguar’. A sibilante sonora desta grafía parece contradicir un étimo en - SCERE, pero pode non ter relevancia nunha área fronteiriza como a portuguesa trasmontana, que presenta moitas características fonéticas comúns co galego (e en rigor o mesmo se podería bo é equivalente de adoecer, pero no mesmo contexto poderiamos empregar outros verbos de signi fi cados diversos (devece polo xamón - adoece polo xamón - arrabea polo xamón - tolea polo xamón - morre polo xamón...) e non por iso debemos consideralos sinónimos, pois pola mesma razón poderiamos ter por sinónimos de devecer os verbos tolear ou morrer destes\nexemplos ou o malparir con que explica esta acepción Franco Grande no seu dicionario.\nPara con fi rmar que devecer e adoecer veñen de dous étimos distintos tamén se pode aducir o que ocorre en Campobecerros (concello de Castrelo do Val, provincia de Ourense). Neste lugar adoecer signi fi ca ‘estar malo; ir a menos’ (manqueime nun pé e estou adoecido, foi adoecendo hasta que morreu). No primeiro exemplo deste lugar (manqueime nun pé e estou adoecido), estou adoecido equivale a ‘estou malo’ ‘sinto dor’. No segundo exemplo (foi adoecendo hasta que morreu), foi adoecendo signi fi ca ‘foi a menos’. En relación con este valor, cabe dicir que unha persoa adoece ‘vai a menos’ porque está enferma ou porque vai indo vella e esmorece. Polo contrario, no mesmo lugar de Campobecerros, devecer por signi fi ca ‘desexar algo moito, morrer -en sentido fi guradopor algo’ (devezo por comer bandullo ; estou devecido por comer bandullo) e xerou o adxectivo e substantivo recategorizado devecido co signi fi cado de ‘larpeiro’ ou ‘ansioso’ (é un devecido), xa recollido por Eladio Rodríguez, como vimos. A persoa que adoece (‘que vai a menos, que está enferma’) pode ser devecida (‘larpeira’, ‘ansiosa’) ou non.\nDevecer e a súa etimoloxía galego de Castrelo do Val existen viciar e enviciar e podrecer e apodrecer, o en - de enviciar e o a - de apodrecer son pre fi xos de reforzo; agora ben, dado que na fala mentada só existe esclarecer e non * clarecer, es... -ece debe ser interpretado como un circun fi xo que creou un verbo dende o adxectivo claro.\nPara a circun fi xación en portugués pode verse RioTorto (1998 : 211 - 221). Esta autora cita como exemplos circun fi xados con -ece feitos dende bases adxectivas: amadurecer, amolecer, apodrecer, endoidecer, enraivecer, ensurdecer, entristecer, envelhecer, esclarecer, engrandecer e empalidecer. Con bases substantivas cita menos verbos (amanhecer, anoitecer).\nAsípois, debemos considerar que a creación dun verbo intransitivo a partir dun adxectivo foi un procedemento vivo no latín, tal como din Lloyd, Pharies e Pena. Como procedemento vivo, tivo necesariamente que permitir crear máis verbos deste tipo cós que fi guran recollidos nos dicionarios e nas fontes escritas. Para soster isto, baséamonos nunha concepción dinámica do léxico (Alonso Núñez 2008 : 349 - 351): o léxico é e foi algo aberto a novas creacións e exposto a perdas, e non un corpus cerrado de formas atestadas. Para estudar o léxico do pasado, valoramos os datos que achegan os textos dese pasado, pero tamén nos parecen moi valiosas, para compensar a penuria dos datos, as hipóteses ben elaboradas argumentativamente.\nEn de fi nitiva, pensamos que a nosa proposta etimolóxica é completamente verosímil desde o punto de vista fonético e semántico. Por outra banda, noutras áreas románicas existen verbos derivados de DEBILIS como o italiano indebolire e o castelán endeblecer. O italiano indebolire proporciona un argumento morfolóxico a favor da nosa hipótese. Do adxectivo debole (< DEBILIS) debeuse crear o verbo * DEBOLIRE e deste, con pre fi xo reforzador, INDEBO - LIRE ; ó non estar atestado * debolire no italiano actual, hai que interpretar indebolire como formado cun circun fi xo in... ire ou como fai Iacobini (2004 : 174 - 176) como verbo parasintético deadxectival. Do mesmo xeito, * DEBILESCERE ‘entrar no estado de débil’ xurdiu dende o adxectivo DEBILIS e o verbo adevecer pode remontarse á unión do pre fi xo reforzador AD e o verbo * DEBILESCERE. As evolucións fonéticas do galego fi xeron que os falantes perdesen a motivación entre a forma base e as derivadas. Por outra parte, a lingüística románica ten asumido que o hispanoportugués creou para moitos verbos en - ir unha forma secundaria en - ecer (MeyerLübke 1974 : 665). No italiano actual, os verbos do tipo capire presentan nalgunhas formas unha raíz incrementada (capisc -o) co antigo su fi xo incoativo.\nCorominas e Pascual (s. v. endeble) explican o adxectivo castelán endeble como derivado do latín vulgar suposto * INDEBILIS, formación co pre fi xo IN - de reforzo e non co pre fi xo - IN negativo. Tamén pensan estes autores que a voz castelá pode vir do francés antigo e medio endeble. Non nos parecen adecuadas ningunha destas propostas. Por un lado, en francés o adxectivo preferido é faible e, por outro, sería unha rareza extrema que DEBILIS, adxectivo que xa ten un pre fi xo (DE + HABILIS), se transmitise ó castelán co pre fi xo de reforzo IN -, xa que * INDEBILIS podería levar a interpretar o contrario (‘non débil’) do que signi fi ca (‘débil’).\nAdheríndonos á proposta de formación parasintética de Scalise xa comentada, pensamos que é mellor postular que xa en latín se creou dende a base adxectiva DEBILIS o verbo * DEBI - LESCERE, o cal foi reforzado co pre fi xo IN - (* INDEBILESCERE). A evolución de INDEBILESCERE a endeblecer non presenta ningunha pexa fonética nin semántica. De endeblecer xeraríase a formación regresiva endeble igual ca, por exemplo, embarque se creou dende embarcar.\nTamén pode postularse outra explicación para endeble como derivado romance regresivo de endeblecer. Pódese supor que DEBILIS deu en castelán * deble e que dende este se creou * deblecer, o cal se reforzou cun pre fi xo e deu endeblecer. De endeblecer puido xurdir a formación regresiva endeble como xa explicamos. No castelán só atestamos endeble e endeblecer (García Gallarín 1998 : 46) pero as palabras deble e deblecer están rexistradas por algúns dicionaristas galegos (Santamarina s. v. deble e deblecer). Semella que deble entrou tarde no galego e tamén semella que pode ser antes unha voz emprestada ca unha voz autóctona. No galego actual, a verba endeble foi recollida en Toba (Constantino García s. v. endeble).\nVolvendo ó verbo que nos ocupa, é probable que fose a hipótese que parte de DOLESCERE a que levou a establecer como grafía normativa devecer, segundo o criterio fundamentado en razóns etimolóxicas para os casos de b / v ou h - (Normas 2003, 18 - 20), modi fi cando a grafía maioritaria que se viña usando nos dicionarios e na tradición literaria. A consoante representada como v non é propiamente etimolóxica senón xerada polo contexto vocálico; representala como v ou b é pura convención, e xa vimos que na toponimia se fi xaron como normativas formas escritas con v e outras con b para casos semellantes. A etimoloxía que parte de * DEBILESCERE levaría a considerar a proposta grá fi ca devecer como unha excepción do criterio etimolóxico (como sucede en inverno, España e outros casos...) ou ben a modi fi cala en debecer.\nAs diferentes propostas formuladas para explicar a etimoloxía de devecer ou debecer, non sendo a de Sarmiento, parten de derivados en - SCERE. A de Corominas presenta certo parentesco etimolóxico, aínda que moi remoto, coa nosa, dada a orixe de DEBILIS en DE + HABILIS (e de DEBEO en DE + HABEO). De ser absolutamente fi able a forma debezer recollida no portugués de Trasos-Montes, ningunha desas hipóteses sería válida, pois de - SCERE esperariamos unha sibilante xorda; o étimo que suxire Sarmiento, que ofrece un étimo con - C - intervocálico, si explicaría a sonora. Como vimos, a obxección fonética que lle apoñen Corominas e Pascual afecta unicamente a avecer, dado que o - FF - resultante de AD + FACERE (> AFFICERE) non sonorizaría; por outra banda, o latín AFFICIO tiña signi fi cados moi diverxentes do galego avecer ; Niermeyer asígnalle os de “léser, nuire a qq’un” en francés e en inglés “to injure, to do wrong” (Niermeyer s.v. AFFICERE) e signi fi cados semellantes atopamos en Blánquez (s.v. AFFICIO) e en Gaf fi ot (s.v. ADFICIO), moi distantes dos signi fi cados de avecer. Lémbrese tamén que son distantes dos signi fi cados do devecer actual os signi fi cados primarios de DEFICERE. Con todo, é de advertir que Sarmiento suxire como étimo latino de avecer en primeiro lugar PROFICIO, que convén desde o punto de vista semántico, e logo AFICIO (con f simple no manuscrito, corrixido en AFFICIO polo editor, X. L. Pensado, segundo se indica en nota); quizais debamos entender que Sarmiento ve ousadamente nese * AFICIO non a continuación do ADFICIO ou AFFICIO clásico latino senón unha variante de PROFICIO con cambio de pre fi xo. Agora ben, esta ousadía de Sarmiento non só contravén as tendencias fonéticas do latín, senón que tamén ten en contra o feito de que a base de derivación se volvese opaca. Tampouco é un argumento favorable á hipótese de Sarmiento a existencia en galego de adevecer, xa que non resulta moi explicable que a suposta oposición devecer / avecer se mitigue engadindo a devecer o pre fi xo a - (adevecer).\nPolo que se re fi re á outra obxección que lle apón Corominas, a de que os verbos latinos derivados de FACERE con apofonía foron remotivados en romance a partir de FACERE ou de facer, regularizándose, temos que recoñecer que é certo que nas familias apofónicas normalmente hai remotivación, e asíacontece coa maior parte dos derivados de facer no galego actual, que son refeitos sobre este verbo (refacer, desfacer, afacerse, desafacerse) e non herdanza do latín, que presentaba o a radical de facalterado en i (REFICIO), pero non faltan excepcións en casos en que a competencia dos falantes xa perdera o vínculo entre o primitivo e o derivado, e na familia de FACERE temos o exemplo de PROFICIO ‘aproveitar’. O romance aproveitar é recreación a partir de proveito, procedente do participio PROFECTU, pero no galego e no castelán medievais existiu provezer (< lat. PROFICERE) co mesmo signi fi cado. O TMILG recolle un exemplo galego das Cantigas de Santa María: E os soberviosos || d ‘ alto vas decendo, || e os omildosos || en onrra crecendo, || e ẽ adendo || e provezendo || tas santas grãadeces.||\nDevecer e a súa etimoloxía\nEn conclusión, cremos que en tanto non dispoñamos de máis información non se pode formular unha etimoloxía incontrovertible para devecer / debecer, polo que consideramos que se cadra foi algo precipitado establecer a súa grafía con v, contradicindo a tradición lexicográ fi ca e literaria, que viña empregando maioritariamente unha grafía con b.\nR EFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS\nAllen, Andrew (1981): “The Development of Prefi xal and Parasynthetic Verbs in Latin and Romance”, Romance Philology 35, 79 - 85.\nAlonso Núñez, Aquilino (2008): “La su fi jación verbal, la circun fi jación verbal y la su fi jación verbal homogénea en el habla gallega del ayuntamiento de Castrelo do Val (Ourense, España)”, Quaderni di Semantica XXIX, 2, 343 - 392.\nBlánquez Fraile, Agustín (1982 5): Diccionario latinoespañol. Barcelona: Ramón Sopena.\nCODOLGA = López Pereira, José Eduardo (dir.) (2006 -): Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades [http://corpus.cirp. es/codolga/] [último acceso: 01 / 02 / 2010 ].\nCORGA = Rojo, Guillermo (dir.) (1994 -): Corpus de Referencia do Galego Actual. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades [http://corpus.cirp.es/corga/] [último acceso: 20 / 02 / 2010 ].\nCorominas, Juan / José Antonio Pascual\n(1980): Diccionario critico etimológico castellano e hispánico. Madrid: Gredos.\nsário de provincianismos e formas divergentes. Porto: Gabriel Gonçalves.\nA. S. Alonso Núñez e G. Navaza Blanco\nTMILG = Varela Barreiro, X. (dir.) (2004 -): Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega [http://ilg.usc.es/ tmilg] [último acceso: 01 / 02 / 2010 ].\nVäänänen, Veikko (1995 3): Introducción al latín vulgar. Madrid: Gredos."} {"summary": "Pártese do ditame normativo que establece como estándares nós e nosoutros /- as (na P 5 vós e vosoutros /- as), con diferenza de significado, co obxectivo de mostrar a apoiatura da norma. Analízase brevemente o tratamento destas formas na tradición gramatical galega anterior ás Normas, favorable á escolla entre ambas, sen distinción, e mais o seu uso na lingua escrita dos séculos XIX e XX. A análise detense, sobre todo, na descrición do seu estatus na lingua falada nas últimas décadas do século XX, tomando como base os datos de campo, o uso espontáneo en gravacións e as opinións dos falantes; desenvólvese en tres liñas fundamentais: a extensión e distribución territorial de nós e de nosoutros /- as, as posibles diferenzas de significado e o asunto da distinción de xénero. Conclúese sobre a adecuación desta norma aos criterios que guían a elaboración do estándar galego moderno.", "text": "As razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras\n\n1. A NORMA\nNo lugar en que as Normas establecen cales son as formas pronominais tónicas de primeira e segunda persoas de plural recóllense nós / nosoutros, -as e vós / vosoutros, -as, en aparencia sinónimas, tanto baixo o rótulo “suxeito” coma baixo o de “formas oblicuas libres” (sen cambios desde a primeira edición: RAG/ILG 1982, renovadas en 2003). Con todo, máis adiante, no aparato explicativo ou xusti fi cativo, que fi gura en corpo menor, aclárase que as formas simples (nós, vós) e as formas compostas (nosoutros, -as e vosoutros, -as) non son estritamente equivalentes:\nNa primeira e segunda persoas de plural utilízanse como formas non marcadas, polo tanto válidas en todos os contextos, nós e vós. Ao lado delas existen tamén nosoutros, nosoutras e vosoutros, vosoutras, aínda que cun signi fi cado específi co oposto ao das outras, que desde a orixe se mantén aínda en grandes zonas do territorio lingüístico galego. Nosoutros e vosoutros delimitan un grupo, establecido no contexto ou coñecido polo interlocutor, deixando fóra dese plural (“ eu e mais estoutros”, “ ti e mais esoutros”) todos os que non pertenzan a el; nós e vós, en troques, non establecen ningunha delimitación con respecto aos demais (imos repartir o traballo: vosoutros tallades o papel e vosoutros preparades o debuxo ; nosoutras non pensamos coma el). Esta diferenza tradicional nalgunhas zonas de Galicia eliminouse a favor dun dos dous pronomes concorrentes (nós e vós ou nosoutros e vosoutros). Nós e vós son demográ fi ca e xeogra fi camente maioritarias, e por iso deben ser preferidas en caso de renunciar á distinción mencionada (RAG/ILG 2003 : 89 - 90).\nO noso obxectivo é presentar a información que subxace no ditame, en dúas liñas principais: mostrando o contexto en que se produce, cos antecedentes de nós e nosoutros nas gramáticas anteriores a 1980 e cunha breve achega ao uso na escrita, con atención especial ás primeiras décadas do proceso de constitución do estándar culto contemporáneo; e describindo o seu estatus no diasistema, con datos obtidos de galegofalantes nas últimas décadas do século XX, para considerar tanto a distribución diatópica coma a vixencia na lingua espontánea e na lingua declarada polos falantes.\n2. A NTECEDENTES : NÓS E NOSOUTROS NAS DESCRICIÓNS GRAMATICAIS\nA presentación das dúas formas como unha var i able é dominante na feble tradición gramatical previa á elaboración das Normas, con só dous casos de excepción: no primeiro dos textos considerados, Francisco Mirás, que redacta e publica a súa breve gramática en ambiente compostelán, só consigna nosoutros (1968 : 14 - 15), aínda que nos textos que inclúe no cabo use tamén nós ; no treito fi nal do período considerado, para Carballo só nós representa o “galego común”, de xeito que as formas compostas son desprazadas a unha nota a rodapé (“Existen las 1 Por razóns de brevidade, en adiante e sempre que non se advirta de forma específi ca, nós representa a nós e vós, e nosoutros a nosoutros, nosoutras, vosoutros e vosoutras. Cada unha delas representa, ademais, todas as variantes fónicas. Con todo, hai indicios e testemuños certos de que a vixencia de ambas as formas pode non ser igual na P 4 ca na P 5 (cf., p. ex., Suarna : 143).\nAsípois, hai amplo consenso e recoñecemento na nosa tradición gramatical para a consideración como formas normativas tanto de nós coma de nosoutros, pero non podemos esquecer que na altura xa Carballo advertira o carácter “común” (isto é, ‘normal’) só de nós. En efecto, comezara un proceso de secundarización de nosoutros na literatura lingüística (“non literaria”, “dialectal”, “arcaica”...), e por primeira vez déitanse sombras de sospeita sobre as formas compostas, por causa da súa similitude formal coas do castelán:\n3. A FORTUNA NA LINGUA LITERARIA\nNós é a variante máis frecuente na lingua escrita en todos os tempos, pero nosoutros nunca deixa de estar presente ao seu carón, con maior ou menor visibilidade segundo as épocas: «E porque nosoutros que estamos tan lexos, aquelas festiñas xamais as veremos» (1746, Sarmiento). O grá fi co que segue, elaborado a partir dos datos de TILG, mostra esa presenza continuada, pero desigual e azarosa, na escrita moderna:\nOs datos fornecidos polos textos das primeiras décadas do século XIX son, ao noso xuízo, especialmente signi fi cativos, porque, como é coñecido, comparten de forma xeral a vontade de mostrar un galego verosímil nun galegofalante e están menos mediatizados cós das épocas seguintes polos criterios con que se vai conformando un modelo de galego culto. Feito o baleirado das formas tónicas da P 4 do volume Papés —que contén todos os escritos en galego entre 1797 e 1846 coñecidos en 2008 —, dános unha presenza notable de formas compostas:\nAdvírtense neles algunhas tendencias que se corresponden con comportamentos que comprobaremos tamén en falantes espontáneos de fi nais do século XX. As í, o cadro mostra o predominio absoluto de nós, con case as tres cuartas partes dos rexistros; pero mostra tamén como nosoutros aumenta a súa proporción na función de suxeito. Algúns autores presentan\nAs razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras unha clara especialización funcional entre as dúas variantes, con preferencia da composta como nominativo e da simple como complemento; asías diferencia quen se oculta baixo o nome de Ramón González Senra (Santiago 1812), que ademais nos ofrece unha cantidade de exemplos que deixa pouca marxe para a dúbida: de 13 rexistros, seis son de nosoutros (5 Sux., 1 Atr.) e 7 de nós (6 con prep., 1 tras nexo comparativo).\nTomemos como mostra, para facer unha cala personalizada, a lingua de Xoán Manuel Pintos, contemporáneo de Saco Arce e un dos protagonistas máis destacados na con fi guración do galego culto moderno, verdadeiro impulsor do Rexurdimento; como pontevedrés, pertence a unha área en que hoxe as formas compostas están practicamente desaparecidas. Pois ben, para a P 4 ofrece un total de 38 rexistros 3 : deles, 18 corresponden ao suxeito, repartidos ao 50 % entre nós e nosoutros ; como termo de preposición, en cambio, o uso de nosoutros é moi minoritario (4, de 17), e falta no segundo termo da comparación (3, todos de nós).\nA través da escrita é difícil establecer sen marxe de dúbida que nosoutros e vosoutros tiñan sempre, nestes autores, un signi fi cado diferente. Ora ben, nos máis dos casos, parece que deben interpretarse como contrastivas. Vexamos algúns exemplos:\nTamén vos teño a todos vós diante párrocos dignos, e a vosoutros cregos, corporación ilustre de esa vila (Pintos 1853). Non teñades sentimento que Camiño se separe para sempre de nosoutros pois é gallego e esto baste (Pintos 1859). Ca de estorbar, mi Señor!! nosoutros non lle falamos cousas que non se poidan oir (Alameda 2 1836). Eu ben sei que á muller ten alma, entendemento memoria voluntâ é sentidos como nosoutros (Cacheiras 1836). Vemos, por tanto, que nesas primeiras décadas da andadura moderna as formas compostas estaban ben arraigadas na escrita. Sen embargo, no terceiro cuartel do século XX Carballo ten a percepción de que nosoutros e vosoutros non son “comúns” e de que son “de escaso uso literario”, ou sexa, escrito. En efecto, cando se elaboran as Normas sábese da súa vitalidade outrora, pero xa non se ten a percepción dese vizo; os datos de TILG mostran que nas décadas centrais do século foron case abandonadas, cos seus mínimos históricos nas décadas dos conese contexto de esmorecemento, que coincide cun novo pulo da escrita en galego, e non debe ser alleo á recuperación que se produce a partir desas datas.\npdf). 4 Usamos como fonte o TILG que se ofrece en aberto (2009). Nesa versión non está concordada a totalidade das formas nós, como ocorre con outras palabras gramaticais moi frecuentes, pero si todos os rexistros de nosoutros. Por tanto, as porcentaxes reais poden ser aínda máis desfavorables para a forma composta. Grá fi co 2. Evolución da escolla na P 4 (nós / nosoutros) durante o século XX. Elaborado a partir de datos do TILG 4\n4. O USO NA LINGUA FALADA\nComo xa foi anunciado en parágrafos precedentes, a norma apóiase sobre todo no coñecemento da gramática dialectal conseguido por volta dos anos setenta do pasado século; mais, como tamén xa se dixo, a distinción de signi fi cado normativa entre nós e nosoutros non se dá en todo o dominio do galego nin ten o mesmo grao de vixencia para os distintos grupos sociais.\n4.1. Dúas grandes áreas dialectais\nAs razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras\n(mapa nº 1). Non podemos pasar por alto que a primeira, o territorio galego en que máis e mellor triunfou nosoutros, é contigua dos territorios hispánicos en que prosperaron variantes equivalentes.\nContemplado o conxunto da área e dos seus grupos sociais, as dúas interpretacións son compatibles, pois nós parece ser protagonista de dous procesos que se dan asemade: detéctanse indicios da emerxencia de nós implicada nun proceso de cambio por substitución que se comeza a dar paseniñamente na área, en detrimento da forma característica desta modalidade (novas xeracións, influencia dos medios e do galego escrito, ambiente urbano e presión vilega, valoración como trazo dun modelo máis depurado...); mais, xunto a eles, hai testemuños de nós que inequivocamente se presentan como conservadores (falantes maiores de instalación monolingüe, diferenzas sutís, etc.). 2. A «área nós », moito máis ampla, ocupa o resto do territorio. Todos os falantes se recoñecen na forma nós, que é a usada normalmente por individuos de todas as idades; en enquisa directa, case nunca se obtén nosoutros, sexa porque xa non forma parte do sistema do informante, sexa porque é tan pouco visible que non lle acorda, sexa porque a oculta á mantenta 9. Con todo, aínda se poden levantar testemuños de nosoutros en uso espontáneo, mais sempre procedentes de falantes maiores ou xa desaparecidos, de alto valor diacrónico e probatorios da vixencia que a forma composta tivo ata época recente. Non hai factores de prestixio ligados a nosoutros, polo que en ningún lugar se detecta a súa penetración moderna e innovadora na «área nós », a pesar de que entre certos grupos de falantes podería bene fi ciarse do seu parecido co español; este é un dos varios procesos de cambio, polos que unha forma diferencial occidental se estaba difundindo de xeito espontáneo, con anterioridade á elaboración da norma. Pódese a fi rmar sen reservas que os falantes novos e os de\nmediana idade non usan nunca nosoutros, e a maior parte só sabe da súa existencia a través 8 Nós [' O ] no centro e occidente e nós ['o] no oriente. A presenza da variante con vogal pechada, moi conservadora, en congruencia con toda a banda do galego oriental (ALGa : II 146, 147) e co asturiano occidental reforza o carácter autóctono da variante secundaria. Tamén nos dialectos asturianos nós é minoritaria fronte á forma composta, a usual en todo o dominio, e recúa ante o avance desta. A variante máis conservadora recóllese sobre todo en áreas laterais: na banda oriental e, sobre todo, na do asturiano occidental (nós, nosoutros, nosoutras), limítrofe co galego asturiano (información de Ramón d’Andrés, director do proxecto ETLEN, que agradezo). 9 Outros autores con fi rman a nosa experiencia. “Os puntos en que se recolleu a forma nosoutros foron 006 [=Nemenzo] e 007 a e 007 b [=Marantes]. [...] As informantes de Conxo negaron reiteradamente que empregasen nosoutros ; sen embargo, nosoutros e vosoutros aparecían de modo espontáneo na súa fala e ó preguntárselles pola conxugación verbal. Tamén rexistramos nosoutros nunha muller de San Lourenzo” (Compostela : 173). “ Nossoutros sentio en (EST SV); vossoutros em (SV). Estas duas variantes ouvias apenas circunstancialmente. Mais tarde ao intentar veri fi car em cada aldeia a sua existencia apareceram só nós e vós ” (Trasmiras & Cualedro : 41 - 42).\nAs razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras do ensino 10 ; o cambio lingüístico cara á súa desaparición semella imparable, salvo que o éxito na implantación do estándar mude esa tendencia. Hai espazos en que estas formas xa non se rexistran en absoluto. Isto ocorre de maneira máis notable conforme avanzamos cara ao cadrante suroriental (mapa nº 1), ao punto de que na provincia de Ourense son practicamente descoñecidas 11. Para valorarmos ata que punto desapareceu nosoutros do sistema no centro e sur da Galicia oriental, poden ser ilustrativos algúns dos comentarios de informantes do sur de Lugo; únense aos moitos que declaran que non as coñecen e que nunca as oíron en galego: Os vellos de antes dicían connosco. Tamén haberá quen diga con nosoutros, pero en galego é con nòs (Palas de ReiLU). Nòs, aquísempre se dixo as í. O que ti dis é case castelán (TaboadaLU). Nosoutros, si..., noutros sitios. Hai moitas maneiras de falar... (PantónLU). Con nosoutros dino os que se botan de distinguidos e de máis cultos. Nós dicimos con nòs (PantónLU). Xunto co proceso espontáneo que cohesiona a «área nós » arredor dun paradigma cunha soa forma, eliminando nosoutros, prodúcese outro polo que nós parece ampliar o seu dominio, acantoando a outra variante e desprazando a isoglosa da «área nosoutros » en dirección nordés.\n4.2. A cuestión da diferenza de signi fi cado\nDa exposición anterior conclúese que nós é forma secundaria na «área nosoutros » e que nosoutros é forma secundaria na «área nós »; esta constatación avala e dálle todo o sentido á presenza das dúas variantes no paradigma do galego estándar. Ora ben, resta por considerar a cuestión da diferenza de signi fi cado, sobre a que non hai coincidencia, porque nos lugares en que as dúas formas coexisten pódense dar tres situacións diferentes: (1) teren signi fi cado plural diferente, no sentido recollido nas Normas ; (2) ocuparen posicións diferentes no sistema, por se especializaren en funcións sintácticas distintas; (3) equivaleren en signi fi cado e función, polo que a distinta frecuencia de uso obedece a outros factores (o de estaren involucradas nun proceso de substitución, corpo fonético, capacidade de explicitar o xénero...). 1. A diferenza de signi fi cado proposta nas Normas rexístrase sobre todo na «área nós », e de forma máis constante na Galicia occidental (a maior parte da provincia da Coruña e o oeste e sur da de Pontevedra) 12. A distinción nós:nosoutros aparece con bastante frecuencia de forma espontánea nas gravacións, sobre todo en persoas maiores; non é raro que esas mesmas persoas a fi rmen usar só e sempre nós e descuali fi quen despectivamente nosoutros como “fala de 10 As referencias ao carácter esporádico dos testemuños e á avanzada idade dos produtores son recorrentes nas descricións: “De todas maneras, de nosoutros y vosoutros los ejemplos que se recogen pertenecen a hablantes de máis de 40\nnós entendémonos, ó demáis, aquífalar non se sabe.» (Abraído, Tar.)”. Fernández (1981 : 115 - 116) rexistrou esta diferenza de signi fi cado no galego falado nos Ancares leoneses; posiblemente sexa tamén este trazo o que Muñiz chamou “valor enfático” na súa descrición do galego de Allande (Valledor : 273).\nvellos” 13. Algúns, como a informante de MerínVedra-CO (n. 1919) recoñece a forma nosoutros porque a usaba súa nai (probablemente con signi fi cado distinto ao de nós, coma aínda hoxe na veciña San Mamede de RibadullaVedra); é dicir, os datos apuntan a que estas formas eran normais en todo o occidente no século XIX, como testemuñan as gramáticas e a literatura, e se fi xeron desusadas só no prazo de dúas ou tres xeracións.\nNa maior parte dos lugares da Galicia occidental en que conviven as dúas formas, os falantes —incluso moitos dos que xa só usan a forma simple— teñen aínda competencia pasiva e son plenamente conscientes da falta de equivalencia, se ben ás veces amosan di fi cultades para explicar en qué consiste. Se nos guiaramos pola interpretación de bastantes informantes, teriamos que concluír que nosoutros se especializou como ‘os da nosa casa, a miña familia’ ou\n‘os do noso lugar’. Como dixemos, os puntos en que rexistramos nós:nosoutros concéntranse sobre todo no suroeste de Pontevedra e no centro e occidente da Coruña, mais hai pegadas que nos indican que a área de expansión foi moito máis grande e compacta ata época recente; escollemos intencionadamente como mostra algunhas explicacións de informantes lucenses: nós úsase se acaso para un grupo grande e nosoutros para un pequeno, porque somos tres ou catro nada máis que facemos unha cousa (AltaLugo-LU). nosoutros é máis raro ca nós, refírese a unha serie de individuos que facemos algo (VilarelloLáncara-LU).\nnosoutros son os da casa, coñecidos e moitos xuntos (O CoutoSamos-LU).\nTomando en consideración as explicacións dos falantes e o seu uso espontáneo, pódese concluír que nosoutros, -as son formas de plural marcadas, usadas de forma contrastiva para se referir a un grupo delimitado por un risco, expreso ou coñecido, que comparten os individuos que o integran:\nnon é que falemos nosoutros portugués [...] sinón qu’eles [...]. Hai muitas palabras qu’eu, que nosoutros pronunciamos que son idénticas cás deles (CamposancosA GuardaPO). Vosoutros sólo érades dous irmáns, pero nosoutros éramos catro e tíñamolo máis difícil (AbanqueiroBoiroCO).Eíbamos ó chinchorro, ó aparello lle chamábamos daquela, e andábamos pois, pasando as calamidades de Ghesucristo, nosoutros daquela aqu í... o único que podíamos comer era cando había un cacho de pan de millo, e unha caldeirada de patacas, porque... (RianxoRianxo-CO). –¿Aquía que andades? –dice o contramaestre–. ¿A que andan ustedes? / –Ah, pois nosoutros andamos á vieira (DarboCangas-PO). Sempre uns están mellor e outros están peores. E nosoutros vamos tirando... (ForcadelaTomiño-PO). Porqu’ese ten a pesqueira pa coller lampreas; entón noñe interesa que nosoutros pesquemos cun ela\n(Caldelas de TuiTui-PO). Na maior parte dos casos, o trazo de fi nidor é consabido, pero pode explicitarse por medio dun sintagma en aposición: Asíque nosoutros os pescadores, se queremos temos... que ir a roubar, porque... (Caldelas de TuiTui-PO). Está presente, por tanto, a identi fi cación confrontativa engadida polas formas de alteridade que interveñen na composición: a delimitación realízase adoito en sentido positivo (‘nós, estes/estas [que...]’); con menor frecuencia, o grupo está delimitado negativamente, por non compartir as características dominantes ou establecidas (‘nós os outros/as outras’, ‘nós, os/as demais’). É un “plural exclusivo” na medida en que chama a atención sobre a existencia dun 13 Por exemplo, o máis vello e rural dos informantes de CarballoCarballo-CO (n. 1936) recoñece as dúas formas e o seu signi fi cado, pero di que non usa nosoutros porque “ese é falar de vellos”; unha das informantes de MelideCO (n. 1943) despacha a distinción “nós / nosoutros” como cousa de “xente moi maior” e non quere nin esforzarse en explicala.\nAs razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras límite, e en consecuencia exclúe todos os demais individuos que están fóra del; mais, a diferenza do que ocorre noutras linguas, non se manifesta en relación coa inclusión ou exclusión do receptor, xa que nosoutros pode incluír ou non a ‘ti’ (vai de seu que vosoutros nunca pode incluír ‘eu’). Isto non signi fi ca que, en contrapartida, nós e vós teñan carácter ‘inclusivo’ fronte a nosoutros e vosoutros ; as formas simples son formas de plural non marcadas, e por iso extensivas, de aíque sexan “válidas en todos contextos” e deban “ser preferidas en caso de renunciar á distinción mencionada”, como se advirte e recomenda nas Normas (RAG/ILG\n2. Tamén se observa unha tendencia a distribuír as dúas formas entre os contextos sintácticos en que poden aparecer as formas tónicas, preferentemente especializando nosoutros como nominativo e instalando nós como termo de frase preposicional e / ou segundo termo da comparación. Dáse, sobre todo, na Galicia nororiental, e por tanto na chamada «área nosoutros »; de feito, este trazo aparece recollido no texto das Normas particulares do galego asturiano, aínda que no cadro non se establece unha diferenza normativa entre nosoutros e nós 14 :\nAs formas características de todo el galego de Asturias (vivas tamén en muitas comarcas de Galicia) son nosoutros e vosoutros ; nós e vós úsanse normalmente como formas tónicas precedidas de preposición (MDGA: 35).\nNon temos datos para conxecturar acerca da antigüidade desta especialización funcional, pero si para constatar que o reaxuste está en proceso e que non hai aínda un ou máis sistemas novos plenamente asumidos comunitariamente; nalgúns casos mesmo dubidamos de se se trata realmente de trazos colectivos —de comunidades máis ou menos grandes— ou de opcións individuais. Aínda as í, a pesar da disparidade de comportamentos entre uns e outros informantes, pódense tracexar algunhas liñas tendenciais: (a) nosoutros tende a asociarse máis co nominativo, e aíresiste mellor, como forma única ou non, fronte ao pulo de nós ; b) a instalación de nós no segundo termo da comparación e tras preposición non segue ritmos coincidentes, polo que se introduce unha diferenza formal pouco común en galego (cf. para min, ca min); c) o uso de nós como forma única ou preferente está máis difundido tras prep. con (en lugar da forma connosco, descoñecida neste territorio) ca tras outras preposicións. Vexamos algunhas mostras desa disparidade, tiradas de respostas obtidas en enquisa directa:\nNosoutros non o sabemos. Iso habemos ter que facelo nosoutros. Ela é máis nova ca nosoutros / Agardade por nosoutros (nôs), Pois non quixo ir con nosoutros (nôs) (O CorgoLU). Nosoutros non o sabemos. Iso habemos ter que facelo nosoutros. Ela é máis nova ca nosoutros. Agardade por nosoutros / Pois non quixo ir con nós (Outeiro de ReiLU). Nosoutros non o sabemos. Iso habemos ter que facelo nosoutros. Ela é máis nova ca nosoutros / Agardade por nôs. Pois non quixo ir con nôs (PastorizaLU). Nosoutros (nôs) non o sabemos. Iso habemos ter que facelo nosoutros (nôs). Agardade por nosoutros (nôs) / Pois non quixo ir con nosoutros  nôs / Ela é máis nova ca nôs (BarallaLU). Nosoutros~nós non o sabemos / Iso habemos ter que facelo nós. Agardade por nós. Ela é máis nova ca nós. Pois non quixo ir con nós (Os VilaresGuitiriz-LU).\nOs nosos datos, avalados pola enquisa directa, mostran que a especialización funcional ocorre con maior frecuencia no mindoniense oriental (dentro da «área nosoutros ») e na zona luguesa de contacto entre as dúas áreas; en parte contribúe ao mantemento de ambas as variantes, como solución de resistencia fronte á ampliación da «área nós » en dirección nordés.\nNa banda de transición entre as áreas, o ascenso de nós na «área nosoutros » prodúcese seguindo pautas de comportamento semellantes, isto é, avanza preferentemente como forma oblicua. Aumenta a presenza de nós no nominativo e amplíase o seu abano de contextos conforme avanzamos cara ao sur, transitando da «área nosoutros » á «área nós ».\na) En falantes que usan de forma habitual nosoutros, a forma composta parece funcionar como forma «plena»; a variante con menor corpo fonético segue a unha ou máis mencións de nosoutros co mesmo referente: Daquela eran catro os que comían os bistés e nosoutros criábamolos puchiños, e hai que deixarlle o leite, pagarían un pouquiño máis, e eles comerían os bistés e nosoutros pasábamos sen leite e mais sennos bistés, e nós mantíñamolos puchos (NarónCO). E eu ós meus fi llos cando lles decía eso, pos ríanse... ríanse de nosoutros..., claro, facíalles gracia, ó cativo lomenos faille unha gracia terrible..., rise de nós (GuitirizLU). b) Nosoutros, e sobre todo nosoutras, responde á conveniencia de expresar o xénero, como explican estas informantes (cf. Saco 1868): nosoutras cando se quere dicir que é un grupo só de mulleres; se non, nós (Pedra fi taLU). Agardade por nós. Se son todas mulleres pode ser nosoutras (ChandrexaOU). c) A escolla entre nós e nosoutros responde a factores sociolingüísticos, nos máis dos casos como testemuño dun proceso de cambio xeracional, por substitución. Algúns autores de monografías dialectais sinalan este aspecto: [en catro das parroquias estudadas] alternan as dúas posibilidades, pero cunha distribución xeracional: a xente máis vella utiliza nosoutros e vosoutros algunha vez, pero a xente máis nova xa opta claramente polas formas nós e vós, non empregando nunca as outras (Guitiriz : 77).\nEsta tendencia substitutoria obsérvase con moita frecuencia nas gravacións, sempre no sentido de ampliación da visibilidade de nós. Podemos exempli fi calo con tres testemuños diferentes, que nos orientan nesa única dirección: (1 º) de todos os informantes entrevistados nas distintas parroquias de Palas de ReiLU, os cinco que empregan nosoutros naceron antes de 1940 (tres deles parece que só teñen esa forma), mentres que outros coetáneos e todos os máis novos usan sempre nós ; (2 º) no texto de PantiñobreArzúa-CO interveñen tres mulleres de tres xeracións da mesma familia, a avoa usa adoito nosoutros e nunha ocasión nós, a nai sempre nosoutros e a fi lla sempre nós (a pesar de haber varios contextos en que ten claramente valor exclusivo); (3 º) a nai usa constantemente nosoutros, interveñen os fi llos na conversa usando nós e acto seguido ela usa nós, antes de volver ao seu habitual nosoutros (FriolLU). Hai factores de prestixio, que de cando en cando asoman nas gravacións ou nas enquisas. As í, por exemplo, en CariñoCO asegúrannos que as formas compostas son únicas nos falantes vellos e que tamén dominan nos máis novos en círculos familiares (na casa, cos amigos...), pero que estes «melloran» o seu galego empregando nós noutras situacións comunicativas (p. ex., con alleos). Outros apoian o seu uso de nós manifestando desapego cara ás formas compostas, con comentarios do tipo “é que vosoutros é máis fi no” (PiñorOU) e “só as usa a xente que quere destacar de máis distinguida ou culta” (PantónLU), ou dicindo que son propias de “xente de máis da montaña, máis aisladas” (MuíñosOU).\n4.3. A distinción de xénero\nAs formas compostas teñen marcas formais de xénero (nosoutros / nosoutras), trazo que pode verse como un bene fi cio fronte ao sincretismo de nós. Asío recoñeceron Saco e outros (vid. supra), que orientan o uso cara a nosoutras e nosoutros cando se queira facer explícito ese risco.\nNa fala espontánea é frecuente que esa oposición de xénero se suspenda a favor da forma masculina, como termo non marcado da oposición, polo que non é raro topar con informantes (tamén mulleres) que mostren estrañeza ante a variante nosoutras. Algúns estudos locais recollen este trazo gramatical; o comportamento está tan asumido que se chega a identi fi car cunha característica do galego fronte ao español:\nEste uso sincrético existe como posibilidade en toda a «área nosoutros », a que dá maior número de ocasións para comprobar a suspensión da marca de xénero; non podemos asegurar a mesma constancia dentro da «área nós », pois carecemos de mostras espontáneas abondas en que comprobalo. Os e as informantes que en enquisa directa din que a forma é descoñecida ou desusada concéntranse especialmente na metade occidental da área mindoniense e no bordo suroccidental da «área nosoutros ». Na selección de exemplos espontáneos que segue, móstrase que o uso de nosoutros non é incompatible coa presenza de formas cohesivas que porten marcas de xénero feminino:\nEra cando nos xuntábamos os mozos e as mozas eíbamos asíás festas de cerca, e eles levaban o viño, nosoutros levábamos as roscas, as rosquillas e esas cousas (FriolLU). –Ai condenadas, que... que... pillas sodes, que traidoras, que vosoutros non empezastes, pero empezastes por nosoutros (BegonteLU) [ nosoutros é o grupo dos homes]. E estaba arrimado desta maneira a..., o..., ó abedugo, e arrimado quedou, e nosoutros marchamos co carro, e... asífomos, non nos dixo nada. Nesoutros fomos entranquilas e en gracia de Dios (VilalbaLU).e non éramos nosoutros solas, que era todo o mundo (NarónCO). E nosoutros todas estábamos al í, e vimos a sombra dun home, ai, botamos a correr pensando que era a guardia civil [...], nosoutros botamos a correr que non había por onde collernos [...] e entonces, nosoutros, noo conocemos e el senteuno que estábamos xogando ó corro e alícantando e ríndonos todas...\npícaras e, veu por al í, pero nosoutros nada, como noo conocíamos botamos a correr (ViveiroLU). Naturalmente, coa mesma espontaneidade, pero menor frecuencia, pode recollerse a variante con marcas de xénero feminino: e [as meigas] tiñan un animal desos que lle chaman o sapo, preso cun cordón por unha perna [...] e decían «salta saparranchón, pra eles si e pra..., e pra nosoutras non» (Castro de ReiLU). Vosoutras as mulleres cansaisvos axiña (BecerreáLU). Naide nel pueblo la viu más que nusoutras ; ¡que cousa más rara! (VillallónAS).\nPor iso resulta sorprendente que non só Saco —que podería responder a un trazo observable nunha contorna reducida—, senón os seus seguidores tomasen este trazo como o fundamental para motivar a escolla entre nós e nosoutros, toda vez que o uso xeneralizado leva a unha forma igualmente sincrética, nosoutros. Contra esa tendencia van as Normas, ao recolleren sen excepción a moción xenérica: nosoutros / nosoutras, vosoutros / vosoutras (RAG/ ILG 2003 : 89).\n5. C ONCLUSIÓN\nA escolla nós / nosoutros, -as e vós / vosoutras / -as segue “as boas tradicións da lingua antiga” e dálle prioridade a un trazo que está vivo en falantes monolingües conservadores e que viña sendo habitual para o conxunto da comunidade ata época bastante recente; un trazo, ademais, ben avalado no uso polos nosos escritores ata o primeiro cuartel do século XX. O ditame normativo debe contribuír a afastar os prexuízos e o desprestixio que con frecuencia acompañan as formas máis tradicionais, e de feito non debeu ser alleo á recuperación na escrita que se advirte nas últimas décadas. É ademais unha escolla harmónica coas outras linguas romances que non eliminaron un dos membros da parella (coma, con distintos graos de vitalidade, portugués, francés e italiano).\nAs razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras\nR EFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS\nnuel Mirás. Papés = Mariño Paz, Ramón / X. R. Barreiro Fernández / Rosa Aneiros Díaz (eds.) (2008): Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I). Santiago de Compostela: CCG (http://consellodacultura.org/mediateca/files/ 2008 / 09 /papes_demprenta.pdf). RAG/ILG = Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (2003 [ 1982 ]): Normas ortográfi cas e morfolóxicas do idioma galego. Vigo: RAG/ILG.\nfronteiriços de Trásos-Montes. Separata da\nSchneider, HansKarl (1938): “Studien zum Galizischen des Limiabeckens (Orense - Spanien)”, VKR\nSuarna = Santamarina Fernández, Antón (1973): El habla de Suarna. Tese de doutoramento. Univ. de Santiago. Terra Chá = Regueira Fernández, Xosé Luís (1989): A fala do norte da Terra Cha. Estudio descritivo. Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. TILG = Santamarina [Fernández], Antón (dir.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega (http://www.ti.usc.es/tilg/). TMILG = Varela Barreiro, Xavier (dir.): Tesouro medieval informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega (http://www.ti.usc.es/ tmilg/). Valladares Núñez, Marcial (1970 [ 1892 ]): Elementos de gramática gallega. Vigo: GaValledor = Muñiz, Celso (1976): El habla de 1 Valledor. Estudio descriptivo del gallego asturiano de Allande (AsturiasEspaña). Amsterdam: Akademische Pers. Veiga = Fernández Vior, José Antonio (1997): El habla de Vegadeo (A Veiga y su concejo). Uviéu: Academia de la Llingua Asturiana."} {"summary": "Tras unha presentación da Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania (BADARE) e do progresivo baleirado nela de diversos atlas lingüísticos da Romania, preséntanse tres mostras da variación diatópica deste tipo de refráns no espazo iberorromance: (1) coa implicación do arco da vella, (2) dos roibéns e (3) das imaxes de ceo ovellado e afíns. Cómpre destacar o grande interese dos materiais contidos nos atlas románicos, que se poden complementar cos doutras obras vinculadas á lingua e ao territorio: repertorios paremiográficos, monografías dialectais, achegas diversas. Aínda que non parece factible un grande atlas paremiolóxico romance nin sequera de segunda xeración, pois os refráns (meteorolóxicos o de outros tipos) son nos atlas de primeira xeración unha propina ocasional, coidamos que mediante a base de datos BADARE se poden administrar eses materiais de xeito que faciliten o estudo da paremioloxía románica ligada ao territorio.\nTras unha presentación da Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania (1) e dos diversos atlas románicos que lle sirven de fontes (2), presento tres mostras da variación diatópica deste tipo de paremias no espazo iberorromance: refráns meteorolóxicos coa implicación do arco da vella (3.1), dos roibéns (3.2) e das imaxes de ceo ovellado e afíns (3.3). Na conclusión (4) pondero a utilidade dos materiais procedentes dos atlas románicos na investigación xeoparemiolóxica.", "text": "Refráns meteorolóxicos e atlas románicos, paremioloxía e territorio\na base de datos badare e as súas fontes\nA Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania, á que corresponde o acrónimo BADARE, é un proxecto que dirixo desde a Universidade de Barcelona (véxase a referencia na primeira páxina deste artigo). O correspondente equipo investigador está constituído por once investigadores de diversos centros universitarios españois e estranxeiros. Sobre a estrutura e a metodoloxía de BADARE, véxase o traballo de Pilar Río (2009: 173180), unha das investigadoras do equipo.\nA base pretende mostrar, coa axuda das novas tecnoloxías, a inmensa riqueza de saber patrimonial compartido en torno á meteoroloxía popular polos pobos románicos de Europa. Pódese consultar en liña (http://stel.ub.edu/badare/), e comezou a acoller fichas de refráns meteorolóxicos (do calendario ou vinculados a espazos de tempo diversos, e tamén sen implicación cronolóxica) o ano 2006. Dende o primeiro momento prestou atención especial á variación diatópica, á localización dos refráns nas obras de referencia, que adoita ser un indicio de fiabilidade nun ámbito científico en que a transmisión (chámese incluso copia) paremiográfica foi sempre unha práctica moi común.\nOs refráns que acolle BADARE tómanse sistematicamente de fontes escritas publicadas no último século e medio. A base permite ao usuario catro tipos de busca, por separado ou combinadas:\n(1) Textuais, que permiten rastrexar palabras ou fragmentos delas nas caixas de “texto”, “tradución literal”, “glosa” (cita literal) e “comentario”. Por exemplo, “agua de mayo”, na caixa de “texto”, conduce a un refrán como Agua de mayo, pan para todo el año. É de moita utilidade para as localizacións atribuídas aos refráns a caixa de “comentario”: así, mediante a busca nela de “Barcelona”, atópanse os refráns que as diversas fontes atribúen a esta cidade. (2) Por linguas (unha, dúas, tres ou todas as da base). Por exemplo, para obter refráns con referencias textuais, asignacións conceptuais ou fontes bibliográficas compartidas por dúas ou tres linguas. (3) Conceptuais: por ámbitos temáticos, categorías e subcategorías. Por exemplo: Cronoloxía > mes > maio + (b) Meteoroloxía > choiva, chover + (c) Ámbito temático xeral > tarefas agrícolas > colleita + augurio > bo augurio: dá como resultado a paremia castelá Agua de mayo, pan para todo el año e outras conceptualmente afíns. (4) Por fontes bibliográficas, ordenadas por apelidos de autores: con posibles combinacións de ata tres fontes, o que permite observar a transmisión paremiográfica de refráns que aparecen como variantes nunha mesma ficha. Así, Año de nieves, año de bienes, en Rodríguez Marín (1883), Rodríguez Marín (1896) e Martínez Kleiser (1989 [1953]).\nA partir do enlace de Fuentes, pódense realizar buscas textuais nas caixas de (1) Autor, (2) Título, (3) Editorial, (4) Lugar e (5) Fecha. Por exemplo, Marín na primeira caixa conduce a diversas obras de Francisco Rodríguez Marín. A voz almanaque na segunda caixa restrinxe o resultado a Los refranes del almanaque, obra publicada por ese autor en Sevilla o ano 1896. Ofrécese tamén a posibilidade de interrogar á base sobre detalles filolóxicos valiosos como número de páxina, número (e letra) de refrán, sub voce (en entradas de dicionario), volume e número de mapa (en informacións procedentes de atlas lingüísticos).\nEntre as fontes librescas, hainas que revisten un interese especial para a relación da lingua co territorio: así, achegas de refráns de áreas ou rexións específicas, como a de Extremadura (Díaz 1991); así tamén, monografías dialectais de corte tradicional, que inclúen refráns, como a de Zamora Vicente (1943) en Mérida. Así mesmo cómpre destacar a serie de coleccións de nomes de nubes, néboas e ventos en diversas comarcas do Principado de Cataluña, impulsada por Albert Manent, que achega refráns vinculados aos tres meteoros de referencia, con abundante implicación da toponimia local. Hai tamén dicionarios que dan conta de refráns acreditados de primeira man nos lugares de referencia, como o gran DCVB para o ámbito do catalán. E incluso repertorios dun ámbito romance nos que se confrontan os refráns cataláns cos homólogos doutros espazos neolatinos (Gomis 1998) 1. Nesta liña de estudo da paremioloxía ligada ao territorio, ben pouco observada ata de agora, coido que a explotación de datos procedentes dos atlas lingüísticos da Romania abre camiños de investigación ben prometedores. Por iso, na empresa colectiva de BADARE aténdese na presente fase de traballo aos atlas románicos, dende os de grandes dominios (como o ALPI ou o AIS), pasando polos de dominios medianos (ALGa, ALEANR, ALDC), ata os de áreas menores como a do Bierzo (ALBi).\n2. o s atLas románicos\n2.1. O ALGa (Atlas Lingüístico Galego, vol. IV, 2003)\nDespois dunha primeira achega procedente deste impagable volume (Gargallo 2009), María Pilar Río Corbacho, profesora da USC, ocúpase do baleirado exhaustivo en BADARE de refráns meteorolóxicos do ámbito lingüístico galego. O volume, consagrado ao léxico relativo ao tempo atmosférico e cronolóxico, contén un apéndice (o terceiro, na parte final) co título de refráns dos meses (p. 461474). En total, 883 testemuños de refráns do calendario, numerados correlativamente, que conteñen sobre todo referencias a meses, pero tamén a festividades ou días do calendario, como a Candeloria (2 de febreiro: números 204 ao 209), Santa Lucía (13 de decembro: números 872 ao 874) ou San Tomé Apóstolo (21 de decembro: número 877). Os refráns aparecen dispostos no apéndice por orde cronolóxicotemática e a mostra ofrece múltiples variantes de tipo fonético, morfosintáctico ou léxico en relación a paremiotipos básicos. Así, Xaneiro xeabreiro (25) e Xaneiro xiabreiro (26); Marzo pelarzo (304) e Marzo é pelarso (305); En maio queima a vella o tallo (463) e En maio aínda a vella arde o tallo (467). Cada rexistro vai acompañado do correspondente punto de enquisa do atlas. A continuación deste apéndice, os Índices do volume (p. 477531) inclúen un de ditos e refráns das notas (p. 519522), no que unha listaxe ordenada alfabeticamente relaciona varios centos de refráns, con entradas distintas tamén para leves variantes, como: (1) aire solán, auga na man ; (2) aire solano, auga na mano ; (3) aire solano, auga na man ; (4) aire solano, auga na mao ; e con remisión sistemática aos mapas e ás notas correspondentes. Nesta listaxe, para atopar a in1 Trátase de feito dun libro en que Cels Gomis i Serdañons recompila e reedita traballos e escolmas do seu avó, Cels Gomis i Mestre, orixinariamente publicados entre 1864 e 1915. Véxase o título na bibliografía final.\nformación sobre os respectivos puntos de enquisa, o lector deberá acudir ás notas indicadas dos mapas respectivos. Por exemplo, na páxina 169, no mapa 62a (Aire/vento do leste) e nas notas 23, 9 e 15, especifícanse os puntos P.9 (Santa Lucía de Moraña) –para o refrán aquí indicado como (1)–, C.35 (O Outeiro) –para o (2)–, L.18 (Viladonga) e P.5 (Moalde) –para o (4). E na páxina 159, no mapa 57a (Aire/vento do sur), a nota 16 localiza o refrán (3) en L.35 (O Outeiro). As iniciais das referencias aos puntos corresponden ás provincias 2.\n2.2. O ALBi (Atlas Lingüístico de El Bierzo, 1996, I)\nNo seu primeiro volume, o ALBi ofrece unha ducia de refráns meteorolóxicos do Bierzo, comarca fronteiriza onde se atopan o galego e leonés no contínuum románico do noroeste peninsular.\n2.3. Os atlas lingüísticos e etnográficos españois de Manuel Alvar\nNo ALEANR (Atlas Lingüístico y Etnográfico de Aragón, Navarra y Rioja) atópanse representados tres tipos romances: altoaragonés, castelán e catalán. Como outros atlas lingüísticos que ademais se ocupan de aspectos etnográficos, este inclúe paremias entre as informacións complementarias dos mapas relativos aos meteoros e ao ciclo festivo. Da colleita do ALEANR, xa incorporada a BADARE, ocúpome en Gargallo (2010).\nOutros atlas de rexións españolas dirixidos por Manuel Alvar, como o ALEA e o ALEICan, conteñen tamén este tipo de paremias. E de todos eles se fixo un baleirado exhaustivo con destino á base de datos.\n2.4. O ALeCMan (Atlas Lingüístico (y etnográfico) de Castilla - La Mancha)\nAtlas de nova xeración, o ALeCMan (2003-) contén unha riquísima achega de refráns dos meses, así como de fenómenos atmosféricos diversos. Pódese consultar en liña (http:// www.linguas.net/alecman/), e constitúe un complemento excelente aos atlas doutros espazos peninsulares dirixidos por Manuel Alvar (2.3). Un botón de mostra da magnífica colleita de refráns no atlas poderían ser as cinco páxinas do anexo de Notas sobre o mes de marzo (mapa 906), que contén ducias de testemuños do “paremiotipo” (ou tipo parémico) en que se invoca a Marzo, personificado, e se lle reduplica o nome con un derivado ad hoc que facilite a rima posterior. Así, o dialoxismo que aparece no primeiro lugar por orde correlativa: Marzo, marzueco, guárdame uno para mureco 3. [E responde Marzo:] Sí, te lo guardaré, pero el rabillo se lo cortaré (AB [Albacete] 207: Villamalea); en relación coa crenza no diálogo ancestral entre o home (a vella, o pastor) e Marzo que tantas manifestacións ofrece na cultura popular romance (Pedrosa 1995; Gargallo 2003: 48); e que xustifica igualmente a notoria profusión de refráns galegos en que se invoca a Marzo con duplicacións comparables a aquela: marceiro, marcelo, marcián, marciano, marsal, marsán, marzá, marzaco, marzagán, marzal, marzale, marzán, marzolo, marzola (derivados que seguen a Marzo na devandita listaxe de refráns dos meses do ALGa: 2.1).\n2.5. O ALDC (Atles Lingüístic del Domini Català, vol. III, 2006)\nContén as esferas semánticas do tempo cronolóxico e da meteoroloxía, e entre as informacións complementarias dalgúns mapas achega paremias. Por exemplo, no mapa 563 (La Candelera), que atribúe ao punto 188 (Alacant) o coñecido paremiotipo en que a Candeloria chora (Si 2 As catro de Galicia: provincia da Coruña = C; de Lugo = L; de Ourense = O; de Pontevedra = P. Por outra parte, para o “galego estremeiro”: Principado de Asturias = A; provincia de León = Le; provincia de Zamora = Z. 3 A forma mureco é variante disimilada de murueco, que o DRAE remite a morueco (“carnero padre o que ha servido para la propagación”).\nla Candelària plora ׀ l’hivern fora), e ademais unha singular variante para a segunda parte do refrán (l’hivern flora) que parece explicarse por ser esta a época da floración da amendoeira; fai pensar na paremia afín rexistrada por Sanchis (1951: 38, núm. 15) igualmente en Alacant (Si la Candelària flora, ׀ l’hivern està fora, ׀ i si no flora, ׀ ni dins ni fora) e –máis lonxe– na que o ALEANR (mapa 1148: La Candelaria), localiza en Roncal (N [Navarra] 206): Cuando la candelera plora, el invierno flora. Sobre as metáforas do chorar (chover) e o rir (sol, bo tempo) da Candeloria como predición inversa para o inverno restante, e sobre os paremiotipos correspondentes, véxase Gargallo (2004: 117121).\n2.6. Os atlas lingüísticos de Francia por rexións\nSegundo o plan ideado por Albert Dauzat dun Nouvel Atlas Linguistique de la France par régions, a mediados do século XX, o mosaico dialectal do hexágono galorromance componse actualmente de teselas en forma de atlas lingüísticos rexionais, onde a parte etnográfica ten un peso importante, proporcional á contribución deste tipo de paremias. En ocasións, as paremias parecen ben xenuínas. Ás veces van acompañadas da tradución literal ao francés, a linguateito e de redacción. Pero non poucas son visiblemente traducións literais a partir das correspondentes nas variedades autóctonas, segundo un hábito bastante común na tradición paremiográfica francesa. Está previsto baleirar pouco a pouco todo este material galorrománico (oïl, occitano, francoprovenzal) en BADARE.\n2.7. Atlas de espazos maiores: AIS, ALPI, ALEPG\nDo Atlante italosvizzero (AIS, 19281940) pódense espigar algúns refráns (en xeral escasos). Por outra parte, se deixamos a un lado o único volume do ALPI impreso ata de agora, de fonética (1962), esta grande empresa colectiva da filoloxía hispánica e románica do século xx vai camiño de ver a luz grazas ao proxecto Elaboración y edición de los materiales del Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, dirixido dende 2009 por Pilar García Mouton, e que permitirá a consulta en liña dos materiais do atlas. Da colleita dos refráns no ALPI dan unha idea como anticipo a publicación dos que presentan a imaxe do ceo ovellado e afíns en Aragón (Casanova 2004: 49), así como a de paremias diversas do ámbito administrativo valenciano (das dúas áreas lingüísticas, catalá e castelá) por parte de Vicent García Perales (2001).\nSeguen tamén aínda inéditos os materiais do ALEPG, pero grazas á xentileza de João Saramago (investigador do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa) dispoño dunha mostra de proverbios meteorolóxicos da que me sirvo na sección 3. Sobre este atlas, véxase Saramago (2006).\n2.8. O API (Atlante Paremiologico Italiano) e a Geoparemiologia\nNos anos 60 do século pasado o investigador italiano Temistocle Franceschi, membro do actual proxecto de ampliación de BADARE (véxase a referencia na primeira páxina), ideou un Atlante\nParemiologico Italiano, ligado á disciplina que el mesmo chama Geoparemiologia. A partir dun Questionario inicial (Franceschi et al. 19811984) ampliado despois (Franceschi et al. 1998/2000 2), consistente en fórmulas parémicas na linguateito italiana que constitúen o patrón para as enquisas no traballo de campo, hai xa anos que se elaboran monografías de lugares do ámbito italorromance (Franceschi 2010). O meu desexo é que os materiais correspondentes se vaian incorporando no futuro á base de datos BADARE 4. 4 Polo que respecta ao ámbito italorromance, os sete volumes do ALI (Atlante Lingüístico Italiano) publicados dende 1995 ata 2010 non inclúen as esferas semánticas do tempo cronolóxico e meteorolóxico.\n3. a rco da veLLa, roibéns, ceo oveLLado. t res mostras de xeopare -\nmioLoxía no espazo iberorromance\nAs tres mostras desta sección aproveitan datos do conxunto das dez mil fichas que contén BADARE en xullo de 2010. Procuro conxugar as informacións procedentes dos atlas (tamén as dos que esperan a súa inclusión na base de datos) coas doutro tipo de obras. Transcribo con fidelidade aos orixinais (só transformo en maiúscula a inicial minúscula dalgunhas fontes, para homoxeneizar criterios; e engado ocasionalmente signos de puntuación entre corchetes, para facilitar a lectura). Adapto a grafía aproximativa os refráns presentados en transcrición fonética (xa que a maioría de detalles fonéticos non teñen especial relevancia para o propósito desta investigación). A barra inclinada entre corchetes “[/]” indica salto de liña no orixinal.\n3.1. Arco da vella\nTal como afirma Pilar García Mouton (1984: 179), “[…] el pueblo no siempre lo ve con buenos ojos y son frecuentes los conjuros, hoy observados como cancioncillas infantiles, que tienen como finalidad la desaparición del arco”. En Portugal oféndeselle con fórmulas como as recollidas polo ALEPG: Arco da velha, tirate daí, que as moças bonitas não são para ti (Beja 3 - Serpa); Arco da velha sai daí, que menina bonita não vai para ai (Braga 1 - São Romão da Ucha). E de xeito similar é tratado nun par de testemuños do ALGa (mapa 91. Arco da vella, nota 8; C.38: A Serra de Outes): Arco de vela [, ] vaite de aí [, ] que as nenas bonitas non son para ti ; Arco de vella [, ] vaite de aí [, ] que as nenas bonitas non son para ti (O.2: Brués, Boborás). Posiblemente esa animadversión explica tamén o exabrupto que rexistra o ALBi (mapa 85: Arco iris / Arco da vella) na localidade berciana galegofalante de Dragonte: Arco da vella, tempo da merda.\nO arco multicolor non é visto en xeral como un indicio meteorolóxico a longo prazo. Pero a súa observación inspira nalgúns lugares crenzas sobre a súa función augural. As cores máis visibles considéranse sinal de colleitas propicias por afinidade cromática, segundo suxire o cuestionario do API (Franceschi et al. 2000 2 : 592) na fórmula italiana 11.05.13.02: Arcobaleno / se è verde – si fa del fieno, se è rosso – si fa del vino, se è giallo – si fa della paglia. Este augurio visual de bens tanxibles recórdame unha serie de indicios materiais por ducias (sal, cebola, noces) que dende o renovarse do ciclo anual (especialmente en torno ao solsticio de inverno) augura o tempo meteorolóxico dos doce meses do ano por vir en moitos lugares da Romania e do resto de Europa (Gargallo 1999: 264266).\nTal como preciso noutro lugar (Gargallo 2006: 304), o arco da vella raramente sinala o tempo mais alá da xornada (en xeral matutina ou vespertina, cando é máis doado velo, pola inclinación dos raios solares), ou dun día para o seguinte. Adoita estar en relación coas latitudes que indican o levante e o poñente do sol. Ou ben non indica lapso cronolóxico, pero é inherente á choiva que o precede, acompaña ou segue, e xustifica tantas e tantas fórmulas alusivas a cando chove e fai sol (Ferro 2007). Por iso, as manifestacións do arco como indicio meteorolóxico máis alá da xornada seguinte son excepcionais, ligadas á crenza na prefiguración máxica do tempo, como nos doce indicios materiais para o tempo de doce meses, ou nas previsións de choiva dun día para corenta. O arco da vella á travesía, tres semanas de invernía (ALGa, mapa 91, Cuíña, Traba, Laxe: C.17) é unha verdadeira rareza. En cambio, son moeda corrente as previsións que implican partes da xornada (3.1.1) ou un lapso cronolóxico dun día para o seguinte (3.1.2), así como as que descansan no poñente e o raiante solares (3.1.3). E, como en todo tipo de paremias, o recurso á rima é ingrediente común, tamén nos que non aluden ao tempo cronolóxico (3.1.4). Véxase ao respecto Gargallo (2006: 306312) e Río (2009: 180188).\n3.1.1. Mañá e tarde\nLa interpretació de l’arc de Sant Martí com a senyal d’aigua, és diferent segons que l’arc aparega el matí o el capvespre, i és diferent també segons les regions. A Catalunya i València creuen que en veure’s l’arc al matí, plourà prest, i que en veure’s l’arc al capvespre, no plourà; en canvi, a Mallorca i Menorca la interpretació és contrària, car consideren senya de pluja imminent l’aparició de l’arc al capvespre, i com a senyal que no plourà l’aparició de l’arc al matí. (DCVB, s. v. arc).\nSegundo o DCVB, nas rexións peninsulares do catalán o arco matutino anuncia choiva; e o vespertino, bo tempo. En cambio, nas Illas Baleares a previsión de mañá (bo tempo) e tarde (choiva) é inversa. Os refráns do ALDC (mapa 678. L’arc de Sant Martí) incorporados a BADARE corroboran esta apreciación:\n¾ Si surt al dematí | par [a]- li el bací [‘a bacía’] | si surt al vespre | par [a]- li la testa [‘a cazola’]. O ALDC localiza este refrán, con elipse do arco, no punto 34 (Santa Maria de Corcó, bisbarra catalá de Osona). Restituímos a vocal átona en par [a]- li ; e interpretamos que choverá máis ou menos tanto pola mañá como pola tarde. Gomis (1998: 95) localiza en Arenys de Munt\n(bisbarra catalá do Maresme): Arc de Sant Martí al matí, [/] parali el bací; [/] arc de Sant Martí al vespre, [/] parali la testa. Para a última parte Gomis ofrece as variantes la pluja està llesta e la pluja resta. Por outro lado, o DCVB (s. v. arc) localiza na veciña Pineda (da mesma comarca, el Maresme): Arc de Sant Martí al dematí, parali el bací; [/] i al vespre, parali la testa ; e nas comarcas do Ampurdán e da Garrotxa, esta variante: L’arc de Sant Martí, si surt el matí, parali el bací; si surt el vespre, parali la testa.\n¾ S’arc de Sant Martí, si surt es matí, fé ton camí; si surt es capvespre, no vages a festa. Este refrán de Mallorca responde á predición de choiva a partir do arco matutino, e de bo tempo a partir do vespertino, segundo as indicacións devanditas do DCVB (s. v. arc). O refrán é rexistrado precisamente por esta obra, que engade unha variante para a última parte: “o\n«treu es cap a sa finestra»” [‘saca a cabeza á fiestra’]. Cómpre sinalar as formas dialectais fé (con asimilación consonántica da - s de fes), vages (por vagis) e as formas do artigo “salat” característico das Baleares. O ALDC rexistra no punto 81 (Felanitx, Mallorca) unha variante con elipse na mención do arco: Si surt es dematí, prenim bon camí; si surt es capvespre, demà farem festa. Non resulta precisa a previsión meteorolóxica nestes outros dous refráns: ¾ Arc de Sant Martí es matí, o fa ploure o fa aclarir. Localizado polo DCVB (s. v. arc) en Menorca. O ALDC rexistra en Es Migjorn Gran (Menorca): S’arc de Sant Martí | o fa ploure o fa espargir [‘escampar’]. Nótese o uso do artigo “salat”, procedente do latín ipsu.\n¾ L’arquet de Sant Martí | va millor a la tarda que al matí. O ALDC recolle o refrán no punto 3 (Perpiñán, na Cataluña do Norte, baixo administración francesa).\nPor outra parte, do material inédito do ALEPG proceden diversas paremias portuguesas que responden a un paremiotipo de molde iberorromance en que riman tarde e balde (ou as formas prefixadas debalde, embalde): Arco da velha de tarde / não vem cá debalde (Portalegre 5 - Porto da Espada); Arco da velha de tarde / não vem em debalde (Portalegre 6 - Campo Maior); O arco da velha em tarde, não vem embalde (Beja 5 - Barrancos); Arco da velha à tarde, não vem embalde e de manhã, não vem em bem (Évora 2 - Alcáçovas). Cf. en Carrusca (1976: 244): Arco da velha à tarde [/] não vem cá debalde (e, ademais, coa variante em balde). Algúns refráns homólogos en galego: Arco da vella á tarde non vén de balde: se non trae chuvia, traerá aire ; atribuído por Vázquez Saco (2003: 154, núm. 3633) a un texto mecanografiado de Loureiro de Cotobade, así como a un manuscrito coa referencia de “Fraguas, Vida Gallega ”. Compárese co testemuño da mesma obra: Aire de Calde non traballa en balde (Vázquez Saco 2003: 153, núm. 3598); coa seguinte glosa: “Calde, parroquia inmediata a Lugo, hacia el sur. Trae agua”. En castelán Martínez Kleiser (1945: 42) rexistra Arco en la tarde, no viene en balde ; o mesmo autor, noutra obra (Martínez Kleiser 1989 [1953]: 56, núm. 5184), remite a Rodríguez Marín a variante sen artigo: Arco en tarde no viene en balde. E Rodríguez Marín (2007 [1926]: 45) recolle así mesmo o refrán, cunha glosa que indica a súa localización moi preto de Portugal: “Recogido en Higuera de Vargas (Badajoz). Observa que cuando sale el arco iris por la tarde, sobre todo, después de una tormenta con lluvia, mejora el tiempo”.\n3.1.2. Hoxe e mañá\n¾ Hoy arco, mañana charco. O ALEA (mapa 860. Arco iris) rexistra o refrán no punto Ma 406 (Málaga). Aínda máis sinxelo, e tamén con rima consonante, é o testemuño veciño de Gella (1944: 20): Arco, mañana charco (de Peñarrubia, Málaga). ¾ Arco de San Txuan | aigua [ha] sta demà. O ALDC (mapa 678. L’arc de Sant Martí) localiza este refrán híbrido en les Paüls (punto 93), na Ribagorza oscense, xunto á fronteira lingüística de tránsito entre o catalán e o altoaragonés. Do outro lado desta, na ribeira do Ésera, atopamos o espello fronteirizo na variedade do aragonés ribagorzano de transición ao catalán: Arco de San Juan, / aigua pa demán (Gomis 1998: 96, nota 34). O mesmo autor localiza nunha poboación desta ribeira, Santa Liestra, un refrán de feitura máis catalá: Arco de San Juan pel matí, / aigua de tarda pel camí ; e outro con predominio de elementos casteláns: Si sale el arco de San Juan, / prevén la capa per demán (ibídem). “Arco (de) San Juan es la respuesta más frecuente [recollida no ALEANR, mapa 1336] en Huesca”, segundo García Mouton (1984: 172).\n3.1.3. Poñente e levante\nOs refráns do arco ligados a estes dous puntos cardinais expresan frecuentemente a predición de mal tempo (choiva) e bo tempo mediante as tarefas da labranza cos bois no campo: ¾ Se o arco de vella está para o poñente, ceiba os bois e vente; se está para o raiante, fala ós bois para adiante (ALGa, mapa 91. Arco da vella, nota 6; C.23: Rodís, Cerceda). ¾ Arco de vella pó poniente, recolle os bois e vente; arco da vella pó oriente, afálalle ós bois pa diante (ALGa, mapa 91, nota 7; C.35: O Outeiro, Sar, Santiago de Compostela). ¾ Arco al levante, no te espantes; arco al poniente, desunce y vente. O ALEA (mapa 860. Arco iris) rexistra o refrán no punto Al 600 (Carboneras). Cf. outro testemuño da Andalucía oriental: Arco al Levante, / labra y no espantes; / arco al Poniente, / coge la capa y vente ; localizado por Gomis (1998: 96, nota 34) en Quesada (provincia de Jaén). Nesta mesma rica nota ao pé, Gomis localiza en Osuna (provincia de Sevilla): Arco iris por levante, / levanta el tiempo al instante; / arco iris por poniente, / coge los bueyes y vente. Osuna é o lugar onde naceu o grande paremiólogo Francisco Rodríguez Marín, que entre os seus Cien refranes andaluces recolle, con grafía dialectalizante: Arco iris por lebante, -levanta er tiempo al istante. -Arco iris por poniente, -coge los güeyes y bente (Rodríguez Marín 1883: 7, núm. 15). Non parece, pois, caber dúbida sobre a fonte de onde bebeu Gomis, que escribe aínda nesta nota 34: “A la província de Jaén donen el nom de pata de cabra a un tros d’arc de Sant Martí que es veu de vegades entre núvols. Quan surt la pata de cabra, és senyal segur de pluja […]”. Outras patas de cabra recolle no centro peninsular o ALeCMan (mapa 971: Arco iris. Notas); en tres puntos da provincia de Ciudad Real: ¾ La pata cabra al poniente, desunce la yunta y vente (CR 408: Villahermosa). ¾ Si ves la pata cabra salir a poniente, desunce la yunta y vente (CR 605: Torrenueva). ¾ Si la pata cabra está al saliente, desunce la yunta y vente (CR 606: Villanueva de los Infantes). Son patas de cabra manchegas que responden a unha motivación esotérica similar á da localidade mallorquina de Sinéu, onde o ALDC (punto 76 do mapa 678. L’arc de Sant Martí) recolle como segunda resposta coll de cabra, acompañada desta explicación: “Quan només es fa mig arc”.\n3.1.4. A forza da rima\n¾ Arco da velha, chuva na quelha (ALEPG: Braga 3 -Vila Boa de Bucos; material inédito).\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 3150 ¾ Arco de vieja / no llena charco / y, si lo llena, / corre barranco. Localizado polo ALEICan (mapa 762. Arco iris) no punto LP 10 (Tijarafe). Nótese a designación canaria arco de vieja, de motivación análoga á do galego e portugués (arco da vella/velha) e a do asturiano (arcu la vieya); inspirada na ancestral crenza nunha esotérica figura feminina: “La vieja parece ser en toda Europa un demon femenino que mueve las fuerzas de la naturaleza” (en palabras de Pilar García Mouton 1984: 184). Por outra parte, compárese con Agua de arco no hinche charco; mas si lo hinche, corre barranco (Martínez Kleiser 1989 [1953]: 56); no repertorio navarro de Pejenaute (1999: 269): Agua de arco, no hincha el charco; mas si lo hincha, llena el barranco. ¾ La ratlla de Sant Martí | la pluja ja està ací. O ALDC localiza o refrán no punto 179 (Pego, no interior valenciano). Como nos casos anteriores, axuda á memoria a forza da rima.\n3.2. Roibéns\nO DRAG exemplifica a entrada roibén co refrán Roibéns ó nacente, auga de repente ; e remite para a variante rubién, que define con dúas acepcións: (1) “Luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ó abrilo día ou ó atardecer, cando lles dá o sol”; (2) “Nubes de cor vermella ou encarnada que hai ó abrilo día ou ó atardecer cando as ilumina o sol”. Os indicios baseados na cor do ceo e as nubes nas primeiras e nas últimas horas de luz diúrna constitúen un motivo paremiolóxico que se remonta á Biblia (Mieder 1996: 61). Hoxe está moi ben representado no espazo románico (véxase en BADARE: Meteorología > cielo > arreboles), e ademais é coñecido noutras linguas, como a inglesa: Red sky at night, sailor’s [ shepherd’s ] delight; red sky in the morning, sailors take warnin g (Mieder 1996: 62).\nA estrutura dos refráns correspondentes aos roibéns recorda bastante á dos refráns do arco da vella (3.1): abundan as referencias contrapostas aos extremos da xornada diúrna (3.2.1), así como ao levante e ao poñente (3.2.2). Hainos tamén sen mención de lapsos cronolóxicos, por máis que só poden referirse aos crepúsculos matutino e vespertino (3.1.3). Algúns toman como referente o medio natural (mar, monte, topónimos: 3.2.4). E a grande maioría obedece así mesmo á forza da rima.\nNas paremias galegas temos diversos derivados do latín rŭbeu (roibéns, rubéns, rubianas, rubieiras), do que proceden tamén as formas adxectivas royo (do aragonés) e [ mar / posta ] rocha / rotxa (do catalán de Valencia). De rŭbor, da mesma familia latina, sae o derivado romance * arruborar, disimilado en arrebolar ; e deste, o posverbal arrebol (arreboles, arrebolada) propio do castelán (DCECH, s. v. rubio). Outro representante latino da mesma familia léxica indoeuropea é rŭsseu, do cal provén o galego roxo. A cor especial do ceo inspira todas estas designacións, así como a cruenta imaxe da vaca desollada de diversos refráns casteláns. A personificación das nubes e a veciñanza con Galicia explicará as galleguiñas con refaixo rubio do refrán berciano que remata este apartado (3.2.5). 3.2.1. Final e principio da xornada diúrna ¾ Alba roya, viento o ploya. Refrán altoaragonés localizado en Jaca (punto Hu 107) polo ALEANR (mapa 1315. Significación atribuida a los arreboles de la salida o puesta de sol), que rexistra no punto Hu 109 (Yebra de Basa) estas variantes: Alba roya, viento y pluya ; ou viento y pluvia. ¾ Alba rubia, viento o lluvia. O mesmo mapa do ALEANR localiza o paremiotipo anterior, pero co cultismo rubia en lugar da voz patrimonial roya, nos seguintes puntos de enquisa: Na 300 (Pamplona), Na 400 (Artieda), Na 403 (Javier), Na 502 (Cascante), Na 601 (Arguedas), Z 400 (Las Pedrosas) y Z 402 (Zuera). En Te 102 (Muniesa): Alba rubia, o viento o lluvia. Gomis (1998: 93) localiza o refrán en Longares (provincia de Zaragoza): Alba rubia, / viento o lluvia.\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 3150 Cf. Aurora rubia, o viento o lluvia ; paremia rexistrada por Martínez Kleiser (1989 [1953]: 29, núm. 2625). Coa variante pluvia, de feitura culta ou latinizante, aparece na páxina 524 (núm. 45.932) da mesma obra, que toma o refrán de Correas (núm. 2378 da edición de Combet et al., 2000 [1627]: 112). Conde (2001: 115) atribúe ao galego este mesmo paremiotipo: Aurora roiba, ou vento ou choiva. ¾ Candilejo al anochecer, agua al amanecer. O ALEA (mapa 835. Arreboles) localiza o refrán no punto SE 406 (Paradas). O Vocabulario andaluz de Antonio Alcalá Venceslada (1980: 123) rexistra candilejo co significado de ‘roibén’. Outro testemuño andaluz é o de Gomis (1998: 100), que localiza en Peal de Becerro (provincia de Jaén): Candilazo al anochecer, / agua al amanecer ; e engade: “Igual cosa diuen a Sevilla i Madrid”. Candilazo que o DRAE define, na segunda acepción, como “arrebol crepuscular”. Candilazo e candilejo derivan de candil, que alumea, como o sol dos roibéns. ¾ Encarnado á cena, bon tempo espera. Refrán localizado polo ALGa (mapa 41b. Roibén) no punto A.3 (Porzún, Piantón, A Veiga), na raia de Asturias con Galicia. Nótese a forma cena, en lugar da normativa cea ; como neste outro rexistro do ALGa (mapa 41a. Roibén) na AstuII, 769, liñas 4349). O adxectivo rocha é tamén catalanismo (a partir de roja e co enxordecemento da palatal) destas falas castelás da Valencia interior e do Baixo Aragón. Cf. Mar rocha, agua en clocha (3.2.4b). ¾ Rubieiras pola mañá, pola tarde a capa mollada (ALGa, mapa 41a. Roibén ; punto O.8: Larouco). ¾ Tarde arrebolada, mañana mojada. Así, en Martínez Kleiser (1945: 42) e no repertorio navarro de Pejenaute (1999: 272). O ALEA (mapa 836. Arreboles vespertinos) rexistra no punto J 400 (Santiago de la Espada) unha variante cos substantivos en forma diminutiva: Tardecica arrebolada, mañanica mojada.\n¾ Rubianas ó poniente, agua o aire. Localizado polo ALGa (mapa 41a. Roibén) no punto Le.4 (Carracedo de Monasterio, provincia de León). Son tamén leoneses (bercianos) os testemuños de roibéns ao poñente do ALBi: Rubianas a poniente, sol al día siguiente (mapa 54. Atardecer / Atardecer : en Santa Cruz); Rubiais ó poniente, sol ó naciente (Mapa\n3.2.3. Sen implicación cronolóxica\n¾ Sol royo, viento u ploro. O ALEANR (mapa 1315. Significación atribuida a los arreboles de la salida o puesta de sol) atribúe a Santa Lecina (Hu 600) este curioso refrán en que ploro ‘choro’ se refire á coñecida metáfora da choiva. Trátase posiblemente do substantivo, e non da primeira persoa do presente de indicativo de plorar. ¾ Broma roja, [/] vent o ploja. Localizado por Gomis (1998: 99) na bisbarra catalá do Rosellón (baixo administración francesa). O ALDC (mapa 663. Els núvols ; 665. La pluja) recólleo en Perpiñán (punto 3), e a transcrición fonética da fonte reflicte a pronunciación como “u” do [o] pechado histórico, trazo que vincula o catalán máis setentrional co occitano: Bruma ruja, vent o pluja (en transliteración aproximativa). Entendemos aquí broma no sentido xenérico de ‘nubes’, propio da área pirenaica 5. Cf. o refrán homólogo do occitano aranés: Broma arroja, vent o ploja (CNLVA 1992: 22) e estoutro testemuño occitano na súa variedade languedociana: Brumo roujo, [/] Vent o ploujo (Mistral, s. v. brumo); en grafía normativa: Broma roja, [/] Vent o ploja. Por outra parte, o ALDC non inclúe un mapa específico sobre os roibéns, que sen dúbida tería amosado a grande difusión da paremia catalá Cel rogent, pluja o vent, que non atopamos no atlas. En cambio, e significativamente, acompaña como exemplo ilustrativo a entrada rogent [“Vermellós, s’aplica al cel”] do DIEC, o dicionario normativo do catalán. ¾ [La vaquilla (de)sollá] a los tres días remojá. O ALeCMan (mapa 938. Arreboles del amanecer) rexistra o refrán no punto CU 109 (Huete). Expresa tamén a predición de tres días de choiva esta variante extremeña: Vaca “soyá” y a los tres días “mojá” ; localizada en Oliva de 5 “És sabut que avui el sentit de ‘núvol’ és cosa sobretot dels Pirineus i en general de totes les zones muntanyoses del Princ. [Principado de Cataluña], Cat. Fr. [Cataluña francesa] i Maestrat [bisbarra valenciana do Maestrazgo]” (DECat, s. v. broma, II, 264, liñas 3336).\nla Frontera e comarca (da provincia de Badajoz) por Díaz (1991: 85). Na monografía de\nZamora Vicente (1943: 143) sobre Mérida rexístrase unha variante ampliada: Vaca esoyá, a los tres días mojá; – si se ve en jueves, – a los tres días llueve. – Si es castiza, – desde el primer día atiza. ¾ Vaca morena, delante el sol, escuece la uña, regaña el pastor. O ALeCMan (mapa 938. Arreboles del amanecer. Notas) deixa constancia no punto AB 307 (El Bonillo) desta preciosa imaxe dunha “vaca morena”, que parece ter como substrato a menos plástica da “vaca desollada”.\n3.2.4. Con referencias ao medio natural\nO mar e o monte, o mar e a terra, ou referencias a topónimos, marcan a orientación dos roibéns e as consecuentes predicións meteorolóxicas. Os refráns galegos miran ao mar cara o seu poñente (a). En cambio, no levante peninsular, a mar rocha (‘mar roxo’) refírese ao leste, ao Mediterráneo (b):\na) Ámbito galego (e berciano) ¾ Estando encarnado ó mar, colle os bois e vai labrar; estando encarnado ó monte, colle os bois e méteos na corte ; no ALGa (mapa 41b. Roibén), punto C.48 (Cabo de Cruz, Castro, Boiro). O mesmo mapa rexistra unha variante en P.12 (Fefiñáns, Cambados): Encarnado polo mar, colle os bois e vaite labrar; encarnado polo monte, colle os bois e ponos na corte. Tal como\nAragón, na provincia de Teruel, o mapa 1315 rexistra no punto Te 307 (Cedrillas): La mar rocha, agua en la clocha. Cf. Posta rotxa, auia.n clotxa no punto 3.2.1, e as referencias correspondentes a rocha e clocha.\n3.2.5. Personificación\n¾ As galleguiñas con refaixo rubio, sol seguro. A personificación de meteoros é unha das categorías que acolle BADARE. Ocupámonos deste aspecto tan suxestivo da cultura popular romance en Gargallo / Torres (2010). Neste caso, aínda que non o precise a fonte (ALBi, mapa 65. “Rubián” / Roibén), as galleguiñas con refaixo rubio deben de ser as nubes roxas que dende Dragonte, onde se recolle o refrán, se ven de cara á posta na Galicia raiana.\n3.3. Ceo ovellado e imaxes afíns\nA mirada ao ceo proxecta imaxes do hábitat da terra. As nubes compáranse con persoas (así, nas “galeguiñas con refaixo” de 3.2.5) ou con animais (vacas desolladas : 3.2.2a, 3.2.3). É moi frecuente a imaxe dun ceo con ovellas ou cordeiros, da que aquí ofrecemos unha mostra iberorromance (3.3.1), pero que ten abundante representación noutras áreas románicas (francés: Ciel vêtu de laine, eau peu lointaine ; italiano: Cielo a pecorelle, acqua a catinelle). A imaxinación popular ten creado ademais múltiples imaxes dun ceo a roquiñas, empedrado, a montóns, entre outras, que se asocian a obxectos e aspectos diversos do medio natural e da vida cotiá, como se verá nesta achega iberorrománica (3.3.2); e presenta homólogos tamén noutras áreas románicas (francés: Ciel pommelé, femme fardée / Ne sont pas de longue durée ; italiano: Aria a pane [/] se non piove oggi pioverà domane). Nas recollas de nomes de nubes, néboas e ventos por comarcas catalás que ten levado a cabo Albert Manent, hai centos de refráns con este tipo de imaxes, que Joan Veny (2009) catalogou por motivacións e afinidades formais.\n3.3.1. Imaxes ovinas e caprinas\n¾ Al cel cabretes, [/] a la terra bassetes. Así, en Gomis (1998: 101), que localiza o refrán na comarca do Campo [Camp] de Tarragona. O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) rexistra nos puntos 25 e 32 (respectivamente, Roses e Camallera, da comarca do Alto Ampurdán): El cel fa cabretes, la terra farà bassetes [‘balsiñas’]. ¾ Cel a borreguets, [/] aigua a cantirets. Trátase dun paremiotipo bastante difundido polo catalán peninsular. Gomis (1998: 101) rexístrao sen localización. Manent (2002: 19) asigna a variante con cantirets a Camarles e l’Aldea (comarca do Baix Ebre); e nas páxinas 54 e 55, á localidade de Molins de Rei (el Baix Llobregat). Así mesmo, noutra recompilación (Manent, 1999: 21), á comarca do Barcelonés. O testemuño do ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) para o punto 155 (Borriana, na Plana de Castellón) inverte os conceptos do refrán, por confusión do informante (segundo glosa a propia fonte): El cel a canterets, auia a borreguets. O mesmo ALDC recolle máis ao sur: El cel a borreguets | l’auia a canterets (la Font de la Figuera); ambos, co valencianismo auia. ¾ Cielo a carneros, agua a calderos. O ALEANR (mapa 1311. Cielo emborregado) localiza o refrán en Biel (Z 201), da provincia de Zaragoza. Na de Huesca (Hu 105: Berdún): Cielo a carneros, el agua a calderos. Cf. no repertorio oscense de Arnal (1997 [1953]: 31): Cielo a borregos [, ] agua a calderos. Pola súa parte, Gomis (1998: 102) atribúe ao Baixo Aragón: Cielo a corderos, / agua a calderos. Precisamente onde localiza o refrán Rodríguez Marín (2007 [1926]: 74). ¾ Ceo ovellado, chan mollado ; no ALGa (mapa 42a. Ceo ovellado), no punto C.25 (Xanceda, Masía); Ceu de lan, se non chove hoxe chove mañán (mapa 42b. Ceo ovellado), no punto C.17 (Cuíña, Traba, Laxe). Son dúas mostras de entre as moi numerosas paremias galegas que responden a esta imaxe e que recollen estes dous mapas. ¾ Cielo encabricao, a los tres días mojao ; no ALEANR, mapa (1311: Cielo emborregado), punto Cu 400 (Santa Cruz de Moya), localidade conquense nos lindeiros co enclave admistrativo valenciano do Rincón de Ademuz. Cf. Cielo empedrado, a los tres días mojado (3.3.2).\n3.3.2. Outras imaxes, outras motivacións\n¾ Al cel bassetes, [/] a la terra pastetes ; ‘balsiñas’ que se trasladan ao ceo; pastiñas de terra mollada. O refrán figura así en Gomis (1998: 101). O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) rexistra no punto 45 (Moià, el Bages): El cel fa bassetes, [/] a la terra hi ha pastetes ; e no punto 37 (Cruïlles, comarca do Baixo Ampurdán): Quan el cel fa bassetes, a la terra es fan pastetes.\n¾ Cel a roquetes [’roquiñas’] | aigua a canterelletes [‘botixiños’]. O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) localiza o refrán no punto 152 (Atzeneta del Maestrat). O DCVB atribúe ao valenciano a forma canterella. Cf. máis abaixo En el cel roquetes, a la terra bassetes. ¾ Cel borrugat, suelo mullat ; no ALEANR (mapa 1311. Cielo emborregado), punto Hu 404 (Tolva) da área catalanfalante de Aragón. En Benabarre [Benavarri], localidade aragonesa veciña, o ALPI (punto 613) recolle Cel borrugat, camp regat (Casanova 2004: 49). O adxectivo borrugat é variante con asimilación labial do tipo léxico berrugat ‘con berrugas’, que o DCVB localiza en Mallorca. Por outra parte, nótese o castelanismo suelo. ¾ Cel tavellat (‘ceo pregado ou arrugado’) é unha imaxe propia das Baleares: Cel atavellat, dintre tres dies banyat [‘mollado’]; o DCVB (s. v. cel) asigna o refrán a Menorca. A mesma obra (s. v. tavellat) localiza en Mallorca a variante Cel tavellat, dins tres dies banyat. Unha das acepcións que o DCVB consigna para tavella ‘pregue, enruga’ leva á de “núvol prim que sembla un doblec de roba, i que, en aparèixer en gran nombre cobrint el cel, sol esser senyal de pluja”\nbassets ; e máis ao sur, na de Alcora, punto 757 (co valencianismo auia): Cel a muntonets, auia 6 Agradezo a Joan Veny a indicación da posible entidade idioléctica de mukat, pois non resulta ser unha forma acorde coas características da variedade menorquina de Ciutadella.\na cabassets (García Perales 2001: 20282029). Cf. ademais Cel a muntets, aigua a cabassets ; localizado por Manent (2002: 27) en Alfara e Xerta (comarca do Baix Ebre). ¾ Cielo empedrado, a los tres días mojado. Así, en Martínez Kleiser (1989 [1953]: 525) e no testemuño navarro de Pejenaute (1999: 217). No ALEANR (mapa 1311: Cielo emborregado, punto Z 100: Uncastillo): Cielo empedrao, a los tres días mojao. A mesma obra glosa “a los tres días suelo mojado” xunto á resposta empedrao de Lo 100 (Casalarreina). Cf. os rexistros toledáns do ALeCMan: (mapa 950: Cielo emborregado): Cielo empedrao, a los tres días mojao ; localizado en TO 100 (La Iglesuela) e TO 114 (Villamiel de Toledo). En TO 106 (Nombela): Cuando el cielo está empedrao, a los tres días mojao. En TO 311 (Belvís de la Jara): Cuando el cielo amanece empedráo, a los tres días mojao. En portugués, dos datos inéditos do ALEPG (Évora 4 - Nossa Senhora de Machede): Céu empedrado, dentro de três dias é molhado.\nO ceo “empedrado” é unha imaxe moi característica do ámbito iberorromance. Ten así mesmo representación no galego: unha das moitas variantes que recollen os mapas 42a e 42b (Ceo ovellado), escollida ao azar, é Ceu empedrado, chan mollado (42a, C.38: A Serra de Outes). Concorda co castelán: Cielo empedrado, suelo mojado, que recollen así Martínez Kleiser (1989 [1953]: 525) e o repertorio navarro de Pejenaute (1999: 298). O ALEANR (mapa 1311. Cielo emborregado) rexistra en Na 205 (Ochagavía): Cielo empedrau, suelo mojau. O ALPI recolle en Sos [del Rey Católico] (618) e Boquiñeni (620): Cielo empedrau, suelo mojau ; en Codos (625): Cielo empedrau, el suelo mojau (os tres puntos, da provincia de Zaragoza) (Casanova 2004: 49). ¾ Cielo encrespao, monte regao : ALEANR, mapa 1311, punto Hu 405 (Pozán de Vero). O ALPI recolle en Peralta de Alcofea (616): Cielo crespau, monte arregau. Ambos puntos pertencen á provincia de Huesca. ¾ Cielo enladrillado, a los tres días suelo mojado. O ALEICan (mapa 751. Cielo emborregado) localiza o refrán no punto LP 10 (Tijarafe, Las Palmas); en Navarra (Na 401: Navascués), o ALEANR (mapa 1311) rexistra a variante Cielo enladrillau, a los tres días mojau. Na localidade altoaragonesa de Ansó (punto 605), o ALPI recolle : Cielo enladrillau, a los poqués días mullau. ¾ Cielo rizau, suelo mojau ; no mesmo mapa do ALEANR, no punto navarro Na 105 (Ciordia). ¾ El cel a petxinetes [‘conchiñas’] | auia a bassetes [‘balsiñas’]. Así, no ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat), que rexistra o refrán en Borriana (punto 155); coa marca do valencianismo auia ‘auga’. Outras localizacións sitúan o paremiotipo nas terras do Ebro: Cel a petxinetes, aigua a les bassetes en Mequinenza (provincia de Zaragoza), segundo o DCVB (s. v. petxineta) e o ALPI (punto 628) 7, que anota ademais no punto 629 (Maella, tamén da provincia de Zaragoza): Cel a petxines, aigua a badines (Casanova 2004: 49). Albert Manent (1997), na súa recolla das comarcas veciñas da Ribera de Ebro e a Terra alta, ofrece outras variantes: Cel a petxinetes, aigua per les bassetes (páx. 22); Cel a petxinetes, aigua a bassetes (páx. 28); Si lo cel és a petxinetes [, ] aigua a les bassetes (páx. 56). ¾ En el cel roquetes, a la terra bassetes ; en Es Migjorn Gran (Menorca), punto 71 do ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat). Cf. Cel a roquetes | aigua a canterelletes. ¾ Está o céu às camadinhas, ou chuva ou sardinhas ; do material inédito do ALEPG (Beja 7 - Nave Redonda), que anota para o punto Faro 13, S. Marcos da Serra: “o mesmo, mas «em escaminhas»”. 7 Seguramente Manuel Sanchis Guarner, colaborador do DCVB e enquisador do ALPI en Aragón, sexa o responsable da coincidencia dese testemuño das dúas obras en Mequinenza.\n4. p aremioLoxía e territorio. a xeito de concLusión\nNos atlas lingüísticos os refráns son unha propina ocasional, máis ou menos xenerosa segundo os casos. Por iso, non se pode concibir un grande atlas paremiolóxico romance de segunda xeración, elaborado non a partir da enquisa directa, senón da colleita previa dos atlas de primeira xeración, á maneira do ALiR. Por outra parte, dada a complexidade estrutural e motivacional das paremias, tampouco parece factible a cartografía sistemática, nin sequera nun espazo mediano como o do galego ou o do catalán. En compensación, cabe ponderar a utilidade da base de datos BADARE, que acolle materiais de índole xeográfica procedentes tanto dos atlas románicos como doutras fontes.\nAs pertinentes buscas textuais, conceptuais, por variedades románicas, por fontes bibliográficas (vid. 1), permiten detectar, por exemplo, determinadas afinidades, mesmo áreas parémicas. Así, a do paremiotipo iberorromance en que riman tarde e balde (3.1.1); as dos refráns que presentan a imaxe do ceo “empedrado” (3.3.2); a do catalán setentrional Broma roja, [/] vent o ploja, que vai da man co occitano (3.2.3); un ceo (a)tavellat (‘arrugado’) ou con tavelletes (‘preguiños’), propio das Illas Baleares (3.3.2); a alianza de rima entre [ mar / posta ] rotxa e clotxa característica do valenciano e prolongada nas falas castelás veciñas (3.2.1 e 3.2.4b); a comunión transfronteiriza catalanoaragonesa dun Arco de San Txuan / Juan anunciador de auga para demà / demán ‘mañá’ (3.1.2); a imaxe cruenta pero suxestiva da “vaca desollada” na provincia de Badajoz e noutros lugares do interior peninsular, como Cuenca, Guadalajara e Albacete (3.2.2a, 3.2.3).\nAdemais, os comentarios adicionais das fichas de BADARE, en que se precisan as referencias bibliográficas de cada paremia e das súas posibles variantes, acollen con frecuencia datos dialectais ou xeolingüísticos que botan luz sobre aspectos concretos dalgúns refráns, como no seguinte exemplo:\nUnha das múltiples paremias que o folclorista Cels Gomis recolleu fóra do ámbito do catalán, probablemente no seu labor como enxeñeiro polas terras de España, é esta que localiza no Moncayo (por lóxica, refírese ás inmediacións da montaña que se eleva entre Aragón e Castela): Año zagüeñil [de poñente], / coge la capa y vete a dormir ; que confronta como sinónima da catalá Any de ponent, [/] any dolent [‘Ano de poñente, ano cativo’] (localizada en Figueres). Pois ben, o curioso adxectivo zagüeñil, do que unha busca en Google en xullo de 2010 me ofrece como único resultado precisamente este refrán de Gomis incorporado a BADARE, entendo que será derivado de zagüeño, variante (con equivalencia acústica: z/f) de fagüeño, que á sua vez o é (por outra equivalencia acústica: g/v ante semiconsonante velar “u”) de favueño (< latín favoniu). Baseo a miña interpretación no feito de que o ALEANR rexistre fagüeño en Mallén (Z301) e zagüeño en Tarazona (Z302) 8, puntos da provincia de Zaragoza; e Tarazona atópase nas inmediacións do Moncayo. Por outra parte, o DRAE localiza en Aragón a variante patrimonial fagüeño, que remite ao cultismo favonio, definido como “viento que sopla de poniente”. Con estas mostras, coido que se fai evidente o proveito científico derivado da relación entre paremioloxía e territorio, unha alianza conceptual que se inspira no espírito e o título do libro editado por Álvarez, Dubert e Sousa (2006), Lingua e territorio. Agradecementos\nAgradézolle a Rosario Álvarez a lectura do texto e os seus comentarios.\nALEPG = Atlas LinguísticoEtnográfico de Portugal e da Galiza. Centro de Linguística da Universidade de Lisboa [en preparación]. ALGa = Constantino García / Antón Santamarina (directores): Atlas Lingüístico Galego. Volume IV. Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ALI = Atlante Linguistico Italiano (1995-). Fundado por Matteo Bartoli e Giuseppe Vidossi, publicado por Lorenzo Massobrio. Roma: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. ALiR = Atlas Linguistique Roman (1996-). Roma: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. ALPI = Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. I. Fonética (1962). Madrid: CSIC.\nPedrosa, José Manuel (1995): “«Si marzo tuerce el rabo, ni pastores ni ganados»: ecología, superstición, mito pagano y culto católico del mes de marzo”, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares L, 2, 227293. Pejenaute Goñi, Javier María (1999): Los Refranes del Tiempo de Navarra. Pamplona: Caja de Ahorros de Navarra."} {"summary": "Neste traballo inténtase abordar dende o paradigma da complexidade o problema no que se atopan hoxe sociedade e lingua galegas. Durante séculos, a substitución do galego polo castelán foi xerando unha fragmentación social que, de continuar incrementándose, ameaza con disgregar a propia sociedade. Son moitos os esforzos que se levan feito desde diferentes ámbitos, moitas as análises, e moitas as propostas desde a sociolingüística, pero non se atopan solucións ao problema histórico das linguas en Galicia. Parece que a situación sociolingüística galega precisa dunha nova mirada que faga posible interpretala de xeito innovador: “O cambio de perspectiva produce un cambio na percepción da realidade que cambia a realidade mesma, determinando, como consecuencia, o cambio de toda a situación e das reaccións a ela” (Nardone e Watzlawick 1995: 38). Ata agora traballamos coa visión causallineal do paradigma newtonianocartesiano, dentro do que se inscriben, en diferentes graos, as propostas monolingüistas e mesmo as bilingüistas. Na actualidade dispomos do paradigma da complexidade, desde o cal podemos explorar outras maneiras de achegarnos á situación na que estamos mergullados. O complexo é unha das principais características das sociedades actuais, sistemas e subsistemas nos que os elementos (individuos e organizacións) interaccionan en rede e, polo tanto, son interdependentes. Daquela, cremos que unha ollada desde o paradigma da complexidade podería resultar, entre outras, unha ferramenta axeitada na procura de alternativas á difícil situación lingüística que se vive actualmente en Galicia.", "text": "Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade\n\nSociolingüística, lingua galega, complexidade, linguas minorizadas, teoría de sistemas\nSumario\nEste traballo enmárcase nas liñas de estudo do grupo interdisciplinar, creado no Centre Universitari de Sociolingüística i Comunicació (CUSC) da UB, “Complexitat, comunicació i sociolingüística” (www.ub.edu/complexitat/), do que formo parte.\n1. I ntroducIón\nNas últimas décadas asistimos á emerxencia dun novo paradigma 1 para a investigación científica: a complexidade. É un paradigma que transcende o anterior, newtonianocartesiano, no cal os compoñentes dun sistema eran analizados por separado, buscábanse comportamentos predicibles, e establecíanse leis estáticas e invariantes. O intento de comprender un sistema a través da análise dos seus compoñentes, é dicir, o método reducionista, dominou a visión científica durante a maior parte da historia da ciencia moderna. Este método, que tivo unha importancia crucial no avance científico en xeral, e que se estendeu aos ámbitos sociais, non resultou válido para o estudo de fenómenos máis complexos: “Enfrontada á complexidade, é dicir, ao comportamento de sistemas formados por múltiples elementos en interacción, ben sexa a sociedade, o cerebro, un ecosistema, ou simplemente unha célula viva, a aproximación reducionista falla por completo” (Solé 2009: 19).\nDefinir a complexidade non é tarefa doada; de feito hai autores que pensan que a definición é xustamente o seu aspecto máis problemático. Lévanse feito centos delas, pero parece que ningunha acaba de ser satisfactoria, polo menos para Francis Heylighen (2008), quen cuestiona unhas por imprecisas e cualitativas, e outras, por formais e cuantitativas. Con todo, hai outros investigadores que pensan que se pode dar unha idea moi xeral ao respecto, como Ricard Solé (2009). Na súa opinión, a complexidade quedaría definida por dúas características principais. Por unha parte, a presenza de propiedades emerxentes, que non poden ser explicadas a través das propiedades dos compoñentes. Por outra, a preservación dunha certa invariancia do todo, malia os cambios e flutuacións constantes das partes. Esta última propiedade é, precisamente, a que permite o mantemento do sistema.\nHoxe en día, é un feito incontestable que a mestura incesante de culturas e o avance vertixinoso das tecnoloxías da información e da comunicación incrementan de xeito exponencial a complexidade dun determinado tecido social. Nestas circunstancias vólvese necesario procurar novas perspectivas que permitan visións orixinais para unha comprensión máis ampla e profunda dos fenómenos que se producen nas diversas comunidades. E nestas novas perspectivas, as relacións entre os elementos revélanse de importancia capital, pois o complexo ten máis que ver coa natureza das conexións que coa natureza dos elementos que interaccionan. Hai que subliñar, non obstante, que malia o desprazamento da énfase cara ás relacións, non se pode caer no extremo de desprezar totalmente a natureza dos compoñentes, xa que esta tamén pode impoñer unhas certas restricións sobre os acontecementos que emerxen a través das interaccións nun nivel determinado. Cada vez vai sendo maior a aceptación da complexidade como o natural e non ao contrario, como defendía o paradigma mecanicista. A este respecto di Wagensberg (2007:11): 1 Kuhn definiu os paradigmas como “logros científicos que durante algún tempo subministran modelos de problemas e solucións a unha comunidade de profesionais” (Kuhn 2006: 50). Capra ampliou a definición e entende por paradigma: “unha constelación de conceptos, valores, percepcións e prácticas compartidos por unha comunidade, que conforman unha particular visión da realidade que, á súa vez, é a base do xeito en que a devandita comunidade se organiza” (Capra 1998: 27). Todas as traducións ao galego son da autora.\nQuíxose ver na complexidade un obstáculo interposto pola natura para protexer o segredo das súas leis, un atranco coa única misión de suxerir diferenzas entre sistemas iguais, varios fenómenos onde só hai un, ou certos forzados modelos alí onde reina unha única lei natural. Se non è vero è ben trovato, reza a sentenza positivista. Esta hipótese de traballo tivo a virtude de proporcionar boa parte do saber acumulado ata hoxe (moito sen dúbida), pero o inconveniente de cultivar certo monoteísmo científico chamado mecanicismo.\nÉ preciso salientar que os investigadores que traballan desde o paradigma da complexidade non intentan ofrecer unha explicación única e verdadeira dun fenómeno ou da “realidade”; antes ben, intentan propoñer, recoñecer e respectar unha pluralidade de modelos e de puntos de vista que, a través de miradas complementarias, proporcionen diferentes perspectivas dun mesmo fenómeno observado. Porque, en definitiva, como diría Heisenberg (1976), o que nos mostra a observación da natureza, non é a natureza mesma, senón a visión que dela ten o observador. Desde unha perspectiva complexa, xa que logo, non hai modelos verdadeiros ou falsos, senón distintos achegamentos a un mesmo fenómeno. Para Ceberio e Watzlawick (1998: 37):\nCalquera feito observable pode ser obxecto de estudo desde calquera dos modelos. Daquela, se a mirada é distinta (de acordo ao modelo que se internalice) as construcións de hipóteses resultantes da observación teñen tamén perfís diferentes, coherentes coa epistemoloxía da observación.\nNeste traballo, propuxémonos como obxectivo ofrecer elementos de reflexión que nos permitan unha ollada diferente aos problemas tradicionais das linguas en Galicia, para poder contemplalos dentro da súa complexidade. Como di Àngels Massip, non chega con recoñecer que o entorno é complexo, precisamos un método de coñecemento axeitado para xestionar ese entorno. A autora alude a un pensamento que poida abranguer a multidimensionalide dos fenómenos, a interdependencia dos elementos, e mesmo os paradoxos: “hai que procurar dar cabida a conceptos que parecen antagónicos para poder pensar os procesos organizadores e creadores no mundo complexo da vida” (Massip 2008: 16).\nDe acordo co obxectivo proposto, escolmamos algúns aspectos concretos da complexidade coa esperanza de que estimule outros estudos que afonden nestes ou noutros aspectos e abran novos camiños. De feito, esta primeira aproximación ao tema desde as teorías da complexidade, podería ser obxecto posteriormente dunha análise en profundidade. Forxar unha nova visión que poida contribuír dalgún xeito á resolución do conflito social que pervive en Galicia, por razón de linguas, é, sen dúbida, tarefa de tempo e vai precisar de multiplicidade de contribucións.\nEste estudo disponse en catro apartados. Logo da breve introdución, móstranse uns aspectos determinados do paradigma da complexidade que poderían contribuír a ese cambio de percepción que propugnamos, ou, cando menos, suspender as seguridades que nos ancoran a posicións determinadas. A seguir coméntanse aspectos da situación sociolingüística de Galicia que, ao noso entender, evidencian a necesidade dunha nova comprensión. E no cuarto apartado, propóñense algunhas opcións orientadas a fomentar unha práctica social favorecedora da convivencia lingüística nas sociedades rede. Remata o traballo cunhas consideracións finais.\n2. o paradIgma da complexIdade : dos elementos ás relacIóns\nTransitar pola complexidade lévanos a centrar a comprensión dos sistemas nas relacións entre os seus compoñentes en troques de examinalos por separado, aspecto crucial deste paradigma. Nesta nosa primeira achega tentamos profundar nas relacións, e incidir nalgúns outros aspectos que nos semellan básicos para favorecer un cambio na percepción coa que codificamos a “realidade”. A través de diversas áreas do coñecemento como a bioloxía, física, química, etc. científicos como Prigogine, Maturana, Varela, Capra, entre outros, abordaron os seus estudos desde a complexidade e propóñennos unha lectura dos sistemas vivos que pode ser extrapolable aos sistemas sociais. A este respecto di Morin (2007: 41): “nun sentido toda realidade coñecida, desde o átomo ata a galaxia, pasando pola molécula, a célula, o organismo e a sociedade, pode ser concibida como sistema, é dicir, como asociación combinatoria de elementos diferentes”. Tamén Maturana e Varela (1999) inciden nesta posición; para eles, o principio constitutivo da célula mantense en todos os niveis de complexidade que teñan que ver co vivo: células, organismos, sistema nervioso, comunicación, linguaxe, conciencia, sociedade. Daquela, debemos entender que non existe descontinuidade entre o social, o humano e as súas raíces biolóxicas.\nUnha das características máis sorprendentes observadas co estudo dos sistemas vivos a mediados do século XX, foi o feito de que o sistema como tal, o todo, contiña propiedades que no existían nos elementos constituíntes. Isto, como é obvio, contrastaba enormemente coa visión mecanicista e lineal que aínda dominaba (malia os avances da cuántica) na ciencia oficial. É dicir, o que caracterizaba un sistema vivo non eran principalmente os seus compoñentes, senón as relacións que se establecían entre eles e que definían un patrón de organización (Maturana e Varela 1999). A preponderancia das relacións queda patente nas palabras de Prigogine e Stengers, os cales, seguindo a Whitehead, subliñan que precisamente os elementos adquiren identidade a través das relacións: “ningún elemento da Natureza é un soporte permanente para unhas relacións cambiantes, cada un recibe a súa identidade das súas relacións cos outros” (Prigogine e Stengers 2002: 134).\nDe feito, para estes autores definir os elementos dun sistema como entidades individuais e permanentes, que non alteran a súa identidade coas relacións, estaría en contra do propio devir creativo da natureza. A importancia desta compresión é grande porque, no caso dos elementos ser permanentes (invariables), os procesos de creatividade e emerxencia, inherentes a todo sistema vivo, non se darían. Poderíase definir a emerxencia como a aparición espontánea de novas relacións entre os elementos dun sistema; isto produce niveis de complexidade que antes non existían, e prodúcese nun proceso de autoorganización do propio sistema. De feito, as leis que rexen nun nivel estrutural determinado, non se dan xeralmente no novo nivel creado: “a emerxencia ten como resultado innovar, e o novo é adoito cualitativamente diferente dos fenómenos dos cales abrollou” (Capra 2003: 69).\nNos sistemas sociais, os procesos emerxentes adquiren enorme relevancia no mundo actual interconectado. O intercambio incesante de comunicacións ― os organismos intercambian materia e enerxía, os humanos intercambiamos comunicacións ― esixe un sistema altamente plástico e dinámico, capaz de adaptarse a novas circunstancias e preservar así a estabilidade do sistema (cultura), sempre nun equilibrio dinámico: “Unha comunidade humana sostible é consciente das múltiples relacións entre os seus membros. Nutrir estas relacións equivale a nutrir a comunidade” (Capra 1998: 308). Pola contra, a rixidez das estruturas ou a rixidez de miradas e propostas conduce inexorablemente á perda de creatividade, o cal pode impedir o desenvolvemento do sistema, e mesmo pode chegar a provocar o seu colapso. Para Maturana (2009: 10): “o devir histórico dunha sociedade será sempre o resultado destes dous procesos simultáneos: conservación e variación”.\nAta agora, vimos falando dun dos puntos básicos na nova mirada que propoñemos: contemplar a “realidade” a partir das relacións que se establecen en todo sistema ― e que determinan o que o sistema é ―. Estas relacións, como se dixo, dan lugar aos fenómenos da creatividade e da emerxencia. A seguir, expomos outros dous conceptos que nos parecen básicos para abordar hoxe os problemas da sociedade e linguas en Galicia, o criterio de verdade e o diálogo, a aplicación dos cales mostra diferenzas significativas desde o paradigma da complexidade.\nO criterio de verdade do paradigma mecanicista, no que aínda nos atopamos, parte da convicción de que existe una “realidade” obxectiva, e de que é posible descubrila mediante observacións e investigacións axeitadas. É unha herdanza do pensamento de Descartes que baseou os criterios de verdade na captación do que denominou “ideas claras e distintas”. Este tipo de pensamento, esencial para a creación e perpetuación do devandito paradigma, deu lugar á división de mente e materia como substancias separadas; a materia, “realidade” externa, podía ser descrita con leis matemáticas que lle outorgaban autenticidade á descrición. Así, desde o paradigma newtonianocartesiano afírmase que o noso sistema cognitivo é capaz de percibir e recoñecer todos aqueles datos existentes na realidade, mais esta crenza foi refutada desde outros modelos cognitivos. Por exemplo, os físicos cuánticos tiveron que se afastar dos criterios clásicos de “verdade”, como algo universalmente válido en calquera lugar e en calquera época, e achegarse aos criterios de probabilidade estatística e de complementariedade. Tamén no construtivismo se critica a idea de que a “realidade” pode ser percibida de xeito obxectivo, pois como demostrou Heisenberg, o proceso de observar incide no observado, e polo tanto, non hai obxectividade posible. Para Maturana e Varela (1999), aquilo que chamamos “realidade” non é outra cousa que a construción que efectúa o noso sistema cognitivo a partir do contacto co medio, nun axuste estrutural con outros seres humanos. En definitiva, na complexidade, non se contemplan ese tipo de verdades. En palabras de Nardone e Watzlawick (1995: 34) “non existe unha soa realidade senón tantas realidades como puntos de observación e instrumentos empregados para observar”. Xa que logo, non se trataría de atopar unha suposta verdade, unha teoría sobre a realidade que invalide ou exclúa as outras, senón de ter miradas máis abarcadoras, desde puntos diferentes, que nos permitan ampliar a visión do observado: “As teorías teñen que ser, non verdades irrefutables, senón hipóteses para relacionarse co mundo, puntos de vista parciais, útiles para describir e organizar os datos observables […] pero que se deben corrixir fronte aos fracasos” (Nardone e Watzlawick 1995: 35).\nA importancia do pensamento complexo a nivel social é evidente, pois invalida a idea de que existen razóns incuestionables, e, polo tanto, a pretensión de estar en posesión da verdade. É preciso transcender o pensamento excluínte, que implica que de tomarmos unha idea como verdadeira, respecto a un fenómeno determinado, é imposible que exista outra que tamén sexa verdadeira respecto ao mesmo fenómeno. Isto, tan relevante para as relacións humanas en todos os niveis, debería abrir paso a novas prácticas nos diálogos, nos debates e nos procesos comunicativos en xeral.\nÉ obvio que a comunicación está indisolublemente enraizada na humanidade; está na mesma orixe da socialización, que é o punto de partida e de chegada no noso acontecer como seres humanos. Non podemos prescindir dela sen poñer en perigo a estrutura que nos permite ser o que somos: “As culturas son redes pechadas de conversacións. En consecuencia unha cultura, como unha liñaxe, está definida e constituída por unha rede pechada particular de conversacións que se conserva na vida dos seres humanos que a realizan” (Maturana 2009: 52).\nHai que ter en conta que o devir de calquera ser vivo realízase a través de continuas accións recursivas que conducen a un axuste co medio no que vive. Este feito é denominado por Maturana e Varela “acoplamiento estructural”, é dicir, a estrutura do ser vivo logra axustarse ao medio a partir de accións que distinguen o que é conveniente e o que non para a súa supervivencia. No caso do ser humano ese axuste prodúcese en dous niveis: axuste co medio e axuste con outros seres humanos. O peculiar deste último é que se produce no dominio lingüístico: “realizámonos nun mutuo axuste lingüístico, non porque a linguaxe nos permita dicir o que somos, senón porque somos na linguaxe, nun continuo ser nos mundos lingüísticos e semánticos que traemos á man cos outros” (Maturana e Varela 1999: 201).\nO ser humano chegou a ser tal pola socialización, e toda socialización implica o outro. Xa que logo, a socialización precisa da creación dun espazo de existencia para o outro, como ser humano xunto a un. Sen a socialización non hai linguaxe nin conciencia, polo tanto non hai humanidade (Maturana 2009). Estas consideracións sitúan a convivencia como punto crucial para o funcionamento do sistema social, e condúcennos á necesidade imperiosa do diálogo:\nCada vez que nos atopemos en contradición ou oposición con outro ser humano co cal queremos convivir, a nosa actitude non poderá ser a de reafirmar o que vemos desde o noso punto de vista, senón a de apreciar que o noso punto de vista é tan válido coma o do noso opoñente, aínda que o seu nos pareza menos desexable. O que caberá entón, será a procura dunha perspectiva máis abarcadora, dun dominio experiencial no que o outro tamén teña lugar e no cal poidamos construír un mundo con el (Maturana e Varela 1999: 208).\nSeguiremos para a proposta de diálogo, a Bohm e Peat, que estudaron, desde perspectivas científicas diferentes 2, a importancia do diálogo no funcionamento dos individuos e das sociedades. Os autores afirman que un diálogo libre será sempre creativo, e afástanse do que sería unha discusión habitual:\nUnha diferenza clave entre un diálogo e unha discusión normal é que, na última, a xente adoita aferrarse a unhas posicións relativamente fixas e defende as súas ideas tratando de convencer os outros. No mellor dos casos o resultado pode ser o acordo ou o compromiso, pero nunca nada creativo (Bohm e Peat 1998: 266).\nO punto de partida da necesidade dun diálogo creativo é que, tanto a nivel biolóxico coma social, a creatividade é imprescindible para o desenvolvemento e a superviviencia de calquera sistema vivo. Tanto nos sistemas máis simples coma nos máis complexos, a súa organización flutúa entre a necesidade de conservar e a necesidade de innovar. Agora ben, se un sistema non ten abonda flexibilidade para incorporar as novidades que se producen no seu medio ou dentro do propio sistema, o sistema pode acabar por destruírse, ao non conseguir o axuste obrigatorio co medio no que vive.\nNo nivel social, cando algunha das crenzas presentes na comunidade se enquista, de tal xeito que se ten como universalmente válida, pasa a considerarse absolutamente necesaria. Isto implica que por moito que varíen as circunstancias, as cousas non poden ser distintas. Así, unha crenza (ou conxunto de crenzas), chega a ser converter en inamovible, e acaba por producir un bloqueo da creatividade que ao final prexudicará o conxunto da sociedade.\nNo nivel individual, é a través do diálogo como se xeran novas visións, pois é unha fonte potencial de creatividade, necesaria para que a complexidade se manifeste. Bohm e Peat sosteñen que o diálogo libre podería ser unha das maneiras máis efectivas para abordar a crise á que se enfronta a sociedade actual; pero para que o diálogo se produza é condición indispensable afrontar as discrepancias sen confrontación, e poñer en suspensión os propios puntos de vista para explorar os puntos de vista dos outros, aqueles que un non comparte. Deste xeito, é posible afastarse da competencia e procurar a cooperación, como indica Maturana, de cara a construír unha sociedade integrada e cohesionada: 2 David Bohm desde a física cuántica, e David Peat desde a psicoloxía.\nDebemos ter sempre en conta que os seres humanos actuamos desde un paradigma a priori (uns valores, uns significados, unhas intencións, etc.) que forma a nosa maneira de estar no mundo e que é adoito inconsciente. Bohm e Peat (1998) teiman na necesidade de poñer en suspensión as crenzas propias co fin de poder comprender as crenzas dos outros no diálogo:\nEsta suspensión total das infraestruturas tácitas individuais e culturais nun contexto de plena atención aos contidos, libera a mente e permítelle moverse en formas novas. A tendencia cara ao xogo sucio, característica das estruturas ríxidas, comeza a desaparecer. A mente é agora capaz de responder a novas percepcións creativas superando os puntos de vista concretos que se mantiveron en suspensión (Bohm e Peat 1998: 269).\nDe feito non é doada a construción dun diálogo creativo, xa que en moitas ocasións o punto de vista do outro ameaza seriamente os valores dunha persoa. Aínda así, é preciso facer fronte ás discrepancias sen que haxa confrontación, e estar dispostos a explorar puntos de vista que persoalmente un non subscribiría. Este tipo de actitude non é compatible cun espírito competitivo, contencioso e agresivo: “no entanto, se as persoas son capaces de comprometerse con este tipo de diálogo, sen ira ou evasión, decataranse de que non existe unha posición fixa tan importante que mereza ser mantida a custa do diálogo mesmo” (Bohm e Peat 1998: 268).\nSe cadra, o cerne da cuestión está en non perder nunca de vista que a sociedade e o individuo non teñen existencias separadas, e que individuos e sociedade forman bucles de retroalimentación indisolubles. A socialización está na base mesma da humanidade, pois o fenómeno social aséntase nun fundamento biolóxico: a convivencia. E a convivencia non é posible sen a aceptación do outro xunto a un mesmo (Maturana e Varela 1999). Son as interaccións entre os individuos as que van forxando a convivencia, as que constrúen a sociedade coa súa cultura. Mais tamén cómpre ter en conta que unha vez producida a sociedade, como sinala Morin, retroactúa sobre os individuos nun ciclo constante autoconstituivo e autoorganizador. En definitiva: “Os individuos producen a sociedade que produce os individuos” (Morin 2007: 107).\nDo devandito non se debe desprender a idea de que un bo funcionamento da sociedade leva implícita a restrición total da liberdade do individuo, senón todo o contrario, porque precisamente o sistema social humano ― e esta é unha característica distintiva respecto doutros sistemas ― amplía a creatividade dos seus compoñentes, pois existe para eles. Sen liberdade non sería posible desenvolver a creatividade dos individuos, imprescindible para garantir a evolución do sistema. Así o expresan Maturana e Varela (1999: 172): “A coherencia e harmonía das relacións entre os integrantes do sistema social humano débense á coherencia e harmonía do seu medre nel, nunha continua aprendizaxe social que o seu propio operar social (lingüístico) define”.Para rematar este apartado queremos suxerir, seguindo os autores citados, que, en último termo, a ética ten o seu centro na reflexión sobre a presenza do outro. Saber que sabemos, saber que creamos un “mundo” xunto a outros seres humanos, obríganos a un comportamento ético que teña unha actitude de permanente vixilancia contra a tentación da certeza, xa que toda certeza nega o espazo a todo aquel que non constrúa un mundo semellante ao noso.\ngüístIca galega\nNesta parte do estudo centrámonos en temas concretos da problemática das linguas en Galicia, e as consecuencias sociais derivadas. Non é obxectivo deste traballo comentar criticamente a sociolingüística galega, pois consideramos que a investigación sobre o tema é ampla e rigorosa, e fornece un coñecemento exhaustivo da situación. De feito, á imprescindible historia da lingua galega (Freixeiro Mato, 1997, Mariño 1998, Monteagudo 1999, entre outros), e ao marco legal no que se inscribe (García Negro 1991), engádenselles multitude de estudos que tratan e analizan a situación dende diferentes ángulos (codificación da lingua, educación, actitudes, prexuízos, dereito, etc.) e diagnoses de diversos tipos. O que si pretendemos é chamar a atención sobre algunhas cuestións que están no cerne da situación de hoxe en día, e que cremos que poñen de relevo a necesidade de ter en conta os aspectos tratados no apartado anterior: as relacións entre os elementos do sistema socio(lingüístico), o criterio de verdade e o diálogo libre.\n3.1. Lingua e sociedade\nArestora vivimos unha fragmentación social, por razón de lingua, sen precedentes na historia de Galicia. O Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo en realidade o que fixo foi deixar ao descuberto a fraxilidade do consenso acadado no 2004, grazas ao cal fora posible a aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG). Un consenso que parecía acabar coa recorrente historia de desencontros (desconexións) entre os distintos grupos sociais responsables da normalización do galego, desde a aprobación en 1983 da Lei de Normalización Lingüística (LNL), e mesmo antes. Este decreto que, amparado na Lei de Normalización Lingüística e no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, regulaba e aumentaba a presenza do galego na Primaria e na Secundaria, resultou o detonante dunha situación xa latente nas décadas anteriores. En efecto, a parte da poboación contraria a unha ampliación do galego no ensino re(organizouse) con rapidez nun movemento cidadán Tan gallego como el gallego, do que pouco despois xurdirían Galicia Bilingüe e Mesa por la libertad lingüística.\nPero se o devandito decreto alporizou unha parte dos galegos, a súa derogación e a promulgación do decreto substitutivo (Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia) exaltou os ánimos da outra parte da poboación e provocou unha reacción contundente, dentro e fóra de Galicia. Proba desta reacción foi a formación de múltiples plataformas (Queremos galego, Prolingua, Galego patrimonio da humanidade, Cambia Galicia, Defensem la Llengua Gallega…) en defensa da lingua galega e en reivindicación das funcións que lle corresponden como lingua oficial e propia do país. Todas elas desenvolven unha actividade incesante, en paralelo ao labor inxente que a Mesa pola Normalización Lingüística leva feito desde a súa creación en 1986. Por outra parte, apareceron diversos tipos de iniciativas (eufaloTV\nou Galego Lab, entre outras) e algunhas campañas de empresas de gran éxito. Todo este conxunto evidenciou unha potencia e vitalidade nos sectores etnolingüísticos galegos na que poucos acreditaban. Lémbrese que ao remate do franquismo, a vitalidade dos grupos sociais galegófonos era máis ben escasa, como sinala Lorenzo (2009) para quen os factores determinantes desa febleza seguen tendo presenza na actualidade 3 ; refírese o autor, ao perfil sociodemográfico e socioeconómico do colectivo formado polos galegofalantes, e ao profundo estigma sociolingüístico asociado ao idioma e aos seus usuarios. O enfrontamento dos grupos de poder da sociedade galega en torno á lingua ameaza con facerse crónico, e non parece posible a recuperación do fráxil consenso do 2004, por máis 3 O documento está datado en 2008.\nchamadas que se fan desde as institucións e asociacións que o asinaron, e desde boa parte da poboación. Ante a radicalización de posturas antagónicas entre os defensores do galego e do castelán e se aspiramos a que a cohesión social non sexa unha mera ilusión, non temos outra saída que explorar vías novas de achegamento, como podería ser o diálogo libre e creativo que propoñen Bohm e Peat, e que vimos antes.\nAs consecuencias deste enfrontamento para o galego son evidentes. Despois de 27 anos da LNL, o galego está ben lonxe de ser unha lingua normalizada, como mostra o Mapa sociolingüístico de Galicia (MSG). Esta magna enquisa permite coñecer con bastante exactitude a situación do galego, e os datos que fornece non deixan espazo para a dúbida. O uso do galego diminúe progresivamente a medida que descende a idade dos entrevistados; daquela, o grupo máis novo (de 16 a 25 anos) é o que menos usa o galego nas interaccións cotiás. Á parte da evidente perda de transmisión interxeracional, un máis alto nivel de estudos, de clase social e de mellor profesión, son factores que tamén inciden no abandono do galego a carón da pertenza a núcleos urbanos (MSG 1995). Os datos do MSG de 2004 aínda son máis alarmantes, pois indican que a poboación que emprega o galego habitualmente quedou reducida practicamente á metade. Do 68, 6% de falantes habituais de galego que recollía o MSG de 1995 pasouse ao 38, 36% en 2004. Hai que dicir que a verosimilitude dos datos de 2004 está sendo cuestionada por algúns investigadores que atribúen ao estudo erros metodolóxicos ― Mauro Fernández (2009) coordinador do volume de 1995, e Henrique Monteagudo (2009) ―. Malia toda a prudencia que esta disquisición aconsella, o feito que se constata é que a substitución do galego polo castelán é cada vez maior.\n3.2. Monolingüismo vs. plurilingüismo en Galicia\nNo sistema educativo non universitario, o goberno galego no poder en 2010 decantouse por unha opción plurilingüe (Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia). O Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, xustifica a decisión a partir da nova realidade que vive Europa, convertida nun espazo internacional e plurilingüe: “Esta nova realidade esixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitando a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras” 4. Ademais, o propio secretario xeral anuncia que para garantir un coñecemento efectivo das linguas estranxeiras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai poñer en marcha o Plan de potenciación das linguas estranxeiras. Este fortalecemento das linguas 4 http://www.edu.xunta.es/web/node/1214\nestranxeiras vaise concretar no apoio á creación de centros plurilingües ou de novas seccións bilingües, o aumento da oferta de formación nas escolas oficiais de idiomas, a incorporación de auxiliares de conversa nos centros educativos, etc.\nMais, esa política plurilingüe vai supoñer cambios significativos nunha opción que atenda a diversidade lingüística? Ou continúa a ser expresión da ideoloxía monolingüista? Para nós, o multilingüismo social, cada vez maior nas comunidades actuais, esixe un plurilingüismo que non sexa un simple sumatorio de prácticas monolingües. A procura de novos modelos vai precisar un cambio de percepción sobre as linguas, o tipo de relacións establecidas na trama social, en definitiva, da “realidade”. En Galicia, este cambio non vai ser doado, porque aínda hoxe a maior parte das visións que se teñen ao respecto, proceden da ideoloxía monolingüista.\nEn efecto, en Galicia, ao monolingüismo en español enfróntase o monolingüismo en galego. Son discursos que se integran de cheo nos nacionalismos respectivos. O monolingüismo en español está representado polas extintas Asociación Gallega por la Libertad del Idioma (AGLI), La Mesa por la Libertad Lingüística, e a actual Galicia Bilingüe, que para ReiDoval (2009: 185) forman un verdadeiro “Comité de Sabotaxe da Regaleguización ”. No outro extremo da confrontación está o monolingüismo en galego, discurso moi estendido entre o nacionalismo político. O fundamento teórico desta postura é o conflito lingüístico (Aracil 1982) existente entre dúas linguas nunha mesma comunidade, una prestixiada e outra minorizada. Este modelo tamén foi o adoptado maioritariamente pola sociolingüistica catalá entre 1960 e 1980 (Boix e Vila 1998). Para Aracil, a resolución do conflito lingüístico só ten dúas vías posibles: a substitución da lingua máis feble, ou a normalización da mesma. Desde esta óptica, a lingua propia de Galicia só terá posibilidades de supervivencia desde a uniformización. É a postura que defende Sanmartín (2009: 51): “A arma do monolingüismo social como base fundamental, de amálgama, de feitura de masa para o noso país, é a única que ten como obxectivo unha homoxeneidade lingüística, cultural e social; e a única, por tanto, con visos de garantías de futuro para o noso idioma”. É obvio que para a autora só hai unha posibilidade, pero resulta que esta posibilidade reproduce a outra escala o mesmo modelo que se combate (Mey 1989, citado por Regueira\n2006). Aínda podemos comentar outra proposta de monolingüismo social, defendido por algúns grupos de mocidade, principalmente do ámbito urbano: o monolingüismo en galego(portugués). A\nvisión en torno ao código é compartida por asociacións que desenvolven unha gran actividade en torno á cuestión lingüística, como Associaçom Galega da Lingua (AGAL) ou o Movemento de Defensa Lingua (MDL), entre outros (Regueira 2006).\nCoidamos que intentar normalizar a lingua galega a partir do monolingüismo en galego, sitúanos no cerne mesmo do problema que pretendemos solucionar. Non se debe esquecer que as políticas monolingüistas levaron consigo a estigmatización e desaparición de gran cantidade de linguas. E pode acontecer o mesmo coas variedades internas dunha lingua se non se delimitan as funcións dos estándares, como comentaremos logo.\nXunto ás opcións monolingüistas, apareceron tamén na xeira democrática as chamadas teses bilingüistas, rexeitadas con contundencia desde os sectores galeguistas máis radicais. Subliña ReiDoval que “a palabra ‘bilingüismo’ foi tabú en Galicia e, sorprendentemente, símbolo de debilidade ou mesmo de deslealdade ao galego” (ReiDoval 2009: 181). Nesta breve revisión das opcións lingüísticas, non podemos deixar de citar o bilingüismo harmónico, un discurso desenvolto desde o poder político do Partido Popular durante os seus anos de goberno 5. O obxectivo principal sería garantir a harmonía da sociedade cun “bilingüismo social”, de tal xeito que as linguas castelá e galega puidesen ser usadas nas mesmas interaccións. Foi o discurso que sustentou a política lingüística do goberno do Partido Popular ata 2005, co que se trataba, sobre 5 Os fundamentos teóricos de tal singular formulación foron expostos polo propio Director Xeral de PL entre os anos 1989 e 2000, Regueiro Tenreiro (Regueiro 1999).\ntodo, de evitar o conflito social. É evidente que o conflito non se evitou senón que permaneceu latente, sen a virulencia, é certo, do actual 6.\n3.3. Galego/castelán vs. estándar/variedades\nNos procesos de recuperación de linguas minorizadas, o estándar exerce unha gran presión sobre as variedades. En Galicia produciuse, ademais, un efecto paralelo, cando menos durante a primeira década da oficialización: a poboación non se identificou cun estándar difundido, principalmente, polos medios de comunicación autonómicos. Os galegofalantes non se identificaron con aquela lingua que escoitaban na televisión e na radio galegas pois non se podían recoñecer nela. Como di Antón Dobao, o discurso oral público contiña palabras e expresións galegas, pero faltábanlle outros trazos fundamentais, como a pronuncia ou a entoación. Os galegos recibían a través destas canles “un conxunto de mensaxes que achegan formas léxicas e gramaticais do galego ditas conforme modelos de expresión oral doutra lingua [a castelá]” (Dobao 2008: 223).\nPor outra parte, a elevación do estándar á categoría de lingua supuxo unha hipervaloración desta variedade, que ía ocupar as funcións formais e de prestixio, en detrimento das variedades dialectais de ámbito coloquial. Volveuse reproducir o esquema castelán/galego, con consecuencias desastrosas para a poboación falante de galego. Perpetuamos deste xeito os prexuízos, enchéndoos de novos contidos 7, o cal tivo unha importancia enorme, sobre todo, no sistema educativo. Hai que recoñecer que a oficialidade do galego, a principios dos anos 80 xerou unha situación sociolingüística moi complicada, debido á confrontación social por unha banda, e á confrontación en torno ao código, pola outra. Non se calibrou abondo, no momento, que o potencial de enerxía que se dilapidou nestas guerras tería sido moi necesario para explorar unha experiencia educativa que tiña lugar por primeira vez na historia de Galicia. Se ben calquera experiencia educativa debería ser intrinsecamente positiva, a incorporación dunha lingua minorizada e estigmatizada ao ensino requiría incrementar a niveis máximos ese rendemento emocional. Sen ánimo de xeneralizar, coidamos pertinente facer un breve comentario ao respecto, focalizado naqueles casos nos que a didáctica do galego probablemente se abordou cunha perspectiva monolingüe (esta vez entre estándar e variedades), e que implicou deixar de banda a riqueza dialectal do alumnado galegofalante. En primeiro lugar, a/s variedade/s dos estudantes achegarían un repertorio léxico e expresivo moito máis rico do que o estándar pode achegar. En segundo lugar, o alumnado galegofalante quedaría reforzado a través da valoración da variedade propia, e posiblemente cunha mellor predisposición á aprendizaxe dun estándar que ampliaría o seu patrimonio lingüístico. Tanto os estudantes de galego coma os seus falantes deben ter moi claro que o emprego do estándar nas funcións que lle son propias, non obriga de xeito ningún, ao abandono de cadansúa variedade dialectal.\n4. p ropostas de funcIonamento plurIlIngüe na socIedade rede\nSomos conscientes de que atopar solucións á situación sociolingüística galega, desde o paradigma da complexidade, precisa de moita máis investigación, maduración de ideas, consensos científicos e sociais, e mesmo prácticas parciais. Establecer as conexións entre grupos e institucións implicadas, de tal xeito que haxa unha interdependencia efectiva entre eles, é imprescindible para que poidan abrollar os procesos de creatividade e emerxencia necesarios para o mantemento do sistema. A este respecto, queremos expoñer algunhas propostas que, ao noso entender, fomentarían unha práctica social máis en consonancia cunha sociedade diversa e interconectada. 6 Ao longo das décadas dos 80 e 90, a virulencia do conflito desviouse en boa parte cara á batalla normativa. 7 Un exemplo claro é a negativa consideración social da gheada (Labraña 1999, Recalde 1995, entre outros).\n4.1. Percepción positiva das linguas da comunidade\nÉ incuestionable que a diversidade é consubstancial en todos os ámbitos da nosa vida, e tamén no lingüístico. O gran reto para unha sociedade multilingüe é o desenvolvemento e a xestión da diversidade lingüística como proxecto de toda a comunidade, e non dunha parte dela. Perseguir este obxectivo supón poñer moita énfase na convivencia, de xeito que avancemos cara a unha sociedade integrada e cohesionada. Para Patxi Baztarrika ― Viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Vasco (20052009) ― a convivencia debería ser unha aspiración irrenunciable: “a xestión da diversidade lingüística incide de cheo sobre as persoas e as súas relacións, sentimentos, afectos e emocións. Por iso, falar de política lingüística implica falar, máis que acerca da lingua, da organización da convivencia lingüística” (Baztarrika 2009: 53). Concordamos con Pennycook (2001) en que unha planificación lingüística responsable debe ter moi en conta o multilingüismo imperante na sociedade coa fin de evitar riscos de exclusión social e impulsar a cohesión entre a cidadanía.\nPero para que a coexistencia de linguas se transforme en convivencia, é importante acadar dentro da sociedade unha valoración equitativa das linguas. A aceptación da diversidade lingüística non se restrinxe a conceptos como respecto e igualdade, senón que vai máis alá: supón a aceptación da/s lingua/s histórica/s da comunidade, e das que se van incorporando, como un valor para todo o conxunto. Teñamos en conta que a inmigración é portadora dunha bagaxe cultural que inclúe linguas maioritarias ou minoritarias que pasan a formar parte do sistema sociolingüísitico. Son elementos novos que obrigan o sistema a readaptarse para manter a súa identidade nun equilibrio dinámico constante. O intento de desprover a xente que se incorpora a unha comunidade nova da súa bagaxe cultural vai en detrimento do conxunto pois as súas potencialidades humanas vanse ver diminuídas (en maior ou menor grao) ao ter que se inserir nunha cultura nova na que, en principio, non pode desenvolver a súa creatividade como persoa, unha creatividade que se forxou nunha cultura determinada e diferente.\nDesde este punto de vista, é imprescindible a valoración da diversidade lingüística. Un dos espazos idóneos para fomentala é o sistema educativo, pois no ámbito escolar conflúen obrigatoriamente os nenos dos diversos grupos culturais e lingüísticos con presenza na sociedade. Son xa moitas as experiencias que neste sentido se veñen desenvolvendo en diversos países do mundo no sentido de considerar as linguas de orixe do alumnado un patrimonio a compartir por todos, un legado que debe arrequentar a cultura da clase e do conxunto da comunidade escolar 8.\nPrescindindo das implicación sentimentais ou dos posicionamentos políticos que alguén poida presentar respecto aos dialectos en xeral ou respecto ao seu en particular, parece obvio que unha sociedade civilizada e democrática, onde a diversidade é un valor a defender, preservar e mesmo fomentar, non pode ficar indiferente diante da perda da diversidade lingüística interna (Ramon Sistac 2009: 117).\n4.2. Ensino plurilingüe\nFronte ao ensino de linguas cun obxectivo políglota, hai anos xa que se comezaron a elaborar na Unión Europea outras propostas complementarias, orientadas a conseguir unha competencia lingüística plurilingüe. Estamos a nos referir a métodos de aprendizaxe simultánea de linguas dunha mesma familia: EuroCom e Eurom 4. EuroCom, dirixido desde Frankfurt polos profesores Tilber Stegmann e Horst Klein, distribúese en tres ramas: EuroComRom (románicas), EuroComGerm (xermánicas) e EuroCom Slav (eslavas) 10. Eurom 4, ideado por Claire BlanchBeveniste (1997) abrangue catro linguas románicas: portugués, español, italiano e francés 11. Arestora é case inminente a publicación de Eurom 5 (que engade o catalán), e está en proceso Eurom 8 ― catalán, español, francés, galego, italiano, occitano, portugués e romanés ―. Encárgase da súa elaboración un equipo de investigadores da Universitat de Barcelona, dirixido por Maria Teresa García Castanyer e Eulàlia Vilaginés.\nOs devanditos métodos pretender constituír, un complemento e, á vez, unha alternativa didáctica ao ensino tradicional de linguas. A novidade principal que representan ademais da aprendizaxe de varias linguas a un tempo, está nas competencias. En efecto, mentres no ensino tradicional, o obxectivo é acadar o dominio dunha ou de varias linguas, o cal implica a aprendizaxe de todas as destrezas, receptivas e produtivas, este ensino alternativo oriéntase unicamente cara ás competencias receptivas. Trátase de que as persoas dunha mesma familia lingüística se poidan expresar en cadansúa lingua sen necesidade de usar unha lingua que non é a habitual de ningún deles.\nCon esta didáctica, ademais, garántese o desenvolvemento de habilidades lingüísticas, inherentes a calquera persoa, e que o monolingüismo se encarga teimudamente de atrofiar. Desde a analoxía e mediante o emprego de estratexias como a dedución, a inferencia, a asociación, ou a aproximación, o estudante parte do coñecemento lingüístico que lle proporciona a súa lingua para chegar cun moderado esforzo de aprendizaxe a un alto rendemento na comprensión simultánea de varias linguas emparentadas.\nA través deste ensino a persoa ordena e organiza toda a información que posúe previamente (en xeral as persoas non son conscientes dos recursos cos que contan polo simple feito de ser falantes dunha lingua), e racha os bloqueos mentais que se producen ante a aprendizaxe de novas linguas. Pero iso non é todo, se cadra o máis importante é que estes métodos fomentan a creación dunha conciencia plurilingüe, adecuada para a sociedade complexa actual, na cal todas as linguas están en plano de igualdade, e na cal os cidadáns con variados recursos poden optar por utilizados segundo o que precisen en cada momento. As prácticas heteroglósicas na fala coloquial son un bo exemplo deste feito.\n4.3. Opcións e recursos lingüísticos dos cidadáns\nProcurar a convivencia lingüística nun país multicultural con dúas linguas oficiais, unha das cales é minorizada, é unha tarefa realmente difícil, pois en principio unha xestión orientada á defensa da diversidade lingüística parece que podería poñer en perigo a revitalización da lingua propia do país. Nós pensamos que isto non é así, e que xustamente un contexto no que teñen espazo 10 Máis información en http://www.eurocom.unifrankfurt.de/ A versión galega, publicada en 2009, foi elaborada por Labraña, Vázquez, Klein e Stegmann. 11 Consúltese: www.romanica.intercom.com as linguas e culturas dos grupos que se van incorporando ás sociedades, debería favorecer a\npreservación e normalización da lingua propia.\nÉ máis, a procura da convivencia entre unha pluralidade de linguas debería tamén axudar a transcender os problemas derivados dunha situación sociolingüística anómala (entre lingua dominante e lingua minorizada), situación que tivo importantes consecuencias psicolóxicas e xerou comportamentos lingüísticos tamén anómalos. Por exemplo, nos territorios do Estado español con lingua propia, como Cataluña e Galicia, é frecuente cambiar a lingua e expresarse en castelán ante un interlocutor que non fala catalán ou galego. Tamén se adoita iniciar unha conversa en castelán ante un interlocutor de aspecto físico estranxeiro, sen saber previamente se entende ou non a outra lingua do país. Isto, que en principio parecería unha escolla, en realidade agocha as secuelas psicolóxicas de traumas persoais por razón de lingua.\nEn xeral, nas comunidades nas cales coexisten dúas linguas oficiais, e unha delas é minorizada, as interaccións entre falantes de linguas diferentes, adóitanse facer na lingua prestixiada. Esta tendencia á converxencia lingüística nas interaccións, que a forza do hábito converteu en natural, non é outra cousa que xustamente un hábito cultural, atrás do cal podemos detectar a ideoloxía monolingüista. De aí a importancia da toma de conciencia sobre este feito, pois pode permitir que se produzan cambios nos hábitos lingüísticos sen o perigo de caer en autovaloracións negativas. Os autóctonos e falantes da lingua minorizada, para poder desenvolverse con naturalidade no plurilingüismo, precisan desfacerse desa carga emocional desestabilizadora, e do estrés que produce tanto manter unha conversa en bilingüe, como abandonar a lingua a favor dunha conversa nun único código 12.\nManter unha conversa en distintas linguas, e mesmo producila con alternancia de códigos, ten que chegar a ser percibido dentro da normalidade nunha comunidade multilingüe. Para isto, e sen prexuízo de que os cidadáns dominen diversas linguas, deberían dispoñer dun coñecemento fragmentario de moitas máis, que, por outra parte, favorecería o desenvolvemento eficaz de habilidades lingüísticas e comunicativas. Estas habilidades permitiríanlles afrontar o achegamento a unha lingua nova coa actitude aberta de que, nun nivel moi inicial, é posible a comunicación cuns mínimos coñecementos da outra lingua.\n5. c onsIderacIóns fInaIs\nAs liñas de pensamento que partiron dunha concepción do mundo mecanicista, e que guiaron investigacións, análises e políticas lingüísticas, non parecen aplicables á xestión da diversidade das sociedades multilingües. Desde ese modelo contemplábase a complexidade como problema, e non como posibilidade de conectar a través dela cun mundo máis rico e máis complexo. Para avanzar na procura de modelos máis axeitados a situacións complexas, nas últimas décadas do século XX, e baseada en conceptos ecolóxicos, abrollou a ecoloxía da lingua (Haugen 1972), que foi asumida posteriormente por autores diversos. Na sociolingüística catalá foron varios os estudosos que seguiron esta vía de investigación, como se pode ver na interesante panorámica de Pere Comellas (no prelo), na que o autor comenta criticamente as diferentes contribucións.\nNa sociolingüística galega podemos citar, entre outros, o traballo de Álvarez Cáccamo (1994).\nO estudo desde a perspectiva ecolóxica apareceu como unha verdadeira alternativa, xa que non só contemplaba os fenómenos lingüísticos en si mesmos, senón que tamén incorporaba toda outra serie de factores na dinámica da situación sociolingüística. Para Albert Bastardas, é preciso abandonar o estudo tradicional do fenómeno lingüístico illado para inserilo nos seus 12 Os psicólogos Suay e Sanginés (2010) opinan que cómpre revirar a situación, cousa perfectamente posible desde a psicoloxía. Para conseguilo, montaron os Talleres de Lingua, nos cales se trata cada caso individualmente.\ncontextos biolóxicos, psicolóxicos, sociais, políticos e culturais, nunha visión ecosociolingüística. Nesta perspectiva, hai que situar as estruturas lingüísticas “en relación cos sistemas e suprasistemas que determinan a súa existencia si se pretende entender adecuadamente as súas vicisitudes” (Bastardas 1996: 22). De aplicarmos o modelo ecolóxico ao conxunto das linguas nunha comunidade, parécenos oportuno facer unha reflexión entre dous niveis de mirada ecolóxica que diferencian entre ecoloxía superficial e ecoloxía profunda, unha distinción, hoxe en día amplamente aceptada. A diferenza entre elas estriba basicamente en que a ecoloxía superficial é antropocéntrica: considera o ser humano fonte de todo valor, por riba da natura á que lle outorga un valor instrumental, un valor que se debe protexer porque serve ao ser humano. En troques, a ecoloxía profunda ― que se integra de cheo no paradigma da complexidade ― ve o mundo como unha rede de fenómenos fundamentalmente interconectados e interdependentes, da cal son elementos tanto os seres humanos coma o entorno natural: “A ecoloxía profunda recoñece o valor intrínseco de todos os seres vivos, e ve os humanos como una mera febra da trama da vida” (Capra 1998: 29). No nivel lingüístico, desde a perspectiva da ecoloxía profunda todas as linguas das comunidades que forman unha sociedade serán igualmente importantes, estarán interconectadas a través dos seus falantes, e, xa que logo, retroalimentaranse unhas ás outras. Disto dedúcese que o que ocorra nunha das linguas, ou nun grupo cultural por razón de lingua, afectará o conxunto do sistema lingüístico. A ecoloxía superficial, no entanto, considerará a lingua “propia” como o valor\nprincipal, e o resto como entorno e patrimonio a protexer.\nComo puidemos ver, o desenvolvemento dos sistemas vivos non foi un proceso lineal, senón en rede. Foron xurdindo unha multiplicidade de redes sistémicas, cada vez máis complexas, nas que os procesos emerxentes e a creatividade inherente á vida, produciron novos sistemas e novas relacións. Este xeito de operar, que implica cooperación e interdependencia, é natural nos sistemas vivos; quebrar este fluxo dificulta a creatividade necesaria para que o complexo apareza, e nunha situación extrema, pode chegar a colapsar o sistema.\nMais, que a diversidade lingüística sexa unha opción factible para unha sociedade, esixe unha comunidade consciente do seu funcionamento en rede; consciente, polo tanto, de que o que aconteza nun nodo da rede, inflúe en todo o conxunto. As palabras de Capra (1998: 313314) son ben clarificadoras ao respecto:\nNon obstante, a diversidade é só unha vantaxe estratéxica cando se trata dunha comunidade verdadeiramente vibrante, sostida por unha rede de relacións. Se a comunidade está fragmentada en grupos e individuos illados, a diversidade pode facilmente converterse nunha fonte de prexuízos e friccións. Pero se a comunidade é consciente da interdependencia de todos os seus membros, a diversidade ha enriquecer todas as relacións e, xa que logo, a comunidade toda, así como cada un dos seus individuos. Nunha comunidade así, a información e as ideas flúen libremente por toda rede e a diversidade de interpretacións e de estilos de aprendizaxe —mesmo erros— enriquece toda a comunidade.\nHoxe en día a fragmentación da sociedade galega, por razón de linguas, é obvia. Ao noso entender, outro dos elementos que tivo maior relevancia neste conflito foi a crenza de que as verdades son inamovibles. Cada asociación, grupo, ou centro de poder implicados nas confrontacións mantiveron as súas posicións practicamente fixas, o cal impediu o establecemento dun verdadeiro diálogo entre interlocutores. Un diálogo, como o que propoñen Bohm e Peat, no que se intenten comprender as posturas dos outros, poñendo en suspensión as propias. Neste senso, cómprenos un xeito novo de relación, no que o outro teña un espazo real para que poida desenvolver a súa identidade nunha interaccción libre e creativa.\nEn definitiva, procurar a convivencia lingüística ten que ser unha aspiración irrenunciable nunha sociedade diversa e plurilingüe. Para Albert Bastardas isto pasa pola necesidade do debate creativo como vía para chegar a visións innovadoras:\nCómpre estimular máis o debate crítico e intelixente e a produción de discursos e conceptos innovadores no dereito, sobre unha organización lingüística dos humanos que faga posible a necesaria e xusta conciliación entre a aspiración de comunicabilidade supralocal e xeral, e a de mantemento e desenvolvemento das linguas nas distintas comunidades humanas. Conseguir manter plenamente funcionais os idiomas propios e ao tempo podérmonos comunicar cos outros humanos é o gran obxectivo da humanidade para o século XXI (Bastardas 2009: 130).\nr eferencIas bIblIográfIcas\nRegueiro Tenreiro, M. (1999): Modelo harmónico de relación lingüística. Estudio en Galicia. A Coruña:3catorceeuroEdiciones. ReiDoval, Gabriel (2009): “A sociolingüística de Galicia”, en Henrique Monteagudo (coord.), Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade."} {"summary": "Este artigo presenta os resultados preliminares dunha investigación sobre a actual situación sociolingüística de San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno, os tres pequenos concellos da provincia de Cáceres nos que coexisten, desde a Idade Media, tres variedades lingüísticas locais estreitamente asociadas co sistema lingüístico galegoportugués. Como exemplo de enclave lingüístico, esta comunidade constitúe un laboratorio no que observar a dinámica das variedades lingüísticas en contacto, as identidades, o mantemento e a substitución de recursos lingüísticos, as representacións sociais sobre as súas peculiaridades idiomáticas, etc. Neste artigo, presentamos unha análise das condutas verbais declaradas, así como das actitudes lingüísticas da mocidade da comarca, co obxectivo de afondar nos factores que continúan impulsando o proceso actual de mantemento das variedades locais. Os datos proceden dunha enquisa realizada ao universo do alumnado de máis de 10 ou máis nos tres concellos.\nA conclusión do noso traballo é que ao contrario do que ocorre en moitas comunidades de enclave, o Val de Xálima presentou tradicionalmente uns indicadores da vitalidade lingüística moi elevados, tanto pola consistente transmisión interxeracional como polo gran aprecio que a comunidade ten con respecto ás variedades locais. Con todo, este enclave está a afrontar os retos que supón o paso dunha economía tradicional a outra, aínda emerxente, relacionada, por un lado, co recoñecemento interno e externo da súa particularidade idiomática, e polo outro, cunha nunha maior intensidade de intercambios co seu contorno máis próximo por mor dos cambios estruturais da rexión nas últimas décadas.\nEnclaves lingüísticos, Val de Xálima, mantemento e substitución lingüística, actitudes lingüísticas, política lingüística\nContents\nEsta investigación foi financiada pola Secretaría de Estado de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación (ref. HUM200613621-C0403; título do proxecto Enclaves lingüísticos: recursos verbales, ideologías y comunidades: enclaves gallegófonos).", "text": "framallo@uvigo.es\nI ntroducIón\nNos últimos 20 anos, o interese da lingüística románica en xeral, e da galega en particular, polas variedades lingüísticas do enclave estremeño de Xálima, contribuíu notablemente a ampliar o coñecemento das particularidades idiomáticas desta comunidade, achegando resultados substanciais que abriron novas liñas de investigación. No marco destes estudos sobre a lingua da comarca cacereña, iniciamos, en 2007, unha investigación sociolingüística dos tres concellos que conforman este territorio. Parte dos resultados dese traballo son os que o lector atopará nas páxinas que seguen.\nDurante o século XX, o enclave de Xálima foi amplamente estudado, con numerosas achegas nos últimos vinte anos (Alén do Val 2004; Carrasco González 2000; Costas González 1992a, 1992b, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2007, 2011; Fernández Rei, 2000; Gargallo Gil 1996, 1999, 2000, 2001, 2007; Maia 2000; Martín Galindo 1993, 1996, 1999, 2010; Rey Yelmo, 1999; Sartal Lorenzo 2007). Ademais da minuciosa descrición lingüística e etnográfica, en boa parte deses traballos visibilízase un debate, aínda non pechado, sobre as orixes e a adscrición lingüística do idioma usado nos tres municipios que conforman esta comunidade de fala. Malia que faremos unha breve referencia ao citado debate (§ 3), non é obxectivo deste traballo afondar nel, salvante no que respecta á autopercepción dos falantes con respecto ao mesmo.\nOs antecedentes concretos desta investigación son as contribucións sociolingüísticas que se elaboraron nos anos 90 do pasado século. Nesa altura, deseñáronse diversas enquisas para cuantificar a vitalidade lingüística, as actitudes sobre as linguas e a conciencia idiomática dos falantes (Costas González 1996, 1999; 2000; Gargallo Gil 1996; Martín Galindo 1993, 1996; Sóñora Abuín et al. 1996). A conclusión máis salientable deses traballos é dobre. Dun lado, constatouse que as variedades vernáculas estaban moi presentes tanto no ámbito familiar canto nas prácticas comunicativas no plano da comunidade. Doutro lado, había coincidencia en destacar uns indicadores actitudinais moi favorables en todos os grupos de idade ao mantemento da lingua e á demanda dunha maior protección.\nDesde eses anos, non temos constancia de ningunha outra investigación de fundamentación sociolingüística que permita contrastar os cambios acontecidos no enclave nos últimos lustros. Aínda que a mostra coa que nós traballamos difire das dos estudos referidos, os datos permiten dar conta das transformacións sociolingüísticas que tiveron lugar nos tres concellos nestes últimos 15 anos. Xa que logo, o presente traballo céntrase na análise da autopercepción dos comportamentos lingüísticos, as actitudes sobre as linguas e a adscrición lingüística entre a mocidade do enclave, co obxectivo de analizar os factores que seguen promovendo o proceso actual de mantemento das variedades locais.\nEn 1994 realízase outra enquisa a unha mostra de 320 persoas dos tres concellos coas seguintes conclusións (Sóñora Abuín, et al., 1996; Costas González 1999) 1. A competencia lingüística na fala era do 100% nas Ellas e en San Martiño, e do 97% en Valverde. O 80% aprendeu o castelán no medio escolar. Un 43% dicía que podía manter unha conversa en portugués. O uso da fala era moi maioritario tanto no ámbito familiar coma cos veciños ou no traballo, detectándose algunhas diferenzas segundo o concello, especialmente pola castelanización apreciada en Valverde, que acadaba o 27% nas interaccións fillospai, por exemplo.\nNese traballo tamén se indagaba na consideración da fala por parte dos informantes. As opcións que obtiveron máis respostas foron: mestura de portugués, leonés e castelán (22%), variedade moi emparentada co galego (21%) e antigo dialecto asturleonés (15%). Por último, a demanda de protección e de promoción da lingua era moi maioritaria. Un 84% estaba de acordo coa súa introdución como materia curricular e o 95% opinaba que as autoridades deberían prestar máis atención á lingua.\nNon é de estrañar a relevante coincidencia que hai en boa parte das análises destas tres investigacións. Malia as diferenzas metodolóxicas entre elas, o que explica esta semellanza é a proximidade temporal na que se levaron a cabo. O que pretendemos con este traballo é achegar datos máis recentes que permitan avaliar os cambios operados na comunidades nestes últimos 15 anos.O artigo divídese en cinco partes. Na primeira, situamos o contexto teórico da investigación: as comunidades de enclave como laboratorios sociolingüísticos nos que analizar as dinámicas das variedades lingüísticas en contacto, a construción identitaria, etc. Na segunda, afondamos na descrición do enclave obxecto de estudo. Na terceira presentamos o deseño metodolóxico utilizado. Na cuarta abordamos os resultados da enquisa e a súa discusión. Na quinta introducimos unha valoración sobre o status legal e a política lingüística relacionada co enclave. O traballo remata coas conclusións. 1 En Sóñora Abuín et al. (1996) fálase de 234 entrevistas, que posteriormente se ampliaron ata acadar o total de 320 (Alén do Val, 2004: 71).\n2. A s comunIdAdes de enclAve\nO interese da lingüística polas comunidades de enclave ten unha longa tradición, especialmente no ámbito da xermanística. De aí procede o termo Sprachinseln (“illa lingüística”, usado por primeira vez en 1847; véxase Rosenberg 2005; Mattheier 2001), que pasa ao inglés como language enclave (Riehl 2010: 335) e ás linguas románicas como enclave lingüístico.\nSeguindo a tradición xermánica, as achegas máis relevantes débense á dialectoloxía e á lingüística histórica, na busca, polo lado da primeira, dos trazos lingüísticos que perviven e, polo da segunda, dos que xa se perderon, con respecto ás comunidades nativas orixinais. Só recentemente os sociolingüistas interesáronse por estes laboratorios lingüísticos nos que, en poucos anos, teñen lugar procesos lingüísticos semellantes aos que nas linguas estandarizadas contemporáneas levaron séculos para completarse (Schirmunski 1930, citado por Rosenberg 2005) 2. Tales laboratorios, que permaneceron moito tempo no esquecemento, son un tipo especial de minoría lingüística no que estudar as dinámicas das linguas en contacto (reaxustes formais e funcionais, converxencia lingüística, nivelación dialectal, etc.), as identidades, o mantemento e a substitución lingüística, as ideoloxías e o valor atribuído ás linguas, etc.\nAínda que as comunidades de enclave non son homoxéneas nin social nin lingüisticamente, dando lugar a unha tipoloxía moi variada, en xeral podemos definir o enclave como unha comunidade lingüística minoritaria alóglota que foi separada do seu ámbito orixinal por motivos diversos (repoboación, emigración, catástrofes naturais, transformación económica, colonización, relixión, etc.) e que foi desprazada a áreas nas que xa había un asentamento lingüístico anterior 3. A diferenza doutras minorías lingüísticas (Anderson 1990; Edwards 1990; White 1991, Grenoble & Whaley 1998) a lingua da comunidade de enclave é orixinaria e está presente noutro territorio que se considera o “fogar da lingua” (language homeland, Mattheier 2001: 490), o que, con frecuencia, favorece a presenza dunha forma de identificación coa comunidade de orixe 4. Esta identidade común vese alimentada pola interacción de membros de ambas as dúas comunidades, ben mediante a emigración, ben mediante o retorno, ben mediante as estanzas educativas para os membros da comunidade de enclave, etc. Isto é o que Mattheier (2001: 491) chamou “conciencia de enclave lingüístico”. Tal conciencia permitiu o fortalecemento das particularidades culturais e lingüísticas, a pesar da presión da comunidade circundante:\nThe existence of a ‘language enclave consciousness’ is the reason why the normal process of intergenerational assimilation to the foreign language of the new environment is interrupted or retarded. Outside of language enclave constellations, this process of linguisticcultural assimilation and acculturation usually takes place within three or four generations (Mattheier 2001: 491)\nCon todo, nestes contextos, non sempre atopamos unha identidade nacional ou étnica de pertenza; isto é o que acontece, por exemplo, cando a comunidade de orixe está distante no espazo ou cando a separación temporal entre comunidade de orixe e enclave é ampla. Este é precisamente o caso do enclave estremeño de Xálima, cuxas orixes se remontan ao século XIII. Outro exemplo é o da comunidade alemá en Pensilvania, a cal deixou de ter contacto coa comunidade de orixe en 1775 (Mattheier 2001). 2 Na actualidade, as comunidades de enclave están a ser estudadas en moitas partes do mundo, tanto dende a perspectiva das linguas (enclaves do alemán, enclaves do hindí, etc.) como dende a perspectiva dos estados (enclaves lingüísticos en Italia, enclaves lingüísticos en EUA, etc.). Para unha revisión bibliográfica recente, véxase, por exemplo, Argenter (2008) para o catalán do Alguer, MaurerLausegger 2004, 2008 para Italia, Austria e Hungría ou Keel & Mattheier 2003 para os enclaves do alemán. Ademais, as comunidades de enclave tamén son abordadas dende saberes tan variados como a xenética (Nasidze et al. 2007; Stoneking 2006, entre outros) ou a economía (Chiswick 2008; Boyd 2009, entre outros). 3 Algúns autores prefiren falar de “colonias lingüísticas” (cf. Toso 2008, para os enclaves en Italia). 4 No caso das minorías xermánicas en Hungría, fálase, por exemplo, de “identidade flotante” (Mattheier 2001: 490).\nMoitas comunidades de enclave comparten unha singularidade de trazos con respecto ás comunidades circundantes: economía primaria, ás veces cunha emerxente terciarización (turismo); área xeográfica reducida, con frecuencia illada; redes sociais densas e endogámicas; identidade local diferenciada; bilingüismo, baixo ou nulo nivel de estandarización lingüística, diversidade dialectal; lingua propia marxinada politicamente, sen recoñecemento legal, etc. Mentres que algúns destes factores son os que explican o alto grao de mantemento lingüístico que encontramos nas comunidades de enclave, outros explican precisamente o contrario, a substitución lingüística e o abandono do patrimonio lingüístico da comunidade orixinaria (Clyne 1985, Deumert 2006, Kloss 1966). A partir da súa xénese, Junyent (2002) diferenza os seguintes tipos de enclaves:\n¾ Enclaves que son residuos dun continuo anterior. Son consecuencia da expansión de determinadas linguas e da conseguinte fragmentación e/ou desprazamento de pequenas comunidades que non foron asimiladas por esa expansión. ¾ Enclaves periféricos. Resultado da presión centrífuga das linguas dominantes. ¾ Enclaves superpostos. A súa orixe son os movementos migratorios. ¾ Illas lingüísticas. Caracterizadas polo seu illamento xeográfico coas comunidades do ámbito. ¾ Comunidades nómades. Grupos humanos que no seu desprazamento permanente conservan as súas linguas, que fan ademais a función do territorio.\nMaher (1991: 67), pola súa parte, reduce a tipoloxía a dous formatos: (1) enclaves de comunidades desprazadas (inmigrantes); e (2) enclaves de comunidades indíxenas que se viron ocupadas por comunidades foráneas nun proceso de expansión política. Neste segundo caso, os reaxustes formais e funcionais adoitan ser máis acusados que nos enclaves de inmigración.\nDende unha perspectiva distinta, na tipoloxía de base xeográfica que White (1991) realiza das minorías lingüísticas, os enclaves estarían dentro do grupo 5 (de 10). Os representantes deste grupo caracterízase por (i) ser minorías absolutas en todos os territorios onde se atopan (non minorías únicas como o bretón, por exemplo); (ii) ter unha estrutura externa de contacto de non contigüidade xeográfica coa comunidade de orixe; e (iii) ter unha estrutura interna definida pola cohesión xeográfica.\nPor outro lado, non está claro o status como enclaves das minorías lingüísticas que se sitúan en estados diferentes pero limítrofes xeograficamente co estado no que a lingua é maioritaria (rusos en Letonia, húngaros en Transilvania e Eslovaquia, suecos en Finlandia, etc.). Paulston et al. (2007: 385) denominan a estes casos “minorías lingüísticas extrínsecas” nas que os seus membros, a diferenza de boa parte dos procesos de configuración de comunidades de enclave, “do not migrate or discolate [...]. Rather they become part of the new polity through legal measures”.\n3. o enclAve estremeño do v Al de X álImA\nO enclave de Xálima, situado na fronteira administrativa entre Cáceres, Salamanca e Portugal, é un territorio caracterizado por manter, cunha notable vitalidade, tres variedades lingüísticas locais estreitamente relacionadas co tronco galegoportugués, con algúns compoñentes leoneses e cunha relevante castelanización recente.\nTrátase de tres pequenos concellos que, no seu conxunto, non superan os 4.500 habitantes 5. Valverde do Fresno, con 2.509, funciona como cabeceira comercial e administrativa. As Ellas ten unha poboación de 1.033 habitantes, e San Martiño de Trebello, 916. O enclave foi un lugar tradicional de forte emigración, polo que se estima que unha cifra semellante vive fóra dos tres lugares, principalmente en Madrid, Cataluña e o País Vasco. A economía básica do enclave é de tipo primario, agrícola e gandeira na súa maior parte. Recentemente o turismo estase convertendo nun sector en auxe, especialmente en San Martiño, que ten a categoría de Ben de Interese Cultural. Xa que logo, demograficamente é un enclave de pequeno tamaño. Seguindo a tipoloxía de Vinokurov (2007), trátase dun enclave interno (subestatal) de tipo socioeconómico. É dicir, un enclave que non é nin independente nin xeograficamente externo con respecto ao Estado do que forma parte. Vinokurov (2007) distingue tres subcategorías dentro dos enclaves socioeconómicos: enclaves económicos, enclaves étnicos e enclaves relixiosos. Neste caso, estariamos ente un enclave étnico, cun asentamento no que se fala unha lingua e se manifesta unha cultura distintas das habituais no ámbito xeográfico e político. Esta lingua e esta cultura son os elementos que actúan como definidores históricos do colectivo por enriba doutras peculiaridades do contorno. De feito, no caso do enclave de Xálima, a lingua é o principal elemento de cohesión e de diferenciación dos habitantes fronte ao exterior (Martín Galindo 1999).\nAs orixes deste enclave foron obxecto de debate dende as primeiras décadas do século XX (véxase, entre outros, Leite de Vasconcelos 1927, 1933; Lindrey Cintra 1959; Maia 1977, Onís 1930). Aínda que na actualidade a discusión segue aberta (Costas González 1996, 2001, 2011; Gargallo Gil 1999, 2000, 2001, 2007; Maia 2000; Martín Galindo 1996, 1999; 2010), en xeral recoñécese que estamos ante o resultado dun repoboamento desas zonas, en tempos de Afonso VIII -rei de Galicia, León e Asturias, entre 11881230-, con colonos maioritariamente procedentes da zona oriental da Galicia medieval. Aceptar esta hipótese significa considerar un contexto duradeiro no tempo sen contacto lingüístico, o cal pode ser explicado principalmente polo illamento xeográfico e polo abandono secular destes territorios, que foron inaccesibles ata mediados do século XX. De feito, no resto dos territorios da actual provincia de Cáceres, menos illados e tamén repoboados polo rei cristián, a lingua dos colonos foi substituída polo castelán. En palabras de Lindrey Cintra (1959: 509):\nTemos, sem dúvida, nese falar, o resultado da impresionante persistência (e retardada evolução independente), em condições especiais de isolamento, de uma linguagem do século XIII, apagada, nas outras localidades ou zonas em que se falou, pelo português ou pelo castelhanoleonês invasor.\nUnha segunda hipótese considera a posibilidade dunha formación autóctona destas falas, como resultado da evolución do latín entre os pobos que habitaban o Val, o que, a diferenza da primeira, suporía unha situación de continuidade lingüística e demográfica con influencias das linguas de substrato anteriores á lingua de repoboación. Os indicios que permiten avalar este segundo suposto son moi fráxiles. En todo caso, cómpre destacar a presenza dalgúns topónimos de presunta orixe prerromana ou romana no territorio (García Oliva 1999; Martín Galindo 1999). Naharro Riera e Parra Sapo (1980) parten dun argumento diferente para xustificar a anterioridade destas falas á reconquista. Para eles, o feito de que San Martiño de Trebello manteña a fala, pertencendo a unha encomenda e a unha Orde militar (Malta) diferente á das Ellas e á de Valverde do Fresno (Alcántara), “demuestra que este dialecto es anterior a la reconquista por los cristianos y no procede de emigraciones de gallegos” (1980: 2) 6. 5 Datos a 1 de xaneiro de 2009, procedentes do Padrón Municipal (Instituto Nacional de Estadística). 6 Os tres lugares mantiveron tamén diferenzas administrativas históricas. A partir de 1833, As Ellas e Valverde formaron parte provincia de Cáceres, mentres que San Martiño mantívose como concello de Salamanca ata 1959. Ademais, Valverde sempre pertenceu á diócese de Coira mentres que As Ellas e San Martiño pertenceron, ata 1958, á de Cidade Rodrigo.\nPara os autores galegos, estariamos ante falas claramente vinculadas co galego. Esta é a posición que defenden Costas González, nos seus traballos sobre a zona (vésase bibliografía), Fernández Rei (2000) ou Frías Conde (1997, 1999), entre outros. Sirvan os seguintes fragmentos como exemplos desta posición:\ntas falas, pertencentes sen dúbida ningunha ó tronco galaicoportugués, lingüisticamente teñen moito máis que ver coas falas galegas (e portuguesas setentrionais) que co portugués estándar (e falares portugueses veciños)”.\nCostas González (2001: 36) “As variedades lingüísticas empregadas no Val do Río Ellas son ‘galegas’ en sentido amplo e histórico”.\nDomené Sanchéz (2008) tamén somete a crítica o illamento como parte da explicación do mantemento lingüístico. Para él, o fenómeno hai que relacionalo preferentemente coas necesidades comunicativas nun escenario de repoboamento. Se o destino dos inmigrantes procedentes dunha mesma comunidade de fala era un lugar previamente despoboado, non había necesidade de negociar á interacción comunicativa e non se xeraba situación de contacto que puidese derivar en substitución lingüística. E isto é o que puido acontecer en San Martiño e en\nEn todo caso, o mantemento lingüístico puido deberse a unha conxunción de factores diversos: a homoxeneización do grupo, o seu relativo illamento, as prácticas endogámicas, as actitudes cara á lingua, o sentimento dunha identidade diferenciada, o recente movemento asociacionista, etc. Moitos destes factores teñen a súa orixe nos inicios do enclave pero a situación das últimas décadas, cun cambio económico que posibilitou novos modelos de vida social, unha maior exogamia, a apertura do territorio cara ao exterior, etc, incita a reflexionar sobre os novos desafíos aos que se enfronta a comunidade e sobre as medidas que deben levarse a cabo para reconducir a situación de susbtitución lingüística que comeza a detectarse.\n4. m etodoloXíA\nParticipantes\nA investigación que levamos a cabo no enclave de Xálima produciu datos triangulando técnicas diversas: entrevistas en profundidade, enquisa ao universo dos estudantes de 10 ou máis anos, grupos de discusión e traballo etnográfico. Como o obxectivo prioritario desta investigación era analizar os comportamentos e as prácticas lingüísticas en contexto, para poder describir e explicar axeitadamente os procesos de mantemento e/ou substitución de las variedades lingüísticas, un dos aspectos que analizamos é o da autopercepción dos comportamentos lingüísticos da mocidade. Para iso deseñamos unha enquisa que pasamos a todos os estudantes matriculados nos centros educativos dos tres concellos, abranguendo o universo total do alumnado matriculado en 6º de primaria e nos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Obtivemos información, xa que logo, de toda a mocidade escolarizada de 10 ou máis anos. O número final de informantes foi de 181.\nOs datos que se presentan neste artigo proceden desa enquisa. O traballo de campo fixose o 22 e 23 de novembro de 2007 7. Na táboa 1 recóllese o perfil dos informantes:\nInstrumentos\nO dispositivo utilizado para producir os datos foi un cuestionario, estruturado arredor de 19 preguntas, a través das que se mediron as seguintes variables dependentes: lingua inicial, competencia conversacional, usos lingüísticos, actitudes e ideoloxías lingüísticas e conciencia sobre a adscrición idiomática (véxase o apéndice). Como estratexia analítica, o cuestionario redactouse en galego, lingua que foi comprendida por practicamente todos os informantes. Apenas houbo que aclarar o significado dun par de palabras.\n5. r esultAdos\nComo acabamos de sinalar, o enclave caracterízase por unha situación histórica de mantemento das variedades lingüísticas locais. A práctica totalidade dos habitantes emprega a diario a lingua local, salvo con foráneos e nas relacións máis institucionalizadas, nas que se recorre ao castelán. Malia o dito, e derivado da penetración recente do castelán, o enclave atópase nos inicios dun proceso de substitución lingüística, con consecuencias tanto formais coma funcionais.\nPolo tamaño, pola alta homoxeneización sociodemográfica e pola mesta cohesión social, cada un dos municipios do enclave considérase unha intensa rede social múltiple e densa que garante o mantemento e a reprodución das convencións sociais, entre elas o uso das variedades vernáculas. Iso convírteo nun exemplo de comunidade lingüística local. Unha comunidade na que, a diferenza das comunidades lingüísticas estatais ou globais, “within a group of communicating people there is a process that produces a contrastive and positive sense of their participation in their own language community” (Silverstein 1998: 404).\nA vitalidade lingüística é moi notable, por dúas razóns fundamentais: dun lado, a elevada transmisión interxeracional e doutro unha actitude cara á lingua moi favorable. Esta segunda\nHai exemplos coñecidos do que acabamos de dicir. Así, a extraordinaria fragmentación lingüística de Papúa Nova Guinea -con máis de 800 linguas e co maior índice de diversidade lingüística do planeta (Greenberg 1956) 8 - explícase, alén de pola orografía e pola milenaria habitabilidade do territorio, sobre todo por unha actitude favorable cara ao mantemento identitario de cada comunidade a través da súa lingua (Foley 1986: 9; Kulick 1992: 2). De feito, no caso do enclave extremeño, ademais do seu illamento, nos últimos anos tamén se constata unha actitude moi favorable cara ás variedades locais, que son o elemento central na súa construción identitaria como grupo e na cohesión social dunha comunidade. E nada nos fai pensar que isto non fora así dende os inicios medievais do enclave.\nAnalizamos a continuación os datos máis relevantes da enquisa citada, incidindo na lingua inicial, na competencia conversacional, nas actitudes lingüísticas e na percepción da adscrición lingüística.A familia segue a ser a principal axencia de reprodución lingüística (táboa 2). Un 79% tivo unha exposición familiar alta na lingua local, pero, agora, en moitos casos xa en contextos bilingües (40.3%). O castelán foi a lingua inicial exclusiva do 20% dos informantes. Hai diferenzas\núltimos 15 anos, o coñecemento do castelán universalizouse na poboación máis nova da comarca, sendo a escola a principal axencia de produción dese idioma.\nRespecto da lingua habitual e da lingua utilizada nalgunhas prácticas lingüísticas específicas, os resultados figuran na táboa 4. Cómpre salientar o seguinte:\n¾ Tocante á lingua habitual, o 54.4% dos escolares utiliza só ou preferentemente a fala, o 21.1% utiliza por igual as dúas, e o 24.4% utiliza só ou preferentemente o castelán.\nIsto confirma que a escola segue a ser a principal axencia de non reprodución lingüística. Dados os cambios sociolingüísticos que se están a detectar no enclave, é cada vez máis urxente que se dean os pasos necesarios para instaurar plenamente o vínculo escolalingua materna.\nNa lingua habitual, hai algunhas diferenzas segundo o concello de residencia. O alumnado procedente de As Ellas é o que máis utiliza a fala, mentres que o de Valverde é o que está máis castelanizado. A comparación dos nosos datos cos doutra enquisa realizada en 1992, tamén entre a poboación escolar, pon de manifesto que o proceso de substitución lingüística avanzou significativamente (táboa 5).\nTrátase de actitudes de resistencia, xa que hai moita conciencia dos riscos que supón a globalización e a apertura a novas redes comerciais que comeza a producirse. Valoran moi positivamente o recoñecemento exóxeno das súas particularidades culturais porque son conscientes de que se abren novas posibilidades de traballo, que reducirán o continuo goteo migratorio dos seus pais e avós. Pero son tamén conscientes de que isto terá algúns riscos para a súa lingua. Por iso, son partidarios de promovela con máis forza e con novas estratexias que prolonguen a súa vitalidade, como a posibilidade de introducila no sistema educativo. O mercado laboral tradicional esixe o dominio das variedades vernáculas pero tampouco queren quedar fóra das novas oportunidades económicas. O apoderamento da comunidade pasa, en certo sentido, polo mantemento das variedades lingüísticas locais.\nA maioría da mocidade xustifica a introdución da lingua no sistema educativo. Practicamente todos se senten orgullosos da súa identidade lingüística e son partidarios de promover a súa escrita, aínda que son moi conscientes de que non é unha tarefa doada. A demanda de protección lingüística por parte das autoridades da rexión é xeneralizada tamén, sobre todo dende que a lingua ten un recoñecemento institucional.\nComo dixemos, a lingua é o elemento definitorio da identidade local. No enclave funciona unha dobre adscrición identitaria: dun lado, nas súas relacións co exterior, a maioría defínense como falantes da fala mentres que internamente aparecen barreiras identitarias, consecuencia de que cada grupo se identifica claramente coa variedade lingüística propia de cada un dos tres lugares. É moi frecuente entre os habitantes a verbalización das diferenzas lingüísticas entre unhas variedades outras. Os falantes acumulan coñecementos fonéticos e léxicos sobre a variación lingüística e utilizan eses coñecementos na súa construción identitaria (Sullivan 2006).\nA falta dun estándar contribúe a lexitimar unha concepción de autoridade para os falantes de cada un dos tres lugares. É un exemplo de folk linguistics que permite elaborar representacións sociais a partir da lingua que fala cada un dos grupos. O exemplo máis claro é o estigma que os propios falantes de Valverde utilizan ao referirse á súa lingua. Din que entre eles falan “chapurreau”, autoglotónimo que reforza unha forma menos purista e máis castelanizada que a que se pode encontrar nos outros dous lugares. Os mozos prefiren substituír esta denominación polo xenérico “A Fala ” ou polos nomes de cada lugar: valverdeiro, lagarteiro e mañego.\nEsta falta dun estándar non imposibilita que entre os mozos entrevistados o uso da lingua vernácula nas novas tecnoloxías estea moi estendido. É xeneralizada a súa presenza nas mensaxes de móbil e tamén hai blogs nos que a lingua ten unha forte presenza. Outras expresións culturais, como a música, tamén teñen unha cota importante na lingua do enclave. Hai un grupo de rock que utiliza as variedades locais como unha forma máis de expresar a súa lealdade comunitaria. Esta lealdade lingüística é tamén un elemento cohesivo entre os estudantes, de tal maneira que se manifestan sancións sociais para aqueles nos que se percibe un cambio de lingua.\nEstes datos contrastan cos atopados nas enquisa anteriores. Así, na elaborada por Martín Galindo (1993, apud 1999: 341) entre a poboación de San Martiño, o 66, 6% consideraba que estamos ante unha lingua autóctona, un 20% adscribíaa ao portugués e un 13, 3% afirmaba que se trata dun dialecto do castelán. Máis semellanza cos nosos resultados atopámolos na distribución que se recolle en Costas González (1999: 102). Entre os seus informantes, o 22% opina que é unha mestura entre galego, portugués, leonés e castelán; o 21% emparenta a fala co galego; o 13% co portugués; o 15 co asturleonés e o 11% fala de mestura entre galego, portugués e asturiano. Finalmente, un 18% non o ten claro. A comparación con Martín Galindo (1993) débense non só a obvias diferenzas mostrais, que tamén as hai con Costas González (1999), senón tamén as opcións de resposta posibles.\nEn todo caso, o que resulta interesante é a diversidade de opinións que hai nunha poboación tan homoxénea e compacta. A poboación en xeral, e a mocidade en particular, mostra niveis de inseguridade comprensibles, de termos en conta que tampouco hai unanimidade entre os especialistas, como sinalamos anteriormente.\n6. s ItuAcIón legAl e polítIcA lIngüístIcA\n2007). En todo caso, estas últimas teñen acomodo no texto constituínte.\nEstremadura non foi sensible ás posibilidades que lle ofrecía o artigo 3.2 e no seu Estatuto de Autonomía (1983) non hai referencia explícita ás diversidade lingüística, máis aló dun artigo que remite xenericamente á potenciación das peculiaridades culturais do pobo estremeño. Dende un punto de vista xurídico, o feito de ter obviado esta realidade, obriga a aterse ao ditado na CE no seu artigo 3.3 e das posibilidades que entraña a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, tendo en conta os informes relacionados con España nos que se recollen tamén recomendacións para mellorar a situación d’A fala 12.\nEn 2001, a Consellaría de Cultura aproba unha declaración oficial que recoñece A fala como un Ben de Interese Cultural. Aínda que como tal declaración carece de valor xurídico, nela podemos ler:\nLa lengua pertenece a los hablantes, «A Fala» pertenece a los habitantes de estas tres localidades y han de ser ellos los que digan cómo desean practicarla, en qué medida y con qué limitaciones. No puede dejar de reconocerse, en este ámbito, la gran importancia que las diversas asociaciones que existen en la zona, llenas de dinamismo y entusiasmo, han ejercido con el fin de proteger el patrimonio lingüístico y en suma, el patrimonio cultural. En 2008, o departamento de cultura estremeño convocou un concurso oficial para a contratación dos servizos de materialización da redacción dun proxecto museolóxico do Museo “ A Fala ” en San Martiño de Trebello. O obxectivo é crear un centro de interpretación que sirva como referencia para o turismo da zona. 12 Os datos relacionados coa fala que aparecen no terceiro, e por agora último, informe (20062009) están accesibles en http://www.coe.int/t/dg4/education/minlang/report/PeriodicalReports/SpainPR3_es.pdf\nA realidade é que non podemos dicir que exista unha verdadeira política lingüística de arriba abaixo. O recente recoñecemento institucional cara á lingua deste enclave non tivo ningún efecto na protección e, sobre todo, na promoción dos dereitos lingüísticos dos falantes do Val. Sirva como exemplo a situación diglósica que encontramos. O uso da lingua é moi elevado na maioría dos dominios agás nos servizos públicos, fundamentalmente no sistema educativo e tamén nas cerimonia relixiosas. A lingua da aula é o castelán en todos os niveis educativos: infantil, primaria e secundaria. Todos os profesores, a excepción dun, proceden de fóra dos tres municipios e, aínda que algúns teñen unha aceptable competencia na lingua, non se usa. O alumnado acepta esta situación diglósica con naturalidade aínda que, dende hai uns anos, as actitudes cara a esta práctica están a cambiar e, como veremos máis adiante, valórase moi positivamente que a súa lingua acceda tamén á escola na súa dimensión formal.\nDe todos os xeitos debemos ser cautos á hora de formular iniciativas como esta, principalmente porque a lingua carece dun estándar. Á dificultade inherente que leva consigo a creación dunha variedade unificada, hai que engadir que as tres variedades teñen certas diferenzas e, sobre todo, que os falantes de cada unha delas se recoñecen como falantes exclusivos e, en certo sentido, existe unha deslexitimación das variedades veciñas. Neste punto, convén recordar que cada unha das variedades ten o seu propio autoglotónimo: mañegu, lagarteiru e valverdeiru. Ademais, dende as elites que promoven a creación dun estándar, hai tensións e desacordos. A día de hoxe, non é doado encontrar un consenso arredor da solución normativa. O abano vai dende estender as propostas normativas do galego estándar, ao portugués estándar, pasando por unha norma endóxena (Gargallo Gil 2007; Costas González 2011). Debido á falta de acordo, a expresión escrita realízase na variedade propia de cada autor.\nO ámbito da investigación recente tivo tamén unha gran repercusión no enclave. Dende que nos anos 90, estudosos de distintas partes interesáronse polas linguas deste enclave, a comunidade viuse recompensada. O feito de ser un territorio de tamaño reducido posibilitou que os resultados do traballo dialectolóxico e sociolingüístico realizado transcendesen á comunidade. Isto propiciou o reforzamento da lealdade lingüística, o orgullo de saberse diferentes e un capital cultural que cada vez se aproveita máis. A visita ao enclave pon de manifesto que hai un sentimento común de valorización dunhas variedades que tradicionalmente estiveron proscritas, desacreditadas e que para os propios falantes non deixaron de ser variedades desprestixiadas. Agora, a situación comeza a inverterse. Ao lado do prestixio social que, obviamente, ten o castelán, a comunidade comeza a ser consciente de que as súas formas de falar atraen cada vez a máis xente do resto de Estremadura, que sente curiosidade por escoitar a sonoridade de “esa outra lingua de Estremadura”. A lingua convértese nun elemento central no apoderamento do enclave e o coñecemento local comeza a reestruturarse despois de moitos séculos de illamento (Canagarajah 2005). Esta reestruturación ten tamén consecuencias na construción identitaria. A asunción de novos roles para a lingua levou consigo un axuste identitario, no sentido de que os falantes se senten diferentes porque agora son conscientes de que falan unha lingua distinta.\nA propia web do concello de San Martiño considera a lingua como un “valioso sanatorio lingüístico para os estudantes do Bacharelato e Universidade que pasan nel estanzas de estudo e convivencia”. Interésanos remarcar o sintagma “sanatorio lingüístico” pola referencia semántica que conleva.Durante os últimos 15 anos, dende Galicia organizáronse eventos de distinto tipo patrocinados polo departamento de Política Lingüística. Isto contribuíu ao recoñecemento desta riqueza lingüística mais, ao mesmo tempo, parte das elites locais, viu este tipo de accións como unha intromisión. Isto xerou un novo desencontro que non contribuíu á necesaria cohesión social, tan\nnecesaria nestes momentos.\nRecentemente, constátase un emerxente turismo lingüístico cultural. O enclave comeza a ser un obxecto de consumo, unha commodification (Fairclough 1992). Ademais de achegárense á zona para gozar das súas moitas posibilidades de descanso e de aproveitamento dos recursos naturais, entre os visitantes comeza a detectarse unha emerxente demanda de produtos lingüísticos. Isto permitiría un modelo de mantemento que Dorian (2004: 454) denominou “assertive language maintenance”. Segundo esta autora, este modelo de mantemento dáse cando un grupo logra, antes de que a substitución lingüística se complete, un avance económico a través da educación ou a través do desenvolvemento de recursos destinados ao turismo. Para Dorian (2004: 445) “economic sucess can produce enough psychological confidence among stillbilingual speakers to encourage assertion of their ethnolinguistic identity and to the right to use their heritage language more widely, incluiding in education”.\n7. c onclusIón\nO mantemento das variedades locais e a súa ampla vitalidade social baséanse, en primeiro lugar, na acción de varios factores macrosociais (económicos e sociodemográficos), entre os que destacamos a estabilidade da poboación residente, a escasa inmigración foránea e unha economía local sustentada na agricultura e no intercambio comercial con Portugal. Tamén debemos engadir un relativo illamento xeográfico, derivado da orografía do seu emprazamento e das deficientes comunicacións terrestres. E non podemos esquecer as recentes propostas asociativas e a creación dun clima social favorable orientado a valorizar a lingua propia, semellante ao que atopamos noutras comunidades de enclave (Viikberg 2002).\nA este respecto, a poboación nova do enclave manifesta unha tendencia a valorar moi positivamente as súas variedades lingüísticas. O interese pola súa conservación, e mesmo polo seu recoñecemento oficial en Estremadura, semella derivar do forte vínculo afectivo e identitario\ncon estas variedades.\nNon obstante, na actualidade, este enclave enfróntase aos desafíos que formula unha produción económica emerxente baseada, por un lado, no recoñecemento interno e foráneo da súa particularidade idiomática e, por outro lado, nunha maior intensidade de intercambios co seu ámbito máis próximo debido aos cambios estruturais da rexión nas dúas últimas décadas.\nMalia iso, o enclave estremeño está nun momento crucial para o seu futuro. Dun lado, os datos apuntan a unha redución funcional e formal das variedades vernáculas. Doutro lado, hai unha ausencia de medidas de planificación de arriba abaixo e de abaixo arriba que incida na recuperación da vitalidade lingüística tradicional, especialmente as que teñen que ver coa promoción da lingua no sistema educativo. Xunto a isto, hai signos positivos que debemos valorar: a conciencia, case xeneralizada, de que é necesario construír unha comunidade cultural que axude a saír do atraso económico no que vive a maioría da poboación. O cambio de modelo produtivo debería desembocar na creación dun novo espazo económico no que o turismo lingüístico cultural vaia tendo cada vez unha maior importancia. Para iso, é necesario un liderado interno que nestes momentos non existe.\nAgradecementos\nAgradezo os comentarios dos dous informantes anónimos que avaliaron unha versión previa deste artigo.\nr eferencIAs bIblIográfIcAs\nAlén do Val, Asociación Cultural (2004): Fala e Cultura d’Os Tres Lugaris. Noia: Toxosoutos.\nCuestionario Enclaves Lingüísticos\n1. Por favor, introduce a data de hoxe 2. Sexo  1. Home  2. Muller 3. ¿Cantos anos tes? 4. ¿Onde naciches?  1. San Martín de Trebello  2. As Ellas  3. Valverde do Fresno  4. Outro 5. ¿Onde vives?  1. San Martín de Trebello  2. As Ellas  3. Valverde do Fresno  4. Outro\nNº de cuestionario……………………………………… Concello…………………………………………………\n6. ¿En qué curso estás?  1. Terceiro ciclo Primaria  2. Primeiro da ESO  3. Segundo da ESO  4. Terceiro da ESO  5. Cuarto da ESO 7. ¿Cal é a profesion do teu pai? 8. ¿Cal é a profesión da túa nai? 9. Ademais do castellano, ¿cómo denominas as outras linguas se falan na zona onde ti vives?  1. Valverdeiro, lagarteiro ou mañego  2. Fala  3. Galego de Estremadura  4. Estremeño  5. Portugués  6. Asturleonés  7. Outras 10. ¿Podes manter unha conversa nas seguintes linguas? 1. Moi ben 2. Ben 3. Regular 4. Mal 5. Moi mal Lingua Nivel Valverdeiro, lagarteiro ou mañego / Fala 1 2 3 4 5 Portugués 1 2 3 4 5 Castellano 1 2 3 4 5 11. ¿En qué lingua aprendiches a falar? [podes marcar varias]  1. Valverdeiro, lagarteiro ou mañego / Fala  2. Castellano  3. Outras\n17. ¿En qué lingua escribes habitualmente?  1. Só o castellano  2. Máis castellano que fala  3. Igual castellano e fala  4. Máis fala que castellano  5. Só a fala 18. ¿Ónde aprendiches a falar castellano?  1. Na casa  2. Na escola  3. Cos veciños  4. Cos amigos 19. ¿Cal é a túa consideración sobre as linguas d’Os Tres Lugaris?  1. É unha variedade de portugués  2. É unha variedade de castellano  3. É unha mestura de castellano, portugués e outras linguas  4. É unha variedade de galego  5. É unha lingua autóctona  6. É unha variedade de asturleonés  7. Outra MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!"} {"summary": "A mobilidade do factor traballo é, especialmente nesta etapa de globalización económica, un aspecto positivo que promove a competitividade. Non obstante, é tamén un elemento que pode determinar a existencia de deficiencias estruturais nas rexións ou nos países de orixe dos emigrantes. Galicia é unha Comunidade cunha ampla traxectoria na expulsión de man de obra. Nos anos finais do pasado século empezan a detectarse evidencias de que en Galicia se está a producir unha nova emigración. O obxecto desta investigación é cuantificar estes movementos de man de obra e verificar cales son as causas da moderna terceira emigración en Galicia.", "text": "Deficiencias estruturais, emigración...\nDEFICIENCIAS ESTRUTURAIS, EMIGRACIÓN INTERREXIONAL E FUGA DE CEREBROS: O CASO DE GALICIA 1\nR ECIBIDO : 9 de xaneiro de 2012 / A CEPTADO : 7 de maio de 2012\n: Economía rexional / Mobilidade da man de obra / Mercado de traballo rexional / Migracións / Galicia.\n1. INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS\nGalicia é unha rexión con abundante experiencia na expulsión de man de obra cara a outras rexións ou países. Son coñecidas e estudadas amplamente as dúas correntes migratorias emprendidas pola poboación galega durante o pasado século XX: a primeira delas, principalmente transoceánica, na primeira metade da centuria; e a segunda, a partir dos anos cincuenta dese século, cara aos países europeos máis desenvolvidos. As causas son bastante comúns: a lentísima evolución en Galicia dunha sociedade agraria a outra industrial e de servizos incapaz de absorber excedentes de man de obra do sector primario.\nEn consecuencia, establécense como hipóteses para constatar nesta investigación, entre outras, as seguintes (McConnell, Brue e Macpherson, 2003, pp. 340 e ss.): (H1); “ canto máis nova sexa unha persoa, en igualdade de circunstancias, é máis probable que emigre. En primeiro termo, as persoas novas consideran (de cara a maximizar o seu beneficio esperado) que unha diferenza salarial pequena é significativa ao longo da súa vida laboral. En segundo lugar, os custos de traslado son menores nas persoas novas. E por último, por tratarse de persoas con inferiores cargas familiares, teñen maior tendencia á mobilidade ”; (H2): “ canto maior é o nivel de estudos, máis posibilidades existen de que se emigre, pois é a consecuencia lóxica da necesidade de recuperar o investimento inicial en formación ”; (H3): “ a distancia, na actualidade, é un factor pouco determinante da emigración, sobre todo cando se refire a fenómenos interrexionais, xa que a mellora das infraestruturas de transporte implica unha maior tendencia á saída cara a rexións próximas (en tempo) dentro do Estado ”; e (H4): “ as taxas desemprego na comunidade de orixe son unha das razóns para a emigración. No caso de persoas formadas, a taxa de subemprego ou inadecuación da demanda a unha oferta de traballo cualificada é outro dos factores determinantes na decisión de emigrar ”.\n3. FONTES ESTATÍSTICAS, ASPECTOS METODOLÓXICOS E PROCEDENCIA DOS DATOS\nAs fontes de información tradicionais (censo, padrón) e as relativas a movementos migratorios facilitadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE) non son suficientemente explicativas deste fenómeno, sobre todo cando a razón fundamental dos procesos migratorios se debe a razóns laborais: por tratarse de movementos en principio no curto prazo as persoas que se desprazan non soen efectuar cambios de residencia declarados explicitamente, o que leva consigo o mantemento do seu domicilio habitual no lugar de orixe.\nPara esta investigación empregáronse dúas fontes de información básicas: en primeiro lugar, e para os primeiros anos obxecto de estudo (ata o ano 2003), utilizáronse os datos procedentes dos estudos e datos básicos de mobilidade do Instituto Nacional de Emprego (INEM), organismo dependente do Ministerio de Traballo e Emigración español. En segundo lugar, a partir do ano 2002, o Observatorio Ocupacional de Galicia (dependente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia) desenvolveu unha base de datos rexional que contén os informes de mobilidade ata o ano 2010 cos datos básicos extraídos das estatísticas do INEM e cunha metodoloxía homoxénea, o que permite unha análise coherente da evolución das variables tratadas 2.\n4. ANÁLISE DE RESULTADOS\nA partir das fontes estatísticas citadas, é posible establecer unha pauta de análise detallada dos datos encamiñada á verificación ou non das hipóteses de partida.\n4.1. OS PRIMEIROS INDICIOS\nA importancia destas cifras achega unha primeira idea da transcendencia que parece ter este fenómeno. Os datos detallados relativos aos movementos de man de obra entre Galicia e o resto do Estado, que se presentan na táboa 2 para o período 20032010, son suficientemente explicativos: entre eses anos foron contratados fóra de Galicia 315.155 galegos e entraron nesta rexión 186.469, o que determina un saldo neto de expulsión de man de obra de 128.686 persoas. Pode apreciarse que os saldos negativos nesta particular balanza do emprego son constantes ao longo de todos os anos, con especial relevancia no trienio 20052007.\nNúmero de contratos realizados a ga4.2. O PERFIL DOS NOVOS EMIGRANTES GALEGOS\nA través do tratamento estatístico das bases de datos de mobilidade da man de obra para os distintos anos pódese analizar detalladamente a tipoloxía dos traballadores galegos contratados no resto de España, tanto no que se refire ás súas circunstancias persoais (idade, sexo ou capacitación, entre outras) como polo que respecta ás características específicas dos seus destinos (por exemplo, o sector económico de destino, a ocupación que desenvolven ou a área especial onde foron contratados) 3.\n4.2.1. Idade e xénero\nNa táboa 3 preséntanse os datos relativos ao perfil dos emigrantes clasificados por estas variables. Polo que se refire á primeira delas, a oferta de traballo de Galicia que se despraza ao resto do Estado para traballar é excepcionalmente nova:\nun 46, 7% do total ten menos de 29 anos e un 39% ten entre os 30 e os 44 anos. As porcentaxes relativas a idades superiores son pouco significativas (un 11, 19% para aquelas persoas de idades comprendidas entre os 45 e os 54 anos e un 3, 09% para os maiores de 55 anos). Polo que respecta ao xénero, é palpable que a nova emigración é esencialmente masculina. En efecto, un 68, 49% dos que saen traballar son homes, por un 31, 51% que corresponde ao xénero feminino. Se se analizan os datos cruzando ambas as dúas variables, poden apreciarse dous fenómenos. En primeiro lugar, que das mulleres emigrantes o que destaca é a súa xuventude, pois un 61, 48% ten menos de 29 anos e un 32% ten entre os 30 e\nos 44 anos; e en segundo lugar, que o conxunto dos homes que se despraza para traballar fóra de Galicia presenta un perfil de idade superior: un 39, 88% son menores de 29 anos e un 42% teñen entre os 30 e os 44 anos. A porcentaxe relativa aos maiores de 45 anos é, neste caso, bastante significativa (un 18% respecto dun 6, 4% das mulleres).\n4.2.2. Formación\nNa táboa 4 poden observarse os datos relativos aos contratados fóra de Galicia de acordo co seu nivel formativo. A maior porcentaxe corresponde a aquelas persoas que posúen cando menos estudos de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), e que ascende a un 36, 74% (115.783 persoas). Hai que destacar que practicamente un 40% corresponde a contratados con estudos de formación profesional, bacharelato e universitarios. A cifra de emigrantes con estudos superiores é moi alta (un 12, 56% do total e 39.581 persoas en termos absolutos), feito que merecerá unha análise máis profunda ao longo desta investigación. Por outra parte, só un 23, 6% das persoas contratadas no exterior da Comunidade galega contaban con estudos primarios.\n4.2.3. Tipoloxía dos destinos. Sectores\nNas táboas 5 e 6 preséntanse os datos porcentuais (horizontais e verticais) segundo os sectores económicos de destino. Destes datos cómpre sinalar que un 4, 73% se dirixiu ao sector primario e que un 9, 09% o fixo cara ao sector industrial, mentres que o sector servizos acaparou un 62, 21% dos emigrantes. Non obstante, salienta o case 24% contratado no sector da construción, feito que reflicte claramente a particular conxuntura económica da economía española na década que se está a analizar.\nA clasificación por xénero e idades apunta algunhas conclusións interesantes. Por un lado, a emigración feminina vai dirixida esencialmente ao sector servizos (89, 30%), e é excepcionalmente nova (un 91% das mulleres de 29 ou menos anos son contratadas no sector terciario). Por outro lado, polo que respecta á poboación masculina, a distribución é bastante distinta: mentres que un 6, 17% van ao sector primario e un 10, 53% á industria, un 33, 69% saen contratados cara ao sector da construción e un 49, 61 cara aos servizos. Para este subconxunto, a distribución por idades é máis homoxénea.\nNo tocante á clasificación por porcentaxes verticais, a información da táboa 6 confirma a preeminencia da poboación emigrante masculina nos tres primeiros sectores. En efecto, do 4, 73% do total que era contratado polo sector primario, un 89% son homes; do 9, 09% que ía para a industria, érao un 79, 09%; e un 95, 93% dos que se dirixiron á construción. O sector servizos presenta unha salvidade importante na súa distribución por razón de xénero: da poboación total un 62, 21% se contrataba no sector terciario, desa porcentaxe un 54, 45% eran homes e un 45, 55% mulleres.\n4.2.4. Tipoloxía dos destinos. Ocupacións\nNas táboas 7 e 8 móstranse os datos en porcentaxes (horizontais e verticais) segundo as distintas categorías ocupacionais en que son contratados os emigranFONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Observatorio Ocupacional de Galicia (varios anos). 4 A Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO) a que se refiren as táboas é a seguinte: 0Forzas Armadas; 1Dirección das empresas e das Administracións Públicas; 2Técnicos e profesionais científicos e intelectuais; 3Técnicos e profesionais de apoio; 4Empregados de tipo administrativo; 5Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores dos comercios; 6Traballadores cualificados na agricultura e na pesca; 7Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras, a construción e a minaría, etcétera; 8Operadores de instalacións e maquinaria, montadores, etcétera; 9Traballadores non cualificados.\nPolo que respecta ás porcentaxes por ocupacións, destacan particularmente varios aspectos: un 20, 02% dos emigrados clasifícanse como non cualificados nos datos estatísticos. Non obstante, hai que sinalar que a categoría de técnicos, científicos e intelectuais representa un 8, 01% dos contratados; técnicos e profesionais de apoio representan un 12, 93%; artesáns e traballadores cualificados, un 19, 35%; e operadores de instalacións, maquinaria, etcétera, un 8, 21%. En definitiva, preto dun 60% dos contratados presenta un grao de cualificación representativo. Cómpre destacar en relación cos sexos que a presenza feminina é maior na categoría de traballadores de servizos de restauración e comercio, pero tamén salientable na de técnicos e científicos, por riba dos valores porcentuais da poboación masculina.\nEn relación coas porcentaxes horizontais (táboa 8), podean sinalarse algunhas cuestións interesantes. A contratación de homes é superior en todas as categorías con dúas excepcións: por un lado, a presenza feminina é máis ampla na categoría de traballadores de tipo administrativo (63, 73%) e en servizos de restauración e comerciais (57, 26%), onde, ademais, as maiores porcentaxes de mulleres son novas; por outro lado, a presenza masculina é practicamente absoluta nas categorías profesionais de traballadores cualificados da pesca e da agricultura, artesáns e traballadores cualificados de industrias manufactureiras e operadores de maquinaria e instalacións. Unha cuestión final que cómpre salientar é que a maioría dos traballos non cualificados (70, 15%) son ocupados por homes.\n4.2.5. Tipoloxía dos destinos. Comunidades autónomas\nCo obxecto de verificar coherentemente as hipóteses de partida é importante segmentar espacialmente os destinos dos novos emigrantes segundo a rexión de destino (táboa 9).\nDebe destacarse principalmente a atracción da Comunidade de Madrid, que absorbe o 22, 40% dos contratos (70.601 persoas). Séguena en importancia Cataluña cun 12, 11%, e Canarias cunha porcentaxe dun 10, 2%. Nunha análise detallada dos datos, esta última porcentaxe explícase baseándose nunha emigración sustentada fundamentalmente en servizos de restauración e hostalaría e, por riba de todos, na construción. Tamén resulta salientable a atracción de comunidades autónomas como Castela e León (7, 93%) e Asturias (5, 06%) onde, sen dúbida, a proximidade é unha circunstancia que cómpre ter en conta.\n4.3. AS CONDICIÓNS DE TRABALLO EN ORIXE\nSegundo se estableceu nas hipóteses de partida, resulta evidente que as condicións da economía galega reflectidas na estrutura do seu mercado de traballo e as súas características diferenciais co resto do Estado deberían ser determinantes da decisión de emigrar. Para verificar estes extremos analízanse a continuación algúns aspectos cuantitativos (diferenzas salariais, tipoloxías contractuais e xornadas de traballo) e cualitativos (medios de acceso ao traballo e satisfacción con este).\n4.3.1. Salarios, contratos e xornada de traballo\nNa táboa 10 preséntase a evolución das diferenzas de custos salariais entre os\nPode destacarse que en Galicia os custos salariais no ano 2000 se situaban nun 86, 75% sobre a base 100 para a totalidade da economía española. Esta diferenza, en lugar de converxer a valores medios, amplíase: no ano 2008 o custo salarial medio dun traballador galego redúcese a un 85, 03%.\nUn feito máis transcendental aínda para a análise que nos ocupa é que os custos salariais en Madrid, en Cataluña ou no País Vasco son moi superiores á media (o caso de Madrid é o máis significativo, cunha diferenza de 20, 24 puntos no ano 2000 e de 18, 94 no ano 2008). A comparación cos destinos dos galegos contratados noutras rexións españolas analizados en apartados anteriores e os seus maiores salarios non deixa lugar a dúbidas: nalgúns casos, os maiores salarios alcanzan case un 40% máis que en Galicia, como no caso da Comunidade de Madrid. A existencia dunha excelente correlación entre destinos e maior custo salarial parece irrefutable.\nA relación directa entre as condicións de traballo en destino e a maior emigración en orixe volve repetirse se o que se analiza son as tipoloxías dos contratos de traballo polo que respecta á súa duración, distinguindo os de carácter indefinido dos eventuais ou de carácter temporal. Na táboa 11 móstrase a comparación entre a relación entre contratos indefinidos sobre totais para as rexións españolas. Para facilitar a comparación tomouse como base o índice 100 para Galicia 5.\nComo resultados máis destacados, cómpre incidir novamente en que as rexións ás que acoden máis galegos a traballar no período analizado nesta investigación presentan un maior índice de contratación indefinida que Galicia. É o caso de Madrid, de Cataluña e de Canarias –con diferenzas máis acusadas nos dous primeiros casos–, que absorben máis dun 42% dos destinos dos traballadores galegos no resto de España.\nOutra circunstancia que, sen dúbida, é condicionante para a decisión de emigrar ten relación directa coas xornadas de traballo que se realizan en orixe. Na gráfica 1 móstrase a comparación entre as porcentaxes de persoas que traballan máis de 50 horas á semana entre Galicia e España. Como pode constatarse, durante toda a serie temporal, en Galicia as xornadas laborais de máis de 50 horas son sempre superiores que no Estado español, chegando a alcanzar no ano 2005 un 17, 7% do total o número de traballadores que ten unha xornada maior de 50 horas á semana.\nGráfica 1.- Porcentaxe de persoas que traballan máis de 50 horas semanais. Comparación GaliciaEspaña, 20012007 FONTE: Elaboración propia a partir de Instituto Nacional de Estatística: Encuesta de Población Activa (varios anos).\n4.3.2. Métodos de acceso ao traballo e adecuación deste ás expectativas\nNa táboa 12 preséntanse as porcentaxes relativas ás diversas maneiras en que a poboación galega declara ter accedido ao seu primeiro emprego. Son varias as observacións que se poden facer a través desta análise. En primeiro termo, hai que constatar a absoluta ineficacia dos servizos públicos de emprego (non chega mais alá do 2, 5% o acceso ao traballo por este sistema) e das empresas de traballo temporal (un exiguo 2% no mellor dos casos). Destacan dúas formas de acceso ao mercado: por un lado, o autoemprego (un 23, 24% e un 20, 52% nos anos 2001 e 2007, respectivamente); e por outro, o acceso a través de amizades, de familiares e doutros contactos (máis dun 32%). Dan unha idea estes breves apuntamentos sobre a precariedade e a falta de transparencia do mercado de traballo en Galicia.\nPor último, non é menos significativo como condicionante á decisión de emigrar, o feito de se o traballo que se desenvolve ten relación coa formación recibida (táboa 13).\nOs resultados da táboa 13 parecen non deixar lugar a dúbidas: só o 26, 64% dos traballadores galegos sinalan que o seu traballo en Galicia se adecúa aos seus estudos previos; con outras palabras e en sentido inverso, no caso do 73% dos contratados o seu traballo non ten relación cos seus estudos. Os datos son máis adversos para aqueles que non adquiriron unha educación superior: só para un 11, 82% ten relación coa súa formación o traballo conseguido. E por último, para aquelas persoas que alcanzaron un nivel formativo máis alto (educación superior), practicamente un 58% declara que estudos e traballo teñen relación, pero a lectura contraria é extremadamente significativa, porque determina que un 42% dos titulados superiores se coloca en situación de subemprego en Galicia.\n4.4. ANÁLISE PARTICULARIZADA: A EXPULSIÓN DA MAN DE OBRA MÁIS FORMADA DE\nGALICIA\nDa análise levada a cabo ata o momento, ademais dunha serie de conclusións provisionais que se poderían ir inferindo, hai un feito que merece unha reflexión máis detallada, pues debe destacarse que do total de traballadores galegos contratados noutras rexións españolas 39.581 resultaron ser titulados universitarios.\nPodería parecer en termos relativos unha cifra exigua comparada coa totalidade dos emigrados no período considerado (un 12, 56% do total), pero se se compara co número de persoas que remataron os seus períodos formativos superiores en Galicia nese mesmo período, resulta cando menos suficientemente expresiva: se o número de titulados anuais no sistema universitario galego é por termo medio dunhas 9.000 persoas por ano, pode concluírse que en termos netos a metade destes titulados marchou traballar fóra da Comunidade galega. Por outro lado, parece detectarse un altísimo nivel de subemprego neste colectivo no mercado interior. Ambos os dous feitos suxiren a importancia de afondar brevemente na análise da particular situación da man de obra máis formada nos termos en que se formulou esta investigación.\n4.4.1. Destinos preferenciais\nNa táboa 14 analízase o subconxunto de man de obra máis cualificada, desprazada a traballar ao resto de España cara ás rexións máis importantes. Pode constatarse que Madrid resultou ser a comunidade con máis atractivo para os emigrantes, cun 39, 27% do total (15.542 persoas), seguida de Cataluña (12, 56%), Castela e León (5, 90%), Andalucía (4, 77%), Canarias (4, 08%) e Asturias (3, 81%). Entre esas seis comunidades absorben o 70% destes traballadores (máis de 28.000). A relación directa coas variables salarios superiores e, en menor medida, proximidade resulta evidente.\n4.4.2. Perfís por idade e xénero\nOs datos contidos na táboa 15 dan unha idea moi clara do perfil dos emigrantes galegos con estudos superiores ao resto de España. Por idades, o 52, 31% do total son moi novos (29 anos ou menos), o que implica que practicamente abandonan Galicia unha vez concluída a súa formación máis da metade; e, así mesmo, un 41, 16% ten entre os 30 e os 44 anos. Este perfil tan novo da poboación universitaria emigrante é tan explícito que só un escaso 6% do total supera os 45 anos.\nA análise por xénero mostra algunhas cuestións de excepcional interese. Por un lado, ao contrario do que sucedía no conxunto total, onde a emigración era maioritariamente masculina, existe unha distribución practicamente igualitaria (un 51, 56% de mulleres por un 48, 44% de homes); e por outro lado, as mulleres galegas con titulacións universitarias tenden a emigrar a unha idade máis temperá que os homes: un 61% daquelas faino con 29 ou menos anos por un 52% dos homes nesa mesma idade.\nFONTE: Elaboración propia a partir dos datos do Observatorio Ocupacional de Galicia (varios anos).\n4.4.3. Análise cuantitativa: actividade, desemprego e estrutura empresarial\nA análise particularizada deste conxunto de emigrantes galegos máis formados pode realizarse dunha forma cuantitativa a través dos datos que ofrece a Encuesta de Población Activa (EPA), que realiza periodicamente o INE 6. Unha variable determinante da estrutura do mercado de traballo cualificado é a taxa de actividade tanto en Galicia como nas principais comunidades de destino (táboa 16).\nPode apreciarse que no período tratado a porcentaxe de titulados universitarios sobre a poboación activa total é máis alta en Madrid, País Vasco, Asturias e Castela e León que en Galicia, comunidades estas que absorben máis da metade da emigración galega cualificada. Como excepción, Andalucía e Canarias (ás que se dirixe un 9%) e Cataluña, con taxas de actividade parellas ás galegas.\nDos datos reflectidos poden analizarse dous períodos. O primeiro vai ata o ano 2007 (ano de comezo da crise), no que as comunidades autónomas que máis emigrantes galegos reciben presentan unha taxa de paro para este colectivo inferior á galega, con excepcións moi puntuais. Cómpre destacar que no ano 2005 a totalidade das rexións que reciben emigrantes galegos teñen unha taxa deste paro cualificado menor que a galega, mentres que no ano 2006 o panorama é similar coa soa excepción de Andalucía, que supera lixeiramente a Galicia. No ano 2007, Asturias, Canarias e novamente a Comunidade andaluza presentan unha taxa lixeiramente superior á galega, manténdose o resto por baixo. O segundo período sería a partir do ano 2008 onde, como consecuencia da crise, a emigración interrexional galega comeza a descender leve pero paulatinamente (táboa 2). Esta situación coincide á vez cun aumento das taxas de desemprego nas comunidades de destino.\nO fenómeno da relación entre ciclos económicos e emigracións interrexionais en España foi estudado por Recaño e Cabré (2003) nunha das escasas contribucións existentes sobre a materia. A través da análise das Estadísticas de Variaciones Residenciales do INE 7 no período 19882001, estes autores chegan á conclusión de que a emigración interrexional dos novos está afectada polos ciclos económicos. Para o caso de Galicia sinalan que dentro do período considerado se acentúa a emigración nos ciclos expansivos e diminúe nas fases de contracción da economía.\nPor último, unha variable que condiciona a contratación de persoal cualificado é, sen dúbida, a estrutura empresarial que conforma a demanda de traballo. Parece evidente inferir que nunha economía desenvolvida as unidades de produción máis demandantes deste tipo de emprego de calidade serán aquelas con características organizativas avanzadas. Na táboa 18 efectúase unha comparación entre a tipoloxía das empresas con actividade en Galicia e en España.\nPode verse que na Comunidade galega opera case un 61% de unidades empresariais que non teñen ningún asalariado (un 40% en España). Se se amplía o intervalo ata os nove empregados, en Galicia chégase ata o 97% das empresas, por un 78, 7% en España. As diferenzas de tamaño das empresas galegas con respecto ao Estado español son evidentes, e a súa estrutura tradicional, en xeral, non é a máis propicia para que lle dea cabida á oferta de traballo máis cualificada.\n4.4.4. Expectativas e condicións de traballo: a perspectiva propia\nUnha fonte de información indirecta e cualitativa sobre as circunstancias laborais dos universitarios galegos lévaa realizando durante varios períodos consecutivos a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Os estudos, denominados de Inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia, conteñen información moi valiosa para analizar as circunstancias do mercado laboral galego e as apreciacións e a experiencia dos propios interesados. Para realizar esta análise tivéronse en conta os resultados dos estudos de Inserción laboral (PIL) para diferentes períodos e coa mesma metodoloxía desde o ano 2001 ata o 2007 e que se atopan publicados no último deles (ACSUG, 2010).\nDaqueles titulados que traballan, advírtese unha importante presenza destes fóra de Galicia (táboa 20): un 10, 5% da xeración analizada no período 20012003 está a traballar no resto de España, porcentaxe que alcanza o seu valor máximo entre os anos 2005 e 2006 (14, 02%).\nReafírmase, unha vez máis, que as razóns de semellante proceder son consecuencia das deficiencias do mercado de traballo en Galicia. Segundo os datos que se presentan na táboa 21, máis dun 60% recoñece que marchou porque non atopaba traballo na Comunidade ou porque tiña mellores ofertas de traballo do exterior.\nPor último, dous indicadores serven para constatar as condicións de traballo dos titulados universitarios en Galicia.\nO primeiro deses indicadores é o tipo de traballo que realizan e baixo que fórmula de contratación o fan. A partir do contido da táboa 22 pode verificarse que a opción de autoemprego non está moi estendida dentro do colectivo, xa que a porcentaxe de titulados que optan por esta opción se move entre o 6, 85% entre os anos 2005 e 2006 e o 8, 75% entre os anos 2006 e 2007. Unha cuestión que cómpre destacar é a porcentaxe de titulados que traballan por conta allea e que se encadran dentro da economía irregular: nalgúns períodos ata máis do 21% non está dado de alta e máis dun 4% non ten contrato de traballo. E dentro dos que contan con contrato, os datos non son máis que un reflexo da inestabilidade temporal: nalgún intervalo de tempo os contratos eventuais chegan a alcanzar o 49% e o uso dos contratos en prácticas e bolsas vai máis alá do 20%.\nO segundo dos indicadores que determina a precariedade do mercado de traballo galego para os titulados universitarios e, en consecuencia, as súas posibilidades de emigrar transcríbese no salario medio mensual que perciben, como se pode ver na gráfica 2: durante o período 20012007 atópase no intervalo comprendido entre os 800 euros e os 1.000 euros en termos de salario real (cifras deflactadas polo Índice de Prezos ao Consumo).\n5. CONCLUSIÓNS\nA investigación levada a cabo tiña como obxecto verificar axeitadamente se as hipóteses de partida poderían referendarse a través da análise pertinente dos datos manexados. A primeira conclusión é que esas hipóteses se verifican practicamente na súa totalidade, baseándose nos seguintes argumentos:\na) O colectivo emigrante é moi novo. En efecto, un 47% ten 29 ou menos anos e un 39% ten unha idade comprendida entre os 30 e os 44 anos. Polo que se refire ao xénero e ás cifras totais, trátase dunha emigración predominantemente masculina (68, 49%) b) Un 39% dos emigrados posúe bacharelato, un título de formación profesional ou estudos universitarios; e un 36, 74%, cando menos, o ensino secundario obrigatorio. Preto dun 60% da man de obra que sae de Galicia é contratada para traballos cualificados. c) As comunidades de destino presentan unhas características moi determinantes para a decisión de emigrar: ou teñen salarios medios máis altos, están relativamente preto de Galicia ou teñen mellores indicadores de estabilidade laboral. d) Polo que respecta á comunidade de orixe, os salarios medios en Galicia son moi inferiores á media española, e as súas condicións de contratación e de xornada de traballo son máis precarias. Existe unha escasa transparencia e ineficacia dos servizos públicos de emprego no mercado laboral galego. e) Polo que se refire á man de obra máis cualificada (titulados universitarios), o proceso migratorio recrúase: no período analizado saen de Galicia 39.581 titulados universitarios con destino ás rexións con maiores salarios e oportunidades. O perfil deste subconxunto de emigrantes é distinto ao global: trátase de persoas moi novas e está moi equilibrado en xénero (é particularmente destacable a presenza de tituladas moi novas no proceso). A precariedade contractual dos titulados, o seu escaso estímulo salarial, a ausencia de emprego de calidade e a propia estrutura empresarial galega quedan constatados como outras das causas da expulsión desta man de obra cualificada cara a outras rexións. Este fenómeno, coñecido como brain drain (fuga de cerebros), debilita o potencial produtivo da rexión de orixe dos emigrantes (Conseil d’Analyse Économique, 2009).\nEn segundo termo, cómpre sinalar unha conclusión non menos importante: verificadas as hipóteses de partida, estas son expresivas de situacións nas economías de orixe de deficiencias estruturais graves no seu sistema produtivo. Coa excepción de fenómenos conxunturais, como é o caso da expansión do sector da construción, a constatación das hipóteses non vén determinar máis que iso: a economía galega é incapaz de absorber eficientemente o capital humano no que inviste; e de aí a terceira emigración.\nComo se sinalou ao principio desta investigación, aínda que a mobilidade do factor traballo teña aspectos positivos nesta etapa de globalización económica, as consecuencias sobre as áreas exportadoras de man de obra –especialmente a altamente cualificada– son indicadores claros de ineficiencias nos seus sistemas produtivos interiores. Esta situación está perfectamente recollida no pensamento do filósofo e catedrático de Historia da Ciencia José Manuel Sánchez Ron, que nun artigo publicado nun xornal de ampla difusión sinala que: “ Si todo sigue igual, muchos de nuestros jóvenes más capaces terminarán sino en el paro, frustrados, limitados o contribuyendo permanentemente a la ciencia de otros países. Ya sé que así se contribuye, finalmente, al acervo científico común de la humanidad, pero egoísta como soy para con mi patria, querría que este fuera un hogar más propicio para la ciencia y, aún más, para su gente joven. Si a esta nueva emigración –forzosa también– se le llama «globalización», entonces: ¡«maldita globalización»! ” (Sánchez Ron, 2011).\nPor último, e derivada das conclusións anteriores, é preciso facer unha reflexión sobre as consecuencias indirectas deste comportamento: unha das maiores preocupacións sobre o futuro da economía galega radica na súa extrema debilidade demográfica que se manifesta na súa baixísima taxa de natalidade e, pola contra, nunha taxa de mortalidade moi alta 8. Baixo eses parámetros, todas as proxeccións advirten do extraordinario problema que no futuro se pode xerar en Galicia. Resulta evidente, polo tanto, que este fenómeno da nova emigración (non se debe esquecer, fundamentalmente nova) vén agravar aínda máis, se é posible, esas perspectivas nada prometedoras para a sustentabilidade da economía galega.\nBIBLIOGRAFÍA\nde Compostela: IGE. .\n."} {"summary": "O turismo de saúde está experimentando un rápido crecemento nos últimos anos, posicionándose como unha alternativa ao turismo tradicional e sendo os balnearios os principais representantes deste segmento turístico. Os balnearios, como calquera outra empresa de servizos turísticos, deben buscar a satisfacción dos clientes para poder sobrevivir. Neste sentido, a xestión da calidade convértese en parte da estratexia empresarial, o que lles facilita aos balnearios diferenciarse e obter vantaxes competitivas que lles permitirán competir nos mercados actuais. Neste artigo preséntanse os resultados do estudo empírico levado a cabo en 29 dos 33 balnearios de ámbito nacional certificados coa marca “Q de Calidade Turística”. O seu obxectivo é analizar as motivacións que levan aos balnearios a implementar e a certificar o sistema de xestión da calidade sobre a base da norma UNE 186001:2009 (balnearios) da marca “Q de Calidade Turística”. Logo dunha exhaustiva revisión da literatura, realízase unha análise descritiva das motivacións, así como unha análise factorial para determinar a estrutura desas motivacións e, por último, agrúpanse os balnearios mediante una análise clúster coa finalidade de analizar eses grupos para establecer o seu perfil. Os resultados obtidos poñen de manifesto que as motivacións máis importantes que impulsan aos balnearios a implantar un sistema de xestión da calidade son motivacións internas, detectándose neste estudo diferenzas coas conclusións doutras investigacións académicas realizadas en empresas industriais. A estrutura das motivacións neste sector está configurada por tres grupos: razóns externas de mercado, razóns externas de esixencias e razóns internas.", "text": "BALNEARIOS ESPAÑOIS, MOTIVACIÓNS PARA CERTIFICARSE NA “Q DE CALIDADE TURÍSTICA”:\nANÁLISE EMPÍRICA\nUniversidade de Vigo\nR ECIBIDO : 17 de outubro de 2011 / A CEPTADO : 22 de decembro de 2011\n: Balnearios / Xestión da calidade / Q de Calidade Turística / Motivacións. Spanish Health Resorts, Reasons for Certified in the “Q for Tourist Quality”: Empirical Analysis\n1. INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS\nEn España o turismo de saúde 1 é unha actividade en auxe, e os balnearios 2 son o principal representante deste segmento turístico (Artal, García e Ruiz, 2004), que empezan a rexurdir a mediados da década de 1990, converténdose hoxe en día, na maioría dos casos, en centros de saúde que contan con instalacións hostaleiras nas que o cliente ten ao seu alcance todo tipo de servizos encamiñados a satisfacer as súas necesidades. Alén e Rodríguez (2004) afirman que “ el termalismo es en la actualidad una modalidad claramente emergente y con grandes posibilidades de crecimiento por el gran atractivo que sus características representan para cualquier actividad turística ”.\nOs balnearios, como calquera empresa de servizos turísticos, buscan adaptarse a unha demanda dos clientes cada vez máis esixente e sofisticada, é dicir, buscan a satisfacción do cliente para poder sobrevivir nun contexto no que teñen que competir con outros produtos turísticos. Neste sentido, numerosos investigadores consideran a xestión da calidade total como necesaria para que as empresas sexan competitivas, ao proporcionar esta un enfoque para a mellora continua de cada un dos aspectos do negocio: mellorar as actividades –calidade interna– e o rendemento das empresas –calidade externa– (Kaynak, 2003).\nAsí, a calidade concíbese como unha poderosa arma competitiva (Lascelles e Dale, 1989) que as empresas deben incorporar á súa estratexia corporativa, o que lles permitirá diferenciarse e competir nun novo escenario caracterizado por rápidos cambios na oferta e na demanda (Casadesús, Marimon e Alonso, 2010) e lograr unha mellora significativa na satisfacción dos clientes e dos empregados, no impacto social e nos resultados empresariais (Kanji e Asher, 1996) que permitirá superar as expectativas deses resultados.\nPor esta razón, a investigación no ámbito da xestión da calidade –implantación e certificación de sistemas de calidade– é necesaria e relevante polo seu impacto no funcionamento das empresas (Ghobadian e Gallear, 1996; Lamprecht, 1996). Neste sentido, as motivacións que impulsan ás empresas a iniciar o proceso de implantación e certificación de sistemas de xestión da calidade convértense nun aspecto relevante que suscitou un grande interese na investigación académica. 1 A Asociación Nacional de Estacións Termais (ANET) e a Asociación Nacional de Balnearios (Anbal) (2006) clasifican os compoñentes deste tipo de turismo en termalismo, talasoterapia e tratamentos mariños, e centro de saúde e beleza. 2 A Asociación Nacional de Balnearios (2011) define o balneario ou a estación termal como aquela instalación que dispón de augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública, servizos médicos e instalacións adecuadas para levar a cabo os tratamentos que se prescriban. Porén, no seu proceso de adaptación á demanda estes establecementos adquiriron actualmente un enfoque máis amplo, de forma que os balnearios serven tanto para tratar doenzas ou para previlas como para darse un respiro e pasar uns días de descanso e de posta en forma en plena natureza, rodeados de silencio e de paz, fuxindo da vida de estrés das cidades e gozando dunhas auténticas vacacións de saúde.\nA revisión da literatura permitiu detectar un baleiro no estudo da xestión da calidade no sector turístico (Harrington e Akehurst, 2000) 3, ao ser os estudos xeralmente levados a cabo no ámbito industrial (Jones, Arndt e Kustin, 1997; Singels, 2001; Selles e Trigueros, 2008). O sector turístico, debido ás características especiais dos servizos fronte aos produtos como, entre outras, a intanxibilidade, a inseparabilidade da produción do consumo, a intensidade da man de obra, a heteroxeneidade ou a súa caducidade, non pode xestionar a súa calidade de igual maneira que os produtos tanxibles (Camisón, Cruz e González, 2007).\nTres son as razóns que xustifican a realización desta investigación: o baleiro en materia de xestión da calidade no sector de servizos turísticos fronte ao industrial detectado nas investigacións; que o sector dos balnearios non foi obxecto de ningunha investigación neste ámbito; e o estudo en empresas que posúen o sistema de xestión da calidade baseado na norma UNE 186001:2009 (balnearios).\nA revisión da literatura permitiu detectar que os estudos no ámbito da xestión da calidade se realizaron maioritariamente no campo do aseguramento con base na norma ISO 9000, ou na xestión da calidade total de acordo co Modelo Europeo de Excelencia (EFQM). Neste caso, o estudo desenvolverase en empresas do sector turístico que teñan implantada a marca “Q de Calidade Turística”, marca propia do sector e única no mundo, baseada nunha normativa que se sitúa nun nivel intermedio entre a ISO 9000 (aseguramento da calidade) e o modelo EFQM (calidade total), polo que a súa implantación é compatible con ambas as dúas certificacións.\nPor todo o exposto anteriormente, este traballo ten como obxectivo xeral analizar as motivacións que levaron aos balnearios a implementar e certificarse na “Q de Calidade Turística”, así como analizar se as motivacións para certificarse son diferentes segundo o tamaño dos balnearios e se posúen algunha outra certificación a maiores en función da categoría do balneario e da antigüidade na certificación. Así mesmo, preténdese agrupar as empresas a partir das motivacións que as impulsaron, co obxecto de configurar o seu perfil e estudar as diferenzas entre grupos, para o que foi necesario analizar en primeiro lugar a estrutura das motivacións neste sector.\nPara poder darlles resposta a estes obxectivos, o traballo estrutúrase da seguinte maneira. Logo desta introdución, na sección 2 establécese o marco teórico utilizado para desenvolver a investigación, e a partir da revisión teórica márcanse os obxectivos. Na sección 3 descríbese a metodoloxía empregada, mentres que na tes e Lloréns, 2007), os hoteis (Briggs, Sutherland e Drummond, 2007; Tsaur e Lin, 2004) ou os destinos turísticos en xeral (Go e Govers, 2000). Outros traballos centráronse na calidade mediante a avaliación da aplicación de diversos modelos de xestión da calidade total (TQM) nas industrias de servizos (Karapetrovic e Willborn, 2001; Sureshchandar, Rajendran e Anantharaman, 2001; Prajobo, 2005), pero non existe ningún estudo no sector turístico, e máis concretamente no sector dos balnearios, que analice aspectos tan relevantes como as motivacións que impulsaron a estas empresas a implementar sistemas de xestión da calidade, as barreiras atopadas na súa implantación ou os beneficios obtidos, nin traballos nos que se mida o nivel de implantación dos factores críticos nestes establecementos.\nsección 4 se mostra a análise dos resultados. Finalmente, na sección 5 preséntanse as principais conclusións e as implicacións do traballo.\n2. MARCO TEÓRICO\n2.1. A “Q DE CALIDADE TURÍSTICA”\nA principios da década de 1990 o sector turístico español toma especial conciencia da importancia da calidade como garantía de diferenciación fronte á numerosa oferta doutros destinos turísticos emerxentes competidores de España, e no ano 1997 crea a marca “Q de Calidade Turística”. Esta marca é outorgada polo Instituto de Calidade Turística Española (ICTE) 4, e ata este momento se desenvolveron as normas de calidade en 21 subsectores turísticos 5. As súas normas sitúanse nun nivel intermedio entre a ISO 9000 e o modelo EFQM, polo que a implantación desta marca é perfectamente compatible coa certificación ISO 9000 e coa excelencia, estando a diferenza entrambas as dúas certificacións nos requisitos aplicables e no nivel de esixencia das normas de referencia.\nCamisón, Cruz e González (2007) identifican unha serie de diferenzas entrambos os dous modelos: 1) a norma do ICTE considera os requisitos e as recomendacións da norma ISO 9000, e de feito, aínda que sen indicalo directamente, esta norma especifica que debe determinarse un sistema de calidade propio do establecemento turístico; 2) a ISO 9000 é específica para a implantación dun sistema da xestión da calidade, mentres que as normas do ICTE inclúen as especificacións do servizo que debe implementar a empresa que se adhira ao sistema; 3) desde un punto de vista xenérico, a norma ISO 9000 é máis versátil e pode aplicarse a calquera organización, mentres que as normas do ICTE só son aplicables á actividade turística; 4) por contrapartida ao punto anterior, desde o punto de vista do cliente a certificación ISO 9000 non garante un nivel de calidade concreto, senón que o servizo se axustará ás especificacións marcadas polo establecemento.\n2.2. MOTIVOS PARA IMPLANTAR UN SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE\nCoa implantación e coa posterior certificación de sistemas de xestión da calidade as empresas buscan o recoñecemento da calidade por parte dos seus clientes, competidores..., así como a mellora interna da organización, que se traduce na mellora da eficiencia, na mellora no control e xestión da organización, na redución de custos e no incremento da satisfacción dos clientes.\nOs motivos polos que as empresas implantan e certifican sistemas de xestión son clasificados en diversas tipoloxías polos estudos internacionais, sendo a clasificación máis frecuente na literatura a que agrupa esas motivacións en dous grandes grupos: internas e externas (Weston, 1995; Brown, Van der Wiele e Loughton, 1998; Bryde e Slocock, 1998), como pode verse na táboa 1.\nAsí, algúns autores (Carlsson e Carlsson, 1996; Jones, Arndt e Kustin, 1997; Lee, 1998) sinalan que as principais razóns para buscar a certificación son de carácter externo, mentres que outros (Casadesús, Giménez e Martí, 1998; Martínez et al., 2000), malia opinar o mesmo cando afirman que a certificación é en realidade unha estratexia de comercialización, apuntan que a implementación da norma sempre xera unha mellora no interior da organización (Casadesús, Giménez e Martí, 1998, 1999).\nAs conclusións dos diferentes estudos difiren á hora de sinalar se son máis importantes ou influentes as motivacións internas ou as externas; con todo, un aspecto importante que cómpre ter en conta é que numerosos autores afirman que a implantación da norma ISO 9000 é un primeiro paso cara á calidade total (Brown, Van der Wiele e Loughton, 1998; Kanji, 1998; Quazi e Padibjo, 1998; McAdam e McKeown, 1999), pero as razóns que levan ás empresas a efectuar esas motivacións (externas ou internas) definen en gran medida os resultados obtidos coa súa implementación.\n3. METODOLOXÍA\nO contexto elixido para desenvolver esta investigación son os balnearios que posúan a certificación “Q de Calidade Turística” 6, sendo estes, como xa se comentou, o principal representante do turismo de saúde. A base de datos foi elaborada a partir da información da páxina web do ICTE .\nA poboación está formada por 33 balnearios certificados coa “Q”. Recibíronse 25 cuestionarios debidamente cubertos e 4 incompletos polo que, neste último caso, se lles solicitou por correo electrónico e telefonicamente a súa cubrición completa, o que nos proporcionou unha mostra de 29 cuestionarios válidos que representan un índice de resposta dun 88%. Na táboa 2 recóllese a ficha técnica do traballo de campo realizado xunto coas características da mostra.\nPara deseñar o cuestionario que nos permitirá coñecer as motivacións/razóns que levaron aos balnearios a implantar/certificarse nun sistema de calidade, en primeiro lugar realizouse unha revisión bibliográfica dos traballos que analizan as motivacións para implantar un sistema da xestión da calidade (Carlsson e Carlsson, 1996; Withers e Ebrahimpour, 1996; Van der Wiele et al., 1996; Jones, Arndt e Kustin, 1997; Brown, Van der Wiele e Loughton, 1998; Bryde e Slocock, 1998; Casadesús, Giménez e Martí, 1998, 1999; Lee, 1998; Quazi e Padibjo, 1998; Ferguson, Sánchez e Sierra, 1999; Martínez et al., 1999; McAdam e McKeown, 1999; Escanciano, 2001; Singels, Ruël e Van der Water, 2001; Yahya e Goh, 2001). O resultado desa revisión foi a xeración dun amplo conxunto de ítems posibles.\nNeste sentido, o uso repetido dos ítems para medir as motivacións garante a validez interna 7. Así, elaborouse un cuestionario no que as motivacións serán medidas en termos cuantitativos a través de 16 ítems, utilizando para iso unha escala Likert de 7 puntos (desde 1: “nada importante” a 7: “moi importante”). A medición realizouse a través das percepcións dos directivos que cobren a enquisa, aos que se lles preguntou acerca das motivacións que os impulsaron, neste caso, a implantar e certificar a “Q de Calidade Turística”.\n4. ANÁLISE DE DATOS\nPara analizar os motivos que levan aos balnearios a implantar a “Q de Calidade Turística” realízase unha análise descritiva, e a partir das puntuacións medias obtidas (táboa 3) pode afirmarse que mellorar a calidade dos servizos prestados é a máis valorada (6, 2414), seguida da mellora dos procesos/procedementos internos (6, 1379), da mellora do control e eficiencia da empresa (6, 0345), así como de crear unha conciencia da calidade na empresa (6, 0345). A implantación/certificación por requirimento dos clientes é a menos valorada (4, 4828), seguida do interese das empresas por reducir custos (4, 8966).\nPara determinar a consistencia interna da escala de motivacións, é dicir, a fiabilidade do instrumento de medidas, calculouse o coeficiente Alpha de Cronbach, cuxo valor é de 0, 865 para a totalidade da escala, o que permite afirmar que a escala é fiable 8.\nComparamos estes resultados cos doutros estudos (Buttle, 1997; Tang e Kam, 1999; Torre, AdensoDíaz e González, 2001; Escanciano, Fernández e Vázquez, 2001; Madg e Curry, 2003; Zaramdine, 2007; Cruz Ros, 2007) que examinaron as motivacións que levan ás organizacións a implementar un sistema de aseguramento baseado na norma ISO 9000 en países tan diversos como Reino Unido, Hong Kong, España, Exipto ou Emiratos Árabes (Dubái). Todos eles utilizaron\nEstas investigacións obtiveron conclusións similares ao presente estudo, posto que suxiren que as motivacións máis importantes son as seguintes: mellorar a calidade dos produtos ou servizos, mellorar os procesos e procedementos internos, manter ou incrementar a cota de mercado e mellorar a imaxe da empresa, aínda que a orde destas variables varía duns estudos a outros. Así mesmo, as menos importantes son a redución de custos, o requisito das políticas gobernamentais, o requirimento dos clientes e a presión da competencia.\nPolo tanto, pode concluírse que os resultados deste estudo son consistentes cos achados anteriores, feito relevante ao realizarse este traballo no sector turístico e ao non ser o sistema de aseguramento da calidade a ISO 9000, senón a marca “Q de Calidade Turística”.\nUtilizamos a proba T de Student 9 para comparar simultaneamente as medias de dous grupos, co propósito de observar se existen diferenzas nas motivacións que levan aos balnearios a implantar/certificar a “Q” dependendo do tamaño daqueles (pequenos e medianos). Para a súa clasificación utilizáronse dous criterios\n9 Previamente, compróbase a igualdade de varianzas mediante o estatístico Levene, posto que os dous grupos son de distinto tamaño, e realízanse as probas de normalidade verificando que existe ausencia de normalidade (sig. <0, 05), e en canto á proba de Levene para a igualdade de varianzas na variable (MO8) –reducir custos– non existe homoxeneidade de varianzas, polo que se terá que aplicar a proba non paramétrica KruskalWallis.\ndiferentes: en función do número de empregados 10 (de 0 a 49, pequenas; entre 50 e 249, medianas; e ≥250, grandes) e en función do número de cuartos 11 (≤100 cuartos, pequenas; >100 e ≤300 cuartos, medianas; e >300 cuartos, grandes). A análise dos resultados indica que entre as motivacións e o tamaño non existen diferenzas significativas, é dicir, as motivacións que no seu momento impulsaron aos xerentes dos balnearios a certificar a “Q” non estiveron influenciadas polo tamaño do establecemento que xestionan. Tamén se considerou interesante analizar se existían diferenzas significativas para algúns dos motivos en función de se o balneario está certificado unicamente na “Q de Calidade Turística” ou se ten implantado e certificado outro sistema de xestión da calidade como a ISO 9001 ou a ISO 14001 (sistema de xestión ambiental). O resultado obtido determina que na maior parte das motivacións non existen diferenzas significativas agás en catro das formuladas (sig. <0, 05 diferenzas significativas): ferramenta promocional de vendas (sig. 0, 003), decisión a nivel corporativo (sig. 0, 012), base para a xestión da calidade total (sig. 0, 027) e anticiparse aos competidores (sig. 0, 011), polo que podemos afirmar que existe unha asociación entre eses motivos e a poboación á que pertencen.\nNa táboa 4 reflíctese a importancia que ten para cada tipo de balneario cada un dos motivos nos que se atopou asociación con respecto aos dous grupos que se tiveron en conta: balnearios con “Q” e balnearios coa certificación “Q” máis a ISO 9001 ou a ISO 14001.\nEn xeral, os balnearios certificados coa “Q de Calidade Turística” máis a ISO 9001 ou a ISO 14001 presentan medias máis altas en todas aquelas motivacións nas que existían diferenzas significativas. Neste sentido, estas empresas teñen unha maior percepción de que a certificación é a base para emprender o camiño cara á xestión da calidade total, que lles permitirá anticiparse aos competidores e que se configura como unha boa ferramenta de promoción de vendas. O inicio do proceso de certificación é unha decisión que se toma a nivel corporativo.\nPor último, realízase a mesma análise para observar se existen diferenzas en función da categoría do establecemento e da antigüidade na certificación. Os resultados indican que entre as motivacións e a antigüidade non existen diferenzas significativas.\nNa análise da categoría, e por comparar máis de dúas mostras, utilízase a análise da varianza dun factor (ANOVA). Os resultados mostran que existen diferenzas significativas en (MO5) –requirimento dos clientes– (F = -3, 839; sig. 0, 035).\nComo existen tres mostras e o que interesa é saber entre que par de mostras se producen esas diferenzas, aplícase a proba de Scheffé. Os resultados sinalan que as diferenzas significativas na media entre a variable comparada (MO5) e a categoría están entre os balnearios de dúas e de catro estrelas, pois, como era de esperar, os balnearios de catro estrelas están máis motivados para implantar e certificar a “Q de Calidade Turística” por esixencia dos clientes.\nProfundando na análise das motivacións que levan aos balnearios a implantar a “Q”, realizouse unha análise factorial que permite agrupar as motivacións para certificarse noutras que substitúan ás dezaseis que se formularon no cuestionario coa menor perda de información posible, o que permitirá estudar a estrutura das motivacións que impulsan aos balnearios a certificarse. Vloeberhs e Bellens (1996), así como Brown, Van der Wiele e Loughton (1998) ou Bryde e Slocock (1998), distinguen entre motivacións internas e externas, por iso considéranse só dous factores –internos, externos– conforme á revisión bibliográfica realizada sobre o tema. Como paso previo á realización da análise factorial, é necesario comprobar que os datos obtidos mediante o cuestionario son adecuados para realizar a dita análise (táboa 5).\nFONTE: Elaboración propia.\nTodas as medidas indican que é adecuado proseguir coa análise factorial, polo que se extrae un número reducido de factores que poida representar as variables orixinais, para o cal se utiliza o método de compoñentes principais e se rota a matriz de compoñentes polo método varimax 12. Co obxecto de facilitar a súa interpretación, elimínanse da súa representación aquelas cargas factoriais cun valor inferior a 0, 4, que é o mínimo considerado (matriz de compoñentes rotados, táboa 6).\nTáboa 6.- Matriz rotada das motivacións para certificarse dos balnearios (% da varianza)\nUnha vez aplicada a análise factorial de compoñentes principais con rotación varimax para os factores, e tras comprobar que a varianza supera o mínimo esixido do 50%, pois é dun 64, 656% para os factores internos e dun 57, 319% para os factores externos, pode afirmarse que as solucións son satisfactorias. Así mesmo, a Alfa de Cronbach, que mide a fiabilidade da escala, é superior a 0, 8 (que é o mínimo recomendado no caso das motivacións internas) e está moi próxima ao 0, 7 (que é o mínimo recomendado por outros autores).\nAnalizando os resultados obtidos, interprétanse os factores identificados neste estudo:\n O factor 1, que denominaremos “razóns internas”, está composto polas seguintes razóns: mellorar procesos/procedementos internos, mellorar o control e a eficiencia da empresa, mellorar a calidade dos servizos prestados, reducir o número de queixas e crear unha conciencia de calidade na empresa. A prioridade da dirección neste grupo é a mellora continua nos procesos.  O factor 2, que denominaremos “razóns externas de esixencias”, inclúe os requirimentos dos clientes, os requisitos para competir no sector, a decisión a nivel corporativo, a crenza de que a certificación lles proporcionará unha vantaxe fronte aos seus competidores e anticiparse aos competidores.  O factor 3, que denominaremos “razóns externas de mercado”, engloba as seguintes razóns: ferramenta promocional de vendas, mellorar a imaxe da empresa, consolidar e aumentar a cota de mercado, reforzar a vantaxe competitiva con respecto á competencia, crer que a certificación lles proporcionará unha vantaxe fronte aos seus competidores e anticiparse aos competidores. As razóns contidas neste factor poñen a énfase en mellorar a imaxe e a posición da empresa.\nPara finalizar esta análise cómpre coñecer a importancia das razóns para certificarse (táboa 7). Obsérvase que as razóns máis importantes para certificarse son as internas, cunha media de 5, 8374, seguidas moi de preto polas razóns externas de mercado (5, 6897). Así mesmo, hai que sinalar que os catro motivos máis importantes que levan ás empresas a implementar e a certificar a “Q de Calidade” forman parte do factor 1: razóns internas.\nPor último, aplícase unha análise clúster que permitirá agrupar os balnearios segundo as motivacións que os impulsaron a implantar e a certificarse nun sistema de xestión da calidade. Para iso, utilízanse os resultados obtidos na análise factorial, o que permite elixir un criterio para agrupar as empresas en conglomerados, interpretar os grupos e validar os resultados.\nAnalizando os resultados obtidos na análise xerárquica e observando o dendograma e o coeficiente de aglomeración, podemos comprobar que a maior diferenza entre as porcentaxes de cambio ten lugar en catro conglomerados (23, 7074), polo que este sería o número de grupos se nos atemos a este criterio.\nUnha vez determinados os grupos que van ser utilizados na análise xerárquica, e tomando como centros iniciais os resultados desta análise –é dicir, as medias das puntuacións factoriais dos catro grupos–, aplícase a análise k medias, que permite ver que un dos grupos está constituído por un balneario e outro dos grupos por tres, polo que se opta por realizar a mesma análise pero con tres grupos\n(a diferenza entre os cambios porcentuais é de -11, 9421).\nFinalmente, valídase o estudo coa análise da varianza dun factor. De acordo con Lafuente, Salas e Pérez (1985, p. 142), quen consideran o criterio estatístico F de Fisher para determinar o número de grupos, compróbase que os tres factores son significativos (táboa 8).\nA continuación, interprétanse os tres grupos creados, determinando á súa vez as diferenzas que existen entre eles. Na táboa 9 aparecen reflectidas as puntuacións medias das variables orixinais 13 que se inclúen en cada factor para cada grupo (en lugar das puntuacións factoriais) co fin de determinar os perfís medios. Por outro lado, realízase a proba de KruskalWallis 14 para analizar as diferenzas de medias.\nO primeiro grupo está formado polos balnearios que valoran máis alto tanto o primeiro factor (razóns internas) como o segundo (razóns externas de esixencias) e, polo tanto, por aqueles balnearios cuxas principais razóns para certificarse son a interna e a externa de esixencias. Porén, estas non son as únicas razóns, xa que tamén teñen en conta as razóns externas de mercado. O segundo grupo fórmano os balnearios que, ao igual que no anterior grupo, se certifican principalmente por razóns internas para mellorar o control e a eficiencia da empresa, para mellorar a calidade dos servizos prestados..., e sendo a súa segunda motivación as razóns externas de mercado. Este grupo está composto polos balnearios que tamén teñen en conta os tres factores, aínda que neste grupo as súas valoracións medias son superiores. O terceiro grupo non é representativo, xa que só o constitúe un balneario, que manifesta que o seu impulso para certificarse vén motivado polas razóns externas de mercado, tendo moi pouco en conta as razóns internas, é dicir, os beneficios derivados da certificación na mellora da eficiencia da empresa, na mellora dos servizos, etcétera. Podemos afirmar que as razóns internas son as máis importantes, xa que presentan valores medios superiores nos dous primeiros grupos que constitúen practicamente o 100% dos balnearios enquisados. Este resultado corrobora os resultados obtidos na análise descritiva previa.\nÁ análise clúster realizada, é dicir, ao perfil das empresas, engádense varias variables adicionais (táboa 9) que van permitir analizar con máis profundidade o perfil desas empresas. Os datos das variables adicionais forman parte doutra sección deste artigo no que se analizan, ademais das motivacións, os factores críticos da calidade e os seus resultados 15.\nTanto no grupo 1 como no 2 as razóns máis importantes para certificarse son as internas, observándose que segundo sexa o nivel de importancia desas razóns tamén será o nivel de implantación dos factores críticos e o nivel de resultados. O grupo 2, constituído polos balnearios que manifestaron que se certificaron principalmente por razóns internas e cuxa segunda motivación foron as razóns externas de mercado, presenta niveis máis altos de implantación dos factores críticos e obtén mellores resultados. Con isto corrobórase que existe unha relación entre as motivacións e a implantación dos factores críticos, así como cos resultados.\n5. CONCLUSIÓNS\nDos resultados anteriores poden extraerse as seguintes conclusións. En primeiro lugar, pode sinalarse que existen dous grupos diferenciados de razóns que levan ao inicio do proceso: por un lado, as motivacións internas, como son a necesidade de mellorar a calidade dos servizos prestados, de mellorar os procesos e procedementos internos da empresa, de mellorar o control e a eficiencia da empresa e de crear unha conciencia de calidade; e por outro lado, as motivacións externas, é dicir, que as empresas ven a necesidade de implantar e certificarse para mellorar a imaxe, reforzar a súa vantaxe competitiva con respecto á dos competidores e reducir o número de queixas. Aínda que as motivacións internas son as máis valoradas, é dicir, as máis influentes, a análise de datos permite afirmar que o inicio do proceso de implantación da calidade non só vén motivado por factores internos senón tamén por factores externos.\nCómpre resaltar que nesta investigación, desenvolvida no sector dos balnearios certificados na “Q de Calidade Turística” (polo xeral os estudos baséanse en empresas coa certificación ISO 9001), as motivacións internas son as máis valoradas. Este resultado é consistente co obtido por Cruz Ros (2007) na investigación que realizou no sector servizos, quen atopou que os motivos máis importantes son os que denominou motivos internos de competitividade, seguidos polos motivos de eficiencia ou de xestión interna. Os motivos menos valorados foron os relativos a cuestións externas ou de mercado.\nA explicación da maior importancia dos motivos internos nos balnearios, fronte aos resultados dos estudos levados a cabo en empresas industriais, que atribúen unha maior importancia ás motivacións externas, podería apoiarse nos resultados obtidos por Cruz Ros (2007, p. 65), quen nas súas investigacións analizou “ si el conjunto de motivaciones que llevan a las organizaciones a implantar sistemas de calidad es diferente para aquellas empresas de servicios que siguen un enfoque de aseguramiento de aquellas otras que siguen un enfoque basado en la calidad total ”. No seu traballo demostrouse que os motivos relacionados co mercado (presión exercida pola competencia, esixencia dos clientes...) teñen un peso maior nas empresas que seguen enfoques de aseguramento da calidade que no resto das empresas que seguen un enfoque de calidade total. Este enfoque está avalado a través de numerosos traballos (Rayner e Porter, 1991; Brown e Van der Wiele, 1995; Shih, Huarng e Lin, 1996; Huarng, Horng e Chen, 1999; Beattie e Sohal, 1999; Martínez et al., 2000).\nPola contra, nas empresas cun enfoque de xestión da calidade total (“Q de Calidade Turística”, norma intermedia entre a ISO e o modelo EFQM) os motivos internos e de eficiencia son os máis importantes, predominando a meta establecida polo equipo de dirección como a razón fundamental para levar a cabo a súa implantación.\nEn definitiva, en España os balnearios vense impulsados a implantar e a certificar a “Q de Calidade” para obter unha mellora na calidade dos servizos, dos procesos e dos procedementos internos da empresa, aínda que tamén lles preocupa a mellora da imaxe e reforzar a súa competitividade, así como a redución de queixas, que é moi importante neste sector.\nNon se atoparon diferenzas significativas entre as motivacións que impulsaron no seu momento aos xerentes dos balnearios a certificar a “Q” e o tamaño do establecemento que xestionan. Non obstante, os resultados mostran que si existen diferenzas significativas en catro das motivacións formuladas en función de se o balneario está certificado unicamente na “Q de Calidade Turística” ou se ten implantado e certificado a maiores outro sistema da xestión da calidade (a ISO 9001 ou a ISO14001, sistema de xestión ambiental), polo que se pode afirmar que existe asociación entre eses motivos e a poboación á que pertencen para as seguintes motivacións: ferramenta promocional de vendas, decisión a nivel corporativo, base para a xestión da calidade total e anticiparse aos competidores, presentando medias máis elevadas os balnearios con outra certificación a maiores da\nAsí mesmo, atopáronse diferenzas significativas na motivación “requirimento dos clientes” con respecto ao parámetro categoría, mostrando que para os balnearios de catro estrelas a implantación e a certificación na “Q de Calidade” é un requirimento dos seus clientes.\nPolo que respecta á estrutura das motivacións que impulsan aos balnearios a implementar e a certificar un sistema da xestión da calidade, a análise dos resultados obtidos permitiu agrupar as motivacións en tres grupos: 1) razóns internas, 2) razóns externas de esixencias, e 3) razóns externas de mercado.\nEstes resultados son consistentes cos obtidos por outros estudos. Así, Escanciano, Fernández e Vázquez (2001), no seu traballo levado a cabo en 749 empresas certificadas coa ISO 9001 (tanto industriais coma de servizos) en España, agruparon as motivacións en catro: mercado –motivacións relacionadas coa mellora da posición da empresa no mercado–, eficiencia –agrupa a mellora da calidade en xeral e da operativa da empresa en particular–, anticipación –inclúe o desexo e a capacidade da empresa de percibir con antelación as oportunidades e de apropiarse delas– e reacción –recolle as razóns que reflicten a consideración da certificación como un trámite que é preciso superar–.\nCruz Ros (2007) desenvolveu unha investigación cuxa poboación estaba formada por 116 empresas (medianas e grandes) do sector servizos (hostalería, banca, seguros, transporte e hospitalario). Os resultados obtidos por este autor permitiron definir tres factores: motivos externos de mercado ou de contorna, motivos internos de competitividade e motivos de eficiencia ou de xestión interna.\nA modo de resumo, os balnearios teñen unha clara percepción de que a “Q de Calidade Turística” lles proporciona unha maneira de organizar o traballo (dirección e xestión, organización diaria e atención ao cliente), o que lles permite mellorar a calidade dos servizos prestados. Isto obrígaos a unha mellora continua de todos os procesos internos, permitíndolles mellorar a eficiencia da empresa sobre todo na atención ao cliente e nos servizos que se ofrecen. A implantación garántelles a satisfacción e o cumprimento das expectativas dos clientes, posto que o cliente percibe que a empresa traballa con calidade. Así mesmo, os balnearios perciben que a “Q de Calidade” lles facilita un mellor posicionamento no mercado e os diferencia dentro do sector, permitíndolles consolidar e aumentar a cota de mercado e reducir o número de queixas.\nBIBLIOGRAFÍA"} {"summary": "A sociedade actual caracterízase pola importancia da mobilidade en todos os seus ámbitos. A observación e o gozo da paisaxe danse non só dende unha perspectiva estática, senon tamén dende o movemento. As achegas dende a Xeografía á comprensión deste feito parten dos conceptos de transporte e mobilidade, e inscríbense dentro da Xeografía do Turismo.\nNo presente artigo realizamos unha achega ao estado da cuestión na actualidade, centrándonos nas estradas e nos camiños de ferro escénicos como elementos fundamentais para apreciar as paisaxes desde o movemento.", "text": "PAISAXES DESDE O MOVEMEntO: EStRADAS E CAMIÑOS DE fERRO ESCÉnICOS\nData recepción: 2012/02/02 Data aceptación: 2012/07/20\nContacto autor: miguel.pazos.oton@usc.es\nIntrodución\nNa actual sociedade, a accesibilidade e a velocidade son elementos fundamentais (HANDY, 1997; VIRILIO, 1986). O aumento da mobilidade individual en función dos diferentes motivos (traballo, estudo, compras, ocio, saúde, etc) traduciuse nun proceso de compresión espazotemporal notábel (ALLEN e HAMNETT, 1995), onde os modos de transporte desempeñan un papel fundamental. Cada vez desprazámonos con máis frecuencia, por máis e diferentes motivos, percorremos maiores distancias, e facémolo a maior velocidade (PAZOS, 2005).\nEstamos nun mundo que semella estar todo el en movemento (“on the move”, en expresión anglófona) (URRY, 2007: 3). Autores como CRESSWELL recorren tamén sistematicamente a esta expresión para aludir á importancia do movemento na actualidade (CRESSWELL, 2006).\nPara URRY, na actualidade estariamos asistindo a un cambio de paradigma nas Ciencias Sociais, denominado “mobility turn”, caracterizado pola importancia do movemento constante de persoas, mercadorías, información e capitais para explicar a realidade. Este novo paradigma explicativo supera as visións estáticas do “espazo dos lugares” a favor do “espazo dos fluxos”, que deron en denominar as Ciencias Sociais tales como Xeografía, Antropoloxía, Socioloxía, etc. O novo paradigma insiste na idea de mobilizar unhas análises que até o momento teñen sido estáticas ou aespaciais, en campos do coñecemento tales como estudos culturais, migracións, turismo ou outros (URRY, 2007: 6).\nSegundo URRY, no cerne deste novo paradigma atópanse os traballos de SIMMEL e BENJAMIN, así como os de DELEUZE e LEFEBVRE. Asemade, foron moi importantes conceptos como a “dromoloxía” de VIRILIO (1997), a “modernidade líquida” de BAUMAN (2000) ou o “movementoespazo” de THRIFT (2004).\nEste novo escenario obriga a repensar moitas das achegas que dende a Xeografía se realizaron sobre conceptos fundamentais como o de paisaxe. Tradicionalmente, un viaxeiro desprazábase entre dous lugares, e tiña tempo de saborear e apreciar as paisaxes. As baixas velocidades e o carácter pouco intrusivo das infraestruturas facíano posíbel. Hoxe en día, circular por autoestradas ou vías de alta velocidade resulta enormemente práctico, pero elimina (ou reduce moitísimo) o pracer estético da contemplación da paisaxe.\nA presenza de grandes espazos de servidume nas marxes, a existencia de noiros e de túneles, e a propia velocidade do desprazamento explican que cando viaxamos vexamos fragmentos de paisaxe, ou que non poidamos apreciala no seu conxunto. En moitos casos podemos falar dun “efecto túnel”, xa que para moitos viaxeiros o único importante é chegar rápido dende un punto A a un punto B, e neste sentido é irrelevante o que acontece no medio do traxecto. Así, tense falado das autoestradas como “túneles transparentes”. Este efecto acada o seu apoxeo no caso do transporte aéreo, onde a paisaxe entre a orixe e o destino queda anulada, suprimida, furtada ao viaxeiro, en beneficio da urxencia na viaxe e, cada vez máis (ao contrario do que sucedía antes), dos custos de transporte (GUTIÉRREZ PUEBLA, 1988).\nDeste xeito, a necesidade de viaxar o máis rapidamente posíbel, e de facelo co menor custo leva a que moitas persoas deixen de ver paisaxes. Até agora, a viaxe era unha magnífica escusa para ver, apreciar e reencontrarse casual e periodicamente coas paisaxes. Admirar paisaxes era unha vantaxe adicional asociada ao feito de viaxar. Na actualidade, viaxar equivale case sempre a chegar coa maior brevidade dende un punto a outro, coa conseguinte perda da experiencia paisaxística.\nAnte esta diminución progresiva de contacto do viaxeiro coas paisaxes, existe un movemento de réplica que se basea no concepto da slow mobility ou mobilidade lenta. Asume a importancia da mobilidade e o desprazamento como un xeito de apreciar as paisaxes, pero faino dende a reivindicación dun ollar pausado e sereno, asociado a unha velocidade lenta. Entramos así de cheo no “turismo escénico”, unha modalidade onde o turista procura gozar e apreciar a paisaxe, ou en determinados tipos de turismos onde a contemplación e o gozo da paisaxe desempeñan un papel moi importante.\nPercorrer un itinerario nun tren turístico, realizar unha ruta de peregrinación como o Camiño de Santiago, seguir un “itinéraire de découverte” ou conducir por unha “scenic road” son experiencias onde movemento e paisaxe están intimamente relacionadas. Nesta análise son útiles e necesarias as achegas da Xeografía do Turismo e o propio estudo interdisciplinario da Paisaxe, que\ncombinaremos neste traballo.\n2. O transporte e a mobilidade no turismo: unha achega teórica No ámbito da Xeografía, o estudo da mobilidade da poboación aparece encadrado dentro da Xeografía do Transporte. Esta rama da Xeografía acadou identidade propia nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, cando\nUllman, considerado o seu pai fundador, institucionalizouna no seo da Association of American Geographers (AAG).\nDurante a maior parte da segunda metade do século XX, os estudos xeográficos de transporte realizados en Norteamérica e Europa teñen abordado a cuestión da mobilidade de xeito ben diferente. Así, nos Estados Unidos o estudo da mobilidade estivo supeditado á análise da oferta. Basicamente realizáronse modelizacións de fluxos e estudos de dimensionamento de grandes infraestruturas de transporte (nomeadamente autoestradas). Predominou unha achega econométrica e un emprego xeral dos métodos cuantitativos.\nPola súa banda, en Europa desenvolvéronse aproximacións dentro da Xeografía Rexional, nun primeiro momento, e de tipo máis social e humanista máis tarde. Estas segundas aproximacións centráronse na dimensión social e na importancia das variábeis persoais no estudo da mobilidade. Maioritariamente, empregáronse técnicas de análise cualitativas, que permitiron profundar no papel da dimensión humana da mobilidade.\nA finais dos anos 1990 (HOYLE e KNOWLES, 1998), emerxeu unha “Moderna Xeografía do Transporte”, como resultado da integración destas dúas grandes tendencias no estudo do transporte. O feito máis simbólico e significativo foi a organización por parte do Grupo de Xeografía de Transporte da AAG de dúas sesións tituladas Geography of Mobility, no seu congreso anual de Los Ángeles, celebrado no ano 2002 (PAZOS, 2003). O estudo xeográfico da mobilidade quedaba así encadrado dentro da Xeografía do Transporte, de xeito que en moitas das achegas xeográficas sobre o tema existe unha identificación de facto entre os termos transporte e mobilidade, aínda cando non son exactamente o mesmo (PAZOS, 2012).\nPola súa banda, na bibliografía en portugués salienta PALHARES (2002), quen alén de realizar un estudo das relacións entre transporte e turismo, aborda casos nos que o transporte constitúe unha parte fundamental de determinados produtos turísticos. Na súa análise dos camiños de ferro, afirma que o transporte ferroviário exclusivamente destinado ao segmento turístico tem despertado cada vez mais interesse, principalmente aqueles voltados às viagens cênicas, como os trens panorâmicos, e a viagens nostálgicas efetuadas em antigas locomotivas a vapor, tais como as mariasfumaça (PALHARES, 2002: 285).\nPor outra banda, dáse “transporte como turismo” onde o transporte permite un desprazamento e, asemade, é a base dunha experiencia turística. O custo de tempo e a velocidade xa non son relevantes. Antes ben, o turista busca precisamente a mobilidade lenta para poder gozar da paisaxe. E ademais está disposto a pagar bastante máis do que pagaría por desprazarse convencionalmente entre os dous puntos do percorrido.\nDentro da bibliografía non latina, GUNN e VAR salientan a importancia do transporte como elemento de éxito para todos os destinos turísticos (GUNN e VAR, 2002: 52). Porén tamén sinalan determinados elementos de destinos (estradas con alto valor paisaxístico, trens turísticos, etc.) que presentan un importante valor turístico por si mesmos. Neste senso, resulta de interese a súa conceptualización sobre as estradas con alto valor paisaxístico (scenic highways):\nA pesar de que podería darse un consenso sobre que é unha estrada escénica, definila co obxectivo de planificala, construíla ou protexela constitúe un asunto moi complexo. Polo xeral acéptase o principio de que a devandita estrada engloba tanto a paisaxe que se ve como propiamente a infraestrutura viaria. Porén, non hai unha definición aceptada de estándares de deseño [...]. Cada caso precisará a súa propia definición e estándares. (GUNN e VAR, 2002: 256).\nÁ marxe do marco de estudo da Xeografía do Transporte, salientan os estudos sobre as estradas con valor paisaxístico realizados desde a Arquitectura ou a Enxeñaría. Entre eles cabe destacar os traballos de AGUILÓ (1984, 2009, 2010), ESPAÑOL (2007, 2008) ou OTERO e outros (2006). Fóra de España, debemos sinalar os traballos de axencias e departamentos gubernamentais especializados en paisaxe e transporte de países como Francia, Reino Unido, Estados Unidos ou Canadá. En todos estes casos analízase a importancia das estradas na posta en valor das paisaxes, e ofrécense tamén recomendacións para planificar, construír, explotar e conservar as devanditas estradas (AIZPURÚA, 2009).\nNo presente traballo faremos unha análise da situación das estradas escénicas e o seu papel na apreciación e o gozo da paisaxe desde o movemento. Aínda que xerou menos debate e literatura académica, tamén abordaremos o caso dos camiños de ferro escénicos, outro dos grandes xeitos de gozar das paisaxes desde o movemento.\n3. As estradas e a paisaxe\nAs estradas son importantes eixos a partir dos cales o desprazamento permite coñecer e gozar da beleza das paisaxes. Como indica ESPAÑOL (2007), as estradas proporcionan un acceso de calidade, rápido e seguro á paisaxe.\nCómpre sinalar o dobre papel da estrada, como elemento constitutivo da paisaxe e como elemento que permite o achegamento á paisaxe. Sobre o primeiro destacan os traballos de enxeñeiros como AGUILÓ (1984, 2010) ou NÁRDIZ (2006), e arquitectos como TARRAGÓ (2008), que analizaron as obras públicas e a súa integración na paisaxe; en moitos casos esta última vese realzada debido a unha coidadosa planificación da inserción da infraestrutura en cuestión, como é o caso de certos viadutos ou estradas de montaña.\nSobre o segundo papel das estradas, son maiores as achegas académicas. Así, algúns autores atrévense a indicar que as estradas non só son vías de transporte, senón que “constitúen un medio a través do cal o individuo entra en contacto coa paisaxe” (OTERO et al., 2006: 40). Nesta liña tamén está NOGUÉ (2005) cando afirma que “as estradas non son unicamente vías de transporte, senón que se converteron na plataforma fundamental da percepción e gozo da paisaxe para a inmensa maioría dos cidadáns”. Pola súa banda, ESPAÑOL (2007: 32), nun traballo sobre os valores paisaxísticos da rede de estradas locais, indica que para moitas persoas “o primeiro contacto coa paisaxe tense dende a xanela do coche”.\nA referencia ás estradas locais non é casual, tendo en conta precisamente que estamos a falar de mobilidade lenta. Como argumentabamos ao principio, as modernas vías rápidas e autoestradas son incompatíbeis co gozo da paisaxe, de aí que sexan as estradas locais, máis estreitas, con limitacións de velocidade e con menor intrusión na paisaxe, as que permitan ao automobilista “internarse” dentro dela e poder así vivila máis de preto. De todos os xeitos, é certo que a contemplación da paisaxe desde as vías de alta capacidade pode verse facilitada se existe unha sinalización adecuada que amosa e explica graficamente como é a paisaxe. Este é o caso, moi en particular, de Francia, onde é habitual atopar nas autoestradas paneis cunha representación paisaxística moi ben conseguida que sintetiza o carácter da paisaxe que se cruza.\nPartindo da idea de NOGUÉ anteriormente enunciada, podemos afirmar que as estradas locais desempeñan un papel fundamental na “democratización” da paisaxe e na súa apertura ao conxunto da cidadanía, facilitando o acceso a lugares remotos ou de singulares valores paisaxísticos, entre os cales ocupan un lugar preferente os espazos de montaña ou de fortes desniveis topográficos (Fig. 1).\nComo indica ESPAÑOL (2007: 34), as estradas locais posúen varias características, entre as que destacan “dar acceso ás paisaxes, desenvolver os valores paisaxísticos do itinerario e ser xanelas abertas onde se mira a paisaxe”.\nÉ evidente que moitas estradas posúen elevados valores paisaxísticos e escénicos per se. Moitas estradas que discorren por espazos litorais acantilados, áreas de montaña ou espazos en xeral con atractivo paisaxístico son á vez itinerarios recomendados para a realización do turismo escénico. Deste feito faise eco a guía de estradas Michelin, en cuxa cartografía aparecen marcadas de cor verde todas aquelas estradas que teñen valor escénico. A presenza de árbores plantadas\nNa nosa achega buscamos aproximarnos tamén ao papel que desempeña a planificación e a política de posta en valor das paisaxes en relación coas estradas. Parécenos interesante, xa que logo, centrarnos en casos onde as estradas escénicas son o resultado dun proceso de ordenación e planificación do territorio, na busca consciente de realzar e incrementar o valor paisaxístico do itinerario polo que discorren.\nSe ben nos últimos anos avanzouse moito na incorporación de estándares de integración paisaxística na construción de estradas, e mesmo existe unha preocupación xeneralizada polo impacto estético das implantacións viarias, parécenos interesante poñer sobre a mesa certos casos de éxito onde se teñen desenvolvido accións complexas e coherentes de posta en valor turística de estradas con forte valor paisaxístico. Analizaremos, polo tanto, senllos casos de estudo en Francia e Estados Unidos.\n3.1. Actuacións sobre as estradas e a paisaxe en Francia\nEn Francia desenvólvese unha importante tradición normativa que ten en conta a paisaxe como obxecto de protección, por parte dos poderes públicos. Pártese dun punto de vista que considera que a paisaxe é unha elección da sociedade (unha construción social por acción dos diferentes axentes), que combina o medio natural coas actuacións humanas subseguintes.\nA Lei de Protección da Natureza de 1976 xa decreta a obriga de realizar un estudo de impacto ambiental con carácter previo aos proxectos de estradas. En 1993, a Lei de Protección e Posta en Valor das Paisaxes non limita só o concepto de paisaxe a aqueles con carácter excepcional, senón que toma en consideración o conxunto das paisaxes para definir as políticas de ordenación do territorio. Búscase, ante todo, conseguir paisaxes de calidade. A Lei de 1995 sobre o Reforzo da Protección da Natureza declara a paisaxe como patrimonio común, e anima á participación cidadá na conservación e mantemento da paisaxe. En efecto, anímase ás comunidades locais a elaborar proxectos de xestión para as paisaxes. A Convención Europea da Paisaxe, no ano 2000, faise eco da necesidade de valorizar a paisaxe en toda Europa e harmonizar as evolucións inducidas polas transformacións económicas e sociais.\nNeste marco, dende comezos da década dos 1980 en Francia produciuse un incremento da preocupación pola paisaxe, avanzando notabelmente cara á súa comprensión e protección. Nos proxectos novos, normalmente cóntase con equipos de traballo pluridisciplinarios formados por persoas expertas en arquitectura, paisaxismo, arquitectura, xeografía, enxeñaría e outros profesionais, que estudan coidadosamente o impacto estético e paisaxístico das novas infraestruturas en planta, perfil e ao longo da traza da nova vía de comunicación (MINISTÉRE DE L´ÉQUIPEMENT, DES TRANSPORTS, DU LOGEMENT, DU TURISME ET DE LA MER, 2003).\nPor outra banda, o Estado francés entende que é preciso implicar toda a cidadanía na protección, xestión, conservación e mantemento das paisaxes. Por iso desenvolveu un novo programa onde implica os poderes públicos e privados locais e rexionais na protección das mesmas. Ademais da motivación estética (que é fundamental), pártese da base de que unha paisaxe de calidade é fundamental para atraer un turismo de calidade, e polo tanto axudar ao desenvolvemento económico.\nNeste senso, cabe sinalar a acción 1% paysage et développement, que foi aplicada con carácter piloto en varias estradas do Macizo Central francés, coa fin de asegurar a xestión patrimonial das paisaxes e participar no desenvolvemento económico, evitando o deterioro da paisaxe. Tamén foi un obxectivo fundamental favorecer a promoción turística das comarcas atravesadas, incitando o viaxeiro a deixar as autoestradas e inducilo a transitar polas estradas, para así poder apreciar mellor as paisaxes (MINISTÈRE DE L’AGRICULTURE, 2005).\nO mecanismo consiste en que o Estado reserva o 1% do orzamento dedicado a unha estrada concreta para realizar unha análise territorial e paisaxística. Este estudo é fundamental para posteriormente poñer en marcha medidas de valorización e desenvolvemento, contando coa participación económica de colectividades territoriais, asociacións e diferentes axentes locais.\nPrimeiramente realízase un libro branco sobre cada itinerario, que fixa os grandes obxectivos de ordenación do territorio en relación co eixo da estrada. Posteriormente, os mapas do itinerario especifican as posibilidades de mobilización dos actores locais, que toman forma nunha serie de accións centradas na área de influencia da autoestrada.\nAsí, lánzase un programa de accións elixíbeis que son subvencionadas polo Estado, sempre e cando contribúan ao reforzamento da calidade estética e a protección da paisaxe. As accións susceptíbeis de seren financiadas son actuacións sobre espazos naturais, urbanos, paisaxes ou monumentos; actuacións sobre o desenvolvemento turístico; actuacións sobre edificios públicos ou privados; actuacións sobre liñas aéreas eléctricas e telefónicas, e actuacións sobre a calidade paisaxística dos terreos situados en torno ao eixo da estrada. Con este esquema de participación cidadá na xestión da paisaxe, un ben de interese xeral, conséguese non só unha protección efectiva da paisaxe, senón avanzar na gobernanza efectiva do territorio.\nDentro do mesmo programa destacan, ademais, outras dúas accións: as villagesétape e os itinéraires de découverte. Os dous parten da idea xa exposta de que a velocidade é dificilmente conciliábel co gozo da paisaxe. É preciso, polo tanto, estimular o automobilista que transita por unha autoestrada para que momentaneamente a abandone e goce de atractivos paisaxísticos, que deben ser por este motivo postos en valor convenientemente.\nAs villagesétape xorden como unha alternativa ás áreas de servizo das autoestradas e xeran un proceso de desenvolvemento local e de reposicionamento económico. Deben estar situadas a\nAs villagesétape deben ofrecer un sinal con información de calidade na entrada. O sinal debe informar sobre as infraestruturas con que conta (hoteis, restaurantes, aparcadoiros, etc), así como sobre os recursos paisaxísticos e culturais que ofrece ao viaxeiro, e que xustifican o desvío momentáneo da autoestrada.\n3.2. As scenic highways californianas\nO outro grande conxunto de experiencias que pretendemos revisar puxéronse en marcha nos Estados Unidos, e en concreto en California, baixo a denominación de scenic highways. A súa orixe débese ao interese do Estado de California na preservación dos valores paisaxísticos ao longo das autoestradas, a través da creación do Master Plan of Scenic Highways. Naceron durante os 1960 e 1970 como un conxunto de itinerarios dunhas determinadas características. Sometidas a un réxime de protección específico por medio de instrumentos legais, estas estradas constituíronse como un conxunto de itinerarios preservados de actuacións urbanísticas e impactos negativos, coa fin de reforzar a apreciación dunhas paisaxes de referencia singulares (GOVERNMENT OF CALIFORNIA, 1974).\nDeste xeito, cando unha vía de comunicación é clasificada como unha autoestrada paisaxística (scenic highway), o corredor paisaxístico (scenic corridor) é protexido de varios xeitos para asegurar que a visión dende a estrada é viábel, e pode manterse e mesmo mellorarse. Para lograr isto, regúlanse os usos do solo, os estándares de construción, as actuacións con implicacións medioambientais e protéxense as bacías visuais dende as autoestradas (CITY OF CAMARILLO GENERAL PLAN, 1984).\nO obxectivo é a creación dun sistema coordenado de rutas paisaxísticas (scenic routes), que formarán unha auténtica rede de espazos abertos de interese paisaxístico. Pártese da idea de que os corredores seleccionados deben percorrer itinerarios cun valor notábel e consistente dende o punto de vista paisaxístico, estético e/\nou histórico, se ben se privilexian fundamentalmente itinerarios que decorran por espazos con predominio das paisaxes naturais. O desenvolvemento destas vías de comunicación inclúe asemade unha serie de estándares de construcións para aqueles edificios de nova planta. As normativas regulan o encaixe da nova vía ás características topográficas do terreo, a eliminación de noiros, a provisión de vexetación onde sexa preciso para evitar o afloramento de cortes, o corte e a limpeza de vexetación para conseguir bacías visuais determinadas, o control da erosión nas vertentes e a provisión de miradoiros e aparcadoiros en espazos onde as vistas sexan especialmente atractivas. As distintas disposicións que regulamentan a xestión das vías de interese paisaxístico ofrecen en realidade un complexo abano de normas de intervención sobre o territorio, coa fin de preservar as características paisaxísticas singulares do scenic corridor. Así, existen disposicións que regulan o soterramento de cableado aéreo, a plantación e mantemento de árbores, o sementado de vexetación nos contornos da vía, a instalación de pantallas illantes sonoras, e outras medidas. O deseño dun scenic corridor leva aparellada a obrigatoriedade de realizar un inventario territorial de elementos e recursos, no que a Xeografía ten un papel relevante. Despois realízanse plans e programas para identificar as accións que deben crear, realzar ou preservar a calidade paisaxística do corredor, que se van desenvolvendo conforme ás pautas referidas.\n4. Os camiños de ferro escénicos\nAs vías férreas foron e son excelentes eixos vertebradores de rutas e incursións a través das paisaxes. O ferrocarril foi o primeiro modo de transporte que permitiu desprazamentos frecuentes entre distancias medias e longas para o conxunto da sociedade, de xeito que fixo posíbel para a toda a poboación descubrir paisaxes inéditas, doadamente apreciábeis dende a xanela dos vellos vagóns. No imaxinario colectivo, a vía férrea e o ferrocarril en xeral teñen sido asociados sempre coa observación e o gozo da paisaxe. Isto é así debido ás propias características do trazado das vías férreas, polo xeral máis integradas na paisaxe e cun menor impacto no contorno.\nNa actualidade existen moitas liñas de ferrocarril no mundo que teñen como un dos obxectivos principais o gozo estético das paisaxes. En moitos casos estes trens son recreacións ou herdeiros de antigos trens históricos (en moitos casos do século XIX), nos que se combina o gusto pola nostalxia e saudade do pasado, a curiosidade e o gusto pola apreciación das paisaxes percorridas a velocidade lenta.\nA explotación comercial destes trens pode producirse basicamente de dous xeitos. En primeiro lugar están os trens só para turistas. Con frecuencia conforman produtos turísticos moi coherentes nos que o material rodante é de época (locomotora de vapor, coches antigos, mobiliario, etc), e soen ir asociados á exclusividade e ao luxo, sobre todo se os percorridos se efectúan ao longo de varios días. O máis habitual é que estes produtos de varios días se presenten ao público como un paquete “todo incluído” onde destaca a calidade do servizo e a realización de excursións complementarias en torno ás principais paradas intermedias.\nComo exemplo clásico desde ferrocarril temos o Blue Train da África do Sur, que discorre entre Pretoria e Cidade do Cabo. En España podemos mencionar o caso do Transcantábrico, un ferrocarril de vía estreita que percorre o norte peninsular, enlazando entre si as comunidades autónomas da España Verde. O pintoresco trazado da vía férrea no norte de España, adaptándose a unha orografía difícil, e discorrendo á beira dunha costa con frecuencia acantilada fai que a compoñente paisaxística teña unha presenza importante.\nEn canto á oferta de trens turísticos de menos dun día, é moito máis ampla. Na súa grande maioría son tamén recreacións de trens históricos ou de época, e en moitos casos foron construídos xa dende un primeiro momento cunha finalidade escénica. Entre eles podemos mencionar o caso do camiño de ferro de Snowdonia, en Gales. Trátase dun ferrocarril de montaña que acada o cumio Snowdon, de máis de 1.000 metros de altitude, dentro do Snowdonia National Park. O principal reclamo para a utilización deste ferrocarril é a paisaxe e, sobre todo, as fantásticas vistas dende o cumio, que segundo a publicidade oficial do parque, poden chegar até 160 kilómetros, abranguendo Irlanda.\nUn caso interesante na mesma dirección é o do ferrocarril de vapor que realiza o percorrido entre York e a localidade costeira de Scarborough, no Reino Unido. Utiliza unha locomotora de comezos de século, a que levaba o tren Flying Scotsman, que realizaba o servizo entre Londres e Glasgow en pouco máis de 4 horas. Tamén os vagóns son de época, o que o converte nun apetecíbel e moi rendíbel produto turístico (Fig. 2).\nOutro exemplo clásico de camiño de ferro turístico, neste caso de alta montaña, é o ferrocarril suízo que enlaza Grindelwald co Jungfraujoch, aos pés do monte Eiger. Situado en plenos Alpes berneses, o ferrocarril permite apreciar en toda a súa grandiosidade o verde val de Grindelwald, a cara norte do Eiger e outros picos e, dende logo, o glaciar do Jungfrau, desde un observatoriocafetería situado ao final da liña. Este achegamento do corazón da natureza alpina ao conxunto da cidadanía (e non só aos alpinistas) amosa a receptividade da cidadanía desde comezos do século XX ante a grandiosidade das paisaxes.\nNoutros casos, o ferrocarril, cunha importante compoñente escénica, forma parte dun produto turístico tematizado coherente. Un bo exemplo é o Durango & Silverton Narrow Gauge Railway, recreación dun antigo trazado dende Durango até as minas de Silverton, en Colorado (Estados Unidos). Neste caso, ofértase o percorrido en tren até a mina, unha visita ao interior da mina de prata nunha vagoneta eléctrica especial para turistas e o regreso a Durango. Está concibido como un produto fullday excursion, cunha duración total de 9 horas.\nEn segundo lugar, canto aos trens non exclusivamente turísticos, trátase de servizos mixtos, onde se ofertan diferentes tipos de billetes, para usuarios convencionais e para turistas. Os trens son herdeiros de ferrocarrís históricos (como é o caso do Transcanadiano), pero non se recrea o material rodante nin o ambiente de época. Porén nos lugares destinados a turistas contan cunha serie de equipamentos especialmente dirixidos a eles.\nNo Transcanadiano, que percorre o país de leste a oeste, vai equipado con observatory decks, unhas cúpulas transparentes no teito dos vagóns, que permiten ao turista unha observación da paisaxe panorámica, en 360 graos. En clase turista, os asentos son amplos e reclinábeis, e posúen repousapés. O servizo, semellante ao dun avión, proporciona mantas e almofadas para pasar a noite. En clase de luxo pódese gozar de maiores comodidades, convertendo ao hotel nun verdadeiro tren rodante. Unha situación semellante atopámola no Transiberiano, que circula entre Moscova e Vladivostok, atravesando Rusia, ou, en Australia, o Indian Pacific entre Perth e Sydney e mais The Ghan entre Adelaide e Darwin.\nEvidentemente, existen trens que realizan servizos regulares convencionais que son utilizados para realizar turismo escénico, debido á singularidade dos seus trazados e á beleza paisaxística. Entre eles podemos destacar os trens da Provenza francesa, o tren no norte noruegués, o ferrocarril do norte de Inglaterra (nos Yorkshire Dales) ou, en Galicia, o ferrocarril que discorre polo canón do río Sil.\n5. Conclusións\nA paisaxe é unha construción que a sociedade elabora, partindo de valores culturais, estéticos, sociais e ambientais. É produto da proxección sobre o espazo dun sistema de valores propio dun lugar e un tempo concretos, e pode lerse a través dun código de signos que a Xeografía interpreta como disciplina social e territorial.\nA relación entre transporte, mobilidade e paisaxe é moi estreita. Da concepción utilitarista das infraestruturas de transporte como meros soportes da mobilidade pasouse a unha nova dimensión, onde a estrada ou a vía férrea considéranse como parte integrante da paisaxe, e constitúen excelentes medios para a aprehensión e o gozo espontáneo da paisaxe por parte das persoas que viaxan.\nNo momento actual, a variábel velocidade transforma os anteriores viaxeiros en persoas que se desprazan rapidamente, co propósito de chegar no menor tempo posíbel ao seu punto de destino. A velocidade e o “efecto túnel” que caracteriza as novas infraestruturas de transporte explican o deterioro do binomio infraestruturas liñaispaisaxe, moi visíbel sobre todo nas estradas.\nAs estradas, tradicionais “escolas” de percepción da paisaxe para a cidadanía, perderon en gran medida esta función complementaria á súa propia como soporte físico da mobilidade. Para paliar esta situación, preténdese recuperar a relación entre estrada e paisaxe, a partir da mobilidade lenta e da recuperación das estradas locais. Ante a mobilidade rápida das autoestradas e vías semellantes, existe toda unha reivindicación das estradas locais como elementos que posibilitan coñecer a paisaxe co menor impacto posíbel. Cada vez están máis xeneralizadas as normas de integración paisaxística das estradas, que tentan minimizar o seu impacto na paisaxe.\nEntre as novas medidas destaca a promoción da implicación dos axentes locais na conservación e mantemento de diferentes elementos que conforman a paisaxe nas marxes das estradas. En Francia estanse a desenvolver mecanismos de participación cidadá nesta liña. Tamén en Francia se levaron á práctica ideas como as villagesétape ou os itinéraires de découverte, que conseguen con éxito desviar os automobilistas cara ás estradas locais, onde poden apreciar mellor a paisaxe. Pola súa banda, en California vénse traballando nas estradas paisaxísticas (scenic highways), a través dunha serie de accións coherentes que se enmarcan nun plan integral de valorización da paisaxe partindo das vías de comunicación, en estreita relación coa ordenación do territorio.\nCanto aos camiños de ferro, constitúen outro xeito moi interesante de achegarse ás paisaxes desde o movemento. Pola súa propia natureza, o tren préstase á conformación de atractivos produtos turísticos, que recrean camiños de ferro históricos ou de época. Poden constituír produtos moi complexos, pero neles o gozo da paisaxe sempre é un elemento central. O auxe da recuperación destes camiños de ferro, ao igual que no caso das estradas escénicas, está en relación coa demanda crecente por parte da sociedade de gozar das paisaxes, neste caso dende o movemento (lento)."} {"summary": "Analízase, dentro da Literatura Comparada e dende a perspectiva da Tematoloxía, a figura do fuxido en tres obras da narrativa galega posteriores á Guerra Civil española: O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte, Aqueles anos do Moncho e A Teima de Xan. Ofrécese un estudo das obras atendendo ao seu contido e estrutura. Realízase unha análise da figura do fuxido e as súas implicacións, así coma unha revisión da súa concepción mítica.", "text": "A FIGURA DO FUXIDO NA LITERATURA GALEGA DE POSGUERRA LA FIGURA DEL FUGITIVO EN LA LITERATURA GALLEGA DE POSGUERRA THE FIGURE OF THE FUGITIVE IN GALICIAN POSTWAR LITERATURE\nDATA DE RECEPCIÓN: 06/03/2014\nDATA DE ACEPTACIÓN: 28/04/2014\n : Guerra Civil española, fuxido, mito.\nResumen: Se analiza, dentro de la Literatura Comparada y desde la perspectiva de la Tematología, la figura del fugitivo en tres obras de la narrativa gallega posteriores a la Guerra Civil española: O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte, Aqueles anos do Moncho y A Teima de Xan. Se ofrece un estudio de las obras atendiendo a su contenido y estructura. Se realiza un análisis de la figura del fugitivo y sus implicaciones, así como una revisión de su concepción mítica. Palabras clave : Guerra Civil española, fugitivo, mito.\nRozas Arceo, Alba (2014). A figura do fuxido na literatura galega de posguerra. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 1, 523. ISSN 23867620 DOI http://dx.doi.org/10.15304/elos.1.1712\nIntrodución: aproximación teórica\nA Tematoloxía é a rama da Literatura Comparada encargada da análise dos temas e argumentos dos textos literarios e as súas relacións, tanto dentro dunha mesma obra coma noutras manifestacións textuais anteriores ou posteriores (GilAlbarellos, 2003: 239). O estudo da literatura dende o punto de vista dos temas permite o seguimento dos elementos constitutivos do contido nas obras literarias. A partir desta perspectiva teórica, o presente estudo pretende constituír unha análise da figura do fuxido en tres obras da narrativa galega posterior á Guerra Civil española, seleccionadas atendendo á representatividade das distintas fases do tratamento literario do conflito en Galicia, isto é, dende a perspectiva autobiográfica até a ficcionalización e a contribución literaria á recuperación da memoria histórica, así coma aos diferentes destinatarios das obras, dende o lectorado adulto até o público xuvenil e infantil. De acordo con estes criterios, O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte, de Antón Alonso Ríos, publicada en 1979, integra a produción literaria para adultos, daqueles autores que empregan as súas propias experiencias para trazar as claves do período comprendido entre 1936 e 1939. En cambio, Aqueles anos do Moncho de Xosé Neira Vilas, publicada en 1977, constitúe a primeira obra da Literatura Xuvenil galega na que se ficcionalizan episodios sucedidos durante a contenda. En última instancia, A Teima de Xan de Antonio García Teijeiro, publicada en 1991, representa o tratamento desta temática nas obras dirixidas aos máis novos durante o afianzamento da democracia, achegando unha visión das consecuencias do conflito. O propósito de revisar o tratamento da figura do fuxido nestas novelas esixe a consideración de catro unidades tematolóxicas principais, a saber, o arquetipo, o tipo lendario, o símbolo e o mito, de acordo coas definicións propostas por Guyard na obra La literatura comparada (1957), o Equipo Glifo no Diccionario de termos literarios (ad) (1998) e no Diccionario de termos literarios (ef) (2003) e por Platas no Diccionario de términos literarios (2006), respectivamente, así como desde a perspectiva da Poética do Imaxinario. O arquetipo, segundo as obras consultadas, constitúe o modelo, exemplo ou prototipo no que se resumen as características esenciais de algo ou de alguén. Ademais, esta verba designa unha serie de imaxes modelo, iguais tanto en pobos de cultura distinta como en individuos illados, as cales, a partir do inconsciente colectivo humano, se fan patentes nas lendas, nos mitos, nos símbolos ou na literatura, encarnando, nalgúns casos, problemas e actitudes positivas ou negativas de valor universal.\nA figura do fuxido na literatura galega de posguerra\nAntes de proceder á análise da figura do fuxido nas tres obras propostas, é preciso, como fixeron Roig, Ruzicka e Ramos (2012: 11), levar a cabo un estudo atendendo aos contidos e á estrutura das mesmas para formar unha panorámica literaria sobre a Guerra Civil española, epílogo do tenso clima de crispación que existía no país entre as ideoloxías de esquerdas e de dereitas durante a Segunda República española (14 abril 193117 xullo 1936), que se inicia tras a insurrección militar contra o goberno republicano lexitimamente constituído, derivando nunha loita fratricida entre o bando republicano e o bando nacional, até finalizar en 1939 co triunfo do bando nacional e a instauración da ditadura presidida polo xeneral Francisco Franco Bahamonde (Roig, Ruzicka e Ramos, 2012: 11). O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido (1979) de Antón Alonso Ríos (Silleda, 18871980) constitúe, como o subtítulo da obra indica, unha mostra do xénero narrativo histórico das memorias, dado que o autor, líder agrarista obrigado a fuxir dende o estoupido da Guerra Civil española en 1936, fala en primeira persoa dos feitos nos que participou, das situacións que padeceu e das persoas ás que coñeceu, até que finalmente consegue emigrar a Bos Aires ao remate da contenda, en 1939.\nA novela estrutúrase en trinta capítulos de diferente amplitude e densidade de asuntos: os primeiros catorce capítulos abranguen dende o comezo da persecución política do protagonista (o cal, despois de participar na resistencia armada contra os sublevados, procura agocho en distintos municipios e lisca ao monte coa intención de chegar a Asturias) até o inicio da súa vida de esmoleiro, de acordo cunha nova identidade inventada; mentres que os dezaseis capítulos restantes recollen as vivencias do pobre traballando de criado en diversas casas até chegar a Portugal, embarcar para Marrocos e, finalmente, para Bos Aires. A narración desenvólvese en tempo pasado, obedecendo ao distanciamento temporal do autor respecto dos feitos, pois é durante o franquismo, na emigración arxentina, cando leva a cabo o relato das súas vivencias como narrador implicado, nun exercicio de retrospección. Non obstante, a obra caracterízase polo seu carácter externo, en tanto o leve pouso de intimismo e subxectividade cede a prol dunha maior relación cos acontecementos políticos e sociais, nun intento de transcender a experiencia persoal para ofrecer a panorámica do período correspondente ao conflito. Así é todo, se ben a narración autodiexética pretende reflectir a realidade, debido ao filtro persoal ao que o autor, conscientemente ou non, somete as súas lembranzas, moitos detalles resultan interpretados, ocultados ou salientados, de modo que non é posible descartar a carga literaria dos sucesos expostos dende a focalización interna do autor protagonista. A obra responde en certa medida ao formato do diario de viaxes, pois o autor narrador anota os acontecementos relevantes de lapsos de tempo variables, desde o 18 de xullo de 1936 até o 29 de xuño de 1939. Sobre este narrador articúlanse as accións e os personaxes (dende partidarios agraristas, compañeiros republicanos, militantes de esquerdas e de dereitas, até falanxistas, pobres, aldeáns reticentes respecto da súa tendencia política esquerdista ou ignorantes da mesma —pero dispostos a darlle acollida e a aceptar os seus servizos, caso da señora Carme, a súa filla Dosinda e o parente destas, Ramón Lavandeira— así coma colaboradores da súa tentativa de exilio) que contribúen maiormente á súa salvagarda, minguando os seus padecementos e, en menor medida, á súa posta en alerta ou en risco de ser apresado e executado. Esta variada poboación aldeá permite ao autor realizar unha análise da situación social ao encarnar ou dar conta das diferentes opcións para enfrontar a situación bélica na retagarda, dende a rebeldía e a resistencia até a resignación, a transixencia e o apoio á matanza indiscriminada. De feito, se ben o narrador emprega o estilo indirecto para describir os ambientes, os acontecementos que fan progresar a acción e o aspecto dos personaxes, recorre frecuentemente ao diálogo para amosar os sentimentos e narrar as reaccións dos mesmos.\nA figura do fuxido na literatura galega de posguerra\nO protagonista, psicoloxicamente definido pola súa serenidade, intelixencia, precaución, responsabilidade, laboriosidade, solidariedade e respecto, non consegue ocultar un elevado nivel de formación cultural e unha ideoloxía de compromiso cos demais. Este comportamento, vinculado a un aspecto físico reducido por sinécdoque a barba longa, corpo adelgazado e vestimenta estragada, configura o patrón representativo do fuxido. Ao longo da súa peregrinación, o protagonista vai ser consciente da situación social de penuria cultural, ideolóxica e económica, pero tamén da imposición civil e eclesiástica da propaganda e execución da política autoritaria do réxime (como demostra a prohibición de levar armas, da cal os curas quedan exentos, máis as matanzas inxustificadas dos falanxistas apoiadas por membros da curia), que percibe como inxusta e irracional, non obstante o fuxido participa da actitude resignada dos aldeáns, en tanto non defende a necesidade de loita contra as instancias de poder, control e opresión foráneas, a prol do cambio político e social. En canto ao espazo, a acción transcorre no ambiente rural e campesiño correspondente ao das aldeas galegas de Pontevedra e Ourense, segundo a limitación xeográfica que impoñen os topónimos mencionados na obra, os cales responden á veracidade do relato. Non obstante, as accións determinantes da obra teñen lugar tanto en recintos pechados e íntimos, coma no exterior, con motivo do desprazamento do protagonista dun interior a outro, pois os espazos naturais abertos, preponderantes, debido á ameaza da guerra, conducen maioritariamente aos interiores, convertidos en acubillos fronte ao perigo de morte e a necesidade. En contraste, ao final do relato alúdese, á marxe do mundo aldeán, ás capitais estranxeiras (O Porto, Casabranca e Bos Aires), que representan o espazo do exilio e tamén a certeza da salvagarda. As seguintes obras pertencen, de acordo con Roig (2008a: 74), á literatura testemuñal, posto que constitúen “narracións nas que un protagonista infantil chega a experiencias vividas no transcurso da Guerra Civil española ou da inmediata posguerra, dando a coñecer como se desenvolvía a vida familiar e social nese tempo, os seus sentimentos, medos, sacrificios e penurias, así como os efectos que a situación produciu no comportamento e evolución de cada un deles”. Aqueles anos do Moncho (1977), de Xosé Neira Vilas (Gres, 1928) constitúe unha narración de tipo iniciático ou de formación (bildunsgroman), dado que amosa o proceso de evolución intelectual e a progresiva toma de posición ideolóxica e compromiso social dun adolescente marcado, dende a infancia deica a madureza, polos acontecementos que teñen lugar nunha aldea de Galicia ao longo da primeira metade dos anos trinta e até o remate da Guerra Civil española.\nsupeditados a unha acougada e abafante rutina fóra do avance do tempo, esta monotonía vaise ver alterada pola guerra, a cal obriga ao predominio dos interiores, convertidos en acubillos de resignación ou rebeldía fronte a matanza, o terror e a necesidade, eliminando de xeito definitivo a solidariedade entre as xentes a favor da desconfianza e o segredo. Á marxe deste mundo aldeán insinúanse as vilas que, alleas e afastadas, con outra distribución, constitúen o espazo do poder. En conclusión, como apunta Roig (2008a), esta obra relata “acontecementos da Guerra Civil nun escenario campesiño e con homes dominados polo medo que lle é transmitido ao propio neno e que condicionará a súa evolución”, pois “as experiencias conflitivas, as crises, as inquietudes do protagonista están marcadas polos condicionamentos da fame e da pobreza, a opresión, os efectos da emigración, o atraso ideolóxico e cultural causado pola guerra, a relixión, a escola, o problema lingüístico”, entre outros, a pesar de que Moncho é fillo dunha familia humilde na que seu pai é un exemplo de traballador, por moito que a veciñanza da aldea a considere forte e adiñeirada por ter unha casa nova. A Teima de Xan (1991), de Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952), constitúe outra narración de tipo iniciático, en tanto amosa a progresiva toma de conciencia social e de maduración intelectual dun rapaz, desde cativo até adulto, no seo dunha familia conmocionada polas consecuencias da Guerra Civil española, nunha vila galega durante o franquismo. A obra está estruturada en vinte e oito capítulos de diferente extensión e densidade temática, distribuídos de xeito desigual en catro partes de dez, seis, oito e catro capítulos respectivamente. A primeira parte narra a subrepticia morte do tío de Xan, o protagonista, así coma o descubrimento dun diario da súa nenez con anotacións arredor da personalidade do falecido. A segunda parte céntrase no impacto que lle causa ao rapaz o profesor de literatura, o cal lle descobre a posición de seu tío como exiliado a raíz do conflito civil, ademais, Xan acha o paradoiro do seu parente nunhas cartas gardadas na habitación de seus pais. A terceira parte inclúe como Xan, coa axuda do seu mestre, encontra o seu tío, a decisión do profesor de emigrar e a morte da súa nai. Finalmente, na cuarta parte do relato, Xan rememora a súa traxectoria académica e a morte de seu pai antes do seu retorno á vila natal, descubrindo o traslado do seu tío ao asilo onde falece. En efecto, o final remite ao comezo da obra, consolidando a circularidade do relato, que queda pechado. A narración constrúese sobre o desdobramento da voz do narrador, cun relato en terceira persoa, en tempo pasado, ao que corresponde a perspectiva do protagonista adulto, máis unha narración en presente, en primeira persoa, recollida nas transcricións que vertebran o diario do protagonista rapaz. Non obstante, o distanciamento temporal e persoal dos feitos relatados non\nA figura do fuxido na literatura galega de posguerra deriva na construción dunha voz narrativa externa, senón que na precisión da exposición dos sentimentos do protagonista e na irrupción da súa intimidade reside a súa identificación coa voz narrativa subxectiva, a cal relata desde unha focalización interna, sen ir alén do seu propio punto de vista. De acordo con isto, o protagonista é, tanto o adolescente afectivo e intelectualmente autónomo, sorprendentemente reflexivo e observador, superado por unha dúbida, que se fai home a conta de descubrir a pegada que a Guerra Civil española deixa no seo da súa familia, coma o adulto que lembra a súa historia desde un instante cronolóxico, de formación ideolóxica, persoal e de sentimentos, diferente ao do rapaz que foi, de modo que xa non pertence á realidade evocada aínda que a xustifique. Sobre Xan recae a acción, constituíndose como o elemento central do relato a partir do que se articulan os demais personaxes que interveñen na súa formación, basicamente os seus pais, o seu tío e o seu mestre, aínda que tamén o seu compañeiro da escola, a súa moza ou a veciña constitúen pezas necesarias para rematar de consolidar a personalidade do protagonista e completar o cadro da acción. Cómpre apuntar que a caracterización do protagonista do relato é positiva: sensible, intelixente, solidario, con capacidade de rebeldía e inquedanzas culturais, especialmente cando se afasta da realidade infantil para transmitir as súas impresións de home. Esta caracterización responde, coma no caso anterior, á pretensión de consolidar un modelo, unha figura representativa dun rapaz calquera dunha vila calquera, razón pola cal se prescinde do retrato físico ou dun topónimo, nun propósito de universalización. O escenario sobre o transcorren os feitos está constituído por diversas localizacións non descritas (a vila galega natal, a fraga Bela Nena, Santiago de Compostela, Vilavella) que funcionan como marco para situar a acción en Galicia, se ben a maioría de acontecementos determinantes teñen lugar, principalmente, en espazos internos (a vivenda familiar do protagonista, a vivenda do parente esquecido, o café e a escola) nos que Xan fai a descuberta dos sentimentos e do mundo e, secundariamente, en exteriores (a Praza Maior onde ten lugar a primeira experiencia amorosa do protagonista). O espazo interior da casa familiar marca unha vida rutineira e abafante derivada da guerra, mentres que a ruinosa casa esquecida na fraga Bela Nena salvagarda os valores, os modos de pensar, actuar e entender a vida anteriores ao conflito, os cales se configuran a través do personaxe do tío Camilo e a relación de solidariedade, confianza e colaboración que establece con Xan e o seu mestre. En contraste, a relación do rapaz cos seus pais vai estar marcada pola falta de comunicación e a actitude defensiva, receosa e insolidaria dos pais de Xan que viven no segredo e\nA panorámica sobre o desenvolvemento e as consecuencias da Guerra Civil española que deriva do estudo argumental e estrutural das obras literarias presentadas, facilita o marco social, histórico e cultural necesario para levar a cabo a análise da representatividade e da función da figura do fuxido nas mesmas.\nA figura do fuxido nas obras comentadas\nEn O siñor Afranio, Antón Alonso Ríos presenta, a través da narración das súas vivencias, o proceso de xurdimento e as características definitorias da figura do fuxido, configurada a raíz das circunstancias históricas do período correspondente á Guerra Civil española. En primeiro lugar, cómpre considerar a traxectoria política do autor protagonista, militante galeguista de esquerdas emigrado en Bos Aires que, tras a proclamación da República en España, retorna a Galicia en representación da Federación de Sociedades Galegas Agrarias e culturais. É máis, como membro do Consello Directivo Provisional da Federación Provincial Agraria de Pontevedra, integrou a candidatura da Fronte Popular, adheriuse ao grupo dos deputados do Partido Galeguista e desenvolveu un labor intenso a favor da aprobación do Estatuto de Autonomía antes do comezo da sublevación militar que había de derivar na Guerra Civil española.\nA figura do fuxido na literatura galega de posguerra\nDe feito, ao longo do relato autobiográfico xorden de xeito esporádico manifestacións da latente conciencia política do protagonista: “As direitas ficaron quedas e sumisas. O mesmo pasou cos falanxistas. Unhas e outros só se amostraron despois de chegadas as tropas. Foi baixo a protección militar como eles se fixeron presentes” (Alonso Ríos, 1979: 40), contraria ao conflito “Eu, a pesar do que ouvía de mortos que aparecían nun sitio e noutro (...) non podía convencerme dunha realidade para min tan inconcebíbel, tan absurda. Non aturaba a verdade do que estaba sucedendo no país. Pois nós puxeramos presos aos que podían ofrecer perigos, mais a ningún dos nosos se lle ocorreu nin lles pasou polas mentes atentar contra as súas vidas” (Alonso Ríos, 1979: 40, 60) e ás súas consecuencias “mentres os soldados loitaban na frente, os falanxistas adicábanse a matar xente na retagarda” (Alonso Ríos, 1979: 158). En efecto, o compromiso e ideais políticos declarados de Antón Alonso Ríos van constituír a causa primordial da súa conversión obrigada en fuxido a prol da propia supervivencia, como revela a orde recibida polo capitán de carabineiros de Tui “Me hablaron ordenándome que tomara presos a todos los significados como de izquierda, sin distinción, fueran rojos o no; y si eran muchos, que los despachara; que, en todo caso, esto era lo más aconsejable” (Alonso Ríos, 1979: 38). Deste mandato, conciso adianto da viraxe dos acontecementos históricos, deriva o trazo definitorio da figura estudada, isto é, a fuxida, o constante desprazamento na procura de acubillo, imposición ineludible na retagarda da contenda, derivada da persecución incesante na procura de acabar con todos os que encarnasen as conviccións políticas contrarias á sublevación, como demostra o posterior “afán que puñan en dar co deputado agrario, un tal Alonso Ríos, quen tiña fuxido ao monte e polo que prometían cen mil pesetas a quen dixer onde estaba agachado” (Alonso Ríos, 1979: 83). Esta situación obriga ao perseguido a manterse nun permanente estado de sospeita, procurando información sobre o desenvolvemento do conflito, analizando os comentarios, o comportamento e a disposición das xentes que proceden nas súas estimacións “con tanta cautela que non daba pé para que se puidese atopar o fío co que procurar o novelo” (Alonso Ríos, 1979: 102). As circunstancias descritas traen consigo a degradación física, como evidencian a barba longa, o adelgazamento e a estragada vestimenta. Estes atributos favorecen a asimilación do fuxido ao pobre, nun duplo intento de ocultar a identidade e sobrevivir. De feito, a única diferenza entre estas dúas figuras, dependentes da caridade allea, radica nas mostras de educación do primeiro, resultado do elevado nivel de estudos correspondente á súa vocación pedagóxica, intimamente ligada aos seus ideais políticos, como recoñece o protagonista: “Acordeime —¡cómo non ía lembrarme!— da miña propia escola, dos meus rapaces, dun mundo de afáns e degaros que ficaba tan perto e tan lonxe ao mesmo tempo” (Alonso Ríos, 1979: 77). A procura de agocho require, ao inicio da contenda, a colaboración aldeá consciente, pois os responsables de acoller aos fuxidos coñecen a súa condición, son partidarios dos seus ideais políticos e tentan manter o segredo respecto do lugar de acubillo e da personalidade dos agochados, información susceptible, non obstante, de ser descuberta polo descoido dos propios colaboradores. Mais tamén, durante os anos da guerra, os aldeáns ignorantes da verdadeira identidade do fuxido contribúen á súa salvagarda, aceptando a súa condición de pobre ou os seus servizos de criado, sendo o propio fuxido, neste caso, o responsable de ocultar a súa personalidade, condenado ao exilio interior para sobrevivir entre os seus perseguidores, tanto civís coma eclesiásticos, xa que “a igrexa estaba escontra das esquerdas” (Alonso Ríos 1979: 83). Este exilio interior imposto polas circunstancias históricas implica a invención, por parte do protagonista, da identidade do esmoleiro portugués Afranio de Amaral, non tanto para suplantar a súa personalidade como para “espertar confianza, consideración e respecto; mais tamén para me rodear de certo misterio que facía que os paisanos tivesen a certeza, non de que, senón do que eu era” (Alonso Ríos, 1979: 106), equilibrando a vontade de reivindicación ideolóxica coa necesidade de manter as aparencias para salvagardar a existencia. Por último, cabe destacar que a peregrinación a través dos montes na procura de refuxio fai agromar a comuñón entre o espírito do escapado e natureza “un xigantesco Saurio xeolóxico coas vértebras desartelladas (...) Baixo o anoto dese enlevante lenzo, co seu máxico xogo de luces, formas e cores, a miña alma caeu de xoenllos” (Alonso Ríos, 1979: 150). En Aqueles anos do Moncho Neira Vilas achega, a través do personaxe de Daniel, unha elaborada caracterización doutro tipo de fuxido, ideoloxicamente comprometido e combatente activo despois de rematada a Guerra Civil española, o “maqui”. A conciencia política de Daniel agroma no inicio da novela, cando un cepelín sobrevoa a aldea, pois o xornaleiro atribúe o suceso ao afán imperialista alemán, responsable da Segunda Guerra Mundial. De feito, as súas ideas maniféstanse ao longo da obra a raíz de acontecementos que alteran a monotonía da vida rural, como é o caso da representación teatral levada a cabo na casa nova da familia de Moncho, unha recreación da dura realidade dos labregos galegos dous anos antes da Guerra Civil española que remata cos berros do xornaleiro a favor da revolución social. A vida de Daniel, marcada dende o nacemento pola pobreza, vai determinar tamén o seu compromiso político. Ao ser fillo dunha criada solteira, acompaña a súa nai nas casas nas que sirve e mesmo a pedir, de mozo desempeña diversos traballos até tomar posesión do herdo de seu pai na\n“guerrilleiros” ou “combatentes”, atribucións que evidencian tanto o seu compromiso político coma a súa participación directa na loita. De feito, o continuar coas súas actuacións unha vez finalizada a contenda vai determinar a súa condición de “maquis”. O fuxido adquire presenza física na novela mentres o adolescente colabora con seu pai na cocedura do pan, pois, sentindo rabuñar na porta, Ramón acode e “Moncho ve na penunbra unha cara medoñenta, denegrida, de ollos moi abertos e barba mecha”. É máis, despois de atender ao fuxido o pai advirte a Moncho que “Temos de axudar a estes homes do monte que dormen no chan, andan casemente encoiro e pasan días enteiros sin comer...” (Neira Vilas, 1989: 121), ofrecendo os trazos que completan a caracterización desta figura, en tanto home permanentemente alerta, fisicamente maltratado e descoidado, aínda que non o distingan como maqui. A intervención armada de Daniel na retagarda da contenda ponse de manifesto cando o pai de Moncho, ao recibir un escrito ameazante, determinado a deter o abuso, acode ao xornaleiro na procura dunha solución. Este prepara sen resultado unha emboscada, asegura a vixilancia da casa de Ramón a cargo de “xente amiga que ambos coñecían” (Neira Vilas, 1989: 135) para uns días despois informalo da morte do autor do anónimo. Consecuentemente, ten lugar a desaparición súbita de Daniel coa súa unión definitiva a estes combatentes escapados e politicamente comprometidos “rósmase que liscou pra o monte, que anda cos guerrilleiros (...) bandidos rojos, enemigos de la patria ” (Neira Vilas, 1989: 162), os cales, ao finalizar a Guerra Civil española, continuarán coa loita armada. O propio xornaleiro, sorprendendo a Moncho camiño da Forxa, xa como fuxido “de barba longa e corpo ensumido, coberto de farrapos” que “apreixaba unha escopeta na mao esquerda”, confirma esta disposición ao adolescente “Unha guerra de tres anos na que os dous bandos perderon (...) Pra min, e pra moitos coma min, non acabou” (Neira Vilas, 1989: 171) descubrindo a súa condición de maqui. Até o día da súa definitiva partida, vai compartir co adolescente os seus ideais falando “do tempo que viría cando trunfasen os bos, os do monte. Moita escola, bo xorne, todos traballarán pra todos, sin probes nin señores e sin caseiros nin amos; haberá igoaldade, xusticia social, fartura” (Neira Vilas, 1989: 173), como facía antes de unirse aos guerrilleiros, pois “xuntábase cos rapaces e veña de falarlles do mañan, cando os probes gobernen, cando o traballo sexa mérito e non castigo, cando estuden os que teñan chola e non certos alpabardas con bulso” (Neira Vilas, 1989: 133). Daniel chega a determinar a conciencia política e social de Moncho coas súas ideas e actitudes, en tanto o rapaz atopa nel un “home orixinal que lle facilitaba algunhas respostas necesarias” (Neira Vilas, 1989:\nA figura do fuxido na literatura galega de posguerra\nEn A Teima de Xan Antonio García Teijeiro centra a atención sobre a figura do exiliado interior, o tío do protagonista, un fuxido abandonado dos seus parentes e obrigado a vivir agochado no monte até a súa vellez. A obra comeza coa subrepticia morte de Camilo, irmán maior da nai de Xan, o protagonista. Encargado o sobriño de organizar o funeral, dispón soterrar o defunto a carón dos seus pais, aínda tendo en conta a intencionada ignorancia que mantiveron en vida respecto á existencia do seu parente, tentando impoñer o mesmo esquecemento ao seu fillo, como demostra de xeito simbolicamente explícito o pesadelo do protagonista, no cal contempla a seu tío mentres seus pais tratan de lle tapar os ollos.\nDe feito, o protagonista confesa que espreitando as conversas de seus pais polas noites é cando obtén a información arredor do seu tío, alcumado Peixoto, fillo dos padriños responsables da crianza de súa nai, filla de solteira. Nunha destas conversas nocturnas vincúlase ao tío Camilo coa Guerra Civil española e malia que o rapaz tenta interrogar a súa nai arredor do seu parente, tanto ela coma o seu pai se resisten a revelar calquera tipo de información sobre o devandito, pois mentres a primeira é unha muller débil incapaz de “enfrontarse aos seus temores e loitar polo seu irmán a quen, por outro lado, critica por non adaptarse á situación e polo seu carácter rebelde xa desde pequeno”, seu pai\nEfectivamente, o tío de Xan vive á marxe do mundo, nunha casa abandonada afundida nunha fraga. Cando estourara a guerra, Camilo fuxira ao monte, pois a pesar de ser alcumado “O Roxo” por compartir os ideais das esquerdas, non acepta o recurso ás armas e deserta da loita para seguir exercendo de mestre dos fillos dos combatentes en distintos lugares, arriscando a súa vida. Así, precisa facerse chamar “Peixoto” coa fin de ocultar a súa identidade e salvagardarse. Rematada a contenda, tanto a súa irmá, a única familiar que lle queda, coma as xentes das vilas nas que ensinara, non lle axudaron por medo, resultando marxinado, condenado ao exilio sen saír da propia terra. Precisamente, a través de varias cartas sen resposta enviadas a súa irmá, Xan descobre tanto o paradoiro de seu tío como a súa situación, inicialmente desesperada mais finalmente chea de resignación. Cando o adolescente, grazas á disposición do seu mestre, consegue atopar ao seu parente, proponlle retornar á casa familiar, non obstante, Camilo, recoñecéndose coma vencido, non está disposto a abandonar o seu lugar de exilio, reduto dunha existencia anterior á guerra, nin sequera tras a morte dos pais de Xan, ao retornar o protagonista como mestre á súa vila natal, pois como recoñece o sobriño adulto seu tío “habitaba nun mundo completamente distinto ao dos demais” (García Teijeiro, 2005: 104). O coñecemento da vida deste familiar vai marcar a personalidade do protagonista, en tanto reflexiona sobre a actitude idealista, nobre e recta de seu tío “home rexo, que non vendera o seu espírito en ningures” (García Teijeiro, 2005: 85) aínda que en ningún momento se dea conta explícita das súas ideas políticas. O tío Camilo vai exercer de mestre do adolescente, como responsable da transmisión da historia e tradicións de Galicia, pouso dun sistema educativo anterior ao fascista que nega a historia e a cultura propias exaltando as foráneas. Antes de morrer, o exiliado lega ao sobriño o seu lugar de retiro, acubillo desta memoria histórica esquecida. Xan orna a personalidade de seu tío de características positivas: xusto, traballador, firme aos seus principios, solidario, desinteresadamente entregado á educación dos máis desfavorecidos. Estes trazos converten ao exiliado no “personaxe máis entrañable e decisivo da súa vida” (García Teijeiro, 2005: 115), nunha personalidade única e diferenciada do resto, non nun perdedor, senón no representante da “historia —sen “h” maiúsculo— naquel anaquiño de terra. A historia dun home diferente. A verdadeira historia do home” (García Teijeiro, 2005: 116). En correspondencia con esta análise, non resultaría desacertado considerar ao tío Camilo o Alonso Ríos que nunca chegou a saír da terra natal, coma outro “representante dos mestres republicanos preocupados porque non se perda a lingua galega e que enlaza, en certa medida, cos homes da Época Nós nos anos inmediatos á contenda, un grupo de homes que se preocuparon por formar os nenos e nenas na súa lingua e cultura, feito polo que, en moitas ocasións, como lle acontece ao personaxe de A\nA figura do fuxido na literatura galega de posguerra\nTeima de Xan, foron castigados e condenados a vivir no exilio da súa propia terra” (Neira Rodríguez, 2008a: 292).\nConclusións A concepción mítica do fuxido parte, como amosa o análise das obras estudadas, da elaboración dun arquetipo, isto é, dun modelo ou prototipo no que se resumen as características esenciais da figura, primordialmente a súa tendencia política, contraria aos fundamentos impostos polo réxime autoritario franquista que, oposto a toda clase de liberdade ideolóxica e social, procura introducirse e dominar todos os aspectos da vida nacional mediante distintas organizacións de encadramento social, ademais de rematar con todas as ideas políticas de esquerdas, ben radicais, ben democráticas, para acadar a base política de subordinación completa ao ditador. Esta característica permite a discriminación inmediata entre o fuxido e o maqui. Antón Alonso Ríos e mais o tío Camilo encarnan respectivamente o militante e o partidario de esquerdas, adheridos aos alicerces ideolóxicos do goberno republicano, basicamente o liberalismo, o sistema parlamentario e a democracia, se ben as súas tomas de posición política só se manifestan de maneira indirecta, mediante consideracións contrarias ás accións dos sublevados, ou quedan implícitas a través das críticas á situación social e ideolóxica que trae consigo a posguerra franquista. En calquera caso, estes dous fuxidos desvincúlanse da loita armada, pois, se ben o primeiro participa nas escaramuzas contra os combatentes sublevados, rexeita o uso das armas unha vez asume a súa situación de perseguido na retagarda da contenda; na mesma liña, o tío Camilo non dubida en renunciar á loita armada e botarse ao monte cando é chamado a filas, converténdose en desertor. Fronte aos fuxidos sitúase o maqui ou guerrilleiro, representado por Daniel, comprometido defensor dun ideario explícito de tendencia comunista, decidido a participar na loita armada da retagarda que continúa ao finalizar a Guerra Civil española. En todos os casos, os ideais do fuxido quedan patentes a través dun comportamento supeditado ao compromiso social, como demostra a dedicación profesional ao ensino, a integración de formacións políticas e sindicais ou a participación activa en movementos encamiñados a procurar unha mellora das condicións políticas, sociais, culturais e económicas, de continuar a loita, que implica o sometemento a unha situación de permanente necesidade. En conclusión, o fuxido constitúe un tipo lendario, xurdido dunha tradición nacional, elevado a través das obras de distintos escritores a unha dignidade simbólica, derivada duns feitos que conforman a presentación sintética dun período e dun lugar determinados, mais, extraendo o valor de unidade absoluta consagrado nesta figura, por riba do tempo e do espazo, o referente da obra literaria revélase como contido temático antropolóxico, un produto semántico da imaxinación pertencente ao subconsciente colectivo galego, en definitiva, un mito.\nREFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS\nBibliografía primaria\nAlonso Ríos, A. (1979). O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte (Memorias dun fuxido). Vigo: A Nosa Terra.\nGarcía Teijeiro, A. (2005). A Teima de Xan. Vigo: Galaxia.\nNeira Vilas, X. (1989). Aqueles anos do Moncho. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\nA figura do fuxido na literatura galega de posguerra\nGilAlbarellos, S. (2003). “Literatura comparada y tematología: aproximación teórica”. Exemplaria, 7, 239259. Consultado o 1 de xaneiro de 2014, http://hdl.handle.net/10272/1843 Glifo (1998). Diccionario de termos literarios (ad). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Consultado o 23 de abril de 2013, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI _____ (2003). Diccionario de termos literarios (eh). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Consultado o 23 de abril de 2013, http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI Guyard (1957). La literatura comparada. Barcelona: Vergara. Neira Rodríguez, M. (2008a). “Recuperar a memoria: A Teima de Xan, de Antonio García Teijeiro”. En Roig Rechou, BA., Soto López, I. e Domínguez, PL. (Coords.). A guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil (pp. 285296). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Platas Tasende, AM. (2004). Diccionario de términos literarios. Madrid: Espasa Calpe. Roig Rechou, BA. (2008a). “A Guerra Civil na narrativa infantil e xuvenil galega: unha"} {"summary": "A confluencia entre arte, tecnoloxía e comunicación que representa o New Media Art sitúa este tipo de creación artística como unha das materias de estudo máis atractivas a prol de comprender as formas de representación características da época actual. Tanto a rede como a chamada tecnoloxía mediática, nacen cunha elevada carga de ideoloxía libertaria que precisa ser analizada para coñecer até que punto e en que medida a expresión artística vehiculada a través deste novo medio contribúe á construción do espazo público. Esta especie de new age da tecnoloxía caracterízase polo uso da rede como un instrumento de crítica e como un territorio autónomo no que, a través das contribucións dos usuarios, se pode escribir non só unha historia nonoficial senón toda unha cultura alternativa. Neste sentido, as posibilidades da rede apuntaban, a finais do pasado século, á construción dunha esfera pública autónoma, transnacional e transclasista a través da axencia colectiva, da interacción, da ubicuidade e da virtualidade. Internet dexergaba unha utopía de democratización, accesibilidade e comunicación que podería transcender as diferenzas xeográficas, sociais e étnicas, e permitiría a creación de novas plataformas e circuítos de creación e difusión, alleos aos esquemas xerárquicos habituais.", "text": "Nacemento e declive da utopía tecnolóxica: o ciberactivismo artístico a finais do século XX\nAna Cabaleiro López\n[Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011]\n : c iberactivismo, ciberliteratura, identidade, New Media Art. abstract The merging of art, technology and communication represented by New Media Art makes this kind of artistic endeavour one of the most attractive areas of study to enable us to understand forms of representation in present times. The network known as media technology grew out of a libertarian ideology which needs analysis in order to determine to what extent artistic expression via this new medium contributes to the construction of public space. This kind of new age technology is marked by the use of the web as a critical tool and an open area in which, thanks to the contributions of its users, not only may a nonofficial history be written, but also a whole alternative culture. Thus the web, at the end of the last century, pointed towards the creation of an independent public\nspace, both transnational and classblind by virtue of its collective\nO activismo a través dun clic\nA renovación do soño de desenvolver un medio cun potencial específico de resistencia fronte ao dominio das canles institucionalizadas polo sistema imperante é un dos elementos chave que motiva a práctica do activismo artístico nacido ao abeiro das novas tecnoloxías. De feito, e antes da aparición e posterior consolidación da rede, a posibilidade de subverter as estruturas xerárquicas da arte mediante o uso colectivo e autónomo dos medios de comunicación xa alimentara a imaxinación de moitos artistas e activistas durante a segunda metade do século XX. Así, podemos sinalar antecedentes dos que posteriormente beberán os colectivos que actúan no ámbito ciberactivista, como a tradición do Situacionismo, coas situacións construídas e o détournement como modalidades fundamentais de intervención; a confluencia artística de Fluxus, baseada na creación múltiple e a práctica intermedia para explorar e abrir as fronteiras entre disciplinas artísticas; ou o proxecto Guerrilla TV, no que un grupo de videoactivistas estadounidense tratou, nas décadas dos sesenta e dos setenta, de utilizar a popularización de cámaras de vídeo domésticas para crear unha rede alternativa á televisión comercial, fundamentada na masa social como produtora e emisora de contidos.\nNo eido da tecnoloxía mediática, poderiamos sinalar o ano 1994 como a data chave na historia da cultura dixital, por ser cando se presenta o primeiro navegador comercial, estendendo a rede alén do mundo da investigación acaneste tipo de arte– denominou os “tempos heroicos” 1, nos que as artistas eran a un tempo creadoras de contidos e programadoras e exploradoras das posibilidades técnicas do medio, cunha ideoloxía fortemente apoiada nas posibilidades libertarias e as utopías tecnolóxicas de diseminación horizontal dos contidos, á marxe das industrias e da institución cultural.\nForon os momentos nos que as listas de correo e as páxinas web servían de canles alternativas para o debate, a promoción e a exhibición das novas obras multimedia, dando lugar a unha escena artística en liña que abranguía tanto a arte contemporánea como a cultura dixital. Convén lembrar, ademais, que a rede era unha alternativa relativamente barata para a creación artística e máis accesíbel para artistas de medios limitados –artistas de Europa do Leste e da antiga Unión Soviética, por exemplo–, xa que moitas das tecnoloxías básicas de entón, como os servidores Apache 2 e o código HTML, eran gratuítas.\nFoi o período, por outra banda, no que as tensións entre as prácticas artísticas e as defensoras da propiedade intelectual deron pé á creación de sotfware de código aberto, un xeito de investigación de aplicacións informáticas no que unha programadora poñía o seu “código fonte” a disposición da comunidade dixital para que contribuíse á súa ampliación e reparación de posíbeis erros. Trátase dun dos principios éticos máis relevantes nacidos ao abeiro da cultura dixital e que hoxe en día aínda permanece vixente. Outro dos fenómenos propios deste movemento artístico de obrigada mención é o da pirataría informática –o hacker e o hackivismo. No ámbito das comunidades artísticas dixitais, a pirata informática é “un esteta que tiene más de artista que de delincuente” 3. A comunidade de piratas informáticos opera cun código propio de comportamento, baseado na consideración de que compartir información implica o máximo beneficio común, e que os piratas deben contribuír ao progreso no seu campo de actividades creando software de código aberto e permitindo o acceso á información e aos recursos informáticos. Mckenzie Wark (2004: 20), no seu A Hacker Manifesto, traslada o concepto de pirataría a outros ámbitos, incluído a arte, e equipárao á innovación na arte, na ciencia, na filosofía, na cultura, en toda produción de coñecemento na que poidan transmitirse datos, na que poida extraerse información delas e a partir desa información se xeren novas posibilidades, haberá piratas convertendo en novidade o xa existente.\nO novo espazo de liberdade\nA rede, dende a óptica do activismo artístico, concíbese como un espazo ideolóxico ligado á liberdade de expresión e á crítica dentro dun marco institucional conservador nos modos de produción e de diseminación, ao tempo que xerárquico nas condicións de recepción. Este contexto pode producir unha concepción certamente ilusoria das condicións de independencia do traballo dos artistas, tendo en conta a estrutura socioeconómica do sistema no que se desenvolve.\nA busca dalgún tipo de medio, teoría ou práctica artística encamiñada a superar este paradoxo é un dos obxectivos máis persistentes no labor dos colectivos de artistas reivindicativos do pasado século, tales como o movemento Dadá, o Situacionismo, o Accionismo vienés ou Fluxus, que conducen a arte ao terreo da acción, sempre na procura de novos parámetros discursivos. Non é de estrañar, polo tanto, que a aparición da rede como medio de produción e difusión levase parella, nos seus comezos, unha elevada carga de expectativas libertarias en canto á ruptura do sistema imperante até o momento.\nUnha das primeiras cuestións que parecían poder salvarse era a noción do artista como creador individual. Neste sentido, hai que facer fincapé en que o concepto de creación colectiva non só está intrinsecamente unida ao de arte na rede, senón que supuxo unha auténtica revolución na concepción creativa. A idea baséase no uso dos medios tecnolóxicos para configurar un novo sistema, caracterizado pola horizontalidade e a apertura á participación, no que todos poden interactuar como actores e receptores en condicións de igualdade. Un concepto que non nace só das potencialidades do novo medio, senón que implica, ademais, unha ruptura coas estruturas do sistema dual burgués, que situaba o autor e o público en compartimentos estancos. A este primeiro elemento debe unírselle unha renovada visión do mundo a través dun novo sistema de comunicación que permite chegar a un público plural e diverso á marxe das formas de comunicación estandarizadas e dominadas polas industrias culturais. Estes factores son, principalmente, os piares nos que se basea o activismo artístico na rede que operará a comezos da década dos noventa.\nAínda que parte destas visións, tal e como o tempo demostrou, supuxeron unha quimera en moitos aspectos, nos primeiros anos de ciberactivismo artístico foron o fundamento co que moitos colectivos nacidos ao abeiro da rede lanzaron as súas campañas a un mundo, en teoría, máis universal que nunca.\nO feito de que os usuarios puidesen facer constar as súas críticas e mesmo puidesen colaborar na creación dalgunhas obras –moitos proxectos solicitaban expresamente a súa opinión e participación– deu pé a unha grande actividade artística ao redor dos usos da tecnoloxía dixital e dunha internet enormemente innovadora e creativa. A partir do instante no que este tipo de propostas comezaron a circular pola rede, as integradas viron reactivarse de novo a ilusión democratizadora da arte e da información a través da que, pensaban, se acadaría a ruptura definitiva da barreira da endogamia e da difusión selectiva. As obras e os proxectos artísticos podían saír fóra dos seus espazos habituais, tales como museos e galerías –considerados elites artísticas–, e outras canles de ámbito específico, e circular permanentemente, accesíbeis a calquer usuario.\nEste novo espazo de liberdade non só afectaba ás características de produción, difusión e recepción das obras, senón que supoñía un novo enfoque na natureza mesma da arte. Neste sentido, é de vital importancia recoller algu- -nhas das campañas activistas daquel momento, como exemplos da creatividade que o novo medio suxeriu en moitos colectivos que saíron ao ciberespazo con propostas verdadeiramente innovadoras, ao tempo que audaces e revolucionarias na maioría dos casos. Esta escolma, lonxe de supoñer un intento de forzar unha tipoloxía, trata de ofrecer varias ópticas do ciberactivismo atendendo a temáticas diversas: a crítica da creación artística con jodi.org, as intervencións políticas do Electronic Disturbance Theater, o activismo fronte a grandes corporacións empresariais de rTmArk, a denuncia da censura da liberdade de expresión de Antoni Muntadas, e a defensa da identidade de xénero co movemento ciberfeminista.\nJodi.org. é o nome tomado da primeira sílaba do tándem holandésbelga formado por Joan Heemskerk e Dirk Paesmas. Xorde como un intento de codificar a axencia artística dentro do contorno virtual, desterritorializado e interactivo na rede a partir de 1995. Jodi só existe no medio dixital e naqueles foros nos que se discuten temas relativos ao papel da rede na esfera pública en relación coa arte. Forman parte dos colectivos que reivindican a ocultación da identidade persoal como un intento de fuxir das codificacións xeográficas, raciais ou de xénero, que consideran contraditorias coa natureza da rede, apostando por defender a independencia e autonomía desta.\nJodi é hoxe en día un referente da arte na rede. Os seus proxectos ofrecen oportunidades de interacción, usada en si mesma non como un elemento discursivo na produción de contidos senón como un compoñente máis da “nonlinguaxe”. En realidade, máis que unha proposta revolucionaria contracultural no sentido político e social estrito, este grupo foi dos primeiros en explorar a perspectiva vindicativa da linguaxe e códigos dixitais como materia estética. Propoñen unha lectura e unha reflexión sobre o propio medio e as súas posibilidades artísticas, no que podería denominarse un exercicio de autorreferencialidade dixital.\nUn dos mellores exemplos desta concepción do traballo artístico dixital e interactivo é a peza OSS/ *** (1988), na que os usuarios se adentran nun espazo virtual certamente desconcertante. A ventá do navegador toma vida por si mesma e fracciónase en pequenas ventás que saltan por todo o monitor fóra do control do participante, significando que o propio aparato tecnolóxico vén de tomar conciencia e poder de decisión á marxe das indicacións dos usuarios. Segundo se avanza na peza, a pantalla simula unha desintonización como unha especie de televisor que cuspe códigos incomprensíbeis, gráficos e táboas variadas, en clave de referencia á complexidade da estrutura interna do propio computador. Esta peza ofrece unha perspectiva inquietante, ao tempo que bastante agresiva, sobre o descoñecemento e indiferenza a nivel xeral da poboación sobre os sistemas operativos dunha ferramenta tecnolóxica, como é o computador, que forma parte de moitos dos hábitos persoais, sociais e laborais do noso contorno cotián.\nElectronic Disturbance Theater nace da colaboración entre o colectivo Critical Art Ensemble 4 e o Movemento Zapatista de Liberación Nacional. A acción máis representativa deste grupo foi a campaña de apoio aos rebeldes zapatistas, considerado naquel momento un movemento revolucionario da poboación indíxena de Chiapas (México) contra a opresión gobernamental. Dos catro membros fundadores do grupo –Ricardo Domínguez, Carmín Karasic, Brett Stalbaum e Stefan Stray–, dous deles –Karasic e Stalbaum– crearon o navegador FloodNet para dirixir un “xesto simbólico” contra o sitio da rede dun opoñente. Trátase dun applet de Java, unha miniaplicación que intenta abrir constantemente subseccións non existentes nas páxinas ás que se dirixe o ataque. Así, as páxinas de Bill Clinton, Ernesto Cedillo, a Bolsa de México e o Chase Manhattan Bank foron obxecto destas intervencións.\nElectronic Disturbance Theater aproveitou a rede e o correo electrónico para comunicar o seu proxecto a activistas de todo o mundo co obxecto de que descargasen e fixesen funcionar o FloodNet. Un xesto conceptual que consistía en enviar erros ao servidor para que simbolicamente devolvese na páxina afectada os nomes de persoas desaparecidas e mortas por causa, directa ou indirectamente, dos responsábeis dos sitios. Este tipo de acción supuxo un dos exemplos máis arquetípicos do uso de “medios tácticos”, entendido como a apropiación de medios de comunicación de baixo custo para protestar contra un goberno, grandes empresas e institucións dun xeito amplo e efectista. De feito, en tan só dous días de funcionamento do FloodNet, conectáronse a este navegador un total de 20.000 persoas; unha acción que obtivo eco en todos os medios de comunicación “tradicionais” europeos e estadounidenses, chegando incluso a aparecer na primeira páxina do New York Times.\nEste tipo de acción responde ao que o Critical Art Enssemble denominou resistencia electrónica: en vez de perpetrarse un ataque de cheo contra o adversario, lévase a cabo unha pillaxe amigábel dirixida, sedutora e estaticamente, contra os pasivos. A hostilidade dos oprimidos canalízase cara á burocracia, que afasta o antagonismo no campo de poder nómade. A retirada á invisibilidade do ilocalizábel evita que os que se atopan atrapados no peche espacial do panopticon definan un lugar de resistencia (un teatro de operacións). No canto diso, atópanse atrapados no histórico círculo vicioso da resistencia fronte aos monumentos do capital extinto –Dereito ao aborto? Manifestación na escalinata de entrada ao Tribunal Supremo. Para a liberalización dos fármacos que retardan os síntomas do VIH: tomar por asalto a Seguridade Social. A gran fortaleza dos nómades radica en que non precisan poñerse á defensiva (1996: 32).\nDende o punto de vista sociolóxico, esta campaña é, ademais, particularmente interesante por canto supuxo a translación dunha loita “local” a un ámbito internacional, a través do uso dos medios de comunicación como amplificadores dunha serie de accións que contiñan una “ameaza potencial”: a intervención de páxinas de gran relevancia pública como cebo para sacar a luz as reivindicacións do movemento zapatista. Nesta campaña tamén é preciso apuntar unha consideración relevante, como é o paradoxo que supón o uso da tecnoloxía a favor dunha comunidade que, polas súas limitadas condicións materiais, nin coñece nin ten posibilidades de acceso á mesma.\nrTmArk, colectivo californiano que toma da estrutura capitalista os mecanismos para a súa crítica, preséntase baixo unha estrutura organizativa orientada á captura de financiamento anónimo para desenvolver iniciativas empresariais privadas e baseada na garantía da confidencialidade de todas as operacións e axentes que interveñan nelas. Así, substitúe o beneficio económico polo beneficio cultural e político.\nNace en 1993 e dá o salto á rede catro anos despois. Este particular proxecto “empresarial” ofrece acubillo a campañas de acción e subversión política xeradas por individuos ou colectivos moi diversos. O motivo das súas protestas e boicots está sempre en estreita relación coa vulneración de dereitos ou os abusos perpetrados contra a sociedade civil polas grandes compañías multinacionais e por institucións estatais. Utiliza un procedemento baseado en métodos de apropiación, terxiversación e “avergoñamento público” típicos da guerrilla da información europea para sacar á luz pública os comportamentos ilexítimos dos axentes opresores e obstaculizar as súas accións.\nEntre as súas campañas máis coñecidas atópanse as denominadas “guerras\nEtoy”. Etoy era un portal suízo fundado en 1995 de acción cultural e artística que recibira un premio polo seu labor e orixinalidade en Ars Electronica. Este portal usaba a dirección web , que entrou en conflito cos intereses da compañía multinacional de xoguetes eToys Inc., creada en 1996, e que conseguiu que un xuíz dos Ánxeles decretase en 1999 a prohibición de que o portal suízo utilizase a citada páxina web, alegando que estaba rexistrada nos Estados Unidos en exclusividade pola compañía de xoguetes. Hai que indicar que previamente Etoy rexeitara unha oferta de eToys Inc. de vender o seu dominio por 50.000 dólares.\nÉ a partir desta sentenza xudicial cando comezan as “guerras Etoy”, unha serie de accións dirixidas principalmente por rTmArk, pero que tamén contaron coa colaboración dos colectivos activistas dixitais máis importantes do momento, como o caso de The Thing, Irational e Electronic Disturbance Theater. Entre as accións máis relevantes destacan o FloodNet ao modo zapatista que saturou o portal de eToys Inc. nas datas previas ás compras do Nadal, a creación de Etoy Fund con accións para apoiar economicamente o proceso xudicial de Etoy, a posta en marcha de campañas de concienciación entre os empregados, investidores e clientes de eToys Inc. a través da páxina web e o correo electrónico, e a convocatoria dunha manifestación fronte ao Museo de Arte Contemporánea de Nova York. A raíz destas accións, moitos investidores retiraron o seu investimento da compañía de xoguetes e a súa cotización en bolsa sufriu grandes baixas. Finalmente, os tribunais resolveron a favor de Etoy e eToys Inc. tivo que pagar tan só 40.000 dólares a cambio das custas do xuízo, cando durante o litixio chegara a ofrecerlle ao portal suízo até 400.000 dólares.\nAs “guerras Etoy” convertéronse nun referente de posteriores proxectos de resistencia artística no eido dixital, por canto supuxo un triunfo da acción colectiva entre ciberactivistas e usuarios anónimos a través do uso táctico dos mesmos medios que utiliza o sistema para loitar contra os seus efectos represores 5.\nthefileroom.org preséntase como un arquivo aberto e interactivo ao servizo de toda a comunidade de usuarios a nivel mundial, nun intento de aproveitar as características do concepto “globalización” a favor dun movemento de denuncia e reivindicación colectiva, superando todas as barreiras que viñan sendo estabelecidas no eido físico: xeográficas, culturais, idiomáticas, etc.\nO ciberfeminismo non é exactamente unha única proposta nin un grupo artístico, senón un movemento que desenvolve a súa acción a medio camiño\nentre a arte e a política e que, a través da súa cronoloxía e colectivos máis destacados, nos amosa a evolución da posición das artistas respecto á rede e ás súas posibilidades. Un exemplo que tomaremos como representativo da evolución da maioría dos colectivos artísticos que operan no eido do ciberactivismo e que deu lugar a un cambio de actitude neste campo.\nNo ano 1991, o colectivo australiano VNS Matrix –formado por Francesca da Rimini, Josephine Starrs, Julianne Pierce e Virginia Barra– lanzou o Manifesto ciberfeminista para o século XXI. Para este colectivo a dixitalización da cultura e a estrutura rizomáticas das comunicacións desestruturarían o sistema social imperante considerando que, debido ao concepto de matriz común á rede e ao ser feminino, se chegaría a unha inevitábel feminización do novo sistema resultante. Trátase dunha interpretación da rede coma se conformase unha gran matriz feminina disposta a varrer os principios falocéntricos da orde social moderna. O ciberfeminismo deste momento consideraba fundamental a necesidade de aproveitar a indefinición dun medio novo para reconducir os seus parámetros.\nPosteriormente, este mesmo colectivo sacaría á luz o Manifesto da raposa mutante no que mestura unha reivindicación do uso creativo da tecnoloxía e da conexión directa entre feminidade e matriz, tanto no sentido corporal como virtual –“o clítoris é unha liña directa á matriz”– aderezado cunha linguaxe e cunhas propostas abertamente subversivas e escatolóxicas.\nA filosofía conceptual que domina o discurso de VNS Matrix ten o seu referente teórico más claro no Manifesto feminista socialista para Cyborgs de Donna Haraway (1991: 149181), que sitúa a vindicación da igualdade de xéneros nunha perspectiva posthumana, ao incardinar o ser humano e a máquina nun novo ser no que desaparecen as dicotomías entre mente e corpo e corpo e máquina.\nPorén, esta posición posthumana revelouse como unha quimera moi difícil de manter unha vez que a evolución da tecnoloxía mediática no seu conxunto e o seu uso e efectos na sociedade foron demostrando a desvinculación deste posicionamento coa realidade.\nAsí, en 1997, a celebración da Primeira Internacional Ciberfeminista, dentro do certame Documenta X, está considerado pola maioría dos estudosos como a grande epifanía deste movemento, ao acadar unha cota de espazo público nun certame de recoñecido prestixio como é o Documenta. Pero é precisamente nese momento e nese marco onde se produce un importante punto de inflexión que determinaría a súa posterior evolución, bifurcándose en dúas correntes diferenciadas: por unha banda están as VNS Matrix e as súas propostas posthumanas, e por outra nacen movementos como Old Boys Network e subRosa, máis centrados nunha reflexión e representación artística da súa loita desvinculada da fetichización do medio.\nAsí é que Old Boys Network se arreda da mixtificación da rede que facían as australianas, e céntranse en subverter os modos hexemónicos de interactuar coa tecnoloxía que, supostamente, exclúen culturalmente o operador feminino. No eido dos manifestos, este movemento inspira as cen antiteses ou modos de definición en negativo que constituíron un dos decálogos de máis éxito do ciberfeminismo. Pola súa banda, subRosa defínese como unha célula ciberfeminista de investigación cultural comprometida a combinar arte, activismo e política para explorar e criticar os efectos da interacción das novas formas de información e biotecnoloxías nos corpos, vidas e traballos das mulleres.\nNo movemento ciberfeminista, merece particular atención a figura da artista Cornelia Sollfrank (Alemaña, 1960), que pasa aos anais do activismo artístico grazas ao proxecto Female Extension. Precisamente no marco Documenta X de 1997, que por primeira vez convocaba un concurso internacional de arte dixital, foi onde se deu a coñecer como activista e feminista.\nComo participante neste concurso, Cornelia Sollfrank ideou o proxecto Female Extension –termo que describe o cabezal femia dos cables de conexión– que consistía en crear e presentar a concurso 200 obras doutras tantas supostas artistas. Para levar a cabo esta acción, a artista alemá inventou os nomes, nacionalidades e datos de contacto de mulleres de sete países, ao tempo que creou obras individuais para cada unha delas cun programa que fixo un varrido da rede na busca de material HTML existente mesturando datos e imaxes para cada pseudoobra. Ao concurso concorreron oficialmente 280 obras, das cales 200 eran autoría do programa de Cornelia Sollfrank, e finalmente ningunha das tres obras gañadoras pertencían a mulleres. Unha vez coñecido o ditame, a artista fixo pública a súa acción, incidindo na denuncia do sexismo imperante na selección de artistas para exposicións e na preponderancia masculina no mundo tecnolóxico.\nUn dos grandes cabalos de batalla de Cornelia Sollfrank é a cultura hacker e a súa conexión co ciberfeminismo. A súa postura pasa por analizar a teoría posthumana da corrente cyborg australiana para concluír que, desafortunadamente segundo ela, o seu clítoris non é unha liña directa cara á matriz. De feito, para a artista alemá o problema radica na escasa relación que existe entre operadores femininos e o sotfware. A través da investigación sobre a contribución das mulleres á cultura hacker, a autora conclúe que o reducido número de hackers femininas responde ao mantemento das fronteiras do xénero respecto da tecnoloxía. O que vén dicir, que na esfera tecnolóxica, se apenas se atopan este tipo de operadores femininos subversivos é debido a un dominio puramente masculino, o que sitúa este espazo claramente inserido nas desigualdades de xénero tradicionais.\nO derrubamento da utopía electrónica\nNon é posíbel estabelecer unha cronoloxía que determine onde remata a dominación da utopía libertaria da rede e onde comezan a oírse as primeiras voces críticas para con ese posicionamento inicial. De feito, foron practicamente os mesmos grupos e teóricos que loaron as posibilidades de internet de xeito positivo, os primeiros en lanzar a voz de alarma sobre as lagoas desta proposta e a instauración de pautas opresoras por parte do sistema capitalista aproveitando as características do novo medio. Así, o Critical Art Ensemble (1998: 155), no seu papel de principal grupo crítico e teórico da rede, apunta cara á difusión universal da orde capitalista a través do sistema dixital:\nA maior parte da rede é capitalismo absolutamente ordinario. É un lugar para a orde represiva, para os negocios financeiros do capital, e para o consumo excesivo. Mentres unha pequena parte da rede pode ser usada para propósitos humanísticos e para resistir á estrutura autoritaria, a súa función principal é calquera cousa menos humanística. Do mesmo xeito que non poderiamos considerar unha veciñanza bohemia e irregular como representativa dunha cidade, tampouco debemos asumir que a nosa pequena zona libre é representativa do imperio dixital.\nPara o Critical Art Ensemble, a masa social cunha certa autonomía financeira foi seducida para usar a rede como sitio de consumo e entretemento ao tempo que se lle ofreceu unha imaxe ilusoria de liberdade social, dando lugar ao aparato represivo máis efectivo de todos os tempos presentado baixo o signo da liberación. Este cuestionamento das características democratizadoras reais da rede e da apropiación que delas fixo o sistema cultural propio do capitalismo é unha constante na teoría sobre a natureza de internet que aínda continúa absolutamente vixente na actualidade.\nNesta liña podemos enmarcar o proxecto Tecnologies to the People , posto en marcha polo valenciano Daniel García Andújar en 1996, unha proposta que trata de poñer de manifesto o que oculta o discurso publicitario das empresas de servizos na web e, por extensión, o que ocultan todos os mecanismos de persuasión utilizados para crear imaxe de horizontalidade e igualdade sobre a que se sustentou o desenvolvemento e expansión de internet. Combina proxectos como The Famous Art Power for ARTISTS, que contén información legal sobre formas de producir arte na rede e información útil para transgredir esa legalidade facilmente e sen riscos; con outros como IndividualCitizen Republic Project de 2003, que abre un arquivo de libre disposición composto por programas doados voluntariamente polos usuarios, que ou ben son de libre distribución do tipo Linux ou ben permiten a liberación de programas de pago ou acceso restrinxido.\nNeste apartado, tamén debemos enmarcar os proxectos activistas que usan as tecnoloxías como “tactical media” para intervencións que reflicten o elevado impacto da tecnoloxía mediática na nosa cultura. Unha estratexia das máis populares é a de volver a propia tecnoloxía contra si mesma, como o Institute for Applied Autonomy fai no seu proxecto iSee. iSee é unha web baseada nunha aplicación que crea mapas de posición de circuítos pechados de televisión das cámaras de vixilancia en contornos urbanos. Os mapas permítenlles aos usuarios encontrar rutas a través da cidade que eviten esas cámaras e elixir o que denominan “paseos exentos de vixilancia”. O proxecto They Rule de New Zelande Josh On inverte a tecnoloxía dun modo similar. Este sitio web habilita os usuarios para crear e moverse a través de mapas que investigan as relacións de poder entre corporacións nos Estados Unidos. Baseado en información dispoñíbel publicamente, They Rule describe as conexións entre compañías como Pepsi, Cocacola, Microsoft e Hewlett Packard a través de diagramas dos seus organigramas directivos, poñendo de manifesto, ao mesmo tempo, a presenza do carácter mercantil do capitalismo avanzado na rede.\nAdemais da idea da rede como instrumento de reprodución e expansión da orde capitalista e da controversia sobre o uso da tecnoloxía mediática, outro tipo de prácticas bastante comúns nos proxectos activistas son a apropiación, o remixing e a clonación de sitios webs como desafío ao control sobre a información e a propiedade intelectual. Exemplos deste tipo de accións aparecen xa nos inicios do activismo dixital. Cando Documenta X, no ano 1997, decide dar de baixa a súa web despois de rematar a exhibición física, o artista Vuk Cosic clonou o sitio, que permaneceu dispoñíbel en liña até a actualidade . Outra das grandes iconas destas prácticas son o dúo de artistas italianos responsábeis do sitio 0100101110101101.org . Os seus proxectos inclúen a clonación e remixing das webs de outros artistas e organizacións. O seu proxecto Life_sharing focaliza a atención sobre a propiedade intelectual e o copyright, cuestións que conforman un importante campo de presión na era dixital.\nCritical Art Ensemble. 1996. Electronic Civil Disobedience & Other Unpopular Ideas. Nova York: Autonomedia. — 1998. Flesh Machine: Cyborgs, Designer Babies, Eugenic Consciousness. Nova York: Autonomedia. Expósito, Marcelo e Carmen Navarrete. 1996. “La libertad (y los derechos) (también en el arte) no es algo dado, sino una conquista, y colectiva”, en Alepharts [Consulta: 23/06/2010]. Ferrando, Bartolomé. 2003. El arte intermedia. Convergencias y puntos de cruce. Valencia: Universidad Politécnica de Valencia.\nGalloway, Álex. 1997. “Un informe sobre ciberfeminismo. Sadie Plant y VNS Matrix: análisis comparativo”, en estudiosonline . Haraway, Donna J. 1991. A Cyborg Manifesto: Science, Technology, and SocialistFemiColectivo Critical Art Enxemble : Colectivo jodi : jodi.org Colectivo Old Boys Network : \nColectivo rTmArk: < www.rtmark.com> Colectivo subRosa : Colectivo VNS Matrix : \nColectivo 0100101110101101.org. Proxecto Tecnologies to the People : Proxecto thefileroom : Proxecto They Rule : Sitio web da artista Cornelia Sollfrank: \nSitio web que dá acubillo ás acción de Electronic Disturbance Theater : Sitio web do Institute for Applied Autonomy: "} {"summary": "Teatro Resoante –agora na rede teatro LUZ comeza sendo un proxecto de innovación pedagóxica no que se procura implementar a docencia e os procesos cognitivos seriais e logocéntricos con procesos doutra orde, máis vencellados ao estético, espacial, simultáneo, corporal, intuitivo. Facemos referencia, nas primeiras fundamentacións do proxecto, á división de rexións e competencias cerebrais –hemisferio esquerdo/dereito– e aos diferentes modos de elaborar a información que implica. Fronte a una lección explicativa, segundo causasefectos, un teatro –espazo do simulacro– resoante; isto é: onde a relación entre causa e efecto non está clara, senón que se rexe por outros valores e parámetros que os da lóxica formal/racional. Unha resonancia, un eco, unha repetición e unha diferenza xerada no mesmo proceso produtivo.", "text": "[Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011]\nHoubo (Hegel, Sartre) a filosofíanovela; houbo a filosofíameditación (DescartesHeidegger). Velaquí, despois de Zaratustra, o retorno da filosofíateatro. En absoluto reflexión sobre o teatro; en absoluto teatro cargado de significacións. Senón unha filosofía convertida en escena, personaxes, signos, repetición dun acontecemento único e que non se reproduce xamais. Michel Foucault, Ariadna colgouse. : espazo, simulacro, teatro resoante. abstract Resonant Theater (now in the theater network LIGHT trátase precisamente este aspecto. @s pres@s están obrigad@s a mirar de fronte e a non apartar a mirada do correlato que se lles amosa ao fondo da pantalla:\nna caverna, no simulacro. Se ben, esta é a descrición que nos ofrece Platón e, dalgún modo, a valoración que se desprende do mesmo, consideramos –non somos os únicos!– que o relato tiña –e ten– outras potencialidades, virtualidades –valla a redundancia. Que casualidade, que sendo Platón, en gran medida, o pai da tradición occidental, e o seu racionalismo, esencialismo, etc., porén, conteña á súa vez, o relato por excelencia onde se presenta, quizais mellor que en ningún, a noción de simulacro. Gran paradoxo do destino! Platón describe, neste relato, unha maquinaria extraordinariamente semellante ao cinema que posteriormente inventan os irmáns Lumière e que revolucionará a produción cultural do século XX, incluso a sociedade mesma, a un nivel non só de comunicación, senón tamén estético, estereotípico, inconsciente, desexante.\nConsultamos máis bibliografía e atopámonos, por exemplo, con máis vínculos interesantes. No seu estudo En los oscuros lugares del saber, Peter Kingsley propón que Parménides, cuñado como pai da lóxica racional/formal occidental, e dentro desa mesma tradición, pai –para moitos– da filosofía platónica, referente ao Ser como univocidade estática ontolóxica, non o era tanto. Parménides seica estaba tamén interesado na outra vía –a da morte, máis que a da opinión– que normalmente se menospreza ou infravalora no seu poema. Como xa outros moitos teñen indicado, os presocráticos non eran filósofos nun sentido de oficina, escritorio, etc., senón á súa vez médicos, políticos, incluso unha sorte de xamáns. Neste senso, En los oscuros lugares del saber danse datos arqueolóxicos sobre todo de por que o poema de Parménides debería entenderse no contexto desas prácticas: rituais en covas –cavernas!– ou lugares arcanos cunha natureza impactante: acantilados, fortes paisaxes, etc. Neses lugares, o ritual de Parménides consistía na permanencia, efectivamente, en posición fetal, coa orella pegada ao chan, inmóbiles, case coma pedras, afrontando os nosos medos e alporizamentos máis íntimos e soterrados, baleirando todo o entretemento que nos separa daquilo que nos doe, temor, evasión, mirar para outro lado… Que curiosos de novo! que xustamente agora a nosa caverna televisiva se asocia coa industria do entretemento!\nBaixo esa sospeita, de que había conexións non tomadas o suficientemente en serio, así como unha vontade irresistíbel de darlle outra magnitude á nosa tradición e pensamento occidental, comezamos a probar vínculos, a forzar un pouco as situacións. Ao cabo, xa o mesmo Heidegger nos daba algo –ou moita se cabe– a razón: unha das súas teses básicas era que a diferenza Parménides/Heráclito non era tanta como a tradición afirmara, que había máis conexións entre o aparente inmobilismo e o movemento respectivos. Que ambos os dous facían unha virada ontolóxica cara á causa das causas e entendían o principio alén das súas connotacións físicas como algo propiamente doutra orde, etc. E sobre todo iso, quixemos montar A caverna de Platón como un espazo desta orde: xamánico, inconsciente, poboado de sombras e razóns non máis que larvarias. Cun discurso incipiente, evocativo máis que nada, onde estivese moi presente o corpo e dende onde o resto do discurso platónico quedase en suspenso. Isto é importante tamén: non desacreditar por iso o discurso platónico, senón esbozar un espazo que sen desacreditalo o permitise todo, practicamente; até o seu contrario. Ou dito doutra forma: levar a Platón á súa antítese, á caverna, a un espazo virtual, simulado, físico, onde os performers sobre todo empregan o chan para moverse. Digamos con Deleuze: acantoar a Platón e aínda así ver o que queda, o que se salva, rescatar deste modo o seu máximo abstracto.\nEste espazo resultou ser un Teatro da Crueldade. Certamente, seguindo os preceptos de Artaud viamos como moito do que se pretendía comezaba a funcionar. De feito, Artaud, coa súa concepción dun teatro que nos obrigase a pensar, a afrontar o insoportábel do pensamento, un teatro no que o efémero e o signo máis superficial estivese en contacto co máis profundo e ontolóxico da existencia, achegábase moito a esta contraefectuación de A caverna que nós pretendiamos. É dicir: 1º) unha ontoloxía afrontada dende o simulacro; 2º) esa ontoloxía non era meramente coñecemento e información sen afecto, senón algo que toca e fere o máis profundo da nosa existencia e polo tanto re(des)configura a nosa relación co espazotempo máis inmediato. Por riba en Artaud había notas tales como que había que fuxir da frontalidade escenográfica, facer cadeiras móbiles, reutilizar vellas estancias como teatros. Todo isto nos levou a pensar que a caverna non sería senón iso: que xa o tiñamos coma quen di todo montado, feito. Sinxelamente había que readaptar espazos nos IES, sacar as cadeiras, facer un espazo móbil, recrear a caverna de Platón como espazo onde se cuestiona a noción do lectivo fronte ao meramente visual, auditivo, físico.\nE así, sacamos o primeiro vídeo: unha superposición do texto de A caverna de Platón sobre imaxes do televisor onde ademais hai unha saída fóra da caverna gravada nunha espectacular paisaxe galega: a cova das choias no\nCourel. Evidentemente, para a execución cinematográfica contamos con outro grande aliado que até o de agora apenas mencionamos: Gilles Deleuze. Ao seu través, conectamos por unha banda con Artaud, mais por outra tamén con Platón. Porque para Deleuze, se ben toda a súa filosofía confesa que é un antiplatonismo, ao mesmo tempo confesa que Platón está moi preto dunha fórmula convincente, e que mecanismos como os da anamnese ou mesmo a dialéctica se achegan moito a unha noción de diferenza inmanente tal como el a defende. Agora ben, sempre nalgún momento en Platón se acredita unha xeneralidade que impide toda a potencia sen referencia da singularidade e, por iso, a forza do simulacro sen alusión a un orixinal. Todo isto, e máis, estaba en Deleuze, como por exemplo toda a súa concepción do cinema: imaxemovemento e imaxetempo.\nNa súa concepción da imaxetempo, Deleuze destaca a produción dun tipo de imaxe que se volverá clave, dividida á súa vez en dúas: o opsygno e o sonsygno. O opsygno é a imaxe óptica pura que se desprende da lóxica causaefecto da montaxe –ou digamos que se desprende da trama como presentaciónnó-desenlace– e introduce o fragmentario que vale por si mesmo. Un opsygno e/ou sonsygno emancípase e adquire independencia a respecto da cadea sensoriomotriz na que se basea a imaxemovemento do cinema clásico. Agora xa, o cinema, en vez de retratar accións que ocorren nun mundo externo, espazotemporalmente situado e realista neste senso –representativo, etc.–, fai perder as súas coordenadas e referencias e a imaxe adquire valor e importancia por si mesma, neste desprendemento que toca e afecta o cerebro mesmo e a súa lóxica produtiva, non afecta tanto a cadea das cousas, senón aos procesos de pensamento –nunha argumentación moi artaudiana tamén. De aquí sacamos que A caverna de Platón tiña que basearse neste tipo de imaxe onde as interrupcións de súpeto tivesen unha importancia argumental. Así foi como a pantalla de neve (tv desintonizada ou o asubío agudo da carta de axuste, coa pantalla de banda de cores asociada , serviron, non só de transicións escénicas, senón que incluso son xeradoras de contidos, articuladoras de movementos dos performers e sentido da posta en escena. Debuxan toda unha escenografía inmaterial que evidencia, ao mesmo tempo, os dispositivos operativos da TV, a súa capacidade de dispersión, irrupción, interrupción, atordamento, axustamento, etc. Hai aquí toda unha serie de calidades e matices xeradas por estes dispositivos que estudamos e traballamos de feito na performance.\nA partir de aquí van xurdindo outros traballos no seo de Teatro Resoante que se envorcarán tamén na rede como teatro luz –cuestións artísticas– e que seguirán versando e abrindo liñas de investigación e produción cognitiva a partir do até aquí esbozado. Así, xorde rapidamente un traballo, en forma de sesións VJ cinema, a base de experimentar e comprobar, sobre todo, as posibilidades e potencialidades dun aparello relativamente sinxelo como é un software de VJ –videomestura en directo. En VJ Historia do Cinema seguimos os estudos que fai Deleuze sobre cinema, mais dámoslles este formato de videomestura do que estamos a falar, o cal nos achegaba dun modo moi inmediato, ao que Godard fai nas súas Histoire(s) du cinema. Esa superposición de capas nas que ao mesmo tempo vemos, lemos, escoitamos. Unha sesión na que as cousas se explican, mais ao mesmo tempo se implican e fan resonancias entre si. Que a pantalla teña un carácter lectivo, iso era fundamental neste proxecto, ao mesmo tempo que desenvolvía ese aspecto xa contido en A caverna de Platón. E quizais, sobre todo, que pasaba con o cinema? Por que e como ese acontecer no seo da cultura occidental? Como trastorna os seus –nosos– supostos? Ofrece efectivamente un novo paradigma cognitivo como insinúa Deleuze a través de Bergson? Pode chegar ás capas do inconsciente como pretendían os surrealistas? E incluso: que relación mantén coa historia, coa memoria, coa visión do exterior, a(s) colonización(s)? Non sabemos até que punto o cinema nos invita a recordar, e nos axuda, ou pola contra nos impón un imaxinario imposto polas industrias...\nE xorde neste contexto, nesta investigación, un terceiro proxecto: tar0t esquizoanAlise , un proxecto con cámaras web, nun espazo videovixiado, a medio camiño entre a performance e un taller de varios días sobre estas nocións: corpo, memoria, creatividade. A través das cámaras configuramos un novo espazo teatral no que a tecnoloxía nos permite diferenciar mellor as variadas intensidades dos seus subespazos —por así dicilo: o espazo imaxinario ou interior, o espazo inmediato do propio corpo, o espazo medio de acción (na imaxemovemento, por exemplo), o espazo total ou escénico ante quen está sempre o performer, actor, bailarín. Poderíase dicir moito á súa vez sobre este proxecto, tanto como até agora ou máis. Non hai tempo, nin espazo. Pódense consultar os arquivos na web. Mais queda presentada aquí a proposta no marco xeral do proxecto teatro resoante/teatro luz.\nE nesta liña seguimos coa intención de facer próximos traballos con textos de Hegel, Descartes e Nietzsche como liña curricular do proxecto. Tamén se pode consultar todo isto na web. En xeral, habería moito que dicir sobre o famoso “cambio de paradigma” e a relación do mesmo coas novas tecnoloxías. Seguindo en gran medida a McLuhan, gústanos pensar que xa había tecnoloxías anteriores á escritura, é dicir, formas de relacionarse coa “materia cognitiva”. A escritura, como nova tecnoloxía, cambia a nosa forma de coñecer e sobre todo recordar, acudindo ao texto escrito en vez de, por exemplo, á tradición oral. Agora ben, mediante o audiovisual e as novas tecnoloxías desta era á que estanos chegando, que suplantan a escritura e entre as que está internet, por suposto, que novo tipo de coñecemento se xera? que novo tipo de sociedade da información? que novo tipo de memoria, cando hai arquivos sonoros, visuais, etc., de multitude de eventos, acontecementos? Dende logo, estes novos rexistros e arquivos alteran a capacidade de apropiación exclusiva que, polo xeral, os poderes oficiais fan da historia, como unha interesada versión oficial dos feitos. A historia cóntana os vencedores.\nComo alteran as novas tecnoloxías a reinterpretación da historia, do pasado, da tradición? Neste senso, introducimos un (case) novo termo: o da herméTICa. Seguimos á esquizoanálise cando nos di que a hermenéutica segue interpretando e que, certamente, non se trata de interpretar. A hermenéutica segue, en gran medida, conservando o cógito e o logocentrismo, mentres que do que se trata na esquizoanálise é de producir, activar as máquinas desexantes, liberadas da apropiación sistemática do capital e o Estado (o Imperio, dirían outr@s). Neste senso, a herméTICa, rexeita en gran medida esa infinita reinterpretación que si permite a hermenéutica, e asume o pechado como prego da conciencia (pechar o fóra é a fórmula de Foucault), mais ao mesmo tempo asume que hai unhas tecnoloxías do eu (Foucault, de novo). As TIC condicionan o noso pensar, o noso corpo, a nosa relación co espazo e co tempo, a relación entre o analóxico e o dixital. Todos estes ámbitos poden ser obxectos dun teatro por vir, que non é burgués no sentido de psicolóxico ou representativo, un teatro ancestral, vencellado incluso ao territorio, á arquitectura, á medicina, á política tamén, por suposto.\nManuel Cebral Loureda"} {"summary": "O obxectivo deste ensaio é delimitar a figura formada polo discurso do Barroco sobre o mapa da modernidade, indagar na función que o pensamento do Barroco tivo como forma de construción crítica dun presente. Para iso faise un repaso por algúns autores da filosofía, o cine, o teatro e a literatura que contribuíron á construción dese imaxinario barroco da modernidade.", "text": "Barroco teatro da modernidade (para unha construción crítica do presente) 1\nÓscar Cornago [Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011] 1 Tradución do castelán ao galego feita por María Yáñez Anlló.\n : Barroco, estética, modernidade, postestruturalismo, teoría crítica.\n“Es preciso querer incluso la ilusión: en esto consiste lo trágico”\nBarroco e modernidade: disquisicións metodolóxicas\nO obxectivo deste ensaio é delimitar a figura formada polo discurso do Barroco sobre o mapa da modernidade, indagar na función que o pensamento do Barroco tivo, non xa para o esclarecemento ou esexese dun período histórico pretérito, senón dentro do propio presente dende o que se enuncia, é dicir, dun amplo marco temporal que arrinca na segunda metade do século XIX, cando este debate adquire unha formulación máis complexa –malia que os seus antecedentes se poden seguir dende os limiares da modernidade, coa oposición do chamado espírito ilustrado–, até chegar aos nosos días, nos que non se deixou de discutir esa difusa idea do Barroco, tan pronto empregada para caracterizar un período da cultura occidental como para tinguir toda a contemporaneidade mediática e espectacular ou mesmo a propia condición humana nun senso ontolóxico.\nUnha reflexión sobre o Barroco, pensémolo como idea cultural, discurso estético ou período histórico, fai visíbel a condición histórica do propio concepto; deixa ver as pegadas das continxencias pragmáticas dende as que se reformulou e se segue a reformular até hoxe mesmo. Trasladando este comportamento a outros ámbitos, a reflexión sobre o Barroco denuncia á súa vez a condición igualmente histórica de calquera outro discurso crítico ou historiográfico. Os conceptos cúñanse nun momento en resposta a unhas necesidades de presente; a partir de aí non deixan de vivir na historia, modificándose ao ritmo ao que se transforman os tempos e as preguntas que estes formulan, as inquietudes que moven a historia e marcan as canles do pensamento. Baixo un mesmo termo, ocúltanse contidos sempre distintos; non é igual o xeito de considerarmos hoxe o Barroco que o que se entendía hai cen anos, cando Heinrich Wöllflin e os teóricos da pura visibilidade o distinguiron como unha idea clave para artellar un relato universalista da evolución das formas artísticas, ou como se pensou cando xurdiu no horizonte cultural das vangardas nos anos vinte. Necesariamente, o espazo cultural afectado por este termo foise modificando ao tempo que o seu propio contido non deixou de ser outro.\nEntre os moitos empregos que coñeceu atópase o de delimitar un período da cultura de Occidente arredor do seiscentos. Mais ningún concepto responde unicamente á necesidade de cuñar un discurso historiográfico ou unha idea estética; seguindo o historiador materialista, diriamos que antes que nada responde a unha continxencia política, á pragmática académica e cultural dende a que se formula, unha pragmática que –aínda que académica, ou sobre todo por académica– fálanos en primeiro lugar do seu presente. Un concepto delimita tamén un campo de poder e de representación cultural, social e política, un espazo gobernado dende determinados intereses; pode ser un negocio, académico ou editorial, e mesmo un engano, unha ilusión visual, reflexo quizais da súa propia condición barroca cando se fai visíbel como posta en escena do seu propio discurso.\nEmpecemos, pois, polo comezo: que nos lexitima, daquela, dende un punto de vista metodolóxico a falar do Barroco nos séculos XIX e XX? A resposta máis inmediata, de orde epistemolóxica, sería o feito de que este concepto historiográfico se cuña neste período; é na década dos sesenta do século XIX cando Jacob Burckhardt constata significativas mudanzas, malia que aínda incipientes, nos gustos estéticos, e uns anos máis tarde un alumno avantaxado, Friedrich Nietzsche, dedícalle un parágrafo do seu Humano, demasiado humano, proxectando a idea do Barroco cara a esferas estéticas e filosóficas máis amplas. Isto non sería outra cousa que a antesala dunha loita que non deixou de producir ensaios, estudos e polémicas sobre como entender o Barroco dende as perspectivas máis diversas. Facendo referencia tanto a un pasado como ao presente dende o que se enuncia, este termo queda cargado dunha controvertida carga (de presente) coa que irrompe no medio da modernidade culta, ilustrada e racionalista, coa que paradoxalmente se chega a identificar (BuciGlucksmann, 1984; Calabrese, 1987; BucksMorss, 1989; Lucas, 1992; Van Reijen, 1994; Rincón, 1996; Echeverría, 1998; Cornago, 2004). A potencia de actualización e crítica deste concepto, facilmente traducíbel en termos ideolóxicos, é a que explica a súa crecente vitalidade dende hai máis dun século.\nMetodoloxicamente, sería necesario, por tanto, comezar dándolle a volta á pregunta sobre que é o Barroco para formular por que nun momento dado se ten a necesidade de recorrer a este concepto, e dando un paso máis, por que a partir deste punto o debate sobre o Barroco non deixou de atravesar discursos tan diversos da modernidade, ou noutras palabras: por que tantas voces orixinarias da modernidade, ben sexa dende o pensamento crítico ou a creación artística, recorreron a este concepto?\nUn imaxinario barroco, que non deixou de transformarse dende o Romanticismo gótico e o simbolismo tardío até a era dos medios e a realidade virtual, sobrevoa o horizonte cultural e artístico da modernidade. Esta é a tese que sinala a necesidade de preguntármonos por esa estraña relación de amor e odio entre a nosa contemporaneidade racionalista e as connotacións de exceso e de espiritualidade barrocas; xa non o determinar se o século XX\né un século barroco por antonomasia, ou se se trata dunha apropiación indebida ou dun movemento cíclico que retorna unha vez máis no novecentos, senón de algo previo a todo esencialismo identitario; trátase, como corresponde ademais á idea do Barroco, de lanzar un enfoque teatral que faga visíbel a posta en escena do mesmo discurso sobre o Barroco: dende que escenarios da modernidade se reformulou unha e outra vez a idea do Barroco?\nEsta mirada escénica vai rematar iluminando outras montaxes da modernidade de aparencia máis clásica, denunciando a súa pretendida transparencia, necesidade e bo gusto. Todo isto transforma a pregunta inicial sobre o Barroco noutra de orde máis ampla: que modernidades para que Barroco e que Barroco para que modernidades?, como pensar o Barroco no século XX?, e viceversa: como pensar o século XX dende o Barroco?, que nos di a idea do Barroco sobre unha época que non quixo abandonar xa esta perspectiva de análise, este xeito (barroco) de entender a realidade e a historia, en última instancia, de situar o suxeito fronte ao mundo?\nA modernidade como representación de si mesma\nIniciemos a andadura cunha mirada dende fóra, dende a butaca de platea, como meros espectadores destes escenarios barrocos que proliferan na era dos medios. En tanto que ollada característica da modernidade, o Barroco tradúcese non nunha, senón nunha multitude de representacións que se foron construíndo a medida que avanza a contemporaneidade; son historias que, dende o propio Hegel até voces máis inmediatas, só aparentemente máis (pos)modernas, como George Steiner, nos falan dun final, dunha historia de decadencia coa que se pecharía a aventura ilustrada da humanidade, a emancipación do home en función do saber, da ilustración e das letras, do humanismo. A historia (barroca) da modernidade é sempre a última historia, un final tantas veces reformulado, co que se trata en van de pechar a historia sobre si mesma. Un Ulises confuso embarcado nunha viaxe de regreso que non ten fin, pero que sempre está acabando, dende que empezou, repetíndose a si mesma, a mesma pero diferente. A modernidade é unha historia (mítica) da que xa se coñece o final (catastrófico), porque non deixa de suceder. Como advertiron Horkheimer e Adorno (1944), a Ilustración recóbrese coas vestiduras do mito, do natural que acaba denunciando o que de sobrenatural non deixou de haber en todo iso, aquilo que se creu expulsar en beneficio do racionalismo secularizador, o inhumano, se cadra por iso tamén monstruoso, cara ao que a modernidade amosa tanta repulsión como atracción.\nA frase “El dominio del hombre sobre la natureza lleva consigo, paradógicamente, el dominio de la naturaleza sobre los hombres” (30) podería erixirse en lema funesto gravado ao pé dunha desas escenas apocalípticas de corpos masacrados, deformes, que abren a película de Godard ou na cabeceira desas paisaxes – despois da batalla – de Juan Goytisolo, historias antigas que só os medios de comunicación modernos fixeron posíbeis na súa actual formulación, traendo o máis distante até o corazón dos fogares, o máis estraño confundido co máis cotián, o real transformado nun xogo de luces sobre unha pantalla, a morte como o outro (mediático) do suxeito, que o mira todo dende o seu lado, do lado dunha realidade feble, contaminada, inestábel, a pesar das súas aparencias (escénicas) de seguridade.\nComo todo mito, a modernidade repítese unha e outra vez, poñéndose en escena, e o que se repite é o mito da modernidade, o mito do novo unha vez máis, sucedendo cada vez con maior eficacia (escénica). Cada historia é sempre a última, unha nova última historia que comeza coa propia modernidade, desagregada en romanticismos e crises finiseculares, en vangardas e posmodernidades, capítulos sempre finais dun relato cuxas orixes se quixeron encontrar nun tempo tan remoto como a Grecia clásica, tan afastado como eses campos de exterminio que aparecen pola televisión. Lyotard (1987: 40) afirma que o relato da decadencia non lle sobrevén á modernidade na súa etapa final, tantas veces repetida, senón que este nace coas súas orixes, poñendo en escena unha vez máis o mito (do novo):\nEstamos tentados a crer, pues, que hay un gran relato de declinación de los grandes relatos. Pero, como sabemos, el gran relato de la decadencia ya tuvo lugar en los inicios del pensamiento occidental, en Hesíodo y en Platón. En realidad, el relato de la decadencia acompaña al relato de la emancipación como su sombra.\nO relato barroco da modernidade queda contido nun escenario, nunha imaxe (virtual), onde se representan máis catástrofes, escenarios ruinosos que contan historias de exterminio, escenas apocalípticas que atravesan a escritura de Goytisolo, historias tamén de traizóns, como a que dá pé á Reivindicación del conde don Julián. A historia traizoándose a si mesma, a filosofía –como nos lembra Adorno ao comezo da Estética negativa – faltando á súa promesa de ser igual ou estar en vésperas de producir a realidade, obriga o pensador tanto como o poeta a abrazar el tamén o estandarte da disidencia, da traizón, da violencia como forma (barroca) de pensamento, de creación. A escrita convertida en acto, e o acto feito poesía, a poesía transformada en acción, e a acción en performance, a música posta en pé a través das imaxes – Notre musique – e as imaxes sublevándose contra a historia:\nla violencia, la violencia siempre : jalonando discretamente tu camino : convincente y súbita : anulando de golpe el orden fingido, revelando la verdad bajo la máscara, catalizando tus fuerzas dispersas y los donjulianescos proyectos de invasión : traición grandiosa, ruina de siglos : ejército cruel de Tariq, destrucción de la España sagrada (Goytisolo, 1970: 52). Baixo este imaxinario de destrución, de impureza, pero tamén de xogo e de gozo, constrúense mundos tan distintos como a poesía cinematográfica de Godard, a escrita de Goytisolo ou o cine de Peter Greenaway, escenarios cambiantes que fan visíbel o texto ou as imaxes como procesos, de construción e de destrución ao mesmo tempo, como estratexias (barrocas) de resistencia fronte a formas de poder impostas (Cornago, 2005): “Víctimas de la brutalidad de la historia, nos vengábamos de ella con nuestras historias, tejidas de ocultaciones, textos interpolados, lances fingidos: tal es el poder mirífico de la literatura”, di unha das voces, alter ego do propio autor, en El sitio de los sitios (Goytisolo, 1995: 155).\nGreenaway insiste en que o cine é a arte barroca por excelencia, o medio das ilusións e dos enganos ópticos, un mecanismo que se erixe en metáfora, tamén epistemolóxica, dunha época que el mesmo define como barroca:\nLa fin de notre siècle me paraît baroque de deux points de vue: d´abord l´excès de détails, la masse de informations, et ensuite l´idée de l´illusion et son corollaire, la tromperie avec son cortège de propagandes, qu´elles soient politiques ou publicitaires (Cieutat e Flechniakoska, 1998: 8).\nCada imaxe denuncia a súa natureza fílmica, construída, igual que cada representación social, política ou moral se manifesta no seu mesmo xesto teatral como un xogo de intereses, de poder. En 1993 o director galés recrea en The Baby of Mâcon o universo exuberante do dramaturgo e escenógrafo Ben Jonson. A película deléitase mostrando en exceso o detallado proceso de representación (construción) dun misterio medieval nun tempo apocalíptico arruinado polos intereses políticos, a mesquindade e a luxuria; todo iso inevitabelmente vinculado a unha minuciosa posta en escena do poder e do pracer, estreitamente ligados, como tamén o soubo ver Barthes (1971) nas construcións de Sade, Fourier e Loyola, representacións ritualizadas dunha transgresión convertida en utopías do corpo, da organización social e da comunicación espiritual. No escenario (erótico) dos corpos a modernidade confesa a súa mórbida atracción polo excesivo, polo deforme.\nO relato barroco da modernidade escenifícase dende o xesto dun rostro volto cara a atrás, como o daquel Angelus Novus, de Paul Klee, convertido en alegoría da historia na IX Tese de Benjamin; unha ollada que observa con pavor as catástrofes que se van acumulando ao fío do que se chama progreso –textualmente Forschritt, paso adiante–, pero que non deixa por iso, dende ese ir cara a diante mirando o pasado, de sentir o seu presente, efémero e inconcluso, físico e vivo; senón ao contrario, esa ollada que Benjamin define como dialéctica vincúlase máis intensamente –máis traxicamente– a ese aquí e agora dende o que se proxecta, dende o que se constrúe, por iso é revolucionaria, aínda que sexa dende esa paisaxe de destrución que deixa o paso do tempo, pero concreto na súa calidade física e material, é dicir, escénica.\nEsta historia implica, polo tanto, unha vocación arqueolóxica, dende a que nace a modernidade, dende Nietzsche a Foucault, como un exercicio de procura e de revisión, de volver ver unha vez máis, sempre unha vez máis, como quería o filósofo de Basilea, existindo unicamente nese eterno retorno, sempre diferente e singular, dun presente (de representación) que se consome en cada momento de iluminación; unha iluminación que alumea a noite da razón capitalista, o pesadelo máis negro da modernidade, pero tamén o pracer de seguirmos sendo (representación) físicos e inmediatos, concretos e singulares no medio desta travesía pola xeada inmensidade da abstracción, que dixera Benjamin.\nO teatro barroco da modernidade está construído sobre citas e fragmentos, en modo imperfecto, mais a diferenza doutro tipo de representacións estas exhiben con impúdica desesperanza, dende un estado de tráxica conciencia, os retrincos sobre os que se constrúen, sabendo que cada unha destas voces contén en si mesma unha historia máis desta modernidade escura e brillante, xustaposición inconexa de todos os paraísos e infernos que se levan sucedido, promesas e desfeitas atrapadas en cada unha destas alegorías (da modernidade) do tempo presente. É unha historia de resignación e de submisións, mais tamén de protesta e de resistencia, como as vidas deses santos da disciplina e do pracer postas en escena por Goytisolo na Carajicomedia, loitando (e gozando) ao longo dos séculos nun intento por seguirresistindo (sendo), nun continuo devir, estado de variacións e de metamorfoses, porque como di esoutro autor de recargados escenarios poboados por grotescas figuras en constante perigo de disolución que foi Elias Canetti (1981: 358):\nsólo a través de la metamorfosis, entendida en el sentido extremo en el que empleamos aquí el término, sería posible percibir lo que un ser humano es detrás de sus palabras; de ninguna otra manera podría captarse lo que de reserva vital hay en él.\nEscenificacións do tempo: un xogo cos límites\nPorén, este presente incerto do eu pensándose a si mesmo inaugura un tempo do despois de, no que se instala a modernidade, crecendo dende un profundo sentimento de finitude, de estar ao final de algo, ou xa máis ben no despois dese final inminente, que pasa a ser inmanente, como sinala Kermode (1967). Igual que no teatro da morte de Kantor, a representación empeza cando xa todo rematou; o pano érguese nese despois da historia e das revolucións; todo pasou xa antes. O suxeito asiste perplexo a un xogo cuxas regras se impoñen de maneira fatal. Tras a crise dos Estadosnación á que se refiren Hardt e Negri (2003), as regras xa non dependen da economía nacional de cada Estado, senón que se constrúen sobre un taboleiro global ampliado ao resto do mundo, un capitalismo máis consciente de si mesmo, como toda a modernidade, menos pudoroso. A ese escenario baleiro do despois de, onde se amorean os recordos desordenados dun pasado que xa non é, dunha historia de progreso, igualdade e xustiza que nunca foi, saen unha vez máis os personaxes de Kantor, que son os personaxes do século XX, soldados atados aos seus fusís e xenerais sobre os seus cabalos, curas e rabinos mostrando as súas cruces, sinistros familiares que saen dalgún escuro pasado, inxenuamente liberados do sentimento de culpa, convertidos en máscaras de si mesmos, para tratar de revivir a súa nenez, as súas historias de decadencia e de destrución, dunha Polonia habitada polos mortos que deixaron os uniformes; repiten unha e outra vez os mesmos xestos, as mesmas accións, que se fan cada vez máis estúpidas, máis inútiles, como os obxectos que arrastran con elas, restos do naufraxio que chegan até as praias dunha modernidade escindida na representación imposíbel do novo, que é o mesmo, a mesma historia animada por un mito que trata de pecharse sobre si mesmo, sobre o seu destino como cumprimento dunha razón universal. Pechar a viaxe, coma Ulises, para regresar ao punto de partida, e constituírse nunha soa historia cun só sentido, completa e autosuficiente, igual a si mesma; pero Ítaca converteuse nunha axencia funeraria onde se amorean móbeis vellos, unha axencia de colocación de actores de aspecto sospeitoso que simulan ser quen non son, unha cantina dunha estación de tren onde xa só chegan os extraviados.\nNeste tempo (da representación) todo perde o sentido lóxico desa historia previa que nunca foi; todo se revela pura actuación, xogo de substitucións e de aparencias, suxeito a unha nova lóxica, que é a lóxica escénica desa historia, a historia do capital emancipado sobre si mesmo, dos signos feitos visíbeis funcionando de maneira autónoma; accións, textos, corpos e sons batendo uns cos outros. Os actores quedan convertidos en personaxes dunha obra que non comprenden, porque o relato único (da modernidade) se avariou e só resta a posibilidade de seguir actuando, para que a maquinaria (da representación) siga en pé, dende o plano de inmanencia formado polos propios corposactores en acción, pola materialidade dos obxectos inservíbeis, pola enerxía colectiva producida por todo o conxunto, que por momentos rexorde da desorde para revelarse nun único canto rítmico como unha forza colectiva (desexante), a forza emerxente das multitudes, ás que se refiren Hardt e Negri (2004) como a posibilidade para unha democracia na sociedade global. Esta democracia non pasa xa polo pobo, o proletariado ou a masa, polo teatro dramático do capitalismo industrial, senón polas multitudes, irreducíbeis á unidade, informes, próximas tamén ao monstruoso, ao caos (vitalista) do que aínda non foi ordenado, composta de singularidades, diferenzas emancipadas –coma o capital– transformadas en motores de resistencia contra os destinos organizados polas historias; poboacións sublevadas contra as regras do xogo, movementos desesperados de individuos, como os que se amorean no imaxinario barroco de Goytisolo, confundindo séculos de historias. Esa é a posibilidade de seguir pensando a historia como resultado dun desexo creador; “el impulso de destrucción de las masas era a fin de cuentas su instinto creador más profundo?” (Goytisolo, 1993: 52), pregúntase un confundido Doctor Marx no medio dunha exultante sociedade de consumo que hai tempo que deixou de pensar en revolucións para centrarse en producir e en consumir, o que sexa, pero con exceso.\nLa saga de los Marx ábrese coas imaxes (televisivas) dunha soleada praia privada na costa italiana ameazada polo inesperado desembarco dun ferry ateigado de fuxitivos albaneses, imaxes que o “zapeo convulsivo de Tussy” (a filla menor de Moro) facía contrapor co “sofisticado transatlántico reconstruido en los estudios de Cinecittà” (20). A mesma maquinaria da representación que parece impor unha orde resístese monstruosa a unha economía da identificación, da redución do outro ao mesmo; é o teatro barroco (da modernidade) onde todo é o que parece, acartonado, falso, pero ao mesmo tempo tamén outra cousa, estraña, descoñecida, física e desmesurada, como ese “herrumboso y maltrecho transbordador de jubilosa y exultante carne humana” (20) que fita o espectador retándoo a descubrir, como as alegorías de Benjamin, o sentido oculto do que está vendo dende o outro lado (da pantalla), dende ese aparente despois de que inaugura a escenificación da modernidade.\nEscenificacións do espazo: o exceso opaco das presenzas\nDende este aparente nontempo, polo que transitan os heroes de Joyce perdidos no aquí e no agora das palabras ou os personaxes de Beckett no presente suspendido do escenario –burato negro que absorbe todos os sentidos e todas as historias–, maniféstase con enigmática claridade o propio espazo (de representación) dunha desaparición. Fronte á disolución da conciencia temporal, difuminada en mil tempos paralelos, ilumínase un acto de disolución, un espazo para o acontecemento, invitación ao xogo das substitucións sen fin, das ausencias e das presenzas, do son eu pero represento outro, do descubrimento do outro dentro do mesmo. Nos albores do século XX, dando fe doutra historia de decadencia, a do imperio astrohúngaro, a dunha Europa que acabaría coa Guerra Mundial, Hugo von Hoffmansthal (1982: 31) fainos ver o espazo desta disolución provocada pola proliferación excesiva de conceptos e de abstraccións:\nTodo se descomponía en partes, y cada parte en otras partes, y nada se dejaba ya abarcar con un concepto. Las palabras, una a una, flotaban hacia mí; corrían como ojos, fijos en mí, que yo, a mi vez, debía mirar con atención: eran remolinos, que dan vértigo al mirar, giran irresistiblemente, van a parar al vacío.\nUn tempo vivido como crise de todo o estábel obriga a continuos “actos de invención” –como di Eco (1992: 78), cualificando a espiritualidade barroca como a “primera clara manifestación de la cultura y de la sensibilidad modernas”. Esta capacidade creativa, metamórfica, permite seguir pensando nunha realidade en constante movemento, cuxos signos volven revestirse da condición enigmática que xa ostentaron en épocas só aparentemente menos claras. Este espazo (de invención) é tamén, unha vez máis, unha invitación á resistencia a partir da revelación dunha materialidade concreta, do mundo como (vontade de) representación e por iso de xogo e de gozo, de pracer (físico) e de pensamento, unha resistencia que adquire os rasgos dunha acción en proceso, aquí e agora, performativa. Esta tarefa infinita de interpretación, e á vez de invención, constitúe o home moderno, enfrontado a unha “gigantesca maquinación para dotar de sentido expreso el mundo” que é o Barroco –segundo o define Fernando de la Flor (1999: 11)–, pero tamén a modernidade (barroca). Este é o “home estruturalista” de Barthes, revestido desa condición operacional coa que Deleuze (1988) cualifica o barroco de Leibniz, que busca os sentidos nos procesos (de construción) antes que nos resultados, nos modus operandi antes que nos produtos, nos escenarios antes que nas historias, nos ritmos desas maquinarias; desta sorte, o home estruturalista:\nprête l´oreille au naturel de la culture, et perçoit sans cesse en elle, moins des sens stables, finis, “vrais”, que le frisson d´une machine immense qui est l´humanité en train de procéder inlassablement à une création du sens, sans laquelle elle ne serait plus humaine. Et c´est parce que cette fabrication du sens est à ses yeux plus essentielle que les sens euxmêmes (Barthes, 1964: 227).\nNeste espazo iluminado xa non hai lugar para a transparencia, para a adecuada identificación de significantes e significados, do outro co mesmo; todo se alza baixo o signo da non coincidencia, e por tanto do exceso, que fai visíbeis os límites no momento da súa transgresión. A ollada barroca descobre un mapa de confrontacións alzado sobre un espazo convertido no escenario dunha actuación; os discursos e relatos que ateigan os escenarios da modernidade descóbrense como outros tantos actos (de representación). A mirada barroca saca á luz todas as representacións, converte en xogo e en simulacro o que observa, sub species theatralis, coma o ollo da cámara de Greenaway, desvelando cada imaxe como unha medida posta en escena, cada trama como unha cerimonia de perversión, cada ficción como un contrato fatal que vincula, en primeiro lugar, o propio espectador que acepta entrar no xogo. O que mira, transformado en actor protagonista da representación, en voyeur do escenario íntimo dunha violación (monstruosa), faise tamén visíbel dentro deste teatro que, movido por unha vocación de exceso (de deformidade), tende a mostrar sempre demasiado, até chegar –como explica Baudrillard (1987: 18)– á obscenidade da representación capitalista, onde todo se finxe transparente, onde se actúa coma se fose realidade, coma no escaparate televisivo, sen escena, sen teatro e sen ilusión, “sometido a la cruda e inexorable luz de la información y de la comunicación”.\nPero como vítima propiciatoria deste escenario sacrificial aparece o signo (dese exceso), o corpo en primeiro lugar da propia escritura, da palabra inscrita no baleiro da páxina en branco; posta en escena que, como soñou Mallarmé, só producirá o espazo como acontecemento dun azar, pois “NADA […] HABRÁ TENIDO LUGAR […] SINO EL LUGAR” (1971: 132133). E á revelación da materialidade física da escrita, do corpo da linguaxe, virá unido o gozo dunha transgresión, unha acción cuxo sentido é o pracer do que acaba no mesmo intre en que nace, irredutíbel, como a propia representación. O Barroco xorde no horizonte da modernidade como unha reivindicación da calidade erótica da linguaxe, en palabras de Barthes (1984: 18): “seul le baroque, expérience littéraire qui n´a jamais été que tolérée par nos sociétés, du moins la française, a osé quelque exploration de ce que l´on pourrait appeler l´Éros du langage”; un xesto que se resiste a poñerse en función de todo o que non sexa el mesmo ocorrendo de novo con cada representación, sucedendo excesivo unha e outra vez nese espazo feito visíbel, paralizando, coma nunha foto fixa, a pretendida naturalidade de calquera discurso que busque a súa rendibilidade ao servizo dalgunha “boa causa”; é o pracer da escritura como política da representación dos propios corpos, empezando polo corpoacción da escritura erguida sobre a escena (física) da páxina en branco. O exceso opaco desta presenzaacción posta en escena sabe xa que a dimensión social dun texto, como dunha imaxe:\nne se mesure ni à la popularité de son audience ni à la fidélité du reflet économicosociale qui s´y inscrit ou qu´il projette vers quelques sociologues avides de l´y recueillir, mais plutôt à la violence qui lui permette d´excéder les lois qu´une société, une idéologie, une philosophie se donnent pour s´accorder à ellesmêmes dans un beau mouvement d´intelligible historique. Cet excès a nom: écriture. (Barthes, 1971: 14) A procura desta calidade concreta e material revélase tamén como una peza clave no pensamento de Benjamin para chegar á imaxe dialéctica, así como da posterior teoría crítica da Escola de Frankfurt; de aí a evolución de Adorno cara á estética, cara ao concreto da percepción como un xeito de corrixir o mecanismo de poder que acompaña a dialéctica racionalista da Ilustración, o mecanismo perverso que encadea un concepto a outro, denunciado incansabelmente por outro dos espíritus barrocos por excelencia da modernidade, Miguel Romero Esteo.\nA escena (teatral) do século XX faise visíbel sobre a súa propia materialidade, sobre a presenza dos corpos, das palabras e do mesmo pensamento convertido en acción. Neste contexto Romero Esteo (1979: 32) insiste en diferenciar racionalismo e racionalidade: “la racionalidad funciona en la concreción y la materialidad de las cosas, y por eso diferencia y diversifica. El racionalismo funciona en la abstracción, y por eso uniformiza cretinamente a las cosas multiformes”; a primeira conduce a unha liberdade de expresión, mentres que a segunda funciona como represión da realidade en función das abstraccións.\nEsta ollada material e barroca, erótica, ispe as representacións da súa aparente inocencia, desvelando todo acto de posta en escena como un exercicio de sedución do outro, e por tanto de poder; pero por iso tamén de pracer cando ese sometemento se realiza de maneira voluntaria. Perdida a suposta inocencia das representacións, dos discursos e dos conceptos, o tempo presente, próximo e familiar, faise estraño e enigmático, coma nunha alegoría, que Benjamin transforma para a modernidade en imaxe dialéctica. Unhas e outras constrúense dende esta explícita vontade escénica; nacidas para mostrarse, como a propia modernidade, ordenan mediante un exercicio de ostentación os retallos enigmáticos que a compoñen, dando lugar a un campo de forzas, de tensións e de enfrontamentos, coma os escenarios de Kantor, onde corpos, palabras, lóxicas e ritmos se alzan contra calquera idea de totalidade, de unidade de sentido.\nUn exceso de ordenación regula a disposición (escénica) do que está pensado para ser mirado, para ser consumido. Tras esa proliferación de obxectos que ateigan os escaparates da modernidade agáchase un límite e un desexo, detrás dos cales se abre un espazo informe que nega o sentido aparente do que se deixa ver; o familiar e próximo convértense en signo dunha verdade oculta que non se chega a descifrar. A curiosa clase media amoréase diante dos escaparates dun novo negocio que acaba de abrir as súas portas na cidade. É unha fotografía en branco e negro cos bordos amarelos; pode ser un documento sociolóxico do século XIX ou unha alegoría que transforma os corpos desexantes en caveiras diante dun escaparate baleiro que só contén os rostros ocos reflectidos nun pequeno espello, único obxecto que queda nas vitrinas do comercio. O lema desta alegoría tomámolo dunha cita de Paul Morand (“L´avarice”, Les 7 pechés capitaux, 1929, pp. 2627) recollida por Benjamin (H2 a, 3): “La necesidad de acumular es uno de los signos precursores de la muerte tanto en los individuos como en la sociedad”. A mirada dialéctica descobre a realidade como un espazo de contrastes levados ao extremo, paraísos e infernos dispostos, coma nos barrios marxinais das grandes urbes, en vergoñante promiscuidade, máis alá, como a lóxica do capital, do seu sentido aparente.\nOs teatros da verdade: representacións epistemolóxicas\nA comezos dos oitenta Foucault responde á enquisa ¿Qué es la Ilustración? comentando o texto de Kant que dous séculos antes levaba xa por título esta pregunta. A xuízo de Foucault, Kant destaca antes o contido da Revolución francesa, á que nace ligada a Ilustración, que os signos marxinais, como a mirada dende a que se constrúe ese evento, “el modo mediante el cual la Revolución se hace espectáculo” ou “la manera en que es acogida en la periferia por los espectadores que no participan en ella pero que la contemplan y asisten a ella” (Foucault, 1983/1984: 203). A Ilustración nace como un xiro autoconsciente, como unha ollada explícita sobre si mesma; os espectadores que asisten aos actos revolucionarios inauguran unha maneira orixinaria de mirar o teatro da historia. Esta actitude, que define a episteme moderna, é dicir, o modo no que o saber moderno se constitúe, é definida por Foucault como unha ontoloxía crítica do presente. Coincidindo coa definición do Estruturalismo que o propio autor ofrece, trataríase da “conciencia despierta e inquieta del saber moderno” (Foucault, 1968: 206). O escenario do saber xa non apunta a unha metafísica transcendental, tampouco a unha escola ou a un método, senón a un campo de inmanencia dende o cal o mesmo suxeito que mira, que se cuestiona, se constitúe como tal, resultado das condicións económicas, sociais e psicolóxicas que definen o seu presente. A modernidade, como a Ilustración da que participa, adquire a súa actualidade nese xiro autorreflexivo –operación estruturalista– que a fai ser consciente de si mesma, construír de maneira consciente a súa propia posta en escena, “tanto en relación a la historia general del pensamiento, como en relación a su presente y a las formas de conocimiento, de saber, de ignorancia y de ilusión en las que sabe reconocer su situación histórica” (Foucault, 1983/1984: 200).\nUnha ontoloxía crítica do presente é unha ontoloxía do propio suxeito construído de maneira consciente sobre os límites da razón, pero non para aceptar xa as súas fronteiras, como tacitamente se desprende da crítica kantiana, senón para preguntarse pola posibilidade do seu franqueamento, o que implica á súa vez a pregunta polo que un é, afondar “en la contingencia que nos hizo ser lo que somos la posibilidad de ya no ser, hacer o pensar lo que somos, hacemos o pensamos” (105).\nA teatralidade orixinaria da modernidade consiste nunha posta en acto da historia, do saber e das identidades, de xeito que sobre este escenario se levante un signo de interrogación. Esta función crítica caracteriza o modo de representación dialéctico, barroco e materialista na época contemporánea, construíndose, como explica Bernard Dort en La représentation émancipée, sobre uns elementos, corpos e imaxes, textos e accións, que xa non se deixan ordenar en función dun sentido imposto dende fóra:\nAujourd´hui, par l´émancipation progressive de ses différentes composantes, elle [la théatralité] s´ouvre sur une activation du spectateur et renoue ainsi avec\nAntecedente desta ontoloxía crítica, e escénica, do presente, a figura de Nietzsche pasou á historia posterior dunha cultura que se resiste a verse reducida a un cúmulo de representacións como o gran fustigador dos teatros e das ilusións. Porén, dende o comezo da súa traxectoria intelectual, posta en escena cun estudo precisamente sobre as orixes da traxedia, o mozo catedrático de Basilea insiste na necesidade das representacións, das ilusións e dos enganos, porque “toda vida se basa en la apariencia, en el arte, en el engaño, en la óptica, en la necesidad de lo perspectivístico y del error” (1988: 32), e por iso tamén da arte, o campo por excelencia das representacións, da mentira e do ilusorio, e entre todas as artes destaca o teatro, un teatro físico e musical, espazo de transformacións, de pracer, de dor e de coñecemento, que faga soportábel o que doutro xeito sería insoportábel, o magma escuro, dionisíaco, o Un primordial do que nacen todas as representacións, non para representar o irrepresentábel, senón para dar fe de que hai algo que escapa a todos os escenarios, sobre o que se debe levantar tamén o impulso ético, como décadas despois defenderá Lévinas coa súa defensa do serpara-oOutro. Sobre esta verdade (escénica) o home ergue un mundo á súa medida, que non é a medida da realidade, senón un mundo traducido ao consciente, os teatros da verdade, da xustiza, a moral e o dereito, metáforas antropomórficas que con pretensión universalista negan todo o que non poden aceptar, a súa condición de representacións dun mundo que escapa ás súas limitacións.\nNun xesto que ten tanto de ético como de estético, polos fundadores e xa inextricábeis da modernidade, o autor de Así falou Zaratustra salta á escena do pensamento occidental poñéndose el mesmo en escena, facéndose visíbel como corpo(escritura)-pensante, pero por iso, en tanto que se trata dun teatro das ideas, tamén como máscara (parlante), de filólogo, heroe tráxico ou sátiro, nunha palabra, como escritura e retórica, corpo físico, intensidades orais que definen un estilo híbrido de filosofar, un teatro enérxico do pensamento, que acabará morrendo dentro da mesma escena, recuperado polo relato da modernidade como acto sacrificial do pensamento á súa propia condición escénica. Nietzsche preséntase a si mesmo fronte aos tribunais da modernidade cunha profunda conciencia (tráxica) do seu ser como actuación, unha performance marcada polo exceso vital do físico, polo “materialismo dionisiaco” que Sloterdijk formula en El pensador en escena. No horizonte da modernidade xorde a necesidade dunha nova ética (física) do pensamento, máis consciente de que detrás de cada palabra hai un corpo, de que antes do logos está a fala, o dicir como acción; unha ética que sabe que no existe nada más indecente que la falta de energía que se presenta como ciencia; siente que no existe nada más sospechoso que el miedo a la verdad que se hace pasar por conciencia crítica; y nada más falso que esa incapacidad de reconocimiento que se hace pasar por una facultad superior (Sloterdijk, 2000: 135)\nA realidade do pensamento revélase como un acto escénico, xogo de ilusións, substitucións e enganos, pero tamén, como toda representación, afirmación de si mesma, física, inmediata e vital, impulsada, como os personaxes de Greenaway, por unha paixón polas representacións e polos xogos, paixón polo poder, pero tamén nun sentido positivo polo poder como fonte vital que anima o home no seu seractor, é dicir, no seu serpara-oOutro, no seu volver unha e outra vez a representarse, en cada instante unha vez máis; estes son os teatros da verdade, a verdade ética e estética, física e política do teatro (da modernidade).\nNeste sentido que o mundo de Kantor, onde os actores se converten en personaxes de si mesmos facendo ostentación da súa perversa misión substitutoria, fai visíbel o seu propio creador, o director polaco posto en escena, camisa branca, bufanda negra, o cigarro prendido e o rostro afundido, mentres observa as súas figuras, personaxes dun pasado que como viaxeiros do tempo chegan a este presente da escena, construído para a mirada dun terceiro, do espectador, no que se transforma inevitabelmente o home moderno. Neste escenario das ideas e da vida, da memoria, todo adquire a súa única verdade na medida en que é visto polo outro, quen coa súa mirada termina de poñer en pé esta representación (da verdade). Como unha alegoría do pensamento, Kantor observa entre indiferente, perplexo ou emocionado, os fantasmas que o viñeron visitar, interrogándoos coma quen trata de desvelar o segredo do enigma (da historia). A diferenza –escénica– con outras épocas é que este personaxe, como Nietzsche, sábese á súa vez mirado por outros, de aí o imperativo escénico –ético– da modernidade, fingo ergo sum, ou parafraseando a Sloterdijk (2000: 49): “Pensar sobre el escenario genera más verdad”. A irrupción física do pensador na escena, do pensamento como acción, apunta a unha ética somática, feita posíbel polo descubrimento das psicoloxías profundas, que están na base da modernidade.\nFronte á ollada de Kantor ábrese unha paisaxe detida habitada por actores mortos, bonecos que se aferran aos seus corpos, unha escena que xira arredor do presente da representación, realizado unha e outra vez con cada nova entrada, sempre dos mesmos personaxes. Como nunha alegoría benjaminiana, a historia maniféstase como construción, como acto explícito de representación posto en escena. É un mundo pechado onde todo denuncia o seu carácter substitutorio doutra realidade; todo é falso. A historia moderna como mito de progreso queda transformada nunha paisaxe detida que expresa a fugacidade do tempo. A alegoría chega a captar, en palabras de Adorno (1991: 117), “el Ser histórico como Ser natural en su determinación histórica extrema, donde es máximamente histórico”. A historia, como escenificación fundamental do discurso da modernidade, manifesta a súa natureza esencialmente temporal, deixando ao descuberto o mito do novo, que se alza como unha interrogación (dun sentido) fronte a quen o mira.\nTratar de escapar a este escenario buscando un espazo de verdade, un espazo de non representación, supón renunciar ás aparencias para afirmar o que non se ve, ideais racionalistas en nome dos cales se acaba chegando a calquera irracionalismo, como afirma Romero Esteo, ou na formulación de Lyotard (1987: 26): “Los siglos XIX y XX nos proporcionaron terror a hartar. Ya pagamos suficientemente la nostalgia del todo y de lo uno, de la reconciliación del concepto y de lo sensible, de la experiencia transparente y comunicable”.\nA última escenificación da modernidade é a dela mesma pensándose unha e outra vez material, inmediata e fugaz, ao tempo que se constrúe como discurso epistemolóxico, é dicir, como condición (posta en escena) do saber (da historia), construción dos discursos que delimitan as áreas de coñecemento; e con iso do propio pensador, feito visíbel, no acto físico de pensar, instante da revelación, como quería Benjamin, momento de vida, de verdade na súa íntima condición escénica, e por iso excesiva.\nA mirada barroca da modernidade reivindica e traizoa ao mesmo tempo a representación que ela constrúe, afirmación dun desvío –singular–, dun desprazamento, dun exceso e dunha desaparición, visión de paralaje diría\nŽižek (2006); defende unha realidade física que se afirma antes de calquera lectura, historia ou sentido, inevitabelmente escénica, pero non por iso falsa; a única verdade é a verdade das representacións tratando de sosterse por riba da dor esencial que ameaza o individuo no seu sentir tráxico, parafraseando a cita de Nietzsche coa que se abre este ensaio. É polo tanto unha modernidade proxectada cara a un alén, é dicir, tamén espiritual, máis física canto máis transcendental nunha época paradoxalmente posmetafísica, máis vital e gozosa canto máis consciente do seu corpo (excesivo), para descubrir no centro deste, no centro das representacións e dos teatros (da verdade), un punto cego dende o que volverse proxectar cara ao descoñecido, dende o que volver ligarse – religare – co transcendental, por isto afirma Lyotard (1981: 61) que a escenificación, técnica fundamentalmente política de inclusións e exclusións, é tamén “la religión de la irreligión moderna, lo eclesiástico de la laicidad”. Unha modernidade, polo tanto, en positivo que no medio do espectáculo mediático (virtual) do capitalismo é capaz de resistir cos seus corpos, de seguir vendo o outro, o horizonte infinito – relixioso –, que levou a Nietzsche (1988: 254) a dicir que:\npor fin el horizonte se nos aparece otra vez libre, aunque no esté aclarado, por fin nuestras naves pueden otra vez zarpar, desafiando cualquier peligro, toda aventura del cognoscente está otra vez permitida, el mar, nuestro mar, está otra vez abierto, tal vez no haya habido jamás mar tan abierta, ou en palabras de Romero Esteo (1971):\nHay hoy en día una eclosión de ideas nuevas, de novísimas formas de sensibilidad, de insólitas situaciones conflictivas. Vivimos en una sociedad cada vez más multiforme y cambiante. Teatral, en el sentido casi ontológico del término.\nBarthes, Roland. 1964. Essais critiques. París: Seuil. — 1971. Sade, Fourier, Loyola. París: Éditions du Seuil. — 1984. Le bruissement de la langue. Essais critiques IV. París: Éditions du Seuil.\n— 1983/1984. ¿Qué es la Ilustración? Madrid: Las Ediciones de la Piqueta / Ediciones"} {"summary": "Cando falamos das redes sociais non só deberiamos ter en conta os compoñentes tecnolóxicos, comunicativos ou de ocio. As redes como Facebook implican, ademais, unha participación activa a través dos contidos que se consumen ou se verten nelas. Esta actividade pode ser analizada como a realización performativa dunha personalidade no ciberespazo. Neste artigo preséntase o uso das redes sociais como un exercicio de discurso: unha performance baseada na translación da realidade á rede.", "text": "BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 46 / 2º SEMESTRE (2011): pp. 133148 / ISSN 02149117 e s t udo s / s t ud i e s\nA lectura performativa e a performance da personalidade en Facebook\n[Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011]\n : Facebook, hipertexto, novas literaturas, performance, personalidade. abstract When we talk about social networks we often take into account technological, communicative and leisure issues. But networks such as Facebook also imply an active participation of their users through the contents they contribute to or take from them. This actiIntrodución\nUn lector performativo sería aquel que dalgún xeito actuase a través da súa propia lectura. Neste caso, a primeira acepción do adxectivo “performativo” (aínda que aplicada a emisores e non a receptores) ten a súa orixe nos enunciados de acción estudados por John L. Austin e nas súas teorías sobre os actos da fala. Estes enunciados son aqueles que, no canto de simplemente enunciar, realizan actos con só ser pronunciados. “Xuro que non volverei mentir” non é unha enunciación, non se refire a nada. É un xuramento e como tal funciona. É un acto. Quizais pareza demasiado aventurado describir como performativo o uso dunha rede social como Facebook, pero, en contraste coa natureza pasiva e unidireccional das relacións entre autores e lectores, indiscutíbel até finais do século XX, coido que será interesante ver como unha actividade baseada na lectura e a comunicación destas características podería encaixar nun paradigma de performance.\nA natureza dos estudos sobre performance é en extremo esvaradía e os seus métodos poden ser facilmente desestimados por acumularen criterios e por seren demasiado indulxentes na súa amplitude de miras. Tan prolixa en enfoques como multidisciplinar, os Performance Studies albergan varias respostas para a pregunta “que é performance ?”. Cando Judith Butler fala deste concepto non está a se referir necesariamente ao mesmo que Barbara KirshenblattGimblett cando emprega o termo, de aí a existencia de tantos ensaios sobre a propia validez da perspectiva como estudos que a empregan para chegar a conclusións de proveito. O que si está claro e podemos estabelecer como interese común, da disciplina, en xeral, e deste texto, en particular, é a centralidade das accións: todo xira arredor da realización, execución e comportamento, máis alá de calquera outro obxectivo de estudo.\nDalgunha maneira, paradoxalmente nunha publicación sobre literatura, podemos estabelecer que a performance se opón ás letras, máis en concreto á filosofía, ao seren estas palabras, ideas e potencialidades e aquela acción e posta en práctica 1. Este é o sentido da performatividade que adopta Judith Butler: o da realización (política, social, artística ou outra) dun discurso específico; a toma dunha posición máis alá das verbas. O etnolingüista Richard Bauman (1989) define performance como a execución da acción en oposición á súa potencialidade, como a actuación oposta ao guión en teatro, a resposta dun Fórmula 1 nas voltas de proba en contraste coas súas posibilidades mecánicas ou, en termos lingüísticos, a diferenza entre parole e langue.\nNotably derived by Judith Butler from J. L. Austin’s speech act theory, which foregrounds “performative utterances” that bring into being the conditions they iterate, such as “I do thee wed, ” performativity is defined as a reiteration\nof norms by the citation of them. With performance, the performer makes the acts; with performativity, the acts make the performer: gender, for example, performatively speaking, exists only in the doing of it. Yet both performance 1 Non só se opón á literatura/filosofía, senón, por extensión, a todo rexistro, a toda inmortalidade. A performance é información efémera, irreproducíbel, sensorial, imposíbel de recuperar, atada ao presente. O seu contraste co paradigma electrónico, baseado nuns rexistros continuos e nas redes que os conectan, é, prácticamente, total.\nO ángulo de incidencia dos Performance Studies nas novas literaturas dixitais podería resultar confuso, pero, particularmente, as condicións polimorfas e en continua mutación das plataformas de comunicación na rede requiren unha atención multidisciplinar e flexíbel como a que esta perspectiva pode achegar. Por unha parte, a capacidade de elixir un camiño que ofrece a lectura hipertextual, á que volveremos logo con máis detalle, implica esa actuación, esa decisión que diferencia o lector pasivo tradicional do novo lector en internet. Esta escolla, este debuxar un mapa de contidos ao tempo que se vai lendo, habita nas marxes da Teoría da Literatura e entra nun campo que podería ser analizado de diferentes maneiras, dependendo dos intereses de cada un. No referido a este texto, máis que ese mapa, máis que eses contidos e máis que as tecnoloxías empregadas, importa a actividade. Esta actividade, á que xeralmente nos referimos como “navegar por internet” está en moitos casos, actualmente, condicionada polo fenómeno das redes sociais. Xa non se trata dunha busca constante e arbitraria na soidade dunha biblioteca dixital e infinita. A través das redes, os contidos son compartidos, negociados e encadeados para pasar a formar parte da nosa realidade comunitaria. En Facebook, o usuario entra nun medio distinto ao que ten experimentado anteriormente e, a través da lectura, a escrita, o videoxogo, o visionado e o enlazado de contidos determinados, deberá poñer en práctica unha identidade que non é necesariamente igual nin necesariamente distinta da que asume no día a día nondixital (Vid. Schechner, 2002: 4).\nComecemos coa morte do vello, antes de retomar o nacemento do novo. No seu seminal ensaio de 1968, Roland Barthes certificaba a morte do autor literario. Esgotada a vía do New Criticism, o estudo do autor non podía dar xa máis resultados. A clave non estaba no produtor, xa que o produtor era imposíbel de localizar. As súas raíces pérdense no tempo. Ideas coma ese mosaico de citas que conforma a intertextualidade absoluta de Kristeva converten o autor nunha especie de selector, algo así como un antólogo ou un compilador 3. Os motivos, as escenas e os temas, que nos parecían infinitos, non o son. O estudo sistemático do Estruturalismo desensamblou e volveu ensamblar a literatura da humanidade, e deixou rexistrados os seus mecanismos, as súas materias primas, cada unha nun apartado, de maneira que calquera obra literaria, pasada ou futura, poida descompoñerse en pezas e estas pezas pasen a ser practicamente intercambiábeis coas categorías nas que se clasifican.\nDe modo que, morto o escritor, os focos apuntan agora ao outro extremo do esquema comunicativo. O lector foi historicamente un modelo de pasividade, nulo e silencioso. Todos os lectores son o mesmo lector, todos len igual e son tratados do mesmo xeito polo autor. Non hai información que tomar deles, posto que non se manifestan a menos que eles mesmos pasen ao lado dos autores, para se expresar en referencia á lectura. Pero nese momento deixan xa de ser lectores. Salvando as distancias e sen tentar ningún tipo de paralelismo, a irrupción das novas tecnoloxías, internet e as redes sociais permítenlles aos lectores manifestarse e abrirse á comunicación como textos eles mesmos. O rexistro constante da rede (a través da permanencia nos servidores), ese denominador imposíbel da performance 4, fai que os usuarios do Facebook poidan ser analizados como compiladores de contidos (polo menos en potencia), revelando automaticamente os textos dos que se compoñen e deixando un rastro lexíbel de toda a súa actividade (literaria ou non, multimedia) que contribúan ao seu discurso. Con cada “acción” defínense e esta definición é rexistrada e catalogada para ser recibida e descifrada (lida) por outros usuarios. As “accións” ás que me refiro, obviamente, reflíctense no medio electrónico, pero non necesariamente están narradas e a literatura (como arte) non é exclusivamente o vehículo desta información.\nA unidade (ou máis ben multiplicidade) básica que permite saltar dunha lectura tradicional á que podemos experimentar agora en Facebook é o hipertexto. George P. Landow (1994: 1), o pai da noción principal de “hipertexto” que empregamos, definiuno en 1994 coma unha “tecnoloxía da información que consiste en bloques individuais de texto ou “lexias” e os enlaces que os conectan”. A linearidade e a orde dos textos xa non é a norma xeral de lectura, polo menos en internet. O principal compoñente novidosamente activo da lectura na rede é aquel que permite ao lector manipular a súa propia lectura, sobrepoñendo os seus desexos ou intereses aos do autor en primeiro lugar. O texto comeza e, sobre todo, remata onde o lector así o decide. É común a práctica, en xornais, blogs ou calquera outra publicación dixital, incluír vínculos hipertextuais para completar a información ofrecida. Co uso de buscadores como Google, o propio lector pode localizar os enlaces que máis lle interesen, construíndo un tecido personalizado cos fragmentos de textos, imaxe, audio ou vídeo que desexe. Non convén esquecer que “buscar” neste ámbito implica escribir, ler, elixir e seleccionar; moitas veces tamén copiar, pegar e editar. E, grazas ás redes sociais, en ocasións até inscribir esta actividade nun perfil persoal, publicar, comentar e fomentar un debate sobre cada publicación. Nutrir de contidos o pracer tecnolóxico da comunicación dixital e construír, no proceso, unha identidade que funcione coma eixe cohesionador dun continuo de lectura (ou escoita, visionado, etc.), escrita (ou enlace a contidos), ou acción (coma o poke ou o like) 5 son os fundamentos do que logo explicaremos coma unha performance da personalidade na rede social.\nNeste contexto, un “lector” paradigmático sería aquel cunha conta de correo electrónico (ou varias), un perfil nunha rede social –ou varias, neste caso propoñemos Facebook por ser o máis popular e permitir un maior número de interaccións– e unha serie de páxinas de contidos que acostuma visitar –xornais, revistas, portais de compravenda, buscadores de contidos temáticos, blogs persoais, foros ou calquera outro tipo de espazo.\nFacebook: a rede social\nNun momento dado de The Social Network, o personaxe de Sean Parker, codirixente de Facebook na súa primeira etapa de éxito global, refírese a Facebook como a plataforma que fará posíbel a dixitalización da vida.\nThe next transformative development? A picture sharing application. A place where you view pictures that coincide with your social life. It is...the true digitalization of real life. You don’t just go to a party anymore, you go to a party with your digital camera and your friends relive the party on Facebook 6 . 6 O novo desenvolvemento transformativo? Unha aplicación para compartir fotos. Un espazo onde ver imaxes que coinciden coa túa vida social. É a... a auténtica dixitalización da vida real. Xa non vas de festa e listo; vas de festa coa túa cámara dixital e os teus amigos reviven a festa en Facebook.\nFacebook resume e habilita todos os recursos do alfabetismo dixital. Proporciona unha base persoal que gravita nun sistema social e serve de espazo común onde deitar e compartir toda a nosa experiencia multimedia. Permite a cada usuario definirse e dar a información que considere necesaria nun perfil que funciona como segmento persoal da rede. Unha vez asignados os datos principais, dá a oportunidade de publicar contidos propios ou enlaces a outros, que poden ser comentados coma se cada un resultase un fío dun foro. Ademais, permite subscribirse a calquera das páxinas non persoais que teñen cabida en Facebook –en representación de deportistas, artistas, empresas, organizacións, eventos, etc.– e seguir así, mediante un sistema de feeds (avisos), calquera información relevante ao respecto. Esta información mestúrase coa dos contactos persoais na pantalla de “noticias”, que é o espazo común no que se deitan todas as expresións das entidades ás que o usuario elixe conectarse. Este conxunto de mecanismos e máis fan de Facebook unha especie de híbrido humano e tecnolóxico que permite filtrar a infinidade de contidos de internet a través dos propios contactos e intereses de cada un.\nDalgunha maneira, Facebook convértese nunha axenda, guía e centro de actividades na rede de redes. No seu libro Othermindedness, do ano 2000 –a data, neste caso, é moi significativa: van xa once anos–, Michael Joyce, probabelmente o máis recoñecido dos escritores e ideólogos hipertextuais, queixábase da rixidez das xerarquías no movemento pola rede.\nIf I move from your page to a certain site you point to, I am obliged to come back to your page if I wish to visit another of the sites you point to. In the process of doing so I begin to construct a contour that represents at very least the momentary ranking of my own interests and curiosity and, at worst, my lonely reading of what I think to be what you value. You cannot yet easily point me from your page to another site and lead me back to a second page of yours. There is as yet no way to shape a reading of successive spaces, whether visually, socially, or through sequenced links to and from exterior sites 7 (Joyce, 2000: 52). 7 Se vou da túa páxina a outra web que me suxires, teño que volver á túa páxina se quero visitar algunha outra das túas suxestións. Nese proceso comezo a construír un contorno que representa como mínimo un gráfico dos meus intereses e da miña curiosidade e, no peor dos casos, da miña lectura solitaria do que considero que ti valoras. Mais ti non podes guiarme da túa páxina a outra web e de alí a unha segunda páxina túa. Aínda non hai maneira de configurar unha lectura de espazos sucesivos, nin visual, nin socialmente, nin por medio de enlaces secuenciais de ou a páxinas exteriores.\nA interface de Facebook podería interpretarse, en certos aspectos, como unha posíbel solución ao problema que Joyce presentaba. Basicamente, esta rede social combina a independencia das páxinas persoais, similares ás que Joyce tería en mente no 2000 (renomeadas como “perfís”) e a dinámica dun lugar común que sería o famoso bloque de “novas”, implementado en 2006, onde conflúen, nun eixo cronolóxico, navegábel sen necesidade de saltos nun scroll (desprazamento, escorregamento) vertical, todas as achegas, os enlaces e as suxestións que cada contacto decida compartir. Así, nin o trazado da lectura persoal é lonely (solitario), dado que se realiza nun espazo común, con outros usuarios moitas veces conectados en tempo real comentando e xerando conversacións sobre as ligazóns e posts (publicacións), nin ese reading of successive spaces é tan imposíbel, xa que os enlaces se incorporan agora á pantalla de “noticias” comúns que nin sequera ten por que ser abandonada cada vez que se queira profundar nun deles, grazas á opción “abrir noutra pestana/ventá”, implementada por varios navegadores na segunda metade da década pasada.\nPerformatividades en Facebook\nO noso comportamento día a día pode ser descomposto en multitude de rituais ou, en termos de Richard Schechner twicebehaved behaviours, algo así como “comportamentos recorrentes”. En Facebook temos unha performance dixital e multimedia que emprega a literatura como un dos seus vértices. Así que posuímos unha personalidade que poremos en práctica a través de, entre outros medios, a escrita. Do mesmo xeito, poderiamos entender como performance o comportamento dun narrador, seleccionando e entregando os fragmentos de información de acordo cun patrón suxerido pola personalidade que lle concede o escritor. É dicir, o escritor pon en práctica o seu deseño persoal de narrador mediante o que é a narración da novela. Así, podería incluso entenderse a novela como o resultado deste tipo de performance. Por exemplo, poderiamos entender que Nabokov imaxinase a Humbert Humbert, a súa forma de ser, como o portador das esencias (unha crítica existencial, un ensaio sobre o poder da linguaxe, se cadra) que quere expresar. Lolita sería o resultado dunha performance, dunha execución do texto “personalidade de Humbert Humbert” por parte de Nabokov; coma se llo explicase a un actor e despois lle pedise que improvisase o papel sobre esa base de características psicolóxicas. Schechner trazou unha relación similar entre o usuario da rede e a súa identidade ao comunicarse en certos espazos dixitais.\nWhat is gaining in importance is hypertext, in the broadest meaning of that word. Hypertext combine words, images, and various shorthands. People who own cell phones use the keypads to punch out messages that combine letters, punctuation marks, and other graphics. This widespread practice is called “texting”. Texting is not writing as taught in schools, nor is it voice telephony, or even email. Texting leaves lots of room for interperetation. What’s not said or depicted explicitly is read in - a very wide range of implied feelings, requests, and desires. As in chat rooms, the persons of texters can be partly or fully fabricated. Texters perform their assumed identities, which may or may not be who they “really are”. This kind of writing is unliterary but highly performative. It demands that senders and receivers use their imagination in transmitting and interpreting the dynamic cloud of possibilities that surrounds each message. As with indeterminacy in physics, only when someone “pins down” a message does it take a definite shape. And as in a jazz improvisation, what happens is a onceonly interaction 8 (Schechner, 2002: 5).\nNa reedición de 2005, Schechner omite parte do texto citado. Moi significativamente, o fragmento no que se mencionan as interaccións en chat rooms, onde as identidades non eran reais na maioría dos casos. Isto pode deberse á irrupción do modelo de Facebook en 2004, que presentaba identidades reais nun contexto relativamente formal. Facebook comezou como unha versión dixital do anuario de Harvard, cunha motivación social –na súa orixe tiña unha función como páxina de citas para universitarios– e que, dada a súa versatilidade e as funcións innovadoras que achegaba, estendeuse moi rapidamente, primeiro a outras universidades e logo ao mundo en xeral. A performance da identidade á que se refería Schechner na primeira edición era moi obvia nos chats, pero eu considero que o mesmo proceso se segue a dar neste novo modelo maioritariamente estruturado arredor das identidades reais.\nCando unha persoa se dá de alta nunha rede social asume un papel, asociado ou non ao seu nome real (oficial ou legal), que condiciona as súas actividades. Como na vida fóra da rede, a forma de ser de cada un é representada, normalmente de xeito involuntario, en cada acto. Ao pasar dun medio natural a unha rede social como Facebook, no que o modo de comunicación primario (fala, linguaxe xestual e mirada) se ve necesariamente suplantado polos recursos multimedia que ofrece a tecnoloxía, o usuario de Facebook atópase cunha serie de comandos, de opcións e de estratexias ás que poder recorrer para poñer a súa personalidade en acción na rede. A escrita, tanto producida orixinalmente coma referida ou editada, é un destes medios, e vese fertilizada por outros como a imaxe, o son ou comandos propios do Facebook como o utilizadísimo like (“gústame”), que salta por riba da linguaxe reducindo a un só clic o comentario máis habitual: “coincido, a favor, gústame”. Trátase dun novo código baseado na asociación e adhesión aos discursos que conflúen na plataforma, primando a propia adhesión por riba da elaboración do discurso.\nEste actuarsen-actuar de Facebook, entre o relato e a representación, precisamente a compoñente performativa que se quere expoñer aquí, está a obrigar a que moitos códigos éticos se repensen. Obviamente, hai unha diferenza entre levar a cabo unha acción no mundo real e simplemente reflectila no espazo social e de comunicación que alberga a rede. A cuestión é até que punto a performance en Facebook está suxeita ás normas da sociedade primaria. Resulta ilustrativo o exemplo, saído en xuño de 2011, do congresista demócrata estadounidense Anthony Weiner, cuxa esposa, Huma Abedin, e estreita colaboradora de Hillary Clinton, foi protagonista dun escándalo sexual sen precedentes ao intercambiar fotos grotescas e mensaxes de contido sexual con varias mulleres a través de Facebook. Segundo a opinión popular e os medios norteamericanos, esta forma de actuar convértese nunha perversión e unha infidelidade executadas a través da rede social.\nEl caso impactó también por el modelo de la infidelidad. Weiner no es, desde luego, el primer miembro del Congreso norteamericano a quien se le coge en flirteos extramatrimoniales. Pero sí es el primero que lo hace únicamente de forma virtual. En su comparecencia aseguró que nunca llegó a tener sexo real con las mujeres con las que interactuaba en la Red, lo que ha dado lugar a muchas reflexiones sobre el alcance de la traición en los tiempos actuales, en los que el pensamiento (la tentación) se transforma en palabras y mensajes de forma instantánea. Es posible que, si lo que escribió online, hubiera tenido que hacerlo en una carta, ponerle un sello y enviarlo al correo, Weiner hubiera tenido tiempo para pensárselo mejor 9.\nParticularidades da nova lectura\nNas condicións descritas até agora, a lectura non só cambia en forma e contido, autoría e autoridade, senón que eses cambios estruturais afectan á vida dos lectores, aos seus hábitos de lectura. Xa non é que non se poida ler nun soporte dixital do mesmo xeito que se lía un libro de papel, relaxado na bañeira, á sombra dunha árbore ou no tren, situacións vencelladas á lectura que moitos puxeron na contra do sistema dixital. Pódese facer todo iso, grazas ao avance tecnolóxico que acomodou os formatos ás necesidades do usuario (estimulado pola industria, claro). O cambio máis salientábel é o da configuración mental que o lector adopta cando vai afrontar unha sesión de lectura. Coa intervención das novas tecnoloxías da comunicación, a inercia e a estabilidade da relación tradicional entre ser humano e texto escrito viuse atomizada en diversas condicións que será interesante repasar:\n- Lectura multimedia: a nivel formal, o modelo de lectura que se pode levar a cabo na rede é radicalmente diferente, ao converxer varias dimensións de discurso nunha mesma actividade. En termos ingleses, a alfabetización tradicional da literacy torna electrónica no neoloxismo electracy, que pretende ser máis exacto no caso da navegación por internet. A oralidade e o literario vense complementados pola imaxe e o son, enlazados ao mesmo texto, cada vez máis heteroxéneo e, con todo, gañando forza a medida que asimilan as posibilidades do multimedia. Moitas cadeas referenciais comezan a semellar superfluas: agora unha imaxe ou un vídeo poden ir integrados no texto harmoniosamente. Unha felicitación de aniversario pode ser unha canción. O uso de imaxe e son intégrase cada vez con máis eficacia na comunicación cotiá, que aínda está a negociar unha dinámica que leva moitos anos sendo fixa nas publicacións oficiais como revistas e xornais.\n- Lectura social: as redes sociais aliméntanse continuamente de contidos que os seus usuarios “soben” ás súas contas e que, dese xeito, pasan a ser lidos e comentados nun contexto de comunidade. Así, os contidos gañan cobertura publicitaria –pódese saber cantas persoas comparten cada enlace nos seus perfís de redes sociais, é un importante medidor de popularidade– e os usuarios acadan así o combustíbel para o funcionamento da súa empresa social: algo do que falar, algo que ofrecer ou algo que simplemente dea constancia da existencia de un na rede. A cantidade, tipo, calidade e éxito (en volume de comentarios) de cada enlace, de cada contido compartido, determina quen e como é cada usuario. Deste xeito dáse orixe a unha confluencia de discursos que queda rexistrada e publicada na que é posíbel “ler” a alguén sen que ese alguén teña que escribir nada. Unha nova morte do autor: agora xa nin sequera escribe.\nDo mesmo xeito que un individuo pode ler os seus contactos a través desta actividade, a súa actividade vese condicionada irremediabelmente polos seus contactos. Dificilmente poden existir dúas lecturas iguais na rede social, xa que os contactos persoais de cada un, máis as afinidades e grupos aos que se asocia, crean o fluxo de información que acabará procesando.\n- Lectura e Antoloxía / Lectura e Arqueoloxía: estritamente vencellado a esa lectura social existe un novo sentido no que os contidos son administrados. En paralelo ao constante pulso da actualidade, as características de internet e das redes sociais convidan a unha constante arqueoloxía e antoloxía de todo o rexistrado con anterioridade, tanto nos anos de vixencia da esfera virtual coma no pasado máis ou menos distante, saltando de formato en formato: da momia ao manuscrito sobre a momia, a fotografía do depósito e a dixitalización e carga na rede de todo o anterior. As seleccións persoais de cancións, imaxes, fragmentos cinematográficos, literarios, rarezas e documentos son discutidas e comentadas nunha asemblea constante que acelera as tendencias, as revisións e solidifica un zeitgeist cada volta máis efémero e verificábel. Os canons constrúense, reafírmanse e son destruídos. A crítica popular esténdese e demostra que responde a un impulso universal humano. - Lectura febril: non só é nonlineal na súa estrutura hipertextual, tamén o principio e o final de cada sesión vense alterados e repetidos varias veces, creando sensacións alleas ás da lectura tradicional. A inestabilidade dos contidos, que se renovan e actualizan constantemente, engadida á resposta emocional da comunicación persoal, sempre aberta a tantos focos coma contactos se teñan, contribúen en gran medida aos comportamentos adictivos na rede.\nOs tempos tradicionais, tanto xornalísticos (edicións diarias, semanais, xeralmente matinais, etc.) coma sociais (encontros pactados, lugares de reunión frecuentes, etc.) substitúense por un influxo irregular, permanente e, nalgúns casos, absorbente. A función de refrescar a páxina (F5 ou cmd R) convértese nun comando omnipresente e o palimpsesto da lectura dixital é reactivado freneticamente pola ansia de novas informacións. É unha das consecuencias do latexar duns textos vivos e cambiantes. Textos que, por outra banda, adoitan ser consumidos parcialmente. A oferta é inmensa e continua e a marxe de atención cada vez máis pequena.\nConclusión\nComo un xogador, que atende ás posibilidades que se lle brindan e escolle os camiños e as accións que mellor se adaptan aos seus desexos –dentro do marco máis ou menos limitado do xogo–, un lector experimenta nas redes sociais unha especie de xogo cos materiais audiovisuais e textuais da realidade. Estes materiais son reproducidos, comentados e asociados á súa personalidade na rede seguindo impulsos non só lúdicos senón emocionais, sociais ou, como vimos no referido á estética do cotián, tamén artísticos.\nLondres"} {"summary": "Lonxe de tratar de definir a performance, este traballo pretende avaliar a extensión e os límites do que na actualidade se considera performativo. Realízase unha aproximación á problematización do corpo como un dos eixes fundamentais na investigación arredor dos procesos culturais da posmodernidade, confrontando diferentes achegas teóricas con algunhas propostas artísticas e culturais do ámbito hispánico que se formulan dende o corpo nun ción social), evidenciando a permanente interconexión e hibridación de medios e xéneros.", "text": "deconstrución do xénero: a acción e a abxección no ideal performativo da cultura contemporánea 1 María López Suárez [Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011] 1 Este artigo foi elaborado no marco do proxecto de investigación INCITE09 204039 PR: “Literatura electrónica en España. Inventario e estudio”.\n : corpo, hibridación, performance, posmodernidade. abstract Far from trying to define the term performance, this paper aims\nPensar o corpo performativo\nDende o propio paradigma en que é necesario situarse para abordar o concepto de performance, calquera aproximación debería non só renunciar a intentos definitorios, senón ir máis lonxe e recoñecer, en primeiro lugar, o carácter funcional do termo: a performance non sofre modificacións ao longo da historia, o que non impediría realizar un percorrido de corte empírico que cartografase o funcionamento da categoría “arte de performance ” como xénero artístico institucionalizado, se ben a tarefa de historiar outras formas de intervención social adscritas a esta designación resultaría máis problemática dende o punto de vista práctico 2.\nA performance tampouco se localiza nas marxes: o seu carácter intersticial deriva, fundamentalmente, da necesidade de aglutinar baixo un comodín aquelas prácticas culturais e artísticas que estratexicamente se sitúan nas fronteiras doutras categorías mediais e xenéricas. E é este mesmo procedemento, adoptado polo campo académico denominado Performance Studies, o que permite asegurar a performatividade como modelo epistemolóxico, pragmático e até ontolóxico da posmodernidade, como sinala Marvin Carlson (2005) no seu estudo introdutorio. A incorporación de determinadas achegas procedentes da Lingüística (Austin, 1962) a unha perspectiva eminentemente antropolóxica (Schechner, 2002 e Turner, 1982) confluíu nas últimas décadas do século XX co paradigma postestruturalista, os estudos de xénero e poscoloniais e os estudos queer nun movemento de expansión de ambiciosas dimensións: “a feliz alternativa para expandir a nosa visión do que é a performance consiste en estudala non só como arte senón tamén como significado dun proceso de comprensión histórico, social e cultural” (Schechner, 2004: 9) 3.\nÁ súa vez, o corpo, concibido na contemporaneidade como axencia central de construción da realidade, concentra nun esquema de constantes fenomenolóxicas e corte postestruturalista unha dialéctica presenza/ausencia que aglutina nel o gran proxecto estético occidental. Tomado e formulado como molde do suxeito, proporciona unha constante oscilación entre a materia e a virtualidade que serve a diferentes programas políticos e identitarios, readaptados dende a inmediatez da experiencia física até o simulacro global no imaxinario colectivo. A fórmula procesual, adoptada tanto pola lóxica do mercado como pola lóxica institucional ou por, entre outras, determinadas lecturas de Foucault impulsoras da transformación dos mecanismos de poder dende o corpo (Foucault, 1990), é a que axusta os niveis de intervención na esfera social, executados no ámbito artísticocultural nunha tensión aparentemente fragmentaria e dispersa, pero constante, entre o íntimo (body art, experiencias transxenéro) e o espectacular (teatro, acción, land art, instalación, vídeo) e aínda aquilo que fica no medio e baixo o que poden diluírse todas estas categorías (o posthumano, a experiencia cyborg, o hipermedia, o transmedial…) 4. En ausencia doutras, ademais, esa mesma fórmula resulta operativa dentro das mesmas fronteiras que supostamente atravesa; é así que hoxe podemos falar de performatividade na poesía, na narrativa e, por suposto, no teatro entendido como xénero literario. Da mesma maneira, falamos de corpo tanto cando aludimos a unha práctica de danza contemporánea como cando nos referimos aos obxectos expostos nunha galería como restos corporais. É o ideal performativo o que mantén a tensión entre o dentro e o fóra do corpo na cultura e na arte actual 5.\nA crítica da cultura dende o corpo\nChegados a este punto, é necesario advertir contra a clausura efectuada por unha atención crítica excesivamente formalestrutural á produción artística contemporánea en que a noción de proceso converxe con outros termos como “fragmentariedade”, “simultaneidade” ou “descentramento do suxeito” como factores dun irreversíbel estado de desorientación e intranscendencia. Se algo é característico do período comprendido entre a irrupción das vangardas históricas até a actualidade, é a constante procura de espazos de significación, configurados en interseccións xenéricas e mediais, cando non\nO concepto de liminalidade como espazo de resistencia contra o poder está presente na maior parte das achegas críticas centradas na performance ou no corpo dende que Victor Turner (1982) o empregase na súa análise antropolóxica de rituais e actividades sociais. Propostas como a de Peggy Phelan (1996) inciden na hipotética resistencia da performance, como expresión marxinal, á economía da reprodución, considerándoa independente do valor do mercado e do réxime de produción cultural que o sustenta 6. Pola súa banda, o xiro performativo introducido por Judith Butler (1990) na consideración do xénero sexual inclúe unha noción de marxinalidade como dimensión desestabilizadora para o desvelamento das construcións “constitutivas” do corpo, tanto no contexto da acción teatral como na práctica dunha certa liminalidade á vez teórica e pragmática:\nDeime de conta que non podía fixar os corpos como simples obxectos do pensamento. Os corpos non só tenden a indicar un mundo que está máis alá deles mesmos; ese movemento que supera os seus propios límites, un movemento fronteirizo en si mesmo, parece ser imprescindíbel para estabelecer o que os corpos “son” (Butler, 2002: 11).\nAmelia Jones, na introdución ao seu estudo crítico da arte corporal, centra na fisicalidade das primeiras performances feministas a capacidade de transformar non só as políticas de representación dentro da cultura visual contemporánea, senón tamén o mesmo funcionamento da crítica institucional. Segundo ela, un dos grandes contributos da arte corporal é a introdución das “relacións intersubxectivas corporizadas” no campo da arte, xa que o corpo, incluso nas ocasións en que mostra a súa fragmentación ou ausencia, estimula a consciencia de que a integridade é unha trampa ideolóxica, provocando unha apertura que insire o corpo no social e modula o xénero en función da raza, a clase, a etnia, a nacionalidade:\nO Body art pídenos unha interrogación non só da política da visualidade, senón tamén doutras estruturas a través das cales a materia colle forma polo inevitábel intercambio erótico da interpretación (Jones, 1988: 23).\nNun traballo posterior, a propósito da exposición “A batalla dos xéneros” 7, Jones directamente invoca unha política de identificación e autocuestionamento que preserve de versións mercantilizadas o legado da arte feminista, depurado así e todo da tendencia á universalidade; isto lograríase, segundo a teórica, a través dunha comprensión do xénero que aposte polo seu carácter “interseccional”, segundo o concepto cuñado pola feminista Kimberlé Crenshaw, pois: “Non existe un momento só no que o xénero se experimente ou se entenda dun modo que non sexa interseccional” (Jones, 2007: 53). En relación con isto, Rebecca Schneider (1997) argumenta que os corpos explícitos na performance cuestionan a perspectiva binaria en función de xénero, raza e clase, provocando a mesma subxectivación do suxeito crítico, un suxeito que retorna dun xeito diferente tras a experiencia reflexiva.\nSegundo se leva visto, todas estas propostas privilexian o corpo como lugar de reflexión e acción: nel concentran aqueloutras categorías (xénero, clase, raza) que manteñen unha orde binaria de representación do mundo dende o punto de vista occidental; en consecuencia, a súa desestabilización proviría dun exercicio crítico posicionado e consciente. O problemático desta fundamentación teórica é o grao efectivo da súa aplicabilidade tanto no social como na praxe crítica, xa que resulta difícil extraer de aquí estratexias concretas que transcendan a mera declaración de intencións. Pensar o corpo performativo no Estado español axuda a comprender os desvíos e a ineficacia dun paradigma de aspiración global pero construído nun contexto concreto: o ambiente dos estudos poscoloniais nos Estados Unidos e a interdependente dinámica iniciada nos países latinoamericanos que acolleron con éxito este tipo de estudos 8.\nintervención\nUnha das grandes dificultades á hora de abordar o estudo do corpo performativo é precisamente a virtude da non linealidade, unha oscilación permanente entre a arte conceptual e os teatros físicos e da experiencia que estabelece camiños de ida e volta, dende a introspección dalgunhas propostas experimentais centradas no individuo até a espectacularidade máxima ou a (ciber)acción como modo de intervención social. Como demostra Abuín (2006), é posíbel estabelecer miles de conexións entre diversas manifestacións culturais actuais (literatura, cinema, teatro, videoxogo, performance artística ou dispositivos híbridos) cuxas principais características son a impredicibilidade, a transformación e, en fin, a performatividade. Despréndese deste mesmo estudo, por outra banda, a crucial importancia da tecnoloxía no desenvolvemento dunha serie de poéticas que, dende os primeiros traballos experimentais de Allan Kaprow ou John Cage, basean na improvisación e a mestura a súa negación da categoría “receptor”, inseríndoo como parte integrante da obra. Esta tradición, de ampla vixencia hoxe en día na arte electrónica e no uso de interfaces e diferentes sistemas que Brea (2002) denomina “posmediais” 9, apréciase na súa vertente máis espectacular na traxectoria do grupo de teatro La Fura dels Baus, sen ir máis lonxe.\nO intento de implicar o espectador desequilibrando a corrente unidireccional do teatro dramático e da obra aurática está moi presente na xénese doutro tipo de formulacións, como os teatros físicos de débeda artaudiana ou brechtiana, accionista ou situacionista. Non obstante, hoxe en día resulta imposíbel pensar nun teatro que non recorra á combinación de diferentes medios na procura deste obxectivo. De maneira que a hibridez se impón como factor inescusábel en calquera análise, incluso nas desenvolvidas dende unha perspectiva estritamente teatral ou semiolóxica.\nvan destinados en gran parte das universidades anglosaxoas á investigación no ámbito da homosexualidade masculina, en prexuízo da muller como suxeito histórico). Non obstante, cómpre non subestimar a súa gran contribución teórica no que respecta ao desmantelamento dos mecanismos de construción do xénero. 9 O concepto “posmedia” supón unha superación da noción de hibridez ao considerar que a caracterísitica fundamental desta época é a transformación, e non o uso, dos mesmos medios de produción e distribución, como demostran as infinitas iniciativas xurdidas na rede: esta non pode ser concibida como soporte ou medio, senón como espazo de transformación.\nA hibridez, compoñente da condición da performance como medio posmoderno por antonomasia segundo Kaye (1994), está tamén na orixe da achega teórica de HansThies Lehmann: este propón o concepto “teatro posdramático” para a abordaxe crítica dun tipo de presentación escénica profundamente marcada pola cesura da irrupción do cinema. O teatro posdramático baséase na imaxe e, polo tanto, na parataxe, a simultaneidade de elementos perceptivos, a nonxerarquía de medios (danza, musicalidade, sinestesias derivadas dunha sorte de “poesía escénica” e procedementos, cando non directamente tecnolóxicos, propios do cinema). Trátase da deconstrución do drama como tal:\na dramaturxia visual non significa aquí unha dramaturxia exclusivamente visual e organizada, senón outra non subordinada ao texto e que pode desenvolverse libremente na súa propia lóxica (Lehmann, 2006: 93) 10. Esta total desvinculación do drama e, en consecuencia, a independencia do texto é evidente e reiteradamente reivindicada polo grupo galego Matarile Teatro, cuxos espectáculos de teatrodanza proceden da creación colectiva nunha poética do proceso, coa negación do personaxe e o principio de coreografía escénica como trazos principais.\nO principio de indeterminación e a definitiva desvinculación do texto como elemento organizador da montaxe teatral, considerada como forma autónoma capaz de abrir novos niveis de significación por Vanden Heuvel (1991: 5), resultan reveladores á hora de comprender o teatro contemporáneo en función dunha vontade interdisciplinaria, o que ten levado a reclamar unha metodoloxía consecuente para o seu estudo. É así que nos últimos anos xurdiron algunhas propostas tendentes á integración de disciplinas, se ben algunhas delas excesivamente centradas no aspecto formal e até entusiastas co elevado valor económico –e, por tanto, simbólico– dalgunhas montaxes, como a de Espinoza e Miranda (2009). O que se propón é contemplar a escena teatral xa non como un medio que sofre interferencias doutros, senón como o lugar da mutación, da transmedialidade :\nLa transmedialidad no es una mera agrupación de medios, esto no es un acto puramente medialsincrético, ni tampoco es la superposición de formas de representación medial, sino –como en el caso de la hibridezun proceso, una estrategia, condicionada estéticamente y que no induce a una síntesis de elementos mediales, sino a un proceso disonante y con una alta tensión (Toro, 2001: 32).\nEntre o teatro e o cinema documental analiza Sánchez (2007) unha tendencia cada vez maior á poética do encontro, efectuada principalmente nunha apertura ao oprimido como o Outro excluído, na xeración de espazos intersubxectivos e “reais” (entre moitas outras, trata as propostas de Sara Molina, Roger Bernat, Simona Levi ou Angélica Liddell, todas elas inscritas nunha esfera “relacional”).\nA “arte relacional”, defendida por Nicolas Bourriaud como a propia da posmodernidade, é unha arte intersubxectiva que se constitúe na elaboración colectiva do sentido e cuxo problema non é xa desprazar os límites da arte, senón “poner a prueba los límites de resistencia del arte dentro del campo social y global” (Bourriaud, 2006: 34). Definida como a “actividad que consiste en producir relaciones con el mundo con ayuda de signos, formas, gestos u objetos” (Bourriaud, 2006: 135), expón unha “duración por experimentar” e non un “espazo por recorrer”. Así formulado, o paradigma relacional encerra na propia institución arte a resistencia ao campo social, en paralelo ás propostas que, como vimos anteriormente, concentran no corpo o potencial de acción: este é un dos principais inconvenientes da estética relacional, como sinala Jordi Claramonte (2001) 11. Diversas posturas, como a de Nelo Vilar (2003), apostan pola creación dunha “criptoarte” ou arte secreta que efectivamente se manteña á marxe da institución e do mercado. Wert (2006), pola súa banda, inclúe no seu percorrido pola arte de acción en España prácticas de rúa (guerrillas, graffiti, stencilgraffiti, etc.), documentando procedementos de vocación periférica que, á maneira das performances dalgúns colectivos como o galego Maribolheras Precarias, ou doutras fórmulas de acción que a seguir mencionaremos, operan no lado da performance menos próximo á institución.\nO corpo en abxección: autoficción e espectáculo\nComo vimos intentando soster, resulta practicamente imposíbel concibir algunha práctica artística na actualidade prestando unicamente atención a un único medio, tradición ou disciplina. Un seguimento da longa traxectoria de Esther Ferrer, un dos referentes na arte de performance en España xunto co grupo Zaj, evidencia esta tendencia á oscilación entre o concepto, o obxecto e o corpo, como sinala Aizpuru (1997).\nDo mesmo modo, certas cuestións relativas á arte corporal só poden explicarse a través dunha lectura dialóxica. Sinálase adoito que a inserción do corpo do artista na obra comezou a experimentarse no expresionismo abstracto, en concreto mediante a literal invasión do lenzo por parte de Jackson Pollock, cuxo proceso de creación foi amplamente documentado e publicitado 12. Por outra banda, tende a estabelecerse unha liña discursiva paralela á hora de tratar os diferentes proxectos artísticos elaborados nas últimas décadas do século XX dende posicionamentos feministas. Como sinalan Jones (2006) ou Aliaga (2007), a maior parte destas últimas propostas só cobran sentido en relación coa súa ironía fronte ao suxeito (home, heterosexual e branco) de Pollock. Trátase de accións como as exploracións do corpo feminino de Carolee Schneemann; a pintura vaxinal de Shigeko Kubota; a impactante performance Rape Scene de Ana Mendieta; os conceptuais cortes na pel de Gina Pane; o pornoterrorismo de VALIE EXPORT; as tácticas das Guerrilla Girls; e tantas outras.\nO mantemento de certos modelos de representación ou acción prodigamente experimentados naquelas datas é, dende este punto de vista, sumamente sorprendente. En particular, a recorrencia ao abxecto, que atravesa gran parte das manifestacións artísticas e culturais de vontade radical nos inicios do século XXI.\nNo ámbito do teatro, adoita sinalarse a Rodrigo García como un dos representantes desta poética do abxecto, principalmente polo uso do orgánico e o exceso. Máis alá da provocación, os residuos son concibidos como constituíntes do suxeito no réxime de sobreprodución capitalista (Sánchez, 2007: 157160). Abuín (2006: 204) suxire que a este novo teatro podería atribuírselle unha certa condición de “homelessness”, tamén adscribíbel a autores como Carlos Marqueríe, Roger Bernat, Elena Córdoba ou Angélica Liddell. A traxectoria desta última, cuxa figura pública transcende os límites da creación escénica, partiu do recurso a un infantilismo perverso e obsceno, similar ao sadomasoquismo infantil de Bob Flanagan e, tras diversas incursións no ámbito da performance, as súas obras inicialmente dramáticas foron camiñando cara a unha exploración performativa dos límites corporais, na combinación do monstruoso, a experiencia orxiástica e a indagación nun eu totalmente exposto a modo de vítima sacrificial pola dor humana.\nNo ámbito queer realizouse unha importante achega por parte da filósofa Beatriz Preciado, principal introdutora canda Paco Vidarte desta corrente en España e autora do Manifesto contrasexual, un texto que profundaba na achega filosófica de Judith Butler, propoñendo diversas formas de intervención sexopolítica fundamentadas no carácter transferíbel do falo como construto lóxico. No “ensayo corporal, ficción autopolítica o autoteoría” titulado Testo yonki, lévase a cabo unha escrita performativa en que se van explorando as construcións do eu a través da intoxicación voluntaria con testosterona. A obra, que comeza co relato dunha “videopenetración” (un ritual dragtransxénero en homenaxe ao amigo falecido Guillaume Dustan), ensaia un procedemento teóricocorporal, entre a biografía, a acción, o convite programático, a ficción e a arqueoloxía do que ela denomina o “régimen farmacopornográfico”, o réxime liberal baseado principalmente na “pornificación del trabajo” e no control das subxectividades mediante as ficcións somáticas e a manipulación ou construción farmacéutica e pornográfica dos corpos:\nEn la pornografía, el sexo es performance, es decir, representación pública y proceso de repetición social y politícamente regulado. […] Paralelamente a Butler, en los años ochenta, la actriz porno Annie Sprinkle introducirá un nuevo desplazamiento performativo en la comprensión de la identidad al definir esta vez no ya el género, sino la sexualidad en términos de performance. Para Sprinkle, la verdad de la sexualidad que la pornografía pretende capturar no es sino el efecto de un dispositivo de representación, de un conjunto de coreografías corporales reguladas por los códigos de representación bien precisos, semejantes a los que dominan la danza, la acción en la cinematografía clásica o en el teatro (Preciado, 2008: 181182).\nComo explica Preciado, esta introdución da idea de performance na sexualidade é o motor de diferentes prácticas adscritas á denominación “posporno”, inseridas nos últimos anos no tecido social peninsular mediante a celebración de talleres drag king e festivais que levan ao extremo a performance de xénero e propoñen a performance sexual como forma radical de intervención política, desenvolvendo a idea de “pornoterrorismo” iniciada por VALIE EXPORT cara a un despregamento de desexos e actitudes abxectas, fóra da norma heterocéntrica 13.\nO “posporno”, na súa vertente máis espectacular e irónica, maniféstase nas performances de Sonia Gómez, cuxas obras se inscriben na tradición do cabaré, un medio experimentado por Annie Sprinkle nos setenta e tamén explorado na súa vertente pornoshow polo performer Albert Vidal. Gómez, que ten incorporado á súa propia nai á escena en obras como Mi madre y yo e Las Vicente matan a los hombres, oferta mediante acordo xurídico un catálogo de prácticas bondage, disciplina, dominación e submisión en Experiencias con un desconocido (2009).\nTamén foi percorrida a dimensión espectacular por Antón Lopo, un artista galego que leva traballado no ámbito da performance e da experimentación poética. O seu espectáculo Prestidixitador (2001) era unha especie de cabaré queer, posta en escena dun eu abxecto, sadomasoquista e inmerso no orgánico, nun xogo constante co transformismo e a identidade.\nProcurouse nesta achega realizar unha pequena aproximación a diferentes puntos clave de intersección entre dous conceptos: corpo e performatividade. Como a arte de performance, a performatividade é un termo intraducíbel pero de indubidábel proveito. Cabe agora avaliar en que medida marxinal e en que medida significativo por esa mesma causa. Cabe, tamén, pensar cantos camiños de ida e de volta hai dende o corpo e cantas veces é posíbel provocar unha ruptura.\nNon se fuxiu, como pode comprobarse, da contradición, senón que se mantivo o intento de sinalar, na medida do posíbel, as fronteiras e inestabilidades, así como as zonas de converxencia entre algunhas das contribucións á consideración do corpo como proceso na contemporaneidade. Tentouse propor tamén como proceso o propio traballo, cun decidido xesto de convite á crise e á reflexión compartida.\nMaría López Suárez\nUniversidade de Santiago de Compostela Bibliografía Abuín, Anxo. 2006. Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo blanch. Aizpuru, Margarita. 1997. “Esther Ferrer, de la acción al objeto y viceversa”, en Performancelogía [Consulta: 02/06/2011]. Albarrán, Juan. 2011. “Esplendor y ruina de un paradigma: lo relacional, ParísMadrid, MadridLeón”, en Brumaria. Prácticas Artísticas, Estéticas y Políticas [Consulta: 01/06/2011]. Aliaga, Juan Vicente. 2007. Orden fálico. Androcentrismo y violencia de género en las prácticas artísticas del siglo XX. Madrid: Akal. Auslander, Philip. 1999. Liveness: performance in a mediatized culture. Londres: Routledge.\n— 2007. “19702007: O legado da arte feminista”, en A batalla dos xéneros/Gender Battle. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia e Centro Galego de Arte Contemporánea."} {"summary": "Proponse unha aproximación á análise da poesía dixital a partir da exploración dalgúns dos trazos que definen a súa caracterización na actualidade. Reivindícase o seu valor como obxecto de estudo dentro da Teoría e a Crítica literaria contemporáneas, subliñando a súa relevancia para a reformulación dos fenómenos literarios e o estabelecemento de procesos culturais novidosos. Produto derivado da evolución das tecnoloxías informáticas, a poesía electrónica é presentada como unha modalidade discursiva que non só transforma o funcionamento dos textos senón que dá lugar á conformación de novas subxectividades e significacións políticas.", "text": "Tecnoloxía, subxectividade e política: poéticas na paisaxe dixital 1\nNa historia do desenvolvemento dos estudos literarios durante as últimas décadas, a poesía electrónica 2 segue a ser, por desgraza, un personaxe eminentemente secundario. Marxinada no interior dun ámbito que á súa vez aín : literatura, poesía dixital, política, subxectividade, tecnoloxía.\nda provoca receos en diversos ambientes académicos, a poesía dixital é vítima dun dobre proceso de postergación que determina a discriminación da maioría dos seus produtos dentro das liñas de investigación dominantes: “parece evidente que el rechazo o el menosprecio por parte de teóricos y estudiosos de la literatura ante estas prácticas literarias ha sido prácticamente unánime” (Adell, 2003: 139). Se ben o crecente número de ciberpoemas incorporados á rede ou editados en CDROM evidencia a proliferación e a relevancia destes formatos literarios, a súa consideración como un obxecto de análise preferente continúa a resultar, en consecuencia, pouco usual, incluso no escrutinio do emerxente paradigma dixital. Neste sentido, a escasa atención prestada á emerxencia de novas modalidades poéticas non só se sitúa a unha enorme distancia da dedicada ás súas versións máis tradicionais, senón que tamén se contrapón á maioritaria fascinación que os estudosos da literatura electrónica senten polas transformacións acaecidas no campo da narrativa: ao tempo que modelos narrativos tales como a blognovela ou a novela hipermedia suscitan un interese xeneralizado, converténdose no centro de múltiples obras e artigos, a poesía dixital permanece excluída de numerosos estudos e portais de internet vencellados á ciberliteratura.\nA denuncia deste desfasamento entre a reducida visibilidade da poesía electrónica e o prestixio adquirido por outros fenómenos non debe ser interpretada, porén, como unha invitación a abandonar ou refrear o exame da literatura impresa e as narracións dixitais; pola contra, a exposición desta situación debe servir para tomar conciencia da necesidade de ampliar o enfoque da teoría e a crítica literarias contemporáneas mediante a incorporación definitiva da poesía dixital. A inclusión efectiva da ciberpoesía nas análises e os esquemas teóricos dos estudos literarios permitirá, ademais da reparación dunha carencia inaceptábel, o alcance dunha mellor comprensión da nova paisaxe cultural conformada polas últimas innovacións tecnolóxicas. Así, comprobarase que a poesía realizada a partir de medios dixitais altera, dende un funcionamento específico e diferenciado dos doutras modalidades actuais, os modelos clásicos de escritura e lectura, durante longo tempo asumidos como evidentes e definitivos. A implementación dos procesos informáticos no contexto da poesía pon de relevo as normas e restricións que regulan a realización dos fenómenos literarios dentro das fronteiras da cultura impresa; a aparición de novas formas de textualidade produce, por conseguinte, un distanciamento respecto á modalidade até agora dominante, co resultado do estabelecemento da conciencia de que “podría también ser considerada aquélla como un producto de un medio histórico y acaso efímero” (Cabo, 2001: 74). En definitiva, as poéticas derivadas da tecnoloxía informática conducen a unha reformulación da noción de literatura, no referente á ampliación dos seus límites e, igualmente, á reinterpretación das calidades que a definen.\nÁ hora de determinar as alteracións que a poesía dixital introduce na articulación actual do concepto de literatura, cabe sinalar que a poesía electrónica non se reduce a unha translación dos formatos poéticos tradicionais ao espazo de internet ou a soportes materiais diferentes do libro. Deste xeito, tal como sinala Fernando Cabo (2001: 74), debe lembrarse que moitos dos poemas presentes na rede non foron pensados especificamente para ese medio, polo que o seu funcionamento non depende do aproveitamento ou a exploración das posibilidades que este ofrece. A delimitación da ciberpoesía ha de comezar na constatación duns trazos propios que a distingan tanto doutras formas poéticas como doutras vertentes da literatura electrónica. A busca dunha definición da poesía electrónica inscríbese, así pois, na fixación dunha textualidade particular, dunha identidade discursiva única que dunha forma ou outra comparten todas as variantes xenéricas (hiperpoesía, poesía visual, holopoesía, etc.) ás cales aquela engloba. Instituída nunha forma diferencial específica, a poesía dixital desprega una serie exclusiva de elementos, procesos e relacións que dan lugar a novos sistemas de significados, grazas á modificación non só das funcións asociadas ás figuras do autor e o lector senón tamén da estrutura e os modos de enunciación da poesía:\nSuch materials not only make possible forms of writing but also, in the digital medium, contribute to a redefinition of writing itself. By recognizing the conditions of such making of innovative poetry, and by appreciating the material qualities of new computer media, we can begin to identify the new poetries of the twentyfirst century (Glazier, 2002: 1).\nRecorrendo a unha fórmula dificilmente problemática, podería dicirse que a poesía electrónica se corresponde con “aquellas obras poéticas realizadas mediante un ordenador (desde el punto de vista de la programación) y que también necesitan obligatoriamente de un ordenador para ser leídas” (Adell, 2004: 280). A alusión ao necesario uso de dispositivos informáticos na produción e a recepción da ciberpoesía incide na importancia primordial do medio electrónico na constitución dos poemas electrónicos. En efecto, quizais máis que calquera outro factor, o soporte electrónico móstrase como unha condición fundamental para a determinación da poesía dixital: a maioría dos trazos que marcan a identidade da ciberpoesía depende directamente do contorno informático no que se instalan, ou, cando menos, o seu desenvolvemento veríase claramente limitado sen tal plataforma tecnolóxica. Ao igual que sucedera anteriormente coa imprenta, a implantación do medio informático como base das obras poéticas implica a asimilación de diversas propiedades e esixencias inevitabelmente ligadas a el. Con isto, a poesía electrónica expón e investiga as posibilidades ofrecidas polo medio no que se insire, facendo explícitos os mecanismos que rexen a súa execución: na poesía dixital, o mesmo medio convértese na mensaxe dunha maneira especialmente evidente, até o punto de erixirse no elemento central das composicións en numerosas ocasións. Modeladas polo potencial dinámico da tecnoloxía informática, as obras poéticas producidas pola ciberliteratura prescinden da imposición dunha escritura lineal e secuencial para entregarlles aos seus lectores creacións polas que poden navegar libremente. Deste xeito, os poemas electrónicos proxectan una organización descentrada onde desaparece calquera ruta privilexiada ou núcleo de sentido, co que cada aproximación ao texto proporciona unha experiencia de lectura continuamente renovada en función das seleccións levadas a cabo.\nLos enlaces son herramientas semánticas que poseen un significado propio, pero también sugieren otro: un desarrollo del sentido del texto que tenemos que imaginar antes que verlo. Los enlaces nos obligan a pensar asociativamente y a anticipar significados. Podríamos considerar a la hiperficción como una nueva forma entre la prosa poética y la poesía. Combina textos relativamente largos de compleja organización con estructuras y figuras poéticas. La posibilidad del texto digital para añadir un salto físico al desplazamiento mental del significado supone una novedosa dimensión poética que puede estudiarse en la relación con la elección como forma de exploración del contexto (Pajares, 2004: 101).\nAínda que o seu papel nunca chega a ser equivalente ao do autor, o lector dos textos electrónicos goza da capacidade de moldear e reconstruír o texto segundo os seus desexos e impulsos, experimentando a través da súa actuación algunhas das sensacións orixinadas pola creación artística (Murray, 1999: 166). A participación nos poemas dixitais obriga o lector a asumir un rol activo que implica non só a toma de decisións sobre a configuración do poema senón tamén unha influencia directa na xeración dos seus significados, unha competencia que supera con claridade o ámbito da mera interpretación. Paralelamente a esta alteración do réxime de intervención do lector, a figura do autor acapara novas tarefas que se separan en boa medida das que debía afrontar o escritor tradicional; por tanto, a misión do poeta xa no será tanto construír unicamente unha obra con significado como entregarlles aos usuarios do poema os instrumentos lingüísticos e informáticos necesarios para que aqueles poidan elaborar o seu propio itinerario textual. A constatación dun formato poético cunhas condicións netamente orixinais leva, en consecuencia, á comprobación dun tipo de autoría cuns trazos netamente innovadores:\na poesía electrónica no es únicamente una poesía de la pantalla (esto es: de lo que se va a ver y a leer), sino que también es, y de manera significativa, una poética de la programación (…) la tarea del escritor no se halla exclusivamente en el texto que acabaremos leyendo, sino en su programación (Adell, 2004: 288).\nPor máis que tal fundamental traballo de programación se estende á totalidade das producións poéticas electrónicas, quizais a vertente onde se escenifica con maior claridade a súa importancia sexa a poesía xerada automaticamente por ordenador, na cal o poeta manifesta unha renuncia absoluta á responsabilidade sobre a elaboración directa dos textos. Nestes casos, o labor principal do poeta trasládase da manipulación estética da materia lingüística e audiovisual á configuración dun programa informático, por medio da inscrición dunha serie concreta de parámetros e condicións que han de acoutar as innumerábeis posibilidades de combinación abertas polo azar dixital. Ben a través da subministración dun conxunto pechado de termos clave, ben mediante a delimitación dunha forma ou esquema fixo que debe manterse 3, o ciberpoeta exerce en todo momento o seu control sobre o sistema informático que fabrica o obxecto poético final, polo cal a aleatoriedade que poida xurdir deste se atopa sempre sometida aos intereses e propósitos que motivaron a programación. Así, como apunta JoanElies Adell (2004: 290), un dos aspectos que caracteriza a poesía orixinada por computadoras e, a un nivel xeral, a poesía electrónica, é que a súa orixinalidade non reside tanto no resultado das súas produción canto nos recursos da súa creación. De xeito semellante ao que xa ocorrera noutros espazos artísticos, a poesía dixital subliña a miúdo a subordinación do obxecto estético aos procesos que conduciron á súa existencia: por riba das características finais do poema, a énfase estará depositada nestes casos nos elementos básicos que marcaron a súa concepción ou que emerxen da súa interacción cos usuarios.\nEsta imbricación entre poesía e programación xa resulta perceptíbel dende as primeiras mostras poéticas compostas automaticamente con ordenadores, as cales deron inicio á súa vez á conformación orixinal da noción de ciberpoesía. Contra o que popularmente se poida imaxinar, a orixe deste tipo de creacións non se sitúa nas décadas máis recentes, senón que pode ser rastrexada até o comezo da segunda metade do século pasado 4 : foi en 1959 cando se escribiron, en alemán, os primeiros versos electrónicos, orixinados pola máquina que construíran o enxeñeiro Théo Lutz e o lingüista Max Bense na cidade de Stuttgart. Nos anos seguintes, proxectos semellantes permitiron a aparición de poemas informáticos en inglés, en 1960, e francés, en 1965, até que en 1975 tivo lugar a presentación en Bruxelas, co gallo da exposición da exposición Europalia75, do xerador poético concibido polo OULIPO (Ouvroir de Littèrature Potentielle), concretamente polos seus integrantes Paul Braffort, Paul Fournel e Italo Calvino (Vuillemin, 2005: 163). Aínda que os experimentos propostos polos membros do OULIPO non sempre están ligados ao soporte informático, as súas experiencias co contorno electrónico abriron camiño a outros proxectos de trazos variados, por exemplo, grupos como ALAMO (Association pour la Littérature Assistée par la Mathématique et l’ Ordinateur), fundado en 1981 por, entre outros, Jacques Roubaud, Paul Braffort ou JeanPierre Balpe, ou publicacións como Alire, primeira revista de poesía electrónica, instituída en 1989 por Villeneuve de Ascq, Tibor Papp, Claude Maillad, JeanMarie Dutey, François Develay e Phillippe Bootz 5. As oportunidades creativas principiadas por estas iniciativas fundacionais víronse impulsadas, xunto co incremento da accesibilidade e a notoriedade dos poemas dixitais, grazas á difusión global de internet, rede que engadiu á emerxencia de novas opcións de interconexión entre o texto e o lector a promoción de sistemas de programación de maior complexidade e alcance: sen as limitación fixadas por soportes tales como o disquete ou o CDROM, a ciberpoesía ábrese a un vasto universo onde pode converxer con calquera modelo de produto audiovisual, rede social ou dispositivo informativo.\nA revisión das alteracións acontecidas no ámbito xeral da poesía electrónica expón unha progresiva complicación da función programadora involucrada na produción poética, mais, ao mesmo tempo, exhibe unha análoga amplificación dos instrumentos cos que contan os autores para formalizar os seus obxectivos expresivos no medio dixital. A evolución do contexto informático ofrécelle, polo tanto, á poesía electrónica as capacidades tecnolóxicas para levar a cabo proxectos estéticos que, sen lugar a dúbidas, resultaban imposíbeis dende as manifestacións poéticas unidas ao medio impreso. Tanto os xa clásicos exemplos extraídos do contorno do OULIPO e outras múltiples agrupacións como os demais formatos que integran o repertorio poético dixital do presente ou o pasado, continúan, nunha ou noutra medida, o legado dos movementos de vangarda que xerminaron a comezos do século XX, adaptando os seus modos de intervención á actual contextualización histórica e, así mesmo, ás fórmulas tecnolóxicas e artísticas contemporáneas. Herdeira das correntes rupturistas que intentaron fracturar as bases da literatura moderna, a ciberpoesía materializa e extrema moitas das aspiracións que definían o espírito innovador daquelas, sobre todo no relativo á transformación dos modos de escritura, así como á reconfiguración da relación entre o texto e o lector: “los movimientos históricos de vanguardia niegan las características esenciales del arte autónomo; la separación del arte respecto a la praxis vital, la producción individual y la consiguiente recepción individual” (Bürger, 2000: 109). Non obstante, mentres que a poesía electrónica prolonga a vontade experimentalista de tendencias tales como o dadaísmo, o futurismo ou o ultraísmo, o seu desenvolvemento actual prescindiu en boa medida do modelo de horizonte utópico que perseguían as súas antecesoras e distanciouse da idea revolucionaria de cambiar o mundo a través da acción artística directa (Fernández Mallo, 2009: 32).\nDe igual maneira que problematiza o poder transformador da literatura e a arte, a poesía dixital somete a crítica os conceptos e discursos que lle daban sentido á modernidade: o mundo que habita a poesía electrónica é unha dimensión fragmentada e inestábel da que desapareceu a crenza nunha subxectividade coherente e unha identidade estábel. O suxeito ao que alude a poesía electrónica perde a súa solidez e homoxeneidade, así que adopta unha conciencia quebradiza que imposibilita a consecución dunha unidade consolidada resistente á disgregación. A devandita desintegración da noción de subxectividade individual aparece representada de modo emblemático no poema tridimensional de Eduardo Kac “I0” 6 (“eu”, en italiano), onde as letras/números I e 0 recrean unha paisaxe imaxinaria por onde navega o lector. Este espazo virtual, que explicitamente suxire a dispersión do eu, preséntase simultaneamente como un contorno e un texto visual, de aí que os usuarios poidan darlle diferentes formas e estruturas mediante o manexo dos dous elementos que compoñen o pronome de primeira persoa, asumidos tamén como figuras xeométricas –liña e círculo– e unidades básicas do sistema binario (Kac, 2010: 114). A actuación dos usuarios inflúe a distancia, por medio da tecnoloxía informática, na constante reconfiguración da partícula visual, simbolización dunha subxectividade que se transforma en obxecto e, así mesmo, en punto de converxencia de tres sistemas de representación.\nComo segue do anterior, a inscrición da poesía dixital dentro das liñas de funcionamento da poesía non lírica chama a atención sobre a posíbel consideración das poéticas electrónicas como prácticas culturais dirixidas cara á indagación de “lo público, de los conflictos, del diálogo y de la interacción directa” (Casas Vales, 2011: 7). Aínda que resultaría incorrecto rexeitar a eventualidade da existencia de textos que escapen desta afirmación, sería igualmente inconveniente negar a estendida funcionalidade desta definición do valor político da ciberpoesía. En oposición á visión despolitizada ou apolítica que usualmente se ofrece da literatura electrónica, monopolizada demasiadas veces pola mera comprobación das súas innovación tecnolóxicas e interactivas, a apelación a esta dimensión política da poesía dixital insiste na súa potencialidade dentro da reinterpretación dos factores sociais e culturais que interveñen nas experiencias individuais ou colectivas. A proxección política da poesía electrónica transcende, neste sentido, o valor transgresor ou colaborativo que deriva de por si da configuración do medio dixital para recalcar os efectos que xorden dos usos específicos aos cales este é sometido; así, as plataformas informáticas nas que se desenvolve a ciberpoesía deveñen instrumentos útiles cara á elaboración de propostas estéticas de natureza política onde o social e o cultural son abordados de xeito novidoso.\nEntre as moitas propostas que representan esta vertente profundamente política da poesía electrónica, os traballos da creadora española María Mencía destacan por fusionar unha fonda reflexión sobre o rol das novas textualidades dixitais no contexto histórico contemporáneo cunha constante experimentación formal. Principalmente realizadas en lingua inglesa, as obras desta artista e poeta, tamén membro da Kingston University de Londres, constitúen prácticas interdisciplinares que mesturan diferentes tradicións culturais previas (cine, poesía concreta ou sonora, etc.) coas poéticas dixitais, a escritura electrónica e a arte ligada aos novos medios. Así pois, tanto nos seus textos teóricos como nos seus proxectos poéticos, as investigacións de María Mencía céntranse en explorar “new digital communicative systems that interweave visual, oral and semantic elements of language, to produce new media languages where the prelinguistic and linguistic maintain their symbiotic identities” (2003). Con isto, a creadora dixital busca retar os usuarios cunha interface de signos procedentes de diferentes linguaxes e sistemas semióticos (Mencía, 2003), isto é, dispositivos visuais –imaxes estáticas ou en movemento–, sons e sintagmas lingüísticos que se congregan dentro da obra para suscitar reaccións emocionais e exercicios de reflexión. O resultado desta indagación na confluencia entre varios modos de comunicación non é outro que o cuestionamento das fronteiras que distinguen a linguaxe dos campos do visual e o auditivo: no caso dos signos da linguaxe escrita, estes despréganse ás veces nos textos de Mencía como obxectos visuais susceptíbeis de ser manipulados polo usuario, quen pode desprazalos polo espazo da pantalla libremente ou darlles unha forma ou outra (por exemplo, de paxaro, como sucede en “Birds Singing other Bird Songs” .\nA poesía electrónica de María Mencía afunde as súas raíces na poesía visual correspondente ás vangardas do século anterior, se ben no acondicionamento de tales referentes, como xa se apuntou anteriormente de maneira xeral, leva a cabo unha actualización acorde ao contorno histórico e tecnolóxico contemporáneo: “La poesía visual de otros tiempos encuentra en el ordenador actual el sistema preciso para organizar la composición visual de las palabras y los versos” (Cebrián Herreros, 1999: 26). Deste modo, a adaptación da poesía visual ao medio informático reforza o poder de transformación que xa residía na tradición previa, baseada na execución de esquemas textuais alternativos e na reformulación do valor metafísico da palabra e a linguaxe:\nLa deriva de la imagen textualizada quiebra el orden lineal del discurso y con él, la cosmovisión moderna occidental, para la que el pensamiento de una escritura de modelo visual es ajeno y para la que la escritura se constituye solamente como ‘representación del logos’” (Gache, 2008: 8).\nDende este enfoque 7, a poesía de carácter visual enuncia un tipo de discurso onde o escrito non se subordina á coalición entre a fala e o significado, en tanto que nesta forma textual o compoñente gráfico da linguaxe desafía non só a instauración do falado como garantía de sentido senón tamén a proclamación da necesidade dunha última instancia de racionalidade que rexa a produción de coñecemento. Vía de escape fronte ás imposicións do fonocentrismo e o logocentrismo, a poética visual da que emerxe a obra dixital de Mencía relaciónase, polo tanto, “con la búsqueda de una pluridimensionalidad de sentidos, diferente de la unidimensionalidad y el sentido único marcados por una línea de sucesión temporal irreversible y a un único sistema causal lógico” (Gache, 2008: 9).\nPor último, a pluralidade de sistemas semióticos convocados pola ciberpoesía de María Mencía pode ser examinada en referencia a un intento, simultaneamente político e estético, de recuperar os elementos visuais e lingüísticos apropiados pola cultura global do capitalismo tardío. Tal tentativa exprésase con rotundidade no proxecto Cityscapes : Social Poetics/Public Textualities , resposta e reacción contra a constatación de que a esfera dos medios e a publicidade absorbeu a linguaxe da poesía visual e os caligramas mudaron noutra modalidade oficial para a promoción da venda de produtos (Mencía, 2005). A obra dixital elaborada por Mencía imita e reinterpreta paisaxes urbanas da cidade australiana de Melbourne, xuntándoas con sons, imaxes e textos seleccionados a partir das investigacións efectuadas en diversos colectivos da rexión. O proceso de manipulación que fundamenta esta creación reclama, en consecuencia, a extracción de textos visuais procedentes da cidade e a súa deconstrución dentro dun contexto dixital, todo isto co obxectivo de orixinar un novo horizonte público e urbano modificado polas experiencias sociais das comunidades en cuestión:\nto use the language of advertising to create poetic/artistic public work in urban spaces and in so doing to explore the new calligram, that of social poetics, of the neon lights, flickering letters, moving messages and public textualities of city environments (Mencía, 2005).\nA dimensión política que impulsa o proxecto de María Mencía plásmase na recreación dun espazo electrónico a través do cal os usuarios poden redescubrir e reinterpretar o territorio urbano. Na versión interactiva da obra 8, os participantes na obra dixital acceden de inicio, unha vez lidas as instrucións de uso, a unha pantalla en branco onde non se aprecia aparentemente a opción de incorporar ningún tipo de signo. Enfrontados a este intimidante baleiro, os usuarios asumen a pantalla na súa condición orixinal de “nonlugar”, é dicir, a modo dun contorno que, na acepción tomada por Teresa Vilariño (2008: 231) de Marc Augé, non pode definirse nin como espazo de identidade, nin como relacional, nin como histórico. A ausencia de información e a carencia de inscricións converten neste primeiro momento a pantalla nunha zona de indeterminación á espera das marcas e sinais coas que os usuarios deben outorgarlle significado. Deste xeito, ao contrario que as formas estereotipadas dos anuncios que poboan as rúas das cidades, a peza dixital proposta por María Mencía designa un obxecto visual nun perpetuo proceso de construción, unha obra dinámica que non preexiste ás contribucións e intervencións dos participantes. Para ocupar este contorno electrónico vacante, os usuarios dispoñen de múltiples materiais audiovisuais, os cales se fan visíbeis en canto o sinalador se aproxima a calquera das marxes da pantalla; así, a presentación de tales elementos desprégase en varios cadros, dentro dos que se poden escoller un ou máis fragmentos antes de proceder a arrastralos ao lugar da pantalla que se elixa. Finalmente, a natureza destas series de compoñentes móstrase heteroxénea, abranguendo dende imaxes fotográficas e palabras escritas a sons en diferentes idiomas, aínda que todas elas coinciden na súa común vinculación co universo multicultural de Melbourne: as voces que soan dentro da obra corresponden ás linguas dalgúns dos colectivos que habitan a cidade australiana (entre outros, inglés, chinés, español, hebreo, árabe, ou o aborixe wathawurrung), mentres que os textos incluídos representan as razóns expostas polos inmigrantes entrevistados durante a preparación do proxecto para explicar o seu traslado (“Land and Property”, “Freedom”, “Natural disaster”, “War Conflict”, “Opresión”, “Love and Marriage”, “Racism”, etc.). Como resultado, a través do medio dixital, a paisaxe urbana invadida pola presenza da mercadoría e a publicidade é desprazada por un espazo virtual dentro do cal o social e o público aparecen reconstituídos mediante a congregación de diferentes subxectividades e tradicións culturais: “This new kinetic, nomadic, everchanging calligram of the city became that of broken human voices, fragmented realities and the composition of different languages encountered in these cityscapes in flux” (Mencía, 2005).\nModalidades poéticas como os proxectos dixitais de Mencía mostran, polo tanto, o alcance das últimas innovacións tecnolóxicas na configuración de formas literarias que problematizan e desafían a caracterización da poesía tradicional, achegando, así mesmo, novas significacións de carácter político que afectan á comprensión do actual contorno sociohistórico. A relevancia e o interese destas poéticas dixitais confirman a obrigación de prestar atención a un fenómeno literario que non só materializa as posibilidades creativas da tecnoloxía informática senón que tamén expande os límites do literario e os seus modos de intervención. Así pois, a análise deses formatos posibilitará, ademais da ampliación das ferramentas teóricas e críticas útiles para abordar a interpretación dos produtos culturais do presente, a obtención de novos puntos de vista para a interpretación dos procesos que conforman as identidades contemporáneas. Da aceptación das vantaxes desta valorización da ciberpoesía dependerá, polo tanto, que a poesía dixital se transforme nun personaxe principal dos estudos literarios nos vindeiros anos.\nDavid Antonio Muíño Barreiro Universidade de Santiago de Compostela"} {"summary": "A relación do teatro coa danza, a confrontación entre ambos os dous e a mutua influencia xera un profundo intercambio e mestizaxe non material, formal e de contidos, estabelecendo un novo e controvertido campo de análise sobre novas narrativas escénicas. Neste sentido, o traballo da coreógrafa Pina Bausch e do director Lloyd Newson sitúanos nun ámbito fronteirizo entre a danza e o teatro físico onde as intervencións e as manifestación se cruzan e conflúen en espectáculos innovadores e de profunda emoción.", "text": "Pina Bausch e Lloyd Newson. O teatro na danza, a danza no teatro físico\nAlfonso Rivera\n[Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011]\n : adestramento corporal, danza teatro, movemento, narrativas corporais, teatro físico. abstract The relations between dance and theatre, the confrontation between both of them and the mutual influence generates a deep exchange and crossbreeding in the material, formal and of contents, establishing a new and controversial field of analysis on new scenic narratives. In this sense both the work of the choreographer Pina Bausch and the work of the director Lloyd Newson are situated in a liminal area between dance and the physical theater where the interventions and the practical examples are crossed and converge in innovative performances of deep emotion.\nLooking for reality, no more ballet slippers. [Na procura da realidade, non máis zapatillas de ballet]. Reinhild Hoffmann\nA expresividade do corpo é unha capacidade común valorada tanto nos ámbitos da danza coma nos do teatro. Na danza, a composición artística baséase no uso plástico da corporalidade, e no teatro, o corpo, en tanto que presenza física do actor, materializa o acto comunicativo e convértese nun elemento que produce significantes xestuais e mais espaciais.\nDo mesmo xeito que no século XX asistimos a unha serie de movementos teatrais que non se conforman simplemente con pór en escena un texto literario senón que buscan un novo emprego do corpo no que se deu en chamar unha corrente corporeísta, na danza tamén podemos observar unha serie de tendencias que non se conforman co xesto baleiro nas súas execucións senón que tratan de encher as súas imaxes con contidos.\nA relación do teatro coa danza, a confrontación entre ambos e a mutua influencia xera un profundo intercambio e mestizaxe no material, formal e de contidos, estabelecendo un novo e controvertido campo de análise sobre novas narrativas escénicas. Situámonos xa no ámbito fronteirizo entre a danza e o teatro físico, onde as intervencións e as manifestacións se cruzan e conflúen.\nO termo danza teatro é case tan difícil de circunscribir e deliñar como o campo de acción do teatro físico. Se nos aproximamos ao ámbito da danza europea do século XX podemos identificar historicamente dous fenómenos opostos. Por unha banda, a danza busca emanciparse do realismo teatral e loita por definirse como arte independente e como arte da forma corporal no espazo. E por outra, xorden iniciativas que buscan unha vinculación co real, cun cariz de crítica social e política. Ambas as tendencias, a purista do xesto, que se inscribe no espazo sen unha pretensión discursiva, e a dramática, cargada de significacións e contidos, mantéñense dende principios de século e ambas pretenden romper o conservadorismo da danza clásica. Desta forma podemos falar dunha tendencia de danza abstracta, e outra de danza dramática, sendo esta última a que emprega un sentido máis teatral da posta en escena.\nSituámonos entón nunha liña de danza teatro relacionada co tanztheater (danza teatro) e ausdruckstanz (danza expresiva), a danza expresiva alemá. Ambos os termos teñen as súas raíces no período convulso e delirante polo que atravesou Alemaña entre guerras e que se manifesta de forma orixinal na tensión dramática dunha danza que propón un universo de relacións complexas máis que unha mera representación dunha danza máis lírica. Introdúcese de forma atrevida a ruptura cos canons estéticos do movemento fermoso, rescatando a autenticidade e o impacto do xesto feo. Como ocorre tamén noutras artes do momento, deféndese unha beleza que se rebela ás esixencias dos canons formais. Trátase de lexitimar unha orixe do xesto baseado na expresión subxectiva dos procesos anímicos e as vivencias do intérprete, así como unha\nloita cos elementos externos.\nMentres o ballet ten o seu cordón umbilical na Rusia do século XIX, unha procura das fontes da danza teatro lévanos aos comezos do século XX na Alemaña do tanstheater de Mary Wigman, Rudolf von Laban e Kurt Joos, e varias décadas despois á forte influencia da práctica de Pina Bausch e o Wuppertal Dance Theatre. Até a nova onda de danza teatro, ou tamén denominada dance performance, para Murray e Keefe (2007: 76) o paradigma dominante da danza teatro occidental foi marcado polas condicións culturais:\nA danza europea do século XX reta a hexemonía da danza como movemento codificado, tecnicamente realizado, fluído e sen texto. Aquí, tanto o virtuosismo técnico (e banalidade narrativa) do ballet, e o formalismo estético da danza moderna se (des)integra no teatro, arte en vivo, performance, instalación e son. Aquí, nun principio, a danza loita por encontrar un diálogo coas convencións teatrais e particularmente cos principios do teatro brechtiano, pero máis tarde esta conversación se focaliza cara a marcos máis relacionados coas prácticas da arte contemporánea visual que cos imperativos do drama e o teatro.\nAquí, a exaltación purista da forma e o esteticismo é subvertido, dando paso ao credo articulado por Pina Bausch, Lloyd Newson e outros moitos artistas da danza teatro que afirmaban: non estou interesado en como se move a xente, senón en que é o que os move.\nNeste territorio da danza teatro, Murray e Keefe sinalan que podemos atopar as seguintes características: performer -bailarín como autor creador cunha certa afirmación dun contido político, traballando estruturas que buscan conectar co real (tempo real, esgotamento real) e un xogo escénico (fronte ao virtuosismo técnico) que parte de formas de movemento que son persoais ao artista. A consecuencia disto xorde o rexeitamento ante a pregunta: isto é danza ou é teatro?\nSen dúbida existe un lugar privilexiado á hora de destacar a influencia que Pina Bausch exerceu non soamente sobre a danza e o teatro danza, senón sobre o panorama xeral do teatro físico e visual e a performance contemporánea. E aínda que resulta sorprendente que un director/coreógrafo como Lloyd Newson recoñecese a influencia de Bausch durante os anos emerxentes da súa compañía DV8, máis aínda o é a forte presenza que o traballo da coreógrafa alemá puido producir sobre figuras do talle de Peter Brook, Simon Mc Burney, Lles Ballets C da B, Jérôme Bels, Xavier lle Roy, A Ribot ou Jonathan Burrows.\nPero para arrincar cunha análise sobre o traballo de Pina Bausch e de Lloyd Newson débense pór en relevancia as súas respectivas reaccións contra a abstracción e o formalismo circunscritas dentro dos territorios da danza moderna. Tanto Bausch, como máis tarde Newson, estaban reaccionando apaixonadamente conforme á posición exemplificada polo coñecido Non Manifesto de Yvonne Rainer sobre a danza moderna, no cal afirma:\nNon ao espectáculo non ao virtuosismo non ás transformacións e á maxia e ao facer. Non á crenza no glamour e transcendencia da imaxe da estrela non ao heroico non ao antiheroico non ás imaxes lixo non á involucración do intérprete ou espectador, non ao estilo, non ao amaneirado non á sedución do espectador polos ardides do intérprete non a emocionarse ou ser emocionado (Rainer, 1965: 178). Rainer é coñecida pola súa nova aproximación á danza. Rainer toma o corpo máis como unha fonte de infinitas variacións de movemento que como un provedor de emoción ou drama. Interésase máis polas relacións humanas, afastándose do recurso de intentar contar unha historia narrativa. Moitos dos elementos empregados por ela, tales como repetición, patróns, tarefas e xogos, máis tarde convertéronse en características da danza moderna. Por outra banda, Rainer tamén destaca polo seu interese en mesturar actuacións en directo con audiovisuais. Como vemos, a influencia de Rainer foi decisiva dentro das novas formulacións da danza moderna e deixou unha profunda pegada en creadores contemporáneos e posteriores.\nPola súa banda, Pina Bausch tamén comezou con controversia. En 1973 foi nomeada directora de danza dos teatros de Wuppertal e o traballo que por aqueles anos estaba desenvolvendo, unha mestura entre danza e teatro, era totalmente estraño ao seu novo berce. Pero de onde saíra unha artista así? Esta artista alemá nacida en plena Segunda Guerra Mundial (1940) empeza a destacar na danza á temperá idade de catorce anos, sendo dirixida xa por Kurt Jooss en Essen. Cinco anos máis tarde voa a Nova York, con só dezanove anos. Segue alí os seus estudos na Julliard School e baila no Metropolitan e na New York City Opera, influenciada por Martha Graham e polas teorías de Yvonnne Rainer. Nos seus espectáculos, os intérpretes non soamente bailaban, senón que falaban, cantaban, e nalgunhas ocasións choraban ou até rían. Con todo, este estraño traballo consagrouse rapidamente. As sementes plantadas en Wuppertal floreceron nunha revolución que redefiniría a danza en todo o mundo. A danza teatro evolucionou nun xénero independente, inspirando a coreógrafos de todo o mundo e influíndo sobre o teatro e o ballet clásico. O seu éxito global pode ser atribuído ao feito de que Pina Bausch converteu nunha necesidade universal o tema central do seu traballo: a necesidade de amor. Até este punto desenvolveu unha forma artística que incorporaría unha gran variedade de influencias culturais.\nNas súas constantemente renovadas propostas poéticas, Bausch investigou aquilo que nos achega á necesidade de amor, e aquilo que nos afasta diso. O seu universo teatral non busca ensinar/educar, senón que xera experiencias. Crea un universo impulsado por imaxes de paisaxes interiores en movemento, a exploración dos sentimentos humanos, á vez que nunca renuncia á esperanza de que o anhelo de amor pode chegar a cumprirse. Outra clave esencial no seu traballo, ademais da esperanza, é un compromiso firme coa realidade. As súas pezas fan referencia decote a cousas que todos os membros do público coñecen, e que tamén experimentaron persoal e fisicamente.\nDurante os trinta e seis anos que Pina Bausch está á fronte do labor da Tanztheater Wuppertal, até a súa morte en 2009, creou unha obra na que o espectador bota unha mirada certeira e espida á realidade. A procura dese xerme interior como orixe do concepto artístico hérdao Pina Bausch do expresionismo alemán de principios de século.\nCafe Müller\nLánguida, alta e extremadamente delgada, dentro dunha delicada e fina túnica branca como único abrigo, comeza a bailar a impresionante música de Henry Purcell que escolleu para Cafe Müller : The Fairy Queen e Dido e Aeneas. Cos ollos pechados e no medio dun salón baleiro de calor humana, pero con cadeiras esparexidas por toda a escena, a súa imaxe é a viva presenza dun ser humano só, abandonado e desamparado. Pina móvese enfundada nese camisón branco, esquelética como o espectro dun Cristo romántico, os brazos adiantados nunha calada súplica, un indescifrábel tormento solipsista.\nPina esculpe o espazo cos seus xestos a modo de paxaro ferido deixando unha triste sensación de soidade, contaxiando angustia e racho. E é que dalgún xeito, Cafe Müller é en esencia pura tristeza, corenta e cinco minutos de pura melancolía transmitida a partir do seu propio xeito de recrear o mundo.\nA segunda escena arrinca inmediatamente a continuación. Trátase dunha escena que podemos sinalar como unha das imaxes máis emblemáticas do traballo coreográfico de Bausch. Nela Aida Vainieri e Dominique Mercy, destacados membros da Tanztheater Wuppertal, realizan unha conmovedora interpretación. Vainieri, cegamente á deriva polo espazo, detense fronte á presenza de Mercy. Jan Minarik entra pola parte posterior da escena e modifica deliberadamente o abrazo orixinal da parella fronte a fronte nun segundo tableau no que Vainieri é agora sostida nos brazos de Mercy. Con todo, ao afastarse Minarik esta pose descomponse inmediatamente caendo a muller ao chan e regresando ao abrazo orixinal. Minarik volve e repite a serie de xestos para colocar a parella na posición en que Vainieri é sostida nos brazos de Mercy, e sucede o mesmo. Xérase entón unha secuencia en loop que se vai acelerando e aumentando en intensidade. A parella transmite no seu frenético abrazo desesperado a unión, o temor, o terríbel medo a sentirse sós, abandonados a si mesmos, á súa magnética necesidade de amor. Celebran o seu vínculo, a través de desesperados movementos de repetición constante que expón dous corpos extremadamente segmentados a modo de marionetas, coa única diferenza de que os nosos protagonistas posúen unha respiración axitada e vital que só parece descansar no seu abrazo eterno.\nÉ importante recordar que, do mesmo xeito que en Cafe Müller, as obras de Pina Bausch non seguen unha estrutura narrativa nin unha progresión lineal lóxica. As súas dramaturxias constrúense a partir dunha serie de episodios, imaxes poéticas e escenas repetitivas. Múltiples accións escénicas simultáneas, imaxes impactantes, a utilización das experiencias específicas dos seus intérpretes como material no proceso de creación, de actividades cotiás levadas á estilización, de textos dirixidos a miúdo directamente ao público e dunha gran selección de músicas no espazo sonoro son elementos que levan a marca recoñecíbel de Bausch e que pasaron a formar parte dun léxico esencial da danza teatro en Europa.\nEntre os elementos máis significativos do traballo de Bausch con relación ao teatro e o teatral moitos críticos destacaron os seus discursos ao redor do real. Os crus materiais que Pina habitualmente coreografa parten de movementos e xestos da vida diaria, as accións realistas do cotián. Ao mesmo tempo Pina Bausch traballa en escena con material que provén das súas propias obsesións, os seus medos e desexos, a súa vulnerabilidade. Isto lévaa a empregar xestos magoantes nas súas coreografías, espindo unha fantasmagórica intimidade e, ao modo dos expresionistas, as súas obras pobóanse de crueldade e ironía, atravesadas pola fraxilidade humana.\nLloyd Newson e DV8\nDebemos destacar a importancia do británico Lloyd Newson na identificación e cuñamento do concepto physical theatre, tanto polo conxunto de trazos estilísticos na súa práctica teatral como por xerar un termo orixinal para distanciar o seu traballo do da danza moderna. Á hora de intentar definir que é o teatro físico enfrontámonos ao feito de que unha boa parte do teatro contemporáneo foi denominado “teatro físico”. Trátase dun termo que moitas novas compañías e artistas usaron como parte dunha retórica que aspira tanto a enmarcar a súa práctica como a soar de moda, moderno e atractivo para un público potencial. O termo teatro físico deuse a coñecer nas artes escénicas durante as tres últimas décadas do século XX, caracterizando unha nova tendencia teatral. Acredítase que foi cuñado primeiramente en Inglaterra agrupando unha gama diversa de creacións e manifestacións escénicas incluíndo o mimo corporal, a danza teatro, o teatro de máscara, o clown, o circo moderno, o bodyart e os espectáculos acrobáticos.\nEsta aparente multiplicidade conceptual do termo deriva probabelmente da condición interdisciplinar dos ámbitos que dalgún xeito o foron incorporando ao seu legado así como da riqueza de linguaxes exploradas por un gran número de compañías profesionais. Unha das características fundamentais que une todas estas manifestacións diversas incluídas baixo o concepto de teatro físico é que todas elas buscan a expresión do intérprete a partir de elementos físicos ou corporais.\nA débeda con Newson e co traballo exposto pola compañía DV8 sobre o cuñamento do termo physical theatre é directa. De feito a pregunta que é o teatro físico? apareceu como unha constante da compañía e ao intentar definir o seu traballo Newson afirma que o traballo de DV8 Physical Theatre baséase no feito de tomar riscos, estética e fisicamente, romper as barreiras entre a danza e o teatro, e sobre todo, comunicar ideas e sentimentos claramente e sen pretensións. É determinante ser radical aínda que accesíbel, e levar este traballo a un público tan amplo como sexa posíbel.\nNewson recoñece a Pina Bausch como a súa maior influencia, pero tamén cita personalidades como Anne Teresa de Keersmaeker, Pete Brooks (Impact theatre) e Tim Etchells. As conexións con Bausch podemos atopalas en relación ao Non Manifest de Yvonne Rainer citado anteriormente. Como un dos principios que configuran o traballo de Newson está a afirmación dun desexo por dicir cousas. Esta aspiración está particularmente articulada en resposta ás políticas sexuais da danza moderna e o ballet. A súa preocupación sen complexos por estes contidos son evidentes en traballos tales como Never Again, Dead Dreams of Monochrome Men, Strange Fish e Enter Achilles. Newson argumenta en contra das opresivas políticas de xénero existentes nos zapatos de punta, tutús e arabescos no ballet clásico. Do mesmo xeito que Bausch, Newson regresa nos seus traballos regularmente aos temas sociais construíndo e coreografando a linguaxe física das súas pezas a partir dos individuos cos que traballa. Deste xeito Newson explica:\nO que me fascina é quen son os intérpretes, e o estilo da compañía variará dependendo da amálgama deses intérpretes. Ningún de nós se move da mesma forma: gustaríame recoñecer cales son as diferenzas e o que significan, non as erradicar. É esta aproximación, penso, o que nos permite ver e comprender individuos en lugar de formas (Newson, 1998: 110).\nDesta forma podemos sinalar como características do seu traballo que o material coreográfico xorde de xestos cotiáns e hábitos corporais cos que se estabelece unha exploración en relación ao movemento e o espazo arquitectónico, e a aceptación da sensualidade como recurso dramatúrxico.\nSe nos centramos no traballo relativo á linguaxe física, observamos que Newson explora, por unha banda, o potencial coreográfico baseado nos comportamentos diarios como accións e xestos, e por outra banda, un repertorio de movementos rápidos e precisos, afastados dos manierismos típicos da danza. Particularmente nos seus primeiros traballos, o de Newson contén un amplo repertorio de caídas, saltos, agarradas e viravoltas espectaculares a miúdo interpretados nun ritmo trepidante. Este tipo de habilidades esixe un alto adestramento físico por parte dos intérpretes que traballan nos seus espectáculos. Con todo, a diferenza de gran parte da danza moderna e contemporánea dos anos setenta e oitenta, estas enerxéticas e arriscadas peripecias técnicas están ao servizo dun contexto sociocultural e toman unha forma dramática sobre o escenario. O vocabulario coreográfico de Newson non se amosa como un material de exhibicionismo técnico nin como unha expresión dunha abstracción matemática. Con todo, Newson explica o emprego algunhas das estratexias no proceso de creación de coetáneos, coreógrafos e creadores que recorren a elas con propósitos diferentes:\nFixen talleres con Twyla Tharp, Cunningham e Cage soamente utilizando fórmulas matemáticas para crear movemento, utilizando progresión, inversión ou posibilidade aleatoria. E utilizo eses procesos en si, son soamente un medio de atopar ou estruturar o material. Moita xente en danza está a traballar con fórmulas e non importa como é iso de intricado, a min sempre me parece vacuo e baleiro (Murray e Keefe, 2007: 83).\nThe Cost of Living\nEsta magnífica peza foi concibida por Lloyd Newson en 2004 e realizada tanto nun formato de espectáculo en directo como nunha versión en vídeo. En España os espectadores puidemos gozar da montaxe no Teatro de Madrid no outono de 2007. Nela atopamos un bo exemplo de espectáculo no cal o corpo e os seus movementos son tomados como vehículo narrativo, como instrumento prioritario para contarnos unha determinada historia polas peripecias dun grupo de personaxes que parecen saídos dun circo moderno.\nThe Cost of Living está ambientada en Cromer, pequena cidade pesqueira na costa do condado británico de Norfolk. O peirao desta cidade durante a tempada de verán resulta un destino atractivo polos seus múltiples espectáculos de entretemento. É xusto aquí onde arrinca a peza. Atopámonos ante seis actores vestidos de pallasos e levando unhas carautas de plástico que realizan un espectáculo de rúa baseado nunha coreografía de repetitivos e xeométricos movementos de cabeza. Eddie, un dos nosos protagonistas, atópase aburrido deste traballo e durante a representación do número de rúa reflexiona sobre o sentido de facer todo isto, e se alguén, talvez Deus, os observa. Rompe a secuencia de movementos e logra desfacer o espectáculo. Un elemento sorpresivo acontece cando vemos saír da caixa o seu amigo Dave, un actor/ bailarín sen pernas.\nNa seguinte escena os nosos protagonistas Eddie e Dave, aburridos no seu cuarto, asómanse á fiestra e descobren dúas mozas bailando na rúa. Interésanse polo que están facendo e cando deciden baixar a bailar con elas resulta que desapareceron. Aquí comeza unha peculiar relación entre Eddie e Vivien. Esta relación será exposta ao longo da peza onde veremos como se atopan unha noite nunha discoteca. O exceso de enerxía sexual maniféstase en Eddie por medio dunha serie de frenéticos saltos curtos e rápidos, ao principio xunto ao seu amigo Rowan, e máis tarde fronte a Vivien. Ese tipo de fisicalidade na relación entre ambos amósanos o tipo de atracción animal\nque senten un polo outro.\nLogo desa noite, Eddie e Vivien comezan a saír. Aos poucos revélasenos que Eddie ama unha Vivien diferente. É dicir, que ten unha imaxe distinta dela na súa cabeza e gustaríalle que Vivien se comportase doutro xeito para encaixar co ideal de moza que ten. Esta diferenza de expectativas está estupendamente definida na escena na que Eddie lle presenta a Vivien ao seu amigo Rowan. Eddie pídelle a Vivien que conte o divertido chiste de onte e que baile espectacularmente tal e como fixo o día anterior. Eddie matiza fronte ao seu amigo que en realidade onte ela bailaba moito mellor e o seu chiste era máis gracioso. É este conflito esencial o que os leva a separarse definitivamente. Paga a pena destacar unha das escenas finais da peza, na cal, por medio dunha triangulación de miradas furtivas entre Eddie, Vivien e unha moza loura no fondo, comprendemos a situación de desengano e celos entre a parella. Unha vez máis nesta escena as imaxes son máis elocuentes que as palabras.\nOutro dos temas nucleares da peza vén da man de Dave, o excepcional bailarín sen pernas. Dende a súa aparición ao principio da peza até o final, Dave reta o espectador a cuestionarse como nos sentiriamos se nos atopásemos na súa situación. Na escena da discoteca, Dave realiza un solo de danza co cal pretende seducir unha moza imaxinaria. Dave utiliza as súas mellores armas de sedutor para relacionarse cunha moza que finalmente resulta ser só unha fantasía, e termina por marchar só ao baño, mostra da dramática soidade do noso personaxe.\nNoutra escena posterior, Dave atópase sentado nun parque e un tipo cunha videocámara na man achégase e comeza a facerlle preguntas. Trátase dunha escena con gran tensión, xa que son preguntas moi directas e desagradábeis como:\nque pasou coas túas pernas, naciches así ou cortáronchas? Tes ano? Como vas ao baño? Pódeste masturbar? Que é esa chepa que tes nas costas? Culpas a Deus por nacer? Tes amigos? Estiveches algunha vez nunha pelexa? Se queres podes golpearme primeiro, despois golpeareite eu. Porque es un home, verdade?, confías en min? Porque eu non confío en ti? O feito de que non se nos ensine o rostro do home gravando coa cámara subxectiva fainos identificar esas preguntas cunha mentalidade xeneralizada\nde indiferenza e desprezo por parte da sociedade cara a persoas como Dave. Logo desta secuencia podemos gozar dunha impactante escena na cal aparece un grupo de intérpretes camiñando sobre as súas mans detrás de Dave e a modo de coro. Por uns momentos toda a humanidade está de parte de Dave, bailando ao seu son e camiñando pola vida co esforzo dos seus brazos. Pois todos nós posuímos dun xeito ou doutra un handicap, xa sexa físico, mental ou moral. Ao dar a volta o home da cámara e mirar cara atrás descubrimos que se trataba dunha fantasía de Dave e que en realidade se atopa só.\nA terceira das historias reflectidas nesta peza remítenos a Rowan, un mozo serio e introvertido cuxa soidade se manifesta por medio dunha secuencia de movemento codificada. Paga a pena destacar dentro da peza unha excitante escena na cal Rowan se retira a unha ruela cun equipo portátil de música e realiza a súa particular secuencia de movemento, pero a medida que a música avanza a súa secuencia evoluciona dun xeito catártico até se converter nunha danza explosiva e vitalista pola ruela. É nese momento cando se atopa con Tanja, unha moza que vive unida ao seu hulahoop. O aro convértese nun elemento esencial que caracteriza a personaxe de Tanja, resumindo a súa esencia por medio desta habilidade circense. No encontro entre Tanja e Rowan existe certa atracción, pero a natureza distinta de Tanja fai que os intentos de Rowan por abrazala queden truncados. Esta relación evoluciona ao longo da peza, até que case ao final, Tanja é acosada por uns mozos no peirao, e ela deféndese usando de forma violenta as súas habilidades co aro. É logo deste encontro cando Rowan senta ao seu lado, cóllense da man e camiñan xuntos compartindo o aro. Sen dúbida é agora cando por fin falan o mesmo idioma e os seus sentimentos orbitan ao redor dun mesmo centro.\nFinamente, podemos destacar a amizade como un dos alicerces conceptuais de The Cost of Living. Na derradeira escena Eddie e Dave, tombados nunhas hamacas fronte ao mar, reflexionan sobre a forma en que unhas persoas pagan polos erros das outras e fantasían sobre a idea de viaxar a México. Dave móntase sobre a parte posterior da pelve de Eddie mentres este se agacha cara a diante e camiñan xuntos. A potentísima imaxe lateral de ambos é como se Dave encaixase perfectamente na metade superior de Eddie e xuntos fosen unha única persoa.\nEn parte un filme de danza, en parte un drama, esta creación da compañía DV8 é unha combinación de diálogos e un xeito non convencional de aproximarse ao movemento. Newson aproveita extraordinariamente os vocabularios físicos e as habilidades técnicas dos seus bailaríns ao servizo da dramaturxia, pero faino dentro dun proceso máis relacionado co teatro de creación (devising theatre) que coas estruturas convencionais da danza contemporánea. Por exemplo, as estruturas e dinámicas do contact improvisation –un dúo que leva en encontro mutuo dos bailaríns, peso compartido, movemento corealizado, fluxo colectivo a modo de coro– son aquí empregadas dentro dunha carga metafórica ao servizo dos contidos. O material derívase a partir de improvisacións conducidas dende o comportamento característico de cada un dos intérpretes, en lugar de patróns coreográficos abstractos. Esta forma de utilizar o material de movemento xurdido dun vocabulario persoal do intérprete aproveitando as súas habilidades técnicas adquiridas por medio de anos de adestramento, aproxímanos a un código excepcional de linguaxe contemporánea e virtuoso ao mesmo tempo.\nNewson, o confeso admirador de Bausch, xoga neste espectáculo ao contraxeito en relación cos patróns estabelecidos: harmoniza os movementos dunha intérprete fisicamente perfecta cos doutra cuxo corpo que está fóra do canon, faille sitio a unha artista de hulahoop, realiza unha parodia dos realityshows, implica o público criticamente dende o principio e fai de David Toole, un bailarín sen pernas, a estrela do espectáculo. Con iso dinamita os clixés e elabora un paradoxo elocuente: crea beleza co que ninguén a priori desexaría ver.\nA música, a estética, a posta en escena, unha historia de amizade, superación, valores e vida narrada fundamentalmente a través dunha precisa linguaxe corporal contáxianos unha sensación de beleza, de pracer e de profunda emoción. Todas as historias paralelas que conforman a obra, tratan sobre como nos avaliamos a nós mesmos e a outras persoas. Dalgún xeito, esta magnífica peza fai asomar a pregunta de canto vale unha vida, ao mesmo tempo que expón unha extraordinaria forma de explorar novas narrativas que difuminan os campos do teatro e a danza.\nNewson e Bausch, dous exemplos dunha danza teatral, dúas caras dunha mesma moeda, dous xestos comprometidos coa esencia humana que tomaron o movemento, no seu sentido máis amplo e esencial ao mesmo tempo, como a súa linguaxe poética vital. Danzade intérpretes, danzade!\nAlfonso Rivera Escola Superior de Arte Dramática de Galicia"} {"summary": "O artigo toma como obxecto de reflexión as prácticas ciberliterarias de sete escritores arxentinos blogueiros. Indágase especialmente no espazo do blog como lugar virtual que reflicte a complexa transición e reacomodación de prácticas culturais que, tradicionalmente arraigadas en formatos convencionais, van desprazándose nestas últimas décadas cara a novos soportes dixitais, desafiando así as maneiras institucionalizadas de concibir a experiencia literaria. Este momento marca unha convivencia tensa entre as novas prácticas literarias e aquelas de raizame modernista que sobreviven con forza e lexitimidade. Abordaremos este espazo de transicións dende o horizonte crítico de Benjamin, o cal nos permite pensar de que forma os cambios nos dispositivos tecnolóxicos de produción cultural inciden tamén nunha transformación do propio obxecto estético, do seu público receptor e do sistema de valores no que se integra.", "text": "BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 46 / 2º SEMESTRE (2011): pp. 265279 / ISSN 02149117\nNovas prácticas literarias no ciberespazo: tensión, impugnación e distanciamento das formas tradicionais\n[Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011]\nNo puedo escribir de la misma manera que Ciro Alegría escribe El mundo es ancho y ajeno ; no puedo escribir de la misma manera que García Márquez escribió El otoño del patriarca, ni que Vargas Llosa escribe La fiesta del chivo (…) No es la pretensión de cortar con los : blogs, nova experiencia literaria, novos soportes dixitais, tensión. abstract The article takes as an object of reflection the cyberliterary practices of seven Argentine bloggers. It explores, in particular, the blog space as a virtual place that shows the complex transition and rearrangement of cultural practices that, traditionally rooted antepasados como programa de vanguardia sino que me parece que muchos de mis colegas narradores latinoamericanos hemos crecido en parte en el mundo audiovisual y en el digital (…) Toda nuestra generación está impactada por esa presencia, o esa omnipresencia, de los\nmedios audiovisuales, y de una narración que es planocontraplano, con cierta vertiginosidad, con cierta síntesis que ya de por sí es grotesca (…) De la conjunción de lo intrínsecamente literario y de la digestión de esa omnipresencia de lo audiovisual y lo informático provendría buena parte de esta nueva narrativa\nAchegarnos á literatura das últimas décadas é tamén adentrarnos nun escenario de profundas transformacións onde o impacto dos novos medios audiovisuais e comunicativos, das novas tecnoloxías integradas ás formas de produción artística, instalaron unha zona de profunda desestabilización dos códigos tradicionais que sustentaron a experiencia estética e literaria durante boa parte do século XX. Como expresan as palabras do escritor uruguaio Rafael Courtoisie que encabezan este traballo, reina unha percepción de que certa forma de escribir, pero tamén de ler, xa non pode sosterse neste novo escenario, unha sensación de que algo cambiou radicalmente e que non sería imaxinábel unha volta a aquilo que comeza a configurarse xa como un pasado distante.\nEstamos fronte a un proceso en pleno desenvolvemento cara a cada vez unha maior intensificación, onde a conxunción do estético/literario coas posibilidades que brinda o novo ciberespazo manipularon dende o propio acto de escribir literatura até os circuítos de distribución e as formas de consumila; non podemos deixar de dar conta da emerxencia de blogs de escritores, de blogs de traducións literarias e tamén de comunidades de lectores que comparten as súas lecturas no ciberespazo, até a aparición de libros dixitalizados e novas formas de producir arquivo e almacenamento de cultura, a aparición de produtos culturais construídos integramente a partir dun ordenador (epoetry, blognovela, etc.), a aparición de novas formas de circulación da literatura a través de portais e revistas literarias na web e unha cada vez maior mestura entre palabra e imaxe ou outros materiais audiovisuais e un longo etcétera que nos fala dunha enorme cantidade de novas prácticas e posibilidades de relación coa arte e a literatura que emerxen enlazadas coa novas tecnoloxías, especialmente internet e os soportes de ordenador.\nO que se transformou é a propia experiencia do suxeito coa literatura, unha experiencia que comeza a estar mediada por novas formas de virtualidade e representación que rapidamente desarman os vínculos tradicionais sobre os que se sustentaba a institución literaria de filiación modernista: as novas tecnoloxías furan as formas de autoridade e autoría, piares da literatura moderna, reavivan –dende outra mirada– os vellos cuestionamentos arredor do estatuto do literario e o lugar da arte na sociedade, desarman as coordenadas de tempo e espazo en relación á produción e experimentación artística volvéndoas maleábeis, institúen un sistema de valores á marxe das institucións académicas e críticas que até o momento dominaban a hexemonía do dicíbel dentro do discurso cultural.\nNeste sentido, interésanos reflexionar sobre os cambios que vive a literatura desta fin de século, a partir do impacto das novas tecnoloxías, poñendo en evidencia os puntos de tensión que están dando conta tanto dun desprazamento como dunha coexistencia conflitiva das antigas formas de experiencia literaria e das emerxentes.\nPara isto focalizaremos a análise en sete blogs de escritores arxentinos, tanto escritores consolidados dentro do campo literario coma escritores novos, pertencentes ao que se denominou La Joven Guardia ou cuxa literatura se produce dende unha aposta estética ao rexionalismo intimista e formas de escrita distanciadas das matrices escriturais canónicas na Arxentina. Estes blogs son: borderlinecarlito (Carlos Busqued), ponteunaoveja (de Diego Vigna), viviendoenacapulco (de Luciano Lamberti), elcuranderodelamor (de Washington Cucurto), elcocinerosalvaje3 (de Juan Terranova), linkillo (de Daniel Link) e lavidadeunavaca (de Juan Pablo Meneses).\nA hipótese de lectura que nos orienta na aproximación ao corpus estimúlanos a ler estes blogs como un espazo no que se poñen en tensión as formas e códigos do quefacer literario tradicional, que toma lugar fóra do ciberespazo, en relación a prácticas emerxentes ligadas ás novas tecnoloxías. Esta tensión falaríanos dun proceso de reinstalación que busca suturar a inadecuación, segundo Benjamin, entre a nova experiencia estética e os antigos e caducos medios de produción artística que xa non lograrían transmitir nin esgotar os sentidos culturais emanados dende un estadio máis complexo do social (cfr. Benjamin, 1973).\nAsí, situaríamonos ante un proceso complexo no que as antigas formas de experiencia se van desprazando cara aos novos territorios virtuais sen abandonar completamente os circuítos estabelecidos polas institucións e redes de produción tradicionais. Deste xeito, atopamos unha coexistencia conflitiva entre as prácticas que responden a estes novos dispositivos tecnolóxicos e prácticas que, por outra banda, continúan reforzando os códigos dunha experiencia literaria de raíz modernista.\nPero atopamos así mesmo escritores que, ao tempo que escriben para o blog, publican libros, redactan crítica doutros autores, gañan premios e son estudados dende a academia, isto é, están inmersos nese circuíto literario e nese sistema de valores que eles desacreditan dende o espazo virtual. Estamos a nos referir a esa experiencia que Jameson denominaba “esquizofrénica”; ese soster e deslexitimar, asemade, un determinado status do literario, que ten que ver cun habitar dos espazos en mutua tensión.\nAlgunas reflexións previas\nA partir do suxerido, interésanos enriquecer a reflexión, posicionándonos na ollada de Benjamin, para vincular o cambio tecnolóxico coa idea dunha\ntransformación na experiencia que o suxeito ten do literario nun momento dado. As teorizacións de Walter Benjamin bríndannos un marco amplo dende o cal volver mirar esta fin de século dende o proceso crucial do desenvolvemento tecnolóxico que cambiou radicalmente o horizonte do vivíbel, o pensábel e experimentábel e que instaurou o espazo da virtualidade como novo lugar de produción de sentidos socialmente codificábeis.\nBenjamin observa que o elemento tecnolóxico chega mesmo a modificar o corpo do suxeito, e xa que logo, a relación deste co mundo. Poderiamos poñer o exemplo de como o cinema construíu imaxes que nunca antes os nosos ollos puideran ver: unha pinga de auga caendo a cámara lenta ou unha filmación en reverse, fenómenos que non posuían existencia real e que pasan agora a ser parte do horizonte do “real” no sentido de cotián e naturalizado. A sensibilidade ante o mundo cambia de vez porque a nosa capacidade sensorial se vai acomodando historicamente co desenvolvemento tecnolóxico e cos medios de produción. Do mesmo xeito, tanto no cinema como na fotografía, Benjamin detecta outro cambio no corpo en relación á produción estética e a como a cámara despraza a produción da arte dende a man cara ao ollo fetichizando a imaxe.\nDesta maneira, o que nos interesa tomar das reflexións de Benjamin é esa posibilidade que nos dá de vincular o tecnolóxico, o cal moitas veces quedou fóra das reflexións estéticas por se considerar elemento esóxeno ao fenómeno, coas transformacións nos modos subxectivos e sociais de experiencia que comezan a formar parte tanto do corporal como do que se percibe como real.\nSaímos así do modelo marxista de Arnold Hauser, o cal, constituíu durante moito tempo o modelo hexemónico da análise literaria sociolóxica, a partir da cal os cambios na arte son explicados como reflexos dos conflitos estruturais. Fronte a eles entón, a arte viría cargada dun mandato de resolución a nivel supraestrutural.\nPola contra, Benjamin permítenos achegarnos a ese momento de tensión e desprazamento no cal as novas modalidades tecnolóxicas comezan a impoñer unha experiencia nova do obxecto artístico nun estado da cultura no que aínda persisten as formas tradicionais, xerando unha inadecuación entre ambos que se vive como malestar ou incerteza. Este malestar no que conviven formas, espazos e prácticas novas que propugnan lexitimarse, canda códigos que comezan a se percibir caducos pero que aínda funcionan xerando valores e impoñendo un sentido, podemos recollelo na experiencia dislocada e fragmentada destes autores que conforman o noso corpus. Ante a persistente pregunta que atravesa decontino estas novas formas do literario no ciberespazo, son ou non son literatura estas producións?, Benjamin parece advertirnos do sen sentido da cuestión: non ten importancia preguntarnos se unha blognovela ou unha epoetry son literatura, preguntémonos mellor en que medida o ordenador e a blogosfera cambiaron o propio concepto, condición e forma do literario. A nova experiencia literaria no ciberespazo: lugar de tensións Como sinalamos xa, este corpus de blogs que seleccionamos pertence a escritores arxentinos da década dos noventa, cuxa obra logrou obter recoñecemento principalmente durante a década do 2000. Trátase de autores que se atopan ou nunha posición central no campo literario, como Daniel Link, ou emerxente; autores novos, entre vinte e cinco e trinta e cinco anos, cuxa proposta estética tenta romper coa omnipresenza da figura de Borges e a literatura conceptual, buscando unha escrita sen grandes pretensións de ruptura ou experimentación, máis ben intimista e rexionalista.\nO que nos chama a atención nestes blogs é que, dentro do cuantioso arquivo virtual que ostentan –na medida que son blogs que estiveron activos dende o ano 2006 e mesmo algúns dende 2004– atopemos unha serie de elementos que aparecen moi notoriamente reiterados na maioría deles; elementos que teñen que ver co humor, o afouto e os medios de comunicación de masas que abren un espazo de pastiche onde é posíbel a conxunción de produtos culturais diversos, incluso daqueles catalogados como kitsch, “ reciclados e incorporados como códigos del discurso artístico” (Montoya, 2007: 887).\nNestes blogs a apelación insistente a un rexistro de afouteza ten unha estreita vinculación cun constante uso da parodia que lexitima o afastamento de certa visión disfórica do mundo social da fin de século, unha sociedade que é vista como conservadora, decadente e hipócrita. Nesta medida, os blogs tamén se orientan a unha desacreditación e caricatura da literatura concibida como produto excelso desa sociedade, é dicir, desarmando a idea dunha literatura como expresión de alta cultura.\nHai así unha busca de impugnación do universo da alta cultura que se leva a cabo dende o ciberespazo. O humor constante, a linguaxe vulgar e basta, a incorporación da linguaxe marxinal da rúa, de formas lingüísticas adolescentes ou representativas de certa capa social marxinada nunha persistente tarefa de mestura coas formas máis elaboradas da ficción literaria, perseguen unha procura de impugnación daqueles códigos tradicionais que ligan a tarefa creativa literaria cunha idea da sublimación, da calidade e do bo gusto.\nNos blogs de Luciano Lamberti, Diego Vigna e Carlos Busqued atopamos unha incorporación tenaz do mundo dos medios audiovisuais, nomeadamente a televisión, ao horizonte do ficcional. Porén, non se toma calquera elemento da televisión; claramente, a selección de material posteado polos escritores oriéntase plenamente a unha televisión lixo, grotesca, cara ao mundo da sordidez dos telexornais e a ridiculización das persoas. “Niño chileno con cabeza de pan dulce”, “Murió el cachorro fumador”, “Sigue grave el joven al que unos amigos le introdujeron aire a presión por el ano”, “Encuentran un teléfono móvil en el recto de una mujer”, “Murieron electrocutados seis elefantes ebrios”, entre moitos outros títulos e entradas, son algúns elementos/noticias posteados por estes escritores, acompañados dunha filmación de mala calidade, dunha fotografía, materiais extraídos de youtube, “rarezas” que circulan pola rede e que abren lugar para os comentarios de dobre sentido e para chistes.\nDeste xeito, o espazo do blog parece mergullarse de cheo na area do carnavalesco onde a risa non agocha o grotesco senón que o acrecenta. As fotografías que se incorporan ao blog ou as notas que se van subindo ao arquivo reforzan esta mesma percepción dun mundo carnavalesco ou circense, chegando a se asemellar a unha feira de curiosidades.\nNesta mesma liña estética que traballan os blogs, Busqued explora amplamente a metáfora do mutante. O seu propio pseudónimo é “Fofolfi, el niño abominable” e reitérase o sema na apelación aos materiais relacionados con malformacións do corpo, o under, os casos estraños que xeran un relouco sen disimulos.\nO espazo virtual preséntasenos como espazo que desborda a experiencia “puramente literaria” tal como viña sendo concibida polos circuítos máis conservadores da cultura, integrando como parte desa experiencia unha diversidade de materiais e formatos non pensada anteriormente, feito que, por outra parte, ten que ver coa posibilidade dunha maior laxitude de fronteiras e liberdade de xogo que outorga o ciberespazo, mesmo pola súa propia (pseudo)autonomía das institucións de “control”, xa sexa a crítica, a pedagoxía, a academia.\nO literario é arrincado das bibliotecas e embarrado con eses materiais que parecen emerxer dun “baixo mundo” latente. A sensación de decadentismo imprégnao todo, invertindo incluso as dicotomías de ficción e realidade. Neste ciberespazo “o real”, extremadamente enrarecido a través da mediación virtual, preséntasenos máis ficcional que as propias obras. Así, esta estética parece querer dicirnos que sería imposíbel disociar iso real que nos chega dende os medios masivos, que aparece desorbitado e atrofiado, do “puramente literario”. Atopamos desta maneira, un continuum no que o escritor nos leva dende os seus poemas máis líricos cara á sordidez dun mundo enrarecido, sen reparo ningún. E só a través deste dispositivo tecnolóxico, no que imaxe, son, movemento e palabra invaden o espazo de lectura, sería posíbel esta experiencia.\nA literatura xa non é a Literatura, non é esa Literatura na que, segundo as palabras de Courtoisie que encabezan este traballo, escribían e vivían Vargas Llosa, García Márquez ou Ciro Alegría. Sería máis ben unha nova práctica, tan difícil de definir para Courtoisie, tan incerta aínda, ancorada entre a “conjunción de lo intrínsecamente literario” e “la digestión de esa omnipresencia de lo audiovisual y lo informático” (2007).\nEstes blogs non só se nos ofrecen como espazo dende o cal resignificar o estatuto do literario disociándoo das formas dunha pretendida “alta cultura”. A figura do propio escritor, o seu lugar como intelectual e a relación coa súa obra son desarticulados dende o risíbel e a parodia.\nWashington Cucurto distánciase no seu blog desa aura de “escritor ben” asumindo unha pose de sorpresa ante as boas críticas que recibe de figuras tan respectábeis no campo da crítica latinoamericana como Beatriz Sarlo: “Según Beatriz, soy el narrador sumergido. Y Jaime Bayly me invitó a su programa el jueves. ¿Hasta cuándo durará esta estafa?”, se pregunta. E despois: Pero lo mejor que me pasó ayer fue que un amigo me mostró unos largos párrafos donde la señora Beatriz Sarlo hablaba de mí en su revista Punto de Vista. Realmente no entendí nada de lo que dice sobre mis libros, pero nunca imaginé que se iban a ocupar en serio de mis cuentitos. Ahora sí que voy a empezar a escribir cualquier cosa, ya van a ver. Cucurto búrlase da crítica literaria de raizame máis académica, afastándose da idea de escritor dotado de proxecto literario “serio” e asumindo un lugar de ignorancia, de “estar á marxe”.\nPor outro lado, Luciano Lamberti, ridiculizando tamén o seu propio lugar de escritor, publica unha microficción no seu blog, acompañándoo dunha fotografía de si mesmo cunha bolsa na cabeza:\nPola súa banda, no blog de Juan Terranova, o lugar do escritor/intelectual parece ser invadido por un zoolóxico de animais estraños, coellos, burros, pero especialmente pola figura do rinoceronte, animal do que parecen emanar todas as palabras que lle dan forma ao blog, restándolle auctoritas á figura do propio escritor.\nDa mesma maneira, as figuras representativas dun sentido do literario en clave solemne ou tradicional, nomes centrais no canon literario arxentino, son moitas veces motivo de burla e chiste nos blogs.\nEn Cucurto podemos ver a seguinte imaxe:\nOnde o dobre sentido sexual, as alusións ao mundo das bailantas, á temática dos “negros”, tan propia da súa escrita, desarma a solemnidade dun Borges que parece descolocado en relación ao exuberante peito da muller que o sostén e que parece ter que decidir qué tradición literaria prefire. Claro que aquí tamén a elección entre Borges, o canónico, e Cucurto, o emerxente, xa non segue os parámetros estritamente literarios, senón que ten que ver cun “pracer” suxestivo mesmo da orde do sexual.\nPola súa parte, Carlos Busqued reacciona ante unha crítica que Fogwill lle fixo á súa novela acabada de publicar pola editorial Anagrama, Bajo este sol tremendo, en termos marcadamente iconoclastas:\nepa. vaya desde aquí mi total agradecimiento al señor fogwill por mencionar la novela e incluso, mejorarle el título. Si llego a cobrar un mango más de ahí (ya me hice recargar lo que buenamente me pagaron), los tragos y las putas corren a mi cargo. Notemos a falta de distancia con este escritor central no canon literario arxentino, a desautorización da súa crítica, até incluso o pequeno detalle de escribir o seu apelido en minúsculas.\nPero tamén o lugar do lector se ve desdebuxado nos blogs, máis próximo ao dunha amizade de facebook que cos seus comentarios lles dá colorido aos temas e elementos posteados, que ao lector “in fabula”, lector distante, idealizado, descoñecido que vive da man do libro impreso. No blog de Cucurto podemos atopar comentarios dos lectores que se inscriben por completo na vulgaridade, na extrema confianza:\nAnónimo dijo... Cucu sos lo mas, me lei parte de tu libro de paradita en yenny y me re inspiraste la etica sincera de la trampa asi que a la nochesita cuando terminé de lavar los platos pire un ratito dizque a devolver unos dvs y a comprar helado pero aproveche para irme a la plaza para matarme a los besos con el negro de mi vida que le da sentido a latir de mi corazón!!! “ y ” Juana Puana dijo... Sos un chongo divino Cucu. ¡Te queremos! ¡Enjuaganos el duodeno a todas 1 !\nAsí, estes autores distáncianse do lugar letrado da cultura, renegan de calquera filiación posíbel con ese “misticismo” ou esa gravidade que lle dá hálito a gran parte da práctica literaria fóra do mundo virtual, derrubando os cimentos do “intrínsecamente literario” (Courtoisie, 2007): literatura, ficción, realidade, escritor e lector na súa conceptualización tradicional son categorías postas en constante tensión.\nPorén, seguindo a nosa hipótese de lectura, observamos unha tensa coexistencia nestas novas formas da experiencia estética, as cales por un lado abren un novo espazo de práctica literaria dende o cal se desarman constantemente os códigos tradicionais historicamente dominantes da teoría literaria, pero, por outro, tamén constitúen instancias de reafirmación destes mesmos elementos, dando lugar así a unha forma esquizofrénica de habitar o tránsito de determinadas formas tecnolóxicas que comezan a sentirse desbordadas, limitadas o inadecuadas (o libro impreso) cara a outras.\nAsí, nestes blogs tamén atopamos a reutilización do espazo virtual para a dixitalización da obra impresa en formato papel, a cal se “exhibe” ante o lector como unha folla de vida que pon en escena a autoridade do escritor. Así, tanto o blog de Daniel Link como o de Juan Pablo Meneses se transformaron en espazos virtuais maioritariamente dedicados a esta función que poderiamos denominar performativa, na medida en que o escritor teatraliza unha autoridade da que simula prescindir, a partir tanto da posta en xogo da súa produción ficcional e ensaística “seria”, publicada nos circuítos máis tradicionais, como tamén e moi importante, posteando artigos críticos dedicados á súa obra que aparecesen en distintos medios. Os blogs posúen unha cantidade extraordinaria de enlaces deste tipo ofrecidos ao lector.\nAsí, non é o escritor o que debe investir a súa enerxía en convencer o seu lector nin da calidade das súas obras, nin da súa posición no campo, nin dar coñecemento dos seus premios, senón que se lles deixa esa tarefa aos enlaces, ás voces pertencentes á faceta institucionalizada da literatura, incorporándoas ao blog, mentres que o escritor pode seguir sostendo un lugar de xogo, humor e distancia desa solemnidade requirida en toda autoxestión dun lugar dentro do campo. Nun mesmo blog encontramos estes dous espazos completamente diferentes, respondendo a sistemas de valores tamén distintos: por un lado, segundo Daniel Link, o lugar do “axitador” porque, “en todo caso, la ventaja de un blog respecto a otros medios […] es que uno puede agitarse como loco sin tener que responder a compromisos ajenos (espurios)” (Link, 2010: 24), e, por outro, o lugar da escrita no seu sentido máis tradicional de alta cultura.\nObservamos tamén o emprego doutras formas escriturais e performativas que tenden a alimentar a centralidade da figura de escritor: a incorporación do xénero do diario íntimo e a grande importancia que adquire a exposición da\n“súa biblioteca”, é dicir, a oferta de enlaces cara a outros blogs de escritores que podería remitirnos a un sentido de comunidade ou de xeración.\nAsí, o blog é unha posta en discurso do desdobramento experiencial do escritor paseante de dous mundos: nel hai unha construción ou representación da identidade dese eu que escribe ás veces dende fóra da República das letras, ás veces dende dentro. Por un lado, retomando as palabras de Link, o escritor represéntase como axitador, entregado a unha sordidez na cal reina o descrimento no carácter sublime e sublimatorio da literatura, un axitador desbordado e atravesado pola omnipresenza da imaxe sen filtrar que ameaza con engulilo todo ao seu redor, un habitante habitado polo mundo decadente que proxecta a imaxe.\nPero, por outra parte, o escritor represéntase a si mesmo como autor, resgardando o seu paraíso de autoridade fronte ao lector, practicando a literatura dende un lugar enunciativo que se coaliga co canon, coa crítica e coa comunidade doutros escritores. Un autor que, no propio acto de conservar a súa obra dixitalizándoa, se asegura que o paso dun dispositivo tecnolóxico a outro non derivará nunha perda, cargándoa de enlaces, mergullándoa nunha rede de crítica que funciona dentro do blog como aquel “lector lexítimo” da obra e nos evidencia unha vontade de salvagardar a tradicional transcendencia á que aspira o literario en sentido máis tradicional.\nEmerxe así un espazo entre varios espazos no que a experiencia literaria se constrúe dende o xogo sen regras claras, onde a escritura literaria se mestura con formas de kitsch, dende o refugallo, o descrimento, o desencanto e o inconformismo, pero tamén dende o sostemento dun lugar social específico para a ficción, a obra e do escritor.\nUnha obra paradigmática desta tensa experiencia do lugar de tránsito da literatura de principios do noso século é El libro flotante de Caytran Dölphin do escritor ecuatoriano Leonardo Valencia. Unha obra que foi publicada no formato tradicional de libro no ano 2006 na editorial Funambulista, pero que continuou con vida propia no ciberespazo. Alí, a novela é permanentemente reescrita polos lectores virtuais que a amplían, completan e “distorsionan” coas súas achegas fragmentarias. Os lectores fortuítos poden deformar deliberadamente o acontecer ficcional, xa que esta é unha das opcións que ofrece a blognovela, canda a posibilidade de realizar comentarios e continuar a historia. Desta forma, a “obra” orixinal se ve expandida decontino nunha cantidade insospeitada de posibilidades.\nVolvamos entón, para finalizar, á pregunta aínda en suspenso que presentabamos ao comezo: en que medida esta transformación dos dispositivos tecnolóxicos na produción literaria está cambiando o concepto, a condición e a forma de experimentar o literario. En que medida ese cambio é tamén un malestar e unha desorientación produtiva...\nBibliografía\nCarlos Busqued: \nDaniel Link: \nDiego Vigna: Luciano Lamberti: Washington Cucurto: Juan Pablo Meneses: \nJuan Terranova: Blognovela de Eduardo Valencia: "} {"summary": "O filme Histoire(s) du cinéma (JeanLuc Godard, 1998) supuxo, fóra do ámbito puramente fílmico, unha toma de posición controvertida sobre a propia disciplina da historiografía, pois, mesmo se metodoloxicamente non é prudente adscribilo claramente a esta, ten puntos en común con ela que superan a barreira institucional da disciplina. Neste traballo analízase o momento no que esta reflexión sobre a historia se concreta na historia do propio medio cinematográfico e examínase como a idea principal a este respecto implica unha apertura de natureza interdisciplinar na súa xenealoxía, de modo que o arquivo da historia do cinema non é puramente fílmico e o cinema é un capítulo na historia de moitas outras cousas. No entanto, admítese que o traballo de Godard ten unha dimensión monumental e melancólica (debida á súa propia centralidade na institución cinematográfica e á lexitimidade autorial que dela resulta) que dá lugar a unha escuridade formal e a un certo conservadorismo que contrastan coa súa visión anovadora da historia. Como antídoto, proponse un diálogo coa obra do realizador alemán Harun Farocki, cunha visión próxima á de Godard pero liberada da pesada carga autorial deste, e exemplifícase cun dos seus filmes (Arbeiter verlassen die Fabrik, 1995) a mencionada idea de que o cinema é un capítulo na historia doutra cousa –neste caso, do traballo.", "text": "Signum crucis: a historia do cinema como encrucillada en JeanLuc Godard e Harun Farocki\nSamuel Solleiro : cinema, Harun Farocki, historia do cinema, historiografía, interdisciplinariedade, JeanLuc Godard.\nsuficiente para participar lexitimamente en debates intelectuais de certa altura 6 e, ao meu xuízo, non xogou un papel menor nesa posibilidade a monumental toma de posición que supuxo Histoire(s) du cinéma.\nIn nomine Patris\nCon efecto, Histoire(s) du cinéma, á espera de que a perspectiva temporal permita unha (necesaria) crítica que valorice os traballos posteriores do autor, é aínda, a día de hoxe, o filme central do Godard post68. Este filme mobilizou, entre as primeiras proxeccións públicas de capítulos soltos en 1989 e a actualidade, grandes e diversos intereses: logo da estrea oficial en 1998 coñeceu un gran volume de textos críticos 7 que contribuíron a fixar, acaso involuntariamente, un relato oficial acerca da interpretación canónica do filme, e após a saída do DVD en Francia en 2007, unha (certa) popularización que fixo que o filme supere as portas dos departamentos universitarios e as fronteiras da francofonía 8. Dado que Histoire(s) du cinéma pretendía non ofrecer apenas un discurso sobre a historia do cinema senón tamén sobre a propia historia “a secas” do século XX, boa parte dos esforzos críticos consistiron en calcular e avaliar a relevancia do filme como posíbel ferramenta teórica historiográfica. Aínda en 1998, á hora de planificar a publicación do libro homónimo que reproduce o texto do filme e diversos fotogramas (Godard, 1998), o director da casa Gallimard propuxo a súa inclusión na colección “Bibliothèque des histoires” a carón de historiadores ou teóricos da historiografía recoñecidos, de Jacques Le Goff a Michel de Certeau ou Carlo Ginzburg. O director da colección, o tamén historiador Pierre Nora, negouse por non tratarse dun traballo historiográfico strictu sensu (Baecque, 2010: 755756). Un episodio como este dá pé a facerse moitas preguntas non apenas acerca de Histoire(s)\ndu cinéma, senón mesmo da validez xeral das imaxes, fílmicas ou non, como documentos históricos 9. E cómpre apuntar que calquera discusión neste sentido debe ser confrontada cuns límites disciplinares que, por moito que teñan un fondo metodolóxico, baten, en última instancia, con fronteiras puramente institucionais. Ao meu xuízo unha lectura interdisciplinar debe asumir este contexto pero ao mesmo tempo pode detectar neste filme a presenza de trazos comúns (non sempre deliberados) con algunhas das distintas tendencias e modalidades historiográficas nadas no século XX da rutura do paradigma positivista: desde Fernand Braudel, explicitamente citado no filme, e a longue durée da escola de Annales até a microhistoria de Carlo Ginzburg ou Natalie Zemon Davis, pasando pola filosofía analítica de Arthur C. Danto, o New Historicism, a metahistoria de Hayden White, a nova historia cultural de Peter Burke ou a historia efectual de raíz ricoeuriana, trazos concretos destas escolas son detectábeis en certos recursos, imposíbeis de enumerar aquí, empregados por Godard para Histoire(s) du cinéma, de xeito que o filme pode estar á altura dun certo “clima intelectual” sen ter que afirmar que por medios cinematográficos se chegue necesariamente a un nivel de abstracción similar ao dun texto teórico. Paradoxalmente, trazos da propia Nouvelle Histoire (a terceira xeración de Annales á que se adscribe Pierre Nora) son detectábeis, tamén, no filme, entre eles a “impossibility of transmitting the whole story or a story of wholeness, while recognizing that the fragmented nature of the present can be endowed with meaning only by opening up passages to the past” (Nettelbeck, 2005: 111) ou os numerosos recursos que tornan “visível o envolvimento pessoal do historiador em seu ofício profissional, praticado na esfera institucional da academia” (Olinto, 2005: 140) e que derivan en conceptos como o de “egohistoria” do mesmo Nora (idem, 141146) 10.\nPorén, a barreira dunha disciplina altamente institucionalizada e codificada impide, creo, valorar seriamente o nivel de capacidade historiográfica de Histoire(s) du cinéma por esta vía, unha vez identificados os trazos en común con algunhas modalidades e a pertenza a un mesmo “clima intelectual” 11.\nConsidero que para atopar o factor máis novidoso e aproveitábel deste filme, é preciso antes de máis escorar o enfoque cara ao outro gran bloque no que Histoire(s) du cinéma pretende incidir declaradamente: a historia do cinema. Non para deixar o argumento aí, atrapado nunha das chamadas “historias sectoriais”, senón como un grao máis de concreción do que se lle supón á historia “a secas” pero que, en última instancia, cómpre rebater tamén. Nun comentario ás ideas de Hubert Damisch sobre a pertinencia da disciplina da historia da arte, Ernst van Alphen explica que\n[e]n la cultura occidental, especialmente en la historia del arte, es habitual hablar de la historia sin un objeto. [...] Así, la “historia” es tratada como una realidad. Y, como realidad, se convierte en un principio incuestionable, un dogma. Pero para Damisch la historia existe sólo en la medida en que es la historia de algo (Alphen, 2006: 87. Cursiva do autor).\nNese afán de concreción está unha clave moi importante do traballo de Godard na medida en que resitúa a idea de historia en relación a unha materia (digamos, a imaxe –Damisch falaría do obxecto artístico) que, evidentemente, coñece diferentes realizacións diacrónicas (e velaí a historia) pero tamén suscita preguntas abstractas ás que hai que recoñecerlles un carácter abstracto transhistórico, isto é, teórico. Por iso Damisch chega á premisa fundamental de que a arte pensa anos antes, e sen que me conste influencia directa, de que Godard colocase en Histoire(s) du cinéma esoutro slogan análogo de que o cinema pensa. Os frutos dese pensamento son, obviamente, abertos 12, e como tales non poden ser xa patrimonio dunha disciplina concreta: o paradigma interdisciplinar 13 é a alternativa máis coherente na medida en que as disciplinas fixadas limitan as súas xenealoxías posíbeis a un repertorio cousificado (Alphen, 2006: 8089).\nA historia do cinema tal e como se adoita entender, esa que supostamente dá inicio en rematando o século XIX, é unha disciplina cuxo grao de institucionalización, se ben non coa antigüidade ou o prestixio da historia da arte, é a día de hoxe indiscutíbel. As xenealoxías que adoitan tomarse en consideración van desde un paradigma erudito de obras e autores (o cinema “comezou” en 1895) 14 a outro un pouco máis amplo que toma en conta o desenvolvemento ao longo do século XIX das técnicas para a captura e a reprodución das imaxes en movemento (Carmona, 1998). O punto no que se sitúan as Histoire(s), así, e o ámbito no que o filme pode ser unha ferramenta produtiva de pensamento, é precisamente o da ampliación, relativización e redefinición da xenealoxía das imaxes cinematográficas. Unha ollada rápida ao material do que está feito o filme afástase do esperábel, que serían as imaxes propiamente cinematográficas e, como moito, a mención das obvias tradicións da fotografía e do teatro. Mais aquí hai unha gran presenza da pintura. Poderíase pensar nunha disciplina como a historia da arte, pero tamén hai literatura, normalmente allea á historia da arte nos departamentos. Os fragmentos de novelas poden dar pé a pensar na idea de narración cinematográfica, pero que facer entón coa poesía, coa filosofía, coa crítica cinematográfica? E co texto escrito no ecrán, sempre a medio camiño entre o panfleto político, o slogan publicitario e o verso vangardista? Que lugar ocupan a economía, a política ou a relixión, tan presentes? E a pornografía? E a música?\nChámeselle intermedialidade ou calquera outra cousa: calquera que coñeza minimamente a traxectoria de Godard saberá que a pluralidade de materiais no seu cinema vén de vello. E tamén que, madia leva, Godard non ostenta o monopolio da intermedialidade nin moitísimo menos. A novidade deste filme pódese explicar, creo, a partir do título. Histoire(s) du cinéma. Du cinéma. Repárese nesta segunda parte: a pluralidade do material non impide que a disciplina da que se trata sexa, declaradamente, o cinema en sentido estreito (a imaxe en movemento captada por medios magnéticos, montada e proxectada que, ademais, desde a época da Nouvelle vague admite ser pensada, tamén retrospectivamente, como traballo artístico debido a un autor). Este filme non é un simple traballo de found footage, pretende ser un arquivo de algo e o propio título indica exactamente de que: hai polo tanto unha pechazón aparente, unha vontade de institucionalizar. Pero ao estar o arquivo contaminado, o que parecía pechado ábrese: a materia da que se ocupa unha historia do cinema non é de ningunha maneira estritamente fílmica. Hai moito material que suxire moitas conexións posíbeis, tamén dun punto de vista xenealóxico. Ten sentido falar, malia todo, dunha historia do cinema?\nTeno e non o ten. Jenaro Talens e Santos Zunzunegui xustificaron a pertinencia dunha historia do cinema malia todo a partir dunha ostentación de aparente sentidiño como a que supón o chamado Teorema de Thomas:\nsi la gente define ciertas situaciones como “reales”, dichas situaciones se convierten en “reales” en sus consecuencias [...]. No cabe duda de que hablar de algo tiene, entre otros, el nada desdeñable efecto de hacerlo existir de manera automática [...]. Si adoptamos dicho punto de vista, tan simple como pragmático, deberemos aceptar la existencia de lo que la práctica institucional viene definiendo con el nombre de Historia del Cine (Talens e Zunzunegui, 1998: 9).\nPor outra banda, o material a traballar reborda por todas partes a “pura” imaxe. Como é posíbel que unha simple historia sectorial dea conta da complexidade dos procesos que se poden trazar na xenealoxía do cinema unha vez que a esencialidade da imaxe foi gravemente atacada? Parafraseando, en suma, a Hubert Damisch: de que é o cinema unha historia? (Alphen, 2006: 88). Sen dúbida, de varias cousas: da visión e da representación en sentido amplo, en primeiro lugar (Talens e Zunzunegui, 1998: 1820). Dos réximes escópicos. Dos espectáculos. Da industria, do diñeiro e da guerra. Da narración. Do traballo, do corpo. Da ciencia, do cálculo, das relacións de xénero. Das sociedades de control. De moitísimos procesos en realidade pode o cinema ser unha historia, isto é, un capítulo.\nEt Filii\nNo entanto, estas Histoire(s) non deixan de conformar até certo punto un relato substitutorio dunha cronoloxía convencional, construído desde a melancolía, que se consagra ao rescate da imaxe por medio de anacronías e constelacións; á monumentalización, en definitiva, do cinema, o que para\n(invención fundada xa entón nunha nostalxia do cinema clásico que supuxo, para Losilla (2010) un certo paso atrás respecto das modernidades máis canónicas de Antonioni ou Bergman), incorporou a idea de autoría como paradigma organizador do cinema. Polo tanto o que Godard lamenta, neste filme e, en xeral, en momentos doutros filmes e en entrevistas nas que se mostra particularmente hostil a certas anovacións técnicas, digamos a televisión ou o vídeo dixital (recursos que, por outra parte, non dubida en empregar, véxase, entre outros moitos exemplos, o uso do dixital no recente Film socialisme), é a fin, ou a futilidade cando menos, do paradigma autorial que lle permitiu a el, or outra parte, realizar este filme deste xeito. Esta circunstancia abre a porta da melancolía, do mesianismo e da densidade semiótica: as Histoire(s) non son unha toma de posición, senón moitas, ás veces contraditorias, e dos espectadores depende a decisión de cal activar en cada momento.\nAsí as cousas, talvez a mellor maneira de levar á práctica as ideas historiográficas rastrexábeis neste filme pase, curiosamente, pola necesidade de separarse del e, unha vez lexitimada a idea de que o cinema pode efectuar tomas de posición nesa clase de asuntos, tratar de ver á súa luz outros traballos que, por motivos en última instancia sociolóxicos, non xeraron o corpus crítico de Histoire(s) du cinéma pero desenvolven ideas próximas. Nas liñas que seguen vou regresar a esa consideración do cinema como unha encrucillada de xenealoxías de distinto signo que ficou enunciada no anterior epígrafe, a partir dos traballos do realizador alemán Harun Farocki. O exercicio que se propón é case crístico (en sentido, madia leva, laico) por canto no cinema de Farocki aparecen recorrentemente ideas asociadas a Godard 19 pero mediante un estilo moito máis diáfano e sen a aura esotérica que a mencionada densidade semiótica dá a aquel. Esta proximidade teórica entre ambos coas diferenzas da intelixibilidade, da autoridade e tamén da procedencia e da idade 20 serán as que me permitan pensar agora a Farocki como unha especie de representante de Godard na terra, por así dicilo. Evidentemente isto non exclúe en absoluto o valor de Farocki en si, ao contrario; o feito de que os filmes dun e do outro sexan documentos accesíbeis no presente permite usar uns para pensar os outros sen preocupacións de signo teleolóxico por quen influenciou realmente a quen e en que orde.\nUnha das liñas de traballo máis suxestivas no cinema de Farocki é a que nota, nunha primeira fase, a diferenza crecente entre o visual e a imaxe, segundo as definicións de Serge Daney de ambos os termos (o visual, a simple verificación de que as cousas funcionan no nivel técnico; a imaxe, que é o material que se mobiliza no cinema, a constatación de que sempre hai algo que falta) 21 para, a seguir, exercer unha especie de close reading sobre materiais procedentes claramente do ámbito do visual (rádares de guerra, publicidade, cámaras de videovixilancia, reportaxes industriais) que se comentan e se procesan (móntanse, pero non se alteran con zooms ou efectos) como se fosen imaxes cinematográficas (Blümlinger, 2004: 315). Eis o mecanismo que artella o que acaso sexa o seu traballo máis coñecido, Bilder der Welt und Inschrift des Krieges (1988) 22, no que a narración en off que acompaña unha compilación de secuencias procedentes dese material chamado visual non é en absoluto un recurso pedagóxico senón que instaura a posibilidade de dicir algo sobre imaxes que non están pensadas para que se diga nada sobre ou a partir delas:\nImages of the World fixes on what is not there to be seen, on what could never be seen, not because of some invisibility but rather because of a sort of blindness built into sight; it attends to what is not of the order of sight, to another light or an oversight in the image. Which is to say, it takes these images as inscriptions, to be read and not just to be seen or looked at (Keenan, 2004: 204).\n–marxista–, de estudar e amosar que institucións producen ese tipo de imaxes nas sociedades de control e para que (Brenez, 2009: 129130), pero tamén cunha interesante lectura historiográfica: a súa perspectiva sitúa o cinema como un segmento á fin bastante inofensivo de traxectorias que o sobrepasan por todos os lados. Ou, como o enuncia Thomas Elsaesser: “the cinema has many histories, only some of which belong to the movies” (2004a: 12). Co gallo dunha retrospectiva coordinada polo mesmo Elsaesser, Harun Farocki, en entrevista con el, menciona:\n[t]he choice you’ve made in showing a series of films that look at cinema not as part of the history of storytelling, but as belonging more to the history of other techniques and technologies of surveillance, measuring, calculating, automation (Elsaesser, 2004b: 184), proxecto que a seguir conecta co dun teórico alemán, Bernhard Siegert, para quen a novela é un capítulo máis, unha subcategoría, na historia nada menos que da comunicación postal 23 (idem). É un punto este, pois, no que os traballos de Farocki e de Godard coinciden, ou mellor, admiten unha lectura similar. Coa diferenza de que Farocki, que é, nas súas propias palabras, “the best known unknown filmmaker in Germany” (idem: 177), pode permitirse unha flexibilidade á hora de trazar as súas relacións coa institución cinematográfica, que o peso de Godard, a súa asumida responsabilidade na conversión do cinema nunha cuestión de obras e autores, lle impide; até o extremo de que Farocki, declaradamente por razóns de financiamento (Farocki, 2009: 235), atopou sen maior problema o seu oco no ámbito dos museos (ultimamente o groso do seu traballo está consagrado a este ámbito) mentres que Godard fracasou estrepitosamente na súa achega a esta institución, como se apuntou no comezo.\nMesmo cando Farocki dá en elaborar un proxecto cuxo material principal non procede deste material “visual” senón do cinema en sentido “recto”, o ton respecto do medio segue a ser desapegado. Arbeiter verlassen die Fabrik (1995) 24 é un filme realizado co gallo do centenario do cinema no que se realiza unha reflexión sobre o cinema e a industria a partir do filme La sortie de l’usine Lumière à Lyon (Auguste e Louis Lumière, 1895) e as (escasas) veces que, posteriormente, no cinema se filmou o mundo das fábricas. O filme quere ser un arquivo, o arquivo desas poucas veces, malia estar incompleto por cuestións de dereitos e malia introducir, como Godard, elementos “bastardos” (neste caso, publicidade moderna de medidas de seguridade para fábricas). Aquí, por moito que case todo o material se circunscriba ao que as historias máis canónicas do cinema asumirían como propio, cómpre salientar que a propia selección en función do tema (aínda que haxa quen vexa isto como unha concesión nostálxica) 25 dá a clave dunha idea non moi diferente da de Bilder der Welt : non é a historia do cinema, a esta luz, un capítulo máis ou menos illado, máis ou menos afortunado, da historia do traballo?\nEt Spiritus Sancti\nAté aquí a comparación. Un último apuntamento para rematar: non se pretendeu soster nas liñas anteriores nada parecido a que esta consideración da historia do cinema como encrucillada (de calquera historia sectorial en realidade) sexa patrimonio exclusivo ou invención de Godard ou Farocki. Trátase, pola contra, dunha tendencia importante na historiografía e nomeadamente, para este caso, na arqueoloxía dos medios, con antecedentes filosóficos coñecidos 26. O papel de Histoire(s) du cinéma a este respecto, como se apuntou, ten a ver especialmente con propor un soporte fílmico para este proxecto e tamén, hai que recoñecelo, coa súa (sempre relativa) lexitimación.\nCanto á concepción do cinema a este respecto, o punto de inflexión pódese situar na década dos noventa e formúlao por exemplo Francesco Casetti para dar conta dunha certa crise da teoría cinematográfica naquela década: a cuestión principal non é que esta deixase de practicarse porque o cinema xa non existise como tal, senón que esta situación suscitou a idea de pensar este como un obxecto que nunca existiu senón como esa encrucillada na que outros inventos, outras institucións, outros relatos, deron en cristalizar nun momento dado. O cinema, así, non tería unha historia de seu: compartillaría a historia de outros (Casetti, 2007: 3739) 27. De regreso ao título do filme de Godard, acaso esta sexa a explicación máis acaída do (s) de Histoire(s) de entre as moitas que se teñen apuntado aquí e aló. Non é que a historia do cinema non exista, apenas que existen demasiadas.\nSamuel Solleiro Universidade de Santiago de Compostela Bibliografía Alphen, Ernst van. 2006. “‘¿Qué historia, la historia de quién, historia con qué propósito?’: nociones de historia en Historia del Arte y Estudios de Cultura Visual”, en EV: Estudios visuales, 3, Murcia: CENDEAC, pp. 7998. . Aumont, Jacques. 1999. Amnésies. Fictions du cinéma d’après JeanLuc Godard. París: P.O.L. Baecque, Antoine de. 2010. Godard. Biographie. París: Grasset. Bal, Mieke. 2004. “El esencialismo visual y el objeto de los Estudios Visuales”, en EV: Estudios visuales, 2, Murcia: CENDEAC, , pp. 1149. — 2009 [2002]. Conceptos viajeros en las humanidades. Una guía de viaje. Murcia: CENDEAC. Tradución ao castelán de Yaiza Hernández Velázquez. Bergala, Alain. 2004 [1999]. Nadie como Godard. Barcelona: Paidós. Tradución ao castelán de Jos Oliver. 27 Entendo, ademais, que nun paradigma interdisciplinar este exercicio é válido para todos os ámbitos e produce achegamentos aos obxectos de estudo que serían imposíbeis na aceptación dos limites clásicos.\nGodard, JeanLuc. 1998. Histoire(s) du cinéma. París: GallimardGaumont."} {"summary": "Fronte á dualidade oralidade/escritura, o lugar que ocupan os novos medios dixitais e electrónicos conduce a unha reformulasos, lineais e ordenados da escritura.", "text": "BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 46 / 2º SEMESTRE (2011): pp. 299309 / ISSN 02149117\nA poesía dixital cítase coa oralidade\nMaría Teresa Vilariño Picos : ciberliteratura, escritura, multimedia, oralidade, poesía dixital.\nNa década dos anos sesenta, Marshall McLuhan sinalaba como a escritura exercera un gran peso na conciencia do home, concibindo un suxeito como entidade autónoma, inmóbil fronte á evanescencia da palabra falada.\nAs relacións entre os rexistros oral e escrito sempre levaron consigo unha boa dose de conflito. Por un lado, parece evidente que vivimos nun contexto sociocultural no que a palabra, escrita, se asocia a un tipo cultural prestixiado e dominante. Por outro lado, a filoloxía e a lingüística contemporánea encargáronse, durante as últimas décadas, de inverter esa xerarquía, sinalando que o rexistro escrito non é máis que un conxunto de convencións socialmente aceptadas que intentan, sempre cun éxito parcial, reproducir a enorme vitalidade do rexistro oral (cfr. Mayans i Planells, 2001: 44).\nFronte a esta dualidade estabelecida, e xa esvaecida, entre oralidade e escritura, o espazo que ocupan os novos medios conduce a unha reformulación destas dúas nocións e ao acto de observar o modo en que o Eu se revisitou a si mesmo, así como a clase de cultura (oral, escrita ou tecnolóxica) que xurdiu asociada a estes novos paradigmas. A denominada por Pierre Lévy (1994: 256) cibercultura, ou tecnociencia, e o seu ciberespazo, xera unha evolución acelerada e caótica da sociedade contemporánea. Neste terceiro ámbito, tal e como o cualifica Javier Echevarría, o coñecemento non está encerrado, senón que o invade todo, mediatízase, non é xa unha pirámide estática senón colectiva que se propaga anarquicamente como un virus (W. Burroghs) ou unha metástase (Lévy). A cibercultura reactualiza as palabras de McLuhan de modo que, como argumenta a ciberpoeta Giselle Beiguelman (2007: 103): “O medio non conta xa. Nestes días de palabras nómades, a interface é a mensaxe”.\nA denominada por Walter Ong (1982: 135), postTipography: Electronics supón un movemento da conciencia a unha nova era de “oralidade secundaria”, na que a palabra se mudou ao ciberespazo. Esta oralidade secundaria, que Anxo Abuín remodela co termo oralidade terciaria, que recibe de Gregory Ulmer e a súa Electracy, evidencia os seus parecidos coa primaria, incidindo no seu carácter social, na súa inmediatez, convertendo aos oíntes nun grupo “moito más amplo que aquel da cultura primaria oral –a denominada cidade global de McLuhan” (Ong, 1982: 136). Abuín pregúntase se poderiamos adoptar o concepto de oralidade terciaria para referirnos ás obras nacidas a partir desa irrupción das novas tecnoloxías e dedica varias páxinas do seu artigo (Ong, 2010: 68) a buscar paralelismos entre os principios que Ong atribúe á literatura oral e os novos medios electrónicos. Deste modo, o concepto Additive (1982: 37) encóntrao na determinación das lexias que forman a linguaxe hipertextual e permiten a coexistencia de varios niveis conceptuais, artísticos, ou culturais; o carácter Aggregative (Ong, 1982: 38) recoñéceo no modelo rizomático e multilineal ou multisecuencial que acompaña as creacións dixitais; o elemento Redundant (Ong, 1982: 39) reflíctese na tendencia á cita e á intertextualidade das obras electrónicas; o estatuto interactivo ou empathetic and participatory (Ong, 1982: 45) é palpábel na capacidade cocreadora do espectadorlector; e finalmente a súa función situational (Ong, 1982: 49) trasládase ao concepto de tempo real.\nSe, como dicía Havelock (1986: 76), a escrita non pode prescindir da oralidade, os textos están feitos para que falen e encerran un oralidade oculta tampouco pode facelo a ciberliteratura que xorde, xa dende as concepcións de G. P. Landow (1992, 1997: 197), aplicadas ao hipertexto como un movemento que regresa á oralidade e subverte os espazos sistemáticos, rigorosos, lineais e ordenados da escritura.\nPoesía, oralidade e novos medios\n“A voz rompe barreras, libera dos límites e instaura a súa propia orde” (P. Zumthor, 1983: 17)\nA voz é unha facultas ou “posibilidade simbólica ofrecida á representación [...] en e pola linguaxe e os outros códigos que o corpo humano elabora” (Zumthor, 1983: 12). A voz, o piar da oralidade, é “consciencia pero non fala nin pensa verdadeiramente, simplemente traballa para non dicir nada” (Zumthor, 1983: 1314).\nPola súa banda, a poesía dixital caracterízase polo seu carácter antimimético. Como sostén Jean Strehovec (2010: 70), na liña de Zumthor, nin imita nada, nin di nada, nin fala de nada, senón que promove un evento lingüístico baleiro de contido lóxico, recréase na repetición, na artificialidade da forma e nos efectos sonoros.\nO grupo Epimone , formado por Luis Calvo e Pedro Valdeolmillos, promoveu un proxecto que consistía na creación de poemas que reiteran palabras en voz alta, a distintas velocidades, con variadas texturas e entoacións. As palabras que os poetas queren que se repitan unha e outra vez son as de creación e recreación. Como sostén Saul Williams para a\nSlam Poetry (2003: 58), cada efecto vibracional dos sons produce un impacto e cada un dos seus ecos conéctase con cada palabra que pronunciamos, cada sílaba asóciase ao seu significado eterno que “reverbera” no aire. En moitas ocasións, estas palabras sitúanse no centro da pantalla ou ocupan distintas posicións intercambiábeis, oscilando, superpoñéndose, singularizándose polas súas cores e polos seus efectos sorpresivos, asumen, en ocasións, a parte polo todo recorrendo á metonimia, moi representativa na poesía dixital: “no medio dixital o lector accede á totalidade dos contidos, activando unicamente o enlace hipertextual”. É o que Alexandra Saemmer (2010: 102103) denomina “a acción metonímica dos hiperenlaces”.\nA poesía dixital, ou New Media poetry, golpea a linguaxe, trasladándoa cara a territorios de experiencia verbal que non se viran con anterioridade, a pesar da longa tradición de poesía experimental. En efecto; toda ela é herdeira das conquistas formais de grupos e movementos poéticos do século XX, dende as aproximacións racionais e antirracionais dos movementos de vangarda da primeira metade de século (Futurismo, Cubismo, Construtivismo, Dadaísmo, e Letrismo), até os movementos da segunda metade, como o Espacialismo, o Concretismo, L=A=N=G=U=A=G=E, Beat, Poesía visual, Fluxus ou o Poema/Proceso (cfr. Kac: 2007: 11).\nRecordemos como os poetas dadaístas, que constitúen un referente inescusábel no campo da poesía dixital, exploraban aspectos sonoros como a simultaneidade e o ruidismo nunha concepción múltiple do fenómeno poético que adoptaba como ingredientes básicos a danza, a performance, a música ou a relixión. Poderiamos recuperar igualmente os traballos de Francisco Cangiullo, pintor, escritor, performista e deseñador gráfico dos anos vinte, adscrito ao futurismo italiano, como a súa poesía pentagrammata, destinada a ser lida modulando a voz segundo as distintas marcacións do pentagrama. Por outra parte, o concretismo paulista do grupo Noigrandes (Decio Pignatari e Augusto e Haroldo de Campos) valoran a palabra na súa dimensión lingüística, visual e fónica (na súa verbivocovisualidade), cunha natureza espacial que recorre a imaxes e espazos en branco, rompendo coas regras sintácticas, atomizando e redistribuíndo as distintas partes do poema (cfr. Gache, 2006: 17, 4647, 127 e 133).\nE nos anos cincuenta encontramos producións como os poemas aleatorios de Theo Luz, nos sesenta, os traballos de Nanni Balestrini, co seu Tape Mark\n1 (1961), os poemas electrónicos do grupo Fluxus, con Emmett Williams, e xa nos oitenta a influencia da polipoesía creada polo italiano Enzo Minarelli. A polipoesía, cuxo coñecido manifesto aparece por vez primeira no ensaio “Polipoesia, dalla lectura alla performance dei poesía sonora”, dentro do catálogo Visioni, Violazioni, Vivisezioni (marzo de 1983), encontra un gran desenvolvemento no contexto posmoderno, como mestura de diversas linguaxes, priorizando a poesía sonora como guía das demais linguaxes propias do espectáculo.\nO xénero afunde as súas raíces na fenomenoloxía de Husserl e a súa intencionalidade diríxese á primacía do oral, porque tal poema “está pensadoconcibidorealizado en función do real, e tendo en conta o grao de conciencia con que o poeta chega a esta elección, noutras palabras, é necesario sentir a urxencia, a esencia indispensábel da transmisión oral” (Minarelli, 1987). O manifesto de polipoesía condensaba en seis principios básicos a concepción que Minarelli posuía con respecto á suma de poesía, oralidade e novos medios. O primeiro deles incide en que o avance da poesía sonora se conseguirá unicamente polo desenvolvemento das novas tecnoloxías, os medios electrónicos e o ordenador. A segunda característica é que a palabra, a voz, se converten no obxecto de experimentación dos polipoetas para liberar a súa sonoridade. Neste sentido, e é o terceiro principio, a elaboración do son non admite límites, ligándose co ruidismo. Todo iso sitúase nun tempo (cuarto aspecto) recuperado pola súa sensibilidade, que queda sometido á montaxe. O quinto trazo insiste no carácter rítmico da lingua e, por último, a Polipoesía é concibida e realizada para o espectáculo en vivo, as súas fontes son a poesía sonora, a musicalidade, a mímica, o xesto, a danza, a imaxe, a luz, o espazo, os vestidos e os obxectos.\nNos anos noventa adquire un forte impacto a presentación no Centro George Pompidou das Trois mythologies et un poète aveugle do poeta que cuña o concepto de poesía combinatoria, Jean Pierre Balpe. Tratábase dunha creación acústica e musical, cun diálogo en tempo real entre un autómata de xeración de poemas, elaborado por Balpe, e outro de xeración musical, concibido por Jacopo Baboni Schilingi. Mediante a posta en escena de Gérard Assayag, o grupo, constituído por tres poetas, os lectores, un pianista, un percusionista e unha soprano, xeraba unha e outra vez unha infinidade de textos, a partir das proposicións dos dous autómatas, atendendo ao estilo do poeta cego, ao de\nBalpe, ao de Henri Deluy e ao de Joseph Guglielmi. Neste intercambio oral, a linguaxe adquire o poder de exorcismo, co diálogo, ás veces xordo, “autista”, di Gache (2006: 199), dos ordenadores.\nNas marxes do século XX, e continuando as formulacións da polipoesía para combinala coas novas tecnoloxías, exerce a súa creatividade o artista español Xavier Sabater. En “Murmurios de inverno”, un poema elaborado da man do realizador arxentino Gonzalo Marcuzzi Iglesias, preséntasenos un ciberpoema que é unha mestura de trazos da poesía underground, social, oral, sonora, fonética, electrónica, visual, polipoesía e videopoesía. Se accedemos á súa reprodución na canle DocuMentalidades, oímos, e vemos, ao poeta recitando o texto, mentres que se proxectan ás súas costas, detrás dos seus ollos, vídeos moi rápidos sobre contidos dispares e, de cando en vez, se ven reflectidas na pantalla certas palabras do poema. Ao mesmo tempo, o poema está acompañado de son e música procedente dunha fonte externa, como a radio, ou dunha voz en off que usa outras linguas para sumalas ao español. O poema remata, aínda que se prolonga de forma acústica, co son interminábel dun tocadiscos sen vinilo.\nOutro dos seus poemas, “IncoHerencia”, un videopoema realizado en 2006 con Marcuzzi, a partir doutro texto de Jacobo Sucari, convértese nun poema fonético traballado cun procesador de efectos aplicado á voz, en clara homenaxe a Laurie Anderson, compasado coa música do chileno Maxi e a montaxe de Marcuzzi.\nA poesía dixital é en si mesma un xénero que xunta as tradicións da vangarda e neovangarda, a poesía visual e concreta, as videoinstalacións artísticas, a arte conceptual, o Net Art, o Software Art, e subxéneros como a poesía cinética e animada, a poesía ergódica (seguindo a terminoloxía de Espen Aarseth), a visual dixital, a poesía dixital e sonora, a poesía interactiva, a poesía código, os xeneradores de poemas, así como os textscapes dixitais e instalacións coas performances poéticas (cfr. Strehovec, 2003). O traballo dos poetas dixitais, como sostén Eduardo Kac (2007: 11), guía á linguaxe máis alá dos confíns da páxina imprimida e explora unha nova sintaxe feita de animacións lineais e non lineais, hiperenlaces, interactividade […], discontinuidades espazo temporais […] espazos sintéticos, inmaterialidades, relacións diagramáticas, tempo visual, simultaneidades múltiples e outros procedementos innovadores.\nA día de hoxe, na traxectoria marcada por todos estes creadores, que desemboca na poesía dixital, multimedia, electrónica ou performativa xa non se mantén a contraposición dos universos semántico verbal, visual e sonoro, nun desexo de romper cos determinismos da linguaxe. As obras dixitais, e en especial as poéticas, combinan distintos sistemas semióticos, provocan unha contaminación entre eles e poñen en paralelo o lingüístico, co visual e o fónico. Trátase dun proceso que Gunther Kress (1998: 76) cualificou de sinestésico: “unha nova teoría da semiose que terá que recoñecer os procesos sinestésicos, a transdución do significado dende un modelo semiótico de significado a outro modelo semiótico”.\nEsta é a hermenéutica que debemos aplicar, por exemplo, á Action Poetr y que resalta a noción de nomadismo como unha parte importante do traballo dos actorespoetas. Nela, o corpo convértese nun vehículo de transmisión expresiva no que a espacialidade adquire resonancias clave. A Action Poetry suma a arte visual, as instalacións multimedia e a “Living Body Poetry”, recuperando certo compoñente de rito a través da sonoridade e a danza (cfr. Nicola Frangione, 2006).\nOs novos medios resultan unha mestura entre as convencións culturais máis antigas de representación, acceso e manipulación do coñecemento e as convencións máis modernas dos mesmos procesos. En palabras de Lev Manovic (2003: 19):\nos ‘vellos’ data son representacións da realidade visual e da experiencia humana, i.e., imaxes, narrativas audiovisuais e de base de datos que se inclúen dentro do que normalmente denominamos cultura. Os ‘novos’ data son numéricos. Como resultado da mestura, obtemos tal cantidade e diversidade de imaxes híbridas nas que podemos facer clic, paisaxes feitas con datos financeiros, QuickTime [...], ou iconas animadas.\nMoitos dos exemplos de poesía dixital, como os de Cin Salach, achéganse á cultura popular da poesía oral. A súa poesía, como a de Laurie Anderson ou Hedwig Gorski, asóciase ao ritmo, ao respiratorio, á acción, á actitude, ao movemento, á idea de corpo, de performance, encadrándose xa non nunha oralidade primaria, secundaria ou mixta, senón nunha oralidade mediatizada, diferida no tempo e no espazo (cfr. Zumthor, 1983: 37). Cin Salach, poeta multimedia dende 1987, singularízase pola súa creación do Loofah Method, unha conxugación de Spoken word, poesía, percusión e teatro que se asociou ao compositor e músico Mark Messing, nun primeiro momento, e a Sue Walsh e Kurt Heintz, nun segundo, para poder traballar coa fotografía e o vídeo. Unha das primeiras obras do grupo foi estreada en 1989 e incorporaba performance art, danza, música, cine, imaxes xeradas por ordenador, son e vídeo. A partir do Loofah Method, desaparecido en 1995, Salach dá orixe á Bob Shakespeare Band, xunto con Sheila Donohue, Kendall Dunkleberg ou Marc Smith até chegar, só con Donohue, ao dúo Betty’s Mouth. Xa nos anos noventa, Salach crea Ten Tongues, no que recupera membros do Loofah Method para experimentar máis co acústico, en detrimento dos programas tecnolóxicos.\nA artista estadounidense Laurie Anderson, que se autodenomina Storyteller (Howell, 1992: 9), constitúe un dos exemplos máis representativos de Performance Poetry mediante a utilización dun instrumental moi variado, no que o seu corpo se converte na principal ferramenta e a súa voz no vehículo que canaliza as súas reinvindicacións de resistencia fronte ao sistema político, social e cultural estabelecido. O seu traballo interpretouse como un salto da creación individual, autónoma, en soidade e autoritaria, ao traballo coral que remite ao exercicio dunha enunciación colectiva. A definición que Birringer proporciona de Anderson describe a identidade esvaecida dunha artista “desprazada […]: como os retrasos vocais e as distorsións da súa voz” (Birringer, 1991: 222). O máis característico de Laurie Anderson é precisamente esta distorsión da súa voz mediante os elementos electrónicos para duplicarse nos seus dobres, nos seus dummies (vid. MacEnzie, 1997), creando novos personaxes que xa non lle pertencen, sons especiais que emiten os seus instrumentos, así como o tratamento dixital das imaxes que se proxectan ás súas costas. O labor de Anderson combina, unha vez máis, un exercicio multimedia no que a tecnoloxía supón unha reformulación da cultura baseada no concepto de mediación. Na obra de Anderson, a tecnoloxía é o elemento que se vincula sempre coa linguaxe polo que, como estudou F. Gonçalves (2005: 194), as súas instalacións e performances créanse a partir da relación que xorde cos dispositivos técnicos, que producen un efecto estético, e sobre todo, fan sobresaír certas condicións do discurso.\nHedwig Gorski, por último, reaviva o termo Performance Poetry para describir o seu traballo oral, gravado en directo mentres actúa. A artistapoetaperformer proclámase herdeira da arte conceptual, da poesía Beat e de autores específicos como Mayakovsky, Khlebnikov, Andy Warhol, Philip Glass, John\nCage ou Jim Jarmusch. Un dos seus últimos libros, Intoxication: Heathcliff on Powell Street (2009) é un arquivo/memoria do seu teatro experimental dos anos setenta, a partir dunha obra titulada Booby, Mama!, cualificada como “un drama cutup neoverse ”, precursora da Performance Poetry e do Slam.\nA oralidade dos medios electrónicos move á acción, é unha chamada, un berro (“a call, a cry”) (Ong, 1967: 11175), unha transacción interpersoal, unha explicación, interpretación ou hermenéutica dun interlocutor cara a outro ou outros (Ong, 1988: 267), é un espectáculo acústico, visual e falado (cfr. Havelock, 1986: 63), un Speech act (Ong, 1995) que deixa abertas as portas, mediante a súa fluidez, como sostén J. D. Bolter, a unha constante revisión. Desenvólvese, así, unha nova hermenéutica dos textos electrónicos que debe ter en conta non só a palabra, senón tamén a imaxe, os gráficos, o son, a proxémica e a quinésica: “os textos [...] transformáronse en espazos cinéticos que poñen a súa énfase na visualidade (e no táctil) situando a súa meta fundamental na atracción para sí dun lectoroínte, espectadoroínte, un voyeur ” (Strehovec, 2010: 4).\nA cultura electrónica, visual, dixital, en fin, conxuga elementos orais e escritos, literarios ou non literarios, facendo saltar polos aires (cfr. Mason, 1998: 307) os argumentos reducionistas adscritos á dicotomía oral/literario.\nLondres e Nova York: Routledge, pp. 5379. Landow, George P. [1992]. 1997. Hypertext 2.0. The Convergence of Contemporary Critical Theory and Technology. Baltimore: The John Hopkins University Press. Lévy, Pierre. 1994. A Inteligência Colectiva. Para uma Antropologia do Ciberespaço. Lisboa: Instituto Piaget. Tradución de Fátima Leal Gaspar e Carlos Gaspar. — 1997. Cyberculture. Rapport au Conseil de l’Europe dans le cadre du projet “Nouvelles technologies: cooperation culturelle et communication ”. París: Éditions Odile Jacob/ Édts. du Conseil de l’Europe."} {"summary": "O proxecto Telémaco 1.", "text": "propón “abandonar o proceso construtivo da narrativa lineal e a obsesiva reverberación de nós como un *eu*”, deixando atrás o vello paradigma textual. Fala dun “texto expandido” procedente da fonte creativa da* noosfera* e inspirado por ideas como o *software* libre, o código aberto ou o procomún.\nde hoxe, os paradigmas lineais de creación autoral, os modos monohermenéuticos de comprensión do real e a aliteración compacta do modotexto nun proceso convexo cara tendencias monolíticas estratificadas están caendo en proporción inversa ao avance das novas plataformas dixitais que achegan novos criterios e posibilitan unha transformación do “sistema cognitivo” cara a outras dimensións inexploradas até o de agora. Esta humilde contribución atinxe á emerxencia a día de hoxe dunha orde no sistema dinámico complexo\nToda Literatura (como experiencia do ser a través do “relato”) vivénciase como un proceso abstracto que, codificado no “sistema cognitivo humano”, estabelece unha trama de ensoñación, unha fabulación que desprega un horizonte semántico, unha visión xeral do universo: cada horizonte semántico é un universo en si.\nAs formas en que os seres humanos creamos a nosa realidade deberían darnos que pensar acerca da condición mesma do antrophos. A fabulación, por exemplo, debería ser a condición operante dun novo discurso sobre o ser humano. Ademais, entendendo isto así, non podemos estruturar unha física categórica das regras lóxicas que ditaminarían o sentido do noso ser; isto é, toda fabulación pretendidamente empírica (como vemos agromar actualmente por todos os lados: sociobioloxía, psicoloxía xenética, neurofilosofía... verbi gratia, reduccionismo pseudoempírico, unha e outra vez: ¿acaso non nos temos curado xa desa enfermidade?) non é senón un relato máis ou menos acubillado no acontecer orixinante do mundo, na medida en que o ser humano enfoca un determinado aspecto deste (un determinado proceso elemental) e o universaliza no relato constructivo da súa existencia. Ninguén nega a validez empírica das constatacións de verdade: Ninguén nega a Tarski. Pero: Todo proceso narrativo humano é, en si, unha episteme. Difícil sería, deste xeito, crer que unha Literatura sexa unha mera evasión, así como tamén é case imposíbel concibir que esta sexa un factor excedente (un potlach ritual) que emana da superabundancia do ser no seu crear mundo, vida, realidade. Ninguén esqueceu aínda como as narrativas están creando o mundo actual: ninguén esqueceu aínda a Biblia, por dicir algo. A Literatura nace cunha determinación recombinante: crear un espazotempo de ensoñación e de axuste vital deste ensoño nun mundo posíbel. Naturalmente toda ensoñación porta un sentido, un relato, que pode ser de calquera tipo: filosofía, ciencia, arte, historia... Todo son relatos. Relatos que pesan. E producen mundo.\nprimeira, máis coñecida, é a Xeosfera (o ámbito xeolóxico da terra), a segunda, a Biosfera (o ámbito das formas de vida deste planeta), pero habería un terceiro ámbito ao que chamou a Noosfera, procedente do grego nous (“intelecto”, “mente”, “pensamento”) e sphera, e que sería o ámbito mental ou intelectual que circunscribe todas as formas de vida da Terra. Así, todo ser vivo áchase conectado a e ao mesmo tempo é unha urdime enerxética que produce (indirectamente) unha esfera de acción intelectual. Se todo é noosférico, isto é, se -como James Lovelock entendeuGaia (a Terra) porta unha sorte de intelixencia, entón cada acto desenvolto en algún dos sectores desa Noosfera é, en certo modo, unha emananción do todo, un proceso emerxente que resulta dun sistema dinámico complexo de carácter autoconsciente, en certo grao de realidade. Neste paradigma ou visión, cada proceso emerxente que acontece no mundo nace cunha determinación “comunal” que constitúe o ser mesmo do real. Se concedemos que hai un grao de realidade enerxética que prefigura e forma os aconteceres e volicións de cada forma de vida, e que estes criterios teñen un carácter “comunal”, hai que aceptar tamén a idea de que a Literatura é unha manifestación máis, conxénita, da orde de realidade noosférica do humano. Isto é, a Literatura é un grao manifestado de realidade da Noosfera feito conciencia articulativa a través do ser humano. 1 http://www.synergeticpress.com/vernadsky.html\nproposta\nAbandonar o proceso construtivo da narrativa lineal (tanto no sentido da trama que se narra como no modo en que esta se narra; por exemplo, transcendendo os límites da ferramenta ortogramatical), así como a obsesiva reberveración de nós como un “eu”. Estes dous elementos constitúen os piares fundamentais da cosmovisión literaria moderna e serios impedimentos para unha apertura do ser humano cara ao propósito da religazón co universal que ampara a idea da Noosfera. Experimentar e aprender novos modos de narrar e novos suxeitos que colectivicen a experiencia humana do ensoñar e do crear mundos, ideas, perspectivas. Quitarlle o cuño á narrativa, e desprexuizarse (Derrida, logocentrismo) para abrirse ao entendemento de discursos non ortogramaticais, a discursos (mantras) non silábicofónicos. Cantos “eus” poden compor a canción? De cantos modos se poden vislumbrar os universos que soñamos? Cantos alfabetos podemos crear?\n* Proxecto definido no seo de Axóuxere (Editora e Productora Cultural 2.0: axouxerestream.com), propiciado por un cúmulo de pensadores, tecnólogos e creadores que ven interese no fenómeno das creacións transfonteirizas que abre a rede internet e os novos criterios de creación textual que se derivan das plataformas hipermedia. Como proceso en desenvolvemento vai metamorfoseándose ao longo da súa existencia e polo tanto implica unha versión de configuración, como versión (metaforicamente) de software. A etapa na que agora estamos é a versión 1.1. A etapa da configuración arquitectónica da teoría. A día de hoxe, e dende o século XIX, a meirande parte da produción literaria, musical, audiovisual, etc., fundaméntase nun ©, no “rexistrado”, na “propiedade intelectual”, “autoría definida”. Todo está marcado, todo son renglóns que sinalan as bestas que pacen nos bosques, sinais que inscriben o trazo de algo “apropiado, meu, non teu”. Considérase a “orixinalidade” como o máis alto valor creativo da época, e o “orixinal” aquilo que nos fai diferente do outro, e tanto máis alta sexa a diferenza, maior é o valor do obxecto que a contén. É a regra que emana dun capitalismo cognitivo e creativo que nos aboca ao solipsismo. Mais esquécese que “orixinal” é aquilo que nace na orixe, e a “orixe” non é un obxecto de mercado, finalizado, exposto e presto a ser consumido, senón un xerador no cal “se orixinan” mundos. Liberando o código da Literatura libérase á palabra desta predeterminación que a fixa; ábrese o logos e expande a súa potencia creadora a través das singularidades individuais que o acubillan, xa non como entidades esteadas no “meu, teu”, apropiadoras de discursos monolóxicos de cátedra que se instauran dogma, alimentados pola autocompracencia, senón como arquitectuadoras de novas posibilidades de recoñecemento do ser humano como ente creador. Deste xeito, T elémaco 1.1, * como proceso autopoiético en construción, consciente da caducidade e decadencia dese vello paradigma, e apoiándose en ideas como a do Software Libre ou o Código Aberto, propón:"} {"summary": "Unha historia protagonizada por adolescentes como a de Romeo e Xulieta é sen dúbida un grande atractivo para que as distintas industrias culturais queiran usala para atraer a este público, que por un lado é un dos máis interesantes dende o punto de vista comercial, e polo outro é quen renova xeración tras xeración a vixencia desta historia, ou xa case tema universal. A través dun repaso polas distintas adaptacións, representacións e reescrituras que se levan feito na cultura de masas da obra Romeo e Xulieta, especialmente nas últimas décadas, chegaremos á máis recente e vistosa, a que fixo a Royal Shakespeare Company en 2010 na rede social Twitter. Examinándoa apuntaremos as claves dunha narrativa transmedia, que non deixa de ser teatral nin performativa, pero explora as posibilidades futuras das redes sociais como un novo espazo de creación.", "text": "BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 46 / 2º SEMESTRE (2011): pp. 319332 / ISSN 02149117\nMaría Yáñez Anllo\n[Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011]\n : adaptación, cinema, cómic, internet, redes sociais, Romeo e Xulieta, Shakespeare, teatro, Twitter. abstract A teen love story such as Romeo and Juliet is a big appeal for the cultural industries to use it to get to that target, one of the most interesting from a commercial perspective, and that who renews the relevance of this story from one generation to the next. A review through the different adaptations, performances and rewriA historia de Romeo e Xulieta, probablemente a obra máis popular de William Shakespeare, leva sido ao longo dos séculos constantemente representada, adaptada, reescrita, actualizada, e dirixida nas súas múltiples formas ao público adolescente, como adolescentes son os seus protagonistas. Así, a cultura de masas prestoulle ao longo do século XX especial atención á hora de confeccionar os seus productos máis comerciais, dende o cine clásico ata a postmodernidade do manga, os videoxogos ou as novelas de vampiros. Nos comezos do século XXI, e tamén na procura deste púbico xuvenil, comezarán as adaptacións aos medios dixitais. A intención deste traballo non é repasar o exhaustivo ciclo adaptativo de “Romeo e Xulieta” na cultura de masas, pero si observaremos brevemente as adaptacións que se fixeron en clave actualizadora nas últimas décadas, antes de centrarnos na que nos ocupa, que é a súa\nreescritura nun dos novos medios máis populares do 2011: as redes sociais de internet e en concreto Twitter. Reescrituras clásicas dun ciclo adaptativo máis que complexo Cando falamos de “Romeo e Xulieta”, máis que dun ciclo adaptativo temos que falar dun tema universal: os amores prohibidos, tal como apuntan Jordi Balló e Xavier Pérez (1997), ou do que tamén poderiamos chamar un arquetipo: os starcrossed lovers. 1 Pero tamén lle podemos dar a categoría de mito renacentista se consideramos as múltiples representacións que se fixeron, dende a súa aparición, nas artes plásticas máis clásicas como a pintura e a escultura. Estariamos ante unha obra que no Renacemento tivo a mesma categoría cós mitos e traxedias da época clásica, e que se representou do mesmo xeito que os gregos e romanos o facían. Por iso as esculturas e pinturas que podemos atopar sobre “Romeo e Xulieta” non distan moito das representacións clásicas, ou mesmo renacentistas e neoclásicas, doutros amantes mitolóxicos como os propios Píramo e Tisbe, Orfeo e Eurídice ou Penélope e Ulises.\nAlgo semellante poderiamos dicir sobre as variantes escénicas que veñen adaptando “Romeo e Xulieta” fóra do teatro propiamente dito, como son a ópera e o ballet. Son estes medios híbridos que nos permiten falar de intermedialidade ben antes da cultura de masas, pero que terán nela a súa evolución natural no cine musical –orquestra, coreografía e posta en escena– levada á súa máxima expresión en 1961 con West Side Story, de Robert\nWise. Sen esquecer que entre os autores que levaron ás partituras a historia de “Romeo e Xulieta” están algúns dos máis recoñecidos da época romántica, como Berlioz ou Tchaikovsky, ou, máis tarde, o famoso ballet de Prokofiev.\nComo último apuntamento escénico, aínda que non é o obxecto deste artigo repasar os centos de reescrituras actualizadas que se levan facendo no teatro do texto de Shakespeare, si destacaremos a última feita no ámbito galego, que tamén adaptaba a historia dos amantes de Verona ao contexto actual. Trátase do “Romeo e Xulieta” de Teatro do Noroeste, protagonizado por Christian Escuredo e por Sara Casasnovas. Vestidos de Bershka e cun escenario de aspecto industrial, o espectáculo tentaba achegarse ao público urbano adolescente galego, ou polo menos de reflectilo sobre as táboas, algo pouco habitual na nosa tradición teatral, máis dirixida ao público adulto ou ao infantil.\nRomeo e Xulieta na cultura de masas. A procura do público adolescente\nUnha das nosas teses á hora de analizar este ciclo adaptativo é que, se a historia de “Romeo e Xulieta” foi empregada ao longo dos séculos para atraer ao teatro o público adolescente, na cultura de masas isto cobra maior importancia, por dous motivos: 1) a consideración do target xuvenil como un dos máis gorentosos para a industria do entretemento dende o punto de vista comercial, e 2) a necesidade da industria teatral, se se pode chamar así, de atraer a novos públicos precisamente para competir co poder do resto dos medios de masas e coa atracción que estes teñen para o público mozo.\nO segundo motivo ilústrase co exemplo que acabamos de citar de Teatro do Noroeste, e co obxecto principal do noso estudo: a adaptación que fixo a Royal Shakespeare Company para Twitter. O primeiro motivo serviranos para facer un breve repaso polas adaptacións feitas pola industria nos principais medios de masas: o cinema, o cómic, os videoxogos e tamén as novelas comerciais.\nNo cinema, as adaptacións máis interesantes que se fixeron no século XX empezan pola de George Cukor en 1936. Os estudos vendérona aproveitando o éxito dos seus dous protagonsitas, Leslie Howard e Norma Shearer, nun melodrama de 1932 chamado Smilin’ Through (A chama eterna), e anunciando unha espectacular posta en escena que o teatro nunca podería igualar. Mesmo o seu produtor Irving Thalberg contaba anos despois que a súa intención era “facer a produción que Shakespeare tería desexado se tivese as facilidades do cinema”. Malia estaren nos anos da Gran Depresión, a MGM non escatimou en gastos e con ela conseguiron varias nominacións aos Oscar de 1936. Á hora de adaptar o texto, os guionistas cortaron arredor dun 45 por certo da obra orixinal para facela máis áxil e producible no medio cinematográfico, agrupando as transicións en maxestuosas escenas con grandes decorados e moreas de soldados e mercaderes. A maioría dos cortes ou axustes da historia fixéronse, como acontecerá repetidamente con este texto, en torno aos personaxes secundarios.\nEn 1957 estreouse en Broadway a primeira versión do musical West Side Story, escrito por Arthur Laurents con partitura do prestixioso Leonard Bernstein. Laurents propúxose aquí escribir unha historia baseada na de Romeo e Xulieta pero situada na cidade de Nova Iorque neses anos 50, e cambiando a rivalidade familiar pola das bandas xuvenís da rúa, de diferentes procedencias étnicas, que poblaban naqueles tempos o lado oeste da cidade. Deste xeito, os Capuleto eran a banda dos Sharks, hispanos procedentes de Puerto Rico, e os Montescos os Jets, unha banda de brancos de clase traballadora. O musical foi a primeira obra da cultura popular que recollía este fenómeno xuvenil recente cuxas falcatruadas empezaban encher as portadas dos xornais, e non tardou en levarse á gran pantalla, coa película de Robert Wise antes citada, que acadou un éxito fenomenal de público e crítica, converténdose no musical con máis premios Oscar da historia, un total de dez incluíndo o de mellor película, en 1962.\nO seguinte fito na tradición cinematográfica de “Romeo e Xulieta” é a adaptación que fixo Franco Zeffirelli no 1968, unha das máis fieis ao texto de Shakespeare que poidamos atopar na gran pantalla. Foi unha produción italobritánica que se rodou por enteiro en Italia, con localizacións polo tanto moi fieis ao espíritu da Verona do século XV, que puxo o acento no romanticismo e na paixón entre os dous mozos protagonistas, e que segundo o propio Zeffirelli ía destinada a transmitirlles aos adolescentes o valor do amor como ideal polo que morrer, fronte ás estúpidas leas dos adultos. A xuventude en si mesma era un valor moi forte da película, con dous actores protagonistas de idades moi próximas aos Romeo e Xulieta orixinais: os debutantes Leonard\nWhiting, de 17, e Olivia Hussey, de 16. Só con actores tan mozos se podería mostrar o candor e a inocencia do amor verdadeiro, reforzada por unha fotografía de paleta renacentista na que predominaban as cores pastel, e pola non menos acaramelada banda sonora de Nino Rota.\nMais volvamos ás reescritas contemporanizantes que, como en West Side Story, se farían a gran pregunta: Como serían Romeo e Xulieta se vivisen na actualidade? E trasladémonos ata 1996, cando Baz Luhrman se atreveu a facer unha controvertida versión titulada Romeo + Juliet, tamén de vocación comercial pero cunha proposta visual arriscada. Se nos 50 un dos medios que máis movía os mozos era o cinema musical, nos 90 era a televisión musical a que mandaba, e de novo considerouse que a máis grande historia de amor adolescente de todos os tempos tiña que estar contada coas claves de medio que os adolescentes consomen. Neste caso, a MTV. Estética de videoclip, acción, tiros e histrionismo a partes iguais reescriben visualmente unha historia que, polo demais, conserva os diálogos de Shakespeare tal cal sen deixar de ofrecer todo un espectáculo postmoderno froito da época na que se fixo, e que tamén conseguiu mover o público adolescente, coa axuda de dúas das teen stars máis famosas do momento: Claire Danes e Leonardo di Caprio.\nCon ser este Romeo + Juliet a referencia máis popular, aínda veremos nos anos que rodean o cambio de século un feixe de exemplos de reescritas postmodernas en distintos medios como a televisión, o cómic ou os videoxogos. Entre eles, a serie de anime xaponesa que sitúa os protagonistas nunha Neoverona, a parodia da factoría Troma titulada Tromeo and Juliet, ou o filme de animación de Disney chamado Gnomeo and Juliet, protagonizado por gnomos. No mundo do cómic hai décadas que se fan ilustracións da obra de Shakespeare, e podemos dicir que as adaptacións de “Romeo e Xulieta” foron acompañando as distintas etapas da evolución do medio. Así, teremos este historia presente nos máis distintos xéneros, dende centos de tiras cómicas ata o manga, máis como tema ou arquetipo recorrente, ou como historia de fácil consumo comercial. Algo similar poderiamos tirar da recente historia dos videoxogos, nos que, coma no cómic, recórrese aos clásicos desde o principio para tratar de normalizar o medio creando produtos de fácil interese comercial, pero onde non se produciu ata agora ningunha obra de demasiado calado. Mais cómpre sinalar que estes videoxogos sobre Romeo e Xulieta están feitos para os soportes máis populares entre os adolescentes: os teléfonos móbiles e as consolas portátiles como a Nintendo DS. Por último, non podía faltar neste repaso polas reescritas recentes un dos fenómenos de masas adolescentes máis destacables dos últimos anos: as novelas de vampiros. Pois tamén existe a novela Romeo & Juliet & Vampires, claramente inspirada coa historia da célebre saga Crepúsculo, que na súa orixe non deixa de estar inspirada nos famoso arquetipo dos amores imposibles.\nRomeo e Xulieta levado a Twitter. Intermedialidade nas redes sociais\nLogo de todo o visto, cal tería que ser a seguinte reescritura contemporánea de Romeo e Xulieta? Pois, igualmente, unha que se escribise cos códigos do que usan os mozos da súa idade na actualidade. A escolla foron as redes sociais, e a proposta esta vez non veu da industria do cine, senón do teatro máis canónico. A Royal Shakespeare Company quixo sorprender a todo o mundo na primavera do 2010 ofrecendo o experimento de levar o clásico máis famoso á rede máis novidosa e unha das máis populares: Twitter. O título da obra foi Such Tweet Sorrow 2.\nAntes de abordar as claves desta nova adaptación conviría situarnos no novo medio, internet, e empezar a cuestionarnos se deberiamos falar de internet como medio ou de internet como soporte dunha serie de medios entre os que están os blogs, Facebook, Twitter, Youtube, as redes musicais... Nos últimos anos pasamos do multimedia (a mestura de varias linguaxes nun só soporte) ao escenario crossmedia (a distribución dun mesmo contido a través de múltiples soportes ou plataformas) e ás chamadas narrativas transmedia (que utilizan estes distintos soportes para contar a historia desde diferentes planos e puntos de vista, dependendo das posibilidades e do alcance de cada soporte). A medida que internet crece e vai absorbendo outros medios (televisións, cine, literatura, etc) empeza a carecer de sentido tratala como un medio máis, senón un medio de medios, ou un ecosistema onde o natural é que os medios se integren, se combinen e se adapten a cada usuario. Seguramente sexa cedo para poder estabelecer unha nova categorización cando falamos de medios tan emerxentes e dinámicos, pero queda apuntada esa cuestión para cando falemos, un pouquiño máis adiante, da mestura de linguaxes e de distintas ferramentas dixitais que propón este texto e a súa posta en escena. Ou deberiamos chamarlle posta en rede ?\nEn canto ao seu funcionamento, fálase de Twitter como unha modalidade de microblogging, xa que consiste en publicar microposts de non máis de 140 caracteres, o que obriga á rapidez, á brevidade e á frescura do que se escribe, a medio camiño entre o chat e os SMS. Polo tanto estamos a movernos no terreo da ‘oralidade escrita’ que se popularizou na ultima década e que xa desenvolveu unha serie de códigos propios, como os smileys, as abreviaturas ou os acrónimos, que facilitan expresar máis cousas en menos espazo. Neste sentido, o compoñente de mobilidade de Twitter é moi importante, xa que é unha rede que se presta especialmente –máis ca Facebook – a usarse dende os teléfonos móbiles, co cal todo o que se conta é moi inmediato. Unha persoa non conta, coma nun blog, que foi a un concerto e que o pasou moi ben, senón que desde o mesmo concerto pode contar o que está vivindo, e engadirlle unha foto sacada no momento para compartila cos seus contactos en tempo real. Fiquemos con estes conceptos de instantaneidade, ubicuidade e tempo real, que serán moi importantes á hora de analizar as claves narrativas que nos brinda este novo medio.\nDeste xeito a Royal Shakespeare Company, que se dedica a producir infinitas versións e adaptacións de Shakespeare, e que ten como unha das súas misións facer chegar o autor renacentista ás novas xeracións, decidiu que o Twitter era un bo lugar para experimentar e poñer en acción uns Romeo e Xulieta contemporáneos. E, do mesmo xeito que adoita contratar a reputados dramaturgos e directores escénicos nas súas producións, nesta ocasión contratou os servizos dunha axencia creativa de novos medios, Mudlark, que escribiu o guión adaptado do que se valeron os actores para traballar, ao tempo que deseñaron a arquitectura narrativa, a interface da web, etc. Da dirección encargouse unha directora do equipo da Royal Shakespeare Company.\nComo o fixeron?\nA dinámica era a seguinte: cun elenco reducido a seis actores, cada un deles levaba a conta de Twitter do seu personaxe, e escribía os seus propios tweets, a partir dun guión previo, no que se establecía o argumento e as accións para cada día pero no que os diálogos non estaban escritos. Este guión contiña unha especie de Biblia con toda a bagaxe de cada personaxe, e un diario para cada un deles no que se prevía a evolución do que vivían ou sentían cada día, para que foran eles quen os puxesen en tweets. Estes chíos debían saír deles de forma fresca e improvisada, froito do diálogo cos outros personaxes, e, o que é máis interesante, cos usuarios que os seguían, e que podían interactuar con eles en calquera momento.\nE todo tiña que pasar en tempo real. Isto é, se os personaxes ían de festa o venres pola noite, tiñan que tuitear ese venres pola noite que estaban nunha festa e contar detalles dela, subindo tamén fotografías instantáneas deles no lugar onde era a festa. Ou se estaban almorzando e se sentían contentos ou tristes, debían comentar iso na hora do almorzo. Polo tanto estamos diante dunha función que tiña moito de performativa, xa que os actores estaban nos lugares onde debían estar, con todas as trampas e enganos que permiten para isto as redes sociais, das que tampouco quixeron fuxir os actores nin forzar demasiado esa ubicuidade: non era necesario.\nEn canto ao tempo narrativo, unha das cousas que permitía este novo medio en tempo real era que o tempo da historia e o tempo do discurso fosen o mesmo, comezando a acción o 10 de abril de 2010 e baixando o pano co último tweet o 13 de maio, case cinco semanas despois.\nOs espectadores da función, por suposto, tiñan que seguir as accións e diálogos dos personaxes tamén en tempo real durante este período. No mecanismo de Twitter está contemplado que cada usuario siga a outros usuarios subscribíndose, por dicilo así, ao que eles tuiteen, de xeito que cada vez que actualicen o seu estado o usuario os vexa na súa liña de tempo, qué a súa páxina de entrada a esta rede. Así mesmo, cada usuario ten tamén os seus followers ou subscritores. No caso de Such Tweet Sorrow, o xeito de seguir a función era facéndonos followers dos seis personaxes, integrándoos na nosa liña de tempo, a mesma desde a que seguiamos os nosos amigos, gurús ou famosos favoritos. Polo tanto, a maneira na que os actores tiñan que expresarse tiña que parecerse o máximo posible a como o fan os mozos da súa idade nese medio, con tanta naturalidade que ben podían pasar desapercibidos na liña de tempo de calquera usuario como un amigo máis, sen decatarnos que estabamos ante personaxes de ficción, nin máis nin menos que os mesmísimos Romeo Montesco e Xulieta Capuleto. A efectos do Twitter, @julietcap16 e @romeo_mo.\nUnha das claves desta reescritura, e un dos seus logros, estaba na elaboración dos personaxes. Había que reescribilos confeccionándolles toda unha personalidade acorde co tempo e lugar no que vivían, unha cidade inglesa (indefinida) do 2010. Así, @julietcap16 descríbesenos no Dramatis Personae que podemos ver na web do proxecto como unha rapaza de 15 anos que vai ao instituto, á que lle gusta tocar a guitarra, xogar á DS e todo o relacionado coa saga Crepúsculo. De feito, nun dos seus primeiros chíos colga unha foto do seu ídolo adolescente –e o de millóns de rapazas–, o actor que encarna no cine o protagonista da saga, Robert Pattinson. Tamén se nos di que nunca tivo mozo, que vive co seu pai, que é bastante estrito, e coa súa madrasta. A nai morreu hai anos nun accidente de coche no que, como saberemos despois, a familia Montesco tivo algo que ver. O que se nos di de @romeo_mo é que ten 19 anos e o seu lema é “vive o momento”. Vive cos pais, que lle deixan bastante libertade e el ben que a aproveita. Gústalle xogar ao Call of Duty na Xbox e ir ao pub co seu amigo Mercutio. Fuma marihuana e vai a recitais de poesía. Odia o fútbol e os Capuleto.\nNa web que prepararon os estudos Mudlark, ademais de coñecer as claves dos personaxes, ofrécesenos unha información dos actores, guionistas e directora da obra, entre outra moita información adicional de apoio ao texto principal do Twitter e dende a que, rematada a experiencia, podemos ver como se fixo. Grazas a esta información puidemos coñecer os actores que participaban mellor do que se adoita facer nunha produción teatral convencional. Esta información era importante para saber que se trataba de actores tamén moi novos e necesariamente familiarizados con internet e os novos xeitos de comunicarse da mocidade nas redes sociais. Tiñan que coñecer ben o medio para actuar nel con naturalidade e realismo, unha das claves do experimento. Por exemplo, é moi realista a presentación do personaxe de Xulieta, cando chega a Twitter por primeira vez e escribe a primeira frase, que é o típico primeiro tweet de calquera novato: “Hello Twitter! OK so... how does this work?”.\nÉ curioso como o primeiro tweet de Xulieta aparece ao terceiro día, e que nos primeiros a súa irmá Jess e Mercutio xa tuitean coma se levaran moito tempo. Romeo aínda está por aparecer. A irmá dálle a Xulieta a típica benvida e o primeiro que pregunta Xulieta ao aparecer é se Robert Pattinson, o actor de Crepúsculo, ten Twitter tamén. A irmá pásalle un link a unha web de celebrities. A entrada “en escena” de Romeo tamén é interesante. Unha das primeiras cousas que fai é seguir un meme : #top5placesiwant2visitb4idie. E ata fai comentarios sobre a actualidade do que estaba a acontecer eses días de abril, como a explosión do volcán en Islandia que bloqueou o espazo aéreo europeo e especialmente o británico.\nTomar estes elementos da realidade e do acontecer diario era fundamental para facer desta performance algo vivo e aberto á improvisación, ao tempo que os personaxes se mimetizaban co medio. Do que se lles podería acusar é dunha excesiva logorrea: os personaxes monologaban e dialogaban no Twitter máis que o común dos usuarios. Hai se cadra un exceso de texto, percébese certo horror vacui ou medo a que a historia non quede suficientemente contada e subliñada. Aínda así, non todo é texto: como calquera usuario de Twitter, usan fotografías quitadas co móbil, vídeos de Youtube que tamén fan co móbil, e ata usan outras redes sociais, en todo un exercicio do que poderiamos chamar transmedia sen saír do medio internet. Por exemplo, cando Xulieta crea o evento da súa festa de aniversario en Facebook, o seu amigo Lawrence faille unha playlist de música para pinchar na festa usando servizos colaborativos na rede como Spotify e Last.fm, e pídelles aos usuarios que lles suxiran temas para meter nesa playlist...\nO interesante deste despregamento de ferramentas é que todos estes elementos teñen tamén unha función narrativa importante. Vaiamos ao final da traxedia: Romeo entérase polo Twitter de que Xulieta se suicidou porque ve unhas fotos que puxo ela o dia anterior nas que aparece un veleno falso, e entón decide facer o mesmo suicidándose de verdade. Era moi importante que os novos medios non só servisen como soporte á acción xa coñecida, senón que fosen clave na propia acción. Neste caso e máis que nunca, o medio era a mensaxe. E así con moitos máis exemplos que inzan a trama desde o principio.\nPor último, non podemos deixar de lado a participación dos usuarios que estas ferramentas favorecen, e sen a cal non se podería considerar este novo medio en toda a súa dimensión. Neste caso búscase a interacción dos usuarios basicamente nos diálogos, pois todo canto digan os personaxes no Twitter é susceptible de ser respostado ou retuiteado, segundo mandan as convencións do xénero. Polo tanto os actores podían dialogar co seu público, a maioría das veces sobre temas banais do día a día, pero o público pouca marxe tiña para intervir na trama. Isto era Romeo e Xulieta e tiña que acabar como tiña que acabar. Pero a interacción era efectiva a efectos de involucrar o espectador e obter a súa complicidade. O personaxe que máis asumía esta función era Mercutio, o mellor amigo de Romeo, que era o máis ligón e o que máis dialogaba cos espectadores mesmo meténdose con eles e bromeando en moitas ocasións. Ademais diso xa vimos que tamén se convidaba ocasionalmente o usuario a participar colaborando nos “extras” da función e integrando nos diálogos dos personaxes boa parte da conversa que se xeraba arredor da mesma, facéndolles desde consultas ata chiscadelas variadas.\nConclusións. Posibilidades da narrativa transmedia feita dende as redes sociais\nA partir deste primeiro experimento, un dos máis ambiciosos que se levan feito ata agora para levar un relato coñecido ao Twitter, podemos vislumbrar algunhas das posibilidades que estes novos medios están ofrecendo para crear un novo xeito de contar historias, ou polo menos unha maneira de enriquecelas en atención ao que os novos públicos demandan.\nEn primeiro lugar, a transmedialidade dentro do propio soporte internet. Se a estratexia transmedia se basea en distribuír distintos elementos da narración ao longo de distintos medios (tradicionalmente, o cine, os libros, a televisión, os videoxogos... e internet como un medio máis) e, como apuntamos antes, nos atrevemos a considerar tamén “medios” as distintas ferramentas de comunicación que se desenvolven dentro de internet, cremos que poderiamos chegar falar de “transmedia dentro do transmedia”, pois a combinación de tales medios (Twitter, Web, Youtube, Spotify...) axudan a expander o universo narrativo, facendo o relato máis complexo e rico no seu discurso. E cumprindo un dos obxectivos depositados nesta narrativa transmedia: ter maior capacidade para cautivar a audiencia e enganchar a cada potencial lector/espectador/usuario pola presenza nos lugares onde este xa se comunica e elabora o seu relato diario, e onde deposita cada vez máis a súa atención, sen ter que dedicarlle demasiado tempo ou concentración.\nEn segundo lugar engadimos a isto as posibilidades de participación que se lle outorgan a este usuario. O público pode participar da historia como un personaxe –ou neste caso máis ben un figurante– máis, e provocar que os personaxes interactúen con eles, intervindo nos diálogos, aínda que xa vimos neste “Romeo e Xulieta” que a capacidade de intervir na acción era moito maior, e seguramente tampouco era moi botada en falta polo espectador.\nE engadamos como terceiro e último dos grandes abanos de posibilidades, o da tematización. O uso das propias tecnoloxías aparecen inevitablemente, polo menos nesta era precursora das narrativas dixitais na que vivimos, como tema e elemento moi importante nas accións e desenvolvemento dos personaxes, meténdoos en peripecias impensables só uns anos antes cando non existían estas ferramentas. Esta metalinguaxe, por outra parte moi propia de cada medio nos seus inicios, consegue tamén engadirlle realismo e proximidade á adaptación, e o elemento de contemporaneidade que en cada época as distintas reescrituras lle outorgaron a esta historia.\nCales son, por tanto, os novos camiños que se nos abren? Por un lado, a ficción orixinal ten por explorar todas as posibilidades antes comentadas para crear relatos que consigan captar a atención dos máis novos nesta época de multipantalla. Tanto a industria como algúns autores están empezando a facer experimentos. Coñecemos na península a experiencia de Serial Chicken, a primeira novela creada para Twitter, escrita en catalán e castelán por Jordi Cervera en xaneiro do 2010 con ocasión do festival BCNegra, e que xerou interese máis por ser a primeira que pola súa calidade ou aproveitamento do medio. E a finais do mesmo ano Tim Burton iniciou unha experiencia máis interesante de relato colaborativo, recuperando unha vella historia que tiña escrita e pedindo a axuda dos seus fans para desenvolvela e quen sabe se a partir de aí crear o guión da súa seguinte película. O experimento conta con máis de dez mil seguidores en Twitter. Os personaxes de Such Tweet Sorrow non chegaron aos 5000, e tendo en conta que se trataba de teatro tampouco\nestaba nada mal.\nÁbrense tamén novos camiños para o propio ciclo adaptativo de Romeo e Xulieta. E tras o breve repaso aquí feito teremos que preguntarnos: despois de Twitter, que é o seguinte? Sabemos que a compañía Chévere de Santiago de Compostela está a desenvolver a súa propia versión interactiva da obra de Shakespeare, co título provisional Amores Prohibidos 2.0, pero aínda non se coñecen os detalles nin os medios que utilizarán.\nE por suposto, ábrense camiños para a adaptación doutras obras. Such Tweet Sorrow fíxose dunha maneira determinada, figurámonos, pola orixe teatral do texto. A adaptación tivo por tanto moito de performativa, sustentada sobre todo no traballo dos actores. Pero queremos imaxinar que hai outras maneiras de usar este medio para contar historias, que virán marcadas polo uso distinto das voces narrativas, pola interactividade, polo uso de distintos soportes, e seguramente irá evolucionando cara á mobilidade e á xeolocalización, creando narracións tamén performativas pero nas que serán os propios usuarios os que vivan a historia e a protagonicen mentres a van contando polo Twitter, no que tamén terá moito de xogo e, por qué non, de videoxogo. En calquera caso estes experimentos virán, xa se estarán empezando a pensar e a desenvolver en calquera parte do mundo, e estamos desexando coñecelos.\nMaría Yáñez Anllo\nUniversidade de Santiago de Compostela Bibliografía Abuín González, Anxo. 2008. “Teatro y nuevas tecnologías: conceptos básicos”, en Signa: Revista de la Asociación Española de Semiótica, (17), p. 2956. Dispoñible en — (2010). “Don’t talk, justo do it. La palabra frente a la imagen o el monólogo como problema (El caso de las adaptaciones shakesperianas)”, en Reescrituras fílmicas: Nuevos territorios de la adaptación. Salamanca: Universidade de Salamanca. Balló, Jordi e Xavier Pérez. 1997. La semilla inmortal. Los argumentos universales en el cine. Barcelona: Anagrama Ensayo.\nManovich, Lev. 2005. El lenguaje de los nuevos medios de comunicación. La imagen en la era digital. Barcelona: Paidós.\nMurray, Janet. 1999. Hamlet en la Holocubierta. Barcelona: Paidós.\nRyan, MarieLaure. 2006. Avatars of History. Minneapolis: University of Minnesota Press.\nSitios Web:\nSuch Tweet Sorrow, a web oficial da obra. \nCanadian Adaptations of Shakespeare Project, un proxecto de investigación realizado en Canadá que ten moitísima documentación e estudos feitos sobre as distintas adaptacións de Shakespeare naquel país, cunha interesante introdución ás adaptacións existentes de Romeo e Xulieta. \nShakespeare in Europe, directorio de recursos da Universidade de Basel, en Suíza, que recolle todo o que hai na rede sobre adaptacións de R&X. \nWikipedia, entradas sobre Romeo e Xulieta e as súas diversas adaptacións. \nTim Burton’s cadavre exquis, sitio web do experimento de relato colaborativo en Twitter de Tim Burton. "} {"summary": "A escola sempre é escola. Unha obviedade que non precisa matices cando a imaxinamos formando parte da armazón urbana. Non sucede o mesmo cando nos situamos no mundo rural. Aquí, identificar, explicar, interpretar... as súas circunstancias só é posible cando aludimos ás realidades que a contornan, no variado xogo de palabras que nomea a ruralidade.\nA escola que quixo, podía e debería ser: un recurso, equipamento, institución, centro educativo..., ao servizo da comunidade e das persoas ás que se vincula territorial, pedagóxica e socialmente. Sen dúbida, unha oportunidade para educar sendo congruentes cos contextos nos que insire as súas prácticas; tamén para poñer en valor as identidades e diversidades do rural e as súas opcións para un desenvolvemento máis sostible e integral. Unha escola que, sendo grande ou pequena, agrupada ou unitaria, vella ou nova... non se contradiga a si mesma. No artigo argumentamos sobre os significados inherentes ás súas posibilidades e limitacións, en clave de pasado e futuro.", "text": "A ESCOLA (RURAL) COMO PASADO E FUTURO LA ESCUELA (RURAL) COMO PASADO Y FUTURO THE SCHOOL (RURAL) AS PAST AND FUTURE\n : Escola rural, ruralidade, desenvolvemento rural, sistema educativo, comunidade\nRESUMEN\nLa escuela siempre es escuela. Una obviedad que no precisa matices cuando la imaginamos formando parte del entramado urbano. No sucede lo mismo cuando nos situamos en el mundo rural. Aquí, identificar, explicar, interpretar… sus circunstancias sólo es posible cuando aludimos a las realidades que la contornan, en el variado juego de palabras que nombra la ruralidad. La escuela que quiso, podía y debería ser: un recurso, equipamiento, institución, centro educativo…, al servicio de la comunidad y de las personas en un determinado territorio, con vocación pedagógica y social. Sin duda, una oportunidad para educar siendo congruentes con los contextos en los que inscribe sus prácticas; también para poner en valor las identidades y diversidades de la vida rural y sus opciones para un desarrollo más sostenible e integral. Una escuela que, siendo pequeña o grande, unitaria o agrupada, vieja o nueva… no se contradiga a sí misma. En el artículo argumentamos sobre los significados inherentes a sus posibilidades y limitaciones, en clave de pasado y futuro.\nPalabras clave : Escuela rural, ruralidad, desarrollo rural, sistema educativo, comunidad que se axudaban, que facían xuntos sementeiras e ceifas, que os rapaces da escola eran os mesmos que levaban xuntos as vacas a pacer ao monte e xuntos asaban as patacas, armaban músicas, facían magostos de piñóns. Eramos, todos nós, pais e fillos e netos vencellados por moitas cousas: arada, gando, montes, muíño, regueiros, costumes. Xosé Neira Vilas (2006: 98).\nINTRODUCIÓN\nNas últimas décadas, os espazos rurais teñen experimentado unha profunda e incesante transformación das súas realidades xeográficas e humanas, con frecuencia inseridas nunha dobre perspectiva de futuro: dunha banda, a que se nutre dun pasado ligado á produción agropecuaria e a estilos de vida que procuran dar continuidade histórica a unha “civilización campesiña” depositaria de valores e sinais de identidade socioculturais estimables; doutra, a que confía nas posibilidades dunha transformación —mesmo radical— da paisaxe e dos costumes, dos sistemas de produción e comercialización, das pautas de vida e dos procesos de desenvolvemento, achegándoos á súa equiparación co benestar social e material do mundo urbano. Ao respecto, debe salientarse que son varias as investigacións que coinciden en sinalar a elevada calidade de vida da que goza a poboación das zonas rurais europeas, ao ser comparadas coa das zonas urbanas (Schucksmith, Cameron, Merridew e Pichler, 2009), por moito que o imaxinario social persista en observalo como periférico e subsidiado, pobre e debilitado.\nAludimos, sen dúbida, a un posicionamento controvertido, tanto no que supón de cotexo entre un e outro modelo de sociedade, coma no que se poida esperar que sexa o futuro dun mundo rural feito a imaxe e semellanza do urbano, consonte aos desexos e necesidades dos centros do poder económico e social, acostumados a percibir o desenvolvemento das cidades como superior e máis avanzado. Segundo advirte Amiguinho (2011), tomando nota das políticas socioeducativas portuguesas, a revitalización das ideoloxías neoliberais e da competividade social teñen reforzado a consideración do rural como un espazo residual, en contraste cun mundo urbano en expansión, cada vez máis enaltecido e globalizado.\nEsta é a visión que acostuma trasladarse ás súas institucións —entre outras, á escola— e ás prácticas sociais que promoven, mesmo chegando a deprezar o que delas se pode agardar para a rehabilitación ou rexeneración do mundo rural, desconfiando da capacidade emprendedora e/ou innovadora das persoas que o habitan. Neste sentido, fronte ao que supón —implícita ou explicitamente— dubidar do valor da educación e das potencialidades da xente para que sexan os principais artífices do seu desenvolvemento, reivindicamos con GarcíaMarirrodriga e PuigCalvó, 2011: 205) a aparición dunha nova “cidadanía rural”, que mobilice aos axentes do territorio, activando o tecido e o capital social grazas ao sistema educativo, partindo das persoas e contando con elas.\nSon palabras e tamén deberían ser feitos, se a Europa dos 28, consonte coas súas proclamas a favor dun desenvolvemento rural integrado, apostase decididamente polo crecemento intelixente, equilibrado, sustentable e inclusivo que citan nos seus documentos: un desenvolvemento, afirman de xeito reiterado, que non só deberá atinxir ás necesidades e desafíos da sociedade actual, senón, e sobre todo, aos que se prevé terán as xeracións do futuro.\nSituándonos no caso español e galego, é difícil entender os avatares históricos da que se ten identificado como “ escola rural ” sen unha lectura atenta das transformacións territoriais, demográficas, socioeconómicas e culturais que veñen acontecendo dende mediados dos anos sesenta do pasado século ata a actualidade, xerando visións contrapostas arredor das súas realidades do presente e das que poderá deparar nos vindeiros anos. Cambios, diría Mayoral (2008: 166) de “carácter poliédrico, que afectan aos diferentes sistemas sociais e, en consecuencia, tamén ao sistema educativo”, que o autor resume —incidindo no seu desigual impacto e intensidade— en tres esferas significativas: a social, a cultural e a económica. Ningunha delas pode ser esquecida cando focalizamos a mirada na educación e nas escolas no rural.\n1. O RURAL COMO ESCENARIO DUNHA EDUCACIÓN ESQUECIDA\nA incorporación das sociedades rurais a procesos de desenvolvemento que procuren unha mellora substancial da calidade de vida e do benestar da súa poboación, pon de manifesto a notoria incidencia que no rural teñen as dinámicas políticas, económicas e lexislativas coas que se trata de dar resposta aos cambios que se veñen producindo no mesmo desde os anos cincuenta do pasado século: reestruturación do sector agropecuario, gandeiro e forestal; redución e involución do seu potencial demográfico (despoboación, envellecemento, etc.); perda de entidade e identidade cultural; minoración dos recursos infraestruturais e institucionais; reorientación dos usos que se lles dá aos bens patrimoniais e ambientais; etc.\nSendo verdade que ningunha das tensións que suscitan os modelos de desenvolvemento rural e urbano pode ser minimizada, tamén o é que precisamos abrir novos diálogos sobre o que un e outro representan para a sustentabilidade do Planeta, entre a preservación da súa biodiversidade e a homoxeneización dos estilos de vida, os impactos medioambientais e a satisfacción dos dereitos a un benestar social de mínimos para todas as persoas, alí onde residan. Son diálogos nos que a educación sempre deberá ter un especial protagonismo, dándolle a cada suxeito —desde a infancia ata a vellez, dentro e fóra da escola— a oportunidade de participar activa e conscientemente nos procesos de desenvolvemento que o afectan de xeito cotiá, nos planos individual e colectivo.\nNo que respecta ás nosas realidades máis tanxibles e asumindo a heteroxeneidade do mundo rural, nos últimos anos oitenta a Unión Europea diulle un xiro radical ás actuacións que se viñan promovendo ata entón nos países que a conformaban, en boa medida inducidas polas conclusións que se derivarían do Informe sobre o futuro do mundo rural (Comunidades Europeas, 1988) e das súas propostas cara un desenvolvemento mais integral e integrador, con obxectivos tendentes a:\n– Promover actividades e iniciativa locais (en pobos, concellos, comarcas, etc.) que posibiliten restablecer e/ou consolidar o tecido social existente, tomando como referencia os sinais de identidade físiconaturais e socioculturais dos seus respectivos contornos. – Incentivar a posta en marcha de programas e proxectos de dinamización socioeducativa e cultural que incrementen a autoestima da poboación, respectando as peculiaridades da cultura autóctona, así como das súas diferentes manifestacións e potencialidades, como soportes principais no logro dun desenvolvemento rural integrado. – Xerar e, no seu caso, consolidar a vida asociativa e a participación da poboación no quefacer social e cultural, fomentando actitudes e prácticas colaborativas a través de diferentes actuacións de alcance sectorial e/ou global.\n– Diversificar e mellorar as opcións formativas da poboación, desde a infancia ata a vellez, incorporando novas canles de información e comunicación, de cualificación e aprendizaxe social, ao tempo que se amplían as relacións entre os centros escolares coas súas comunidades. – Crear e/ou restaurar equipamentos e infraestruturas socioculturais que posibiliten o desenvolvemento de diferentes actividades educativas, culturais, artísticas, recreativas, etc. – Promocionar e difundir a cultura local noutros ámbitos (rexionais, nacionais, internacionais), integrando as súas manifestacións en contextos máis amplos e, incluso, de proxección global no plano dos saberes, da información e das novas tecnoloxías, singularmente internet e das opcións que ofrecen as súas redes comunicacionais para o diálogo intercultural.\nNon obstante, para John Bryden (1998), as novas perspectivas da ruralidade europea, posteriores ao Informe sobre o futuro do mundo rural, non puideron evitar estar profundamente marcadas pola acelerada liberalización e mundialización do comercio internacional e polos movementos de capital, inducindo cambios bruscos nos mercados e nas políticas públicas. Cambios que se sitúan nos prolegómenos da crise financeira que deprezará as economías nacionais na primeira década do século XXI, complicando sobremaneira as xa de por si febles opcións dos territorios rurais a un desenvolvemento integral. Na súa descrición das tendencias globais e das respostas locais, Bryden argumenta acerca das importantes repercusións que ten a mundialización no entramado económico e social do mundo rural, con efectos específicos, entre outros: no declive da actividade agrícola e do peso económico relativo da produción alimenticia, xunto a cambios estruturais na industria agropecuaria; nunha maior exposición das empresas rurais locais á competencia, a resultas da súa crecente penetración na economía mundial; nunha maior interdependencia entre os territorios e os sectores de actividade; na deslocalización dos capitais e dos fluxos financeiros orientados á explotación dos recursos naturais; na articulación sociodemográfica e no aumento da mobilidade persoal; na introdución e difusión das TIC, así como da biotecnoloxía.\nEstas tendencias globais, coas especificidades que se dan en cada realidade local, representan, ás veces sen pretendelo, un conxunto paradoxal de ameazas e oportunidades para a poboación rural, que a educación —e as escolas— deberán traducir en obxectivos e iniciativas que se axusten ás súas novas particularidades. Por iso, e alén da nostalxia de calquera pasado (Amiguinho, 2011: 29), dunha “escola e un mundo rural que xa non existe”, é preciso insistir en que ao igual que os problemas de agora son outros, as solucións aos mesmos tamén deben ser diferentes (Bustos, 2011a). En definitiva, porque non debe esquecerse que boa parte do que supón a súa “transformación dentro doutra transformación” (Mayoral, 2008: 167), ten nas dinámicas demográficas e produtivas unha das súas principais motivacións, como un contorno de potenciais “retornos” a un rural alternativo, no que asuma —sen complexos— o rol que lle corresponde xogar na construción dunha sociedade da información e do coñecemento máis inclusiva. Dar cobertura ás necesidades alimentarias, redimensionar a estrutura do hábitat ou contribuír ao mantemento da diversidade cultural, son algúns dos retos que ten diante de si nos curtos e medios prazos.\nEn España, a actividade agropecuaria, que ocupaba á maioría dos habitantes do rural (por riba do 75 por cento do total de activos nos inicios do século XX), na actualidade ocupa —segundo as zonas xeográficas— entre un 2 e un 11%, mentres que as persoas que viven nas zonas rurais apenas supoñen unha cuarta parte do conxunto da poboación censada. Máis que isto, cabe salientar que na súa cotidianeidade conflúen procesos e realidades que poñen de relevo desequilibrios e/ou desigualdades que condicionan substancialmente o seu desenvolvemento socioeconómico, caracterizado por un atraso crónico respecto dos espazos urbanos; ao que se engade unha complicada sustentabilidade ambiental e social, que permita unha calidade de vida aceptable para quen reside nos seus territorios.\nNeste sentido, entre outras adversidades, Camarero (2009: 18) alude ao elevado sobreenvellecemento da poboación —con altas taxas de dependencia e/ou incapacidade para valerse por si mesmos—, á masculinización e ás disparidades existentes nos roles de xénero (cunha presión familiar que afecta especialmente ás mulleres, limitando a súa autonomía individual e colectiva), ou as dificultades para a mobilidade por esixencias derivadas do quefacer cotiá, sendo unha característica das áreas rurais “a maior dispersión poboacional e a maior distancia respecto dos lugares nos que se atopan os servizos sanitarios, educativos, comerciais ou de lecer”. Por moito que se desexe un futuro esperanzador para a educación e a escola de contexto rural (Gallardo, 2011), as súas diferenzas coa educación e a escola de contexto urbano perpetúan, e mesmo acrecentan, as inxustas e inxustificables desigualdades que existen entre un e outro medio.\nAo respecto, cumpre lembrar que xa desde a primeira infancia, a distancia física e psicolóxica que se establece entre os nenos e as nenas que viven no medio rural coas institucións educativas —fundamentalmente a partir do peche das escolas unitarias ou graduadas de pequenas dimensións, coa súa progresiva reconversión en concentracións escolares de ámbito comarcal— ten sido un factor clave nas percepcións e representacións sociais xeradas arredor do que, con maior ou menor énfase, se ten conceptuado como “educación” ou “escola rural”. Ao igual que ten acontecido con outras prácticas sociais, as políticas públicas outorgáronlle un lugar secundario ou residual nas súas decisións e iniciativas, de tal xeito que:\nas reformas tanto estruturais coma de servizos que se levaron a cabo, en liñas xerais, non se deseñaron en clave rural... tentando responder máis ás necesidades das cidades e das cabeceiras de comarca que a un artellamento do territorio realmente efectivo (Blanco, 2010: 71).\nAs consecuencias máis visibles deste comportamento —no que abundan as análises realizadas desde diferentes eidos científicos e académicos— acentúan a grave crise de expectativas que se cerne sobre o mundo rural, máis alá do que comporta facer uso dos seus recursos para abastecer ás cidades, de emprazar certas infraestruturas enerxéticas (centrais eléctricas e térmicas, parques eólicos e solares, depósito e/ou transformación de residuos, etc.), ou do esparcimento que se asocia a actividades deportivas, de lecer ou turísticas distintas ás que poden realizarse nas paisaxes urbanas.\nCon este trasfondo, aínda que a dualidade campocidade non debera incorrer nas simplificacións que historicamente teñen alentado as comparacións que se fan entre os seus respectivos estilos de vida, o contínuum que existe entre ambas —cando menos nas sociedades occidentais— non minora as súas diferenzas, senón que as matiza ou gradúa. De aí que, sen obvialas, se insista en atribuírlles novos significados (Entrena, 1998; Márquez e outros, 2002; Pérez, 2004) na sociedade de redes que se debuxa no tránsito cara ao novo milenio, entre a tradición e o cambio, o herdado e o transformado, a persistencia do local e a irrupción do global... nun traxecto con percorridos incertos para os seus respectivos procesos de desenvolvemento, aos que nin a educación nin as institucións escolares poden mostrarse indiferentes.\nNon o están sendo —por acción ou omisión— na construción dunha sociedade da información e do coñecemento que procura acomodar os seus trazos ás emerxentes interaccións socioeconómicas e culturais que atravesan a vida urbana (Trachana, 2013), na conformación dos espazos públicosprivados e da participación cidadá. Non poderán selo no rural se, como argumenta Antonio Bustos (2011b: 107), aspiramos a unha maior e mellor participación da poboación nos seus centros escolares, con obrigas e compromisos compartidos, profundizando “nas responsabilidades colectivas cara ao ben común, da comunidade e das súas escolas como servizos mutuos”.\nInvocamos, como máis tarde salientaremos, unha participación e implicación real de toda a comunidade —dirían fai anos Flecha e Oliver (2000)— que supere a cultura da queixa, o desánimo e o pesimismo, para reconverter as dificultades en posibilidades; ou, expresado noutros termos, que ao fomentar uns vínculos máis estreitos entre a escola e a comunidade, induza a transformación da propia escola como un factor de identidade e de desenvolvemento local, como un servizo público comunitario: unha finalidade e unha práctica (Amiguinho, 2011). Aínda así, segundo analiza Escribano (2012: 37), chama a atención que ao analizar as valoracións da poboación rural acerca dos servizos públicos, “entre os elementos sinalados con maior regularidade non aparezan nin os servizos educativos básicos, nin os sanitarios”, máxime cando se trata de dous servizos que teñen aumentado o seu valor neste medio, formando “parte dos aspectos sociais que máis urxentemente precisan mellorarse, para atender así a un conxunto de poboación cada vez máis ‘numeroso’ e esixente, no tocante á calidade e cantidade das ofertas” (Escribano, 2012: 38).\n2. UNHA EDUCACIÓN COMPROMETIDA CO DESENVOLVEMENTO RURAL\nÁ marxe doutras connotacións, a vontade de animar proxectos e alternativas que posibiliten un medio rural vivo (Declaración de CorkIrlanda, 1996), trascende a mera consideración dun proceso de resistencia ou subsistencia da poboación rural ante a nova volta de rosca que supón a crise económica nos inicios do terceiro milenio. Sendo así, máis que finalidades ou metas prefixadas a acadar, trátase de activar unha metodoloxía da acciónintervención social congruente co enfoque integral, multisectorial e sostible que se precisa para un desenvolvemento rural de amplas miras, con novos modelos e solucións: unha ruralidade que non renuncie á súa identidadediversidade cultural, nin devalúe os valores que son inherentes ao seu legado medioambiental, histórico e patrimonial (Márquez, 2002).\nA acción integral, para Natividad de la Red (1997: 175), sempre ten un sentido estratéxico, xa “que fomenta as estruturas baseadas na reciprocidade, capacita aos individuos e aos grupos e habilítaos para respostar ás súas necesidades e potenciar as súas vías de crecemento”, incidindo na autonomía dos individuos e dos seus contextos na loita contra a pobreza e a exclusión social. Unha loita que, tras varias tentativas de ámbito nacional e internacional, segue acumulando frustracións polos escasos resultados acadados en boa parte da xeografía mundial; tamén na Unión Europea e no Estado español, cando se analizan algúns indicadores que toman como referencia os obxectivos e logros do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ou do Plan Estratéxico Nacional de Desenvolvemento Rural (20072013).\nA multisectorialidade presupón, non sen controversias, a aparición e consolidación de novas funcións para as áreas rurais, que non estean directamente relacionadas coa agricultura, “así como o establecemento de medidas promotoras dunha maior equidade social en materia de acceso ao traballo ou á renda, ou a fixación de pautas de sustentabilidade ambiental e mantemento da biodiversidade” (Rodríguez, 2004: 15). Un paradigma teórico emerxente en materia de desenvolvemento rural, que suxiere a creación dunha ruralidade de novo cuño, sobre a que se cernen numerosas incógnitas.\nFinalmente, a idea da sustentabilidade do e no rural —non só ambiental senón tamén social— deberá basearse na conciliación das expectativas das persoas coas dos proxectos colectivos, incidindo “na creación e fortalecemento das condicións materiais e subxectivas que permitan unha calidade de vida aceptable para a maioría dos residentes nos territorios rurais, coa construción de escenarios atractivos e socialmente ben valorizados” (Camarero, 2009: 20). Indo alén desta perspectiva, Sevilla e Soler (2009: 23) postulan un verdadeiro cambio de paradigma; este non virá da man dos modelos que impoñen a modernización, industrialización e mercantilización agraria, senón por unha agroecoloxía que rescate “coñecementos, manexos, relacións sociais, racionalidades e valores asociados historicamente ao campesiñado como estratexia para un desenvolvemento rural que tamén dea resposta á crise ecolóxica. O desenvolvemento rural agroecolóxico propón, en definitiva, unha estratexia de recampesinización”.\nSexa cal sexa a vía pola que nos decantemos, a participación comunitaria devén nun soporte pedagóxico e cívico imprescindible, ao que deberán sumarse outros requirimentos de natureza ética e política, que poñen de manifesto non só as fortalezas senón tamén as debilidades dun desenvolvemento rural fiado ao quefacer dos actores locais (Guiberteau, 2002). Aínda así, coincidimos con Artur Cristóvão e Raquel Miranda en que o desenvolvemento centrado nas persoas e nos territorios, contando:\ncoa participación activa dos cidadáns e das comunidades é unha cuestión esencial... cada vez máis, entendida como empowerment, ou sexa, como a efectivación do dereito das persoas e comunidades a ter unha palabra substancial e real nas decisións respectantes ás súas vidas (Cristóvão e Miranda, 2006: 40).\nUns cidadáns, que ben nas cidades ou ben nos pobos do rural, non poderán seguir sendo percibidos como meros “receptáculos de políticas, senón a súa razón de ser e conteñen en si o saber, a competencia e a vontade que poderán ser decisivos neste período” (Lopes, 2012: 31). A autora encadra a súa argumentación no labor das asociacións e organizacións locais (públicas e privadas), que a través da implicación das persoas e da territorialización dalgunhas políticas levadas a cabo, teñen posibilitado unha maior eficacia, xunto cuns mellores resultados e niveis de desenvolvemento en determinadas zonas rurais; por exemplo, mediante as iniciativas LEADER, PRODER, PRORURAL, etc.\nDándolle continuidade, subscribimos a urxencia de comprometer ao conxunto da sociedade co desafío de promover iniciativas que supoñan un aproveitamento máis racional e planificado dos recursos do medio rural, conxugando a tradición herdada coa capacidade innovadora que se require para facer partícipes ás comunidades rurais das oportunidades que habilita a globalización, no marco dos dereitos sociais que deben garantir os poderes públicos e as súas Administracións. A implicación destas será fundamental para reverter o que, décadas atrás, a UNESCO (1975: 53) diagnosticaba como un problema crónico da educación e da escola no medio rural: terse convertido nun servizo “deliberadamente pobre”. E, aínda con todo, segundo unha expresión proferida por un vello campesiño portugués ao que entrevistaron Sarmento e Marques de Oliveira (2005) é o mellor do pobo e das persoas, porque nelas está o porvir do mundo.\nSe este ten sido o pasado e, en moito, o que temos no presente, dotar á escola e á educación no rural dun novo futuro require dunha mentalidade pedagóxicasocial e dunha actitude sociocultural crítica, que non se limite a acomodar as súas prácticas aos preceptos normativolegais ou a reducir os seus desafíos a cuestións de alcance organizativo, curricular ou económicos, por moi importantes que sexan, agora e sempre. Na opinión que, iniciándose os anos dous mil, expresaba Eudaldo Corchón (2000: 53), “a mellora do mundo rural conseguirase coa mellora de todos os seus servizos”; de aí que se impoña “unha política socioeconómica, cultural, etc, xenerosa, contemplando e partindo da propia realidade e non de esquemas alleos e proxectados desde fóra, involucrando aos seus habitantes e, se é posible tamén, a estamentos e/ou organismos non gobernamentais”.\nComo tamén sinalaba Pedro Sauras (2000: 42), os “interrogantes acerca da configuración definitiva da educación obrigatoria no medio rural” obrigan a pensar e actuar en moi diferentes planos. De aí que coincidamos co seu posicionamento ao postular que calquera decisión que se adopte debe ser “flexible, non irrevogable, dada a coñecer e consensuada ao máximo entre os sectores implicados, revisada e avaliada periodicamente” (Ibíd.: 44). Un talante que poucas veces se ten reflectido nas actuacións das Administracións Públicas (estatais, autonómicas e locais) e das súas políticas, que ao estar moito mais preto da inhibición ou das solucións parciais, case nunca conseguiron solventar os seus problemas de fondo, agrandando os significados e significantes da súa cronificada crise institucional (Carmena e Regidor, 1985; Ortega, 1995; Caride, 1998).\nNeste marco, todo indica que deberá reforzarse considerablemente o protagonismo da educación nas actuacións estratéxicas que se propoñan, apelando á súa caracterización como un piar fundamental de calquera política integral de desenvolvemento rural. Isto é: non só como unha dimensión substantiva para a formación das persoas e da súa cualificación profesional e sociolaboral, senón tamén como un factor clave para o impulso da súa participación na toma de decisións, no logro dunha maior equidade no acceso ás oportunidades sociais, ou na procura dunhas mellores condicións de sustentabilidade ambiental e produtiva dos espazos xeográficos que habitan.\nDiferenciamos dous planos nos que estas opcións poden concretarse, dentro e fóra do sistema escolar, nos seus centros e nas súas comunidades. Isto é: por unha banda, mediante a educación e formación que compete ao sistema escolar, a través da súa rede de centros, dando maior —ou menor— cobertura ás esixencias emanadas do dereito á educación da infanciaadolescencia (na Educación Primaria e Secundaria), conforme aos principios e obxectivos que inspiran o seu ordenamento legal; por outra, abrindo o quefacer educativo ás realidades comunitarias locais, poñendo en valor os diferentes axentes e recursos dos que dispón o territorio, en clave pedagóxica e social. Procurando ser coherentes co enfoque que pretendemos dar ao noso discurso, detémonos con certa exhaustividade na primeira (“educación escolar”); mentres que na segunda perspectiva (“educación social”, para resumilo en poucas palabras) faremos unha breve incursión descritiva.\n2.1. Avatares dunha escola historicamente condicionada\nComo se sabe, os procesos de escolarización no medio rural víronse profundamente afectados —nas últimas catro décadas— polas reformas educativas que comportaron a aplicación da Ley 14/1970, de 4 de agosto, General de Educación y de Financiamiento de la Reforma Educativa (LXE) e da Ley 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación General del Sistema Educativo (LOXSE); e, con elas, fora por acción ou omisión, polo diversificado conxunto de disposicións normativas (Leis Orgánicas, Decretos, Ordes, Regulamentos, etc.) de ámbito estatal e autonómico, que contribuíron a unha progresiva e incesante restruturación das ensinanzas non universitarias no medio rural, desde a educación infantil ata a formación de adultos.\nPoucas, acaso ningunha, das razóns esgrimidas para un peche masivo das escolas unitarias —tamén cabería dicir, das únicas escolas— existentes no medio rural, en aplicación da Lei Xeral de Educación (LXE) de 1970, se concretaron en logros pedagóxicos e sociais estimables: nin no que atinxe á dar máis oportunidades educativas para a infancia e as familias que residen neste medio, nin na mellora da calidade dos centros e do sistema educativo, nin na procura dunha formación máis ampla e diversificada da poboación rural; moito menos, aínda, no que se anticipaba que sería o “progresivo” desenvolvemento socioeconómico das comunidades rurais ao carón dos supostos beneficios que se producirían coa industrialización e o “desexable” crecemento das cidades.\nDebe salientarse que o entón Ministro de Educación e Ciencia, José Luís Villar Palasí (1969), na “introdución” ao detallado análise realizado sobre a situación educativa española nos anos previos á promulgación da LXE, anotaría que as reformas programadas incidirían na superación das desigualdades existentes entre o rural e o urbano no tocante á súa formación. As explicacións acerca dos fracasos e discriminacións que padecían os habitantes do primeiro no acceso á educación — sobre todo ás ensinanzas postobrigatorias, nos estudos medios e superiores— atribuiranse moito máis ao medio rural que a outros factores de natureza ideolóxica, socioeconómica ou pedagóxica, expoñentes do abandono secular ao que fora sometido na planificación educativa e, no seu conxunto, nas políticas públicas centralizadoras e autárquicas do Estado. Como advirte Santamaría (2012: 9), as medidas coas que se pretenderán neutralizar as carencias non só se basearán na consecución dun novo modelo de “ruralidade industrializada, que rexeita todos os valores da sociedade rural tradicional e mitifica os da sociedade desenvolvida industrial e urbana”, senón que acabará “recorrendo á escola como factor provocador da desigualdade”.\nAdemais, como xa tivemos a oportunidade de expor, o modelo organizativo polo que se opta:\nSuperposto ás realidades da Galicia rural, esencialmente baseado nun sistema arbitrario de decisións orientadas á concentración física e humana dos escolares, someterá á educación rural a unha\nParadoxalmente, por se non fose entendida a súa vontade “contextualizadora”, as bases desta política educativa, proxectada na aplicación da Lei e das súas reformas nas nosas realidades, levaría o selo rexional de “Galicia” (Ministerio de Educación e Ciencia, 1970).\nAcomodando as decisións que se adoptan ás dinámicas de supresión, concentración, transporte..., que viñan sendo ensaiadas noutros contornos, nada ou moi pouco se dirá do que estes feitos impactarían na cotidianeidade dunha sociedade que se verá abocada á desertización ecolóxica e demográfica, á inexistencia e/ou á perda continuada de prestacións e servizos, ao maltrato social e á atonía cultural. Unha degradación ocultada polas “previsibles” bondades dunha educación que fornecería de recursos humanos e materiais (man de obra, capitalización das familias, benestar social) ao conxunto do país, sendo fonte dunhas riquezas das que nunca se recoñecerían expresamente as pobrezas das que partían. Deste xeito, o que anos ou décadas atrás sucedera en Italia, Francia, Escocia, etc., ou estaba acontecendo no veciño Portugal, concretaría as súas actuacións “planificadas” no territorio español, sendo Galicia unha das comunidades que sufriría con maior rigorosidade as súas consecuencias prácticas.\nO peche de milleiros de escolas “unitarias”, diante da suposta mellora da calidade educativa que se lles recoñecía aos centros comarcais ou de concentración (Corchón, 2000), acadaría cifras impensables tamén coa aprobación da LOXSE. Só en Galicia, entre o curso escolar 199091 e o 200001 pasarase de 791 a 385; e destas a 214 no curso escolar 201112, das que a súa gran maioría están dedicadas á Educación Infantil. Agás excepcións, nin este modelo de escolarización “concentrada” nas vilas e/ou cabeceiras de comarca ten resultado máis eficaz e funcional, nin polo que se infire das análises feitas cabe interpretar unha maior calidade dos seus logros pedagóxicos; moito menos, que del se teñan derivado beneficios substanciais para o medio rural ou para unha maior apertura da escola ás comunidades nas que se insire. Como argumentan Corchón, Raso e Hinojo (2013: 161162):\na concepción destas concentracións escolares no medio rural resultou ser, na práctica, confusa e irregular, en tanto que a súa constitución víase influída por factores como o número de nenos concentrados no centro, os núcleos de poboación de procedencia, as rutas de transporte, as características da zona onde se situaba a concentración, etc... En realidade, este modelo de xestión, máis que simplificar e economizar, o que facía era despilfarrar e complicar a situación da escola rural innecesariamente.\nComo se ten lembrado con certa insistencia, a supresión de equipamentos públicos no rural, entre os que a escola ten sido para moitas comunidades o único servizo de proximidade, ademais de supor a perda dun referente fundamental para a convivencia e os procesos de socialización, tamén comporta a desaparición dun dos seus elementos simbólicos e materiais máis importantes (Woods, 2006; Jean y Champollion, 2007; Bustos, 2009), mediante o que se mostra o “valor” que esa comunidade ten no seu contorno e para as persoas que nas Administracións Públicas toman decisións sobre a mesma. Nesta perspectiva, xa Forsythe e outros (1983) puxeron de manifesto que os impactos sociais, culturais e comunitarios das escolas do medio rural deben ser contemplados no amplo escenario dos procesos de cambio social que teñen lugar nas zonas rurais, nos que a reorganización educativa son tan só unha dimensión máis. Sendo así, nin a despoboación nin a devaluación do sector primario poden ser culpabilizadas do peche das escolas: as dinámicas demográficas, as oportunidades laborais, a dotación de servizos e recursos, etc. do rural teñen sido demasiado complexas como para permitir conclusións simples ou interesadas no intre de establecer causasefectos.\nCon criterios de lexitimidade política dispares, teñen acentuado a dependencia da escola no medio rural aos padróns da “escola urbana”, constituíndose a xuízo de diversos autores nun factor que ten contribuído á devaluación dos valores campesiños (Ortega, 1995), perpetuando as desvantaxes socioculturais do campo respecto da cidade (Carmena e Regidor, 1984), inducindo ou agravando problemas asociados á supresiónconcentración de centros educativos, ao desarraigo familiar provocado polo traslado a outros núcleos de poboación, á necesidade de dar cobertura aos desprazamentos mediante o transporte escolar, ao “estrañamento sociolóxico” do profesorado, etc. aos que a crise económica engadirá novas realidades de pobreza, perda de prestacións e servizos, migración exterior, etc. Na opinión de Miguel Grande (1998: 47), “a LOXSE e a política educativa rural posterior non semella ter satisfeito as necesidades e expectativas das diversas zonas rurais españolas”, xa que nin ten servido para “conseguir a reconstrución do subsistema educativo rural propio dos tempos que vivimos e rematar coa discriminación, marxinalidade e déficit histórico”. Segundo a súa argumentación, a Lei non propiciou outra cousa que unha reconversión de centros e recursos, que prexudican ao medio rural na súa planificación global.\nEn liñas xerais, son aspectos nos que se amosa a ausencia dunha política educativa axustada ás necesidades territoriais e humanas do medio rural, do que ten sido e continúa sendo un claro expoñente a mal chamada “escola rural” (expresión discutida e discutible). Ou, formulado noutros termos, a disonancia existente entre os modelos de organización escolar, a dotación de infraestruturas e recursos, a orientación dos programas curriculares, etc.) ás cambiantes sociedades rurais e aos seus complicados procesos de desenvolvemento. Circunstancias, en síntese, que teñen determinado unha escola e unha educación problematizada tanto na súa entidade como na súa identidade institucional, con “cantidades” e “calidades” sometidas a difícil harmonización entre o devir dun mundolocalrural en decadencia e o dun mundoglobal-urbano en auxe.\n2.2. Opcións para outras prácticas educativas\nA educación, na súa dimensión máis “social”, acostuma a estar ligada aos programas de desenvolvemento rural (local, comunitario, etc.) que xorden e se consolidan desde os anos oitenta do pasado século, adoptando distintas modalidades: “Educación Permanente e de Adultos”, “Animación Sociocultural”, “Formación Ocupacional e Laboral”, “Educación Familiar”, etc., con iniciativas nas que interveñen activamente colectivos de mulleres, mozos, agricultores, maiores, etc. con variados propósitos. Nuns casos, pola vía dunha educación “compensatoria” orientada ao logro de plena alfabetización, a inserción laboral ou da superación de carencias formativas previas; noutros, procurando acomodar a formación ás cambiantes realidades dos procesos produtivos e das necesidades sociolaborais que emerxen coas novas empresas rurais (agroindustria, turismo, cooperativismo, novas tecnoloxías, etc.), sen obviar o que delas se agarda en termos de impulso do asociacionismo, do incremento da autoestima persoal e colectiva, de preservación dos recursos naturais e patrimoniais, etc.\nDebe salientarse que son liñas de actuación educativa que, non sempre de forma expresa, acomodan as súas iniciativas ao concepto de multifuncionalidade que propón a Axenda 2000 da Unión Europea para reorientar a súa Política Agraria Común, co apoio dos Fondos de Cohesión e de Desenvolvemento Rexional que se prevén habilitar con tres obxectivos estratéxicos principais: aproveitar as materias primas e a produción de alimentos en condicións competitivas no mercado global; dotar de novos mecanismos de sustentabilidade ao medio ambiente e á paisaxe rural, conciliando a súa preservación con novos usos para o turismo e o lecer; contribuír á viabilidade das áreas rurais e a un desenvolvemento territorial máis equilibrado.\nConsideradas como un activo de primeira magnitude para a converxencia económica e social da Unión Europea, as políticas de desenvolvemento rural emprendidas pola Comunidade —das que serían un bo exemplo os Programas LEADER (Liasion Entre Actions de Development de l’Economie Rural), a partir do ano 1991— invocan a necesidade de posibilitar unha maior participación da poboación rural na transformación das súas propias realidades. Simultaneamente, deberían garantirse as funcións económicas, medioambientais e socioculturais que se lles asigna, en relación a si mesmas e ao conxunto da sociedade. Unha mobilización endóxena, cos apoios que se requiran desde os Organismos e as Administracións Públicas, para a que se asume a importancia de mellorar a educación xeral e básica, a formación ocupacional e a cualificación profesional.\nPromover cambios significativos no quefacer educativo, acomodando as prácticas formativas ás necesidades e peculiaridades do medio rural, supón adentrarse nunha lectura pedagóxicasocial de amplos percorridos políticos, económicos e culturais, en converxencia con modelos de desenvolvemento rural repensados a escala humana, comprometidos co territorio e coas persoas que viven nos seus contornos. Elas son, desde a infancia ata a vellez, os verdadeiros referentes da educación e do que esta poida contribuír ao futuro do mundo rural, nunha permanente presenza da escola na comunidade e da comunidade na escola (Castro e outros, 2007). Ambas deberán cumprir, tanto como poidan, coas funcións pedagóxicas e sociais que teñen asignadas, a favor da socialización, da inclusión e da cohesión social. En opinión de Julio Vera (2007) isto supón integrar plenamente ás escolas nos proxectos de desenvolvemento comunitario, como parte que son da comunidade e da acción comunitaria.\n3. CONCLUÍNDO: REPENSAR A COTIDIANEIDADE DO RURAL NA SOCIEDADE REDE\nTense insistido pouco na necesidade de observar ás escolas do rural en toda a súa complexidade. Cando menos, para salientar que por moito que aludamos a elas cun termo xenérico, os seus modelos institucionais e organizativos son plurais, xa que ao igual que non hai un concepto unívoco de ruralidade, tampouco hai unha soa escola rural, senón moitas (Feu, 2008). Tantas como as que dan de si as distintas formas de relacionarse co territorio, coas comunidades e as propostas formativas nas que se singulariza o seu vínculo co alumnado e o profesorado, desde a Educación Infantil ata a Educación de Adultos, pasando polo Ensino Primario e Secundario, obrigatorio e postobrigatorio; obviamente, sen que en ningún caso poidan pasarse por alto outras circunstancias que afectan á tipoloxía dos centros educativos, aos equipamentos e recursos dispoñibles, aos proxectos de centro e curriculares, ou aos servizos complementarios.\nO calificativo de “rural”, substantivando ou adxectivando ás escolas existentes neste medio, ten representado moito máis un problema que unha solución, por moito que se teña insistido en observala como unha oportunidade e non como unha complicación. Porén, a falta dunha política educativa específica para o medio rural ten limitado, inhabilitado ou retardado que puidera ser así, impedindo a consecución de avances significativos na concreción práctica dos principios constitucionais que evocan o dereito á educación e á igualdade de oportunidades.\nSen dúbida, toda escola é ou debería ser unha opción estimable para un mellor futuro de calquera sociedade. Serao sempre que as súas concepcións e prácticas educativas poñan énfase no valor da educación para o desenvolvemento individual e colectivo das persoas, especialmente en circunstancias adversas —abandono, marxinalidade, atraso, pobreza, etc.— como as que teñen caracterizado historicamente o rural español e galego, ante a imposición e o antagonismo xerados polo crecemento urbano. Tanto como para que coincidamos con Hernández (2000: 132) cando pon de manifesto que as decisións que se adoptaron respecto da escolarización no medio rural en España non foron “froito da deixadez ou a mala xestión, senón que responde a un modelo de actuación sutilmente pensado e máis complexo sobre o medio rural español no seu conxunto”. A misión dunha escola que confronta o seu rol tradicional cos novos papeis sociais, económicos e culturais que deberá desempeñar na sociedade rede.\nNomeamos unha sociedade que deberá repensar a súa cotidianeidade nas aulas e nas relacións coa comunidade diante do crecente e incesante impulso que están adquirindo as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), coas oportunidades que lles ofrecen para a innovación educativa e social. Tamén para mediar nunha maior e mellor conectividade coa sociedade globalizada, cos centros escolares doutros contornos, cos saberes accesibles a través dos dispositivos electrónicos, etc.\nSen que nos adentremos nas súas posibilidades e limitacións, lembraremos como determinados proxectos institucionais —Aldea Dixital, Programa Escola 2.0— orientados a dotar de recursos ou a promover novas prácticas educativas no sistema escolar, tiveron unha notable incidencia no medio rural, minorando a fenda dixital aberta co mundo urbano. Un mais dos que —voltando ao relato de Neira Vilas (2006: 98)— lembra a escola que foi ou quixo ser: “unha parte inseparable daquel núcleo rural”. A escola do neno labrego que medrou coa fermosura literaria das súas memorias, evocada con inevitable nostalxia: “Que lle imos facer! Un ama o seu recanto, o seu onte. Aínda sinto certo anoto no peito cando paso por diante do local onde estivo a miña escola”. A súa e a de moitos, nalgún tempo perdido na infancia, tamén a nosa.\nREFERENCIAS\npdf Bustos, A. (2011a). La escuela rural. Granada: MaginaOctaedro."} {"summary": "As escolas nas contornas rurais en Galicia teñen un presente complexo e un difícil, aínda que posible, horizonte. Na procura de comprender e interpretar esta realidade o autor realiza unha viaxe xenealóxica e histórica sobre a presenza escolar nas contornas rurais de Galicia, partindo das décadas finais do século XIX, a través do tempo de certa alborada dos pasados anos vintetrinta e do posterior franquismo, achegándose ao presente, que sitúa entre o colapso e a renovación, que significa dignificación das contornas humanas e das escolas rurais, a condición de acometer o conxunto de iniciativas políticas, económicas e culturais que aquí se indican.", "text": "ESCOLAS EN CONTORNAS RURAIS EN GALICIA: HORIZONTE DIFÍCIL / HORIZONTE POSIBLE 1 SCHOOLS IN THE RURAL SURROUNDINGS OF GALICIA:\n : Espazo rural/ Escola/ Desenvolvemento rural endóxeno/ Decisións políticas/Antropoloxía cultural galega\nRecibido: 1/X/2014. Aceptado: X/2014 1 Para Alicia López Pardo, que nos trouxo O Conto da Pita escrito hai máis de trinta anos polos escolinos dos Prados (Ancares) e para Suso Rodríguez, director da Revista Galega de Educación, entusiasta coorganizador das Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros (Xermade), unha experiencia de educación popular, renovación do patrimonio e vida comunitaria, que en 2014 cumpre dez anos. O autor agradece a lectura do texto e os coidados comentarios realizados polos profesores e amigos Francisco Veiga, Xesús Rodríguez e Francisco Lestegás. O autor non pode deixar de recordar aquí os fermosos momentos de fala sobre estes asuntos con Avelino Pousa Antelo; mediante correo postal, co pedagogo arxentino Luis Fortunato Iglesias, fillo de nai e de pai galegos; nin as aprendizaxes realizadas co profesor Pierre Furter, quen desde a súa capacidade teórica tivo azos para se deter na observación do caso galego, sempre e nos tres casos con\nCando era nena gocei do campo, das flores, das cereixas vermellas, dos figos maduriños, dos migueliños, das brevas, das peras de manteiga, das urracas, das rabudas, dos abruños, dos pexegos, das mazas de príncipe, das de san xoán, das amoras das silveiras, dos amorodos que había polos cómaros, das ameixas...pero na actualidade son moitas as nenas e os nenos ‘que non teñen aldea’, que non tiveron a sorte de ver muxir unha vaca, nacer un becerro, sentir o cacarexar das galiñas cando andaban polo curral ou sachar unhas patacas. (Cachaza, 2013, p. 23).\nO SENTIDO QUE AQUÍ DAMOS\nGalicia foi unha terra intensamente rural ou agromariñeira, poderiamos dicir, articulada sobre a base dun hábitat conformado por parroquias e aldeas cunha poboación en cada caso xeralmente reducida. Configurouse, en particular durante os dous últimos séculos, como un territorio profundamente humanizado o que, en troques, non facilitou a creación de escolas de por parte dunha Administración Pública, que en toda España se asentou desde perspectivas centralizadoras e “españolizadoras” nos planos político, cultural e lingüístico. As formas e modos como se comportaron os diversos factores políticos, económicos e culturais impediron o que hoxe sinalariamos como un desexable e acaído desenvolvemento endóxeno, centrado e ecolóxico, vindo a prexudicar non só o proceso de creación de escolas entre nós, senón tamén o seu engarce coa cultura e a lingua propias de Galicia, singularmente no que poderiamos chamar “in extenso” a Galicia rural, de tal xeito que, por exemplo, non é posible observar entre nós a memoria dun patrimonio escolar construído, de quitados os bastantes máis de cen edificios escolares compostos nas máis das ocasións por varias aulas e outros servizos mandados facer polos emigrantes galegos a América e polas Sociedades de Instrución, a contrario de como este patrimonio si se pode observar, en troques, nos espazos rurais de Francia, de Suíza, de Alemaña, ou mesmo en tantos concellos de CastelaLeón ou en Aragón.\nPor isto en Galicia, na Galicia rural sobre todo, case non hai edificios escolares con 80 ou 100 anos.\nSe pensamos nas arredor de 3.000 parroquias, compostas por algo máis de 30.000 núcleos de hábitat, as menos de 2.000 escolas públicas que había en Galicia no comezo dos pasados anos 20, que eran case sempre de mestre ou mestra únicos, isto é, escolas (chamadas) unitarias, temos que afirmar que eran poucas e insuficientes, como temos analizado (Costa Rico, 1989). Ademais de poucas eran polo común malas en canto ás súas instalacións e servizos 2 tal como foi denunciado en diversas ocasións ou como as radiografou con acento crítico Luís Bello (Costa Rico, 2010a). Eran escolas que non lles gorentaban aos nenos, como quedou plasmado certeiramente nunha viñeta de Castelao 3. E tampouco aos maiores, nin mesmo gozaban de boa saúde nos medios de comunicación.\nDe por parte, os trazos da sociedade agraria galega (agromariñeira), xunto cos trazos do modelo de sociedade política liberalconservadora que se foi consolidando ao longo do século XIX, non intensa amizade de por medio. Os tres deixaron mostras documentais magníficas do seu exercicio docente e reflexivo, como se poderá ollar na bibliografía. 2 Na maior parte instaladas en casas da veciñanza, alugadas polo concello respectivo, cando non polos propios veciños, podendo ocupar a totalidade ou parte do edificio. 3 Aquela na que unha nai leva a un neno contra da súa vontade cara á escola mentres o neno di: “Non quero ir porque o escolante pégame e a escola cheira que fede”.\nfacilitaron tampouco a expresión e a expansión das demandas sociais de escolarización. A brevidade do período republicano non foi tampouco tempo abondo para modificar seriamente o anterior panorama, en momentos nos que se comezaron a valorar máis declaradamente desde ámbitos urbanos as máis custosas escolas de organización graduada (con varias unidades e mestres) na vez das escolas de mestra ou mestre únicos cun modelo organizativo necesariamente multigraduado e impúxose de camiño “a noite de pedra do franquismo”, tempo no que, con todo, cando se foi chegando aos pasados anos sesenta si se procedeu á creación dun moi notable número de escolas xeralmente unitarias nas contornas rurais.\nEscolas de condicións extraordinariamente modestas, cando non insatisfactorias, que cumprían, sobre calquera outras, a función de lexitimar a ditadura franquista e a de “españolizar” como horizonte de socialización política (Costa Rico, 2008), por unha parte, e a de realizar, por outra, un traballo de cribo selectivo para aqueles que deixarían de formar parte da sociedade agraria para pasar ao mundo urbano, considerado máis “desenvolvido, moderno e civilizado”, imaxe e representación que axudou a solidificar a rede de teleclubes rurais que o ministro de Información, Manuel Fraga Iribarne, aquí impulsou. Nada a ver, pois, coa proposta de facer de cada escola situada na contorna rural un lume e un fogar cultural da comunidade, atento a potenciación das enerxías endóxenas, como expresaba e quería o galeguismo republicano, desde Viqueira a Castelao, pasando por Risco, por Otero Pedrayo e por José Toba 4, quen desde as aulas da Escola de Maxisterio de Compostela foi docente recordado por parte do profesor Avelino Pousa Antelo, de quen se falará.\nNo contexto dun réxime político autoritario que eliminara as persoas e todos os trazos singulares de creatividade sociopolítica que en Galicia se foran construíndo ao longo dos anos vintetrinta, que convertía a Galicia en catro provincias administrativas do noroeste de España, non era doado facer emerxer posicións alternativas, nin imaxinalas nin madurecelas. Deste xeito, sendo a escola pública dos contornos agromariñeiros deficiente, mala ou modesta, non por iso houbo daquela devezos expresados dunha mellor escola, dunha escola distinta, dunha escola axeitada... alén dalgún gromo simbólico, pero non significativo no terreo sociolóxico.\nDeste modo, cando o Ministerio de Educación decide pechar as escolas unitarias (que creara, como dixemos, en número notable a partir dos anos cincuenta) e concentralas nos chamados “Grupos escolares”, que adoptaban formalmente a estrutura organizativa graduada e que ofrecían ademais mellores instalacións e máis, coma o comedor ou espazos para o deporte (aínda que non sempre) para o alumnado, non foi difícil que a maior parte das familias e tamén do profesorado o aceptasen ou mellor consentisen, sen examinar nin entrar a valorar posibles alternativas a esa decisión da Administración do Estado. E foi así, dito de modo simplificado, como a extensa rede de escolas que finalmente chegara a haber nas contornas rurais, unitarias ou de pequenos agrupamentos, foron sendo pechadas non só na mesma década dos setenta, senón tamén nos tempos máis recentes e xa dentro do marco autonómico, amparándose as autoridades e os concellos en criterios chamados de racionalidade administrativa, demográfica —habendo espazos rurais que se viñeron degradando—, cultural 4 O profesor José Toba Fernández foi autor en 1935 do folleto Problemas que plantea la escuela y el niño de Galicia (La Coruña: Imp. de El Noroeste), que tiven ocasión de reeditar en 1996 nos anexos do noso libro A reforma educativa en Galicia. Xoán V. Viqueira e a historia da psicopedagoxía. Sada: Edición do Castro.\ne económica, algo que só nun menor número de casos foi (ou aínda é) refugado por distintas parroquias e comunidades que alternativamente defenderon/defenden a existencia da escola na aldea, na parroquia, isto é “a escola de proximidade”. Unha, polo xeral, torpe “racionalidade burocrática” que suscita en xullo de 2014 a seguinte valoración: “os nenos son números para o XADE”, o programa electrónico de Xestión Administrativa de Educación da Consellaría de Educación.\nFomos chegando, deste xeito, a un panorama que actualmente presenta unha reducida presenza de escolas pequenas nas contornas rurais en Galicia. Isto é, o número de escolas de parroquia no contexto dun mundo rural en crise reduciuse extraordinariamente, mentres foron ampliando o seu número os chamados grupos escolares, os que, en efecto, en abondosos casos dan respostas escolares para as parroquias grandes, pero que en moitos outros, na maioría, incorporaron un alumnado de procedencia distinta e frecuentemente distante –mediante os antieconómicos e nada sustentables transportes escolares-, enfraquecendo con iso, tanto a vitalidade dos hábitats rurais de procedencia do alumnado, como os vínculos e as potencialidades de desenvolvemento social, emocional e cultural deste alumnado, que se ve forzado a procesos de aprendizaxe e de formación sostidos sobre a ruptura cos contornos máis próximos.\nO proceso deste “baleiramento”, acompañado todos os anos con intermitentes manifestacións de contrariedade e de conflito expresadas por distintas parroquias e vivido con moita intensidade nalgunhas circunstancias, semella non ter rematado. A pesar da gravidade, que conecta co empobrecemento demográfico e social extraordinario que se vive, en particular, nas provincias de Lugo e de Ourense, non parece haber nin un diagnóstico suficiente nin, sobre todo, plans e programas que aborden estratexicamente esta problemática. Por iso falaremos de horizontes difíciles; con todo, posibles.\nHISTORIA E MEMORIA: O DESLEIXO FOI O MÁIS COMÚN, A PESAR DAS BOAS E IMPERFECTAS INTENCIÓNS E DAS FERMOSAS ILLAS\nA historia vivida socialmente arredor das escolas nos contornos rurais fala negativamente delas o máis das veces, como vimos de indicar. Malas, deficientes e a miúdo lugares de tormento para os nenos e as nenas, ao que contribuían con frecuencia os seus mestres e mestras, tanto que falemos das chamadas “escolas de ferrado”, que examinou con detemento crítico Narciso de Gabriel, como das escolas públicas ou as de obra pía e de padroado. Isto está así reflectido na memoria común da xente e veu sendo confirmado polas distintas achegas de historia da educación que levamos realizado. Esta memoria e esta narración só é distinta no caso das escolas mandadas facer desde a emigración americana con edificio e condicións específicas, con superior dotación de recursos e medios e cun profesorado máis atento e consciente do seu labor, aínda que, como sabemos, a fotografía nestes casos non é sempre idéntica, pois que tamén de todo había, como puxeron de relevo os magníficos estudos históricos feitos, entre outros e en particular, por Vicente Peña e por Xosé Manuel Malheiro.\nEsta memoria que fala do desleixo e que aquí queremos referir ao tempo anterior ao franquismo (Costa Rico, 1983, 1984) só tivo pequenas excepcións no caso das poucas escolas e mestres que coidaron do seu traballo e condicións e que promoveron, ademais, xardíns escolares, campos de experimentación agrícola, bibliotecas escolares, paseos e excursións e algunhas outras actividades chamadas circumescolares, como podía ser o caso da sericultura. Recordemos ao mestre Justo Pico de Coaña no Mondoñedo de 1860, a Manuel Monge que facía paseos instrutivos cos nenos no comezo do século XX nas beiras de Ribeira, as propostas de 1916 do inspector Seoane Seoane para implantar campos agrícolas ou tamén as de López Otero, o autor en 1925 de Los jardines escolares, a Luis Carregal Peón que a finais de 1932 promovía a “Cooperativa Rural Escolar Anexa a la Escuela Nacional de Niños” (CREANN) en Budiño (O Porriño), a Granxa Pedro Murias de Vilaselán (Ribadeo), ao mestre Juan Pérez Palacios cos seus centros de interese decrolianos en Cervo, a elaboración do xornal El pequeño escolar, que facían de modo mancomunado os nenos e mestres das escolas da Mariña en 1935, os casos dos mestres Alfonso García Rojo ou de Rosa Pons en Ourense (Cid, 2008, 2009), ou os relatos de excursións escolares que fixeron varios mestres e que mereceron ser recoñecidos e publicados nas páxinas da Revista de Pedagogía (Pérez López, 1935; Torres, 1935; Álvarez, 1935) que dirixía Lorenzo Luzuriaga.\nO mestre José Torres razoaba así a conveniencia desta práctica das excursións na mesma liña de recomendacións que realizara o inspector catalán, brevemente presente na provincia de Lugo, Joan Comas Camps (1929) 5 :\nPara hacer fructíferas nuestras excursiones comenzamos por preparar alguna lección de carácter experimental que haya necesidad de vivirla en plena naturaleza y no en la clase, con lo cual pretendemos justificarnos ante el pueblo que, en su ignorancia, no acierta a ver en las excursiones escolares sino un eufórico pasatiempo, olvidando o desconociendo su valor altamente tonificador y educativo. (Torres, 1935, p. 559).\nNeste contexto da II República, tempo este no que se atendeu con algunha intensidade a problemática das escolas rurais como se apreciaba en textos como os de Marti Alpera 6, de Fernando Sainz e outros publicados na Revista de Pedagogía, o Goberno dispuxo en 1933 a celebración en todas as Escolas Normais provinciais españolas de Cursos de Información Cultural e Pedagóxica para Mestres Rurais, encomendando a súa programación e realización aos respectivos Claustros de Profesores das mesmas e á Xunta Provincial de Inspectores respectiva. No caso de Pontevedra (Puga, 1992, p. 45) participaron tamén nesta programación membros dos Servizos Provinciais Agronómicos e de Sanidade Pecuaria, procurando realizar unha programación eminentemente práctica, que se complementou coa realización de visitas e excusións en relación coa produción conserveira, coa Misión Biolóxica, que dirixía Cruz Gallástegui, ou para un mellor coñecemento do patrimonio históricoartístico da cidade.\nSería neste concreto escenario do tempo republicano, ou en todo caso nos finais dos anos vinte, onde se suscitaron algúns maiores interrogantes sobre o que debera ser a escola nas contornas rurais. Despois do que escribiran Johan V. Viqueira, Vicente Risco (co seu “Plan pedagóxico pr´a a galeguizazón d´as escolas” publicado en Nós, porén, un documento limitado) ou Otero Pedrayo, aínda que coa mestura de imprecisos termos idealistas e con visión organicista, tocaba agora o momento das concrecións, porque como escribía en 1936 o mestre Manuel Tobío Cernadas (1936) de Bandeira: “la triste realidad es que la escuela rural no existe y es preciso crearla” 7. Mais foi pouco o que a este respecto se chegou a establecer.\nO Seminario de Estudos Galegos poñía en marcha o Padroado da Escola Rural Galega (Costa Rico, 1989, p. 332 e 2010b), que apenas deu de si unha certa preocupación pola adecuación dos edificios ao que quería ser unha arquitectura ‘rexionalista’ e pola presenza de contidos escolares galeguizadores (do que foi un exemplo o limitado Método de lectura de Josefa Iglesias Vilarelle impreso en 1932), ademais de varios textos de prensa moi críticos sobre o papel da escola en Galicia elaborados sobre todo por Antón Alonso Ríos, quen soubo inspirar algunhas reformas pragmáticas e galeguizadoras nalgunhas das escolas creadas polos emigrantes americanos, tendentes a facer das escolas centros para a reforma da vida campesiña nun senso galeguista e tamén para o impulso das innovacións profesionais no campo agrario.\nA adecuación ao contexto produtivo agrario era o que expoñían así mesmo outras voces, como a do profesor Grandío Parapar que reclamaba a reforma escolar para dispoñer, segundo o seu contexto produtivo, de escolas ou ben agrícolas, ou mariñeiras (como era o caso das escolas dos pósitos marítimos 8 xa existentes e creadas naqueles mesmos anos) ou comerciais. E esta era tamén a proposta que lanzaba á altura de 1933 a profesora da Escola Normal de Pontevedra, de conviccións republicanas e relacionada coa xente do Seminario de Estudos Galegos, Ernestina Otero Sestelo, mediante un texto (Puga, 1992, p. 46), que nos traslada unha imaxe de acentos negativos sobre o mundo rural galego, sobre a realidade das escolas rurais e, tamén, unha visión segmentada do corpo social á hora de propoñer reformas, que se sintetizaría na seguinte expresión extraída do máis amplo fragmento que incluímos por coidalo moi significativo:\n¿Que hay que hacer? Perfeccionar la escuela rural y para conseguirlo hay que hacerla cada vez más rural... Mientras no nos demos cuenta que el niño campesino es distinto por completo del de la ciudad no estaremos en camino de ninguna perfección (...). Hemos de procurar que el niño labrador sea cada vez más labrador, que el ganadero sea cada vez más ganadero. Todo isto dito dentro do seguinte texto: (...) Todo conspira contra la escuela rural. La inescolaridad la destroza, pues no hay medio de seguir un plan racional; los 19 que asisten hoy son distintos de los que asistirán mañana y de los que encontraremos dentro de ocho días y por eso cada día es el volver a empezar; la miseria de los aldeanos les obliga a utilizar desde edad temprana el trabajo de sus hijos y la falta de sensibilidad para la obra de cultura hace lo demás; pues aún cuando los padres de los niños dicen lo contrario, sin embargo, en su fondo insondable sienten un profundo desprecio para todo lo que no sea rutina de lo más elemental y rudimentario. Con todo esto y más tiene que luchar el maestro rural y digo más porque en general el niño que asiste a esta escuela es pobre, famélico y con una pobreza psicológica mayor que su pobreza física; 7 El Pueblo Gallego 12/5/1936. 8 Fixemos unha exposición sobre as escolas dos pósitos marítimos tamén no libro Escolas e mestres..., op. cit., pp. 335338.\n¿Que hay que hacer? Perfeccionar la escuela rural y para conseguirlo hay que hacerla cada vez más rural, pues desde el momento que quiera emular a la de la urbe está irremediablemente perdida. Mientras no nos demos cuenta que el niño campesino es distinto por completo del de la ciudad no estaremos en camino de ninguna perfección (...). La obligación del maestro será, pues, no regatearle aquellos conocimientos que son la base de toda cultura, tratando de enmendar sus yerros, pero sobre todo la enseñanza en la aldea debe tender a mejorar(la), no a hacer una caricatura de la de la urbe. Hemos de procurar que el niño labrador sea cada vez más labrador, que el ganadero sea cada vez más ganadero y el industrial sea cada vez más industrial acostumbrando también a estas gentes a hacerse a la idea de que en la perfección de sus propios medios estriba toda su fuerza. No se trata de que a los niños de las escuelas rurales se les de una preparación para hombres inferiores (...). Cuanta más porción de humanidad pongamos en el niño de la aldea menos tendremos que preocuparnos en asimilarlo al niño de la urbe. Por lo demás, todo lo que sea común a uno y a otro debe dársele como común y lo diferencial en diferencia manifiesta. (...) Será así cuando en la aldea no haya analfabetos, cuando se practiquen en ella cultivos racionales, se seleccionen especies y razas pecuarias, se multiplique la riqueza vitícola, se fomenten las industrias caseras, se enseñen las prácticas del pequeño comercio, se divierta con su propio folclore, y cuando se lea el periódico, es decir, cuando queda aún un sentimiento superior para sentir la vida de la comunidad.\nUnha proposta diferente por canto quería eliminar o feito da segmentación social, desde unha visión cidadá e democrática, era a que formulaba na primavera de 1936 o sector máis progresista do profesorado galego, encadrado nas Asociacións (comarcais/provinciais) de Traballadores do Ensino no momento de articularse en Galicia na Federación Galega de Traballadores do Ensino, con ligazón a Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (FETEUGT). Reclaman unha formación pedagóxica e cultural idéntica para todos os mestres (urbanos ou rurais), aínda que con especificidades, e para todos o “modelo de escola politécnica”, aínda que con especialización adscrita aos diversos organismos de produción (Costa Rico, 1989, pp. 449451).\nPero xa non podería materializarse, chegándose no mellor dos casos a ensaios de escola activa con atención ao escenario rural onde se localizaba a escola, como a reflicte o texto elaborado por Gregorio Sanz (1932, pp. 451458) 9, o mestre que deu pé ao fermoso relato do escrito Manuel Rivas, de descomposición. Prueba de ello: carece de alumbrado eléctrico, a pesar de que los cables de alta tensión atraviesan la parroquia a 100 m de la escuela. ¿Causas? Aparentemente caprichos de baja política que a tantos pueblos envenena. Realmente, atavismo de raza, miedo a la innovación, ignorancia y rutina.\n(...) Posesionado de la escuela me encuentro un conjunto heterogéneo de niños, de carácter brusco en su mayoría, distraídos, que hablaban a gritos, que se insultan, que se pegan por el motivo más pequeño, y veo enseguida la necesidad de obrar activamente y sin pérdida de tiempo para dar la batalla al medio ambiente en que se mueven los niños. De ellos me sirvo para invitar a las personas mayores a una reunión que ha de celebrarse en la escuela el domingo próximo, por la tarde; coloco varios anuncios de invitación en los lugares más apropiados (iglesia, cartería, taberna) y llegado el domingo espero en la escuela. ¿Resultados? Dolorosos para mí. Catorce o quince personas entre hombres y mujeres. Les hablo sencillamente; hago mi presentación; expongo mis deseos, mis ansias, mis esperanzas y les ruego me ayuden enviando sus hijos a la escuela con la mayor asiduidad posible. Lo prometen. Pero desgraciadamente las promesas no son cumplidas.\nComprendo que mi labor ha de ir orientada directamente a los niños y sobre los niños tomando a éstos como agentes para propagar y extender entre sus familias los efectos de la obra escolar, a ellos me entrego con entusiasmo y con alegría, para inspirarles confianza, para que vean en la escuela un lugar agradable donde gozar, reír, jugar, vivir su vida. Por esto las primeras semanas las dedicamos a conversaciones generales sobre asuntos también generales: la lluvia, el viento, el mar, los pinos, la habitación, la luz, los cultivos, etc. Unos emiten sus opiniones, otros hacen sus preguntas, los mayores leen algún trozo apropiado, previamente elegido por mí y todos desean intervenir. A veces se desvía la conversación hacia cuestiones que apenas afectan a la idea principal, pero les dejamos cierta libertad con objeto de ganarnos su confianza.\nGregorio Sanz pronto daría paso á posta en marcha dunha cooperativa infantil que facía venda de rifas para a compra de libros de lectura, ao que seguiu o proxecto de posta en marcha dun proxecto de campo agrícola escolar como ensaio de escola activa que se converteu no motor do traballo escolar entre os nenos. Un antecedente valioso do que posteriormente emprendería Avelino Pousa servindo de exemplo para outros.\nAvELINO POUSA, O MESTRE DUNHA NOvA ESCOLA RURAL NO TEMPO DO FRANQUISMO\nAvelino Pousa, aquel mozo que posuía intensos saberes lingüísticos e populares aprendidos no Val da Barcala, chegou á Escola de Maxisterio, situada no corazón de Compostela, en San Xerome, cando a República estaba a asentarse socialmente. No tempo preciso en que se falaba da necesaria reforma política e democrática da educación en España e tamén en Galicia. No tempo en que había unha consideración favorable do reformismo e do activismo didáctico e educativo, que impulsaban, por unha parte, a Institución Libre de Enseñanza e a Revista de Pedagogía de Luzuriaga, e por outra, o intenso e plural movemento internacional da Escola Nova e Activa. Era, entón, posible acceder a algúns textos de Dewey (Learning by doing), de Clapàrede, coa súa proposta de educación funcional, de Montessori, de Decroly, cos seus centros de interese didáctico e coas súas propostas de globalización, de Ferrière… ou de Freinet, cos seus ensaios e utilización da imprenta escolar arredor da libre expresión infantil.\nO conxunto parecía encaixar coas súas experiencias de vida e novas aprendizaxes viñan fortalecer a formación de Avelino Pousa. Entre o profesorado semella que para el destacou o profesor da Escola de prácticas anexa, e tamén profesor de Pedagoxía na propia Escola de Maxisterio, José Toba Fernández, militante galeguista e autor do coidado ensaio Problemas que nos plantea la escuela y el niño de Galicia. E o normalista Avelino Pousa tamén deu en soñar na nova nación galega, horizonte tronzado no 36 (Costa Rico, 2012). Porén, quedarían fíos de memoria e de vontade que se expresaron no momento en que o empresario agrario Antonio Fernández López, propietario dunha Granxa porcina na parroquia de Barreiros do concello de Sarria, ao ter coñecemento do mestre situado nunha escola non distante, o invita a desenvolver un novo proxecto escolar, unha escola rural innovadora a poñer en marcha naquela parroquia, con instalacións apropiadas e novas.\nÉ do caso afirmar que non era Avelino Pousa un teórico da pedagoxía, nin un intelectual coñecedor ben avisado da pedagoxía científica internacional, dos debates metodolóxicos e das centrais cuestións sometidas a debate na hora de emprender reformas sociais e políticas da educación; non era, tampouco, unha figura comparable coa media ducia de figuras do pensamento pedagóxico que para o mesmo tempo de vida existiron, por exemplo, en Cataluña. Porén, como nos recorda tantas facetas da escola do Pioulier que en Vence (arredores de Niza) impulsaban polos mesmos anos Célestin e Élise Freinet! e como recorda outras tantas facetas da escola ucraína e rural de Pavlish, onde exerceu como mestre, educador e soñador de horizontes de xustiza e de liberdade Vasili Sujomlinski, que nacera en 1918, este si autor dunha considerable obra teórica pedagóxica, que acompañaba a súa fértil tarefa de educador. O membro do PCUS Vasili Sujomlinski, como Avelino Pousa, tamén cría que o primeiro acto da escola non comezaba dentro dela, senón ás súas portas, en contacto íntimo coa Natureza, para provocar dende alí, dende o sentido da beleza, o que S. Solovéichik definiu como o “espertar emocional da razón”; e, coma el, tamén coidaba a educación intelectual, a física, a moral 10 O que inicialmente fora Tesiña de licenciatura (1980), converteuse logo nun fermoso libro que se detén principalmente no estudo das escolas de orientación agropecuaria de ensino primario da provincia de Lugo, que impulsaron o empresario Antonio Fernández e a Inspección provincial de educación, entre 1948 e 1971. Para a rede de escolas que se estenderon por toda a provincia houbo un programa de “Cursillos de Formación agropecuaria para maestros del medio rural”, un espazo onde Valentín Arias chegaría a presentar en 1969 unha proposta de Cooperativa Escolar Rural de Lugo para servizo da rede de hortas escolares.\ne a emocional; atendía o equilibrio mental, desde o coidado da saúde, nun clima de ledicia escolar, dende un profundo amor e fe nos nenos, na súa forza e na súa capacidade. Como nos fai acordantes, igualmente, da fermosa escola rural que nas terras arxentinas e polos mesmos anos coidaba o mestre Luís Fortunato Iglesias, fillo de galegos! O mestre Luís Iglesias, tan recoñecido en América Latina entre os grandes educadores do século XX, e tan descoñecido en Galicia, fóra dos círculos da Nova Escola Galega, da que, en certo modo, foi socio de honra (Costa Rico, 1996b).\nHai, pois, en Avelino Pousa unha traxectoria de mestre, de educador (Lastra, 2011) e de soñador dunha nación libre e solidaria que será oportuno que prenda na nosa memoria social, cultural e pedagóxica, entre os esteos dun horizonte desexable 11.\nA LOITA POLA DIgNIFICACIÓN DA ESCOLA COMO PARTE DA DIgNIFICACIÓN\nNo mesmo lugar, á hora de analizar as circunstancias das escolas rurais de mestra ou mestre único en México (2014, p. 3), Rockwell, facéndose eco dun fundamental estudo elaborado por Tyack e Cuban (2001), salientou que a estrutura graduada, estandarizada paulatinamente como modelo de expansión das institucións educativas e dos sistemas nacionais de educación occidentalizados, impuxo regras administrativas, avaliativas e curriculares que configuraron as rutinas cotiás da vida escolar e influíron na relación pedagóxica predominante. Deste modo, establecéronse formalmente programas homoxeneizados e uniformes graduados curso a curso e estándares que se pretendían comúns no alumnado que conforma un grupoclase, con ritmos parellos e instrución e con promoción sometida a avaliacións periódicas, baixo os reclamos por outra parte dunha pedagoxía por obxectivos de orientación condutista e nalgún punto pragmatista.\ndor da expansión “comarcalizada” das institucións escolares aquí. O instrumento utilizado para a graduación e a expansión dos Grupos escolares, que se coñeceron tamén como “concentracións escolares”, en tanto que o que se facía non era tanto crear unidades de clase novas, canto concentrar nun punto xeográfico e con novas instalacións o que antes eran escolas unitarias de mestra ou mestre único dispersas polas distintas parroquias rurais, cun alumnado de diversos graos e heteroxéneo. Coa instrumentación complementaria dunha extensa e irregular rede de transportes escolares, frecuentemente complementada coa existencia de comedores escolares, en tanto se mantivo o réxime escolar de xornada partida ou dobre, a que, porén, deixou de ter xeral vixencia desde o comezo dos pasados anos noventa en pro da xornada única, da man de reivindicacións profesionais sindicais a miúdo inoportunas desde os significados de defensa da educación pública.\nO destino negativo das escolas unitarias estaba escrito, tal como xa o viña de denunciar Xesús Cambre Mariño, daquela na Universidade de Porto Rico, mediante o texto Educación e Desenrolo (1969): o seu peche paulatino e mentres estiveran abertas non gastar un peso nelas. Aínda que, afortunadamente, non sempre iría ser así. O final do franquismo, que chegaba coa morte do ditador en 1975, e as enerxías a prol da transformación social que se viñeran acumulando en anos de intensa e dura loita social por parte de algúns sectores sociais, quizais permitían pensar noutro escenario de continuidade e vitalidade para as escolas unitarias rurais. A loita pola democracia tiña o seu correlato nas contornas rurais na busca da dignificación. Cómpre salientalo máis de 30 anos máis tarde. Daquela nacían as Comisións Campesiñas e as Comisións Labregas, de carácter sindical, que coas súas iniciativas e dinámicas de loita contribuíron a esa precisa dignificación e a evitar algunhas das máis agresivas operacións capitalistas de destrución ambiental e dos horizontes para unha renovada vida campesiña. Á beira delas, un número non menor de sacerdotes de alento conciliar, coordinados a través dos Coloquios de Parroquias ou dos Europeos 13 e influenciados pola chamada Teoloxía da Liberación, de axentes dos servizos públicos da entón chamada “Extensión Agraria” do Ministerio de Agricultura e de mestras e mestres con destino case sempre provisorio nas contornas rurais, tomaran conciencia sobre a destrución destas escolas unitarias ou de pequeno agrupamento de unidades.\nAo efecto, leváronse a cabo entre os finais dos anos setenta e os primeiros anos oitenta diversas dinámicas de rexeitamento ao peche de escolas, aos longos traxectos de transporte escolar, contra os “Grupos escolares comarcais” de máis de dúas liñas, isto é con máis de 16 unidades escolares de Educación Xeral Básica (EXB), que empezaran a dispoñer, por outra parte, de dúas unidades de educación infantil, e tamén contra a ‘españolización’ cultural e idiomática. Con algúns éxitos, en maior medida reflectidos nas decisións administrativas da nova Consellaría de Educación da Xunta de Galicia en canto ao tamaño dos Grupos escolares, que comezarían a axustarse en 1984 á anterior reivindicación. Este estado de preocupación e de opinión podería quedar, nalgunha medida, sintetizado a través de varios traballos e notas daquela publicados 14 (Arias, 1975; Costa Rico, 1975, 1977, 1980, 1981, 1985, 1986). 13 Está aínda por realizar un atento estudo sobre a súa contribución ás transformacións do mundo campesiño e mariñeiro galego, tamén no ámbito da educación popular. 14 O autor case 40 anos despois daquela longa nota publicada sobre a cuestión na ‘mitica’ revista Triunfo, dado que en diversos momentos se referiu á problemática da escola nas contornas rurais en Galicia, considerou\nUn específico protagonismo tiveron os ensinantes de educación infantil e primaria que formaron parte dos varios grupos territoriais do Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega (MCEPG), que seguía as formulacións e orientacións da Pedagoxía Freinet, en relación cos que foron aparecendo outros varios colectivos como Escola Aberta, Avantar e Preescolar na Casa (Ferradás, 2004; Armesto, 2012), a fundamental experiencia de nova educación infantil 15. A reivindicación a prol dunha nova escola rural e por unha educación ligada ao territorio gozou desde aquela e durante os anos 80 dun estimable eco social e fíxose patente en diversas experiencias educativas como foron, dito a modo de exemplo, algúns Colexios Familiares Rurais (entre outros, os de Celanova e de Negreira), a escola de Pantín (Costa Rico, 1992), o colexio privado relixioso que sostiñan os “Padres Paúles” en Maceda, o colectivo de ensinantes Estiño cos seus fermosos calendarios anuais de parede, a singular experiencia do “Circo dos Muchachos” de Bemposta (Ourense) e unha ringleira de modestas pero necesarias experiencias noutro lugar anotadas (Costa Rico, 2007). A cuestión comezou igualmente a ser motivo de investigación e de estudo, como se reflectiu na pioneira pero tamén case solitaria investigación de José A. Caride (1983) 16.\nde nova organización baixo a figura dos Colexios Rurais Agrupados 19, agora e por vez primeira cun certo apoio institucional baixo o goberno do PSOE a partir de 1982, que en distinta medida influenciaron as perspectivas galegas.\nEsta expresión organizativa foi a que tamén se puxo en marcha entre nós en 1988 sobre a base do Decreto 63/1988 (DOG, de 8 de abril) da Xunta de Galicia relativo á creación dos CRA, tomando en consideración as medidas ditadas desde 1983 en favor da educación compensatoria, se ben sen dárselle o impulso políticoadministrativo que sería de desexar, de tal modo que cinco anos despois só eran oito os CRA creados en Galicia, segundo os datos confirmados no Informe (Caride, 1994) sobre o estado e situación do sistema educativo en Galicia no curso de 199293 aprobado polo Consello Escolar de Galicia 20. En todo caso, o profesorado galego dos CRA contribuíu a abrir un novo escenario de reflexión e de práctica pedagóxica, coordinándose a través de encontros anuais, que se fixeron complementarios das varias Xornadas anuais que desde 1986 comezara a convocar Nova Escola Galega, entidade que a estes efectos tiña establecida unha conexión coa dinámica rede de Escolas Rurais de Cataluña, amparada no seu caso pola Federació des Moviments de Renovació Pedagógica, polas administracións locais, polas Facultades de Ciencias da Educación 21 e pola Generalitat de Catalunya.\nDeste modo andaron as cousas en Galicia entre os finais dos anos oitenta e ao longo dos anos noventa, con algún incremento no número de CRA, cunha mellora substancial de recursos e en canto á formación do profesorado e instalacións das escolas situadas en contornas rurais, e coa realización dalgunhas moi interesantes experiencias pedagóxicas 22 (Castro Rodríguez et alii, 2013) mentres, con todo, o número destas escolas foi descendendo aos poucos e dun ano para o seguinte 23. O número de CRA en Galicia ascendeu no curso 201011 a unicamente 27, con 2.500 alumnos pertencentes a 218 unidades escolares; mentres hai 197 en CastelaLeón con máis de 21.000 alumnos, 76 en Aragón e 37 en Estremadura, segundo datos do Informe anual de 2011 do Consello Escolar do Estado. Cómpre sinalar, ao efecto, a inexistencia entre nós dunha reflexión institucional e política visible, como a realizada noutras instancias 24 e espazos e previa ao establecemento dunha estratexia relativa ao mantemento e desenvolvemento das escolas nas contornas rurais, cuestión sobre a que Antonio Bustos (2011) desde Andalucía ten realizado unha magnífica achega, mentres abondan as actuacións administrativas curtopracistas.\nAS CONTORNAS RURAIS EN gALICIA: ENTRE O COLAPSO E A RENOvACIÓN\nO panorama das contornas rurais en Galicia ao longo dos últimos vinte anos presenta unha tonalidade xeral de derrubo que, ao mesmo tempo, se acompaña de numerosas iniciativas de renovación. Forman parte da tonalidade xeral o gravísimo declive demográfico de toda Galicia, de tal modo que os espazos rurais en particular perden poboación nova para rexenerar o rural; xunto ao avellentamento e dispersión existe unha sangría demográfica que fai que exista unha crecente desertización rural, que o mundo rural se perciba en crise e que as aldeas queden sen habitantes ou en proceso moi avanzado de desaparición, ao que se suma o proceso de extrema redución da poboación activa agraria. E todo isto afecta ao desenvolvemento cultural e educativo: ao descompoñerse e minguarse os procesos tradicionais de socialización e ao aumentar as distancias educativas, os propios factores de disolución do medio rural levan canda si as dificultades de concibir un contramodelo alternativo e de renovación.\nÉ doado que se impoña unha ollada negativa, como apuntou en 2013 o mestre Fernando\nMarcelín:\nAo longo de máis de dez anos traballando no ensino en CPI do rural estou farto de escoitar en boca de veciños e docentes frases como ‘aquí non hai saída’, ‘isto xa morreu’, ‘pouco faltará para que pechen o colexio’, ‘non hai que facerlle’, ‘total nada imos conseguir’, ‘han facer o que queiran’: un pobo que así fala non cre en si mesmo porque non é capaz de valorarse e de traballar e de loitar unido, está derrotado de antemán pola súa mentalidade; por iso é fundamental o labor da escola e que nunca perdamos a ilusión é a ledicia por seguir loitando por un mundo rural vivo, para que dunha vez Galiza deixe de ser o pais ‘que puido ser e non foi. (Marcelín, 2013, p. 13).\nFronte ao deterioro e ao colapso hai, porén, distintas iniciativas que chaman pola renovación do mundo rural nos varios planos de participación social, económico, cultural, político e educativo. Cinguíndonos ao da educación algunhas desas iniciativas son, por exemplo, a que representa a Mesa Galega de Educación no Rural constituída por varias organizacións sociais e pedagóxicas en 2002 cos seus encontros de intercambio de experiencias e os varios Manifestos 25, a “Plataforma pola defensa da montaña e do rural” formada por sete concellos 26 da provincia de Lugo, a “Coordinadora de ANPAS do Ribeiro”, a “Coordinadora Galega de ANPAS do Rural” formalizada en 2012 en Compostela, o grupo de traballo coordinado arestora polo profesor Francisco Candia desde Lugo ou a moi interesante experiencia desenvolvida arestora no CEIP de Castroverde baixo a modalidade de “comunidade de aprendizaxe”. En conxunto demándase: o máximo mantemento das escolas de parroquia, unha nova planificación da educación infantil, a adecuación dos currículos e unha forma25 http://praza.com/movementossociais/6004/amesa-deeducacion-norural-denunciaa-politicainvolucionista-daxunta-epide-unplan-especificode-ensino/ 26 Os de Cervantes, Samos, Navia de Suarna, Becerreá, As Nogais, San Román e O Incio.\nción pertinente do profesorado, o establecemento de “zonas educativas rurais”, a atención constante ás condicións dos edificios escolares e aos seus servizos, a coordinación entre centros e con outras axencias e servizos das comunidades rurais e sobre todo a inclusión da planificación educativa “no marco dunha política xeral (un proxecto global de desenvolvemento comunitario) de fomento e dinamización do desenvolvemento rural galego”.\nMáis alá deste plano e fronte ao deterioro económico, social e cultural causado por unha torpe orientación inspirada polo funcionalismo tecnocrático pode ser posible un punto de vista ecolóxico que tome en consideración a proposta do desenvolvemento endóxeno e a dimensión territorial e social do patrimonio e da formación. É o que se propón por parte de recoñecidos tratadistas (HenriotVan Zanten, 1990; Charlot, 1994; Díaz González, 2009), que lle asignan á dimensión cultural un papel estratéxico a prol do desenvolvemento local. É o que se procura desde instancias e experiencias tan relevantes como as que promoven por exemplo: a Asociación Ponte... nas Ondas, nos espazos e escolas de Galicia e Norte de Portugal abeiradas ao Miño, a Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular, coa convocatoria de xornadas en distintos puntos do País, ou a través das Xornadas Interxeracionais Rurais, que desde hai dez anos se celebran nas terras luguesas de Xermade.\nParece posible pensar en procesos sustentables e participativos, globalmente políticos, (Cáritas, 2009) que abran novos horizontes para o desenvolvemento local (Simón Fernández e Prado Orbán, 2006; Caride e Vargas, 2007), contemplando os territorios (Furter, 1983; Janer, 1989), as comunidades e as súas redes de participación cos actores locais empoderados, os patrimonios, os recursos e as potencialidades económicas (nova agricultura ecolóxica). Isto precisa levar a cabo distintas concrecións en canto á súa planificación estratéxica social, política e organizativa: a creación de grupos de traballo cos diversos axentes sociais e institucionais presentes no territorio; que se deseñen, programen e avalíen obxectivos, etapas e accións (con consciencia dos proxectos prioritarios e estratexicamente tractores); que se tome en consideración a Axenda 21 local; que se promova a combinación comunitaria de servizos, programas e actividades e que se realicen accións concertadas máis alá do plano das administracións municipais.\nA este respecto, compre ser conscientes de que actualmente a xeografía non urbana de Galicia perdeu homoxeneidade e diversificouse e nela podemos encontrar ao mesmo tempo e en calquera dos seus puntos, espazos agrícolas, residenciais e outros de orientación industrial, e por iso a anterior representación da “ruralidade” necesita ser redefinida, mais non desde unha mentalidade “urbanita” como adoita facerse mesmo desde boas intencións, senón desde unha nidia consciencia da antropoloxía cultural galega. A anterior homoxeneidade das sociedades rurais, ligada ao traballo e á produción agraria, viuse radicalmente afectada por unha extraordinaria descomposición e a subseguinte crise de identidade; entre tanto, están a darse situacións novas en relación á diversificación produtiva, que ten a ver coa construción, co sector secundario e coa terzarización, de onde procede igualmente unha observable recomposición social, tamén motivada pola utilización dos espazos rurais como espazos residenciais por parte de xentes de hábitos e vida urbana.\nPor iso, o sentimento de identidade local rural por parte de compoñentes significados da poboación que hoxe vive en espazos rurais xa non é o doutros momentos, rompéndose así a unidade rural e aumentando a interrelación coa cidade e os seus habitantes; o que nos leva a categorizar como\nConscientes de todo isto afirmamos que é posible, por máis que non doado, xerar unha estratexia de desenvolvemento local asentada e acordada co respaldo das forzas políticas parlamentarias en Galicia, que identifique unhas delimitadas zonas ou espazos rurais en relación cos que abrir e promover un proceso de desenvolvemento social, cultural e educativo, propoñendo obxectivos, ordenados no tempo cun horizonte que necesariamente rebordará os limitados ciclos parlamentarios de catro anos, que son tempos excesivamente breves para a finalidade pretendida. A demografía, o desenvolvemento económico, a calidade de vida e a confianza nos horizontes poderán beneficiarse dunha estratexia deste tipo. Os trazos da crise actual precisan dunha estratexia institucional, política e social conxuntada para poder reverter o colapso.\nQUE ESCOLA?, QUE EDUCACIÓN DESEñAMOS?\nEste modo de comprensión do mundo rural en Galicia hoxe debe obrigarnos tamén a repensar o escenario da escola rural no comezo do século XXI. Nos se trata dunha escola para un mundo rural “substancialmente” campesiño e mariñeiro, nin o é tampouco para o simplista mundo “moderno e urbano. Faremos unha reflexión articulada arredor de varios puntos:\n1. Poderemos partir como suposto de base da existencia de escolas urbanas e de escolas rurais ou situadas no medio rural, entendendo por estas todos os centros educativos de educación formal situados no contexto rural ou mesmo en espazos vilegos ou periurbanos, sempre que o seu alumnado proceda maioritariamente de hábitats rurais, con presenza efectiva de trazos culturais e antropolóxicos ligados á cultura tradicional. Pero, debemos considerar hoxe que non necesariamente o seu contorno socioeconómico deberá ser predominantemente agrícolamariñeiro ou pesqueiro, nin tampouco responder o seu contorno cultural a parámetros culturais tradicionais. 2. Superadas as máis graves carencias e limitacións que noutro momento lastraron tanto ás escolas unitarias, mixtas e incompletas, como ás concentracións escolares, a través da súa máis adecuada dotación de infraestruturas e recursos (mediante a creación de Colexios Rurais Agrupados, a redución de unidades nos grandes colexios e outras medidas), é posible entender a convivencia das dúas modalidades organizativas con conexión e interrelación entre elas, tal como se comezou a facer. 3. Segue existindo unha estendida crenza social sobre as maiores “dificultades culturais” que terían os alumnos de centros rurais no seu cursus polo sistema educativo, debido á problemática do illamento xeográfico e social, o que remitiría a un “déficit cultural”, e isto explicaría o seu menor éxito escolar. Pero haberá que corrixir este suposto e non deberiamos persistir no discurso da necesidade de ter que suprimir por ineficaces as pequenas\nestruturas escolares. Cómpre, polo mesmo, contemplar escenarios de modificación da filosofía homoxeneizadora canto á aprendizaxe e ao ensino para recoñecer a diversidade entre estudantes e a necesidade de diversificación das formas de ensinar, como sinalou Angela W. Little (2004).\n4. Os datos de avaliación parecen indicar que o medio rural concentra maiores dificultades para o rendemento escolar do alumnado, pero derivado das características socioprofesionais e culturais da súa poboación; isto é, non parece que sexa actualmente o medio rural en si o condicionante negativo das prácticas culturais e do rendemento escolar, senón a maior concentración dunha orixe social máis modesta do alumnado (Alpe e outros, 2002; Prado, 2007), o que nos debe levar a realizar, se é preciso, intervencións de discriminación positiva no uso de recursos, coidando con esmero as prácticas docentes e os programas escolares, que poden contemplar estratexias didácticas de multigraduación, evitando a tentación do “traslado á cidade” do alumnado rural, dado que non é a estratexia de solución de posibles problemas que aparecen ligados á orixe social. A mesma convicción debe estar presente á hora de establecer cautelas e correccións na comparabilidade do “rendemento” de centros rurais e urbanos, en termos de progreso e continuidade do alumnado. 5. A este respecto, cómpre xerar un espazo ou axencia consorciada que faga posible desenvolver tanto desde a Consellaría de Educación, como desde os ámbitos universitarios das Ciencias da Educación e outros próximos, unha liña de estudos, de asesoramento, de intercambio e de contribucións “en rede”, actualmente inexistente, a pesar da relevancia da cuestión, para así evitar a precaria dependencia da vontade dos investigadores e dos animadores ou impulsores de distintas experiencias e estudos. 6. Esta perspectiva deberíanos conducir á visión dos centros escolares rurais como unha importante peza no contexto dunha rede comarcalizada de servizos públicos de formación e de desenvolvemento sociocultural, adecuadamente cualificada, que sexa consciente da diversidade dos espazos rurais, con capacidade para realizar unha oferta cultural, formativa e educativa global, con moitos elementos de transversalidade, e de uso compartido dos recursos. 7. Isto supón contemplar as escolas como parte dunha estratexia de desenvolvemento integrado rural, que é tamén desenvolvemento económico sostible, defensa e promoción do patrimonio natural, e loita contra a continua precarización e perda da diversidade dos espazos rurais, o que obriga a pensar en termos de proxectos comarcalizados (de territorio e de educación), con elaboración de programas experimentais, con implicación local e integración das persoas nestes procesos. 8. Se os centros educativos os situamos como parte dunha estratexia ampla de desenvolvemento integrado rural, isto tamén se debe reflectir en medida oportuna nos curricula: a conversión do territorio en soporte pedagóxico para a adquisición do coñecemento tradúcese no enraizamento das aprendizaxes, a fin de que os coñecementos poidan servir para facer abrollar potencialidades no territorio; este suposto debe ter a debida tradución na formación inicial e permanente do profesorado, nas especificacións precisas no seu estatuto\ndocente e como axente cultural, e nos libros de texto e outros recursos e apoios didácticos, tendo por horizonte a calidade da educación (Costa Rico, 2009). 9. A toma en consideración de perspectivas similares ás sinaladas debería pasar pola apertura dun proceso técnico e social de análise, de avaliación e propositivo, o que implica moi directamente as Consellarías de Educación, de Agricultura e de Medio Ambiente, pero non só, pois deberá contar co respaldo institucional, político e social adecuado; supoñería ordenar “en rede” algúns programas específicos xa existentes; dotarse dun staff técnico, investigador e de apoio; acadar un horizonte de principios e supostos de programación xeral, e pensar e desenvolver varios e concretos exercicios experimentais sobre a base de acordos políticos que lles dean sostén. As avaliacións e os procesos de desenvolvemento programático marcarán concretamente os pasos futuros.\nEstas son, para min, as claves do difícil e posible horizonte.\nREFERENCIAS\ndad. Barcelona: Octaedro, pp. 157169. Costa Rico, A. (2010a). Luis Bello: Viaje por las escuelas de Galicia. Vigo: Nigratrea."} {"summary": "Este artigo versa sobre o tratamento que algunhas narradoras vascas deron nas súas novelas á violencia de xénero no período comprendido entre 1979 e 2009. Dun corpus xeral de trinta novelas, só cinco tratan a violencia de xénero. Por isto, analízanse dun xeito detallado dúas destas novelas de autoría feminina, Tango Urdina [ Tango Azul ], de Aitziber Etxeberria, que trata especificamente sobre os malos tratos e Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ], de Uxue Alberdi, que aborda o tema da violencia sufrida polas mulleres en tempos de guerra. Doutra banda, puxemos estas dúas novelas en comparación con outras tres contemporáneas escritas por narradores vascos: Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ], de Anjel Lertxundi, Zureak egin du [ Estás acabada ], de Iñaki Friera, e Golgota [ Golgota ], de Xabier Montoia. As dúas primeiras teñen como eixo temático os malos tratos (do mesmo xeito que a xa mencionada Tango Urdina [ Tango Azul ]) mentres que a última incorpora o tema da violencia exercida contra as mulleres durante a guerra (tal e como fai Uxue Alberdi na súa Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ]). Como conclusión, podemos aseverar que se observaron diferenzas importantes no tratamento do tema dos malos tratos por parte dos narradores e narradoras; non así no tema da violencia sufrida polas mulleres nas contendas bélicas onde narradoras e narradores converxen na súa maneira de narrar os feitos e tratar o tema.", "text": "sinécdoque da violencia de xénero na literatura vasca\nGema Lasarte\n[Recibido, 14 outubro 2014; aceptado, 22 setembro 2015]* http://dx.doi.org/10.15304/bgl.47.2183 * A versión galega que ofrecemos é tradución do Consello de redacción do BGL desde o orixinal castelán remitido pola autora do traballo.\n : literatura, corpo, xénero, malos tratos, guerra. abstract This article studies how some Basque female writers have dealt with the topic of genderbased violence on their novels, in the period between 1979 and 2009. Starting with a corpus of thirty novels, only five deal with genderbased violence. Thus, this essay analyses in detail two of them, Tango Urdina [ Blue Tango ] by Aitziber Etxeberria, which focuses on abuse, and Aulki jokoa [ Musical Chairs ] by Uxue Alberdi, which shows the violence suffered by women during war. On the other hand, we have comIntrodución\nEste artigo pretende abordar un dos temas máis vixentes na sociedade actual: a violencia de xénero e o seu tratamento e reflexo na literatura contemporánea en lingua vasca. Para iso, utilizamos como ferramenta de análise, por unha banda, o paradigma e marco teórico, e por outra, describimos tamén os aspectos máis estritamente literarios das novelas analizadas. No paradigma teórico a nosa pretensión é, en primeiro lugar, a de esmiuzar todo o marco conceptual tecido ao redor do que se denominou violencia machista : conceptos tales como violencia doméstica, violencia familiar, violencia contra as mulleres, feminicidio etc. En todos estes termos albíscase o xénero como parte determinante contra a que se erixe a violencia machista contra as mulleres. En segundo lugar, e tamén dentro do marco conceptual, obsérvase o corpo: o corpo como texto que non é outra cousa que unha metáfora da realidade histórica no caso dos corpos maltratados e violentados na guerra, por unha banda, e corpos obxecto de violencia física ou de malos tratos, exemplo existencial da condición feminina, por outra.A segunda parte analiza o aspecto literario que comprende á súa vez dúas partes diferenciadas. Por unha banda, examínase o tema da violencia de xeito detallado, e para iso recorremos ao uso da narratoloxía como método. Observamos así algúns personaxes protagonistas femininos recreados polos narradores nas últimas décadas. Incídese na análise das voces e, sobre todo, afóndase no estudo do paradigma actancial, para ver pared these two novels with tree contemporary books written by male narrators: Zoaz infernura, laztana [ Go to Hell, Darling ] by Anjel Lertxundi, Zureak egin du [ You’re Done ] by Iñaki Friera and Golgota [ Golgotha ] by Xabier Montoia. The first two have abuse as their main thematic axis (such as the aforementioned Tango Urdina [ Blue Tango ]); while the third one has the topic of violence against women during war (as it was done by Uxue Alberdi in Aulki jokoa [ Musical Chairs ]). To conclude, we can point out important differences on the treatment of the topic of abuse by male and female narrators; but not so much on the topic of violence due to war, in which writers coincide on their way of approaching the subject.\nPara estabelecer un paradigma que reflicta a violencia de xénero e como se leva a cabo a representación do corpo maltratado na literatura vasca dos últimos anos, tomamos como corpus do noso estudo, principalmente, cinco novelas: Tango Urdina [ Tango Azul ] (2003), de Aitziber Etxeberria, Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] (2008), de Anjel Lertxundi, Zureak egin du [ Estás acabada ] (2009), de Iñaki Friera, Golgota [ Golgota ] (2008), de Xabier Montoia, e Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ] (2009), de Uxue Alberdi. As tres primeiras incorporan como eixo central da súa temática os malos tratos inflixidos polo marido á muller e as dúas últimas tratan da violencia exercida contra as mulleres durante as guerras. Para a nosa análise diferenciamos estes dous bloques.\nA violencia exercida sobre personaxes femininas na obra das autoras e autores vascos das últimas décadas\nRepaso de todas as obras producidas polas narradoras vascas desde 1979 ata 2009 que representan a violencia de xénero\nEste estudo analiza a presenza da violencia de xénero na produción narrativa das autoras vascas. Neste sentido cómpre sinalar que este tema tivo escasa relevancia na produción narrativa das autoras. Así, da trintena de novelas publicadas por narradoras vascas nas tres últimas décadas, soamente adquire protagonismo no eixo temático de cinco delas. Deste xeito, Uxue Alberdi en Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ] (2009) pon en boca da protagonista, Teresa, toda a crueza da guerra e, sobre todo, denuncia de xeito solapado a violencia de xénero que se produce nos conflitos bélicos. Aitziber Etxeberria, pola súa banda, na novela Tango Urdina [ Tango Azul ] (2003), retoma como fío narrativo a violencia de xénero: aquí a violencia é doméstica e susténtase nos malos tratos que o marido exerce de forma sistemática contra a súa muller, Marga. Laura Mintegi móstranos outro tipo de violencia na obra Bai baina ez [ Si pero non ] (1985), a relación de abuso sexual exercida por un pai cara á súa filla Rosa.\nA diferenza das novelas anteriormente citadas, que teñen a violencia de xénero como eixo temático principal, hai textos que a tratan de maneira tanxencial. Por exemplo, na novela de Dorleta Urretabizkaia, Jaione [ Jaione ] (2006), o exmozo da protagonista acósaa sistematicamente, por teléfono e pola rúa, tras a ruptura do noivado entre eles. Doutra banda, nesta mesma novela albiscamos outro tipo de relacións violentas, como a que se dá entre os proxenitores da protagonista. O conflito orixínase coa perda do emprego por parte do pai e o papel da nai como sustento da economía familiar. Esta situación incomoda o marido e é a que desata a violencia que exerce contra ela. Por tanto, en Jaione [ Jaione ] observamos que a violencia de xénero prodúcese en dúas xeracións ben distintas: contra a nai, exercida polo pai, e contra a filla, exercida polo seu exnoivo.\nPor último, Aitziber Etxeberria pon de manifesto en 31 baioneta [ 31 baionetas ] (2007), a violencia de xénero que sofren as mulleres en tempos de guerra. Esta novela transcorre en Donostia durante o verán de 1813, cando a cidade estaba baixo o dominio das tropas de Napoleón. Etxeberria relata a penosa situación que viven as protagonistas (nai e filla), que se ven obrigadas a deixar o caserío e refuxiarse na cidade, Donostia, cando esta é asediada e incendiada polas tropas angloportuguesas. Neste enfrontamento, que representa os derradeiros momentos da guerra da Independencia de España, os soldados angloportugueses violarán a filla unha e outra vez. Así, de forma paradoxal, o que se contempla como o final dunha guerra, constitúe, á súa vez, o inicio do sufrimento e da estigmatización que se perpetuará no percurso da vida da protagonista. E é que, como ben indicou Adrianne Rich (1996: 85, 102, 401), o corpo da muller é o territorio onde se erixe o patriarcado.\nSelección de tres novelas de autoría masculina de recente publicación que representan a violencia de xénero\nComo anticipamos ao comezo, tamén quixemos examinar o tratamento que os autores vascos dan á violencia machista, para posteriormente equiparalo co tratamento que as autoras dan ao mesmo tema. Para iso, analizaremos Golgota [ Golgota ] (2008), de Xabier Montoia, que narra a historia de Felisa, muller estigmatizada pola guerra civil. A protagonista, filla de Gorria (Roxo), foi testemuña na súa máis tenra infancia de como, o día da Virxe, os falanxistas tras bater no seu pai e a súa irmá maior, leváronos para sempre. Así mesmo, ao día seguinte meten na cadea a súa nai para lle cortar o pelo e deixar a familia marcada pola guerra civil e pola violencia para toda a súa vida. Anjel Lerxtundi, en Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] (2008), relátanos os malos tratos que Tomás dá á súa esposa, Rosa, atemorizada nun ambiente de violencia que non lle ofrece ningunha saída, máis que a de aguantar, ata que coñece a Inazio e xuntos traman o asasinato de Tomás. A psiquiatra de Rosa faise eco da historia de toda unha vida de medo e violencia que Rosa lle relata desde a cadea. Así, asistimos a un doloroso relato no que a protagonista nos conta que non coñeceu o amor da súa nai e que foi violada por primeira vez aos oito anos. En definitiva, Rosa é a encarnación dunha muller que arrastra unha historia de soidade e de carencia de amor ata que coñece ao seu marido pero que seguirá sufrindo tamén durante o seu matrimonio. Iñaki Friera, pola súa banda, dános conta da historia dunha muller aterrorizada polos malos tratos aos que é sometida por parte do seu home. Trátase de Sofia, na novela Zureak egin du [ Estás acabada ] (2009). A diferenza aquí radica en que se trata dunha persoa de status elevado que finalmente é acollida e escondida por unha Comunidade de Mulleres que se dedica clandestinamente a asistir a vítimas da violencia machista temerosas pola súa vida.\nAínda que esta investigación ten como obxectivo principal o estudo da violencia de xénero reflectida nas novelas das autoras vascas nas últimas décadas, tamén quixemos poñelas en comparación con outras narracións de autores vascos, porque iso ofreceranos unha maior visión de campo e unha perspectiva máis ampla que afonda na consecución do noso obxectivo. As obras de narradores vascos que eliximos para a nosa análise son as tres obras mencionadas máis arriba. Estas tres novelas, do mesmo xeito que as escritas polas autoras, outorgan relevancia á personaxe protagonista feminina e explicitan varios tipos de violencia, ás veces mediante a representación do corpo dócil, obxecto da violencia, e outras veces, valéndose da escritura do corpo, das vivencias do corpo feminino ferido e mutilado.\nMarco conceptual\nViolencia de xénero e violencia simbólica\nNos estudos culturais, os conceptos máis utilizados son os de violencia doméstica e violencia de xénero. Raquel Osborne (2009: 28) afirma que o concepto de violencia doméstica omite información, xa que en opinión da autora este concepto non explica quen é o suxeito e quen o obxecto da violencia; tampouco se explica cal é o obxectivo final desa violencia. Por outra banda, Osborne di que este concepto contempla toda a violencia exercida dentro da casa, pero de ningunha maneira a violencia exercida fóra do fogar. Esta característica de non especificar nin o suxeito nin o obxecto, fai imposible, pola nosa banda, o emprego desta expresión no uso metodolóxico do paradigma actancial para a análise das relacións de violencia que se estabelecen de xeito hexemónico cando hai obvios sinais de violencia machista.\nSe comparamos o concepto de violencia doméstica co de violencia de xénero, este último ofrece moitos máis matices e moita máis información. Para empezar, o concepto de xénero ten como epicentro a relación entre homes e mulleres, e non a familia. En canto ao espazo, abrangue a casa, así como calquera outro lugar onde se exerza a violencia contra as mulleres. Pero este termo tamén ten as súas lagoas e carencias, lagoas que quedan reflectidas na lei 1 : cando a violencia de xénero se dá entre a parella penalízase máis; cando se dá fóra da parella, tanto na rúa coma no traballo, non se tipifica da mesma maneira (Osborne 2009; Larrauri 2007).\nOutra expresión que se usa con frecuencia é a de violencia familiar (Larrauri 2007). Con todo, este tipo de violencia non ten moito que ver coas relacións de afecto nin coas relacións eróticas. Do mesmo xeito que o concepto de violencia doméstica, trátase dun concepto demasiado ambiguo como para que nos permita delimitar as funcións gramaticais 2 dos actantes no paradigma actancial. Cabe sinalar, tamén, o uso, aínda que en menor grao, do concepto de terrorismo familiar, cuxa idea xorde a partir da observación do trato recibido polas vítimas de distintos terrorismos (Osborne 2009: 28). Pero esta expresión tampouco contempla aspectos importantes da violencia de xénero, como son o acoso no traballo ou o acoso sexual exercido contra as mulleres polo simple feito de seren mulleres. Outra denominación que se utiliza, pero dun xeito moito máis excluínte, é a de feminicidio, concepto análogo ao concepto que a criminoloxía fai das expresións asasinato en serie ou asasinatos sistemáticos, como os que ocorren na cidade mexicana de Juárez, por exemplo. É dicir, este concepto refírese a asasinatos en serie pero que teñen como obxectivo a agresión sexual.\nAsí mesmo, utilízase recorrentemente o concepto de violencia contra as mulleres. Cabería sinalar o interese que suscita esta expresión porque especifica dun xeito tallante o obxecto da violencia, a muller, non así o suxeito da violencia, nin tampouco o obxectivo da violencia (sexista, roubo ou calquera outra finalidade). Todos estes conceptos son frecuentes en máis dun campo, pero o uso máis xeralizado dáse en todo o referido á violencia sexual. Dicimos que se produce violencia sexual cando hai unha acción deste tipo non consensuada, non desexada (Bourke 2009; Larrauri 2007), con violencia física ou sen ela. Dentro desa violencia utilizada para controlar as mulleres poderíase afirmar que collen todas as tipificacións da violencia: desde a simbólica ata o acoso publicitario, pasando polas violacións e o acoso sexual, os malos tratos, a violencia de xénero, a exercida contra as mulleres nas guerras etc. (Osborne 2009; Bosch e Ferrer 2002).\nPara finalizar, citaremos a Esperanza Bosch e Vitoria Ferrer (2002: 3436) que mencionan o concepto de terrorismo patriarcal e doméstico, así como o de violencia patriarcal, pero todos eles inscríbenos dentro dun concepto máis amplo ao que denominan terrorismo misóxino, xa que, segundo as autoras, todas as violencias de xénero teñen como base o desprezo cara ás mulleres.\nComo conclusión, pódese afirmar que o concepto de violencia de xénero integra unha multiplicidade de conceptos, pero que todos teñen un denominador común, isto é, que se trata dun tipo de violencia que se exerce contra as mulleres polo único feito de seren mulleres, e que é, ademais, unha violencia de natureza erótica. Do mesmo xeito que apareceron diversos conceptos, xurdiron tamén distintas clasificacións. Por mencionar algunhas, podemos falar da diferenza que se establece entre as violencias que se dan no ámbito íntimo e no ámbito público; outra clasificación sería a referida á frecuencia dos malos tratos: esporádico ou continuo; tamén se podería estabelecer outra clasificación atendendo aos malos tratos físicos ou psicolóxicos. É neste último apartado onde incluiriamos a violencia simbólica. Citamos aquí a definición que deste concepto dan Bosh e Ferrer (2002: 30) xa que nos referiremos a este tipo de violencia a miúdo ao longo deste artigo:\nEsta forma de violencia caracterízase porque transforma en naturais aquelas modalidades culturais que teñen como finalidade someter a un certo grupo social empregando estratexias que foron desenvolvidas por quen dispón do poder. É dicir, é unha violencia que converte en natural o que é un exercicio de desigualdade social e, precisamente por iso, é unha violencia contra a que adoita opoñerse pouca resistencia.\nDeste xeito, a violencia simbólica significa menosprezo ou desvalorización cara á outra persoa: “Colocala dentro dunha categoría estigmatizada, negarlle a posibilidade de expresar ou facer valer as propias intencións” (Juliano 2004: 68). “É a aceptación sumisa como natural da dominación masculina (…) O efecto da dominación non se produce na lóxica das conciencias coñecedoras, senón a través dos esquemas de percepción, de apreciación e de acción que constitúen os hábitos que sustentan, antes que as decisións da conciencia e dos controis da vontade, unha relación de coñecemento profundamente escuro para ela”, en palabras de Bourdieu (2000: 5254).\nNeste artigo fixemos uso principalmente do concepto de violencia de xénero porque vertebra o significado e a amplitude de todas as outras expresións detalladas neste apartado. Con todo, a violencia simbólica aínda que non está tipificada como de xénero, en moitas situacións derivará finalmente en violencia de xénero. As novelas analizadas son un claro exemplo disto, xa que dan conta de como, antes de aparecer dun xeito explícito a violencia de xénero, prodúcese outra violencia moito máis implícita (linguaxe sexista, cultura da desigualdade (…) que fomenta e deriva nunha violencia física e psicolóxica contra as mulleres.\nO corpo\nO corpo, segundo Cristóbal Pera (2006: 153) é unha forma e tamén unha historia. En canto á forma, o corpo humano sofre unha continua transformación ao longo da súa vida. De aí a existencia de “corpos avellentados”, “corpos deteriorados”, e mesmo “corpos medicalizados”. Esa forma, ademais, sofre continuas modificacións na cultura occidental por motivos estéticos ou de moda. Neste sentido, non hai que esquecer a vixente cultura da modificación do corpo, tan de actualidade: adelgazamentos obsesivos por parte das mulleres, excesivo remodelado muscular por parte dos homes, a cirurxía plástica e estética loitando sempre contra o avellentamento natural e a fealdade en aras de elevar a autoestima, as tatuaxes, a perforación do corpo mediante body piercing etc.\nO corpo é, ademais, espazo de posesión e submisión, e é por isto polo que neste traballo tamén analizamos o abuso dos corpos. A tortura suporía así o supremo abuso dun corpo humano, pero hoxe en día prodúcense moitas outras intervencións, como poden ser o abuso do corpo como instrumento de reprodución (in vitro e outras técnicas), como recuperación doutros corpos (doazón de órganos), como instrumento opresivo (guerras, soldados), como instrumentos especializados (corpos límite, atléticos), instrumentos para o pracer sexual etc.\n“A forma do corpo, por tanto, é unha xeografía que se constrúe coa mirada e coas mans doutro corpo” (Pera 2006: 56). É dicir, é un territorio disposto a ser explotado e colonizado mediante as mans e as olladas. É esta a xeografía literaria que nos dispoñemos a analizar neste artigo, e atópase representada polas personaxes femininas en tanto que constitúen imaxes de muller como “un espectáculo para ser mirado, investigado, controlado e, finalmente, posuído por un suxeito que é masculino” (Lauretis, apud Palencia Vila 2008: 41).\nPor outra banda, o corpo, ademais de ser un espazo cambiante e de ocupar un lugar no mundo, narra unha historia, escribe un texto sobre a súa propia conduta. Este espazo con forma cambiante contén así o seu texto e a súa historia, lémbraos na súa memoria, sopórtaos e fainos visibles nas súas cicatrices. Estas pegadas físicas afianzan a identidade na memoria do eu ao longo das súas vivencias (Pera 2006: 153).\nObviamente, a memoria destes corpos queda subsumida nunha extensa gama de identidades, dependendo do xénero, sexo, etnia, cultura, relixión, ideoloxía, profesión, nación, lingua, clase social etc. Esta identidade persoal do corpo ao longo da historia foi estudada, dunha banda, como unha oposición de raiceiras platónicas: espírito versus corpo ou como suxeito moderno, de identidade persoal do corpo como esencia, segundo Descartes e Kant, por outra. Con todo, a perspectiva que máis nos interesa no noso estudo é a do corpo como devir. O corpo ten unha existencia performativa dentro dos marcos culturais. Máis que ter un corpo ou ser un corpo, convertémonos nun corpo (Torras 2007: 20). Desde esta perspectiva o corpo é unha representación corporal, posúe unha existencia performativa dentro duns marcos culturais determinados cuxos códigos o fan visible. Así, máis que ter un corpo (Platón) ou ser un corpo (Descartes), convertémonos nun corpo e negociámolo nun proceso que se entrecruza co noso devir como suxeitos, pero dentro dunhas coordenadas particulares que nos fan identificables e recoñecibles, á vez que nos manteñen collidos ás súas determinacións de ser, estar, parecer ou devir (Torras 2007: 20). Esta representación do corpo pódese estudar desde a perspectiva intencional (Husserl), afectiva (Sheler), simbólica (Lacan), social (Foucault) e carnal (MerleauPonty) (Adrián 2007: 55).\nEse “corpo no espello”, que nunca se parece ao corpo imposto polos modelos mediáticos, non é o que imos examinar nesta investigación. Centrarémonos directamente nos “corpos violados”, os “corpos cicatrizados” e os “corpos mutilados” pola violencia machista, para deste xeito rescatalos, por unha banda, do esquecemento histórico nos casos nos que a violencia se produce en escenarios bélicos e, por outra, do esquecemento político nas narracións que viran ao redor do tema dos malos tratos xa que “os malos tratos son un problema político” 3. Cómpre reescribir estes corpos para que non perezan na omisión e para que o lector ignorante e amnésico perda a súa inocencia (CamíVea, apud Sontag 2008: 31).\nAnálise da violencia de xénero desde a Narratoloxía O tempo e as voces da narración nas novelas Tango Urdina [Tango Azul], Zoaz infernura, laztana [Vaite ao inferno, querida] e Zureak egin du [Estás acabada]\nA continuación imos analizar como se trataron as voces literarias nas novelas Tango Urdina [ Tango Azul ] (2003), de Aitziber Etxeberria, Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] (2008), de Anjel Lertxundi e Zureak egin du [ Estás acabada ] (2009), de Iñaki Friera, coa fin de desenvolver un discurso que responda á vertebración da violencia de xénero e á representación dos corpos maltratados.\nEn primeiro termo, debemos sinalar que nas tres obras se realizou a mesma xestión temporal mediante o uso do tempo intercalado. Deste xeito, por unha banda, óptase por narrar os acontecementos acaecidos nun tempo pasado; e por outra, o presente constitúe o tempo no que a violencia se materializa. O tempo pasado é o tempo da violencia simbólica no que, dun xeito “solapado”, irase xestando a posterior violencia machista explícita.\nNas obras Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] e Zureak egin du [ Estás acabada ], o presente constitúe un tempo de reflexión, é o tempo de lembrar e contar os estragos causados pola violencia de xénero, nunha palabra, de sufrir e xulgar as consecuencias. Na novela Tango Urdina [ Tango Azul ], con todo, o presente é o tempo do agravamento da violencia; é o tempo da materialización da violencia que se foi amoreando no pasado. Desta análise da xestión do tempo pódese deducir que nas tres novelas son claramente identificables tempos distintos para cada unha das fases da violencia: xerminación, realización e narración. Deste xeito, vaise intercalando o tempo pasado da narración que dá conta da xerminación da violencia e o tempo presente da narración que informa da materialización da devandita violencia. A diferenza entre estas tres novelas radica no feito de que tanto na obra de Anjel Letxundi coma na de Iñaki Friera se omite a xerminación e a orixe das condutas do suxeito violento, é dicir, non se especifica a existencia performativa do “corpo violento”. En cambio, Aitziber Etxeberria si dá conta do pasado do maltratador, nárranos a súa historia e ofrece unha explicación política para esa violencia, simbólica nun principio e de xénero máis tarde. Así vemos como a infancia do protagonista masculino e agresor son a fonte do trauma e da violencia:\nAzkenean, bere gaitz guztietatik sendatuko zuen edabe magikoa topatu zuen. Semea. Seme hark bere aitak kendu ziona itzuliko zion eta aldi berean, Manolok bere aitak inoiz eman ez zion maitasun hura emango zion. (Tango Urdina [ Tango Azul ], 21) 4\nAta o de agora fixemos referencia ao tempo da narración. Respecto das voces no nivel narrativo cómpre dicir, en primeiro lugar, que o narrador é homodiexético: é parte da historia nas tres novelas. Ademais, a narración emana da multiplicidade de voces dos protagonistas nos tres textos, xa que hai unha coincidente polifonía á hora de ler o corpo maltratado. É este un aspecto que consideramos que se debe salientar sempre que o coro de voces destas novelas amosa de maneira obvia o desexo, por parte dos autores, de poñer de relevo a diversidade de voces que dan conta da violencia de xénero. Narradores, personaxes principais e secundarios, é dicir, personaxes de terceiro ou cuarto grao, por exemplo, médicos, enfermeiras, xuíces, xornalistas etc., todos eles toman a palabra para reflexionar sobre a violencia. É importante tamén salientarmos a voz que se lle dá á vítima, e sobre todo, o peso que adquire cando a narradora dos feitos é a mesma protagonista.\nSe o tempo intercalado se utilizou como zoom para delimitar os distintos tempos da violencia, a polifonía de voces viría provocar xusto o efecto contrario xa que ten como obxectivo abranguer o campo máis amplo posible. Á hora de contar a historia, os autores valéronse tamén de distintas distancias. Desta maneira, Etxeberria fai falar a todos os personaxes involucrados na violencia, menos á vítima, á cal se lle quitou a voz. Semella que Etxeberria opta por facer unha analoxía entre o que sucede na realidade e a ficción, xa que a maioría das vítimas optan polo silencio (Bourke 2009: 24), non así as testemuñas da devandita violencia, que falan irremediablemente. Pódese estabelecer unha diferenza moi básica entre as tres narracións porque o coro de voces que narra a violencia faino dun xeito moi diferente: Etxeberria relátanos dunha forma obxectiva, como se se valese dunha cámara de vídeo para filmar todos os pasos dos malos tratos, para o que se vale da voz dun veciño voyeur que é o narrador principal da novela e da filla da maltratada. Non sucede o mesmo nas novelas de Lertxundi e Friera onde o corpo violentado apenas se nos amosa, a favor dun relato que adquire un ton detectivesco. Consideramos, por isto, que a violencia perde así forza e credibilidade nestas dúas últimas novelas.\nEn Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] o narrador principal da historia é a psiquiatra da protagonista maltratada, que toma a resolución de asasinar o maltratador, isto é, o seu marido. Na novela Zureak egin du [ Estás acabada ] o narrador é un xornalista que reconstrúe a modo de quebracabezas e con moito suspense quen e como son a maltratada e o maltratador da novela. Poderíase dicir que Aitziber Etxeberria insistiu en efectuar unha radiografía milimétrica dos malos tratos desde o seu nacemento, omitindo a voz da maltratada, pero expoñendo o seu corpo; en cambio, Anjel Lertxundi e Iñaki Friera sucumbiron á tentación de relegar a un segundo plano o corpo maltratado en favor do suspense e da novela policíaca, dando como resultado que en Tango Urdina [ Tango Azul ] o eixo temático sexa o do corpo violentado mentres que nas outras dúas narracións son máis importantes as historias que circundan o corpo maltratado.\nCadro actancial coincidente nas cinco novelas estudadas\nO carácter do actante defínese segundo a función que cumpre na estrutura gramatical. Argildas Julien Greimas (1983) valéndose da gramática estrutural de Lucien Tesnière (1965) foi o primeiro que introduciu o termo actant nas análises literarias (Retolaza 2008; Reis e Lopes 2002).\nO esquema dos actantes constitúeno seis axentes: os suxeitosobxectos da acción. O suxeito ofrece un principio dinámico á acción, respondendo ao desexo, ao medo, ás ganas etc. Todo iso constitúe o sentido do obxecto, é dicir, o que o suxeito quere lograr. Desta forma o desexo, o medo ou as ganas unen o suxeito e o obxecto na función gramatical (Retolaza 2008: 25).\nOutros actantes son o destinatario e o destinador da acción. O destinador incide directamente no suxeito, esíxelle distintos quefaceres. “O destinador comunícalle ao suxeito un obxecto que ten un carácter cognitivo” (Reis e Lopes 2002: 60). O destinatario á súa vez pode ser ao mesmo tempo o beneficiario da acción; moitas veces pode tratarse do mesmo protagonista, é o que recibe a acción. Os axudantes e contrarios do suxeito poden axudar ou poñer trabas aos obxectivos do suxeito. En resumo, o paradigma actancial\nconstrúese da seguinte forma: Destinador Obxecto Destinatario Axudante Suxeito Opoñente\nA violencia de xénero reflectiríase da seguinte forma nun paradigma actancial e así se manifesta nas cinco obras estudadas: Tango Urdina [ Tango Azul ], Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ], Zureak egin du [ Estás acabada ], Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ] e Golgota [ Golgota ] 5.\nAsí, neste momento a violencia de xénero prodúcese desta maneira nas sociedades onde prevalece o patriarcado de modo hexemónico. Nesta orde de cousas, os homes loitan por manter intacta a súa hexemonía. Polo tanto, o patriarcado é o destinador que comunica ese sentir ao suxeito (home) mediante a acción cognitiva da violencia simbólica, e o suxeito é coñecedor de que se quere manter a súa hexemonía e os seus privilexios debe neutralizar o poder das mulleres. Por tanto, o obxecto do suxeito é o poder e para logralo activará todo tipo de accións (violentas) contra as mulleres que serán, consecuentemente, quen sufran estas accións de violencia. E neste quefacer encomendado polo patriarcado ao home, os axudantes serán todos aqueles que colaboren na lexitimación do poder do home, sexan estes axudantes tanto homes coma mulleres. E os opositores, pola contra, serán os que reclamen a igualdade entre os xéneros.\nNas novelas analizadas observamos que este cadro actancial se cumpre, pero con algunhas matizacións. Así, en Zureak egin du [ Estás acabada ] revélase a existencia dunha comunidade de Mulleres ou Redes de Mulleres que traballan para axudar as maltratadas; Golgota [ Golgota ] subliña a absoluta soidade da muller maltratada mentres que en Tango Urdina [ Tango Azul ] critícase o silencio dunha veciñanza que lonxe de axudar a muller obxecto de malos tratos, é testemuña pasiva da crónica dunha morte anunciada. Desta novela, poderíase afirmar, de feito, que é a que mellor retrata a realidade cotiá dos malos tratos mediante o seu paradigma actancial: o patriarcado, mediante o pai do maltratador, Paco, instrúe na violencia simbólica ao seu fillo; este maltratará despois sistematicamente á súa esposa, sumíndoa nunha soidade e illamento absolutos. Toda a veciñanza, mesmo a filla da parella, é consciente dos malos tratos, pero ninguén se enfronta ao maltratador ata que a policía e o corpo médico atopan o cadáver de Marga.\nA violencia simbólica desde o punto de vista semántico:\nuso sexista da linguaxe\nUso sexista da linguaxe nas cinco novelas estudadas\nPara afondar no uso sexista da linguaxe é imprescindible tomar en consideración diversos aspectos da violencia simbólica. Carolyn Heilbrun, na súa obra Escribir a vida dunha muller (1988), fixo a seguinte observación:\nA verdadeira representación do poder non é un home forte golpeando a un home ou a unha muller máis pequenos. O poder é ter a capacidade de ocupar un lugar en todo tipo de discurso que sexa esencial para a acción e ter dereito a que o papel que desempeña conte para algo. Isto é verdade no Pentágono, no matrimonio, na amizade e na política. (Heilbrun 1988: 21)\nDores Juliano, pola súa banda, afirma que as relacións de poder entre o home e a muller estabelécense no campo simbólico, isto é, na linguaxe despectiva, no menosprezo e na estigmatización (Juliano 2004: 140). Robin Lakoff (1981: 85) nun estudo que realizou sobre o uso sexista da linguaxe apuntou que cando se ensinan linguas, á parte de falar de aspectos como a sintaxe, a fonoloxía ou a semántica, habería que tratar tamén a dimensión social da linguaxe. Ao fío destas observacións, Adelina Sánchez Espinosa (2007: 19) expresou que a linguaxe é o reflexo da sociedade que o usa.\nO acto de comunicación non é neutro: non se transmite só unha información senón que se transmite igualmente unha estrutura de relacións entre as persoas inseridas no acto de comunicación, relacións que poden ser de dominación, de submisión ou de igualdade (Fernández Frade, 2007: 26).\nA linguaxe pode así ser unha vía para desprezar, burlar ou humillar, e desta maneira pode expresar, por exemplo, aspectos do sexismo ou do racismo. O\nuso das estruturas e o léxico da linguaxe ofrecen moita información sobre a sociedade e sobre as relacións que se estabelecen entre os colectivos que compoñen esa sociedade. Non é a estrutura lingüística ou o sistema o que está en causa, senón a estrutura reflectida no discurso, así como os usos sociais das palabras e os discursos que se anquilosan segundo unha determinada retórica fosilizada polo costume: “Expresións administrativas, substantivos xenéricos, modos de expresión” (Fernández Frade 2007: 28). Annette Kolodny (1980: 5) afirma que a linguaxe é unha estrutura patriarcal totalmente unida ao sistema simbólico: “Language as a symbolic system\nclosely tied to a patriarchal social structure. Taken together, their work demonstrates the importance of language in establishing, reflecting, and maintaining an asymmetrical relationship between women and men”. No mesmo artigo, Kolodny fai súa unha frase de Hélène Cixous: “Language conceals an invincible adversary”.\nTras esta breve introdución ao marco teórico, podemos afirmar que o uso sexista da linguaxe aparece en boca dos personaxes masculinos das novelas Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ], Zureak egin du [ Estás acabada ] e Tango Urdina [ Tango Azul ] 6, non así na novelas Golgota [ Golgota ] e Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ] nas que maioritariamente falan as personaxes femininas. Nesta última, máis que un uso sexista da linguaxe o que hai son continuas referencias a un mundo de homes, a un mundo que é exclusivo dos homes.\nPódese afirmar, polo tanto, que os escritores e escritoras estudadas fan uso da linguaxe sexista cando falan os personaxes protagonistas masculinos. Nos textos de Tango Urdina [ Tango Azul ], Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] e Zureak egin du [ Estás acabada ] hai que subliñar, ademais, que se confirma o que se deu en chamar “o decálogo da perfecta crueldade” (Philip Hallie 1969) xa que nestas novelas prodúcese unha relación de poder que mutila o modo de vivir de Marga, Rosa e Sofia respectivamente. O agresor persiste en limitar a liberdade de movemento da vítima, pero antes do illamento dáse un proceso de victimización; posto que o agresor ten que converterse no único dono da maltratada, para iso faise imprescindible primeiro desvalorizar, ningunear e facer responsable á vítima do fracaso da relación sentimental, ou familiar, no caso de que haxa fillos. Esta fase dos malos tratos materialízase nas novelas mencionadas mediante o uso da linguaxe sexista. Unha vez illada a maltratada, unha vez vencida psicoloxicamente, é cando o agresor inicia os malos tratos físicos. Así, o que verdadeiramente define a situación da vítima é a progresiva destrución da súa personalidade a causa do terror ao que se ve sometida. Esa destrución da vítima outórgalle ao agresor un poder absoluto e, na práctica, anula por completo a identidade daquela (Valera 2002: 7576). Neste sentido, consideramos que a novela de Anjel Lertxundi perde verosimilitude porque a maltratada, no medio do acoso sistemático, da súa anulación identitaria, inicia unha nova relación amorosa dificilmente crible nunha situación de violencia total.\nPor último, quixeramos sinalar que, dentro do uso da linguaxe sexista, Osborne (2009: 147) menciona as gabanzas e máis concretamente as gabanzas sexuais como de uso habitual no acoso laboral. Na obra de Etxeberria, Tango Urdina [ Tango Azul ], atopamos comentarios deste tipo: por exemplo, a secretaria leva unha saia máis curta do habitual. En relación a esta circunstancia os compañeiros de traballo fan distintos comentarios. “—Ostia, hi, ikusi ao duk gaur gure Karmele! —Jexux Mari astopotroaren hitz goxoak izan dira entzun ditudan lehenak—. Zer duk, enpresaren politika berria? Mutilak, aurrekontuaren murriztasuna dela eta, aurtengo neguan berogailutan gutxiago gastatzea erabaki dugu, beraz, berotu nahi dutenak idazkariari begiratu diezaiola” (Tango Urdina [ Tango Azul ], 30) 7. E en Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] Rosa traballa no seu bar servindo os clientes. Nun momento determinado, un deles tócaa e dille “Txortaxiro polita egiten din” (Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ], 12) 8, sen tirar o puro da boca; os demais clientes rin ás gargalladas mentres Rosa sorrí.\nAnálise dos corpos maltratados nas cinco novelas estudadas\nO corpo foi o grande obstáculo para as mulleres dentro da cultura patriarcal: condenado polo discurso relixioso, patoloxizado pola medicina, penalizado na orde simbólica, manipulado e agredido na realidade (Fariña Bustos\nAs agresións á muller percíbense, neste sentido, como invasión do espazo corporal e como unha forma de control sobre o mesmo por parte do agresor. Este ten que marcar o territorio da súa posesión e para iso debe deixar pegadas visibles e invisibles. Nos textos analizados comprobamos como a violencia machista e os seus executores exercen un control sobre o corpo das mulleres e unha expropiación do mesmo, sumíndoos nun ambiente de degradación e humillación que se reflicte na perda de autoestima e identidade femininas (Castelo 2007: 257). “Une gogorrenetakoa izan zen garai hura: bultzadak, herrestan eramatea, ostikoak astean hiuruzpalau bider errepikatzen ziren umea jaio zenetik” (Zureak egin du [ Estás acabada ], 81) 9. “Halaxe tratatzen zuen Tomasek, ergel baten moduan, eta sentimendu horrek ezgaitzen zuen Rosa: sinetsia baitzegoen ez zuela ezertarako balio” (Zoaz infernura laztana, 53) 10.\nEn relación a Rosa (Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ]), Marga (Tango Urdina [ Tango Azul ]) e Sofía (Zureak egin du [ Estás acabada ]) podemos afirmar que son “corpos fragmentados”, corpos que representan espazos de dor dentro dunha concepción do corpo humano como xeografía sobre a cal se busca o pracer pero tamén como espazo onde asenta a dor (Pera 2006: 161). “Bost aldiz ingresatu zuten Sofia ospitalean: kalean edo etxean izandako istripu arin batzuen ondoriozko lesioak artatu zizkioten… Behin, bere buruaz beste egiten saiatu eta sendatu arteko ospitaratzea izan zuen” (Zureak egin du [ Estás acabada ], 40) 11. Así mesmo, a personaxe de Rosa de Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] revélalle ao seu psiquiatra que o seu sorriso é artificial, aínda que ninguén o sabe, desde que Tomas lle arrincou a súa dentadura a golpes. Estes “corpos doídos” son un punto de partida importante para toda relación que unha conciencia estabelece co mundo e cunha posible reacción. Pero ¿que capacidade de reacción ten este corpo doído e anulado? Ningunha. Velaí a resposta.\nAnjel Lertxundi trata de dar resposta a este dilema mediante un estudo lacaniano do “corpo simbólico” de Rosa. Para iso válese dun personaxe protagonista, psiquiatra, que trata, mediante terapia, de indagar as razóns que levan a maltratada (Rosa) a asasinar o seu esposo maltratador (Tomás). Iñaki Friera (Zureak egin du [ Estás acabada ]), en cambio, tenta responder cun estudo social do corpo; desta maneira, o protagonista, xornalista, revélanos toda a armazón social que hai ao redor dos malos tratos que infrinxe a Sofía o seu marido. Nun intento de culpabilizalo, prepárase un xuízo no que o xornalista reunirá as probas suficientes para meter na cadea o maltratador. Nestas dúas narracións, a experiencia vivida, a conciencia dos malos tratos quedan relegadas a un segundo plano e a relación co mundo protagonízana outros axentes: unha psiquiatra e un xornalista, respectivamente.\nSoamente Aitziber Etxeberria (Tango Urdina [ Tango Azul ]) representa mediante o personaxe de Marga as funcións afectivas, carnais, simbólicas e sociais do corpo maltratado. Omítenos a voz e a identidade do corpo maltratado pero non así a representación do corpo que é, do mesmo xeito que a súa vida, unha nulidade, pura dor; atopámonos ante un corpo que non fala, que non sae dunha casa na que só se escoitan ruídos, ruídos de portas, de corpos que caen ao chan, berros… toda unha semántica que nos transmite a experiencia dos malos tratos encarnados nun corpo violentado e golpeado. Poderíase afirmar así, facendo uso do concepto de homoloxía de Lucien Goldmann (1967), que esta estrutura literaria que observamos en Tango Urdina [ Tango Azul ] presenta unha analoxía coas estruturas sociais violentas, que este personaxe literario nace nunha dialéctica coa realidade actual e que funciona como sinécdoque da violencia sexista.\nRespecto das diferentes teorías que investigaron o tema do corpo, teriamos que remitirnos, en primeira instancia, ao concepto foucaultiano de biopoder, o cal nos informa sobre a capacidade que o estado ten de controlar os corpos ou, mellor dito, de manipulalos, co obxectivo de producir corpos dóciles. Interésanos para o noso propósito este concepto de biopoder porque no paradigma actancial subliñamos que unha sociedade machista crea suxeitos que teñen como obxecto o poder, aínda que para iso teñan que exercer a violencia contra a outra metade da sociedade, isto é, as mulleres. Esta dinámica de relación de poder ten o seu correlato, á súa vez, na teoría dos corpos porque o corpo, pola súa propia natureza de espacialidade, está condenado a loitar continuamente por un espazo, tanto físico coma simbólico; é dicir, que o ser humano loita por conservar o espazo propio da súa corporeidade na que expresa o seu eu, sen deixar, por outra banda, de conquistar e estender, como hábitat para o seu vivir, o maior espazo posible (Pera 2006: 91).\nConclusións\nEn primeiro lugar, podemos estabelecer unha diferenza moi básica entre as tres narracións que tratan o tema dos malos tratos sistemáticos, xa que o coro de voces que narra os malos tratos exercidos por parte do marido cara á esposa, faino dun xeito distinto. En Tango Urdina [ Tango Azul ] proxéctase dun xeito narrativo obxectivo, coma se se tratase dunha cámara de vídeo que filmase todos os pasos e fases dos malos tratos. Para iso utiliza a voz do veciño, un voyeur, que se converte no narrador principal da novela, e tamén se vale da voz da filla da maltratada que vai apoiando a narración. Non sucede o mesmo nas novelas de Lertxundi (Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ]) e Friera (Zureak egin du [ Estás acabada ]) onde o corpo violentado apenas se ve a favor dun relato que adquire un ton detectivesco. Consideramos que a violencia perde así forza e credibilidade: En Zoaz infernura, laztana [ Vaite ao inferno, querida ] o narrador principal da historia é a psiquiatra da protagonista maltratada que decide asasinar o maltratador (o seu marido). Na novela Zureak egin du [ Estás acabada ], o narrador é un xornalista que reconstrúe a modo de quebracabezas e con moito suspense quen e como son a maltratada e o maltratador na historia. Poderíase dicir que Aitziber Etxeberria (Tango Urdina [ Tango Azul ]) pretende facer unha radiografía milimétrica dos malos tratos desde o seu nacemento ou orixe, omitindo a voz da maltratada, pero expoñendo o seu corpo; en cambio, Anjel Lertxundi e Iñaki Friera sucumbiron á tentación de relegar a un segundo plano o corpo maltratado a favor do suspense e da novela policíaca. Así, podemos afirmar que en Tango Urdina [ Tango Azul ] o eixo temático é o corpo violentado mentres que nas outras dúas narracións son máis importantes as historias que circundan ou rodean o tema do corpo violentado.\nEn segundo lugar, soamente Aitziber Etxeberria (Tango Urdina [ Tango Azul ]) presenta a través de Marga todas as funcións posibles do corpo violentado e maltratado: afectivas, carnais, simbólicas e sociais. Para iso, suprime a voz e a identidade do corpo maltratado. A existencia de Marga é unha omisión total, é un corpo calado e paralizado sumido na dor… toda unha semántica que refire a experiencia dos malos tratos encarnados nun corpo, na crueza dun corpo violentado e golpeado. Como indicamos anteriormente e facemos noso o concepto de homoloxía de Lucien Goldmann (1967), esta referencia literaria é unha representación das estruturas sociais violentas. É así que este personaxe literario de Marga nace da dialéctica coa realidade actual e funciona como sinécdoque da violencia sexista.\nEn terceiro lugar, debemos sinalar que os escritores estudados coinciden nun punto: fan uso da linguaxe sexista cando dan voz aos personaxes protagonistas masculinos. É dicir, o inicio da desvalorización e da anulación da identidade psicolóxica (violencia simbólica) dos personaxes femininos parte dos personaxes masculinos e da sociedade en xeral. Neste sentido coinciden todos os textos analizados, tanto de autoras femininas coma de autores masculinos. Por isto é tan importante para o noso obxectivo tomar moi en consideración tamén o concepto de violencia simbólica ademais do propiamente entendido como violencia de xénero.\nPor último, quixeramos subliñar que a maior diverxencia atopámola nos relatos que falan da violencia doméstica, tanto na constitución dos paradigmas actanciais coma no uso do significado da violencia. Aitziber Etxeberria optou por ceder todo o protagonismo ao corpo violentado, ao personaxe feminino que sofre a violencia diaria, mentres que Iñaki Friera e Anjel Lertxundi crearon historias paralelas e parellas que acompañan a historia central que é a dos malos tratos. Esta técnica distrae e resta importancia ao corpo violentado e á representación da violencia de xénero. Gema Lasarte Universidade do País Vasco Bibliografía primaria Alberdi, Uxue. 2009. Aulki jokoa [ Xogo de cadeiras ]. Donostia: Elkar. Etxeberria, Aitziber. 2003. Tango Urdina [ Tango Azul ]. Donostia: Erein. — (2007). 31 baioneta [ 31 baionetas ]. Donostia: Erein.\nmujeres: miradas, representaciones e identidades. Granada: Universidad de Granada, pp. 1822. Torras, Meri (ed.). 2007. Cuerpo e identidad. Estudios de género y sexualidad. Barcelona: Ediciones UAB. Valera, Nuria. 2002. Íbamos a ser reinas. Barcelona: Ediciones B. Grupo Zeta."} {"summary": "Este artigo propón unha análise do funcionamento das construcións tipo camiño adiante, isto é, a xuntanza dun substantivo e dun adverbio para indicar lugar por onde. Esta fórmula concorre, en desvantaxe no uso, con outras estruturas para expresar a dita indicación locativa, de maneira que para coñecer e entender o funcionamento da primeira debemos ter unha visión en contraste coas outras. Para desenvolver esta investigación baseámonos nun traballo de análise de corpus con rexistros extraídos de producións lingüísticas reais tiradas do Tesouro Informático da Lingua Galega. A visión contrastiva levounos a percibir que as diferentes opcións funcionan como un contínuum que ten os seus estremos na construción con preposición por (polo camiño) — presentándose esta como a fórmula non marcada para indicar lugar por onde — e o acusativo locativo (dentro do esquema argumental de verbos de movemento transitivos, colleu o camiño). Nos estadios intermedios encontraríase a estrutura que é o obxecto do noso estudo e unha intermedia coa que comparte moitos aspectos do seu funcionamento: polo camiño adiante. Aínda encadrándose nun contínuum construtivo, ou xustamente por poderen ser explicadas deste modo, cada unha das alternativas das que dispón a falante conta coas súas especificidades construtivas e tampouco son absolutamente equivalentes a respecto da información que transmiten.", "text": "Soraya Domínguez Portela IES Pazo da Mercé dominguezportela@edu.xunta.es\n Substantivo, adverbio adxunto, locativo, rol semántico, 5. Conclusión.\nContents 1. Path Locative Role in Galician Language. 1.1. Polo camiño, polo camiño adiante, camiño adiante. 1.2. Con1. o LuGAr por onde en GALeGo\nUn dos principios reguladores dos idiomas é a economía lingüística, por conseguinte, sempre que encontramos unha multiplicidade de recursos para cubrir un mesmo oco debemos preguntarnos a que se debe esa coexistencia.\nPara indicar o lugar por onde (LPO) se desenvolve unha acción ou movemento existen diferentes construcións 1. A máis empregada é a frase preposicional con relator por (Fpor) (1) introducindo un substantivo que refire vía, extensión, estancia, obxecto ou realidade — física ou non — que será percorrida. Mais xunto desta construción xorden outras catro con rol semántico e, coa excepción dunha, sintáctico parello.\nEn primeiro lugar, o oco do relator na frase preposicional pode estar cuberto por outras preposicións; o común nestes casos é que a escolla dun nexo diverso traia consigo unha maior concreción da natureza do movemento (2) cá achegada por por. Xunto de verbos transitivos de movemento o rol semántico de LPO pode estar ocupado por un acusativo locativo (AcLoc) (3). E, finalmente, podemos encontrar unha frase formada por substantivo e adverbio de dirección (S+A) 2 que refire o LPO (4) e que ten unha estreita interligazón coa mesma fórmula construtiva que se relaciona co verbo a través da preposición espacial de percorrido por (P+S+A) (5).\nNas seguintes páxinas centraremos a nosa atención no funcionamento de S+A e, por extensión, en P+S+A. A pesar de que son fórmulas cun uso periférico na lingua en confronto con outras estruturas que indican LPO 3, a excepcionalidade dos seus constituíntes xustifica que fosen obxecto de interese por outras e outros investigadores antes. A ausencia de preposición na primeira e a presenza dun adverbio de dirección xunto dun substantivo que xa indica unha vía en ambas singularízaas dentro da formulación das indicacións locativas. Por isto imos delimitar que información comunicativa fai que a falante escolla cada unha delas en detrimento das outras posibilidades de que dispón e que tipo de contextos semánticos, sintácticos e comunicativos son os máis propicios para o seu uso. Interésanos coñecer os tipos de formantes que entran en xogo nestas construcións: os campos semánticos máis comúns do substantivo e do verbo que rexe a construción temporal, a clase de adverbio, o(s) rol(es) sintáctico(s) da construción ou se existen condicionantes de estilo ou de tipo de lingua.\nPara facelo, analizamos un corpus formado por un número total de 2917 rexistros extraídos do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (http://ilg.usc.es/TILG/). As construcións cobren unha franxa temporal que vai dende o século XIX ata 2013 e inclúe textos de orixe oral e escrita, aínda que esta última ten unha presenza moito máis notoria no corpus, con textos académicos, literarios e xornalísticos.\nAs estruturas Fpor, P+S+A e S+A están fortemente interligadas pola forma e pola información que transmiten. As tres cobren o rol semántico de LPO e as tres presentan como proxección 1 Tomamos Domínguez Portela (2012) como fonte para a descrición de cales son as unidades que funcionan como LPO e cal é a importancia de uso de cada unha. 2 Existen outras estruturas de S+A que, no sentido global da estrutura, se moven en dimensións semánticas diferentes á espacial, que é na que se centra este traballo, polo que non serán tratadas nesta investigación. Referímonos a construcións do tipo mans arriba, en que o construto refire unha indicación modal. No noso traballo, o obxecto de estudo son construcións S+A que teñen un rol semántico e sintáctico locativo. 3 En Domínguez Portela (2012), Fpor representa entre o 85% e o 90% dos rexistros que teñen unha estrutura que indica LPO; en confronto, nunha base formada por máis de 32 000 rexistros, aparecen 19 exemplos da construción S+A e 32 de P+S+A.\nsintáctica preponderante o oco de complemento circunstancial dentro do esquema argumental do verbo. Mais, xa que na norma da lingua conviven, interésanos determinar cales son as singularidades comunicativas que lle fornecen estas construcións á falante.\nPartimos da consideración de Fpor como a estrutura non marcada, sustentándonos no criterio de uso (véxase nota de rodapé 2). Por conseguinte, a pregunta que debemos formularnos é que información diferente traen consigo estoutras dúas posibilidades. O engadido dun adverbio á construción base Fpor non é unha posibilidade libre, xa que existen condicionantes tanto na tipoloxía adverbial coma na do substantivo coa que comparte estrutura. A respecto dos primeiros, son adverbios locativos que refiren dirección e que teñen como primeiro formante dos seus constituíntes unha preposición; así no noso corpus rexistramos este tipo de construcións coas formas adiante, arriba, enriba, abaixo e embaixo.\nendiante\nTáboa 1. Rexistros de P+S+A no noso corpus segundo o adverbio de dirección\nNon existe un comportamento idéntico entre os diferentes adverbios, pero vense pautas que nos permiten extrapolar liñas de funcionamento. Deste modo encontramos que teñen unha maior posibilidade de aparecer nestas construcións aqueles nos que o primeiro elemento deriva da preposición latina AD, indicadora, fundamentalmente, de dirección, pois, como xa indicamos, todos eles son adverbios de lugar que indican unha dirección (ou, en menor medida, orientación), non unha situación. Dentro do contexto comunicativo, esta referencia locativa do adverbio pode ser ou non redundante. De selo, o adverbio pasa a reforzar o sentido direccional que podemos extrapolar do substantivo indicador de vía cunha dirección lóxica (6) ou da direccionalidade establecida polo propio verbo (7). Mais se o adverbio determina unha direccionalidade non presupoñible por referencias contextuais (8), de elidírmolo, teriamos que utilizar outro esquema argumental (9) para que non se perdese información comunicativa. Isto é así porque a asunción do adverbio direccional fai que se fusionen dúas referencias espaciais nun mesmo complemento: con P+S+A, alén de indicar o LPO, tamén se especifica a dirección do desprazamento. 6. Foi andando como puido polo camiño adiante, astra chegar ós términos da aldea (A Monteira 1890). 7. Subese polo brazo arriba ata o ombreiro dereito (Bralo Rego 1990). 8. Pola mar abaixo vai quen no corazón me leva (Schubarth 1993). 9. Vaise subindo polo xionllo, muslo, parte exterior do baixo ventre ata á altura do embigo, voltando para abaixo polo medio da barriga e a parte interna da perna ata os dedos (Bralo Rego 1990). Por conseguinte, a presenza do adverbio en P+S+A ou é un marcador focalizador dunha dirección xa coñecida polo contexto semánticosintáctico ou é un elemento comunicativamente rendible e diferenciador ó demarcar un aspecto da acción dunha maneira máis económica, xa que a alternativa é unha nova figura semánticosintáctica de dirección para poder transmitir a mesma información. Do mesmo xeito que existen condicionantes no adverbio, tamén os hai no substantivo da construción P+S+A. Nun 79% dos rexistros totais da nosa base o substantivo da construción refire unha vía de comunicación (estrada, rúa, camiño...) ou unha extensión de territorio (monte, campo, cidade...). Nun 13% do corpus o substantivo refire realidades facilmente relacionadas coa idea de ‘vía’, aínda que non sexan un camiño para percorrer; estámonos a referir a elementos\nson parellos, xa que refiren ora ‘vía’ ou ‘espazo extensivo’. Mais vemos xa unha certa mudanza no dominio de que tipo de substantivos entran preferentemente a formar parte da construción S+A fronte a P+S+A. No caso de S+A, os substantivos que remiten a idea de ‘vía’ teñen unha potencialidade de uso dentro destas construcións maior. Con estes a interpretación do lugar como unha referencia de LPO é máis evidente; non é común que o camiño sexa o lugar de chegada ou de saída, senón que coincida co lugar de percorrido. Esta situación fai que sexa máis facilmente elidible a marca de LPO por, o que xustifica, á súa vez, que sexan estes os constituíntes máis comúns de S+A. Tipo de substantivo Número de rexistros para S+A Porcentaxe de uso para S+A Vía 550 57% Extensión de territorio 348 35% Táboa 4. Na construción S+A, tipo de substantivo Mais para xustificar a elisión do nexo non é suficiente todo o descrito. Encontramos que S+A non pode complementar calquera tipo verbal: xorde primeiramente como unha figura do esquema argumental dos verbos de movemento con desprazamento (Táboa 5). Así, nos contextos en que o verbo refire un movemento con desprazamento e o substantivo da estrutura indica unha vía, é facilmente interpretable o conxunto S+A como especificador do LPO. A partir desa ausencia de ambigüidade interpretativa, por xorde como un elemento redundante e, por conseguinte, eliminable. 4 Engádese atrás ós rexistrados dentro da construción P+S+A, mais este tipo de construcións son o suficientemente diversas das restantes no seu funcionamento e valor que xustifica un tratamento illado no apartado 4.\nou o substantivo unha vía para a que se presupón, pola experiencia da falante, unha dirección (11), o adverbio non é redundante como encontrabamos en P+S+A (véxanse os exemplos 6 e 7) nin tampouco se pode elidir se queremos manter unha construción gramatical xunto dun verbo intransitivo ou unha figura locativa indicadora da traxectoria non totalizadora xunto dos verbos de movemento transitivos (12). Pois no esquema argumental destes últimos, a construción S+A ocupando un rol semánticosintáctico de indicación de LPO difire do esquema que presenta o verbo cando o adverbio direccional non acompaña o substantivo. Neste último caso estamos ante un AcLoc (13) que describe un espazo percorrido na súa totalidade. A construción S+A non especifica as dimensións da distancia percorrida; co que nos encontramos nestes casos é cunha indicación do espazo de LPO se move algo ou alguén e a dirección que o movemento leva. Isto é, hai unha fusión nun único complemento de dúas referencia espaciais: traxectoria e dirección, tal e como se dá en P+S+A. Mais o contexto permite, como vimos argumentando, a elisión da preposición propia de LPO — por —, quérese dicir, estamos ante unha unidade de máxima economía lingüística. Pero esta economía non permite máis aforros, por iso nestas construcións o adverbio é ineludible para estarmos ante unha construción locativa gramatical. 10. Desque lle pasóu algo o atontamento botóuse a ANDAR camiño adiante e logo encontróu unha cocha cos seus ranchiños e díxolle (Carballo Calero 1963). 11. Perdérao de vista e botou río endiante, sin rumbo pola noite (Martínez Oca 1983). 12. Despois había unha costa, e baixabamos costa abaixo deica, e volvía haber estrada (Araúxo 1996). 13. E cando íamos baixando a costa pergunteille (Castelao 1953).\nAlén de que S+A e o AcLoc, xunto de verbos de movemento transitivos, non coinciden na información que transmiten — unha indicación da dirección do desprazamento xunto da especificación do LPO con S+A e a concreción da totalidade do espazo percorrido co AcLoc —, encontramos tamén unha diferente capacidade no acompañamento por determinantes. Mentres o AcLoc está habitualmente determinado por un artigo (3), o que reforza o valor totalizador do LPO, no noso corpus esta opción é moi minoritaria para S+A. Só aparece nun número de rexistros considerable a determinación por outro tipo de partículas gramaticais (determinantes numerais ou cuantificadores) da construción S+A cando o adverbio é atrás ; mais as singularidades desta construción a nivel funcional son as suficientes para xustificar que a tratemos dunha forma illada no capítulo 4. No resto do noso corpus só recollemos dous rexistros de artigo determinando S+A (14 e 15). 14. Larvas e insectos esgoldrachados, que inzan e apestan o airo adiante (Cao Martínez 1983). 15. Malvar colle o campo arriba para a horta, pensando no muíño do tío Miguel, (Anónimo 1837).\n© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 1932 Nos dous exemplos a construción mantén o valor totalizador propio do AcLoc e acompañan un verbo transitivo que rexe un rol obxecto que só pode ser ocupado por S+A. A pesar de ser unha estrutura menor no uso, refírenos un estadio intermedio entre as construcións de AcLoc e S+A que nos guía na interpretación deste grupo de construcións que indican no plano semántico o LPO: estamos ante un contínuum que ten os seus estremos en Fpor e no AcLoc.\n1.2. Contínuum na construción do LPO\nXa vimos que existen fórmulas diversas que ocupan o rol semántico do LPO: Fpor, unha frase preposicional con relator non por, P+S+A, S+A, determinante xunto de S+A e AcLoc. Esta pluralidade de construcións non significa que exista absoluta equivalencia entre elas. A presenza dun adverbio de dirección fai que nun mesmo complemento, alén de indicar o LPO, tamén se refira cara a onde se dirixe o movemento. De escoller a fórmula Fpor, para que non se perda información comunicativa deberase cubrir a referencia espacial de dirección con outro complemento diferente (véxase exemplo 9).\nA fusión destas dúas referencias espaciais, ó demarcar a dirección do percorrido a través da construción de LPO P+S+A, representa un paso na economía lingüística. Mais non é aquí onde alcanza o seu máximo potencial. Se temos máis elementos que fan facilmente interpretable esa construción como unha referencia de LPO, a necesidade de manter a marca propia desa referencia locativa (por) redúcese. Así encontrámonos coa construción S+A, con elisión de preposición, mais sen ambigüidade comunicativa. Para evitar as dificultades de comprensión de S+A como a referencia de LPO dentro do esquema construtivo do verbo, os elementos que o configuran non son libres e todos encamiñan a interpretación semántica do construto. Deste modo observamos que o tipo de substantivos que entran en xogo nesta construción están altamente condicionados polo campo semántico en que se sitúan (véxase Táboa 4); preferentemente indican unha ‘vía’ para ser percorrida ou un espazo (columna, parte de corpo ou árbore) que poida referir esa mesma idea de movemento ó longo de algo. Ademais, a partir da análise do noso corpus, encontramos que esta construción non ten a mesma posibilidade de ser usada dentro do esquema argumental de calquera verbo; a preponderancia dos verbos de movemento é evidente ó alcanzar, no noso corpus de traballo, o 73% dos rexistros de S+A (Táboa 5).\nA construción S+A está estreitamente ligada, á vez, co AcLoc dos verbos transitivos que requiren no seu esquema semántico unha indicación de LPO. A partir dos datos que podemos consultar en Domínguez Portela (2012), se un verbo transitivo require no seu esquema semántico unha indicación de LPO 5, as posibilidades de que este se corresponda no plano sintáctico cun obxecto son moi altas. Así xunto dos verbos transitivos de movemento con desprazamento de dirección de traxecto e dos verbos de maneira de moverse continuos, a figura semántica LPO correspóndese cun AcLoc entre un 65% ata o 100% dos casos en que aparece esta figura sintáctica. Por conseguinte, o LPO no plano sintáctico non precisa a marca primeira desta referencia locativa (por) tal e como na construción S+A, mais semanticamente estas dúas construcións tampouco son absolutamente equivalentes entre si. Mentres o AcLoc describe o espazo como un lugar completamente percorrido, cun valor totalizador, esta idea pérdese con S+A. E, por outra banda, con S+A, alén de referir o LPO, tamén se indica a dirección do movemento a través do adverbio direccional.\nComo xa vimos, entre estas dúas construcións encontramos un estadio intermedio: artigo+S+A. Esta construción moi minoritaria conxunta os valores das dúas estruturas anteriores e sérvenos para reforzar a nosa interpretación de todas as construcións tratadas aquí: estamos ante un contínuum. Deste modo, son todas estruturas que se moven nunha dimensión semántica compartida, LPO, aínda que non absolutamente substituíbles entre si, o que xustifica a súa coexistencia na norma. Fpor > P+S+A > S+A > artigo S+A > AcLoc 5 Para consultar con que tipo de verbos de movemento con desprazamento o LPO cobre un rol nuclear no seu esquema argumental, véxase Domínguez Portela (2012).\n© 2015 Estudos de lingüística galega 7, 1932\nA construción Fpor aparece como a fórmula menos marcada de indicar o LPO, o que xustifica o seu alto uso en confronto coas restantes. No estremo oposto, o AcLoc está fortemente condicionado polo verbo que o rexe: aparece con verbos transitivos que indican un movemento con desprazamento de seu e focado no LPO. As construcións intermedias que configuran o obxecto de estudo desta investigación presentan condicionantes tanto no referido ós formantes da súa propia estrutura coma do verbo que complementan e os valores comunicativos son diversos das anteriores, xa que se fusiona á indicación de LPO unha referencia direccional do movemento.\n2. f ronteirAs de funcionAmento entre p+s+A e s+A\nNo corpus de traballo desta investigación encontramos un uso similar das construcións P+S+A e S+A (véxase Táboa 6).\nTipo de construción Rexistros\nTáboa 6. Rexistros de S+A e P+S+A no corpus de traballo\nAdemais, tamén comparten aspectos de construción. Así encontramos que non existe unha relación entre o adverbio e a presenza/ausencia de preposición; en ambos os dous casos, o adverbio indica dirección e, preferentemente, terá como un dos seus constituíntes etimolóxicos a preposición latina propia desta referencia locativa, AD (contrástese Táboa 1 e Táboa 3). Mais hai diverxencias entre as dúas estruturas que xustifican a súa coexistencia. Non son oposicións poida cubrir o oco sintáctico de obxecto, farao S+A. Unha proba de que nestes casos non funciona como un AcLoc é que se pode dar a copresenza destas dúas figuras (18).\nmente fosilizado, xunto de verbos que non indican movemento é o que encontramos na práctica totalidade dos casos en que S+A funciona como cm (19), como sux 6 (20), como at (21) ou como pv (22) e, por conseguinte, xa estamos ante estruturas afastadas do valor locativo orixinal (singularmente o exemplo 19), pero que nos serven para observar a versatilidade da construción sen preposición. 19. O campo de traballo non é moi malo pero cada vez faise máis costa arriba (Alonso 1969). 20. A costa arriba fíxoseme angreme (Cabana 1996). 21. A aldea de Mandaio toda ela é costa arriba (Pérez Ballesteros 1886). 22. Comenzaba o monte costa arriba, coa vertente coberta de carpazas mestas (García Barros 1972).\nSituación diferente son os restantes valores sintácticos que poden desenvolver S+A ou P+SA: son variacións do rol primeiro, clp. Modifican (modf ou modfax) un substantivo ou un adxectivo que refire un movemento de seu, polo que o modificador, isto é, S+A ou P+S+A, continúa especificando o LPO se desenvolve un desprazamento neste caso referido por un substantivo (23) ou por un adxectivo (24). Ao funcionaren como unha indicación temporal, nestes contextos o sentido tamén se move dentro da idea de por onde, mais a dimensión física pasa a ser temporal a través do substantivo da construción (25). Este é un caso de proxección entre as dimensións espacial e temporal, situación esta que foi obxecto de análise en numerosos traballos anteriores\n(Aguirre Fernández de Lara 2012, Ruiz Grillo 2012; Heine, Claudi, Humnemeye 1991, Evans 2013)\ne que nós aquí podemos só mencionar.\nIsto non quere dicir que cando aparece un substantivo desta natureza se elida de seu a preposición de LPO (véxase Táboa 8); o que encontramos é unha preponderancia de nominais que poidan ser percorridos e que, por conseguinte, fan máis presumible a natureza do movemento que están a indicar. Tipo de substantivo\nExtensión de territorio\nTáboa 8. Tipo de substantivo que xorde en S+A e P+S+A Como xa vimos, o verbo que complementa o S+A é outro condicionante máis que, combinado co tipo de substantivo, reforza a indicación de LPO sen preciso da preposición propia desta (por). Tanto con S+A coma con P+S+A, o núcleo verbal que completan refire un movemento con desprazamento na ampla maioría dos rexistros en que son utilizadas; no noso corpus, en máis do 70% dos rexistros (73% xunto de S+A e 76% de P+S+A) estas construcións complementan un verbo de movemento con desprazamento. Mais encontramos unha particularidade no tipo de movemento indicado polo verbo. Hai moitas máis posibilidades de que a preposición de LPO se elida con aqueles verbos que refiren un movemento con desprazamento focado no traxecto (28) ou un movemento con desprazamento continuo (29) e que, por conseguinte, de precisar explicitar unha indicación espacial esta será o LPO (Táboa 9). 28. Atravesan o arroio en determinados puntos corrente arriba, deixando mostras do seu paso (López Períago 1991). 29. Alanzouse a ela, arrastrándoa após de si estrada adiante (Cortezón Álvarez 1981). Estes verbos esixen no seu esquema argumental unha referencia de LPO (véxase nota 4), combinados cun substantivo que indica vía, a interpretación da construción que acompaña o núcleo verbal como o elemento que cobre ese rol argumental é moito máis segura e, por consePara que a preposición se elida é moi importante que o verbo xa indique de seu un desprazamento que, xunto do tipo de substantivo (unha vía ou espazo percorrible) fan presumible a natureza locativa da referencia espacial. Para evitar entón a redundancia comunicativa, pasa a estar ausente a preposición. Esta situación vese claramente naquelas construcións onde o substantivo que ocupa o rol semántico de traxecto desenvolve a función sintáctica de CD (andar o camiño). Como xa vimos, no noso corpus encontramos situacións en que sintacticamente o rol sintáctico de obxecto é cuberto por S+A, mais sen ser equivalente co uso dun AcLoc, o que redunda na nosa tese: esta construción é o último chanzo alcanzado ata o de agora nun proceso de economía lingüística onde se fusionan dúas referencias espaciais e se elide o nexo prepositivo direccional cando o contexto semántico da estrutura así o permite a través do tipo de verbo e de substantivo que indica o percorrido. S+A e P+S+A presentan entre si puntos de afastamento que nos marcan tendencias diversas na combinación verbal que as rexe, na diversidade funcional dentro do esquema argumental do verbo e na natureza dos propios constituíntes da construción. Mais a análise do noso corpus ofertounos unha outra pauta de comportamento relativamente diverxente entre estas dúas\nconstrucións: o contexto da situación comunicativa e o tipo de discurso en que a construción se insire.A elisión da preposición propia do LPO é máis común nun contexto formal ca nunha situación de coloquialidade (Táboa 10). A isto debe sumárselle que naquelas fontes que no noso corpus representan a lingua oral — sexa por estarmos ante transcricións, sexa por procuraren reflectir en maior ou menor grao este tipo de lingua —, a ausencia de preposición é moi reducida; mais débese ter en conta que a case totalidade destes rexistros se encadra nun estilo de lingua coloquial. En confronto, naqueles tipos discursivos onde a formalidade é moi alta, por exemplo, na poesía culta, predomina a elisión do nexo fronte á súa explicitación (Táboa 11). Deste modo, podemos concluír que, alén dos condicionantes puramente construtivos referidos, achamos outro que favorece a elisión de por : o estilo de lingua. Canto maior sexa a formalidade do discurso, singularmente se este é escrito, as opcións de que a preposición se perda aumentan. Non é de estrañar este comportamento, xa que é xustamente na lingua escrita, ó poder volver cando sexa preciso sobre o propio discurso, onde as posibilidades de equívoco ou ambigüidade se reducen xustamente polo seu carácter imperecedoiro. Ademais, nun discurso formal a preocupación por evitar reiteracións que empobrezan o texto é maior, o que xustifica a utilización de estratexias\nEstamos entón ante dúas construcións simultáneas no tempo que no plano semántico indican o LPO co engadido de referir a dirección do desprazamento a través do adverbio. A equivalencia non é absoluta entre elas e encontramos que, para poderse elidir a preposición de lugar, é necesario que se dean unha serie de condicionantes construtivos que eviten a ambigüidade comunicativa e nunca poñan en perigo o éxito da comunicación.\n3. c Amiño AdiAnte, frAse nominAL ou substAntivo Adxunto ó Adverbio ?\nExiste un abondoso debate na filoloxía hispánica sobre o papel que teñen cada un dos dous elementos da construción S+A con sentido de LPO. A discusión céntrase sobre cal deles é o elemento nuclear, isto é, se o substantivo é o acompañado polo adverbio ou se o adverbio se fai acompañar polo substantivo.\nA nosa proposta de análise afástase do defendido por Coromines (19801991) ou Sánches Lancis (2003), mentres que é parella á de Rigau e Pérez Saldanya (2008). Tal e como adiantamos en Domínguez Portela (2012), consideramos que o adverbio modifica o nome. O argumento primeiro para soster esta postura é a existencia da construción P+S+A. Nesta última o relator une o verbo co substantivo para especificar unha referencia espacial de LPO para a acción e o adverbio engade unha información direccional. Esta mesma situación mantense cando a preposición desaparece por ser presumible, xa que o substantivo xa refire de seu unha vía ou espazo extenso polo que se vai desenvolver a acción, fundamentalmente cando esta é un movemento con desprazamento focado no LPO. Esta hipótese vese reforzada polas características construtivas da estrutura: os elementos que entran en xogo están fortemente condicionados polo ámbito semántico en que se sitúan, de maneira que a información que fornecen axudan á presuposición do rol semánticosintáctico da estrutura sen necesidade de requiriren a presenza do relator propio do LPO por.\nA segunda columna que sostén a nosa hipótese é a xa referida estreita interligazón que encontramos entre S+A co AcLoc no esquema argumental dos verbos de movemento con desprazamento transitivos. Esta situación reforza a proposta de contínuum na indicación de LPO. Estamos ante un cambio aínda en proceso do que podemos observar todos os seus estadios e onde o adverbio se utiliza para indicar a dirección dun movemento de LPO referido polo substantivo, estea introducido pola marca primeira de LPO, isto é, por por ou non.\nConsideramos que estes dous argumentos son suficientes para propor a nuclearidade do substantivo nunhas construcións onde se evidencia a interligazón entre os seus membros léxicos e o propio contexto en que son utilizadas. Mais, atendendo as construcións substantivo de tempo + atrás encontramos un novo reforzo a esta hipótese.\n4. u n cAso pArticuLAr de s+A: substAntivo de tempo cronolóxico +\nDentro das construcións S+A encontramos un funcionamento singular naquelas en que os membros que se coaligan son un substantivo propio do campo semántico do tempo cronolóxico e o adverbio direccional atrás. No noso corpus de traballo rexistramos 342 construcións de S+A en que o adverbio é atrás ; no 85% delas o substantivo refire unha indicación temporal. Nestes casos, o construto S+A non ocupa o rol semántico de LPO; especifica unha indicación temporal (30). Só en catro rexistros do noso corpus o rol sintáctico muda. Nestes casos encontramos dúas posibles situacións. Ou estamos ante verbos transitivos propios de marcación do paso de tempo facer/haber para os que S+A ocupa o rol de obxecto (31), mentres que o conxunto da oración (verbo marcador do paso do tempo e S+A) funciona como unha demarcación temporal doutra acción; ou ante unha substantivación por fosilización de S+A (32). 30. Sentir a noite así ou tempo atrás ter sabido das horas que deparan o corpo para a luz (Lorenzo Baleirón 1985). 31. Considero á muller máis lanzada hai uns anos atrás ca neste momento (Heinze 1985). 32. Pode representar tempo adiante ou tempo atrás (Aneiros 1991).\nCando o substantivo non refire tempo, tampouco estamos ante unha construción que encaixe no funcionamento descrito ata o de agora para S+A. Na case totalidade dos casos encontramos que un determinante substantiva a estrutura ou estamos ante unha fixación do construto. Deste modo, S+A ocupa o rol argumental de lugar en (33), atributo (34), obxecto directo (35), suxeito (36) ou predicativo do obxecto (37).\nE é que o dominio no uso de substantivo de tempo + atrás fai que se extrapolen características desta á construción con ese mesmo adverbio aínda que o substantivo non refira unha indicación de tempo. Pois xustificar que eses condicionantes só se deben ó adverbio non nos serve como explicación: atrás refire de seu ou unha indicación espacial ou unha temporal, polo que non se entendería que combinado cun substantivo se seleccionase un único dos seus significados. Por conseguinte, podemos afirmar que encontramos aquí un novo argumento que reforza a nosa tese sobre a nuclearidade do substantivo en S+A. A súa natureza semántica dirixe a interpretación do adverbio e do conxunto da construción cara á dimensión na que o nome se sitúa, neste caso, no tempo. Así cando S+A non refire o LPO ó describir un fragmento temporal polo que se desenvolve ou desenvolveu unha situación concreta é debido ó significado do substantivo que, como núcleo da estrutura, determina o seu valor global.\nPor outra banda, nesta construción existe unha interrelación moi forte entre os membros que xustifica que boa parte dos casos en que son usados respondan a estruturas plenamente fosilizadas (tempo atrás, volta atrás, conta atrás) ou expresións máis ou menos fixas da lingua formal escrita (páxinas atrás, liñas atrás, capítulos atrás). Así se explica que case no 50% dos rexistros a construción estea determinada, normalmente por partículas cuantificadoras (38). Mentres con S+A esta era unha opción moi menor que poñía esta estrutura en interligazón co AcLoc, aquí non hai a posibilidade desta interpretación.\nEstamos ante unha indicación temporal coa que, pola presenza do adverbio, aforramos o uso dunha oración subordinada para transmitir a idea de tempo pasado (“telo visto hai unhas semanas”). Noutra volta, S+A funciona como unha estratexia de economía lingüística, pero diversa á descrita como xenérica para S+A, pois o seu funcionamento dáse no plano temporal que extrapola os seus condicionantes construtivos — en grande medida tamén semánticos — a aquelas situacións minoritarias onde o substantivo non refire tempo.\n5. c oncLusión\nA fórmula máis común de indicar LPO é Fpor; de mudar a falante o relator da frase, veremos que existe unha mudanza na información transmitida, de maneira que se especifica algún aspecto concreto do movemento que con por quedaría sen indicar.\nSe lle engadimos á construción primeira — Fpor — un adverbio de dirección, o resultado é que alén de referir o LPO tamén se especifica a dirección do movemento. Isto é, estamos ante unha estrutura en que se fusionan dúas referencias espaciais nunha única figura semánticosintáctica. Ao tempo, se o contexto comunicativo elimina a ambigüidade interpretativa de modo que a única forma de entender ese construto é como unha indicación de LPO e de dirección, a preposición por elídese. Isto acontece fundamentalmente cando S+A modifica un verbo de movemento con desprazamento que focaliza a referencia espacial LPO e cando o substantivo da construción indica unha vía que será percorrida. Ademais, encontramos que é máis común o uso de S+A fronte ó seu par con preposición de LPO, P+S+A, en textos formais e\nna lingua escrita. Mais, tal e como en P+S+A, consideramos que o adverbio acompaña o substantivo, xa que este é o elemento nuclear da construción. Esta nuclearidade vese claramente en como o tipo de substantivo determina o ámbito semánticosintáctico do construto; así se o nome indica unha referencia temporal, S+A situarase nesa dimensión, tal e como vimos en substantivo de tempo+atrás.\nO último chanzo deste contínuum encontrámolo no AcLoc. Indica un LPO xunto de verbos transitivos de movemento focados nesta referencia locativa, pero, a diferenza de S+A, non engade información direccional, mais si marca o lugar como plenamente percorrido. Engade un sema de totalidade sobre o movemento que con ningunha outra fórmula de LPO se transmite. Pero o espazo entre S+A e AcLoc aparece difuminado naqueles contextos en que o primeiro aparece xunto dun verbo de movemento transitivo e non existe ningunha outra figura que cubra o rol de obxecto. Ese espazo de interconexión non significa, en ningún caso, equivalencia entre S+A e AcLoc: rexistráronse exemplos de oracións onde coexisten estas dúas unidades o que demostra que estamos ante estruturas diferentes.\nPor conseguinte, son todas elas estratexias vivas e encaixables baixo o mesmo rol semántico de LPO, pero nin son absolutamente equivalentes e intercambiables entre si nin contan cunha mesma normalidade no seu uso.\nr eferenciAs bibLioGráficAs\nAguirre Fernández de Lara, Roberto (2012): Proyecciones espaciales para la relación entre las referencias temporal y modal en el procesamiento del lenguaje. Barcelona: Universitat Autónoma de Barcelona. http://www.tdx.cat/bitstream/handle/ 10803/97345/rafl1de1.pdf?sequence=1\nCoromines, Joan (19801991): Diccionari etimològic i complementari de la llengua catalana. Barcelo-"} {"summary": "Un asunto tan complexo e ao tempo tan transcendente para o país galego como é o da educación no ámbito rural precisa, agora que xa levamos percorrido un treito do século XXI, unha visión retrospectiva e ao tempo crítica que poña o acento nos fitos máis destacables que singularizaron a historia da súa defensa, cos seus avances e retrocesos, desde a década dos 70 do século pasado ata os tempos que vivimos. Neste artigo intentamos pois ofrecer as referencias imprescindibles para caracterizar minimamente aqueles colectivos docentes que enfrontaron, desde o rigor pedagóxico e o compromiso comunitario, o estudo e a defensa do medio rural galego, e que batallaron no plano intelectual e na acción directa nas aulas, por unha educación digna, xusta, pública, de calidade, e adaptada ao contexto rural, ás súas xentes e á súa lingua e cultura propias.\nCollendo o fío da memoria a través destas catro décadas iremos desvelando e analizando acontecementos, algúns case esquecidos, que permitan dar a entender e poñer de manifesto o relevante papel histórico desempeñado polos diferentes movementos sociais que se configuraron a prol da educación no rural.\n(ao revisar o labor que veñen desempeñando docentes e comunidades rurais) como desilusión (se consideramos o tipo de atención habitualmente dispensada polas administracións á educación no rural).", "text": "A LOITA POLA EDUCACIÓN NO RURAL GALEGO: UNHA TEIMA QUE NON ACOUGA. APUNTAMENTOS PARA UNHA HISTORIA DO PERÍODO 19752014 1\nTHE FIGHT BY THE EDUCATION IN THE GALICIAN RURAL FIELD:\nA COMMITMENT WITHOUT REST. NOTES FOR A HISTORY OF THE PERIOD 19752014\nAlicia López Pardo\nMestra, membro da Mesa Galega de Educación no Rural alicia.lp@terra.com\nFrancisco Xosé Candia Durán\nEquipo de investigación SEPA, Universidade de Santiago de Compostela francisco.candia@usc.es\n : Educación en Galiza, educación rural, escola rural, concentración escolar, escola unitaria, CRA, medio rural, Mesa Galega de Educación no Rural, MRP, Preescolar na Casa.\nCRA, rural field, Mesa Galega de Educación no Rural, MRP, PreSchool at Home.\n1. OS COMEZOS DAS LOITAS ORGANIZADAS NA DEFENSA DA ESCOLA RURAL, NA DÉCADA DE 1970\nCoa intención de planificar a execución da reforma educativa aprobada en 1970 (Lei 14/1970, de 4 de agosto, Xeral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa, BOE de 6 de agosto) de maneira “adaptada” ás peculiares circunstancias de Galiza, meses máis tarde o Ministerio de Educación e Ciencia (en adiante, MEC) presenta o documento coñecido como “Plan Galicia”. Este plan esixía un investimento importante tal que permitiría mellorar as condicións físicas e infraestruturais nas que se desenvolvía a escolarización na nosa terra, ao tempo que buscaba compensar a desigualdade en cobertura educacional que padecía a poboación galega (especialmente a da zona rural) en relación con outros territorios do Estado.\nDiversas circunstancias impediron que os obxectivos do plan se materializasen (polo menos coa orientación, celeridade e extensión xeográfica desexadas pola comunidade educativa rural) polo que, mediada a década dos 70, e en virtude do abandono que de facto sufría a escola no medio rural galego (máis que abandono, acertadamente algúns protagonistas denominárono desmantelamento, ou cambio por derrubo, proceso que permaneceu no tempo), comezan a abrollar no país iniciativas colectivas da comunidade educativa encamiñadas a chamar a atención da sociedade, pero sobre todo da administración, a fin de que esta corrixise a penosa situación na que se atopaba por aquela altura a escola rural.\n1.1. As mestras da montaña lucense e o caso de Degrada\nAsí pois, diversos conflitos relacionados coa educación acontecen en varios puntos da xeografía galega, á par que nace un significado movemento cooperativo de mestras da montaña lucense, alá por 1975 (López Pardo e Vázquez, 2005). Este grupo de mestras, pioneiro a nivel galego polo seu compromiso coa educación e o desenvolvemento rurais (que xa entendían como conceptos indesligables), enfróntase á planificación da administración educativa, sinistra para o medio rural galego. Baixo supostos presupostos de mellora pedagóxica, eficiencia organizativa e aforro económico, o plan do goberno pretendía eliminar as escolas unitarias da alta montaña, e concentrar o alumnado destas zonas en macrocentros escolares afastados dos domicilios dos/das escolares, quen debían ingresar en réxime de internado nas escolasfogar. Nos inicios do funcionamento destes centros, centos de nenos/as dos municipios da montaña lucense foron apartados dos seus fogares e acabaron internados. Representativas deste modelo de planificación educativa na provincia de Lugo foron, por poñer dous exemplos, a EscolaFogar de Ferreira do Valadouro, ou a de Sarria, á cal nos referiremos a seguir.\nMerece a pena traer aquí a colación, e revisar, un caso tan ilustrativo como o de Degrada, aldea dos Ancares pertencente ao Concello de Cervantes, situada a 1.400m de altitude e comunicada por pistas de notable perigo naquel momento. Entre os anos 1975 e 1978 había trinta nenos/as desta aldea trasladados internos á EscolaFogar de Sarria. Dada a distancia SarriaDegrada e o mal estado das comunicacións naquela época, con escasas pistas transitables e falta de vehículos adaptados, ao que se sumaban as dificultades climatolóxicas nesta zona de montaña, era normal que estes nenos e nenas só foran ás súas casas nas vacacións longas, sendo as visitas das familias á escolafogar case unha rareza.\nNo mesmo momento, un proxecto pedagoxicamente irracional para a zona (decidido, máis que por planificación educativa, por intereses caciquís), acelera a construción dunha escolafogar nun extremo do propio municipio de Cervantes, que traía aparellado o peche das pequenas escolas e o internamento neste centro da maior parte da infancia do concello. Como en Degrada as e os escolinos continuaban nos locais provisionais e polo tanto a veciñanza mantiña a loita pola construción da anunciada escola, os defensores desta alternativa comezaron a recibir incisivas presións para cesaren en tal empeño: tratábase de encher de alumnado a nova escolafogar a toda costa. A pesar das ameazas sufridas e das precarias condicións nas que se desenvolveu aquela iniciativa das aulas habilitadas, mantívose a oposición das familias de Degrada, que en absoluto aceptaban internar os seus fillos e fillas na escolafogar. Esta admirable postura de forza foi secundada tamén polas familias doutras aldeas do concello, que igualmente vían perigar a continuidade das súas pequenas escolas, pois aínda dispoñían de menos matrícula que a de Degrada.\n1.2. O proxecto de escolarización para zonas de alta montaña\nO activismo insólito que xorde no concello de Cervantes chegou a configurarse como unha resposta histórica na que se xunguiron coa veciñanza as mestras da montaña lucense, algúns cregos e outros axentes sociais da zona, que se opuxeron con firmeza a un plan suicida para a supervivencia da poboación da montaña. Esta mobilización deu como froito pedagóxico máis sobranceiro un proxecto particularizado para esta zona que se denominou “Proxecto de escolarización para as zonas de alta montaña lucense”, e que acabou considerándose posteriormente para zonas diversas do rural galego, e mesmo foi referencia para outras Comunidades Autónomas españolas con semellante problemática.\nO proxecto estaba baseado en estudos (realizados coa colaboración de persoas expertas nos diferentes aspectos que trata o documento: sectores xeográficos, cartografía, demografía e economia da realidade da zona), a partir dos que se tecía un conxunto de criterios educativos e unha xeira de respostas pedagóxicas adaptadas ás particularidades das áreas de montaña, que ata o momento foran ignoradas pola administración. Así, no documento:\n– Partíase ao mesmo tempo do principio pedagóxico (negado pola administración) de principiar a escolarización desde a lingua materna (naquela época prohibida no ensino e sometida a represión), e defender unha presenza digna da lingua galega na escola ata que se conseguise aprobar un decreto que garantira a súa normalización escolar. – Argumentábase a necesidade de integrar escola e medio natural, procurando a sintonía do neno ou nena co seu medio, e a crianza no seu ambiente socioafectivo, para o que era imprescindible o fomento da participación directa da familia na escola. – Apostábase tamén por unha escola rural activa, que aproveitase os recursos humanos e naturais do contorno e actuase como axente de dinamización e revalorización da cultura rural. – Recomendábase, finalmente, estimular o intercambio permanente de experiencias entre as escolas rurais. Recollíase así o labor innovador dalgunhas destas escolas que xa viñan desenvolvendo un traballo diferenciado baseado sobre todo na pedagoxía Freinet e materializado en correspondencia escolar, proxectos cooperativos interescolares (por medio da elaboración dos primeiros periódicos escolaresc con “imprenta vietnamita”, ou de calendariospóster), intercambios directos con visitas entre as escolas máis próximas e convivencias entre as de máis lonxe, organización de colonias de verán en praias marítimas, etc. Tendo en conta a característica de “grupo reducido” destas escolas, o documento consideraba de vital importancia para a socialización das e dos escolinos e a súa apertura a distintos ambientes, a realización de encontros, convivencias e excursións por dentro e por fóra de Galiza.\nEste proxecto, resultado dun complexo proceso de acción cooperativa, acabou sendo unha iniciativa modélica de confluencia intelectual comunitaria certamente innovadora para a súa época, e mesmo para hoxe, pois parte do seu diagnóstico e das medidas correctoras propostas para a escolarización no rural galego, seguen a ser aínda válidas.\nIlustración 1. Nenas e nenos da escola rural, descubrindo o seu medio.\n1.3. A extensión da loita pola escola rural no Concello de Cervantes e a EscolaFogar de San Román\nPero para que o proxecto non quedase unicamente na fase de proposta a comunidade educativa protagonizou un intenso proceso de mobilización pública con manifestacións sen tregua para demandar da administración a súa consideración. Desde que o documento se presentara na Delegación de Educación da provincia de Lugo en 1977, non faltaron severas ameazas, acosos e algunha vinganza das forzas dominantes contra as persoas máis implicadas na defensa do proxecto, o que tivo como consecuencia imprevista pola administración o reforzo da negativa das familias de todas as escolas de Cervantes a internar os seus fillos/as na EscolaFogar de San Román; o seu convencemento na defensa dunha alternativa xusta levounos mesmo a manter os nenos sen escolarizar durante tres meses. Como resposta a esta situación límite xorde unha solidaria acción dalgúns mestres e mestras que, desde unha concepción valente do voluntariado, desprázanse pola súa conta ás aldeas de Cervantes para atender no posible a aquelas escolinas e escolinos en espera dunha solución.\nFronte ao cariz que estaban tomando os acontecementos e vista a radical oposición dos habitantes dos Ancares, os responsables da administración educativa víronse na obriga de asumir certas demandas da comunidade, aceptando finalmente a habilitación dunha aula en Doiras mentres se poñía en marcha o plan de minigrupos ou pequenas concentracións propostas para as aldeas de Doiras e Donís. Esta alternativa supuxo deixar baleiras as instalacións da xa construída EscolaFogar de San Román, na que se tiña feito un investimento de recursos tan custoso como absurdo; o colexio de San Román quedaba pois limitado a acoller as nenas e nenos da localidade e de aldeas limítrofes.\nÉ neste momento pois cando se pode afirmar que o caso de Cervantes representa un precedente significativo e un logro memorable da mobilización comunitaria a prol da escola no rural, digno de pasar á súa pequena historia.\n2. PRIMEIROS GROMOS DE ORGANIZACIÓN DOCENTE A PROL DA EDUCACIÓN NO RURAL\nNo que segue tentamos remover a memoria dunha época (finais da década dos 70 e primeiros dos 80) de fonda reflexión pedagóxica e significado activismo social verbo da defensa do dereito a unha educación digna para o medio rural galego, por parte de certos colectivos docentes. É un momento feliz a nivel pedagóxico, no que se definen novos criterios educativos e se establecen principios alternativos, no que se experimenta, no que se innova e no que se actúa de xeito cooperativo, ao alento da pedagoxía freinetiana.\nNeste ambiente colectivo favorable á innovación pedagóxica agroman espontaneamente grupos de traballo e encontros (durante os meses do curso escolar, pero tamén nas escolas de verán, que xa entraban no escenario pedagóxico como actividades de formación permanente e de estímulo á experimentación), nos que se argallan os primeiros documentos reivindicativos solidarios. Non en van coinciden estes movementos co nacemento do programa “Preescolar na Casa” (1977), unha iniciativa feliz promovida polo párroco lucense Antonio Gandoy e que medrou nun clima propicio grazas á acción voluntaria de numerosas mestras e mestres que, con agarimo e moitas veces no anonimato, achegaron o seu mellor saber facer a tan importante causa para a educación familiar dos nenos e nenas do rural galego.\nNo mesmo favorable ambiente dos anos que van de 1975 a 1985 prodúcense, dentro de Galiza, avances considerables a nivel de aperturismo pedagóxico, por suposto entre o profesorado, pero tamén na propia conciencia popular. Así, un dos grupos máis significados tanto pola súa diseminación xeográfica a nivel de Galiza, como polo seu activismo na actualización e formación continua do profesorado baixo un enfoque pedagóxico freinetiano, foi ACIES (Asociación para a Correspondencia e a Imprenta Escolar), que anos máis tarde pasou a denominarse MCEPG (Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega).\nEn torno ao grupo ACIES/MCEPG realizáronse desde finais dos 70 os seminarios máis avanzados do territorio galego no tocante a reflexión pedagóxica e elaboración de recursos didácticos 2. Esta circunstancia explica que os primeiros contactos con outros movementos de renovación pedagóxica (en adiante, MRP) doutras partes do Estado se realizaran a través dos congresos do “movemento Freinet”. Mediante este vínculo, Galiza estivo moi relacionada cos movementos estatais de escola rural, desde os que brotaron documentos iniciais de importancia. Pero ademais dos congresos anuais do movemento Freinet (alí Galiza participaba como grupo de traballo territorial), nos que existía un obradoiro específico conformado polo grupo de traballo de escola rural, as e os docentes galegos tamén teceron naqueles inicios dos anos 80 relacións con outros MRP de Cataluña, Canarias, Euskadi, Salamanca, La Rioja, etc. interesados pola educación no rural.\nEntre Galiza e outras Comunidades Autónomas do Estado dábanse moitas coincidencias nas análises e reivindicacións xerais sobre a educación no rural, aínda que no caso galego existían agravantes debidos a circunstancias moi peculiares que requirían (e aínda requiren) unha planificación de maior complexidade. É certo que nas interpretacións sobre as alternativas que se defendían recoñecíanse diferentes tipos de escola rural, e cada un deles precisaba adaptacións específicas en varios aspectos; pero, ao tempo, tamén se identificaban unhas circunstancias comúns básicas que particularizaban a escola rural (en xeral) como subsistema diferenciado, subsistema que esixía procederes pedagóxicos baseados en dous principios complementarios:\n1. Elasticidade, é dicir, flexibilización das concrecións pedagóxicas, as cales debían ir orientadas a ofrecer un ensino adaptado á realidade e aos intereses das nenas e nenos de cada escola. 2. Correspondencia, cunhas bases comúns que definiran, nun sentido xeral, a escola rural como sector específico. Nos documentos que brotan nos encontros daquela época desenvólvense con precisión as implicacións para a docencia destes principios, pero á par tamén quedan alí reflectidas certas premisas previas ao traballo docente no medio rural, a saber:\n1. A renovación da escola rural ten que se establecer dentro da espiral dunha política de desenvolvemento consecuente co mundo rural. 2. A escola rural precisa dun marco xurídicoadministrativo que a defenda. 3. É necesaria unha discriminación positiva en canto á dotación económica das escolas rurais, a fin de que o mundo rural saia do segundo plano ao que secularmente foi condenado. Tamén se contemplou naqueles momentos a necesidade dun currículo axeitado para a escola rural, e de feito houbo un intento afortunado de poñer en negro sobre branco as condicións que o xustificaban, e as bases pedagóxicas sobre as que se debería elaborar. O importante legado destas primeiras iniciativas espontáneas de organización docente a prol da educación no rural foi avanzando cara a novos modos asociativos que abrollaron finalmente co decorrer da década dos 80, cando algúns grupos de traballo máis activos no rural buscan proxectarse ao futuro a partir de estruturas organizativas máis ambiciosas 3.\n3. OUTROS PROXECTOS ALTERNATIVOS PARA A ESCOLARIZACIÓN NO RURAL GALEGO: O CASO DA COMARCA DE ORDES\nOs movementos docentes e comunitarios a prol da educación no rural en Galiza seguiron mantendo durante a década dos 80 un pulso firme fronte ao panorama provocado pola aberrante aplicación dun sistema de escolarización importado, como era o da concentración. Así, tomando como referencia o proxecto que anos atrás se defendera para a montaña lucense, cos mesmos argumentos educativos e socioculturais, e seguindo aquel tipo de planificación, fóronse xerando e defendendo outros proxectos pedagóxicos para outras zonas rurais de Galiza, alternativos á planificación oficial; e nalgúns casos conseguiuse a súa materialización a pesar das tentativas iniciais, contrarias, da administración educativa.\nAo respecto sirva de exemplo o tan soado caso da comarca de Ordes. No decorrer do ano 1984 actívase un grupo de mestres e mestras desta zona opostos a unha planificación escolar irracional que estaba provocando unha inaceptable masificación de alumnado nas concentracións da comarca (os colexios de Ordes, Ponte CarreiraFrades, Mesía e Oroso). Algúns destes centros foran construídos para catorce unidades, pero estaban a funcionar con vinte, ocupando os espazos de biblioteca, laboratorio, aula de psicomotricidade, e nalgún caso mesmo a casa do conserxe; outros\nÉ o caso por exemplo daquel grupo de mestras da montaña lucense (19751984), parte de cuxos membros, xunto con outros docentes de escolas rurais da provincia, mantiveron o contacto pedagóxico durante anos, e que frutificou en diversas iniciativas sociais e pedagóxicas por toda Galiza. Unha delas, concretamente na provincia de Lugo, foi a formalización en 1983 do Colectivo Pedagóxico Estiño, que con máis de trinta anos ás súas costas aínda segue en activo centrado especificamente na educación en escolas rurais. A súa presenza pública signifícase na edición da revista escolar anual “Miuzallas”, pero especialmente na elaboración (a cargo das nenas e nenos das escolas rurais da provincia) dun fermoso calendariopóster solidario que cada ano versa sobre unha temática diferente referida á cultura rural galega, iniciativa pedagóxica que botou a andar en 1978 precisamente da man das mestras da montaña.\nforan pensados para oito unidades e funcionaban con quince, nas mesmas condicións de falta de espazos elementais. No caso concreto do colexio de Ordes, visto que a matrícula desbordaba todas as instalacións internas, chegáronse a levar as aulas de preescolar a un deplorable edificio que fora cárcere (cun intelixente matiz sarcástico e en comparación co exitoso programa “Preescolar na Casa”, no colexio de Ordes dicíase que facían “preescolar no cárcere”). A cuestión do transporte escolar\nIlustración 4. Viñeta 1 de Andrade. Ilustración 5. Viñeta 2 de Andrade. Ilustración 6. Noticia de prensa sobre o documento elaborado polo profesorado da comarca de Ordes, a prol doutra planificación escolar na zona. Fonte: xornal La Voz de Galicia, 23 de xuño de 1985.\ntamén raiaba no despropósito; había rutas nas que os nenos e nenas transportados sufrían cada día un traxecto de 54 km desde as súas casas ata o colexio de Oroso.\nAnte unha anunciada proposta por parte da administración de ampliar daquelas concentracións baixo o mesmo nefasto modelo de concentración, no ano 1985 un grupo de docentes da zona elaboran e preséntanlle ao delegado provincial de Educación da Coruña un estudo realizado por eles (“Consideracións e aportacións a unha suposta reforma no mapa escolar dunha zona rural da provincia de A Coruña”). Este estudo prevé unha planificación escolar alternativa a partir da consideración de sectores xeográficos e da mancomunización de servizos, que transcendían os compresivos lindes municipais. Desde os seus inicios esta proposta acadou unha considerable repercusión mediática, pero provocou sobre todo a concienciación das familias respecto da situación que viñan padecendo os seus fillos e fillas.\nO seguinte paso deste grupo docente consistiu en elaborar unha alternativa de planificación, agora xa concreta, que comprendía respostas específicas para reestruturar as grandes concentracións da zona (e deste xeito “desmasificalas”), a partir da conservación dalgunha escola parroquial que tiña boa matrícula e da creación de pequenas concentracións ou minigrupos pola comarca. Despois dun ano agardando unha resposta oficial que non chegou, no 1986 o colectivo presenta na Consellería de Educación un proxecto totalmente concretado, plenamente desenvolvido e fortemente apoiado por centos de asinantes (docentes e veciñanza da zona afectada).\nNo seguinte curso, fronte a unha nova demora na resposta por parte da Consellería, e baixo o amparo dun documento tamén masivamente asinado pola colectividade, insístese de novo no asunto fronte á conselleira, á delegada e aos inspectores de zona. Así mesmo tramítase unha pregunta no\nParlamento de Galiza, a través dun representante parlamentario da oposición, sobre as “Necesidades de escolarización e proxectos de actuación nos concellos de Ordes, Oroso, Frades e Mesía”.\nAínda que moitas das demandas da comunidade caeron en saco roto, afortunadamente e grazas a esta iniciativa, no caso do concello de Mesía conseguiuse finalmente unha planificación alternativa, unha reestruturación moi aceptable pola que a agrupación de Xanceda reducía alumnado de preescolar e primeira etapa de EXB, e atendía a segunda etapa de EXB; tamén se creaba unha pequena concentración en Lanzá (referente para cinco parroquias), unha concentración parroquial de catro unidades en Visantoña, unha miniagrupación para dúas parroquias en O CabezoOlas, e mantíñanse as escolas unitarias do Vedral, Mesía, Cabrui e Bascoi. En definitiva, un mapa escolar zonal no que estaban contempladas todas as tipoloxías de escolas que require unha planificación educativa sensata.\n4. O NACEMENTO DA COORDINADORA DA ESCOLA RURAL DE GALIZA E AS XORNADAS DE FORMACIÓN E ANÁLISE SOBRE A ESCOLA RURAL\nO activismo dos colectivos docentes a favor da escola rural na década dos 80 foi medrando ata o punto de facerse manifesta a necesidade dunha coordinación máis sistemática a nivel galego, e así, correndo o ano 1985, xa se dispoñía dunha estrutura organizativa materializada nunha xestora provisional da futura “Coordinadora da Escola Rural de Galiza” (facendo un salto no tempo, xa baixo tal denominación as e os docentes galegos participaron en 1989 no primeiro encontro da Coordinadora Estatal de Escuela Rural, en Madrid).\nNaquel clima pedagoxicamente efervescente, con ensinantes batallando na defensa da escola rural (moitos ligados á Coordinadora da Escola Rural de Galiza e outros que participaban en grupos de traballo sobre o rural dos diferentes MRP), vai xurdindo a necesidade de afondar na reflexión mediante encontros e xornadas de formación específicas sobre a educación no rural.\n4.1. Primeiras xornadas de escola rural\nO MRP Nova Escola Galega (en adiante, NEG), que se tiña constituído en 1983 xa cun forte compromiso a favor da educación no rural a partir de referentes freinetianos, a través do seu grupo de traballo de escola rural asume un papel decisivo actuando de enlace cos demais grupos, e fomentando e amparando diferentes iniciativas de docentes rurais. Nesta tesitura, NEG decide organizar as “I xornadas de escola rural” (Compostela, 1986), nas que se conta con importantes documentos de apoio como:\n– As conclusións da comisión de escola rural do “Primer congreso de renovación pedagógica” de Barcelona, de 1983. – As conclusións das “Primeras jornadas de escuela rural” de Salamanca, de 1984. – As conclusións e a declaración final das “Primeras jornadas de escuela rural” de La Rioja, de 1986.\nMerece especial mención un dos foros temáticos destas primeiras xornadas galegas, titulado\n“Marco legal e situación actual da escola rural en Galiza: a escola rural galega, a grande esquecida”, Ilustración 8. Material das I xornadas de escola rural de NEG (Compostela, 1986).\nno que se presenta un detallado estudo do profesor Antón Costa Rico que se publicou na Revista Galega de Educación baixo o título “Entre a vella e a posible escola rural galega” (1986).\nSignificamos tamén destas xornadas a análise da alternativa “Unha educación integrada de base para desarrollar o rural”, e o tratamento dun asunto tan prioritario naquel momento como era o “Desarrollo do mundo rural, mapas escolares e zonalización”; para enfrontar este último tema tomouse como referencia o proxecto antes mencionado dos mestres da comarca de Ordes, así como o “Proxecto de intervención educativa para a Mancomunidade de Ordes”, realizado por dúas persoas licenciadas en ciencias de educación.\nA estas primeiras xornadas, e a todas as que se organizaron posteriormente, convidouse (infrutuosamente) aos representantes da administración educativa coa intención de que expuxeran os plans e os datos nos que se baseaba a súa acción de goberno, e ao mesmo tempo para que tiveran oportunidade de escoitar os argumentos que alí se defendían.\nAínda así, a participación de máis dun centenar de persoas, e a intensidade das análises realizadas nestas xornadas evidenciaban a necesidade da súa realización. De feito, nas propias conclusións xa se nota que alí deu comezo o proceso de consolidación das liñas pedagóxicas sobre a escola rural galega, que caracterizarían textos posteriores tales como o importante “documento base” da Mesa Galega de Educación no Rural. Nestas xornadas tamén se perfilou o modelo no que haberían de asentarse as seguintes xornadas.\nFinalmente, nas primeiras xornadas fíxose patente a vontade de mellorar a coordinación de escolas e colectivos, de tal maneira que se tomou a decisión de axilizar a creación da desexada\nIlustración 9. Noticia de prensa sobre as I xornadas de escola rural de NEG. Fonte: xornal La Voz de Galicia, 23 de maio de 1986.\n“coordinadora”, iniciativa na que se continuou a traballar ata as seguintes xornadas.\n4.2. Segundas e posteriores xornadas de escola rural\nAo ano seguinte, en 1987, NEG organiza as “II xornadas de escola rural”, tamén en Compostela, nas que de novo volven a participar colectivos diversos a prol da escola rural. Cun programa extenso e intenso na liña do anterior (relatorios, debates, experiencias, conclusións, etc.), a participación seguiu sendo numerosa e activa.\nAs “III xornadas de escola rural” de NEG realízanse en 1988 no Pazo de Mariñán (Bergondo), tamén cunha notable asistencia. Nestas xornadas, ademais de continuar afondando nas problemáticas das anteriores, por fin se entra a fondo na definición dun currículo propio para a escola rural e nas bases para desenvolvelo, enfocándoo cara a unha escola integrada. O encontro coincide no tempo coa primeira planificación experimental de Colexios Rurais Agrupados 4 (en adiante, CRA) elaborada pola\nIlustración 10. Cartel das II xornadas de escola rural de NEG (Compostela, 1987). Ilustración 11. Cartel das III xornadas de escola rural de NEG (MariñánBergondo, 1988). 4 Ata 1996 a súa denominación oficial en Galiza era “Colexios Públicos Rurais Agrupados”. A partir do Decreto 374/1996 (de 17 de outubro, polo que se aproba o regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, DOG do 21 de outubro), perden o adxectivo “públicos” para concordar co nome que xa recibían noutras Comunidades Autónomas.\nadministración educativa, concretamente a realizada en Teo, Narón e Santa Comba, que se materializa na creación destes CRA piloto; nas xornadas cóntase co equipo docente de Teo e debátese sobre esta alternativa, quedando en evidencia as contradicións da administración á hora de dispoñer para os CRA unha dotación privilexiada en comparación co esquecemento que padecían as escolas unitarias; en definitiva, faise patente a urxencia dunha planificación xeral para toda Galiza.\nNestas xornadas tamén se pon de manifesto a necesidade de formalizar definitivamente a “Coordinadora da Escola Rural de Galiza”, cuxa xestora provisional viña manténdose desde dous anos antes; por fin acaba sendo alí constituida, cun perfil aberto ideoloxicamente e plural en termos de representatividade. Posteriormente a Coordinadora retoma os puntos de acordo destas terceiras xornadas e fai a súa primeira declaración pública de principios, sobre a reestruturación do sistema de concentracións demandando, primeiro, a busca dun novo sistema que “desmasifique” e devolva ao neno/a ao seu ambiente natural, e segundo, a concienciación e formación do profesorado de cara á transformación do seu labor nas escolas rurais con novos procederes no pedagóxico e no organizativo.\nEn xeral, os obxectivos que a Coordinadora acabou asumindo foron:\n1. Artellar os esforzos de todos os e as ensinantes preocupados pola problemática da escola rural. 2. Apoiar e asesorar os grupos das diferentes zonas para a elaboración de mapas escolares e alternativas de escolarización. 3. Facer uso da súa representatividade diante da administración educativa, reclamando ser consultada e escoitada sobre todas as actuacións que afectasen ao rural. En anos sucesivos seguiron outras xornadas, tamén baixo a responsabilidade de NEG, e coa colaboración dos colectivos participantes na Coordinadora. Por fin en 1989 realízase en Gandía (Alacante) o histórico “II Congreso Estatal de MRP”, no que participa o grupo de traballo de escola rural de NEG, coa achega de varios documentos que viñan a reflectir, de facto, o dinamismo do colectivo docente galego na defensa da escola rural.\n5. A CREACIÓN DOS CRA E A CONFRONTACIÓN COA SITUACIÓN DAS ESCOLAS\nUNITARIAS\nPor esa mesma altura comezan os primeiros contactos entre o profesorado que traballaba nos novos CRA, que anos máis tarde (1997) configurarían a “Asociación de Mestres de Colexios Rurais\nAgrupados de Galicia” (en adiante, AMCRAGA), que desde entón vén actuando como coordinadora de propostas, reivindicacións e intercambio de experiencias dos CRA galegos, para o que xa no curso 198990 comezou a organizar uns encontros ou foros “interCRAs” en diversas localidades do país, co obxectivo de contribuír á actualización pedagóxica das mestras e mestres dos CRA (reelaborado de Segovia, 2011: 3). A última edición foi o “XI Foro AMCRAGA” de 2010, realizado no CRA de Santa Comba.\nO modelo CRA, que nun principio se presentaba como unha aposta esperanzadora para a educación no rural, limitouse a poñer en funcionamento (dotando adecuadamente) algúns CRA que cumprían certos requisitos. Ante esta situación, que en termos comparativos afectaba negativamente a moitas escolas unitarias e concentracións, desde a Coordinadora (e tempo andando, desde a Mesa Galega de Educación no Rural) propúxoselle á Consellería que considerase adoptar dúas alternativas, complementarias entre si: a extensión do modelo CRA ao conxunto do rural en caso de que resultara idóneo, e a procura doutros modelos de agrupamento rural do tipo “organización funcional”.\nEn calquera caso esixíaselle á administración que tomase con urxencia medidas que rematasen coa Ilustración 12. Cartel do XI Foro AMCRAGA (Santa Comba, 2010). Fonte: http://www.glogster.com/angaraban/foroamcraga/g6n15aps29sj63kn9uvo9ha0\ndiscriminación que padecía o alumnado das escolas unitarias, medidas, en definitiva, que evitasen o seu peche. Non houbo éxito.\n6. O PAPEL DA MESA GALEGA DE EDUCACIÓN NO RURAL 6.1. A entrada en escena da MGER\nPolo ano 90, coincidindo coa época na que os MRP son animados desde o MEC e reciben axudas económicas, é cando se constitúe oficialmente a Confederación Estatal de MRP, dentro da que se crea a específica “Mesa Estatal de Escuela Rural” (cada Comunidade Autónoma tiña a súa propia organización neste asunto e todas elas se integraban na mesa estatal). Así, e despois do esmorecemento da anterior Coordinadora da Escola Rural de Galiza, co empuxe de NEG conxúntase a partir de 1996 unha nova plataforma coa denominación “Mesa Galega da Escola Rural” (en adiante, MGER), que participa en todas as reunións da mesa estatal, colabora na primeira publicación desta (“Trabajar en la escuela rural. ¿Trabajar en la escuela rural? ¡Trabajar en la escuela rural!”, libro de 1998), e mantén un papel activo nos congresos estatais de MRP, significándose a este respecto a numerosa presenza galega no congreso de Torremolinos de 1996, no que se establecen conclusións e reivindicacións sólidas referidas ao sistema educativo no ámbito rural 5.\nEsta integración na “mesa rural” da Confederación Estatal de MRP supuxo para a MGER un notable reforzo. Grazas aos considerables avances que en materia de política educativa específica para o rural estaban acontecendo noutras Comunidades Autónomas, nos momentos escuros que se atravesaron en Galiza púidose contar con acreditados referentes foráneos e con apoios rigorosos cando houbo que formularlle á nosa administración autonómica reivindicacións ou esixencias doutros modelos de política xeral e educativa para o territorio rural galego.\nHai que sinalar que no 1996, unha vez que o PSOE é substituído polo PP no goberno do Estado, os apoios do MEC á Confederación Estatal de MRP redúcense significativamente, quedando desmanteladas as mesas específicas nun momento da máxima actividade. Unha vez materializado aquel lamentable final “económico” da mesa estatal, voluntariamente desde NEG aínda se continuou durante un tempo en comunicación con grupos de traballo dalgunhas Comunidades Autónomas, pero ao non se dispor de fondos para costear viaxes e encontros non foi posible manter aquela Mesa Estatal de Escuela Rural que tanto e tan importante labor viñera desenvolvendo durante aqueles seis anos. 5 Nesta época tamén se constitúe a “Mesa Galega da Educación Infantil”, integrada así mesmo na Confederación Estatal de MRP. A referida “mesa infantil”, promovida desde NEG, apoiada especialmente por Preescolar na Casa, e na que participaron diversos colectivos e persoas defensoras da causa, tivo unha comprometida e significada acción durante os poucos anos que conseguiu manterse en funcionamento. Dentro do seu extenso cometido destacou polo intenso labor en defensa dun proxecto específico de atención educativa para o medio rural, en virtude do cal a entidade tiña asumido un proxecto xa existente que sondaba a procura de opcións novas, e que levara por título “Alternativa de atención educativa para a etapa infantil no medio rural galego”. Esta proposta fora elaborada, anos antes, por mestras e mestres relacionados co grupo de traballo da comarca de Ordes e de Preescolar na Casa.\n6.2. Que é a MGER?\nConcentrando xa a atención na natureza da MGER, esta quedou configurada desde os seus inicios polos MRP máis activos do territorio galego naquel momento (NEG especialmente, e tamén a Asociación SocioPedagóxica Galega), polas representantes dun programa tan significado na educación no rural galego como foi Preescolar na Casa, pola Coordinadora Galega de CRA, e polas organizacións sindicais máis representativas no ensino (CIG, CCOO, CSICSIF, STEG, FETEUGT).\nAgás unha paréntese na presenza dos CRA (estiveron uns anos sen implicación na actividade da MGER, pero na actualidade reanudaron a súa participación), todas estas entidades viñeron coincidindo durante estas case dúas décadas no cometido e no enfoque desta plataforma, representativa dos e das profesionais da educación rural. E así, ata os nosos días, a MGER vén desempeñando un labor coordinado, ás veces descoñecido pero imprescindible, a prol da educación no medio rural galego.\nSon difíciles de enumerar as funcións que foi asumindo a MGER nesa longa traxectoria, pero en termos xerais poderiamos reducilas ás seguintes:\n6.3. A MGER no seu contexto: unha organización necesaria\nNos tempos en que naceu a MGER, as escolas incompletas do medio rural galego (a maioría unitarias) sufrían un completo abandono por parte da administración educativa, que desenvolvía unha política firme orientada a fomentar o seu peche, estratexia baseada nun afán puramente económico e aplicada en practicamente todas as zonas rurais de Galiza.\nEn resposta a esta planificación escolar, de novo prodúcense por todo o país protestas locais organizadas de familias e veciñanza defendendo a súa escoliña ameazada de peche. Á par, moitas concentracións escolares comarcais protestaban pola masificación que sufrían na etapa infantil provocada polo peche de unitarias. Noutros moitos centros comarcais, por contra, maniféstanse intereses corporativistas de colectivos de docentes que rexeitan a precariedade na que se atopan as unitarias e defenden que as mestras e mestres exerzan só en colexios; neses casos apóiase de xeito decisivo o peche das unitarias da zona para incrementar a oferta de prazas na propia concentración escolar.\nA ofuscada política xeral da administración para o medio rural definía, por suposto, a orientación que seguiu a política educativa. As nosas autoridades educativas estiveron moi lonxe de considerar a escola unitaria como modelo educativo óptimo e con posibilidades sociopedagóxicas relevantes (así o preconizan Costa, 1986; Berlanga, 2003; Boix, 2004; Bustos, 2011; e outros moitos). A razón, tamén económica, foi negarse a poñer os recursos necesarios de profesorado de apoio e especialista para manter nas unitarias as etapas de educación infantil e educación primaria, tal como se estaba a facer nese momento noutras Comunidades do Estado. Tamén se negaron medios para dotar as escolas de infraestruturas en debidas condicións, ofrecer servizo de pequeno transporte (tipo taxi), ou satisfacer necesidades específicas que posibilitaran o desenvolvemento de proxectos de intercambio e socialización dos pequenos grupos.\nIlustración 13. Viñeta 3 de Andrade.\nNa mesma liña miope a administración non apoiou nin valorou proxectos pedagóxicos modélicos que se desenvolveron en moitas escolas unitarias, que noutras xeografías poderían ter sido referentes, pero que en Galiza foron obviadas por non encaixar cun certo cartesianismo da administración. O máis frecuente nestes casos era que desde o Servizo de Inspección (salvo algún inspector, que excepcións tamén houbo) se opinara negativamente sobre a calidade pedagóxica da unitaria en cuestión, e se aconsellara ás familias que levaran as criaturas ás concentracións, que ademais “competían” coa vantaxe do transporte e do comedor. No medio desta nefasta política chegaron a arbitrarse medidas máis ou menos aberrantes segundo os intereses que primaban en cada caso; contadas veces se actuou seguindo criterios pedagóxicos defendidos polas familias e por algúns mestres/as a favor do mantemento das unitarias.\nForon tempos de infortunio (que acabarían superando as dúas décadas), nos que se tomaron medidas irreversibles de desprazamento de nenas/os a partir de tres anos ás agrupacións, en condicións ás veces denunciables. En moitos casos a estratexia da administración era comezar apartando da unitaria ao alumnado de 1º ciclo de educación primaria, para evitar así completar a súa escolarización na unitaria con especialistas itinerantes; agardábase desta maneira poder pechar a escola a curto prazo por falta de matrícula en educación infantil, xa que as familias levarían as crianzas a un centro que lles asegurase desde o inicio un servizo completo; en suma, un círculo vicioso xerado desde a Consellería.\nA nivel organizativopedagóxico á administración tampouco lle interesou implantar un modelo de “agrupacións funcionais” debidamente dotadas, ou ben estender o modelo CRA, debido ao custe que suporía incrementar profesorado itinerante, e tamén porque esixiría un regulamento de itinerancias (como existía na maioría das outras Comunidades Autónomas), mentres en Galiza nos poucos CRA existentes funcionouse durante máis de dez anos sen o regulamento que a propia MGER reclamou desde o principio.\nA este abandono das escolas rurais veñen a sumarse as supresións de comedores escolares e as irregularidades no transporte escolar. En relación ao transporte, os percorridos trazados e as concesións a empresas con privilexios abusivos causaron con frecuencia diversos problemas, denunciados polas ANPA e as direccións dos centros, que esixían debidas condicións para a escolarización das e dos pequenos.\nResumindo, en ocasións as contradicións (ou a incompetencia, mesmo o abuso nalgún caso) na política educativa para o rural viñeron a substituír unha planificación axeitada á realidade dese contorno, un proxecto enfocado á calidade educativa, e unha pedagoxía respectuosa coa infancia do país galego.\nÉ comprensible pois que desde aqueles inicios dos anos 90 por aldeas e vilas de Galiza enteira se mobilizaran colectivos de docentes e familias nunha loita solidaria para impedir a aplicación de medidas drásticas dispostas desde a administración, dificilmente compatibles cunha pedagoxía rural ou cos dereitos da sociedade rural. O nacemento e o mantemento durante case dúas décadas da MGER tivo (e segue a ter) sentido pois no apoio e fundamentación pedagóxica que veu ofrecendo a todos eses movementos defensores da escolarización no rural. A propia MGER, nas segundas xornadas que organizou sobre a educación rural, autodefiniuse como:\nUn grupo de asociacións comprometidas coa educación que, ante a situación de progresivo abandono da educación no medio rural, opta por defender o ensino de calidade de todos os nenos que viven no medio rural. Un grupo que entende a educación como factor importante de desenvolvemento das persoas e das comunidades onde se desenvolven.\n6.4. Funcionamento, evolución e accións significativas da MGER\nComo plataforma de entidades (ben diferentes entre si) que é, a MGER toma as súas decisións a partir da análise conxunta dos asuntos que lle son propios, da confrontación de datos, do debate e da proposta de alternativas, pero chegar a acordos non sempre é doado, sobre todo en momentos críticos. Con todo, un talante flexible predomina no colectivo, e con xenerosidade as organizacións intentan acadar os consensos necesarios para fortalecer as decisións da plataforma.\nConcretamente, no referente á recollida e interpretación de datos relativos a catálogos de postos de traballo, supresión de unidades, situación laboral do profesorado, regulamento de itinerancia, etc., as organizacións sindicais achegan un importante traballo á MGER. Paralelamente, no ámbito da fundamentación pedagóxica son os MRP os que exercen maior protagonismo. Na harmónica converxencia destas dúas culturas reivindicativas foise tecendo unha traxectoria de acción a nivel galego, integrada ao mesmo tempo na dinámica estatal dos MRP, cos que a MGER se veu coordinado a través de NEG desde o primeiro momento.\nA partir do coñecemento da realidade galega e da súa escola rural, das innovacións pedagóxicas do momento e de fórmulas de planificación escolar alternativas, a MGER foi perfilando a finais dos anos 90 un plan específico de educación para o rural galego, enfocado ao desenvolvemento integral tanto da infancia como do propio contorno, e no marco dunha política racional que permitira un crecemento xusto dun medio rural de notables recursos afogados.\nA MGER dirixiu inicialmente as súas enerxías a intentar paralizar as numerosas supresións de unidades escolares impostas pola vía apresurada e repentina, denunciando situacións nas que os datos fríos da administración non contemplaban graves consecuencias sociais e non daban marxe\n6 Considerando o (extenso) cometido da MGER, unha entidade interesada en todas as etapas de evolución da persoa e en todas as dimensións da educación, a substitución na súa denominación do termo “escola” polo de “educación”, máis integrador, produciuse de contado unha vez que os compoñentes da entidade decidiron reflexionar sobre esta cuestión.\na posibilidades reais de recuperación de matrícula. Sucederon moitos casos nos que eran factibles solucións positivas defendidas por familias e docentes, ben coñecedores das posibilidades certas, posibilidades que a administración ignorou o que, unha vez máis, provocou o desprazamento de parte da poboación moza ás vilas, fuxindo da incerteza á hora da escolarización das crianzas.\nOutra das loitas da MGER centrouse en reclamar dotación de profesorado de apoio e especialistas para todas as unitarias, que permanecían nunha vergoñenta precariedade; como indicamos anteriormente, evidenciábase unha inxusta discriminación respecto dos CRA, que contaban cun adecuado cadro de persoal. Desde a MGER, e coa referencia da política de planificación educativa practicada noutras Comunidades Autónomas do Estado (que lle levaban algúns anos de adianto á da Consellería de Educación), reclamábase unha organización funcional que asegurase que todas as escolas rurais, formasen parte ou non dun CRA, dispuxesen da mesma dotación (por suposto isto implicaba que se elaborase sen máis demora o regulamento de itinerancias, cuxa inexistencia sufriu durante anos o profesorado dos CRA, pese ás demandas da MGER).\nPara planificar estas medidas, a MGER defendía a necesidade da elaboración dun mapa escolar da realidade existente, e doutro mapa escolar baseado nun plan alternativo, máis o correspondente deseño dun proceso de tránsito do primeiro mapa ao segundo. A resposta da administración educativa a este asunto acabaría tendo gran transcendencia no futuro: afianzamento na negativa a desenvolver un plan específico para o rural, optando en cambio pola supresión urxente daquelas escolas que precisaban ser dotadas e protexidas.\n6.5. A elaboración do documento base da MGER\nEn vista do panorama presentado no punto anterior, a MGER viu necesario protagonizar a elaboración canto antes dun documento base que orientase un plan específico de educación no rural en Galiza, todo un reto que supoñía sobre todo ollar a longo prazo. Asumíase que os ambiciosos obxectivos desexados non se poderían satisfacer nun breve período de tempo, pero polo menos pretendíase frear de inmediato coas medidas destrutivas que se viñeran aplicando. Urxía tamén a procura dunha orientación pedagóxica atinada para unha infancia nese momento atendida contra natura no sistema educativo desde os máis tenros anos. Da mesma maneira, era conveniente introducir racionalidade no proceso de revitalización do mundo rural, que minorizase o éxodo ás vilas e cidades.\nA elaboración dun documento que recollese nuns puntos mínimos o acordo de todas as organizacións da MGER, e que ao mesmo tempo ofrecese unha información adecuada para ser espallada e popularizada, esixiu un traballo intenso. O consenso de sínteses precisas resulta traballo complexo cando hai que encaixar visións de colectivos diferentes en tempos limitados, ao que se lle sumaban as dificultades e custes asociados á asistencia ás xuntanzas en Compostela de persoas que viaxan desde lugares de toda Galiza, a título voluntario, cando aínda non se popularizara a videoconferencia. Pese aos condicionantes e a prema de presentar nunhas xornadas este traballo, que habería de guiar as perspectivas e horizontes da MGER, finalmente o documento fíxose público en Compostela en marzo de 2000 7.\nEste logro dalgún xeito selou o pacto implícito dos compoñentes da MGER, e tamén permitiu expresar documentalmente de cara á Consellería de Educación e á opinión pública os argumentos dunha entidade que, mediante este manifesto, facía visible a súa presenza. Ilustración 14. Capa dianteira do libro da MGER (2006). 7 Pode accederse directamente a este documento en MGER, 2006: 117120 ou desde http://www.novaescolagalega.org/almacen/documentos/A_educaci%C3%B3n_no_rural_en_Galiza.pdf\n6.6. O libro da MGER 8\nDesde os seus inicios a MGER acubillaba a esperanza de elaborar unha publicación que ademais de difundir o seu propio labor como coordinadora, servira para ampliar a súa incidencia social, para difundir experiencias pedagóxicas (xurdidas en e) dinamizadoras do medio rural, e para favorecer estudos sobre a educación rural galega.\nMalia que a MGER prevía que a humilde publicación estivera fóra do prelo en 2002, diferentes atrancos relacionados coa edición provocaron un retraso de catro anos, nos que só puido contar co apoio incondicional do mecenas Isaac Díaz Pardo, quen participando da causa e sen ningún ánimo de lucro, puxo á disposición da MGER os obradoiros de Gráficas do Castro/Moret. O resto foi un camiño ateigado de cancelas pechadas: un libro crítico coa política das administracións educativas dificilmente ía gozar de subvención pública. Finalmente conseguiuse unha axuda da Deputación\nIlustración 15. Capa traseira do libro da MGER (2006). 8 Desde http://www.novaescola-galega.org/almacen/documentos/A_educaci%C3%B3n_no_rural_en_ Galiza.pdf accédese directamente a esta publicación.\nda Coruña, e despois de moitas xestións no último momento a Consellería da Educación asumiu colaborar coa Deputación na distribución da publicación a centros de ensino e bibliotecas, labor que acabou sendo desastroso: á maioría de centros e escolas o libro non chegou, e cando chegaba aparentaba propaganda ao non vir acompañado da usual presentación oficial, necesaria a fin de que se lle prestara a atención que merecía, que acabou sendo escasa, para frustración da MGER e mal da escola rural unha vez máis.\nEn definitiva, despois da longa xestación, en agosto de 2006 sae á luz A educación no rural en Galiza, que xa no seu editorial amosa con claridade a postura da MGER respecto do título (p. 7):\n[…] un alegato en defensa da educación rural. Esta defensa ten como principal fundamento considerar a educación como unha dimensión fundamental de desenvolvemento local, onde os servizos á infancia, a escola, están chamados a xogar un papel decisivo para facer fronte a problemáticas de illamento, de exclusión social que padece o rural galego. Porque o illamento das escolas vai unido ao illamento das comunidades e pechar escolas non é máis que apurar o proceso de desertización e de morte das propias comunidades.\nEsta publicación pretende ir máis ao fondo da cuestión. Encarar o problema da escola como un problema interno do sistema educativo que agrava o problema de fondo: a supervivencia do medio rural. Isto obriga a pensar os modelos de sociedade e de desenvolvemento.\nAs escolas, a educación, poden constituírse nun pólo de desenvolvemento comunitario contribuíndo a xerar e alimentar dinámicas de acción local revitalizadoras do tecido social. Escolas rurais e comunidades poden —e deberían— ser encaradas como un campo de prácticas sociais innovadoras a nivel social e educativo.\nA publicación integra vinte contribucións, froito de diferentes olladas sobre a educación no medio rural antes, agora e de cara ao futuro, agrupadas nos seguintes apartados:\n– “Artigos para a reflexión” nos que, precedidos dunha presentación da propia MGER, se argumenta que o sistema educativo debe promover a capacitación das persoas, pero no seu propio medio, tal que lles permita no futuro transformar as potencialidades do contorno en beneficios persoais e colectivos. Deféndese tamén a heteroxeneidade nos agrupamentos escolares do alumnado, propia das escolas unitarias, como estratexia eficaz de cohesión social e aprendizaxe da convivencia. – “Situándonos na realidade da escola rural”, no que se analizan as respostas que distintas administracións autonómicas ofrecen diante das peculiaridades da escola rural do seu territorio, e o valor que lle confiren. – “O que é necesario ten que ser posible” era o lema de Antonio Gandoy (o fundador de Preescolar na Casa), quen defendía que cando existe o convencemento de que algo é xusto, téñense que procurar as fórmulas para levalo a cabo. Neste apartado pois recóllense experiencias actuais de educación no rural que confirman que hai formas exitosas de facer, se hai vontade, convencemento e recursos.\n– “Cando os soños levan as respostas” recolle a voz dos nenos e das nenas do medio rural, depositarios da sabedoría popular; a súa lóxica esmagadora ten o inestimable valor de converter en doado o que as e os adultos complicamos: os seus soños veñen cargados de respostas evidentes e razoables. – “Tempos de antes, principios educativos de agora” trata das escolas rurais cunha perspectiva histórica, e pon o acento nos seus efectos de transformación comunitaria e transformación persoal. Á par da presentación de modelos educativos característicos do rural galego (escolas americanas, escolas de ferrado, escolas unitarias, Escola Agrícola de BarreirosSarria, escolas de montaña), ofrécense testemuñas dalgunhas persoas que recrean a súa infancia ligada a experiencias significativas relacionadas coa escola, e é que, en definitiva, a escola é algo propio, algo de cada nena ou neno.\nIlustración 16. Cartel das I xornadas de educación no rural da MGER (Lugo, 2002). Ilustración 17. Noticia de prensa sobre as I xornadas de educación no rural da MGER (Lugo, 2002). Fonte: xornal El Progreso, 17 de marzo de 2002.\n– E uns “anexos”, nos que se inclúe o documento base da MGER, as súas demandas urxentes á Consellería de Educación, a organización das primeiras e segundas xornadas de educación no rural, e a entrada a debate deste tema no Parlamento Galego. Concluía o editorial do libro cun desexo (p. 9): Esperemos que esta publicación cumpra o obxectivo que a Mesa de Educación no Rural persegue: crear debate, reflexión e concienciación sobre unha educación digna e de calidade no medio onde se desenvolven as persoas. Unha educación a carón da persoa.\n6.7. As primeiras xornadas da MGER\nAs “I xornadas de educación no rural” da MGER realizáronse na cidade de Lugo en marzo de 2002. Foron abertas a ensinantes, estudantes e persoas interesadas pola problemática do mundo rural, e convidouse a asistir especialmente ao profesorado das universidades galegas. Durante dous días de formación e debate, e con participación de especialistas de Galiza, Cataluña e Asturias, priorizouse a recolleita de boas prácticas educativas en todos os niveis do ensino, analizouse a evolución do sistema CRA en relación á situación das unitarias, revisouse a experiencia do “Grup Interuniversitari d’Escola Rural de Catalunya”, e valoráronse modelos de agrupamentos funcionais xa implantados que puideran servir de referencia de cara a formular un desexado proxecto de defensa e dinamización da escola rural galega e do seu medio.\nAs conclusións, nunha redacción concordante co espírito do documento base da MGER, desenvolvían un elemento esencial: a necesidade dun proxecto de formación inicial do profesorado que contemplase unha pedagoxía específica para o rural. Con achegas doutras Comunidades Autónomas (Cataluña, Asturias, CastelaA Mancha) manifestábase a urxencia dun plan de dinamización da educación no rural de Galiza no que deberían implicarse as súas universidades como xa o facían as das comunidades mencionadas nos seus territorios. Da mesma maneira expresábase a prema en dispoñer dun plan de formación continua relacionado coa educación no rural que afectase a todo o profesorado, e no que debería comprometerse a Consellería de Educación.\n6.8. As segundas xornadas da MGER e a implicación do Parlamento Galego\nAs “II xornadas de educación no rural” (que levaban por tema “Educación e desenvolvemento rural, o compromiso”), desenvolvéronse en 2004 na Facultade de Ciencias da Educación de Compostela (polo tanto, coa implicación de profesorado universitario); nelas presentouse un texto que pretendía materializar o desexo expresado nas anteriores xornadas, e que se sustentou no documento base da MGER de 2000. O escrito denominouse “Puntos para un plano especifico para a educación no rural”, definidos desde “unha planificación consecuente cos principios dunha educación de calidade e integrada nun proxecto global de desenvolvemento do mundo rural galego”. Seguindo este compromiso afóndase nun discurso que valora a situación de subdesenvolvemento económico que padece o medio rural galego, e reclámase a necesidade de poñer en práctica novas alternativas.\nParticipan nas palestras do programa relatores significados na defensa do mundo rural, bos coñecedores da situación do agro galego e das súas posibilidades negadas. Novamente se insistiu nestas xornadas na importancia da formación inicial e continua do profesorado como preparación específica para traballar na educación rural, para o que se contou coa exposición do plan desenvolvido polo xa mencionado grupo interuniversitario catalán. Como nas anteriores xornadas vólvese instar ás universidades galegas a que asuman responsabilidades ao respecto.\nPor aquel tempo a Xunta de Galiza seguía mantendo unha política para a escola rural (moi afastada da que reclamaba a MGER) baseada en criterios puramente económicos, e sen considerar outras alternativas pedagóxicas nin a elaboración dun plan integral de desenvolvemento do medio rural que integrase a dimensión educativa. Entendendo que o alcance da problemática rural sobordaba as competencias da Consellería de Educación, no ano 2003 a MGER acorda que debería ser o Parlamento Galego quen estudase esta cuestión; así, entrevístase cos representantes dos tres grupos parlamentarios ante os que reivindica a creación con carácter de urxencia dunha comisión de estudo, investigación e proposición de alternativas dedicada en exclusiva á educación no medio rural, na que se contara coa participación da MGER. Neses encontros tamén se aproveitou para convidar aos representantes parlamentarios ás II xornadas a fin de se posicionaren publicamente sobre a creación da referida comisión e sobre a pertinencia dun enfoque global no tratamento do problema, que se concretase nun plan de acción específico.\nSatisfeita a petición, finalmente unha “aparente” comisión comezou a traballar xa entrado 2005, pero a consecuencia da convocatoria de eleccións dese ano e á suspensión da actividade parlamentaria, escasamente se reuniu en catro ocasións (nunha delas contando coa representante da MGER), polo que nunca chegou a elaborar proposición lexislativa nin resolución de ningún tipo (López Pardo e Fernández, 2006: 77): un novo tren que pasaba para a escola rural galega, quizais o último.\n6.9. Un activo compromiso na defensa do legado de Preescolar na Casa\nComo non podía ser doutro xeito, era máxima a consideración que a MGER albergaba polo traballo que Preescolar na Casa viñera desenvolvendo nos seus 35 anos de percorrido. Un programa que nacera para o desenvolvemento integral da criatura rural no seo da familia, que apostaba por unha parentalidade positiva no coidado do neno ou nena, que\nIlustración 18. Cartel das II xornadas de educación no rural da MGER (Compostela, 2004).\nbaseaba a súa acción na integración da/do pequeno no seu contexto cultural, lingüístico e natural, que tiña sido recoñecido en congresos estatais e internacionais como referente modélico para a educación da infancia, non podía ser que vira ameazada a súa continuidade fundamentalmente por falta de financiamento da Consellería de Educación.\nPero foi precisamente iso o que aconteceu en 2012, momento no que a Xunta de Galicia impón unha agresiva política de recortes, especialmente significativos no eido educativo, que poñen o programa nunha situación límite. A MGER opúxose frontalmente a tal atropelo, e xa non só porque a Fundación Preescolar na Casa formase parte da plataforma, ou porque se apartaba do traballo a moitas/os profesionais que viñeran desempeñando con esmero o seu labor, ou porque non se accedera a unha negociación que flexibilizara o impacto do peche drástico, senón e sobre todo porque se deixaba absolutamente desamparadas a case 4.000 familias galegas que viñan recibindo cada ano do programa un servizo absolutamente imprescindible para a crianza dos nenos e nenas, e para o que practicamente non había ningunha outra alternativa.\nA intensa actividade desenvolvida pola MGER en defensa de Preescolar na Casa canalizouse a través de numerosas vías, pero a Consellería non mudou a súa postura ao respecto, así que unha das mellores experiencias pedagóxicas da historia de Galiza viuse obrigada a parar: o programa desapareceu, a Fundación entrou en concurso de acredores, os seus fondos foron obxecto de poxa, e unha parte da educación no noso rural, outra vez, quedou desamparada e fóra da atención da administración autonómica; un lamentable fracaso para toda a sociedade galega.\nPero o servizo que o programa ofrecía seguía sendo demandado polas familias así que, a raíz da creación no 2013 da Asociación SocioEducativa Antonio Gandoy (formada por antigas traballadoras de Preescolar na Casa, e que afortunadamente consegue facerse co fondo material da Fundación), estase a retomar a acción profesional cos mesmos criterios pedagóxicos nos “espazos das familias”, coa diferenza principal de que agora non é posible ofrecela gratuitamente.\nMalia o duro golpe que significou a desaparición de Preescolar na Casa, o nacemento da asociación Antonio Gandoy, que viña a ser herdeira principal do seu legado pedagóxico e material, foi unha noticia esperanzadora para a MGER, e polo tanto cubriu de inmediato nesta o posto que tiña deixado vacante o programa.\n6.10. A MGER e a defensa da educación no rural galego hoxe: actualización do documento base\nNos últimos anos, e xa nesta década de 2010, a actividade da MGER viuse prolongada por mor da persistencia de vellos problemas e polo xurdimento doutros novos: a supresión de unitarias, a eliminación de unidades nos colexios da montaña lucense, a amortización de prazas docentes nos colexios rurais, a aprobación en decembro de 2013 da nova lei educativa (LOMCE) e o seu atropelado desenvolvemento en setembro de 2014, a aprobación do currículo de educación primaria, etc. Sobre todo a MGER implicouse en apoio das activas familias e docentes da montaña lucense (“Plataforma pola defensa da montaña e do rural”) que denunciaban a situación en que a administración educativa estaba deixando as súas escolas, e que organizaron actos en 20122013 con certa repercusión mediática como o camiño ata Santiago e ata Fisterra para demandar a protección das escolas rurais.\nPero a MGER non podía esquecer o fin que a movía desde os seus inicios, e que quedaba sinteticamente expresado na contraportada do “seu” libro (MGER, 2006): É necesaria unha planificación consecuente cos principios dunha educación de calidade e integrada nun proxecto global de desenvolvemento do mundo rural galego.Trataríase dunha planificación que dese prioridade á resposta aos dereitos da infancia a recibir atención educativa no seu medio e recoñecese a utilidade social da escola no seu papel de revitalizadora das comunidades rurais.\nPor este motivo a MGER levaba desde 2012 revisando o “seu” documento base de forma que recollese o espírito dos textos de 2000 a 2004, pero dunha maneira concreta e actualizada tal que permitise orientar outra política educativa para o medio rural. Despois de moitas roldas de contactos, e coa integración de achegas ofrecidas por especialistas alleos á MGER, finalmente en novembro de 2013 preséntase en Compostela (e días despois en Lugo) o “Documento base da Mesa Galega de Educación no Rural fronte ás políticas involucionistas da administración educativa galega en materia de educación no medio rural”, título que en si mesmo xa revela o espírito do texto 5.\nO documento parte dun diagnóstico da situación xeral no rural galego, argumentando novamente a necesidade dun plan de desenvolvemento socioeconómico integral do medio, participado por todos os axentes oficiais e comunitarios afectados, dentro do que a cuestión educativa debería ser especialmente tida en conta. A continuación ofrece dezanove propostas de política educativa que, ao entender da MGER, a administración galega debería implementar como “plan de educación específico para o rural”, a fin de permitir que os nosos nenos e nenas rurais puidesen recibir un servizo escolar digno do século XXI no seu propio medio, e nunhas condicións tamén respectuosas co labor que desempeñan as e os profesionais da educación no rural. Está en xogo, nada máis e nada menos, que a supervivencia das comunidades rurais galegas e da súa cultura, naquelas aldeas que aínda quedan habitadas.\nAs medidas propostas polo documento e a rotundidade da súa redacción chamaron a atención dos medios, pero agora agárdase sobre todo que poidan provocar algunha reacción ou toma de postura práctica por parte do Parlamento Galego, xa que ao pouco da presentación pública do texto a 9 Desde http://www.novaescola-galega.org/almacen/documentos/documentobasemesarural.pdf accédese directamente a este documento.\nMGER dirixiuse outra volta aos grupos parlamentarios para que se implicasen retomando a actividade da comisión que anteriormente se puxera en marcha. A resposta do grupo parlamentario popular á creación da nova comisión foi negativa, actitude que censuran os grupos da oposición á par que comprometen o apoio ao documento da MGER e a outras alternativas que se propoñan.\nNo tocante á actividade de organización de xornadas de encontro e formación sobre a educación no rural, despois da realización das segundas xornadas (2004) a MGER viu moi condicionada a súa capacidade de acción, polo que tivo que renunciar a continuar nesa liña. A situación evidencia a precariedade de recursos humanos e económicos na que se veu manexando a MGER nos últimos anos, a causa dos recortes nas axudas públicas aos MRP e no persoal liberado (as organizacións que configuran a MGER sufriron sobresaturación debida ao exceso de cometidos e a escaseza de persoal).\nPero entre tanto, o labor da MGER continúa de cara ao futuro, e cunha nómina relevante de asuntos que atender. A súa presenza segue a ser necesaria.\n7. REFLEXIÓNS FINAIS: UNHA LECTURA DA SITUACIÓN ACTUAL E MIRANDO AO FUTURO\nDesde que a MGER organizou as xornadas de 2002 e 2004 numerosas entidades (sindicatos, MRP, asociacións culturais, ANPA, concellos, etc.) teñen tomado felizmente a iniciativa de\nIlustración 20. Presentación do documento base actualizado da MGER na Galería Sargadelos de Compostela, promover documentos, actividades ou encontros de formación e reflexión nos que a aposta pola educación no medio rural xoga un papel relevante. Quizais sexa NEG quen máis se teña destacado ao respecto, pois na última década leva xa organizado oito edicións do “Encontro de debate sobre o medio rural”, 10 dez das “Xornadas interxeracionais rurais” de CabreirosXermade, e algún seminario específico sobre materiais didácticos para o medio rural.\nPor outra banda, percíbese nos últimos tempos certa efervescencia de experiencias de innovación pedagóxica que agroman en colexios e escolas rurais diseminadas por todo o país, o que se evidencia nos abondosos certames pedagóxicos de ámbito autonómico e estatal que ano a ano galardoan a centros rurais galegos (moi especialmente nos eidos da lectura, das bibliotecas escolares e das novas tecnoloxías). É lóxico: a literatura científica sobre educación no rural vén argumentando desde hai tempo que nas escolas rurais, se se dan as condicións adecuadas, poden facerse pedagoxías de vangarda e, á par, acadar óptimos resultados académicos no alumnado.\nSirvan ao respecto de exemplo a escola de Lago (CRA de Valdoviño), ou o CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela), ou o CPI Virxe da Cela (Monfero); ou o CRA Nosa Señora do Faro (Ponteceso) e o CRA de BoqueixónVedra, escolas pioneiras no uso das TIC aplicadas á educación, que teñen recibido numerosos premios (algúns de alcance internacional) por promover, entre outros, os avanzados proxectos pedagóxicos “CRAescuela.net” (http://www.craescuela.net) e a “Rede de Escolas na Nube” (http://www.escolasnanube.net), respectivamente.\nTampouco podemos deixar de citar aquí o notable labor da asociación pedagóxica e cultural “Ponte… nas ondas”, que en 2014 xa chegou á vixésima edición da súa xornada multimedia de comunicación 11, un fermoso proxecto digno de todo eloxio que liga as escolas da raia galegoportuguesa a partir do patrimonio cultural compartido. Ademais a asociación vai activar novamente a candidatura para que a UNESCO inscriba na súa listaxe representativa de Patrimonio da Humanidade o patrimonio inmaterial galegoportugués.\nAs iniciativas que vimos de amosar (de entre moitas que existen), que revelan a boa saúde pedagóxica dunha parte dos docentes rurais e das súas escolas, non nos deben levar a engano. En efecto, a realidade das aulas indícanos que seguen a padecerse problemas enquistados (proba disto son as numerosas mobilizacións de familias rurais de moitos puntos da xeografía galega nos últimos anos, en contra de certas decisións da Consellería de Educación) que só a mudanza da política educativa para o rural podería remover, tal como argumenta o documento base da MGER de 2013. Habería que afirmar pois que a situación actual da educación no medio rural galego préstase a unha visión dual.\nE é que necesidades hai moitas: un currículo adaptado ao medio rural, unha planificación escolar que contemple os agrupamentos funcionais, unha rede de comedores escolares en condicións, Ilustración 24. O propio contexto é o patio de xogo. Ilustración 25. Viñeta 4 de Andrade. 11 A materialización desta xornada escolar multimedia vén de ser recoñecida co premio Ondas 2014 á cobertura informativa. Os “Ondas” son os prestixiosos galardóns que concede anualmente Radio BarcelonaCadena SER a profesionais de radio, televisión, cine e música en España.\nunha maior oferta educativa nas etapas de educación secundaria, un redeseño das rutas de transporte dalgúns centros (extremadamente esixentes para o alumnado), etc.\nÉ preciso ademais un plan de fomento e estímulo da escola rural: que recoñeza e premie o profesorado que traballa nas unitarias (tamén con complementos económicos xustos), que favoreza a súa permanencia, que promova a elaboración de materiais educativos adaptados ao medio rural, que dote adecuadamente estes centros de profesorado especialista, que corrixa os problemas de conexión á rede dalgunhas escolas, e que dispoña dun programa de formación continua especializado na escola rural.\nLamentablemente nalgúns casos xa é tarde; é o que lle pasou ao modelo CRA: unha iniciativa interesante da administración que quedou reducida a unha trintena de experiencias debido ás limitacións e esixencias impostas na normativa ás unitarias interesadas en agruparse, o que impediu estender este modelo mentres houbo escolas abondas. Algo parecido aconteceu coa zonificación escolar demandada polos colectivos docentes, que podía chegar ser unha resposta adecuada e adaptada a certas zonas do territorio rural galego, pero que apenas tivo materialización na práctica.\nPor último, non parece moi defendible que nos tempos que corren a administración galega siga sen ter en conta, á hora de decidir se mantén ou non en activo unha escola rural, outros criterios sociais ou pedagóxicos diferentes ao número de crianzas matriculadas, cruel espada de Damocles que pendura sobre as que aínda fican abertas. Se a isto lle xuntamos o derrubo da natalidade galega Ilustración 26. Escola unitaria abandonada.\n(sobre todo no rural), a negativa influencia da crise económica e dos recortes dos orzamentos públicos na educación, ou a política de desenvolvemento económico da Xunta de Galiza dirixida ao medio rural, é difícil ser optimista.\nAfirmaba recentemente a especialista en economía agraria Mar Pérez Fra nunha conferencia 12 en Negreira que “o 87% do territorio de Galicia presenta características demográficas, económicas e sociais que permiten definilo como un espazo rural”, pero neste amplo territorio xa unicamente reside un 33% da poboación galega, “estatísticas que sitúan a Galicia ante un panorama de desequilibrio demográfico” preocupante e cada vez máis acrecentado, que as políticas agrarias e de desenvolvemento económico rural ata agora implementadas poden parcialmente explicar. Pero tamén ten contribuído decisivamente á intensificación do despoboamento rural e do envellecemento da súa poboación o éxodo á vila ou á cidade de moitas familias rurais con crianzas (en parte obrigadas polo peche da escola do lugar, ou pola menor oferta de servizos básicos na zona), feito que compromete de maneira crítica a mesma supervivencia das aldeas a medio prazo, e favorece polo tanto o desmantelamento do rural.\nA propósito disto, é significativo que desde hai anos para a administración galega as unitarias xa non existan como tales, pois oficialmente denomínanse “Escolas de educación infantil”, o que implica que (a diferenza doutras Comunidades Autónomas onde estas escolas contan tamén, se non coa etapa completa, polo menos cos primeiros anos da educación primaria), a Consellería de Educación se inclina a considerar que estes centros preferiblemente deben atender o tramo 36 anos. Tendo en conta o índice de natalidade no rural galego, esta redución do intervalo de idades do alumnado ao que dan servizo as escolas rurais provoca severas dificultades para acadar o número mínimo de matrículas cada mes de setembro, a fin de mantelas abertas. De novo, un círculo vicioso.\nEn realidade estes corenta anos de loita pola educación no rural (en esencia, polo seu mantemento) víronse definidos en boa medida pola política de fomento das concentracións escolares e peche das escolas unitarias, un proceso iniciado arredor de 1970 e que permaneceu no tempo, salvo certas intermitencias (anos 1982 e seguintes), ata o punto de que a maioría da actividade dos colectivos pedagóxicos e comunitarios que traballaron desde entón neste eido, centraron precisamente a súa actividade na oposición á concentración do alumnado en macrocentros.\nLamentablemente a clausura de escolas rurais non é só un fenómeno do pasado: nos últimos dez anos aínda se pecharon unhas 160 escolas unitarias por toda a xeografía de Galiza 13. Na actualidade sobreviven en activo unicamente 117 unitarias independentes e algo máis de 200 formando parte dos 27 CRA, nunha paisaxe que hai varias décadas estivo poboada por máis de mil. Das que xa non albergan actividade escolar, varios centos son dedicadas a usos diversos (local da veciñanza, espazo municipal para actividades formativas, telecentro, albergue de peregrinos, vivenda municipal ou privada, etc.), pero outras 14 están nun estado que pivota entre a decadencia e a ruína total, tanto das instalacións como dos recursos materiais do interior, sometidos a pillaxe e actos vandálicos. É como se á Consellería de Educación só lle interesara clausurar e desentenderse do equipamento interior, asumindo que o investimento en materiais xa foi amortizado, nunha evidente mostra de abandono ou mala xestión de recursos públicos 15.\nO panorama de claroscuros que vimos de ofrecer, indúcenos a crer que os vindeiros anos van ser decisivos para a supervivencia da rede de escolas rurais diseminadas polo territorio galego. Para asegurar a súa continuidade, para albiscar esperanzas de mellora, entendemos que hai tres condicións que necesariamente deberían concorrer: – As escolas do rural teñen que ser percibidas pola poboación como escolas de notable calidade pedagóxica, tal como xa acontece noutras Comunidades Autónomas. É prioritario para o mantemento do seu funcionamento que as familias sintan que a escola da aldea é o lugar adecuado para educar o seu neno ou nena, de tal maneira que sexa a propia comunidade e non só as e os docentes quen se implique na defensa destes centros. Loxicamente, aquelas escolas que están apostando por unha actividade educativa sustentada na Ilustración 27. A escola rural: pasado, presente… e futuro?\ninnovación pedagóxica terán máis posibilidades de permanecer: incorporación das novas tecnoloxías da información á acción educativa diaria das escolas (que tamén lles permita traballar en rede), comunidades de aprendizaxe, escolas como entidades dinamizadoras do desenvolvemento comunitario, escolas como axentes que poñen en valor e recrean a cultura rural, etc.). – Flexibilidade por parte da Consellería de Educación á hora de decidir se mantén abertas ou non escolas con pouco alumnado, atendendo a máis razóns alén da cuestión da matrícula. Ao contrario, na liña do que argumentamos máis arriba, a administración debería amosarse proactiva, tanto na atención que lle dispensa ás escolas rurais, como na divulgación e dignificación pública do labor que realizan. – Un novo plan de choque contra o despoboamento rural, que permita frear a agónica caída da natalidade (que por si mesma xa provoca o peche dos centros). Necesítanse xerar condicións económicas viables, diversificadas e baseadas no desenvolvemento sustentable, que fagan o rural atractivo tamén para outras persoas que aínda non viven nel. Esta intervención debería ser asumida como un compromiso de toda a sociedade galega, na que as administracións e as entidades rurais haberían de colaborar man con man a fin de acordar e priorizar as medidas máis urxentes para satisfacer as necesidades da poboación que vive ou que potencialmente podería vivir no medio rural.\nEstá claro: se ollamos cara adiante aínda percibimos que queda un treito longo por percorrer; hai moito polo que seguir batallando en beneficio da educación no medio rural galego, responsabilidade que é, en definitiva… unha teima sen acougo.\n8. A MODO DE SÍNTESE\nNeste exercicio de memoria que vimos de realizar intentamos deixar constancia daqueles aconteceres máis relevantes da acción comunitaria en defensa da educación rural en Galiza nos últimos corenta anos. Non cabe dúbida que a memoria é fraca e mesmo selectiva, así que asumimos que a elaboración dunha historia completa das loitas pola mellora da educación no medio rural galego á forza ofrecería moitos máis elementos de análise que os que figuran nesta modesta contribución.\nEn calquera caso, temos deixado constancia das mobilizacións sociais máis relevantes naquel lapso temporal (animadas por docentes, familias e outros axentes da comunidade), comezando polo rexeitamento da EscolaFogar de San Román de Cervantes a finais dos 70, pasando pola oposición á ampliación das concentracións escolares da comarca de Ordes a mediados dos 80, e rematando coa resistencia á supresión do programa Preescolar na Casa no ano 2012.\nIsto conseguiuse en boa media porque a mediados dos 70 as e os docentes rurais decidiron unirse para expresar publicamente as súas demandas. Así, á aquel primeiro grupo de mestras de montaña seguírono as asociacións de pedagoxía Freinet ACIES e MCEPG, e nos inicios dos 80 a creación do Colectivo Pedagóxico Estiño, e a configuración dos MRP Nova Escola Galega e Asociación SocioPedagóxica Galega, entre outros moitos. A finais dos 80 comezan a aparecer as plataformas; primeiro a Coordinadora da Escola Rural de Galiza, que participaba na Coordinadora\nEstatal de Escuela Rural; despois, a mediados dos 90 xorde a Mesa Galega de Educación no Rural (nos primeiros anos baixo o rótulo Mesa Galega da Escola Rural) que participaba na Mesa Estatal de Escuela Rural, dentro da Confederación Estatal de MRP, cos que había fluída comunicación. Finalmente, formalízase AMCRAGA en 1997, aínda que os seus membros viñan colaborando desde 1989.\nA coordinación entre persoas e entre colectivos xera enriquecemento e multiplica posibilidades; por iso puideron ir aparecendo diferentes documentos que apostaban por outra política educativa para o rural galego, entre os que salientamos: o proxecto de escolarización para as zonas de alta montaña lucense de finais dos 70, o proxecto alternativo de escolarización para a comarca de Ordes de 1986, ou os sucesivos documentos da MGER (o orixinal do 2000, o de 2004, e o definitivo de 2013) a prol dun plan de educación no rural inserido dentro dun proxecto de desenvolvemento integral para o medio rural galego.\nNon foi raro que estes documentos xurdiran ao calor de encontros ou seminarios de formación docente, entre os que citaremos como máis relevantes as xornadas anuais de escola rural organizadas por NEG (varias edicións desde 1986), os foros e xornadas de formación dos CRA de Galiza organizadas por AMCRAGA (once edicións entre 1989 e 2010), e xa a partir de 2002 as primeiras e segundas xornadas de educación no rural da MGER ou os encontros de debate sobre o medio rural de NEG.\nPero ao longo de todo o período revisado aconteceron outros moitos fitos destacados a prol da educación no medio rural, entre os que habería que significar a actividade do programa Preescolar na Casa durante 35 anos, o nacemento en 1988 dos primeiros CRA galegos, a creación da comisión para o estudo da situación da escola rural no Parlamento Galego en 2005, a edición do libro da MGER en 2006, ou a constitución en 2012 da “Plataforma pola defensa da montaña e do rural”, por só citar algúns exemplos.\nOs retos que pesan neste momento sobre a educación no medio rural galego son numerosos, complexos e, ademais, a meirande parte deles son históricos: veñen de lonxe. A situación dista bastante de ser satisfactoria, así que o labor das entidades que defenden outra política educativa para o rural prevese longo, entre tanto existan aldeas habitadas no país.\nREFERENCIAS\nArias, Valentín (1975). A escola rural en Galicia. En Domingo GarcíaSabell e outros, A Galicia rural na encrucillada. Vigo: Galaxia, páxs. 249288. Berlanga, Salvador (2003). Educación en el medio rural: análisis, perspectivas y propuestas. Zaragoza: Mira.\nBoix, Roser (1995). Estrategias y recursos didácticos en la escuela rural. Barcelona: Graó. Boix, Roser (coord., 2004). La escuela rural: funcionamiento y necesidades. Madrid: CissPraxis. Bustos, Antonio (2007). Enseñar en la escuela rural: aprendiendo a hacerlo. Evolución de la identidad profesional en las aulas multigrado. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 11, 3, 26 páxs. Dispoñible en http://www.ugr.es/~recfpro/rev113COL5.pdf\nPedagógica."} {"summary": "A historia do estudio Walt Disney Pictures non sería a mesma sen as adaptacións literarias. Dos cincuenta e catro filmes considerados “clásicos Disney”, corenta e seis (o 85%) parten dunha base escrita que a compañía versionou. E dentro destas adaptacións, especial importancia teñen os contos de fadas. Ao longo do tempo, a empresa viviu catro etapas particularmente brillantes: a finais dos anos trinta, a década dos cincuenta, o último decenio do século XX e o momento presente. Todas elas se iniciaron, sen excepción, levando á pantalla grande un conto protagonizado polas que pasaron a converterse en princesas disneysianas. O éxito destas películas foi tal que devoraron as versións anteriores -moitas delas mundialmente coñecidase as que prevalecen na actualidade son as que o estudio contou. E como son esas versións? Edulcoradas, dulcificadas, simplistas e americanizadas son algúns dos adxectivos que os críticos empregan para definilas. Blancanieves, Pinocho, Bambi, Cenicienta e La bella durmiente son exemplos nos que podemos atopar estas características.", "text": "DISNEY E OS CONTOS DE FADAS: HISTORIA DUN SECUESTRO\nDATA DE RECEPCIÓN: 31/01/2015\nDISNEY Y LOS CUENTOS DE HADAS: HISTORIA DE UN SECUESTRO\nDISNEY AND FAIRY TALES: THE STORY OF A KIDNAPPING\nDATA DE ACEPTACIÓN: 29/04/2015\n : adaptación, contos de fadas, Disney, terxiversación.\nResumen: La historia del estudio Walt Disney Pictures no sería la misma sin las adaptaciones literarias. De los cincuenta y cuatro filmes considerados “clásicos Disney”, cuarenta y seis (el 85%) parten de una base escrita que la compañía versionó. Y dentro de estas adaptaciones, especial importancia tienen los cuentos de hadas. A lo largo del tiempo, la empresa ha vivido cuatro etapas particularmente brillantes: a finales de los años treinta, la década de los cincuenta, el último decenio del siglo XX y el momento presente. Todas ellas se iniciaron, sin excepción, llevando a la pantalla grande un cuento protagonizado por las que han pasado a convertirse en princesas disneysianas. El éxito de estas películas fue tal que devoraron a las versiones anteriores -muchas de ellas mundialmente conocidasy las que prevalecen en la actualidad son las que el estudio ha contado. ¿Y cómo son estas versiones? Edulcoradas, dulcificadas, simplistas y americanizadas son algunos de los adjetivos que los críticos usan para definirlas. Blancanieves, Pinocho, Bambi, Cenicienta y La bella durmiente son ejemplos en los que podemos encontrar estas características.\nMíguez López, María (2015). Disney e os contos de fadas: historia dun secuestro. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 2, \"Artigos\", 523. ISSN 2386 -7620. DOI http://dx.doi.org/10.15304/elos.2.2379\nIntrodución\nCando Walt Disney se iniciou no mundo das longametraxes con Blancanieves y los siete enanitos (Snow White and the Seven Dwarfs, 1937) 1, fíxoo adaptando un dos contos de fadas máis coñecidos, unha historia de moitos anos atrás e da que existían múltiples versións nas distintas linguas e países europeos. Ao proxecto chamábano en Hollywood a “loucura de Disney” (“Disney’s folly”): non se fixera nos Estados Unidos ningunha longametraxe de animación e poucos confiaban en que unha película tan cara, traballosa e arriscada fora saír ben. O filme comezou a xestarse arredor do ano 1934 e estreouse o 21 de decembro de 1937 no Carthay Circle de Los Ángeles. Cando en 1939 a Academia das Artes Cinematográficas lle entregou a Walt Disney un Oscar especial acompañado por outros sete en miniatura, o termo “tolemia” deixara paso a outros como “marabilla”. E non só a crítica a eloxiou: o público rendeuse a ela converténdoa nun éxito absoluto e os seus 1, 75 millóns de dólares de presuposto levaron ás arcas disneysianas arredor duns trinta. Blancanieves foi o filme que inaugurou o que hoxe coñecemos como a listaxe de “clásicos Disney”, un conxunto de títulos con trazos comúns ben diferenciados. Para que un filme leve este apelido deben concorrer nel dúas características principais: ter sido producido por Walt Disney\nPictures (os nacidos baixo outras marcas do estudio non se inclúen neste grupo) 2 e ser animado\n(coa excepción dalgún título no que se inclúe tamén acción real) 3. Steven Watts (1997: 104105), gran estudoso do estilo disneysiano, define estes clásicos co termo “modernismo sentimental”: unha mestura do real co irreal, embebidos dun sentimentalismo esaxerado, cun moralismo claramente definido e unha presenza do mal e da traxedia moi minimizada.\nJanet Wasko (2001: 114) ve neles unha impronta humorística, musical e de entretemento lixeiro. Para ela, os personaxes responden a estereotipos de raza e xénero, así como a convencións típicas de heroe e antagonista. En canto aos temas e valores que transmiten, considera que os\nDisney e os contos de fadas: historia dun secuestro principais son o individualismo, ética do traballo, optimismo, fantasía, inocencia, romance, felicidade e triunfo do ben sobre o mal. Mais a estas características apuntadas polos expertos cómpre engadir outra non menos importante, asentada igualmente por Blancanieves e que se mantén ata o día de hoxe: a adaptación e apropiación de historias literarias a partir das que elaborar os seus filmes. Blancanieves marcou un fito na historia do cinema, mais a súa impronta non foi menor no eido da Literatura Infantil, nomeadamente dos contos de fadas, aos que en certo modo a compañía chegou a revolucionar. Do total dos cincuenta e catro títulos que ata o momento compoñen a lista de clásicos Disney 4, corenta e seis (o que supón un 85%) teñen inspiración literaria: dende versións dos famosos contos dos irmáns J. e W. Grimm, H. C. Andersen ou Charles Perrault, ata historias practicamente descoñecidas. Porén, tiveran os orixinais máis ou menos sona, o que case todos comparten hoxe en día é un certo esquecemento en favor das versións fílmicas de Disney, que son as que, ao longo dos anos, foron prevalecendo. Actualmente pensar nos personaxes de Cinsenta, Brancaneves ou a Bela Durminte é, para moita xente, pensar na versión disneysiana. Isto é un logro inmenso, tendo en conta que estamos a falar de contos con centos de anos e versionados en ducias de linguas e países, que a compañía de Mickey Mouse, en maior ou menor medida, fagocitou. “It was not once upon a time, but at a certain time in history, before anyone knew what was happening, that Walt Disney cast a spell on the fairy tale, and he has held it captive ever since”, opina Jack Zipes (1995: 21). Ese feitizo non se fixo usando unha variña máxica nin poderes malignos, “on the contrary, Disney employed the most upto-date technological means and used his own 'American' grit and ingenuity to appropiate European fairy tales. His technical skills and ideological proclivities were so consummate that his signature has obfuscated the names of Charles Perrault, the Brothers Grimm, Hans Christian Andersen, and Carlo Collodi”. O estudio, considera Jack Zipes, secuestrou os contos de fadas (e por extensión, engadimos, as historias todas que adaptou) dende os anos trinta e, como veremos, mantenos aínda como reféns. O mesmo opina Janet Wasko (2001: 113), para quen Disney, coas súas versións que sobrepasaron en sona os orixinais, fixo que a imaxe que se ten hoxe desas historias sexa a que o estudio transmitiu. Iso entraña unhas consecuencias pois “as many critics have noted, stories and characters typically go through a process of Disneyfication, which involves sanitization and Americanization”. Moi celebradas nos primeiros anos, as visións críticas cara á reinterpretación dos contos clásicos comezaron a agromar especialmente despois da Segunda Guerra Mundial. Nesa época o estudio estaba endebedado e subsistiu grazas a contratos propagandísticos co goberno dos Estados Unidos. É dicir, os seus títulos afastáronse da arte ao servizo duns intereses moi específicos. Unha das analistas máis duras coa factoría foi a experta en Literatura Infantil Frances Clarke Sayers, (1965) quen acusou ao propio Walt Disney persoalmente de corromper a literatura infantil tradicional, manipulándoa “for his own ends. His treatment of folklore is without regard for its anthropological, spiritual, or psychological truths. Every story is sacrificed to the 'gimmick' of animation”. Jack Zipes (1995: 3940), pola súa banda, cúlpao de “violar” as versións literarias dos contos, roubándolles a súa propia voz e cambiándolles a forma e o fondo. Para el, nas adaptacións disneysianas, en vez de poñer a técnica ao servizo da historia, ocorre ao revés. As imaxes, apunta, conforman unha totalidade harmoniosa pechada, por mor da imposición da cámara e o toque do animador. Aos personaxes achácalles que sexan unidimensionais e estereotipados, sen ningún desenvolvemento, creados só para “domesticar a imaxinación”. O relato está americanizado e mediante el, cos seus modelos de comportamento e as súas ideas (con especial énfase no control), colonízanse outras audiencias baixo a premisa de que o que é bo para Disney é bo para o mundo. O pracer da lectura vese substituído por un cinema impersoal, no que os eventos se van encadeando ata desembocar na salvación a través do heroe masculino. Por último, destaca Zipes, todo se organiza cara a un visionado non reflexivo. Elimínase a profundidade nas historias, e precisamente o confort e a simplicidade que non levan máis aló son un dos principais atractivos. Estes trazos están presentes na meirande parte da filmografía disneysiana mais hai cinco títulos, da época na que Walt Disney estaba á fronte do estudio, que son especialmente representativos, e neles nos centraremos. Son Blancanieves, Pinocho (Pinocchio, 1940), Bambi (1942), La Cenicienta (Cinderella, 1950) e La bella durmiente (Sleeping Beauty, 1959).\nHistoria dun secuestro Antes de analizar estas películas cabe mencionar que xa na época en que producía curtas a obra de Disney fora apuntando estas singularidades. Para atopar as primeiras pezas nas que se deron hai que remontarse ás súas incursións iniciais no cinema: Little Red Riding Hood, The Four\nDisney e os contos de fadas: historia dun secuestro\n9 Musicians of Bremen, Jack and the Beanstalk, Jack the Giant Killer, Goldie Locks and Three Bears, Puss in\nBoots 5 e Cinderella, todas elas curtametraxes de 1922, son algúns exemplos. O seu primeiro gran éxito conseguírao cunha serie chamada Alice (19231927), onde se mesturaba a animación coa acción real e que tiña a súa base no mundo ideado por Lewis Carroll 6. Noutra serie de renome, Silly Symphonies, tirou a empresa igualmente de inspiración literaria para moitos dos seus episodios. Entre outras, destacaron El patito feo (The Ugly Duckling, 1931) 7, Niños en el bosque (Babes in the Woods, 1932, cun título collido dun conto tradicional inglés homónimo e baseada no Hansel e Gretel - Hänsel und Gretel 8 - dos irmáns Grimm), Los tres cerditos (Three Little Pigs, 1933) ou El flautista de Hamelín (The Pied Piper, 1933, a partir do conto dos irmáns Grimm O frautista de Hamelín - Der Rattenfänger von Hameln -, que popularizou no ámbito anglosaxón o poeta Robert Browning no século XIX).\nO mesmo ocorreu con El saltamontes y las hormigas (The Grasshopper and the Ants, 1934, baseado na fábula de Esopo), Los tres cerditos: el lobo feroz (The Big Bad Wolf, 1934; segunda parte da historia dos tres porquiños, esta vez cun argumento tirado de Carapuchiña vermella 9), La gallinita sabia (The Wise Little Hen, 1934), ¿Quién mató al gallo Robin? (Who killed Cock Robin?, 1935, a partir\nda fábula homónima) e Wynken, Blynken y Nod (Wynken, Blynken & Nod, 1938, baseado no poema de\nEugene Field) 10.\nPero o título que marca un antes e un despois para a compañía é, claramente, Blancanieves, a “Disney's folly”, na que tanto empeño, traballo e ilusión puxo cando case ninguén vía o proxecto factible. Das múltiples versións que existen da historia de Brancaneve, a empregada por Disney como base para a súa propia é a dos irmáns Grimm, Schneewittchen. A cinta, que non ofrece ningunha mensaxe novidosa, foi, pola contra, un prodixio da técnica de animación. Especialmente destacable é o deseño dos personaxes e o realismo nos seus movementos. Se ben os ananos responden, xa dende os propios nomes, a estereotipos moi marcados, a nivel estético cada un deles posúe uns trazos diferenciados (e en que así fora tiña especial interese Disney). As paisaxes que se ven na película, onde xa se aprecia certa profundidade, e a axilidade nas tomas, son os avances máis destacados no eido técnico, que prevalece sobre o da historia. No referente a esta, do filme destaca, por enriba de todo, o seu romanticismo, ese trazo tan disneysiano. No orixinal, aínda que tamén remata en voda e con final feliz, a carga romántica é moito menor, pois se ben é certo que o príncipe queda engaiolado coa rapaza ao vela no ataúde de cristal, non é un bico seu o que a esperta (el non é aquí o salvador, como si ocorre na película), senón algo moito máis prosaico. Os ananos levan o cadaleito ata o castelo do príncipe para que este poda contemplar a beleza de Brancaneve a diario. No traxecto tropezan e, co golpe, despréndese da gorxa da princesa o anaco de froita envelenada que a mantiña morta. O relato dos irmáns Grimm é máis cruel e violento có filme de Walt Disney, no que se elimina, por exemplo, o episodio que pecha a historia: a raíña achégase ata a voda do príncipe e da princesa. A envexa ao velos déixaa paralizada, tempo que é aproveitado para poñerlle nos pés zapatos de ferro con carbóns ardendo, calzado co que a obrigan a bailar ata a morte 11. En xeral, a\ncuentos: El Pentamerón (Lo cunto de li cunti overo lo trattenemiento de peccerille, 16341636), libro que contén cincuenta fábulas contadas ao longo de cinco días. Por unha maldición, Lisa morre aos sete anos cando súa nai lle pon un adorno no pelo. A nai deposita o corpo en sete sarcófagos de cristal, uns dentro doutros, e gárdaos nunha habitación con chave. Gravemente enferma, antes de morrer faille prometer a seu irmán que nunca abrirá ese cuarto. Pero un día que o home sae de cacería, a súa muller entra na habitación e atópase con Lisa, que seguira medrando e era xa unha moza de gran beleza. Presa dos celos, arrástraa polos cabelos para matala, pero dese xeito despréndese a peineta e a\nrapaza esperta. Súa tía obrígaa entón a traballar como escrava, ata que un día o tío oe como Lisa, a piques de suicidarse cun coitelo, lle conta a unha boneca toda a súa historia. O home, entón, rescátaa.\nCo ebanista no cárcere, Pinocho volve ao obradoiro e atópase con Pepiño Grilo, ao que non moi sutilmente invita a marchar. O grilo intenta convencelo da necesidade de estudar ou, cando menos, de aprender un oficio, mais responde o neno de madeira que o único no que está interesado é en comer, beber, durmir, divertirse e facer, da mañá á noite, vida de paseante de corte. O insecto trata de advertirlle que ese estilo de vida só o levará ao cárcere ou ao hospital e Pinocho, esgotada a súa limitada paciencia, lánzalle un martelo e esmágao. Cara a seu pai non amosa ningún respecto nin empatía. Xepeto vende a súa única chaqueta para mercarlle unha cartilla para ir á escola, a cal Pinocho, á súa vez, empeña sen ningún remorso. Búrlase del e non aprecia os grandes esforzos que fai para darlle todo o que pide. Non hai máis que ver a contestación que lle dá a Tragalume cando este lle pregunta polo oficio do pai. “O de pobre”, responde Pinocho burlonamente. Opina Manuel Peña Muñoz (1994: 125) que no personaxe de Disney pouco hai de semellanza co de Collodi. Para el, o fílmico desprende dozura. É un Pinocho bondadoso e inmensamente tenro ideado para explotar comercialmente a sensiblería que tanto gusta ás masas, a costa de sacrificar a fondura espiritual e a grandeza do seu predecesor. O italiano compuxo un personaxe profundo que evoluciona ao longo da historia: transfórmase en humano e adquire a conciencia cando desenvolve a capacidade de amosar empatía aos demais e de preocuparse por eles. Pola contra, no filme, a única conciencia que hai é o así autodenominado Pepiño Grilo que, como se indicou, no libro é eliminado do relato bastante pronto e dun xeito dramático. Outro aspecto que varía da páxina á pantalla, nesta historia e en practicamente todas as feitas por Disney, é a xa apuntada atenuación ou eliminación total da violencia. Nos contos tradicionais hai, en non poucos, crueldade e ata saña. No de Pinocho, en concreto, o boneco debe afrontar varias contrariedades: pendúrano dunha árbore coa intención de aforcalo, e antes de converterse en neno é transformado en peixe (e case acaba na tixola) e tamén en burro. Mentres ten a aparencia dun asno, un músico intenta arrincarlle a pel para facer con ela un tambor: átalle pedras ao pescozo e intenta afogalo. Os peixes cómenlle a carne a Pinocho, quen conserva o seu esquelete de madeira e grazas a el volve ser un boneco. Pola súa banda, a propia Fada Azul falece vítima das penurias que Pinocho lle fai pasar.\nSuprimindo estes episodios, segundo Berland (1982: 93104), Disney “limpa” a violencia e inhibe as fantasías que os rapaces necesitan para pasar á madurez, facendo que esta, coma outras historias, perda o seu valor psicolóxico, aínda que gañe valor comercial. Na fantasía italiana a violencia en ningún momento é gratuíta, senón que se constitúe en vehículo para a aprendizaxe e a\nDisney e os contos de fadas: historia dun secuestro\n65). Como consecuencia, para ela, a madurez na historia de Disney implica simplemente obedecer e compracer os demais, sen que haxa sequera un porqué. Pola contra, no conto de Lorenzini nárrase un proceso de autodisciplina, da aprendizaxe sobre en quen se pode confiar e en quen non, e do descubrimento de por que contar a verdade e corresponder ás atencións dos demais é importante. Esta supresión da violencia, característica sine qua non nas obras do canon Disney, resulta especialmente chocante toda vez que, para Peña Muñoz (1994), os contos infantís están cheos dunha sombría morbosidade. Opina este autor que son especialmente polémicos os de Perrault (gran fonte de inspiración para Disney) e pon dous exemplos: o de Polgariño (Le Petit Poucet), que degola as sete fillas do xigante, e o de Barbazul (La Barbe Bleue), asasino de mulleres que colecciona os cadáveres das súas esposas. Peña Muñoz, citando os argumentos de defensores 12 e detractores 13 da Literatura Infantil violenta, conclúe el mesmo que aos nenos adoitan gustarlles e divertilos estas historias, pois hoxe en día están habituados a ver outras moito peores na televisión, en comparación coas cales estas son pura diversión e humor (Peña Muñoz, 1994: 160161). Este tipo de contos, ademais, cumpren unha importante función, como resalta a psicóloga e terapeuta emocional Elena Domínguez (Ferrero, 2014). “En primer lugar, todos buscamos o hemos buscado en algún momento pasar miedo a través de libros o películas, esto produce una sensación divertida. En segundo, les hace sentir que son valientes. Por último, en muchas ocasiones la propia historia les da las claves para vencer el miedo”. Na mesma liña, o gran estudoso dos contos de fadas Bruno Bettelheim (1994: 148149) atópalle un cometido importante ao aspecto violento: “los padres que pretenden negar que sus hijos tienen intenciones asesinas y que quieren hacer añicos las cosas, e incluso las personas, están convencidos de que tales pensamientos deberían ser evitados (como si esto fuera posible). Si se le niega el acceso a los cuentos, que le comunican implícitamente que otros tienen también las mismas fantasías, el niño acaba por tener la sensación de que es el único que imagina tales cosas. Consecuencia de ello es que el pequeño teme sus propias fantasías”. Engade Bettelheim que “también vale la pena apuntar que este tipo de padres que tanto se preocupan por no aumentar los temores de sus hijos olvida, al mismo tiempo, la gran cantidad de mensajes reconfortantes que se pueden encontrar en los cuentos de hadas”. Este autor reflexiona sobre o beneficio ou o prexuízo de suprimir a violencia recordando que cando os descubrimentos da psicanálise e da psicoloxía puxeron de manifesto a dureza, a angustia e ata o sadismo da imaxinación infantil, os contos de fadas foron moi criticados. Chegaron os seus detractores á conclusión de que os monstros dos contos debían ser moi bondadosos, explica Bettelheim, “pero se olvidaron del monstruo que el niño conoce mejor y que más le preocupa: el monstruo que teme ser él mismo y que a veces le persigue” (Bettelheim, 1994: 146) 14. Así pois, os contos poden en realidade actuar como catalizadores deses medos e darlles aos nenos unha ferramenta para enfrontarse a eles. No noso seguinte filme a analizar, Bambi, dáse un caso curioso no que se refire á violencia: elimínase parte da que hai na novela, pero engádeselle dramatismo a outros episodios. Esta cinta levou á pantalla grande un libro homónimo escrito por Felix Salten en 1923. Foi un proxecto moi ambicioso, marcado polo afán persoal de Disney en representar os animais como nunca antes se fixera. Para conseguilo, levou crías de cervo ata Burbank, para que os animadores puideran observar os seus riscos, a súa forma de moverse e o seu comportamento de primeira man. Mandou tamén gravar horas e horas de metraxe de como actuaban no seu hábitat e, de novo, a animación do filme superou as expectativas. Os esforzos do xefe do estudio deron os seus froitos e esta peza presenta os animais cun movemento, detalle e realismo que nunca se vira ata o momento. Mais ao falar de realismo, é este refírese ao ámbito da aparencia, pois a conduta dos corzos de Bambi en nada se asemella á verdadeira. Porque ao contrario do que ocorre na novela, máis fiel á realidade, no ecosistema do filme os animais viven entre eles felices e contentos. Non hai caza, non hai depredadores, e o único perigo son os homes, aos que nunca se ve. Contra os humanos invasores, que cazan ou prenden lumes, deben aliarse os animais. Este título ofrece unha visión edulcorada sobre a dinámica de predadores e presas como expresa Adrian Ivakhiv (2013: 216) do seguinte xeito: “Disney has often been criticized for shaping the cultural landscape in profoundly conservative directions. Ecocritics have critiqued Disney portrayals of nature for presenting a sentimentalized and distorted view of animal lives and\nDisney e os contos de fadas: historia dun secuestro ecological realities and for projecting middleclass American values -or, in some interpretations, racist, classist, and hierarchic or even neomonarchist valuesonto the nartural world”. Na mesma dirección se manifesta David Whitley (2008: 65), que ten estudado de maneira pormenorizada o tema da natureza na obra de Disney: “Now, although the storyline of Bambi is not explicitly that of 'conservation', there is no doubt that the implications of the film are pointed very heavily in this direction [...] Not only is the intended outcome of killing game portrayed as a slaughter that disrupts the harmonious relationships and sense of well being of the innocent creatures, but the unintended consequence of 'Man's' instrusion also has even more dire effects”. Na película os animais non teñen problemas entre si e o perigo vén de fóra, dos homes e dos seus cans de caza. Estes no filme son as únicas bestas que non falan (representándoos así como alleos) pero no libro si que o fan e, de feito, dan lugar a un diálogo especialmente simbólico e cheo de resentimento. Os animais do bosque acusan a un deles directamente de ser un traidor, de vendelos ao home, axudándolle a que os atope en lugares aos que nunca chegaría sen a súa colaboración. Este deféndese dicindo que o bosque, eles mesmos, todo pertence ao humano, ao que se refire como “El”, outorgándolle un carácter de todopoderoso (e polo que a novela se ten interpretado como unha alegoría relixiosa). Os cans cren iso realmente e, tal e como se lle explica a Bambi, están incluso dispostos a morrer polos homes. No libro, ademais dos cazadores de raza humana, tamén os depredadores matan, eliminando a vida bucólica que plasma Disney, que suavizou e reinterpretou acorde ao seu estilo o que se narra nas páxinas de Salten. Porén, na que é seguramente a escena máis famosa do filme, deuse o caso oposto. No libro a nai do cervo morre igualmente, pero o suceso nárrase dunha forma menos tráxica e que transmite unha gran naturalidade. Como moitos anos despois Mufasa lle explicaría a Simba en El rey león (The Lion King, 1994), é o ciclo da vida. De feito, a morte en si, omítese: tras unha batida de cazadores na que cae ferido Gobo, amigo de Bambi, a nai desaparece. O protagonista pregúntalle á súa tía Ena por ela, e esta dille que non a viu, e o capítulo remata explicando que Bambi nunca máis viu a súa nai. O seguinte comeza anunciando a chegada da primavera. Sobre o lapso de tempo transcorrido dende o pasamento materno, afírmase que ao corzo non lle gustaba recordalo: ese verán fora difícil e o inverno fixérase moi duro para o veado, que se sentía perdido. Moi diferente á dramática escena da película, que tanto marcou a diversas xeracións e na que se humaniza a conduta animal.\nEsa humanización critícaa David Payne, para quen, ademais de antropomórfico, creou Disney un mundo androcentrista. Payne (1995: 147) resume o argumento da película do seguinte xeito: “the story of a male and a spectacle of gender politics where the male achieves dominion over women and all of nature”. O pai de Bambi é chamado o príncipe do bosque, un bosque no que non hai princesas. Pola contra, o que non hai no libro son príncipes ou calquera outro rol do estilo, e o máis respectado da comunidade é o vello cervo, que desfruta de poder e admiración pola súa experiencia na vida e os seus coñecementos. É o que lle teñen, un respecto gañado co tempo e non recibido por motivos de nacementos ou herdanzas.\nComo curiosidade cabe mencionar que este filme xerou tamén un gran debate sobre a caza. A visión que se dá dos homes fixo que moitos americanos se posicionaran en contra dela, e antes da estrea ata o propio Disney incluso recibiu cartas presionándoo para cambiar certas escenas ou, cando menos, incluír unha fita na que se explicase que o representado era pura fantasía. “It is not surprising that some hunters viewed the film as a threat [...] Disney provided a morality play and a national symbol that became touchstones for opposition to hunting”, expón Ralph H. Lutts (1992: 163), quen considera o filme como a peza de propaganda anticaza máis poderosa que se teña feito nunca 15. Tras Bambi o estudio Disney viviu uns anos duros nos que, apurados polas débedas, os proxectos que se desenvolveron foron menores, moitos deles sufragados polo goberno dos Estados Unidos como propaganda de guerra. Foi a dos corenta unha década na que tanto o público como a crítica lles deron as costas. O seu rexurdir produciríase a mediados do século e grazas, novamente, á fórmula que tan exitosa se probara antes: adaptar un conto de fadas. O elixido nesta ocasión foi un dos máis coñecidos: o de Cinsenta. Versionado en multitude de filmes, cancións, obras de teatro, óperas e ballets, as súas orixes remóntanse á China do século IX d. C., na que o feito de ter os pés pequenos era un grande atractivo (a tradición dos pés de loto marcaba que non debían medir máis de dez centímetros). Para evitar o seu crecemento, ou disimulalo unha vez que se producira, vendábanselles os pés ás rapazas tan forte que ás veces ata lles rompían algunha deda. A versión máis estendida hoxe en día é a de Charles Perrault, Cendrillon ou la petite pantoufle de verre, e nela se baseou Disney. No mundo occidental, esta historia de rivalidade fraternal ten a súa orixe, novamente, en G. Basile (cando menos, súa é a primeira versión\nDisney e os contos de fadas: historia dun secuestro publicada), con La gata cenicienta (La gatta cennerentola no orixinal en napolitano). Nesta, o pai de Cinsenta casa cunha muller que a odia. A animadversión é mutua, tal e como llo confesa Cinsenta á súa ama, dicíndolle ademais que oxalá o pai tivera casado con ela. Alentada polas palabras da rapaza, esta trama un plan para matar a madrasta. As súas maquinacións teñen éxito e o pai despósaa, descubríndose entón que a muller tiña seis fillas que ata o momento mantivera ocultas. A nova dona degrada a filla a ollos do pai, e incluso pasa de chamala polo seu nome (Zezolla) a\nreferirse a ela como Gata Cinsenta. Desta versión de Basile destaca que, ao contrario da maioría das existentes 16, nela a rapaza é culpable das penurias que lle pasan, pois chéganlle despois das súas confabulacións. Aínda así, o\ntrato que recibe da nova señora e das irmás limítase a tela como criada e obrigala a facer as tarefas do fogar. No resto adoita presentarse a rapaza como de bo corazón e honrada, inxusta receptora da ira e envexas das outras mulleres. Nalgunhas interpretacións máis antigas había un compoñente edípico substituído pola rivalidade fraterna nas máis modernas: a madrasta é mala e as fillas son envexosas, non quedando dúbida da inocencia da protagonista. As versións máis coñecidas na actualidade son as de Perrault e dos irmáns Grimm, Aschenputtel. Do primeiro é, por exemplo, o detalle de que o zapato fora de cristal; ao incluílo, o francés tivo que eliminar, por lóxica, un engano que as irmás levaban a cabo nos relatos anteriores: cortaban unha deda do pé para que lles collera na zapatilla, e o príncipe só descubría a trampa ao ser advertido por un paxariño. A protagonista de Perrault é moi parecida á de Disney (e distinta das outras): demasiado boa, unha miñaxoia sen ningún tipo de iniciativa, incluso é ela mesma quen elixe durmir entre cinsas (algo ao que a obrigan na historia dos irmáns Grimm). Con respecto ao baile, a de Perrault axuda compracida na preparación das irmás (a de Jacob e Wilhelm Grimm faino chorando, por imposición) e é a fada madriña a que lle ten que dicir que, no fondo, está desexando ir ela tamén á festa. A dos irmáns Grimm pídelle encarecidamente á madrasta que lle permita acudir ao baile, o cal abandona cando lle parece, mentres que a de Perrault e Disney\ndeben facelo á hora marcada.\nDisney e os contos de fadas: historia dun secuestro edificio (e na que antes pereceran moitos mozos intentando chegar ata a rapaza) ábrelle paso e, sen máis obstáculos, bica á bela durminte, todos acordan e os dous casan. Polo demais, ambas son practicamente iguais. Perrault, pola súa banda, fixo unha versión na que, menos os reis, todo o palacio queda tamén durmido. Nesta, a maldición especifica que será un príncipe o que deba espertala (non así na dos irmáns Grimm). Dese mesmo xeito ocorre, ambos casan e teñen dous fillos. Porén, o príncipe deixa a súa nova familia e regresa el só ás súas terras, pois teme a reacción que a súa nai, metade ogra, poda ter antes as novas. Unha vez convertido en rei polo falecemento do pai, o mozo por fin leva ata o seu castelo a muller e os fillos, pero a súa proxenitora non os recibe con agrado e, aproveitando unha viaxe do rexente, mándalle ao cociñeiro que guise os rapaces. O empregado apiádase deles e substitúeos por outra carne (como ocorrera tamén con Brancaneve, no que á madrasta lle entregan o corazón dun animal dicíndolle que é o da rapaza). Cando volve o príncipe e se descobren os plans da nai, esta bótase ela mesma nunha pota de auga quente e morre. A de Basile, a outra versión máis coñecida da historia e anterior a estas, é obviada por Disney, seguramente dado o seu carácter sexual. Porén, coinciden ambas versións en que é só a princesa a que cae durmida. Na versión italiana, o pai (non se fai referencia á nai), desolado, abandona o palacio cando isto ocorre (cabe destacar desta que non existe a fada malvada e non hai motivo polo que a rapaza deba caer nese sono) e non se volve saber nada del. Chega ata os arredores un rei que, de casualidade, descobre a princesa, a cal non é quen de espertar, pero aínda así déixaa embarazada. Aínda durmida, Talía dá a luz dous fillos que, ao chuparlle o dedo, extraen del o fragmento envelenado que non lle permitía espertar. Mais o rei está casado e cando a súa dona descobre a existencia de Talía e dos seus fillos ordena ao cociñeiro, como na versión de Perrault, que llos prepare para comer, pero tamén este ten compaixón deles. Decide entón a raíña que Talía debe morrer nunha fogueira e encárgalle tal misión ao seu secretario, sendo finalmente a soberana a que perece no lume destinado á princesa. Matan tamén ao secretario mentres que o chef é recompensado (como o é tamén o de Perrault) e Talía casa co rei, formando unha familia feliz.\nConclusións\nAs adaptacións literarias, e sobre todo as dos contos de fadas, constitúen un elemento importantísimo na filmografía do estudio Disney. A factoría do rato viviu, ao longo da súa historia, catro períodos especialmente brillantes e todos, sen excepción, se iniciaron levando á pantalla grande un conto tradicional.\nO primeiro deles abriuno Blancanieves e con ela (con perdón de Mickey) foi con quen comezou todo: ingresos millonarios e o recoñecemento a nivel mundial das virtudes técnicas e artísticas dos magos de Burbank. Pola súa banda, Cenicienta veu rescatar a compañía tras uns anos\n19 Porén, neste punto cabe destacar que Disney realizou unha nova versión da historia, Maléfica (Maleficent, 2014), contada esta vez dende o punto da fada malvada. De pequena, esta vivía nun reino adxacente ao dos humanos, e fíxose amiga dun rapaz moi pobre chamado Stephan. Ao ir medrando, a relación entre ambos foi collendo tintes románticos, chegando os mozos incluso a darse un bico. Mais a súa amizade rematou pola desmesurada ambición de Stephan, que só tiña como obxectivo converterse en rei. Cando o rei ofrece o trono a quen asasine á fada Maléfica, á que os homes temen a pesar da súa bondade, Stephan volve xunta ela e, tras pasar unhas horas xuntos, coma nos vellos tempos, drógaa e córtalle as alas para levalas ante o rei como proba da súa morte. Maléfica esperta dorida e sangrando, e é para vingar esta infamia que lanza a maldición sobre Aurora. Esta escea, segundo admitiu Angelina Jolie, actriz que dá vida ao personaxe, é unha metáfora dun abuso sexual e de como as vítimas teñen que decidir se abusar tamén de outros ou superalo (Rich, 2014). O feito non deixa de ser curioso, pois como xa vimos, diversos estudosos contrapoñen o empoderamento de varias das “malas” de Disney fronte á sumisión das princesas. Neste caso, segundo o propio estudio, o que ata o momento se tiña intepretado como forza e independencia de Maléfica non sería senón a rabia e xenreira froito dun ataque sexual.\nDisney e os contos de fadas: historia dun secuestro de capa caída a nivel artístico e económico: a rapaza maltratada pola madrasta e polas irmás iniciou unha etapa gloriosa, a dos anos cincuenta, na que os éxitos cinematográficos se uniron aos televisivos e á apertura de Disneyland. Tras o falecemento de Walt Disney en 1966, as décadas dos setenta e oitenta foron complicadas, quizais as máis estériles de toda a súa historia. Sería de novo un conto de fadas de sobra coñecido o que viría, outra vez, reconquistar o cetro mundial da\nanimación para o estudio.\nLa Sirenita, baseada na versión de Hans Christian Andersen A sereíña (Den lille Havfrue, 1837), marcou o rexurdir da empresa e deu paso ao que podemos considerar a súa terceira etapa dourada, iniciada cunha historia que seguiu á perfección o esquema marcado polas anteriores 20. Os noventa viron tamén como outra princesa chegou á pantalla grande en La bella y la bestia (The Beauty and the Beast, 1991) 21, primeira película de animación nomeada ao Oscar a mellor filme. O brillo dese decenio apagouse co cambio de século, no que se encadearon títulos que non contaron co favor do público nin da crítica. Ata a chegada, como non, dunha nova princesa, a primeira da historia disneysiana de raza negra, Tiana, protagonista de Tiana y el sapo (The Princess and the Frog, 2009) 22. Os ingresos nos despachos de billetes desta viríanos superar Rapunzel, con Enredados (Tangled, 2010) 23 e Elsa, a raíña das neves, que fixo de Frozen: el reino de hielo (Frozen, 2013) 24 a película de animación que máis recadou na historia do cinema. O calado das historias de Disney é innegable. Os millóns de espectadores en todo o mundo que acoden ás salas ver as súas películas fan que hoxe en día, dicir conto de fadas sexa case sinónimo de dicir Disney. Cambialo antóllase imposible. Cómpre, logo, ser conscientes de que iso non sempre foi así e, sobre todo, das implicacións que tal asimilación entraña. O poder destes títulos a nivel global e o público tan sensible ao que se dirixen así o requiren.\nREFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS"} {"summary": "A elaboración de repertorios terminográficos que inclúen o galego como lingua de traballo experimentou desde 1980 un notable desenvolvemento. A produción terminográfica galega recente, xerada ao abeiro do proceso de normalización lingüística, foi obxecto de análise en publicacións nas que se relaciona coa planificación lingüística (p.e. Rodríguez Río 1996, Galanes 2003). Pola súa banda, na disciplina terminolóxica producíronse relevantes cambios teóricos (sobre todo a partir de Cabré 1999a), que incorporan a visión social e comunicativa ao tratamento da unidade terminolóxica. Estas innovacións teñen reflexo nas aplicacións terminográficas, especialmente no referido a plasmar as relacións entre denominación e concepto (sinonimia, polisemia etc.), así como á variación denominativa e conceptual e á selección das fontes de extracción da terminoloxía (baseadas agora en corpus).\nNesta situación, entendemos necesario actualizar a análise sobre a terminografía galega, desde a nova perspectiva comunicativa e co obxecto da mediación interlingüística, incidindo na calidade dos dicionarios. Para iso deseñamos un sistema de avaliación con base nos indicadores internacionais (Pointer 1995), nas metodoloxías de base comunicativa e nas máis recentes normas internacionais (ISO) sobre traballo terminográfico. Os resultados desta avaliación revelan conclusións que servirán para orientar o deseño de futuros traballos terminográficos.", "text": "Iolanda Galanes Universidade de Vigo iolag@uvigo.es\n Terminoloxía, dicionarios terminográficos galegos, calidade terminográfica, mediación interlingüística, tradución\nSumario 1. Introdución. 2. Terminoloxía e calidade. 2.1. Os avances da Terminoloxía e nas aplicacións. 2.2. O concepto de calidade en Terminoloxía. 3. Sistema de avaliación da calidade dos repertorios terminográficos. 3.1. Análise de necesidades. 3.2 Criterios de calidade dos dicionarios para a mediación lingüística. 4. Calidade da terminografía galega recente. 4.1. Caracterización xeral. 4.2. Análise dos repertorios terminográficos galegos (20002014). 5. Conclusións.\n1. i ntrodución\nNos procesos de normalización lingüística, que pretenden ampliar os ámbitos de uso dunha lingua, o cultivo terminolóxico ocupa un lugar destacado. A terminografía galega medrou considerablemente nas últimas catro décadas. Esta produción e o seu papel no proceso de normalización lingüística foi analizada en varios traballos (Rodríguez Río 1996 e 2006; Galanes 2003 e 2006, p.e.). O obxectivo daqueles era computar e visibilizar esa produción e tamén suxerir medidas para unha boa xestión desde os presupostos da planificación lingüística.\nComo queira que aquelas análises precisan dunha actualización e que se produciron cambios substanciais na disciplina terminolóxica e tamén na difusión da información especializada, cremos chegado o momento de reflexionar sobre a calidade dos dicionarios publicados desde a perspectiva da teoría comunicativa da terminoloxía, i.e., como fontes para a mediación interlingüística.Desde os seus inicios ata a hoxe, a Terminoloxía funciona como disciplina auxiliar doutras (normalización técnica, planificación lingüística, enxeñaría lingüística, documentación e tradución e interpretación) que se achegaron a ela con obxectivos diferenciados, como tamén o son as necesidades dos usuarios (Cabré 2004: 25 e ss.). O resultado é que a disciplina experimentou avances no plano teórico e tamén nas súas aplicacións. Estas, ademais, víronse acompañadas de importantes cambios na xestión da información e na súa transmisión telemática, p. e., co desenvolvemento dos córpora, que agora lles serven de fonte aos repertorios terminográficos.\nA globalización cultural, económica e científica actual fai que toda lingua que queira salvagardar a súa identidade e reafirmarse necesite comunicar e representar coñecemento especializado para sobrevivir. Xorde a figura do mediador interlingüístico, recoñecido como un dos principais usuarios da terminoloxía (Gómez GonzálezJover 2006: 233), que ten as súas propias necesidades terminográficas.\nPolo tanto, os obxectivos deste artigo son analizar a produción terminográfica galega nos últimos anos de acordo coas novas correntes terminolóxicas, realizar unha análise de necesidades de información terminográfica para a mediación interlingüística, coñecer ata que punto a terminografía galega actual responde a elas e tirar un diagnóstico sobre esta produción, e tamén as liñas de actuación futuras que poidan contribuír a inserir a lingua galega e a súa terminoloxía no panorama internacional. Para iso, deseñamos un marco teórico; a seguir, analizamos as necesidades terminográficas de acordo cos fins de mediación interlingüística e expoñemos o sistema de análise; e, no cuarto apartado, avaliamos a calidade dos repertorios terminográficos recentes. As conclusións desta análise figuran no final deste artigo.\n2. t erminoLoxíA e cALidAde\nNeste apartado abordamos os aspectos teóricos que serven de apoio ao sistema de análise da terminografía deseñado ad hoc. Dunha banda, revisamos os avances da disciplina terminolóxica, para identificar as implicacións que a visión comunicativa tivo na práctica terminográfica. Doutra, repasamos as contribucións que sobre calidade e terminoloxía viron a luz tamén neste período como xustificación ao noso sistema de avaliación de calidade.\n2.1. Os avances da Terminoloxía e nas aplicacións\nA Terminoloxía formalízase como disciplina autónoma (vs. a Lexicografía) a partir de 1930 con base na elaboración de dicionarios técnicos, obra de especialistas (como The Machine Tool de Eugen Wüster). O obxectivo destas obras era a normalización terminolóxica, entendida como harmonización terminolóxica das denominacións técnicas nas linguas de cultura. A partir desta práctica terminográfica derívanse os principios da disciplina, que constitúen o que hoxe se coñece como a Teoría Xeral da Terminoloxía (TXT). Durante o século XX a disciplina experimentou sucesivas reformulacións no plano teórico e práctico como produto da súa difusión, da aplicación a outros fins (corrente planificadora, corrente traducional etc.), da multiplicación exponencial da transmisión de coñecemento especializado e dos avances tecnolóxicos. De xeito que á fin do s. XX se fai sentir a necesidade de crear un novo marco teórico que combine todas as achegas no que se deu en denominar a Teoría Comunicativa da Terminoloxía (TCT), formulada por Teresa Cabré en 1999. Non realizaremos un percurso sobre a historia da Terminoloxía e as súas reformulacións, que se pode consultar, entre outros, en Cabré (2005) e de modo mais extenso en Montero et al. (2011: 1964). Limitarémonos a salientar as novidades que introduce a TCT, en contraste coa TXT, na práctica terminográfica.\nO obxectivo dos dicionarios técnicos xerados na TXT é, partindo do concepto, o de seleccionar de entre todas as posibles a denominación de referencia para cada concepto. Desde un punto de vista prescritivo, escólmase esta denominación por considerala a máis adecuada para representar o concepto. A fixación dunha forma de referencia en cada lingua facilitaría a comunicación internacional normalizada (uniformizada) que se plasma nas normas técnicas internacionais. Na TXT a relación que se establece entre denominación e concepto é biunívoca (unha denominación para cada concepto), sen considerar nin a polisemia nin a sinonimia dos termos de especialidade. A metodoloxía escollida é onomasiolóxica (isto é, do concepto á denominación) e considérase que os conceptos constitúen un conxunto estanco que o especialista debe estruturar internamente. O especialista de cada ámbito temático é, polo tanto, o único que está en condicións de ordenar este coñecemento e o que está en mellor situación para elaborar un dicionario terminolóxico.\nNa práctica terminográfica dous son os camiños encetados, dunha banda figuran os estudos sobre a nova formalización do concepto, entendido como unha entidade dinámica que debe ser obxecto de organización a través de ferramentas conceptuais (ontoloxías, ontoterminoloxías, termontoloxías etc.) nas que se tenta plasmar as relacións entre conceptos a partir dos termos dun corpus real (Roche 2008: 14; Alcina 2009: 39). Da outra, ven a luz estudos de Lexicografía funcional, que unen as bases teóricas da Terminoloxía, a Terminografía e a Lexicografía, integrándoas na chamada Lexicografía de especialidade que pretende atender as necesidades comunicativas do usuario dos textos especializados (termos e tamén fraseoloxía, colocacións etc.) desde unha perspectiva semasiolóxica (FuertesOlivera 2012: 7 e ss.).\nÁ vista da evolución disciplinaria, Vargas (2007: 4647) establece tres xiros na historia da Terminoloxía. O primeiro é a reformulación dos presupostos teóricos: o termo pasa a ser unha unidade comunicativa e lingüística, alén de unidade de coñecemento; establécese un tratamento descritivo do termo, que considera os aspectos lingüísticos e pragmáticos coñecidos a partir das propostas socioterminolóxicas, sociocognitivas e sociolingüísticas. A seguir vén o xiro tecnolóxico, que supón a descrición dunha metodoloxía para compilar, validar, organizar, almacenar, actualizar, intercambiar e recadar termos, así como a creación de novas ferramentas de xestión de base informática. Supón a integración entre a Lingüística e a Informática nun momento no que o acceso a textos especializados pola difusión de Internet, a posibilidade de compilalos en córpora e de poder manipular e recuperar datos con bases de datos terminolóxicas, fan albiscar a extracción semiautomática de termos. O terceiro xiro xorde como evolución das bases de datos e aborda a xestión da estrutura semántica dos contidos e as súas relacións. Preténdese a representación formalizada das relacións semánticas conceptuais en sistemas informáticos. Deste xeito, as bases de datos terminolóxicas vincúlanse á ontoloxía na que se establecen o sistema de conceptos e as súas relacións, así como as súas subclases, funcións, instancias (obxectos determinados) para extraer os axiomas (ou regras de funcionamento). O novo reto da terminografía é xestionar automaticamente o plano conceptual do\nEsta ampliación do destinatario derívase das novas necesidades de mediación lingüística nun contexto no que as interaccións especializadas se multiplican e xa non teñen exclusivamente como emisor e receptor o especialista. Estas innovacións marcan as liñas mestras da calidade, que analizamos para a terminografía galega.\n2.2. O concepto de calidade en Terminoloxía\nPara coñecer que é a calidade acudimos á súa definición na norma ISO 9000/2005: “3.1.1.quality. Degree to which a set of inherent characteristics (3.5.1) fulfils requirements (3.1.2). NOTE 1: The term quality can be used with adjectives such as poor, good or excellent” (ISO 9000/2005: 7). Remítenos ás características inherentes dun produto que deben estar en relación cuns requisitos previos (deseñados na fase de produción) para que este acade un determinado grao de calidade. Se ben, cómpre explicitar que a calidade atinxe non só aos produtos, senón tamén aos métodos e, nese sentido, as normas ISO sobre terminoloxía inciden na xestión terminolóxica e nos servizos co obxecto de harmonizar os procesos de produción (Pozzi 2003; Silva 2014) 1. Así, a calidade ten unha dobre vertente, interna e externa, que se refire tanto aos procesos de produción como á satisfacción das necesidades dos destinatarios dos produtos xerados. A definición de calidade no dicionario da Real Academia Galega 2 ofrece tres acepcións.\nA primeira presenta como sinónimo característica, as outras dúas acepcións relacionan a calidade co concepto de clase (ou categoría) cunha interpretación positiva. Estas dúas últimas acepcións responden á concepción do noso sistema de avaliación, ao considerarmos que a calidade é unha característica positiva e con ese presuposto deseñamos o noso protocolo de avaliación. Nel explicitamos os requisitos de calidade que deben respectar os dicionarios orientados á mediación interlingüística, a partir das necesidades dun amplo grupo de potenciais usuarios/as e das novas orientacións da disciplina, da reflexión sobre as prácticas terminográficas e das máis recentes normas internacionais ISO de traballo terminográfico.\nÉ obvio que a calidade, a boa calidade, dos produtos terminográficos está relacionada coas boas prácticas e, polo tanto, coas metodoloxías empregadas. Non existe unha metodoloxía terminográfica única, nin é o noso obxectivo xulgalas, e somos conscientes de que dependen dos fins dos repertorios elaborados. No contexto galego formulouse unha metodoloxía sobre\nTerminografía galega e calidade: novos modelos 37 © 2015 Estudos de lingüística galega 7, 3352\no traballo terminolóxico puntual adaptada á nosa lingua (Rodríguez Río 2003), mais non se xerou aínda ningunha metodoloxía de traballo sistemático, é dicir, orientado á produción de repertorios temáticos 3. En todo caso, que as aplicacións terminográficas sigan unha metodoloxía é un criterio de calidade.\nOutra fonte para establecermos os criterios de calidade son os informes de ámbito europeo sobre terminografía. Deles, interésanos o diagnóstico que sinala as carencias dos dicionarios nun marco internacional multilingüe. Destacamos, en concreto, o proxecto Pointer (coordinado pola Universidade de Surrey) desenvolvido entre 19951997 co obxecto de proporcionar datos sobre o estado da investigación da terminoloxía e dos produtos terminográficos 4. A través do método de enquisa (Questionary survey) 5 identifícanse as expectativas que o/a tradutor/a ten nas fontes terminográficas que son, por orde de prioridade, as seguintes informacións:\n• foreign language equivalent, synonym, variant, abbreviation; • definition, contextual example, usage information; • date, source and terminologist’s name; • grammatical information\nNa sección 4 do informe final de Pointer 6, tras os problemas da Terminografía, indícanse solucións que pasan por ampliar a lista de informacións pertinentes (semántica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica e pragmática); por mellorar os formatos, dándolles unidade e coherencia; por afondar no tratamento do plano conceptual e por permitir o acceso á información tanto desde o concepto como desde a denominación. Estas medidas facilitan a creación de ferramentas terminolóxicas orientadas á tradución. Os aspectos sinalados concordan coa evolución teórica da disciplina, que se formaliza pouco despois na enunciación da TCT. Os criterios de calidade que extraemos para a nosa análise son: a importancia de mellorar as informacións lingüísticas para adecuar os produtos ás necesidades comunicativas dos potenciais usuarios/ as, a de facilitar o acceso á información e a de afondar no estudo do concepto.\nDe modo paralelo ao desenvolvemento dos proxectos antes citados, Cabré (1998/1999) reflexiona sobre o concepto de calidade en Terminoloxía e indica que unha colección de termos especializados é de calidade cando son fiables, adecuados e correctos (ou estandarizados). Identifica ademais unha batería de indicadores explícitos e implícitos de calidade. Entre os primeiros figura que o repertorio inclúa marcas de uso, en atención á perspectiva comunicativa da terminoloxía, e entende por tales as marcas dialectais (espazo, tempo e situación), as marcas pragmáticas e as de ponderación. Entre as marcas implícitas indica: a metodoloxía e o proceso de elaboración explícito, a calidade das fontes de procedencia dos termos e da información, a composición mixta do equipo de traballo, a validación por especialistas no proceso de elaboración e o respecto das normas internacionais. Para concluír que un produto terminográfico será tanto máis fiable canto que reúna unha serie de requisitos formais e de contido que teñen a súa implicación nos datos que deben incluír os repertorios (Cabré 1998/1999: 277 e ss.). A modo de resumo presentamos esta información na figura seguinte: 3 Aínda que non son descoñecidas outras metodoloxías como a de Auger e Rousseau (1984), traducida ao catalán por Cabré; Rondeau (1984); Arntz e Picht (1995); ou máis recentemente Pavel e Nolet (2001). 4 Este proxecto serve de diagnóstico para o proxecto Interval, coordinado pola mesma universidade, que pretende crear unha infraestrutura de xestión terminolóxica en Europa, harmonizando métodos e coordinando recursos. 5 http://www.computing.surrey.ac.uk/ai/pointer/ptsurvey.html (consulta: 12/01/2015). 6 http://www.computing.surrey.ac.uk/ai/pointer/report/contents.html (consulta: 12/01/2015).\nestrutura do traballo contido\n• Explicitación de autoría • Adecuación títulocontido • Explicitación de obxectivos • Presentación da estrutura de coñecemento do ámbito • Explicitación do abano temático • Precisión de destinatarios e función • Presentación da metodoloxía • Inclusión de normas de manexo • Bibliografía de referencia e de baleirado • Lista de termos completa • Termos fiables desde o punto de vista documental • Termos pertinentes • Formas terminolóxicas ben representadas • Categoría gramatical • Fonte de procedencia • Definición exacta • Correspondencia entre definición e termo • Definicións sistemáticas, pertinentes e regulares • Fiabilidade das remisións • Fiabilidade das equivalencias noutras linguas • Fiabilidade das equivalencias de contextos\nEsta proposta de criterios interésanos pola súa exhaustividade e por poñer o foco tanto na calidade dos produtos terminográficos, que é o obxecto da nosa atención, como na calidade dos termos que se poñen en circulación. Presenta criterios concretos que materializan as orientacións citadas anteriormente. Para elaborar a nosa proposta tomamos este traballo como base, se ben escolmamos os criterios que atanguen á calidade dos repertorios e adaptámolos á situación sociolingüística do galego de especialidade. Así, desbotamos algúns, como as marcas dialectais ou cronolóxicas por non seren aplicables. Ou rebaixámolos noutros casos, pois máis que comprobar a fiabilidade dalgúns datos (remisións, equivalencias etc.), debemos consignar como indicio de calidade que estes figuren. Nese mesmo sentido, a comprobación dos criterios relativos ao contido precisaría dun especialista en cada unha das materias de especialidade, ante a imposibilidade de realizar esta comprobación, consignamos como indicio de calidade que na elaboración da obra participen especialistas.\nPor último, a calidade en Terminoloxía figura nas normas ISO aplicadas principalmente á xestión terminolóxica (procesos, planificación etc.; Silva 2014). De entre elas, recuperamos a que trata sobre o traballo terminolóxico (ISO 704, 2009: v) que enumera as actividades precisas 7 : a) a identificación do concepto e das relacións entre conceptos; b) a modelización dos sistemas de conceptos; c) a elaboración de representación dos sistemas de conceptos a través de esquemas conceptuais; d) a definición dos conceptos; e) a atribución de denominacións (principalmente de termos) a cada concepto nunha ou en varias linguas; e, f) o rexistro e presentación dos datos terminolóxicos, en soportes impresos ou electrónicos.\nPercibimos nesta enumeración a pegada da perspectiva comunicativa da terminoloxía no afondamento no plano conceptual (relacións conceptuais, definicións etc.), na utilización do plural “denominacións” o que introduce a variación denominativa nos repertorios terminográficos, na perspectiva multilingüe ou na inclusión dos soportes electrónicos. Verificamos, pois, que as innovacións teóricas teñen reflexo no ámbito normativo.\n3. s istemA de AvALiAción dA cALidAde dos repertorios terminoGráficos pArA A mediAción interLinGüísticA\n3.1. Análise de necesidades\nA mediación interlingüística implica transmitir información desde unha lingua a outra cunha finalidade e nun contexto determinados, para o que deben realizarse necesariamente tres operacións: a comprensión do texto orixinal, a transferencia (sobre todo da terminoloxía) e a reformulación do texto meta. O mediador en calquera das súas modalidades (tradución, interpretación, dobraxe etc.) conta normalmente cunha competencia temática inferior á do emisor e á do receptor do texto obxecto de mediación. Debe resolver esta carencia con celeridade, o que o fai del un usuario privilexiado das fontes documentais entre as que figuran os dicionarios.\nA tensión pola calidade do texto meta aumenta, pois este debe funcionar como orixinal, isto implica que a transferencia de contidos especializados ten que realizarse de forma gramaticalmente correcta, conceptualmente concisa e estilisticamente adecuada. A súa terminoloxía debe ser real e adecuada ao nivel de especialización do texto, i.e., conforme á utilizada polos especialistas da lingua meta, tendo en conta a variación formal e conceptual dos termos da especialidade.Os dicionarios non son as únicas fontes que emprega un mediador, pero si as principais, as súas necesidades son diferentes das doutros usuarios (especialistas, documentalistas, público leigo etc.). Aínda que desde a Terminoloxía se abordou a explotación das fontes terminolóxicas para a tradución especializada (Cabré 1999b, 2000 e 2004), interesa para os obxectivos deste artigo escoitar a voz de profesionais da Tradución e coñecer de primeira man as súas necesidades. Destacamos dúas reflexións realizadas desde perspectivas diferentes. Dunha banda, Mayoral (1999: 149 e ss.) establece oito criterios que un tradutor debe ter en conta á hora de avaliar a rendibilidade das fontes documentais para a tradución. Estes son: fiabilidade, autoridade, accesibilidade, orixinalidade, especificidade, exhaustividade, corpus e adaptación ao destinatario. A súa reflexión parte dunha longa experiencia como tradutor de textos especializados, se ben a aplicación dos criterios non sempre é evidente e depende tamén da lingua de traballo e da súa situación.Doutra, Gómez GonzálezJover, (2006) delimita as funcións que un dicionario especializado ten para a tradución especializada, de modo previo á construción do seu propio repertorio. En primeiro lugar sinala como pertinentes as informacións nocionais (Gómez GonzálezJover 2006: 241) que o dicionario debe recoller para contribuír a superar as carencias temáticas do mediador. Indica que son: definición, área temática e relacións entre conceptos, todas elas contribúen a que o mediador comprenda os conceptos orixinais e procure, a través do concepto, a súa equivalencia adecuada; facilitando así a transferencia. Ademais, sinala que o mediador debe contar cun léxico que valore adecuadamente a variación horizontal (por áreas de coñecemento) e vertical (segundo graos de abstracción en: especializado, semiespecializado e xeral), polo que o repertorio non se pode limitar “a indicar los equivalentes “regulares”, prototípicos y sistémicos, sino que también debe incluir equivalentes discursivos, contextuales o “situativos” (Gómez GonzálezJover 2006: 242). As unidades seleccionadas serán unidades simples, unidades polilexemáticas e mesmo formantes sen autonomía léxica (como por ex. bio-, hemo - etc. en Medicina). A identificación destas unidades, así como das variantes, é fundamental para a reexpresión do texto orixinal. A efectos metodolóxicos de constitución dun dicionario, resulta relevante partir dun corpus de textos da especialidade, o que facilita a inclusión de exemplos reais e de contextos nas voces do futuro dicionario.\nEn definitiva, o mediador debe utilizar terminoloxías precisas e correctas, de modo conciso e sistemático, para asegurar a intelixibilidade do texto meta e a súa calidade, por iso as ferramentas que consulte deben estar adaptadas á mediación.\n3.2. Criterios de calidade dos dicionarios para a mediación lingüística\nNo noso contexto publicáronse reflexións sobre os criterios de validez das obras lexicográficas e terminográficas (Rodríguez Río 2003: 1920) con base nos criterios de Cabré (1999/1998) e do proxecto Interval. Non é unha lista exhaustiva e figuran nela aspectos relativos á difusión dos repertorios e aos seus usuarios, que valoran o peso normativo, o prestixio dos seus autores e a súa difusión, factores todos eles esóxenos. Aínda que se trata dunha reflexión xurdida desde a normalización lingüística valoramos que estea contextualizada para o caso galego. Retomamos algúns dos seus criterios, se ben, desde a perspectiva da mediación lingüística. En concreto, temos en conta os criterios enunciados por Mayoral (1999) e aplicamos o establecido en Pointer (1997), Cabré (1998/1999), Rodríguez Río (2003) e Gómez GonzálezJover (2006) co afán de articular un sistema de análise que atribúa evidencias (parámetros) aos criterios de Mayoral e sirva para avaliar as fontes terminográficas. Numeramos correlativamente cada un deles para que resulte máis doada a súa identificación.\nAsí, entenderemos que estamos ante un repertorio fiable (fiabilidade) se cumpre os seguintes parámetros: 1) explicitar a metodoloxía de elaboración e citar o método de compilación de datos (fontes e sistematicidade das informacións ofrecidas); 2) incluír bibliografía; e 3) xerarquizar as acepcións, que implica unha ampla perspectiva (especializada, semiespecializada e xeral). A autoridade do repertorio descansa en dous indicadores: 4) participación do especialista e 5) aval. As mellores obras contan coa autoría conxunta de terminólogos e especialistas, e tamén é importante que conte co aval dunha entidade normativa (RAG), profesional ou institucional, por entendermos que ningunha entidade arrisca o seu prestixio social nunha obra que non sexa de calidade e de aceptación en medio especializado.\nA accesibilidade derívase de tres parámetros: 6) que o repertorio conte con versión electrónica; 7) que permita realizar buscas avanzadas, para localizar a información en todo o artigo terminográfico (non só na entrada); e 8) que sexa posible recuperar a información a partir de calquera das linguas de traballo, o que implica incluír índices remisivos.\nA orixinalidade do dicionario cífrase no manexo de fontes documentais reais, os parámetros que o miden son: 9) que figuren nel contextos ou exemplos reais (non creados ad hoc) ; ou 10) que o corpus de extracción estea constituído por documentos reais, o que non sempre é posible nas linguas minorizadas. A especificidade atinxe ao plano conceptual, os seus parámetros son: 11) a presenza dunha árbore conceptual; 12) a utilización marcas que indiquen a relación entre conceptos, como as remisións (reenvíos); ou 13) que as entradas presenten marcas de área e subárea temática. A exhaustividade está asegurada se o dicionario: 14) presenta información nocional a través de definicións terminográficas, ou preferiblemente enciclopédicas (Gómez GonzálezJover 2006: 244); e tamén se 15) inclúe todas as unidades polilexemáticas posibles, sinónimos, variantes denominativas e marcas de uso de cada unha das formas. Estas orientan a escolla do mediador segundo o nivel de especialización e rexistro do texto meta.\nNo referido ao corpus e dada a esixencia de empregar terminoloxías reais, é pertinente 16) que o repertorio se basee en córpora de documentos reais da especialidade e 17) que ofreza contextos e informacións de tipo gramatical.\n4. c ALidAde dA terminoGrAfíA GALeGA recente\nPara a avaliación da terminografía galega analizamos os repertorios terminográficos galegos xerados a partir do ano 2000 ata a actualidade, por considerarmos que a produción anterior xa foi analizada (Rodríguez Río 1996 e Galanes 2003) e por entendermos que interesa coñecer as últimas tendencias desde a formulación da TCT.\nPara localizalos acudimos á máis completa relación de repertorios terminográficos do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago (SNL da USC), que nos permite acceder\nTerminografía galega e calidade: novos modelos 41 © 2015 Estudos de lingüística galega 7, 3352\na eles por área temática e por orde cronolóxica 8. Excluímos da nosa análise os repertorios de 2015 e analizamos os publicados entre 20002014, a través dunha caracterización xeral e da aplicación dos criterios e parámetros expostos, sobre unha mostra seleccionada por produtor. De modo previo incluímos unha caracterización xeral do total da produción terminográfica dese período.\n4.1. Caracterización xeral\nAo fío dos xiros establecidos por Vargas (2007) interesa saber ata que punto estes tiveron implicación na terminografía galega. Analizamos a seguir os repertorios, non sen antes tratar doutras ferramentas, como os bancos de datos terminolóxicos (xiro tecnolóxico) ou as aplicacións de base conceptual (xiro semánticoconceptual).\nNese sentido, destacamos os proxectos que pertencen a cada unha das últimas etapas. A primeira delas é o banco de terminoloxía multilingüe Buscatermos, elaborado polo SNL da USC. Este banco de datos xorde a comezos do século como unha ferramenta de uso interno para a comunidade universitaria (Rodríguez Río 2006: 36) e, a partir de outubro de 2012, é de libre consulta en Internet por convenio coa Xunta de Galicia 9, fornecedora dos medios técnicos precisos para un maior volume de consultas. O seu obxectivo é centralizar as terminoloxías xeradas ou utilizadas no SNL. Ademais, foi incorporando baixo autorización outros repertorios terminográficos galegos e, posteriormente, xuntáronselle os léxicos elaborados en colaboración (sobre todo de Realiter). Estas ampliacións a proxectos internacionais fortaleceron a súa perspectiva multilingüe, que non é sistemática. En 2012 contaba con 150.000 conceptos e 450.000 entradas, número que vai en aumento coa incorporación de novos repertorios. As informacións que ofrece son variables segundo a fonte terminográfica de extracción, mais o modelo de ficha cumpre cos parámetros internacionais ao incluír información lingüística (entrada, categoría gramatical, termos complexos, variantes, sinónimos, remisións, equivalencias noutras linguas), nocional (área e subárea temática, definicións) e documental, ao citar as fontes de extracción. Dúas características que singularizan esta ferramenta son as marcas de ponderación, de modo que o consultante coñece a fiabilidade atribuída polos compiladores, e a posibilidade de interacción. En definitiva, polas súas dimensións e exhaustividade converteuse nunha ferramenta de referencia.\nDo xiro semánticoconceptual salientamos os proxectos do Seminario de Lingüística Informática (SLI). Esta entidade, tras xerar diversos córpora (CLUVI, CTG), así como outras ferramentas (corrector OrtoGal, tradutor automático OpenTrad apertium ou a plataforma de consulta simultánea a varios recursos, RILG), orientou a súa investigación á Terminoloxía en confluencia coa Termoteca e a Neoteca da Universidade de Vigo 10. Comezou a desenvolver traballos de corte semántica recentemente, o primeiro dos retos foi elaborar a versión galega da rede léxicosemántica WordNet (Gómez Clemente et al. 2013: 28), denominada Galnet. O Corpus Técnico do Galego (CTG) e Galnet son as ferramentas base para o desenvolvemento de Termonet, cuxo obxectivo é realizar a extracción terminolóxica a partir de calquera synset (serie sinonímica) da ontoloxía léxica de WordNet de acordo con relacións semánticas seleccionadas 11. Trátase de traballos en curso que fan albiscar novas aplicacións e produtos, dos que teremos noticias nos próximos anos. Neste momento son a vangarda do traballo terminolóxico en Galicia. Volvendo aos repertorios terminográficos, ofrecemos a seguir unha caracterización xeral de modo previo á súa avaliación. Para elaborala sérvennos de modelo os parámetros utilizados por Galanes (2003), para analizar a terminografía de 1984 a 2000. 8 https://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/biblioterm.html (consulta: 12/01/2015). A cita de repertorios terminográficos segue o formato autoría (ano). Para a súa consulta remitimos á lista do SNL da USC. Da relación faltarían, na nosa opinión, dous repertorios (ALTE 2008 e Bermejo et al. 2006) que recollen denominacións e definicións de conceptos especializados. 9 Véxase a nota de prensa correspondente: http://www.xunta.es/linguagalega/buscatermos (consulta: 15/04/2015). 10 Sobre os seus traballos: http://sli.uvigo.es/recursos.html (consulta: 15/04/ 2015). 11 Agradecemos a Xavier Guinovart e a Miguel Solla que nos facilitasen información sobre o proxecto SKATeRUVigo : “Adquisición de escenarios de coñecemento a través da lectura de textos: desenvolvemento e aplicación de recursos para o procesamento lingüístico do galego”.\nO primeiro dos ítems que require a nosa atención é o volume de obra. Na devandita lista do SNL da USC contabilizamos un total de 153 repertorios para o período 20002014, o que implica unha media de produción de 10, 2 repertorios/ano. Esta media duplica os 5 repertorios/ano do período inmediatamente anterior e concorda coa tendencia ascendente sinalada en Galanes (2003: 235).\nEn canto ás autorías, é pertinente combinar o criterio de autoría e o de editora, de modo que tratamos ambos como produtores de terminografía. Os proxectos elaborados en parcería clasificámolos como colaboración. Discriminamos as obras de editorial respecto das de especialista, mesmo se potencialmente poderían entrar en intersección. Baixo a etiqueta institucional agrupamos tanto a obra publicada por administracións foráneas como pola administración galega. Distinguimos entre os repertorios xerados polos servizos de normalización lingüística (servizos) e os xerados no ámbito universitario (académico) galego, que etiquetamos como universidade. Nel inclúense os dicionarios editados polos servizos de publicación ou no marco das actividades académicas (traballos fin de carreira ou proxectos de investigación). Singularizamos a achega de Termigal por se tratar da entidade sobre a que a RAG fai descansar a autoridade normativa na fixación da terminoloxía galega. Na seguinte táboa presentamos os datos en números absolutos e porcentaxe sobre o total de produtos:\nÁ vista dos datos percibimos un aumento dos axentes e, sobre todo dos dicionarios elaborados por colaboración. A maior parte deles son da Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter) 12, na que se integran media centena de centros institucionais e universitarios de 16 países para produciren léxicos en linguas neolatinas sobre áreas de coñecemento innovadoras (biotecnoloxía, hemodinámica, cambio climático, gripe aviaria, xeomática etc.) de modo colaborativo baixo a coordinación dunha das entidades citadas. A xestión dos proxectos realízase por iniciativa do coordinador de proxecto que propón un léxico, a partir dunha nomenclatura (aproximadamente 300 conceptos) con definicións en dúas linguas (normalmente inglés e francés) e os participantes proporcionan as equivalencias denominativas na súa lingua. Cómpre indicar que aínda que é un método rendible para a produción de terminoloxías galegas innovadoras, ata o momento ningún destes léxicos foi liderado por unha entidade galega. Outro dos proxectos colaborativos multilingües, a desaparecida rede Linmiter, agrupaba representantes de linguas minorizadas neolatinas europeas.\nEmerxen tamén outros editores de ámbito institucional, con sede na Xunta de Galicia. Se en Galanes (2003: 235) se salientaba o labor da Dirección Xeral de Política Lingüística (DXPL) como editora de terminografía, os promotores institucionais son neste período moito máis variados. Xunto ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), que colle o testemuño da DXPL e é sede de Termigal, figuran outras entidades como a Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias (2008), Portos de Galicia (2006), a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (2009) etc. Estes editores exerceron a súa 12 http://www.realiter.net/lessicirealiter?lang=gl (consulta: 20/04/2015).\nTerminografía galega e calidade: novos modelos 43 © 2015 Estudos de lingüística galega 7, 3352\nfunción no período 20052009 e, tamén hai que dicilo, boa parte dos repertorios desapareceron na actualidade da rede. Constitúe un colectivo de edición atinxido polo que poderiamos denominar “mortalidade terminográfica”, pois 6 (dun total de 13) repertorios irrecuperables pertencen a esta categoría.\nNese período, de modo paralelo a este impulso institucional, o sector profesional tamén produce dicionarios da man de entidades colexiais ou profesionais como a delegación galega do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos en Fagúndez Díaz et al. 2008, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (2009) ou a CIG (Gabinete Técnico de Saúde Laboral 2008), que editan cadanseu dicionario. Non é esta unha senda nova, ten antecedentes en repertorios como o do Colexio de Arquitectos de Galicia. O papel dos medios de comunicación, como o desaparecido Vieiros e a súa sección galego.org tamén foi relevante, mesmo se os léxicos editados en comezos do século nos resultan hoxe básicos.\nO principal editor nesta etapa son os servizos de normalización lingüística, de entre os que salientamos os de ámbito universitario. O SNL da USC e o da Universidade da Coruña (desde 2005) produciron boa parte dos repertorios baixo formatos uniformizados: Termos Esenciais e Vocabulario no caso da USC e a serie Profesionaliza a túa lingua na UdC. Ambas as entidades foron producindo terminografía para as titulacións implantadas nelas, cubrindo algunhas das carencias detectadas en Galanes (2003: 238). Outro dos servizos produtores foi o da Confederación de Empresarios de Galicia que, durante a súa andaina, publicou algúns dicionarios hoxe ilocalizables na rede, seguramente pola desaparición da subvención que sostiña o servizo lingüístico.\nNo referido ás áreas temáticas consideramos os tres grandes grupos de Galanes (2003: 237): Ciencia e Tecnoloxía, Ciencias sociais e Ciencias humanas, mesmo se somos conscientes de que é unha división demasiado ampla. Daquela, indicábase unha prevalencia na edición de glosarios de Ciencia e Tecnoloxía (55%) que se mantén nos repertorios analizados agora, pois constitúen o 50% dos producidos. Os do ámbito das Ciencias sociais experimentan agora un pequeno avance ao subir do 26 % ao 32, 6%. E, por último, o ámbito das Humanidades presenta unha porcentaxe semellante (17, 3%) á consignada daquela (16%). Non existen, pois, mudanzas considerables, máis aló do leve aumento dos repertorios en Ciencias sociais en detrimento das áreas máis técnicas. As novidades atinxen ás subáreas de coñecemento obxecto de tratamento terminográfico. Na liña do apuntado en Galanes (2003: 238), incorpóranse neste novo período algunhas enxeñarías (telecomunicacións, naval), Veterinaria, Fisioterapia, Podoloxía, Contabilidade, Turismo, Dereito civil etc. O mesmo acontece con algunhas das grandes áreas como a Filosofía ou a Física que pasan a ser obxecto de atención singularizada. Cóbrense, ademais, diversas necesidades en grandes áreas de coñecemento. Sirvan de exemplo os dicionarios de Medicina: contamos hoxe cunha excelente obra monolingüe (Reyes Oliveros et al. 2002) e a correspondente obra tetralingüe (español, galego, inglés, portugués; Rodríguez Río coord. 2008), o que tamén é aplicable a outras áreas de coñecemento como a Bioloxía, o Dereito ou os Recursos Humanos. No tocante ás combinacións lingüísticas dos repertorios, para compararmos os datos que figuran en Galanes (2003: 239) cos da produción actual, elaboramos a seguinte táboa:\nTáboa 3. Porcentaxe de repertorios por combinación lingüística (20002014)\nOs datos deixan ver un aumento notable de dicionarios que inclúen 5 ou máis linguas de traballo, como consecuencia da colaboración en redes. Se en Galanes (2003: 240) se indicaban as edicións de ámbito estatal como vía de elaboración do galego xunto coas outras linguas autonómicas (en número de 7), agora ese tipo de edicións están en decadencia, de feito só rexistramos tres (Cruz Mundet 2011; IULA 2008; e Administración da Seguridade Social 2006). Caso distinto é o da colaboración en repertorios multilingües de ámbito catalán, ben os promovidos en Realiter como desde outras sociedades científicas de ámbito estatal (p. e. Porta dir. 2014). No caso dos repertorios bilingües, ocupan un lugar destacado os que presentan as denominacións nas dúas linguas cooficiais (español e galego), que supoñen o 80% dos bilingües, se ben a súa porcentaxe, en comparación coa da produción anterior, está en diminución. Nese sentido destacamos que case todos os dicionarios dun dos novos e máis activos produtores, o SNL da UdC, presentan nos seus repertorios só esas dúas linguas.\nO soporte maioritario dos repertorios é o dixital, con independencia de que poidan ter tamén unha edición en papel. Nese sentido, o avance é moi significativo, do total de 153 obras, 119 contan, ou contaron, con soporte electrónico. Este avance corre en paralelo coa difusión dos medios electrónicos, especialmente nos servizos institucionais e académicos (os SNL, o SLI, CRPIH etc.). Pola contra, só presentan edición en papel aqueles repertorios do sector editorial (como González Piñeiro 2013; Varela Castro et al. 2011; Baldomir 2010) ou do ámbito da investigación, como os traballos fin de carreira, dos que algúns atoparon lugar en edicións privadas ou institucionais (Souto García 2002; Camafeita 2010). Para completar esta análise realizamos a seguir unha avaliación de calidade dunha mostra dos repertorios na que abordamos os criterios citados en 3.2.\n4.2. Análise dos repertorios terminográficos galegos (20002014)\nDada a imposibilidade de aplicarmos todos os criterios e os seus parámetros ao total da produción, realizamos neste apartado unha cala sobre mostra, cuxa escolla non é aleatoria. Dado que nos interesa coñecer como se afronta a xestión multilingüe na terminografía galega, a primeira escolma é segundo o tipo de produtor, de xeito que estean representadas todas as categorías da táboa 2. Ademais, seleccionamos os dicionarios máis recentes, por interesarnos as tendencias, e dentro deles, privilexiamos os repertorios multilingües sempre que foi posible.\nO primeiro dos grupos obras en colaboración reúne un nutrido grupo de 24 repertorios baixo dous modelos de colaboración. Dunha banda, a obra promovida por unha sociedade ou colectivo científico, que inclúe as equivalencias noutras linguas alén da inicial; isto é, unha colaboración ad hoc, das que só temos unha obra. Doutra banda, figura a obra elaborada no seo dunha rede de traballo terminolóxico estable, como Realiter ou Linmiter.\nA xulgar polas obras que analizamos (Porta dir. 2014 e Gómez Guinovart et al. 2014) en ambos os modelos se parte dunha nomenclatura na lingua orixinal que conta na obra cun status superior (árbore conceptual, definicións, reenvíos, ponderación de variantes etc.) ca as outras. No ámbito académico, non faltan voces que reclaman un “enriquecemento lingüístico” (Cabré e Tebé 2005: 22) que considere todas as linguas de traballo en pé de igualdade. Con todo, dado que se trata dun procedemento rendible e rápido para xerar terminoloxías innovadoras en galego, é unha vía de traballo que non convén descoidar.\nAmbas as obras contan coa autoridade de especialistas e de entidades académicas, son accesibles a través de formato electrónico, que permite as buscas avanzadas e a consulta de índices. A información lingüística (exhaustividade) é bastante completa. A tacha que cabe apoñerlles a ambas é que non se explicita o corpus de extracción (corpus) nin presentan contextos reais (orixinalidade). Ademais, a segunda delas recibe unha menor puntuación por non explicitar a bibliografía, nin a árbore conceptual nin as marcas de subárea (especificidade) e tampouco presenta información nocional. O que non quere dicir que non se manexe esa información na nomenclatura inicial. Sería desexable que no futuro se visibilizase esta nos léxicos publicados. En cambio, ofrece variantes xeográficas (p. e. portugués do Brasil) e variantes en todas as denominacións de todas as linguas (aínda que só xerarquizadas na lingua orixinal).\nPara avaliarmos as obras do sector editorial seleccionamos obra galega e analizamos a única obra española deste tipo, o que é tamén é mostra da feble consideración da cultura galega en ámbito español. Pola contra, varias editoras galegas inclúen dicionarios terminolóxicos nos seus catálogos, aínda que testemuñalmente e como extensión aos materiais para o sector educativo (vid. os dicionarios para Secundaria ou Bacharelato de Morgante) ou de colaboracións co sector institucional (Caride e Trillo 2010). O certo é que veñen cubrir ocos en áreas deficitarias (Filosofía, Física, Pedagoxía). As súas limitacións proveñen de se publicaren en papel (baixa accesibilidade) e de careceren de corpus.\nNo entanto, as obras analizadas (Cruz Mundet 2011; De Gregorio Fernández e Sendín Domínguez 2010) presentan uns parámetros de calidade elevados baseados en completas informacións nocionais de carácter enciclopédico, acompañadas doutros materiais (como láminas, reenvíos lexislativos), e tamén na exhaustividade das informacións lingüísticas (definicións, unidades polilexemáticas, variantes e marcas de uso). Son obra de autor especialista, o que asegura a súa autoridade, pero non sempre indican as marcas de subárea, árbore gramatical (especificidade) ou información gramatical (corpus). Ademais, a primeira delas, de acordo cos presupostos das normas ISO 13, pretende harmonizar a terminoloxía da Arquivística na lingua principal (español) e só permite recuperar a información desde esa lingua. As obras de ámbito galego son monolingües. Na reducida nómina de repertorios de especialista incluímos aquelas obras de autoría exclusiva de profesionais ou académicos dun ámbito temático. Seleccionamos 2 obras que representan modelos diferenciados. A primeira delas (Consello da Cultura Galega 2006) é un anexo a obra de especialista 14 e a segunda (Daviña 2000-) é un dicionario, aínda que non integro. Pola súa autoría cumpren o criterio de autoridade, mais non sempre puntúan noutros aspectos. Así, a primeira delas non inclúe información gramatical, nin marcas de uso e carece de explicitación metodolóxica. Ambas as obras prescinden de contextos e de árbore conceptual, se ben Daviña inclúe marcas de subárea. A formación terminolóxica autodidáctica de Daviña plásmase no dicionario a través de informacións que incrementan a súa calidade, así trata aspectos metodolóxicos, presenta informacións lingüísticas con exhaustividade e adáptase ao destinatario con definicións de tipo enciclopédico. Ademais, xustifica na introdución os criterios de adaptación ortográfica de termos de orixe grecolatina. As súas únicas limitacións derívanse de ser monolingües, do soporte exclusivamente en papel (o que dificulta a accesibilidade) e de non contar con corpus e, polo tanto, de contextos reais. Con todo, tenta suplir esta última coa inclusión de información fonética, a xustificación da ortografía e de innovadoras marcas de uso gramatical como u.t.c.t (úsase tamén como transitivo).\nO sector institucional produce glosarios como apoio ao seu labor sectorial para familiarizar a cidadanía cos seus procedementos e contribuír, de ser o caso, á normalización lingüística. Quizais por iso ningunha delas explicita o método de elaboración, non inclúen bibliografía, nin xerarquizan as acepcións e non se basean en corpus. En canto á autoridade, todas elas contan co aval do sector profesional ao que van dirixidas e a súa accesibilidade depende da web na que se publican. Así, o glosario da Seguridade Social non permite as buscas avanzadas nin presenta índices e, malia a se tratar dun repertorio multilingüe, só se recuperan os termos en cada lingua, sen posibilidade de cruzar información nin recuperar asemade as denominacións das outras linguas. Pola contra, o repertorio do IGE presenta un formato innovador pois permite descargar as entradas en formato bilingüe: inglésgalego, inglésespañol, galegoinglés, españolinglés. Excepto nesta fonte, o fin de divulgación condiciona que presenten información nocional e nas tres fontes figuran unidades polilexemáticas e en dúas delas sinónimos e variantes, pola contra omítense as marcas de uso. Así pois, presentan unha calidade media como consecuencia de non estar orientados á comunicación internacional por responderen a fins divulgativos, moi patente por exemplo no da Fundación para o Fomento da Calidade (2010). 13 Vid. a ampla introdución que así o dá a entender. 14 Representa o que Martínez de Sousa (2004: 177) denomina “glosarios escondidos”.\nTerminografía galega e calidade: novos modelos 47 © 2015 Estudos de lingüística galega 7, 3352\nDa colaboración establecida entre profesionais e o Termigal/CRPIH xorden ferramentas de interese, aínda que de formatos e calidade variable. Para a nosa avaliación seleccionamos 3 repertorios de metodoloxías diferenciadas (Lahuerta et al. 2002; Gómez Márquez et al. 2010; e Dans et al. 2010). A excelencia correspóndelle a última delas e reflíctese en todos os criterios, agás na orixinalidade e na exhaustividade, ao non presentar nin contextos, nin marcas de área e subárea, nin árbore conceptual. Unha das súas características máis positivas, e innovadoras na terminoloxía galega, é a aceptación do anisomorfismo (aínda que non o resolve), ao explicitar que a estruturación conceptual da área de coñecemento pode non ser idéntica en todos os espazos e linguas, o que vai na liña do “enriquecimiento lingüístico” proposto en Cabré e Tebé (2005). Ademais, na súa introdución alude á metodoloxía onomasiolóxica (do concepto á denominación), o que non parece casar coa ausencia de árbore conceptual ou de marcas de área e subárea. Non queremos deixar de indicar que é un dos repertorios máis valorados da nosa avaliación e que presenta como un dos obxectivos complementar outras obras sobre recursos humanos. Os outros dous repertorios engaden, ás indicadas, carencias as de orde metodolóxica (fiabilidade), marcas de uso (exhaustividade), corpus e tamén destacamos a ausencia de información nocional (exhaustividade) de Lahuerta et al. (2002).\nOs dicionarios xerados en ámbito profesional presentan unha grande calidade se os xulgamos a partir de Fagúndez Díaz et al. (2008) e de Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (2009). Son 2 completas iniciativas de experto con orientación multilingüe (4 e 7 linguas, respectivamente), en soporte dixital. Desde o punto de vista metodolóxico saliéntase o primeiro deles, polo seu apartado guía de uso, pola estrutura das entradas e pola posibilidade de interacción a través de formulario. Do punto de vista da accesibilidade, tamén destaca por permitir buscas avanzadas, así como a descarga do volume en formato pdf ou por recuperar a información tanto das entradas como de calquera parte da ficha terminográfica, o que facilita as buscas por calquera das linguas representadas sen necesidade de que existan índices. Ambas carecen de contextos reais, por non explicitaren corpus e só a segunda delas ofrece contextos (aínda que non sistemáticos), árbore conceptual e marcas de subárea en cumprimento do criterio de especificidade. Canto á exhaustividade, son repertorios moi completos que inclúen información nocional, unidades polilexemáticas, variantes e, no segundo caso, marcas de uso. O feito de seren multilingües e a completísima información nocional fan delas ferramentas adaptadas ao mediador interlingüístico.\nA produción dos servizos é a máis numerosa neste período, á intensa acción do SNL da USC súmase a do SNL da UdC e, en menor medida, a de Vigo. Seleccionamos 5 obras para dar conta desta diversidade. As editadas pola USC (Antelo Suárez et al. 2012; Martínez García et al. 2014; e Rodríguez Río coord. 2012) preséntanse en dúas coleccións distintas. Dunha delas (Termos Esenciais) seleccionamos 2 obras por ser unha delas unha adaptación doutra obra catalá, o que a singulariza, verbo das de produción propia. O cumprimento de parámetros é homoxéneo e satisfactorio. Mais en ningún deles se explicita o corpus de baleirado nin se inclúen contextos reais. Non xerarquizan definicións, dado o seu carácter técnico. Nos repertorios que non inclúen definición, súplense con marcas de uso que se introducen a través de notas con informacións variadas (formas alternativas doutros dicionarios ou marcas gramaticais). Polo demais, presentan todas as garantías de fiabilidade, autoridade (con aval da comunidade científica), accesibilidade (formato electrónico), especificidade (árbore conceptual e marcas de subárea) e exhaustividade.\nDos escasos repertorios da UVigo seleccionamos Giménez et al. (2005), elaborada por un conxunto de profesores de Economía na titulación de Tradución e Interpretación. Non presenta información nocional, contextos reais, nin corpus. Tampouco presenta árbore nocional nin marcas de subárea (exhaustividade) e como variantes só indica as siglas. A intervención de especialistas en Economía das linguas representadas engade valor á fiabilidade das equivalencias propostas.\nA UdC achega desde a colección Profesionaliza a túa lingua 24 repertorios entre 2005 e 2009. Son léxicos limitados por seren listas de palabras en galego e español e, polo tanto, ideados desde a perspectiva da normalización lingüística. Contribúen a cubrir as necesidades urxentes de docentes que desenvolven a súa actividade en galego, mais non ao contrario, ao excluír o índice inverso. Carecen de información nocional, non se basean en corpus, non presentan contextos nin marcas de uso. As únicas variantes que presentan son as siglas. En definitiva, son repertorios moi básicos que poden sentar as bases para posteriores desenvolvementos.\nMáis aló do labor dos servizos lingüísticos, as universidades xeran e publican repertorios elaborados no marco da actividade investigadora. Nesta categoría analizamos un dicionario de cada universidade galega e outro do IULA. Teñen a súa orixe en proxectos de investigación, polo que non responden necesariamente ao obxectivo da mediación internacional, coa única excepción de Souto (2002) que ten a súa primeira versión nun traballo fin de carreira de Tradución e Interpretación e que respecta os parámetros de calidade, agás en que non ten contextos reais, nin marcas de uso ou informacións enciclopédicas, pois se limita ás terminográficas. Os outros repertorios (IULA 2008; Buono et al. 2002; e Carril et al. 2004) puntúan un cumprimento inferior ao non presentaren información nocional, nin árbore conceptual nin contextos. Algún deles (Buono et al. 2002) publícase só en papel e prescinde de especialistas, o que limita a súa accesibilidade e autoridade e o outro (Carril et al. 2004) non explicita nin metodoloxía nin bibliografía. Noutras ocasións, as limitacións débense a ser un subproduto dunha investigación, como IULA\n(2008), que pretende xerar un prototipo de reelaborador de consultas.\nPara alén das notas negativas expostas, cumpriríanos un espazo moito maior para poñer en valor o enorme esforzo que a produción destes dicionarios implicou. Sirvan estas liñas para expresar ese recoñecemento.\n5. c oncLusións\nO paradigma comunicativo da Terminoloxía (TCT) acae ben ás necesidades da mediación lingüística. Esta demanda repertorios terminográficos cunha densa información nocional, válida para facilitar a comprensión de conceptos pero tamén para coñecer as súas relacións. Propón, ademais, describir as variantes denominativas, con información lingüística pero tamén pragmática, que oriente a selección da denominación máis adecuada ao texto meta. Esta información debe extraerse de textos reais que poderían funcionar, potencialmente, como documentación paralela no proceso de tradución. A estas esixencias debemos engadir as de acceso aos repertorios que, alén de precisar unha versión dixital, debe facilitar o acceso a toda a información (nocional, denominativa, gramatical, sintáctica, multilingüe) de cada entrada, de modo que se abran as vías de acceso a todos os datos e para todos os/as destinatarios/as.\nA Terminoloxía, nas súas tres acepcións de disciplina, método e dicionario, tivo en Galicia un desenvolvemento desigual ao non contar case con implantación en ámbito académico, nin con capacidade para completar a elaboración de métodos de traballo, pero si cunha produción de dicionarios terminográficos que xa non se pode ignorar.\nA Terminografía galega xerou produtos diversificados (dicionarios, bancos de datos e enxeñaría lingüística), que cómpre alentar para que saian da categoría de anécdota e cos seus desenvolvementos contribúan a situala no mundo. Os dicionarios (20002014) non fixeron máis que aumentar, incluíndo novos produtores á nómina de terminógrafos, incorporando sistematicamente o especialista, ofrecendo información multilingüe e completando áreas de coñecemento antes ignotas. Mais cómpre preguntarse honestamente se ese desenvolvemento cobre as esixencias da comunicación internacional. Para intentar achegar unha resposta deseñamos un modelo de análise de calidade articulado en 8 criterios (Mayoral) y 19 parámetros concretos (normas de calidade, Cabré e experiencia propia). Aínda que sabemos que a calidade se aplica aos produtos e aos métodos, restrinximos a aplicación á máis recente produción terminográfica, en secuencia á análise de Galanes (2003).\nO test aplicado a un elenco de obras selecto (por actualidade e calidade) revélanos que, salvo honrosas excepcións, non existen metodoloxías de referencia que orienten o conxunto da produción de dicionarios nin quen coordine e organice a xestión terminolóxica en Galicia. A vía de colaboración estalle a render bos resultados, aínda que, como no resto da produción, cómpre mellorar os métodos e enriquecer a información de partida (intervindo no plano conceptual con árbores ou mapas conceptuais, cando non con ontoloxías), así como mellorar as equivalencias (p.e., xerarquizando as variantes, incluíndo marcas de uso e contextos). Os novos\nTerminografía galega e calidade: novos modelos 49 © 2015 Estudos de lingüística galega 7, 3352\nsoportes electrónicos facilitan o acceso á información mais cumpría avanzar no acceso a toda a información (non só ás entradas) e asegurar a perdurabilidade dos léxicos na rede, quizais a través dunha plataforma institucional. A grande carencia de todos os repertorios ten que ver co corpus de partida real, que non está presente ou citado en case ningún deles como fonte. Así pois, a análise de calidade revélanos problemas de método que cómpre solucionar. E malia a todo o exposto, a media de cumprimento dos parámetros (e criterios) de calidade na mostra é de 9, 65 sobre os 19 criterios enunciados. Unha medianía que representa o meritorio esforzo investido. Dedúcese da nosa análise un camiño para avanzar, que pasa necesariamente pola formulación de métodos, o apoio ás novas aplicacións tecnolóxicas e unha mellor explotación dos recursos textuais e terminográficos. Calquera avance redundará, sen dúbida, na calidade dos dicionarios e, xa que logo, da lingua.\nr eferenciAs bibLioGráficAs Alcina, Amparo (2009): “Metodología y tecnologías para la elaboración de diccionarios terminológicos onomasiológicos”, en Amparo Alcina / Esperanza Valero / Elena Rambla (eds.), Terminología y sociedad del conocimiento. Berna: Peter Lang, 335. http://tecnolettra.uji.es/pubs/ alcina_09_terminologia&sociedaddelconocimiento.pdf (consulta: 20/02/2015).\nALTE (2008): Glosario de termos para a avaliación de linguas. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia (tradución de Cristina Suárez e Lucía Loureiro). Antelo Suárez, Elisardo / Xusto A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de arquitectura de computadores: (galegoespañol-inglés). Santiago de Compostela: SNL USC. https://www.usc.es/ gl/servizos/snl/terminoloxia/andelterm_SNL.html (consulta: 20/02/2015).\npub0218.html (consulta: 20/02/2015). Buono, Benedict / María Consuelo de Frutos Martínez / Javier Gutiérrez Carou (2011): Vocabulario galeTerminografía galega e calidade: novos modelos 51 © 2015 Estudos de lingüística galega 7, 3352\ngoitaliano: gastronomía. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Camafeita Longa, Olga M. (2010): Diccionario da música popular en Galicia. Cangas: Edicións Morgante. Caride Gómez, José Antonio / J. Felipe Trillo Alonso (dirs.) (2010): Dicionario galego de pedagoxía. Vigo: Galaxia. Carril Vázquez, Xosé Manuel et al. (2010): “Glosario elemental plurilingüe de relacións laborais (galegocastelán-inglésfrancés)”, Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo 1, 387482. http:// www.udc.es/snl/terminoloxia/rrll_plurilingue.pdf (consulta: 20/02/2015). Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia / Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (2009): Dicionario galego das TIC: DIGATIC. http://www.digatic.com (consulta: 20/02/2015). Consello da Cultura Galega (2006): Incendios forestais: glosario. http://www.consellodacultura.org/ mediateca/extras/incendios_1.pdf (consulta: 20/02/2015). Cruz Mundet, José Ramón (2011): Diccionario de archivística (con equivalencias en inglés, francés, alemán, portugués, catalán, euskera y gallego). Madrid: Alianza. Dans Álvarez de Sotomayor, Lucía / Yolanda Maneiro Vázquez / Inés Veiga Mateo (2010): Dicionario galego de recursos humanos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. http://www.cirp. es/w3/publicacions/pub0307.html (consulta: 05/04/2015). Daviña Facal, Luís (2000-): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña. Vol. I e II. De Gregorio Fernández, Emilio / Armando Sendín Domínguez (2010): Dicionario de arte. Vigo: Xerais. Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias (2008): Glosario de termos parlamentarios. http://cpapx. xunta.es/institucionaisglosario-determosparlamentarios (consulta: 04/04/2015). Fagúndez Díaz, Teresa et al. (2008): Dicionario Galego de Construción Naval. Santiago de Compostela: Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos (Delegación en Galicia) / Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza / Xunta de Galicia. http://dicionario navalgalego.ingenierosnavales.com/ (consulta: 20/02/2015). Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (coord.) (2010): Galeg@ vende II. Santiago de Compostela: Consellaría de Innovación e Industria/ Dirección Xeral de Comercio. http://portaldocomerciante.xunta.es/index.php/gl/biblio/7 (consulta: 20/02/2015). Gabinete Técnico de Saúde Laboral (2008): Glosario de termos de prevención, saúde e ambiente laborais. Santiago de Compostela: Confederación Intersindical Galega. http://www.cigsaudelaboral.org/files/descargas/glosario%20formato%20web.pdf (consulta: 03/02/2015). Giménez Fernández, Eduardo Luis et al. (2005): Vocabulario de economía. Vigo: Universidade de Vigo. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/glosarios/ Vocabulario_de_economia.pdf (consulta: 20/02/2015). Gómez Guinovart, Xavier et al. (2014): Léxico panlatino dos biocarburantes (françaiscatalà-españolgalegoitaliano-portuguêsromâna-english). Otawa: Bureau de la Traduction / Rede Panlatina de Terminoloxía. http://www.bttb.tpsgcpwgsc.gc.ca/btb.php?lang=fra&cont=g_2097 (consulta: 20/02/2015). Gómez Márquez, Jaime / Ana Viñas Díaz / Manuel González González (coord.) (2011): Dicionario de bioloxía: galegocastelán-inglés. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. http://www.cirp. es/w3/publicacions/pub0301.html (consulta: 25/04/2015). González Piñeiro, María Isabel (2013): Glosario de Arte para Bacharelato (castelángalego). Cangas do Morrazo: Edicións Morgante. Institut Universitari de Lingüística Aplicada (2008): Vocabulario multilingüe de economía -inglés, castelán, catalán, galego, vasco. Barcelona: IULA / Universidade Pompeu Fabra. http://ricoterm. iula.upf.edu/docums/vocecon/gal/ (consulta: 18/03/2015). Instituto Galego de Estatística (2010): Vocabulario estatístico. Santiago de Compostela: IGE. http://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp? paxina=003006&idioma=gl (consulta: 20/02/ 2015). Lahuerta Mouriño, Fernando et al. (2002): Vocabulario multilingüe de acuicultura. Santiago de Compostela: Xunta de GaliciaConsellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2? p_id=91 (consulta: 20/02/2015).\nde Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. https://www.usc.es/export/sites/ default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/forestal.pdf (consulta: 13/04/2015). Rodríguez Río, Xusto A. (coord.) (2008): Vocabulario de medicina: (galegoespañol-inglésportugués). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. https://www. usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/ terminoloxia/descargas/medicina.pdf (consulta: 13/04/2015). Souto García, María Belén (2002): Vocabulario das artes gráficas, obradoiro de encadernación. Vigo: Universidade de Vigo. http://anl.uvigo. es/UserFiles/File/glosarios/Vocabulario_das_ artes_graficas._Obradoiro_de_encadernacion.pdf (consulta: 13/04/2015). Varela Castro, Luciano / Xosé Xoán Barreiro Prado (coords.) (2011): Dicionario xurídico galego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Secretaría Xeral de Política Lingüística. Vigo: Xerais."} {"summary": "O contacto entre o galego e o español, dúas linguas iberorrománicas estreitamente emparentadas, ao contrario do que ocorre no caso do contacto do español con outras linguas, como o catalán, analizouse moi pouco. É aínda máis escaso o que se sabe sobre o contacto da lingua galega co español en América. A diferenza do que pode constatarse no caso do contacto con linguas inmigrantes como o italiano, o inglés, o francés, o alemán, ou ata o danés, en Arxentina, case non se considera o contacto entre estas linguas iberorrománicas. A contribución indaga, principalmente, no feito curioso de que o galego non atraeu nunca o interese dos estudosos arxentinos da lingüística ou da lingüística hispánica en xeral, nin da lingüística hispánica dedicada ao estudo da lingua nacional arxentina, o que se relacionará cos prexuízos culturais existentes no país riopratense para cos galegos. Despois, presentaranse uns casos de influxo lingüístico da lingua galega sobre o castelán de Arxentina. Como base da presentación serviron o baleirado da literatura lingüística existente e diferentes estudos empíricos realizados durante os últimos anos no seo do Grupo de Investigación de Contactos Lingüísticos entre Linguas Iberorrománicas, radicado no Departamento de Lingüística Aplicada e Translatoloxía da Universidade de Leipzig.", "text": "Carsten Sinner\nUniversidade de Leipzig (Alemaña) sinner@rz.unileipzig.de\n Contacto lingüístico, prexuízos, actitudes, Galicia, Arxentina\nSumario 1. Introdución. 2. O galego e os galegos en Arxentina. 3. O silencio sobre a influencia galega. 4. Potenciais\n1. I ntroducIón\nXa no ano 1979, Venceslao Novicov concluíu que as relacións entre as linguas e dialectos da península ibérica e o español americano necesitaban estudos detallados e profundos, históricos e descritivos, xa que representaban un campo de investigación moi amplo que aínda tiña moitos aspectos sen estudar (Novicov 1979: 234). Para os contactos co español americano, iso é válido ata o día de hoxe (cf. Frago Gracia 1999, Sinner 2004: 1 e 3743) 1. Son ben escasos os enfoques que parten da existencia dun castelán de Galicia como variedade propia (cf. Álvarez Cáccamo 1983, Porto Dapena 2001, Dubert García 2002, Castro 2003, Ramallo 2007, Sinner 2004 e 2011) e aínda non dispomos dunha descrición integral do castelán galego 2. Existen pouquísimos estudos sobre fonética —Pérez Castillejo (2012: 235) sinala que “sorprende la escasez de descripciones acústicas de la entonación del castellano hablado en Galicia”— e sobre o léxico dispoñible (Castro 2003, Pérez Castillejo 2012, Álvarez de la Granja 2011, Álvarez de la Granja / López Meirama 2013). Mais a pesar dalgunhas descricións e a mención de supostas características, sabemos ben pouco sobre o castelán falado por galegos no seu conxunto 3. Debido á falta de estudos que abrangan todos os niveis lingüísticos, que se baseen nos corpus de lingua oral e escrita históricos e actuais, ata hoxe non está claro que elementos realmente formarían parte do castelán galego e que elementos constitúen interferencias individuais que unicamente debido ao bilingüismo xeneralizado parecen, no seu conxunto, caracterizar o castelán de Galicia. Tampouco dispomos de estudos do castelán falado en Galicia en épocas anteriores que vaian máis alá das listas de palabras e dalgunhas supostas características sintácticas do castelán dos galegos (cf. os traballos de Gómez Seibane 2011, 2012 sobre un conxunto de cartas de 1767 a 1806). Actualmente, considéranse típicos do castelán falado polos galegos aspectos como:\n• Unha entoación que coa curva ascendentedescendente segue o galego e marca o castelán dos galegos como “melodioso” para os oídos de persoas non galegas. • A diferenciación de / ɛ / – /e/ e de / ɔ / – /o/, que segundo algúns autores ata podería ter carácter fonémico, e unha realización moi pechada de /o/ en posición final, que para falantes doutras variedades pode soar como /u/. • Hiatización de ditongos: [ru’ido] ruido. • Redución de nexos consonánticos ct, pt, bs etc., xeralmente por elisión do primeiro constituínte: [r ɛ ’tor] rector, [as’trato] abstracto. • Uso dos diminutivos ‑iño/a. • Concordancia de medio : maleta media hecha ‘maleta medio hecha’. • Uso escaso dos tempos compostos e como consecuencia uso máis frecuente de perfecto indefinido – esta mañana lo hice (e non de esta mañana lo he hecho) ou do antigo plus‑ cuamperfecto – tomara (e non de había tomado). • Unha serie de fenómenos lexicais que alén dos realia galegos comprenden moitos fenómenos do día a día usados ante todo na lingua falada.\n• Particularidades no uso dalgunhas perífrases verbais (cf. Sinner 2011: 71, Sinner / Tabares Plasencia 2014: 584585), como hubo de + infinitivo con valor avertivo. 1 Para a Península Ibérica, cómpre dicir que, como en Kabatek (1996), prevalece aínda o estudo da influencia do castelán sobre o galego, e tamén son escasos os estudos sobre a influencia inversa. As descricións do español de Galicia xeralmente limítanse ás interferencias do galego (cf. García 1976, García Mouton 1994 e García González / Blanco 1998). Ás veces, ata se argumenta que as diverxencias co castelán estándar só serían posibles debido ao contacto continuo co galego e que coa morte deste desaparecerían (García González 1976: 328, García González / Blanco 1998: 6, Rojo 2004), esquecéndose os autores completamente de que os elementos poden pasar ás seguintes xeracións sen necesidade de conservarse o galego. 2 A razón desta falta é explicada por Porto Dapena —que certamente exaxera en canto á nonexistencia de estudos—, da seguinte maneira: “No se ha hecho, sin embargo, absolutamente nada en torno al español [en Galicia], debido sin duda a que se ha dado por supuesto que la lengua oficial del Estado gozaba de muy buena salud, frente al gallego, lengua sin duda amenazada cuya revitalización era —y sigue siendo— objetivo primordial y preferente tanto por parte de la intelectualidad gallega como de las fuerzas políticas” (Porto Dapena 2001: s.p.). 3 Moitos dos traballos, se ben en principio teñen argumentos ben establecidos, chegan a conclusións que non poden considerarse que sexan o suficientemente fundadas polo material lingüístico analizado. Por exemplo, Pérez Castillejo (2012) cre que o feito de que tres (!) falantes que usaron un determinado tonema teñan familia da provincia de Pontevedra “apoya la hipótesis del influjo gallego en la entonación del castellano de Galicia” (2012: 255), cando tres casos como moito poden indicar unha certa tendencia, pero non son proba de que en grupos maiores se obterían os mesmos resultados.\nNa maioría dos traballos que se ocupan do impacto da inmigración galega en Arxentina, o aspecto cultural e social atópase no centro de atención (cf. os traballos reunidos en Núñez Seixas 2001) e aínda que moitos chegan a afirmar a invisibilidade da influencia ou falan directamente de herdanza invisible (Pascutti / Ruffato 2014), o historiador Ruy Farías afirma que “[n]o hay ningún aspecto de la vida social argentina en el que no estén involucrados los gallegos” e que “la cantidad de emigrantes de ese origen que llegaron a Argentina, y en particular a Buenos Aires, hizo que la idiosincrasia, el modo de ser y las costumbres de ambos pueblos se hayan mezclado de una manera tal que hoy es imposible de separar” (Vellés 2010). Nos estudos lingüísticos sobre a emigración galega, o centro do interese atópase en cuestións sociolingüísticas como, por exemplo, os factores que regulan a transmisión ou non transmisión interxeracional da lingua. Existen algúns traballos sobre a influencia doutras linguas sobre o galego dos emigrantes, mais o impacto do propio galego sobre outras linguas no contexto migratorio está por estudar 5. Non obstante, Gugenberger, especializada na emigración galega cara a Arxentina, sostén que “o galego practicamente non deixou rastros no español arxentino” (2012, no prelo: 552, tradución miña). Se ben a adaptación dos autóctonos aos inmigrantes para algúns autores é a excepción (cf. Bernhard 1998: 7), non cabe dúbida da posibilidade dunha influencia sobre a lingua do país receptor da emigración. Non obstante, é un proceso que depende, en gran medida, do número de falantes dunha determinada variedade lingüística emigrados a un sitio en concreto, alén de varios aspectos adicionais como son:\n• O período da emigración. • A tipoloxía da emigración 6. • Os motivos da emigración (que poden influír considerablemente sobre as actitudes lingüísticas), como dificultades económicas, razóns políticas ou relixiosas, razóns familiares (reunión familiar etc.), eludir o servizo militar etc. • A orixe e o destino dos emigrantes: aspectos xeográficos (como situación en zonas urbanas ou rurais), culturais e sociais (tipo de socialización, escolarización / nivel cultural, sectores ocupacionais dominantes etc.) e lingüísticos antes da emigración e no país de acollida. Son especialmente importantes:\nParecería polo tanto consecuente preguntar se non ocorrería o mesmo en Arxentina. Vexamos o que pasou no caso do castelán de Arxentina, tanto en canto á inmigración como ás razóns polas que non temos estudos que poderían responder as preguntas sobre o impacto lingüístico desta.\n2. o galego e os galegos en a rxentIna\nSuponse que os galegos constituían a maior parte dos emigrantes españois na Arxentina dos séculos XIX e XX —non é fortuíto que en Arxentina se chame galegos aos españois e aos seus descendentes—. Agora ben, en Arxentina é menos documentada a distribución dos inmigrantes de procedencia española do que é noutros países. En concreto, por non se rexistraren ou arquivaren no seu momento ou porque se perderon, faltan datos sobre a procedencia exacta dos inmigrantes españois e sobre as vías de migración interna unha vez chegados a Arxentina, ou sexa, sobre os fluxos migratorios galegos dentro do país, o que complica a interpretación dos datos lingüísticos. Con todo, alén dos rexistros de saída e de entrada que permiten chegar cando menos a números aproximados que posibilitan facérmonos unha idea do volume da inmigración, temos indicadores, como a existencia de casas culturais, institucións de axuda mutua etc., que nos axudan a ter unha visión sobre os movementos migratorios internos. Atópanse datos moi diferentes sobre a inmigración, mais todos os autores coinciden en que a inmigración italiana foi a máis importante. Só en poucas ocasións a inmigración galega como tal se menciona por si mesma e non simplemente incluída na española: menciónase nos poucos traballos sobre os galegos ou a lingua galega, pero non nos traballos sobre a inmigración cara a Arxentina en xeral. 7 Cf. a análise dalgunhas das voces galegas integradas no castelán falado en Cuba realizada por Neira Vilas (1995: 151158).\nGugenberger (2012, no prelo: 1718), por exemplo, di que só a colectividade galega en Bos Aires se calcula en 200.000 inmigrantes e que coa segunda xeración serían unhas 800.000 persoas de orixe galega. Sinala que a comunidade galega sería a segunda comunidade de emigrantes máis grande (despois da dos italianos) no Río da Prata (como práctica moi estendida en moitas obras, iguala Bos Aires co Río da Prata, esquecéndose de Montevideo e doutras cidades situadas no Río da Prata). Arxentina foi, xunto con Cuba e o Brasil, o país que recibiu os continxentes máis grandes de inmigrantes de Galicia, sobre todo durante as dúas vagas inmigratorias masivas, sendo a primeira a finais do século XIX e ao longo das primeiras dúas décadas do século XX, e a segunda nos tempos da posguerra (19481960) (Gugenberger 2012, no prelo: 1718). Segundo a estimación feita por Eiras Roel / Rey Castelao (1992: 248249), dos preto de 600.000 galegos que foron a Arxentina entre 1840 e 1900, uns 330.000 asentáronse definitivamente neste país; e nos tres primeiros decenios do século XX, estímase que saíron de Galicia entre 1.000.000 e 1.100.000 persoas, 550.000 delas definitivamente, das que como mínimo a metade chegou a Arxentina (cf. o resumo en Gugenberger 2002). Se sumamos os que chegaron a Arxentina ata os anos 60, teriamos máis dun millón de galegos que se asenNon me interesan os datos exactos, nin se foron 20.000 máis ou 20.000 menos ou se os cálculos doutros autores ofrecen cifras moi diferentes, o que interesa destacar aquí é a relación aproximada entre os diferentes grupos e o feito de que se fale de España ou de españois sen ter en conta a lingua. Vemos que ao realizar este cadro, a autora non podía evitar totalmente pensar en categorías lingüísticas, como constatamos cando agrupa “Portugueses y brasileños“ e “Ingleses y estadounidenses”. Ao mesmo tempo, Fontanella de Weinberg sinala: “Nos resulta [...] imposible determinar censalmente el uso de una determinada lengua materna por parte de los inmigrantes y las distintas generaciones de sus descendientes, ya que no contamos ni con los datos estrictamente lingüísticos ni con los referidos al origen étnico de los hablantes” (Fontanella de Weinberg 1979: 10). E explica, noutras palabras, que: Las dos principales cuestiones que se suscitan son la imposibilidad de determinar el número de personas que figuran como argentinos, pero que no tienen como lengua materna el español, por tratarse de descendientes de inmigrantes de diversas lenguas, y en segundo lugar la falta de correlación entre clasificaciones nacionales y lingüísticas (Fontanella de Weinberg 1979: 12).\nGüida (1993), ao comentar o texto de Fontanella de Weinberg de 1979, menciona limitacións parecidas con respecto aos inmigrantes franceses e austrohúngaros e explica sobre as posicións de Fontanella de Weinberg (1979: 22):\n© 2016 Estudos de lingüística galega 8, 187204 Por unha banda, isto débese ao feito de que tras unha nacionalidade potencialmente pode agocharse máis dunha lingua como lingua materna. É, por exemplo, o caso da indicación da nacionalidade “española”. Aquí, ademais do castelán, tamén pode ser lingua materna o catalán ou o vasco, por exemplo (Güida 1993: 22, tradución miña).\nÉ sorprendente que de todos os grupos con outras linguas a autora mencione os vascos —que dende a parte española do País Vasco emigraron sobre todo a Venezuela e Uruguai— e cataláns, mais non o grupo máis importante, o que deu nome ao conxunto dos emigrantes españois en Arxentina, os galegos. Isto é sintomático e atópase da mesma maneira en practicamente todos os traballos producidos en Arxentina. Nas súas conclusións, consecuentemente, Fontanella de Weinberg (1979: 11) non ten en conta o galego: “[…] podemos postular que el perfil lingüístico de la Argentina en 1914 comprendía dos lenguas mayores (español e italiano), cinco lenguas menores (idish, francés, alemán, portugués y un conjunto de varias), y dos lenguas especiales (inglés y latín)”. O galego non se menciona nin nunha soa vez e como moito é agochado no “conjunto de varias”. Non obstante, os números e as conclusións de Fontanella de Weinberg (1979) no referente ás linguas dos emigrantes son o fundamento de moitos traballos posteriores. Vexamos dous exemplos. No traballo de Donni de Mirande (1992), quen no seu artigo sobre o castelán falado en Arxentina se ocupa, entre outras cousas, dos contactos coas linguas de inmigración como “factor que debe añadirse a los contactos con las lenguas indígenas” (1992: 396), vemos que non se teñen en conta nin o galego nin as outras linguas iberorrománicas e que se equipara a procedencia de España coa hispanofonía dos inmigrados: Los italianos ocuparon el primer lugar por el número de individuos, seguidos por polacos, rusos, franceses, alemanes, austrohúngaros, portugueses, yugoslavos, suizos, checoslovacos, ingleses y otros grupos menores. Fuera de esta inmigración de habla no hispánica, también fueron numerosísimos los españoles llegados, ocupando por su número el segundo lugar. En esta ola migratoria española, cabe señalar que fueron mayoría los procedentes de Galicia y a ellos siguieron, muy lejos, los catalanes, asturianos, leoneses y castellanos, en tanto que andaluces sólo prevalecieron en los llegados en el año 1889 (Donni de Mirande 1992: 397). Non se di nin unha palabra sobre o feito de que na súa inmensa maioría, os inmigrantes galegos, cataláns e asturianos probablemente eran falantes de galego, catalán e asturiano. A autora enumera exemplos da influencia das linguas estranxeiras, diferenciando entre elas o contacto producido con linguas que chama “de alta cultura” (1992: 398), mais non di nada sobre as linguas rexionais do Estado español.\nTamén en traballos que se ocupan da inmigración máis recente, o galego practicamente non se ten en consideración. É o caso, por exemplo, das contribucións de Barrios e Rivero (1997, 1999 8), talvez os únicos traballos realizados no Río da Prata que se ocupan de xeito explícito da inmigración galega. Agora, se ben as autoras consideran o galego dos inmigrantes da última vaga, fano dunha forma que ten que sorprender se temos en conta que, en principio, parecen comprender a situación sociolingüística galega anterior á emigración. Dos inmigrantes galegos residentes en Montevideo chegados despois da última posguerra din: “encontramos que este grupo experimentó un proceso de asimilación lingüística excepcionalmente rápido, si lo comparamos con otros inmigrantes residentes tanto en el Uruguay como en otros contextos migratorios” (Barrios / Rivero 1999: 201). Tratando de resumir o proceso de asimilación lingüística, sinalan que a lingua materna dos galegos era o galego, e o castelán, a lingua de prestixio, do ensino e da escritura. Explican a expansión funcional do castelán en detrimento do galego co dominio do castelán por parte dos inmigrantes galegos:\n[…] en su tierra natal empleaban el gallego como lengua materna, y eventualmente el español como segunda lengua, adquirida (con mayor o menor competencia) en el ámbito escolar de su país de origen). 8 O título do traballo de 1999 parece dubidoso, xa que fai esperar algo distinto do que realmente trata: analiza variantes fonéticas (pronunciación de diferentes variables) que as autoras chaman “variables sociolingüísticas” cando dende o meu punto de vista serían variables lingüísticas.\nLa situación sociolingüística en la étapa preemigratoria se puede catalogar como un caso de diglosia, en que el gallego era la lengua B (de uso familiar y menos prestigiosa), y el español la lengua A (de la enseñanza, vehículo de la escritura y, por lo tanto, más prestigiosa).\nUna vez que los inmigrantes se instalaron en el Uruguay, el retroceso de la lengua gallega se dio rápidamente, al debilitarse su transmisión generacional. En este proceso incidieron diversos factores que interactuaron entre sí, y que tuvieron que ver tanto con los rasgos propios del grupo, como con las características de su emigración e inserción en la sociedad receptora: procedencia rural y posterior asentamiento urbano, edad de emigración joven, nivel socioeducacional bajo, emigración básicamente económica, exogamia creciente, ausencia de nucleamientos étnicos fuertes, cambio ocupacional, ascenso socioeducacional de la segunda generación, bajas expectativas de retorno, ausencia de reciclaje y de vínculos fuertes con España, relativamente similitud cultural y lingüística con la sociedad receptora y, sobre todo, una efectiva acción de la planificación lingüística del Estado uruguayo tendiente a la imposición del español como lengua exclusiva de todo el territorio nacional.\nLos factores mencionados en el apartado anterior contribuyeron a la rápida expansión funcional del español, en detrimento del gallego. La lengua habitual de los inmigrantes en su interacción con los hijos pasó a ser el español, muchas veces como resultado de una decisión expresa de los mismos gallegos, que consideraron preferible hablarles a sus hijos en esta lengua antes que proponerles otra que, como el gallego, pudiera tener poca utilidad para su futuro social y laboral, y que además estaba muy estigmatizada. De acuerdo a los datos proporcionados por los informantes en la mencionada investigación [Barrios / Rivero 1997], puede afirmarse que el desplazamiento de la lengua gallega en el contexto migratorio montevideano, se completó prácticamente ya en la segunda generación (Barrios / Rivero 1999: 210211).\nObviamente, o que din sobre coñecementos de castelán non pode xeneralizarse para os galegos inmigrados no Río da Prata nos períodos anteriores á Guerra Civil, cando a escolarización aínda era excepcional en Galicia, e tería que indagarse sobre o que significaba, nos diferentes casos, “mayor o menor competencia” ao referirse aos coñecementos dos galegos chegados na última vaga inmigratoria. Continúan as dúas autoras por argumentar que:\nPor su parte, el español peninsular pasaría a funcionar como identificador grupal sólo en un sentido débil; a saber, en tanto variedad dialectal del español, diferente a la rioplatense. En lo que tiene que ver con este hecho, el proceso de cambio de lengua de los inmigrantes gallegos se relaciona con una situación de cam‑ bio de dialecto. En ellos quedó obviada la etapa de incorporación del español, etapa que por el contrario debieron enfrentar otros grupos migratorios llegados al Uruguay (Barrios / Rivero 1999: 211).\nAsí, as autoras pretenden que os galegos pasaron do castelán peninsular ao castelán uruguaio/riopratense, deixando de lado este “problema” da “mayor o menor competencia”. Non obstante, por todo o que se sabe sobre a emigración dende Galicia, tamén na época de despois da guerra civil española ata os anos 60 do século pasado, o castelán non era a lingua materna da grande maioría dos emigrantes nin o falaban ben, xeralmente, se é que o falaban. Obviamente tamén chegaban persoas procedentes de contextos máis urbanos, mesmo de clase media, con estudos, que seguramente falaban con soltura o castelán (e sábese que xa no século XIX existía castelanización no galego en Galicia), mais o peso grande dos emigrantes seguramente non tiña este perfil.\nAquí temos que sinalar que probablemente, as autoras foron “vítimas” da ocultación da realidade galega por parte dos informantes, que posiblemente ao dicir que falaban castelán ao chegar a Uruguai, que foran escolarizados en España, non necesariamente estaban a explicar as cousas como eran en realidade, motivados por un sentimento de vergoña. É semellante o caso dos galegos no Brasil, que dicían ter falado en portugués cos brasileiros cando chegaron ao país (cf. os traballos de Suárez de Albán sobre os galegos na Bahía, Albán 1979, 1983, 1984). Parece que Barrios e Rivero foron vítimas da súa propia credulidade, acreditando todo o que lles dixeron os seus informantes acerca dos supostos coñecementos lingüísticos ao chegar a Uruguai. Ao longo da historia da inmigración galega no Río da Prata, a maior parte dos galegos definitivamente non pasaron do castelán peninsular ao castelán arxentino. Simplemente, polo que se sabe sobre os coñecementos lingüísticos dos galegos ao saír de Galicia, na gran maioría, deberon pasar do galego ao castelán riopratense ou, excepcionalmente, dun castelán galego, é dicir, un castelán visto polos arxentinos ou uruguaios moitas veces como un castelán “malfalado”, e sempre caracterizado por elementos resultantes da interferencia do seu galego nativo, cara ao\ncastelán arxentino. Mais din Barrios / Rivero:\nEl estudio del proceso de asimilación lingüística debe centrarse, pues en este caso, en determinar en qué medida y de qué manera se fueron ampliando los ámbitos de uso del español (restringiéndose, concomitantemente, los del gallego), y qué características adquirió el español de estos inmigrantes al entrar en contacto con la variedad rioplatense (Barrios / Rivero 1999: 211).\nClaramente, as autoras parten da existencia dun “español de estos inmigrantes”, e nin se preocupan da posibilidade dunha adquisición do castelán riopratense ou, mellor dito, uruguaio, influído pola L1 dos galegos: o galego. Vese moi ben o problema da equiparación da nacionalidade coa condición de falantes de castelán, a pesar da consciencia da condición de falantes de galego como lingua materna dos inmigrantes chegados dende Galicia.\nGüida (1993: 24), que pensa na constitución da inmigración procedente de España, explica que a inmigración española figura en números en segundo lugar despois dos italianos e que para a análise lingüística é importante a procedencia rexional dos inmigrantes, dado que non se poden descartar características dialectais do castelán peninsular no castelán de Arxentina. Menciona datos que deberon chamar a súa atención máis do que realmente o fixeron:\nUnha visión de conxunto realizada sobre a base de censos nacionais así como de estatísticas do Departa‑ mento de Migraciones de Arxentina sobre a procedencia rexional de todos os inmigrantes de España dende o principio das inmigracións en masa ata a súa lenta diminución nos anos 60 é proba de que o nome arxentino para os españois non por acaso é “galego” —e non “español”—. Galicia con 905.820 atópase no cume absoluto da lista de números de inmigrantes, seguida por Asturias (146.100), Cataluña (73.500), Castela e León (73.500), o País Vasco (43.830), Madrid [43.830], Aragón (29.220) e Estremadura (29.220). O sur e o sueste do país figuran cun total de 73.050 persoas, as Illas Canarias con 29.220. O punto culminante da inmigración galega foi nos anos 20 […] (Güida 1993: 24, tradución miña).\nO feito de que Güida só pense na influencia de “características dialectais do castelán peninsular” sobre o castelán arxentino é paradigmático para todo o debate sobre a influencia das linguas dos inmigrantes sobre a lingua española no Río da Prata. O que singulariza o traballo de Güida, razón pola que se menciona aquí varias veces, é o feito de a autora pensar nun posible impacto do galego, pois di que “se se correlaciona a lingua/o dialecto dos inmigrantes e a forza da súa presenza, hai que esperar máis ben unha impregnación do español de Arxentina polo galego” (Güida 1993: 25, tradución miña). Non obstante, dado que ela fala de “características dialectais do castelán peninsular”, parece que pensa menos na lingua galega ca no castelán galego, é dicir, un dialecto galego do castelán. Acorde con iso, escribe tamén que, por outra parte, “non se pode partir da presuposición de que todos os inmigrantes sexan falantes do estándar da súa lingua materna” (1993: 23, tradución miña), mais esquece os inmigrantes galegos cando di que “iso é particularmente válido para os inmigrantes de Italia” (Güida 1993: 23, tradución miña). Vemos que, polo seu peso, a inmigración italiana recibe unha atención moi distinta da que se presta ás outras linguas. Fai falta chamar a atención sobre un aspecto moi particular, como di Fontanella de Weinberg en repetidas ocasións e repiten outros autores seguíndoa: “Es necesario tener en cuenta también la diversidad dialectal de los hablantes de italiano, que era muy amplia, llegando en algunas variedades a la falta de inteligibilidad mutua, factor que, sin duda, desempeñó un importante papel en el destino futuro de esta lengua en la Argentina” (Fontanella de Weinberg 1979: 14).\nMoitos dos numerosos traballos realizados no Río da Prata que estudan a inmigración italiana mencionan a forte dialectalización e falan tamén do feito de que durante décadas os italianos chegaban a Arxentina sen coñecementos do estándar italiano (como Güida 1993: 25, que ve na fragmentación dialectal do italiano a razón pola que nunca perigou o castelán como lingua dominante en Arxentina). Non obstante, cando mencionan a inmigración española, non teñen en conta esta diferenciación lingüística. Barrios et al. (1992), ao falar dos españois e italianos inmigrados en Uruguai, entran repetidamente no tema da condición dos italianos de falantes de dialectos diferenciados, mencionando que foi só a partir da segunda metade do século XX cando os inmigrantes “conocen el italiano estándar aunque, al igual que sus antecesores, sus lenguas maternas son diferentes dialectos itálicos según la región de procedencia” (Barrios et al. 1992: 6) e fan referencia explícita ás “lenguas en contacto (español/variedades itálicas)” (1992: 6). Porén, as autoras silencian o feito de que os inmigrantes españois tamén eran falantes de diferentes linguas, a maior parte, de galego. Tamén Barrios / Mazzolini (1994) analizan o proceso de acomodación lingüística en inmigrantes italianos residentes en Montevideo. Cando falan da procedencia das masas de inmigrantes no país, explican dos italianos “que arribaron en grande número al Uruguay hasta el período de la última posguerra” (1994: 57) e que “forman parte integral de la población uruguaya, junto con los españoles y (en menor cantidad) otras colectividades, tan es así que suele considerarse al Uruguay como un país de inmigración” (1994: 5758). En canto diferencian os inmigrantes italianos en diferentes grupos de acordo coa súa situación sociolingüística (“hablantes multilingües fluentes”, “hablantes multilingües no fluentes”, “hablantes monolingües no fluentes de español”, 1994: 5859), non mencionan a mesma situación para os españois, nin teñen en consideración o feito de que a maior parte deles non tiñan o castelán como lingua materna.\nPara Güida (1993: 25), o concepto da influencia italiana necesita ser precisado. Opina que falando con máis exactitude non se trataría (só) dun contacto con outra lingua románica estándar\nSe ben se pensa que, en total, os inmigrantes italianos en Arxentina puideron chegar ata os tres millóns (Vázquez Presedo 1971), temos que ter en conta que non se pode calcular ben cantos dos inmigrantes italianos se contabilizaron máis dunha vez, debido á práctica moi estendida no século XX entre os italianos de certas rexións de facer o que se chama migración estacional ou, máis á galega, migración andoriña, ao traballar en Italia na colleita ao longo do verán europeo para despois viaxar a Arxentina para traballar alí durante o verán americano.\nA opción de que o italiano (ou mellor dito, os seus dialectos) foi a lingua de contacto máis importante paréceme que precisa verse cun pouco menos de énfase se temos en conta todos os datos presentados. Temos sete agrupacións dialectais italianas das que ningunha excede considerablemente os 400.000 inmigrantes. Os autores adoitan coincidir en partir da non intelixibilidade mutua dos dialectos italianos —algunhas das variedades anteriormente vistas como variedades rexionais italianas hoxe nin se consideran dialectos do italiano— e coinciden en que os italianos na súa enorme maioría non falaban o estándar 10, razón que para moitos autores 9 “Provenienza per zone geografiche e per regione dell’emigrazione italiana in Argentina (18761965)\"; in: Euroamericani. Volume 2: La popolazione di origine italiana in Argentina, Torino 1987, 559573” apud Güida (1993: 25). 10 Na literatura sobre as inmigracións italiana e española e a súa distribución por Arxentina, sinálase que os inmigrantes españois se asentaron sobre todo en Bos Aires (cidade, Gran Bos Aires e provincia) e nas provincias de Córdoba, Mendoza, Santa Fe, Tucumán, Salta, Río Negro, San Juan, Santa Cruz e Chubut, mentres que os italianos —que inicialmente eran sobre todo de Xénova e outras áreas da Liguria, máis tarde tamén das provincias do norte de Italia e dende finais do século XIX, das provincias meridionais— ficaron sobre todo preto de La Plata, é dicir, sobre todo na capital (ca. 35%) e nas provincias próximas a Bos Aires (60%), e outras provincias —ante todo, parece que Córdoba e Mendoza— (o restante 5%) (cf. Fontanellea de Weinberg 1987, Baily 1999, Devoto 2002: 30, Güida 1993: 28–29, Gabriel et al. 2013).\nexplica a rápida integración destes no castelán. Temos, por outra banda, máis de 900.000 galegos (segundo algunhas estatísticas, máis de 1.100.000) que si formaron un grupo homoxéneo, social e tamén desde o punto de vista lingüístico. Como se explica entón que nas obras sobre o español de Arxentina ou no Río da Prata en xeral, o galego non se mencione practicamente nunca como lingua de contacto?\n3. o sIlencIo sobre a InfluencIa galega\nAtopamos unha infinidade de traballos sobre os inmigrantes italianos e a influencia do italiano sobre o castelán arxentino e sobre as influencias da inmigración de fala inglesa, francesa, alemá, ata sobre a dos armenios, daneses e alemáns do Volga etc. (cf., por exemplo, Hipperdinger / Rigatuso 1996, Rigatuso / Hipperdinger 1998, Jungblut 2003, Hipperdinger 2005, Cipria 2007 sobre os alemáns do Volga en Arxentina). Con respecto ao galego, só se atopan uns poucos traballos illados sobre o comportamento sociolingüístico dos galegos e sobre o impacto do castelán no galego. Unicamente Gugenberger ten un traballo en que dá unha lista —moi reducida— de galeguismos fonéticos (establece os aspectos prosódicos nun capítulo á parte), morfosintácticos e léxicos que detectou na fala de galegos de primeira xeración entrevistados por ela (Gugenberger 2012, en prensa: 560562) (unha parte dos cales tiñan que ver, seguramente, co feito de estaren a falar sobre Galicia coa autora). Son, porén, innumerables os traballos en que non se ten en consideración o galego. Visto o gran número de inmigrantes galegos, a pregunta inevitable, xa que logo, é: cómo é posible que non se fixesen estudos sobre o impacto da lingua galega? A resposta ten que ser tentativa, xa que como non temos traballos que analizasen o contacto co galego, aínda menos posibilidades temos de atopar xustificacións desta non consideración. Parece obvio que debe ser unha combinación de dous factores: (1) o descoñecemento da lingua galega e da situación lingüística dos galegos, ao contalos como castelanfalantes, e (2) razóns sociolingüísticas, ou mellor dito, prexuízos sociolingüísticos. Se miramos o que se di sobre a tardía e escasa consideración do elemento africano na lingua portuguesa do Brasil nos estudos lingüísticos deste país, vemos que non se tivo en conta por tratarse do elemento escravo, negro, asociado ás capas máis baixas e desprestixiadas da sociedade brasileira, como foi demostrado por autores como Yeda Pessoa de Castro (por exemplo, 2001) ou Lopes (2011). A herdanza europea e máis tarde o elemento indíxena son tratados como aspectos identitarios brasileiros, en canto a herdanza africana deixárase sen atender (cf. tamén Bagno 2013). É semellante o desinterese pola pegada indíxena en Arxentina. Así, por exemplo, Muñoz / Musci (2007: 4) escriben, no seu estudo sobre a lingua falada en Río Gallegos (no que tampouco se considera a influencia galega): Uno de los aportes fundamentales de esta obra es que sus resultados son el producto de un análisis sin la interferencia de preconceptos. Es común que los hispanistas rechacen la influencia de las lenguas aborígenes sobre el español que estudian. Esta negación se debe básicamente al desconocimiento que existía de las lenguas indígenas.\nO mesmo podemos supoñer sobre as razóns polas que non se tivo en conta o galego. Estou de acordo co que di Gugenberger; a autora pensa que unha das razóns polas que o galego non se tivo en conta nos estudos arxentinos de lingüística da migración é que a situación lingüística dos galegos xeralmente non se vía como problemática. Mais na miña opinión non é convincente a explicación que ela dá desta percepción como “non problemática”, xa que Gugenberger pensa que foi polo parentesco entre o galego e o castelán e porque, segundo ela, xa eran bilingües cando chegaron a Arxentina (cf. Gugenberger 2012, no prelo: 22). É unha posición moi dubidosa e que contradí a historia da emigración galega. A autora esquece, por exemplo, que no campo galego (e Galicia era e é moi rural) case non había escolas, que facía falta que os emigrantes enviasen cartos a Galicia para que estas se creasen, precisamente pola nula ou case nula escolarización da maior parte dos galegos durante moitos decenios dos que conforman os períodos da emigración masiva, coa intención de que así os mozos galegos puidesen prepararse para a emigración. Se xa todos falasen castelán, se soubesen escribir, non faría falta esta creación de escolas. Sen escolarización, onde aprenderían os galegos castelán? Alén dos galegos das vilas, de clase media ou alta, que xa falaban castelán moi ben, ou estaban completamente castelanizados, a grande maioría non falaría ben o castelán; como moito, terían coñecementos considerables de castelán os mozos que fixeron o servizo militar antes de emigrar, os que parece ser que foron unha minoría. Tamén podemos considerar como contradición esa postura se vemos que noutro momento, a mesma autora explica que a inmigración en masa das primeiras décadas do século XX reactivou o (vello) estereotipo —o de atraso, pobreza, falta de cultura, de que os galegos eran uns brutos— “que foi nutrido polo feito de que a gran maioría dos inmigrantes galegos viñan do campesiñado e non foran ou foran moi escasamente alfabetizados” (Gugenberger 2012, no prelo: 355, tradución miña). De feito, pódese soster que en Galicia, quen falaba castelán como lingua materna pertencía á clase alta e non tiña por que emigrar. Os galegos que chegaban a Arxentina, identificados e autodeclarados como españois, eran vistos como incultos por nin falar ben o que se supoñía, dende os ollos arxentinos, como lingua materna dos españois. Así, a migración cimentaba o prexuízo do galego bruto, eternizado en figuras como o bruto do Manolito no cómic arxentino Mafalda ou a personaxe da miñona galega Cándida —“una mujer ignorante, ingenua y torpe, pero querible, y que produjo entre los oyentes de Niní una enorme cuota de ternura, por el trasfondo de bondad que emanaba el personaje” (Contreras 2003: 12)— creada pola actriz arxentina Niní Marshall (como se facía chamar Marina Esther Travieso), e igualmente polos incontables chistes de galegos. Ser galego non era unha cousa da que se presumía en Arxentina, o que facía que os galegos ata cambiasen a grafía dos seus nomes, e así, por exemplo, de Souto, se fixo Soto, e de Moure, More, segundo dous casos documentados persoalmente. Rivas (2007) recordaba a frase de Emilio Daireaux, “una cosa es ser gallego y otra que te lo digan”: “en 1888, en Bos Aires, […] isto é o que responden uns galegos a Emilio Daireaux, cando este xornalista e escritor intenta coñecer o grao de identificación dos emigrantes co seu xentilicio” (cf. Daireaux 1888).\nA isto hai que engadirlle que os propios galegos ata descoñecían que o galego non era dialecto do castelán, algo que obviamente influíu sobre como foron vistos polos arxentinos, o que me parece que debeu influír tamén na non consideración do galego nos estudos lingüísticos. Neste sentido, dixo Soto Andión nunha conferencia no Coloquio de lusitanistas alemáns en\nHamburgo o 12 de setembro de 2013: Boa parte dos emigrantes pola falta de formación, e como resultado dos tempos que corrían cando deixaron Galicia, descoñecían que Galicia era unha nacionalidade histórica, cunha lingua, unha identidade e unha cultura de seu, de aí que en certa medida buscaban ocultar a súa orixe e a súa lingua propia. A falta de coñecementos sobre a lingua galega e a falta de prestixio da inmigración galega son as razóns máis probables polas que non se tivo en conta e non se ten en conta nos estudos lingüísticos arxentinos, ou riopratenses en xeral, e sobre o castelán de Arxentina e Uruguai. Mais, sen dúbida, hai cousas que descubrir analizando o papel do galego na historia da lingua española en Arxentina e Uruguai e penso que hai toda unha serie de aspectos que son, claramente, candidatos a seren galeguismos do castelán arxentino/riopratense ou que, cando menos, teñen que considerarse como posibles galeguismos.\n4. P otencIaIs galeguIsmos do castelán arxentIno ou rIoPratense\nA continuación, imos ver só algúns exemplos de aspectos presentes no castelán arxentino ou riopratense en xeral que ao meu modo de ver constitúen ou poderían constituír galeguismos desta(s) variedade(s). Deixo de lado a cuestión do léxico, mais certamente ten que analizarse toda a listaxe de palabras unha e outra vez adscritas a “algún dialecto italiano” sen que aínda se puidese dar coa fonte lingüística, e, sen dúbida ningunha, hai máis elementos galegos que os nomes da culinaria galega chegados cos produtos e pratos galegos (como os Pimientos de\nPadrón, o Caldo gallego o las Filloas 11).\nTamén no caso do che arxentino puido xogar un papel o galego. Existen as máis diferentes teorías sobre a súa procedencia (cf. Dishman 1982) e o seu uso intentou explicarse ata coa lingua guaraní (cf. de Granda 1994), mais no guaraní trátase da primeira persoa, non é pronome de tratamento, o que fai parecer pouco convincente esta explicación do uso e da funcionalidade que ten no castelán arxentino. En traballos sobre che e che pibe aparecen referencias ás variedades italianas como posible explicación, sen poderse probar esta hipótese (cf. GómezPablos 1999). “Probablemente dun dialecto italiano” debe ser, por certo, unha das frases máis usadas nos textos sobre elementos do castelán arxentinos non explicables aínda. Nunca vin: “Probablemente do galego”. Paréceme, cando menos, que a teoría de que o che poida vir do galego é moito máis probable ca calquera das explicacións italianoguaraníticas, mais semella que a ninguén se lle ocorreu ter en conta o galego nas análises das formas e fórmulas de tratamento arxentinas. Ninguén pensou en analizar máis polo miúdo o impacto do che galego, que puido ter algunha importancia no sentido de converxencia lingüística do che galego e o che dos arxentinos, que supostamente se remonta “a los comienzos de la colonia” (Rosenblat 1984: 89), mais a procedencia deste aínda non se puido probar a ciencia certa. O intento de datar o che nos principios da colonización española casa ben co rexeitamento de calquera intento de atribuír o uso á influencia galega. A posibilidade dunha influencia galega, segundo informou Rosario Álvarez nun debate no XI Congreso Internacional de Estudos Galegos en Bos Aires o 7 de abril de 2015, nos poucos textos onde tan sequera se trata esta posibilidade, é rexeitada como idea ridícula, sinalándose que “como influiría no castelán arxentino un elemento do galaicoportugués medieval?”, cando o che en galego moderno parece que ten todas as funcións que ten no castelán de Arxentina menos a de substituír nomes propios. Nin no caso do castelán dos galegos se considera a posibilidade dunha influencia galega, como se ve cando Gugenberger cualifica o uso do che no castelán falado polos seus informantes, inmigrantes galegos de primeira xeración, como exemplo da “combinación” das variedades peninsular e arxentina (cf. Gugenberger 2012, no prelo: 563). É, obviamente, só unha primeira opinión que deberá ser mellor fundamentada. Mais tamén axudaría, certamente, dispor de estudos do che en Galicia, para verificar canto hai de certo na impresión que teñen algúns falantes de que se trata de arxentinismos en Galicia, como resultado de remigración, e se realmente é posible pensar en influencia lingüística entre galego e castelan neste caso concreto.\nNo uso dalgúns tempos verbais e de perífrases verbais podemos ver unha posible ou definitiva influencia galega. Podemos mencionar o caso das formas en ‑ra con valor de pluscuamperfecto de indicativo que xa sinala Novicov para algúns países americanos (Novicov 1979: 233). As análises que fixen sobre a base da parte arxentina do corpus da Real Academia Española —lingua oral e escrita— mostran claramente que é máis alto o uso das formas en ‑ra con este valor ca en España (sempre deixando fóra os textos de falantes ou autores galegos) (Sinner 2016, no prelo).\nAs formas compostas son de difusión tardía no centro peninsular e moi escasas ou antinormativas aínda hoxe en galego e asturiano (Rodríguez Molina 2004). Por iso, esas construcións deberían estudarse tendo en conta que o desenvolvemento do uso do perfecto simple en Arxentina se sitúa na segunda parte do século XIX e as primeiras décadas do século XX; se se quere estudar como foi o uso fóra da escripturalidade, certamente deberían terse en conta particularmente os xéneros escritos menos cultos 12. En Sinner / Neuhaus (2010, no prelo) probamos a influencia do galego sobre o castelán de Córdoba, unha das áreas con moita inmigración galega, no ámbito das perífrases verbais, mais concretamente, o uso avertivo de haber de + infinitivo. Na lingüística galega, haber de máis infinitivo no pretérito perfecto simple de indicativo —nalgúns autores 11 Alén de filloas, tamen pode atoparse a forma frilloas, como no seguinte comentario nun foro dedicado á cociña: “riquísimas, acá en Uruguay les decimos frilloas y las preparamos igual, relllenas [sic] con dulce de ledhe [sic] o con miel, y hacemos los clásicos canelones de verdura o de carne o de choclo” (Alicia San Martín — 5 junio 2014 a las 20:44, http://www. pequerecetas.com/receta/filloas/, visitada o 18 de marzo de 2015). 12 Galego e asturiano comparten unha serie de fenómenos lingüísticos como precisamente o uso escaso ou nulo de tempos verbais compostos, o que imposibilita diferenciar nitidamente certas influencias galegas e asturianas, mais visto o número infinitamente menor de asturianos chegados a Arxentina, podería desestimarse nas análises lingüísticas.\ntamén chamado pluscuamperfecto de indicativo — é considerado como perífrase verbal temporal de inminencia ou inminencia frustrada (cf. Rojo 1974: 100), explicada como perspectivaaspectual (Kabatek 1996: 133) e descrita por Álvarez / Regueira / Monteagudo (1998: 405) como forma que indica acción que estivo a piques de realizarse pero non se realizou. Na lingüística actual este uso chamaríase avertivo, seguindo a Kuteva que fala de “an action which was potentially imminent but did not ultimately get realized” (Kuteva 2001: 78; cf. Kuteva 1998).\nOutro aspecto que puiden comprobar no castelán de Arxentina é a existencia da concordancia do adverbio medio como en maleta media hecha en lugar de maleta medio hecha ou casa media construida por casa medio construida, como no seguinte anuncio inmobiliario arxentino:\n¿Se dice?\nEstá delante mío. o Está delante de mí. Ellos son los que corren mejor. o Ellos son los que mejor corren. Está media aburrida. o Está medio aburrida. (Petruzzi et al. 2000)\nTamén habería que ollar ben os marcadores do discurso, especialmente os estalos ou clics feitos coa lingua —clics non pulmonares, tamén ás veces chamados chasqueos — como marcador estruturador do discurso, un aspecto moi rechamante tanto do galego como do castelán de Galicia para persoas que veñen de fóra, e que tamén chama a atención nas interaccións cos arxentinos 13. 13 Algúns autores falan de estalos ou clics, como Alonso (2000: 86), que os definen da seguinte maneira: “A forma máis sinxela de imaxinar como soan os diferentes estalos ou clics é pensar no son dun bico, o estalo que facemos coa lingua para imitar o ruído dunha rolla ó sair dunha botella, o que se fai para afalar os cabalos”; outros, como Kabatek (2000), falan de chasqueo da lingua : o termo chasqueo, que non se atopa no dicionario da Real Academia Galega, parece castelanismo. Nos exemplos do corpus do castelán de Galicia citado no estudo de Kabatek (1996, tradución galega 2000), a marca aparece nada menos que 62 veces. Unha revisión rápida dos exemplos mostra que moitos teñen funcións de marcadores de discurso, que son, por dar só uns exemplos, estruturadores da información (por exemplo, estruturadores disgresores), conectores (por exemplo, conectores aditivos), reformuladores (por exemplo, de rectificación), operadores (por exemplo, de concreción) ou marcadores conversacionais (por exemplo, metadiscursivos). O mesmo fenómeno habería que analizalo no castelán riopratense.\nTamén no nivel fonéticofonolóxico podemos constatar aspectos que precisan ser analizados antes de descartar unha influencia galega, que nos parece máis que probable. O xeito de realizar a sílaba tónica no castelán riopratense, co seu descenso tonal e o seu alongamento, e o descenso tonal nas interrogativas poderían vir do galego, ou cando menos constituír un caso de converxencia coa influencia italiana proclamada polos investigadores que se ocuparon do tema (cf. Feldhausen et al. 2010, Pešková et al. 2012, Álvarez / Regueira / Monteagudo 1998, Fernández\nRei 1997, Fernández Rei et al. 2005, 2006).\nAfírmase que, á parte de numerosos préstamos léxicos, o contacto lingüístico co italiano influíu, ante todo, na prosodia, o que xeralmente vén acompañado por mencións da coñecida opinión da lingüista arxentina Vidal de Battini, quen afirmou, ao describir o español arxentino, que “Buenos Aires habla con entonación italiana” (1964: 144) (cf., neste sentido, Gabriel et al. 2013), fenómeno que se explica como resultado dos cambios ocorridos a comezos do século XX (cf. o resumo en Pešková et al. 2012: 368). Como explican Gabriel et al. 2013), facendo referencia, entre outros, a Colantoni / Gurlekian (2004), a hipótese da influencia italiana na prosodia bonaerense non se corrobora só pola propia situación histórica —con iso faise referencia á inmigración italiana—, senón tamén polos patróns entoativos que esta variedade comparte con varios dialectos italianos e que a diferencian doutras variedades do castelán. Sen dúbida, debe terse en conta unha posible influencia galega (xa sexa esta directa ou a través do castelán dos galegofalantes) e a posibilidade dunha converxencia de italiano (ou dialectos italianos) e galego. Nos estudos recentes sobre a prosodia do castelán arxentino e as comparacións cos trazos prosódicos doutras linguas, levados a cabo sobre todo polo investigador alemán Gabriel e os seus colaboradores (cf. bibliografía), o galego non se menciona. O autor só comezou a mencionar o galego despois de presenciar unha conferencia nosa sobre o impacto do galego no castelán arxentino (Sinner / Neuhaus 2013, no prelo) no último congreso de lusitanistas alemáns, incluíndo esta posición, polo que sei, por vez primeira nunha conferencia no concurso pola praza de catedrático de castelán na Universidade de Bremen, en Alemaña, no mes de outubro de 2013 (Gabriel 2013), mais con referencias só a Gugenberger.\n5. c onclusIóns\nA criba sistemática da literatura sobre o castelán de Arxentina e Uruguai revela unha ausencia absoluta de referencias ao galego como posible factor no desenvolvemento do castelán nestes países do Cono Sur, o que sen dúbida ten que ver coas actitudes negativas cara ao galego en Galicia e no Cono Sur e a imaxe negativa dos falantes de galego resultado da situación social e sociolingüística precaria dos inmigrantes galegos en épocas anteriores. A nonconsideración do galego na lingüística arxentina (ou riopratense) e na lingüística hispánica en xeral parece un caso máis de invisibilidade ou, mellor dito, invisibilización do galego e corresponde, ao noso xeito de ver, coa tentativa máis ou menos consciente de ocultación da realidade galega e do impacto da inmigración galega, tanto polos propios falantes como polos lingüistas. A mudanza da situación do galego e a mellora no coñecemento desta variedade iberorrománica como resultado da súa normalización poderían permitir a consideración do galego na lingüística hispánica e podería levar ao preenchemento desta lagoa. O presente artigo espera contribuír a que así sexa.\nr eferencIas bIblIográfIcas\nAlbán, Maria del Rosário (1979): Desempenho lin‑ güístico de imigrados galegos na Bahia. Dissertação de Mestrado, 2 vols. Salvador da Bahia: Universidade Federal da Bahia. Albán, Maria del Rosário S. (1983): A imigração gale‑ ga na Bahia. Salvador de Bahia: Centro de Estudos Baianos da Universidade Federal da Bahia. Albán, María del Rosario (1984): “Aspectos de interferência lexical no português de imigrantes galegos”, Estudos lingüísticos e literários 1, 629. Alonso, Juan Alberto (2000): “A orixe da linguaxe”, en: Fernando Ramallo / Gabriel ReiDoval / Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (eds.), Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 6384.\nmanófonos. Actas del coloquio (Viena, 25‑28 de marzo de 2003). Wien: Präsens, 147166.\nVellés, Leo (2010): “Analizan la influencia social, histórica y cultural de los emigrantes gallegos en Buenos Aires”, en España Exterior. El Periódico de las Comunidades Españolas en el Mundo. http:// www.espanaexterior.com/seccion/Galicia/ noticia/200383Analizan_la_influencia_social_ historica_y_cultural_de_los_emigrantes_ gallegos_en_Buenos_Aires. Vidal de Battini, Berta E. (1964): El español de la Ar‑ gentina. Buenos Aires: Consejo Nacional de Educación."} {"summary": "No verán de 2013 realizouse a recolleita da microtoponimia de Sálvora e do seu arquipélago, no marco do Proxecto Toponimia de Galicia. O feito de se tratar dun espazo insular que levaba despoboado case medio século dificultou o proceso, porén precisamente por esa excepcionalidade os resultados obtidos teñen un especial valor para as análises tanto filolóxicas como históricas.\nO presente estudo ten dous bloques fundamentais, denominados Metodoloxía e Análise da toponimia. No primeiro deles explicamos como se realizou o traballo de recolleita, que criterios se adoptaron e que problemas se enfrontaron. No segundo examinamos a toponimia do interior de Sálvora, dos elementos mariños que a rodean e os xenéricos locais utilizados polos informantes. Esta análise achegou diversos datos para o coñecemento dos modelos pasados de poboamento e organización da illa, e de explotación e humanización do mar. A toponimia demostra unha vez máis ter interese máis aló do ámbito estritamente lingüístico.", "text": "Lingüística, toponimia, microtoponimia, lectura histórica da paisaxe, Sálvora\nSumario 1. Introdución. 2. Metodoloxía da recolleita. 2.1. A revisión documental. 2.2. Os informantes e as entrevistas.\n2.3. O tratamento dos datos. 3. Análise da toponimia. 3.1. A toponimia de Sálvora: ferramenta de lectura his1. I ntroducIón\nOs microtopónimos 1 son aqueles nomes con que as comunidades humanas identificaron cada un dos pequenos elementos naturais ou artificiais constituíntes da súa xeografía cotiá. As pedras, os camiños, as leiras, as fontes, os montes, os cruceiros, os regueiros, os illotes ou os viñedos; todo aquilo que merecía ser nomeado para recoñecer e acoutar o espazo habitado recibiu unha denominación que o singularizou.\nXa na Idade Media contamos en Galiza con testemuños escritos en que a importancia da tenza da terra obrigaba a definir os límites con extrema precisión e polo tanto a estabelecer marcas e nomealas de tal xeito que ninguén puidese dubidar delas. Estas descricións, provenientes principalmente de herdanzas, transaccións ou preitos, achegan en ocasións unha información tan concreta e clara que permite recrear ao detalle a fisionomía da aldea medieval, abrindo a porta a un coñecemento valiosísimo do conxunto da sociedade da época. Así o estudaron os medievalistas Portela e Pallares (1998) no caso de Rabal e Bobadela, dúas villae, segundo o termo latino contemporáneo, amplamente documentadas nos séculos X e XI. Hoxe mantéñense como parroquias no concello ourensán de Celanova e continúan, por certo, cos seus límites case intactos un milenio despois.\nEstamos entón nun momento en que se fai imprescindíbel un traballo inmediato e decidido de recolleita e posta en valor dun patrimonio lingüístico e cultural de enorme riqueza e calidade e, no caso galego, tamén de inxentes proporcións. A nosa particular ocupación do territorio, cun poboamento disperso e unha explotación agrícola intensiva sobre unha xeografía irregular, deu lugar a unha inxente cantidade de topónimos, que aparecen cunha densidade moito maior que a do Estado español.\nO Proxecto Toponimia de Galicia (PTG) creouse no ano 2000 como plan de recuperación, estudo e posta en valor da microtoponimia. Baséase nun método de enquisas orais con que recoller todos os nomes aínda vivos na fala, para os introducir despois nunha base de datos global e finalmente, após fixar unha forma normalizada, implantalos nun soporte cartográfico e, sobre todo, difundilos nas comunidades que os crearon e os usaron.\nA pesar das dificultades e de que aínda resta traballo por facer, son numerosas as parroquias e mesmo os concellos que na súa totalidade xa foron obxecto de estudo. Cando comezamos a recolleita na Illa de Sálvora 2 este era o único espazo do concello de Ribeira que ficaba sen investigar 3. Non é estraño que isto fose así, pois as características da illa para un proxecto coma este son notabelmente diferentes ás da maioría de territorios estudados en Galiza e presentan problemas de difícil solución. Talvez a particularidade máis decisiva sexa que se trata dun espazo que no momento de realización do estudo levaba deshabitado máis de catro décadas. Durante ese tempo o acceso á illa estivo restrinxido e a maioría dos seus antigos poboadores nunca tivo a oportunidade de visitar as que foran as súas casas desde que se viron obrigados a abandonalas ao longo da década dos cincuenta e dos sesenta.\nA segunda peculiaridade é que o poboamento en Sálvora non foi estábel e ininterrompido desde a Idade Media, etapa na cal se fixaron a maior parte dos topónimos, senón que tivo múltiplos propietarios, períodos de despoboamento e diferentes modelos de explotación. Os últimos habitantes descendían de familias de San Paio de Carreira que no século XIX se asentaron alí como usufrutuarias, nunca como propietarias, e que formaron unha única aldea desde a que traballaban os 2, 5 km cadrados de territorio insular. A formación e consolidación dos topónimos de ningunha maneira puido seguir, nestas circunstancias, unha evolución semellante á do groso do territorio galego. A realidade da illa contrasta co mar que a rodea, enormemente produtivo e intensamente explotado e humanizado polos mariñeiros de baixura, obrigados a coñecer con detalle cada un dos accidentes marítimos que agochan os bancos de pesca ou ameazan a navegación. Pódese dicir que o mar foi, no caso de Sálvora, máis habitado que a terra.\nOra ben, todo isto non supón só dificultades na investigación, senón que asegura tamén que a información lograda teña un especial interese pola súa excepcionalidade. Ao longo deste artigo veremos como foi o proceso de recolleita, que resultados deu, e como nos poden axudar estes a avanzar no estudo do territorio, a historia e a lingua.\n2. M etodoloxía da recolleIta\n2.1. A revisión documental\nPara o proceso de recolleita seguimos a metodoloxía proposta por López Boullón et al. (2007), polo que o primeiro paso foi a revisión de parte da documentación toponímica existente na topografía, nas publicacións específicas e en xeral en calquera obra escrita de interese. Non pretendemos facer unha recompilación e análise de toda canta produción escrita ao longo da historia puidese facer referencia a Sálvora; un labor desa envergadura sería digno dunha investigación de maiores dimensións que sen dúbidas achegaría resultados do máis interesantes. Porén non é ese o obxectivo do presente traballo. A nosa intención neste apartado é resumir cal pode ser a imaxe xeral que un suxeito tería se o seu contacto coa toponimia da illa se limitase á unha ollada á documentación máis accesíbel ao seu dispor.\nComezamos en primeiro lugar comprobando o Nomenclátor, onde aparecen rexistrados os nomes das entidades de poboación, e encontramos unicamente Sálvora, en referencia á súa aldea como núcleo actualmente deshabitado. Sálvora é un topónimo moi consolidado e que conta cunha longa tradición escrita, iniciada no século IX, como se comproba nun documento de 899 asinado polo rei Afonso III (Lucas Álvarez 1998: 73) onde se nomea a insulam Saluare e a igrexa alí fundada. Ao longo da Idade Media e Moderna mantívose constante, aparecendo por exemplo como Salva en 1318, Salma en 1380 e Saluaro en 1435 (Roselló i Verguer 2010: 30). Pola súa banda, as fontes árabes adoitaban citala como Salicora (Fernández Pazos 1998: 16). Non se sabe a súa orixe certa, mais non hai dúbida da persistencia e relevancia do topónimo, tamén en época moderna, como vemos por exemplo nos mapas de Pedro Teixeira (1634, Isla de Salvre) e Tomás López (1784, Isla de Salvora) entre moitos outros. No rexistro do catastro a información é un pouco máis abundante, recollendo arredor dunha ducia de nomes dos accidentes xeográficos máis destacados da illa e case outros tantos dos illotes e pedras que completan o arquipélago. Boa parte das referencias aparecen con erros, como *Gralleiros por As Gralleiras ou *Besuqueiros por Besugueiros, e outras non foron nomeadas nin recoñecidas por ningunha das persoas informantes, caso de Volta de Roque, Cova de Salvareiros ou Brisán 4. 4 Sobre este topónimo volveremos no apartado 3.2. © 2016 Estudos de lingüística galega 8, 127145\nAlgo semellante ocorre coa topografía. Consultamos o Mapa Topográfico Nacional de España (1:25.000) elaborado polo Instituto Geográfico Nacional, concretamente os 151IV Ribeira, 151III Corrubedo e 184II O Grove. Aparecen moitas novas referencias de grande utilidade nunha primeira fase de familiarización co territorio. No entanto, continúan figurando erros, *Cova de Balde por Candabade ou *Illa Cornella por As Cornudas, e mesmo castelanismos, *Illote Cabeceiro Chico por O Cabaceiro Pequeno ou de Terra. Ademais non se manteñen os xenéricos locais dos elementos que o mapa denomina e homoxenéizanse por exemplo as pedras, os conles, os petóns e os eiteiros cos termos illa e illote. Nestes planos repítense practicamente os mesmos nomes e os mesmos erros que no catastro, o que evidencia a retroalimentación entre as fontes.\nNesta mesma liña, tamén foron de interese as cartas náuticas. Non obstante sofren a limitación de repetiren os seus datos edición tras edición sen correccións, perpetuando así deturpacións e erros en maior cantidade que os mapas do IGE. Ao revisarmos a carta náutica da Ría de Arousa de 1910 achamos non só exactamente as mesmas denominacións que nas cartas náuticas posteriores consultadas, senón boa parte dos erros que posteriormente serían reproducidos polos nomeados mapas estatais. A carta náutica de 1909 do S. W. da Ría de Arousa, dunha escala maior, tamén contén erros e castelaniza boa parte dos topónimos, porén recolle unha cantidade considerábel de pequenos accidentes, o cal lle suma un maior interese. Estes planos parecen ser a fonte de que se nutriron boa parte das informacións posteriores.\nPor outra banda, máis aló das representacións gráficas, tamén consultamos publicacións, entre as que destacamos a obra de Rodríguez Rodríguez (1976), que ordena alfabeticamente os topónimos mariños da Ría de Arousa (ou hidrotopónimos se seguimos a denominación utilizada no libro) e explica con precisión onde se sitúan, indicando as coordenadas. Moitos dos nomes aparecen castelanizados e tamén se reproducen erros, porén respecta en certa medida a dialectoloxía e os xenéricos locais e serve como elemento comparativo e de referencia. No mapa que inclúe son relativamente poucos os nomes que aparecen representados e manteñen os erros habituais.\nPor último é de grande utilidade a visión de imaxes aéreas en diversos formatos, especialmente para paliar as dificultades na accesibilidade. O Instituto de Estudios do Territorio ofrece recursos interesantes, do mesmo xeito que o Visor Sixpac da Xunta de Galicia. O propio Google Earth é unha ferramenta nada desprezábel. Estes elementos complementan as fotografías aéreas proporcionadas polo SITGA, do ano 19992000 a escala 1:20.000. As imaxes foron clave para a situación dos topónimos, mais os citados recursos electrónicos axudaron a corrixir certas limitacións, como é o caso das variacións nas mareas.\nO que vemos en conxunto é que tamén nas fontes escritas o estudo da illa de Sálvora ten as súas particularidades. Mentres que nos documentos catastrais e administrativos só aparece o nome da illa e non hai información ningunha sobre o interior desta, nos mapas e nas cartas náuticas recóllense numerosos topónimos mariños, aínda que en moitos casos deturpados ou mal situados. Ademais, a maioría dos elementos recolleitos son aqueles que inflúen de xeito directo na navegación, como puntas, praias, illas e as pedras máis importantes, obviándose totalmente outros topónimos como os que nomean baixos ou bancos de pesca, aspecto que xa fixo notar Martínez Baleirón (2007: 380). O recomendábel é sermos cautelosos en canto á información que nos ofertan as fontes escritas, sen deixar de utilizalas e de aproveitar todo canto poidamos delas.\n2.2. Os informantes e as entrevistas\nUnha vez finalizado o traballo inicial de documentación (á que se volveu repetidas veces ao longo da recolleita) comezouse coa busca de informantes e coa realización das entrevistas. Fixéronse algunhas visitas previas a Sálvora para explorar o territorio, nalgunha ocasión coa guía dos gardas do parque nacional ou do fareiro, e volveuse á illa tamén en momentos puntuais a medida que avanzaba o proceso.\nA estratexia para encontrar os informantes foi certamente intuitiva. O feito de que o investigador sexa nativo da zona e teña alí familiares e amigos facilitoulle o achegamento inicial a algunhas persoas, e logo foron eses primeiros entrevistados os que localizaron e o acompañaron a coñecer aqueles outros que puidesen dar unha información máis precisa. Este contacto mediante intermediarios contribuíu a minguar a desconfianza natural da xente ante o descoñecemento do fin do noso traballo e mesmo a provocar certa implicación e interese.\nPara a recolleita do espazo marítimo buscamos mariñeiros que traballasen na baixura, coñecesen ben o territorio e tivesen unha idade avanzada e escasa formación académica. Porén, os que mellor cumprían esas características e traballaran de xeito plenamente tradicional nin eran quen de se desenvolveren cos mapas con soltura, nin estaban en condicións físicas nin ánimo de embarcaren. Malia todo, finalmente conseguimos encontrar un informante adecuado e disposto a realizar unha enquisa móbil, un mariñeiro de baixura de 72 anos, natural de Carreira e residente en Aguiño, cunha boa e firme memoria e que traballara sempre na zona, especialmente arredor de Sagres. Realizámola con outros dous pescadores, un de Castiñeiras e outro de\nRibeira, para contrastar as informacións, e o resultado foi moi satisfactorio.\nO resto das entrevistas foron estáticas e puidéronse executar coa axuda de mariñeiros máis novos que axudaban a situar no mapa os nomes que os vellos proporcionaban. Logo contrastábanse cos resultados da enquisa móbil, cos datos recolleitos da documentación e coas outras enquisas. Esforzámonos por dar con informantes das tres parroquias meridionais do concello (Carreira, Castiñeiras e Aguiño) para detectar posíbeis variacións de interese. Nesta liña, para un futuro estudo máis completo, sería de grande interese contactar pescadores do outro lado da ría, especialmente da área de Cambados pola súa vinculación con Sálvora.\nAdemais dos pescadores, foron de enorme utilidade as entrevistas con percebeiros de Aguiño. Tal como xa apuntaron Vilar e Rodríguez (2006: 45), mentres os mariñeiros coñecen o perfil costeiro dun xeito máis amplo e identifican con precisión o fondo do mar, os mariscadores de a pé son máis precisos á hora de nomearen pequenos detalles. Por iso, a maiores de contrastaren os datos dos pescadores, os percebeiros coñecían a maior parte dos nomes da pedregosa costa de Sálvora, que a aqueles se lles escapaban. Por outra banda, ao se tratar en boa medida de xente nova, traballan con facilidade cos mapas, porén sen esqueceren a toponimia tradicional, ao ser o coñecemento detallado das pedras un piar fundamental na súa profesión. Tanto é así que, nun caso, ao seren descendentes dunha informante nativa de Sálvora de avanzada idade e con problemas de mobilidade, foron os netos percebeiros os que axudaron a situar boa parte dos topónimos que ela nomeaba grazas aos seus coñecementos dos nomes do litoral da illa e dunha boa interpretación da fotografía aérea.\nSen dúbida, o máis difícil da pescuda foi o interior da illa. Aínda que oficialmente a aldea ficou deshabitada na década dos setenta, a maior parte dos nativos e as nativas marcharon ao longo dos cincuenta e comezos dos sesenta, especialmente desde o ano 1958 en que o réxime franquista renunciou á titularidade de Sálvora en favor da casa nobiliaria de Goiáns. Unha das condicións da operación era o mantemento da condición de colonos que os habitantes da aldea tiñan cando esta era de propiedade estatal; porén, no momento en que o novo propietario recibiu a illa comezou un plan de explotación agrícola pola súa propia conta, do cal aínda dan testemuño material un oxidado tractor e algunha construción de cemento sen rematar. Ao flamante terratenente, para desenvolver o seu proxecto, convíñalle que os antigos poboadores marchasen por si mesmos, pois quen abandonaba a illa perdía os seus dereitos de semipropiedade, e se alguén novo desexaba instalarse alí debía facelo aceptando as novas condicións que se lle propuxesen (Fernández Pazos 1998: 41). Por isto, o relato dos nativos coincide en recordar que “os botaron” da casa e rememora con amargura as estratexias que o señor de Goiáns utilizou para forzalos a se iren, entre elas a solta de cabalos e cervos que dificultaban os labores agrarios.\nProba disto é que algunhas das persoas que se nos recomendou que localizásemos como habitantes de Sálvora resultaron ser xornaleiras que vivían en terra e ían traballar á illa intermitentemente, desde 1958, ocupando durante períodos curtos as casas dos colonos que se foran. Unha delas, natural da parroquia interior de Oleiros, recorda que traballou alí semanas alternas nos períodos 19581962 e 19701973. Aínda que as datas é o que máis adoita esvaecerse e confundirse nos relatos orais, a súa cronoloxía encaixa e parece que confirma a narración dos colonos. O coñecemento dos nomes dos espazos da illa desta informante foi, certamente, case nulo.\nTiñamos entón que encontrar xente que vivira en Sálvora con anterioridade a 1958. Tendo en conta ademais que as últimas persoas en abandonar a illa eran as de maior idade, hoxe falecidas, e que os novos (os vellos de hoxe) marcharan antes coa intención de casaren e formaren vida en terra, foi custoso encontrar informantes cunha boa memoria da vida alí. Da máis de media ducia de nativos que localizamos, tres foron os que nos proporcionaron a maior parte dos topónimos. Trátase de dúas mulleres de 84 e 87 anos, coas que realizamos entrevistas estáticas, e un home de 74 que foi dos últimos en abandonar a illa e que, ademais, nos acompañou a ela. O percorrido por Sálvora foinos de grande axuda, malia que o abandono por décadas mudou substancialmente o aspecto do territorio. Cando el o deixou estaba organizado e cultivado e agora é monte e matogueiras.\nEn suma, para completar o traballo realizáronse dúas entrevistas móbiles, unha en barco arredor do arquipélago e outra a pé polo interior de Sálvora. O resto foron estáticas e, a grandes trazos, poderíanse diferenciar entre as feitas a mariñeiros, a percebeiros e a nativas da illa. Recolléronse máis de 300 topónimos, dos cales arredor de 250 son elementos mariños e só 50 elementos terrestres.\n2.3. O tratamento dos datos\nPara o tratamento o proceso constou de dúas fases. A primeira consistiu en transcribir os topónimos foneticamente nun caderno, outorgándolle a cada un deles un número co que se sinalaría na fotografía aérea o espazo que nomeaba. A segunda fase foi o baldeirado do material do caderno e dos mapas nun ficheiro dixital en que se recollen os seguintes datos: número do topónimo, número de foto en que se sitúa, central en que se sitúa, concello (neste caso sempre Ribeira), parroquia (Aguiño), aldea (ou A Aldea, ou ningunha), topónimo (adaptado á normativa ILGRAG), fonética, topónimo 2 (no caso de se recolleren dous nomes para un mesmo elemento), fonética 2 (no caso de un mesmo topónimo se recoller con pronuncias lixeiramente diferentes), tipoloxía, grupo de informantes principais que o proporcionaron e comentarios.\nEn canto á tipoloxía, na ficha tentamos adaptar os elementos nomeados á lista estandarizada proporcionada polo PTG, para facilitar a catalogación dos topónimos achegados na súa base de datos a nivel galego. Esta lista organiza os topónimos en sete grandes grupos segundo as realidades que nomean:\n• Entidades humanas: A Aldea (de Sálvora). • Accidentes terrestres: O Milreu, A Valgada de Candabade. • Augas: A Poza da Zafra, A Fonte da Telleira. • Accidentes costeiros: A Insua Bela, Mar de Pateiros. • Terras: As Leiras do Curro, O Pinal da Cova. • Vías: O Camiño do Faro, O Camiño de Vixán de Baixo.\nAínda que recollemos topónimos de todos os grupos, a maior parte son accidentes costeiros. Moitos deles son coñecidos por un xenérico local concreto, que recollemos no caderno, porén na ficha adaptáronse á proposta do PTG e catalogáronse na súa maior parte como illotes ou pedras. Por outra banda, para minimizarmos as posibilidades de confusión, os distintos tipos de topónimos situáronse na foto aérea utilizando diferentes símbolos.\nEn relación á fonética, a transcrición faise utilizando unha serie de convencións que permitan rexistrar o máis fielmente posíbel a fala espontánea dos informantes, recollendo todos os trazos particulares do ámbito dialectal. Represéntase entón as vogais abertas, [pEdra vElla, as mOs de vionta], o seseo e a gheada [a sentoleira, o ghalo da bicha], a fonética sintáctica [o eiteiro da’scala] e mesmo os castelanismos [o castillo, o lavadEro]. O reducido da área da cal proveñen os informantes fai que na recolleita non se perciba ningunha diferenza dialectal que afecte aos topónimos, agás quizais a despalatalización do nalgúns dos informantes. Neste caso, á hora de escribirmos o topónimo no estándar escrito, se algún deles pronunciaba o “x palatal” e outro un “s despalatalizado”, entendemos que probabelmente sexa causa deste fenómeno e optamos por recoller a forma palatal [sunqueira / xunqueira] > Xunqueira. A gheada non a representamos graficamente, como non se fai na norma oficial, e o seseo, naqueles termos en que é evidente, tampouco [a posa da safra] > A Poza da Zafra. Porén, noutros casos nos cales é máis dubidoso que se trate de seseo, mantemos o na grafía [o laghuso > O Laguso]. Nos casos en que hai algunha outra variación fonética, rexistramos todas as opcións e escollemos para normativizar ou ben a máis amplamente estendida [o billOte / o bellOte] > O Billote ou ben, se as dúas son igualmente utilizadas, a máis transparente [a telleira / a tilleira] > A Telleira. Cando se recollan dous topónimos diferentes para o mesmo elemento mantéñense ambos, como é o caso da Insua dos Caldeiros ou dos Cativos, que son igualmente válidos. A norma habitual en canto ao artigo é incluílo na forma estándar en todos aqueles casos en que se rexistre na lingua oral acompañando o topónimo. No entanto, ás veces pode haber excepcións. Algúns autores, entre eles Marqués Valea (2003), propoñen que non se poña o artigo cando concorra cun nome xenérico acompañado de complemento preposicional. Segundo eles, ao escribirmos por exemplo O Camiño do Faro, estamos dando a entender que xa non existe tal camiño e que ese nome sobreviviu denominando outra realidade; para falarmos dun camiño aínda funcional deberíamos optar por camiño do Faro.\nCoincidimos no esencial con esa proposta, mais no proceso de recolleita atopamos unha contraindicación: algúns dos topónimos con xenérico e complemento preposicional na fala oral non se usan con artigo. Isto é, atopamos ao mesmo tempo [tErra de lontreiros] e [o cOnle de suafonte], sendo tanto terra como conle xenéricos locais. Rexistrando os dous casos sen artigo, terra de Lontreiros e conle de Suafonte, estariamos dando a entender que na oralidade terra de Lontreiros leva artigo igual que conle de Suafonte, obviando así unha diferenza que os falantes nunca elidirían. É certo que a opción que fica, que é manter o artigo en todos os casos nos que apareza sen excepción ningunha, impídenos nunha primeira lectura saber se topónimos como As Leiras do Curro continúan a ser leiras ou dan nome a outra cousa. Porén, na ficha de topónimos o apartado de tipoloxía de que falamos anteriormente soluciona esta disxuntiva indicando a que clase de elemento dan nome, o que permite comprobar se polo tanto manteñen un xenérico en uso ou fosilizado no topónimo. Ademais, debido ao estado de abandono da illa, a determinación da morfoloxía do topónimo a partir do estado actual da realidade nomeada traería algúns problemas, ao atoparmos Leiras que se refiren a antigas leiras que agora son monte, aínda que continúan valadas, ou topónimos Camiño que aluden a camiños comestos total ou parcialmente pola maleza. En tales situacións é realmente arriscado determinar até que punto o xenérico estaría fixado no topónimo ou non. Deste xeito, e seguindo os consellos do noso supervisor na recolleita, Feijoo Ares, optamos pola segunda opción e mantivemos en toda circunstancia o artigo vivo na oralidade.\n3. a nálIse da toponIMIa\n3.1. A toponimia de Sálvora: ferramenta de lectura histórica da paisaxe\nDo punto de vista da formación dos topónimos e a súa relación cos xenéricos aparecen diferentes posibilidades. Martínez Baleirón (2007: 383) no seu traballo sobre a costa continental do concello de Ribeira sintetízaas nas seguintes categorías, que exemplificamos con topónimos recolleitos no noso traballo:\n• Sen presenza do xenérico: · Denominacións plenas, (art.) + subs. + (adx. / fr. prep.): A Mansa, Os Carapiteles, Torán, O Porco de Sagres, Piollosa. • Con presenza do xenérico: · Denominacións plenas, (art.) + subs. + (adx. / fr. prep.): A Area dos Bois, Pedra Vella, A Insua do Bandil, O Eiteiro Vermello. · Elipse do xenérico, art. + fr. prep.: A de Cordas (casa), A de Caneda (leira), A de Arcos (baixío).\n· Nomes creados a partir doutro topónimo, (art.) + subs. + fr. prep.: As Barqueiras do Carreiro Ancho, Os Campos de Lagos, A Insua do Carreiro da Galera, Os Petóns dos Destos. · Topónimos referenciais: As Touzas de Leste da Pagal, Debaixo do Muíño, A Queixada de Terra / do Medio / de Fóra 5, A Praia do Norte.\nAínda que haxa algúns topónimos que presenten dificultades para se encadraren nunha soa das categorías (Onde Embisteu o Pialla, Sunoro, Por Onde Non Pasou Dios, O Conle de Suafonte), a clasificación seméllanos, a grandes trazos, utilitaria. Malia todo, esta listaxe podería parecer talvez irrelevante se non fose porque, ao nos determos sobre a relación de topónimos elaborada, unha enorme parte destes inclúese dentro das dúas últimas categorías: topónimos referenciais ou creados a partir doutros topónimos. Nos nomes do mar, dos cales falaremos despois, ao seren usados na súa maioría como marcas de traballo, non é sorprendente esta constatación. Mais si o é no caso dos topónimos interiores da illa, xa que en terra os topónimos referenciais ou creados a partir doutros topónimos adoitan ser puntuais e non hexemónicos.\nOs nomes que se conservan do espazo terrestre de Sálvora traducen de xeito transparente as sinxelas instalacións e espazos en que os colonos dividían o territorio. Ollemos como uns poucos deles, que definen as máis das veces zonas amplas de difícil delimitación que adoitan incluír ao mesmo tempo un espazo mixto costeiro e interior, acaban por denominar a maior parte dos elementos da illa: • A Perna do Prado : A Punta da Perna do Prado, A Praia da Perna do Prado, O Muíño da Perna do Prado, O Canal da Perna do Prado, As Brañas da Perna do Prado, O Conle da Perna do Prado, O Camiño da Perna do Prado. • A Cova : A Touza da Cova, O Porto da Cova, A Punta da Cova, As Leiras da Cova de Dentro, As Leiras da Cova de Fóra, O Pinal da Cova, O Camiño da Cova, O Eiteiro da Cova. • A Telleira : A Fonte da Telleira, A Cancela da Telleira, O Campo da Telleira, O Muíño da Telleira 6, Debaixo do Muíño, A Praia de Debaixo do Muíño ou de Isemuíño. • Candabade : O Muíño de Candabade, A Valgada de Candabade, As Leiras de Candabade de Baixo, As Leiras de Candabade de Riba. • A Zafra : A Punta da Zafra, A Praia da Zafra, O Conle da Zafra, O Regueiro da Zafra, A Poza da Zafra, As Leiras da Zafra. • O Curro : As Leiras do Curro, A Punta do Curro, A Canteira do Curro. • A Area dos Bois : O Camiño da Area dos Bois, A Punta da Area dos Bois, O Conle da Area dos Bois. • Lagos : A Punta de Lagos, O Petón de Lagos, Os Campos de Lagos. • O Faro : O Camiño do Faro, O Faro Vello, Debaixo do Faro.\nA Cova e Candabade son enseadas, A Perna do Prado é unha liña de costa pedregosa e A Area dos Bois e Lagos son praias. Malia non todos responderen ao mesmo patrón (por exemplo A Telleira e O Faro son construcións e O Curro é un monte), a maioría destes nomes teñen a súa orixe no litoral costeiro da illa. Unha vez convertidos en elementos referenciais, superan o seu marco e pasan a dar nome a un ámbito ampliado cara ao o interior e aos elementos que se atopan nese espazo. Tal xeito de nomear a realidade habitada, tan diferente do que os ascendentes dos habitantes da illa aplicaron en terra, demostra unha vez máis o interesante que é a toponimia e o útil que resulta como instrumento para a lectura histórica da paisaxe.\nEspecialmente desde os anos 80, as investigacións francesas (Martinelli 1982) tenden a interpretar “la toponimia, y especialmente la microtoponimia, como un sistema de representación más que como un reflejo directo de la realidad, analizando cómo se lleva a cabo su organización, su fosilización y su transmisión, que no es posible más que cuando el topónimo sigue siendo utilizado” (Fernández Mier 2006: 38). É dicir, a toponimia non é só un instrumento para atopar xacementos arqueolóxicos ou para outros fins auxiliares, é un feito social en si mesmo. É un reflexo da concepción que se ten dun determinado espazo, e polo tanto pódenos achegar información sobre os lugares de explotación agrícola, gandeiros, boscosos, mariños, sobre a repartición e a apropiación da terra e sobre os cambios suscitados no aproveitamento do territorio.\nEsta particularidade que caracteriza a toponimia da illa convida a revisar a cronoloxía do seu poboamento. Sabemos pola documentación que en 899, cando deixou de ser propiedade rexia para pertencer á igrexa de Santiago, contaba cun templo (Lucas Álvarez 1998: 73) e en 1283, a esa altura nas mans de San Paio de Antealtares, era produtora de carne (Andrade Cernadas 1997: 90). Isto demostra unha ocupación alto e pleno medieval, aínda que descoñecemos até que punto estábel, tendo que ter en conta como mínimo as interrupcións na ocupación resultado de invasións sarracenas no século XI, que chegaron a fixar a súa base en Sálvora tal como relata a Historia Compostelá (Falque 1995: 245, 340). Con data de 1321 aparecen por primeira vez na documentación os Mariño (familia con casa solar en Goiáns, á que a Sálvora ficaría ligada durante séculos), recibindo do mosteiro de Antealtares en foro unha serie de territorios entre os que se encontraban o casal de Carreira e a metade de Sálvora (Vázquez Lijó 2012: 2224). O contrato foise renovando até que, a finais do XV ou comezos do XVI, deixou de se lle recoñecer o dominio á dita comunidade relixiosa (xa fusionada con San Martiño Pinario) e se incorporaron perpetuamente estes dous territorios á casa nobiliaria; un cambio de mans que, segundo Fernández Pazos, se debería \"á desidia do Cabido\" (1998: 30). No entanto, o principal período de despoboamento de Sálvora do que temos certeza non comezaría até 1636, tras un ataque corsario no que foi capturado o arrendatario da illa, Bartolomé Martínez El Salvorero, xunto coa súa familia e criados, os únicos habitantes da mesma (Vázquez Lijó 2012: 37). Durante dous séculos Sálvora estivo deshabitada, e só a partir de ben entrado o XIX se asentou alí unha nova comunidade estábel, esa que abandonou a illa definitivamente a mediados do século pasado e a cuxos últimos membros tivemos a sorte de entrevistar.\nIsto ten unha enorme relevancia desde o punto de vista toponímico, especialmente se temos en conta que a meirande parte dos topónimos galegos que chegaron a nós son, cando non anteriores, dos séculos de plenitude feudal (XIXIII). Nesa etapa na que a expansión económica e agrícola transformaron o modelo de poboación e de aproveitamento do campo (Portela / Pallares 2007) aparecen por exemplo os Vilar, Campos, Casalnovo ou Vilanova que tanto se repiten ao longo da xeografía galega e portuguesa (Matosso 1989: 7677). Sálvora non tivo continuidade desde ese período como territorio habitado. E se nos enganásemos e, contra os datos que actualmente posuímos, si albergara unha poboación estábel da que non temos constancia, a toponimia que esa comunidade creou non parece ter chegado até nós. Por iso, os nomes do interior de Sálvora son na súa maioría os nomes do litoral de Sálvora.\nprohibido o acceso, optaran por nomear a realidade ocupada con referentes dunha costa que coñecían á perfección e non aproveitando os nomes patrimoniais dunha primitiva comunidade medieval coa que non tiñan continuade ningunha. Isto explicaría que as áreas que dividen a illa leven nomes provenientes de topónimos costeiros.\nPara alén disto, o feito de se tratar dun grupo de persoas pequeno e procedente do mesmo lugar, que ocupaban ademais a única aldea desde a que se explotaba un terreo de dimensións considerábeis, podería acentuar este proceso de fixación dos topónimos que ante nós aparenta pouco menos que simplista. En realidade é pura lóxica; se todos sabían que aló no sur só había un muíño e que ese muíño estaba preto da enseada chamada Candabade, o práctico era chamarlle O Muíño de Candabade. Pois así mesmo con leiras, camiños, pedras, piñeirais ou calquera outro elemento. Non houbo tempo para eses nomes evolucionaren, mudaren ou se mesturaren, nin tiveron motivos na súa vida cotiá para complicarse máis. Non é a toponimia do minifundio milenario; é a toponimia dunha illa ampla, pouco poboada e dividida en grandes parcelas para a súa mellor explotación.\nNin sequera os campos de labranza, que habitualmente posúen topónimos con formatos diversos e múltiples orixes, teñen denominacións individuais. Adquiren tamén nomes referenciais: As Leiras da Cova de Dentro, As Leiras de Cova de Fóra, As Leiras do Curro, As Leiras de Candabade de Riba, As Leiras de Candabade de Baixo, As Leiras da Cachada, As Leiras da Perna do Prado, As Leiras do Espiño ou dos Espiños, As Leiras da Volta, As Leiras do Milreu, As Leiras da Zafra, As Leiras das Gralleiras, As Leiras de Vixán de Baixo, As Leiras do Con de Riba e As Leiras do Con de Baixo. Cando os informantes se refiren a elas noméanas en plural, tal como acabamos de enumerar, como unha zona ou un conxunto de leiras, mais ás veces eliden “as leiras de” e manteñen só o topónimo base, especialmente cando xa se dá por entendido que se refiren ao espazo de cultivo e non, por exemplo ao Alto do Curro ou á pedra costeira chamada O Espiño. Nalgún caso coma o das Leiras da Cachada, que hoxe están parcialmente ocupadas por un arboredo, o nome das leiras non se repite para ningún outro elemento. Aproveitamos entón para lles preguntar aos informantes “que é A Cachada ?”, en singular, esperando atopar un xenérico que definise cunha soa palabra un espazo tan ben identificado. Máis a resposta era sempre en plural: “son unhas leiras que hai alí, As Leiras da Cachada chámanlle”. O nome, entón, perdeuse, porén as súas descricións e a revisión do territorio desvelan que estes conxuntos que eles chaman as leiras de aquí ou de alá non son nin máis nin menos que agras 7.\nAsí, Sálvora como espazo habitado e traballado amosa as tres partes esenciais do asentamento rural clásico herdado do mundo romano: unha aldea concentrada, a villa, no seu día pechada cunha cancela e organizada de xeito regular arredor dun curral central, con algunhas hortas anexas para verduras e árbores froiteiras e espazos como brañas e canais; unhas agras de gran tamaño, o ager, rodeadas polas súas murallas e dispersas por toda a xeografía da illa (mesmo no monte máis alto, As Gralleiras, había unha agra) e o terreo a monte, o saltum, con algunhas plantacións de árbores para leña, campos para pastaren os animais e zonas pedregosas de nulo aproveitamento.\nA maiores de todo isto, no interior de Sálvora aparecen por suposto algúns nomes puntuais, nomes que non levan o xenérico e unha frase preposicional que os sitúa nunha das áreas. En moitos casos trátase de elementos de uso cotián que ou son os únicos na illa ou son o máis rele7 Noutras zonas de Galiza ademais de agra utilízanse xenéricos diversos como veiga, praza, chousa, barbeito ou vilar, mais non recollemos nesta pescuda ningún deles.\nvante entre a súa clase: A Cancela, O Curral, O Río, A Paneira 8. Noutros, trátase de singularidades que destacan por algún motivo, como A Pedra das Letras, da que se di que antes de romper tiña petróglifos, ou O Eiteiro das Bestas, que se ergue ben visíbel no medio dos Campos de Lagos, o terreo máis amplo e menos pedregoso dedicado para pastos. A transparencia de boa parte dos nomes dá para pensar que ocorre o mesmo con outros topónimos e que por exemplo O Curro, onde os informantes non lembran facer ningún curro, pode remitir con certa seguridade á realización en tempos pasados desa actividade 9. Na pedregosa cima do Milreu, un pequeno monte anexo ao perímetro da aldea e perfectamente visíbel desde Carreira e Aguiño, atópanse restos de materiais calcinados que parecen corroborar o relato dos nativos, que aseguran que cando precisaban mandar un aviso prendían alí unha fogueira 10. Este topónimo amósanos, unha vez máis, a configuración do espazo de Sálvora en relación co continente.\nÉ digno de mención o topónimo O Castillo, recolleito sempre en castelán. A xente de menor idade tende a asociar este nome co edificio conserveiro que, unha vez despoboada a illa, o novo propietario redecorou con ameas buscando un aspecto de fortificación. No entanto, a denominación tradicional para esta construción é O Almacén, que se utiliza tamén para a praia á beira da cal se asenta, A Praia do Almacén. O Castillo, que corriximos para o PTG como O Castelo, é un topónimo anterior á modificación do edificio e denomina unha escarpada punta no sueste da illa, que protexe o recollido porto e que por casualidade non se atopa lonxe do nomeado edificio conserveiro. Aínda que non sabemos de vestixios materiais, non sería descartábel pensar que sexa unha reminiscencia dalgún tipo de construción defensiva 11 desaparecida tendo en conta o convulso pasado da illa, non exento de episodios bélicos 12. Fica esta cuestión para futuras investigacións.\n3.2. Os topónimos mariños e as súas temáticas\nNa recolleita dos topónimos mariños que rodean Sálvora conseguimos unha maior abundancia de resultados con respecto ao interior da illa, tanto en termos proporcionais como absolutos. Porén, non podemos pasar por alto os dous fenómenos que entrañaron maior complexidade no medio do proceso de recolleita dos nomes mariños.\nA primeira singularidade reside en que algúns elementos reciben nomes diferentes segundo a procedencia do informante. Non estamos ante un fenómeno infrecuente neste ámbito, porén chama a atención polo reducido da área de orixe dos entrevistados e por non se tratar de idiolectos ou variacións fonéticas, senón de diferenzas ben definidas e compartidas por grupos de persoas. Os mariñeiros cos que traballamos proceden dos portos de Aguiño e Castiñeiras, que son os máis próximos a Sálvora e distan menos de 2 km entre si. A maiores da proximidade, ambos formaron parte da parroquia de Carreira até a segunda metade do século XX, polo que os vínculos familiares, sociais e mesmo lingüísticos entre os habitantes das tres localidades resultan indubidábeis 13. Así e todo os mariñeiros dos dous portos utilizan algunha toponimia de xeito diferente.\nEn Aguiño teñen ben claro, por exemplo, que as perigosas pedras mariñas da zona do suroeste de Sálvora se chaman A Pagal, A Pagaliña e O Corviño (de suroeste a nordeste), mentres que para os de Castiñeiras son A Pagal, A Filla da Pagal e A Pagaliña 14. Isto non é unha diferenza menor, pois implica que dependendo do informante A Pagaliña pode dar nome a dúas pedras distintas, unha na costa da illa e a outra a varios centos de metros mar a dentro. A explicación de asimetrías así podería residir no feito de que o porto de Aguiño ten a súa propia confraría, na que os mariñeiros do porto de Castiñeiras non participan, polo tanto uns e outros mariñeiros realizan o seu traballo de xeito independente. Deste xeito tería sentido o feito de que os entrevistados da Carreira actual, que si traballan vinculados á confraría aguiñense 15, coincidan nas denominacións cos mariñeiros desta localidade, mentres que son só os de Castiñeiras, que non participan nese ámbito organizativo, os que utilizan nomes diferentes.\nAs persoas que navegan xuntas teñen que se referir constantemente aos mesmos elementos e, polo tanto, precisan nomes facilmente identificábeis. Mais a isto hai que lle sumar aínda outro factor. No oficio da pesca o coñecemento de determinados accidentes mariños pode carrexar un valor económico, polo tanto nalgúns casos mantéñense en segredo e transmítense de xeito corporativo ou até familiar. Tanto é así que algún entrevistado recoñeceu que, ao non comprender exactamente os fundamentos da recolleita, nas primeiras visitas gardaba á mantenta os nomes dalgunha zona de pesca para que ficasen ocultas e o seu aproveitamento ficase en mans dos seus fillos.\nNesta liña sería desexábel que algunha investigación futura recompilase os nomes que lle outorgan aos mesmos accidentes os mariñeiros da outra beira da ría. Pouco se sabe dos contactos dos habitantes de Sálvora coas xentes do Salnés, máis aló dalgún matrimonio puntual e das visitas que os mariñeiros realizaban á taberna da illa após pescaren nas súas augas, mais seguramente fose unha relación máis estreita do esperábel. Non debería sorprendernos que aí residise a resposta ao curioso feito de que boa parte dos hórreos de Sálvora sexan do tipo Pontevedra — mixtos de pedra e madeira—, coma na costa do Salnés, mentres que son minoría os que manteñen a tipoloxía de Noia —macizos de pedra labrada regular—, hexemónica no Barbanza (Martínez Rodríguez 1975).\nPor outra banda, a segunda das particularidades consiste en que as habituais variacións fonéticas entre informantes (Feijoo Ares 2007) revisten maior dificultade ao se lles sumar a xa nomeada deturpación e incorrección das fontes escritas de carácter marítimo. Así, por continuarmos cun exemplo xa coñecido, o caso da Pagal non só se complica polos diferentes nomes das pedras que a rodean. Haille que engadir os matices na pronunciación que ás veces son difíciles de identificar [a paghal / a paghar / a paghara / a apaghal / a apaghar] e o feito de que as cartas e mapas consultados non axudan, ao chamarlle dun xeito deturpado e non ouvido de ningún informante: Piedra de Lapegar. Non en todas as ocasións aparecen problemas deste calibre —nese caso a realización do traballo sería difícil—, mais o caso da Pagal e os elementos que a rodean serve para ilustrar os problemas que, en menor medida, se repetiron tamén con outros topónimos.\nAo analizarmos con detalle os documentos escritos, chama especialmente a atención o caso do topónimo Brisán, que aparece en case todas as fontes consultadas (catastro, mapas do IGE, cartas náuticas, bibliografía) e con diversas formas (Punta de Brisán, Punta de Brisan, Laxes de Brisán, Punta Brisán), e que ningún informante recoñeceu, nin sequera logo de lles preguntarmos explicitamente. Malia a reiteración das fontes, semella haber nelas certa confusión á hora de situar o topónimo na pedregosa costa sueste da illa. Xúntanse alí dúas pequenas puntas que o catastro denomina Salgueiriño e Brisan, e o mapa do IGE Brisán e Salgueiriño, lendo de leste a oeste. Os informantes, pola súa banda, coinciden en chamarlles A Salgueiriña e Paramos. Ademais, segundo algunha informante, A Salgueiriña convive co segundo topónimo de A Figueiriña, o que podería provocar a confusión coa próxima Punta Retornada, que os mapas do IGE chaman equivocadamente Figueiriño. Por outra banda ás Laxes de Brisán, como aparecen no mapa do IGE, noméanas As Langostreiras.\nO enleado da situación e as numerosas incorreccións e incoherencias dos mapas e o catastro farían pensar que se trata dun erro que se foi reproducindo dunhas fontes a outras, mais non podemos descartar que Brisán sexa un topónimo orixinario porén xa morto na oralidade —ou cando menos nos informantes aos que tivemos acceso— e que se mantivo só nas fontes escritas. Outra posíbel hipótese, que tampouco tivemos a capacidade de comprobar, é que se trate dunha mala transcrición do topónimo Vixán de Baixo, tamén presente en Sálvora e que polo fenómeno de despalatalización dalgunhas persoas nativas pode ter certa semellanza con 15 De xeito oficial chámase aínda Confraría de Pescadores Carreira - Aguiño.\nBrisán 16. Porén, Vixán de Baixo non nomea un accidente costeiro, senón unha agra e un camiño notabelmente afastados da zona onde a documentación sitúa Brisán.\nMoitos dos nomes do mar teñen unha orixe incerta e un significado descoñecido para nós, porén tamén hai algúns que remiten a realidades identificábeis e que traducen unha interesante análise do medio e da natureza, tal como estudaron Rodríguez / Vilar (2006: 4546) no seu traballo sobre a costa sur de Galiza. Basearémonos na súa clasificación para pór algúns exemplos representativos das temáticas recorrentes.\nHai moitos que non só describen, senón que demostran unha interpretación particular e remiten a aspectos diversos da realidade que por un motivo ou outro se vinculan ao elemento nomeado. Os elementos naturais ocupan un lugar preeminente: • Os zootopónimos son moi frecuentes e responden a diferentes motivos e contextos. Ao\nse tratar dun espazo de pesca, a abundancia de peixe e marisco fixou numerosos nomes : A Poza das Ameixas, A Centoleira, O Buraceiro, As Langostreiras, Besugueiros, A Pedra do Sargo, A Reboliceira, O Petón dos Buraces, As Curvinas, Mar de Pateiros, Os Melgachos.\nTamén a presenza de aves foi digna de mención : A Punta da Zarceta, O Cagavoteiro 19, A Praia das Pírulas, O Falcoeiro. Outras pedras presentan aspecto zooforme, como O Cabalo da Forcadiña ou O Porco de Sagres. Aínda que nalgúns casos se poidan intuír, os motivos da escolla dalgúns nomes de animais non son unívocos: A Area dos Bois 20, O Eiteiro das 16 A informante da que recollemos o topónimo Vixán de Baixo pronunciaba [bisán de baiso], mais optamos pola normativización na forma Vixán porque nas súas indicacións especificou que era o mesmo nome que a lagoa, en referencia á Lagoa de Vixán, en Carreira. Ademais deste elemento natural rexístranse nesa parroquia Vixán como aldea e Montevixán como lugar. Segundo Cabeza Quiles (2000: 355) estes dous topónimos proceden do acusativo Vigilanem, de (villa de) Vigilanem, por referencia a un terratenente medieval co nome xermánico Vigila, mentres que Martínez Lema (2010: 120), pola contra, relaciónaos co xenitivo Busiani, do nome propio Busianus, o que os vincularía con topónimos galegos como Buxán e portugueses como Bujão e mesmo Vijão, aínda que para o noso caso non se dispoña da documentación que o certifique. Ambas as teorías coinciden, iso si, na orixe antroponímica. 17 No caso dos topónimos As Pardiñas e Os Pardóns, que optamos por explicar como derivacións do adxectivo “pardo”, non debemos excluír unha interpretación alternativa a partir do substantivo “parede”, tal e como acontece con outros moitos topónimos deste xénero existentes no resto do territorio galego (parediñas > Pardiñas, paredóns > Pardóns). Agradecémoslle o comentario a un dos revisores anónimos do traballo. 18 A idea de que Os Fornos poden ter relación coa acción violenta e ruidosa do mar tomámola de Vilar (2008: 77) e de Rodríguez / Vilar (2006: 45). 19 Tamén recolleito como Can Gavoteiro e nomeado nas fontes escritas mesmo como Illa Gavoteira. O Cagavoteiro é a forma máis frecuente. 20 Sobre o topónimo A Area dos Bois recollemos dúas etimoloxías populares. A primeira delas sostén que o nome ten a súa orixe nos bois que os habitantes da illa posuían para os labores agrícolas. Esta praia era a máis próxima á aldea e servía de punto de partida e chegada das viaxes (o porto, no outro estremo da illa, daba servizo preferentemente ao faro e á nave conserveira), polo que alí se pousaban as mercancías que logo os animais debían cargar até o pequeno grupo de casas. Segundo esta versión, os bois, afeitos a faceren tal percorrido, volvían teimudos á praia cando os soltaban para pastaren libremente pola illa, creando unha curiosa estampa que remataría por identificar o areal. O segundo relato considera, pola contra, que os “bois” que dan nome á praia eran o gando que os campesiños levaban en dorna desde o continente á illa a aproveitar os pastos. Tal hipótese coincidiría con certa documentación moderna que dá fe do aproveitamento ilegal da illa por parte de veciños de San Paio de Carreira polo menos desde o século XVI (Fernández Pazos 1998: 30). Até hoxe, non temos maneira de saber canto hai de certo na influencia destes relatos na creación do topónimo. Probabelmente o correcto sería atérmonos a interpretacións máis prosaicas; como sinala Cabeza Quiles (2008: 110) o termo “boi” nomea de xeito “frecuentísimo” penedos terrestres ou marítimos ao longo de toda Galiza. No entanto, este autor non descarta por defecto a posibilidade de estes casos seren zootopónimos. No caso da Area dos Cans, na Illa de Ons, que podería vir da raíz can, pedra, valora que o nome da praia se debe á presenza noutro tempo de grupos de cans procedentes dalgún lugar poboado próximo (Cabeza Quiles 2006: 13).\nBestas, O Furado das Pombas, O Corviño, Piollosa, O Galo de Vionta 21, O Salto da Cabra, Lontreiros, O Galo da Bicha. • Tamén se recollen varios fitotopónimos: Xunqueira, A Salgueiriña, A Figueiriña, Os Espiños, A Herbosa, A Figueira das Cabanas. A referencia ao ser humano e á súa acción sobre o espazo aparece de diferentes maneiras: • Por unha banda a xeito de antropónimos, que talvez nos falen de quen descubriu un espazo de pesca ou do protagonista dalgún accidente ou anécdota: Xan Ferreiro, O Candagosto 22, A de Arcos, Bieite Pérez, Os Baixos da Inasia, O Baixo do Manilo. Ademais, algúns nomes fálannos de persoas, aínda que sen nome propio, como A Insua das Mulleres ou O Eiteiro do Abuelo, e noutros, probabelmente pola súa aparencia, o corpo humano constitúe a fonte básica da metáfora (somatónimos): As Mos de Vionta, As Mos do Carreiro, As Queixadas, Os Canteiros. • A navegación e o papel que desempeñaban os accidentes mariños no seu normal desenvolvemento tamén se fixaron: O Traito, O Carreiro Falso, A Mansa, O Trancoeiro 23, O Carreiro do Inferniño, Por Onde Non Pasou Dios, As Rofegas. A memoria dos naufraxios encárganse de lembrar o perigo dalgunhas zonas: Santa Isabel, Onde Embisteu o Pialla 24. • Outros fan referencia a artes de pesca e ferramentas: As Tanconas, A Insua dos Caldeiros, O Billote, O Eiteiro do Tablón, O Eiteiro da Escala, O Lavadero, Os Alastres, A Laxa do Embude, O Eiteiro do Pau. Outros a algúns tipos de embarcacións: A Carabela, A Pinaza, A Galera. • Algúns nomes lembran que tamén había diversión nun mundo tan duro: A Pedriña de Esparar; e outros deixan voar a imaxinación e remiten mesmo á escatoloxía: O Cagalloto / O Caralloto, O Conle da Mexadeira / Mexareira.\nUn bo número de topónimos nomea outros elementos da realidade escolleitos por diversos (e en ocasións escuros) motivos. Nalgúns casos, aínda que a palabra utilizada é sobradamente coñecida, non fica claro o significado que asume en cada topónimo. As Rabudas, por exemplo, probabelmente sexa un zootopónimo relacionado con esa especie de peixe, mais tamén podería remitir á súa perigosidade na navegación. A Insua dos Cativos a primeira vista semella referir a meniños, mais o certo é que na zona a palabra “cativo” non ten a acepción de “neno” senón que é un adxectivo que significa ‘feo’ ou ‘de mala calidade’ que pode ter a ver co peixe ou o marisco. Os Cabaceiros parecen falar de hórreos, aínda que é o máis verosímil é que teñan que ver co termo “cabezo”, é dicir, ‘cume redondeado’, o que coincide coa súa forma 25 e coa documentación na que se recollen como Cabeceiros. O Petón do Mouro tanto pode ser un antroponímico, como cuestión de cor, alusión á figura da mitoloxía popular ou un topónimo tautolóxico no cal mouro remita ao coñecido litónimo prerromano mo(u)r-.\n3.3. Os xenéricos locais\nEn liñas xerais, os xenéricos marítimos espállanse por toda a costa galega mantendo similitudes e termos comúns. Aínda que non fixemos un traballo centrado neles, a recompilación de topónimos facilitounos o coñecemento dos principais e evidenciou algunhas particularidades da zona.\nVexamos algúns casos.\nO xenérico area é a voz patrimonial galega equivalente a praia, unha palabra moderna que o galego debeu tomar do castelán, como apunta Cabeza Quiles (2006: 13). Consérvase fixado só no topónimo A Area dos Bois, mais mantén vivo o seu significado ao non se usar en ningún caso A Praia da Area dos Bois, que soaría neste caso redundante. Unha situación semellante é a de illa, que se utiliza en ocasións, especialmente acompañando un topónimo (A Illa de Sálvora), pero que está en franco retroceso na fala espontánea fronte ao termo español isla. Non ocorre así con illote, que si se mantén en pleno uso. O xenérico fisga, co sentido de fenda na pedra, habitualmente acubillo de mariscos, é moi utilizado aínda que non forma parte de ningún topónimo. Pola contra, a propia palabra fenda, da que non se testemuñou uso espontáneo, si se mantén nun topónimo: As Tres Fendas.\nUn dos xenéricos máis frecuentes que atopamos na costa galega é con, que aparece con frecuencia na Ría de Arousa (Rodríguez Rodríguez 1979) e se recolle tamén noutras áreas de Galiza (Rodríguez / Vilar 2006). Martínez Baleirón (2007: 387) recólleo tamén na lista de xenéricos da costa de Ribeira. No entanto, nós consideramos que non se trata dun xenérico propio da zona, ou cando menos non deste extremo sur do concello. Nunha entrevista cun informante de moi avanzada idade e de mente lúcida ocorreu unha anécdota que nos orientou. Entre explicacións e historias xurdiu o xenérico conle, polo cal preguntamos con curiosidade, ante o que o fillo do entrevistado, que nos acompañaba, interrompeu explicando que conle era un erro que cometían os vellos, que estaba mal dito, que o correcto era con e que así viña recolleito nas cartas. O pai retrucou, “aquí con nunca se dixo”. De novo o fillo, ante a miña sorpresa, e convencido de que me estaba axudando a non recoller unha información errada, tentou explicar que certamente con era unha palabra máis frecuente no outro lado da ría e que aquí había preferencia por dicir pedra (que é un hiperónimo que engloba calquera tipoloxía de elementos pétreos). Este episodio non só dá unha primeira pista de que o xenérico patrimonial poida ser conle, senón que tamén ilustra como funciona o proceso de substitución do vocabulario local por formas alleas.\nA explicación do vello informante coincidiu cos resultados da recolleita, entre os que atopamos até nove topónimos que integran o xenérico conle : O Conle da Mexareira / Mexadeira, O Conle da Gallada, O Conle da Area dos Bois, O Conle da Zafra, O Conle de Noro, O Conle Vieiras, Conle Mouro, O Conle de Suafonte e O Conle da Perna do Prado. Pola contra, só demos con dous que incluísen a palabra con, As Leiras do Con de Riba e As Leiras do Con de Baixo, nas que ademais non funciona como xenérico de pedras mariñas senón como complemento de senllas agras. Consideramos entón que o xenérico local para as pedras mariñas rodeadas completamente de auga, nunca cubertas polo mar e preferibelmente de forma redondeada é conle.\nOra ben, si se rexistran algúns topónimos que inclúen o lexema can-, concretamente: O Cangavoteiro, O Candagosto e Candabade. Segundo Cabeza Quiles (2008: 147) estas palabras proceden da forma preindoeuropea cant, ‘rocha’, e comparten etimoloxía con topónimos como O Cantábrico, con palabras como cantil (acantilado) ou canto (pedra redonda) e con xenéricos como con ou, engadimos nós, conle. Os tres topónimos nomean pedras que responden á perfección ás características do xenérico conle e, de feito, para O Candagosto recolleuse o segundo topónimo de O Conle Agosto. Destes topónimos comezados por cantamén dan fe no sur de Galiza Rodríguez / Vilar (2006) e Vilar (2008) con topónimos como Can Cagado ou A Pedra do Can.\nDiferentes xa dos conles son os petóns, xenérico que tamén recollen Martínez Baleiron (2007) e Rodríguez / Vilar (2006). Aínda que esta forma si se encontra viva e foi frecuente nas entrevistas, recollemos ademais unha outra variante local, petoucos, presente exclusivamente nos informantes de maior idade. No entanto, esta non se reflicte nos topónimos, que manifestan exclusivamente a forma petón : Os Petóns da Insua Grande, O Petón de Lagos, O Petón da Insua Bela, Os Petóns da Reboliceira, Os Petóns da Centoleira, O Petón do Mouro, O Petón dos Buraces, O Petón do Medio e Os Petóns dos Destos. Trátase de pedras que son cubertas polo mar ou non segundo o nivel da marea, contra as que o mar bate e se arremuíña como consecuencia desta situación intermedia.\nPara as rochas que presentan unha superficie marcadamente lisa o xenérico que se utiliza é laxa : A Laxa do Embude, A Laxa Negra, As Laxas, A Laxa do Cangavoteiro, A Laxa da Insua Bela, A Laxa das Barqueiras, A Laxa da Forcadiña e A Laxa de Sentensián. A variante laxe, presente en toda Galiza e mesmo nalgúns topónimos do concello de Ribeira 26, non a rexistramos nin como\nxenérico nin fixado en ningún topónimo.\nOutro xenérico de pedra mariña é touza que se refire a pedras sempre cubertas polo mar aínda que non necesariamente a moita profundidade e que adoita servir de bancos de pesca. Forma parte dos seguintes topónimos: A Touza da Areamesa, A Touza do Ferro, As Touzas de Sur de Sagres, A Touza da Cova, As Touzas da Pagal e As Touzas de Leste da Pagal. Sinónimo de touza é baixo, malia que algún informante matizou que as touzas nomean pedras individualizadas e os baixos poden ser conxuntos ou mesmo espazos máis amplos. Rexistramos tres exemplos: O Baixo das Pezas, Os Baixos de Inasia e Os Baixos do Manilo. Descendendo un paso máis o xenérico que atopamos é fanequeira, que remite, neste caso si, a pedras profundas que dan acubillo a peixes que viven lonxe da superficie, como é o caso das propias fanecas. É usado de xeito habitual mais apenas se ve reflectido na toponimia: As Fanequeiras de Noro.\nEiteiro é un xénerico ben coñecido na zona, porén non ten só carácter mariño senón que tamén ten presenza na illa e no continente. Nomea unha pedra de gran tamaño, que destaca en altitude entre as que a rodean e que está descuberta (de mar ou de terra) na súa práctica totalidade: O Eiteiro do Pau, O Eiteiro da Cova, O Eiteiro da Perdiz, O Eiteiro das Bestas, O Eiteiro Vermello, O Eiteiro do Tablón, O Eiteiro da Escala e O Eiteiro do Abuelo. Nalgún lugar do concello de Ribeira normativizouse o topónimo O Eiteiro en O Outeiro, atopándose en franco retroceso a forma patrimonial.\nNon só a presenza de pedras senón tamén a súa ausencia ten como resultado o uso de xenéricos. Un deles é carreiro, que ten o sentido de atallo para as dornas, sendeiro entre espazos pedregosos que se podía recorrer con seguridade. Contamos cos seguintes exemplos: O Carreiro da Galera, O Carreiro da Insua Grande, O Carreiro Falso, O Carreiro do Inferniño e O Carreiro Ancho. O topónimo O Carreiro, en Aguiño, nomea actualmente unha longa fila de pedras que parten da costa e parecen sinalar Sálvora, no primeiro tramo das cales se construíu un paseo. Malia que o significado da palabra carreiro, como ‘camiño’, ‘vía’, parece indicar que a súa orixe é esa aparencia de sendeiro que se interna no mar 27, algúns mariñeiros sostiveron a teoría de que o nome vén en realidade dos dous carreiros, ou pasos, que permitían a auga e as embarcacións pasar entre as moles de pedra. Eses carreiros están hoxe cubertos por dúas pontes que permiten continuar o paseo e que se converteron pouco menos que en símbolos da parroquia. Co mesmo sentido que carreiro se utilizan tamén pasantía e paso, aínda que só sobreviven fixados en dous topónimos: A Pasantía das Caíñas e o redundante O Paso do Carreiro. O xenérico poza tamén se usa para un espazo libre de pedras, mais non por servir como paso senón por constituír un espazo resgardado e habitualmente refuxio de animais: A Poza das Ameixas.\n4. c onclusIóns\nExpomos a continuación algunhas das conclusións ás que chegamos após a finalización do traballo:\n• A documentación de que se dispón sobre a toponimia de Sálvora, ao estar a illa deshabitada e ter un único propietario, non procede de rexistros ou fontes administrativas, que adoitan estar até certo punto actualizadas. Só contamos con cartas e planos de uso náutico e topográfico que presentan numerosos erros e deturpacións. Utilizáronse estes recursos de xeito orientativo e xeorreferencial, porén non se tomaron como modelos para a catalogación dos topónimos. Sería desexábel que as cartas marítimas e en especial os mapas do IGN tivesen en conta estudos toponímicos coma este para as vindeiras edicións. • Para a recolleita da microtoponimia dun espazo coma este, que inclúe territorio (des)habitado e superficie mariña, o idóneo é conseguir informantes de diversos perfís. No noso caso entrevistamos mariñeiros, percebeiros e nativos e nativas da illa. Traballamos só con informantes da zona, concretamente das parroquias de Aguiño, Carreira e Castiñeiras. Sería positivo en traballos vindeiros incluír mariñeiros do outro lado da ría. Máis complexa é a investigación futura con nativos, pois son poucos os que fican vivos e xa entrevistamos os que puidemos encontrar. • Foron realizadas dúas entrevistas móbiles, unha percorrendo a pé o interior de Sálvora cun nativo e outra navegando arredor da mesma cun grupo de mariñeiros. O resto foron estáticas por causa da avanzada idade dos e das informantes e das complicacións que supón viaxar até a illa. • Rexistráronse aproximadamente 250 topónimos mariños e 50 topónimos interiores. • Os topónimos inventariáronse atendendo a criterios fonéticos e gardáronse nun ficheiro electrónico no cal se incluíron tamén outros datos de interese, como a tipoloxía ou a localización. Propúxose unha forma estándar de cada un deles para o PTG. Optouse por fixar o artigo no topónimo en todos os casos nos que apareza na fala oral sen excepción. • Os microtopónimos do interior de Sálvora contrastan cos estudados no conxunto de Galiza: menos densidade, maior correspondencia dos nomes con realidades identificábeis e hexemonía de topónimos referenciais e dependentes doutros topónimos. Estamos entón ante unha toponimia simple, escasa e que traduce de xeito transparente as sinxelas instalacións e espazos nos que os nativos organizaban o territorio. A illa divídese en grandes áreas individualizadas por un topónimo, xeralmente tomado dun accidente mariño, que dá nome á maioría dos pequenos elementos que se atopan nas proximidades. Consideramos que esta situación é unha anomalía na toponimia galega, resultado de que o asentamento estábel na illa data do século XIX. Os colonos nomearon as zonas atendendo a elementos costeiros porque coñecían con maior detalle o espazo marítimo que o interior. A análise toponímica fálanos entón dun modelo determinado de ocupación do territorio. • Esta particularidade ampara as teorías que entenden a toponimia como un sistema de representación máis que como un reflexo directo da realidade. Os resultados do traballo apenas falan de Sálvora dun punto de vista físico, mais si achegan importante información arredor de como foi a súa ocupación e explotación, de cal foi a relación dos homes e mulleres co medio e de que concepción tiñan estes do espazo que habitaron. A análise da toponimia, e especialmente da microtoponimia, confírmase como ferramenta útil para a lectura histórica da paisaxe. • Os topónimos mariños, pola súa banda, si coinciden coa tónica xeral da costa galega. A densidade de topónimos recolleitos foi relativamente alta, como é de esperar nun espazo longa e intensamente explotado, e as principais complicacións na recolleita proviñeron das variacións fonéticas, das confusións coa documentación ou da multiplicidade de versións dependendo dos informantes. • Aínda que boa parte dos topónimos mariños son opacos e de orixes incertas, algúns achegan información sobre os elementos que nomean. Recollemos referencias á forma, o son ou as cores dos accidentes mariños, referencias a animais e plantas, referencias antroponímicas, referencias ás vicisitudes da navegación e ás actividades pesqueiras e referencias a elementos diversos e aparentemente non relacionados co medio mariño. Aínda que algúns parecen transparentes no seu significado, convén sermos prudentes á hora de buscar etimoloxías. • Catalogamos unha serie de xenéricos locais que xurdiron nas entrevistas. Boa parte deles son comúns a outras zonas de Galiza. Aínda así, perfílanse algunhas particularidades locais, como o uso de conle por con ou de laxa por laxe. Os xenéricos manteñen en ocasións palabras patrimoniais perdidas na oralidade e ilustran como se produce ese proceso de substitución. É o caso de area por praia. • O caso de Sálvora evidencia a urxencia da realización de traballos coma este. En primeiro lugar porque manifesta con toda a súa crueza o drama da despoboación e o inmenso coñecemento que está para se perder de non intervirmos a tempo. En segundo lugar porque demostra que o estudo da toponimia é importante non como simple exercicio lingüístico senón como instrumento de coñecemento histórico, territorial e sociolingüístico."} {"summary": "A participación no mercado bolsista é un tema de estudo con varias décadas de historia, aínda hoxe en discusión, como resposta á persistencia de baixas taxas de participción. Neste traballo analízanse os determinantes da participación no devandito mercado mediante modelos probit, onde a variable dependente recolle a tenza directa de accións e/ou a participación indirecta a través de fondos de investimento. Os resultados amosan que a idade, educación, preferencias de risco e uso de internet resultan ser variables chaves á hora de explicar a participación dos fogares no mercado de valores na\nEspaña.", "text": "T ANIA P UMARES I GLESIAS *\n: determinantes, individuo, investimento, mercado bolsista. S TOCK MARKET PARTICIPATION : W HY DO PEOPLE INVEST ?\n1. INTRODUCIÓN\nNa actualidade os fogares están máis implicados nas tomas de decisión económicas ca no pasado, o cal pode ter como causas a liberalización dos mercados e a expansión do crédito (Guiso e Sodini, 2012). A participación no mercado de valores constitúe unha decisión de carácter económico para os fogares, como o é a contratación de seguros, a compra de bens ou servizos, e o aforro. Pero malia que os fogares teñen hoxe un papel máis activo, as taxas de participación no mercado de valores seguen en niveis relativamente baixos no ámbito europeo, por exemplo, arredor do 30% para Reino Unido ou ao 22% para Alemaña, e en niveis moi baixos para o caso de España, situándose arredor dun 5% (Guiso e Sodini, 2012). No caso latinoamericano, a situación non difire moito. Así, no ano 2012, un 3, 4% dos fogares en Chile posuía algún tipo de activo financeiro de renda variable -accións, fondos mutuos ou participacións en sociedades, entre outros activos- (Banco Central de Chile, 2013). Por outra banda, só un 0, 7% da poboación en Colombia inviste en accións, fondos ou bonos (Serrano e Hoesli, 2009).\n* Enderezo para correspondencia: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariáis. Universidade de Santiago de Compostela; Avda. Burgo das Nacións, s/n; C.P. 15.782 – Santiago de Compostela (España). 1 Esta investigación utiliza datos da Survey of Health, Ageing and Retirement in Europe (SHARE). Os autores agradecemos a súa cesión para fins de investigación.\nDesde finais dos anos 90 e, sobre todo, a partir de inicios do século XXI, varios traballos centraron a súa atención en tratar de atopar os factores que determinan a decisión de participar no mercado bolsista. O seu fin último é explicar por que as taxas de participación sitúanse nunhas cifras tan baixas, tendo en conta o gran desenvolvemento, tanto financeiro como tecnolóxico, experimentado nas últimas décadas. Ademais, a crise económica e financeira actual protagonizou unha gran volatilidade nos mercados de valores, o que sen dúbida ten e terá tamén consecuencias sobre as decisións económicas dos fogares, e polo tanto, sobre a participación nos devanditos mercados.\nTras esta introdución, o resto do documento está organizado da seguinte forma. No segundo epígrafe preséntase unha sinopse das principais achegas realizadas pola literatura financeira previa. O terceiro epígrafe destínase ao comentario dos resultados empíricos obtidos a través da análise estatísticadescritiva e a econométrica. Finalmente, o último epígrafe recolle as conclusións e limitacións do estudo, así como o comentario das posibles implicacións cara ao deseño da futura política económica.\n2. REVISIÓN DA LITERATURA E FORMULACIÓN DE HIPÓTESES\nDende a teoría financeira máis tradicional faise fincapé en factores tales como a aversión ao risco, as oportunidades de investimento e os custos fixos asociados para tratar de explicar as decisións de investimento dos individuos e fogares. No entanto, achegas recentes incorporaron á análise un maior e máis variado número de variables que poden influír na participación no mercado de valores. Desta forma, podemos atopar factores como o activismo e as preferencias políticas, a confianza, a cultura financeira, o asesoramento financeiro, o uso de tecnoloxías ou a interacción social, entre outras.\nA Táboa 1 amosa os resultados dalgúns dos estudos máis recentes e de maior relevancia empírica no tema de estudo. Estes traballos teñen como obxectivo principal coñecer a influencia dun determinado factor na participación dos fogares nos mercados de valores. A partir da revisión destes traballos, sinalamos a continuación os factores que poderían actuar como determinantes da decisión dos individuos de investir no mercado de valores, ao mesmo tempo que se establecen as hipóteses que se contrastarán na análise empírica (Táboa 2).\nfillos/as (-)\n3. METODOLOXÍA\n1.1 3.1. MOSTRA DE ESTUDO\nEsta investigación utiliza como fonte de datos a Survey of Health, Ageing and Retirement in Europe, coordinada polo Mannheim Research Institute for the Economics of Ageing (Táboa 3). SHARE é un panel de datos multidisciplinar realizado en países europeos para recoller información sobre o estatus socioeconómico, a saúde e as redes sociais dos participantes na enquisa, así como dos seus cónxuxes ou parellas. Ademais, proporciona información relacionada con variables psicolóxicas e de apoio social. É unha enquisa dinámica que procura realizar o seguimento dos mesmos participantes na enquisa e doutros novos. Este traballo utiliza información contida na cuarta edición, por razóns de proximidade temporal e de deseño do cuestionario. A mostra final confórmase polos fogares españois que participaron na enquisa ao longo do ano 2011.\nTáboa 3. Información técnica do estudo\nUniverso Persoas de 50 anos ou máis, e o seus cónxuxes ou parellas con independencia da súa idade. Método da entrevista Entrevista Persoal Asistida por Ordenador, complementada cun breve cuestionario en papel autocumprimentado. Selección da mostra Mostraxe en dúas etapas: 1) Selección de distritos censais entre unha lista estratificada por tamaño de municipio; 2) Selección de fogares con persoas elixbles de cada un dos distritos censais seleccionados. Tamaño da mostra 3.570 entrevistas en España Recollida de información Ano 2011 Publicación de datos Novembro 2012\nFonte: elaboración propia a partir de SHARE.No Anexo 1 inclúese a Táboa 4.\n4. ANÁLISE EMPÍRICA 4.1. ANÁLISE ESTATÍSTICA – DESCRITIVA\nAs estatísticas descritivas das variables incluídas nesta investigación detállanse na Táboa 5. Antes de nada, debe sinalarse que a mostra inicial foi filtrada por razóns de estudo, eliminando da mesma aos participantes na enquisa cunha idade superior a 80 anos.\nEn relación coa variable dependente, obsérvase que as taxas de participación no mercado de valores en España son moi baixas. Menos do 6% das persoas que participaron na enquisa afirmaron que posuían accións e/ou participacións en fondos de investimento. Estas cifras contrastan coas apuntadas para 2005 por Ampudia Frade (2013), que indicaban que un 13, 05% dos fogares españois participaba directamente nos mercados mediante accións e un 16, 68% facíao indirectamente mediante fondos de investimento. As razóns de tales divergencias poden obedecer fundamentalmente a dúas cuestións. Por unha banda, a mostra utilizada por Ampudia Frade (2013) abarca individuos que van dende os 16 anos ata máis de 70, mentres SHARE céntrase naqueles que superan os 50 anos. Como se indicou, a maior idade, menor propensión ao risco e menor investimento no mercado de valores. Doutra banda, en 2005 a situación “eufórica” dos mercados de valores españois, e da economía en xeral, era radicalmente oposta á existente en 2011, que escorrentou aos inversores do mercado de valores español.\nEn relación coas variables independentes, comprobamos que a mostra de estudo está formada por individuos cuxa media de idade atópase nos 64 anos, maioritariamente son mulleres (54%) e manifestan ter un compromiso de parella (81%) cun número medio de fillos próximo a dous. Así mesmo, o saldo medio de ingresos mensuais supera os 4.700 euros, máis do 90% dos participantes na enquisa manifesta ter unha vivenda en propiedade, e só unha media do 23% traballa por conta propia ou allea. Isto último é debido a que o colectivo máis numeroso da mostra corresponde aos xubilados (37%), que se situaría dentro do grupo de persoas que non traballan. De feito, só o 27% dos participantes na enquisa afirma usar Internet, feito que se pode relacionar directamente coa idade, pois tipicamente o uso é menor entre a xente de idade máis avanzada.\nReferente ao nivel educativo, o número medio de anos de estudo a tempo completo sitúase en 8, o cal corresponderiase coa educación secundaria. Ao prestarlle atención aos coñecementos financeiros do participante, o primeiro a destacar é o baixo número de persoas que se amosaron dispostas a contestar á pregunta relativa a esta cuestión, e o segundo, o baixo nivel de alfabetización financeira daquelas persoas que responderon. De feito, só un 19% das persoas que responden á pregunta sobre o cálculo do nominal e os intereses dunha conta de aforro faino de forma correcta. No entanto, esta baixa taxa de éxito na resposta é consistente cos resultados que atopa Jappelli (2010) cando compara o nivel de cultura económica (utilizada como proxy da cultura financeira) utilizando datos do IMD World Competitiveness Yearbook dende 1995 ata 2004, e situando a España moi por baixo de Estados Unidos e do resto dos países da OCDE coa excepción de Italia.\nNo caso da variable que mide as preferencias de risco, a conclusión principal é que a actitude que predomina entre os participantes é a dunha clara aversión ao risco. De feito, un 87% da mostra di non estar disposto a asumir ningún risco financeiro. Pola súa banda, un 56% dos participantes non teñen confianza nas demais persoas e só un 20% participou nalgunha actividade social. Agora ben, un 87% manifesta estar satisfeito coa súa vida. A orientación política dos participantes sitúase máis próxima á esquerda, xa que só un 22% declara unha ideoloxía política de dereitas. Por outra banda, un 47% practica unha relixión.\nA Táboa 6 recolle as diferenzas que poden existir entre inversores e non inversores no mercado de valores en relación ás variables independentes, así como o seu nivel de significatividade. Constátanse diferenzas significativas nas variables: ocupación, propiedade dunha vivenda, educación, risco, Internet e orientación política.\nsignificativas entre as persoas que participan no mercado de valores e as que non o fan.\nEn particular, as persoas que participan no mercado bolsista presentan porcentaxes de ocupación laboral, niveis educativos, porcentaxes de uso de Internet e niveis de propiedade de vivenda máis elevados. Así mesmo, presentan menor aversión ao risco e unhas preferencias políticas máis próximas “á dereita”.\n4.2. ANÁLISE ECONOMÉTRICA MULTIVARIANTE\nEstimáronse oito modelos diferentes (Táboa 7 no Anexo), incluíndo no primeiro modelo (Modelo 1) variables tales como a idade, a idade ao cadrado, a aversión ao risco, a educación e o feito de estar empregado. Ditas variables pertencen aos catro grandes grupos de factores que, tras analizar a literatura, consideráronse básicos, a saber, demográficos, relativos ás preferencias de risco, educacionais e económicos. Os seguintes modelos (modelos 28) van engadindo variables co fin de contrastar todas as hipóteses suscitadas.\nOs resultados obtidos amosan que, contrariamente ao esperado, a idade exerce un efecto negativo sobre a participación no mercado de valores para o caso español. Este efecto podería atribuírse, polo menos en parte, a que as persoas de maior idade invisten en activos con risco, tales como accións e fondos de investimento, en menor medida que os mozos (Direr e Viser, 2013; Dohmen et a o., 2011).\nAdemais, atopáronse relacións non lineais, xa que a idade ao cadrado tamén resultou significativa e con signo positivo. Estes resultados indican que existe unha relación en forma de U entre a idade dos individuos da mostra 2 e a participación no mercado de valores. Este resultado podería atribuírse a que en idades próximas aos 5055 anos, os individuos aínda destinan unha parte importante dos seus ingresos ao pago de hipotecas, o que limitaría a súa capacidade de aforro e, por tanto, os fondos dispoñibles para colocar no mercado de valores. Con todo, acadada unha determinada idade na que os préstamos estivesen amortizados, os individuos terían máis capacidade de aforro e, consecuentemente, saldos dispoñibles para colocar no mercado de valores.\nO feito de ser adverso ao risco inflúe negativamente na participación no mercado de valores. Algúns traballos miden a variable risco como aquela que toman os individuos que participan nos devanditos mercados, de modo que obteñen resultados positivos entre o risco asumido e a participación (Almenberg e Dreber, 2011; Dohmen et a o., 2011; Halko, Kaustia e Alanko, 2011). Por tanto, destes traballos pódese concluír que, se o nivel de risco tomado é moi baixo, a participación será menor, o cal coincide cos nosos resultados, confirmándose así a hipótese de que aqueles individuos adversos ao risco participan no mercado de valores en menor medida que os individuos propensos ao mesmo. Isto débese a que os individuos adversos non cren que a expectativa dunha maior ganancia xustifique a asunción dun risco maior.\nCómpre destacar que esta variable relativa á actitude do individuo ante o risco puido ter unha especial relevancia no momento no que se realizou a enquisa SHARE. Como xa se comentou, os datos utilizados refírense ao ano 2011, época na que os mercados de valores, especialmente os españois, estaban -e aínda estánvivindo un momento de gran incerteza trala forte caída dos índices bolsistas de todo o mundo e a crise da débeda pública española. Nunha contorna con estas características, os inversores máis adversos amosarianse aínda máis reticentes que en condicións normais á participación no mercado de valores.\nA educación tamén resulta unha variable significativa na maioría dos modelos estimados, e ten un efecto positivo sobre a participación no mercado de valores. Autores como Bogan (2008), Christiansen, Joensen e Rangvid (2010a), Cole, Paulson e Shastry (2012) ou Guiso, Sapienza e Zingales (2008) tamén obtiveron este resultado. Por tanto, a hipótese suscitada de que, ante un maior nivel de educación, a participación no mercado tamén é maior, confírmase. Iso fundaméntase en que a educación posibilita un aumento das habilidades que posúen as persoas para solicitar información, especialmente no caso daquelas de 2 Nótese que o 97% dos individuos da mostra teñen máis de 50 anos.\n25 natureza informática e cognitiva, as cales son de gran utilidade á hora de investir nos mercados bolsistas. A variable relativa ao uso de internet resultou significativa e con signo positivo, do mesmo xeito que no traballo de Bogan (2008). Desta forma, confírmase que a súa utilización aumenta a probabilidade de que os individuos participen no mercado de valores, ao constituír unha forma de coñecer as tecnoloxías que se poden usar para participar no devandito mercado. Ademais, como suxire Ampudia Frade (2013), o comercio en liña permite reducir non só o custo monetario derivado do investimento, senón tamén o custo en tempo. En contraposición á evidencia atopada por Guiso, Sapienza e Zingales (2008), non se obtiveron resultados significativos para a variable relativa ao feito de estar empregado. Na nosa opinión, iso pode obedecer, en parte, ao feito de que a mostra de estudo está integrada maioritariamente por persoas de máis de 50 anos, onde unha gran parte está xubilada (50, 3%). En relación coa variable que identifica a propiedade dunha vivenda, reflexo tamén do estatus económico dos individuos, non puidemos probar a súa relevancia nos modelos estimados -non se inclúe no cadro-, non podendo concluír así que actúe como investimento alternativo fronte á participación no mercado bolsista. Iso difire dos resultados atopados por Vestman (2012); aínda que pode vir explicado pola idiosincrasia da cultura española onde o feito de ter unha casa en propiedade está firmemente enraizado. Segundo Ampudia Frade (2013), o 81, 3% dos fogares españois son propietarios da súa vivenda principal, fronte a un 68, 3% no caso dos estadounidenses, percibindo iso como un investimento “básico” fronte a outras alternativas.\nTampouco se atopou evidencia de que o xénero exerza unha influencia sobre a participación no mercado de valores, polo que a hipótese suscitada que afirma que os homes participan máis no mercado non se pode confirmar, do mesmo xeito que nas investigacións de Kaustia e Torstila (2011) e Khorunzhina (2011).\nDe forma análoga, a evidencia empírica non permite confirmar a hipótese relativa ao número de fillos. Estes resultados difiren dos atopados por Christiansen, Joensen e Rangvid (2010a), onde se ratificaba a hipótese de que a participación diminúe a medida que o número de fillos aumenta. É probable que estas diverxencias se deriven dos diferentes perfís que integran ambas mostras. Así, a mostra de Christiansen, Joensen e Rangvid (2010a) incorpora a individuos que van dende os 20 ata os 60 anos, mentres que a nosa sitúa a metade dos individuos por enriba dos 65 anos. A esta idade, é de esperar que os fillos se atopen independizados e non actúen como unha barreira ás decisións de investimento de seus pais.\nNo referente á confianza, a diferenza do traballo de Guiso, Sapienza e Zingales (2008), non se atopou evidencia que permita confirmar a hipótese de que ante un maior nivel de confianza, a participación tamén será maior. Este feito podería ser consecuencia, en parte, da forma como se mediu a variable. Esta foi definida como confianza noutras persoas, e non como confianza nas institucións ou asesores financeiros; é dicir, trátase dunha medida xeral da confianza e non dunha medida específica en relación a cuestións financeiras.\nDe forma análoga, non se atopou evidencia que soporte a hipótese de que as preferencias políticas inflúen na participación no mercado de valores. No traballo de Kaustia e Torstila (2011) confirmouse que a xente “de esquerdas” participaba menos no mercado, mentres que Laakso (2010) atopou que a xente “de dereitas” era máis propensa a investir. O feito de que non se poida confirmar esta hipótese para o caso español pode deberse, en parte, a que en España, nestes momentos, non existe unha diferenza tan marcada entre a “dereita?” e a “esquerda” política. De feito, na enquisa SHARE para España, das 1.336\n26 persoas que responderon a esta pregunta, máis do 40% situouse no punto 5 nunha escala de 1 a 10 -onde 1 e 10 representan, respectivamente, ideoloxías próximas á esquerda e á dereita políticas-; é dicir, que a maioría dos participantes non se situaron políticamente. En canto á relixiosidade, non se puido confirmar a influencia da práctica dunha relixión no mercado de valores. Este resultado difire do atopado por Laakso (2010). Unha explicación plausible a esta non significatividade pode estar relacionada coa definición da variable, pois se asocia o acto de rezar co de ter unha afiliación relixiosa definida, o cal non tería por que ser estrictamente certo, xa que na actualidade existe unha gran parte da poboación crente, pero non practicante.\nPor último, tampouco se atopou evidencia de que a satisfacción vital e a interacción social inflúan na participación no mercado de valores. Estes resultados difiren dos atopados por Alimohammadisagvand e Matos (2012) e Laakso (2010).\n5. CONCLUSIÓNS\nA participación no mercado de valores é un tema académico recorrente, pois resulta moi controvertido que os niveis de participación sigan tan baixos malia os avances que vivimos nos últimos anos no que se refire á tecnoloxía e aos produtos financeiros. Daí derívase o interese do seu estudo, tamén para o caso español, onde os traballos centrados neste ámbito xeográfico son limitados, do mesmo xeito que sucede no caso latinoamericano. A análise econométrica consistiu na realización de estimacións probit utilizando unha mostra de datos creada a partir da enquisa SHARE para España no ano 2011. Os resultados amosan que os determinantes da decisión individual de investir no mercado de valores son a idade, a educación e a aversión ao risco. En concreto, a relación entre a idade e a participación resulta non ser lineal, pois ata unha determinada idade, a participación vai descendendo debido ás cargas que iso supón pero, a partir de dita idade, os saldos dispoñibles para investir son maiores, producíndose un cambio de tendencia. Coa educación, a relación é claramente positiva, pois a maior número de anos de estudo, maior é a participación no mercado, o cal resulta sinxelo de entender, pois tamén serán maiores os coñecementos e habilidades dos que dispón o individuo. Para rematar, a aversión ao risco exerce unha influencia negativa, como cabería esperar, xa que os individuos que non están dispostos a asumir riscos participan no mercado de valores en menor medida. Ademais dos determinantes mencionados, que fan referencia á teoría máis tradicional, o uso de internet tamén resulta un factor significativo á hora de explicar a participación. Iso está motivado pola revolución tecnolóxica que alterou o modo de participar no mercado, ata converterse nunha operación relativamente sinxela que calquera usuario pode realizar a través de Internet.\nEste traballo contribúe á literatura existente porque aporta evidencia inédita do mercado español e, dada a proximidade cultural e económica, pode constituír un punto de partida adecuado para a análise de Latinoamérica que tamén rexistra niveis baixos de participación no mercado de valores. Este traballo tamén presenta limitacións, fundamentalmente, referidas á fonte de datos utilizada. En concreto, a pregunta que identifica o nivel de cultura financeira do participante foi só contestada por menos dun 9% da mostra, o que de facto limita a súa inclusión nos modelos econométricos. Por tanto, sería importante a procura dunha resposta no participante na enquisa que corrixise o baixo índice, así como a formulación de preguntas adicionais para medir este concepto, xa que medir os coñecementos financeiros dunha persoa a través dunha soa pregunta pode non aportar unha visión completa. Ademais, en relación coas variables relativas ás actividades sociais, sería conveniente indagar máis sobre a súa medición e posible influencia dada a importancia dos “efectos de grupo”. Esta investigación é susceptible de ampliacións, entre as que se destacan dúas. En primeiro lugar, sería conveniente aumentar o ámbito de estudo a outras zonas xeográficas para realizar comparativas entre países. Desta forma, poderíase analizar si existen diferenzas culturais a nivel de país que expliquen a escasa participación da poboación española no mercado de valores. En segundo lugar, habería que explotar a enquisa utilizando a mostra correspondente aos datos de panel. Esta alternativa permitiría comprobar se a decisión de investir nos mercados de valores a través de accións ou fondos de investimento viuse afectada pola crise económicofinanceira na que España está inmersa dende o ano 2007.\nfrecuentemente; 0= a persoa no usa a rede frecuentemente. Satisfacción vital Dicotómica con valores: 1= a persoa considerase satisfeita coa su vida; 0= a persoa non está satisfeita coa súa vida. Preferencias políticas Dicotómica con valores: 1= a persoa afirma ter una ideoloxía de “dereita”; 0= a persoa declara non ter posición política ou en favor dunha ideoloxía de \"esquerda\". Relixiosidade Dicotómica con valores: 1= a persoa practica unha relixión; 0= a persoa non practica unha relixión. O UTROS Interacción social Dicotómica con valores: 1= a persoa participa en actividades sociais; 0= a persoa non participa en actividades sociais. Fonte: elaboración propia.\n[1]) (z G é a función de distribución cumulativa dunha variable aleatoria normal tipificado. Y i é a variable dependente con dous valores posibles: cero ou unidade; u i é unha variable aleatoria distribúese N (0, σ 2); X i recolle o conxunto de variables independentes. Neste traballo, o conxunto de variables explicativas é resumida en:\nNota: A Táboa 7 mostra as estimacións de probit da decisión de investimento en accións e / ou fondos de investimento por parte de individuos analizados. En especial, distínguense efectos parciales medios de cada estimación. Os símbolos ***, ** e * indican niveis de significatividade 0, 1%, 1% e 5%, respectivamente. Erros estándar robustos están en parénteses. G. L. Refírese aos graos de liberdade. Wald X2 é unha proba de bondade de axuste, asintótica distribuída como unha X2 baixo a hipótese nula de ausencia de significación conxunta das variables explicativas (excluíndo temporal dicotômica), validou seu poder explicativo (graos de liberdade entre parénteses). Revista Galega de Economía: http://www.usc.es/revistas/index.php/rge"} {"summary": "As microfinanzas, dende os seus inicios na segunda metade do século XX, percorreron un longo camiño para chegar a converterse no sistema financeiro dos máis necesitados, dos pobres, tanto nos países máis pobres como nas nacións prósperas. A través dos diversos servizos que ofrecen, especialmente os microcréditos, fixeron posible unha saída da pobreza a un gran número dos máis necesitados e o acceso a obxectivos antes imposibles de acadar como a educación dos fillos, a sanidade, a seguridade social e un mellor futuro fóra do círculo vicioso da pobreza. Na actualidade, as características dos factores que configuraron as primeiras entidades microfinanceiras cambiaron. O financiamento, que se apoiaba nunha primeira etapa nas subvencións dos organismos financeiros internacionais ou dos gobernos, están evolucionando cara a un financiamento propio sustentado polos beneficios e os aforros dos clientes. Os pobres resultaron ser extraordinarios clientes tanto por ser cumpridores cos seus compromisos, como por ter disciplina de aforro, especialmente as mulleres, que son o grupo máis numeroso e responsable dos microcréditos. Neste contexto, as microfinanzas aparecen como un subsector rendible e, consecuentemente, a banca comercial con financiamento propio e capacidade de expansión, viu nesta contorna unha posibilidade de ampliar o seu negocio, desembarcando con toda a súa capacidade financeira. Neste momento estanse desenvolvendo movementos de intervención da banca comercial en todos os mercados das microfinanzas. O futuro parécenos claro, outro problema son os obxectivos. Para as microfinanzas clásicas, un dos valores que implicaban rendibilidade, era o apoio para rachar co círculo vicioso da pobreza. Hai unha forte dúbida sobre se a banca comercial tamén o considera un valor contable.", "text": "MICROFINANZAS, O FUTURO PASA POLA BANCA COMERCIAL\nFacultade de Ciencias Económicas y Empresariales. Universidade de Valladolid INTRODUCIÓN.\n* José Manuel Sastre Centeno, email: manolo@eco.uva.es, Elena Inglada Galiana, email: elenaig@eco.uva.es. Profesores de Contabilidad. Departamento de Economía Financiera y Contabilidad. Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales Avenida del Valle Esgueva nº 6. 47011 Valladolid (España)\nNeste contexto é onde aparecen as microfinanzas 1 como unha solución e, ao mesmo tempo, como un motor económico que dinamiza non só ás persoas e familias, senón á economía da zona na que se desenvolven. O sistema de traballo das microfinanzas consiste en proporcionar pequenos créditos aos pobres para que financien unha microempresa na que traballa o prestatario ou a súa familia máis próxima. Certo que hai tipos diferentes de prestacións: existen sistemas comunais de riscos, de maneira que o empréstito realízase a un conxunto de persoas e todas responden subsidiariamente, créditos mancomunados, créditos con avais, etc., pero os máis estendidos e coñecidos baséanse máis ben na relación do axente da microfinanceira que lle confían as persoas que configuran a contorna, que nun sistemas de garantías.\nOs microcréditos, que son a expresión máis xenuína das microfinanzas 2, aínda que non a única, en xeral funcionan sobre a base de pequenas cantidades cedidas en empréstito aos necesitados que teñen unha idea de negocio, aínda cando poden tamén ser destinados a melloras nas explotacións agrícolas, se as teñen, aos estudos dos fillos ou a calquera outra necesidade perentoria. Con todo, empregar o crédito na creación dunha microempresa é, así mesmo, a razón máis frecuente e a que máis se adapta á natureza inicial das microfinanzas.\nOs servizos das microfinanzas funcionan de xeito parecido aos tradicionais que ofrece toda a banca do mundo, dende o crédito, como xa dixemos, ata o aforro, porque os máis pobres resultaron ser excelentes aforradores e o que parece un paradoxo non o é xa que o aforro é unha necesidade que lle permite ao pobre manexarse con certa tranquilidade con respecto ao seu futuro. A microfinanza pois, proporciona financiamento aos pobres á vez que lles proporciona os servizos bancarios que necesitan e, se ata a aparición da microfinanza non accederan, polo xeral, a eles era sinxelamente porque ou non os coñecían ou non existían na súa contorna. En definitiva que non estaban bancarizados porque o sistema os excluía. Dende logo, todo iso parte da perspectiva da microempresa e de acordo coas necesidades das pequenas economías.\nA relación entre o pobre convertido en cliente e a microfinanceira na maior parte dos casos non é ocasional, non se limita a un crédito e a seu devolución senón que, polo xeral, establécese unha relación de negocio crecente entre as dúas partes. Ao primeiro crédito, dunha cantidade moi baixa, adoitan seguir outros de maior envergadura, así como a utilización de todos os servizos bancarios ofrecidos, dende transferencias e seguros, asesoramento na microempresa ou tarxetas de crédito. Estes novos créditos serven para ampliar o negocio ou comprar un local para o mesmo, en definitiva para ampliar as posibilidades de gañar diñeiro e saír do círculo da pobreza.\nUnha das características das microfinanzas é a súa incidencia na equidade de xénero, un fenómeno que se produciu en todas as sociedades nas que se instalaron. O feito incontestable é que reforzan o empoderamento da muller, que é a que, na maioría dos casos, faise cargo do crédito, inicia a empresa, traballa nela, coida o proceso do negocio, paga os reintegros e os intereses e coopera fundamentalmente co benestar e a calidade de vida da familia. Tanto é así que as mulleres significan máis do 90% dos clientes do Banco Grameen 3.\nA incidencia das microfinanzas, especialmente os microcréditos, na economía dunha área, neste caso Bangladés, é evidente xa que mentres só o 4% dos pobres deste país que non obtiveron microcréditos saíron da pobreza, fixérono o 48% dos que solicitaron e obtiveron microcréditos.\n2.- TIPOLOXÍA DO CLIENTE.\nEstablecer unha tipoloxía do cliente das microfinanzas presenta grandes dificultades xa que na práctica existen tantos tipos como usuarios. En realidade a case única característica que comparten é a pobreza, e aínda así o concepto de pobreza é diferente e conxuntural segundo o país. Unha primeira análise levaríanos a establecer que tanto os homes como as mulleres son clientes das microfinanzas, pero as mulleres son o grupo maioritario, utilizan mellor o microcrédito, pagan mellor e máis ao día os intereses e devolven antes o capital cós homes. A clasificación máis usada baséase, precisamente, no nivel de pobreza:\n1.- Indixentes. 2.- Extremadamente pobres. 3.- Moderadamente pobres. 4.- Vulnerables pero non pobres.\nEn todo caso, o cliente tipo das microfinanzas é unha muller do primeiro ou segundo grupo, con fillos, que ten ao seu cargo a familia. E se ben é certo que as mulleres resultaron ser as grandes usuarias das microfinanzas, cunha óptima utilización para manter e elevar o nivel de vida da familia e a súa seguridade, ademais de destacar como excelentes pagadoras dos compromisos adquiridos, as microfinanzas, pola súa banda, proporcionaron ás mulleres a oportunidade de emanciparse e contribuíron a un maior empoderamento das mesmas. (Cheston e Kuhn, 2006).\n3.- TIPOLOXÍA DOS SERVIZOS.\nAs microfinanceiras, como xa dixemos, proporcionan outros servizos ademais dos coñecidos microcréditos. De feito trátase de todos os servizos básicos que ofrece a banca aos seus clientes, entre os cales os máis interesantes para os clientes deste tipo de institucións son os servizos de aforro e seguros. Dende logo, os microcréditos non son só a estrela das microfinanzas senón a razón das mesmas e, directa ou indirectamente, ata este momento estivémonos referindo\n3 O Banco Grameen fundouse por Muhammad Yunus, Premio Nobel da Paz de 2006 polos seus traballos financeiros para a promoción dos pobres. O Banco fundouse e ten maior incidencia en Bangladés.\na eles e por iso obviamos explicar máis o seu funcionamento e incidencia e centrámonos nos dous servizos que os seguen en interese para os clientes das microfinanzas.\nO Aforro cumpre dúas funcións: por unha banda garantir unha reserva ao cliente que lle permite cubrir unha necesidade conxuntural e por outra capitalizar á microfinanceira. Nunha primeira etapa, as institucións microfinanceiras financiáronse na súa maior parte con achegas estatais. Certo é que dende hai uns anos entrou neste sector o capital privado como orixe do financiamento e grandes institucións bancarias fixeron acto de presenza no negocio. No noso país dous exemplos son o Banco de Santander e A Caixa de Barcelona que están realizando un importante negocio tanto en España como no resto de Europa.\nA capacidade de aforro é moi elástica e en maior ou menor medida está presente en todos os niveis de pobreza, incluída a indixencia, iso si, con diferentes cantidades. E os moi pobres ou pobres coñecen os beneficios do aforro aínda cando sempre tiveron unha marcada desconfianza das institucións financeiras, polo que é necesario que a microfinanceira ofreza unhas condicións aceptables para os pobres, que adoitan ser:\n.- Proxectar confianza..- Ofrecer acceso rápido aos aforros, mellor unha liquidez inmediata. Non son moi apreciadas as ventaxes das imposicións a longo prazo..- Custo baixo de depósitos e reintegros, mellor aínda se non teñen cargos..- É máis importante para os depositarios o servizo cá taxa de interese que reciben. O cal implica que o aforro dos pobres non é un modo de facer rendible o diñeiro, senón un método para se asegurar contra unha desgraza\nimprevista. (Vonderlack e Schreiner, 2001).\nTáboa 4ª.- Custos de xestión dos microcréditos segundo FelderKuzu, (2010, p. 44).\nEsta táboa amosa unha comparación dos custos dos empréstitos por cantidade. A menor cantidade do empréstito maior custo 4. 4 “ O tamaño do crédito ten un impacto máis decisivo na eficiencia cá escala, particularmente se os créditos promedio son menores de US $300. En operacións bancarias en cidades pequenas, Para as microfinanceiras, o aforro converteuse no segundo factor de financiamento e nalgunhas institucións pasou a ser o primeiro, aínda que o sector non dubida que no futuro será o máis destacado. Con todo, a microfinanceira debe enfrontarse con dous problemas con respecto ao aforro, unha de tipo legal e outra de custos. En primeiro lugar, os problemas legais veñen dunha falta de lexislación sobre o subsector das microfinanceiras que deixan no ar a regulación do aforro tanto dende o marco de garantías como dende a súa xestión. Esta problemática afecta máis aos países occidentais con forte medidas reguladoras do sector bancario que entre os países do terceiro mundo onde as normativas son, alomenos, máis suaves.\nEn segundo lugar, os custos de control dos aforros son máis caros que na banca tradicional, dado que presentan un maior número de contas con moito menos capital aforrado, o que provoca unha sobredimensión dos trámites administrativos que se converten en custos, aínda cando estas situacións son unha constante no mundo das microfinanzas, tanto no aforro, como no microcrédito. Unha relación superficial dos servizos microfinaceiros sería: microaforro; microseguros de vida; microseguros de saúde; microseguros de accidentes ou calamidades naturais; envío de remesas (especialmente dos emigrantes); microleasing; microrenting; instrumentos de pago, fondos mutuos de garantía; fondos de pensións e asesoramento.\n4.- INSTITUCIÓNS MICROFINANCEIRAS: ENTIDADES DE SEGUNDO PISO\nTanto as institucións microfinanceiras como os clientes das mesmas teñen unha difícil clasificación xa que son de moitos tipos tanto organicamente como en función da contorna á que se dirixen. Os tipos van desde as ONGs, que foron as primeiras que deron microcréditos, aínda que non moi diferenciados ao principio das microsubvencións ou axudas sen obriga de devolución, ata bancos tradicionais, como indicamos anteriormente, que se introduciron no subsector por entender, e con razón, que era un campo no que se podían facer rendibles os investimentos. Pero non son os únicos tipos: cooperativas de aforro, asociacións comunais, institucións privadas ou públicas de cooperación en distintos sectores e ata oficinas postais entraron no subsector das microfinanzas.\nNembargantes, unha das clasificacións que subsistiu ao longo dos anos está baseada na funcionalidade das institucións microfinanceiras e as estruturan en institucións de Segundo Piso e institucións de Primeiro Piso. As primeiras son as fontes dos fondos das segundas, ou sexa son as súas provedoras de financiamento. As de Primeiro Piso son as que tratan directamente co público, cos clientes e dalles microcréditos e todos os servizos que precisan para as súas microempresas. Isto non implica necesariamente que os límites dunhas e outras estean claramente definidos. Institucións de Segundo Piso poden, e nos países occidentais adoitan, implicarse tamén nas operacións de Primeiro Piso, directamente ou a través dalgunha empresa financeira subsidiaria.\n4.1.- Entidades de Segundo Piso.\nComo dixemos son aquelas que proporcionan o financiamento ás de Primeiro Piso. A súa aparición débese ás dificultades con que se atopaban os grandes organismos internacionais, incluídos os Estados, para chegar ás institucións que directamente trataban cos clientes de microcréditos. Os organismos internacionais de por exemplo, onde o promedio do tamaño dos créditos a miúdo chega a cifras equivalentes a US\n$130 ou menos, os gastos operativos adoitan ser maiores ao 40% da carteira bruta promedia.”\ncooperación atopábanse cunha chea de ONGs e pequenas microfinanceiras, repartidas en zonas de difícil acceso de países do terceiro mundo, e os orzamentos que tiñan estes organismos para determinadas axudas non atopaban canles fáceis para instituírse. Hai que ter en conta que as entidades microfinanceiras no terceiro mundo son moitas e pequenas e chegar a todas ou ás máis interesantes pola súa especialidade ou área á que se dirixían era, canto menos, difícil.\nNeste contexto suscítase o problema da sustentabilidade das microfinanceiras. Enténdese que unha microfinanceira é sustentable se cobra cos ingresos os custos operativos, custos de fondos, de inflación e as provisións para errados. Neste aspecto as microfinanceiras clasifícanse en catro niveis:\nPrimeiro nivel: a microfinanceira depende por completo dos fondos subsidiados. Son entidades que prestan por debaixo dos intereses do mercado e non cobren os seus custos operativos. Segundo nivel: operan só en parte con fondos subsidiados as súas taxas de interese están máis preto das do mercado. Cobren unha parte dos custos operativos pero non todos, o que lles obriga a depender de subvencións e donacións como no primeiro nivel. Terceiro nivel: establecen taxas de mercado nas súas operacións o que lles permite cubrir custos operativos. Tamén teñen unha estrutura máis eficiente e menos custosa có primeiro caso. Hai unha maior profesionalización e máis interese no negocio como empresa.\nCuarto nivel: a entidade finánciase totalmente sobre a base do seu capital propio, dos fondos que conseguen do mercado de capitais e dos depósitos dos clientes, como calquera outra entidade do sector. Subsiste un problema dende o principio da existencia das entidades de Segundo Piso, que mesmo xurdía antes da súa institución. Estes fondos, e ata as propias entidades de Segundo Piso, están en moitos casos baixo o control de gobernos ou\npolíticos que inflúen para que os fondos vaian a unha ou outra institución de Primeiro Piso ou cara a un fin que lles interese politicamente. En todo caso aínda que as institucións de Segundo Piso pódense cuestionar, entendemos que na actualidade e dada a estrutura do subsector son úteis e necesarias, aínda cando o seu futuro é discutible non pola súa función política ou polos seus custos, senón porque as institucións de Primeiro Piso cada vez tenden máis a autofinanciarse e están moi preto de conseguilo plenamente.\n4.2.- Entidades de Primeiro Piso.\nTrátase, como dixemos, das entidades que tratan directamente cos clientes das microfinanzas e encárganse de prestar servizos financeiros aos máis pobres. Aparecen na década dos cincuenta respondendo aos primeiros movementos de cooperación que se materializan a través de ONGs e institucións gobernamentais de cooperación e axuda. Nunha primeira etapa inciden de xeito prioritario no sector rural; os primeiros programas tratan de elevar o nivel de vida dos agricultores ao proporcionarlles maquinaria, información na súa especialidade e financiar os investimentos necesarios para facer rendibles os seus predios.\nAs ONGs foron non só as introdutoras das microfinanzas na maior parte das contornas de pobreza onde se desenvolveron, senón tamén das innovacións que configuraron ao longo dos últimos cincuenta anos o subsector financeiro que estamos tratando. Dificilmente pódese atopar un país subdesenvolvido no cal as ONGs non instituíran programas de microcréditos. Por outra banda tamén son estas organizacións as que\nmáis elixen os gobernos e as organizacións internacionais para canalizar a través delas as subvencións e axudas. As ONGs partiron, nas décadas dos oitenta e noventa, con vantaxe sobre outro tipo de organizacións xa que actuaban sobre o terreo e coñecían as características da contorna social. A principios da segunda das décadas citadas as ONGs crearon o que se veu chamar “tecnoloxías do microcrédito” que non son máis que os elementos necesarios para que o subsector das microfinanzas pasaran de subvencionar a financiar. Estas novas estruturas cambiaron o funcionamento das microfinanzas e permitiu que estas puidesen establecer un negocio financeiro con posibilidades de se perpetuar ao obter beneficios e acadar a autofinanciación (Marulanda e Otero, 2005).\nAs ONGs utilizaron tres modelos para converterse en entidades financeiras baixo regulación: No primeiro caso pasaron de ONG a entidade financeira regulada, de maneira que a ONG cesa nas súas actividades, desaparece como tal e aparece a entidade financeira. No segundo caso, a ONG crea a entidade financeira regulada pero mantén tamén as súas actividades como ONG. Subsisten, pois, dúas entidades que actúan complementariamente; a microfinanceira ofrece os servizos financeiros aos clientes e a ONG as axudas e apoios que estes necesitan. Este segundo tipo é o máis usado. O terceiro caso é cando a ONG é a orixe dun grupo de empresas, cada unha das cales se especializa nun tipo de servizos: microseguro, microcrédito, leasing, servizos de apoio, servizos formativos, etc. As ONG que optan por este terceiro tipo adoitan ser as que teñen maior capacidade financeira e humana, xa que é unha opción moi completa pero implica unha gran organización.\nA reconversión de ONGs en empresas de microfinanzas significou unha estratexia exitosa xa que o traballo de asistencia aos máis necesitados, que era a esencia das devanditas organizacións, mantense na nova formulación e, coa oferta de servizos microfinanceiros, non só chegan aos máis pobres senón que conseguen un sistema de financiamento, os beneficios e o aforro, que lles permiten autofinanciarse, que é algo así como o soño de toda ONG.\nMoitas destas organizacións seguen, como xa dixemos, co obxectivo principal asistencial e de desenvolvemento social aínda cando non sempre ambas actividades, microfinanzas e desenvolvemento social, pódense complementar con éxito dentro da mesma ONG. Isto non quere dicir que no futuro, as ONGs, non logren implementar outras innovacións e desenvolver o seu modelo de axuda con plena eficacia e éxito.\n4.4.- Cooperativas de Aforro e Crédito.\nAínda que non se pode dicir que as cooperativas de Aforro e Crédito sexan o mesmo que as microfinancireras, é certo que dende a segunda metade do século XIX, veñen intermediando na afiliación de millóns de cooperativistas que se atopan nos limiares da pobreza e necesitan destas organizacións para obter crédito e financiamento.\nEste tipo de cooperativas ás que nos estamos referindo cobre as necesidades de máis de 200 millóns de persoas no mundo e están estendidas en máis de 100 países, segundo datos do Consello Mundial de Cooperativas de Aforro e Crédito (WOCCU). Ofrecen, non só créditos senón tamén outros servizos financeiros moi parecidos aos que se poden conseguir nunha microfinanceira.\nEste tipo de cooperativas financeiras son propiedade dos socios, financian as súas carteiras de créditos, recaudan e fan rendibles os seus aforros, e traballan principalmente con capital propio que devén dos devanditos aforros e dos beneficios.\nseus socios, que poden gozar de todos estes servizos a un custo baixo 5. A característica distintiva con outras organizacións financeiras, incluídas as microfinanzas, é que non lles move o interese polo lucro, dado que os propietarios son os socios e o obxectivo é proporcionarlles o mellor servizo ao mínimo custo. Calquera beneficio é reintegrado aos socios en forma dunha máis alta taxa de interese sobre os seus aforros e un menor custo sobre os créditos. Por outra banda, están máis preto das microfinanceiras que da banca comercial xa que as súas contas\n5 www.woccu.org de aforro ou a cantidade dos seus créditos son pequenas, pero teñen uns custos operativos máis baixos que as microfinanceiras, coas que compiten en\ndeterminados treitos e áreas.\nOs asociados, como na maioría das cooperativas, teñen un voto por socio nas Asembleas Xerais, sen ter en conta os depósitos que teñan na Cooperativa, o que permite unha maior liberdade de toma de decisións e unha maior implicación na organización. Deben enfrontarse cunha problemática frecuente nestas institucións: a cooperativa que ten por obxectivo, como se dixo, a autofinanciación e evitar recorrer ao capital exterior polos custos que representa, debe instituír uns sistemas de supervisión e control que permita un cálculo real e continuo dos custos e a distribución dos excedentes, xa sexan en intereses sobre aforros ou créditos.\nTamén están suxeitas ao control das autoridades estatais correspondentes especialmente no relativo aos investimentos que se realizan destes aforros para que sexan rendibles. Se os aforros se destinan a ampliar a carteira de créditos, realmente non resultan moi rendibles pola propia natureza das cooperativas, pero os investimentos fóra delas teñen, en calquera caso, riscos que a cooperativa non se pode permitir. A perda do diñeiro dos socios depositados na entidade adoita significar o fin da traxectoria da mesma.\nAs cooperativas de Aforro e Crédito, aínda que traballen en escenarios parecidos aos das microfinanceiras, e ata utilicen procedementos parecidos, pero non totalmente iguais, son cooperativas non microfinanceiras.\n5.- BANCA COMERCIAL.\nReferímonos, evidentemente á banca comercial que se adica ás microfinanzas. Excepto nalgún caso concreto, como o Banco Grameen fundado especialmente para dar microcréditos aos máis pobres, a banca comercial que se adica ás microfinanzas son divisións dos bancos comerciais xerais ou organizacións creadas por eles co financiamento necesario e adicadas ás microfinanzas como unha especialidade máis. Este é o caso dos bancos comerciais que desenvolveron accións neste subsector en Europa. Un dos primeiros desenvolvementos deste tipo de banca comercial adicada ás microfinanzas foi na América Latina e no Caribe, onde as microfinanzas están moi enraízadas no sector agrícola e as cantidades dos microcréditos son máis altas que no sueste asiático. Este tipo de bancos non adoita traballar co primeiro e máis tráxico nivel de pobreza, os indixentes, senón co terceiro e cuarto niveis, que lles ofrecen maiores garantías por unha banda e por outra, ao ser cantidades máis altas, menores custos de xestión (Westley, 2007).\nExisten moitos factores que impulsaron á banca comercial a entrar no subsector das microfinanzas. A primeira e, ao noso xuízo a máis importante, son os elevados rendementos do capital xa que, como indicamos, os intereses que se manexan nos microcréditos son altos, tanto é así que segundo MicroRate os rendementos sobre activos en Latinoamérica chegaron a taxas do 17, 7%. Tamén influíu unha forte demanda que non podían cubrir as entidades microfinanceiras que ocupaban o mercado; os escasos índices de morosidade e a necesaria diversificación de carteiras con que se atopaba a banca comercial e, dende logo, unha política de imaxe fronte aos seus clientes tradicionais.\nTampouco hai que esquecer que os primeiros pasos da banca comercial dentro do mundo das microfinanzas deron lugar a entidades de Segundo Piso, encargadas de distribuír os fondos subvencionados ou foron depositarios e xestores dos mesmos. A xestión operativa das microfinanzas non é a mesma cá banca comercial, polo que\n38 as estruturas destas divisións ou departamentos, debe axustarse ás características das primeiras (Wenner, e Campos, 2000). Nembargantes, non suscita tantos problemas a conversión dunha parte dun banco comercial nunha microfinanceira, se se considera que a xestión do día a día dun banco que teña sucursais por exemplo en pobos agrícolas, non varía moito da das microfinanceiras. O problema do contacto directo cos clientes e a súa contorna para realizar avaliacións que lles permitan coñecer as garantías de devolución, non existe para un bancario afeito ao trato cos clientes dunha vila. É máis, nas mesmas vilas nas que se atopan as sucursais dos bancos comerciais e nos mesmos locais, pódense realizar as operacións de microfinanzas, polo que o investimento do banco comercial é mínima. É certo que para que as microfinanzas sexan realmente rendibles hai que minimizar os gastos operativos que son altos, pero coa axuda das novas tecnoloxías, que os bancos comerciais incorporaron xa hai tempo, é perfectamente posible. Para rematar tamén é necesario que o banco, como a microfinanceira, estea asentado, sexa coñecido entre os posibles clientes e que lle teñan a suficiente confianza como para confiarlle os seus aforros, o cal é perfectamente compatible cun banco comercial xa asentado na zona.\n6.- RATIOS FINANCEIRAS MÁIS EMPREGADAS NO SECTOR DAS MICROFINANZAS.\nAs ratios financeiras máis empregadas nas microfinanzas estrutúranse en catro agrupacións: Sustentabilidade/Rendibilidad.: Rendimento sobre o capital:\nMide a capacidad para aumentar os beneficios da empresa e o aumento do patrimonio por medio dos rendimentos da súa operativa.\nMide o uso dos activos segundo o rendimento das operacións. Se se inclúen só os factores operativos e se exclúen os non operativos, é un indicador das posibilidades futuras da empresa microfinanceira.\nÉ a relación entre os custos e os rendimentos operativos.\nPorcentaxe de ingresos operativos despois dos gastos financeiros, operativos e provisións.\nRendimento sobre carteira bruta: Mide a capacidad da carteira bruta de xerar ingresos. Gastos de financiación: Trátase de obter o custo combinado do financiamento da carteira de microcréditos. Custo dos Fondos: Trátase do custo combinado do total das fontes de financiación da microfinanceira. Calidade da carteira. Carteira en risco: É a medida da calidade da carteira, neste caso de microcréditos, e consiste na porcentaxe da morosidade. Carteira cancelada: Son os microcréditos declarados impagados. Cobertura de risco:\nUnha parte, ou toda, a carteira de risco cuberta polas previsións. Implica a capacidade da entidade para se enfrontar aos impagos. Eficiencia/Produtividade. Produtividade do oficial de crédito: Número de clientes promedio que pode cubrir un xestor ao mesmo tempo. Valor medio do microcrédito: Promedio dos microcréditos concedidos. Ratio de Gastos Operativos: É medir a eficacia das microfinanceiras Custo por cliente:\nÉ o custo medio dun cliente activo. (AA.VV., 2003).\n7.- CONCLUSIÓNS\nO éxito das microfinanzas, considerando os seus obxectivos básicos e o desenvolvemento do subsector foi espectacular a partir das dúas últimas décadas do século XX e os primeiros anos do século XXI. Os seus obxectivos primeiros foron proporcionar unha esperanza aos sectores máis pobres dos países máis pobres e isto sen dúbida foi acadado. Tamén había que conseguir un aumento do nivel de vida desas clases sociais empobrecidas e marxinais na sociedade, aínda cando por número eran as que reunían o maior volume de persoas. E conseguiron elevar o nivel de vida de importantes grupos de familias cuxo futuro, antes das microfinanzas, era moi problemático ou simplemente non existía.\nOs diversos servizos que ofrecen as microfinanzas, estruturados ao redor do produto estrela, o microcrédito, contribuíron a crear un sistema microfinanceiro que conseguiu incidir nos Produtos Interiores Brutos de moitos países do terceiro mundo. Pero, sobre todo, crearon unha cultura financeira entre os pobres, dende o primeiro e máis mísero nivel ao da relativa pobreza, que lles permite non só xestionar os seus microcréditos senón aforrar en previsión de futuras necesidades e introduciuna en modernas formas de negocios e tecnoloxías achegadas. En definitiva realizou un traballo considerable na promoción económica, educativa e social dos máis desposuídos.\nAs microfinanzas, xa na segunda década do século XXI, enfróntanse con problemas derivados, en boa parte, deste éxito. O primeiro deles é o financiamento e o segundo o desembarco dos bancos comerciais no subsector. O financiamento foi, en parte, resolto polo aforro dos propios clientes e, tamén, pola entrada de capital atraído polas posibilidades dun negocio rendible. Os bancos comerciais entraron no negocio atraídos, así mesmo, polos seus rendementos. O problema nos dous casos, a entrada de capital nas microfinanceiras e a entrada dos bancos comerciais no negocio, suscitan unha dúbida: cal será a súa posición fronte aos obxectivos tradicionais das microfinanzas?\nAs microfinanzas nacen con vocación de axuda aos máis pobres. Os capitais e os bancos comerciais, que son a máis xenuína expresión daqueles, teñen como obxectivo principal os beneficios. É posible un sincretismo entre estes dous obxectivos? O problema non está tanto nos clientes dos microcréditos que conseguiron saír da pobreza e se integraron nunha clase social máis elevada e económicamente máis forte, senón nos miles de millóns de pobres que aínda seguen na pobreza extrema ou case nela, aos que non lles queda máis esperanza que a axuda e a cooperación para saír da pobreza.\nOs próximos anos darannos unha resposta que de momento non parece moi alentadora.\nTipos de organizacións de microfinanzas. Esta clasificación é de Tabonga e Lucano e mostra que xa en 1998 foron estruturadas as institucións de microfinanzas e desenvolvido practicamente todos os recursos ofrecidos hoxe.\nTáboa 1ª.- Tipos de microfinancieiras (clasificación de Tabonga e Lucano)\nFonte: Lucano e Tabonga, (1998)\nPola sua parte, Ledgerwood (1999, p. 109) as clasifica da seguinte maneira:\nTaboa 2ª.- Tipos de institucións microfinancieiras, Ledgerwood, 1999.\nInstitucións formais: 1) Bancos de aforro e bancos de aforro nas oficinas de correos 2) Bancos comerciais 3) Intermediarios financeiros non bancarios Institucións semiformais: 1) Unións de crédito 2)Cooperativas con múltiples finalidades 3) ONG. 4) (Algúns) Grupos de autoaxuda Institucións informais: 1) Acredores individuais (puramente dedicados a esta actividade) 2) Os comerciantes, propietarios e similares (tales acredores individuais). 3) A maioría dos grupos de autoaxuda 4) Asociacións de aforro e crédito (grupos de traballo, grupos de autoaxuda multiusos) rotativas. 5) As familias e os amigos\nTáboa 3ª.- Costes medio, morosidad y eficiencia de los microcréditos, según el Banco Grameen."} {"summary": "Neste traballo estúdase a relación entre a innovación e a posición do Reino Unido no índice de desenvolvemento humano. O contraste do modelo resultou robusto para o caso da economía británica e a súa capacidade de innovación entre 1990 e 2010, así como a súa facultade de predición para a evolución cíclica no período estudado.", "text": "ESTIMACIÓN DUN MODELO DETERMINISTA PARA A POSICIÓN DO REINO UNIDO NO IDH, 19902010\n: IDH, Índice de Desenvolvemento Hhumano, modelos deterministas, complexidade, aprendizaxe. Códigos JEL: C30, O40, B40, A12.\n1. INTRODUCIÓN\nPara a proposta e discusión do modelo que se realiza neste trabajo, tomouse como punto de partida o marco conceptual da análise determinista que está constituída a partir dos principios de Aperiodicidade, Previsibilidade e Dependencia sensible ás condicións iniciais, sinalou Plaza (2012). A partir deste punto, especificarase un modelo estrutural, biecuacional e simultáneo de información completa, contrastándoo para comportamento da economía británica no período 19902010, s 1 eguindo a liña de traballos anteriores sobre a aplicación da dinámica dos sistemas complexos na economía (Fernández, 1994 e 2000), e os realizados para estudar o mercado español de capitais (Grau, 1996), o comportamiento complexo dos modelos keynesianos (Jovero e Luyardo, 2006), as relacións económicas internacionais (Olier, 2011) ou a relación entre crecemento económico e innovación (Bassanini, Scarpetta e Visco, 2000; King, 2004). * Jesús Manuel Plaza Llorente. Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Departamento de Economía da Empresa e Contabilidade. C/Senda del Rey, 11 28040 Madrid. 1 A escolla do caso da economía británica para contrastar o modelo obedece a dúas razóns. A primeira é que, no traballo de Plaza (2012) xa se estimaran os parámetros dunha das ecuacións, polo que a devandita tarefa non se realizará de novo aquí. A segunda razón é que, para o caso británico, foi posible atopar datos accesibles para contrastar a segunda ecuación do modelo e, consecuentemente, o modelo enteiro.\nEste artigo consta de cinco apartados. Despois desta primeira sección introdutoria, na segunda faise referencia á tipoloxía dos sistemas dinámicos e a terceira adícase a especificar o modelo determinista mencionado no parágrafo anterior. A fin de contrastar de forma empírica o modelo proposto, no cuarto apartado do artigo formalízase o devandito modelo para a economía británica entre 1990 e 2010. Finalmente, na quinta e última sección deste traballo, discútese o alcance, uso potencial e limitacións do modelo proposto, concluíndo sobre a súa posible utilidade para a investigación, sinalándose tamén cuestións susceptibles de abordar por futuras investigacións.\n2. Tipoloxía dos sistemas dinámicos en función da estabilidade e da capacidade de predición Cadro nº 1. Tipoloxía dos sistemas dinámicos - Estabilidade + Caóticos puros Caóticos deterministas periódicos ou recorrentes + Capacidade de predición - Aleatorios puros Caóticos deterministas aperiódicos ou non recorrentes Fonte: Plaza (2012).\nComo se aprecia no Cadro nº 1, con respecto á Capacidade de Predición e á Estabilidade, os sistemas dinámicos (entre eles os de natureza económica) pódense clasificar como: caóticos (complexos) puros, aleatorios, deterministas periódicos e deterministas aperiódicos.\nPor analoxía co dominio da Física, os sistemas complexos e a complexidade véñense estudando a partir das concomitancias existentes entre os sistemas de control e comunicación propios das máquinas e os seres vivos (cibernética), a teoría xeral de sistemas e a dinámica non lineal (Maldonado e Gómez, 2010; Sanjuán, 2007 e 2012). A relación entre a Física e a Economía non é recente (Carrete, 2012). Xa Jevons (1871, pp. 6181) concibiu a economía coma unha ciencia físicomatemática por tratar sobre magnitudes cuantitativas susceptibles de tratamento e comparación. 2\nDende unha perspectiva determinista, se aplicamos ao estudo do crecemento económico o que a física clásica apréndenos sobre determinismo (Seoane, Zambrano e Sanjuán, 2008), 91 atopamos que o terceiro d 3 os posibles niveis de análise de Prigogine (1977) permite fundamentar a historia dos acontecementos económicos como procesos temporais, irreversibles e deterministas.\nEconomía, complexidade e teoría do caos\nComo sinalan Gleik (1998) e Alvarellos et al. (2004) a moderna teoría do caos 4 xurde como unha póla da física matemática para estudar os sistemas que amosan sensibilidade exponencial (dependencia sensible) a pequeños cambios nos seus estados ou condicións iniciais. Nos sistemas deterministas do Cadro nº 1, as ecuacións de evolución xeran secuencias que varían dende: 1) as altamente regulares (sistemas periódicos), 2) non regulares (sistemas aperiódicos), 3) recorrentes e predicibles pero inestables (sistemas caóticos puros) e, 4) as que (en ocasións) son indistinguibles no seu resultado dun proceso aleatorio, que conforman os sistemas estocásticos puros (Taleb, 2007).\nAutores como James Clark Maxwell, Jacques Hadamard, Pierre Duhem e Henri Poincaré figuran como os científicos pioneiros que advirtiron da posibilidade matemática e a importancia física dos sistemas complexos a comezo do século pasado; porén, só coa chegada das modernas computadoras (arredor de 1950) foi posible explorar as propiedades dos sistemas caóticos de forma empírica, para estender despois a súa aplicación ao estudo de fenómenos propios de ciencias como as da Organización (Navarro, 2000) e a Economía, en campos tales como 5 o estudo das flutuacións dos prezos das materias primas ou o comportamento das cotizacións bolsistas (Varela e Ricoy, 2012).\nNela mesma, a complexidade dun sistema é un concepto dinámico (Bertalanffy, 1951) na medida na que os sistemas observados na natureza, como é o caso dos sistemas económicos, non amosan o mesmo grao de complexidade ao longo da súa historia (Hrebinick e Joyce, 1985). Dende o punto de vista do investigador, o ideal é poder conceptualizar cada fenómeno estudado, especificar un modelo explicativo do mesmo e contrastalo, resolvendo o sistema de ecuacións e calculando o valor dos parámetros en cada momento. Nembargantes, a complexidade do sistema e a súa evolución temporal, pode facer necesario reformular periodicamente o seu modelo explicativo como consecuencia da aparición de cambios estruturais no fenómeno estudado que, consecuentemente, inducen cambios tamén estruturais no modelo que trata de explicalo, ben sexa de natureza estocástica ou determinista.\n3. ESPECIFICACIÓN DUN MODELO DETERMINISTA ENTRE O NIVEL DE DESENVOLVEMENTO (POSICIÓN NO IDH) E A INNOVACIÓN NO REINO UNIDO REPRESENTADA POLAS PATENTES\nO modelo biecuacional, simultáneo e con información completa que se especifica a continuación, propónse como xeneralización para un ámbito económico espaciotemporal definido (economía, país, rexión ou outros) do sistema obtido por Plaza (2012) de forma\nempírica. 6 O devandito modelo especifícase mediante dúas ecuaciones. A primeira delas é unha relación entre a Posición no Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e o logaritmo do tempo:\n(1) A segunda ecuación do modelo, que denominamos Función de innovación, explicítase como: Z (nivel de innovación) ti = φi (Y ti), (2)\n“t”, é a variable tempo (t >0) como regresor de Y, “ln”, expresa a función do logaritmo neperiano, “i”, refírese a cada ámbito espaciotemporal investigado, 7 “Y 0 ”, parámetro estimado, representa 8 a dependencia do nivel de (Y) das condicións iniciais, estruturais ou de partida na origen do tempo. Tamén, dependendo do carácter da investigación, pode representar o marco institucional de partida (Alfonso, 1999). “b”, parámetro estimado, representa a evolución dinámica (velocidade ou rapidez) con que se produce ou ten lugar a evolución da Posición no IDH. φ i, nunha función propia de cada ámbito económico investigado, explicativa do nivel de innovación (Zti) correspondente para cada nivel (Yti) da Posición no IDH.\nPara o modelo, (Yti) é unha variable endóxena dependente do tempo (t), determinada polas condicións iniciais ou estruturais de partida en t=1 (orixe do tempo), representadas polo parámetro “Yi0”, e a velocidade, progresión ou capacidade da economía para aumentar o valor da Posición no IDH, representada polo parámetro “bi”. Deste xeito, o parámetro “Yi 0 ” representa a historia económica acumulada da variable dependente ata t=1; coherente coa afirmación de Kuznets (1941) e Fogel (1993) relativa á vantaxe que supón para os investigadores coñecer a historia, para conceptualizar de forma adecuada os problemas económicos que estudan e a presenza neles de situacións continxentes. Como elementos adicionais para a discusión da especificación proposta da ecuación de Yti, cabe citar que o seu rendemento é decrecente con respecto a “t” e que, de forma monótona crecente, chégase a un nivel de Y para valores elevados de “t” que é suficientemente estable como para asimilalo ao estado estacionario.\nNa ecuación de innovación, a variable Yti é explicativa para outra Zti endóxena, representativa do nivel de innovación (OCDE, 2006; Innometrics, 2012) propio do nivel de desenvolvemento investigador acadado por cada economía (i) en cada momento do tempo (t). A relación funcional entre Zi e Yi, vai determinada por unha función φ i característica da economía ou sistema “i” investigado. Tamén, e no caso de existir a función inversa de φ, esta función permite explicar a evolución de Y a partir do nivel de innovación 9 acadado por un sistema económico (i) concreto.\n4. FORMALIZACIÓN, CONTRASTE E RESULTADOS DA MODELIZACIÓN DETERMINISTA PARA A ECONOMÍA BRITÁNICA ENTRE 1990 E 2010\n5. Segundo a hipótese que sustenta o modelo especificado no apartado anterior, a Posición no IDH (Yti) é un fenómeno dinámico aperiódico, predicible e dependente das condicións estruturais de partida da economía investigada. Ao mesmo tempo, e mediante a segunda ecuación do modelo, Yti posúe capacidade explicativa sobre o nivel de innovación acadado (Z), e pódese establecer a relación recíproca mediante a función inversa de φ.\nO contraste da ecuación (1) do modelo, aplicada ao caso da economía británica entre 1990 e 2010, obtívose de forma empírica como resultado de realizar un axuste estatisticamente significativo da Posición no ránking do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) 10 do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). Para iso tomouse t(1990) = 1 como orixe de tempos, ao ser ese o momento no que se iniciaba a serie IDHPNUD como indicador elixido (posición dun país no IDH). Para o caso do Reino Unido, a devandita ecuación resultou ser: Yuk = 7, 78 + 2, 98 ln (t), (Plaza, 2012).\nNa hipótese de que tal ecuación representa a tendencia a longo prazo, da Posición no IDH da economía británica, procura verificar a existencia dun Ciclo como compoñente inobservado. A fin de clasificar a natureza dos ciclos, investigouse a que resulta dos traballos clásicos de Hansen (1941) e Kalecki (1956) que, contrastada empiricamente, 11 resúmese no Cadro nº 2.\nA presenza dun compoñente cíclico no caso estudado, a partir dos residuos entre os valores observados e os calculados polo modelo (Álvarez, 1998), determinouse mediante o seu cálculo no Cadro nº 3:\nPara verificar a robustez da análise anterior, o seus resultados compararonse cos obtidos ao analizar a evolución da taxa de variación trimestral do PIB británico (PIBquk) entre 1990 12 e 2010, en canto á serie histórica libre de tendencia. 13 Os resultados inclúense no Anexo.\nContraste da función de innovación (Zti)\nMediante un procedemento paralelo ao seguido para estimar os parámetros da ecuación (1) (Yti), contrastouse a ecuación (2) (Función de Innovación (Zti)). Como variable explicada (Zti), representativa do nivel de innovación, tomouse o “Número de patentes realizadas por residentes no Reino Unido” (19902010), a partir 14 da evidencia amosada por Archibugi (1996), Freel (2005) e Hidalgo, Molero e Granda (2007) sobre a validez dos rexistros de patentes e o seu valor representativo do nivel de innovación. O resumo descritivo da serie temporal de patentes usada para a análise figura no Cadro 6 seguinte.\n18769 Desviación típica 1730\nFonte: elaboración propia con datos do Banco Mundial.\nPara o regresor (Yti) ensaiouse como variable explicativa 15 a “Posición do Reino Unido no Índice de Desenvolvemento Humano do PNUD (19902010)”, Y(IDH), do Cadro 3. O axuste que resultou significativo foi:\nZ = 22.618 - 261, 4 Y(IDH), como se resume no Cadro 7 que figura a continuación:\nFonte: elaboración propia con datos de IDHPNUD. 12 Vid. http://www.guardian.co.uk/news/datablog/2009/nov/25/gdpuk-1948growth-economy 13 Seguindo a Álvarez (1998, pp. 87) a serie histórica de taxas de variación está libre de tendencia. 14 http://datos.bancomundial.org/ 15 A escolla realizada neste traballo non esgota outras posibilidades amosadas pola literatura. Así, por exemplo, para as comparacións internacionais úsase a miúdo como indicador o “PIB per cápita” que, á súa vez, descomponse como suma do crecemento debido á produtividade aparente e o crecemento debido á evolución do emprego do factor traballo (OCDE, 2010).\n6. CONCLUSIONES: UN APRENDIZAJE POSIBLE DESDE LA COMPLEJIDAD\nEn el presente artículo se retoma la tradición determinista aplicada al estudio de la Posición en el IDH (indiciaria del nivel de desarrollo) y la innovación (representada por el número de patentes), en cuanto que hechos económicos o resultado de procesos económicos dinámicos y complejos. Una primera conclusión nos lleva a afirmar que los supuestos que configuran la teoría de los sistemas dinámicos, el determinismo epistémico y la teoría del caos (o de la complejidad), ofrecen soporte conceptual suficiente para modelizar sobre ellos a partir de los principios de Aperiodicidad, Previsibilidad y Dependencia sensible de las condiciones iniciales. Además, dichos principios proporcionan un marco metodológico integrado desde el que estudiar la evolución de la Posición del IDH, ofreciendo nuevas posibilidades de análisis como viene siendo reclamado por distintos autores.\nEl impacto sobre la evolución de la Posición en el Índice de Desarrollo Humano (PNUD) de las situaciones históricas acaecidas entre 1990 y 2010 ha sido previsto de forma correcta por el modelo, resultando también coherente con hechos estilizados y acreditados en la literatura académica, como la existencia de los denominados Ciclos de Hansen.\nComo cuarta conclusión del artículo, y de acuerdo con su desarrollo, puede afirmarse que el determinismo económico (tal y como se ha conceptualizado aquí) ofrece potencial analítico, tiene capacidad predictiva y contiene elementos de aprendizaje suficientes para, de acuerdo con la experiencia y el conocimiento histórico, teórico y metodológico que disponemos, anticipar hechos económicos trascendentes tales como crisis, fluctuaciones y ciclos cuya naturaleza no es necesariamente estocástica o aleatoria.\nLa consideración de modelos económicos deterministas, al presentar realidades “cerradas” que deben explicar totalmente las variables que integran el modelo, exige del analista configurar escenarios en los que (por no formar parte del modelo el azar) todos los posibles impactos (pesos) de las variables deben quedar medidos con exactitud en la resolución del modelo. Lo anterior, sin dejar de ser una simplificación de la realidad, como sucede siempre que ésta se somete a la disciplina de un modelo formal para su estudio, puede ser de interés en investigaciones que, por su naturaleza, exijan una gran precisión en los resultados del análisis demandado por los decisores destinatarios de las mismas. También en aquellas otras de carácter histórico en las que, por disponer de series temporales para un número reducido de variables, sea preciso confinar o acotar en torno a ellas el estudio de toda la información disponible proporcionada por los datos.\nEl modelo biecuacional especificado se presenta como un modelo abierto; en el sentido de que bien por la naturaleza de las investigaciones a las que resultara aplicable, bien por la disponibilidad de información y datos suficientes, pudiera admitir un mayor número de ecuaciones que lo hicieran más completo. En el mismo sentido de apertura, operaría la introducción de restricciones derivadas de la naturaleza de las variables, tales como la\nOCDE(2013) \nAnexo on line na Revista Galega de Economía: http://www.usc.es/revistas/index.php/rge http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm"} {"summary": "O obxectivo deste traballo é o de incorporar o modelo de crecemento endóxeno da poboación no modelo de crecemento dun sector de Solow. O estudo propón unha interdependencia dinámica entre a taxa de natalidade, a taxa de mortaldade, a poboación, a acumulación da riqueza, e a distribución do tempo entre traballo, lecer e coidado dos fillos. O aspecto da produción e acumulación de riqueza constrúese co modelo de crecemento de Solow. Baseamos o noso modelo de dinámica poboacional no modelo poboacional de Haavelmo e o modelo de elección de fecundidade de BarroBecker. Resumimos estas forzas dinámicas nun marco compacto, mediante a función de utilidade proposta por Zhang. O modelo describe unha interdependencia dinámica entre cambios da poboación, acumulación de riqueza, división de traballo e a distribución do tempo por xénero entre o traballo, o lecer e o coidado dos fillos. Simulamos o modelo para probar a existencia de puntos de equilibrio e movemento do sistema dinámico. Tamén examinamos os efectos dos cambios nos efectos de cambio na tendencia a ter descendencia, a tendencia ao aforro, a tendencia das mulleres a perseguir actividades de lecer, o capital humano das mulleres e a implicación emocional dos homes no coidado dos fillos.", "text": "121 TAXAS DE NATALIDADE E MORTALDADE, DIVISIÓN DO TRABALLO E DISTRIBUCIÓN DO TEMPO POR XÉNERO NO MODELO DE CRECEMENTO DE SOLOW\n : tendencia a ter fillos; taxas de natalidade e mortaldade; crecemento da poboación; diferenzas de xénero na distribución do tempo; acumulación da riqueza\n1 Introdución\nA interacción entre o crecemento económico e os cambios na poboación foron un tema chave na economía dende que Malthus publicou Un ensaio sobre o principio da poboación en 1798. A economía moderna experimenta dinámicas poboacionais sen precedentes (como o avellentamento e a baixada das taxas de fecundidade nas economías desenvolvidas). En moitas partes do mundo a expectativa de vida aumentou dramaticamente. Este estudo examina as interaccións dinámicas entre a acumulación de riqueza e as dinámicas poboacionais con taxas endóxenas de nacemento e mortaldade. Os aspectos económicos desde traballo están fortemente influídos pola teoría de crecemento neoclásica. O ensaio máis influínte neste campo é o modelo de Solow. A súa teoría céntrase sobre todo no capital físico endóxeno ou a acumulación de riqueza (Solow, 1956; Burmeister e Dobell, 1970; Azariadis, 1993; Barro e Salai-Martin, 1995). O modelo deste estudo constrúese no marco da teoría de crecemento neoclásica. Seguimos o modelo de Solow en canto ao modelo de produción económica e acumulación de riqueza. Porén, analizamos o comportamento no fogar segundo as formulacións propostas por Zhang (1993).\nO obxectivo desde artigo é o de incorporar a taxa de natalidade e a taxa de mortaldade no modelo de crecemento dun sector de Solow. Cando analizamos os cambios poboacionais (sen inmigración internacional), necesitamos considerar as taxas de natalidade e\n* Prof. WeiBin Zhang, Universidade Ritsumeikan do Pacífico Asi á tico. Jumonjibaru, BeppuShi, Oitaken 、 8748577 Xapón. Email: wbz1@apu.ac.jp) Recoñecementos : O autor agradece os comentarios construtivos da catedrática e editora MaríaCarmen Guisán. O autor tamén agradece o apoio financeiro do Fondo de Investigación para a Universidade Ritsumeikan do Pacífico Asiático no ano 2014.\nmortaldade. Podemos atopar moitos factores, como os cambios na diferenza dos salarios por xénero (Galor e Weil, 1996), as friccións no mercado laboral (Adsera, 2005), e a estrutura de idade (Hock e Weil, 2012), que afectan á fecundidade. Hai moitos estudos sobre a interdependencia entre o crecemento da economía e a fecundidade. Por exemplo, Barro e Becker (1989) examinan unha correlación entre a fecundidade endóxena e o crecemento da economía nun modelo de xeracións traslapadas. Conforme a Becker et al. (1990), criar fillos ata a idade adulta e darlles unha formación é algo gravoso xa que hai unha relación de calidadecantidade con respecto aos fillos. Na súa análise, o crecemento só é o resultado da acumulación do capital humano. Nas aproximacións de Galor e Weil (1999) e Doepke (2004), a relación calidadecantidade para os fillos foi tratada como un factor que afecta á transición das economías dende unha etapa de estancamento ata unha de crecemento continuo. Bosi e Seegmuller (2012) estudaron a heteroxeneidade dos fogares en canto á renda dispoñible, mortaldade, e custo por fillo sobrevivente. O modelo estuda a relación cantidadecalidade de ter fillos, resumido polo axuste do custo medio para criar cada fillo sobrevivente. Conforme á súa análise, un aumento da mortaldade aumenta o custo no tempo por fillo sobrevivente e aumenta o crecemento económico. O modelo de crecemento de Schumpeter coa fecundidade endóxena e a acumulación de capital humano é o proposto por Chu et al. (2012). Varvarigos e Zakaria (2013) examinan as correlacións entre as escollas de fecundidade e os gastos en saúde no marco tradicional de xeracións traslapadas. O seu modelo está influído polas análises de Bhattacharya e Qiao (2007), e Manuelli e Seshadri (2009) sobre fecundidade e gastos en saúde. O modelo de Varvarigos e Zakaria predí o descenso da fecundidade xunto co proceso de crecemento económico. O modelo de xeracións traslapadas de dous períodos de Strulik (2008) considera o consumo de subsistencia e a supervivencia infantil. O modelo predí unha correlación invertida en forma de U entre a fecundidade e a renda. A medida que a familia ten máis ingresos, tamén ten máis recursos para criar os fillos. Por outra banda, a máis ingresos, máis adican os pais e nais a recursos para o coidado dos fillos. Acemoglu e Johnson (2007) tratan de analizar o impacto da expectativa de vida no crecemento económico. Non hai probas de que se identificara un efecto positivo. Tamén se observa que hai un descenso da taxa de fecundidade xunto co proceso de desenvolvemento económico (p. ex., Kirk, 1996; Ehrlich e Lui 1997; Galor, 2012).\nO avellentamento converteuse nunha enorme preocupación para moitas das economías modernas. Dada a estrutura da poboación, o avellentamento está intimamente relacionado coa taxa de mortaldade. Polo tanto, convén entender os mecanismos sociais e económicos da mortaldade. Robinson e Srinivasan (1997) centran a súa atención na alta relación da taxa de mortaldade para o desenvolvemento da economía. Lancia e Prarolo (2012) propoñen un modelo de lonxevidade da vida e desenvolvemento económico. O modelo de xeración traslapada de tres períodos considera as decisións dos axentes en dous aspectos: unha escolla privada para a educación e unha escolla pública para as políticas de innovación. Pódense atopar moitos estudos e relacións entre os modelos de crecemento económico e a lonxevidade endóxena (p. ex., Blackburn e Cipriani, 2002; Chakraborty, 2004; Hazan e Zoabi, 2006; Balestra e Dottori, 2012). Segundo Schultz (1993, 1998), a expectativa de vida dos fillos aumenta conforme á educación e o capital humano dos pais. Balestra e Dottori (2012) constrúen un modelo de crecemento de lonxevidade endóxena nun modelo OLG de equilibrio xeral para as subministracións públicas de sanidade e protección medioambiental. Tamén hai moita literatura de estudos sobre o impacto da dependencia da vellez na fecundidade a través do sistema de pensións (Cigno e Rosati, 1996; Wigger, 1999). Hock e Weil (2012) examinan a interdependencia entre a fecundidade e a estrutura de idade da poboación que xorde da dependencia económica na presenza de transferencias interxeracionais. Amosan unha posible dinámica na que a crecente dependencia dos anciáns fan que a renda dispoñible da poboación activa baixe, provocando unha menor fecundidade e máis avellentamento da poboación. Hai moitos modelos teóricos sobre a loxevidade (p. ex., Boucekkine et al. 2002; KalemliOzcan et al., 2000; Echevarria e Iza, 2006; Heijdra e Romp, 2008; Ludwig e Vogel, 2009; Lee e Mason, 2010; e Ludwig et al., 2012).\nAlgúns dos datos dos estudos empíricos da relación entre o crecemento natural da poboación e o desenvolvemento internacional son os seguintes: 1) A taxa de fecundidade descende coa educación e aumenta coa renda per cápita. Como amosaron Guisán, Aguayo e Expósito (2001), cunha mostra empírica de 132 países, o nivel educativo medio dos pais baixan as taxas de fecundidade media das mulleres porque as familias tenden a axustar o número de fillos ao seu desexo e capacidade de ingresos, e baixo estas condicións, só un pequeno número de familias decidirían ter moitos fillos. Ademais, o aumento da renda per cápita, nun nivel educativo determinado, a miúdo ten un impacto un chisco positivo no desexo e capacidade financeira para aumentar o número de fillos na familia. 2) Conforme a Guisán e Neira (2006) e outros estudos, hai un importante impacto positivo do nivel educativo da poboación na renda per cápita, cunha retroalimentación xa que o desenvolvemento normalmente axuda a aumentar o nivel educativo da poboación. 3) O efecto total da educación adoita derivar en evitar taxas de fecundidade excesivas e favorecen o desenvolvemento económico: o impacto da educación na fecundidade (diminución) habitualmente é máis alto que o impacto da renda sobre a fecundidade (aumento), o cal leva a unha moderación no aumento da poboación e favorece o aumento da cantidade de capital por cabeza e produción por cabeza. O noso estudo segue a literatura sobre a teoría de crecemento neoclásica e a literatura sobre o crecemento da poboación e o desenvolvemento económico. Unha contribución única neste traballo é o modelo de crecemento da poboación no marco do modelo de crecemento de Solow cunha acumulación da riqueza endóxena e unha distribución do tempo por xénero entre traballo, lecer e coidados dos fillos. O artigo analiza a relación entre o crecemento da riqueza, o crecemento económico, a división do traballo por xénero e o crecemento da poboación. A acumulación física de capital constrúese co modelo de crecemento de Solow. As dinámicas das taxas de nacemento e mortaldade seguen o modelo poboacional de Haavelmo e o modelo de escollas de fecundidade de BarroBecker. Resumimos estes mecanismos dinámicos nun marco compacto, aplicando unha función de utilidade alternativa proposta por Zhang (1993). O modelo vén a ser un resumo dos dous modelos de Zhang. Zhang (2012) desenvolve un modelo de crecemento económico cunha división do traballo por xénero, pero asumindo unha poboación constante. Este artigo introduce as taxas de nacemento e mortaldade endóxenas neste modelo. Zhang (2014) desenvolve un modelo de crecemento coa poboación endóxena sen considerar cuestións de xénero. Este estudo introduce a distribución do tempo por xénero entre o traballo, o lecer e o coidado dos fillos no modelo. Concretamente, xeneralizamos as dinámicas de poboación de Zhang, considerando os custos de tempo adicado ao coidado dos nenos neste estudo. O traballo organízase do seguinte xeito: o Apartado 2 introduce o modelo básico cunha acumulación da riqueza e do capital humano con subsidios do goberno en educación. O Apartado 3 simula o modelo. O Apartado 4 realiza unha análise dinámica comparativa con respecto a algúns dos parámetros. O Apartado 5 amosa as conclusións do estudo.\n2 O modelo básico\nO sector de produción está baseado no modelo de crecemento de Solow (Solow, 1956). Conta cun sector, producindo un só produto para o consumo e o investimento. O capital depréciase nunha taxa exponencial constante, que é independente da maneira de uso. A tecnoloxía do sector produtivo está caracterizada por redementos constantes a escala. Todos os mercados son perfectamente competitivos. Os factores son subministrados inelasticamente e os factores dispoñibles utilízanse por completo en todo momento. Os aforros só se teñen en conta por fogares. Todas as rendas de empresas distribúense en forma de pagos a factores de produción. Os fogares teñen os activos da economía e distribúen a súa renda en consumo, ter fillos e a acumulación da riqueza. A poboación de cada xénero é homoxénea. Asumimos que cada familia consta de marido, muller e fillos.\nTodas as familias son idénticas. Usamos os subíndices e para representar aos homes e ás mulleres respectivamente. Usamos para representar a poboación de cada xénero. e representan o tempo adicado ao traballo e o tempo adicado ao coidado dos fillos do xénero e o caudal de servizos laborais usados nun tempo para a produción. Temos (1)\nonde é o nivel de capital humano do xénero O sector de bens do capital O sector de produción usa o capital e o traballo como variables. representa o total de capital nun momento Usamos para representar o nivel de produción. A función de produción é (2)\nonde e son os parámetros. Os mercados son competitivos, polo tanto o traballo e o capital gañan os seus produtos marxinais e as empresas gañan beneficios cero. Representamos as taxas de interese e de salarios por unidade de tempo, e, respectivamente. Para unha empresa individual, e danse en calquera momento no tempo. O sector de produción elixe e para maximizar os beneficios. As condicións marxinais son:\n(3) Comportamentos dos consumidores Os consumidores deciden a distribución do tempo, o nivel de consumo dos produtos, o número de fillos e as cantidades a aforrar. A diferenza dunha teoría de crecemento óptima na que se usan ondas de consumo futuro definido por utilidade, usamos unha formulación alternativa para os fogares proposta por Zhang (1993). Para describir o comportamento\nChamamos aos ingresos reais no senso de que proveñen dos pagos dos consumidores por obras e servizos e as rendas reais dos consumidores que proveñen da propiedade de riqueza. O valor total da riqueza que a familia pode vender para mercar bens e para aforrar é igual a Neste caso asumimos que a compra e venda de riqueza pódese realizar de forma instantánea sen custo de transacción. A renda dispoñible por familia determínase por\n(4) e representan a taxa de natalidade e o custo do nacemento en cada momento. Hai moitos factores que poden afectar o custo da crianza dos fillos. Conforme a Zhang (2014), consideramos que os fillos teñen o mesmo nivel de riqueza que o dos pais. A maiores do tempo que adican aos fillos, o gasto dos pais exprésase como\nNeste caso, ignoramos outros gastos como compras por produtos e servizos. No modelo de escolla de fecundidade de Barro e Becker (1989), o gasto inclúe tamén o consumo de produtos. Nós introducimos o tempo adicado aos fillos. Becker (1981) pon énfase no gasto do tempo da nai para criar aos fillos ata a idade adulta. Nalgunhas sociedades, as mulleres son as que coidan dos nenos maioritariamente. Consideramos a seguinte relación entre a taxa de fecundidade o o tempo que os pais e as nais adican ao coidado dos nenos\nA función específica implica a suposición de que se os pais queren ter máis fillos, adican máis tempo ao coidado dos fillos. Este requisito é estrito xa que o coidado dos fillos normalmente xera rendementos constantes a escala. Por exemplo, o tempo adicado aos fillos por neno adoita baixar a medida que a familia ten máis fillos. Necesitamos uns rendementos constantes a escala porque deste xeito a suposición fai que a análise sexa tratable matematicamente.\nO fogar distribúe o orzamento dispoñible total entre os aforros, o consumo de bens, e o coidado dos fillos, A reserva de orzamento é (7) Consideramos que a maiores do traballo e o coidado dos fillos, os pais tamén adican tempo ao lecer. Representamos o tempo de lecer por xénero como Un adulto encara a seguinte limitación de tempo (8)\nonde é o tempo total dispoñible para o lecer, o traballo e o coidado dos fillos. Se substituímos (8) por (7), obtemos\nO lado dereito é a renda “potencial” que a familia pode obter ao pasar todo o tempo dispoñible no traballo. O lado esquerdo é a suma dos gastos de consumo, aforros, o custo de oportunidade do coidado dos fillos e o custo de oportunidade do lecer. Ao incorporar (6) en (9), obtemos\nA variable é o custo de oportunidade do coidado dos fillos. Como Barro e Becker (1989), asumimos que a utilidade dos pais depende do número de fillos. Supoñemos que a utilidade é dependente en e do seguinte xeito onde refírese á tendencia a consumir, á tendencia a ter riqueza, a tendencia\ndo xénero a usar tempo de lecer, e á tendencia a ter fillos. Cabe sinalar que neste estudo supoñemos que a utilidade dos pais só depende do número de fillos. Conforme a Soares (2005), a utilidade dos pais non só depende dos fillos sobreviventes, senón tamén da duración da vida de cada fillo que sobrevive. A condición de primeira orde para maximizar suxeito a (13) dá (10) onde\nObservamos que o gasto en cada punto é igual ao gasto dispoñible potencial por tendencia a consumir en cada punto. A partir de (10), chegamos a\nComprobamos que a proporción de tempo de lecer entre o home e a muller están correlacionados positivamente coa proporción da tendencia do home e da muller a quedar na casa e negativamente co capital humano do home e da muller. No noso modelo, ignoramos calquera discriminación por xénero posible. A ecuación anterior é o reflexo desta suposición. É importante incorporar cuestións de discriminación por xénero, diferenzas de xénero nos beneficios dos investimentos do capital humano (por exemplo, Folbre, 2009). Dende un punto de vista analítico, é doado considerar algúns (tipos de) discriminación por xénero no mercado laboral. Conforme a Antecol (2000), hai unha variación substancial nas diferenzas por xénero das taxas de participación no mercado de traballo (LFPR) en todos os países. “As diferenzas por xénero na LFPR, que son a LFPR do homes menos a LFPR das mulleres, varía dende 89.4 puntos porcentuais en Afghanistán, 50.6 puntos porcentuais en Grecia, ata 2.2 puntos porcentuais en Suecia. Sorprendentemente, hai poucos artigos entre economistas que tratan de explicar a variación entre países nas taxas de participación no mercado de traballo por parte das mulleres”. A ecuación anterior amosa que as diferenzas de xénero na tendencia a traballar e en capital humano debería afectar o tempo das mulleres adicado ao traballo. Este estudo supón que a preferencia é constante. Sería razoable considerar ás tendencias endóxenas. As preferencias endóxenas debería axudar a explicar os complicados patróns da división do tempo por xénero (p. ex., Goodfriend e McDermott, 1995; Kelly, 1997; Edmonds e Pavcnik, 2006). É conceptualmente posible considerar os cambios de preferencias endóxenas ao introducir correctamente as tendencias relacionadas con rendas, salarios e outros factores, do seguinte modo onde G é a función dos diferentes factores que se especifican.\nTaxas de nacemento e mortaldade e dinámicas poboacionais\nPara ilustrar a nosa formulación e amosar como o noso modelo se relaciona coa literatura, seguimos o modelo de Haavelmo (Haavelmo, 1954; Stutzer, 1980)\nonde é a poboación, é a produción real, e, , e son os parámetros. Engadimos na ecuación diferencial\n(11) onde é a produción per cápita. No modelo de Haavelmo, non hai acumulación de capital físico. Como a taxa de cambios na poboación correspóndese á taxa de natalidade menos a taxa de mortaldade, podemos interpretar que no modelo de Haavelmo, a taxa de natalidade () está negativamente correlacionada coa renda per cápita.\nOutra aproximación típica na literatura sobre o crecemento poboacional e o desenvolvemento económico é o chamado modelo de Ramsey. Un exemplo é o modelo de Chu et al. (2012). O fogar decide a taxa de fecundidade maximizando a suma descontada da utilidade per cápita conforme á acumulación de recursos é o consumo per cápita de produtos elaborados nun momento é o número de nacementos por persoa, é a cantidade de activos financeiros per cápita, é a taxa de beneficios dos activos, é a taxa de salarios, e é o subministro de traballo realizado polo capital humano. O crecemento total da poboación é Como a mortaldade figura como cero neste modelo, tamén é a taxa de crecemento da poboación. O tipo de crecemento da poboación tamén se acepta, por exemplo, por Razin e\nConforme ás definicións, o cambio poboacional segue a ecuación (12) onde e son a taxa de natalidade e a taxa de mortaldade respectivamente. Cabe sinalar que Tournemaine e Luangaram (2012) constrúen un modelo de crecemento poboacional e de desenvolvemento económico. Nel, examinan as relacións entre a fecundidade, a educación, as taxas de crecemento por cambios técnicos e da renda per cápita. Usan a seguinte tecnoloxía de produción no caso dos fillos: onde é o tempo adicado á criar un fillo e e son os parámetros. No seu modelo, a taxa de mortaldade usada é constante. O noso modelo introduce a taxa de mortaldade endóxena. No modelo de Haavelmo, a taxa de mortaldade está negativamente correlacionada coa renda per cápita. Neste estudo, supoñemos que a taxa de mortaldade está negativamente correlacionada coa renda dispoñible do seguinte modo (13) onde\nChamamos ao parámetro da taxa de mortaldade. Como ocorre no\nmodelo de Haavelmo, unha mellora nas condicións de vida implica que a xente vive máis tempo. ten en conta posibles impacto da mortaldade na poboación. Por exemplo, cando hai superpoboación, o medioambiente se deteriora. Este termo ten en conta este tipo de efecto sobre o medioambiente. Neste caso, é razoable requirir que sexa positivo. Convén sinalar que o signo do parámetro é xeralmente ambiguo no senso que a poboación tamén pode ter un impacto positivo sobre a mortaldade. Engadimos (10) e (13) en (12) (14)\nA ecuación describe as dinámicas da poboación. Hai que destacar que para describir os cambios poboacionais axeitadamente, no modelo non só hai que ter en conta as dinámicas de nacementos e mortaldade, senón tamén a estrutura de idade. Como na meirande parte dos modelos da literaratura referidos a un tempo continuado de crecemento económico e cambios poboacionais, e para simplificar a análise, non tratamos cuestións complicadas relacionadas coa estrutura de idade.\nonde é a suma dos aforros netos e a depreciación e\nComo consecuencia construímos o modelo dinámico. Cabe sinalar que o modelo é xeral no senso que o modelo de Solow e o modelo de Haavelmo pódense considerar casos especiais do noso modelo. Ademais, como o noso modelo está baseado nalgúns dos modelos matemáticos máis coñecidos e inclúe algunhas características que ningún outro modelo teórico explica, deberíamos poder explicar algunhas das relacións que outros modelos formais non o fan. A continuación, examinamos as dinámicas do modelo.\n3. As dinámicas e as súas propiedades\nEsta sección examina as dinámicas do modelo. Primeiro, introducimos Amosamos que as dinámicas pódense expresar mediante un sistema de dúas ecuacións diferenciais con e como variables.\nAs dinámicas do sistema económico está gobernado por dúas ecuacións diferenciais (17)\nonde as funcións e son as funcións de e definidas no Apéndice.\nAdemais, todas as outras variables están determinadas polas funcións de e en calquera momento dado no tempo mediante o seguiente procedemento: por (A11) → e por (A2) → por (A16) → por (A3) → e por (11) → por (6) → por (A4) → por (A1) → por (2).\nno modelo de produción de CobbDouglas é aproximadamente igual a (por exemplo, Miles e Scott, 2005, Abel et al, 2007). Con respecto aos parámetros de preferencia, o que importa no noso estudo son os seus valores relativos. Para seguir os movementos no sistema, especificamos as seguintes condicións iniciais\nO resultado da simulación aparece representado na Figura 1. A poboación crece dende unha condición inicial baixa. A medida que crece a poboación, a taxa de mortaldade tamén crece. A man de obra crece e baixan os salarios. A redución dos salarios diminúe o custo de oportunidade de criar fillos, e o resultado é un aumento da taxa de natalidade. A medida que baixan os ingresos, os homes e as mulleres traballan máis horas e as horas de lecer baixan. A riqueza e a produción nacional aumentan en relación co aumento da man de obra. Porén, tanto o nivel de consumo como a riqueza por fogar baixan.\nÉ sinxelo confirmar que todas as variables chegan a un punto de estancamento a longo prazo. Isto implica a existencia dun punto de equilibrio. A simulación confirma que o sistema ten un equilibrio único. Atopamos os seguintes valores de equilibrio nas variables\nCalculamos dous valores propios: e Como os dous valores propios son negativos, o equilibrio único é localmente estable. Polo tanto, o sistema sempre se achega ao seu equilibrio se non está alonxado do equilibrio.\n4 Análise dinámica comparativa nalgúns parámetros da simulación\nBaixo (18) simulamos os movementos da economía nacional. Agora examinamos as reaccións do sistema económico perante os cambios exóxenos. Como o lema proporciona o procedemento computacional para calibrar o cambio das variables, é sinxelo examinar os efectos dos cambios en calquera parámetro en procesos transitorios e tamén en etapas de estancamento de todas as variables. Usamos a variable para representar a taxa\nde cambio da variable, en porcentaxe debido a cambios no valor do parámetro.\nUn aumento da tendencia a ter fillos\nComo describen Tournemaine e Luangaram (2012: 925), “dependendo do país, o crecemento da poboación pode contribuír, deter, o ata non ter ningún impacto no desenvolvemento económico. Este resultado ambiguo pódese explicar polo feito de que os efectos do crecemento da poboación cambia ao longo do tempo. Por exemplo, unha taxa de fecundidade máis alta pode ter un efecto negativo a curto prazo provocado polos custos dos gastos que xeran o coidado dos fillos, mentres que ten un efecto positivo a longo prazo mediante a man de obra máis grande que produce”. Pero se sostén que se unha economía nacional non ten unha actividade económica caracterizada por un rendemento a escala crecente, o aumento da poboación tende a reducir as condicións de vida por persoa. Agora examinamos como os diferentes parámetros afectan ao cambio do sistema. Primeiro, estudamos o caso se aumenta a tendencia a ter fillos da seguinte forma: Os resultados da simulación preséntanse na Figura 2. Para examinar como cada variable está afectada ao longo do tempo, debemos seguir o cambio do sistema enteiro, xa que cada variable está relacionada coas outras no sistema dinámico. Agora amosamos como a economía reacciona ao crecente desexo de ter fillos. Como consta na Figura 2, a taxa de natalidade aumenta, o cal dá como resultado un aumento da poboación. A crecente poboación fai que as condicións sanitarias sexan peor ca antes, polo que a mortaldade aumenta. Observamos que cando as outras condicións son constantes, un pequeno aumento na tendencia a ter fillos ten un grande impacto no crecemento da poboación. O capital, a cantidade total de man de obra e o nivel de produtividade vense reducidos inicialmente. Os valores destas variables aumentan axiña ao ir aumentando a poboación. A medida que a familia ten máis fillos, os pais adican máis tempo ao seu coidado. Ao principio, aumentan o seu tempo de lecer e reducen as súas horas de traballo. Porén, a medida que baixan os ingresos a longo prazo, deixa de baixar o tempo de traballo. Ter máis fillos implica máis consumo. Cando o cambio da taxa de cambio do capital é máis baixa que a produción, a taxa de interese aumenta ao longo do tempo. Tanto o custo de oportunidade dos fillos como o da riqueza por fogar redúcense a longo prazo. Un aumento da produtividade total dos factores\nA continuación, estudamos como a produtividade total dos factores vese afectada polo crecemento económico. O cambio tecnolóxico no modelo tradicional de Solow ten efectos positivos no crecemento da economía a longo prazo. Como o modelo de Solow supón unha taxa de crecemento constante e uns rendementos a escala constantes, o cambio tecnolóxico non ten impacto sobre a man de obra e a distribución do tempo nin sequera a curto prazo. Agora aumentamos a produtividade total dos factores da seguinte maneira:\nComo mellora a produtividade, o nivel de produtividade e os salarios aumentan. En parte por mor dun crecemento económico positivo, a taxa de natalidade aumenta e a de mortaldade baixa a curto prazo. Os pais adican máis tempo ao coidado dos fillos e a traballar e baixa o seu tempo de lecer. Cando aumenta a poboación, é de esperar que a taxa de mortaldade aumente. A riqueza per cápita e o custo de oportunidade aumentan co tempo. O aumento do custo da oportunidade fai que a familia reorganice a súa distribución do tempo e redúcese a taxa de natalidade. A longo prazo a distribución do tempo, a taxa de natalidade e a taxa de mortaldade non se ven afectadas polos cambios tecnolóxicos. Convén destacar que este estudo ten en conta os cambios tecnolóxicos na produción da economía. Non incluímos os cambios tecnolóxicos relacionados cos coidados de saúde e a innovación médica. Por iso os cambios tecnolóxicos non semellan ter un impacto nas taxas de natalidade e mortaldade a longo prazo no noso modelo baseado no modelo de Solow. En resumo, o cambio tecnolóxico dá como resultado un aumento da saúde nacional, da poboación, da man de obra, dos salarios, dos niveis de consumo e na saúde por fogar, e do custo de oportunidade polo coidado dos fillos. Non ten un impacto a longo prazo na taxa de interese e na distribución do tempo.\nUn aumento na tendencia das mulleres a realizar actividades de lecer En lugar de traballar e coidar dos fillos, a muller pode elixir realizar actividades de lecer. Xa sabemos que as mulleres aumentan a súa tendencia a aforrar da seguinte maneira:\nUnha consecuencia inmediata neste caso é que a muller adica máis tempo ao lecer e o marido menos. O marido traballa máis e a muller menos. Tanto o marido como a muller reducen o tempo adicado ao coidado dos fillos. Os salarios baixan un chisco. O nivel de consumo, o custo de oportunidade polo coidado dos fillos e a riqueza tamén baixan. Con relación ao impacto neto da redución do custo de oportunidade e a redución da tendencia relativa a ter fillos, a taxa de natalidade baixa. Nun primeiro momento, a taxa de mortaldade sube, pero a longo prazo, baixa. Redúcense a poboación, a man de obra, a riqueza e a produción.\nImpacto na tendencia ao aforro\nConforme ao modelo de Solow, o aumento na tendencia a aforrar aumenta a riqueza per cápita, pero reduce o nivel de consumo per cápita. A taxa de crecemento da poboación non se ve afectada polas condicións económicas neste modelo de crecemento de un sector. A continuación, examinamos o que ocorre na nosa economía con taxas endóxenas de natalidad e mortaldade cando se aumenta a tendencia ao aforro da seguinte maneira:\nA riqueza da familia aumenta a medida que aumenta a súa tendencia ao aforro. Isto provoca un aumento no custo de oportunidade do coidado dos fillos. Un aumento dos custos reduce a taxa de natalidade. Cantos menos fillos teñan as familias, menor é o tempo que se adica ao seu coidado. A medida que aumenta a tendencia ao aforro (que tamén implica unha relativa redución do tempo de lecer), o home e a muller teñen menos tempo de lecer e máis horas de traballo nun primeiro momento. Pero a longo prazo, aumenta o tempo de lecer do home e da muller e, mentres que as horas de traballo dos homes non se ven afectadas, as horas de traballo da muller aumentan. Aumenta o salario e a riqueza, e isto reduce a mortaldade. O impacto neto da redución da natalidade e da mortaldade fai que a poboación baixe. Como consecuencia, a longo prazo baixan tamén a riqueza total, a produción e a man de obra.\nA mellora do capital humano das mulleres\nA formulación neoclásica tradicional afirma que as desigualdades de xénero resultado das disparidades no capital humano se esvaecen a medida que a economía experimenta un crecemento alto (p. ex., Beneria e Feldman, 1992, Forsythe, et al. 2000). Conforme a Stotsky (2006: 18), “a formulación neoclásica examina a relación entre o desenvolvemento económico e a redución das desigualdades de xénero. Observa o proceso de desenvolvemento económico que provoca a redución destas desigualdades e tamén desigualdades que impiden o desenvolvemento económico”. Conforme a Boserup (1970) hai unha relación curvilínea entre o crecemento económico e o estatus da muller. Boserup mantén que as primeiras etapas de crecemento económico están caracterizadas por unha maior distancia entre o home e a muller. A continuación, analizamos o que ocorre cando aumenta o capital humano da muller da seguinte maneira:\nA medida que o pai acumula máis capital humano, aumenta o seu salario. A nai gaña máis tempo por unidade e traballa máis. O custo de oportunidade de criar un fillo aumenta a medida que o salario da nai aumenta. Baixa a taxa de natalidade. Os pais adican menos tempo ao coidado dos fillos. A nai traballa máis e o pai menos. O pai ten máis tempo de lecer e a nai menos. O salario do pai vese un chisco afectado. A familia consume máis e ten máis riqueza. A taxa de mortaldade baixa a medida que melloran as condicións de vida. O impacto neto da redución da taxa de natalidade e de mortaldade aumenta a poboación. O capital, a man de obra total e a produción aumentan. Convén destacar que moitos estudos proban que a expectativa de vida aumenta segundo o nivel de capital humano agregado (p. ex., Blackburn e Cipriani, 2002; Boucekkine et al., 2002; Cervellati e Sunde, 2005). O resultado que obtemos confirma esta tendencia se consideramos a taxa de mortaldade correlacionada negativamente con respecto á expectativa de vida. O crecemento positivo da poboación ten un impacto relativamente débil sobre a taxa de natalidade. Se aumenta o capital humano da muller e a súa preferencia polo lecer ao mesmo tempo, a taxa de natalidade baixa máis rapidamente que a taxa de mortaldade. Cando iso ocorre, a poboación baixa.\nMáis tempo adicado á crianza dos fillos polos pais\nHai moita literatura empírica e teórica sobre o crecemento económico e a distribución do tempo. Por exemplo, segundo o estudo empírico de Bose et al. (2009) sobre os patróns de traballo das mulleres e os determinantes da división por xénero do traballo rural en Bangladesh, a persistente división do traballo por xénero está asociada a factores económicos e socioculturais. Analizamos teoricamente outro factor que pode chegar a afectar o crecemento económico e a división do traballo por xénero. Partimos da premisa de que o pai adica máis tempo ao coidado dos fillos. Aumentamos o parámetro  2 así:\nAumenta o tempo que o pai adica ao coidado dos fillos e redúcese un chisco o tempo da nai para a mesma tarefa. Tanto o pai como a nai adican menos tempo ao lecer. A nai traballa máis horas e o pai traballa menos horas. A medida que o pai traballa menos, os ingresos polo salario do pai baixan. A medida que o pai adica máis tempo ao coidado dos fillos, o custo de oportunidade de criar un fillo aumenta. O aumento do custo de oportunidade fai que baixe a taxa de natalidade. Como consecuencia, baixa a poboación e a taxa de mortaldade. A familia ten menos riqueza e baixa a taxa de interese. Aumentan os salarios. Baixa a riqueza total, a man de obra total e a produción. A familia consume menos.\n5 Conclusións\nEste artigo introduce o modelo endóxeno de crecemento da poboación no modelo de crecemento dun sector de Solow. O estudo propón unha interdependencia dinámica entre a taxa de natalidade, a taxa de mortaldade, a poboación, a acumulación da riqueza e a distribución do tempo entre traballo, lecer e coidado dos fillos. Poñemos énfase no rol do capital humano, os cambios tecnolóxicos e de preferencias con respecto ás taxas de natalidade e mortaldade e á distribución do tempo. A nosa formulación segue moitas ideas tradicionais sobre o crecemento o os cambios poboacionais. Tivemos en conta as diferenzas no capital humano, a tendencia a usar tempo de lecer e a eficiencia no coidado dos fillos. Simulamos o modelo para ilustrar os movementos do crecemento económico e os cambios na poboación e atopamos a existencia de puntos de equilibrio.\nTamén estudamos os efectos dos cambios na tendencia a ter fillos, a tendencia ao aforro, a tendencia da muller de usar tempo de lecer, o capital humano das mulleres e a implicación emocional do home no coidado dos fillos. A nosa análise dinámica comparativa aporta datos sobre a correlación entre o crecemento económico e os cambios na poboación. Por exemplo, a nosa simulación amosa que se as persoas teñen un forte desexo de ter fillos, aumenta a taxa de natalidade e a poboación; nun primeiro momento baixa o capital, a man de obra total e a produción, pero a longo prazo aumentan; os salarios baixan e a taxa de interese aumenta; os pais adican máis tempo ao coidado dos fillos e consumen menos; e tanto o custo de oportunidade dos fillos como a riqueza por fogar baixan a longo prazo.\nVemos outro resultado cando o pai adica máis tempo ao coidado dos fillos: a nai traballa máis horas e o pai traballa menos horas; baixa o salario do pai e o custo de oportunidade da crianza dos fillos aumenta; a taxa de natalidade e a poboación baixan. Se se reducen os ingresos da familia, a familia ten menos riqueza e consume menos; a taxa de interese baixa e aumentan os salarios; redúcense a riqueza nacional, a man de obra e a produción. Pero se os ingresos familiares non baixan, a familia conta coa mesma riqueza e consume igual ca antes, e os salarios e a riqueza nacional non baixan. Hai moitas posibilidades para xeneralizar e estender o noso modelo, tendo en conta as limitacións e consideracións que incluímos no Apéndice 3.\nReferences\nUnha limitación evidente no noso modelo é que a función do coidado dos fillos amosa un redemento a escala constante en canto ao tempo que os pais e as nais adican ao coidado dos fillos. É posible xeneralizar o noso modelo aplicando funcións máis xenéricas de produción e utilidade. A nosa investigación tamén se pode estender e xeneralizar ao estudo dalgúns fenómenos relacionados co xénero, o capital humano e o desenvolvemento económico. Por exemplo, Stotsky (2006) identifica unha serie de fenómenos relacionados coas diferenzas de xénero e o comportamento da economía: (1) as diferenzas de xénero afectan as variables macroeconómicas, como o consumo agregado e os aforros; (2) o goberno pode reaccionar ante cambios sociais e económicos; (3) as mulleres tenden a adicar unha maior proporción dos recursos do fogar ás necesidades básicas e ao coidado dos fillos; (4) as mulleres teñen maior tendencia ao aforro e a investir en actividades produtivas e amosan prudencia na forma de aforrar e investir; (5) a falta de acceso da muller á educación e a outras oportunidades económicas e sociais, todas elas en relación aos homes, inhiben o crecemento económico. Para explicar estes fenómenos, debemos refinar o noso modelo. Outra aportación importante sería engadir os aparellos domésticos ao modelo. Conforme a Bar e Leukhina (2011) tanto as diferenzas de ingresos por xénero e o custo dos aparellos domésticos son necesarios para entender a evolución da distibución do tempo da muller casada ao longo do tempo. No marco analítico dun modelo de crecemento endóxeno de tipo expansivo, Bucci (2013) analiza as correlacións entre o crecemento das taxas da poboación e da economía. A análixe conclúe que o crecemento da poboación e o crecemento da produtividade están correlacionados de forma ambigua en referencia á crecente tendencia á especialización. Convén expandir o noso marco analítico para incluír algunhas das forzas económicas e factores da poboación. Tamén sería interesante xeneralizar o modelo dentro do marco de sectores heteroxéneos (p. ex., Uzawa, 1961, 1963; Galor, 1992; Harrison, 2003; Jensen, 2003; Cremers, 2006; Herrendorf e Valentinyi, 2006; Li e Lin, 2008; Stockman, 2009; e Jensen e Lehmijoki, 2011)."} {"summary": "O artellamento do poder local galaico e a súa evolución estrutural na Antigüidade conforman, pola súa aparente carencia de datos positivos, unha cuestión amplamente eludida, e consecuentemente irresolta, na historiografía actual. O presente artigo valora as fontes históricas máis o Parochiale Suevum, cuxas implicacións políticas\nentrambas as fontes pretende determinar as liñas un primeiro paso para encher así o antedito baleiro historiográfico.", "text": "Plinio, o Parroquial Suevo, e a evolución estrutural do poder local galaico na Antigüidade Pliny, the Suevic Parochiale, and the Structural Evolution of Gallaecian Local Power in Antiquity\n\nO poder local, ou nivel local do artellamento políticoadministrativo, pode ser definido como “a comunidade xurídicopolítica que, alén das relacións socioeconómicas da veciñanza inmediata, marca a referencia primeira e excluínte da xerarquización do espazo político e da origo dos individuos” (FERNÁNDEZ CALO 2015: 15). Coma noutras épocas históricas e ámbitos xeográficos, o poder local galaico constituíu na Antigüidade múltiples células ou entidades políticas locais distribuídas por todo o territorio, demarcándoo na súa totalidade ou canda menos na súa meirande parte, excluintemente verbo a outras entidades análogas e en permanente interacción entre elas e co Estado supralocal, de existir este.\nDetrás de tan acentuada transformación histórica das entidades políticas locais — incidente nas súas institucións, organización administrativa, orde social, e relacións políticas co exterior— subxace a propia sucesión estrutural das mesmas: un éthnos ou pobo galaicocatrexo do século II a.C. derivaría no VIII d.C. nun territorium galaico- -visigodo: a mesma estrutura, a mesma entidade política herdeira da primeira con outra forma constitucional. Como xa puxeron de manifesto os pioneiros LÓPEZ CUEVILLAS e SERPA PINTO (19331934: 293), a diplomática medieval permite enxergar a longa pervivencia dalgunhas das entidades políticas protohistóricas da Gallaecia. Por exemplo, os pobos dos Celtici, Copori ou Arroni (Mela, Chor., III, 79; Plin., Nat., III, 28; IV, 111; Ptol., Geog., II, 6, 23) correspóndense ás ecclesiae tardoantigas de Celticos, Coporos e Arros (Par. Suev., XI, 8), abranguindo os tres, pois, todo o lapso histórico da Antigüidade, e mesmo idades máis recentes. No caso específico dos Coporos, GARCÍA MARTÍNEZ (1972) foi quen de determinar o seu intervalo de disolución e a súa pegada na xeografía eclesiástica medieval compostelá. Os outros dous, pola contra, derivaron nuns arciprestados de moito máis recente percorrido: Céltigos e Arrós (figura 1).\nCon todo, estes exemplos de longa pervivencia distan de reflectiren a invariabilidade secular do poder local galaico, como de feito xustifican en termos absolutos algunhas achegas illadas (PENA GRAÑA 2006). A continuidade absoluta é, dende logo, un exceso categórico tan desatinado coma as cesuras absolutas, canda menos no referente á evolución estrutural a longo prazo dun suxeito histórico complexo coma a Gallaecia (LÓPEZ QUIROGA 2004: 297; RODRÍGUEZ SÁNCHEZ 2012; FERNÁNDEZ CALO 2015: 14).\nEn efecto, o poder local galaico variou indefectibelmente ao longo da Antigüidade: alén das súas institucións, as entidades políticas redefiniron de continuo as súas relacións e os seus lindeiros coas súas homólogas, e fragmentáronse ou cohesionáronse conforme a diferentes condicionamentos históricos. Nalgúns casos excepcionais, novas entidades foron fundadas da nada; noutros, entidades seculares desapareceron para sempre. Pero en suma, enxérgase que detrás da devandita variación continua e incerta nos seus pormenores subxace a transformación gradual e relativa, nunca repentina e absoluta, do artellamento político local: a sucesión estrutural das entidades políticas locais entre unha época e outra.\nEste proceso histórico, tan obvio na súa xeneralidade, nunca foi concretado pola historiografía moderna: a evolución estrutural do poder local galaico na Antigüidade é unha cuestión tan descoñecida como eludida na investigación histórica. Dúas razóns contraditorias explican semellante circunstancia: ou ben non existen as fontes históricas axeitadas, ou ben aínda non se motivou o uso historiográfico axeitado das mesmas.\nO presente estudo parte desta segunda posibilidade. Asumindo a lóxica relación do artellamento local dun mesmo espazo entre épocas sucesivas, dedúcese que identificalo a través de varias fontes diacrónicas permitirá determinar as liñas xerais da súa evolución estrutural. A partires desta idea, xa abordada na miña tese de licenciatura (FERNÁNDEZ CALO 2015: 155175) e que propoño afondar e perfeccionar no presente artigo, debúxase o seguinte esquema metodolóxico:\n1º. identificar cáles son as fontes históricas que poidan constituír de seu descricións estáticas globais do artellamento político local da Gallaecia ; 2º. computar con exactitude, examinando as súas implicacións políticoadministrativas, o número de entidades políticas locais reportadas globalmente por cada unha das fontes escolleitas para tal fin; 3º. interrelacionar cada un dos cómputos obtidos, determinando unha dinámica histórica a partires dos mesmos; 4º. valorar e contextualizar historicamente os resultados.\nSó tres documentos históricos datados dentro do intervalo cronolóxico considerado superan o requisito de globalidade descritiva arriba enunciado, ao se ocuparen da totalidade da Gallaecia :\n1º. a descrición pliniana da administración romana no noroeste da provincia Hispania Citerior, correspondente ao século I, que proporciona cifras exactas das « ciuitates » ou « populi » galaicoasturicenses; 2º. o tratamento ptolemaico do mesmo espazo, correspondente ao século seguinte, que concreta as coordenadas para a ubicación xeográfica de múltiples « póleis »;\n3º. a listaxe eclesiástica contida no Parochiale Suevum, correspondente ao século VI, que nomea as igrexas locais dependentes de cada bispado do Reino GalaicoSuevo.\nA dimensión políticoadministrativa destas fontes e as súas implicacións verbo ao poder local galaico requiren, en troques, analizarmos individualizamente cada unha delas. De seguido discútese o valor de cada un dos citados documentos para o presente estudo; e, de se confirmar este positivo, extráese o seu cómputo específico, conforme ao segundo enunciado da proposta metodolóxica.\nA descrIcIón plInIAnA\nEn consonancia co propósito do presente estudo, o polímata romano Plinio o Vello (Nat., III, 28) cifrou explicitamente o número de entidades políticas locais galaicoasturicenses, desglosadas por conuentus (figura 1), ao describir o artellamento políticoadministrativo da provincia Hispania Citerior (SCHULTEN & MALUQUER DE MOTES 1987):\nIunguntur iis [Cantabris], Asturum xxii populi diuisi in Augustanos et Trasmontanos, Asturica urbe magnifica. In iis sunt Gigurri, Pæsici, Lancienses, Zœlæ. Numerus omnis multitudinis ad c ̅ c ̅ x ̅ l liberorum capitum. Lucensis conuentus populorum est sedecim, præter Celticos et Lemauos ignobilium ac barbaræ appellationis, sed liberorum capitum ferme c ̅ l ̅ x ̅ v ̅ i. Simili modo, Bracarum xxiiii ciuitates [...].\nNo presente estudo importan simplemente as cifras de entidades políticas incluídas no texto. Cómpre, pois, ocupármonos tanto da terminoloxía baixo a que se refiren, coma das razóns da súa fiabilidade.\nPopuli, ciuitates\nNo texto altérnanse os termos « populus » e « ciuitas ». Na terminoloxía política romana, loxicamente empregada por Plinio, a ciuitas correspóndese á cidadeestado, ou o conxunto de institucións públicas das que se dota unha comunidade local; asemade o populus, ao conxunto da súa cidadanía (Cic., Rep., I, 25). Estes termos, son, xa que logo, complementarios, e cada un deles implicita o oposto.\nExiste unha evidencia efectiva desta exacta correspondencia teórica: ao comezo da súa exposición, Plinio (Nat., III, 18) cifra en 293 ciuitates o número total de entidades políticas locais da provincia. Esta cifra coincide exactamente coa suma de ciuitates, populi e oppida que inmediatamente desglosa por circuncrición e nacionalidade (III, 2328). Isto evidencia que todos estes termos, incluídos xenericamente no cómputo provincial introdutorio na categoría « ciuitas », describen unha mesma realidade políticoadministrativa (figura 2).\nDeste xeito, a alternancia léxica dos termos « ciuitas » e « populus » na Gallaecia non carrexa en Plinio unha senlla alternancia semántica (CAPALVO LIESA 1986; RODRÍGUEZ COLMENERO 1996: 132; LÓPEZ QUIROGA 2004: 2829). O motivo da variación terminolóxica pódese atopar na disparidade de fontes xeográficas e formulae administrativas coas que Plinio tería elaborado a súa magna obra (CAPALVO LIESA 1986: 4950; RODRÍGUEZ COLMENERO 1996: 131, n6); ou máis simplemente, se cadra, no carácter literario da mesma, variándose os termos empregados como recurso narrativo (FERNÁNDEZ CALO 2015: 159, n6). De calquera xeito, a razón da alternancia é unha cuestión secundaria para o presente estudo. Só importa, abofé, a conclusión implícita de todo exposto: que « ciuitas » e « populus » se refiren indistintamente a unha mesma realidade políticoadministrativa, as entidades políticas locais.\nCómputos conventuais\nA exactitude da información administrativa reportada por Plinio, e concretamente a súa notábel precisión numérica, ten sido salientada recentemente por varios historiadores (BELTRÁN LLORIS 2007; ESPINOSA ESPINOSA 2013: 31). A administración constitúe un tema meramente descritivo e neste senso a exhaustividade das descricións plinianas semella excluír a posibilidade dunha documentación deficiente por parte do autor na súa elaboración. De feito, polo seu sobriño Plinio o Novo (Epist. III, 5, 17) sabemos que fora procurator en Hispania, de xeito que se debuxa mesmo a posibilidade dunha documentación in situ nas propias instancias administrativas descritas. Finalmente, a exactitude aritmética dos xa referidos cómputos independentes que subministra para a Hispania Citerior (figura 2), anula mesmo a posibilidade dunha corrupción destas cifras no proceso de transmisión textual da obra.\nCoa mesma base dos cómputos plinianos, e confrontándoos con múltiples denominacións etnonímicas e toponímicas testemuñadas en época romana, desenvolvéronse varias identificacións globais de entidades galaicoromanas (TRANOY 1981: 74; ALARCÃO 19951996: 26; RODRÍGUEZ COLMENERO 1996: 242; figura 3). Malia a diverxencia da súa concreción puntual, as devanditas identificacións comparten un mesmo principio metodolóxico: partir dos cómputos plinianos. O propósito do presente estudo, con todo, non é avanzarmos verbo a estas identificacións, senón confrontarmos o indefectibelmente preciso cómputo pliniano cos que se poidan substraer doutros documentos.\np tolomeo : InAproveItábel reporte polítIco - AdmInIstrAtIvo\nClaudio Ptolomeo, xeógrafo, astrónomo, matemático e, en fin, polímata alexandrino do século II, é o autor da Geōgraphik ē ̀ Hyph ḗ gēsis, unha universal “guía de xeografía” do seu tempo. Constitúe esta obra un compendio de localizacións xeográficas con cadansúas coordenadas, arrombadas por rexións; correspondéndose varias epígrafes ao ámbito galaicoasturicense: a descrición marítima (Ptol., Geog., II, 6, 16) e a interior (2148), que se poden sintetizar en senllos cadros (figuras 34) seguindo a edición de SCHULTEN\ne MALUQUER DE MOTES (1987).\nNa descrición marítima (figura 4), que recolle localizacións fundamentalmente orográficas, só se citan dous topónimos inequivocamente asociábeis a núcleos habitacionais: o lucense Phlaoúion Brigántion e a asturicense Phlaouionaouía. A isto poderíanse engadir o lucense Artábrōn Limē ̀ n, dentro da incerta posibilidade de que referencie unha verdadeira entidade de poboación; e Noiga Oukesía, adscrita por Ptolomeo aos cántabros (Kantabrōn), mais potencialmente correspondente ao asturicense oppidum Noega (Plin., Nat., IV, 111).\nA descrición interior (figura 5), pola súa banda, constitúe o grande filón de topónimos ptolemaicos, citados agora explicitamente coa denominación « póleis », pero baixo\nADSCRICIÓN TOPÓNIMO CARÁCTER Καλλαικων\nΝοιγα Ουκεσια múltiples adscricións etnoxeográficas. En total, cítanse 19 destas póleis para o conuentus lucense; 18 ou 19 para o asturicense, se é que a aparente repetición de Interámnion (Ptol., Geog., II, 6, 28) discirne de feito dúas localidades homónimas diferentes; e 16 para o bracarense.\ntopónimos marítimos (figura 6).\nCon todo, malia o sistemático da descrición ptolemaica, cómpre matizarmos a súa correspondencia co artellamento políticoadministrativo. Abofé que a voz « pólis » baixo a que se citan case todos os topónimos ten unha fonda connotación política en grego helenístico mesmo á altura do dominio romano (SARTRE 1994); pero tal caracterización non semella convincente para a meirande parte dos mesmos. Así, se as entidades políticas locais galaicas coetáneas eran ciuitates en esencia herdeiras dos pobos orixinarios, Ptolomeo cita como póleis ata 4 topónimos adscritos aos Ártabroi (Ptol., Geog., II, 6, 4; 21), 10 aos Louk ḗ nsioi (22), 2 aos Káporoi (23), outros tantos aos Seoúrroi (27), e 6 aos Brakárioi (38). Isto significa que a voz « pólis » ten aquí un senso meramente habitacional, denotando localidades adscritas politicamente a certas ciuitates, de orixe étnica, máis amplas.\nPor outra banda, a inclusión de « hē Astouría » (Ptol., II, 6, 28), a denominación dun dos conuentus, amais de « Loukē ́ nsioi » (lucenses) e « Brakárioi » (brácaros), a priori denominativos administrativos conventuais, na mesma categoría cós restantes etnónimos locais, demostra que Ptolomeo non agrupou os topónimos conforme a unha xerarquía unívoca, que permita discernir a territorialidade local da supralocal. Do mesmo xeito, numerosas póleis ptolemaicas, coma Glandómiron (Ptol., Geog., II, 6, 22), Talamínē (27), Argentéola (28), Kaládounon, Pínētos ou Komploútika (38), correspóndense ás mansiones viarias de Glandimiro (It. Ant., 424, 3), Timalino (430, 9), Argentiolum (423, 4), Caladuno, Pineto (422, 57) e Complutica (423, 1). Embora as mansiones viarias se puidesen situar en núcleos habitacionais preexistentes e de importancia políticoadministrativa, isto non era necesariamente a regra xeral, como se desprendería de asumirmos, pola denominación ptolemaica « pólis », unha dimesión políticoadministrativa para todas as citadas.\nCómpre, en suma, desconfiarmos do contido políticoadministrativo das póleis ptolemaicas. As listaxes xeográficas de Ptolomeo constitúen de feito caixóns de xastre, para cuxa confección a documentación intrinsecamente administrativa só foi unha das múltiples fontes, e presumibelmente menor, en comparación por exemplo dos itinerarios, de nulo contido políticoadministrativo (URBINA MARTÍNEZ 1998: 198ss.). Alén da súa diversidade, o potencial diacronismo destas fontes matiza mesmo o carácter «estático» da descrición ptolemaica (GÓMEZ FRAILE 1997; CANTO 1999). Pero, sobre todo, a súa utilidade para o presente estudo esvaece pola imposibilidade de establecermos unha interpretación unívoca da súa información políticoadministrativa. Óbstase, xa que logo, o emprego ulterior do cómputo ptolemaico no presente estudo.\no parochiale suevum\nO Parochiale Suevum, “Parroquial Suevo”, é a denominación convencional dunha listaxe eclesiástica cuxo texto xenuíno foi redactado inequivocamente entre os anos 572 e 589 (DAVID 1947: 6768) co propósito de fixar os lindeiros entre as xurisdicións episcopais galaicolusitanas. Co tempo, as diferentes compilacións manuscritas diversificaron esta base común. DAVID (1947: 3144) editou a principal versión unificada, cuxo texto, destacando en cursiva as interpolacións e certas fórmulas técnicas que serán aquí obxecto de discusión específica, é o seguinte:\nI 1 Ad cathedram Bracarensem ecclesiæ que in uicino sunt : 2 Cetumcellas; 3 Cœtos; 4 Lemeto; 5 Anoaste; 6 Milia; 7 Ciliolis; 8 Ad portum ; 9 Agilio; 10 Carandonis; 11 Tauuis; 12 Ciliotao; 13 Cetanio; 14 Oculis; 15 Cerecis; 16 Petroneto; 17 Equesis. 18 Ad saltum. Item pagi : 19 Pannonias; 20 Lætera; 21 BrigantiaAliste ; 22 Astiatico; 23 TurecoUallariza ; 24 Auneco; 25 Merobrio; 26 Berese; 27 Palantucio; 28 Celo; 29 Supelegio; 30 Senequio. Sunt hæc xxx. II 1 Ad sedem Portugalensem in castro nouo ecclesias que in uicino sunt : 2 Uillanoua; 3 Betaonia; 4 Uisea; 5 Menturio; 6 Torebria; 7 Bauuaste; 8 Bonzoaste; 9 Lumbo; 10 Nescis; 11 Napoli; 12 Curmiano; 13 Magneto; 14 Leporeto; 15 Melga; 16 Tongobria; 17 Uilla Gomedei; 18 Tauuase. Item pagi : 19 Labrencio; 20 Aliobrio; 21 Ualle aritia; 22 Truculo; 23 Cepis; 24 Mandolas; 25 Palentiaca. Sunt hæc xxv. III 1 Ad Lamecum ipsum Lamecum: 2 Tuentica; 3 Arauoca; 4 Cantabriano; 5 Omina; 6 Camianos. Sunt hæc vi. IV 1 Ad Conimbricensem Conembrica: 2 Eminio; 3 Selio; 4 Lurbine; 5 Insula; 6 Antunane 7 ; Portucale castrum antiquum. Sunt hæc vii. V 1 Ad Uisensem Uiseo: 2 Rodomiro; 3 Submontio; 4 Subuerbeno; 5 Osania; 6 Ouellione; 7 Tutela; 8 Coleia; 9 Caliabrica quæ apud Gotos postea sedes fuit. Sunt hæc ix. VI Ad Dumio familia seruorum. VII 1 Ad Egitanensem tota Egitania : 2 Municipio; 3 Francos. Sunt hæc iv. VIII 1 Ad Lucensem Luco ciuitas cum adiacentia sua quam tenent comites undecim, una cum: 2 Carioca; 3 Seuios; 4 Cauarcos. Montenigro, Parraga, Latra, Azumara, Segios, Tria uada, Pogonti, Saluaterra, Monteroso, Doria, Deza, Colea. IX 1 Ad Auriensem sedem: 2 Palla Aurea; 3 Uerugio; 4 Bibalos; 5 Teporos; 6 Geurros; 7 Pincia; 8 Cassauio; 9 Uerecanos; 10 Senabria; 11 Calapacios maiores. Sunt hæc x. X 1 Ad Asturicensem sedem ipsa Astorica: 2 Legio; 3 Bergido; 4 Petra speranti; 5 Comanca; 6 Uentosa; 7 Maurelos superiores et inferiores; 8 Senimure; 9 Fraucelos; 10 Pesicos. Sunt hæc xi. XI 1 Ad Iriensem ipsa Iria : 2 Morracio; 3 Salinense; 4 Contenos; 5 Celenos; 6 Metacios; 7 Mercienses; 8 Pestemarcos. Sunt hæc vii. Coporos, Celticos, Bregantinos, Prutenos, Prucios, Besancos, Trasancos, Lapaciencos, Arros. XII 1 Ad Tudensem ecclesias que in uicino sunt : 2 Turedo; 3 Tabulela; 4 Lucoparre; 5 Aureas;\nLogo de ter subscitado este documento unha notábel controversia filolóxica e historiográfica, DAVID (1947) abriu, ata hoxe, a confirmación e consenso xeral arredor da súa autenticidade, ao separar a valoración da listaxe eclesiástica, arriba reproducida, da do «discurso de Teodomiro» que a introduce na meirande parte das súas versións manuscritas, chegando a “établir que le Parochiale suève du VI e siècle est un document digne de foi, sur lequel historiens et géographes peuent travailler en sécurité” (DAVID 1947: 82).\nDentro das múltiples facetas do Parochiale atópanse a política e a administración. Dado que a organización tardoantiga da Igrexa se baseou na súa adaptación ás xurisdicións civís (WARDPERKINS 1998: 400; FERNÁNDEZ CALO 2015: 91), no Parochiale subxace de certo a organización políticoadministrativa da Gallaecia do seu tempo (DAVID 1947: 82; DÍAZ MARTÍNEZ 2004: 372374; 2011: 192; SÁNCHEZ PARDO 2014a: 460461). Isto evidénciase atendendo á propia natureza do documento: unha demarcación precisa das xurisdicións episcopais dun dominio político, o Reino GalaicoSuevo, a partires de igrexas locais preexistentes; o que infire tamén nelas unha dimensión xurisdicional e a súa potencial correspondencia con senllas circunscricións civís, amais de, canda menos, a vontade de exhaustividade na relación das mesmas.\nAdemais, a dimensión políticoadministrativa destas igrexas evidénciase diacronicamente a través das cecas galaicovisigodas, de enorme proliferación nas décadas subseguintes á conquista leovixildiana (585); e nidia manifestación do poder local e das súas elites dirixentes, tanto urbanas coma rurais (MILES 1952; DÍAZ MARTÍNEZ 2004; SÁNCHEZ PARDO 2014b; BARROSO & al. 2015: 110114; FERNÁNDEZ CALO 2015: 135136). A meirande parte delas repite os mesmos topónimos que aparecen no Parochiale (DÍAZ MARTÍNEZ 2011: 199202; FERNÁNDEZ CALO 2015: 218), o que apunta indefectibelmente á súa dimensión política.\nAínda no Alto Medievo se identifica un nidio paralelismo civileclesiástico, conforme o que as dioeceses, demarcacións eclesiásticas locais, se corresponderían aos territoria políticos, que asemade devirían nos primitivos arcediagados e arciprestados (COSTA 1997: 374ss.; LÓPEZ ALSINA 1999: 288; SÁNCHEZ PARDO 2008: 517; FERNÁNDEZ CALO 2015: 140142). En efecto, a territorialidade política medieval deriva sen dúbida dunha longa xenealoxía histórica (ISLA FREZ 1992: 145; SÁNCHEZ PARDO 2008: 516517) que conecta as ciuitates romanas cos territoria suevovisigodos e medievais (MERÊA & GIRÃO 1943: 255256). Certas achegas teñen salientado, neste senso, a potencial correspondencia dalgunhas ecclesiae do Parochiale con senllas demarcacións eclesiásticas locais do Alto Medievo (COSTA 1997: 126138; LÓPEZ ALSINA 1999: 271272; 280; DÍAZ MARTÍNEZ 2011: 239). Do mesmo xeito, conectando coa época previa, SÁNCHEZ PARDO (2014: 460461) sinala expresamente que “las ecclesiae que se citan en Galicia en el Parroquial Suevo son, ni más ni menos, que las propias circunscripciones civiles tardorromanas”. En suma, non só se debuxa o contido políticoadministrativo do Parochiale, senón o vencello das entidades identificadas neste documento co seu pasado romano; e, xa que logo, co «cómputo pliniano».\nConcretando xa as achegas historiográficas verbo ao contido políticoadministrativo do Parochiale, existe un punto común arredor da equivalencia entre «topónimo citado» e «entidade política local». A partires desta premisa, a simple análise aritmética do Parochiale impón unha interpretación de amplo consenso historiográfico: o documento reporta ata 158 topónimos, dos que 74 deles, case a metade do total, corresponden só a tres das trece sés episcopais: Braga, Porto e Tui (figura 1). Prescindindo das mencións interpoladas, esta relación exacérbase: 72 de 131. Por iso, múltiples investigadores teñen redundado na hipótese de que esta presunta área fulcral do Reino estaría mellor artellada do que o resto, e mesmo que a monarquía sueva tería fomentado aquí unha organización eclesiástica e políticoadministrativa máis avanzada (DAVID 1947: 80, 82; DÍAZ Y DÍAZ 1976: 115; TORRES RODRÍGUEZ 1977; ISLA FREZ 1992: 15; FERNANDES 1997: 9295; DÍAZ MARTÍNEZ 1997: 263; 1998: 41; 2011: 193; 197; 239; NOVO GÜISÁN 19971998: 187; LÓPEZ QUIROGA 2004: 48; NÚÑEZ GARCÍA 2013: 2627; SÁNCHEZ PARDO 2014a: 467).\nCon todo, tales conclusións, sobre as que pesa un ineludíbel consenso historiográfico potencialmente útil para o presente estudo, derivan da análise superficial das implicacións políticoadministrativas do Parochiale. Pola contra, a potencial complexidade deste documento, amais da perspectiva políticoadministrativa privilexiada no presente estudo, obrigan aquí a afondarmos na súa análise interna.\nIn uicino, item pagi\nNas xa referidas sés de Braga, Porto e Tui, o Parochiale relaciona as ecclesiae baixo dúas fórmulas:\n1ª. — « ecclesiae que in uicino sunt », “igrexas que están in uicino ”; 2ª. — « item pagi », “do mesmo xeito, pagi ”.\nExiste, pois, como xa denotou DAVID (1947: 16; 6970), unha nidia contraposición textual entre os conceptos « ecclesiae in uicino » e « pagi ». Sendo o Parochiale en esencia unha listaxe eclesiástica, poida que ambas as expresións rexistren invariabelmente igrexas; no segundo caso implicitamente, a través do adverbio « item ». Discerniríanse, así, as ecclesiae in uicino das pagi ecclesiae. Estritamente, a contraposición terminolóxica nunca sería « ecclesiaepagi », senón « ecclesiae in uicinopagi »; e mesmo « uicinuspagi », se é que esta segunda voz, como semella lóxico, tamén denota igrexas.\nCon todo, contra as achegas anteriores, cómpre reiterarmos que o primeiro termo é « uicinus », non « uicus »: “veciñanza”, non “aldea”. Nun senso amplo, o latín « uicinus », coma o romance «veciñanza», teñen unha semántica imprecisa. Unha lectura político- -administrativa no contexto demarcatorio no que aparece a devandita expresión, logo precisamente da mención da cidade episcopal correspondente, supón, pola contra, unha nidia acotación xeográfica: uicinus denotaría neste caso afinidade xurisdicional. Deste xeito, independentemente da súa ubicación puntual, as igrexas nomeadas baixo a devandita epígrafe situaríanse dentro do espazo xurisdicional local de Braga, Porto e Tui; denotando, pois, o nivel sublocal do artellamento administrativo.\nPor outra banda, opoñéndose nas fórmulas o termo « pagus » a « uicinus », intúese tamén a súa senlla oposición semántica. Se, efectivamente, « pagus » pode facer referencia a un tipo concreto de núcleo habitacional, o certo é que xa dende a Antigüidade designara tamén un tipo de distrito territorial; e será esta acepción a que triunfe nos reinos bárbaros e na Idade Media. Neste senso, o propio Sitz im Leben do Parochiale apunta a unha acepción políticoadministrativa.\nAtendendo ao contexto histórico do Reino GalaicoSuevo, o único ámbito veciño no que « pagus » se empregaba extensamente na terminoloxía política tardoantiga era o Reino GaloFranco. Xa se teñen salientado xenericamente algúns paralelismos que a organización episcopal galaicosueva compartiría coa galofranca (DÍAZ Y DÍAZ & VILARIÑO PINTOS 2002: 540; SÁNCHEZ PARDO 2014a: 461). Dende a Idade do Ferro, o concepto latinizado « pagus » designara na Gallia un tipo moi concreto de distrito territorial, no que se subdividían internamente as ciuitates locais, cunha funcionalidade se cadra vencellada ao control da propiedade agrícola (LAMOINE 2009: 1314; TARPIN 2009). Os pagi acadarían unha meirande importancia na Tardoantigüidade e no Medievo, polo proceso de señorialización e feudalización política (PERROY 1967), e a progresiva fragmentación do poder civil; co que pasaron a designaren a referencia local básica da origo e do poder político. Neste senso, os pagi galaicosuevos corresponderían a entidades políticas rurais, con demarcacións locais propias, independentes da xurisdición civil local das cidades episcopais.\nDe calquera xeito, cómpre matizarmos tales excepcións. Por unha banda, Tornio insírese entre as emisións triunfais de Recaredo (MILES 1952: nº. 74; BARROSO & al. 2015: 25, n37; 4244; 44, n85), o que a afasta da casuística ordinaria das emisións locais galaicovisigodas; pola outra, Toriuiana non ten unha redución unívoca na ecclesia de Torebria, senón que, pola mesma afinidade lingüística, podería corresponderse tamén aos pagi de Tureco e Ouinia, bracarense e tudense, respectivamente (Par. Suev., I, 23; XII, 16; FERNÁNDEZ CALO 2015: 136). Unha última correspondencia posíbel para\nToriuiana sería Tauuis, ecclesia « ad Portum » de Braga (Par. Suev., I, 11); denominación que, como se amosará de contado, tamén podería facer referencia a entidades políticas alleas á xurisdición local bracarense.\nEstas dúas excepcións, que como se amosou non son seguras nin decisivas, tampouco desmerecen o argumento aquí desenvolvido, pois a proporcionalidade diferencial na emisión monetaria entre os pagi e as ecclesiae in uicino —11 fronte a 2, aínda mantendo as inseguras correspondencias xa comentadas— constitúe un notábel indicio a prol da diverxencia constitucional entrambas as denominacións.\nEn suma, as expresións « in uicino » e « item pagi » conteñen unha semántica políticoadministrativa, opoñendo a territorialidade sublocal no primeiro caso e a local no segundo. Esta hipótese permite comprender a evidente contraposición textual de ambas as expresións; amais de corrixir a sobrerrepresentación de entidades que o Parochiale reflicte aparentemente para as sés de Braga, Porto e Tui.\nAd portum, ad saltum\nA sé de Braga presenta outras dúas singularidades: unhas mencións formalmente insólitas, e dúas interpolacións. Exporase primeiro esta segunda cuestión, que presenta menos dificultades, para logo centrarmos o presente apartado nas referidas mencións.\nO documento 10 do Liber Fidei, unha soa das múltiples versións que recompilan o Parochiale, engade Aliste á mención Brigantia, e Uallariza a Tureco (Par. Suev., I, 21; 23; DAVID 1947: 32, nI.21; 33, nI.23). O carácter illado desta interpolación invita simplemente a eludila, pois, malia non excluír a pertenza bracarense destas áreas tramontanas (COSTA 1997; FERNÁNDEZ CALO 2015: 159, n89; ALARCÃO 2015: 4143), si desbota a dimensión política de Aliste e Uallariza —Vilariça— en época suevovisigoda, cando en todo caso se inserirían dentro dos pagi precedentes de Brigantia e Tureco (figura 1).\nAs referidas mencións, pola contra, si obrigan a un tratamento pormenorizado. Na listaxe bracarense aparecen dous topónimos anómalos pola súa sintaxe en acusativo e a presenza da preposición latina « ad », privativa dos encabezados episcopais no resto do documento: ad portum e ad saltum (Par. Suev., I, 9; 18). Ata o de agora, a historiografía opuxo dúas solucións a esta anomalía:\n1ª. ignorala, computando simplemente unhas igrexas de Ad portum e Ad saltum (FERNANDES 1997: 56; 62; CARBAJAL SOBRAL 1999: 230; 231; ALARCÃO 2001: 32; 35); 2ª. considerar ambas as expresións complementos dos topónimos anteriores, resultando unhas igrexas de Ciliolis ad Portum e Equesis ad Saltum (FERRANDO Y ARNAU 1893: 20).\nDe calquera xeito, a anómala presenza da preposición « ad », sexa en posición inicial ou intermedia, afasta estas mencións do resto dos topónimos do Parochiale. Cómpre valorarmos, xa que logo, a posibilidade de que non constitúan igrexas locais, senón fórmulas técnicas ao mesmo nivel cás xa tratadas « que in uicino sunt » e « item pagi ». En efecto, nin a súa enumeración na edición reproducida nin os totais contidos nas glosas do Parochiale poden terse como elementos de xuízo decisivos para a interpretación destes dous enunciados, xa que a súa relación co texto xenuíno do documento é incerta.\nNeste senso, a lectura das fórmulas « ad portum » e « ad saltum » deviría en “[ ecclesiae que se atopan] deica o portum ” e “deica o saltum ”, respectivamente; conformando portum e saltum, asemade, referencias corográficas precisas, que concretarían a localización xeográfica das ecclesiae citadas a continuación das mesmas:\n1º. Portum ben podería referirse á propia sé episcopal veciña do Porto; os portos de mar da bispado de Braga; ou un porto de montaña, posibilidade que encadrelaría coa ubicación concreta que se lle ten proposto en canto a ecclesia (FERNANDES 1997: 56; ALARCÃO 2001: 32). A devandita epígrafe inclúe a ecclesia de Oculis (Par. Suev., I, 14), inequivocamente correspondente a Oculis Calidarum (CIL II, 2410; ALARCÃO 1998: 434; 2001: 34; FERNANDES 1997: 59), posíbel ciuitas galaicoromana sita na actual Caldas de Vizela (figura 1). Pola súa significativa distancia verbo a Braga e o seu potencial carácter civil romano, debúxase a posibilidade de que a fórmula « ad portum » exclúa a pertenza á demarcación local (uicinus) da cidade episcopal, dun xeito idéntico á fórmula « item pagi ».\no era a área de Trásos-Montes na Tardoantigüidade. Que a epígrafe se refira, efectivamente, a localizacións desta área demóstrase na inclusión de Pannonias, Laetera e Brigantia, correspondentes inequivocamente aos territoria medievais tramontanos de Panóias, Ledra e Bragança (MERÊA & GIRÃO 1943; COSTA 1997: 3233; FERNANDES 1997: 6263; ALARCÃO 1998: 429; 432; 2001: 3435; 2015: 4041). Neste caso, a exclusión do ámbito local de Braga sería, conforme á hipótese aquí desenvolvida, inequívoca, pois a mención « ad saltum » antecede inmediatamente a « item pagi » (figura 1).\nEn suma, entendermos ambas as expresións como fórmulas técnicas e non como ecclesiae explica a súa singularidade formal, e obriga a afinarmos o cómputo de entidades locais dependentes da sé de Braga. O Parochiale reporta para a mesma un total de 30 topónimos, dos que descontando ad portum e ad saltum deveñen 28. Pola hipótese da contraposición políticoadministrativa dos termos uicinuspagi, obtense que deles só 13 —os 12 topónimos citados logo da mención « item pagi » máis a propia cidade de Braga— reportarían entidades políticas locais. Porén, se se admite, como semella razoábel, tamén o carácter disociador da fórmula « ad portum », este total incrementaríase a 22, polas 9 ecclesiae citadas baixo a mesma.\nA Adiacentia lucense\nLugo presenta unhas fórmulas únicas no Parochiale, o cal redunda no carácter singular da súa organización interna: cítanse dun xeito nidio tres ecclesiae independentes; e nesta cidade (Luco ciuitas), “unha” (una) para ela e “a súa contorna” (cum adiacentia sua), ao que a metade das versións do documento (DAVID 1947: 38, nVIII.4) interpolan “a cal posúen once condes” (quam tenent comites undecim).\nOs topónimos correspondentes a esta interpolación, con todo, non son 11 senón aparentemente 12. Isto podería deberse a que algún deles fose composto, como de feito se asume que acontece con Tria uada ; ou ben a que os copistas medievais valorasen a repetición do topónimo orixinal Seuios co interpolado Segios (NOVO GÜISÁN 19971998: 191).\nContrariamente a esta interpolación, a mención da « adiacentia » do encabezado si é xenuína, por canto se atopa en todas as versións do Parochiale agás unha (DAVID 1947: 38, nVIII.1). Porén, ao non existir ningunha expresión análoga en todo o documento coa que confrontala, enxérgase o carácter singular da situación eclesiástica e políticoadministrativa que describe. En efecto, a mención da Adiacentia lucense nunha demarcación eclesiástica coma o Parochiale invita a entendela, canda todos os demais topónimos, coma un territorio taxativamente delimitado, que concretaría canda as restantes mencións de ecclesiae a potestas episcopal lucense. Por outra banda, a dicotomía do encabezado lucense entre as expresións « Luco ciuitas » e « Adiacentia » infire a exclusión mútua entrambos os termos. Por esta razón, poida que a Adiacentia se corresponda á contorna supralocal de Lugo: a opción oposta —a xurisdición intrinsecamente local da cidade— desbótase por redundante, pois semellante concreción textual non se repite para ningunha outra sé, nas que abonda indefectibelmente a\nreiterada fórmula « ad sedem determinada», « ipsa sedes ».\nIsto supón entendermos a Adiacentia coma un espazo supralocal, hoxe difuso, pero que indefectibelmente no intre de redacción do Parochiale serviu para concretar parte da xurisdición eclesiástica lucense; e que en época medieval se desglosou, arbitrariamente ou non, polos once condados interpolados. Isto explicaría, sen recorrermos á noción hipotética dunha cristianización superficial da contorna de Lugo (DÍAZ MARTÍNEZ 2011: 239), o exiguo número de igrexas subministrado polo Parochiale para esta sé, pois unha cantidade indeterminada delas ficaría cuberta coa mención « cum adiacentia sua ».\nInequivocamente, Lugo reporta un mínimo de 4 entidades locais pola propia cidade episcopal (ad Lucensem Luco ciuitas) máis as tres ecclesiae nomeadas a continuación; pero o máximo acótase pola adición dos 11 condados medievais a esta cifra. Estes mesmos condados, vixentes se cadra nos séculos XIXII (NOVO GÜISÁN 19971998: 192; SÁNCHEZ PARDO 2014a: 457), terían sido resultado da evolución dunhas entidades suevovisigodas previas equivalentes, silenciadas no texto xenuíno do Parochiale, polo que tamén enxergan, diacrónica e superficialmente, a xeografía política tardoantiga.\nSendo así, Lugo reporta de 4 a 15 entidades locais. Se, pola contra, se opta polo cómputo toponímico aparente dos condados, segundo se expuxo menos verosímil, o máximo pasaría a 16.\nA inconcreción iriense\nA sé de Iria presenta no Parochiale dúas singularidades: a variabilidade do encabezado, e unha interpolación. De seguido exponse unha valoración individualizada de cada unha delas.\nA variabilidade do encabezado responde a que a fórmula inicial desta sé varía nas diferentes recompilacións do Parochiale. Malia que arriba se reproduciu sen modificacións a edición de DAVID (1947), esta é obviamente só unha proposta conciliadora entre as múltiples versións existentes. En concreto, o encabezado en cuestión, « ad Iriensem sedem ipsa Iria » só se recolle nunha das mesmas: a de Alcobaça, editada por Bernardo de Brito. En troques, a segunda das versións recompiladas por García de Loaysa contrapón « Iriensis teneat »; namentres que as máis das restantes recompilacións recollen simplemente « ad Iriensem » sen especificaren « ipsa Iria » (DAVID 1947: 29; 41, nXI.1). Embora o encabezado reproducido arriba (ad Iriensem sedem ipsa Iria, “á sé Iriense [corresponde] a mesma Iria”) carrexe efectivamente contabilizarmos a cidade episcopal coma unha entidade local separada das restantes, os outros (ad Iriensem, “a Iria [corresponden]”; Iriensis teneat, “a [sé] iriense ten”), aínda sen excluíren a posibilidade dunha lectura idéntica, autorizan tamén, pola súa ambigüidade ao non concretaren a fórmula ordinaria « ipsa Iria », dúas solucións ben diferentes (figura 8):\n2ª. Un desglosamento sublocal da propia cidade episcopal, dun xeito análogo á xa tratada fórmula « in uicino ». Con todo, diacronicamente evidénciase a exclusión destas entidades verbo á xurisdición local iriense. Así, Celenos e Pestemarcos (Par. Suev. XI, 5; 8) correspóndense a senllas ciuitates galaicoromanas: Cileni e Celtici Praestamarci (Plin., Nat., IV, 111112). O mesmo acontece con Contenos e Mercienses (Par. Suev., XI, 4; 7) e as cecas galaicovisigodas de Conteno e Mertia (PLIEGO VÁZQUEZ & CORREA 2006: 495496; PLIEGO HERRERA & PLIEGO VÁZQUEZ 2007; fig. 1).\nA solución debuxada polo primeiro encabezado —contabilizar 8 entidades, incluída Iria— é, xa que logo, a máis verosímil en termos históricos e textuais, pois tamén a autorizan, embora dun xeito equívoco, os outros dous encabezados.\nA segunda dificultade verbo á sé iriense, como xa se aludiu, estriba na interpolación, presente con matices en tres das versións recompiladas (DAVID 1947: 42, nXI.8), de nove ecclesiae máis ao remate da relación (Par. Suev., XI, 8). Malia non se corresponderen coa redacción orixinal do Parochiale, existen varias razóns para contabilizalas igualmente no cómputo total. Primeiro, todas elas remiten ao ámbito noroccidental galaico da Costa da Morte e o Golfo Ártabro, que a priori non cobre ningunha outra sé do Parochiale. Segundo, Coporos, Celticos e Arros remiten a pobos galaicos ben testemuñados (Plin., Nat., III, 28; IV, 111); e Bregantinos á cidade galaicoromana de Flauium Brigantium (Ptol, II, 6, 4; It. Ant., 424, 5; Not. Dign. 42, 30), o que demostra a súa correspondencia con entidades políticas previas.\nEvidénciase así que canda menos parte das entidades reflectidas na interpolación existisen xa no período suévico e no propio intre de redacción do Parochiale, sendo eludidas do mesmo por algunha razón que se nos escapa; mais que posibelmente teña que ver con non ter ficado nelas delimitada a potestas episcopal. Recentemente, SÁNCHEZ PARDO (2014a: 457458) ten argumentado a prol dunha datación temperá da interpolación, anterior a mediados do século IX, por reflectir unha territorialidade aparentemente máis arcaica có documento de Tructino, destoutra época. Isto achega, pois, a xeografía política reflectida e silenciada, respectivamente, pola interpolación iriense e o texto xenuíno do Parochiale.\nEn suma, o cómputo iriense varía dependendo dos criterios que se escolleren para a interpretación do encabezado e da interpolación final (figura 8). Deste xeito, o intervalo posíbel vai dunha única entidade local a 17. Malia que, conforme ao aquí exposto, o cómputo máximo semella o óptimo, a incerteza obriga a mantermos o intervalo.\nad Iriensem ipsa Iria 17 8 Iriensis teneat ; ad Iriensem 1016 17\nA inconcreción britoniense\nÉ verbo á sé de Bretoña para a que as fórmulas do Parochiale se presentan máis orixinais e, consecuentemente, tamén máis problemáticas.\nO texto arriba reproducido denota, abofé, un xenitivo plural (ad Sedem Britonorum), o que apunta a unha insólita natureza étnica ou xentilicia da mesma, propia da «cristiandade céltica» ou «insular» dos seus fundadores bretóns (DAVID 1947; DÍAZ Y DÍAZ 1976: 114; CARBAJAL SOBRAL 1999: 214; GARCÍA Y GARCÍA 2000; DÍAZ Y DÍAZ & GARCÍA PIÑEIRO 2002: 212; YOUNG 2002: 3640; 107111; CALO LOURIDO 2010: 232236; FERNÁNDEZ CALO 2015: 116117). En troques, a metade das versións recompiladas do Parochiale opoñen un carácter territorial; ou sexa, xenericamente propio da cristiandade romana, con fórmulas como « ad sedem Bretonicam » ou « Bretunicam », e « Britonacensis teneat ». A natureza xentilicia vólvese apuntar coa expresión « ecclesias que sunt intro Britones »; pero outra volta a metade das versións opoñen unha natureza territorial con « ecclesias que in uicino sunt » (DAVID 1947: 44, nXIII.1).\nPor outra banda, as glosas do Parochiale eluden o cómputo de ecclesiae, o cal é insólito neste documento, namentres o texto cifra paradoxalmente en unha (una cum) o plural asociado á expresión « ecclesias que sunt intro Britones ». Tal incoherencia matízase co outro posíbel encabezado, pois a expresión « in uicino », como se desenvolveu arriba, referiríase ás igrexas rurais abranguidas por unha única demarcación local.\nO tratamento documental da sé britoniense afástase, pois, do das súas homólogas. Intúese que as mencións xenéricas « intro Britones » e « in Asturiis », hoxe escuras mais presumibelmente precisas no intre de redacción do Parochiale, implicitan un número superior de igrexas locais do de feito reflectido no documento. Lamentabelmente, a súa identificación resulta imposíbel dentro dos límites metodolóxicos do presente estudo. Mantendo, con todo, a proposta metodolóxica orixinal, e advertindo a súa manifesta insuficiencia para o caso específico de Bretoña, o Parochiale reporta aquí tres entidades: as dúas mencionadas, con apariencia de seren en realidade mencións supralocais; e máis o monasterium Maximi, entidade monástica e xa que logo de incerta correspondencia políticoadministrativa.\nCómputos episcopais\nO cómputo global do Parochiale, por orde de mención documental, sintetízase como segue (figura 9):\n1º. Como xa se expuxo, Braga reporta ou 13 ou 22 entidades políticas locais, sendo a lectura idónea a superior. 2º. Porto reporta a propia cidade episcopal máis as entidades políticas locais contidas baixo a fórmula « item pagi »: 8. 3.º Lamego reporta a propia cidade episcopal (ad Lamecum ipsum Lamecum) máis todas as ecclesiae nomeadas: 6. 4.º Do mesmo xeito, Coimbra reporta a propia cidade episcopal (ad Conimbricensem Conembrica) máis todas as ecclesiae nomeadas: 7.\n5º. Outra volta, Viseu reporta a propia cidade episcopal (ad Uisensem Uiseo) máis todas as ecclesiae nomeadas: 9. 6º. A sé de Dume non é asimilábel ás restantes, por canto conformaba un mosteiro dirixido por un abade con dignidade episcopal. Era sen dúbida independente dos poderes episcopais, e posibelmente dos civís locais, de Braga; pero a súa localización vindeira á devandita cidade e a elusión no Parochiale de toda igrexa dependente exclúe a posibilidade dunha xurisdición territorial dumiense correspondente a algunha senlla entidade política local. Da propia expresión textual « ad Dumio familia seruorum » intúese a xurisdición persoal, non territorial, desta sé monástica (DÍAZ MARTÍNEZ 2011: 236). De calquera xeito, evitando un exceso categórico, repórtase para o cómputo final a posibilidade de que efectivamente Dume constituíse unha entidade política local; de xeito que se contabiliza para ela ningunha ou 1 entidade. 7º. Para Idanha o encabezado inicial é insólito e a súa solución, insegura: «á [sé] exitanense [corresponde] toda Idanha» (ad Egitanensem tota Egitania). Se a expresión «toda Idanha» se refire á súa xurisdición eclesiástica, as dúas entidades citadas a continuación poden tanto contabilizarse á parte da citada Idanha, dando lugar a 3 entidades locais; ou ben considerárense o desglosamento da propia expresión «toda Idanha». Neste caso, comporían unicamente dúas entidades locais en caso de que Municipio conformase unha referencia á propia cidade episcopal. Se, pola contra, a citada expresión denota a propia demarcación civil local da cidade, e non a súa xurisdición episcopal, as ecclesiae nomeadas situaríanse en entidades sublocais, co que a sé en conxunto só reportaría a única entidade\nconxunta « Maurelos superiores et inferiores » (Par. Suev. X, 7) constitúa unha referencia a dúas entidades políticas locais diferentes, como con tino coinciden, outra volta, as glosas do Parochiale : “le total, XI, est inexact à moins que Maurelos ne compte pour deux; il est plus probable que l’on a compte Petra speranti comme deux noms distincts” (DAVID 1947: 41, nX.10). O total é, xa que logo, 11. 11º. Como xa se expuxo, para Iria repórtase o incerto intervalo de 1 a 17 entidades locais, sendo a lectura idónea, embora parcialmente diacrónica verbo ao resto do documento, a superior (figura 8). 12º. Tui reporta a propia cidade episcopal máis as entidades contidas baixo a fórmula « item pagi »: 7. 13º. Bretoña presenta, como xa se argumentou, 2 ou 3 entidades, sendo máis axeitada, embora indefectibelmente inexacta, a lectura inferior.\nO cómputo total para o conxunto do Reino GalaicoSuevo, contando nas sés de solución insegura os seus máximos e mínimos, sitúase no incerto intervalo de 79 a 120 entidades políticas locais, cunha incerteza xa que logo de 41 (figura 9). A partires disto, é posíbel tamén concretarmos o resultado por ámbitos intermedios, xa sexan provincias eclesiásticas ou rexións etnoxeográficas (figura 10). Así, para a Gallaecia stricto sensu repórtanse entre 45 e 84 entidades políticas locais, cunha incerteza de 39.\nEn esencia, tal incerteza non se debe á insuficiencia da hipótese interpretativa do Parochiale aquí desenvolvida, senón á diferenza do espazo abranguido entre os cómputos máximo e mínimo, que precisan ou simplifican, respectivamente, a xeografía política do extremo setentrional galaico. É por iso que a devandita incerteza amosa unha meirande incidencia no vello conuentus lucense (figura 10), determinada fundamentalmente polas interpolacións lucense e iriense, que xuntas suman ata 28 entidades de insegura inclusión. Tales interpolacións, claramente medievais, desglosan no primeiro caso un territorio potencialmente supralocal, a Adiacentia lucense; e no segundo cobren outro aparentemente eludido no texto xenuíno do Parochiale, o extremo noroccidental galaico. A estas dúas sés engádese Bretoña, que malia aportar un cómputo razoabelmente unívoco, este é, segundo xa se expuxo, dubidoso; complementando así o «foco de incerteza» do\námbito setentrional galaico (figura 1).\nDúas solucións básicas —ningunha delas concluínte— se debuxan perante as devanditas interpolacións: incluílas ou eludilas. A primeira solución convertiría en parcialmente diacrónico o cómputo global, ao sumar ás igrexas inequivocamente tardoantigas as medievais interpoladas. A segunda, en troques, omitiría dúas áreas, o extremo noroccidental galaico e a contorna lucense, non cubertas ou desglosadas, respectivamente, no texto xenuíno do Parochiale. Nunha palabra: incluírmos as interpolacións anicaría a exactitude cronolóxica dos cómputos; excluílas, a súa exhaustividade xeográfica.\nDentro do propósito específico do presente estudo, o emprego das interpolacións debúxase como a solución óptima: renunciarmos á obtención dun cómputo exacto —canda menos verbo á Gallaecia setentrional— a prol dun «cómputomodelo» aproximativo co que confrontarmos a evolución histórica do poder local galaico na Antigüidade. De feito, intúese que a presumíbel hiperrepresentación de Iria e Lugo ficaría relativamente compensada pola evidente infrarepresentación de Bretoña.\nOs restantes suxeitos de incerteza resólvense, pola súa banda, conforme ás opcións máis verosímiles, segundo se expuxo en cada caso: empregando o número máximo dos intervalos agás en Lugo, que cómpre manter en 15; e no dos mosteiros dumiense e britoniense — monasterium Maximi —, que non deben de seren contabilizados como entidades políticas locais. Deste xeito, o «cómputomodelo» suma 81 entidades propiamente galaicas e 117 globais; e igualmente, concretando estas relacións, 47 entidades correspondentes ao vello conuentus bracarense e 34 ao lucense (figura 10).\nA nálIse de dAtos\nProcedamos a satisfacer o terceiro paso da proposta metodolóxica, “interrelacionar cada un dos cómputos obtidos, identificando unha dinámica histórica”. As diferenzas entre o cómputo pliniano e o «cómputomodelo» parroquial testemuñan un proceso nidio nas súas liñas xerais, embora non nos seus pormenores: as 40 ciuitates do século I terían derivado nos 81 pagi ou territoria do VI. Isto significaría que na Gallaecia, ao longo da Antigüidade, o número de entidades políticas locais se tería duplicado, ofrecendo este proceso ademais numerosos matices rexionais (figura 11).\nMesmo facendo uso do cómputo parroquial mínimo (figura 10), que alén doutros inconvenientes omite toda a porción setentrional da Gallaecia (figura 1), o número de entidades reportadas, 45, sería superior ao cómputo pliniano. Ademais, dada a ineludíbel posibilidade de que o Parochiale omitise a mención de certas igrexas (RIVAS FERNÁNDEZ 2003: 126127; SÁNCHEZ PARDO 2014a: 464), no século VI poderían existir de feito máis entidades cás reflectidas no documento. Isto significa que a incerteza incidente no Parochiale podería incrementar a diferenza do seu cómputo en relación co pliniano, mais en ningún caso reducila.\nPor conseguinte, identifícase indefectibelmente un proceso de multiplicación de entidades políticas locais; proceso que, polas súas características, pode ser denominado especificamente «fragmentación xurisdicional».\nA excepción asturicense\nSó no caso asturicense, fóra do ámbito galaico stricto sensu, se advirte unha tendencia contraria, ao pasar de 22 a 11 entidades políticas locais (figura 11). Tal anomalía non se debe a que este ámbito experimentase unha dinámica centrípeta oposta á centrífuga galaica, senón a outras razóns ben diferentes:\nDIEGO SANTOS 1979: 24; GARCÍA MORENO 2008: 55; DÍAZ MARTÍNEZ 2011: 125; FERNÁNDEZ CALO 2015: 121122). Ademais, presumibelmente boa parte da porción extrasuévica deste espazo ficaría nunhas condicións análogas ás da veciña Cantabria : politicamente allea aos poderes bárbaros e herdeira directa do baixoromano; e eclesiasticamente carente de organización episcopal (LORING & al. 2007: 365366) e mesmo de presenza cristiá (VIGIL PASCUAL 1977: 129; LORING GARCÍA 1987: 3, 94115). Así, explícase que algunhas entidades de orixe ásturromana non estivesen integradas nin política nin eclesiasticamente no Reino GalaicoSuevo; e que, deste xeito, non fosen reflectidas no Parochiale.\nO caso lusitano\nCatro das sés episcopais do Parochiale vencéllanse ao vello ámbito provincial lusoromano: Coimbra, Lamego, Idanha e Viseu. O seu conxunto correspóndese grosso modo ao conuentus Scallabitanus, un dos tres nos que se subdividira a Lusitania romana. Unha noción substraída da síntese dos datos baleirados é a inferior densidade de entidades políticas locais deste espazo lusosuevo en relación ao intrinsecamente galaicosuevo: empregando os totais probábeis, só 25 entidades lusosuevas fronte ás 47 que presentaría daquela o vello ámbito romanobracarense e as 34 do lucense, para unha superficie sensibelmente superior (figuras 1; 9).\nTense argumentado que a escasa densidade de igrexas reflectida polo Parochiale na Lusitania sueva, paradoxalmente ámbito de forte e antiga cristianización, podería deberse á extensión aquí de «igrexas propias» fundadas por latifundistas e alleas á dependencia episcopal (DÍAZ MARTÍNEZ 2011: 239). Esta hipótese, imprescindíbel para explicar ad hoc a aparente «anomalía lusitana», carece, non obstante, de toda evidencia positiva alén da canonoloxía coetánea (Conc. Brac. II, 6) que obviamente tamén incidiría na Gallaecia sueva. Pola contra, a análise políticoadministrativa desenvolvida no presente estudo permite enxergar a dimensión efectiva deste problema, inseríndoo non nunha explicación puntual, senón nuns nidios condicionamentos estruturais.\nEn efecto, coma no caso galaico, a descrición xeográfica de Plinio permite confrontar a situación administrativa do século VI coa do I. Desta volta non existe un desglosamento por conuentus, mais si un cómputo provincial. Sabemos, neste senso, que da Lusitania altoromana dependían un total de 45 populi (Plin., Nat., IV, 117): só uns poucos máis cós 40 galaicoromanos, e menos cós 62 galaicoasturicenses (figuras 3; 9), para unha superficie amplamente superior. Tendo presente que a Lusitania se subdividía en tres conuentus, a cifra de entidades políticas locais dependentes concretamente do Scallabitanus sería obviamente inferior ao devandito total. Se cadra se poida supor, dun xeito aproximativo, que este abranguese arredor dun terzo das comunidades locais da provincia. Tal consideración reportaría para o conuentus Scallabitanus arredor de 15 entidades locais, que se fragmentarían e pasarían posteriormente a constituíren canda menos as 25 dependentes das catro sés lusosuevas (figura 11).\nCómpre, pois, repararmos na correspondencia destas relacións co paradigma de fragmentación xurisdicional. A Lusitania presentaba en época romana un artellamento local pouco fraccionado verbo á Gallaecia, segundo se desprende de Plinio; e no século VI, embora o Parochiale testemuñe tamén a incidencia da fragmentación xurisdicional, as entidades políticas locais lusosuevas seguirían a abranguiren unhas demarcacións amplas en relación co máis fraccionado ámbito intrinsecamente galaicosuevo. A diverxencia territorial enxergada evidencia, xa que logo, o condicionamento estrutural que subxace na evolución do poder local; e, con isto, achega un ineludíbel soporte argumental a prol da hipótese aquí presentada.\nc ontextuAlIzAcIón hIstórIcA\nPasemos ao derradeiro chanzo da proposta metodolóxica: a contextualización da dinámica histórica identificada, que efectivamente atopa nidias analoxías no Occidente postromano. A Gallia conforma o principal ámbito de confrontación porque para ela, grazas fundamentalmente á Notitia Galliarum, foi posíbel vencellar dende hai tempo a xeografía civil romana coa eclesiástica tardoantiga (VÁZQUEZ DE PARGA 1943: 14; FERNÁNDEZ CALO 2015: 172ss.).\nNa Gallia houbera só 122 ciuitates galoromanas (HEATHER 2007: 445; LAMOINE 2009) ás que se solapou con grande exactitude o poder episcopal: na Francia prerevolucionaria ficaban arredor de 136 bispados (JEANGÈNE VILMER 2007: 139140). Decote se asume que na Tardoantigüidade “each civitas or polis acquired a bishop based in the capital city of that civitas” (WARDPERKINS 1998: 400). Existen casos mesmo de que dunha única ciuitas orixinal xurdiron varios bispados (LIEBESCHUETZ 2007: 230).\nCon todo, tales nocións non son válidas para a Gallaecia : aquí, a 40 ciuitates galaicoromanas (figura 3) correspondéronlle unicamente 8 bispados galaicosuevos (Conc. Brac. II; Par. Suev.). O mesmo acontecía no resto da Península Ibérica: se Plinio (Nat., III, 18) cifraba en 293 o número de entidades políticas locais só na provincia Hispania Citerior (figura 2) —513 en toda a Península Ibérica se se lle suman as 175 béticas (III, 7) e as 45 lusitanas (IV, 117)—, posteriormente só se recoñecen arredor de 70 sés episcopais hispanovisigodas (GARCÍA VILLADA 1935: 7; DÍAZ MARTÍNEZ 2007: 484).\nMalia estas diferenzas, a fragmentación xurisdicional incidiu en todos os ámbitos contemplados. Na Gallia deuse un proceso significativamente homoxéneo, ao se conformaren moitos dos pagi —entidades anteriormente de territorialidade sublocal— nos referentes do poder local e supliren, así, ás vellas ciuitates que, chegadas á dignidade episcopal, evoluíran como referentes da territorialidade rexional. Semella que parte deste proceso comezou xa na Baixa Romanidade, ao se promocionaren certos vellos pagi en novas ciuitates, presuntamente como parte da «racionalización» políticoadministrativa procurada durante o dominado de Diocleciano; do que tamén se ten especulado un proceso análogo na Britannia (WACHER 1974: 407).\nCon todo, os pays ou gaue, entidades herdeiras dos pagi, só se confirmarían como as referencias unívocas do poder local no Alto Medievo. Durante a dinastía merovinxia, os comites galofrancos seguían a centraren o seu goberno local nas cidades (HEATHER 2007: 441; WOOD 2014: 6164). Ademais, a fragmentación deste artellamento non foi lineal. Á altura da dinastía carolinxia, o poder local amosaba unha dicotomía xeral conforme á que os pagi do ámbito setentrional, máis xermanizado, eran de reducido tamaño; mentres que nos ámbitos itálico e galomeridional, máis latinos —e se cadra tamén máis conservadores—, se correspondían aínda decote coas amplas xurisdicións civís romanas previas (PERROY 1967: 142). Isto ilustra que o proceso de fragmentación xurisdicional atendeu a uns ritmos específicos segundo o contexto xeohistórico; o que, asemade, incrementa o interese de concretarmos o caso galaico.\nf Actores IncIdentes no proceso\nNo caso específico de Hispania, tense atopado na diminución do poder coercitivo do Estado territorial sobre as ciuitates, paralela ao colapso do Imperio Romano, o factor operativo da fragmentación dos seus territoria constitutivos (ESCALONA MONGE 2006: 188; DÍAZ MARTÍNEZ 2007: 449450, 482). Analogamente, a cativa dimensión xurisdicional dos commissa altomedievais galaicos resultantes reflictiría “la incapacidad del sistema político del momento para controlar circunscripciones territoriales más extensas” (LÓPEZ ALSINA 1988: 221).\nA análise desenvolvida no presente estudo apunta, en troques, á propia dinámica interna, estrutural e non inducida, das propias entidades locais. Neste senso, hai ben tempo que se sinala que os possessores baixoromanos se foran distanciando progresivamente dos municipia e do réxime curial, situándose como novos poderes fácticos (SÁNCHEZ ALBORNOZ 1943: 16). Mesmo verbo ao organigrama políticoadministrativo carolinxio, máis sólido e centralizado có Reino GalaicoSuevo e os seus homólogos cronolóxicos, se ten matizado o incerto papel da monarquía na demarcación das circunscricións locais (PERROY 1967: 142). O Estado central é un factor decisivo, sen dúbida, pero non exclusivo.\nA fragmentación xurisdicional é, pois, un proceso longo, estrutural e multicausal. Dentro da dinámica interna, perspectiva privilexiada no presente estudo, non é posíbel identificarmos na Gallaecia un factor unívoco; como si acontece, canda menos en liñas xerais, na Gallia cos pagi. É certo que aínda á altura da Gallaecia altoromana si existira un suxeito federal constituínte das ciuitates, equivalente, neste senso, aos pagi gálicos: o castellum ou castro (PEREIRA MENAUT 1983: 206207; FERNÁNDEZ CALO 2015: 2124; 51). Con todo, os castros galaicos terían diluído a súa dimensión institucional dende remates do século I como consecuencia da latinización xurídica (FERNÁNDEZ CALO 2015: 5563). Ademais, con estimacións de milleiros de castros (CALO LOURIDO 1993: 8384), é obvio que a fragmentación das ciuitates galaicoromanas non se traduciu na xeneralizada promoción constitucional dos mesmos; mais tampouco das uillae e demais entidades que os substituíran como parte do artellamento sublocal dende a dinastía Flavia (FERNÁNDEZ CALO 2015: 5963), xa que ambas as posibilidades terían resultado nun número de entidades políticas moi superior. É por iso que, embora a fragmentación das ciuitates si foi xeneralizada na Gallaecia antiga, esta non atendeu a un desenvolvemento unívoco.\nSemella tamén que o proceso especificamente galaico foi máis dilatado có referido gálico, asimilábel este a un contexto esencialmente tardoantigo e altomedieval. En efecto, o propio Estrabón (Geog., III, 3, 5), referíndose ao máis primixenio contacto romano coa Gallaecia, afirma que houbera arredor de trinta (triákonta) ou cincuenta (pent ḗ konta) —dependendo da versión recompilada— pobos (éthnē) «entre o Texo e os Ártabros» (metaksý Tágou kaì tōn Artábrōn); os que, engade, terían sufrido unha fonda redefinición xurisdicional concomitante á conquista de Décimo Xunio Bruto. Impórtanos, de calquera xeito, que na Alta Romanidade tales éthnē devirían en corenta ciuitates só no espazo galaico, prescindindo do lusitano implícito na acotación (figura 3). Esta tímida referencia estraboniana supón un indicio ineludíbel a prol de que a fragmentación xurisdicional rebordase o intervalo histórico contemplado no presente estudo; e, xa que logo, de ter constituído un proceso estrutural e continuado, non puntual ou característico dunha época concreta. Con todo, hipoteticamente pódense fornecer catro «fases críticas» nas que este\nproceso incidiría con meirande forza ou se aceleraría:\n1ª. a conquista romana (séculos III a.C.), tras a que se deberon de racionalizaren os lindeiros entre os pobos (Str., Geog., III, 3, 5) e, nomeadamente, de se fraccionaren conscientemente de entre eles os suxeitos políticos máis poderosos (FERNÁNDEZ CALO 2015: 3940); 2ª. a concesión flaviana do dereito latino (século I d.C.), que modificou o réxime de poboamento galaico e canda el, probabelmente, as relacións xurídicas entre os novos e os vellos núcleos habitacionais (FERNÁNDEZ CALO 2015: 5363); 3ª. as migracións bárbaras (século V), cando diversas entidades sublocais se desprenderon do control municipal co senllo emerxer dos poderes fácticos concomitante á desaparición do Estado territorial (FERNÁNDEZ CALO 2015: 103108); 4ª. o proceso de señorialización dos reinos bárbaros (séculos VIVIII), que seguiu a arredar as grandes propiedades nobiliares das institucións civís públicas (DÍAZ MARTÍNEZ 2007: 449450; FERNÁNDEZ CALO 2015: 103108; 140146).\nc onclusIóns\nOs principais resultados do presente estudo poden ser sintetizados como segue:\n1º. a descrición pliniana infire un cómputo unívoco de ciuitates galaicas no século I (figura 3); 2º. a descrición ptolemaica (figura 6), en troques, non permite recoñecer ningunha implicación políticoadministrativa concluínte; 3º. unha valoración sistemática das implicacións políticoadministrativas do Parochiale Suevum infire un cómputo de pagi ou territoria do século VI, embora cunha grande incerteza, especialmente incidente na porción setentrional da Gallaecia (figuras 1; 910); 4º. a confrontación dos dous cómputos obtidos permite enxergar un proceso de «fragmentación xurisdicional» incidente na Gallaecia entre os séculos I e VI (figura 11); 5º. este proceso atopa nidias analoxías nos ámbitos xeográficos veciños e atende a uns condicionamentos esencialmente estruturais;\n6º. a interpretación do Parochiale, puramente interna e terminolóxica, atopa como evidencia externa máis significativa da súa validez as cecas galaicovisigodas do período subseguinte, comúns entre as ecclesiae interpretadas como entidades políticas locais, e testemuñais e problemáticas nas desbotadas como tales (figura 7); 7º. como notábel indicio a prol tanto da natureza estrutural do proceso de «fragmentación xurisdicional» coma da dimensión políticoadministrativa das fontes empregadas, atópase o artellamento diferencial coincidente verbo á densidade de entidades políticas entre a Lusitania e a Gallaecia en ambos os cómputos obtidos (figura 11).\nb IblIogrAfíA\nGallaecia de la época. Porriño."} {"summary": "Analizamos a continuación o nacemento do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela no ano 1969 recollendo a experiencia previa da Escola de Formación do Profesorado de Grao Medio, creada en 1964.\nOs ICE son un dos puntos dos que parte a Lei Xeral de Educación de 1970 para situar o panorama educativo español á altura dos países europeos. A formación do profesorado estaba, en todos os niveis, retrasada e necesitábanse medidas urxentes; no caso dos profesionais do maxisterio, a súa formación práctica contemplábase na propia carreira, como segue a ocorrer hoxe; non era así no caso dos profesores de ensino secundario, aos que se lles esixían coñecementos teóricos, pero non se lles daban as ferramentas para comunicalos nunha aula. Para solucionar a eiva ideouse o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP), que moi pronto acabou converténdose nunha pesada esixencia para os alumnos, o cal motivou sucesivos intentos de cambio ata a súa substitución polos másteres de formación de profesorado actuais. Polo CAP que ofrecía o ICE da Universidade de Santiago pasaron un elevadísimo número de alumnos e alumnas nun período de case corenta anos, entre 1970 e 2009; moitos deles son hoxe profesores de educación secundaria en institutos e noutros centros educativos. De aí que sexa relevante estudar a evolución do centro responsable da súa formación pedagóxica.", "text": "A FORMACIÓN INICIAL DO PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE) DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: ANTECEDENTES E EVOLUCIÓN\nTHE INITIAL TRAINING OF THE SECONDARY SCHOOL TEACHERS\nNo se puede aprender a educar de otro modo que educando. Manuel B. Cossío (1966)\n : Instituto de Ciencias da Educación (ICE), Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP), formación do profesorado, educación secundaria, Universidade de Santiago de Compostela.\n1. O INICIO DOS ICE. INCORPORACIÓN DA EXPERIENCIA ANTERIOR\nA década de 1960 caracterizouse pola introdución do modelo tecnocrático na educación. Durante o goberno de Lora Tamayo no Ministerio de Educación Nacional (MEN), en 1966 o Ministerio cambia de nome, pasando a chamarse Ministerio de Educación e Ciencia (MEC). A Administración educativa anterior baseárase, fundamentalmente, nun criterio sectorial, é dicir, en compartimentos estancos, nos que, segundo Julio Seage e Pedro de Blas, «cada nivel de enseñanza tiene unos fines y objetivos diferentes y se dirige a un tipo de público distinto» (Seage e Blas, 1975). Cando en 1968 accede José Luis Villar Palasí ao novo Ministerio, un dos problemas co que debe enfrontarse é precisamente o da inadecuación da Administración educativa a unha concepción unitaria da educación (Puelles Benítez, 1980). Unha das primeiras medidas tomadas polo Ministerio foi a creación de novas universidades en Madrid, Barcelona e Bilbao; outra, a creación dos Institutos de Ciencias da Educación, radicados nas universidades e coordinados por un órgano, o Centro Nacional de Investigacións para o Desenvolvemento da Educación (CENIDE 1, máis tarde transformado en Instituto Nacional de Ciencias da Educación, INCIE 2). Segundo Manuel de Puelles, tratábase de acercar a Universidade aos demais niveis educativos, de que «en los institutos [nos ICE] se prepararan todos los profesores, públicos o privados, para la docencia y de que se adscribieran unos órganos específicos dedicados a la investigación de las ciencias de la educación» (Puelles Benítez, 1980, p. 430, nota 5), aínda que o intento «quedara, en su realización, muy lejos de los ambiciosos objetivos reseñados». Lémbranos o autor que ese intento de acercar a Universidade aos demais niveis do sistema xa se intentara anteriormente na Segunda República 3. Pero a decisión de realizar unha reforma global do sistema educativo estaba en marcha, aínda que os valores que sustentaban o réxime eran os mesmos, o concepto cristián da vida e os principios do Movemento Nacional. En outubro de 1969 tiña lugar en Buitrago unha semana de traballo do equipo ministerial de Villar Palasí, na que se formulou unha estratexia que se concretaría despois no famoso Libro Blanco. Loxicamente, toda a experiencia acumulada da anterior Escola de Formación do Profesorado de Grao Medio (196469) serviu de base para esta nova iniciativa.\nOs Institutos de Ciencias da Educación (ICE) foron creados ao abeiro do Decreto 1678/1969, de 24 de xullo (BOE de 15 de agosto). O citado Decreto establece como funcións específicas dos ICE a formación pedagóxica dos universitarios, a investigación activa no dominio das ciencias da educación e o servizo de asesoramento técnico nos problemas educativos. Un ano despois, a Lei Xeral de Educación de 1970 (LXE) asumiu por completo e reforzou as funcións dos ICE como centros universitarios de investigación e especialización. A Orde Ministerial de 14 de xullo de 1971 (BOE de 24 de xullo) aclarou e clasificou as actividades docentes dos ICE, centrándoas en cursos de obtención dos certificados de aptitude pedagóxica (CAP) para o exercicio da docencia, cursos de perfeccionamento do profesorado en exercicio e actividades complementarias como a difusión e información da Reforma Educativa, innovacións metodolóxicas e educativas, entre outras. Sinálase na LXE que as actividades dos ICE serán coordinadas a través do Centro Nacional de Investigacións para o Desenvolvemento da Educación (CENIDE). Suprimido este en 1974, continuou co labor o citado Instituto Nacional de Ciencias da Educación (INCIE).\n2. O NACEMENTO DO ICE: ESTRUTURA INTERNA E EXTERNA 2.1. Estrutura organizativa e funcións\nOs primeiros ICE comezaron a funcionar nalgunhas universidades españolas no curso 196970. Durante este curso iniciou as súas actividades o ICE da Universidade de Santiago de Compostela, aínda que o CAP se poría en marcha algo despois. Atrás quedaba a formación do profesorado de ensinanza media, que comezara en Santiago de Compostela no curso 196465, na Escola de Formación do Profesorado de Grao Medio, adscrita á antiga Facultade de Ciencias, baixo a dirección do profesor Massaguer (Castro Sacido, 1984).\nO primeiro director do ICE foi o catedrático de Química Inorgánica José Ramón Masaguer Fernández (196972) 4. Como director adxunto nesta primeira etapa (19691972) figuraba Agustín Fernández Albor, profesor de Dereito Penal da Universidade de Santiago de Compostela 5, ao que sucedería Demetrio Díaz Sánchez 6 como adxunto no período 197376. Posteriormente foron directores o catedrático de Química Física Julio Casado Linarejos (197380), o catedrático de Lingüística Española Guillermo Rojo Sánchez 7 (198082), o catedrático de Orientación Educativa Luis Sobrado Fernández (198286) 8, o catedrático de Química Inorgánica Manuel Rafael Bermejo Patiño (198690, con José Antonio Caride Gómez na subdirección), o catedrático de Teoría e Historia da Educación Antón Costa Rico (1 de outubro de 1991 ata o 31 de xullo de 1994), o catedrático de Didáctica e Organización Escolar Miguel Ángel Zabalza Beraza (199498), o catedrático de Teoría e Historia da Educación Miguel Ángel Santos Rego (19982006), o catedrático de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación José Cajide Val (200612) e a profesora titular de Métodos de Investigación Ana Mª Porto Castro (2012 ata a actualidade). Como se pode observar, nos primeiros anos a gran maioría dos directores procedían do campo das Ciencias, especialmente da Química, seguindo o modelo do primeiro director, José Ramón Masaguer 9. A partir dos anos oitenta en postos de responsabilidade e de 1990 na dirección, os directores e directoras proceden da Facultade de Ciencias da Educación, como o persoal colaborador e investigador do propio ICE 10.\nO ICE da Universidade de Santiago de Compostela comezou coas divisións de Formación do Profesorado e Investigación Educativa, das que foron xefes nos seus comezos Mª del Carmen Enríquez Salido, Manuel Luis Casalderrey García (que tamén foi director adxunto), Juana Castro Sacido e Miguel Ángel Ríos Fernández 11 ; a división de Tecnoloxía Educativa, con José Mª Díaz de Rábago 12, convertida no Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV) en 1984, como servizo autónomo na Universidade. En 1973 creouse a división de Orientación Escolar e Profesional, co profesor Luis Sobrado na xefatura. Estas divisións foron evolucionando ao longo do tempo 13.\nO ICE contou nos seus inicios con persoal administrativo e con persoal técnico, con Ángel Fagilde Trabada que continuaría no SERVIMAV; con José Ramón Lorenzo Creo, na Sección de Biblioteca e Documentación desde 1979 a 1986; con Pilar Redondo Santos, Directora da Sección de Biblioteca e Documentación de 1975 a 1978, e David de Prado Díaz, Director do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento Educativo (LIDE). Este persoal administrativo e técnico foi igualmente cambiando co paso do tempo.\nAsí, no período 19982002, o ICE contaba coa seguinte estrutura organizativa (Instituto de Ciencias da Educación, 2002, pp. 1921):\na) Dirección e subdirección b) Divisións c) Coordinación do CAP d) Xestión de Asuntos Xerais e) Biblioteca f) Equipo Informático g) Negociado h) Outro Persoal de Investigación Esta estrutura estaba composta polas seguintes persoas: a) Dirección e subdirección\nDirector: Miguel A. Santos Rego Subdirector: Agustín Godás Otero 12 José Mª Díaz de Rábago naceu en Santiago, onde estudou Ciencias Químicas. Ingresou na Compañía de Jesús e amosou dende novo interese polos medios audiovisuais, o que o levou a especializarse na Universidade de Stanford (Estados Unidos) nos anos 60. Entre 1970 e 1982 foi Director da División de Tecnoloxía Educativa do ICE e dende 1982 a 1993 desempeñou a dirección do Servizo de Medios Audiovisuais da Universidade de Santiago; compaxinou estas actividades ca dirección do Colexio Maior San Agustín. Impulsou o proxecto Telegal entre a Universidade de Santiago e a UNESCO para introducir a informática no ensino de Galicia. Curmán da condesa de Fenosa, Carmela Arias y Díaz de Rábago, morreu no 2006 en Salamanca aos oitenta e oito anos, tras unha longa enfermidade. 13 No Documento de Bases elaborado polo novo equipo do ICE no curso 198687 (Memoria 19871991), entendíase que o Instituto debía estruturarse de acordo coas tres grandes áreas relacionadas coa Investigación, coa Docencia e coa Información e Documentación Educativa, cada unha delas con dúas divisións (6 en total), respectivamente: Investigación Educativa e Estudos sobre Blingüismo; Profesorado de nivel universitario e Profesorado de niveis non universitarios ; Información e Asesoramento e Documentación e Publicacións. Esta profusión de divisións entendemos que non era moi operativa, tendo en conta o escaso persoal co que contaba o ICE. Por iso as Memorias dos períodos posteriores amosan unha estrutura máis reducida. Así, por exemplo, no período no período 19911994 constan as divisións de Investigación Educativa, de Formación do Profesorado e de Asesoramento Didáctico, de Documentación Educativa e Publicacións, coas respectivas seccións. No período 19982002 contaba coas divisións de Programas de Intercambio e Relacións Institucionais, Investigación Educativa e Programas de Formación, Documentación e Tecnoloxía Educativa. No período 20022006, Investigación Educativa e Programas de Formación, Innovación Educativa, Documentación e Tecnoloxía Educativa.\nb) Divisións: * De Programas de Intercambio e Relacións Institucionais Xefe de División: Xosé Manuel Vez Jeremías Mª del Mar Lorenzo Moledo (Setembro 2000Setembro 2001) * De Investigación Educativa e Programas de Formación Xefe de División: Ana Mª Porto Castro (1998Abril 2001) Felicidad Barreiro Fernández (Maio 2001Setembro 2001) Mª del Mar Lorenzo Moledo (desde Outubro 2001) * De Documentación e Tecnoloxía Educativa Xefe de División: Eulogio Pernas Morado c) Coordinación do CAP: - Coordinadora Xeral: Mª del Carmen Morán de Castro - Coordinación de Didácticas Específicas Xosé A. Armas Castro Bieito Silva Valdivia Xosé Mendoza Rodríguez Mª del Carmen Morán de Castro d) Xestión de Asuntos Xerais Beatriz Gómez Corredoira (19992000) Mª Victoria del Río Garma (2001) Mª Carmen Mirás Nouche (20012002) e) Biblioteca Cristina Cabada Giadás f) Equipo Informático José Castro Torres (19992001) Marcos Franqueira González (20012002) g) Negociado Elvira Rodríguez Piñeiro Clara Budiño Vázquez h) Outro Persoal de Investigación Mª Begoña Gómez Vázquez Carmela Cambeiro Lourido Susana Martínez Sieira\nEntre as funcións iniciais do ICE, destaca a formación continuada do Profesorado, a Investigación e o Asesoramento; tamén como centro de recursos tecnolóxicos (Telegal), coa colaboración da Fundación Barrié de la Maza 14. Na investigación destacan os proxectos iniciais encargados polo\nMEC e o Banco Mundial, entre outros. Aínda mantendo as funcións orixinarias, o ICE da Universidade de Santiago de Compostela ten pasado por diversas fases de reaxuste interno, tanto na súa estrutura como nas súas funcións. Ademais das importantes publicacións, no seu seo lévanse constituído equipos de investigación, encargados do estudo técnico para os Informes do Consello Escolar de Galicia; estratexias no marco da colaboración para a innovación entre a Universidade e centros ou instancias non universitarias; cursos, congresos, seminarios e xornadas; o Taller Permanente de Educación Ambiental; o impulso dos premios á Innovación Educativa; os convenios de colaboración e intercambio; o servizo de Biblioteca 15. Máis especificamente, a Formación Inicial dos futuros profesores de Educación Secundaria (CAP), que trataremos máis adiante.\n2.2. Infraestruturas e recursos\nA parcela afectada, propiedade de dona Eulalia Osorio de Moscoso, duquesa de Soma 17, tiña unha extensión de cincuenta mil oitocentos oitenta metros cadrados, e limitaba ao norte coa estrada de San Lourenzo a Vidán, ao leste e sur con terreos da cidade universitaria e ao oeste con parte da finca non expropiada.\nAs obras previstas para a construción do Instituto de Ciencias da Educación considerábanse de utilidade pública. O Decreto foi asinado en Madrid por Francisco Franco o 23 de decembro de 1971, pero o proceso de expropiación debeu prolongarse no tempo e o ICE non contou cunha sede ad hoc, como estaba previsto. Finalmente nos terreos expropiados edificáronse equipamentos do Campus Vida, como a residencia universitaria do Monte da Condesa e a Facultade de Óptica e Optometría.\ndestino era en comisión de servizos». Xa no curso 197374 comezou a funcionar o Colexio Nacional de Campolongo (Pontevedra) coa idea de servir igualmente de centro piloto. Véxase o Decreto 2606/1974, de 9 de agosto, polo que se clasifica como Centro Piloto de Educación Xeral Básica, baixo a supervisión do ICE da USC, o Colexio Nacional de Campolongo, en Pontevedra capital, acollido ao Plan de Urxencia (BOE do 16 de setembro de 1974). 15 Cada un destes apartados merecería un estudo específico, do que nos encargaremos nun traballo global da Institución. 16 BOE nº 27 de 1 de febreiro de 1972, p. 1828. 17 Mª Eulalia Osorio de Moscoso y López Embún (18901976) foi a XVI duquesa de Soma, marquesa de Elche e condesa de Saltes. Sucedeuna no título e na propiedade da antedita finca o seu fillo José Mª Ruiz de Bucesta y Osorio de Moscoso, quen casou con Mª Luz de Mora y Aragón, irmá de Fabiola de Mora e Aragón. Fabiola, raíña de Bélxica, frecuentou o pazo de San Lourenzo en compañía do seu marido o rei Balduino.\nO ICE non contaba pois con locais propios para a impartición do CAP. Este feito afectou á organización temporal dos cursos. En función da dispoñibilidade de aulas nas distintas Facultades, Colexios e Escolas Universitarias, houbo que distribuír os distintos seminarios.\nSegundo a Memoria 19871991, o ICE estivo ubicado durante todos estes anos nos baixos da Facultade de Xeografía e Historia, ocupando unha superficie duns 540 m 2, distribuída así: 1 despacho para a Dirección, 7 para as Distintas Divisións, 1 Sala de Xuntas, 3 para servizos administrativos e conserxería, 1 para Biblioteca e 3 para arquivo e almacén.\nO ICE dispuxo tamén para o seu uso de dúas aulas na mesma Facultade de Xeografía e Historia, de dimensións bastante reducidas e que se empregaron fundamentalmente para o Curso do CAP ou para outras actividades diversas co profesorado. Cómpre subliñar que estas aulas foron absolutamente insuficientes para desenvolver esa función de formación inicial do profesorado de Secundaria, para a que se chegaron a necesitar simultaneamente máis de10 aulas, o que supuxo utilizar locais cedidos en distintos centros universitarios e problemas organizativos de certa entidade.\nCanto a recursos materiais, segundo a mencionada Memoria 19871991, a dotación do ICE era mínima, botándose en falta especialmente todo o relacionado cos aspectos informáticos e medios audiovisuais. En concreto, á parte de armarios e andeis de biblioteca e de mobiliario de despachos, os recursos limitábanse en outubro de 1986 ao seguinte: 5 máquinas de escribir, 1 fotocopiadora, 52\narquivadores e 1 retroproxector.\nNo período 19871991 o ICE foi dotado de material e recursos que permitiron abordar as funcións de docencia, investigación e documentación educativa cun mínimo de éxito. As adquisicións feitas durante ese cuadrienio foron as seguintes: 7 ordenadores, 5 impresoras (1 láser), 3 máquinas de escribir, 2 retroproxectores, 1 proxector de diapositivas, 1 magnetoscopio e monitor de TV, 1 radiocasette, 1 fotocopiadora (en substitución da xa existente), 6 arquivadores, 9 mesas de despacho, 4 armarios de biblioteca e 2 andeis de biblioteca.\nAs limitacións de recursos técnicos e didácticos estaban sobre todo no terreo dos medios audiovisuais, e, ao mesmo que sucedía coa dotación de espazos, manifestábase especialmente na faceta da docencia durante o Curso do CAP, o que obrigaba á utilización de medios externos ao propio Instituto (SERVIMAV) para poder atender adecuadamente a demanda que se producía en momentos puntuais do Curso.\n2.3. Financiamento (Orzamentos)\nDende a Lei Xeral de Educación de 1970, os ICE percibían do Goberno Central importantes transferencias económicas para atender á formación permanente do profesorado, financiamento que desapareceu ao se produciren as transferencias en materia educativa á Xunta de Galicia e quedar o ICE sen esta competencia. Consecuencia desta situación de cambio político foi que no ano 1986\nse realizaron moitos cursos que non contaron con tal fonte de financiamento. A Xunta da Galicia non asumiu as débedas ocasionadas e tivo que ser a propia Universidade a que se fixera cargo das mesmas (Instituto de Ciencias da Educación, 2002, p. 171).\nNa negociación co Vicerreitor de Asuntos Económicos e co Xerente da Universidade de Santiago realizada ao longo do ano 1987, acordouse a creación dun fondo de 25 millóns de pesetas na partida de Investigación procedentes de remanentes existentes no ICE para facer unha serie de pagos pendentes: titores do CAP que levaban ata 4 anos sen cobrar, profesorado que impartira cursos organizados polo ICE con anterioridade ao ano 1986, compromisos asumidos polo anterior equipo directivo e que non puideran cumprir, etc. En suma, tratábase de resolver cuestións económicas pendentes para poder comezar unha nova etapa, e isto foise facendo entre 1987 e principios de 1988. As Memorias dos períodos posteriores reflicten a evolución desta temática 18.\n3. O DESENVOLVEMENTO DO CURSO DE APTITUDE PEDAGÓXICA (CAP)\n3.1. Estrutura\na) Primeiro ciclo, de carácter teórico. Estudaríanse os fundamentos e principios xerais da educación, necesarios para o labor docente. A programación xiraba arredor das seguintes temáticas: 1) Principios, obxectivos e problemática da educación nos seus aspectos psicolóxicos, sociolóxicos e históricos; 2) Tecnoloxía e sistemas de innovación docente;\n3) Didácticas específicas. Este primeiro ciclo tería como mínimo unha duración de cento cincuenta (150) horas, quedando a criterio de cada ICE as modalidades de realización.\nb) Segundo ciclo, de carácter práctico. Tiña como finalidade o exercicio da «profesión docente». Desenvolveríase nos Centros de Ensino Medio, baixo a responsabilidade de profesores titores. A súa duración mínima era tamén de 150 horas.\nComo xa sinalamos anteriormente, a Orde do 14 de xullo de 1971 (BOE de 24 de agosto) establecía a clasificación das actividades docentes dos ICE. Unha desas actividades docentes a desenvolver eran os cursos para a obtención do Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP). De acordo co marco normativo anteriormente sinalado, o ICE de cada Universidade organizou os cursos para a obtención do CAP que, con certas variantes diferenciadoras, presentaban unha serie de características comúns:\na) A estrutura en dous ciclos separados, que afectaba tanto ao espazo no que se ía desenvolver como ao profesorado e titores participantes. Tratábase dunha estrutura bipolar pouco coordinada para establecer unha axeitada relación entre os dous ciclos. b) A duración aproximada ás 300 horas, pero entendida de forma flexible, que daría lugar, en moitos casos, á redución horaria, sobre todo no segundo ciclo, diante das dificultades de contar con titores suficientes e para desenvolver a estancia do alumnado nos Centros.\nAsí, pois, se ben se daban estes elementos comúns, as estratexias de desenvolvemento do CAP fóronse diferenciando nas distintas Universidades, dando lugar a unha importante heteroxeneidade, tanto no que afectaba ao modo de organizar a docencia como ás esixencias solicitadas aos/ ás candidatos/as. O problema xa foi explicado con lucidez por Castillejo Brull (1982): a separación radical entre o predominio do «saber científico» por un lado e o «pedagogismo» por outro, unida a unha patente falta de medios económicos e humanos, fixo que os ICE arrastrasen carencias dende mediados dos anos 70 en todos os distritos universitarios, e que a formación proporcionada polo CAP foxe rexeitada polos licenciados, que a vían como un mero e pesado requisito para acceder á docencia pública.\nSobre estas bases, foi desenvolvéndose o CAP no ICE da Universidade de Santiago, con modificacións que afectaron, tanto ao número de horas para cada ciclo, como, principalmente, ao bloque específico do primeiro ciclo, no que se foron incorporando novas especialidades, en función da formación do alumnado. Como se sinalaba na Memoria 19871991, «a experiencia de case 20 anos demostra que este modelo de formación non responde ás necesidades dunha profesión cada vez máis complexa» 19. O equipo que se fixo cargo do ICE no curso 198687 iniciou un proceso que tivo como manifestacións más relevantes unhas Xornadas celebradas en Poio (Pontevedra) en setembro de 1987, coa participación duns 50 profesores de Ensino Medio e Universidade. A partir dos resultados de avaliación do curso 198788, o CAP quedou estruturado nun primeiro ciclo teórico, cunha duración aproximada de 120 horas, e un segundo ciclo práctico, realizado en centros de Ensinanza Secundaria, cunha duración aproximada de 50 horas.\nA título de exemplo, no período 19982002 (Instituto de Ciencias da Educación, 2002, pp. 1921), o curso para a obtención do CAP, cunha duración total de 150 horas, organízase en dous ciclos, teórico e práctico, estruturados arredor de tres bloques de traballo:\na) Bloque común b) Bloque específico c) Practicum Os bloques común e específico, que corresponden ao ciclo teórico, teñen por obxectivo abordar os aspectos básicos da educación, a ensinanza e a profesión docente, desde a contribución das Ciencias da Educación. – No bloque común desenvólvense catro seminarios, cunha carga total de 60 horas: – Teoría e Socioloxía da Educación (15 horas) – Bases Psicolóxicas da Intervención Educativa no Ensino Secundario (15 horas) – Deseño Curricular e Organización Escolar no Ensino Secundario (20 horas) – Titoría e Orientación Educativa no Ensino Secundario (10 horas)\nNo bloque específico, cunha carga total de 40 horas lectivas, analízanse os aspectos propios da didáctica das diferentes áreas e materias da educación secundaria. O alumnado, en función da súa formación, pode seguir este bloque nunha das vinte especialidades ofertadas (Cadro I):\nICE da Universidade de Santiago Período 19982002 Especialidades ofertadas no bloque específico 1. Administración de Empresas 2. Bioloxía e Xeoloxía 3. Ciencias Sociais, Xeografía e Historia 4. Cultura e Linguas Clásicas 5. Debuxo 6. Educación Física 7. Filosofía 8. Física e Química 9. Formación e Orientación Laboral 10. Lingua Alemá 11. Lingua Castelá e Literatura 12. Lingua Francesa 13. Lingua Galega e Literatura 14. Lingua Inglesa 15. Matemáticas 16. Música 17. Psicoloxía e PedagoxíaOrientación 18. Rama Sanitaria 19. Servizos Socioculturais e á Comunidade 20. Tecnoloxía\nCadro I : especialidades ofertadas\nO ciclo práctico ten por obxectivo que o alumnado tome contacto directo coa realidade educativa, podendo observar de forma guiada aspectos organizativos e de funcionamento dos centros e das aulas, iniciándose, así mesmo, no toma de decisións que supón a elaboración e posterior desenvolvemento de propostas de ensinanza na súa área ou disciplina. Este ciclo práctico, ou Practicum, cunha duración de 50 horas, desenvólvese nos Centros Públicos de Ensino Secundario baixo a orientación dun profesor titor desta etapa.\n3.2. O alumnado. Evolución\nImos desenvolver este apartado en distintos períodos, atendendo á aparición das grandes leis marco no sistema educativo: a LXE (1970), a LOXSE (1990), o breve período da LOCE (2002) e a implantación da LOE (2006).\n3.2.1. O período da LXE (19711990)\na) O tramo 197177\nA opción pola configuración deste tramo vén determinada polo feito de que no ICE da Universidade de Santiago impartíase unicamente o CAP de Bacharelato nunha sola convocatoria anual ata 1977 20. Agás no curso 197172, en que houbo unha presenza masiva de alumnos, debido en boa maneira a que era a primeira vez que se implantaba o CAP a partir da LXE de 1970, nos demais cursos académicos deste primeiro tramo a media estivo arredor dos 200 alumnos por curso (Táboa I). Ademais, en 1977 estableceuse a obrigatoriedade do CAP para todos os licenciados que quixesen optar ás oposicións de agregados de Instituto 21 co que aumentou moi considerablemente a demanda do curso por parte de licenciados de todo o distrito universitario: «Con ello llegó la masificación y el deterioro de la calidad de las enseñanzas, aunque se siguieron manteniendo las normativas anteriores para los dos ciclos» (Castro Sacido, 1984, pp. 492). Ao mesmo tempo, aumentou o número de licenciados na Universidade compostelá, coa creación de novas Facultades e o crecente acceso da sociedade galega á ensinanza superior (Lois González, 1994). Pero o ICE contaba co mesmo número de profesores dos anos anteriores.\nb) Tramo 19771990\nTal como sinalamos anteriormente, a partir do curso 197778 apréciase un importante incremento no número de alumnos matriculados no CAP (Táboa II). Para cubrir a demanda, recorreuse a máis dunha quenda e nalgunha ocasión á convocatoria dun Ciclo extraordinario, incluso fóra da capital galega, como sucedeu no curso 197778, cun primeiro ciclo extraordinario que tivo lugar na Coruña, cun total de 127 alumnos matriculados 26.\nTáboa II. ICE da Universidade de Santiago CAP (1977/78 – 1989/90)\n3.2.2. O período da LOXSE (19902002)\nA Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, do 3 de outubro de 1990 (BOE, de 4 de outubro) introduciu nos artigos 24.2, 28 e 33.1 a esixencia dun Título Profesional de Especialización Didáctica, que se obtiña mediante a superación dun Curso de Cualificación Pedagóxica (CCP) para os docentes na etapa de Ensino Secundario establecida na propia Lei.\nNestes anos noventa a necesidade de cambio no esquema dos ICE é palpable e nalgunhas universidades inténtanse poñer en práctica modelos máis acordes coas esixencias reais, como o que presentan Martín Toscano e Martín Muncharaz (1995) 35 no ICE da Universidade de Sevilla, que apostaba pola vinculación dos diferentes coñecementos, destrezas e habilidades dos futuros profesores ás actividades prácticas que se esperaba desenvolvesen; aínda así, tamén en Sevilla a masificación de alumnado impediu que o modelo prosperase.\nCinco anos máis tarde, polo Real Decreto 1692/1995 de 20 de outubro (BOE de 9 de novembro), regúlase o título do CCP, establecendo os parámetros básicos que deben definilo e que, despois, deben resolver e concretar as respectivas administracións educativas con competencias. O Real Decreto establecía unha carga mínima lectiva de 60 créditos e máxima de 75, que se impartirían nun período de tempo non inferior a un ano académico.\nO R.D. 1692/1995, polo que se regulaban os novos cursos para a formación inicial do profesorado de educación secundaria, propiciou unha «avalancha de noticias, tomas de posición e protestas» (Zabalza Beraza, 1997, p. 5). Pero o ICE da Universidade de Santiago de Compostela continuou organizando anualmente o CAP (Táboa III), no contexto da reforma que se viña experimentando dende anos atrás, se ben, na Introdución á Memoria 19982002, «segue a manifestar o seu interese e mesmo inquedanza pola incertidume que aínda hoxe rodea a posta en marcha do CCP na nosa\n3.2.3. O breve período da LOCE (2002) e a implantación da LOE (2006)\nSabemos que no ano 2000 completáronse as transferencias educativas ás Comunidades Autónomas 42. A partir de aquí, comezou un proceso de transformacións, tanto a nivel autonómico como central. Este proceso afectou a diferentes ámbitos do sistema educativo, como foi o caso da formación inicial e permanente do profesorado. A transformación principal consistiu na substitución do anterior modelo establecido pola Lei Xeral de Educación de 1970, por outro baseado na estrutura de graos e postgraos do EEES (Espazo Europeo de Educación Superior). A manifestación máis emblemática no que respecta ao noso estudo afectou ao Curso de Aptitude Pedagóxica, que vai experimentar a súa adecuación ao sistema de graos e postgraos 43.\nNa transición entre a Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990) e a Lei Orgánica de Calidade da Educación (LOCE, 2002), apareceron algunhas propostas que non tiveron plena aplicación. A descentralización universitaria tivo tamén como consecuencia un certo decrecemento (Táboa IV) no alumnado do CAP para o ICE da Universidade de Santiago de Compostela.\nCurso Académico\n3.3. A descentralización\nUnha vez producida a descentralización da Universidade galega, co reparto en tres universidades, A Coruña, Santiago e Vigo 46, ata o curso 19992000 inclusive, o ICE da Universidade de Santiago de Compostela veu organizando e coordinando o Curso de CAP para as tres universidades. A partir de entón, organízase para as universidades de Santiago e Vigo, no seguintes campus: Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Ourense (Instituto de Ciencias da Educación, 2002, pp. 2128). Esa organización, prestando o servizo na de Vigo, mantívose ata o curso 20022003 inclusive. A partir do curso académico 20032004, a Universidade de Vigo puxo en marcha un curso propio de formación, co que o labor concentrouse exclusivamente no ámbito de actuación da Universidade de\n3.4. As modalidades\nQueremos facer finalmente referencia ás distintas «modalidades» que, ademais da ordinaria, foron tomando corpo co paso dos anos. Como modalidades organizativas, seguíronse as modalidades presencial, intensiva, semipresencial (esta última, froito dunha reforma efectuada no curso 20002001) e virtual (Táboas VII e VIII).\nO CAP organízase en dúas modalidades de idéntico contido e asistencia obrigatoria, no mesmo espazo de tempo: A modalidade ordinaria, en clases de luns a xoves, en sesións de dúas horas diarias.\nA modalidade semipresencial, reservada para as persoas que, por causa de traballo, non poden acceder diariamente ao curso. Desenvólvese intensivamente nas tardes dos venres, de 16:30 a 21:00 horas. O ciclo práctico ten as mesmas condicións e características que na modalidade Ordinaria.\nEsta segunda modalidade foi froito da citada reforma do curso 200001 da denominada «modalidade intensiva», que implicaba a asistencia á totalidade da carga lectiva do curso, celebrado exclusivamente en Santiago de Compostela os venres e algúns sábados, coas mesmas condicións de desenvolvemento que a modalidade ordinaria. A partir do ano académico sinalado planifícase o desenvolvemento do curso, atendendo ao criterio de asistencia obrigada ao 60% da carga lectiva de cada seminario, e traballo individual e tutelado no 40% restante. Planifícase tamén a descentralización desta modalidade, que pasa a realizarse en todos os campus.\nXa, no curso 20012002, o ICE comezou a desenvolver unha experiencia de «CAP virtual» na modalidade semipresencial de Didáctica da Física e a Química, que se enmarca dentro da USC Virtual, é dicir, o Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela, e empregando o Entorno Virtual de Aprendizaxe WebCT 47.\nGráfica I. Alumnado do CAP segundo modalidade de matrícula\nCONCLUSIÓNS\nEstes son, en grandes cifras, os datos presentados, especialmente os referidos ao curso para a formación pedagóxica dos futuros profesores de educación secundaria. Quedan moitos aspectos a tratar, que non teñen cabida neste formato, e que estamos a desenvolver: os obxectivos que se pretendían, os contidos seleccionados, a metodoloxía de traballo, as prácticas de ensinanza, os sistemas de avaliación, a proporción alumnosalumnas en cada unha das especialidades, o número de alumnos por clase, as taxas de abandonos, repetidores e demais —que tampouco foron tantos—, o que nos levaría a unha profunda reflexión sobre o particular. Igualmente, profundar nos recursos persoais e materiais dispoñibles, nas infraestruturas, na atención e interese da propia institución universitaria que lle deu acubillo ao ICE para desenvolver o labor de preparación pedagóxica do profesorado.\nEn total, segundo as fontes consultadas e o sistema de contabilización empregado, matriculáronse no CAP do ICE da Universidade de Santiago de Compostela no período 19712009, momento este último en que o CAP dá paso ao Máster de Formación do Profesorado de Educación Secundaria, canalizado xa a través de Facultade de Ciencias da Educación, un total de 42.141, entre alumnos e alumnas, un número realmente importante. Foron 38 cursos académicos cunha media de 1.109 alumnos por curso 48, menor nos primeiros anos, pero que se foi incrementando co paso do tempo, sen grandes modificacións nos recursos materiais e humanos dispoñibles. Este alumnado, ou polo menos unha parte importante del, sería o que ía ocupar os postos docentes no nivel da educación secundaria do noso sistema educativo. Neste achegamento ao labor formativo do profesorado 48 Agás no curso 197172, moito menor ata o curso 198687, e menor no período 20052009.\nde educación secundaria levado a cabo polo ICE da Universidade de Santiago constatamos un claro esforzo para atender as demandas dun moi elevado número de alumnos e alumnas, demandas acrecentadas pola procedencia do propio alumnado, de diferentes carreiras universitarias e con moi diferentes bases formativas e aspiracións profesionais.\nO modelo do CAP foi sistematicamente cuestionado e rexeitado polo alumnado, que tendeu a velo como un requisito sen fundamento. Neste sentido fixéronse cambios ao fío das diferentes reformas educativas das que damos conta no apartado 3 deste traballo, pero a postura do alumnado continuou sendo reticente, en gran parte polo peso, que aínda hoxe é palpable, dos coñecementos en detrimento dunha vertente pedagóxica que sempre se viu con certo menosprezo dende as Facultades e centros alleos aos estudos propiamente pedagóxicos. Certamente a Universidade, polo menos dende 1970 e ata á actualidade, tivo ocasión de facerse cargo das «cuestiones formativas de la docencia de las enseñanzas de carácter escolar», como ben apunta M. Menor Currás, pero non foi quen de facelo, encargándose tan solo «de producir licenciados en las distintas disciplinas» (Menor Currás, 2014, p. 78). O ICE, neste caso o da Universidade de Santiago de Compostela, procurou atender ao alumnado e fíxoo ata o ano 2009 cos cursos de aptitude pedagóxica, sen descoidar outras importantes facetas, como os cursos de formación continua para diferentes niveis do profesorado (dende o maxisterio ata o profesorado universitario), con publicacións dirixidas aos docentes, co impulso á innovación pedagóxica e con grupos de investigación que desenvolveron actividades senlleiras sen o gran pulo que hoxe teñen os proxectos patrocinados por diferentes entidades.\nNo momento crucial no que estamos, en plena voráxine de reformas educativas contestadas desde moitas frontes, podemos contemplar o traballo feito polo ICE da Universidade de Santiago ao longo de corenta e cinco anos e valoralo con ecuanimidade; no caso do curso de aptitude pedagóxica, é innegable o inxente traballo para atender con limitados medios materiais e humanos a un número moi elevado de alumnos e alumnas. En última instancia, pensamos que seguen a ser válidas as verbas de Cossío que inician este traballo: «No se puede aprender a educar más que educando», e todos os profesores e profesoras o saben.\nREFERENCIAS"} {"summary": "Neste artigo trazamos a perspectiva de construción dun Instituto de Investigación Educativa en e para Galicia, tendo en conta, non só pero tamén, a evolución e actual situación do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun proxecto inclusivo, que ben se podería artellar entre as tres universidades do país. O obxectivo non sería outro que ofrecer un axeitado soporte ás políticas centradas na mellora da calidade de procesos e resultados educativos, incentivando sinerxias colaborativas arredor de ideas e programas. Rematamos dando conta das vantaxes que tería para a Comunidade Autónoma a existencia dun Instituto co enfoque e as características apuntadas.", "text": "CONSTRUÍNDO A PERSPECTIVA DUN INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN EDUCATIVA PARA GALICIA\nBUILDING A PERSPECTIVE MODEL FOR AN EDUCATIONAL\n : investigación educativa, universidade, calidade, política educativa, procesos educativos.\nIntroducIón\nA historia do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela, o único destas características na Comunidade Autónoma de Galicia, podería enfocarse como narrativa se non fose porque, xustamente, unha narrativa precisa dunha trama na que basear e á que remitir o relato ou, mellor, os relatos que, sucesiva e funcionalmente, dean conta daquela nos seus termos discursivamente comprensivos. A propósito do caso invocado, para o que se solicita opinión, nove anos despois de deixar a dirección, é fácil colixir que aludo, metaforicamente, á sistemática falta de encaixe do noso ICE (como todos os demais en medida equiparable) na estrutura da universidade española, máis envorcada ao control administrativo dos tímidos cambios efectuados durante o último século que á promoción de auténticas vías de renovación educativa nos seus centros e\ndepartamentos.\nCuriosamente, os ICEs nacen nos estertores dun réxime político de triste memoria, sobre o que, a finais dos anos sesenta do pasado século, precipítanse as presións, desde o exterior e desde o interior, a fin de ir situando ao país nas vías dunha modernidade que, aínda que tardía, xa non era postergable, por razóns económicas á par que outras estritamente políticas. Tal esixencia requiría un sistema educativo que apuntase a un futuro de gradual homologación de credenciais formativas para a poboación máis nova e a súa inserción nun mercado de traballo que avanzaba en competitividade.\nNese contexto promúlgase a lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa (lxE), que sanciona a previa creación dos ICEs e adscríbeos ás universidades (Decreto 1678/1969, do 24 de xullo; BOE do 15 de agosto). Entre os primeiros ICEs estaba tamén o da Universidade Compostelá, con funcións e responsabilidades parellas, a saber, a formación do profesorado non universitario e a investigación e innovación educativas. logo habería outras (avaliación do sistema, asesoría de organizacións, formación de profesores universitarios, programas de doutoramento,...) ao socairo das conxunturas e, por suposto, de vigorosos impulsos diferencialmente selados no mapa español, que foron labrando máis –aínda que non sempre mellorimaxe de marca.\nA continuación cinguiremos a nosa análise á investigación, pero antes permítasenos a licenza de sinalar que tampouco a formación inicial do profesorado de secundaria o tivo fácil, senón todo o contrario, xa que, como moi ben advertían, fai a friorenta de corenta anos, Escudero Escorza e Fernández Uría (1975), os plans de estudo universitarios, orientados cara á disciplina, son certamente obstáculos de gran magnitude.\nDesde logo, a axenda investigadora realizada nos ICEs ao amparo do que establecía o artigo 73 da lxE foi destacable, polo menos mentres permaneceron vixentes os plans nacionais de investigación coordinados, primeiro polo Centro Nacional de Investigacións para o Desenvolvemento da Educación (CENIDE) (BOE do 10 de decembro de 1969) e logo polo Instituto Nacional de Ciencias da Educación (INCIE), creado polo Decreto 750/1974, do 4 de marzo, desde o que se deseñaron e executaron convocatorias públicas de Proxectos, con financiamento estatal, de substanciosa contía ao comezo e sensiblemente máis parca a medida que se foron sucedendo os distintos plans nos anos setenta e parte dos oitenta (cfr. Escudero Escorza e Fernández Uría, 1976).\nAuxe e cAídA dA InvestIgAcIón nos Ices\nCon todas as dificultades para o seu normal funcionamento (afectando, basicamente, ao seu persoal) e os erros nos que se incorreron, sería inxusto non recoñecer que por entón había nos ICEs un inequívoco afán de investigación en temas de cardinal interese para o desenvolvemento do sistema (rendemento escolar, bilingüismo, organización de centros, orientación educativa, educación especial,...).\nÉ salientable a capacidade de iniciativa da que se deu mostra en determinadas instancias á hora de deseñar e acordar proxectos, algúns con moi positivas avaliacións externas, abundando os que tiñan un sinal interdisciplinario e, por descontado, unha dirección acreditada e solvente, non só polo aval de doutorados en ciencias da educación, ou noutras, senón polas excelentes traxectorias de quen os encabezaban, xa fose na universidade ou noutros niveis de ensino. O feito de que non poucos proxectos contasen no equipo con Inspectores de Educación constituíu unha variable digna de atención, dada a súa proximidade aos centros e as facilidades que se abrían ao deseñar estudos empíricos e a correspondente previsión de análise documental, realización de entrevistas e, desde logo, recollida de datos a través de cuestionarios e escalas.\nPode dicirse que o enfraquecemento do labor investigador dos ICEs iníciase unha vez que a administración central deixa de apoiar aos citados plans de investigación coordinados polo INCIE (organismo autónomo que se declara extinguido mediante o Real Decreto 2183/1980) (ver Camacho Pérez, 1986). Na perspectiva de quen escribe non foi outro o punto de inflexión nun percorrido que xa se lastrou pola irredenta carencia de recursos humanos propios na maioría dos Institutos, de modo e maneira que a investigación pasou a ser, na práctica, actividade máis circunstancial que nuclear no discorrer destes organismos, independentemente da letra dos seus estatutos e/ou regulamentos.\nDe facto, na maioría dos casos, a máis diso o seu rol na formación permanente do profesorado (poucos son os docentes dese tempo que non conten no seu rexistro con diploma derivado dalgún curso do ICE), o seu labor reduciuse a organizar e xestionar a realización anual do “Curso de Aptitude Pedagóxica” (CAP), cuxos reiterados, e incumpridos, anuncios de reforma non facían máis que confirmar unha frustrante inercia, ata desembocar —despois de múltiples peripecias legais— na aprobación do máster de Formación do Profesorado de Secundaria e Formación Profesional no curso 200809, baixando o pano a toda unha época de protagonismo institucional (cfr. llorent Bedmar, 2012), para ceder a testemuña ás Facultades de Ciencias da Educación que, con distintas denominacións, son as encargadas, aquí e agora, da formación pedagóxica inicial dos futuros profesores de educación secundaria (como é sabido, da formación permanente ocúpanse os centros de profesores, de responsabilidade autonómica).\nAo longo dos anos oitenta do século fenecido, despois da vitoria electoral do Partido Socialista (1982), a perda de influencia por parte dos ICEs foi unha realidade, debido en boa parte á redución de competencias cando empezaron a desenvolverse os Estatutos de Autonomía nas distintas Comunidades do territorio español, e tamén coa promulgación e aplicación da lei de Reforma Universitaria (lRU) en 1983 (ver Camacho Pérez, 1986; García Suárez, 1988; García Gómez, 1998).\nLru: A oportunIdAde perdIdA\nCreo recoller o sentir de moitas persoas comprometidas e ilusionadas coa mellora da educación naqueles anos se digo que a lRU constituíu a gran oportunidade e acabou sendo o eixo dunha maiúscula frustración no devir dos ICEs. Coa lei (artigo 101) impulsouse un proceso de autorregulación das universidades, que implicaba decisións de organización e funcionamento. Nese marco creábase unha tipoloxía de centro de prístina semántica, ou sexa, “instituto universitario”. Sendo así, calquera vería unha pista, libre de obstáculos, para proceder á súa consideración como institutos universitarios, acordes coa norma legal. Inxenua apreciación.\nNon foi así porque non se lles incluíu no texto de lei, nin ninguén con peso político defendeu a súa inclusión, con carácter propio e específico. Quedaban, pois, á intemperie da boa vontade de cada universidade (Blanco lorente, 2009). E esa vontade non foi, na maioría dos casos, a de homologar a existencia dos institutos de ciencias da educación á dos restantes institutos, vinculados e asociados aos diversos ámbitos do coñecemento científico. O resultado non podía ser outro que o dunha variada heteroxeneidade en canto ás funcións e competencias, amparadas en letra impresa de alcance estatutario, pero sen maior valor ou recoñecemento efectivo.\nVisto en panorámica histórica, foi por entón cando se iniciaba unha etapa na vida dos ICEs que habería de ser xa moi distinta das anteriores. Afianzouse, dunha parte, a súa presenza na educación superior, chegándose mesmo a crear novos institutos en distintas demarcacións do Estado, pero sen os pasos que demandaba a súa conversión en auténticos institutos universitarios de investigación (rémora que, lamentablemente, foi unha constante no tempo).\nlonxe de aproveitar a ocasión para unha reestruturación a fondo dos ICEs e polos ao servizo da misión educativa das universidades, os Reitores, salvo excepcións, descoñecedores e —o que é peor— desinteresados do que podería achegar o ICE, auspiciaron o nomeamento de non poucos cargos directivos no seo destes Institutos, sen máis criterio que o de acomodar solicitudes desde grupos de presión afíns ao equipo de goberno, pero sen programa definido, nin ideas para iniciativas de alcance científico, dentro e fóra dos campus. Con iso non afirmamos, en absoluto, que esa fose a tónica de todos os ICEs do país e, menos aínda, que o denominador común das directoras ou dos directores fose a desidia ou a incompetencia\nmanifestas. Naturalmente que tamén as houbo, para elocuente desprestixio do ICE e a súa inevitable asociación coa pedagoxía e os pedagogos.\nIces con pegAdA e boA xestIón\nNon é do caso facer unha lista exhaustiva, pero si houbo ICEs en España (algúns non desapareceron ata a data) que deixaron unha magnífica pegada de investigación e innovación educativas, ben visible entre finais dos 80 e mediados da primeira década do novo século, mercé á capacidade e ao esforzo despregado por académicos de distintas áreas de ciencias da educación e en organismos que tiveron a fortuna de contar con liderados de nivel, tanto nos mesmos ICEs como nos equipos de goberno da institución.\nIsto que dicimos nótase, a pouco que repasemos as traxectorias de certos institutos (Universidade de Barcelona, Universidade Autónoma de Barcelona, Universidades Politécnicas de Valencia e de madrid, Universidade Autónoma de madrid, Universidade de Zaragoza,... e Universidade de Santiago de Compostela), privilexiando os indicadores relacionados con proxectos de investigación de iniciativa propia ou vinculados a convocatorias oficiais, creación e dinamización de seminarios de formación permanente en ámbitos académicos específicos, activación de laboratorios de tecnoloxía educativa, premios á innovación, impulso de convenios e contratos con administracións e organizacións da sociedade civil, ou posta en marcha de revistas de investigación, ademais da vertebración editorial (libros, monografías, cadernos didácticos,...) que, igualmente, axudou a propiciar\nunha marca diferencial recoñecible no mapa das publicacións educativas desde a universidade.\nUnha clave explicativa de tales singularidades hai que buscala na coidadosa xestión económica levada a cabo nalgúns ICEs, mercé ao rendible emprego de fondos provenientes dos ingresos por matrícula do Curso de Aptitude Pedagóxica, naturalmente alí onde se puido contar coa anuencia e comprensión da Vicerreitoría de Economía, pois do que se trataba era de que ese diñeiro puidese favorecer unha imaxe do ICE máis dinámica e comprometida coas necesidades educativas do país.\nPosto que a prudencia non é inimiga da claridade, quero dicir, a este respecto, que na etapa que tiven a honra de exercer a dirección do ICEUSC (19982006), a marxe de acción e a confianza depositada no equipo de persoas que alí coincidimos serviu de moito, pois non en balde puidemos propor obxectivos e mesmo facer un plan estratéxico para unha década, que resultou gratificante no plano persoal e intúo que notablemente produtivo para o instituto e a súa reputación.\nAs memorias realizadas ao final de cada cuadrienio (2002, 2006) resumen un labor colectivo do que me sinto enormemente orgulloso: convocatorias de axudas para proxectos de investigación no ICE dirixidos a toda a comunidade universitaria, independentemente da área á que puideran pertencer os seus IP, creación na USC dos premios á innovación educativa, impulso ao seminario de educación ambiental, patrocinio de cursos de verán, apoio material a experiencias educativas innovadoras na universidade, acordo co Consello Escolar de Galicia para a realización de estudos sobre o estado do sistema educativo na Comunidade Autónoma, Informe sobre a Investigación Educativa en Galicia (19892001), deseño de nova web para mellorar a política de comunicación, ou potenciación da liña editorial, engadindo novas coleccións de libros e monografías, sempre en colaboración co servizo de publicacións e intercambio científico da USC.\nTal vez o feito de que o máster de Formación do Profesorado de Secundaria non permanecese no ICE (opción perfectamente posible, e ata vantaxosa, desde unha óptica de organización, e de coordinación coa Facultade de Ciencias da Educación) contribuíse á actualidade debilidade estrutural do Instituto no contexto da nosa centenaria universidade, sen que ninguén saiba do seu proxecto e do seu programa de acción, como corresponde a unha axencia que recibe fondos públicos. E, con todo, segue sendo un organismo necesario a pouco que pensemos en como axudar a reconstruír o proxecto universitario para unha verdadeira formación do profesorado (cfr. Santos Rego e lorenzo moledo, 2015).\nrumbo A un InstItuto de InvestIgAcIón educAtIvA pArA gALIcIA\nÉ, pois, momento de facer balance crítico e, entre todos, facer o que estea nas nosas mans (cunha Reitoría que cohesione e aglutine) para que o ICE non desapareza, senón que se transforme nunha institución de novo cuño, ao servizo da Comunidade Autónoma e aos superiores intereses da educación en Galicia. Unha cuestión que só pide liderado e decisión, maiormente na xunta de Galicia, que é onde reside a competencia e a influencia persuasiva en pos dun labor ao que só cabe atribuír beneficios, se imperase o desexo de que as políticas educativas non se sigan facendo á marxe do coñecemento educativo e con olímpico desaproveitamento dos considerables recursos investigadores que traballan nas universidades e noutros organismos.\nA meta non debería ofrecer mácula de dúbida. Agradecer conxunturais implicacións en postos asociados a unha tradición orgánica herdada, rutineiramente ineficaz, sen rumbo nin proxecto coñecidos, e dar paso a algo novo que, sen metáforas por medio, se exprese en ideas prealiñadas cunha ilusionante proposta de refundación do ICE, aínda en e desde a USC, pero xa nunha perspectiva de converxencia con persoas, grupos e organismos dispostos á elevada e solidaria tarefa de recrear un Instituto Galego de Investigación Educativa (IGIE).\nEsa e non outra tería que ser a dirección a tomar, para unha viaxe, nin longa nin custosa, cara a unha estación de termo, legalmente vinculada a un Instituto Interuniversitario, tutelado polo goberno da Comunidade Autónoma e xestionado por un Consello no que, necesariamente, haberían de estar investigadores de recoñecida experiencia e prestixio, con vínculo ou non ás universidades galegas. Trataríase de garantir a presenza no Consello de profesionais destacados, capaces de recoñecer e orientar liñas de abordaxe para a continua mellora da calidade no sistema, á vez que marcar vías de conexión investigadora coas posibilidades formativas da educación non formal nun contexto global ou, se se prefire, transnacional.\nmediante un convenio da xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) coas tres universidades do país e a recomendable comunicación ao Consello Escolar de Galicia, non sería difícil sentar as bases do Instituto, propondo un comité de non máis de sete expertos (e un asesor internacional), de xeito que nun prazo non superior a un ano elaborasen un ditame de creación e desenvolvemento estatutario do novo organismo, que habería de ser aprobado polo mesmo Consello da xunta, unha vez lograda a anuencia e un certo compromiso desde as universidades.\nA idea non ten nada de utópica, aínda que desbasta recoñecer que, por estes pagos, é costume (des)cualificar de tal guisa calquera proposta que altere o status quo sen reparar na súa valía e utilidade estratéxica a medio prazo, incluso vivindo nunha época global na que todo o relacionado coa calidade educativa e os resultados académicos dos nosos nenos e mozos (repárese no impacto que teñen nos despachos oficiais os grandes informes internacionais que, ademais, agora comanda a mesma OCDE) repercuten velozmente na imaxe de marca dun país no mundo.\nen concLusIón …\nxerar coñecemento educativo de alto nivel desde Galicia é perfectamente posible porque, de feito, xa se está facendo. E pódese optimizar sen grandes custos complementarios ao que xa supoñen os bos recursos humanos con que contamos en universidades e tamén nos centros de ensino non universitario, que xa o fan, pero non coa forza e o alcance que podería darse incentivando sinerxías colaborativas ao redor de programas de investigación aplicada. Cos obxectivos prístinos e os controis expeditivos, aos efectos dunha escrupulosa rendición de contas, ou á vista de contrastados sistemas de accountability.\nSe como afirman os pragmatistas, a suxestión devén idea cando se examina en referencia á súa aptitude funcional, á súa capacidade en tanto que medio para resolver a situación dada, entón non estaría de máis asumila como parte dunha teoría lóxica, racionalmente operativa, pensando en colocar o que é común por encima do privativo, o cal significa, en relación ao tema exposto, que o sentido de posibilidade que para Galicia tería un instituto de investigación como o esbozado supera con fartura o peso de calquera incógnita, ou aínda as lexítimas dúbidas procedimentais. Desde logo, quen subscribe non teme tanto á dúbida (nin aos que dubidan ao grande, que sempre axudan a prever obstáculos e a construír pontes) como aos pusilánimes que afogan a esperanza do progreso.\nAínda podemos reunir vontades para unha acción concertada. xa non só é cuestión de elevar voces, senón de incidir sobre unha realidade sociocultural desde o convencemento de que os cambios hai que promovelos con visión e responsabilidade. A inercia ante os feitos é un fatídico presaxio se os feitos non anuncian xeneratividade algunha no devir dunha axenda, que é o que se pon de manifesto cando a cegueira se alía coa parálise.\nreferencIAs\nBlanco lorente, F. (2009). los ICE: cuarenta años de contribución a la formación y el perfecciona-"} {"summary": "O obxectivo deste traballo é estimar a tendencia futura da mortaldade da poboación do País Basco a través da mellora da mortaldade para o período 19912013, para o cal o estudo é validable. A investigación realízase a través dun modelo estocástico bietápico ao que realizamos dúas achegas. Por unha banda, unha información inicial supervisada que posibilitará prognosticar mellor o avellentamento da poboación do País Basco baixo os criterios de Solvencia II. E por outra, na estimación inclúese unha variante na extensión do parámetro do tempo de calendario mediante unha regresión logarítmica lineal no canto da coñecida “random walk with drift”.", "text": "A MODELIZACIÓN DOS CAMBIOS NA LONXEVIDADE DA POBLACIÓN DO PAÍS BASCO E A SÚA ESTIMACIÓN FUTURA\n: C22, C53, G17 e G22 PALABRAS CHAVE: Medida da mellora da mortaldade, Estimación futura do avellentamento, Risco de supervivencia, Poboación do País Basco e EPSVs.\nJEL CLASSIFICATION: C22, C53, G17 and G22\n1. INTRODUCIÓN\nA estimación futura da lonxevidade sempre foi un tema prioritario entre os investigadores do campo demográfico e actuarial de todo o mundo, polo grande impacto que supón o custo das pensións públicas, as pensións privadas, os coidados de longa duración, a asistencia sanitaria e, no caso que nos atangue, o tema das pensións vitalicias que as Entidades de Previsión Social Voluntaria do País Basco deben garantir.\nEste traballo estruturouse da seguinte forma: en primeiro lugar, seleccionouse o período de anos de calendario óptimo para obter os datos a incluír no modelo matemático de graduación e elixiuse o modelo a utilizar para a estimación de parámetros. A continuación, procedeuse á estimación dos parámetros mediante o proceso de graduación de LeeCarter (1992) introducindo unha mellora na estimación do parámetro que depende do tempo de calendario. Posteriormente, realizouse unha análise dos resultados da estimación, así como da súa volatilidade e das táboas de supervivencia, e, finalmente, ofrécense varias conclusións con respecto á investigación realizada.\n2. ESCOLLA DO TRAMO DE ANOS DE CALENDARIO A ESTUDO E DO MODELO DE ESTIMACIÓN INICIAL DOS PARÁMETROS DE GRADUACIÓN\nDo tratamento dos datos, obtivéronse as frecuencias que se amosan a continuación no seguinte gráfico:\nGráfico Nº 1 Fonte: Elaboración propia. No gráfico preséntanse as frecuencias centrais brutas a intervalos basicamente de 10 anos de calendario. A tendencia da mellora na mortaldade é clara como unha diminución continuada e regular. Co obxecto de aplicar o máis fielmente posible a base de datos referente ao colectivo a estudo é necesario inspeccionala previamente. Por iso, debe ser un experto na materia quen elixa o modelo, e o que seleccione o período de tempo de calendario a incluír no mesmo. En todo caso, e tendo en conta as directrices sinaladas en Solvencia II 1, este tramo debe corresponder aos anos de calendario máis recentes, evitando incluír períodos nos que, por algunha circunstancia exóxena ao devir normal dos acontecementos, produciríanse alteracións nos resultados de forma anómala. Por iso, eliximos un modelo estocástico dos factores. 1 É unha Directiva que incorpora unhas normas Europeas do Seguro para protexer esta industria, garantir a súa solvencia e propiciar produtos aseguradores en termos de obxectividade, transparencia e equidade para os cidadáns.\nNeste traballo de investigación usaremos o modelo de LeeCarter (1992) polas súas características de sinxeleza e estimación conxunta dos parámetros, que dependen da idade das persoas e do tempo de calendario para a estimación da mortaldade cara ao futuro. Este modelo estocástico, recolle a aleatoriedade dos resultados e o ruido que a base de datos contén, como consecuencia do deterioro na captación da información, os erros típicos da mostra, etc.\nUnha forma de representación do modelo é por medio da seguinte ecuación: onde, é o tanto bruto central de mortaldade á idade x e no ano t. é o parámetro que representa a evolución dos tantos promedio centrais en función da idade. é o parámetro que representa a variación dos tantos promedio centrais en función da idade ao longo do tempo. é o parámetro que representa a evolución da mortaldade a través do tempo de calendario. é o termo erro de estimación.\nNo modelo a utilizar, constrúese unha matriz de datos de dobre entrada, por idade e por tempo de calendario. Deste xeito, captúrase a variación da frecuencia bruta da mortaldade que se inclúe nesta matriz, principalmente a través dos anos de calendario que son a base para a nosa estimación futura.\nSobre a base desta información, o proceso de graduación proporciona uns resultados sobre a tendencia futura da mortaldade, para os anos de calendario sucesivos, e no noso caso, para idades superiores aos 40 anos. O obxectivo é estimar o máis fielmente posible a evolución da supervivencia futura das personas contratantes de operacións, que como a hipoteca inversa ou plans de pensións complementarios, requiren dunha valoración o máis xusta posible. A través do “ Singular Value Decomposition (SVD)” da matriz constituída, obtéñense os valores de b x e k t. O procedemento consiste en minimizar a suma dos cadrados dos erros obtidos calculando as súas derivadas primeiras respecto dos tres parámetros, da siguiente forma, como ilustra o traballo de Betzuen, A. (2010): Estas estimacións proporcionan un conxunto de ecuacións normais para cada parámetro 2. 2 Co obxecto de garantir unha única solución ao modelo débense establecer certas condicións de contorna que no noso caso foron: Aínda que existen outras restricións para a total identidade do modelo, entendemos que estas son as máis sinxelas.\n3. ESTIMACIÓN DOS PARÁMETROS E ALGUNHAS CORRECCIÓNS AO MODELO PARA A PROXECCIÓN FUTURA DO AVELLENTAMENTO\nNunha primeira aproximación, obtemos o valor do parámetro promedio que depende unicamente da idade das persoas. Pódese obter directamente a partir da consideración dos valores formados por:\nA estimación obtida preséntase no seguinte gráfico: Gráfico Nº 2 Fonte: Elaboración propia. No gráfico observamos os valores do parámetro a x que representa a evolución dos tantos centrais da mortaldade para todos os anos de calendario elixidos. Subliñamos o feito de que para o caso do País Basco os valores do parámetro, no decorrer dos anos de calendario elixidos, son os normais ao comparalos cos países da contorna europea. Para a estimación do segundo parámetro que captura información da mortaldade para cada idade, construímos unha colección de datos usando a seguinte ecuación: onde os valores do parámetro a x corresponden aos valores xa estimados no paso anterior. Trátase de minimizar a suma dos cadrados dos erros dados por: (2) O valor do parámetro b x para cada idade x represéntase no seguinte gráfico: Gráfico Nº 3 Fonte: Elaboración propia.\nOs valores do parámetro combinado b x representan a mellora dos tantos centrais de mortaldade, para cada idade incluída no modelo.\nO seguinte gráfico recolle a información da mellora da mortaldade de forma lonxitudinal que vén representada polo parámetro k t. Nunha primeira aproximación os valores da estimación son os seguintes:\nGráfico Nº 4 Fonte: Elaboración propia. Os valores do parámetro combinado k t representan a evolución no tempo de calendario dos tantos centrais de mortaldade para todo o período incluído no modelo. Obsérvase unha tendencia casi lineal na evolución dos valores do parámetro co decorrer do tempo de calendario. Unha vez estimados os valores dos parámetros, realizamos un primeiro contraste con algúns dos valores reais obtidos inicialmente sobre o colectivo real. No mundo científico, resulta habitual comprobar a distribución do número de falecidos para cada ano de calendario. Por iso, realizamos unha reestimación do parámetro dependente do tempo de calendario, incluíndo a posteriori esta restrición, como recolle Wilmoth (1993). Desta forma, corríxese en certa medida, á súa vez, a estimación da esperanza matemática de vida, do colectivo actual e para os anos futuros.\nIntroducimos unha aproximación por medio dunha regresión lineal. Convén destacar que dada a aceptable regularidade dos valores de k t, aínda que unha regresión de tipo cadrático proporciona un R 2 mellor (0, 988) que o R 2 da regresión lineal (0, 975), despois de estudar a tendencia da esperanza matemática de vida, entendemos que con esta última, a esperanza de vida segue unha tendencia máis racional en base á experiencia e en base á análise contrastada, coas tendencias dos países da contorna cuxa mellora na mortaldade está máis próxima ao noso, como é caso do Reino Unido, Alemaña, Suecia, Holanda, Francia, etc. Visualmente pódese percibir a regresión aos valores do parámetro k t mediante o seguinte gráfico.\nGráfico Nº 5\nFonte: Elaboración propia.\nOs novos valores do parámetro k t proporcionan unha tendencia un chisco máis suave que se se fixera uso dunha regresión cadrática. Por outra banda, aproximan notablemente mellor os valores da esperanza matemática de vida.\nPódese apreciar que os valores estimados están, para os anos intermedios, como para o período 20002005, aproximadamente, un chisco por enriba dos valores reais publicados por institucións oficiais como o INE. A tendencia da esperanza matemática de vida cara ao futuro é claramente regular. Conforme este modelo, ao que se incorpora a nosa corrección, a tendencia preséntase crecente cara ao futuro, pero este crecemento é suave e regular cunha lixeira diminución no crecemento da tendencia como se amosa no seguinte gráfico.\nGráfico Nº 6 Fonte: Elaboración propia.\nNos últimos anos están xurdindo novos mercados de aplicación de índices de mortaldade. Referímonos ao mercado de bonos a emitir para a cobertura dos riscos de supervivencia, swaps de mortaldade, titulizacións, etc, onde cremos que os investidores estarían interesados en investir sempre que houbera unha medida que reflectise coa maior exactitude posible a tendencia do risco de mortaldade, como ocorre co noso traballo.\ncalendario proxectados, amosan unha tendencia regular cara ámellora da supervivencia. Obsérvase no desprazamento cara á dereita da curva de supervivencia.\n4. MOSTRAS DA BONDADE DO MODELO\nA continuación presentamos algunhas evidencias que amosan a bondade dos resultados obtidos polo modelo, co fin de indagar sobre a fiabilidade dos mesmos. Existen múltiples procedementos, máis ou menos ortodoxos, para averiguar a posible verosimilitude dos resultados obtidos dun axuste estático pero non dunha proxección futura, como é o noso caso.\nA continuación amosamos graficamente a suma das diferenzas absolutas en sentido horizontal, isto é, para cada idade, sumando por tanto, as diferenzas ao longo de todo o período de calendario considerado no estudo.\nCorresponden aos valores da suma de diferenzas absolutas tomadas de forma transversal, para cada unha das diferentes idades incluídas no modelo. A evidencia é clara. As desviacións son inapreciables se se ten en conta que corresponden ás sumas absolutas, de todo o tramo de anos de calendario (19912013) das desviacións para cada idade. O\n53 aumento das desviacións cara as idades máis altas é un comportamento razoable en todos os países da nosa cotorna, como consecuencia dun menor número de datos dispoñibles e dunha peor precisión na toma de información. No seguinte gráfico, amósase o resultado de sumar as diferenzas absolutas por anos de calendario, e por tanto, corresponden á suma para todas as idades (40100) co mesmo criterio que no parágrafo anterior.. Gráfico Nº 10 Fonte: Elaboración propia. Os valores seguen sendo insignificantes. Dado que observamos que o comportamento das frecuencias brutas presenta certos altibaixos, procedemos á análise da volatilidade da mortaldade do colectivo. Os resultados numéricos obtidos para todo o horizonte temporal foron: Táboa Nº 3 Idade Volatilidade en termos porcentuais 40 2, 14 55 5, 17 65 1, 88 75 1, 59 85 2, 11 95 4, 74 Fonte: Elaboración propia.\nChama a atención o resultado obtido para a idade de 55 anos. Porén, todos os valores están en consonancia cos resultados observables para outros países da contorna europea.\n5. CONCLUSIÓNS\nAs melloras na mortaldade da poboación do País Basco observadas ao longo deste traballo, lonxe de diminuír, seguirán aumentando cara ao futuro, a un ritmo similar ao que observamos nos últimos 25 anos de datos históricos.\nPara a estimación futura da mellora na mortaldade do País Basco utilizamos basicamente o modelo de LeeCarter, pero introducimos unha pequena variación ao utilizar como proxección do parámetro dependente do tempo de calendario, unha regresión lineal, nunha contorna logarítmica, no canto dunha estimación “random walk with drift”. A mellora non é significativa pero suaviza a tendencia da mellora cara ao futuro máis acorde coa evolución da supervivencia nos países da nosa contorna.\nOs valores presentados nos cadros correspondentes ás esperanzas matemáticas de vida construíronse conforme a unha métrica de supervivencia coas máximas garantías para seren utilizadas non só na medida futura da supervivencia das persoas, sobre todo maiores, senón que tamén sería un indicativo solvente a utilizar nun mercado que se podería construír para negociar produtos de cobertura nos riscos de supervivencia, tales como bonos de supervivencia, swaps de mortaldade, etc, como podemos observar no traballo de Dowd (2006).\nA calibración dos resultados da graduación futura do risco de mortalidad dun colectivo como o que aquí se estuda, é imprescindible no marco da Directiva europea Solvencia II, que entra en vigor o 1 de xaneiro do ano que vén e afecta directamente á solvencia das Entidades de Previsión Social Voluntaria do País Basco, en canto que deben garantir a súa solvencia ante as obrigas no pago das prestacións en forma de pensión vitalicia e, por tanto, a moi longo prazo.\nBIBLIOGRAFÍA\nRevista Galega de Economia at Ideas: http:// https://ideas.repec.org/s/sdo/regaec.html Rules and News of Revista Galega de Economía at: http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm"} {"summary": "A formación inicial do profesorado de Educación Secundaria estivo, durante moitos anos, vinculada ao Instituto de Ciencias da Educación, órgano que tiña competencias por lei para a organización do Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP). Neste traballo presentamos algúns datos acerca da Formación do Profesorado de Secundaria levada a cabo no ICE da Universidade de Santiago de Compostela desde o curso 20062007 ata o 20082009, ano no que se extingue o CAP e se pon en marcha o actual Máster en Profesorado de Educación Secundaria, Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.", "text": "OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE\nTHE LAST YEARS OF THE INITIAL TRAINING OF THE SECONDARY SCHOOL\n : Formación do profesorado de ensino secundario; Curso de Aptitude Pedagóxica\n(CAP); Instituto de Ciencias da Educación (ICE).\nof Education Sciences (ICE).\nINTRODUCIÓN\nA formación do profesorado é un dos principais factores de mellora da calidade da educación, “un profesorado debidamente formado, será una garantía para desarrollar una enseñanza de calidad en los distintos niveles educativos” (Solis, 2012, p. 2).\nNon é posible unha docencia de calidade sen a formación dos/as docentes, é dicir, sen atender “el proceso que mejora los conocimientos referentes a las estrategias, la actuación y las actitudes de quienes desempeñan su profesión (o la desempeñarían, en el caso de la formación inicial)” (Imbernón, 2010: 589).\nNo contexto do ensino secundario, o profesorado constitúe un elemento determinante que necesita poñer en práctica unha serie de competencias profesionais para as que ten que estar formado. Non parece suficiente que domine os contidos das materias que imparte; para desenvolver un ensino de calidade o profesorado debe despregar un conxunto de saberes (saberfacer, saberser, saberestar), propios do seu perfil profesional (Delgado, 2013). Debe ser un profesional polivalente, coa suficiente flexibilidade como para adaptarse ás novas e diversas situacións e para responder de modo axeitado ós novos retos e necesidades (garcía Sanz e Maquilón, 2010).\nA historia do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela está ligada, indefectiblemente, dende a súa creación, á Formación Inicial do Profesorado de Educación Secundaria. A Ley 14/1970, de 4 de agosto, General de Educación y Financiamiento de la Reforma Educativa 1, no seu artigo 73, encarga a estes institutos “la formación docente de los universitarios que se incorporen a la enseñanza en todos los niveles”.\nNo ano 1971, a Orden de 14 de julio 2 centra as actividades dos Institutos de Ciencias da Educación, entre outras, na obtención do Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) para o exercicio da docencia nos distintos niveis educativos. A regulación deste curso baséase na idea de que para ser profesor/a de secundaria dunha especialidade, non só é fundamental dominar a materia a ensinar, senón que é necesaria unha formación complementaria para coñecer as características do alumnado desta etapa educativa e dos centros nos que se terá que desenvolver a tarefa educativa, é dicir, unha formación que posibilite a adquisición das competencias necesarias para un exercicio profesional eficiente e satisfactorio.\nNeste traballo ocupámonos dos tres últimos anos nos que no Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela se organiza o Curso de Aptitude Pedagóxica para o profesorado de Ensino Secundario, antes da súa extinción e substitución polo Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.\n1. A FORMACIÓN INICIAL DO PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO\nA partir dos anos setenta: las transformaciones socioeconómicas y la falta de profesorado a todos los niveles para poder cubrir las necesidades mínimas del sistema educativo condujeron a la creación de los Institutos de Ciencias de la Educación como organismos encargados de la formación inicial y permanente del profesorado. (gutiérrez gonzález, 2011, p. 97).\nO Decreto 1678/1969, de 24 de julio 3, creaba en cada unha das Universidades estatais un Instituto de Ciencias da Educación, órgano encargado da formación pedagóxica dos/as universitarios/as, tanto na etapa inicial da súa incorporación ao ensino, como no ulterior perfeccionamento e readestramento como profesorado en exercicio.\nNa Orden de 8 de julio de 1971 4 faise referencia, por primeira vez, ás características que deben ter as accións que capaciten pedagoxicamente aos universitarios/as que se integran á docencia. En relación coa formación pedagóxica do Profesorado de Bacharelato, dita orde establece que esta deberá desenvolverse en dous ciclos, un de carácter teórico, consistente no estudo dos fundamentos e principios xerais da educación necesarios para o labor docente, e outro de carácter práctico, que consistirá no exercicio do labor docente dos/as candidatos/as nos centros que cada ICE determine.\nTal e como se indica na propia normativa, o ICE de cada universidade terá a súa propia autonomía, en base ao marco mínimo de referencia, para organizar a formación pedagóxica dos/as futuros/as docentes.\nDe acordo con este marco normativo, o ICE da Universidade de Santiago de Compostela organizou os cursos para a obtención do CAP dende o ano académico 197172 ata o 200809, organización que foi sufrindo modificacións ao longo dos anos e que afectaron tanto ao número de horas do ciclo teórico e/ou práctico, como á denominación dos seminarios, así como ás diferentes especialidades. Estes cambios tamén se viron motivados pola descentralización da Universidade galega; coa aprobación no ano 1989 da Lei 11/1989, do 20 de xullo de Ordenación do Sistema Universitario de galicia (LOSUgA) 5, que deu lugar, no curso académico 20032004, a que a Universidade de Santiago centrara a actividade do CAP única e exclusivamente no campus de Lugo e o de Santiago\nde Compostela. No período de 20062007 ata 20082009, últimos tres cursos académicos nos que se pode realizar o Curso de Aptitude Pedagóxica na Universidade de Santiago de Compostela, a formación do profesorado de Secundaria constaba de dous ciclos; un primeiro de carácter teórico e un segundo de carácter práctico, con tres modalidades organizativas: a ordinaria, a semipresencial e a virtual 6, 3 Decreto 1678/1969, de 24 de julio (BOE, 15 de agosto), sobre creación de los Institutos de Ciencias de la Educación. 4 Orden del 8 de julio de 1971 (BOE, 12 de agosto), sobre actividades docentes de los Institutos de Ciencias de la Educación en relación con la formación pedagógica de los universitarios. 5 Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG, do 18 de agosto), de Ordenación do Sistema Universitario de galicia. 6 Modalidade, iniciada de modo experimental no curso 20012002, dirixida a aqueles alumnos/as de formación inicial de profesorado de Secundaria que, ben por circunstancias laborais, ben por cuestións persoais, tiñan especial dificultade en realizar un Curso de Aptitud Pedagógica (CAP) convencional ou presencial (Cid, Mendoza e Pernas, 2005, p. 204).\nesta última só ofertada na Didáctica Específica de Física e Química. A carga lectiva da fase teórica tiña unha duración aproximada de 100 horas, distribuídas en dous Bloques, un Común e outro Específico.\nNo Bloque Común abordábanse os fundamentos e principios xerais da educación, o ensino e a profesión docente, distribuídos en diferentes seminarios. No Bloque Específico analizábanse os aspectos propios da didáctica das diferentes áreas ou disciplinas, facilitando a aproximación á situación das mesmas no sistema educativo e na realidade concreta das aulas.\nO segundo ciclo, de carácter práctico, de 50 horas de duración, realizábase nos centros públicos de Ensino Secundario, e pretendía que os futuros profesores e profesoras tiveran contacto directo coa organización e realidade dos centros de secundaria e co traballo docente, desenvolvendo unha primeira experiencia guiada de ensino neste nivel.\nDurante estes tres últimos anos do CAP, no ICE da Universidade de Santiago de Compostela a organización dos bloques e/ou ciclos é practicamente igual salvo cambios estruturais que, como dixemos anteriormente, afectan ó número de horas, denominación dos seminarios e duración dos mesmos. Concretamente, no curso académico 20072008 engádese un novo seminario ao bloque común baixo a denominación Sociolingüística e Educación, de 4 horas de duración. Este seminario pasará a denominarse no curso seguinte 20082009, Educación e Linguas en Galicia e terá unha\n2. A FORMACIÓN INICIAL DO PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO NO PERÍODO 20062009\n2.1. Evolución do alumnado do CAP nos últimos años\nComo pode apreciarse no gráfico nº 1, nos últimos dez anos prodúcese un descenso paulatino no alumnado matriculado no CAP, cunha redución de ao redor do 40% no curso académico 20022003. Neste período pásase dunha matrícula de 1.997 alumnos/as (curso académico 20002001) a 946 no 20082009, último ano de referencia. Este descenso da matrícula vén motivado pola oferta nas outras universidades galegas, A Coruña e Vigo, da formación dirixida ao profesorado de ensino secundario.\nNos anos posteriores ao 20022003 o crecemento do alumnado non é uniforme, pois ao longo deste período atopámonos cunha recuperación do número de alumnos/as no curso académico 20042005, que volverá a descender nos dous cursos seguintes, incrementándose de novo lixeiramente no ano académico 20082009. Ao noso xuízo, unha das principais razóns que puido incentivar esta recuperación é o cambio normativo que sucedería posteriormente, coa transformación do CAP nun Máster Universitario, o que supuxo un “efecto chamada” entre o alumnado.\n2.2. Alumnado matriculado segundo sexo\nEn relación á distribución do alumnado segundo o sexo, comprobamos como a matrícula no CAP é eminentemente feminina en calquera dos tres últimos cursos académicos do seu funcionamento que tomemos como referencia, algo razoablemente esperable se consideramos que, neste período, as mulleres representan o colectivo maioritario dentro do ensino universitario.\nDeste xeito, constatamos como no curso académico 20062007 están matriculadas un total de 498 mulleres fronte a 223 homes, presenza feminina que se mantén constante nos sucesivos cursos. O crecemento no número de alumnas non só se manifesta en termos absolutos senón tamén relativos.\n2.3. Alumnado matriculado segundo localidade\n2.4. Alumnado matriculado segundo modalidade de matrícula\nA análise de datos segundo modalidade de matrícula mostra que a maioría do alumnado cursa a ordinaria e semipresencial, con pequenas diferenzas porcentuais entre ambas.\nAsí, podemos comprobar no gráfico seguinte que o alumnado matriculado na modalidade ordinaria rolda os 340 e 440 no tres cursos académicos obxecto de análise, con diferenzas porcentuais dun 3% a un 7% entre un curso e outro. Na modalidade semipresencial este número varía entre os 296 alumnos/as que optan por esta modalidade no curso académico 20062007 e os 452 no curso académico 20082009.\nNo que respecta á modalidade virtual, a matrícula vaise incrementado ano tras ano (51 matriculados no curso 20062007 e 88 no curso 20082009), paralelamente ao número de prazas ofertadas, pois temos que ter en conta que, debido ás características desta modalidade, as prazas en cada tos revelan que en Santiago de Compostela, nos tres anos de referencia, a modalidade ordinaria é a que conta cunha matrícula más elevada, mentres que ocorre o contrario en Lugo, onde o número de alumnos/as que opta pola modalidade semipresencial é algo superior, tal e como se recolle na táboa seguinte.\ne Sanitaria (81/11, 3%). As didácticas específicas con menor número de alumnado corresponden a Música (8/1, 1%), Lingua e Cultura Clásicas (5/0, 7%) e Debuxo (5/0, 7%).\ndo alumnado (17, 8%) matricúlase na didáctica específica de Ciencias Sociais, Xeografía e His-\n(61/9, 9%). As didácticas específicas con menor número de matrícula son: Lingua e Cultura Clásicas\nUnha tendencia similar obsérvase no curso 20082009, no que constatamos un maior índice de matrícula nas didácticas específicas de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (150/16, 2%), Física e Química (119/12, 9%), Formación e Orientación Laboral (105/11, 4%) e Bioloxía e Xeoloxía (103/11, 1%). As didácticas específicas de Debuxo (13/1, 4%), Lingua e Cultura Clásicas (6/ 0, 6%) e Lingua Francesa (9/0, 9%) son as que teñen unha menor presenza de alumnado.\nEN SÍNTESE\nDurante case corenta anos, a formación inicial do profesorado de Educación Secundaria de galicia estivo vinculada ao Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela a través da organización do curso para a obtención do Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP), destinado a dotar ao futuro profesorado da formación pedagóxica previa ao exercicio docente.\nNos tres últimos anos do CAP viviuse unha situación de transición e de incerteza acerca de cal sería o novo modelo da formación do profesorado de Educación Secundaria, situación que mudaría coa Ley Orgánica 2/2206, de 3 de mayo de Educación 8, onde xa se lle adxudica a esta formación o carácter de Máster Universitario.\nO modelo organizativo do CAP durante os anos previos a implantación do Máster de Secundaria sufriu modificacións referidas principalmente á ampliación do número de horas dos diferentes seminarios e a inclusión de seminarios novos para adaptar a formación dos/as futuros/as docentes aos cambios que se ían sucedendo cada pouco tempo. Non podemos esquecer, neste marco, o denominado CAP virtual na modalidade semipresencial, experiencia innovadora na que se introducen as novas tecnoloxías de información e comunicación, a través do uso dun Entorno Virtual de Aprendizaxe.\nA matrícula no CAP organizado no ICE da Universidade de Santiago de Compostela foi considerablemente elevada, especialmente no curso académico 20082009. Na súa maioría, o alumnado foi feminino e cursou as distintas modalidades, sobre todo, na localidade de Santiago de Compostela. Outro aspecto a destacar é o elevado número de persoas que obteñen o certificado que habilitaba para o desempeño do labor docente, que chega case o cen por cen.\nA nosa intención ao longo das páxinas do traballo que acabamos de presentar non foi outra que facer visible unha parte da historia da formación inicial do profesorado de Educación Secundaria en Galicia, tratando de ofrecer unha panorámica de como estaba configurada esa formación e algúns datos reveladores da situación dese momento. Quedan aínda moitos aspectos por tratar que requiren dun maior espazo do que dispoñemos neste artigo.\nFinalmente, queremos recordar que dende o ano académico 20082009 o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP) deu paso ao Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, pero no arquivo do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela segue presente, pois nel consérvanse os expedientes de miles de universitarias e universitarios que, ao longo de case catro décadas, recibiron neste instituto universitario a formación pedagóxica que os habilitou para o exercicio docente. 8 Ley Orgánica 2/2006 (BOE, 4 de mayo), de 3 de mayo, de Educación.\nREFERENCIAS"} {"summary": "O estudo pretende analizar o grao de prociclicidade do negocio bancario e a relación entre os efectos da crise bancaria e a crise financeira. As conclusións extraídas da análise empírica do sistema bancario no período anterior e posterior ao comezo da crise confirman que o tratamento da xestión do risco bancario e do crédito deberá incluír non só a consideración de variables afectas ao debedor, senón todas aquelas vencelladas á economía en xeral.", "text": ": prociclicidade, crisis financieira, xestión do risco bancario JEL CODE: E44.\n1. Introdución\nO obxectivo deste estudo é determinar como se comporta o conxunto das entidades bancarias en España en termos agregados, mediante a análise do negocio bancario, tentando comprobar tendencias e graos de dispersión, e os posibles cambios ao longo do tempo, interpretando a forma en que a evolución reflicte o episodio da crise económica e a súa tendencia, por tanto, á prociclicidade 1. Os datos son os relativos ás entidades bancarias sobre a base dos datos emitidos no Boletín Estatístico do Banco de España, de xuño de 2012 (cifras en millóns de euros). 1 A prociclicidade “consiste na amplificación das interaccións no seo do mesmo sistema financeiro e entre el e a macroeconomía”. (BPI. 2010, pg. 97).\n2. Estudo empírico descritivo de magnitudes agregadas\nNeste apartado realízase un estudo empírico de carácter descritivo, a nivel agregado, do comportamiento das principais partidas do balance das entidades bancarias en España.\nNa fase inicial tómase o período 20022011, para constatar o cambio de tendencia asociado á crise financeira e as consecuencias que isto implica sobre as variables máis representativas do estado das entidades bancarias.\nCo fin de determinar os dous subperíodos, o anterior e o da crise, analízase como se comportan as variables referentes aos créditos e aos depósitos, compoñentes principais das entidades bancarias en España no período global considerado.\nObsérvase e interprétase o comportamento do negocio bancario, conxunto de créditos e depósitos, nos dous subperíodos obxecto de consideración (pre e post crise), realizando, en primeiro lugar, unha análise da evolución dos créditos e dos depósitos, a partir das taxas de crecemento e dos coeficientes de correlación, comparando os valores no período anterior e posterior á crise. En segundo lugar, abordarase un estudo das partidas de balance bancario agregado, tanto do activo como do pasivo, a fin de comprobar a transferencia entre as masas do balance ao longo do tempo e a variación nestes dous períodos.\nAnálise da evolución dos créditos e dos depósitos A evolución dos créditos e dos depósitos formúlase a través das taxas de crecemento e dos coeficientes de correlación. As taxas de crecemento calcúlanse como números índices, é dicir, tomando como base o valor inicial do período, analízase a porcentaxe de variación de cada observación con respecto ao mesmo. Os datos de créditos e depósitos para o cálculo das devanditas taxas achéganse na táboa 1, e os correspondentes ás súas taxas de crecemento nese mesmo período, na táboa 2. O gráfico adxunto representa as evolucións destas taxas.\nlz Os índices son crecentes dende o ano 2001 ata o ano 2008, tanto no que se refire ás dos créditos como dos depósitos, dado que son superiores á unidade, nos dous casos. Taxa de variación créditos 2002/2008 = 2, 43/1 = 2, 43. Taxa de variación depósitos 2002/2008 = 2, 15/1 = 2, 15. lz A partir do ano 2008 comezan a descender nas dúas variables, e son inferiores á unidade, en ámbolos casos, o que implica unha baixada, malia que a diminución realízase a unha taxa moi semellante nas dúas series: Taxa de variación créditos 2011/2008 = 2, 387/2, 430 = 0, 98. Taxa de variación depósitos 2011/2008 = 2, 139/2, 153 = 0, 99.\nAsí mesmo, os coeficientes de correlación 2, calculados nos dous períodos, que se achegan na táboa seguinte corroboran as análises expostas:\nTaboa 3. Coeficientes de correlación de créditostempo e depósitostempo. Períodos 20028 e 200811.\nExiste unha correlación directa moi elevada entre os créditos e o tempo e entre os depósitos e o tempo, no treito 20022008, volvéndose inversa, nos dous casos, no período 20082011, o que permite reforzar, dende outro punto de vista, a hipótese do cambio de tendencia.\nDe todas as análises expostas despréndense dúas conclusións:\n1. O cambio na “tendencia” de crecemento, tanto nos créditos como nos depósitos, prodúcese no ano 2008 3. 2. A partir do ano 2008, ao principio do período da crise, os créditos e os depósitos seguen unha tendencia de estancamento.\nPor tanto:\nNo período 20022008, a tendencia tanto dos créditos como dos depósitos é crecente, resultado dunha economía de carácter expansivo. No período 20082011 detéctase un cambio a partir do ano 2008 e un posterior estancamento das dúas variables. Este cambio prodúcese tamén na economía real. Confírmase, con isto, que o grao de crise bancaria está vencellado á crise financeira que ten a súa contrapartida nunha situación recesiva da economía real. Análise das Partidas do Balance Bancario Agregado 2 Coeficiente de correlación calculado como ρ(x, y)=cov(x, y)/(σ(x)*σ(y)), sendo x o tempo e e os créditos ou depósitos, en cada caso. 3 Malia que o cambio comeza a mediados do ano 2007, a efectos de repercusión nos datos, non se percibe na información dispoñible ata o 2008.\nO obxectivo deste apartado é comprobar a composición dos balances agregados bancarios no período de análise, a fin de deixar de manifesto a súa evolución, e o cambio que se produce na estrutura dos devanditos balances como consecuencia da crise. Para iso, analizarase a composición do activo do balance agregado, do pasivo, e concluirase cun estudo de diferenzas.\nA. Análise do activo do balance\nI. Análise estática\nMediante a análise estática preténdese estudar os cambios nas variables que integran o activo, observando a súa evolución nun momento do tempo. Trátase, por tanto, dun estudo vertical de porcentaxes.\nA táboa 4, no Anexo, recolle a síntese das partidas principais do activo do balance agregado das entidades financeiras, para observacións anuais. Deste modo, para o período 20022011 proporciónanse os importes do activo nas partidas, atendendo á desagregación que realiza o Banco de España (Banco de España. Boletín Estatístico, 2011):\n- Crédito Interbancario - Créditos: o Administracións Públicas o Sector residente o Resto do mundo - Valores distintos de accións e participacións o Residentes en España o Sector exterior - Activos non sectorizados o Efectivo\nOutros\nAccións e participacións o Residentes en España\no Resto do mundo - Dubidosos - Morosos\nPara unha análise xeral da evolución, obsérvanse primeiro as partidas globais, que se resumen na táboa 5, e que recolle os datos do “resumo de partidas globais do activo”. Os datos son anuais, para o período 20022011:\n- Total activo - Crédito interbancario - Total créditos outorgados - Total valores distintos de aAccións e participacións - Total accións e participacións - Total activos non sectorizados\nA evolución destas partidas permite afirmar que malia que en termos absolutos todas elas crecen dende o ano 2002 ata o ano 2011, obsérvase un cambio de tendencia no momento no que se identifica a crise. O gráfico achegado permite visualizar a situación. Gráfico 2: Evolución das Partidas Globais do Activo. Datos anuais para o período\n9 Obsérvase para o activo o cambio de tendencia a partir do ano 2008. Para analizar os valores de tendencia durante o período da análise úsase a ferramenta estatística de “liña” e “liña de tendencia”, que se vai aplicar soamente á variable “créditos” (sen interbancario). Isto realízase nos dous subperíodos, e os resultados represéntanse nos gráficos seguintes, que incorporan tamén as ecuacións de axuste e a bondade de cada un deles: Os gráficos 3 e 4 de liña de tendencia amosan que o axuste linear é válido para o primeiro período, anterior á crise, na medida que no da crise, o axuste a unha función polinómica (definida nos gráficos) amósase máis axeitado. Gráfico 3: Liña e liña de tendencia de créditos no período 20022008. Base: táboa 5. Gráfico 4: Liña e liña de tendencia de créditos para o período 20082011. Base: táboa 5 Os dous períodos nos que se dividiron a análise polo cambio de tendencia, 20022008 e 20082011, proporcionan unha maior precisión nas evolucións, que se resumen na táboa 2.10, que contén as porcentaxes para os diferentes compoñentes principais do activo, calculando o seu valor absoluto sobre o valor total do activo para cada ano. A partir destas porcentaxes, analízase a situación para o primeiro ano de estudo (2002) e para o último (2011). Así, no ano 2002, os créditos, cun 74, 20%, constitúen a partida máis importante do activo do balance, namentres que no ano 2011, obsérvase unha distribución das partidas diferentes, acadando os créditos un 72, 06%, e que pasan ao resto dos compoñentes, especialmente Accións e Activos non sectorizados, os incrementos provocados pola diminuición dos créditos. Os gráficos 5 e 6 amosan estas distribucións.\nII. Análise dinámica\nO obxectivo da análise dinámica é estudar os cambios nas variables que integran o activo, observando a súa evolución entre os dous momentos ou períodos temporais. Trátase, por tanto, dun estudo horizontal de porcentaxes mediante as diferenzas. Este permite observar as variacións que experimenta cada partida nun período, ao restar o valor de cada un dos compoñentes principais do activo no último ano e o valor no primeiro ano do período considerado.\nAsemade, as porcentaxes calculadas sobre estas diferenzas ofrecen unha visualización clara das evolucións dos compoñentes.\nA táboa 7 recolle as porcentaxes relativas ás diferenzas das partidas globais do Activo, nos dous períodos obxecto de consideración:\nTáboa 7: Porcentaxes das diferenzas dos valores do activo, por subperíodos.\nComo se pode observar a partir das análises anteriores, a crise marca unha redistribución total das partidas, deixando de manifesto que:\nO total de créditos outorgados (non inclúen os interbancarios) experimenta un crecemento dun 71% do activo no período anterior á crise, en tanto que sofre un decrecemento do 35, 6% nos anos que se identifican coa crise. A variación na cifra dos créditos é asumida polo resto de partidas do activo do balance, en particular por “accións e participacións” e por “valores distintos de “accións e participacións\". O gráfico 7 reflicte as variacións citadas. Gráfico 7: Variación das porcentaxes das partidas globais do activo nos períodos 20022008 e 20082011. (Base: Táboa 7)\nA taxa de morosidade dos datos agregados\nOs cálculos relativos á taxa de morosidade, como ratio entre o valor da cifra de morosos, para cada ano, e o dos créditos, para ese mesmo período de tempo, atópanse recollidos na táboa 8. Tamén recolle o cálculo do gap, como diferenza entre créditos e depósitos, e o gap axustado ou corrixido, como resultado neto do valor esperado dos créditos\nOs resultados da análise indican que a taxa de morosidade marca tamén a existencia de dous períodos temporais claramente definidos e diferenciados:\nNo período 20022008, a taxa de morosidade e o gap están feblemente correlacionados, xa que no período da crise, ese coeficiente de correlación elévase fortemente. No período anterior á crise, a taxa de morosidade e o gap corrixido mantén un valor moi feble de correlación, namentres que a partir do ano 2008 pasa a un valor elevado negativo, aspecto indicativo do cambio de tendencia.\nB. Análise do pasivo do balance\nAnálise estatística\nIgual que no activo, analízanse os cambios nas variables que integran o pasivo mediante un estudo vertical de porcentaxes.\nA táboa 10 do anexo recolle a síntese das partidas principais do pasivo do balance agregado das entidades financeiras, atendendo á desagregación que realiza o Banco de España (Boletín Estatístico, 2011), para observacións anuais. Para o período anual 20022011 proporciónanse os importes do pasivo para as epígrafes referidos a:\n- Depósitos: o Depósitos residentes España o Depósitos RE interbancario o Depósitos administracións públicas o Depósitos outros sectores residentes o Depósitos sector exterior - Pasivos non sectorizados: o Valores distintos de accións e participacións o Capital e reservas o Obra benéfico social o Outros pasivos\nA táboa 11 proporciona os mesmos datos, separando o valor dos depósitos procedentes dos interbancario, a efectos de posteriores análises homoxéneas co tratamento realizado para os créditos. A táboa 12 resume as principais epígrafes do pasivo agregado para o período 20022011, que se articulan en torno a:\n- Depósitos - Valores distintos de accións e participacións - Capital e reservas - Obra benéfico social - Outros pasivos\nE a táboa 13 amosa os mesmos conceptos, cos depósitos interbancario independentes do valor global dos depósitos. O gráfico 10 amosa a evolución no tempo das variables de pasivo, separando o efecto da partida de interbancario.\nObsérvase para o pasivo o cambio de tendencia, do crecemento ao estancamento, en todos os compoñentes, a partir do ano 2008.\nPara analizar os valores de tendencia durante o período da análise, utilízase a ferramenta estatística de “liña” e “liña de tendencia”, que se vai aplicar soamente á variable “depósitos” (sen interbancario), xa que é a de maior representatividade cuantitativa no pasivo. Isto realizarase nos dous subperíodos, e os resultados represéntanse nos gráficos seguintes, que incorporan tamén as ecuacións de axuste e a bondade de cada unha delas:\nrelativos dende o momento no que se identifica a crise.\nOs dous períodos nos que se dividiu a análise, 20022008 e 20082011 permiten detectar as evolucións con maior precisión. Estas resúmense na táboa 14, de valores en porcentaxes para os distintos compoñentes principais do pasivo, derivándose a baixada acusada de “depósitos”, dende 2002 a 2011, compensada polo crecemento moderado de “capital e reservas” e “doutros pa sivos”.\nEste estudo de porcentaxes adquire unha mellor interpretación a través da análise estática, en 2002 e 2011, e da análise dinámica por diferenzas, como se fixo no caso do activo. Así, no ano 2002 pódese observar que os depósitos, cun 67, 27 de porcentaxe, é a partida máis importante do pasivo do balance, namentres no ano 2011 os depósitos chegan a tan só o 60, 8% do pasivo total, sendo compensado este descenso polo aumento doutras partidas como capital e reservas e por valores distintos de accións e participacións. Os gráficos 2.16.1 e 2.16.2 resumen esta situación.\nAnálise dinámica Como no caso do activo, estúdanse os cambios nas variables que integran o pasivo, mediante un estudo horizontal de porcentaxes a través das diferenzas.\nA táboa 15 do anexo, que se reproduce aquí, recolle as porcentaxes relativas ás diferenzas das partidas globais do pasivo, nos dous períodos obxecto de estudo:\nTáboa 15: Porcentaxes das diferenzas dos valores do pasivo, por subperíodos.\nComo se pode observar a partir dos datos, a crise marca unha redistribución total das partidas do pasivo, deixando de manifesto que:\nO total dos depósitos (sen interbancario) experimenta un crecemento próximo ao 60% no período anterior á crise, namentres que sofre un descenso ata o 9, 5% nos anos que se identifican coa crise. A variación na cifra dos depósitos é asumida polo resto das partidas do balance, en particular por capital e reservas e por valores distintos de accións e participacións. O gráfico 15 reflicte esta información.\nAsí mesmo, a partir dos datos obtidos do Boletín Estatístico do Banco de España (2011), dos que se extrae unha primeira información da evolución dos dubidosos e dos créditos dende o ano 2002 ata o ano 2011, a evolución no período marzo 20022011 do total dos créditos e o total de dubidosos, por trimestres, permite observar un gap crecente dos dubidosos con respecto aos créditos. A evolución da taxa de morosidade, en sentido amplo, a partir da cifra de dubidosos sobre créditos, e tamén a evolución da taxa de crecemento de créditos en cada ano, rexistra unha taxa de dubidosos sobre o total de créditos dun 1, 23% en marzo de 2002 ao 6, 69% en 2011.\n3. Conclusións\nDa análise descritiva do comportamento das principais partidas do balance das entidades bancarias en España derívase que:\na) Con respecto á evolución de créditos e depósitos (negocio bancario): O cambio na tendencia de crecemento, tanto nos créditos como nos depósitos, prodúcese no ano 2008, tal como confirman os coeficientes de correlación. No período 20022008, a tendencia tanto dos créditos como dos depósitos é crecente, resultado dunha economía de carácter expansivo. No período 20082011 detéctase un cambio de tendencia a partir do ano 2008 e un posterior estancamento das dúas variables. Este feito confirma que a crise bancaria está vencellada á crise financeira, que á súa vez ten a súa contrapartida nunha situación recesiva da economía real. b) Con respecto ao balance bancario agregado b.1. Con respecto ao activo\nO total de créditos outorgados experimenta un crecemento dun 71% do activo no período anterior á crise, namentres que sofre unha baixada do 35, 6% nos anos que se identifican co desencadeamento e o desenvolvemento da crise. O descenso na cifra dos créditos é asumido polo resto das partidas do activo do balance, en particular por “accións e participacións” e por “valores distintos de accións e participacións”. A taxa de morosidade marca tamén a existencia de dous períodos temporais claramente definidos e diferenciados:\nDe 2002 a 2008, no que mantén unha tendencia estable, con valores sempre por debaixo da unidade. De 2008 a 2011, no que se produce un cambio de tendencia, e pasa a valores sempre por enriba da unidade, e continuamente crecentes no tempo. b.2. Con respecto ao pasivo\nO total dos depósitos experimenta un crecemento dun 66, 6% no período anterior á crise, namentres sofre un descenso do 15, 3% con respecto ao período anterior nos anos que se identifican coa crise. A variación na cifra dos depósitos é asumida polo resto das partidas do Balance, en particular por “capital e reservas” e por “valores distintos de accións e participacións”.\nA conclusión da análise empírica descritiva das magnitudes agregadas do sistema bancario español no período 20022011 é que existe un alto grao de prociclicidade, tanto no comportamento do negocio bancario como nos indicadores básicos do mesmo e dos seus riscos, e da taxa de morosidade, identificándose así a crise financeira. As conclusións extraídas da análise empírica do sistema bancario no período anterior e posterior ao comezo da crise confirman que o tratamento da xestión de risco bancario e de crédito deberá incluír non só a consideración das variables que afectan ao debedor, senón tamén as vencelladas á economía, os seus ciclos, factores xeográficos, sectoriais e, en xeral, todas a variables"} {"summary": "Neste artigo lévase a cabo un estudo do proceso de acumulación de capital na economía española durante o período 19952007. O obxectivo é analizar os desequilibrios dun modelo económico baseado no auxe do prezo dos activos asociados á construción, principalmente de tipo residencial, tendo en conta o papel central que tivo no crecemento económico desta fase. O estudo realízase a partir da relación entre o investimento, a produtividade e os índices de prezos, para revelar as características específicas da acumulación de capital en España. Amósase a importancia da composición do investimento, así como a reconfiguración da estrutura económica para explicar os diversos desequilibrios que se xeraron nestes anos.", "text": ": acumulación de capital, burbulla inmobiliaria, produtividade, España ________________________________________________________________________________________________________\nA MACROECONOMIC ANALYSIS OF CAPITAL ACCUMULATION IN SPAIN ALONG THE GROWTH PHASE (19952007\n1. Introdución\nNeste artigo lévase a cabo unha análise macroeconómica da economía española a partir do proceso de acumulación de capital para o período de expansión que antecede á Gran Recesión (19952007). O obxectivo é revelar os trazos fundamentais da dinámica de acumulación de capital dende a perspectiva da produtividade, do cal se deriva unha estrutura determinada de custos de produción, e que á súa vez incide sobre o crecemento económico. O documento céntrase nas particularidades da evolución e estrutura do stock de capital, tendo en conta o papel central que tivo o auxe dos prezos dos activos asociados á construción, entre os que destacan os de tipo residencial.\nPara iso, analízase a evolución do stock neto de capital fixo non residencial () que proporciona a FBBVA (2014), 1 e utilízanse diversas categorías económicas relacionadas entre elas a partir das series do INE (2014):\ni) A ratio capitaltraballo (θ = K*/L), sendo L a cantidade de traballo ou emprego equivalente, e K* o stock a prezos constantes; ii) a produtividade laboral (π = Y*/L), que relaciona o produto interior bruto (Y, ou PIB) a prezos constantes, co L; e a produtividade do capital (Π = Y/K), ou á inversa, a ratio capitalproduto (K/Y), os dous a prezos correntes; iii) a eficiencia produtiva do investimento (EPI= π / θ); que mide o incremento da produtividade laboral derivada da mecanizaci ó n introducida; iv) a evoluci ó n de diversos deflactores de prezos de produto (P Y), o capital (P K) e o consumo (P C).\nSe eludimos a depreciación e outras continxencias, a acumulación de capital defínese como o reinvestimento (I) dunha parte do beneficio (B) obtido, o que implica un incremento do stock de capital (I= ∆K), polo que a taxa de acumulación indica o ritmo de progreso de tal stock (∆K/K). O estudo deste proceso é especialmente relevante xa que o crecemento económico en España na fase que estudamos estivo impulsado por unha intensa acumulación de capital. Pero ao mesmo tempo, incorporou desequilibrios que se tornaron decisivos en canto aos febles resultados obtidos no desenvolvemento produtivo, tanto con respecto á produtividade laboral como á do capital. Ademais, non sentou as bases para a converxencia coas economías máis avanzadas da Eurozona, pero condicionou a forma de manifestación da crise e os custos sofridos pola sociedade española (remitimos a Mateo, 2014b, 2014c).\nOs estudos do proceso de acumulación que toman como referencia da análise o stock de capital, abordando o seu nivel, estrutura e evolución no tempo, e que utilizan categorías económicas asociadas, foron historicamente pouco numerosos no caso español. Porén, afortunadamente están xurdindo novos traballos, malia que aínda sexan marxinais cuantitativamente, pero que contribúen a paliar esta anomalía. Neste senso, é de agradecer o esforzo da Fundación BBVA (FBBVA), en colaboración co Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), na elaboración de series de investimentos e stock de capital de longo prazo e moi desagregadas por tipo de activo, ramas e dimensión xeográfica, así como unha serie de traballos moi ilustrativos sobre a acumulación de capital en España (véxase por exemplo, Mas, Pérez e Uriel, 2013). Estas series, en constante actualización dende os anos noventa, completan e melloran as elaboradas con anterioridade (como poden ser Baiges, Molina e Sebastián, 1987; Corrales e Taguas, 1989; ou Martín e Moreno, 1991).\nO traballo organízase en dúas partes. O primeiro apartado amosa o marco xeral da economía española no período 19952007 a partir do crecemento económico e do investimento. Posteriormente, trátase o stock de capital e a evolución do conxunto de variables obxecto de estudo, para expoñer despois as principais conclusións. 1 Se non se especifica, utilizaremos K para representar o tipo de stock de capital citado.\n2. Crecemento económico e formación de capital\nO crecemento económico de España nos trece años que discorren entre 1995 e 2007, do 3, 7% anual, foi certamente destacado en relación coa Eurozona, a Unión Europea, e en xeral o conxunto de economías avanzadas (FMI, 2013). Na táboa 1 amósase a evolución do PIB dende a perspectiva da demanda, tanto na composición, conforme aos tipos de gasto a prezos correntes, como na taxa de variación a prezos constantes. Cabe resaltar o incremento da formación bruta de capital fixo (FBCF), que chega ao 30, 7% do PIB en 2007, e cunha taxa de incremento anual medio do 6, 1% anual. Así pois, mesmo en termos cuantitativos o motor da economía española non foi o auxe do consumo, como tampouco o gasto estatal.\nPorén, revélase unha certa asimetría no rol do investimento en canto á composición do PIB e á dinámica de incremento, isto é, entre a evolución do investimento a prezos correntes e a prezos constantes. O incremento de 9, 2 puntos porcentuais na súa participación no produto (un 42%) contrasta co seu menor dinamismo en termos reais con respecto ao resto de variables da demanda. 2\nGasto en porcentaxe do PIB a prezos correntes e taxas de variación anual medias\nEsta fase de expansi ó n estivo caracterizada tam é n por unha crecente integraci ó n da economía espa ñ ola co resto do mundo. O coeficiente de abertura pasou do 44, 8 ao 60, 5% do PIB, pero cun maior dinamismo das importaci ó ns. Precisemos que, deixando na marxe o cuantitativo antes sinalado, cualitativamente o investimento constit ú e un requisito da competitividade que necesita a exportaci ó n, malia que tam é n incide sobre as importaci ó ns, polo que o investimento est á estreitamente relacionado coa dimensi ó n externa, é dicir, coa modalidade de inserci ó n da economía espa ñ ola no conxunto da economía europea e mundial. 2 Apréciase o que podemos denominar un importante “efecto prezo” no proceso de acumulación de capital nestes anos, o que permite aludir ao denominado por Brenner (2006) como “keynesianismo do prezo dos activos”, ou o “modelo financeiroinmobiliario” que sinalan Rodríguez e López (2011).\nNa an á lise da acumulaci ó n de capital (e o crecemento econ ó mico que dela se deriva) non s ó é pertinente o volume total de investimento, sen ó n a composici ó n do mesmo por tipo de activo e ramas da economía, xa que as implicaci ó ns con respecto á produtividade e rendibilidade acadada son diferentes (Mas, P é reze Uriel, 2006; P é rez e Serrano, 2010). Por tipo de activo (figura 2), destaca o investimento en construci ó n, que chegou a unha media de dous terzos do total, con car á cter ascendente ao longo do período, fundamentalmente para na epígrafe residencial, que chega a representar o 40% do total do investimento 3. Asemade, os desembolsos relacionados coa maquinaria e o equipo 4 s ó representaron un 18, 9% do total, e apenas o 15, 7% entre 2003 e 2007.\nFigura 2. Composición do investimento por tipo de activo\nA participación do investimento non residencial (I nr) no total perdeu 10 puntos porcentuais entre a primeira metade dos anos noventa e 200507. Dende principios dos años oitenta a I nr aumentara relativamente, pasando de representar o 6162% entre 1977 e 1982, a estabilizarse en torno ao 70% a partir de 1989. Pola súa banda, o investimento nos sectores que podemos considerar como produtivos 5 dende o punto de vista da valorización do capital amosou unha caída de casi 8 puntos porcentuais en 200007, ata o 46% en 2007 (fig. 3). Québrase así un ciclo relativamente estable en torno ao 5055% do total dende metade dos setenta.\nResulta máis problemática o percorrido do investimento a prezos constantes, pois quebra á súa vez unha tendencia histórica de carácter á alza. 6 Con breves excepcións, a I nr pasa do 3540% na segunda metade dos anos sesenta a 6465% durante a primeira metade dos noventa. Porén, dende 1995 baixa, para flutuar en torno ao 5960% do total a partir de 2001.\n3. O proceso de acumulación de capital 3.1 O stock de capital\nO stock de capital (K) a prezos constantes foise incrementado a un ritmo elevado, en xeral por enriba do 4% anual (fig. 4). A fase posterior a 1999 é a que rexistra un maior dinamismo, tanto para activos residenciais como non residenciais.\nA pesar do menor dinamismo do investimento non residencial, o efecto prezo da inflación de activos reflíctese no crecemento superior do stock a prezos constantes K nr. En termos correntes, o stock non residencial representaba en 1995 o 50, 1% do total, porcentaxe que en 2007 ata será un pouco inferior, do 47, 6%. Por tanto, os desequilibrios do proceso de acumulación, á súa vez, deron co resultado dunha diverxencia en canto ao encarecemento dos diversos activos integrantes do stock de capital.\nNa figura 5 destaca que os deflactores de prezos relacionados co auxe da construción aumentou entre 1995 e 2007 en moita maior medida co resto. O prezo dos activos materiais de vivendas e outras construcións aumentaron un 92, 7 e 67, 4% respectivamente, o que contrasta co equipo de transporte e a maquinaria, equipo e outros activos, cuxos prezos apenas aumentaron entre o 19 e o 25%. Pola súa banda, os activos inmateriais como o software experimentaron un abaratamento en termos absolutos de case o 20%.\nNótese que dende a metade dos anos sesenta do século pasado, o stock de vivendas encarecou relativamente máis co resto de activos, pero a un ritmo de 10 puntos porcentuais inferior ao vixente en 199507. O contraste prunfúndase cando abordamos o equipo de transporte e a maquinaria e equipo. Nas décadas anteriores, os seus deflactores aumentaron o 7073% do total, polo que a caída experimentada durante o ciclo expansivo que se inicia en 1995, no cal os seus prezos só aumentan algo máis dun terzo da media total, ilustra o grao de diverxencia ou relativo dualismo e de desequilibrios desta fase. É máis, ata dentro deste lapso, os prezos dos dous non seguen un camiño relativamente paralelo, pois namentres os equipos de transporte se abaratan relativamente ao longo deste período, os activos da maquinaria, equipos e outros posúen unha evolución nos seus prezos oposta, pois entre 2003 e 2007 o seu aumento medio anual é do 55% do total.\n3.2 Acumulación e desenvolvemento produtivo\nO proceso de capitalización por parte das empresas dunha parte dos beneficios recolleitos materialízase na ratio capitaltraballo (K/L), que constitúe un índice da mecanización do proceso produtivo (véxase Mateo, 2008). Este índice é significativo porque supón o fundamento esencial, aínda que non exclusivo, da mellora da produtividade laboral. 7 Como vimos, a evolución á alza do stock de capital fixo non residencial a prezos contantes mantén certa homoxeneidade ao longo do período, cunha taxa anual media do 4, 6%. A creación de emprego, porén, amósase máis volátil, xa que entre 1996 e 2000 crece a unha media do 4, 4%, pero a partir de 2000 o incremento cae ao 2.8% anual. Este elevado ritmo de creación de postos de traballo, do 3, 3% por ano, trae consigo un dos principais trazos do proceso de acumulación en España, que son: o reducido dinamismo da ratio capitaltraballo, o que terá implicacións sobre a produtividade. Así, este índice da mecanización produtiva apenas aumenta un 16% en 13 anos, o que constitúe un rexistro moi baixo. Se\nen 199500 se incrementa ao 0, 55% anual, na fase posterior de 200007 é sensiblemente superior, do 1, 75% anual. Pero como se amosou, o auxe de K/L non se debe principalmente a unha intensificación no ritmo de crecemento de K, senón na menor creación de emprego con respecto á fase anterior, malia que o aumento da masa de acervo de capital fixo é destacable. 7 Impóñense varios esclarecementos: i) a aseveración do papel fundamental da ratio K/L para explicar a dinámica produtiva non implica descoñecer fenómenos como cambios organizativos que melloren a produtividade sen alterar K, nin cambios no contexto que igualmente impliquen un resultado análogo; ii) ao falar de produtividade laboral non consideraremos o tempo de traballo polas limitacións que teñen a súa medida, polo que, a falta dunha explicación mellor, tomaremos como indicador (imperfecto), o PIB por cantidade de traballo equivalente total.\nCoas excepcións de 1997 e 2000, apréciase que a EPI é moi reducida, pois en xeral atópase por debaixo do 40%, concretamente no 29, 3%. Noutras palabras, a produtividade laboral aumenta algo menos da terceira parte do incremento do volume do stock de capital por traballador.\nA ratio dos deflactores de prezos, aínda cunha variación que non foi substancial, foi tamén en detrimento do proceso de acumulación. O cociente P Y /P K aumentou un 4, 1% ata 199899, para descender posteriormente un 6%. Dende a nosa perspectiva, significa que o stock de capital encarecéuse con respecto ao nivel xeral de prezos a partir de 1999, precisamente cando se establecen os tipos de cambio fixos. 8 Mentres, a competencia e o cambio tecnolóxico expresada por medio dos prezos (Shaikh, 1990) supoñen un atraso ou menor dinamismo producivo das ramas relacionadas co stock de capital e/ou un maior prezo cando que se importa do exterior. 9 Por tanto, o descenso da ratio de prezos relaciónase cos problemas da capacidade produtiva da economía española no sector de bens de capital. Consecuencia destes dous aspectos, a eficiencia produtiva do investimento e a relaci ó n de prezos (á s ú a vez relacionados entre eles), é a evoluci ó n da produtividade do capital (II). Esta ratio amosa unha clara tendencia descendente ag á s nos primeiros anos. Entre 1995 e 1998, o estancamento do K/L (iso si, co correspondente Y/L), unido ao abaratamento relativo do stock de capital, supuxo que II aumentase nun 2, 8%, namentres que ao ano seguinte rexistrou unha caída insignificante (-0, 45%). Por é n, e como sucedeu coa ratio de deflactores de prezos, comeza posteriormente a descender, pero a un ritmo superior. Entre 1999 e 2007 cae un 13.8% acumulado, o que representa unha media do -1, 8% anual. Por tanto, a partir de 19992000 a din á mica de acumulaci ó n de capital presenta unha serie de problemas agravados. Malia que o ritmo de expansi ó n do stock de capital é relativamente elevado, o sector dos bens de capital (ou, f ó ra iso, a dipo ñ ibilidade destes elementos) atopa obst á culos para o desenvolvemento produtivo. Dende 19992000, θ crece case un 13%, namentres Y/L apenas supera o 3% e o encarecemento relativo de K chega ao 6%. É dicir, a acumulaci ó n de capital intensifícase, pero cun encarecemento dos bens de capital e un menor dinamismo relativo da produtividade laboral, todo o cal presiona á baixa a produtividade do capital, que á s ú a vez limita a rendibilidade m á xima.\n3.3 Os custos de produción\nPorén, esclarecemos o senso teórico do “custo de produción” dende a perspectiva deste estudo. Na medida que consideramos a acumulación de capital como o fundamento do crecemento económico, adoptamos unha perspectiva dinámica na que non consideramos ao suxeitos económicos (esencialmente, as unidades empresariais), como meros axentes pasivos prezoaceptantes nun marco de competencia perfecta (Shaikh, 1990). A competencia entre empresas realízase mediante o abaratamento das mercadorías, polo que o desenvolvemento produtivo está estreitamente ligado á progresiva redución dos custos de produción por unidade de produto 10. 8 A modo de recordatorio, esclarecemos que utilizamos o deflactor de prezos do stock de capital non residencial. 9 En todo caso, a necesidade de importar elementos deste stock reflicte unha ausencia de competitividade, polo que se vencella co menor desenvolvemento produtivo. 10 Daí que vencellemos o desenvolvemento cos deflactores de prezos.\nOs custos totais de produción (CT) están compostos por insumos ou consumos intermedios (CI) e remuneracións salariais (RA), polo que.\nOnde os custos totais por unidade de produto () dependen da produtividade (Y/L) acadada a partir da acumulación de capital, materializada na cantidade de capital fixo por unidade de traballo (K/L). Por tanto, o investimento relativamente superior en elementos de capital fixo por unidade de traballo e de produto constitúe o mecanismo esencial para acadar economías de escala (Shaikh, 1990), reducindo deste xeito os custos unitarios de produción. Esta tendencia implica á súa vez un cambio na composición destes custos, namentres o seu nivel absoluto debe tender a reducirse: i) unha maior porcentaxe de custos non laborais por unidade de produto, asociados ao aumento na utilización de activos de capital fixo; ii) a posibilidade de que os salarios en termos absolutos (ou reais) aumenten, simultaneamente a un descenso na súa dimensión relativa (como se expresou no punto anterior); iii) un aumento dos custos de depreciación do stock de capital utilizado.\nOs custos totais en relación ao valor agregado bruto aumentaron un 19, 7% ao longo do período, pasando así de representar o 146% en 1995 a superar o 170% nos tres últimos anos, de 2005 a 2007. Mentres os custos salariais mantiveron un nivel constante en torno ao 5354% do valor agregado bruto (VAB), os insumos, que en 1995 supoñían o 93, 8% do produto, en 200607 xa superaban o 120%. Como consecuencia, os 19 puntos porcentuais que aumentaron a ratio CT/VAB reflicten exactamente o incremento de CI/VAB.\nFonte: INE (2014)\nDo exposto, pódese entender o marco produtivo que imposibilitou o aumento dos salarios\n(RA). O incremento da taxa de asalarización, que pasou do 80, 5% en 1995 ao 86, 4% en 2007 (INE, 2014), foi paralela a unha perda do poder adquisitivo do salario medio. Malia é certo que en relación ao IPC o salario medio aumenta un 1, 26% ao longo do período segundo AMECO (2014), se tomamos o deflactor do PIB, considerando o encarecemento dun ben de consumo duradeiro como a vivenda, atopámonos cunha caída do salario real medio do 4, 70%, que sería do 6% se tomamos como referencia o período 199606 (INE, 2014). Esta dinámica regresiva permitiu á súa vez compensar os desequilibrios do proceso de acumulación, ata posibilitando unha redución dos custos laborais reais unitarios (CLRU). 11 Onde os CLRU que calculamos (proxy da medida ideal) relacionan as remuneracións (RA) dos traballadores asalariados (L w) co produto por traballador (Y/L), ou posto de traballo equivalente (L e), tendo en conta que L w representa máis do 80% de L e. Ata 2006, os CLRU descenden un 9, 52%, xa que os salarios caíron un 5, 86% e a produtividade aumentou case un 4%. Como consecuencia, a regresividade distributiva contribuíu en maior medida á redución dos custos laborais en termos reais. 11 Tanto as remuneracións como o PIB están expresados a prezos constantes utilizando o mesmo deflactor de prezos, o do produto total, polo que non se pon na expresión debida a que está no numerador e no denominador. Porén, o PIB a prezos constantes tómase do que proporciona o INE, namentres que o deflactor utilizado para o salario é o derivado de dividir os PIB a prezos correntes e constantes. Por outra banda, mencionemos o noso desacordo con relacionar salarios a prezos correntes co PIB a prezos constantes, polo que homoxeneizamos as dúas categorías.\nNota: CLRU: custo laboral real unitario; Y/L: produtividade laboral (π); w: salario real medio (remuneracións totais por traballo asalariado equivalente deflactado polo índice de prezos do PIB), sendo CLRU= w/ π. Fonte: INE (2014)\nConclusións\nEsta investigación pretendeu contribuír á comprensión dos desequilibrios da economía española durante a fase de expansión (19952007) a partir do proceso de acumulación de capital. A temática resulta pertinente en tanto que a formación de capital constituíu o motor do crecemento, aínda que cun profundo nesgo cara a vivenda e outras construcións, que chegaron a representar máis do 70% de media do total durante o lapso 200307.\nO elemento subxacente foi o “efecto prezo”, característico do papel adquirido pola inflación de activos da construción e, en concreto, residenciais. O aumento extraordinario dos prezos destes activos da construción e, concretamene, residenciais. O aumento extraordinario dos prezos destes activos xerou unha dualidade en distintas variables a prezos correntes e constantes que presidiu o proceso estudado: o deflactor de prezos de K en construción e vivendas aumento un 67 e 92% ao longo do período, respectivamente, mentres que os prezos do resto de activos de transporte, maquinaria e equipo só aumentaron un 1925%.\nA pesar do dinamismo do stock de capital non residencial, a ratio K/L permaneceu case estancadoa, apenas cun 16% de crecemento, e en verdade limitada á subfase posterior ao ano 2000. A produtividade laboral só aumentou un preocupante 4, 4% total, e ademais, a eficiencia produtiva do investimento baixa dende 2000. Ademais, amosa un nivel absoluto alarmantemente reducido, pois excluíndo 1997 e 2000, nin sequera chega ao 30% de aumento de Y/L con respecto ao aumento en K/L. Unido a esta caída, o stock de capital (non residencial) encareceuse con respecto ao produto total dende 1999, como o proba o seu deflactor de prezos.\nEn consecuencia, os custos totais aumentaron un 19, 7% con respecto ao VAB, o que reflectiu o aumento do custo dos insumos. O custo salarial relativo permaneceu constante, e ata os CLRU baixaron polo descenso do salario real medio (deflactado polo nivel de prezos total), malia o feble comportamento da produtividade. Destacamos que ata 2006 os CLRU caen un 9, 5% e o salario real un 5, 8%. O percorrido comparado da ratio K/L, a produtividade laboral e a relación de prezos da como resultado a produtividade do capital. Un dos aspectos máis relevantes obtidos é a caída do 14% da ratio Y/K entre 1999 e 2007, derivada tanto da “ineficiencia produtiva do investimento” como do aumento relativo de P K.\nBibliografía\nAMECO (2014): Annual macroeconomic database. Comisi ó n Europea, Asuntos Econ ó micos y Financieros."} {"summary": "Neste traballo tratamos o valor dos Recursos Humanos Internacionais como fonte potencial de vantaxe competitiva para as organizacións. Sobre a base dun estudo realizado entre 150 expatriados españois, analizamos os seus principais resultados. Comprobamos se o tempo introduce diferenzas significativas nestes resultados, e tamén se son efectivamente medidos polas organizacións. Ademais, a partir dunha enquisa de 330 expatriados autoiniciados suxerimos que os que abandonan voluntariamente o noso país na procura de oportunidades profesionais obteñen o mesmo tipo de logros. Os datos do noso estudo confirman que as persoas que se atopan en postos no estranxeiro perciben a adquisición de habilidades internacionais e a mellora de competencias profesionais, que poden determinar o diferencial competitivo para as súas organizacións. Así mesmo, os que se atopan no estranxeiro na procura dunha oportunidade laboral ou de desenvolvemento profesional obteñen idénticos resultados, o que suxire que existe unha bolsa de profesionais altamente cualificados con talento disperso que poderían significar para as empresas a mellora de posibilidades de expansión internacional, e para o país a inversión de fuga de talento que, a longo prazo, pode derivar na descapitalización. O tempo mellora os resultados nos dous casos.", "text": "49 DO BRAIN DRAIN AO BRAIN GAIN: EXPATRIACIÓN, EMIGRACIÓN E COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL María BASTIDA DOMÍNGUEZ USC CAMPUS VIDA Maria.bastida@usc.es\nFacultade de Relacións Laborais\nDepartamento de Organización de Empresas e Comercialización\n:\n1. Introdución\nA internacionalización da economía e globalización dos mercados caracterizan o actual contexto económico mundial. A estratexia de internacionalización, que tradicionalmente se considerou unha vía de expansión e crecemento para as empresas, pasou a ser unha vía de sostemento e supervivencia para moitas delas. En consecuencia, o marco de referencia competitivo actual sitúanos nun mercado sen fronteiras, onde as organizacións conviven con múltiples e variados actores que as obrigan a buscar novas vías de competencia. A abertura de novas vías de distribución e comercialización, a planificación e adaptación da produción aos requisitos do novo mercado, problemas burocráticos e administrativos de distinta índole ou diversos requisitos políticos e legais son só unha mostra dos problemas que pode supoñer este camiño de expansión. Paradoxicamente, a principal ameaza para o éxito vén do interior das propias organizacións: falta de capital humano capacitado para xestionar a internacionalización. A localización e xestión deste capital segue sendo unha debilidade para a maioría das organizacións (Collings, 2014; Lazarova e Cerdin, 2007; Shaffer, Kraimer, Chen e Bolino, 2012). Entre os factores que poden favorecer a institución eficaz dunha estratexia de expansión internacional destaca a adhesión dunha cultura global por parte da organización. No marco da upper echelons theory (Hambrick e Mason, 1984), as organizacións tenden a reproducir os comportamentos das persoas que as dirixen, posto que son responsables de transmitir a cultura, os valores e as estratexias organizativas. Nestas circunstancias, se a organización quere acometer con seguridade a súa expansión debe colocar ao mando a persoas con talento global, capacidades e habilidades interculturais eficaces. Unha das vías destacadas para adquirir estas capacidades globais é a ocupación sucesiva de asignacións internacionais, polo que diversos autores puxeron de relevo a importancia da experiencia internacional dos directivos como motor da internacionalización. Esta experiencia pode supoñer un diferencial competitivo determinante no éxito das organizacións nun contexto global (Black e Gregersen, 1999; Caligiuri e Tarique 2009; Carpenter e Fredrickson, 2001; Harvey e Moeller, 2009; Harvey, Novicevic, Speier, 2000; Hutzschenreuter e Horstkotte, 2013; Insch, McIntyre e Napier, 2008). Malia que os datos indican que a mobilidade internacional segue aumentando (Brookfield, 2013; Cartus 2014), aínda son poucas as persoas ás que se lles ofrece unha asignación internacional como parte da súa carreira profesional. En consecuencia, é un activo limitado. Os que contan con esta\nexperiencia convértense nun recurso escaso, valioso, insubstituíble e inimitable para as súas organizacións. Para aproveitar este recurso como fonte de vantaxe competitiva, a organización debe necesariamente identificar e avaliar estes recursos, ademais de procurar apropiarse dos coñecementos que posúen e fomentar a súa difusión. Este é o obxectivo principal deste traballo, amosar o valor dos Recursos Humanos Internacionais como fonte potencial de vantaxe competitiva para as organizacións. Para iso, e logo de revisar diferentes estudos que permiten realizar tal afirmación dende un punto de vista teórico, sobre a base dun estudo realizado entre 150 traballadores expatriados de empresas españolas poranse de relevo os resultados fundamentais que perciben na súa etapa internacional, comprobando a posible influencia do tempo na devandita percepción. Así mesmo, analízase se as empresas perciben e avalían eses resultados, con particular atención aos relacionados coa adquisición de habilidades internacionais.\nPor outra banda, nos últimos anos alertouse sobre a constante saída da mocidade do noso país na procura de mellores oportunidades laborais. Con independencia do desacordo entre as cifras, o certo é que estamos perante unha emigración de profesionales competentes, altamente cualificados, que abandonan o país na procura de desenvolvemento profesional. Este fenómeno, que se etiquetou como “ fuga de talento ” (Saxenian, 2005) pode provocar, a longo prazo, unha descapitalización do país, xa que supón unha perda de capital intelectual moitas veces permanente. O seu estudo foi abordado tradicionalmente dende unha perspectiva económica, pero, en esencia, a situación á que se expoñen estes profesionales non é moi diferente da dos que son enviados polas súas empresas a una asignación internacional (Carr, Inkson e Thorn, 2005; HoweWalsh e Schyns, 2010). Os dous casos enfróntanse ao que Leung, Maddux, Galinsky e Chiu (2008) denominan “experiencias culturais intensivas”, con potencial para desenvolver ás persoas ao expoñelas a diferentes retos nunha contorna non familiar. Daí que a investigación acuñara o concepto de “ selfinitiated assignments ” ou expatriacións auto iniciadas (Inkson et al., 1997; Suutari e Brewster, 2000) para referirse aos que abandonan voluntariamente o país e, unha vez no extranxeiro, procuran traballo. En liña con esta argumentación, un segundo obxectivo deste traballo é comprobar se estes expatriados voluntarios obteñen resultados semellantes aos enviados polas súas organizacións. Sobre a base dunha mostra de 330 españois que traballan actualmente noutros países, definimos os seus principais resultados, analizando se difiren dos percibidos polas persoas que son enviadas ao estranxeiro polas súas organizacións. Se non hai grandes diferenzas, existe a posibilidade de reverter os efectos negativos da “fuga de talento”, atraíndo a estes profesionais aos que a súa etapa internacional lles facilita a\nadquisición das capacidades globais imprescindibles para dirixir as empresas de hoxe.\n2. OBXECTIVO DO ESTUDO E MÉTODO\nAlgúns autores analizaron a relación entre a posesión de habilidades e capacidades interculturais entre os compoñentes do equipo directivo das organizacións e diversos resultados para a organización. Así, demostrouse que a experiencia internacional dos altos directivos das multinacionais melloran o rendemento empresarial, a diversificación internacional; reduce o tempo requerido para se introducir nun mercado estranxeiro; facilita o desempeño das actividades de exportación e mellora a eficacia da estratexia de internacionalización, entre outros (Carpenter, Sanders e Gregersen, 2001; Herrmann e Datta, 2005; Li, Lam e Quian, 2001; Moon, 2010; Tihanyi, Ellstrand, Daily e Dalton, 2000). Ata se propuxo que a posesión da competencia intercultural ou a experiencia internacional dos directivos é un precedente ou prerrequisito do éxito do negocio internacional (Johnson, Lenartowicz e Apud, 2006; Moon, 2010; Rajshekhar e Todd, 2011).\nNeste contexto, e en conexión directa coa antes citada Upper Echelons Theory, (Hambrick e Manson, 1984), neste trabajo suxírese que esta relación se debe precisamente aos resultados de tipo individual que adquiren os expatriados (adquisición de habilidades interculturais e competencias profesionales, basicamente); xa que a estratexia corporativa é un reflexo dos directivos da organización (Herrmann e Datta, 2005). Tal e como se se referiu antes, os directivos que ocupan estas asignacións internacionais adquiren con maior facilidade as capacidades e habilidades que mellorarán a estratexia de internacionalización das súas empresas e facilitarán os obxectivos contemplados nela, puidendo sentar a base dunha vantaxe competitiva sostible perante os seus competidores.\nNeste estudo analízase se as persoas en asignacións internacionais perciben, efectivamente, a adquisición destas capacidades e habilidades, ademais da consecución doutros resultados para os que foron enviados aos seus destinos. Tamén analizamos se o tempo de estadía da asignación permite observar diferenzas nos resultados percibidos, co obxectivo de poder determinar se as asignacións tradicionais (de máis de dous anos de duración) son máis axeitadas cas asignacións de curto prazo (entre 3 e 24 meses) de cara á consecución de determinados obxectivos. Preguntamos tamén se estes resultados son percibidos unicamente polos expatriados, ou se a organización efectivamente os identifica e mide. Finalmente, detémonos nos resultados que perciben os expatriados voluntarios, persoas que abandonan o noso país na procura de traballo ou para mellorar as súas condicións laborais e oportunidades profesionais no estranxeiro. Neste contexto, suxírese que os resultados non difiren dos obtidos por expatriados organizativos, polo que as organizacións terían á súa disposición talento disperso que podería atraír co fin de mellorar as súas oportunidades no negocio internacional.\nPROCEDEMENTO Para realizar este estudo, deseñamos un cuestionario dispoñible online para detectar os resultados que as persoas perciben no transcurso da súa etapa no estranxeiro. Inclúese diversa información sobre sexo, idade e experiencia previa, tanto na empresa como en asignacións internacionais. Así mesmo, tamén se engadiron un conxunto de ítems co fin de analizar a eficacia dos expatriados na asignación, tanto dende unha perspectiva organizativa (rendemento medido) como individual (rendemento percibido).\nNo caso dos expatriados organizativos, contactamos con diversas empresas e institucións, solicitando o envío do cuestionario ao seu persoal desprazado no estranxeiro. Se aceptaban, facilitabaselles un email cun link ao cuestionario para que fose remitido aos expatriados. Para os expatriados voluntarios, contactouse con diversos foros especializados para a interacción de expatriados, solicitando a inserción do link para cumprimentar a enquisa. Nos dous casos garantiuse o anonimato dos resultados. O procedemento descríbese no Anexo 1.\n3. RESULTADOS\nNa Táboa 3 reflíctense as medias e desviacións típicas entre os resultados percibidos polos expatriados organizativos. Todos os participantes perciben un alto nivel de resultados na súa\nO grupo de resultados relacionado coa adquisición de habilidades internacionais inclúe tamén o ítem de maior puntuación (G11; media=6.13), que se refire á oportunidade de adquirir novas capacidades e coñecementos na asignación internacional. Este ítem é ademais o que ten unha menor desviación típica (DT=1.18), o que indica que todos os expatriados incluídos na mostra teñen unha percepción clara de consecución neste resultado. É destacable tamén que catro dos cinco ítems relacionados co factor ABIL (adquisición de habilidades internacionais) ocupan os primeiros postos na valoración de resultados por parte dos expatriados. Así, ao xa citado ítem relativo á oportunidade de adquisición de novas capacidades e coñecementos (G11) séguenlle o desenvolvemento de capacidades distintas á área de experiencia (G12), a consideración da asignación como unha oportunidade profesional valiosa (G10) e o desenvolvemento de coñecementos sobre a forma de facer negocios noutros países (G9).\nNo outro extremo, o ítem que presenta menor puntuación é o relacionado co desempeño de funcións para as que non hai persoal capacitado dispoñible no país onde se desenvolve a asignación (G18, media=4.19). Paradoxicamente, este é un dos motivos máis esgrimidos polas multinacionais cando deciden enviar persoal propio aos países destino das súas filiais, habitualmente referenciado como\n“ filling posts ” (Harzing, 2011).\nA continuación analízase a estabilidade destes resultados. A Táboa 4 amosa o efecto do tempo sobre os resultados percibidos. En particular, centrámonos na análise das diferenzas entre as asignacións de curto e longo prazo. Habitualmente considéranse asignacións a curto prazo as de duración inferior a un ano, namentres que as superiores a 12 meses son asignacións a longo prazo (Selmer, 2004; Konopaske e Werner, 2005). Porén, neste traballo os grupos diferéncianse sobre a base de asignacións que duran máis ou menos 24 meses (n = 44 e n = 106, respectivamente). O marco temporal exténdese coa finalidade de explorar mellor os resultados percibidos e, máis concretamente, os relacionados coa carreira profesional e as habilidades internacionais.\nanalizados, e a proba t de Student indica que o 80% desas diferenzas son significativas. Todos os expatriados perciben un maior nivel de cumprimiento de obxectivos conforme aumenta a súa estadía no destino da asignación. Concretamente, as diferenzas son significativas en todos os ítems incluídos no grupo de adquisición de habilidades internacionais (G9, G10 e G13 p<0.01; G12, p<0.05 e G11 p<0.1) e tamén en todos os relacionados coa transferencia de coñecemento e control (G15, A Táboa 5 amosa a análise de regresión múltiple realizada para comprobar se estes resultados son preditores do rendemento percibido polo expatriado e o medido pola súa organización. Nas dúas análises diferentes consideráronse como variables independentes as dúas medidas de rendemento, dependentes consideráronse as catro dimensións de resultados analizados: CAR ou resultados de carreira profesional; COO ou resultados relacionados coa coordinación entre unidades; ABIL ou adquisición de habilidades internacionais e TRANSF ou transferencia de coñecementos e control. O tempo na asignación utilizouse como variable de control.\nO resultado da análise suxire que existe unha relación entre os resultados obtidos polo expatriado e a medida de desempeño utilizada pola súa organización, pero soamente no caso dos resultados vencellados á transferencia de coñecementos e control (β = 0, 546; p <0, 01) e os inherentes ao rol do efecto significativo sobre a medición de rendemento por parte da organización no caso da\npercibido, non se atopou un efecto significativo coa maioría de factores de medición, é dicir, internacionais; TRANF: Transferencia de coñecemento e control;\nFinalmente, formulábase a existencia de diferenzas entre os resultados obtidos polas persoas que se atopaban en postos no estranxeiro como consecuencia dunha decisión das súas organizacións e os percibidos polos que voluntariamente abandonan o país na procura de mellores oportunidades profesionais. A Táboa 6 presenta as puntuacións medias outorgadas a cada un dos resultados obtidos polos expatriados voluntarios ou autoasignados. Neste caso non se contemplan obxectivos funcionais nin técnicos xa que, como se sinalou anteriormente, non hai unha organización que\nM: Media; DT: desviación típica; t: t de Student para dúas mostras independentes\nA oportunidade de adquirir novas capacidades e coñecementos na asignación internacional é novamente o ítem con maior valoración (G11, media=6.00) e que reflicte menor dispersión na resposta (DT=1.389). Neste caso, os expatriados autoiniciados outorgan menor valoración á integración da etapa internacional na planificación de carreira profesional (G1, media=4.26), resultado lóxico porque a meirande parte das persoas incluídas nesta mostra (73.93%) decidiron acometer a súa asignación para atopar traballo ou unha mellora profesional no estranxeiro, e non como resultado dunha estratexia planificada de carreira profesional. O tempo tamén mellora os resultados percibidos polos expatriados autoiniciados (Táboa 7), que reflicten unha mellora na puntuación de todos os ítems coa excepción da outorgada á percepción de capacidades alleas á área de experiencia propia (G12), que baixa lixeiramente. A mellora é notablemente superior no caso da adquisición de competencias profesionais, onde a media de puntuación ascende case nun punto (0.92) fronte aos 0.39 que sobe, de media, a valoración de resultados relacionados coa adquisición de habilidades internacionais. As diferenzas son estatisticamente significativas en todos os ítems incluídos no grupo de resultados relacionados coa carreira profesional (G1, G2, G3 p<0.01; G4, p<0.5) e en tres dos vencellados coa adquisición de habilidades internacionais (G13, p<0.01; G9 e G10, p<0.05). De media, os expatriados polas organizacións teñen unha percepción maior de consecución de obxectivos cos autoasignados (Táboa 8). Porén, na mellora de competencias profesionais, as diferenzas non son estatisticamente significativas (G1, G2, G3 e G4, p>0.1). No que se refire á adquisición de habilidades internacionais, son diferenzas estatisticamente significativas as diferenzas no desenvolvemento de redes de contacto profesional; a consideración da asignación como unha experiencia profesional valiosa e o desenvolvemento da forma de facer negocios noutros países (G9, G10 e G13, p<0.5).\nTáboa 8. Resultados expatriados organizativos vs AutoIniciados TIPO DE EXPATRIADO Organizativos (n=150)\nO Gráfico 3 reflicte as puntuacións medias outorgadas polos expatriados organizativos para cada un dos ítems de resultados propostos. Os nosos resultados suxiren que, efectivamente, os expatriados perciben un alto logro de resultados no transcurso da súa asignación internacional, tanto dende un punto de vista técnico e funcional, como no que se refire ao desenvolvemento de capacidades e habilidades globais e a adquisición de competencias profesionais que poden mellorar as súas oportunidades de promoción na organización. De entre todos estes resultados, os que se perciben con maior claridade son os vencellados á adquisición de habilidades internacionais. Como se observa no gráfico, catro dos cinco ítems dos incluídos neste grupo de resultados son os que receben maior puntuación (G11, G12, G10 e G13). Concretamente, e por orden de puntuación, os expatriados perciben que aproveitan a asignación como unha oportunidade para adquirir novas capacidades e habilidades, desenvolvemendo especialmente as alleas á súa área de experiencia e, de forma destacada, o coñecemento da forma de facer negocio noutras culturas.\nTransferencia de coñecemento e control Adquisición de competencias profesionais Coordinación entre unidades\nAdquisición de habilidades internacionais\nGráfico 3. Resultados percibidos polos expatriados organizativos Noutro extremo figuran os ítems vencellados ao desenvolvemento de función de transferencia de coñecemento e control, especialmente o desempeño en áreas de xestión non dispoñibles entre a forza de traballo do país destino da asignación e o desenvolvemento de mecanismos de control (G18 e G16 respectivamente). O feito de realizar tarefas vencelladas co traballo que viñan desenvolvendo de forma previa á expatriación podería explicar esta diferenza. Así mesmo, o 74% dos participantes atópanse en países situados na UE e América do Norte (EEUU e Canadá), o que puede influír na percepción de dispoñibilidade de talento local. Un resultado particularmente chamativo é a baixa puntuación outorgada aos ítems incluídos no\ngrupo de resultados vencellados á adquisición de competencias profesionais que poden mellorar as oportunidades de promoción na empresa. Unha análise máis detallada destes elementos permítenos ver que, malia que os expatriados cren que a etapa internacional débelles axudar na súa promoción na organización (ítem G3, media= 5.22), a súa percepción é menor no que se refire á inclusión desta etapa nunha planificación de carreira a longo plazo, a súa relación directa coa súa carreira profesional, ou a mellora de oportunidades para a promoción de forma inmediata nas súas organizacións (ítems G1, G4 e G2 respectivamente). Este resultado indúcenos a pensar que a forma en que o expatriado valora, globalmente, a súa etapa internacional pode non se corresponder coa valoración que fai da mesma a organización. A análise de regresión múltiple realizada (Táboa 5) permítenos explorar as relacións entre a percepción de resultados por parte do expatriado e a medición de desempeño, tanto dende unha\n58 perspectiva individual (percibido polo expatriado) como organizativa (medido pola organización).\nOs resultados da análise preséntanse no Anexo. Finalmente, a consideración do tempo permite visualizar diferenzas tanto no caso dos organizativos como no dos autoiniciados. Concretamente, o tempo mellora a percepción en todos os resultados dos expatriados organizativos, de forma destacada no caso de transferencia de coñecementos e control e adquisición de habilidades internacionais (gráfico 6).\nGráfico 6. Resultados percibidos por expatriados Gráfico 7. Resultados percibidos por expatriados organizativo e tempo autoiniciados e tempo Todas as diferenzas entre as puntuacións son estatisticamente significativas, agás no caso do desenvolvemento de redes de contacto profesional, a consideración da asignación como unha experiencia profesional valiosa e o desenvolvemento de coñecementos sobre a forma de negociar noutros países (Táboa 4). As características intrínsecas ao traballo dos expatriados, como comentamos previamente, poden explicar este resultado. Tan pronto como chegan ao país destino da asignación, os expatriados organizativos deben interactuar con outras empresas, véndose obrigados a negociar con persoas doutra cultura dende o momento da súa chegada. Así mesmo, é probable que interactúen con outros expatriados e establezan redes de contacto. Finalmente, a valoración da asignación como experiencia profesional valiosa adoita ser un prerrequisito de aceptación da asignación, moi relacionado coas expectativas de promoción que xera a antedita etapa\npara os profesionais (Carpenter e Frederickson, 2001; Carr, Inkson e Thorn, 2005; Daily, Certo e Dalton, 2000; Dickman e Harris, 2005; Dragoni, Tesluk, Russell e Ok 2009; Fink, Meierwert e Rohr, 2005). As diferenzas son menores no caso dos expatriados autoinciados (Gráfico 7), malia que tamén neste caso son estatisticamente significativas (Táboa 7) agás para o caso do desenvolvemento de novas capacidades e coñecementos (G11) e capacidades alleas á área de experiencia (G12). No grupo de referencia, expatriados autoasignados, a maior presenza correspóndese a persoas que saen do país para atopar traballo no estranxeiro (33%). Por tanto, é probable que non esperen un traballo que concorde coas súas capacidades e formación, senón que opten por aproveitar a primeira oportunidade que se lles presente. Nestas circunstancias, é o desenvolvemento e a adaptación de capacidades e habilidades a ese traballo a que se produce dende o primeiro momento, non sendo necesario esperar un prazo para que melloren nesa adaptación. Da comparación de evolución dos resultados en función do tempo nos dous grupos, podemos concluír que as persoas que se atopan nunha asignación no estranxeiro perciben unha mellora dos seus resultados, con independencia de se a etapa internacional responde a unha decisión organizativa ou de tipo persoal (Gráfico 8).\nGráfico 8. Tempo e resultados percibidos por expatriados organizativos vs autoiniciados\nConforme transcorre o tempo mellora a adquisición de habilidades internacionais ou globais, de igual forma que a adquisición de competencias profesionais que poderían reverter nunha mellora das oportunidades para progresar profesionalmente. Esta mellora é máis evidente nas persoas que levan no seu destino máis de 24 meses, namentres que os que están nun prazo inferior percébeno menos, sobre todo cando son autoiniciados. Os datos suxiren tamén que o resultado máis evidente en todos os grupos é a oportunidade que ofrece a asignación internacional para desenvolver novas capacidades e coñecementos (ítem G11).\n5. Conclusións, limitacións e liñas futuras de investigación\nOs resultados obtidos confirman a nosa proposta teórica, na medida en que as persoas que traballan en destinos internacionais perciben que non soamente cumpren coas obrigas para as que foron enviados polas súas empresas, senón que están adquirindo unha serie de capacidades e habilidades que lles axudarán a promocionar na súa carreira profesional, e que non puideran adquirir ata a súa experiencia internacional. Se son correctamente aproveitados polas empresas, poden sentar as bases dun diferencial competitivo fronte ao resto das empresas, que lles axudará na súa expansión internacional.\nNeste senso, un resultado particularmente preocupante é o relacionado coa asimetría na medición do rendemento entre as organizacións e os expatriados. Á vista dos nosos datos, as organizacións semellan non medir ou sequera considerar as habilidades e competencias adquiridas polos seus traballadores, limitándose a avaliar o cumprimiento de obxectivos concretos considerados no deseño da etapa internacional. Desta forma, atopámonos con que a organización conta cunha serie de recursos valiosos, escasos, non substituíbles nin imitables e con altos niveis de capacidade cognitiva, pero non se percata da súa existencia. O expatriado, pola súa banda, percibe estes resultados, o que motiva que xere unhas expectativas de crecemento e promoción que dificilmente se ven cumpridas. O problema do incumprimento de expectativas impide, á súa vez, que o valor deste recurso estratéxico retorne á organización, é dicir, dificulta a apropiación (Grant 1991; Kamoche e Muller, 1998). Por tanto, as empresas deben establecer mecanismos apropiados para garantir a conservación destes recursos para o seu propio beneficio. No caso dos Recursos Humanos Internacionais, o problema é particularmente complexo, debido á ausencia de mecanismos formais para garantir a acumulación de valor dentro da organización. A taxa de abandono cando os expatriados retornan ao país de orixe - con taxas dende o 12% (Brookfield Relocation Trends, 2013) ata o 25%, (Black e Gregersen, 1999) - agravan o problema: as empresas non só fallan na apropiación do coñecemento adquirido polos seus empregados, senón que poñen á disposición da competencia este coñecemento e habilidades a custo cero (Kraimer, Shaffer e Bolino, 2009; Lazarova e Cerdin, 2007; Suutari e Brewster, 2003).\nA consideración do tempo dende que a persoa chega ao destino da expatriación permite visualizar diferenzas significativas na percepción de todos os resultados, e moi especialmente no que se refire aos vencellados á transferencia de coñecemento e control e coa adquisición de habilidades internacionais. Este achado pode ser importante para as empresas á hora de planificar as súas asignacións internacionais, xa que poderán determinar o prazo axeitado para cada unha delas en función dos principais obxectivos que queiran acadar. Así, conforme os datos do noso estudo, as asignacións que teñan como principal fin conseguir o control da filial poderían deseñarse cun prazo máis curto cas que pretendan transferir coñecementos, cultura corporativa, controlar as operacións no estranxeiro ou aquelas cuxo fin sexa capacitar ás persoas asignadas para futuras tarefas directivas.\nFinalmente, un resultado fundamental é o que se relaciona cos expatriados voluntarios ou autoiniciados. A nosa análise revela que, efectivamente, hai persoas novas altamente cualificadas que abandonan o noso país por motivos laborais, xa sexa para atopar trabajo no estranxeiro ou porque cren que encontrarán mellores oportunidades para o seu desenvolvemento profesional. Recordemos que a media de idade nos expatriados voluntarios é inferior aos 30 anos (29.73), teñen na súa gran maioría estudos universitarios (82.72%) e marchan ao estranxeiro principalmente por motivos estritamente laborais (73.93%). A alta dispersión de postos ocupados (78.84% no sector servizos) suxire que están ocupados principalmente en postos para os que están sobrecapacitados. O noso estudo revela que os resultados de tipo persoal que perciben estas personas non difiren significativamente dos percibidos polas persoas enviadas polas súas organizacións a postos no estranxeiro. Xa que o noso discurso se basea, precisamente, en que son eses resultados os que poden constituír unha fonte de vantaxe competitiva para as empresas, a lectura obrigada é que a empresa española ten á súa disposición unha inxente cantidade de talento dispoñible disperso, que podería captar e atraír. Este movemento sería positivo para a empresa, por canto podería reverter na mellora das súas oportunidades de expansión internacional, pero tamén para o país, posto que en última instancia sería unha barreira á descapitalización a longo prazo que supón o non retorno dos que están no estranxeiro por motivos laborais, e unha forma de facer reverter as inversións realizadas en materia de formación na competitividade nacional.\nEste traballo non está exento de limitacións. A principal consiste na medición de resultados, posto que non podemos obviar que se trata de percepcións sobre o grao de alcance dos mesmos, o que implica unha autoavaliación e conleva un alto grao de subxectividade. Neste senso, pretendemos comprobar cunha análise posterior se o grao de cumprimiento medido pola organización reforza as nosas conclusións.\nA alta concentración de persoas en destinos ubicados na UE (77, 29%) podería tamén supoñer un nesgo na mostra. Posteriormente, deberíase realizar máis análise para comprobar a xeneralización de resultados.\nOutro punto para avanzar na investigación é a análise da posible interacción entre estes resultados percibidos: a través de sucesivas asignacións, os expatriados poden aumentar os seus contactos a nivel mundial, tanto fóra como entre diferentes filiais dunha multinacional. Estas relacións constitúen a base para o control e a coordinación, e en consecuencia poderían facilitar o intercambio de coñecementos entre as filiais e a adopción rápida e exitosa das prácticas organizativas entre elas. En resumo, nun mundo de intensa competencia polo capital humano, a capacidade de liderado internacional é escasa. O talento global converteuse nun activo estratéxico e pasou a ser unha das poucas fontes críbles de vantaxe competitiva sostible. As organizacións enfróntanse a unha maior competencia polo talento global (Collings e Mellahi, 2009; Boudreau e Ramstad, 2005). Para as empresas impulsadas por competir nun contexto internacional é fundamental identificar os recursos humanos con talento global, desenvolvelo o que lles sexa posible, e desenvolver estas habilidades e capacidades, o que á súa vez redunda nun beneficio para a organización. Malia as limitacións deste traballo, cremos que os resultados obtidos suxiren que o persoal que a empresa ten asignado no estranxeiro, pero tamén a cantidade de persoas que abandonan o noso país na"} {"summary": "O obxectivo deste estudo é realizar unha análise expost e cuantificar o impacto económico das intervencións do Obxectivo 1 dos Fondos Estruturais para o período 2000 – 2008 en España. A análise céntrase no impacto económico e na análise financeira do: 7. Programa de Desenvolvemento Agrario. Este artigo usa o modelo de análise custobeneficio (ACB) para estudar estas intervencións para ese período en España. O beneficio económico neto do programa amosa que todos os programas son viables a nivel de España e a nivel rexional. Este estudo proba a utilidade da ACB.", "text": "65 APLICACIÓN DA ANÁLISE CUSTOBENEFICIO PARA A AVALIACIÓN EXPOST DA POLÍTICA PÚBLICA AGRARIA: INTERVENCIÓNS DOS FONDOS ESTRUTURAIS PARA O PERÍODO 20002008 EN ESPAÑA\n: Programa de Desenvolvemento Agrario, Análise expost, análise custo beneficio, Obxectivo 1, España\n1. Introdución\nAs perspectivas financeiras parten do reflexo orzamentario dos obxectivos políticos da Unión Europea a medio prazo e, á súa vez, determina a distribución dos ingresos da Comunidade e o gasto por países (Espasa Queralt, 2008).\nAs intervencións estruturais da Comisión inclúen partidas para o Obxectivo 1, o Obxectivo 2 e o Obxectivo 3. Os tres obxectivos prioritarios dos Fondos Estruturais son (Beutel, 2002) i) o fomento do desenvolvemento e o axuste estrutural das rexións cun desenvolvemento que vai quedando atrás (Obxectivo 1); ii) o apoio á transformación económica e social de áreas que estean pasando por dificultades estruturais (Obxectivo 2) e iii) a axuda á adaptación e modernización de políticas e sistemas de educación, formación e emprego (Obxectivo 3).\nEn Europa, as áreas clasificadas dentro do Obxectivo 1 son rexións cuxo Produto Interior Bruto per cápita constitúe menos do 75% da media da Comunidade, medido en Paridade de Poder Adquisitivo (PPS). A brecha de desenvolvemento nas rexións da Unión Europea (UE) do Obxectivo 1 é significativa. En 1998 todas as rexións do Obxectivo 1 soamente chegaron ao 70% da media europea. Porén, en 1988 a brecha xa era moi grande cun 63%. Dado que as crecentes disparidades rexionais en Europa poderían ameazar a consolidación do mercado único, a institución con éxito dos Marcos de Apoio Comunitario e outras iniciativas comunitarias pasan a formar un importante paso para a integración do mercado e a igualdade de oportunidades en Europa.\nDurante o período 20002006, a Comisión Europa aprobou as intervencións do Obxectivo 1 cun orzamento de 137.000 millóns de euros. Durante o período 20002006 chégase ao nivel máis alto de gasto nas intervencións comunitarias con respecto ao\nProduto Interior Bruto (PIB) en Portugal e Grecia. Neste período de sete anos, o volume 1. Email: xezcurra@matematica.udl.es 2 Email: lmpla@matematica.udl.cat total dos gastos comunitarios do Obxectivo 1 representa o 0, 22% do PIB con 0, 9% para España, 2, 3% para Portugal e 2, 2% para Grecia.\nDurante 20002006 as intervencións do Obxectivo 1 sumaron un volume total de 248.000 millóns de euros (prezos de 1999) dos cales as axudas comunitarias representaron un volume de 123.700 millóns de euros (Beutel, 2002).\nAs intervencións do Obxectivo 1 diríxense principalmente á creación dunha contorna produtiva, o desenvolvemento dos recursos humanos e a mellora das infraestruturas básicas. As prioridades de desenvolvemento específicas do programa inclúen a creación dunha infraestrutura económica, o fomento do investimento produtivo e infraestruturas directamente relacionadas coa produción, o desenvolvemento de recursos humanos, o desenvolvemento agrícola e rural, a conversión industrial e a reestruturación, o desenvolvemento do potencial de crecemento da rexión en cuestión e o desenvolvemento local con asesoramento técnico.\nO PIB per cápita en todas as rexións españolas do Obxectivo 1 creceron conforme a media comunitaria entre 1994 e 1997. Se tomamos todas as rexións no seu conxunto, o PIB per cápita medido como estándares de poder adquisitivo pasou do 66% da media comunitaria dos 15 en 1994 ao 68% en 1997. Porén, a converxencia non foi a mesma en todas as rexións: namentres que o PIB per cápita en Asturias, as Illas Canarias, Cantabria, Castela León e a Comunidade Valenciana xa eran do 75% da media comunitaria en 1997, outras rexións tiveron un crecemento máis moderado. Por exemplo, en termos relativos non se pode dicir que en Galicia houbera unha converxencia activa, é dicir, en canto á producion, comparado coa media española ou das rexións máis desenvolvidas, e, en termos absolutos, os diferentes estudos analizados amosan unha mellora das variables macroeconómicas: produción, Valor Engadido Bruto, emprego e stock de capital.\nEn esencia, isto débese á falta de investimento en investigación e desenvolvemento tecnolóxico en España, especialmente nas rexións do Obxectivo 1. O gasto en I+D é só o 0, 53% do PIB, e aínda menos no sector privado. Ademais, os sistemas públicos de transferencia de tecnoloxía non semellan estar producindo os resultados esperados.\nA avaliación expost analiza a eficacia e eficiencia das intervencións, o seu impacto e o seu custo. Actúa como documento de referencia para decidir en temas de cohesión económica e social e trata de garantir que haxa unha xustificación para unha política ou programa e que os recursos son usados eficazmente. Maximízase o cumprimento dos obxectivos dos Fondos Estruturais co custo máis baixo posible e a eficiencia máis alta posible (Peña, 2011).\nA avaliación expost custobeneficio das políticas públicas aumentan o benestar social e evitan que se malgasten recursos (Barrios, 1997). Por tanto, a avaliación usa unha metodoloxía racional aportando información sistemática e o apoio a decisións adoptadas polas autoridades públicas. Concretamente, as políticas agrarias a nivel europeo son analizadas neste estudo, xa que os programas realízanse un detrás de outro. A avaliación expost é necesaria xa que permite unha resposta e mellora a definición das políticas a seguir.\nA ACB mediante o cálculo dos beneficios e custos sociais dos programas é unha ferramenta axeitada para avaliar a rendibilidade das políticas públicas. Así, o estudo calcula as perdas e ganancias da política e determina se era viable dende o punto de vista social. A política pública afecta aos diferentes grupos, que basicamente son os\n67 beneficiarios das políticas e ás persoas que as financiaron cos seus impostos. O custo de oportunidade dunha política pública non é só unha alternativa á mesma, senón a aceptación de levar a cabo investimento privado.\nA análise custobeneficio é unha metodoloxía que calcula a alternativa máis rendible socialmente, permitindo unha distribución optimizada dos recursos mediante a cuantificación física e monetaria de alcance xeral e os beneficios da política en cuestión. A sociedade debe maximizar a función de benestar social; cada individuo debe maximizar a súa utilidade e esta utilidade depende, entre outros factores, do nivel de consumo dos produtos do mercado e que non son de mercado. Deste xeito, o obxectivo da análise custobeneficio consiste en elixir políticas que contribúan ao benestar social. De feito, a análise custobeneficio pode seleccionar políticas dunha lista de alternativas.\nBarrios (1997) indica que a ACB ten limitacións de tipo práctico e teórico con respecto á súa aplicación, e este é o motivo polo que se debería tratar como unha ferramenta de axuda no proceso de decisión e non como único criterio para determinar unha escolla.\nAs principais limitacións deste técnica son: a enumeración e avaliación dos custos e beneficios, os problemas relacionados coa avaliación dos prezos sombra e intanxibles, os problemas conceptuais e numéricos da taxa de descontos e a introdución de aspectos distributivos. Todos estes problemas aos que se engade a falta de recursos de información, financeiros e de tempo exercen unha influencia para aplicar a análise custobeneficio, e réstalle obxectividade aos seus resultados.\nNembargantes, debemos recoñecer que malia que a ACB procura a racionalidade económica, os factores sociais e políticos non se poden evitar por completo, e por iso non se dan solucións obxectivas en moitos casos e, pola contra, esta análise trata de ser unha guía para as decisións. Hai defensores da análise custobeneficio que recoñecen que non existe unha alternativa mellor para xustificar a distribución de recursos públicos a proxectos de investimento en infraestrutura de transporte e estiman que as externalidades e imperfeccións do mercado non son tan importantes. Outros, pola contra, cren que unha gran vantaxe da ACB é que obriga aos avaliadores dos proxectos a cuantificar os custos e beneficios da forma máis clara posible no canto de usar avaliacións subxectivas do proxecto. En sumo, xustíficase a ACB xa que axuda a aportar unha escolla máis racional dos proxectos e sempre é preferible á ausencia deste tipo de análise. Algúns autores opinan que os xuízos de valor desempeñan un papel importante na estimación de custos e beneficios e pódenlle dar validez aos resultados numéricos obtidos mediante esta técnica. Pero, malia as limitacións teóricas e prácticas, a ACB é válida se somos conscientes dela e a aplicamos correctamente.\nO obxectivo deste estudo é unha análise expost e cuantificar os impactos económicos das intervencións do Obxectivo 1 dos Fondos Estruturais para o período 2000 – 2008 en España. A análise céntrase no impacto económico do: 7. Programa de Desenvolvemento Agrario.\nO primeiro paso na análise expost custobeneficio radica na definición dos obxectivos perseguidos. Unha vez definidos os obxectivos, é necesario identificar o seu impacto, listando, por unha banda, os inputs de políticas e, por outra, os seus efectos. Os beneficios ou impacto positivo aumenta a calidade ou cantidade de bens que xeran unha utilidade positiva ou reducen o prezo ofertado, namentres que o impacto negativo ou custos inclúen toda redución na cantidade e calidade destes bens, así como aumentos nos prezos. Cando se identifican os custos e os beneficios, a seguinte etapa consiste na cuantificación física. A cantidade física do fluxo de custos e beneficios do programa é calculada e identifícase o período de tempo no que se producirá. A incerteza é inevitable nesta etapa da ACB. É entón cando se calculan os valores monetarios dos custos e beneficios para realizar comparacións, nunca como unidades físicas. Esta tarefa é complexa. Os prezos de mercado non sempre reflicten o valor social dun produto ou pode ser que non haxa mercado. Unha vez expresados os custos e beneficios como unidades monetarias, é necesario reflectir o seu valor actual. Esta necesidade xorde da importancia da preferencia de tempo dos individuos para o consumo ou o investimento actual, custos ou beneficios realizados. O criterio de investimento usado na avaliación dos proxectos é o valor Actual Neto (VAN) e a taxa interna de ganancias. O VAN establece que un proxecto é beneficioso se a diferenza entre o custo e os beneficios descontados é superior a cero. A taxa interna de ganancias (o que Keynes denominou eficiencia marxinal de capital) é a taxa de beneficios sociais do proxecto que iguala o valor do fluxo de custos e beneficios, de modo que, conforme este criterio, os proxectos son beneficiosos se acadan a rendibilidade necesaria para que xustificar o investimento público nestes proxectos.\nAs políticas públicas implican unha exención do consumo actual en favor de incubar un consumo futuro para compensar á sociedade pola renuncia do aumento de benestar social. Os fondos que se adicarían á promoción do consumo ou ao investimento privado son usados para financiar proxectos de investimento público ou o custo de oportunidade. Hai dúas formulacións para esta taxa, a taxa social marxinal de investimento e a taxa social marxinal da preferencia de tempo. A primeira vai asociada aos ingresos da taxa de desconto de capital, namentres que a segunda defende a formulación de preferencias do consumo actual da sociedade. Nunha economía onde todos os mercados funcionan competindo, as dúas taxas concordarían, pero nun mundo real hai destacadas diferenzas\n(Pearce e Nash, 1981).\nEn condicións perfectas de competición, a taxa de interese do mercado real equivale ao custo de oportunidade dos fondos aplicados aos proxectos de investimento público, de modo que se pode usar como taxa de desconto social. Se se consideran as distorsións producidas polas taxas nos réditos dos activos financeiros e beneficios corporativos, a taxa de interese de mercado non é axeitada como unha taxa de desconto social que maximiza o benestar social. Hai que calcular o prezo sombra.\n2.1.1. O método inputoutput para estimar os prezos sombra En xeral, os prezos sombra son distintos dos prezos de mercado, e isto implica que o uso directo deste último na análise social non é válido. Este estudo usa unha metodoloxía baseada na análise inputoutput presentada por Souto (2011). Esta metodoloxía calcula os prezos sombra dos produtos e recursos nunha economía (véxase o Anexo 1 para máis detalles).\n2.1.2. Taxa de desconto económico (TDE)\nNa análise económica a taxa de desconto dos proxectos de investimento (taxa de desconto social) pretende reflectir a visión social sobre como se deberían avaliar os beneficios e os beneficios futuros comparados cos custos e custos actuais. Esta taxa pode que non coincida coa taxa de beneficios financeiros se o mercado de capital é imperfecto.\nNunha primeira aproximación, unha taxa de desconto social do 5% para proxectos públicos sociais é igual a aproximadamente o dobre do rendemento a longo prazo dos bonos do Banco de Investimento Europeo en euros (20002008), o que se achega a unha taxa de beneficios financeiros razoable, tal vez no extremo máis baixo do custo de oportunidade de capital dos investidores privados. Pero unha taxa de desconto social do 5% tamén é semellante ao valor baseado na segunda formulación, tal vez chegando ao extremo superior da serie de valores razoables en función dos distintos parámetros. Este artigo, que examina as rexións europeas menos desenvolvidas, require uns beneficios do 6% compatible coa terceira formulación. Isto reflicte a necesidade de que estas rexións invistan cunha taxa de desconto de maior rendemento, para acadar unha taxa de crecemento máis alta ca media da Unión Europea (área na que a taxa de crecemento real nas últimas décadas sitúabase na rexión do 2.5% - 3.0%).\n2.1.3. Indicadores elixidos\nPara cuantificar os obxectivos do programa, defínense unha serie de obxectivos operativos, relacionados con cada unha das medidas, cuxo propósito foi o de cumprir cos obxectivos intermedios do programa e tamén cos obxectivos xerais do mesmo (MAGRAMA, 2009).\nO obxectivo xeral do programa (véxase o Anexo 2) é o de aumentar os niveis de benestar económico e social da poboación rural mediante unha actividade económica agrícola eficaz, eficiente e respectuosa co medio ambiante, exercida nunha área rural atractiva.\nPara cuantificar os obxectivos (véxase o Anexo 2), definíronse unha serie de indicadores físicos no programa (MAGRAMA, 2009). Sobre a base dos indicadores do programa, elixíronse indicadores para utilizarse na ACB (véxase a Figura 1).\nO indicador “canalizacións e canais” 7.1 foi descartado porque hai outros indicadores no programa que miden perfectamente o impacto directo e indirecto que tería ese indicador. Creará emprego nas obras, reducirá a perda de auga, aumentará a produtividade da terra e as áreas irrigadas. O resto das variables 7.1 do programa foron utilizadas na análise ACB porque son economicamente cuantificables e achegan información do impacto directo e indirecto do programa. Na análise do programa 7.11, este estudo usa todos os indicadores propostos polas mesmas razóns que as do programa 7.1.\nCon relación ao programa 7.3, descartamos os indicadores Números de beneficiarios, Beneficiarias mozas (mulleres), Número de beneficiarios (mulleres) e Número de mozos, que non se poden cuantificar económicamente. Son variables cualitativas que dende o punto de vista da avaliación económica carecen de importancia, malia que o sexan para unha análise ACB. Os indicadores Gastos en Subsidios públicos/Investimentos totais non se usan xa que o seu poder explicativo está reflectido no indicador Investimentos en Accións Agrícolas. Estas tres variables indican o investimento do sector privado realizado directamente por mor do programa. Ao cuantificar o indicador Investimentos en Accións Agrícolas obtemos esta información. O indicador Emprego Mantido foi elixido porque indica os postos de traballo garantidos como resultado do programa. No programa 7.4 eliximos as variables xeradas polo Emprego e Investimentos en Agricultura. O resto das variables non foron usadas polas mesmas razóns que as esgrimidas no programa 7.3.\n2.1.4. Indicadores cuantificadores\nA metodoloxía ACB implica a identificación dos beneficios e custos totais. O beneficio neto, que indica mellora, úsase ao restar os custos totais. O total de beneficios representa as vantaxes, que inclúen os beneficios directos e indirectos (véxase o Anexo 3 para máis información). É indiferente ao uso de datos expresados en unidades monetarias correntes e constantes (De Rus, 2004). Hai alomenos tres motivos para traballar con datos expresados en unidades monetarias correntes. O primeiro é que de vez en cando, as variables se expresan nestas unidades (reflectindo cambios reais e a inflación), e o segundo, de importancia crecente, é debido a que a dimensión financeira do proxecto o esixe. Neste artigo, as variables exprésanse en valores correntes en euros.\n3. Resultados\nA análise excluíu Ceuta, Melilla e Cantabria 3 por falta de datos, e todas as rexións pertencen ás rexións españolas do Obxectivo 1 4.\n3.1. Análise económica\nTodos os programas son viables a nivel de España cunha taxa de desconto do 6%\n(véxase o Anexo 4), e teñen un Beneficio Neto (BN) moito maior ca cero. A TIR (Taxa Interna de Rendibilidade) é demasiado alta ou non ten senso dado que o fluxo de ingresos 3 Excepcionalmente, Cantabria neste período beneficiouse do apoio transitorio de conformidade co Artigo 6 da Regulación 1260/1999 (Consello UE, 1999, op. Cit.). 4 O novo contexto do financiamento europeo para o período 20072013 establece o novo mapa desta política en España, segundo o nivel de desenvolvemento acadado polo noso país, que agora presenta unha maioría de rexións baixo o Obxectivo de Competitividade e Emprego Rexional, e disfruta dun período transitorio para abandonar o Fondo de Cohesión (Castro Cotón, 2008).\n7.1 Water Resources Management\n7.11 Water Resources Management (SEIASAs)\nAgriculture Holdings\nFarmers e custos é positivo ao longo dos anos. A nivel rexional, todos os programas son viables cun BN maior ca cero (véxase o Anexo 4).\n(excluíndo Ceuta, Melilla e Cantabria por falta de datos) do programa con respecto ao PIB. Comparamos variables heteroxéneas. O BN inclúe os activos que non teñen mercado ou non están cubertos polo PIB (aforro de auga ou empregos mantidos, por exemplo). A información que nos dá a Táboa é o impacto relativo do programa en cada área xeográfica. En todos os casos, o peso relativo aumentou todos os anos. A razón é que parte do impacto se calcula de forma acumulativa (por exemplo, ao aforro de auga anual, engadéselle o aforro de auga dos anos anteriores). Por tanto, esta acumulación provoca o aumento do numerador, chegando a ser máis alto co crecemento anual do PIB. O impacto das intervencións en España é moito menor que nunha rexión determinada. Isto explícase porque hai varias rexións que non están incluídas no Obxectivo 1, e, por tanto, o denominador PIB inclúe rexións que non se atopan no Obxectivo 1. O impacto do Programa 7 é importante en Castela e León e Extremadura superando o 2, 5% en 2008. En Asturias, o impacto foi pouco ao longo dos anos, e nunca superou o 0, 15% no exercicio.\nNa Táboa 2, ilústrase o impacto das diferentes intervencións da UE no PIB de España e das rexións españolas. Neste caso, as magnitudes do numerador e o denominador son homoxéneas. O impacto só inclúe variables que forman parte do PIB. Os valores en Valencia (9, 75%) e Castela e León (9, 4%) son moi altos. Os das Illas Canarias están na rexión do 3% cada ano, o de Extremadura varía entre o 3% e o 9%. No caso de España está na rexión do 1%.\nNon é fácil comparar os valores da Táboa 1 e da Táboa 2. Na Táboa 1, inclúense as variables de numerador que non forman parte do PIB, namentres que na Táboa 2 non.\nAdemais, na Táboa 2, o impacto de todos os programas europeos están incluídos, e neste artigo só se analiza o programa 7. Das rexións incorporadas nas dúas táboas, as Illas Canarias é a menos benefiada en canto á porcentaxe do impacto. A orde da Táboa 1 sería: Castela e León, Extremadura e Valencia. A orde da Táboa 2 é: Valencia, Castela e León e Extremadura. A diferenza na secuencia débese a dous factores: i) o impacto dos sete programas diferentes incorporados na Táboa 2; ii) a avaliación de activos que non forman parte do PIB neste estudo, o cal altera a orde.\nPodemos concluír, como esperábamos, que o peso do programa 7 é importante tanto para España como para as rexións implicadas.\n3.2. Análises de sensibilidade: simulación estocástica\nAs variables que afectan substancialmente os resultados da avaliación expost en España foron elixidas para realizar unha simulación estocástica na que ademais non hai datos reais, senón que datos asumidos. As variables elixidas son IBAI, IBSRC e Ø.\nPara realizar a análise en Crystal Ball; toda distribución destas variables considérase normal (distribución normal). A expectativa é o valor asumido neste estudo. Asúmese a desviación estándar do máximo e do mínimo.\n3.2.1. Ingresos brutos (€/ha) para áreas irrigadas (IBAI) e ingresos brutos (€/ha) para superficies regadas pola choiva (IBSRC)\nComo se esperaba (véxanse as figuras do Anexo 5), a Figura IBAI está positivamente correlacionada co BN, e os IBSRC están negativamente correlacionado co BN. Como durante o programa, aumenta a superficie irrigada e os ingresos brutos, os IBAI dos últimos anos do programa (2007 e 2008) gardan unha correlación moi grande co BN. Os IBSRC gardan unha alta correlación co BN porque a superficie regada pola choiva baixa ao mesmo tempo que aumenta a superficie irrigada.\nA Táboa 3 amosa que o BN sempre é positivo para todos os programas independentemente das variacións dos IBAI e IBSRC. Por tanto, os tres programas son economicamente viables con independencia dos valores dos IBAI e IBSRC. Táboa 3. Valor do BN (€) en España coa análise en Crystal Ball considerando a\nAs variables IBSRC e IBAI non condicionan a viabilidade económica dos programas a nivel de España, e estes programas sempre foron viables. Estes resultados dan consistencia ao estudo, xa que estas variables son asumidas. A variable IBAI está altamente correlacionada co BN (sobre todo nos últimos dous anos da análise). Por tanto, unha sobreestimación ou subestimación desta variable non prexudica a viabilidade do programa, pero variará significativamente o seu BN.\n3.2.2. Taxa de crecemento da produtividade (Ø)\nA Táboa 4 amosa que a variación de Ø non condiciona a viabilidade do programa, que conta cun BN positivo sempre. Estes resultados engaden consistencia ao estudo.\n4. Conclusións\nO obxectivo deste estudo é realizar unha análise expost e cuantificar o impacto económico das intervencións do Obxectivo 1 dos Fondos Estruturais para o período 2000 – 2008 en España. A análise céntrase no impacto económico e a análise financeira do 7. Programa de Desenvolvemento Agrario. A avaliación expost mide a efectividade e eficiencia das intervencións, o seu impacto e o seu custo. Ningún modelo ACB usa a metodoloxía que se usou neste artigo para estudar as\nintervencións realizadas en España neste período. Este estudo usa a metodoloxía baseada na análise inputoutput presentada por Souto (2011) para estimar os prezos sombra. En xeral, os prezos sombra son diferentes dos prezos de mercado e isto implica que o uso directo da posterior análise social non é válida.\nRevista Galega de Economia at Ideas: http:// https://ideas.repec.org/s/sdo/regaec.html Bulletin and News of Revista Galega de Economía at: http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm"} {"summary": "A igualdade plena entre mulleres e homes constitúe na actualidade un dos retos pendentes por resolver nas sociedades, aínda sen esquecer o visible avance logrado nos últimos anos na loita pola erradicación da desigualdade de xénero. Neste contexto, é innegable a necesidade de impulsar novas medidas para facer efectiva a equidade, dentro das cales a educación debe ser considerada unha ferramenta indispensable.\nO obxectivo deste traballo é explorar as iniciativas de educación para a igualdade contempladas nunha mostra de vinteún plans de igualdade municipais de diferentes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, seleccionados aleatoriamente. Para isto, procedeuse a realizar unha análise documental dos mesmos, centrada nas estratexias de coeducación e dirixida fundamentalmente á poboación escolar. Entre as liñas de traballo prioritarias destacan a organización de obradoiros e accións formativas nos centros educativos sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade de xénero, a proposta de iniciativas encamiñadas a implicar ás familias na coeducación, a dotación de fondos bibliográficos e o fomento da lectura en materia de igualdade.", "text": "INICIATIVAS DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE NA ADMINISTRACIÓN LOCAL: UNHA ANÁLISE DOS PLANS DE IGUALDADE MUNICIPAIS\nEDUCATION INITIATIVES FOR EQUALITY IN LOCAL ADMINISTRATION:\n: coeducación, igualdade de xénero, plans de igualdade, administración local.\nINTRODUCIÓN\nDo mesmo xeito, as desigualdades por razón de xénero teñen sido obxecto dun acrecentado número de publicacións, dende perspectivas moi diversas, e afondando en cuestións de gran calado para o logro da equidade, como a análise dos estereotipos de xénero (Tomé e rambla, 2001; Díez Gutiérrez, 2004; Colás e Villaciervos, 2007; sánchez García e cols., 2011); as manifestacións de condutas violentas cara as mulleres (Torres e Antón, 2006; Blaya, Debarbieux e lucas, 2007; Delgado e cols., 2007); as barreiras profesionais (Gimeno e rocabert, 1998; Padilla, 2001; Elejabeitia e lópez sáez, 2003; Coronel, 2005; Donoso, Figuera e rodríguez Moreno, 2011) a formación do profesorado en materia de igualdade (lópez Valero e Encabo, 2002; Colás e Jiménez, 2004) ou a preocupación por promover a igualdade de xénero dende a administración local (Méndez lois e Payo, 2007; FEMP, 2007; Moreno Mínguez, 2008); entre outros.\n1. A EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE: UNHA ESTRATEXIA CLAVE NA PROCURA DA EQUIDADE\nAs persoas configuran o seu rol como homes e mulleres en función da aprendizaxe das representacións culturais de xénero que rexen non só a súa constitución xenérica, senón tamén o carácter das relacións que ambos manteñen en diferentes esferas sociais (Colás e Villaciervos, 2007). Estas representacións culturais exprésanse a través de estereotipos de xénero, que son preconcepcións que se caracterizan por incidir na percepción que o individuo ten dos demais e de si mesmo en función da súa pertenza a un sexo determinado.\nA interiorización das diferenzas de xénero ten consecuencias educativas importantes en tanto que xogan un papel básico nas formas de pensar, interpretar e actuar dos suxeitos, así como de relacionarse cos outros (Colás e Villaciervos, 2007). Porén, parece necesario que un dos obxectivos primordiais se encamiñe á configuración dunha identidade de xénero en igualdade.\nNeste contexto, a educación constitúe unha ferramenta valiosa na promoción de valores de equidade e no respecto á diferenza. Para rebollo e cols. (2012), a coeducación formúlase como unha estratexia prioritaria na transformación de modelos, valores e vínculos que reproducen relacións non equitativas. Cabe destacar, a este respecto, que son diversos os recursos que se teñen desenvolvido para traballar dende a educación estas dimensións (Instituto de la Mujer, 2007; Pena e sampedro, 2010; Villar e Casado, 2012).\nAsí é considerado tamén en numerosos informes e propostas de acción das administracións públicas, que establecen a educación para a igualdade como un dos elementos clave na prevención da violencia contra as mulleres e na consecución da equidade. A nivel estatal, o Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades (20142016) (Instituto de la Mujer, 2014) formula como un dos eixos a Educación para a igualdade, con tres obxectivos específicos:\n- Fomentar a realización de accións de sensibilización e formación na igualdade, nas familias e nos centros educativos. - Apoiar ás alumnas en situación de vulnerabilidade por múltiple discriminación. - Traballar pola eliminación de estereotipos por sexo que poidan afectar á elección de estudos e profesións, docencia e dirección dos centros educativos.\nA nivel autonómico, o VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes. Estratexia 20132015 (Xunta de Galicia, 2013) ten como finalidade renovar e reforzar o compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a través dunha actualización e avance nas políticas e medidas aplicadas sobre este ámbito. Para isto, intégranse neste plan un total de seis eixos estratéxicos, un deles centrado no “cambio de valores e modelos para a igualdade”, cuxa motivación recae en “remover os valores, actitudes e estereotipos que aínda sustentan un clima social tolerante coas desigualdades entre mulleres e homes, así como con calquera acción ou inacción que teña como consecuencia un acto discriminatorio ou violento por razón de sexo” (p. 2122). Establécese así como necesario promover a colaboración entre diferentes axentes, especialmente considerando e implicando á comunidade educativa. Dous dos obxectivos formulados neste eixo entroncan directamente con accións nas que se fai indispensable a colaboración da escola: promover a sensibilización a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida persoal, social, laboral e familiar e reforzar a igualdade de xénero no ámbito da educación non universitaria e no desenvolvemento da orientación académica e profesional do alumnado.\n2. AS INICIATIVAS DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE NUNHA MOSTRA DE PLANS DE IGUALDADE MUNICIPAIS\nEntre as propostas institucionais impulsadas na promoción da igualdade figura o desenvolvemento de distintos instrumentos de intervención, entre os cales os plans de igualdade son un dos principais referentes. Os plans de igualdade, elaborados e implementados a partir da década de 1990 por institucións de diferente índole, tales como comunidades autónomas, universidades ou municipios, téñense constituído nun dos instrumentos máis eficaces para poñer en práctica a transversalidade de xénero.\nA súa implementación viuse reforzada coa aprobación da lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, que define os plans de igualdade no seu artigo 46.1 como o conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico da situación, tendentes a alcanzar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.\nA nivel municipal configúranse como instrumentos que permiten propiciar a asunción por parte da sociedade dos principios e dereitos recoñecidos na lexislación en materia de igualdade. En efecto, as diferentes iniciativas e plans en materia de igualdade que xorden desde a administración local supoñen un compromiso coa mellora da situación política, económica, familiar e cultural da cidadanía.\n2.1. Obxectivos\nO obxectivo deste traballo é realizar un achegamento ás estratexias de educación para a igualdade formuladas dende a Administración local a través dos plans de igualdade municipais. Como obxectivos específicos, formuláronse os seguintes:\n- Explorar as medidas de coeducación recollidas nos plans, especialmente aquelas que implican á poboación escolar e os centros educativos. - Identificar os/as destinatarios/as destas accións de educación para a igualdade. - Coñecer as temáticas clave desenvolvidas a través das diferentes actuacións propostas: principios de coeducación, corresponsabilidade, etc.\n2.2. Metodoloxía\nPara dar resposta aos obxectivos formulados, procedeuse a realizar unha análise de contido dos devanditos plans. A selección desta metodoloxía parte da necesidade de explorar e describir os compoñentes básicos dos plans de igualdade, establecendo categorías que permitan a clasificación e agrupación da información das diferentes unidades de análise. Estas categorías despréndense dos obxectivos formulados: destinatarios, medidas de actuación e temáticas clave.\nCorresponden ao campo da análise de contido aquelas actividades que, partindo dun conxunto de técnicas parciais pero complementarias, consisten en explicitar e sistematizar o contido das mensaxes e a expresión dese contido coa axuda de indicios cuantificables ou non (lópez Noguero, 2002).\n2.3. Mostra de plans de igualdade analizados\nA selección dos plans de igualdade realizouse entre aqueles accesibles desde as páxinas web oficiais dos municipios ou desde a da secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Na busca realizada foron localizados un total de 47 plans, maioritariamente xa na súa segunda edición e cunha presenza desigual por provincias, sendo os municipios de A Coruña nos que foi máis sinxelo acceder aos documentos a través da rede. Destes, foron seleccionados a través dunha mostraxe aleatoria simple un total de 25, aínda que para a súa análise excluíronse 4 deles, por ter estes un período de finalización anterior ao ano 2010.\nA mostra queda así constituída por 21 plans de igualdade de diferentes municipios da Comunidade Autónoma de Galicia que na maioría dos casos constitúen, como xa se indicou, o segundo plan municipal en materia de igualdade. A Táboa 1 recolle información que permite describir a mostra: municipio, denominación do plan, período de vixencia e número de eixos ou grandes áreas de actuación.\nrespecto ao período de vixencia é en todos os casos de catro ou cinco anos, estendéndose na maioría dos plans analizados ata o 2014. A estrutura destes plans difire tanto no número de eixos e áreas de actuación como de obxectivos e accións específicas que propoñen.\n2.4. Resultados\n2.4.1. Destinatarios/as das accións de educación para a igualdade\nA totalidade dos plans analizados contemplan iniciativas de educación para a igualdade e teñen como principais destinatarios/as tanto o conxunto da poboación do concello como, máis especificamente, a comunidade educativa (Figura 1).\nAs estratexias que teñen como obxecto a sensibilización cidadá centran a súa atención en diferentes colectivos poboacionais, entre os que se mencionan: maiores, adultos, mozos/as, mulleres, asociacións, etc. Nalgúns dos plans formúlanse accións específicas para algún destes grupos, pero maioritariamente están formuladas para que poidan participar nelas o conxunto da poboación do municipio.\nPor outra banda, ocupa un lugar destacado a implicación dos centros educativos e da poboación escolar. Os nenos e nenas dos diferentes niveis educativos centran maioritariamente a atención, pero tamén se realizan propostas de educación para a igualdade que implican a outros membros da comunidade educativa como o profesorado, os departamentos de orientación, as familias, etc.\n2.4.2. Accións para a sensibilización cidadá sobre igualdade de xénero\nUn dos obxectivos que con maior frecuencia se recollen nos plans de igualdade que compoñen a mostra é desenvolver accións de sensibilización e prevención cidadá sobre a violencia de xénero. Porén, hai dúas liñas xerais de actuación que figuran na maior porcentaxe dos plans: a proposta de campañas informativas e divulgativas e a conmemoración de datas sinaladas en relación á igualdade (Figura 2).\nAs primeiras, as campañas informativas e divulgativas sobre a igualdade de xénero están presentes en todas os plans analizados e abordan diversas áreas temáticas, aínda que maioritariamente sitúan o foco no fomento da corresponsabilidade e a prevención da violencia de xénero. Amósase algún exemplo a continuación:\nrealización dunha campaña de sensibilización para o fomento do reparto equilibrado das responsabilidades familiares entre mulleres e homes (dípticos, chapas…) (P1)\nsensibilizar e informar a mulleres e homes sobre as principais tipoloxías de violencia (física, sexual, psicolóxica, económica) para que aprendan a detectar as súas manifestacións, nomeadamente as menos coñecidas ou de máis difícil identificación como violencia de xénero (…) e desmitificar os falsos estereotipos de perfís de vítimas e maltratadores, dando a coñecer os recursos existentes para mulleres e homes contribuíndo á autodetección por parte de vítimas e maltratadores. (P17)\nA conmemoración de datas sinaladas en relación á igualdade como o Día Internacional da Muller (8 de marzo) ou o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller (25 de novembro) constitúe outra das estratexias máis presentes nos plans de igualdade para o conxunto da poboación. Algunha das manifestacións nos plans son as seguintes:\nContinuar cos actos de sensibilización, visibilización e información en torno ao 25 de novembro que favorezan a toma de conciencia por parte da cidadanía en xeral. (P9)\nConmemoración anual do 8 de Marzo, realizando actividades que impliquen á propia comunidade como: conferencias, concertos, obras de teatro... tomando en consideración a participación e opinión das asociacións rabadenses. (P15)\n2.4.3. Accións de educación para a igualdade en colaboración cos centros educativos\nOutra das liñas de traballo prioritarias é a de desenvolver accións educativas dirixidas á poboación escolar en colaboración cos centros educativos. Neste caso, as propostas son diversas, en orde de maior a menor frecuencia (Gráfico 1), pódense sinalar: a organización de obradoiros e accións formativas sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade de xénero (95, 2%), iniciativas para mellorar a implicación das familias na coeducación (85, 7%), a dotación de fondos bibliográficos ás bibliotecas escolares ou municipais e o fomento da lectura en materia de igualdade (76, 2%), actividades extraescolares e actividades para os tempos de ocio (66, 7%), propostas de información e orientación académicoprofesional non sexista (57, 1%) e accións formativas para o profesorado e outros profesionais da educación (38, 1%), entre outras.\nGráfico 1. síntese das principais medidas de educación para a igualdade destinadas á comunidade educativa. Fonte:\nelaboración propia.\nA continuación analízanse de xeito máis pormenorizado cada unha destas actuacións. A realización de obradoiros e accións formativas en colaboración cos centros educativos está presente na gran maioría dos plans analizados en relación a contidos clave para a igualdade de xénero (95, 2%). As medidas, en orde de maior a menor frecuencia, son as seguintes:\n- Igualdade nas relacións afectivosexuais (52, 4%): o afecto en parella, educación para a saúde dende unha perspectiva de igualdade, etc.\nA organización destas accións formativas adquire diversos formatos nos plans analizados. A modo de exemplo, algunhas das medidas propostas son as que se indican a continuación:\nInstar aos centros educativos implantados no Concello de Teo a incluír obradoiros sobre corresponsabilidade nas actividades escolares e extraescolares. (P10) Colaboración cos centros educativos, ANPA e asociacións na organización de obradoiros que aborden modelos afectivos e sexuais igualitarios e non violentos. (P19)\nA continuación, destacan as accións encamiñadas a implicar ás familias na educación para a igualdade (85, 7%), entre as que cabe resaltar a organización de actividades formativas para os pais e nais (obradoiros, escolas de familia, etc.) e a difusión ás familias das actividades organizadas en materia de coeducación dende diferentes organismos do concello (centros educativos, Centro de Información á Muller, etc.). Menciónase de xeito específico en moitos dos plans analizados o rol que deben desempeñar as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as (ANPA), tanto na organización das actividades como no fomento da participación por parte dos pais e nais. A modo de exemplo:\nrealización de obradoiros de nais e pais nos que se traballen as temáticas de educación non sexista, relacións afectivo – sexuais, prevención da violencia de xénero e reparto de responsabilidades. (P4) Apoiar e impulsar a escola de nais e pais como un espazo onde se explicite o desigual reparto de responsabilidades e a toma de decisións familiares, e se oriente ás nais e ós pais sobre como educar ós fillos e ás fillas nos principios de igualdade, cooperación e respecto nas relacións persoais e familiares. (P5)\nTamén se fai referencia na maioría dos plans á dotación de fondos bibliográficos nas bibliotecas escolares ou municipais e ó fomento da lectura en materia de igualdade (76, 2%). En primeiro lugar, destacan aquelas iniciativas que propoñen a adquisición de libros, recursos e materiais didácticos para abordar temas de igualdade de xénero (52, 4%); incluso algúns concellos propoñen a creación dunha sección específica sobre a temática. Do mesmo modo, case a metade dos plans inclúen especificamente propostas encamiñadas a fomentar a lectura en igualdade (42, 9%): contacontos, campañas de fomento da lectura, etc. Máis concretamente, algunhas das accións propostas son as seguintes:\nrealizar actividades de animación á lectura infantil a través de contacontos que axuden a eliminar os estereotipos que aínda estean presentes nalgunhas narracións infantís, e fomentar lecturas de contos non sexistas a través dos fondos da biblioteca infantil. (P5) Dotar á biblioteca pública municipal dun fondo documental de obras de mulleres e sobre temáticas de igualdade nos diferentes estilos e formatos (banda deseñada, literatura, poesía, ensaio, fotografía...). (P14)\nObtención de recursos educativos (xogos, xoguetes, libros, actividades...) que permitan unha abordaxe integral e transversal da violencia de xénero en función das idades destinatarias. (P15)\nOutro dos obxectivos que ocupa un lugar destacado é o de fomentar a eliminación dos roles e estereotipos de xénero no tempo de lecer. Así, en oito dos plans indícase especificamente a necesidade de propoñer actividades extraescolares que fomenten os valores de igualdade, tolerancia e diversidade (66, 7%). Entre as actividades que formulan, sobresaen a realización de concursos sobre a promoción da igualdade de oportunidades (38, 1%), as destinadas a favorecer o uso non sexista dos xoguetes (28, 6%) e a realización de obras de teatro que teñan en conta a perspectiva de xénero (14, 3%). A modo de exemplo:\nrepresentación dunha obra de teatro que trate o tema de igualdade de oportunidades. (P1) Programa para concienciar do carácter non sexista dos xoguetes, que constará da realización dunha unidade didáctica (…) e dunha exposición. (P3) Organización de actividades extraescolares que fomenten os valores da igualdade, a tolerancia, a diversidade e a non violencia. (P7)\nA información e orientación académicoprofesional non sexista tamén é considerada en moitos dos plans como un elemento clave para dar a coñecer a diversidade de opcións formativas postobrigatorias e promover a incorporación das mulleres a profesións tradicionalmente masculinizadas. Así, en doce deles (57, 1%) proponse a realización de iniciativas como obradoiros, elaboración de material divulgativo, etc. que teñan como obxectivo favorecer unha elección vocacional non sexista. A modo de exemplo, podemos identificar algunhas delas:\nrealización dun obradoiro sobre orientación vocacional non sexista no último ciclo de primaria. realización dun obradoiro sobre orientación vocacional non sexista no último ciclo de primaria. (P1)\nElaboración e difusión de material divulgativo e de sensibilización aos equipos de orientación dos centros educativos sobre diversificación profesional non sexista. (P2)\nUnha das iniciativas clave para o fomento da coeducación entre os nenos/as e mozos/as do concello é a de impulsar a formación do profesorado e outros profesionais da educación. Así é considerado de xeito específico en moitos dos plans (38, 1%), que recollen iniciativas como as que seguen a continuación:\nFacilitar formación básica en xénero e igualdade ao persoal de animación sociocultural e ao profesorado de educación infantil, primaria e secundaria. (P17) realización de actividades de formación dirixidas ao profesorado que promovan unha educación para unha cultura da igualdade de oportunidades de mulleres e homes. (P21)\nFinalmente, é de interese resaltar que, aínda que cunha presenza moito menor, algúns dos plans analizados tamén realizan outras propostas educativas para fomentar a igualdade de oportunidades, tales como a creación dunha rede social virtual para a comunidade educativa que sirva para a transmisión de boas prácticas (P2), a creación de grupos de estudo sobre coeducación (P4), a realización dun concurso para o profesorado de propostas de innovación en coeducación (P4), a análise da linguaxe sexista empregada nos centros educativos (sinalización, material didáctico...) e substituíla por unha linguaxe igualitaria (P13), etc.\n3. CONSIDERACIÓNS FINAIS\nA análise realizada neste traballo pon de manifesto que os plans para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes constitúen unha evidencia do compromiso explícito adoptado polas administracións locais para avanzar na consecución efectiva dunha política de igualdade de oportunidades. Neste contexto, a educación é considerada unha ferramenta esencial no camiño cara a igualdade de xénero, tal e como se recolle nos diferentes documentos e directrices emanados dende organismos internacionais, nacionais, autonómicos e, no caso que nos ocupa, tamén locais.\nA necesidade de formular iniciativas de carácter educativo parte da idea de que a contorna non é neutra e que nos diferentes espazos sociais (escola, familia, medios de comunicación, etc.) seguen reproducíndose estereotipos sexistas. Entre as medidas consideradas dende os plans, ocupan un lugar destacado as accións de información e divulgación para o conxunto da poboación, entendendo que a sensibilización sobre temas como a corresponsabilidade ou a prevención da violencia de xénero debe chegar ao maior número posible de escenarios, persoas e colectivos (maiores, adultos, mozos/ as, asociacións, etc.).\nPor outra banda, as estratexias educativas formuladas para os centros escolares implican na maioría dos casos o traballo colaborativo entre diferentes axentes (profesorado, familias, departamento de orientación, etc.), o que permite aunar esforzos na procura da igualdade. Entre elas, destacan as accións formativas para a poboación escolar sobre contidos esenciais como a identificación e eliminación de estereotipos, a prevención da violencia de xénero, o fomento da corresponsabilidade e a igualdade nas relacións afectivosexuais.\nAsí, se ben é certo que aínda queda moito camiño por percorrer, as iniciativas de educación para a igualdade adoptadas dende os concellos en colaboración cos centros escolares supoñen un paso esencial na loita contra a discriminación por razón de xénero.\nREFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS"} {"summary": "Neste texto descríbense a organización estrutural e funcional do ICE da USC no comezo dos pasados anos noventa, indícanse os programas de acción desenvolvidos, as limitacións contextuais e propias da Institución e as consecucións máis apreciables. O texto, escrito por quen tivo responsabilidades directivas na Institución, serve ademais para realizar unha reflexión crítica sobre a funcionalidade do Instituto de Ciencias da Educación da USC e para propoñer unha desexable perspectiva de desenvolvemento como “Instituto (Galego) de Ciencias da Educación”.", "text": "OF SANTIAGO DE COMPOSTELA (COURSES 199192 TO 199394). DESIRES, PURPOSES, REALITIES AND ACHIEVEMENTS\nAntón Costa Rico\n : Ciencias da Educación; USC; investigación pedagóxica; Galicia; formación do profesorado.\nHai 24 anos\nTantos anos xa que a memoria persoal, necesaria pero fraca e por veces tramposa ou reacomodada no tempo, non serviría para dar conta adecuada e con suficiente obxectividade do que aconteceu nese período de tres cursos nos que tiven a oportunidade de realizar tarefas de dirección dun\n74 anTón CoSTa rICo: O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da USC dos Institutos universitarios da nosa Universidade, un dos primeiros creados nela, se ben por impulso da Administración central ás portas do inicio da década dos anos 70, formando parte da posta en marcha da reforma educativa española suscitada arredor da Lei Xeral de Educación de 1970.\nPor fortuna e algún coidado do arquivo particular dispoño de dous documentos que me servirán de guía. Nalgún momento da primavera de 1991 o Vicerreitor de Profesorado profesor Xulio rodríguez López, trasladándome o desexo do reitor ramón Villares, invitábame a asumir a responsabilidade da dirección do ICE no comezo do cursos 199192 e aceptado o reto pensei que debería examinar o que esta Institución universitaria viña sendo daquela, o que se lle demandaba no marco estatutario aos varios Institutos universitarios da USC, os seus condicionamentos e oportunidades e o que de singular podería ter como “Instituto de Ciencias da Educación en Galicia”, dado que ademais non había outros. Contemplando o conxunto de elementos compuxen o texto O ICE da Universidade de Santiago, asinado en Setembro de 1991, asentando daquela unha copia no rexistro administrativo propio do ICE. Alí se expoñían un xeral diagnóstico dunha institución que variara a partir do curso198687 unha parte da súa concepción, ao deixar de pertencer á rede de ICEs da Administración central, unha vez aprobado o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981 e realizadas tamén as transferencias universitarias, e se sinalaban propósitos que só parcialmente se puideron levar a cabo posteriormente e ao longo do trienio indicado. O segundo e preciso documento editado é a Memoria 19911994 1, que porén non dispón xa non digo de ISBN, senón tampouco de Dep. Legal e por iso será que non consta ningún exemplar nos fondos da nosa Biblioteca Universitaria 2, pero servirá aos efectos desta presente achega.\nQue era o iCe da usC\nEste Instituto creouse ao abeiro do Decreto 1978/1969 e da LXE de 1970 como un centro de investigación e de especialización no campo da educación, coa específica finalidade de impartir a formación inicial de capacitación pedagóxica docente (CAP) dos profesores de ensino secundario, de contribuír á formación permanente do profesorado dos niveis non universitarios, así como a de promover a investigación pedagóxica e prestar asesoramento técnico á propia Universidade e demais centros do sistema educativo.\nDesenvolvera estas funcións ao logo das década dos setenta e durante o primeiro quinquenio dos oitenta, pero a mediados desta década a formación permanente do profesorado de niveis non universitarios, transferida con outras funcións á Comunidade Autónoma de Galicia, deixou de ser unha das tarefas do ICE, que seguiu, en todo caso cos cursos de CAP, con actividades de investigación, pero xa sen obedecer a un Plan Estatal (coa perda de recursos económicos que isto significaba), e encontrándose coa activación da investigación educativa desde os novos Departamentos universitarios das Facultades de Filosofía e Ciencias da Educación, entre elas a de Santiago, e con actividades de asesoramento, que eran, por outra parte de menor visibilidade, xunto a algunha capacidade aínda conservada no eido da publicística pedagóxica.\nNeses termos, nun escenario de reaxustes e dalgunha incerteza institucional, organizativa e funcional, o equipo directivo antecesor, con Manuel Bermejo, como Director, e José antonio Caride como Vicedirector, procederon a distintas reformas, que acadaron tamén ao cadro docente e técnico estable (de moi reducidas dimensións e limitadas capacidades), pero sen poder cerrar a incerteza a que aludimos, dada a singularidade do ICE como Instituto Universitario; unha singularidade non contemplada á hora de establecer principios e criterios para os Institutos universitarios no marco dos Estatutos da USC, concordantes coa Lei de Ordenación Universitaria de 1981, que os facía centros para o desenvolvemento da investigación científica imbricados cos distintos Departamentos Universitarios, o que non se acomodaba a un ICE que tiña como actividade central a docencia e como complementaria a de investigación pedagóxica, sen se lle recoñecer un cadro de investigadores específicos, nin a posibilidade de integrar no computo horario docenteinvestigador (nos PoDs) a posible presenza da dedicación investigadora nos programas do ICE 3.\nprofesores antecitados e unha distribución en cinco sés: a central de Santiago, máis as da cidade da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, co auxilio en cada caso dun coordinador “local”, habitualmente algún dos profesores das Escolas de Maxisterio en cada caso existentes e colaboradoras en canto a espazos docente e outras tarefas;\nc) a composición, edición multicopiada e distribución de amplos dossiers de documentación (apuntamentos) para os 1600 alumnos nas cinco sés sinaladas e para todas as materias do ciclo teórico; d) o cambio de instalacións do Instituto e dos seus arquivos (xa grosos) a fin de ocupar o 4º andar do que actualmente é a Facultade de Filosofía, á porta de Mazarelos 7 ;\ne) a elaboración e asinamento de Certificados de realización dos Cursos de CaP en número probablemente próximo aos 3000 solicitados por profesores de toda Galicia, a raíz dalgunha medida administrativa solicitada pola Consellería de Educación.\nComo choque para o primeiro trimestre do curso 199192 e como ‘exercicio de dirección’ non estaba mal. Menos mal que o nadal puxo un pouco de tranquilidade.\nb) organización, sectores, desenvolvemento\nO cadro de recursos humanos estables compúxose entón do seguinte modo: unha dirección (con dedicación compartida coa docencia na Facultade de Ciencias da Educación), cinco profesores (coa central tarefa dos cursos de CAP), catro PAS 8, un posto exclusivo de persoal técnico de documentación e biblioteca, e unha bedelería compartida; isto é, doce desempeños, a quen había que adxuntar, con dedicacións parciais, unha directora da área de formación de profesorado, un director da área de investigación educativa e un director da área de documentación administrativa 9.\nCon descontinuidade no tempo e nas xornadas ao longo deses tres cursos académicos acompañaron a este equipo humano máis estable unha media de sete bolseiras 10 por curso, cun total de 14 persoas, das que actualmente a metade son profesoras ou profesores universitarios. Non quero esquecer aquí, non debo, a rede de profesoras e profesores, algúns en centros universitarios e a maioría presentes en niveis non universitarios que se sentían en colaboración co ICE, achegando así unha efectiva rede de intercomunicación que permitiu desenvolver máis tarefas das que tería sido posible só cos recursos propios: ben por formar parte de equipos de investigación, ou do Taller de Educación Ambiental, ou por ser titores de alumnos de CAP...; contribuíndo deste modo a xerar un valioso nodo entre sectores do profesorado de todo o sistema educativo 11. 7 Cunha apreciable melloría no conxunto das instalacións (despachos, salas de traballo, biblioteca e centro de documentación, e arquivo, ao pasar dos 540 aos 800 m 2 8 non permanentes nesa cifra e con dedicación á oficina administrativa. 9 responsabilidades que ocuparon respectivamente a profesora María del Pilar Jiménez aleixandre, Xosé rubal rodríguez (só durante o curso 199192) e Vicente Peña Saavedra, quen ligados ás tarefas docentes na Facultade de Ciencias da Educación ou na Escola de Maxisterio vían limitado o seu tempo de intervención no ICE, en particular nos dous últimos casos. 10 Con diversos tempos de contratación para os varios proxectos de investigación levados a cabo. 11 En ocasións esa mesma vinculación tiña relación con fíos difusos, como en ocasións podía ser a pertenza de uns e outros a plataformas de renovación pedagóxica, en particular Nova Escola Galega.\nA xestión administrativa, que repousaba sobre un Negociado con dous postos constantes, era ben notable. Son indicio as 7000 (sic) dilixencias administrativas e as 1500 operacións de pago 12, rexistradas na primeira das anualidades contempladas 13.\nO ICE dispoñía dunha BibliotecaCentro de Documentación Pedagóxica tradicionalmente posto a disposición do profesorado, tanto dos centros universitarios como en particular dos outros niveis educativos. Nos anos setenta a súa importancia era superior á da nacente Biblioteca da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación (Sección de Pedagoxía). a fins desta década era, porén, esta Biblioteca a que gañaba superior protagonismo, e posteriormente os fondos da Biblioteca do ICE pasarían a ser organicamente unha parte dos fondos da biblioteca da Facultade. En febreiro de 1992 mediante a aprobación do documento “Bases para un programa de funcionamento da División de Documentación Educativa e Publicacións” procuramos reforzar a súa potencialidade no ámbito das didácticas específicas para a formación inicial do profesorado de educación secundaria, potenciar a edición e difusión dos traballos de investigación e dos materiais didácticos realizados e promovidos polo ICE e darlle, ademais, un acento específico: a achega, catalogación, conservación e posta a disposición dos profesionais da educación da documentación educativa xerada en Galicia, algo que comezaba a ter unha constatable importancia, a modo de publicacións de libros de texto, recursos didácticos, e de unidades e guías didácticas, en ocasións con modesta edición 14, con algunha aspiración de ser Centro de Documentación Educativa de Galicia.\nA Biblioteca dispuña a mediados da anualidade 1994 de case 8000 títulos editados, dos que máis de 1700 ingresaran ao longo do trienio 15 (764 deles por doazón). Dispoñía de 129 publicacións periódicas abertas, 59 delas por doazón/intercambio, conservando 176 coleccións pechadas e con distinto volume en cada caso. A súa beira, estaba catalogado distinto material audiovisual, 12 Incluíndo, por exemplo, o pago de dietas do profesorado dos cursos de CAP ou o das persoas que interviñan na aplicación de cuestionarios centro a centro e curso a curso en toda a USC. Cuns orzamentos anuais do ICE que se moveron en cifras próximas aos 50 millóns de pesetas, sendo o equivalente a algo máis de catro quintas partes dedicadas á organización e desenvolvemento dos cursos de CAP, o que revela a singularidade do ICE en canto Instituto universitario. 13 Compre salientar que a celebración anual do CaP consumía moita oficina, como sinalamos, o que actualmente parecería incrible: matriculación, confección de listados e grupos de alumnado, elaboración de fichas e avaliación, comunicación escrita cos estudantes, profesores e profesorestitores (co envío de documentación oportuna, para os períodos de prácticas, así como a recepción dos informes de avaliación; máis de 2000 no curso 199394), confección de certificados, rexistro e control de saída de títulos, confección de nóminas do profesorado... 14 así, neste trienio ingresaron nos fondos bibliográficodocumentais do ICE un amplo e diverso material en relación coa educación en Galicia, sendo isto unha liña de traballo que non se continuou posteriormente coa intensidade realizada neste período. Vinte anos máis tarde abría as súas portas o Museo Pedagóxico de Galicia (2004), que entre outros antecedentes, poucos, contaba coa aprobación na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei, presentada polo grupo de Esquerda Galega, para que a Consellería de Educación procedese á creación do MuseoCentro de Documentación Pedagóxica de Galicia. o MUPEGa durante os seus primeiros anos, en particular, procurou levar a cabo esta tarefa de reunión documental. 15 No período tramitáronse facturas de compra por valor de 3.600.000 pts.\nen particular no campo da educación ambiental, e un fondo vario de documentos relacionados coa ensinanza en Galicia 16, con algunha frecuencia posto a disposición de distintas entidades 17.\nc) un instituto de investigación\nProcuramos, en liña de continuidade co que xa se viña realizando, deseñar un perfil de actuación coas seguintes tres liñas:\n– Unha sección de Investigación Avaliativa como unidade especializada, responsabilizada da análise da calidade da docencia universitaria, e que puidese estar aberta a realizar estudos de diagnóstico e de avaliación institucional do sistema educativo en Galicia, a través da posible realización de convenios coa Consellería de Educación, – Unha sección relacionada cos estudos de Bilingüismo, acaída no escenario sociolingüístico de Galicia, que xa contaba cunha certa tradición investigadora no ICE, – E una sección de investigación no campo dos Deseños curriculares e das Didácticas especializadas, nun momento por outra parte de certo dinamismo neste campo á sombra da recente aprobación (1990) da Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE).\nTocantes á sección de Investigación avaliativa debemos falar en primeiro lugar dos procesos de avaliación da actividade docente do profesorado por parte do alumnado da USC. Fixéranse con anterioridade tres procesos anuais de avaliación, tomando por base o ICE, baixo a dirección do profesor Javier Tejedor, que se trasladara en 1991 á Universidade de Salamanca. Pero no ICE non quedaran máis que varios precarios papeis sobre a cuestión, de tal modo que na primavera de 1992 houbo que comezar de novo: equipos de traballo, concepción e tradución metodolóxicaoperativa, cun orzamento de catro millóns de pesetas. Unha grande dificultade só sorteada co traballo laborioso e a eficaz colaboración de dous bolseiros 18. Dos 60.000 cuestionarios aplicados en 1992, pasamos aos 85.000 e 96.000 dos anos sucesivos 19. Unha grande laboriosidade, pois. Tivemos a intensa preocupación por deseñar un a modo de manual operativo e de tarefas que servira para o desenvolvemento de posteriores operativos nas quendas que fose.\nA outra intención era a de poder elaborar estudos e informes a petición e por convenio coa Consellería de Educación. Neste ámbito debo referirme, en particular, á serie de estudios de “Avaliación da xornada lectiva de sesión única en Galicia” (realizados entre 1988 e 1992), baixo a dirección do profesor José antonio Caride e coa intervención de quince investigadores, e ao logro que supuxo atraer cara o ICE a realización dos estudos de Informe anual sobre o estado e a situación do sistema educativo en Galicia por encargo do Consello Escolar en Galicia, entregándose o primeiro deles, de carácter global en 1994: “O sistema educativo en Galicia (niveis non universitarios). Curso 199293”, baixo a nosa dirección e coa participación de trece investigadores 20.\nEn relación cos estudos de Bilingüismo cómpre sinalar que no ICE existía algunha tradición de estudo desenvolvida nos anos 70 mediante traballos dirixidos polos profesores da USC José Pérez Vilariño e Guillermo rojo. a cuestión desatendeuse neste plano investigador logo e retomouse a mediados dos anos oitenta coa participación do profesor Xosé rubal rodríguez, que continuou no comezo do trienio 9194, materializándose nos seguintes informes: “A lingua do alumnado e profesorado das franxas occidentais de Asturias, León e Zamora” 21, a tese e doutoramento de Neves arza arza “Bases para a planificación da normalización da lingua galega no ámbito escolar” e na publicación en 1992 do coidado informe Aproximación á situación da lingua no ensino non universitario (Preescolar e EXB). Pero no curso deste Trienio esta Sección decaeu ante as dificultades administrativas e a dificultade de obter financiamento público.\nA investigación no campo curricular e didáctico logrou a súa plasmación nos seguintes proxectos realizados: “Estudo sobre as clases prácticas de botánica” (5 investigadores, baixo a dirección de María Pilar aleixandre), “Proxecto curricular de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia aula Sete. Materiais curriculares para a ESo” (8 investigadores baixo a dirección de ramón López Facal)”, Aprendendo ciencias no Ensino Secundario (ACES)” (13 profesores investigadores, baixo a coordinación mancomunada de Jiménez aleixandre, Lorenzo Barral e otero Gutiérrez), “Elaboración de materiais curriculares na área tecnolóxica da Educación Secundaria (7 profesores, baixo a coordinación de antonio rial rodríguez).\nAdemais, desenvolvéronse outros tres informes: “Os aspectos cualitativos da FP en alternancia” (antonio rial), “EurosurveyGalicia” (realizado desde o Taller de Educación ambiental 22) e “a demanda de educación superior e as súas implicacións no rendemento académico” (María L. rodicio).\nCómpre indicar que todos os Informes deron lugar a distintas contribucións académicas publicadas polos seus autores; en varios casos tiveron edición como Informes por parte de Institucións\n20 Este primeiro, esixente e amplo informe, enlazaba de algún modo cun Informe previo realizado con varios anos de antelación como Informe Cero tamén desde o ICE e a través de convenio específico coa Consellería de Educación. Seguiríanlle outros Informes a veces bianuais e de carácter temático ata que en 2006 se publicou outro extenso e esixente Informe global, neste momento baixo a dirección do profesor Miguel anxo Santos, neste momento tamén director do ICE. 21 Con edición por parte do Consello da Cultura Galega en 1992. 22 Coa implicación sobre todo dos profesores Caride Gómez, Morán de Castro, Manuel a. Fernández Domínguez e Meira Cartea.\npúblicas ou a cargo do Servizo de Publicacións da USC. nalgún casos tamén significaron a elaboración de materiais didácticos para uso docente no ensino primario e no secundario.\nd) o impulso á difusión editorial\nNo período contemplado publicáronse por parte de Institucións públicas, pois, varios Informes de investigación elaborados desde o ICE, varios desde o propio ICE, entre eles 20 anos de investigación educativa en Galicia (19701990), baixo a coordinación de Cebreiro López e Míguez rodríguez, e distintos materiais didácticos de diversa temática 23, unido isto ás iniciativas de publicación e de difusión emprendidas polos propios profesores e investigadores e investigadoras ligadas ao ICE.\ne) Formación e asesoramento docente\nFixemos a oportuna referencia aos Cursos para a obtención do Certificado de aptitude Pedagóxica 24. Diremos aínda que o Ciclo de formación teórica tiña unha compoñente formativa en relación coas didácticas específicas mediante a estruturación de catro Seminarios docentes, que a súa volta organizaban 15 materias didácticas 25 e uns 140 profesores e profesoras, o que tiña logo a súa continuidade na celebración de Ciclo Práctico, establecido en 50 horas de duración, que significaba a entrada en contacto con numerosos centros e profesores de Institutos de toda Galicia, como indicamos atrás.\nE por isto que tamén o ICE convocou distintas Xornadas e Seminarios de Formación, tendo como iniciativas máis notables no período: o VII Simposio español de ensinanza da Xeoloxía (con case 400 participantes), o II Seminario español sobre desenvolvemento curricular na área das CC. Sociais, Xeografía e Hª no ensino Secundario”, catro sesións específicas de formación do profesorado dos distintos Seminarios docentes, unha xornada de traballo con 150 profesores titores de Prácticas, e un Curso de Técnicas de Grupo aplicadas á Formación celebrado en distintos momentos e sesións para 70 profesores titores. En troques, non foi posible construír un Programa de formación didáctica para o profesorado universitario, a pesar de desenvolver algunha inicial tarefa. 23 Entre outros: Itinerarios didácticos por la geología gallega, Tecnoloxía, O patrimonio arqueolóxico e artístico I, II, Textes français pour l´entrée a l´Université, Alimentación e Nutrición, Proyectos curriculares de Ciencias Sociales. 24 o profesor antonio rial, do cadro de recursos estables do ICE, exerceu a coordinación xeral organizativa destes Cursos, coa colaboración dos coordinadores de Seminarios, das didácticas especiais e dos catro presentes nos outros Campus de Galicia. 25 os Seminarios de Filoloxía (Galego, Español, Francés, Inglés e L. Clásicas), Xeografía, Hª e CC. Sociais (Xeografía e Hª, Filosofía, Música), CC. Experimentais (CC. naturais, Física e Química, Matemáticas e CC. Experimentais), Tecnoloxías, Educación Física e Belas artes (Debuxo técnico, E. Física, Tecnoloxías).\nf) Taller de educación ambiental\nDe modo estable viña funcionando con sede no ICE un Taller de Educación ambiental que así o continuou realizando 26 neste período para a formación ambiental do profesorado (formación, sensibilización, debate, construción de recursos, intercambio de experiencias, elaboración de informes) e con diversas actividades abertas ao público; un Taller que contou ademais, ata 1993, cunha subvención pública da Consellería de ordenación do Territorio. organizou preto de vinte conferencias, sete visitas de estudo a enclaves e lugares de sinalado interese ecolóxico e ambiental, tres exposicións, preparou varios recursos didácticos editados por impulso do ICE, diversas colaboracións con outras Institucións e un proxecto de investigación formando parte do proxecto europeo Eurosurvey, con cuestións relativas a Medio ambiente e Saúde, para o que se mobilizou unha mostra estatística de 2000 alumnos galegos de ESO. Parte dos seus traballos foron expostos en reunións congresuais e o Taller chegou a reunir unha rica documentación, destacando as case 700 monografías desde o inicio da súa constitución.\nunHa esColla de realizaCións\nA máis de vinte anos de distancia este anterior exercicio descritivo manifesta a existencia dun centro académico laborioso e con un certo e apreciable grao de efectividade. Desde aí, poderíamos preguntarnos por aquilo que máis favorablemente pode cualificar este trienio. Sen unha especial orde de prioridade salientamos:\na) a preocupación certa pola cualificación da formación impartida nos cursos de CaP, que frecuentemente estaban tinxidos dunha deficiente valoración (con razón, pero tamén sen ela) por parte dos licenciados universitarios que xa os realizaran ou que se dispoñían a realizalos. o ‘campo de xogo’ en liñas xerais estaba trazado a nivel oficial e estatal, o que en por si introducía limitacións que un singular ICE, como o da nosa USC, non podía modificar. nese contexto e indubitable o esforzo realizado na busca da máxima racionalidade organizativa, na procura da descentralización, na atención titorial, na preparación da documentación escrita para o alumnado e na propia formación do profesorado participante. b) A preocupación pola seriedade na organización dos procesos conducentes á avaliación docente por parte do alumnado da USC. c) A realización da varios estudos e informes de investigación ligados ao diagnóstico do sistema educativo en Galicia. d) O inicio da constitución dun Centro de Documentación Educativa de Galicia en conexión coa Biblioteca do ICE. e) As achegas varias de investigación, en particular en relación coa lingua galega e con didácticas especiais. f) A consolidación do ICE como espazo académico de referencia para a formación e a educación ambiental en Galicia.\ng) A preocupación polo mantemento e renovación de dúas linas de publicación editorial, a pesar das limitacións económicas.\nProPósiTos non realizados\nTamén houbo propósitos non realizados ou arredor dos que non se puideron poñer primeiros chanzos efectivos. Por exemplo, adecuar a estrutura directiva e organizativa co máximo axuste ao que indicaban os Estatutos da USC para o conxunto dos Institutos universitarios.\nNo documento O ICE da Universidade de Santiago, asinado en Setembro de 1991 nas súas pp. 1415 indicábamos como liña prioritaria de investigación educativa: “a de carácter interdisciplinar relativa ao coñecemento do sistema educativo de Galicia, así como o asesoramento a grupos e proxectos de investigación xurdidos nos niveis non universitario do sistema educativo de Galicia e o servizo experto a aquelas necesidades e requirimentos de investigación educativa demandados pola Administración Educativa, en orde á toma e decisións no ámbito da política educativa” (sic), advertindo que “neste suposto dúas cuestións deberán ser dilucidadas: a primeira referente ó alcance a dar a un Instituto que no actual momento é administrativamente é só instrumento da USC, pero que podería ser, a través dos pertinentes convenios e decisións, un Centro de Investigación Universitaria con alcance sobre o conxunto de Galicia; en relación a este considerando haberá que construír a pertinente plantilla humana de recursos técnicos de investigación” (sic). A estes efectos propoñía igualmente neste documento (p. 17): “a conveniencia de singularizalo ICE da USC dentro da rede de Institutos desta Universidade”.\nArredor destas cuestións moi probablemente mantiven como Director distintas conversas con membros do Equipo reitoral sen encontrar acollida efectiva que levase a pensar en calquera modificación estatutaria por esta cuestión, ou a abrir un escenario de diálogo coas outras Universidades de Galicia carentes dun Instituto destas características, nin coa Consellería de Educación. E os interrogantes aí quedaron ‘no papel’.\nNese mesmo Documento falábase (p. 18) do “Centro de Documentación e Información Educativa de Galicia”, que só en medida moi limitada e de modo ‘voluntarista’ e precario se conseguiu poñer en marcha, como en páxinas atrás se indicou, pero sen unha vía de acordo e convenio favorecedor coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia: “un centro dinámico, propositivo e activo..., que non existe na nosa Comunidade Autónoma, contrariamente ás tradicións que veñen seguindo os distintos países no marco da proxección das súas respectivas políticas educativas” 27.\nEra propósito o de intensificar a relación cos centros educativos desde o punto de vista da formación docente e do intercambio, no suposto da ampliación dos recursos humanos dispoñibles e da especificación estatutaria do Instituto. na práctica isto foi máis limitado. nesa perspectiva sinalábamos na p. 28 do documento: 27 Eramos ben conscientes, por unha parte, da existencia dun Centro de Documentación no Ministerio de Educación en Madrid ou dos Centros Documentais de alcance internacional, como o do Bureu Internactional d´Education en Xenebra, baixo a supervisión, coma outros, da UNESCO, e, pola outra, da ‘precariedade’ e non regularidade presente nas actuacións técnicas da Consellería de Educación en San Caetano, desde onde tampouco existía a conveniente liña ordenada de comunicación institucional, en particular, coa Facultade de Filosofía e CC. da Educación (Sección de Pedagoxía) da USC.\n“Promover a celebración anual dun Certame de Premios de Investigación, Innovación e Experiencias Educativas de Galicia, de modo a favorecer o encontro entre a reflexión, o pensamento e a práctica educativa, así como a constitución no ICE dun fondo de documentos didácticos e educativos sempre crecente e de interese para os investigadores, como para os docentes universitarios formadores de novos profesores”\nA estes efectos xeramos logo un documento coas posibles Bases dos Premios Padre Sarmiento de Educación en Galicia, non natos naquel período de 199194 28. Tampouco foi posible desenvolver outro propósito: a creación dun “Foro Galego de expertos e responsables de Programas de Educación”, ao que aludimos na p. 95 da Memoria e do que só se xerou un documento de bases, que non tivo ningunha consecuencia práctica.\nunHa Posibilidade: o insTiTuTo (GaleGo) de CienCias da eduCaCión\nAlgo máis de vinte anos transcorreron con diversos cambios nos equipos directivos do ICE 29, mentres foron minguando as funcións e tarefas deste Instituto e a súa influenza educativa, en distinto modo e con distinta intensidade, non exenta dalgunhas moi positivas realizacións investigadoras e de formación (con algún importante recoñecemento incluído), entre as que se inclúen algunhas valiosas publicacións e a revistaanuario de Innovación Educativa que agora mesmo o lector examina. Porén, sendo certo que o ICE non ten capacidade nin posibilidades para situarse como un actor da investigación educativa no mesmo territorio onde se estableceu a dimensión investigadora realizada desde os Departamentos universitarios ligados ás CC. da Educación, o seu patrimonio académico, sen ser marcadamente brillante, é un valioso e lexítimo punto de partida para ser institucionalmente recoñecido, alén da Facultade de CC. da Educación, pola Universidade de Santiago, o que quere\ndicir valorado 30. En tanto que esa valoración se faga poderán vir outras reflexións serias. o desenvolvemento educativo de Galicia hoxe é amplo, dinámico e complexo, como o son tamén amplos, 28 En Outubro de 1997 tiven a fortuna de ser electo Decano pola Xunta de Facultade da nova Facultade de Ciencias da Educación e entre as diversas iniciativas no ano 2000 celebramos a Primeira convocatoria dos Premios María Barbeito de Educación en Galicia a proposta decanal, que diriximos a todos os centros educativos de niveis non universitarios de Galicia, con dúas modalidades, a de Investigación e a de Experiencias educativas, con dotación económica ambos os dous, sobre a base do documento elaborado para os Premios Padre Sarmiento no marco do ICE. Previamente a esta convocatoria de Premios, a Xunta de Facultade aprobara a proposta do Equipo Decanal establecer como patrón da Facultade o Padre Sarmiento, acolléndose ao día do seu natalicio. Parecía oportuno que dispoñendo xa dun nome de varón (o Padre Sarmiento) así recoñecido, que os Premios enxalzaran con todo merecemento a unha muller, como propuxo na ocasión a profesora aurora Marco: María Barbeito. Interrompida a convocatoria destes Premios desde a Facultade, Nova Escola Galega concertou co Concello de Compostela a convocatoria para toda Galicia dos Premios para experiencias escolares “EducaCompostela”. Máis recentemente a través do exercicio vicedecanal do profesor Xesús rodríguez rodríguez a Facultade de CC. da Educación volvería realizar unha nova convocatoria dos Premios María Barbeito. 29 Baixo a dirección respectivamente dos profesores sempre ligados profesional mente as CC da Educación Miguel Zabalza, Miguel a. Santos, Xosé Cajide e ana Mª Porto, no presente. 30 Teño a impresión de que a USC, desde os seus equipos reitores e actores ‘con maior influencia’, nunca valorou adecuadamente este seu Instituto. Máis ben se sentiu que cubría unhas tarefas ‘necesarias’, pero non dinámicos e complexos os retos aos que día a día ten que enfrontrarse. E creo que no ámbito dos niveis educativos non universitarios o fai, autolimitándose, con menos instrumentos, capacidades, dedicación e destrezas do que precisa.\nretos, problemas, demandas, prospectiva. Todo se xunta na plasmación do desenvolvemento social da educación. Cómpre que o poder político (tanto parlamentario, como executivo), a Administración pública, as institucións de formación,...dean e articulen respostas e programas de acción, sostidos e participados democraticamente, facéndoo con esixencia intelectual, comprensión do tempo no que se vive e dos seus horizontes e con creatividade. Sendo así, o poder executivo ten unha capacidade limitada de resposta, por máis que dispoña dos instrumentos propios da administración pública e da relativa capacidade financeira.\nParte considerable das decisións a tomar e dos programas a implementar teñen maior complexidade académica e técnica da que é capaz de aprehender en por si como poder ou como administración. Porén, con frecuencia faise sen a suficiente conciencia desa complexidade, ou en habendo unha puntual consciencia acódese ou a staffs privados cun inoportuno e abultado custe económico ou á formula de convenios coas Universidades a efectos de interesar a un determinado Grupo de Investigación consolidado e probablemente acreditado, pero que frecuentemente é experto nun conxunto de temáticas, no caso socioeducativo, que polo seu espectro non teñen porque ser as de maior interese para unha Administración pública como pode ser a Consellería de Educación e de Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, mesmo porque con frecuencia os Grupos de Investigación en activo teñen condicionamentos 31, ligados á consecución de recursos financeiros, á promoción académica e profesional dos seus membros, ás políticas xerais de investigación universitaria en España e de recoñecemento internacional da súa produción académica.\nTeño a convición de que a administración Pública Educativa de Galicia precisa un cerebro experto, nunca un artefacto tecnocrático, pois que tantos son os aspectos organizativos, funcionais, curriculares, de innovación, de avaliación, e de formación que pertencen ao campo das competencias políticoadministrativas, que é necesario atender con esixencia e lucidez. Sen ir máis lonxe, aí temos un asunto tan central como a elaboración de deseños curriculares, que a Consellería encarga a grupos de profesores 32 segundo a súa especialización didáctica para a súa confección en períodos excepcionais de tempo (tres meses??), antes de pasar a ser examinados tamén nun período máis breve de tempo polo órgano deliberativo e consultivo que é o Consello Escolar de Galicia, para a necesariamente ‘desexables’, vindo de aí una minusvaloración institucional que acompañou probablemente sempre a súa existencia. En todo caso, foi a miña máis consciente percepción no tempo do meu mandato directivo. 31 Isto é, actualmente carecen involuntariamente da suficiente capacidade de autonomía, co que iso pode comportar e comporta en canto á creación de coñecemento e as súas características e significados; un déficit que en particular está a penalizar entre nós o desenvolvemento das ciencias sociais e do coñecemento experto e crítico. 32 onde se encontran profesores con maior ou cualificación didáctica e curricular situados en varios lugares: algún na propia Consellería de Educación, algún formando parte dos Centros de Formación Continuada e outros como docentes dos diversos centros escolares, quizais algúns recoñecidos ademais con algún premio de innovación educativa e similar.\nsúa inserción inmediata no Diario Oficial de Galicia, para o seu xeral cumprimento. Faise con xeral ausencia da capacidade experta que se concentra nos Centros universitarios de formación do profesorado e de ciencias da educación, naturalmente sempre e en conxunto máis atentos ao desenvolvemento investigador, con máis capacidades e destrezas metodolóxicas e con mellor coñecemento de enfoques, debates e orientacións internacionais con relación ás diversas cuestións que poderán ser planteadas e examinadas.\nO Instituto (Galego) de Ciencias da Educación debería ser ese lugar que como cerebro experto concentra capacidades técnicas e recursos humanos cualificados para o desenvolvemento investigador e avaliativo, segundo un programa de traballo de base cuatrienal, cunha dirección académica, un cadro investigador periódica e parcialmente renovado en parte dos seus desempeños, baixo a tutela dun Consello Asesor, a delimitar, con representación autocontida das tres Universidades de Galicia, da Consellería de Educación e da Xunta e Galicia en conxunto, dos docentes (desde a súa representación sindical) e do Consello EconómicoSocial de Galicia: o órgano que aproba as liñas de investigación e de actuación xeral do Instituto, os seus orzamentos xerais, substancialmente públicos, e as súas memorias de avaliación.\nPor que non pensar que o ICE da USC, situado en Santiago de Compostela, adoptados os acordos e convenios precisos interuniversitarios e coa Xunta de Galicia, non podería ser ese Instituto preciso, e que en parte tomase en consideración para o seu funcionamento ordinario o que son prácticas consolidadas en diversos Institutos pertencentes ao CSIC? Por que non pensar que podería desempeñar ese espazo preciso intermedio, de diálogo e de concertación oportuna, situado entre a Administración educativa, cos seus desempeños e ritmos, o espazo académico universitario das ciencias da educación en particular, e o espazo pluriforme dos centros escolares, do profesorado e técnicos locais da educación, e dos actores sociais?\nNo presente aínda o contemplo con maior claridade que cando algo así formulaba hai máis de 20 anos. Terán que pasar outros 24?"} {"summary": "Na actualidade, aínda se fai difícil concretar o alcance do termo literatura fantástica. Por outra banda, o mesmo apelativo fai referencia a obras moi diferenciadas no caso da literatura para adultos e no da literatura para os máis novos. A presencia do fantástico neste último grupo ten unha orixe distinta, e significa para os seus receptores a posibilidade de entrar en contacto con lecturas que reflicten a súa forma de entender o mundo. No presente traballo argumentarase a necesidade e validez do fantástico na Literatura Infantil e Xuvenil ao mesmo tempo que se determinarán as formas que adopta o xénero ao que fai referencia.", "text": "ELOS. REVISTA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL / ISSN 2386 -7620 / n.º 3 / 2016 / pp. 3345 García Pedreira, Rocío (2016).\nDATA DE RECEPCIÓN: 14/01/2016\n33 CARACTERIZACIÓN DO XÉNERO FANTÁSTICO PROPIO DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL CARACTERIZACIÓN DEL GÉNERO FANTÁSTICO PROPIO DE LA LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL CHARACTERIZATION OF THE FANTASY GENRE OF Children and Young Adults Literature\nDATA DE ACEPTACIÓN: 11/05/2016\n : xénero literario, Literatura Infantil e Xuvenil, literatura fantástica.\nResumen: En la actualidad, aún se hace difícil concretar el alcance del término literatura fantástica. Por otra banda, el mismo apelativo hace referencia a obras muy diferenciadas en el caso de la literatura para adultos y en el\nKeywords: literary genres, Children and Young Adults Literature, fantastic literature.\n“Caracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil”. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 3, \"Artigos\", 3345. ISSN 2386 -7620. DOI http://dx.doi.org/10.15304/elos.3.3023\nIntrodución\nDe botar unha ollada ao cómputo total de estudos que versan especificamente sobre o xénero fantástico 1 na Literatura Infantil e Xuvenil (a partir de agora LIX), faise patente a falta de referentes que permitan concretar un acordo común en canto a que fai referencia o termo.\nEn moitos casos, cando se fala sobre unha obra infantil ou xuvenil na cal aparece o fantástico, faise referencia á determinación do xénero que fixo o teórico literario Tzvetan Todorov (2001) a partir do estudo de obras dirixidas ao público adulto. Non obstante, as diferencias psicoevolutivas dos estadios diferenciados que constitúen a infancia e a adolescencia fan que esa definición se faga insuficiente e pouco axeitada. De feito, a necesidade de proporcionar aos máis novos obras literarias que teñan en conta a súa maneira de entender e procesar o mundo é un dos aspectos motivadores do presente estudo.\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil\nO primeiro grupo inclúe obras que na súa maioría xiran arredor dun personaxe ou mundo fantástico. Estaban pensadas para o entretemento da sociedade, sen ningún tipo de condicionante didáctico. O éxito destes relatos, unido á necesidade de textos de lectura para o crecente alumnado que propiciou a progresiva escolarización social do século XIX, supuxo o inicio da presenza da LIX na escola. Non obstante, foron moitos os detractores que contemplaron estas historias como a expresión dunha sociedade arcaica e periclitada. De feito, na primeira metade deste mesmo século, as historias realistas con protagonistas de curta idade medraron en relevancia e difusión por mor de que os libros didácticos, que constituían a maioría da literatura para nenos e xoves, proscribían a fantasía. Grazas á psicanálise reivindicouse o beneficio psicolóxico que os contos populares supoñen para a infancia e a súa consideración como un legado literario idóneo para a formación da personalidade de nenos e nenas (Colomer, 2010). Na actualidade pódense atopar reminiscencias destas posicións enfrontadas, aínda que en liñas xerais se avoga por reflexionar sobre a mellor maneira de utilizar a forte conexión que o público infantil establece con estes relatos para a desactivación dos estereotipos que a súa ideoloxía oculta, pero preservando os valores literarios dos mesmos. A LIX de corte fantástico segue loitando por establecerse como unha alternativa para o tratamento da multitude de temáticas actuais que, desde mediados do século pasado, protagonizan os libros dirixidos a este público. Moitos temas que nunca antes foran tratados nas obras destinadas aos máis novos fanse agora necesarios, posto que este lectorado coñece e vive de xeito directo ou indirecto as súas consecuencias, e precisan de recursos para poder afrontalos. A reivindicación da fantasía formou parte esencial dos novos supostos educativos da man de moitos autores coa convicción do seu poder educativo, “puesto que ésta no es concebida como una vía escapista o un entretenimiento vacío, sino como una nueva forma de interrogar, de ‘amasar’, dice el autor, la realidad” (referencia a Albanell en Colomer, 2010: 145). Ao longo do presente traballo reflexionarase sobre a necesidade da fantasía na LIX, para posteriormente realizar a caracterización dun xénero fantástico propio destas obras e exemplificalo con clásicos pertencentes a este sistema literario.\nPor que literatura fantástica?\nLa fantasía cumple una función imprescindible en nuestras vidas, no sólo porque sirve como válvula de escape a la realidad existencial, sino también porque es la fuerza impulsora que permite rectificar la realidad insatisfactoria y realizar los deseos inconclusos por medio de los ensueños (Montoya, 2001).\nFacer referencia ao fantástico non significa esquecer a realidade para vivir unha aventura “irreal” lonxe de todo o coñecido sen ningún tipo de repercusión posterior. De feito, “¿lo irreal de lo fantástico, es en verdad un irreal? ¿Lo fantástico, nos conmovería?; la obra fantástica, ¿encontraría lectores si éstos no reunieran las aspiraciones, las necesidades, las experiencias que también llevamos en nosotros en diverso grado, oscuras y semiignoradas quizá, pero muy reales, sin embargo?” (Held, 1985: 18). Trátase dunha forma diferente de entender a realidade, da cal se distancia o lector de xeito momentáneo para vivir unha experiencia da que volverá cunha visión renovada, posto que “una historia fantástica no nos interesaría para nada si no nos enseñara algo sobre la vida de los pueblos y los seres, aunando así nuestras preocupaciones y nuestros problemas” (Held, 1985: 22). Por outra parte, “la fantasía es una condición fundamental del desarrollo normal de la personalidad del niño, le es orgánicamente inherente y necesaria para que se expresen libremente sus posibilidades creadoras” (Montoya, 2001). Estudos do campo da psicoloxía demostran que o contacto coa fantasía durante a infancia é unha das condicións fundamentais para a asimilación da experiencia social e dos coñecementos. Na seguinte táboa pódese apreciar como as fases do desenvolvemento infantil ata a adolescencia que establece a Psicoloxía Evolutiva se relacionan coa evolución da capacidade lectora segundo a idade dos máis novos, as preferencias literarias de cada grupo e os estadios evolutivos establecidos por Jean Piaget (1991). É importante recalcar que se trata dun proceso evolutivo de adquisición de novos hábitos, intereses ou visións, pero que en ningún momento nega os seus predecesores. A evolución do pensamento infantil invita a ampliar a visión inicial do mundo, unicamente entendido a través da fantasía, cara a outras formas de relación que se ven identificadas cunha percepción máis realista e que conviven coa primeira. Caer no erro de crer que ser adulto supón a negación da infancia en lugar dunha evolución natural da mesma non é máis que outra\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil forma de ocultar a propia incomprensión do que supón a madurez. “Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran)”, afirmaba Antoine de SaintExupéry na dedicatoria d’ O Principiño (2006). Por tanto, a fantasía, que conta cun papel fundamental durante a infancia, pode e debe ter a súa continuidade na adolescencia e na vida adulta, pero deixando a porta aberta, por suposto, a outro tipo de manifestacións, e proporcionándolle ás obras fantásticas outros significados axeitados á propia evolución psicolóxica do suxeito, “porque ni la realidad debe\nimponerse a la fantasía, ni la fantasía neutralizar a la realidad” (Suárez, 2007: 40).\nartístico Realismo e fantasía\nComo refire Montoya (2001), os psicólogos dividiron a evolución da fantasía en etapas por mor da importancia da imaxinación nos máis novos. O mesmo autor establece un primeiro período que consiste no paso da imaxinación pasiva á imaxinación activa e creadora; o segundo, coñecido baixo o termo de “animismo”, fai referencia ao momento no cal o neno atribúe conciencia e vontade aos elementos inorgánicos e aos fenómenos da natureza. Por último, a terceira etapa caracterízase pola capacidade de imaxinar personaxes sobrenaturais cuxas aventuras os seducen e suxestionan. A reivindicación da presenza do fantástico na LIX susténtase tendo en conta a realidade que está vivindo a propia infancia e xuventude na actualidade. Moitos estudos falan da desaparición da infancia como consecuencia das transformacións sufridas desde finais do século XX. Neil Postman (1994) dedicou boa parte do seu traballo intelectual a estudar sobre como a tecnoloxía transforma a sociedade. A pesar de que son indubidables os avances que as novas tecnoloxías supoñen en moitos campos, parecen establecerse como un perigoso aliado para os máis novos, especialmente ao facer referencia ao caso específico da televisión, posto que o feito de que “muestre indiscriminadamente cualquier tipo de información, hace que la diferencia entre niños y adultos se borre; todos, indistintamente de su edad, acceden a la información que la televisión ofrece” (Cortés, 2011: 70); un aspecto que se torna aínda máis perigoso de ter en conta a inexistencia de ningún tipo de mediador específico neste contexto. E non se está a falar dunha cuestión meramente cognitiva, posto que ten consecuencias sobre os parámetros que os máis novos utilizan para actuar. A infancia “possui uma especificidade que precisa ser percebida, observada e considerada, pois conserva em si as possibilidades da vida adulta, da subjetividade humana”, recuperando así unha visión crítica da mesma (García de Lima, 2008: 47). Os adultos, no afán por criar os nenos e xoves da forma que estiman máis conveniente, rematan moldeándoos como adultos en miniatura, véndoos unicamente polo que poden chegar a ser, no lugar do que xa son (Láquesis, 2013). En efecto, o reto que se lle propón á LIX é maiúsculo. Aínda máis de ter en conta que, ante todo, é literatura, e de ningún xeito o valor didáctico debe ter máis relevancia que o literario. O seu maior desafío reside en “existir dentro de normas con una requisitoria de valores de contenido (pedagógicos, éticos, psicológicos) al valor axial: lo estético y, desde este punto de vista, hemos de afirmar que la literatura infantil pertenece al ámbito del arte de la producción literaria” (Rubio, 1999: 29).\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil\nO xénero fantástico e o xénero marabilloso\nO xénero fantástico propio da LIX\nA pesar de que en certas ocasións o xénero fantástico se traduce na intrusión de un ou varios elementos extraordinarios nun mundo común, en LIX fálase, en xeral, da presenza dun “mundo secundario” poboado por seres da mitoloxía ou da imaxinación que se rexen por outras leis temporais que gardan, inevitablemente, unha próxima relación co mundo real. A crítica distingue actualmente dous tipos de fantasía na LIX: a “fantasía doméstica” e a “alta fantasía”. Ambas as dúas comparten moitas características, pero difiren no modo en que o autor decide introducir o mundo secundario ou, no seu defecto, o elemento fantástico. Moitas delas xiran arredor dun protagonista infantil independente, afastado dalgunha maneira dos seus pais ou referentes adultos, quen limitarían as posibilidades do neno de penetrar na historia, achegando solucións demasiado pragmáticas e evitando calquera posible perigo e, con isto, o desenvolvemento da acción (Davis, 2000).\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil\nA “fantasía doméstica” comeza coa representación realista do mundo, que o lectorado infantoxuvenil recoñece e asume sen a necesidade de ningún proceso de reflexión previa. Os protagonistas (maioritariamente nenos, nenas ou xoves) viven nun ambiente posible, cunha configuración familiar concreta. “Todo comienza como en una historia ‘realista’. Estamos ante la vida trivial, cotidiana” (Held, 1985: 50). A partir deste contexto, o elemento fantástico pode introducirse de dúas formas distintas: por unha banda, pode conectar coa realidade a través da súa intrusión no mundo común, como en Mary Poppins (1934) de Pamela Lyndon Travers; no segundo caso, é o protagonista ou protagonistas os que se desprazan desde o mundo realista ata o mundo fantástico, como ocorre na colección de sete novelas de Clive Staples Lewis que se inicia con The Lion, the Witch and the Wardrobe (1950). Tórnase relevante resaltar de novo que o elemento fantástico non é permanente. Ten o seu sentido durante a ficción, posto que toda a historia xira arredor del. De igual modo que chegou á realidade ficcionada, debe abandonala. Deste xeito, ao remate da historia, o lector pode, desde unha nova perspectiva facilitada polo contacto co fantástico, adoptar novos puntos de vista ante a realidade vivencial. As obras que se encadran dentro deste primeiro grupo manteñen unha relación máis próxima co xénero fantástico referente á literatura para adultos; por outra banda, as do segundo\ngrupo implican, dado o propio procedemento de intrusión do fantástico, que o insólito domine cuantitativamente. “El elemento ‘normal’ se encontrará solo –lo que significará, por fuerza, ‘aislado’ o ‘desterrado’ si se trata de un héroe, porque podrá adaptarse muy bien y sentirse a gusto– en un mundo extraño, diferente” (Held, 1985: 52). Nas obras pertencentes á fantasía doméstica, o problema familiar será un recurso frecuente para a incorporación do elemento fantástico, mais non para evadirse, senón para obter unha nova visión da realidade. A través do vivido en contacto co elemento ou mundo fantástico, o protagonista pode enfrontarse dunha maneira máis eficaz á situación vivencial que debe afrontar ao retornar ao seu estado inicial no mundo realista, de xeito que el recurso de la fantasía se puede emplear para solucionar problemas reales de forma imaginativa, ofrecer una vía de escape, o enfrentar al niño con situaciones que requieren valor e inteligencia (…). El desplazamiento al mundo fantástico también implica cruzar una frontera social. Una vez en ese mundo, deben conocer sus leyes, luchar contra el mal, y, de este modo, aprenden sobre su propio mundo, adquiriendo así la necesaria madurez. Las novelas concluyen con la vuelta al mundo real, pero lo importante es que el personajeniño ha sufrido un cambio, ha adquirido virtudes, ha conocido la forma de actuar de los adultos, o ha tomado decisiones importantes (Davis, 2000: 93).\n42 Asumir a existencia dun elemento imposible no mundo real así como a dun mundo paralelo fantástico parece ser unha tarefa máis sinxela para os máis novos. Esta rexión fantástica é a miúdo a do animismo, a do egocentrismo infantil, percepcións psicolóxicas do mundo que os nenos e nenas están aínda empezando a abandonar ao comezo da súa nenez ou terceira infancia e, que en certa medida, os segue determinando durante toda ela. Resulta evidente que la fabulación del niño no tiene nada que ver con la mitomanía del adulto. Para el niño es normal trocar la realidad en fantasía y la fantasía en realidad; la mentira en el adulto, en cambio, es una alteración de la verdad de manera voluntaria y consciente. No obstante, desde la más remota antigüedad hasta nuestros días, muchos siguen considerando al niño como un “homúnculo” (adulto en miniatura) y siguen exigiendo de él un razonamiento lógico, a pesar de que la psicología evolutiva ha demostrado que el niño tiene un dinamismo propio que lo diferencia del adulto (Montoya, 2001).\nPor outra parte, neste mundo fantástico o tempo mantén as estratexias tradicionais da súa representación nun mundo secundario, polo que está marcado polas leis da natureza ou por un\ntempo psicolóxico que non ten por que corresponderse co do mundo real dentro da ficción. O termo “alta fantasía” fai referencia a obras onde o mundo secundario é o único representado. A miúdo son personaxes extraordinarios os que evolucionan nun universo en si mesmo extraordinario, pero isto non quere dicir que os elementos naturais, psíquicos ou sociais do mundo normal estean totalmente ausentes. “Cada niño puede encontrarse a sí mismo en el comportamiento de los personajes” (Held, 1985: 56), así como na posición que adoptan respecto ao mundo e ao Outro. A este grupo pertencerían algunhas das más recoñecidas obras de J. R. R. Tolkien como The Hobbit (1937) ou a triloxía The lord of the rings (19541955). Para este tipo de relatos fantásticos é fundamental que o lector crea no mundo que describe o narrador na mesma medida que cre no propio escritor. É dicir, non debe pararse a cuestionar os sucesos nin sorprenderse polo fantástico, posto que de igual xeito que acontece coa LIX en xeral, “el lector implícito ideal es alguien que quiere escuchar historias, ya sean reales dentro del mundo real donde vive o historias reales sobre acontecimientos posibles en un mundo paralelo” (Davis, 2000: 498). De feito, “solo cuando el narrador y el lector implícito, por la alusión de que esta historia de un mundo es verdadera, ignoran que el mundo es fantástico, puede establecerse la credibilidad de la fantasía”. Neste xénero, a relación entre escritor e lector é fundamental, e “la clave de esa relación está en la fe que tiene el lector en el narrador: la posición que toma el narrador permite al lector creer en lo que sabemos que no existe” (Davis, 2000: 499). O estilo literario é, por tanto, a clave da boa fantasía.\nCaracterización do xénero fantástico propio da Literatura Infantil e Xuvenil\nO mundo fantástico recreado polas obras de alta fantasía non é, en ningún caso, totalmente inventado. É necesario que posúa elementos que o lector recoñeza, ou que formen, dalgunha maneira, parte dunha tradición xa coñecida. En moitas obras que cultivan este xénero, a sociedade representada está baseada no romance medieval. “De hecho, las raíces de la alta fantasía se encuentran en la literatura medieval y antigua” (Davis, 2000: 496). Ambas as formas do xénero fantástico na LIX teñen en común que fan que o lector sexa consciente dos límites do elemento fantástico. Na fantasía doméstica presénciase a intrusión do elemento fantástico na realidade ficcional ou, doutra banda, a entrada do personaxe proveniente desa realidade representada no mundo secundario. No caso da alta fantasía, o mundo representado desde que a historia comeza é o secundario, o cal se fai explícito. Efectivamente, toda obra que presenta elementos imposibles ou unha realidade que bota man da fantasía para recrearse non pertence, necesariamente, a este xénero; é necesario que o fantástico non só apareza, senón que tamén transcenda a historia grazas ao distanciamento que establece coa propia realidade.\nA modo de conclusión\nNeste traballo deféndese a presenza necesaria do fantástico nas obras literarias dirixidas aos máis novos, posto que “razón e imaginación no se construyen una contra otra, sino más bien una por otra” (Held, 1985: 36). Non obstante, en moitos casos os adultos séntense atafegados ante a capacidade de abstracción fantástica dos máis pequenos e intentan eliminala, mais a fabulación non se volve racional suprimíndoa, senón que, polo contrario, axudando os máis novos a manexala con máis e máis finura e distanciamento. De certo, a liberdade da que se apropian os nenos grazas á imaxinación “convirtiendo un palo en caballo o una muñeca de material plástico en niña, debe encontrar su paralelo, continuidad y enriquecimiento a través de lecturas o narraciones con un alto tono imaginativo y sanamente fantasioso” (Suárez, 2007: 40). A pesar do papel fundamental que xoga a fantasía na vida dos máis pequenos e, polo tanto, as obras literarias fantásticas infantís e xuvenís, non abundan os estudos sobre o xénero fantástico que fagan referencia á literatura específica para un lectorado infantoxuvenil, de aí a aposta realizada no presente traballo.\nPor outra parte, cómpre referirse ás diversas adaptacións que as obras fantásticas están levando a cabo para axustarse ao que a sociedade lles demanda en cada momento. Na actualidade, como resposta á apertura temática á que xa se aludiu, explóranse novas formas de existencia do fantástico e reflexiónase, a través do seu tratamento, sobre a súa orixe como parte da psique humana. Sirva como exemplo que o fantástico pode poñerse en relación co mundo dos videoxogos ou da mente humana á hora de traballar temas actuais como a inclusión das novas tecnoloxías ou o control e entendemento dos sentimentos e emocións. Así mesmo, tamén se pode buscar na recreación dese mundo fantástico mostrar a problemática social actual dun xeito non mimético coa realidade para que, en lugar de que a situación conmova o lector, lle suscite a realización dunha análise e reflexión sobre o tema tratado.\nSe aínda puidera existir algunha dúbida do porqué da fantasía como tendencia principal na LIX, só basta lembrar que na ficción, a diferenza da realidade, David logra vencer a Goliat (Silveyra, 2010).\nReferencias bibliográficas\nBLÁZQUEZ ORTIGOSA, A. (2009). “Conceptos básicos de la literatura infantil”. Innovación y experiencias educativas, 17. Consultado o 10 de decembro de 2015, http://www.csicsif.es/andalucia/modules/mod_ense/revista/pdf/Numero_17/ANTONIO_BLAZQUE Z_ORTIGOSA_1.pdf COLOMER, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis. CORTÉS PALOMINO, M. (2011). “La desaparición de la infancia. Dos perspectivas teóricas”."} {"summary": "Nun número considerábel de linguas, existen operacións morfosintácticas que alteran a codificación do segundo argumento transitivo, de modo que este deixa de marcarse como obxecto e pasa a marcarse como oblicuo. Esta modificación da transitividade ten consecuencias semánticas, nomeadamente en relación co grao de efectividade do evento expresado polo verbo. Aínda que os detalles con que cada lingua materializa esta operación varían, hai pautas a nivel interlingüístico claramente identificábeis, sendo a principal delas a degradación sintáctica e semántica do segundo argumento. O propósito desta contribución é explorar liñas de converxencia entre as construcións das diferentes linguas, co obxectivo de poderen ser tratadas de maneira conxunta. Para isto, é preciso abstraerse dos pormenores das realizacións particulares. Deste modo, cada construción concreta revélase como a manifestación dunha operación máis xeral, moi estendida entre as linguas, de democión do segundo participante. No desenvolvemento deste artigo, trataranse as alternancias antipasiva e conativa e a construción con preposición en do galego, atendendo á súa sintaxe e semántica e examinando a relación destes esquemas gramaticais coa transitividade.", "text": "Vítor Míguez\nUniversidade de Santiago de Compostela vmiguezrego@gmail.com\n Alternancia de diátese, complemento oblicuo, segundo argumento, semántica, sintaxe, transitividade\nSumario 1. Introdución. 2. Estrutura argumental e alternan1. I ntroducIón\nO presente traballo estuda a sintaxe e a semántica das alternancias obxecto/oblicuo. Unha alternancia obxecto/oblicuo debe entenderse como a posibilidade de realización alternativa do argumento interno dun verbo ben como función sintáctica directa —o cal comprende as funcións de obxecto directo (OD), obxecto indirecto (OI) e absolutivo (ABS)— ben como función sintáctica indirecta —é dicir, complemento preposicional ou oblicuo (OBL)—. En concreto, analizaranse tres alternancias que, alén do movemento sintáctico sinalado, presentan uns efectos semánticos moi próximos. Trátase dos complementos transitivos con preposición en do galego e das construcións antipasiva e conativa.\nA maioría destas construcións non adoitan pórse en relación, a pesar de existiren motivos para facelo. Esta contribución pretende desenvolver unha panorámica dos fenómenos amentados, co obxectivo último de consolidar estas alternancias como campo de estudo propio. Para isto, será preciso mostrar os puntos de converxencia e diverxencia entre as distintas linguas e propor unha folla de ruta para abordar a súa comparación interlingüística. Neste sentido, a hipótese fundamental é que as alternancias obxecto/oblicuo son operacións de degradación do segundo argumento, tanto do punto de vista sintáctico canto semántico. Deste xeito, pódese tratar de maneira conxunta os complementos transitivos con preposición en do galego e as construcións antipasiva e conativa.\nAínda que a realización de argumentos e as alternancias de diátese son asuntos obxecto de grande interese na lingüística actual, a atención prestada a estas alternancias é, no mínimo, modesta, se se compara coa recibida por outras configuracións sintácticas como a pasiva ou a media, ben estudadas nun número amplo de linguas. Mesmo en inglés, lingua exhaustivamente examinada, os estudos sobre a coñecida como alternancia conativa son escasos. A principal excepción a esta falta de atención ás alternancias obxecto/oblicuo represéntao a antipasiva, construción que beneficiou do crecente interese suscitado pola ergatividade durante as últimas décadas do século XX.\nEn galego, existe a posibilidade de que o segundo argumento de certos verbos sexa realizado como OD —ou OI, no caso dos poucos verbos cun segundo participante que toma esta función— ou, alternativamente, como un OBL constituído por un sintagma preposicional (SP) nucleado pola partícula en. Esta alteración das marcas adoita asociarse a lecturas durativas ou atélicas e a unha menor afectación do segundo participante. O interese polo fenómeno comeza a se manifestar a partir da década dos 90 do século pasado, aínda que a súa presenza é patente na maioría de tratados gramaticais desde Saco Arce (1868). A pesar de se tratar dun recurso moi singular entre as linguas románicas, os “complementos con en ” continúan a ser practicamente descoñecidos fóra do ámbito da lingüística galega.\nA alternancia conativa, por outra banda, foi identificada primeiramente en inglés, lingua para a que se observou que os obxectos dalgúns verbos transitivos podían tomar a forma de OBL introducidos pola preposición at ou, nalgúns casos, on (cf. Levin 1993: 4142). Ademais, as análises propoñen unha diferenza de interpretación entre a forma con OD e a forma con OBL, estando esta última asociada a valores como os de tentativa e contacto errado ou a mudanzas no aspecto (vid. Adams 2001: 1324). A partir dos traballos sobre o inglés, a alternancia conativa foi recoñecida noutras linguas como o alemán (Frense / Bennett 1996), o danés (DurstAndersen / Herslund 1996), o persa (Ghomeshi / Massam 1994), o hebreo (Borer 2005: 91) e o warlpiri (Guerssel et al. 1985). Pola súa parte, a antipasiva supón unha alteración das marcas dos dous participantes dunha situación transitiva, de modo que o primeiro argumento pasa do caso ergativo ao absolutivo e o segundo do absolutivo a un caso oblicuo. Esta construción foi estudada principalmente dun punto de vista sintáctico, como consecuencia do interese pola sintaxe ergativa. Porén, as súas características semánticas, cuxa variación interlingüística é recoñecida (Comrie 1978; Cooreman 1994; Polinsky 2013), continúan en boa medida aínda por descubrir. A isto hai que sumar a escaseza de datos de moitas linguas ergativas, derivada da comprometida situación sociolingüística da maioría delas e do eurocentrismo secular da lingüística.\nEn primeiro lugar, introduciranse os conceptos de alternancia diatética e estrutura argumental, básicos para comprender o funcionamento do fenómeno en cuestión. En segundo lugar, estabelecerase unha tipoloxía sintáctica que clasificará en dous grandes grupos as alternancias tratadas, tendo en conta a súa diferente importancia estrutural. A seguir, consideraranse os principais factores semánticos implicados nas alternancias obxecto/oblicuo das diferentes linguas, a saber, aspecto, afectación do segundo argumento e axentividade. Por último, darase paso á conclusión.\n2. E strutura argumEntal E altErnancIas dE dIátEsE\nA alternancia de diátese ou de argumentos é, basicamente, a posibilidade de que os argumentos dun verbo sexan realizados por medio de diferentes expresións sintácticas. Por exemplo, a alternancia activa/pasiva, seguramente a máis coñecida, supón que o obxecto directo (OD) da forma activa do verbo pase a ser suxeito na forma pasiva, en tanto que o suxeito da activa é relegado á categoría de adxunto na pasiva.\n(1) a. A nena leu o libro. b. O libro foi lido (pola nena).\nAlsina (1996) caracteriza a estrutura argumental como un nivel de análise autónomo que representa os argumentos dun predicado, diferente da estrutura funcional —que representa as funcións sintácticas— e da estrutura de constituíntes —que representa as expresións morfosintácticas—. Estes distintos niveis de representación relaciónanse mediante principios que levan de argumentos a funcións sintácticas e de funcións sintácticas a expresións morfosintácticas. A aplicación de distintos principios de correspondencia ou mapeados é o que daría lugar ás expresións alternativas que encontramos nos exemplos anteriores. Desta maneira, a estrutura argumental é o nivel de análise que subxace ás alternancias de diátese.\nUnha distinción chave para entender o fenómeno que aquí se estuda é a feita por Alsina (1996: 3843) entre argumentos directos e argumentos indirectos: os primeiros posúen propiedades semánticas que permiten a asignación dun protorrol, en tanto que os segundos carecen de trazos que os identifiquen como protoaxente ou protopaciente (vid. Dowty 1991). Esta diferenza é fundamental do punto de vista sintáctico: os argumentos directos realízanse como funcións sintácticas directas, o cal lles garante o acceso a operacións e principios relacionados coa estrutura argumental, como os principios de mapeado: en troca, os argumentos indirectos realízanse como OBL ou funcións sintácticas indirectas e están excluídos de tales operacións e principios, de maneira que a súa relevancia nunha teoría da estrutura argumental é bastante marxinal.\nEn galego, as funcións sintácticas indirectas son os chamados complementos de réxime ou complementos preposicionais (e.g., consistir en, contar con), denominados aquí complementos oblicuos ou, simplemente, OBL. Os argumentos que só se poden realizar desta maneira —i.e., os argumentos indirectos— non posúen trazos semánticos como ser tema incremental, sufrir un cambio de estado ou estar causalmente afectado e, en consecuencia, non se lles pode asignar o rol de protopaciente típico dos segundos argumentos. Do mesmo modo, non poden ser suprimidos nin gozar de expresións alternativas mediante procesos de alternancia de diátese. Pola súa banda, as funcións directas posúen unha serie de trazos que as caracterizan fronte ás funcións indirectas, como son a posibilidade de ser obxecto de predicación secundaria, a expresión obrigatoria como clíticos cando se trata de pronomes persoais e a imposibilidade de correferencia con outras funcións directas, entre outras propiedades (cf. Alsina 1996: 150160).\nEsta distinción permite tratar de maneira conxunta distintas funcións sintácticas de diferentes linguas, o cal é esencial neste traballo. Cando falamos de alternancias obxecto/oblicuo, o primeiro elemento do par refírese ás funcións directas, ademais de á posición de segundo lugar argumental, mentres que con oblicuo identificamos, como xa se apuntou, as funcións indirectas. No primeiro caso, “obxecto” inclúe non só a función sintáctica OD, senón tamén a de OI 1, así como aqueles segundos argumentos marcados como ABS nas linguas ergativas. Desta maneira, podemos estudar como manifestación dun mesmo fenómeno as alternancias conativa (OD/ OBL) e antipasiva (ABS/OBL), así como a construción con preposición en do galego, que permite a alternancia tanto con OD como con OI (ODOI/OBL) 2. Estas diferentes posibilidades sintácticas serán detalladas no seguinte apartado.\n3. t Ipoloxía das altErnancIas obxEcto / oblIcuo\nAs operacións sintácticas tratadas neste traballo caracterízanse pola posibilidade de que un segundo argumento se realice alternativamente como función directa ou como función indirecta. As linguas en que se dá este fenómeno poden ter características moi variadas. O parámetro principal neste sentido é o aliñamento dos primitivos sintácticosemánticos, que comezaron a empregarse, a partir de Comrie (1978) e Dixon (1979), para distinguir dous tipos básicos de linguas. Así, temos por unha banda as linguas nominativoacusativas, ou simplemente acusativas, e, por outra banda, as linguas ergativoabsolutivas, ou simplemente ergativas. Este factor levou a tradición lingüística a tratar por separado as alternancias obxecto/oblicuo, como fenómenos distintos e non relacionados, dado o desigual efecto das mesmas sobre a sintaxe básica dos distintos tipos de lingua. Estas diferenzas son, como a seguir se explica, notorias, aínda que non impiden o tratamento conxunto das distintas construcións nin a identificación de liñas de converxencia entre elas.\n3.1. Alternancias obxecto/oblicuo en linguas acusativas\nAs linguas acusativas caracterízanse por un sistema de marcaxe S/A vs. O. É dicir, marcan do mesmo xeito o participante único dos esquemas intransitivos (S) e o primeiro argumento dos transitivos (A), reservando unha expresión diferenciada para o segundo participante dos esquemas transitivos (O). Desta maneira, a realización alternativa do segundo argumento como función quer directa quer indirecta ten un impacto reducido no comportamento sintáctico dunha lingua acusativa.\nO principal representante das alternancias obxecto/oblicuo nas linguas acusativas é a coñecida como alternancia conativa. Trátase dun fenómeno atestado nun número bastante reducido de linguas, entre elas o inglés (Levin 1993), o alemán (Frense / Bennett 1996), o danés (DurstAndersen / Herslund 1996), o hebreo (Borer 2005: 91) e o persa (Ghomeshi / Massam 1994). Sirvan como ilustración os exemplos do alemán en (5). (5) a. Hans schlug den Mann. ‘Hans golpeou o home’. b. Hans schlug nach dem Mann. ‘Hans golpeou n o home’. (Frense / Bennett 1996: 309)\nA alternancia conativa adoita vincularse a clases verbais, isto é, conxuntos de verbos que partillan certos trazos de significado e que mostran un mesmo comportamento sintáctico. Desta maneira, os verbos que participan dunha mesma alternancia deben pertencer a unha mesma clase semántica. Así, Levin (1993: 4142) asocia a conativa en inglés a clases como verbs of contact by impact (e.g., hit, swat), verbs of cutting, spray/load verbs ou verbs of ingesting (e.g., drink, eat), mentres que para outras clases como touch verbs e destroy verbs non é posíbel esta alternancia. Porén, existe variación interlingüística nos tipos de verbos que permiten unha alternancia, como mostran Frense / Bennett (1996) no seu estudo contrastivo entre alemán e inglés. Por exemplo (Frense / Bennett 1996: 309310), todos os verbos que permiten a alternancia conativa en inglés tamén a permiten en alemán, mais nesta lingua tamén se dá con verbos de creación (e.g., construír, tecer), cos cales non é posíbel naquela.\nEn galego, existe unha alternancia obxecto/oblicuo, xa ilustrada, que mostra moitas menos restricións no conxunto de predicados a que se pode aplicar: todos os verbos dinámicos e durativos —realizacións e actividades, nos termos de Vendler (1957, 1967)— poden realizar o seu argumento interno, sempre que sexa directo, como un SP nucleado por en (Míguez 2015: 28, 3237).Aquí xorde a cuestión de se este fenómeno do galego debe ou non ser considerado unha manifestación de conativa. Na literatura sobre o tema (Moure 1999, 2010; Rivas 2002; Riveiro Costa 2004; Rodríguez Guerra 1997; entre outros) abundan as referencias a outras linguas, mais este asunto nunca se abordou. A amplitude de verbos con que se dá a alternancia do galego, en comparación co inglés e o alemán, así como a ausencia de contraste entre a forma directa e a indirecta no caso das actividades (Míguez 2015: 48), parecen desaconsellar a utilización deste termo.Sexa como for, a construción do galego encaixa, nalgúns casos, co que suxire o concepto de conativa tal e como o entende Levin (1993:42): “the use of the verb in the intransitive variant describes an attempted action without specifying whether the action was actually carried out”.\nreferidas.Estes e outros padróns semánticos poden observarse nas alternancias obxecto/oblicuo das linguas acusativas, aínda que o seu estudo contrastivo só foi abordado moi parcialmente. Tómese os traballos xa referidos de Frense / Bennett (1996) e Ghomeshi / Massam (1994), que comparan os datos do inglés cos do alemán e o persa, respectivamente. No primeiro deles, trátase a conativa en relación coas clases semánticas verbais, caso xa mencionado anteriormente; no segundo, obsérvanse certas alteracións no aspecto como resultado da alternancia. Trátase, polo tanto, de operacións morfosemánticas, é dicir, operacións que mudan a configuración morfosintáctica da oración, alterando, asemade, a semántica do enunciado.\n3.2. Alternancias obxecto/oblicuo en linguas ergativas: a antipasiva\nAs linguas ergativas posúen un sistema de marcaxe S/O vs. A. Isto supón que o participante único S recibe a mesma marca que o obxecto transitivo O, gozando o primeiro participante transitivo A dunha marca exclusiva. Podemos comprobar estes feitos nos seguintes exemplos do éuscaro:\n(7) a. umean kalean erori da nenoo rúaen caerASP é ‘O neno caeu na rúa’. b. emakumeak gizona ikusi du mulleraERG homeo visto ha ‘A muller viu o home’. (Laka 1996: cap. 1, exs. 1ab)\nO caso empregado para codificar S e O é denominado absolutivo, o empregado para codificar A ergativo. Este último realízase, en éuscaro, mediante unha marca - k, emakumeak en (7b), en tanto que o absolutivo, como é habitual, non recibe marca explícita (véxase umean e gizona), sendo o principal pivote gramatical, ao igual que o nominativo nas linguas acusativas (Dixon 1979: 118122).\nA estrutura antipasiva obtense como derivación dunha construción transitiva e caracterízase pola perda de prominencia do segundo argumento, que desaparece ou pasa a marcarse como OBL. Como suxire o termo, a antipasiva é unha imaxe especular da pasiva: nesta, o argumento degradado é o primeiro, naquela, o segundo. Obsérvese os exemplos do groenlandés occidental (esquimóaleutiana): (8) a. Jaakup ujarak tigua-a JaakuERG pedra collerTRANS.INDICP3.ERG/P3.ABS ‘Jaaku colleu a pedra’. b. Jaaku ujarakmik tigusi-vuq Jaaku pedraINS COLLERAP-INTRANS.INDICP3.ABS ‘Jaaku colleu coa pedra’. (Bittner 1987: 194)\nComo observabamos para o inglés, alemán e galego en (3), (5) e (6), respectivamente, en groenlandés occidental, o segundo argumento dun verbo transitivo pode realizarse alternativamente mediante oblicuo, no caso de (8b) o instrumental - mik. Tanto na conativa das linguas acusativas canto na antipasiva das ergativas, O pasa de función directa (acusativo ou ABS) a indirecta (instrumental, locativo, partitivo…). Porén, a antipasiva posúe certos trazos paralelos aos da pasiva, nomeadamente, a presenza dunha marca formal explícita 3 (- si -, para o exemplo anterior do groenlandés occidental) e o paso do participante A (ergativo) da forma transitiva a S (ABS) na forma intransitiva ou antipasiva.\nEsta conversión de A en S outorga á antipasiva unha riqueza de funcións estruturais ausente en alternancias como a conativa: dado que, nas linguas ergativas, o absolutivo é o principal pivote gramatical, a operación detransitivizadora coñecida como antipasiva dá acceso ao primeiro argumento a procesos gramaticais como a relativización, o ligamento ou a elisión por correferencia (Comrie 1981; Dixon 1979, 1994; Polinsky 2013; Van Valin 1980). O papel da antipasiva é, en grande medida, análogo ao da pasiva, pois ambas as operacións permiten que argumentos dun verbo transitivo sexan albo de procesos gramaticais a que non poderían acceder doutro modo. Por outras palabras, permiten colocar A ou O na función de pivote S.\nA construción antipasiva foi tradicionalmente asociada ás linguas ergativas e, en efecto, existen motivos para vincular esta operación á sintaxe ergativoabsolutiva:\n[…] in every language, discourse is organised about a series of ‘topics’, which are most often human, and controllers of actions, and thus most likely to be in underlying A or S function; an S/A pivot condition accords with this while an S/O pivot is at odds with it. A language with thoroughgoing ergative syntax must have an antipassive derivation, to feed its S/O pivot, otherwise it could not operate (Dixon 1994: 174).\nNon obstante, hai quen considera que non existe correlación entre antipasiva e ergatividade. Givón (2001: 168173) identifica diferentes tipos de antipasiva con base no denominador común da degradación do paciente. Desta maneira, serían mostra de antipasiva en linguas acusativas a elisión do segundo argumento (ela come), a presenza de obxectos plurais, indefinidos ou non referenciais (le libros a moreas, acostuma comer pizza) e a democión do obxecto a un caso oblicuo, como acontece nas alternancias citadas no apartado anterior. Nesta liña, Polinsky (2013: 3) afirma que “The transitive/antipassive alternation is simply more visible in an ergative language, where it typically involves a change in subject case marking from ergative to absolutive”. Porén, a autora trata a conativa do inglés como diferente da antipasiva cando, seguindo a súa propia definición, non habería motivo para falar de dúas construcións distintas. Aliás, a mesma autora indica que as funcións semánticas e discursivas da antipasiva poden variar entre as linguas, o cal apoia a visión sintáctica de Dixon (1979, 1994).\nA principal función da antipasiva é colocar o participante A na posición gramaticalmente privilexiada S. Nas linguas acusativas, onde existe un sistema de marcaxe S/A vs. O, non é necesario, nin posíbel, tal movemento. A promoción de A trae consigo necesariamente a democión de O: para o primeiro argumento poder adquirir caso absolutivo, este ten que deixar de ser ocupado polo segundo participante. Existen aquí dúas posibilidades lóxicas. A primeira opción é que o segundo argumento desapareza completamente. Isto é moi común en chamorro (austronesia), onde máis do 60% dos casos de antipasiva carece de segundo argumento explícito (Cooreman 1988: 572). A segunda opción é que se dea unha degradación morfosintáctica, de maneira que O deixe libre o absolutivo e sexa codificado mediante unha función sintáctica indirecta, como acontecía no exemplo (8) do groenlandés. Este último caso é o que trataremos neste traballo, por constituír unha manifestación de alternancia obxecto/oblicuo comparábel coa conativa e outras operacións afíns das linguas acusativas.\nA tipoloxía bosquexada aquí ten, como todas, certa dose de simplificación. Apuntouse que a antipasiva é unha operación cuxo obxectivo fundamental é colocar A en posición S, outorgándolle relevancia gramatical ao primeiro argumento. Deste xeito, a posibilidade de antipasiva en linguas acusativas queda excluída. Non obstante, existen alternancias obxecto/oblicuo en linguas ergativas que non supoñen o paso de A a S, nas cales se observan efectos semánticos análogos aos da conativa. É este o caso do warlpiri (pamanyungan), lingua en que o segundo argumento pode codificarse alternativamente como ABS ou como OBL, sen que esta mudanza leve aparellada unha alteración na codificación do primeiro argumento, que se realiza como ergativo en ambos os casos (Guerssel et al. 1985). Isto levou os autores a falar de conativa, e non de antipasiva, en warlpiri.\nAs distintas operacións tratadas neste terceiro apartado teñen como denominador común a degradación morfosintáctica do segundo argumento. Este movemento pode responder a unha necesidade da sintaxe básica da lingua, caso da antipasiva, que posibilita o acceso do primeiro argumento a certos procesos gramaticais, ou pode destinarse a alterar certas propiedades semánticas do enunciado, como acontece coa conativa. Sexa como for, o cambio de configuración gramatical ten un impacto sobre a semántica do argumento e do enunciado no seu conxunto en ambos os casos, como veremos a seguir.\n4. p ropIEdadEs sEmántIcas das altErnancIas obxEcto / oblIcuo\nNo marco proposto por Hopper / Thompson (1980), a alteración do esquema transitivo prototípico —cun suxeito e un OD— supón unha alteración paralela de certas propiedades semánticas, en concreto aquelas implicadas na efectividade de transferencia da acción dun axente cara a un paciente. Traballos anteriores ao presente (Cooreman 1988; Ghomeshi / Massam 1994; Moure 2010; Rivas 2002) analizaron as alternancias obxecto/oblicuo nestes termos. Os seus resultados son coherentes coa idea de Hopper / Thompson (1980) de que a alteración da codificación do obxecto fai diminuír o grao de efectividade da transferencia, por exemplo, reducindo a afectación do segundo participante. Trátase, como acontecía no plano gramatical, dunha degradación, neste caso semántica, do segundo argumento. Mais a alteración da codificación morfosintáctica ten efectos de significado que alcanzan non só o elemento que muda de realización, senón tamén as propiedades que afectan o enunciado no seu conxunto, como o aspecto. Outra alteración do significado é a relacionada coa axentividade, factor asociado ao primeiro argumento, aínda que a falta de desenvolvemento teórico desta área impide obter resultados concluíntes. A seguir, ofrécese un percorrido polos principais factores semánticos que xogan un papel nas alternancias obxecto/oblicuo.\n4.1. Aspecto\nA clasificación verbal baseada no aspecto léxico remóntase a Aristóteles e foi revisada e reelaborada por moitos estudosos posteriores. Porén, foi o sistema de Vendler (1957, 1967) o que se tomou como referencia para a maioría do traballo en lingüística. Na súa análise, este autor identifica catro clases verbais — states ‘estados’, activities ‘actividades’, accomplishments ‘realizacións’ e achievements ‘logros’— que aínda hoxe son amplamente aceptadas. Traballos posteriores (Dowty 1979; Rothstein 2004; Smith 1991; entre outros) elaboraron en maior profundidade estes conceptos, identificando as súas propiedades formais. O aspecto léxico ou Aktionsart fai referencia ao tipo de situación que describe un verbo. Tres propiedades son relevantes neste respecto: dinamicidade, telicidade e duración (Smith 1991: 1920). Estas dan lugar ás catro clases verbais xa mencionadas: os estados son as únicas situacións non dinámicas (ademais de seren atélicas e durativas); os logros diferéncianse de actividades e realizacións por seren non durativos ou puntuais (alén de télicos); e as actividades opóñense ás realizacións en termos de telicidade (atélicas aquelas e télicas estas). Todas estas propiedades poden ser identificadas mediante distintos tests (vid. Dowty 1979: 5560).\nO influxo do aspecto na expresión morfosintáctica dos argumentos é unha idea de grande éxito e difusión no campo da lingüística 4 que se remonta, cando menos, ao xa citado traballo sobre a transitividade de Hopper / Thompson (1980). Desta maneira, o sistema de Vendler de clases aspectuais tería unha relación directa coa realización dos argumentos do predicado. Neste sentido, Hopper / Thompson (1980) sitúan a dinamicidade, a telicidade e a puntualidade entre as propiedades que conforman a transitividade prototípica. Nas seguintes liñas revísase o vínculo entre as propiedades aspectuais e a transitividade.\nEn primeiro lugar, os eventos dinámicos poden ser transferidos dun participante a outro, a diferenza dos estados. As situacións estáticas non son alleas ao formato sintáctico transitivo (e.g., Laura coñece a miña amiga), aínda que si é certo que este formato non representa a súa realización natural. De feito, os estados son os únicos eventos que se poden expresar mediante predicadores non verbais (e.g., Laura é loura). Os trazos sintácticos e semánticos destes predicados fan que sexan obviados cando se trata a transitividade e explican en boa medida o papel secundario que ocupan nos estudos lingüísticos.\nEn segundo lugar, considérase que a telicidade é propia do ámbito transitivo. Esta propiedade léxica dos predicados é identificábel mediante diferentes diagnósticos (vid. Dowty 1979: 5658; Kearns 2011: 159165): por exemplo, os predicados télicos, (9a), son máis aceptábeis con modificadores do tipo nunha hora que cos do tipo durante unha hora ; pola súa banda, os predicados atélicos, (9b), só permiten o segundo tipo de modificadores (Dowty 1979: 56). (9) a. O ancián bebeu un vaso de cervexa nunha hora/?durante unha hora. b. O ancián paseou polo xardín ??nunha hora/durante unha hora. Do punto de vista da estrutura mereolóxica, os eventos télicos son indivisíbeis, isto é, non posúen partes que poidan ser descritas mediante o mesmo predicado (Dowty 1991; Krifka 1998).\nAdemais, contan coa presenza dun tema incremental (incremental theme), que mide o evento e a partir do cal podemos coñecer o seu progreso. Así, o evento descrito polo predicado beber un vaso de cervexa componse de subeventos consistentes en inxerir diversas cantidades de líquido. Ningún destes subeventos pode ser descrito mediante beber un vaso de cervexa, por non incluíren o punto final inherente a este predicado. Aliás, observando o participante “un vaso de cervexa” podemos saber cal é o desenvolvemento do evento —dependendo de se o vaso está cheo, parcialmente baleiro ou totalmente baleiro saberemos se o evento aínda non comezou, está en progreso ou xa rematou—. Por contra, predicados atélicos como pasear polo xardín ou xogar ás cartas carecen de culminación e de tema incremental e poden ser aplicados a calquera dos seus intervalos. En consecuencia, os eventos télicos favorecen unha maior transitividade, pois están delimitados por un participante meta cara ao que se orientan e que se ve afectado pola situación descrita polo verbo. Cómpre sinalar que non debe equipararse, como fan Hopper / Thompson (1980: 270271), os termos perfectivo e télico. O primeiro pertence ao ámbito do aspecto gramatical, que recolle o punto de vista desde o que se observa o evento (Smith 1991: 6165) e é manifestado xeralmente mediante a morfoloxía verbal. O segundo, como acabamos de ver, refírese a un compoñente do aspecto léxico. Proba da independencia destes dous elementos son os exemplos da serie\n(9): ambos os dous presentan o verbo na súa forma perfectiva de pretérito (aspecto gramatical) mais, en relación á telicidade, o primeiro deles é télico e o segundo atélico.\nÉ comprensíbel a identificación télicoperfectivo e atélicoimperfectivo. Os eventos télicos posúen uns límites marcados polo seu punto final inherente, de modo que resulta máis natural observalos na súa totalidade, é dicir, mediante un punto de vista perfectivo. Os eventos atélicos, porén, carecen desa culminación inherente e só posúen unha conclusión arbitraria. Por esta razón, é máis común contemplalos desde o punto de vista imperfectivo, que se centra nas propiedades internas dunha situación sen se referir aos seus límites. O experimento de Delidaki (2007: 222223) mostra de maneira clara esta tendencia: as/os falantes de grego de idade adulta expresan o 78% dos eventos atélicos mediante morfoloxía imperfectiva, mentres que os eventos télicos son expresados mediante morfoloxía perfectiva no 83% dos casos.\nEn terceiro lugar, Hopper / Thompson (1980) consideran que a puntualidade é propia dos eventos transitivos canónicos. Aínda que os verbos puntuais, os logros, son sempre télicos, non son compatíbeis coa participación volicional do primeiro argumento, outra das propiedades que se postula como propia do máis alto grao de transitividade. Isto pode verse nos exemplos da serie (10), onde se mostra que os eventos puntuais non admiten modificadores como de propósito, que implican participación voluntaria por parte do primeiro argumento —en relación con este diagnóstico, véxase máis abaixo 4.3 e particularmente os exemplos (22) a (24)—. (10) a. Reparou na súa ausencia #de propósito. b. A rapaza chegou #de propósito.\nParece necesario, pois, que o evento teña duración para o primeiro participante poder controlalo. Neste sentido, as realizacións, en tanto que estados de cousas dinámicos, télicos e durativos, son os eventos propios da transitividade. Por outra banda, hai razóns de natureza non aspectual que reforzan esta idea (Levin 1999): as realizacións posúen unha estrutura de evento complexa, a cal se relaciona con situacións causativas que requiren dous argumentos, e exprésanse, xeralmente, mediante o molde transitivo. Desta maneira, se un verbo transitivo posúe tales propiedades, o seu equivalente noutra lingua corresponderá invariabelmente a un verbo transitivo, a diferenza do que acontece con verbos non causativos, que poden ser transitivos nunha lingua (e.g., inglés like) e non selo noutra (e.g., galego gustar).\nAs alternancias obxecto/oblicuo, en tanto que operacións detransitivizadoras, son, en principio, aplicábeis a un rango amplo de verbos transitivos. Non obstante, na medida en que as realizacións reúnen os trazos semánticos que máis favorecen a efectividade da transferencia da acción ao paciente, as consecuencias semánticas das alternancias que alteran a transitividade son máis notábeis neste tipo de evento que en calquera outro.\nTómese como exemplo o caso da alternancia xa mencionada do galego. Esta operación require en moitos casos que o evento sexa interpretado como axentivo (vid. 4.3), polo cal non é aplicábel a estados nin a eventos puntuais como os logros, os cales non admiten un suxeito lóxico que actúe intencionalmente. Isto déixanos unicamente cos eventos dinámicos e durativos, i.e. actividades e realizacións. Non obstante, a operación ten como efectos semánticos a redución da afectación do segundo argumento (vid. 4.2) e a perda da telicidade, efectos só observábeis nas realizacións.\nPodemos considerar que, do punto de vista aspectual, esta alternancia diatética, ao igual que a conativa, é un mecanismo que forza unha interpretación atélica de verbos tipicamente télicos como son as realizacións. Isto apuntan os datos de Rodríguez Guerra (1997), onde só oito dos 190 verbos diferentes con que aparece a construción con en acumulan un terzo das aparicións, correspondendo sete dos mesmos á clase das realizacións (comer, mallar, roer, facer, segar, apañar e cortar) e só un á das actividades (buscar). Se tomamos un verbo como comer, ou o seu equivalente en inglés, na súa forma de pretérito e cun SN definido en singular como obxecto, a forma de OD terá unha lectura télica, (11a) e (12a), mentres que a forma con complemento oblicuo será atélica, (11b) e (12b). (11) a. A nena comeu a mazá en cinco minutos/?durante cinco minutos. b. A nena comeu na mazá ??en cinco minutos/durante cinco minutos. (12) a. John ate the pie in/?for an hour. b. John ate at the pie for/??in an hour. (Beavers 2013: 688)\n© 2016 Estudos de lingüística galega 8, 167185\nEste recurso é paralelo ao uso de nominais pouco individuados, que tamén levan a unha interpretación atélica do evento:\n(13) a. A nena comeu mazá/mazás ??nunha hora/durante unha hora. b. John ate pie/pies ??in an hour/for an hour.\nAs alternancias obxecto/oblicuo sitúanse na liña dos mecanismos que alteran o aspecto do evento modificando a configuración do segundo argumento, coa diferenza de que o emprego da preposición non altera, necesariamente, a referencialidade do obxecto. Non obstante, si é certo que a atelicidade da construción con complemento oblicuo, e a súa consecuente preferencia polas formas aspectuais imperfectiva, habitual e iterativa, leva a unha presenza maioritaria de obxectos de referencialidade media e baixa 5, como corresponde a eventos episódicos nos que a identificación dos referentes non é crucial para a comunicación.\nNos traballos sobre linguas ergativas, o uso da antipasiva é asociado de maneira terminante ao aspecto imperfectivo e á atelicidade: así, en chamorro, a antipasiva é empregada para se referir a unha acción iterativa (Cooreman 1988: 583584), mentres que Krämer / Wunderlich (1999: 455) afirman que a antipasiva en maia iucateco “produce” verbos intransitivos “inherentemente imperfectivos”. Tchekhoff (1987: 6162), pola súa parte, ofrece información interesante sobre algunhas linguas australianas da familia pamanyungan: por exemplo, en guguyimidhir, o verbo gundal ‘matar, golpear’, na súa derivación antipasiva, non especifica a fin do evento (i.e., o evento é atélico), e en yandruwandha o molde antipasivo é empregado para expresar unha operación xeral ou indefinida do tipo eu comía ou el come pouco. Evidencias semellantes pódense atopar na literatura en referencia ao groenlandés (Bittner 1987), samoano (Maldonado 2007) ou inuktitut (Spreng 2012), o cal apoia a idea da interpretación atélica e imperfectiva da antipasiva como fenómeno xeral das linguas ergativas (Dixon 1994: 148149; Polinsky 2013: 4.3). Por outra parte, é moi habitual o uso desta construción para introducir referentes episódicos (Bittner 1987: 196197; Polinsky / Nedjalkov 1987: 247248). Un caso extremo é o do yupik (esquimóaleutiana), lingua en que só entidades definidas poden ocupar a posición de absolutivo dun verbo transitivo, de modo que para introducir obxectos indefinidos debe empregarse o esquema intransitivo da antipasiva (Mithun 2000: 94). Fronte a isto, o yukulta (tángkica) require a antipasiva cando o segundo argumento é expresado mediante pronomes de primeira ou segunda persoa (Polinsky 2013: 4.3), as unidades máis altas na escala de individuación. Este contraste mostra que as funcións semánticas e discursivas da antipasiva difiren entre as linguas e aínda esperan a ser estudadas con rigor e profundidade.\n4.2. Afectación do segundo argumento\nA negación da efectividade do evento é compatíbel coa forma intransitiva (14b), mais non coa transitiva (14a). Isto demostra que o uso de på ‘en’ en danés para introducir o segundo argumento de certos verbos transitivos resulta na redución da afectación deste participante. Efectos similares obsérvanse nas alternancias obxecto/oblicuo do inglés (Beavers 2013; Levin 1993: 4142), alemán (Frense / Bennett 1996), warlpiri (Guerssel et al. 1985), persa (Ghomeshi / Massam 1994) e na antipasiva das linguas ergativas (Dixon 1994: 148149; Hopper / Thompson 1980: 263; Polinsky 2013: 4.3; entre outros), como é o caso do samoano (Maldonado 2007: 844845), chamorro (Cooreman 1988), groenlandés occidental (Bittner 1987) ou inuktitut (Spreng 2012: 6779). Véxanse os exemplos do samoano (austronesia), cuxo predicado ‘ai ‘comer’ mostra os mesmos efectos na alternancia antipasiva.\n(15) a. Sa ‘ai e le teine le i’a. PASADO comer ERG a nena o peixe ‘A nena comeu o peixe’. b. Sa ‘ai le teine i le i’a. PASADO comer a nena LOC o peixe ‘A nena comeu no peixe’. (Maldonado 2007: 844)\nSegundo Maldonado (2007), a forma transitiva (11a) supón que o paciente, “o peixe”, en absolutivo, está totalmente afectado polo evento descrito polo verbo, o cal quere dicir que a nena comeu o peixe na súa totalidade. Por contra, a construción antipasiva (11b) só implica unha afectación parcial do segundo argumento, realizado como oblicuo. Tense argumentado que este mesmo factor, a afectación, é o que motiva a alternancia entre un obxecto e o OBL con preposición en do galego (Moure 2010: 90; Rivas 2002: 258259). Sen dúbida, este é o caso para predicados como o comer de (2). Proba do papel que xoga a afectación nesta alternancia é a diferenza de aceptabilidade entre a forma transitiva e a intransitiva ante un obxecto cuantificado co indefinido todo. (16) a. Comeu todo o peixe. b. ?Comeu en todo o peixe. Este indefinido serve para se referir á totalidade dunha entidade. No caso dun verbo como\ncomer na súa forma transitiva (10a), o uso de todo como cuantificador do obxecto implica a afectación de cada parte do mesmo. A escasa, se non nula, aceptabilidade do mesmo cuantificador do obxecto coa forma intransitiva (10b) é unha proba clara de que a alternancia aplicada a verbos como comer reduce a afectación do segundo argumento, que non se pode ver afectado na súa totalidade (a única interpretación viábel neste segundo caso sería a da afectación parcial de cada unha das partes do obxecto que, en tal suposto, debería ter unhas dimensións considerábeis).A noción de afectación foi tratada tradicionalmente de maneira intuitiva, sen que se ofrecese unha definición lingüística da mesma nin uns mecanismos fiábeis para detectala. Só moi recentemente, Beavers (2011) ofrece unha definición rigorosa e uns diagnósticos para identificar esta propiedade dos predicados. Así, a afectación é caracterizada como a transición dun paciente por unha escala, a cal codifica unha propiedade ou dimensión do paciente e define a mudanza efectuada sobre o mesmo (vid. Beavers 2011: 350352). Por exemplo, nun enunciado como alargaron a estrada 12 metros, o predicado coloca o segundo participante nunha escala que recolle a súa largura e especifica que o seu avance en relación con esa dimensión é de 12 metros. No modelo de Beavers (2011, 2013), o progreso na escala é delimitado pola xerarquía de afectación que se mostra en (17). (17) The Affectedness Hierarchy: quantized > nonquantized > potential > unspecified(Beavers 2011: 359)\nNeste modelo, as formas alternantes codifican distintos graos de forza a respecto desta xerarquía: se a forma transitiva implica un grao n, a correspondente forma oblicua implica o grao inmediatamente inferior, isto é, n –1. O autor ofrece como evidencia a conativa do inglés: un predicado télico como eat supón cambio cuantificado (i.e., afectación total) na forma transitiva, mentres que a forma oblicua correspondente na que o obxecto é introducido pola preposición at implica cambio non cuantificado (i.e., hai un certo cambio no paciente, sen que se especifique se é total ou parcial). (18) a. He ate his fries, #but left nearly all of them behind/#but none of them were eaten. b. He ate at his fries, but left nearly all of them behind/#but none of them were eaten.(Beavers 2013: 697) A construción conativa (18b) é compatíbel coa cancelación do cambio total, mais non é posíbel afirmar que non houbo ningún cambio en absoluto. Pola súa parte, a forma transitiva (18a) implica afectación total que, polo tanto, non pode ser cancelada —véxase Beavers (2011: 359361) para detalles sobre os diagnósticos—. O mesmo test pode ser aplicado á construción con preposición en do galego, con idéntico resultado. (19) a. Comeu as patacas, #mais deixou algunhas/#mais deixounas todas. b. Comeu nas patacas, mais deixou algunhas/#mais deixounas todas 6.\n(Nótese que o descenso de afectación en verbos télicos vai da man da interpretación atélica do evento, pois telicidade e afectación total implícanse mutuamente (Beavers 2013). A xa amentada noción de tema incremental serve para explicar este feito: o descenso en afectación resulta en que o segundo participante non poida desempeñar a función de medir o evento ou, se se prefire, un participante que non mida o evento non pode ser totalmente afectado).\nNon obstante, a afectación non permite dar conta da totalidade dos datos do galego. Como se apuntou máis arriba, a alternancia con preposición en dáse non só en realizacións, senón tamén en actividades. Estas últimas, como indica Beavers (2013: 692), asócianse a cambio non especificado, o que equivale a estar presente no evento ou, por outras palabras, a non estar necesariamente afectado. Verbos como buscar vincúlanse a este último chanzo da xerarquía de afectación e mostran, en galego, a alternancia obxecto/oblicuo. Da lóxica do modelo despréndese a imposibilidade de explicar estes casos con base na afectación: se un predicado na forma transitiva asocia o segundo argumento coa posición máis baixa da xerarquía, a súa forma oblicua non pode situalo nunha posición inferior, pois esta non existe. O test empregado para detectar cambio non cuantificado é a incompatibilidade coa construción o que lle pasou a X foi Y. (20) a. ??O que lle pasou ao can foi que o dono o buscou. b. ??O que lle pasou ao can foi que o dono buscou nel.\nEstes datos reforzan a idea das realizacións como eventos prototípicos da transitividade: a súa detransitivización mediante a construción oblicua do segundo argumento ten consecuencias semánticas paralelas en relación coa afectación, que descende, e a telicidade, que desaparece. Estes mesmos resultados non se obteñen cando a mesma construción se aplica a outros predicados, como as actividades, de baixa afectación e atélicas. Neste último caso, o emprego do mecanismo pode verse como un reforzo dos valores en cuestión, xa presentes no predicado, en especial cando se trata de contextos durativos, nos cales é común o uso da preposición nas realizacións. 6 Téñase en conta que este tipo de probas pode resultar pouco natural e que non se pretende mediante elas evocar exemplos de uso real, senón constituír pares que permitan analizar un determinado aspecto lingüístico. Neste caso, para tirar conclusións en relación coa afectación, emprégase a forma de pretérito en ambos os exemplos, a pesar de que, como mostran os datos de corpus que ofrece Rodríguez Guerra (1997), a construción con en do galego é pouco frecuente nesta forma do verbo.\nA modo de conclusión, pódese afirmar que a afectación está determinada, nomeadamente, por dous factores. Por unha banda, o formato sintáctico transitivo asóciase cunha maior afectación que os formatos intransitivos, polo menos no caso dos predicados de dous lugares. Por outra banda, os trazos aspectuais do predicado determinan que grao de afectación se verifica sobre o segundo argumento. Aínda que independentes, estes dous factores interactúan entre si para dar lugar a diferentes niveis de afectación. As alternancias estudadas constitúen un caso paradigmático desta interacción.\n4.3. Axentividade\nUn axente animado e con vontade propia é un dos participantes chave nunha situación transitiva prototípica (Hopper / Thompson 1980: 252). Por unha parte, a animación supón que o primeiro participante dun evento transitivo ten potencial para actuar intencionadamente e controlar o estado de cousas: compárese, neste sentido, a rapaza pechou a porta con o vento pechou a porta. Por outra parte, a volicionalidade implica a participación voluntaria do primeiro participante no evento: contrástese aquí a rapaza escribiu a canción con a rapaza esqueceu a canción. Salvando os casos de personificacións, volicionalidade sempre implica animación. A axentividade será entendida como a converxencia destas dúas propiedades, é dicir, como a presenza dun primeiro argumento que actúa intencionadamente e que, necesariamente, é alto en animación.\nAínda que a axentividade non é unha noción aspectual e está determinada pola estrutura argumental e factores pragmáticos, axentividade e Aktionsart parecen non ser totalmente independentes. Proba disto é que algúns dos diagnósticos propostos por Lakoff (1966) para detectar os estados resultaron ser tests para axentividade (vid. Dowty 1979: 110117). Os estados non son susceptíbeis de interpretacións axentivas e tampouco admiten as formas continua, (21a), e imperativa, (21b), nin modificadores como coidadosamente, (21c), ou de propósito, (21d).\n(21) a. ??A rapaza está sabendo a resposta. b. ??Sabe a resposta! c. ??A rapaza soubo a resposta coidadosamente. d. ??A rapaza soubo a resposta de propósito.\nNon obstante, é precipitado considerar que estas propiedades ilustradas na serie (21) serven tanto para detectar estados como para identificar eventos non axentivos. A utilidade destes diagnósticos non foi correctamente entendida porque moitos verbos non estativos son axentivos. Porén, a chave para xebrar os tests de axentividade atópase nos logros. Estes eventos non estativos e puntuais son compatíbeis coas formas continua 7, (22a), e imperativa, (22b), e con modificadores como coidadosamente, (22c), mais non con outros como de propósito, (22d).\n(22) a. A expedición está alcanzando o cumio. b. Alcanza o cumio! c. A expedición alcanzou o cumio coidadosamente. d. ??A expedición alcanzou o cumio de propósito.\nContextos como (22d) fornecen diagnósticos máis precisos para detectar a axentividade porque refiren directamente á participación voluntaria do primeiro argumento. Con todo, esta proba non é fiábel para detectar predicados que non admiten lecturas axentivas: os verbos que lexicalizan axentividade tampouco admiten a modificación con de propósito, mais neste caso por reforzar o significado implicado polo verbo e non por cancelalo, como acontecía nas series (d) de (21) e (22). Da mesma maneira, os verbos lexicamente axentivos tampouco admiten a cancelación da súa implicación semántica con circunstanciais do tipo sen querer. Fronte a isto, os 7 Os membros desta clase aspectual mostran un comportamento irregular en relación coa forma continua (Dowty 1979: 130, n. 8). Compárese neste sentido a inaceptabilidade de formas como ?? está reparando na súa presenza fronte a outras como está chegando/gañando ou a ofrecida no exemplo (22a).\nNestes exemplos ‘??’ indica que un fragmento é anómalo, por reforzar a implicación, e ‘#’ indica que é contraditorio, por cancelala. Isto é relevante porque tanto os eventos non axentivos, como (23a), canto os axentivos, como (23b), son incompatíbeis cos modificadores en cuestión mais mostran, como xa se indicou, padróns opostos de reforzo e cancelación da axentividade.\nSegundo Van Valin (1990: 224), verbos como (24a) non inclúen a axentividade como parte do seu significado léxico, de maneira que, se se omiten os modificadores en cuestión, a interpretación tenderá a ser axentiva, con base nun proceso de implicatura desencadeado pola animación e a propia semántica verbal. Por contra, predicados como (24b) especifican a axentividade lexicamente, é dicir, a axentividade é unha implicación nestes verbos e non unha implicatura, como nos anteriores. As implicaturas son significados adicionais que xorden do contexto e que poden ser cancelados e reforzados. Pertencen, por tanto, ao dominio da pragmática. As implicacións, pertencentes ao dominio da semántica, forman parte do significado léxico dunha unidade e, en consecuencia, non poden ser canceladas nin reforzadas. Desta maneira, cando a axentividade é unha implicación, non son posíbeis os modificadores sen querer e de propósito, pois cancelan e reforzan, respectivamente, a participación volicional do primeiro argumento. En consonancia con isto, os verbos que non implican axentividade admiten suxeitos inanimados, mentres que os que a inclúen no seu significado léxico só permiten entidades altas en animación.\n(25) a. O paquete chegou. b. ??O paquete correu. (26) a. O furacán matou a Xosé. b. ??O furacán asasinou a Xosé.\nDeste xeito é posíbel diferenciar, dentro dos verbos do tipo (23), entre aqueles que non son axentivos e admiten suxeitos inanimados, como chegar, e aqueles que si o son e non admiten este tipo de suxeitos, como correr. Relativamente ás alternancias obxecto/oblicuo tratadas neste traballo, a axentividade parece ser un factor relevante. Por sorprendente que pareza, a construción oblicua do argumento interno supón, nalgúns casos, a participación voluntaria do primeiro argumento. Desta maneira, verbos que non inclúen a axentividade no seu significado léxico, como espallar, para o caso do galego, permiten un contraste entre a súa forma transitiva, (27a), compatíbel con interpretacións volicionais e non volicionais, e a súa forma con complemento oblicuo, (27b), sempre axentiva. (27) a. Os rapaces espallaban as follas accidentalmente ao pasar. b. Os rapaces espallaban nas follas #accidentalmente ao pasar.\nOutro exemplo da necesidade de participación voluntaria do primeiro argumento na construción oblicua é o seguinte: unha forma exclamativa como estás a cortar o cable!, destinada a alertar o destinatario e que presupón que a acción se leva a cabo involuntariamente, non é posíbel na construción oblicua conservando a interpretación en que o suxeito non actúa de maneira intencionada (?? estás a cortar no cable!).\nDo mesmo xeito, as formas transitivas admiten suxeitos inanimados, (28a) e (29a), mentres que a construción preposicional do segundo argumento xeralmente require que o suxeito actúe tiva do inglés, (30).\nOs eventos son comunmente caracterizados polas súas características aspectuais, como as bosquexadas no apartado 4.1 desta contribución. Non obstante, a maneira en que os participantes se implican no evento tamén xoga un papel crucial. Neste sentido, en canto o impacto do paciente na semántica do evento foi amplamente discutido e deu lugar a fértiles nocións teóricas como a de tema incremental (Dowty 1991; Krifka 1998) ou a de afectación (Beavers 2011), a influencia das propiedades do rol de axente ou causante na interpretación do evento continúan en boa medida inexploradas. A carencia de recursos teóricos resultado desta situación fai que sexa difícil avaliar con rigor a verdadeira influencia da axentividade sobre o fenómeno tratado neste traballo.\n5. c onclusIón\nAo longo do presente traballo puido observarse a tipoloxía das diferentes construcións que se axustan ao esquema obxecto/oblicuo. A degradación que sofre o segundo argumento nos distintos niveis de análise permite un tratamento unificado das alternancias analizadas. Aínda que a importancia estrutural da construción antipasiva para a arquitectura sintáctica ergativa non ten correspondencia nas construcións das linguas acusativas, o certo é que en todos os casos se verifica un desprazamento dunha función sintáctica directa (ABS, OD ou OI) cara a unha función sintáctica indirecta (OBL). Trátase dun fenómeno de degradación, pois o segundo argumento perde o acceso a certas operacións gramaticalmente relevantes, ao tempo que diminúe a súa prominencia discursiva. Esta menor importancia do referente, sumada á atelicidade propia da 8 Como exemplos de uso real da construción oblicua nestes verbos, tómense os seguintes: rúbese ás medas a espallar na palla (TILG, 3MA002917); Eu creo que ó veren todos aqueles soldados novos desfacendo na cerca e derrubando nas torres aínda pensaban que as cousas lles habían de ir peor (TILG, CBNCER994).\nforma con complemento preposicional, resulta nunha menor individuación das entidades que ocupan o segundo lugar valencial, o cal explica a alta correlación cos aspectos imperfectivo, habitual ou iterativo. Do mesmo modo, a ausencia dunha culminación lóxica que marque o final do evento impide a presenza dun participante que o mida e verifique o seu progreso. Estamos a falar, neste caso, dun descenso da afectación que o evento descrito polo predicado exerce sobre o segundo participante.\nFronte a isto, o papel, aínda por esclarecer, da axentividade parece ir na dirección contraria das outras alteracións semánticas observadas, pois as formas con preposición —excepto, quizais, a antipasiva— requiren un primeiro argumento que controle o evento e actúe voluntariamente, trazo asociado á alta transitividade. En calquera caso, o escaso desenvolvemento desta noción teórica aconsella precaución na hora de interpretar os datos.\nPor outra banda, a análise das clases verbais permitiu concluír que as realizacións son os eventos máis característicos da transitividade, tanto polos seus trazos aspectuais como pola súa estrutura causativa. Polo tanto, deben ter un lugar preeminente no estudo interlingüístico da transitividade por permitiren estudar como se materializa e como se altera esta propiedade nas diferentes linguas.\nA comparación interlingüística supón, como todo labor teórico, certa dose de simplificación. Polo xeral, trátase a conativa, a antipasiva ou os complementos con en do galego como fenómenos separados e, con certeza, existen elementos que os distinguen. Non obstante, abstraerse das diferenzas permite observar que os feitos dunha lingua concreta non son máis que a manifestación dunha operación moi estendida entre as linguas a nivel xeral, neste caso unha operación de degradación do segundo argumento que, como non pode ser doutra maneira, se materializa de xeito particular en cada lingua.\na gradEcEmEntos\nAgradezo a Francisco Cidrás os seus comentarios sobre unha versión previa deste traballo, dos cales quizais non tirei todo o proveito que debía. Tamén teño que agradecer o labor das dúas persoas anónimas que revisaron este artigo e contribuíron a melloralo substancialmente por medio das súas observacións e suxestións."} {"summary": "Partindo do xiro espazocéntrico que se produciu nas últimas décadas na cultura occidental, que levou a unha proliferación do pensamento arredor do espazo enriquecido polos fenómenos contemporáneos da globalización e as estratexias correlativas de localización, e tendo en conta as reflexións sobre a evolución das cidades postindustriais, os modos de habitación dos espazos, o desenvolvemento da ecocrítica e o ecofeminismo, as achegas interdisciplinares que xunguen conceptos como a xestión do territorio, o turismo e os modos de representación, faise fincapé no interese que reside na análise das plasmacións literarias e poéticas do territorio en relación coas estratexias de resistencia e a xestión da identidade. Consonte este marco global, ofrécese un percorrido pola poesía galega actual co obxectivo de detectar as transformacións operadas nas estratexias tradicionais de uso do territorio como condición simbólica da identidade e analizar e interpretar a ampliación de realemas e espazos, os xogos deconstrutivos e a inserción de espazos alleos á poesía tradicional que modifican radicalmente o tratamento do espazo no discurso poético.", "text": "A representación dos espazos rurais e urbanos na poesía galega actual: imaxinario territorial, localización e globalización\n[Recibido, xaneiro 2011; aceptado, marzo 2011]\n : cidade, espazo, poesía galega actual, representación. ABSTRACT During the last decades in Western culture, a spatial and central turn has taken place which has led to a proliferation of the lines of thought on the concept of space, enriched by contemporary phenomena such as globalization and correlative strategies of location. Reflections on the evolution of postindustrial cities, modes of inhabitation of the space, the development of Ecocriticism and Ecofeminism, the interdisciplinary contributions which may join together concepts such as the management of the territory, tourism and ways of representation, constitute a global frame wherein the analysis of poetical and literary shapes of the territory acquire a renewed interest in the analysis of the strategies of resistance and identity management. Contemporary Galician poetry constitutes a suitable field to detect transformations within the traditional strategies of territorial usage as a symbolic condition of identity because the space in poetry, unlike it occurs within narrative, is alleviated\nA poesía é o único dos tres grandes xéneros nos que a nonespacialidade semella posíbel. Se a representación teatral non se pode concibir sen un espazo; se a narración, o acontecemento, implica necesariamente o lugar do acontecido; a pura expresión ou efusión que constitúe en moitos casos o texto lírico pode existir, a priori, con grande independencia con respecto aos elementos espaciais. Con todo, aínda que pareza contraditorio, hai unha íntima relación entre o espazo e mais o discurso lírico, unha conexión fonda e estreita con moi diversas plasmacións na tradición histórica da lírica occidental. Son moitos os elementos que avalan esta afirmación: dende os tópicos descritivos, que dende antigo foron revisitados, até a existencia de xéneros, tales como a égloga, nos que a dimensión espacial ten unha importante función e unha indiscutíbel capacidade definitoria.\nNa poesía galegoportuguesa medieval, particularmente na forma máis tradicional da cantiga de amigo, o espazo está tan presente que resulta a miúdo humanizado, apostrofado e convertido, non só en escenario, senón tamén en confidente. Pero o espazo é tamén un elemento central no Rexurdimento. A súa dignificación, nun momento no que a paisaxe se convertera xa nunha categoría cultural, é un dos eixes dunha obra tan significativa como Cantares gallegos (1863), onde aparece como a motivación fundamental para a creación poética. Por iso non é estraño que os diversos espazos se cargasen semioticamente na arte; “as ideas de campo e cidade ou, para sermos máis exactos, de aldea e cidade, foron e veñen sendo na literatura e no pensamento nacionalista galegos moito máis ca meros referentes espaciais” (Moreno Villar, 1997).\nO Rexurdimento adoptou o desgusto romántico cara ao ámbito urbano, un desgusto que, no noso contexto, por razóns históricas e sociolingüísticas, adquiriu connotacións de alienación e disolución da identidade; pola contra, e en consonancia cos discursos ruralistas máis estendidos, o campo e a paisaxe natural convertéronse en símbolos identitarios. Neste contexto, a poesía xogou un papel decisivo na conformación, consolidación e espallamento dun imaxinario paisaxístico fondamente enraizado na paisaxe natural e no mundo rural, mais dun xeito moito máis complexo do que nun principio poida parecer, porque a chegada da posmodernidade supuxo un distanciamento con respecto aos modos tradicionais de construción da identidade e, en coherencia, a poesía galega actual promoveu unha nova visión dos espazos tradicionais, deu un paso decisivo no asentamento dos espazos urbanos e acolleu espazos tradicionalmente ausentes. Quizais isto explique por que, nos últimos tempos, se agudizou a conciencia da necesidade dunha maior integración da cidade no imaxinario territorial e por que a crítica literaria deu o beneplácito a toda incorporación deste tipo como un signo desexábel de modernidade narrativa e cultural.\nMais non debemos simplificar excesivamente as cousas. Os espazos tradicionais e tópicos da poesía non desaparecen, obviamente, no discurso poético máis actual. Non hai que esquecer que cando falamos da produción poética dos últimos anos estamos a falar de moitos autores, de distintas idades e xeracións, e dunha produción e publicación tan abundantes que conforman un período moi vizoso, moito máis prolífico que calquera dos que se deron con anterioridade na nosa historia, con excepción, quizais, da época medieval. Na poesía galega actual atópanse abundantes referencias ao mundo rural tradicional e, normalmente, estas referencias están asociadas á nostalxia e gardan unha estreita relación co tema do paso do tempo. Isto é habitual en autores que, malia seguiren escribindo nos últimos anos, están xa nunha fase de madureza da súa obra creativa. Un caso destacado sería o de Miguel Anxo FernánVello. O nexo entre o espazo e o paraíso perdido da infancia que proxecta unha visión nostálxica repítese en moitos dos seus poemas máis recentes que, por iso mesmo, exemplifican o mantemento dalgún dos xeitos tradicionais de descrición do espazo natural, mesmo na súa dimensión de imaxinario identitario. O poema “A casa”, incluído na antoloxía de Rodríguez (2004: 533), proxecta sobre elementos do mundo rural como as corredoiras unha visión crepuscular de perda:\nAs corredoiras brillan cunha luz de sepelio (...)\nun sepelio de camiños baleiros e a alma fría e desolada como un país sen memoria que xa non existe no futuro.\nOutro exemplo disto, entre as composicións do autor presentes na antoloxía, sería o poema “Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz”, no que se repite o verso “País de terras verdes que van morrer ao mar” (p. 539). Este verso ofrece unha visión constatativa de Galicia acorde cos modos tradicionais de plasmación espacial. Cómpre subliñar aquí a presenza do adxectivo “verde” que, dende Cantares gallegos, adquiriu unhas connotacións e un valor identitario preciso.\nNos poetas máis novos tamén aparece o rural. Autoras como Lupe Gómez ou Olga Novo fan representacións desta paisaxe como signo de diferenza e identidade, ao tempo que reivindican o mundo da aldea como inspiración e fonte da súa poesía. Pero hai outros exemplos. En Pedinche luz prestada (2001), de Marica Campo, tamén se manifesta a presenza da ruralidade. Ademais, neste caso, a conexión entre espazo e memoria convértese en reflexión poética, algo acorde con algunhas das tendencias da poesía máis recente:\nÉ coma se os lugares puidesen preservar a súa memoria. Coma se recordasen aquilo que as persoas non queren recordar\n(María do Cebreiro, 2008: 46).\nDebemos ter en conta que aquilo que o tópico do paraíso perdido da infancia presenta como irrecuperábel en termos de historia individual, tamén se atopa en trance de transformación e perda nun sentido colectivo e con esta ambigüidade tamén se xoga na poesía: “Chove por nós e cae unha tarde triste / enriba das vacas últimas / dos prados tristes, e somos illas” (Darriba, 1997: 38).\nPero cómpre facer unha distinción importante. Dos dous escenarios maioritarios da tradición literaria, o mariño e o rural, o mar mantense con abraiante vitalidade na poesía galega. A isto contribúe, sen dúbida, o feito de que o mar é unha das fontes de metáforas máis poderosas da literatura universal; mais tamén a extracción dos poetas que integran o Batallón Literario da Costa da Morte e mesmo o diálogo ineludíbel que na poesía dos últimos anos se estabelece con Manuel Antonio e as vangardas e que o poñen a salvo da asociación coa identidade folclorizante. Pola contra, os espazos rurais, precisamente os que a tradición poética dende o Rexurdimento asentou con maior forza como base identitaria, teñen unha presenza menor e, cando se presentan, non aparecen tratados dende a afirmación, senón dende o cuestionamento ou cando menos dun xeito autosinalado, consciente do propio carácter herdado e convencional dos espazos evocados, de xeito que a referencia espacial se converte nunha maneira de crear unha alusión intertextual dentro do poema, como acontece na composición de Forcadela incluída no seu poemario Refutación da musa (2001), significativamente titulada “Égloga”, na que se acaba desvelando o carácter tópico do escenario e os personaxes construídos e cuestionándoos a través da asimilación a outros discursos semióticos:\nDaquela ninguén sabe se estamos certamente Nos tempos da bucólica sublime poesía Ou é que están rodando un filme sobre o mar Película de incertas temáticas nocturnas E son, o Pan e a Lidia, actores soamente (Forcadela, 2001: 1516). O xogo oposicional entre campo e cidade, idea dominante de toda a tradición occidental, tamén está presente de xeito explícito na poesía galega actual. Un exemplo notábel é o de Ausencias pretéritas (1992), de Miro Villar, onde as cidades visitadas dos sonetos do caderno sexto se contrapoñen ao contorno rural das orixes do caderno quinto e a cidade de Santiago adquire o papel de síntese e resolución da antítese. Cómpre ter en conta, neste sentido, que no discurso literario e na conformación da identidade galega ocupan un lugar importante as visións negativas da cidade. Isto débese, en parte, ao papel que xogou o rural na conformación da nosa identidade histórica e tamén ao feito de ser a cidade, socioloxicamente, o ámbito máis castelanizado. Na poesía, a plasmación deste sistema de valores traduciuse máis nunha ausencia ou unha presenza minoritaria e reducida ca nun discurso explícito de carácter negativo. O urbano tivo tradicionalmente unha menor carga de lirismo, moito máis aínda se facemos referencia a aqueles aspectos da cidade menos idealizados, pero nos últimos anos foi consolidándose unha liña poética que pretende ampliar abertamente os realemas e o ámbito do dicíbel en poesía e por iso estes aspectos propios dun realismo suxo que apareceran de xeito máis temperán na narrativa invaden agora tamén o universo da poesía. Fran Alonso é un exemplo de preferencia por este mundo previamente ignorado neste xénero. Xa dende o primeiro poemario, Persianas, pedramol e outros nervios (1992), o\nambiente é urbano, abafante e claustrofóbico e esta tendencia á plasmación non estetizante da cidade confírmase en poemarios posteriores como Tortillas para os obreiros (1996), nos que este é o lugar en que transcorre unha vida marcada pola monotonía e a vulgaridade. Tamén Novo, en Esteiro de noites falecidas (2007), reflicte un contorno urbano marxinal, un submundo que, aínda que se introducira xa con anterioridade na narrativa, tardou en consolidar a súa condición de realidade poetizábel. Non faltan fragmentos poéticos nos que se poida atopar unha canle de expresión na propia poesía para a reflexión sobre o carácter alienante do contorno urbano.\nMalia todo, a inclusión decidida do urbano é, como dixemos, unha das canles fundamentais de incorporación de novos realemas de natureza espacial, xunto con outra gran liña, a inclusión de espazos non galegos, que evidencia un afán de universalidade. Isto plásmase, en ocasións, nunha enumeración de topónimos. As enumeracións de topónimos teñen unha raizame tradicional –no propio Cantares gallegos hai poemas construídos sobre este mecanismo retórico– pero na poesía máis recente estas enumeracións reverten decote sobre espazos non galegos: “Desde Bilbo e Brest chegaron cartas, / e de Hamburgo, Berlín e de Viena” (Rivas, 1996: 33).\nManuel Rivas, de quen son estes versos, ten algúns poemas inzados de referencias europeas, de lugares e outros elementos da cultura (Delft, Vermeer, o Rijksmuseum, Yeats...) que conforman unha poesía ateigada de alusións culturais propias dun imaxinario globalizado. En ocasións, a vontade de estabelecer nexos e analoxías emerxe de xeito explícito, como neste verso tirado de Tortillas para os obreiros : “Vigo desde aquí parece Nova York”, onde se estabelece unha analoxía semellante á que atopamos en Pozo Garza: “Chovía en Oxford / coma chove na nosa patria insomne” (1991: 431,). As arpas de Iwerddon (2004), de Luz Pozo, é un poemario centrado na súa totalidade nos espazos irlandeses, nas rúas de Dublín, aínda que tamén aquí Irlanda funciona como referente de asimilación: “Todo é sagrado aquí igual na miña terra” (p. 706). Outro caso de incorporación de lugares alleos sería o último poemario de Mª do Cebreiro, Non son de aquí (2008). As implicacións identitarias deste escenario globalizado fanse patentes dende o propio título. O desarraigamento e a falta de sentimento de pertenza remiten a un suxeito posmoderno de identidade lábil e complexa, o que non impide a denuncia, por exemplo, do impacto ambiental de Reganosa e Endesa nun dos poemas. Os exemplos poderían multiplicarse: Venecia como espazo e como fonte de intertextualidade (“Venecia sen ti”) nun poema de Marica Campo de Pedinche luz prestada (2001); o Teixo e Lisboa nun poema de Ana Romaní no libro colectivo Mulher a facer vento (1998) etc.\nA cidade, galega ou allea, aséntase decididamente como marco espacial da experiencia amorosa en Miro Villar ou do traballo e a enfermidade en Fran Alonso. Se os poetas da xeración dos oitenta acolleran o urbano a través da mesma visión cósmica que proxectaban sobre a natureza, os da xeración dos noventa retratan o mundo urbano da sociedade de consumo. Moda galega (2002), de María Reimóndez, céntrase nas rúas comerciais dun Vigo que representa o capitalismo e o consumismo e tamén o urbano marxinal, degradado, sen buscar a transcendencia que outorgaban as visións cósmicas. Noutras ocasións, a perspectiva negativa da cidade fusiónanse coa denuncia ecolóxica, como no poemario Cidades de Fran Alonso:\nOs peixes da cidade morren nas augas violetas do peirao. Afogan entre os fumes dos barcos, e o sabor agre do mar. Todo o mar azul está contaminado. Os peixes da cidade morren flotando nas augas sucias do peirao” Es feliz ata que os ollos se che anubran brutalmente, e toses, contraído, pola contaminación\n(Alonso, 1997: 20, 24).\nEste poemario, de gran sinxeleza, representa perfectamente a ambigüidade da tensión que xeran os espazos urbanos:\nEsta miña urbe ten moitos defectos. Entre os seus mil ruídos, soa unha sirena. E sei que faltan árbores. E non hai parques longos, coma o tren.\nE as xentes son estrañas entre si.\nOs paxaros marchan\nPorque non hai silencios apagados e os edificios derrétenlles o voo.\nPero eu quéroa porque é a cidade onde nacín\n(Alonso, 1997: 8).\nPero talvez o extremo do esforzo que se fai por conquistar espazos tradicionalmente vedados á palabra poética se atopa na aparición dos espazos do escatolóxico. Un caso paradigmático constitúeo Hai cu (2007), de O Leo, no que a provocación xoga con que se a poesía foi algunha vez concibida como palabra sagrada, emparentada xa non só coa filosofía senón tamén coa oración, tamén pode tornarse blasfemia. Por iso os espazos do poético son, neste caso, o váter, a porta do baño e a latrina. Noutros poemarios, esta mesma actitude emerxe puntualmente con similar vontade rupturista: isto explica versos como “Hoxe a auga está gris merda”, de Tortillas para os obreiros. Os intentos de levar o acto poético, o recital, e, polo tanto, a presenza da poesía a espazos novos alleos á actividade cultural están relacionados, sen dúbida, con esta actitude de incorporar os espazos prohibidos ao ámbito da lírica.\nUn dos trazos do culturalismo dos poetas dos oitenta era a forte intertextualidade. A reacción contra o exceso de culturalismo nos autores da xeración posterior levou a un discurso máis directo, unha procura de naturalidade e de maior comunicación. Pero isto non implicou unha desaparición da intertextualidade, senón que se seguiu escribindo dende a perspectiva da “crítica, o humor e a reivindicación, cando non dun complexo sistema de deconstrución do discurso herdado” (Nogueira, 2006: 101).\nUnha análise da antoloxía Amor en feminino, de Cacheiro Varela (2006), permite constatar a presenza, nos últimos poemas de autoras de longa traxectoria, dos usos tradicionais do espazo na poesía amorosa feminina (espazo como marco do amor, metáforas espaciais para a expresión da experiencia amorosa, aparición da natureza como confidente); a diferenza estaría en que, a miúdo, todo isto, no canto de facerse dun modo directo e, por así dicir, inocente, faise dun modo autosinalado, nun xogo intertextual explícito que dialoga coa tradición. Isto víñase facendo xa, en parte, dende os anos oitenta: así ocorre en “Agora contemplamos a mar de Vigo”, incluído en Códice\nCalixtino (1986), de Luz Pozo Garza. No xogo intertextual coa lírica medieval o mar de Vigo complica o seu lugar no poema: non é só marco ou confidente, senón centro mesmo, motivo do paratexto, clave intertextual e mesmo obxecto amoroso. Dun xeito semellante, noutra composición do mesmo poemario, a que leva por título “Chovía en Compostela”, a dimensión amorosa redúcese a un sutil “Mais non estabas ti...”, unha ausencia no medio dun espazo que, deste xeito, se agranda até converterse no corazón do poema. Cando o espazo e mais a temática amorosa se conxugan, faise, a miúdo, dende a experiencia da ausencia. O espazo é o lugar da lembranza, o escenario no que se viviu o tempo feliz do amor, o ámbito no que se experimenta agora a ausencia. Nesta caste de poemas hai un vencello entre o espazo e a saudade que permite evocar o tempo pasado e, por iso mesmo, imposíbel de recuperar. Esta mesma cualidade intrinsecamente nostálxica do espazo explica moitos dos seus usos poéticos.\nOutro aspecto moi interesante para a nosa análise é o da “erotización da paisaxe” (Roger, 1997); isto é, a proxección sobre ela de metáforas e valores do corpo, fundamentalmente feminino. No caso da poesía amorosa o funcionamento é máis ben o inverso, substitúese a anatomía pola xeografía dando lugar a textos de grande suxerencia erótica. A antoloxía de Cacheiro Varela (2006) fornece numerosos exemplos. No poema “Non te esquecía amor”, de Pura Vázquez, incluído no poemario Desmemoriado río (1997), encontramos un claro exemplo disto: “Tremíanme no peito as sembradías (...) / Fun áxil corpo. Un cáliz de magnolia” (Cacheiro Varela, 2006: 22). Algo semellante podemos atopar nun poema do ano 1992 de Mª do Carme Kruckenberg: “Quixera adoitar a estrutura do espazo / ao movemento compasado do meu corpo” (Cacheiro Varela, 2006: 42).\nA dualidade espazo / corpo é fonte de innumerábeis metáforas e desprazamentos de significado: do corpo ao espazo e viceversa, da identidade individual á colectiva. Nación e muller confúndense, sen ir máis lonxe, nos versos de Rivas (1995): “Muller tan solitaria, / nación inaccesíbel / nos meus brazos”. A fusión destes dous elementos dota dunha gran sensualidade e capacidade de suxestión erótica a elementos espaciais que se explotan ao máximo no discurso lírico. Esta asociación, presente na poesía dende antigo, faise explícita na poesía galega actual como parte do xogo de desvelamento das engrenaxes mesmas do texto. Véxanse, por exemplo, estes versos de Alonso (1997: 24):\nO teu corpo é unha cidade e, intensa mente, córreche o tráfico polas veas e as arterias. E cando choras é o mar, que se revolve, humidamente. E na pel médranche edificios, tan supetamente, e nos dedos arrabaldos. E podes ser feliz sentindo o latexar da ida toda que levas dentro, urbana mente.\nNoutros casos, a conciencia do xogo de identificar espazo e muller revélase a través da negación, como nos versos de María do Cebreiro (2008: 54):\nPatria, non son teus ollos de avelá nin de mel (...) Non es muller que chora lavando coas súas lágrimas o sexo, enxugándoo cos fíos da súa cabeleira.\nUn factor do sistema literario que nos últimos anos ten influído na relación entre lírica e espazo é a conciencia, cada vez máis aguda, do papel de promoción turística que o texto literario pode exercer. Nunha época de desacralización do discurso lírico xa non resulta sacrílego, como sen dúbida o sería para certas poéticas, que o texto literario teña unha función declaradamente promocional. Estes procesos e a súa exacerbación a partir dos anos noventa foron analizados por María do Cebreiro (2006) en relación á cidade de Compostela e á promoción do Ano Santo Compostelán: antoloxías de textos prospectivas, como Os pousos da pedra (2000), e retrospectivas, como a escolma realizada polo concello en 2004; o uso da poesía na tarxeta postal, como na serie “As chaves de Compostela”, ou a creación da colección Poeta en Compostela testemuñan a vitalidade deste fenómeno que se sitúa dacabalo entre a literatura e o turismo. Trátase dunha tendencia en espallamento que non se limita á cidade ou ao camiño xacobeo. En 2008 apareceu a antoloxía A Coruña á luz das letras, dedicada á exaltación e evocación poética da cidade da Coruña que, malia o seu carácter misceláneo (mestura poemas e textos en prosa; textos creados ad hoc e outros extraídos de obras previas), permite extraer conclusións significativas. Deterémonos un pouco nelas.\nOs poemas que pretenden construír unha imaxe urbana global son minoritarios. Máis que buscarse unha proxección de conxunto, en cada poema tende a escollerse un elemento illado; dous ou tres ao sumo, para facer, así, unha achega metonímica á cidade: o mar e a Torre de Hércules son os elementos máis repetidos e ubicuos, aínda que tamén ocupan un lugar destacado as evocacións de rúas e prazas, o Castelo de San Antón, o Obelisco do Millenium e os xardíns de Méndez Núñez. A dimensión mítica e histórica fúndese con estes espazos e o mesmo ocorre co carácter nostálxico en evocacións do espazo da infancia. Este último aspecto resulta dominante no conxunto da antoloxía. A evocación nostálxica vencellada a este tópico é, como dixemos, a vía a través da cal atopamos as plasmacións espaciais máis continuadoras coa tradición. Sirva de exemplo desta liña tan presente na obra o poema de Alberte Suras, no que os nomes de rúas emerxen puntualmente pero o protagonismo recae na noite de reis e os xogos de verán, que teñen unha presenza que se impón á cidade, convertida en marco do recordo. Noutros poemas, minoritarios fronte a esta tendencia maioritaria, o espazo xeográfico fusiónase co espazo sociolóxico. Unha boa mostra disto é o poema que abre a antoloxía, de Afonso Becerra, no que hai unha achega metonímica cun papel destacado para a Torre de Hércules, que se reforza con elementos mitolóxicos: “Na Torre non se ergue Ith senón Ti” (p. 13); mais, significativamente, o título do poema é “A cidade invisible”, pois máis que unha presenza urbanística e material, a cidade é, no poema, unha realidade sociolóxica na que se opoñen dous modos de ser, vencellados a espazos emblemáticos, que inclúen algúns dos lugares de recente incorporación aos textos poéticos:\nChamas e dicimos Cruña contra os señores dos Cantóns. Dicimos Cruña e baixamos á Cova Celtiga do Sex Machine ou do Puticlub. Camuflados entre os paseantes dicimos Cruña contra o señores dos vestíbulos e os foyers e os halls do pazo da ópera, do Rosalía e do Colón, contra o teatro da vida, por sermos servos de Talía e fillos de Casahamlet.\neterna (AA. VV., 2008: 13).\nPero o máis novidoso no achegamento ao espazo, o máis identificativo da poesía galega actual, emerxe en poemas nos que hai un desvelamento do seu carácter de produción de circunstancias e de encarga, nos que se produce unha reflexión sobre a natureza e os trazos específicos dos poemas dedicados a un lugar, nos que resulta rechamante a inclusión de sitios e elementos pouco convencionais, propios da cidade posmoderna, e nos que aparece a contradición e hai un tratamento irónico dos lugares comúns e se fai uso da preterición para incluír elementos supostamente esperábeis da situación comunicativa, sen que esta inclusión poida ser tachada de inxenua ou tradicional. Nestes casos, négase o sentido do acto de crear un poema como xeito de dignificar e enxalzar un espazo, co que, dende o enunciado, se está cuestionando e deconstruíndo a propia situación de enunciación. Sirva de exemplo o seguinte poema de Estíbaliz Espinosa:\nNos poemas dedicados a un lugar dende a autoestrada de Arteixo\nultramarinos El Sol que abriran os avós coa Champanera Cantábrica ou as fotos onde o meu pai sempre é un forasteiro nas túas lousas (...) o meu pequeno núcleo familiar adorado, atado a ti como a un embigo (...)\ncivicamente, europeamente ao tempo que mingua a posibilidade de escribir palabras novas sobre ti neste poema que esborrancho entre a vida artística e a familia. De todos os xeitos de facerche inmortal, este, o menos mediático este, o menos luminoso o máis parvo. Minguando ata os puntos suspensivos.\nOs puntos suspensivos... crúas incisións no texto que brindan ao lector a posibilidade de pechar un infinito unha imperfección por tanto un infinito\nSe contrastamos a antoloxía A Coruña á luz das letras (2008) coa que Xosé Filgueira Valverde fixo sobre Compostela en 1969 e que foi analizada por María do Cebreiro (2006), podemos extraer algunhas conclusións significativas: a antoloxía de Filgueira Valverde adopta unha ordenación temática e histórica que privilexia a dimensión lírica da cidade e promove unha “orientación folclorizante” da identidade galega; pola contra, a antoloxía sobre A Coruña adopta un principio construtivo de mera xustaposición, polo que o marco textual non impón unha interpretación nin ordena a pluralidade caleidoscópica máis alá da ineludíbel orde imposta pola liñalidade do texto escrito. Por iso, aínda que moitos poemas seguen encadrándose nunha liña evocativa lírica e simbólica, o conxunto é máis complexo e contraditorio, con composicións que introducen a ironía, o cuestionamento, a crítica e o distanciamento. Malia que os lugares emblemáticos sigan a ser os máis representados, o resultado conxunto é máis descentrado e menos xerarquizado e estas diferenzas poden, metonimicamente, extrapolarse para unha caracterización global da poesía galega actual.\nNin a pluralidade de direccións, nin a importancia acadada por formas de tratamento desmitificadoras, autosinaladas e irónicas permite falar dunha perda de sentido ou relevancia do espazo, sexa como marco, como tema ou como raíz de significado. Xunto ao Non son de aquí que dá título ao xa citado poemario de María do Cebreiro, convive o “ eu son de aquí / desta raíz de nogueira / que fende / o mar” de Rafa Villar (1997). A propia designación do Batallón Literario da Costa da Morte é testemuño da importancia que se lle segue a conceder ao contorno natural. A antoloxía De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte), coordinada por Modesto Fraga e o propio Miro Villar (2009), é unha manifestación desta centralidade do espazo, que se converte mesmo en base da actividade antolóxica. Carracedo Doval (1998: 42), na súa análise do Batallón Literario da Costa da Morte e particularmente da obra de Miro Villar, salientou a importancia dos elementos paisaxísticos: “A herba e o mar, os montes e as vilas da comarca forman o marco da súa experiencia existencial, do seu horizonte sempre enfrontado ó Océano Atlántico, coa reflexión sobre o papel do home no mundo que tal inmensidade provoca”. A análise da devandita antoloxía ratifica esta raigame paisaxística e espacial do conxunto dos autores.\nPorque, en última instancia, o que define a poesía galega segue sendo a escolla de lingua e escoller a lingua segue a implicar, talvez dun xeito tan evidente coma en calquera outro momento histórico, un posicionamento ideolóxico con respecto a unha identidade colectiva de base territorial. Isto non implica unha limitación, nin unha renuncia aos discursos desmitificadores, cuestionadores e mesmo irreverentes en relación aos tópicos asentados e aos modos tradicionais de construír esa identidade territorial, porque ao carón do mantemento destes usos e formas de aparecer o espazo, a deconstrución irreverente serve de garante que evita unha parálise esclerotizante. Como nos versos do colectivo Ronseltz, no poema “Galiza” (1994: 57), “Todo na miña terra é paisaxe / menos traxe, / paxe / e garaxe”. Pártese dunha afirmación que non se nega, mais á que se lle dá unha volta de parafuso que permite, como di González (2001: 6), “romper coa gravidade, a transcendencia avant la lettre e o clasicismo”. Verifícase así o que ela, con respecto desta antoloxía clave da poesía dos noventa, entende como un rexeitamento dos modelos hexemónicos da identidade. Por iso a pluralidade de perspectivas e modos de representación e reflexión que fomos percorrendo permitiría, servíndonos das súas palabras “ofrecer unha visión non colexiada do mundo, o home e as poliédricas facetas da identidade -o dereito a ser sen responder a modelos esenciais e homoxeneizadores” (González, 2001: 7).\nMaría López Sández\nBibliografía\nRivas, Manuel. 1995. Costa da morte blues. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\n— 1996. O pobo da noite. Antoloxía poética. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 2003. Do descoñecido ao descoñecido. A Coruña: Espiral Maior.\nRodríguez, Luciano. 1995. Los caminos de la voz. Seis poetas gallegos de hoy. Granada: Diputación Provincial.\n— 2004. Poetas galegos do século XX. Antoloxía. A Coruña: Espiral Maior. Roger, Alain. 1997. Court traité du paysage. París: Gallimard.\nRonseltz. 1994. Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados. Santiago: Edicións\nPositivas.\nTorres Feijoo, Elías José. (coord.). 2000. Os pousos da pedra: Compostela. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.\nVázquez Iglesias, Pura. 1997. Desmemoriado río. A Coruña: Espiral Maior.\nVillar, Miro. 1992. Ausencias pretéritas. A Coruña: Espiral Maior.\nVillar, Rafa. 1997. Casa ou sombra. Vigo: Edicións Xerais de Galicia."} {"summary": "No proceso de estandarización do galego, o recoñecemento e substitución dos castelanismos acadou gran relevancia, tanto desde a investigación lingüística, como nos discursos de difusión e transmisión do estándar e tamén entre os propios falantes. Neste artigo poñemos de relevo o que consideramos unha sobrevaloración deste fenómeno, sobre todo na súa visión reducionista aos castelanismos de tipo léxico. Precisamente a presenza destes caracteriza unha variedade do galego que os falantes denominan “castrapo”, coa que se identifica unha parte importante dos galegofalantes, a pesar de ser sancionada e cualificada como “mal galego” no discurso público. Todo isto sen esquecermos a outra cara da moeda, os galeguismos no castelán de Galicia, un fenómeno que, non obstante, atraeu moita menos atención, tanto por parte dos falantes como dos lingüistas. Levamos a cabo polo tanto unha análise destes dous tipos de fenómenos, castelanismos e galeguismos, desde a perspectiva dos falantes, pero tamén na literatura especializada. O fin último radica en descubrir as ideoloxías lingüísticas que se agochan baixo estes discursos e terminoloxía.", "text": "Universidade de Vigo anaiglesias@uvigo.es\n Ideoloxía lingüística, estandarización, castelanismos, galeguismos\nSumario 1. Introdución. 2. Metodoloxía. 3. Os castelanismos e a ideoloxía purista. 4. A perspectiva dos falantes. 4.1. Cas1. I ntroducIón\nCando unha lingua aspira a estender os seus usos a ámbitos formais e escritos, ademais de coloquiais, o repertorio lingüístico aumenta necesariamente, xa que ás variedades tradicionais engádese unha nova: a variedade estándar ou normativa. A entrada en escena desta variedade implica ademais un posicionamento ideolóxico con respecto á imaxe da lingua que se desexa transmitir, desde o momento en que esixe toda unha serie de decisións sobre os elementos lingüísticos escollidos para convertelos en estándar. Estamos a falar do proceso denominado “normativización”, tamén coñecido como “estandarización” ou “planificación do corpus”, en termos de Haugen (1983) e Kloss (1969) respectivamente. O proceso de normativización está estreitamente relacionado co de “normalización”, tamén denominado “planificación do status”, ou, mellor dito, deriva deste. Para unha revisión destes conceptos no noso contexto, véxase por exemplo Lamuela e Monteagudo (1996).\nUnha parte moi importante do proceso de estandarización radica na difusión da nova variedade, a estándar, e polo tanto o seu éxito ou fracaso dependerá en gran medida de ata que punto calle entre os falantes. Trátase do subproceso denominado “aceptación” ou “implementación”, que, xunto aos de “selección”, “codificación” e “elaboración”, conforman o modelo proposto por Haugen (1983). Como destacan Lamuela / Monteagudo (1996: 263):\nPolo tanto, o proceso implica unha certa unificación, aínda que non necesariamente a uniformización ou homoxeneización de toda a comunidade lingüística, “pues las variantes/variedades subestándar pueden conservar su espacio funcional fuera de los contextos formales” (Lamuela / Monteagudo (1996: 263). Porén, na práctica as estratexias de planificación do estándar, no sentido de conseguir a súa aceptación entre os falantes, adoitan perseguir o obxectivo de “naturalizar y legitimar las prácticas y actitudes que las agencias al servicio de la planificación lingüística tratan de promover”, isto é, a variedade seleccionada como estándar e os valores a ela asociados (Del Valle / GabrielStheeman 2004: 27). Isto lévase a cabo a través dos discursos, en forma de artigos, conferencias, entrevistas, libros de texto etc., pero tamén das propias prácticas lingüísticas daqueles que teñen voz pública e, polo tanto, se converten en modelos de lingua, desde profesorado e xornalistas ata representantes políticos, pasando por figuras da cultura. Os falantes anónimos encóntranse no medio desta amálgama de voces, como destinatarios e (re)produtores ao mesmo tempo. Neste artigo imos centrarnos precisamente nos discursos de difusión do estándar da lingua galega, co fin de analizar como son adoptados, e tal vez reformulados, polos falantes, nunha dirección topdown. É dicir, pretendemos analizar como os falantes reciben e reformulan as ideoloxías lingüísticas subxacentes nos discursos públicos que perseguen a aceptación do estándar galego.\nO concepto de ideoloxía acadou un papel central no estudo das relacións entre lingua e sociedade nos últimos tempos. Non obstante, non encontramos na bibliografía especializada un significado único, senón múltiples, ás veces complementarios e outras incluso contraditorios, ata o punto de que Woolard, unha das responsables da escolla deste termo, se cuestiona sobre o acertado da decisión (Woolard 2007: 130). En calquera caso, non é obxecto deste traballo teorizar sobre o concepto de ideoloxía, polo que imos recorrer ás palabras de Eagleton na busca dunha definición, a pesar de que el mesmo recoñece que se pode definir a ideoloxía de “seis maneras aproximadamente diferentes” (1997: 52). En calquera caso, Eagleton indica algunhas características comúns: La ideología [conxunto de ideas, crenzas e valores] no es una ilusión carente de base sino una sólida realidad, una fuerza material activa que debe tener al menos cierto contenido cognitivo para contribuir a organizar la vida práctica de los seres humanos. (…) muchas de las proposiciones que presenta son realmente verdaderas. Sin embargo (…) a menudo o normalmente supone falsedad, distorisón y mistificación (Eagleton 1997: 49).\n2. M etodoloxía\nDado que o noso obxectivo é analizarmos as ideoloxías dos falantes sobre as linguas, na parte empírica da investigación necesitamos acceder aos seus discursos metalingüísticos, xa que o discurso constitúe o medio de expresión por excelencia das ideoloxías e outros fenómenos mentais (Van Dijk 2003). Polo tanto, á hora de producir os datos, recorremos a unha das técnicas metodolóxicas que mellor contribúe a reproducir os discursos colectivos dos informantes: o grupo de discusión. Así, como recorda Callejo (2001: 47), a situación grupal é adecuada para a produción de discursos ideolóxicos, xa que todo discurso constitúe un produto ideolóxico configurador dunha sociedade.\nDecidimos acoutar a selección de informantes en función da idade, de xeito que limitamos o estudo ao alumnado de 4º da ESO e, polo tanto, a individuos que se situaban entre os 15 e os 17 anos no momento da realización dos grupos (curso 201213). Esta decisión responde ao obxectivo de acceder ao perfil etario escolarizado na última fase, ata o momento, do proceso de estandarización da lingua galega, a que comeza coa aprobación en 2003 da coñecida como “normativa de concordia”, que consensúa as opcións ata daquela en pugna (mínimos e oficial) e continúa vixente na actualidade, tamén chamada “normativa de consenso”. En efecto, o alumnado participante iniciou a súa escolarización primaria no mesmo ano en que se aprobou a normativa actual (curso 200304) ou un ou dous anos antes no caso dos repetidores. Polo tanto, trátase de individuos que xa non viviron en primeira persoa o debate normativo e dos que en consecuencia podemos esperar unha visión do estándar galego como variedade máis consolidada que en xeracións anteriores.\nEn cambio, si buscamos heteroxeneidade canto ao tipo de hábitat e, en consecuencia, o perfil lingüístico dos informantes, de xeito que realizamos dous grupos nun hábitat urbano (a cidade de Pontevedra), G3 e G4; tres en vilas (un en Vilalba e dous en Caldas de Reis), G2, G5 e G6; e dous no hábitat rural (Guitiriz e contorna, por unha parte, e zona de Cuntis, Portas e Moraña pola outra), G1 e G7. Isto permitiunos acceder a representantes dunha ampla variedade de perfís sociolingüísticos: desde monolingües en castelán ata monolingües en galego, pasando por diferentes tipos de combinación de ambas as linguas. En total, nos sete grupos de discusión realizados participaron 52 informantes (sete ou oito por grupo) 1. O desenvolvemento dos grupos foi adecuado en todos os casos, excepto en dous, G5 e G6, onde resultou difícil a creación dun ambiente distendido que permitise a elaboración por parte dos participantes dun discurso espontáneo. Por este motivo, estes dous grupos deben ser considerados entrevistas grupais, “focus group” na investigación anglosaxona. 1 A parte empírica da investigación levouse a cabo no marco do Plan Anual de Formación do Profesorado, coa subvención da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (cursos 201213 e 201314).\n3. o s castelanIsMos e a Ideoloxía purIsta\nDesde o punto de vista teórico e explícito, os principios nos que se basea a elaboración do estándar galego aparecen recollidos nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, cuxa responsabilidade recae na Real Academia Galega (RAG). Resúmense na seguinte descrición: “Unha lingua común asentada na fala, mais depurada de castelanismos, supradialectal, enraizada na tradición, coherente e harmónica coas demais linguas de cultura” (2004: 12, a cursiva é miña). Se nos detemos agora no primeiro dos catro principios que recollen as Normas, lemos o seguinte:\nPor conseguinte, un dos obxectivos na elaboración do estándar foi “limpar” este de elementos “alleos” ao galego por proceder do castelán, denominados nas propias Normas “castelanismos”. De feito, os dous extractos citados mantéñense idénticos desde a primeira edición das normas, en 1982, coa única diferenza do cualificativo que se aplica aos “castelanismos”: o adxectivo “espúreo” usado daquela foi substituído polos actuais “alleo innecesario”. En primeiro lugar, “espúreo” non é un termo aceptado no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG), que establece o léxico normativo, nin no dicionario da RAG. Si encontramos “espurio”, cos seguintes significados, na segunda e terceira acepcións: ‘que non é auténtico’, ‘contrario ás leis ou á ética’. Polo tanto, a substitución, ademais dos motivos estritamente “normativos”, tamén parece indicar unha preferencia por termos non tan negativamente connotados. En calquera caso, este principio senta as bases dunha liña de actuación e a contraria ao mesmo tempo, isto é, por unha parte continuar a fala do pobo, pero por outra rexeitar desta todo o que non sexa considerado “fiel” ao galego “pola presión do castelán”. Esta distinción remite necesariamente a criterios históricos, asumindo ademais que se trata dun “problema” estendido, dada a prioridade que se lle outorga nas Normas. Así, os castelanismos convértense, en efecto, nun dos focos do proceso de estandarización. Porén, nas Normas queda sen especificar nin exemplificar a que tipo de castelanismos se refiren os seus autores. O concepto de castelanismo definido como “canto de alleo innecesario hai incrustado na fala viva como presión do castelán” pode facer referencia a calquera nivel da lingua: fónico, morfolóxico, sintáctico ou léxico. Non obstante, o termo “castelanismo” vinculouse durante moito tempo en primeiro lugar ao campo do léxico, tal como recolle o dicionario da RAG na súa primeira acepción: ‘trazo idiomático ou vocábulo propio do castelán’ (a cursiva é miña). En efecto, á hora de trasladar o primeiro principio das Normas ao discurso lingüístico, os castelanismos foron interpretados sobre todo como castelanismos léxicos. A relevancia outorgada aos castelanismos podemos percibila tanto no ámbito da investigación lingüística, como nos manuais e libros de texto. Así, o seu tratamento forma parte dos contidos do currículo da materia Lingua galega e literatura (DOG, 29 de xuño de 2015), onde o termo “castelanismo” aparece sete veces, como por exemplo no 3º curso da ESO: “LGB. 4.2.3. Identifica os castelanismos nas producións lingüísticas e depura estes elementos no seu propio discurso”. Máis alá das referencias explícitas aos castelanismos no currículo e, en consecuencia, nos libros de texto, resulta especialmente significativa a presenza transversal que acada o seu recoñecemento e substitución nas aulas. Seguramente moitos profesores e profesoras poderán confirmalo e recoñecerse en exercicios do tipo “Identifica os castelanismos dos seguintes enunciados e indica a forma estándar correspondente”, referidos unha vez máis ao léxico. Podemos consultar, a modo de exemplo, o exercicio 5 da opción A da proba de acceso á universidade (PAU, setembro 2015).\nCanto á bibliografía especializada, imos citar só algúns exemplos que nos parecen suficientemente ilustrativos da grande importancia concedida aos castelanismos e, en concreto, aos pertencentes ao ámbito léxico. Graña Núñez, nun manual titulado Vacilacións, interferencias e\nSe a morfoloxía e a sintaxe galegas, tamén a fonética, se viron afectadas por quiñentos anos de dominio do castelán como lingua do poder na Galiza, que dicirmos do léxico? A castelanización foi tan intensa neste ámbito que mesmo afectou o nome do país e o noso propio nome de galegos e galegas.\nEstes dous extractos evidencian a ideoloxía “purista” na que se instalaron moitos dos estudosos e planificadores do galego, derivada á súa vez dos principios das propias Normas, como acabamos de ver, e herdeira dos escritores incluídos no período denominado por Fernández Salgado / Monteagudo (1995) “enxebrizante ou diferencialista” (primeiro terzo do S. XX). Estes autores resumen: de exceptuármolos encadrables na fase do galego popular, a case totalidade dos poetas e prosistas sentiron a necesidade de eliminalos elementos espurios á lingua. Este sentimento purista na procura dunha lingua diferencial, distanciadora do castelán e xeradora de identidade propia dominaría o proceso de “nacionalización” do galego durante o primeiro tercio do galego [sic] (Fernández Salgado / Monteagudo 1995: 123, a cursiva é miña).\nRecentemente, ReiDoval (2013) realiza unha revisión da ideoloxía purista, aínda que centrándose, xa na época actual, no que el denomina “grupo da Coruña” (sobre todo, Freixeiro Mato e Sanmartín Rei). Se ben coincidimos en que estes autores representan o seu máximo expoñente, consideramos que se trata en xeral da ideoloxía máis estendida nos discursos de estandarización do galego, expresada de forma máis ou menos explícita segundo os casos. Así, Fernández Salgado, quen tamén examina o concepto de purismo, afirma (2003: 956): Ós profesores que tiven na Universidade de Santiago e no Instituto da Lingua Galega, enfeitizábaos o tema da corrección lingüística do galego. Foron eles quen transmitiron á miña xeración a súa paixón polas palabras correctas. (…) A depuración lingüística tamén foi a operación principal acometida na elaboración do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG). (…) O purismo foi, sen dúbida, a ideoloxía prevalente na composición das NOMIG do 82, á par do populismo e oralismo (a cursiva é miña). Por suposto, non se trata dunha ideoloxía orixinal nin nova, senón que adoita acompañar calquera proceso de estandarización e non só no caso de linguas minorizadas, senón tamén das dominantes. Seguindo a Romaine (1996: 109), ninguna otra variedad tiene los recursos y el prestigio del estándar escrito. El hecho de que exista como un objeto descrito en los libros de gramática produce la idea de que es, de alguna manera, la lengua “vernácula” y “legítima”, y que las otras variedades son versiones degeneradas o corruptas de ella.\nEfectivamente, no noso contexto o discurso que representa esta ideoloxía aliméntase de todo este tipo de termos pertencentes ao campo semántico da pureza e os seus contrarios, como deturpación, dexeneración, contaminación, corrupción, pecados etc. Máis aínda, como intentaremos demostrar, os planificadores das linguas minorizadas e, no caso concreto que nos ocupa, do galego, o que fan é imitar e reproducir as estratexias e o discurso puristas aplicados ás linguas dominantes. En efecto, como sinala ReiDoval (2013: 262), “son comúns a estratexia e o desexo puristas de conectala lingua estándar coa forza da nación que fala esa variedade promovida como lingua nacional. Eis a razón de que acabase aplicándose tal visión tamén ás linguas minorizadas”. Así, no proceso de construción nacional percíbese a necesidade de reducir as diferenzas internas. En palabras de Del Valle (2004: 25), citando á súa vez a Hobsbawn, “las particularidades individuales y locales deben quedar subordinadas (y si es necesario sacrificadas incluso) a la identidad colectiva”. E, na construción desta identidade colectiva, a lingua acada un papel preponderante, unha lingua concibida tamén sen diferenzas internas, como unha variedade homoxénea, a estándar, que pasa a ser a única considerada lexítima. Recalde (2003: 63) tamén realiza esta interpretación da ideoloxía purista, indicando que responde á\nnecessity to create a standard language that becomes a symbol of national identitiy, for which it is essential to purify it of foreign elements, especially of those which are believed to have originated in the superimposed language, although the antiquity and integration into the system of these elements are recognised.\nNon obstante, hai unha diferenza importante entre o purismo nas linguas dominantes e as minorizadas. Como recorda ReiDoval (2013: 262): “as comunidades minorizadas presentan como especificidade o feito de a pureza da súa identidade se construír por contraste e oposición ó Estadonación que pretende absorbelas e/ou dominalas, o que axuda a entendelo seu desexo de se independizaren respecto a este”. En consecuencia, o proceso de “unificación” e “depuración lingüística” baséase no afastamento da lingua representante do Estado opresor, no noso caso, o castelán. Isto explica o “éxito” e grande difusión da ideoloxía purista na elaboración do estándar galego, entendida sobre todo como diferenciación con respecto ao castelán e, polo tanto, identificación e substitución dos castelanismos.\nPor outra parte, a ideoloxía purista está estreitamente relacionada co que Woolard denomina a “ideoloxía do anonimato”, a pesar de que esta autora vincula esta ás linguas hexemónicas, fronte á “ideoloxía da autenticidade”, asociada, en cambio, ás linguas minorizadas e ás variedades non estándar. A ideoloxía do anonimato intenta desenvolver unha lingua “libre de identificacións locais concretas”, “una lengua pública común, estandarizada y no marcada” (Woolard, 2007: 1334). Como sinalan O’Rourke / Ramallo (2013: 291), efectivamente “standard Galician is described as polydialectal in that it is not seen to derive from any one single variety (…). Arguably, therefore, its anonymity stems from the absence of traces of any recognizable local variety”. Na difusión desta variedade estandarizada, a escola e os medios de comunicación desempeñan un papel fundamental: “Bajo el poder persuasivo de las escuelas y los medios de comunicación, la gente llega a aceptar el poder de la lengua como algo natural e inherente a la lengua misma. Tras haber perdido sus raíces sociales, se convierte en una lengua ‘de ningún lugar’” (Woolard 2007: 135). Non obstante, para conseguir esta aceptación por parte dos falantes, cómpre dotar o estándar de función simbólica, alén da instrumental e comunicativa, é dicir, que sexa quen de “encarnar el espíritu de la nación y/o representar (aunque sea en una relación arbitraria) la unidad nacional” (Del Valle, 2004: 26). Como analizaremos na seguinte epígrafe, non semella que o estándar galego acadase ata o momento este valor simbólico, xa que efectivamente non se trata dunha lingua dominante e, polo tanto, nos seus falantes vai ter máis forza a “ideoloxía da autenticidade”, que sitúa el valor de una lengua en su asociación con una comunidad concreta y como expresión de su espíritu (…). Para ser auténtica, una variedad de habla debe ser claramente ‘de algún lugar’ en la conciencia de los hablantes. Si no se pueden hallar sus raíces en un territorio social y geográfico, carece de valor (Woolard, 2007: 1312). Repárese en que na ideoloxía purista dos discursos da estandarización do galego, os termos “auténtico” e “autenticidade” tamén acadaron grande relevancia, pero cun significado diferente do que teñen na proposta de Woolard, como opostos a “anonimato”. No caso do purismo, “auténtico” equipárase a “lexítimo” e remite ao “galego fiel a si mesmo” do primeiro principio das Normas reproducido máis arriba, co significado en definitiva de “diferenciado con respecto ao castelán”. Son moi claras neste sentido as seguintes palabras de Sanmartín Rei (2009: 27): “non é posible manter ningunha actitude diferente á do purismo, entendido sempre non como reforzo normativo senón como lóxica procura dun modelo de lingua auténtico afastado do español ” (a cursiva é miña). Como veremos, nos discursos dos falantes, o concepto de auténtico remite en cambio ao local e singular, en oposición ao anónimo (o que non é de ningún lugar), de acordo coa interpretación de Woolard.\nCo fin de seleccionar o que é admitido ou non neste galego “lexítimo” e “auténtico” —o estándar—, recórrese ao argumento da “pureza xenealóxica”, isto é, ao criterio etimolóxico, de xeito que se rexeita todo aquilo que se atribúe a un cambio lingüístico provocado por influencias externas, neste caso polo contacto coa lingua dominante, o castelán, fronte aos cambios provocados por evolución interna da lingua (Thomason 2001: 86). Cómpre aclarar, seguindo a esta autora, que “the difference between contactinduced changes and internallymotivated changes largely disappears. The main difference (…) is in the trigger for the change”, de xeito que nos primeiros o desencadeante radica na influencia doutra lingua. É máis, ás veces as motivacións externas e internas combínanse para dar lugar a un cambio lingüístico. De todos os xeitos, no caso do léxico, a identificación das influencias do castelán adoita ser pouco cuestionada na literatura. Porén, si encontramos debate con respecto á influencia ou non do castelán por exemplo respecto ao fenómeno da gheada, xa no nivel fónico. E, precisamente, como denuncia Recalde (2003), os seus detractores baseánse na teoría da súa orixe castelá (tese castelanista), recorrendo así ao argumento xa citado da “pureza xenealóxica”: se se demostra que a gheada apareceu no galego como resultado da influencia castelá, isto considérase motivo suficiente para rexeitala. Coincidimos con esta autora cando conclúe “it appears that the academic debate over the acceptance or rejection of the gheada as a standard variant will have to begin to use arguments different from those of genealogical purity and authenticity” (Recalde 2003: 70).\nA ideoloxía purista derivou nos últimos tempos no que podemos denominar a “ideoloxía da calidade da lingua”, que establece unha relación directa entre a defensa do uso do galego, como posicionamento ideolóxico, e as escollas lingüísticas máis puristas, no sentido de “máis galegas”\ndesde un punto de vista xenético. Como establece Sanmartín Rei (2009: 36, a cursiva é miña): A calidade de lingua que empregamos é un sinal inequívoco, público, notorio, do noso compromiso lingüístico. O grao de deturpación, de españolización, de falta de coidado co idioma que mostramos a cotío mostra, fai evidente, a relaxación nesta materia. Non é posible acreditar, neste contexto histórico, nun discurso de defensa da lingua galega usando un modelo de lingua tan pouco acaído, tan corrompido (…) temos que utilizalo correctamente e restituír aquelas formas hoxe esquecidas ou preteridas.\nObsérvese como se contrapón a suposta “deturpación” e “corrupción” do galego actual, identificada coa súa “españolización”, fronte á recuperación de formas do pasado, isto é, a volta ás orixes, recorrendo a un criterio histórico, etimolóxico ou xenealóxico. En definitiva, trátase de preservar a superioridade da variedade estándar, única para toda a comunidade, sobre as demais, co argumento de que se trata da variedade “auténtica” no sentido de “depurada de castelanismos”. Coincidimos con Regueira (2012) cando defende que a noción de “calidade da lingua” responde non a criterios lingüísticos senón a xuízos de valor e xuízos sociais. De novo os que en maior medida representan estas ideoloxías son os estudosos que se integran no que ReiDoval denominou “grupo da Coruña”, aínda que as encontramos así mesmo en autores fóra deste círculo. Así, por exemplo González González (2012: 46) afirma: A pesar de contar con todas estas ferramentas [normas, gramáticas, dicionarios, vocabularios] que, en teoría, facilitarían a utilización desta lingua dunha maneira correcta, o galego nunca se utilizou cun nivel de calidade tan baixo nin cun nivel de contaminación tan alto. E este feito supón un perigo real para o futuro da lingua. Ninguén discute que cómpre normalizar o status do galego e estender o seu uso, iso é incuestionable. Pero tamén é necesario velar pola calidade da lingua, porque as linguas morren porque as deixan de falar os seus potenciais usuarios, pero tamén desaparecen por desfiguración do seu corpo, a través dun proceso de ‘patoisización’. Como vemos, repítese o mesmo tipo de terminoloxía: “calidade” fronte a “contaminación”. Por conseguinte, o galego “de calidade” é o “galego auténtico”, “fiel a si mesmo”, en contraste co galego castelanizado, froito da “deturpación” e “españolización”. Cómpre aclarar, de todos os xeitos, que nestas afirmacións González se refire ao “galego urbano”, é dicir, ao dos falantes “maioritariamente urbanos, que teñen na súa maioría o castelán como lingua materna” (González González 2012: 47), e caracterízao por presentar castelanismos nos planos fonético e morfosintáctico, fronte ao “galego tradicional”, no que se “perseguen” sobre todo, como xa vimos, exactamente esta etiqueta.\nNo extracto de González González citado aparece ademais outro dos argumentos amplamente utilizado polas ideoloxías purista e de calidade da lingua, o “medo” á asimilación no castelán, argumento recorrente desde o principio do proceso de estandarización, co fin de xustificar a postura purista, como sinalan Fernández Salgado / Monteagudo (1995: 123) con respecto aos escritores do período “enxebrizante ou diferencialista”: “dado que nas situacións de contacto lingüístico entre linguas próximas, o influxo da lingua hexemónica tende a acurtala distancia lingüística entre as dúas variedades, o diferencialismo no caso do galego acabou lexitimándose como resposta efectiva nunha estratexia antiasimilista”.\nlización do idioma e só se pode conseguir desde a calidade e a autenticidade (Freixeiro Mato 2014: 134).\nVemos nesta cita como efectivamente se vincula a normalización cunha determinada postura con respecto ao proceso de estandarización, baseándose nos criterios de prestixio e autenticidade das linguas e atribuíndo esta ideoloxía ademais aos propios falantes, “utentes do idioma”. Á parte de que, como xa dixemos, estamos ante xuízos de valor, consideramos moi arriscado a atribución aos falantes de ideoloxías sen lles preguntarmos a eles mesmos, sen recollermos e analizarmos os seus propios discursos. De aí que precisamente a investigación da que extraemos os datos se centrase en dar voz aos falantes. A través das súas palabras imos estudar como valorizan as variedades lingüísticas e ata que punto reproducen ou non nos seus discursos as ideoloxías lingüísticas purista e de calidade da lingua.\nComo xa explicamos, limitámonos a unha franxa etaria moi concreta, que escollemos ademais porque establecemos como hipótese que podía representar cambios con respecto a xeracións anteriores canto á imaxe do estándar, dadas as mudanzas acontecidas no último período do proceso de estandarización. Por conseguinte, os resultados teñen que se limitar necesariamente polo momento a este segmento de poboación: alumnado de 4º da ESO. Ademais, ao tratárense de individuos inmersos no último ano de escolarización obrigatoria, supoñemos que na súa formación ideolóxica van acadar grande importancia os discursos do profesorado. De feito, nalgúns momentos fan referencia explícita a aspectos que estudaron nas aulas. En calquera caso, o que nos interesa é como eles e elas recollen todas estas influencias, non só do profesorado senón tamén dos demais axentes de socialización, e conforman e producen un discurso propio.\n4. a perspectIva dos falantes\n4.1. Castelanismos: o castrapo\nEntre o alumnado galegofalante que participou na nosa investigación encontramos unanimidade á hora de caracterizar a súa forma de falar pola presenza de castelanismos léxicos, como revela a seguinte selección de extractos:\n• “eu por ejemplo nunha frase podo dicir tres palabras en castelán e tres en galego aínda que sea galegofalante” (G1) • “aquí en galego por cada tres palabras que soltamos dúas delas son castelanismos” (G2)\n• “vou:: decir vou á escuela / non vou á escola ou ao colexio entendes? non non digo: moitas cousas non as digo como son normativas en galego falo castelán pero nin eu nin a maioría da xente falante así en galego que me fala a min polo menos” (G5) Así, citan, a modo de exemplo, palabras normativas que coñecen, pero non utilizan, xa que no seu lugar “prefiren” os castelanismos correspondentes. Aparecen de forma recorrente nos seus discursos as seguintes: “garfo, culler, tesoiras, lixivia, bolboreta, xoaniña, por exemplo, escola, colexio” etc. Como xa analizamos noutro artigo (Formoso / Iglesias / Rial no prelo), “son conscientes de que estes castelanismos non forman parte do estándar” e pasan a identificar esta variedade precisamente pola ausencia dos castelanismos léxicos. En palabras dun informante: “o normativo non ten castelanismos por iso é normativo” (G2).\nEn contraste, a variedade con castelanismos léxicos denomínana “castrapo”, termo que aparece espontaneamente na maioría dos grupos onde hai galegofalantes, xa desde as primeiras intervencións. É dicir, son os propios informantes os que recorren a esta denominación, de xeito que, só cando non xorde de forma espontánea, é o moderador quen lles pregunta por ela. Isto só acontece no único grupo formado totalmente por castelanfalantes (G3), así como nos dous grupos que resultaron entrevistas grupais (G5 e G6), nos que todos os temas foron propostos polo moderador. O mesmo ocorría no estudo piloto previo a esta investigación (Iglesias Álvarez 2013), no que se realizaran tres entrevistas grupais a alumnado de 2º da ESO de Caldas de Reis. O termo castrapo sempre era introducido polos informantes por iniciativa propia e ademais desde as primeiras intervencións, xa nas autopresentacións. Por este motivo, xa daquela afirmabamos: “necesitan recorrer ao castrapo á hora de explicar a súa identidade como falantes” (Iglesias Álvarez 2013: 177).\nAínda que nun primeiro momento definen o castrapo como “mezcla de gallego e castellano” (G7), “unha maneira de designar unha mestura entre dúas linguas” (G5), e que hai castelanfalantes que tamén afirman “castrapear”, maioritariamente este termo aplícase ao galego con influencias do castelán no léxico. O seguinte fragmento resulta especialmente ilustrativo da súa concepción do castrapo como galego con castelanismos léxicos, en oposición ao galego estándar, aínda que, como se pode ver, con certas vacilacións (a cursiva é miña):\nMo: rara vez eu creo (G6)\nNo estudo piloto encontraramos tamén esta asociación do castrapo ao galego, pero de forma aínda máis tallante, de xeito que aqueles que se autopresentaban como falantes de castrapo eran os mesmos que escollían no cuestionario escrito a opción “só ou máis galego” como lingua habitual e “en contraste, aqueles que se presentan como monolingües en castelán en ningún momento asocian o seu xeito de falar ao castrapo” (Iglesias Álvarez 2013: 181). En calquera caso, como veremos na seguinte epígrafe, os castelanfalantes tamén recoñecen na súa fala influencias do galego, pero evitan a etiqueta castrapo para definila (Formoso / Iglesias / Rial no prelo). Isto non deixa de ser sorprendente, posto que ademais o termo “castrapo” se aplicou tradicionalmente ao “castelán agalegado”. Con este significado recólleno Rojo (2004: 1092), Recalde (2012: 670) ou Freixeiro Mato (2013: 213), entre outros. Por exemplo, Rojo (2004: 1092) defíneo como “la variedad que surge de los intentos por expresarse en español por parte de gallegohablantes que tienen un conocimiento muy imperfecto de la otra lengua” e engade que se trata dunha “denominación casi siempre peyorativa”. Inclúea polo tanto dentro do subconxunto de variedades correspondentes ao español, xunto co “castellano de Galicia” e o “español estándar peninsular” (Rojo 2004: 1092). Como vemos, trátase dunha definición moi afastada do significado que asignan ao mesmo termo os nosos informantes.\nO “castrapo” é a variedade lingüística que se transmite na familia e constitúe polo tanto a lingua materna ou inicial destes falantes, con todas as implicacións identitarias e afectivas que isto supón. Así, refírense a ela como “galego da familia, galego dos meus pais, galego de toda a vida”. Polo tanto, trátase dunha variedade dentro do galego, “pero non unha variedade calquera, xa que goza, fronte ás demais, dun elevado poder simbólico e emocional” (Iglesias Álvarez 2013: 187). En definitiva, como xa afirmamos noutro artigo, “a identificación entre o castrapo e a maneira de falar galego dos galegofalantes é total” (Formoso / Iglesias / Rial no prelo).\nAdemais destas motivacións, no mantemento do castrapo tamén pesa moito o factor da comodidade e o hábito e incluso ás veces o descoñecemento, aínda que en xeral o alumnado participante recoñece que o uso dos castelanismos se debe máis a unha falta de interiorización que á ignorancia. Proba disto é que, como vimos antes, son quen de poñer numerosos exemplos nos que exemplifican como na súa fala cotiá espontánea “escollen” os termos non estándar, mais saben indicar cales son os termos normativos correspondentes. Esta falta de interiorización da variedade normativa acentúase debido ao seu escaso contacto con ela: “o galego normativo solo:: eu polo menos solo o escoito na escuena escola e: na televisión e pouco máis” (G5). De aí que por unha parte cualifiquen o castrapo e, polo tanto, o que eles falan, como incorrecto, “que non está ben dito”, e por outra, en cambio, intenten reivindicalo e rexeiten a súa cualificación de incorrecto, por exemplo por parte do profesorado: “hai profesores que che din\nObservamos como, co fin de desfacer a contradición na que eles mesmos incorren con respecto á corrección ou non do castrapo, introducen a diferenza entre as variedades en función do grao de formalidade e o tipo de ámbito (público ou privado): “nun documento escrito formal non podes poñer (cousas) en castelán pero (ao mellor) estás falando cos teus amigos e si” (G1);\n“pois haino que usar [o castrapo] na / bueno / eu polo menos úsoo cando estou cos meus amigos ou así [escóitase unha afirmación] / pero o normativo / pois xa o dixen / cando te diriges a alghén importante ou así” (G7). Paralelamente, tamén atopamos informantes que amosan unha clara vontade correctora, no sentido de converxencia cara ao estándar na súa fala cotiá, aínda que son posturas minoritarias: Mod: e que opinades sobre iso? sobre ese xeito de falar que dicides que tedes con con tanto castelanismo P: pois que haberá que ir evolucionando e: cambiar cambiando / non digo que haxa que falar galego normativo sempre porque si hai algunhas palabras que igual (xa) son demasiado para o ámbito culto e tal entre oralidade e escritura, de xeito que son máis permisivos con aqueles, aínda que só na vertente oral:\nen lugar de excursións hai que escribir o galego: normativo pero no ámbito coloquial se ti es desta zona igual que un que fala con gheada a utiliza eu tamén poido dicir excursiós porque realmente un andaluz tampouco forza o seu acento para falar así o castelán normal e: entón xx unha lingua porque xx A: i os madrileños tamén que dicen el la dijo (G2) 2 Neste sentido, concordamos coa crítica que realiza Marcos Bagno ao termo “culto” aplicado ás linguas ou normas, no sentido de que implica necesariamente o seu antónimo, “inculto”, e este asóciase no imaxinario colectivo a adxectivos tan negativos como “incivilizado”, “ignorante”, “bruto”, “vulgar” etc. Como sinala este autor, “do ponto de vista sociológico e antropológico, simplesmente não existe nenhum ser humano que não esteja vinculado a uma cultura ” (Bagno 2003: 58). Polo tanto, á hora de referirnos á variación intralingüística deberiamos evitar o termo culto, fronte a vulgar ou popular, para utilizar no seu lugar as etiquetas formal e informal ou coloquial, máis neutras.\nEn definitiva, os galegofalantes presentan un repertorio plurilingüístico e pluridialectal que inclúe tres opcións. En palabras dun deles: “depende / no / porque tanto podes falar gallego / como castrapo / como castellano” (G7). Dado que o castrapo se opón ao estándar e este é presentado como unha variedade diafásica para ser usada en contextos formais, o castrapo pasa a situarse tamén neste parámetro de variación, isto é, xustifícano como unha variedade diafásica coloquial e, en consecuencia, totalmente lexítima para ser empregada nos usos cotiáns espontáneos da lingua. Como recollemos en Formoso / Iglesias / Rial (no prelo): “estes galegofalantes defenden plenamente a súa valía no ámbito coloquial”.\nFronte á variación (diafásica) que recoñecen no galego, no caso do castelán, redúcese a unha única variedade, polo menos no que respecta aos galegofalantes, variedade que identifican ademais co estándar.\nDeste xeito, mentres o “galego estándar” é unha variedade homoxénea (común e supradialectal), o castrapo inclúe as diferentes variedades dialectais mais os castelanismos léxicos, en diferentes graos. Como xa sinalaba Dubert (2002: 21), poden establecerse “diferencias entre distintos sociolectos [do galego] en función da cantidade de innovacións castelanizantes que aparezan ou en función da cantidade de trazos enxebres que se conserven”. É o que Dubert denomina “mesolectos”, fronte ao “basilecto”, que sería a variedade máis conservadora, tanto no acento como no léxico ou a gramática. Polo tanto, a etiqueta xenérica de “castrapo” parece agochar máis ben un continuo, diferenciado polo nivel de presenza de castelanismos, por unha parte, e pola outra polos dialectalismos específicos de cada zona. Non obstante, os falantes, polo menos no grupo etario estudado por nós, refírense a el como unha variedade única, en cuxa identificación prima a característica de presentar castelanismos léxicos, aínda que, como acabamos de ver, efectivamente algúns os eviten en maior medida ca outros.\nPara concluír, os galegofalantes demostran ter interiorizada a ideoloxía purista que os planificadores difundiron con respecto ao galego, de xeito que nos seus discursos metalingüísticos o tema dos castelanismos acada grande relevancia, nalgúns casos expresado de maneira moi semellante á dos discursos públicos —”tamén o galego oral está plagado de castelanismos” (G2)—, ata o punto de que necesitan recorrer a unha etiqueta diferente para identificar o seu galego oposto ao estándar: “por dicilo dalgunha maneira castrapeamos” (G2). Este castrapo caracterízase principalmente pola presenza de castelanismos léxicos, pero tamén por trazos dialectais, sobre todo pola gheada, característica fónica que, como vimos, tamén é obxecto de crítica nos discursos públicos máis puristas, a pesar de que é cuestionable que teña a súa orixe na lingua dominante (Recalde 2003). Coincidimos polo tanto con Monteagudo (2004: 397), cando afirma: “Podemos dicir que o castrapo é un lecto ou variedade que se acha caracterizado por un número reducido de variables, variables que ademais pertencen por unha parte só ao plano léxico e noutros a este e tamén ao fónico (cando se inclúe a gheada)”. De aí que este autor sinale: “determinadas variantes poden asociarse a máis dun tipo de ‘lecto’, e mesmo poden mudar de estatus: como antes sinalamos, a gheada, por exemplo, que en principio é unha variante diatópica, pode converterse nun momento dado ou para certos falantes nunha variante estilística” (Monteagudo 2004: 396) 3. 3 Cómpre engadir que, cando o castrapo inclúe a gheada, os falantes cualifican a súa propia maneira de falar como “bruta” ou “do monte”, como ocorre no G7 (véxase Formoso / Iglesias / Rial, no prelo), de acordo co alto grao de estigmatización deste fenómeno.\nNon obstante, isto non significa que os falantes asuman todas as implicacións que a ideoloxía purista e de calidade da lingua intenta impoñer, no sentido de abandonaren a súa variedade dialectal en función da variedade estándar. Así pois, das dúas posibilidades que expoñían Lamuela / Monteagudo, recollidas na introdución, estes falantes decántanse pola opción a), é dicir, adquiren o estándar como variedade estilística pero sen se asimilaren a ela, no sentido de abandonaren os sus “dialectos subalternos”. En efecto, a variedade que desempeña para eles a función simbólica é o “castrapo”, mentres que a variedade estándar cumpre só unha función instrumental, isto é, para ser usada nos contextos máis formais, que en realidade son moi escasos, polo menos na franxa etaria estudada. No seu discurso observamos como aplican a “ideoloxía da autenticidade” no sentido de Woolard. De feito, o valor simbólico do castrapo procede da súa oposición ao galego estándar, neutro, de ningún sitio. Fronte a este, o castrapo tamén é denominado “o noso galego”, “galego de aquí”, “galego con gheada”, “galego de Villalba” (Formoso / Iglesias / Rial no prelo), denominacións nas que se pon de relevo a súa singularidade: unha variedade “de algún lugar”, que representa as súas raíces, como sinalaba Woolard (2007: 1312) na cita reproducida máis arriba.\n4.2. Galeguismos: o castelán de Galicia\nTodos os informantes admiten tamén a influencia do galego no castelán, pero restándolle importancia, de xeito que para os castelanfalantes a súa variedade de castelán resulta moi ben situada nos criterios que eles mesmos establecen para valorar a calidade lingüística: grao de aproximación ao estándar e índice de mestura, tal como xa analizamos noutro artigo (Formoso / Iglesias / Rial no prelo). Os exemplos que citan de variedades máis afastadas do estándar e, por isto mesmo, peor valoradas son o andaluz e o castelán de Suramérica.\nEsta visión coincide en gran medida coa análise dos especialistas, como se pode comprobar en Rojo (2004), Moreno Fernández (2009: 123124), ou Dubert (2002: 20). Este último autor destaca que se trata de formas que “non están estigmatizadas en ningún grupo social”. Non obstante, os informantes en ningún momento se refiren por exemplo ás perífrases, que si inclúen os autores citados (formas como “dar + participio”, co significado de ‘posibilidade’; ou “tener +\nparticipio”, con valor reiterativo). Isto pode ser un indicio do seu alto nivel de integración, que provoca que os falantes non sexan conscientes de que están cometendo unha “incorrección” desde o punto de vista do español estándar, mesmo por parte daqueles que amosan unha visión máis “purista” da lingua.\nComo consecuencia do analizado ata aquí, temos que matizar a nosa conclusión da epígrafe anterior. Desde a perspectiva dos falantes, as variedades que conforman o repertorio lingüístico en Galicia son: castelán de Galicia, castrapo e galego estándar. Mentres os galegofalantes e bilingües manifestan incorporar as tres aos seus usos lingüísticos, en proporcións bastante dispares segundo os casos, os castelanfalantes limítanse á primeira, isto é, ao castelán de Galicia. Non obstante, coincidimos con Dubert (2002: 21), cando insiste en que o castelán agalegado ou basilectos casteláns de Galicia non constitúen unha masa uniforme que se opoña ó castelán culto de Galicia ou ós acrolectos casteláns [variedade máis tendente ao castelán estándar xeral], senón que quizais se poidan establecer diferentes variedades con límites difusos ó longo dun contínuum.\nMais os castelanfalantes presentan a súa propia variedade como homoxénea e ademais moi próxima ao castelán estándar. Como xa vimos, os galegofalantes tamén presentan o seu castelán como moi próximo ao estándar, no seu caso ademais reforzado polo argumento de que o aprenden nun ámbito formal, a través do ensino 4.\nEsta conclusión contrasta coa sinalada por Recalde (2012), pois segundo esta autora, para os seus informantes, “el EdG [español de Galicia] es un castellano mal hablado”. En cambio, na nosa investigación, polo menos en contraste co galego non estándar (“castrapo”), aquel resulta moito mellor valorado e, de feito, os nosos informantes tenden a xustificar a presenza de “galeguismos” na súa fala e a reivindicar que tamén está “ben falada”. Estas diferenzas poden deberse ás distintas técnicas metodolóxicas empregadas e ao perfil social dos informantes, xa que no noso caso se trata dunha poboación moi nova (menores de 18 anos) e os datos que ela manexa responden a unha franxa de idade desde os 20 ata máis de 54 anos. Ademais, neste estudo contrastábase o castelán de Galicia co estándar académico do español, é dicir, non entraba na comparación o galego.\n5. c ultura da MonoglosIa\nDo mesmo xeito que o normal, no sentido de máis frecuente, é o plurilingüismo, tamén o é, en consecuencia, o contacto lingüístico, aínda máis hoxe en día, a raíz da globalización e os avances tecnolóxicos, que multiplican as posibilidades de intercomunicación. A pesar disto, vivimos nunha cultura na que se adoita presentar o esquema ideolóxico contrario: o considerado normal é o monolingüismo e o estraño son as sociedades bilingües e, polo tanto, o contacto de linguas e as súas consecuencias. Isto é o que José del Valle (1999) denomina “culture of monoglossia”, recorrendo a unha noción similar á que presentan J. e L. Milroy (1991) como “ideology of standardization”. Estas ideoloxías baséanse na “possession of a well defined and relatively stable grammar” como o que caracteriza un individuo e a súa comunidade desde o punto de vista lingüístico (Del Valle 1999: 119). Como consecuencia, levan a concibir as linguas como entidades fixas, invariantes e estables (Milroy / Milroy 1991: 26), nas que polo tanto a diversidade é considerada incorrección, falacia e deturpación. O que busca esta ideoloxía monoglósica ou da estandarización é a uniformidade, tanto desde o punto de vista interlingüístico (debemos tender a instalarnos nunha soa lingua), como intralingüístico (tendencia a converxer co estándar). Esta ideoloxía xa foi analizada con respecto ao español por lingüistas como Del Valle (2004 ou 2007) ou Moreno Cabrera (2010), que visibilizan a ideoloxía que emana da propia Real Academia Española e que pretende reducir a diversidade dialectal existente na chamada lingua de Cervantes. En palabras de Del Valle (2007: 41):\nDesde las agencias a cargo de la política lingüística española se ha ido mucho más allá de la simple elaboración de la norma culta del español. La preservación de la unidad del idioma, es decir, la garantía de la lealtad de los hispanohablantes a la norma culta y a sus guardianes, y la promoción internacional del español, es decir, el estímulo y explotación de un interés por la lengua española en el mundo, han sido declarados objetivos prioritarios por la Academia y el Cervantes respectivamente. (…) En otras palabras, se ha producido una ideología lingüística.\n• Un discurso sobre as linguas desde unha perspectiva xeral que defende o respecto pola diversidade lingüística (todas as linguas e variedades lingüísticas enriquecen) e as vantaxes do bilingüismo. • Un discurso sobre o caso concreto da lingua galega, que penaliza as variedades lingüísticas diferentes da estándar (rexeitamento de castelanismos léxicos proscritos no estándar e de trazos dialectais como a gheada), así como a alternancia de códigos galegocastelán, isto é, os comportamentos bilingües individuais. Como analiza Regueira (2012: 195), desde a entrada do galego no sistema escolar e o arranque do proceso de normalización lingüística un dos obxectivos foi a promoción de ideas de non discriminación e de dignificación da lingua galega, mais en boa parte mantense a base ideolóxica de que existe unha (e só unha) forma correcta de escribir e mesmo de falar a lingua. No marco desta “ideoloxía do estándar”, preséntase a evolución lingüística como unha tendencia natural á uniformidade, no sentido de aproximación ao estándar establecido, e enténdese que o comportamento lingüístico dos individuos tenderá a converxer baixo a presión da norma estándar, de acordo coa visión monolítica das linguas na que se sustenta. Como consecuencia, a variación dialectal verase reducida.\nDesde o noso punto de vista, o tratamento que se lle outorgou ao estudo do contacto galegocastelán na nosa investigación lingüística reflicte esta ideoloxía, caendo ademais no engano de aplicar criterios diferentes segundo se trate das influencias nunha ou noutra dirección. En primeiro lugar, chama a atención a escaseza de estudos dedicados á influencia do galego no castelán, como sinalan Recalde (2012) e Rojo (2004) en cadanseu artigo sobre o “español de Galicia”: “Los no demasiado numerosos trabajos dedicados a las características del español de Galicia” (Rojo 2004: 1091).\nEn contraste, é notable a proliferación de estudos dirixidos a estudar o nivel de penetración do castelán no galego. Na Guía bibliográfica de lingüística galega, na epígrafe 4.3. titulada “Consecuencias lingüísticas do conflicto: as inteferencias e os cambios de código”, os seus autores comezan afirmando: “A maioría dos traballos realizados sobre interferencias centráronse no estudio do influxo do castelán na lingua galega” (Regueira et al. 1996: 80). Máis recentemente, na revisión bibliográfica levada a cabo por min, mantense esta tendencia, de xeito que agás algunha referencia dedicada ao estudo dos galeguismos (Romero / Núñez Singala 2004, Álvarez de la Granja / López Meirama 2013), a maioría céntrase nas “interferencias” do castelán no galego 5. En moitas destas achegas, ademais, o estudo dos “castelanismos” preséntase baixo o título xenérico de “interferencias”, sen especificar no título o sentido no que se van abordar.\nPor outra parte, nas escasas referencias bibliográficas existentes sobre o castelán ou español de Galicia, os autores encárganse de rexeitar precisamente o termo “interferencia” para aplicalo ás influencias do galego nesta variedade. Así, Rojo (2004: 1090) aclara que “no son realmente interferencias, sino casos de integración de fenómenos propios del gallego que se han incrustado en el español que habla una buena parte de la población gallega”. No mesmo sentido, Moreno Fernández (2009: 124), despois de citar os trazos característicos do “castellano de Galicia”, engade: Todos esos rasgos tienen su origen en la lengua gallega, pero han pasado a la modalidad castellana de Galicia con tal determinación y, en muchos casos, desde hace tanto tiempo, que ya no estamos ante voces o usos prestados: son voces o usos del castellano gallego. El castellano que incorpora tales elementos no es sentido como foráneo y esas características lingüísticas pueden encontrarse prácticamente en todo hablante de Galicia, incluidos los más cultos y prestigiosos. 5 Sen pretender en absoluto ser exhaustivos, ofrecemos só a modo de exemplo as seguintes referencias: Kabatek 1991 e 2000, Álvarez de la Granja 2003, Dubert 2005, Fernández Salgado 2004, Hermida Gulías 2004, Silva Domínguez 2003 etc. Tamén hai algunha investigación que estuda a influencia nos dous sentidos, como a de Silva Valdivia 2004.\nIsto non quere dicir que consideren que se trata dun fenómeno menor, máis ben ao contrario. Rojo (2004: 1098), despois de analizar as “peculiaridades” fonéticas e gramaticais do español de Galicia, aclara con respecto ás “peculiaridades léxicas”: “Las palabras gallegas integradas en diferentes formas en el léxico del español de Galicia son, por tanto, muy numerosas, de modo que resulta imposible hacer aquí siquiera una aproximación a este conjunto”.\nPolo tanto, cando se fala do castelán de Galicia, rexéitase aplicar o termo interferencia aos galeguismos que o definen. En cambio, cando se fala da calidade lingüística do galego, insístese reiteradamente na abundancia de castelanismos, denominados “interferencias”, “deturpacións”, “solucións espurias”, “formas foráneas”, en oposición a “voces patrimoniais galegas”, “vocábulos autóctonos”, “solucións propias” ou “formas propias”. Por suposto, estas últimas son as que caracterizan o “galego auténtico”, o “bo galego”, mentres que o “outro galego” é cualificado como “inauténtico” e “mal galego”.\nNa nosa opinión, baixo este tipo de afirmacións está actuando a ideoloxía que reduce a lingua á norma estándar, de acordo coa cultura monoglósica e a ideoloxía da estandarización. En definitiva, este discurso contribúe, sen dúbida, a asociar o fenómeno da interferencia directamente coa lingua galega, con todas as connotacións negativas que isto implica, xa que, como acabamos de ver, as interferencias aparecen vinculadas a denominacións claramente pexorativas. A situación agrávase debido a que o concepto de interferencia non se aplica sempre co mesmo significado, non xa na lingua común senón na propia bibliografía especializada. Xa Silva Valdivia (1991: 29) denunciaba esta situación, indicando que “é moi frecuente incluír baixo este rótulo calquera fenómeno de intercambio ou transferencia (léxica, morfosintáctica, fonética etc.) entre dúas linguas que conviven socialmente nun mesmo territorio”. De feito, a vaguidade non é exclusiva da lingüística galega e remóntase á propia orixe do concepto. Como sinalaba Blas Arroyo (1993: 19), “todavía hoy se mantienen numerosas discrepancias entre los investigadores sobre muchos aspectos relacionados con la interferencia lingüística; y a ello ha contribuido, sin duda, la propia imprecisión del concepto”. Consideramos que a falta de concreción continúa ata a actualidade e que, en consecuencia, cómpre revisar esta terminoloxía en futuros estudos.\n6. c onclusIóns\nOs galegofalantes obxecto da nosa investigación (alumnado de 4º da ESO) reproducen en parte esta ideoloxía, sobre todo no que respecta á importancia outorgada aos castelanismos léxicos no seu galego (castrapo). Non obstante, desde unha perspectiva heteroglósica, defenden o mantemento dun repertorio plurilingüístico e pluridialectal, o que lles permite presentar a súa variedade tradicional como “lexítima” para os usos familiares e coloquiais. Para eles e elas, este “castrapo” é a variedade “auténtica”, segundo o significado de Woolard, a que contén valor simbólico; fronte ao estándar, ao que asignan un valor puramente instrumental (variedade para ser usada nos contextos máis formais e públicos).\nEn definitiva, temos que ser capaces de modificar os esquemas conceptuais impostos pola cultura monoglósica e elaborarmos un novo discurso no que os galegofalantes tradicionais e o seu castrapo teñan cabida tamén na calidade da lingua. Se provocamos que os galegofalantes se sintan excluídos do proceso de estandarización da súa propia lingua, dificilmente imos ter éxito non xa na difusión do estándar, senón no propio mantemento e recuperación de falantes. Trátase, na nosa opinión, de potenciar a variación diafásica e o dominio dun amplo repertorio lingüístico, de xeito que os falantes poidan escoller entre diferentes opcións segundo os contextos. Desta maneira, poderemos ser “puristas” con respecto á variedade estándar pero sen a concibirmos como a única lexítima. Consideramos que esta postura tamén é compatible coa esixencia nos usos públicos e formais dun estándar coidado, tal como defende Regueira (2012: 196), pero sempre sen excluírmos da lingua de calidade os galegofalantes tradicionais e o seu castrapo.\na gradeceMentos\nEste artigo é resultado das reflexións levadas a cabo a raíz da realización dun grupo de traballo como profesora de secundaria. Ademais de todos os profesores e profesoras que participaron nas súas diferentes fases, quero dar as grazas aquí especialmente a Xosé Álvarez, Salomé Díaz, Valentina Formoso e Ana Rial. Os observadores internos da realidade que están a estudar corren o risco de caer na procura dos seus propios estereotipos e seguramente así acontecerá nalgúns casos nestas liñas sen ser eu mesma consciente. Non obstante, penso que o feito de ter debatido con elas e el todas estas cuestións axudoume en gran medida a ver aspectos diferentes dos que eu estaba a buscar e que ás veces por non buscalos non os atopamos. Por isto, os meus máis sinceros agradecementos. Tamén quero darlles as grazas aos dous revisores anónimos, cuxas apreciacións e contribucións foron de grande axuda.\nr eferencIas bIblIográfIcas\nÁlvarez de la Granja, María (2003): “As interferencias na fraseoloxía”, en Carmen Cabeza / Anxo Lorenzo Suárez / Xoán Paulo RodríguezYáñez (eds.), Comunidades e individuos bilingües: Actas do I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo. Vigo: Universidade de Vigo, 614624. Álvarez de la Granja, María / Belén López Meirama (2013): “A presenza do galego no léxico dispoñible do español de Galicia. Análise distribucional”, en Eva Gugenberger / Henrique Monteagudo / Gabriel ReiDoval (eds.), Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 4996. http://consellodacultura.gal/ mediateca/documento.php?id=2065. Bagno, Marcos (2003): A norma oculta. Lingua & poder na sociedade brasileira. São Paulo: Parábola Editorial. Blas Arroyo, José Luis (1993): La interferencia lingüística en Valencia (dirección: cataláncastellano). Valencia: Publicacions de la Universitat Jaume I. Callejo Gallego, Javier (2001): El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Barcelona: Ariel. DOG, Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. http://www.\nxunta.gal/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioG0164260615-0002_gl.html\n[03/06/2016]. Dubert García, Francisco (2002): “Os sociolectos galegos”, Cadernos de lingua 24, 527. http:// academia.gal/documents/10157/23708/ Cadernos_24.pdf. Dubert García, Francisco (2005): “Interferencias del castellano en el gallego popular”, Bulletin of Hispanic Studies 83/3, 271291. Eagleton, Terry (1997): Ideología. Una introducción. Barcelona: Paidós. Fernández Salgado, Benigno (2003): “Pureza e contaminación na estandarización da lingua”, en María Álvarez de la Granja / Ernesto X. González Seoane (eds.), A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 93127. http://consellodacultura.gal/ mediateca/documento.php?id=297. Fernández Salgado, Benigno / Henrique Monteagudo (1995):”Do galego literario ó galego común. O proceso de estandarización na época contemporánea”, en Henrique Monteagudo (ed.), Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, 109176. Fernández Salgado, Xosé A. (2004): “A interferencia do castelán no léxico galego: o castelanismo como recurso eufemístico”, en Rosario Álvarez / Francisco Fernández Rei / Antón Santamarina (eds.), A lingua galega: historia e actualidade, tomo I. Santiago de Compostela: Consello da Cultura galega / Instituto da Lingua Galega, 501507."} {"summary": "Tras o fenómeno Letras de Cal, de importantes repercusións simbólicas, no sistema literario galego parece existir unha tendencia a invisibilizar e a cinguir baixo idénticas etiquetas os grupos poéticos posteriores. Mais esta aparente homoxeneidade, xurdida como consecuencia do relevo que algún destes colectivos acadou en movementos políticos e sociais –é este o caso das Redes Escarlata–, funciona unicamente na tona da dinámica literaria. Por unha banda, porque se detecta a existencia de dous tipos de grupos poéticos, os que se chamarán “grupos formalmente constituídos” e os que se denominarán “redes de afinidade entre creadores”. Por outra, porque ao analizar a incidencia no campo dos primeiros (nos que se centrará o estudo), comprobarase como, abalando entre as arestas da resistencia e a anovación, cadaquén procura unha intervención de seu no sistema. Non obstante, a hetereoxeneidade na conformación dos diferentes colectivos, as diferentes poéticas dos seus membros e a súa acción no ámbito localcomarcal semellan ser os trazos compartidos dun subcampo que, á vez que se mantén nun segundo plano, se atopa en constante transformación.", "text": "Os grupos poéticos galegos tras Letras de\nCal: entre a resistencia e a anovacion\nMontserrat Pena Presas\n[Recibido, xaneiro 2011; aceptado, marzo 2011]\n : grupos poéticos, hetereoxeneidade, intervención social. ABSTRACT After the phenomenon kown as Letras de Cal, of important symbolic aftereffects, there seems to exist a tendency within the Galician literary system to make invisible and join together under identical labels all subsequent poetical groups. However, this apparent homogeneity, which originated as a consequence of the importance which some of these groups attained in social and political movements –such as the case of the Redes Escarlata-, only functions on the surface of the literary dynamics. On one hand, because the existence of two kinds of poetical groups can be detected; those who would be known as “formally constituted groups” and those known as “affinity networks amongst creators”. On the other hand, because when the analysis on the incidence on the field of the former group (where the study will focus) is carried out, it will be observed how through the oscillation between the margins of the resistance and those of the innovation each group intends to secure their own intervention within the system. However, a certain heterogeneity in\nFacer mapas nunca foi tarefa doada. Por iso, trazar unha cartografía de grupos poéticos galegos é vogar nun mar revolto no que pouco se ve do fondo e no que a intuición se converte no principal guieiro para iniciar a navegación. Están tamén as cartas marítimas que outros e outras, acostumados máis a estas augas bravas (polo que teñen de vivas) emprestaron 1, así que se partirá de diferentes investigacións que poden axudar a contextualizar a seguinte achega.\nCómpre comezar explicando que criteiros se empregarán para delimitar as fronteiras do que se considera colectivo poético. Para iso, usarase a definición que achega o Equipo Glifo no seu Dicionario de Termos Literarios:\nEnténdese por grupo literario un número de persoas entre as cales existe algún elemento integrador, intereses e obxectivos comúns e unha actividade social colectiva, cando menos nos momentos iniciais da súa intervención no espazo público (Equipo Glifo, 1998: 533). O perfil co que se traballa é amplo e será de grande utilidade nun panorama en que os colectivos se caracterizan, de xeito global, pola súa laxa cohesión, especialmente visíbel nas poéticas diverxentes dos seus integrantes, e esta case sempre responde a unha coincidencia espacial e/ou de intereses políticosociaisculturais.\nSe ben as comunmente chamadas promocións dos oitenta e dos noventa empregaron como estratexia para gañar espazo no campo literario os grupos poéticos (Louzao Outeiro, 2006: 69), e se a década dos noventa foi especialmente proclive á conformación de colectivos de produtores (Louzao Outeiro, 2006: 99), a tendencia nestes últimos anos semella ser a contraria. Por unha banda, pola aparente carencia (só mantida na tona sistémica) de gupos poéticos minimamente estábeis que realicen unha tarefa constante e por outra, pola resistencia que moitos produtores e produtoras manifestan ante unha etiquetaxe xeracional e mesmo grupal.\nEsta resistencia á etiquetaxe, a variabilidade e inestabilidade dos colectivos autoriais, o atípico dalgunhas das canles empregadas para chegar ao lectorado, a procurada querenza pola invisibilidade e o aparente baleiro de iniciativas grupais producido despois da disolución de Letras de Cal, quizais poidan explicar a escasa presenza que os colectivos están a ter nos estudos críticos sobre poesía galega. Se se revisan as panorámicas de poesía do Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos (Rábade Villar, 2002; González Fernández, 2004, 2005, 2006, 2007), verase que practicamente ningunha alusión se fai ao labor desenvolvido polos grupos de creadores e creadoras en funcionamento, que sofren unha invisibilización só xustificada pola tan nomeada convivencia xeracional e pola conseguinte resonancia de nomes e poéticas que se poderían cualificar de canónicos. Unicamente se ten en conta que, como consecuencia do desastre do Prestige ocorrido nos finais 2002, se constituíron numerosas redes sociais que ergueron a voz contra a marea negra, o que é considerado:\nun dos fenómenos máis singulares do percorrido cultural do século XXI, pois é difícil que se volva repetir este estado de creación crítica e colectiva mantida durante tantos meses, no que o máis interesante non son os libros senón as innumerables accións e intervencións (e intervir é transformar) que mantiveron a cultura galega nunha actitude infatigable que chegou a toda Galiza (González Fernández, 2004: 118).\nComo consecuencia da actividade colectiva que viviu o mundo da cultura durante os meses posteriores a novembro de 2002, produciuse a consolidación de grupos de produtores e produtoras que doutra maneira non se terían asentado como tales coa intención de intervir socialmente no sistema. O Prestige actúa na poesía galega como unha baliza que marca o nacemento dunha nova conciencia social, promovendo opcións temáticorepertoriais que apostan polo cívico e polo comprometido. A poética social volve contar en Galiza cun novo pulo. Posibelmente por isto e pola preeminencia que un destes colectivos adquiriu (refírome aquí ás Redes Escarlata), boa parte destes grupos poéticos foron etiquetados (e polo tanto homoxeneizados) baixo o distintivo “intervención social”, agochando outros posicionamentos creadores –se ben secundarios– igualmente interesantes.\nO escurecemento da acción colectiva polos materiais críticos perpetuou esta homoxeneización e deixou escaso espazo para a análise doutras actitudes grupais. Por este motivo, e para realizar unha achega máis precisa á cuestión grupal, semellou pertinente realizar un sinxelo cuestionario a diferentes autores que partía de dúas preguntas básicas: “Considérase pertencente a un colectivo poético?” ou “Pensa que comparte intereses cun grupo de creadoras e creadores?”. Segundo se contestase a unha ou outra, o itinerario variaba e convidaba a explicar experiencias grupais ou afinidades con outros axentes culturais. Os autores enquisados que responderon foron Xabier Cordal, Mario Regueira, Belem de Andrade, Alfonso Láuzara, Daniel Salgado, Lois Gil Magariños, Carlos Figueiras, Manuel Lopes Rodrigues, Vítor Gulías e Manuel del Río, polo que para sustentar determinadas afirmacións remitirase ás súas respostas 2 (indicando que foron recollidas no cuestionario realizado pola autora).\nO primeiro que se observa ao tentar trazar unha panorámica dos grupos que funcionaron ou funcionan no sistema dende 2002 (ano en que morre a iniciativa de Letras de Cal) é que existen dous tipos de colectivos: os grupos formalmente constituídos e as redes de afinidade entre creadores. Os que chamamos “grupos formalmente constituídos” (nos que por causa de espazo nos centraremos maioritariamente) caracterízanse por ser recoñecidos como tales por todos ou a maioría dos seus integrantes, con conciencia de formar parte dun colectivo. Isto implica que contan con varios destes trazos identificativos: comparten unha denominación común, adoptan unha postura semellante ante a cultura ou/e a literatura, posúen diversos órganos de expresión (xa se trate de publicación periódica, web ou/e blog) e participan practicamente nas mesmas iniciativas (recitais, mobilizacións sociais ou culturais, etc.). En canto ás redes de afinidade entre axentes culturais (que cómpre deixar para un estudo máis demorado) serían marcos de colaboración máis amplos e menos estábeis, sen denominación compartida, en que os seus participantes (cunha marcada heteroxeneidade) só recoñecen uns certos intereses semellantes e a coincidencia en determinadas iniciativas culturais 3.\nNos chamados “grupos formalmente constituídos” estarían o Colectivo Sacou, Coporación Semiótica, as Redes Escarlata, o Clube dos Poet@s Viv@s e A Porta Verde do Sétimo Andar. Dentro destes, habería dous, Corporación Semiótica e o Colectivo Sacou que, aínda que a súa andaina comeza durante o funcionamento de Letras de Cal, o seu labor continúa despois. No caso de Corporación Semiótica Galega, o seu proxecto é de clara vontade experimental e anovadora e atópase en funcionamento dende finais dos anos noventa. Baixo unha denominación que remite a un marcado carácter grupal atópase, principalmente, o nome de Lois Gil Magariños, quen ten manifestado que este non é un proxecto “nin individual nin colectivo”, aínda que recoñece que “o ideal sería que houbese un colectivo constante” (Culturagalega.org, 2007). O obxectivo primeiro foi crear unha plataforma editorial aberta e autoxestionada que aglutinase diferentes creadores e creadoras da comarca do Ulla (Gil Magariños, no cuestionario coa autora). Por iso, amais do principal impulsor da Corporación, esta contaría coa colaboración doutros creadores coas mesmas inquedanzas, que se poderían concretar no interese pola arte correo (modo de creación que consiste en cruzar mensaxes artísticas a través do correo electrónico e do correo postal) e, sobre todo, pola poesía visual (o material de repertorio priorizado). A través dela o que se pretende é denunciar diversos temas: dende o imperfecto xeito de ver dos humanos (como ocorre en Perspectiva Polichinela, unha carpeta de colaxes en que se transforman imaxes tiradas da prensa para incitar á reflexión) até os significados ocultos que se agochan na maioría dos símbolos publicitarios. Igualmente, compartiríase a preocupación por un cambiante concepto de autoría, que tentarían redefinir a través dos seus traballos. O lectorado que se procura é sempre activo e moi cómplice, dado que as actividades deste grupo son escasamente difundidas e van dirixidas a un público moi especializado, de maneira que pode chegar a existir unha correspondencia entre produtores e consumidores. A súa incidencia no mercado é mínima, xa que as tiraxes son cativas (nalgúns casos non superan os vinte exemplares) e a distribución adóitase facer en redes pechadas relacionadas cos propios produtores implicados (como exemplo, o proxecto Exlibris, que se enviaba unicamente dende Pontecesures nun sobre). Non só polo concepto de poesía que importan (unha combinación de texto, imaxe e xesto), senón tamén pola vontade de fuxir das vías de comunicación habitual, por recorrer a espazos periféricos para as súas accións (estas case sempre se desenvolven en vilas) e polo vangardismo provocador das súas propostas (como por exemplo Pigdada and cía, unha experiencia de mail art que emprega o porco como icona creativa e que resulta unha magnífica mostra do espírito deste colectivo 4), a situación de Corporación Semiótica segue a ser, conscientemente, a mesma que dez anos antes: situados da banda da vangarda non consagrada, o seu obxectivo é continuar reflexionando sobre os procesos creadores á vez que seguir estabelecendo un diálogo interartístico dende o texto poético. Un texto que emane resistencia ás formas habituais e que se interrogue e faga reflexionar a outros sobre o concepto de autoría. Porque a súa reivindicación é tamén a de acadar un espazo para a poesía experimental no país 5.\nEn canto ao Colectivo Literario Sacou, a súa actividade comezou ao redor dos anos 97 e 98, artellada arredor das villas de Noia e Outes e producida debido á coincidencia de moitos dos seus membros iniciais no instituto de secundaria noiés. Os seus integrantes iniciais foron Xoán García, Manuel Lopes Rodrigues, Manuel del Río, Iria Lago, Óscar Sendón, Ramón Blanco e Nacho Suárez, e contaban co obxectivo prioritario de dinamizar culturalmente a súa comarca e dignificar a cultura galega (Lopes Rodrigues en entrevista coa autora), polo que levaron a cabo actividades que ían dende recitais máis ou menos espontáneos, ás Xornadas de Defensa da Cultura Galega (que chegaron á cuarta edición) até a saída do prelo da publicación A Caramuxa. Esta, que comezou sendo pouco máis ca unha folla voandeira da que se tiraba un novo número con cada estación, foi editada a partir do seu número 9 por Toxosoutos 6, que lle outorga un formato de revista convencional. Pese ás diverxentes estéticas que aniñaban en cada un dos seus compoñentes, compartían o espazo local e unha ideoloxía políticocultural moi semellante (na maioría dos casos moi vencellada ao nacionalismo de esquerdas) e a visión de que as institucións do sistema literario galego estaban a priorizar certos repertorios como opción única, polo que mantiveron unha postura bastante crítica con certos sectores da literatura galega (Lopes Rodrigues en conversa coa autora) 7.\nSacou, aínda que comeza sendo un grupo de acción cultural local relativamente reducido, acaba por se converter nun movemento máis aglutinador de certa relevancia, grazas á capacidade dos seus integrantes para implicar diferentes axentes cultuais. En primeiro lugar, comezaron polo contexto inmediato, sumando ao seu proxecto, amais da Editora Toxosoutos, a xentes vencelladas á cultura, dando lugar ao que se coñeceu coma a “contorna Sacou”. O segundo paso foi incorporar como colaboradores d’ A Caramuxa a produtores e produtoras emerxentes que aínda non publicaran a súa primeira obra individual ou que unicamente contaban cun poemario na rúa (Mario Regueira, Oriana Méndez ou Daniel Salgado). Isto combinouse co convite aos seus actos a autoras e intelectuais máis consagrados, como Chus Pato, Camilio Nogueira ou Ferrín. A súa evolución no sistema vai en paralelo a esta actividade aglutinadora, pois aínda que o colectivo nunca acada unha posición achegada á centralidade (algo que sen dúbida, tampouco era o seu obxectivo), avanza dende unha posición máis periférica (medios máis cativos, vontade de autoxestión, nomes descoñecidos, ámbito espacial concreto) cara a outra igualmente periférica pero máis visibilizada (apoio de Toxosoutos, colaboración con produtores e produtoras de fóra do seu radio de influencia, realización de actos noutras localizacións), quizais tamén pola ocupación dunha parte do baleiro deixado –como grupo bandeira das marxes– por Letras de Cal.\nFronte á proposta anovadora da Corporación, cómpre resaltar a intervencionista das Redes Escarlata, formadas oficialmente en maio de 2001, con web homónima, blog e revista de seu, que ten como obxectivos: “intervir en temas políticos, sociais e culturais da nosa Terra e Tempo”. Pese a estas palabras tiradas do seu manifesto inaugural, as súas mediacións no sistema son principalmente políticosociais e non tanto culturais. Aínda que a conformación das Redes ocorreu un ano antes do afundimento do Prestige, os actos organizados logo do desastre ecolóxico catalizaron e deron unha maior difusión ao colectivo. Bos exemplos disto son o manifesto de creación colectiva “Máis de mil razóns para non votar ao PPrestige/PPetroleiro e para botalos” ou o “kit poéUSC e vencellos de amizade. Proba disto é que Blanco Mourelle colabora n´A Caramuxacun artigo en que reivindica unha literatura dende a esquerda en que os interese das obras descanse “no desafío intelectual que propoñen, no conflito de aceptabilidade que suscitan (isto é, en que medida forzan un avance no sistema literario ao forzar o horizonte de expectativas dos consumidores)” (Blanco Mourelle, 2004: sen numerar) e que Del Río sostén (no cuestionario coa autora) “a miña postura (sobre a literatura galega) coincidía coa dos Sacou e a dos Comparatistas, anque estes últimos eran moito máis críticos e cáusticos co noso sistema, e varios deles o teñen xa abandonado pola literatura española”. Boletín Galego de Literatura, nº 45 / 1º semestre (2011) / ISSN 02149117\ntico” de denuncia dirixido a Manuel Fraga. Isto, xunto cunha traxectoria delongada na denuncia de situacións políticas determinadas (a guerra de Iraq, a ilegalización de Batasuna), fixeron deste colectivo un grupo eminentemente orientado cara á acción política e convertérono en máis ca un grupo poético, pasando a ser practicamente un referente social. Así o expresa Xavier Cordal: “únenme ás redes unha visión común da intervención política e a negativa a aceptar que somos españois e que a economía capitalista, o patriarcado ou a destrución da terra sexan inevitables” (a referencia é do cuestionario). Para comprender isto na súa totalidade, cómpre resaltar o vencello existente entre esta agrupación e a Fronte Popular Galega, como recoñece claramente Chus Pato:\nA FPG decidiu constituír unha desas antigas frontes culturais. Reunímonos unha serie de xente sen moita idea do que era aquilo, a verdade. O nome xurdiu por Bretaña esmeraldina na que hai unha organización de presos, as Redes Escarlata, que planean para fuxiren do cárcere. O noso plan era abrir un espazo de intervención política e cultural (Castro, 2008: 19).\nAs poéticas dos seus integrantes son moi diversas, como o son as súas traxectorias ou as súas datas de nacemento –significativo é, neste sentido, que no volume partillado Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (2003) os únicos datos que se fornezan das autoras son os nomes e non outros elementos que poderían modificar a percepción de quen le–, mais todas teñen en común “o posicionamento do corpo político que produce o texto” (Cordal, cuestionario coa autora).\nA súa traxectoria consolidada, a inxente nómina de produtores que acolle, a gran difusión que tiveron moitos dos seus actos, o seu compoñente idealista e o feito de que nas súas filas se aliñen boa parte dos nomes centrais da poesía galega actual (Ferrín e Chus Pato, por citar os casos máis evidentes) fan das Redes Escarlata o colectivo máis canónico (e polo tanto o que actúa de modelo de grupo poético, cubrindo boa parte das iniciativas dos outros), que o levarían a situarse nunha vangarda consolidada.\nDe recente xurdimento (o blog funciona dende 2005) é a experiencia colectiva A Porta Verde do Sétimo Andar, a unión dun grupo de poetas, cuxo núcleo estaría formado por Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Luís Viñas, Abilio Rodríguez, rosanegra (Rosa Martínez) e Alberte Momán, co obxectivo de atoparse no seu particular cuarto para “destilar á nosa maneira a realidade subxectiva e mostrala tal e como queremos” (A Porta Verde do Sétimo Andar, 2005), que se vincularían por un “galeguismo esencial” e pola defensa comprometida da cultura e lingua galegas (Alfonso Láuzara en entrevista coa autora). Coma noutros grupos, non hai unha coincidencia de idade, nin de formación, nin de poéticas e a súa cohesión artéllase na coexistencia espacial e na participación das súas diferentes iniciativas (os Encontros no Sétimo Andar, celebrados unha vez ao mes no vigués Café Uf!, concibidos coma unha sorte de xuntanzas poéticas abertas a todo o público; a publicación en 2007 da obra –que funciona como unha antoloxía grupal– A porta verde do sétimo andar, autoeditada, e que recolle moitas das composicións xa aparecidas na bitácora; ou a colaboración con outros colectivos, como o portugués Incomunidade, con quen manteñen un diálogo constante). O feito de que moitos dos seus membros non conten cunha obra individual publicada (agás Alberte Momán e minusbálido) e que na súa antoloxía se recollan poemas xa publicados podería facer pensar que o volume vai encamiñado a acadar máis centralidade no campo literario. Non obstante, as vías de difusión alternativa en que se moven moitos dos seus membros (a maioría publican na web, aínda que non fan excesivo uso dos hipertextos e demais posibilidades que abre esta ferramenta) e colaboradores (coma minusbálido, participante en moitos proxectos de carácter experimental no eido da poesía audiovisual 8), pode indicar que concibiron o volume como o medio máis estábel (polo que ten de convencional) para chegar a un lectorado máis amplo e, polo tanto, de adquirir certa visibilidade (que non centralidade). As accións colectivas á marxe do centro do sistema localizadas case sempre en Vigo e a súa área de influencia, a nómina maioritaria de integrantes sen obra individual publicada (agás Alberte Momán, que porén, tira do prelo autoeditándose ou en selos como Difusora e Estaleiro, o que supón unha toma de posición moi concreta) e unha presenza maior nos espazos virtuais fan de A Porta Verde do Sétimo Andar un colectivo con obxectivos eminentemente creativos e moi abertos (como aberta é a participación no colectivo), que pasan polo diálogo con outros grupos de creadores e polo activismo cultural vigués. Mais a vontade experimental (exemplificada na colaboradora Elvira Riveiro) ou a social (a vertente que máis ocupa a Manolo Pipas) semellan non ser algo completamente compartido, o que subliña, de novo, a heteroxeneidade grupal, desta vez tamén salientada nos fins grupais, abondo diversos.\nUn grupo máis innovador é aínda o Clube dos Poetas Viv@s, xurdido en 2006 co obxectivo de “cambiar o mundo com a ajuda da poesía” (Clube dos Poetas Viv@s, 2006). O colectivo estaría formado por Artur Alonso, Concha Rousía, Belem de Andrade, José Manuel Barbosa, Servando Barreiro e José A. Corral e contaría cun blog homónimo en que van publicitando as súas actividades, fundamentalmente recitais ou outros actos poéticos (como o magosto con poesía que se levou a cabo en Parada de Piñor) celebrados no ámbito da cidade de Ourense e da súa área de influencia 9. Os seus modos de actuación cinguen o compromiso coa literatura co compromiso coa realidade, baseado nunha opción libertaria (non se recoñecen os estados) a partir da cal pretenden incidir na sociedade, especialmente nos máis novos. Isto leva aparellado un compromiso lingüístico en que a opción idiomática escollida (a reintegracionista ou o portugués), é outro nexo de unión primordial entre os membros do colectivo:\nrespeitamos e legamos a voz que vem das mães, dos pais e avôs de nossos avós, por isso não sumetemos a voz ao comércio do verbo, nem entregamos a fala em troca dum suposto parabém que nos calme a consciência. Por isso escrevemos na norma que une povos diversos, mais de 200 milhões de vozes nascidas neste ventre universal (Clube dos Poetas Viv@s, 2006).\nPor máis que durante os anos 2001, 2002 e 2003 se falou de “continuísmo” (Rábade Villar, 2002: 256) e de “certo estancamento” na poesía galega (González Fernández, 2004: 115), marcados polo estiramento das propostas da década anterior, logo viñeron tempos en que un dos elementos máis novidosos foi a aposta dos “poetas novos” polo compromiso social (González Fernández, 2005: 152). Un compromiso social que sen dúbida, amais do pulo individual, se adoita xerar nas dinámicas grupais.\nÉ moi significativo, que moitos dos produtores que na actualidade recoñecen a súa pertenza a un grupo formalmente estabelecido, se integrasen xa no pasado noutro colectivo deste tipo (Xabier Cordal primeiro en Roseltz e agora nas Redes Escarlata, Elvira Riveiro nas Redes Escarlata e na Porta Verde, etc.), o que explica en boa medida a rede de redes que se crea se analizamos as relacións entre uns e outros grupos (anotaremos unicamente que Corporación Semiótica ten colaborado con A Porta Verde, algúns membros deste coas Redes Escarlata, o Clube dos Poetas Viv@s con A Porta Verde, etc.), que dá lugar a un subsistema paralelo en que se colabora coa intención de transformar. Os colectivos que actualmente interactúan no campo literario galego fano guiados non tanto por un obxectivo editorial (como podía ser o caso de Letras de Cal e aínda que neste aspecto Corporación Semiótica constitúa unha excepción) e polo tanto, non coa idea primordial de incidir no aspecto literario, senón de actuar para tentar mudar certas dinámicas políticosociais (o que xustifica tamén a hetereoxeneidade das súas escollas temáticorepertoriais). Isto explica que, aínda que nun comezo se parta dun grupo de poetas, logo se axunten diferentes produtores culturais (pintoras, actores, académicas, deseñadores, como ocorre no caso da Corporación Semiótica ou da Porta Verde). O principal ámbito escollido en case que todos os casos é o local (resaltan os vencellos de Sacou a NoiaOutes, da Corporación á comarca do Salnés e do UllaSar, do Clube dos Poetas Viv@s a Ourense, etc.), o que xustifica nunha parte a pouca visibilidade de moitos destes colectivos, mais tamén o desexo de incidir na súa realidade máis próxima. Unha actuación moi relacionada coa importancia que teñen as performances e os recitais dentro das actividades destes grupos (non tratados aquí pola condición de brevidade imposta), e que reflicten o xeito máis social, máis comunal, máis participativo, de entender a poesía 10. Alén desa acción local, moitos destes colectivos estabelecen diálogos frecuentes e directos co ámbito da lusofonía (A Porta Verde co grupo portugués Incomunidade, Corporación Semiótica coa revista Parnasur, do norte de Portugal, o Clube dos Poetas Viv@s xa a través da escolla lingüística), o que demostra unha vontade de difundir a súa actividade grupal fóra do propio sistema.\nAínda que resulta reducionista etiquetar as accións dos colectivos poéticos baixo o lema único da intervención social, parece claro que os grupos que interactúan no sistema literario galego fano movidos pola pretensión de achegar a poesía ao seu ámbito máis próximo e convertela nun instrumento de reflexión. Porén, dentro do escurecemento ao que a crítica literaria galega someteu o labor de moitos destes colectivos, asimilouse a actividade levada a cabo por uns e outros, mimétizándose, cando as direccións (que non as estratexias, como se viu, máis semellantes) e os obxectivos eran diverxentes. Dende o ámbito máis políticoutópico das Redes Escarlata (centro do sistema grupal), pasando polo máis cultural da Porta Verde do Sétimo Andar (máis nas marxes), polo máis experimental de Corporación Semiótica (que procura conscientemente a marxe da marxe dende a vangarda), ou pola situación intermedia de Sacou (sempre entre a difusión e a dinamización), só no futuro se poderá analizar con maior claridade o esforzo duns colectivos poéticos que quedaron mergullados no falso e profundo baleiro deixado no sistema por Letras de Cal. Quizais porque máis ca buscar un espazo achegado ao centro do sistema a través da publicación de “novas voces”, apostaron por unha acción localizada –que non tiña como obxectivo primordial a publicación– que ía dende a intervención social e a difusión cultural (opcións maioritarias) á reivindicación doutros xeitos (minoritarios, polo momento) de facer poesía, mais todos destinados (tamén polo seu propio interese) a habitar a periferia.\nMontserrat Pena Presas Universidade de Santiago de Compostela"} {"summary": "O artigo explora algúns dos modos de intervención no campo cultural galego contemporáneo, afondando en particular nas relacións estabelecidas entre poesía e manifesto. Estas relacións materialízanse en fenómenos de imbricación e fenómenos de contigüidade. De entre toda a casuística exposta, aténdese especialmente aos casos nos que a función manifesto comparece no poema, en obras de autores como Chus Pato, Alberto Lema ou Daniel Salgado, e nas alianzas entre manifestos e poesía que vén potenciando a actividade de diversos movementos cívicos nos últimos anos.", "text": "Como desfacer as cousas coas palabras: alianzas entre a poesía e o manifesto no campo cultural galego actual\nIria Sobrino Freire\n[Recibido, xaneiro 2011; aceptado, marzo 2011]\n : campo cultural, intervención, manifesto, poesía. ABSTRACT This paper explores some of the modes of intervention within the\nO manifesto e a poesía son vellos aliados. Dende que a modernidade virou o manifesto en contestación, a palabra poética é compañeira habitual de viaxe. A metáfora do espectro percorreu non só Europa, senón o planeta todo, co Manifesto comunista. O carácter arquetípico deste texto determinou, daquela, que outros manifestos se servisen tamén da linguaxe poética na súa tarefa de transformar o mundo. Do mesmo xeito, a poesía –e, en xeral, a arte– vénse apoiando dende o simbolismo no berro manifestario para defender o seu programa.\nNos últimos tempos, estas alianzas non só se consolidaron, senón que apareceron novos fenómenos nos que se verifica a cooperación dos dous xéneros, xa sexa por imbricación ou por contigüidade. Neste artigo exploraranse algúns destes fenómenos no campo cultural galego actual, en especial aqueles que se consideran característicos do momento poéticopolítico que estamos vivindo. Antes de entrar a analizar estes aspectos, faremos unha breve introdución ao manifesto como xénero e estabeleceremos unha tipoloxía de manifestos en Galiza a partir de 1975.\nO manifesto, un xénero de intervención\nTal e como definimos noutros traballos (Sobrino Freire, 2001), entendemos por manifesto a “acción comunicativa en virtude da cal se realiza unha declaración explícita de principios co obxectivo de intervir no repertorio vixente”. Co eido político ou o cultural como ámbitos de actuación, o manifesto posúe os seguintes trazos distintivos:\n— Trátase dunha declaración de novos principios e estratexias, un programa de acción para o futuro. — Procura o poder dende unha posición enunciativa de falta de poder (cfr. Puchner, 2006: 2426). — Constitúe un desafío á autoridade. — Ten como efecto perlocucionario a creación dunha identidade colectiva (cfr. Lyon, 1999: 24).\nTipoloxía do manifesto galego a partir de 1975\nA partir de 1975 e até hoxe, coa expansión do campo cultural, os manifestos non só aumentaron en número, senón que tamén se diversificaron dende o punto de vista funcional. A seguir proponse unha posíbel tipoloxía a partir dos dous grandes bloques, os manifestos artísticoculturais e os manifestos políticos. Esta primeira división debe ser entendida como unha indicación de tendencias porque, evidentemente, en moitos casos non se pode trazar unha fronteira clara entre o cultural e o político, especialmente nos tipos que bautizamos como manifestos críticos e manifestos cívicos.\n1. Manifestos artísticoculturais: — Manifestos poetolóxicos 2. Textos programáticos de colectivos poéticos, nos que se definen os trazos distintivos da súa identidade grupal. Son manifestos poetolóxicos os de Cravo Fondo, Ronseltz ou o Batallón Literario da Costa da Morte. — Manifestos editoriais. Textos que serven para presentar ao público un proxecto de difusión cultural (editorial, revista, páxina web) e que anuncian unha axenda de actuación a medio ou longo prazo. Por exemplo, a introdución ao número 1 da revista Festa da palabra silenciada, asinada por Mª Xosé Queizán, ou o apartado “Sobre Urco Editora” na páxina web de Urco. — Manifestos críticos. Textos nos que se combate o repertorio cultural hexemónico e/ou as políticas culturais da Galiza autonómica, como en Fóra as vosas sucias mans de ManoelAntonio, do colectivo Rompente, ou n’ Un disparo contra 81\na indecência, de Júlio Béjar, Rivadulha “Corcom” e Henrique M. Rabunhal Corgo.\n2. Manifestos políticos:\n— Manifestos cívicos. Textos cos que determinadas asociacións ou grupos cidadáns expresan o seu desacordo con respecto a unha decisión política. Manifestos como os de Nunca Máis, Galiza non se vende ou Queremos Galego responden ao modelo “clásico” de manifesto cívico, en tanto que o manifesto de Galicia Bilingüe constituiría un caso de manifesto cívico de signo conservador ou “contrarreformista”. — Manifestos institucionais. Comunicados oficiais de institucións ou partidos políticos con representación parlamentaria. Exemplos deste tipo son o Manifesto da Deputación da Coruña no día 8 de maio ou Galiza ten dereito, manifesto promovido polo BNG.\nAs alianzas entre a poesía e o manifesto no campo cultural galego actual\nComo sinalabamos ao comezo, as relacións entre a poesía e o manifesto verifícanse de dous modos diferentes: por imbricación ou hibridación e por contigüidade ou paratextualidade. A continuación analizaremos os tipos e características destes fenómenos, dos que ofrecemos algúns exemplos significativos.\nFenómenos de imbricación ou hibridación\nNeste apartado incluímos dúas variantes destes fenómenos, segundo o texto se adscriba xenericamente á clase “manifesto” ou “poesía”. Estenderémonos máis na segunda variante, que consideramos un trazo salientábel da práctica poética na Galiza actual.\n—A función poética nos manifestos. Xa mencionamos máis arriba que este fenómeno nace canda o manifesto moderno. A maior ou menor poeticidade dun manifesto depende de factores como o público ao que se dirixe, o asunto que se quere denunciar e a urxencia da denuncia. Non nos deteremos moito nesta variante, xa que constitúe un dos aspectos máis estudados, en particular no que atinxe aos manifestos das vangardas históricas. Como exemplo do campo cultural galego contemporáneo pódese citar o “Manifesto mohicano” (1996). Se non se titulase “manifesto” e non ocupase o lugar do editorial na revista Luzes de Galiza probabelmente fose lido como un poema:\nA Académia (Real e Gallega) é un esquelete de elefante. O Consello da Cultura Galega un corno de rinoceronte. As vacas sagradas fuxiron ao nirvana Sete vezes sete pestes asolagaron Breogánia. Sete vezes sete pestes anúncian que virán. [...] Somos profetas do Non porque dicimos Si ao futuro. Os raios do sol elevanse na fuga. Pasan moreas de cavalos polo val. Alzaremos un canto que non cale xamais.\nREXURDIMENTO. REXURDIMENTO. REXURDIMENTO.\n—A función manifesto na poesía. Con esta formulación referímonos á dimensión performativa do poema, cando os actos de fala nel contidos están\nNa poesía de Xosé Luís Méndez Ferrín a función manifesto emerxe para crear conciencia nacional, lingüística e de clase: denunciando a usura (nun título como Contra Maquieiro), esixindo liberdade (“Reclamo a liberdade pró meu pobo”, Méndez Ferrín, 2004: 107113) ou refundando a lingua como garante desa liberdade nun acto de fala cuns efectos performativos semellantes aos dun ritual de bautismo:\nNon esquezas as verbas estirpe que son morte pró estranxeiro opresor, elas nos lavan. Sempre dirás: URCES. Repite: os carballos. (Méndez Ferrín, 1994: 147).\nEn Chus Pato atopamos esta función a miúdo asociada cunhas estruturas gramaticais que recoñecemos como propias do discurso argumentativo, próximas ao slogan publicitario e á consigna política. A tese é que o modo de produción capitalista constitúe unha ameaza de alienación para a linguaxe, para a liberdade dos falantes, para a comunidade lingüística, por canto a lingua pasa a se converter nun ben de consumo:\nPORQUE NON É SÓ O IDIOMA O QUE ESTÁ AMEAZADO SENÓN A NOSA PROPIA CAPACIDADE LINGÜÍSTICA, sexa cal sexa o idioma que falemos\n[...] A lingua é PRODUCCIÓN, de aí os intentos do CAPITAL por PRIVATIZAR a lingua, por deixarnos SEN PALABRAS [...] LINGUASERVIDUME LINGÜÍSTICA KAPITALKILLER ASASINA (Pato, 2000: 25).\nNoutros lugares a función manifesto xorde ligada a unha dicción aforística, con carácter profético, nun discurso que se presenta como virado cara ao futuro: “O poema é a política futura. / A política futura é o real. / O real son os habitantes do poema. / Os habitantes da Literatura son anónimos, un pobo futuro” (Pato, 2009: 8990).\nNo seu particular FarWest, Carlos Negro constrúe unha Galiza de película de John Ford para, a través do exotismo, desmontar ironicamente os mitos culturais herdados, en particular o celtismo:\no oeste a fisterra the last frontier o territorio colonizado polo mito terra única terra nai terra sagrada nós tamén disparamos a liberty valance nós tamén preferimos o mito á realidade (confín dos verdes castros etcétera etcétera)\nNa poesía de Daniel Salgado comparecen a miúdo slogans ou fragmentos de discursos políticos (“de pé famélicos da terra”, 2006: 34): a repetición recontextualizada cobra aquí o sentido de reactivación. A función manifesto detéctase tamén nalgúns textos metapoéticos, nos que se constrúe o poema como suxeito, como acontecemento, e se definen as súas funcións: sinalamento, deconstrución do real:\na prol dun poema culpábel: que interrogue a cidade, que proceda, que se responsabilice: sen adestrar: un poema ao ataque para se interpor entre urbanismo e exclusión: un poema coma que o pode todo: un poema periférico, isto é: onde haxa ferruxe, canellas, fábrica, camións estomballados, gatos, tapadeiras, ofensa, ignición: poema condenado a non usar cadeira: (“Ofensiva”)\nEn autores como Antón Dobao ou Alberto Lema asistimos á construción dun nós revolucionario, responsábel da futura caída do capitalismo. O ton é tamén profético:\nNon volveremos pasar medo. Así teñamos que nos desfacer dos coches, das casas e dos televisores, borralo todo. Cada posesión será fundida, a masa nutricia esculpirá figuras fundacionais do noso pensamento activo reapropiado. Non volveremos pasar fame. (Antón Dobao, en VV. AA., 2003: 133). Nós, os últimos herdeiros dos últimos vencidos, [...] veremos caer os muros de McDonald’s, 85\ncompañeiros, veremos un fungo devorar o seu chaleco antibalas, e a lenta ferruxe chantar os dentes no corazón de ferro de occidente [...] E esta vez non podemos perder:\nseremos o cancro na pel do cancro. (Lema, 2007: 60).\nPor último, no caso de Raida Rodríguez Mosquera emprégase explicitamente a palabra “manifesto”, nas últimas liñas do seu libro Máquina de guerra. O nós que aquí aparece declárase en contra do esencialismo, a favor dunha escrita descentrada, dun poemaartefacto.\ncontra a escrita, contra as ansias de comunicar, de ocupar efectivamente un hábitat (léase nación, lingua, territorio)\nMANIFESTO: o noso será un tempomáquina ou non será, un presente erguido contra o horizonte, un idioma mutante, un poema exento de raíces\n(Rodríguez Mosquera, 2009: 81). Fenómenos de contigüidade ou paratextualidade\nCando a relación entre poesía e manifesto é de contigüidade ou paratextualidade, materialízase fundamentalmente de tres maneiras:\n—Manifestos poetolóxicos acompañados dunha escolma de poemas do grupo. Constitúe unha alianza bastante común, que atopamos entre nós, por exemplo, nos fanzines de Rompente. —Eventos poéticos nos que se dá lectura a un manifesto. Pódese tratar de manifestos que explican os obxectivos e a filosofía do evento, a modo de manifestos editoriais, como o que se leu na II Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol (2009). Un caso diferente é o do Festival da Poesía no Condado, no que se cede un espazo a diversos movementos sociais para que fagan públicos os seus manifestos.\n—Actos cívicos nos que se alían manifesto e poesía e, eventualmente, tamén manifestación. Referímonos concretamente a actos reivindicativos que contan cun recital poético entre as súas actividades: mobilizacións polos dereitos das mulleres e contra a violencia de xénero, xornadas de reivindicación política e visibilización dos colectivos LGBT, manifestacións polos dereitos civís, movementos pola defensa da lingua, protestas en contra da guerra, actos contra a destrución do territorio... Os movementos que xurdiron a raíz do afundimento do Prestige (Nunca Máis, Plataforma contra a Burla Negra) marcaron un punto de inflexión na participación dos e das poetas nos actos de protesta, pola súa adhesión masiva e o seu consecuente protagonismo social.\nÁ luz destes fenómenos, todo parece indicar que existe unha demanda de participación do poeta e da poesía no espazo público. A explicación desta demanda témola que procurar en aspectos non estritamente racionais dos movementos sociais. No seu estudo sobre a protesta moral, Jasper (1997) analizou amplamente o papel das emocións na práctica do activismo. Dende a súa perspectiva, o compoñente emocional, entendido como un construto social, está na cerna das mobilizacións e inflúe considerabelmente no seu desenvolvemento. Factores como o ethos dos protagonistas do movemento, a retórica escollida para construír os discursos e os rituais colectivos que acompañan a protesta serían, daquela, elementos indispensábeis para comprender o funcionamento, o éxito ou fracaso dun movemento.\nNo caso que nos ocupa estes factores semellan totalmente pertinentes. En relación co ethos dos actores, é certo que o feito de que Manuel Rivas, Méndez Ferrín ou Chus Pato apoien un movemento serve para lexitimar as súas reivindicacións perante un certo número de persoas, mesmo, en ocasións, perante quen está en contra dos movementos. Por outra banda, o poder da linguaxe poética como condensadora de símbolos e creadora de pathos faina especialmente atractiva para complementar retoricamente os outros discursos de protesta. E, finalmente, a dimensión comunal do recitado poético contribúe a crear un sentimento de solidariedade e de identidade cultural no grupo.\nConclusión\nA cantidade e diversidade tipolóxica de manifestos que circulan na Galiza actual pódese interpretar como síntoma de consolidación do campo cultural contemporáneo. As relacións entre o manifesto e a poesía non son exclusivas deste momento histórico e esta cultura, pero a súa análise contribúe a iluminar as sinerxias que se crean entre os eido político e poético en cada caso.\nDiversos son os modos nos que se estabelecen estas relacións, pero de entre eles só dous se poden considerar sintomáticos dun estado de cousas no campo cultural galego contemporáneo: a presenza da función manifesto na poesía e as alianzas entre manifesto e poesía arredor de determinados movementos cívicos. Estes fenómenos fannos pensar nunha tendencia á reactivación do discurso manifestario como modo de intervención no real e, ao tempo, nun novo xiro político da poesía dos últimos anos. Iria Sobrino Freire Universidade da Coruña\nBibliografía"} {"summary": "Este artigo explora a necesidade de dar conta da relación espiñenta entre xénero e nación na poesía irlandesa de mulleres. O corpo feminino é utilizado metaforicamente para aludir á abstracción do concepto de nación en base á capacidade reprodutora da muller a través dunha iconografía firmemente enraizada na tradición literaria irlandesa. O feito paradoxal reside na exclusión sistemática da muller dos procesos políticos e culturais que interveñen na construción da nación á que o corpo feminino ironicamente representa, por mor da asociación da muller con procesos biolóxicos e naturais, alleos aos conceptos de cultura ou civilización. O discurso patriarcal é tamén un discurso colonizador, no que o corpo feminino se converte no territorio colonizado: cómpre, polo tanto, para un gran número de mulleres poetas en Irlanda, a revisión sistemática desta iconografía feminina para elaborar un novo discurso emancipador no que as mulleres abandonan a posición de obxectos no texto para converterse en axentes do feito literario.", "text": "O espírito da nación: Visións arquetípicas, nacionalidade e feminidade na poesía irlandesa actual 1\nLaura Mª Lojo Rodríguez\n : iconografía feminina, nación, poesía feminina irlandesa, xénero.\nO presente artigo explora a complexidade da relación entre xénero e nación na tradición literaria que a poesía irlandesa de mulleres recibe como herdanza, a través dun breve percorrido polas imaxes e alegorías femininas que representan tal asociación, para rematar cunha alusión aos posicionamentos críticos dalgunhas poetas irlandesas fronte a esta relación.\nResulta xa un lugar común mencionar o feito de que o corpo feminino funciona como metáfora frecuente para aludir ao territorio nacional: “patria nai”. De novo, resulta evidente que a razón de tal metáfora responde ao feito de que o concepto abstracto de “nación” se concibe tradicionalmente como unha prolongación “natural” das relacións familiares e da súa dinámica, ao tempo baseadas nunha suposta distinción “natural” entre a mecánica masculina da produción e a feminina da reprodución (YuvalDavies, 1997: 15). Por extensión, e neste discurso patriarcal, a capacidade reprodutora da muller convértea, en termos “biolóxicos”, na nai dos poboadores dunha nación, ao tempo que representa metaforicamente o espírito da mesma, converténdose logo na portadora de valores abstractos como a honorabilidade e a identidade dunha colectividade nacional.\nO feito paradoxal reside na exclusión sistemática da muller dos procesos políticos e culturais que interveñen na construción da nación á que o corpo feminino ironicamente representa, rexeitamento precisamente baseado na asociación da muller con procesos biolóxicos e naturais, alleos aos conceptos de cultura ou civilización. O discurso patriarcal é tamén un discurso colonizador, no que o corpo feminino se converte no territorio colonizado. É a miña intención afondar na apropiación do corpo feminino feita polo discurso patriarcal e colonizador, explorando as alegorías femininas que xorden na confluencia de ambos na tradición literaria irlandesa.\nResulta sorprendente que tanto o discurso colonizador da Inglaterra como o de resistencia irlandés recorran ambos a alegorías femininas para representar á nación, aínda que a finalidade de cada un destes discursos sexa radicalmente oposta. Unha das primeiras alegorías femininas no discurso colonizador é Hibernia, nome que os conquistadores romanos deron a Irlanda, e que César describe na Guerra das Galias (54 AC) no capítulo II:\nAlterum vergit ad Hispaniam atque occidentem solem; qua ex parte est Hibernia [insula], dimidio minor, ut existimatur, quam Britannia, sed pari spatio transmissus atque ex Gallia est in Britanniam (César, 2009: 105).\nPor outra banda, a metáfora do matrimonio ou unión sexual para describir a conxunción política entre Inglaterra e Irlanda comeza a utilizarse de xeito consistente no discurso colonizador inglés a principios do século XIX (Nead, 1988: 34), no que a masculina Inglaterra exerce a dominación sobre a pasiva Irlanda, á que se atribúen características tradicionalmente asociadas ao feminino, como a impulsividade ou unha especial sensibilidade para a música e a poesía, características que, por extensión, posuirían os seus habitantes. Unha destas primeiras alegorías femininas é o personaxe de Sarah McGowan, creado por William Carlton en The Black Prophet (1847):\nIt is impossible to say to what a height of moral grandeur and true greatness culture and education might have elevated her, or to say with what brilliance her virtues might have shown, had her heart and affections been properly cultivated. Like some beautiful and luxuriant flower, however, she was permitted to run into wilderness and disorder for want of a guiding hand: but no want, nor prevent its fragrance from smelling sweet, even in the neglected situation where it was left to pine and die (Carlton, 1847: 452).\nPorén, o discurso colonial inglés cambia radicalmente a partir de 1845, motivado pola crise económica que en Irlanda supuxo a chamada “Potato Famine” (Fame da pataca), de xeito que Inglaterra comeza a considerar a Hibernia como unha seria ameaza para a súa propia prosperidade económica. O colonizador elabora agora un novo discurso no que Irlanda xa non é o obxecto feminino de desexo, senón que se converte nun ente parasitario, culpábel de todos os infortunios do pobo inglés por mor da súa inferioridade racial, “a raíz de todo mal”, como apunta Knox (1862: 379) en The Races of Men (1850), uns dos primeiros tratados de corte euxenésico e pseudocientífico que xustificaron, ao longo da historia do imperio británico, a dominación colonial baseada nunha suposta inferioridade racial dos colonizados. Os perigos da mestizaxe e da hibridación aparecen como temática destacada na literatura das Illas Británicas no período coñecido como a fin de siècle nas narrativas un tanto xenófobas e abertamente atávicas de escritores como H. Rider Haggard, R.L. Stevenson, H.G. Wells ou Bram Stoker, entre outros, nas que a figura do estranxeiro —frecuentemente representado como un ser monstruoso con poderes sobrenaturais— ameaza con desestabilizar a orde social e a fortaleza do mesmo imperio a través de ataques que minarían a integridade e pureza racial dos seus habitantes, emprendendo logo un proceso de colonización á inversa (Arata, 1996: 2).\nO contradiscurso de resistencia irlandés articúlase, sorprendentemente, de xeito moi similar, representando a Irlanda con alegorías femininas. A crítica ten sinalado (Kearney, 1997: 120; Innes, 1993: 19) que tal proceso de feminización resulta especialmente evidente no xénero literario irlandés coñecido como aisling, no que o poeta experimenta un encontro cunha fermosa muller (a alegoría de Irlanda), quen lle pide axuda tras ser agredida sexualmente por un estranxeiro (Inglaterra). E outra das alegorías femininas de Irlanda que máis influencia tivo na esfera cultural e política é Cathleen Ní Houlihan, tamén coñecida como SeanBhean Bhocht (a pobre vella), que precisa axuda dos mozos irlandeses para a loita fronte ao invasor, de xeito que a alegoría tamén suxire o sacrificio de sangue preciso para a liberación nacional (Kearney, 1988: 218).\nComo figura literaria, Cathleen Ní Houlihan foi inmortalizada polo escritor irlandés W.B. Yeats na peza teatral homónima de 1902, que o autor concibiu como unha metáfora de Irlanda e da loita do pobo irlandés pola independencia. A alegoría de Cathleen Ní Houlihan tivo un enorme impacto na vida cultural irlandesa, e foron moitos os autores que a empregaron como personificación de Irlanda nas súas obras: Ethna Carbery en “The Passing of Gael” (1904), Sean O’Casey en The Shadow of the Gunman (1923), ou James Joyce, quen retoma esta figura de xeito irónico en “A Mother” –un dos relatos compilados en Dubliners (1914)– a través das personaxes de Kathleen e Mr Holohan. Nunha visión ética e política diametralmente oposta á do seu predecesor, Joyce xoga no relato coa asimilación dos conceptos “muller” e “nación” no pensamento político e tradición estética do nacionalismo irlandés decimonónico, sintomático da precariedade cultural que, na opinión de Joyce, amosaba o movemento artístico e político denominado “Irish Revival” liderado por Yeats.\nCertamente, Cathleen Ní Houlihan ou “Dark Rosaleen” como personificacións femininas de Irlanda convertéronse para poetas como W.B. Yeats na musa inspiradora da poesía nacionalista. Yeats utilizou consistentemente na primeira parte da súa traxectoria poética o símbolo da rosa para aludir a Irlanda como fonte de inspiración, de xeito que os termos muller, poesía e nación conflúen, entre outras, na colección The Rose (1893).\nA posición crítica de moitas poetas irlandesas actuais fronte ás alegorías femininas de Irlanda como nación é de rexeitamento, xa que a feminización da Irlanda e a asociación da muller exclusivamente co natural e o biolóxico é precisamente o factor que a exclúe da cultura oficial e de calquera proceso de reflexión político. Para, por exemplo, Eavan Boland, a asociación entre o nacionalismo irlandés e a figura feminina a través de nomes como Cathleen Ní Houlihan ou Dark Rosaleen resulta especialmente perniciosa para as mulleres:\nI am only giving it disreputable names from another time. But the fusion of the national and the feminine – the old corrupt and corrupting transaction between Irish nationalism and the Irish poem – continues to leave its mark (Boland, 2001: 101). Este tipo de mitos están firmemente enraizados nunha tradición poética masculina, patriarcal, que reduce a muller a unha metáfora, a unha invocación, un símil ou unha musa, idealizacións que reverten na pasividade feminina da tradición literaria irlandesa dominante: They had been metaphors and invocations, similes and muses […] Custom, convention, language, inherited image: They had all led to the intense passivity of the feminine within the poem (Boland, 1995b: 278).\nEn segundo lugar, esta iconografía feminina reproduce un discurso de dominación, no que o poeta é o axente colonizador que constrúe a muller a través dun ideal que consolida valores patriarcais como a submisión, pasividade, virxindade, ou maternidade entendida como destino “natural” da muller, que funcionaría exclusivamente como receptáculo dos herdeiros da nación. Fronte a isto, un gran número de poetas irlandesas contemporáneas optan por unha estratexia que necesariamente implica una dobre dirección: por una parte, a conciencia crítica da función ideolóxica e estética destas representacións e, por outra, a deconstrución das mesmas ofrecendo unha alternativa estética á tradicional masculina:\nIt is this which the poems of women and by women have disrupted; it is this which their poems have subverted. Irish women poets can therefore be seen as the scripted, subservient emblems of an old image file come to life. In a real sense, the Irish woman poet now is an actual trope who has walked inconveniently out of the text of an ambitious and pervasive national tradition, which found its way into far too much Irish poetry. Her relation to the poetic tradition is defined by the fact that she was once a passive and\ncontrolled image within it: her disruption of that control in turn redefines the connection between the Irish poem and the national tradition (Boland, 2001: 101).\nPara Boland (2001: 105) a musa nacional resulta irreconciliábel coa capacidade poética das mulleres, porque se inscribe dentro dunha tradición masculina opresiva. A musa carece de subxectividade, xa que se atopa supeditada ao suxeito masculino, converténdose en obxecto do seu desexo. Deste xeito, e para Boland, a muller que se identifica como tal obxecto de desexo non pode ser nunca a fonte da súa propia inspiración, porque a súa existencia aparece encamiñada a satisfacer os desexos do outro. A musa permanece baixo control do poeta, quen se realiza esteticamente a través dela.\nFinalmente, existe en gran parte destas poetas actuais un desexo de reposuír o seu propio corpo, afastándose da idealización e dos canons de beleza masculinos. Aparecen de xeito central en moitos poemas funcións corporais femininas, como a menstruación, tradicionalmente asociada ao concepto de polución, de contaminación e, por tanto, utilizado como un argumento máis para redundar na devaluación simbólica da muller, e na súa conexión co biolóxico e natural. Deste xeito, no seu poema “Menses” (1980) sobre a menstruación, Boland retoma o concepto de contaminación asociado tradicionalmente coa expulsión do Paraíso e coa maldición dunha maternidade dolorosa:\nTo be the mere pollution of her wake! A water cauled by her light, A sick haul, A fallen self [...] I am the moon’s lookingglass. My days are moon dials.\nShe will never be done with me.\nI was a poet. But I was about to take on the life of the poetic object. I had written poems. Now I would have to enter them … I would have to reexamine modes of expression and poetic organization … I would have … to disrupt and dispossess (Boland, 1995b: 28, 29).\nBoland deconstrúe parangóns de beleza, arquetipos de feminidade, e convencións líricas para abordar a experiencia feminina, real e imperfecta, como é o caso de “Tirade for the Lyric Muse” (1987):\nYou’ve propped and swabbed and bedded.\nTainted lint and cotton. Sutures from the lip to ear to brow.\nIt may be beauty but it isn’t truth.\nO rexeitamento de arquetipos femininos idealizados e a inclusión no poema da realidade da imperfección ofrece novas visións da experiencia feminina tamén na dor ou a enfermidade o que, en termos amplos, podería tamén entenderse como unha posición de resistencia fronte a unha idealización patriarcal. En 1980, Boland publica un poemario titulado In Her Own Image, unha evidente subversión da perfección masculina, ao seu tempo, imaxe reflectida de Deus mesmo. Nesta colección Boland aborda con confianza unha temática tradicionalmente divorciada da experiencia poética, como os procesos biolóxicos femininos, a sexualidade, ou a enfermidade, a través de poemas como “Anorexic” (1980):\nFlesh is heretic. My body is a witch. I am burning it. Yes I am torching her curves and paps and wiles. They scorch in my self denials.\nas will make me forget in a small space the fall into forked dark, into python needs heaving to hips and breasts and lips and heat and sweat and fat and greed.\nda súa historia, especialmente se esta se escribe en feminino.\nAsumir unha posición de suxeito poético implica necesariamente a revisión da asociación muller/poesía/nación, así como a súa reformulación de xeito máis satisfactorio, a fin de debuxar unha relación entre os termos máis emancipadora e menos dogmática; máis heteroxénea e menos problemática para as mulleres poetas en Irlanda.\nLaura Mª Lojo Rodríguez"} {"summary": "O artigo analiza o tratamento do tema da identidade, a nación e o compromiso na poesía galega de autoría feminina escrita durante o que vai de novo milenio. Logo de facer algunhas consideracións necesarias sobre a encrucillada de estudos na que debe ser situada a análise da cuestión, estabelécese unha diferenza entre a produción das escritoras que iniciaron a súa actividade nos noventa e aquelas que o fixeron con posterioridade. O estudo identifica algunhas actitudes que se manifestan de maneira significativa neste período, como son a sensibilidade ecolóxica, a deslocalización dos conflitos e a denuncia mediante a parodia.", "text": "Identidade, nación e compromiso na poesía galega do novo século escrita por mulleres 1\nMaría Xesús Nogueira Pereira\n[Recibido, xaneiro 2011; aceptado, marzo 2011]\n : identidade, literatura e xénero, poesía galega contemporánea, poesía social. ABSTRACT This paper analyses the treatment conferred on the concept of idenmente, aínda que non só, dende o xénero hai xa algúns anos. A visión que se 107\nAbordar a cuestión da identidade e a nación na poesía galega actual escrita por mulleres supón recoller o testemuño duns estudos iniciados fundamentalpoida ofrecer é, polo tanto, debedora das análises previas efectuadas sobre o corpus da chamada poesía dos noventa, que demostraron a estreita relación existente entre xénero e nación nunha boa parte das obras. O propósito deste traballo non é outro que analizar a produción poética do novo século na procura de reafirmacións ou mudanzas no tratamento da cuestión.\nAnte a amplitude do tema, limitareime a ofrecer un encadramento que permita a identificación dalgunhas tendencias que me parecen significativas, consciente en todo momento dos perigos que supón o feito de levar a cabo análises que carezan dunha maior perspectiva temporal, así como da necesidade de volver sobre el en achegas futuras.\nO encadre\nA análise do tratamento da identidade nacional nas escritoras actuais debe situarse polo tanto nun marco delimitado por, cando menos, tres ámbitos de estudo:\n1 O xénero 2 As poéticas sociais\n3 A cuestión periodolóxica\nOs estudos de xénero\nComo é sabido, no que á literatura galega se refire, as achegas dende o xénero víñanse desenvolvendo dende finais da década dos oitenta. No entanto, foi nos anos noventa cando centraron unha boa parte do seu interese na poesía, tentando dar resposta ao fenómeno que se viña denominando eclosión de voces femininas. O estudo das poéticas de xénero dos noventa non pasou por alto o tratamento da cuestión nacional en canto identidade colectiva levado a cabo por estas escritoras. Nel reparou Helena González nas achegas recollidas nun volume cuxo título resulta revelador: Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (2005). A imaxe do paraugas totalizador (totalizing umbrella), que a estudosa toma de Radhakrishnan 2, serviulle para salientar a priorización na literatura galega escrita por mulleres do discurso nacionalista sobre outros considerados subalternos –entre os que figura o do feminismo–, de xeito que se acaba impoñendo “unha visión xerarquizada e atomizada, e anteponse a defensa do discurso nacional, tido por común, como obxectivo prioritario fronte aos intereses dos colectivos diferenciados que o integran” (González, 2005: 42).\nGonzález identifica ademais unha identidade oximorónica –retomando o concepto proposto por Geraldine Nichols– para se referir á contradición entre a nación e o xénero que as autoras se viron obrigadas a resolver, e lembra, a este respecto, o contundente poema “Enfoque teórico”, de Lupe Gómez (1995: 11), que semella corroborar tales hipóteses:\nA muller é un cristal atravesado por unha patria As achegas de González conforman un paradigma metodolóxico que, con algúns matices, segue a ter vixencia para o exame da produción actual.\nO estudo das poéticas sociais\nTanto a identidade e a nación como a idea de compromiso son cuestións que deben ser tamén abordadas dende a óptica das poéticas sociais. Neste senso, adóitase insistir no abandono das preocupacións cívicas na literatura ao longo dos anos oitenta, considerando este feito como un trazo diferencial que as máis das veces é empregado a xeito de baliza xeracional. A tal afirmación, que merecería ser convenientemente matizada 3, acostúmase a contrapor o xurdimento de novos discursos sociais na década dos noventa, con voces como as Chus Pato, Pilar Beiro, Fran Alonso ou Igor Lugrís, afastadas substancialmente dos vellos modelos socialrealistas que foran tan rexeitados no período anterior.\nNon son moitos os traballos que se ocuparon da poesía social máis recente. Aínda así, algúns estudos específicos afondaron na cuestión da representación nacional nos anos noventa e identificaron dúas tendencias. A este respecto, Cochón (1998: 729) explica como:\nmentres unha perpetúa a presentación discursiva do problema galego dende unha estética de resistencia non sempre actualizada, outra ensaia a disolución crítica das representacións e as concepcións culturais que alentaban boa parte da nosa organización. Especialmente valiosa resultará, como se ha ver, a segunda das tendencias identificadas por Cochón para a cuestión que nos ocupa.\nO interese que suscita na actualidade a representación da cuestión nacional maniféstase na súa presenza como tema de debate en diversos foros. É o caso\nda mesa redonda que tivo lugar en outono de 2008 no Pazo de Mariñán, no marco do encontro Escritores Novos/as, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, que levaba por título precisamente “Literatura, sociedade e nación”. Resulta curioso comprobar a coincidencia de dous dos relatores á hora de botar man dunha metáfora téxtil para presentar as súas intervencións. María Reimóndez escolle o título “Okupar o traxe de galega” para recordar a dimensión social da literatura e a idea de ocupación de espazos aprendida dos feminismos de transformación, de xeito que: “no canto de aceptar o traxe que pretenden impoñernos, dende a literatura buscamos redefinir ese tecido e adaptalo ás nosas curvas ou ausencia delas” (Reimóndez, 2005: 99).\nPola súa banda, Carlos Negro procura o rótulo “A roupa no tendal da casa (ou como divagar sobre literatura galega en relación ao clásico tema do compromiso ético e a súa relación co nacionalismo político)” para reflexionar sobre a súa función en canto escritor, expoñendo “cavilacións como quen pendura a roupa no tendal da casa, á vista da veciñanza” (Negro, 2005: 85). Máis alá da coincidencia na escolla do referente da imaxe, resulta interesante deterse na tipoloxía de motivacións autoriais identificadas por Negro na súa reflexión:\n- Unha motivación redentora: fronte a unha concepción individualista da creación literaria, algúns sectores intelectuais da órbita do nacionalismo galego teiman en manter a literatura ao servizo dun proxecto colectivo de construción política [...]. - Unha motivación lúdica: outros contemporáneos, simplemente, coidan que a literatura vén sendo un oficio de xuntar palabras na orde correcta, e que abonda con ofrecer certas doses de entretemento a un público lector mediante fórmulas estéticas que entran neste amplo caixón denominado literatura de xénero [...]. - Unha motivación subversiva: [...] elementos heterodoxos que se resisten a calquera catalogación ideolóxica ou estética, individuos que só se senten libres indo á contra, rompendo expectativas, abrindo fendas no sistema literario, practicando a difícil arte da provocación intelixente, contra todo e case todos. - Unha motivación pedagóxica: moi vinculada co ámbito educativo e institucional [...]; sería unha literatura onde predominan os valores éticos sobre os estéticos, de carácter funcional e funcionarial, moi condicionada polos intereses pedagóxicos e por certos valores vinculados á defensa dos dereitos humanos (Negro, 2005: 8990).\nAlgunhas das categorías identificadas polo escritor, como a redentora ou a subversiva, resultan válidas, cos debidos matices, para explicar as principais formulacións identitarias e políticas na poesía actual, así como para achegar luz a unha cuestión, a das estéticas sociais, que, agás casos illados, non foi polo de agora abordada co debido rigor.\nA cuestión periodolóxica\nNa delimitación do tema que se está a abordar é necesario finalmente facer unha aclaración relativa á referencia cronolóxica presente no título deste traballo, o novo milenio, unha expresión que emprego non como categoría periodolóxica senón co único obxectivo de acoutar a franxa estudada. Isto non quere dicir, no entanto, que a estas alturas non sexa necesaria unha revisión da cronoloxía recente da literatura galega que supere a segmentación por décadas. A propia denominación poesía dos noventa, abondo asentada na crítica galega, non resulta operativa fóra de usos restrinxidos e concretos.\nCuriosamente, algunhas propostas que pretenden cartografar a literatura recente e, en especial, a poesía semellan ter bastante que ver coa idea de nación, identidade e compromiso. Neste senso, a historia das manifestacións 111\nculturais galegas non pode obviar un acontecemento vertebrador, malia o seu carácter esóxeno, como foi a catástrofe ecolóxica ocasionada tras o afundimento do Prestige, en 2002. O infortunio e, sobre todo, a xestión da crise deron lugar a unha reacción dos axentes culturais sen precedentes. No que á produción poética se refire, cómpre lembrar os tres volumes de intervención publicados no ano 2003, nos que colaboraron a práctica totalidade das escritoras e escritores activos no momento: Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega e A Nosa Terra), Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Federación de Libreiros de Galicia) e Sempre mar (colectivo Burla Negra). Ás mobilizacións xurdidas a raíz da catástrofe do Prestige tiveron a súa continuidade, apenas un ano máis tarde, nas protestas pola invasión de Iraq, que volveron mover a sociedade civil e o mundo da cultura. Dese 2003 é tamén o volume Xuro que non volverei pasar fame, do Colectivo Redes Escarlata, no que participaron, entre outras moitas voces, as das escritoras Chus Pato, Asun Arias, Pilar Beiro, Carme Carballo, Oriana Méndez e Luz Fandiño. Cumpriría ter en conta estas obras, xunto con outras de diferente índole e desigual repercusión, nunha historia dos libros colectivos de intervención na literatura galega, que aínda está por escribir. Dela habíanse extraer datos ben interesantes para o estudo da cuestión do compromiso, así como das poéticas sociais.\nVolvendo á cuestión periodolóxica, non estaría de máis apuntar a posibilidade de incluír o ano 2002 na cronoloxía da poesía galega. Así o fixo, cunha boa dose de crítica, Marta Dacosta (2005: 121) nun comentario que encabeza un texto no que fai un achegamento á súa xeración: “... entre dúas catástrofes, a do Casón e a do Prestige : nace e medra toda unha xeración literaria...”. Unha percepción semellante ten Yolanda Castaño no referido á importancia das mobilizacións sociais na cohesión xeracional dos poetas dos noventa, interesante tamén no que se refire á valoración que fai das estéticas sociais:\nAs representacións\nÁ hora de ofrecer un panorama no que se mostren algunhas das representacións da nación e da identidade na poesía escrita dende o xénero no novo milenio, e a pesar das reservas sobre a delimitación cronolóxica que se acaban de expoñer, resulta operativo facer unha diferenciación entre as autoras que continuaron a desenvolver neste período unha traxectoria poética iniciada nos noventa, e aquelas voces novas que se incorporaron nos anos posteriores. A análise, condicionada polas limitacións dun traballo coma este, centrarase nalgunhas escritoras relevantes no referido á formulación destas cuestións.\nA continuidade das poéticas dos noventa\no nacionalismo é unha cuestión de identidade, róubanche a identidade porque esa identidade xa non pode ser, e logo sofres toda a vida polo roubo [...]. A reconstrucción desa identidade, a súa imposible reconstrucción, son a historia da nación, a historia do poema 4 (Pato, 2000: 48).\nO discurso sobre a naciónidentidade usurpada contextualízase ademais nunha constante denuncia da alienación derivada da historia e da propia evolución do sistema económico capitalista, cuxa repercusión se percibe nas transformacións dos modos de explotación de noso e na propia lingua, representada como unha identidade perdida e en conflito:\nextirpan o galego de nós mesmo se a vida ten que ser arrincada no proceso [...] escribir nunha lingua que na nenez nos foi negada escribir nunha lingua que escoitamos roubada (Pato, 1996: 5962).\nA poesía política de Chus Pato deslocalízase nalgunhas das composicións dos seus últimos libros para se desprazar a outras realidades nacionais marcadas sempre polo conflito, como acontece cos escenarios da barbarie nazi, nunha actitude que, como se verá, non resulta infrecuente nas autoras que se incorporaron á tradición poética no novo milenio.\nUn caso singular no tratamento no que a poesía engagée se refire é o de María Xosé Queizán. A escritora, que construíra ao longo da primeira metade da década dos noventa unha poética feminista programática cos títulos Metáfora da metáfora (1991), Despertar das amantes (1993) e Fóra de min (1995), publica en 2007 Cólera, un poemario no que renuncia á voz feminina para abordar o tema da nación, neste caso dende unha óptica retrospectiva centrada nos anos sesenta e setenta do pasado século. Trátase, en palabras da autora, dun “poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega e provocadores da transición do fascismo á democracia” (Queizán, 2007: 8).\nMaría Xosé Queizán xustifica a súa renuncia ao xénero feminino na enunciación apelando ao realismo, cando explica que non podería escribirse este mesmo libro desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos [...]. Teño moi claro que este poemario [...] non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, porque as mulleres sentíamos unha dupla indignación porque padecíamos unha dobre opresión (ibidem).\nSemellante renuncia non só mostra a invisibilidade da muller na militancia política daqueles anos, senón que evidencia tamén as dimensións do conflito oximorónico xéneronación vivido polas poetas galegas.\nAlgunhas das representacións identitarias levadas a cabo na poesía galega do novo milenio seguen tomando como principal referente o mundo rural. Unha das autoras que abordou este universo dunha maneira máis recorrente foi Lupe Gómez, tanto en Pornografía (1995), o seu primeiro e sorprendente libro, como en obras posteriores, nas que elaborou representacións alegóricas de Galicia, como a que se pode ler en O útero dos cabalos (2005):\nA alegría da nación. Esta nación morta. Este parque fermoso, triste, sen nenos. Farei unha casa para min no interior dunha montaña. A nación verde dos soños (Gómez, 2005: 5253). A nación morta concibida como un parque triste e sen nenos é o espazo que Lupe Gómez escolle para situar o símbolo da casa. A visión crítica da nación plasmada pola autora recorre nalgunha ocasión á representación da usurpación xa comentada. Así acontece nos seguintes versos de Azul e estranxeira (2005): Pintei bandeiras decorando os ollos.\nAs bandeiras dun nacionalismo de patrias roubadas (Gómez, 2005: 28).\nDe natureza diferente son algunhas das actitudes mostradas por María do Cebreiro na poesía, publicada na súa maioría no novo século, no que atinxe á representación da identidade nacional. Unha delas consiste na deconstrución paródica dalgunhas iconas do discurso nacionalista. Así acontece no título do seu segundo libro, Nós as inadaptadas (2002), que dialoga de xeito explícito, e dende a reescritura feminina, cun dos ensaios fundacionais do nacionalismo galego como é “Nós, os inadaptados” (1933), de Vicente Risco. Un diálogo igualmente paródico observámolo no verso “por terras libradas”, de Cuarto de outono (2008a), que fai unha chiscadela á desiderata formulada por Uxío Novoneyra: “Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?” 5. Nos dous casos está a practicar unha intertextualidade paródica que non resulta infrecuente no conxunto da súa produción e que, referida ao concepto de nación, supón un importante exercicio de desidealización que habería que relacionar coa “disolución crítica das representacións e as concepcións culturais” indicada por Cochón, á que se fixo referencia máis arriba.\nOutra actitude practicada pola autora nos seus últimos libros consiste na disolución do concepto de nación mediante a multiplicación de lugares –ou mellor, de nonlugares– e a tematización da estranxeiría. O título do poemario Non son de aquí (2008b), ao que pertencen os fragmentos reproducidos, resulta revelador 6, como tamén o son os seguintes versos:\npero eu non son de aquí, non teño descendencia, non quero máis orixe que esta ponte até que nos sosteña\nAs novas voces do milenio\nNo que respecta ás voces poéticas que comezaron a publicar no novo milenio, chama a atención a ausencia de formulacións explícitas do tema da nación, cando menos en termos políticos. O binomio naciónxénero está, en xeral, ausente da obra de Berta Dávila, de Valentina Carro, de Rosa Enríquez, de Olalla Cociña ou de Iolanda Zúñiga, por citarmos tan só algúns nomes. A\nrepresentación da identidade segue aparecendo vinculada, na obra dalgunha destas autoras, ao mundo rural e ás xenealoxías femininas que as precederon. Así acontece en Libro de Alicia (2008), de Olalla Cociña, ou en Pouso do fume (2009), de Dores Tembrás. A dedicatoria deste último libro resulta abondo ilustrativa:\ná miña xenealoxía dende Cándida perpetuadora do lume e as palabras ata Romeu herdeiro do teu segredo a ti\nDesta tendencia xeneralizada afástanse no entanto autoras como Pilar Beiro ou Oriana Méndez, que codificaron discursos que non obvian a cuestión nacional. Pilar Beiro, que publicou o seu primeiro libro, Hinterland, nos bordos do milenio (decembro de 1999) elabora un discurso crítico e as máis veces paródico sobre a nación 7, como o que a seguir se reproduce, onde bota man dun aparente ton didáctico para expoñer unha visión lúdicomuseística que non estaría de máis relacionar co parque triste e sen nenos de Lupe Gómez:\nMirade, nenos, este museo é o pobo voso\n–que pronunciado é como unha enchenta–\nde marisco amenizado cun viño español de empanada cativa\namenizada cunha carballeira\nNo seu segundo libro, Bingo (2007), volve facer uso da parodia á hora de abordar, dende un punto de vista político, a nación:\nUn pobo así conforme este nace, unha pulpfiction imprevisible e maleable, un avance científico, un outro estrato no mundo, sen pasado perdido nos fondais desventurados sen futuro glorioso (militar)\nÉ dicir, non nos define a traxedia, a crebadura dunha xenealoxía, senón a onda expansiva, incandescente, que contigo vai (INSTINTOCONDICIÓN-DILEMA) Lexitimidade=Soberanía (Beiro, 2007: 51).\nPola súa banda, Oriana Méndez, no seu até o de agora único libro, As derradeiras conversas do Capitán Kraft (2007), introdúcese no terreo da ficción política, localizando as súas composicións en coordenadas espazotemporais insólitas na poesía galega: a Batalla de Alxer, Gaza, Etiopía. No entanto, o seu verso político atende tamén nalgunha ocasión á nación propia en termos abondo críticos: “Ao falarmos de alfabetización en Galicia / nós tamén estabamos dalgún xeito mortos” (Méndez, 2007: 15).\nA ausencia de representacións da identidade e, sobre todo, da nación na poesía escrita no que levamos andado do novo milenio non implica que nesta non quedase plasmado de xeito explícito o compromiso social. O antimilitarismo, a defensa do medio natural, a solidariedade con suxeitos femininos como as mulleres lapidadas, as traballadoras explotadas e as habitantes de Chihuahua, ou a violencia de xénero están presentes na obra da maior parte das autoras ás que me estou a referir.\nAs novas voces semellan polo tanto atraídas pola incorporación de discursos sociais sobre causas diversas –aquelas ás que se refería máis arriba Yolanda Castaño–, así como pola solidariedade con conflitos localizados na nosa contorna ou en lugares afastados. A deslocalización, xunto coa deconstrución e a parodia, resultantes ambas da motivación subversiva á que se refería Carlos Negro, son as principais novidades detectadas na poesía deste período.\nPor outra banda, é preciso destacar como un destes discursos serviu, en gran medida, para canalizar unha boa parte das (re)escrituras da nación emprendidas dende o xénero. Refírome á denuncia ecolóxica, presente en versos de Mariña Pérez Rei ou Elvira Riveiro, e tamén de autoras que continuaron a súa traxectoria iniciada nos noventa, como María Lado, Olga Novo, Chus Pato ou María do Cebreiro. Cumpriría relacionar esta actitude coas consideracións feitas anteriormente acerca da poesía do Prestige, e salientar como esta poética transcendeu os volumes colectivos publicados no seu momento e segue a ser aínda hoxe un modelo produtivo.\nSe Carlos Negro e María Reimóndez evocaban, para se referir ao tema da nación, as imaxes da roupa no tendal e do traxe de galega, á hora de ilustrar o tratamento destas cuestións por parte das novas voces ben se podería botar man da imaxe da camiseta en canto peza exterior e interior asemade –isto é, explícita e implícita–, que serve ademais a miúdo de soporte para imaxes diversas. De botarmos un ollo a algúns dos deseños de produción galega aparecidos nestas prendas nos últimos anos, resultará doado atopar mensaxes sociais con contidos sobre a identidade a ecoloxía ou a nación, que recorren tamén por veces á deconstrución e á parodia 8."} {"summary": "Fronte á feminización simbólica da nación e a nacionalización da muller levadas a cabo por certos discursos nacionalistas, as poetas irlandesas actuais denuncian as institucións e ideoloxías que non garanten os seus dereitos e só entenden a muller como nai de patriotas. Dende o movemento sufraxista a inicios do século XX até a actualidade, houbo en Irlanda unha loita de intereses entre as mulleres e os discursos sobre a nación sustentados, ben no control ideolóxico exercido pola Igrexa Católica, ben no soño do celtismo ou na concepción monolítica da identidade nacional. As poetas irlandesas reproban os carices nacionalista e patriarcal da literatura nacional e reclaman outras configuracións de identidades híbridas e heteroxéneas.", "text": "Escritoras irlandesas e nación: Crónica dun desencontro 1\nManuela Palacios González\n : catolicismo, celtismo, división lingüística, feminismo, Irlanda, literatura nacional, muller, nación, nacionalismo, poesía.\nPatrick Pearse (18791916) –escritor irlandés, mestre e líder da Insurrección de Pascua contra os ingleses en 1916, tras a cal foi executado– traduciu ao inglés o poema gaélico “Mise Eire” [Eu son Irlanda] no que o eu lírico personifica a nación irlandesa e se identifica cunha figura feminina da mitoloxía celta: a vella de Beare, emblema de inmortalidade. O poema constrúe unha Irlanda gloriosa, nai de guerreiros míticos como Cuchulainn, ao tempo que nai humillada, vendida polos seus propios fillos 2. Fronte a esta feminización da nación e nacionalización da muller, que fixa a reprodución de patriotas como función e destino das irlandesas, a poeta Eavan Boland (1944) escribiu, sete décadas máis tarde, o poema “Mise Eire”, no que a voz lírica substitúe a afirmación “eu son Irlanda” de Pearse por “eu son a muller” e rexeita os estereotipos que definiron a patria no pasado para centrar a súa atención na loita das mulleres pola supervivencia nos tempos da fame e a emigración 3. En 1991, Máighréad Medbh retoma o poema de Pearse en “Easter 1991” [Pascua 1991], pero a súa voz poética é a dunha muller contemporánea que denuncia as estruturas patriarcais que corrompen a Irlanda de comezos dos noventa:\nI am Ireland and I’m sick sick in the womb sick in the head and I’m sick of lying in this sickbed and if the medical men don’t stop operating I’ll die [Eu son Irlanda e estou doente dóeme a matriz dóeme a cabeza e estou doente por ter que ficar neste leito de enfermo e como os homes doutores non deixen de operaren hei morrer]\n(Medbh, 1993: 58). 122 2 “Great my glory: / I that bore Cuchulainn the valiant. / Great my shame: / My own children that sold their mother” [Grande a miña gloria: / eu que parín o valente Cuchulainn. / Grande a miña vergonza: / os meus propios fillos venderon a súa nai] (Pearse, [1917] 2004: 391). As traducións do inglés ao galego son propias, agás cando se indique o contrario. 3 “I am the woman / in the gansycoat / on board the Mary Belle, / in the huddling cold, / holding her halfdead baby to her / as the wind shifts east / and north over the dirty / water of the wharf” [Eu son a muller / do abrigo de la / a bordo do Mary Belle, no frío atenazante, / quen suxeita o seu fillo medio morto / mentres o vento muda do leste / e o norte sobre a suxa / auga do peirao] (Boland, [1987] 2005: 128129). Boletín Galego de Literatura, nº 45 / 1º semestre (2011) / ISSN 02149117\nMedbh denuncia os clixés cos que o cinema de Hollywood constrúe Irlanda, desbota os modelos de beleza que lle impoñen e confesa a súa deficiente autoestima: “my face in the mirror is shy” [o meu rostro no espello é apoucado] (Medbh, 1993: 58). De especial interese é a súa condena da censura que tapa a boca das mulleres:\nI am Ireland and I’m silenced I cannot tell my abortions my divorces my years of slavery my fights for freedom it’s got to the stage I can hardly remember what I had to tell and when I do I speak in whispers. [Eu son Irlanda e estou silenciada non podo falar dos meus abortos dos meus divorcios dos meus anos de escravitude das miñas loitas pola liberdade chegou ao punto de que case non lembro o que tiña que contar e cando o lembro falo quedo] (Medbh, 1993: 59).\nToda a historia e a enerxía desta mullerIrlanda está dedicada a cimentar un patriarcado que non dá nada a cambio. Pero os feitos berran e o poema torna en catálogo de inxustizas e opresións: mínima protección social das mulleres, violencia machista, complicidade das autoridades con esta violencia, criminalización do aborto, prohibición do divorcio 4, violencia nos cárceres, control ideolóxico da poboación e das institucións por parte da Igrexa Católica, emigración, pobreza: “and the poorest of all are my daughters” [e as máis pobres son as miñas fillas] (Medbh, 1993: 59). Se a vella de Beare do poema gaélico agardaba na costa a volta do príncipe, o suxeito lírico de “Easter 1991” rebélase e, nun xesto que poderiamos comparar co da Penélope da escritora galega Xohana Torres ([1992] 2004: 251), pon fin á súa espera: “I am Ireland / and I’m not waiting anymore” [Eu son Irlanda / e non agardo máis] (Medbh, 1993: 60).\nA identidade nacional sempre está en crise ou transformación, e os fluxos migratorios en Irlanda –de emigración nos anos oitenta, e de inmigración favorecida pola prosperidade económica do Celtic Tiger dende a segunda metade dos noventa– mantiveron candente o debate sobre esa identidade 6. Detrás da categoría “nación”, ademais da comunidade imaxinada da que falou Anderson ([1983] 1991) e do desexo colectivo de labrar un futuro común, hai tamén unhas institucións que regulan a vida práctica das persoas, dando dereitos, ditando prohibicións, ordenando as condicións materiais da existencia e distribuíndo cotas de poder en distintos graos. Moitas mulleres irlandesas teñen razóns para pensar que as institucións que representan a nación non garanten os seus dereitos. Segundo cifras de Woman’s Aid (2009), unha de cada sete mulleres sofre violencia doméstica severa en Irlanda, unha de cada cinco que o solicitan non pode refuxiarse nunha casa de acollida por falta de espazo; só entre o 1% e o 6% dos maltratadores reciben penas de prisión.\nDende os tempos nos que as sufraxistas irlandesas loitaban polo dereito ao voto a principios do século XX, os grupos feministas tiveron unha difícil relación coas institucións do Estado. Simultaneamente á reivindicación das sufraxista perante o goberno británico, os grupos nacionalistas reclamaban a independencia de Irlanda e, paradoxalmente, ambos os obxectivos non parecían doados de compaxinar. Segundo Ward ([1982] 1993), o principal inimigo das sufraxistas era o partido nacionalista irlandés, Irish Parliamentary Party, que apoiaba cos seus votos o goberno Liberal en Londres. Os liberais prometéranlles aos nacionalistas a independencia para Irlanda (Home Rule Bill), pero desbotaban a posibilidade de concederlles o voto ás mulleres tanto en Gran Bretaña coma en Irlanda. Cando en 1912 os nacionalistas irlandeses votaron en contra do sufraxio feminino, provocouse unha fenda profunda entre as sufraxistas británicas e as irlandesas, pois as segundas aspiraban a compaxinar a independencia da nación co seu propio status de cidadás. Con todo, o goberno Liberal e o Irish Party, xa decidiran os termos nos que se desenvolvería a independencia de Irlanda: negándolles a cidadanía ás mulleres, desouvindo a súa opinión e impendíndolles participar na futura lexislatura. Pola súa parte, o Irish Party temía os cambios no corpo electoral, pois prevía que con eles gañarían forza tanto o Sinn Féin coma os Unionistas do Ulster. Así mesmo, temía que a axitación feminista provocase divisións dentro das filas nacionalistas. Co inicio da Primeira Guerra Mundial, pospúxose a independencia irlandesa, pero durante a Insurrección de Pascua de 1916, Patrick Pearse leu a proclamación da República na que defendía os mesmos dereitos de cidadanía para homes e mulleres. Como este era un documento respectado por todos os nacionalistas, non semellaba haber volta atrás na cuestión do sufraxio feminino. En 1918, o goberno británico deulles o voto ás mulleres demáis de trinta anos. En 1922, declarouse a independencia do Irish Free State [Estado libre irlandés] do que non formou parte Irlanda do Norte e, neste mesmo ano, déuselles o voto ás irlandesas de máis de vinte e un anos.\nEsta crónica da opresión das mulleres por parte dos partidos e gobernos nacionalistas irlandeses ao longo do século XX resulta necesaria para comprender a rebelión protagonizada polas organizacións feministas e as escritoras a partir dos anos setenta. Porén, se non concordamos coa apropiación da muller como símbolo da nación, tampouco o faremos, como sinala Meaney ([1991] 1993: 238), coa asignación á muller do papel de vítima da nación e da historia. Meaney afirma que son precisamente as visións patriarcais as que retratan a muller como pasiva e mera testemuña do proceso político, engadindo que as mulleres non son vítimas inocentes, xa que moitas delas se implicaron ben nas políticas nacionalistas, ben nas unionistas, compartiron prexuízos, foron cómplices da violencia e foron axentes da súa propia opresión. Non obstante, resulta pertinente neste punto chamar a atención sobre as estratexias das ideoloxías para conseguir que os suxeitos os que interpelan non só interioricen valores que van en contra dos seus intereses, senón que os identifiquen como posicións desexábeis de poder e os estabelezan como ideais a acadar.\nO corpus de poesía contemporánea que arremete contra os ditados da Igrexa\nThey call me Mary — Blessed, Holy, Virgin. They fit me to a myth of a man crucified [...] They name me Mother of all this grief though mated to no mortal man [...] My being cries out to be incarnate, incarnate, maculate and tousled in a honeyed bed. [Chámanme María — Bendita, Santa, Virxe. Relaciónanme cun mito dun home crucificado [...] Chámanme Nai de toda esta dor aínda que non copulei con home mortal ningún [...] O meu ser clama por se encarnar, por se encarnar, maculado e desamañado nun leito meloso] 9.\nCómpre entender este poema no contexto dos anos oitenta e noventa en Irlanda, onde unha serie de medidas lexislativas e referendos arredor do divorcio, a contracepción e o aborto converteron o corpo da muller en territorio de loitas ideolóxicas, coma se a muller só existise para o estado en tanto que nai. 127\nTamén a poeta Mary Dorcey ([1991] 1995: 66, 70), que visibilizou a experiencia lesbiana, arremeteu contra o modelo de feminidade imposto pola Igrexa Católica, acusándoa de silenciar as mulleres e contribuír ao feminicidio:\nHail Mary Holy Mary. Be it done unto me according to thy word [...] Die quietly — die quietly — or the neighbours will hear. [Ave María Santa María. Fágase en min segundo a túa palabra [...] Morre en silencio — morre en silencio — vante oír os veciños] 10.\nA violencia de xénero tamén é o leitmotiv do poemario Domestic Violence, de Eavan Boland (2007), onde se denuncia a retórica nacional e cultural que idealiza abstraccións femininas como a Nai Natureza a a Nai Patria, mentres a nación deixa morrer as súas mulleres:\nWe say Mother Nature when all we intend is a woman was let die, out of sight, in a fever ward [...] Now say Mother Ireland when all that you mean is there is no need to record this death in history. [Dicimos Nai Natureza cando a intención é que deixaron morrer unha muller, fóra da vista, nunha sala do hospital [...] Agora di Nai Irlanda cando a intención é que non é preciso rexistrar esta morte na historia]. (Boland, 2007: 30).\nNo poema “Letters to the Dead” [Cartas aos mortos], a voz poética sentencia que Irlanda é un país que aborrece o corpo da muller:\nHow many daughters stood alone at a grave, and thought this of their mothers’ lives?\nesa estraña maña que se dá para ouvir só o que a reafirma na idea que ten de si mesma, a súa melosa figura núbil e a rosa encarnada, a rosa orgullosa ou cancro prendida tras a orella, na correa das anteolleiras 11.\nOutro alicerce sobre o que se sustentou o nacionalismo irlandés foi a lingua gaélica. O irlandés figura como a primeira lingua da nación na Constitución e o censo de 2006 revela que o 42% da poboación da República pode falar irlandés grazas ao estudo da lingua na educación obrigatoria. Porén, só o 3% emprega esta lingua como vehículo principal nas súas relacións familiares e contorna próxima 12. Por esta razón, o emprego da lingua gaélica non é condición esencial da identidade irlandesa hoxe en día. Eavan Boland, poeta en lingua inglesa, “encarna” o bilingüismo resultante da colonización na imaxe da lingua bífida: “I speak with the forked tongue of colony” [falo coa lingua bífida da colonia] (Boland, 1998: 3031). En realidade, a segunda lingua de Irlanda non é tanto o inglés como o “hibernoinglés”, un dialecto dos habitantes irlandeses que inclúe particularidades sintácticas, léxicas e de pronunciación. No poema “A Habitable Grief” [Unha mágoa habitábel] Boland explora a identidade híbrida irlandesa en termos dunha cicatriz, sinal dunha ferida –a colonización– agora xa cerrada, pero que aínda doe:\nThis is what language is:\na habitable grief. [...] which hurts just enough to be a scar. And heals just enough to be a nation [Iso é o que a lingua é: unha mágoa habitábel [...] que doe o xusto para ser unha cicatriz. E cura o xusto para ser unha nación].\n(Boland, 1998: 29) 13.\nA poeta rexeita as construcións esencialistas da identidade nacional irlandesa, mesmo as que a contrúen nunha soa lingua, pero é consciente da perda que iso implica. En “The Mother Tongue” [A lingua materna] o suxeito lírico imaxina un acento e fala sen contaminacións e comprende o que perdeu, pero tamén o monolitismo do que está a salvo:\n[I] imagine my pure sound, my undivided speech [...] I hear what I am safe from. What I have lost. [Imaxino o meu puro son, a miña fala íntegra [...] Oio aquilo do que estou a salvo. O que perdín].\nTamén a poeta en lingua irlandesa Nuala Ní Dhomhnaill denuncia o machismo de certos grupos nacionalistas de finais do século XIX –o Irish Revival– ao afirmar que impuxeron o gaélico “over the silenced backs of women and children” [sobre as costas silenciadas de mulleres e nenos] e conta a anécdota da muller de fala inglesa que, moribunda, se esforzou en dicir as súas derradeiras palabras en gaélico; o seu home corrixiulle o gaélico. Afirma a poeta que optou polo gaélico para non deixalo exclusivamente nas mans dese tipo de homes (McGuckian e Ní Dhomhnaill, 1995: 588589).\nAo falar de escritoras e nación, hei mencionar, aínda que sexa brevemente, o concepto de literatura nacional. Eavan Boland (1989) –escritora da República– criticou os nesgos nacionalista e patriarcal da tradición literaria irlandesa. Do nesgo nacionalista lamentaba o efecto que teñen, nos escritores, as expectativas sobre os que se pode ou debe escribir e o que non; do nesgo patriarcal criticaba o paradoxo entre o enorme valor simbólico da muller como alegoría da nación fronte ao seu carácter marxinal na historia e literatura irlandesas. Longley (1990) –escritora e crítica de Irlanda do Norte– retrucoulle que, ao identificar tradición literaria irlandesa con nacionalismo, Boland estaba a silenciar o segmento non nacionalista da illa e que, se tivese en conta a cultura protestante, observaría unha tradición menos patriarcal –non obstante, é importante aclarar que as mulleres escritoras tamén son minoría no Norte. Dende o Norte unionista, logo, interesa configurar unha literatura nacional que non estea dominada polo arraigado discurso nacionalista do Sur, mesmo cando é para subvertilo, como acontece con moitas escritoras da actualidade.\nManuela Palacios González Universidade de Santiago de Compostela\nBibliografía\n— 2007. “Windfall”, en Domestic Violence. Manchester: Carcanet, p. 30. — 2007. “Letters to the Dead”, en Domestic Violence. Manchester: Carcanet, pp. 3132. Central Statistics Office. 2006. http://www.cso.ie/statistics/popnclassbyreligionandnationality2006.htm. Consulta 912-2009.\nCommission to Inquire into Child Abuse. (2009). http://www.childabusecommission.com/rpt/ExecSummary.php Consulta 912-2009.\nWas Marked by Winter. Loughcrew: The Gallery Press, pp. 4042. Ní Dhomhnaill, Nuala. 1992. “Caitlín /Cathleen)”, en The Astrakhan Cloak. Edición bilingüe. Trad. Paul Muldoon. Loughcrew: The Gallery Press, pp. 3841. Palacios, Manuela (ed.). 2003. Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Trad. M. Palacios e A. Casas. Santiago de Compostela: Follas Novas.\n— 2009. “Within and Beyond the Nation: Contemporary Irish and Galician Women"} {"summary": "No marco da literatura galega, a novela negra converteuse nun dos xéneros máis cultivados, que conta, ademais, cun amplo número de lectores. O presente artigo ten como obxectivo principal demostrar a existencia dun modelo de detective galego mediante a análise de catro personaxes: Leo Caldas (Domingo Villar), Frank Soutelo (Miguel Anxo Fernández), Horacio Dopico (Diego Ameixeiras) e Toni Barreiro (Manuel Forcadela). O estudo destes investigadores, presentes nun mínimo de dúas novelas, permiten realizar unha busca de trazos diverxentes e semellantes. Deste xeito, o artigo fundaméntase na procura das características que configuran o personaxe do detective na novela negra galega a través das obras Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Ollos de auga, A praia dos afogados, Baixo mínimos, O cidadán do mes, Sangue sobre a neve e Barato, barato.", "text": "udo s A figura do detective na\nnovela negra galega: Leo Caldas, Frank Soutelo, Horacio Dopico\nVerónica Pousada Pardo\n[Recibido, 24 febreiro 2016; aceptado, 20 marzo 2016]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.48.3164\n : literatura galega, novela negra, detective. abstract Within the framework of Galician literature, crime novel has been one of the most written genres that also has a great number of readers. The main goal of this essay is to demonstrate the existance of a model of Galician detective through the analysis of four characters: Leo Caldas (Domingo Villar), Frank Soutelo (Miguel Anxo Fernández), Horacio Dopico (Diego Ameixeiras) and Toni Barreiro (Manuel Forcadela). The study of these investigators, which appear in at least two novels, allow us to search for similar and divergent traits. Thus, the essay is focused on the search for features that conform the detective character in Galician crime novel through the books Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Ollos de auga, A praia dos afogados, Baixo mínimos, O cidadán do mes, Sangue sobre a neve and Barato, barato. keywords : Galician literature, crime novel, detective.\nNos primeiros anos da década dos 80 do século XX, as mudanzas no contexto socioeconómico e cultural evidencian a necesidade de que a literatura galega se achegue a un novo público lector. Partindo desta situación, algúns escritores e empresas editoriais apostan pola renovación da narrativa explorando novos xéneros, temáticas e estilos. Dentro da perspectiva de apertura insírese Crime en Compostela (1984) de Carlos G. Reigosa, novela de corte policial coa que se abriu o xénero negro para a literatura galega (Tarrío 1994: 441). No mesmo ano da publicación recibe o I Premio Xerais, suceso que implica unha mudanza sen retorno no campo literario galego 1. O outorgamento deste galardón causou unha grande convulsión, xa que a novela negra non formaba parte do modelo de literatura da época. Para Dolores Vilavedra (2013: 110) a decisión de concederlle este premio foi unha ousada aposta canonizadora, xulgada coma unha transgresión nalgúns sectores do ámbito cultural. Con Crime en Compostela iníciase un proceso de incorporación de novas formas narrativas ao sistema literario galego que ata ese momento foran consideradas impropias dunha cultura na que primaba a recuperación da identidade (GonzálezMillán 1994: 228). Ademais, grazas á concesión do Premio Xerais, ráchase cos tópicos que ligaban a literatura galega á ambientación rural ou que lle esixían ao lector unha determinada posición política, académica ou ideolóxica. A partir deste acontecemento, o xénero negro foi abríndose paso no campo literario ata experimentar unha grande expansión e popularidade. Na actualidade, existe un amplo número de escritores galegos que se dedican á súa elaboración, creando novelas de fronteira que compracen por igual a adolescentes e adultos.\nO presente estudo propón unha análise comparativa dos trazos dos detectives galegos nunha serie de obras seleccionadas de autores de diversa idade, formación e con novelas escritas en períodos dispares. Tómanse unicamente aqueles investigadores que aparecen nun mínimo de dúas creacións, coa intención de recoller a tipoloxía de detective galego asentado nos trazos das sagas. A decisión de elixir dúas obras por autor parte da idea de poder percibir cambios de personalidade ou evolucións nos personaxes. Non se escolle un número maior de obras porque, nalgúns casos, non existen, é dicir, só temos dúas novelas protagonizadas por Horacio Dopico e outras dúas por Leo Caldas. A escolla realízase cronoloxicamente, optando sempre polas primeiras novelas nas que aparece o investigador e, na medida do posible, recóllense todos os elementos que constitúen a súa idiosincrasia para intentar demostrar a existencia dun modelo que tende a repetirse.\nA análise desenvolta está baseada no estudo pormenorizado de oito novelas: Un nicho para Marilyn (2002) e Luar no inferno (2006), de Miguel Anxo Fernández (Carballiño, 1955), profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico; Ollos de auga (2006) e A praia dos afogados (2009), de Domingo Villar (Vigo, 1971), guionista de cine e televisión, que traballa como crítico gastronómico nunha emisora de radio; Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), de Diego Ameixeiras (Lausana, Suíza, 1976), licenciado en Ciencias da Información, guionista e xornalista; e, por último, Sangue sobre a neve (1990) e Barato, barato (1991), de Manuel Forcadela (Tomiño, 1958), doutor en Filoloxía e catedrático de lingua e literatura no ensino secundario, que posúe unha ampla produción académica.\nAntes de iniciar o percorrido, cómpre presentar brevemente cada un dos personaxes que se van analizar e citar todas as obras nas que aparecen.\nMiguel Anxo Fernández crea a Frank Soutelo, o detective privado máis internacional do grupo de investigadores analizados. Pese a ser de pais galegos e considerarse moi próximo á terra dos seus proxenitores, nace e desenvolve toda a súa vida en EUA. A primeira vez que aparece será en 2002 na obra Un nicho para Marilyn. Protagoniza, ademais, as novelas Luar no inferno (2006), Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011) e Bícame, Frank (2013). Vive en Los Ángeles e é alí onde se desenvolven os seus casos, agás nas dúas últimas novelas nas que viaxa a Galicia.\nVillar. Orfo de nai dende cativo, mantén unha estraña relación co pai. Traballa como inspector de policía en Vigo e, ademais, é locutor nun programa de radio chamado “Patrulla nas ondas”. Aparece nas novelas Ollos de auga e A praia dos afogados. Ten como compañeiro a Rafael Estévez, un axente aragonés bastante peculiar. Ambas as obras foron traducidas para diversos idiomas e acadaron galardóns como o Premio Losada Diéguez de Creación Literaria en 2010 ou o Premio Frei Martín Sarmiento en 2011.\nO detective privado Horacio Dopico aparece da man do escritor Diego Ameixeiras nas novelas Baixo mínimos e O cidadán do mes. Insírese dentro do Ourense máis marxinal, onde todo semella sexo, drogas, alcohol e corrupción política. Horacio Dopico é un home excluído e inadaptado que gaña a vida facendo traballos sucios. Representa a adicción a diversos vicios: bebedor, fumador, consumidor de droga, habitual de puticlubs e clubs de copas.\nManuel Forcadela presenta a Toni Barreiro, exboxeador e exlexionario, en 1990 coa novela Sangue sobre a neve. Detective moi intuitivo e supersticioso que vive na cidade de Vigo e traballa para unha xestoría realizando todo tipo de tarefas (cobros a morosos, seguridade, investigación de roubos...). É o personaxe principal doutras tres novelas: Barato, barato (1991), Fóra de xogo (1993) e A procura do falso Grial (2006). Desenvolve as súas investigacións coa axuda do seu amigo Elvis Constantino.\nA novela negra\nAs primeiras novelas inscritas dentro do xénero negro ofrecen un detectiveprotagonista que responde á imaxe dun heroe virtuoso con características superiores, intelixente, culto e nobre. Identifícase cun ser maniático, estraño, distante, excéntrico (Martín Cerezo 2006: 60) e ademais “Su fantástico supercerebro así como su falta de emociones con respecto a los demás le confieren al detective un halo inhumano superior” (Colmeiro 1994: 67). Trátase dunha persoa que sente unha verdadeira vocación polo seu traballo, “es un héroe, es el depositario de los valores morales, sociales y jurídicos de una colectividad” (Martín Cerezo 2006: 60). Algúns exemplos de detectives clásicos que responden a esta caracterización son Sherlock Holmes (Conan Doyle) e Hércules Poirot (Agatha Christie).\nArredor da década de 1930, debido a unha serie de acontecementos (Primeira Guerra Mundial, Lei Seca, crack do 29, aumento do poder das mafias, corrupción...), prodúcese unha transformación no modelo de detective clásico británico, encabezada polos autores Raymond Chandler e Dashiell Hammett en Estados Unidos e Georges Simenon en Francia. Dende este preciso momento comeza a establecerse unha diferenza, é dicir, fálase de “novela policiaca clásica” en referencia ás narracións anteriores a esta mudanza e denomínanse “novelas negras” as obras aparecidas posteriormente. Deste xeito, o xénero negro convértese nunha “literatura de alcance social que desdeña el universo burgués y el simple divertimento mental que, protagonizada por un nuevo tipo de detective privado –el hardboiled (traducido literalmente como ‘duro y en ebullición’ o, de forma menos rigurosa como ‘duro de pelar’), casi tan violento, cínico y marginado como un delincuente– aborda con honestidad, rigor, y realismo la cotidiana realidad criminal” (Alonso e Santamaría 1991: 2223). Algúns exemplos de detectives que responden a esta caracterización son Philip Marlowe (Chandler), Sam Spade (Hammett) e Race Williams (Carroll John Daly).\nCoa evolución e desenvolvemento da novela negra, o personaxe do detective racha radicalmente coa visión clásica. Os investigadores aparecen retratados coma persoas cheas de defectos, vicios e temores. Son os antiheroes, “conocen y exploran los bajos fondos de la sociedad que habitan, y entran en contacto con delincuentes, criminales y todo tipo de seres marginales” (Colmeiro 1994: 72). Relegando ao esquecemento esa visión romántica do detective como suxeito case perfecto que ten como única finalidade loitar polos seus ideais, nas novelas negras actuais o investigador convértese nun ser humano normal e corrente. Fronte á idealización da novela clásica, agora prima o uso da violencia en detrimento da capacidade mental, “they used guns and physical force more than intellectual reasoning” (Barnes 1975: 75). Colmeiro (1994: 70) presenta unha conexión entre a novela negra clásica e os libros de cabaleirías, mentres que relaciona o xénero negro “moderno” coa novela picaresca.\nDentro desta perspectiva innovadora insírense os catro personaxes que se van analizar a continuación (Leo Caldas, Frank Soutelo, Horacio Dopico e Toni Barreiro). Todos eles implican unha ruptura co heroe tradicional (nobreza, beleza, integridade, valor…). Xa non se trata dun ser infalible, o personaxe trabúcase con frecuencia e amosa algúns aspectos que se afastan claramente da heroicidade. Por exemplo: Toni Barreiro e Leo Caldas son tímidos, é dicir, mostran falta de seguridade e de desenvoltura nas súas relacións persoais; Leo Caldas é débil, posto que se marea con facilidade nos medios de transporte; e Frank Soutelo sente medo con frecuencia cando traballa nos casos. Como indica Colmeiro (1994: 70) o protagonista da novela negra é un home deste mundo, cuxa fortaleza física e moral non é invulnerable ante os ataques que sofre continuamente cando está a investigar.\nA figura do detective galego\nMediante a comparación de oito novelas (Un nicho para Marilyn, Luar no inferno, Ollos de auga, A praia dos afogados, Baixo mínimos, O cidadán do mes, Sangue sobre a neve e Barato, barato) establécense unha serie de concordancias que permiten entrever un mesmo bosquexo para os catro detectives, dado que os trazos que os escritores escolleron para cada personaxe parten dun determinado motivo e teñen unha finalidade concreta.\nCabe destacar que o investigador é un home. Aínda que son abundantes, na literatura, as mulleres detectives (por exemplo, Mrs. Marple de Agatha Christie), hai unha tendencia a escoller personaxes masculinos na novela negra galega. Polo que se refire ao aspecto físico, existen algunhas pequenas diferenzas. Horacio Dopico ten uns 40 anos e unha complexión corrente; Frank Soutelo, duns 50 anos, é acorporado, diso que reciba o sobrenome de “Big Frank”; Toni Barreiro, duns 40 anos é moi forte e corpulento, dado que foi boxeador no pasado; e, por último, de Leo Caldas non se sabe nin a súa idade nin o seu aspecto físico 2, porén polos datos facilitados é posible que teña entre 40 e 50 anos, como os demais investigadores analizados.\nO detective vive nunha cidade e frecuenta os mesmos locais. Leo Caldas e Toni Barreiro viven en Vigo, Horacio Dopico en Ourense e Frank Soutelo en Los Ángeles. O espazo literario predilecto da novela negra é a cidade, posto que no ambiente urbano a criminalidade é máis significativa. As urbes implican a existencia dunha periferia marxinal que reflicte a degradación social. Por outro lado, nas novelas analizadas as cidades galegas descríbense con moito detalle (rúas, parques, monumentos…), converténdose en verdadeiros personaxes. Todos os investigadores teñen un ou varios locais aos que van a miúdo: Leo Caldas a taberna Elixio e o bar Puerto, Toni Barreiro o bar Teide, Horacio Dopico o bar Auriense e Frank Soutelo o restaurante Peirao. Nalgúns casos os sitios de lecer dos que son habituais teñen unha función esencial para o detective, dado que o axudan a resolver o caso.\nAínda que non se cumpre escrupulosamente, o investigador acostuma a non traballar só. Os acompañantes, na novela negra, son personaxes de grande importancia que teñen a tarefa de humanizar e reforzar a personalidade do detective. Coa excepción de Horacio Dopico, todos reciben axuda dun colaborador. Leo Caldas e Toni Barreiro teñen compañeiros fixos, Rafael Estévez e Elvis Constantino, respectivamente. O acompañante actúa como contrapunto, discernindo dun xeito máis sinxelo as facultades e as características propias do investigador. Pola súa banda, Frank Soutelo aparece acompañado de axudantes ocasionais:\nEmpreguei as xornadas seguintes en deseñar un plan coa axuda de Tabasco, reconvertido en socio accidental nesta empresa porque no fondo ambos estabamos no mesmo, aínda que desde posicións e intereses diferentes (Fernández 2002: 113).\nHabitualmente o detective non pertence á policía ou a outro corpo oficial. Nos casos analizados cúmprese esta premisa, coa excepción de Leo Caldas que é inspector de policía. Frank Soutelo exerce por conta propia como investigador (ten despacho de seu), Toni Barreiro e Horacio Dopico traballan para outras persoas realizando “choios” de todo tipo. Na situación concreta de Horacio Dopico percíbese unha mudanza da primeira novela á segunda: primeiro executa tarefas fóra da lei para organismos oficiais, concretamente para a Consellería do Interior e, posteriormente, traballa de maneira independente.\nO investigador ten gustos exquisitos. Grazas a estes elementos refinados polos que sente pracer ou satisfacción, o detective aparece caracterizado dun xeito pouco convencional, afastándose así do común da sociedade. Nas novelas estudadas son dous os puntos fundamentais que permiten esta diferenciación: a gastronomía galega 4 e música jazz. A Frank Soutelo, Leo Caldas e Toni Barreiro gústalles o viño galego (Albariño, Ribeira Sacra…) e o bo comer. Nas obras recóllense continuas referencias a pratos galegos de todo tipo, aínda que destacan o peixe e o marisco (nécoras, robaliza, rape, xoubas, empanada de vieiras, polbo, percebes, linguado…). Pola outra banda, a Leo Caldas e a Horacio Dopico encántalles o jazz, xénero musical conectado coa novela negra americana.\nAsí empecei a utilizar a John Coltrane como balsámico existencial. Os acordes do saxo tenor, diluídos na atmosfera requecida da mañá, moito me prestaban (Ameixeiras 2006: 27).\nA pesar de que sempre acabará resolvendo os casos que se lle presentan, a súa vida persoal é un desastre. En certa maneira o detective é un triunfador no ámbito profesional, pero un perdedor no ámbito privado. Aínda así, o éxito laboral acostuma ser acedo. No caso concreto de Leo Caldas, o recoñecemento público nada ten que ver co seu verdadeiro traballo:\nPor moi pouco orgulloso que estivese de participar nel, a pesar dos anos de servizo no corpo de policía, se a xente o coñecía era por aquel absurdo programa de radio (Villar 2006: 73).\nFrank Soutelo ten unha boa situación económica que lle permite levar unha vida acomodada e mercar artigos caros (traxe de Armani, coche Pontiac Sunfire…). Pola súa banda, Horacio Dopico e Toni Barreiro non teñen traballo fixo e realizan actividades laborais ocasionais, por conseguinte, a súa situación económica resulta bastante precaria. Ambos os investigadores son relativamente pobres e precisan o diñeiro que reciben polos traballos resoltos para sobrevivir:\n–¡O que realmente necesito é pasta para ir de putas! –berrei (Ameixeiras 2004: 57). –Consegue diñeiro para casarnos e deixo o traballo –dixo Katty. –¡Que máis quixera eu que poderte sacar dese tugurio! –dixo Toni (Forcadela\nIndependentemente do diñeiro que posúen, as súas vidas parecen miserentas. Por exemplo, a Horacio Dopico uns cativos róubanlle o anticipo dun pago por culpa dun descoido (O cidadán do mes). Carecen de horarios, realizan traballos cheos de perigos e sofren continuos enfrontamentos violentos. Sempre están ao límite e son vulnerables.\nComo parte fundamental do antiheroe, o detective mostra diversos signos de degradación, porén non todos os vicios indican o mesmo deterioro da persoa. Destácase a existencia de tres dependencias, dúas delas aceptadas socialmente (tabaco e alcohol) e outra que implica unha degradación maior, posto que representa unha conduta socialmente censurable (droga). En primeiro lugar, agás Frank Soutelo, os detectives fuman con frecuencia, fundamentalmente cando están a meditar sobre a investigación. Para Horacio Dopico fumar resulta case enfermizo, xa que implica empeorar a súa doenza de farinxite crónica:\nCaldas asentiu sen deixar de remexer coa culleriña na cunca. Prefería acender un cigarro, pero no bar Puerto eran tan estritos co tabaco coma cos tempos de cocción do marisco, e tivo que conformarse con remover o café (Villar 2009: 39).\nAlmorcei un café negro e tres cigarros nun bar da Praza de Abastos (Ameixeiras 2004: 39).\nEn segundo lugar, todos beben con frecuencia. Ademais do viño galego, que como se comentou anteriormente é a bebida predilecta, aparecen referencias a outros líquidos espirituosos: cervexa, licor café e whisky. Neste último caso destacan Frank Soutelo, Toni Barreiro e Horacio Dopico. Do mesmo xeito que acontecía coa música jazz, o whisky é a bebida que máis se asocia coa novela negra americana:\n–Entre as cousas que non paga a pena cambiar, está o boubon vello, ben o sabes\n(Fernández 2006: 129).\nO whisky estábame a pasar factura –gástrica, fundamentalmente–, mais a miña cabeza gozaba dunha claridade mental que, para calquera bebedor masivo, resultaría envexable (Ameixeiras 2004: 107). Pese a que todos beben, só Horacio Dopico se emborracha e sofre as conseguintes resacas do día despois. Nalgúns intres o alcohol parece ser unha necesidade ou mesmo unha vía de escape:\nSentíame coma sempre e coma cando non estaba borracho: baixo mínimos (Ameixeiras 2004: 166).\nPor último, vivindo ao límite das súas posibilidades, o único que consume drogas é Horacio Dopico:\nCoa perica azoutándome as ansias todas, sentinme en disposición de saír á rúa (Ameixeiras 2004: 17).\nO detective non acostuma ter parella estable. A soidade está presente en todos eles coma unha sombra que nunca se esvaece e que lles lembra a imposibilidade dunha sólida vida sentimental. En realidade, ningún dos investigadores analizados está só por propia elección, trátase dunha consecuencia do traballo ou do prexudicial ambiente no que se moven. Deste xeito, os detectives aparecen representados coma persoas solitarias, fortes e desencantadas da vida. Logo de rematar un dos seus casos, Leo Caldas prefire pasar as horas no bar que regresar a casa:\nO inspector decidiu acudir ao bar do casco vello por terceira vez. Non quería achegarse á soidade da súa casa (Villar 2006: 241). Para o inspector da policía de Vigo, o traballo convértese no único motivo para vivir, relegando ata a inexistencia o ámbito persoal: A vostede dálle o mesmo chamar de noite que de día; para vostede non hai diferenza entre un martes, un venres ou un domingo. Todos os días son iguais (...) Eu non teño a culpa de que a súa vida se reduza ao traballo –dixo–, pero ten que comprender que non todo o mundo é coma vostede (Villar 2009: 321).\nOutro punto en común relacionado coa estabilidade sentimental é a existencia, no pasado, dunha relación truncada. A perda da muller amada é un símbolo do fracaso persoal do detective. Leo Caldas tivo unha moza coa que ía moi en serio e Frank Soutelo e Horacio Dopico estiveron casados. Leo\nCaldas e Horacio Dopico 5 seguen namorados das persoas coas que estiveron con anterioridade, aínda así, fican en silenzo, compadecéndose da súa vida, sen loitar por recuperar a relación truncada: Para torturarme un pouco rematei a botella de whisky botándolle unha ollada a un vello álbum de fotos de cando facía con Marina o que a primavera coas amendoeiras (Ameixeiras 2004: 61). Leu dúas veces o nome na pantalla. “Alba”. Alba? (...) Quedou parado no medio da beirarrúa co teléfono na man, mirándoo, sen atreverse a marcar (Villar 2009: 255). 5 Segue tendo a foto da súa ex. na mesa de noite (Ameixeiras 2004: 123).\nPola súa banda, Frank Soutelo non se outorga a si mesmo a oportunidade de volver empezar de novo, pese a sentir algo pola súa secretaria Pat Pérez 6 e pensar nela continuamente:\nFinalmente rematara tan satisfeito daquela aventura que na cabeza me fervía a idea de invitar a Pat, a cear ou ao que fose. Quedara tan farto de cadáveres que me notaba necesitado da súa vitalidade. Non quería catre a pelo, iso quede claro, buscaba outra cousa (Fernández 2002: 141).\nResulta infactible a recuperación da relación perdida, por iso todos, agás Leo Caldas, manteñen aventuras ocasionais, incluso con mulleres relacionadas cos casos que están a investigar. Existen exemplos desta conduta nas novelas Sangue sobre a neve e O cidadán do mes.\nAdemais destes encontros casuais, semella que os detectives só poden establecer vínculos afectivos con persoas que se moven neses mesmos ambientes marxinais. Horacio Dopico sae durante un tempo cunha das rapazas (Ágatha) que traballa nun puticlub e Toni Barreiro mantén unha relación cunha estrela do streaptease. Aínda así, a felicidade é inviable. Ágatha finalmente acaba fuxindo co mellor amigo de Horacio Dopico e Toni Barreiro séguese sentindo completamente só:\nCada vez que penso algo éntranme ganas de cortar o pescozo. Ágatha deixárame tirado meses atrás polo meu mellor amigo, Roi Maceira […] (Ameixeiras 2006: 25).\nSen embargo, aquilo non bastaba para encher a soidade. Moitas noites desexaba encontrar a outra persoa. Estabilizar a súa relación sentimental. O mundo na nocturnidade, do streaptease, da semiprostitución, comezaba a facérselle moi duro (Forcadela 1990: 41).\nA ironía e o cinismo 7 son características propias que o antiheroe emprega como protección, permitíndolle fuxir da penuria da realidade coa que ten que convivir. Xunto con estas dúas calidades, na novela negra galega destaca o humor e a retranca, como distintivos do detective autóctono:\n–Chegamos –díxome o mordomo logo de baixar o cristal que nos separaba.\nDiante dunha obviedade como aquela non puiden menos que contestar: “Xa, crin que parabamos a mexar.” Pasmou un pouco. Seguro que botou tempo tentando atoparlle a graza ao meu comentario... (Fernández 2002: 30). Xeneticamente estou programado para sementar o maior número de femias posibles (Ameixeiras 2004: 169). –Xefe, aínda non me contou que facemos aquí –comentou Rafael Estévez mirando ao seu superior. –Non, aínda non. (Villar 2006: 143).\nConclusións\nUn dos aspectos máis interesantes do xénero negro é súa vitalidade, dinamismo e capacidade para evolucionar. Un exemplo desta transformación é a mudanza que supuxo a novela negra fronte á novela policíaca clásica, o permitiu que o lector se achegase a unha realidade próxima e cativadora, cumprindo, ademais, coa obriga de mostrar as carencias morais da sociedade. Polo que se refire á literatura galega, a novela negra está a vivir unha época de esplendor, sobre todo no século XXI, cun número cada vez maior de escritores e lectores asiduos que converten as obras en grandes éxitos. Diego Ameixeiras, Manuel Forcadela, Miguel Anxo Fernández e Domingo Villar, xunto con Carlos G. Reigosa, son algúns dos principais cultivadores contemporáneos da novela negra galega.\nTras a análise, polo miúdo, dos personaxes de catro detectives galegos de sagas 8 : Leo Caldas (Domingo Villar), Frank Soutelo (Miguel Anxo Fernández), Horacio Dopico (Diego Ameixeiras) e Toni Barreiro (Manuel Forcadela), conclúese que os investigadores, na literatura galega, rachan co modelo tradicional (novela negra clásica) e seguen as pegadas innovadoras da novela negra americana, é dicir, da que se publica a partir de 1930. Porén, iso non significa que non existan certas reminiscencias á visión clásica dos detectives, como, por exemplo, os seus gustos exquisitos.\nA tipoloxía dos personaxes presentados non constitúe unha tradición literaria propia, posto que, en xeral, se reproducen arquetipos da novela negra americana. Pese ás diferenzas dos seus autores e dos anos de publicación das obras estudadas, existen certas concordancias entre Leo Caldas, Frank Soutelo, Horacio Dopico e Toni Barreiro. Seguindo estas similitudes é posible elaborar un perfil común, é dicir, o modelo de detective galego: é un home, vive nunha cidade e frecuenta sempre os mesmos locais. Habitualmente non traballa só e quebranta as normas para resolver os casos. Ten gustos refinados que o diferencian do resto da poboación e usa o humor e a retranca como parte indiscutible da súa identidade. Na súa vida persoal, é un fracasado, non ten parella estable e conta con varias adiccións que non é quen de superar. A presenza dos axudantes fixos ou eventuais serve como contrapunto para o desenvolvemento da trama ou como solución do caso investigado, naturalizando os protagonistas. Algo semellante acontece cos principais personaxes femininos cos que se relacionan sentimentalmente os investigadores: Katty (Manuel Forcadela), Marina (Diego Ameixeiras), Pat Pérez (Miguel Anxo Fernández) e Alba (Domingo Villar). Todas elas mulleres independentes, á altura dos tempos actuais e da reformulación dos roles femininos.\nNarratoloxicamente, o investigador da novela negra galega preséntase como o antiheroe, cargado de matices que o degradan e elementos que o humanizan. A súa propia existencia é unha crítica voraz á hipocrisía social, á corrupción das clases adiñeiradas e á situación marxinal que viven as persoas que carecen de todo tipo de dereitos. Os diversos compoñentes galegos (gastronomía, cultura, idiosincrasia…) están continuamente presentes nas creacións literarias e establécense como unha particularidade inseparable do detective protagonista.\nVerónica Pousada Pardo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades\nAlonso, José e Pedro Santamaría. 1991. Antología del relato policial. Barcelona: Editorial Vicens Vives. Ameixeiras, Diego. 2004. Baixo mínimos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 2006. O cidadán do mes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Barnes, Melvyn. 1975. Best Detective Novel: A Guide from Godwin to the Present. Londres: Clive Bingley. Bourdieu, Pierre. 2004. O campo literario. Tradución e presentación Carlos Pérez Varela. Ames: Edicións Laiovento. [1ª ed. 1991]. Colmeiro, José. 1994. La novela policíaca española: teoría e historia crítica. Barcelona: Anthropos Editorial. Fernández, Miguel Anxo. 2002. Un nicho para Marilyn. Vigo: Editorial Galaxia. — 2006. Luar no inferno. Vigo: Editorial Galaxia. — 2008. Tres disparos e dous friames. Vigo: Editorial Galaxia. — 2011. Lume. Vigo: Editorial Galaxia. — 2013. Bícame, Frank. Vigo: Editorial Galaxia. Forcadela, Manuel. 1990. Sangue sobre a neve. Pontevedra: Edicións do Cumio. — 1991. Barato, barato. Pontevedra: Edicións do Cumio. — 1993. Fóra de xogo. Pontevedra: Edicións do Cumio. — 2006. A procura do falso Grial. Pontevedra: Edicións do Cumio. G[onzález] Reigosa, Carlos. 1984. Crime en Compostela. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 1988. O misterio do barco perdido. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 1996. A guerra do tabaco. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. — 2000. Narcos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\n— 2014. A vinganza do defunto. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\nGonzálezMillán, Xoán. 1994. “A novela policial. Fragmento de Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa”. En Claudio Rodríguez Fer (ed.), Comentarios de textos populares e de masas (pp. 193229). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\nMartín Cerezo, Iván. 2006. Poética del relato policiaco (de Edgar Allan Poe a Raymond Chandler). Murcia: Universidad de Murcia. Servicio de Publicaciones.\nSantos, Ágatha de. 2009. “Soy un escritor que trabaja despacio e incumplo religiosamente los plazos” Faro de Vigo (23 de maio). Consultado o 12 de xaneiro de 2016, http://www.farodevigo.es/sociedadcultura/2009/05/23/escritortrabajadespacio-eincumplo-religiosamenteplazos/330328.html\nTarrío Varela, Anxo. 1994. Literatura Galega. Aportacións a una historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\nVilavedra, Dolores. 2013. “Literatura galega, un fenómeno proteico”. Grial, 200, pp.\n— 2009. A praia dos afogados. Vigo: Editorial Galaxia."} {"summary": "O rol da muller desempeña unha importancia capital na literatura universal, tanto que algúns prototipos femeninos convertéronse en referentes canónicos que, dalgunha maneira, conseguiron marcar unha tendencia ao desvincularse das caracterizacións máis ao uso, dando así paso a unha tradición de herdanzas literarias ancoradas no cambio dos patróns de comportamento social como factor distintivo. Utilizando como base de partida as teorías de representación de xénero de Butler (1999) e Wood (2005), o presente estudo pretende sacar á luz os posibles padúas figuras literarias distanciadas polo tempo, os xéneros e as voces narrativas, pero que atopan puntos de semellanza comúns articulados ao redor do conflicto bélico, configurado como o elemento artífice da ruptura dos estereotipos clásicos de feminidade.\nstereotypes of femininity.", "text": "A fame que o vento non levou: Paralelismos literarios entre Escarlata O’Hara e Katniss Everdeen\nPatricia Val Antelo\n[Recibido, 8 marzo 2016; aceptado, 10 xuño 2016]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.48.3186\n : gender studies, literary archetypes, woman and war, characterization.\nComparar O que o vento levou 1 e Os xogos da fame 2 non é tarefa fácil. Máis aló da máxima que recalca que quen quere achar semellanzas entre dous suxeitos farao, as dúas obras atópanse distantes en moitos aspectos literarios que a crítica define esenciais, como a tipoloxía, o público receptor, a época, o ámbito literario e mesmo o xénero. De feito, se non nos cinguimos unicamente ás diferenzas que se poderían remarcar entre unha obra clásica e unha saga xuvenil e seguimos os parámetros marcados por Lluch (2007: 201203), podemos afirmar que a novela de Mitchell encaixaría baixo a definición de obra canónica, mentres que a triloxía de Collins ampararíase baixo o concepto de paraliteratura. Pero o eixo temático da guerra que subxace no transfondo de ambas as narracións permite, en certo xeito, transcender clasificacións como a anterior e enfocar a comparación valéndonos dunha característica que pode considerarse común ás literaturas xuvenil, bélica e destinada ás mulleres (ámbito no que algúns seguen situando a obra de Mitchell): o feito de desenvolver discursos relacionados con preocupacións inherentes ao xénero e ás nacións, á humanidade e ao crecemento entendido en sentido amplo, e contextualizalos baixo paradigmas sociais, culturais ou morais (Coates 2011: 316318). Así, se O que o vento levou nos fala dos cambios acontecidos na sociedade sureña de Estados Unidos durante e despois da Guerra Civil de 1861, cunha visión centrada especialmente nos roles femininos (Kone č ná 2010), Os xogos da fame pon o acento sobre a formación da identidade no seo dunha comunidade distópica dominada por un totalitarismo mediático e as desigualdades de clase (Irwin 2012).\nO foco narrativo das dúas obras difire. No caso da novela de Mitchell atopámonos cun narrador omnisciente, mentres que na saga de Collins é a mesma protagonista, Katniss Everdeen, quen se encarga de relatar a súa historia en primeira persoa. A pesar diso, o aspecto máis relevante e central á hora de levar a cabo o labor comparativo obxecto do presente traballo segue visible no corazón de ambos os relatos: o contar con dúas escritoras que desenvolven a narración ao redor de dúas heroínas que presentan unha caracterización pouco usual se comparada cos prototipos femininos de ficción das súas respectivas épocas. Unha caracterización que atopa puntos de conexión tanto no referente a factores intrínsecos aos personaxes coma a factores externos relativos ao relato, que contribúen a perfilar os trazos das protagonistas e o seu devir como arquetipos literarios. Trátase duns paralelismos razoablemente marcados, tanto é así que á luz do ensaio de Margaret D. Bauer “A Study of Scarletts. Scarlett O’Hara and her Literary Daughters” (2014) non sería desatinado afirmar que a propia Katniss Everdeen podería considerarse unha das fillas literarias do inmortal personaxe creado por Margarett Mitchell.\nA guerra gañada da caracterización: batallas paralelas, frontes distintas\nA fascinación por dous personaxes tan distintos como Escarlata O’Hara e Katniss Everdeen é facilmente demostrable pola estética da recepción das obras que protagonizan. A pesar do anterior (ou, se cadra, xusto por iso), é innegable que parte do encanto atribuído a ambas as protagonistas débese ás exitosas adaptacións cinematográficas de O que o vento levou e Os xogos da fame, e ás fantásticas interpretacións das talentosas actrices sobre as que recaeu a responsabilidade de dar vida ás heroínas, Vivien Leigh e Jennifer Lawrence, respectivamente, creando así un efecto propio das que se poden denominar narrativas transmedia.\nTanto Escarlata coma Katniss actúan, utilizando os trazos femininos para conseguir os fins que se propoñen que, máis aló de obxectivos específicos, pódense sintetizar na supervivencia no seo dunhas sociedades convulsas e violentas. A forma de proceder tipicamente masculina de Escarlata, recalcada de forma directa en decenas de pasaxes distintas da novela, é un dos eixos temáticos da narración, e ao chocar coas vertentes sedutoras e coquetas falsamente impostadas contribúe a marcar a dualidade de trazos enfrontados do personaxe que, en palabras de Commager (1936:1), se sintetiza da seguinte maneira:\nShe was not a lady, though she wanted to be, but a magnificent woman, a vital, proud, passionate creature, undismayed by life or by death, tenacious of what was hers, acquisitive of what was not, hungry for admiration rather than love, ruthless but capable of tenderness, ambitious but capable of sacrifice, sentimental but without nonsense, deeply rooted in the soil of Tara but uprooted, too, lost.\nEsta combinación binaria é a que segundo Deeks (1997: 312) permite catalogar idealmente a Escarlata O’Hara baixo o tipo psicolóxico que Adler (1956: 123) denomina “erudito”, feito que explicaría a fascinación ambivalente que o personaxe é capaz de exercer, producindo tanto admiración coma rexeitamento. En palabras de Spanbauer (2001: 14) “This conflict makes Scarlett both despicable and a compelling, attractive, even glamorous, character”.\nO caso de Katniss Everdeen presenta connotacións parecidas. Os estudos que se centran nunha análise de xénero da protagonista de Os xogos da fame 3 coinciden en que o personaxe de Collins presenta preferentemente trazos distintivos que adoitan atribuírse aos homes, aínda que os balancea con algunhas características habitualmente consideradas femininas (Lem 2012). Unha vez máis se fai patente esa ambivalencia de xéneros e roles, que no referente a Katniss cristalízase no feito de convertela nunha indubidable heroína de connotacións progresistas, capaz de espertar a admiración dos lectores da literatura para mozos adultos (Henthorne 2012), á vez que nunha figura ambigua que por mor das súas características pouco marcadas, dubitativas e cambiantes pode provocar o escepticismo e o desapego dun público máis afeito a tratar con personaxes literarios de maior espesor.\nEscarlata e Katniss viven nunha época de conflito bélico. Aínda que un corresponde a unha visión bastante fiel da realidade histórica e o outro se define entre as marxes da ficción distópica, ambos os dous se configuran como transfondos das narracións e inflúen profundamente nas personaxes, de tal maneira que se poderían considerar un motor da acción. A guerra e as penurias que supón motivan algúns dos paralelismos máis interesantes entre estes dous personaxes tan afastados. O primeiro deles ten que ver coa necesidade de supervivencia e a loita contra o horror. Fundamentalmente, ambos os personaxes buscan sobrevivir: Escarlata á pobreza e miseria que proporcionan a guerra e o seu final cargado de cambios e incerteza; Katniss, antes aos propiamente chamados Xogos, e posteriormente á guerra civil na que se verá forzada a ter un papel clave. Para facelo, as dúas están dispostas a mentir, roubar e mesmo matar e, de feito, fano, cometendo accións abominables sen desenvolver culpas demasiado remarcadas, contradicindo así as calidades de receptividade, sensibilidade, pacifismo e tenrura que Marcuse (1983: 14) consideraba dominantes en calquera universo centrado nun carácter feminino e trocando unha vez máis os roles de xénero para subsistir nunha contorna hostil.\nComo vimos, Escarlata e Katniss posúen actitudes e características preferentemente masculinas que inflúen tanto na súa conduta coma na imaxe que proxectan, o que á súa vez repercute na tipoloxía de relacións e roles que van asumindo ao longo da narración. Debido á súa fortaleza e espírito de supervivencia, ambas vense abocadas a asumir o rol de cabeza de familia, un papel marcadamente patriarcal que se alimenta dos trazos masculinos e á vez refórzaos. Os lazos afectivos que as unen ao pai antes de que este, en ambos os casos, faleza son máis fortes e significativos dos que se establecen coa nai. A devoción de Escarlata polo seu pai Gerald é explícita e tradúcese nunha reprodución consciente de actitudes do mesmo na súa propia forma de actuar. É un dos poucos personaxes cara aos que demostra abertamente un agarimo desinteresado, xa que os devanditos sentimentos non son proxectados de igual maneira cara á súa nai, Ellen, nin cara a ningún outro membro da familia. Escarlata toma a súa nai como exemplo, idealízaa e outórgalle poder moral, pero mantén con ela unha relación fría e privada de connotacións cariñosas, si baseada no sentimento de protección e admiración, pero baixo o veo da distancia (Bauer 2014: 1920). Pola súa banda, Katniss mantén un recordo cariñoso do seu pai (xa defunto ao comezo da obra) e segue os seus pasos de forma literal vestindo a súa cazadora e indo cazar ao bosque, territorio prohibido. Poderíase dicir que toma o seu sitio e á vez despreza á súa nai por non ser capaz de manexar as rendas da familia e coidar dela e da súa irmá pequena Prim, mantendo unha actitude reprobatoria e resignada que se reflicte no primeiro capítulo de Os xogos da fame (Collins 2008: 1220). En ambos os casos parece latente unha especie de síndrome de Electra que se articulará nos aspectos emocionais e sociais da configuración dos personaxes.\nO segundo aspecto ten que ver coa falta de interese romántico xenuíno que experimentan ambas as figuras femininas a pesar de ser o vértice central dun triángulo amoroso. Escarlata sofre innegablemente un enamoramento cara a Ashley, algo que lle leva a anhelalo e perseguilo, esperalo e desexalo, pero que en realidade revélase unha fantasía, unha fantasía á que agarrarse para cobrar forza e escapar da triste realidade, sen ter un fondo ancorado nun amor auténtico (Haskell 2010: 87). Igualmente, a súa relación con Rhett baséase máis en equilibrios de conveniencia que en sentimentos profundos, polo menos ata as páxinas finais da obra, nas que parece que Escarlata dáse conta do que sente en realidade (Bauer 2014: 2133). Con todo, a actitude do personaxe e as súas propias reflexións deixan entrever que Escarlata non está interesada na parte romántica do amor, tan só a idealiza precisamente polo feito de non necesitala verdadeiramente. Pola súa banda, Katniss expresa de forma inequívoca o seu desinterese nas cuestións románticas, escudándose no feito de non poder permitirse pensar nesas cousas cando se está vivindo unha situación de guerra que ameaza a existencia dunha enteira sociedade. A esa reflexión únese o comportamento ambiguo que adopta en relación a Gale e Peeta, alentándoos e rexeitándoos segundo esixa a situación ou os desexos deles (Layfield 2013: 15), e aínda que ao final da obra acaba casada con Peeta, esa unión parece responder máis a un desexo de estabilidade e tranquilidade que á satisfacción dun impulso romántico.\nConclusión\nAtopar puntos de semellanza ao desenvolver unha análise comparativa de dúas obras significa interconectar dous mundos literarios que, a priori e se non se demostra o contrario, non se propoñen voluntariamente ser debedores un do outro. O mesmo ocorre cos personaxes. Collins puido perfectamente inspirarse na Deusa Diana para perfilar algúns trazos de Katniss Everdeen, pero é complicado pensar que puidese tomar a Escarlata O’Hara como referencia. A pesar diso, hai unhas herdanzas literarias que se transmiten de forma implícita e silenciosa e que remiten á reprodución de arquetipos universalmente instaurados. Aínda sendo “heroínas”, os dous personaxes que abordamos ao longo deste traballo distan bastante de ser arquetípicos, máis ben poderían definirse como construcións contraditorias baseadas en forzas antagónicas, que triunfaron porque souberon suscitar a curiosidade dos lectores, espertando simpatías e antipatías pero, sobre todo, funcionando como catalizadores de discursos de xénero sobre o rol e os estereotipos da muller. O que lles fai cobrar aínda máis forza é, se cabe, conseguilo desde dous subsistemas literarios tradicionalmente de segunda fila: o drama romántico e a literatura xuvenil.\nOs trazos inusuais que as caracterizan e que, como tratamos de explicar, as unen, desenvólvense en ambos os casos de acordo a paralelismos que se fraguan a pesar das distancias narrativas que as separan. Iso pode facer pensar que é posible achar a existencia dun factor intrínseco á narración que actúe como meridiano e permita o despregamento dos subseguintes paralelos. En base ao exposto, atreveríame a afirmar que ese factor pode corresponderse cos conflitos bélicos que se atopan no transfondo das dúas ficcións. A guerra, histórica ou distópica, coas súas penurias, os seus dramas e o seu consecuente halo de horror e incerteza, actúa nos mundos literarios creando personaxes que para ser cribles e inspiradores teñen que vivir no desdobramento, nesa liña que separa o medo e a coraxe, a ética e o moralmente cuestionable, a empatía e a dureza, e mesmo a masculinidade e a feminidade. Cando se sitúa no centro dese escenario a unha muller, a historia que narran os seus actos pode tomar moitos camiños, pero inevitablemente acaba transcendendo os moldes sociais ancorados aos estereotipos clásicos e se o personaxe é construído de forma sincera e crible terá que ser partícipe dunha representación de vivencias que consegue expresarse coa mesma potencia tanto nunha obra canónica coma nunha ficción de literatura xuvenil, posto que, como está a demostrar o paso do tempo, a distancia entre estes dous mundos literarios non é maior da que pode existir entre unha Escarlata e unha Katniss.\nPatricia Val Antelo Universidade de Santiago de Compostela\nReferencias bibliográficas\nKone č ná, H. 2010. Gone with the Wind: Changes in the Southern Society Brought by the Civil War, especially Changing the Role and Status of Women, http://is.muni.cz/ th/265872/pedf_m/diploma_thesis.pdf. [Consulta: 22/12/2015]."} {"summary": "O presente traballo pretende reflexionar acerca do Premio Nobel de Literatura como un instrumento ao servizo dunha institución determinada, a Academia Sueca, capaz de influír na canonización de certos autores e textos. Este estudo proponse revisar algúns dos criterios nos que o organismo se fundamenta para levar a cabo a elección dos premiados, co fin de valorar ata que punto son verdadeiramente literarios. A través da situación do escritor xaponés Haruki Murakami poderase obter unha pequena mostra dos elementos que os círculos dominantes teñen en conta para xulgar a un determinado autor e, por tanto, das bases da súa canonización.", "text": "BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 48 / 1º SEMESTRE (2016): pp. 2939 / ISSN 02149117\nO Premio Nobel de Literatura como elemento canonizador: O “fenómeno Murakami”\no : Premio Nobel; canonización; Murakami. abstract This paper is a reflection on the Nobel Prize in Literature, an accolade presented by the Swedish Academy. This “institution” has the ability to canonize certain authors and texts. Therefore, some of the assessment criteria used during the selection process are analysed in order to clarify if the prestigious award is truly literary. Finally, the crucial elements utilised to choose a candidate author and the basis for his canonization are reviewed using the Japanese writer Haruki Murakami as an example. keywords : Nobel Prize; canonization; Murakami.\nIntrodución\nDeste xeito, pódese observar facilmente como o campo literario e cultural está absolutamente subordinado ao campo do poder, en termos de Pierre Bourdieu (1991). Desde este punto, interesa analizar cales son os mecanismos a través dos que a Academia toma as súas decisións, para así poñer en cuestión os seus criterios de elección e a súa obxectividade, xa que, en gran medida, os seus intereses se afastan do estritamente literario.\nA Academia Sueca e os seus criterios de selección\nCada dez de decembro, aniversario da morte de Alfred Nobel, desde o ano 1901 celébrase en Estocolmo a cerimonia de entrega do Premio Nobel de Literatura por parte da Academia Sueca. O nacemento destes premios ten que ver coa última vontade deste científico, quen no seu testamento declara que se deberá recoñecer cada ano a unha personalidade influente que contribuíse dalgún modo ao ámbito da física, química, medicina, literatura e á loita pola paz. A pesar de que o propio Nobel permite que os galardoados sexan de calquera nacionalidade, as institucións que deben tomar esa decisión son todas elas suecas ou norueguesas. Por conseguinte, nas súas orixes, o premio foi de interese local e foi ao longo dos anos cando adquiriu un prestixio a nivel internacional. Aínda que se expandiron as súas fronteiras, o galardón, no caso do ámbito literario, segue a ser entregado por unha entidade sueca, a Academia, “fundada en 1786 por el rey Gustavo III para preservar la pureza, el vigor y la majestad de la lengua sueca” (Vaccaro 2007: 20) 2. En definitiva, non parece ser un organismo ao que un labor como a concesión dun premio, en principio, de tal magnitude, teña que corresponderlle.\nPor outra banda, os membros do xurado, integrado predominantemente por homes, non poden ler todas as obras nas súas linguas orixinais e teñen que recorrer a traducións ou a recomendacións externas, o que limita, en certa maneira, a súa elección. Así mesmo, teñen cargos vitalicios, o que provocou que en moitas ocasións primasen os seus propios intereses e que non se soubesen adaptar ás novidades estéticas esixidas por un novo contexto literario.\nNo que respecta aos procedementos de selección, tamén se poden facer certas obxeccións. Nunha primeira fase a Academia elabora unha lista inicial de douscentos candidatos de acordo coa valoración dun conxunto de especialistas: profesores de literatura e de universidade, integrantes de entidades relacionadas co ámbito literario, anteriores gañadores do premio e presidentes de organizacións literarias representativas. Por iso, é evidente que aqueles escritores que non fosen institucionalizados previamente non optarán ao nomeamento. Finalmente, entre cinco deses candidatos procédese á valoración e votación por parte dos académicos. Con todo, os datos relativos a todo este proceso mantéñense en segredo durante cincuenta anos. Este elemento suscita críticas por parte dalgúns sectores e pon en dúbida a súa credibilidade, posto que a súa decisión final non está publicamente probada e fundamentada.\nDesta maneira, obsérvase como a Academia Sueca selecciona moitas veces os premiados a partir de criterios non exclusivamente literarios. Proba diso é que nas últimas décadas se produciu unha excesiva internacionalización do fenómeno, chegando a primar a diversidade de nacións e culturas representadas en lugar do verdadeiro valor artístico ou literario dos textos. Así, tentouse contrarrestar o peso que tiveron as grandes potencias europeas, ademais de Estados Unidos, nos primeiros anos da historia do Premio Nobel de Literatura. A pesar de que se trata dunha iniciativa que pretende dar cabida a países en menor medida recoñecidos, esta proposta segue sen estar sustentada nunha base obxectiva. Como conclúe Laura Vaccaro (2007: 464) na súa extensa análise:\nMás allá de las joyas literarias que se encuentran con bastante frecuencia, a esta distinción le ha faltado coherencia y una calidad literaria sostenida, al margen de unos cuantos grandiosos escritores que no llegan ni a la mitad de la lista completa.\nO “fenómeno Murakami”\nDesde esta perspectiva, é posible estudar a polémica que suscitou o caso concreto do autor xaponés Haruki Murakami, o literato máis traducido do país nipón. Nos últimos anos, nas casas de apostas e medios de comunicación o seu nome relacionouse cos postulantes ao Premio Nobel de Literatura. Aínda así, a pesar de estar entre os favoritos, un sector importante da crítica sostén que non é merecedor de tal distinción. Para comprender por que motivos se cuestiona a súa obra é necesario coñecer o contexto particular da súa práctica literaria.\nHaruki Murakami nace en Kioto en 1949 e estuda literatura e teatro en Tokio na universidade de Waseda. A pesar das súas orixes orientais, sempre tivo unha estreita vinculación coa cultura occidental. En efecto, durante a súa mocidade formouse lendo a autores estadounidenses e europeos e sempre tivo un grande interese pola música clásica alemá, ou o rock estadounidense ou británico, chegando mesmo a rexentar un club de jazz. Despois de publicar a novela coa que consegue unha fama internacional, Tokio Blues (Norwegian Wood), afastouse de Xapón para marchar a Europa e Estados Unidos. A pesar do regreso ao seu país de orixe, as súas influencias occidentais fanse evidentes nos seus textos 3.\nPor conseguinte, pódese ver como Murakami non sería o autor máis representativo dunha suposta literatura nacional xaponesa. Este é un dos argumentos que manexa a crítica contra o escritor desde o propio país. De feito, se calquera mira unha obra do novelista, atopará numerosas referencias culturais ao mundo occidental. Tomando só como mostra unha das súas obras, Tokio Blues 4, pódense recoller algunhas alusións ao cinema americano: “ Sorrisos e Bágoas ” (Murakami 2007: 189), “Humphrey Bogart” (Murakami 2007: 184); á música clásica: “Bach” (Murakami 2007: 169), “Brahms” (Murakami 2007: 198); ao jazz: “Thelonius Monk” (Murakami 2007: 205), “Bud Powell” (Murakami 2007: 205) ou ao poprock británico e estadounidense: “The Beatles” (Murakami 2007: 377), “Bob Dylan” (Murakami 2007: 378) e “Stevie Wonder” (Murakami 2007: 378), entre moitos outros. O propio título da novela refírese a unha canción de “The Beatles”, a favorita do personaxe Naoko e que soa en varias pasaxes da obra. En canto ás citas literarias, o texto de Murakami revela un gran lector e coñecedor de autores como “Dante”, “Balzac” e “Dickens” (Murakami 2007: 47) e de obras de novo significativas para a cultura occidental: Guerra y paz de Tolstói (Murakami 2007: 88), El guardián entre el centeno, de Salinger (Murakami 2007: 47) e Luz de agosto, de Faulkner (Murakami 2007: 265). A propósito, é notable unha reflexión que fai o protagonista, T ō ru Watanabe, acerca dos seus gustos literarios xuvenís (Murakami 2007: 46):\nEn esa época mis escritores favoritos eran Truman Capote, John Updike, Scott Fitzgerald, Raymond Chandler, pero no había nadie en clase o en la residencia que disfrutara leyendo a este tipo de autores. Ellos preferían a Kazumi Takahashi, Kenzabur ō Ō e, Yukio Mishima, o a novelistas franceses contemporáneos. 3 A biografía completa de Haruki Murakami pode consultarse na súa páxina en liña persoal: http:// www.harukimurakami.com/ 4 Para todas as citas da obra sigo a edición publicada por Tusquets, 2007.\nA crítica, en ocasións, aludiu á posibilidade de conectar a personalidade de Watanabe coa do propio Murakami. En efecto, o novelista afirmou o seguinte: “All I could think about when I began writing fiction in my youth was how to run as far as I could from the ‘Japanese Condition’”, segundo recolle Rubin (2002: 47). Máis aló do posible autobiografismo que se poida atopar nas obras do escritor, tanto as palabras do personaxe coma as do autor mostran certo rexeitamento cara a aqueles que representan a tradición literaria xaponesa e un crecente interese pola literatura americana 5.\nEs una pena que “el escritor contemporáneo más reconocido de Japón” no tenga una visión crítica sobre la historia y el desarrollo social de su país, un aspecto central que ha definido a la mayoría de los escritores que alcanzaron el Premio Nobel de Literatura.\nPor tanto, parece que un dos criterios que primaron á hora de outorgar esta distinción ten que ver co concepto de “literatura nacional”. De feito, se se examinan as obras dos outros dous escritores xaponeses que gañaron o premio, desde o punto de vista temático, axústanse a este suposto requisito. O primeiro deles, Yasuri Kawabata, conségueo en 1968 “for his narrative mastery, which with great sensibility expresses the essence oh the Japanese o retrato das súas tradicións milenarias. Vaccaro (2007: 286) simplifica desta maneira o contido das mesmas: “Lo que se encuentra en las páginas de Kawabata son geishas, salones de té, personas que se descalzan al entrar en sus casas y cuencos con arroz”, nada que ver, tal e como se viu, coa literatura de Murakami. O segundo galardoado, Kenzabur ō Ō e, Premio Nobel en 1994, reflicte nos seus textos acontecementos decisivos para a sociedade nipoa. Entre eles, abordou temas como a participación de Xapón na Segunda Guerra Mundial ou os bombardeos sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki, e ademais reflexionou sobre a historia máis recente do país. En definitiva, ambos os escritores presentan un compromiso co propio Xapón e son un exemplo de autores que entraron no canon literario nacional.\nFronte a estes, nas novelas de Murakami non aparecen nin referencias culturais orientais nin se tratan cuestións acerca da realidade xaponesa. Nelas o lector pode atopar, a miúdo, un protagonista solitario, misántropo, normalmente masculino que forma parte dun triángulo amoroso. Con frecuencia, son personaxes que sofren algún tipo de crise existencial, incomprendidos, que buscan o seu sitio no mundo. Así mesmo, o autor xoga con realidades paralelas e inclúe elementos propios do mundo onírico e fantástico sen ofrecer unha solución ao conflito. En resumo, Murakami crea espazos moi persoais, dando preeminencia á esfera das relacións humanas. En consecuencia, nas súas novelas manexa temas de carácter universal, como o amor, a soidade, a frustración ou a incomunicación, de maneira que consegue chegar a un lector moi amplo. Esta é posiblemente una das razóns principais polas que é un escritor mundialmente traducido. É significativa unha afirmación de Philip Gabriel, un dos máis importantes tradutores dos seus traballos ao inglés, recollida por Stephanie Hegarty para o BBC Magazine (17 de outubro de 2011): “Algunas novelas están demasiado atadas a la cultura que comparte una nación como para poder ser apreciadas en una traducción. Las de Murakami son, en su mayoría, lo contrario”. A opinión deste especialista dá conta, unha vez máis, de que as obras do autor non son un reflexo da sociedade tradicional xaponesa, o que parece imprescindible segundo a crítica para que unha obra poida ser incluída no canon. Con todo, habería que cuestionar que é o especificamente xaponés e reformular o concepto de “literatura nacional”. Parece evidente que na era da postmodernidade entrou en crise o concepto de nación e nun mundo cada vez máis globalizado e interconectado é difícil atopar unha literatura que sexa representativa dunha identidade, tal e como mostran as obras de Murakami 7. En relación con esta idea, a reflexión que realiza Jay McInerney para The New York Times Book Review (27 de setembro de 1992) á propósito doutra obra do nipón, The windup bird chronicle, é elocuente:\nyour protagonist cooked spaghetti for breakfast, and he eats at McDonald’s for lunch. He listens to Verdi in the morning and Robert Plant a little later. And he reads Len Deighton. He talks with his wife about T. S. Eliot. If you changed a couple of Japanese names the story could take place in New York or in San Francisco. O escritor xaponés coa súa resposta dá, en certo xeito, a razón a McInerney, xa que considera que na súa obra: “there probably is a nonnationality”, é dicir, nas súas novelas é difícil atopar trazos propios dunha nacionalidade. Con todo, non é que Murakami queira desligarse de Xapón (xa que sitúa as súas obras no seu país natal, non en América, e escribe en lingua xaponesa), senón que, desde unha mirada diferente, pretende plasmar o cambio dunha sociedade cada vez máis occidentalizada. Por tanto, neste sentido, a crítica debería de xulgar o escritor desde outra perspectiva, porque quizais non se afaste tanto nas súas obras do retrato da verdadeira realidade nipoa. O que ocorre é que a visión que ofrece desta é ben distinta da imaxe tradicional que os escritores do canon xaponés teñen transmitido. Este mesmo punto de vista é o que primou á hora de analizar a obra de Murakami desde a Academia Sueca. Quizais os seus criterios selectivos quedaron un tanto desfasados e deixou de ter sentido que o compoñente “nacional” dos textos sexa un factor decisivo.\nOutro dos elementos que caracteriza a obra deste autor e que contribúe á súa rápida difusión é o seu estilo conversacional, pouco artificioso e claro. En xeral, lese con gran facilidade pola súa falta de elaboración, polo que algúns consideran que esa sinxeleza é un dos motivos do seu éxito. Con todo, desde círculos académicos cáese no prexuízo de identificar a ausencia de artificio técnico cun escaso valor literario. É certamente ilustrativa a afirmación do gañador do Premio Nobel de Literatura, Kenzabur ō Ō e, un dos máximos detractores do escritor (en Strecher 2002): “Murakami writes in Japanese, but his writing isn’t really Japanese. If you translate it into American English it can be read very naturally in New York”. O alcance das súas obras a un público tan amplo tamén foi un motivo de crítica sen fundamento, pois é errónea a visión de que a venda masiva dun produto estea sempre ligada a unha baixa calidade literaria. Este xuízo aséntase nunha postura propia da cultura da elite, que rexeita o consumo da masa. Agora ben, os límites entre a cultura da elite e a cultura comercial diluíronse na postmodernidade, de modo que Murakami pode ser apreciado desde ambas as esferas. En definitiva, a Academia Sueca analiza os escritores desde esta posición de superioridade, ancorada nunha serie de prexuízos que deberían ser desterrados.\nConclusións\nIntentouse mostrar unha parte importante do funcionamento do sistema literario, tal e como o entende EvenZohar; a produción, difusión e consideración dos textos depende de moi diversos factores e, nese sentido, o traballo ilustrou o papel que pode xogar neste sistema un deles: a “institución” como parte integrante da cultura oficial. Este é o caso da Academia Sueca, pois é a que, mediante a concesión do Premio Nobel, establece as regras que determinan finalmente a canonización dos escritores e das súas obras. Con todo, ponse en dúbida se esa canonización ten algún tipo de fundamento literario, xa que parece que son moitos outros os elementos que se teñen en conta para xulgar os textos. Un exemplo claro está representado pola figura de Haruki Murakami, ao redor do cal se creou un debate nos últimos anos. Parte importante da crítica non o considera merecedor dun Premio Nobel nin, por conseguinte, integrante do canon literario. Os argumentos de peso nos que se centra a crítica para facer tales afirmacións xiran ao redor de dous grandes focos. Por unha banda, acúsano dunha excesiva occidentalización, posto que as súas obras están cheas de referencias á cultura europea e, sobre todo, americana, o que está directamente relacionado coa ausencia dunha preocupación polo pasado histórico nacional de Xapón. Doutra banda, tanto o tratamento de temas universais coma a claridade e sinxeleza do seu estilo favorecen o grande alcance das súas novelas, o que moitos críticos vinculan cunha falta de calidade artística. En suma, parece que a idea de que unha obra sexa representativa dunha identidade nacional e que ademais vaia dirixida a unha elite son dous criterios que interveñen na canonización dun texto e, por tanto, seguen a primar para a Academia. En consecuencia, o Premio Nobel é unha distinción que se rexe por unha serie de criterios que se pretendeu poñer en cuestión, desde as súas bases aos seus procedementos selectivos, e que necesitarían unha revisión desde a perspectiva da postmodernidade. En efecto, mostrouse como os valores estritamente literarios non son os que priman á hora de condenar ou premiar a un autor ou a outro, polo que, en realidade, máis aló de canonizar, non é un premio con validez literaria.\nMaría Carbajo Lago Universidade de Santiago de Compostela\nReferencias bibliográficas\nBourdieu, Pierre. 1991. “Le champ littéraire”. Actes de la Recherche en Sciences Sociales, 89/1, pp. 346, en http://www.persee.fr/doc/arss_03355322_1991_ num_89_1_2986 [Consulta: 10/11/2015]. EvenZohar, Itamar. 1990. “Polysystem Theory”. Polysystem Studies [= Poetics Today, 11/1, pp. 926], en http://www.tau.ac.il/~itamarez/ [Consulta: 10/11/2015]. — 1990. “The ‘Literary System”. Polysystem Studies [= Poetics Today 11/1, pp. 2744], en http://www.tau.ac.il/~itamarez/ [Consulta: 10/11/2015]. GarcíaValero, Benito Elias. 2015. La magia cuántica de Haruki Murakami: Las novelas del autor y la ciencia: ficción, era digital y física cúantica. Madrid: Fundación Verbum."} {"summary": "Tomando como exemplo a obra de dúas autoras tan recoñecidas como Eavan Boland e Chus Pato, esta análise dá conta das semellanzas e conexións entre os procesos de renovación poética e de reapropiación da voz feminina na literatura galega e a irlandesa, estabelecendo as confluencias temáticas e formais que se dan entre eles. Ponse de relevo o papel que desempeñaron as mulleres na historia da literatura, relacionado tradicionalmente coa súa identificación como obxecto do poema, como a súa musa ou protagonista, unha tendencia que muda nas últimas décadas do século XX, cando a identidade feminina se converte en suxeito do poema e “reapropia” o discurso da feminidade.", "text": "Nova arte na vella terra: poetas contemporáneas en Galicia e Irlanda\nVanessa Silva Fernández\n[Recibido, xaneiro 2011; aceptado, marzo 2011] :Galicia, Irlanda, muller, poesía contemporánea. ABSTRACT Taking as an instance the production of two wellknown authoreNo seu poemario Code, a poeta irlandesa Eavan Boland (2001: 34) inclúe o poema “How We Made a New Art on Old Ground” (“Como fixemos unha nova arte na vella terra”), no que se celebra o poder dos artistas para moldear a realidade e transformala a través das súas obras. Tal será tamén o título deste artigo, que pretende dar conta das profundas transformacións que tiveron lugar no sistema literario irlandés para permitir que tal declaración viñese da man –ou da pluma– dunha autora. E é que en Irlanda, coma en Galicia, o panorama literario ao longo do século XX caracterizouse polo predominio de autores homes, con moi poucas mulleres que foron quen de publicar unha obra ou aparecer nunha antoloxía. Expoñerei aquí o xeito no que os canons literarios se entretecen co contexto sociohistórico en ambos os dous sistemas, dando lugar así a numerosas coincidencias entre ambas as tradicións literarias. O meu obxectivo será presentar a aparición de novas formas de expresión na poesía contemporánea, esa nova arte da que fala Boland, como o resultado dunha tendencia renovadora mediante a cal a identidade feminina se converte en suxeito do poema e “reapropia” o discurso da feminidade na poesía tras longas décadas de silencio. Tomando como exemplo a obra de dúas voces moi recoñecidas en cadanseu sistema, Eavan Boland no caso irlandés e Chus Pato no galego, a miña análise dará conta das semellanzas e conexións entre eses procesos de renovación poética.\nFor if Irish journals have been hospitable to both genders in the range of poetry, the message in so far as the larger, more powerful world of collections and anthologies is concerned has been one of resistance towards women poets, if not outright exclusion (Roche, 1996: 79).\nDe feito, o meirande proxecto literario na Irlanda da fin de século, a Field Day Anthology of Irish Writing, unha escolma de tres volumes que daba conta da gran tradición da escrita irlandesa, foi atacada dende o momento da súa publicación pola patente exclusión de mulleres autoras. Esta situación non sería reparada até entrado xa o século XXI, coa publicación de dous novos volumes dedicados á escrita de autoría feminina. No que se refire ao caso de Galicia, aquí tamén son as revistas e colectivos literarios os que lles ofrecen refuxio ás mulleres poetas. Así, Nogueira (2000: 344) destaca o “papel aglutinador desenvolvido pola revista Festa da Palabra Silenciada, que (...) acolleu nas súas páxinas a práctica totalidade da expresión feminina a partir da súa creación no ano 1983”. Na mesma liña vai a defensa desa revista por parte de Louzao Outeiro (2006: 186), quen opina que o movemento xerado pola revista Festa da Palabra Silenciada na promoción, apoio e desenvolvemento da creación feminina foi definitiva para o xurdimento e a consolidación de tantas voces femininas en igualdade de\ncondicións ou mesmo con predominio das produtoras fronte aos seus pares. De feito, que a partir de 1997 retire do seu nome o adxectivo “silenciada” vén ser unha mostra de que a palabra feminina xa ocupou certo lugar de normalidade e mesmo de privilexio.\nSe tomamos o momento indicado por Louzao Outeiro como aquel no que se alcanzou unha normalidade respecto da posición das autoras no panorama literario galego, podemos decatarnos de que non é até case rematado o século cando podemos apreciar unha ampla presenza de mulleres cunha voz propia na literatura galega. Esa noción de voz propia é a que desexo subliñar, xa que paradoxalmente, aínda que as mulleres estaban limitadas no seu acceso á representación artística isto non impediu que estivesen moi presentes na arte. De feito, tanto en Irlanda coma en Galiza e en moitas outras tradicións, a presenza da muller na arte é un elemento omnipresente, até o punto de que a muller se considera un gran tema literario, cando non o tema literario por excelencia. A experiencia feminina ten sido fundamental á hora de achegarse a motivos inexorábeis na cultura irlandesa e galega, como o son os conceptos de nación, exilio, lingua ou relixión entre outros. Non obstante, a pesar desta posición central, a experiencia feminina ten sido representada maioritariamente a través dos ollos e as plumas de homes. Isto deu lugar a unha representación deficiente da identidade feminina na literatura que, co tempo e os efectos da canonización de autores e obras, foi deixando unha pegada difícil de borrar, resultado da fosilización de certas imaxes de muller como estereotipos arraigados nas tradicións literarias irlandesa e galega. Por moi diferentes que fosen as representacións da experiencia feminina en calquera obra de arte concreta, todas esas percepcións se xuntaban para construír unha serie de arquetipos que etiquetaban e paralizaban as mulleres. Así, a autora Jenny Beale proporciona as tres imaxes dominantes que “coloreaban” a visión que os homes e mesmo as mulleres tiñan delas mesmas: a virxe, a prostituta e a nai. Segundo Beale, a virxe é a imaxe pura e casta da muller namentres que a prostituta representaría o seu lado máis sensual e escuro, a fonte de tentación. Por último, a nai sería o símbolo de seguridade e calor, alguén que alimenta corpo e alma.\nsite ends of the sexual dimension in men’s minds, the mother image is somewhat different. She is the symbol of security and warmth, someone who nourishes both body and soul (Beale, 1986: 7173).\nEstas tres imaxes que Beale describe distintamente non son nin de lonxe exclusivas do contexto irlandés. Do mesmo xeito que as leis fundacionais lles outorgaban similares posicións ás mulleres irlandesas e galegas, ambos os grupos estaban suxeitos ás mesmas estratexias estereotipantes na obra dos seus contemporáneos. Así, o traballo de Blanco (1995: 1517), ao analizar os prototipos femininos que aparecen na obra dalgúns dos máis considerados autores galegos, garda grandes similitudes co de Beale. Blanco dá conta de catro arquetipos, a nai, como “paraíso perdido, que todo o envolve, (...) sostén das familias e base da nación”, a dama recipiente da “erótica cortés, cristiá e romántica”, a prostituta que encarna “o sexo e os praceres prohibidos”, e, por último, as feirantas, mulleres públicas arrodeadas da “ambigüidade daquilo que se admira e se teme, sexa como bruxa, sabia, menciñeira, ou muller independente”. O resultado da fosilización destes estereotipos de muller foi unha visión taxonómica das mulleres, que non só retroalimentaba a visión que a sociedade xa tiña sobre a función das súas cidadás, senón que tamén afectaba á percepción que as mulleres tiñan de si mesmas e da súa valía.\nNon foi até os anos setenta cando se puideron observar cambios notábeis nas condicións de vida das mulleres, transformacións que unha vez máis tiveron lugar case de xeito simultáneo en Irlanda e Galicia. Do mesmo xeito que as nocións sobre a posición das mulleres se alimentaran na produción artística contemporánea, agora era a vez de transformar esa produción artística para acomodar as novas concepcións da muller. Na miña opinión, a aparición dos movementos feministas e os procesos de democratización e igualdade que estaban a ter lugar en Irlanda e Galicia contribuíron significativamente ao auxe da escritura de autoría feminina en ambas as tradicións. Esta teoría é apoiada no caso irlandés por Goodby (2000) que, no seu estudo da poesía irlandesa dende a década dos cincuenta, salienta o traballo do Comité para a Educación das Mulleres organizando grupos de escritura específicos para autoras ou que de facto as primeiras escolmas de escritura feminina apareceron ao tempo que os traballos críticos feministas e as redes de publicación e lectura. As palabras de Goodby estabelecen a natureza beneficiosa da relación entre movementos feministas e de autoras, unha relación na que os primeiros proporcionan un refuxio onde as segundas poidan afrouxar as rendas da súa creatividade. No caso galego, Forcadela (1995: 585586) tamén resalta o “advenimento do chamado contradiscurso das mulleres ” como “sen dúbida, un dos grandes acontecementos culturais, sociais e políticos dos últimos dous séculos, aínda que sexa nestas últimas décadas cando a súa elaboración teórica adquira un grao de desenvolvemento acorde coa súa magnitude e importancia”. Forcadela resalta asemade a idoneidade de Galicia para a exploración e explotación deste discurso, por contar desde vello, con importantes pensadoras, intelectuais e escritoras (...) aínda que tamén haxa que ter en conta a algúns homes (...) que, con distintas ópticas, e sempre en contra do discurso androcéntrico predominante, foron deitando a súa semente sobre a paisaxe árida dunha Europa que (...), chegou ata hai ben pouco sen optar polo recoñecemento explícito dos dereitos elementais das cidadás dos seus estados.\nAo longo das décadas dos setenta e oitenta as mulleres autoras foron entrando progresivamente na vella terra literaria. Xa que este espazo lles fora hostil durante tanto tempo, as creadoras debían en primeiro lugar transformalo para acomodalo aos seus propósitos. Por iso, unha vez gañado o acceso ao poema, as autoras galegas e irlandesas precisaban reapropialo. Nun dos seus artigos, a poeta Eavan Boland describe vividamente as sensacións que inundan a muller poeta cando ten que facerlle fronte á súa tradición literaria nacional e reclamar o interior do poema. Para esta autora, o paso de ser o obxecto do poema a ser a súa autora nun intervalo temporal relativamente curto representa unha fonte de ansiedade para as mulleres poetas e un trastorno para algúns dos seus contemporáneos:\n[I]n subtle ways the fusion of the national and the feminine persisted, and made the interior of the Irish poem less hospitable to the women poet who had to claim to that interior. Through that claim, she moved from being the object of the Irish poem to being its author in a relatively short space of time. This has been stressful for Irish women poets, as well as disruptive for some of their male contemporaries (Boland, 1996: 142143). Eses sentimentos veñen dados pola súbita comprensión de que a muller poeta irlandesa, como xa explicara a autora nunha intervención anterior, é un tropo que abandonou o texto dunha tradición nacional ambiciosa e dominante onde outrora fora unha imaxe pasiva e controlada no seu interior. In a real sense, the Irish woman poet now is an actual trope who has walked inconveniently out of the text of an ambitious and pervasive national tradition, which found its way into far too much Irish poetry. Her relation to the poetic tradition is defined by the fact that she was once a passive and controlled image within it; her disruption of that control in turn redefines the connection between the Irish poem and the national tradition (Boland, 1995: 38).\nNon obstante, a pesar da ansiedade que isto podería representar, o repentino incremento no número e a visibilidade de mulleres poetas é innegábel, como tamén o é o efecto enriquecedor que este auxe tivo na poesía irlandesa e galega. A ambos os lados do Atlántico, as poetas comezaron a apropiarse do poema mediante a reapropiación desa experiencia feminina que por décadas fora filtrada a través de plumas masculinas.\nCabe preguntarse que transformacións trae esa nova e reapropiada experiencia ás creacións destas autoras. Sen dúbida, a transformación máis radical é o punto de vista dende o cal o poema se achega á realidade feminina, é dicir, a inclusión da voz feminina como suxeito do poema. A finais dos anos oitenta, Blanco (1988: 4950) observaba na poesía galega contemporánea unha cosmovisión profeminina, que impregnaba o poema mediante unha nova linguaxe, a afirmación do ser e do corpo e a alusión a funcións sociais e biolóxicas tradicionais determinadas polo xénero. Blanco destacaba ademais o esforzo por parte das poetas de examinar a experiencia doméstica en termos favorábeis. E é que, de feito, as poetas non lle viraron as costas á domesticidade, senón máis ben todo o contrario. Tanto as autoras galegas coma as irlandesas lle proporcionaron á vida cotiá unha dimensión poética ao se desfacer dos clixés da tradición anterior, engadíndolle unha boa cantidade de franqueza. Ese enfoque no doméstico, porén, corre o risco de non ser interpretado en toda a súa potencialidade.\nNo seu traballo sobre a poesía contemporánea en Irlanda, Wills (1993) inclúe unha advertencia que é igualmente válida para aqueles que se acheguen á poesía galega contemporánea. Wills lamenta que o confinamento tradicional das mulleres na esfera privada do fogar se reflicta nunha tendencia a ler a escrita das mulleres máis en termos da súa importancia persoal que polas súas apreciacións sobre o mundo do traballo e a política. Para esta autora, é esencial ter en conta que unha poeta aparentemente persoal ou confesional pode chegar a ser radical precisamente na súa tentativa de falar sobre sucesos públicos e políticos mediante o simbolismo do privado.\n[W]omen’s traditional confinement in the private sphere of the home is mirrored by a tendency to read women’s writing in terms of its personal significance, for what it has to say about love, marriage, and the condition of being female, rather than for its insights into the world of work and politics. The difficulty of analysing privacy as a code for the domestic is compounded by the traditional habit of reading women’s texts through an autobiographical grid. Nevertheless, despite the dangers of a reading which would merely serve to reconfirm notions of women’s concerns as primarily personal, it is important to be aware of the ways in which a seemingly personal or confessional poet (…) is radical precisely in her attempt to talk about public and political events through the medium of private symbolism (Wills, 1993: 61).\nSería interesante ver como os discursos do doméstico conflúen de xeito moi parecido na poesía galega e irlandesa, igual que o fan outros tantos discursos como son o da linguaxe, a xeografía ou a intertextualidade, por mencionar uns poucos. Pero para facer visíbeis as confluencias entre ambos os sistemas literarios vou optar aquí por cinguirme a dúas autoras e a un mesmo tema: as reflexións sobre o mundo da arte e as súas posibilidades, sobre que é o que pode facer parte dun poema e cal é a responsabilidade da poeta cara á sociedade. En especial, centrareime na relación das voces poéticas coa “Musa”, ese elemento aparentemente fundamental no proceso de creación artística, que durante séculos foi a única vía de acceso das mulleres á obra de arte e ao que a poeta irlandesa Nuala Ní Dhomhnaill (1996: 114) se refire como ese rol deprimente, aburrido e mal pagado: “Woman, as woman, has only been accepted in the literary tradition as either Muse or, if she refuses to play that dreary, boring and unpaid role, then as Bitch”.\nA Musa encarna na tradición anterior os estereotipos sobre as mulleres e por iso a relación das voces poéticas coa Musa é ambigua e unha fonte de ansiedade. Esa ambigüidade queda patente no seguinte fragmento dun dos\npoemas recollidos en Hordas de escritura de Chus Pato (2008: 58): Definición: poeta é o non poeta\nProposición I: verdadeiramente poeta é aquela/aquel cuxa musa foi integramente destruída Escolio: se quen escribe poesía é aquel/aquela cuxa musa foi destruída, isto significa que a identidade entre poeta e non poeta nunca é perfecta, que non é posíbel destruír integramente a musa, que sempre resta algo. Ser poeta é ser ese resto.\nPodemos ver aquí claramente o debate entre o desexo de eliminar a figura da musa con todo o que ela representa e o coñecemento de que esa reacción cara á musa é precisamente unha vez máis o motor do poema. Namentres que Pato estabelece a figura da poeta nese recuncho que deixa a musa, Boland opta por facerlle fronte e botarlle en cara os erros do pasado nun poema incluído no poemario In Her Own Image (1980).\nAsí, na súa diatriba para a Musa da Mímica, Boland repróchalle primeiro que deixase atrás tantas historias por contar, que non son senón as historias silenciadas da historia recente de Irlanda como o confinamento no fogar ou a violencia doméstica. A postura da voz poética tórnase desafiante ao percibir a indiferenza da Musa cara aos problemas reais das mulleres ás que se supón que representa, ao optar esta por recompoñerse o vestido no canto de ofrecer un refuxio, e comprométese a espertala desa apatía mostrándolle a realidade mediante as súas verbas:\nHow you fled The kitchen screw and the rack of labor, The wash thumbed and the dish cracked, The scream of beaten women, The crime of babies battered, The hubbub and the shriek of daily grief That seeks asylum behind suburb walls – A world you could have sheltered in your skirts – And well I know and how I see it now, The way you latched your belt and twitched your hem and shook it off like dirt. (...) I will wake you from your slutish sleep. I will show you true reflections, terrors. You are the Muse of all our mirrors, look in them and weep. (Boland, 1997: 91).\nNoutra colección, The Journey, Boland retoma este tema nunha nova diatriba, esta vez dirixida á Musa da Lírica. Neste caso, a voz poética non se aproxima á Musa de forma belixerante senón case que compasiva. Así, dille que é a vítima dun crime perfecto, unha boneca de trapo mantida artificialmente nun estado de perpetua xuventude pero na que son visíbeis os remendos que lle fixeron. Nesta ocasión ademais, a voz poética considérase tamén responsábel da situación na que a Musa se atopa, pois como poeta tamén houbo ocasións nas que botou man dun recurso tan elástico. No canto dun castigo, a voz poética ofrécelle á musa unha saída a través das súas verbas e a posibilidade de compartir a súa pena, da que é en parte responsábel:\nPola súa parte, Chus Pato (2004: 72) coincide con Boland ao ver unha monstruosidade oculta no lirismo da poesía. En “Percy Bysshe Shelley” varias personaxes comentan as escollas da poeta, que rexeita a poesía romántica que tan ben traballa para outros. Namentres o demogorgón opta por criticar a súa actitude ou suxerir que ese rexeitamento debe ser agochado, as personaxes femininas defenden a postura da poeta e a súa visibilidade. Desta visibilidade, desafiando as formas antigas de crear, xorde a nova arte que Boland define no xa mencionado “How We Made a New Art on Old Ground”. Neste poema a nova arte, neste caso un poema pastoral, convértese, aínda que sexa de xeito modesto, nunha adición á propia paisaxe. Á súa vez, a paisaxe só existe na medida en que é descrita no poema, polo que a noción de localización, tan importante na literatura poscolonial, perde poder, o lugar agarda pola linguaxe, pois só vemos o que nos dita o poema:\nWait for language, for a different truth: (...) you will know that the nature poem Is not the action nor its end: it is (...) an aftermath, an overlay and even, in Its own modest way, an art of peace: (...) What we see is what the poem says: (...) what we see is how the place and the torment of the place are For this moment free of one another.\nEsta nova arte fai que a poeta irlandesa gañe poder, pero non é unha arte descoñecida para a poeta galega. A mesma satisfacción coas novas armas descubertas que se pode apreciar no poema de Boland aparece no poema “e agora” de Chus Pato (2004: 45), onde se ve claramente a sensación de poder e control sobre a paisaxe como obxecto do poema:\ne agora o panóptico é unha ruina non importa porque a paisaxe podo imaxinala como decida (...) se ten vexetación as glicinias instalaranse no edificio se na Antártida, será unha fantasmagoría de xeo. A descuberta do poder na voz propia, que consegue apropiarse do poema e dos seus obxectos é sen dúbida a manifestación máis clara de como as poetas contemporáneas teñen conquistado a vella terra coa súa nova arte. Tentei con estes exemplos demostrar como as autoras irlandesas e galegas moven os seus materiais de xeito parecido, respondendo quizais ao ditame dunha irmandade que xa vén de antigo. O xogo intertextual non premeditado que se estabelece entre autoras a un e outro lado do Atlántico non debería sorprendernos dados os contextos tan similares dos que son produto. Emporiso, non podo senón confesarme continuamente abraiada polos lazos que se estabelecen entre elas e gustaríame concluír este artigo cun exemplo máis recente.\nEn 2008 apareceron os poemarios Domestic Violence de Boland e Hordas de escritura de Pato. Un dos poemas de Boland fala do mito de Philomel, unha 251\nprincesa grega violada polo seu cuñado, quen ademais lle corta a lingua para que non poida revelar o sucedido. Philomel decide contar a súa historia sen usar a súa voz, tecendo un tapiz que fale por ela. Namentras Philomel tece, recibe sen darse conta a visita da voz poética, que dende a Irlanda do presente admira os recursos desta creadora mitolóxica ao mesturar as cores que conten a súa historia. Esta voz decátase de que o silencio de Philomel non fará senón darlle máis significado á súa obra:\nAfterwards, she determined to tell her story another way. She began a tapestry. (...) she never saw me enter. An Irish sky was unfolding its wintry colors slowly over my shoulder. An old radio was there in the room as well, telling its own unregarded story of violation. Now she is rinsing the distances with greenish silks. Now, for the terrible foreground, she is pulling out crimson thread. (Boland, 2008: 16).\nCuriosamente, no primeiro episodio de Hordas de Escritura podemos atopar á voz poética pensando ou falando dun xeito similar, e reflexionando entre a relación entre silencio e voz:\nTal e como a voz poética de Boland se asomaba por enriba do ombreiro de Philomel para comprender a súa historia e a forma en que traballa para crear unha voz, a voz do poema de Pato permítenos aos lectores botar unha ollada ao proceso de composición do poema, un proceso silencioso que tamén pretende chegar a ser verbalizado. Se o fío carmesí de Philomel pode chegar a ser un testemuño mudo aínda que enxordecedor da súa historia, a nova arte que as poetas contemporáneas crean en Irlanda e Galiza non permitirá que se volvan silenciar as súas voces."} {"summary": "Este traballo baséase nas referencias musicais reflectidas na obra de Lois Pereiro. Queremos estudar a importancia da música, especialmente da música rock, na obra e na vida do poeta monfortino. Dese xeito imos atopando os diálogos, os xogos intertextuais, as lembranzas, o empréstamo de títulos etc.", "text": "Fucking Poetry!\nA música na obra de Lois Pereiro\nXoán Carlos García Souto\n[Recibido, 30 marzo 2016; aceptado, 2 maio 2016] http://dx.doi.org/10.15304/bgl.48.3224 Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós Manuel Antonio Quero ser como Manuel Antonio, escribir un libro e morrer novo Lois Pereiro : Lois Pereiro; Poetry; música rock. abstract This essay is based upon the musical references in Lois Pereiro’s work. We want to study the relevance of music, especially rock music, in the life and work of the poet from Monforte. Thus, we find the dialogues, the intertextual plays, the memories, the borrowing of titles, and so forth.\nkeywords : Lois Pereiro; poesía; rock music.\nIntrodución\nLois Pereiro (19581996) foi un poeta urbano, visceral, e cun ton punkarra 1. A súa obra afástase de certos lugares comúns que ás veces fan que a literatura galega xogue un papel algo afastado das inquedanzas dalgúns sectores sociais, e parafraseando ó xenial Bardo de Avon, por momentos a poesía galega se asemelle a ese mal actor que se xacta e se axita un intre polo escenario e do cal non volvemos saber. Esta sensación é válida para moitas persoas que senten a poesía como un ente vivo, como un ácido que corroe as entrañas ou como unha sorte de escudo defensivo contra a mediocridade imperante no mundo actual. Así o entendía tamén Lois Pereiro, quen no ano 1995 afirmaba nunha\nentrevista: “Xa teño dito que o problema da literatura galega é que é unha literatura demasiado profesoral e iso impide que se entronque coa vida” (Romaní 1997: 9599). Lois Pereiro camiñaba pola corda frouxa, tanto na súa vida como na súa poesía, a súa é unha desas voces radicais, inconformistas, suburbiais, ao xeito de Leopoldo María Panero, de Charles Bukowski, de Edgar Allan Poe ou de Allen Ginsberg 2. Non tiña a imaxe ou o perfil de poeta segundo o canon, de feito tivo que loitar coa indiferenza dunha parte do establishment cultural galego. Mais (iso non quita que) sendo Lois Pereiro un auténtico francotirador, unha voz senlleira, esteamos a falar do “clásico que ten a literatura galega sen sabelo” en palabras de Manuel Rivas (Rivas 1993).\nA metodoloxía empregada neste traballo ten unha dimensión comparatista, centrándose na relación existente entre a música e a literatura, neste caso arredor dos textos escritos por Lois Pereiro. A recollida de datos e a súa análise co obxectivo de sistematizalos, e a elaboración dun corpus (antes inexistente) que recolla tódalas referencias musicais espalladas pola obra do poeta monfortino son o centro desta primeira achega á figura de Lois Pereiro. O devandito corpus pode atoparse nos apéndices deste traballo.\nA intertextualidade está presente en boa parte da obra de Lois Pereiro, e remítenos aos seus coñecementos en materia de literatura, de cine ou de música. De feito, é un espazo común non só para os escritores, tamén aparece noutras artes como a pintura, o cine ou a fotografía, e no mundo actual agroma con frecuencia no ámbito publicitario. Falamos de intertextualidade co sentido que propuxo Genette, como a relación dunha presenza simultánea entre dous ou máis textos, ou como a presenza dun texto noutro (Genette 1989: 11). Ese feedback é acollido na poética de Pereiro de xeito natural e enriquecedor.\nA incógnita que cómpre resolver é o papel que teñen as referencias musicais na obra do poeta do Cabe. A pregunta que debemos responder é: xoga a música un mero papel de adobío culturalista ou esas referencias forman parte consubstancial da poética de Lois Pereiro, e nese caso, en que medida o fan?:\na hipótese da que partimos aposta claramente pola importancia das referencias musicais na súa obra, ademais da presenza significativa e da valoración positiva que tivo a música na súa vida. De feito o autor monfortino admitiu que a música rock o marcara. Semella que tanto a música como a literatura centraron boa parte das inquedanzas culturais e vitais do poeta monfortino, dalgún xeito poesía e música retroalimentábanse en Lois Pereiro. Na súa escrita as cancións non só son títulos de poemas, senón que tamén condicionan algúns deles e algunhas partes da súa narrativa.\nA música e os seus espazos\nLois Pereiro escoitaba todo tipo de música, non só gozaba co punk ou o rock, tamén o facía coa música clásica (Wagner, Mozart), co flamenco (Camarón de la isla, Lole y Manuel), co blues (John Lee Hooker, Billie Holiday), coa música de cantautor (José Afonso, Leonard Cohen), co estilo minimalista e repetitivo de Brian Eno & Robert Fripp, coa música paquistaní de Nusrat Fateh Ali Khan ou co krautrock ou rock experimental alemán (Can, Kraftwerk).\nAsemade, escoitaba música de varias épocas: da clásica (Anton Webern), dos cincuenta (Billie Holiday, John Lee Hooker), dos sesenta (Pink Floyd, The Beatles), dos setenta (Eric Clapton, Frank Zappa & The Mothers of Invention), dos oitenta (Killing Joke, Elvis Costello) e dos noventa (Sinnead O´Connor, Albert Pla).\nPolo que atinxe aos lugares onde Lois Pereiro escoitaba a súa música preferida, sabemos con seguridade que frecuentaba, entre outros, os seguintes sitios: o bar Sésamo e a discoteca Xolda, ámbolos dous en Monforte; e o bar Borrazás, o pub Moka, a discoteca Playa Club, o bar Parrús, e o Café do Museo, todos eles na Coruña.\nNa súa xuventude na cidade do Cabe, o poeta visitaba ás veces o mítico bar Sésamo, situado ao lado da ponte romana. Segundo Iago Martínez (2011: 42), autor dunha biografía sobre Lois Pereiro, o bar “acabaría por converterse en toda unha referencia para esa xeración”. No Sésamo, Lois Pereiro escoitaba discos de TRex, de The Rolling Stones, de David Bowie ou de The Velvet Underground, nunha época na que ese tipo de música non estaba ao alcance da maioría das mozas e mozos.\nNo seu libro Conversa ultramarina (prosa epistolar dirixida a Piedad Cabo, diario íntimo e autobiográfico cunha dimensión pública por mor de ser un texto susceptible de ser publicado) fai referencia a algúns dos locais que frecuentaba na cidade herculina. Nesta entrada do día 4 de abril Pereiro (2010: 33) afirma: “Penso estar no Parrús, cos redskins-riazorblues-beiristas. Facer barra e oír Blues. A ver se me chega algunha mosca e se pon a tiro do meu mal talante. A bilis que non espallo polo mundo adiante fica en min”.\nTan só dous días despois, Pereiro (2010: 41) cita nese mesmo libro o bar\nBorrazás da Coruña, onde escribiu algúns dos seus poemas: Esta tarde no parece que me encuentre muy bien. Últimamente siento escalofríos. A veces, por horas; pero no sé si se deben al placer de estar solo, aunque me saluden con bromas los camareros del Borrazás, o al miedo que provoca en mí mi propia ausencia voluntaria del mundo que me sigue a mi lado como un perro... (¿Te fijas? Frase estilo Bernhard... Viva la coma y el punto y coma. Olvidemos el punto y aparte! Ejercicios de estilo). Tamén no seu recital do pub Moka dixo o poeta que el escribía en todos os cafés, en todos os lugares, en todas as libretas, nas servilletas dos bares..., feito que corrobora que Lois Pereiro tamén facía poesía do cotián, do que pasaba nas rúas, en resumo, das súas vivencias. Temos constancia de que Lois Pereiro foi a varios concertos: o de Killing Joke en Berlín; os de Frank Zappa & The Mothers of Invention, The Clash, Lou Reed, John Cage e Llm en Madrid; ou o de Heredeiros da Crús no Playa Club de A Coruña. Ademais aproveitaba as súas viaxes por Europa e as súas estadías en Madrid ou na Coruña para gozar dalgúns dos seus músicos favoritos.\nO papel da música na súa obra\nO empréstamo de títulos e os xogos intertextuais\nLois Pereiro utilizou na súa obra algúns títulos de cancións para nomear os seus poemas. A composición inicial do seu primeiro libro Poemas 19811991 é “Atrocity exhibition”, título dunha canción de Joy Division do seu disco Closer (1980), tomado á súa vez dun grupo de novelas do escritor J. G. Ballard. Tamén no número un da revista Loia atopamos “Alan’s psychedelic breakfast”, poesía co título dunha canción de Pink Floyd, de Atom Heart Mother (1970). Outro exemplo do uso das referencias musicais xogando un mero papel de títulos é “Verschwende deine Jugend” [‘Malgasta a túa xuventude’], en Poemas 19811991, onde o escritor se apropia do título dun tema do grupo alemán DAF, do seu álbum Gold und Liebe (1981).\nÁs veces as referencias veñen en forma de citas ao comezo dos poemas. Velaí este exemplo en “ Gothic Thought”, de Poemas para unha loia (Pereiro 2011: 46): “Suite inglesa en Sol Menor de Bach / Songe creux de Satie”.\nEn “Atrocity exhibition” Lois Pereiro (2011: 53) escribe estes versos:\nDeixa un bico no espello onde arde a miña sombra pola noite e que podrezan xuntas a imaxe da túa ausencia, silueteada en roxo cos teus labres, e o perfil violento do meu soño que enxendra amor gris fume un odio carmesín e na lingua e nos dentes sangue e semen.\nA intertextualidade e a interartisticidade son unha constante na escrita do poeta monfortino. Moitas veces aprópiase de versos ou de citas doutros autores como parte dese xogo intertextual, enriquecendo desa forma a súa propia obra. Exemplos de citas témolos en Conversa ultramarina. O diario rexistra o 16 de maio de 1995 esta entrada (Pereiro 2010: 99): “No Paradise, I’m waiting for the woman, 25 dollars in my hand...”.\nNeste caso, Lois Pereiro está parafraseando a letra feita por Lou Reed e mudándoa de sentido, porque el non agarda xa por ningún camello, só está a lembrar a chamada da noite anterior do seu gran amor, Piedad Cabo. Esta cita está relacionada coa canción de The Velvet Undergronud “I’m waiting for the man” (The Velvet Underground & Nico, 1967), e nela cóntase a espera dun drogadicto por algún traficante. O mesmo acontece en “A fina pel dun virus”, onde unhas estrofas do tema “Track 8” de John Lydon (The Flowers of Romance, 1981) fan de encabezamento ao citado poema 3.\nOutro exemplo do uso de letras musicais como citas no inicio dun texto aparece en “Explórote cos ollos”, de Poesía última de amor e enfermidade. Aquí, Pereiro (2011: 174) escolle para comezar o seu poema unha estrofa dun tema de Lole y Manuel, “Tangos de la pimienta” (Lole y Manuel, 1977): “Cuando tú te vas / cuando tú te vas / te llevas mi sangre corriendo detrás”.\nAdemais, atopamos outro uso dunha referencia musical como cita en Conversa ultramarina, concretamente nunha entrada do día 11 de maio de 1995 (Pereiro 2010: 93): “Saio ó fin do hospital. ‘Out of the blue and into the black’ 4. Na casa xa intento chamar a P., pero un tipo con voz de levar esmoquin dime que non está. Vale”.\nP fai referencia a Piedad Cabo, e Lois Pereiro deixa constancia aquí das dificultades para comunicarse con ela, quen está en San Francisco estudando inglés.\nNa súa carta dirixida a Piedad, nunha entrada do 28 de abril, o poeta (Pereiro, 2010: 74) utiliza un verso dunha canción de Pata Negra, “Tengo que volar” (Inspiración y locura, 1990), para expresar o seu enfado por ter que ingresar de novo no hospital: “Nin con unha ala sola me dejan volar ya! Joder...” 5.\nEn “Encontro con Piedad. Volta e retorno do sol. Eu amo, ti amas, il ama” (Poemas para unha loia), o autor fala do sol utilizando unha coñecida estrofa dunha canción de The Doors, “Waiting for the sun” (Morrison Hotel, 1970), nunha sorte de asociación de ideas (Pereiro 2011: 26): “Deixounos o sol. É ceibe o sol, non é ceibe o sol. Rei Sol, Solthermic, Oh waiting for the sun, waiting for the sun, waiting for the sun...”.\nLois Pereiro escoitaba toda clase de música. Unha mostra diso atopámola na referencia ao Lied e a Mahler en “Análise hemática do amor” (Poesía última de amor e enfermidade). O Lied é unha canción lírica breve na órbita do Romanticismo xermánico. Lois Pereiro (2011: 153) escribe:\nE podería facer un Lied amargo adicado ós meus seres máis amados modificando as miñas CD4 e baixando o nivel de protombina deste corpo que aboia en endorfinas sen xeringas ou fármacos que as leven 6. Observamos neste exemplo o claro contraste entre o concepto do Lied e os termos da linguaxe médica usados por Lois Pereiro, os cales confiren ao\npoema unha dimensión de desacougo.\nSeguindo coa música clásica, o poeta escribiu un guión televisivo para un programa emitido pola TVG o 25 de xullo de 1988: ¿Que é Galicia?, recollido en Poemas 19811991. É un abecedario no que por cada letra, o poeta de Lemos achega algunhas ideas relacionadas coa súa visión da realidade galega. Na letra W atopamos a seguinte entrada (Pereiro 2011: 96): “Whisky: noite urbana. ¿Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaxe, soñando con Sibelius?”. É outro indicativo do gusto do poeta polos autores considerados clásicos, neste caso Wagner, Mozart e Sibelius.\nO título da canción “All tomorrow’s parties” (The Velvet Underground & Nico, 1968) tamén é utilizado en Conversa ultramarina, aínda que traducido ao castelán. Nunha pasaxe do diario, aparecen estas palabras referidas a un dos seus acompañantes na habitación do hospital coruñés onde o poeta está ingresado por mor dos seus problemas de saúde (Pereiro 2010: 88; a cursiva é miña):\nLa habitación a la que nos pasaron la última noche para dejar sitio a un viejo moribundo está habitada por un zombie que parece vivir por decreto divino exclusivamente. Todas las fiestas del mañana quedan demasiado lejanas para él desde hace tiempo, incluso desde mucho antes de ingresar aquí...\nEn Poemas 19811991 observamos outro exemplo da relación de Lois Pereiro coa música rock. Trátase de “Narcisismo”, título do poema musicado por Radio Océano, o grupo no que militaba o seu irmán Xosé Manuel (Pereiro 2011: 63):\nSigo os pasos do sangue no meu corpo e coa unlla do meu dedo máis firme abro un sulco vermello en media lúa na vea que me acolle tan azul.\nNon só Radio Océano lle puxo música ás palabras de Lois Pereiro. Outros artistas como Manu Clavijo, O Leo e Arremecághona, Ondas Martenot ou Fanny & Alexander fixeron o propio: de feito, xunto con Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Curros Enríquez, Lois Pereiro é o escritor galego máis musicado.\nMúsica e cotidianeidade\nNa relación establecida entre a música que Pereiro escoitaba e os seus textos, poéticos ou non, o escritor monfortino utiliza imaxes musicais e as insire nos seus actos cotiáns. Son momentos nos que a música semella incorporarse aos textos sen unha relación lóxica clara, como se de ecos, pautas ou imaxes se tratase. Observamos que en Conversa ultramarina o poeta escribe sobre a súa afinidade cunha amiga, e remata a entrada con estas palabras (Pereiro 2010: 24): “É algo interior, intenso e brillante, coma un solo de violín de Bach”. Noutro momento do diario escribe (Pereiro 2010: 25): “Música...(Nada, Zeca Afonso, Pata Negra e Nada. Penso, non sei por que, en Simone e JeanPaul) “Agora está voltando ao que era dantes. / Mas se hà um camarada á túa espera / Náo faltes ao encontro sè constante...” (“Tinha uma sala mal iluminada”, J. Afonso). Vemos neste exemplo como o poeta semella facer unha secuencia: primeiro non percibe nada, logo escoita a José Afonso, despois a Pata Negra e de novo non volve escoitar nada. Tras lembrar a Simone de Beauvoir e a Jean Paul Sartre, remata cunhas estrofas do tema de José Afonso “Tinha uma sala mal iluminada”. Tamén en Conversa ultramarina, Pereiro reflexiona sobre a súa vida, facendo referencia ao tema “Coge el tren” 7, do grupo de rock Mermelada (Pereiro 2010: 44): “E tampouco penso deixar que o tren das 3 e 10 me calme o cerebro, falando de Blues célebres, porque o mundo aínda mantén abertas portas con camiños inéditos que me atraen...”. No rock español de finais dos anos setenta, o tren usábase como unha metáfora da liberdade, e Lois Pereiro deixa constancia unha vez máis do seu gusto pola música blues. Vemos tamén a relación do ferrocarril coa súa cidade natal, pois o tren é unha parte fundamental de Monforte, e fainos lembrar algunhas fotografías do autor de Lemos diante das vías do tren, fotos feitas cun evidente sentido metafórico: as vías levan cara a outros espazos, a outras cidades ou a outros países.\nSendo un poeta, atípico pero poeta, Lois Pereiro tamén se queixa dalgún xeito da súa condición de escritor, non pola escrita en si, senón polos compromisos que isto leva consigo. De novo no seu diariocarta Conversa ultramarina fai unha nova mención á música blues (Pereiro 2010: 72): “O caso é que máis tarde teño que ver a Lourdes polo do recital poético do día 5, e non teño ganas dese tipo de afectos ou defectos culturais. Preferiría oír\nBlues nun garito calquera. Fucking Poetry! Voulle levar os últimos poemas, como me pediu”.\nDeixa neste texto o poeta espazo para a ironía: fucking poetry. Asemade, o feito de querer escoitar blues nun garito semella unha fuxida da realidade.\nDentro do aspecto cotián, algunhas referencias musicais na obra de Pereiro xogan un papel anecdótico. Por exemplo, en Conversa ultramarina o poeta escribe sobre o concerto na Coruña do grupo galego Heredeiros da Crús (Pereiro 2010: 71):\nNo concerto de “Os Heredeiros da Crús” no Playa Club, agardo á miña irmá na barra; unha vez dentro, cúranme o catarro os decibelios bravos e a xente do Barbanza que se tira desde o escenario ó público: todos de Boiro e Ribeira. Os do Barbanza! Non vía nada semellante desde Berlín nos anos oitenta, ¿lembras?... “María, o teu fillo fuma porros!”...\nNeste caso, non é só un testemuño, tamén é unha reivindicación da xente do Barbanza e da música galega menos politicamente correcta, como é o caso do grupo Heredeiros da Crús, coñecido polas súas letras irreverentes e provocativas. Neste exemplo, Lois Pereiro toma emprestado o título da súa canción “(María) O teu fillo fuma porros” (Está que te cajas!!, 1996).\nAtopamos outro testemuño en Conversa ultramarina. Lois Pereiro está a pasar uns días en Alhama de Aragón cuns amigos, e alí escribe (Pereiro 2010: 52):\nEste dato amósanos que, no tocante á música que lle gustaba, Lois Pereiro non era un mero espectador pasivo. Intenta traducir a letra do tema de Eric Clapton, non en van estudara idiomas. Cómpre sinalar ademais a canción que quere traducir: “Tears in heaven”, un tema composto polo guitarrista británico trala morte do seu fillo de catro anos no ano 1991. Neste mesmo libro Lois Pereiro utiliza o título dun tema de Leonard Cohen, “Sisters of mercy” (Wildflowers, 1967) para nomear agarimosamente dese xeito ás súas amigas Ana e Patti (Pereiro 2010: 76): “Creo que me puse algo menos amarillo al verlas. Adoro a mis “sisters of mercy” cuando ríen, cuando sufren, cuando gritan, y cuando me abrazan con el cariño justo que ahora necesito yo (para variar, claro)”.\nOs diálogos, as lembranzas e as listaxes\nOutro xeito no que a música aparece na obra do poeta monfortino é o diálogo. En Conversa ultramarina establece varios con John Lee Hooker, o guitarrista e cantante de blues orixinario do sur dos USA, velaí as súas palabras (Pereiro 2010: 30): “One bourbon, one scotch, one beer!”. I can´t, excuse me, John Lee...”. Fai referencia aquí a “One bourbon, one scotch, one beer” (The Real Folk Blues, 1966), unha versión do bluesman americano dun tema homónimo dos anos cincuenta. Lois Pereiro é consciente de que cos seus problemas co seu fígado (chegou a autodenominarse Fígadoman) non é quen de beber un bourbon, un whisky escocés ou unha cervexa, e por iso se desculpa ante J. L. Hooker. Este diálogo continúa máis adiante (Pereiro 2010: 3132): “Sí, también yo necesito un trago, John Lee, pero me jodo, y además no me apetece nada. Pero escribo como un alcohólico para llenarme de bilis hasta el culo, que siempre fue lo mío al fin y al cabo”.\nDe novo retoma a conversa con John Lee Hooker, facendo unha referencia máis ao bar Parrús (Pereiro 2010: 42): “No Parrús: “One bourbon, one scotch, one beer!” Que non podo, John Lee. ¿Outra vez?! “One beer, one bourbon, one scotch”... Xa mo dixeches onte. Vas levar, negro do demo...”.\nNa escrita de Lois Pereiro tamén atopamos algún exemplo no que as referencias musicais, ademais de dialogar, xogan en clave reivindicativa nun segundo plano. Como unha especie de consigna atopamos en Conversa ultramarina estas palabras (Pereiro 2010: 27): “Si. ¿Por qué no? Vete hasta el fondo y comete un error, si es preciso hasta el fondo, para no repetirlo. Adelante! Me lo acaba de decir John Lee Hooker en un Blues”.\nEste pensamento está relacionado cunha frase de Henri Michaux que Lois Pereiro reproduce tamén en Conversa ultramarina, frase que asumida por el, amosa parte da súa postura existencial ante a vida (Pereiro 2010: 50):\nVe hasta el fondo de tus errores, por lo menos de algunos, para que puedas examinarlos bien. Si no, al detenerte a la mitad del camino, volverás siempre a repetir ciegamente el mismo género de errores a lo largo de toda tu vida, cosa que algunos llamarán “destino”. Obliga al enemigo, que es tu estructura, a desenmascararse. Si no has podido torcer tu destino, sólo habrás sido un apartamento alquilado.\nLois Pereiro tamén plasma na súa obra algúns dos seus recordos respecto da música. Na súa primeira viaxe por Europa, o poeta visita Edimburgo, e como recolle Iago Martínez, na cidade escocesa o poeta ve os primeiros punks (Martínez 2011: 58). Lois Pereiro utiliza en “Edinburgh Edinburgh”, do libro Poemas 19811991, unha imaxe que reflicte este feito (Pereiro 2011: 80):\nCatro teenagers punks xaspeaban mil cores metalizadas co meu ollo animal cravado neles “No future Anarchy & destroy me”.\nVemos neste texto unha clara referencia, xogando tamén un papel intertextual, ao grupo punk inglés Sex Pistols e á súa canción “Anarchy in UK” (Never Mind the Bollocks, Here’s the Sex Pistols, 1976), un tema polémico que comeza deste xeito: I’m an AntiChrist I’m an Anarchist Don’t know what I want but I know how to get it.\nAdemais lembra cancións concretas. En “Comedias e proverbios ou un conto moral”, do poemario Poesía última de amor e enfermidade, rememora tempos mellores a través dun tema de The Beatles: “Dear Prudence” (The Beatles, 1968). Nese poema Lois Pereiro (2011: 169) escribe o seguinte:\n“Dear Prudence, dear Prudence...” Da habitación veciña, da que só me separaba unha longa parede, saía pola porta esa canción que me dicía tantas cousas hai vinte anos. Dear Prudence, si, dear Prudence salferindo de música e de palabras a mesta luz do sol vestido de luxo dominical.\nA modo de curiosidade, cómpre engadir que esta canción de John Lennon fala de Prudence Farrow, irmá da actriz Mia Farrow. Prudence coincidiu cos\nBeatles nun curso de meditación na India, e na letra faise referencia a que a irmá da famosa actriz non saía da súa estancia durante o citado curso. Un fragmento da letra da canción di o seguinte:\nDear Prudence, won’t you come out to play? Dear Prudence, greet the brand new day The sun is up, the sky is blue It’s beautiful and so are you Dear Prudence, won’t you come out to play?\nQuizais poidamos establecer certa comparación entre a reclusión de Prudence e a que sufría Lois Pereiro, aínda que a do poeta era imposta por mor dos seus problemas de saúde: Prudence está nunha habitación na canción de The Beatles, e Lois Pereiro está noutra na vida real.\nAs referencias musicais na obra de Lois Pereiro atópanse tanto na prosa como no verso. No ensaio “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”, os nomes de Leonard Cohen e Lou Reed aparecen como parte dunha listaxe, non só de músicos, senón de todo tipo de referencias ou de influencias culturais na súa vida, como se aprecia neste fragmento (Pereiro 1996: 14):\nTodos fillos dun tempo maldito, de opio, absenta, alcohol e rabia contra o Tempo e a Moral burguesa, cobarde, aburrido e letal... Leonard Cohen, Lou Reed, o Rock, Alicia en “Wonderland”, Art “dexenerada”, Expresionismo, comunismo surreal, os Clásicos, de Esquilo a Chejov, a Arte e a Vida, formando todo un vértigo experimental que me inundaba a alma pouco a pouco, e Shakespeare, Shakespeare, Shakespeare...\nTamén como parte dunha listaxe, vemos na letra F do seu guión televisivo ¿Que é Galicia? (Pereiro 2011: 96) unha referencia ao tema “All tomorrow´s parties” de The Velvet Underground ” (The Velvet Underground & Nico, 1968): “Fogar. Fantasía. Fábricas, Febre, e as Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade, e tódalas Festas do mañá...”.\nO título desta canción está presente en varios textos do poeta, e neste caso faino por medio da tradución ao galego para poder encadralo na letra “F”. Este tema tamén era un dos favoritos da súa moza Piedad Cabo.\nO recital no Pub Moka\nAnalizemos agora un feito transcendente na vida de Lois Pereiro: o recital que ofreceu para presentar Poesía última de amor e enfermidade no pub Moka da Coruña, o día 31 de xaneiro de 1996, catro meses antes de falecer.\nDispuxo a ocasión como se fose a derradeira, pois o poeta era consciente da súa mala saúde. A introdución foi co poema “Puedo empezar”, de Josep María Fonollosa 8, gravado pola voz do humorista Eugenio, o mesmo poema co que comezaba o disco de Albert Pla Supone Fonollosa (1995), dedicado ao poeta catalán, do que reproducimos, por significativo, o seguinte fragmento:\nTengo ya preparadas las respuestas para las entrevistas periodísticas que me hagan en la prensa radio y tele. Querrán saber que opino y como soy, me mostraré ingenioso y espontáneo (...) 9.\nAínda que a lectura dos seus poemas era o principal, non esqueceu algúns dos seus temas favoritos: “Ennui” 10 de Lou Reed (Sally can’t dance, 1974), “Devoro” de Albert Pla (Supone Fonollosa, 1995), “Tinha uma sala mal iluminada” de Zeca Afonso (Enquanto há força, 1978), e “Innocent when you dream” de Tom Waits (Frank’s wild years, 1987).\nNo pub Moka Pereiro explicou o porqué deses versos, facendo ao público asistente cómplice dos feitos que sucedían entre as bambolinas da súa poesía. Así, afirmou que, sabendo que ía a morrer, púxose a escribir poemas de amor, de amor á vida, ás persoas, á utopía de Chiapas ou a si mesmo. Falou dos seus principios políticos e dixo moverse entre as bandeiras negras e as vermellas, pero ao seu xeito, e para iso tomou emprestada unha frase de Octavio Paz: “La revolución que viene es la fiesta, el principio del principio que regresa”.\nTamén dixo que quería “beber dun grolo todo o que a vida nos ofrece”, e falou da morte como unha sorte de contrincante nunha partida de xadrez. Un dos poemas que Lois Pereiro recitou é “Transmigración”, título dunha composición homónima de Josep María Fonollosa. Os versos de Fonollosa soaron despois na voz de Roberto Iniesta (líder de Extremoduro), na mesma gravación coa que Albert Pla pechaba o seu disco Supone Fonollosa. Velaquí o poema do escritor catalán, toda unha declaración de intencións:\nNo a la transmigración en otra especie. No a la post vida, ni en cielo ni en infierno. No a que me absorba cualquier divinidad. No a un más allá, ni aun siendo el paraíso reservado a islamitas, con beldades que un libro garantiza siempre vírgenes. Porque esos son los juegos para ingenuos en que mi agnosticismo nunca apuesta. Mi envite es al no ser. A lo seguro. Rechaza otro existir, tras consumida mi ración de este guiso indigerible. Otra vez, no. Una vez ya es demasiado.\nNo recital fixo súas unhas palabras de Leopoldo María Panero 11 : “apostei contra Deus tódalas inmensas noites a moeda infame de min mesmo”. Reivindica a figura e a mensaxe desoutro “exiliado de si mesmo internado no manicomio de Mondragón... pero un poeta nunca deixa de ser un poeta, calado, en silencio, berrando, vivindo, destruíndo...”. O autor madrileño era, ao igual que Lois Pereiro, outra figura senlleira no panorama das letras españolas, tocado cun aura de malditismo: alcohol, drogas e autodestrución foron os seus sinais de identidade.\nNo remate do recital e tralos agradecementos de rigor comezou a soar\n“Innocent when you dream”, de Tom Waits (Frank’s wild years, 1987), como 11 Leopoldo María Panero é un poeta madrileño nacido en 1948 e finado en 2014. Foi encadrado na Xeración dos Novísimos, aínda que el sempre rexeitou as etiquetas. Dende finais dos anos oitenta viviu internado no psiquiátrico de Mondragón e logo, de xeito voluntario, na Unidade de Psiquiatría das Palmas de Gran Canaria até o seu pasamento. Pere Gimferrer, poeta e crítico, dixo ao respecto de Lois Pereiro e de Panero: “Yo, que he conocido y conozco a Leopoldo María Panero, sé que el control de la materia poética es mucho mayor, al menos en el momento de madurez, en el caso de Pereiro que en el caso de Leopoldo, con toda mi estima por la obra y por la personalidad, trágica en algunos sentidos, de Leopoldo” (Gimferrer 2013: 83).\nfondo da voz de Lois Pereiro: “(...) e nada máis, este é o meu libro, i é un pouco, como diría Goytisolo nun epigrama que escribiu, publicado hai pouco: es como diez limones en un caramelo, como toda mi sangre metida en cuatro gotas”.\nPrecisamente de “Transmigración”, o poema de Lois Pereiro (2011: 181), son estes inspirados versos:\nEsta enerxía xa non vai ter fin, non foi creada nin será destruída. Irá ocupando diferentes vidas, transformándose en emocións alleas tatuadas noutros corpos paralelos, en simultáneas procesións sen pausa. Nun cálido universo apaixonado voume dosificando con usura, ata que chegue a hora de voltar, canso e feliz, ó punto de partida.\nLido desde a nosa perspectiva, este poema estremece, pero se pensamos que Lois Pereiro o estaba a recitar soamente catro meses antes da súa morte, e ademais sendo consciente da súa realidade, o estremecemento xa supera certos límites. O rexistro sonoro da gravación do recital, do que se dá o enlace na bibliografía, constitúe un valioso documento.\nOs estudosos da obra de Lois Pereiro e boa parte da crítica coinciden en recoñecer que é un dos grandes poetas galegos e en que a literatura galega non sería o mesmo sen el. Polo que atinxe ao tema tratado, vemos que a música condiciona a súa escrita. Velaí como algúns poemas toman o nome directamente de títulos de cancións e noutros a estrutura deriva deses fragmentos de textos musicais ou das súas variacións.\nNos epígrafes anteriores puidemos comprobar como o poeta dialoga, cita, testemuña, reivindica ou lembra, eses son os xogos que relacionan tanto os seus poemas coma a súa prosa coas referencias musicais que poboan a obra do poeta monfortino. É incuestionable a importancia da música no seu xeito de vida. Segundo María Xesús Nogueira (2011: 14): a imaxe de Lois Pereiro está polo tanto vinculada ao xeito de vida dunha xeración, reivindicada por el mesmo como unha xeración perdida, que viviu ‘unha época moi especial, a de chegar un pouco tarde a todo. Sexo, drogas, rock&roll misturado coa situación política que non deixaba de cambiar’, e que constituíu unha caste de Beat Generation de noso. Unha das características máis salientables do gusto musical de Lois Pereiro é o seu eclecticismo. O poeta tiña realmente unha gran diversidade de referencias musicais. Dende o rock e o punk até chegar á música clásica ou ao blues, Pereiro gozaba con estilos moi diferentes entre si. Xa amosamos que\nna súa mocidade na cidade do Cabe tiña acceso, por mor dos seus amigos que estudaban no Reino Unido, a álbums cos que outros mozos só podían soñar, pois cómpre non esquecer que na España de mediados dos anos setenta aínda estaban prohibidos moitos discos que non superaban a censura, tanto polas súas letras como polas cubertas.\nA presenza da música na súa obra é moi importante, pois son infinidade as referencias coas que xoga nela. Tanto se apropia de títulos e de citas como fai encaixes ou diálogos intertextuais, pero sempre cunha mestría digna de resaltar. As reivindicacións e as consignas, os ecos e as lembranzas, todos son\nacollidos na obra de Lois Pereiro. A análise levada a cabo nestas páxinas confirma a hipótese de partida: a inclusión das referencias musicais na obra de Lois Pereiro como parte integrada perfectamente na súa poética, como parte consubstancial da súa escrita, ademais da relevancia da música, sobre todo da música rock, na súa vida. Outros datos amosan a outra cara da moeda: Lois Pereiro é un dos escritores galegos máis musicados, case ao mesmo nivel de clásicos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Curros Enríquez.\nEscoitar a Lois Pereiro recitando no pub Moka é abraiante, e pon de manifesto a intensidade vital dun poeta que sabe que non lle queda moito tempo de vida, pero que fai súas reflexións como esta: ¿E conseguiches o que querías desta vida? Conseguino ¿E que querías? Considerarme amado, sentirme amado na terra.\n1. Listaxe de referencias musicais na obra de Lois Pereiro\n- Wagner: en “Nostalxias siamesas” ¿Que é Galicia? (Guión televisivo. Emitido pola TVG o 25 de xullo de 1988) - The Velvet Underground: “All tomorrow´s parties” - Wagner, Mozart e Sibelius Poemas 19811991 (1992) - DAF: “Verschwende deine Jugend”, en “Verschwende deine Jugend” - John Lydon (PIL): “Track 8”, en “A fina pel dun virus” - Joy Division: “Atrocity exhibition”, en “Atrocity exhibition” - Sex Pistols: “Anarchy in UK”, en “Edinburgh Edinburgh” Poesía última de amor e enfermidade (1995) - Christa Ludwig: “Lied”, en “Análise hemática do amor” - Lole y Manuel: “Tangos de la pimienta”, en “Explórote cos ollos” - Mahler: “Lied”, en “Análise hemática do amor” - The Beatles: “Dear Prudence”, en “Comedias e proverbios ou un conto moral” Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia (1996) - Leonard Cohen - Lou Reed Poemas para unha loia (1996) - Bach: “Suite inglesa en Sol Menor”, en “Gothic Thought” - Pink Floyd: “Alan’s psychedelic breakfast”, en “Alan’s psychedelic breakfast - Satie: “Songe creux”, en “Gothic Thought” - The Doors: “The end”, en “Encontro con Piedad. Volta e retorno do sol. Eu amo, ti amas, il ama” - The Doors (Jim Morrison): “Waiting for the sun”, en “Encontro con Piedad. Volta e retorno do sol. Eu amo, ti amas, il ama” - The Velvet Underground (Nico): en “Las mariposas son volvos”\nBoletín Galego de Literatura, nº 48 / 1º semestre (2016) / ISSN 02149117\n2. Temas do recital no pub Moka (1996)\n3. Concertos dos que temos constancia que asistiu\nLlm Lou Reed The Clash"} {"summary": "Partindo das bases metodolóxicas desenvolvidas arredor do ámbito da paratradución e mais doutras teorías como o marxismo (dende Gramsci até F. Jameson) e socioloxía literaria, este traballo céntrase na ideoloxía como elemento paratradutivo para analizar a presenza da noción de proletariado na poesía galega de finais do franquismo. A partir dunha escolma de textos aproxímase ao devir político e social da Galicia situada na mal denominada transición, propoñendo unha nova achega para cartografar a historia do campo literario galego de finais dos anos setenta, isto é, entre as últimas representacións da vangarda e a aparición do posmodernismo.", "text": "A paratradución do proletariado na poesía galega dos setenta\n :campo literario, estéticas, ideoloxía, paratradución, posmodernismo, proletariado, repertorio, vangarda.\nEste traballo enmárcase dentro dos estudos de tradución e paratradución da Universidade de Vigo 1. Aínda que se trata dun marco hermenéutico que está dando os seus primeiros pasos, este colectivo propón un novo espazo heurístico que afonda nunha anovadora praxe de interpretación literaria. Procurando resumir o marco teórico, podemos dicir que nun nivel inicial, os estudos de tradución centraríanse na forma de se concretar unha lingua A nunha lingua B, deixando un oco para a paratradución, entendida aquí como investigación dos elementos que se engarzan neste proceso tradutivo (relacionado cos paratextos de Genette).\nPero existe un outro modelo que ha explicar un proceso especial de tradución paralelo: a obra de arte. Este profundiza no movemento mediante o cal partimos dunha lingua matriz (o concepto lingua nai de W. Benjamin 2), a cal se iría constituíndo a través de elementos como a ideoloxía, a estética ou a cultura, até chegarmos á súa forma resultante (un poema, un cadro, un filme, etc.). Desta forma entendemos a literatura como unha mestizaxe colectiva, un proceso comunicativo que se podería explicar dende unha óptica interdisciplinar. Para isto, sigo o modelo de contexto paratradutivo que o profesor B. Baltrusch ten presentado e corrixido, chegando á última proposta utilizada nos seus cursos de doutoramento 20082009:\nCómpre indicar que este novo ámbito heurístico e hermenéutico ten unha compoñente heteroxénea importante. Dende aquí procuramos un discurso interdisciplinario, co cal poder acceder á “realidade” dende diferentes prismas. A escrita é unha forma de traducir un mundo de sensacións, ideas, recordos, etc., de paratraducilos a través dunha rede neuronal que se define tendo en conta variábeis tal como a cultura, a ideoloxía ou a estética de partida e procurar ver a maneira de se materializaren no resultado final ou texto chegada. Neste transcurso é onde o/a crítico/a debe afondar e procurar enxergar para despois tirar conclusións de diferente índole. Asemade, trátase de buscar un discurso que teña como cerna a glosolalia, practicada por Antón Patiño 3, ou a antropofaxia dos modernistas brasileiros no que atinxe a unha verdadeira interpretación interdisciplinar.\nPor outra banda, anoto que tomo emprestadas na análise moitas ferramentas vindas do ámbito marxista, en concreto das teorías de Jameson (1989), coas que penso se pode enriquecer o modelo de análise. Nos estudos de paratradución cadaquén pode focalizar diferentes elementos do esquema antes presentado (ideoloxía, cultura, estética ou o propio texto). Ao me centrar na ideoloxía, as propostas de análise literaria vindas do marxismo e, máis en concreto, as elaboradas por Jameson propoñen ferramentas de análise da ideoloxía que no ámbito da paratradución son moi viábeis. Estoume referindo á interpretación que se realiza dos aparellos ideolóxicos de estado de Althusser e a súa relación coa semiótica.\nÉ necesario tamén anotar que esta idea xorde dentro dos meus estudos de doutoramento, nomeadamente na análise que estou facendo dunha etapa crucial no ámbito da historia da literatura galega: a fin do franquismo e o comezo da restauración monárquica. Mantendo unha liña de traballo que ten como guieiro a ideoloxía marxista e independentista, considerei que había un sector social que se representaba de xeito regular na lírica desta época: o proletariado. Cando revisamos a historia da literatura galega deste período, batemos cun conxunto de textos que a crítica non deu atinado ben á hora de os encaixar dentro dun discurso lineal e homoxéneo. Nesta sorte de crebacabezas asoman exemplos como as Follas de Resistencia Poética (19751977), de autoría anónima ou asinadas con pseudónimo, ou a obra de poetas que procuran un outro socialrealismo, como é o caso de Farruco Sesto Novás. A procura de catalogar os materiais en lugares estanco non é algo único do discurso literario; até agora a crítica obviou unha serie de produtos artísticos que traban unha forte aliaxe cos literarios. Pódense citar experiencias vindas das artes plásticas e que se concretan nas mostras da Praza da Princesa de Vigo, tamén na pintura de Luís Seoane e Reimundo Patiño; ou o mesmo sucede cando non se teñen en conta os movementos políticos alternativos da altura e, en concreto, a planificación desenvolvida polo nacionalismo galego á hora de achegar a súa mensaxe de resistencia ao espazo social. Son todos vieiros interdisciplinares que se han desenvolver co paso do tempo e que poden dar pistas para comprendermos mellor as dinámicas internas do campo cultural galego.\nObxectivos\nDesta forma, os obxectivos marcados foron:\n– Investigar e procurar as diferentes definicións do concepto proletariado que aparecen no discurso literario galego de finais dos anos setenta. – Partindo de diferentes definicións do proletariado, caracterizar unha época en cambio. Definir os diferentes intereses e representacións que o nacionalismo propuxo deste termo. – Dentro deste período, imos focalizar un discurso artístico: a lírica, e como se paratraduce o proletariado. Seguindo o marco teórico que propón o Grupo de Tradución e Paratradución e, en concreto, o profesor Baltrusch, o autor propón incidir na ideoloxía que os poemas seleccionados representan, mais ampliando o campo de estudo ao introducir as teorías literarias marxistas.\nTendo en conta a extensión deste traballo, escollín catro autores e cadanseu poema representativo dos cambios de estética propios da época: dous autores canonizados pola crítica e por diferentes axentes sociais: Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel María; e poetas que até hai pouco estaban situados nas marxes do canon: Alfonso Pexegueiro e o grupo Rompente. Despois de ler a súa obra, a escolma obedeceu ás seguintes directrices:\na) o texto debeu ser publicado no final dos anos setenta (deste modo: Con pólvora e magnolias e Seraogna, en 1976; Poemas pra construír unha patria, de 1977; e mais o Silabario da turbina, de 1978).\nb) no poema debe representarse o proletariado, ben citado literalmente ben metaforicamente. c) representar cadansúa ideoloxía dentro dunha paleta heteroxénea, mais común nos postulados marxistas. Os catro poemas han incidir nunha ideoloxía diversa.\nFican fóra outros autores como Manuel Rivas cos primeiros poemarios (Libro do antroido), onde aparece tamén o proletariado, mais dende a postura máis underground, ou tamén Vitor Vaqueiro co seu Informe da gavilla, que retoma a figuración do proletariado a nivel grupal e mítico. O mesmo cómpre dicir da obra de Margarita Ledo Andión ou Farruco Sesto, textos que fican por explorar.\nContidos\nOs contidos desenvolvidos afondan en procurar as definicións que xorden nos textos sobre o concepto proletariado e interpretar o termo que se traduciu e paratraduciu en diferentes formatos e linguas. Porén, como xa indicamos, faremos un pequeno percurso pola época e estéticas literarias deste momento histórico e estudaremos as diverxentes perspectivas á hora de representar este sector que xorde na loita de clases.\nComecemos pois co obxecto de estudo neste traballo: o proletariado. Aínda que esta palabra ten a súa orixe xa no latín (proletarius 4), partimos dunha consideración política propia do momento contemporáneo. Así, temos de adentrarnos no século XIX e máis en concreto no celebérrimo Manifesto Comunista (1848), de Marx e Engels, que define o proletariado en oposición á burguesía e dentro da dialéctica da loita de clases. O mesmo vai suceder co primeiro tomo do Capital de Marx, onde ha incidir neste concepto para o concretar na súa crítica ao capitalismo. Esta sería unha definición de partida que cada autor vai ir perfilando segundo a súa posición no sistema e rede de intereses para a promoción dentro do campo.\nDe seguir o ronsel marxista, atoparemos ducias de pensadores que trataron de explicar e definir este grupo social, pero, atendendo ao campo cultural galego e ás súas dinámicas internas, apenas focalizo uns cantos autores que deixaron a súa pegada neste paralelo.\nEscollo a Gramsci pola incidencia que teñen os seus estudos sobre o intelectual orgánico e a súa faceta de intermediario entre capital e proletariado. A obra do pensador aparece en momentos cruciais da historia do campo literario galego. Tal é o caso do I Congreso da AELG, celebrado en Poio en 1981. No relatorio que desenvolve Méndez Ferrín refírese ao italiano como representante dunha ideoloxía marxista que procura na súa praxe social a presenza dun intelectual que estea en contacto coas masas. Nos seus Quaderni del carcere, Gramsci insire a cultura dentro da sociedade civil, que opón á sociedade política e ao Estado. Esta é a platea onde o poeta, o intelectual, debe organizarse e procurar contactos para a revolta que conduza á ditadura do proletariado.\nPor outra banda, Lukács é o gran teórico da consciencia de clase e máis en concreto sobre as dinámicas desta no proletariado. Trátase dun pensador que está emparentado co marxismo soviético, aínda que con certa crítica ao stalinismo (Lukács, 1966). Nos textos internos que se poden consultar da UPG, partido nacionalista que abrangue o número máis elevado de simpatizantes, vemos como a liña marxista soviética é a máis citada 5. Logo podemos dicir que este autor se pode entroncar coa denominada veta ortodoxa do nacionalismo marxista galego, que ten como guieiro o marxismo leninista e stalinista.\nNos anos setenta xorde con forza a figura de Mao Tse Tung, especialmente os seus discursos no Foro de Ienan, onde postulaba os pasos necesarios na aculturización do proletariado (Mao, 1974). Estes textos foron materiais moi estudados en foros socioliterarios da época que analizamos, en concreto aparecen nas actas de reunión do Grupo de Resistencia Poética Rompente (19751978), que ten a súa continuación no Grupo de Comunicación Poética Rompente (19781983).\nMais tamén temos en conta pensadores máis próximos á actualidade, como Althusser e Willians. Do primeiro interesoume a súa visión dos aparellos ideolóxicos do estado e como incide de xeito directo e indirecto no posicionamento do proletariado dentro da infraestrutura social (Althusser, 1988); e de Willians (2001) o seu tratado sobre a dicotomía campo/cidade na poesía e como se presenta o proletariado en contraste co labrego.\nCentrándonos no discurso galego, tiven en conta dous volumes básicos por revisaren o concepto investigado e o contexto dos textos para analizar: O atraso económico de Galicia (1972), de X.M. Beiras, e Do capitalismo colonial (1979), de R. López Suevos. Destes libros podemos tirar unha radiografía do país caracterizado por un cambio socioeconómico que se produce entre os anos sesenta e setenta. Trocamos unha economía galega baseada en sectores produtivos primarios (agro e pesca) e cunha lacra social reducionista como a emigración, cara a un capitalismo serodio, postindustrial. Todo isto acontecendo nun intervalo de vinte anos e non dun século como nas potencias imperialistas. Constatamos que as causas de todo isto son a consolidación, outra volta, dunha oligarquía colonialista, vinda dos estratos franquistas e que co novo modelo político conseguiu perpetuarse no poder e absorber a masa social. Por outra banda, os síntomas desta situación son a aparición do subproletariado (híbrido do proletariado e labrego definido por Marx), a consolidación do minifundismo (elemento fagocitador da especulación), que o capital segue en mans estranxeiras (pexas para o despegamento dunha burguesía nacionalista), etc.\nO contexto\nProcurando definir o campo literario galego da época que queremos analizar, cómpre indicar unha serie de variábeis.\nA crítica literaria adoita pór como marco para o cambio a data de 1975 ou 1976 coa publicación de dous volumes: Con pólvora e magnolias, de Méndez Ferrín, e Seraogna, de Alfonso Pexegueiro. Os motivos son a ruptura cun dominio do discurso socialrealista e folclorista na lírica e tamén a aparición da nova literatura feminista galega. Este trazo podémolo constatar no I Congreso da AELG de 1981, especialmente nos coloquios que se desenvolveron no relatorio de Méndez Ferrín, Rompente e Manuel María, pois tratan esta cuestión.\nDesta forma, encétanse novos camiños que terán o seu vieiro nos anos seguintes. Estamos a falar da liña culturalista e da vangardista; á vez que tamén 261\nxorden novos axentes e espazos asociados a un campo no sistema políticosocial, isto é, novas editoriais, premios, asociacións, revistas, etc.\nObsérvase como se vai perfilando un campo de gran produción, á vez que se asentan as novas empresas editoriais e o seu número de negocio. Mais nos anos setenta a publicación non era tan doada. Podíanse obedecer as dinámicas da editorial Galaxia, sobre todo a liña piñeirista de dinamización do ensaio científico, publicar en pequenas empresas como Pombal ou Castrelos, optar por unha edición depentente dunha colectividade ou partido político (destaca a Fronte Cultural da ANPG), tirar de ciclostilo (véxanse as Follas de Resistencia Poética) ou edición manual.\nEsta é unha época de profundos cambios dentro do campo. Créanse novos subcampos de produción restrinxida. Aquí situamos a obra de Rompente, que nun inicio se estabelece como grupo de resistencia poética, quérese dicir, de compromiso coa nación e mais coa reflexión socioliteraria, e o segundo ciclo ou de Comunicación Poética, onde o discurso interdisciplinario era o eixe central. Mais estes subcampos fican aínda por estudar; o caso da mostra O outro lado da sombra. Sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas entre 1971 e 1989, programada pola Fundación Luís Seoane en 2005, está apostando por unha nova liña de investigación sobre o campo. En resumo, estamos ante unha etapa que aínda fica por debullar e chegar ao carozo.\nA paratradución do proletariado\nPara comezar coa análise, imos ver nun principio a intencionalidade que amosan os catro autores á hora de entender o concepto proletariado. Ao lermos os poemas atopamos catro formas de paratraducir esta etiqueta: – Proletariado como conxunto de traballadores asalariados: “Amigos de ferro e dinamita” (Méndez Ferrín, 1989: 7071). – A incorporación da muller labrega, visión que engarza coas doutrinas feministas e ecoloxistas: “as mulleres cansas da eira” (Pexegueiro, 1997: 95). – Traballadores de todo tipo e condición en Manuel María (2001: 579580): o “Proletariado e Galiza: obreira, labrega e mariñeira” ou dende unha postura máis posmoderna (véxase a ironía).\n– O proletariado na posmodernidade en Rompente (1978: 7): “exército simbiótico de labregosproletarios e asistentas”, que tamén cómpre cotexar co movemento feminista que nese momento se estaba a consolidar no país.\nO posicionamento externo da voz lírica serviría de guieiro das masas nos poemas, á vez que crea unha nova expresión dentro do campo literario galego. De cotexar a presenza do discurso político na literatura galega vemos como neste momento o repertorio muda na súa praxe. Agás o poema de Manuel María, non estamos diante dun discurso onde prevalece o emisor multidimensional (Rodríguez Fer, 1989: 190192) que aparece representado nos textos de Cabanillas e en menor medida co paso dos anos nos poemas de Celso Emilio Ferreiro (“Irmaus”, en Longa noite de pedra), Lorenzo Varela (“Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados”, en Lonxe) ou Seoane (“Noso pobo”, n’ As cicatrices). Méndez Ferrín, Pexegueiro e Rompente sitúanse neste momento histórico nas marxes do canon, logo procuran rachar o status quo socialrealista incorporando novas fórmulas de expresión dende a periferia. Fronte a eles sitúase Manuel María, que detenta un poder simbólico vindo da propia edición do texto, o mundo ortodoxo do nacionalismo galego que o eleva á categoría de voceiro do movemento, ao igual que fixeron as Irmandades con Cabanillas.\nAsemade imos asistir tamén á paratradución dunha ideoloxía marxista plural. Este dato debemos relacionalo co contexto social; son os anos nos que os cambios implican tamén trocos ideolóxicos e discursos que deben encher novos ocos que agroman co cambio ficticio de goberno. Aquí entendemos que se debería redimensionar a transición como espazo temporal onde se sucederon unha serie de mudanzas que están por estudar e entender dende unha perspectiva multidiscursiva.\nCando Méndez Ferrín escolle representar o pensamento de Gramsci e Mao estase posicionando a favor dun marxismo non ortodoxo, que volve a ollada ao pasado prebélico e alleo ao ámbito soviético dominante. Ou tamén cando introduce elementos vindos do marxismo cubano ao incidir na idea da patria, botando man das ideas de José Martí. Neste sentido, este posicionamento concíbese dentro dun tipo de literatura que ten a nación como cerna do discurso e que procura no maoísmo unha solución para o padecemento colonialista.\nNo caso de Manuel María, vemos como pretende abranguer o ámbito do marxismo nacionalista canonizado, isto é, o soviético, procurando incidir en pensadores como Lukács. Ao mesmo tempo, a crítica actual pode botar man de novas achegas que nos fornecen filósofos como Althusser e que funcionarían como elemento interpretativo. Logo, vemos como tamén se poñen as bases do denominado nacionalismo populista (acabada de crear ANPG en 1975), que procura enredarse co nacionalismo do antigo PG xa extinguido, e que se enfronta cun nacionalismo de escisión representado pola figura de Méndez Ferrín. Coido aquí que a través da poesía galega desta época podemos acceder á representación das loitas polo poder simbólico do nacionalismo: temos o exemplo de Manuel María, representante da ANPG, Méndez Ferrín do Partido Galego do Proletariado (vindo da escisión da UPG liña proletaria no 1978), e ficando case sen representación, a Asemblea Popular Galega (nai de revistas como Teima).\nNos eixes antipódicos atopamos a loita campo/cidade tan ben estudada por R. Willians e que representaría o lado combativo e alternativo do ecoloxismo comunista. Nesta liña sitúase Pexegueiro, ao dignificar o campo (no poema seleccionado considera que “así coidou o home do home”, Pexegueiro, 1997: 95) e presentalo como unha metáfora da loita dialéctica entre corpo e espazo, ser e tradición, razón e relixión. A lectura superficial viría dada pola metáfora do campo e a proletarización do mesmo, pero o que atopamos é un macrotexto de seu onde o home é “pantasma analfabeto e xigante que recurre case sempre á súa torpeza pra saír da gaiola e sempre se atopa pechado” (Pexegueiro, 1981: 91). O ser humano forma parte dun colectivo caracterizado pola violencia, algo moi presente en toda a obra. Isto formaría parte dunha estética que indaga no atemporal. Recordemos como a loucura e as tensións humanas son a cerna da súa escrita até hoxe.\nEn cambio, Rompente enchería o oco do posmodernismo anovador a través do discurso vangardista e que procura reflectir un capitalismo serodio. A través dunha linguaxe underground, con certas reminiscencias punk, a voz lírica propón unha visión do proletariado en profunda reconstrución e mal cohesionado. Como ten afirmado M. Mann (1993: 2830), “a consciencia de clase sempre estivo en transición e conflito, mesmo con outras entidades colectivas, algo do que sempre se encargou o sistema capitalista”.\nElaborando un cadro semiótico procuramos afondar no que este último teórico denomina o inconsciente político que se paratraduce en poesía.\nPara localizalo imos ver os dous pares opositivos:\n– proletariado e burguesía, – eixe temporal: pasado e futuro.\nEstes vanse repetir nos catro textos formando unha totalidade que nos dá idea da interpretación deste termo nun contexto históricosocial importante no devalar da historia deste país até o día de hoxe, caracterizada pola manipulación informativa da oligarquía capitalista.\nO proletariado en Ferrín: “Quero que os meus amigos de ferro e dinamita”\nA obra de Méndez Ferrín caracterízase por se inserir de cheo nunha dinámica de loita intelectual e física por recrear a nación galega na segunda metade do século XX. Todo o seu macrotexto pretende afincarse coma un palimpsesto da cultura universal que procura dotar Galicia de honra e maior capital simbólico dentro da estratexia comunista e internacionalista. Para isto procura no repertorio literario unha serie de recursos que lle son suxestivos á hora de esborranchar unha dinámica política e cultural.\nA formación académica deste poeta fixo que no diálogo dos seus textos con outros tamén se suxerisen novas formas de acometer o traballo da escrita. Nesta liña, hai voces críticas que sitúan a Méndez Ferrín e mais a Cunqueiro como os iniciadores do que se deu en denominar o discurso culturalista na poesía galega dos anos oitenta. Mais non nos imos deter nesta cuestión porque o que nos interesa é ver a ligazón entre a escolma de repertorio, facendo que se tezan nos seus escritos unha serie de referencias culturais e literarias que teñen como finalidade dotar o texto dun maior capital simbólico dentro do campo e asemade conseguir introducirse dentro do canon literario.\nCon estas dúas ideas podemos comezar a analizar o texto “Quero que os meus amigos de ferro e dinamita” 6 (Méndez Ferrín, 1989: 7071). Así atopamos dende o comezo do poema a oposición entre “os amigos de ferro e dinamita”, destinatarios do texto, e mais unha oligarquía que vai destecer co paso dos poemas e dos libros (sobre todo no último, Contra maquieiro (2005) e, en concreto, na figura de Chiño). Esta loita da que fala o eu lírico ten como escenario da rebeldía outro par opositivo: o pasado e mais o futuro, representado pola figura do “pai Miño”. A combinación destes eixes amosános o inconsciente político que se paratraduce na confección do poema; con isto estámonos a referir á dialéctica marxista, de aí a cita de Heráclito e Mao. Fainos ver a interpretación da historia dun colectivo, o proletariado, que non debe sucumbir, debe manter o “valoroso puño” en alto. Isto último podémolo contrastar coa poesía de corte nacional iniciada por Eduardo Pondal, “o valoroso clan” que aparece no himno galego, pois aquí vólvese sobre estes pasos mais con diferenzas. O discurso internacionalista comunista fúndese coa tradición nacionalista do Volksgeist que parte de Murguía para procurar outras derivas na idea de nación no trinomio RiscoOtero-Castelao. Botando man da análise de Máiz (1997), non estamos diante da paratradución dunha idea de etnia como exclusión nin de reintegración, sería unha nova forma de entender a etnia de identificación. Sen esquecer por completo a raíz celta (“A determinación de chorar non impida a fouce”) o poeta abrangue esta visión internacionalista e comunista: “nunha festa que celebre o paso dialéctico de tódalas cousas do/ mundo”. O termo “amigos” será unha constante no devalar do poema e mais do poemario, como tamén de toda a obra do autor ourensán. Neste momento\npodemos traer a colación aquel Libro dos amigos (1953) que Otero Pedrayo deixara armado nos anos cincuenta e que cun ton elexíaco traía á memoria os pensadores galegos que se distinguiron na loita cultural. No poemario estamos diante dunha elite proletaria, que vai dende aqueles que non teñen nome até figuras chave como Sean Mac Stiofain, Ulrike Meinhof, ou dedicarlle un poema a Manuel María.\nPor outra banda, atopamos o ferro e mais a dinamita, facendo referencia ao subproletarido (de aí a palabra ferro), clase social definida por X.M. Beiras (1972), que á vez recorda aquela revolución social ou organización armada espontánea da que falaba Lenin n’ O Estado e a revolución (no poema aparece representado como dinamita). Estes amigos están caracterizados polas iconas marxistas: “ferro” domeado polo martelo, a “fouce” que recorda a nación campesiña e o puño, emblema da loita comunista.\nEste sector do proletariado desenvolvería a loita no marco dunha resistencia que tería como inimigo un poder coercitivo, o cal aínda non ten preso estes personaxes do poema: “non collidos, que perden os ollos e o pubis moitas noites”. A voz lírica incrépaos, defínelles unha liña que pende dun axioma filosófico: “Todo devén, nada fica”. Esta sentenza xorde entre dúas tradicións antipódicas (occidente e oriente), isto é, na boca de Confucio e de Heráclito, e que terían o marxismo, vía maoísmo (o “Pastor do Leste”), como ligazón. Logo sintetiza a mensaxe na máxima do Manifesto comunista : “¡Proletarios de todos os países, xuntádevos!” (Marx e Engels, 1998: 85).\nDesta forma, a presenza do correr do tempo transfórmase na base dialóxica na que descansa esta linguaxe de resistencia. A esperanza por unha terra liberada non se fai tan explícita coma noutros poemas (“Recramo a liberdade pró meu pobo” ou “A Manuel María”). Sitúa o discurso do seu pensamento nun locus concreto, o Miño, mais o río serve de metonimia do país galego. Así estabelece, coma noutros textos, un diálogo que procura a nacionalización do proletariado. Este debe buscar neste espazo a base da loita ou resistencia contra o imperialismo, como o definiron no seu momento Lenin e Mao Tse Tung.\nEsta nación proletaria debe á vez festexar o paso do tempo (“nunha festa que celebre o paso dialéctico de tódalas cousas do/ mundo”), recordando aquel famoso verso de Walt Whitman (2001: 8): “I celebrate myself, / and what I assume you shall assume”.\nÉ no marco da paratradución onde podemos estabelecer unhas bases holísticas e hermenéuticas á hora de analizar un texto. Aquí vemos como un simple poema pode transformarse nunha radiografía da sociedade que o recibe e á vez crea. Vemos como o poeta se transforma nun axente cultural que para/traduce un esquema ideolóxico do que bebeu previamente e esa estrutura mental precisa apoiarse en conceptos con definicións semánticas aceptadas por un grupo social e, se pretende sobrevivir ao paso do tempo, este mesmo grupo precisa velar para estas definicións seren aplicadas á realidade sociocultural do momento cronolóxico (Baltrusch, 2006: 13).\nMéndez Ferrín forma parte dunha estrutura políticosocial que procura unha linguaxe de resistencia artellada en dous eixes básicos: a cuestión nacional e mais o marxismo. Para isto vaise valer dun partido político, a UPG 7, co que vai colaborar de diferentes xeitos e un deles é o espallamento a través da súa voz lírica dunha mesma mensaxe. Esta pode aparecer en diferentes formatos, ora en publicacións clandestinas, ora en formato libro, ora en recitais de poesía, contribuíndo coa súa palabra á rebelión da sociedade civil. Desta forma, proclámase un intelectual no sentido gramsciano:\nEl modo de ser del nuevo intelectual ya no puede consistir en la elocuencia, motora exterior y momentánea de los efectos y de las pasiones, sino en su participación activa en la vida práctica, como constructor, organizador, “persuasivo permanente” (Gramsci, 2004: 14).\nSeguindo coa terminoloxía do comunista italiano, tamén nos atrevemos a considerar o poeta galego como verdadeiro intelectual orgánico, o cal procura cos seus versos intermediar e facer que as masas instrumentais (Gramsci, 2004: 19) –no poema “os meus amigos de ferro e dinamita”- exerzan un influxo político sobre os técnicos do goberno: “poñan fe coma fouces da Fonmiñá hastra a Guardia”, nesta loita que se vai demorar como o río de Confucio/Heráclito.\nManuel María: a poesía ás ordes do partido\nManuel María comezou a súa viaxe poética aló polos anos sesenta da man do novo renacer na cultura galega que significou a editorial Galaxia. Dende moi novo relacionou o seu facer poético coa causa nacionalista galega. Desta maneira nacen libros cun capital simbólico amplo no campo literario; con isto estámonos a referir a Terra Chá ou Muiñeiro de brétemas, pasando nos anos setenta a se designar como o herdeiro da veta socialrealista iniciada na Galicia exterior por Luís Seoane e Lorenzo Varela e na Galicia interior por Celso Emilio Ferreiro. Despois do seu paseo polos camiños da poesía social, abandona este discurso ao final dos anos setenta con Sonetos do outono e nos oitenta dialogará coa vía culturalista que tan ben se asentou no campo literario galego.\nNeste traballo apenas nos centraremos no Manuel María máis reivindicativo e na súa relación co nacionalismo como ideario político, isto é, social e cultural. Polo tanto, imos incidir nos anos setenta, cando o poeta se posiciona dentro do campo como voz do novo sindicalismo e vía política iniciada pola UPG e ANPG, partidos que se distinguen no campo sociocultural como verdadeiros portadores do herdo nacionalista anterior á guerra, nomeadamente do extinguido PG (iniciado no ano 1931 da man de Alexandre Bóveda e Castelao). Desta maneira, nas derivas polas que atravesou a vida política nacionalista galega dos anos setenta, atopamos o poeta asentado como axente cultural e intelectual orgánico (Gramsci) voceiro desta ideoloxía.\nNa obra socialrealista de Manuel María vemos como a voz do poeta paratraduce unha liña ideolóxica que se autodefine como voceiro do pobo galego que padece o xugo fascista do nacionalismo español. Ao igual que Méndez Ferrín, entende a literatura como ferramenta elemental do nationbuilding, isto é, como construto ideolóxico dunha comunidade imaxinaria. Nesta altura, tamén apuntamos a diferenciación entre os dous autores, pois así como Manuel María incide na compoñente étnica, Méndez Ferrín apuntala o concepto nación 8.\nNo poema que propomos, “Poema/democrático/G/sindical” (Manuel María, 2001: 579580) 9, atopamos unha linguaxe que ten moitas características do discurso socialrealista, tal como a historicidade (o desexo de abordar os problemas urxentes do home contemporáneo) e o predominio da obxectividade sobre a subxectividade, do realismo sobre a imaxinación, do ton épiconarrativo sobre o lírico ou da ética sobre a estética (Vilavedra, 2004: 290292). Tamén batemos con dúas das zonas temáticas que Guillermo Carnero definiu dentro da estética socialrealista da poesía feita no estado español: “4. Manifestación de solidaridad, humanoafectiva e ideológica con el proletariado” e “5Voluntad de lucha política” (Carnero, 1989: 316). Mais é a actitude de clase a que tece o poema. Apenas con estas anotacións quero deixar clara a compoñente socialrealista do escrito e ademais a estratexia do que se vale o vate á hora de elaborar un poema que camiña da man do discurso marxista como modelo sociopolítico e de intervención social 10.\nA primeira oposición binaria proletariadoburguesía represéntase na loita dialéctica entre o nós, simbolizado na figura do “SINDICATO”, e un actante que funciona como antagonista que é “explotación/capitalista”. Sobre o primeiro postulado, o “nós”, estamos ante unha proposta programática que bebe na literatura de ideoloxía marxista e que na biografía do poeta ten posicionamentos concretos. Así, nunha entrevista en 1976, sostén que “o deber do poeta galego: Identificarme coas clases populares do meu país e poñer o que sei e podo ao seu servizo” (Costa Clavell, 1976: 51). Aquí Manuel María bota man do concepto perspectiva de Lukács (1966: 243), o cal determinou que todo escritor amosa unha perspectiva (hoxe nós utilizamos o concepto ideoloxía, se cadra mantendo o pensamento de Gramsci) e esta está determinada por tres características: non é existente, non é utópica e amosáse obxectivamente. A relación desta idea co tema central, a configuración dun sindicato nacionalista galego e de clase, vese a respecto da dialéctica que se estabelece no poema, en concreto, entre a dicotomía actancial: proletariadoburguesía.\nO outro eixe do cadro é o que incide no tempo. Así atopamos un pasado caracterizado pola violencia exercida pola oligarquía colonialista e un futuro que pasa pola adhesión, o agrupamento (“un home só non é ninguén”). Nesta loita histórica, xorde a idea da concentración do proletariado como “O NOSO POBO”. Deste xeito, a voz lírica presenta unha aliaxe que se dá no trasunto temporal e que desta vez define o obxecto de estudo aquí, o proletariado, como unha argamasa conceptual e de clase, configurada como “OBREIRA/LABREGA/MARIÑEIRA”. Supérase un estadio que vén dende o século XIX e que se exacerba na primeira metade do século XX na figura do labrego, símbolo do devalar do volkgeist oteriano.\nDesta forma, atopamos un discurso que institúe unha nova maneira de entender a loita de clases e a súa representación no campo literario galego. O proletariado comeza a ter voz, máis na poesía ca noutros xéneros, porén vai ir ocupando espazos repertoriais a medida que se confirma a democracia no Estado. Esta ollada sobre o concepto que ten Manuel María vemos que é moi debedora das ideoloxías marxistas canonizadas na época; así o eixe ParísMoscova é o que maior peso ten no nacionalismo galego ortodoxo. Atopamos, pois, certas distancias entre a poética de Méndez Ferrín, paratradutor dunha liña ideolóxica heterodoxa e con centro no marxismo maoísta, fronte a unha proposta máis ortodoxa do poeta chairego, próximo á ANPG e dentro dunha liña máis política ou de procura da performance. Exemplo disto é o estilo do poema, o uso do caracter alto é proba dunha escrita que procura a súa performatividade na oralidade dun recital poético, dunha arenga política ou dun discurso.\nAlfonso Pexegueiro: o proletariado na maraña da linguaxe\nEn Alfonso Pexegueiro, como xa anotamos antes, trocamos o discurso. O inconsciente político que paratraduce viría dado por unha liña de pensamento que se sitúa nas marxes da dialéctica marxista canonizada neste momento. Hai unha aposta pola compoñente ecoloxista e de volta ao rural (véxase hoxe a revolución bolivariana).\nNo poema escollido, “En Seraogna” (Pexegueiro, 1997: 95) 11, os eixes opositivos son semellantes: por unha banda temos o par muller rural, destinataria da mensaxe, en confronto co estranxeiro, isto é, a cidade e o capital; e pola outra, un eixe temporal que parte dun pasado caracterizado polo mito (HomeDeus) e un futuro (o fillo) que pode/debe ser trocado. Aquí hai unha revisión do proletariado, a través dunha crítica feminista e marxista.\nNo primeiro par atopamos a figura da muller que presenta múltiples interpretacións. A primeira viría dada pola súa reclusión na crítica feminista, a loita entre a figura feminina e o patriarcado, algo mesmo inédito no campo literario galego dende a obra de Rosalía de Castro e con algún caso illado (Xohana Torres, María Xosé Queizán e María Mariño). Mais a formulación doutra lectura amosa novas propostas hermenéuticas ao caracterizar a muller como metáfora da loita polo poder. Isto último vese sobre todo na aparición da figura da fonte, da dor, do traballo. Se ben foi Hölderling un dos primeiros poetas en centrarse na figura da muller culta, aquela Diotima, a figura feminina en Pexegueiro, tamén representa a fusión do pobo coa natureza. Viría oporse ao “estranxeiro”, aquel que non forma parte do colectivo, aquel que corrompe e non asume a comunidade porque “non sabes que”.\nNo segundo eixe xorde a dicotomía temporal entre o pai (homeDeus) e fillo (“son de carne”). O poeta propón un xogo caracterizado pola tensión mullerDeus, isto é, a violencia, estancamento, involucionismo, tristeza, igrexa e que se representa cos verbos en copretérito, a voz da fábula. Fronte a esta atopamos a relación muller e fillo ou futuro a través dun presente atemporal (“beben”) que significa a esperanza dun tempo mellor. A seguinte rede viría dada pola relación patriarcado e fillo, loita biolóxica que tería o seu reflexo na figura do estranxeiro, a ollada da natureza, terrorífica (reparemos na actual visión da natureza proposta polo cineasta Lars von Trier) e á vez doce (“Florea”). A cuarta aliaxe é a que se estabelece entre, outra volta, o patriarcado e mais Deus, simbolizando o poder da igrexa e da súa violencia do coidado (“Así coidou o home do home”), un status quo que pode ou debe ser derrubado.\nOutro piar da poesía de Pexegueiro é a pretensión atemporal da súa mensaxe. Ao igual que os grandes da literatura universal, afonda na “lei cruenta da natureza” da que falara no seu día P. Gauguin ao pintar as mulleres que recollían algas en Le Pouldu a finais do século XIX. Estamos perante unha pintura que afonda no proletariado rural da Francia en pleno proceso de industrialización, no que ao igual que no poema de Pexegueiro se parte dunha visión plástica da realidade da clase traballadora (“mentres coas ganchillas / arrincan das cortes o esterco”). Mais a cerna da crítica, no poeta galego, diríxese contra o pensamento, a cultura, a elevación cultural (“e dende sempre beben o silencio das letras”), algo que carreta unha posición marcada polo peso do patriarcado (“así coidou o home do home”) e da relixión (“cando nas igrexas resoaba a voz de Deus”).\nCaracterizamos moi por riba un poema que se encadra na lóxica da poética de Pexegueiro. As diferentes constantes que debullei pódense atopar en toda a súa obra, mais dende prismas distintos, tendo a fábula como territorio común que se debe explorar a través da loucura. Dende este volume que recolle o texto proposto, Seraogna, até o seu último, Dados blancos (2004), a metáfora dunha violencia que atenaza o proletariado é unha das constantes. En comparación coas outras estéticas expostas, na súa pretendida fuxida de posturas oficiosas dentro do discurso marxista, alenta unha nova vía que vai da man, como lemos antes, da ecoloxía (comuñón coa terra) e mais da xustiza social.\nRompente, o posmodernismo do proletariado vigués\nNoutra liña ideolóxica caracterizamos a Rompente. Aínda que nun inicio parecemos dar cunha outra visión da norma marxista, en realidade atopamos unha perspectiva diferente que parte do marxismo serodio para incidir nas novas propostas do posmodernismo. O poema que propoño é o que inicia o libro Silabario da turbina, isto é, “Se vos quixese falar” (Rompente, 1978: 7) 13. Aquí defínese o proletariado (“labregosproletarios e asistentas”) en oposición ao beatismo, ao conformismo dunha clase media urbana. Ademais, o eixe temporal vén determinado por un presente que se define como mediocre, popular, ancorado en vellos sistemas comunais fronte a un futuro que pode estar determinado pola variante punk do no future dos Sex Pistols. Partimos dun colectivo que comparte por completo a visión underground que floreceu por volta da década dos setenta e que se caracterizaba por unha oposición clara á sociedade do benestar que a socialdemocracia europea estaba propugnando. Rompente, neste sentido, formaría parte daquela rede social que vai dende o situacionismo de Godart até a plasmación da neovangarda italiana dun Sanguineti. Mais estamos diante dun dos primeiros intentos por saír do texto dun canon asfixiante para os poetas máis mozos e que os leva a unha suposta democracia que marxina o discurso plurinacional español en prol dunha suposta maioría de visión única e con antecedentes no franquismo anterior.\nNeste poema, detectamos claramente a paratradución do que Beiras (1972: 67) define como subproletariado (traballadores asalariados que teñen unha horta de seu para o autoconsumo). E tamén en contraste co eixe opositivo temporal: pasado ou guerra, loita sindical e un futuro aparentemente apracíbel (“cidade en calma”). O inconsciente político que se reflicte viría representado por ese “exército simbiótico” que debe espertar, como o proletariado sindical de Manuel María, “os amigos de ferro e dinamita” de Ferrín ou a muller que padece a Historia en Pexegueiro. Mais en Rompente a compoñente posmoderna sedúcese a través da ironía, o retrouso, a asimilación do fracaso dos grandes mitos (“un exército que durme”) ou a aparición da marxinalidade underground (“asistentas”).\nCómpre indicar que a diferenciación entre posmodernismo e vangarda é un feito a posteriori e realizado pola crítica, pois neste momento as discusións dentro do campo literario eran entre o discurso de vangarda e mais a literatura comprometida. Por máis que a finais dos setenta, cando no eido comunista se dan os primeiros pasos na introdución da cultura pop (Huyssen, 2002), tamén agroman os mesmos pasos na literatura de subalternidade ou resistencia no campo literario galego. No noso caso, Rompente simboliza a aposta pola renovación da vangarda, se quixeren neovangarda, e que dende a nosa contemporaneidade consideramos mesmo posmoderna. Apenas con seguir un dos cadros base para comprender o posmodernismo en oposición coa vangarda, isto é, o elaborado por Hassan (1982: 275) batemos con elementos esenciais na obra de Rompente, como a preferencia pola ironía ou escarnio dun modernismo simbolista, cun culto pola forma, con xerarquías simbólicas, sintético, metafórico, transcendental e cunha ampla carga de códigos mestres. Con isto quero facer fincapé na elaboración dun tipo de proposta literaria que se comeza a acometer dun xeito paralelo á que anos despois se consideraría culturalista. Mais non se debe entender que funciona o modelo de Rompente como unha crítica desta nova forma de entender a literatura; é unha ruta que se posiciona e formula como un subcampo de produción restrinxida, caracterizado por nosoutros dentro dunha liña posmoderna.\nAsí chegamos a unha formulación do proletariado dende a cultura subalterna. En Inglaterra os Sex Pistols e mais os Joy Division constituíron unha nova forma de entender a poesía dende a música coa creación do pospunk e deste bebe Rompente ao compor un tipo de poesía que ironiza até sobre un estamento como o proletariado, mais cunha carga galega no que respecta á compoñente retranqueira, que tamén está nas letras inglesas dos “No future”. Trátase dun berro por parte dunha mocidade que quere vivir e crear a súa arte dende o seu tempo e os seus intereses. Logo a proposta por un tipo de léxico e referencias sobre o cotián son algo propio do discurso pospunk e posmoderno de Rompente.\nUnha ironía que tamén se debe comprender dende un posicionamento intertextual, non só no xenérico, senón que tamén dentro do campo literario e máis en concreto co canon. Atopamos abondos exemplos, é máis, o poema sería unha sorte de ironía sobre a poesía galega canonizada. Hai unha crítica da literatura folclórica, de veta relixiosapanteísta e que afonda na saudade piñeirista. Isto vese na descrición dunha sorte de locus amoenus :\nNon; senón da choiva que vai caíndo, das ruas desertas -arriba/abaixopercorridas polo nubeiro cando o día bocexa. Da miña cidade en calma, toda de pedra. Das beatas, mentras rezan a novena nunha eirexa.\nEste horizonte de expectativas do lector/a que coñece Rompente é un xoguete que procura a mofa dun tipo de poesía que se sitúa dentro do canon. Con isto referímonos ao elemento relixioso en atención a Aquilino Iglesia Alvariño, a choiva que remite a Xosé Mª Díaz Castro ou a cidade “toda de pedra” de Celso Emilio Ferreiro, membro da escola socialrealista. Elabórase deste xeito un discurso que, a través da crítica, postula o seu repertorio posmoderno.\nConclusión\nAsistimos con estes catro textos á paratradución dun sector social que padeceu profundos cambios no devalar histórico da nación galega. Aínda que a década dos setenta comeza cunha conflitividade abafante no Estado español, avanzados os anos e a transición democrática consolídase como unha fuxida cara a diante, non muda nada. Silver (1988: 75) considera este período apuntando que: “aunque las formas hayan cambiado, hay mucho que todavía permanece igual. En pocas palabras, una transición no es una ruptura con el pasado, sino una continuidad”.\nCon esta análise procuramos avanzar algunhas notas arredor da confección dunha nova liña ideolóxica que seguiron os poetas nesta época de transición política e cultural. Desta forma, atopamos diferentes postulados que emanan dos textos: un proletariado que camiña cara á súa configuración como masa social a través dun troco cultural (marxismo heterodoxo cara ao posmodernismo onde a fin dos grandes discursos mitificadores chega aos puntos máis baixos), un cambio de estéticas (da militancia socialrealista cara á estética de vangarda posmoderna) e, asemade, un movemento ideolóxico que vai dende a interpretación do marxismo máis ortodoxo cara a un marxismo plural, onde se van definindo cada vez máis as críticas ao capitalismo serodio (Jameson, 1989). Mais un dos datos máis interesantes que tiramos foi o que atinxiu á maneira de ser paratraducido este sector, atendendo aos procedementos e aos seus valores e intencións dentro do campo literario. Nesta análise, encontramos unha domesticación na obra de Manuel María que se opón á intensificación e asimilación que realiza Méndez Ferrín dentro do subcampo marxista. Por outra banda, batemos coa obra de Pexegueiro, o cal propón unha deconstrución e deformación do concepto para o encallar dentro do labirinto da arte. E, por último, xorde o posmodernismo de Rompente, que modula a ideoloxía nova aparecida nunha Galicia que troca de pel (novas formas de explotación do capital) mais non de mañas (a oligarquía franquista fica no poder).\nRelacionado co anterior, presentouse unha sorte de radiografía das loitas internas dentro do canon literario galego. Os repertorios teñen en conta este sector social e a súa forma de representalo tamén nos dá pistas á hora de elaborar unha cartografía da época. Así temos cando menos tres tendencias. A primeira é a continuación do socialrealismo da man de Manuel María, mantendo os postulados máis ortodoxos da teoría da literatura marxista; unha escisión desta vén da man de Méndez Ferrín. El serve de ponte entre a estética ortodoxa, en declive por mor da caída do réxime franquista, e unha nova que tería o seu apoio no discurso de vangarda e culturalista. Unha segunda vía sería a vangarda propiamente dita. Pexegueiro e Rompente (non esquezamos que o primeiro formou parte do xermolo do grupo) configuran esta liña, a pesar de que aquí os distinguimos ao falar de neovangarda en Pexegueiro fronte ao posmodernismo de Rompente. E a terceira non a tivemos en conta neste traballo, pois é a veta culturalista, que se caracteriza por non revisar de forma directa este sector social. Alberto Valverde Otero Grupo de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo\nBibliografía"} {"summary": "Por máis que a dedicación de Antón Avilés de Taramancos á tradución poética constitúe un feito ben coñecido, a relación entre os textos que traduciu e súa propia obra non recibiu atención crítica abonda. Emporiso, libros como Crónicade SaintJohn Perse e mais O cemiterio mariño de Paul Valéry, ambos os dous traducidos do francés ao galego por Avilés, arrequecen diversamente o abano interpretativo dalgúns dos seus textos. O mesmo ocorre coa súa versión dun fragmento da rapsodia XXI da Odisea, episodio que acada un valor simbólico importante no conxunto da súa obra. Logo de elucidar o xeito en que a obra de Avilés de Taramancos se sitúa fronte a esas relacións intertextuais, o artigo céntrase na xénese do poema “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”, publicado en Dornaen 1983, un canto épico que actúa como homenaxe ao escritor chileno mencionado no título e que se caracteriza por unha singularidade: non se trata dunha composición enteiramente orixinal de Avilés senón o resultado dunha derivación creativa da súa tarefa tradutora.", "text": "Avilés de Taramancos e a tradución poética Martín Veiga\n : Avilés de Taramancos, poesía, tradución poética, xéneros literarios.\nO cultivo da tradución poética por parte de Antón Avilés de Taramancos constitúe un feito ben coñecido entre nós, pero a relación que se estabelece entre os textos traducidos por el e a súa propia obra literaria non recibiu atención crítica abonda. Aínda que este estudo non foi concibido como rectificación desta lagoa específica, si tenta ofrecer unha serie de reflexións arredor do vencello singular existente entre a obra de Avilés e algúns dos textos que verteu ao galego. A primeira parte do meu traballo interrógase sobre os posíbeis motivos que levaron o poeta a escoller dúas obras emblemáticas de autores en lingua francesa como as únicas traducións que publicou en forma de libro: Crónica, de SaintJohn Perse, e mais O cemiterio mariño, de Paul Valéry. En segundo lugar, céntrase no valor simbólico que Avilés lle conferiu, dentro do conxunto da súa obra, á tradución que levou a cabo dun fragmento da rapsodia XXI da Odisea, que titulou “O certame do arco” e publicou na revista Luzes de Galiza en 1991. Ecos da presenza deste anaco homérico resoan decote na obra avilesiana e adquiren significacións especiais que o autor relaciona sobre todo coa situación social e coa definición identitaria de Galicia. Por fin, a terceira parte esculca na xénese e no significado do poema “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”, publicado en Dorna en 1983. Trátase dun canto épico que actúa como homenaxe poética ao escritor chileno mencionado no título e que se caracteriza por unha singularidade até o de agora non examinada polo miúdo: o texto non é unha composición enteiramente orixinal da autoría de Avilés senón máis ben o resultado dunha derivación creativa da súa tarefa tradutora. Noutras palabras, a pesar de que sempre se considerou creación orixinal, e como tal foi en xeral asumido, en realidade o poema consiste nun intelixente exercicio de tradución poética que se articula a partir da combinación de varias pasaxes das versións que Avilés realizou a partir de dous poemas diferentes de De Rokha.\nUnha dobre chamada\nA entrevista titulada “Avilés de Taramancos: cos pés na terra”, realizada por Manuel Forcadela en 1989 con ocasión da publicación d’ As torres no ar e de Nova crónica das Indias, é un testemuño de enorme relevancia en relación coas ideas poéticas de Avilés, pois nela o autor desvela certas claves interpretativas e ofrece interesantes conexións e confluencias literarias que, na súa opinión, a súa obra posúe con diversos escritores e movementos de distintas épocas e tradicións. Entre os autores citados, alude Avilés (Forcadela, 1989) á influencia que exerceron sobre algúns dos poemas d’ As torres no ar unha serie de poetas brasileiros do século XIX dos que salienta a súa perfección formal e lingüística, así como o feito de que non chegasen a acadar o recoñecemento e a proxección dos poetas franceses da mesma época por non seren tan coñecidos:\nNo Brasil houbo unha xeración de poetas como Afonso de Guimarães, Olavo Bilac e [João da] Cruz e Sousa, que conforman o chamado parnasianismo ou simbolismo brasileiro, tan importantes ou máis que os franceses a pesar de que se coñecen pouco. Influíron moito en min porque forman parte dunha literatura feita na nosa mesma lingua e clarísima, perfecta. Algo de todos eles quere estar presente, aínda que sexa dun xeito inconsciente, no meu libro.\nEste comentario con respecto á influencia, quizais inconsciente, dos autores brasileiros resulta de particular relevancia para calquera estudo que se ocupe das relacións intertextuais que se desenvolven na obra de Avilés. Como indica o propio autor, os aspectos que motivaron o seu interese foron a preocupación formal e a claridade da linguaxe requintada dos simbolistas brasileiros. Estes dous aspectos conviven na coidada factura dos sonetos amorosos recollidos na sección final d’ As torres no ar, “A torre secreta”, nos que salienta ademais a expresión dun amor cargado de pulo erótico e sensual.\nA presenza de Ulises\nUn dos trazos definitorios da obra literaria de Avilés é a relación senlleira que propón coa Odisea homérica e co mito de Ulises, figura coa que o poeta desenvolve unha clara identificación biográfica que se esparexe por toda a obra até chegar a derivar no que Capelán (1993: 409) denomina “fusión mítica”.\nUlises Fingal bota unha ollada ao solar inmenso da Terra Nai e ve os convidados arrombando a mesa, zugando os froitos e aliviando as adegas e os piornos. Escoita as gargalladas e os lumeiros que socavan, escoita a lingua espúrea dos vendidos, dos criados nugalláns que ofrecen os bois e as colleitas, olla a grande esmorga dos desleigados, mentres o pobo anda xordo e mudo e Penélope fía e desfía na roca –“un paso adiante e outro atrás, Galiza”– e un soño avolto de agoiros medra na súa mente mentres escolle os cornos máis longos e cumpridos, afortálaos coa peana de aceiro, ténsaos poderosamente coa súa man, enche o carcás de frechas e sae polos camiños, pide esmola nos pazos, sobe ás grandes salas onde se comete o latrocinio e co seu ollar de lobo montesío vai convocando a cada un para o certame do arco. 4 Avilés adoptou o pseudónimo de Ulises Fingal, utilizado polo pintor Urbano Lugrís para asinar a súa obra literaria, como mostra de homenaxe ao artista, grande amigo seu durante os anos cincuenta na\nO episodio do certame do arco, correspondente, como xa se salientou, á rapsodia XXI da Odisea, sempre tivo especial significación para Avilés. Á parte de traducilo ao galego, aparece reelaborado en numerosas ocasións ao longo da súa obra. O autor utiliza este motivo para desenvolver unha reflexión crítica coa situación sociopolítica da Galicia actual e para instar o pobo a erguerse e reaccionar. En definitiva, o emprego deste fragmento homérico énchese de evidentes connotacións de índole política e de marca reivindicatoria. Novamente, pois, Avilés elixe publicar a tradución dun texto que arrequece a súa propia obra poética e afortala os seus argumentos, desta volta non relacionados co seu posicionamento en canto á tradición ou a un determinado tipo de discurso literario, senón coa definición do seu compromiso ideolóxico co nacionalismo galego de esquerdas.\nAdemais de tratar este motivo arredor da decadencia dos sinais de identidade no relato comentado, Avilés desenvolveuno na súa obra xornalística. No artigo titulado “Na morte de Reimundo Patiño. Soñar en Vegliota” (Avilés, 1992: 18), de novo emprega o poeta referencias a Ulises, Penélope, os abusos dos pretendentes e o certame do arco para falar da súa propia vida e para denunciar a situación da patria:\nA miña vida, ti sabes ben Reimundo, trascorreu por camiños nunca andados. O tácito desterro. Un país novo (tan meu agora); vinte anos ás voltas como Ulises até chegar de novo a Ítaca. Na casa de Penélope –un paso adiante e outro atrás Galiza– os pretendentes e os convivas devoran a facenda. Fan esmorgas de polbo, de empanada de raxo, de lamprea do Ulla; andan de feira en feira bebendonos o viño. Emporcan a lareira. Fan da xente que amamos escravos programados, autómatas. Miséria. Eu contaba contigo, capitán. Para tensar o arco; para afiar a lanza; para loitar de incógnito.\nOs paralelos entre ambos os dous fragmentos citados afiánzanse coa referencia a Penélope que reproduce os versos inicial e final do coñecido poema do lugués Díaz Castro (1961: 32), titulado precisamente “Penélope”: “Un paso adiante e outro atrás, Galiza”. Esta imaxe de Ulises e os pretendentes a devorar a facenda resulta ter moi proveitosa rendibilidade na obra de Avilés, pois utilizouna noutros textos sempre con idéntico valor ideolóxico: a reivindicación da necesidade de alentar a recuperación da identidade de Galicia, como se confirma de vez nunha carta dirixida ao escritor Xosé Neira Vilas en 1986:\nMeu querido Neira Vilas, a nosa patria, que recuperou indudablemente moito da sua identidade e moito do seu pobo a batallar, tén aínda unha boa camada de chacales que temos que escorrentar. Hai que facer esconxuros, meigallos, revolucións, o que sexa para deixar a casa limpa de convidados depredadores como fixera Ulises.\nTradución ou creación?\nNa entrevista citada con Forcadela, Avilés, preguntado pola presenza de certa vontade nerudiana en Cantos caucanos, negou con rotundidade esta relación intertextual. Pero ao mesmo tempo que desbotou a importancia da influencia da poesía de Neruda, sinalou outros vencellos da pegada de América na súa obra poética nos que convén reparar, como a poesía dos tamén chilenos Pablo de Rokha e Nicanor Parra (Forcadela, 1989): “Hai outros poetas chilenos como por exemplo Pablo de Rokha, un home que andaba vendendo libros de segunda man polo trasandino de tan desesperado que estaba, ou mesmo Nicanor Parra”. Na súa resposta, Avilés recoñece a calidade, a solidez e a valía da poesía de Neruda pero considérase máis achegado á De Rokha pola súa proposta estética e ideolóxica.\nEstes dous autores dominaron gran parte da vida literaria chilena entre os anos vinte e os anos sesenta do século XX e, por máis que Neruda escribiu con admiración sobre o primeiro libro de De Rokha, Los gemidos, publicado en 285\n1922 5, xa a partir dos anos trinta comezou unha rivalidade que duraría até o suicidio de De Rokha en 1968. En realidade, esta pugna baséase nas súas profundas diferenzas ideolóxicas e oculta o desexo mutuo de ocupar unha posición central no seo do sistema literario do Chile da época. A inimizade e os encontróns que caracterizan as súas respectivas traxectorias ao longo de tantos anos explícanse polo feito de que os seus proxectos literarios presentan moitos aspectos en común, aínda que naturalmente diverxen en moitos outros. A obra de ambos os dous comparte trazos tales como a presenza de Chile e de América como preocupación constante dende unha perspectiva totalizadora 6 ; o rexeitamento e o combate contra todo tipo de tiranía e de inxustiza, acompañados dunha defensa firme dos valores humanos; certa raigaña surrealista, máis presente e rendíbel en De Rokha; semellante densidade verbal, formal e de contidos, por máis que a maior parte dos textos de De Rokha son verbalmente máis excesivos que os de Neruda, que en xeral amosan maior contención. A proposta estética de De Rokha caracterízase ademais polo seu malditismo, acaso froito dunha vida difícil, conflitiva, controvertida.\nA esta prolongada polémica literaria entre os dous autores chilenos fai referencia Avilés en Nova crónica das Indias. Un dos relatos desta colección, o titulado “O home da rosa branca”, ten como protagonista a Elcano Sidelnik, un vendedor de libros que representaba todas as editoriais do mundo e viaxaba por toda América visitando librarías. A través das longas conversas que mantiña con el na Libraría Cultural Colombiana que rexentaba en Cali, accedeu Avilés ao coñecemento da obra de moitos escritores que o representante lle recomendaba para adquirir. Nas liñas que seguen (Avilés, 1989: 8788), o narrador manifesta a súa preferencia por De Rokha por riba de Neruda, ademais de se referir ao enfrontamento entre eles e á vida atormentada do primeiro:\n[Falabamos] de Pablo de Rokha, “el viejo poeta con la vieja maleta” que tanto queriamos. Da guerra dos Pablos: o Neruda rico e ríspido, de duro trato, e o Pablo de Rokha a vender libros nos vagóns dos trens de Antofagasta a Porto Muntt, ou de Santiago ata a Mendoza arxentina […]. Home incríbel o vello Rokha, poeta amado de grandes poemas e cantos que anovaron os folgos da poesía e que non tivo a trascendencia de Neruda porque andaba perdido nun tren cun cartafol carcomesto, unha maleta de libros de revenda e viseira de ferroviario, cantando e catando as comidas de Chile, ata que, canso de tanta ignominia e golpe militar, agarrou a escopeta de dous canos e ficou deitado para sempre no último andén da terra austral.\nResulta pois evidente que Avilés tomou partido na “guerra dos Pablos” a favor de Pablo de Rokha, de seguro que por mor do romanticismo da súa errabundia bohemia polos camiños de Latinoamérica, mais admitiu tamén (Forcadela, 1989) que Neruda era “un poeta de obra máis total”. Detrás do nomadismo desesperado de De Rokha subxace unha existencia dura, unha historia de supervivencia persoal que presentaba enorme atractivo literario para o gran fabulador que foi Avilés, cuxas andainas americanas supuxeron tamén altas doses de dificultades e sacrificios.\nComo resultado desta súa querenza polos grandes cantos de De Rokha, Avilés, de novo baixo o pseudónimo de Ulises Fingal, publicou na revista Dorna en 1983 o poema homenaxe “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”. En realidade, este texto é a versión poética de dous fragmentos pertencentes a dous extensos poemas do escritor chileno, fundidos por Avilés nunha única composición. Os dous poemas de De Rokha que emprega como base para a súa tradución son os titulados “Sancho Díaz, capitán del sur define los actos mágicos” e mais “Canto del macho anciano” 7. O poema resultante consta dun total de sesenta versos, que se distribúen do xeito seguinte: os primeiros vinte e dous versos do texto de Avilés [122] corresponden, agás por algunhas omisións e alteracións léxicas e morfolóxicas como o cambio da persoa do verbo, co comezo do “Canto del macho anciano”, poema que volve retomar nos oito versos finais da súa versión poética [5360], de maneira que este texto actúa como unha especie de marco para os vinte e nove versos centrais [2352], que pertencen ao poema\n“Sancho Díaz, capitán del sur define los actos mágicos”. Na súa tradución, Avilés converte a primeira persoa empregada por De Rokha no “Canto del macho anciano” (“Sentado a la sombra inmortal de un sepulcro, […] escarbo los últimos atardeceres”) nunha segunda persoa que se dirixe ao propio De Rokha (“Sentado á sombra inmortal dun sepulcro […] escaravellas os últimos solpores”), mentres que no engarce coa outra composición cambia breve e inexplicabelmente a unha terceira persoa (“Sempre anda só...”), para logo recuperar a segunda (“Unha inmensa egua sofre no medio do mar e derrúbase o sol / desesperado debaixo das cunetas a cincocentas leguas de ti mesmo”). Esta alternancia entre as persoas verbais explícase pola natureza diversa dos textos de partida e pola tentativa de Avilés de compoñer unha elexía con carácter unitario.\nO predominio da segunda persoa como marca apostrófica e o feito de que Avilés non aclarase nunca que se trataba dunha versión poética, xunto ao descoñecemento da obra de De Rokha en España, propiciaron que crítica e lectores en Galicia sempre considerasen que o poema era creación orixinal de Avilés, e como texto seu aparece na sección “Obra poética dispersa” da Obra poética completa (Avilés, 2003: 358360). Nun extenso e ben documentado artigo sobre os ecos e as influencias da historia e das literaturas de América na obra de Avilés, Capelán (2003: 125) fixo referencia ao escaso coñecemento e á pouca difusión que coñeceu en España a obra de De Rokha, pois até o ano 1992, en que apareceu unha antoloxía da súa poesía, non se publicara en España obra ningunha do chileno. Foi tamén Capelán (2003: 126127) o único crítico que reparou no emprego do “Canto del macho anciano” de De Rokha como base para o poema de Avilés, aínda que non identificou a autoría verdadeira dos versos centrais da composición como correspondentes a “Sancho Díaz, capitán del sur define los actos mágicos” e atribuíullos erradamente ao poeta de Taramancos.\nPero aínda que de feito se trata dunha tradución, o certo é que Avilés efectuou abondosas alteracións sobre o texto orixinal, someteuno a lenes pero decisivas mudanzas morfolóxicas e léxicas, saltou versos, cambiou a orde dalgunhas sentenzas e mudou palabras á vontade. Deste modo imprimiulle ao canto o selo do seu estilo persoal. Pero estes cambios teñen como consecuencia a problematización da nosa lectura do texto. A poesía exuberante e dionisíaca do homenaxeado maniféstase na versión avilesiana en aspectos como o fluír desatado da conciencia, as imaxes rebordantes, a natureza hiperbólica do discurso, as asociacións libres de ideas características do surrealismo, as reiteracións de intención rítmica e as enumeracións léxicas. Xa que logo, todos estes elementos condicionan tanto a adxudicación autorial coma o posicionamento xenérico do poema no seo da obra literaria de Avilés, e convidan á formulación dunha serie de cuestións ao respecto dos límites entre o que constitúe unha creación orixinal e unha tradución ou versión poética: onde se fixan os lindeiros entre ambas as dúas prácticas? É posíbel determinar estritamente os criterios polos que se rexen? 8\nAbofé que sería ben interesante levar a cabo un traballo crítico no que se estabelecese unha comparación, liña a liña, entre o pranto de Avilés e os dous poemas de De Rokha, mais este labor excedería excesivamente este traballo que só quería ofrecer unha serie de consideracións sobre a relación fecunda, os entrecruzamentos e diverxencias, as interaccións e os achados estéticos que, na obra literaria de Avilés de Taramancos, se producen entre a creación e a tradución poética, sexa a través da súa interpretación de dúas obras literarias en lingua francesa correspondentes a estilos literarios ben opostos, sexa a través dos efectos multiplicadores que un fragmento homérico suscita en distintos recantos da súa obra, ou sexa a través do diálogo entre creación e tradución que institúe unha composición na que homenaxea a vida e a obra dun poeta chileno.\nBibliografía Avilés de Taramancos, Antón. 1983. “Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo de Rokha morto no exilio”, en Dorna, nº6, pp. 1820. — 1989. Nova crónica das Indias. Vigo: Ir Indo Edicións. — 1992. Obra viva. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. — 2003. Obra poética completa. A Coruña: Editorial Espiral Maior. 8 Parcerisas (1993) reflexiona sobre estes conceptos nun interesante artigo publicado na revista da Asociación de Tradutores, Correctores e Intérpretes de Lingua Vasca."} {"summary": "Este traballo busca caracterizar aos usuarios potenciais das terras que actualmente se atopan en situación de abandono ou infrautilización en Galicia. O sector vacún leiteiro constitúe o núcleo básico do sector agrario galego polo que coñecer a súa opinión como demandantes de terra é unha prioridade para poder establecer un plan de mobilidade de terras. A través da aplicación dunha variante da metodoloxía Delphi comprobouse que dende o sector existe un interese por conseguir máis terra e poder aumentar así a base territorial das explotacións e, en consecuencia, a súa capacidade produtiva. A falta de información tanto técnica como lexislativa relativa aos instrumentos que poden axudar á mobilización de terras e o seu funcionamento, quedou presente en moitos dos xuízos emitidos polo panel de expertos consultados para este traballo, polo que este constituiría o primeiro paso cara a consecución dunha mobilidade efectiva de terras.", "text": "Recursos Rurais (2014) nº 10 : 714 IBADER: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural ISSN 18855547\nRecuperación e posta en produción de terras abandonadas: a visión do sector vacún leiteiro de Galicia como demandantes no mercado de terras\n Abandono de terras, cooperativas agrarias, método Delphi, mobilidade de terras. Abstract This paper aims to identify potential users for some of the land currently abandoned in Galicia. We focused mainly on dairy farmers and cooperatives, as these constitute today the core of the agricultural sector in the region and should play a significant role in an eventual plan for the mobilization of abandoned land. A Delphi expert panel, formed by technicians working in cooperatives, showed considerable interest on the part of the dairy farming sector to increase the amount of land managed and, therefore, their production capacity. We could also detect a somewhat worrying lack of knowledge regarding matters associated to territorial planning and land management instruments that should be addressed in the first place in a near future.\nIntrodución\nA segunda metade do século XX supuxo para o sector agrario da Europa occidental o inicio dun proceso dual de marxinalización nalgunhas localizacións e de forte especialización e intensificación noutras, un proceso gobernado por factores económicos, medioambientais, políticos, sociais, culturais e, moi especialmente, os relacionados coa estrutura do parcelario e o tamaño das explotacións (Brouwer et al., 1997). A agricultura e o medio rural galego non foron unha excepción e tamén sufriron, nun período relativamente curto de tempo e en boa medida desde a integración de España na CEE en 1986, transformacións considerables (Sineiro García, 2008). O apurado proceso de reestruturación que padeceron as explotacións caracterizouse por unha banda pola crecente tendencia á especialización e polo incremento do tamaño dunha parte de elas, e pola outra, polo abandono simultáneo da maioría das unidades de pequena dimensión (Sineiro García et al., 2004). Tense suxerido que este continuo peche de explotacións non levou parello unha redistribución da propiedade a través do mercado de terras, co resultado de limitar, de facto, a superficie dispoñible para\nLidia Osorio Castelao · Eduardo José Corbelle Rico · Francisco José Ónega López Laboratorio do Territorio, Escola Politécnica Superir, Universidade de Santiago de Compostela. Campus Universitario s/n, 27002Lugo (España). Tel: 982823292. Email: lidia.osorio@rai.usc.es as explotacións que permanecen en activo (López Iglesias, 1996), se ben traballos máis recentes apuntan a que nas áreas de Galicia cun sector agrario máis activo a superficie agrícola utilizada non só non se reduciu senón que incluso se incrementou desde 1985 en adiante (Corbelle Rico & Crecente Maseda, 2014).\nSon varias as iniciativas que tratan de incentivar a mobilidade do mercado de terras para, entre outros obxectivos, mellorar a situación das explotacións agrarias en Galicia. Nomeadamente, a Lei 6/2011 de mobilidade de terras 1 pretende fomentar a mobilidade a través do funcionamento do Banco de Terras de Galicia. Neste contexto, un grupo de organizacións relacionadas co sector agrario en Galicia decidiron iniciar en 2013 o proxecto MobilízaTe, que ten como obxectivo a mobilización produtiva de superficies potencialmente aproveitables por explotacións agrarias existentes ou de nova creación. O alcance do proxecto, que aínda se atopa nunha fase de definición, vai máis alá do problema da viabilidade das explotacións, e ten implicacións para o mantemento do tecido social e produtivo nas áreas de interior de Galicia, ou para a redución do risco de incendios forestais. As organizacións integrantes do proxecto no momento de escribir este traballo son a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (a través do Banco de Terras de Galicia), as cooperativas: Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña, Cogasar (Sarria), Os Irmandiños (Ribadeo), Melisanto (Melide) e Seragro (Ames), as explotacións gandeiras: Finca A Devesa S.L. (Ponteceso) e Herdanza S.L. (Mesía), a Caixa Rural e o grupo de investigación Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de Santiago de Compostela.\nO obxectivo deste traballo é explorar a percepción que o sector de vacún de leite ten sobre a posibilidade de incorporar á produción terras en estado de abandono, moi probablemente afastadas dos principais puntos de produción, para reducir a súa dependencia dos alimentos concentrados. En particular, interesa coñecer cales son as opinións do sector vacún en Galicia sobre a mobilidade do mercado de terras, dende a súa posición de demandantes hipotéticos, así como sobre a posibilidade de recuperar terras abandonadas; e poder definir deste xeito os criterios\nnecesarios para satisfacer dita demanda e identificar fórmulas ou propostas para conseguir mobilizar a terra. Se os investigadores coñecen de antemán estes factores, será máis doado buscar terras que actualmente se atopan en\nsituación de abandono ou infrautilización en Galicia que satisfagan ditas necesidades e establecer un plan de mobilización produtiva de terras como unha utilidade directa e concreta para os beneficiarios potenciais das terras.\nMetodoloxía\nA metodoloxía empregada neste traballo consistiu na aplicación dunha variante do método Delphi a un panel de expertos formado por técnicos e responsables de cooperativas gandeiras. O método Delphi O método Delphi é unha técnica para producir opinións de grupo. O xuízo en grupo presenta unha serie de vantaxes en comparación coas opinións xeradas de xeito individual, destacando especialmente que o grupo dispón de máis recursos (información, coñecementos e experiencias) que aportar en conxunto. Unha das técnicas máis habituais consiste na discusión cara a cara, situando nun mesmo espazo físico a un grupo de expertos para intercambiar información e chegar a unha decisión final en grupo. Porén, a interacción directa entre os participantes constitúe unha das fortalezas e ao mesmo tempo unha das debilidades\ndeste tipo de procesos.\nAs características básicas que definen o método Delphi son (Dalkey & Helmer, 1963; Landeta, 1999):\na) Proceso iterativo. A través de sucesivas roldas de cuestionarios, os participantes tenden a converxer, finalizando o proceso no momento en que as opinións se estabilizan. Esta forma de proceder ofrece ao experto a oportunidade reflexionar ou se se dá o caso, de cambiar as súas opinións ou xuízos sen sentirse coaccionado polo “que dirán” o resto de integrantes no grupo. b) Anonimato dos participantes. Implica que ningún membro do grupo coñeza as respostas individuais do resto de participantes, eliminando deste xeito as causas que impulsan as inhibición dos participantes e permitindo que cada individuo teña a oportunidade de expresar a súa opinión ou xuízo sen presións sociais. Isto conséguese grazas aos cuestionarios, conectando directamente aos expertos cos investigadores que forman o grupo coordinador do Delphi. c) Feedback ou retroalimentación controlado. Subminístrase entre cada iteración e transmítese sempre a posición xeral do grupo en cada momento do proceso (medidas de tendencia central e de dispersión das respostas do grupo na rolda anterior) e frecuentemente, achegas ou suxestións significativas orixinadas polo propio panel de expertos e información adicional procedente do equipo coordinador, sempre que se considere pertinente. Opcionalmente pódense anexar as respostas do experto nesa rolda. d) Resposta estatística de grupo. Permite unha análise cuantitativa e a interpretación dos datos. Nos casos nos que o grupo de expertos teña que realizar unha estimación numérica, a resposta ven caracterizada pola mediana das respostas individuais. A resposta estatística de grupo garante que todas as achegas ou opinións se teñan en conta na opinión final de grupo e reduce a presión cara a conformidade.\nSelección do panel de expertos\nOs expertos constitúen o núcleo do método, xa que eles son os encargados de emitir os xuízos que constituirán a resposta final do método. Para a selección dos expertos é imprescindible que estes poidan aportar información obxectiva e subxectiva sobre o tema a estudar e que teñan unha situación e recursos persoais que lles posibiliten contribuír positivamente á consecución do fin que motivou a iniciación do método Delphi (Landeta, 1999). Estas razóns, entre outras, motivaron a selección de técnicos e responsables de cooperativas agrarias como os integrantes principais do panel de expertos consultados. As cooperativas agrarias xogan un papel fundamental na vertebración do sector agroalimentario e no desenvolvemento rural, tanto no ámbito territorial, como no social e económico: o número de cooperativas agrarias rexistradas en Galicia ascende a 351(IGE, 2012), e segundo o informe de Jordán Rodríguez & Babío Arcay (2010) as cooperativas de primeiro e de segundo grao vinculadas ao complexo agrogandeiro representan preto dos dous terzos da facturación cooperativa total en Galicia (Facturación total en Galicia: 217470688 €) e achegan máis da metade do valor engadido de todo o movemento cooperativo (Valor engadido total en Galicia: 172068298, 3 €).\nPara a formación do panel de expertos partimos da selección inicial das cooperativas relacionadas co sector de vacún leiteiro en tanto que, por abranguer un gran número de explotacións, deberían ser coñecedores en profundidade do sector e das inquietudes dos seus socios. Deste xeito, o grupo de expertos estivo formado por 15 técnicos, xerentes, directores, asesores, xefes de sección ou técnicos de xestión de cooperativas, máis outras 4 persoas ligadas á Consellería do Medio Rural e Mar, ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e ao Banco de Terras de Galicia. Do total de 19 membros do panel, 12 eran homes e 7 mulleres. Deste xeito, o número de participantes no panel sitúase no rango recomendado pola maioría de manuais, que suxiren desde un mínimo de 7 ata un máximo de 30 ou 35 persoas (Dalkey, 1969; Delbecq et al., 1989; Gordon, 2009; Ruiz Olabuénaga, 2007), ou entre 10 e 15 cando o grupo é homoxéneo, como é este caso (Skulmoski & Hartman, 2007).\nDesenvolvemento do proceso\nPara motivar aos participantes no panel a permanecer activos e completar todas as roldas dun estudo Delphi, é importante que se sintan parte do grupo, que son capaces de aportar xuízos de valor e axudar a examinar o problema. Se o grupo coordinador invita a participar aos expertos de forma individual, a posibilidade dunha maior participación é máis forte (StittGohdes & Crews, 2004), polo que se realizou un primeiro contacto mediante chamada telefónica a cada experto co fin de informar sobre o proceso e preguntar se estarían dispostos a participar nel. Unha vez asegurada a súa colaboración, os expertos recibiron certa información a través do correo electrónico: unha breve descrición do estudo, os obxectivos, a metodoloxía empregada e a promesa do anonimato.\nA continuación, deron comezo un total de catro roldas de cuestionarios, que seguiron o proceso representado na Figura 1. Cada cuestionario estaba composto por 4, 5, 3 e 2 preguntas respectivamente. Os expertos dispoñían de 5 días para devolver completo o cuestionario, coa excepción da segunda rolda na que tiveron 4 días. O tempo entre roldas, é dicir o tempo que transcorría entre que remataba o prazo de entrega do cuestionario ata que recibían o seguinte, foi de 3 días, salvo a terceira rolda que tivo unha duración de 85 días. A participación dos expertos foi diminuíndo conforme pasaban as roldas, acadando un 84% na primeira rolda, un 74% na segunda, un 58% na terceira e un 47% na derradeira.\nNos cuestionarios empregados ao longo do proceso fóronse incluíndo preguntas relacionadas cos requirimentos que deberían cumprir as parcelas para ser aproveitadas, xunto con outras que trataban de ir máis aló destes aspectos concretos para coñecer de modo máis xeral a opinión dos expertos nos aspectos relacionados con este traballo.\nResultados\nA recuperación de terra abandonada\nNunha das primeiras preguntas chave preguntouse aos expertos sobre a posibilidade de utilizar bolsas de terras que actualmente están en situación de infrautilización ou simplemente abandonadas. Foi case unánime a resposta positiva, o que demostra un claro interese do sector por recuperar as terras abandonadas para o cultivo e fomentar así a mobilidade de terras.Un número considerable de expertos avogan pola necesidade de utilizar estas terras. Un experto fai a seguinte reflexión sobre a obrigatoriedade da utilización desas bolsas e menciona que poden constituír unha medida para paliar os incendios forestais, idea tamén mencionada por outro dos expertos:\n“Eu non consideraría necesario empregalas [grandes bolsas de terra en Galicia que están abandonadas ou en situación de infrautilización], paréceme máis oportuno dicir que sería obrigatorio. Estamos a comprar forraxes en outras comunidades deixándolles a eles o beneficio, e ao mesmo tempo investindo euros da nosa comunidade para paliar incendios, que na meirande maioría se producen nestas masa de terras non traballadas. O resultado sería polo tanto un dobre beneficio, económico e ambiental o mesmo tempo (experto 7).” Tan só un dos enquisados opinou que non sería viable a utilización\ndas bolsas\nde terras abandonadas, acompañando a súa resposta co seguinte razoamento:\n“Realmente existe moito terreo sen utilizar ou cun baixo nivel de utilización, pero considero que actualmente non é viable a súa utilización na maior parte dos casos, mentres non se realice unha efectiva ordenación do territorio. Aínda cos prezos de mercado de pensos e combustibles actuais, debido a falta de ordenación do territorio, hoxe para calquera explotación sen terra resulta máis barato a adquisición no exterior que a posibilidade de incrementar a súa base territorial porque non é rendible o traballo da terra nas condicións actuais, é triste pero é así (experto 11).”\nAs características das terras demandadas\nOs expertos listaron, por orde de importancia, aqueles requirimentos que preferentemente buscarían á hora de acceder ás parcelas identificadas como abandonadas ou infrautilizadas. O requirimento de maior importancia é o tamaño da parcela, seguido da accesibilidade da parcela, da localización da mesma e das características que presente o terreo; mentres que o prezo e a duración do contrato de aluguer son os de menor importancia xa que só foron citadas nunha ocasión respectivamente.\nEn canto a qué tipo de producións se establecerían nesas bolsas de terra, os expertos tiveron que escoller tres e o resultado da súa selección amósase na figura 2.\nSegundo a figura 2, aínda que as “Producións forestais” abranguen un 20% das producións citadas polos expertos, o conxunto formado por “Cultivos forraxeiros”, “Millo” e “Prados, pradarías e pastos” supón un 49% do total das producións que implantarían os expertos nas bolsas de terra abandonadas ou infrautilizadas.\nCo fin de poder determinar unha distancia á que sería posible desprazarse para comezar a producir e unha superficie para a que pagaría a pena, os expertos tiveron que indicar unha combinación de ambas e o resultado foi unha relación lineal do tipo “Area (ha) = 1 + 0, 5 * distancia (km)”, da que se deriva que por cada km no que nos afastemos, o panel de expertos considera necesario que a área dispoñible sexa 0, 5 ha máis grande.\nA superficie na que se comezará a nova produción probablemente se compoña de lotes de parcelas próximas entre si, por iso se preguntou ao panel de expertos polo tamaño mínimo que considerarían para unha unidade de cultivo contigua. O valor da mediana obtido para o tamaño mínimo do lote de parcelas requirido para comezar a nova produción é de 1 ha.\nSendo o millo unha das producións máis veces citada para establecer nas bolsas de terra, centrámonos neste cultivo paradeterminar a relación existente entre produtividade, distancia e área. As respostas recibidas do panel axustáronse a un modelo de regresión lineal múltiple do tipo\n“Produtividade = f (distancia, área)”, obtendo a ecuación “Produtividade (kg ms/ha) = 9300 + [290 × distancia (km)] –\n[200 × area (ha)]”. Dito modelo suxire que, para igual área, cada km que nos afastemos requiriría un aumento de produtividade de 290 kg ms/haano; e que para igual distancia, cada ha que aumente a superficie permitiríanos asumir unha perda de produtividade de 200 kg ms/haano.\nA ordenación do territorio\nO concepto de ordenación do territorio aparece mencionado en diferentes respostas ao longo das catro roldas de preguntas por diferentes expertos, ben sexa como unha posible medida necesaria para a posta en produción das bolsas de terra ou como un dos motivos (particularmente a súa ausencia) que dificultan a mobilidade de terras en Galicia. Por esta razón foi obxecto dunha consulta específica, que trataba de indagar sobre o grao de coñecemento que tiñan os expertos sobre as medidas ou instrumentos de ordenación do territorio actualmente en vigor. Sorprendentemente, as respostas evidenciaron un grao de coñecemento aceptable para profesionais que non\nteñen neste ámbito o seu principal campo de actividade, pero menor do que sería desexable para poder utilizar estes mecanismos en favor da viabilidade do sector. Os instrumentos de ordenación máis coñecidos resultaron ser a concentración parcelaria, a aplicación da normativa referente a plantacións forestais en terreos agrícolas (artigo 61 da Lei 7/2012 de montes de Galicia 2) e os Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM). Outras medidas en vigor citadas en só unha ocasión son a aplicación da normativa contra incendios e a figura do Banco de Terras de Galicia. O resto de medidas achegadas son a realizacióndunha correcta caracterización do territorio en canto a usos e aptitudes, a elaboración de mapas de cultivos ou a mellorada xestión comunitaria de terras, que aínda que non se poida definir se están vixentes porque non teñen unha normativa que as avalen, tamén son instrumentos de ordenación do territorio xa que pretenden influír no patrón de utilización territorial de xeito explícito.\nTamén aparecen nomeadas en tres ocasións, como medidas hipotéticas, aquelas focalizadas en penalizar aos propietarios que abandonen as súas propiedades e non faciliten a mobilización de terras, e en premiar aos que si que colaboren, economicamente falando. Un dos expertos comenta o seguinte:\n“Ante a pasividade social que conleva o abandono das terras, as medidas válidas só serán aquelas que leven aparelladas a obrigatoriedade ou a penalización (…)\ncumprimento do plan de usos e cultivos e a unidade mínima de superficie establecido nas zonas de concentración parcelaria (…), no establecido na lexislación en materia urbanística, incluíndo PXOM ou figuras similares e na aposta polo Banco de Terras e outras medidas que fomentan a mobilidade de terras, como as contempladas na Lei de Mobilidade de Terras (…) (experto 18).”\nIntentamos profundar entón se os expertos coñecían se nos concellos nos que desempeñan o seu traballo habitual existe algún tipo de plan xeral que delimitase o solo rústico de protección agropecuaria e de protección forestal. A maioría de respostas foron positivas e só dous expertos admitiron que descoñecen o que acontece nalgúns dos concellos nos que desempeñan o seu traballo habitual. Pero este dato de coñecemento por parte dos enquisados resulta enganoso xa que moitos dos concellos que aparecen nomeados nas respostas como que teñen un plan xeral, na realidade non o teñen 3.\nResulta moi habitual, e de feito pálpase en moitas das respostas, atribuír todo o peso sobre a Administración, á que se considera como o único axente responsable de impulsar a mobilidade de terras. Precisamente para afondar nesta cuestión, e sobre o que os actores directamente implicados (gandeiros e cooperativistas) poden facer neste sentido, situamos o seguinte paquete de cuestións.\nOs marcos de negociación posibles\nA seguinte cuestión analizada céntrase en como acceder a esas terras para comezar a mobilizalas, xa que o máis probable é que pertenzan a diferentes propietarios. As solucións propostas polos expertos agrúpanse en catro grupos, sendo o máis maioritario aquel que considera o Banco de Terras como a mellor ferramenta para facilitar e axilizar a mobilidade de terras nesas zonas e levar a cabo os arranxos cos propietarios. Resulta paradoxal que, sendo esta medida a que máis apoio recibe, se perciba nalgunha das respostas unha falta de información e coñecemento do funcionamento do mesmo, especialmente no referente ás garantías que xa ofrece o Banco de Terras en canto a garantir a propiedade, o cobro ou o estado no que se devolven as fincas. En segundo lugar, seguen estando presentes aquelas medidas ideais centradas en premiar dalgún xeito aos propietarios que faciliten o acceso á terra e, por outra banda, crear normativas que obriguen a arrendar daquelas terras que non se están aproveitando adecuadamente.\nA creación dunha sociedade de propietarios é o seguintedos medios que algún dos expertos consideran que axudarían a facilitar o acceso á terra. Neste tema, hai opinións contrapostas:\nPreguntamos especificamente pola viabilidade que os membros do panel atribuían á creación da figura dun xestor único, unipersoal ou grupo de traballo, que coordinase as negociacións entre demandantes e ofertantes de terra, e sobre as características principais que debería presentar este coordinador para chegar a bo fin nas negociacións. A posibilidade de que a persoa formase parte do persoal dunha cooperativa non tivo boa acollida entre os membros do panel: aínda que contaría coa vantaxe de coñecer a zona, son moitos os que consideran que unha persoa independente e allea á cooperativa resultaría máis eficaz para evitar a desconfianza dos propietarios ou incluso as reticencias entre aqueles que non formen parte da cooperativa en cuestión. Só un dos enquisados (experto 11) non optou nin por que fose persoal de cooperativa nin alleo, senón que nos devolveu á idea de que o negociador debería ser a propia Administración para evitar a presenza dun intermediario que puidera especular cos terreos e aumentase deste xeito a desconfianza dos propietarios.\nEn canto ás características principais que debería cumprir, son moitos os que avogan por un perfil negociador antes que técnico, recalcando especialmente que sexa coñecedor da zona (medio rural e persoas). Un experto reflexiona sobre a posibilidade de que sexa un “líder local” o condutor das negociacións e as xestións:\n“Creo que un líder local sería o mellor (…), unha persoa coñecida e apreciada polos lugareños e/ou propietarios da zona en cuestión (experto 17)”.\nDiscusión\nDespois de analizar as respostas emitidas polos expertos, é evidente o interese que existe no sector vacún leiteiro por se implicar na mobilización de terras. A existencia de terras aptas para o cultivo que non se están aproveitando para tal fin, incluso nas proximidades de explotacións en activo, tamén é palpable: Giménez Solla et al. (2012) identificaron, nun estudo levado a cabo na Terra Chá, que a superficie de terras potencialmente utilizables no radio actual de actividade das explotacións equivalían ao 1800% sobre a SAU das explotacións. Sería interesante poder poñer un número e localizar á cantidade de terra que conta cunha elevada aptitude produtiva e que actualmente está quedando abandonada, para ser conscientes do potencial que se está desaproveitando na nosa comunidade e poder converter as hipóteses plantexadas nas preguntas dos cuestionarios deste estudo en datos reais. Deste xeito, as explotacións poderían valorar a opción de recuperar esas terras para aumentar a súa base territorial e poñer cifras ao custo que levaría implícito dita recuperación. Na liña do Plan Piloto\nMobilízate, está o traballo realizado por Carballal Fernández (2013) no que se identificaron as superficies en estado de abandono de Galicia que cumpren certos requisitos para a produción forraxeira, previamente establecidos polos participantes no Plan. Estableceuse o millo como referencia para poder fixar os requirimentos mínimos produtivos, xunto cunhas características estruturais en canto a tamaño de parcela e distancia dende os ata as parcelas dende os puntos tomados como referencia, para que o desprazamento ata esas zonas sexa compensado coa colleita. A estimación realizada cuantifica en Galicia case 33600 ha que se atopan na actualidade en estado de abandono pero que son aptas para o cultivo do millo (produtividade mínima de 9 toneladas de MS/ha), que teñen unha superficie mínima continua de 2 ha e nun radio de 2 Km hai máis de 50 ha, ademais de atoparse a unha distancia máxima de 100 km aos puntos de orixe. Este dato non é máis que unha estimación, no propio estudo póñense de manifesto unha serie de factores que poden modificar o resultado tanto para aumentar esa cifra ou para reducila, pero é suficiente para pensar que a posta en produción desas hectáreas tería un valor que actualmente se está perdendo. Constitúe un punto de partida para futuros traballo xa que localiza aquelas zonas cun alto interese para o sector vacún leiteiro e impulsa a idea de que a mobilización produtiva de terras é posible.\nA falta de información identificada nalgunhas das cuestións relacionadas coa ordenación territorial resulta moi importante xa que se gandeiros e propietarios descoñecen o marco legal, dificilmente poderán esixir o seu cumprimento. Este sería un dos puntos nos que habería que insistir para acadar o cambio desexado e integrar desta maneira aos gandeiros/propietarios na cadea da mobilidade de terras como os actores máis importantes. Este descoñecemento afecta de maneira especial á actividade e procedementos do Banco de Terras de Galicia, dado que a súa potencialidade para converterse en actor central na mobilización do mercado de terras en Galicia se ve coartada pola súa escasa presenza e difusión sobre o terreo.\nConclusións\nPodemos dicir que por parte do panel de expertos seleccionado, e en consecuencia, do sector vacún leiteiro de Galicia, existe un interese por conseguir máis terra e aumentar deste xeito a base territorial das explotacións, estando dispostos a participar como un elo máis na cadea da mobilización de terras. Pero coa vontade non é suficiente e despois de analizar as respostas dos diferentes cuestionarios, pálpase unha falta de información tanto técnica como lexislativa nos técnicos do sector, polo que un proceso de dinamización sobre os instrumentos que poden axudar á mobilización de terras e o seu funcionamento, xunto con charlas informativas considéranse prioritarios para alcanzar o primeiro paso cara o cambio.\nA presentación dun proxecto fiable, é dicir, coñecer en profundidade o proxecto que se vai levar a cabo, tamén resulta prioritario para que os propietarios das bolsas de terra abandonadas ou infrautilizadas coñezan de primeira man os obxectivos do mesmo e se sintan como os actores principais que son, xa que sen eles todo o proceso non sería posible. Pódese dicir que antes que mobilizar terras, hai que mobilizar ás persoas (Coímbra, 2011). Pero a cuestión é que para acceder a estas bolsas de terra e ter a capacidade de xestionalas, hai que estar avalados por unha boa organización. Baseándose nunha forma de traballo na que participen e se impliquen todos os actores da cadea (Administración autonómica, administracións e entidades locais, gandeiros, propietarios, cooperativas, investigadores, …) conseguiremos unha mobilización efectiva das terras. Por todos é coñecido que a capacidade de acción e reacción actuando de forma conxunta e organizada é moito maior, por iso se debe tratar de fomentalo.\nAgradecementos Os autores agradecen a todos os participantes que formaron parte do panel de expertos no método Delphi e especialmente a Ruth Rodríguez Ferreiros, da Asociación galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), por axudar na selección dos técnicos de cooperativas.\nBibliografía\nBrouwer, F., Baldock, D., Godeschalk, F.& Beaufoy, G.\nCoímbra, E. (2011). Land management grounded in social"} {"summary": "Neste traballo descríbese o proceso de preparación e posta a disposición do público da versión dixital do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, publicado orixinalmente en papel no ano 1984 baixo a dirección de Francisco DíazFierros Viqueira e Fernando Gil Sotres. No momento de cumprir trinta anos desde a súa publicación, este mapa constitúe aínda o único traballo de avaliación da capacidade produtiva da terra con cobertura completa do territorio de Galicia. Con todo, as limitacións derivadas do formato en papel dificultaban considerablemente o seu uso. Confiamos en que a versión dixital que presentamos permita solventar parte destes problemas e ampliar o seu coñecemento e utilización entre a comunidade científica e técnica. Ao longo do texto trátase de situar en contexto a importancia do mapa orixinal e as razóns que motivaron a súa dixitalización, explicar o proceso seguido para a preparación da versión dixital, proporcionar información básica necesaria para futuros usuarios non familiarizados coa fonte orixinal, e finalmente presentar algúns datos resumo derivados do produto obtido.\nCapability of Galicia, originally published as a book in 1984 by Francisco DíazFierros Viqueira and Fernando Gil Sotres. Although thirty years have passed since its publication, this map still stands as the only available source about soil capability covering the whole territory of Galicia. Nevertheless, limitations imposed by the original publication format (hardcopy) posed a significant obstacle for its use. We believe that the digital version presented in this paper will help users to overcome part of these shortcomings and allow the map to be used by a wider crosssection of the scientific and planning communities. This text is aimed to place the map in context, expand on the reasons for the preparation of a digital version, explain the procedures followed in the process, provide basic information for its future users, and present some summarizing data processed from the final product.", "text": "Artigo\nEduardo José Corbelle Rico · David Vila García · Rafael Crecente Maseda · Francisco DíazFierros Viqueira\nDixitalización do Mapa de capacidade produtiva dos solos de Galicia\n\nPalabras clave mapa de solos, capacidade produtiva, sistemas de información xeográfica, ordenación territorial, Galicia\nO solo, a capa superficial da cortiza terrestre que sustenta boa parte da vida no planeta, é un recurso natural limitado. A súa taxa de renovación é suficientemente lenta como para que poida ser considerado, na práctica, como un recurso non renovable. Particularmente, o solo de boa calidade, fértil e profundo, apto para o cultivo de fibras e alimentos útiles para a humanidade, é relativamente escaso a nivel planetario, e representa unicamente arredor dunha décima parte da superficie de terras emerxidas (Kelley, 1990). Non sorprende, polo tanto, que a súa conservación teña sido o obxectivo das políticas públicas desde hai case un século - por exemplo, desde a década de 1930 nos Estados Unidos de América (Helms, 1992). Entre as medidas que os organismos públicos poden aplicar destacan as de aconsellamento aos agricultores, a cartografía das unidades do solo e do seu estado de conservación e, particularmente, as políticas de ordenamento territorial que aseguren un uso da terra acorde coas súas características (Consello de Europa, 1972; FAO, 1982). No contexto europeo, o marco\nEduardo José Corbelle Rico · David Vila García · Rafael Crecente MasedaLaboratorio do territorio. Departamento de Enxeñería Agroforestal, Universidade de Santiago de Compostela Tlf: 982 823 324 Email: eduardo.corbelle@usc.es.\nFrancisco DíazFierros Viqueira Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, Universidade de\nSantiago de Compostela xeral para estas políticas é o establecido pola Estratexia temática para a protección do solo (Comisión Europea, 2006a, 2006b, 2012).\nDentro do marco legal de Galicia son varios os textos que fan referencia de xeito explícito á conservación do solo como recurso limitado e non renovable. Entre estes podemos citar, por exemplo, a Lei e as Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei de Montes, ou a Lei do Solo 1. Esta preocupación non carece de sentido : estímase que arredor de 26.000 ha de terra agrícola de boa calidade foron reemprazadas por cubertas artificiais (fundamentalmente edificacións, vías de comunicación, e explotacións mineiras a ceo aberto) no período 19852005 (Corbelle e Crecente, 2014); e case 620.000 ha (arredor do 20% da superficie da comunidade autónoma) presentan un estado de erosión que pode ser cualificado de “grave” ou “moi grave” (MAGRAMA, 2014), sexa como consecuencia de incendios forestais previos (Vega e Fernández, 2010) ou a causa dun manexo inadecuado (Taboada et al., 2010).\nPor suposto, e continuando co caso galego, existen diferentes fontes cartográficas que proporcionan información acerca do estado de conservación ou as características dos solos. Por exemplo, o Inventario Nacional de Erosión del Suelo (MAGRAMA, 2014) informa acerca do risco e da existencia real de procesos de erosión hídrica, eólica, ou por movementos en masa. Os Mapas de Clases Agrológicas, pola súa parte, serven como referencia á hora de estimar a maior intensidade de uso agrario que se podería aplicar en cada parte do territorio sen incorrer procesos erosivos de importancia (Ministerio de Agricultura, 1974). Finalmente, o Mapa de Solos de Galicia (Xunta de Galicia, 2014) ten o potencial de converterse na mellor e máis detallada fonte dispoñible en Galicia pero está limitada, no momento de escribir este texto, á cuarta parte do territorio galego. Algúns destes produtos poderían ser utilizados no proceso de elaboración de plans de ordenamento territorial: por exemplo, a Reserva Agrícola Nacional (RAN) de Portugal foi establecida empregando directamente a Carta de Capacidade do Solo portuguesa, equivalente ao Mapa de Clases Agrolóxicas español 2, e temos constancia da utilización de algunha das fontes mencionadas por parte dos equipos que en Galicia se dedican á redacción de plans de ordenación municipal 3. Non obstante, a traslación directa entre as clases de calquera dos produtos cartográficos mencionados e unha ou varias categorías de ordenación non está exenta de problemas, e require no seu caso do uso de determinados supostos sobre que se desexa protexer e de que modo cada mapa concreto permite aproximarse á súa identificación.\nNeste traballo describiremos o proceso de preparación e posta a disposición do público dunha versión en formato dixital, utilizable nun sistema de información xeográfica, do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, coincidindo co trinta aniversario da súa publicación en papel. A intención dos autores é facilitar que as comunidades científica e técnica teñan acceso a este produto que pode resultar de interese no desenvolvemento dos seus traballos. Ao longo do texto detállase o proceso seguido na preparación da versión dixital, e proporciónase algunha información básica necesaria para futuros usuarios non familiarizados coa fonte orixinal.\nMateriais e método\nDescrición do mapa orixinal\nO Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia (DíazFierros e Gil, 1984) tiña como obxectivo principal a obtención dunha cartografía a escala rexional (1:200.000) que puidese servir como base da política de ordenación territorial - de feito, apareceu publicado un ano antes da aprobación da Lei 10/95 de Ordenación do Territorio de Galicia - e tomaba como guía metodolóxica a publicación A Framework for Land Evaluation da FAO (1976). O mapa representa as cualidades da terra como unha acumulación progresiva de factores limitantes da produtividade. Dado que non estaba orientado a un único cultivo ou conxunto de cultivos posibles, senón á totalidade das especies vexetais que tiñan ou podían ter un aproveitamento agrícola ou forestal en Galicia, os autores consideraron inicialmente oito características de interese: (1) posibilidade de mecanización e rega; (2) espazo para enraizamento; (3) resistencia á erosión; (4) duración do período vexetativo; (5) facilidade de labor; (6) dispoñibilidade de auga; (7) dispoñibilidade de nutrientes; e (8) ausencia de toxicidades. Co fin de simplificar a lenda, as oito cualidades mencionadas aparecen agrupadas en cinco categorías: cualidades moi dificilmente modificables relacionadas co solo (13); cualidades moi dificilmente modificables relacionadas co clima (4); cualidades modificables relacionadas coa facilidade de labor e dispoñibilidade de auga (56); cualidades modificables relacionadas coa fertilidade do solo (7); e cualidades relacionadas coa presenza ou ausencia de toxicidade (8). Cada unha destas cinco categorías aparece representada na lenda por unha letra (as dúas primeiras) ou un número (as tres restantes).\nDurante a elaboración do material orixinal, os autores levaron a cabo un extenso traballo de campo para establecer sobre o terreo as transicións entre os diferentes parámetros considerados, seguido dun proceso de interpretación visual sobre fotografías aéreas e unha síntese final sobre as follas do mapa topográfico nacional 1:50.000 (MTN50), antes da súa publicación a escala 1:200.000. Para facilitar a consulta e utilización da versión dixital, incluímos un resumo da interpretación da lenda no apéndice situado ao final deste traballo.\nDixitalización e vectorización\nO material de partida para o proceso de dixitalización estivo formado na súa maior parte polas copias orixinais, en papel vexetal, empregadas nos anos oitenta para a elaboración do mapa orixinal (figura 1). Como xa se indicou, estas estaban organizadas seguindo a cuadrícula do MTN50. Desafortunadamente unha parte deste material orixinal perdeuse co transcurso do tempo - en concreto, o correspondente a 10 cuadrículas, o que supón aproximadamente o 15% da superficie da comunidade autónoma. Nestes casos recorreuse ao mapa publicado en papel en 1989 a escala 1:200.000 (figura 2). En ámbolos dous casos, o material foi dixitalizado cun escáner con capacidade para aceptar documentos a tamaño A0, e cunha resolución de 0’5 mm/píxel, suficiente para capturar adecuadamente o grosor das liñas e ao mesmo tempo non tan detallada como para incrementar demasiado o tamaño dos arquivos resultantes. Para o conxunto das operacións descritas a continuación empregamos unha combinación de varios sistemas de información xeográfica, nomeadamente GRASS GIS (GRASS Development Team, 2012), QGIS (QGIS Development Team, 2013), e ArcGIS (ESRI, 2011).\nTanto as copias de papel vexetal a escala 1:50.000 como o mapa publicado en 1989 a escala 1:200.000 presentan vantaxes e inconvenientes para o seu procesado. En particular, descoñecemos o sistema de proxección e sistema de referencia das primeiras, mentres que da segunda fonte sabemos que foi realizado en proxección UTM, e co sistema de referencia europeo de 1950 (ED50: elipsoide Internacional de Hayford de 1924, datum Potsdam). A escala, pola súa parte, é máis detallada nas primeira fonte que na segunda, pero aquela era un produto intermedio do proceso de traballo mentres que a segunda é un produto final.\nPor outra parte, as follas a escala 1:50.000 inclúen as marcas de referencia da cuadrícula do MTN50 (as catro esquinas) de xeito que estas poden ser utilizadas no proceso de xeorreferenciación, utilizando como guía a división en cuadrículas do MTN50 dispoñible no centro de descargas do Instituto Geográfico Nacional (IGN), en proxección UTM e sistema de referencia ED50. En particular, dado o tipo de distorsións que poderían estar presentes nas copias escaneadas, escollemos para este proceso unha transformación afín, que permite rotar, cambiar a escala en x e y, e trasladar en x e y a imaxe orixinal (Schowengerdt, 2007). A combinación dunha escala máis detallada e unha xeorreferenciación máis precisa permitía obter un produto cartográfico con mellor calidade xeométrica que no caso do mapa a escala 1:200.000, no que ao menor detalle da publicación se suma o feito de que os únicos puntos útiles para a xeorreferenciación veñen dados pola posición das principais vilas de Galicia, representadas por un simple punto de varios milímetros de grosor na fonte orixinal. Nos casos onde foi necesario recorrer a esta segunda fonte, a referencia empregada foi o centroide aproximado de cada vila no MTN50.\nPolo contrario, se ben o material a escala 1:50.000 permite obter un produto final con maior precisión xeométrica, o proceso de vectorización tivo que ser realizado de xeito totalmente manual sobre a pantalla. Unicamente nas áreas nas que foi necesario recorrer ao mapa en papel a escala 1:200.000 (como xa dixemos, arredor do 15% da superficie total da comunidade) o trazado das liñas era moito máis limpo e isto permitiu empregar unha técnica de vectorización semiautomática. Neste caso, procedeuse a illar os píxeles das liñas (máis escuros que o seu entorno) mediante a utilización dun valor limiar (threshold) que os separase do fondo. Tratándose de separar liñas negras sobre un fondo branco, son varios os valores que poden ser empregados con similares resultados, dado que os valores dos niveis dixitais das liñas e do fondo están usualmente moi separados. O valor pode depender, a maiores, do estado de conservación da copia orixinal e dos axustes do proceso de escaneado. As liñas separadas do fondo foron simplificadas para a continuación convertelas de xeito automático en liñas vectoriais e realizar finalmente unha depuración manual do resultado que asegurase a conectividade das liñas formadas e eliminase os segmentos inconexos. O proceso está descrito para unha primeira versión dixital do mapa de capacidade, realizada por\nSarmiento e Corbelle (2009) 4.\nCo obxectivo de asegurar a consistencia con outras fontes cartográficas, o límite da comunidade autónoma foi axustado para corresponder cos límites oficiais publicados a través do proxecto CartoCiudad 5. Estes comprenden numerosas illas de pequena extensión, inexistentes nas fontes orixinais manexadas, que foron mantidas na xeometría do mapa dixital resultante, e codificadas na táboa de atributos co texto “illa”.\nOs códigos correspondentes á clasificación de cada un dos polígonos vectorizados foron asignados manualmente, tomando como fonte principal as copias en papel vexetal. En caso de discrepancias entre os códigos asignados a un mesmo polígono en follas contiguas, ou de dúbidas na interpretación, empregouse o mapa publicado a escala 1:200.000 como respaldo. Os atributos de cada polígono conteñen o código completo e o valor por separado de cada unha das cinco variables que o compoñen. A publicación orixinal en papel incluía unha táboa de conversión entre as clases do mapa e a aptitude produtiva (“o grao de adecuación da terra para un uso determinado”, Rossiter, 1996) para o cultivo de millo, prados e piñeiro bravo de acordo en cinco categorías ordenadas de acordo co esquema proposto pola FAO (1976): desde as máis aptas (A1, A2, A3), ata as marxinais (N1), ou non aptas (N2) para un uso concreto. Os valores de aptitude para estes tres cultivos foron tamén incluídos como atributos de cada polígono.\nO mapa vectorial resultante foi sometido a diversos controis de calidade na topoloxía para solucionar problemas de encaixe entre os polígonos de follas veciñas, e para asegurar que non quedaban espazos sen codificar no produto final. Finalmente, este foi transformado ao sistema xeodésico de referencia ETRS89, oficial en España desde 2007 6, con proxección UTM, fuso 29 norte, utilizando a grella para cambio de datum en formato NTV2 distribuída polo IGN.\n7: http://sit.usc.es\nResultados e discusión\nComo resultado da vectorización manual obtívose unha capa de información en formato vectorial con 6.804 polígonos, cun total de 327 códigos de capacidade produtiva diferentes (figuras 3 e 4). O produto ponse a disposición do público en formatos de uso habitual nos sistemas de información xeográfica como o shapefile e o keyhole markup language (formato vectorial estándar adoptado polo Open Geospatial Consortium) e poderá ser descargado no sitio web do Sistema de Información Territorial da Universidade de Santiago 7. O sistema xeodésico de referencia é o ETRS89, proxección UTM, fuso 29 norte.\nEstimamos que as áreas do mapa procedentes da versión 1:200.000 teñen asociado un erro medio cuadrático de 150 metros na súa posición, o que aconsella precaución á hora de empregar esta información en traballos detallados. En todo caso este é un problema que afecta só ao 15% da área total: no resto do mapa, o erro medio cuadrático derivado da xeorreferenciación estímase en menos de 50 metros. Trátase evidentemente dun erro elevado se o comparamos co que é habitual nas fontes cartográficas máis modernas. Por exemplo, o mapa de solos de Galicia, actualmente en proceso de elaboración, publícase a escala 1:50.000, do que podemos esperar un erro medio cuadrático de aproximadamente 12, 5 m. En todo caso debemos considerar neste sentido dous aspectos fundamentais: que se trata dun produto orixinalmente pensado para ser empregado en papel, a escala 1:200.000, e con trinta anos de antigüidade; e o feito de que non é infrecuente que mapas máis modernos teñan escalas similares ou incluso descoñecidas (Hartemik et al., 2012). Por outra parte, a calidade da clasificación temática (é dicir, o feito de asignar a categoría de solo correcta en cada caso) tamén é relevante. Desafortunadamente, son moi escasos os casos de mapas temáticos que proporcionan unha estimación desta calidade, como é este o caso.\nDesde o punto de vista da súa utilidade, entendemos que estamos ante un produto de relevancia para as comunidades científica e técnica, aínda que só fose pola inexistencia de fontes de información alternativas. Cremos que a calidade do produto final é suficiente para ser empregada no ámbito da planificación e ordenación territorial, particularmente no contexto dos Plans Xerais de Ordenación Municipal, nos procesos de valoración para a expropiación, ou nos proxectos de reforma das estruturas agrarias (por exemplo, pero non exclusivamente, os de concentración parcelaria). No contexto da investigación, diferentes variantes derivadas da versión en papel deste mapa teñen sido utilizadas para caracterizar, por exemplo, os cambios de uso da terra nos últimos decenios (Corbelle e Crecente, 2014), a relación entre os asentamentos humanos e o seu entorno na Idade Media (Sánchez, 2008), ou o uso potencial do territorio na antigüidade (Currás, 2014).\nNa publicación da versión dixital empregamos o concepto de datos abertos (open data), entendendo por tales os que poden ser libremente utilizados e redistribuídos por calquera usuario (Open Knowledge Foundation, 2012). En particular, seleccionamos a licencia Open Database License (ODbL), que permite que os usuarios utilicen libremente os datos coas únicas restricións de citar axeitadamente a fonte de orixe e distribuír, se fora o caso, os produtos derivados baixo unha licencia do mesmo tipo 8. O paquete de información dispoñible para descarga comprenderá o ficheiro vectorial do mapa, un ficheiro vectorial auxiliar coa división en cuadrículas do MTN50 para indicar a procedencia dos datos orixinais, un resumo da metodoloxía empregada, e un ficheiro de texto coa información básica de licencia e formato de cita.\nConclusión\nComo resultado do proceso descrito neste documento, ponse a disposición do público a versión dixital dunha contribución á cartografía de solos que está xa no seu trixésimo aniversario. O esforzo investido na produción e libre distribución desta versión paga a pena, na nosa opinión, por tratarse dunha obra que continúa vixente a pesar do paso do tempo e que aínda pode ser de utilidade en aplicacións diversas, como por exemplo a elaboración de plans de ordenación do territorio, plans xerais de ordenación municipal, ou a valoración de terras en procesos de expropiación ou concentración parcelaria. Agardamos, polo tanto, que a publicación desta versión dixital sexa unha oportunidade para aproveitar o potencial da publicación orixinal.\nAgradecementos Queremos expresar o noso agradecemento aos autores do mapa inicial por termos facilitado o acceso ao material orixinal, sen o que este traballo non sería posible, así como ao Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela por ter permitido o uso da versión publicada en 1984. Tamén nos gustaría manifestar a nosa gratitude e cariño a Dori Sarmiento, Alicia Cañizares e Fernando Miranda, por ter colaborado no proceso en diferentes momentos.\nBibliografía\nComisión Europea (2006a). Comunicación de la Comisión al Consejo, al Parlamento Europeo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones - Estrategia temática para la protección del suelo. COM(2006) 231 final.\nComisión Europea (2006b). Propuesta de Directiva del Parlamento Europeo y del Consejo por la que se establece un marco para la protección del suelo y se modifica la Directiva 2004/35/CE. COM/2006/0232 final.\nXunta de Galicia (2014). Mapa de Solos de Galicia 1:50.000. Dispoñible en: http://siam.cmati.xunta.es/mapade-solos\nApéndice\nReproducimos a continuación unha breve descrición das clases consideradas no mapa co fin de facilitar a súa interpretación por parte dos usuarios. A información presentada é simplemente unha versión reducida da contida na publicación orixinal, polo que pode ser necesaria a consulta desta última.\nAs características contempladas na lenda aparecen agrupadas en cinco categorías: cualidades moi dificilmente modificables relacionadas co solo (cadro 1), cualidades moi dificilmente modificables relacionadas co clima (cadro 2), cualidades modificables relacionadas coa facilidade de labor e dispoñibilidade de auga (cadro 3), cualidades modificables relacionadas coa fertilidade do solo (cadro 4); e cualidades relacionadas coa presenza ou ausencia de toxicidade (cadro 5).\nNo caso particular das cualidades relacionadas co solo, DíazFierros e Gil (1984) consideraron necesario ter en conta os cambios da profundidade e a pendente do solo introducidos pola acción humana despois de moitos anos de cultivo. Así, cando unha clase resulta mellorada para o cultivo (por exemplo se se incrementa da profundidade e suaviza a pendente mediante a construción de bancais) pasa a ser representada pola clase superior, se ben matizada por unha barra superior que indica a súa orixe antrópica: por exemplo, un solo de clase E mellorada pola acción do cultivo aparece representado como clase D. Esta regla ten como excepción ás clases A, B e C, xa que se considera que teñen suficiente profundidade e escasa pendente como para ser melloradas polo cultivo. Estas cunha letra minúscula.\nNo caso do réxime hídrico, algúns dos polígonos do mapa aparecen na lenda con dous números simultaneamente (por exemplo EP3/84): trátase dos solos tipo pelosol, localizados fundamentalmente na Terra Chá e outras depresións terciarias de Galicia, nos que coexisten circunstancias de exceso de auga no inverno e de déficit no verán, motivo polo cal aparecen representados mediante a clase mixta 3/8 (clase 3 de exceso de auga e clase 8 de déficit)."} {"summary": "Tras unha presentación da Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania (BADARE) e do progresivo baleirado nela de diversos atlas lingüísticos da Romania, preséntanse tres mostras da variación diatópica deste tipo de refráns no espazo iberorromance: (1) coa implicación do arco da vella, (2) dos roibéns e (3) das imaxes de ceo ovellado e afíns. Cómpre destacar o grande interese dos materiais contidos nos atlas románicos, que se poden complementar cos doutras obras vinculadas á lingua e ao territorio: repertorios paremiográficos, monografías dialectais, achegas diversas. Aínda que non parece factible un grande atlas paremiolóxico romance nin sequera de segunda xeración, pois os refráns (meteorolóxicos o de outros tipos) son nos atlas de primeira xeración unha propina ocasional, coidamos que mediante a base de datos BADARE se poden administrar eses materiais de xeito que faciliten o estudo da paremioloxía románica ligada ao territorio.", "text": "Refráns meteorolóxicos e atlas románicos, paremioloxía e territorio\nJosé Enrique Gargallo Gil\nUniversitat de Barcelona gargallo@ub.edu\n\nSumario\nContents\n1. The BADARE database and its sources. 2. Romance atlases. 3. Rainbow, red skies, mackerel sky. Three samples of Geoparemiology in IberoRomance. 4. Paremiology and geography. Conclusion.\nEste artigo inscríbese no proxecto FFI200802998/FILO, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.\nL imiar\nTras unha presentación da Base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania (1) e dos diversos atlas románicos que lle sirven de fontes (2), presento tres mostras da variación diatópica deste tipo de paremias no espazo iberorromance: refráns meteorolóxicos coa implicación do arco da vella (3.1), dos roibéns (3.2) e das imaxes de ceo ovellado e afíns (3.3). Na conclusión (4) pondero a utilidade dos materiais procedentes dos atlas románicos na investigación xeoparemiolóxica.\n1. a base de datos badare e as súas fontes\n(1) Textuais, que permiten rastrexar palabras ou fragmentos delas nas caixas de “texto”, “tradución literal”, “glosa” (cita literal) e “comentario”. Por exemplo, “agua de mayo”, na caixa de “texto”, conduce a un refrán como Agua de mayo, pan para todo el año. É de moita utilidade para as localizacións atribuídas aos refráns a caixa de “comentario”: así, mediante a busca nela de “Barcelona”, atópanse os refráns que as diversas fontes atribúen a esta cidade. (2) Por linguas (unha, dúas, tres ou todas as da base). Por exemplo, para obter refráns con referencias textuais, asignacións conceptuais ou fontes bibliográficas compartidas por dúas ou tres linguas. (3) Conceptuais: por ámbitos temáticos, categorías e subcategorías. Por exemplo: Cronoloxía > mes > maio + (b) Meteoroloxía > choiva, chover + (c) Ámbito temático xeral > tarefas agrícolas > colleita + augurio > bo augurio: dá como resultado a paremia castelá Agua de mayo, pan para todo el año e outras conceptualmente afíns. (4) Por fontes bibliográficas, ordenadas por apelidos de autores: con posibles combinacións de ata tres fontes, o que permite observar a transmisión paremiográfica de refráns que aparecen como variantes nunha mesma ficha. Así, Año de nieves, año de bienes, en Rodríguez Marín (1883), Rodríguez Marín (1896) e Martínez Kleiser (1989 [1953]).\nA partir do enlace de Fuentes, pódense realizar buscas textuais nas caixas de (1) Autor, (2) Título, (3) Editorial, (4) Lugar e (5) Fecha. Por exemplo, Marín na primeira caixa conduce a diversas obras de Francisco Rodríguez Marín. A voz almanaque na segunda caixa restrinxe o resultado a Los refranes del almanaque, obra publicada por ese autor en Sevilla o ano 1896. Ofrécese tamén a posibilidade de interrogar á base sobre detalles filolóxicos valiosos como número de páxina, número (e letra) de refrán, sub voce (en entradas de dicionario), volume e número de mapa (en informacións procedentes de atlas lingüísticos).\nEntre as fontes librescas, hainas que revisten un interese especial para a relación da lingua co territorio: así, achegas de refráns de áreas ou rexións específicas, como a de Extremadura (Díaz 1991); así tamén, monografías dialectais de corte tradicional, que inclúen refráns, como a de Zamora Vicente (1943) en Mérida. Así mesmo cómpre destacar a serie de coleccións de nomes de nubes, néboas e ventos en diversas comarcas do Principado de Cataluña, impulsada por Albert Manent, que achega refráns vinculados aos tres meteoros de referencia, con abundante implicación da toponimia local. Hai tamén dicionarios que dan conta de refráns acreditados de primeira man nos lugares de referencia, como o gran DCVB para o ámbito do catalán. E incluso repertorios dun ámbito romance nos que se confrontan os refráns cataláns cos homólogos doutros espazos neolatinos (Gomis 1998) 1. Nesta liña de estudo da paremioloxía ligada ao territorio, ben pouco observada ata de agora, coido que a explotación de datos procedentes dos atlas lingüísticos da Romania abre camiños de investigación ben prometedores. Por iso, na empresa colectiva de BADARE aténdese na presente fase de traballo aos atlas románicos, dende os de grandes dominios (como o ALPI ou o AIS), pasando polos de dominios medianos (ALGa, ALEANR, ALDC), ata os de áreas menores como a do Bierzo (ALBi).\n2. o s atLas románicos\n2.1. O ALGa (Atlas Lingüístico Galego, vol. IV, 2003)\nDespois dunha primeira achega procedente deste impagable volume (Gargallo 2009), María Pilar Río Corbacho, profesora da USC, ocúpase do baleirado exhaustivo en BADARE de refráns meteorolóxicos do ámbito lingüístico galego. O volume, consagrado ao léxico relativo ao tempo atmosférico e cronolóxico, contén un apéndice (o terceiro, na parte final) co título de refráns dos meses (p. 461474). En total, 883 testemuños de refráns do calendario, numerados correlativamente, que conteñen sobre todo referencias a meses, pero tamén a festividades ou días do calendario, como a Candeloria (2 de febreiro: números 204 ao 209), Santa Lucía (13 de decembro: números 872 ao 874) ou San Tomé Apóstolo (21 de decembro: número 877). Os refráns aparecen dispostos no apéndice por orde cronolóxicotemática e a mostra ofrece múltiples variantes de tipo fonético, morfosintáctico ou léxico en relación a paremiotipos básicos. Así, Xaneiro xeabreiro (25) e Xaneiro xiabreiro (26); Marzo pelarzo (304) e Marzo é pelarso (305); En maio queima a vella o tallo (463) e En maio aínda a vella arde o tallo (467). Cada rexistro vai acompañado do correspondente punto de enquisa do atlas.\nA continuación deste apéndice, os Índices do volume (p. 477531) inclúen un de ditos e refráns das notas (p. 519522), no que unha listaxe ordenada alfabeticamente relaciona varios centos de refráns, con entradas distintas tamén para leves variantes, como: (1) aire solán, auga na man ; (2) aire solano, auga na mano ; (3) aire solano, auga na man ; (4) aire solano, auga na mao ; e con remisión sistemática aos mapas e ás notas correspondentes. Nesta listaxe, para atopar a información sobre os respectivos puntos de enquisa, o lector deberá acudir ás notas indicadas dos mapas respectivos. Por exemplo, na páxina 169, no mapa 62a (Aire/vento do leste) e nas notas 23, 9 e 15, especifícanse os puntos P.9 (Santa Lucía de Moraña) –para o refrán aquí indicado como (1)–, C.35 (O Outeiro) –para o (2)–, L.18 (Viladonga) e P.5 (Moalde) –para o (4). E na páxina 159, no mapa 57a (Aire/vento do sur), a nota 16 localiza o refrán (3) en L.35 (O Outeiro). As iniciais das referencias aos puntos corresponden ás provincias 2.\n2.2. O ALBi (Atlas Lingüístico de El Bierzo, 1996, I) No seu primeiro volume, o ALBi ofrece unha ducia de refráns meteorolóxicos do Bierzo, comarca fronteiriza onde se atopan o galego e leonés no contínuum románico do noroeste peninsular.\n2.3. Os atlas lingüísticos e etnográficos españois de Manuel Alvar\nNo ALEANR (Atlas Lingüístico y Etnográfico de Aragón, Navarra y Rioja) atópanse representados tres tipos romances: altoaragonés, castelán e catalán. Como outros atlas lingüísticos que ademais se ocupan de aspectos etnográficos, este inclúe paremias entre as informacións complementarias dos mapas relativos aos meteoros e ao ciclo festivo. Da colleita do ALEANR, xa incorporada a BADARE, ocúpome en Gargallo (2010).\nOutros atlas de rexións españolas dirixidos por Manuel Alvar, como o ALEA e o ALEICan, conteñen tamén este tipo de paremias. E de todos eles se fixo un baleirado exhaustivo con destino á base de datos.\n2.4. O ALeCMan (Atlas Lingüístico (y etnográfico) de Castilla - La Mancha)\nAtlas de nova xeración, o ALeCMan (2003-) contén unha riquísima achega de refráns dos meses, así como de fenómenos atmosféricos diversos. Pódese consultar en liña (http:// www.linguas.net/alecman/), e constitúe un complemento excelente aos atlas doutros espazos peninsulares dirixidos por Manuel Alvar (2.3). Un botón de mostra da magnífica colleita de refráns no atlas poderían ser as cinco páxinas do anexo de Notas sobre o mes de marzo (mapa 906), que contén ducias de testemuños do “paremiotipo” (ou tipo parémico) en que se invoca a Marzo, personificado, e se lle reduplica o nome con un derivado ad hoc que facilite a rima posterior. Así, o dialoxismo que aparece no primeiro lugar por orde correlativa: Marzo, marzueco, guárdame uno para mureco 3. [E responde Marzo:] Sí, te lo guardaré, pero el rabillo se lo cortaré (AB [Albacete] 207: Villamalea); en relación coa crenza no diálogo ancestral entre o home (a vella, o pastor) e Marzo que tantas manifestacións ofrece na cultura popular romance (Pedrosa 1995; Gargallo 2003: 48); e que xustifica igualmente a notoria profusión de refráns galegos en que se invoca a Marzo con duplicacións comparables a aquela: marceiro, marcelo, marcián, marciano, marsal, marsán, marzá, marzaco, marzagán, marzal, marzale, marzán, marzolo, marzola (derivados que seguen a Marzo na devandita listaxe de refráns dos meses do ALGa: 2.1).\n2.5. O ALDC (Atles Lingüístic del Domini Català, vol. III, 2006)\nContén as esferas semánticas do tempo cronolóxico e da meteoroloxía, e entre as informacións complementarias dalgúns mapas achega paremias. Por exemplo, no mapa 563 (La Candelera), que atribúe ao punto 188 (Alacant) o coñecido paremiotipo en que a Candeloria chora (Si 2 As catro de Galicia: provincia da Coruña = C; de Lugo = L; de Ourense = O; de Pontevedra = P. Por outra parte, para o “galego estremeiro”: Principado de Asturias = A; provincia de León = Le; provincia de Zamora = Z. 3 A forma mureco é variante disimilada de murueco, que o DRAE remite a morueco (“carnero padre o que ha servido para la propagación”).\nla Candelària plora ׀ l’hivern fora), e ademais unha singular variante para a segunda parte do refrán (l’hivern flora) que parece explicarse por ser esta a época da floración da amendoeira; fai pensar na paremia afín rexistrada por Sanchis (1951: 38, núm. 15) igualmente en Alacant (Si la Candelària flora, ׀ l’hivern està fora, ׀ i si no flora, ׀ ni dins ni fora) e –máis lonxe– na que o ALEANR (mapa 1148: La Candelaria), localiza en Roncal (N [Navarra] 206): Cuando la candelera plora, el invierno flora. Sobre as metáforas do chorar (chover) e o rir (sol, bo tempo) da Candeloria como predición inversa para o inverno restante, e sobre os paremiotipos correspondentes, véxase Gargallo (2004: 117121).\n2.6. Os atlas lingüísticos de Francia por rexións\nSegundo o plan ideado por Albert Dauzat dun Nouvel Atlas Linguistique de la France par régions, a mediados do século XX, o mosaico dialectal do hexágono galorromance componse actualmente de teselas en forma de atlas lingüísticos rexionais, onde a parte etnográfica ten un peso importante, proporcional á contribución deste tipo de paremias. En ocasións, as paremias parecen ben xenuínas. Ás veces van acompañadas da tradución literal ao francés, a linguateito e de redacción. Pero non poucas son visiblemente traducións literais a partir das correspondentes nas variedades autóctonas, segundo un hábito bastante común na tradición paremiográfica francesa. Está previsto baleirar pouco a pouco todo este material galorrománico (oïl, occitano, francoprovenzal) en BADARE.\n2.7. Atlas de espazos maiores: AIS, ALPI, ALEPG\nDo Atlante italosvizzero (AIS, 19281940) pódense espigar algúns refráns (en xeral escasos). Por outra parte, se deixamos a un lado o único volume do ALPI impreso ata de agora, de fonética (1962), esta grande empresa colectiva da filoloxía hispánica e románica do século xx vai camiño de ver a luz grazas ao proxecto Elaboración y edición de los materiales del Atlas Lingüístico de la\nPenínsula Ibérica, dirixido dende 2009 por Pilar García Mouton, e que permitirá a consulta en liña dos materiais do atlas. Da colleita dos refráns no ALPI dan unha idea como anticipo a publicación dos que presentan a imaxe do ceo ovellado e afíns en Aragón (Casanova 2004: 49), así como a de paremias diversas do ámbito administrativo valenciano (das dúas áreas lingüísticas, catalá e castelá) por parte de Vicent García Perales (2001). Seguen tamén aínda inéditos os materiais do ALEPG, pero grazas á xentileza de João Saramago (investigador do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa) dispoño dunha mostra de proverbios meteorolóxicos da que me sirvo na sección 3. Sobre este atlas, véxase Saramago (2006).\n2.8. O API (Atlante Paremiologico Italiano) e a Geoparemiologia\nNos anos 60 do século pasado o investigador italiano Temistocle Franceschi, membro do actual proxecto de ampliación de BADARE (véxase a referencia na primeira páxina), ideou un Atlante\nParemiologico Italiano, ligado á disciplina que el mesmo chama Geoparemiologia. A partir dun Questionario inicial (Franceschi et al. 19811984) ampliado despois (Franceschi et al. 1998/2000 2), consistente en fórmulas parémicas na linguateito italiana que constitúen o patrón para as enquisas no traballo de campo, hai xa anos que se elaboran monografías de lugares do ámbito italorromance (Franceschi 2010). O meu desexo é que os materiais correspondentes se vaian incorporando no futuro á base de datos BADARE 4. 4 Polo que respecta ao ámbito italorromance, os sete volumes do ALI (Atlante Lingüístico Italiano) publicados dende 1995 ata 2010 non inclúen as esferas semánticas do tempo cronolóxico e meteorolóxico.\n3. a rco da veLLa, roibéns, ceo oveLLado. t res mostras de xeopare -\nmioLoxía no espazo iberorromance\nAs tres mostras desta sección aproveitan datos do conxunto das dez mil fichas que contén BADARE en xullo de 2010. Procuro conxugar as informacións procedentes dos atlas (tamén as dos que esperan a súa inclusión na base de datos) coas doutro tipo de obras. Transcribo con fidelidade aos orixinais (só transformo en maiúscula a inicial minúscula dalgunhas fontes, para homoxeneizar criterios; e engado ocasionalmente signos de puntuación entre corchetes, para facilitar a lectura). Adapto a grafía aproximativa os refráns presentados en transcrición fonética (xa que a maioría de detalles fonéticos non teñen especial relevancia para o propósito desta investigación). A barra inclinada entre corchetes “[/]” indica salto de liña no orixinal.\n3.1. Arco da vella\nTal como afirma Pilar García Mouton (1984: 179), “[…] el pueblo no siempre lo ve con buenos ojos y son frecuentes los conjuros, hoy observados como cancioncillas infantiles, que tienen como finalidad la desaparición del arco”. En Portugal oféndeselle con fórmulas como as recollidas polo ALEPG: Arco da velha, tirate daí, que as moças bonitas não são para ti (Beja 3 - Serpa); Arco da velha sai daí, que menina bonita não vai para ai (Braga 1 - São Romão da Ucha). E de xeito similar é tratado nun par de testemuños do ALGa (mapa 91. Arco da vella, nota 8; C.38: A Serra de Outes): Arco de vela [, ] vaite de aí [, ] que as nenas bonitas non son para ti ; Arco de vella [, ] vaite de aí [, ] que as nenas bonitas non son para ti (O.2: Brués, Boborás). Posiblemente esa animadversión explica tamén o exabrupto que rexistra o ALBi (mapa 85: Arco iris / Arco da vella) na localidade berciana galegofalante de Dragonte: Arco da vella, tempo da merda.\nO arco multicolor non é visto en xeral como un indicio meteorolóxico a longo prazo. Pero a súa observación inspira nalgúns lugares crenzas sobre a súa función augural. As cores máis visibles considéranse sinal de colleitas propicias por afinidade cromática, segundo suxire o cuestionario do API (Franceschi et al. 2000 2 : 592) na fórmula italiana 11.05.13.02: Arcobaleno / se è verde – si fa del fieno, se è rosso – si fa del vino, se è giallo – si fa della paglia. Este augurio visual de bens tanxibles recórdame unha serie de indicios materiais por ducias (sal, cebola, noces) que dende o renovarse do ciclo anual (especialmente en torno ao solsticio de inverno) augura o tempo meteorolóxico dos doce meses do ano por vir en moitos lugares da Romania e do resto de Europa (Gargallo 1999: 264266).\nTal como preciso noutro lugar (Gargallo 2006: 304), o arco da vella raramente sinala o tempo mais alá da xornada (en xeral matutina ou vespertina, cando é máis doado velo, pola inclinación dos raios solares), ou dun día para o seguinte. Adoita estar en relación coas latitudes que indican o levante e o poñente do sol. Ou ben non indica lapso cronolóxico, pero é inherente á choiva que o precede, acompaña ou segue, e xustifica tantas e tantas fórmulas alusivas a cando chove e fai sol (Ferro 2007). Por iso, as manifestacións do arco como indicio meteorolóxico máis alá da xornada seguinte son excepcionais, ligadas á crenza na prefiguración máxica do tempo, como nos doce indicios materiais para o tempo de doce meses, ou nas previsións de choiva dun día para corenta. O arco da vella á travesía, tres semanas de invernía (ALGa, mapa 91, Cuíña, Traba, Laxe: C.17) é unha verdadeira rareza. En cambio, son moeda corrente as previsións que implican partes da xornada (3.1.1) ou un lapso cronolóxico dun día para o seguinte (3.1.2), así como as que descansan no poñente e o raiante solares (3.1.3). E, como en todo tipo de paremias, o recurso á rima é ingrediente común, tamén nos que non aluden ao tempo cronolóxico (3.1.4). Véxase ao respecto Gargallo (2006: 306312) e Río (2009: 180188).\n3.1.1. Mañá e tarde\nLa interpretació de l’arc de Sant Martí com a senyal d’aigua, és diferent segons que l’arc aparega el matí o el capvespre, i és diferent també segons les regions. A Catalunya i València creuen que en veure’s l’arc al matí, plourà prest, i que en veure’s l’arc al capvespre, no plourà; en canvi, a Mallorca i Menorca la interpretació és contrària, car consideren senya de pluja imminent l’aparició de l’arc al capvespre, i com a senyal que no plourà l’aparició de l’arc al matí. (DCVB, s. v. arc).\nSegundo o DCVB, nas rexións peninsulares do catalán o arco matutino anuncia choiva; e o vespertino, bo tempo. En cambio, nas Illas Baleares a previsión de mañá (bo tempo) e tarde (choiva) é inversa. Os refráns do ALDC (mapa 678. L’arc de Sant Martí) incorporados a BADARE corroboran esta apreciación:\n¾ Si surt al dematí | par [a]- li el bací [‘a bacía’] | si surt al vespre | par [a]- li la testa [‘a cazola’]. O ALDC localiza este refrán, con elipse do arco, no punto 34 (Santa Maria de Corcó, bisbarra catalá de Osona). Restituímos a vocal átona en par [a]- li ; e interpretamos que choverá máis ou menos tanto pola mañá como pola tarde. Gomis (1998: 95) localiza en Arenys de Munt (bisbarra catalá do Maresme): Arc de Sant Martí al matí, [/] parali el bací; [/] arc de Sant Martí al vespre, [/] parali la testa. Para a última parte Gomis ofrece as variantes la pluja està llesta e la pluja resta. Por outro lado, o DCVB (s. v. arc) localiza na veciña Pineda (da mesma comarca, el Maresme): Arc de Sant Martí al dematí, parali el bací; [/] i al vespre, parali la testa ; e nas comarcas do Ampurdán e da Garrotxa, esta variante: L’arc de Sant Martí, si surt el matí, parali el bací; si surt el vespre, parali la testa. ¾ S’arc de Sant Martí, si surt es matí, fé ton camí; si surt es capvespre, no vages a festa. Este refrán de Mallorca responde á predición de choiva a partir do arco matutino, e de bo tempo a partir do vespertino, segundo as indicacións devanditas do DCVB (s. v. arc). O refrán é rexistrado precisamente por esta obra, que engade unha variante para a última parte: “o\n«treu es cap a sa finestra»” [‘saca a cabeza á fiestra’]. Cómpre sinalar as formas dialectais fé (con asimilación consonántica da - s de fes), vages (por vagis) e as formas do artigo “salat” característico das Baleares. O ALDC rexistra no punto 81 (Felanitx, Mallorca) unha variante con elipse na mención do arco: Si surt es dematí, prenim bon camí; si surt es capvespre, demà farem festa. Non resulta precisa a previsión meteorolóxica nestes outros dous refráns: ¾ Arc de Sant Martí es matí, o fa ploure o fa aclarir. Localizado polo DCVB (s. v. arc) en Menorca. O ALDC rexistra en Es Migjorn Gran (Menorca): S’arc de Sant Martí | o fa ploure o fa espargir [‘escampar’]. Nótese o uso do artigo “salat”, procedente do latín ipsu. ¾ L’arquet de Sant Martí | va millor a la tarda que al matí. O ALDC recolle o refrán no punto 3 (Perpiñán, na Cataluña do Norte, baixo administración francesa). Por outra parte, do material inédito do ALEPG proceden diversas paremias portuguesas que responden a un paremiotipo de molde iberorromance en que riman tarde e balde (ou as formas prefixadas debalde, embalde): Arco da velha de tarde / não vem cá debalde (Portalegre 5 - Porto da Espada); Arco da velha de tarde / não vem em debalde (Portalegre 6 - Campo Maior); O arco da velha em tarde, não vem embalde (Beja 5 - Barrancos); Arco da velha à tarde, não vem embalde e de manhã, não vem em bem (Évora 2 - Alcáçovas). Cf. en Carrusca (1976: 244): Arco da velha à tarde [/] não vem cá debalde (e, ademais, coa variante em balde). Algúns refráns homólogos en galego: Arco da vella á tarde non vén de balde: se non trae chuvia, traerá aire ; atribuído por Vázquez Saco (2003: 154, núm. 3633) a un texto mecanografiado de Loureiro de Cotobade, así como a un manuscrito coa referencia de “Fraguas, Vida Gallega ”. Compárese co testemuño da mesma obra: Aire de Calde non traballa en balde (Vázquez Saco 2003: 153, núm. 3598); coa seguinte glosa: “Calde, parroquia inmediata a Lugo, hacia el sur. Trae agua”. En castelán Martínez Kleiser (1945: 42) rexistra Arco en la tarde, no viene en balde ; o mesmo autor, noutra obra (Martínez Kleiser 1989 [1953]: 56, núm. 5184), remite a Rodríguez Marín a variante sen artigo: Arco en tarde no viene en balde. E Rodríguez Marín (2007 [1926]: 45) recolle así mesmo o refrán, cunha glosa que indica a súa localización moi preto de Portugal: “Recogido en Higuera de Vargas (Badajoz). Observa que cuando sale el arco iris por la tarde, sobre todo, después de una tormenta con lluvia, mejora el tiempo”.\n3.1.2. Hoxe e mañá\n¾ Hoy arco, mañana charco. O ALEA (mapa 860. Arco iris) rexistra o refrán no punto Ma 406 (Málaga). Aínda máis sinxelo, e tamén con rima consonante, é o testemuño veciño de Gella (1944: 20): Arco, mañana charco (de Peñarrubia, Málaga). ¾ Arco de San Txuan | aigua [ha] sta demà. O ALDC (mapa 678. L’arc de Sant Martí) localiza este refrán híbrido en les Paüls (punto 93), na Ribagorza oscense, xunto á fronteira lingüística de tránsito entre o catalán e o altoaragonés. Do outro lado desta, na ribeira do Ésera, atopamos o espello fronteirizo na variedade do aragonés ribagorzano de transición ao catalán: Arco de San Juan, / aigua pa demán (Gomis 1998: 96, nota 34). O mesmo autor localiza nunha poboación desta ribeira, Santa Liestra, un refrán de feitura máis catalá: Arco de San Juan pel matí, / aigua de tarda pel camí ; e outro con predominio de elementos casteláns: Si sale el arco de San Juan, / prevén la capa per demán (ibídem). “Arco (de) San Juan es la respuesta más frecuente [recollida no ALEANR, mapa 1336] en Huesca”, segundo García Mouton (1984: 172).\n3.1.3. Poñente e levante\nOs refráns do arco ligados a estes dous puntos cardinais expresan frecuentemente a predición de mal tempo (choiva) e bo tempo mediante as tarefas da labranza cos bois no campo:\n¾ Se o arco de vella está para o poñente, ceiba os bois e vente; se está para o raiante, fala ós bois para adiante (ALGa, mapa 91. Arco da vella, nota 6; C.23: Rodís, Cerceda). ¾ Arco de vella pó poniente, recolle os bois e vente; arco da vella pó oriente, afálalle ós bois pa diante (ALGa, mapa 91, nota 7; C.35: O Outeiro, Sar, Santiago de Compostela). ¾ Arco al levante, no te espantes; arco al poniente, desunce y vente. O ALEA (mapa 860. Arco iris) rexistra o refrán no punto Al 600 (Carboneras). Cf. outro testemuño da Andalucía oriental: Arco al Levante, / labra y no espantes; / arco al Poniente, / coge la capa y vente ; localizado por Gomis (1998: 96, nota 34) en Quesada (provincia de Jaén). Nesta mesma rica nota ao pé, Gomis localiza en Osuna (provincia de Sevilla): Arco iris por levante, / levanta el tiempo al instante; / arco iris por poniente, / coge los bueyes y vente. Osuna é o lugar onde naceu o grande paremiólogo Francisco Rodríguez Marín, que entre os seus Cien refranes andaluces recolle, con grafía dialectalizante: Arco iris por lebante, -levanta er tiempo al istante. -Arco iris por poniente, -coge los güeyes y bente (Rodríguez Marín 1883: 7, núm. 15). Non parece, pois, caber dúbida sobre a fonte de onde bebeu Gomis, que escribe aínda nesta nota 34: “A la província de Jaén donen el nom de pata de cabra a un tros d’arc de Sant Martí que es veu de vegades entre núvols. Quan surt la pata de cabra, és senyal segur de pluja […]”. Outras patas de cabra recolle no centro peninsular o ALeCMan (mapa 971: Arco iris. Notas); en tres puntos da provincia de Ciudad Real: ¾ La pata cabra al poniente, desunce la yunta y vente (CR 408: Villahermosa). ¾ Si ves la pata cabra salir a poniente, desunce la yunta y vente (CR 605: Torrenueva). ¾ Si la pata cabra está al saliente, desunce la yunta y vente (CR 606: Villanueva de los Infantes). Son patas de cabra manchegas que responden a unha motivación esotérica similar á da localidade mallorquina de Sinéu, onde o ALDC (punto 76 do mapa 678. L’arc de Sant Martí) recolle como segunda resposta coll de cabra, acompañada desta explicación: “Quan només es fa mig arc”.\n3.1.4. A forza da rima\n¾ Arco da velha, chuva na quelha (ALEPG: Braga 3 -Vila Boa de Bucos; material inédito).\n3.2. Roibéns\nO DRAG exemplifica a entrada roibén co refrán Roibéns ó nacente, auga de repente ; e remite para a variante rubién, que define con dúas acepcións: (1) “Luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ó abrilo día ou ó atardecer, cando lles dá o sol”; (2) “Nubes de cor vermella ou encarnada que hai ó abrilo día ou ó atardecer cando as ilumina o sol”. Os indicios baseados na cor do ceo e as nubes nas primeiras e nas últimas horas de luz diúrna constitúen un motivo paremiolóxico que se remonta á Biblia (Mieder 1996: 61). Hoxe está moi ben representado no espazo románico (véxase en BADARE: Meteorología > cielo > arreboles), e ademais é coñecido noutras linguas, como a inglesa: Red sky at night, sailor’s [ shepherd’s ] delight; red sky in the morning, sailors take warnin g (Mieder 1996: 62). A estrutura dos refráns correspondentes aos roibéns recorda bastante á dos refráns do arco da vella (3.1): abundan as referencias contrapostas aos extremos da xornada diúrna (3.2.1), así como ao levante e ao poñente (3.2.2). Hainos tamén sen mención de lapsos cronolóxicos, por máis que só poden referirse aos crepúsculos matutino e vespertino (3.1.3). Algúns toman como referente o medio natural (mar, monte, topónimos: 3.2.4). E a grande maioría obedece así mesmo á forza da rima. Nas paremias galegas temos diversos derivados do latín rŭbeu (roibéns, rubéns, rubianas, rubieiras), do que proceden tamén as formas adxectivas royo (do aragonés) e [ mar / posta ] rocha / rotxa (do catalán de Valencia). De rŭbor, da mesma familia latina, sae o derivado romance * arruborar, disimilado en arrebolar ; e deste, o posverbal arrebol (arreboles, arrebolada) propio do castelán (DCECH, s. v. rubio). Outro representante latino da mesma familia léxica indoeuropea é rŭsseu, do cal provén o galego roxo. A cor especial do ceo inspira todas estas designacións, así como a cruenta imaxe da vaca desollada de diversos refráns casteláns. A personificación das nubes e a veciñanza con Galicia explicará as galleguiñas con refaixo rubio do refrán berciano que remata este apartado (3.2.5). 3.2.1. Final e principio da xornada diúrna ¾ Alba roya, viento o ploya. Refrán altoaragonés localizado en Jaca (punto Hu 107) polo ALEANR (mapa 1315. Significación atribuida a los arreboles de la salida o puesta de sol), que rexistra no punto Hu 109 (Yebra de Basa) estas variantes: Alba roya, viento y pluya ; ou viento y pluvia. ¾ Alba rubia, viento o lluvia. O mesmo mapa do ALEANR localiza o paremiotipo anterior, pero co cultismo rubia en lugar da voz patrimonial roya, nos seguintes puntos de enquisa: Na 300 (Pamplona), Na 400 (Artieda), Na 403 (Javier), Na 502 (Cascante), Na 601 (Arguedas), Z 400 (Las Pedrosas) y Z 402 (Zuera). En Te 102 (Muniesa): Alba rubia, o viento o lluvia. Gomis (1998: 93) localiza o refrán en Longares (provincia de Zaragoza): Alba rubia, / viento o lluvia.\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 3150 Cf. Aurora rubia, o viento o lluvia ; paremia rexistrada por Martínez Kleiser (1989 [1953]: 29, núm. 2625). Coa variante pluvia, de feitura culta ou latinizante, aparece na páxina 524 (núm. 45.932) da mesma obra, que toma o refrán de Correas (núm. 2378 da edición de Combet et al., 2000 [1627]: 112). Conde (2001: 115) atribúe ao galego este mesmo paremiotipo: Aurora roiba, ou vento ou choiva. ¾ Candilejo al anochecer, agua al amanecer. O ALEA (mapa 835. Arreboles) localiza o refrán no punto SE 406 (Paradas). O Vocabulario andaluz de Antonio Alcalá Venceslada (1980: 123) rexistra candilejo co significado de ‘roibén’. Outro testemuño andaluz é o de Gomis (1998: 100), que localiza en Peal de Becerro (provincia de Jaén): Candilazo al anochecer, / agua al amanecer ; e engade: “Igual cosa diuen a Sevilla i Madrid”. Candilazo que o DRAE define, na segunda acepción, como “arrebol crepuscular”. Candilazo e candilejo derivan de candil, que alumea, como o sol dos roibéns. ¾ Encarnado á cena, bon tempo espera. Refrán localizado polo ALGa (mapa 41b. Roibén) no punto A.3 (Porzún, Piantón, A Veiga), na raia de Asturias con Galicia. Nótese a forma cena, en lugar da normativa cea ; como neste outro rexistro do ALGa (mapa 41a. Roibén) na AstuII, 769, liñas 4349). O adxectivo rocha é tamén catalanismo (a partir de roja e co enxordecemento da palatal) destas falas castelás da Valencia interior e do Baixo Aragón. Cf. Mar rocha, agua en clocha (3.2.4b). ¾ Rubieiras pola mañá, pola tarde a capa mollada (ALGa, mapa 41a. Roibén ; punto O.8: Larouco). ¾ Tarde arrebolada, mañana mojada. Así, en Martínez Kleiser (1945: 42) e no repertorio navarro de Pejenaute (1999: 272). O ALEA (mapa 836. Arreboles vespertinos) rexistra no punto J 400 (Santiago de la Espada) unha variante cos substantivos en forma diminutiva: Tardecica arrebolada, mañanica mojada.\n3.2.2. Puntos cardinais a) Nacente\nc) Norte [?]\n¾ Rubiais al norte, agua al sur. Localizado polo ALBi (mapa 63. Luz de atardecer) en Tejedo [Teixeu] de Ancares, é un refrán insólito, pois os roibéns, asociados á luz do sol, acompañan a saída (leste) ou a posta (oeste).\n3.2.3. Sen implicación cronolóxica\n¾ Sol royo, viento u ploro. O ALEANR (mapa 1315. Significación atribuida a los arreboles de la salida o puesta de sol) atribúe a Santa Lecina (Hu 600) este curioso refrán en que ploro ‘choro’ se refire á coñecida metáfora da choiva. Trátase posiblemente do substantivo, e non da primeira persoa do presente de indicativo de plorar. ¾ Broma roja, [/] vent o ploja. Localizado por Gomis (1998: 99) na bisbarra catalá do Rosellón (baixo administración francesa). O ALDC (mapa 663. Els núvols ; 665. La pluja) recólleo en Perpiñán (punto 3), e a transcrición fonética da fonte reflicte a pronunciación como “u” do [o] pechado histórico, trazo que vincula o catalán máis setentrional co occitano: Bruma ruja, vent o pluja (en transliteración aproximativa). Entendemos aquí broma no sentido xenérico de ‘nubes’, propio da área pirenaica 5. Cf. o refrán homólogo do occitano aranés: Broma arroja, vent o ploja (CNLVA 1992: 22) e estoutro testemuño occitano na súa variedade languedociana: Brumo roujo, [/] Vent o ploujo (Mistral, s. v. brumo); en grafía normativa: Broma roja, [/] Vent o ploja. Por outra parte, o ALDC non inclúe un mapa específico sobre os roibéns, que sen dúbida tería amosado a grande difusión da paremia catalá Cel rogent, pluja o vent, que non atopamos no atlas. En cambio, e significativamente, acompaña como exemplo ilustrativo a entrada rogent [“Vermellós, s’aplica al cel”] do DIEC, o dicionario normativo do catalán. ¾ [La vaquilla (de)sollá] a los tres días remojá. O ALeCMan (mapa 938. Arreboles del amanecer) rexistra o refrán no punto CU 109 (Huete). Expresa tamén a predición de tres días de choiva esta variante extremeña: Vaca “soyá” y a los tres días “mojá” ; localizada en Oliva de\nla Frontera e comarca (da provincia de Badajoz) por Díaz (1991: 85). Na monografía de Zamora Vicente (1943: 143) sobre Mérida rexístrase unha variante ampliada: Vaca esoyá, a los tres días mojá; – si se ve en jueves, – a los tres días llueve. – Si es castiza, – desde el primer día atiza. ¾ Vaca morena, delante el sol, escuece la uña, regaña el pastor. O ALeCMan (mapa 938. Arreboles del amanecer. Notas) deixa constancia no punto AB 307 (El Bonillo) desta preciosa imaxe dunha “vaca morena”, que parece ter como substrato a menos plástica da “vaca desollada”.\n3.2.4. Con referencias ao medio natural\nO mar e o monte, o mar e a terra, ou referencias a topónimos, marcan a orientación dos roibéns e as consecuentes predicións meteorolóxicas. Os refráns galegos miran ao mar cara o seu poñente (a). En cambio, no levante peninsular, a mar rocha (‘mar roxo’) refírese ao leste, ao Mediterráneo (b):\na) Ámbito galego (e berciano)\n¾ Estando encarnado ó mar, colle os bois e vai labrar; estando encarnado ó monte, colle os bois e méteos na corte ; no ALGa (mapa 41b. Roibén), punto C.48 (Cabo de Cruz, Castro, Boiro). O mesmo mapa rexistra unha variante en P.12 (Fefiñáns, Cambados): Encarnado polo mar, colle os bois e vaite labrar; encarnado polo monte, colle os bois e ponos na corte. Tal como\nAragón, na provincia de Teruel, o mapa 1315 rexistra no punto Te 307 (Cedrillas): La mar rocha, agua en la clocha. Cf. Posta rotxa, auia.n clotxa no punto 3.2.1, e as referencias correspondentes a rocha e clocha.\n3.2.5. Personificación\n¾ As galleguiñas con refaixo rubio, sol seguro. A personificación de meteoros é unha das categorías que acolle BADARE. Ocupámonos deste aspecto tan suxestivo da cultura popular romance en Gargallo / Torres (2010). Neste caso, aínda que non o precise a fonte (ALBi, mapa 65. “Rubián” / Roibén), as galleguiñas con refaixo rubio deben de ser as nubes roxas que dende Dragonte, onde se recolle o refrán, se ven de cara á posta na Galicia raiana.\n3.3. Ceo ovellado e imaxes afíns\nA mirada ao ceo proxecta imaxes do hábitat da terra. As nubes compáranse con persoas (así, nas “galeguiñas con refaixo” de 3.2.5) ou con animais (vacas desolladas : 3.2.2a, 3.2.3). É moi frecuente a imaxe dun ceo con ovellas ou cordeiros, da que aquí ofrecemos unha mostra iberorromance (3.3.1), pero que ten abundante representación noutras áreas románicas (francés: Ciel vêtu de laine, eau peu lointaine ; italiano: Cielo a pecorelle, acqua a catinelle). A imaxinación popular ten creado ademais múltiples imaxes dun ceo a roquiñas, empedrado, a montóns, entre outras, que se asocian a obxectos e aspectos diversos do medio natural e da vida cotiá, como se verá nesta achega iberorrománica (3.3.2); e presenta homólogos tamén noutras áreas románicas (francés: Ciel pommelé, femme fardée / Ne sont pas de longue durée ; italiano: Aria a pane [/] se non piove oggi pioverà domane). Nas recollas de nomes de nubes, néboas e ventos por comarcas catalás que ten levado a cabo Albert Manent, hai centos de refráns con este tipo de imaxes, que Joan Veny (2009) catalogou por motivacións e afinidades formais.\n3.3.1. Imaxes ovinas e caprinas\n¾ Al cel cabretes, [/] a la terra bassetes. Así, en Gomis (1998: 101), que localiza o refrán na comarca do Campo [Camp] de Tarragona. O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) rexistra nos puntos 25 e 32 (respectivamente, Roses e Camallera, da comarca do Alto Ampurdán): El cel fa cabretes, la terra farà bassetes [‘balsiñas’]. ¾ Cel a borreguets, [/] aigua a cantirets. Trátase dun paremiotipo bastante difundido polo catalán peninsular. Gomis (1998: 101) rexístrao sen localización. Manent (2002: 19) asigna a variante con cantirets a Camarles e l’Aldea (comarca do Baix Ebre); e nas páxinas 54 e 55, á localidade de Molins de Rei (el Baix Llobregat). Así mesmo, noutra recompilación (Manent, 1999: 21), á comarca do Barcelonés. O testemuño do ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) para o punto 155 (Borriana, na Plana de Castellón) inverte os conceptos do refrán, por confusión do informante (segundo glosa a propia fonte): El cel a canterets, auia a borreguets. O mesmo ALDC recolle máis ao sur: El cel a borreguets | l’auia a canterets (la Font de la Figuera); ambos, co valencianismo auia. ¾ Cielo a carneros, agua a calderos. O ALEANR (mapa 1311. Cielo emborregado) localiza o refrán en Biel (Z 201), da provincia de Zaragoza. Na de Huesca (Hu 105: Berdún): Cielo a carneros, el agua a calderos. Cf. no repertorio oscense de Arnal (1997 [1953]: 31): Cielo a borregos [, ] agua a calderos. Pola súa parte, Gomis (1998: 102) atribúe ao Baixo Aragón: Cielo a corderos, / agua a calderos. Precisamente onde localiza o refrán Rodríguez Marín (2007 [1926]: 74). ¾ Ceo ovellado, chan mollado ; no ALGa (mapa 42a. Ceo ovellado), no punto C.25 (Xanceda, Masía); Ceu de lan, se non chove hoxe chove mañán (mapa 42b. Ceo ovellado), no punto C.17 (Cuíña, Traba, Laxe). Son dúas mostras de entre as moi numerosas paremias galegas que responden a esta imaxe e que recollen estes dous mapas. ¾ Cielo encabricao, a los tres días mojao ; no ALEANR, mapa (1311: Cielo emborregado), punto Cu 400 (Santa Cruz de Moya), localidade conquense nos lindeiros co enclave admistrativo valenciano do Rincón de Ademuz. Cf. Cielo empedrado, a los tres días mojado (3.3.2). 3.3.2. Outras imaxes, outras motivacións ¾ Al cel bassetes, [/] a la terra pastetes ; ‘balsiñas’ que se trasladan ao ceo; pastiñas de terra mollada. O refrán figura así en Gomis (1998: 101). O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) rexistra no punto 45 (Moià, el Bages): El cel fa bassetes, [/] a la terra hi ha pastetes ; e no punto 37 (Cruïlles, comarca do Baixo Ampurdán): Quan el cel fa bassetes, a la terra es fan pastetes.\n¾ Cel a roquetes [’roquiñas’] | aigua a canterelletes [‘botixiños’]. O ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat) localiza o refrán no punto 152 (Atzeneta del Maestrat). O DCVB atribúe ao valenciano a forma canterella. Cf. máis abaixo En el cel roquetes, a la terra bassetes. ¾ Cel borrugat, suelo mullat ; no ALEANR (mapa 1311. Cielo emborregado), punto Hu 404 (Tolva) da área catalanfalante de Aragón. En Benabarre [Benavarri], localidade aragonesa veciña, o ALPI (punto 613) recolle Cel borrugat, camp regat (Casanova 2004: 49). O adxectivo borrugat é variante con asimilación labial do tipo léxico berrugat ‘con berrugas’, que o DCVB localiza en Mallorca. Por outra parte, nótese o castelanismo suelo. ¾ Cel tavellat (‘ceo pregado ou arrugado’) é unha imaxe propia das Baleares: Cel atavellat, dintre tres dies banyat [‘mollado’]; o DCVB (s. v. cel) asigna o refrán a Menorca. A mesma obra (s. v. tavellat) localiza en Mallorca a variante Cel tavellat, dins tres dies banyat. Unha das acepcións que o DCVB consigna para tavella ‘pregue, enruga’ leva á de “núvol prim que sembla un doblec de roba, i que, en aparèixer en gran nombre cobrint el cel, sol esser senyal de pluja”\nbassets ; e máis ao sur, na de Alcora, punto 757 (co valencianismo auia): Cel a muntonets, auia 6 Agradezo a Joan Veny a indicación da posible entidade idioléctica de mukat, pois non resulta ser unha forma acorde coas características da variedade menorquina de Ciutadella.\nPG (Évora 4 - Nossa Senhora de Machede): Céu empedrado, dentro de três dias é molhado.\nO ceo “empedrado” é unha imaxe moi característica do ámbito iberorromance. Ten así mesmo representación no galego: unha das moitas variantes que recollen os mapas 42a e 42b (Ceo ovellado), escollida ao azar, é Ceu empedrado, chan mollado (42a, C.38: A Serra de Outes). Con-\n‘auga’. Outras localizacións sitúan o paremiotipo nas terras do Ebro: Cel a petxinetes, aigua a les bassetes en Mequinenza (provincia de Zaragoza), segundo o DCVB (s. v. petxineta) e o ALPI (punto 628) 7, que anota ademais no punto 629 (Maella, tamén da provincia de Zaragoza): Cel a petxines, aigua a badines (Casanova 2004: 49). Albert Manent (1997), na súa recolla das comarcas veciñas da Ribera de Ebro e a Terra alta, ofrece outras variantes: Cel a petxinetes, aigua per les bassetes (páx. 22); Cel a petxinetes, aigua a bassetes (páx. 28); Si lo cel és a petxinetes [, ] aigua a les bassetes (páx. 56). ¾ En el cel roquetes, a la terra bassetes ; en Es Migjorn Gran (Menorca), punto 71 do ALDC (mapa 656. El cel ennuvolat). Cf. Cel a roquetes | aigua a canterelletes. ¾ Está o céu às camadinhas, ou chuva ou sardinhas ; do material inédito do ALEPG (Beja 7 - Nave Redonda), que anota para o punto Faro 13, S. Marcos da Serra: “o mesmo, mas «em escaminhas»”. 7 Seguramente Manuel Sanchis Guarner, colaborador do DCVB e enquisador do ALPI en Aragón, sexa o responsable da coincidencia dese testemuño das dúas obras en Mequinenza.\n4. p aremioLoxía e territorio. a xeito de concLusión\nNos atlas lingüísticos os refráns son unha propina ocasional, máis ou menos xenerosa segundo os casos. Por iso, non se pode concibir un grande atlas paremiolóxico romance de segunda xeración, elaborado non a partir da enquisa directa, senón da colleita previa dos atlas de primeira xeración, á maneira do ALiR. Por outra parte, dada a complexidade estrutural e motivacional das paremias, tampouco parece factible a cartografía sistemática, nin sequera nun espazo mediano como o do galego ou o do catalán. En compensación, cabe ponderar a utilidade da base de datos BADARE, que acolle materiais de índole xeográfica procedentes tanto dos atlas románicos como doutras fontes.\nAs pertinentes buscas textuais, conceptuais, por variedades románicas, por fontes bibliográficas (vid. 1), permiten detectar, por exemplo, determinadas afinidades, mesmo áreas parémicas. Así, a do paremiotipo iberorromance en que riman tarde e balde (3.1.1); as dos refráns que presentan a imaxe do ceo “empedrado” (3.3.2); a do catalán setentrional Broma roja, [/] vent o ploja, que vai da man co occitano (3.2.3); un ceo (a)tavellat (‘arrugado’) ou con tavelletes (‘preguiños’), propio das Illas Baleares (3.3.2); a alianza de rima entre [ mar / posta ] rotxa e clotxa característica do valenciano e prolongada nas falas castelás veciñas (3.2.1 e 3.2.4b); a comunión transfronteiriza catalanoaragonesa dun Arco de San Txuan / Juan anunciador de auga para demà / demán ‘mañá’ (3.1.2); a imaxe cruenta pero suxestiva da “vaca desollada” na provincia de Badajoz e noutros lugares do interior peninsular, como Cuenca, Guadalajara e Albacete (3.2.2a, 3.2.3).\nAdemais, os comentarios adicionais das fichas de BADARE, en que se precisan as referencias bibliográficas de cada paremia e das súas posibles variantes, acollen con frecuencia datos dialectais ou xeolingüísticos que botan luz sobre aspectos concretos dalgúns refráns, como no seguinte exemplo:\nUnha das múltiples paremias que o folclorista Cels Gomis recolleu fóra do ámbito do catalán, probablemente no seu labor como enxeñeiro polas terras de España, é esta que localiza no Moncayo (por lóxica, refírese ás inmediacións da montaña que se eleva entre Aragón e Castela): Año zagüeñil [de poñente], / coge la capa y vete a dormir ; que confronta como sinónima da catalá Any de ponent, [/] any dolent [‘Ano de poñente, ano cativo’] (localizada en Figueres). Pois ben, o curioso adxectivo zagüeñil, do que unha busca en Google en xullo de 2010 me ofrece como único resultado precisamente este refrán de Gomis incorporado a BADARE, entendo que será derivado de zagüeño, variante (con equivalencia acústica: z/f) de fagüeño, que á sua vez o é (por outra equivalencia acústica: g/v ante semiconsonante velar “u”) de favueño (< latín favoniu). Baseo a miña interpretación no feito de que o ALEANR rexistre fagüeño en Mallén (Z301) e zagüeño en Tarazona (Z302) 8, puntos da provincia de Zaragoza; e Tarazona atópase nas inmediacións do Moncayo. Por outra parte, o DRAE localiza en Aragón a variante patrimonial fagüeño, que remite ao cultismo favonio, definido como “viento que sopla de poniente”. Con estas mostras, coido que se fai evidente o proveito científico derivado da relación entre paremioloxía e territorio, unha alianza conceptual que se inspira no espírito e o título do libro editado por Álvarez, Dubert e Sousa (2006), Lingua e territorio.\nAgradecementos\nAgradézolle a Rosario Álvarez a lectura do texto e os seus comentarios.\nPedrosa, José Manuel (1995): “«Si marzo tuerce el rabo, ni pastores ni ganados»: ecología, superstición, mito pagano y culto católico del mes de marzo”, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares L, 2, 227293. Pejenaute Goñi, Javier María (1999): Los Refranes del Tiempo de Navarra. Pamplona: Caja de Ahorros de Navarra."} {"summary": "Este artigo presenta os resultados preliminares dunha investigación sobre a actual situación sociolingüística de San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno, os tres pequenos concellos da provincia de Cáceres nos que coexisten, desde a Idade Media, tres variedades lingüísticas locais estreitamente asociadas co sistema lingüístico galegoportugués. Como exemplo de enclave lingüístico, esta comunidade constitúe un laboratorio no que observar a dinámica das variedades lingüísticas en contacto, as identidades, o mantemento e a substitución de recursos lingüísticos, as representacións sociais sobre as súas peculiaridades idiomáticas, etc. Neste artigo, presentamos unha análise das condutas verbais declaradas, así como das actitudes lingüísticas da mocidade da comarca, co obxectivo de afondar nos factores que continúan impulsando o proceso actual de mantemento das variedades locais. Os datos proceden dunha enquisa realizada ao universo do alumnado de máis de 10 ou máis nos tres concellos.\nA conclusión do noso traballo é que ao contrario do que ocorre en moitas comunidades de enclave, o Val de Xálima presentou tradicionalmente uns indicadores da vitalidade lingüística moi elevados, tanto pola consistente transmisión interxeracional como polo gran aprecio que a comunidade ten con respecto ás variedades locais. Con todo, este enclave está a afrontar os retos que supón o paso dunha economía tradicional a outra, aínda estruturais da rexión nas últimas décadas.", "text": "O enclave lingüístico de Xálima: unha análise sociolingüística framallo@uvigo.es\n\nEnclaves lingüísticos, Val de Xálima, mantemento e substitución lingüística, actitudes lingüísticas, política lingüística\nSumario\n1. Introdución. 2. As comunidades de enclave. 3. O enclave estremeño de Xálima. 4. Metodoloxía. 5. Resultados. 6. Situación legal e política lingüística. 7. Conclusión.\nContents\nEsta investigación foi financiada pola Secretaría de Estado de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación (ref. HUM200613621-C0403; título do proxecto Enclaves lingüísticos: recursos verbales, ideologías y comunidades: enclaves gallegófonos).\n1. I ntroducIón\nNos últimos 20 anos, o interese da lingüística románica en xeral, e da galega en particular, polas variedades lingüísticas do enclave estremeño de Xálima, contribuíu notablemente a ampliar o coñecemento das particularidades idiomáticas desta comunidade, achegando resultados substanciais que abriron novas liñas de investigación. No marco destes estudos sobre a lingua da comarca cacereña, iniciamos, en 2007, unha investigación sociolingüística dos tres concellos que conforman este territorio. Parte dos resultados dese traballo son os que o lector atopará nas páxinas que seguen.\nDurante o século XX, o enclave de Xálima foi amplamente estudado, con numerosas achegas nos últimos vinte anos (Alén do Val 2004; Carrasco González 2000; Costas González 1992a, 1992b, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2007, 2011; Fernández Rei, 2000; Gargallo Gil 1996, 1999, 2000, 2001, 2007; Maia 2000; Martín Galindo 1993, 1996, 1999, 2010; Rey Yelmo, 1999; Sartal Lorenzo 2007). Ademais da minuciosa descrición lingüística e etnográfica, en boa parte deses traballos visibilízase un debate, aínda non pechado, sobre as orixes e a adscrición lingüística do idioma usado nos tres municipios que conforman esta comunidade de fala. Malia que faremos unha breve referencia ao citado debate (§ 3), non é obxectivo deste traballo afondar nel, salvante no que respecta á autopercepción dos falantes con respecto ao mesmo.\n2. A s comunIdAdes de enclAve\nO interese da lingüística polas comunidades de enclave ten unha longa tradición, especialmente no ámbito da xermanística. De aí procede o termo Sprachinseln (“illa lingüística”, usado por primeira vez en 1847; véxase Rosenberg 2005; Mattheier 2001), que pasa ao inglés como language enclave (Riehl 2010: 335) e ás linguas románicas como enclave lingüístico.\nSeguindo a tradición xermánica, as achegas máis relevantes débense á dialectoloxía e á lingüística histórica, na busca, polo lado da primeira, dos trazos lingüísticos que perviven e, polo da segunda, dos que xa se perderon, con respecto ás comunidades nativas orixinais. Só recentemente os sociolingüistas interesáronse por estes laboratorios lingüísticos nos que, en poucos anos, teñen lugar procesos lingüísticos semellantes aos que nas linguas estandarizadas contemporáneas levaron séculos para completarse (Schirmunski 1930, citado por Rosenberg 2005) 2. Tales laboratorios, que permaneceron moito tempo no esquecemento, son un tipo especial de minoría lingüística no que estudar as dinámicas das linguas en contacto (reaxustes formais e funcionais, converxencia lingüística, nivelación dialectal, etc.), as identidades, o mantemento e a substitución lingüística, as ideoloxías e o valor atribuído ás linguas, etc.\nAínda que as comunidades de enclave non son homoxéneas nin social nin lingüisticamente, dando lugar a unha tipoloxía moi variada, en xeral podemos definir o enclave como unha comunidade lingüística minoritaria alóglota que foi separada do seu ámbito orixinal por motivos diversos (repoboación, emigración, catástrofes naturais, transformación económica, colonización, relixión, etc.) e que foi desprazada a áreas nas que xa había un asentamento lingüístico anterior 3. A diferenza doutras minorías lingüísticas (Anderson 1990; Edwards 1990; White 1991, Grenoble & Whaley 1998) a lingua da comunidade de enclave é orixinaria e está presente noutro territorio que se considera o “fogar da lingua” (language homeland, Mattheier 2001: 490), o que, con frecuencia, favorece a presenza dunha forma de identificación coa comunidade de orixe 4. Esta identidade común vese alimentada pola interacción de membros de ambas as dúas comunidades, ben mediante a emigración, ben mediante o retorno, ben mediante as estanzas educativas para os membros da comunidade de enclave, etc. Isto é o que Mattheier (2001: 491) chamou “conciencia de enclave lingüístico”. Tal conciencia permitiu o fortalecemento das particularidades culturais e lingüísticas, a pesar da presión da comunidade circundante:\nThe existence of a ‘language enclave consciousness’ is the reason why the normal process of intergenerational assimilation to the foreign language of the new environment is interrupted or retarded. Outside of language enclave constellations, this process of linguisticcultural assimilation and acculturation usually takes place within three or four generations (Mattheier 2001: 491)\nCon todo, nestes contextos, non sempre atopamos unha identidade nacional ou étnica de pertenza; isto é o que acontece, por exemplo, cando a comunidade de orixe está distante no espazo ou cando a separación temporal entre comunidade de orixe e enclave é ampla. Este é precisamente o caso do enclave estremeño de Xálima, cuxas orixes se remontan ao século XIII. Outro exemplo é o da comunidade alemá en Pensilvania, a cal deixou de ter contacto coa comunidade de orixe en 1775 (Mattheier 2001). 2 Na actualidade, as comunidades de enclave están a ser estudadas en moitas partes do mundo, tanto dende a perspectiva das linguas (enclaves do alemán, enclaves do hindí, etc.) como dende a perspectiva dos estados (enclaves lingüísticos en Italia, enclaves lingüísticos en EUA, etc.). Para unha revisión bibliográfica recente, véxase, por exemplo, Argenter (2008) para o catalán do Alguer, MaurerLausegger 2004, 2008 para Italia, Austria e Hungría ou Keel & Mattheier 2003 para os enclaves do alemán. Ademais, as comunidades de enclave tamén son abordadas dende saberes tan variados como a xenética (Nasidze et al. 2007; Stoneking 2006, entre outros) ou a economía (Chiswick 2008; Boyd 2009, entre outros). 3 Algúns autores prefiren falar de “colonias lingüísticas” (cf. Toso 2008, para os enclaves en Italia). 4 No caso das minorías xermánicas en Hungría, fálase, por exemplo, de “identidade flotante” (Mattheier 2001: 490).\nMoitas comunidades de enclave comparten unha singularidade de trazos con respecto ás comunidades circundantes: economía primaria, ás veces cunha emerxente terciarización (turismo); área xeográfica reducida, con frecuencia illada; redes sociais densas e endogámicas; identidade local diferenciada; bilingüismo, baixo ou nulo nivel de estandarización lingüística, diversidade dialectal; lingua propia marxinada politicamente, sen recoñecemento legal, etc. Mentres que algúns destes factores son os que explican o alto grao de mantemento lingüístico que encontramos nas comunidades de enclave, outros explican precisamente o contrario, a substitución lingüística e o abandono do patrimonio lingüístico da comunidade orixinaria (Clyne 1985, Deumert 2006, Kloss 1966). A partir da súa xénese, Junyent (2002) diferenza os seguintes tipos de enclaves:\n¾ Enclaves que son residuos dun continuo anterior. Son consecuencia da expansión de determinadas linguas e da conseguinte fragmentación e/ou desprazamento de pequenas comunidades que non foron asimiladas por esa expansión. ¾ Enclaves periféricos. Resultado da presión centrífuga das linguas dominantes. ¾ Enclaves superpostos. A súa orixe son os movementos migratorios. ¾ Illas lingüísticas. Caracterizadas polo seu illamento xeográfico coas comunidades do ámbito. ¾ Comunidades nómades. Grupos humanos que no seu desprazamento permanente conservan as súas linguas, que fan ademais a función do territorio.\nMaher (1991: 67), pola súa parte, reduce a tipoloxía a dous formatos: (1) enclaves de comunidades desprazadas (inmigrantes); e (2) enclaves de comunidades indíxenas que se viron ocupadas por comunidades foráneas nun proceso de expansión política. Neste segundo caso, os reaxustes formais e funcionais adoitan ser máis acusados que nos enclaves de inmigración. Dende unha perspectiva distinta, na tipoloxía de base xeográfica que White (1991) realiza das minorías lingüísticas, os enclaves estarían dentro do grupo 5 (de 10). Os representantes deste grupo caracterízase por (i) ser minorías absolutas en todos os territorios onde se atopan (non minorías únicas como o bretón, por exemplo); (ii) ter unha estrutura externa de contacto de non contigüidade xeográfica coa comunidade de orixe; e (iii) ter unha estrutura interna definida pola cohesión xeográfica. Por outro lado, non está claro o status como enclaves das minorías lingüísticas que se sitúan en estados diferentes pero limítrofes xeograficamente co estado no que a lingua é maioritaria (rusos en Letonia, húngaros en Transilvania e Eslovaquia, suecos en Finlandia, etc.). Paulston et al. (2007: 385) denominan a estes casos “minorías lingüísticas extrínsecas” nas que os seus membros, a diferenza de boa parte dos procesos de configuración de comunidades de enclave, “do not migrate or discolate [...]. Rather they become part of the new polity through legal measures”.\n3. o enclAve estremeño do v Al de X álImA\nO enclave de Xálima, situado na fronteira administrativa entre Cáceres, Salamanca e Portugal, é un territorio caracterizado por manter, cunha notable vitalidade, tres variedades lingüísticas locais estreitamente relacionadas co tronco galegoportugués, con algúns compoñentes leoneses e cunha relevante castelanización recente.\nsector en auxe, especialmente en San Martiño, que ten a categoría de Ben de Interese Cultural.\nXa que logo, demograficamente é un enclave de pequeno tamaño. Seguindo a tipoloxía de Vinokurov (2007), trátase dun enclave interno (subestatal) de tipo socioeconómico. É dicir, un enclave que non é nin independente nin xeograficamente externo con respecto ao Estado do que forma parte. Vinokurov (2007) distingue tres subcategorías dentro dos enclaves socioeconómicos: enclaves económicos, enclaves étnicos e enclaves relixiosos. Neste caso, estariamos ente un enclave étnico, cun asentamento no que se fala unha lingua e se manifesta unha cultura distintas das habituais no ámbito xeográfico e político. Esta lingua e esta cultura son os elementos que actúan como definidores históricos do colectivo por enriba doutras peculiaridades do contorno. De feito, no caso do enclave de Xálima, a lingua é o principal elemento de cohesión e de diferenciación dos habitantes fronte ao exterior (Martín Galindo 1999).\nAs orixes deste enclave foron obxecto de debate dende as primeiras décadas do século XX (véxase, entre outros, Leite de Vasconcelos 1927, 1933; Lindrey Cintra 1959; Maia 1977, Onís 1930). Aínda que na actualidade a discusión segue aberta (Costas González 1996, 2001, 2011; Gargallo Gil 1999, 2000, 2001, 2007; Maia 2000; Martín Galindo 1996, 1999; 2010), en xeral recoñécese que estamos ante o resultado dun repoboamento desas zonas, en tempos de Afonso VIII -rei de Galicia, León e Asturias, entre 11881230-, con colonos maioritariamente procedentes da zona oriental da Galicia medieval. Aceptar esta hipótese significa considerar un contexto duradeiro no tempo sen contacto lingüístico, o cal pode ser explicado principalmente polo illamento xeográfico e polo abandono secular destes territorios, que foron inaccesibles ata mediados do século XX. De feito, no resto dos territorios da actual provincia de Cáceres, menos illados e tamén repoboados polo rei cristián, a lingua dos colonos foi substituída polo castelán. En palabras de Lindrey Cintra (1959: 509):\nTemos, sem dúvida, nese falar, o resultado da impresionante persistência (e retardada evolução independente), em condições especiais de isolamento, de uma linguagem do século XIII, apagada, nas outras localidades ou zonas em que se falou, pelo português ou pelo castelhanoleonês invasor.\nUnha segunda hipótese considera a posibilidade dunha formación autóctona destas falas, como resultado da evolución do latín entre os pobos que habitaban o Val, o que, a diferenza da primeira, suporía unha situación de continuidade lingüística e demográfica con influencias das linguas de substrato anteriores á lingua de repoboación. Os indicios que permiten avalar este segundo suposto son moi fráxiles. En todo caso, cómpre destacar a presenza dalgúns topónimos de presunta orixe prerromana ou romana no territorio (García Oliva 1999; Martín Galindo 1999). Naharro Riera e Parra Sapo (1980) parten dun argumento diferente para xustificar a anterioridade destas falas á reconquista. Para eles, o feito de que San Martiño de Trebello manteña a fala, pertencendo a unha encomenda e a unha Orde militar (Malta) diferente á das Ellas e á de Valverde do Fresno (Alcántara), “demuestra que este dialecto es anterior a la reconquista por los cristianos y no procede de emigraciones de gallegos” (1980: 2) 6. 5 Datos a 1 de xaneiro de 2009, procedentes do Padrón Municipal (Instituto Nacional de Estadística). 6 Os tres lugares mantiveron tamén diferenzas administrativas históricas. A partir de 1833, As Ellas e Valverde formaron parte provincia de Cáceres, mentres que San Martiño mantívose como concello de Salamanca ata 1959. Ademais, Valverde sempre pertenceu á diócese de Coira mentres que As Ellas e San Martiño pertenceron, ata 1958, á de Cidade Rodrigo.\netc.) prefire falar de variantes dialectais de base portuguesa, en concreto do portugués do altobeirão de RibaCôa. Con todo, este mesmo autor sinalaba, anos atrás, que “los naturales hablan una arcaica lengua galaicoportuguesa” (1996: 377) ou que estamos ante “un islote de lengua y cultura de una variedad medieval galaicoportuguesa” (1996: 378). E nun traballo anterior chegaba mesmo a afirmar que a fala era “una lengua autóctona de raíces célticas” (Martín Galindo\nPara os autores galegos, estariamos ante falas claramente vinculadas co galego. Esta é a posición que defenden Costas González, nos seus traballos sobre a zona (vésase bibliografía), Fernández Rei (2000) ou Frías Conde (1997, 1999), entre outros. Sirvan os seguintes fragmentos como exemplos desta posición:\ntas falas, pertencentes sen dúbida ningunha ó tronco galaicoportugués, lingüisticamente teñen moito máis que ver coas falas galegas (e portuguesas setentrionais) que co portugués estándar (e falares portugueses veciños)”.\nDomené Sanchéz (2008) tamén somete a crítica o illamento como parte da explicación do mantemento lingüístico. Para él, o fenómeno hai que relacionalo preferentemente coas necesidades comunicativas nun escenario de repoboamento. Se o destino dos inmigrantes procedentes dunha mesma comunidade de fala era un lugar previamente despoboado, non había necesidade de negociar á interacción comunicativa e non se xeraba situación de contacto que puidese derivar en substitución lingüística. E isto é o que puido acontecer en San Martiño e en\nEn todo caso, o mantemento lingüístico puido deberse a unha conxunción de factores diversos: a homoxeneización do grupo, o seu relativo illamento, as prácticas endogámicas, as actitudes cara á lingua, o sentimento dunha identidade diferenciada, o recente movemento asociacionista, etc. Moitos destes factores teñen a súa orixe nos inicios do enclave pero a situación das últimas décadas, cun cambio económico que posibilitou novos modelos de vida social, unha maior exogamia, a apertura do territorio cara ao exterior, etc, incita a reflexionar sobre os novos desafíos aos que se enfronta a comunidade e sobre as medidas que deben levarse a cabo para reconducir a situación de susbtitución lingüística que comeza a detectarse.\n4. m etodoloXíA\nParticipantes\nA investigación que levamos a cabo no enclave de Xálima produciu datos triangulando técnicas diversas: entrevistas en profundidade, enquisa ao universo dos estudantes de 10 ou máis anos, grupos de discusión e traballo etnográfico. Como o obxectivo prioritario desta investigación era analizar os comportamentos e as prácticas lingüísticas en contexto, para poder describir e explicar axeitadamente os procesos de mantemento e/ou substitución de las variedades lingüísticas, un dos aspectos que analizamos é o da autopercepción dos comportamentos lingüísticos da mocidade. Para iso deseñamos unha enquisa que pasamos a todos os estudantes matriculados nos centros educativos dos tres concellos, abranguendo o universo total do alumnado matriculado en 6º de primaria e nos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Obtivemos\nInstrumentos\nO dispositivo utilizado para producir os datos foi un cuestionario, estruturado arredor de 19 preguntas, a través das que se mediron as seguintes variables dependentes: lingua inicial, competencia conversacional, usos lingüísticos, actitudes e ideoloxías lingüísticas e conciencia sobre a adscrición idiomática (véxase o apéndice). Como estratexia analítica, o cuestionario redactouse en galego, lingua que foi comprendida por practicamente todos os informantes. Apenas houbo que aclarar o significado dun par de palabras.\n5. r esultAdos\nComo acabamos de sinalar, o enclave caracterízase por unha situación histórica de mantemento das variedades lingüísticas locais. A práctica totalidade dos habitantes emprega a diario a lingua local, salvo con foráneos e nas relacións máis institucionalizadas, nas que se recorre ao castelán. Malia o dito, e derivado da penetración recente do castelán, o enclave atópase nos inicios dun proceso de substitución lingüística, con consecuencias tanto formais coma funcionais.\nPolo tamaño, pola alta homoxeneización sociodemográfica e pola mesta cohesión social, cada un dos municipios do enclave considérase unha intensa rede social múltiple e densa que garante o mantemento e a reprodución das convencións sociais, entre elas o uso das variedades vernáculas. Iso convírteo nun exemplo de comunidade lingüística local. Unha comunidade na que, a diferenza das comunidades lingüísticas estatais ou globais, “within a group of communicating people there is a process that produces a contrastive and positive sense of their participation in their own language community” (Silverstein 1998: 404).\nA vitalidade lingüística é moi notable, por dúas razóns fundamentais: dun lado, a elevada transmisión interxeracional e doutro unha actitude cara á lingua moi favorable. Esta segunda\nHai exemplos coñecidos do que acabamos de dicir. Así, a extraordinaria fragmentación lingüística de Papúa Nova Guinea -con máis de 800 linguas e co maior índice de diversidade lingüística do planeta (Greenberg 1956) 8 - explícase, alén de pola orografía e pola milenaria habitabilidade do territorio, sobre todo por unha actitude favorable cara ao mantemento identitario de cada comunidade a través da súa lingua (Foley 1986: 9; Kulick 1992: 2). De feito, no caso do enclave extremeño, ademais do seu illamento, nos últimos anos tamén se constata unha actitude moi favorable cara ás variedades locais, que son o elemento central na súa construción identitaria como grupo e na cohesión social dunha comunidade. E nada nos fai pensar que isto non fora así dende os inicios medievais do enclave.\nAnalizamos a continuación os datos máis relevantes da enquisa citada, incidindo na lingua inicial, na competencia conversacional, nas actitudes lingüísticas e na percepción da adscrición lingüística.A familia segue a ser a principal axencia de reprodución lingüística (táboa 2). Un 79% tivo unha exposición familiar alta na lingua local, pero, agora, en moitos casos xa en contextos bilingües (40.3%). O castelán foi a lingua inicial exclusiva do 20% dos informantes. Hai diferenzas\nEstes datos contrastan cos dalgunhas enquisas feitas anteriormente 10. Nos datos recollidos en 1994 (Sóñora Abuín et al. 1996), o 100% da poboación podía falar nas variedades locais, fronte ao 10% que agora afirma ter dificultades para manter unha conversa na fala. Pola súa parte, Martín Galindo (1993) debulla unha poboación cun alto descoñecemento do castelán. Segundo os seus datos (só da poboación de San Martiño), o 54% afirmaba que descoñecía ou falaba mal o castelán cando tivo o primeiro contacto co sistema educativo, porcentaxe que chegaba ao 81.3% nos que tiñan entre 41 e 60 anos e reducíase ata o 37.5% nos menores de 20. Lembremos que este último grupo é o que utilizamos no noso traballo como informantes. Xa que logo, nos últimos 15 anos, o coñecemento do castelán universalizouse na poboación máis nova da comarca, sendo a escola a principal axencia de produción dese idioma.\nRespecto da lingua habitual e da lingua utilizada nalgunhas prácticas lingüísticas específicas, os resultados figuran na táboa 4. Cómpre salientar o seguinte:\n¾ Tocante á lingua habitual, o 54.4% dos escolares utiliza só ou preferentemente a fala, o 21.1% utiliza por igual as dúas, e o 24.4% utiliza só ou preferentemente o castelán.\nIsto confirma que a escola segue a ser a principal axencia de non reprodución lingüística. Dados os cambios sociolingüísticos que se están a detectar no enclave, é cada vez máis urxente que se dean os pasos necesarios para instaurar plenamente o vínculo escolalingua materna. Na lingua habitual, hai algunhas diferenzas segundo o concello de residencia. O alumnado procedente de As Ellas é o que máis utiliza a fala, mentres que o de Valverde é o que está máis castelanizado. A comparación dos nosos datos cos doutra enquisa realizada en 1992, tamén entre a poboación escolar, pon de manifesto que o proceso de substitución lingüística avanzou significativamente (táboa 5).\nAsí pois, nas interaccións familiares, a penetración do castelán en só 15 anos foi moi notable. O uso da lingua vernácula segue sendo predominante nos tres lugares do enclave pero as prácticas bilingües incrementáronse moito. Esta situación permite diagnosticar o proceso de substitución e obriga a reformular as accións de dinamización. Se a tendencia continúa nese sentido, o castelán irá ocupando pouco a pouco as interaccións máis informais e o proceso de\n¾ As opinións máis favorables céntranse en enunciados xeneralistas e abstractos, que apelan a recoñecementos xenéricos e a valoracións emotivas: diversidade lingüística, orgullo de 11 Ademais, este proceso de castelanización apréciase tamén no conxunto da poboación. A principios dos anos 90, o 95% da poboación utilizaba exclusivamente as linguas locais para relacionarse cos seus veciños (Martín Galindo 1993).\nTrátase de actitudes de resistencia, xa que hai moita conciencia dos riscos que supón a globalización e a apertura a novas redes comerciais que comeza a producirse. Valoran moi positivamente o recoñecemento exóxeno das súas particularidades culturais porque son conscientes de que se abren novas posibilidades de traballo, que reducirán o continuo goteo migratorio dos seus pais e avós. Pero son tamén conscientes de que isto terá algúns riscos para a súa lingua. Por iso, son partidarios de promovela con máis forza e con novas estratexias que prolonguen a súa vitalidade, como a posibilidade de introducila no sistema educativo. O mercado laboral tradicional esixe o dominio das variedades vernáculas pero tampouco queren quedar fóra das novas oportunidades económicas. O apoderamento da comunidade pasa, en certo sentido, polo mantemento das variedades lingüísticas locais.\nA maioría da mocidade xustifica a introdución da lingua no sistema educativo. Practicamente todos se senten orgullosos da súa identidade lingüística e son partidarios de promover a súa escrita, aínda que son moi conscientes de que non é unha tarefa doada. A demanda de protección lingüística por parte das autoridades da rexión é xeneralizada tamén, sobre todo dende que a lingua ten un recoñecemento institucional.\nComo dixemos, a lingua é o elemento definitorio da identidade local. No enclave funciona unha dobre adscrición identitaria: dun lado, nas súas relacións co exterior, a maioría defínense como falantes da fala mentres que internamente aparecen barreiras identitarias, consecuencia de que cada grupo se identifica claramente coa variedade lingüística propia de cada un dos tres lugares. É moi frecuente entre os habitantes a verbalización das diferenzas lingüísticas entre unhas\nvariedades outras. Os falantes acumulan coñecementos fonéticos e léxicos sobre a variación lingüística e utilizan eses coñecementos na súa construción identitaria (Sullivan 2006). A falta dun estándar contribúe a lexitimar unha concepción de autoridade para os falantes de cada un dos tres lugares. É un exemplo de folk linguistics que permite elaborar representacións sociais a partir da lingua que fala cada un dos grupos. O exemplo máis claro é o estigma que os propios falantes de Valverde utilizan ao referirse á súa lingua. Din que entre eles falan “chapurreau”, autoglotónimo que reforza unha forma menos purista e máis castelanizada que a que se pode encontrar nos outros dous lugares. Os mozos prefiren substituír esta denominación polo xenérico “A Fala ” ou polos nomes de cada lugar: valverdeiro, lagarteiro e mañego.\nEsta falta dun estándar non imposibilita que entre os mozos entrevistados o uso da lingua vernácula nas novas tecnoloxías estea moi estendido. É xeneralizada a súa presenza nas mensaxes de móbil e tamén hai blogs nos que a lingua ten unha forte presenza. Outras expresións culturais, como a música, tamén teñen unha cota importante na lingua do enclave. Hai un grupo de rock que utiliza as variedades locais como unha forma máis de expresar a súa lealdade comunitaria. Esta lealdade lingüística é tamén un elemento cohesivo entre os estudantes, de tal maneira que se manifestan sancións sociais para aqueles nos que se percibe un cambio de lingua.\nEstes datos contrastan cos atopados nas enquisa anteriores. Así, na elaborada por Martín Galindo (1993, apud 1999: 341) entre a poboación de San Martiño, o 66, 6% consideraba que estamos ante unha lingua autóctona, un 20% adscribíaa ao portugués e un 13, 3% afirmaba que se trata dun dialecto do castelán. Máis semellanza cos nosos resultados atopámolos na distribución que se recolle en Costas González (1999: 102). Entre os seus informantes, o 22% opina que é unha mestura entre galego, portugués, leonés e castelán; o 21% emparenta a fala co galego; o 13% co portugués; o 15 co asturleonés e o 11% fala de mestura entre galego, portugués e asturiano. Finalmente, un 18% non o ten claro. A comparación con Martín Galindo (1993) débense non só a obvias diferenzas mostrais, que tamén as hai con Costas González (1999), senón tamén as opcións de resposta posibles.\nEn todo caso, o que resulta interesante é a diversidade de opinións que hai nunha poboación tan homoxénea e compacta. A poboación en xeral, e a mocidade en particular, mostra niveis de inseguridade comprensibles, de termos en conta que tampouco hai unanimidade entre os especialistas, como sinalamos anteriormente.\n6. s ItuAcIón legAl e polítIcA lIngüístIcA\nEstremadura non foi sensible ás posibilidades que lle ofrecía o artigo 3.2 e no seu Estatuto de Autonomía (1983) non hai referencia explícita ás diversidade lingüística, máis aló dun artigo que remite xenericamente á potenciación das peculiaridades culturais do pobo estremeño. Dende un punto de vista xurídico, o feito de ter obviado esta realidade, obriga a aterse ao ditado na CE no seu artigo 3.3 e das posibilidades que entraña a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, tendo en conta os informes relacionados con España nos que se recollen tamén recomendacións para mellorar a situación d’A fala 12.\nEn 2001, a Consellaría de Cultura aproba unha declaración oficial que recoñece A fala como un Ben de Interese Cultural. Aínda que como tal declaración carece de valor xurídico, nela podemos ler:\nLa lengua pertenece a los hablantes, «A Fala» pertenece a los habitantes de estas tres localidades y han de ser ellos los que digan cómo desean practicarla, en qué medida y con qué limitaciones. No puede dejar de reconocerse, en este ámbito, la gran importancia que las diversas asociaciones que existen en la zona, llenas de dinamismo y entusiasmo, han ejercido con el fin de proteger el patrimonio lingüístico y en suma, el patrimonio cultural. En 2008, o departamento de cultura estremeño convocou un concurso oficial para a contratación dos servizos de materialización da redacción dun proxecto museolóxico do Museo “ A Fala ” en San Martiño de Trebello. O obxectivo é crear un centro de interpretación que sirva como referencia para o turismo da zona. 12 Os datos relacionados coa fala que aparecen no terceiro, e por agora último, informe (20062009) están accesibles en http://www.coe.int/t/dg4/education/minlang/report/PeriodicalReports/SpainPR3_es.pdf\nA realidade é que non podemos dicir que exista unha verdadeira política lingüística de arriba abaixo. O recente recoñecemento institucional cara á lingua deste enclave non tivo ningún efecto na protección e, sobre todo, na promoción dos dereitos lingüísticos dos falantes do Val. Sirva como exemplo a situación diglósica que encontramos. O uso da lingua é moi elevado na maioría dos dominios agás nos servizos públicos, fundamentalmente no sistema educativo e tamén nas cerimonia relixiosas.\nA lingua da aula é o castelán en todos os niveis educativos: infantil, primaria e secundaria. Todos os profesores, a excepción dun, proceden de fóra dos tres municipios e, aínda que algúns teñen unha aceptable competencia na lingua, non se usa. O alumnado acepta esta situación diglósica con naturalidade aínda que, dende hai uns anos, as actitudes cara a esta práctica están a cambiar e, como veremos máis adiante, valórase moi positivamente que a súa lingua acceda tamén á escola na súa dimensión formal.\nDe todos os xeitos debemos ser cautos á hora de formular iniciativas como esta, principalmente porque a lingua carece dun estándar. Á dificultade inherente que leva consigo a creación dunha variedade unificada, hai que engadir que as tres variedades teñen certas diferenzas e, sobre todo, que os falantes de cada unha delas se recoñecen como falantes exclusivos e, en certo sentido, existe unha deslexitimación das variedades veciñas. Neste punto, convén recordar que cada unha das variedades ten o seu propio autoglotónimo: mañegu, lagarteiru e valverdeiru. Ademais, dende as elites que promoven a creación dun estándar, hai tensións e desacordos. A día de hoxe, non é doado encontrar un consenso arredor da solución normativa. O abano vai dende estender as propostas normativas do galego estándar, ao portugués estándar, pasando por unha norma endóxena (Gargallo Gil 2007; Costas González 2011). Debido á falta de acordo, a expresión escrita realízase na variedade propia de cada autor.\nO ámbito da investigación recente tivo tamén unha gran repercusión no enclave. Dende que nos anos 90, estudosos de distintas partes interesáronse polas linguas deste enclave, a comunidade viuse recompensada. O feito de ser un territorio de tamaño reducido posibilitou que os resultados do traballo dialectolóxico e sociolingüístico realizado transcendesen á comunidade. Isto propiciou o reforzamento da lealdade lingüística, o orgullo de saberse diferentes e un capital cultural que cada vez se aproveita máis. A visita ao enclave pon de manifesto que hai un sentimento común de valorización dunhas variedades que tradicionalmente estiveron proscritas, desacreditadas e que para os propios falantes non deixaron de ser variedades desprestixiadas. Agora, a situación comeza a inverterse. Ao lado do prestixio social que, obviamente, ten o castelán, a comunidade comeza a ser consciente de que as súas formas de falar atraen cada vez a máis xente do resto de Estremadura, que sente curiosidade por escoitar a sonoridade de “esa outra lingua de Estremadura”. A lingua convértese nun elemento central no apoderamento do enclave e o coñecemento local comeza a reestruturarse despois de moitos séculos de illamento (Canagarajah 2005). Esta reestruturación ten tamén consecuencias na construción identitaria. A\nasunción de novos roles para a lingua levou consigo un axuste identitario, no sentido de que os falantes se senten diferentes porque agora son conscientes de que falan unha lingua distinta. A propia web do concello de San Martiño considera a lingua como un “valioso sanatorio lingüístico para os estudantes do Bacharelato e Universidade que pasan nel estanzas de estudo e convivencia”. Interésanos remarcar o sintagma “sanatorio lingüístico” pola referencia semántica que conleva.Durante os últimos 15 anos, dende Galicia organizáronse eventos de distinto tipo patrocinados polo departamento de Política Lingüística. Isto contribuíu ao recoñecemento desta riqueza lingüística mais, ao mesmo tempo, parte das elites locais, viu este tipo de accións como unha intromisión. Isto xerou un novo desencontro que non contribuíu á necesaria cohesión social, tan necesaria nestes momentos.\nRecentemente, constátase un emerxente turismo lingüístico cultural. O enclave comeza a ser un obxecto de consumo, unha commodification (Fairclough 1992). Ademais de achegárense á zona para gozar das súas moitas posibilidades de descanso e de aproveitamento dos recursos naturais, entre os visitantes comeza a detectarse unha emerxente demanda de produtos lingüísticos. Isto permitiría un modelo de mantemento que Dorian (2004: 454) denominou “assertive language maintenance”. Segundo esta autora, este modelo de mantemento dáse cando un grupo logra, antes de que a substitución lingüística se complete, un avance económico a través da educación ou a través do desenvolvemento de recursos destinados ao turismo. Para Dorian (2004: 445) “economic sucess can produce enough psychological confidence among stillbilingual speakers to encourage assertion of their ethnolinguistic identity and to the right to use their heritage language more widely, incluiding in education”.\n7. c onclusIón\nO mantemento das variedades locais e a súa ampla vitalidade social baséanse, en primeiro lugar, na acción de varios factores macrosociais (económicos e sociodemográficos), entre os que destacamos a estabilidade da poboación residente, a escasa inmigración foránea e unha economía local sustentada na agricultura e no intercambio comercial con Portugal. Tamén debemos engadir un relativo illamento xeográfico, derivado da orografía do seu emprazamento e das deficientes comunicacións terrestres. E non podemos esquecer as recentes propostas asociativas e a creación dun clima social favorable orientado a valorizar a lingua propia, semellante ao que atopamos noutras comunidades de enclave (Viikberg 2002).\nA este respecto, a poboación nova do enclave manifesta unha tendencia a valorar moi positivamente as súas variedades lingüísticas. O interese pola súa conservación, e mesmo polo seu recoñecemento oficial en Estremadura, semella derivar do forte vínculo afectivo e identitario con estas variedades.\nNon obstante, na actualidade, este enclave enfróntase aos desafíos que formula unha produción económica emerxente baseada, por un lado, no recoñecemento interno e foráneo da súa particularidade idiomática e, por outro lado, nunha maior intensidade de intercambios co seu ámbito máis próximo debido aos cambios estruturais da rexión nas dúas últimas décadas.\nMalia iso, o enclave estremeño está nun momento crucial para o seu futuro. Dun lado, os datos apuntan a unha redución funcional e formal das variedades vernáculas. Doutro lado, hai unha ausencia de medidas de planificación de arriba abaixo e de abaixo arriba que incida na recuperación da vitalidade lingüística tradicional, especialmente as que teñen que ver coa promoción da lingua no sistema educativo. Xunto a isto, hai signos positivos que debemos valorar: a conciencia, case xeneralizada, de que é necesario construír unha comunidade cultural que axude a saír do atraso económico no que vive a maioría da poboación. O cambio de modelo produtivo debería desembocar na creación dun novo espazo económico no que o turismo lingüístico cultural vaia tendo cada vez unha maior importancia. Para iso, é necesario un liderado interno que nestes momentos non existe.\nAgradecementos\nAgradezo os comentarios dos dous informantes anónimos que avaliaron unha versión previa deste artigo.\nr eferencIAs bIblIográfIcAs Alén do Val, Asociación Cultural (2004): Fala e Cultura d’Os Tres Lugaris. Noia: Toxosoutos.\nA péndIce. c uestIonArIo Cuestionario Enclaves Lingüísticos\n1. Por favor, introduce a data de hoxe 2. Sexo  1. Home  2. Muller 3. ¿Cantos anos tes? 4. ¿Onde naciches?  1. San Martín de Trebello  2. As Ellas  3. Valverde do Fresno  4. Outro 5. ¿Onde vives?  1. San Martín de Trebello  2. As Ellas  3. Valverde do Fresno  4. Outro\nNº de cuestionario……………………………………… Concello…………………………………………………\n6. ¿En qué curso estás?  1. Terceiro ciclo Primaria  2. Primeiro da ESO  3. Segundo da ESO  4. Terceiro da ESO  5. Cuarto da ESO 7. ¿Cal é a profesion do teu pai? 8. ¿Cal é a profesión da túa nai? 9. Ademais do castellano, ¿cómo denominas as outras linguas se falan na zona onde ti vives?  1. Valverdeiro, lagarteiro ou mañego  2. Fala  3. Galego de Estremadura  4. Estremeño  5. Portugués  6. Asturleonés  7. Outras 10. ¿Podes manter unha conversa nas seguintes linguas? 1. Moi ben 2. Ben 3. Regular 4. Mal 5. Moi mal Lingua Nivel Valverdeiro, lagarteiro ou mañego / Fala 1 2 3 4 5 Portugués 1 2 3 4 5 Castellano 1 2 3 4 5 11. ¿En qué lingua aprendiches a falar? [podes marcar varias]  1. Valverdeiro, lagarteiro ou mañego / Fala  2. Castellano  3. Outras\n2. Máis castellano que fala\n4. Máis fala que castellano\n5. Só a fala\n5. Só a fala 14. ¿En qué lingua falas cos teus compañeiros na escola?\n2. Máis castellano que fala\n17. ¿En qué lingua escribes habitualmente?  1. Só o castellano\n2. Máis castellano que fala  3. Igual castellano e fala\n4. Máis fala que castellano  5. Só a fala 18. ¿Ónde aprendiches a falar castellano?  1. Na casa\n2. Na escola\n3. Cos veciños\n4. Cos amigos 19. ¿Cal é a túa consideración sobre as linguas d’Os Tres Lugaris?  1. É unha variedade de portugués  2. É unha variedade de castellano  3. É unha mestura de castellano, portugués e outras linguas  4. É unha variedade de galego  5. É unha lingua autóctona\n6. É unha variedade de asturleonés  7. Outra MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!"} {"summary": "Este traballo ten dous obxectivos principais: por un lado, analizar o Vocabulario que o escritor Manuel Leiras Pulpeiro enviou á Real Academia Galega co fin de contribuír á confección do dicionario que esa institución comezou a publicar en 1913 e deixou inconcluso en 1928; por outro, coñecer o alcance das súas achegas a esta obra tan relevante na lexicografía galega e o modo en que se trataron eses datos. Como é sabido, o dicionario académico estaba chamado a ser o gran repertorio léxico da lingua galega, polo que a Academia utilizou abundantes e diversos materiais como fontes; entre eles, o citado Vocabulario, que ten unha importancia non suficientemente ponderada ata o momento. A análise de diferentes documentos e o cotexo de ambos os dous repertorios permitirá dilucidar en que medida e de que xeito se plasmou esa contribución que, como se verá, resultou moi fructífera para o texto académico. Para rematar, abórdase brevemente a transmiLeiras Pulpeiro’s Vocabulario and its contribution to the Dictionary of the Royal Galician Academy (19131928) and to later lexicography, ISSN 1989578X\nEste artigo enmárcase no proxecto Fuentes de la lexicografía gallega del siglo XIX y principios del XX, financiado polo Ministerio de Educación y Ciencia e os fondos FEDER (HUM200507473-FILO), do que María Dolores Sánchez Palomino foi Investigadora Principal.", "text": "dolores@udc.es\nI ntroducIón\nCando en 1986 Pérez Pascual e Tato García editaron o Vocabulario de Leiras Pulpeiro (en adiante VLP), facíanse eco das palabras do profesor Pensado sobre a urxencia con que debían revisarse os materiais que foron conformando a lexicografía galega desde os seus inicios. Lamentaban asemade o estado case ermo da lexicografía galega por aquela época. Vintecinco anos despois cómpre dicir que o panorama cambiou moitísimo. Polo que se refire á elaboración de repertorios lexicográficos, contamos xa con numerosos dicionarios monolingües de todo tipo (manuais, escolares, de dúbidas, fraseolóxicos…), enciclopedias universais 1 etc. A lingua galega incorporouse de cheo á lexicografía bilingüe e multilingüe, de xeito que hoxe podemos consultar as equivalencias existentes non só entre galego e castelán, senón tamén entre o galego e as outras linguas peninsulares, ou entre galego e inglés, italiano, francés ou xaponés, por exemplo. Especial mención merece o labor desenvolvido pola Real Academia Galega, tanto na liña bilingüe coma na monolingüe 2 e noutras ramas da lexicografía. Tamén se avanzou considerablemente no terreo da terminoloxía 3. Ademais, en todos estes ámbitos a lexicografía galega está plenamente incorporada ás novas tecnoloxías.\nÉ evidente que queda moito camiño por recorrer, pero no eido da lexicografía o ritmo é inevitablemente máis lento do que se desexaría porque o volume de material con que se traballa é inmenso. Aínda que xa dispoñemos da versión “definitiva” do Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa 2004), faltan o dicionario xeral normativo, o dicionario etimolóxico e histórico etc., pero a meirande parte destes proxectos, como outros moitos de grande envergadura, están en marcha 4. No relativo á historia e á crítica lexicográficas, o avance foi igualmente significativo. Tamén aquí cómpre destacar o papel da RAG na publicación de numerosos repertorios felizmente recuperados e postos á disposición do gran público 5. O volume de estudos sobre a lexicografía galega é xa importante, aínda que tamén falta, por suposto, moito por facer. Neste ámbito é precisamente onde se enmarca o traballo que presentamos a seguir. No VI Congreso Internacional de Estudios Galegos (La Habana, 1721 de abril de 2000), expuxemos xa un relatorio, redactado por un grupo de investigadores do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, sobre a achega de numerosos materiais léxicos para a elaboración do inacabado Diccionario gallegocastellano da institución académica que, como é sabido, se publicou entre 1913 e 1928 (Cambre García et al. 2000). A importancia da empresa 1 Referímonos en concreto aos 16 volumes da Enciclopedia Galega Universal (EGU), publicada en Vigo por Ir Indo Edicións entre 1999 e 2006, que dispón xa dunha versión electrónica (http://www.egu.es). 2 No 1990 esta institución publicou o primeiro dicionario académico completo, elaborado conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, aínda que presente un volume de entradas reducido (Diccionario da lingua galega (DLG), dirixido por Constantino García). Posteriormente, no 1997, publicou o Diccionario da Real Academia Galega (DRAG97), dirixido por Constantino García e Manuel González González, cunhas vintecinco mil entradas, que supuxo un fito na lexicografía galega pola súa metodoloxía moderna e rigorosa. Actualmente atópase en fase de elaboración o Dicionario xeral da lingua galega. 3 É obrigado mencionar a creación en 1997 do organismo Termigal, froito dun convenio entre a Real Academia Galega, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) e a Xunta de Galicia, que deu xa abundantes froitos. 4 Nesta liña de grandes proxectos cómpre citar o labor de diferentes grupos de investigación das tres universidades galegas, así como o levado a cabo no CRPIH (caso da fraseoloxía) e no ILG. Neste último centro desenvolvéronse proxectos como o Diccionario de diccionarios, o Tesouro Informatizado da Lingua galega (TILGa), o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILGa) ou o Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval (DDGM), ademais do mencionado VOLGa, este conxuntamente coa RAG. Unha vez rematado este artigo, apareceu tamén o Dicionario de pronuncia da lingua galega (Regueira 2010). 5 Nas dúas últimas décadas, a RAG publicou na súa revista, Cadernos de lingua, con cadanseu estudo, repertorios como o de Pondal (Gómez Clemente / Arias Freixedo 1990), o de Reguera (Pensado 1995), o de Payzal (Ferreiro Fernández 1994), o Suplemento ao Dicionario de Valladares (García Ares 2000), o Vocabulario de Pintos (Neira / Riveiro 2000), o Vocabulario de Soneira, de Francisco Romero Lema (Rei Lema 2000), e o Vocabulario do Bacharel Olea (Pensado 2003), que fora editado con anterioridade por Filgueira Valverde (1947). Outra publicación do mesmo teor é a monografía que recolle o dicionario de Porto Rey (Bugarín López / González Rei 2000).\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 137169\nacometida pola Academia merecía e merece unha consideración especial. En primeiro lugar, por tratarse da obra dunha institución que desempeña un papel fundamental na codificación lingüística; en segundo lugar, polo ambicioso do proxecto, que pretendía abranguer o maior volume posible de léxico, común e dialectal, antigo e moderno, oral e literario, proxecto que, de chegar ao seu fin, sen dúbida situaría o galego en posición máis parella á doutras linguas románicas “de prestixio”. Se a isto lle engadimos o valor dos resultados acadados e a súa repercusión na lexicografía posterior, queda máis que xustificado o interese que este di cionario esperta entre os investigadores. No traballo mencionado analizouse o proceso polo que se foron facendo esas achegas, antes do comezo da elaboración do dicionario e durante a mesma, e deuse conta de numerosas contribucións relevantes. Quedaba para traballos sucesivos o estudo da pegada efectiva desas fontes no dicionario académico, tarefa que pretendemos realizar parcialmente aquí. En concreto, cinxirémonos á pegada que sobre o dicionario académico tivo o VLP. Para levar a cabo o estudo, é necesario ter previamente un coñecemento adecuado dese Vocabulario, labor ao que dedicaremos os apartados 2, 3, 4 e 5.\n2. A chegAdA do VLP á AcAdemIA 6\nManuel Leiras Pulpeiro (18541912), considerado un escritor con gran dominio da lingua e moi apegado á fala e á literatura popular, gozou dun importante recoñecemento xa no seu tempo, non só pola súa actividade intelectual e cívica, senón tamén polas súas calidades humanas e profesionais como médico. A pesar de ter unha escasa obra publicada, non é de estrañar que no momento de constituírse a Academia Galega fose unha das persoas propostas para converterse en membro numerario da mesma. Non obstante, Leiras non puido aceptar esta distinción por razóns de saúde, se damos creto á noticia do BRAG (1925, 205-1906: 3) 7, pero xa desde a primeira mención que se fai ao autor hai referencias explícitas ao seu Vocabulario: “Este señor, por enfermedad, no aceptó el cargo, ofreciendo mandar la colección de papeletas que tiene reunidas, cosa importante, por ser persona enteramente conocedora del gallego”. De xeito que Leiras mostra desde o primeiro momento a súa disposición favorable para colaborar na confección do dicionario coa xenerosa doazón do léxico que tiña recollido. Isto indícanos que as relacións entre Leiras e os impulsores da Academia eran boas 8. Doutra banda, o parágrafo reproducido permite deducir que no 1906 o repertorio era xa unha realidade, aínda que posteriormente puidese sufrir modificacións. 6 Sobre este particular, v. Cambre García et al. (2000). 7 En realidade, os motivos da renuncia non están claros de todo. É certo que na carta dirixida polo propio Leiras ao Presidente da RAG o 16/09/1905, que obra en poder da institución, dise textualmente: “No tengo las condiciones necesarias para ocupar el puesto con que, según la atenta comunicación recibida ayer, se han dignado favorecerme, al constituir la Academia Gallega, y no me es permitido aceptarlo” (apud Alonso Montero 1983: 93 e Franco Grande 1970:15), o que levou a pensar na coñecida modestia de Leiras como causa da negativa, pero é curioso que só uns meses máis tarde, a RAG aluda a razóns de saúde. Talvez as “condicións necesarias” fagan referencia tamén á saúde, ou talvez se considerase mellor dar este motivo como “oficial”, ou quizais aínda as razóns fosen varias. En 1912, LenceSantar (apud Alonso Montero 1983: 43) escribe que había tempo que Leiras parecía enfermo, pero ignoramos de canto atrás lle viña a enfermidade e se era esta a diabete que padecía ou algunha das súas consecuencias; o mesmo autor, en 1921 (apud Alonso Montero 1983: 45), refírese á “grave enfermedad que padecía, que lo llevó al sepulcro”. Trapero Pardo (1983: 9) menciona aínda outras posibles causas: “E ora fose porque Leiras non se coidase merecedor daquela honra, ora porque non tivese tempo para acudir ás sesións da corporación, ora por outros motivos –que entón non faltaban tampouco os políticos–, o caso foi que declinou o nomeamento”. 8 De aí que non semelle fundada a opinión de Reimunde Noreña (1984: 6465) sobre os motivos que subxacerían á renuncia ao posto académico: “Persoalmente penso que de viver Leiras hoxe provavelmente aceitaria unha grafia própria do galego e non emprestada polo español. Tal é o que se deduz do seu amor pola língua e do seu galeguismo integral, que o levou –como se cadra tamén hoxe o levaria– a considerarse ‘indigno’ de figurar na Real Academia Galega”.\n3. e dIcIóns do VLP\nCuriosamente, Alonso Montero (1983), que editou toda a obra de Leiras, incluídos o seu traballo sobre medicina e as súas traducións, non fixo o mesmo co Vocabulario. Pola súa banda, Trapero Pardo (1982) publicou adiviñanzas, refráns e frases de Leiras, e un pequeno subconxunto do Vocabulario de 113 palabras e expresións, que comezan coas letras b e c, sen ningún tipo de anotación ou comentario.\nPara o noso estudo, salvo indicación específica, tomaremos como punto de partida a última edición, pola súa fiabilidade e comodidade, aínda que teremos en conta todas as lecturas. Non obstante, para a análise da grafía, seguiremos a edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), máis fiel ao orixinal (v. infra 4.3).\n4. c ArActerístIcAs do VLP\nMalia que Pérez Pascual / Tato García (1986: 239) anunciasen unha continuación do seu artigo (de aí a numeración romana do título) cun estudo do Vocabulario de Leiras, este traballo non chegou a facerse. Tampouco Franco Grande (1970) leva a cabo unha análise concreta do Vocabulario que edita, aínda que si realiza un estudo lingüístico global da produción de Leiras. Canto ao DD, vai acompañado de estudos xerais e da reprodución da análise feita polos editores dalgúns repertorios (caso do de Pintos ou do Suplemento de Valladares), pero non presenta un exame ad hoc dos repertorios, coa excepción parcial do de Rodríguez.\nSen pretensión de exhaustividade, pasamos a comentar a continuación algúns trazos característicos do Vocabulario que nos ocupa, partindo da data de composición.\n4.1. Data de composición\nDescoñecemos a data exacta de composición do VLP. Probablemente este foi resultado dun traballo de recolleita de varios anos e, se consideramos que no 1906 Leiras xa anticipa á RAG que lle fará doazón do seu Vocabulario (aínda que a doazón non se fixese efectiva ata 19111912), haberá que pensar que daquela estaba rematado polo menos nunha versión inicial ou que presentaba certa envergadura, por máis que despois se lle puidesen incorporar engadidos. Máis que confeccionar o Vocabulario coa finalidade de contribuír ao traballo académico, como afirman Pérez Pascual / Tato García (1986: 238239), Leiras teríao feito de antes, polo menos en gran medida, e decidiu doalo no momento en que se pon a andar a empresa académica. Coma el, outros autores fixeron doazón das súas recompilacións léxicas (v. Cambre García et al. 2000), actividade que espertaba un grande interese entre os estudosos e amantes da lingua da época como modo de contribuír á súa recuperación.\nTras a análise pormenorizada das case 400 voces que entran en consideración para o DRAG1328, ata a palabra cativo, e doutras elixidas ao azar entre o resto das entradas, a conclusión é que Leiras debeu de utilizar maiormente, pero non só, a edición de 1899. Esta é a que se reflicte con máis frecuencia nos casos en que o tratamento das entradas varía entre as edicións temporalmente próximas ao autor. Así acontece, por exemplo, con aqueste, definido igual que o equivalente castelán quillotro nesa edición, na que reaparecera tras estar ausente do dicionario académico desde 1817 11 :\n(1) VLP: Aqueste. Quillotro, voz con que se da a entender aquello que no se acierta o no se quiere expresar de otro modo. DRAE1817: Quillotro, tra. adj. fam. Lo mismo que aquel otro. Drae1899: Quillotro. m. Voz rústica con que primitivamente se daba á entender aquello que no se sabía ó no se acertaba á expresar de otro modo 12. O lema bargo leva as equivalencias ‘lastra, lancha’, seguidas desta definición de lancha, tomada do DRAE: ‘piedra naturalmente lisa, llana y de poco grueso’, que aparece xusto en 1899, pois nas edicións anteriores era definida como ‘piedra ó pizarra que sale de la cantera en hojas planas y de poco grueso, á manera de tablas’.\nA definición de longueirolo, tanto na versión da RAG (‘molusco acéfalo de dos conchas simétricas unidas por uno de los lados mayores, formando a modo de las cachas de la navaja’) coma na máis resumida da Penzol (‘molusco de dos conchas formando como las cachas de una navaja’) remiten igualmente ao DRAE1899 que, cunha definición máis enciclopédica (‘molusco acéfalo, de dos conchas simétricas, lisas, de color verdoso, con visos blancos y azulados, diez á doce centímetros de longitud, dos de anchura y unidas por uno de los lados mayores para formar á modo de las cachas de la navaja […]), supuxo unha variación considerable con respecto á definición da palabra navaja da edición de 1884 e anteriores (‘marisco que se cría entre dos conchillas muy hermosas’). Á edición de 1899 corresponde tamén a definición de trapela, equivalente do castelán orzuelo, como deixan ver os cambios producidos nela: (2) VLP: Trapela (de cazar). Orzuelo, trampa oscilante para coger perdices vivas. DRAE1884: Orzuelo. m. Cierta trampa que sirve para coger pájaros. DRAE1899: Orzuelo. m. Trampa oscilante, á modo de ratonera, para coger perdices vivas. Para a voz picota, en galego palán, o DRAE non recoñece a acepción rexistrada por Leiras, con idéntica definición, ata 1899: ‘juego de muchachos, en que cada jugador tira un palo puntiagudo para clavarlo en el suelo y derribar el del contrario’. A definición de bufarada, ‘olor vivo percibido de pronto’, retoma as palabras do DRAE de 1899, data en que se introduciu a locución adverbial ‘de pronto’ no definiens. E así poderiamos continuar con máis casos.\nExisten exemplos, non obstante, en que a edición utilizada puido ser tamén a de 1884. Leiras reflicte nestas ocasións cambios importantes que se deron no dicionario académico español 11 Así se constata no NTLLE da RAE (http://buscon.rae.es/ntlle/SrvltGUILoginNtlle), que consultamos para o que se refire aos dicionarios desa entidade. 12 Sobreira (17921797?), único que recolleu aqueste con anterioridade, presenta unha definición similar (‘aquella cosa que no se quiere, o no se acierta a decir’), baseada nas definicións académicas de aquel, pero o cambio do verbo decir por expresar e o xiro “dar a entender” parecen remitir claramente ao quillotro de 1899. Nas mencións dos lexicógrafos galegos, seguimos o DD, polo que non se inclúen de forma separada na bibliografía.\nxusto nese ano. Como é lóxico, cabe a posibilidade de que tomase ditos cambios da edición de\nEn resumo, cos datos de que dispoñemos non estamos en disposición de concretar unha data precisa de composición do VLP. Aínda que a edición do DRAE máis frecuentemente utilizada fose a de 1899, Leiras tamén puido consultar a de 1884 (ou algunha anterior), e nalgún caso parece que así foi. Isto non quere dicir que comezase a elaborar forzosamente o repertorio nesa data; naturalmente, puido comezar despois e utilizar diferentes edicións para as súas consultas, pero ese feito permite ampliar a marxe temporal en que se puido confeccionar o Vocabulario. En calquera caso, consideramos que un traballo laborioso coma este, de recollida, consulta e comprobación de datos etc. debeu de estenderse ao longo de varios anos, compartindo tempo de dedicación coas outras actividades de Leiras, a comezar pola profesional de médico. Algún indicio a este respecto cremos atopar en referencias como a seguinte de Manuel Amor Meilán, de 1924 (apud Alonso Montero 1983: 47): “También posee ésta [a Academia] un notable Vocabulario de la comarca mindoniense que nuestro biografiado había logrado reunir con paciencia benedictina”.No tocante á redacción das definicións, o VLP puido ser froito dun proceso de elaboración realizado aproximadamente entre 1884 e 1912, con algunhas modificacións a través do tempo, aínda que o período en que se levou a cabo o groso do repertorio debeu de ser o comprendido entre 1899 e 1906, datas, respectivamente, da edición do DRAE aparentemente máis consultada e do momento en que o autor ofrece o seu Vocabulario á RAG. O “intercambio lexicográfico” mantido con Valladares autorízanos a afirmar que a tarefa de recolleita comezou antes de 1896, pois a este ano corresponde unha carta que Valladares lle dirixe a Leiras con comentarios sobre varias voces que este lle “enviara” na “remesa última” (apud Fernández Salgado 2005: 274278) 13.\nTampouco podemos concluír nada seguro sobre o proceso de redacción de cada unha das versións do texto. Podería pensarse que a enviada á Academia debía de ser a máis elaborada ou actualizada. Así o corroboran Pérez Pascual / Tato García (1986: 258, n. 26) para as entradas que van desde meu dito, meu feito, ata orballada, que estarían máis elaboradas no texto académico (v. tamén 1986: 250, n. 6, sobre a voz esteo); do mesmo xeito, nas entradas enxiretar, enxaretar, as definicións máis completas son as da versión da RAG: ‘pasar cordón’ vs. ‘hacer pasar por una jareta un cordón ó cinta’. Pero tamén temos datos que apuntan o contrario. Os mesmos editores (1986: 249, n. 4) sinalan que na entrada chícaro o equivalente no manuscrito Penzol é burgado, 13 O último apéndice de Valladares está datado en 1902, pero os anteriores son de entre 1893 e 1896 (García Ares 2000: 1112) e, como veremos, non é desdeñable o número de voces comúns a ambos os dous autores (v. infra 5.2). Lembremos para rematar con este encadramento temporal que Leiras naceu en 1854 e empezou a exercer en Mondoñedo en 1878.\nen substitución de caramujo, que aparece riscada e é xustamente a que figura no texto da RAG; nunha nota que acompañaba un envío posterior de léxico á institución, Leiras aclaraba que se debía facer ese cambio. Ademais, a principal diferenza entre os dous escritos radica nos catro últimos folios do manuscrito Penzol, cun léxico que non figura no da Academia (Pérez Pascual / Tato García 1986: 241, n. 16). Todo parece indicar que, unha vez enviado o repertorio á RAG, Leiras continuou traballando na outra copia.\n4.2. Os lemas\nSegundo Santamarina (2000/2003a: 24), o repertorio consta de 1618 voces e 85 lemas secundarios, que na versión electrónica se reducen a 1586 entradas; polo noso cómputo, realizado sobre a edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), o número ascende a 1635. A diferenza explícase polo texto base utilizado e por feitos como que na edición en papel se manteñen as entradas repetidas, mentres que na versión electrónica aparecen baixo unha mesma mención (v. tamén o exposto no punto 3). En calquera caso, neste aspecto trátase xa dun repertorio notable, incluso se o comparamos con outras achegas lexicográficas: o vocabulario de Payzal contén unhas 900 voces; os de Reguera e Pereda, arredor de 1200. O seu valor increméntase ademais pola fiabilidade 14 que cabe outorgarlle, dado o bo coñecemento que Leiras tiña da lingua galega e, en particular, da fala mindoniense, fiabilidade que confirman os estudos de que dispoñemos actualmente.\nComo é normal, a maioría dos lemas son substantivos e verbos, aínda que tamén se inclúen bastantes adxectivos, e non faltan exemplos, xa raros, doutras clases de palabras (algún adverbio, algunha interxección, a preposición sobor). Pero talvez o máis destacable neste sentido sexa a presenza entre as entradas de unidades pluriverbais diversas, en consonancia co interese do escritor pola fala popular e a súa querenza polas frases feitas, locucións e refráns. Non esquezamos que Leiras foi tamén autor dunha recolleita importante de material deste tipo (Franco Grande 1970: 373422), que el mesmo gustaba de empregar na súa obra. De feito, algunhas destas expresións aparecen recollidas igualmente no seu repertorio de frases (Franco Grande 1970: 403415): á bao / á vao, a afeito, âs cheas, troque á troque… Aínda que Martíns Seixo (2003: 11) só identifica 36 unidades fraseolóxicas no VLP, pola nosa parte contabilizamos arredor de 90 unidades pluriverbais de diferentes clases (locucións adverbiais, locucións nominais etc.), lematizadas de formas distintas, ás veces incongruentes entre si e non coincidentes co costume actual: así, asexar â papuda vai só en papuda, ou andar na borroalla en borroalla 15, mentres que meu dito, meu feito, vai na letra M. Con todo, cómpre aclarar que non sempre que o autor inclúe ou utiliza no lema varias palabras estas corresponden a unha unidade pluriverbal, segundo os criterios polos que nos rexemos na actualidade. Entre os lemas figuran participios con uso adxectivo (abarrigado, acorporado, avellentado…), pero, a diferenza de repertorios anteriores, non se inclúen nomes propios nin verbos conxugados. Os verbos poden ter entrada pola forma pronominal, se o significado que se consigna corresponde a ese uso, independentemente de que dispoñan dunha forma non pronominal, como ocorre con afacerse. Tamén é posible que se lle dea dobre entrada a un verbo baixo a forma transitiva e a pronominal, como nos casos de ceibar / ceivarse ou deitar / deitarse. Raramente aparecen substantivos flexionados en xénero ou número, diminutivos ou aumentativos, salvo que se lles asigne un significado ou un uso propios. Deste xeito, ten entrada en feminino asistidora, e en plural angarellas, alimpas, beizos, castañolas de lousa, coxegas / coxigas, molos, ouriños, salvas, tarrañolas… (en cambio, maniota aparece en singular). Con forma diminutiva, seguindo o mesmo criterio, figuran substantivos como ferreiriño / ferreirolo, panxoliña, xuaniña ; algunhas 14 Martíns Seixo (2003: 2) empregou xa este termo para referirse ao VLP. 15 No DD transcríbese con v: vorroalla (andar naas cabras), pero castrón da borroalla.\ndestas entradas de diminutivos serían non obstante máis que discutibles, como mioquiño, que o propio Leiras identifica unicamente como ‘diminutivo de mioco ’, tamén incluído na listaxe, ou pinguiña, que aparece a continuación de pinga, ambas as dúas voces con idéntico significado. O mesmo podería dicirse dos aumentativos, de maneira que en poucas ocasións aparecen no lemario formas que hoxe considerariamos indebidas, como badueirón. Canto aos adverbios en –mente, só se rexistra caladiñamente, sen que tampouco aquí se advirta un significado diferente do da palabra base. Poden aparecer entradas dobres, normalmente con distinto significado e contiguas (aruxo, asentar…), segundo se desprende da edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), aínda que tampouco faltan algunhas co significado repetido e bastante separadas entre si (caso de avalar), o que podería deberse a distracción.\nA orde, en principio, é alfabética, pero en realidade non é estrita e existen continuos saltos dentro da mesma letra, froito seguramente de sucesivas addendas e revisións. O ch aparece como dígrafo independente, ao xeito da época. Non se inclúen palabras que empecen por h 16 nin por u (tampouco, por suposto, por j, k, w, estraños ao sistema galego, ou por ll, raro nesa posición).\n4.3. Trazos lingüísticos\nPolo que fai á grafía, interesa consignar o emprego do y en vez do i (achayar, cayota) e do x en todos os casos para representar a fricativa prepalatal xorda, con independencia da súa orixe etimolóxica (ameixa, barxa, feixe, ferraxe); a aparición do j en dous castelanismos, brujulearse e pijotero, ha de interpretarse seguramente como reflexo da fricativa velar xorda. Sempre se utilizan os grafemas ll e ñ, pero é posible atopar outras vacilacións características da escrita nun momento en que a lingua non estaba fixada (ceivarse / ceibar). As contraccións da preposición de co artigo determinado resólvense xeralmente mediante un apóstrofo (d’os, d’as) 17, tamén empregado para marcar a elisión de de ante palabras que empezan por vogal (porta d’abaixo), mentres que as contraccións da preposición en co mesmo artigo se indican mediante un guión (na). A segunda forma do artigo reflíctese graficamente cun guión tras a consoante lateral: pingalo moco.\nOs acentos gráficos 18 utilizados por Leiras son o agudo, maioritario, e o circunflexo, apenas presente nas contraccións da preposición a e o artigo determinado (âs cheas, ô pe) ou nunha palabra como pô 19. Canto ás posibles pautas de acentuación gráfica, aínda que se achegan á norma actual, non son sistemáticas. Levan acento practicamente sempre as palabras esdrúxulas (axóuxara, espólea), pero, ao lado de páxema, podemos ler panxema. Do mesmo xeito, van case sempre marcadas as palabras agudas rematadas en vogal, -n ou –s (avalón, lambecús, mazá), o que non impide atopar chochen ao lado de choquén 20. Tamén se utiliza xeralmente o acento sobre a vogal débil en casos de hiato (felisía, maíz), pero aínda nestes casos é posible atopar 16 Leiras utiliza este grafema en posición inicial, pero é normal que nun vocabulario das características deste non aparezan palabras con h-, en boa medida cultismos ou voces comúns (home, haber, habenza…). 17 Non obstante, se nos atemos á edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), que non mencionan a existencia de diferenzas gráficas entre os dous textos do VLP, esta grafía non é sistemática (cf. pau do caño, pino do carro…). Franco Grande (1970) transcribe do / no. 18 Lembramos que para o estudo dos usos gráficos no VLP seguimos a edición de Pérez Pascual / Tato García (1986). Mentres que nesta edición se mantén a acentuación orixinal, no DD parece que se levou a cabo unha adaptación da grafía ás normas actuais, criterio que non se segue de xeito uniforme na edición de todos os repertorios que inclúe, de xulgarmos pola lematización: así, o fémia de Leiras segundo a lectura de Pérez Pascual / Tato García (1986), aparece no DD como femia, pero mantense aquela grafía para outros autores. A modificación da acentuación pode dar lugar a problemas de interpretación: se por un lado ñañaras, que figura en cambio como entrada do dicionario de Porto Rey, se transforma en ñáñaras, pésego / pexego se reflicte tal cal, aínda que cabería a posibilidade de interpretar tamén pésego / péxego. A segunda forma do artigo en expresións do tipo catalas abellas recóllese no DD como catálas abellas. 19 Reimunde Noreña (1984: 65, 68) dá conta do emprego do circunflexo por parte de Leiras para as vogais abertas e longas das contraccións e para casos de “o aberto” resultante da unión de dous “o” por perda de -l- (dôr), ademais doutros usos “máis caprichosos”. 20 Moitos destes usos disonantes poderían deberse a descoido.\navelaiña ; non é frecuente, en cambio, a acentuación nos encontros ui / iu en hiato (muiño, miuda), salvo en esgüírse, onde unha diérese marca a pronuncia da vogal velar. Non se acentúan as maiúsculas (Engoa), de acordo coa edición de Pérez Pascual / Tato García (1986), nin se observa emprego do acento diacrítico en palabras como fora (camisa de fora). O criterio non é fixo tampouco no relativo aos monosílabos: a carón de cú, aparece puntas e cus ou pe. As palabras graves que rematan en vogal, -n ou –s non levan normalmente acento, pero de novo aquí cabe algunha excepción, como xóula. Por último, emprégase o acento gráfico na preposición á (á arroliño), aínda que na edición citada aparece unha vez arruche (quedar a).\nMáis alá da grafía, no léxico do VLP atópanse reflectidos fenómenos típicos da fala galega popular (e en particular as solucións mindonienses), como:\nOutras veces estamos ante sinónimos: aquelar / aquestar / acolofacer / aqueloutrar, baduar / barballoar, boizán / burrán, barxa / bagullo, broulla / bravura, bosta / bula, corredoira / congostra, capelo / couselo, lampantín / larpeiro, revocar / recebar. Entre variantes e sinónimos podemos atopar oito formas para un mesmo concepto: lobada / loutrada / lacoada / larpadela / lupanda / lurpanda / lurpanta / lupanta ‘atracón, cuchipanda, comilona’ 22. Entre as características lingüísticas que están a manifestar a procedencia dialectal do VLP, podemos sinalar solucións morfolóxicas como mazá e abelao / abelau, aínda que non faltan exemplos do tipo mourán ou das dúas solucións (birimbán / birimbau, man / mau 23); plurais como correcás e mesmo trazos xeograficamente máis estendidos como os que presentan as palabras troiteiro e gadaña ou a ausencia de formas con seseo, ademais do léxico específico que se abordará máis abaixo (4.4) 24. Os préstamos directos ou indirectos do castelán, con ou sen adaptación, son escasos; non moito máis dunha trintena de voces, tales como acunar, alfileres, aparexar, apedrear 25, (bisagra de) librillo, brujulearse, canutillo, caña, cernideras 26, costilleta, demoñez, desaparexar, espinilla, molexas, morrillo, periquito, polveiro ou trasvolar. De feito, un dos trazos máis xenuínos da lingua poética de Leiras, e un dos máis apreciados, é precisamente o seu enxebrismo, mesmo a súa pureza, como sinalan xa os seguintes testemuños: Pro Chao Ledo, inda que sabia o galego, non deixou de empregar, de cando en vez, algunha palabra castelá nas súas poesías galegas, mais isto, si é chata, tamén a teñen – e meirande aínda – versos de Rosalía, de Añón, de Curros, de Pondal e de todos ou casi tódolos poetas galegos, agás os de Leiras Pulpeiro, que son os máis enxebres, tanto polos vocablos como polos modismos (E. LenceSantar 1929, apud Alonso Montero 1983: 54). De tódolos estudiados, Leiras é o que presenta menos castelanismos. A razón e esta. Quizaves non soupera máis galego que os seus parroquianos, pero n’el prendera o esprito de combate frente a Castela (A. Iglesia Alvariño 1949, apud Alonso Montero 1983: 60).\n4.4. Tipo de léxico\nO léxico do VLP é esencialmente popular. Así se explica que unha parte moi importante pertenza a campos semánticos relativos a actividades rurais, como fiar (fía, lorbaga, mazaroca, parafusa…), o traballo agrícola e gandeiro (abordelar, atoar, baño, bedro, bortelar, cubil, canada, demoucar, endego, enrestrar, limpadoiro, meda, moxega, refregar…), a caza (garamelo, trebello, trapela…), as medidas (furco, presa, tego…), os utensilios e ferramentas (aixada, bedano, birbiriquí, cavadoira, cazapelo, colmeira, chavín, fixa, forcado, ligón, tixela…) etc. Tamén atopamos léxico relativo á pesca, aos peixes e crustáceos (ameixola, berberecho, cabala, carneirolo, chombo, esqueiro, galaxa, lumbrigante, nocra, verdel, vieira, xarda…), aos animais do mundo rural (avelaiña, andurón, burreño, curuxa, delonciña, donicela, escornabois, limacha, licro, lolo, marroa, ouvear, vacaloura, xílgaro…), ás árbores e plantas e aos froi22 No texto editado por Pérez Pascual / Tato García (1986), as palabras que significan o mesmo (variantes ou sinónimos) van unidas cunha chave. 23 Esta lectura recóllea o DD, fronte aos editores anteriores. Na entrada formento de man dise: “As lecturas ‘da’ e ‘man’ tamén serían posibles, pero improbables”. Non obstante, man é o que le en man travesa. 24 Sobre a fala mindoniense pode obterse información, entre outros, en varios traballos incluídos na Homenaxe a Álvaro Cunqueiro (AA.VV. 1982), en Reimunde Noreña (1984), García (1985), Fernández Rei (1990) e no ALGa. 25 DD afirma que esta voz pode ser erro de Leiras por apedrar, baseándose nas escasas palabras que inclúe comúns ao castelán; pero algunha hai, como vemos, e por outro lado, apedrar aparece tamén na listaxe, aínda que é certo que no repertorio existen casos de repetición de lemas. Apedrear non figura na edición de Franco Grande, e Pérez Pascual / Tato García (1986) non sinalan que só se atope nunha das versións do Vocabulario. 26 É a lectura do DD, fronte a cernideiras dos editores precedentes.\ntos (amorodo, abelao, abelaira, ameixa, acebro, bagullo, esvedro, recandea, sorbeira…), e á natureza en xeral (felepar, orballar, regacho, zarzallar…). Outros campos semánticos moi representados son os da vivenda e construcións anexas (coraceiro, cume, cubo, fachineiro, lareira, lumieira…), a comida (formento, maseira, reseso, salpresar, zorza, afreitas, zamelo…), os costumes tradicionais e as pezas de vestir (cadaleito, foliada, galocha, mantela, paxel, rodela, santeiro, sortes e resortes, zoca…), e os xogos e xoguetes (alfileres, arrinca nabos, axóuxara, bailarete, bicho, billarda, eche, inchapeidos, mariola, marrazo, muiño de vento, palán, parque…). Tamén abundan os adxectivos coloquiais caracterizadores de persoa ou cousa, do tipo cagarriñas, caguiñas, charramandeiro, esbragoletado, escachademos, escagallado, escanaveirado, farfullas, fargallón, galdrapas, panxoliñas, tumbalobos. Gran parte deste léxico foi utilizado polo propio Leiras na súa obra poética. Na mesma liña popularizante hai que entender as locucións e frases feitas de que falamos con anterioridade.\nXunto á orixe popular, quizais o trazo máis interesante do VLP sexa o seu marcado carácter dialectal, trazo que, non sendo estraño entre os estudosos e escritores da época, distingue especialmente non só este repertorio, senón tamén a lingua literaria de Leiras. A fala que se reflicte aquí é, como queda dito, a da área mindoniense, en particular da zona norte de Lugo, da que era profundo coñecedor (v. 4.3). Esta pegada dialectal maniféstase sobre todo na recollida de abundante léxico específico da zona: aira, aixada, alburgueiro, alindar, amencer, barruza, cosco, golpe, longueirolo, mazaeiro… e outras voces que teremos ocasión de mencionar máis adiante.\nLeiras parece compartir o criterio tradicional na lexicografía galega dos inicios de non incluír voces comúns co castelán, xa que o que interesaba era recoller as palabras consideradas características ou únicas da lingua galega para salientar así a súa riqueza e singularidade. Son poucas as detectadas, e cando se dá o caso, Leiras non sempre menciona a forma idéntica castelá (v. 4.3 e cadaval 6.5).\n4.5. O artigo lexicográfico\nO VLP intégrase na liña tradicional da lexicografía galega en canto que o lema ou definiendum se atopa en galego, mentres que o definiens está redactado en castelán. A maior parte das veces este consiste nunha ou varias equivalencias na lingua castelá, pero non escasean os que inclúen tamén unha definición ou unha explicación 27.\nÉ notable en moitos casos a precisión e a abundancia das equivalencias sinaladas: corada ‘corada, pulmón, bofe, liviano’; cepo ‘tuero, trashoguero, ceporro”; cota ‘mocheta, recazo, lomo, canto, parte opuesta al filo en los instrumentos cortantes’; ferraxe ‘tranquillón, morcajo, mestura’; sobrexugo ‘barzón, sobeo, latigadera’... Podemos chegar a atopar ata seis sinónimos distintos, ademais da definición: coque ‘beso, bollo, borujón, calamorrazo, chichón, morrada, hinchazón en la cabeza producia por un golpe’. Incluso as expresións levan cadansúa equivalencia na medida do posible: cosco (salir do) ‘salir del cascarón’, cú de galiña ‘culo de pollo’.\nNon obstante, nalgún momento dá a impresión de que a equivalencia castelá é unha voz culta ou máis culta ca a correspondente galega, ou ben dun uso máis limitado, polo menos a xulgar polo que ocorre hoxe en día: así, ameixa é vertida ao castelán como ‘ciruela’, pero tamén como ‘diaprea’; apousar, como ‘posar’ e ‘precipitar”; barruzar é ‘lloviznar’ e ‘asperjar’; cagarriñas non pertence ao mesmo rexistro ca ‘pusilánime’, nin cheirume ao mesmo ca ‘hediondez, hedor, fetidez’.... Outras veces a correspondencia non só semántica senón tamén de rexistro é clara: o equivalente de ceivarse, ‘desenbanastarse’, leva as marcas “fig. y fam.” no DRAE1899; compangada é traducido como ‘pastel’, voz igualmente popular, e comiola como ‘cuchipanda’.\nEn raras ocasións Leiras utiliza como equivalente unha palabra castelá que non estea presente no dicionario académico ou cunha acepción non rexistrada, como ocorre, malia todo, en bourear, burar, ‘bullar, trajinar, meter bulla, andar de un sitio a otro con cualquier diligencia u ocupación’. Bullar, formación análoga a bourear, trajinar, non ten o mesmo significado ca esoutras palabras no DRAE; de aí que a definición que se consigne sexa exactamente a que o DRAE ofrece para trajinar desde 1852. Outro exemplo é o da entrada sarelo : aquí, talvez por erro, o texto da RAG dá como equivalencia ‘aspadero’, voz que non aparece no DRAE, a diferenza de ‘aspadera’, que empeza a ser rexistrada en 1884 e é a que figura no manuscrito da Fundación Penzol.\nPolo demais, a práctica lexicográfica de Leiras non segue criterios uniformes no sentido que a continuación se explica. Existen casos de artigos cun só equivalente, con e sen definición a maiores (exs. (4) e (5)), e o mesmo ocorre cando os equivalentes son dous ou máis ((6), (7)); en todos estes supostos, o(s) equivalente(s) pode(n) ter unha acepción ((4), (5)) ou varias ((8), (9)), de xeito que, cando sucede isto último, é posible que o alcance semántico das voces galegas non quede ben delimitado ((8)):\n(4) VLP: Angulema. Ambición. (5) VLP: Cacarañado. Picoso, hoyoso de viruelas. (6) VLP: Acanear. Bambolear, sacudir. (7) VLP: Argallada. Enredo, maraña, friolera, embuste inventado para complicar un negocio. (8) VLP: Avalar. Sacudir. (9) VLP: Desmestar. Aclarar, disminuir la espesura de alguna cosa.\nPor iso a definición, cando se ofrece, pode ter dúas funcións con respecto ao equivalente mencionado: unha meramente “redundante”, se non cabe ambigüidade sobre o seu significado ((5)) 28, e outra, aclaratoria ou restritiva, para delimitar o contido da voz galega, como ocorre no exemplo (9), ou en amorrallarse ‘abatirse, marchitarse, perder el ánimo y el vigor’.\nPolo xeral, cando a un lema lle corresponden significados diversos, sen un equivalente castelán válido para todos eles, a entrada repítese: chea ‘llena, crecida que hace salir de madre a un río o arroyo’, chea ‘llenura’, chea ‘atracón, hartazgo’. Con todo, nalgún caso unha mesma entrada inclúe dúas acepcións, estreitamente relacionadas, como aguniar, que, ademais de ‘agonizar, estar en la agonía’, leva a indicación “fig. ‘tener ansia o deseo vehemente’”. Moito máis raro é que se presenten xuntos dous significados moi distintos, como aparentemente ocorre en apedrazar ‘echar a perder, acantalear’, esta última voz definida no DRAE1899 como ‘caer granizo grueso’ y ‘llover copiosamente’; nos repertorios que suceden ao de Leiras, a duplicidade semántica quedará reducida a ‘echar a perder, estropear’. Tamén é posible atopar algún lema repetido co mesmo significado, aínda que o artigo non sexa idéntico (panxoliña).\nCanto á ordenación, aínda que o máis habitual é que a definición siga a(s) equivalencia(s), non faltan exemplos do contrario, como en barcal ‘especie de colodro para servir viandas, zapata’ 29 ; mesmo pode ocorrer que a definición quede intercalada entre equivalentes, como en panxoliña ‘caroca, palabra o acción afectadamente cariñosa, garatusa, halago, caricia’.\nNo referente á redacción das definicións, xa comentamos que Leiras utilizou en gran medida o DRAE (v. 4.1). Vexamos algún exemplo máis desa clara influencia da lexicografía académica\nespañola: 28 Neste caso, a definición pode responder tamén ao interese por explicar un termo castelán considerado pouco corrente ou pouco coñecido; cf. biscardo ‘jaramugo, pececillo nuevo de cualquiera especie’. 29 É a lectura que fai o DD do texto da Penzol, mentres que Pérez Pascual / Tato García (1986: 244 e n. 2) recollen ‘zapita’; no exemplar da RAG tanto estes últimos coma Franco Grande (1970) leron ‘zapito’.\n(10) VLP: Parque (juego). Palmo. Juego que consiste en tirar monedas contra alguna pared, y el que acierta a poner la raya 30 en el suelo un palmo o menos de la del otro gana la moneda.\ny el que acierta á poner la suya un palmo ó menos de la del otro, gana la moneda.\nLeiras pode realizar algunha variación sobre o texto académico, pero habitualmente as modificacións son pequenas e tenden á redución ou á simplificación:\n(11) VLP: Lizar. Triscar, torcer alternativamente y a uno y otro lado los dientes de la sierra para que la hoja corra sin dificultad. DRAE1899: Triscar. [a.] Torcer alternativamente y á uno y otro lado los dientes de la sierra para que la hoja corra sin dificultad por la hendidura. (12) VLP: Parafusa. Torcedor, huso con que se tuerce la hilaza. DRAE1899: Torcedor. m. Huso con que se tuerce la hilaza, el cual tiene en el remate un garabato donde se prende la hebra, y debajo de él una rodaja de madera para que haga peso.\nNon convén pensarmos, a pesar disto, que Leiras se limita a copiar do texto académico. Utiliza o que lle vén dado, pero saca o oficio de lexicógrafo cando ten que definir de seu algunha palabra que non presenta equivalente en castelán, aínda que esta circunstancia se dea poucas veces:\n(13) VLP: Copete / Copeta. Especie de colodra que hace oficio de fuente para servir viandas. Tamén adapta a definición académica á realidade galega, se é o caso: (14) VLP: Sortes e resortes. Cálculo que por las variaciones atmosféricas de los veinticuatro primeros días de Enero forma el vulgo para pronosticar el tiempo que ha de hacer en cada mes del resto del año. DRAE1899. Cabañuela 31. [f.] Cálculo que, observando las variaciones atmosféricas en los veinticuatro primeros días de agosto, forma el vulgo para pronosticar el tiempo que ha de hacer en cada mes del año siguiente. Canto ao resto do artigo lexicográfico, a información gramatical que se proporciona é nula 32. Normalmente nin sequera se indica a flexión de xénero daqueles substantivos e adxectivos que dispoñen dela; nalgúns casos aparecen dúas entradas separadas polo xénero do lema (burreño, burreña). Tampouco se proporcionan exemplos nin ningunha outra información das que adoitan incluír hoxe en día os dicionarios, salvo algunha especificación sobre o contido ou sobre a construción, que polo xeral aparece entre parénteses: bombo (pra a puntilla de Camariñas) ‘mundillo’, codo (de pan), derregarse unha vela, vorroalla (andar naas cabras) 33 … Algunhas destas precisións lémbrannos, mutatis mutandis, o que modernamente se considera ‘contorno’ lexicográfico (Seco 2003 2 b). 30 Esta é a transcrición do texto académico feita por Pérez Pascual / Tato García (1986), posiblemente errónea, en vez de “suya”, que é o que aparece no DRAE e tamén na lectura de Franco Grande (1970). No manuscrito da Penzol a definición é simplemente “Juego consistente en etc. 31 Este equivalente só aparece no texto da RAG. 32 O que prima nos momentos iniciais da tradición lexicográfica galega é a recompilación do maior volume posible de léxico; as cuestións gramaticais quedan en segundo plano (Sánchez Palomino 2001: 404). 33 Derregarse (unha vela) e borroalla (andar na) (as cabras) en Pérez Pascual / Tato García (1986).\n5. o VLP nA LexIcogrAfíA gALegA\n5.1. O VLP como primeiro rexistro lexicográfico\nCos datos de que dispoñemos hoxe en día sobre a lexicografía galega, o VLP constitúe o primeiro rexistro lexicográfico dunha parte importante do léxico que nel se recolle, léxico que pasará á lexicografía posterior a través parcialmente do DRAG1328 e sobre todo de Eladio Rodríguez (v. infra 6 e 7). Con frecuencia, estes primeiros rexistros corresponden precisamente ás voces cun carácter dialectal máis acentuado. Os exemplos serían numerosos, pero ofreceremos tan só unha mostra 34.\nA palabra abortelar (do mesmo xeito que bortelar) comeza a súa andaina lexicográfica no VLP, co conciso significado de ‘cernir’. Con idéntico significado é rexistrada en García (1985) nas localidades de Ferreira de Valadouro e Cedofeita. Ademais, Fernández y Fernández (Acevedo / Fernández) afirma que se usa “desde Valdés al Eo” exactamente co significado de ‘pasar la harina de trigo por un bortel’. A palabra base, bortel, é documentada por Sobreira baixo a variante brotel como propia de Mondoñedo, mentres que considera bortél, ‘tamiz o cernedor de seda, peneyra, cedazo’, propia de Viveiro. Trátase, pois, dunha palabra característica cando menos da zona do norte de Lugo. Grazas a Leiras, e a través do DRAG nun primeiro momento, e tras el de Filgueira, Eladio e Franco Grande fundamentalmente, a voz puido chegar á lexicografía actual, onde é recollida por dicionarios de amplo espectro como o Estravís ou o GX e, na variante bortelar, que é como aparece no VOLGa, polo GDS21, por exemplo (as dúas formas figuran tamén no DNGC).\nAlgo parecido ocorre con acebolar ‘atrabancar’, que Leiras rexistra por primeira vez, o DRAG recolle e, despois del, Filgueira, Eladio Rodríguez e Franco Grande. García (1985) dá conta da existencia desta palabra en Ferreira de Valadouro, co mesmo significado de ‘hacer un trabajo con poco cuidado’. Esta palabra tivo menos éxito na nosa historia lexicográfica: non aparece na listaxe do VOLGa, pero si no GX. Outras voces rexistradas por primeira vez por Leiras na lexicografía galega son: abarcular, abarrigado, alangrear, angulema, arrazar, asistidora, atariñar, augaxada, avasar, azamelar, azou e un longo etcétera. En ocasións, trátase de variantes formais doutras palabras con máis ou menos documentacións (brueiro por broeiro, aparar por parar…), pero a miúdo son formas que comportan realmente unha novidade no percorrido lexicográfico.\nTamén pode suceder que a forma fose rexistrada en repertorios anteriores ou contemporáneos pero non coa acepción ou coa categoría gramatical que lle confire Leiras. Así, a voz brizo transmítesenos xa desde Sobreira, pasando por Rodríguez, Cuveiro, Valladares, Porto e Pondal, co significado dunha determinada herba ou planta, pero Leiras é o primeiro que a rexistra co significado de ‘lozano’ e, xa que logo, como adxectivo. Consultado o TILGa, resulta curioso comprobar que o primeiro que a utiliza dese xeito no tesouro é o tamén mindoniense Noriega Varela, seguido de Leiras 35. Acevedo di textualmente: “En Coaña es adj. y significa ‘vigoroso’, ‘lozano’, ‘tratadores del fruto de la tierra’”. Por último, García (1985) rexistra o adxectivo en Cedofeita co significado de ‘muy verde’, en tanto que o substantivo ten maior representación xeográfica. Parece, pois, evidente o carácter localizado desta acepción, que terá moita fortuna na lexicografía sucesiva, onde será recollida por todos os repertorios tradicionais; xa nos nosos días, aparece no VOLGa, no GDS21 e no GX, por exemplo.\nBroulla figura no repertorio de Pintos como ‘nudo, berruga en los troncos, boton, broche’, pero para Leiras é un ‘sarpullido’. Aníbal Otero rexistra este significado tamén en Ribeira de\nPiquín, e García (1985) en Compostela e Valadouro. A acepción foi recollida na lexicografía tradicional e adoita aparecer nos dicionarios actuais, aínda que, segundo se deduce do TILGa, non foi de uso frecuente na literatura.\nNas Papeletas de Sobreira consígnase a voz aterrar como ‘Ribadavia. Causar terror’, pero Leiras recóllea por primeira vez co significado de ‘acollar, recalzar’, que García (1985) rexistra tamén en Valadouro e Cedofeita e é reproducida na lexicografía galega posterior con regularidade (cf. DRAG97: “arrimar terra ó pé de [certas plantas ou cultivos]”). A nosa busca no TILGa non deu resultados sobre o uso da voz con este sentido na literatura anterior ao noso autor. Ás veces as acepcións rexistradas por Leiras supoñen unha restrición ou unha xeneralización semántica con respecto ás sinaladas ata entón. Un caso deste tipo é o constituído por bandear, que unicamente aparece antes en Porto, con tres significados: ‘1. Menear, agitar, mover una cosa de un lado al otro. 2. ant. Conducir, llevar, guiar, dirigir. 3. ant. Auxiliar, proteger’. O mindoniense outórgalle a esta palabra un significado máis específico: ‘flamear, ondear la vela de un buque u otra tela por estar al filo del viento’, que será recollido na lexicografía posterior, e na actual por Estravís e o GX.\nSe amolentar é palabra rexistrada abundamente na lexicografía anterior a Leiras co sentido xenérico de ‘ablandar’, este dálle o significado máis concreto do ‘macerar’ castelán que, en modalidades diversas, aparece máis ou menos documentado na lexicografía galega: ‘colocala roupa a remollo para que amoleza’ (GX); ‘macerar o liño’ (GDS21, baixo amolecer). Acevedo / Fernández recollen este mesmo significado da seguinte maneira: ‘ablandar por persecución o golpeadura’.\nCabería mencionar incluso o caso de beizos, forma recorrente desde Cornide (Aguirre, Rodríguez, Cuveiro, Valladares, Porto) coa acepción xeral de ‘labios’. Ao trasladar os equivalentes casteláns ‘befos, bezos’, Leiras parece referirse en particular aos labios dos cabalos e outros animais ou, cando menos, a labios grosos, o que supoñería unha restrición de significado sobre o consignado anteriormente (só Mirás podería apuntar na mesma dirección, coa súa glosa ‘ocicos, labios’). Precisamente como ‘befo, labio inferior del caballo’ é retomada polo DRAG1328, mentres que Acevedo dá testemuño do significado ‘labio grueso’, que tamén aparece en Eladio. García (1985) recolle a acepción de ‘labio, tanto de personas (menos usado) como de animales, especialmente del ganado vacuno’, nunha zona máis ampla, que inclúe a área xeográfica de Leiras. Na lexicografía moderna, Estravís opta por reunir ambas as posibilidades nunha soa acepción, mentres que o GX as separa nunha acepción para o labio humano e outra para o do gando vacún especificamente.\nRematemos cun exemplo de ampliación do significado. Atopámolo na voz broeiro, ‘comilón’ para Leiras, fronte ao contido semántico que lle asignan Sarmiento, Valladares e Porto, apegado á orixe da forma; para todos eles, broeiro é ‘afeccionado á boroa’.\n5.2. Relacións entre o VLP e outros repertorios anteriores ou contemporáneos\nSon de salientar certas coincidencias que detectamos en ocasións entre o repertorio de Leiras e outras recompilacións previas ou mesmo contemporáneas súas. En particular, son bastante numerosas as voces e acepcións que Leiras comparte exclusivamente con Valladares, sobre todo na recolleita que este fixo como continuación do seu dicionario, o que pode levarnos en bastantes casos ás relacións existentes entrambos os autores, que intercambiaron datos e reflexións (Alonso Montero 1983: 28, n. 8 e 155; Fernández Salgado 2005: 274278). Citaremos só algúns exemplos destas coincidencias.\nBocalán, que Leiras define como ‘bocón’, só aparece no dicionario publicado por Valladares en 1884, onde se remite para bocachan, cunha acepción semellante. Xa no material ata hai pouco inédito, abicadar é definida por Valladares como ‘Alimentar. Dar la bicada’, acepción que Leiras inclúe baixo a forma castelá ‘engargantar’. Anainar é para Valladares ‘acariciar, mimar’ e, © 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 137169\npara Leiras, ‘acariciar, arrullar’. O mesmo poderiamos dicir para asparón, cairo etc. Ás veces parece existir certa diferenza semántica entre as voces recollidas, polo menos tal e como o reflicten os dous autores: así, o apaxear ‘manosear’ de Leiras é desenvolvido por Valladares (apajear) como ‘acariciar de cierta manera, como pasando la mano por el lomo’. García Ares (2000: 16) sinalou outras semellanzas e diverxencias entre Leiras e Valladares.\nEn ocasións, vía Valladares, Porto súmase a estas coincidencias. Nunha das entradas de aruxo, Leiras outórgalle o significado de ‘reacción, confortación’, visible tamén nos apéndices de Valladares como arújo ‘reacción’ e en Porto como aruĵo sen definición (fronte a arúxo ‘molécula’, que remonta a Sobreira e ao arujo de Valladares 1884). Aguniar tamén figura só nos tres repertorios mencionados. Porto comparte igualmente con Leiras e Valladares, esta vez no dicionario de 1884, a voz agruñeiro, entre outras. Que Porto manexou o material de Valladares queda claro non só por estes exemplos, senón por anotacións como a que aparece en argallada: ‘V. adic. de Vall.”\nExisten incluso algúns casos, xa moito máis raros, en que Leiras só coincide con Porto no rexistro dunha voz, como en acunar e amecer : (15) Po 36 : Amecer. v. ant. V. mesturar. VLP: Amecer. Añadir. Outras veces Leiras concorda con Sobreira. Xa vimos o que sucedía con bortel e abortelar. Acabador aparece nas Papeletas como ‘el que gasta mal sus bienes’ e ‘el que destruye y empobrece a otros’. Só Leiras recolle no sucesivo esta palabra, e o seu significado é xustamente ‘disipador’. O mesmo sucede con apetar: (16) Sb: Apetar. ‘Ribas de Sil. Empetar toda cosa, guardar. Alude al Peto. Papeletas’. VLP: Apetar. Ahuchar. Tamén podemos atopar coincidencia de formas pero algunha diferenza semántica, como en bullón, ‘borbollón del agua’ para Sobreira e ‘chaparrón’ para Leiras. Sobreira, Leiras e Valladares no material dos seus apéndices comparten voces como bula, ‘estiércol de ganado’ para o primeiro (que sitúa a voz en Ribadeo), ‘boñiga’ para o segundo, e ‘excremento’ para o terceiro. Para terminar con esta relación de exemplos, angarella só é rexistrado por Sobreira e Porto en singular e por Leiras e Sarmiento en plural. Son algunhas das coincidencias detectadas, que poden resultar interesantes para unha historia da transmisión do léxico ou para a súa localización.\n6. t rAnsmIsIón do VLP Ao drAg1328\nComo vimos, a propia RAG (Actas I, Junta Ordinaria 512-1912: 175176), con ocasión da morte de Leiras, afirmaba que o seu Vocabulario era “de mucho provecho para la redacción del Diccionario GallegoCastellano que se está publicando”. É evidente que os académicos tiñan intención de utilizar desde o primeiro momento o material de Leiras no dicionario, como proba unha ficha existente ao comezo do VLP en poder da Real Academia Galega que reza así: “Vocabulario de Leiras Pulpeiro. Las voces que tienen una línea o raya azul o una cruz es que están puestas en 36 Utilizaremos para os exemplos as abreviaturas do DD: Sr (Sarmiento), Sb (Sobreira), Rg (Reguera), R1 (ms. de Rodríguez), R2 (Rodríguez impreso), Pi (Pintos), Cu (Cuveiro), Va (Valladares 1884), Vi (Valladares inédito), Po (Porto), Fi (Filgueira), C1 (Carré 192831), AF (Acevedo / Fernández), Ot (Aníbal Otero), Ib (Ibáñez), Er (Eladio Rodríguez), Fg (Franco Grande), C4 (Carré 1979), El (Elixio Rivas), Cg (Constantino García).\npapeletas. El punto encarnado que tienen algunas no significa nada. Extraida toda la letra A, B, C”. En Cambre García et al. (2000: 47) indicabamos que a caligrafía do redactor desta nota é a mesma ca a de tantas outras notas e papeletas feitas por César Vaamande Lores, autor material do DRAG1328.Unha aproximación inicial a esta obra podería dar a impresión de que Leiras Pulpeiro foi\nutilizado en poucas ocasións, xa que non son numerosas as veces en que aparece citado de xeito explícito. Non obstante, se analizamos en detalle ambos os dous textos, comprobamos que practicamente todo o VLP (ata a voz cativo, claro está) pasou ao dicionario académico, aínda que de formas diferentes.\nEn efecto, a presenza de Leiras Pulpeiro no DRAG1328 pode ofrecer aparencias diversas:\n1) O escritor é citado aboando unha determinada voz ou acepción. 2) O nome de Leiras non é citado, pero aparecen mencións a Mondoñedo e á súa área de influencia. 3) Non se rexistra ningunha alusión a Leiras, ao seu Vocabulario ou á súa rexión de orixe, pero é evidente ou probable a traslación de material, segundo se desprende da análise dos dous repertorios.\nA seguir explicaremos con máis detalle cada unha destas posibilidades. Remataremos cun apartado sobre a información do VLP que non pasou ao DRAG1328.\n6.1. Mención explícita do autor\nAs ocasións en que Leiras aparece explicitamente mencionado son as menos. Tan só contabilizamos 23 casos sobre 389 posibles, número total de palabras incluídas no VLP ata a entrada cativo, que é a última do dicionario académico. Corresponden ás seguintes voces: ameixoar, arrazar, arredoar, aruxar, asistidora, atariñar, atarrecer, atoar, atrelo, augadeiro, augajada, augueiro, avasar, azamelar, azou, bombo, bruar, cadillo, cagoxa, cairo, callón, canina, canterla. Nesta relación vemos como descende proporcionalmente o número de citas nas letras B e C. A fórmula da mención pode ser “abonado por Leiras Pulpeiro” ou “según Leiras Pulpeiro” e, salvo en ameixoar, arredoar, aruxar, atoar, bruar, cadillo, cairo e callón, trátase de palabras non recollidas en ningún repertorio anterior 37, mentres que nas “excepcións” citadas Leiras achega case sempre unha nova acepción;\nde aí a necesidade de aboar todas estas voces mediante algunha autoridade: (17) VLP: Cagoxa. Castaña. DRAG1328: Cagoxa. s.f. Castaña, según Leiras Pulpeiro. (18) VLP: Canterla. Grapa empleada en las madreñas rotas. DRAG1328: Canterla. s.f. Grapa empleada en las madreñas rotas. Abonada por Leiras Pulpeiro. En aruxar, cadillo e cairo, as mesmas acepcións aparecen nos materiais recompilados por Valladares como apéndices para o seu dicionario, aos que a RAG non debeu de ter acceso 38 : (19) VLP: Cairo. Colmillo. Vi: Cairo. Adición: Colmillo. DRAG1328: Cairo. 2. s.m. Colmillo. Abonado por Leiras Pulpeiro. 37 Augueiro rexístrase baixo outras variantes (Payzal e Valladares agüeiro, Pondal agoeiro). 38 Cadillo figura tamén no repertorio de Payzal con outro significado.\n(20) DRAG1328: Callón. s.m. Cuajarón. Coágulo. Líquido cuajado, especialmente la sangre. V. cadullo. 2. Cachón. Ola que rompe en la playa. Chorro de agua. Abonado por Leiras Pulpeiro 40.\n6.2. Mención da zona do autor\nA sospeita de que o VLP está detrás doutro pequeno grupo de entradas (6 en total, a saber, abarcular, abelaira, abillar, abortelar, apaxear, arrinca nabos), nas que se fai referencia á zona de Mondoñedo, confírmase ao confrontar os dous repertorios. De novo trátase de voces ou acepcións que só aparecen documentadas lexicograficamente no VLP, antes de que as recolla o dicionario académico 41 :\n(21) VLP: Abelaira. Aguijada. DRAG1328: Abelaira. En Mondoñedo se da este nombre á la AGUILLADA. (22) VLP: Abillar. Afilar.\nDRAG1328: Abillar. v.a. Poner la billa ó grifo á un tonel, pipa, barril, etc., para poder sacar el vino. 2. Vender el vino al menudeo. 3. Aviar, ataviar, adornar. 4. En Mondoñedo, significa afilar. Nesta última entrada, por exemplo, a primeira acepción combina a información proporcionada por Sobreira e Pintos, quen tamén podería estar detrás da segunda pola alusión á venda (‘poner la llave a la pipa, para vender el vino, estrayendolo por la billa’); a terceira non se rexistra ata este momento (Filgueira reprodúcea tamén como habillar), e a cuarta é a do VLP. O caso de arrinca nabos (só presente na versión da RAG) é un pouco diferente porque o\nDRAG inclúe a información dialectal noutra variante, á que remite desde aquela:\n(23) VLP: Arrinca nabos. Arráncatenabo, cierto juego que usan los muchachos. DRAG1328: Arrincanabos. V. 1 arrincatenabo. 2 Arrincatenabo. s.m. Arrancate nabo. Juego de muchachos. […] En algunas localidades de hácia Mondoñedo dicen arrincanabos.\n6.3. Sen mención\nEn realidade, o emprego maioritario de Leiras como fonte fíxose de forma totalmente anónima.\nUn indicio deste emprego pode ser o recurso a Leiras como autoridade literaria 42 para exemplificar o uso dunha palabra ou unha acepción características da zona mindoniense: 39 A RAG puido manexar tamén para esta voz a edición de 1884 (coa primeira definición idéntica e a segunda como ‘chorro ó caída de agua’), e quizais ata a de 1925 (‘ola del mar etc.’ e ‘chorro de agua etc.’). En cambio, a de 1899 comeza de modo diferente a definición da segunda acepción: ‘Lámina de agua que cae de poca altura y rompe formando espuma’. 40 Por cuestións de espazo, poñemos as acepcións académicas unha detrás da outra e numeradas, seguindo o DD. Substituiremos as maiúsculas das remisións, como as das entradas, por cursivas. Tamén irán seguidas as acepcións dos outros lexicógrafos galegos. Os exemplos que aparezan no interior dos artigos lexicográficos irán así mesmo en cursiva. 41 Salvo apajear que, como vimos, aparece tamén nos apéndices de Valladares. 42 Sobre o emprego de autoridades no DRAG1328, v. Suárez Vázquez (2000).\nR2: Arrocho. Palo corto con que retuercen las cuerdas para apretar una carga provisionalmente. […] Cu: Arrocho. Palo corto con que se retuercen las cuerdas para apretar provisionalmente una carga. Va: Arrocho. Tarugo, ó palo corto, con que se retuercen las cuerdas de las cargas, para apretarlas\nQueda unha pequena porcentaxe de casos en que é difícil determinar en que medida se utilizou o VLP, por tratarse de voces moi estendidas, cunha longa tradición lexicográfica ou acepcións xenéricas, e que tampouco presentan palabras moi especificas no definiens. Non obstante, dada a tendencia do DRAG a recoller todo o material que tiña á súa disposición e o emprego xeneralizado do VLP, é probable que se atope tamén detrás destes casos, malia que a súa pegada quede diluída entre outras mencións anteriores semellantes e o uso xeral da palabra:\nAdemais de ser voz moi estendida na fala, apalpar fora recollida previamente por Sarmiento, Sobreira, Pintos, Valladares e Porto Rey (ademais de por Aguirre) co mesmo sentido xenérico de ‘palpar’. Así e todo, tamén neste grupo de artigos existen indicios que, sen seren probatorios, apuntan a un posible emprego do VLP, como o recurso ao autor para exemplificar unha acepción (cf. amolecer na acepción 3), a reprodución conxunta e na mesma orde dos equivalentes citados por Leiras, aínda que xa foran empregados de xeito disperso con anterioridade (cf. bafo ‘vaho, aliento’) etc.\nTampouco resulta nidia a pegada de Leiras no caso de lemas moi específicos que ofrecen unha soa palabra equivalente, tamén moi precisa, en castelán. Acontece isto con alfonil, presente antes de Leiras en Sobreira, Cuveiro e Porto (así como nos apéndices de Valladares), case sempre coa mesma equivalencia ‘alfolí’:\n6.4. Voces ou acepcións do VLP non recollidas polo DRAG1328.\nSon moi contadas as ocasións en que o DRAG non se fai eco dos lemas rexistrados por Leiras. En concreto, trátase dos seguintes: abelau, (á) afeito, agucharse, aguniar, ameixola, arruche (quedar a), asela, atizoar, azoso, batideira, biaiteiro, birbiriquí, brujulearse, buxarela, carrilleira, catalas abellas, carapuchos d’as paredes. Un número exiguo, que se reduce aínda máis de eliminarmos da listaxe aquelas palabras que figuran no DRAG baixo outra variante formal: aguniar aparece como agoniar, batideira como batedeira, biaiteiro como bieiteiro, buxarela como buxarelo, agucharse como acocharse, ameixola como ameijoa. (Á) afeito vai lematizado como a feito. No canto de birbiriquí, rexístrase barbiquí e, en vez de carrilleira, aparece carrileira, remitindo para rilleira co sentido de ‘rodada’ que lle atribúe Leiras. Non recolle o DRAG carapuchos d’as paredes, pero si carrapucho en singular, e envía para a voz couselo, que é tamén ‘ombligo de Venus’.\nNon se inclúen aquí os lemas en que o dicionario académico opta por unha grafía distinta á adoptada polo escritor mindoniense, como ocorre con amortuxar, aparexar, augaxada, axirar, axóuxara e cantaruxar, que se converten respectivamente en amortujar, aparejar, augajada, agirar, ajoujara e cantarujar. Brujulearse aparece como bruxulear, cunha acepción bastante similar á de Leiras. Avalar, avafar, carabilla, abelairo e abelao fano respectivamente como abalar, abafar, caravilla, avelairo e avelao (e avelán, remitindo nos dous casos a avelaneira). Bencello e biradeira probablemente haberían figurar nas formas correspondentes con v, aínda que nestes casos o DRAG non remite a elas desde as formas con b, como fai noutras ocasións. Tampouco se tiveron en conta os lemas que aparecen flexionados no VLP ou que son obxecto de derivación, e que o DRAG, con bo criterio, inclúe na forma non marcada correspondente: así ocorre con burreña, comprendida no DRAG na entrada burreño, ña; con beizos, que figura no singular, e con arroliño, que aparece lematizado como aarrolo 43. No mesmo apartado poderiamos incluír o pronominal asisarse, que é substituído por asisar. A medio camiño entre os dous grupos, a palabra avalón ‘sacudida’ é recollida como abalo.\nIgualmente raros son os casos en que o DRAG rexistra a voz, pero non o significado que presenta no VLP. Sucede con cabozo, que ofrece o sentido de ‘calabozo’, non o de ‘hórreo’ que lle outorga Leiras; do mesmo xeito, caña non pasou como ‘tala, billarda, toña’ e si como “gloria” (pastel), e bosteira tampouco o fixo exactamente como ‘privada’ (‘excremento das vacas’) senón como ‘sitio donde hay muchas plastas o privadas de bosta’. Canto a barafustar, que aparece recollido por Leiras e por Valladares nos seus apéndices, foi retomado polo DRAG pero cunha acepción algo diferente: fronte a ‘hablar mal de una persona con fundamento o sin él’ (Valladares) e ‘despotricar, rajar’ (Leiras), o DRAG define a palabra como ‘reñir, alborotar, vociferar’, o que non se corresponde con ningunha das acepcións dos sinónimos casteláns indicados polo escritor mindoniense 44. O DRAG tampouco reproduce a acepción ‘reacción, confortación’ de aruxo nin a de ‘acebeda’ de acebreiro (fai aquí caso omiso de Leiras e segue a Sobreira, dándolle só a acepción de acibo).\nEn resumo, eliminando as variantes formais e gráficas, podemos dicir que todo o VLP pasou ao DRAG, salvo arruche, asela, atizoar, azoso, catalas abellas, carapuchos d’as paredes e as acepcións mencionadas. De todas elas, só asela, barafustar e bosteira son rexistradas no VOLGa, e a maioría tivo unha escasa representación na lexicografía sucesiva e nos dicionarios modernos. É o caso de aruxo, presente só en Franco Grande e Carré (1979), e acebreiro, en Franco Grande, cos significados expostos. Azoso, nun sentido próximo ao de ‘amable’, é recollido por Eladio, que o aboa recorrendo a Noriega Varela, e tras el, de novo por Franco Grande e Carré (1979). Modernamente aparece no GX, pero sen a acepción de ‘amable’, que si ten, en cambio, no Estravís. No TILGa, azoso ten a Leiras como primeira documentación, e posteriormente será usado por autores como Victoriano Taibo (1925) ou Noriega Varela (1928). Arruche é retomada por Franco Grande na mesma estrutura de frase do VLP (quedar a arruche, probable castelanismo procedente de quedar a ruche ‘quedar sin dinero’), mentres que Carré a inclúe como adxectivo e Aníbal Otero, baixo a forma arruches, de novo no interior dunha frase feita (quedarse arruches). Máis preto dos nosos días, é recollida no GX e no Estravís; ningún dato nos achega o TILGa ao respecto máis alá da mención de Leiras. Atizoar só reaparece en Estravís como ‘queimar con tizóns’ (port. atiçoar)\ne ‘atizar’, e no TILGa unicamente Leiras semella dar conta do significado de ‘cizañar, embolismar’.\nPolo que se refire a asela, Aníbal Otero dá noticia desta voz cos significados de ‘clavícula’ e ‘gaza de una cuerda’, esta última próxima á ‘lazada’ de Leiras; a primeira acepción é recollida no\nApéndice de Eladio Rodríguez xunto a ‘asa pequeña’, e o mesmo ocorre a continuación con Franco Grande, que dá entrada á forma acela como ‘lazada’. Por último, García (1985) informa de asela como ‘anilla’ en Valadouro e Pantón. Nos dicionarios modernos, o GDS21 define a palabra como ‘anel’, o GX como ‘anel, obxecto formado por unha tira de calquera material cerrada en forma de círculo’, e Estravís distingue nela tres acepcións: ‘asa pequena’, ‘asa pequena que se fai no extremo da corda para introducir nela o corno da vaca’ e ‘clavícula’. No TILGa soamente se documenta no VLP, pero non na literatura ata os anos 80 do pasado século. Barafustar é voz habitual na lexicografía posterior ao DRAG cos significados de ‘armar moito ruído’ e ‘rifar, berrar’, dos que só se aparta un pouco Estravís coas acepcións ‘Axitarse. Bracexar. Debaterse’ e ‘Protestar. Dicer impropérios’. En vez de catalas abellas, aparece no GX catalas cortizas ; no DRAG97, como exemplo e non como frase, catalos cortizos, e en Estravís simplemente unha acepción de catar como ‘castrar os cortizos’. Pola contra, bosteira figura decote nos dicionarios co significado que lle outorgaron tanto Leiras coma a tradición anterior, e non co do DRAG.\n6.5. Tratamento dos datos do VLP no DRAG1328\nUnha vez comprobado que practicamente todo o material de Leiras debeu de incorporarse ao DRAG, interesa analizar de que forma se produciu este traspaso e como se tratou a información. Tras o exame pormenorizado das entradas afectadas e o cotexo de ambos os textos, pode concluírse que o DRAG manexou eses datos e integrounos no artigo lexicográfico de xeitos diversos.\n1) O dicionario académico transfire, sen máis, o artigo de Leiras, conste este unicamente de equivalentes, de definición, ou de equivalentes e definición. Como exemplos deste comportamento valen os numerados do (17) ao (19), ou o (25). Nalgún caso de voces sen tradición lexicográfica, o DRAG quizais non engade ningunha información por carecer dela (v. angulema, ex. (4)). En poucas ocasións se advirte unha alteración da orde dos equivalentes ou da súa posición con respecto á definición:\n(29) VLP: Atariñar. Titubear, vacilar. DRAG1328: Atariñar. v.n. Vacilar, titubear. Abonado por Leiras Pulpeiro. 2) O DRAG prefire transmitir a información facilitada por Leiras noutra variante distinta, á que remite desde a voz do VLP:\n4) O DRAG suprime parte do definiens do VLP, ben no relativo á definición, ben a algún equivalente, que pode ser substituído por outro(s). Velaquí un exemplo:\nEn apedrazar desaparece o correspondente castelán acantalear. Os responsables do DRAG deberon de interpretar que esta voz non tiña en castelán o mesmo significado ca a entrada galega (v. 4.5), ou ben que unha acepción ‘caer granizo grueso’ / ‘llover copiosamente’ (cast. acantalear) non estaba suficientemente acreditada en galego para o verbo apedrazar. No seu lugar, a Academia inclúe estropear:\n(39) Va: Cadaval. Tojal quemado, pero que conserva aún en pié los troncos medio carbonizados de los tojos. VLP: Cadaval. Chamicera 46. DRAG1328: Cadaval. s.m. Tojal quemado pero que conserva aún en pie los troncos chamuscados de los tojos. Chamicera. DRAE18841925. Cadaval. m. pr. Ast. Terreno donde quedan en pie muchas cádavas. DRAE18841925. Cádava. f. pr. Ast. Tronco de árgoma o de tojo que, chamuscado, queda en pie en terreno donde ha habido una quema y sirve para leña. Aínda que non sexa este o lugar para analizar a práctica lexicográfica do DRAG no referente ás definicións, cómpre sinalar que existen tamén casos en que, tomando información de fontes precedentes, o repertorio académico ofrece definicións propias que poden chegar a ser enciclopédicas, sobre todo cando se trata de realidades características da sociedade e da cultura galegas. Observemos o exemplo seguinte: (40) R1: Canada. Medida de palo echa al torno, con una asa y una nariz por el lado opuesto, en el borde, para derramar el líquido. Su cabida es de media cuartillo hasta dos ó tres azumbres. Las mas grandes se usan para ordeñar las bacas porque están menos expuestas á romperse que los pucheros de barro. […] 45 V. n. 39. Nas palabras analizadas a RAG puido consultar diferentes edicións do DRAE, entre a de 1884 e a de 1927, segundo a data de publicación de cada caderno. Algunha vez incluso parecen aflorar edicións anteriores, como ocorre coa definición de ‘bandada’, que figura na entrada bando : ‘número crecido de aves volando juntas y á un tiempo’ (cf. DRAE1869 ‘número crecido de aves ó pájaros volando juntos y á un tiempo’, que no sucesivo pasará a ser ‘número crecido de aves volando juntas’). 46 Leiras omite o equivalente castelán cadaval, idéntico á voz galega.\nas distintas denominacións deste xogo: (43) VLP: Billarda (juego de caño). Tala. DRAG1328: Billarda. s.f. Billalda, tala, toña. […] El P. Sarmiento en su Glosario, trae una curiosa disertación sobre este juego. […] El origen de tala, es el latín talea, que significa un ramo o palito; el origen de cepo es cippus ; el origen de lipe me huele a gótico del inglés lip […]\nesa acepción.\nÁs veces dá a impresión de que o DRAG non sabe xestionar todas as indicacións que ofrece Leiras pero tampouco quere renunciar a incluílas, seguindo a súa liña habitual de recoller case toda a información de que dispón (cf. bruar).\nDentro desta revisión do material lexicográfico, podemos incluír os casos en que o DRAG engade novas acepcións, como en cabeceiro, só recollida por Leiras e polos apéndices de Valladares co sentido de ‘cabezada de cordel’:\n(48) VLP: Cabeceiro. Jáquima. DRAG1328: Cabeceiro. s.m. Jáquima. Cabezada de cordel para atar las bestias y conducirlas. * 2. Cabecera. Albacea, testamentario [segue exemplo medieval].\nPor suposto, as actuacións sinaladas ata aquí en diferentes apartados poden combinarse entre si de modo que dan lugar a unha tipoloxía moi variada de artigos lexicográficos. No que atinxe ás unidades pluriverbais, atopamos igualmente un proceder diverso por parte do DRAG1328. Mentres que en ocasións as trata como tales (á bao, abogado d’as silveiras, camisa de fora...) coa posibilidade de incrementar o artigo mediante definicións ou citas lite-\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 137169 rarias, noutros casos o que no VLP aparecía como unidade fraseolóxica perde ese carácter no dicionario académico. Así sucede atinadamente con beata falsa: (49) VLP: Beata falsa. Gazmoña. DRAG1328: Beata. [s.f.] 4. La mujer visitadora de templos y sacristías, que frecuenta la iglesia sin la menor devoción, que va a la iglesia a murmurar y a pasar el tiempo; hipócrita, gazmoña, falsa beata.\nNoutras ocasións reconsidérase o alcance da unidade: fronte a ferver a callón, o DRAG inclúe como unidade pluriverbal a callón. Tamén se dan casos en que pasa unha palabra (borroalla), pero non a a expresión de que forma parte (andar na borroalla).\n7. P resenzA do VLP nA LexIcogrAfíA gALegA PosterIor\nAínda que o presente traballo se centra no estudo do VLP e da súa transmisión ao DRAG1328, para o cal se analizaron pormenorizadamente todas as entradas ata a voz académica cativo, non podemos deixar de ofrecer algúns datos sobre a presenza de Leiras na lexicografía galega posterior, tras ampliar a análise a unha mostra do resto dos artigos do VLP (v. tamén 5.1).\nQue o DRAG actuou como primeiro mediador entre Leiras e a lexicografía posterior parece evidente, segundo se desprende do xeito en que se transmitiron as entradas, en particular as que sufriron modificacións. É o caso de abordelar, que Leiras define, segundo a lectura de todos os editores, como ‘encuartar, ayudar, reforzar en pasos difíciles la yunta o tronco de un carruaje’ e que o DRAG retomará como ‘encuartar; ayudar; reforzar, en casos difíciles, la yunta ó tronco de un carruaje’. Mentres que Filgueira, Carré (19281931) e Ibáñez recollen só os dous primeiros verbos (‘encuartar, ayudar’) e A. Otero opta por definir como ‘poner una pareja de encuarte’, Eladio Rodríguez reproduce tal cal a definición da RAG, e tras el, fai o mesmo Franco Grande. Na edición de 1979 Carré engade ‘poner encuarte a un carro, arado, etc.’ e García (1985), documentando a voz en Cabalar, Feás, Ferreira de Valadouro, Codeseda, Guitiriz, Burón e Suarna, volve outra vez á definición académica.\nSeguramente a acepción que quixo reproducir Leiras mediante o ‘engargantar’ foi a primeira do DRAE, que é a que presenta tamén Valladares nos seus apéndices (‘alimentar, dar la bicada’), a que se rexistra na fala (García 1985, xustamente en Ferreira de Valadouro) e a que ten sentido como derivado de bicada (‘comida que leva o paxaro no peteiro para alimentalas crías’, DRAG97), e esta, á súa vez, de bico ; variante, por outro lado, de formas como embicadar, tamén rexistrada por Leiras, e embicar. Pero o responsable do DRAG que leu o texto de Leiras optou\npor darlle a ese ‘engargantar’ a terceira acepción do DRAE, quizais para engrosar máis o número de acepcións da palabra. O que ocorre é que engargantar é un derivado de garganta, que en\ncastelán ten entre os seus significados o de ‘parte superior del pie, por donde está unido con la pierna’ (DRAE1884/1899), pero en galego bico e bicada non teñen esa significación. Trátase, pois, dun calco ou castelanismo semántico que se transmitirá no sucesivo a Eladio Rodríguez e a\nFranco Grande. Mentres que Filgueira recolle o equivalente sen máis sen se comprometer, Carré\n(192831 e 1979) amósase prudente retendo só a segunda e a terceira acepcións do DRAG. Ibáñez segue, como de costume, a Carré. En época moderna, tanto Estravís coma o GX e o GDS21 eliminaron igualmente esa acepción. A Academia retomou tamén o castelanismo acunar, rexistrado por Leiras e Porto Rey, aínda que tivo o bo criterio de remitir a arrolar. Só Eladio, unha vez máis, retomará esta palabra, ao xeito do DRAG. Outro caso digno de mención é o de canina, que Leiras rexistra por primeira vez, co significado de ‘miserable’: (51) VLP: Canina. Miserable. DRAG1328: Canina. s.m. Miserable, según Leiras Pulpeiro. 2. adj. Canina, dícese del apetito o hambre devoradora o insaciable.\nA acepción do DRAG como substantivo masculino será corrixida no sucesivo por Eladio, aínda que manterá a acepción de ‘miserable, avariento, tacaño’, como adxectivo. A continuación, unha vez máis, Franco Grande retoma literalmente a Eladio. Ignoramos o fundamento desa primeira acepción, mentres que a segunda, común a castelán e portugués, aparece en moitos dicionarios modernos, aínda que non no DRAG97. A que quedou desterrada da lexicografía foi a acepción de ‘miserable’. Hoxe adoita recollerse unha acepción xeral para o ‘relativo ao can’ e outra para o ‘dente canino’. Estravís rexistra unha acepción ‘maligno’ (do portugués).\nFronte a Filgueira, que se limita a recoller o VLP a través do DRAG, polo tanto de forma limitada ata a entrada cativo, e as máis das veces resume o artigo, reducíndoo a un ou a dous dos equivalentes sinalados polo dicionario académico (cf. o dito para abordelar, abicadar), Eladio utilizou o VLP completo de primeira man, como se aprecia non só nas voces e acepcións ás que non chegara o DRAG, senón incluso ás veces tamén nestas. Obsérvese como o DRAG retoma parcialmente o VLP na acepción 7 de abanear, mentres que Eladio e Franco Grande recuperan o equivalente zangotear : (52) VLP: Abanear. Zangotear, zangolotear. DRAG1328: Abanear. [v.n.] 7. Zangolotear. Moverse ó sacudirse las ventanas, puertas, etc., cuando hace viento. Er/Fg: Abanear. [v.n./v.] Zangolotear, zangotear, moverse o sacudirse las puertas o ventanas con el viento.\nNon obstante, ata onde chegou o dicionario académico, a pegada deste sobre Eladio é innegable, de xeito que moitas entradas se incorporan a través del. Obsérvese o que ocorre con arostío, que ninguén documentara lexicograficamente antes de Leiras:\n(53) VLP: Arostío. Sífilis. DRAG1328: Arostío. s.m. med. Sífilis. Er: Arostío. s.m. Sífilis, según el DRAG. Más comunmente mal ruin.\nEladio reorganiza e estrutura o dicionario académico en numerosas ocasións, ademais de engadir, como é sabido, importante información cultural e antropolóxica (tamén é certo que noutros casos simplifica as definicións). A revisión de todo este material esténdese tamén ao VLP, de maneira que en ocasións suprime algunha entrada ou acepción. Así ocorre con puntada ‘entrepunzadura, punzada, dolor que se siente más agudo de cuando en cuando’ que non só omite Eladio senón tamén a lexicografía tradicional posterior. Do mesmo xeito, das dúas entradas sufalcar do VLP, cos significados, respectivamente, de ‘sopalancar’ e ‘desfalcar, apropiarse la totalidad o parte de un caudal que se tenía en depósito’, Eladio só recolle a primeira das acepcións, cunha definición que será suprimida a continuación por Franco Grande.\n(54) VLP: Mozo d’a trepia. Moza Maripérez, pieza de las trébedes en forma de horquilla para asegurar el rabo de la sartén.\nFg: Mozo da trepia. Pieza de las trébedes en forma de horquilla, para asiento del mango de la sartén. C4: Mozo da trépia. Pieza de las trébedes en forma de horquilla, para asiento del mango de la sartén. Carré é menos constante na utilización dos datos do VLP. Mentres que en amorgallar reproducía o equivalente ‘apañuscar’ xa na edición de 192833, noutras moitas ocasións omite o léxico do VLP. En edicións sucesivas, e en concreto na de 1979, aparecen en cambio outras voces que fan pensar nunha consulta directa do VLP (caso de azoso, por exemplo, que só el recolle como ‘amable’ 47). 47 Pérez Pascual / Tato García (1986: 240) sinalaron a lectura errónea desta entrada por parte de Franco Grande (1970), que interpretou aroco.\nReivindicaba Alonso Montero en 1983 a figura poética de Leiras, ao que se lle debían, na súa opinión, “lecturas máis remuneradoras, máis xustas” (1983: 149). Coidamos que o Leiras lexicógrafo merece igualmente ser rescatado para ocupar un lugar máis salientable na historia da lexicografía galega.\nPero, con ser o volume de léxico recollido un elemento importante nun período en que era urxente a recompilación do maior número posible de palabras para a súa recuperación, o VLP presenta outros valores que permiten outorgarlle un papel destacado na tradición lexicográfica galega. Se por un lado se integra na tradición precedente por trazos como o uso do castelán no definiens, o criterio aparente de non incluír voces comúns con esta lingua e mesmo o pouco interese polas cuestións gramaticais, por outro ofrece características propias que o singularizan nesa tradición.A escasa presenza de voces comúns co castelán, que noutros repertorios se explica fundamentalmente como un elemento de diferenciación respecto desa lingua, xustifícase aquí dun modo especial por tratarse dun vocabulario eminentemente dialectal. No carácter dialectal e popular deste repertorio é onde reside o seu maior valor. O vocabulario recollido por Leiras apreixa o léxico propio da fala popular mindoniense; de aí a abundancia de voces relativas ao mundo rural, aos medios de vida tradicional etc., cos seus fenómenos fonéticos e morfolóxicos característicos. Este léxico popular era o que máis interesaba ao Leiras escritor e o que utilizaba en boa medida. Así se entende tamén o importante número de unidades pluriverbais que inclúe. Deste xeito, o Leiras escritor e o Leiras lexicógrafo presentan unha admirable coherencia, coherencia que a outro nivel se estendía, como é sabido, ao home e intelectual. Lembremos que un dos trazos máis estimados na obra literaria de Leiras foi precisamente o emprego dun léxico rico, vivo e enxebre.\nEn relación co carácter dialectal atópase o outro gran mérito que ten, ao noso modo de ver, este Vocabulario, e é que, xunto a variantes populares, proporcionános o primeiro rexistro lexicográfico de bastantes voces (arrinca nabos, cagoxa, canterla, carocada, charramandeiro …) ou acepcións (ameixoar ‘reunir’, fía ‘hilandero, paraje donde se hila’, larada ‘lechigada, camada, pollada (si es de pollos)’…). Como bo coñecedor do galego e da fala mindoniense, Leiras sabía moi ben o que recollía, xustamente os elementos diferenciais.\nAínda que os equivalentes casteláns mencionados son en moitos casos abundantes e precisos, a ausencia de definición noutros artigos pode dificultar a comprensión cabal por parte do usuario das acepcións que se atribuén a cada voz. É certo que Leiras recorre a miúdo ás definicións dos DRAE contemporáneos, pero cando arrisca as súas propias definicións deixa ver o seu oficio de lexicógrafo, o mesmo que puxo en práctica na súa relación epistolar con Valladares.\nPor último, o VLP ten un importante valor na medida en que pasou practicamente íntegro á lexicografía posterior, aínda que poucas veces se mencione como fonte. A Real Academia Galega soubo apreciar o mérito e a fiabilidade deste Vocabulario, de xeito que o DRAG incorporou de maneiras diversas case todo o VLP, incluso as variantes máis espurias, habitualmente sen mención da súa procedencia. É preciso recoñecer que, aínda que con frecuencia o DRAG recolle sen máis as indicacións de Leiras, sobre todo cando se trata de primeiros rexistros ou de voces ou acepcións moi localizadas xeograficamente, en moitas ocasións (sistematicamente no caso da categoría gramatical) engade novos elementos ao artigo lexicográfico, tales como variantes, sinónimos, equivalentes casteláns, información de diferentes tipos (rexistro, ámbito de coñecemento etc.) e definicións que, malia estaren tomadas en gran medida do DRAE, responden ás veces á elaboración doutros lexicográfos galegos ou a unha reelaboración propia, e poden chegar a ser enciclopédicas cando se trata de contidos moi vinculados á realidade galega. O material proporcionado por Leiras intégrase neses casos nun artigo máis amplo en que, conforme ao seu costume, o DRAG recolle practicamente todo o que lle proporciona a tradición lexicográfica anterior. Exemplos temos tamén en que o DRAG somete a unha certa revisión, non sempre afortunada, os datos do VLP e os dos lexicógrafos anteriores: separa e reinterpreta acepcións e mesmo, aínda que sexa moi esporadicamente, pode chegar a suprimir o que lle parece errado ou insuficientemente acreditado. O DRAG deu a coñecer o VLP á lexicografía posterior e converteuno nunha fonte importante para ela. Algúns lexicógrafos posteriores limitáronse a recoller os datos que a Academia achegaba, pero outros accederon ao VLP de primeira man, como Eladio Rodríguez e Franco Grande. Deixamos aquí constancia deste emprego, así como dalgúns erros de transmisión.\nEn conclusión, cómpre situar o VLP no lugar que lle corresponde na lexicografía galega e recoñecer o papel importante que nela ten como rexistro fiable de moitas voces e acepcións dialectais, e como fonte do DRAG1328 e da lexicografía posterior.\nAgradecementos\nAgradecémoslle á Real Academia Galega que puxese á nosa disposición o material necesario para a elaboración deste artigo.\nr eferencIAs bIbLIográfIcAs\nAA.VV. (1982): Homenaxe a Álvaro Cunqueiro. Santiago de Compostela: Universidade. Actas = Real Academia Galega, Actas da Academia Galega, libros I e II. Aguirre = Carme Hermida Gulías (ed.) (2007): O ‘Diccionario del dialecto gallego’ de Luís Aguirre del Río. Anexo XXXVII de Cuadernos de Estudios Gallegos. Madrid: CSIC / Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”. ALGa = Constantino García e Antón Santamarina (dirs.) (19902005): Atlas Lingüístico Galego, 5 vols. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Vol. III, Fonética, coord. por Manuel González González, 1999. Alonso Montero, Xesús (ed.) (1983): Obra completa de Manuel Leiras Pulpeiro. Santiago de Compostela: Edicións Sálvora. BRAG = Real Academia Gallega (1925): Boletín de la Real Academia Gallega, t. I (mayo de 1906abril de 1907). La Coruña: Litografía e Imprenta Roel. Bugarín López, María Xesús / Begoña Fernández Rei (eds.) (2000): Diccionario gallegocastellano de Francisco Porto Rey. A Coruña: RAG. C[arré] A[ldao], E[ugenio] (1912): “Leiras Pulpeiro”, Boletín de la Real Academia Gallega VI/67, 184. Cambre García, Carme et al. (2000): “A achega de material léxico ó Diccionario da Real Academia Galega (19131928)”, en Dieter Kremer (ed.), Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos (La Habana, abril de 2000). A Coruña: Ediciós do Castro, 3553. Cornide = Carlos MartínezBarbeito (1956): “Don José Cornide y su ‘Catálogo de palabras gallegas’”, Boletín de la Real Academia Gallega 309320, 291349. DD = Antón Santamarina (2000/2003): Diccionario de diccionarios, 1 CDROM e 1 guía. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, versión 3. Tamén en http://sli.uvigo.es/DdD. DLG = Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega (1990): Diccionario da lingua galega. A Coruña: RAG.\npostela: Universidade.\nEduardo Pondal”, Cadernos de lingua 2, 1146.\nTILGa = Antón Santamarina (dir.), Tesouro Informatizado da Lingua Galega. USC / ILG, http://www."} {"summary": "A lingua, como elemento vivo, experimenta continuos cambios e introduce frecuentemente novas palabras. Algunhas destas chegan a lexicalizarse e outras moitas non. Este artigo céntrase nos neoloxismos que proceden de marcas rexistradas. Refírese, máis concretamente, a palabras que están en uso na variante sincrónica actual da lingua galega cunha frecuencia de uso variable e un recoñecemento nas obras lexicográficas pouco sistemático. Parte este traballo doutro anterior, publicado en formato libro baixo o título Por que o colacao non está no dicionario?, pretendendo agora actualizalo e afondar en aspectos que non foran tratados. Introdúcense aquí novas palabras que non aparecían recollidas na obra anterior, propoñendo unha representación gráfica para elas, xunto coa súa posible definición, así como a análise da súa presenza no CORGA e no TILG. Igualmente, coméntanse aspectos relacionados coa súa vixencia e perdurabilidade.", "text": "Entre o colacao e o nesquick. Lingua galega e marcas rexistradas\nNoemí Álvarez Villar\nCPI A Picota. Mazaricos noemiav@edu.xunta.es\nMaría Rey Rey\nIES Xulián Magariños. Negreira mariareyrey@edu.xunta.es\n\nSumario\n1. Introdución. Palabras procedentes de marcas rexistradas. 2. Xustificación. 3. Pertinencia do traballo. 4. Representación gráfica das palabras procedentes de marcas rexistradas. 5. Presenza nos dicionarios, no CORGA e no TILG. 5.1. Proceso de elaboración: os dicionarios, o CORGA e o TILG. 5.2. Falta de homoxeneidade nos dicionarios. 6. Presenza destas palabras na literatura. 7. Traballos previos. 8. Ampliación do traballo anterior. 8.1. Presenza no TILG. 8.2. Presenza no Gran Dicionario Xerais da Lingua. 8.3. Presenza no VOLG. 8.4. Novas propostas. 8.4.1. Presenza no CORGA. 8.4.2. Presenza no TILG. 8.4.3. Comparativa da presenza no CORGA e no TILG. 9. Comparativa con outras linguas: o caso do portugués e do catalán. 10. Cadroresumo das palabras estudadas. 11. Conclusións.\nBetween colacao and nesquick. The Galician language and trademarks\nLanguages, as living entities, undergo continual change and often acquire new words. Some of these become lexicalized; others do not. This paper looks at neologisms originating from registered trademarks, and in particular at words current in presentday Galician that have a variable rate of frequency and are not acknowledged systematically in the lexicographic literature. The present study is based on an earlier one, published in book format, titled Por que o colacao non está no dicionario? [Why isn’t colacao in the dictionary?], which it brings up to date while also delving into some aspects previously omitted. Further words are included which were absent from the earlier work, for which a spelling is proposed and a definition attempted. Their presence in Corga and TILG is profiled, and features are mentioned that may affect their contemporary relevance and likelihood of survival.\n1. Introduction. Words originating as registered trademarks. 2. Justification. 3. Relevance of the\n1. I ntroducIón. palabras procedentes de marcas rexIstradas\nPolaroid, colacao, bollicao son palabras que emprega calquera galegofalante ao referirse a determinados produtos que están no seu universo vital. Con todo, non todas aparecen recollidas nos dicionarios, pois, ao analizar estas tres palabras nos repertorios lexicográficos, obsérvase que só a primeira aparece contemplada, a pesar de aparentemente ser, se cabe, a menos estendida.\nNo uso habitual da lingua non nos detemos a reflexionar sobre a procedencia das palabras, polo que cómpre facer un estudo detallado do léxico da lingua galega para analizar as formas que teñen a súa orixe en marcas rexistradas. Este traballo ocúpase daquelas formas que están en proceso de lexicalización na nosa lingua (ou lexicalizadas xa), as cales son quen de nomear un produto que non ten outro nome ou, en caso de telo, que coexiste en competencia con aquel. Xa que logo, non queremos facer unha listaxe das marcas existentes, senón analizar as palabras da nosa lingua que proceden delas. O “cacao en po” pode ter varios nomes comerciais pero o de colacao 1 é o único que empregamos para denominar o produto, independente da marca que compremos.\nO noso estudo céntrase na variante sincrónica actual xa que cremos que é o punto de partida para poder abordar no futuro un traballo máis amplo que recolla esas palabras, xunto coa súa evolución no tempo. Con todo, convén matizar a definición que se adopta para o termo sincrónico. Sábese que “sincronía” é un termo con límites poucos definidos xa que varía o seu valor dependendo de quen o empregue, se é unha persoa de 30 ou de 50 anos. Considérase neste traballo o valor máis amplo do termo, xa que isto permitirá amosar palabras que son coñecidas por persoas de determinada idade pero non por outras máis novas, ou mesmo ao revés. Aparecen, polo tanto, palabras con pouca frecuencia de uso e voces en decadencia, xunto con outras que presentan unha alta frecuencia de uso. Así e todo, a análise faise coa maior prudencia posible e tendo en conta que a lingua é un elemento vivo e aberto a novos cambios.\n2. x ustIfIcacIón\nEste artigo nace logo de analizar as palabras procedentes de marcas rexistradas nun traballo previo denominado Por que o colacao non está no dicionario? (Álvarez Villar / Rey Rey 2010). Aquel traballo foi unha introdución xeral da temática, na que agora afondaremos.\nNaquela proposta íase analizando a presenza destas palabras nos diferentes repertorios lexicográficos e rematábase amosando aquelas que non teñen presenza nesas obras, pero que si poderían ou deberían figurar. Igualmente incluíase un apartado de palabras que non aparecen recollidas e que se consideran dubidosas para ser contempladas, ben por estar en clara decadencia, ben por seren palabras moi recentes sobre as que non se pode facer unha valoración, ben por tratarse de castelanismos.\nNesta achega, pártese da proposta do traballo anterior e afóndase naqueles aspectos interesantes relacionados con el; en particular actualízase a listaxe de palabras procedentes de marcas rexistradas e que non foron comentadas con antelación. Esta revisión obedece ao feito de que a lingua está en constante cambio, polo que permite unha continua análise.\n3. p ertInencIa do traballo\nNon sorprende que non se fixese un estudo específico deste tipo de palabras con anterioridade, xa que non supoñen máis ca unha pequena porcentaxe dentro do amplo lexicón dunha lingua. Ademais, é certo, que unha lingua que vive nun proceso de normalización e normativización, coas dificultades que isto implica, xa se atopa con moitas formas para sancionar, polo que as que aquí nos ocupan (as palabras procedentes de marcas rexistradas) ven atrasado o seu camiño cara á normativazión. Por ese motivo, espérase contribuír ao recoñecemento destas palabras e a presentar unha posible ampliación do estándar, tendo en conta que a normativización concreta que se ofrece amplía as posibilidades expresivas da nosa lingua, outorgándolle unha maior autenticidade á norma, que se enriquece con elementos léxicos habituais (nalgunhas ocasións) e imprescindibles.\nSábese que este léxico é moi efémero, na maior parte dos casos, debido á propia historia dos produtos. Polo tanto, é interesante esta análise e toma de conciencia da nosa lingua como testemuño dun tempo. Se se comparan estas palabras coas patrimoniais, obsérvase que teñen unha historia máis breve, pero non é menos certo que, para as persoas que viven e usan a lingua galega nos comezos do século XXI, son voces igual de necesarias que as demais. De feito, pasado o tempo, se estas formas desaparecen, quedarán como distintivo de varias xeracións ou mesmo só dunha debido á súa breve historia. Exemplificando, non podemos esquecer que a forma tergal nos leva a unha época determinada, pois os máis novos xa a descoñecen, mentres que aspirina 2, aínda que poida desaparecer no futuro, neste momento forma parte do acervo de todas as xeracións que vivimos neste comezo de século. Algo similar acontece con outras palabras propostas neste artigo; é o caso de fixo ou celo, comúns para calquera galegofalante, fronte a land rover que pode ser descoñecida (ou pouco frecuente) para as persoas de menos idade.\n4. r epresentacIón gráfIca das palabras procedentes de marcas rexIstradas\nSe se observa o uso destas palabras nas obras escritas (nomeadamente na literatura) conclúese que existe unha considerable vacilación á hora da súa representación na escrita. Este estadio de representación dubitativa, de busca da forma escrita, parece natural, xa que mostra analoxía con outros exemplos da lingua. Ao comezar a pasar á escrita unha lingua ou unha serie de palabras que si están na fala, os escritores (ou calquera usuario dese código) dubidan de como representalos 3. Cunqueiro escribe en “Anxeliña de Prado” de Os outros feirantes a voz singer entre comiñas; mentres, Ferrín, no relato “Eles” de Arraianos, insire unha letra maiúscula na primeira letra de cada palabra procedente dunha marca rexistrada: Tres Cepas, Mauser, Chester (que alterna con Chesterfield), Ronson, Fiat. Este último autor comentado amosa a súa propia reflexión lingüística na codificación que emprega, xa que ten unha regra que non esquece en ningún caso: o uso de maiúsculas. Elixe, ademais, a forma que presenta un achegamento ao nome dunha marca, a maiúscula, que indica nome propio.\nMentres, Suso de Toro, no seu relato “BOLLICAO” da obra Polaroid, presenta maior variación na representación destas palabras. A primeira voz deste tipo que se atopa no corpo dese relato é gusanitos, que aparece entre comiñas. O curioso é que na liña seguinte figura sen elas. Poderíase pensar que se trata dunha repetición da palabra, ou mesmo unha individualización dos elementos que compoñen o produto, pero algo despois aparece bollicao sen cursiva, nin negra, nin comas e algo despois Cocacola. Non obstante, esta última palabra presenta a súa primeira letra en maiúscula. O autor vaise acollendo a diferentes solucións en cada caso, sen seguir un criterio unitario. Esta alternancia na escrita é algo xeneralizado e aínda que aquí só nos centramos en tres textos e en tres autores, pódese facer unha análise do que acontece no Corpus de referencia do galego actual (en adiante CORGA 4), e percibiremos unha situación similar. Para exemplificar esta afirmación escóllese a palabra cocacola, porque é merecente, debido á súa divulgación e repercusión, de ser a elixida. Esta palabra aparece en 74 ocasións e en 43 documentos se a escribimos con guión, e en 16 documentos, con 22 recorrencias se a escrita é sen ese elemento. Se a forma consta de dúas palabras sen ningún nexo, atopamos 32 exemplos en 18 documentos. Na escrita con guión as posibilidades son varias: cocacola, ou ben coa primeira letra en maiúscula (Cocacola), ou coa inicial de cada unha das palabras que compoñen a voz en maiúscula (CocaCola). Ao escribir a forma nunha única palabra as posibilidades redúcense a dúas, coa primeira inicial en maiúsculas ou sen ela (cocacola, Cocacola). Na escrita de dúas palabras separadas, tamén temos unha solución dupla (coca cola e Coca Cola). No caso do guión predomina o uso das dúas maiúsculas en ambas as palabras, seguido da escrita completa en minúsculas, mentres que no caso de tratarse dunha única palabra sen guión predomina a escrita completamente en minúsculas. Constátase que só hai dous casos de presenza da maiúsculas, un deles é un artigo de opinión nun xornal e o outro un libro sobre publicidade. Parece que o feito de soldar os compoñentes nunha única palabra implica xa unha maior lexicalización da forma, o que motiva a escrita en minúsculas. Este comportamento é análogo ao que seguen outras palabras compostas da nosa lingua, xa que cando as formas están soldadas percíbense como máis lexicalizadas e, polo tanto como unha única palabra. O mesmo acontece con certos neoloxismos procedentes de siglas, pois pasan a escribirse en minúscula cando se trata de siglas completamente lexicalizadas (láser). En definitiva, a aparición dunha palabra procedente de marca rexistrada escrita en minúscula pona en relación co seu maior grao de lexicalización. De feito, cando non é tan obvia a procedencia de marca (pladur, por exemplo) a tendencia a escribila con minúscula é maior.\n5. p resenza nos dIcIonarIos, no corga e no tIlg\n5.1. Proceso de elaboración: os dicionarios, o c orga e o t Ilg a etimoloxía 5 das palabras. É tamén a obra lexicográfica, polo momento, máis popular e conta cunha tradición que a avala. Porén, o feito de elixir esta obra non presupón que se desboten outras, senón que se contrastaron as palabras atopadas coas que figuran nos seguintes dicionarios: Dicionario da Real Academia Galega (en adiante DRAG), Gran Dicionario século 21 da lingua galega (en adiante DS21), Dicionario Digalego, Diccionario de la Real Academia Española (en adiante DRAE). Polo tanto, a pretensión do estudo é dar unha visión xeral e plural do estado da cuestión deste apartado do léxico.\nTodas as palabras que aparecen no traballo foron buscadas no CORGA. Utilízase este corpus para comprobar, en cada un dos casos, a súa presenza nalgún texto, así como o seu contexto de uso. Así mesmo, deste xeito, obsérvase a frecuencia destas palabras procedentes de marcas rexistradas nos textos seleccionados polo CORGA (entre os anos 1975 e 2009). Ben é certo que, como se trata dun corpus (unha escolma), nalgunha ocasión os resultados son sorprendentes, con ausencia dalgunha palabra que parece ter bastante repercusión na lingua ou con mostras doutras que presentan unha frecuencia moito menor.\nNo estudo que aquí se presenta engádese a análise da presenza de cada unha das palabras incluídas na obra anterior no Gran Dicionario Xerais da Lingua (en adiante GDXL), no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (en adiante VOLG) e mais no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (en adiante TILG). Esta comparativa permite unha visión máis ampla do tratamento das mesmas.\n5.2. Falta de homoxeneidade nos dicionarios\nA lexicalización de palabras procedentes de marcas rexistradas é un fenómeno difícil de homoxeneizar, xa que os dicionarios non sempre semellan ter criterios claros para determinar que palabras destas características recollen. Pode que sexa o paso do tempo o que permita esa introdución, que sexa o propio asentamento no uso o que lle dea ese mérito, seguindo os principios das linguas, moi dinámicas na fala fronte á rixidez da forma escrita.\nA lentitude neste proceso de recoñecemento sancionador, común a outras linguas, pode provocar que a incorporación aos dicionarios de palabras procedentes de marcas se produza cando xa ven minguado o seu uso. En ocasións, porque apareceron novos produtos que substitúen aos anteriores e mesmo os afastan do mercado e con eles esvaécense as palabras que os designan. É un bo exemplo disto a forma mercurocrómer (a cal convivía na fala coa forma abreviada crómer)\nque figura no DXL, cando é o betadine o produto rexistrado que triúnfa hoxe como antiséptico. Por outra banda, cómpre ter en conta a situación especial da lingua galega, xa que ao estar inmersa no proceso de normalización e normativización, todas estas palabras chegan, moi probablemente, a partir da lingua teito: no noso caso o castelán. O galego foi unha lingua desligada durante séculos do ámbito mercantil, ao que hai que engadir, ademais, que moitos produtos chegaban a nós a través do mercado castelán. De igual modo que acontece en numerosos campos terminolóxicos, de linguaxes específicas, estes eran aceptados coa mesma denominación que no castelán, aínda que non sempre fosen incluídos nos dicionarios. Isto fai que a maior parte das palabras procedentes de marcas rexistradas sexan coincidentes entre a nosa lingua e a lingua castelá. Non obstante, isto non permite concluír que a correlación sexa absoluta, pois hai casos de non coincidencia. Acontece por exemplo na forma danone, como sinónimo de iogur. Non ten un uso mencionable a forma danone en Galicia, aínda que si a ten en numerosos lugares de fala española da península.\nObsérvase que algunhas das formas presentes neste artigo son compartidas polas linguas veciñas, ao ser verdadeiros internacionalismos procedentes de marcas comerciais ou patentes estranxeiras. Analízase esta relación con outras linguas próximas no apartado 9.\n6. p resenza destas palabras na lIteratura\nA abundancia destas palabras na literatura responde aos seus valores semánticos, xa que a connotación acáelle moi ben á lingua literaria. Pódese pensar ademais na rendibilidade que a literatura pode tirar das imaxes das que a publicidade se serve para poñer no primeiro momento o produto en contacto co comprador ou, se se quere ler así, ao falante coa palabra marca. Calquera destas palabras que son marcas rexistradas, debido ao carácter efémero que adoitan presentar, adquiren unha maior fixación polo feito de aparecer nunha obra literaria que contribúe á súa integración. Ao mesmo tempo, xogan un papel activo na narración ao marcar as coordenadas espazotemporais dese texto ou as características dun personaxe en concreto.\nOs autores empregan a variante sincrónica da lingua do momento en que eles viven e, polo tanto, non poden subtraerse ao uso destas palabras. Quizais non sempre eran conscientes da realidade e repercusión desa voz e se cadra o seu uso responde só a un xogo lingüístico. Con todo, nalgúns autores recentes parece que ese uso non é gratuíto, senón que obedece á busca de diferentes obxectivos, relacionados co propio texto ou coa caracterización dos personaxes. Así, o título Polaroid, que Suso de Toro elixiu para a súa obra, non parece arbitrario, xa que foi, no ano 1986, un nome tan rompedor como toda a obra da que forma parte.\nestritamente literal, xa que, neste caso, barbie se refire a unha moza e non a unha boneca.\n7. t raballos prevIos\nNo referente ao estudo destas palabras na lingua galega, contamos unicamente coa obra Por que o colacao non está no dicionario? (Álvarez Villar / Rey Rey 2010). Ben é certo que se se analiza o estudo destas formas noutras linguas, obsérvase que as páxinas que a elas se lles dedican tampouco proliferan. Non obstante, existen traballos que se achegan ás palabrasmarca 6, aínda que sen deterse naquelas lexicalizadas.\nComo quedou dito son os dicionarios os que paseniñamente van incorporando estas innovacións léxicas. Cabe mencionar, igualmente, a obra Novas palabras da lingua galega (López Fernández et al. 2005) que recolle certos neoloxismos. Así e todo, é destacable que só 7 constate a palabra rímmel 8 como procedente de marca rexistrada. As propostas da obra Por que o colacao non está no dicionario? eran:\nAPARTADOS\nPalabras Presenza no CORGA 1. Palabras presentes no DXL. aspirina, celofán, delco, ditáfono, formica, fotomatón, gramófono, gramola, maicena, mecano, mercurocromo, napalm, pimpón, pírex, plastilina, plexiglás, polaroid, táblex, tartán, tecnicolor, teflón, uralita Todas as palabras agás pírex e teflón. 2. Palabras presentes no DXL pero non recoñecidas como procedentes de marcas rexistradas. aerobús, claxon, duraluminio, futbolín, jacuzzi, magnetófono, nailon, neopreno, pianola, raión, tabasco, teletexto, teletipo, 8. a mplIacIón do traballo anterIor\n8.1. Presenza no t Ilg\nNeste traballo achegámonos a outro corpus da lingua galega, o TILG, para ampliar a análise da recorrencia destas palabras. Isto permite non cinguirse á variante sincrónica, senón ampliar o número de textos consultados, posto que este corpus recolle mostras da nosa lingua (1464 obras) desde o galego moderno (ano 1612) ata a actualidade. As palabras recollidas no TILG son:\nAPARTADOS Palabras Presenza no TILG\n1. Palabras presentes no DXL. aspirina, celofán, delco, ditáfono, formica, fotomatón, gramófono, gramola, maicena, mecano, mercurocromo, napalm, pimpón, pírex, plastilina, plexiglás, polaroid, táblex, tartán, tecnicolor, teflón, uralita Todas as palabras agás ditáfono, mecano, pírex táblex, tecnicolor e teflón. 2. Palabras presentes no DXL pero non recoñecidas como procedentes de marcas rexistradas. aerobús, claxon, duraluminio, futbolín, jacuzzi, magnetófono, nailon, neopreno, pianola, raión, tabasco, teletexto, teletipo, tergal, termo, vaselina, walkman Todas as palabras agás aerobús, duraluminio, teletexto. 3. Palabras recollidas noutros dicionarios galegos: DRAG, DS21, Digalego. cinemascope, cinerama, ferodo, freón, ioió, licra, piruleta, rímmel, skai, span Todas as palabras agás cinerama, ferodo, freón, 4.1. Palabras recollidas estar ligadas a produtos de recente incorporación. Por isto é esperable que a súa presenza sexa máis numerosa no corpus que se ocupa especificamente do período en que se desenvolve esta variedade da lingua.\nÉ de moita utilidade o contraste entre estes dous corpus, porque permite observar a coincidencia existente entre as palabras sancionadas nos dicionarios e aquelas que figuran en calquera dos corpus.\n8.2. Presenza no Gran Dicionario Xerais da Lingua\nDurante a fase final de desenvolvemento do anterior traballo saíu ao mercado o GDXL. Cómpre agora presentar as novidades que introduce esta obra, con respecto ás palabras recollidas no traballo anterior.\nPalabras Palabras no GDXL 1. Palabras presentes no DXL. aspirina, celofán, delco, ditáfono, formica, fotomatón, gramófono, gramola, maicena, mecano, mercurocromo, napalm, pimpón, pírex, plastilina, plexiglás, polaroid, táblex, tartán, tecnicolor, teflón, uralita Desaparecen: fotomatón, táblex. Non se indica a procedencia de marca: ditáfono, formica, gramola, plexiglás, tecnicolor. 2. Palabras presentes no DXL pero non recoñecidas como procedentes de marcas rexistradas. aerobús, claxon, duraluminio, futbolín, jacuzzi, magnetófono, nailon, neopreno, pianola, raión, tabasco, teletexto, teletipo, tergal, termo, vaselina, walkman Aparecen todas. Indícase a procedencia de marca para : jacuzzi, tergal e walkman. 3. Palabras recollidas noutros dicionarios galegos: DRAG, DS21, Digalego. cinemascope, cinerama, ferodo, freón, ioió, licra, piruleta, rímmel, skai, span Aparecen: cinemascope, ferodo, ioió, rímmel, skai. Indícase a procedencia de marca para: cinemascope, ferodo, rímmel, skai.\nObsérvase no cadro anterior que non existe unha absoluta coincidencia entre as palabras contempladas no DXL e no GDXL. Hai palabras que desaparecen da nova proposta e outras que se introducen. Se atendemos á indicación da procedencia de marcas rexistradas, apréciase que 4 palabras que antes aparecían con esta procedencia, agora pérdena, mentres que para 7 palabras que no anterior repertorio ou ben non aparecían ou non se indicaba a orixe de marca, agora si se constata esta procedencia. Polo tanto, aínda que se trata dun repertorio cun elevado número de entradas, parece que, no que respecta ao tratamento deste tipo de palabras, tampouco se tratará da obra definitiva.\n8.3. Presenza no v olg\nCómpre analizar tamén a presenza destas palabras no VOLG, xa que se trata do repertorio normativo con maior número de entradas. Con todo, a comparativa é diferente á ofrecida noutras obras lexicográficas, xa que aquí non figuran as definicións nin a súa orixe.\nAPARTADOS Palabras Palabras no VOLGA\n1. Palabras presentes no DXL. aspirina, celofán, delco, ditáfono, formica, fotomatón, gramófono, gramola, maicena, mecano, mercurocromo, napalm, pimpón, pírex, plastilina, plexiglás, polaroid, táblex, tartán, tecnicolor, teflón, uralita Todas as palabras agás: delco, fotomatón, gramola, táblex e tartán. 2. Palabras presentes no DXL pero non recoñecidas como procedentes de marcas rexistradas. aerobús, claxon, duraluminio, futbolín, jacuzzi, magnetófono, nailon, neopreno, pianola, raión, tabasco, teletexto, teletipo, tergal, termo, vaselina, walkman Todas as palabras agás: claxon, futbolín, jacuzzi, teletexto e walkman. 3. Palabras recollidas noutros dicionarios galegos: DRAG, DS21, Digalego. cinemascope, cinerama, ferodo, freón, ioió, licra, Polo tanto, este repertorio recolle un número de palabras procedentes de marca, que cuantitativamente non difire moito do que achegan outros. Aínda así, percíbese que non hai coincidencia nas palabras recollidas.\n8.4. Novas propostas\nPreséntanse a continuación palabras que se poden sumar a aqueles recollidas en traballos anteriores. Son palabras que non recollen os dicionarios (a excepción de jeep, que xa aparece no GDXL recoñecida como procedente de marca) e que se presentan por orde alfabética, xunto coa información categorial e a definición pertinente, de elaboración propia. Todas estas palabras están presentes na variante sincrónica actual, se ben os seus usos e éxito son diferentes en cada caso. Por este motivo, ao lado de cada voz, aparece unha pequena análise da súa situación. Do mesmo xeito, a continuación, ofrécese a presenza destas palabras no CORGA e no TILG.\nCELO s.m. Cinta adhesiva por un dos seus lados, que se emprega para pegar.\nTrátase dunha voz moi instalada na lingua galega, que non presenta ademais un competidor patrimonial, aínda que actúa como sinónimo de fixo, outra palabra procedente dunha marca rexistrada. De feito é usada por persoas de todas as idades e grupos sociais.\nFIXO s.m. Cinta adhesiva por un dos seus lados, que se emprega para pegar. Do mesmo xeito que a anterior é unha palabra moi instalada no idioma e sinónima daquela.\nSe se observa o pasado recente, compróbase que esta palabra na actualidade, está en competencia con outras. Hoxe en día parece que a palabra xenérica, todoterreo, ten un uso bastante estendido, para referirse aos vehículos de calquera marca cunhas características similares.\nIgual que no caso anterior, parece que é unha palabra en competencia con outras, como todoterreo, ou mesmo 4x4 (catroporcatro).\nMINIPÍMER s.f. Utensilio que mediante movemento xiratorio bate ou tritura diferentes alimentos.\nEste tamén é unha voz en decadencia, xa que na actualidade a palabra batedor é a que se emprega para denominar este utensilio. Con todo, persoas de certa idade manteñen a forma minipímer.\nNESCAFÉ s.m. Café soluble. Emprégase esta palabra para denominar calquera marca. Non se pode predicir aínda a perdurabilidade da voz, pois aínda que está vixente, non presenta un uso similar en todas as persoas. NESQUICK s.m. Cacao en po que habitualmente se disolve en leite. É un competidor de colacao aínda que non é comparable a súa repercusión. De feito non se emprega para denominar un produto doutra marca ou marca branca, como si acontece con colacao. En canto á pronuncia desta palabra, cómpre salientar que o máis habitual é que, de acordo co sistema fonético da lingua, o [k] final non se pronuncie. SCALEXTRIC s.m. Xogo de coches que se desprazan por un circuíto. É unha palabra con total vixencia, xa que aínda que hai marcas competidoras, estas son denominadas habitualmente con este nome. O éxito da palabra pode residir no propio éxito do produto por saberse adaptar aos tempos. A pronuncia máis común é unha adaptación fonética acorde coa nosa lingua, introducindo un [e] en posición inicial e omitindo a pronuncia do estraño ([k]) en posición implosiva final de palabra. Igualmente, a pronuncia do en posición implosiva é fricativo alveolar xordo, adaptándose ao sistema galego.\nA palabra jeep si aparece recollida no DXL do traballo anterior. Con todo, no GDXL xa aparece recoñecida a dita procedencia. Non presentan dúbidas para a súa integración nos dicionarios as palabras celo e fixo. Aumentarían o apartado 5 do noso traballo anterior. Por outra banda, as demais palabras presentadas neste traballo formaría parte do apartado 6, é dicir, serían palabras aínda dubidosas para incluír nos repertorios lexicográficos.\n8.4.1. Presenza no C orga\nMóstrase neste apartado a presenza que teñen no CORGA estas novas propostas. Este corpus permite verificar o seu uso nun contexto determinado, podendo valorar nalgúns casos as connotacións, así como o grao de lexicalización. CELO : en 7 exemplos de 2 documentos, entre os anos 1989 ao 1995. Amosamos un exemplo de Xesús R. Jares, da obra Técnicas e Xogos Cooperativos para tódalas idades.\n[…] cada vez que alguén califica negativamente a outra persoa, esta quita un anaco, e cando alguén lle di algo positivo, pégase con celo algún dos anacos sacados anteriormente.\nun par de xamóns, marmeladas, lentellas e garavanzos, croquetas de La Cocinera, Nesquick para as merendas...\n8.4.2. Presenza no T ilg\nConstátase tamén que estas palabras son máis propias da variante sincrónica actual, por estar ligadas a produtos de recente incorporación. Por isto a súa presenza é máis numerosa no corpus que se ocupa especificamente do período en que se desenvolve esta variedade da lingua.\n9. c omparatIva con outras lInguas : o caso do portugués e do catalán\nPara ter unha visión máis ampla do tratamento deste tipo de palabras, analízase a presenza das voces estudadas neste artigo, noutras linguas próximas: o portugués e o catalán. Para o súa procedencia de marca.\nAs 16 palabras que figuran nos 3 dicionarios consultados son: aspirina, cinemascope, claxon, ditáfono, duraluminio, formica, gramófono, linotipo, magnetófono, napalm, pianola, polaroid, rímmel, teletexto, tergal e vaselina. Todas elas xa están presentes nalgún dos dicionarios galegos. Polo tanto, parece que existe unha serie de voces, que non son de recente incorporación na lingua, que están lexicalizadas en todas estas linguas próximas e que figuran nos repertorios lexicográficos. Chama a atención que 3 das formas propostas polas autoras deste artigo, que non están recollidas en ningún dicionario galego, si o están nos da lingua portuguesa ou catalá. Cocacola, está no dicionario de portugués da Academia das Ciências e donuts nos dous dicionarios portugueses consultados. Por último a voz kleenex no dicionario da Academia e mais no de catalán. A indicación da procedencia de marca tampouco é homoxénea nos dicionarios de portugués e catalán consultados. O Dicionario da Academia das Ciências de Lisboa, amosa esta orixe para 13 palabras, mentres que o Porto Editora só a indica para 2 e o dicionario do Institut de Estudis Catalans non a indica en ningún caso.\n10. cadro - resumo das palabras estudadas\nAPARTADOS Palabras\nDXL, digalego, DS21, GDXL, CORGA / TILG 21 /5 19932006 / 19911993 Zotal (4.1.)\nTOTAL: 123 Táboa 9. Síntese da información para cada proposta\n11. c onclusIóns\nAs palabras procedentes de marcas rexistradas representan unha pequena porcentaxe dentro do léxico da lingua galega. Con todo, obsérvase que son moi frecuentes no uso habitual. Esta frecuencia de uso está motivada polo campo semántico ao que pertencen, xa que moitas delas se corresponden co ámbito da alimentación, do material escolar… É o caso das voces fixo/celo propostas neste artigo. Se a iso lle engadimos que non existe outra palabra patrimonial para denominar eses produtos é plenamente comprensible a necesidade de non prescindir delas.\nA consulta realizada no CORGA e no TILG leva a verificar que vai en aumento a introdución deste tipo de palabras tamén nos textos escritos, fundamentalmente na literatura. Destaca a abundancia destes na literatura xuvenil, xa que este tipo de escrita busca achegarse á realidade dos potenciais lectores, polo que reproduce o seu universo máis próximo.\nMoitas destas voces teñen unha vida efémera se a comparamos coas patrimoniais. Isto está motivado pola súa ligazón cos produtos que designan, co consumismo, coas modas... A modo de anécdota cabe salientar o titular aparecido na prensa recentemente no que se dicía que “os walkman morren aos 30 anos 12 ”. Dedúcese disto que a palabra non vai morrer ipso facto pero, desde logo, comezou a súa agonía coa desaparición do mercado do produto que designaba.\nA partir deste traballo poderanse facer novas investigacións tomando como referencia os datos aquí expostos, para valorar a vitalidade de cada unhas das palabras que aquí se ofrecen, así como para analizar a súa frecuencia de uso.\nCabería tamén a posibilidade de analizar por que os dicionarios aceptan ou rexeitan determinadas palabras, como acontece co GDXL (2009) que rexeita fotomatón que estaba no DXL (2007), obra anterior dos mesmos autores.\nPor último, agárdase que este traballo sirva de punto de partida para facer unha proposta de estandarización das voces procedentes de marcas rexistradas, algo que excede as expectativas deste artigo.\nr eferencIas bIblIográfIcas\nObras de consulta\nÁlvarez Villar Noemí / María Rey Rey (2010): Por que o colacao non está no diccionario? Noia: Toxosoutos. Calvo, Julio. (2007): “Marcas comerciales y proyección lexicográfica en el español del Perú”, Boletín de la Academia Peruana de la Lengua 43, 2549 [disponible en http://www.scribd.com/ doc/3494828/JulioCalvo-PerezMarcas-comerciales-yproyeccion-lexicograficaen-elespa-noldel-Peru] (última consulta 22/12/2010). Furiassi, Cristiano (2006): “Translating American and British trademarks into Italian. Are bilingual dictionaries an aid to the user?”, en Félix San Vicente (ed.), Lessicografia bilingue ed traduzione: metodi, strumenti, approcci attuali. Milano: Polimetrica Publisher, 199213. Galey, Bernard (1996): De mémoire de marques. Dictionnaire de l’origine des noms de marques. Paris: Tallandier. Galisson, Robert (1992) : “Etrange outil pour étrangers: un dictionnaire des noms de marque courants”, Études de Linguistique appliqué 8586, 191228. Galisson, Robert / JeanClaude André (1998): Dictionnaire des noms de marques courants. Essai de lexiculture ordinaire. Paris: Didier Érudition. Herrero Ingelmo, José Luis (2007): “Marcas comerciales y diccionarios”, en Mar Campos Souto / Rosalía Cotelo García / José Ignacio Pérez Pascual (coords.), Historia del léxico español. A Coruña: UDC, 5970 [dispoñible en http://web.usal. es/~joluin/investigacion/marcasydiccionarios.pdf]. López Fernández, Susana (et alii) (2005): Novas palabras galegas. Vigo : Universidade de Vigo. 12 Apareceu no xornal gratuíto 20 minutos. Pódese consultar no enlace: http://www.20minutos.es/noticia/477193/0/walkman/aniversario/experimento/.\nDicionarios e córpora de textos galegos"} {"summary": "Nas seguintes páxinas imos achegarnos ó funcionamento de vale como marcador discursivo (MD). Para analizalo, utilizamos unha base de datos elaborada a partir dos rexistros que nos forneceron dous corpus galegos: o Tesouro Informático da Lingua Galega (TILG) e o\nCorpus de Referencia do Galego Actual (Corga). Para que esta forma do verbo valer se desenvolva como MD requírese, alén de que funcione dunha forma allea á propia estrutura sintáctica da oración, unha serie de condicionantes contextuais: o texto debe ser dialogado e o estilo de lingua informal. Ademais, en liña co comportamento propio dos MMDD, pode combinarse con outros elementos externos á oración e prefire illarse do conxunto da estrutura. Esta definición xenérica non caracteriza por completo o seu funcionamento, xa que a pluralidade dos seus sentidos discursivos vai traer, á vez, consecuencias en aspectos do seu comportamento, tales como a posición que ocupe no discurso ou o regulamento da enunciación interrogativa do MD. Finalmente, contrastamos os nosos resultados co comportamento descrito por outros autores para os MMDD estranxeiros OK da lingua inglesa e vale do español. Dende esta posta en común e ó observar os paralelismos evidentes nos seus funcionamentos, defendemos que o MD vale en galego experimentou unha ampliación no hábito de uso polos falantes nas dúas últimas décadas derivado dun fenómeno de interferencia pragmática intralingüística, a partir da fórmula inglesa OK e a través da súa tradución ó castelán vale.", "text": "O marcador discursivo vale : usos ou abusos?\nSoraya Domínguez Portela IES Pazo da Mercé dominguezportela@edu.xunta.es\n Vale, marcador discursivo, valores pragmáticos, OK, interferencias pragmáticas Sumario 1. Os marcadores discursivos. 2. Traballo de corpus. 3. Descrición de vale. 3.1. Os valores pragmáticos de vale. 3.2. Extensión de vale. 4. O marcador discursivo inglés OK. 5. O marcador discursivo español vale. 6. Conclusión.\nThe discourse marker vale : use or abuse?\nKeywords\nVale, discourse marker, pragmatic usage, O.K., pragmatic interferences\nContents\n1. Discourse markers. 2. Corpus work. 3. Description of vale. 3.1. Vale’s pragmatic usages. 4. The English discourse marker OK. 5. The Spanish discourse marker vale. 6. The extension of vale. 7. Conclusion.\n1. O s marcadOres discursivOs\nOs marcadores discursivos (MMDD) son partículas fundamentais á hora de cohesionar o texto (Halliday e Hassan: 1976; Fuentes: 1987; entre outros) e de guiar a interpretación do enunciado (Portolés: 1991). A orixe gramatical deste tipo de elementos é moi diversa: hai MMDD que derivan de adverbios (ben), de conxuncións (pois), de verbos (mira, vale) ou de substantivos (home). A pesar desta diversidade na orixe gramatical, ó funcionaren como MMDD todos perden as características que lles eran inherentes á súa clase de palabra e pasan a desenvolverse exclusivamente no plano discursivo e dun modo relativamente parello.\nFinalmente, é importante atender ao feito de que as partículas do discurso son elementos moi susceptibles nunha lingua ás modas sociais de fala e ás interferencias intralingüísticas. Por iso é común que determinados usos moi estendidos en certas épocas estean practicamente esquecidos en datas posteriores —pensemos en expresións das diferentes xergas xuvenís—; ou que haxa un transvasamento entre idiomas de determinados MMDD con éxito social a partir da lingua simbolicamente mellor marcada na comunidade.\n2. T raballO de cOrpus\nO noso obxectivo nestas páxinas será describir o funcionamento do MD galego vale. A elaboración dun corpus de traballo e a súa análise é, por conseguinte, unha ferramenta útil, xa que nos vai fornecer unha descrición empírica do comportamento desta partícula. Deste modo afastámonos da caracterización intuitiva baseada ou na experiencia lingüística da investigadora ou no aproveitamento de fontes bibliográficas que, por outra banda, non existen a respecto deste elemento en lingua galega. Este tipo de investigación ten, en confronto, unha desvantaxe que debemos atender: os datos que fornecemos veñen condicionados polo propio corpus. Deste xeito é importante que a base de rexistros cubra un abano de posibilidades o máis variado posible de maneira que as conclusións sexan válidas para o funcionamento xeral do elemento que se vai estudar. Escollemos dous corpus léxicos galegos en grande medida paralelos e que son referenciais\npara os estudos lingüísticos deste idioma, singularmente polas institucións que os crearon: o\nTesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG), do Instituto da Lingua Galega; e o Corpus de\nReferencia do Galego Actual (Corga), do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.O TILG está conformado por textos do galego moderno, dende o Soneto de Pedro Bázquez de Neyra de 1612 ata documentos do ano 2002. Hai exemplos de todos os xéneros e rexistros, dende transcricións de gravacións orais (procedentes principalmente de memorias de licenciatura e doutoramento) ata obras ficcionais literarias, prosa científica ou prensa. Conforman este corpus os rexistros extraídos dun total de 1464 obras diferentes. O Corga tamén está conformado por textos do galego actual de moi diversa orixe: xornais, revistas, ensaios, novelas, relatos curtos e teatro; obras que cobren áreas temáticas tan diversas como economía, política, cultura, ciencias sociais, tecnoloxía, ficción, deportes, turismo, inauguracións, etc. A diferenza co TILG encóntrase en dous puntos: por unha banda, non recolle fontes explicitamente orais e, pola outra, os textos que comprende están todos publicados a partir de 1975 e chegan ata o ano 2009. Para este corpus procesaron case 1000 fontes diferentes, das que extraeron 25 millóns de formas consultables. Unha vez baleirados estes dous corpus, rexistramos no TILG un total de 154 construcións en que vale xorde como MMDD e 493 en igual situación no Corga; é dicir, o noso corpus de traballo está conformado por un total de 647 exemplos de vale como MD.\nA través desta base de datos analizamos o valor pragmático da partícula, a súa posición a respecto da estrutura que afecta, as súas necesidades de corte da liña entoativa, o estilo de lingua do discurso, o tipo de obra en que xorde, a súa capacidade combinatoria con outros MMDD ou complementos externos e se funciona como un elemento enunciativo, exclamativo ou interrogativo. A partir da información que nos forneceu este corpus propio, caracterizamos o MD vale.\n3. d escrición de vale\nVale é un MD invariable derivado do verbo valer na súa forma imperativa de P2. O modo da orde, isto é, o imperativo, é unha das fórmulas máis habituais baixo a que un verbo se fosiliza para desenvolverse como partícula do discurso —pénsese nos MMDD olla, mira, oe, etc. A razón encóntrase en que o imperativo é o modo verbal que trae consigo intrinsecamente a necesidade de interactuación co outro; a partir desa situación é extrapolable o seu uso como elemento exclusivamente de relación co interlocutor/a e o seu progresivo baleirado semántico. Isto é, enténdese dende este punto o alcance para algúns verbos da función discursiva, singularmente cando o MD actúa na conversa. O uso de vale como MD é recente —no noso corpus non xorde ningún exemplo anterior á\ndécada dos 60 do século pasado— e vén marcado por unha serie de condicionantes contextuais. Vale é un MD conversacional (Martín Zorraquino e Portolés: 1999), isto é, utilízase exclusivamente en estruturas dialogadas, sexan estas con dous ou máis interlocutores explícitos, sexan supostos conversacionais da voz narradora co seu público ou dun personaxe con outros non presentes. Este tipo de estratexia repítese especialmente nas linguaxes xornalística e ensaística. Formúlase un diálogo ficticio co lector, ó introducir unha corrección ou hipótese que esperablemente el daría, pero formulada e aceptada, en menor ou maior medida, polo mesmo emisor. y ¿que función social ten o teatro aí?, porque se di que o teatro ten que facer algo, vale, ¿que?, exactamente ¿que? (Teatro do Noroeste: 1997).\ny Oio dicir que a traxedia conduce á piedade a través do terror; vale. Pero en que consiste esa tal piedade? (Sampedro: 2006) En definitiva, estamos ante unha estrutura dialogada suposta que permite o uso deste MD. A finalidade é crear unha proximidade coa receptora que está, por natureza, ausente e rebaixar a formalidade do texto. Esta última consecuencia interlígase co feito de que vale se caracteriza como unha marca de coloquialidade. No noso corpus de traballo xorde case en exclusiva neste tipo de lingua (97% dos rexistros), e cando aparece nun texto de ámbito máis formal, a súa presenza relaxa, como xa indicamos, a dita formalidade e favorece a empatía co receptor. Ademais, unha última proba de como o estilo de lingua é un condicionante para o uso de vale encontrámola no tipo de documentos en que recollemos este elemento pragmático. Se observamos a táboa que segue, encontrarémonos que en ningún caso xurdiu vale en textos formais encaixables na prosa científica 1, que si inclúen os dous corpus de referencia do noso traballo.\nNo 69% dos rexistros vale é o único MD da estrutura. Por conseguinte, a acumulación con diferentes MMDD ou con outros elementos periféricos da construción é bastante habitual. As combinatorias que rexistramos no noso corpus poden ser:\n¾ Acumulacións de MMDD que teñen un mesmo valor e funcionan como reforzos comunicativos no mesmo sentido: vale, vale ; xa, vale ; vale, ben ; vale, OK ; vale, veña; vale, moi ben ; vale, está ben ; está ben, vale... y Ten que ser do Oeste, ¿ou onde carallo está Galicia? — Xa. Vale. Nin unha palabra máis. (Reigosa: 2001). y Xa está: “Castelao connosco pra sempre”. Vale. Ben. Pois heillo comunicar ao noso galeguista profesional, ao insigne Ramón Pineiro, que a frase vai figurar como feita por el (Riveiro Loureiro: 1985). y Raquel: ¡Aaaaah! Mirna: ¡Joder! Inés: Vale, vale, tranquila, OK, Ok. Non pasa nada. (Prieto Roca: 2005). y E veña, nada, que do que sexa xa te chamamos. —Xa, xa... Vale, veña... Din que de todo aprende un, e nós, xerentes espelidos, sacamos unha boa lección a tempo disto (Feijoo Barreiro: 2005). O mesmo tipo de concorrencia encontrámolo con partículas afirmativas que, sen seren MMDD, indican tamén aceptación: vale, si ; si, vale ; vale, por suposto ; vale, de acordo... y Vale, si, fun eu pero porque me ensarillaron (Ruibal: 2006).\nEn conclusión, vale é un MD conversacional, propio da coloquialidade, que se illa da estrutura oracional e permite a súa combinatoria con outros MMDD ou partículas externas, sexan estas sinónimas ou con significados diferentes. Esta é a descrición xenérica de vale, pero con ela non definimos plenamente o seu funcionamento. Réstanos tratar os seus valores pragmáticos e os condicionantes de comportamento que traen consigo cada un deles.\n3.1. Os valores pragmáticos de vale\nComo xa se indicou, os MMDD presentan dúas grandes funcións: guiar a interpretación do discurso ou cohesionalo. No primeiro dos casos o seu labor é transmitir a intención comunicativa do emisor; no segundo, o MD adoita empregarse como unha estratexia fundamental para organizar internamente o discurso propio ou a respecto do alleo. Estes non teñen que ser usos necesariamente excluíntes; aínda que hai autores que defenden un funcionamento estanco que opón os elementos que conectan o discurso fronte aos que marcan modalidade discursiva e aos que organizan o texto (Cortés: 2000), nós imos defender que non hai unha liña exclusivista. Un mesmo\n3.1.1. Marca de aceptación\nEste é o sentido primeiro do MD vale, xa que no noso corpus representa o 47% do total dos rexistros. A aceptación adoita ser dunha proposta formulada polo outro y —Ben. Primeiro imos comer e logo xa veremos, que o día é ben longo. — Vale. Pero antes lémbrame que teño que falar con Inés (Araguas: 2001). ou polo propio emisor, aínda que se marca con vale como igualmente allea. y A min se me din: ¿queres liarte cun tío? Vale, moi ben, estás catro noites con el e enlíaste, pero non máis, é imposile (Heinze: 1985). A mesma dobre natureza, isto é, a aceptación dunha afirmación formulada polo interlocutor ou polo emisor, encontrámola cando se dá por válida unha hipótese, excluída ten de ser forzosamente Francine. — Vale, Descartes non era un papá modelo (Moure: 2006).\ny Probablemente é Groucho Marx e segue vivo. Si, vale, quizáis non sexa o propio Julius Marx, máis coñecido por Groucho, o que ali estea (Blanco: 2002). ou un feito. y Mirei como entrabas no Martin Lauer, pero logo faltaches á nosa cita. ¿Onde está o diadema? —Si, vale. Entrei no mercante, de acordo. Pero foime imposible dar o cambiazo (Jauguerizar: 2005). y Que me gustaba unha, pois vale, eu á miña historia e ninguén se metía (Costas: 2000). Estas dúas posibilidades esixen unha diferente colocación do MD. Se a información que se acepta é presentada polo interlocutor, vale iniciará a intervención do emisor ou, en menor medida, seguirá outro MD ou complemento externo da estrutura. Pola contra, se é o propio emisor quen a formula —sexa por primeira vez, sexa repetindo o dito polo outro—, vale pechará a idea exposta, isto é, sitúase no final da oración. Nos restantes tipos de aceptación —dunha postura concreta, y —Xa, pero nós sabemos que a eses dous camándulas que mandou, “Gatillo rabuñoso” encargoulles uns traxes moda eterna deses que non levan sisas. — Vale, si, pero a nós o fulano non nos dixo que volvesemos ó labor (Novo: 1997). dunha petición, y Lourdes: Dáme outra galleta, hostia, e deixa de relear! (Dándolla) Maruxa: Vale, toma, pero nin unha soa máis (Alonso: 2006).\nou dunha resposta—, y —Pero eu tamén, ¿non? —¡Claro! — Vale, segue (Borrazás: 1991). sempre se toma como referencia o dito ou feito polo outro. Por conseguinte, sempre inicia vale a construción, ou segue outro MD ou complemento externo. De todos os xeitos, independentemente de cal sexa o elemento acatado, co uso de vale pódese transmitir sempre un matiz comunicativo concreto de dobre natureza: ou a busca de conciliación co outro y ¡Vasme volver tolo con tanta historia e tanta gaita! — Vale, home, xa calo (Novo: 1997). ou cargar a aceptación cun ton de falsidade, irónico.\ny —Cando se está en guerra —dicía o outro—, non hai que pór reparos a ningún aliado. Eles queren quedar de heroes, vale. Nós utilizámolos (Queizán: 2000). Quérese dicir, coa presenza de vale é pouco común —aínda que posible— que se transmita exclusivamente un acatamento neutro de algo, y ¿cando ides chegar? —non o sei, xa te chamarei cando esteamos aí — vale, comezarei preparalo todo —ben, adeus —adeus (Jaureguizar: 1995). senón que o habitual é que esa aceptación traia consigo unha información comunicativa extra. 3.1.2. Marca de reforzo Con vale pódese enfatizar o que foi exposto polo emisor, sexa isto unha proposta, (1) Nada de valentías, imos levarnos ben, ¿ vale, señora? (Ruibal: 2006). unha petición (2) Pero non tardes moito, ¿ vale ? (Pena: 1991). ou unha afirmación sen máis. (3) Non veño de bo humor, ¿ vale ? (Jaureguizar: 2001). É dicir, co uso deste MD focalízase o dito na busca de crear un efecto sobre o outro, mais non sempre é o mesmo o que se procura. Con vale o reforzo pode ir en tres direccións. Quérese sobresaír esa información sobre o resto do discurso porque se considera importante (véxase o exemplo 3); ou directamente indiscutible e por iso se usa un ton ameazante ou de aviso (véxase o exemplo 1); mentres que noutros casos a intención comunicativa é xustamente a inversa ó dominar o ton amigable, conciliador, por procurar ser agradable co outro ou porque se pretende diminuír a intensidade da conversa e por iso se emprega vale como estratexia de atenuación (véxase o sentido e funcionamento deste valor pragmático en Briz: 2002) que marca o exposto como unha busca de cordialidade entre os interlocutores (véxase o exemplo 2).\nComo marca de reforzo, vale sempre pecha a construción. A atención do receptor podemos\n(tentar) captala antes de dar a información ou marcando esta como crucial. No caso de vale a estratexia é a segunda. Isto xustifica que o MD nestes contextos sexa sempre unha partícula interrogativa. Ó funcionar como un instrumento focalizador, pero situado despois do que se quere destacar, é evidente que se debe usar unha entoación que rompa co discurso dunha forma absoluta e que faga reaccionar o interlocutor. Só nun exemplo do noso corpus encontramos un vale non interrogativo e usado con esta finalidade pragmática de énfase:\ny Deixame dormir, vale —rosmou o marido (Ferreiro: 1972).\nNeste caso a ausencia de interrogación enténdese como unha marca de orde, imperativa, que fai máis violenta a expresión. Estes contextos comunicativos son sempre os menos, xa que as regras básicas da conversa e da sociabilidade en xeral, tenden sempre a tentar diluír en diferente grao o malestar ou a violencia que poida haber entre os participantes do diálogo. Isto no caso do galego faise evidente a través do amplo uso da retranca. Polo tanto, unha afirmación tan cortante é pouco común, o que explica que no noso corpus só xurdira nunha única construción.\n3.1.3. Cortar a intervención do outro\nComo organizador do discurso, vale úsase para pechar un asunto tratado —ou directamente a conversa—, ou para cortar a intervención do outro e introducir así a propia dunha forma máis ou menos violenta. A razón desta interrupción é de diversa natureza e vai depender do ton que se use. Nuns casos débese a que a información dada pola interlocutora xa foi suficiente para que a emisora entenda a que se está a refirir, polo tanto, o corte tenta aforrarlle esforzo innecesario á outra; y Ceferino: Hai a hostia de países que non chegan ós 200 mil quilómetros. Albania, 29 mil, Austria, 84, Bélxica, 31, Bulgaria, 111, Costa Rica, 51, Cuba, 115, Checoslovaquia, 128, Islandia 103, Nicaragua, 130, Países Baixos, 41, Portugal, 92, ¡Galicia, 29 mil quilómetros! Aurelio: Vale, vale, ¿e que me queres demostrar con iso? (Cid Cabido: 1993). noutros casos o ton cortante ou de enfado escenifica que o exposto polo interlocutor se considera molesto ou inoportuno, de maneira que se obstaculiza a súa intervención; y ¡Pola noite non se lle poden ver os ollos! Bip — Vale, Toño, pero hoxe non estou para esas cousas, que hai que chegar á Gudiña a tempo (Alonso: 1992). finalmente, vale emprégase como instrumento que corte a violencia da exposición do interlocutor ó interrompelo e darlle a oportunidade de que se tranquilice. y —Xa as farás ti. Se queres practicar fotografía paga unha modelo que te ature. — Vale, vale. Xa pasou. Non te quixen molestar, perdóame, anda (Toro: 1993). Este último uso ten unha variante irónica, na que se mantén a tensión na conversa, xa que o ton empregado é en realidade falsamente conciliador.\ny —Exactamente. Incluso no ámbito dos personaxes... —Si, ¡ vale, vale ! Segue (Borrazás: 1991).\nAsí como a interrogación marca vale cuns sentidos moi concretos, fundamentalmente como estratexia de reforzo dunha idea, non acontece o mesmo coa exclamación. No 8% dos rexistros do noso corpus vale constitúe unha unidade exclamativa. Esta non trae consigo unha limitación tan marcada de sentidos: agás coa idea de reforzo e de pausa, vale pode aparecer con este tipo de enunciación en calquera caso. Polo tanto, simulan ser as necesidades contextuais, máis cós valores, os que requiren desta entoación.\n3.1.4. Pechar un asunto ou a conversa\n(1) Federico: Pois non, non sabía que Alberte fose o decano... Ben, si, farei o que poida!... Vale, vale, un bico para ti e para o cativo... Adeus! (Colga o auricular) (Alonso: 2006).\nCon este uso, o MD tende a iniciar a intervención; pola contra, se a conclúe, o ton empregado é sempre brusco e violento cara ó dito polo outro. y —¿Eí hai un, verdá? —Si, hai un, si, un cu e un coño, vale (López Valledor: 1999).\nNon é común que este matiz desafiante se empregue para pechar a conversa, xa que sería cargar a situación comunicativa cunha tensión final excesiva. Domina a busca de cordialidade co uso de vale ; o propio feito de dar por finalizado un asunto ou un diálogo é unha situación incómoda de seu, por iso se procura suavizar a situación cun ton amigable ou conciliador (véxase o exemplo 1).\nFinalmente, como xa indicamos ó falar das posibilidades combinatorias de vale, con esta función xorden catro dos seus construtos compostos. O comportamento de todos eles é parello ó descrito para o funcionamento do MD simple; só o caso de e vale e tal diverxe nun aspecto. A pesar de non dominar un ton cortante e violento, pecha a intervención, fronte o que é a norma. Isto débese a que estamos ante un combinado aberto semanticamente no que a segunda parte — e tal — elide unha información máis concreta que vale introduciría.\n3.1.5. Marca de comprensión\nEncontrámonos agora nunha función pragmática ponte entre o organizador e a transmisión da intención comunicativa. Está estreitamente relacionada coa idea de aceptación dunha información dada, pero co engadido de que ó afirmar que se entendeu o dito permítese que o acto comunicativo siga desenvolvéndose. Polo tanto, situámonos, á vez, próximos do uso de vale como ferramenta de corte da intervención, pero aquí non se bloquea a exposición do interlocutor, senón que se deixa que se desenvolva plenamente. Ademais, favorece que prosiga o seu discurso, se o que se fai é confirmar que se entendeu o que leva exposto;\ny Coidar un pouco a seguridade. isto non é un xogo —si, si. vale, vale. non son xordo. xa me decatei — ben —Aintzane retomou (Jaureguizar: 1995).\nou que o inicie, se o que se busca é a confirmación de que comprendeu o dito ata o momento.\ny -Pois perfecto —dixo a mestra vendo como Luís asentía. Entón xa veño eu despois para falar co señor\nLuís e dígoche como facedes. ¿ Vale ? (Quiroga: 2002).\nNeste segundo caso, o MD sitúase en posición final e pode ser interrogativo, tal e como cando indica un reforzo da información dada. Ó quererse comprobar que o outro entendeu a información refórzase a idea exposta, polo que estes dous valores pragmáticos aparecen estreitamente vencellados.\n3.1.6. Pausa para pensar a resposta\nO falante conta con diferentes instrumentos para conseguir tempo á hora de organizar as súas ideas e presentalas: interxeccións do tipo eh..., ou MMDD como ben, pois ou vale son algunhas. Vale enche un oco temporal que o emisor precisa para pensar a resposta que quere ofrecer, por conseguinte, sempre inicia a intervención. y Se fai o favor, digame como se chaman as pezas; {S} — Vale. Est’ é unha cachucha (Sánchez Rodríguez: 1983).\n3.1.7. Ánimo para comezo dun xogo\nEste é un valor marcado polo contexto comunicativo e o tecnolecto propio dos xogos infantís. É unha fórmula fosilizada co que se dá inicio a partida ou xogo. Sitúase, tal e como vale que ou vale deus que, nun estadio ponte entre o comportamento de MD e o propiamente verbal, como fórmula fixa de expresión. y No Escondite, por unha sorte de refenda rítmica, queda unha soia que ten que buscar ás compañeiras, cando dicen: ¡ Vale !. Namentras a que quedou persigue ás outras, elas (Taboada Chevite: 1972).\n3.2. Extensión de vale\n4. O marcadOr discursivO inglés OK\nUn dos MMDD máis globalizados é o inglés OK. A súa orixe é moi discutida e aínda non se determinou unha explicación pechada sobre ela que convenza a maioría da comunidade investigadora —véxase, por exemplo, a diversidade de posibilidades que recolle o Oxford Dictionary of English (Soanes e Stevenson: 2003). Independentemente do descoñecemento dos seus inicios, esta partícula nada no século XIX estendeuse amplamente no XX non só na lingua inglesa —a partir da variante norteamericana—, senón ó longo dos diferentes idiomas europeos. Aínda sendo así dun modo xeral, a intensidade deste é diferente segundo a lingua —mentres nos corpus galegos, tanto no TILG coma no CORGA, o número de rexistros en que xorde OK con valor discursivo é de 8, no Corpus do Português () aparece un total de 40 exemplos— e incluso a época histórica —segundo os corpus galegos, é unha fórmula máis empregada na segunda metade dos anos 80 e primeira dos 90, a través da xerga xuvenil moitas veces incluído en frases feitas coma ok makey.\nO interese de OK para o noso traballo encóntrase nos paralelismos que presenta co MD galego vale. A partícula inglesa é tamén un MD conversacional propio da coloquialidade que presenta unha ampla gama de usos. Para achegármonos ós valores de OK utilizamos parte da bibliografía que hai sobre o asunto: empregamos fundamentalmente os traballos de Sherri L.\nCondon (1986, 2001, 2003), Wayne Beach (1993) e Lindsay Clandfield (2008 2). Nestes estudos non etiquetaron dun mesmo modo os usos de OK nin tampouco coinciden coas fórmulas que presentamos para vale, pero consideramos que son facilmente equiparables. Deste modo, OK cobre as mesmas dimensións básicas que lle adscribimos ó MD galego: utilízase para indicar unha aceptación ou acordo; y Shall we open some more wine? Ok (Clandfiel: 2008).\ny I’ll bring in the next course, ok ? (Clandfiel: 2008). y We just don’t want to hear your opinion, OK ? (Clandfiel: 2008). para pechar o asunto que se está a tratar ou directamente a conversa; y ok then we could walk down scenic uh tourist district you know and go and sightsee in the French Quarter area (Condon: 2000). e para marcar que se comprendeu o dito polo outro (valor recollido por Bellés Fortuño: 2006) ou polo emisor. y Is everyone listening? OK, I just wanted to say how nice it is to see you again. I know it’s been a long time since I’ve been home for Christmas... (Condon: 2000). Pola contra, non recollemos ningún exemplo nin descrición parella ás posibilidades que observamos de vale para facer unha pausa antes de dar unha resposta ou para cortar a intervención allea. Ademais, OK aparece no discurso habitualmente substantivado —cos significados ‘permiso, concesión’, 2 Clandfield, Lindsay (2008): “Six uses of ok” en Six Things. < http://sixthings.net/2008/12/20/sixuses-ofok/>.\n© 2011 Estudos de Lingüística Galega 3, 211226\nposibilidade totalmente allea ó MD galego vale. Os significados que lle son propios a OK con función substantiva están estreitamente relacionados cos seus valores pragmáticos como MD, polo que semanticamente non refiren dimensións novas.\nEn definitiva, OK é un MD conversacional propio da informalidade de relativa recente instauración e extensión no idioma inglés a partir da variante norteamericana, para o que as súas funcións básicas se sitúan nun claro paralelismo funcional co MD galego vale. A gran diferenza entre os dous MMDD encóntrase en que o elemento inglés tivo dende a década dos 80 unha exitosa extensión polo conxunto das linguas europeas a partir da globalización dos hábitos e marcas sociais do seu territorio orixinal, fundamentalmente a través da xerga xuvenil e do ámbito informal fortemente influenciables polos produtos de consumo cultural de masas importados de Estados Unidos.\n5. O md españOl vale\nEn 1976 Lázaro Carreter testemuñou a forte expansión dende finais dos 60 do MD vale no español falado (esta información aparece nun artigo recompilado en Lázaro Carreter: 1997). Resaltaba o abuso desta partícula en detrimento doutras fórmulas sinónimas, só xustificable a súa aceptación pola RAE no feito de formularse como o único freo do anglicismo OK. En realidade, non hai tal pexa á entrada do anglicismo, senón que se lle abre a porta a través da potenciación de uso da partícula que se correspondería á súa tradución e coa que comparte a maioría dos valores. Desta maneira, encontramos que vale en español é tamén un MD conversacional, especialmente usado nos ámbitos informais (Fuentes: 1987) e cuns paralelismos evidentes nos usos coa partícula anglosaxona. En Martín Zorraquino e Portolés (1999) defínese como un MD de modalidade deóntica, por reflectir as actitudes do falante relacionadas coa expresión da vontade. Se facemos un repaso pola bibliografía que atende esta partícula, encontrámonos novamente cunha descrición moi parella coa que demos para vale en lingua galega e coa que se dá de OK en inglés. Deste modo o MD español indica aceptación —podendo esta adquirir un sentido irónico ou estar referida sobre algo que o propio emisor formula (Fuentes: 2009)—, corte da intervención do outro e peche de asunto ou de conversa (Cestero Mancera: 2008). Reforzando a idea exposta —sexa unha proposta, petición, etc— non apareceu recollido en ningunha das obras consultadas, pero, pola contra, encóntranse abundantes exemplos con este valor no Corpus del Español, con sede na rede ().\nFinalmente, valores máis específicos e periféricos no uso como son ‘marca de comprensión do dito’, ‘pausa para pensar unha resposta’ ou ‘ánimo para o comezo dun xogo’ que presenta o MD galego non foron recollidos para o español 4.\n6. c Onclusión\nNo idioma galego, vale é un MD derivado da forma imperativa do verbo valer. A partir deste modo verbal, o cal se basea na interactuación entre os participantes do acto comunicativo, enténdese o seu desenvolvemento como partícula discursiva conversacional. Tamén os valores que adquire o MD son facilmente extrapolables a partir do corpo semántico do verbo, en particular da acepción ‘ser válido algo’ (García e González: 1997).\nEsta partícula do discurso defínese como un elemento conversacional, propio da coloquialidade, que se illa da estrutura oracional, que permite a súa combinatoria con outros MMDD ou partículas externas, sexan estas sinónimas ou con significados diferentes; e que circunscribe o seu funcionamento no discurso a dous ámbitos: por un lado, o seu uso como partícula de aceptación ou reforzo dunha idea e, polo outro, como instrumento que artella o discurso propio internamente ou a respecto do do interlocutor. Como artellador, é unha estratexia atenuante para cortar a intervención do outro, para pechar o acto comunicativo, para introducir unha pausa que reorganice o discurso propio ou, en menor medida, para dar comezo a un xogo.\nOs sete usos que delimitamos están estreitamente relacionados entre eles, podendo observalos como un continuum dende o seu funcionamento como modalizador ata como organizador ou conector do acto discursivo. Por conseguinte, defendemos que todos eles lle son propios a esta partícula galega, de maneira que definimos este MD como un elemento que se encadra na lóxica sistémica do noso idioma. Mais non mantemos a mesma postura se o que se observa é a recente extensión de uso polos falantes do MD vale. Este MD concorre con outros elementos pragmáticos parellos nos valores e no contexto de uso: (xa) está ben, está moi ben, xa está, ben, xa son as formas coas que mantén un maior paralelismo no seu comportamento no discurso. Pero a concorrencia está claramente desequilibrada a favor de vale, singularmente a partir dos anos 90. Por exemplo, se revisamos o número de rexistros do MD está ben no TILG, encontramos que o 70% dos casos xorden antes desta década, de maneira que a partir de 1990 só aparecen 17 casos de está ben como MD; pola contra, con vale supéranse os 100 exemplos no mesmo período temporal. Polo tanto, é necesario buscar unha explicación a este cambio lingüístico.\nNa mesma época e ata a actualidade, o seu correspondente discursivo español co que coincide na forma, viviu e vive o mesmo proceso de ampliación no uso habitual dos falantes en detrimento doutras formas propias; e, no referido ó MD inglés OK, este experimentou unha forte expansión non só no seu idioma, senón que tamén noutras linguas do mundo occidental, as cales están fortemente influenciadas polos modelos de comportamento e hábitos sociais americanos. Estes tres procesos coetáneos non nos parecen simples coincidencias, senón que pensamos que están estreitamente relacionados. É dicir, defendemos que estamos ante un caso de interferencia lingüística, non pola función pragmática senón polo aumento de uso do MD. 3 http://www.corpusdelespanol.org. [20/12/2010] 4 Non xorde ningún exemplo no Corpus de Referencia del Español Actual, o cal ten unha bagaxe amplísima e se pode considerar unha peneira eficaz desa lingua. [20/12/2010]\nAs partículas discursivas son moi influenciables a modas lingüísticas, e boa parte destas nas últimas décadas veñen do ámbito anglosaxón. Especialmente sensibles a esta influencia son as camadas máis novas que na actualidade funcionan en grande medida como modelo de conduta para o conxunto da comunidade (Valle Edenio: 1986). A partir de aí, é facilmente defendible que a extensión de uso de vale en galego responda a un proceso de asimilación do MD OK inglés a través da súa forma correspondente no español, quérese dicir, de vale. Isto fai que autores como Freixeiro Mato (2003) describan este MD como un calco do español. Nós defendemos unha outra postura. No que se refire ó funcionamento pragmático e ós valores que vale desenvolve baixo o rol de MD, estamos ante un MD galego formado a partir da forma imperativa do verbo valer. Por conseguinte, defendemos o seu uso no noso idioma. Pero no que respecta á súa extensión en detrimento doutras formas propias, encontrámonos ante un caso de interferencia lingüística, polo que nos posicionamos en que na actualidade se está a facer un abuso desta partícula. Sendo xustificable este MD dentro do noso sistema, non o é a ampla extensión que adquiriu, de maneira que está a desbancar outras fórmulas que concorren con el. Está ben, ben, xa … son MMDD cos que comparte todos ou parte dos seus valores como partículas pragmáticas, pero estas estanse vendo en retroceso —especialmente está ben — polo emprego case exclusivo do MD vale, o que empobrece o idioma. A expansión desta partícula xustifícase como un castelanismo sociolingüístico a partir do anglicismo OK, polo que, admitindo o carácter galego de vale deberíase recomendar un uso máis ponderado desta ferramenta xunto doutros elementos sinónimos de maneira a non reducir a diversidade construtiva do noso idioma."} {"summary": "As competencias básicas son características das empresas que lles permiten situarse en mellor posición que os seus competidores. Partindo da teoría de recursos e capacidades é habitual considerar que esas competencias, que se forman a partir de factores internos e externos das empresas, se combinan mediante a estratexia. Este traballo, mediante unha análise de traxectorias, analiza se as competencias básicas xeran mellor desempeño, para o cal partimos de cinco grandes competencias básicas: xestión de recursos humanos e tecnolóxicos, xestión de recursos territoriais, xestión de clientes, xestión de produtos e innovación. Móstrase que só a innovación ten efectos directos sobre os resultados percibidos polos empresarios, mentres que o resto dos recursos considerados presenta efectos indirectos a través da innovación.", "text": "FernándezJardón, C.M.; Martos, M.S. Xeran as competencias básicas... Revista Galega de Economía, vol. 20, núm. 2 (2011), pp. 2146\nXERAN AS COMPETENCIAS BÁSICAS RESULTADOS EMPRESARIAIS MELLORES EN PEMES REXIONAIS?\nAceptado: 29 de outubro de 2010\n: Competencias básicas / Fontes de vantaxe competitiva / Teoría de recursos e capacidades / Resultados empresariais / Pemes rexionais.\nDO CORE COMPETENCES MAKE PERFORMANCE IN REGIONAL SMES?\n1. INTRODUCIÓN\nO tecido económico rexional de moitos países europeos está formado por pemes, grandes empresas, institucións públicas e outras organizacións sociais e, de todas elas, as pemes son as máis numerosas.\nAdemais, o territorio ten un compoñente fundamental que fai que o seu desenvolvemento económico estea condicionado en gran parte polas peculiaridades propias da zona (Vázquez Barquero, 1999). Galicia non é unha excepción. É unha Comunidade Autónoma situada no noroeste de España, que limita con Portugal, e que tivo un desenvolvemento económico retardado con respecto a outras rexións españolas –aínda se inclúe nas rexións tipo I da UE–, pero que actualmente está despegando cun gran potencial (Río e Bande, 2008). Á hora de definir a súa competitividade cómpre ter en conta as características específicas da empresa, pero tamén os sectores de actividades (Iglesias et al., 2007). Son moitos os autores que analizan a competitividade dos sectores industriais galegos (Martínez Senra, 1999; Ferro e Rodríguez, 2001; Gómez Suárez et al., 2003; Rodríguez e Guisado, 2003). A competitividade nas empresas maniféstase nas súas vantaxes competitivas. No\ncaso das pemes adoita ter un alto compoñente local.\nEste carácter local das vantaxes competitivas avanzadas e duradeiras, no marco dunha economía cada vez máis globalizada, interrelaciónase dentro dos sistemas territorialmente concentrados, de modo que a calidade do espazo económico favorece o bo funcionamento de quen se instalan nel, e estes, á súa vez, reforzan as vantaxes iniciais ofrecidas polo territorio (Rodríguez, 2005).\nUn exemplo dese carácter local da competitividade localízase en Vigo e na súa área de influencia. É esta unha comarca cunha longa tradición empresarial, que destacou a principios do século XX co auxe das conserveiras, véndose reforzada a mediados dos anos sesenta coa implantación dunha multinacional do automóbil na zona. Estes feitos significaron que as actividades asociadas ao mar –tanto a pesca como a alimentación ou os estaleiros–, xunto con aquelas que están orientadas ao material de transporte, adquiriran nesta comarca unha grande importancia. Sufriu varias reconversións industriais que puxeron a proba a súa capacidade de recuperación, e que demostraron o seu grande espírito emprendedor. Por estes motivos, preséntase como o lugar idóneo para contrastar algunhas das teorías elaboradas sobre as vantaxes competitivas (González et al., 2006).\nPrahalad e Hamel (1991) acuñaron o termo “competencias básicas” para distinguir aquelas capacidades fundamentais para a estratexia da empresa (Fernández e Suárez, 1996). Segundo estes autores, as competencias básicas son aquelas que fan unha contribución desproporcionada ao valor para o cliente final ou á eficiencia con que ese valor se entrega, e que proporcionan unha base para entrar en novos mercados, é dicir, que xeran vantaxes competitivas na empresa.\nEn xeral, unha vantaxe competitiva defínese como aquel aspecto da empresa non imitable facilmente, con posibilidades de ser mantido no futuro, no que se posiciona por riba dos seus competidores, e que o leva a obter mellores resultados empresariais (Powell, 2001). Existen, polo tanto, tres elementos asociados a este concepto: unha característica da empresa que se mantén no tempo e que é dificilmente imitable, unha comparación cos competidores, e unha utilidade práctica desa característica que se manifesta en obter dalgunha maneira mellores resultados empresariais (O’Donnell et al., 2002).\nEn principio, calquera característica da empresa podería ser fonte de vantaxe competitiva. Isto fixo que a literatura sobre vantaxes competitivas tivera en conta os diferentes aspectos que dificultan unha clasificación clara para coñecer onde radican estas. Para ordenar os elementos que interveñen nesa clasificación é necesario partir dun modelo que facilite o seu estudo. Grant (2005) formula un modelo que enlaza os factores internos e externos da empresa coas súas vantaxes competitivas. Partiremos dese esquema, aínda que introduciremos aspectos doutros traballos.\nSeguindo a Prahalad e Hamel (1991), denominaremos “competencias básicas” ás competencias que se obteñen como combinación dos factores internos e externos, deixando o concepto de vantaxe competitiva para aquelas competencias básicas nas que a empresa estea mellor posicionada que os seus competidores. Dada a dificultade para medir ese posicionamento, unicamente o consideraremos cando unha competencia básica produza mellor desempeño da empresa de modo global.\nAs características específicas de Galicia (Álvarez et al., 1995; Álvarez et al., 1996; Figueroa e Jardón, 1997; González et al., 2000) mostran que as súas vantaxes competitivas non son as mesmas que as doutras rexións (Jardón e Martos, 2010), aínda que existen moitos elementos comúns. Por outra parte, non todas as competencias básicas producen resultados empresariais mellores (Calvo e López, 2003; López e Veciana, 2004; Cabanelas e Lorenzo, 2007; Camisón et al., 2007; Rubio e Aragón, 2008). Polo tanto, queda aberta a cuestión de cales son as competencias básicas que realmente forman parte do éxito das empresas en Galicia. Para avalialo, determinaremos –mediante técnicas de análise de traxectorias– o impacto que as diferentes competencias básicas producen sobre os resultados empresariais. Desa forma, non só detectaremos se existe impacto das competencias básicas sobre os resultados da empresa, senón que tamén determinaremos cal é o proceso secuencial a través do que se leva a cabo ese impacto. Este será o obxectivo deste traballo.\nO artigo estrutúrase da seguinte maneira. Na sección 2 establécese o modelo básico, indicando as competencias básicas definidas polas empresas da zona, e introducindo as hipóteses de traballo. Na sección 3 analízase a metodoloxía. Na sección 4 contrástanse as hipóteses para as empresas da zona. Na sección 5 realízase a análise empírica. E por último, na sección 6 presentamos as conclusións.\n2. FUNDAMENTOS TEÓRICOS E MODELO DE ANÁLISE\nO primeiro paso para construír unha competencia básica consiste en definir as posibles fontes que lle permitan situarse nunha mellor posición con respecto aos seus competidores para obter mellores resultados (O’Donnell et al., 2002). Isto esixe formular un modelo teórico que sirva como base para detectar esas posibles fontes. Para determinalas, partimos do modelo enunciado por Grant (2005), que considera a idea dos recursos e capacidades (Wernerfelt, 1984, 1995; Ray et al., 2004; Newbert, 2007). Desde ese enfoque, os recursos son vistos como os activos produtivos de propiedade da empresa, mentres que as capacidades son o que as empresas poden facer. Os recursos non confiren vantaxe competitiva, senón que deben traballar xuntos para crear capacidades organizativas, definíndose estas como a capacidade dunha “ empresa de despregar recursos para un resultado final desexado ” (Helfat e Lieberman, 2002).\nEsas capacidades son a esencia dun rendemento superior. Existe unha relación entre os recursos, as capacidades e as vantaxes competitivas, que vén dada a través da estratexia. Esta ten en conta os factores clave de éxito da industria, e a partir das súas capacidades organizativas determina as súas vantaxes competitivas (Barney, 1991; Grant, 1991; Peteraf, 1993; Gautam et al., 2004; Strandskov, 2006).\nGrant (2005) identifica tres tipos principais de recursos: tanxibles, intanxibles e humanos. Os recursos tanxibles son os máis fáciles de identificar e avaliar, e inclúen os recursos financeiros e os activos físicos identificados e valorados nos estados financeiros da empresa. Para a maioría das empresas, os recursos intanxibles son máis valiosos que os recursos tanxibles; porén, nos estados financeiros das empresas, os recursos intanxibles permanecen invisibles.\nOs factores clave do éxito dunha actividade están asociados co produto ou co servizo, cos provedores e co mercado. En comparación coas grandes empresas, as pemes teñen características específicas: teñen unha menor capacidade para xerar produtos e competir en custos; teñen unha maior proximidade aos clientes e, en consecuencia, son máis específicas e están mellor adaptadas ás necesidades do mercado (Pelham, 1997); están estreitamente relacionadas co territorio, porque debido ao seu reducido tamaño existe unha maior dependencia coa contorna local na que operan (Vázquez Barquero, 1999), manifestándose este feito no maior intercambio de relacións entre provedores e clientes debido á súa proximidade. Isto permite ter en conta este factor na definición das competencias básicas da empresa.\nAmpliando o modelo de Grant, o empresario utiliza os recursos, as capacidades e os factores externos mediante a estratexia para desenvolver as súas competencias básicas. Existen dúas cuestións abertas na literatura: por un lado, interesa analizar se as competencias básicas impactan sobre o desempeño da empresa (Coff, 1999) e, por outro lado, interesa pescudar se ese impacto é directo, se se produce mediante a interacción das diferentes competencias ou se segue un proceso secuencial, afectando algunhas de modo directo e outras indirectamente. A maioría dos autores analizan os efectos directos dalgunha das competencias de modo individual (Covin et al., 1990; Darroch, 2005); porén, outros suxiren que este efecto pode ocorrer de maneira indirecta a través doutras competencias (Bontis et al., 2000). Neste traballo trataremos de darlles resposta a estas cuestións.\n2.1. MODELO E HIPÓTESE\nGrant (2005) propuxo un modelo baseado en recursos; estes recursos son organizados polo empresario para establecer as súas capacidades organizativas; e a estratexia combina estas capacidades cos factores clave do éxito na actividade para determinar as vantaxes competitivas que melloran o seu rendemento.\nNo noso caso, presuponse que os empresarios organizan as súas competencias básicas a partir dos recursos, capacidades e factores clave de éxito da actividade mediante a estratexia. Unha vez que se estableceron as competencias básicas, centrámonos en estudar o proceso de influencia das competencias sobre o rendemento. Foron moitas as competencias básicas definidas na literatura (Calvo e López, 2003; Rubio e Aragón, 2008; BaniHani e Faleh, 2009; López e Iglesias, 2010). Neste caso, e partindo de traballos previos (Jardón e Martos, 2010), consideramos a xestión de clientes, a xestión de produtos, a xestión de recursos territoriais, a xestión de recursos humanos e tecnolóxicos e a innovación.\nA primeira competencia básica asóciase cos clientes. A xestión de clientes comprende a capacidade da compañía de crear valor para os clientes a través dos seus produtos ou servizos (Narver e Slater, 1990). As organizacións necesitan comprender e satisfacer as necesidades dos seus clientes para obter mellor desempeño que os seus competidores (Pelham, 2000). O coñecemento do mercado e a xestión de clientes é un medio importante para mellorar a eficiencia económica, a lealdade do cliente e a diferenciación competitiva (Narver e Slater, 1990). As pemes teñen dificultades para desenvolver esta competencia, xa que non teñen as vantaxes de escala das grandes empresas e porque teñen moitos recursos comerciais orientados á consecución da súa reputación, das súas marcas e das súas redes de distribución; porén, estas dificultades poden ser compensadas pola segmentación dos mercados, por unha maior accesibilidade ás canles de distribución e pola súa proximidade ao cliente, proximidade que lles permite darlle unha resposta rápida e directa á demanda do cliente (Pelham, 1997, 2000). Por outra parte, esta axilidade tamén se ve favorecida polos baixos niveis da burocracia (Pelham, 2000).\nA segunda competencia refírese aos aspectos básicos relacionados cos produtos e coas políticas de marketing da empresa. O produto ou estratexias de produción foron estudados como unha vantaxe competitiva global por Zahra e Das (1993) para desenvolver estratexias de produción e analizar o seu impacto na competitividade das empresas. Este recurso iníciase coa conceptualización de negocio que ofrece o empresario para desenvolver a súa estratexia para competir, existindo diferenzas na forma de establecer esta estratexia en función do tamaño da empresa. As pemes soen ter máis dificultade para establecer as súas políticas de promoción, as campañas para reforzar a súa imaxe de marca son baixas, teñen menos acceso ás canles de distribución e as súas políticas de prezos tenden a ser máis restritivas (Spillan e Ziemnowicz, 2003). Porén, a organización produtiva das pemes adoita ser máis tradicional que na grande empresa, e poden desenvolver produtos máis personalizados e, ademais, teñen máis facilidade para interactuar co cliente.\nDe modo paralelo, analízase como competencia básica a xestión dos procesos internos da empresa, especialmente dos recursos humanos e tecnolóxicos. Nesta competencia están incluídos os aspectos de xestión e capacitación de recursos humanos e de tecnoloxía. Entre os primeiros podemos sinalar o capital humano (Hatch e Dyer, 2004), unha adecuada xestión dos recursos humanos da empresa (Kazlauskaité e Bučiūniené, 2008), a actitude dos directivos e dos empregados, ou a formación do persoal da empresa (Barney, 1996; Pfeffer, 2005).\nAdemais dos recursos humanos, tamén inclúe outros recursos intanxibles que poden ser unha fonte de vantaxe competitiva (Calvo e López, 2003; Flatt e Kowalczyk, 2008). De feito, a capacidade dos empregados para harmonizar os seus esforzos e integrar as súas habilidades non só depende das súas habilidades interpersoais, senón tamén do contexto organizacional. Isto afecta á colaboración interna, que está determinada por un recurso intanxible clave: a cultura da organización.\nEn xeral, a cultura organizacional é vista como un recurso de empresa dunha grande importancia estratéxica, que é potencialmente moi valiosa (Barney, 1996), e que resume todos os valores que existen na empresa (Flatt e Kowalczyk, 2008). Os recursos humanos posúen características específicas das pemes en relación coas grandes empresas. Algúns autores consideran que o pequeno tamaño é unha fonte de vantaxe competitiva, xa que permite a consecución dun bo ambiente de traballo, hai menos complexidade organizativa e uns maiores niveis de flexibilidade, o que facilita a motivación dos empregados e a súa identificación cos obxectivos da empresa. Porén, outros autores cren que o tamaño pequeno é peor, porque o liderado é máis personalizado, as decisións están máis centralizadas e hai unha maior marxe de discrecionalidade na promoción e remuneración dos asalariados, e isto implica un empeoramento do clima laboral e a existencia de menos oportunidades de desenvolvemento profesional para os traballadores (Hornsby e Kuratko, 2003) e, en consecuencia, é menos capaz de reter os mellores profesionais (Klass et al., 2002).\nOs recursos tecnolóxicos inclúen accións de tecnoloxía, coñecementos técnicos e recursos humanos, e desenvolvemento científico e técnico, pero tamén inclúen o conxunto de coñecementos, formas, métodos, ferramentas e procedementos para combinar os diferentes recursos e capacidades nos procesos produtivos e de organización que garantan que estas sexan eficientes. Tradicionalmente foi considerada como unha vantaxe vinculada ás grandes empresas, aínda que algúns autores tamén relacionaron esta variable co éxito competitivo das pemes (Donovan, 1996). É habitual distinguir entre as posibilidades de desenvolvemento mediante a tecnoloxía e o persoal existente, ou as oportunidades externas través de novas adquisicións. O desenvolvemento interno da tecnoloxía dificulta a imitación por parte da competencia e, polo tanto, facilita a consecución de vantaxes competitivas sostibles. Esta competencia engloba competencias básicas definidas por outros autores (Rubio e Aragón, 2008) denominadas, respectivamente, recursos tecnolóxicos e xestión e dirección dos recursos humanos, aínda que neste caso aparecen asociados elementos doutras competencias básicas consideradas tradicionais, tales como a cultura da empresa (Ritchie e Brindley, 2005) e aspectos asociados á calidade.\nA innovación da compañía tamén é unha competencia básica (Ribeiro, 2003; Rodeiro e López, 2007), que se refire ao cambio de produtos e procesos e á súa mellora, aos novos enfoques de marketing, ás novas formas de distribución ou ao feito de penetrar en novos mercados. Estas novas ideas poden mellorar a forma en que ata agora se están facendo as cousas ou cambialas de forma radical. A innovación pode ser o resultado da investigación da empresa ou da adquisición de novas tecnoloxías ou licenzas. Na práctica, a innovación nas pemes é moi básica e elemental, en lugar de ser radicais por natureza (Donovan, 1996). Aínda que as empresas grandes teñen máis recursos financeiros e humanos e, en consecuencia, poden parecer máis propensas a involucrarse na innovación, as pemes tamén innovan. Moitas estatísticas mostran que as pemes son os principais promotores do crecemento nos niveis de innovación (LloydReason et al., 2002).\nTodas estas competencias foron consideradas na literatura como vantaxes competitivas que lles permitiron ás empresas conseguir mellores resultados empresariais (Jennings e Beaver, 1997; Strandskov, 2006).\nA orientación ao mercado e a preocupación polo cliente foi considerada un factor de éxito para as empresas (Pelham, 1997; Baldacchino, 2002; Spillan e Parnell, 2006). Os diferentes elementos que interveñen nunha boa organización dos recursos comerciais fan posible que a empresa aproveite mellor a proximidade ao cliente e que xere valor ao produto ou ao servizo. As pemes teñen, polo tanto, unha maior axilidade para adaptarse ás necesidades dos clientes, que se ve favorecida pola súa baixa burocracia (Pelham, 2000). Isto suxírenos unha primeira hipótese de traballo:\n H 1 : Unha mellor xestión dos clientes xera mellores resultados empresariais.\nComplementariamente co anterior, as políticas de marketing e de produto tamén están asociadas a unha maior eficacia en xerar resultados empresariais (Kotler, 1999), aínda que é certo que as pemes soen ter máis restricións tanto para establecer o seu prezo como para organizar a amplitude da gama e elaborar as estratexias de marketing, xa que, entre outros factores, contan con menos especialistas na empresa (Spillan e Ziemnowicz, 2003). Isto suxírenos a seguinte hipótese:  H 2 : O establecemento das políticas de marketing e estratexia de produto xera unha mellora no desempeño da empresa.\nOs recursos financeiros, e en xeral os recursos físicos da empresa, foron considerados como elementos complementarios para a competitividade da empresa (Balakrishnan e Fox, 1993). De feito, as limitacións de recursos existentes nestas empresas a miúdo fai imposible a creación de éxito empresarial, polo que a cooperación entre as pemes é unha arma estratéxica para xerar redes de coñecemento e para obter recursos de apoio que permitan o desenvolvemento de mellores produtos, servizos ou procesos (Verhees e Meulenberg, 2004). A necesidade de financiamento é clave para as pemes, tanto para os recursos tecnolóxicos actualizados como para a formación da innovación, e en xeral para mellorar a súa competitividade. A cooperación tamén se asocia a estes aspectos como unha estratexia de internacionalización (Cal et al., 2007). En moitos casos, os resultados dunha empresa asócianse ao establecemento de acordos de cooperación tecnolóxica entre empresas diferentes como estratexia para abordar proxectos de tecnoloxía de alto custo (Klofsten e Scheele, 2003). Esta cooperación realízase fundamentalmente a través de asociacións entre empresas a nivel local, é dicir, agrupacións de empresas chamadas clusters empresariais. A xestión dos recursos territoriais está asociada coa creación de clusters empresariais, e forma parte das vantaxes competitivas rexionais (Porter, 1990). Porén, o efecto dos clusters empresariais sobre a mellora de resultados da empresa foi considerado no longo prazo, dado que os seus efectos son sobre as posibilidades de competir das empresas, polo que en xeral non se consignou un efecto directo deste factor. Por ese motivo ten interese analizar se eses recursos son vistos como xeradores de vantaxes competitivas para as empresas dunha determinada rexión. Todos estes son elementos incluídos na xestión dos recursos territoriais. Por esta razón establecemos a seguinte hipótese:\n H 3 : A xestión da zona e dos recursos tanxibles da empresa permite un maior éxito nas pemes rexionais. A maior parte dos traballos indican que existe un efecto positivo dos recursos humanos sobre os resultados empresariais, sendo considerado por algúns como un recurso clave (Hornsby e Kuratko, 2003), mentres que outros non lle dan tanta importancia (Deshpande e Golhar, 1994). Comparadas coas grandes empresas, as pemes teñen unha serie de vantaxes para a xestión de recursos humanos, posto que existe unha maior comunicación que facilita a identificación coa empresa e a asunción da cultura, aínda que os directivos adoitan actuar de forma máis centralizada e non facilitan a delegación. Ademais, os salarios tenden a ser inferiores, e isto fai que non sempre teñan os mellores recursos humanos dispoñibles (Klass et al., 2002). En xeral, os recursos intanxibles permitiron unha mellora dos resultados da empresa (Calvo e López, 2003). Por outra parte, unha adecuada xestión dos recursos tecnolóxicos facilita o seu rendemento e optimiza os procesos e mesmo o rendemento dos recursos humanos e, por conseguinte, aumenta a capacidade de produción, diminúe os custos e facilita a súa adaptación ás necesidades dos clientes, polo que se espera un mellor desempeño da empresa (Donovan, 1996). O manexo inadecuado dos recursos humanos non só reduce a produtividade da empresa e a rendibilidade, senón que pode crear un ambiente negativo que pode levar ao fracaso das pemes. Ademais, a tecnoloxía estivo tradicionalmente asociada ao éxito da grande empresa, aínda que algúns autores a asociaron tamén coas pemes (Camisón, 1997). Todo isto suxire a seguinte hipótese:  H 4 : A mellor xestión dos recursos humanos e tecnolóxicos nas pemes rexionais produce mellores resultados. É frecuente atopar que existe relación positiva entre innovación e éxito empresarial nas pemes (Camisón et al., 2004). A vantaxe competitiva descansa na menor complexidade burocrática, na maior comunicación entre todos os niveis da empresa e na maior proximidade ao mercado, factores que lles permiten responder con máis rapidez ás necesidades deste (LloydReason et al., 2002; Rodeiro e López, 2007). Isto permite enunciar unha nova hipótese de estudo:  H 5 : A innovación das pemes rexionais permite obter mellores resultados. A figura 1 recolle todas as hipóteses enunciadas. En conxunto trátase de avaliar se as diferentes competencias básicas poden realmente ter un efecto sobre o éxito empresarial.\n3. METODOLOXÍA\nO obxectivo das hipóteses propostas é comprobar cal é o impacto que as competencias básicas –formadas a partir dos diferentes tipos de aspectos analizados– teñen sobre os resultados empresariais. Polo tanto, en primeiro lugar, deben combinarse eses recursos e capacidades para construír as competencias básicas. A continuación interésanos ver cal ou cales desas competencias promoven o éxito competitivo da empresa.\nAs competencias básicas obtéñense pola análise de compoñentes principais (Jardón e Martos, 2010). Partindo delas, e mediante técnicas de análise de traxectorias, determínanse cales desas competencias afectan realmente aos resultados empresariais e como é o proceso de influencia.\nTodo isto leva consigo varios elementos de traballo. En primeiro lugar, debemos determinar a poboación de estudo e a mostra sobre as que se van contrastar as hipóteses; en segundo lugar, deben discutirse as medidas das variables utilizadas e os constructos definidos; e finalmente, detallamos a metodoloxía estatística utilizada para os contrastes.\n3.1. POBOACIÓN E MOSTRA\nNormalmente, a estrutura empresarial dunha zona incorpora algunha das características desta; por ese motivo conviña deseñar a mostra tendo en conta esa estrutura, existindo diferentes alternativas para analizala. Neste traballo imos seguir un enfoque de cadeas empresariais, é dicir, que se analizarán de modo conxunto as actividades asociadas a unha mesma cadea de valor dun produto ou servizo e aqueloutras actividades que serven de apoio ou que son necesarias para a realización do conxunto de actividades anteriores. Este enfoque permite avaliar as interrelacións entre empresas e facilitar a constitución de clusters empresariais, que é unha das estratexias de competitividade adoptada polas rexións. Parece, polo tanto, unha estrutura lóxica para o estudo das pemes rexionais (González et al., 2000).\nA área de estudo é Vigo e a súa área metropolitana, que están situadas no suroeste de Galicia. Segundo González et al. (2006), en total estímase que o valor engadido bruto (VEB) xerado polo sistema produtivo empresarial do sector privado nesta zona no ano 2006 era duns 10.374 millóns de euros, existindo, de acordo coas estimacións realizadas por estes autores e con base nos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), máis de 30.000 empresas. Seguindo traballos previos, como o de González et al. (2006), e considerando a situación específica deste estudo, distinguimos once cadeas empresariais.\nPara obter a información empírica realizouse unha enquisa nesa zona no ano 2005. Dado o alto contido estratéxico da enquisa e para non afectar de modo importante á representatividade dos resultados considerados en termos de produción, elimináronse aquelas empresas que eran moi pequenas. Como consecuencia, non se consideraron como parte da poboación obxectivo os autónomos e as microempresas, é dicir, as empresas con menos de dez traballadores e que tiveran unha facturación menor de 50 millóns de euros; de modo similar, tampouco se incluíron as empresas con máis de 250 traballadores, para que na mostra quedaran unicamente as pemes.\nInicialmente, seleccionouse unha mostra de 400 empresas que, cun nivel de confianza do 95, 5%, tería un erro máximo no caso dunha pregunta dicotómica do 5% en todo o conxunto. Para asegurar a representatividade da mostra, procurouse que cada cadea empresarial contara cun número mínimo de empresas, seleccionándose por este motivo vinte empresas en cada cadea, repartíndose o resto da mostra proporcionalmente de acordo coa estrutura combinada. A taxa de resposta foi do 59%, polo que finalmente se obtiveron 236 respostas válidas coas que se elaborou o estudo. Comprobouse que a estrutura final das cadeas empresariais da mostra se axustaba á poboación de estudo mediante un test de homoxeneidade de poboacións (Newbold et al., 2002).\n3.2. MEDIDAS E VALIDEZ\nPara definir as variables e constructos que interveñen no modelo, utilizáronse diferentes ítems que aproximaban o seu valor, os cales, xunto coas súas referencias, se inclúen na táboa 1.\nA forma do cuestionario seguiu o esquema de González et al. (2006) baseado en escalas contrastadas na literatura (Malhotra, 1981; Narver e Slater, 1990; Deshpande e Golhar, 1994; Camisón, 1999). Por conseguinte, en cada un dos ítems que se referían ás fontes de vantaxe competitiva pedíaselles que valoraran se o aspecto que se indicaba era importante como vantaxe competitiva da súa empresa, utilizando unha escala que ía desde 1 (“non é importante como vantaxe competitiva”) ata o 5 (“é moi importante como vantaxe competitiva”). Este tipo de valoración permite discriminar entre cada vantaxe.\nO desempeño da empresa está asociado co éxito competitivo. A maior parte dos autores defíneno como unha capacidade para xerar vantaxes competitivas sostibles, para producir bens e servizos creando valor ou para actuar adecuadamente como consecuencia da rivalidade suscitada na súa relación con outras empresas (Camisón, 1997). Aquí faremos uso dunha serie de elementos relacionados co desempeño empresarial, e este vai estar formado por diferentes indicadores, segundo o tipo de estratexia elixida pola empresa, centrándonos fundamentalmente naqueles indicadores utilizados noutros traballos.\nEn xeral, o parámetro máis utilizado é o beneficio empresarial (Darroch, 2005); porén, á hora de indicar unha valoración do beneficio contable tamén se fai uso do cash flow, polo que o incluiremos dentro do conxunto dos nosos indicadores. Moi unido ao beneficio atópanse os resultados obtidos na facturación. Desde o punto de vista financeiro soen terse en conta ratios, posto que eliminan o efecto do tamaño.\nNese sentido, adoita ser interesante analizar a rendibilidade da empresa (Cabanelas e Lorenzo, 2007).\nDentro destes resultados tamén acostuma considerarse aspectos que indican a saúde financeira da empresa, que normalmente vén medida pola solvencia. Algúns autores engaden outro tipo de resultados máis orientados á organización da empresa, ao grao de innovación (Bontis et al., 2000) ou ás repercusións sociais destes, como poden ser a profesionalización dos empregados e as vantaxes competitivas adquiridas pola empresa (Gautam et al., 2004).\nPara avalialo, pode facerse uso de datos cuantitativos ou cualitativos. Os datos cuantitativos parecen máis obxectivos, porque que están recollidos de forma numérica e porque son igualmente considerados por todos os observadores; porén, este tipo de datos –que se basean nun sistema de información contable determinado por consideracións legais e fiscais– poden terxiversar a realidade explícita da empresa, e por este motivo en diferentes traballos optaron polos datos subxectivos (Covin et al., 1990; González et al., 2006; Rubio e Aragón, 2008). Seguindo o dito esquema, preguntouse se os diferentes ítems considerados diminuíran ou aumentaran nos últimos anos, utilizando unha escala de 1 a 5.\n4. TÉCNICAS ESTATÍSTICAS\nO primeiro paso consiste en buscar o conxunto de aspectos que, asociados entre si, xeran unha competencia básica para a empresa, é dicir, unha potencial vantaxe competitiva, e para iso debemos buscar as variables estruturais subxacentes comúns aos recursos e capacidades de que dispón a empresa.\nA técnica estatística que utilizamos para conseguir o resultado dese proceso denomínase Análise de Compoñentes Principais (ACP), e consiste en reducir a dimensión do conxunto de ítems inicial buscando a información común a todos eles e creando unas novas variables que recollen esa parte de información común, quedando de modo residual a información máis específica de cada un dos ítems orixinais. Unha vez reducida a información, e para interpretar mellor o seu sentido, emprégase un proceso de rotación dos eixes, axustándoos aos diferentes ítems orixinais para que non se perda a información. Tradicionalmente, utilízase unha técnica varimax que mantén a relación ortogonal entre os compoñentes que interveñen, asegurando a súa interrelación. Porén, como non nos importa manter unha interrelación entre as variables estruturais, senón que o que nos interesa sobre todo é adaptarnos aos datos para recoller do modo máis axustado posible as asociacións realizadas polos empresarios, utilizaremos unha rotación oblimin directo cun delta de 0, 5, que é unha rotación non ortogonal, que minimiza as distancias entre as cargas factoriais antigas e novas. A mesma técnica de compoñentes principais aplícaselles aos ítems que miden os diferentes resultados empresariais (Hair et al., 2006).\nPara comprobar cal das competencias básicas ten realmente un efecto sobre os resultados empresariais utilizaremos a análise de traxectorias (Hair et al., 2006). Este método selecciona as variables que afectan á variable reposta –ou variable dependente–, e a partir desa relación vaise percorrendo cara atrás o efecto das demais variables independentes, obtendo así a traxectoria de causalidade lineal ata a variable resposta. Para elaborar as traxectorias entre cada dúas variables utilizaremos as técnicas de regresión paso a paso, que nos van permitir avaliar e contrastar cal é o efecto directo de cada variable independente sobre a variable dependente considerada, tendo en conta o efecto das demais variables independentes (Hair et al., 2006).\nPara o proceso de análise, depuración e tratamento dos datos, determinación de factores e avaliación de efectos utilizouse o programa Statistical Package for the Social Sciences (SPSS versión 15).\n5. ANÁLISE EMPÍRICA\nRealizouse unha análise de compoñentes principais diferente para as variables que caracterizaban as posibles vantaxes competitivas da empresa e para as que se referían aos resultados empresariais.\nEn conxunto obtivéronse as cinco grandes competencias básicas da empresa, que xa definimos con anterioridade (Jardón e Martos, 2010). Para medir o éxito competitivo da empresa procedeuse de modo similar mediante unha análise de compoñentes principais. Neste caso, quedámonos cun único compoñente, que explica o 42% da varianza dos datos, observándose que todas as variables están interrelacionadas positivamente con ese compoñente (táboa 2). O coeficiente KMO tamén é maior de 0, 8 e a información común é significativa, posto que o test de Bartlett así o confirma. A alfa de Cronbach destes ítems é de 0, 873, o que nos indica que a súa fiabilidade é suficientemente boa. Aplicando os criterios clásicos sobre medición do tamaño dun constructo podemos utilizar ese compoñente como un indicador: o tamaño do éxito competitivo da empresa, que denominaremos resultados empresariais.\nOs valores máis altos obtéñense nas variables económicas e na posición competitiva da empresa, que é consecuencia directa no curto prazo dos resultados económicos. A modernización das instalacións e a profesionalidade son secundarias como resultados das empresas, aínda que seguen tendo unha importancia significativa na construción da variable.\nPara comprobar ese efecto realizamos unha regresión paso a paso entre esas variables. A única variable que tivo efecto significativo foi a innovación, quedando excluídas do modelo todas as outras competencias básicas. Os resultados da regresión final preséntanse na táboa 3.\nO coeficiente de determinación da regresión é moi pequeno (0, 049), pero aínda así chega a ser significativo ao 5%, polo que se pode dicir que esa variable explica unha parte do comportamento dos resultados empresariais. Desa forma, comprobamos que o feito de ter innovación nas empresas cos recursos asociados a esta mellora en parte o éxito competitivo das empresas no caso das pemes rexionais (Ribeiro, 2003; Camisón et al., 2004; Rodeiro e López, 2007). Está claro que o fomento da innovación como estratexia de diferenciación (Porter, 1985) nas pemes se presenta como a forma de posicionarse por riba dos seus competidores. Aínda que non se pode dicir que ningunha das outras competencias básicas afecten de modo directo aos resultados da empresa, é posible que o fagan de maneira indirecta a través da innovación. Por iso, interesa comprobar se o resto das competencias básicas afecta dalgún modo a ese recurso, pois pode ser que as demais competencias básicas estean como substrato dun recurso clave, como é a innovación. Para isto, realizamos unha regresión paso a paso da innovación con respecto ao resto das competencias. O R 2 da regresión final é de 0, 4725, indicando un alto efecto entre as variables. Tal e como se observa na táboa 4, interveñen tres variables: a xestión territorial, a xestión de produtos e a xestión de recursos humanos e das tecnoloxías, afectando todas elas de modo significativo á innovación. A única competencia básica que non afecta de modo directo á innovación é a xestión de clientes. Parece lóxico pensar que a orientación das políticas de marketing deseñadas na xestión de produtos estea asociada coa innovación e que condicione as directrices desa actividade dentro da empresa.\nA xestión dos recursos humanos –e en especial a orientación do directivo– é considerada como unha parte influente da innovación da empresa (Chandler et al., 2000; García Erquiaga, 2007). Os recursos humanos tamén son considerados claves na innovación, posto que ao existir uns maiores niveis de comunicación e uns menores niveis de formalización, facilítase a creatividade dos traballadores, o que permite desenvolver innovacións (Verhees e Meulenberg, 2004).\nLoxicamente, a utilización dos recursos tecnolóxicos tamén ten un efecto importante sobre a innovación, posto que marcan a base do desenvolvemento futuro, permiten optimizar o rendemento dos recursos humanos da empresa e facilitan as posibles innovacións (Donovan, 1996).\nPor outra parte, a limitación de recursos existentes neste tipo de empresas frea as súas posibilidades de innovación. Por ese motivo, a cooperación da empresa aparece como unha estratexia para xerar redes que sirvan de base ao desenvolvemento de melloras en produtos, procesos ou servizos (Verhees e Meulenberg, 2004). De modo semellante, a necesidade de financiamento e de recursos físicos na empresa é necesaria para os investimentos en innovación futura. Nese sentido, a xestión dos recursos territoriais vai ser clave para a elaboración da política de innovación da empresa, posto que son os elementos que as compoñen.\nFinalmente, analizamos se a xestión de clientes afecta a algunha das tres variables introducidas no modelo anterior, posto que pode ocorrer que a dita xestión estea na base do resto das competencias básicas. Para iso, usaremos a matriz de correlacións (táboa 5) entre esas variables e o resto das variables introducidas no modelo, posto que, ao ser variables estruturais tipificadas, os seus coeficientes de regresión e de correlación coinciden. Os asteriscos indican cales son significativos. Obsérvase que esta ten efecto sobre a xestión territorial, sobre a innovación e sobre a xestión de recursos humanos e tecnolóxicos, pero non sobre a xestión de produtos. O efecto sobre a innovación é indirecto, a través da xestión de recursos humanos e tecnolóxicos e a través da xestión de recursos territoriais.\nO modelo definitivo de efectos entre competencias básicas e resultados empresariais preséntase na figura 2, na que pode observarse o proceso das traxectorias do efecto das diferentes competencias básicas sobre os resultados empresariais, indicando que todos os efectos se canalizan a través da innovación, aínda que cada un deles ten un efecto determinante nos resultados finais.\nEse proceso indícanos que o empresario desenvolve as súas estratexias de cliente e produto e que elabora as competencias básicas asociados a ambos os dous. Para levalos a cabo organiza o conxunto de recursos asociados ao territorio e os recursos humanos e tecnolóxicos da empresa. A partir destes, e xa cunha coordinación total coa estratexia de produto, organiza a innovación da empresa en produtos, en mercados ou en procesos. Esa innovación é a que permite obter mellores resultados no curto prazo, aínda que o seu efecto, malia ser significativo, non é moi grande, polo que é posible que ese efecto se note máis no longo prazo.\n6. DISCUSIÓN E IMPLICACIÓNS PARA A XESTIÓN\nOs factores explicativos do éxito competitivo abordáronse desde moi diversas perspectivas. Inicialmente, e aceptando a homoxeneidade entre empresas, explícase o éxito partindo de factores externos, como o país ou o sector de actividade (Iglesias et al., 2007). Outros investigadores sinalan os factores internos como a principal explicación da excelencia empresarial de cara ao logro de éxito empresarial (Gautam et al., 2004), incluíndose neste enfoque a teoría de recursos e capacidades (Newbert, 2007), cuxa tese central reside en que son os recursos e as capacidades de cada empresa os que sustentan as vantaxes competitivas e, polo tanto, quen explican o seu éxito (Grant, 1991; Amit e Schoemaker, 1993), aínda que combinados con factores externos.\nA empresa organiza mediante a estratexia os seus recursos e capacidades tendo en conta os elementos da contorna para establecer as súas competencias básicas\n(Grant, 2005), que lle permiten posicionarse mellor que a súa competencia. Seguindo ese modelo, neste traballo definíronse mediante técnicas de ACP cinco grandes competencias básicas referidas á xestión dos recursos humanos e tecnolóxicos da empresa, ás relacións co territorio e os recursos tanxibles, á xestión dos clientes, á xestión do produto e á innovación. O obxectivo deste traballo é determinar se todas as competencias básicas teñen efectos reais sobre os resultados das empresas. Ao avaliar o seu impacto obsérvase que unicamente a innovación é significativa (Jardón et al., 2004; Rodeiro e López, 2007) e, polo tanto, só esta pode considerarse un factor de éxito empresarial da empresa a nivel global, o que nos indica o relevante papel da innovación á hora de obter mellores resultados na empresa (Ribeiro, 2003; Pil e Holweg, 2003). O pequeno tamaño facilita a flexibilidade para atender as novas necesidades do mercado mediante novos produtos ou procesos. Este resultado é coherente cos obtidos por outros autores, como LloydReason et al. (2002) ou Camisón et al. (2004).\nPorén, outras competencias básicas teñen efecto sobre a innovación e, por conseguinte, pode dicirse que teñen un efecto indirecto sobre os resultados da empresa. Dos cálculos anteriores parece deducirse que un incremento no uso da xestión dos recursos territoriais produce unha mellora significativa na innovación e, en consecuencia, do desempeño da empresa. Isto é coherente con outros traballos da literatura organizacional, que insisten na importancia de aproveitar a proximidade ao mercado e ao cliente dada a reducida dimensión das empresas (Pelham, 1997). É fácil estender esa idea aos provedores e en xeral á constitución de clusters empresariais (Vázquez Barquero, 1999). Algo similar ocorre coa xestión dos recursos humanos e tecnolóxicos. Ambos os dous factores foron considerados como elementos do éxito competitivo na literatura tanto nas grandes empresas (Pil e Holweg, 2003) como nas pequenas (Camisón, 1997). Finalmente, a xestión do produto tamén xera unha mellora significativa na innovación e é consecuencia do desempeño da empresa de acordo coa teoría da estratexia máis tradicional. A única competencia básica que non aparece neste segundo nivel é a xestión dos clientes; porén, esta afecta tanto á xestión dos recursos territoriais como á dos recursos humanos e tecnolóxicos, seguramente polo impulso que o coñecemento e o trato cos clientes esixe ao resto da organización tanto nas súas actuacións internas como externas; en consecuencia, pode dicirse que esta tamén afecta de modo indirecto ao desempeño da empresa. Unha boa xestión dos clientes require ter listos os factores tecnolóxicos e humanos que inflúen na relación cos clientes e, polo tanto, unha boa xestión de clientes implica unha mellor estrutura dunha empresa de negocios cun uso máis eficiente\ndos seus recursos humanos e tecnolóxicos (Hooley et al., 2005). Existe unha influencia da xestión de clientes nunha mellor xestión dos recursos humanos e da tecnoloxía. Ademais, a xestión do cliente require a xestión dos recursos internos e externos da empresa de maior rendemento do negocio. Polo tanto, unha boa xestión de clientes afecta á xestión dos recursos materiais e ao territorio da empresa máis directamente adaptados para satisfacer as necesidades do mercado.\nAdemais, a innovación nas pemes baséase en gran parte do equipo de que dispón a empresa. O xerente dunha peme debe fomentar a xeración e o desenvolvemento de novas ideas (García Erquiaga, 2007). De feito, un enfoque cultural cara á innovación inflúe, á súa vez, positivamente no nivel de innovación da empresa (Chandler et al., 2000; Verhees e Meulenberg, 2004). Os recursos humanos son un elemento clave na evolución futura, sobre todo nas empresas máis pequenas. Os maiores niveis de comunicación existentes ao reducir os niveis de formalización proporciónanlles unha maior autonomía aos traballadores e un maior compromiso entre estes e a empresa, o que facilita a súa creatividade e a participación no desenvolvemento de innovacións (Chandler et al., 2000; Verhees e Meulenberg, 2004).\nPor outra parte, a xestión adecuada dos recursos de tecnoloxía mellora o rendemento da maquinaria, os procesos de produción, os sistemas e desempeño dos recursos humanos. Tamén aumenta a capacidade de produción, reduce os custos e facilita unha mellor adaptación ás necesidades dos clientes, o que mellora o rendemento da compañía (Donovan, 1996). As organizacións que incorporan a tecnoloxía ou o desenvolvemento dos activos están en mellores condicións que a súa competencia.\nEste proceso maniféstase tamén nas empresas galegas. Nese sentido, as políticas de promoción da innovación e de constitución de clusters empresariais parece acertada para facerlle fronte á situación actual (Rodríguez, 2005).\n6.1. IMPLICACIÓNS PARA A XESTIÓN\nAs hipóteses comprobadas suxiren unha serie de resultados que teñen interesantes implicacións para a xestión empresarial. En primeiro lugar, as vantaxes competitivas das pemes constitúense pola combinación de recursos e capacidades da empresa, tendo en conta factores externos asociados á propia actividade. En xeral, as empresas fan uso de todos eles para xerar competencias básicas. En certa forma, confírmase o modelo de Grant ampliado de que é a estratexia a que permite establecer as vantaxes competitivas a partir dos factores internos e externos da empresa, pero tamén indica que unha empresa competitiva debe saber aproveitar todos os recursos e capacidades dispoñibles dalgunha forma, posto que combinándoos eficientemente se pode mellorar a súa situación no mercado.\nPara as pemes é importante ter en conta o territorio (Vázquez Barquero, 1999), posto que o asignan a unha das competencias básicas. Aínda que ese recurso non é directamente unha vantaxe competitiva común a todas as empresas analizadas, si que o fai de modo indirecto a través da innovación, claramente fomentada mediante a cooperación e a relación con clientes e provedores (Verhees e Meulenberg, 2004). Nese sentido, é importante para as pemes fomentar a constitución de clusters empresariais que faciliten a innovación das empresas (Porter, 1990).\nO capital intelectual da empresa asígnase a diferentes competencias básicas, pero unha gran parte del concéntrase na xestión dos recursos humanos e tecnolóxicos e na innovación. Este segundo é directamente xerador de éxito empresarial das empresas (Pil e Holweg, 2003). Consecuentemente, e de acordo con numerosos autores (Bontis et al., 2000), o investimento en capital intelectual por parte da empresa vai ser clave no desenvolvemento das súas vantaxes competitivas. Isto é importante na zona (Jardón, 2008).\nOs recursos tanxibles están fundamentalmente asociados ao territorio, comportándose como aqueles cubrindo as necesidades básicas das empresas para xerar innovacións (Donovan, 1996).\nAs capacidades organizativas da empresa participan en case todas as competencias básicas, posto que van servir como aceleradores da fusión dos elementos introducidos dentro de cada recurso. Nese sentido, aproxímase á idea de que as capacidades organizativas están asociadas coa forma en que os recursos se utilizan para mellorar os resultados (Grant, 2005). Porén, non só as capacidades organizativas permiten xerar éxito empresarial, senón que estas tamén deben combinarse cos recursos da empresa, pois son estes os que as alimentan e as fan eficientes. Non se trata de organizar e deixar que o proceso siga o seu camiño, senón que é necesaria a achega continua dos recursos para que as capacidades sexan efectivas.\nFinalmente, os elementos considerados como factores clave de éxito nunha actividade relacionados co produto e co cliente tamén se estruturan como competencias básicas da empresa. A súa xestión non aparece como un elemento claro de xeración de éxito empresarial, aínda que de forma indirecta a través da innovación ambos os dous proporcionan unha mellora ao desempeño da empresa (Grant, 2005).\nEn conxunto, á hora de comprobar cales desas competencia básicas son vantaxes competitivas, unicamente a innovación aparece como tal de forma directa, indicando que o capital intelectual da empresa vai ser o principal activo para competir. De novo, queda patente a importancia de insistir nas pemes por manter a formación e o investimento en capital intelectual como base da competitividade futura. En xeral, a orde de importancia dos diferentes tipos de recursos coincide coas teorías máis actuais (Newbert, 2007). O proceso causal observado indica que para que as pemes galegas teñan éxito é moi importante organizar inicialmente as súas competencias básicas para xestionar os clientes e o produto. A partir desa primeira organización, débense organizar a xestión de recursos internos e externos da empresa para fomentar a innovación. Esta é a que xerará mellores resultados empresariais, establecéndose desta forma directivas de funcionamento estratéxico para as pemes.\n6.2. LIMITACIÓNS E POSIBLES AVANCES\nO traballo presenta un modelo teórico de análise dos recursos e capacidades da empresa como fontes de vantaxe competitiva nunha determinada zona de Galicia, tendo en conta outros factores externos asociados aos factores de éxito dunha actividade. O territorio é analizado como soporte para os provedores, a empresa ou os clientes, e non como fonte de cultura, de mercado laboral ou de lexislación, factores todos eles de atracción. Nese sentido, podería mellorarse o modelo tendo en conta eses aspectos complementarios. O modelo mostra un esquema de recursos e capacidades seguindo as características estudadas noutros modelos (Wernerfelt, 1984; Bontis et al., 2000; Grant, 2005), aínda que de modo conxunto e orientadas á zona de estudo. Isto limita tamén o seu alcance, posto que existen outras características que se poden incluír como posibles fontes de vantaxes competitivas.\nOutro aspecto que se debe matizar refírese á forma de medir cando un aspecto pode considerarse vantaxe competitiva ou non, ou cando unha empresa obtivo un bo desempeño. O feito de facer uso dunha valoración subxectiva pode condicionar os resultados. Una posible alternativa sería contrastar a validez desas medicións con algún indicador obxectivo de cada unha delas.\nTamén existe unha limitación polo tipo de mostra seleccionada. A necesidade de traballar con preguntas estratéxicas esixiu buscar dentro das empresas ás máis profesionalizadas, o que supuxo un rumbo cara ás maiores dentro deste ámbito, e por iso as conclusións non se poderían xeneralizar a microempresas; ademais, por ser datos referidos a unha época de expansión da economía, pode condicionarse a elección das vantaxes competitivas e a situación da valoración das empresas. Con todo, ao estar todos os factores en igual situación para as empresas e recoller unha visión atemporal, os resultados poden ser xeneralizables ao conxunto da economía. Nese sentido, sería interesante un seguimento da mostra de empresas mediante datos de panel para avaliar a evolución das vantaxes competitivas.\nFinalmente, a clasificación de cadeas empresariais que facilita a integración entre empresa e territorio que foi utilizada para o deseño da mostra implica algunhas limitacións, posto que non é un concepto estandarizado e a súa construción depende de cada zona, dificultando as comparacións da súa importancia entre zonas. Porén, parece un criterio máis lóxico de análise de empresas e territorio e, dado que a súa conceptualización teórica é común para todas as zonas, mantén a súa xeneralidade. Isto permítenos deixar aberta a posibilidade de realizar un estudo das diferenzas entre cadeas empresariais para establecer vantaxes competitivas asociadas a cada unha delas."} {"summary": "Neste traballo incluído no número 26 monográfico de Innovación Educativa dedicado a «Xénero e Educación», analizamos o papel dos idiomas na educación da muller española, dende 1910 até o corte drástico da guerra civil, que terá fondas e tráxicas repercusións na educación xeral e na da muller en particular. Previamente, remontámonos á Restauración, na segunda metade do século XIX, e ás primeiras iniciativas a prol da educación feminina e a ensinanza de idiomas promovidas polos krausistas e a Institución Libre de Enseñanza. O traballo céntrase na Escola Central de Idiomas de Madrid, creada en 1911, e na presenza das mulleres nas súas aulas como alumnas e profesoras.", "text": "UNHA OPORTUNIDADE DE ESTUDO PARA A MULLER: OS IDIOMAS, DE VERNIZ CULTURAL A CUESTIÓN PROFESIONAL (19101936)\nTHE LANGUAGES, AN OPPORTUNITY TO STUDY FOR WOMEN: FROM CULTURAL VARNISH TO PROFESSIONAL ISSUE (19101936)\n: idiomas, xénero, educación da muller, Escola Central de Idiomas de Madrid.\nLanguages Central School of Madrid, opened in 1911, and in the presence of women in its schoolrooms, as students and also as teachers.\n1. Antecedentes: As linguAs vivAs nos plAnos de estudo oficiAis a Lei de Instrución Pública de 9 de setembro de 1857, ditada polo ministro de Fomento Claudio Moyano, regulará a ensinanza en España durante máis de cen anos, até a Lei Xeral de Educación de 1970; por tanto, é un documento fundamental para entender as liñas esenciais da educación en España dende mediados do século XIX até ben entrado o século XX (Montero alcaide 2009: 56). a Lei Moyano dividía a ensinanza en tres niveis: primario, secundario e superior ou universitario. a primeira ensinanza era, en teoría, obrigatoria para todos os españois até a idade de 9 anos e gratuíta para todos aqueles que non puidesen pagala, pero as elevadísimas taxas de analfabetismo rexistradas ata mediados do século XX poñen en evidencia a súa escasa eficacia. as lenguas vivas ou idiomas incluíanse nos estudos xerais impartidos no período de segunda ensinanza, que daba acceso ao título de Bachiller en artes. Na terceira ensinanza, a aprendizaxe de linguas correspondía Á Facultade de Filosofía e Letras, centrándose nas linguas clásicas (art. 33 da Lei Moyano). O artigo 207, que trata dos catedráticos de instituto, estipulaba que «los profesores de Lenguas vivas y Dibujo, y los de Música vocal e instrumental y Declamación no necesitan título», en clara demostración da escasa importancia concedida a estes estudos, á parte de que non existía un título específico de idiomas nese momento. a Lei Moyano non facía máis referencias ás linguas vivas. Nesa época, as competencias en materia de instrución pública correspondían ao Ministerio\nde Fomento.\nPor Real Decreto de 18 de abril de 1900 créase o Ministerio de Instrución Pública e Belas artes durante o goberno conservador de Francisco Silvela; o primeiro ministro de instrución pública é antonio García alix. a chegada do Ministerio de Instrución Pública foi concreción dos principios rexeneracionistas, moi influídos polo ideario institucionista tras a crise do 98 (Palacios Lis 1985: 312). Unha das primeiras medidas de García alix foia reforma do plano de estudos de segunda ensinanza por Real Decreto de 20 de xullo de 1900, que contemplaba a inclusión do estudo de linguas vivas nos planos de segunda ensinanza e o xustificaba coas seguintes palabras:\nComo imperiosa necesidad de la vida moderna de relación de unos pueblos con otros, y olvido del funesto aislamiento en que hemos vivido, así como por la precisión de conocer cuanto más saliente y provechoso se produce en las ciencias y en sus aplicaciones, impónese el conocimiento de las lenguas vivas: una el Francés, otra el Inglés o el alemán. (Morales Gálvez, 2000: 18)\nEngadía o Real Decreto unha elocuente descrición de como debía ser o ensino das linguas vivas:\nNo hay necesidad de consignar hasta qué punto debe ser práctico el trabajo de estudiarlas. La lectura correcta, la traducción y la redacción corrientes deben ser el objeto principal, y si además en las clases se acostumbran desde el primer día profesores y alumnos a ir gradualmente empleando el lenguaje, resultará la tarea provechosa y el éxito cierto (Ibíd. : 19).\nO francés era obrigatorio no primeiro ciclo da segunda ensinanza, sendo o inglés e alemán optativos no segundo. houbo sucesivos planos de reforma parcial dos distintos niveis de ensinanza, pero no esencial o esquema mantívose por enriba de todos os cambios de goberno: as linguas vivas impartíanse na segunda ensinanza, reducíndose ao francés obrigatorio no primeiro ciclo, e podendo elixir entre inglés ou alemán no segundo. Os métodos eran fundamentalmente teóricos, e o profesorado de lenguas vivas non necesitaba título, senón que entraba na categoría de auxiliar, igual que os profesores de debuxo e música, o cal demostra a escasa importancia concedida a estas materias (Morales Gil 2009: 4). a deficiente ensinanza de idiomas nos planos de estudo do noso país supuña un lastre para a cultura en primeiro lugar, pero tamén para a ciencia e para o progreso xeral, e motivou a protesta de numerosos intelectuais; o gris panorama foi descrito por américo Castro nun artigo publicado en 1921 no Boletín de la Institución Libre de Enseñanza :\n¿qué se entiende entre nosotros por enseñanza de lenguas modernas? En este punto no hemos rebasado el plano más inferior, en que comienza el interés por aquellos idiomas; se considera su estudio como un instrumento útil o de adorno. Los españoles, abandonados a sí mismos, los aprenden aisladamente, cuando la necesidad les apremia; el Estado se limita a mantener una apariencia de enseñanza en los Institutos (dos años de francés, un año de inglés o alemán) y Escuelas de Comercio ¿quién ignora, empero, que nadie aprende a leer y escribir correctamente una lengua en esos Centros? Es decir, que ni aún la finalidad más modesta y elemental se logra dentro de nuestra enseñanza. Lo que acontece con el alemán es divertido. Como se sabe, hay un curso de un año en los Institutos para los estudiantes que van a seguir la carrera de médicos. Por lo de pronto, se queda uno estupefacto al ver que el Estado piensa que el alemán es necesario para la Medicina, pero no para las Ciencias, el Derecho o la Filología (Castro, 1921: 378).\nDito isto, a educación das mulleres e, dentro dela, os estudos de idiomas, introdúcennos nun mundo á parte.\n2. o Acceso dA muller á educAción\nO século XX iníciase cunhas taxas de analfabetismo escandalosamente altas: do 55, 78% para os homes e do 71, 42% entre as mulleres. Vinte años despois, cando a muller, en teoría, pode acceder á universidade e ten ao seu alcance unha ampla gama de estudos, a situación no mellorou moito: o analfabetismo é do 46, 30% entre os homes e do 57, 80% entre as mulleres (de Gabriel, 1997: 202).\nPor tanto, hai unha elevada porcentaxe de poboación que non ten acceso a ningún tipo de estudos, sendo máis esaxerado no caso das mulleres, cuxa educación se subordinou sempre á dos homes. Estas taxas de analfabetismo indican que máis da metade da poboación non recibía ningún tipo de educación ou non completaba os rudimentos da ensinanza primaria; por tanto, nos niveis seguintes, secundario e universitario, o número de estudantes descendía de forma radical, sobre todo no caso das mulleres, cuxa presenza neses niveis foi testemuñal ata os anos vinte e avanzou logo moi lentamente. En 1914, por exemplo, o total de varóns que estudaban bacharelato en España era de 47.377, fronte a tan só 1.373 mulleres; se subimos, a pirámide numérica estréitase: no curso 191516 había 21.026 alumnos matriculados por oficial e libre nas universidades españolas, fronte a 438 alumnas. que estudan entón as mulleres? Pouca cousa ou a carreira feminina por excelencia, o maxisterio. as cifras son elocuentes: en 1914 estudaban nas Escolas Normais de mestres 8.707 homes e nas Normais de mestras 10.215 mulleres (Vázquez Ramil, 2012).\nE os idiomas ou linguas vivas? Os que non accedían ao bacharelato non tiñan ocasión de estudar ningún idioma, agás a título particular na casa ou en academias especiais. Na ensinanza secundaria a absoluta primacía correspondía ao francés. E nas Escolas Normais estudábase só francés durante dous cursos (en 1º e 2º curso do grao superior do Plano de 1903; en 3º e 4º do grao único do Plano de 1914) (Porto Ucha, 2004).\nÁ parte dos establecementos oficiais, houbo dende a Restauración centros educativos particulares de moi diferente signo, dende os grandes colexios das ordes relixiosas, tanto masculinos como femininos, ás academias particulares ou a establecementos rexentados por señoras de buena reputación no caso dos destinados a nenas, que ampliaban os coñecementos elementais de lectura, escritura, cálculo e labores propias del sexo con lixeiras nocións de historia, arte, xeografía e coa aprendizaxe dun idioma, case sempre o francés, considerado de bo ton entre as clases altas e que tiña carácter de coñecemento ornamental. Nestes centros «la enseñanza se reducía a un conocimiento ligero de algunos idiomas y a una modestísima práctica artística» (Solé Romeo, 1990: 161). Entre estas materias de adorno ocupaba lugar preferente o francés, «que distinguirá a las integrantes de las altas capas sociales, entre las cuales resulta imprescindible saberlo a nivel de conversación»(Capel\nMartínez, 1982: 327).\na educación das mulleres burguesas, as únicas que optaban a algún tipo de educación, é descrita con elocuentes palabras por Emilia Pardo Bazán:\nPor más que todavía hay hombres partidarios de la absoluta ignorancia de la mujer, la mayoría va prefiriendo, en el terreno práctico, una mujer que, sin ambicionar la instrucción fundamental y nutritiva, tenga un baño, barniz o apariencia que la haga “presentable”. Si no quieren a la instruida, la quieren algo educada, sobre todo en lo exterior y ornamental. El progreso no es una palabra vana, puesto que hoy un marido burgués se sonrojaría de que su esposa no supiera leer ni escribir. La historia, la retórica, la astronomía, las matemáticas, son conocimientos ya algo sospechosos para los hombres; la filosofía y las lenguas clásicas serían una prevaricación; en cambio, transigen y hasta gustan de los idiomas, la geografía, la música y el dibujo, siempre que no rebasen el límite de aficiones y no se conviertan en vocación seria y real. Pintar platos, decorar tacitas, emborronar un «efecto de luna», bueno; frecuentar los Museos, estudiar la naturaleza, copiar del modelo vivo, malo, malo. Leer en francés el figurín, y en inglés las novelas de Walter Scott… ¡psh! Leer en latín a Horacio… ¡horror, horror, tres veces horror! (Pardo Bazán, 1976: 51) 1\nNo medio deste pobre panorama, houbo iniciativas privadas que se ocuparon da educación da muller, da súa preparación profesional para participar na obra humana plenamente e da extensión da ensinanza de idiomas como medio de saír dun illamento secular que atrofiaba. Vexamos as máis transcendentais. 1 Publicado orixinariamente en La España Moderna, ano II, nº XVII, maio de 1890.\n3. iniciAtivAs en pro dA educAción dA muller: o lAbor dos krAusistAs\nNo século XIX un grupo de intelectuais liderados polo catedrático de Filosofía da Universidade de Madrid Julián Sanz del Río vai desenvolver un profundo interese polas cuestións educativas seguindo a doutrina difundida polo filósofo alemán Karl Friedrich Krause na súa obra fundamental, el Ideal de la Humanidad 2. Os krausistas, liderados por Sanz del Río e polo seu discípulo Fernando de Castro, promoven unha serie de iniciativas de reforma social e de promoción da educación da muller trala Revolución de 1868 (Vázquez Ramil, 2012: 2337): en 1869 organízase un ciclo de Conferencias Dominicales para la Educación de la Mujer no paraninfo da Universidade Central, que ten grande éxito. No mesmo ano, Fernando de Castro patrocina a creación dun ateneo artístico e Literario de Señoras, presidido pola escritora e conferenciante Faustina Sáez de Melgar. O propósito deste centro era «instruir a la mujer para que pueda guiarse por sí sola sin necesidad de auxilio alguno, que se baste por sí propia y tenga los conocimientos necesarios para adquirir una posición en caso preciso, dejando de ser para el hombre una carga pesada, ya insostenible, según las tendencias de lujo y desenfreno…» 3\nE nel ofrecíase unha ensinanza fundamentalmente ornamental, con algún que outro aspecto práctico: música, teneduría de libros, física experimental, historia sagrada, natural e profana; retórica e poética, caligrafía, debuxo, economía doméstica e idiomas.\nO ateneo serviu de base para a creación, a finais de 1869, da Escuela de Institutrices, que ofrecía unha ensinanza moito máis completa que as Escolas Normais da época, pois impartíanse materias como física, cosmografía, economía política, literatura española, música, debuxo, inglés e francés. Nesta Escola deron clases destacados intelectuais como Francisco Giner de los Ríos, Gumersindo de azcárate, Juan Facundo Riaño, Rafael Torres Campos, ou Manuel Ruiz de quevedo, o núcleo dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza. O alcance da Escola de Institutrices queda ben reflectido na descrición de Concepción Saiz Otero, a galega alumna da institución e logo destacada pedagoga:\n¿qué era la Escuela de Institutrices? La Escuela de Institutrices era, aunque nadie, ni tal vez sus mismos creadores lo sospechasen entonces, la célula germinativa de toda la cultura femenina desarrollada en España en el último cuarto del pasado siglo y en el primero del siglo presente (Saiz Otero, 2006: 77 4). De maior envergadura foi a creación da Asociación para la Enseñanza de la Mujer en outubro de 1870, coa finalidade de «contribuir al fomento de la educación e instrucción de la mujer en todas las esferas y condiciones de la vida social» 5. a asociación para a Ensinanza da Muller aglutinou aos dous centros anteriores e en 1878 abriu unha sección de idiomas que abarcaba italiano, inglés, 2 Das Urbild der Menscheit publicouse por ves primeira en 1811, en Dresde. Julián Sanz del Río o traduciu libremente ao castelán e o publicou en 1862 co título de Ideal de la Humanidad para la vida. 3 ateneo artístico y Literario de Señoras de Madrid, 1869: prólogo. 4 a cursiva no orixinal. Publicado inicialmente en 1929. 5 asociación para la Enseñanza de la Mujer, 1882.\nalemán e ampliación de francés. No mesmo ano creouse unha sección de Música e unha Escola de Comercio para Señoras, e posteriormente ampliouse cunha Escuela de Correos y Telégrafos, unha Escola primaria superior e elemental, e ensinanzas de ampliación como Debuxo, Flores, Modelado, Sombreiros, Corte e Confección, Mecanografía, etc.\na Asociación para la Enseñanza de la Mujer foi un éxito dende o primeiro momento: nos cursos 1882 a 1884 había nela 851 alumnas matriculadas. Sen dúbida, ofrecía a educación máis variada e completa para mulleres no último cuarto do século XIX en España, dando cabida en todos os seus estudos aos idiomas. O exemplo callou noutros lugares, e así houbo asociacións similares en Valencia, Vitoria, Granada, Málaga, Barcelona ou zaragoza.\na preocupación pola educación da muller en círculos krausistas é anterior no tempo ao nacemento da Institución Libre de Enseñanza, como tal, en 1876. a Institución recollerá os principios krausistas e, baixo a dirección de Francisco Giner de los Ríos e do seu discípulo Manuel Bartolomé Cossío, impulsará a reforma da educación española no tránsito do século XIX ao XX.\n4. A XuntA pArA AmpliAción de estudos, A educAción dA muller e A ensinAnzA de idiomAs en espAñA\nO krausismo e a Institución comezaron a ver os froitos da semente que tantos anos levaban espallando cando nace a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JaE), por Real Decreto de 11 de xaneiro de 1907. a Xunta, como institución oficial, levou a cabo un importante labor de concesión de pensións de estudos a estudantes e profesorado para visitar países estranxeiros, promoveu organismos de investigación como o Centro de Estudios Históricos ou o Instituto Nacional de Ciencias FísicoNaturales, auspiciou a creación da Residencia de Estudiantes en 1910 e a de Señoritas en 1915, e a apertura do InstitutoEscuela en 1918 como centro experimental de reformas pedagóxicas.\nTanto na Residencia de Estudantes, aberta en 1910 para acoller estudantes que acudían a Madrid a cursar unha carreira, como na de Señoritas, inaugurada en 1915 cos mesmos fins e destinada a mulleres, a Xunta ofreceu clases gratuítas de idiomas para suplir as grandes carencias da ensinanza oficial. a case nula ensinanza de linguas modernas nas universidades impedía a consulta de bibliografía estranxeira e dificultaba as viaxes de estudo. Destaca neste aspecto a Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu. O centro estaba destinado a aloxar estudantes universitarias, da Escola Superior do Maxisterio, do Conservatorio, así como estudantes estranxeiras ou as que se dirixían a Madrid a ampliar a súa cultura. aResidencia feminina, situada en varios pequenos hoteis da madrileña rúa Fortuny, vai establecer dende o principio un frutífero convenio de colaboración co International Institute for Girls in Spain ou Instituto Internacional, fundación estadounidense de educación feminina situada na veciña rúa Miguel Ángel. Dende o primeiro momento, a Residencia de Señoritas ofreceu clases gratuítas de inglés (obrigatorias algúns anos); corrían a cargo de profesoras ou estudantes americanas procedentes dos colleges de mulleres máis selectos de Estados Unidos. Tamén houbo clases de francés, a cargo de nativas. as clases de alemán implantáronse nun primeiro momento, pero interrompéronse en 1918 até 1928, en que se regularizan; corrían a cargo de profesoras ou estudantes alemás; e, por último, houbo tamén clases de español para estranxeiras dende 1926.\na Residencia de Señoritas contou ademais cun servizo de intercambio de bolseiras entre España e Estados Unidos, que comezou en 1919 e se mantivo até a guerra: trinta e dúas estudantes españolas foron a Estados Unidos como bolseiras, delas dez a Smith College, seis a Vassar, catro a Bryn Mawr, catro a Wellesley, tres a Barnard e outras a diversos centros. a maioría das bolseiras eran mestras superiores ou inspectoras de ensinanza primaria (oito), seguidas polas licenciadas en Farmacia (seis), Ciencias (tres), Medicina (dúas) e Filosofía e Letras (dúas). a Residencia feminina recibiu a numerosas estudantes americanas, unha media de vinte a trinta ao ano a partir de 1925 (Vázquez Ramil, 2015: 274279).\nNa Residencia de Estudantes tamén se impartían clases gratuítas de idiomas: francés, inglés e alemán; o idioma preferido foi o francés, por razóns obvias de arraigo, seguido polo alemán, que interesaba aos que querían ampliar estudos en alemaña, entón na vangarda da investigación científica, e aos numerosos residentes que estudaban medicina; as clases de inglés gozaron de menos predicamento naResidencia de Estudantes, o que chama a atención nun centro que pretendía ser a réplica de Oxford e Cambridge. Tampouco existiu un intercambio de bolseiros constante e organizado como o da Residencia feminina cos colleges de Estados Unidos.\nNo InstitutoEscuela, creado por Real Decreto de 10 de maio de 1918, como ensaio de planos de estudo e métodos de ensinanza, tiveron grande importancia os idiomas en todas as materias prácticas (traballos manuais, laboratorios, xogos, ximnasia, excursións), tan descoidadas nos planos oficiais. O InstitutoEscola tiña unha sección preparatoria, equivalente a ensinanza primaria, dirixida por María de Maeztu, na que se impartía francés, e unha sección secundaria na que había clases de francés, inglés e alemán. as clases de inglés corrían a cargo de profesoras americanas do Instituto Internacional, as de francés a cargo de profesores nativos e españois, igual cas de alemán. No InstitutoEscola, a diferenza dos demais institutos oficiais, dábase máis importancia ás linguas vivas que ás clásicas. Á hora de elixir idioma, ademais do francés obrigatorio, case o 70% do alumnado elixía inglés, fronte a un 30% que prefería alemán (Martínez alfaro, 2009: 291).\nOs idiomas foron, despois dos labores de agulla e das ensinanzas prácticas (mecanografía, confección, etc.), dos primeiros estudos que se ofreceron ás mulleres. Por exemplo, o ateneo de Madrid tiña en 1892 clases de idiomas exclusivas para señoritas (inglés e francés), á parte das que se daban aos señores socios. Seguindo a estela da asociación para a Ensinanza da Muller, o Centro Iberoamericano de Cultura Popular Feminina, creado en Madrid en 1906 por Matilde García del Real, ofrecía en 1914 un amplo abano de clases: gramática, ortografía, xeometría, contabilidade, mecanografía, hixiene doméstica, ximnasia sueca, idiomas (francés, inglés, italiano), etc. (ABC, Madrid, 4/1/1914: 12).\nO éxito e proliferación destas empresas motivou a mofa da revista de dereitas Gracia y Justicia, que vía detrás destes proxectos claras intencións políticas:\nEllas, con el cebo de las clases de Idiomas, cursos de todas especies, un local céntrico, cómodo y lujoso, todo ello por dos pesetas o menos de precio, vendrán todas como moscas y entremezclado con todo ello, yo me encargo, secundada por algún correligionario amigo, de irlas sembrando las ideas comunistas, y como las beatas que nos siguen son tontas y las otras lo suficientemente listas para ver que a mi lado pueden comer si hacen lo que yo dispongo, las primeras se tragan el anzuelo (y hasta ruedas de molino), y las otras hacen que se lo tragan, porque les conviene. (Juana la Lista, 1932: 4).\nPor tanto, os idiomas (francés e inglés) son das materias que primeiro se feminizan e se ofrecen á muller como complemento ou como medio de subsistencia, tanto en ámbitos conservadores como progresistas. Non obstante, xa vimos o pobre panorama oficial: facía falta un centro público que sentase a base da ensinanza de idiomas ou linguas vivas en España con carácter profesional e aberto a todo tipo de alumnado, sen discriminación de sexo, de clase nin de nivel formativo previo, e se creou case ao mesmo tempo que se permite o acceso da muller á Universidade, na Escola Central de Idiomas de Madrid.\na Escola instalouse provisionalmente en dependencias da Escuela Superior de Artes y Oficios, na rúa San Mateo, e a partir de xuño de 1911 no piso baixo da casa número 3 da Cuesta de Santo Domingo, en réxime de aluguer prorrogable por anualidades (Díaz Ballesteros, 2011: 2125).\na partir de 1913, recoñécese á Escola potestade para expedir certificados de aptitude, unha vez superadas determinadas probas de suficiencia. O exame para obter o certificado constaba de dúas partes: unha proba escrita, de carácter eliminatorio, e unha proba oral, consistente nunha tradución directa e outra inversa e nunha conversación.\nO propósito da Escola era, en principio, preparar aos futuros profesores de linguas vivas dos centros oficiais, pero a realidade impúxolle outros camiños e se converteu en:\n…Una institución popular, un verdadero gimnasio de idiomas modernos, en que sin distingos ni trabas de formulismo burocrático y haciendo compatibles estos estudios con otras disciplinas intelectuales, con atenciones de taller y de oficina y aun con ocupaciones manuales de los menos afortunados, pudiesen ensanchar y perfeccionar su cultura o redimirse de la ignorancia cuantos sintiesen la vehemencia noble por saber y ser. (Escuela Central de Idiomas, 1927: 10)\n5.1. o alumnado feminino da escola central de idiomas a presenza de mulleres entre o alumnado da Escola Central de Idiomas é notábel dende o primeiro momento, aínda que nun principio serán maioría os homes. as mulleres superan en número de matrículas aos homes durante a década de 1918 a 1928, apreciándose un lixeiro descenso nos\nO maior número de alumnas a partir de 1918 explícase por varios motivos:\nasí mesmo, as alumnas da Escuela del Hogar y Profesional de la Mujer, tamén creada en 1911, estudan francés ou inglés na Escola Central de Idiomas ata 1920, en que contan con profesorado específico no seu establecemento.\nSe nos fixamos na distribución numérica de alumnos e alumnas por idiomas, vemos que as mulleres foron sempre maioría no idioma francés; ás razóns antes indicadas da cátedra de francés, creada en 1917 para as alumnas de Escolas Normais, engádese a tradicional atracción das mulleres polo francés como idioma de adorno e ao arraigo de dito idioma no noso país por contactos xeográficos e culturais até ben entrado o século XX. O francés, por outro lado, tamén foi o idioma predilecto dos alumnos, superando sempre a metade da matrícula absoluta. a continuación está o 6 Ley de bases acerca de la condición de los funcionarios de la administración civil del Estado de 22 de xullo de 1918 (Gaceta de Madrid nº 205 de 24 de xullo de 1919: 222225), complementada polo Real Decreto de aplicación de dita Ley, de 7 de setembro de 1918 (Gaceta de Madrid nº 251 de 8 de setembro de 1918: 664665).\ninglés, que experimenta un aumento constante e sostido. O terceiro idioma é o alemán, no que as mulleres foron escasas nun primeiro momento, pero no que pouco a pouco se matriculan; as cifras do alemán van moi demoradas con respecto á case omnipresencia do francés e ao bo arraigo do inglés. Os restantes idiomas non pasan da anécdota. En lingua e literatura españolas tamén é moi escasa a matrícula de ambos sexos; os estranxeiros que desexaban estudar lingua e literatura española tiñan nese momento a posibilidade de facelo nos cursos trimestrais do Centro de Estudios históricos, con resultados máis rápidos e profesorado de gran prestixio.\na afluencia de mulleres á Escuela Central de Idiomas e outros centros de estudo nesa época provocou todo tipo de reaccións, algunhas de humor tinguido de paternalismo como o artigo publicado por Fernando Luque en Blanco y Negro de Madrid en abril de 1918:\nEn la actualidad un gran número de muchachitas han roto el grillete de vuestros prejuicios, quizá porque ya no ven en nosotros un porvenir, y se buscan el suyo estudiando. En Madrid, por lo menos, hay una Escuela del hogar, un Centro de Cultura Femenina, una Residencia de Estudiantes con clases para señoritas, y una Escuela de Idiomas que patrocina el Estado, donde acuden infinidad de lindas jóvenes a adquirir lenguas… -¿Más? ¡Y les sobra la que tienen! -Yo creo que el verdadero idioma de la mujer está en los ojos, y es internacional, como la música. (Luque 1918: 27).\nNa Escola Central de Idiomas impúxose dende o primeiro momento a coeducación, tanto de sexos como de clases. Na ampla memoria sobre o centro publicada en 1927 destácase que ao centro acoden:\n...obreros y aristócratas, industriales y abogados, comerciantes y empleados de la Banca y de los Ministerios, sacerdotes y militares (de jefes a soldados), maestros y estudiantes de distintas carreras, y al par que ellos, equiparada y a veces aventajada en número, una lucida representación del elemento femenino que, coincidiendo en el crisol de la depuración cultural y en un mismo afán de capacitación provechosa, busca el aprendizaje de idiomas como un estudio de adorno, como un refinamiento de ilustración o como medio y recurso de previsión con que poder, en el presente acucioso o en el porvenir incierto, hacer frente a las necesidades y contingencias de la vida. (Escuela Central de Idiomas: 22)\nNo medio de tan sobrecargada composición, advírtesenos que é maioría a clase media: La masa general de alumnos y alumnas pertenece a la selecta y generalmente desatendida clase media, que se abre tenazmente su camino en el ejercicio de las profesiones liberales, en las garantías de seguridad de los destinos públicos o al servicio de empresas particulares; en todo lo cual el conocimiento acabado de más de una lengua extraña es requerido inexcusablemente y con mayor exigencia cada día. (Ibíd. : 2223).\nNo mesmo texto afírmase que a convivencia de ambos sexos nas aulas da Escola non leva creado ningún problema, pois impera o respecto, ao igual que en «todas las instituciones de la américa del Norte». a este respecto, cabe destacar que na Escola Central de Idiomas impúxose a coeducación de sexos, clases sociais e niveis educativos dende o principio e mantívose sempre sen obstáculos e sen as acendidas polémicas suscitadas noutros centros educativos da época e incluso de tempos máis recentes.\nCabe supoñer que moitas alumnas estudaban idiomas como complemento ou adorno, pero nos anos vinte a incorporación da muller ao traballo é notábel por efecto da primeira guerra mundial, e obsérvase unha crecente profesionalización no carácter dos seus estudos, tamén nos de idiomas. E así, na Escola as alumnas non tardaron en superar aos alumnos en número de certificados obtidos.\nVéxase no seguinte cadro no que se detallan os certificados expedidos por idiomas e sexos dende 1912 a 1931 7 :\nCadro III. Certificados expedidos por idiomas e sexos dende 1912 ata 1931. Fonte: Elaboración propia. 7 No curso 192728 carécese de datos. Nos seguintes, soamente datos do total de certificados expedidos, obtidos dos Anuarios Estadísticos de España a partir de 1932. a partir de 1931 só hai datos do total de certificados expedidos. 8 Sen datos. 9 Sólo datos do total de certificados expedidos, obtidos dos anuarios Estadísticos de España a partir de 1932.\nas mulleres manifestan maior empeño á hora de examinarse para conseguir o certificado de suficiencia. O maior número de certificados expedidos corresponde a francés, onde son maioría as mulleres; non obstante, en inglés de seguida se aprecia unha tendencia á nivelación, e o mesmo ocorre en castelán; os homes, en cambio, obteñen a maioría dos certificados de alemán; en árabe ou italiano expídense moi poucos certificados.\nO certificado de aptitude non era un trámite fácil; eran poucos os alumnos que se presentaban e menos os que o aprobaban, agás en idiomas coma o castelán. Un exemplo é o de alumnos totais presentados e aprobados no curso 192627: en francés presentáronse vinte alumnos a exame e aprobaron o 60%, en inglés presentáronse oito e aprobaron o 62, 5%, en alemán presentáronse catro e aprobaron o 25%, mentres que en italiano aprobou o único presentado, e en castelán fixérono os seis presentados (Morales Gálvez et al., 2000: 47). a dificultade dos exames é evidente, especialmente en alemán, e contribuíu á valoración do certificado de aptitude e ao seu prestixio.\nNun artigo publicado por José Montero alonso no xornal El Nuevo Mundo de Madrid en 1927 destácase a presenza da muller na Escola Central de Idiomas e a súa aplicación:\nEn este aprendizaje de idiomas, como en todo, la mujer contiende con el hombre en el campo antes exclusivamente varonil. ¿qué actividad, qué disciplina está ya negada a ellas, a nuestro dulce enemigo eterno? Eva no tiene ya solo el arma de su belleza y de su feminidad, tiene además el arma de su inteligencia, de su voluntad y de su trabajo… — ¿quiénes estudian más: ellas o ellos? —he preguntado al director de la Escuela. — Ellas, sí… Hay que reconocerlo (Montero Alonso, 1927: 11).\n5.2. traxectoria vital e profesional de alumnas da escola central de idiomas\nEntre as primeiras alumnas, destacan as dedicadas ao maxisterio que cursaban francés co fin de obter un posto en Escolas Normais. Co tempo, a medida que se diversifican os estudos das mulleres en xeral, tamén se diversifica o perfil das alumnas que acoden á Escola.\nPor exemplo, Elisa Carnicer, que obtivo certificado de aptitude de francés en 191314, colaborou con Rafael altamira na sección de historia do Centro de Estudos históricos. Carmen Fontecha Ramiro, natural de Oviedo, que obtivo tamén certificado de francés o mesmo ano, colaborou na sección de Lingua e Literatura da Xunta para ampliación de Estudos e deu clases de español nos cursos para estranxeiros do Centro de Estudos históricos; foi profesora de Lengua y Literatura nos institutos de almería e enalxeciras, onde hoxe unha rúa leva o seu nome (asensio Romero, 2014: 2529). Elena Paunero Ruiz, certificado de francés en 192122, estudou Ciencias e dende 1927 foi profesora de ciencias do Instituto Cardenal Cisneros de Madrid; dedicouse á investigación no Xardín Botánico madrileño, onde foi conservadora do herbario até os anos 70 (Blanco Fernández de Caleya y Montserrat, 2007: 2430).\nalgunhas desenvolveron brillantes carreiras:\n• Nieves González Barrio 10 : unha das primeiras residentes da Residencia de Señoritas e tamén das primeiras en exercer a Medicina en España, estudou alemán na Escola. Foi axudante do doutor Pittaluga no laboratorio de Patoloxía Tropical da Universidade de Madrid. a JaE concedeulle unha beca en 1921 para estudar nos laboratorios da prestixiosa Fundación Mayo de Boston. Entre 1925 e 1931 foi profesora da Escuela Nacional de Puericultura de Madrid. • Trinidad Arroyo Villaverde: Natural de Palencia, licenciouse en Medicina en Valladolid en 1895; cursou o doutoramento en Madrid e optou pola especialidade de oftalmoloxía, que exerceucon grande éxito en colaboración co seu marido, o Dr. Manuel Márquez Rodríguez. Tiña gran facilidade para os idiomas dende pequena; na Escola Central de Madrid estudou alemán. Foi membro do Comité Femenino de Higiene Popular e cofundadora da Sociedad Española de Mujeres Médicos. Trinidad arroyo formou parte do Comité de Becas constituído en 1921 na Residencia de Señoritas para seleccionar universitarias que desexaban ampliar estudos en Estados Unidos 11. Comprometida coa República, exiliouse en México tras a guerra, onde compaxinou a docencia coa tradución de textos médicos. Morreu no exilio (Márquez arroyo, 2010: 101110) • Mercedes Sardá Uribarri: Tras estudar na Escola de Institutrices, licenciouse en Filosofía e Letras en Madrid en 1902 e foi profesora da Escola Normal Central de Mestras e de Organización Escolar na Escola Superior do Maxisterio (Flecha, 1996: 148). Estudou árabe na Escola Central. Era filla do pedagogo catalán Agustí Sardà i Llaveria, moi vinculado á Institución Libre de Enseñanza, coa que Mercedes mantivo fortes relacións (López del Castillo, 2003: 212). • Mercedes Rodrigo Bellido: mestra superior, destacou como pioneira da psicoloxía infantil en España. Estudou no Instituto Rousseau de Ginebra cunha beca da JaE; especializouse en psicoloxía con Claparède e traballou con Piaget. En Madrid desenvolveu a súa labor na Escuela Nacional de Sordomudos y Ciegos, no Instituto de Psicotecnia e no Hogar de Jóvenes Delincuentes 12. Estudara alemán na Escuela Superior del Magisterio. Tras a 10 archivo Residencia de Estudiantes: Expediente JaE/71666. Nieves González Barrio naceu en Riotinto (huelva) en 1884; doutorouse en Medicina en Salamanca en 1915 e en 1917 foi nomeada médica da beneficencia municipal de Tetuán. ao tempo trasladouse a Madrid, aloxándose na Residencia de Señoritas, onde deu clases de química. En 1921 a JaE concedeulle unha beca para estudar en Estados Unidos (R.O. 26/07/1921) contando coas excelentes referencias do doutor Pittaluga: ampliou estudos na Mayo Foundation de Nueva York, no College of St. Therese (Minnesota) e no Babie’s hospital de Nueva York. Redactou unha celebrada proposta de Organización y reglamentación del cuerpo e institución de enfermeras visitadoras y acción cultural de las mismas (1929). 11 O Comité de Becas, presidido por María Goyri de Menéndez Pidal, estaba integrado por María de Maeztu (directora da Residencia de Señoritas), Trinidad arroyo de Márquez, José Castillejo (secretario da JaE) e zenobia Camprubí de Jiménez como secretaria. Dependía da Xunta para ampliación de Estudos e reuníase nos locais da Residencia de Señoritas (Vázquez Ramil, 2012: 222). 12 Mercedes Rodrigo Bellido (Madrid 1891Puerto Rico 1982) foi a primeira psicóloga española. Con Pedro Roselló impartiu un curso de Psicotecnia a mestres en 1923 e iniciou o Registro paidológico. Traduciu ao español varias obras de Claparède e outros psicólogos da Escola Suiza. Débese a ela a aplicación da\nguerra exiliouse en Colombia e Porto Rico. a súa irmá María, tamén alumna de alemán na Escola, estudou piano e composición no Conservatorio de Madrid, ampliando estudos en Múnic. En 1933 obtivo a cátedra de Conxunto Vocal do Conservatorio de Madrid. Tras a guerra exiliouse en Porto Rico. • María de Maeztu e Whitney: nada en Vitoria en 1881, comezou a súa carreira como mestra en Bilbao. Vinculada á JaE, recibiu axudas para visitar a sección pedagóxica da Exposición francobritánica de Londres en 1908 e para estudar centros escolares en Francia, Bélxica e Xenebra en 1909. Foi alumna de Ortega na Escola Superior do Maxisterio de Madrid, e el animouna a ampliar estudos de filosofía en Alemaña; e por elo, María de Maeztu matriculouse en alemán na Escola Central. ao chegar ao país xermano escribe con certa ironía a José Castillejo, secretario da Xunta para ampliación de Estudos: Me detuve en Leipzig más tiempo del que pensaba (hasta 1º de enero) porque al llegar a alemania y enfrentarme con la lengua, tuve que librar una ruda batalla con el enemigo. ¡Y eso que llevaba 3 años estudiando el alemán! Con mis dos buenas maestras y explotando a todo el que caía bajo mi jurisdicción, pude entenderme pronto. (Carta de María de Maeztu a José Castillejo desde Marburgo, 13 de febrero de 1913, en Castillejo, 1999: 21) Naturalmente, para seguir cursos de filosofía na universidade había que ter un gran dominio do idioma, e María de Maeztu tropezou cunha dificultade inicial; aínda que non tardou en superala, pois estudou dous semestres na Universidade de Marburgo cos profesores Natorp, hartmann e Cohen, e ao seu regreso a España traduciu o Curso de pedagogía de Paul Natorp. En 1915 é nomeada directora do Grupo feminino da Residencia de Estudantes; e dende 1918 ocúpase da dirección da sección primaria do InstitutoEscola de Madrid, tamén dependente da JaE. María de Maeztu ganouse o respecto xeral coa participación nalgúns dos proxectos máis ambiciosos de promoción da muller española, como a Residencia de Señoritas, a asociación Española de Mulleres Universitarias, a Xuventude Universitaria Feminina, o Lyceum Club, etc. (Porto Ucha e Vázquez Ramil, 2015: 4958). ao inicio da guerra civil, o seu irmán Ramiro foi fusilado no cemiterio de aravaca; tras o duro golpe, María renunciou aos seus cargos en España e emprendeu o camiño do exilio. Instalouse en Arxentina e ensinou filosofía na Universidade de Bos aires. Morreu en Mar del Plata en xaneiro de 1948.\n• Carmen de Burgos Seguí 13 : coñecida co seudónimo de Colombine, foi unha das intelectuais máis destacadas da Idade de Prata. Frecuentou as clases de italiano na Escola Central de psicoloxía á educación especial. a partir de 1939 realizou unha gran labor de extensión da psicoloxía como disciplina en Colombia, onde é recoñecida como pioneira na materia. En 1950 a axitada política colombiana obrigouna a trasladarse a Porto Rico, onde traballou con veteranos de guerra e no seu consultorio privado e onde faleceu en 1982 (Expte. JaE/124264; Marín Eced, 1991: 298300). 13 Carmen de Burgos naceu en almería en 1867, estudou maxisterio e dende principios do século XX colaborou na prensa madrileña. Tras un matrimonio desgraciado, en 1908 coñeceu a Ramón Gómez de la Serna, co\nIdiomas. Colaborou na prensa madrileña no primeiro terzo do século XIX e participou en numerosas iniciativas políticas e feministas, como a Cruzada de Mulleres Españolas ou o Lyceum Club. Bolseira da Xunta paraampliación de Estudos en varias ocasións, visitou Inglaterra, Francia, Italia e Portugal. Faleceu en Madrid en 1932. Escribiu numerosas obras, pero a fundamental e máis influínte, pleno reflexo da súa gran personalidade é La mujer moderna y sus derechos (1927).\n5.3. o profesorado da escola central de idiomas: as profesoras\nNesa época, os directores da Escola Central de Idiomas foron homes. O primeiro director foi José GonzálezOlivares e Molina, procedente do profesorado da Escola Industrial de Vigo, que ocupou o posto até outubro de 1916; substituino Ángel de Luque e Calvo até abril de 1920, cando asumiu o posto o secretario, Rodolfo Gil Fernández. En 1930 é nomeado director Enrique DíezCanedo, que desempeña o cargo até que en xaneiro de 1933 o goberno da República noméao embaixador en Uruguai, pasando a ocupar a dirección Guillermo Perrín Thome.\nUnha das primeiras profesoras da Escola foi Carmen Castellví e Gordon, condesa do Castellá e de Carlet, que deu clases de inglés dende o 1 de xaneiro de 1911 ata marzo de 1916, cando se traslada, a petición propia, á Escuela Superior de Intendentes Mercantiles de Barcelona. Isabel Mª del Carmen Castellví foi escritora, colaborou na prensa dende principios de século e deu conferencias no ateneo de Madrid e noutros centros de cultura. Escribiu varios libros, entre eles o manual Urbanidad: estudio de las reglas de conducta, que en 1947 acadara a oitava edición (Ramírez Gómez, 2000: 100)\nO francés, idioma máis representativo da Escola, foi o que contou con máis profesoras; antes da guerra obtiveron praza fixa Victoriana Lenard alarcón, Mª asunción Martínez e Ortiz de Urbina, aurora Romero e Burell, Visitación Ortega Pérez, María Lafarie e Duha, Purificación Delgado Solís, alicia Ruby Poulier, Teresa Ferrer Noguel, Clotilde Lantín Villedieu e Trinidad Uceda Caamaño. angustias Lozano Najar foi nomeada profesora de castelán en 1918; procedía da Escuela del Hogar y Profesional de la Mujer.\nCanto ás traxectorias das profesoras, Victoriana Lenard traduciu do francés un libro titulado Tratado práctico del corte y la confección de vestidos para señoras y niños, de Marcel Dessault, publicado en París en 1898. Visitación Ortega Pérez era profesora de Francés das Escolas Normais de Mestres e Mestras de zaragoza e obtivo unha agregaduría na Escola Central de Idiomas; en 1920 a JaE concedeulle unha pensión para estudar durante nove meses literatura francesa na Facultade de Letras de París e para realizar o curso de preparación de profesores de Francés no estranxeiro 14. Purificación Delgado Solís procedía da Escola Normal de Mestras de alacante; posteriormente, entre 1933 e 1935 ocupa o mesmo posto na Normal de Mestras de Valencia.alicia Ruby Poulier que estableceu unha relación moi criticada no seu momento. Feminista e afín ao Partido Republicano\nRadical Socialista de Marcelino Domingo, morreu en Madrid en 1932. (Introdución de Pilar Ballarín ao libro de Carmen de Burgos, La mujer moderna y sus derechos, 2007: 1357) 14 arquivo Residencia de Estudiantes: Expte. JaE/108110.\né, despois da guerra e até a súa xubilación, profesora de francés no Instituto Ramiro de Maeztu de Madrid. Teresa Ferrer Noguel chegaría a ser a primeira directora da Escola de Idiomas Jesús\nMaestro de Madrid, entre 1975 e 1979. No seguinte cadro (Cadro IV) obsérvase a proporción de profesores y profesoras; estas comezaron sendo o 11% do total e chegaron en 1927 a representar o 35%, a maioría no idioma francés e na categoría de auxiliar.\naños Profesores Profesoras 1911 8 1 1912 15 2 1916 16 4 1920 17 7 1927 20 7\nCadro IV. Distribución numérica de profesores e profesoras (19111927). Fonte: Elaboración propia.\n5.4. profesores relevantes\nNaturalmente e, aínda que nos interesa ver a presenza da muller na Escola Central de Idiomas, tanto entre profesorado como alumnado, o noso estudo resultaría incompleto se non nos fixasemos no profesorado masculino, sobre todo nos profesores que desenvolveron importantes traxectorias académicas, literarias ou políticas.\nO 13 de febreiro de 1911 obtén o posto de agregado de lingua francesa Enrique DíezCanedo e Reixa; en 1930 é designado director da Escola, cargo que ocupa até xaneiro de 1933, cando é nomeado embaixador de España en Uruguai. Enrique DíezCanedo foi un dos intelectuais máis destacados do primeiro terzo do século XX, e ao seu incansábel labor de crítico literario débese a consideración da literatura hispanoamericana no noso país. Moi vinculado aos círculos institucionistas e da Xunta para ampliación de Estudos, participou nos cursos de español para estranxeiros do Centro de Estudos históricos e nasactividades das Residencias, tanto a de Estudantes como a de Señoritas. Á parte dos seus numerosísimos artigos en xornais e revistas, DíezCanedo foi un autor prolífico de libros de poesía (Versos de las horas), eruditos (La poesía francesa moderna) e ensaios (El teatro y sus enemigos), e tradutor de diversas linguas: traduciu do grego Tragedias de Esquilo; do francés, Páginas escogidas, de Montaigne, ou La buena canción de Verlaine; do inglés, La duquesa de Malfi: tragedia, de John Webster. En 1935 ingresou na Real academia Española.\nasumiu o posto de director da Escola Central de Idiomas con certa resignación, pois na breve etapa que seguiu ao Directorio militar a situación política era moi inestábel; queda constancia nunha carta que escribiu ao seu grande amigo o escritor e crítico mexicano alfonso Reyes:\nEl nuevo régimen postdictatorial ha hecho de mí poco menos que un personaje oficial llevándome a la dirección de la Escuela Central de Idiomas —no como favor, sino por ser yo el más antiguo. Esto me da poco dinero (1500 pesetas más al año, es decir, 125 al mes) y algún trabajo y responsabilidades suplementarias. Encontré la Escuela, además, en un\n95 estado asimismo postdictatorial y tengo que ir trayéndola a un régimen normal que tiene sus dificultades. (Carta de Enrique DíezCanedo a Alfonso Reyes, 26 de agosto de 1930; en Jiménez León, 2001: I, 55)\nEn abril de 1936 foi designado embaixador en arxentina, posto que ocupou até l937. En 1938 exiliouse en México, onde morreu en 1944.\nPedro Salinas estivo moi ligado á Xunta para ampliación de Estudos, e colaborou co seu secretario, José Castillejo, na creación dun centro docente plurilingüe en 1928, a Escuela Internacional, na que se impartían ensinanzas en tres idiomas: inglés, francés e alemán ou español, dendeo parvulario.\nademais desta intensa actividade como profesor de español para estranxeiros e conferenciante, Pedro Salinas destacou como poeta, membro da Xeración do 27; a súa obra poética abarca obras como La voz a ti debida (1933), Razón de amor (1936) e Largo lamento (1939). Escribiu tamén teatro, prosa e ensaios, e traduciu ao castelán os dous primeiros libros de En busca del tiempo perdido, de Proust, publicados pola editorial arxentina Rueda.\na guerra civil sorprendeuno na Universidade de verán de Santander; trasladouse a Estados Unidos e deu clase no Wellesley College e na Johns hopkins University de Baltimore. Entre 1943 e 1946 exerceu a docencia na Universidade de Porto Rico. Faleceu en Boston en 1951.\nDestacado foi tamén Luis LópezBallesteros e de Torres, profesor de francés dende 1918, que traduciu as obras de Freud ao español por primeira vez dende o orixinal alemán (17 volumes editados por Biblioteca Nueva), merecendo a felicitación do propio Freud; morreu durante a guerra civil, en 1938.\n6. reorgAnizAción dA escolA centrAl de idiomAs: os institutos de idiomAs dAs universidAdes\nSostíñanse con fondos dos padroados universitarios e outorgaban graos de bacharel elemental en linguas clásicas e idiomas modernos sin carácter oficial. O labor dos Institutos de Idiomas das universidades non interferiu co da Escola Central, cuxa orientación era moito máis práctica e estaba aberta a alumnos de toda clase e condición. Os primeiros, en cambio, mantiveron a tradición teórica das universidades, como ocorreu até tempos máis recentes.\n...la enseñanza de las lenguas modernas con la amplitud necesaria para conseguir su perfecta posesión por parte del alumno, así en las necesidades de la vida de relación como en las más reposadas y exigentes de un estudio especializado. Dentro del plan de estudios de la Escuela tendrán cabida todos los idiomas sin excepción, limitándose las enseñanzas a los de uso hoy más extendido, pero pudiendo siempre ampliarse a aquellos que la Superioridad determine como indispensables o más útiles según las circunstancias.\nDisponse que na Escola se impartan os seguintes idiomas: francés, inglés, alemán, italiano, árabe vulgar e español para estranxeiros. a idade mínima de ingreso era de doce anos, único requisito de acceso. Os profesores dividíanse en numerarios españois, estranxeiros contratados, axudantes e axudantes repetidores, estes últimos seleccionados entre alumnos diplomados da Escola e que exercían as súas funcións gratuitamente, podendo, se se daba o caso, optar a prazas de auxiliares.\nDurante a Segunda República creceu de maneira notábel o número de alumnos matriculados na Escola. En 1935 apróbase o Plano de Estudos formulado polo claustro de profesores da Escola en 1933 16. Dito Plano de Estudos, moi completo, tiña unha orientación netamente práctica. Cada idioma dividíase en tres períodos cun cuarto curso de repaso e perfeccionamento, agás o árabe, que abarcaba dous cursos, e o español para estranxeiros, que se dividía en dous niveis, elemental e avanzado.\n7. A guerrA civil a guerra civil cortou a actividade da Escola Central de Idiomas, como a da práctica totalidade de centros de ensinanza de Madrid. Enrique DíezCanedo e Pedro Salinas se exiliaron e morreron fóra de España. 15 Gaceta de Madrid de 19 de outubro de 1930. 16 O Plano de Estudos da Escola Central de Idiomas, elaborado polo claustro de profesores da mesma, foi aprobado por dito claustro en sesión de 7 de xullo de 1933 e referendado polo Consejo Nacional de Cultura el 25 de maio de 1934, condicionándose a que se habilitase un edificio adecuado para acoller aos dous mil alumnos que acudían á Escola e a que se aumentase a carga docente e as retribucións do profesorado; problemas materiais impediron que se atendese a estes puntos; sen embargo, o Plano foi definitivamente\nTanto o profesorado como o persoal administrativo e auxiliar da Escola sufriron expedientes de depuración. Francisco Javier Tapia Cervantes, profesor de inglés, foi separado do servizo pola República en 1938, acusado de abandonar o seu posto. O novo réxime separou de servizo a María Lafarie e Duha en 1940, e a José argüelles Vázquez, profesor de árabe, en 1943. a maioría do persoal, non obstante, foi confirmado nos seuspostos. 17\n8. conclusións abordamos neste traballo o acceso das mulleres españolas aos estudos de idiomas ou linguas vivas, impulsados en principio como materias de adorno, especialmente o francés, en agrupacións e asociacións de diverso tipo, como o ateneo artístico e Literario de Señoras ou España Feminina, ambos en Madrid. Os idiomas foron tamén impulsados dende as iniciativas conectadas coa Institución Libre de Ensinanza, como a asociación para a Ensinanza da Muller de Madrid, xa con unha intención máis profesionalizadora e ligada á preparación para profesións como o corpo de Correos e Telégrafos e, por suposto, o ensino.\na Lei Moyano non esixía título ao profesorado de linguas vivas, o cal daba lugar a situacións moi diversas e a unha case xeral falta de estima por estas materias até os primeiros anos do século XX, cando comeza a sentirse como necesidade imperiosa a relación de España con outros países. Neste marco, créase a Escola Central de Idiomas de Madrid en 1911 e ábrese ás mulleres, que atoparán nela un lugar onde formarse para ampliar os seus estudos no estranxeiro, como no caso de María de Maeztu ou de Mercedes Rodrigo Bellido, ou para atopar traballo en oficinas ou institucións. E así, as alumnas superarán en número aos alumnos entre 1918 e 1928, inclinándose maioritariamente polo idioma francés, seguido polo inglés. O leve retroceso a partir de 1928 explícase pola dedicación das mulleres a un abano cada vez maior de estudos e especializacións, pero sen abandonar os idiomas, que podían cursarse en centros adscritos ás Universidades e en múltiples academias e asociacións en todo o país.\na presenza das mulleres entre o profesorado da Escola Central de Idiomas creceu dende unha única profesora en 1911 (escritora, publicista e persoa de relevo na sociedade da época) até ás sete que integran o claustro a partir de 1917, sendo maioritarias as profesoras de francés e tamén as que tiñan categoría de auxiliar. haberá que esperar a 1975 para que unha muller ocupe o cargo de directora da Escola Central de Idiomas, reconvertida en Escola de Idiomas Jesús Maestro de Madrid.\na guerra supuxo unha creba drástica, pero a partir dos anos 40 as mulleres tornarán ás aulas da Escola Central de Idiomas e logo a outros centros, buscando un lugar no mundo do traballo e do ensino.\nfontes primAriAs\nResidencia de Estudiantes. arquivo da JaE [accesible en:http://archivojae.edaddeplata.org/jae_app/\nJaeMain.html]\nreferenciAs bibliográficAs asensio Romero, P. (2014). Los años de la señorita Celia. Madrid: Verbum. ateneo artístico y Literario de Señoras de Madrid (1869). Estatutos y Reglamento interior. Madrid: Imprenta de los Sres. Rojas. Blanco Fernández de Caleya, P. y Montserrat, P. (2007). Elena Paunero Ruiz, Conservadora de herbarios del Jardín Botánico de Madrid, centenaria. Boletín de la AHIM, 89, 2430.\nmeninos norteamericanos y la Residencia de Señoritas de Madrid (19191936). En: VV.aa., Mujeres en vanguardia. La Residencia de Señoritas en su centenario (19151936). Madrid: Publicaciones de la Residencia de Estudiantes."} {"summary": "Neste artigo achegámonos ás construcións de aprender en galego, desde o período medieval ata a actualidade. Aprender pertence ao grupo de verbos que presentan alternancia causativa supletiva, é dicir, a que se dá en pares verbais nos que un membro presenta a construción causativa (neste caso ensinar) e o outro distinto (aprender) a construción anticausativa correspondente. En ocasións esta alternancia supletiva muda ao adquirir o predicado anticausativo as propiedades construtivas do causativo. Tal ocorreu en galego con aprender, que comezou a ser usado como causativo, en esquemas análogos aos de ensinar, cando menos desde comezos do século XIX. Nesta contribución estúdase o funcionamento da alternancia causativa con aprender rastrexando os seus usos ao longo da historia da lingua. Para iso analizamos un corpus de traballo extraído de dous grandes corpus informatizados: o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG), para o período medieval, e o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG), para o galego moderno e contemporáneo. Nun segundo plano, tamén procuramos determinar se a innovadora construción causativa de aprender ten unha distribución dialectal concreta, a través da información que nos achegan tanto o propio corpus como outras fontes máis acaídas para o caso, nomeadamente o Atlas\nLingüístico Galego (ALGa).", "text": "Alternancia causativa, sintaxe, esquema construtivo, variación dialectal\nSumario 1. Introdución. 2. A alternancia causativa e as súas formas de expresión lingüística. 3. Construcións de aprender no galego medieval. 4. Construcións de aprender no galego moderno e contemporáneo. 4.1. Aprender vs. deprender, adeprender: emerxencia e devalo das variantes innovadoras. 4.2. Aprender anticausativo. 4.2.1. Realización sintáctica do segundo argumento: complemento directo e complemento preposicional. 4.2.2. Adxuntos máis frecuentes. 4.3. Aprender causativo. 4.3.1. Emerxencia e prevalencia diacrónica da construción causativa. 4.3.2. Esquema semántico e realización sintáctica da construción causativa. 4.3.3. Distribución dialectal de aprender causativo. 5. Conclusións.\nCausative and anticausative constructions in Galician: the case of aprender\nBeneficiaria dunha axuda para contratos predoutorais para a Formación de Profesorado Universitario (FPU 2015) do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España.\n1. i ntrodución\nA presente contribución encádrase no conxunto de estudos que analizan as alternancias construtivas ou diatéticas, é dicir, as distintas posibilidades de emparellamento entre esquemas semánticos e sintácticos dos predicadores dunha lingua. O estudo das alternancias diatéticas ten unha longa tradición, nomeadamente no ámbito da lingüística anglosaxona, no que non podemos deixar de citar como obra de referencia o traballo de Levin (1993), que dedica a primeira parte do seu libro ás principais alternancias diatéticas dos verbos ingleses e ofrece abundantes referencias bibliográficas dos estudos realizados sobre elas. Na lingüística hispánica, aínda que o interese por estas alternancias é bastante máis recente, o seu estudo experimentou un amplo desenvolvemento nas últimas décadas, desde traballos dedicados aos diversos tipos de alternancias diatéticas e á súa clasificación (Martínez Vázquez 1998, Vázquez et al. 2000, GarcíaMiguel 2010 e Cifuentes Honrubia 2006), ata traballos máis restritivos que tratan algún aspecto ou construción relacionados coas alternancias construtivas (González Romero 1996, Mendikoetxea 1999a e 1999b), ou un tipo determinado de alternancia, como a diátese anticausativa en Moreno Cabrera (1984), a oposición aspectual en Fernández et al. (2002) e as alternancias locais en Cifuentes Honrubia (2008, 2010). No ámbito galego, tamén contamos con algúns traballos sobre alternancias diatéticas, como os de Cidrás (1991, 2003) e o de Diz Gamallo (2001). O primeiro dos traballos de Cidrás céntrase nas alternancias de voz, mentres que o segundo estuda diferentes tipos de estruturas que presentan alternancia transitivointransitivo, entre as cales se atopa a alternancia causativa, que agora nos ocupa especificamente. O terceiro dos traballos céntrase nas diferentes formas de expresión do elemento intransitivo (e anticausativo) do par léxico matar/ morrer, que serían as formas morrer e matarse. Podemos situar o obxecto de estudo do artigo de Diz Gamallo no ámbito da alternancia causativa supletiva (§ 2), no que tamén situamos o par léxico ensinar/aprender do que, en parte, nos ocupamos nesta contribución.\nO principal obxectivo deste artigo é analizar e describir a expresión da alternancia causativa nas construcións de aprender ao longo da historia do galego. Este obxectivo enmárcase noutro obxectivo maior, que é analizar e describir os causativos léxicos do galego, aqueles nos que a alternancia entre o predicado causativo e o anticausativo se dá entre dous predicadores léxicos distintos. Para acadar o noso principal obxectivo explicaremos as principais formas de expresión da alternancia causativa, prestando maior atención ás do noso interese, e definiremos, desde unha perspectiva funcionalista, en parte debedora dos postulados e do repertorio de funcións semánticas propostos por Simon Dik (1997), os principais esquemas construtivos que presentou e presenta aprender desde a Idade Media ata a actualidade.\nA base empírica do traballo fornécea unha ampla base de datos extraídos de dous grandes corpus lingüísticos informatizados: o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) e o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG), desenvolvidos ambos no Instituto da Lingua\nGalega da Universidade de Santiago de Compostela. Estes dous corpus abranguen complementariamente un grande volume de textos correspondentes a toda a historia do galego 1. Para a conformación da mostra na que se basea esta investigación, recompilamos os resultados que tanto o TMILG como o TILG nos devolveron ao procurar as distintas variantes do predicador aprender (aprender, deprender e adeprender).\nUnha das nosas hipóteses de partida, que tentamos verificar, é que as construcións causativas de aprender teñen unha distribución xeográfica determinada no dominio lingüístico galego. Como a maioría de textos aos que pertencen os casos do noso corpus non están xeorreferenciados, consultamos de maneira complementaria outras fontes que nos poidan achegar información dialectal máis detallada, principalmente o Atlas Lingüístico Galego (ALGa), que presenta no seu cuestionario unha pregunta dedicada a “Aprender (enseñar)”. A presente contribución articúlase consonte o seguinte plano: comezamos cunha introdución teórica sobre os diferentes tipos de expresión da alternancia causativa que se dan nas 1 O TMILG integra arredor de 16000 unidades textuais distribuídas en 82 obras datadas con anterioridade ao século XVII, mentres que o TILG recolle case 2000 obras desde o século XVII ata a actualidade, nun amplo corpus lematizado e etiquetado gramaticalmente que permite realizar consultas nunha base integrada por máis de 26 millóns de palabras.\nlinguas e, particularmente, no galego. Deseguido, presentamos a análise dos dous corpus por separado, pero con referencias constantes ás similitudes e diferenzas encontradas en ambos os dous. Na análise dos casos, atendemos, principalmente, ao trazo [± causativo] dos predicados. Tamén prestamos atención ao número de argumentos correspondentes ás distintas construcións que aparecen baixo o lema aprender. A identificación do número de argumentos relaciónase directamente co trazo [± causativo], xa que nos permite saber se estamos ante un predicado aprender anticausativo, se ten dous argumentos, ou causativo, se ten tres. Unha vez diferenciados estes dous tipos de predicados, identificamos os esquemas sintácticosemánticos con que se constrúen. Por último, indicamos a procedencia xeográfica das construcións causativas que pertencen a textos xeorreferenciados e complementamos esta información dialectal con datos recollidos no proxecto do ALGa para determinar se o predicado aprender causativo ten unha distribución dialectal concreta.\n2. a alternancia causatiVa e as súas formas de exPresión lingüística\nEmpregamos a denominación alternancia causativa para designar a relación existente entre dous esquemas sintácticosemánticos que presentan o mesmo significado básico pero que se opoñen polo trazo [± causativo], de tal xeito que o obxecto da construción causativa é o suxeito da anticausativa. Un dos exemplos máis socorridos para representar este tipo de alternancia diatética é o seguinte: alguén rompe algo vs. algo rompe. A alternancia causativa é unha das que maior atención recibiu no conxunto das alternancias diatéticas máis comunmente estudadas, ademais de ser atendida por mútiples perspectivas, tal e como demostran as diferentes formas empregadas para denominala e as diferentes clasificacións nas que se integra 2. Con frecuencia esta alternancia diatética é presentada como unha subclase dun conxunto maior de alternancias que algúns autores denominan alternancias transitivointransitivas (Levin 1993) ou oposición de cambio de foco (Vázquez et al. 2000), mentres que outros falan de ergatividade (Martínez Vázquez 1996) 3. Este conxunto máis amplo de alternancias diatéticas nas que se insiren as do noso interese, fan referencia globalmente a dous esquemas semánticosintácticos que se opoñen porque o segundo argumento dun dos esquemas é o primeiro e único argumento do esquema alternativo.\nCanto ás diferentes formas de expresión da alternancia causativa, varios autores (e.g. Haspelmath 1993, Comrie 1981) ofrécennos, desde unha perspectiva tipolóxica, unha descrición e clasificación destas formas. Outros autores ofrécennos unha descrición deste tipo de alternancia diatética en linguas concretas, como Moreno Cabrera (1984) no español. Haspelmath (1993) estudou o comportamento de 21 linguas na expresión da alternancia causativa e para iso clasificou as diferentes formas de expresar esa alternancia en tres grandes tipos: alternancia causativa (cando o verbo causativo deriva do anticausativo), non causativa (cando o verbo anticausativo deriva do causativo) e non direccionada (cando ningún dos dous verbos deriva do outro); este último tipo de alternancia subdivídese noutros tres: lábil (emprégase o mesmo verbo para construcións causativas e anticausativas), equipolente (os dous verbos derivan do mesmo tema) e supletiva (os dous verbos presentan raíz diferente). Porén, para o noso estudo interésanos máis a clasificación que realizara anteriormente Comrie (1981). Atendendo a parámetros formais, Comrie (1981: 159164) identifica un contínuum na expresión da causatividade que abrangue desde os causativos analíticos ata os morfolóxicos e os léxicos 4. No que o autor denomina causativos analíticos, preséntanse dous predicadores separados, un expresa a causa e outro o efecto, e, entre outros exemplos, indícase este do inglés: I caused 2 Vid. Levin (1993: 2631) e Martínez Vázquez (1996: 2930) para unha panorámica sobre a dispersión terminolóxica empregada para nomear estas estruturas. 3 O uso deste termo foi rexeitado por varios lingüistas (e.g. Comrie 1978 ou Dixon 1987, vid. igualmente Cidrás 2003) por considerarse confuso, xa que tamén se emprega para referirse ao sistema de marcado morfolóxico de caso que empregan as linguas ergativoabsolutivas, fronte ás nominativoacusativas. 4 Para profundar máis sobre o contínuum da expresión da causatividade e a simplificación que supón a tradicional clasificación tripartita en causativos analíticos, morfolóxicos e sintéticos vid. Shibatani e Pardeshi (2002: 103109).\nJohn to go. En galego o verbo causativo máis frecuentemente empregado en complexos verbais deste tipo é facer, María fixo que Pedro viñese, por exemplo. Segundo Comrie (1981: 161163), a construción francesa ‘ faire + infinitivo’, equivalente á galega ‘ facer + infinitivo’ (María fixo vir a Pedro), está entre dous tipos do contínuum, o analítico e o morfolóxico. No galego, encontramos algunhas contribucións relacionadas con este tipo de causativos, como a de Regueira (2001), que se centra na construción ‘ facer + infinitivo’, e a de Sousa (2012), que estuda a expresión do causado nas construcións causativas do galego comparándoa coa doutras dúas variedades lingüísticas próximas: o portugués europeo e o portugués do Brasil.\nOs causativos morfolóxicos, pola súa parte, son aqueles predicados causativos e anticausativos que se relacionan por medios morfolóxicos produtivos, nomeadamente, a afixación. Entre eles, Comrie (1981: 160161) cita os sufixos - t e - dür do turco, que, anexados a calquera verbo, poden formar o seu causativo equivalente (öl ‘morrer’, öl -dür ‘matar’). Tamén é posible que o predicado anticausativo derive do causativo, coma no ruso: lomat’, ‘romper’ transitivo, e lomt’sia, ‘romper’ intrasitivo. Noutros casos é difícil falar dunha direccionalidade na derivación porque os dous verbos da dicotomía presentan sufixos derivativos, coma no caso dos verbos chemk-a ‘ferver’ e chemsha-a ‘facer ferver’ do swahili. No galego existe unha serie de pares verbais nos que o membro anticausativo non presenta sufixo ou presenta o sufixo - ecer e o membro causativo o sufixo - entar : pacer - apacentar, ferveraferventar, amolecer - amolentar, adormeceradormentar. A pesar de que en estadios anteriores da lingua galega puido operar un procedemento morfolóxico na conformación destes pares verbais, na actualidade ese procedemento non é produtivo e, polo tanto, desde unha perspectiva sincrónica debemos estudar estas parellas como alternancias léxicas (Regueira 1994). Como terceiro tipo de causatividade, Comrie (1981: 161) presenta os causativos léxicos e indica que os exemplos máis claros deste tipo son os pares supletivos, como o par inglés kill / die. Neste caso, a alternancia entre o predicado causativo e o anticausativo dáse entre dúas unidades totalmente independentes, é dicir, que non comparten a mesma raíz léxica. No galego encontramos unha serie de pares verbais análogos a este, como matar/morrer 5, queimar/arder ou ensinar/aprender. O primeiro verbo de cada par presenta un predicado básico causativo: O rapaz queimou o papel. O outro verbo do par presenta un predicado básico anticausativo: O papel ardeu. Chegados a este punto preguntámonos en cal destes tres tipos podemos incluír os predicados que admiten a construción causativa e a anticausativa sen ningunha diferenza formal aparente entre os dous predicados (María rompeu o vaso / O vaso rompeu), ou cunha pequena diferenza formal consistente na aparición dun clítico se no predicado anticausativo (de uso obrigatorio nalgúns casos – O valado mollouse/*mollou coa chuvia – pero non noutros – A porta abriuse/abriu co vento–). Cidrás (2003) explica as construcións anticausativas destes predicados como resultado dun proceso de intransitivación dun predicado básico transitivo e causativo, con redución de valencia, que dá lugar a un predicado derivado intransitivo e anticausativo. O autor formula a seguinte regra para explicar o proceso (Cidrás 2003: 91): – Intransitivación anticausativa: input:\n[pred V (x 1) Ax (x 2) Met ] Acción output: [predR V (x 2) Exp ] Proceso\nNo input temos un predicado que fai referencia a unha acción con dous argumentos, o x 1 co papel semántico de axente e o x 2 co de meta. No predicado derivado desaparece o axente (x 1) e a meta é desprazada ao primeiro argumento coa función de experimentador, polo que xa non estamos ante unha acción senón ante un proceso. A marca -R apegada ao predicador resultante identifica o predicado derivado por redución de valencia e actualízase en galego con marca cero ou co clítico se. A forma do predicado derivado oscila na expresión lingüística entre a marca cero (ex.: romper), o incremento pronominal obrigatorio (ex.: mollarse) e alternancia, equilibrada ou non, entre ambas (ex.: abrir(se)). Tendo en conta isto, poderiamos colocar estas construcións 5 Para máis información sobre este par verbal e sobre as diferenzas de significado entre as construcións anticausativas de morrer e matarse vid. Diz Gamallo (2001).\npróximas aos causativos morfolóxicos que identificaba Comrie (1981: 160161) no contínuum da expresión lingüística da causatividade.\nResulta interesante destacar a contigüidade e permeabilidade entre estes causativos morfolóxicos con marca se ou cero e os causativos léxicos do tipo matar/morrer, queimar/arder ou ensinar/aprender. Observamos nalgunhas variedades do galego actual que o membro anticausativo dalgúns dos pares léxicos pode formar predicados causativos seguindo o modelo de romper, é dicir, xerando unha alternancia causativa morfolóxica. É o caso de arder, que invade as construcións causativas propias de queimar (O rapaz ardeu o papel), ou de aprender, que invade as de ensinar (A mestra apréndelle matemáticas a Laura). Estas son as construcións obxecto de estudo neste artigo.\nO uso causativo do membro primariamente anticausativo non está xeneralizado a todas as variedades dialectais do galego actual, nin sequera a outras variedades doutra índole, por exemplo, a estándar. Se tomamos como referencia desa variedade o DRAG observamos que este presenta acepcións que recollen usos causativos do membro anticausativo dalgúns dos pares, como ensinar / aprender, pero non do doutros, como queimar/arder, dos que sabemos que tamén se rexistran eses usos.\nA maioría destes pares supletivos presenta canda a alternancia causativaanticausativa unha alternancia transitivaintransitiva, é dicir, o predicado causativo é bivalente (axente/suxeito e meta/complemento directo) e o anticausativo monovalente (experimentador/suxeito). Pero temos cando menos un par léxico, ensinar/aprender, no que os dous membros alternantes da parella son transitivos. Ensinar, o membro causativo, é trivalente e presenta, no seu esquema sintácticosemántico básico, un axente coa función sintáctica de suxeito, unha meta coa función sintáctica de complemento directo (CD) ou de complemento preposicional (CP) e un benefactario, que é o participante que experimenta o proceso, coa función sintáctica de complemento indirecto (CI) (A profesora ensínalle matemáticas ao neno ou A profesora ensínalle a sumar ao neno). O predicado de aprender –a contrapartida anticausativa– é bivalente e presenta un argumento menos ca o predicado de ensinar, o axente causante do proceso. O benefactario pasa a desenvolver a función semántica de experimentador e a sintáctica de suxeito e o segundo argumento conserva as mesmas funcións ca no predicado de ensinar, as de meta e CD ou CP (O neno aprende matemáticas ou O neno aprende a sumar).\n3. c onstrucións de aprender no galego medieVal\nAs ocorrencias de aprender extraídas do TMILG suman un total de 249 6 e pertencen a obras datadas entre 1220 e 1520. A inmensa maioría dos casos correspóndense coa variante aprender, aínda que tamén encontramos catro casos de deprender. Respecto á distribución cronolóxica dos rexistros debemos indicar que a maioría pertencen a obras datadas entre os séculos XIII e XIV e que do século XV só temos doce casos (catro deles situados en intervalos que abranguen anos dos séculos XIV e XV) e só un do século XVI. Esta baixa frecuencia de aprender nos séculos XV e XVI correspóndese cunha redución considerable do tamaño do corpus do TMILG nese período. Nas ocorrencias de aprender encontramos de forma maioritaria o significado de ‘chegar a saber’. Algunhas das ocorrencias que presentan este significado son:\nÁs veces, nestas construcións aparece un adxunto introducido pola preposición a que se refire á persoa que facilitou ao primeiro argumento a información que aprendeu (2). Hoxe en día, estes usos e significados de aprender son menos frecuentes e relaciónanse co cultismo aprehender (‘asimilar ou captar coa mente’).\nCon menor frecuencia, no corpus medieval, encontramos casos de aprender que presentan unha acepción diferente á de ‘chegar a saber’, como os seguintes:\nder anticausativo porque consideramos que presentan o mesmo esquema construtivo e que non sempre é doado diferencialas nos enunciados de aprender. O esquema construtivo ao que\nnos referimos é o seguinte:\n[APRENDERv [x 1 ] Experimentador/Sux. [x 2 ] Meta/CD ou CP ] Proceso\nComo podemos ver na representación do esquema construtivo destes enunciados, o x 2, que presenta o rol semántico de meta, pode desenvolver dúas funcións sintácticas, CD ou CP, a diferenza do esquema presentado anteriormente para o predicado de aprender co significado de ‘chegar a saber’ no que só podía desenvolver a función sintáctica de CD. No corpus medieval, o\nCD verbalízase, nomeadamente, a través dunha FN (6), pero tamén a través doutras unidades que poden desenvolver esta función, como un clítico de acusativo (9). O CP aparece expresado por unha oración de infinitivo precedida da preposición a, como no exemplo 7. Tamén encontramos usos absolutos de aprender (8, 10 e 11).\nCanto aos adxuntos máis recorridos nas construcións de aprender, encontramos un expresado pola preposición de e unha FN que indica a fonte de onde se extrae o coñecemento que se aprende – de Adam et despoys dos outros (9) ou da lazeyra et do mal (10)–. Serradilla (1996: 25) identifica ata tres estruturas diferentes para os casos nos que aprender presenta un constituínte coa preposición de : un partitivo, etiqueta que a autora coloca entre interrogantes despois do exemplo “...vínose para Toledo para aprender de aquella sciencia (C. Luc., p.96)”; outro constituínte que se asemella ao CP formado pola preposición a e unha oración de infinitivo: “ aprende de dar tu cuerpo a los omnes cuemo fezist a los dios (P. C. G., I, p. 113, 157)” e “ aprende de guardar toda tu pudicia (Corb., p.61); e, por último, un complemento de orixe en “cada qual se guarde e aprenda dellas (Corb., p. 164)”. Os constituíntes introducidos por de dos exemplos 9 e 10 do noso corpus correspóndense co terceiro tipo identificado por Serradilla (1996: 25), o complemento de orixe. Cuervo (1986: 561) ofrécenos máis información sobre este tipo de constituínte ao referirse a el como a fonte de coñecemento. Identifícao co mestre, aínda que nos exemplos que recolle non só se refire a seres humanos, senón tamén a animais e obxectos. No noso corpus, esta función pode aparecer desenvolvida por entidades animadas (9) ou inanimadas (10). Denominamos este constituínte orixe porque indica a fonte de onde procede ou se extrae o coñecemento e consideramos que se trata dun constituínte facultativo, por iso non o incluímos na representación do esquema construtivo. Podemos interpretar ou ben que a orixe contén o que se aprende ou ben que é a partir dela que se obtén ese coñecemento. En todo caso, a noción que impera é que o que se aprende, a meta, procede desa orixe.\nOutro adxunto que rexistramos no noso corpus é unha frase preposicional (FP) encabezada por en, como nas artes do exemplo 11. É habitual que, en galego, esta preposición se empregue para indicar a localización do evento ao que se refire o predicado, pero neste caso concreto semella indicar a fonte de coñecemento, é dicir, a localización da meta, non a do proceso. Segundo Cuervo (1986: 561), o constituínte introducido con en emprégase “para denotar el objeto donde se fija la consideración a fin de adquirir el conocimiento”. Anteriormente, vimos que a fonte de coñecemento tamén se pode expresar empregando a preposición de e denominamos a este participante orixe. Con todo, consideramos que non estamos ante o mesmo constituínte e que neste caso estamos ante a localización do proceso ou da meta. A diferenza entre a orixe e a localización encóntrase en que na primeira semella indicarse un desprazamento da meta que vai da orixe ao experimentador, mentres que na segunda se indica onde se desenvolve o proceso ou onde se localiza o coñecemento sen referirse a unha dirección ou movemento.\nCómpre salientar por último que en todo o corpus medieval non rexistramos ningún caso de aprender usado en construción causativa.\n4. c onstrucións de aprender no galego moderno e contemPoráneo\n4.1. Aprender vs. deprender, adeprender: emerxencia e devalo das variantes innovadoras\nPara a conformación do corpus do galego moderno e contemporáneo, recollemos os resultados de dúas buscas no TILG, unha polo lema aprender, a variante do estándar do galego actual, e outra polo lema deprender, baixo o que tamén se recollen os casos de adeprender (variantes pouco frecuentes na actualidade). O total dos resultados suman 4677 8 ocorrencias (2584 do lema aprender e 2093 de deprender) de obras datadas entre 1743 e 2013. Se nos fixamos nos gráficos da distribución temporal que o TILG nos ofrece para cada un dos dous lemas (Gráfico 1), predicador que procuramos.\nobservamos que a maioría dos casos de aprender se concentra na franxa cronolóxica de 1981 a 2013 (2211 ocorrencias), mentres que a maioría de deprender se sitúa na franxa de 1901 a 1950 (855 rexistros), seguida pola franxa de 1951 a 1980 (560 ocorrencias) e pola de 1851 a 1900 (486 ocorrencias); en cuarto lugar, pero a bastante distancia (199 casos), queda o período que presenta a maior parte de rexistros de aprender (19812013). Vemos entón que hai unha situación case á inversa na distribución temporal dos casos de deprender : o aumento de rexistros de aprender coincide co descenso dos de deprender.\nGráfico 1. Distribución temporal absoluta de aprender e deprender no corpus TILG [03/04/2016]\nSeguramente as tendencias popularistas e diferencialistas dominantes en gran parte das propostas de modelo de lingua escrita esbozadas desde o Prerrexurdimento a comezos do XIX ata o momento de estandarización do galego actual na década de 1980 (vid. Mariño 2008: 183239 para máis información) están na base do aumento da frecuencia no TILG das variantes innovadoras (e diferenciais fronte ao castelán) deprender e adeprender desde mediados do século XIX ata a década dos 80 do século pasado. Non parece, porén, que o fenómeno sexa produto dunha expansión do uso desas formas na lingua oral durante ese período, se temos en conta que a información dialectal do ALGa nos indica que na década de 1970 aprender era a variante esmagadoramente maioritaria no territorio lingüístico galego 9.\nTáboa 1. Construcións causativas e anticausativas dos lemas aprender e deprender O número de rexistros causativos de deprender é lixeiramente menor ao dos de aprender, como tamén é menor o número de rexistros totais de deprender ca o de aprender, polo tanto 9 Na cuestión 2703, recóllense 122 ocorrencias de aprender fronte a 6 ocorrencias de deprender e 4 de adeprender. Na maioría dos puntos nos que se rexistran as variantes deprender e adeprender, non existe unha resposta única, senón que estas variantes conviven con aprender.\ndebemos concluír que os rexistros de aprender e deprender non presentan diferenzas respecto á frecuencia de construcións causativas.\nNo século XVII non temos ningún rexistro de aprender, deprender ou adeprender, nin en construción causativa nin anticausativa; no XVIII temos en total 4 casos e ningún é causativo. Igual que ocorría co último período do corpus TMILG, isto é produto do minúsculo tamaño do corpus TILG neses séculos (XVI, XVII e XVIII chamados ‘escuros’, pois neles a produción escrita en galego redúcese ata case desaparecer), e nada ten que ver cunha caída dramática do uso destes verbos en particular. Como veremos máis abaixo (§ 4.3.1), o primeiro rexistro causativo do lema aprender atopámolo en 1828 mentres que os de deprender só aparecen na segunda metade do XIX.\nNon contamos na actualidade con ningunha obra que describa as construcións de aprender no galego contemporáneo, así que para describir os casos de aprender tirados do TILG apoiámonos en dicionarios de construcións verbais de linguas próximas ao galego, como o castelán (Cuervo 1986) e o portugués (Busse 1994).\n4.2. Aprender anticausativo\nNo TILG encontramos algúns enunciados de aprender que presentan un significado moi próximo ao de ‘chegar a saber’, que identificamos no corpus medieval. A diferenza do que ocorre nos rexistros do TMILG, a frecuencia desta acepción no TILG é moito menor e, en ocasións, resulta difícil determinar se realmente se trata da mesma. Deseguido recollemos dous exemplos:\nFronte a estes casos, encontramos outros moitos que presentan a outra acepción de aprender identificada no corpus medieval (‘adquirir coñecementos de [algo] ou reter [algo] na memoria por medio do estudo, da experiencia ou da observación’):\n4.2.1. Realización sintáctica do segundo argumento: complemento directo e complemento preposicional\nSegundo o esquema construtivo, a meta pode presentar dúas funcións sintácticas diferentes, CD ou CP. Cando á meta lle corresponde a función sintáctica de CD, as unidades lingüísticas que no corpus adoitan ocupar esa función son: unha FN (14), un clítico acusativo (15), unha oración completiva con que (16) ou un pronome relativo (17). Con certa frecuencia, encontramos enunciados nos que á dereita do verbo aparece un constituínte nominal sen determinante, (i.e., un bare nominal ou nominal nu). Un dos substantivos sen determinante que identificamos con maior frecuencia é “oficio” (18). A ausencia do determinante con este substantivo podería levar a pensar que estamos ante unha identificación indefinida do substantivo (cfr. Álvarez / Xove 2002: 440442), é dicir, que non se fai referencia a un tipo de oficio concreto ou coñecido polo alocutario, senón á clase enteira á que fai referencia o substantivo. Pero o feito de que outros substantivos (19, 20), que non permiten esa lectura, aparezan nesas mesmas circunstancias, lévanos a pensar que non debemos falar nestes casos de CD, senón dun predicado derivado por incorporación de obxecto (Cidrás 2004; 2019). O que acontece é que un substantivo que ocupaba unha posición argumental nun predicado verbal básico pasa a integrarse nel, obtendo un predicado derivado cun argumento menos que indica unha acción ou, neste caso, un proceso máis xenérico ou habitual ca o expresado polo predicado inicial sen incorporación.\nComo indicabamos no inicio deste apartado, é frecuente que a meta presente a función sintáctica de Complemento Preposicional conformado pola preposición a e unha oración de infinitivo (21 e 22). En contadas ocasións, encontramos casos en que a meta se presenta como unha oración de infinitivo sen a preposición a (23). Cuervo (1986: 560) indica que, no castelán, aprender + infinitivo é un latinismo e Kasten Lloyd e Nitti (2002), no Diccionario de la prosa castellana del Rey Alfonso X, recollen un exemplo deste tipo de construción datado, con interrogantes, en 12501279. Pola nosa parte, non encontramos ningún caso desta construción no corpus do galego medieval; no corpus moderno e contemporáneo é moi pouco frecuente e a maioría das obras nas que se atopa son poemarios, coleccións de composicións populares e traducións de textos clásicos.\nTamén encontramos rexistros nos que non aparece expreso nin o CD nin o CP. Tendo en conta isto podemos diferenciar dous tipos de construcións nas que non se verbaliza a meta: por un lado, aquelas construcións nas que a meta é claramente recuperable polo contexto lingüístico (24) ou comunicativo (25); e, por outro, os usos absolutos de aprender (26), onde a restitución desa meta non é posible ou, se se fixese, sería a través dunha palabra cun contido semántico moi xeral. Aprender nos seus usos absolutos acostuma levar un adxunto de modo, como ben no exemplo 26. Encontramos un número significativo de rexistros que presentan unha FP formada pola preposición a, de ou para e un substantivo que indica unha actividade profesional: 26. Aprendín a cazador nos montes de Salamanca (1885 Pérez Ballesteros, Cancionero Popular Gallego [TILG, PRZCA1885]). 27. Como sempre, os que máis falaban eran o Eliseo, fillo do ferrador das Mercedes, que adeprendía de tallista cos Dorrego (1972 Blanco Amor, Xente ao lonxe [TILG, BLAXEN972]). 28. –Pero ti –di o Fidel–, se estabas en Letras, ¿cando aprendiches pra técnico? (1994 Cabana, O cervo na torre [TILG, CBNCER994]).\nDas tres FFPP, a menos frecuente é a encabezada por de (28). Para a descrición destas estruturas, o primeiro que debemos preguntarnos é se as tres presentan a mesma función semántica e sintáctica e cales son. Cuervo (1986: 561) indica que na construción coa preposición a do castelán, está elidido o verbo ser entre a preposición e o oficio, aprendín a [ser] cazador (27). Seguindo esta explicación, na estrutura coa preposición para (29) tamén está elidido o mesmo verbo (aprendiches para [ser] técnico) e na estrutura con de (28) o que se omite é unha FN (aprendía [o oficio] de tallista), polo tanto, as funcións sintácticas correspondentes a estas unidades serían un CP, un Complemento Circunstancial de Finalidade (CCFinalidade) e un CD, respectivamente. Aínda que a orixe destas tres estruturas estea nunha elipse, na actualidade semella que son constituíntes con significado propio e que non se precisa restituír ningún elemento elidido para que teñan sentido; polo tanto, podemos pensar que estas unidades indican a meta e presentan a función sintáctica de CP.\nNo caso de aprender a + oficio (27) estamos ante unha construción paralela á de aprender a + oración de infinitivo (21 e 22). Pola súa parte, aprender de + oficio (28) e aprender para + oficio\n(29) non presentan ningunha correspondencia formal coas principais unidades que desenvolven as funcións sintácticas da meta de aprender. Ademais, en aprender para + oficio hai unha connotación de finalidade que as estruturas coas preposicións a e de non presentan.\n4.2.2. Adxuntos máis frecuentes\nDous esquemas frecuentes con adxuntos son aprender de alguén ou algo e aprender con alguén:\nAprender de alguén ou de algo é o que Cuervo (1986: 561) denominaba fonte de coñecemento e o que nós identificamos como orixe na análise do corpus medieval (§ 3). A orixe pode presentar o trazo [- animado], como dos seus libros no exemplo (30), ou [+ animado], como daquel [animal] que se mete no río (31); pero, cando este participante é animado, o máis frecuente é que sexa tamén humano, de miña avoa (32). Poderiamos pensar que ese de [alguén] equivale ao causante do proceso de aprender e transformar o enunciado 32 no seguinte predicado causativo: Isto ensináramo (ou aprendéramo) miña avoa. Pero, se observamos os dous enunciados con detemento, decatámonos de que non hai unha correspondencia total entre os seus significados. No enunciado que creamos, o primeiro argumento ten a intención de que o terceiro argumento experimente o proceso de aprender, mentres que na construción inicial do corpus (32) non podemos saber se a orixe [+ humana] ten ou non intención de que o experimentador aprenda.\nAprender con alguén (3335) aparece recollido nunha das construcións que identifica Busse (1994: 55) en portugués: “N – V - com Np – N Aprendeu com ele o ofício de carpinteiro ”. Na representación desta estrutura sintáctica indícase que o verbo ten tres complementos nominais; ademais, no precedido pola preposición com indícase coa letra “p” que é humano. Entendemos que Busse (1994: 55) interpreta que os tres complementos recollidos nesta construción son obrigatorios, porque no seu dicionario os facultativos se colocan entre parénteses e non é o caso de ningún dos complementos sinalados na construción recollida. A pesar diso, o estatuto deste constituínte como obrigado non parece estar tan claro. Aínda que con algunhas reservas, neste artigo, decantámonos máis por identificalo cun adxunto porque a súa presenza ou ausencia non semella causar un cambio substancial no significado do predicado, aínda que si na súa extensión referencial. Nos casos en que temos este complemento, é frecuente que o CD non apareza expresado, na maioría dos casos enténdese cal é obxecto de aprendizaxe polo contexto ou porque a persoa que se introduce coa preposición con é designada polo seu oficio e interprétase que é ese oficio o que o experimentador aprende (34 e 35). Este constituínte presenta a construción habitual dun adxunto de compaña, aínda que, neste caso, o ser humano ao que se refire non só acompaña o proceso senón que tamén é a persoa da que o experimentador aprende algo, a\ntravés da observación e imitación da actividade que desenvolve e, ás veces, das súas ensinanzas.\nOutros adxuntos frecuentes son de tempo, como Nos vinte anos que levei casada ou tódolos días (36), de finalidade, como pra se faceren cidadaos conscientes (37) e de modo, como a golpe de labazada, (38). Cando o significado de aprender se achega máis á segunda acepción sinalada no DRAG para aprender intransitivo, ‘reter [algo] na memoria’, con frecuencia aparece unha locución adverbial que reforza ese significado e que indica o modo no que se aprende. A locución máis empregada no noso corpus con esta función é de memoria (39), pero tamén rexistramos outras con este mesmo sentido: de cor, de corrido, de cabo a rabo, de coro ou de carretilla. Outro adxunto frecuente é o que indica a localización do proceso e que se expresa cun adverbio de lugar ou unha FP encabezada por en (40). Ao igual que acontecía no corpus medieval (§ 3, exemplo 11), coa preposición en tamén se indica a localización da meta (41). 35. Nos vinte anos que levei de casada, aprendín tódolos días algo (1985 Heinze, Arredor da muller en 18 mundos [TILG, HEIARR985]). 36. o que xuzgan que máis aquí se necesita, escolas, onde as novas xeneraciós deprendan pra se faceren cidadaos conscientes. (1912 A Voz do País. Semanario Rexionalista [TILG, VOZ004912]). 37. El tivo que aprender a golpe de labazada (1985 Heinze, Arredor da muller en 18 mundos [TILG, HEIARR985]). 38. Pro namentres deprendei de mamoria istes versiños que poño máis abaixo, e qu’escribiu D. Xosé B. Amado cuia pruma é unha pelra pra Galicia (1876 O Tío Marcos da Portela [TILG, 1MA000876]). 39. barcos de papel, que adeprendera a facer na escola (1927 Lesta Meis, Estebo [TILG, LESEST927]). 40. e com’ela deprendera nos libros qu’a Virxen facía milagros (1899 Masma, ¡A besta! [TILG, MASBES899]).\n4.3. Aprender causativo\n4.3.1. Emerxencia e prevalencia diacrónica da construción causativa\nA construción causativa de aprender semella unha innovación que debeu ter lugar no galego moderno, xa que non atopamos ningún caso no corpus do galego medieval. Cómpre porén ser moi cautelosos coa datación do fenómeno dada a drástica escaseza, cando non ausencia, de rexistros da forma no corpus lingüístico do galego dos séculos XV, XVI, XVII e XVIII. O certo é que no TMILG a construción non se rexistra e que o primeiro caso localizado no TILG pertence a un texto de 1828 (42); temos que agardar ata a segunda metade do século XIX para rexistrar as seguintes construcións causativas (4345): 41. ¿Aínda non oíche Aquela dulce voz que m’aprendiche? (1828 Díaz Corvelle, Alborada [TILG, DZNALB828]; 1828 Díaz Corvelle, Égloga de Belmiro e Benigno [TILG, DZNEGL828]). 42. só nos deprende a non recuar no da fartura púbrica e da civilizaceón (1859 Domínguez d’Esquerdo, Entonces e agora ou Coroas e cadeas do fidalgo povo galicián [TILG, DOMCOR859]). 43. ¡Oh raza de víboras! ¿quén vos aprendeu que con aparencias solo podedes fuxir da iria que vos amaga? (1861 Sánchez de Santa María, El evangelio según San Mateo traducido al dialecto gallego de la versión castellana de D. Félix Torres Amat [TILG, SNZEVA861]). 44. Ora vou a deprendervos a moda de facer “piniños” (1861 Fernández Morales, Ensaios poéticos en dialecto berciano [TILG, FMOENS861]).\nCanto ás causas da aparición da construción causativa innovadora, observamos que, por un lado, os primeiros catro casos de aprender causativo (4245) presentan dous aspectos comúns, que tamén aparecen na maioría dos demais rexistros causativos de aprender do século XIX. Un deses aspectos é que un ou varios dos interlocutores, reais ou ficcionais, da mensaxe á que pertence o rexistro aparecen como participantes do predicado de aprender causativo (en primeira e segunda persoa tanto do singular, exemplos 42 e 45, como do plural, exemplos 43 ao 45). O outro é un certo ton enfático detectado, sobre todo, nos exemplos 42 e 44. Estas dúas características, recorrentes nos rexistros causativos do século XIX, poderían indicar algún tipo de contexto específico favorecedor da aparición da construción innovadora, se non fose por que as dúas características sinaladas son moi comúns no xénero literario líricopoético, ao que pertencen a maioría das obras do século XIX do noso corpus.\nPor outro lado, debemos ter en conta que a emerxencia da construción causativa de aprender non é un fenómeno illado da lingua galega. Na clasificación tipolóxica da alternancia causativa de Haspelmath (1993), que fai a partir do estudo de 31 pares verbais en 21 linguas, observamos que o par ensinar/aprender presenta os cinco tipos identificados polo autor (§ 2), incluída a alternancia lábil (aquela que se dá cando o mesmo verbo se emprega tanto na construción anticausativa como na anticausativa, o que acontece con aprender no galego moderno e contemporáneo). Con todo, no artigo de Haspelmath, observamos que a alternancia lábil non é a máis frecuente no par ensinar/aprender, xa que só se identifica en dúas linguas: o francés e o grego. Se reparamos no francés, vemos como, efectivamente, apprendre é usado en construcións anticausativas (L’enfant apprend à lire) e causativas (Elle apprend à lire à son fils). O uso causativo deste verbo está totalmente aceptado pola norma estándar francesa, como demostra o feito de estar recollido nos dicionarios franceses actuais, entre eles, o Dictionnaire de l´Académie française (9 e édition) e Le Nouveau Petit Robert de la langue française 2008 (Robert 2007). Con todo, no francés tamén se emprega outro verbo, enseigner, nas construcións causativas co significado básico común de ensinar/aprender, polo que podemos dicir que, no francés, ademais da alternancia lábil, tamén se dá a alternancia supletiva neste par, como acontece no galego. Aínda que no estudo de Haspelmath se indica que no inglés o par ensinar/aprender ten alternancia supletiva (teach/ learn), temos noticia de que, nalgunhas variedades non estándares do inglés, learn é usado en construcións causativas, no lugar de teach, como Will you learn me to draw a church? (1885 G. Allen, Babylon apud OED) e Lern Yourself Scouse (1966, F. Shaw et al., Lern Yourself Scouse apud OED) 10. Estes usos causativos de learn poderían non ser unha innovación do inglés moderno, pois no inglés medio era corrente a dobre diátese anticausativa e causativa de lernen (a forma do inglés medio correspondente ao actual learn) 11.\nNoutras linguas moito máis próximas ao galego, como o asturiano e o castelán, tamén encontramos referencias a usos causativos de aprender. No Diccionariu de la Llingua Asturiana (DALLA), recóllese como primeira acepción de aprender, o significado causativo. Canto ao castelán, no DRAE indícase que aprender co significado causativo está en desuso. Na Nueva Gramática de la lengua española (NGLE, páxs. 26202625) atopamos que nalgúns pares supletivos do castelán, como tirar/caer ou meter/entrar, tamén se recollen usos causativos do membro do par a priori anticausativo, con desigual distribución xeográfica e aceptación na lingua estándar. Con anterioridade (§ 2), tamén sinalabamos que en galego, ademais de no par ensinar/aprender, se observa a dobre diátese causativa/anticausativa no membro anticausativo doutros pares supletivos (v. g. queimar/arder), aínda que eses pares non parecen coincidir cos cognados do castelán que tamén presentan o mesmo fenómeno.\nTal vez a emerxencia da construción causativa de aprender e doutros verbos anticausativos do galego e doutras linguas estea favorecida polos moitos pares en que a mesma forma léxica ten significado causativo e anticausativo, como é o caso de romper no galego (§ 2).\nSe nos fixamos na información cronolóxica dos rexistros do lema aprender do TILG (Táboa 2), decatámonos de que a maioría dos casos causativos se encontra nos rexistros de 1981 en diante (88, 34%); pero este dato non nos achega información relevante sobre os usos causativos de aprender, xa que é nesta franxa cronolóxica onde se concentra o maior número de 10 No OED indícasenos que learn co significado de ‘impartir coñecemento’ é na actualidade vulgar. Noutras fontes (Pegge 1844: 115122; Aarts et al. 2014: 120) faise referencia ao uso causativo de learn nalgúns dialectos do inglés moderno. 11 Algunhas fontes, como o Online Etymology Dictionary (Harper 20012017), amplían a aceptación do uso causativo de learn ata o século XIX.\nrexistros totais do lema aprender (84, 44%) e en case todos os períodos hai unha relación pracSe atendemos agora aos rexistros do lema deprender (Táboa 3), observamos que, ao igual ca no lema aprender, hai unha relación case proporcional entre os rexistros totais de deprender e os causativos. Pero, a diferenza de aprender, a maior frecuencia de predicados causativos non se sitúa no período que vai entre 1981 e 2013, senón entre 1901 e 1950 (37, 93%) e é precisamente nesa franxa cronolóxica onde se sitúa o maior número de rexistros de deprender, causativos e anticausativos (40, 75%). Outra diferenza entre os resultados dos dous lemas é rexistros totais correspondentes a cada un deses períodos (Táboa 4 e Táboa 5), poidamos tirar algunha outra conclusión sobre a variación cronolóxica. Tanto nos rexistros de aprender como de deprender observamos unha tendencia semellante: a porcentaxe de casos causativos diminúe no cuarto (19011950) e quinto período (19511980) e volve a aumentar no último período (19812013). Factores desgaleguizadores, como a expansión da escola pública (en castelán), puideron levar, entre 1901 e 1980, a unha “corrección” dos usos causativos, considerados vulgares\n4.3.2. Esquema semántico e realización sintáctica da construción causativa\nAprender nas construcións causativas do noso corpus presenta o mesmo esquema semánticosintáctico e o mesmo significado denotativo ca ensinar. A pesar de que aprender causativo e ensinar presentan a mesma conceptualización (‘facer adquirir [a alguén] coñecementos de [algo]’), non descartamos que haxa entre estes dous predicados diferenzas no uso dialectal, social, estilístico e pragmático, aínda non descritas na literatura, polo menos, de forma pormenorizada. Neste artigo, trataremos por extenso a cuestión dialectal no apartado § 4.3.3.\nComo acabamos de sinalar, o esquema semánticosintáctico das construcións causativas de aprender é igual ao de ensinar e representámolo da seguinte forma: [APRENDERv [x 1 ] Axente/Sux. [x 2 ] Meta/CD ou CP [x 3 ] Benefactario/CI ou CD ] Acción Neste esquema, ademais do experimentador do proceso de aprender e o obxecto, temos un terceiro argumento que é o causante do proceso e que ocupa a función sintáctica de suxeito desprazando o experimentador á función de CI ou, na menor parte dos casos, á de CD: 45. e aprendámoslles a cantinela (1875 López Ferreiro, A tecedeira de Bonaval [TILG, LFRTEC895]). 46. Solo me propoñía aprenderlle a ese a respetar ós mais (1899 Rodríguez López, A crus de salgueiro [TILG, RDRCRU899]). 47. Miña nai, miña naiciña, aprendeime a costureira (1942 Ventín Durán, Cantigueiro. [TILG, VNTCAN942]). 48. co gallo de lle aprender pra peinadora (1962 Blanco Amor, Os biosbardos [TILG, BLABIO962]). 49. E meus pais non querían porqu’aprenderon unh’a coser e non continuou co oficio (1986 Vázquez Somoza, O galego en Zolle [TILG, VAZTDI986]) 50. Aprendeuno a ler i escribir (1925 Fernández e González, Como son os do grorioso (Antón Piruleiro) [TILG, FNDANT925]). 51. que Caravantes aprendeu ós pobres ostiatim para que llelo recitasen ós labregos de paso que lles pedían esmola (1992 Saavedra, A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 [TILG, SAAVID992]).\nO máis habitual é que o benefactario, o experimentador nos predicados anticausativos, se exprese cunha FP ou cun clítico dativo 12 coa función sintáctica de CI (46, 49, 52 e 53), pero tamén predicados nos que a meta está elidida ou presenta a función sintáctica de CP, nomeadamente naqueles casos nos que se encontra a construción a + infinitivo, coma no exemplo 51.\nNo que se refire ás construcións con redobro do terceiro argumento (Táboa 8), o máis freno], pode corresponderse co causante do proceso, polo tanto, nos predicados causativos resulta imposible a súa inclusión porque o causante do proceso xa aparece como suxeito.\n4.3.3. Distribución dialectal de aprender causativo\nO corpus baseado no TILG non é o instrumento máis apropiado para coñecer a distribución dialectal de aprender causativo porque a maioría de textos que o compoñen son escritos e de carácter literario, non un levantamento da fala dialectal. Con todo, reparamos naqueles poucos rexistros de aprender causativo que pertencen a textos de obras nas que se indica o lugar de recollida do texto. A maioría destes textos pertencen a traballos académicos sobre variedades xeográficas concretas e ao Cancioneiro Popular Galego, no que se indica o lugar a onde pertence cada composición. Esta información aparece representada no Mapa 1. No que se refire a traballos académicos dialectais, encontramos predicados causativos de aprender en Seteventos (O Saviñao, Lugo), Loureses (Os Blancos, Ourense), Zolle (Guntín, Lugo), Palas de Rei (Lugo), A Pontenova (Lugo), concello de Abadín (Lugo), Os Ancares, norte da Terra Chá, O Bierzo, Asturias e Os Coutos (Ibias, Asturias). No Cancioneiro Popular Galego identificamos predicados causativos do lema aprender en composicións recollidas en Louzarela (Pedrafita do Cebreiro, Lugo), Vilar de Corrais (Trabadelo, León), Maroxo (Arzúa, A Coruña), Vilar (Carnota, A Coruña) e Marantes (Santiago de Compostela, A Coruña). Identificamos casos causativos do lema deprender en: Ferreiras (Noceda, As Nogais, Lugo) e Xunqueira de Espadanedo (Ourense). Tamén identificamos usos causativos de aprender ou deprender en obras que non están directamente orientadas ao levantamento da fala dialectal pero que fan referencia nos seus títulos a unha variedade dialectal ou a unha área xeográfica determinada: Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861) de Antonio\nFernández Morales, Cantigueiro Popular da Limia Baixa (1973) de Xoaquín Lorenzo Fernández e 13 No corpus aparece un rexistro con clítico dativo e FN que contabilizamos dentro dos casos de clítico dativo + FP por considerar que non se indica graficamente a contracción da preposición a e o artigo os pero que en realidade estamos ante unha FP. Trátase dun rexistro dunha obra datada en 1933, polo tanto, moito anterior á aprobación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982). 14 Na Táboa 8 incluímos baixo a etiqueta clítico acusativo + FN tres rexistros que en realidade presentan un clítico acusativo e unha FP como expresión formal do benefactario (55). Este tipo de estrutura responde á marcación selectiva de Obxecto do galego, que explica Cidrás (2006). Consonte este autor, de forma xeral en galego non se marca o CD coa preposición a, a non ser aqueles casos susceptibles de confundirse co suxeito, é dicir, os CD que presentan unha alta animación e determinación (O coche viuno Xiana vs. A Pepe viuno Xiana). Os tres rexistros identificados entran dentro deste suposto porque os benefactarios presentan un alto grao de animación –dous deles son humanos e o terceiro refírese ao corpo dunha persoa– e son determinados. Polo tanto, a pesar de presentar a preposición a, estas FP desenvolven a función de CD. 15 A excepción dun único rexistro, no que a orixe presenta os trazos [-animado] e [-humano]: “(...) a luz, a branca luz do día novo, apréndenos do noso erro amosándonos unha paisaxe distinta, marco definitivo do cotián ata o momento de pagála factura e furtálas toallas.” (1997 López López, Biff, bang, pow. Novela case negra [TILG, LEZBIF997]).\nContos e cantigas eonaviegos de Xavier Díaz Conde (2000). Como podemos observar no Mapa 1, case todos os rexistros causativos localizados xeograficamente se sitúan no galego exterior e nas dúas provincias galegas do interior, salvo tres casos situados nos concellos coruñeses de Arzúa, Santiago de Compostela e Carnota.\nSe consultamos a pregunta 2703 do cuestionario do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), aínda inédita, observamos que aprender causativo ten unha ampla extensión, sendo minoritarios os puntos nos que se recolle ensinar e as súas variantes, que poden aparecer como resposta única ou xunto a aprender (Mapa 2). Nalgúns destes casos de dobre resposta indícase unha diferenza de significado 16, da que deducimos que ensinar se emprega en construcións causativas e aprender en construcións anticausativas. Noutros casos de dobre resposta non se sinalan diferenzas de significado entre ensinar e aprender, pero, ás veces, si que se dá outro tipo de información, por exemplo, en O22 (Castrelo do Val, provincia de Ourense) indícase “hoxe” ao lado da forma enseñar. Talvez a incorporación recente desta forma nese punto se pode explicar pola corrección que se facía na escola, xa que no castelán estándar o predicado causativo de aprender se considera incorrecto. Se observamos os puntos onde se recolle ensinar, como resposta única ou como primeira ou segunda resposta, decatámonos de que a maioría se concentra na provincia da Coruña. Os puntos de ensinar espállanse por toda a provincia coruñesa, a excepción dalgúns puntos de aprender localizados, sobre todo, nas comarcas de Ferrol, de Fisterra, de Muros, de Terras de Melide e na área limítrofe coa provincia de Pontevedra. Os demais puntos de ensinar sitúanse, na súa maioría, na Mariña Occidental, na comarca do Ortegal, no Morrazo, no Baixo Miño, no sur da provincia de Ourense e nos dous puntos zamoranos de Lubián e Hermisende. De forma xeral, podemos dicir que ensinar se concentra en zonas próximas á costa e á fronteira administrativa con Portugal, ademais de no interior da provincia coruñesa, e que aprender, a forma maioritaria, ten maior presenza no interior e no oriente do territorio lingüístico galego.\nComo indicamos anteriormente (§ 4.3.2), nos predicados causativos intransitivos de aprender, o benefactario non aparece expresado de forma sistemática por un clítico acusativo ou FN, con todo, sempre que aparece expresado por unha destas dúas posibilidades o segundo argumento (a meta) non presenta a función sintáctica de CD. Polo tanto, obsérvase certa regularidade na escolla do caso do experimentador, que pode ter a súa motivación na variación diatópica. Propomos a hipótese de que, en determinadas zonas xeográficas, o benefactario de aprender causativo aparece expresado por un clítico dativo ou FP, independentemente da función sintáctica que desenvolva a meta; pero hai outras zonas nas que o terceiro argumento aparece expresado por un clítico acusativo ou unha FN, cando a meta de aprender presenta a función de CP ou non está verbalizada, e un clítico dativo ou unha FP, cando a función sintáctica que presenta a meta é a de CD. Os rexistros de clítico acusativo e FN que podemos localizar xeograficamente son sete e sitúanse en: Seteventos (O Saviñao, Lugo), Zolle (Guntín, Lugo), Ferreiras (Noceda, As Nogais, Lugo), Maroxo (Arzúa, A Coruña) e Vilar (Carnota, A Coruña). Os dous primeiros puntos localízanse na parte occidental da provincia de Lugo, o seguinte na metade sueste da mesma provincia, o cuarto na parte sueste da provincia da Coruña e o último punto no sur da costa coruñesa. Esta escasa información xeográfica non nos permite identificar ningunha área nin confirmar a nosa hipótese, só constatar que se rexistran casos do benefactario de aprender causativo coa función sintáctica de CD no centro e no occidente da metade norte do territorio galego. 16 Só hai catro puntos nos que se indica unha diferenza de significado entre ensinar e aprender : A4 (Boal, Asturias), C13 (A Laracha, A Coruña), C14 (Monfero, A Coruña) e C23 (Cerceda, A Coruña). Na resposta do punto C13 aparece unha frecha entre a variante de aprender e as variantes de ensinar recollidas nese punto. Este símbolo parece indicar que se produciu un cambio lingüístico, relativamente recente ao momento da realización da enquisa, polo que as variantes de ensinar substituíron á variante de aprender, entendemos que nas construcións causativas. Algo máis clara semella a simboloxía empregada nas respostas dos outros tres puntos, nelas a diferenza de significado sinálase co símbolo ≠ entre a variante de aprender e a de ensinar. Ademais, nalgúns casos tamén se indica “os nenos” ao lado da variante de aprender e “o mestre” a carón da variante de ensinar, inferindo as características semánticas do primeiro argumento dos dous predicados.\nMapa 1. Rexistros causativos de aprender pertencentes a obras xeorreferenciadas do TILG\n5. c onclusións\nNo TMILG non encontramos ningún caso de aprender causativo cunha valencia análoga á de ensinar, mentres que no TILG hai unha presenza significativa de aprender causativo (10, 39%). Por tanto, parece claro que a construción causativa de aprender é unha innovación do galego moderno. Canto ao período no que tivo lugar esta innovación, sabemos que o primeiro caso do noso corpus se rexistra nunha obra de 1828 e que o seu uso comeza a proliferar en obras da segunda metade do século XIX. Con todo, a pesar de non atoparmos ningunha construción causativa antes do século XIX, non nos atrevemos a situar taxativamente neste século a data de inicio do seu uso e expansión, porque, os só cinco casos de aprender recollidos entre os séculos XVI e XVIII non permiten desbotar a posibilidade de que fose nese intervalo no que xurdise a construción causativa.\nOutra conclusión que podemos tirar da información cronolóxica do noso corpus (Táboa 4 e Táboa 5) é que a frecuencia de aprender causativo diminúe fronte o anticausativo nos períodos 19011950 e 19511980 e volve a aumentar no último período (19812013). Dúas das causas sinaladas para explicar esta tendencia son a “corrección” dos usos causativos por presión do estándar castelán, que rexeita como fortemente vulgares os usos causativos de aprender, e a conformación do estándar galego a partir da década de 1980, que admite como correctos eses usos.Nos rexistros do corpus medieval e contemporáneo, identificamos dúas acepcións principais de aprender anticausativo: ‘chegar a saber’ e ‘adquirir coñecementos de [algo] ou reter [algo] na memoria por medio do estudo, da experiencia ou da observación’. Os exemplos da Idade Media sacados do TMILG amosan unha alta frecuencia de aprender co primeiro significado, mentres que nos rexistros do galego máis recente, tirados do TILG, case non ten presenza e, cando aparece, o significado non é claro, situándose a medio camiño entre as dúas acepcións indentificadas. Os dous predicados presentan un esquema sintácticosemántico semellante. A diferenza radica na función sintáctica que pode desenvolver a meta, no primeiro caso, só a de CD, mentres que no segundo caso pode presentar tamén a de CP.\nAprender anticausativo presenta un proceso con dous argumentos: un experimentador animado coa función sintáctica de suxeito e unha meta coa función sintáctica de CD ou Complemento Preposicional, o máis habitual nestes casos é que teñamos a preposición a seguida dunha oración de infinitivo. Con moi pouca frecuencia, encontramos no TILG algúns casos de aprender seguido de infinitivo sen preposición a. Nos rexistros do TILG, identificamos outras unidades que desenvolven a función de CP: as preposicións a, de e para seguidas dun substantivo que denota un oficio. Nos rexistros dos dous corpus tamén encontramos usos absolutos de aprender. É habitual que os predicados presenten constituíntes facultativos, un dos máis frecuentes é o que neste traballo denominamos orixe e que vai introducido pola preposición de, outro é o de localización de lugar, que pode referirse a dous tipos: a localización do evento ou a localización da meta.\nO evento que presenta aprender causativo, que como xa indicamos ao inicio deste apartado só se rexistra no TILG, é unha acción. O predicado causativo caracterízase por presentar un argumento máis ca o predicado anticausativo: o axente que causa o proceso polo que alguén aprende algo. Este argumento desenvolve a función de suxeito e o participante que nos predicados anticausativos desenvolve o rol semántico de experimentador e a función sintáctica de suxeito pasa a ser o benefactario e a presentar, maioritariamente, a función sintáctica de CI, aínda que tamén pode aparecer como CD nos predicados que non presentan o segundo argumento (meta) codificado como un CD. É posible que esta alternancia CI/CD do benefactario presente unha distribución dialectal, aínda que os datos dos que dispomos non nos permiten confirmar esta hipótese nin determinar a súa distribución. O segundo argumento, a meta, mantense coas mesmas características semánticas, sintácticas e morfolóxicas ca nos predicados anticausativos. Canto aos participantes adxuntos, podemos encontrar os mesmos ca nos enunciados anticausativos, coa diferenza da práctica ausencia do adxunto coa función de orixe. Probablemente, isto débese a que, en ocasións, a entidade que ocupa esta función nas construcións anticausativas se poida identificar co causante ou o desencadeante do proceso, polo tanto, na contrapartida causativa, o referente da orixe e o do axente serían o mesmo.\nO feito de que, no corpus extraído do TILG, a frecuencia dos predicados causativos de aprender sexa menor ca dos anticausativos pode deberse, principalmente, a tres factores non excluíntes. Un deles é que na lingua galega podemos empregar dous predicadores léxicos, ensinar e aprender, para formar predicados causativos co mesmo significado, mentres que para construír predicados anticausativos con ese mesmo significado só temos un, aprender, o que explicaría a alta frecuencia deste predicador nas construcións anticausativas. Outro dos factores é que durante moito tempo os usos causativos de aprender foron penalizados na escola por non ser considerados correctos no castelán. E por último, existe a posibilidade dunha restrición dialectal, pois parece que non en todas as variedades dialectais do galego son posibles os predicados causativos de aprender. A partir da información dialectal que podemos tirar do corpus do TILG, observamos que os rexistros causativos teñen maior presenza na zona centro oriental do dominio lingüístico galego e se, ademais, temos en conta os datos da cuestión 2703 do ALGa, vemos como esta construción se amplía ao norte e centro da provincia de Ourense, ao interior da provincia de Pontevedra e á costa suroeste da provincia coruñesa. A pesar de que aprender causativo non se rexistra na totalidade dos puntos do ALGa, os casos rexistrados suxiren que o seu uso está moi estendido e que a súa distribución é dispersa, sen que se poida restrinxir a unha área compacta.\nCanto ás causas da emerxencia da construción causativa, só nos atrevemos a sinalar (§ 4.3.1), a modo de hipótese, algúns aspectos que puideron estar implicados, como a existencia no galego de moitos pares que presentan o mesmo verbo na diátese causativa e na anticausativa (v. g. romper).\nCon este artigo decatámonos da necesidade de realizar estudos sobre as construcións verbais e a sintaxe dialectal do galego, así como traballos de campo orientados a estas cuestións e á constitución dun corpus. Este tipo de traballos permitiríanos coñecer mellor o comportamento sintáctico do par verbal que nos ocupa e doutros pares semellantes, ademais de profundar no coñecemento da distribución dialectal das construcións causativas e anticausativas de aprender e doutros verbos que, a priori, se presentan como o membro anticausativo da parella verbal. Tamén sería interesante realizar un estudo sobre o proceso de cambio construcional que dá lugar á construción causativa de aprender na liña dos traballos sobre gramaticalización ou construcionalización e cambio construcional de Traugott e Trousdale (2010 e 2013). Un estudo deste tipo tal vez nos poida axudar, por un lado, a comprender as motivacións da aparición dunha construción cun significado que, aparentemente, xa se podía expresar con outro predicado (ensinar); e, por outro, a identificar o contexto crítico en que emerxe a construción innovadora e o percurso que seguiu para a súa codificación lexicogramatical plena. a gradecementos Agradézolles a Rosario Álvarez e a Francisco Cidrás a atenta lectura deste texto e as súas suxestións, aos revisores anónimos os seus comentarios e correccións e aos editores do volume o seu traballo e dedicación. Naturalmente, todos os erros que se poidan atopar neste artigo son da miña exclusiva responsabilidade."} {"summary": "Neste traballo analizamos como o sector do comercio ao por menor evolucionou nun contexto de crise. Establecemos as hipóteses sobre o seu comportamento por mor da especialización na venda de bens de primeira necesidade, así como das dificultades para acceder ao crédito. Obtivemos unha mostra de empresas da base SABI e clasificámolas por tamaños. Estudamos a evolución de ratios de eficiencia, operatividade, rendibilidade ou solvencia e procuramos os cambios estatisticamente significativos nas ratios dependendo do tamaño empresarial, o que permitiunos afirmar que só as pequenas empresas perderon rendibilidade e tiveron que reorganizar a súa estrutura financeira.", "text": "CANDO A CRISE CHE EXIME. O SECTOR DA DISTRIBUCIÓN E O COMERCIO AO POR MENOR ESPAÑOL: PEQUENAS Vs GRANDES EMPRESAS\n: Crise financeira; Comercio ao por menor, tamaño empresarial, autonomía financeira, rendibilidade.\nTitle: When the crisis exempts you: the spanish retailer sector: small vs big companies\n1. INTRODUCIÓN\nA distribución comercial española sofreu importantes cambios nas últimas décadas. Os novos hábitos de consumo da sociedade, a integración vertical e o desenvolvemento das denominadas marcas brancas fixeron que o panorama do comercio minorista de España cambiara. A posición dominante dalgunhas cadeas de distribución no comercio ao por menor, tanto sobre os provedores como sobre os consumidores, xeraron preocupación nas autoridades da competencia española e europea (García, J.A. e Delgado, J., 2012) e propiciaron un comportamento excepcional perante a actual crise económica.\nNun sistema económico capitalista, a un período no que existen forzas ascendentes que provocan acumulación de ganancias e investimento, séguelle outro con forzas no senso contrario que desemboca en depresión económica e social (Keynes J., 1936). É dicir, as crises económicas xéstanse lentamente durante os períodos de crecemento e especulación e xurden mediante un choque violento de depresión e unha reestruturación económica (Galbraith, 1991). Neste senso, a actual Gran Crise provocada pola economía Norteamericana en agosto de 2007 co estoupido das hipotecas subprime e a súa rápida expansión ao resto do mundo a través do sector financeiro, xestouse por unha regulación financeira permisiva e uns baixos tipos de interese que alimentaron unha burbulla inmobiliaria, tanto en EEUU como noutros países europeos, como por exemplo, España. A economía estaba desaxustada: máis de dous terzos do PIB estaban relacionados coa vivenda e cos seus créditos, o cal non era sostible (Stiglitz, 2010). A explosión da burbulla inmobiliaria arrastrou un sistema financeiro cheo de produtos complexos baseados no crédito inmobiliario. A expansión do crédito e o exceso de liquidez internacional dos anos de crecemento económico provocaron un nivel de endebedamento privado máis aló do razoable e por tanto, calquera perturbación baseada nun aumento de tipos de interese, restricións de liquidez empresarial ou sinxelamente, nunha redución dos beneficios esperados por debaixo do custo dunha refinanciación ían provocar unha crise financeira, máis \u0017 remedios.ramon@ua.es http://web.ua.es/es/defc/remediosramon-dangla.html\nO obxectivo desta investigación é ver como afectou a crise económicofinanceira ao sector da distribución comercial en España e, se a existencia de grandes cadeas de distribución, coas súas propias marcas e forte poder de negociación nos mercados, permitiulles evadir unha potente reestruturación dos seus estados contables. Para iso, o traballo foi estruturado en catro apartados ademais desta introdución. En primeiro lugar realízase unha revisión da literatura sobre as principais variables a estudar e que supoñen o punto de partida desta investigación. A continuación, desenvólvense as hipóteses do modelo e explícase a metodoloxía utilizada para acadar os obxectivos formulados. Seguidamente analízanse os resultados obtidos. E, por último, expóñense as conclusións do traballo, entre as que se inclúen a discusión dos resultados e as principais implicacións para a xestión empresarial, limitacións e futuras liñas de investigación.\n2. REVISIÓN DA LITERATURA\nCrise financeira, endebedamento empresarial e sector económico É abundante a literatura económica sobre as causas e efectos das crises financeiras ao longo da historia (Minsky, 1976; Galbraith, 1991, por citar algúns), así como as revisións sobre a teoría clásica dominante que levou á actual crise (Stiglitz, 2010; Krugman, 2009), que coinciden en que a situación actual se parece á dos anos trinta do século pasado e que os desaxustes déronse pola predominancia das doutrinas que cren que “os mercados funcionan ben e se autorregulan”, defendidas, entre outros, polos Premios Nobel de Economía Harry Markowitz e William Sharpe en 1990 ou Robert Merton e Myron Scholes en 1997.\nNon hai dúbida de que a evolución das variables macroeconómicas condiciona a evolución das contas empresariais, de tal modo que existen innumerables estudos que amosan que o endebedamento empresarial está estreitamente relacionado coa evolución de variables macroeconómicas. Neste senso, podemos destacar a Jordà et al. (2011), que despois de analizar as recesións económicas de 1870 e 2008 en catorce países desenvolvidos, relaciona o endebedamento das empresas e a inestabilidade da economía, concluíndo que existe unha clara relación entre o apancamento financeiro, medido pola taxa de crecemento do crédito bancario en relación ao PIB en etapas de expansión, e a dureza que presentan as etapas de recesión posteriores.\nNo caso español, é necesario considerar as consecuencias que se derivaron do ingreso no euro e que coincide co patrón de comportamento descrito por Fernández (2010) cando indica que a política de baixos tipos de interese formulada polos bancos centrais, asolagou o mercado cun exceso de liquidez que estimulou ás familias, empresas e bancos a endebedarse en exceso sen considerar que, ao longo da historia, todas as crises financeiras viñeron precedidas de grandes crecementos do crédito. A diferenza nas preferencias polo endebedamento das empresas españolas con respecto aos seus veciños vén avalada pola tese de Rajan e Zingales (1995); DemirgüçKunt e Maksimovic, (1999); Booth et al., (2001); Hanousek e Shamshur (2011), que defenden o argumento de que os custos e os beneficios que as empresas teñen en conta nas súas decisións de estrutura de capital non só\nveñen determinados polas súas características específicas, senón tamén polas características do país. Nos seus traballos de investigación, Schularick e Taylor (2012) establecen a comparación entre o volume total de activos bancarios e a cifra de empréstitos bancarios en circulación con algúns dos agregados monetarios habituais (M2 ou M3), afirmando que os cambios na oferta de crédito (empréstitos bancarios) son o mellor indicador que anuncia as crises financeiras, especialmente cando estes cambios se producen de maneira acelerada. Nembargantes, Rubio e Sogorb (2011) conclúen que as empresas españolas, en contradición coa evidencia empírica internacional e cos estudos precedentes de Miguel e Pindado (2001) e González e González (2008), móvense con maior rapidez cara ratios\nobxectivas de endebedamento nas fases de contracción do ciclo económico que nas expansivas.\nHIPÓTESES FORMULADAS E METODOLOXÍA\nO obxectivo do noso traballo é ver como afectou a crise económica ao sector da comercialización e distribución en España: CNAE 2009Rev2 471: Comercio ao por menor en establecementos non especializados e en que medida. As táboas 1 e 2 resumen a evolución do\nAs hipóteses formuladas expóñense no Anexo e son as seguintes:\nH1: O sector da distribución e comercialización ao por menor CNAE 471 sofreu con menor intensidade os efectos da crise. H2.1 : Malia que as empresas do sector da distribución ao por menor sentiron menos a crise, a dificultade para acceder ao crédito e o seu encarecemento orixinou un efecto de desapancamento e de recapitalización dos fondos propios. H2.2 : Non todas as empresas do sector van estar afectadas pola reestruturación financeira. As máis grandes, con maior capacidade de negociación con entidades de crédito e sobre todo, A caída do PIB, o aumento do desemprego e a diminución dos salarios entre 2008 e 2012 tivo que afectar directamente ás empresas que se adican ao comercio nacional aínda que a especialización en venda de bens cunha elasticidade e renda baixa quizabes amortiguou os efectos negativos da crise. Para o noso estudo, agrupamos por tamaños as empresas do sector CNAE 2009Rev2 471 en España ofrecida pola base de datos SABI e a Central de Balance do Banco de España (BdE).\nA poboación de partida foi de 14.832 empresas e sobre ela, aplicamos 3 filtros. No primeiro eliminamos todas as sociedades que non estiveran activas en todos os anos estudados (20082012) e que non presentaran a información financeira completa. A submostra obtida foi de 2.814 empresas.\nPosteriormente, clasificamos estas empresas por tamaños segundo a Directiva Europea 2013/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 26 de xuño de 2013, sobre os estados financeiros anuais, os estados financeiros consolidados e outros informes afíns de certos tipos de empresas, o que deu como resultado: 54 grandes empresas, 47 medianas; 925 pequenas e 1788 microempresas. Destes catro grupos, eliminamos o último por representar empresas moi pequenas, cun Total Activo (TA) inferior a 350.00€ e unha Cifra Neta de Negocio (CNN) inferior a 700.000€ pero sobre todo foron eliminados pola pouca calidade informativa.\nver se, nos casos onde se rexeitou a hipótese nula de igualdade de medias, afecta a todos os pares de medias ou pola contra, só afecta a algún deles. A definición de ratios utilizada inclúese no Anexo.\n4. RESULTADOS E ANÁLISE\nAnálise da conta de Perdas e Ganancias: Ratios operativas ou de rendibilidade (RO)\nA táboa 8 amosa o resumo dos estatísticos descritivos das variables empregadas para analizar a rendibilidade e operatividade das empresas despois de eliminar as ratios que non cumpren a homoxeneidade das varianzas.\nDos estatísticos descritivos das RO podemos intuír que se produciron cambios significativos nalgunhas das ratios. As caídas nos gastos pero sobre todo, nos resultados pode que causara retrocesos na operatividade destas empresas. Para comprobar se a media de cada RO difire ou non, de maneira significativa como consecuencia da crise, realizamos unha análise univariante da varianza Anova cun nivel de significación de 0, 05. A táboa A1 do anexo e atendendo ao estatístico F e ao pvalor xurdido da análise Anova podemos ver que efectivamente, para o grupo de pequenas empresas do sector 471 producíronse cambios significativos nas medias do RO1; RO2 e RO5. Se consideramos o conxunto do sector, a hipótese nula de igualdade de medias pódese rexeitar nunha ratio operativa máis: RO3. O que se confirma coa análise Post Hoc Manova (Táboa M1 do anexo).\nAs distintas rendibilidades medidas polo grupo de ratios RO foron caíndo no sector como consecuencia do empeoramento da situación económica. A perda de operatividade produciuse fundamentalmente nas pequenas empresas pero, dado o seu elevado peso sobre o conxunto total, fai que tamén caian as rendibilidades do total do sector. Neste senso, vese que, tanto nas pequenas empresas como no conxunto, a Produtividade da Man de Obra, medida por (RO1), cae. Os gastos de persoal (GP) creceron porcentualmente por enriba da cifra neta de negocio (CNN), o que se podería deber ao custo dos despedimentos.\nEn termos xerais, o emprego no sector caiu en torno a un 6% pero os gastos laborais creceron un 7, 5% nas pequenas empresas e un 20% no conxunto. Esta diverxencia de valores e evolucións entre emprego e custos laborais, podería avalar a tese de que a financiación do despedimento e o redimensionamento empresarial minguaron a operatividade do sector. Nembargantes, parece razoable supoñer que, unha vez satisfeitas as indemnizacións, a xestión do cadro de persoal será máis eficiente e polo tanto mellorará a produtividade.\nEn canto á Marxe de Explotación RO2, (relación Resultados de Explotación REX e CNN) podemos apreciar que, tanto na pequena empresa como no conxunto do sector produciuse un empeoramento. A redución da marxe de explotación vén motivada por unha forte caída no resultado de explotación de máis dun 12% no conxunto do sector e dun 45% para o caso das pequenas empresas. O descenso nos resultados de explotación vén motivado por unha caída nas vendas pero sobre todo, por un incremento dos gastos de explotación como son os gastos de persoal, os fixos e outros gastos adicionais que limitou a rendibilidade das empresas. A caída da ratio de Rotación de Activo (RO3) entre 2008 e 2010 no conxunto das empresas amosa que, en xeral, o sector dispoñía de activos que non estaban sendo utilizados para xerar negocio. Porén, a partir de 2010 comeza a recuperarse, o que podería ser sintomático dunha reactivación do negocio.\nCon respecto á Rendibilidade sobre Activos (RO5) observamos, tanto nas pequenas empresas como no total, que a caída dos resultados se acentúa como consecuencia da redución dos resultados de explotación e da obtención duns resultados financeiros negativos que, malia que van dimunuíndo a consecuencia do desapancamento, non conseguen compensar o seu efecto negativo, o que se traduce nunha caída da rendibilidade empresarial.\nRatios Financeiras (RF)\nA análise do resultado financeiro amósase mediante o resumo dos estatísticos descritivos das RF (Táboa 9).\nA evolución das medias das ratios financeiras (RF) dános pistas que algúns deles puideron mellorar ao longo do período producindo cambios significativos nas medias dos mesmos. Para comprobar se a media de cada RF difire ou non, de maneira significativa como consecuencia da crise, realizamos unha análise univariante da varianza Anova cun nivel de significación de 0, 05 e cuxos resultados se amosan na táboa A2 do anexo. Atendendo ao estatístico F e ao pvalor xurdido da análise Anova rexeitamos a hipótese nula de igualdade de medias para o RF1 e nos grupos de empresas pequenas, medianas e o total. Tamén rexeitamos a hipótese de igualdade de medias no RF3 tanto para pequenas empresas como para o conxunto total. O que se confirma coa análise Post Hoc Manova (Táboa M2 do anexo).\nAo estudar a evolución entre os gastos financeiros e a CNN descrita en RF1 advírtese que, tanto para a pequena empresa, como a mediana e o total, a relación era de equilibrio malia que amosaba unha peor posición que a do grupo de grandes empresas. O desapancamento financeiro nos grupos de pequenas e medianas empresas aliviaron as súas cargas financeiras sobre a cifra neta de negocio, así, os gastos financeiros foron caíndo e, en 2012, os valores do (RF1) igualáronse ao das grandes empresas, os que partían dunha mellor relación financeira e, polo tanto, non sofreron cambios significativos, non por ter un menor volume de débeda, senón por\n30 ter unha maior e mellor capacidade de financiación froito do seu gran tamaño.\nAs medias das ratios de circulante (RC) indican que pode que existiran cambios significativos en varios deles. Tanto os aumentos das ratios que miden os activos circulantes como a redución nas ratios que consideran os pasivos correntes, poderían revelar que a liquidez inmediata das empresas está mellorando. Para comprobar se a media de cada RC difire ou non, de maneira significativa como consecuencia da crise, realizamos unha análise univariante da varianza Anova cun nivel de significación de 0, 05 e cuxos resultados se amosan na táboa A3 do Anexoƒ. Atendendo ao estatístico F e ao pvalor xurdido da análise Anova podemos ver que efectivamente, para o grupo de pequenas empresas producironse cambios significativos nas medias da RC4. No caso de empresas de tamaño medio, os cambios significativos producironse na RC3. Se consideramos o conxunto do sector, a hipótese nula de igualdade de medias pódese rexeitar só na RC4, o que se confirma coa análise Post Hoc Manovam (táboa M3 do anexo).\nA redución de RC3 no grupo das medianas empresas ocorre por mor dunha diminución do peso dos acredores comerciais en relación coa CNN. A mellor xestión do endebedamento a curto prazo permitiu que este tamaño empresarial obteña unha maior sincronización entre a corrente de cobros e pagos ao longo do período. Cando se inicia a crise, o nivel de endebedamento a curto prazo, tanto de grandes como medianas empresas, era maior ao do conxunto do sector pero sobre todo, ao de pequenas empresas, a crise conseguiu que as medianas empresas melloren o seu nivel de débedas comerciais pero non o conseguiron para as grandes cadeas de comercialización.\nA relación entre o Fondo de maniobra e a CNN expresada en RC4 indícanos para o grupo das pequenas empresa e o conxunto do sector unha melloría levada a cabo, principalmente, durante os primeiros anos da crise. Neste senso, é interesante observar que o grupo das grandes empresas mantiveron un Fondo de Maniobra negativo e sen cambios significativos durante o período. A súa maior capacidade de negociación permitiulles cobrar ao contado e seguir matendo prazos de pago cos seus provedores, beneficiándose así dunha financiación espontánea que, polo momento, parece vetada para empresas de menor tamaño.\nAnálise do balance e a solvencia a longo prazo: As ratios de activo (RA)\nA táboa 11 amosa o resumo dos estatísticos descritivos das variables empregadas para analizar a estrutura do activo a través das ratios de activo (RA).\nTáboa 11 Estatísticos descritivos RA e análise da varianza: 2008, 2010, 2012\nPerante os descritivos sobre as ratios da estrutura de activo (RA), podemos intuír que só se produciron cambios significativos nas medias da ratio RA2. A priori poderíamos dicir que se produciu un incremento nas existencias que podería ser consecuencia dun estancamento nas vendas. Para comprobar se a media de cada RA difire ou non, de maneira significativa como consecuencia da crise, realizamos unha análise univariante da varianza Anova cun nivel de significación de 0, 05 e cuxos resultados se amosa na táboa A4 do anexo. Atendendo ao estatístico F e ao pvalor xurdido da análise Anova rexeitamos a hipótese nula de igualdade de medias para a RA2 tanto para as empresas pequenas como para o conxunto total, o que se confirma coa análise Post Hoc Manova (Táboa M4 do anexo). A relación descrita en RA2 amosa o peso das existencias sobre o total dos activos e, para o caso das pequenas empresas, increméntase un 7, 6% de 2008 a 2012. Durante os anos da crise, as existencias das pequenas empresas creceron un 16, 8% fronte ao 0, 51% da cifra neta de negocio, daí que o incremento da RA2 reflictiría unha política inadecuada na xestión dos stocks de existencia que provocan unha caída de rendibilidade do conxunto das empresas, así como unha ineficiencia e ociosidade en parte dos recursos. Pola contra, tanto as medianas e grandes empresas amosan unha mellor xestión do stock de mercadorías. A posibilidade de estar departamentalizado e manter a persoal cualificado para cada departamento pode estar na base desta mellor xestión comercial.\nRatios de Pasivo e Solvencia Xeral (RP)\n32 Perante os descritivos sobre as ratios da estrutura de pasivo (RP), podemos intuír que só se produciron cambios significativos nas medias da ratio RP1 para pequenas empresas e para o total. O seu crecemento pódenos indicar que mellorou a súa autonomía financeira por aumento de fondos propios.\nA RP1 mide a autonomía financeira das empresas. A dificultade de acceso ao crédito permitiu que o grupo de pequenas empresas aumente a súa autonomía financeira. A maior capitalización do seu valor patrimonial fortaleceu a súa autofinanciación situando a súa ratio de autofinanciación, en 2012, por enriba do dobre do das grandes empresas. A posición de forza das grandes empresas comerciais fronte aos seus prestamistas permitiulles manter os mesmos niveis de débeda e autofinanciación, antes que despois da crise, porén, as pequenas empresas non tiveron máis remedio que reestruturar as súas fontes de financiación, reducindo a allea e incrementando os recursos propios.\nA RSX amosa a garantía que as empresas ofrecen aos seus acredores no hipotético caso de liquidación, no noso caso, obsérvase nas pequenas empresas e en conxunto que a solvencia mellorou ao longo da crise. Durante este período e malia a crise, as pequenas empresas do sector melloraron a súa solvencia por unha combinación de menor débeda e incremento do activo con fondos propios adicionais e posicionáronse, neste senso, por diante das medianas e grandes empresas.\n5. CONCLUSIÓNS\nO obxectivo deste traballo era ver como o sector de CNAE 2009Rev2 471: Comercio ao por menor e distribución en establecementos non especializados resistiron á crise. Do traballo realizado despréndese que só algunhas ratios amosaron cambios significativos ao longo da crise, ademais, estes cambios, en xeral, obsérvanse unicamente para o grupo de pequenas empresas e, polo seu elevado peso sobre o conxunto da mostra, extrapólanse ao total do sector. Por tanto, en termos xerais, podemos dicir que a crise produciu efectos o suficientemente importantes como para dicir que o sector tivo que reorganizarse dende o punto de vista económicofinanceiro pero estes cambios non afectaron a todos os tamaños empresariais: as grandes empresas, cun forte poder nos mercados, apenas sofreu a crise. Da análise das ratios podemos ver que:\n1. Tanto as pequenas empresas como o conxunto total viron como empeoraba a súa produtividade laboral (RO1), a súa marxe de explotación (RO2) e a súa rendibilidade sobre activos (RO5). Os aumentos de gastos de persoal, de custos fixos para a explotación e de gastos financeiros, entre outros, provocaron caídas na operatividade e rendibilidade empresarial. Ademais, a Rotación de Activos RO3 sofre un empeoramento entre 2008 e 2010, o que indica que, en xeral, o sector dispoñía de activos que non estaban sendo utilizados. Porén, despois de 2010 prodúcese unha melloría, o que podería ser sintomático dunha reactivación do negocio. Por iso, podemos dicir que a crise provocou unha menor eficiencia e rendibilidade no conxunto do sector pero só como efecto rebote ou contaxio do sufrido polo grupo de pequenas empresas. As medianas e grandes cadeas distribuidoras apenas viron cambiar as súas ratios de rendibilidade ou eficiencia.\n2. As pequenas, medianas e total de empresas vén diminuír o seu RF1 ou Cobertura de gastos financeiros, como consecuencia dun desapancamento tanto á curto como á longo plazo, o que permitiu que os valores do RF1 se igualen ao das grandes empresas, que partían dunha mellor cobertura financeira, non por un menor nivel de endebedamento senón por unha maior capacidade para negociar os seus gastos. 3. Tanto nas pequenas empresas como no total, aumentou significativamente a RC4 o que significa que mellorou o fondo de maniobra empresarial. A partir de 2010, estas empresas teñen unha maior liquidez e poden facer fronte mellor aos seus inmediatos a pesar de ser un sector que, tradicionalmente, se caracteriza por ter un fondo de maniobra negativo. O feito de cobrar ao contado e poder pagar a prazos aos acredores comerciais lles permite beneficiarse dunha financiación espontánea, nembargantes, a crise provocou que este beneficio só o manteñan as grandes empresas do sector. A súa maior capacidade de negociación e a súa posición de forza permitiulles manter, durante toda a crise, un fondo de maniobra negativo. Por outra banda e só para o caso das empresas de tamaño medio, mellorou a RC3 que mide o volume de acredores coa cifra de vendas. A crise obrigoulles a facer máis compras ao contado e menos a crédito. Porén, esta reestruturación do volume de acredores non lles fai posicionarse ao\nmesmo nivel que o conxunto nin que as pequenas empresas, que teñen menos acredores. 4. Producíronse significativos aumentos no RA2 tanto para pequenas como para o conxunto das empresas. O crecemento das existencias por enrima do aumento do total de activos avala a tese de que este grupo de empresas xestionou peor os stocks de mercadorías que as súas homólogas en tamaños superiores, o que pode que lles levara a peores resultados e eficiencia.\n5. As medianas e grandes empresas, ao iniciarse a crise, mantiñan peores niveis de autofinanciación pero ademais, non tiveron a necesidade de modificar a súa estrutura financeira. Daí que só se produciron cambios significativos no nivel de autofinanciación para o grupo de pequenas empresas e do total da mostra: ratio RP1. A maior capitalización do seu valor patrimonial fortaleceu a financiación propia en sintonía coa media do sector e dalle un nivel de autofinanciación do dobre do das grandes empresas. A Solvencia Xeral RSX mellora nas pequenas empresas e no total da mostra. A pesar da crise, a combinación dunha menor débeda xunto a un incremento do activo con fondos propios adicionais favoreceron a recuperación.\nEn resumo, vimos que as empresas do sector manteñen un comportamento anticíclico en relación ás variables macroeconómicas como o PIB p.m., ou o consumo interno medido como Gasto Medio por Fogar. Namentres as variables macroeconómicas caen, a cifra neta de negocio do grupo de análise crece un 8, 4%, sobre todo, a partir de 2010. Posiblemente este comportamento débese ao peso dos produtos que comercializa o sector que se poden considerar bens de primeira necesidade. O devandito comportamento avalaría a tese da teoría de consumo na relación renda e consumo para os bens de primeira necesidade e por tanto, permitiríanos aceptar a H.1 na medida que o sector tivo que se reorganizar como consecuencia da crise e perdeu eficiencia e rendibilidade, pero a especialización en comercialización de bens de primeira necesidade cunha elasticidade demandarenda baixa permitiulles seguir mantendo niveis aceptables, sobre todo, para os tamaños empresariais máis grandes.\nPor outra banda, comprobamos que foi significativo o esforzo de capitalización malia que só no caso das empresas de tamaño máis pequeno. Os aumentos de recursos propios orientados a diminuír a dependencia na financiación allea, así como a diminución dos pasivos a curto prazo no grupo de medianas fixeron que mellorara o nivel de autofinanciación do sector. Por mor destes resultados, podemos dicir que a crise financeira iniciada a principios de 2008 obrigou a reestruturar o nivel de endebedamento no conxunto sectorial, o que nos permite admitir a H2.1 na que se expoñía que a crise financeira dificultaría o acceso ao crédito orixinando neste sector un efecto de desapancamento pero tamén aceptaríamos a H2.2, xa que só as empresas de tamaño pequeno estiveron afectadas por unha reestruturación financeira. A substitución da fonte de financiación allea pola propia permitiulles duplicar a súa ratio de autonomía financeira moi por enriba da das medianas e grandes empresas do grupo. O gran tamaño dalgunhas destas empresas permítelles ter unha maior capacidade de negociación, tanto con entidades de crédito como con acredores, e non necesitaron recompoñer a súa financiación.\nPor todo isto, podemos dicir que, a pesar de que o sector do comercio ao por menor goza dunha escasa elasticidade demandarenda que lle permita manter un comportamento anticíclico, os esforzos para sobrevivir á actual crise foron inversamente proporcionais ao tamaño empresarial. As empresas máis pequenas son as que sofreron maiores perdas de rendibilidade e necesitaron unha maior reorganización da súa estrutura financeira.\nAnexo on line\nA1. DEFINICIÓN DE RATIOS UTILIZADOS\nI. Para el análisis de la cuenta de Pérdidas y Ganancias: Ratios operativos o de rentabilidades y Ratios Financieros\nPara analizar el resultado de la actividad económica de nuestras empresas objeto de estudio, hemos confeccionado un grupo de ratios, denominados Ratios Operativos: RO (tabla 3) en los que se analiza la evolución de los resultados de las empresas medidos a través de la Cifra Neta de Negocio (CNN), del Resultados de Explotación (REX) el Resultado Antes de Impuestos (RAI) o el Resultado del Ejercicio (REJ) y puestos en comparación con los Gastos de Personal (GP), con el Total Activo (TA) o con Patrimonio Neto (PN). De su estudio, se observa la evolución de la actividad empresarial, su rentabilidad y su operatividad, lo que nos permitirá comprobar si, como consecuencia de la crisis, nuestras empresas han mejorado o no su eficiencia.\nLos ratios financieros (Tabla 4) nos dan una imagen del coste de las deudas empresariales y se obtienen mediante la comparación de los Gastos Financieros (GF), Resultado Financiero (RF) con la CNN o el REX. Con ellos, se puede ver el efecto sobre las empresas de haber realizado cambios o no en la forma de financiación.\nI.Para el análisis de la liquidez: Ratios Corrientes (RC)\nCon este grupo de ratios se analizar la evolución del capital corriente. Comparamos masas patrimoniales tanto de activo como pasivo corrientes, tales como Existencia (EX), Deudores Comerciales (D) Acreedores Comerciales (ACR), Activo Corriente (AC) con la Cifra Neta de Negocio (CNN) y con el Pasivo Corriente (PC). La comparación de las diferentes cuentas nos indicará el peso de la financiación ajena, el fondo de maniobra y la capacidad de hacer frente a las deudas a corto plazo. Los Ratios Corrientes son los de la tabla 5.\nendeudamiento empresarial.\npeso de cada masa patrimonial sobre el conjunto del Activo (TA) y su evolución durante la crisis. Los ratios de activo son descritos en la tabla 6.\nLos ratios de pasivo nos ofrecen la evolución de la estructura financiera de las empresas. La crisis ha endurecido las condiciones de acceso a los mercados financieros y es conveniente estudiar los cambios en las distintas formas de financiación mediante la evolución del Patrimonio Neto (PN), Pasivo no Corriente (PNC), Pasivo Corriente (PC), incluso el coste de financiar la deuda Gastos Financieros (GF) respecto al Total de financiación ajena o Total Pasivo (TP). Los ratios de pasivo son los de la tabla 7\nA2. distribución al por menor e hipótesis planteadas\nLa distribución al por menor y la demanda de bienes de consumo\nSi bien, son abundantes y los estudios que relacionan crisis financiera y grado de endeudamiento empresarial, no lo son tanto aquellos que hace lo propio respecto al sector y menos sobre el sector del comercio y la distribución al por menor. En este sentido, sabemos que la función de demanda de consumo depende de la renta disponible, adoptando una ecuación como la expresada en (1)\n(1) C 0 sería el consumo autónomo que no depende de la renta, (C 0 >0)\nC 1 es la propensión marginal a consumir. Mide el efecto de una unidad monetaria adicional de renta disponible sobre el consumo (0< C 1 <1) Y d es la renta disponible una vez pagados los impuestos. Variaciones en el nivel de renta disponible, afectan en el mismo sentido al consumo, lo que se conoce como elasticidad demanda renta positiva.\nSin embargo, para el caso de los bienes de primera necesidad, que son principalmente los ofrecidos por el sector del comercio y distribución al por menor (Boletín Económico del ICE, 2011), esta elasticidad es próxima a cero (). La baja elasticidad demanda renta y el elevado nivel de concentración del mercado en manos de cinco grandes cadenas podrían estar en la base de que el sector, principalmente el grupo de grandes empresas, ha sufrido con menor intensidad la crisis, por tanto, en este trabajo se amplían las visiones de los efectos de la crisis en la economía al centrarlo en un sector concreto como es el del comercio y la distribución en España.\nFormulación de hipótesis\nA pesar de la fuerte contracción en el consumo nacional, las ventas de las empresas del sector CNAE 2009Rev2 471: “Comercio al por menor en establecimientos no especializados” no se vio tan mermada como la caída del PIB o del Gasto Medio por Hogar y, a partir de 2010, empezó a recuperar parte de las posiciones pérdidas (Tabla 1). La especialización en la venta de productos de muy poca elasticidad demandarenta y la concentración del mercado en manos de unos pocos distribuidores 1, pueden estar en la base de este comportamiento. De ahí que formulemos nuestra primera hipótesis\nH1 : El sector de la distribución y comercialización al por menor CNAE 471 ha sufrido con menor intensidad los efectos de la crisis.\nLa caída del PIB y la fuerte reducción de la demanda interna han provocado pocos cambios en las cuentas empresariales. La especialización en venta de productos con una elasticidad demandarenta baja y el alto grado de concentración del mercado han permitido que, en términos generales pero sobre todo, para el caso de las grandes empresas distribuidoras, la crisis les haya dado brío y situado en mejor posición para afrontar los nuevos retos.\nLas empresas comerciales y de distribución al por menor han tenido que recomponer sus pasivos en menor proporción que las empresas de otros sectores (Tabla 2). La contracción del crédito y su encarecimiento, a pesar de la caída de los tipos de interés oficiales, provocó que las empresas que antes habían tenido un fuerte nivel de endeudamiento intentaran desapalancarse. Las bajas tasas de beneficio empresarial dificultaban la devolución de los créditos y evidenciaban el sobredimensionamiento del endeudamiento, lo que iba a llevar ineludiblemente, a una restructuración de los pasivos contables en las empresas. La estructura financiera empresarial debía cambiar, incluso en un sector poco afectado por la crisis, lo que nos lleva a formular nuestra segunda hipótesis. 1 Entre 2008 y 2011 el grado de concentración del mercado creció, sobre todo en comunidades autónomas como El País Vasco, Comunidad Valenciana, Madrid o Andalucía y 3 grandes cadenas distribuidoras controlaban el 68% de la cuota total del mercado. (García, J.A. y Delgado, J 2012).\nH2.1 : A pesar de que las empresas del sector de la distribución al por menor han sufrido menos la crisis, la dificultad para acceder al crédito y su encarecimiento ha originado un efecto de desapalancamiento y de recapitalización de los fondos propios.\nNo obstante, la existencia de grandes cadenas de distribución y comercialización que controlan el mercado y actúan como oligopolios con los fabricantesproveedores, va a provocar que la reestructuración financiera del sector sea pequeña, lo que no lleva a formular otra subhipótesis.\nLas empresas H2.2 : No todas las empresas del sector van a estar afectadas por la reestructuración financiera. más grandes, con mayor capacidad de negociación con entidades de crédito y sobre todo, con acreedores, apenas tendrán necesidad de recomponer su deuda mientras que las más pequeñas buscarán sustituir deuda ajena por autofinanciación.\nRevista Galega de Economía: http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm https://ideas.repec.org.s/sdo/regaec.html"} {"summary": "Neste artigo revísanse as experiencias de resinación desenvolvidas en Galicia dende a década dos 50 aos 60, baseándose en publicacións e no estudo de antigos documentos rescatados do Instituto Forestal de Investigacións e Experiencias (IFIE). Os documentos recompilados resumen as experiencias de investigación realizadas en Galicia, e aportan unhas primeiras conclusións que permiten discorrer sobre a viabilidade económica da extracción de resina en Galicia, e investigar sobre unha silvicultura que compatibilizase o aproveitamento principal da madeira coa extracción complementaria de resina do pino pinaster.", "text": "REVISIÓN DAS PRIMEIRAS EXPERIENCIAS DE RESINACIÓN EN GALICIA (19501970)\n : sistemas resinación, pica con casca, silvicultura, Pinus pinaster Ait.\n1. INTRODUCIÓN\nO aproveitamento resineiro consiste na realización de incisións no tronco das árbores, que permiten a recollida da mera, materia prima empregada na industria resineira e que está constituída polo produto volátil (augarrás) e o corpo sólido de natureza vítrea que se obtén como residuo da destilación (colofonia). O aproveitamento da resina ou mera en España acadou a súa máxima expansión a principios de los anos 60 do século XX, no que se totalizaron 270.000 ha resinadas (Serrada, 2004), acadando en España a súa máxima produción no ano 1961, con máis de 55.000 toneladas, e en Portugal no ano 1973 superando as 90.000 toneladas (Picardo, 2013).\nO Pinus pinaster é a especie española do xénero Pinus que mellor se adapta ao aproveitamento resineiro, malia se resinaron tamén outras especies. Os piñeirais de maior produción resineira foron os da Meseta norte, nas provincias de Segovia, Ávila ou Valladolid, aínda que o aproveitamento afectou tamén a piñeirais da serra en Soria, Cuenca, León, Guadalaxara ou Albacete, malia que con producións máis modestas (Rodríguez Soalleiro et al, 2008). Os sistemas de resinación foron evolucionando ao longo do século XX, dende os que afectaban á madeira (albura), ata os que fixeron compatible o aproveitamento resineiro do piñeiro coa súa explotación da madeira.\nPorén, a década dos oitenta marca o inicio dunha crise nas explotacións resineiras, tanto en España como Portugal, debido fundamentalmente á perda da cota de mercado: \u0017 enrique.martinez.chamorro@xunta.es. Centro de Investigación Forestal de Lourizán, c/Marín Iglesia, 19 Lourizán 36153 Pontevedra. Agradecementos: A D. Juan Carlos Álvarez, presidente da Mesa da Resina en Castela e León e da Asociación Nacional para a Defensa e Vertebración do Sector Resineiro, pola doazón da documentación inédita do IFIE que posuía, ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán da Xunta de Galicia, esencial para poder realizar este artigo.\nelevados custos de produción, disminución da man de obra, e sobre todo, a entrada de China no mercado con prezos moi inferiores aos Europeos (Anastácio et al, 2008). Nembargantes, China actualmente baixou o ritmo das súas exportacións debido, fundamentalmente, á caída da produción nacional, motivada pola perda da man de obra no campo, ao incremento dos custos salariais, e as más prácticas e planificación dos seus aproveitamentos resineiros que deterioraron, en moitos casos, o seu patrimonio forestal (Picardo, 2013).\nTendo en conta este contexto, o rexurdir deste aproveitamento no Norte de Portugal (Santos, 2013) ou en Castela e León e as perspectivas e interese en Galicia, o obxectivo deste artigo é revisar os primeiros ensaios sobre sistemas de resinación realizados en Galicia, recompilando os resultados de producións obtidas e a definición dos métodos de resinación e técnicas máis axeitadas ás peculiaridades produtivas e estacionais dos piñeirais atlánticos.\n2. OS MÉTODOS DE RESINACIÓN ENSAIADOS EN GALICIA\nDende 1940 ata 1970 inciáronse na península ibérica ensaios e experiencias de resinación con diferentes sistemas (Radich, 1995; Hernández, 2006). En España, foi o Instituto Forestal de Investigacións e Experiencias (IFIE) a través da súa sección de resinas e produtos derivados o que promoveu varias probas con diferentes sistemas de resinación.\nA comezos dos anos 50 o antiguo IFIE en colaboración cos servizos forestais provinciais, e especialmente co Distrito Forestal de Pontevedra, realizou experiencias sobre resinación en Galicia que se alongaron ata principios dos anos 70. Galicia, malia non ser unha rexión tradicionalmente resineira, captou deseguido o interese de industriais e da propia administración, debido ás extensas masas de Pinus pinaster existentes, e á necesidad de impulsar a produción de resina fora das rexións tradicionalmente resineiras do centro\npeninsular.\nDos ensaios e experiencias que se amosan neste artigo, dedúcese que en Galicia se empregaron polo menos 4 sistemas de resinación:\na. o sistema Hugues, tradicionalmente aplicado dende o S.XIX, no que se realizaba unha incisión ou ferida vertical e alongada na superficie descascada do tronco, consistente en arrincar de arriba abaixo unhas poucas estelas ou lascas, ata penetrar na albura 1, 5 cm de profundidade máxima, deixando na superficie do tronco unha cara cóncava con perda de madeira. (Calderón, A. 2009; Hernández, 2006). (foto 1) b. o sistema Mazek de “espiña de peixe”, consiste en realizar cun cepillo do mesmo nome, unha serie de estrías longas e transversais ou canais en forma de V, incisións que forman un ángulo de 45º co eixe da árbore e que permiten que a mera se deslice facilitando así a súa recollida (Najera et al., 1957; Solís, 1968). (foto 2) c. o sistema de caras múltiples, onde se realizaban picas 1 longas e continuas de 10 mm de ancho ao longo do eixe da árbore, e en número de 5. Aquí a cicatrización é moi rápida, así que se poden volver explotar as caras que se reconstitúen (Calderón, A. 2009). (foto 3)\nd. o sistema americano de “pica con casca” consiste na realización das picas ou incisións de forma transversal cunha aixola ou cotazo e a aplicación dun estimulante ácido, sempre antes de descascar o piñeiro (Pinillos et al., 2004). (foto 4). 1 Picas: Incisións que se realizan sobre un piñeiro para obter a resina.\nFoto 1. Resinación no Pinhal do Rei. Marinha Grande (Portugal) por método Hugues ou francés.\nFoto 2. Resinación polo sistema Mazek el Alijar. As Navas do Marqués (Ávila)\nFoto 3. Parcela de investigación. Ensaio de extracción polo método español de “caras\nFoto 4. Sistema americano de resinación de Pica de Casca; talladura estimulada con ácido sulfúrico. Fonte: Fototeca forestal INIA En 1952 o IFIE iniciou en Coca (Segovia) experiencias co daquela novidoso sistema de resinación de pica de casca, que consistiu en primeiro lugar na adaptación do sistema e comprobación dos seus rendementos en produción de mera. Despois veu unha segunda fase de extensión do ensaio a todo o ámbito nacional, comparando o novo sistema de pica de casca con estimulación e as súas variantes co sistema Hugues, sobre máis de 200.000 piñeiros de distintas especies das que destacan o Pinus pinaster Ait., o Pinus halepensis Mill. e o Pinus nigra Arnold. Comprobouse unha mellora dos tempos de extracción, unha maior facilidade de aprendizaxe e un incremento de produción de mera de máis do 10% (Anales IFIE 1965).\n3. EXPERIENCIAS DOS ANOS 50: ENSAIO DE MÉTODOS E PRODUCIÓNS\nAs primeiras experiencias das que se teñen constancia en Galicia son dos anos 19521953, e consistiron en probar o sistema Mazek, que tiña como principal vantaxe o seu menor consumo de madeira e a súa maior facilidade de aprendizaxe, malia ser menos produtivo có sistema Hugues (Najera et al, 1957). Escolléronse, na península do Morrazo, dúas rodeiras destinadas a ser cortadas ao rematar as dúas campañas de resinación que tiñan previsto, motivo polo que se abriron todas as caras que o diámetro das árbores (23 cm como media) permitía. Consideráronse dous factores: o número de talladuras a abrir (2 ou\n3) e a estimulación química, con e sen aplicación de ácido sulfúrico ao 50%.\nAbríronse polo tanto dúas ou tres talladuras 2 sobre outras tantas caras de 12 cm de anchura, tomando como referencia árbores resinadas co método Hugues tamén con dúas ou tres talladuras. No caso da resinación Mazek ensaiouse a estimulación química con SO 4 H 2 ao 50%, cos resultados que se amosan na Táboa 1, onde se aprecia unha redución da produción do 37 ao 50% en Mazek con respecto a Hugues cando non se aplica estimulación, malia que as reducións en produción son menores cando o sistema Mazek se combina con estimulación (do 10 ao 44% inferior). A abertura simultánea de tres talladuras supón que o efecto da estimulación química resulta menos importante. Estes\n2 Talladura: Conxunto de picas feitas sobre un mesmo tronco e unidas entre si consecutivamente ao longo da campaña\nDentro desta fase de extensión do ensaio proposta pola sección de resinas, probablemente no ano 195455, déronse as segundas experiencias de resinación en Galicia, tamén na península do Morrazo (Pontevedra). Tratábase de probar distintos sistemas de resinación, con e sen estimulación química abrindo tres clases de caras de resinación: de 12 cm, de anchura igual ao diámetro normal do piñeiro e abrindo caras en toda a árbore (Nájera, 1956). Empregáronse, á parte do anterior sistema dous novos sistemas de resinación:\na. o sistema americano de “pica con cascas” empregando resinación normal e estimulada con SO 4 H 2 en concentracións de 3040-50%, nas tres clases descritas, sistema que tamén se aplicou ao Pinus radiata D. Don con ácido ao 40%. b. o sistema “caras múltiples” aplicado ao Pinus pinaster Ait. e ao Pinus radiata D. Don con unha ou dúas caras de 12 cm para o primeiro e unha soa de 12 cm. para o segundo.\nNesta segunda experiencia, volveu quedar limitada polo delgada que era a masa, aínda que se concluíu que os redementos foron superiores aos do sistema Hugues, nos casos nos que se empregaba SO 4 H 2 como estimulante. 3 Cara: conxunto de talladuras que se fan nun piñeiro\nDurante esta segunda experiencia ampliada agora no tempo (1957) e no espazo, empregáronse en Galicia os tres sistemas de resinación comentados e o sistema Hugues como referencia, e concluíse que o que reunía mellores condicións para o pino pinaster de Galicia era o citado americano de pica de casca estimulado con ácido sulfúrico ao 3040%.\nResulta relevante tamén do informe de 1957, no que se constata unha ampliación da experiencia a diferentes localizacións do sur de Galicia: Tomiño, Pontareas e Entrimo (foto 6) e no que, aínda descartando o sistema Hugues, se fai un estudo de produción comparada con este sistema, utilizando árbores de máis de 30 cm de diámetro normal e obtendo unha media de 2, 76 kg durante os catro anos de experiencias.\nNa Táboa 3 amósase a media dos resultados obtidos durante 4 anos con este sistema en lugares de ensaio con resinacións a vida 4 e a morte 5 con dous dimensións de cara, un feito destacable é o tema de establecer caras estreitas de 9 cm de anchura co método Hugues, de gran importancia en Galicia para que a madeira se depreciara o menos posible.\nentre os 1, 9 kg de Teruel e Málaga e os 4 kg de Segovia. O informe establece dous requisitos ou condicións que considera básicas e que debe cumprir o método de resinación que se aplique en Galicia: a. ser compatible co actual aproveitamento madeirable, no senso de non perturbar o volume de madeira que anualmente se corta b. que o seu manexo sexa cómodo e de aprendizaxe fácil e rápida Continúa o informe indicando que a mera galega ten unha cantidade de agua e impurezas sólidas superior á do resto de rexións resineiras o que rebaixara o grao de colofonia 6 obtida. Finalmente, o informe conclúe que o sistema de pica de casca con estimulación, sen dúbida, dará unha produción superior ao do sistema Hugues. E prognostica unha primeira estimación da produción de mera de 3, 5 kg/piñeiro partindo do feito de que a cada piñeiro se lle poidan abrir dúas caras opostas nos dous anos anteriores á súa corta. O\nautor basea este prognóstico en que anualmente se estaban cortando para serra 3, 3 millóns de piñeiros, realizando o seguinte cálculo sobre a produción teórica posible de mera en Galicia:\nFonte: fototeca forestal. INIA 6 Colofonia: é o corpo sólido de natureza vítrea que se obtén como residuo da destilación da mera.\n4. EXPERIENCIAS DOS ANOS 60: CONDICIÓNS DO APROVEITAMENTO E COMPATIBILIDADE COA MADEIRA\nOutro informe elaborado pola Sección de resinas no ano 1961 titulado: “Informe sobre a resinación dos piñeirais de Galicia e condicións xerais que se propoñen para o outorgamento deste aproveitamento” cuxo autor é Fernando Nájera y Angulo coa colaboración de Rafael Boulet Sirvent, analiza dende as condicións que debe reunir a resinación en Galicia ata as bases para o outorgamento do aproveitamento dos piñeirais de Galicia establecendo as directrices dun plan quinquenal (1963/67).\nDo informe cabe destacar que matiza as dúas condicións, xa mencionadas no informe de 1957, en canto ás condicións que deben reunir o sistema de resinación que se utilice en Galicia, e inclúe outras novas:\nComo resultado final os investigadores propoñían como sistema óptimo para os piñeirais galegos o de pica de casca con estimulación a base de ácido sulfúrico ao 4050%.\nEsta experiencia conclúe que a cifra de 2 kg por talladura, podería servir de base, con carácter mínimo, para o cálculo da capacidade resineira dos piñeirais en Galicia, compostos daquela maioritariamente por masas cunha espesura excesiva con árbores case todas de 20 a 25 cm.\nO resto do informe adícase a establecer as bases para aproveitamentos quinquenais dos piñeirais de Galicia: a posibilidade anual de produción de mera en función das existencias, as medadas e condicións descritas, a análise da capacidade de consumo de produtos resinosos en Galicia e, as posibilidades de exportación destes produtos, analizando tamén a viabilidade de construír dúas fábricas de destilación en Galicia. Concluíndo que, namentres non se determinen as condicións que debe reunir a resinación en Galicia por parte da Dirección Xeral de Montes, non se aconsella a construción de fábricas de destilación.\nPor outra banda, tamén se reflicte a experiencia realizada pola Deputación de Pontevedra sobre 20.000 piñeiros nos montes do Morrazo. Esta experiencia cítase en: “o Informe sobre as experiencias de produción de mera polo sistema de resinación de pica con casca de 1962 da Sección de resinas e derivados (Anais do IFIE, 1962)” onde se desprende que se continuaron 5 anos máis cos ensaios do sistema de pica con casca cos resultados que se observan na Táboa 4.\nNa experiencia determínase que o período de resinación anual foi de aproximadamente 7 meses, moi semellante ou ata algo superior ás das outras experiencias realizadas no centro da península ibérica, que o número de picas foi semellante ao resto; e que as producións foron algo máis baixas, tendo en conta que os ensaios se realizaron en quendas curtas e en árbores de diámetros pequenos (2025 cm de DN) que ían a ser cortadas no prazo dun a tres anos. O informe conclúe: “…ao final do ano 1961 suspendéronse xa estes ensaios, por quedar suficientemente estudada e probada a posibilidade de resinación en Galicia”…\nPorén, a intención do IFIE con estas experiencias era obter a máxima información posible sobre o sistema de resinación idóneo que debía instaurarse nos piñeirais galegos e que se estaban realizando de forma semellante noutras parcelas do resto de España, sen estudar os efectos da perda de volume.\nGarcía Borregón (1966) xa indicaba a necesidade de coñecer cales son as verdadeiras perdas de crecemento anual que a aplicación da resinación produce na madeira dos piñeiros. A súa preocupación é lóxica xa que, segundo manifiesta, o prezo medio da madeira en pé en 1966 para árbores de 20 a 39 cm era de 800 ptas/m 3 cc. (4, 808 €/m 3 cc) valor que actualizado suporía 121, 02 €/m 3 cc 7.\nMoi probablemente, a importancia da madeira como recurso xa fora posta de manifesto en anteriores informes, xunto ao seu prezo, o que fixo que o IFIE en 1967 iniciara un “estudo relativo á influencia que exerce a resinación, polo sistema de pica con casca con estimulación, no crecemento madeirable”, perante a falta de coñecementos sobre a influencia deste sistema no crecemento madeirable, as características físicas, químicas e mecánicas da madeira na industria do serrado.\nCon este obxectivo, elixiuse o monte Seixos Albos de Tui, ao considerarse un lugar representativo dos piñeirais de Galicia con capacidade para ser resinados: diámetros normais de 20 a 40 cm e alta densidade. Durante o período de 1967 a 1971 reformulouse neste monte unha parcela onde resinaron, en principio, 100 piñeiros e deixáronse un\n7 O Instituto Nacional de Estatística (Actualización de rendas co IPC xeral (sistema IPC base 2011) para períodos anuais completos)\nnúmero igual de pés de referencia sen resinar, elixidos todos eles por procedementos estatísticos.\nRealizouse unha cubicación inicial pé a pé, no momento de instalar a parcela, para comenzar a realizar a resinación polo sistema de pica con casca con estimulante líquido, e comparar as medicións con outros 100 de referencia aos 3 e aos 5 anos, cumprindo dúas premisas:\n1. O período de resinación debería ser os 5 anos anteriores á corta 2. Os piñeiros deberían ter máis de 20 cm de diámetro normal.\nA experiencia reforzouse en 1969 engadindo unha segunda parcela con 54 piñeiros máis divididos en dous grupos de 27 para coñecer as posibilidades de resinación con pasta 8 fronte aos estimulados con ácido sulfúrico ao 40%. na foto nº 5 aprécianse árbores resinadas mediante o sistema de pica con casca sobre cara ancha fronte a outras de referencia sen resinar.\nFoto 5: Ensaio de extracción de resina polo sistema de pica de casca con cara ancha. Localización probable: monte Seixos Albos (Tui. Pontevedra).\nMalia que non se puido atopar ningunha publicación ou informe sobre a experiencia, nun documento de 1970 resúmese brevemente o estado da experiencia que, segundo se aprecia na Táboa 5, acadouse unha media de produción aos 3 anos na parcela estimulada con ácido líquido de 3, 1 kg e na parcela de 1969 (pasta fronte a fronte a ácido sulfúrico ao 40% líquido) diferenzas pouco significativas ao ter quizabes unha soa talladura.\nDos documentos estudados nada se desprende sobre o control de perda de crecemento en madeira, nin tampouco se atopou ningunha publicación dos resultados, porén, D. Miguel de Gaviña Mugica responsable da sección de resinas e produtos derivados do IFIE en outubro de 1966 nunha carta dirixida ao Xefe do Distrito de Pontevedra D. Ricardo GarcíaBorregón estima que as posibles perdas serían inferiores ao 19% do crecemento\nEste tema de capital importancia para o caso dunha resinación complementaria ao aproveitamento madeireiro, foi algo máis estudado en Portugal, onde se iniciaron ensaios, na década dos cincuenta para determinar o decrecemento do diámetro normal na Mata Nacional de Leiria (Gomes, 1954). Ultimamente, e baseado nunha hipótese teórica, Guardia, no 1º Simposio de Aproveitamento de Resinas Naturais celebrado en Segovia, considera que a redución anual na produción de madeira é do 10% (Guardia N., 1998), tomando como referencia o estudo de Figueiredo sobre a análise de árbores de Pinus elliottii onde a redución do aumento de volume sen casca foi do 14, 99 % e o da altura total do 12, 02 % (Figueiredo F. A., 1991). Porén, o que quedou demostrado é que canto maior é a produción de mera menor son os crecementos diamétricos das árbores (Palma, 2007).\nA última experiencia da que se ten coñecemento en Galicia, é a que propón o IFIE en 1970 titulada “Estudo da resinación en Galicia mediante o sistema de pica de casca con estimulante sólidos, sobre caras anchas”, onde se pretendía realizar un estudo sistemático da resinación a base do sistema de pica de casca con estimulante sólido executado sobre caras de anchura superior á normal en España, establecida en 12 cm, propoñendo o estudo contrastar, durante 5 anos (19711975) a resinación sobre caras de 20 cm, 16 cm e 12 cm (referencia) e distintos sistemas de recollida en función da anchura e da compatibilidade co aproveitamento madeireiro, realizando, así mesmo, un control da perda de crecemento debido á resinación.\nPracticamente quizabes foron as últimas experiencias, agás da proposta do ano 1970 para realizar a experiencia nos montes de Alto de Sobrada da parroquia de Sobrada e o monte Cabritas da parroquia de Currás, ámbolos dous no concello de Tomiño. 5. DISCUSIÓN En primeiro lugar o máis destacable desta revisión son as numerosas experiencias e ensaios de resinación que se realizaron en Galicia entre a década dos 50 e os 60, e o pouco coñecidos que son tanto no ámbito forestal galego como nacional. Malia que estes ensaios\nPontevedra, quedando fóra outras localizacións xeográficas, como o centro e sur da humidade relativa; exposición, etc.) poderían ter máis interese para a produción de mera; todo iso se cadra motivado pola falta de masas de Pinus pinaster Ait. de dimensións\nsuficientes.\nÉ destacable entre todas as experiencias, a realizada pola Deputación de Pontevedra no Morrazo (Pontevedra) pola súa magnitude, tanto no tempo, 5 anos, como no número de piñeiros resinados, 22.000 pés. Esta importante experiencia e as outras realizadas que no\nseu conxunto superaron de media os 2 Kg /árbol, son representativas das posibles producións que poderían obterse en Galicia por árbore e campaña de resinación; valores\nque se consideran dentro do grao da produtividade do Pinus pinaster, que oscila entre 2 e 3 kg/árbol de media (Picardo, 2013). Outra cuestión destacable é a preocupación, dende os primeiros ensaios, do efecto que a resinación tería na perda de crecemento das árbores, e, en definitiva, no volume madeirable; aínda que pouco ou nada se descubriu da perturbación que o método resinación proposto (2 ou 5 anos antes da corta) podería ter tamén na calidade da madeira. Hoxe é un feito constatable que a modalidade de resinación a vida é dificilmente compatible co aproveitamento da madeira para serra, porén, a modalidade a morte, permitiría a consecución de madeira de calidade e a obtención de resina, como produto secundario (Anastácio et al, 2008).\nNas dúas décadas de ensaios que se realizaron en Galicia, os sistemas de resinación empregados foron evolucionando ata o sistema de pica de casca con estimulación con pasta química, que ao final chegouse a instaurar no resto da península ibérica ata a actualidade, e que non se consolidou en Galicia pola falta de tradición resineira e tamén pola chegada da crise nos prezos da mera. Circunstancia de gran trascendencia xa que este método implica unha serie de vantaxes sobre os outros sistemas: a compatibilidade do aproveitamento resineiro e madeireiro, a maior produtividad, e a maior facilidade de aprendizaxe (Hernández, 2006). 5. CONCLUSIÓNS 1. O antiguo IFIE mantivo líñas de experiencias durante alomenos dúas décadas en Galicia para atopar un método de resinación complementario ao aproveitamento principal ou madeireiro, limitándoo como máximo aos dous ou cinco anos previos á corta final, sen chegar a propoñer a resinación como aproveitamento principal. 2. As experiencias demostraron a superioridade do sistema de resinación de pica de casca con estimulación de pasta química, establecéndose unha produtividade mínima de 2 kg/talladura para resinación nos anos previos á corta das árbores. Aportáronse solucións aos factores naturais que máis poden influír na produción de resinas en Galicia, como son os climáticos (precipitacións, temperaturas, etc.), e os silvícolas (densidade, diámetro normal, biomasa, etc.). 3. Aínda que se tratan de experiencias que pouco aportan xa de interese sobre os factores tecnolóxicos como son os sistemas de resinación ou os estimulantes, os resultados sobre a intensidade, época de resinación ou producións constitúen unha base de interese no escenario actual de interese renovado pola resinación en Galicia. 4. As decisións sobre a viabilidade da resinación en Galicia deberían considerar tanto a cantidade como a calidade da mera que se poida producir, así como o desenvolvemento de métodos e sistemas de resinación adaptados ás características do medio forestal galego.\nBIBLIOGRAFÍA\nANALES DEL IFIE, 1962. Informe sobre las experiencias de producción de miera por los nuevos sistemas de resinación”, por la Sección de resinas y productos derivados del IFIE., n. 7, p.177211.\nde la biblioteca del CIF de Lourizán. Palma, A.M.V., 2007. Capacidade produtiva de resina do pinheiro bravo: Breve panorâmica do sector resineiro em Portugal, Trabalho apresentado como dissertação original para efeitos de acesso à categoria de Investigador Auxiliar, Oeiras: Instituto Nacional de Recursos Biológicos – Estação Florestal Nacional"} {"summary": "A coeducación é un proceso de intervención social e educativa cun carácter proxectado ao logro dun desenvolvemento integral dos suxeitos, tendo presente a coexistencia de dous sexos diferentes non enfrontados e que comparten unha mesma construción social, educativa e persoal. Dende esta perspectiva, a escola de hoxe en día ten a obriga de renovarse e dar respostas as novas necesidades e requerimentos de igualdade, respecto e liberdade entre homes e mulleres demandados polas nosas comunidades socioeducativas.\nO traballo que se presenta a continuación recolle a experiencia vivida nun centro semiurbano de Vilagarcía de Arousa, o CEIP “O Piñeiriño”, a través dun proxecto coeducativo para todos os nenos e nenas da etapa de educación Infantil e Primaria (312 anos). O motivo fundamental que suscitou o desenvolvemento de dito proxecto foi a necesidade de traballar, de xeito organizado e sistemático, aqueles aspectos que favorecen o respecto e a colaboración entre os dous sexos para conseguir unha sociedade mais igualitaria e xusta. Para o logro de tal fin se diseñaron dous proxectos cunha duración de 3 anos, “Entre tod@s” e “Contando con elas”, nos que participou todo o centro. Os seus obxectivos principais foron:\n• Modificar estereotipos masculinos e femininos. • Sensibilizar ao alumando cara a corresponsabilidade nas tarefas domésticas\nO artigo dá comezo ca descrición de cómo naceu unha idea que foi madurando a través da contorna e da historia do mesmo CEIP “O Piñeiriño”; de cómo todo o equipo docente se plantexou que o colexio é de todos e de todas (organización de espazos); de cómo se deron conta de que todos e todas poden facer de todo e traballar en equipo (organización de tarefas) e de cómo se percataron de que todos e todas deben colaborar e compartir esta idea, pois a Paz e a Igualdade se teñen que construír día a día.", "text": "E TI…, EDUCAS OU COEDUCAS?: UNHA OLLADA PEDAGÓXICA DENDE UN PROXECTO INTEGRADOR AND YOU? DO YOU EDUCATE OR COEDUCATE?: A PEDAGOGICAL GLIMPSE FROM AN INTEGRATING PROJECT\n: educación, corresponsabilidade, igualdade, estereotipo, modelos igualitarios.\n• Modify masculine and feminine stereotypes. • Sensitize to the students to corresponsability in domestic tasks\nThe article starts with the description of how was born an idea that went maturing through the\n1. IntroducIón: construíndo o complexo concepto de “coeducar”\nA loita social e educativa polo logro dunha igualdade plena entre homes e mulleres é unha batalla que a día de hoxe segue sen resolverse. Ao longo da nosa historia a muller ocupou un papel destacado no desenvolvemento e progreso das nosas sociedades; con todo, a visibilización das súas participacións foi mínima e en determinadas épocas e esferas sociais, como a política ou a científica, foi nula ou case inexistente; Aos poucos, a través da incursión da muller na esfera do ensino e doutros movementos revolucionarios como foron o feminismo e a democracia foise facendo visible o invisible. Un destes grandes triunfos foi facer visible que todos os homes e mulleres temos os mesmos dereitos e obrigas na nosa sociedade. Grazas a todos estes dereitos e obrigacións lexislados pola nosa constitución xérase un cambio de enfoque e intervención socioeducativa que determina que non basta con educar aos nosos cidadáns e cidadás senón que debemos educalos na igualdade de sexos. Nace así un novo concepto revolucionario, progresista e revelador da sociedade do futuro, a coeducación.\nque se entende entón por Coeducar? Segundo García Pérez (2013), coeducar é cuestionar todo o avanzado en materia de igualdade e dar un paso máis; para o devandito autor xa non é suficiente a premisa inicial de que a escola debe reformular todo o seu sistema para educar en igualdade; hoxe en día damos ese paso de xigante e matizamos moito máis esa premisa. A escola debe educar a cada persoa respectando a súa integridade, a súa esencia, o seu ser. Coeducar é romper cos modelos educativos tradicionais e dominantes, entendendo que homes e mulleres somos diferentes en esencia e necesidades pero iguais en dereitos e deberes. A escola do mañá debe garantir pois que os nosos nenos e nenas cheguen a comprender, desde o respecto e a tolerancia, que significa ser unha muller e que significa ser un home no contexto e realidade sociocultural de hoxe en día. É dicir, debe educar no común e na igualdade pero sen discriminar por razóns de xénero ou polo sexo das persoas. As claves para o logro da devandita equidade viran entón ao redor da detección e erradicación dos estereotipos asociados ao masculino e ao feminino que persisten nas nosas sociedades. O camiño a seguir para eliminalos comeza cunha toma de conciencia sobre os mesmos, unha reflexión sobre os aspectos que os manteñen vivos e unha intervención sobre os factores que os transmiten xeración tras xeración para erradicalos.\nNa actualidade, a coeducación comeza a ser unha liña de acción nalgúns centros escolares. Nos devanditos centros empézase a cuestionar o currículo educativo, a linguaxe, os roles, os modelos familiares e profesionais, a socialización en determinados valores culturais, así como os propios comportamentos docentes. A partir destas novas reflexións póñense en marcha medidas de acción que permitan traballar e transformar na comunidade educativa os roles de xénero estereotipados, a feminización ou masculinización das profesións, a xestión das emocións e a afectividade entre homes ou a diversidade sexual, entre outras cuestións. As nosas actuais escolas defínense, xunto coa familia, como unha das institucións máis relevantes na trasmisión de valores e comportamentos non sexistas para os nenos e para as nenas. Os colexios que apostan pola coeducación contan cunha proposta educativa e pedagóxica compartida pola maioría do seu equipo directivo e de docentes. Son profesionais cualificados que reivindican e coidan de que tanto o material académico ofrecido dentro e fora da aula, como a súa forma e linguaxe á hora de dirixirse ao alumnado, estean libres de estereotipos para que nenos e nenas non se sentan nunca discriminados por razóns de xénero e/ou sexo. É dicir, garanten que todos e todas gocen das mesmas oportunidades educativas para crecer e desenvolverse en liberdade e para elixir un futuro satisfactorio (Salas García, 1997).\nA coeducación que se promova nas escolas repercutirá positivamente no futuro dos nosos cidadáns y cidadás xa que:\n• ensinaralles a convivir con e desde o respecto, con liberdade e empatía cara aos demais • ofreceralles ferramentas para previr, xestionar e erradicar calquera posible problema derivado das violencias (tanto físicas como psicolóxicas). • os preparará para forxar unha sociedade mellor e máis equitativa onde todos e todas teñamos un lugar e unha razón de ser como persoas.\nTemos pois entre as nosas mans un importante e complexo labor pedagóxico dentro das escolas, que nos involucra a todas as familias e a todas as esferas da nosa sociedade, un reto que en principio non dispón de data de caducidade.\nNo centro de “O Piñeiriño” cremos neses principios e nesa realidade escolar e por iso decidimos dar un xiro total o noso quefacer académico diario. O equipo directivo e de docentes que nel traballamos compartimos a premisa inicial de que a escola educa máis polo seu ambiente que polo discurso illado de cada docente; tamén que todo o que permita a comunicación, a expresión das diferencias e o recoñecemento dos outros e outras é un xeito adecuado de previr a violencia e o conflito en xeral. Se ademáis engadimos as variables de xénero en particular a proposta de intervención se torna máis complexa, pois a prevención non é un punto máis dentro dun temario senón que precisa da transmisión diaria de mensaxes coeducativos e non excluíntes.\n2. a escola, luar prevIlexIado para coeducar: qué, quén e cómo\nA escola nace para dar respostas educativas as demandas e necesidades plantexadas pola sociedade. Podemos dicir que a escola está ao servizo permanente do que dita a sociedade á que atende. Os estereotipos e discriminacións entre homes e mulleres son un feito social e como tal debe ser abordado por todas as partes integrantes da comunidade educativa, isto é: polo equipo docente e non docente das escolas, o seu alumnado, as familias, os axentes sociais e todos aqueles membros que de maneira directa ou indirecta participan por e para a creación dunha escola máis equitativa, cohesionada, xusta e comprometida coa súa sociedade. O labor de coeducar é unha función que incumbe tanto a homes como a mulleres por igual, pois favorece a construción da identidade masculina e feminina así como a interrelación entre ambas (Abad, 2014).\nA escola, como fiel reflexo da sociedade na que vivimos, debe traballar cara ao logro dun cambio radical na mentalidade dos seus cidadáns e cidadás en tres aspectos fundamentais: as tarefas domésticas, os xogos e xoguetes e a linguaxe. Entre ambos se establece unha relación directa de causalidade sexista que debemos transformar a través da coeducación e desde o núcleo familiar, escolar e social. Así, coeducar tamén desde o núcleo familiar leva transformar múltiples aspectos e funcións, pero neste proxecto decídese traballar sobre tres liñas de acción que destacan por encima das demais e óptase por:\nA) Actuar sobre o control, a planificación e o funcionamento do fogar (o que leva ensinar a establecer a orden as tarefas, as rutinas das mesmas, a xestionar a economía e os tempos, etc.); b) Fomentar a realización de tarefas domésticas concretas de maneira equitativa (o que supón inculcar nos nenos e as nenas que todos os membros da familia debemos compartir as tarefas de cociñar, lavar, pasar o ferro, coidar, etc.); C) Desenvolver condutas e comportamentos máis afables na xestión das emocións e do afecto (é dicir, débeselles guiar cara ao modelo dunha nova identidade masculina e feminina). Por tanto, coeducar desde o seo familiar leva ensinar aos nosos fillos e fillas a compartir todas as tarefas e responsabilidades familiares e domésticas por igual.\nPodemos afirmar entón que o sistema educativo, xunto coa familia e os medios de comunicación, contribúen a esa transmisión de roles e estereotipos de xénero tanto positiva coma negativamente. Por iso un dos nosos obxectivos educativos prioritarios foi darlles aos nenos e nenas, mozos e mozas do noso centro, unha educación plena que lles permita conformar a súa propia identidade así como desenvolver a súa capacidade para vivir dunha maneira crítica nunha sociedade plural. Perseguimos que o noso alumnado chegue a desenvolver e exercer a tolerancia, a liberdade e a solidariedade cos seus iguais dentro e fora da escola; como centro e comunidade educativa temos a obriga de seguir pois a traballar na procura destes obxectivos.\nOutro aspecto relevante no plantexamento deste macro proxecto foi a crenza de que toda acción educativa está comprometida cunha serie de valores, tanto explícitos como implícitos, declarados ou non declarados. E dicir, os mestres e mestras sabemos que dun xeito inconsciente podemos contribuir a reproducir modelos e actitudes sexistas, polo que debemos estar moi atentos para que as nosas intervencións sexan totalmente respectuosas e coeducativas. Polo tanto traballamos cara unha linguaxe non sexista.\nTampouco queríamos esquecer a importancia de abordar o “centro educativo” como espazo de adestramento para a vida e para as relación sociais. Aceptar que formamos grupos humanos que comparten normas que se estiman valiosas para a vida en común é un primeiro paso para a educación en valores, polo que dentro dos nosos horarios escolares tiña que haber tamén un tempo establecido para tal fin. A pesares dos grandes logros a prol da igualdade que se levan acadado na nosa sociedade occidental e na nosa escola en particular, aínda compre traballar a fondo na superación de moitos dos estereotipos e discriminacións por razóns de xénero que seguen a perdurar no tempo. Cremos firmemente que a escola segue a ser o lugar idóneo para liderar este reto e comezar o proceso do cambio.\n3. “entre tod@s” e “contando con elas”: unha andaIna dende o ano 2001 ata a actualIdade\nA escola coeducativa é un espazo de aprendizaxe neutral que transmite valores e prácticas educativas incorporando a perspectiva da diversidade de xénero e diversidade cultural. Tal como se recolle na Guía para a elaboración dun modelo Coeducativo de centro (1997, p. 14), “ este modelo de escolas teñen como obxectivo a eliminación de estereotipos entre sexos superando as desigualdades sociais e as xerarquías culturais entre nenas e nenos ”. Podemos dicir que unha escola se volve coeducativa cando as súas metas rediríxense ao logro da erradicación das desigualdades que se xeran por unha aprendizaxe estereotipado do xénero e polo impacto dun sexismo social discriminatorio, que se establece no tipo de relacións e roles sociais que homes e mulleres deben asumir dentro dunha sociedade ou unha comunidade educativa concreta.\nO espazo que nos ofrece a escola é un escenario idóneo para empezar a construír os cimentos da devandita escola coeducativa, pois representa un fiel reflexo da organización socioeducativa discriminatoria que con frecuencia impera nos centros. A maneira na que se distribúe e xestiona devandito espazo condiciona os seus usos, por iso, cando os nenos utilizan mellores e maiores cotas de espazos fronte ao ocupado polas nenas, estamos a reproducir e perpetuar as desigualdades sociais e educativas máis tradicionais que deixaban ás mulleres relegadas a un segundo plano ou directamente invisibilizadas. O que se busca pois é xerar un cambio profundo nas condutas estereotipadas e fomentar usos diferentes do mesmo que promovan a adquisición de actitudes, aptitudes e valores non sexistas. Podemos dicir que procuramos incidir nas actividades que nel se realizan, nas persoas que os ocupan, nos elementos que o compoñen e no sentido que se lle otorga o espacio escolar. O presente proxecto persegue transformar o noso espacio escolar en espacio de igualdades para mellorar as identidades, as conductas, os usos e significados que lle dan o mesmo tanto os alumnos e alumnas, coma os mestres e mestras, as familias e demais profesionais socioeducativos que participan da nosa comunidade educativa (Gómez rijo, 2004).\nCando falamos da reorganización de espazos en clave coeducativa, referímonos o comezo dunha verdadeira reconquista de tódolos espazos do centro, pero sobre todo dos espazos de lecer. Fai moitos anos, alá polo curso 20012002, observamos que os balóns e os nenos ocupaban os espazos centráis e de maior dimensión do recreo; tamén que case a totalidade do espazo se empregaba para xogar ao fútbol, deporte básicamente masculino, polo que as nenas ou ben non tiñan case espazos alternativos ou ben non “ podían ” ou non “ querían ” participar nel. Nos propuxemos entón organizar un patio respectuoso coa diversidade, redistribuindo os espazos e as quendas de uso; así foi como todos os membros da comunidade educativa nos puxemos dacordo para que en adiante os xogos con balón, como o baloncesto e o fútbol, só se poderan desenvolver na pista e por quendas. É dicir, cada día acordouse que lle correspondería a un nivel e curso xogar co balón, e todo o alumnado dese nivel e curso serían os únicos que poderían participar nel. Así mesmo, habilitáronse outros espazos para compartir nese horario, tales como: a aula de informática, o pingpong e varios baúis con xogos e xoguetes para todos e todas con cordas, gomas, bonecos, aros, …etc.\nOutra proposta para dinamizar en perspectiva de xénero o espazo do lecer foi organizar e promover “ Intercambios Deportivos ”. Da man do profesorado de educación Física, e dende fai máis de quince anos, se están a realizar trimestralmente éstos intercambios con outros centros da localidade. Nos mesmos organízanse actividades nas que aqueles deportes tradicionalmente masculinos perden esa característica ao conformarse equipos mixtos con nenos e nenas. Asemade nestes torneos coeducativos tamén se fomentan outros valores cruciais como son a cooperación, o respeto, a liberdade e o deporte en equipo como fonte de diversión e saúde.\nChegados ao curso 20062007 elaboramos e desenvolvimos un proxecto pioneiro no centro, o proxecto coeducativo “ Entre tod@s ” centrado en dous bloques principais:\n• o traballo doméstico. • A corresponsabilidade.\nAs razóns desta elección foron que aínda que a sociedade avanzou moito no século XX en canto a igualdade de xénero, as estatísticas seguen a mostrar que as tarefas domésticas seguen a recaer sobre as mans das mulleres; ademáis é un tema coñecido, accesible e fácilmente analizable para os nenos e nenas de infantil e primaria porque forma parte da cotidianeidade do noso alumnado; por último, engádese o feito de que o corresponsabilizarse entre todos e todas nas tarefas da casa se axuda a crear relacións de equidade dentro do fogar ou do espacio de convivencia compartido (Panadero e leris, 2002). Polo tanto, partindo destas duas premisas, os obxectivos que nos propuxemos acadar o longo destes dous anos de proxecto foron os seguintes :\n1) Observar a distribución de tarefas en razón de sexo nos fogares. 2) Modificar estereotipos masculinos e femininos. 3) Sensibilizar ao alumando cara a corresposabilidade nas tarefas. 4) Facer competentes aos nenos e nenas en tarefas domésticas sinxelas favorecendo o desenvolvemento da súa autonomía persoal\n4. a IntervencIón en clave de coeducacIón: desglose de actIvIdades\nA proposta de actividades de intervención CoEducativas que se amosan a continuación forman parte do proxecto “ Entre tod@s ” desenvolto o longo do curso académico 2006/2007. O noso cometido con este traballo é dar a coñecer unha experiencia escolar real, que poida servir como punto de partida para outros centros e realidades que tamén queiran transformar dun xeito coeducativo as súas escolas. Polo tanto, a secuencia de actividades que aquí se recollen deberán ser complementadas, reformuladas e adaptadas as necesidades, circunstancias e contexto de cada centro.\nnon estivesen presentes durante una semana. Entón eles e elas tiñan que suplantar o rol dos adultos na figura do pai e da nai, e organizar as diferentes tarefas domésticas que hai que desenvolver no día a día dun fogar. Cada pequeno grupo ía anotando nunha cartolina como acometían as tarefas e o reparto das mesmas para logo comentalo e debatilo co gran grupoclase.\nNa cuarta fase, xa só dirixida para os mozos dos cursos do segundo ciclo en diante, se lles pide que cubran unha enquisa para reflexionar sobre quen asume e realiza as tarefas domésticas no seu fogar, invitándoos logo a reflexionar sobre por qué o peso do traballo doméstico recae maioritamente sobre unha única persoa, e sobre como eles poderían colaborar, cambiar e actuar para que esas tarefas estivesen mais repartidas e equilibradas.\nEn canto ao bloque da aprendizaxe de tarefas domésticas, podemos dicir que se organizou mediante obradoiros cunha duración semanal dunha hora, aproximadamente, e ao longo de tres cursos académicos. Nesta actividade participou todo o profesorado do colexio polo que os grupos de intervención de cativos e cativas era reducido (15 nenos e nenas) e moi heteroxéneo, pois se conformaba con alumnado de diferentes cursos. O profesorado realizaba pois os obradoiros semanalmente, pero o alumnado acudía quincenalmente aos mesmos segundo a sua idade: de 3 anos a 2º curso de Educación Primaria e de 3º curso a 6º curso de Educación Primaria, respectivamente.\nEn ditos obradorios todas as semanas os alumnos e alumnas tiñan que acudir para realizar as seguintes tarefas:\n“Dobrado de roupa, lavado de louza, pranchado de prendas de roupa, tendido óptimo da roupa, limpeza de calzado, varrer, pasar a fregona, facer un circuíto eléctrico sinxelo, poñer a mesa, reciclaxe, facer a lista da compra, cociña sinxela, facer a cama… etc.”. r esaltar que aínda que non cause unha boa impresión esta proposta didáctica, debemos engadir que estes obradoiros eran unha das actividades mellor valoradas polo alumnado, creándose nos mesmos un ambiente de motivación, participación e colaboración entre os nenos e as nenas moi positivo e produtivo.\nEn canto as dinámicas grupais ou actividades colectivas máis significativas e relevantes para o noso centro atopamos a “ Árbore de Nadal de cores ”. Con esta actividade comenzamos en decembro de 2006 outra parte do macro Proxecto de Igualdade. Foi unha actividade colectiva para todo o alumnado do centro escolar. O obxectivo principal desta actividade colectiva foi elaborar entre todos e todas unha árbore de cores que, ademáis de decorar con motivo da festividade de nadal o vestíbulo, nos fixera pensar nos distintos significados que teñen as cores nas nosas vidas cotiás e si, en realidade, resulta tan importante e aceptable que a cor rosa se lle asigne ás nenas e a cor azul aos nenos. Experimentamos con todos e todas na propia pel que si un neno pegaba na árbore un papel de cor rosa e unha nena pegaba un papel de cor azul, non sufrían ningúns cambios significativos.\nOutra proposta moi interesante e satisfactoria para a nosa escola foi a actividade grupal programada con motivo do día internacional da paz : “ A VILAIGUALDÁ: Todas e todos somos quen de… Abre as ventas e verás que igual dá”. Esta actividade foi unha montaxe plástica que se situou tamén no vestíbulo do colexio, e que consistiu na elaboración dun pobo coas súas casas no que ao abrir as ventás, se vía xente de diferente sexo e idade facendo as actividades domésticas ou se lían palabras ou mensaxes referidas a elas. Co eslogan que encabeza a nosa actividade o profesorado queríamos expresar dun xeito carismático que todas e todos nós somos quen de coser, de pranchar, de poñer a mesa, de regar as prantas… e por suposto de coidar da familia.\nComo se pode observar, a idea fundamental deste macro proxecto de igualdade é a valorización do traballo doméstico e a corresponsabilidade. Pretendemos facer visible a realidade dos fogares facendo que expliciten o funcionamento diario das suas casas para, a partires desta visibilización, concienciar ao alumnado sobre a necesidade e posibilidade de que todos os membros da familia ou unidade de convivencia aporten algo máis ás tarefas que a cotío é preciso facer. Este cambio de actitudes e de conductas hacia o traballo doméstico e a corresponsabilidade favorecen un mellor funcionamento e desfrute do tempo, facendo ver que non só os adultos se teñen que ocupar de todo o do fogar, senón que tamén eles e elas, os máis pequenos e pequenas da casa, deben e teñen que asumir un papel activo nás suas casas para realizar todas as tarefas existentes.\nXa entrando no curso 20072008 xurdiu no centro a posibilidade/oportunidade de participar no Plan ValoraIgualdade convocado conxuntamente por varias consellerías. Presentamos este proxecto “ Entre tod@s” no que xa estábamos traballando, e decidimos complementalo cun novo traballo titulado “ Contando con elas”, cuxos obxectivos principais eran:\n• Facer ver ao alumndo os estereotipos de feminidade e masculinidade existentes que impiden un desenvolvemento individual, diferente ou singular das persoas. • Fomentar actitudes contrarias aos prexuizos sexistas, vivenciando e compartindo procedementos de actuación igualitarios no colexio, na aula, no patio, nos obradoiros e nas actividades adicadas a este fin. • Decatarse dos impedimentos que tiveron as mulleres e os homes para desenvolver certas actividades. • transmitir a filosofía deste proxecto aos pais e nais para que estean informados deste proxecto e obter a súa colaboración.\nCon este novo proxecto péchase un círculo de traballo pola igualdade que, a día de hoxe, segue a fomentar unha aprendizaxe coeducativa no centro. É dicir, continuamos desenvolvendo na escola os obradoiros de tarefas domésticas, que cumplen co obxectivo de romper estereotipos dentro das tarefas do fogar e capacitar aos nosos nenos e nenas para desenvolvelas con equidade. Os obradoiros de actividades mellor valoradas polo noso alumnado e o profesorado seguen a ser as seguintes:\noutra cara da moeda na que se amosasen homes que “rompesen moldes”, para que os nenos e nenas os recoñecesen, se identificasen e os tomasen como referentes.\n5. avalIacIón e balance de resultados\nNos proxectos aquí recollidos plantexouse unha avaliación integradora do profesorado, do alumnado e dos proxectos en sí mesmos. Para iso conseguiuse que o profesorado participase activamente, sobre todo nas dinámicas dos obradoiros e nas lecturas alternativas propostas, avaliando en clave de coeducación e nas sesións de cada trimestre, positiva ou negativamente as actividades realizadas. Para o alumnado, ademáis de observar a súa actitude e motivación no desenvolvmento das actividades, se tivo en conta a realización de carteis alusivos ao tema para unha exposición presencial a finais de curso. queda patente pois que a idea principal do noso proxecto de coeducar está asumida por todo o equipo docente do centro, máis temos que recoñecer que non sabemos o que verdadeiramente acontece nas súas casas. De todos os xeitos, podemos dicir que dende a escola a mensaxe está lanzada e traballada.\nEn canto ao proxecto concluimos que foi moi gratificante tanto para o profesorado como para o alumnado, incluso para gran parte das familias que nos amosaron o seu apoio e acordo co enfoque plantexado neste tema. A pesares de todo isto os obxectivos principais do noso proxecto poden chegar a parecer moi ambiciosos ou pocuo adaptados a realidade cotiá do centro escolar. Máis a pesares desa errada percepción e do encorsetamento que temos cos nosos contidos curriculares, cas constantes avaliacións, cas saídas, conmemoracións e demaís accions académicas as que nos someten as administracións, podemos decir que anque as veces non nos permitiron rematar o proxecto tal e como estaba concebido, os resultados xerais foron moi satisfactorios.\n6. conclusIóns e momento actual: traballando o futuro\nNestes últimos anos seguimos a traballar en prol da igualdade e ampliamos os nosos horizontes de intervención en espazos como son a educación emocional e a resolución pacífica de conflitos. A chegada ata aquí é natural e positiva, pois despois de quince anos desenvolvendo proxectos de respecto ao medio ambiente, da realización de actividades a prol da igualdade, do desenvolvemento de obradoiros para a atención á diversidade, etc., aínda nos quedan folgos, retos e soños por cumprir.\nFinalmente podemos dicir que todas as actividades que se desenvolveron nos Centros co fin de traballar a igualdade tiveron un resultado moi positivo. Mais, como profesorado non debemos esperar a que sexa todo o centro o que participe na actividade senon que as dinámicas coeducativas que establezamos nas nosas aulas o nas nosas clases, van deixar unha pegada importante no alumnado co que traballamos.\nO profesorado como modelo de comportamento coeducativo é de gran relevancia, pois todos e todas recordamos con agarimo aquel mestre ou mestra que coa sua actitude, paciencia e cariño nos transmitiu valores que hoxe en día xa incorporamos ao noso xeito de ser ou de facer. Paga a pena adicarlle pois un tempo a pensar que modelo estamos transmititindo dende as escolas e cal é o que en realidade queremos transmitir para actuar en consecuencia.\nComo remate final deste traballo queremos agradecer a todo o profesorado do noso claustro\n7. referencIas bIblIográfIcas igualsol.pdf (Consulta: 1210-2016)"} {"summary": "Neste breve contributo queremos debruzarnos sobre o substantivo mazarico e, nomeadamente, sobre a súa presenza na onomástica galega (quer persoal quer xeográfica). É para iso que, tras unha incursión pola sorte deste lexema e as súas variantes formais nos dominios iberorrománicos centrais e occidentais (a través da súa presenza en diferentes obras lexicográficas), mergullaremos na documentación medieval para rescatar unha serie de rexistros que, para alén de permitiren a reconstrución da forma antiga do zoónimo, patentean a súa implementación no ámbito da onomástica persoal e, a través dela, tamén no da onomástica xeográfica. Concluiremos a nosa achega cunha breve revisión da repercusión toponímica do substantivo analizado, ben como doutras denominacións recibidas pola ave que designa (nomeadamente a forma zarapico e variantes).", "text": "Sobre a repercusión do zoónimo mazarico na onomástica medieval e moderna\n Onomástica, antroponimia, toponimia, lingüística hisEste traballo foi realizado ao abrigo do proxecto de investigación Inventario Toponímico da Galicia Medieval (ITGM), que está a ser desenvolvido no Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).\n© 2017 Estudos de lingüística galega 9, 6586\n1. A formA mazarico e As súAs vAriAntes nA lexicogrAfíA\n1.1. O termo xenérico mazarico é a denominación dada na actualidade, principalmente, a diversas especies de aves limícolas pertencentes á familia Scolopacidae, sendo as máis coñecidas no noso entorno xeográfico próximo o mazarico real (Numenius arquata) e o mazarico galego (Numenius phaeopus), por acaso máis pequeno ca o anterior. Todas elas se caracterizan, en xeral, polas súas patas altas e finas e por un peteiro longo, curvado e de forma cilíndrica do cal se serven para procurar alimento no lodo ou nos rochedos daquelas zonas húmidas en que costuman ter o seu hábitat.\n1.2. A forma maçarico 1 está presente desde os primordios da dicionarística portuguesa, recollendo os dicionarios modernos e contemporáneos outras acepcións, quer do ámbito da zooloxía quer doutros dominios lexicais. Por exemplo, António de Moraes (GDLP, s.v. maçarico) acrecentou o significado “O macho da lebre que tem uma malha branca na testa”, a relacionar sen dúbida co de maçarica “Lebre pequena que se esquiva facilmente aos cães”. Mais a forma maçarico veu a gañar tamén algunha presenza no campo do léxico industrial e tecnolóxico, probabelmente en virtude dunha extensión semántica do zoónimo propiciada pola peculiar e recoñecíbel fisionomía da ave por el nomeada e, máis en concreto, polo seu característico bico. Daí, tamén en GDLP, os significados de “Tubo de metal, com que se sopra sobre uma chama, cuja temperatura se eleva extraordinàriamente [sic] por esse meio” ou “Parte do assentamento nos engenhos de banguê, que conduz as chamas á chaminé”, ambas as acepcións retiradas do dicionario antedito e para as cales teremos que remitir aínda o derivado maçariqueiro (“Homem que trabalha com o maçarico”). Tamén á mesma esfera semántica pertencen usos específicos como “Objecto com que se chamusca actualmente o porco, para depois ser esfregado” (Delgado 1970, s.v. maçarico) ou “Rudimentar candeeiro de petróleo, usado pelos pescadores” (Monteiro 1950, s.v. maçarico, e apuntando aínda a “semelhança de formas” como causa última desa transposición semántica).\nXa para o espazo lingüístico do castelán, Martín Alonso (1958, s.v. moracico) definiu o substantivo moracico como “Ave marina que vive en las playas y se alimenta de ostras”, embora a denominación mais común para a ave naquel dominio sexa zarapito, vocábulo por acaso existente tamén na nosa lingua (a par de variantes como zarrapito ou zarapico, entre outras), e sobre o cal teremos que voltar máis adiante (véxase §3.3). Esta visión panorámica da vitalidade do lexema en análise ficaría incompleta se non levásemos en consideración o ásturoleonés mazaricu, de evidente afinidade formal coa variante galegoportuguesa, mais que, consoante á información contida nos dicionarios asturianos, pode designar outras aves limícolas diferentes das do xénero Numenius 2, ben como unha pequena almofada na cal espetar os alfinetes, de maneira a non os perder (DGLA, s.v. mazaricu).\nPara a lexicografía galega 3, o primeiro autor a rexistrar o vocábulo foi o padre Sarmiento, quen anotou unha variante mazarrico talvez interpretábel como consecuencia dunha reduplicación expresiva da vibrante, ou entón (hipótese que achamos máis convincente) como unha simple gralla do frade pontevedrés na transcrición da palabra. Desde entón, o apelativo mazarico ten pasado á maioría dos repertorios lexicográficos que tivemos ocasión de confrontar, embora nalgúns autores poida ser detectada algunha confusión á hora de precisaren o referente exacto deste termo. Desta maneira, Aníbal Otero define mazarico como “Pájaro carpintero”, acepción tamén consignada, entre outros, por Elixio Rivas no concello coruñés de Curtis e por Antón Santamarina (1967: 132) na comarca da Fonsagrada. Este mesmo autor, xunto con Carme Ríos Panisse, atesta a forma con “seseo” prenuclear, é dicir, masarico / masarica, ben como unha interesante variante marzarico para cuxa explicación lanzan man dunha posíbel interferencia co substantivo marzo, “ya que desde marzo resuena su magnífico trino, lanzado en el vuelo por el macho al que contesta desde tierra la hembra”. De feito, foi García de Diego (1985, s.v. marcico) quen propuxo o latín martius como orixe quer do castelán marcico ‘merlo’ quer do galegoportugués mazarico, ofrecendo erradamente para este último o mesmo significado que para a mencionada forma castelá.\n1.3. Malia constituír un aspecto de interese secundario para este traballo, importa notar que a orixe etimolóxica do vocábulo aínda non ten sido esclarecida de maneira plenamente satisfactoria. Joan Coromines (DCECH, s.v. zarapito), após rexeitar a presenza do sufixo diminutivo – ito / – ico nas formas castelás e ásturoleonesas zarapico e zarapito, coloca a cuestión de seren estas, xunto co galegoportugués mazarico, formas compostas en cuxa formación estaría envolvido o substantivo pico / bico (< céltico * beccu), a espellar aquela que, como indicado nun parágrafo anterior, constitúe talvez a característica fisionómica máis singularizadora da ave. O distinto filólogo catalán recollía así, mesmo que fose de maneira parcial, a vella hipótese de Cortesão (1900, s.v. maçarico), quen tiña proposto como base etimolóxica un composto môrbik (sic) constituído polos lexemas môr ‘mar’ e pik ‘bico’, mais cuxa evolución fonética até as variantes medievais que en breve comentaremos resultaría, no mínimo, complexa. Menos asumíbel aínda, en termos estritamente formais, xulgamos a explicación desenvolvida por Joan Coromines (DCECH, s.v. zarapito), segundo a cal a forma orixinaria terá sido, na verdade, * zarrabico (coherente co substantivo galegoportuguês bico), a partir do cal chegariamos por metátese a un estadio intermedio *bazarrico e, finalmente, a través da utilización do substantivo en secuencias do tipo * un bazarrico, á redución do grupo fonotáctico [mb] > [m] (* um bazarrico > * u(m)mazarrico > mazarrico). Para alén da ausencia duns mínimos apoios documentais para este estraño percurso evolutivo e, aínda, da propia excepcionalidade e a escasa fiabilidade da variante mazarrico (que constitúe un auténtico hapax na nosa lexicografía), o obstáculo verdadeiramente incontornábel para aceptarmos esta hipótese decorre dun dato obvio para calquera pesquisador habituado a lidar coa fonética histórica galegoportuguesa: estamos a nos referir á sistemática tendencia do romance galegoportugués (ben como da maior parte de variedades do ásturoleonés) para a conservación do grupo consonântico [mb] (palumba > pomba, sancta columba > Santa Comba / Santa Colomba etc.), resalvando casos moi puntuais e ben coñecidos como tam bene > pop. tamén (Ferreiro 1999: 167). 1.4. Sexa como for, debemos munirnos de certas precaucións perante a presenza, polo menos nos dicionarios galegos, de formas homonímicas do termo que nos ocupa, todas elas derivadas do verbo mazar, como por exemplo mazarico / mazarica, que Elixio Rivas recolle como sinónimo de mazador, é dicir, “Ruedecilla enhastada para mazar (batir) la leche y hacer manteiga ”. Pola súa banda, Constantino García rexistrou mazarico como sendo semanticamente equivalente de mazarelo / mazarela, ambas con algunha repercusión toponímica en territorio quer galego quer portugués 4 e homologábeis, en termos de contido semántico, ao substantivo mazador. Este fenómeno de homonimia non está exento de interese, pois influíu de maneira decisiva no estabelecemento dalgunhas das etimoloxías colocadas para o ornitónimo mazarico, como por exemplo a proposta de Ríos Panisse e Antón Santamarina ao explicaren esa forma como derivado do verbo mazar, “por el picoteo constante” que alegadamente caracterizaría a ave. Porén, hipóteses como esta non casan cos rexistros máis temperáns do vocábulo. Se conferirmos as fontes medievais, comprobaremos que o zoónimo en foco está presente nun paso da Historia 4 Segundo os datos do proxecto Toponimia de Galicia, existen en Galicia dúas entidades de poboación chamadas Mazarelos (nos concellos de Silleda e O Saviñao), ás cales podemos acrecentar a coñecida Praza de Mazarelos na cidade de Santiago de Compostela, ben como a porta medieval homónima que nela se encontra. Rexístrase tamén a variante feminina Mazarelas como nome de un lugar no concello de Oza dos Ríos. Xa en Portugal, coñecemos no mínimo un lugar denominado Maçarelos, no conc. Porto.\nCompostellana (1133) en que son mencionadas varias aves destinadas ao consumo humano, entre as cales gallinam, maraticum, perdicem pro singulis nummis. Embora se trate dun rexistro excepcional e illado no contexto da produción documental latina en Galicia, podemos xuntarlle outros testemuños que, para alén de indiciaren unha implementación onomástica (e principalmente antroponímica) do lexema, poden aínda axudar a descartar de vez calquera interpretación etimolóxica primaria baseada no verbo mazar.\n2. o s m aracicos dA terrA dA B ArBAnzA : trAs o rAstro dun clAn fAmiliAr medievAl\n2.1. Con efecto, na documentación reunida no tombo do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos 5 deparámonos con varias referencias explícitas a un pequeno grupo de personaxes (por acaso todos eles masculinos) definidos pola utilización do sobrenome Maracico (sic), o cal pode ocorrer nos textos con mínimas variacións formais. Para alén de todos eles partillaren un elemento onomástico tan singularizador como o sobrenome (e un sobrenome tan específico, ademais, que non se repite, ao que parece, en ningunha outra fonte medieval galega daquelas que puidemos confrontar), a documentación fornece aínda outras evidencias claras de estas persoas teren estado unidas por unha ligazón familiar directa.\n2.2. Un deses individuos é Fernando Diéguez “Maracico” (Fernandus Didaci dictus Maracicus), quen aparece até en tres documentos diferentes. No máis antigo deles, con data de 1219, identificámolo como confirmante da doazón que Xoán Froiaz “Mariño” (Johannes Froyle, cognomento Marinus) realiza de todo aquilo que detiña na igrexa de San Xián da Pereiriña (conc. Cee) ao mosteiro de Toxos Outos. Maior interese, no entanto, ofrece o seu testamento (ver Apéndice 2), outorgado en marzo de 1223 e que constitúe a principal fonte para coñecermos, en primeira man, a localización dunha boa porción do patrimonio fundiario que o personaxe (e por acaso o clan familiar ao cal pertencía) posuía no momento do seu pasamento. De resto, ao se teren conservado identificábeis todos os elementos toponímicos mencionados no testamento, podemos estabelecer de maneira moi exacta a área xeográfica en que tales propiedades viñeron a se concentrar, correspondéndose esta coa comarca da Barbanza (nomeadamente coas súas áreas máis occidentais) e, en menor medida, con outros territorios máis ou menos próximos dela. Así sendo, localízanse nese marco territorial as terras e herdades recollidas no cadro a seguir:\nForma(s) documentada(s) Forma hodierna Localización (freguesía e concello) Oluaria Olveira Santa María de Olveira (Ribeira) Uilla Uiride Vilaverde Reirit Reirís Birtar Bretal Pedrouzos, Pedroucços 1 O Pedrouzo Spineýrido Espiñeirido Santa María de Corrubedo (Ribeira) Cadarnogia 2 O Cadarnoxo Santo Estevo de Queiruga (Porto do Son) Corzo Corzo Santa María de Caamaño (Porto do Son) 1. Corriximos a lectura Pedrouçios dada por Pérez Rodríguez (2004: 665) na súa edición do tombo 2. En traballos anteriores (Martínez Lema 2008, s.v. Cadarnoxo) identificamos este topónimo co actual lugar de Cadarnoxo (freg. Santo André de Cures, conc. Boiro). Mesmo tratándose dunha hipótese xeográfica e lingüisticamente plausíbel, a maior proximidade do lugar do Cadarnoxo (conc. Porto do Son) a respecto das restantes propiedades de Fernando Diéguez “Maracico” fai con que nos decantemos, mesmo que sexa provisoriamente, por esta segunda opción.\n© 2017 Estudos de lingüística galega 9, 6586\nXa cun grao de concreción moito menor, no diploma sinálase tamén a existencia dalgunhas propiedades noutras comarcas próximas, entre as cales Ualeyro (identificábel coa antiga terra e arciprestado do Valeirón, no actual concello de Rois e practicamente encostado á península da Barbanza, coa cal confrontaba a oeste) e aínda Sonaria (a actual comarca de Soneira), sendo nesta última que se localiza unha herdade in filigresia Sancti Michaelis de Tréés (= freg. San Miguel de Treos, conc. Vimianzo) e in Tinis (= Tines, freg. Santa Baia de Tines, conc. Vimianzo) 6.\nMapa 1. Localización das propiedades de Fernando Diéguez “Maracico” mencionadas na documentación\nCómpre salientarmos a relevancia destas referencias na tentativa de determinar a orixe deste grupo familiar, pois, como indicado por Carlos Baliñas (1998: 8889), e salvando as distancias que puideren existir co caso en análise: No son excepcionales casos de acomodados magnates a los que la documentación atribuye propiedades en decenas e incluso centenares de aldeas a lo largo y ancho del territorio gallego. Normalmente, el grueso de las propiedades se concentra alrededor de lo que cabe suponer es el hogar ancestral o la residencia principal del presunto noble. Cabe distinguir luego un segundo círculo, que comprende posesiones en áreas periféricas, fruto de la herencia, la compra o la presura.\nA terceira e última mención ao noso personaxe é aquela que retiramos dun documento infelizmente carente de data, mais que non será en calquera caso anterior a 1223, pois nel son recenseadas diversas propiedades que o mosteiro de Toxos Outos detiña in terra de Ualleyrom, entre elas unha herdade que fuit de Fernando Maraciquo que fuit de uoce Maria Delgada e que se encontraba na aldea de Souto (freg. Santa María de Leroño, conc. Rois). Este dato, para alén de evidenciar que o diploma tiña sido labrado nunha altura en que Fernando Diéguez posibelmente xa falecera, parece vir a confirmar que a herdade de Ualeyro, referida de maneira moi xenérica na súa manda testamentaria, era esta situada no termo de Santa María de Leroño.\n2.3. Son as evidentes coincidencias onomásticas (quer no patronímico quer no sobrenome delexical) e até cronolóxicas que nos autorizan a considerar como irmán do anterior o Munio Diéguez “Maracico” (Munio Didaci dictus Maraciquo) que intervén como confirmante nun documento con data de 1219 en que o seu cuñado Raimundo Pérez (Ramundus Petri) vende ao mosteiro de Toxos Outos algunhas herdades no lugarexo de Viro (freg. Santa María de Roo, conc. Noia). Embora sen o sobrenome familiar característico, trátase de certeza do mesmo Munio Didaci que, xunto coa súa dona Mor Pérez (Maior Petri) e o seu fillo Fernando Muniz (Fernando Munionis), doa en 1226 quarta de una octaua ipsius ecclesie Sancte Marie de Ulueýra. Deparámonos de novo con el, xa baixo as variantes Nunone Didaci e Nunus Didaci (e a especificación miles ‘cabaleiro’, que por acaso nos informa do estatus sócioeconómico da súa familia) 7, a acompañar a Mor Pérez na doazón que ambos realizan, con data de 1210, de todo aquilo que detiñan in villa Uesares et in Quintanas que habet iacenciam in territorio Pestomarcis concurrente ad ecclesiam Sancti Martini de Elsendi, ou sexa, nos lugares hoxe denominados Béxeres e Quintáns, ambos pertencentes, con efecto, á freguesía de San Martiño de Lesende (conc. Lousame), nas marxes orientais da terra da Barbanza. Unha outra ocorrencia deste personaxe na documentación explorada esclarece máis algunha cousa no tocante ás súas ligazóns familiares: referímonos ao pacto que asinan co mosteiro de Toxos Outos, en 1207, os fillos de Pedro Airas, entre os cales o mencionado Raimundo Pérez, Airas Pérez, Pedro Pérez e, finalmente, Mor Pérez, quen comparece no acto de xénese documental cum uiro meo Munione Didaci 8.\n2.4. Sen saírmos do cadro documental e cronolóxico que nos fornece o Tombo de Toxos Outos, constatamos aínda a existencia dunha terceira persoa a facer parte deste núcleo familiar que (embora de maneira moi parcial e limitada) estamos a tentar reconstruír. Trátase de Diego Maracico (Didaco Maraçiquo), quen, nun diploma en que son estabelecidas as divisións da freguesía de Santa María de Olveira (ver Apéndice 1), aparece identificado como sendo propietario dunha porción da mesma (De Didaco Maraçiquo mediam viij a). Terá sido precisamente a metade desa porción a que viría a herdar o fillo, Munio Diéguez, quen, como indicabamos nunha alínea anterior, acabou por doala ao convento de San Xustos de Toxos Outos.\nAsí sendo, tanto o sobrenome canto o antropónimo de que é portador (ben como o mínimo, mais decisivo, rastro biográfico deixado na documentación) apuntan de maneira moi verosímil, e até inequívoca, para o feito de Diego Maracico ser, na verdade, o pai dos irmáns Fernando e Munio Diéguez. Malia esa Diuisio ecclesie de Olueira carecer de data certa, podemos inferir o treito cronolóxico aproximado en que o documento foi labrado grazas á mención de personaxes que reaparecen noutras pezas do tombo:\n1. Por exemplo, Lucio Afonso (Luzo Afonso), a quen nesa partizón é atribuída a metade dunha oitava parte das terras pertencentes á freguesía, outorga o seu testamento en 1162, doando nel aliam meam hereditatem [...] in territorio Pistomarchis in uilla nomine Sparrelio in ualle Calamanio, é dicir, canto detiña na aldea de Esparrelle, hoxe pertencente á freguesía de Santa María de Caamaño (conc. Porto do Son). No entanto, reaparece en novembro de 1166 a asinar un novo testamento, previo á súa partida para Xerusalén, sendo nel que outorga ao mosteiro de Toxos Outos non só octauam tocius ecclesie Sancte Marie de Uluaria, mais tamén as súas herdades en Espiñeirido (Spinarido) e en Esparrelle (Sparreli). Aínda, en documento redixido en febreiro de 1168, Orraca Luz, por acaso filla do anterior, asina unha escamba a través da cal ofrece ao dito cenobio a metade da oitava parte que a ela correspondía na freguesía de Santa María de Olveira (de certeza herdada do seu proxenitor) en troca da antedita herdade de Esparelle que os frades xa\nusufruían na altura e que fuit de domno Luzo Adefonsi. Por tanto, esta pequena peza documental dá para asistirmos en primeira man á tentativa de Orraca Luz de reintegrar ao patrimonio familiar unha propiedade que previamente tiña sido entregada polo pai ao convento de Toxos Outos. 2. Outra figura mencionada na Diuisio ecclesie de Olueira e cuxo rastro documental pode contribuír para fixarmos a cronoloxía do documento en análise é Afonso Pinzán (Affonso Pinzam), cóengo da igrexa de Santiago de Compostela, que en documento redixido en setembro de 1168 vende ao mosteiro de Toxos Outos, xunto coas súas irmás Lupa e Orraca, a oitava parte que a eles pertencía en Santa María de Olveira. Parece obvio, por tanto, que a división en que Diego Maracico é mencionado (pola primeira e única vez), e na cal Afonso Pinzán aparece aínda como posesor desa porción, terá que ser necesariamente anterior a 1168, mais tamén a 1166, ano en que Lucio Afonso outorga aquela que, polos vistos, debeu ser a súa manda testamentaria definitiva. Estamos a falar, en fin, dunhas datas próximas do ano 11601165. Se lembramos que o testamento de Fernando Diéguez “Maracico”, positus in graui infirmitate, ten data de 1223, o arco temporal que se estende entre os puntos cronolóxicos de referencia é amplo abondo para sostermos a hipótese de Diego Maracico ter sido o proxenitor dos irmáns Fernando e Munio, vindo desta maneira a complementar a valiosa e decisiva información fornecida polos constituíntes onomásticos envolvidos nas respectivas secuencias antroponímicas. Imaxe 1. Árbore xenealóxica (parcial) da liñaxe dos “Maracicos” 2.5. De entre esas unidades onomásticas, é o sobrenome que ofrece, en termos de estudo lingüístico, un especial interese: estamos perante un feixe de testemuños formalmente compactos e homoxéneos que, mesmo non sendo tan antigos como aquel maraticum retirado da Historia Compostellana, sitúan a variante maracico como a verdadeiramente etimolóxica ou, no mínimo, aquela cuxa maior estabilidade nas fontes documentais conferidas aconsella tomar como punto de partida para calquera exploración de tipo etimolóxico acerca da palabra. A pasaxe do medieval maracico para o moderno mazarico (port. maçarico) explicarase, verosimilmente, en función dun simple fenómeno de metátese, inducido (ou polo menos favorecido) pola afinidade formal e até conceptual do zoónimo coa familia léxica do verbo mazar. Reparemos aínda en que algunhas variantes vivas no ámbito lingüístico castelán, como moracico (ver §1.2), pareceron conservar a estrutura consonántica orixinal, e até é posíbel que a forma marcico máis non sexa do que unha variante do maracico galego medieval na cal se terá producido a síncope da vogal pretónica medial (por acaso facilitada pola proximidade do substantivo marzo). 2.6. Aínda, para o estudo daqueles sobrenomes com base lexical recoñecíbel interesa esclarecer\n(embora nin sempre sexa posíbel, polo menos co grao de concreción e de exactitude desexábeis) as motivacións da implementación antroponímica dos apelativos, ben como da súa eventual deslexicalización e, en consecuencia, transformación “en unidades antroponímicas de valor denotativo que, a diferencia de otro tipo de sobrenombres de idéntica constitución gramatical (los que se han dado en llamar sobrenombres sociales y los gentilicios), hacen referencia originariamente a cualidades de muy distinto género inherentes a la persona que designan” (Viejo Fernández 1998: 170).\nNo tocante aos nomes e sobrenomes de base animal, sabemos que na zooantroponimia latina (como en moi boa medida nas súas diferentes continuadoras románicas), as antiquísimas motivacións de tipo totémico e/ou tabuístico costumaron ceder espazo a outras de natureza individualizadora, é dicir, “a una motivación, digamos, descriptiva e incluso a veces probablemente despectiva “ (Ballester 2012: 262263). Así sendo, o caso en análise debe ser observado ao abrigo da inmensa e antiga produtividade coñecida polos zoónimos en canto xeradores de alcumes, prendéndose moitos deles con nomes de aves como galo, galiña, merlo, corvo, garza... e aínda moitos outros 9 aos cales podemos acrecentar, desde xa, o de mazarico. Como continúa a acontecer en época moderna, é a través de procesos de extensión semántica (quer metafóricos quer metonímicos) que determinadas características deses animais veñen a ficar asociadas á persoa, acabando por identificala e, en última instancia, por motivar, a través dun proceso de referencia indirecta (Viejo Fernández 1998: 179), a atribución dun sobrenome, non raramente, como sinalado arriba, desde unha intención eminentemente burlesca. Para o exemplo do mazarico, comentabamos en §1.1 que un dos trazos físicos máis rechamantes é a forma e a lonxitude do bico, por acaso tema central dalgunhas coplas de poesía popular que teñen esta ave como protagonista 10. Canto a isto, podemos aínda invocar a célebre descrición da “serrana” que o Arcipreste de Hita realiza no Libro de Buen Amor, nun paso que patentea a rendibilidade literaria dese pormenor anatómico do mazarico como recurso para dar destaque ao tamaño e / ou á forma do nariz humano:\n[...] las orejas mayores que de añal burrico, el su pescueço negro, ancho, velloso, chico, las narizes muy gordas, luengas, de çarapico, bevería en pocos días caudal de buhón rico.\nAsí sendo, e asumindo as dificultades decorrentes dos complexos procesos semasiolóxicos envolvidos na configuración deste tipo de sobrenomes (dificultades que, por tanto, tornan provisoria calquera hipótese colocada ao respecto), non admiraría que tivese sido esta a razón de unha persoa determinada desa familia (por acaso o Diego Maracico da Diuisio ecclesie de Olueira ?) comezar a ser coñecida a través do sobrenome en análise.\n2.7. Infelizmente, a escaseza dos datos ao noso dispor non dá para tirarmos conclusións de maior peso no tocante á transmisión interxeracional do sobrenome e a súa eventual estabilización como nome de familia. Aínda que autores como Fexer (1978: 67 [citado por Viejo Fernández 1998: 201]) consideren que unha transmisión de dúas ou máis xeracións (condición, a xulgar pola documentación estudada, que se cumpriría no noso caso) abonda para o sobrenome completar a súa deslexicalización e, por tanto, virar apelido familiar, o proceso non costuma desenvolverse en termos tan lineares. Por palabras de Viejo Fernández (1998: 201), mesmo nese caso pode conservar o sobrenome “un cierto valor connotativo actualizable en la figura concreta de su primer portador en cada referencia al grupo familiar implicado, que lo recibe por su inmediata contigüidad”. Esta diagnose podería ser aplicada aos casos que nos ocupan, é dicir, nada impide pensar que Fernando Diéguez e Munio Diéguez foron identificados co sobrenome Maracico simplemente por ser aquel que portaba o seu proxenitor (do cal por acaso descoñecemos calquera rastro de filiación, ao non aparecer nos documentos o seu patronímico) 11. Como síntoma desa inestabilidade talvez poida ser aducida a propia asistematicidade observábel nos sintagmas antroponímicos a través dos cales estes personaxes son denotados na documentación: mentres Fernando Diéguez aparece en todos os casos identificado por medio do sobrenome, o seu irmán Munio só o porta en unha das catro referencias documentais que para el coñecemos (o patronímico Didaci, entretanto, é constante e sistemático en todos os testemuños colixidos para ambos os personaxes). Posíbel indicio desta escasa consolidación do sobrenome en canto marca familiar é a súa ausencia na única referencia documental certa que coñecemos para Fernando Muñiz, fillo de Munio Diéguez e de Mor Pérez (véxase §2.4) e, en última análise e confrontando os datos medievais cos actuais, a propia ausencia tamén de Mazarico como apelido persoal nos repertorios antroponímicos galegos modernos 12.\n3. m aracico / mazarico e A suA repercusión nA toponimiA gAlegA\n3.1. É no propio Tombo de Toxos que identificamos varias mencións, concentradas nun tramo cronolóxico bastante ben delimitado, a unha freguesía posta baixo a advocación de Santa Uxía e que terá tirado o nome do lexema que estamos a analizar:\n1. in filigresia Sancte Eugenie de Maraciquos que fuit Petri Romei [...] et per quantum habeo in filigresia Sancte Eugenie de Maracicos (1271) 2. Martim Franco, clerigo de Sancta Ougea de Maracicos (RTT 1271) 3. hũu quasal na ffreegygia de Sant’ Ougea de Maraçicos (PCTT s.d.) 13 A estes testemuños máis temperáns cómpre acrecentarmos aínda outro bastante posterior\n(nomeadamente de 1384) e cuxo interese nos obrigará a retomar máis adiante. Referímonos a unha bula mediante a cal o papa Clemente VII vén a confirmar a venda realizada por Paio Mariño e a súa dona, Sancha Vázquez (pertencentes ao clan nobiliárquico dos Mariños de Lobeira, mais na altura recluídos nos mosteiros composteláns de Santa María de Bonaval e Santa María de Belvís, respectivamente) ao arcebispo de Santiago de certas fortalezas, casas e coutos que tiñan pertencido ao seu fillo Rui Soga (executado en Noia só uns anos atrás), reservándose entretanto o usufruto de diversos lugares concentrados na vertente occidental da actual provincia da Coruña. É entre eses lugares que se encontra, precisamente, Santa Ougea de Mazariquos (GHCD 1384), forma que se repite, con mínimas variantes, nos traslados e copias catrocentistas dese documento conservadas no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela. 14 Encontrámonos, por tanto, perante o primeiro rexistro coñecido da variante metatizada mazarico, ben anterior aos primeiros exemplos colixidos por J. Pedro Machado en textos portugueses, nos cales massarico e maçarico só aparecen (sempre segundo os datos achegados polo filólogo algarvío) en documentación seiscentista (DOELP, s.v. maçarico). Aínda, en LTCS (1390), o topónimo en análise aparece baixo unha forma lixeiramente diferente: Jtem tres cassares en Postomarquos, ẽna fligesíja de Santa Ougea dos Maraciqos. Ao igual que o rexistro precedente, tamén este ofrece un interese\nnada desprezábel en termos de estudo lingüístico e onomástico, por dous motivos:\nnimo en análise non como un zootopónimo primario (é dicir, motivado pola presenza directa da ave denominada mazarico nese lugar), mais como un zootopónimo secundario cuxa xénese e consolidación terá ficado a deberse á implementación antroponímica dese substantivo e, sendo aínda máis específicos, a un envolvemento directo da familia barbanzona dos Maracicos na fundación e / ou xestión da freguesía (en termos que, infelizmente, non podemos desvendar cos datos de que dispomos). O fenómeno non é invulgar na toponimia galega, e pode arrouparse con exemplos que obedecen a unhas condicións motivacionais semellantes, como os daqueles topónimos baseados en apelidos patronímicos (Os Péreces f Pérez, Os Martices f Martí(n)s etc.). Neste sentido, a conservación do artigo determinado no sintagma toponímico Santa Ougea dos Maraciqos vén a reforzar a nosa hipótese, ao ser interpretábel como reminiscencia do antigo sobrenome que, por acaso, continuaría a manter algún grao de vixencia e operatividade na memoria colectiva da comarca. O dato posúe aínda algunha relevancia no tocante aos procesos de fixación e transmisión do sobrenome e a súa eventual transformación nun nome familiar (ver §2.7), pois un dos síntomas máis claros da culminación dese proceso é, precisamente, a xeneralización da forma pluralizada do sobrenome como denominación abranxente do grupo familiar. Así sendo, e desde que a nosa interpretación sexa correcta, é posíbel que este rexistro toponímico nos estea a suxerir algunhas cousas de interese a propósito da consolidación de Maracico como apelido de familia, polo menos nunha área xeográfica e nun tramo cronolóxico concretos.\n3.2. Xa no tocante á identificación desa Sancta Eugenia de Maracicos medieval con algunha entidade poboacional actual que teña continuado a forma toponímica antiga, a análise aprofundada dos pormenores documentais pertinentes para esta cuestión condúcenos, basicamente, a dúas hipóteses que a seguir comentaremos.\n3.2.1. A primeira opción que valoramos vese fortemente condicionada polo coñecemento das circunstancias vitais e xeográficas do clan dos Maracicos, sobre as cales nos debruzamos amplamente en §2. Como sinalado naquela alínea, ese grupo familiar debeu estar sediado na península da Barbanza, mostrando unha presenza especialmente intensa na vertente máis occidental do seu territorio (actuais concellos de Ribeira e Porto do Son) e, sobre todo, na freguesía de Santa María de Olveira e as súas redondezas. Así sendo, unha hipótese certamente razoábel sería procurarmos a identificación hodierna de Santa Eugenia de Maracicos nalgún punto dese contexto espacial tan específico e ben definido. O rexistro retirado de LTCS, en que a dita freguesía aparece claramente situada en Postomarquos, parece apuntar na mesma dirección, pois este corónimo 15 (coas debidas resalvas que exporemos máis de vagar en §3.2.3) pode asociarse, en termos de referencialidade xeográfica, coas actuais comarcas da Barbanza e Noia, é dicir, cun ámbito territorial que, consoante aos datos documentais colixidos, resultaba ben próximo e familiar para o clan dos Maracicos. É a partir do cruzamento destes datos que chegamos a considerar asumíbel a hipótese de esa Sancta Eugenia de Maracicos ter sido, na verdade, unha das antigas denominacións da freguesía que ficou a ser coñecida como Santa Uxía de Ribeira, capital do termo concellío de Ribeira. Os argumentos en que apoiamos esta idea serían dous: por unha banda, encontrámonos perante a única freguesía dese marco territorial de referencia que conta con Santa Uxía como orago; pola outra, Santa Uxía de Ribeira sitúase no epicentro da área en que os Maracicos (e nomeadamente Fernando Diéguez) viñeron a concentrar unha maior cantidade de propiedades. Teñamos en conta que, nos textos coevos conservados, o nome desta freguesía parecía ofrecer algunha inestabilidade, paralela ao seu propio proceso de configuración e á centralidade exercida por diferentes lugares integrados nela. No testemuño documental máis antigo que coñecemos (con data de 15 Lembremos que Posmarcos é aínda hoxe a denominación dunha freguesía do concello da Pobra do Caramiñal, ben como de dous arciprestados (Posmarcos de Arriba e Posmarcos de Abaixo) a faceren parte da arquidiocese de Santiago de Compostela.\n1200 e copiado tamén, como os que a seguir comentaremos, no Tombo de Toxos Outos) faise mención a unha vila que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos 16, é dicir, ao actual lugar de Deán Grande, cuxa referencialidade no contexto territorial desa freguesía explicaría que, nun diploma pouco posterior (nomeadamente de 1215), Paio Mariño e Mor Fernández aparezan a doar sete casais in friigresia de Sancta Ougenia de Dayam Mayor. Nos rexistros restantes, que din respecto a diferentes propiedades no lugar de Deán Pequeno, a mención á freguesía é realizada xa unicamente por medio da explicitación do seu orago: in territorio Pistomarchis in loco certo Dayam Minore sub aula Sancte Eugenie (1213) e sub aula Sancte Eugenie [...] de tota villa de Dayam Minore (1246). Neste cadro de certa alternancia toponímica, parece que a denominación actual demorou algún tempo a aparecer e a se consolidar nos textos, sendo o rexistro máis temperán que coñecemos Santa Ougea de\nRibeira (GHCD 1387) 17.\nTáboa 2. Freguesías mencionadas na bula de Clemente VII (1384) Como costuma acontecer neste tipo de textos, a enumeración, lonxe de ser arbitraria, obedece a un criterio de ordenación que tende a formar grupos de proximidade xeográfi ca e que fi ca perfectamente patente cando trasladamos os topónimos da tabela anterior a un soporte cartográfi co 19. Mapa 2. Freguesías mencionadas na bula de Clemente VII (1384) 19 Non deixa de ser signifi cativo que nos traslados e copias posteriores conservados no AHUS se manteñan os mesmos topónimos e na mesma orde, coa mínima excepción do primeiro deses documentos, en que (probabelmente por un descoido do copista) foi omitida a referencia a San Mamede de Alborés.\nComprobamos así que o eixo de referencia para a disposición textual dos topónimos é o río Xallas. Comezando en Santiago de Olveiroa (1), o autor atravesa ese curso fluvial para pasar a enumerar, en sentido inverso ás agullas do reloxo, aquelas freguesías situadas na súa marxe esquerda. Xa a partir de San Martiño de Olveira (11), retómanse as restantes entidades da marxe dereita do río Xallas, vindo precisamente a concluír con aquelas máis próximas da súa desembocadura, é dicir, Santa Uxía do Ézaro (15) e, cun pequeno desvío para norte, Santiago da Ameixenda (16). Non é por acaso (nin contradí a lóxica espacial subxacente a este recenseamento) que aquelas freguesías máis distantes deste eixo sexan as que ocupan os últimos lugares da enumeración, é dicir, San Xoán de Lousame (17) e Santa María de Roo (18), nas estribacións orientais da terra de Posmarcos, e Santa María de Serantes (19), xa na vertente costeira da Terra de Soneira. Así sendo, é neste contexto xeográfico e toponímico tan ben acoutado que podemos entender mellor a presenza do sintagma Santa Ougea de Mazariqos, constituíndo o argumento decisivo para asocialo, de maneira xa altamente probábel (cando non segura), coa actual freguesía de San Xoán de Mazaricos, no concello homónimo (ao cal, como tivemos ocasión de comprobar, pertencen a inmensa maioría dos ítems incluídos na enumeración, ficando os restantes — con mínimas excepcións — na súa contorna territorial máis ou menos inmediata). Esta hipótese, que de resto xa tiñamos colocado (embora de maneira moi embrionaria e menos documentada) nalgúns contributos anteriores 20, non colide necesariamente con aquilo que sabemos acerca do clan dos Maracicos, pois, como sinalado en §2.2, o testamento de Fernando Maracico confirma a presenza de bens fundiarios pertencentes a ese grupo familiar en lugares como Treos e Tines (conc. Vimianzo), moi próximos do actual San Xoán de Mazaricos. Canto a isto, a vinculación motivacional directa entre este topónimo e os descendentes de Diego Maracico pode continuar a ser asumida, no mínimo, como verosímil 21. Importa notar, aínda, que a aceptación da nosa proposta de identificación toponímica exixe dar conta da mudanza que afectou ao santo padroeiro da freguesía, é dicir, da troca de Santa Uxía por San Xoán. O confronto das fontes documentais dá para concluírmos que esa alteración xa se encontraba plenamente estabilizada nos finais do século XV, se acreditarmos na secuencia San Juan de Maçaricos (LS 1500) e noutros documentos quiñentistas que ofrecen diferentes variantes formais para ese mesmo sintagma. Por tanto, embora non sexamos capaces de acertar o momento exacto nin as circunstancias específicas en que tal mudanza veu a se concretizar, sabemos que esta só puido producirse nalgún momento do século XV, representando o rexistro de LTCS (1390) o termo a quo e o mencionado testemuño de LS (1500) o termo ad quem. Apresémonos a indicar que estas trocas nos oragos das freguesías non constitúen, de xeito ningún, un fenómeno excepcional ou único na nosa toponimia. Os exemplos máis ilustrativos son aqueles en que se verifica unha substitución parcial, é dicir, o desprazamento do primitivo padroeiro vese compensado pola súa fixación como denominación toponímica principal da freguesía: e.g., Santalla de Santiso, San Pedro de Santaballa, San Salvador de Seoane... Curiosamente, o Nomenclátor de Galicia recolle un caso homologábel ao que\n© 2017 Estudos de lingüística galega 9, 6586\nestamos a analizar, por seren exactamente as mesmas as advocacións envolvidas: referímonos á freguesía de San Xoán de Santa Euxea, no concello de Guntín (Ares Vázquez 1995: 93).\n3.2.3. No entanto, resulta difícil harmonizar a proposta que acabamos de defender co excerto de LTCS, cuxo autor sitúa claramente Santa Ougea dos Maraciqos na terra de Posmarcos (en Postomarquos). A cuestión, por tanto, préndese directamente coa delimitación territorial desa entidade xeográfica supralocal, mais, como veremos, non admite unha explicación plenamente satisfactoria. O corónimo, baixo a forma Pestemarcos (que pola súa vez parece recuar claramente ao antigo etnónimo prerromano Praestamarici) 22, ocorre xa no Parrochiale Suevum (séc. VI) como designación dunha das parochias que integraban a diocese de Iria (López Alsina 1988: 157) 23. Na secuencia da progresiva tendencia das antigas xurisdicións eclesiásticas para confluíren territorial e nominalmente cos distritos administrativos, non debe estrañarnos que a antiga diocesis de Posmarcos teña vido a configurarse tamén como unha circunscrición territorial e política (é dicir, como un commisso, consoante á terminoloxía da diplomática altomedieval) 24. É nesta condición de xurisdición civil e / ou comarca natural que emerxe nun documento alegadamente redixido en torno do ano 911, mais do cal tan só se conserva un rexesto realizado no séc. XVII en que lemos: El rey don Ordoño yzo donacion al monasterio de San Martín de la villa que llaman Plazemitos (sic), en tierra de Postomarcos, en donde esta edificada la yglesia de San Martin... como se demarca muy a la letra en este privilegio (Baliñas Pérez 1998: 283). A identificación defendida por algúns autores, entre os cales o propio Baliñas Pérez, desa estraña (e, de certeza, deturpada polos sucesivos procesos de copia do orixinal) forma toponímica Plazemitos coa actual freguesía de Santa Baia de Chacín (conc. Mazaricos) constitúe, ao que parece, unha proba de que, nesa altura histórica, o condado de Posmarcos ofrecía unha extensión sensibelmente maior, englobando na práctica o conxunto das terras situadas a oeste dos xiros urbanos de Iria e Santiago de Compostela. Sexa como for, o seu alcance territorial, logo no virar do milenio, parece ir ficando restrinxido a uns límites moito máis axustados a aqueles que presenta na actualidade. Así, nunha doazón realizada polo rei Ramiro á igrexa compostelá, faise referencia explícita ao conimissum Pistomarcos ab integro secundum illud obtinuit Lucidus Vimarani, de Ulia in Tamare (TA 934), é dicir, Posmarcos aparece reducido xa ás terras interfluviais comprendidas entre os cursos baixos dos ríos Tambre (a norte) e Ulla (a sur), coas súas respectivas desembocaduras nas rías de MurosNoia e da Arousa. Embora nesa mesma fonte existan indicios de ter atinxido unha extensión maior na súa vertente oriental 25, os límites setentrionais e meridionais parecen ben fixados, e manteranse estábeis durante os séculos a seguir. Non admira, por tanto, que na documentación do Tombo de Toxos Outos (que inclúe textos labrados ao longo dos séculos XII, XIII e XIV) todas as entidades adscritas territorialmente a Posmarcos pertenzan, na actualidade, á moderna comarca da Barbanza ou entón aos concellos de Noia e Lousame, sen ultrapasar a fronteira setentrional que, desde antigo, viña constituíndo o río Tambre e, por tanto, sen atinxir en ningún caso as terras do actual concello de Mazaricos (integrado desde había séculos na terra de Entíns). A conxunción de todos os datos que acabamos de expor non fai máis que subliñar a nosa estrañeza perante o excerto retirado de LTCS e a incongruencia do seu contido coa realidade xeográfica e xurisdicional vigorante na altura en que o texto foi elaborado. Poderiamos por acaso pensar nunha reminiscencia da antiga extensión xeográfica da parochia e commisso de Posmarcos, mais isto parece moi improbábel nun período tan avanzado como os finais do séc. XIV e, aínda, nun texto cuxos eventuais efectos en termos económicos, catastrais e 22 Para unha revisión lingüística comparada acerca deste etnónimo, véxase Bascuas (2006: 2731). 23 Acerca do posíbel emprazamento da ecclesia nuclear en torno á cal se terá articulado a antiga parochia de Posmarcos, véxase Sánchez Pardo (2014: 450). 24 Por palabras de López Alsina (1999: 288): “La circunscripción de la administración territorial del reino — el commisso — es reconocida por la iglesia como circunscripción eclesiástica — diocesis, según la terminología altomedieval del Parroquial Suevo — ”, até o punto de que “[l]a estructuración territorial interna de la diócesis se modifica cada vez que es preciso reflejar los cambios operados en las circunscripciones políticoadministrativas del territorio”. 25 Referímonos, nomeadamente, ao diploma no cal o rei Vermudo doa á sé compostelá uillam de Auna, que est in Pistomarcos, in ripa Tamaris, quam auus meus Ueremudu et uxor sua Geluira ganauerunt de Aria, Adefonso filio (TA c. 1028). En principio, esa uillam de Auna parece corresponder ao actual lugar de Ons, na freguesía homónima (conc. Brión), situada precisamente á beira do río Tambre, na súa marxe esquerda, e nunha área que posteriormente viría a ficar integrada na Terra de Amaía.\n© 2017 Estudos de lingüística galega 9, 6586\n/ ou xurisdicionais obrigaban a un especial rigor no tratamento dos datos. Recorrer a un erro do autor do texto constitúe, tamén, unha explicación que dista moito de nos convencer. Entretanto, e mentres fi camos á espera dunha solución máis plausíbel para esta (aparente) contradición, xulgamos que os argumentos e razoamentos desenvolvidos na alínea precedente teñen peso abondo como para continuarmos a manter como hipótese máis probábel a identifi cación da antiga Sancta Eugenia de Maracicos coa actual freguesía de San Xoán de Mazaricos.\n3.3. De resto, o impacto do tipo lexical mazarico na toponimia do dominio galegoportugués non se esgota nos exemplos arriba analizados, podendo aínda ser observada noutros ítems espallados a norte e a sur do río Miño.\nSegundo os datos do proxecto Toponimia de Galicia, existe o derivado Os Mazaricales (conc. Porto do Son), cuxa estrutura morfolóxica é coherente con aquela que esperariamos nun zootopónimo primario de tipo colectivo / abundancial (para alén de a castelanización do elemento sufi xal indiciar unha formación non excesivamente antiga). Ora, a forma en singular e con conservación do artigo determinado (O Mazarico) ocorre nos concellos de Celanova e de Tomiño, existindo aínda neste último un microtopónimo O Camiño do Mazarico claramente ligado, en termos etimolóxicos e motivacionais, ao anterior. A eles podemos acrecentar Mazarico como nome dunha zona de xunqueiras que, por palabras de Cabeza Quiles (2008: 230), “rodean a vila de Betanzos” e constitúen “[un] bo lugar, tamén, para que viva o grácil e fuxidío mazarico”. Xa a forma Mazaricos é rexistrada, ademais de nos exemplos comentados en §3.2, como topónimo menor nos concellos de Brión, Santiago de Compostela e Cerdido, ben como no sintagma O Xungal dos Mazaricos, situado, ao que parece, no estuario do río Anllóns e que fi cou a ser coñecido grazas á evocación poética que del fi xo o bardo Eduardo Pondal (Cabeza\nQuiles, 2008: 230.\nMapa 3. Distribución da toponimia galega relacionada co mazarico\nEn principio, a orixe destes topónimos pode remontar a calquera das acepcións coñecidas e consignadas para o lexema en foco, sendo que só o concurso de documentación confi ábel\n© 2017 Estudos de lingüística galega 9, 6586\n(quer escrita quer oral) poderán vir a esclarecer os aspectos máis salientábeis da historia e a motivación de cada un destes ítems 26. Parece evidente, entretanto, que casos como os colixidos por Cabeza Quiles, con referencia directa a contextos físicos e tipos de hábitat moi apropiados para a presenza da ave, parecen inclinar a balanza para o lado da interpretación zootoponímica primaria. Para outros exemplos, porén, mostramos algunha preferencia por explicacións a envolveren factores de tipo antroponímico, e até xulgamos verosímil que a xénese daqueles topónimos Mazaricos máis próximos da área en que a familia de Diego Maracico tiña o seu asento (nomeadamente os dos concellos de Brión e Santiago de Compostela) estea directamente relacionada co sobrenome desa familia. Insistamos, no entanto, en que só o manexo de datos minimamente sólidos (dos cales de momento carecemos) é que nos autorizará a explorar con algunha fiabilidade esta hipótese e ultrapasar o patamar da simple conxectura.\n3.4. Os nomes do mazarico noutros dominios territoriais e lingüísticos próximos do noso foron tamén fonte de denominacións toponímicas estruturalmente afíns a varias das arriba analizadas, é dicir, consistentes na simple pluralización do zoónimo e con ausencia de calquera afixación derivativa a acrecer algunha nuance de tipo colectivo. Como indicado en §1.1, eses nomes non deixan de ser coñecidos tamén no territorio galego e, por tanto, recibiron algunha atención por parte dos nosos lexicógrafos e dicionaristas.\n1. e ende por Torres menudas, e ende a Penna Corva, e ende a Çarapicos (FLedesma, c. 1252) 2. e de la otra parte tierra de la heredad de Martín González, de Çarapicos (AHN, 1463)\nA distribución observábel para este pequeno puñado de nomes de lugar dá para identificarmos unha área toponímica máis ou menos compacta, fóra da cal descoñecemos máis concrecións toponímicas do lexema en análise. Este feito pode ter algunhas implicacións de interese no estudo da motivación e a historia externa destas formas onomásticas. Será talvez verosímil pensarmos nunha orixe común de todas elas, por acaso ligada a algunha liñaxe que, como os Maracicos da Barbanza galega, chegou a ter como apelido familiar característico o de Çarapico 30 ? Canto a isto, importa lembrar que as áreas da antiga “estremadura” leonesa (pola cal se estenden hoxe diversas comarcas da provincia de Salamanca, como a propia Tierra de Ledesma) foron colonizadas, a partir do século X, por diferentes grupos étnicos (chamados de naturas, sesmos ou linajes na documentación coeva), entre os cales portogaleses e bregancianos procedentes, como os propios xentílicos evidencian, do antigo condado de Portugal e o alfoz da cidade de Bragança 31, respectivamente. Trátase, ao noso xuízo, dunha hipótese atraente mais que só o confronto exhaustivo das fontes documentais pertinentes poderá chegar a confi rmar\nou desmentir.\n4. A lgunHAs conclusións\nAo longo das alíneas precedentes internámonos por diferentes camiños que comunican, en moitos sentidos, as comarcas da lexicografía, a onomástica e até determinadas áreas da historia e a sociedade medievais, sempre tras o rastro do mazarico e os seus nomes. Desas incursións podemos tirar, no mínimo, algunhas conclusións que xulgamos de interese, e que a seguir resumimos: 30 Segundo lemos en Simbología y diseño de la heráldica gentilicia galaica (2003: 148), existiu en Galicia a liñaxe Sarapico (sic), que, consoante ao seu apelido, “se blasona con un ave sarapico, picada y membrada de gules”. No entanto, descoñecemos calquera pervivencia dese apelido na poboación galega actual, se acreditarmos na información recollida na Cartografía dos Apelidos de Galicia. 31 No Fuero de Salamanca (1219) aparecen pormenorizadas as diferentes liñaxes envolvidas nesa colonización, sendo estas os francos, portugaleses, bregancianos, serranos, mozaraues, castellanos e toreses. Segundo Llorente Maldonado (1947: 2425), non debe ser posta de parte a hipótese, de resto bastante verosímil, de o colectivo dos bregancianos (que nalgunha versión do Fuero non aparece explicitado, fi cando talvez subsumido no grupo dos portugaleses) ter incluído no seu seo continxentes de poboación orixinaria da Galicia actual. Daí, por exemplo, a referencia noutras fontes aos gallizianos, posibelmente unha denominación alternativa dos bregancianos.\n1. Os rexistros antroponímicos colixidos na documentación medieval autorízannos a confirmar a existencia e a estabilidade dunha forma antiga maracico (formalmente coherente coa forma zoonímica maraticum retirada da Historia Compostellana) que, embora non deite moita luz sobre a etimoloxía do termo, ofrece algunha utilidade para unha mellor e máis ponderada valoración das hipóteses propostas polos diferentes autores que sobre el se teñen debruzado, ben como para unha mellor comprensión de denominacións testemuñadas noutros dominios lingüísticos (como os casteláns marcico e moracico). Comprobamos, máis unha vez, a extraordinaria utilidade que a antroponimia (e, sobre todo, o subsistema formado polos sobrenomes delexicais) pode ter para o estudo do léxico medieval e moderno. 2. Os casos analizados constitúen exemplos moi ilustrativos da implementación antroponímica dun zoónimo que, polo demais, permanecía ausente da bibliografía especializada. Aínda, os datos retirados da documentación medieval permítennos non só acompañar practicamente in situ algunhas fases do proceso de estabilización do sobrenome zoonímico como unidade antroponímica de valor denotativo, senón tamén confirmar que, con algunha frecuencia (e en paralelo con outros exemplos homologábeis), a toponimización do ornitónimo maracico (> mazarico) debe ser atribuída a un previo uso antroponímico do mesmo. Tal é o caso do medieval Santa Eugenia de / dos Maracicos\n(que tencionamos identificar co actual San Xoán de Mazaricos, cabeceira do termo concellío homónimo), para o cal xulgamos moi posíbel a existencia dunha ligazón histórica e motivacional entre o territorio así designado e a familia sediada na Barbanza cuxos membros portaban o sobrenome homónimo e cuxa xenealoxía até fomos quen de reconstruír. Situámonos, por tanto, nun punto de intersección entre dous subsistemas onomásticos que poden confluír con relativa frecuencia, como son o da antroponimia e o da zootoponimia, ofrecéndonos esta confluencia un interesante punto de partida para o estudo e a comprensión doutras denominacións toponímicas baseadas en designacións alternativas da ave en cuestión (como Serapicos / Zarapicos).\n5. A péndices documentAis 32\nAPÉNDICE 1\nDivisión da freguesía de Santa María de Olveira (conc. Ribeira), en que se estabelecen as porcións correspondentes a diferentes personaxes, entre os cales Diego “Maracico”.\nAHN, Códices, Tombo de Toxos Outos, L1002, fol. 186r. Ed.: Pérez Rodríguez 2004: 670, [Diuisio] ecc lesie de Olueira | 2\nHec e st diuisio de eccl es ia de S an c t a Maria de Oluaria. Jn p ri mis, q u artam in| 3 tegra m de Elduara P e l a gij. De P e l a gio Monacho, viij a. De Joh an ne Oluario, | 4 viij a. De Luzo Afonso, media m viij a. De Didaco Maraçiq u o media m viijª. De | 5 Ferna n do Monacho et de suo sop ri no Pet ro Monacho, media viij a. De Gu n | 6 trode Luz, m e dia viij a. De uxore Gunsalui\nMart ini et de suis germanis, | 7 media m viij a. De uxore de Gomecio Mart ini, m e dia m viij a. De Affonso Pin| 8 za m, m(e)diam viij a. De Gut er rio Ramiriz et de sua gente, m e dia viij a. 32 Para a transcrición dos documentos seguimos basicamente as mesmas pautas implementadas noutros contributos anteriores, nomeadamente RTT (2009: 210211). O texto pode ser consultado na íntegra no site https://minerva.usc.es/ xmlui/handle/10347/5660.\n© 2017 Estudos de lingüística galega 9, 6586\nAPÉNDICE 2\nTestamento de Fernando Diegues, dito “Maracico”.\nAHN, Códices, Tombo de Toxos Outos, L1002, fols. 184v185r. Apuntamentos á marxe : Na marxe esquerda do fol. 184v, un apuntamento coevo: “[Tes]tame n tu m Ferna n di [Did] aci Maraciq u o. ” Debaixo do anterior, un apuntamento posterior: “Mandosse ordenar en el monast eri o”. No canto superior esquerdo do fol. 185r, un apuntamento coevo: “De S an c t a M ari a de Ulueýra”. Na marxe dereita, un apuntamento posterior: “Año 1223. Abad Juan Tudin”. Ed.: Pérez Rodríguez 2004: 66566, nº 745.\nTestamentu m Fernandi Didaci de una s er uicialia i n [...] 33 | 2\nHec est ordinacio quam ordino ego Fernand us Didaci d i c tu s Maracic us posit us in | 3 graui i n firmitate ut si inde mortuus fuero et c etera. In p r imis ma n do corp us m eu m | 4 sepelire in cimit er io S an c t i Iusti de T r ibulis Altis et mando ibi mecu m x equas | 5 quas hab e o in Pestomarchos et x uaccas q u as hab(e)o in domo de Didaco Gu n | 6 salui de m e a senara et unu m s er uiciale(m) b e ne p o p u latum et m eu m p ro p r iu m q ue hab e o i n | 7 Spineýrido et aliu m quen ista h e redi| 21 tas in filig re sia S an c t i Mich ae lis de Tréés et in Tinis, et debet Petrus Candeel et | 22 Cresconi us Mu ni z et uxores eor um tenere ista m meam h e reditate m ta n tu m in uita s u a | 23 sic ut in n ost ris pl a c it is resonat. Constituo ego Ferna n d us Didaci d o m in i Jo hannes Tudini | 24 monast er ij S an c t i Justi abbate m rectore m tocius mee mandicionis et de meis | 25 reb us c om pleat om n iaq ue sup er i us sc r ipta su n t p ro ut meli us s ib i uisu m fu er it et eme n det | 26 ista m e a m mandacio n e m et corrigat q u icq u id uiderit corrigendum. De cet er o ma(n) do | 27 ut q u icq u id ex tr a ista m mea m ma n dacio n em inuentu m fu er it tam i n reb us q uam in h(e)redita| 28 tib us laicis siue eccl es iasticis sit totu m de monasterio, null us q uod retinere p re | 29 su m mat. Si q u is ig itur contr a ha n c ma n dacio n em uen er it sit maled i c tu s ame n et c eteram insup er | 30 pariat s o l idos mille. Facta ma n dacione Era iª ccª lxiª et q uo t um t er cio n on as martij. | 31 Q ui p resentes f uerunt : Ego Joh ann es Tudini abbas. Jo hannes Alfonsi monac us S an c t i Justi con f irmat. Jo hannes Gundi| 32 salui mo n ach us con f irmat. Jacob Pet r i con f irmat. Petr us Pet r i de Corzo n monac us con f irmat. Petr us Arie | 33 cl er ic us. Petrus Candeel 33 A rúbrica, embora practicamente ilexíbel, esténdese aínda algunhas liñas pola marxe dereita. 34 A seguir lese “ et de”, subpuntuado.\nmiles. con f irmat. Mich ae l Froyle miles con f irmat. Ferna n d us Sebani m| 34 iles et canonic us con f irmat. Joh an nes Didaci monach us S an c t i Iusti qui erat cu m ep iscop o de | 35 Transaltu m con firm auit et not uit.\nA grAdecementos\nQueremos agradecer a Alexander Pereda o seu apoio na realización dos mapas que acompañan algunhas das epígrafes, a Carlos Baliñas as súas observacións relativas a certas cuestións históricas envolvidas nalgúns dos apartados deste traballo, a Ricardo Pichel Gotérrez a revisión pormenorizada dos textos que compoñen os apéndices, e, evidentemente, aos/ás revisores/as as valiosas achegas realizadas na secuencia do proceso de avaliación deste contributo.\nr eferenciAs BiBliográficAs\nAlonso, Martín (1958): Enciclopedia del idioma. Diccionario histórico y moderno de la lengua española (siglos XII al XX), etimológico, tecnológico, regional e hispanoamericano. Madrid: Aguilar.\nAres Vázquez, Nicandro (1995): “Toponimia do concello de Guntín de Pallares”, Lvcensia V/10, 8398.\nBaliñas Pérez, Carlos (1998): Gallegos del año mil. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.\nBallester, Xaverio (2012): “Zooantroponimia latina: de Dónde, a Dónde”, en Emili Casanova (ed.): Onomàstica mediterrània. Onomàstica d’origen zoonímic i dels intercanvis entre pobles. València: Denes, 255272.\nBascuas, Edelmiro (2006): Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia. Sada: Ediciós do\nCastro. Becker, Lidia (2009): Hispanoromanisches Namenbuch. Untersuchung der Personennamen vorrömischer, griechischer und lateinischromanischer Etymologie auf der Iberischen Halbinsel im Mittelalter (6.-12. Jh.). Tübingen: Niemeyer. Blecua, Alberto (ed.) (1992): Libro de Buen Amor (Juan Ruiz. Arcipreste de Hita). Madrid: Cátedra. Boullón Agrelo, Ana Isabel (1999): Antroponimia medieval galega (séculos VIIIXII). Tübingen: Max Niemeyer. Boullón Agrelo, Ana Isabel (dir.) (2006): Cartografía dos Apelidos de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega [Consultado: 10/10/2016]. Braga, Franklim Costa (1971): Quadrazais. Etnografia e linguagem (dissertação de licenciatura). Lisboa: Universidade de Lisboa. Cabeza Quiles, Fernando (2008): Toponimia de Galicia. Vigo: Galaxia. Caldeira, Maria Arlete Fernandes (1960): O falar dos pescadores de Sines. Notas etnográficas, linguísticas e folclóricas (dissertação de licenciatura). Lisboa: Universidade de Lisboa. Carrancho, Maria Licínia Sarrico dos Santos (1969): A linguagem dos pescadores de Lagos (dissertação de licenciatura). Lisboa: Universidade de Lisboa. CODOLGA = López Pereira, Eduardo (dir.) (2008): Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP).\nLópez Alsina, Fernando (1988): La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media. Santiago de Compostela: Concello de Santiago de Compostela / Centro de Estudios Jacobeos / Museo Nacional de las Peregrinaciones. López Alsina, Fernando (1998): “ Pes fui claudo et oculos caeco : el hospital medieval y la hospitalidad de la sede compostelana con los peregrinos jacobeos”, en Actas del II Congreso Internacional de Estudios Jacobeos: rutas atlánticas de peregrinación a Santiago de Compostela (Ferrol, septiembre de 1996). Santiago de Compostela: Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, 123167. López Alsina, Fernando (1999): “Parroquias y diócesis: el obispado de Santiago de Compostela”, en José Ángel García de Cortázar (ed.): Del Cantábrico al Duero. Trece estudios sobre organización social del espacio en los siglos VIII al XIII. Santander: Universidad de Cantabria, 263312. Llorente Maldonado de Guevara, Antonio (1947): Estudio sobre el habla de La Ribera (comarca salmantina ribereña del Duero). Salamanca: Consejo Superior de Investigaciones Científicas.\nOutos. Noia: Toxosoutos.\nbo de Toxos Outos: edición filolóxica e estudo toponímico”, Moenia 15, 207231. Ruhstaller, Stefan (2010): “Toponimia y geografía lingüística medieval”, en Xulio Sousa Fernández (ed.): Toponimia e cartografía. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 129146.\nna bajomedieval. Nombres de persona y procedimientos denominativos en Asturias de los siglos XIII al XV. Tübingen: Max Niemeyer."} {"summary": "Tras a celebración de dez eleccións ao Parlamento de Galicia, a última delas o pasado 25 de setembro de 2016, é posible facer balance dos rendementos do sistema electoral autonómico galego. Este traballo realiza unha análise exhaustiva dos efectos despregados polas regras electorais galegas, utilizando para elo un conxunto de indicadores que miden a fragmentación partidista, a desproporcionalidade, as primas e penalizacións recibidas polos partidos e a desigualdade no valor do voto. Do mesmo xeito, estúdanse as lixeiras modificacións que experimentou o sistema electoral, dende a súa xénese no Estatuto de Autonomía de 1981, pasando pola aprobación da lei electoral galega en 1985, ata a reforma de 1992, así como os recentes intentos de reforma dos anos 2012 e 2014. Por último, estaremos en condicións para formular unha proposta de reforma electoral propia que, a partir de pequenas modificacións, poida corrixir algunhas das eivas do actual sistema electoral.", "text": ": sistema electoral galego, eleccións autonómicas, reforma electoral Abstract: After the celebration of ten elections to the Parliament of Galicia, the last of them on 25 September 2016, it is possible to analyze the yields of the Galician autonomous electoral system. This work makes a comprehensive analysis of the effects of the Galician electoral rules, using a set of indicators that measure partisan fragmentation, disproportionality, bonus and penalties received by parties and inequality in the value of voting. It also examines the minimum changes that the electoral system has undergone since its genesis in the Statute of Autonomy of 1981, passing through the approval of the Galician electoral law in 1985, until the 1992 reform, as well as the recent attempts to reform the electoral system in 2012 and 2014. Finally, we will be able to formulate a proposal of electoral reform of its own that, based on minor modifications, can correct some of the dysfunctionalities of the current electoral system.\nIntrodución ende que Galicia acadase a autonomía política no ano 1981, os galegos foron chamados as urnas ata en dez ocasións para elixir aos seus representantes no Parlamento de Galicia, a última delas o 25 de setembro de 2016. O sistema electoral empregado para transformar os votos en escanos non experimentou ao longo deste tempo grandes cambios, pese a que si se deron reformas menores relacionadas co tamaño do parlamento, o número de escanos correspondentes a cada provincia e o porcentaxe da barreira electoral.\nA celebración de dez eleccións autonómicas permite facer balance dos rendementos do sistema electoral galego en distintas dimensións. Para elo, resulta tamén indispensable explicar as razóns que están detrás da súa configuración inicial e das súas distintas modificacións. Especialmente interesantes resultan as últimas propostas de reforma defendidas na anterior lexislatura autonómica, posto que coincidían na súa orientación coas formuladas polo Partido Popular (PP) noutras comunidades autónomas onde gobernaba. Para dar resposta a estas cuestións, o presente traballo seguirá a seguinte estrutura.Tras esta breve introdución, dedicarase un apartado a describir os elementos centrais do sistema electoral galego, empregando como marco de referencia os restantes sistemas electorais das distintas comunidades españolas. En segundo lugar, examinarase o sistema electoral como variable dependente, é dicir, tratarase de coñecer a razón da configuración inicial do sistema electoral galego. En terceiro lugar, abordarase o estudo do sistema electoral galego como variable independente, isto é, analizaranse os efectos do sistema electoral na fragmentación de partidos, a desproporcionalidade dos resultados, as primas e penalizacións que reciben os partidos e o valor do voto dos electores nas distintas circunscricións electorais. A continuación, explicarase cal foi o motivo da modificación do sistema electoral galego no ano 1992 polo que se subiu a barreira electoral do 3 por cento ao 5 por cento e, para rematar, exporanse os intentos de reforma máis destacados durante os últimos anos. Por último, e a luz do exposto nos distintos apartados, formularemos a nosa propia proposta de reforma electoral e pecharase o artigo cunhas breves conclusións.\n1. O sistema electoral galego\n1.1. Liberdade dentro dun mesmo marco de movemento\nDurante a transición democrática, a xeneralización das autonomías en todo o territorio español desembocou na instauración de 17 Parlamentos autonómicos, pese a que a Constitución só obrigaba a elo ás comunidades constituídas pola “vía rápida” ou “vía reforzada”. Non obstante, os pactos autonómicos de 1981, acordados entre o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e a Unión de Centro Democrático (UCD), dotaron ao resto de comunidades, segundo prescribía o artigo 152.1 da Constitución Española (CE), dunha “Asemblea lexislativa, elixida por sufraxio universal, consonte a un sistema de representación proporcional que asegurase, ademais, a representación das diversas partes do territorio” 2.\nCon estes vimbios, as comunidades dispoñían dun espazo de liberdade considerable para configurar os elementos básicos dos seus respectivos sistema electorais, é dicir, o tamaño dos seus Parlamentos, a fórmula electoral, a delimitación das circunscricións, a magnitude dos distritos, a existencia de barreira electoral ou o carácter aberto ou pechado das listas electorais. Con todo, a pesar do amplo marxe de actuación, a innovación brillou pola súa ausencia (Pallarés, 1998). Unha boa parte da normativa electoral autonómica limitase a recoller a regulación da LOREG, cando non se remite simplemente aos seus artigos.\nAsí, a regra xeral é a utilización da provincia como circunscrición electoral. Non obstante, existen catro Comunidades Autónomas que se inclinaron por un tipo de circunscrición de base territorial distinta á provincial. Por un lado, Canarias e Baleares escolleron o territorio insular como circunscrición. Por outro, Asturias e Murcia ata fai un tempo 3, decidiron fraccionar o seu territorio en varios distritos electorais, rompendo a tendencia asumida polas restantes comunidades uniprovinciais, consistente en tomar a provincia como circunscrición.\nExiste certa variedade no referente ás barreiras electorais 4, establecendo a maioría de comunidades autónomas barreiras legais entre o 3 por cento e o 5 por cento. Canarias representa a excepción, posto que a súa normativa establece unha dobre barreira do 6 por cento a nivel autonómico e do 30 por cento a nivel insular. Polo que se refire á fórmula de reparto de asentos, todas as comunidades sen excepción inclináronse pola fórmula D´Hondt 5.\nA interpretación que os lexisladores a nivel subnacional lle deron ao artigo 152.1 da CE, materializouse de forma ben distinta nas diferentes comunidades autónomas. Catro de elas prescinden por completo do criterio demográfico á hora de efectuar o reparto de escanos entre circunscricións. En Canarias, Illas Baleares, País Vasco e Cataluña, os seus Estatutos de Autonomía ou unha lei ordinaria establecen o número fixo de escanos para cada circunscrición, non admitindo revisión algunha a pesar dos cambios poboacionais. O reparto de escanos tende así a sobrerrepesentar as zonas menos poboadas, infrarrepresentando como contrapartida as circunscricións onde existen grandes núcleos urbanos 6. Este tipo de reparto de escanos trae consigo serios problemas dende o punto de vista da igualdade de voto (Fernández e Montero, 2016).\nO resto de comunidades, co seu territorio dividido en varias circunscricións, combinan tanto factores xeográficos como poboacionais. A maneira de proceder ao reparto de escanos é similar á empregada polo sistema electoral do Congreso dos Deputados: asígnase un mínimo inicial de escanos a cada circunscrición con independencia da poboación que resida nelas, e o resto de asentos ata completar o Parlamento repártese, agora si, atendendo ao número de habitantes de cada circunscrición. Esta forma de repartir os escanos ten a virtude de superar a rixidez do modelo anterior, posto que permite ir axustando o reparto de deputados autonómicos entre as distintas rexións atendendo a flutuacións demográficas. Deste modo, o número de escanos asignados a cada circunscrición pode variar duns comicios a outros.\nComo é lóxico, é ese mínimo inicial de escanos, ou en outras palabras esa base inicial que cabria denominar como fixa, a que xera desigualdade no valor do voto. As comunidades estableceron bases moi diferentes. En Murcia era de un escano; no Principado de Asturias de dous asentos; de tres en Castela e León e en Castela e A Mancha; de oito en Andalucía; de dez en Galicia; de trece en Aragón; e de vinte na Comunidade Valenciana e Estremadura.\n1.2 As orixes do sistema electoral galego\nComo sucedeu en todas as comunidades autónomas, o Estatuto galego tamén introduciu un sistema electoral provisional, en tanto que non se aprobase a lei electoral definitiva. A Disposición Transitoria do Estatuto fixou o número de asentos da Cámara en 71, repartíndoos entre as catro provincias de tal xeito que sobrerrepresenteña o distrito. Esta fórmula ten unha tendencia a favorecer aos partidos maiores e a prexudicar ás formacións máis pequenas (nesgo maioritario) 6. Esta realidade afonda no nesgo conservador dos sistemas electorais tanto autonómicos como nacional. En esencia, isto significa que as forzas conservadoras conseguen unha prima dos seus votos en escanos ao seren, potencialmente, as formacións que mellores resultados acadan nas zonas rurais que se encontran sobrerrepresentadas.\nAgora ben, esta operación non foi en absoluto inocente, dado que esta distribución de escanos resulta determinante si se atende á distribución xeográfica do votante galego. Así, premiábase “de maneira clara á Galicia campesiña, do interior, máis atrasada económica, social e culturalmente sobre a Galicia urbana e costeira, máis moderna en todos os aspectos mencionados” (Blanco et. al, 1982: 83). A este respecto, cabe sinalar que os aspectos estatutarios relacionados co sistema electoral foron impostos pola UCD sen ser acordados co resto de formacións políticas. Isto explica, sen ir máis lonxe, por que Lugo e Ourense, onde a UCD contaba con un gran respaldo electoral, foron sobrerrepresentadas, fronte ás outras dúas provincias onde o apoio á UCD era más débil (López, 2010:144).\nAgora ben, o sistema electoral foi un dos cabalos de batalla durante a tramitación do Estatuto de Galicia. Como sinala Blanco Valdés (1991: 904), “a competitividade (…) derivou dunha dobre orde de motivos: por un lado, o número e o reparto interprovincial de escanos que habían de compor a primeira Asemblea autonómica e, por outro, a introdución dunha barreira legal de votación, o tres por cento do censo, para acceder á Cámara”.\nNeste sentido, debe recordarse que o proxecto de Estatuto elaborado nun primeiro momento pola Asemblea do Parlamento de Galicia, establecía un sistema electoral algo distinto ao que finamente terminou por aprobarse 7. Así, establecíase unha franxa de parlamentarios notablemente máis avultada (entre 100 e 125 escanos). Ademais, o proxecto de Estatuto de Autonomía incorporaba unha cláusula que esixía ás forzas políticas que concorrían ás eleccións superar o 3 por cento do censo electoral da provincia, o que implicaba a contabilización da abstención. Esta proposta supuña esixir na práctica máis dun 6 por cento dos votos (Maiz, 1991: 17), polo que prexudicaba gravemente ás pequenas formacións, entre as que se situaban boa parte dos partidos nacionalistas galegos. Máxime si se ten en conta que Galicia foi unha comunidade autónoma notablemente abstencionista en perspectiva comparada, especialmente nos primeiros procesos electorais (Montero, 1986; Justel, 1990; Vilas Nogueira, 1992). Baste con sinalar que nos primeiros comicios ao Parlamento de Galicia, celebrados o 20 de outubro de 1981, a participación foi do 46, 3 por cento dos electores, o cal representa o porcentaxe de abstención máis alto nunhas eleccións autonómicas da historia de España 8.\nTal foi a gravidade da situación que, tras o chamado “Pacto do Hostal”, o Presidente da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, Antonio Rosón, a instancias das forzas políticas que aceptaban a Constitución e o Estatuto, remitiu un escrito ao\nCongreso dos Deputados 9, no que entre outras cuestións, instábase á supresión deste polémico punto, co obxectivo último de solucionar as dificultades que impedían culminar o proceso estatutario galego (Maiz, 1991; Blanco, 1991). Finamente, e como consecuencia desta operación, a Comisión constitucional decidiu modificar – entre outros elementos – a cláusula en cuestión, aplicándose finamente a barreira electoral do 3 por cento dos votos válidos, por remisión á barreira contemplada a nivel estatal.\nCabe sinalar que no proceso de elaboración da lei electoral galega de 1985, acordouse aumentar o tamaño do Parlamento de Galicia de 71 a 75 escanos, entre outras cousas, para reducir a desviación do prorrateo de escanos creado pola Disposición Transitoria Primeira do Estatuto de autonomía e pola que se rexeron os dous primeiros comicios autonómicos de 1981 e 1985 (Martínez, 2012: 23). Coa entrada en vigor do novo sistema electoral nas eleccións autonómicas de 1989, reduciuse lixeiramente o desequilibrio representativo que aínda persiste entre as provincias atlánticas de A Coruña e Pontevedra e as provincias de interior de Lugo e Ourense. Ademais, tras figurar no proxecto de lei unha barreira electoral do 5 por cento dos votos emitidos, foi posteriormente rebaixada de novo ata o 3 por cento, por entenderse que, en caso contrario, só dúas ou tres forzas acadarían representación parlamentaria (Portero, 1991:131).\n1.3 A normativa electoral galega na actualidade\nDous piares son os que sustentan a normativa electoral galega. Por un lado, o propio Estatuto de Autonomía de Galicia, e por outro, a Lei 8/1985 do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, reformada pola Lei 15/1992 do 30 de decembro, que supoñía elevar a barreira electoral do 3 ao 5 por cento de votos válidos por circunscrición.\nNo Estatuto de Autonomía fíxase a composición do Parlamento de Galicia. Nel, establece que os Deputados han de ser elixidos por sufraxio universal, libre e directo por un prazo de catro anos e consonte a un sistema de representación proporcional. Do mesmo xeito, establécese, ao igual que fai a CE, que a circunscrición electoral ha de ser a Provincia (art. 11.4). A isto, habémoslle de sumar a marxe de parlamentarios, que tamén ven establecida polo Estatuto de Autonomía Galego, entre 60 e 80, quedando aprazado o número fixo de escanos a unha lei de desenvolvemento básico do estatuto, cuxa aprobación, e por extensión modificación, ha de necesitar da maioría absoluta do Parlamento galego (art. 127.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia).\nCoa aprobación da Lei electoral galega 8/1985 o número de escanos do Parlamento fixouse en 75. O máis curioso e que, co afán de respectar o mandato constitucional de representación de todos os territorios, estableceuse un mínimo inicial de 10 parlamentarios por Provincia, quedando tan só 35 para repartir seguindo criterios proporcionais (artigo 9 da citada Lei). Dende a aprobación da lei electoral e ata a actualidade, o número de deputados de cada provincia foi variando conforme ás flutuacións demográficas, tal e como se pode comprobar na Táboa 2.\nOurense (14)\nPontevedra (22)\nFonte: elaboración propia\n2. Os rendementos do sistema electoral galego\nEn xeral, o sistema de partidos galego pode ser denominado como multipartidista mais, no fondo, debido ao referido sistema electoral galego que alberga unha clara tendencia a favorecer aos partidos maioritarios, o sistema de partidos inclinouse ao bipartidismo. Pese a todo, podemos falar dun sistema de tres partidos no ano 1981, de dous partidos e medio nas eleccións de 1985 e, a partir de entonces, dun claro predominio do PP – salvando as eleccións de 2005 (Pallarés e Lago, 2005) –, no que a formación conservadora encarrila maiorías absolutas e goberna a comunidade autónoma galega (Rivera et. al., 1998: 299307).\nPor outra banda, o carácter de nacionalidade histórica, ter unha lingua propia e riscos culturais de seu, dotou a Galicia de movementos nacionalistas que pronto se habían de agrupar en torno a formacións políticas que acabarían tendo representación parlamentaria 10. Así, aos partidos de implantación nacional, había que sumarlle a presenza de forzas rexionalistas – Esquerda GalegaPartido Socialista Galego (EGPSG), Coalición Galega (CG) e Bloque Nacionalista Galego (BNG) ata 1989, e só o BNG ata 2012 11 (Lago, 2004: 36) – o que fixo que o espazo de competición política dos partidos galegos se orientase ao redor de dúas dimensións principais. Por un lado, unha dimensión esquerdadereita (económica e cultural) e, por outro, unha dimensión centro - periferia que dá conta das posicións dos partidos respecto ao modelo territorial do Estado (Alonso, 2012). O Gráfico 1 mostra a evolución, en porcentaxe de votos, dos partidos que acadaron representación parlamentar nas eleccións autonómicas.\nAs eleccións de 1981 destacan como aquelas nas que a suma de votos da UCD e de Alianza Popular (AP) constitúen o porcentaxe máis baixo da serie (un 58 por cento de votos). No resto de eleccións os partidos máis votados foron o PP e o PSOE, salvando os comicios de 1997 e 2001 nos que o BNG foi o partido alternativo ao goberno (un fito histórico do nacionalismo galego) e 2016, no que a formación En Marea 12 obtivo un maior número de votos que o PSOE, pese a acadar o mesmo número de escanos. A Táboa 3 mostra a evolución na concentración de votos dos principais partidos. A maior concentración obsérvase nas eleccións de 1997, o Partido Popular chegou ao 52, 2 por cento dos votos que, sumado aos apoios do BNG, constitúe un 80 por cento do total. As eleccións de 2012 poden ser tomadas como as primeiras do cambio, que sería contaxiado no 2015 ao sistema de partidos a nivel nacional e subnacional 13 e que se consolidaría en Galicia nos comicios de 2016. O porcentaxe que suman as dúas formacións con maiores sufraxios móvese en torno aos valores das eleccións de 1981 e 1985. Con elo, rómpese o ciclo electoral que se establecera dende as eleccións de 1993.\nGráfico 1 Resultados das eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia, 19812016 Fonte: elaboración propia en base aos datos do Parlamento de Galicia 13. Fernández Albertos (2015: 36) recalca a importancia da formación Alternativa Galega de Esqueda (AGE) que nace nas eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2012, como xerme do movemento Podemos, que entraría con 69 escanos no Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 2015. Citando as propias palabras do líder da formación morada, Pablo Iglesias, “seguramente sen Beiras (líder de ANOVA) non sería posible Podemos”.\nNo caso galego, ao igual que no caso español, o sistema electoral pode ser considerado un dos elementos decisivos da fragmentación de partidos, sobre todo a nivel parlamentario. Así o constata a Táboa 4, sobre todo nas eleccións de 1981, 1985, 1989 e 2012, nas que as diferenzas entre o número efectivo de partidos electorais (NEPE), un índice que ten en conta o número e o peso en votos dos partidos, e o número efectivo de partidos parlamentarios (NEPP), ponderado o número de partidos no Parlamento co seu peso en escanos, foron máis que notables, constatando o efecto redutor do sistema electoral galego.\nPor outra banda, habemos de dedicarlle un espazo relevante a un dos efectos máis coñecidos e estudados que producen algúns sistemas electorais, e que incide de forma directa nos resultados electorais: a desproporcionalidade electoral. Este termo alude á desviación agregada entre a proporción de votos obtidos por un partido, e a proporción de escanos que recibe (Lijphart, 1995: 103). Deste xeito, cun valor de 0 cúmprese unha total proporcionalidade e cun valor de 100 unha total desproporcionalidade. Entre os factores que determinan a proporcionalidade dun sistema electoral áchanse o tamaño do Parlamento, o prorrateo desviado, a fórmula electoral, a barreira de entrada ou barreira electoral e, sobre todo, a magnitude de distrito (Lijphart, 1995) 14.\nA Táboa 5 amosa os niveis de desproporcionalidade acadados nas eleccións ao Parlamento de Galicia dende 1981 ata 2016. A tendencia xeral, con puntuais altibaixos, foi a dunha redución considerable da desproporcionalidade. Non obstante, obsérvase unha subida a valores próximos aos das primeiras eleccións democráticas no ano 2012, en boa medida motivado pola entrada de novos actores políticos na cámara de representación galega, aínda que en 2016 baixa cerca de 1 punto porcentual. A media de eleccións deixa unha desproporcionalidade do 4, 8; o que sitúa a Galicia como a doceava CA máis desproporcional do Estado español, aínda que, se tomamos o valor acadado en 2016, a posición ascende ata o oitavo posto (Fernández e Montero, 2016).\nde escanos. Fonte: elaboración propia\nEstes efectos, denominados efectos mecánicos do sistema electoral, en esencia consisten na sobrerrepresentación dos primeiros partidos, ao transformar os votos en escanos, e na infrarrepresentación dos terceiros. As primas e penalizacións que sofren os partidos políticos debido aos elementos que compoñen o sistema electoral, quedan recollidas na Táboa 6. O Partido Popular é a forza máis beneficiada polos nesgos maioritarios do sistema electoral galego, como evidencian as catro maiorías fabricadas (manufactured majorities) 15 acadadas polos populares (1989, 2009, 2012, 2016), ademais, as tres últimas coinciden cos tres gobernos de Núñez Feijoo. En todas as eleccións ás que concorre resulta o partido cunha maior prima ou bonificación ao transformar os seus votos en escanos. Pola contra, o BNG, salvando os comicios de 2001 e 2009, sempre saíu prexudicado polos efectos correctores da proporcionalidade que introducen as regras electorais galegas. Por outra banda, en menor medida que o PP, o PSOE aproveitouse da súa posición de segunda forza para que o peso dos seus escanos fose maior que o que lle conceden os votantes. Nos comicios de 2012 o PP obtivo a maior prima en escanos da serie histórica, mentres ANOVA recibía a maior penalización dende a acadada polo BNG en 1985.\nO Gráfico 2 ven a complementar a información recollida na Táboa 5. A taxa de vantaxe obtense ao dividir o porcentaxe de escanos que acada un partido político entre o seu porcentaxe de votos. Así, se un partido obtén escanos, pero menos dos que proporcionalmente lle correspondería en función dos seus votos, a súa taxa de vantaxe encontraríase entre 0 e 1; e se acadase máis escanos dos que lle correspondería en función dos seus votos, a taxa de vantaxe situaríase por encima de 1.\nGráfico 2\nTaxa de vantaxe nas eleccións ao Parlamento de Galicia, 19812016 a.\nOs datos do Gráfico 2 confirman o nesgo maioritario do sistema electoral galego. As dúas forzas que, polo xeral, obtiveron máis votos nas nove eleccións autonómicas celebradas, o PP e o PSOE, resultan ser as formacións máis beneficiadas. As eleccións de 1981, 1985, 2012 e 2016, aquelas nas que se deu unha maior fragmentación de partidos, coinciden coas maiores taxas de vantaxe para o PP. A formación que maior prima tivo ao transformar os seus votos en escanos foi a UCD nos primeiros comicios autonómicos, logo de que non acadase representación nos restantes. EG/ PSG, PCG, CG nas eleccións de 1989 e o BNG nos comicios de 1981 e 1985 foron os grandes damnificados do sistema electoral. ANOVA sumaríase a esta lista nos comicios de 2012, aínda que en 2016 (baixo as siglas de En Marea), polos bos resultados acadados, roza a perfecta correspondencia dos seus votos cos escanos.\nEstes efectos mecánicos do sistema electoral repercuten no sistema de partidos ao reducir a fragmentación do Parlamento pero, ademais, inciden na desproporcionalidade electoral, é dicir, afectan ao porcentaxe de escanos que había de corresponderlle a un partido en función da súa porcentaxe de votos. Así, sendo conscientes de elo, tanto as elites como os electores actúan para mitigar os efectos redutores do sistema electoral. A isto Duverger (1954) referiuse como efectos psicolóxicos do sistema electoral. Os partidos minoritarios buscan coligarse con outras forzas co fin de obter os réditos das forzas maioritarias, e os votantes ao interiorizar as consecuencias das leis electorais tras a experiencia de eleccións pasadas, buscan maximizar o seu voto e non desperdicialo apoiando a unha opción política que teña opcións de conseguir un escano no seu distrito. A teoría queda confirmada á luz dos datos que amosa a Táboa 7.\nDende as eleccións de 1989 ata os comicios de 1997, o porcentaxe de votos que acaba en formacións que non obteñen escanos nas provincias galegas, diminuíu de forma moi notable. A excepción dáse nas eleccións de 2009, nas que por primeira vez se presenta Unión Progreso e Democracia (UPyD). A formación situada no centroesquerda do espectro ideolóxico, recolle un amplo número de votos nas provincias de A Coruña e Pontevedra, pero terminan desperdiciados ao non acadar asentos no Parlamento de Galicia. Do mesmo xeito, nos comicios de 2012 a irrupción no Parlamento de Galicia dunha nova formación política, ANOVA, altera as lóxicas de participación electoral dos votantes, e o número de escanos que terminan desperdiciados ou malgastados aumenta en todas as circunscricións electorais con respecto as eleccións precedentes, achegándose a valores dos primeiros comicios. Algo semellante acontece nos comicios de 2016, con valores case iguais aos observados nas eleccións anteriores.\nEstes efectos do sistema electoral, e a súa consecuente interiorización por parte do electorado, en si veñen derivadas dunha das grandes eivas das que adoece a lexislación electoral galega: a desigualdade no valor do voto. O mandato de representación territorial do artigo 152.1 da CE, e a súa diferente interpretación por parte dos lexisladores das 17 CCAA derivou, no caso galego, no establecemento de 10 escanos iniciais adxudicados ás catro circunscricións electorais sen criterio poboacional algún. Deste xeito, e como recalcamos no apartado dedicado ao sistema electoral galego, A Coruña e Pontevedra áchanse infrarrepresentadas fronte ás provincias de interior, que son ao mesmo tempo as menos poboadas, Lugo e Ourense. A Táboa 8 mostra a relación entre habitantes e escanos en catro puntos temporais correspondentes no tempo coas catro variacións que experimentou o sistema electoral galego (recollidas na táboa 2). Así, establece a rateo que se dá comparando coa provincia cuxo cociente, censo electoral escanos, é menor.\nFonte: elaboración propia en base aos datos do censo electoral do INE\nEn xeral, tanto na provincia de A Coruña como de Pontevedra, conseguir cada escano en xogo ten un valor que é case o dobre do que custa obter un asento en Lugo ou Ourense. Deste xeito, o voto dunha persoa destas dúas provincias ten a metade de peso que o do das provincias de interior.\nEsta desigualdade no valor do voto queda ao mesmo tempo reflectida no prorrateo desviado de escanos, ou malapportionment. Este indicador amosa as diferenzas entre o porcentaxe de escanos que se elixen nunha circunscrición e o porcentaxe do censo electoral que se integra na mesma. Por ser máis específicos, o malapportionment dá conta da diverxencia total entre a distribución de facto dos asentos por circunscrición e a distribución que normativamente había ter en función do electorado. As consecuencias desta distorsión son claras na desigualdade do valor do voto do elector, o que, sen dúbida, supón unha violación do principio segundo o cal, todas as rexións dun país deberían ter a mesma rateo de electores con deputados.\nO caso español, entre outros, está asociado coa pretensión que por parte dos lexisladores electorais se deu de sobrerrepresentar as zonas rurais, coincidentes coas de menos electores (e máis conservadores) fronte ás zonas urbanas. Así, España encóntrase (cun malapportionment do 14, 6) no posto 16 da lista dos países con maior prorrateo desviado de escanos en función do porcentaxe de escanos que lle había de corresponder a cada circunscrición segundo o seu porcentaxe de poboación (Samuels e Snyder 2001). Neste sentido, é preciso puntualizar que existen diferenzas nas fórmulas empregadas para o cálculo do prorrateo desviado. Gran parte dos estudos que mediron este fenómeno empregan a relación entre o porcentaxe de escanos das circunscricións e o porcentaxe de habitantes das mesmas. Non obstante, se o que estamos a medir é a desigualdade no valor do sufraxio dos electores, semella que empregar os datos do censo é a mellor das maneiras para testar o fenómeno, pese a que estudos comparados empreguen datos da poboación pola súa facilidade no acceso aos mesmos.\nA Táboa 9 mostra os valores de malapportionment acadados nas eleccións celebradas. A maior desviación do prorrateo obsérvase nos comicios celebrados en 2009 e 2012. Estes valores veñen a supor que máis dun 12% dos escanos que se reparten no Parlamento de Galicia violan a máxima da igualdade do voto. En perspectiva comparada, o caso galego supón o quinto máis alto das 17 CCAA españolas e o posto 16 a nivel mundial, nunha lista que lidera Tanzania (Seijas Macías, 2014: 205). Nas eleccións de 2016 un 11 por cento dos escanos que se repartiron violaron o principio da igualdade do voto. O valor foi inferior ao das eleccións anteriores grazas ao aumento de un escano na provincia de A Coruña.\n3. Reformas e propostas de reforma do sistema electoral galego\n3.1 A modificación do sistema electoral galego en 1992\nNo ano 1992 produciuse unha polémica reforma electoral, en virtude da aprobación da Lei 15/1992, do 30 de decembro, que modificou a lei electoral galega a partir dun proxecto de lei presentado polo executivo autonómico.\nA reforma de 1992 acometida polo Partido Popular, con Manuel Fraga Iribarne ao fronte do Goberno, aumentaba ata o 5 por cento unha barreira legal que anteriormente estaba dous puntos porcentuais por abaixo. A medida sería aprobada sen contar co apoio parlamentario do resto de forzas, e provocaría o tan soado zapatazo do por entonces Secretario Xeral do BNG, Xosé Manuel Veiras, seguindo o precedente histórico de Kruschez na Asemblea da ONU. Esta reforma inaugurou unha tendencia orientada a endurecer as barreiras de acceso ao reparto de escanos que seguirían comunidades autónomas como as Illas Baleares en 1995 (do 3 ao 5 por cento) e Canarias en 1996 (do 20 ao 30 por cento a nivel insular e do 3 ao 6 por cento a nivel autonómico).\nPolo que se refire á motivación da reforma, esta perseguía favorecer a gobernabilidade. En palabras do propio Fraga, era necesario racionalizar e simplificar ao máximo a xeografía política do país e para elo nada mellor que endurecer as condicións para acceder ao Parlamento. Non obstante, este argumento en pos da estabilidade e racionalización parlamentaria semella dificilmente aceptable, dado que por aquel entón, o PP gozaba dunha maioría absoluta na Cámara. Ostentaban daquela representación parlamentaria outros catro partidos políticos, pero dous de eles (Coalición Galega e Partido Socialista GalegoEsquerda Galega) facíano dunha forma practicamente testemuñal, posto que contaban tan só con dous deputados cada un. Así as cousas, parece que o verdadeiro propósito daquela reforma era o de deixar fora de xogo ás pequenas organizacións nacionalistas con representación parlamentaria na época. En opinión de Pallarés (1998: 239), esta modificación pretendía “evitar a emerxencia e desenvolvemento de grupos galeguistas no centrodereita que puidesen erosionar electoralmente ao PP e facer que perdese a maioría absoluta”.\nAsí, no debate á totalidade do proxecto de lei, o Conselleiro de Presidencia e Administracións Públicas, Rodríguez Rodríguez, defendeu no nome da Xunta a necesidade deste aumento na barreira, argumentando que “o Goberno é consciente de que neste punto non existe consenso, pero considera (…) preciso clarificar as opcións políticas que teñan acceso á Cámara, de maneira que o fagan forzas políticas realmente significativas”. 16 A estas afirmacións respondería o representante de Coalición Galega, Cándido Sánchez Castiñeiras, incidindo en que a reforma sobre todo buscaba “eliminar as forzas políticas que saben que teñen unha ideoloxía galeguista”. E seguía, dicindo que “tódalas forzas políticas representadas hoxe superan o 7 por cento dos votos; agora ben, o engano que pretende levar a cabo o Partido Popular, é dicir, se subimos ó 5 por cento, por exemplo Coalición Galega non estará representada na próxima lexislatura. Sabemos que isto non é certo, pero articulado coa propaganda (…) pode ter un efecto disuasorio sobre aqueles que queren votar una determinada forza” 17. A elo sumaríase o representante do BNG, Álvarez Domínguez, quen afirmaba que “na provincia de Ourense e na provincia de Lugo non se accede á representatividade aínda tendo o 5 por cento; necesítase, como mínimo, o 5, 6 por cento, e aínda co 5, 6 por cento o BNG quedou fóra da representación desta Cámara pola provincia de Ourense nas eleccións do ano 1989. Non vale para nada, ten unha finalidade puramente disuasoria. Agora ben, ten una finalidade para a provincia de Pontevedra ou para a provincia de A Coruña, dado que o número de representantes que se van elixir por cada distrito é superior a 20” 18.\nFinamente, co apoio do Grupo Parlamentario Popular, e a pesares do voto en contra das restantes forzas políticas do Parlamento, aprobouse durante a última sesión plenaria da terceira lexislatura – a menos de tres meses das eleccións – a primeira reforma de un sistema electoral na historia do Estado das Autonomías, co propósito evidente de eliminar contrincantes políticos de corte nacionalista. Quebrouse así o consenso acadado na aprobación do Estatuto e na lei electoral galega, que situaba a barreira legal no 3 por cento (Martínez, 2012: 25).\nEste aumento do 3 ao 5 por cento supuxo un aumento cualitativo por canto situou a barreira legal a niveles superiores da barreira efectiva do voto nas provincias de A Coruña (3 por cento), Pontevedra (3, 5 en 1993 e 3, 3 por cento en adiante) e Lugo (4, 8 por cento), onde os partidos minoritarios tiñan opcións de obter represenDiario de Sesións do Parlamento de Galicia, III Lexislatura, núm. 124, 8 de setembro de 1992, p.2188.\ntación (Rivera et. al, , 1998:324). De feito, nas eleccións de 1993, a coalición Esquerda UnidaUnidade Galega obtivo un 3, 74 por cento dos votos na circunscrición de A Coruña que, de non existir barreira electoral do 5 por cento, conseguiría o escano que obtivo o PP.\nNon debe de estrañar que o aumento da barreira legal contribuíse a erradicar definitivamente a proliferación de pequenos partidos. Fronte á dispersión orixinaria sobre todo do voto nacionalista, emerxeu unha paulatina concentración de forzas intencionada pola clase política. As diversas forzas nacionalistas, coa súa diversidade de matices, deron orixe a un proceso tortuoso de confluencia (Rivera et. al., 1998:325).\n3.2 As tentativas de modificación da lei electoral galega do ano 2012 e 2014\nA grave crise económica do 2008 pronto derivou nunha profunda crise política (Rama, 2016). Así, empresarios políticos viron unha apropiada ventá de oportunidade para canalizar as demandas dos electores aos que as forzas establecidas xa non eran capaces de representar. Novos partidos foron emerxendo e pouco a pouco consolidándose, tanto a nivel nacional como subnacional. Por elo, ante a previsible ruptura do sistema de partidos, varios líderes políticos de distintas comunidades autónomas lanzáronse, xa polo ano 2008, a formular diversas propostas de reforma dos seus sistemas electorais.\nEsta avalancha de propostas de reforma electoral a nivel subnacional poden clasificarse en dúas etapas coincidentes no tempo coa chegada da crise económica a España. A primeira, corresponde ao período anterior as últimas eleccións autonómicas de 2015, na que os líderes (a maioría do PP) propuxeron reformas para establecer barreiras de entrada a novas forzas políticas. Os casos que mellor ilustran esta realidade son os de Cantabria e Castela e a Mancha, esta última, por partida dobre. En Cantabria reduciuse o Parlamento (de 39 a 35) buscando penalizar as terceiras forzas e impedir a entrada de novos partidos. En Castela e a Mancha, na primeira reforma ampliouse o tamaño da Asemblea (de 49 a 53 escanos) buscando outorgarlle ao PP uns mellores resultados. Sen embargo, no 2014 reduciuse do tamaño do Parlamento a 33 deputados coa premisa de impedir o aumento da fragmentación de partidos (algo que daquela xa se podía anticipar). Así, nas eleccións de 2015 Podemos só entrou con 2 escanos, e Ciudadanos, cun 8, 5 por cento dos votos quedouse sen representación.\n(Fernández Esquer, 2016) 19. 19. Outros exemplos de propostas que non chegaron a materializarse son as de Illas Baleares en xuño de 2012, que pretendía a redución do tamaño da Asemblea en 18 escanos, pasando de 59 a 41; e a da Comunidade Valenciana en 2013, que perseguía facer máis pequena a cámara (de 99 a 79 escanos).\nE unha segunda etapa, que estamos a vivir agora, na que tras as eleccións autonómicas de 2015, son as novas formacións políticas as que están a impulsar reformas que pretenden corrixir elementos correctores da proporcionalidade que introducen algúns sistemas electorais autonómicos. Sirvan de exemplo a reforma xa aprobada en Murcia impulsada por Ciudadanos e acordada co PSOE e Podemos, e as reformas que están en camiño en comunidades como Asturias, Andalucía, Canarias e A Rioxa, por citar varios exemplos. As novas formacións (Podemos e Ciudadanos) que son imprescindibles para a gobernabilidade destes territorios, están a impulsar estas reformas de “rexeneración da democracia”.\nPois ben, retrotraéndonos a esa primeira etapa de reformas electorais auspiciadas na súa maioría polo PP, Galicia non ía ser a excepción, e da mesma forma que procederan os seus compañeiros de partido, o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, poría riba da mesa xa no ano 2012 a redución do tamaño do Parlamento. Dende a reforma de 1992 non se rexistraran intentos relevantes de modificar o sistema electoral galego. Nin sequera durante a sétima lexislatura na que se deu a alternancia na Xunta debido ao goberno bipartito do PSOE e o BNG, tramitouse unha proposta que dese equilibrio ao reparto de escanos entre as catro provincias galegas para axustalo á realidade demográfica de cada unha delas. E elo a pesares de que o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, chegase a anunciar unha modificación da lei electoral para facer unha mellor distribución dos asentos en relación á poboación (Martínez, 2012: 20).\nA diminución do número de escanos do Parlamento de Galicia foi anunciada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nunha entrevista ao xornal La Voz de Galicia e presentouse formalmente polo Grupo Parlamentario Popular o 31 de xullo de 2012 en forma de proposición de lei (Martínez, 2012: 23). Esta proposta enmarcábase dentro dun paquete de medidas para o aforro económico no contexto de crise. Así, o grupo Parlamentario do Partido Popular presentaría dita medida como proposición de lei o 31 de xuño de 2012, circunscribíndose a reducir de 75 a 61 escanos o número de parlamentarios, previsto no artigo 9.2 da Lei Electoral galega. Deste xeito, tamén se modificaba o art. 9.3, en relación ao número de asentos que lle corresponden a cada provincia en función da súa poboación, que pasaban de 35 a 21. Esta proposta viña recollida no programa electoral, onde explicitamente dicíase: “reducir o número de deputados a 61, na franxa baixa de representación prevista no artigo 11 do Estatuto de Autonomía de Galicia” 20.\nEsta medida sería parcialmente modificada no ano 2014, no que se proporía reducir de 10 a 8 os escanos que se habían de repartir de inicio por Provincia sen axuste a criterios poboacionais. Mais, en xeral, o resultado destas propostas de reforma permitían que as circunscricións más poboadas resultasen, se cabe, máis infrarrepresentadas que coa Lei 8/1985, mentres que as menos poboadas apenas notarían a modificación que imporía a nova lei electoral. En resumo, con ditas propostas o que se terminaría conseguindo sería un Parlamento menos representativo no relativo á rateo habitantes por escano, e que pasaría a ter un tamaño menor ao de outras comunidades autónomas con menos poboación e provincias - caso de Aragón e Estremadura- (Martínez, 2012).\nFinalmente, debido ao adianto electoral anunciado por Aberto Núñez Feijoo para facer coincidir as eleccións autonómicas galegas coas vascas, o Presidente da Xunta acordou a disolución do Parlamento de Galicia o 27 de agosto e, en consecuencia, a proposta de reforma da lei electoral non chegou sequera a tramitarse. A Táboa 10 amosa, en función das propostas de 2012 e 2014, o número de escanos que lle habían de corresponder a cada provincia e o porcentaxe do total que significarían, empregando datos do censo electoral do ano 2016.\nTáboa 10 Número de escanos por provincia e porcentaxe de escanos segundo o número de habitantes de 2016 coas propostas de reforma do PP do ano 2012 e 2014\nproposta 2012\nA Táboa 11 amosa o reparto de escanos que obterían as formacións políticas que concorreron as eleccións autonómicas de 2016 seguindo os resultados de ditas eleccións, pero empregando para transformas os votos en escanos as leis electorais propostas polo Partido Popular no ano 2012 e 2014. Neste caso, o PP gañaría as eleccións, e ademais vería incrementado o seu porcentaxe de escanos con respecto ao actual, un 57, 4 por cento e 55, 7 por cento fronte ao 54, 7 por cento co que conta en 2016 baixo a normativa electoral vixente. O resto de forzas políticas manterían as mesmas posicións. O PSOE e En Marea, perderían un 0, 7 por cento do porcentaxe en escanos baixo a proposta do PP de 2012. Non obstante, coa proposta de 2014 En Marea sairía beneficiado ao acadar o 19, 7 por cento dos escanos da Cámara, fronte ao 18, 7 actual. O BNG, pola súa parte, perdería con ambas proposta o 1, 4 por cento dos escanos acadados en 2016 coa lei vixente. En esencia, esta baixada de escanos co mantemento da barreira electoral no 5 por cento, viría a supor unha traba para que as formacións pequenas puidesen facerse con un asento no Parlamento de Galicia.\nSe calculásemos as primas e penalizacións que terían as formacións políticas con representación no Parlamento de Galicia tras as eleccións autonómicas de 2016, baixo as propostas de reforma electoral do PP en 2012 e 2014, os resultados serían os seguintes: O PP sairía máis beneficiado, ao obter unha prima do 9, 84 por cento baixo as regras da proposta de 2012 e do 8, 14 por cento coas de 2014, fronte á bonificación actual do7, 1. O PSOE seguiría beneficiándose, pero moito menos que co sistema electoral vixente (un 0, 13 por cento con ambas propostas). Do mesmo xeito, o BNG sería o gran penalizado, con un -1, 73 por cento baixo ambas propostas (a lei actual prexudícao nun -0, 3). Pola súa parte, En Marea correría unha sorte dispar. Por unha banda, sairía penalizado coa proposta de reforma electoral do 2012, ao ver que os seus escanos representan un 1, 07 por cento menos do valor dos seus votos, pero beneficiaríase da opción presentada polo PP en 2014, con unha bonificación do 0, 63.\nPor outra banda, a fragmentación de partidos a nivel parlamentario veríase reducida levemente coas propostas de 2012 e 2014. Pasaría do actual valor de 2, 64 a 2, 51 coa proposta de 2012 e a 2, 59 baixo a de 2014. Sen embargo, o índice a nivel electoral experimentaría un aumento, do 3, 14 actual ao 3, 23 que se acadaría implementando unha ou outra reforma. Pola contra, a desproporcionalidade aumentaría de xeito notable, do xa elevado valor actual de 5, 35 pasaría a acadar unha cifra de 7, 23 coa proposta de 2012 e 6, 13 coa de 2014. O cambio principal estaría no malapportionment. Tanto coa proposta de reforma de 2012 como coa de 2014 este incrementaríase. No primeiro caso, faríao en máis de tres puntos (do 10, 96 ao 14, 6) e, no segundo, acadaría o valor de 11, 3.\n4. Unha proposta de reforma electoral para Galicia Despois de dez eleccións ao Parlamento de Galicia e tras haber analizado os rendementos do sistema electoral galego, se algo podemos afirmar é que os efectos producidos na igualdade do voto dos electores ou na correspondencia dos votos cos escanos, dista moito de estar allea de críticas. De feito, nin a reforma do sistema electoral galego de 1992 nin as propostas de reforma de 2012 e 2014, buscaron resolver as deficiencias do sistema electoral.\nPor elo, a proposta de reforma electoral que aquí se defende ten catro obxectivos principais: 1) mitigar a desigualdade do voto, 2) corrixir a desproporcionalidade electoral, 3) dar cabida a pluralidade de forzas políticas e 4) permitir a gobernabilidade. Para acadar estes fins concretos non ha de ser necesario acometer unha “reforma electoral maior” (Katz, 2005) se non, máis ben, o que pretendemos é mostrar o impacto que unha pequena modificación da lei electoral vixente podería traer en varios indicadores fundamentais do rendemento do sistema electoral.\nO feito de estar fixado estatutariamente que a provincia é a circunscrición electoral fai que sexa de gran dificultade acometer unha modificación de dito elemento. A importancia da circunscrición achase, sobre todo, nos efectos que ten para a correspondencia entre o porcentaxe de votos e de escanos. Nos artigos 56 e 57 do Estatuto de Autonomía, especifícase que para levar a cabo esta reforma serían necesarios dous terzos do Parlamento de Galicia, a aprobación da Reforma nas Cortes Xerais mediante Lei Orgánica, e mesmo a celebración dun referendo. Deste xeito, non semella fácil mellorar a proporcionalidade do sistema electoral galego establecendo outra circunscrición distinta á provincial, cunha maior magnitude. De feito, pese a que sexan varias as voces que defenden que non ten sentido unha circunscrición electoral provincial para elixir unha Cámara de representación dos intereses de toda Galicia, o mandato constitucional e estatutario, sumado a necesidade de representación dos intereses da poboación rural fronte á urbana, xustifican o mantemento das provincias que, máis aló de poder ser xulgadas como meras divisións administrativas, arrastran fortes sentimentos identitarios. Outra das formas de corrixir os problemas de proporcionalidade está en modificar o tamaño do Parlamento. Neste caso, o número de escanos que ha de ter a Asemblea galega non ven fixado no Estatuto, se non que nunha Lei do Parlamento de Galicia de desenvolvemento básico do Estatuto. Para a súa modificación, e incremento ata 80 escanos, sería preciso a maioría absoluta do Parlamento galego nunha votación final sobre a totalidade. Non obstante, estas medidas que habían de corrixir as distorsións na transformación dos votos en escanos, estarían a incidir na quebra doutros elementos que se supón esenciais dun bo sistema electoral, como a gobernabilidade ou o necesario axuste do tamaño do Parlamento coa poboación de dereito. Polo que non entraremos a discutilas na nosa proposta.\nPor todo elo, sen renunciar a un mínimo inicial de escanos por cada unha das catro provincias que compoñen a comunidade galega, decidimos adxudicar 3 asentos sen criterios poboacionais que virían a substituír aos actuais 10 escanos de inicio. Así, sen modificar o tamaño do Parlamento de Galicia que conta con 75 escanos, repartiríanse 63 entre a poboación das catro circunscricións, un incremento de 28 escanos fronte á lei electoral vixente. Os resultados deste reparto poden verse na Táboa 12. A Coruña sube 4 escanos, Pontevedra 3, e Lugo perde 3 e Ourense 4.\nExisten fundamentalmente tres argumentos para defender a redución a tres escanos o mínimo inicial por provincia. En primeiro lugar, mentres que outras propostas suxeriron que ese mínimo se fixase en oito escanos (Martínez, 2012: 2124) ou incluso en cinco (López, 2006: 250251; Seijas, 2012: 14), consideramos que con elo non se reduce o suficiente a desigualdade no valor do voto. Coa nosa proposta as provincias de Lugo e Ourense continuarían estando sobrerrepresentadas, pero a máxima rateo de desigualdade do voto mitigaríase notablemente, de forma que o valor do voto dun lucense sería 1, 23 unidades superior ao dun coruñés.\nEn segundo lugar, ese número mínimo de asentos inicial que se reparte con independencia da poboación é o que xa se emprega en outros sistemas electorais autonómicos como en Castela e León e Castela e a Mancha. Trátanse de dúas comunidades autónomas que presentan similitudes respecto a Galicia en tanto que se caracterizan por ter un hábitat disperso. En estas dúas comunidades autónomas a xustificación da sobrerrepresentación dos territorios menos densamente poboados esgrímese como forma de “asegurar a representación das diversas zonas do territorio” nuns termos similares aos empregados en Galicia. Non semella que os casos de Aragón (mínimo inicial de trece asentos) e os de Estremadura e a Comunidade Valenciana (mínimo inicial de vinte escanos) sirvan como modelos de referencia, pois agravarían aínda máis os desequilibrios representativos e a desigualdade no valor do voto dos galegos. Por último, cabe sinalar que con esta modificación corresponderíanlle os seguintes escanos as distintas provincias: A Coruña 29, Pontevedra 22, Lugo 11 e Ourense 10, polo que as magnitudes de distrito continuarían sendo suficientes como para que os resultados fosen desproporcionais. Con estas magnitudes de distrito, Galicia estaría incluso por encima do rango que vai dende os 4 aos 8 escanos, que algúns autores consideraron como un punto óptimo (electoral sweetspot) para producir un virtuoso equilibrio entre unha suficiente representatividade e unha adecuada rendición de\nÁ proposta de reducir o número de escanos iniciais por provincia, sumámoslle a necesidade de baixar a barreira electoral legal do 5 ao 3 por cento a nivel circunscrición. Tamén encontramos un triplo motivo para modificar este elemento do sistema electoral. De entrada, non cabe soster que a actual barreira do 5 por cento, que apenas ten efectividade, contribúa ao obxectivo de calquera barreira electoral que se prece: evitar a a excesiva fragmentación partidista e así propiciar que os parlamentos sexan centros de decisión política eficaces e garantir en última instancia a estabilidade gobernamental. Ata a fecha, a estabilidade do subsistema político galego foi formidable, como pon de manifesto o dato de que en 7 das 10 eleccións autonómicas o PP conseguise a maioría absoluta. Así as cousas, non parece que o feito de reducir a barreira do 5 ao 3 por cento, incrementando con elo as posibilidades potenciais de que entre algún novo partido no Parlamento, supoña unha ameaza para o equilibrio do sistema parlamentario.\nEn segundo lugar, é preciso recalcar que un dos síntomas de boa saúde democrática de un sistema político é que se produza a alternancia no goberno. Polo que un dos múltiples obxectivos aos que deberá de servir un sistema electoral é, se non a propiciar, si ao menos a permitir que poida darse dita alternancia. En Galicia a alternancia no goberno só se produciu en dúas ocasións: unha fugaz tras a moción de censura de 1987; e unha segunda, que podemos considerar como verdadeira alternancia, co bipartito PSOEBNG no período 20052009. É por elo que a baixada da barreira, en tanto que operación tendente a facer algo más sinxela a alternancia, está máis que xustificada.\nPor último, a redución do mínimo inicial de deputados por provincia a tres, fai que a baixada da barreira ao 3 por cento teña sentido. Iso é así porque as barreiras efectivas 21 de Pontevedra (2, 92 por cento) e A Coruña (2, 53 por cento) situaríanse precisamente por debaixo dese 3 por cento e, chegado o caso, podendo haber partidos que hipoteticamente obtivesen un porcentaxe de votos suficiente como para levarse un escano en esas dúas circunscricións, a barreira electoral do 3 por cento evitaríao. Desta forma, podemos afirmar que a operación de fixar unha barreira electoral do 3% non é unha operación simplemente cosmética ou efectista, senón que pode ter algunha virtualidade.\nCon este novo sistema electoral podemos simular cómo sería o reparto de escanos entre as formacións, seguindo os resultados das eleccións de 2016 (Táboa 13). Se o comparamos co sucedido baixo a lei electoral vixente habemos de destacar: 1) a entrada no Parlamento de Galicia de Ciudadanos, grazas aos asentos conseguidos en A Coruña e Pontevedra, as provincias máis poboadas e que co novo reparto melloran a súa rateo escanos/habitante; 2) o aumento en un escano de En Marea grazas, de novo, á subida nas provincias atlánticas; 3) a perda de dous escanos do BNG, ámbolos dous en Lugo e Ourense – provincias do rural e, por extensión, máis conservadoras – e 4) a subida do PP de dous escanos en A Coruña e a perda de 3 escanos en total en Ourense e Lugo. Así, se ben é certo que o BNG perde dous asentos, tamén o é que os perde nas provincias de Ourense e Lugo, onde había acadado representación con 10.000 votos, mentres que Ciudadanos, que entraría no Parlamento, non había conseguido escano algún nin en A Coruña nin en Pontevedra con 19.000 sufraxios, respectivamente.Se atendemos aos rendementos da proposta de reforma do sistema electoral, seguindo os resultados de 2016, habemos de falar da corrección da desproporcionalidade, dun mellor axuste entre votos e escanos para cada unha das formacións e dunha mellora notable do malapportionment. A Táboa 14 amósanos algúns destes feitos. En primeiro lugar, o NEPE e o NEPP aumentan levemente. Pasando de 3, 15 a 3, 23 e de 2, 66 a 2, 76, respectivamente. O maior aumento vese a nivel parlamentario debido a entrada dunha nova formación no Parlamento de Galicia: Ciudadanos. Con elo, os terceiros partidos gañan peso, e as formacións de pequeno tamaño poden entrar no Parlamento de Galicia sen que por elo se vexa afectada a gobernabilidade. Igualmente, redúcese de xeito leve a desproporcionalidade electoral. O valor de 4, 65 segue a ser alto, mais significaría un dos máis baixos da serie histórica.\nA restante información complétase na Táboa 15. Coa proposta de reforma, o PP sairía menos beneficiado que baixo as regras actuais, pasando dunha prima do 7, 1 por cento ao 5, 8. Continuaría tendo unha bonificación, pero sería de 1, 3 puntos porcentuais menos. Pola contra, tanto o BNG como Ciudadanos serían os máis damnificados polo sistema electoral: cunha penalización do 3 e do 0, 7 por cento, respectivamente. Mención aparte ha de dedicárselle ao malapportionment, pois coa proposta de reforma electoral que aquí defendemos a desviación do prorrateo veríase corrixida amplamente. Se coa lei electoral vixente cerca dun 11 por cento dos escanos que se reparten no Parlamento de Galicia están distribuídos de forma que violan o principio de unha persoa un voto, este porcentaxe quedaría reducido a un 1, 8 por cento; o máis baixo se o comparamos coas restantes CCAA. Se facemos este mesmo cálculo sobre o porcentaxe da poboación de cada unha das provincias en troques de sobre o 22. Nesta proposta non se recolle un cambio de fórmula de reparto. De empregase a cota Hare en lugar da fórmula D´Hont, a asignación de escanos sería a seguinte: en A Coruña o PP 14, En Marea 6, PSOE 5 BNG 3 e Ciudadanos 1. En Lugo: o PP 6, o PSOE 2, En Marea 2 e o BNG 1. En Ourense: PP 5, PSOE 2, En Marea 1, BNG 1 e Democracia Ourensá (DO) 1. En Pontevedra: PP 11, En Marea 6, PSOE 5, BNG 2 e Ciudadanos 1. O resultado final sería: PP 36, En Marea 15, PSOE 14, BNG 7, Ciudadanos 2 e DO 1. O PP perdería a maioría absoluta.\n5. Conclusións\nA celebración de dez eleccións ao Parlamento de Galicia permítenos avaliar os rendementos do sistema electoral dende unha perspectiva lonxitudinal. Deste xeito, algúns elementos como a barreira electoral do 5 por cento a nivel de circunscrición e, sobre todo, o reparto inicial de 10 escanos por provincia sen criterios poboacionais provocaron, por un lado, unha barreira de entrada para novas formacións e, por outro, un desaxuste entre o porcentaxe de votos e o número de escanos dos partidos. Ademais, estes elementos inciden na desigualdade do valor do voto dos cidadáns galegos que ven como, en función da súa residencia, a súa capacidade de influencia política é maior ou menor. Por elo, e tras describir os rendementos do sistema electoral galego (en termos de proporcionalidade, taxa de vantaxe, desigualdade do valor do voto, fragmentación partidista) dende 1981 ata 2016, este traballo analizou as reformas e propostas de reforma electoral que se acometeron ata hoxe. Así, tanto a reforma de 1992, que subiu a barreira de entrada do 3 por cento a nivel circunscrición ao 5 por cento, como as propostas de 2012 e 2014, en ningún caso buscaron paliar as deficiencias do sistema electoral galego. Por elo, este artigo defende unha reforma viable do sistema electoral (baixada ata o 3 por cento da barreira legal e redución do mínimo de escanos iniciais a 3) que tería uns efectos moi favorables para o seu rendemento.\nBibliografía"} {"summary": "O estudo dos factores que permiten obter vantaxes competitivas sostibles que melloran o rendemento organizativo segue sendo tema de debate na actual contorna empresarial. O obxectivo principal deste traballo é identificar os factores sobre os que as empresas gandeiras deben exercer control para incrementar o seu éxito no mercado. Para iso, realízase un estudo empírico nunha mostra de 201 explotacións gandeiras. Os resultados amosan a importante influencia que ten o tamaño, a mecanización, o benestar animal e a renovación das instalacións para o éxito competitivo.", "text": "DELIMITACIÓN DOS FACTORES CHAVE DE ÉXITO EN EMPRESAS DO SECTOR PRIMARIO: O CASO DAS EXPLOTACIÓNS DE BOVINO EN GALICIA RODRIGUEZ, Estefanía 1 GONZÁLEZ Raúl b LÓPEZVALEIRAS Ernesto c GÓMEZ Jacobo d\n: Éxito empresarial, explotacións gandeiras, rendemento financeiro. Clasificación JEL : Q10.\nfarms in Galicia.\n1. Introdución\nBlanco et al. (2011) expoñen que as últimas décadas foron un período de gran transformación do sector gandeiro nacional debido, entre outros motivos, á implantación de innovacións tecnolóxicas e ás medidas adoptadas na aplicación da Política Agraria Común (PAC). Tamén destacan factores como a incerteza e risco existente nun mercado globalizado, a diminución de barreiras comerciais ou a redución do custo de acceso á información (Capitanio et al., 2013).\nO aumento da competitividade internacional e a importancia do sector gandeiro na economía nacional xustifican o estudo dos factores de éxito neste sector. Por iso, o obxectivo deste traballo é identificar os factores chave de éxito sobre os que as empresas gandeiras deben basear a súa planificación e control para incrementar o seu éxito a Instituto de Estudos Superiores de FAFE. Escola Superior de Tecnologias de FAFE (Portugal). Autor de contacto. b Cámara de Comercio e Industria de Ourense. c Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Universidade de Vigo. d Departamento de Contabilidade. Universidade Autónoma de Madrid. Agradecementos : Este traballo foi desenvolvido no marco dun proxecto de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (nº de rexistro 0MRU003CT). Os autores tamén agradecen aos colegas do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia e aos revisores e participantes do “VII Congreso Iberoamericano de Contabilidad de Gestión” (Valencia - Xullo 2013) polos seus valiosos comentarios e suxestións. Queremos facer constar tamén o noso agradecemento á Dra. María do Carmen Guisán Seijas, directora da Revista Galega de Economía (RGE), polas súas valiosas aportacións e suxestións.\norganizativo. Ademais de servir de axuda aos xestores das empresas deste sector, os resultados deste traballo tamén pode resultar unha ferramenta valiosa para facilitar a toma de decisións de organismos públicos e administracións. Do mesmo modo, este traballo tamén supón unha nova contribución á literatura de xestión de empresas centrada na identificación dos factores chave de éxito.\nO resto do traballo estrutúrase do seguinte modo. Na segunda epígrafe realízase unha breve revisión da literatura centrada no marco conceptual sobre o que se sustenta este traballo. Así mesmo, desenvólvese o modelo teórico e preséntanse as hipóteses. Na terceira epígrafe, descríbese a metodoloxía da investigación. No cuarto apartado, expóñense os resultados empíricos obtidos. Para finalizar, na quinta epígrafe, amósanse as conclusións máis destacadas, limitacións e futuras liñas de investigación.\n2. Modelo teórico e hipóteses\nOs directivos, durante o proceso de planificación estratéxica, identifican as vantaxes competitivas e establecen os obxectivos estratéxicos da empresa. Obxectivos estratéxicos son, entre outros, a procura do máximo beneficio, a mellora dos ingresos (Rubio e Aragón, 2009), o incremento da cota de mercado, ou mellora da produtividade (Miller et al., 2013). Os conceptos de vantaxe competitiva, rendemento financeiro e rendemento financeiro superior mestúranse e amosan en moitos casos límites difusos (Leonidou et al., 2013). Boso et al. (2012) entenden a vantaxe competitiva como a que ostentan as empresas que obteñen un rendemento financeiro por enriba da media. Na misma liña, Tubagus (2012) afirma que o rendemento financeiro actúa como un bo estimador para determinar a existencia dunha vantaxe competitiva nunha empresa no mercado. Li e Liu (2012) miden, co obxectivo de determinar a presenza dunha vantaxe competitiva xeradora de rendementos superiores, a asociación entre unha serie de factores con variables de rendemento. Na mesma liña, a continuación, preséntanse as seis variables que son incluídas no modelo de investigación deste traballo polo seu potencial efecto sobre o rendemento financeiro.\n2.1. Relación entre tamaño e rendemento financeiro\nA influencia do tamaño no éxito de empresas do sector primario foi cumpridamente estudada, porén, as evidencias empíricas obtidas non son concluíntes. Por unha banda, os argumentos utilizados para xustificar unha relación directa e positiva entre rendibilidade e tamaño céntranse na maior dispoñibilidade de recursos e oportunidades de mercado que teñen as grandes empresas, o que lles pode permitir economías de escala (LopezValeiras et al., 2016). Ademais, posúen maior poder de negociación, tanto con clientes como con provedores, así como maior facilidade para acceder a mercados internacionais (Bojnec e Latruffe, 2013).\nPor outra banda, entre as causas que dende a teoría se aportaron para explicar a ausencia de relación entre tamaño e rendemento atópase a inexistencia dunha dimensión óptima da empresa e, en consecuencia, a falta dunha asociación entre rendibilidade e tamaño, tal como cabería esperar se as economías de escala funcionasen na forma proposta polos economistas clásicos. Neste senso, un tamaño excesivo pode anular o diferencial de custo unitario asociado á dimensión da empresa, tendendo a reducir a rendibilidade, tanto sobre capital como sobre vendas, en especial nos sectores intensivos en capital (Bojnec e Latruffe, 2013). Por todo o indicado anteriormente preséntase a seguinte hipótese:\nH1: O tamaño da explotación incide no seu rendemento financeiro. 2.2. Relación entre a localización e o rendemento financeiro As explotacións gandeiras pódense localizar tanto en chairas como en zonas menos accesibles denominadas zonas de montaña. As zonas de montaña caracterízanse por ter limitacións importantes á hora de utilizar o terreo existente (elevada altitude, clima adverso ou presenza de pendentes que evitan ou complican o uso de maquinaria) (Penati et al., 2012). Esta situación pode influír de maneira significativa nos custos de produción (Kampmanna et al., 2012).\nPorén, debido ás dificultades que atopan os gandeiros para desenvolver a súa actividade en zonas de montaña leváronse a cabo políticas de apoio para fomentar a gandaría nestas localizacións, así outorgáronse axudas de carácter agrario en forma de subvención ou a través de investimentos como a mellora de estruturas agrarias, forestais ou agroambientais, sen esquecer a cohesión social desenvolvida a través do Fondo Social Europeo (FSE) (Comisión Europea, 2011). Neste senso, Briner et al. (2013) suxiren que as explotacións situadas en zonas de montaña benefícianse do aproveitamento de recursos, recoñecidos e protexidos polas administracións públicas, como é o caso dos espazos naturais ou das especies autóctonas.\nPor outra banda, a localización de montaña pode influír na calidade do produto e na sustentabilidade ambiental da explotación percibida polos consumidores (Bell et al., 2013). As zonas de explotación agraria e gandeira caracterízanse por unha paisaxe con presenza de altos valores de biodiversidade que propician unha serie de recursos estéticos de gran repercusión e atractivo para os consumidores (Ruiz et al., 2012). Nunes et al. (2013) recordan que a presenza das granxas é un factor que contribúe notablemente ao mantemento e desenvolvemento da contorna rural. Polo tanto, a localización en montaña pode permitir mellorar a percepción dos clientes sobre a calidade dos produtos, contar con melloras estruturais que favorecen o desenvolvemento da actividade gandeira e optimizar o aproveitamento dos recursos naturais (Renwicka et al., 2013). Seguindo estes argumentos, formúlase a seguinte hipótese:\nH2: A localización da explotación gandeira en espazos de montaña inflúe no seu rendemento financeiro.\n2.3. Relación entre o grao de mecanización da explotación e o rendemento financeiro\nA mecanización da actividade dispón de potencial para a mellora do rendemento dunha empresa agraria reducindo os custos de produción (Udo et al., 2011), incrementando a produtividade (Lemairae et al., 2013), optimizando a relación calidadeprezo dos produtos obtidos (Tsourgiannis et al., 2011) e mellorando a atención ao cliente (Zander et al., 2011). Neste senso, traballos como o de Aldai et al. (2012) suxiren que o nivel da mecanización da explotación é un factor que inflúe significativamente no rendemento económico dunha organización. En base a todo o anterior preséntase a seguinte hipótese:\nH3: O grao de mecanización da explotación gandeira inflúe no seu rendemento financeiro. 2.4. Relación entre o benestar animal e o rendemento financeiro Ohl e Van Der Staay (2012, p. 18) entenden o benestar animal como “unha función biolóxica, que abrangue a continuidade entre benestar positivo e benestar negativo, (..) Benestar positivo implica que o animal ten a liberdade e a capacidade de reaccionar de forma axeitada (é dicir, adaptativamente) a estímulos positivos ou potencialmente prexudiciais (negativos)”. O benestar animal converteuse nas últimas décadas nun importante atributo no concepto de calidade sensorial e ética dos alimentos de orixe animal (Hjelmar, 2012) e que, polo tanto, pode influír directamente no rendemento das empresas. Whay et al. (2013) consideran que o benestar animal afecta á saúde do gando, o cal pode repercutir na produtividade que se obten. Así mesmo, o grao no que as explotacións cumpren con requisitos de benestar animal ten unha repercusión no mercado e nas decisións de compra dos consumidores (Morris et al., 2012). Segundo estes\nautores, o benestar animal, ademais, pode chegar a provocar modificacións produtivas que afectan aos custos da explotación ou incluso ao proceso de distribución da carne. Neste mesma liña, Montossi et al. (2012) indican que contar cun maior grao de benestar animal incide no éxito no mercado, xa que os consumidores están dispostos a pagar un maior prezo polos alimentos se teñen a súa orixe en explotacións con conciencia de benestar animal. En base a todo o anterior, preséntase a seguinte hipótese:\nH4: O grao de benestar animal da explotación gandeira inflúe no seu rendemento financeiro.\n2.5. Relación entre a pegada de carbono e o rendemento financeiro\nPandey et al. (2011, p. 3) definen a pegada de carbono ou pegada de CO 2, como “a medida das emisións totais de dióxido de carbono que se orixinan de forma directa ou indirecta por unha actividade ou se acumulan ao longo do ciclo de vida dun produto”. Na mesma liña, Smith (2011) considera que a pegada de carbono é a cantidade de gases de efecto invernadoiro emitidos á atmosfera, derivados das actividades de produción ou consumo de bens e servizos.\nO cambio climático e a contaminación orixinaron unha preocupación global acerca dos impactos ambientais das actividades humanas (Valderrama et al., 2011). Porén, aínda que algúns autores defenden que a pegada de carbono converteuse nun indicador de competitividade (Senthilkannan et al., 2011) e de sustentabilidade a longo prazo das empresas (Jiménez et al., 2011), outros autores como Ruotolo et al. (2013) consideran que a relación entre medio ambiente e economía xera discusión científica. Nesta liña, Crastona e Harmona (2012) afirman que tanto os indicadores de competitividade como os utilizados para establecer os prezos dos produtos non teñen en conta os recursos ambientais que se estean consumindo.\nTomando como base argumental a primeira corrente, neste traballo deféndese que o cálculo e a redución da pegada de carbono favorece a redución de custos (Jiménez et al., 2011), mellora a imaxe de marca da empresa polo compromiso co medio ambiente (Hua et al., 2011), aumenta a demanda dos produtos no mercado (Muthu et al., 2012), favorece o emprego de recursos renovables (Carrico e Riemer, 2011) e permite optimizar o combustible no transporte e distribución dos produtos (Carrico e Riemer, 2011). Tendo en conta todo o anterior, formúlase a seguinte hipótese:\nH5: A pegada de carbono da explotación gandeira inflúe no seu rendemento financeiro. 2.6. Relación entre renovación de instalacións e rendemento financeiro\nCada día o mercado é máis esixente con respecto aos produtos que demandan. É dicir, esixéselle máis aos produtos xa existentes e, asemade, demándanse novos e mellores produtos. Esta situación implica que as explotacións gandeiras se deben adaptar aos novos cambios que se producen na contorna mediante a modernización das súas instalacións e, na medida do posible, dos seus produtos. Neste contexto, Dalgaard et al. (2012) consideran as decisións sobre a capacidade de produción, entre outras os investimentos de renovación, como unha acción chave para o desenvolvemento presente e futuro da empresa. Isto débese a que, segundo estes autores, a renovación de instalacións favorece a produtividade empresarial. Deste xeito, o uso que a empresa faga dos seus activos pódese converter nun factor determinante da eficacia e da eficiencia da empresa\n(Tsai et al., 2012). En base ao exposto, preséntase a seguinte hipótese:\nH6: A renovación das instalacións da explotación gandeira inflúe no seu rendemento financeiro. O Gráfico 1 amosa a representación do modelo de investigación.\nGRÁFICO 1\nModelo de investigación\n3. Metodoloxía\n3.1 Mostra\nAs hipóteses foron contrastadas no sector gandeiro galego. A poboación está formada por explotacións adicadas á produción de vacún de carne con, alomenos, nove cabezas de media durante a campaña 2010/2011. A poboación total é de 9.680 empresas, da que se obtén unha mostra de 201 explotacións, que cumpren co tamaño mínimo para poboacións finitas 2.\nCo obxectivo de que a mostra fose representativa, a poboación de empresas foi segmentada de acordo a dous criterios: número de cabezas de gando e provincia de localización. O número de empresas en cada un dos estratos construídos obtívose a partir da información do Instituto Galego de Estatística (IGE). A distribución das unidades mostrais deseñadas realizouse de acordo ao criterio de afixación proporcional, isto é, o número de empresas da mostra en cada estrato é directamente proporcional ao peso relativo do devandito estrato sobre a poboación total. Dentro de cada estrato a selección realizouse mediante unha mostraxe aleatoria simple. A información foi obtida a través da análise da documentación dos Cadernos de Explotación Sostible (CES) 3 correspondentes á campaña 2010/2011 4. 2 Para N = 9.680; Z = 1, 96 (nivel de confianza 0, 95); p = 0, 5; q = 0, 5; e = 0, 06 obténse unha mostra mínima de 201 empresas, onde: n = tamaño da mostra; N = poboación; Z = nivel de confianza; p = variabilidade positiva; q = variabilidade negativa; e = erro permitido. 3 “O Eixe 2 do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 20072013 abrangue actuacións dirixidas prioritariamente á conservación da biodiversidade, o fomento de métodos de produción compatibles coa protección da contorna e a remuneración das funcións territoriais, sociais e ambientais da actividade agraria. Entre esas actuacións prioritarias está o “Contrato de Explotación Sostible” (CES) que pretende reforzar a sustentabilidade das explotacións e fomentar o\nTama ñ o Localizaci ó n Mecanizaci ó n da explotaci ó n Benestar animal Pegada de carbono Renovaci ó n de instalaci ó ns\n3.2. Definición e medición das variables\nTamaño. O tamaño mídese con dúas variables (Escribano et al., 2002): (i) número de cabezas de gando que hai en explotación, e (ii) hectáreas de superficie da explotación.\nLocalización. Seguindo a metodoloxía utilizada por Reyes et al. (2011), a localización mídese en función de se as explotacións gandeiras están situadas en zonas de montaña ou non. Isto permite a construción dunha variable dicotómica que toma o valor 1 en caso afirmativo (se a explotación se sitúa en montaña) e valor 0 en calquera outro caso.\nMecanización da explotación. Seguindo a metodoloxía empregada por Serrano et al. (2008) mediuse a mecanización da explotación con dous ítems: (i) tractores que dispón por superficie de terreo e (ii) tractores que dispón por cabeza de gando. Ambas variables foron modeladas a través dunha análise factorial, que deu como resultado un único factor.\nBenestar animal. Este construto foi estimado de acordo aos criterios establecidos por Schnettler et al. (2007). Para iso, mídese o benestar animal con dúas variables: (i) as cabezas de gando que hai por hectárea de superficie da explotación e (ii) as cabezas de gando que hai por superficie de construcións. Estas variables foron introducidas como ítems nunha análise factorial, do que resultou un único factor.\nPegada de carbono. Para realizar o cálculo da pegada de carbono seguiuse a metodoloxía utilizada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (2010). Esta metodoloxía foi utilizada tamén polo estudo do IPCC de emisións do sector gandeiro (2011), o Arcadio et al. (2010). Para o seu cálculo aplicouse a seguinte fórmula que inclúe sete ítems: (i) enerxía consumida de forma interna na explotación (gasóleo vehículos) + (ii) emisións de animais ruminantes + (iii) emisións de partículas á atmosfera + (iv) emisións de amoníaco á atmosfera+ (v) nitróxeno excretado á atmosfera + (vi) factor de emisión de metano + (vii) emisión de gases por superficie de cultivo. Algúns destes ítems proveñen directamente da base de datos, namentres que outros son valores estimados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (2010) en función das características de cada explotación gandeira.\ndesenvolvemento de sistemas de produción sostibles. A través do CES xestiónanse: axudas agroambientais e axudas relativas ao benestar dos animais” (tomado literalmente de http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/es/fogga/politica_agraria_comun/axudas_directas/?ctexpsust&ctexpsustobx). 4 A recollida da información levouse a cabo no marco dun proxecto pertencente ao Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (nº de registro 0MRU003CT).\nRenovación de instalacións. Este construto mediuse tendo en conta o estudo de Jover e Pérez (1996). En base a iso, atopáronse dúas variables: (i) o investimento no ano de investigación en construcións, e (ii) o investimento no ano de investigación noutros bens. Estas variables foron introducidas como ítems nunha análise factorial da que resultou un único factor.\nRendemento financeiro. Neste caso séguese a metodoloxía empregada por Amant et al. (2010) ao usar a variable de resultado do exercicio.\n4. Resultados\n4.1. Análise de regresión lineal\nO estudo para identificar as variables que poden actuar como factor chave no éxito das empresas realizouse cunha análise de regresión. Esta regresión permite coñecer a porcentaxe do rendemento financeiro das empresas que vén explicada polas variables estudadas e destas, as que contribúen a que o resultado empresarial mellore.\nO modelo 1 analízase mediante a regresión de Rendemento financeiro en función de varias variables explicativas. Os resultados recollidos no Cadro 2 amosan que o número de cabezas de gando e a renovación de instalacións son dous factores chave para o éxito das empresas gandeiras, xa que como se pode observar os coeficientes das dúas variables son significativos (p<0, 01). A mecanización da explotación e o benestar animal tamén se amosan como variables importantes para o rendemento financeiro das empresas, xa que os coeficientes das dúas tamén son significativos (p<0, 05). Porén, chama a atención que os coeficientes de número de cabezas de gando, mecanización da explotación e renovación de instalacións son negativos. Ademais o modelo presentado explica unicamente un 24, 30 %\ninterpretados con cautela xa que o valor da bondade de axuste é reducido e os signos dos\n4.2. Análise engadida\nTendo en conta os resultados obtidos coa análise do Modelo 1, en especial o efecto negativo do número de cabezas de gando, realizamos a continuación a estimación dun Modelo 2, no que o Rendemento financeiro por cabeza é función da superficie por cabeza, localización e pegada por cabeza. Os resultados figuran no Cadro 3. Este modelo presenta unha elevada bondade do axuste e coeficientes significativos para superficie por cabeza e pegada por cabeza. A variable localización (en montaña) non amosa un efecto significativo. A superficie por cabeza parece ter unha influencia moi positiva sobre o rendemento por cabeza.\n5. Conclusións\nO principal obxectivo deste traballo é identificar os factores chave de éxito sobre os que as empresas gandeiras deben fundamentar a súa planificación estratéxica e exercer o control para incrementar o seu éxito competitivo. Para iso, analízase a incidencia do tamaño, a localización, a mecanización da explotación, o benestar animal, a pegada de carbono e a renovación de instalacións no rendemento financeiro das explotacións galegas de gando vacún.\nOs resultados obtidos da análise estatística permiten extraer varias conclusións. En primeiro lugar, o tamaño medido como cabezas de gando ten un efecto negativo no éxito das explotacións gandeiras segundo os datos do modelo 1. Neste senso, argumentouse que as diferenzas de tamaño neste sector poden non implicar unha redución de custos que non poida ser compensada con outro tipo de vantaxes, como o acceso favorable a recursos ou a diferenciación do produto (Ríos et al., 2013). Estes resultados están na mesma liña cos de Verschelde et al. (2013). Grandes leiras están sometidas a máis probabilidades de ser abandonadas pola escaseza de acceso a man de obra cualificada (Cocca et al., 2012). Porén, se se observa o resultado obtido polo tamaño medido como a superficie da explotación entre o número de cabezas de gando segundo os datos do Modelo 2, aprecíase que esta relación inflúe de forma positiva no rendemento das empresas. Ríos et al. (2013) establecen que, nas explotacións de corte extensivo, canto maior sexa o seu tamaño, menor dependencia da demanda alimentaria externa teñen, por dispoñer de capacidade de produción interna da mesma, ademais de poder vender os seus excedentes no mercado.\nA segunda conclusión é que non se pode afirmar que a localización das explotacións gandeiras xogue un papel relevante no rendemento financeiro das mesmas. De feito, existen diversos estudos que afirman que a situación das explotacións gandeiras en áreas de montaña é un hándicap para o seu desenvolvemento e para a competitividade (Cocca et al., 2012).\nA terceira das conclusións é que a mecanización da explotación supón un menor resultado de explotación da empresa. Este resultado aparentemente contraditorio podería vir explicado pola baixa utilización da capacidade produtiva da maquinaria. A recente política de subvencións fomentou a compra de nova maquinaria que en moitos casos non supuxo a baixa da antiga.\nCabe recoñecer que os resultados obtidos deben ser interpretados con cautela, xa que as características deste subsector poden limitar a capacidade de xeneralización dos resultados a outros subsectores. A pesar diso, este traballo contribúe á literatura nesta"} {"summary": "Neste artigo redefínese a oposición traballo/non traballo desde o feminismo, analízase como aparece o corpo do traballo na nova orde global e na cinematografía desde finais do XIX ata o XXI (con especial atención a aqueles traballos asimilados á feminidade). Por último, profúndase nas imaxes das mulleres no traballo.", "text": "María López Ruido\n[Recibido, 30 xaneiro 2017; aceptado, 27 marzo 2017]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.50.3899\n : mulleres; traballo; imaxinarios.\nkeywords : women; work; imaginaries.\nLa representación necesita ser contextualizada desde varios puntos. La representación de los textos y las imágenes no refleja el mundo como un espejo, mera traducción de sus fuentes, sino que es algo remodelado, codificado en términos retóricos. [...] La representación puede ser entendida como una ‘articulación’ formal visible del orden social. Griselda Pollock, Vision and Difference, 1994\nPrimeira introdución. Traballo/non traballo: redefinicións desde o feminismo\n“Que fas? “En que traballas?” Aínda que todas respondemos cada día con certa facilidade a esta aparentemente fácil pregunta, se nos paramos a pensar detidamente que está demandando a nosa ou o noso interlocutor, concluímos que, en realidade, o que quere saber é que emprego temos ou con que actividade ou actividades gañamos a vida, e non espera en absoluto que enumeremos as accións, relacións e producións de moi diversa índole que despregamos ao longo do día.\nComo explican varias autoras (Federici 1999, Pérez Orozco & Río 2002, Carrasco 2004, Carrasco 2006, Durán 2006), o concepto clásico do traballo considera como tal aquelas actividades produtivas, rexidas polas leis do mercado e xeralmente levadas a cabo no espazo extradoméstico. Se temos en conta que o capitalismo occidental desde a Modernidade escindiu completamente as formas produtivas, subliñando a división entre espazo público (produtivo) e espazo privado (reprodutivo), esta división laboral convértese tamén nunha división sexual, así como nunha regulamentación implícita dos espazos e os tempos. Con esta división do traballo ponse de relevo e valorízase o espazo público produtivoacumulativo fronte ao espazo privadoreprodutivo mantedor da vida, e aséntase a imaxe do home provedor da familia fronte á muller dependente e coidadora, favorecedora da orde dicotómica capitalista patriarcal.\nEsta división sociosexual que devaluaba e condenaba á invisibilidade, á gratuidade e á categoría de nontraballo toda unha serie de actividades xeralmente realizadas polas mulleres non soamente era e é falsa (as mulleres traballaron e traballan no espazo doméstico realizando artigos ou servizos destinados ao consumo externo, rompendo desta forma a dicotomía público versus privado), senón que tamén puxo no centro da cuestión económica a lóxica da acumulación en vez da lóxica da sustentabilidade, a produción de mercancías en vez do coidado da vida humana, sen cuxa enerxía, forza e consumo, por outra parte, sería inútil e imposible calquera outra actividade (Pérez Orozco & Río 2002, Carrasco 2004).\nNon é casual, pois, que a distinción entre ‘traballo’ (emprego asalariado, socialmente recoñecido) e nontraballo (non remunerado, informal, non lexitimado ou regulado socialmente) teña unha correspondencia inmediata na representación. Ata hai algunhas décadas, o noso imaxinario do traballo reducíase a aquel que recolle a definición estritamente economicista, e o seu protagonista principal eran, obviamente o homo economicus e as súas actividades dentro dos espazos de produción ao uso, deixando obsscenae (“fóra da escena” laboral) e case irrepresentados todos aqueles labores que exercían as mulleres dentro do espazo doméstico, ou aqueles non regulados, que, aínda que moitas veces supoñen un intercambio económico, entran dentro dunha ampla categoría de actividades informais que non adquiriron a consideración de traballo (por exemplo, o traballo sexual, a atención de enfermos, anciáns e nenos, o mantemento das redes afectivas, etc…).\nAínda que non é a miña intención describir aquí unha historia exhaustiva da evolución do concepto ‘traballo’, non podo deixar de explicitar, a modo de marco introdutorio, algunhas diferentes ‘incorporacións’ do termo debidas ás críticas feministas, así como algúns cambios do paradigma fundamentais na súa propia concepción, xa que, en certa medida, estas miradas críticas axudan a explicar a aparición dalgunhas das imaxes diversas do traballo que empezaremos a encontrarnos, especialmente, a partir dos anos 70. Nalgúns textos recentes, autoras como Mª Ángeles Durán ou Cristina Carrasco chaman a atención sobre o xa longo percorrido que teñen estas ‘definicións ampliadas’ do traballo, desde o temperán feminismo ilustrado ata os nosos días (Carrasco 2006), así como sobre a necesidade de empezar a considerar nos estudos económicos estatais e supraestatais o enorme peso das denominadas ‘economías non observadas’, para que nun esforzo de ampliación visibilizadora (e tamén fiscal, non nos enganemos) as actividades opacas, somerxidas ou informais pasen a ser consideradas e valoradas polos indicadores macroeconómicos (Durán 2006: 1621). Para comprender realmente que é e que significa\no traballo sería necesario, como explican algunhas destas mulleres, redefinir a propia lóxica económica: non presentar coidado e beneficio como separados e contrapostos, senón afirmar a primacía das necesidades humanas e a sustentabilidade (Pérez Orozco & Río 2002) sobre a acumulación abstracta, desxerarquizar os espazos e a dicotomía público/privado, e dirixir a nosa mirada ao terreo dos coidados e os afectos e as súas relacións coas estruturas de poder, como lugar tamén de xeración do fluxo económico (Precarias a la Deriva 2006: 122126).\nLa economía feminista no es un intento de ampliar los métodos y teorías existentes para incluir a las mujeres, no consiste como ha afirmado Sandra Harding en la idea de “agregue mujeres y mezcle” [Harding, 1996]. Se trata de algo mucho mas profundo: se pretende un cambio radical en el análisis económico que pueda transformar la propia disciplina y permita construir una economía que integre y analice la realidad de mujeres y hombres, teniendo como principio básico la satisfacción de las necesidades humanas (Carrasco 2006: 31).\n¿La historia del arte feminista debe contentarse con redescubrir mujeres artistas y reevaluar su contribución al arte? ¿No se trata, más bien, de una auténtica reinvención feminista de la disciplina ‘historia del arte’ para revelar el sexismo estructural de su discurso fundamentado en el orden patriarcal de la diferencia sexual?. [...] El saber es una cuestión política, de posición, de intereses, de perspectivas y de poder. La historia del arte en tanto que discurso e institución, sostiene un orden del poder investido por el deseo masculino. Debemos destruir este orden con el fin de hablar de los intereses de las mujeres, con el fin sobre todo, de poner en su lugar un discurso mediante el cual nosotras afirmaremos la presencia, la voz y, por consecuencia, el deseo de las mujeres (Pollock 1995: 63 e 90).\nSegunda introdución. Os corpos transnacionais da nova orde global\nNa orde xerárquica do traballo tradicional, sostido polo prexuízo extradoméstico e a distancia física, o traballador (xa sexa manual ou afectivo) foi un dos exemplos da alteridade, do exceso e da excreción fronte ao contrapunto do corpo central, o paradigma burgués do corpo ensimesmado e autocontido. O corpo do traballo é, por excelencia, o corpo da suor e o cansazo, exterior á norma, pero carente de autodeterminación, rexido por tempos externos, e por iso oposto ao epítome do corpo moderno, que se presenta como autónomo, controlado, perfectamente limitado e preciso. Se os corpos traballadores son corpos excesivos, próximos ao salvaxe e rebeldes ás disciplinas sociais, os corpos das traballadoras representan o grao máximo da abxección e da obscenidade, pola súa dobre condición de mulleres e traballadoras (incluso pola súa triple condición, se ademais de mulleres traballadoras están etnicamente significadas, como no caso das inmigrantes) (Nead 1998).\nNa orde visual hexemónica continuada polo ollo patriarcal do capital industrial, estes corpos institúense, como o resto dos corpos ‘outros’, en obxectos de estudo e observación. Poucas veces tomarán o protagonismo escénico, e moito menos fóra dos ámbitos de produción tradicional. Normalmente, estes corpos da outredade, actúan como ‘figurantes’ ou panos de fondo dos corpos protagonistas das narrativas hexemónicas, os daqueles e daquelas que, lonxe das actividades de producións físicas, posúen supostamente o control sobre o seu tempo e as súas accións.\nDesde hai algunhas décadas, non obstante, aínda que segue persistindo no cine e os media o imaxinario clásico, o corpo do traballo expandiuse e diversificouse. Coa disolución das xerarquías habituais do capital industrial, e a imposición dunha falsa reticularidade que expande o laboral a todos os espazos e os tempos, todos e todas nos convertemos en “corpos de produción” (Ruido 2005). Neste complexo escenario do traballo en redefinición, devimos territorios privilexiados de (re)produción, e as diversidades, os desexos e as sexualidades preséntanse agora como variables económicas fundamentais, tanto na divisióncoidado laboral como nas diferentes formas do consumo.\nA sabotaxe ao traballo que se estendera no operaísmo dos anos 70 (Virno 2003), o éxodo da fábrica, a defección da clase tradicional parece que se reverteu, e pasou a ser non só non rexeitado, senón rendibilizado e utilizado polo capitalismo nunha nova fase dominada polo fluxo inmaterial da información, pero sostida pola materialidade e a corporeidade (case sempre feminina) das enormes factorías transfronteirizas. Da produción concentrada e lineal da fábrica fordista, pasamos á produción descentralizada e reticular do posfordismo, onde, grazas ás novas tecnoloxías e as súas aplicacións optimizadoras, así como ao abaratamento dos transportes, escóllese o lugar de ensamblaxe en función dos custos de produción, construíndo un entramado de presión corporativa a nivel mundial inimaxinable noutros momentos da historia. Xa non parece haber exterioridades ao réxime das empresas globais, detentadoras do auténtico poder, ordenadoras das axendas políticas dos gobernos (Federici 1999, Sassen 2003).\nComo xa anotabamos máis arriba, a produción informal convértese en parte da normalidade do escenario da deslocalización e a subsistencia dentro do réxime de domesticación e flexibilidade extrema (de aí que se fale dunha “feminización” da economía) –véxase Haraway 1995, Federici 1999, Vega 2000, TrabajoZero 2001–, de maneira que todos os custos de mantemento e seguridade do traballador ou traballadora recaen sobre el, sen ningún compromiso por parte do empresario e, cada vez menos, por parte dun estado en crise que paga, exclusivamente, polo produto final, incentivando a competencia desleal e salvaxe. Esta informalidade e hiperflexibilidade esténdese a moitos sectores, incluíndo o que elabora e/ou transmite información, imaxes ou signos. Os e as produtoras culturais e o denominado cognitariado (que non corresponde á clase intelectual tradicional), mantén, baixo o manto vocacional, condicións laborais altamente precarizadas e irregulares onde as mitoloxías románticas paralizantes aparecen mesturadas coas máis sofisticadas tecnoloxías dentro dunha case completa desarticulación política (Kuni 1998, Lazzarato 2001, Beraradi 2003, Ruido 2004, Rowan e Ruido 2007).\nA mobilidade institúese como unha eficaz estratexia de control nas metrópoles da información. Os corpos transfronteirizos son parte do xogo económico (Sassen 2003), mentres esas mesmas fronteiras se converten en muros inexpugnables cando o capital non encontra unha rendibilidade inmediata (véxase a actual situación da fronteira sur de Europa, desprazada a Marrocos polos intereses internacionais). Os nosos corpos, os nosos afectos, o noso tempo de relación, todo parece que entrou no xogo económico: o persoal, máis que político, é económico.\nA precariedade e a fraxilidade impostas na nova división do traballo estruturan as nosas vidas en maior ou menor grao, e son algúns dos intrumentos máis evidentes do réxime biopolítico contemporáneo. Os corpos do precariado postindustrial (que convive co proletariado, non o substitúe) volven á permeabilidade e a flexibilidade extrema da produción domesticada. Saen dos espazos concentrados de produción tradicional para abrazar un réxime laboral sen separación entre tempo de vida e tempo de traballo.\nO consumo, ademais, vólvese unha das novas formas privilexiadas de relación social, aquela que nos confire existencia e visibilidade no marco da economía do capital: o primeiro produto da economía inmaterial non é a información, senón a relación social e a súa materia prima, a subxectividade (Lazzarato 2000 e 2001, Precarias a la Deriva 2005). O tempo de nonnegocio, o tempo de ocio, transfórmase en tempo económico ao evidenciarse como tempo (re)produtivo. O lugar e o momento da construción persoal é dirixida por profesionais adecuadamente remunerados (desde adestradores e monitores de fitness ata psicólogos e terapeutas varios) que nos manteñen dentro dos límites da ‘normalidade’ física e psíquica.\nOs coidados convértense en actividades diferidas, incluso ás veces subrogadas –como o caso das nais de alugueiro–, remuneradas, xeralmente, por mulleres do chamado primeiro mundo a outras mulleres –do segundo ou terceiro mundo–, rexenerando as xa coñecidas estruturas xerárquicas señoraserventa que, a longo prazo, afianzan a pauperización dos países desenvolvidos e a división sexual do traballo. Na explotación económica global, as mulleres dos países desenvolvidos asumimos, novamente en exclusiva, a reprodución, desresponsabilizando os homes e o estado do sostemento da vida, mentres as mulleres dos países en vías de desenvolvemento parecen estar condenadas a producir forza de traballo para o capital transnacional ao tempo que ofrecen elas mesmas a súa enerxía e o seu afecto nunha actividade laboral, o coidado, sen límites nin tempos definidos, onde se espera involucración emocional e soporte constante (Federici 1999, Carrasco 2004, Precarias a la Deriva 2006).\nDeste modo, xunto ás clases traballadoras tradicionais e as non tradicionais, aparece un novo grupo cada vez máis amplo composto por unha forza de traballo transnacional, extremadamente fráxil e susceptible da máis profunda explotación (Sassen 2003), debido á súa aberrante condición de ‘sen papeis’, persoas desaloxadas dos seus dereitos máis fundamentais en nome da preservación dunha moi discutible definición de cidadanía. Neste sentido, profundando na necesidade de repensar o valor simbólico e económico do coidado e das persoas que o realizan, e enlazándoo coa necesidade de revisar a actual relación entre emprego e cidadanía que impera no noso marco lexislativo, Precarias a la Deriva demandan a ‘cidadanía’, un dereito que politiza e cuestiona as relacións de dobre subordinación (da coidadora e do suxeito do seu traballo) que caracterizan o noso concepto actual de coidado:\nDefinimos la ciudadanía como el derecho a cuidar y ser cuidado sin que el cuidado signifique subordinación para las mujeres, ni tampoco para ninguna otra posición de sujeto cuidadora/cuidada. Si la ciudadanía está sostenida en el contrato sexual como dispositivo heteronormativo, la ciudadanía subvierte este último mediante la proliferación de cuerpos, prácticas y deseos para la producción de otras formas de vida. […] Para ello utilizamos de manera estratégica el juego del lenguaje de los derechos, de los derechos de ciudadanía: derecho a recursos, a espacios, a tiempos… para cuidar y ser cuidadas (Precarias a la Deriva 2006: 126).\nMulleres no traballo/traballos de mulleres: espazos domésticos e espazos extradomésticos\nComo xa sinalaba José Enrique Monterde no mesmo título do seu libro, a imaxe dos traballadores foi “a imaxe negada” na historia do cine (Monterde 1997): unha imaxe que evidenciaba as xerarquías na orde da produción, unha visión incómoda para o imaxinario moderno, enmarcado aínda polos mesmos condicionantes da construción da mirada que outras formas de representación tradicional.\nO traballo, con todo, envólvenos, percórrenos, conforma a nosa realidade, así que non é de estrañar que sexa un dos piares temáticos, polo menos, do rexistro documental, nin tampouco que as primeiras imaxes en movemento que conservamos correspondan, precisamente aos e ás obreiras saíndo dunha fábrica en Lyon (La sortie des usines 1895): son corpos disciplinados polos propios Lumière na súa fábrica, ao seu servizo, controlados pola súa mirada desde a súa posición no proceso industrial, e novamente produtivos na súa imaxe capturada.\nOs escasos fragmentos conservados de películas dos Lumière recollen escenas cotiás de traballo doméstico e extradoméstico, produtivo e reprodutivo, nunha voracidade de rexistro só posible nun ollo omnívoro que pronto empezará a discernir os seus obxectos e relatos privilexiados.\nNon é estraño que, igual que ocorre na literatura do XIX e principios do XX, na primeira cinematografía predomine unha visión xeralmente paternalista e panóptica. Non será ata algúns anos despois cando aparezan outras formas de mirada e outros suxeitos de representación. Desde este suposto, o cine dos anos 20 e 30 afronta a elaboración de discursos sobre a súa realidade socioeconómica con dous tipos de narrativas fundamentais: os relatos militantes revolucionarios (cuxos mellores exemplos debemos ao cine soviético, especialmente a Eisenstein e a Pudovkin) ou as descricións abrumadoras do embrutecemento e a alienación da cadea de montaxe industrial, debidas a autores inseridos na orde do capital industrial. Tanto en Metrópolis (Fritz Land 1926) como en Tiempos Modernos (Charles Chaplin 1936) podemos observar como a sorprendente intuición dos seus directores sinala xa como o ritmo da fábrica estrutura e ordena a vida dos personaxes, se ben nun caso o fai nun ton dramático, case apocalíptico, que se torna na súa parte final resoltamente ameazante, e noutro, cun marcado acento paródico e crítico.\nO cine é unha tecnoloxía conformadora fundamental no noso tempo, foi (e é) unha das ferramentas máis significativas das grandes ideoloxías do século XX. Así, non é de estrañar que, fronte á visión dos traballadores propugnada polo cineespectáculo do primeiro capitalismo, un entretemento no que se intenta mostrar un mundo sen conflitos ou con conflitos supostamente resoltos desde a excepcionalidade emocional onde os antagonismos e as loitas sociais aparecen reducidos a meras anécdotas, o cine do socialismo real subliñe, a través dunha rotunda monumentalización hipermasculina, o éxito das prácticas habituais da militancia e o protagonismo da clase traballadora triunfante. En ambos os escenarios, non obstante, o papel das mulleres parece ser similar: nin na vitoria disciplinaria da corporación e o sacrificio da (virxe) María de Metrópolis, nin na conversión revolucionaria por amor ao fillo de La madre (Vsévolod Pudovkin 1926) encontramos un auténtico interese no retrato das traballadoras, senón un mero acompañamento do que se considera o protagonista do escenario laboral e as súas loitas, o obreiro (sempre en masculino). As mulleres son, nun ou outro discurso, meros cómplices, figurantes nas loitas políticas fundamentais, as de clase, sen reivindicacións ou especificidades propias.\nA este panorama xeral de vicariedade habería que subtraer algúns casos dunha incipiente (e sempre secundaria) loita feminista que se aprecia, por exemplo, en La sal de la tierra (Herbert Biberman 1954), onde as mulleres próximas aos protagonistas empezan a ter voz propia, e, no medio dunha brutal folga, mobilízanse para impedir o acceso dos quebrafolgas ás minas. Esta demostración de firmeza ten un prezo que os obreiros non previran: a reclamación de igualdade entre os sexos entretécese coas reivindicacións de igualdade racial dos mineiros latinoamericanos (Sand 2005: 192195).\nRetratando o escenario posbélico posterior a 1945, os filmes neorrealistas, tanto os italianos como os debidos ás súas diversas variedades estatais, insisten nas consecuencias miserables da guerra. De entre as moitas mulleres que aparecen no escenario de case todos eles, é inesquecible a imaxe húmida e hipersexuada de Silvana Mangano, a protagonista de Arroz amargo (Giuseppe de Santis 1949). A película, que narra as vicisitudes dun grupo de recolectoras, reflicte a pobreza e as dificultades nun espazo, o rural, menos explotado visualmente que o urbano, e faino a través dunhas mulleres que, ademais da súa forza de traballo, poñen en xogo os seus corpos e as súas diversas rendibilidades nun escenario laboral fortemente sexualizado.\nAínda que, en xeral, o período de entreguerras e os anos posteriores á II Guerra Mundial supoñen un atrincheiramento das posicións e estratexias tradicionais xa comentadas debido, fundamentalmente, á orde da Guerra Fría, os corpos policromados dos 50 e os 60 empezan a construír imaxes máis matizadas dos e das traballadoras. Non me refiro soamente ás profesións ‘propias das mulleres’, que comezan a ter un espazo importante (cuantitativamente falando) e normalizado no cine e os medios de comunicación, senón tamén a filmes como Danzad, danzad malditos (Sydney Pollack 1969), que aproveita o éxito comercial e o capital de memoria acumulado polo exitoso filme Las uvas de la ira (John Ford 1940) para continuar o fresco historicista da Gran Depresión americana apuntando novas maneiras de explotación corporal (Sand 2005: 217, 221). Este novo episodio, non só reabre o recordo da anterior longametraxe porque Jane Fonda sexa a filla de Henry Fonda, o protagonista da película de John Ford á que claramente cita, senón que o completa e redefine, ao estender a crise e a miseria ao ámbito das relacións persoais e, especialmente, ao desprazar a produción ao escenario do ocio. A través dun maratón de baile onde as parellas compiten ata morrer de cansazo, Sydney Pollack propón, xa brutalmente, o corpo en si como territorio de plusvalías económicas, e non só como ferramenta principal da forza de traballo.\nNo panorama tradicional da representación produtiva existen algúns traballos asimilados á feminidade ou case sempre conxugados en feminino: como xa explicabamos, aqueles labores ligados ao coidado, á reprodución, á asistencia ou á atención, en calquera das súas vertentes, adoitan estar interpretados por mulleres. Desde as enfermeiras ata as mestras, pasando polas secretarias ou as prostitutas, as traballadoras percorren a escena –non sempre en papeis de reparto–, aínda que con moi diversos desenlaces. Mentres nas castizas Las que tienen que servir (José Mª Forqué 1967) ou Como está el servicio (Mariano Ozores 1968), as coidadoras e sostedoras da vida son inmigrantes rurais que chegan nese momento ás grandes cidades, inofensivas, afectivamente xenerosas –aínda que ás veces un pouco torpes– e aparentemente satisfeitas do desprezo e o clasismo que xeralmente se lles profesa, en películas recentes como a brechtiana La Ceremonia (Claude Chabrol 1995), a asistenta (unha contida Sandrine Bonnaire) axudada por unha muller excluída socialmente por unha acusación de asasinato nunca probada (unha persuasiva Isabelle Hupper), víngase cruelmente non só da condescendencia da familia para a que traballa, senón de anos de inxustiza social que a mantiveran, entre outras discriminacións, no analfabetismo.\nEste medo á rebelión da submisa coidadora (xa sexa asistenta, esposanai ou ama de cría) dispárase nos filmes norteamericanos dos 80 e primeiros 90. Coetánea das tolas sedutoras que rompen matrimonios e acosan sexualmente os homes que inundan a filmografía estadounidense deses anos (espello deformado das mulleres que, daquela, estaban empezando a obter un escaso pero temido recoñecemento profesional), La mano que mece la cuna (Curtis Hanson 1991) representa o epítome dos espellismos masculinistas sobre a perversión do poder: o medo do patriarcado a que as mulleres utilicen a maternidade para cambiar o mundo (en vez de transmitir os seus xenes e a súa propiedade).\nSe no cine e na televisión as coidadoras (ás veces) se rebelan, as secretarias e axudantes do xefe parecen reafirmar, case sempre, a xerarquía e o dominio empresarial, incluíndo moitas veces entre os seus servizos habituais, os sexuais e afectivos. Este adoita ser o argumento habitual de moitas telenovelas e soap operas, e así parecen confirmalo películas como Armas de mujer (Mike Nichols 1988) onde as protagonistas non dubidan en valerse desas ‘armas’ para conseguir ascender no mundo dos negocios, pero onde o talento de Melanie Griffith queda supeditado á súa atracción polo seu competidor Harrison Ford. O exemplo máis recente e exitoso das secretarias alienadas –aínda que de aparencia rebelde– é El diario de Bridget Jones (2001) de Sharon Maguire, onde Renée Zellweger dá forma a unha moza de trinta anos obsesionada co matrimonio e co reloxo biolóxico: o seu personaxe é o reverso (e o castigo) das poderosas acosadoras dos 80 das que antes falabamos, a culminación do asasinato simbólico das premisas da liberación feminista que xa empezara hai tempo, especialmente na televisión e a literatura bestseller, como xa advertira con exemplos moi ben argumentados Susan Faludi no seu libro Reacción a comezos dos 90 (Faludi 1993).\nE que pasou con aquelas ‘triunfadoras’ dos 80 no seu papel de xefas? As mulleres que chegaron a conseguir algúns postos na cooptativa xerarquía laboral postindustrial fixérono a custa de renuncias ou carencias que, por suposto, lles pasan factura: elas non poden subtraerse da insatisfacción que lles provoca non saciar os seus ‘instintos’ de nai e esposa, nin do malestar que lles xera atender prioritariamente a súa carreira profesional. Ninguén parece representar mellor esta ansiedade xeracional que a anoréxica Calista Flockhart, que incorpora un dos personaxes máis exitosos da tv dos anos 90, a neurótica e contraditoria Ally McBeal, upada polos media, igual que Bridget Jones, como perfecta icona do posfeminismo.\nPero, entre os traballos femininos por excelencia, sen dúbida é a prostitución o que foi e segue sendo obxecto da maior cantidade de formalizacións. Xa sexa a muller perversa e desencadeante de tódolos males, como a Lulú de La caja de Pandora (Georg Pabst 1928), inesqueciblemente interpretada por Louise Brook, ou a inocente e confiada Irma la Dulce (Billy Wilder 1963), a prostitución foi, no cine clásico, froito dun destino ‘torto’, da pobreza ou da mala sorte, e nunca incluíu unha reflexión sobre as condicións reais dunha actividade que non tiña nin ten aínda hoxe a consideración de traballo. Esta actividade, estigmatizada socialmente como poucas, xerou moitísimas imaxes e perfís narrativos, pero moi escasas representacións que a sitúen dentro do sistema económico e social, e que aborden as auténticas e complexas relacións das traballadoras sexuais co seu contorno inmediato. O desprezo e o medo que xeran a consciencia da necesidade da prostitución como parte do mantemento da orde patriarcal que se desprende de La caja de Pandora (que rememora a historia de Jack o Destripador como pano de fondo e causa da morte da súa protagonista), compleméntanse co paternalismo abolicionista e sentimental de Irma la Dulce, onde un benintencionado pero torpe Jack Lemon, namorado de Shirley McClaine, pretende solucionarlle a vida converténdose no seu ‘único cliente’ (unha versión corrosiva do matrimonio da que non sei ata que punto era consciente Billy Wilder).\nAínda que a visión redentorista, que se impuxo formalmente, persiste con forza (véxase Princesas, de Fernando León de Aranoa 2005, que insiste na\ntipoloxía da puta á espera da súa conversión en ‘princesa’ sen abrir un debate real sobre o traballo sexual como parte do sector dos servizos), é certo que a representación da prostitución sofre un cambio radical desde a mirada feminista dalgunhas realizadoras desde os anos 70.\nRecordemos que neses momentos algunhas artistas e cineastas comezan a sinalar os corpos, principalmente o corpo das mulleres, como campos de batalla política e territorios de construción social (véxanse os traballos de Martha Rosler, Adrien Piper, Hannah Wilke… ou xa durante os anos 80, os de Cindy Sherman ou Barbara Kruger, por poñer algúns exemplos ben coñecidos) (Broude e Garrard 1994). Neses momentos, o vídeo, unha nova tecnoloxía con menos rémoras tradicionais que a pintura ou a escultura, convértese nun eficaz instrumento de reflexión e reivindicación da performance da feminidade como un traballo de construción de subxectividade imbricado no sostemento do sistema. Con todo, será no cine onde as estratexias críticas á representación tradicional adquiran carta de recoñecemento (Selva & Solà 2002).\nFilmes como Jeanne Dielman (debido á cineasta belga Chantal Akerman 1975), un detido relato de tres días da vida dunha discreta viúva que exerce a prostitución dentro do seu propio fogar, poñen radicalmente en cuestión os termos tradicionais do traballo e os espazos de produción e reprodución de forma paralela á redefinición do traballo que desde os feminismos se estaba facendo neses anos, e faino, ademais, utilizando de forma sutil estratexias formais complexas (o tempo real dos longuísimos planos secuencia, o fóra de campo da ‘acción principal’, o reencadramento de planos que fixa a nosa atención nos pequenos detalles que anticipan o desenlace final e dotan a toda a película dunha atmosfera dramaticamente fría…) que dificultan a súa asimilación.\nUnha década despois será unha norteamericana, Lizzie Borden, a que explore as condicións de traballo das prostitutas de Nova York en Working girls (1986). As protagonistas son mulleres que definen os servizos sexuais que realizan como un traballo, aínda que son conscientes do prexuízo social que as suxeita e da súa capacidade de elección, algo que non todas as prostitutas comparten, xa que, como explican recentes traballos audiovisuais (especialmente, documentais) a prostitución é unha das formas de produción corporal máis intensamente sometidas ás redes de tráfico e escravitude, xerando auténticos desprazamentos globais que, non é casualidade, seguen en gran\nmedida os movementos militares transnacionais.\nComo explica Lourdes Portillo na súa Señorita extraviada (2001), onde explora a opacidade e a pasividade que imperan na investigación sobre os asasinatos de Juárez, os e as novas traballadoras son, agora, os corpos ensamblados das factorías hipersexualizadas dos nonlugares da deslocalización –desde México ata Indonesia, pasando pola Europa do Leste ou a India–, corpos desaparecidos sen consecuencias, ‘fóra de campo’ da mirada tradicional, irrepresentables, innomeables, como o foran os das prostitutas do Londres vitoriano asasinadas polo Destripador (Nathan 2005). Os corposmercancías traficados nas redes mundiais conxugan, como suxire Ursula Biemann nos seus traballos Writing desire (2000) e Remote sensing (2001), a explotación sexual e a violencia extrema (especialmente sobre as mulleres) cos intereses e os circuítos ao servizo das grandes corporacións (Sassen 2003).\nSilvia Federici (1999) explícao moi ben no seu texto “Reproduction and feminist Struggle in the New Internacional Division of Labor”: a nova división internacional do traballo explota triplemente as mulleres: reafírmaas como obxectos de consumo e como mercancías pola súa condición de corposfetiche; explótaas como reprodutoras únicas e responsables do sostemento da vida (xa sexa directa ou diferidamente) e como traballadoras de segunda orde (cobran menos, teñen postos menos importantes, desvaloriza as súas producións…); e, por último, explótaas pola súa condición racial e étnica, ampliando as diferenzas entre mulleres dos países desenvolvidos e os subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento.\nNin a deslocalización, nin as consecuencias da aplicación das condicións da nova división transnacional do traballo son alleas ao noso contexto inmediato, no que estamos asistindo ao desprazamento da fronteira sur da Unión Europea. Por poñer un exemplo recente, o vídeo documental Frontera sur (2003) da periodista Helena Maleno e o fotógrafo Alex Muñoz, pon o acento nas relacións entre as condicións migratorias dos norteafricanos e subsaharianos cara á Unión Europea e os intereses multinacionais (especialmente o sector primario, convertido en industria agraria no ‘mar de plástico’ almeriense), evidenciando a influencia das cinco grandes corporacións de sementes transxénicas nas decisións políticas últimas dos gobernosfranquicias.\nSe ben no contexto español se popularizaron ultimamente as figuras das migracións en moi diversos contextos (especialmente no documental videográfico e na televisión), o seu protagonismo, sobre todo no cine, é menos frecuente. Neste sentido, é interesante a mirada de Icíar Bollaín sobre as inmigrantes que percorren Flores de otro mundo (1999, un filme afastado da exotización e a hipersexualización que adoitan conformar este tipo de personaxes). A directora relata aquí a chegada dun grupo de mulleres latinas a unha vila do interior da península, unha sorte ‘caravana de mulleres’ que acabará establecendo vínculos e relacións estables cos seus habitantes ao tempo que xera cambios importantes nuns poboadores autóctonos cargados de prexuízos e reticencias.\nMentres case todos os textos audiovisuais documentais constrúen discursos bastante dramáticos sobre a realidade inmigrante (Winston 1995), os filmes de ficción teñen matices diversos que van desde a dulcificación sensibleira á vitimización, pasando por películas como Las mujeres de verdad tienen curvas (Patricia Cardoso 2003), onde, sen esconder as hiperflexibles condicións de traballo das maquilas téxtiles –neste caso, dentro do mesmo Estados Unidos, aínda que todas as traballadoras sexan inmigrantes– relátase con humor a historia dunha intelixente e decidida adolescente mexicana de corpo nada convencional que se libera do pequeno taller familiar (aínda que seguramente non da precariedade laboral) ao conseguir unha bolsa para estudar nunha prestixiosa universidade.\nagora mercancías fundamentais.\nA coincidencia, nos anos 70, entre algunhas fórmulas narrativas e visuais como as xa apuntadas, a redefinición dos límites do traballo e a revisión do modelo produtivo do capitalismo industrial, non é casual. Será precisamente o capital, na súa nova fase informacional ou posfordista, o que rendibilizará, cun diferente ordenamento e regulación de lugares e horarios, algunhas das estratexias políticas postas en funcionamento desde a década dos 70 (Virno 2003), convertendo perversamente o absentismo da fábrica, entón espiña dorsal das reivindicacións de clase, en precariedade endémica; transformando os afectos e a creatividade en saqueo emocional e explotación ilimitada; redefinindo a reclamación de flexibilidade e diversidade en domesticación e irregularidade; e desvirtuando, en fin, a desxerarquización en falsa reticularidade dirixida desde a centralidade das metrópoles (Villota 1999, Precarias a la Deriva 2004, Vara 2006). Personalidades flexibles á forza, capitalización emocional (Holmes 2005): do repetitivo e monótono traballo en cadea pasamos á domesticación da imaxinación e á explotación das redes afectivas nunha ‘feminización’ do traballo que pouco ten que ver coa debuxada polas axendas feministas (Vega 2000, TrabajoZero 2001).\nSe no cine clásico o traballador (e especialmente a traballadora) fora ‘a imaxe negada’ da modernidade, o corpo abxecto e excesivo do escenario da produción, no capitalismo informacional, o traballo na factoría industrial convértese nun subxénero codificado dentro das representacións da produción.\nDentro deste subxénero que algúns autores cualifican de ‘adeus ao proletariado’ (Sand 2004), destacan algunhas revitalizacións do que poderiamos cualificar como ‘novos neorrealismos’, como o cine obreirista francés, especialmente cos persoais traballos de Robert Guédiguian e de Eric Zonka, pero sobresae, polo seu especial vigor e continuidade, o cine británico das últimas décadas. Os corpos inchados da brutal reconversión thatcherista insisten, a través dunhas formas un tanto estereotipadas –especialmente nos filmes Ken Loach e Mike Leigh–, no relato dos conflitos dunha clase traballadora que dista moito de ser simplemente residual.\nEn moitas destas películas subxace, velada ou explicitamente, unha crítica á subversión da división sexual do traballo, e unha nostalxia, máis ou menos\nevidente, dun mundo onde o home provedor posuía lugares e tempos propios (o pub, fundamentalmente) vedados ás mulleres e ás súas influencias. Este medo á ‘contaminación’ e á ‘feminización’ dos espazos homosociais (e á cultura do poder que representan) está presente dun modo moi significativo en The Full Monty (1997) de Peter Cattaneo, onde a orde da mirada tradicional se inverte (Mulvey 1988): o corpo obxecto de pracer escópico tradicional (o das mulleres) convértese en suxeito de mirada voyeur sobre o corpo dos homes, obrigados a traballar como stripers para paliar unha situación de desemprego da que, indirectamente, culpan ás mulleres. Unha vez máis, en vez dunha revisión das formas da masculinidade e do seu lugar no sistema de produción, a película insiste na reafirmación de roles e nunha xustificación lenitiva e vitimista que, mesturada co ton propio da comedia costumista, debuxa un panorama cando menos inmobilista.\nUn exemplo máis próximo deste vitimismo indirectamente acusador sería tamén Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa 2002) que segue tendo saudade dun universo laboral clásico: masculino, produtivo, dignificador, coa mirada posta no pleno emprego, e que desprende, igual que o caso anterior, unha máis ou menos controlada ira cara ás mulleres da película, as únicas que teñen emprego neste panorama de ‘feminización’ –iso si, precario, mal pagado, temporal– pero que ademais han de soportar as violentas turradas (físicas e emocionais) do medo que sofren os personaxes masculinos.\nMáis complexa e máis delicada é a perspectiva das obras recentes do francés Laurent Cantet, especialmente Recursos humanos (1999), onde á rearticulación sexual do contrato laboral se une a experiencia do desclasamento e o desazo, non só do ‘abandono de clase’, senón do repensamento sobre os referentes vitais máis inmedidatos e as súas consecuencias persoais. Nesta película evidénciase como o traballo é máis que unha actividade económica, é unha potente tecnoloxía construtora de subxectividades e relacións.\nPor outra parte, nun ton aparentemente feminista e tomando como pano de fondo as difíciles relacións entre nais e fillas, desenvólvese o filme de Benito Zambrano Solas (1999), onde unha limpadora (personaxe escasamente presente nas pantallas, e practicamente sempre dunha maneira secundaria) fala con claridade das súas condicións materiais, así como das dificultades que estas comportan na súa vida persoal. Neste escenario, a protagonista e a súa nai seguen, a pesar da súa vontade e a súa forza, dominadas pola omnipresenza dun paiesposo maltratador agora enfermo, e a resolución final do conflito non deixa de ter unha certa tintura de ‘chamamento á orde’ patriarcal: a protagonista acepta a súa maternidade baixo a tutela dun home maduro (o paternal veciño, simbolicamente ‘castrado’ pola idade), que recupera indirectamente o control da situación ao apropiarse do froito da concepción biolóxica doutro home (que é expulsado da escena) nunha sorte de ‘deslocalización corporal’ ou de paternidade subrogada que permite a continuación da súa herdanza.\nXa o podiamos observar na distancia que separa dous precisos documentais de Barbara Kopple: mentres Harlan County (1976) relata o éxito dunha folga e das estratexias propias das prácticas políticas da clase traballadora tradicional, American Dream (1991) expón, non sen ansiedade e nostalxia, a ineficacia destas ferramentas no medio dun escenario político e laboral en cambio constante, onde o sistema de produción capitalista mudou e se reforzou. Nesta paisaxe sen aforas, os sindicatos convertéronse en institucións de consenso que non fan senón perpetuarse a si mesmos, as imaxes clásicas do traballo resúltannos alleas e inútiles, e o mesmo concepto de representación vólvese unha tautoloxía. A crítica aceda, a parodia e, ás veces, a resistencia poética, son algunhas das ferramentas empregadas nalgunhas propostas audiovisuais. Un exemplo recente podería ser a delicada posta en escena de Marta de Gonzalo e Publio Pérez Prieto W: la force du biotravail (2001), unha videoperformance onde se mostra unha parella de ‘gañadores’ (segundo os estándares sociais vixentes) incomunicados e perdidos no seu resgardado universo doméstico, charlando sobre un indefinido traballo inmaterial que conforma unhas vidas completamente sitiadas pola inseguridade e a incerteza.\nEspecialmente interesante pola súa elaboración colectiva e por ser o resultado dun proceso de investigación militante en forma de enquisas, paseos e reflexións plurais sería o vídeo e o libro de Precarias a la Deriva (2004). Este work in progress, non só fala en feminino da precariedade e as novas formas laborais (rompendo, ademais, a dicotomía entre traballo material e traballo inmaterial, entre espazos laborais extradomésticos e espazos laborais domésticos), senón que o fai, ademais, poñendo o acento na lóxica dos coidados, e colocando no centro da súa análise o sostemento da vida e os afectos. No seu estudo, Precarias a la Deriva dá a palabra a mulleres diversas que conducen ou interveñen en cada unha das ‘derivas’, sexualiza o flâneur beaudeleriano e introduce no aleatorio circuíto situacionista os percorridos das tarefas diarias, corporeizando o proceso de produción nunha profunda redefinición do laboral que vai máis alá das propostas do feminismo dos 70.\nNon quero cerrar este breve repaso polas imaxes das mulleres no traballo sen apuntar a posible eficacia da representación para contribuír á valorización social dalgunhas actividades que no noso escenario postindustrial seguen sen ser definidas xeralmente como traballo.\nSalvando a enorme distancia que lle confiren as súas moi diversas significacións sociais, as súas variadas remuneracións e as súas distintas situacións dentro do sistema económico, que son de todo incomparables, parece haber certas interseccións entre a produción cultural, o traballo sexual e o traballo de coidados e de atención, que comparten non só as dificultades de recoñecemento laboral, senón tamén a mistificación nas súas representacións. Se convimos, como outras autoras, que a produción das imaxes comparte marcos similares aos do sistema de produción socioeconómico (Benjamin 2001, Steyerl 2005), a posibilidade de conseguir deseñar e difundir representacións politicamente activas e valorizadoras esixiría entón unha reflexión anterior: as imaxes non xerarían por si mesmas recoñecemento, senón que traducirían valores sociais e/ou económicos xa existentes que sería necesario cambiar previamente para que as súas representacións se transformen e transformen:\nComo explica la realizadora Hito Steyerl en un reciente texto que reactualiza el clásico de Walter Benjamín de 1934 “El autor como productor”, el sistema de construcción de las imágenes está estrechamente vinculado al sistema de producción y al régimen económico en el que se insertan (…) Si en un esquema capitalista tradicional la reivindicación de los trabajadores de la cultura pasaba, como explicaba Benjamín, por posicionarse en las relaciones de producción (por ejemplo, a la manera de Bertolt Brecht, evidenciando el pacto de la representación), el nuevo sistema de producción exige una negociación permanente con unas condiciones de producción en continuo tránsito, una muestra constante del “fuera de campo” representacional, ya que cuando registramos precisamente este proceso, estamos actuando de forma\nReferencias bibliográficas duccion9_i_corpos-05.pdf [Consulta: 05/04/2017]. Kuni, Verena. 1998. “Some Thoughts On The New Economy of Networking. Cyberfeminist Perspectives on ‘Immaterial Labour’. ‘Invisible Work’ and other Means to Make Carreer as Cultural Part Time Worker under Net_Conditions”, en Future is femail. VV.AA., Hamburgo: Old Boys Network, en http://www.kuni. org/v/obn/vk_cfr_01.pdf [Consulta: 05/04/2017]. Lazzarato, Maurizio. 2000. “Del biopoder a la biopolítica”, en Multitudes, 1, en\nhttp://www.sindominio.net/arkitzean/otrascosas/lazzarato.htm\n[Consulta: 05/04/2017].\nWinston, Brian. 1995. Claiming the Real. The Documentary Film Revisited. Londres:\nDocumentación audiovisual\nA la deriva (por los circuitos de la precariedad femenina), Precarias a la Deriva, España, 2004. Ally McBeal, EUA (serie de tv dos anos 90)."} {"summary": "Este estudo pretende contribuír a visibilizar unha historia, a das mulleres, que permaneceu oculta durante séculos e que en parte foi e segue a ser descoñecida. A través do relato construído en base a conversas con traballadoras do mar podemos coñecer como foron cambiando os oficios desde a súa infancia até hoxe en día; en que circunstancias e en que contexto tiveron que pelexar para defender o seu posto de traballo; como se foi regularizando a súa situación e que implicacións tiveron para elas. A atención céntrase sobre algúns dos oficios máis coñecidos: mariscadoras a pé, mariscadoras a bote, redeiras, traballadoras da conserva e vendedoras de peixe. Coñecer a súa historia, a historia contada por elas mesmas, é o obxectivo último destas páxinas.", "text": "Oficios de salitre. As mulleres e os traballos do mar\nXiana Iglesias Villaverde María Abelleira Fontán [Recibido, 31 xaneiro 2017; aceptado, 27 marzo 2017]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.50.3900\n : mar, oficios, traballos, muller, Pontevedra. abstract This study wants to contribute to the visibilization of women’s history, which remained hidden for centuries and still remains partly unknown. Through the account built on the basis of conversations with women with jobs related to the sea, we can get to know how their professions changed from childhood to nowadays; how circumstances and context affected them and how they had to fight to defend their jobs; how their situation was regularized and what this implied. The focus is on some of the bestknown professions: shellfish catchers (with or without boat), net menders, canning workers and fish sellers. Get to know their history, the story told by themselves, is the ultimate goal of these pages.\nIntrodución. Mulleres do mar\nA relación das mulleres co mar, tanto no plano laboral como persoal, é unha relación intensa, de grandes esforzos e sacrificios e, sobre todo, marcada por un elevado coñecemento do medio que habitan e traballan. Durante séculos, as mulleres do mar ocupáronse da xestión dun recurso que, a pesar de ser público e non propio, traballaron como se delas fose. A lista de labores realizados é ampla e variada e, por desgraza, pouco coñecida e valorada.\nDelimitado no tempo e no espazo, este texto abrangue a historia das mulleres traballadoras do mar desde aproximadamente a segunda metade do século XX até a actualidade, na área do concello de Pontevedra. Como marco contextual de referencia habería que indicar que nos inicios do século XX no sector do mar se produciron unha serie de transformacións no modelo produtivo que repercutiron na súa modernización. No entanto, esta incipiente modernización estancouse e viuse paralizada co comezo do alzamento militar no ano 1936 e até o ano 1950 aproximadamente. Após este período escuro, non será até a década dos anos 60 que o sector comeza a dar síntomas de recuperación. Estes cambios afectaron, dunha forma ou doutra, ao traballo e aos labores que as mulleres viñan realizando no mar.\nAté non hai moito, a presenza de mulleres identificábase con traballos moi concretos: mariscadoras, redeiras, vendedoras de peixe, estibadoras ou conserveiras. Moitos destes oficios foron desenvolvidos sen teren a categoría de profesionais, sen seren recoñecidos legalmente. Este foi o caso, por exemplo, das mariscadoras a pé, cuxo esforzo permitiu o acceso a unhas condicións de traballo mellores, cunha lexislación específica e máis acorde coas súas necesidades e demandas. Co tempo, acadan a categoría de profesionais, avaladas por unha extensa experiencia, polo dominio das técnicas de extracción e pola capacidade de xestión dos recursos, o que se constata na súa gradual incorporación a postos de relevancia dentro das confrarías galegas.\nNon sen dificultades, as mulleres foron gañando terreo e incorporándose a traballos nos que a priori a súa presenza era escasa: mariscadoras a bote ou representantes nas confrarías son algúns dos oficios menos coñecidos. Factores como o asociacionismo, a loita en defensa duns intereses comúns, foron claves para facer oír as súas reivindicacións e permiten avanzar en cuestións que a priori son ignoradas pola lexislación. Con todo, é preciso incidir en que a situación está moi lonxe de ser equilibrada.\nOficios\nMariscadoras, cultivadoras da ribeira; redeiras, atadeiras e chaboleiras, artistas dedicadas ao mantemento dos aparellos; nas confrarías, dirixentes responsables; na industria conserveira, gardando o sabor do mar; nas bateas, mulleres bravas levantando a pulso as cordas dos moluscos; estibadoras, na carga e descarga dos barcos; e moitas outras, como armadoras, salgadoras, descargadoras de sal, encascadoras, sargaceiras e un longo etcétera forman parte dos moitos traballos realizados polas mulleres do mar.\nAo mesmo tempo, moitas delas, debido a condicionamentos persoais como a ausencia dos homes con estadías longas en alta mar, ocupábanse doutros labores ocultos e non recoñecidos como a xestión do diñeiro familiar, a manutención dos familiares, os labores das casa e arredores, a crianza dos fillos e das fillas...\nMariscadoras a pé\nO oficio da mariscadora, aínda sendo unha actividade que se vén realizando desde hai moitos anos e que moitas lembran como herdanza dun coñecemento que se transmite entre familiares e veciñas, non estivo recoñecido como profesión até hai relativamente pouco tempo. A súa regularización non estivo exenta de polémicas pero tamén contribuíu a regular unha situación definida pola súa precariedade.\nA comezos do século XX, a mariscar dedicábase quen o precisaba e destacaba o feito de ser unha actividade libre, non sometida a regulación, polo que calquera persoa que o precisar podía acceder a este recurso. Non era preciso ter permiso, o marisqueo era indiferente en canto ao lugar pois as zonas non estaban delimitadas e non existían limitacións en cantidade e tamaño. As praias eran traballadas por mulleres, homes e crianzas. “Eu aos 7 anos xa fun á ribeira, a mariscar, e ás veces teño acompañado á difunta de miña nai a vendere a Pontevedra, coa cestiña na cabeza, co peixe, coas ameixas que colliamos” [R.; Pontevedra].\nEquipadas coa roupa de diario (carecían de traxes específicos e adecuados para a auga), cun caldeiro e con algún utensilio que lles permitise escavar na area (mesmo cos dedos), desprovistas dos avances técnicos actuais, moitas mulleres e homes conseguían no marisqueo os ingresos necesarios para afrontar as súas necesidades básicas. Sen dereitos nin cobertura legal traballaban en todo o que podían. “Miña irmán (foi mariscadora) aprendeu a nadar por cruzar de aquí a Santa Cristina. E despois a pé descalzas polo monte con todos aqueles toxos” [C.; Pontevedra].\nCo tempo, especialmente a partir dos anos 50 e 60 do século XX, a situación comezou a mudar e, con ela, as condicións laborais destas profesionais. Estes cambios viñeron motivados, en parte, pola crise do sector conserveiro derivada da escaseza de sardiña e que obrigou estas fábricas a buscar novos produtos que admitisen o tratamento da conserva. O marisqueo deixou de ser a partir deste momento unha actividade complementaria nas economías familiares e no ano 1963 créase un carné que regula o acceso á actividade. Sobre a implantación deste carné é pertinente destacar que, no momento en que se tramitou, foi recollido no regulamento como “carné de mariscador” (Chapela 2010), mostra da escasa conciencia de xénero con que se realizou este regulamento. Todas estas mudanzas inciden enormemente na economía do marisco, que sobe o seu prezo por causa do aumento da demanda e da introdución en novos mercados anteriormente non explotados. Por consecuencia, as mulleres que se dedicaban a traballar na ribeira ven como o seu volume de ingresos aumenta considerablemente, o que lles outorga un elevado grao de independencia: “ganaba máis co meu home ao mar no Gran Sol” [L.; Pontevedra].\nOs avances a nivel lexislativo foron gradualmente incorporando novas conquistas das mulleres do mar, e neste contexto son significativos os anos 90\ndo século XX. Todas estas normativas, para alén dos evidentes cambios positivos en canto a dereitos laborais, contribuíron tamén a crear unha conciencia de grupo como colectivo e favoreceron que as mulleres tivesen a oportunidade de entrar nun mundo que tradicionalmente se consideraba propio de homes (cando menos no que se refire á toma de decisións e a ocupar cargos directivos nas diferentes entidades). Así, co seu traballo, estas mulleres convértense en especialistas tanto no cultivo, como no comercio, na xestión dos recursos ou na dirección administrativa.\nEstes cambios, dos que as mulleres afirman que non en todo momento foron vantaxosos e dos que se derivaron novas dificultades para as traballadoras, supuxeron con todo unha mellora notable a respecto da situación das súas nais e avoas. Estas nais e avoas, herdeiras dun labor que non tiña a consideración de oficio, senón que se entendía como un complemento da economía familiar, traballaron durante anos no marisqueo sen apenas cobertura social que lles garantise unha xubilación equiparable a outra profesión. Ademais, as xornadas estendíanse desde altas horas da madrugada e normalmente compaxinábase o traballo coa responsabilidade do coidado dos fillos e das fillas ou de persoas dependentes. A pesar desta precariedade, a relativa facilidade de acceso a este recurso garantiu o sustento propio e dos seus familiares. Durante verán e inverno, con frío ou calor, é recorrente a imaxe das mulleres metidas no mar coas pernas practicamente ao aire. Os instrumentos de que dispuñan eran rudimentarios e de fabricación caseira, na maior parte das veces, e a imaxinación deixou grandes inventos que axudaban no labor diario. No tempo da veda, naqueles meses en que se prohibía a extracción do marisco, moitas delas admiten ter ido “á roubeta”, desafiando a autoridade e poñendo en perigo a súa liberdade ou arriscando a posibilidade de ter que pagar unha multa ou mesmo ir ao cárcere. “De marisqueira non tiña xefe e andaba ao meu aire. Ás veces andábamos á roubeta porque tiñamos 7 meses de veda e 5 abertos, e eu e aquela cristiana (en alusión a unha compañeira) témonos metido por tuberías por onde viña a basura” [M.; Pontevedra].\nA partir de 1996 as mariscadoras comezan ademais a ocupar postos de dirección nas confrarías, máis alá destas recentemente creadas agrupacións de mariscadoras. Irrompen nestas entidades tradicionalmente ocupadas por homes e nas que as mulleres durante séculos non só non tiveron representación senón que incluso non eran admitidas como socias. Con todo, a porcentaxe das mulleres nos órganos de dirección é ínfima de se pór en relación co peso e número que supoñen como traballadoras, aínda que o seu papel activo sinala un cambio significativo no status e no poder político das mulleres do sector.\nMariscadoras a bote\nOutra modalidade de marisqueo da que participan as mulleres é a do marisqueo a bote. Nun primeiro momento o seu labor restrinxíase principalmente a exercer de acompañantes e realizar traballos de escolla e prestar axuda, pero era pouco habitual que elas fosen mariscar.\nA historia das mulleres no marisqueo a bote, no entanto, mudou considerablemente nos últimos anos, grazas ao labor incansable e á valentía dunhas mulleres que decidiron saír soas ao mar e seren elas mesmas as que dirixían as embarcacións. Esta decisión aválaa o coñecemento do oficio, do produto e das artes de marisqueo. A forma principal de aprendizaxe foi, e é aínda hoxe, a través da transmisión entre familiares e veciñanza, estar a compartir as tarefas do día a día.\n“A pé víñase siempre. No barco non. No barco víñase alí para escoller ” [E.C.; Pontevedra]. Facendo memoria do seu oficio, aínda lembran as mariscadoras actuais os barcos cargados de marisco que chegaban a porto. O marisco que transportaban seleccionábase no peirao e non durante os labores de extracción, como se fai na actualidade. Ao chegar ao peirao, as mulleres eran as encargadas da descarga e para facilitar este labor poñíase unha táboa entre a beira do peirao e o barco que facía de corredor móbil por onde circulaban cos muñicos cheos de bivalvo ao lombo. Tamén elas eran as encargadas de facer a selección dos mellores exemplares, descartando os non aptos para a venda. O produto resultante desta selección trasladábase nos camións, que distribuían entre os principais puntos de venda finais.\nAquela medida era queixón. Queixón era un cuadrado. Por cada queixón pasábanlle unha vara por encima e... 1 queixón, 2 queixóns, 3 queixóns... Eles viñan e mareaban en bruto, mareaban para o barco. [...] Botaban todo. E despois iba para alí, por debaixo do puente aquel e pasaban polos puentes e chovía, e viñan as mulleres e escollían, para sacarlle as cunchas [E.C.; Pontevedra].\nDesta función de carga e descarga e da selección das pezas máis adecuadas, pouco a pouco as mulleres do marisqueo a bote fóronse botando ao mar. Unhas veces como acompañantes no barco, seleccionando o produto ou ben axudando naquelas tarefas que requirían da colaboración de varias persoas. Despois como patroas en exclusiva e coa responsabilidade do marisqueo, de seren elas as encargadas de mariscar.\nNo entanto, ao igual que as mariscadoras a pé, as condicións laborais definíanse pola ausencia de lexislación, o que condicionaba a profesionalización da actividade: “ Non cotizabas á seguridade social; non era obrigatorio, vamos ” [E.C.; Pontevedra].\nCo tempo comezou a regularizarse a situación destes e destas profesionais: delimitáronse as zonas de marisqueo, esixiuse formación (e fixéronse obrigatorios cursos de mariñeiropescador, patrón ou patroa, básico de supervivencia, radio ou sanitario), establecéronse controis sobre os tamaños mínimos e as cantidades máximas por día e mariscadora.\nPola contra, algunhas denuncian certa desvantaxe a respecto doutros países produtores xa que se introducen bivalvos de fóra de Galiza máis pequenos dos que se poden capturar na nosas rías e autorízase a súa distribución en áreas comerciais, cando o marisco galego non pode estar por non chegar ao tamaño mínimo esixido pola lei: “ Ti vas a Carrefour e hainas así pequeniñas pero nós isto non o podemos vender. Non é legal para nós ” [E.C.; Pontevedra].\nA impotencia faise aínda máis explícita cando explican o traballo que realizan. O marisqueo a bote require dun grande esforzo físico e dunha boa resistencia, que permita soportar desde as sete da mañá (momento en que comeza a xornada) até as dúas do mediodía, lanzando continuamente o angazo para extraer a ameixa ou o berberecho. O barco, o angazo e a roupa de augas son as principais ferramentas de traballo e os seus coidados dependen de quen os emprega. O angazo, de aceiro inoxidable, é un aparello pesado, pois ese peso é o que permite que se agarre con forza ao solo mariño e así arrastrar o bivalvo. Canto máis lonxe se poida lanzar, maior superficie se abrangue.\nA xornada non pode prolongarse unha vez se recolla a cantidade máxima permitida e esta cantidade sexa adecuada en canto ao tamaño medio. Dependendo da pericia de quen faena ou das circunstancias persoais, poderían deixar de mariscar antes do límite horario estipulado para as dúas do mediodía, o que favorece en moitos casos a conciliación familiar. Moitas das persoas que van ao marisqueo a bote valoran esta circunstancia como unha vantaxe para conseguir manterse activas profesionalmente e atender, paralelamente, as obrigas que poidan asumir a nivel persoal.\nMais non todo é froito da habilidade da mariscadora (aínda que si en boa medida), senón que en algo inflúe a “sorte” de encontrar un lugar con abundancia de marisco. Atentas e atentos, mariscadoras e mariscadores avísanse e alertan da “sonada”, do “dise que alí hai”. Ás veces, as sonadas traen só para uns poucos e non para todas, e estando nun lugar moi próximo a quen está a recoller, apenas se consegue aumentar o peso da bolsa de ameixa ou berberecho. “ Uns collen e outros no. Vai a ameixa e vai por aí e ti estás aquí eh... [...] Neno, están todas aí, eh! Agora vamos. Están todas aí, aquí non hai ” [E.C.; Pontevedra].\nPor fortuna, cando se encontra unha boa zona, o angazo canta a animosa melodía dos bivalvos a bater contra o aceiro inoxidable. O son do rendemento do traballo, ese son que anima a coller forzas para volver lanzar o pesado angazo ao mar. E non se trata dunha cuestión menor. Estas mulleres saen ao mar a diario, sexa verán ou inverno; tanto se as temperaturas son elevadas, como se son baixas e non para de chover. Traballadoras á intemperie, e coa protección que lles ofrecen as roupas de auga, elas mantéñense firmes (na medida do posible en función da ondada) no seu barco.\nFóra do mar, antigamente concentráronse no prezo de venda, en conseguir que o esforzo destas persoas non fose para beneficio doutros. Un momento chave é o da poxa, durante a que non é infrecuente observar como se pactan os prezos á baixa. “Antes subastábase aquí, en Arcade, onde vamos ir despois. E mirabas que falaban entre eles e dicían: mira, collemos estas para repartirmos. Pero deixan baixar o prezo hasta... como ningún vai a parar” [E.C.; Pontevedra].\nNa actualidade, da venda encárgase a confraría, que reúne a mercadoría de todas as persoas que saen mariscar, tanto a pé como a bote, e que despois a traslada á lonxa para a súa poxa. Na confraría rexístrase a entrada de produto e a cantidade e o tamaño entregado por cada mariscadora ou mariscador. En función do prezo de venda acadado, cobrarán máis ou menos polo seu traballo; uns días vale máis e outros días vale menos.\nDespois deste longo proceso, que vai da extracción á venda, as mulleres do marisqueo a bote acaban a súa faena no mar, que normalmente non se corresponde co final dos traballos no día. Falan distendidamente do futuro e lamentan a falta de oportunidades para a xente nova e das restricións na concesión de licenzas. Elas, entre tanto, conscientes de que é preciso manter o sector nas mellores condicións posibles, ao finalizar a xornada e de volta á lonxa, sementan os exemplares máis pequenos que foron descartados para a venda.\nFacer na rede\n‘Facer na rede’ foi a expresión empregada polas redeiras, atadeiras e chaboleiras para describir o labor máis significativo do seu traballo: coser, amañar e coidar das redes. Até practicamente mediados do século pasado as mulleres, sentadas ao aire libre, en grupo, facendo nas redes coas que os homes sairían ao mar, debuxaron unha escena do cotián das áreas costeiras da zona de Pontevedra. Este labor, que se ben é certo non foi asumido en exclusiva polas mulleres, foi realizado maioritariamente por elas, posuidoras do saber deste traballo absolutamente imprescindible para desenvolver a cadea de valor asociada á pesca.\nA aprendizaxe destes oficios transmitíase de nais a fillas, de tías a sobriñas, de avoas a netas... É por iso que nelas residía o coñecemento e o poder para facer posible a remuda xeracional. O carácter artesanal do seu traballo fixo que as mudanzas ao longo de séculos foran moi pequenas e estivesen principalmente asociadas á introdución de novos materiais nos panos, nas agullas (tradicionalmente de buxo e na actualidade de plástico) e no deseño e estrutura dalgúns aparellos.\nNa área de Pontevedra, na segunda metade do século XX, as figuras máis habituais foron as de atadeira e chaboleira. As atadeiras poderíanse considerar como as costureiras do mar. Dedicáronse a arranxar as roturas das redes, repoñer os chumbos perdidos e as máis habilidosas incluso a confeccionar aparellos, maioritariamente para a pesca de baixura (medios mundo, nasas, pedra de abalar, palangre etc.).\nAs atadeiras eran requiridas por mariñeiros e armadores, como quen quixera facer un traxe ou un arranxo. “Víñanche chamar: ‘mira teño o aparello tal, pódesme vir? Necesítote dous días, tres días ’. Era máis liberal, era máis libre” [D.O.S.; Pontevedra]. A tea, neste caso o pano, igualmente mercábano feito xa de fábrica, sendo a súa ocupación cortalo segundo as medidas escollidas polos armadores e montalo até configurar o aparello. O grosor da rede e o número de pezas de chumbo que levaban dependían do tipo de pesca: ardora, xeito etc.\nUn caso distinto era o das chaboleiras, denominadas así en referencia ao seu lugar habitual de traballo: as chabolas, baixos das casas ao pé do mar onde se almacenaban os utensilios e os aparellos de pesca e nos que elas desenvolvían boa parte dos seus labores.\nEn tempos, a maioría das casas lindeiras coa ría de Pontevedra, desde Marín até A Moureira, eran chabolas. Este oficio foi desenvolvido por mulleres e homes, existindo determinadas convencións en función do tipo de barco:\nSe era vaca (‘pesca de arrastre menor que o bou’) tiña unha chaboleira e un chaboleiro. Se era parella (‘dous barcos arrastran unha soa rede de profundidade’)\nEstas mulleres e homes traballaban para armadores que os contrataban co obxecto de atender ás tarefas en terra derivadas da pesca. Entre as súas función diarias estaba a de limpar o aparello unha vez volvía do mar, normalmente impregnado do lodo que debían retirar empregando os dedos como ferramenta; iso si, sempre que estivera mollado, que “seco xa non o dabas quitado e quedabas cos dedos... xa sangraba pola punta” [S.R.C.; Marín].\nOutro dos traballos relacionados co coidado das redes era o de encascar, un tratamento mediante o que se tinguían os aparellos con casca de piñeiro cocida para que se conservasen mellor. Unha vez encascado, enchoupado de auga e moito máis pesado, levábano a secar ao porto tirando a forza do lombo dun carro e “se cadra levabas tamén unha caixa de pulpo na cabeza” [S.R.C.; Marín].\nRecorda a traballadora dunha chabola que se non había que limpar e botar o aparello a secar, “facía na rede” até completar o traballo da mañá e volvía cedo pola tarde á chabola, para traballar en todo o que fixera falta ou incluso fregar a cociña da casa do armador.\nAs chaboleiras e os chaboleiros tamén respondían ao soar da serea do barco e acudían á hora que fose preciso, mesmo ás 12 da noite, para descargar o peixe, carrexando caixas na cabeza nunha sucesión de viaxes que podían ocupar case todo o día.\nMalia o duro e dedicado das súas tarefas, as chaboleiras e os chaboleiros eran considerados o derradeiro chanzo na organización do traballo e así o reflectía a súa remuneración: levaban o quiñón sempre despois do armador e dos mariñeiros teren apañado os seus e incluso podían non cobrar malia traballar e así andar ao matalote, nome co que designan na zona de Marín a traballar sen cobrar.\nAdemais, na maior parte dos casos carecían de cobertura legal; non estaban dadas de alta como traballadoras e nalgúns casos nin tan sequera tiñan a idade mínima requirida para traballar, os 14 anos que regulaba a Lei de Contrato de Traballo de 1944. “Eu fun para a chabola con 12 anos (...) Traballei 19 anos entre a chabola e unha conserveira e aparecéronme 5 cotizados” [S.R.C.; Marín]. E a pesar disto, a chabola era “un hueso para o que había cincuenta cans” [S.R.C.; Marín].\nObreiras da conserva\nAs mulleres foron a man de obra da industria conserveira galega desde que a primeira fábrica se estableceu na Coruña en 1836. A elas e ao seu traballo, que durante moitos anos foi pouco remunerado, recoñecido e respectado, se debe que na actualidade este sector galego sexa o máis importante en Europa e o segundo do mundo.\nOs milleiros de obreiras que durante máis de século e medio pasaron polas liñas de produción das factorías son tamén testemuñas do devir do sector que, a grandes riscos, viviu épocas de bonanza a comezos do século XX e posteriormente entre 1939 e 1949 e a partir dos anos 60; pero tamén de dificultades, primeiro por causa da crise da sardiña de 1909 e despois, nos anos 50, debido ás medidas liberalizadoras da economía.\nA maior parte das fábricas concentráronse nas Rías Baixas, sobre todo en Vigo e nas comarcas do Morrazo e da Barbanza. A área de influencia da cidade de Pontevedra foi tamén un punto destacado do sector conserveiro, aínda que hoxe o seu peso minguou até case a súa desaparición. Só na zona de Estribela e Marín houbo oito fábricas, entre as que destacan a de Herrero, Riestra ou Maeztu. No barrio da Moureira (Pontevedra) estivo Uzal, dedicada nos primeiros tempos ao escabeche e sazón e despois ás conservas. Trasladouse posteriormente á praia de Lourido (Poio) e na década dos 50 pasou a ser Montenegro. Tamén no concello de Poio, neste caso en Combarro, estiveron as fábricas de Malvar e Mosquera, activas até 1960.\nA industria conserveira puxo en circulación un fluxo de man de obra nova e feminina que se nutría tanto de nenas como de mozas e mulleres atraídas desde a zona costeira e o interior pontevedrés (por exemplo, as parroquias de Tomeza ou Salcedo) ante a posibilidade de seren asalariadas.\nOs empresarios buscaban nestas empregadas man de obra hábil, áxil, dedicada, barata e abundante. A fábrica, pola contra, supoñía para elas un complemento económico pero tamén un novo peso que sumar a outros traballos, ben foran reprodutivos ou produtivos. Folga incidir no feito de que nesta altura as mulleres eran as responsables do traballo asociado ao fogar e as nenas as herdeiras temperás desta carga de xénero. É así que a conserveira non eximía do traballo no agro, na casa, no coidado das persoas dependentes, dos animais etc.\nPor outra banda, os ingresos económicos que reportaban as conserveiras eran exiguos polo que as traballadoras das clases sociais máis baixas víanse en ocasións obrigadas a asumir outros traballos de tipo produtivo, por exemplo, no marisqueo ou nas bateas. Así o recorda unha das operarias da Fábrica Montenegro durante os anos 50. “Cando volvía da fábrica ía para o monte para facer un camión de pedra de mampostería, e máis unha torreta para a base da escola de Marín” [N.P.J.; Pontevedra].\nElas ocupaban nas conserveiras un papel subordinado comparativamente cos homes xa que as situaban en postos inferiores e de escasa cualificación, ademais de teren salarios máis baixos; unha situación que se repetía en fábricas doutros sectores como o téxtil ou o tabaco. “Sólo había un chaval alí, que era jefe, un encargadito, e como non andiveras lixeira, na man!” [N.P.J.; Pontevedra].\nAs xornadas laborais, malia estaren delimitadas por un horario, permanecían suxeitas ás necesidades de produción e polo tanto, e sen previo aviso, as operarias podían ser requiridas para quedar a traballar máis horas, toda a noite incluso. Esta anomalía organizativa tornábase habitual ao chegaren barcos cargados de peixe, que por aquel entón non se podía gardar en cámaras, tal e como se fai hoxe. “Traballaba todos os días de 08:00 a 21:00 da noite. Seis ou sete horas ao día, o que nos pediran... porque non era fichar: ían apuntando e cando ías cobrar...” [N.P.J.; Pontevedra]. “ Teño quedado a noite toda para o día seguinte traballar máis” [R.; Pontevedra]. A dependencia do traballo das necesidades de produción e das temporadas da materia prima facía ademais que nalgúns casos esta fose unha ocupación temporal ou estacional.\nAlgunhas fábricas contaban con primas de produción que creaban a ilusión dunha mellor remuneración, o que levaba ás obreiras a traballar aínda máis rápido, sempre axudadas pola destreza e habilidade adquirida, e alimentadas por desexos como os de construír unha casa, aforrar para casar, vivir fóra do fogar familiar ou simplemente contribuír con máis cartos á economía\nfamiliar.\nA dureza do traballo e as xornadas laborais longas, intensas e a ritmo acelerado foron un impedimento para algunhas mulleres ao coidado das crianzas, feito polo que, segundo apuntan, era raro ver mulleres de máis de 30 anos entre as traballadoras das conservas.\n“Eu non sei se me pagaban ben ou mal. A min dábanme un sobre e xa llo daba á miña mai” [R.; Pontevedra], recordaba outra das operarias de Montenegro. Ela, como moitas outras, contribuía coas economías familiares, necesitadas e maltreitas, que seguían a vivir do traballo e colaboración até dos membros máis pequenos da familia, sen esquecer aquelas que recibían cartos chegados da emigración.\nEsta precariedade levou a que moitas nenas non fosen escolarizadas ou abandonasen cedo os estudos. Algunhas, como apuntamos, dirixíronse ás conserveiras animadas pola familia e a ilusión de ser unha boa saída. Á vez, eran cobizadas polos empresarios sabedores de que estas nenas, condicionadas por un contexto social e familiar de necesidade e unha idade moi temperá, non reclamarían mellores condicións de traballo. Tampouco protestarían polas xornadas laborais excesivamente longas nin polo cativo dos salarios.\nNon sei ler nin escribir porque tiña que ir polas casas dos veciños a pedir un cacho de pan. Ía coas vacas dos veciños a pacer para que me deran un cacho de pan. Despois fun servir a Pontevedra e logo traballei en Montenegro [N.P.J.; Pontevedra]. O meu primeiro traballo, con 10 anos, foi plantar pinos no monte. (...) Despois como quixen ser un pouco máis fina vin para a fábrica de conservas Mosquera en Combarro (...). Aí xa gañaba 6 pesos, non, 7 pesetas [D.A.; Poio].\nAs mulleres e as nenas da conserva, probablemente de xeito involuntario e non militante, contribuíron nun proceso de modificación do patrón social segundo o que se lle asigna á muller a función de atender á familia e ao home o ámbito do mercado de traballo remunerado. Así os seus recordos non falan da necesidade de mudanza social ou da dobre carga que asumían senón do duro do traballo, do ben que o pasaban a pé no camiño á fábrica (ás veces de até sete quilómetros) en compaña das demais traballadoras, de ter que probar as conservas que facían ás agachadas para pasar a fame que lles provocaba comer só unha pataca cocida con pemento e loureiro, de cantar, cantar moito animadas polos xefes para ter a boca ocupada e non caer na tentación de comer.\nNa actualidade o traballo nas conserveiras mudou, está máis mecanizado, melloraron as condicións laborais e as instalacións, se ben é certo que coa entrada de maquinaria xurdiron novos problemas, como os ruídos, a iluminación, a distribución da maquinaria, comodidade nos postos etc. Ademais as obreiras adquiriron maior conciencia obreira, con expresións de reivindicación do seu traballo como foi o caso das protestas en 1989 na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, entre outras.\nVendedoras de peixe\nHabitantes normalmente dun contorno social intimamente ligado aos traballos do mar, as vendedoras de peixe ocuparon o espazo das lonxas e das prazas e distribuíron o peixe entre a poboación pero non só, pois tamén ocuparon os camiños que percorrían a pé desde as zonas do litoral até as áreas máis interiores.\nNas cidades as vendedoras de peixe traballan, fundamentalmente, na praza de abastos pero tamén nas lonxas próximas, a onde acudían á procura da mercadoría, buscando bos prezos e boa calidade coa que manter a súa clientela. Por este motivo, moitas destas mulleres traballaban con frecuencia máis alá do horario de venda directa ao público e tiñan que prolongar a súa xornada con desprazamentos ás lonxas próximas. E aínda non acababa aí xa que, ademais das actividades propias da súa profesión, a maioría atendía as tarefas relacionadas cos coidados da familia e da casa.\nO traballo de venda era, segundo comentan, unha faena alegre e a iso atribúen a súa simpatía e elevada sociabilidade. Non é cuestión menor, pois polas súas mans pasaba parte da alimentación das veciñas e veciños e o bo trato era un bo argumento para que as persoas que acudían a comprar o peixe depositasen nelas a súa confianza. No entanto, tampouco esquecen as incomodidades e conservan na memoria o frío dos mercados, as mans constantemente no xeo, as horas de pé sen apenas desprazarse:\nDespois alí xa, co frío. As barrigas, preñada, aplastalas contra o mostrador. E non pasaba nada. Que lle digo eu ás miñas netas, eu aplastaba a barriga alí e non me pasaba nada. E agora... [J.B.; Pontevedra]. Domingos e festivos incluídos. Para as máis nenas, acompañantes inseparables, reservábanse tarefas menores, como a distribución a domicilio cando a clientela era boa. A cambio recibían algunha compensación:\nEu xa ía desde a praza cargada cunha cesta a levarlle o peixe alí. Todos os días. Viña a señora a comprar, miña nai lle vendía, ‘ai, que me lo traiga la chica ’ ; ala, alá ía. E tíñalle que limpar o peixe. Sabes o que tiña de bo? Que me daba de comer. Limpáballe o peixe, deixáballo preparado (...) [J.B.; Pontevedra].\nOutra dificultade era o obrigado pagamento dos arbitrios, impostos municipais que se aplicaban sobre o produto de venda e que variaban en función da calidade, do valor e do peso. Para evitar o seu pagamento eran moitas as estratexias ideadas, e cada imposto que se evitaba pagar supuña para estas modestas economías familiares unha grande axuda. Procuraban, pois, contar coa colaboración de mulleres que ían comprar e que aproveitaban para introducir a mercadoría sen seren sospeitosas; coa colaboración de rapazas e rapaces que agardaban pacientes a que algunha pescantina lles pedise axuda e, a cambio, recibían algunha moeda como compensación. As casetas dos arbitrios están, aínda hoxe, moi presentes na memoria destas mulleres. E non é para menos, pois no caso de non pagar podían ser castigadas retirándolles a mercadoría, con multas e mesmo con arrestos. A pesar do que poida parecer, o nivel de ganancia era escaso; o peixe era un produto cun consumo sensiblemente inferior ao actual. Entonces nós aí, como cobraban albitrios por meter o peixe dentro da plaza, as rapazas que facíamos? Íbamos ata alí e ao mellor a unha señora lle dicíamos, “me pode pasar este peixiño para dentro?”. Porque claro, mentres elas, as que vendían o peixe, si podían aforrar unha pesetiña, aforrábana. E nós aí íbamos a meter... Que o peixe xa chegaba a metá do tempo ao mellor molido (...) Polo medio das rejas lle metíamos á miña nai. E se non xa lle dicía a unha señora que no cesto mo levara. Pero despois eles xa cachaban os cestos [J.B.; Pontevedra].\nO labor destas mulleres, non obstante, non se limitaba á compra e venda de peixe. En parte motivado pola ausencia de transportes regulares que facilitasen o acceso frecuente ao mercado ou ao peixe, e en parte debido ás necesidades de conservación derivadas da ausencia de conxeladores domésticos, as peixeiras dominaban ademais determinadas artes de conservación para épocas do ano en que o produto escaseaba. Unha das técnicas máis empregadas a comezos do século XX é a salgadura, precisamente con esta finalidade de conservar. Esta actividade facíase nos baixos das casas particulares co peixe que os propios familiares ou veciños pescaban. O procedemento era relativamente simple aínda que laborioso: preparábase a salmoira (auga moi salgada), deixábanse uns días até retiralos para un recipiente onde se prensaban e permanecían uns días máis:\nEu me metía no mar ata aquí, en inverno, bueno, estoucho contando da miña época, ata a cintura, en pleno inverno, a lavar os xurelos nas cestas [...]. Despois iamos para as bodegas, a lañar, a lañar, cortabas, lañabas e salgabas. E quedaba\ntodo salgado [J.B.; Pontevedra].\nAdemais da salmoira, outra das técnicas utilizadas para a conservación do peixe era a de secado. Unha vez limpo o peixe deixábase a secar no peirao, até que estivese ben seco, tanto que incluso se comía cru. O fume tamén axudaba a suplir as carencias do conxelado e foi habitual para tratamento da sardiña: na saída do fume da lareira colocábanse as sardiñas nunha vara de ferro, poñíase a leña con loureiro e co fume desprendido afumábanse. Porén, ao redor das vendedoras de peixe, había outra modalidade que eran as vendedoras de a pé. Estas mulleres, con frecuencia residentes en áreas costeiras, recollían á primeira hora da mañá o peixe que os seus familiares pescaran para o levar, a pé, aos lugares da contorna máis afastados. Cargadas coas cestas ao lombo ou na cabeza, camiñaban horas para poder vender, casa por casa, a súa mercadoría. Desta actividade derivou unha economía de troco que contribuíu a crear a conciencia e a apreciar o valor do produto fronte ao simplemente monetario. Así, e en parte motivada pola escaseza na época de diñeiro en efectivo ou polas necesidades alimenticias, non era infrecuente pagar a adquisición do peixe con recursos abundantes no interior, como produtos da horta ou porco. Moitas destas mulleres eran nenas que co seu esforzo e traballo colaboran na manutención familiar, en detrimento dunha formación que na maioría dos casos foi inexistente.\nOs oficios de salitre mollaron e curtiron as mans das mulleres dedicadas á venda do peixe, á salmoira, ao marisqueo, á conserva... Mulleres que na actualidade sofren as consecuencias de non teren sido recoñecidas como traballadoras de pleno dereito e, xa superada a súa vida laboral, aseguran ter traballado moito por moi pouco.\nNa época en que se centra este texto detéctase unha fonda división entre os traballos desenvolvidos por mulleres e homes, podéndose identificar oficios feminizados. Estas ocupacións foron entendidas como propias das mulleres pero tamén invisibles e pouco valoradas dentro do contexto social heteropatriarcal do momento. Isto fixo que contaran con escaso ou nulo recoñecemento social como persoas activas e xeradoras de riqueza.\nEsta fonda fragmentación podería relacionarse coa convivencia dalgúns destes traballos con tarefas asociadas ao fogar e ao traballo reprodutivo –o marisqueo foi fonte de alimento para as familias e fonte de ingresos a través da venda–. Outro aspecto condicionante foi a flexibilidade horaria e a estacionalidade dalgunhas profesións, que favoreceu que fosen asumidas como ocupacións complementarias; así como o machismo empresarial que reservou os postos de responsabilidade case en exclusiva para os homes e a aceptación social de menores dereitos e retribución salarial no caso de seren empregadas.\nCon todo, e conscientes de que a feminización dos oficios é un proceso longo, entendemos que as causas apuntadas poden formar parte dun sistema máis complexo que abranguería un período de tempo máis amplo que o abordado no noso estudo. Polo tanto, os motivos apuntados poderían ser só lidos como perpetuadores desta división desigual do traballo.\nEsta invisibilización social discorda coa profusa presenza das mulleres do mar no espazo público; vendendo na praza, mercando nas poxas, tecendo no peirao, andando os camiños na ida e volta das fábricas, apañando na area das praias e incluso en varios destes lugares á vez, xa que era preciso combinalos debido a que os salarios adoitaban ser insuficientes.\nCon todo, e a pesar da individualización presentada na descrición dos oficios, é interesante destacar que os traballos que se abordan neste artigo rara vez se facían en soidade e a través deles tecéronse relacións sociais de fraternidade e compañeirismo, así como redes de cooperación e solidariedade. Estas redes de colaboración contribuíron en gran medida a acadar os dereitos reclamados e a que os oficios do mar descritos fosen recoñecidos profesionalmente, grazas ao esforzo conxunto destas traballadoras.\nE aínda así, estas mulleres, a pesar de teren un traballo de tipo produtivo a través do cal recibían un salario, nunca abandonaron os labores do fogar, de coidado dos familiares cando foi preciso e de mantemento das propiedades asociadas á casa. No entanto, todos estes labores seguen a formar parte dos traballos feminizados e ocultos que, ao igual que os oficios descritos neste artigo no seu día, hoxe seguen sen a categoría profesional adquirida noutros ámbitos.\nXiana Iglesias Villaverde e María Abelleira Fontán MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega\nReferencias bibliográficas Abelleira Fontán, María (2015): “Traballadoras: termando da terra, do ceo e do mar”, en Do gris ao Violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra. Pontevedra: Concello de Pontevedra, pp. 111131. Chapela Pérez, Rosa (2010): “A relación mulleres e mar na normativa. Do visible ao invisible: da loita pola dignidade ao exercicio da soberanía profesional”, en http:// www.culturagalega.org/album/docs/achegas_01.pdf [Consulta: 17/01/2017]\nEntrevista a Rosa, realizada en Estribela o 24/04/2014. Inédita. Entrevista a Carmen, realizada en Ponte Sampaio o 30/05/2014. Inédita. Entrevista a Lola, realizada en Estribela o 24/04/2014. Inédita.\nEntrevista a Digna O. S., realizada en Estribela o 05/04/2016. Inédita. Entrevista a Socorro R., Estribela, realizada o 05/04/2016. Inédita. Entrevista a Nieves P.J., realizada en Tomeza o 01/04/2014. Inédita."} {"summary": "Neste traballo analízase como se representou (ou silenciou) o traballo das mulleres no agro e no mar. Faise a través de, fundamentalmente, tres obras pioneiras que se publicaron dirixidas á infancia e xuventude: Memorias dun neno labrego (1961, 1968), de Xosé Neira Vilas; Mar adiante (1973), de María Victoria Moreno; e O segredo da Pedra Figueira (1985), de María Xosé Queizán. Son obras publicadas na fase de constitución do sistema literario que abriron vías ata o de entón inexploradas ou pouco tratadas e que serviron de modelo para creadores e creadoras posteriores. Considerámolas relevantes por confluír nelas tamén tradición e modernidade, ademais de amosaren de modos moi diversos o traballo das mulleres en diferentes ámbitos e dende diferentes perspectivas.", "text": "O traballo das mulleres na LIX:\no rural e o mar en tres obras pioneiras\nIsabel Mociño González\n[Recibido, 31 xaneiro 2017; aceptado, 27 marzo 2017]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.50.3901\n : Literatura Infantil e Xuvenil, traballo no agro e no mar, mulleres.\nkeywords : Children and Young Adults’ Literature, work in the country and sea, women.\nIntrodución\nDende a antigüidade as estruturas sociais tradicionais determinaron para as mulleres e os homes roles moi diferentes asentados nuns paradigmas económicos, xurídicos e relixiosos nos que, mentres eles ocupaban a esfera pública, elas quedaban relegadas ao espazo privado, á reprodución e aos traballos non remunerados, como as tarefas domésticas, o coidado dos maiores ou a educación dos fillos. Isto foi parello a un limitado acceso á cultura o que, ademais de impedirlles o crecemento intelectual, propiciou a permanencia inalterábel da súa condición e mantívoas ausentes de ámbitos como a política, a economía e, en xeral, o mundo do simbólico.\nA medida que a sociedade evolucionou cara a unha maior industrialización e a organización en núcleos eminentemente urbanos, o traballo no agro e no mar sufriu un progresivo desprestixio, que reverteu nunha dobre marxinación para a muller, a derivada da súa propia condición e a do traballo que desenvolve, ao verse impelida a realizar actividades que non se engloban de cheo nas economías de mercado por reducirse a explotacións de subsistencia ou á economía somerxida, a actividades ilegais ou ás que se realizan no fogar 1 (Sabaté et al. 1995; Rial García 2005). Esta circunstancia reflectiuse tamén na literatura que, se ben comezou moi centrada na Galicia rural e as súas problemáticas, progresivamente foise facendo máis eco da conflitividade social derivada dos núcleos urbanos, propiciando tamén a nivel ficcional a invisibilidade duns sectores (rural e mariñeiro), cuxa representatividade e influencia na esfera do social foi desaparecendo, ata o punto de que a cultura tradicional da aldea comezou a ser percibida polos seus propios moradores como estigma (Gondar Portasany 2011: 14).\nÁ par desta tendencia que se mantivo sempre na literatura infantil e xuvenil, no momento da súa constitución son de salientar tamén o populismo e o costumismo dunhas obras enmarcadas no proxecto de elaborar unha etnoestética dende a que salientar os trazos diferenciais da arte, da cultura e do ser antropolóxico galegos (Tarrío Varela 2008: 175). Trátase de propostas encamiñadas á recuperación da literatura galega e pensadas para formar as futuras xeracións no coñecemento e amor a Galicia e involucralas no proxecto de redefinir unha identidade nacional para a súa terra (representada fundamentalmente pola Galicia interior), como fixeron os homes e mulleres do Rexurdimento e, sobre todo, da Época Nós, momento no que comezaron a funcionar algunhas institucións como resultado das preocupacións por dotar de materiais adecuados os educadores e os mesmos escolares para o ensino e aprendizaxe da lingua (Roig 2015).\nEstamos a nos referir a unhas obras que foron os alicerces do sistema literario infantil e xuvenil, pois con elas abríronse liñas temáticas repertoriais que foron sometidas a un proceso de reescrita nos períodos seguintes, como ten sinalado en numerosos traballos a profesora BlancaAna Roig Rechou (1996, 2005, 2008a, 2008b, 2015). Trátase de textos sinxelos que, non obstante, acubillan o valor de servir de canle de expresión ao compromiso e á ideoloxía dos que, empeñados en outorgarlle visibilidade á riqueza cultural galega, recorreron a diferentes modalidades literarias. Nuns casos estes materiais foron editados en formato libro 3, noutros en publicacións periódicas 4, e todos eles afíns ideoloxicamente ao pensamento galeguista e, polo tanto, non só constitúen a orixe da Literatura Infantil e Xuvenil galega senón que conforman o seu punto de partida ao cadraren coas crenzas e costumes do pobo (Lurie 1998), inseriren as características da sociedade e os paradigmas identitarios que se desexa destacar, sen deixar de botar man do marabilloso, da fantasía e do mundo mítico (Roig 2015).\nEsta liña foi retomada pouco a pouco despois da ruptura que supuxo a Guerra Civil española, para ir superando a falta dunha vida normalizada da cultura galega 5 e pódese observar na poesía de Manuel María, en especial Os soños na gaiola (1968) (Agrelo, Mociño e Roig 2012: 1328); na narrativa de Carlos Casares, como A galiña azul (1968), (Roig 2009; Fernández Vázquez 2012); ou no teatro de Ánxel Fole, como Pauto do demo (1958), por citar algúns exemplos. Todos eles foron conscientes de que a literatura é un espazo privilexiado para mudar as posicións subalternas con respecto a unha cultura hexemónica e máis cando estamos a falar da producida para as xeracións máis novas 6, aquelas que están chamadas a mudar o futuro e as correlacións de forzas e posicionamentos pois, tal como sinala Itamar Even Zohar (1993: 441458), a literatura desenvolve un importante papel na configuración das nacións e os grupos culturalmente organizados dado que, por medio dela, o sistema cultural conta cun repertorio de modelos semióticos a través dos que “o mundo” se explica cun conxunto de narracións (Even Zohar 1993: 444), as cales transmiten sentimentos de solidariedade, de pertenza e, sobre todo, de submisión a leis e decretos que non poden ser impostos só coa forza física. E nisto, non o podemos esquecer, a muller tivo un papel fundamental, especialmente como transmisora ás novas xeracións do legado cultural.\nPero para comprendermos como se foron construíndo as imaxes da muller 7 dentro dos textos, a súa posición no universo ficcional ou a influencia que exerce sobre o(s)/a(s) protagonista(s), imos deternos en tres obras pioneiras da Literatura Infantil e Xuvenil galega que, ademais, foron publicadas en tres décadas consecutivas, como é o caso de Memorias dun neno labrego (1961, 1968), de Xosé Neira Vilas; Mar adiante (1973), de María Victoria Moreno; e O segredo da Pedra Figueira (1985), de María Xosé Queizán. A través delas, e da comparación con outras obras, observaremos algunhas tendencias que marcaron a evolución da creación literaria para a infancia e xuventude, moi ligada ás circunstancias sociohistórico-culturais que pularon en cada momento, dende a recreación das memorias de infancia e a descuberta do propio, pasando pola reivindicación dunha nova escola, máis inclusiva e acaída aos tempos que se vivían; ata a aposta clara por unha imaxe a prol das mulleres, da súa visualización e protagonismo, tendencia que logo callou en boa parte da produción de autoras e autores actualmente considerados referentes da Literatura Infantil e Xuvenil galega, como son Helena Villar Janeiro, Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey..., así como na doutras máis novas que se incorporaron ao sistema tendo os anteriores como referentes, caso de An Alfaya, Paula Carballeira, Teresa González etc.\nMemorias dun neno labrego : crónica da aldea galega dos anos corenta\nXosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, Pontevedra, 19282016) introduciu na narrativa galega da posguerra as memorias de infancia e adolescencia ao publicar Memorias dun neno labrego (1961) na Editorial Follas Novas de Bos Aires, creada polo propio autor e a súa muller Anisia Miranda (Camagüey, 1932Vila de Cruces, 2010), ambos os dous moi comprometidos coa literatura infantil e xuvenil dende a emigración. Malia que a obra non presenta na súa primeira edición peritextos que acenen cara a un potencial lectorado mozo, esta novela realista e crítica funcionou como libro de lectura nos centros de primaria e secundaria galegos dende que en 1968 8 a publicou Ediciós do Castro 9, de aí que na segunda edición o autor se dirixise explicitamente á nenez que ten a lingua galega como medio de expresión, tal como reza na dedicatoria autorial que precede o texto: “A tódolos nenos que falan galego” 10.\nUn exemplo de “literatura gañada” pola adolescencia e xuventude e que gozou dun grande éxito e impacto popular, como reflicten as constantes reedicións 11, traducións 12 e a súa recepción crítica 13 (Roig 2015). Xunto con Cartas a Lelo (Ediciós do Castro, 1971) e Aqueles anos do Moncho (Akal, 1977) conforma unha triloxía iniciadora da literatura xuvenil galega 14 (Roig 2015) que defende distintos modelos identitarios e cuxos protagonistas se converteron en símbolos universais, pois Balbino, un dos personaxes máis influentes e coñecidos da literatura galega, xunto con Lelo e Moncho, transcendeu o particular para se situar na esfera do universal, tal como outros protagonistas de obras xa canonizadas da literatura infantil e xuvenil (Roig 2012), converténdose en “personaxes símbolos [...] en auténticas iconas” de denuncia da inxustiza (Caveiro e González Vázquez 2011: 46).\nNesta novela que presenta a pobreza, a desigualdade de clases ou a emigración a América (Roig 2008b: 158159), o labor das mulleres aparece representado fundamentalmente a través das tres figuras femininas que conforman o círculo afectivo e doméstico do narradorprotagonista: a nai, a madriña e a tía Carme, ás que se suma a mestra Eladia, primeiro amor de Balbino. Xunto a elas aparecen mencionadas outras mulleres do medio rural que representan diferentes sectores sociais e situacións particulares, como veremos. En xeral son retratos moi pouco perfilados, que se teñen que (re)construír a través dos feitos, actitudes e discursos, aproximándose nalgúns casos aos arquetipos carentes de perfil psicolóxico e con claras significacións simbólicas, como ocorre nos contos populares 15 (Noia 2004: 8590; 2007: 253266).\nAs mulleres con máis presenza ao longo da novela son a nai e a madriña de Balbino, das que non coñecemos os seus nomes, senón o apelativo afectivo, trazo que as caracteriza no seu papel de educadoras, guías, coidadoras e transmisoras de coñecementos. Son mulleres abnegadas e moi relixiosas, que o obrigan a el tamén a seguir a tradición e rezar, asistir á misa e ás procesións, gardar loito polos defuntos da casa... De feito, a nai de Balbino, ao igual cás mulleres do seu tempo, atopa na oración o refuxio para se enfrontar aos desacougos, como se observa cando agarda unha carta que non dá chegado do fillo maior emigrado a América. Apela neste caso á intercesión da virxe, na que deposita a confianza en que todo se resolva con ben, tal como explica o rapaz: “Miña nai rezaba día e noite, e ofreceulle unha vela á Virxe do Carme pra que non se afundise o barco onde meu irmao viaxaba” (Neira Vilas 1968: 55).\nUnha imaxe de nai cariñosa e protectora co fillo, ao que acompaña o primeiro día á escola para que aprenda a ler e escribir, que o abraza e lle comunica a morte do padriño; e acolledora coas visitas, como con Eladia, á que lle conta as penurias que padecen: “Miña nai convidounos con augardente e fixo comprido coeles contándolles a nosa vida. A min dábame tirria e vergoña” (Neira Vilas 1968: 84). Pero esta muller demostra tamén ter un gran carácter ao se enfrontar co seu home, probabelmente debido aos apuros económicos nos que viven, polas palabras coas que Balbino se refire á relación de seus pais: “Eles lévanse ben, pero algunhas veces renegan entre si, e os seus berros abróuxanme en soños noites enteiras. Non saben como me doi que sexamos probes” (Neira Vilas 1968: 50). Unha impotencia que se transforma en consciencia de clase ao observar o sufrimento calado, de rabia, cando a nai chora ao descubrir que a rela lle “picou a saia do casamento” (Neira Vilas 1968: 51), seguramente por ver estragada a mellor peza de roupa que tiña, e á que lle senta “mal a broa pero non podemos mercar pantrigo” (Neira Vilas 1968: 5051). Unhas limitacións que non por iso apagan o espírito curioso e as ansias de saber dunha muller que desexa descubrir o oculto, inquietude que lle transmite ao fillo, tal como este deixa escrito: “Miña nai tenme dito que lle gostaría ver, siquera por un intre, o río valdeiro, sin auga” (Neira Vilas\nÁ par da nai, a madriña aparece como un referente para Balbino, da que toma moitas expresións e ditos que tinguen a visión nostálxica e triste do retrato da infancia e da vida na aldea (Roig et al. 2007: 5765), concibido como ese “val de lágrimas” ao que se vén a sufrir para gañar o ceo, segundo a visión relixiosa máis tradicional, e que se plasma xa na imaxe inicial que fai da aldea: “mestura de lama e fume, onde os cás oubean e a xente morre ‘cando está de Deus’, como di a madriña” (Neira Vilas 1968: 26), asumindo a determinación firme e inexorábel da vida a partir do divino.\nUnha actitude que choca frontalmente coa do personaxe máis cuestionador da obra, o Xudío, que amosa unha actitude combativa e de denuncia, tanto coa relixiosidade hipócrita da colectividade, coma coa actitude dunha parte do clero e coa disciplina do mestre. O Xudío percibe na influencia da relixión a subxugación e manipulación (“Teus pais son boa xente pero andan moi apegados á cera, son moi amigos do crego e dos santos”, Neira Vilas 1968: 38). A través da conversa con el, Balbino reflexiona sobre o papel que desempeñan os maiores, aos que lle supón a capacidade para facer e desfacer, gobernar e ser donos de si e do mundo, mentres que el observa e quere saber, pero non sempre atopa respostas, de aí que admita que “é perigoso non calar a tempo. E calquera día, en calquera logar, facémoslle a pergunta a calquera. O que debían decirnos nosos pais dínolo un alleo” (Neira Vilas 1968: 50). Pero nun microcosmos como a aldea a diverxencia ten consecuencias, no caso do Xudío plásmase no alcume e na marxinación á que o somete a colectividade, que o considera perigoso, segundo el mesmo, porque “é pecado ter ideas ou andar pola propia conta á percura da verdade” (Neira Vilas 1968: 39), fronte aos demais que el considera que “parecen ovelliñas en vez de homes e mulleres. Cadaquén deulle a súa alma a gardar ó cura, e o cura non fai máis ca estragarlla” (Neira Vilas 1968: 39). Unha voz disonante, unha perspectiva reveladora para Balbino, pero que trouxo como consecuencia unha tunda de seu pai, aínda que foi a nai a que acode a buscalo e quitalo da casa do Xudío para protexelo da súa influencia.\nMáis desdebuxada aparece a figura da tía Carme, coa que a relación semella ser máis esporádica ou cando menos exercer unha influencia menor sobre o rapaz. Das tres mulleres é a que sae máis da esfera do doméstico, probabelmente por ser máis nova cás outras, pois ela “vai á fonte coa sella todas as mañás. E amáis da auga trai de cote algunha nova” (Neira Vilas 1968: 64), e acode tamén á feira, mercadeando con produtos propios ou adquirindo outros, tal como lembra Balbino, que a acompaña para “levar un quino pola trenla ou apandar coa cesta de pexegos que me poñían derriba [...] Esa vez miña tía levoume pra que cangase á volta cun feixe de repolos” (Neira Vilas 1968: 77).\nÉ de salientar tamén a dicotomía que reflicten as actitudes que teñen a ver coa expresión de sentimentos asociadas ás mulleres, mentres prima o ocultamento destes nos homes. Obsérvase de modo claro cando morre o padriño, momento no que a nai e a madriña daban uns “berros que aterrecían coma si tivesen lume. Os ecos aparruñaban polas paredes. Iban e viñan rachando o aire. Sentín coma se me esgazasen a alma” (Neira Vilas 1968: 93); unha manifestación de dor pola perda dun membro da familia que sempre corre a cargo das mulleres: “A madriña seguía chorando a berros. Daba mágoa ouvila. Se fose de noite meteríame medo. Falaba a barullo co padriño, anque el, estando morto...” (Neira Vilas 1968: 94) e que continúa cando: “Os berros eran da tía Carme e de mamai que despedían o corpo do padriño” (Neira Vilas 1968: 99). Pola contra, non hai ningunha alusión á dor que esta perda produce entre os homes da casa.\nNeste transo para a familia, a comunidade enteira, mulleres e homes, acoden para arroupalos e axudarlles a se enfrontaren á situación: Qué rebumbio! Dá gosto ver como tódolos veciños axudan. A morte é coma un vencello cordial. Diante dela sentímonos irmaos. E os que non se falaban, fálanse e axúdanse cando hai defunto. Pero eu non me afago. Todo dispoñen os de fóra, sin perguntar siquera a meu pai. Entran, saen, cociñan, acomodan o gando. Decamiño remexen, saben o que temos e o que non temos, e dempois laretan pola aldeia adiante (Neira Vilas 1968: 96).\nEsta “penetración masiva da colectividade no ámbito da casa” (Gondar\nPortasany 2011: 20), rompe o celo con que se mantén o espazo privado familiar, a esencia da dialéctica casaveciñanza, e a intimidade desaparece, ignórase a opinión do patriarca e suspéndense os demais roles ordinarios de cada un dos membros da familia, que pasan a ser asumidos polos veciños. Todo isto na sociedade tradicional tiña un claro sentido: mitigar a sobretaxa de tensión que ten que soportar a familia, que deste modo queda disolta no grupo, de aí que o “tecido social como conxunto tenta descargar a dor da súa célula danada” (Gondar Portasany 2011: 21). Unha función de alivio que continúa co velorio, onde se mitigaba o temor aos mortos e se involucraba tamén a toda a comunidade coa familia que padecía a perda para normalizar a angustia (Gondar Portasany 2011: 1340). En definitiva, trátase de estratexias de manipulación da tensión e dunha terapia social, que na sociedade urbana desapareceu con graves consecuencias para os seus membros 17.\nÉ nesta esfera do plano social do microcosmos rural que Balbino lle achega ao lectorado onde os papeis de homes e mulleres aparecen máis igualados, onde se implican todos os membros da comunidade, caso de traballos colectivos como a sementeira:\nPasaron mulleres e homes con legoñas, trollos e angazos ó lombo. Amáis de ser a lúa que escollen pra que o trigo non bote caruncho, estaba bó día pra traballar. Un día de sol ridente e de terra enxoita. Todos rebulían. Us crebaban cadullos coa cota de raños e sachas. Outros esparexían o esterco coas gallegas. Dempois, veña sementar. E deseguida abrían os sucos co arado de pau. As derregadeiras deixaban orelas de soma ás dúas bandas, e con trollos e legoñas viñan outros acochando o esterco descoberto. Os nenos chamaban o gando e escorrentaban\nas labandeiras que papaban a semente (Neira Vilas 1968: 95).\nÁ par dos traballos, as celebracións e ritos colectivos son outra ocasión onde se observa o papel activo da muller, en especial en festas como a do San Xoán, na que “mozas e mozos, collidos pola mao, brincaban por riba do fumazo” (Neira Vilas 1968: 88); “as mulleres e os homes beilaban darredor do lume. Semellaban tolos” (Neira Vilas 1968: 89). Unha festividade que revela a preocupación polo porvir entre as mozas, tal como poñen de manifesto os múltiples ritos descritos: envolver cardos para ver se abrolla algunha flor e volve o mozo que marchou, lavar a cara coa auga de herba cruzada, ver o futuro no feitío do ovo que se deixou á relente.... ritos purificadores e propios do cambio de ciclo asumidos fundamentalmente polas mulleres, intimamente asociados á debilidade e dependencia da súa posición social.\nEn xeral ao longo da obra xorden imaxes, escenas moi evocadoras do labor feminino no campo (“Un carro de monllos viña renxendo, anteposto. Detrás, un home e unha muller” (Neira Vilas 1968: 87) e é un bo número o das mulleres de diferentes clases e condicións que son citadas, dende a señora Isaura, dona do pazo onde está a escola, unha anciá que vive en Madrid e é dona de casaríos; pasando pola tía Engracia, a máis rica da parroquia e cun aquel de “señora fidalga” (Neira Vilas 1968: 116), xenerosa e de portas abertas que acabou con todos os seus bens embargados e só a axuda dos veciños a salvou\nde morrer de fame; ata a nai de Andrés, muller maltratada, con catro fillos pequenos e un marido que\nbota día e noite na taberna e chega á casa bébedo. Malla na muller e nos fillos. Tenme contado Andrés que algunhas noites de xiada tiveron que saír tremando pola porta pra fóra, pois seu pai andaba tras deles cunha navalla. Botaban hastra catro días sin comer. E xa teñen ido pedichar pola aldeia.\n– E túa nai non se arrepón? – díxenlle un día.\n– Cómo se vai arrepoñer! Ti queres que a balde? Ela trema coma unha vara verde cando o ve chegar (Neira Vilas 1968: 5152).\nA violencia contra as mulleres tamén está presente entre as mozas solteiras, como Celia, a irmá de Balbino, que está a servir en Loxo e que lle revela que fuxiu da casa paterna cando o pai lle deu unha malleira por andar “ruando cun mozo” (Neira Vilas 1968: 125) 18. Solteira e nova tamén é Flora, moza de arredor de vinte anos que traballa dende nena para o Landeiro, casa á que chega Balbino para servir. Ambas as dúas representan as mulleres xornaleiras, que no medio rural, na invisibilidade que padecían as labregas en xeral, tiñan unha situación máis comprometida. De feito, as xornaleiras “aspiraban a ter un fillo que aportara man de obra e un nome de home para a casa 19. Aspiraban a fundar unha casa que puidera perpetuarse no tempo. Con ese fillo, os traballos e os días aportarían posibilidades que non eran tais para unha muller soa” (Gala 2007: 392), de aí que o vello sistema rural atopara na ilexitimidade unha forma de lexitimar o status indefinido da muller soa 20. En todos estes casos obsérvase que as mulleres representan dentro da miseria da aldea a feminización da pobreza. Eran no seu conxunto a parte máis feble do sistema. Todas elas, configuran parte do retrato colectivo da aldea, da visión subxectiva infantil da ollada de Balbino, das súas incertezas ante o futuro e as súas cavilacións e dúbidas polo comportamento da familia e dos veciños ante situacións cotiás (Roig 2008b: 158159).\nComo contrapunto a todas estas mulleres do rural aparece Eladia, a mestra, que substitúe a don Alfonso, representante da vella escola 21, un home “ruín. Espricaba pouco e soscaba arreo. Qué maneira de mallar e turrarnos das orellas!” (Neira Vilas 1968: 79), un método co que boa parte da comunidade está de acordo, tal como considera a madriña que “di que ‘a letra con sangue entra’, ou sexa que dá por ben feito o noso amolecemento a xostregadas” (Neira Vilas 1968: 79). A escola aparece como un lugar baleiro, ao que acoden poucos rapaces porque a percepción social asenta en que “Con que adeprendan a poñer o seu nome, pra fozar na terra abóndalles’, di a xente” (Neira Vilas 1968: 78). É esta visión a que contribúe a que a institución escolar non sexa un motor de cambio, asociada co castigo (por iso os rapaces latan) e a falta de utilidade para a vida e o futuro na aldea, pois tal como lle recrimina O Xudío ao vello mestre: “acabe de unha vez de meterlles na cabeza reis e pelexas que non sirven pra nada. Ademáis, déixese de ensinarlles rezos e catecismos. A doutrina que a adeprendan na casa, se os pais queren. A escola é pra o que é” (Neira Vilas 1968: 79).\nA presión dos veciños dá lugar a que o mestre sexa substituído por Eladia, a personaxe feminina mellor definida tanto polos trazos físicos coma polo que se adoita imaxinar para esta época, como se pode seguir en http://culturagalega.gal/album/ detalle.php?id=1044. 20 Boa mostra son os relato de Castelao “A Marquesiña” e “A vella non para de gabar a súa felicidade”, incluídos en Cousas (1926) que abordan directamente a situación das mulleres soas e o amparo que significa un fillo ou filla para a súa vellez. 21 Que podería ser o mesmo de O cabaliño de buxo (Ediciós do Castro, 1971), onde Ruliño, un neno tamén de aldea se pregunta “¿Por qué o mestre non fala coma nós?”; cuestionamento que se seguiu ficcionalizando anos despois en A primeira máquina de fotos (Xunta de Galicia, 1998), de Miguel Vázquez Freire, que critica o ensino e os mestres represores; ou O lapis de Rosalía (SM, 1992), de Antón Cortizas, que desenvolve un retrato crítico da escola represora e incomprensiva.\ncarácter. Dela sabemos que: “é moi nova. Terá vinte anos, digo eu. Parece mentira que sexa mestra con tan pouca edade. Naceu en Betanzos. E fala galego connosco. Eu deseguida lle collín cariño. Tan agarimosa, tan rideira” (Neira Vilas 1968: 80). Este carácter afectuoso e próximo ao alumnado propicia a motivación de Balbino para acudir á escola:\nNa miña casa estaban abraiados cos esforzos que eu facía pra ir tódolos días á escola. Moitas veces téñome erguido ás tres da mañán pra escadullar ou xuntar monllos. Enxagoaba a cara no regueiro e ás oito estaba no pazo, cos brazos cansos, as maos cheas de talos e o proído das esganas no pescozo (Neira Vilas\nUn esforzo que fai comprender o absentismo escolar na Galicia da posguerra, na que as mans dos máis novos eran necesarias para a economía e o traballo familiar, ademais da plena consciencia de que non poderían continuar estudos por falta de medios económicos. Ben é certo que para Balbino Eladia é o seu primeiro namoramento 22, o espertar á vida, tal como pon de manifesto na imaxe idealizada da mestra:\nEladia parecíame un anxo; unha criatura baixada do ceo, sin azos pra facer mal a ninguén. Unha avelaíña branca. Non me fartaba de ollar o seu pelo, crecho coma un niño de carrizo, as maos xeitosas, polidas, a cariña, os ollos, o corpo todo 23... qué sei eu! Quixera estar de cote coela, sempre á súa beira. Un día deume un bico porque souben espricar o descobrimento da América, e sentín un agurgullar no peito. Nunca me pasara tal. O corazón batíame de présa e foi coma se me estordegase o sangue no corpo enteiro (Neira Vilas 1968: 8081).\nEstas sensacións e emocións contrapóñense a outras ben diferentes, as que plasman a consciencia de viviren en situacións sociais distintas, como recoñece o día que Balbino acode á súa casa cando cae enferma, onde entra nun cuarto cheo de: “Cadros, xerriñas, froles. Naquel ambente de roupas de seda\ne paredes caleadas sentín vergoña dos meus zocos e romendos” (Neira Vilas 1968: 82). As conversas neste lugar tamén son para Balbino outra descuberta, a da vida da xente do mar, pois ela é filla dun pescador que morreu afogado e cóntalle como se vive no mundo mariñeiro, aínda que esta información non transcende ao lectorado.\nEladia representa un precedente de moitas mestras que poboaron despois as obras da Literatura Infantil e Xuvenil galega, dende a narradora de Mar adiante (1973), de María Victoria Moreno, como veremos; pasando polo mestre de Os gazafellos (Galaxia/SM, 1986), de Pepe Carballude, que guiaba o alumnado na recuperación da tradición oral e do pasado histórico e lendario; ou a incomparábel Malola, de Primeiro libro con Malola (Galaxia/ SM, 1985), de Ana María Fernández e Xoán Babarro, mestra xubilada que concibe a aprendizaxe como actividade de exploración, misterio e descuberta imprevisíbel; ata “O Peixoto” e o tío Moncho, mestres republicanos de A teima de Xan (Sotelo Blanco, 1991), de Antonio García Teijeiro, e Noite de voraces sombras (Xerais, 2002), de Agustín Fernández Paz, respectivamente, que representan a ideoloxía e a metodoloxía pedagóxica dos mestres e mestras da república condenados ao ostracismo despois da Guerra Civil (Roig 2004: 162; 2011: 169172; Roig, Ruzicka e Ramos 2012; Roig e Ruzicka 2014).\nEn definitiva, na obra de Neira Vilas plásmase o silenciamento, a invisibilidade e a falta de recoñecemento do traballo da muller do rural, intuíndose máis do que explicitándose na súa situación de marxinación, analfabetismo e dependencia 24. Resulta moi significativo neste sentido que no relato non haxa referencias á presenza das rapazas na escola, nos xogos, na relación coa mestra..., o que nos fai pensar que elas tal vez non acudían á escola ou lataban máis aínda cós rapaces para cumprir coas tarefas que a familia lles encomendaba, perpetuando a súa dependencia e subalternidade.\nMar adiante : a mestra que soña cunha nova escola\nO mar está moi presente na Literatura Infantil e Xuvenil galega dende a súa constitución 25 pois, un ano antes de que se publicase en Galicia Memorias dun neno labrego, viu a luz Polo mar van as sardiñas (1967) 26, de Xohana Torres, un relato enmarcado no realismo crítico (Blanco 1991: 207; Campos 2004) no que, de modo moi didáctico, se marcan as diferenzas entre o mundo do rural galego do interior e o do mar, ao describirlle a Pequeno Antón as técnicas da arte da pesca, os nomes dos peixes, a tipoloxía das redes e embarcacións, a poxa da pesca conseguida e as tarefas de recollida dos aparellos (Roig 2015) 27. O mundo recreado nesta primeira obra infantil galega é unicamente masculino 28, un aspecto que non deixa de sorprender nunha autora que anos máis tarde publicou Pericles e a balea (Galaxia/La Galera, 1984), que ten sido cualificada como a primeira obra feminista para a infancia en Galicia (Pena 2008, 2011, 2012a, 2012b, 2013).\nEsta invisibilidade das mulleres no mar muda coa obra de María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941Pontevedra, 2005), Mar adiante (Ediciós do Castro, 1973) 29, que retoma a figura da mestra e a ambientación mariña para recrear un modelo educativo máis acorde ao dos movementos de renovación pedagóxica. Ao igual que xa fixera Neira Vilas, recórrese tamén a binomios dicotómicos infancia/adultos, fantasía/realidade, mar/terra, rural/urbano, ensinanza tradicional/ensinanza innovadora, todo enmarcado nunhas historias metanarrativas que enchen de maxia e fantasía o relato. A narradora é unha mestra que comeza por describir o colexio no que traballa, aparentemente para poñer en valor o importante que é este centro:\nEu son profesora nun colexio moi grande dunha gran cidade. É un colexio moi importante. Ten unha gran entrada, un porteiro uniformado que parece un xeneral, un director con gafas, unhas escaleiras de mármore cheas de testos... Temos moitos rapaces e rapazas. Todos con cariñas espilidas, mans limpas, con vestidiños xeitosos (Moreno 1973: 11).\nPorén, a seguir prodúcese unha ruptura de expectativas do lectorado, ao manifestar o seu desexo de ser mestra nunha escola diferente: “eu sempre soñei cunha escola de aldea, con cazurriños queimados polo sol e con fiestras cheas de caraveliños” (Moreno 1973: 12). A confrontación urbano/rural dá paso a un novo binomio: realidade/fantasía, pois a narradora afirma que: “sempre traballei neste colexio tan fermoso que vos digo a non ser unha vegada que me chamaron para poñer escola nun barco” (Moreno 1973: 12) e aquí xorde de novo outro binomio: adultos/infancia, pois mentres os seus compañeiros profesores negan tal feito e afirman que debeu soñar, a infancia é convidada a coñecer a experiencia a través da escrita da autoratestemuña, xunto coas rapazas e rapaces protagonistas. Ademais desta estratexia de contraposición, a lectura da obra esixe un papel activo do lectorado, que se sente interpelado e debe encaixar as historias que os diferentes narratarios introducen no fío argumental e que convidan ao recoñecemento e recreación de lendas, contos populares, fábulas...\nEn Mar adiante xorde un rico mundo feminino dominado pola fantasía e o simbolismo, co mar e a escola como elementos centrais. Nesta obra ilustrada na primeira edición por Carmen Arias e na segunda por Araceli Liste, dedicada a María Begoña e protagonizada por un grupo de rapazas, unha cociñeira e unha mestra, salienta a tenrura e a fantasía que remiten cara a valores como a solidariedade, o respecto aos animais e á natureza, a vida en harmonía co medio etc.\nUn dos elementos centrais é o labor pedagóxico, a recreación dunha nova perspectiva sobre a escola e as aprendizaxes que deberían adquirir os discentes. A mestranarradora define o seu labor no barcoescola como “diferente” porque os rapaces aprenderon moitas cousas: “falando co capitán, xogando cos mariñeiros, ollando para as estrelas ou mesmo facendo trasnadas cando os maiores non os viamos” (Moreno 1973: 18), por iso nesta nova escola non ten sentido o método represivo do vello mestre que, ademais de castigar, ameaza enrabechado os seus alumnos dicíndolles: “Se mañá non sabédela táboa do sete, ides todos ó mar cos libros amarrados ó pescozo. Comeránvolas gaivotas e os peixes” (Moreno 1973: 15).\nNesta obra de María Victoria Moreno con trazos das novelas de aventuras e de cuadrillas, a viaxe polo mar é tamén unha viaxe polo coñecemento, pois serve de marco a outras historias versionadas, adaptadas, reescritas a partir de lendas e contos nos que é de salientar o papel activo das mulleres, a súa afouteza e coñecemento. Un exemplo é a lenda mariñeira que explica a orixe da maldición dunha casa de Portosouril, tal como conta María Isabel, na que se reflicte o sufrimento das mulleres dos mariñeiros mentres agardan a volta dos barcos durante unha treboada. Unidas polo desacougo “as mulleres saíron das casas, xuntáronse nos recantos e fóronse velo mar. Agardaron moitas horas, silandeiras, no embarcadoiro. Choraron e as súas bágoas chegaron mesmo ata a auga” (Moreno 1973: 26). A falta de solidariedade, a indiferenza e o egoísmo do Señor Xosé do Outeiro, único que ten un barco para axudar os náufragos, é castigado con severidade pola providencia, mentres as mulleres choran na area e agardan que o mar expulse os cadáveres dos seus. Tamén a historia de Mariquiña, contada por Sara, é unha recreación actualizada dun conto popular. Nela aparece unha nena que traballaba “como unha muller, axudaba moito á súa nai e mais sabía que o pan non é regalo caído do ceo” (Moreno 1973: 31). Esta nena é un trasunto da Carapuchiña Vermella nunha actualización na que Mariquiña vai da aldea á cidade e da cidade á aldea para lle levar a comida ao pai. Neste percorrido coñece a diferentes personaxes que a advirten sobre o perigo do lobo, a quen atopa unha noite de treboada\ne lle axuda a gorecerse da chuvia, do frío e do medo aos alustros. Establécese un xogo de hipertextualidade con este conto tradicional cambiando o tipo popular do lobo por un lobo humanizado e caracterizado con trazos positivos (Ferreira Boo 2010: 40), ao que a nena defende ante toda a comunidade, demandando o amor cara aos animais (Roig e Ferreira 2010: 85).\nMar adiante é unha obra na que as mulleres ostentan o protagonismo, destácase o seu traballo e faise un retrato más definido, caracterizado pola perspectiva proactiva e renovadora, en historias diversas, aínda que todas elas caracterizadas polo ton lírico, a tenrura e a defensa da amizade e da solidariedade, entre outros valores (Soto 2000: 258). Trátase dunha obra pioneira por poñer en valor a perspectiva renovadora sobre a escola e criticar os métodos represivos da escola tradicional, apostando por unha aprendizaxe empírica en contacto coa natureza e unha ética cristiá progresista baseada no principio do amor universal (Blanco 1991: 214217). Tamén salienta a visión humilde sobre estes profesionais, ao afirmar que “os mestres non sabemos tódalas cousas que cómpre ensinar e, ás vegadas, vémonos na obriga de aprendelas na noite para explicalas na mañá” (Moreno 1973: 64). Unha humildade que, tal como confesa María Victoria Moreno (1992: 4850), aprendeu dende moi nova, consciente de que o seu alumnado agardaba dela calquera cousa menos o aire de superioridade.\nEsta obra representa un recoñecemento para as mestras e mestres que ao longo da historia levaron a cabo o seu labor en Galicia, profesionais que deixaron a súa pegada no alumnado dende finais do século XIX ata o asentamento do sistema literario infantil e xuvenil nos anos 80. Moreno enmárcao nos postulados dos movementos da renovación pedagóxica dos anos sesenta e setenta do século XX e que máis tarde darían orixe a colectivos como a Asociación SócioPedagóxica Galega (1980) ou a Nova Escola Galega (1983) (Campos 2004). Un labor, o das mestras e mestres, que foi posíbel ao aproveitaren estes profesionais a súa privilexiada posición dentro da institución académica para impulsar unha escola máis acorde ás necesidades do alumnado galego 31, entre elas a coeducación e o impulso que lle deron á Literatura Infantil e Xuvenil, como detalla Eulalia Agrelo Costas (2012: 1538), ao poñeren no centro das súas obras a rapazas e mulleres que favoreceron que as lectoras tivesen e teñan referentes ficcionais do seu xénero nas que recoñecerse.\nO segredo da Pedra Figueira : no mar da vida e da liberdade\na necesidade que ten de independencia a muller coa necesidade que ten Galicia de independencia e razoo por que. Para min sempre foi algo elemental buscar unha solución para conseguila independencia tanto da muller coma de Galicia [...]. A relación entre o nacionalismo e o feminismo para min é un feito indiscutible. Os movementos de liberación son sempre parellos e as opresións teñen todas un punto común [...] Realmente creo que os seres e os pobos oprimidos, concretamente as mulleres oprimidas, son os máis capacitados para comprender determinados mecanismos de opresión, que, curiosamente, se semellan coma dúas pingas de auga (Heinze 1991: 194195).\nNesta estreita relación asenta a potencialidade desta novela pioneira para propiciar diferentes lecturas, dado que por unha parte se pode interpretar como unha épica de carácter identitario de xenealoxía feminina e feminista e, pola outra, como unha metáfora da situación na que se atopa a sociedade galega nos primeiros anos da democracia, pois María Xosé Queizán vertebra unha parábola contra o poder patriarcal, recrea a evocación de certos aspectos da xeografía, a historia, a transmisión oral e a mitoloxía galegas e sitúase nunha clara liña de reivindicación feminista 33 (Blanco 1991: 210; Roig e Neira 2010: 338), ao visualizar as mulleres e nenas como mariñeiras que navegan ao igual cá mítica Penélope de Xohana Torres no conto infantil Pericles e a balea (1984) (Blanco 2009: 87100; Pena 2011: 9).\nO segredo da Pedra Figueira é un relato iniciático e de aventuras que recrea un pasado lendario no que un grupo do pobo dos Amala emprende a busca dunha nova terra. Esta viaxe física por mar supón tamén unha viaxe de iniciación e aprendizaxe para a protagonista, a moza Lazo, que durante a travesía madura como persoa e no final vese obrigada a decidir sobre o seu propio destino, negándose a ser a gardiá da Pedra Figueira. Ao seu carón está sempre a avoa Sensatanai, depositaria do saber ancestral, mentres que a súa nai, Marpesia, é unha guerreira que viaxa na avanzada cara á nova terra.\nA novela presenta unha estrutura circular, que comeza e remata da mesma forma: coa confrontación mar/interior, representada pola partida da illa e a chegada ao continente. Esta estrutura circular xira ao redor da protagonista, Lazo, que inicia a travesía vendo por primeira vez o mar, despois de criarse na montaña, e chega a unha nova terra no final da viaxe, onde descobre a vizosidade, abundancia de recursos mariños e terrestres, símbolo da terranaiútero (Blanco 1995). Este novo lugar é tamén o do Sepulcro Solar, a onde chegan e conviven representantes de todas as razas e etnias, un exemplo de liberdade e respecto que contrasta coa loita encarnizada dos Lurpios, raza que simboliza a irracionalidade, a fereza, o sometemento e o primitivismo. Fronte a eles, o pobo dos Amala alicérzase nuns valores que fan posíbel unha sociedade máis igualitaria, onde homes e mulleres teñen un papel activo a prol do ben común. É así que durante a travesía, mentres o Sucamares Maior os guía pola ruta marítima, Sensatanai faino cos seus consellos e os coñecementos que foi atesourando ao longo da súa vida. Ela é a conservadora da memoria da súa estirpe e da sabedoría legada polos devanceiros, posto que “Os pobos necesitan historia” (Queizán 2011: 32) 34 e que esta se perpetúe nos seus membros, por esa razón é a neta a depositaria do legado para que tamén ela o transmita no futuro.\nUn bo exemplo da cooperación e participación activa de todos os membros da tribo é a distribución do traballo que se fai en canto comeza a viaxe:\nTodo o mundo tiña que encargarse de algo para que todo funcionase perfectamente na nave. Mesmo os rapaces, xunto cos máis vellos, tiñan que ser útiles en determinados traballos que non requirisen moito esforzo e tamén deberían ter conta dos cativos para que as nais puidesen remar e erguer as picudas velas do barco (Queizán 2011: 14).\nPorque o mar non é lugar para debilidades e iso sábeno ben os que viven ao seu carón: “As xentes do mar sempre nos xuntamos para axudarnos nas faenas, na pesca, nas aventuras, na descuberta doutras terras e das riquezas” (Queizán 2011: 59). Esta unión será a que os leve con éxito ao seu destino e tamén o bo facer de Sensatanai, que ao longo da travesía aparece caracterizada polas súas accións cunha serie de atributos que derivan do seu propio nome: unha muller dominada polo sentido común, a sensatez, a intelixencia e a seguridade. A estes poderíanse engadir a actitude conciliadora e comprensiva nos momentos máis tensos, mesmo cando é cuestionada a súa opinión;\nrespectuosa coa liberdade dos demais: “Debemos ofrecer a nosa axuda pero nunca interromper a liberdade dos outros” (Queizán 2011: 20); protectora, por iso lle tapa os ollos a Lazo para que non vexa os Lurpios, porque “A espantosa imaxe perduraría na túa memoria durante anos. Hai quen di que a imaxe dun lurpio na mente non se borra nunca e persegue a quen a leva coma un pesadelo vivente” (Queizán 2011: 40); intuitiva e sensíbel, ao percibir as ameazas, como a do calmizo que derivou en loucura e delirio de Alucinio e o seu afogamento no mar ou a excesiva hospitalidade das que resultaron ser mulleres lobas; afábel e tranquilizadora cos nenos, aos que lles conta historias e acalma cando tiveron que tirar os seus amuletos ao mar para non seren atraídos cara á Cova do Dragón, unha capacidade que emprega sempre para transmitir lendas, contos, historias, cancións...; e, sobre todo, Sensatanai demostra ser unha excelente coñecedora da condición humana e da dimensión espiritual, o que a leva a admitir ante Lazo que ás veces cada unha de nós somos as nosas peores inimigas, e comprender a importancia da viaxe en solitario do sucamares polo océano, pois “O descubrimento de nós mesmas pode ser unha aventura máis alucinante cá do mundo exterior por moi fantástico e belido que se presente” (Queizán 2011: 6162).\nEsta personalidade, definida no seu propio nome, é a que a sitúa como maga e protectora do seu pobo, pero sobre todo guía de Lazo, nome simbólico, que semella remitir ao elo, á unión do pasado co futuro, entre a forza interior da razón, representada pola avoa, e a forza física das amazonas, representada pola nai. Aconsellada dende a nenez e atendida nas múltiples preguntas e dúbidas que lle xorden ao longo da travesía, será na nova terra onde Lazo teña que tomar a decisión máis importante da súa vida: aceptar ou non ser a Custodiante da Pedra Figueira, “a encargada de transmitir a Palabra, a Verdade, o que Somos, que soamente a Pedra Figueira coñece” (Queizán 2011: 104). O convite da Custodiante para que a substitúa é rexeitado por Lazo, segura de si mesma:\nQuero ser unha muller como as mulleres. Como custodiante da Pedra sería unha intermediaria mais non tería decisión propia. Coñecería un poder divino pero nunca acertaría co poder sobre min mesma [...] é moi fácil e tentador o que me brindas –rematou Lazo-, mais prefiro arriscarme ao acontecer da miña vida (Queizán 2011: 110).\nUnha decisión, froito do encontro consigo mesma e coa súa identidade feminina, na que pon en valor os coñecementos que ao longo da súa vida lle transmitiu Sensatanai (“temos que ser donas dos nosos corpos, dos nosos atributos, das nosas propias virtudes”, Queizán 2011: 19), e que chega cando as aspiracións societarias están conseguidas (Pena 2012b: 454), pois o seu pobo estase a adaptar aos cambios producidos polo contorno, ás novas condicións climáticas e de traballo, aprendendo a cultivar a terra e o liño para facer vestidos. Unhas mudanzas que Sensatanai ve con preocupación, especialmente pola actitude de Marpesia, que deixa o arco e remove a terra cun trebello para o cultivo, visión que a anciá compara cunha alucinación: “Cando vin a túa nai, a miña aguerrida e loitadora filla, recoller esas plantas verdes e aqueles froitos vermellos con ese aire manso, pensei que os meus ollos, xa vellos vían espellismos” (Queizán 2011: 98). Pola contra, Lazo asume a nova situación de labregos e mariñeiros con naturalidade, aprende a arte de cultivar a terra mentres cantan himnos guerreiros e ensaian estas artes; sae a pescar con seu pai e nomea os penedos para facelos familiares; e segue acompañando a Sensatanai e adestrando en todos os saberes que lle proporcionaron o estudo e a experiencia, pero gardando sempre para si o máis íntimo, o seu segredo, o da Pedra Figueira.\nNun segundo plano aparecen as figuras femininas míticas asociadas ao mar, ao océano inmenso, poderoso, ateigado de monstros e perigos, de misteriosas criaturas que ao tempo atemorizan e fascinan. Ese mar mítico ao que están asociadas unha longa, interminábel listaxe de seres e lugares, froito da portentosa arma humana que se chama fantasía e que fai agromar mitos e lendas, seres e lugares que endexamais foron reais, porén, existen (Reigosa 2007). Un exemplo son as mulleres da Illa Lobeira, que viven baixo a maldición por tentaren ser libres, por querer decidir sobre as súas vidas e foron castigadas cun fado: “Cando rexeitaron o casamento cos rapaces que os pais lles tiñan predestinados como maridos, os proxenitores, indignados polo desacato, afrontada a súa autoridade, botáronlles a fada” (Queizán 2011: 86). Unha recreación das moitas que aparecen ao longo da novela de mitos e lendas do mar galego, o Cabo do Mundo, que remite cara ás sereas, os dragóns, os tesouros e enigmas inexplicábeis. Pero este mesmo mar é tamén o camiño cara á liberdade tanto dun pobo sometido por outro, coma a individual, a busca de un mesmo.\nMaría Xosé Queizán dende os postulados feministas situou a muller en primeiro plano, sensibilizando coa importancia de atender os roles de xénero e ofrecer modelos máis acordes coa sociedade do momento e cos cambios que nela se estaban experimentando, de modo que conviven e se reivindican dous tipos de identidade marxinalizada: a identidade nacional do pobo galego e a feminina, pois como sinala Otero Varela (2014: 28), é lóxico recorrer a unha “personaxe marxinal, en loita coa sociedade polo recoñecemento da súa especificidade [posto que] simboliza ben a loita dunha identidade nacional minorizada contra unha identidade hexemónica”.\nSeguindo a vía aberta por Queizán comezaron a observarse cambios en obras xuvenís publicadas ao pouco tempo, como a de Miguel Vázquez Freire Proxecto pomba dourada (1987), na que se observa preocupación por visualizar as mulleres, como presentar os proxenitores coa mesma profesión (expertos informáticos), poñer en valor a intelixencia da nai e, sobre todo, a través de Gwendaill, a acompañante do protagonista que encarna, ao igual que Lazo, a moza intelixente, enxeñosa, valente, activa e afouta, que dirixe o grupo, o que para Sabela Álvarez Núñez (1991: 91) é un eixo fundamental da trama, dado que “poderiamos dicir que sen Arno non habería historia, pero sen Gwendaill Arno non chegaría ó seu destino”. Tamén Palmira G. Boullosa reivindica cuestións de carácter identitario e imprímelle un marcado ton feminista a A princesa Lúa e o enigma de Kián (Xerais, 1988), ilustrada por Mª Fe Quesada e galardoada co Premio Merlín 1987.\nSon algúns exemplos do que na década dos noventa daría lugar a unha preocupación maior por visualizar as mulleres, primeiro de forma estereotipada, pero pouco a pouco con máis acerto. É por iso que con O segredo da Pedra Figueira María Xosé Queizán deulle voz ás mulleres, colocounas no centro do universo ficcional e a través delas a Galicia e á esperanza nun tempo novo. Ese tempo novo xa chegou e semella que pasou para autora con frustración, pois recentemente ten manifestado que:\nSon unha persoa silenciada. Nesta altura non teño onde escribir. Tiña unha columna en La Voz de Galicia pero xa non. Botáronme. E o máis duro do silenciamento é a ignorancia da obra realizada. Eu sei que son unha persoa incómoda porque digo cousas que ninguén se atreve a dicir. Hai quen di que son valente pero é que alguén o ten que facer. E nesta altura da miña vida resúltame tan pracenteiro expresar o que realmente penso que non o cambio por nada. Falábase de censura en tempos da ditadura pero eu hai tempo que non teño onde escribir, aínda que esteamos nunha democracia (Ríos Santomé 2016).\nMentres haxa lectoras e lectores que se acheguen á súa obra non deixará de escoitarse a súa voz e sobre todo transmitirse o seu legado que, como\nSensatanai, nos fará empregar o sentido común e aprender a coñecer o mundo que nos rodea e a nós mesmas para medrarmos nunha sociedade máis igualitaria e democrática.\nConclusións\nA representación do traballo no mar e no agro das mulleres nas tres obras pioneiras analizadas da Literatura Infantil e Xuvenil galega revelan o cambio social que se operou ao longo de tres décadas, que deron paso da ditadura á sociedade democrática e constitúen os primeiros pasos cara á consolidación do sistema literario infantil e xuvenil. Nun primeiro momento as mulleres aparecen fundamentalmente nunha posición subalterna con respecto aos homes, relegadas á socialización dos fillos e garantes da cohesión interna da familia. Unha década despois, camiño cara ao final da ditadura e inicio da democracia, xorde como motor de cambio a voz feminina asociada ao ámbito da escola, no que sempre tivo unha forte presenza, pero agora aparecen figuras máis activas nas rapazas novas, que teñen voz propia e son parte da posta en valor da metodoloxía e enfoques pedagóxicos polos que se pula, aínda que neste caso estean no plano do imaxinario, como unha aspiración á que era preciso darlle corpo e facela realidade. Por último, xa en plena sociedade democrática, xorde a aposta máis clara a prol da liberación da muller, inscrita nos presupostos ideolóxicodiscursivos do feminismo e enmarcada nunha épica de carácter identitario, que asenta nunha xenealoxía feminina.\nAs tres obras amosan algúns dos múltiples camiños que se seguiron na construción dunha imaxe activa da muller, acorde a cada momento histórico, e na que non se pode deixar de traballar, amparándonos nuns supostos valores igualitarios que, en máis ocasións das desexadas, son só palabras baleiras de contido dirixidas a unhas xeracións que están chamadas a construír o futuro. Dos valores nos que asente esa sociedade dependerá o devir para mulleres e homes.\nQueizán, María Xosé. 1985. O segredo da Pedra Figueira, ilust. Maife Quesada. Vigo: Tintimán."} {"summary": "A escolla de código constitúe unha estratexia conversacional moi rendible á hora de construír discursivamente a identidade na interacción. Neste sentido, os falantes proxectarán identidades diversas en función da escolla de código (galego, castelán ou variedades alternantes). Isto é especialmente interesante nas secuencias de apertura conversacional, momento no que se propón e se negocia unha definición da situación onde os participantes se presentan diante dos demais interlocutores. Neste traballo analizaremos as secuencias de apertura en varias conversas entre falantes, con distintas bagaxes culturais, que son membros dunha comunidade de prácticas rurbana. A través da exploración etnográfica e a observación participante, recolléronse mostras gravadas de fala espontánea (práctica da leria ou parolar) que permiten analizar, partindo dos presupostos da sociolingüística interaccional e a etnografía da interacción, como os falantes van (re)construíndo o seu tecido relacional xa na secuencia de apertura.", "text": "A construción da identidade rural na interacción bilingüe a través da negociación da escolla de código en secuencias de apertura\n Escolla de código, identidade conversacional, secuencias de apertura, etnografía interaccional, bilingüismo galegocastelán\nSumario 1. Introdución 2. As secuencias de apertura na conversa. 3. Identidades conversacionais e negociación da escolla de código. 4. Metodoloxía. 4.1. Os participantes. 4.2. Método de obtención e tratamento dos datos. 4.3. A selección das secuencias. 5. Análise interaccional: escolla de código e construción da identidade en secuencias de apertura. 5.1. Escolla de código non coincidente. 5.2. Escolla de código coincidente. 6. Conclusións.\nA realización deste traballo foi posible ao amparo do programa de axudas para a formación de profesorado universitario (FPU) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.\n1. I ntroducIón\nA escolla de código é unha estratexia moi rendible, entre falantes bilingües, á hora de construír e negociar identidades na conversa cotiá, na medida en que axuda non só a manifestar proximidade ou distanciamento respecto dos nosos interlocutores (endogrupo vs. exogrupo) ao seleccionar estilos converxentes ou diverxentes, senón tamén porque permite observar o proceso de construción do marco interpretativo que guía a práctica conversacional e, en consecuencia, orienta a produción contextualizada das (autor)representacións identitarias (o self). Neste sentido, a negociación conversacional da escolla de código, xunto con outros aspectos tamén negociables, contribúe á proxección dun marco sobre o que se establecerá a definición da situación. De acordo coa teoría dos marcos (frames) que organizan a nosa experiencia social (Goffman 1997 [1959], 2006 [1976]), en cada interacción concreta as persoas tendemos a aplicar un ou máis esquemas interpretativos que permiten “a su usuario situar, percibir, identificar y etiquetar un número aparentemente infinito de sucesos concretos definidos en sus términos” (Goffman 2006 [1976]: 23) e que definen, xa que logo, o sentido de cada encontro.\nAs escollas de código producidas nas aperturas conversacionais contribúen a establecer conxuntamente unha primeira definición da situación, que, no entanto, está suxeita a modificacións posteriores. Como explica Gallardo Paúls (1993: 67), “el carácter ritual de la secuencia de apertura se concreta en una negociación de los papeles que se barajan en la conversación (...). Esta función básica de negociación puede asumirse bajo el término sociológico de DEFINICIÓN DE LA SITUACIÓN” (maiúsculas da autora). A negociación que se produce nestas secuencias de apertura caracterízase por dous aspectos básicos: dun lado, unha definición inicial da situación, que, nun sentido xeral, permite “identificar cooperativamente una cierta estructura de interacciones, expresiones, comportamientos, expectativas, valores, como adecuados a los sujetos en aquel momento. (...) Definir una situación quiere decir, pues, estipular el significado del encuentro ” (Wolf 1982: 3536, cursiva do autor); e, por outro, o carácter ritual da propia secuencia, xa que, segundo KerbratOrecchioni (1998 [1990]: 220), as secuencias de apertura “ont une fonction essentiellement relationelle, et une structure fortement stéréotypée”. Pero, malia o carácter convencionalizado das secuencias de apertura (así como tamén das secuencias de peche), xa apuntado nos traballos pioneiros da análise estrutural da conversa (Schegloff 1967: 50; 1968) 1, existe certa marxe para definir a situación de partida e enmarcar a práctica conversacional; nesta definición da situación inicial interveñen todos os participantes a partir do que Goffman (1997 [1959]: 2122) chama “acordo de traballo” (“working consensus” na obra orixinal en inglés), que constitúe unha especie de marco baleiro que se vai enchendo, entre outros\naspectos relacionados cos obxectivos, metas e finalidades da propia conversa, coas atribucións e proxeccións identitarias dos participantes e cos roles asignados aos outros falantes que interveñen na interacción.\nO obxectivo principal deste artigo é determinar como, nesta primeira negociación da situación producida nas secuencias de apertura de conversas nas que os falantes están de leria —e que, porén, non exclúe redefinicións posteriores e un constante proceso de reenmarcamento (reframing, Goffman 1997 [1959], 2006 [1976]; Tannen 1993)—, a escolla de código e a negociación en volta do código actúan como elementos centrais ao servizo da indexación de identidades máis ou menos rurais —por exemplo, como veciños dunha parroquia rural—, de identidades máis ou menos urbanas ou mesmo de identidades rurbanas ou híbridas.\n2. A s secuencIAs de AperturA nA conversA\nA maior parte dos estudos sobre as secuencias de apertura están baseados en conversas telefónicas (quer por teléfono fixo, quer por teléfono móbil) e, en xeral, os datos están extraídos das chamadas en contextos profesionais e de traballo (chamadas realizadas a call centers ou a secA construción da identidade rural na interacción bilingüe... 25\ncións de reclamacións e queixas de empresas, chamadas de teleoperadores que ofertan produtos ou servizos etc.) (Schegloff 1967, 1968, 1979; Hopper 1992; Lindström 1994; CoronelMolina 1998; Luke / Pavlidou 2002; Ten Have 2002; Arminen 2005; Arminen / Leinonen, 2006). Neses traballos, púxose o énfase na estrutura das secuencias de apertura que, pola súa ritualización, é facilmente recoñecible. Seguindo a AndréLarochebouvy (1984) (ver Gallardo Paúls 1993: 6876), podemos distinguir cinco fases neste tipo de secuencias marco: 1) saúdos, 2) presentacións, 3) identificacións e recoñecemento, 4) procedementos de toma de contacto e 5) estratexias de abordaxe. Igual que nos estudos fundacionais de Schegloff (1967, 1968, 1979), esta estrutura das secuencias de apertura está baseada en conversas telefónicas, o que, en certo modo, limita as posibilidades conversacionais dos falantes en tanto que prefixa dous roles evidentes: quen chama (the caller), que “knows both his identity, and, tipically, that of his intended interlocutor (whether a specific person or an organization is being phoned)”, e quen recibe a chamada (the answerer), que “knows only who he is and not specifically who the caller is” (Schegloff 1968: 10761077).\nNa conversa cotiá espontánea, pola contra, os falantes amosan o seu compromiso de involucrarse nun tipo de actividade; así, “la mayoría de las veces las conversaciones no comienzan (...) con un enunciado explícito que propone su inicio—. Existen otras posibilidades que todos los miembros de una comunidad de habla reconocemos como una propuesta para empezar a conversar” (Tusón Valls 1997: 39). O compoñente non verbal xoga, nos momentos previos ao intercambio verbal na conversa cara a cara, unha función primordial xa que constitúe un claro indicio da predisposición das persoas para comezar a interactuar. Xunto a estes indicios non verbais (a ollada, a orientación corporal etc.) 2, existen outros recursos (neste caso, verbais) recoñecibles que nos permiten interpretar as intencións do interlocutor: de feito, “[n]uestra experiencia «conversadora» nos permite reconocer en saludos, preguntas, exclamaciones, expresiones enunciativas etc., un deseo, una intención de conversar y no de obtener una simple respuesta mínima” (Tusón Valls 1997: 4142). Seguindo, pois, a estrutura proposta por AndréLarochebouvy (1984), adaptada ás secuencias de apertura en conversas espontáneas cara a cara, podemos identificar estes momentos previos como a fase de identificación e recoñecemento, tanto do falante como da súa intención de iniciar unha conversación. Tamén preceden ao intercambio de saúdos, os procedementos de toma de contacto (fase 4 da estrutura de AndréLarochebouvy 1984), que, na conversa cotiá, adoitan ser xestuais ou proxémicos. Con todo, os mecanismos de toma de contacto estarán activos durante toda a conversa xa que actualizan a nosa predisposición para continuar coa interacción (Goodwin 1981). A continuación, prodúcese a terceira fase, o intercambio de saúdos, que a miúdo constitúe un par adxacente do tipo: A: Ola! / B: Ola! ou A: Bos días. / B: Bos días. Cando non hai un compromiso de continuar a conversa por parte dalgún dos participantes, podemos falar de intercambio oral mínimo, un simple intercambio rutineiro de saúdos; en cambio, cando hai unha disposición para desenvolver un encontro máis longo (por exemplo, cando diminuímos o paso ou facemos o aceno de nos deter ao cruzarnos con alguén pola rúa, ou cando abrimos os ollos mostrando sorpresa ou empregamos calquera outro xesto que denote interese), os saúdos constitúen o procedemento de apertura verbal máis común. Con todo, os saúdos verbais non son as únicas fórmulas de apertura dispoñibles; de feito, na conversa cotiá cara a cara poden substituírse por saúdos non verbais, como erguer o brazo movendo a man, miradas ou sorrisos etc., así como por preguntas de interese ou pola saúde (Moreno Fernández 1986; Gallardo Paúls 1993) 3. Tralos saúdos, produciríase, de ser preciso, a fase de presentación de participantes só coñecidos por algunha das persoas presentes, que actuaría como un mecanismo de lexitimación dos novos participantes. Por último, as estratexias de abordaxe do tipo “Perdoe, podería 2 Para Goodwin (1981: 96) os indicios non verbais constitúen mecanismos que permiten recoñecer a implicación ou non implicación das persoas na actividade interaccional; neste senso, “by displaying engagement toward another, one treats that other as available for such observation and coparticipation and not as someone then occupied with private activities that are not to be observed”. 3 Ás veces, as preguntas de interese poden constituír fases independentes, de xeito que poden dar lugar a secuencias ou subsecuencias que funcionan como indicios de familiaridade entre os participantes. Nestes casos, as mostras de interese interprétanse en termos de cortesía social, como unha forma de actualizar a relación de intimidade ou os lazos de veciñanza.\nindicarme como chegar á facultade?”, moi pouco frecuentes na conversa coloquial, mesmo poderían substituír aos saúdos, xa que actúan como fórmulas de acceso a interlocutores de dispoñibilidade restrinxida.\nComo acabamos de ver, as diferenzas entre a estrutura das secuencias de apertura nas conversas telefónicas e nas conversas cara a cara teñen que ver, fundamentalmente, coas fases de recoñecemento e toma de contacto, que nestas últimas conversas preceden á fase dos saúdos. Na seguinte táboa presentamos, de xeito esquemático, a nosa proposta, confrontada coa de\nAndréLarochebouvy (1984) para as conversas telefónicas:\nConversas telefónicas (AndréLarochebouvy 1984) Conversas cara a cara Fase 1 Saúdos Identificación e recoñecemento (canle visual) Fase 2 Presentación Toma de contacto (canle visual) Fase 3 Identificación e recoñecemento Saúdos Fase 4 Toma de contacto Presentacións Fase 5 Estratexias de abordaxe Estratexias de abordaxe\nTáboa 1. Diferenzas estruturais entre as aperturas en conversas telefónicas e en conversas cara a cara Esta estrutura non é, en absoluto, ríxida. Dentro da súa ritualización, existe certo grao de variación que depende do contexto situacional, do grao de formalidade do encontro, dos participantes e da súa relación interpersoal etc. Existe, ademais, certa marxe para a negociación do marco interpretativo e da definición da situación inicial na que os interlocutores proxectarán as súas identidades conversacionais. No seguinte apartado trataremos a cuestión da escolla de código que, en tanto indicio de contextualización (Gumperz, 1982a; Heller, 1982), contribúe á negociación das identidades na interacción (Heller, 1982).\n3. I dentIdAdes conversAcIonAIs e negocIAcIón dA escollA de códIgo\nAs identidades conversacionais non son produtos estáticos, senón que polo contrario constitúen representacións do eu (ou self) obxecto de negociación, construción e deconstrución no proceso interactivo. Dende o comezo da propia conversa, é fundamental a negociación das identidades, tal e como sinala Goffman (1997 [1959]: 22), Al notar la tendencia de un participante a aceptar las exigencias de definición hechas por los otros presentes podemos apreciar la importancia decisiva de la información que el individuo posee inicialmente o adquiere sobre sus coparticipantes, porque sobre la base de esta información inicial el individuo comienza a definir la situación e inicia líneas correspondientes de acción. La proyección inicial del individuo lo compromete con lo que él se propone ser y le exige dejar de lado toda pretensión de ser otra cosa. A medida que avanza la interacción entre los participantes, tendrán lugar, como es natural, adiciones y modificaciones de este estado de información inicial, pero es imprescindible que estos desarrollos posteriores estén relacionados sin contradicciones con las posiciones iniciales adaptadas por los diferentes participantes, e incluso estar construidos sobre la base de aquellas.\nNa teoría da presentación da persoa nas interaccións da vida cotiá de Goffman (1997 [1959], 2005 [1967]), quedan de manifesto dous aspectos que serán adoptados pola teoría construcionista da identidade desenvolvida a partir dos anos 60 e 70 (Berger / Luckmann 1984 [1967]): en primeiro lugar, as construcións identitarias dos falantes teñen unha dimensión sociocultural e pragmática —é dicir, dependerán do coñecemento previo dos seus interlocutores, da súa historia conversacional (GolopentiaEretescu 1986) e das prácticas da súa comunidade (sistemas de presuposicións e mundos compartidos, ideoloxías, valores etc.)— e unha dimensión interactiva, na medida en que as construcións identitarias son actualizadas, momento a momento, na interacción a través dos indicios de contextualización (Gumperz 1982a). As investigacións máis recentes sobre as identidades conversacionais manifestan, de feito, esa tensión entre os aspecA construción da identidade rural na interacción bilingüe... 27\ntos sociais, culturais e ideolóxicos das identidades e a súa actualización no transcurso de cada interacción particular, na que tales aspectos poden ser reinterpretados, modificados, discutidos etc., en función da negociación conversacional que se leve a cabo 4 (Antaki / Widdicombe 1998a; De Fina / Schiffrin / Bamberg 2006a; Bamberg / De Fina / Schiffrin, 2007). Seguindo a De Fina, Schiffrin e Bamberg (2006b: 3), “[i]dentity claims are seen as «acts» through which people create new definitions of who they are. (…) Thus identities are seen not as merely represented in discourse, but rather as performed, enacted and embodied through a variety of linguistic and nonlinguistic means”.\nO segundo aspecto que podemos extraer da teoría goffmaniana é a súa concepción da identidade como proceso (De Fina 2011), máis que como produto preexistente ao propio suxeito. Toda interacción entraña unha negociación, na que, como outros elementos do universo interaccional, a identidade tamén pode ser negociada. A idea de que a identidade é unha construción dos falantes na práctica interaccional está fundamentada no paradigma do construcionismo social (Berger / Luckmann 1984 [1967]) e os seus desenvolvementos posteriores (Kroskrity 1993, 1999) aplicados á análise das identidades no discurso (De Fina / Schiffrin / Bamberg 2006a). As achegas da sociolingüística interaccional (Gumperz 1982a, 1982b) inciden precisamente nesa concepción da identidade como unha construción do eu (o self) localmente ocasionada no contexto interaccional, fluída e líquida, que pode negociarse momentoa-momento na interacción a través de escollas estilísticas que actúan como indicios de contextualización (Antaki / Widdicombe 1998a; De Fina 2011). Dende este punto de vista, Bamberg, De Fina e Schiffrin (2011: 182)\nNa interacción, polo tanto, os falantes levan a cabo escollas estilísticas para construír a súa identidade. De acordo con Gumperz (1982a, 1982b), os indicios de contextualización (contextualization cues) están asociados á negociación do sentido da interacción e, polo tanto, participan na construción da identidade social e étnica dos falantes 5. Seguindo a Gumperz e Cook- -Gumperz (1982: 18), “[w]e use our knowledge of grammar and lexicon, along with contextualization conventions and whatever background information we have about settings and participants, to decide what discourse task is being performed and what activity is being signalled”. Nesta definición da situación, polo tanto, os participantes actualizan as identidades sociais e étnicas, convencionalizadas a través das prácticas que se desenvolven nesa comunidade, mediante eleccións significativas de determinadas formas de fala. Seguindo o camiño iniciado por Gumperz, outros investigadores do paradigma interaccionista apuntan a importancia dos indicios de contextualización na proxección de identidades no discurso, non tanto como ferramentas que relacionan categorías sociais, culturais e ideolóxicas coas representacións dos individuos no seu discurso (Foucault 1988, 2002; Fairclough 1989), senón como mecanismos indexicais (Silverstein 1976) que varían amplamente en función de aspectos persoais, contextuais etc.; do mesmo xeito que pronomes como “eu” ou adverbios como “aquí” ou “agora”, as escollas estilísticas teñen unha natureza indexical e, en consecuencia, están ao servizo da produción de\nidentidades diferentes en contextos interaccionais distintos (Antaki / Widdicombe 1998b: 34;\nBamberg / De Fina / Schiffrin 2011).\nNa conversa bilingüe, un dos indicios de contextualización —acaso o máis importante— que contribúe decisivamente á construción da identidade no discurso é a escolla de código, así como todos os procesos discursivos relacionados con ela (alternancias de código, estilos alternantes, negociación da escolla de código etc.) (Grosjean 1982; MyersScotton 1983; Auer 1984, 1998a; Romaine 1995 [1989]; Alfonzetti 1992; Milroy / Muysken 1995). O código, tal e como sinala KerbratOrecchioni (1998 [1990], 2000, 2005), é un dos elementos da interacción susceptible de ser negociado no transcurso da propia conversa e, polo tanto, intervén na definición da situación e na proxección de identidades: “les négociations à ce sujet son d’autant plus fréquentes, et parfois laborieuses, qu’elles sont lourdes d’enjeux symboliques: à travers la langue retenue, c’est toujours l’identité des interlocuteurs qui se joue” (KerbratOrecchioni 2000: 87). Ese carácter simbólico atribuído á escolla e negociación do código estaría asociado ás macroidentidades (identidades sociais, culturais, de xénero, étnicas etc.); porén, serán indicios dunha determinada proxección identitaria, localmente e contextualmente construída, no nivel microdiscursivo. Na mesma liña, Heller (1978, 1982) incide, precisamente, na idea de que a escolla do código, na medida en que se asocia simbolicamente cun determinado grupo social, contribúe á construción e negociación da identidade dos participantes na conversa.\nNas secuencias que imos analizar a continuación, a escolla de código pode ser non coincidente, é dicir, un falante A escolle un código (castelán ou galego) e un falante B escolle outro código distinto (galego ou castelán). Esta non coincidencia nos códigos dá lugar a unha negociación da escolla de código e das representacións identitarias de cada un dos participantes. Cando a escolla é coincidente, os falantes converxen dende a primeira intervención nun dos códigos (galego ou castelán), de modo que a negociación se establece, en principio, en termos de proximidade. Na conversa bilingüe existiría un principio de preferencia polo mesmo código (ou “preference for same language talk”, Auer 1984: 23); xa que logo, cando non se produce unha coincidencia na escolla de códigos, establécese unha negociación: “the notion of a ‘language negotiation sequence’ is supposed to capture all those stretches of talk in which participants do not agree on one common languageof-interaction” (Auer 1998b: 8). A non reciprocidade na escolla de código foi amplamente estudada na bibliografía sobre o bilingüismo e o codeswitching : Woolard fala de bilingual norm para facer referencia ao feito de que os falantes non realicen a mesma escolla de lingua nin tampouco de código: “it is not impolite for speakers to continue using their own language even when reponses come in the other” (1989: 77). A miúdo, esta cuestión tense abordado dende a óptica das ideoloxías lingüísticas e das linguas como ferramentas de poder e dominación (Woolard 1989, 2007; Gal / Woolard 2001; Prego Vázquez 2007, 2010; Prego Vázquez / Zas Varela, 2015), máis que dende a propia interacción cotiá, espazo no que a relación interpersoal se establece, en principio, en termos de igualdade.\nAsemade, as alternancias de código ou codeswitching, como indicio de contextualización (Gumperz 1982a), teñen un papel importante nas representacións dos “eus” na medida en que, a través das alternancias, os falantes producen unha nova escolla que podería modular a súa identidade no discurso. Ora ben, as alternancias de código non son sempre interaccionalmente rendibles; neste sentido, Gumperz (1964) fala de “codeswitching style” para se referir a eses tramos de discurso bilingüe nos que hai continuas insercións de dúas linguas; trátase pois de alternancias non marcadas (MyersScotton 1983, 1988, 2000) ou non significativas, de modo que non todos os cambios de lingua na conversa poden ser considerados alternancia de código, conmutación de códigos ou codeswitching (Álvarez Cáccamo 1998, 2000). No caso galego, a alternancia de linguas non significativa pode producir códigos alternantes: é duvidoso que na Galiza no tipo de discurso galegoportuguês/espanhol chamado “castrapo” cada ponto de alternância deva considerarse um ponto de CS, e nem sequer que todo o estilo tenha um efeito significativo. Pode acontecer que a alternância significativa seja entre “discurso unilíngue em espanhol” e “discurso com elementos galegos”, numa sorte de alternância “em capas” (Álvarez Cáccamo 2000: 117). En todo caso, para a nosa análise utilizaremos fragmentos de fala bilingüe onde as alternancias de código con cambio de lingua sexan interaccionalmente significativas para a negociación do marco e a construción identitaria.\nA construción da identidade rural na interacción bilingüe... 29\n4. M etodoloxíA\n4.1. Os participantes\nA nosa investigación parte da análise interaccional de conversas entre falantes bilingües galegocastelán, que participan nunha mesma comunidade de prácticas (Lave / Wenger 1991; Wenger 2001 [1998]; Eckert / Wenger 2005; Eckert 2006) bicultural, na medida en que está integrada por persoas con estilos de vida máis ou menos rurais ou máis ou menos urbanos. Neste traballo, seleccionamos catro conversas nas que interactúan Jorge (25 anos), mozo universitario que vive na parroquia gondomarense de Donas, e Charo (sobre 55 anos), natural da mesma parroquia que Jorge, onde aínda reside parte da súa familia, e emigrada na cidade de Vigo (onde rexentou un negocio de restauración); na actualidade, Charo traballa no centro da vila de Gondomar, como operaria de limpeza, de modo que os encontros espontáneos con Jorge se producen na rúa. En todo caso, trátase de falantes que comparten a súa participación nun sistema de prácticas (Duranti 2000) máis ben rural e teñen, nalgunha medida, unha experiencia bicultural, rurbana ou híbrida. Ademais dos dous actores principais, tamén participan ocasionalmente outras persoas que forman parte da mesma comunidade e manteñen relacións diversas tanto con Jorge como con Charo.\n4.2. Método de obtención e tratamento dos datos\nA metodoloxía etnográfica (Gumperz / Hymes 1986 [1972]; SavilleTroike 2003 [1982]) que sustenta o traballo empírico desta investigación permite recoñecer os encontros clave (key encounters, Hymes 1986 [1972]) na vida cotiá dos participantes da comunidade de prácticas; deste xeito, podemos observar aqueles eventos comunicativos ou eventos de fala (speech events, Hymes 1986 [1972]), que teñen unha maior rendibilidade á hora de analizar a construción das identidades dos falantes. Así, os encontros casuais no centro da vila de Gondomar entre Jorge e Charo dan lugar a unha variante da práctica comunicativa rural que podemos describir como estar de leria ; leriar é unha práctica conversacional propia do mundo rural, en tanto que o timing cultural (Zerubavel 1981), máis pausado, permite investir máis tempo no falar por falar.\nAs gravacións foron realizadas dun xeito inadvertido, con micro oculto, coa intención de favorecer a obtención de fala espontánea, de estilos vernáculos, esenciais na análise das identidades no discurso. A través deste procedemento de gravación, resolvemos o problema do paradoxo do observador (Labov 1972), na medida en que podemos “to find out how people talk when they are not being systematically observed; yet we can only obtain these data by systematic observation” (Labov 1972: 209). Por outra banda, a intervención do investigador como observadorparticipante (Malinowski 2001 [1922]; Mead 1928; Spradley 1979, 1980; Hammersley / Atkinson 2007 [1983]) contribúe tamén a crear un escenario propicio para conseguir mostras de fala coloquial. Finalmente, todas as conversas gravadas foron transcritas conversacionalmente, a partir do sistema de transcrición empregado no Co.Fa.Bil (Corpus de Fala Bilingüe Galego/ Castelán da Universidade de Vigo, Rodríguez Yáñez et al. 2001; Rodríguez Yáñez / Casares Berg 20022003), baseado no proposto por Álvarez Cáccamo (1990) (ver Anexo).\n4.3. A selección das secuencias\nComo xa comentamos ao inicio do artigo, optamos por analizar as secuencias de apertura de catro conversas espontáneas que se desenvolven no centro da vila de Gondomar. Nos primeiros momentos de calquera encontro, os falantes tratan de definir o marco interpretativo inicial (constituído polas regras, expectativas e metas que guían esa práctica interaccional concreta) no que se contextualizarán as contribucións dos interlocutores (Goffman 2006 [1976]). O interese de analizar as secuencias de apertura radica no feito de que a negociación que se establece nelas ten como obxectivo determinar o sentido do encontro e, polo tanto, os falantes producirán representacións do seu eu (ou self) acordes con esa definición significativa da práctica interaccional.\n© 2017 Estudos de lingüística galega 9, 2348\n5. A nálIse InterAccIonAl : escollA de códIgo e construcIón dA IdentI -\ndAde en secuencIAs de AperturA\nNun artigo anterior, analizabamos a escolla e negociación do código no marco da Teoría da Acomodación Lingüística e as súas implicacións nunha discusión familiar (Diz Ferreira 2016). Como comentábamos naquel artigo, cando se produce un conflito conversacional, a escolla dun código responde a estratexias conversacionais de acomodación converxente ou diverxente coa finalidade de mostrar adhesión ou non ás posicións dalgúns dos interlocutores. Nese traballo situabamos a análise das identidades na teoría do posicionamento (positioning, Davies / Harré 1990): as identidades dos falantes definíanse a través do emprego de determinados indicios (escolla de código, trazos dialectais etc.), que permitían aos falantes posicionarse como partidarios dunha determinada liña argumental e, ao mesmo tempo, presentarse como membros dun grupo, así como diferenciarse do grupo dos interlocutores cos que estaban enfrontados; noutras palabras, os indicios estudados estaban ao servizo das autorrepresentacións identitarias e da propia construción como membros do endogrupo, así como da asignación dunhas determinadas identidades aos seus interlocutores, construídos como exogrupo.\nNo presente artigo, queremos analizar como a escolla de código, que pode ser obxecto dunha negociación moi significativa nas interaccións bilingües, indexa identidades máis ou menos asociadas co mundo rural. Tanto Charo como Jorge teñen unha historia conversacional e posúen experiencias previas comúns (que se poden rastrexar a través da información compartida, das mostras de interese, das expresións de intimidade etc.). É máis, xa dende o comezo de cada encontro casual, constrúense como membros dunha mesma comunidade, na que se comparten unhas mesmas prácticas (por exemplo, estar de leria ou parolar). A miúdo, as prácticas do mundo rural, como a leria, están popularmente asociadas con formas de socialización máis tradicionais, estilos de vida nos que se valora máis a relación interpersoal e a solidariedade 6 e ritmos culturais moito máis tranquilos. Estar de leria na taberna, nas sobremesas familiares, na tenda do barrio ou parroquia ou mesmo pola rúa é unha actividade cotiá fortemente enraizada no mundo rural tradicional, a pesar das transformacións do agro na actualidade, como un xeito de actualizar os lazos de solidariedade e veciñanza. Esta práctica precisa tamén duns estilos conversacionais, que activan o marco de participación e interpretación do encontro. A seguir, afondaremos pois na negociación de escolla de código, a fin de observar o proceso segundo o cal se vai proxectando o marco propicio para estar de leria. As escollas de código e o codeswitching, en tanto indicios contextualizadores, virían a desencadear os procesos inferenciais precisos para enmarcar a práctica.\n5.1. Escolla de código non coincidente\nA primeira apertura que imos analizar forma parte dunha conversa que ten lugar durante un encontro casual entre Charo e Jorge nunha rúa da vila. Jorge está agardando por alguén que o recolla para ir ao traballo; Charo, unha veciña á que coñece de sempre e que, nese momento, está desenvolvendo as súas funcións de varredora, advirte a presenza de Jorge e achégase para saudar. A interacción, presumiblemente, podería comezar cun intercambio de saúdos non verbal, despois dunha fase de recoñecemento, dende unha certa distancia. A continuación, produciríanse os primeiros intercambios verbais, en forma de preguntas de interese.\nFragmento 1. Secuencia de apertura: t á s esperando a alguien? 01 Charo t á s esperando a alguien  ? 02 Jorge tou  6 Gondar Portasany (1993: 6062) ten sinalado que a vida cotiá no mundo rural desenvólvese no terreo da tensión entre o conflito familiar e interveciñal e o sentimento de solidariedade comunal. En todo caso, a solidariedade, malia estar sempre ameazada polo conflito entre veciños, supón unha necesidade nun ámbito no que a colaboración para as tarefas do campo é moi necesaria.\nA construción da identidade rural na interacción bilingüe...\nEsta primeira secuencia pode dividirse en dúas subsecuencias: dun lado, a subsecuencia arredor do tempo cronolóxico (126), a partir das preguntas sobre a hora formuladas por Charo (hora á que van recoller a Jorge, en 0809, e hora exacta, en 15 e 17); doutro lado, a subsecuencia arredor do tempo meteorolóxico (2738), na que os participantes falan sobre a calor que ten feito neses días. Charo comeza formulando unha pregunta de interese (01 tás esperando a alguien  ?) que, nesta conversa, pode funcionar como un saúdo de sorpresa, de acordo coa tipoloxía establecida por Moreno Fernández (1986: 245246) 7. En todo caso, o saúdo, en tanto mostra de interese, vén situar a relación interpersoal nun marco de proximidade. A escolla dun código marcado como castelán podería ter relación co feito de que o encontro se produza no espazo de traballo de Charo (unha rúa da vila de Gondomar) no que a falante expón a súa imaxe profesional ao público; deste modo, a través do código castelán, estaría preservando a 7 Ao traballarmos con conversa gravada en audio, descoñecemos se as fórmulas verbais de saúdo foron substituídas ou acompañadas por fórmulas non verbais (movemento de mans ou movementos de cabeza, miradas etc.).\nsúa imaxe de traballadora. En 0204, Jorge produce a súa resposta e propón unha escolla de código galego; en efecto, 02 tou  / 03 tou  son variantes realizatorias galegas do verbo estar con aférese 8. Neste intercambio verbal co que comeza a conversa observamos unha primeira elección do código non coincidente: en 01 Charo emprega un código que recoñecemos como castelán, sobre todo a partir da forma alguien 9 ; Jorge non converxe con Charo, non porque rexeite o marco de proximidade/intimidade creado a través da pregunta de interese, senón porque, como observaremos nas súas intervencións posteriores, constrúe a súa identidade de veciño, nesa situación de proximidade, a través do uso do galego.\nTanto en 05 como en 07, Charo mantén a súa elección inicial e produce as súas intervencións en castelán: en 05 formula novamente unha pregunta, que Jorge responde afirmativamente en 06. O enunciado 07 muy bien  serve de réplica á resposta de Jorge. Tanto 05 como 07 veñen confirmar a escolla de código inicial de Charo. A pregunta de 08 (a qué hora  ?), non obstante, non se pode atribuír a ningún dos códigos, xa que os seus tres compoñentes son dimorfos homófonos (Muysken 2000; Deuchar / Muysken / Wang, 2007), é dicir, formas equivalentes ou bivalentes (Woolard, 1998) nos dous códigos. Xa que logo, trátase de formas pragmaticamente neutras, mais non conversacionalmnete irrelevantes, pois tras desa aparente neutralidade pódense esconder intencións comunicativas diversas e poden estar ao servizo da construción dunhas outras formas de identidade transformadoras (Woolard, 1998; ver Prego Vázquez, 2000, 2002 para o caso galego). Ora ben, entre 07 (muy bien ) e 09 (nove’ e media ou así  ?), Charo produce unha alternancia de código, coa intención de converxer, dalgún modo, coa escolla de Jorge; pero ademais, esta alternancia actuaría como indicio dunha identidade híbrida que oscilaría entre o seu rol de traballadora do Concello (unha identidade construída a través da adopción dun estilo neutro 10) e o seu rol de veciña do mundo rural. O carácter fortuíto do encontro, nunha rúa do centro da vila de Gondomar mentres Charo está traballando, levaría á falante a ir modulando, nestes primeiros segundos da interacción, o seu estilo para construír unha identidade coherente co marco interpretativo propio da práctica conversacional da leria : esta práctica do mundo rural supón unha certa familiaridade no que ambos os dous interlocutores se constrúen e se recoñecen como veciños da parroquia.\nNo desenvolvemento posterior da secuencia, observamos novamente unha alternancia de código no discurso de Charo (entre 1214 e 15, 17); a pesar de que entre 1214 a falante mantén a converxencia co código proposto por Jorge (e que este continúa empregando en 1011), en 15 e 17 introduce unha alternancia de código galegocastelán: 12 ah  / 13 entón  / 14 nada  / 15 qué hora es  ? / (...) / 17 y vente o así  ?. O codeswitching ou alternancia de código é unha estratexia ao servizo da definición da situación, na medida en que pode producir cambios de marco (frame) ou cambios de aliñamento (footings) (Auer 1984, 1998b) e, en consecuencia, cambios na identidade construída polo falante no propio discurso 11. En efecto, no estilo bilingüe de Charo nesta secuencia observase “certo grao de flutuación entre os códigos” (Rodríguez Yáñez 1995, 2004), que pon de manifesto unha certa hibridación na construción da súa identidade, acaso como traballadora a través dun estilo máis neutro, acaso como veciña a través dun estilo máis local.\nA construción da identidade rural na interacción bilingüe... 33\nO codeswitching galegocastelán entre o enunciado 13 (entón ) e a pregunta pola hora de 15 (qué hora es  ?) coa resposta da propia falante por aproximación en 17 (y vente o así  ?) —adiantándose, deste xeito, á contestación de Jorge que comeza en 16 (son →) e remata en 18 coa información precisa sobre a hora (e vintecinco )— contrasta coa anterior alternancia de código castelángalego en 0709, tamén nun momento en que Charo preguntaba pola hora e respondía, ela mesma, a través dun enunciado aproximativo: 07 muy bien  / 08 a qué hora  ? (dimorfos homófonos) / 09 nove’ e media ou así  ?. Estas alternancias de código, que actúan ben como estratexias de converxencia (0709), ben como estratexias de diverxencia (1317) entre os falantes, máis un certo grao de bivalencia (Prego Vázquez, 2000, 2002) poderían indexar a construción identitaria híbrida de Charo, quizais como un xeito de buscar un equilibrio entre a exposición pública da súa imaxe profesional e a relación de veciñanza que establece con Jorge. Como podería ocorrer aquí, os fragmentos que presentan bivalencia servirían “para potenciar las similitudes de los participantes y contribuyen a la creación de pautas comunicativas e interpretativas compartidas” (Prego Vázquez 2000: 192).\nA intervención reactiva de 1920 (ah  / bueno ) actúa como expresión confirmativa e, ao tempo, manifesta a tranquilidade de Charo ao coñecer a hora exacta; despois dunha pequena pausa (21), Jorge aclara que xa vai ser hora de que o recollan (2224) para marchar a traballar. En 25, Charo toma a quenda para aclarar que o seu interlocutor non ten problema en agardar pola persoa que o vai recoller porque tás acostumbrado. Entre 19 e 25, as intervencións de Charo non son relevantes na negociación da escolla de código, xa que se trata de dimorfos homófonos ou formas non marcadas no galego coloquial, como ocorre con acostumbrado (25). A seguir, non obstante, Charo promove un cambio de tema que dá lugar á apertura dunha subsecuencia sobre o tempo meteorolóxico na que converxe co código do seu interlocutor: 27 fai calor . Subsecuencia do tempo meteorolóxico: Fai calor.\nCharo abre esta subsecuencia sobre o tempo e produce unha escolla de código converxente con Jorge, que manterá na súa intervención seguinte: 31 estes días disque o fin de semana que cambia . A propia coincidencia na escolla de códigos, como estratexia de achegamento dos estilos dos falantes, vén confirmar a definición da situación dentro dun marco interpretativo de proximidade e intimidade da práctica da leria, onde se constrúen como veciños. Hai que ter en conta, ademais, que as secuencias sobre o tempo, en tanto fala de contacto ou small talk (Coupland 2000, 2003), axudan a estruturar a interacción e, neste caso, como parte da secuencia de apertura, a fala sobre o tempo meteorolóxico reforza a cohesión e a relación interpersoal entre os participantes.\nNesta primeira conversa, a escolla de código e as alternancias producidas polos falantes permiten observar como, xa na definición inicial da situación, se pon en práctica a negociación e construción das identidades. Así, a práctica conversacional estar de leria, que supón este encontro casual entre dous veciños do mundo rural, transferida a unha situación marcada como é o momento de traballo de Charo, provoca un conflito entre as dúas facetas desta falante; o seu estilo con alternancias de código podería mostrar esa hibridación identitaria que oscilaría entre o +rural (veciña) e o –rural (traballadora).\nNo seguinte fragmento, que, como no caso anterior, constitúe unha apertura dunha conversa nun encontro casual entre Charo e Jorge mentres a primeira está a traballar, a negociación do código prodúcese dun xeito máis evidente, dado que a escolla de código garda relación co framing ou proceso de encadramento da conversa. A diferenza do caso anterior, onde os falantes producían xa dende as súas primeiras intervencións un marco de maior proximidade, aquí poderemos observar como os falantes aplican dous marcos interpretativos distintos nos primeiros intercambios.\nEsta secuencia pode estruturarse en dúas partes en función do marco interpretativo construído a partir do proceso conversacional de negociación da escolla de código: a primeira parte, entre 01 e 16, engloba o intercambio de saúdos (0102) e a subsecuencia sobre o traballo (03A construción da identidade rural na interacción bilingüe... 35\n16); a segunda, de 21 a 25, inclúe preguntas de interese sobre a familia. Entre as dúas partes hai unha breve transición (1720) cun intercambio de pregunta de interese altamente ritualizado do tipo A: que tal, B: ben. O que nos interesa, por unha banda, é analizar como a negociación do código na primeira parte dá lugar á construción de identidades máis locais (como veciño) ou menos locais (como traballadora do concello) en relación coa definición da situación e o marco proxectado por cada un dos participantes no contexto do encontro casual no centro da vila; e, por outra, observar como a converxencia dos códigos a partir de 20 reencadra a interacción nun marco no que ambos os dous participantes se constrúen como veciños; neste sentido, é fundamental a pregunta de interese pola familia por parte de Jorge en 21.\nPois ben, esta conversa iniciase cun saúdo por parte de Charo (01 jor  ge  que  ?) en forma de pregunta de interese, que Jorge responde tamén cun enunciado interrogativo (02 que charo  ?). Esta apertura, a medio camiño entre fórmulas de saúdo e preguntas de interese, ten a estrutura dun par adxacente de saúdo que, ao mesmo tempo, pode interpretarse como unha “petición de novidades” (Moreno Fernández 1986: 251): en efecto, tanto 01 (jor  ge  que  ?) como 02 (que charo  ?), a pesar do seu carácter lexicalizado, amosan a predisposición dos falantes para leriar. Agora ben, este intercambio inicial, na medida en que constitúe un caso de dimorfos homófonos, dá lugar a unha apertura conversacionalmente neutra dende o punto de vista do código.\nNa súa seguinte intervención, Charo propón xa unha escolla de código castelán: 04 a trabajar  / 05 hoy . Fronte a esta elección do código marcado como castelán por parte de Charo, Jorge produce unha escolla de código diferente, tal e como se observa nas súas intervencións 07 e 08: 07 hoxe si  / 08 home no . A non converxencia nos códigos mantense durante as contribucións posteriores, na subsecuencia na que ambos os dous participantes falan do traballo: en 09 (acabáis {[a] hoy }  ?), 13 (aquí acabo hoy ) e 15 (bueno tú vas el lunes aún ) Charo intervén en castelán, mantendo a escolla inicial; pola súa parte, Jorge en 14 (aínda vou o lunes ) emprega o código galego.\nA negociación do código non coincidente que se establece nestes primeiros intercambios contribúe a indexar as súas identidades: Charo sitúa a construción da súa identidade nun marco interpretativo neutro, a través dun estilo menos local no que a escolla do castelán constrúe unha identidade menos rural, acorde coa súa condición de traballadora nese momento; Jorge, en cambio, constrúe un marco de maior proximidade, mesmo de veciñanza, a través dun estilo máis rural e dunha escolla do código galego. Isto non quere dicir que, na conversa bilingüe, se poida establecer unha relación estrita entre a elección dun código e estruturas ou categorías socioculturais (galego/local/rural; castelán/non local/urbano); como sinalan Auer (1998b) e Gafaranga (2005), a dita relación hai que interpretala en termos de coñecemento compartido, neste caso, a través dos indicios estilísticos máis ou menos patrimoniais que empregan os falantes. As contribucións de 17 e 20, como xa indicamos, actúan como transición entre a primeira parte, na que o tema central era o traballo, e a segunda parte, no que o tema vai ser a familia. A pregunta de interese de 17 (qué tal  ?), seguida da pregunta confirmativa de 18 (bien  ?) traslada a conversa a un ámbito máis íntimo e persoal. Con todo, a función transicional deste intercambio, no que a negociación do código segue estando presente —pois segue sen haber converxencia nos códigos de Charo e Jorge— ponse de manifesto no carácter convencionalizado do par adxacente, no que a resposta preferida é, tamén neste caso, ben.\nA partir de 21, a pregunta de interese de Jorge (que tal teu pai  ?) inicia unha subsecuencia sobre a familia na que se produce unha converxencia de códigos. Charo, en 22, emprega o mesmo código que o seu interlocutor, o galego, para emitir a súa resposta: 22 {[b]meu pai ben  }. A converxencia con Jorge prodúcese co cambio de tema, de modo que Charo reencadra a súa participación no marco de proximidade e veciñanza. O cambio de estilo de Charo prodúcese, precisamente, cando se apela á súa privacidade en 2122. A continuación, Jorge solicita máis información sobre o pai de Charo a través dunha nova pregunta (23 vai ben  ?) e a falante contesta cunha fórmula de gran expresividade e un poderoso indicio de familiaridade ou camaradería: 24 bueno carallo , que, neste caso, está ao servizo da expresión da obviedade do feito, acompañada dunha certa indignación, a través da xuntura tonal descendente ().\nEsta breve subsecuencia de interese dentro da secuencia de apertura actúa como preludio e introdución da secuencia seguinte (ver Fragmento 3), na medida en que os falantes constrúen o marco de intimidade propicio para despregar unha longa secuencia sobre a familia.\nA construción da identidade rural na interacción bilingüe... 37\nNesta segunda secuencia da conversa iniciada no Fragmento 2, os falantes desenvolven o tema do accidente do pai de Charo, de modo que, o que podería ser unha subsecuencia sobre a familia na apertura, convértese nunha secuencia independente. Este Fragmento 3 permite observar como a converxencia no código e a elección do que chamaremos estilo patrimonial, con indicios dialectais —como a gheada (aghuantar en 35, algho en 49, alghien en 51, pelighro en 54 etc.) (Prego Vázquez 2000, 2003) ou o seseo (faser en 41, cabesa en 47, inosente en 61 etc.)— e mais gran expresividade enunciativa —por exemplo, o alongamento vocálico e a xuntura ascendentedescendente en 30 (é un aburri:  do ) ou o enunciado ho:me claro  de 55–, permiten construír identidades rurais, que se encadran dentro do marco interpretativo de privacidade e proximidade da leria. Hai que ter en conta, ademais, que este marco de familiaridade propicia a formulación de queixas, como en 30 ou en 73 e 75 (el vai faser o que lle dé a ghana  /....porque como fixo siempre o que lle deu a ghana ), e inquedanzas, como en 51 e 54 (pa mapa matar a alghien  / porqu’é un pelighro ((jorge)) ), que non só poñen de manifesto un estilo de alta implicación (Tannen 2005 [1984]), senón tamén, ao mesmo tempo, os fortes lazos que se establecen entre veciños do mundo rural.\nComo acabamos de observar a través da análise de dúas secuencias de apertura (Fragmento 1 e Fragmento 2), a escolla de código, no proceso de negociación, permite indexar identidades xa dende o inicio da conversa. Ora ben, poderemos establecer algunhas diferenzas entre elas. Así, na primeira secuencia (Fragmento 1), prodúcese unha construción conxunta do marco de proximidade e veciñanza, de modo que o proceso conversacional de negociación da escolla de código ten que ver coa propia hibridación identitaria de Charo (quen é, ao tempo, traballadora do concello de Gondomar e veciña de Jorge); en cambio, na segunda (Fragmento 2), a escolla do código e a súa negociación están específicamente relacionadas coa negociación do marco interpretativo e a definición da situación na que se proxectarán as identidades: ao comezo, Charo xera un marco de traballo no que se presenta como traballadora mentres Jorge aplica un marco de maior proximidade (de acordo coa súa historia interaccional con Charo e coa práctica de estar de leria) no que actúa como veciño. Será a aceptación deste marco de privacidade por parte de Charo o que favoreza a converxencia e o reencadramento da súa participación na práctica da leria.\n5.2. Escolla de código coincidente\nAcabamos de ver dous casos de escolla de código non coincidente e o proceso conversacional de negociación que se produce nesas circunstancias. A continuación, imos analizar dúas secuencias de apertura nas que a escolla de código é coincidente: na primeira, a entrada en escena dun terceiro participante (coñecido dalgún dos falantes) motiva unha (re)definición da situación que non implica a apertura dun marco distinto; o novo falante asume o marco xa creado polos demais participantes e adopta un estilo converxente; no segundo caso, prodúcese unha mesma definición da situación dende o comezo, a través dunha coincidencia estilística, de modo que os participantes constrúen as súas identidades coherentemente con ela.\nA primeira secuencia que imos analizar (Fragmento 4) corresponde cunha apertura incrustada dentro dunha conversa entre Charo e unha veciña, Maruxa, de máis idade, no centro da vila de Gondomar. A aparición dun novo falante, Jorge, dá lugar a unha secuencia de apertura, que permite a introdución deste falante no universo conversacional. En termos estruturais (Gallardo Paúls 1993; AndréLarochebouvy 1984), este tipo de secuencias non poderían analizarse como aperturas, dado que non enmarcan a totalidade da conversa e, en consecuencia, non actúan como tránsito entre o silencio previo e a situación de fala que describen as devanditas autoras. En cambio, dende un punto de vista funcional, podemos argumentar que operan como verdadeiras aperturas, dado o seu carácter fático e relacional, que dan inicio a un novo momento de (re)definición da situación. Isto é, a entrada dun novo participante, coñecido por todos os falantes ou só por algún deles, precisa dunhas fórmulas de recibimento (saúdos, preguntas de interese etc.) e abre a posibilidade dunha nova definición da situación.\nA construción da identidade rural na interacción bilingüe... 39\nonde vas  ?), reiterada en 7 (onde vas  ?), trala pregunta de interese de Jorge en 6 (que tal  ?). Ao responder, en 8 e 9 (vou::  /.. a comer ), este último falante converxe no código seleccionado por Charo. No desenvolvemento posterior da conversa, en forma de par adxacente pregunta (1011)-resposta (1213), cun terceiro membro en forma de coda valorativa ou feedback (14), ambos os dous falantes manteñen a elección de código e interactúan empregando o galego. O mantemento do marco interpretativo de veciñanza, construído conxuntamente por Charo e Maruxa na conversa previa, podería explicar o mantemento tamén do mesmo código á chegada de Jorge, de modo que Charo lexitima a participación do mozo, en tanto veciño, na interacción, ao tempo que continúa a proxección da súa propia identidade local. A escolla de código converxente, por tanto, dá lugar a unha construción de identidades locais por parte de Charo e Jorge: ambos os dous interlocutores constrúense discursivamente como veciños e recoñécense como membros da mesma comunidade de prácticas do mundo rural. Precisamente, este marco de veciñanza é o que lle permite a Maruxa intervir en 20 para formular un consello: hai que facer perna que está o tempo mui achuchado . Os consellos, dende o punto de vista da cortesía conversacional, constitúen actos de fala directivos non impositivos, orientados a producir un beneficio para o interlocutor (Searle 1976).\nPero, ademais, aquí, a emisión do consello por parte de Maruxa ten un carácter case proverbial; Maruxa, como voz autorizada pola experiencia, recorre á sabedoría popular sobre a complicada situación da época (o tempo achuchado) para a enunciación do consello, que non só busca un beneficio para Jorge, destinatario inmediato, senón que manifesta un sentimento de preocupación xeral polo veciño, mesmo sendo este unha persoa descoñecida, característico do mundo 12 A alternancia - ito/a / - iño/a é significativa no estilo conversacional dos galegos e das galegas, na medida en que a forma galega vehicula unha maior carga afectiva; ora ben, a imposibilidade de documentar o uso de - iño/a no estilo de Charo, polo menos nos fragmentos analizados, impídenos conxecturar sobre os valores pragmáticos dunha potencial alternancia entre diminutivos casteláns (- ito/a) ou galegos (- iño/a) e sobre a súa rendibilidade no proceso de negociación de escolla de código que estamos analizando. Por esta razón, preferimos anotar o apelativo Jorgito (en cursiva tamén na transcrición) como un segmento non identificable como pertencente a un código con exclusión do outro, ante a falla de evidencias de que se trate dun trazo estilístico individual —é dicir, que a falante adoite empregar o sufixo - ito/a nos diminutivos de nomes propios— ou de que no seu estilo haxa alternancias - ito/a / - iño/a nese contexto.\nrural tradicional (Lisón Tolosana 2004 [1979]; Mariño Ferro 2000). Maruxa e Jorge non se coñecen; interactúan por vez primeira nese encontro no centro da vila de Gondomar, no que nin sequera Charo, na súa condición de intermediaria, os presentou. Así e todo, a conservación do marco de veciñanza previo e a construción de identidades locais a través dun estilo patrimonial (e, por suposto, do mantemento da escolla do código galego) autorizan a Maruxa a intervir na conversa. O tonema ascendente do enunciado home no  de Jorge en 21 permítenos interpretalo, por unha banda, como aceptación do consello e, por outra, como recoñecemento de Maruxa como membro da súa comunidade, na que os consellos, nas prácticas discursivas máis rurais, adquiren un carácter proverbial e de reforzo do vencello interpersoal.\nAo final da apertura, Charo realiza unha valoración sobre o tempo meteorolóxico (23 está o día bo {[ac]tamén} ), que completa o consello de Maruxa e dá paso a unha nova secuencia sobre a oportunidade que ofrece ese día de bo tempo para pasear (23 está un día bo pa dar un paseo ). A escolla de código coincidente tamén se pode producir dende o inicio da conversa, de modo que a negociación dá lugar a un acordo na definición da situación a través da construción conxunta do marco interpretativo de proximidade e veciñanza que contextualiza a actividade conversacional. Así, na secuencia de apertura do Fragmento 5, coa que comeza un novo enconA construción da identidade rural na interacción bilingüe... 41\nestá ben  Como xa ocorría nas aperturas dos Fragmentos 1, 2 e 4, unha pregunta de interese (01 que ta:  l  ?) abre a conversa; neste caso, ademais, a ausencia de resposta verbal, como segundo membro do par adxacente preguntaresposta, por parte da interlocutora pon de relevo o carácter formulaico do saúdo. En 02, Charo, a certa distancia proxémica de Jorge, formula outra pregunta de interese (a onde vas  ?) en galego. Na súa resposta de 03 (vou pa’riba ), a elección coincidente de código por parte de Jorge permite comprobar a converxencia estilística e, en consecuencia, a aceptación e confirmación do marco interpretativo de familiaridade, adecuado para a práctica da leria no mundo rural, no que se producirá a construción de identidades máis locais. En efecto, o uso do galego dialectal, fronte ás variedades do estándar (connotado como urbano), indexa unha identidade local. Así, Charo, achegándose xa ao seu interlocutor, continúa fornecendo o marco de familiaridade con outra pregunta (03 hos hai cla  ses  ?) na que emprega un estilo patrimonial con trazos dialectais (por exemplo, a forma apocopada hos [‘os] ou [‘o ʃ ]). Trala resposta afirmativa de Jorge (0507), Charo volve facer uso da forma dialectal hos, que caracteriza o seu estilo máis local, na súa intervención de 0809 (a::y  / dionisio tamén tuvo hos ). En 10, Jorge comeza unha aclaración (donde non hai- ), interrompida, mediante un solapamento, por Charo (no momento en que esta falante chega ao lugar xusto onde se atopa agardando Jorge pola persoa que o vai levar ao traballo) para formular unha pregunta de interese intensificada cun termo de afectividade (11 que tal  / 12 chulo ), actualizando así a apertura. Non hai, porén, redefinición da situación, xa que Jorge ignora aparentemente este novo intercambio de saúdos e, en 1417, retoma o fío de 10 para rematar a súa aclaración: 10\ndonde non hai-  / (...) / 14 é en pontevedra  / (...) / 16.... en pontevedra é:: festivo  / 17 sempre . A escolla de código coincidente que os falantes realizan nestas intervencións manterase xa ata o final da secuencia, que remata coa formulación da pregunta de interese por parte de Charo en 24 (te veñen a buscar  ?), a resposta de Jorge en 2627 (si  / cóllenme ((aquí ))) e a valoración final da súa interlocutora en 28 e 30:\n28.... estupendo  / 30 está ben . A escolla coincidente do código galego e mais dun estilo de fala máis patrimonial (máis local e familiar), favorece a construción de identidades conversacionais máis locais na práctica da leria, do falar por falar ; o estilo galego dialectal, cunha gran expresividade, xorde nas prácticas interaccionais entre veciños das redes rurais (dentro do contínuum rurbano) e, en consecuencia, indexa identidades netamente rurais. De feito, como apunta Diz Ferreira (2016), a presenza de trazos dialectais no estilo discursivo dos falantes, mesmo cando non están empregando un código galego, é un elemento indexical de identidades máis locais.\n6. c onclusIóns\nA escolla de código (coincidente ou non coincidente) e a negociación conversacional en volta da súa elección nas secuencias analizadas están ao servizo da construción das identidades conversacionais dos falantes, xa que, como indicio de contextualización, a elección dun código dá lugar á interpretación situada, encadrada, das emisións de cada participante e, en consecuencia, das representacións do seu self. Dado que as secuencias de apertura constitúen o momento idóneo para definir conxuntamente a situación e mais o significado do encontro e a práctica conversacional nel desenvolta (que, no noso caso, sería estar de leria ou parolar), a escolla de código e a súa negociación fornecen o proceso de encadramento (framing) e o marco interpretativo (de neutralidade/traballo, de veciñanza etc.) no que identidades máis rurais (de veciño) ou menos rurais (de traballadora) serán postas en práctica.\nA escolla de código non coincidente dá lugar a un proceso de negociación conversacional que pon de manifesto a identidade híbrida de falantes que teñen bagaxes culturais rurbanas. Neste caso, as alternancias de código (codeswitching) xunto con certa bivalencia no estilo conversacional de Charo (Fragmento 1) reflicten precisamente esa identidade híbrida e o propio proceso dinámico de construción identitaria no transcurso da interacción, ora como traballadora no centro da vila de Gondomar, ora como veciña dunha parroquia eminentemente rural. En troques, cando o proceso de negociación do código está relacionado coa aplicación de marcos interpretativos distintos, como ocorre no Fragmento 2, as identidades construídas (como “traballadora”, como “veciños” etc.) proxéctanse sobre a base do esquema cognitivo determinado por cada marco. Neste caso, Charo comeza producindo un marco de traballo no que actúa, en consecuencia, como traballadora, de modo que a escolla de código indexa unha identidade menos rural; a converxencia de código posterior ten que ver co reencadramento da súa práctica conversacional e a aplicación dun mesmo marco interpretativo no que tanto Charo como o seu interlocutor, Jorge, se constrúen como veciños do mundo rural.\nPola súa banda, a escolla de código coincidente, que podería levar a unha converxencia estilística, permite a Charo e Jorge construír e recoñecer a súa identidade rural, de veciños. No caso en que a secuencia de apertura, motivada polo cambio na constelación de participantes, dá inicio a unha nova redefinición da situación dentro dunha interacción en curso, a negociación da escolla de código estará orientada polo mantemento ou non do marco interpretativo; deste xeito, no Fragmento 4, o mantemento do marco de veciñanza construído por Charo e Maruxa na conversa previa dá pé a que, trala chegada de Jorge, Charo recoñeza o novo participante tamén como veciño e manteña a escolla de código galego. Por último, no Fragmento 5, a coincidencia na escolla dun código galego e dun estilo máis patrimonial (máis dialectal, máis familiar) está ao servizo da construción das identidades rurais nese marco de veciñanza da práctica da leria. A leria, actualizada nun contexto situacional, en principio, menos rural, é unha práctica conversacional na que se pode analizar o proceso de construción das identidades no discurso. A escolla de código, o codeswitching e as eleccións estilísticas actúan como indicios de contextualización que, na medida en que contribúen á negociación do código e a un proceso de converxencia estilística, poñen de relevo a hibridación identitaria e a biculturalidade dos falantes.\nA grAdeceMentos\nQuixera agradecer o traballo incansable de Xoán Paulo Rodríguez Yáñez, director da miña tese de doutoramento, pola súa atenta lectura e os seus oportunos comentarios, que sen dúbida terán mellorado a redacción deste artigo, así como polo seu constante apoio. Non me quero esquecer tampouco das persoas, amigas e veciñas, que participan nas interaccións analizadas\nA construción da identidade rural na interacción bilingüe... 43\nA nexo. c onvencIóns de trAnscrIcIón\n• Numeración dos segmentos de fala: cada liña numerada indica unha unidade ou subunidade prosódica. • Os falantes identifícanse cun nome propio, un pseudónimo que non coincide co seu nome real. Tipografía: • Tipografía: O tipo de letra empregado na transcrición é Courier new, 9 puntos. • Identificación dos códigos:. Letra normal redonda: galego.. Letra negriña : castelán.. Letra cursiva : segmentos non atribuíbles a ningún dos dous códigos. • Os antropónimos, topónimos e outros nomes propios transcríbense sempre en minúscula. Fenómenos fonéticos dialectais: • Seseo: Utilizarase a grafía para a realización seseante do fonema fricativo interdental xordo /θ/. • Gheada: Utilizarase o dígrafo para as posibles realizacións deste fenómeno. Símbolos de transcrición ┌ └ Lugar onde comeza un solapamento. ┐ ┘ Lugar onde conclúe un solapamento. - Interrupcións e autocorreccións."} {"summary": "Neste artigo tentaremos escrutar, desde a perspectiva antropolóxica, todo canto de feminino hai na olería tradicional galega alén dos estereotipos asignados. Somos conscientes das dificultades para aplicar a perspectiva de xénero ó eido dos oficios tradicionais alén daqueles relacionados co tecido. O noso interese, centrarase en atopar ás mulleres nun oficio que a propia tradición reservou, cando menos no seu discurso, como un campo de traballo masculino.", "text": "Estereotipos de barro.\nMulleres na olería tradicional galega : xénero, oficio tradicional, olería, Galicia. abstract In this article we will try to examine, from the anthropological perspective, everything feminine is in the traditional Galician pottery beyond the stereotypes assigned. We are aware of the difficulties in applying the gender perspective to the field of traditional crafts beyond those related to the clothing. Our interest will focus on to find women at one activity who own tradition to set aside, at least in his speech, as a male labor camp. keywords : gender, handcraft, pottery, Galician.\n“ The past is a foreign country; they do things differently there. ” Leslie Poles Hartley “Hay una grieta en todo; solo así entra la luz.” Leonard Cohen\nIntrodución\nO obxecto do presente traballo é proxectar unha mirada en feminino cara á olería tradicional en Galicia desde a antropoloxía social. Neste sentido, cabe precisar, xa desde o comezo, que non imos desenvolver unha análise pormenorizada da actividade nin desde o fío condutor dos procesos de elaboración e de venda, nin desde as dinámicas económicas, sociais, políticas e culturais xeradas polos axentes implicados, e tampouco a través dunha descrición detallada dos produtos. As nosas tentativas camiñarán, antes ben, cara a unha proposta de reflexión en violeta sobre o mundo do barro en múltiples perspectivas, nunha sorte de patchwork mental que permita incorporar os estudos de xénero a unha temática ata o de agora nunca abordada con esas claves. Hai que matizar, pois, que para a olería tradicional en Galicia se ten mirado hai xa un tempo; ora ben, repensar a presenza feminina nese oficio resulta unha tarefa tan atractiva como de novío.\nNon consideramos de especial interese expoñer aquí de xeito detallado todas as non poucas referencias bibliográficas que existen sobre a olería tradicional da, desde, para ou en Galicia, pero si traer a colación unha breve catalogación colectiva e xeral das mesmas en función das tres directrices ás que, na nosa opinión, teñen respondido. Por una banda, atoparíanse todos aqueles estudos de orde ideolóxicopolítica nos que a olería tradicional se presenta e/ ou emprega, conformada en termos de esencia, como soporte ou esqueleto sobre o que armar una identidade galega diferenciada que emana do pobo [folk]. En segundo lugar, estarían aqueles traballos, unidos en certa medida cos anteriores, en tanto en canto o oficio segue a interpretarse como un continuum coa comunidade que o produce, pero que presentan como característica máis significativa a présa por recoller información sobre una actividade que se cataloga, desde o último terzo do século XX, en inminente perigo de desaparición. Desde esta perspectiva, a olería representaría os vestixios ou tizóns dun pasado chamado, irremediablemente, a desaparecer coas transformacións irreversibles da modernización das sociedades rurais europeas. O terceiro grupo de publicacións sobre esta temática, e último, na nosa clasificación, polo seu carácter máis recente, incluiría todas aquelas análises nas que a olería funciona como capelo dunha identidade galega posmoderna na que a tradición debe de ser entendida en clave de recurso —non só económico, aínda que tamén— o que permite a súa existencia nas sociedades capitalistas máis aló do seu valor de uso e como colectores de cultura nos procesos de posta en valor do patrimonio que caracterizan o momento actual.\nAtopámonos, desde logo, ante unha temática cunha certa bagaxe como campo de estudo ou reflexión desde distintas áreas de coñecemento que xiran, de maneira maioritaria, arredor das humanidades e das ciencias sociais pero que, por veces, tamén recollen as achegas doutras disciplinas, como a química ou a edafoloxía. É nestes enfoques, máis técnicos, sobre a olería, onde non é posible atopar o que xa de por si debería constituírse coma un apriorismo: a presenza das mulleres no oficio. Que elas sempre formaron parte da olería resulta incontestable, xa que a única alternativa en negativo sería que non tivesen formado parte do grupo social que orixinou, mantivo e traspasou o oficio de xeración en xeración, e nesa sucesión temporal, se algo non pode faltar son, precisamente, as mulleres. Agora ben, unha cousa é que estiveran alí e outra coñecer e entender ou tentar explicar o Como?, o Onde?, o Cando?, o Por que?, o Para que? Ou o Cantas? Rastrexar a presenza das mulleres nun oficio que a tradición reservou, cando menos no seu discurso, como un campo de traballo masculino, vólvese, como xa adiantamos, moito máis complexo e a bibliografía existente ata o momento cobra un carácter máis restrinxido 1.\nComo vimos de expoñer, a incorporación da perspectiva de xénero ós estudos culturais que ten levado nas últimas décadas a localizar a existencia do feminino, tanto no momento actual como en retrospectiva histórica, non semella atopar un terreo fértil se o acoutamos ó ámbito dos oficios tradicionais. A primeira limitación coa que nos atopamos é que non contamos con fontes documentais concentradas nin específicas que rexistren a historia social da xente do común, o que dificulta enormemente, xa que logo, dar coas mulleres que, por forza, tiveron que estar alí. Porque no caso delas a subordinación ten que entenderse con base en dous vectores de opresión que as relegaron ás marxes da periferia desde onde nunca cobraron entidade suficiente como para constituírse nun obxecto de estudo propio nin, na maior parte dos casos, foron quen de deixar rexistro documental. Se no concepto de “ ordinary people ” (Gardner&Adams 1983) a vida cotiá do colectivo anubrou, con carácter xeral, a capacidade de axencia dos suxeitos convertidos “en calquera” ou “en ninguén”, como será posible buscar o rastro “das outras dos outros”? E aínda máis, como atopar as trazas do xénero dentro dun oficio que, nun rango temporal prolongado, se viu clasificado como descarte en termos sociais, incluso dentro do grupo do campesiñado no que se insire e que non foi quen de deixar pegada do seu devir diario?\nTodas estas circunstancias outorgan aínda máis relevancia ós datos obtidos a través das fontes orais que, no caso que nos ocupa, atópanse condicionadas por dúas variables moi significativas. A primeira delas fai referencia ó acoutamento temporal que nos impoñen, xa que non é posible recompilar a memoria do oficio máis aló de dúas xeracións cara atrás con respecto ós nosos informantes de maior idade, o que nos sitúa, no mellor dos casos, no último cuarto do século XIX. A segunda obriga ó recoñecemento explícito da debilidade dun rexistro atenazado entre as figuracións da memoria entendida como unha elaboración na que se xustapoñen o cultural e mais o persoal e a ampla amálgama de información non filtrada que emana dos informantes de xeito caótico durante a recollida de datos.\nDe todos xeitos, como xa adiantamos ó comezo do texto, a nosa intención non é a de trasladar aquí un material etnográfico detallado e consolidado co que dar visibilidade ás mulleres do barro, senón reparar nelas con outros ollos ou, por mellor dicir, con outras miradas. Non queremos dicir con isto que o traballo de campo non conforme esta proposta; metodoloxicamente falando, na base da nosa análise está a conxugación dos métodos cuantitativos e cualitativos que dotan de significación á antropoloxía social e cultural, pero a nosa intención non é presentar un estudo de caso. A observación participante, as entrevistas semiestruturadas con final aberto, as historias de vida e a consulta de fondos documentais referidos á actividade oleira que empregamos como substrato, forman parte do traballo de campo, da revisión bibliográfica e da consulta de documentación que comezamos no ano 1998 e que tivo unha primeira etapa continuada de forte intensidade ata 2004, despois da cal se mantivo o contacto directo co terreo, aínda que de xeito máis esporádico, e unha revisión continuada de materiais.\nAgora, que xa precisamos cal será o obxectivo das liñas que se presentan a continuación e nos achegamos a unha ollada integral sobre as mulleres como corporalidades do xénero sendo, en realidade, esta última a categoría que centra o noso interese, consideramos importante achegar, a partir de aquí, outras matizacións non menos destacadas. Así pois, para poder contextualizar correctamente as nosas reflexións procederemos a comezar por revisar, aínda que sexa de xeito sucinto, algúns outros conceptos significativos que aparecen xa no título deste texto.\nDaqueles barros\nAínda que poida resultar obvio, non está por demais manifestar a evidencia de que a olería galega é heteroxénea, múltiple e diversa, en tanto en canto mantén unha correlación con todas as outras creacións culturais dun territorio o suficientemente amplo como para rexistrar no seu interior diferenzas 2 considerables. É dicir, non se sostén o concepto cultural nin etnográficomaterial de olería galega. De feito, ó noso entender, o agrupamento das distintas tipoloxías só se produce mediante a creación dunha narración en público na que poden ter cabida todo tipo de discursos encamiñados desde a súa raíz a constatar un feito cultural diferencial común asentado territorialmente en Galicia aínda que o percorrido histórico das súas reivindicacións se puidese axeitar a diferentes parámetros, desde o provincialismo, o rexionalismo, o galeguismo ou o nacionalismo, así como a organigramas económicos tan variables como a autarquía da posguerra española no século XX ou a globalización do XXI, por citar só dous deles.\nEsa pretendida, logo, homoxeneidade nos fondos estruturais da actividade estaba composta, na práctica, por unidades formais necesariamente condicionadas polo feito de que, as pezas de barro producidas, distribuídas e consumidas en Galicia sempre percorreron —aínda que por distintas razóns— itinerarios de proximidade o suficientemente preservados. Os lindes entre as distintas variantes servían para manter as diferenzas se ben estes nunca poderían ser entendidos como pechados nin no que atinxe ós cambios, nin ás incorporacións de técnicas, materiais, formas, decoracións ou outros elementos cos que se erixiron e se conforman os modelos propios de cada comarca así como, tampouco, ós procesos de imitación, adaptación ou hibridación.\nMáis aló dunha división territorial que responde á administración do estado, Galicia non debería de ser unha etiqueta uniformada para unha actividade coma a olería tradicional espallada por todos os recunchos do planeta na súa faceta utilitaria, en primeira instancia; isto é, a de cubrir necesidades materiais cotiás como son a conservación, preparación e consumo de alimentos conxugada, nalgúns casos ou momentos con connotacións simbólicas ben sexan sagradas ou profanas. En realidade o adxectivo ‘galego’ aplicado ós cacharros de barro resulta só definitorio nun plano abstracto de seguimento\ncultura ora ben nas súas concrecións materiais ou nas atribucións intanxibles.\nmente sinxelo o que nos conecta co segundo dos significantes que quixéraa súa realización, os xeitos de fabricación, o patrón dos obxectos, as posibilidades de ornamentación, as formas de poñelas no mercado, etc. Pero a olería non só se constitúe como un elemento cultural senlleiro de cara a dentro senón que tamén identifica ás mans polas que pasa ben sexa para facela ou ben para facer uso dela funcionando, polo tanto, como signo de identidade non só desde as connotacións antropolóxicas do termo senón atándonos á segunda das acepcións na súa definición filolóxica: o barro constitúe un elemento susceptible de ser empregado para caracterizar as persoas e distinguilas doutras nun conxunto ou grupo social.\nDentro do complexo mundo das cerámicas tradicionais, conformado por terras arxilosas cocidas e dividido en olería, louza, gres e porcelana, no que están incluídos todos os produtos fabricados a partires de silicatos complexos de aluminio formados por meteorización de roca feldespática ou o que vén ser ser o mesmo: unha combinación de elementos químicos comúns na que se poden apreciar diferentes graos de pureza con maior ou menor presenza de minerais asociados —sodio, potasio, calcio, ferro e magnesio—, a olería resérvase para designar aquelas pezas producidas con barro de basto. Deste xeito, o propio xermolo do oficio entronca pola dobre acepción do termo como sinónimo da arxila pero tamén da propia terra 3, sempre mesturadas con auga —de novo outro elemento dual que pode funcionar como acelerador na descomposición dos corpos e tamén como orixe da vida— o que lle confire unha dupla posibilidade de clasificación que oscila sempre entre o estigma da\nsucidade e o da pureza atávica.\nEsta autenticidade telúrica, acentuada por unha mínima resistencia á calor durante o proceso de cocción imprescindible para fixar as formas, sitúa os obxectos feitos con barro no extremo oposto á fineza, en orixe, da porcelana que é só caolín e que o é case que por completo xa que precisa, para poder ser traballado agregarlle pequenas doses de feldespato e cuarzo. Ese compoñente maioritario na máis elevada das cerámicas tradicionais, que evoca como ningún outro a unicidade, é unha arxila que atesoura na súa cor branca as claves para conseguir pezas de alta homoxeneidade na súa composición o que vén garantido pola alta densidade das partículas vitrificadas que a compoñen e xunto á que tamén acaban por concorrer outras circunstancias que elevan o resultado final; por exemplo, as altas temperaturas que poden soportar durante a cocción, o que remata por conferir ós obxectos elaborados con esta pasta cerámica as características físicas de ausencia de porosidade e, ó mesmo tempo, as fai altamente uniformes e impermeables tanto ós líquidos como ós gases e lles outorga unha non menosprezable resistencia en termos de proximidade ás fontes caloríficas e tamén ante un posible golpe ocasional. Pero ademais, en referencia ós sentidos de maior impacto aínda na distancia como son a vista e o oído, os obxectos de porcelana distínguense por unha elevada sonoridade derivada do escaso grosor 4 que precisa a súa materia base para soportar a forma e un acabado visual translúcido 5 o que, sen dúbida, axuda a reforzar un sincretismo máxico sobre elas que incrementa, a súa vez, o poder de atracción.\nComo diciamos, a olería sitúase no extremo oposto á porcelana no ranking de excelencia que se pode aplicar á produción de cerámica tradicional e abarca, por metonimia, a práctica totalidade dos produtos feitos con barro cocido, sen diferenciar entre as posibles clasificacións susceptibles de seren realizadas dentro das arxilas segundo estas se presenten modeladas ou torneadas, brunidas ou sen pulir, vernizadas ou esmaltadas, utilitarias ou decorativas, etc. A diversidade recollida no caso do galego na lingua só se pon de manifesto para separar dous oficios unidos pola materia prima que empregan pero separados en función dos produtos ós que dan lugar: os que fan co barro, maioritariamente aínda que non só, olas serán oleiros, os que fan co barro só tellas serán telleiros. De feito, a especialización probablemente se produciu por escisión dunha das ramas, a dos telleiros 6, que ocupou un campo de traballo específico cunha alta demanda en termos cuantitativos como rama secundaria da construción nas zonas norte de Galicia, o que lle conferiu á actividade singularidades tan marcadas como a xerga dos “cabaqueiros”, unha variedade da fala con carácter críptico.\nA enganosa simpleza da olería que encamiña, como vimos de ver, desde os principios técnicos máis básicos as súas posibilidades de consideración en termos sociais e culturais recolle de xeito máis que completo e complexo a súa capacidade de agregación na vida de Galicia apelando ó último dos termos sobre os que imos introducir algún tipo de matización: a tradición ou o tradicional. Ben é certo que, fronte á exclusividade da porcelana e moi por debaixo dos camiños intermedios transitados pola louza e o gres 7, a olería, durante anos, impúxose pola súa función de uso en todos os estamentos do corpo social en Galicia, xa fose, de maneira illada, no consumo ou, como habitual auxiliar, na cociña das clases acomodadas ora coma enxoval cotiá para a escasa burguesía e, sobre todo, entre as grandes masas do campesiñado para as que a louza, e aínda máis, a porcelana, representaban a excepcionalidade absoluta cun uso totalmente restrinxido ás celebracións, sempre con público, máis destacadas, xa fosen estas de carácter festivo ou cerimonial 8.\nA ampla e continua presenza dos obxectos fabricados con barro entre a maioría da poboación nun segmento temporal non acoutado, entre outras cousas porque nunca se constituíu como categoría significada nin endexamais estivo dotada de connotación algunha que non fose a necesidade, acabou por conformar a percepción destes asociados á condición de sostén cultural fóra do tempo como excelsos representantes sempiternos da tradición desde unha visión a todas luces romántica da identidade. O valor engadido da olería garántese, así, porque as pezas de barro ofrecen todos os ingredientes precisos para ser susceptibles de pasar a ser unha especie de matryoshka infinita en bucle ou espiral galaica eterna que define a tradición como aquilo que vive e se mantén de forma esencial nunha comunidade sen alteracións de ningún tipo. Ollada desde ese prisma pola tradición só pasa o tempo pero esta nunca transita por aquel.\nDeste xeito, a potencia desa imaxe fixa, ancorada na inmensidade dun pasado total, a olería tradicional como un elemento que estivo aí e así desde sempre nun pretérito perfecto continuo que se mantén no presente. Non obstante, a tradición como construción cultural que é nunca pode ser entendida como perenne nin estática; pola contra, sempre é inventada e argumentada desde o presente, construída en función dos intereses coetáneos do grupo que a xera ó mesmo tempo que a sostén. A tradición que busca a súa lexitimación alí onde xa non se pode intervir, no que xa pasou, responde sempre a unha selección na que non só se desbotan as manifestacións culturais que perden utilidade para o grupo que as produce senón que as que se manteñen fano porque representan os intereses cara ó futuro dos grupos dominantes. Apelar pois á tradición ou cualificar, neste caso á olería, como tradicional non consiste en volver os ollos cara a atrás para recoller a testemuña do paso do tempo sen intervir nel senón en proxectarse cara a adiante en función das relacións de poder que caracterizan a interacción humana sobre a base da catalogación de determinados elementos culturais como ancestrais.\nCando presentamos as nosas fontes e mencionamos as dificultades para dar visibilidade ó noso obxecto de estudo fixemos fincapé no feito de que o noso traballo de campo presentaba unha limitación temporal retrospectiva que lindaba con derradeiro cuarto do século XIX. Nese lapsus de tempo, non moi extenso en duración se ben moi intenso en canto a variacións nas que a velocidade da transformación social se viu incrementada por unha forte aceleración, téñense establecido, cando menos, tres momentos diferenciados para a olería tradicional galega, pero se observamos ese proceso en clave feminina decatarémonos de que a presenza das mulleres no oficio introduciu unha bifurcación no último dos intervalos co seu traslado desde a periferia ata o centro da actividade. Tomemos posición, logo, nesa secuencia cronolóxica e localicemos os espazos ocupados polas mulleres en función dos estereotipos de cada retrinco do camiño.\nPezas de olería: formas de muller\nA primeira das etapas no período estudado abrangue ata a década dos 60\ndo século XX. A olería tradicional levábase a cabo nunha sociedade maioritariamente agraria que demanda para o enxoval doméstico recipientes de pasta cerámica da variedade barro conseguida con ata tres elementos básicos na súa composición: “materiales arcillosos, materiales no arcillosos refractarios y materiales no arcillosos fundentes” (Vázquez Malagón 2005: 32). Dentro da arxila, a masa coa que finalmente se traballaba estaba composta por unha mestura entre un tipo de barro 9 pouco plástico, cunha porosidade ínfima, de tacto moi maino, cuxa cor tende ós tons escuros —gris, azul, marrón ou negro— e que proporciona ós obxectos con el fabricados unha alta resistencia á calor, con outro barro moi plástico, con máxima porosidade, de tacto moi áspero, cuxa gama cromática oscila desde o amarelo ata os ocres e que permite o modelado ou torneado da pasta final aínda que presenta unha grande fraxilidade. A combinatoria de materiais para a preparación do barro resultaba decisiva nunha olería que tiña dous requisitos básicos para conseguir a súa aceptación nun mercado no que aínda non fixeran acto de presenza os materiais sintéticos, coma o plástico: a lixeireza e a resistencia. Desde o principio mesmo da olería facíanse patentes a mestría e o saber científico acumulados\npolos especialistas nesa labor.\nNon obstante, na altura, a totalidade dos factores que caracterizaban a olería poñen de manifesto o carácter eminentemente pragmático do oficio. Unha actividade cargada con altas doses de coñecementos técnicos sobre todo na fase de preparación dos materiais así como nas de elaboración e cocción das pezas pero que só levaba aparellada unha consideración notable en claves internas do oficio manifestadas nas unidades de produción e, máis en concreto, con relación á variable xénero que afastaba ás mulleres do control do torno e do lume e, aínda así, isto non sempre se producía. Así pois, “habría que considerar la explotación familiar como un marco privilegiado que permitiría analizar en profundidad y en un territorio concreto las relaciones entre los sexos. En ese territorio, y en las relaciones que se establecen entre los miembros del grupo y lo social, se ven a menor escala los detalles con los que se teje lo cotidiano” (Méndez 1988: 207).\nOs oleiros, como colectivo, non acadaron no contexto socioeconómico da época maior recoñecemento porque a súa actividade caracterizadora —facer olas— non remarcaba os patróns de valía do momento; isto é, a súa faceta, na maior parte dos casos, de campesiños propietarios. Antes ben, o dominio como expertise dun coñecemento restrinxido ós iniciados permitiulles inserirse como traballadores, xa fose por conta propia ou xa por conta allea, nun sistema que derivaba cara a unha especie de xornaleiros, dificultando a súa integración no grupo do campesiñado 10. Moi lonxe das connotacións míticas que aproximaban o dominio dos catro elementos —terra, auga, lume e aire— á alquimia, á maxia, e mesmo a Deus, o desempeño diario do oficio atopaba a excelencia na repetición exacta do modelo en quendas establecidas ou tarefas marcadas desde a cúspide da pirámide de cada unidade de produción, xa fose o xefe de taller ou ben o propietario 11, do mesmo en función do ritmo da demanda. O ideal do oficio neste período consiste na repetición e na consecución de obxectos idénticos ó modelo. E, se ben é certo que os modelos sufriron cambios, o paradigma do artesán non reflectiu variación ningunha perseguindo unha e outra vez a reprodución exacta.\nA exaltación por reiteración da mestría no torno alto, que supoñía un condicionamento tecnolóxico de maior consideración que o torno baixo 12 ou o modelado a man, levaba aparellada a estimación de quen acadase ese nivel de control, pero cando esa estimación se presenta afectando só ó xénero masculino consideramos que está mediatizada por unha visión binaria e xerarquizada do oficio que non debería de ser a correcta 13 ou, cando menos, non a única se se aplica en termos de capacidade individual. Do mesmo xeito, restrinxir a catalogación de oleiro para quen moldea dentro da estrutura de produción tampouco sería adecuado. Hai que evidenciar que, en primeira instancia a olería desenvolveuse alí 14 onde a cortiza terrestre ofrece a presenza das materias primas precisas para que existan oleiros. Sobre esta limitación inicial, as unidades de produción, que coinciden coas unidades familiares, de tal xeito que, nunha sociedade caracterizada por modelos de parentesco en primeiro grado extensos o desempeño da actividade oleira abrangue a totalidade de compoñentes da casa e, se ben presenta diferenzas internas considerables —en función dos dous factores, xénero e idade, que resultan sempre distintivos dentro do mesmo grupo social—, identifican a todos e cada un dos membros da familia. Por suposto que existía “unha certa división sexual do traballo (…) pero esta división era bastante flexible” (Aalten 2012: 74).\nTodos os recursos humanos dunha casa de oleiros se etiquetaban en función da súa proximidade ó barro sen distinguir entre as fases internas dos procesos nin no que se refire á produción nin ó que atinxe ás vendas. Cada individuo integrábase como un elo imprescindible na cadea de produción, en termos ‘fordistas’, para realizar as tarefas que podían ser cualificadas como principais e secundarias na elaboración do discurso pero que, na realidade, resultaban, todas elas, imprescindibles. Nas interpretacións clásicas do oficio considéranse como principais as fases de torneado, que pode incluír como apéndice a decoración, e de cocción, fronte ás secundarias de consecución da materia prima, tratamento e preparación das pastas, secado, achega de materiais combustibles e venta.\nPois ben, nos estudios e rexistros da actividade levados a cabo ata o de agora, as mulleres aparecen relegadas ás tarefas catalogadas de segunda orde fronte á primacía dos varóns exercendo o poder a través da reserva para o xénero masculino das actividades máis destacadas do proceso de fabricación. Non é a nosa intención poñer en dúbida, nin por un intre, a condición de subordinadas das mulleres nun sistema patriarcal pero, canto dese sometemento non responde a manter unha interpretación interferida 15 pola ideoloxía dominante máis aló dos feitos constitutivos? Entender os febles como obxectos sen capacidade de axencia non incorpora unha ollada en feminino ás análises e, no caso das mulleres, entendemos máis apropiado empregar a proposta de equilibrio entre a estrutura e a axencia de Ortner cando empregou o concepto de serious game (Ortner 1996) como marco teórico para entender que, se ben todos os suxeitos estamos dirixidos polas regras sociais\ne motivados por obxectivos tamén sociais, actuamos sobre eles de acordo con interpretacións e estratexias persoais.\nAs mulleres oleiras, que eran todas aquelas que traballaban co barro e non só as que facían no torno, eran suxeitos con ocupacións en tarefas imprescindibles no proceso de fabricación, pero seguimos a velas como as que axudaban. Sirvan de exemplo as seguintes consideración: elas eran as que carretaban os cestos de barro desde as barreiras ata os carros para transportalo cara ás casas, eran elas as encargadas de repasar un por un os fondos de pasta antes de poñelos no torno para evitar as feridas que as pedras non retiradas podían chegar a facer —coa velocidade da roda calquera extremo agudo podía producir cortes importantes o que provocaría, en caso de infección, a perda temporal dese traballador— nas mans que torneaban, eran elas as que trasfegaban cos cacharros nas distintas fases de secado —primeiro nos caínzos da cociña, despois fóra, finalmente ó sol nunha muda constante de quita aquí e pon alí—, eran elas as que ían pola leña, preferentemente de carqueixa ou uces, para cocer, as que a cortaban no monte e as que a carretaban en feixes ata o forno, eran elas as que estaban para dar as pezas de unha en unha cando se enfornaba e as que preparaban as gavelas de leña para atizar, eran elas as que coa desaparición da calor baleiraban o forno e tamén as que protexían as pezas para transportalas ata as feiras.\nPero ademais, houbo mulleres desde finais do século XIX ata un pouco máis da metade do XX en Galicia que exerceron na súa totalidade o oficio da olería en estrito senso, xa que elaboraron coas súas mans as pezas de barro. O sometemento feminino nos discursos xerados que en tanto en canto son actos da linguaxe e “non poden explicarse só como actos lingüísticos, ou só como actos do entendemento, separados da acción social” (Rodríguez Campos 2001:11), prodúcese de xeito dispar na olería en función do desenvolvemento tecnolóxico presenta no acto de crear as pezas. No caso das cerámicas modeladas e das moldeadas en torno baixo establécese un vínculo automático entre a existencia de mulleres realizando esas tarefas e a postura corporal necesaria para levalas a cabo. Normalízase así a presenza de mulleres nesas olerías porque se levan a cabo sentadas no chan ou en pequenas banquetas, cando non, directamente, de xeonllos. A simple imaxe corporal asociada a ese xeito de facer propicia que a actividade permita ás mulleres acceder ó espazo sacralizado por excelencia; isto é, o torno. A evidencia visual acéptase, así, como símbolo de claudicación en termos de control social.\nPara os lugares nos que se emprega o torno alto, a visión androcéntrica dominante habilita, cando menos, dúas vías para rebaixalas na súa consideración social. Primeiro mediante a excepcionalidade, facendo delas rara avis en situacións que non podían ser menos que normais. Neste grupo estarían as explicacións para a presenza feminina no torno naquelas zonas tecnicamente asociadas ó torno alto no que este aparece restrinxido ós homes; neses casos, atoparíanse aquelas mulleres que constituían o temón da unidade familiar ben por morte do marido ben por incapacidade deste. En ámbalas dúas circunstancias a xustificación vén dada pola necesidade, case nunca entendida de maneira individual senón como nai que no exercicio da función que por natureza lle corresponde fai cacharros de barro para alimentar os fillos, como se o desempeño habitual do oficio non tivese per se esa mesma finalidade. Cando as mulleres ocupan os espazos asignados socialmente ós homes precisan da escusa da maternidade para poder manterse neles. Pero hai, vinculada a este carácter de excepción, outra pauta nos discursos que evidencian a existencia desas mulleres non tanto como cabezas de familia —por acceso forzoso, iso si— senón como expertas oleiras e que constitúe a segunda das formas de mantelas sometidas nun nivel inferior: o seu desempeño do oficio reduciríase a producir só as pezas de menor tamaño. Nestas ocasións bótase man da forza física en función do volume acadado polas pezas grandes para salientar a necesidade dun home fronte á debilidade fisiolóxica da muller que lle impediría poder levar a cabo o traballo. Curiosamente esta limitación só se localiza na fase de torneado, como se as outras fases da olería ou os outros labores asignados ás mulleres dentro do organigrama familiar non tivesen ningunha relación coa forza. Tal afirmación só pode ser realizada, fóra das consideracións ideolóxicas do heteropatriarcado, por quen nunca foi, por exemplo, lavar a un río ou pia, unha tarefa exclusivamente feminina de máxima dureza en canto a esforzo físico e que, en concreto en Galicia, na maior parte do tempo, se facía nunhas condicións climatolóxicas para nada benévolas o que incrementaba a súa dificultade.\nDa propia transmisión do oficio durante o tempo aquí referido evidenciase que non podía existir ese condicionamento físico para o control do torno polas mulleres e que, na realidade, esa circunstancia responde a unha norma social. Cando os oleiros desa época describen a súa aprendizaxe afirman que nunca recibiron unha formación específica, que aprenderon desde nenos por imitación, incluíndo a roda entre os seus xogos infantís e aproveitando os descansos dos homes que estaban a traballar nelas. Eles tamén din que, nas zonas de torno alto, o seu reducido tamaño non lles permitía xogar no torno de xeito individual xa que non daban a altura mínima precisada de tal xeito que o facían como pouco entre dous: o que exercía a forza motora abaixo e o que moldeaba arriba. Neses comezos da actividade as nenas xa non participaban do xogo e aí non se poden aplicar as xustificacións de que non tiñan suficiente forza xa que nin o procedemento nin os efectos tiñan pautados un resultado e, polo tanto, non debería de ter sido impedimento para que as cativas tamén xogasen coa roda, cousa que non ocorría a non ser que estivesen aprendendo o oficio.\nPor se a análise derivada das fontes orais non resultase concluínte, a arqueoloxía data con precisión que “en términos generales, la mayoría de los alfareros estudiados etnográficamente aprenden a modelar entre los siete y diez años y continúan su formación durante unos dos años” (WallaertPetre 2001). Isto sitúanos arredor dos doce anos, a data na que un rapaz era quen de facer cacharros e fai máis difícil de entender, se cabe, por que unha muller adulta non é capaz de superar en capacidade física —base da argumentación— a unha crianza de tan curta idade que aínda non superou a adolescencia. Se o mundo se constrúe a través da narración, neste caso os discursos que explican por que se freou o acceso ó torno das mulleres evidencian que era unha decisión social disfrazada de protección na que se recorre á falta de forza ou de envergadura física delas pero que, en realidade, buscaba retelas na infancia para atribuírlles, a continuación, na necesidade dun titor vital. Nelas estaba o problema e, desde fóra, se lles proporcionaba a solución. A última das evidencias para asentar a nosa interpretación atopámola na que será a derradeira fase do período estudado e será, polo tanto, máis adiante onde\nretomaremos esta cuestión.\nA partir da década dos anos 60 a sociedade galega entra en profundos cambios que rematan por desarticular toda a tremoia á que nos estamos a referir como consecuencia da aparición en competencia das mesmas pezas pero realizadas con materiais sintéticos máis lixeiros e perdurables como o plástico ou o cristal. Pero neste proceso de abandono da actividade tamén temos que barallar as claves de acceso a outros horizontes vitais grazas ó capital acumulado por parte dos oleiros e ó desexo de abandonar unha actividade marcada con estigmas negativos polos que a olería tradicional perde fol en Galicia e entra nunha etapa cualificada como os anos dos “alfares en silencio” (Freire Paz 2004: 523). A maior parte da unidades familiares dedicadas ata entón á olería abandonan o oficio que se mantén con moitas dificultades a base de casos illados cunha forte pegada do carácter complementario, e en numerosas ocasións anecdótico, que adquire o traballo nas rendas do grupo familiar desde o punto de vista económico e onde cobra especial forza a presenza individual do artesán. Xa non se pode atopar en Galicia deses anos familias dedicadas integramente á produción de cacharros de basto fóra dos talleres asentados en Buño cuxa olería se subsumía de maneira máis evidente cara a faceta decorativa da cerámica. As marxes quedan ocupadas por oleiros que manteñen unha produción mínima, transformada en xeral nos tamaños e nas decoracións cada vez máis profusas así como no uso de impermeabilizantes, vernices e esmaltes de todo tipo que achegan as pezas á demanda non moi significativa da olería popular como souvenir asociada á vertente lúdica dun incipiente turismo cultural que tamén achega ás aldeas de oleiros a estudosos do tema que buscan recoller testemuñas dun pasado continuo que entenden a punto de desaparecer para sempre.\nNestas circunstancias e cunha cada vez maior emancipación feminina, as mulleres comezan a chegar desde fóra, e este é un dato moi importante, á olería galega da man de dúas condicionantes básicas: unha consideración artística do oficio ata entón nunca evidenciada en termos performativos e as posibilidades de formación oficial ou cando menos regrada da actividade. As mulleres que se achegan ós alfares galegos nas décadas dos 70, 80 e incluso 90 non o fan como relevo xeracional correspondente porque xa non hai mercado que cubrir con eses produtos nin elas emerxen, nin de xeito individual nin colectivo, do grupo que os producía. Antes ben, á olería tradicional chegan as mulleres nesa altura polas súas posibilidades de absorber o xénero feminino pola súa proximidade ás ‘manualidades’ 16 e o desenvolvemento dunha faceta artística en clara consonancia co estereotipo feminino de delicadeza e habilidade manual. Os mesmos corpos para os que o torno estaba vedado uns anos antes comezaron a aproximación a eles a cambio de recubrirse de arte 17, xa fose esta figurativa ou abstracta.\nNeste período a olería galega queda subsumida nunha etapa de amnesia colectiva na que perde os significados outorgados no contexto precedente, o que posibilita a súa metamorfose ben entrada a década dos 90.\nMulleres oleiras: dando corpo á tradición\nLuciano García Alén recollía no ano 1983, na primeira edición da súa obra La alfarería de Galicia, a evolución da olería galega e concluía: “Podría considerarse, como resumen, que de 500 talleres de alfarería que existían por el año 1930 en el área de Galicia, no llegaban a 35 los talleres en activo por la década de los 70” (García Alén 2008: 213). Os datos non ofrecen lugar a dúbidas e semellaban anunciar unha morte irreversible de forma inminente. De terse mantido as, desde un punto de vista social, nunca precisas contas matemáticas en pouco máis de tres anos deberían de ter desaparecido todas as pegadas dos cacharros de basto no noroeste peninsular, xa fose por abandono absoluto da actividade ou por derivacións cara a gustos estéticos moi distantes dos catalogados como tradicionais. E, non obstante, ese proceso non terminou de levarse a cabo pola introdución de dúas variabeis definitivas: por unha banda, a intervención institucional; pola outra, a incorporación plena das mulleres a un oficio que, cando menos desde o relato 18 colectivo se\npresentaba como masculino. 16 Na segunda acepción deste termo o dicionario da Real Academia Española (RAE) recolle os traballos manuais propios dos escolares. Apréciese, de novo, a vinculación entre as tarefas susceptibles de seren realizadas polas mans femininas e as crianzas. 17 Para un coñecemento máis pormenorizado da cerámica creativa en Galicia no que, ademais, se recolle de maneira máis que precisa a incorporación das mulleres a ese reduto artístico, Vid Garrido Moreno (2001). 18 Debemos anotar aquí que os oficios tradicionais respondían na súa totalidade a unha completa masculinización explicada en termos de dominio do coñecemento —realizar un oficio implicaba sempre unha aprendizaxe específica— coas únicas excepcións daqueles que podían estar relacionados co tecido: coser, zurcir, bordar, tecer, etc. sempre foron actividades desenvolvidas polas ‘Penélope’ de Galicia.\nNo derradeiro dos apartados deste traballo daremos conta dos cambios acontecidos na olería tradicional galega nos últimos case trinta anos e localizaremos neles, de novo, os espazos habitados polas mulleres nos que se leva a cabo a ocupación total do oficio en dous tempos consecutivos: primeiro chegaron ós talleres como aprendices; despois, deron un paso adiante e asumiron a xefatura destes. Superada a fase de abandono case por completo do oficio, na que se posibilitou tamén a perda das connotacións negativas asociadas á produción ou ó emprego das pezas de barro polos estratos máis baixos da escala social o que, á súa vez, lles marcou o camiño da desaparición como elementos non desexables da cultura, a olería popular xorde de novo a finais dos anos 90 coas novas claves socioeconómicas e culturais do momento.\nOs obradoiros do barro volven traballar nunha recuperación institucionalizada do oficio no que, de xeito paradoxal, o único que se mantén inalterable é a memoria da actividade; isto é, a tradición. Nesta nova fase caracterizada pola intervención e posta en valor das pezas, en primeira instancia, como colectores de cultura e despois, por osmose, dos artesáns como portadores de saber o barro cobra novos sentidos. A olería tradicional galega ten visto alterados todos e cada un do procesos na cadea produtiva con respecto ó pasado que pretende recuperar ou manter. Desde a consecución das materias primas ata as formas de comercialización das pezas nada permaneceu estático. A olería tradicional galega actual faise para conter o discurso do pasado pero tanto a narración do proceso como as fases deste non manteñen máis que o fío da tradición como nexo condutor. Porque nada dos usos e costumes do primeiro período aquí descrito queda en pé a tradición segue viva.\nO barro mantense hoxe en Galicia de xeito moito máis reducido porque a súa demanda xa só satisface necesidades representativas e simbólicas para as que non é preciso unha produción constante senón que chega cunha selección significativa pero esporádica. Os procesos de consecución do barro e amasado téñense mecanizado, as súas proporcións reducíronse e alteráronse; o modelado modificou as formas e os tamaños, aumentou a decoración e o uso de esmaltes e impermeabilizantes de forma prolixa, os tempos do secado reducíronse e a cocción lévase a cabo en fornos eléctricos con peches herméticos sempre en pequenas cantidades. Os artesáns xa non se desprazan ás feiras 19 e mercados da contorna para comercializar as pezas e, aínda que se manteñen os acordos con determinados intermediarios ou punto de distribución indirecta, a maior parte das vendas realízase no propio taller, case convertido en, ou anexionado a, un museo. Os actuais compradores de cacharros rastrean en primeira persoa un pasado que nunca lles é propio pero que poden capturar se é aprehendido in situ porque é no santuario do taller onde o rito cobra sentido e as pezas se enchen de identidade. O traspaso da memoria queda contido para sempre nos cálices simbólicos da tradición que a dotan de materialidade e a fan tanxible pero só para aqueles que, aínda saíndo del, nunca tocaron nin foron tocados pola sucidade do barro.\nEsta nova moega pola que se filtra o oficio na actualidade serve tamén como explicación á necesaria a aceptación das mulleres recoñecidas xa como artesás oleiras. En primeiro lugar, porque para poder levar a cabo a cerimonia iniciática de apresamento —real e simbólico— do barro depositario da cultura resulta imprescindible a existencia de alguén que transmita o oficio nunha combinación que aínda que remita o pasado precisa ser levada a cabo no presente. A derradeira xeración de oleiros, mormente constituída en masculino 20, que desempeñara a actividade aínda coas claves da etapa anterior foi desaparecendo na primeira década do século XXI e, para poder acadar o relevo, foi preciso aceptar a quen estaba en disposición —vital e laboral— de asumir o desempeño dese traballo. Estas circunstancias foron as que facilitaron a chegada das mulleres 21 que agora mesmo traballan de maneira masiva na olería tradicional á fronte dos talleres de forma individual. Pero esta transformación que supuxo, de facto, aceptar as mulleres como mal menor non se produciu de xeito automático nin directo.\nConcluímos este traballo retomando unha reflexión que xa expuxemos cando analizamos a exclusión das mulleres na primeira etapa dos períodos aquí estudados en clave de xénero. A derradeira das explicacións para afirmar que manter as mulleres afastadas do moldeado respondía, non ás desculpas protectoras presentadas nos discursos, senón a unha forma de entender o mundo, atópase no feito de que as actuais oleiras non teñen alterado as súas condicións fisiolóxicas. Os mesmos corpos, outrora cualificados como débiles ou febles, serven agora para manter con vida un oficio en constante cambio. As oleiras están mediatizadas, en primeiro termo, polo seu propio a través do que constrúen a súa identidade e con cuxa historia de vida teñen que xestionar a marxe de decisión individual que permite a cultura ó mesmo tempo que casan coa tradición. Nesta altura, ser muller é a primeira das condicións desde as que se elixe ou desde as que se acepta a olería en Galicia hoxe. Como ben recolle Mari Luz Esteban Galarza, nas súas reflexións sobre o xénero e a identidade de xénero expostas por Judith Butler no seu artigo “ Performative Acts and Gender Constitution: An Essay in Phenomenology and Feminist Theory ” de 1997:\nel yo es el cuerpo, un modo concreto de encarnación, y que lo que se encarna son diferentes posibilidades históricas (...) El cuerpo es una situación histórica, una manera de hacer, de dramatizar, de reproducir situaciones históricas (...) Ser mujer es para Butler convertirse en una mujer, adaptar el cuerpo a una idea histórica, concreta, de lo que es ser mujer, así el cuerpo es inducido a convertirse en un signo cultural y una misma se materializa de acuerdo con unas posibilidades históricas determinadas, y todo esto dentro de un proyecto sostenido y repetido corporalmente (Esteban Galarza 2004: 60).\nComo vimos ó longo destas liñas, os estereotipos de xénero que Nieves Herrero (2015: 219) define como “as ideas e representacións dominantes referidas ás diferenzas entre os homes e as mulleres” flutúan en función das coordenadas desde as que se constrúen e sobre as que se desenvolven. No caso da olería tradicional en Galicia as mulleres teñen ocupado diferentes espazos condicionadas pola asignación social do lugar que lles corresponde segundo as necesidades do grupo que distribúe a orde tanto dos obxectos como dos suxeitos.\nElena Freire Paz Universidade de Santiago de Compostela\nReferencias bibliográficas identidad y cambio. Barcelona: Edicions Bellaterra. Freire Paz, Elena. 2004. La recuperación de la alfarería tradicional en la provincia de Lugo: procesos socioeconómicos y culturales. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. García Alén, Alfredo. 1980. A alfarería na literatura popular galega: cántigas, refráns, frases e modismos, adivinanzas, formuliñas dos pícaros. Vigo: Editorial Galaxia. García Alén, Luciano. 2008. La alfarería de Galicia. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza."} {"summary": "A poeta irlandesa Medbh McGuckian é coñecida desde o comezo da súa carreira literaria pola sutileza nas súas imaxes que conectan a natureza coas mulleres e coa súa corporeidade. Aínda que este aspecto ten sido estudado por moitas críticas e críticos dentro das súas posibles crípticas significacións, este traballo ten o propósito de analizar o seu universo poético, especialmente nos seus últimos poemas, desde unha perspectiva globalizadora, que aborde o corpo das mulleres en relación coa natureza máis aló do seu valor estético e literario e incardinalo desde a perspectiva biopolítica, ética e práctica. Seguindo a James McElroy (2011: 645), que bota en falla unha análise ecocrítica da poeta, a súa praxe poética será analizada desde o ecofeminismo, tendo en conta que toda crenza ou institución opresora para as mulleres causa dano aos seres humanos en xeral e á natureza toda en tanto que sistema que debe estar en equilibrio. O artigo inclúe, así mesmo, un poema inédito de McGuckian e a tradución para o galego deste por parte da autora do ensaio.", "text": "“The Feather Shop” de Medbh McGuckian: A ollada empática ás mulleres e á natureza\nMaría Jesús LorenzoModia\n[Recibido, 20 marzo 2017; aceptado, 29 maio 2017]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.50.3999\n : Medbh McGuckian; poesía irlandesa contemporánea; ecofeminismo; “A tenda de plumas”. abstract From the outset of her literary career the Irish poet Medbh McGuckian has been known for the subtle imagery which she employs to connect nature with women and their corporeality. While this aspect of her poems has been studied by many critics in the light of the cryptic meanings of her works, the current article addresses her poetic universe, especially that of her recent poems, from a global perspective, one which analyses the female body in relation to nature beyond its literary or aesthetic value, from a biopolitical, ethical and practical position. As James McElroy has observed (2011: 645), scholarly interest in McGuckian has not thus far taken an ecocritical approach and, in response to this her poetical praxis will be explored here from an ecofeminist perspective, starting out from the assumption that all beliefs or\nIntrodución\nEste traballo 1 aborda un poema inédito recente de Medbh McGuckian, remitido á autora pola poeta e titulado “The Feather Shop” [A tenda de plumas] do que se presenta o orixinal e unha tradución propia para o galego nun anexo. A traxectoria creativa desta escritora estivo marcada pola súa condición de muller desde o inicio da súa carreira. Cando no ano 1979 gañou o Concurso nacional de poesía (National Poetry Competition) de Gran Bretaña, co poema “The Flitting”, presentado con pseudónimo masculino, non lle foi entregada a totalidade do galardón ao revelarse que fora escrito por una muller nova de Irlanda do Norte e encinta de seis meses (Faragó 2014: 12). A gran polémica xerada por tal decisión e a humillación sufrida ofreceulle, pola contra, a posibilidade de publicar os seus primeiros libros de poemas na prestixiosa editorial da Universidade de Oxford, aínda que a súa traxectoria como poeta irlandesa a levase máis adiante a dar a coñecer os seus escritos por medio dunha editorial situada na república, Gallery Books, e abandonar a conexión literaria coa Gran Bretaña. Os seus textos dese tempo poñen en relación o seu mundo individual coa natureza. Xa no seu libro de 1982 The Flower Master [O mestre das flores] McGuckian usa unha linguaxe na que constrúe un mundo feminino que é case indescifrable para os que non estean familiarizados con el (Cahill 1994: 26471), e que trata un tema ben coñecido polas mulleres, a concepción, a maternidade e a depresión postpartum con referencias a imaxes florais, por exemplo en “The Orchid House” [A casa das orquídeas] (McGuckian 1982: 32), “Champagne” (McGuckian 1982: 40) ou na última estrofa de “The Flower Master” (McGuckian 1982: 41).\nO segundo poemario, Venus and the Rain [Venus e a choiva] (1984), está centrado na maternidade como reflexo da fertilidade e tamén da creatividade artística das mulleres, en particular nos poemas “Ode to a Poetess” [Oda a unha poeta] (McGuckian 1984: 12), “Dovecote” [Pombal] (McGuckian 1984: 43), ou “Another son” [Outro fillo] (McGuckian 1984: 44). Os seus textos posteriores exploran tamén campos diferentes presentando un proceso de autocoñecemento desde unha perspectiva de muller, como sucede en On Ballycastle Beach [Na praia de Ballycastle] (1988) ou Marconi’s Cottage [A casa de Marconi] (1992), no que os poemas “Charlotte’s Delivery” [O parto de Charlotte] (McGuckian 1992: 83) ou “Breaking the Blue” [Rompendo o azul] (McGuckian 1992: 84) representan unha celebración da maternidade e da chegada de fillos e do que supón no contexto particular e social das nais. Estes textos conteñen, outrosí, unha fonda reflexión arredor do papel de McGuckian como muller e poeta no conflito no que lle tocou vivir en Irlanda do Norte, e no que acontecerá nun futuro en Europa (Wills 1995: 375). A poeta analiza, pois a condición feminina e o rol das poetas desde unha perspectiva social desde o comezo da súa carreira (Shipers 20082009).\nDe aí en diante, sen abandonar o mundo persoal e feminino, a súa carreira visibiliza máis a preocupación pola situación de Irlanda, dividida entre a República independente no sur da illa esmeralda e o norte, pertencente politicamente ao Reino Unido, e cunha gran división entre católicos e protestantes, que impide ás dúas comunidades interrelacionárense en pé de igualdade. Explora, pois, a historia da illa para comprender as causas da partición e da persecución dos independentistas irlandeses ao longo dos séculos. Na súa traxectoria presenta o máis persoal como politicamente relevante e explora a historia do seu país para poder entender o mundo circundante e as orixes dos problemas do presente, que chegan á máxima de que o persoal é político, como acontece nos seguintes textos: Captain Lavender [Capitán Lavanda] (1994), Shelmalier (1998) ou Drawing Ballerinas [Debuxando bailarinas] (2001), nos que seguindo a Guinn Batten (2002: 125) o pasado faise presente e celébrase a rebelión de 1798 en Irlanda. Na súa seguinte fase, ante a dureza da experiencia, céntrase na morte e a espiritualidade, por exemplo nos libros titulados The Face of the Earth [A cara da terra] (2002), Had I a Thousand Lives [Se eu tiver un cento de vidas] (2003) ou The Book of the Angel [O libro do anxo] (2004). As súas profundas raíces católicas fan que recorra á intercesión dos anxos como elementos decisivos na vida dos seres humanos, como fixeran os surrealistas, por exemplo Rafael Alberti (LorenzoModia 2006).\nNos libros posteriores a poeta segue a facer viaxes interiores pero ao mesmo tempo cunha profunda significación para a vida social e política de Irlanda do Norte, onde se teñen producido cambios pero perviven a partición, os enfrontamentos entre as dúas comunidades e a dependencia política. Nos textos seguintes analiza os efectos desas situacións na vida física e psicolóxica da xente do país: The Currach Requires no Harbours [O curragh non precisa de portos] (2006), My Love Has Fared Inland [O meu amor traballa nesta terra], publicado no ano 2007, The High Caul Cap (2012) (O casquillo de alto alcance] e Blaris Moor (2015). Outro dos recursos característicos desta poeta nos libros publicados no século XXI é o diálogo intertextual con outros artistas e poetas pasados ou presentes e pertencentes a varias tradicións e países, tales como España (Rafael Alberti), Irlanda (Seamus Heaney), Francia (Alphonse de Lamartine), Rusia (Marina Tsvietáieva), Estados Unidos (Wallace Stevens) etc. (LorenzoModia 2005, 2010, 2016); por exemplo, no poema analizado neste traballo parece evocar “Byzantium” de W. B. Yeats, mediante a similitude coa estrutura sintáctica. Con este recurso McGuckian invoca tamén a axuda da poesía para transcender a realidade, como acontece en The Currach Requires No Harbours, e en My Love Has Fared Inland e The High Caul Cap. Con todo, a perspectiva das mulleres non a perde en ningún dos libros publicados ao longo da súa carreira poética, xa que considera que elas son as maiores catalizadoras do sufrimento do país polas maldades sociais que este sofre, inclusive, do patriarcado imperante. O seu último libro, publicado en 2015, titúlase Blaris Moor. Este texto representa outra homenaxe ás persoas que foron axustizadas en 1797 nesa localidade por teren colaborado cos nacionalistas irlandeses católicos coñecidos como “United Irishmen” [Irlandeses unidos]. McGuckian fai neste seu último libro de poemas un percorrido pola historia de Irlanda e polos sucesivos problemas políticos que sufriu e sofre na actualidade. Adicionalmente, nunha ética da empatía o libro presenta poemas sobre moitos outros perseguidos en diferentes períodos históricos por razóns políticas e relixiosas en varios países incluíndo, por exemplo, o gueto de Varsovia, comparándoos implicitamente coa situación dos católicos en Irlanda do Norte, como xa fixera nos seus primeiros poemarios.\nEsta poeta é ben coñecida en Irlanda e no mundo da anglofonía xa que ao longo da súa xa extensa carreira foi merecente de numerosos galardóns literarios, tales como os premios Eric Gregory en 1980, polo seu libro The Flower Master, recibiu o Premio Rooney Prize de poesía irlandesa no 1982, no ano seguinte foille concedido o galardón da Sociedade de Poesía Alice\nHunt Bartlett, así como o do Consello das Artes de Irlanda. On Ballycastle Beach proporcionoulle o premio Cheltenham (1989), e o poemario do ano 2006 The Currach Requires No Harbours foi seleccionado como finalista para o galardón do xornal Irish Times, denominado ‘Poetry Now’ [Poesía agora]. Entre os honores recibidos cóntanse tamén o Premio Bass de Irlanda para literatura (1991), o Denis Devlin, e o do Fondo Americano para Irlanda na modalidade de Literatura (1998). Tamén gañou o Premio Forward ao mellor poema por “She Is in the Past, She Has This Grace” [Ela está no pasado, ela ten esa graza] e foille concedido o Doutoramento Honoris Causa pola Universidade escocesa de Aberdeen en 2008 pola súa carreira poética. É unha das poetas irlandesas máis recoñecidas da xeración posterior a Heaney, xunto con Ciaran Carson, Eiléan Ní Chuilleanáin, e Nuala Ní Dhomhnaill.\nMarco teórico\nNa crítica literaria irlandesa tamén se teñen alzado voces que constatan a aplicación do paradigma ecofeminista á produción deste país. Tales son os casos de Jody Allen Raldolph (2009) ou James McElroy (2011), que exploran o estudo da poesía irlandesa contemporánea desde esta posición crítica. Este é o marco teórico no que se insire o estudo da poesía da autora de Irlanda do Norte Medbh McGuckian, e en particular dos seus últimos textos. A poeta parece estar facendo autocrítica aos seus primeiros versos nos que atopamos unha celebración da creación, da maternidade e da natureza. Sen deixar de valorar a beleza do mundo natural agora alude aos elementos destrutivos nel por parte dos humanos e á loita de parte da humanidade pola rexeneración do medio. Probablemente McGuckian entronca co Premio Nobel de Literatura irlandés Seamus Heaney, ao que a poeta coñecía ben, cando este fixo en Station Island unha autocrítica da súa poesía anterior en North e en Field\nShop” o enfoque é claramente a prol da muller pobre abusada e da natureza ferida, sen concesións á celebración da maternidade creativa. Neste senso a escritora parece estar a considerar agora a maternidade (forzosa ou non) como unha nova forma de escravitude por certos grupos de mulleres na contemporaneidade, na liña do exposto pola filósofa francesa Elizabeth Badinter en Le conflit. La femme et la mère (2010).\nDentro do equilibrio da natureza un dos elementos a considerar é o ser humano e o equilibrio co lugar no que a humanidade habita. Non obstante, esta perspectiva non reflicte a realidade toda. A poeta aprecia que a fenda aberta coa partición política da illa entre a República e o Norte, dependente de Gran Bretaña, que provén de séculos atrás, lonxe de ser provisoria faise cada vez máis definitiva e os habitantes nos que se encarna este sufrimento vense atrapados nese mundo. Neste dificultoso panorama é toda a poboación a que sofre pero as mulleres non o son menos xa que se atopan habitualmente nos fogares condenadas ao coidado das familias, descoidando o propio benestar, no ámbito do privado no que perden os seus dereitos sociais e, en ocasións, sofren humillacións ou abusos. No ambiente de violencia acontecido durante o longo período dos disturbios políticos en Irlanda do Norte, denominados eufemisticamente “The Troubles” [Os problemas], os fogares eran os lugares de curación, de asilo, de agocharse para fuxir e a poeta reflicte o trauma de moitas das mulleres do norte que sufriron nas casas o conflito non só de maneira psicolóxica senón tamén coa somatización en enfermidades e coa agorafobia. Escribir poesía é xa en si mesmo unha resposta radical desde o ámbito doméstico a esa situación independentemente do tema abordado nela. Na exploración da vida e da maternidade, xa desde os seus primeiros libros hai moitas referencias á propia nai relacionándoa coa creación e a poesía, xa que sufría doenzas e amputacións no fogar e representou un símbolo de vida e de resistencia, como acontece nos poemas “Yeastlight” [A luz da levadura] e “Woman with a BlueRinged Bowl” [Muller cunha cunca con borde azul] pertencentes a On Ballycastle Beach. O mesmo acontece en The High Caul Cap, que inclúe “The Blood Trolley” [O carro de sangue] no que, para imaxinar á nai morta no ceo, primeiro pásaa polo inferno do gueto de Varsovia, segundo a poeta expón nunha entrevista recente (O’Malley 2013).\nDo mesmo xeito, en “The Marcella Quilt” trata sobre a servidume da condición feminina no patriarcado pero de maneira especial as irlandesas\nen Londres, debido á súa posición de inferioridade tripla como pobres, estranxeiras e procedentes dunha terra colonizada polo Imperio Británico (LorenzoModia 2016: 13653). Porén, en Blaris Moor trata desa mesma dominación histórica no Norte de Irlanda e como esa servidume é especialmente lesiva para as mulleres.\nAnálise de “A tenda de plumas”\nCómpre deterse de maneira particular nun poema inédito, “The Feather Shop” [A tenda de plumas]. Esta versión galega reflicte a interpretación do poema orixinal de McGuckian escrito en inglés e as citas deste perden a condición de seren literais, por iso se incorpora o texto orixinal ao carón da tradución e mesmo en citas puntuais no ensaio. O propio título do poema, “A tenda de plumas”, refírese á comercialización de produtos que proveñen dos animais. Desde as primeiras civilizacións as plumas dos paxaros son recollidas cando lles caen e aparecen nos campos e camiños onde estes aniñan ou abundan, nun proceso cíclico natural. O símbolo presente no título provén do chocante que resulta que se comercialicen ao por maior ata o extremo de que exista un comercio organizado deses produtos escasos que ocasione a sobreexplotación das aves, emblemas por excelencia da liberdade. Namentres a recollida ou o cultivo sostible dos bens que proporciona a natureza é algo que na mentalidade colectiva está considerado como positivo, o feito de que exista un comercio parece indicar que estamos ante a cría intensiva ou a matanza das aves para o enriquecemento humano baseado nos seus subprodutos, coas consabidas consecuencias de abuso dos animais. A imaxe dos paxaros engaiolados é ben coñecida na poesía en xeral e tamén na de McGuckian e nalgúns dos seus poemas, por exemplo en “Aviary” [Aviario] xa ten propugnado a liberación de todas as aves (Porée 2008: 20).\nA primeira estrofa do poema xa anuncia unha das claves da interpretación ecocrítica, a falta de amor ao propio país, “loveless country”, e á terra en xeral como lugar de vida e, en última instancia, como planeta. Isto vese reflectido na organización territorial e no proxecto urbanístico da paisaxe, tendo en conta a polisemia do substantivo ‘country’, que se refire tanto ao país como á paisaxe, isto é, á expresión das pegadas dos habitantes da terra na súa xeografía física e mesmo na vida animal e humana. Así pois, a utilización pola poeta deste nome permite abranguer na lectura todas as posibles acepcións do termo e ten consecuencias semánticas desde a perspectiva ecocrítica, xa que se refire á situación ecolóxica dun territorio e mesmo do planeta. No final do poema a voz narrativa revela que a falla de amor terá consecuencias directas fatais na vida das mulleres, e en particular das máis pobres. Aínda que se opera no territorio sen amor, e sen coidar a natureza, a voz poética parece indicar que hai certos sinais de recondución dos feitos xa que se están a trazar camiños na paisaxe de maneira delicada por parte da xente consciente do problema ecolóxico existente: “They are gently setting roads/ Into the landscape [...]” (versos 23). Porén, a lectura destas liñas non parece ser totalmente positiva xa que a construción dunha estrada por parte do poder encargado da organización territorial produce indefectiblemente unha fenda na propia paisaxe. Cabe tamén a interpretación de que as persoas que se preocupan pola degradación da natureza fan novas estradas ou leitos para o río, que foi desprovisto do camiño que a auga fixera por si mesma, de maneira natural, e que agora hai que facer de maneira artificial para corrixir a desfeita previa. A voz poética refire a utilización de construcións respectuosas coa terra, denominadas en inglés “passive houses” [casas pasivas] (verso 3), e estruturas que aproveitan os recursos hídricos tales como os “xardín[s] de auga de trebóns” (verso 10), que canalizan e amainan a auga da choiva por baixo do céspede dos parterres. A iniciativa das persoas comprometidas trata de poñer amor na paisaxe por medio da resignificación da natureza non humana facendo que pase de obxecto a suxeito por medio do que se coñece como bioética (Huggan & Tiffin 2010: 12) evitando os prexuízos antropocéntricos (Glotfelty & Fromm 1996: xix). Tentan, así, evitar a solastalxia ou angustia física e psíquica causada pola degradación medioambiental ou o cambio climático (Albrecht 2003: 4144).\nA segunda estrofa do poema contrasta coa anterior ao comezar coa presentación da existencia de novos edificios, se cadra rañaceos, que presentan fachadas con cantos nos que o vento afina o seu son (verso 5). Esta parecería unha visión positiva pero a idea vai esmorecendo namentres que seguimos a ler as restantes liñas desta segunda estrofa nas que se fala ao tempo da polinización das flores mediante o ar e da desfloración que pode estar no camiño dunha filla, pasando pola frixidez dos corazóns dos paxaros, relacionados ambos probablemente coa tristura polo engaiolamento e a desfloración (versos 68). Como é sabido a complexidade dos textos de McGuckian, mesmo no nivel da sintaxe ou o vocabulario é deliberada, de forma que se poida tirar unha plurisignificación que vaia tomando forma na mente do/a lector/a no final do poema, na meirande parte das veces de forma subliminar.\nCoa lectura da terceira estrofa atopamos un cambio de terzo. Nela a voz poética relaciona o caderno da escritora cun xardín no que se cultivan flores de iris con claras connotacións de sexualidade feminina, e no que se retén a auga dos trebóns, para amainala, limpala e poder pintar un trazo case vívido. Nesta representación verbal dunha imaxe, ou ‘ecfrase’, o oficio de poeta é comparado co de pintora. Indícase, tamén, o interese da voz poética polos novos xardíns ecolóxicos nos que se almacena e decanta a auga da choiva no subsolo para retela e reciclala co fin de manter a vida do xardín tamén cando haxa escaseza dela. Esta estrofa marca un cambio fundamental no poema pero tamén conecta as dúas primeiras coas dúas últimas estrofas, nas que a vida da natureza aparece directamente conectada coa vida das mulleres e cos seus condicionantes polo feito de selo. Xa no pasado a poeta ten aludido ao seu xardín en termos de miniatura sen desexar máis que a conceptualización do retiro pastoril para referirse a temas de maior calado, como no poema que nos ocupa (Potts 2011: 118).\nNa cuarta estrofa prodúcese o sobresalto de sabermos que unha muller foi xulgada (verso 13). A sorpresa acrecéntase cando se indica que este xuízo se produce na feira de contratación “loosening Fair” (versos 1314). En Irlanda e noutros lugares como Galicia, no século XVIII a aínda na actualidade, había feiras nas que se vendían e mercaban animais e mercadorías varias, situadas en diferentes sectores ou dependencias do campo da feira e agrupadas por gremios. Nestas feiras había tamén unha zona na que eran contratadas as mulleres de servir para seren levadas a traballar ás casas dos amos. Aínda no século XX esta contratación verbal e pública seguía a ser común nas feiras e mercados en Galicia, e na cidade da Coruña facíanse na actual Praza de Pontevedra ata os anos sesenta. Como acontece no poema de McGuckian, as mulleres, moitas delas non dispoñían dun fogar propio debido á súa posición de inferioridade na escala social. O patetismo de seren pobres de solemnidade vese acentuado pola soidade e por dárense á bebida para esquecer a súa situación de necesidade material e espiritual. Neste tipo de feiras as mulleres eran catadas como as bestas pola súa aparencia física. Nesa situación as mozas non teñen posibilidades de ter unha vida amorosa regular por estar recluídas en casas illadas e nalgunhas ocasións descoñecen que serán posteriormente seducidas polos amos da facenda, como acontece en moitos textos literarios dos séculos XVIII e XIX, tales como as novelas de Samuel Richardson Pamela e Clarissa ou Jane Eyre de Charlotte Brontë. O poema inclúe un obxecto doméstico, “parafuso de cama” (verso 16), sen gran valor material, como parte do roubo cometido pola moza na casa de servir xunto cuns pratos. Ben parece que este elemento da cama pode estar aquí máis polo seu valor simbólico desde o punto de vista sexual e material, para que nese leito non poidan ser cometidos máis actos infamantes coas mulleres que puidesen levar a unha procreación ilícita (verso 20). A lectura máis plausible do poema leva a pensar que os pratos que lle atopan, e polo que a levan a xuízo, son un botín moi escaso pola infamante conduta da que puido ser obxecto na casa na que estaba de criada. Mesmo se non houbo unha violación o feito de ter que deixar a casa acusada dun delito, despois de ser seducida, pode obedecer á xenreira do amo pola negativa da moza a unha relación amorosa en desigualdade de posicións. Porén, o corpo da criada é utilizado como mercadoría e lugar de dominación e un posible pracer sexual por parte da moza pode ser considerado infamante pola sociedade, que non lle permite o dereito de amar fóra do ámbito institucionalizado. Na crueza da identificación tradicional das mulleres cos seus corpos, elas non os rexeitan en si mesmos senón que buscan maneiras de reconceptualización da súa natureza como organismos con integridade e ao tempo transformatividade (Shildrick & Price 1999: 19), e reaccionan contra a dominación sufrida pola súa subordinación, e propugnada historicamente desde a teoría política platónica, no ámbito do privado (Rose 1999: 363). Prodúcese no poema a deconstrución da lóxica do dominio e chégase ao recoñecemento dos aspectos emocionais da natureza humana e da súa resignificación. Desde esta perspectiva elimínase a cousificación da natureza e a consideración como obxecto de uso e abuso, e o mesmo asúmese que ten de acontecer coa muller evitando as tensións entre a sociedade e o medio natural (Vakoch 2012).\nÉ ben coñecida a praxe desta poeta de tomar anacos de texto de diferentes fontes bibliográficas, anotalos nos seus cadernos de notas e despois compoñer con eles poemas diversos, habitualmente en soidade e horario nocturno, segundo lle confesou á autora do artigo. Este proceso creativo, asimilable aos enxertos nas plantas dun xardín, pódese constatar na revisión dos seus poemas manuscritos, depositados en Carolina do Norte, na Universidade de Wake Forest dos Estados Unidos, que tamén acolle a editorial máis grande de poetas irlandeses en América e publica aló os seus textos. Nesta ocasión, a información provén de textos de investigadores da pobreza no longo século XVIII británico tales como Tim Hitchcock e Robert Shoemaker publicados, respectivamente, en 1997 e 2015 e titulados Chronicling Poverty: The Voices of the English Poor 16401840, e London Lives: Poverty, Crime and the Making of a\nModern City dos que toma varias frases para o poema, entre outras as seguintes: “unlawfully begotten on her body” (Hitchcock 1997: 70) e o detalle de que a unha muller chamada Grace Powell condenárona en 1736 por posesión ilegal dun “parafuso de cama” (Hitchcock et al. 2015: 136). No tocante ás solucións para a supervivencia da natureza nas cidades posindustriais toma “gently setting roads into the landscape” do artigo de David Leven, e “os xardíns de iris” e a “auga dos trebóns” do escrito por NinaMarie Lister, ambos os dous do libro titulado Designed for the Future: 80 Practical Ideas for a Sustainable World (Leven 2015: 164; Lister 2015: 114).\nConclusión\nEsta análise expón a ollada empática ás mulleres e á natureza por parte de Medbh McGuckian no poema “A tenda de plumas”. Tamén se representa nesta composición o esforzo da poeta por pintar en trazos vívidos esta situación existente desde tempos pasados e da que se culpa ás propias mulleres. “A tenda de plumas” reflicte o politicamente máis revolucionario na actualidade que é a conservación dos valores ou herdanzas recibidas: a vida humana en simbiose e equilibrio coa natureza. Por iso é necesario reconducir as nosas vidas con accións simbólicas e reais, grandes e pequenas, que nos devolvan ao paraíso perdido na terra, do que nos afastamos nunha deriva imparable. McGuckian conclúe que a natureza e as mulleres son convertidas na alteridade subordinada, usadas para consumo masculino debido á desigualdade histórica destas (Puleo 2011), cousa que non é doado de descubrir mesmo para as mulleres, como sucede no poema no que a muller se dá conta da realidade nun momento de visión: “Damascene moment” (momento no camiño a Damasco) (verso 18). O que preconiza o ecofeminismo é que as relacións humanas co medio natural deben estar informadas pola ética da igualdade e o respecto que permite os discursos emerxentes de grupos suprimidos (Heffes 2013).\nMaría Jesús LorenzoModia\nUniversidade da Coruña\nFaragó, Borbala. 2014. Medbh McGuckian. Lanham, MA, USA: Bucknell University Press/ Rowman & Littlefield.\nEuropean English Messenger, nº 13 (2), pp. 3543. LorenzoModia, María Jesús. 2005. “Because God is Forbidden to Perform Miracles in this Place’: Medbh McGuckian’s Sense of History”, en Thistles. A Homage to Brian Hughes, Homenaje a Brian Hughes. Essays in Memoriam. Ensayos in Memoriam. Vol. 2 (ed. Francisco Yus). Alicante: Universidad de Alicante, pp. 175185.\nTHE FEATHER SHOP\nAlthough the country is loveless They are gently setting roads Into the landscape, passive houses, Room for the river.\nThe building finetunes its facades As when one blows on a flower Or birdhearts so proudly frigid Lines on a daughter path.\nMy notebook was like my garden, Iris garden, storm water garden. It holds, slows and cleans water To a nearly vivid streak.\nWhen she stood trial at the loosening Fair, recently widowed, penniless, Drunk, for the theft of six Pewter plates and an iron bedscrew, I saw her pull two out of her bosom, Her Damascene moment, her sacrament money, Her elopement from the house and infamous Behaviour, unlawfully begotten on her body.\nMentres que o país está sen amor\nO seu momento no camiño a Damasco, o seu diñeiro sacramental, Comportamento, ilegalmente fecundado no seu corpo."} {"summary": "A resonancia nasal vocálica e o punto de articulación palatal constitúen dous riscos escriptolingüísticos amalgamados e confrontados na súa representación gráfica, o cal dá lugar a interpretacións e (de)codificacións ambiguas ou conflitivas por parte do lector e editor dun texto medieval. A lineta ou trazo supralinear, ademais de ser o sinal abreviativo por antonomasia (de aí a súa común denominación como trazo xeral de abreviación), tamén se conforma como unha subunidade grafemática de carácter diacrítico, representativa dos trazos articulatorios antes citados (vogal nasal e consoante nasal palatal) e con capacidade de distinguir grafías simples (ex. , ) de complexas (exs. <ã>, <ñ>). Convén achegarse a esta circunstancia desde unha perspectiva crítica, puntualizando cuestións de índole grafemática, fonética e ecdótica, cun duplo obxectivo: por un lado, avaliar a rendibilidade fonográfica do trazo superior e a súa adecuación á evolución interna do galego en época medieval; por outro, precisar ou, de ser o caso, adaptar os tradicionais criterios editoriais aplicados na presentación crítica dunha obra medieval tendo en conta a análise do usus scribendi detectado no texto.", "text": "A representación gráfica da nasalidade vocálica e do trazo palatal no galego antigo e o seu tratamento editorial\n\nLingüística histórica, edición de textos, galego medieval, (des)nasalización vocálica, nasais palatais\nSumario, ISSN 1989578X\nEsta investigación enmárcase nos proxectos Xelmírez. Corpus Lingüístico da Galicia Medieval e Transcrición paleográfica de obras medievais, ambos os dous desenvolvidos no seo do Instituto da Lingua Galega.\n1. I ntroducIón\nO obxecto de estudo deste traballo é e a identificación e análise da lineta ou trazo supralinear (comunmente denominado trazo xeral de abreviación), entendido non só como un sinal abreviativo, senón tamén como unha subunidade grafemática de carácter diacrítico, isto é: con capacidade de representación dun trazo articulatorio (vocálico ou consonántico) asociado ao(s) grafema(s) presente(s) na cadea gráfica, que, ademais, permite distinguir entre grafías simples (ex. , ) e complexas (exs. <ã>, <ñ>). Así, o trazo superior pode indicar o modo de articulación dunha vogal (vogal nasalizada, por elevación no grao de constrición: <ã, ẽ, ĩ, õ, ũ>), ou o punto de articulación dunha consoante (nasal palatal: < n ̅ > → convencionalmente reinterpretado como <ñ>). Interésanos, por tanto, estudar a rendibilidade fonográfica da lineta e a súa adecuación á evolución interna do galego en época medieval. Para iso repararemos en tres riscos grafofonémicos de especial relevancia: a representación da (des)nasalización vocálica (§ 2), a representación dos hiatos gráficos e o uso das plicas (§ 3) e, por último, a representación da consoante nasal palatal (§ 4). Por outra parte, interésanos tamén reflexionar sobre a descodificación deste sinal diacrítico por parte do editor de textos medievais galegos, xa que en certos casos a interpretación resulta conflitiva e pode estar condicionada por diferentes factores (extra) lingüísticos. Neste sentido, á hora de editar un texto medieval (documental ou literario), consideramos fundamental contar cun primeiro asentamento paleográfico que nos permita despois a súa conversión razoada e contrastada nunha presentación crítica ou edición interpretativa 1.\nPara o estudo deste risco escriptolingüístico tomaremos como exemplo un texto baixomedieval de carácter literario: a sección galega da Historia Troiana (= HTg), un manuscrito orixinariamente redactado en castelán na segunda metade do séc. XIV (ca. 136569) cuxas lacunas textuais, provocadas por unha importante deterioración e mutilación do seu soporte, foron restituídas en galego pouco tempo despois (ca. 136971) 2. Esta sección galega abrangue 159 páxinas (a 2 columnas) intercaladas entre as planas castelás sobreviventes do manuscrito orixinal, e foi escrita nunha gótica «bastarda posada de cuerpo y cálamo medios en tinta marrón. Bastante abreviada» (González Pascual 2000: 247) 3.\n2. r epresentacIón da (des) nasalIzacIón vocálIca\n© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 87106\nción das antigas vogais nasais foi o declive do seu rendemento funcional, dado que o número de oposicións era moi baixo. En consecuencia, no plano das grafías produciuse o reflexo desta paulatina desfonoloxización, dando pé a unha situación de análise especialmente complexa, xa que a presenza ou ausencia da lineta superior non tiña por que reflectir unha correspondencia fonográfica biunívoca:\nA permanencia inercial das tradicións gráficas herdadas contribuiría ademais a obstaculizar a pecepción da innovación lingüística, xa que as vellas solucións gráficas (< -ão(s), -ãa(s), -ães, -ões, -õos...>) poderían representar tanto vocais con resonancia nasal como vocais seguidas de consoante nasal. O til podía asumir a representación de ambas as formas de nasalidade (Mariño Paz 2002: 113). Na sección galega da Historia Troiana identificamos tres situacións gráficas distintas en que se ve implicado o trazo superior con este valor e para as que consideramos que se debe xustificar a intepretación e intervención editorial: (1) valor único de marca de resonancia nasal vocálica, (2) carácter anfibolóxico do trazo superior e (3) carácter polivalente do trazo superior.\n2.1. Valor único de marca de resonancia nasal vocálica\nEn primeiro lugar, malia a “permanencia inercial das tradicións gráficas herdadas” (Mariño Paz 2002: 113) a que faciamos referencia antes, convén mantermos sempre na edición o uso único do trazo supralinear como marca da resonancia nasal vocálica, con independencia do seu grao de funcionalidade (maior, menor ou nula resonancia na época: exs. bõa, lũar, órfõos, barregãa, densũu) e en calquera dos contextos posíbeis 5 :\n(1) Casos de desnasalización completa moderna, en que a perda da resonancia nasal non implicou a xeración de ningún tipo de consoante: en posición tónica (exs. allẽo, cadẽa, chẽo, lũa serẽa), pretónica (exs. avĩir, gẽeraçón, lũar, nomẽados) ou postónica (exs. órfãa, oucíãao ‘océano’, sávãas). (2) Casos de posíbel xeración dunha consoante nasal na marxe silábica posnuclear: en posición interior (ex. mẽeziña) e final de palabra (exs. arções, barregãa, bẽes, prijũes, solirgiãaes, vilão). (3) Casos de desenvolvemento xeneralizado de consoante nasal velar na marxe silábica posnuclear (exs. algũu, consũu, densũu, hũu, nengún/nehún, sõo ‘P1 pres. ser ’). (4) Casos de posíbel xeración de consoante nasal na marxe silábica prenuclear, ben palatal (exs. Agostiño, contiña, conviña, teña), ben velar (exs. algũa, hũa, nengũa/nehũa). (5) casos de desenvolvemento do grupo consonántico [ N g] (ex. enader ‘engadir’). Do mesmo xeito, cómpre respectarmos a omisión (in)voluntaria do trazo, que pode darse de xeito sistemático (exs. rédea, siestro) ou alternante con outros procedementos gráficos vinculados á (des)nasalización vocálica (exs. ciinsa ~ ciisa, dões ~ doens, ẽamigos ~ iamigos ~ enmiigos). Esta decisión editorial afectará tanto aos casos en que a resonancia nasal estivo motivada por un proceso de asimilación anticipatoria da nasalidade (exs. avelão, corõa, estrãezas, infanções, lução, órgõos, razõar, tẽer, torvões), como naqueloutros en que puido haber un proceso de nasalización progresiva a partir dun /n/ ou /m/ explosivos (exs. mão ‘malo’, mẽesmo, mẽestría, mẽo ‘medio’, miña, não, nẽhún, niño ‘< nidu ’). 5 Seguimos a clasificación proposta en Mariño Paz 2002.\n© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 87106 Con respecto ao hiato postónico , xulgamos conveniente o mantemento da lineta supralinear en todos os casos (<ẽe>); no entanto, cómpre facer algunhas aclaracións. En primeiro lugar, canto á terminación singular -ĬNE 6 rexistramos os seguintes casos en HTg 7 : imagẽe 15, imagẽes 1 ~ imagèè 1 imagee 2 image n 7, imagees 1 ; nomẽes 8 ~ nome 43 nom e 5, no m ̅ es 3; omẽes 3 homẽes 2 ~ o m ̅ e 144 home 4 ome 2, o m ̅ es 10 hom e s 3 om e s 35; ordẽe 1. Preguntámonos por que nos casos dos substantivos nome e home (leven ou non lineta) non rexistramos formas con hiato <-ẽe> ou <-ee> pleno 8 (* nomẽe /* nomee, *(h)omẽe /* (h)omee) nin tampouco con apéndice nasal consonántico 9 (* nomen, * (h)omen), a diferenza do que acontece con formas como imaxe e orde. No caso de nome esta situación concordaría coa súa procedencia do acusativo neutro nomen (con apócope da nasal implosiva debido a unha presunta reinterpretación de -N como o equivalente da nasal bilabial dos acusativos masculinos e femininos). Por outra parte, partindo da hipótese do desenvolvemento dun acusativo analóxico * nominem sería esperábel a forma nomen, xa que a apócope de -E átono é máis antiga que a perda de -N-. No caso do substantivo (h)ome, case sempre grafado con lineta superior (o m ̅ e 144, (h)ome 6), a ausencia do hiato puido ter, en gran medida, motivación escriptolóxica (etimográfica e/ ou do modelo traducido): isto quere dicir que a función do trazo xeral non ten neste caso valor abreviativo senón analóxico, ben reminiscente do seu étimo latino (< homine ; o mesmo acontece con outras formas como a n ̅ o < annu, co m ̅ o < quomodo, do n ̅ a < domina, m i̅ ll < mille /- esima, etc.), ben mimético a partir da lección do antígrafo que se está a trasladar (no caso de HTg probabelmente castelán: “o m ̅ e → om n e”) 10. A respecto do plural da terminación latina (-ĬNES 11), observamos que a situación é distinta, xa que rexistramos formas con e sen hiato (nomẽes 8 ~ no m ̅ es 3; (h)omẽes 5 ~ o m ̅ es 10 (h)om e s 38). En ambos os dous casos a grafía <ẽe> remite á terminación latina -ĬNES (no caso de nome, a diferenza do que comentabamos antes para o singular, habería que partir dun plural analóxico; cfr. nomina → * nomines), o cal nos levaría a reconsiderar o valor real da lineta en casos como no m ̅ es e o m ̅ es : trátase dun uso funcional abreviativo (acurtamento de : nom e es, (h)om e es 12) ou dun comportamento analóxico idéntico ao que consideramos para o singular? Cremos que 6 Sobre as distintas interpretacións dos resultados do singular -ĬNE no ámbito galegoportugués véxanse, entre outros, Nunes 1960: 110, 1123, 133; Sletsjǿe 1959: 2317, Williams 1986: 81, 131; Lorenzo 1977: vol. 2, 91011, Maia 1986: 639640, Huber 1986: 85, 90, 139; Ferreiro 1999 4 : 1379 e 2001 2 : 133, Lorenzo Gradín / Souto Cabo 2001: 978 (n. 55 e 58), Mariño Paz 2002: 889 e 2008: 846, Boullón Agrelo / Monteagudo 2009: 812. 7 Nas listaxes de exemplos que ofrecemos a continuación as cifras indican o número de ocorrencias detectadas no texto, os acentos graves indican a presenza de plicas sobre vogais, o guión ondulado separa as distintas variantes identificadas, e as parénteses rectas mostran os lemas verbais non presentes no texto. 8 As formas nome e (h)ome, sen hiato gráfico expreso (con ou sen lineta), son case as únicas que se rexistran nos textos medievais galegos. No TMILG non chega ao 1% (28 oc.) o número de exemplos do substantivo home que presentan <-ee>, sobre un total de 3.082 oc. (e a maior parte destas ocorrencias (omee) concéntranse nas edicións de J. Azevedo Ferreira dos fragmentos das Partidas de Afonso X). Esta descompensación no caso de nome é absoluta: no TMILG non se rexistra ningún caso de nomẽe/nomee dun total de 4.999 ocorrencias (as formas con <-ẽe/-ee> remiten sempre á P3 ou P6 do presente do verbo nomear). 9 Neste caso, as formas nomen e (h)omen si se rexistran nos textos medievais (Mariño Paz 2002: 88), aínda que non temos a seguridade de que en todos os casos o <-n> sexa pleno: no TMILG aparece nomen (56 oc.), case sempre na colección diplomática de Mondoñedo (Cal Pardo 2005 2), e (h)omen (134 oc.), a maior parte delas na lírica profana. 10 Concordamos, por tanto, coa consideración de Lorenzo / Couceiro (1999a: 599600 e 1999b: 2134) en referencia ás formas omẽ(s) e nomẽ(s) presentes na edición da tradución galega da General Estoria (Martínez López 1963), que remiten, segundo estes autores, ás formas castelás omne(s) e nom(n)es (cfr. Lorenzo 2004: 455 e Mariño 2006: 75 e 83). 11 Neste caso, como o -S non cae, o -E da sílaba átona final quedou protexido. Por esta razón, o -N-, que si permaneceu en posición intervocálica, acabaría debilitándose e transmitindo a súa resonancia nasal ás vogais contiguas. 12 Cfr. Maia (1986: 31) para quen o trazo supralinear ten valor abreviativo en formas análogas (geer a ̅ s, especi a ̅ s, rray a ̅ s → geera a s, especia a s, rraya a s) nos documentos galegos do séc. XV; así o acepta tamén Mariño Paz 2006: 75. En relación aos substantivos nomes/omes, preguntámonos se tamén se pode considerar nos casos comentados por Maia a vogal palatal como valor abreviativo (ex. geera e s); cfr. Lorenzo 2004: 455.\na segunda opción é máis razoábel, atendendo ao número elevado de ocorrencias de (h)o m ̅ s (reinterpretábel só como ‘(h)om e s’). Por outra banda, a desnasalización e crase vocálica está presente, cando menos, desde o séc. XIII, polo que parece evidente que no último terzo do séc. XIV esta solución sexa a máis habitual a nivel oral, aínda que na escrita, por tradición, continúen a representarse as vellas formas con hiato e con lineta superior.\nAínda queremos aproximarnos a outra cuestión relacionada co hiato <ẽe>. Existe un grupo de palabras derivadas con sufixo -axe, introducidas desde o provenzal e cun uso moi frecuente nos textos medievais, para o que resulta problemática a interpretación tanto do seu hiato vocálico como da presenza da lineta supralinear:\nava n tage 1 avantage 1 (← avantage ← avant < ante), verge ̅ e ̅ s 1 (← vergier < tard. viridiarius ← viridarium), viage ̅ 1 (← viatge < viaticu). Entendemos que as palabras do grupo (1) puideron quizais desenvolver un apéndice consonántico final por asimilación progresiva da consoante nasal anterior (inicial ou medial: liñagen, o/menagen, mesagen), mais dubidamos do estatuto fónico do hiato <-ẽe> / <-ee> e do valor real da lineta nestes casos 13 (liñagẽe, liñagee ; o/menagẽe, o/menagee): é marca de resonancia nasal na vogal?, haberá que consideralas como unha solución gráfica de carácter analóxico, conforme ao patrón doutras formas como imagẽe/s, nomẽes, homẽes, etc.?; terá máis ben a lineta valor abreviativo (liñagee n, menagee n)? Pola súa banda, as palabras do grupo (2) proxectan máis dúbidas aínda: nestes casos non parece que houbera indución fonética (nin regresiva nin progresiva); no entanto, todas elas presentan as mesmas alternativas gráficas ca nos exemplos anteriores, talvez por analoxía co acontecido neles: <-e> (avantage), <- e ̅ > (Orage n, pasage n, viage n), <-ee> (pasagèè) e <- e ̅ e ̅ > (pasage ̅ e ̅, salvage ̅ e ̅ s, verge ̅ e ̅ s). Así pois, ante as dúbidas expostas, na presentación crítica do texto optaremos por conservar a lineta en todas estas formas con hiato vocálico <ẽe> (pos)tónico, mesmo naquelas en que é moi probábel que a súa motivación sexa puramente analóxica (exs.: pasagẽe, salvagẽes, vergẽes). Por último, canto á grafía <-n-> (moi minoritaria: exs. amena, menor, persona, pena ‘castigo, dor’, venas, etc.), aínda que consideramos que na maior parte dos casos ten motivación mimética (a partir da lección do antígrafo), preferimos conservala na edición, xa que permite avaliar de xeito máis preciso o usus scribendi dos artífices de HTg.\n2.2. Carácter anfibolóxico do trazo superior\nUnha segunda situación a ter en conta na prescrición deste criterio editorial é o carácter anfibolóxico do trazo superior. Isto acontece cando o seu valor resulta ambiguo ou equívoco, debido a que non temos certeza absoluta de se nun determinado vocábulo funciona con carácter abreviativo ou, pola contra, é marca diacrítica. No primeiro caso (valor abreviativo) a súa función é a de reducir unha palabra substituíndo un determinado segmento gráfico polo trazo superior (o máis habitual é a abreviación de implosivo ou da vogal ). No segundo caso (valor diacrítico), como xa adiantamos, a lineta achega un trazo articulatorio (nasalidade vocálica ou trazo palatal /ø/) asociado ao grafema presente na palabra, permitindo distinguir grafías simples (ex.\n, ) de complexas (exs. <ã>, <ñ>). Aquí só nos referiremos ao primeiro trazo articulatorio, xa que a indicación de consoante nasal palatal se pode realizar tanto co grafo simple como en combinación coa lineta (vid. infra § 4.1). Noutras palabras, o trazo supralinear é accesorio ou auxiliar na representación de /ø/, mentres que a presunción da nasalidade vocálica só é segura (no caso de que lle confiramos efectivamente ese valor) cando se emprega a lineta e, por tanto, a súa omisión ou elisión (aínda que sexa puntual) non autoriza en ningún caso á súa reposición editorial.Así pois, o carácter anfibolóxico da lineta enfronta as marcas de resonancia nasal vocálica e de abreviación de <-n>. Trátase de dous valores intimamente relacionados entre si, xa que, en moitos casos, ambos os dous ilustran os procesos fonéticos implicados na (des) nasalización vocálica: a lenición de -Ne a posíbel epéntese ulterior dun apéndice consonántico nasal en contexto posnuclear (ex. ganatu > gãado > gãando > gaando > gando ~ gado); dúas posibilidades (ex. gãado, ga(a)ndo) que coexisten durante toda a época medieval, nun mesmo texto e cunha mesma unidade léxica. Os criterios de presentación gráfica que se discuten aquí non pretenden, en absoluto, “acertar” coa solución fonética representada polo/s copista/s (obviamente, as limitacións do rexistro escrito impiden este obxectivo); porén, consideramos recomendábel estabelecer un criterio que teña en conta de xeito razoado o usus scribendi detectado no texto, pois cremos que é o método máis axeitado para achegarnos á súa realidade fonográfica. A ambigüidade funcional a que nos referimos, por tanto, afecta a todas aquelas unidades que aínda non experimentaron (na escrita) a correspondente crase vocálica; isto é: están grafadas con hiato vocálico (homorgánico ou heterorgánico), en posición interna ou final de palabra, como veremos. Pola contra nas formas con crase interpretaremos que a lineta só pode ter valor consonántico (ex. avi̅ dores → avi n dores; *avĩ i dores).\n2.2.1. Posición interior de palabra\nEn posición interior identificamos tres situacións distintas: (1) formas con /-n/ primario, (2) xeración de /-n/ secundario por (des)nasalización e (3) formas con /-n/ secundario por síncope vocálica.1. No primeiro caso referímonos a palabras cuxa consoante nasal implosiva procede directamente do /-n/ latino, ben dunha desinencia verbal (xerundio -NDŬ), ben dun sufixo (-NTĬA): dete ̅ e ̅ ça (← deteer/detẽer < dētĭnēre + -ença < - ĕ n tĭa), dete ̅ e ̅ do (< dētĭnē n du), ga ̅ a ̅ ça (< lat. tard. ganantia), ga ̅ a ̅ çar (← gaança) 14, te ̅ e ̅ do (< tenē n du).\nEn principio, parece claro que o valor máis seguro do trazo supralinear é a abreviación do\n<-n>, xa que a súa existencia é incuestionábel: detee n ça, detee n do, gaa n ça, gaa n çar, tee n do, vii n do. Agora ben, tamén poderiamos intepretar a lineta nestes casos como un sinal polivalente (vid. infra § 2.3), de tal xeito que ademais de abreviar <-n> tamén indique resonancia nasal vocálica (detẽe n ça, detẽe n do, gãa n ça, gãa n çar, tẽe n do, vĩi n do). Neste sentido, téñase en conta\nque no paradigma do verbo (de)tẽer rexistramos en HTg formas con marca de vogal nasal inequívoca e maioritaria (exs. inf. tẽer 14, tèèr 2; detẽer 4, deteer 2, detèèr 1; copret. tĩa, fut. detẽerá 1, pospret. tẽeriades 1). Porén, consideramos máis axeitado cancelar nestes casos o suposto valor múltiplo da lineta e resolver unicamente a redución consonántica, dado que, para os vocábulos sinalados, nas ocorrencias con <-n> pleno rexistradas en HTg non coexiste a lineta (teendo 2; 14 Concordamos con Mariño (2002: 88) en que probabelmente se trata dunha raíz analóxica a partir do substantivo gaança, mais non descartamos a posibilidade de que se transmitira igualmente unha forma con resonancia nasal vocálica (gãança/ gãaça → gãançar), aínda que o consideramos pouco probábel.\n© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 87106 outros exs.: avììndo, avììndores, fììnceu, fììncida ; para as formas do futuro irregular con <-nr> vid. infra § 2.2.1.3). 2. No suposto segundo o valor da lineta ten carácter excluínte (ou abreviación de <-n> ou marca de vogal nasal), dado que nas formas consideradas aquí as variantes que presentan <-n> non proceden dunha consoante implosiva latina, senón que se orixinan no proceso de (des) nasalización vocálica activado coa lenición do -Nclásico. Exs.: ga ̅ a ̅ dos (< ganatos), te ̅ e ̅ de (< tēnēte), te ̅ e ̅ des (< tĕnētĭs), vi̅i̅ de (< vēnīte), vi̅i̅ des (< vĕnītĭs), vi̅i̅ da (← vĩir - viir / * vĕnīta ?), part. vi̅i̅ do (< * vĕnītu) Nestes casos a interpretación do valor da lineta é problemática (gãado ~ gaa n do, tẽede/s ~ tee n de/s, vĩide/s ~ vii n de/s, vĩido/a ~ vii n do/a), toda vez que rexistramos en HTg casos con <-n> pleno nalgunha destas palabras e noutras formas análogas 15 : ciinsa 1 (< tard. cĭnīsia), e n miigos 1 (< inimīcos), gaandos 1, teendes 1, vììndes 1, vììnste 1 (< vēnĭstī), vììnda 4. Estes poucos casos ilustran sen dúbida a innovación lingüística do progreso da desnasalización e xeración de consoante nasal implosiva, un proceso en marcha no rexistro oral mais escasamente reflectido na escrita, debido á continuidade da tradición escrituraria conservadora (hiato vocálico + lineta) e ás dificultades de adecuación fonográfica dunha variación fonética (hiato vocálico / crase e vogal nasal → consoante nasal implosiva) cuxa percepción acústica por parte dos escribas probabelmente non debía ser doada:\nCreo que, máis ca un atraso do desenvolvemento de consoante nasal implosiva respecto da desnasalización completa, o que debeu acontecer foi que cada un destes dous tipos de mudanza fonética tivo unha particular manifestación no plano gráfico. Este distinto tratamento puido deberse tanto a un diferente grao de pecepción dos cambios por parte dos escribas coma ó feito de que cada unha destas mudanzas orixinaría distintos problemas de adecuación fónicográfica no momento da escritura. A desnasalización completa probablemente foi percibida con moita nitidez por un número elevado de letrados e desde moi antigo, xa que o que había no fondo dela era unha simple oposición dicotómica ‘nasal /\nnon nasal’ (...) Fronte a isto, coido que sería máis difícil discernir unha vocal con resonancia nasal dunha vocal seguida dun apéndice consonántico nasal, sobre todo en posicións tónicas finais de palabra (...); non se trataría aquí de distinguir simplemente o nasal do non nasal, senón de diferenciar claramente entre dous tipos de nasalidade (Mariño Paz 2002: 113).\nO feito de conservarmos estas probas escritas, aínda que esporádicas, autorizaríanos a resolver o trazo supralinear por <- n >. No entanto, preferimos conservar a opción gráfica conservadora nestes casos (exs. gãado, vĩida) dado que non temos seguridade do grao de difusión léxica que nesta altura (finais do séc. XIV) xa experimentara o proceso de desnasalización vocálica na marxe posnuclear. Ademais, téñase en conta que se trata de formas cuxa variación perviviu até a actualidade (gando/gado, tende/tede, tendes/tedes, vinde/vide, vindes/vides, vida/vinda) 16.\nA xeración de /-n/ secundario tamén puido estar motivada, como xa indicamos, por nasalización progresiva de explosivo (maiormente inicial absoluta). Nestes casos consideramos que en formas como me ̅ e ̅ stre /a/s, me ̅ e ̅ stria ou me ̅ e ̅ zin ̅ a /s, a lineta, de ser funcional, é máis probábel que teña valor de nasalidade vocálica, á xulgar polos escasos exemplos plenos de me(e)nstre, mee(n)stría ou me(e)nziña rexistrados nos textos galegos medievais (en HTg non se detecta ningún). 3. Unha terceira situación gráfica reclama a nosa atención aínda en posición interior de palabra. Hai un grupiño de formas en que a presenza de <-n> (abreviado ou pleno) vén motivada pola síncope da vogal intertónica do infinitivo latino na formación moderna do futuro e do pospretérito (ex. * tĕnēre + aĭō > ten’rei > med. terrei 17). Referímonos, por tanto, á secuencia <-nr>, presente en HTg tamén no infinitivo do verbo (a)vir : P3 te ̅ e ̅ rra, te ̅ e ̅ riades, P6 terria ̅, (a) vi̅i̅ r, vi̅i̅ ra, vi̅i̅ redes. Malia rexistrarmos varios casos desta grafía plena (convììnrá, vììnrá, vinrá), preferimos interpretar a lineta como marca de vogal nasal, xa que é cuestionábel o valor fonético do <-n> implosivo nestas formas. No caso do infinitivo (ex. viinr) concordamos con Mariño Paz (2002: 823) en que probabelmente haxa que pensar nunha motivación etimográfica (grafía inducida polo de vĕnīre ou tĕnēre); á súa vez, quizais esta grafía propagaríase analoxicamente ás formas do infinitivo flexionado, futuro e copretérito (os tempos que teoricamente si poderían xerar o <-n>). Esta dúbida esténdese tamén ao valor fonético real da lineta nestes casos, mais, con todo, parécenos\n2.2.2. Posición final de palabra do valor funcional desa consoante. A forma doens (figura 1) foi xebrada por translineación (doens, fol. 12vc.12) e o substantivo maçààm aparece no final da liña dunha rúbrica, situada, ademais, ao comezo dunha columna (fol. 34ra.1). Ao noso xuízo, ambos os dous contextos puideron influír na representación gráfica do hiato vocálico: no primeiro caso a partición do hiato impediu a inclusión da lineta (o alcance do trazo case nunca abrangue só unha vogal) e permitiu a escrita dunha solución fonética (xeración de <-n>) factíbel na época, mais probabelmente encuberta pola tradición escrituraria do hiato vocálico (con ou sen lineta: dões/does). No caso de maçààm (figura 2), a grafía <-m> podería responder, ben a un cambio de man (en xeral, os rótulos presentan unha escrita de módulo maior, mais non é seguro que en todos os casos o copista fose distinto dos rexistrados para o texto base), ben á práctica da xustificación lonxitudinal da liña característica da escritura decorativa das rúbricas de HTg (maçààm sitúase ao final da liña, e o <-m>, con gancho inferior extroxiro, permite a xustificación completa). 17 Vid. Ferreiro 1999 4 : 302, 328. Véxase un estudo monográfico dos futuros irregulares con /r/ na lírica profana galega en Varela Barreiro 1998.\nfuncional ou operativa. Por outra parte, repárese no feito de que en todos os casos a presenza de <-n> (pleno ou abreviado) só se rexistra nas formas con crase vocálica (exs. image n, liñage n, menage n, omenagen; hu n /s, un, ne n gú n, ne n húm, etc.; agás maçààm), o que evidencia, en definitiva, a coexistencia de dúas tradicións escriturarias: unha conservadora (hiato + lineta) e outra innovadora (crase + <-n> pleno ou abreviado), sen dúbida, máis próxima á realidade fonética subxacente.\n2.3. Carácter polivalente do trazo superior\nO carácter polivalente do trazo supralinear (isto é, o uso único da lineta para indicar dous ou máis valores abreviativos e/ou diacríticos) constitúe un recurso lóxico e esperábel (por economía gráfica), e aparece con moita frecuencia nos textos medievais. A identificación deste uso braquigráfico é doada, mais, ao noso xuízo, a interpretación que fai o editor non sempre parte dunha análise ponderada tendo en conta a casuística abreviativa (do usus scribendi) presente no texto. En primeiro lugar, cómpre recoñecer que en moitos casos para o propio escriba (aínda que de xeito inconsciente) esta práctica escrituraria supón a presunción dun valor preferente fronte a outro secundario; isto é: por exemplo nunha forma como tin ̅ a ̅ ‘tiñan’ o fundamental (e onde reside o valor lexicolóxico do trazo) é a desinencia verbal de número, pois permite opoñer esta forma á P3 do copretérito; en troques, a percepción do punto de articulación palatal do non se ve condicionado pola presenza ou omisión da lineta. Así pois, convén discriminar en cada caso o valor ou valores preferentes dos que teñen carácter secundario ou auxiliar. En HTg observamos que o valor abreviativo (maiormente <-n> ou <-e->) é sempre preferente, mentres que o valor diacrítico (< n ̅ > = /ø/ e a resonancia nasal 18 En Mariño Paz 2002 e 2008 compéndianse numerosos exemplos.\nvocálica) adoita ser o auxiliar; no entanto, como indicamos a continuación, tamén existen casos en que a polivalencia abreviativa se dá só entre valores diacríticos. Así pois, distinguimos tres situacións caracterizadas pola polivalencia do trazo supralinear: (1) só abreviativa, (2) só diacrítica e (3) abreviativa e diacrítica. Aquí só faremos referencia a (2) e (3), porque a finalidade deste traballo non é o estudo do carácter exclusivamente braquigráfico do trazo xeral de abreviación 19.\n2.3.1. A maior parte dos casos detectados en HTg pertencen ao grupo (3), onde se combina un valor abreviativo con outro diacrítico de carácter secundario ou auxiliar: marca de resonancia nasal vocálica e/ou marca de consoante nasal palatal. Velaí os exemplos: (1) Valor abreviativo + (posíbel) marca de resonancia nasal vocálica:\n(1a) <-n> interno: P3 co ̅ vììra → co n vììrá (*co n vĩìrá, *co n vii n rá); cfr. co ̅ vi̅ ir 1, convììrá 1 convììnrá 1 |\ndeteeme ̅ to → deteeme n to (*detẽeme n to) | ma ̅ teer, ma ̅ tèèr → ma n teer (*ma n tẽer); cfr. ma ̅ tee ̅ s 1\nSe lle damos crédito relativo ao alcance da lineta, entendemos que na maior parte dos casos de (1) o trazo superior só está indicando a abreviación da consoante implosiva; no entanto, observamos tamén exemplos en que o escriba inclúe un segundo trazo con valor diacrítico (co n vĩir, ma n tẽes) ou casos en que habendo <-n> por extenso insírese igualmente un trazo reinterpretábel inequivocamente como diacrítico (vẽeron). Esta circunstancia fainos dubidar de que, ou ben o copista esquecera un segundo trazo, ou ben a lineta tiña carácter polivalente. Máis problemáticas resultan as secuencias en que a proximidade entre o presunto valor diacrítico e a redución do <-n> é máxima (te ̅ e ̅ ‘teñen’, ve ̅ e ̅ ‘veñen’), xa que o trazado da lineta abrangue habitualmente todo o hiato vocálico e, polo tanto, resulta máis arriscada a distinción entre valor preferente e auxiliar (tee n ~ tẽe n, vee n ~ vẽe n). En calquera caso, a opción editorial pasa pola ponderación das formas plenas rexistradas: na maior parte dos casos de presenza explícita de <-n> non se inclúe a lineta 20 (exs.: convììrá, convììnrá, vèèm, vierom, vieram, etc.). Deste xeito, xulgamos conveniente a resolución da lineta só como trazo abreviativo de <-n>. Só nun caso consideraremos polivalente o trazo: na variante do indefinido n ̅ e ̅ h ̅ u ̅ (procedente do lat. nec - ūnu, en que se verificou a apócope do /-k/ e a nasalización progresiva producida por /n-/), á vista das realizacións ne ̅ hu ̅ 3 (nẽhú n) e ne ̅ hum 2 (nẽhúm) 21. Só neste caso, por tanto, mantemos o presunto hiato nasal (heterorgánico /nẽun/) e admitimos o valor múltiplo da lineta (nẽhú n ; cfr. infra o feminino). (2) Valor abreviativo único + (posíbel) marca de / ­ /: 19 Abordamos esta cuestión de xeito aproximativo noutros traballos, por exemplo, en Pichel Gotérrez (2011b, no prelo). 20 Si son habituais as plicas, aínda que probabelmente a súa función sexa só a de indicar hiato homorgánico heterosilábico (vid. infra § 3). 21 Outra circunstancia que apoia a nosa intepretación é que en 2 ocorrencias de n ̅ e ̅ h ̅ u ̅ (fols. 61va.1 e 66rb.1) o trazado único é realmente secundario: componse de dúas linetas (a 1ª curva e a 2ª recta) situadas en cadansúa sílaba e unidas entre si no medio. Esta extensión artificial do trazo para abranguer toda a palabra é interesante en formas como o indefinido en cuestión, xa que talvez é un feito gráfico consciente co obxectivo de indicar con maior claridade os dous tipos de resonancia nasal (vocálica e consonántica). Ben é certo que nos dous casos expostos a forma se atopa na primeira liña de columna, unha situación proclive ao desenvolvemento ornamental de hastas e linetas; no entanto, a dita prolongación secundaria rexistrámola tamén noutros casos similares no interior da columna, onde pode intervir a polivalencia diacrítica/abreviativa: hũus (53vb.27, ms. hu ̅ u ̅ s → huu n s?), conviña (65vb.26: <-n> + <ñ>), nengũa (99ra.14: <-n> + <ã>), etc.\nA representación gráfica da nasal palatal nos exemplos de (2) é obxecto de comentario máis adiante (§ 4.2). Aquí só adiantaremos que, con independencia do alcance da lineta, ademais da expansión de <-n> (final ou interno), ofrecemos a grafía convencional <ñ> sempre que < n ̅ /n> represente inequivocamente /ø/.\n2.3.2. Canto ao segundo tipo de polivalencia, en que interveñen exclusivamente valores diacríticos, atopamos outras dúas circunstancias gráficas:\n(3) Resonancia nasal vocálica + marca de / ­ /: paradigma do vb. ganar/gañar (gãañar / gaañar / gãanar / gaanar). Vid. infra § 4.2. (4) Dupla resonancia nasal vocálica: n ̅ e ̅ h ̅ u ̅ a 7, ne ̅ h ̅ u ̅ a ̅ 2, nehu ̅ a ̅ 4 nihu ̅ a ̅ 1.\nCanto á situación (3) o criterio editorial adoptado e a súa xustificación coméntanse en § 4.2.\nCon respecto á posíbel polivalencia diacrítica do trazo no caso da forma feminina do indefinido ningunha (situación 4), observamos, por unha parte, que sempre se marca a vogal velar nasal\n(<ũ>) e que, por outra, o feito de que na maior parte dos casos (9 oc.) o trazado da lineta parta da primeira sílaba pode estar tamén indicando que a vogal palatal tamén é nasal (<ẽ>). Así pois, editamos nẽhũa (e non nehũa ou nẽhua), en coherencia co que acontece na forma masculina (nẽhum), onde xa vimos que, cando menos, en 5 ocorrencias se indica inequivocamente o hiato nasal (ne ̅ hu ̅ 3, ne ̅ hum 2). Con todo, nestes dous casos conflitivos (indefinido masculino e feminino) indicamos en nota a rodapé na edición a existencia do trazado único da lineta e o seu alcance 22.\n3. r epresentacIón dos hIatos gráfIcos. u so das plIcas\nCoidamos recomendábel o mantemento de todos os encontros vocálicos 23 presentes no texto, acompañados ou non do trazo supralinear, incluídos os poucos casos de duplicación vocálica pseudoetimolóxica 24 (aaz 7, auciãoos/ouciãao 2, irmãao/s 45, mãao ‘man’ 1, maao ‘malo’ 3, ostee 2, paaos 2, sãao 1), toda vez que na maior parte dos casos van asociados na cadea gráfica á representación da ditongación e/ou (des)nasalización vocálica.\nNo tocante ao uso e valores das plicas (tamén denominadas ápex ou ápices), observamos un uso bastante estendido para marcar exclusivamente hiato vocálico homorgánico (en interior de palabra): <àà> : àà/s 31, achààron 1, afààgar 1, brààdando 2, brààdava 1, brààdos 1, caudààs 1, Jààson 2, pààço/s 6, vààdes 1, vààmos 7, vààs 2. || <èè> : cinquoèènta 5, crèèr 4, crèèria 1, déésa/s 29, donzèès 1, grèè 1, lèèmos 2, lèèr 1, lèèu 1, mercèè/s 8, ostèè 2, pèè/s 16, sèèndo 1, sèèr 71, sèèra 2, sèèrei 2, sèèria 1, sesèènta 2, vèè ‘ver’ 2, vèèdes 2, vèèndo 2, vèèr 34, vèèremos 1, vèès 5. || <ìì> 25 : anafììs 2, asurrììr 1, cobììça 1, cobììçava/n 4, cobììçoso 1, codììçoso 1, covììçase 1, lat. Filììs 1, gentììs 6, lììdima 1, rììa 1, rììndo 1, robììs 22 Trátase das seguintes ocorrencias: nẽhú n (fols. 60rb.8, 61ra.24, 39, 61vb.1, 62ra.29, 62rb.40, 64va.15), nẽhũa (fols. 13rb.12, 13va.17, 20vb.27, 47va.1, 60va.13, 61ra.1, 61vb.1, 62rb.27, 62va.3, 65va.12, 65vb.3, 67va.1) e nehũa (fols. 61ra.21, 170v.31). 23 Para os encontros vocálicos e a súa coalescencia en posición interior de palabra no galego medieval é fundamental o estudo de Mariño 2006. 24 Nestes casos a indicación de resonancia nasal sinálase convencionalmente sobre a primeira vogal do hiato. 25 É sistemática a concorrencia dos grafos e para a representación deste hiato. Nesta listaxe regularizamos a .\nPor outra banda, ademais deste grupo, rexístranse outros casos en que as plicas marcan hiato vocálico por fonética sintáctica (exs. ààchilles, ààma, ààmor, ààtenas, càà, p ar àà, etc). É particularmente rendíbel este uso nos casos de énclise do pronome átono tanto ao verbo como a outras palabras (como o indefinido todo, o adverbio logo e as conxuncións como e quando):\n<òò> : abraçòò 1, achòò 1, afumandòò 1, ameaçòò 1, apartòò 1, aviltòò 1, chagòò 3, coçandòò 1, começòò 2, confortòò 1, conjurandòò 1, contòò 1, coidòò 1, defendendòò 1, degolòò 1, derrivòò 1, desafiòò 1, desamòò 1, deitòò 3, duldandòò 1, enviòò 2, ferindòò 2, fezòò 6, lançòò 1, levòò 2, mandòò 6, mantovòò 1, matòò 2, puxòò 1, rogòò 1, sacòò 1, sementandòò 1, soterròò 1, tevòò/tovòò 2, tomòò 7 // comòò 5, logòò 1, quandòò 7, todòò 2. || <àà> : cercaràà 1, deitavààs 1, faziààs 1, gardavààs 1, lançavààs 1.\nCremos que ningún destes casos debe ser obxecto de reprodución nunha presentación crítica 29, pois neles as plicas só marcan hiatos (orais). Porén, nun principio estimamos conveniente reproducir aquelas plicas que puidesen estar implicadas no proceso de (des)nasalización vocálica (tanto anticipatoria, anterior á lenición do lat. /-n-/, como por indución progresiva de nasal inicial e/ou explosiva), mesmo aquelas que coexisten co trazo supralinear ou coa xeración de consoante nasal implosiva. Velaí a listaxe completa de exemplos presentes en HTg:\n(1) Nasalidade por asimilación anticipatoria de /-n-/: achààron 1, atèèr: 1, avììmento/s 4, avììndo 1, avììndores 1, castelàào 1, cìì(n)sa 2, convìì(n)ra 2, detèèr 1, [fincer] fììnceu 1, fììcida 1, gààñar 3 gààñan 1 gààñaste 1 gààño(u) 5 gààñaron 1 gààñada 1, gèèral 1, imagèè 1, làà 2, liñagèè 1, liviàà 1, maçààm 1, ma n tèèr 2, tèèr 2 tèèmos 1 tììa 3, vììnr 1 vèèm 1 vììndes 2 vììnrá 1 vììnda 4. (2) Posíbel nasalidade por asimilación progresiva: màào/màà/s ‘malo/s’ 18, mèèsmo/s 3, mèèstres 1, mèèziñas 1, mòòr(mente) 4. Así e todo, dubidamos de que realmente estes sinais adquiriran o dito valor diacrítico, xa que son moi recorrentes en contextos en que non houbo nasalización (vid. supra); por outro lado, o feito de que alternen coa lineta (ex. lãa ~ làà ~ laa) tampouco garante que esta interpretación sexa a correcta, dado que, como vimos, a variatio na representación da (suposta) nasalidade vocálica, cando menos en HTg, é significativa. Podemos estar diante simplemente dun valor connotativo (a tradición gráfica) deste tipo de sinais supralineares 30. 26 Exs. en HTg: véér (4va.4), tomóó (8rab.1), séérei (9ra.14). 27 Exs. en HTg: séeras (35rb.27), máo (38vb.4, 48va.27, 54ra.16). 28 Sobre esta cuestión falamos en Pichel Gotérrez 2011a: 7071; cfr. Gancedo Negrete 2006 e Cuenca Muñoz 2000. 29 Por suposto, tampouco aqueles en que a súa presenza obedece a razóns de índole puramente pictográfica; por exemplo, para evitar confusións entre certos caracteres contiguos (exs. almírantes, garnídos, manífesto, seruíço). 30 Sobre o uso e valores das plicas no ámbito galegoportugués, vid., entre outros, Lucas Álvarez 1950: 7981, Pensado 1958: xxvi, Pensado 1962: 20, 22 e 43, n.18; Maia 1986: 27, 574, 590 e 614; Souto Cabo 2001: 46, Mariño Paz 2002: 75 e 81, Pichel\nEn relación con isto, aínda que HTg non se caracteriza precisamente pola profusión de linetas expletivas (algo xa habitual nesta época, en troques, nas tipoloxías non librarias), o valor normalmente asignado ás plicas (marca de hiato) ás veces é asumido polo trazo supralinear 31 : (1) hiato homorgánico (22 oc.): cre ̅ e ̅ o ̅ 1 cre ̅ e ̅ ro n 1, donze ̅ e ̅ s 1, empe ̅ e ̅ cer 2 enpe ̅ e ̅ scia 1 enpe ̅ e ̅ sceu enpe ̅ e ̅ scese 1, (2) hiato heterorgánico (16 oc.): mi n go ̅ a ̅ 1 (cfr. mi n g u ̅ a ̅ 2, me n g u ̅ e ̅ 1), mo rta ̅ e ̅ s 1, natura ̅ e ̅ s 1, sa ̅ e ̅ n 1, sina ̅ e ̅ s 4, ta ̅ e ̅ s 2, igo ̅ a ̅ e ̅ s 3. Mesmo aparece no contexto de P3 do pretérito rematado en ditongo seguido do clítico, o que nun primeiro momento nos fixo dubidar de se nestes casos a lineta podería chegar a ter un valor denotativo 32 (abreviación de <-n->): coñoce ̅ o ̅ 1 (‘coñeceuno’), garnece ̅ o ̅ a ̅ s 1 (‘gorneceunas’), lanç ̅ o ̅ a 1 (‘lanzouna’), mete ̅ o ̅ 1 (‘meteuno’), Así pois, finalmente todos estes casos (trazo ou plicas como marca exclusiva de hiato vocálico) foron obxecto de reprodución nun primeiro asentamento paleográfico, mais non na presentación crítica debido á súa nula transcendencia escriptolingüística.\n4. r epresentacIón da consoante nasal palatal\n4.1. Valor inequívoco de /ø/\nPara a representación de /ø/ emprégase en HTg maioritariamente a grafía en coexistencia co trazo xeral de abreviación. Do total de palabras que presentan de xeito inequívoco a nasal palatal (cfr. infra), o 77, 2% dos casos (700 oc. 55 formas) empregan . Na listaxe seguinte enuméranse todas as formas con un único trazo superior e cuxo valor é exclusivamente o de marca de nasal palatal (597 oc. 51 formas): adeviñadeiras 1, adeviñar 1 adeviñava 1, agiña 41, asañar 1 asañou 1 asañava 1, bociña 1, calcañares 1, camiño 11, caño 1 ‘instrumento musical’, carpiñas 1, conpaña/s 16, [contẽer] contiña 1, [convir] conviña 6, coñoscer 6 coñoscemos 1 coñosceu 1 coñoscía 1 coñoscesem 1 coño(s)cido/s 5, cuñado/a 3, [desavir] desaveñades 1, [deteer] deteña 1, diñeiro 1, engeñador 1, engeño 4, engeñoso 1, entrañas 2, España 7, fariña 2, liño 1, meniño 1, miña/s 99 33, moíño 1, montaña/s 3, niño ‘cova, refuxio’ 2, pasariño/a 4 34, peñor/ piñores 2, [poñer] poño 1 poñamos/-des 2 poíña/-m 3 puña 1, subst. puña 2, puñada 1, [puñar] puñava 1, puños 1, reíña/s 53, saña 16, sañudo/s 6, señor/a/s 139, señorío 6, seños/as ‘sendos/as’ 2, sobriño 10, [soñar] soñou 1 soñara 3, soños/s 15, [sustẽer] susteñas 1, tamaño/a/s 11, [tẽer] teño 23 teña/-s/-des 5 tiña 29, [vĩir] veño 4 veña/s 8 viña 13, viño 1, viziño/as 4. Gotérrez 2009: 43, 47 e 56. 31 Cfr. Vaquero Díaz 2002: 339. 32 O alomorfo no do clítico é moi raro en HTg nas formas verbais en singular (ex. sabíano ‘sabíao’), pero é sistemático en plural (ex. empuxar o ̅ nos → empuxáro n | nos [a eles]; excepcionalmente nalgún caso pode aparecer sen a consoante nasal implosiva do verbo: ap re sáva | nos ‘eles apresávanos’ [a eles]), polo que se asimila á secuencia ‘verbo + pronome átono nos ’ (ex. fixéronnos ‘eles fixeron [algo] a nós’). 33 Nunha ocorrencia o posesivo aparece segmentado (“min ̅ a”) por translineación. 34 Cfr. pasarilla 1.\n4.2. Valor conflitivo de \nAté aquí tivemos en conta todos os exemplos de HTg en que o valor fonético de ou < n ̅ > é inequivocamente /ø/. Analizaremos agora outro conxunto de casos en que a interpretación do símbolo abreviativo é conflitiva desde o punto de vista ecdótico e lingüístico: no primeiro caso falaremos do presunto carácter polivalente da lineta superior, así como dos efectos braquigráficos da concorrencia e contigüidade de certos sinais abreviativos; no segundo caso referirémonos á natureza ou motivación (analóxica, latinizante, ultracorrecta, mimética, etc.) do trazo en formas en que o estatuto fónico de é, cando menos, discutíbel. Consideramos recomendábel discriminar este tipo de feitos (braqui)gráficos en beneficio dun coñecemento máis afinado da realidade fonográfica medieval que posibilite, ademais, unha toma de decisións máis razoada á hora de confeccionar unha proposta crítica de edición. Velaí os casos obxecto de discusión:\nNos dous primeiros casos a localización (na sílaba contigua ou na seguinte) e alcance (non máis de dous grafos) do trazo supralinear evidencian que a omisión do valor diacrítico en cuestión (palatalidade) é froito do descoido do escriba, ou ben que a súa presenza é superflua. Neste último caso priorizaríase, por tanto, un valor abreviativo (redución de ou de <-n>) ou un valor diacrítico distinto (vogal nasal?: linage ̅ e ̅ s ; cfr. infra) fronte á indicación da articulación palatal. Nos casos (3) e (4), no entanto, a omisión parece que obedece máis claramente a un acto involuntario, debido á superposición (ao ) dun símbolo abreviativo 45 homosilábico ou moi próximo na cadea gráfica que, en principio, non ten por que estar sinalando a palatalidade: en (4) a lineta abrevia preferentemente o <-n> distintivo da P6 verbal ou unha nasal implosiva interna necesaria (q i n ̅ e ̅ tos), e en (3) o bucle superior levoxiro acurta as secuencias ou . Até aquí, nestes 4 grupos, a opción editorial decántase pola representación da palatal igualmente a través do <ñ> (exs. co n paña, señor e s, liñagẽe, tardiñ eir o, q u iñe n tos, poíña n), xa que, como nos exemplos anteriormente vistos en § 4.1, a omisión do trazo (ou doutro sinal específico) en ningún caso presupón o carácter non palatal da consoante nasal. A única excepción é o verbo coñecer, para o que respectamos a alternancia gráfica do texto (coñ - 18, con - 8), atendendo á variación fonética posíbel (conocer/coñocer - coñecer):\nOs exemplos do grupo (5) reflicten a posíbel superposición de dous valores diacríticos (marca de palatalidade e/ou de vogal nasal). No primeiro caso (mañá) probabelmente fose preferente a indicación da resonancia nasal vocálica (manãa < [ hora ] * maneāna), aínda que, en coherencia co dito anteriormente, editaremos mañãa. A este respecto, non vemos necesaria a transcrición manãa (cfr. Lorenzo 1982, 1985, 1988a, 1988b, etc.), pois asumimos convencionalmente que <ñ> (leve ou non lineta no manuscrito) sempre representa á consoante nasal palatal. Deste xeito, non vemos ningún problema en transcribir mañãa, aínda que tipograficamente aparezan na edición dous “tiles” contiguos. Esta circunstancia non pode inducir a erro ao lector, dado que non é posíbel, cando menos en HTg, nin tampouco é lóxica (por economía da escrita), a coexistencia de dous trazos supralineares tan próximos entre si. Certo é que si se rexistran diversos casos nos textos medievais en que o trazo superior abrangue unha soa letra (mesmo en posicións foneticamente distintivas, por exemplo, nos textos máis tardíos: hu ̅ u ‘ hũu’, vs. huu ̅ ‘ huu n ?’). Agora ben, insistimos en que é moi infrecuente que, nos textos redactados en romanzo, dous trazos curtos e exentos aparezan a tan só uns milímetros de distancia (ex. hūū). En calquera caso, en HTg, como xa indicamos, esta circunstancia non se dá, e, ademais, este tipo de particularidades deben ser obxecto de análise e discusión no apartado de criterios de presentación gráfica dunha edición.\nO caso de gañar/ganar é máis conflitivo, xa que a súa etimoloxía é controvertida: partindo do gótico * ganan ‘cobizar’ chegamos á variante actual ganar (con <-n-> alveolar) mais, tendo en conta a presenza maioritaria do trazo superior na primeira sílaba (ga ̅ a ̅ - ou gaa ̅ -), é factíbel o cruce do gótico * ganan co xermánico waidanjan ‘colleitar, gañar’, que permitiría explicar non só o hiato vocálico homorgánico e a xeración da consoante nasal palatal (- nj - > /ø/), senón tamén a\npresenza dunha vogal nasal 46 (orixinada pola lenición de /-n-/ do étimo gótico). Así pois, transcribiremos a raíz deste verbo con vogal nasal (gãa-), atendendo ao uso maioritario da localización e alcance da lineta neste caso (20 oc.; cfr. 15 oc. gaaou gàà -/ gàa). Agora ben, debemos ter en conta o seguinte: (1) a diferenza de formas con e sen lineta non é significativa, (2) atopamos varios casos (7 oc.) en que o trazo parte do 47 (nasal palatal?), (3) non hai ningún caso de trazo duplo (cfr. lin ̅ a ̅ ge ̅ e ̅), e (4) nos dous casos de translineación o trazo sitúase na segunda metade\nda palabra, superpoñéndose dous posíbeis valores (<-n> e < n ̅ >: P6 gààn ̅ a ̅, gàànar ̅ o ̅). Tendo en conta isto, e fóra dos casos en que o trazo debe abreviar necesariamente o morfema verbal de número (P6), dubidamos de se o seu valor diacrítico era neste caso duplo (<ã> + < n ̅ >) ou se respondería a unha preferencia concreta (vogal nasal) 48. En calquera caso, a cuestión (3) formulada supra non debería repercutir na nosa interpretación, unha vez que a proximidade entre o presuntamente nasal e o palatal impediría, en principio, a presenza de dous trazos supralineares distintos. Así pois, expostas as nosas dúbidas e reservas, achamos que a transcrición máis axeitada é gãañ- (e non gaan-, gaañou gãan-), na que reflectimos o probábel cruce xa citado entre * ganan e waidanjan polo que se xustifican o hiato <ãa> e a nasal palatal.\n4.3. Outras grafías para a representación de /ø/\nAdemais de e < n ̅ > rexistramos puntualmente en HTg outras grafías (complexas: , , e , e simple: ) para as que a interpretación fonética é dubidosa. O único caso de representación segura da consoante palatal é a grafía xeminada , presente 49 no 46 Concordamos, por tanto, coa consideración ao respecto formulada por Mariño Paz (2002: 84, n. 5). Así pois, a forma gãañar sería o único caso en HTg en que a xeración da nasalidade vocálica e da consoante palatal é independente. Téñase en conta, por outro lado, que en HTg non temos formas con presunto ditongo crecente , que procederían directamente do étimo xermánico. 47 Repárese, con todo, en que nos casos en que coexisten plicas e lineta o alcance desta pode estar condicionado. 48 Téñase en conta que a variación ganar / gañar aínda persiste na actualidade. 49 Tamén aparece no substantivo anno/s (2 oc., translineadas: anno), mais aquí trátase dunha solución gráfica latinizante.\nsubstantivo sonno (2 oc. ‘visión, acto de soñar’ < sŏmnĭu 50) e sennos (‘sendos’ < singŭlos 51): regularizamos este dígrafo en <ñ>, tendo en conta ademais, que no primeiro caso unha das ocorrencias se atopa translineada (sonno).\nA grafía só se rexistra no substantivo regno (2 oc.): neste caso, aínda que recoñecemos a súa probábel motivación etimográfica 52, non regularizamos esta grafía, pois preferimos non intervir nos grupos consonánticos heterosilábicos cando o segmento implosivo foi obxecto de vocalización 53 (cfr. reino 2 54).\nCanto ao grafema (con punto ou raia superior, mais en ningún caso con trazo xeral), ofrece dúbidas de intepretación nas palabras procedentes do grupo latino -NJen que se verificou a lenición da nasal intervocálica no canto da palatalización por indución regresiva do iode: estrayo/estrayamente, juyo, testemoyo. Nestes vocábulos, aínda que apenas rexistramos variación (cfr. estrãeza 1 oc.), preferimos respectar a grafía orixinal dado que dubidamos do seu estatuto fonético 55 ([i], [ĩ] ou [ø]). Obviamente, estes casos distínguense daquelas formas con estrutura silábica similar (<-y->) nas que sabemos que representa unha vogal palatal oral:\nayo (< lat. auia / gót. hagja), bruyo (← bruar ; cfr. brúo), foyo (< fovĕu), jayam ‘xigante’ (← prov. jayani), leya ‘lea’ (epéntese de /i/), moyo (< modĭu), rayal ‘campamento’ (< regālem, con epéntese), vayas (‘vai + pr. (n) as’), vayo ‘baio, de cor amarela e branca’ (< badĭu). Por último, as grafías e aparecen nalgúns casos en que poderiamos sospeitar unha pronuncia palatal (exs. alimanjas 1 ‘cast. alimaña, gal. almallo ’, calonya 1 ‘calumnia, var. caloña ’, cinfonya/s 2 ‘zanfoña’ 56), tendo en conta a súa presenza nos textos medievais occidentais; con todo, trátase dunha grafía esporádica e atestada especialmente desde a época de emerxencia do romanzo escrito (ca. mediados do séc. XIII) até a primeira metade do séc. XIV 57. Ademais dos substantivos citados, e das 3 ocorrencias do copretérito do verbo ter (tinja, tenya/n), inducidas probabelmente pola lección do antígrafo, o resto das formas con corresponden ao ámbito onomástico: Alamanja 1 ‘Alemaña’, Alisonya, Arcomonja 1, Armenja 1, Artamonja 1, Calcedonja / Calcedonya 4, Cisiçonya 1, Cisonya 1, Dardanja/-ya 3, Dardanjo 2 (cfr. Dárdan ̅ o 11), Emonja/Emonya/Enonja 4, Esonya 1, Elisonya 1, Eri/econyo 3, Feminya 2, Fisanja/Fisanja 4, Hermonja 1, Laconja 1, Palfegonia 1 (cfr. Pelfajona/ Palpajona), Peonia 1, Prionya/Prionja 2.\nOptamos por regularizar en estas voces onomásticas, xa que o uso de como marxe prenuclear no ditongo crecente é ocasional (fronte a ) e non cremos que teña nestas formas valor palatal. Actuamos do mesmo xeito nos substantivos calonya, cinfonya e alimanjas, aínda 50 “Aínda con todo esto Ulixas non era ben seguro nem seu coraçón non asesegava pensando enno sonno que soñara” (218vc.189), “et entendeu que dizea verdade, e que era seu fillo aquel que o matara; et que lle non mentiram aqueles que lle o sonno soltaron que tiña a morte ennas mãos de seu fillo” (220ra.6). Cfr. sono ‘somnolencia, acto de durmir’ (< sŏmnu). 51 “Et levavam en súas cabeças sennos soonbreiros que forom feitos en India a maior” (56vb.3); a grafía sen ̅ os atópase unha vez (6vb.14). 52 Ou talvez estea inducida pola lección do antígrafo (presumibelmente castelán). Maia (1986: 636) considera esta forma (regno) castelanismo. 53 Con todo, neste caso puido haber influencia a partir do substantivo rei (Ferreiro 1999 4 : 161 e n. 172). 54 Tanto as 2 ocorrencias de regno como as de reino presentan un trazo supralinear de carácter expletivo (talvez por influencia da lección do antígrafo). 55 Sobre esta cuestión vid., entre outros, Maia 1986: 48994 e 6234, Lorenzo 1987: 477, Mariño Paz 2002: 91, Rodríguez Guerra / Varela Barreiro 2007: 499500. 56 Téñase en conta, non obstante, que nestes tres casos a terminación pode ter motivación etimográfica (< animalĭa, calumnĭa, symphonĭa). 57 Vid. Maia 1986: 4867.\nque nestes casos dubidamos de se a pronuncia é a patrimonial (/ø/) ou de se é unha grafía con carácter reminiscente (etimográfico); en calquera caso deixamos constancia en nota a rodapé da grafía orixinal. Canto á forma tinja/tenya procedemos á súa emenda (deixando tamén constancia en nota a rodapé), pois a consideramos erro por desliz idiomático.\n4.4. Valor expletivo ou analóxico\nRexistramos, por último, algúns usos expletivos ou analóxicos do trazo superior en certos casos en que talvez para o copista cumpría marcar unha consoante palatal 58 ou, segundo o noso punto de vista máis probábel, unha nasal implosiva interna (exs. Ate ̅ n ̅ as, Dardan ̅ o ̅, Ele ̅ n ̅ a ̅, Ele ̅ n ̅ u ̅ s, En ̅ e ̅ as, Eni̅ feo, Ju ̅ n ̅ o ̅, Ma ̅ n ̅ o ̅ r, Oe ̅ n ̅ o ̅ ne / Oe ̅ o ̅ ne, Pelepon ̅ e ̅ so, Pe ̅ n ̅ alope / Pe ̅ n ̅ elope, Salamin ̅ a ; Mena/ Menela ̅ o ̅, P rota/ esala ̅ o ̅). Nestes casos cremos que a presenza da lineta pode obedecer a unha equivalencia inconsciente do copista a partir, ben do uso diacrítico ou abreviativo de (→ <ñ> ou <- n >; ex. Juño, Oe n none), ben á función diacrítica de marca de resonancia nasal na secuencia hiática heterorgánica <- a ̅ o > (→ <-ão>: ex. Menelão). Trataríase, por tanto, dunha equivalencia analóxica estendida ao ámbito onomástico, de carácter puramente gráfico e que, por tanto, non tería, en principio, repercusión fonética. De todas estas voces só consideraremos funcional a lineta no caso do mitónimo Dardaño, dado que, salvo nas dúas ocorrencias citadas supra con (dardanjo/a), no resto dos casos aparece sempre con lineta (11 oc., unha delas translineada: dardan ̅ o ̅). Fóra do ámbito onomástico, atopámonos con certos vocábulos en que a lineta ten probabelmente motivación etimográfica (ex. dano ̅ / dap ̅ no /s, dona ̅ /s, pe ̅ n ̅ a/s ‘pluma’ ou ‘rocha, amea’) ou mimética (por indución do antígrafo; exs.: enga ̅ n ̅ o ̅ 1, pa ̅ n ̅ o /s 2, sina ̅ s ̅, etc.). Fóra destes casos, comentamos a continuación algunhas formas conflitivas e dignas de salientar. Do substantivo beniños non coñecemos rexistros medievais no dominio galegoportugués (o TMILG non dá resultados e o CdP ofrece veneno desde finais do séc. XVI; segundo Houaiss desde o séc. XV), sendo a forma común poçoña/peçoña 59. A forma escarno (4 oc. ← escarnir < xerm. skernjan), con ou sen lineta, documéntase desde o séc. XIII até o XV (escarnio desde o XIV: DDGM s.v.); descoñecemos se en HTg o representa a nasal alveolar ou a palatal, polo\nque mantemos a grafía orixinal neste caso. A omisión do trazo no verbo retenir ‘(re)soar’ (2 oc.; reteníam 1 oc.) reflicte a evolución esperábel no galego da xeminada nasal latina (< retinnīre ; cfr. retingĕre > reteñir ‘retinguir, retinxir; volver a tinguir’). O <-n-> do verbo sinificar (2 oc. < significāre)\nentendemos que reflicte simplificación do grupo /gn/ latino (cfr. siñificar 60).\nr eferencIas bIblIográfIcas\nCORDE = Real Academia Española (Banco de datos): Corpus diacrónico del español (http://www.rae.es).\nCuenca Muñoz, Paloma (2000): “Problemas braquigráficos en la documentación castellana del siglo XV”, Cuadernos de documentación multimedia 10 (I Congreso Universitario de Ciencias de la Documentación. Teoría, Historia y Metodología de la Documentación en España (19752000)). Madrid: Universidad Complutense, 805811. DDGM = González Seoane, Ernesto (dir.) (2006): Dicionario de dicionarios do galego medieval (CDRom, dispoñíbel tamén no web do RILG, Recursos Integrados da Lingua Galega: http:// sli.uvigo.es/RILG/). Ferreiro, Manuel (1999 4): Gramática histórica galega, vol. I (Fonética e Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. Ferreiro, Manuel (2001 2): Gramática histórica galega, vol. II (Lexicoloxía). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. Gancedo Negrete, María Soledad (2006): “Abreviaturas y signos abreviativos en la documentación original del siglo XV del Archivo Municipal de Durango”, Oihenart. Cuadernos de lengua y literatura 21, 101116. González Pascual, Marcelino (2000): Manuscritos anteriores a 1500 de la Biblioteca de Menéndez Pelayo. Tres estudios y catálogo. Santander: Concejalía de Cultura. Houaiss = Houaiss, Antônio, Mauro de Salles Villar e Francisco Manoel de Mello Franco (dirs.) (2009 2): Dicionário Houaiss da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Objetiva (Instituto Antônio Houaiss de Lexicografia). Huber, Joseph (1986): Gramática do português antigo (trad. de Maria Manuele Ganveia Delille). Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian.\nMariño Paz, Ramón (2006): “Heterosilabificación e coalescencia de hiatos en posición interior de palabra no galego medieval (séculos XIIIXIV)”, Verba. Anuario Galego de Filoloxía 33, 69101. Mariño Paz, Ramón (2008): Historia de la lengua gallega. Muenchen: Lincom Europa. Martínez López, Ramón (1963): General Estoria. Versión gallega del siglo XIV. Ms. O.I.1. del Escorial (Edición, introducción lingüística, notas y vocabulario). Oviedo: Universidade (Facultade de Filosofía e Letras).\nPensado, José Luis (1962): Fragmento de un Livro de Tristan galaicoportugués (anexo 14 de Cuadernos de Estudios Gallegos). Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. Pichel Gotérrez, Ricardo (2009): Fundación e primeiros séculos do mosteiro bieito de Santo Estevo de Chouzán (sécs. IXXIII). A Coruña: Toxosoutos (col. Trivium, nº 36). Pichel Gotérrez, Ricardo (2011a): “Hacia una edición comprometida de la prosa instrumental. Notas para un estudio crítico de la braquigrafía medieval gallega: el signo general de abreviación”, en Mª Angustias Beas Teruel (coord.), Nuevas líneas de investigación en el estudio diacrónico de la lengua española (Actas del IX Congreso de la Asociación de Jóvenes Investigadores de Historio-"} {"summary": "Ofrécese nestas páxinas un estudo comparativo entre o galego, o portugués e o español sobre o uso do infinitivo. Galego e portugués posúen unha variante conxugada deste tempo, inexistente en español, e será tratada con particular atención. A base do estudo será a diacronía que marca, en gran medida, o uso actual. A subordinación é o campo de acción do infinitivo conxugado e cada caso particular será exemplificado con pasaxes extraídas de diferentes corpus online consolidados. Verase o uso canónico esperable en galego e portugués e as variantes reais de tales usos, así como as solucións (traducións convenientes) do español perante o infinitivo flexionado. Aínda que a intención primeira é dar apoio aos estudantes, a pescuda pretende afastarse da sistematización clásica dada ao infinitivo conxugado nas gramáticas e quere propor principios funcionais –as estruturas sintácticas– (e non só estilísticos) no emprego dese tempo verbal.", "text": "Introduction. 1. The personal infinitive. 2. The syntax of the personal infinitive: subordination.\n2.1. In complement clauses. 2.2. In adverbial clauses. 3. Final considerations.\n0. I ntroducIón\nHabemos tentar explicar nas seguintes liñas o uso dunha forma verbal particular en dúas linguas da Romania: o infinitivo conxugado galego e portugués, con especial atención ás posibles solucións castelás. Na Universitat de Barcelona, onde estudan os dous idiomas moitos dos nosos alumnos de fala materna catalá ou castelá, a diferenza entre o infinitivo non conxugado e o que se conxuga, en galego e portugués 1, suscita un enorme interese. Tentaremos explicitar a casuística na cal aparece o infinitivo conxugado de maneira que un lector alleo ao galego e ao portugués, poida entender, a través do español, o seu funcionamento. En definitiva, trátase de ofrecer, utilizando a tradución, as solucións españolas do infinitivo conxugado comprendendo previamente a súa formalización e uso.\nImos explicar o seu uso facendo un percorrido diacrónico desde o latín porque coidamos que a lingua do Lacio determina o emprego actual. O proceso que se seguirá será o enfoque sintáctico, xa que a aparición do infinitivo conxugado remite á subordinación. Dada a súa natureza nominal, porén, pode desempeñar calquera das funcións dun nome. Será a través desas funcións que nos achegaremos ao uso do infinitivo, concretamente do conxugado.\nPresentarase o tempo verbal e, a seguir, delimitarase a subordinación como o seu campo de acción: especificamente as oracións completivas e as circunstanciais ou adverbiais. En cada unha delas partirase do latín (como xa se afirmou, conforma o uso actual) para chegar ao galego e ao portugués engadindo as solucións esperables castelás. Para ilustrar cada unha das estruturas que se presentan serán utilizados exemplos pertencentes a textos publicados, non inventados a propósito. Coa intención de aforrar tempo na busca de pasaxes en diferentes libros (traballo que nos desbordaría), recorremos a catro corpus on line consolidados que se citan a continuación: ¾ para a lingua galega 2 : http://www.ti.usc.es/tilg/ = Corpus Informatizado da Lingua Galega (Antón Santamarina, dirc.). Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago. http://corpus.cirp.es/corga/ = Corpus de referencia do galego actual. Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, Xunta de Galicia. ¾ para a lingua portuguesa: http://www.corpusdoportugues.org/ Corpus do Português: 45 million words, 1300s1900s (Davies, Mark / Michael Ferreira, 2006-). Brigham Young University / Georgetown University. ¾ para a lingua española: http://www.corpusdelespanol.org/. Corpus del Español: 100 million words, 1200s1900s (Davies, Mark, (2002-). Brigham Young University.\n1. o InfInItIvo conxugado\nNunca é fácil explicar a estudantes o uso preciso deste tempo verbal: aos casteláns e aos cataláns porque non existe na súa lingua, e aos galegos e aos portugueses porque o utilizan de xeito natural e se lles fosen pedidas leis sobre o seu uso, remitirían a explicacións pouco pensadas gramaticalmente. E é que ao longo da historia dos estudos románicos ten habido moita literatura escrita sobre o tema 3, pero pouco funcional no que respecta á didáctica. Non entraremos na orixe do tempo, interesa máis formular as estruturas sintácticas en que se dá.\n-(r) [(eu) falar] -(r)es [(ti g /tu p) falares] -(r) [(el g /ele p) falar] -(r)mos [(nós) falarmos] -(r)des [(vós) falardes)] -(r)ren g /rem p [(eles) falaren/falarem]\nO seu uso dá énfase ao suxeito e evita ambigüidades e, sintacticamente, sirvan as palabras de Huber (1986: 210) para delimitalo: “tem importância e interesse verificar que o infinitivo flexionado, geralmente ligado a preposições, é apenas usado para reduzir orações subordinadas”. Atopámolo nas oracións completivas e nas circunstanciais. Non obstante, preséntase en todos eses casos con restricións. E esas restricións son as que dificultan a súa aprendizaxe e mais o uso.\nCertamente, en español e catalán, cando se ten que traducir un infinitivo conxugado, emprégase a estrutura [que (complet) ~ conx / loc. conx (circunst) + verbo finito] como solución posible maioritaria. Véxase un exemplo:\nConvén saírmos cedo g / Convém sairmos cedo p / Conviene que salgamos temprano e / Cal que sortim d’hora c Vinte ao chegares g / Vite ao chegares p / Te vi cuando llegabas e / Et vaig veure quan arribaves c\nEspañol e catalán podían ter optado polas seguintes solucións, se cadra, máis usuais: “Conviene salir temprano; Cal sortir d’hora / Te vi al llegar; Et vaig veure en arribar”. Pero nos dous casos quedariamos sen saber a quen lle convén saír cedo e quen chega. É dicir, en galego e portugués, o infinitivo conxugado de maneira sintética dá esa información; a estrutura española ou catalá debe usar unha conxunción e un verbo finito se se quere ofrecer a mesma información (en indicativo ou subxuntivo, e ese é outro reto para os nosos estudantes).\n2. a sIntaxe do InfInItIvo conxugado : a subordInacIón\nComo se vén de dicir, o infinitivo conxugado, flexionado ou persoal, aparece en dous dos tres tipos de subordinación que a tradición marca: completivas (ou substantivas ou integrantes) e circunstanciais (tamén chamadas adverbiais). Recorreremos á diacronía, como xa se afirmou, para este estudo sintáctico, e por dúas razóns: a primeira, porque as restricións no uso do infinitivo flexionado veñen marcadas pola sintaxe/semántica latina e, a segunda, porque usos arcaicos ou pouco usuais no español de hoxe nas completivas (con infinitivo non persoal, obviamente) continúan vivas en portugués e en galego (co infinitivo conxugado), aínda que na lingua de Galicia comezan a ser escasas na fala oral. 3 Desde os primeiros traballos de Carolina Michaëlis de Vasconcelos (“O imperfeito do conjuntivo e o infinito pessoal no português”, 1918), pasando por Augusto Moreno (“Problemas de morfologia e sintaxe. A concordância. O infinito impessoal e o pessoal”, 1951), Henri Meier (“Infinitivo flexional portugués y español”, 1955), Zdenek Hampejs (“Alguns problemas do infinito conjugado no português”, 1959) e Maurer (1968) chegamos os máis actuais: García Gondar (1978), Körner (1988), Penas Ibáñez (1996), Freixeiro Mato (1999), Scida (2004), Xove Ferreiro (2005), Schulte (2007), Silva (2008), Jansegers / Vanderschueren (2010), Vanderschueren / Jansegers (2010) ou Vesterinen (2011) por nomear algúns deles.\nA sintaxe das linguas románicas reduciu a poucas partículas nexuais a cantidade de elementos de ligazón que tiña o latín (concretamente nas completivas); ese feito é a consecuencia da mudanza que se produciu na estrutura xeral da lingua. O latín utilizaba diversas vías, condicionado pola semántica do verbo principal, para marcar a subordinación. Así, nas completivas, por exemplo, se se quería indicar unha acción volitiva afirmativa usábase ut + subx, na negativa ne + subx ; se a mesma acción era identificadora usábase a oración de infinitivo 4 (sen nexo) e se era explicativa quod + ind. Unha vez que nas linguas romances, de modo xeral, se impuxo como forma universal subordinante que 5 (+ ind ou subx), esta conxunción comezou a introducir todos os valores do latín. Ese sincretismo semántico inicial esvaeceuse rapidamente e fixo que a estrutura formal das subordinadas (completivas) fose igual, entrando en xogo o modo subxuntivo –con máis forza que a que xa tiña no latín– para marcar o valor perdido da estrutura latina. Véxanse algúns exemplos:\nMalo ut legas Dico te venire\nPraetereo quod invidiam subieris Prefiro que leas Digo que vés Non teño en conta que teñas envexa\nVexamos xa os dous tipos de subordinación, cun especial tratamento á completiva.\n2.1. En oracións completivas\nSon as completivas o tipo de oracións subordinadas máis especializadas do latín. Dado que completan necesariamente o significado do verbo principal actúan como suxeito, complemento directo ou atributo, e este feito sintáctico xa estipula o tipo de verbo que as vai gobernar.\nEn xeral, son verbos que se distinguen por manifestaren características ligadas á psique e, por tanto, o seu complemento é unha subordinada; non é igual ordeno que fagas o xantar que ordeno os libros ou xuntei o diñeiro. O verbo ordenar pode implicar unha acción que depende da psique (ordeno/mando que fagas o xantar) ou non (ordeno/poño en orde os libros). Con todo, xuntar nunca aparecerá nunha oración completiva porque non implica acción mental ou afectiva (xuntei o diñeiro pero non *xuntei que...).\nSe reparamos con atención na cantidade de divisións semánticas dadas polas gramáticas, veremos que case todos os verbos no campo que nos ocupa poden agruparse en seis ou sete categorías: vontade, causa, licitación, temor, lingua, xuízo, existencia...\nEn latín, existían tres procedementos sintácticos esenciais para formar unha oración subordinada completiva: quod + v. finito. ind, ut + v. finito. subx e a oración de infinitivo. a) Quod + v. finito. Podían exercer a función de suxeito do verbo principal cun verbo intransitivo (asociadas semanticamente a verbos de acontecemento: accidere ‘acontecer, acaecer’, evenire ‘vir, suceder’, contingere ‘acontecer, ocorrer’) e de complemento directo [CD no resto do texto] (polo tanto, con verbos transitivos declarativos: omittere ‘omitir’, gaudere ‘gozar’, declarare ‘declarar’...). Todas elas presentaban un valor explicativo (< o feito de [que ]). 4 Algúns verbos moi comúns podían empregar estas dúas estruturas: Volo ut venias ~ volo te venire (Quero que veñas). 5 Quod cedeu ante quia > ca na Idade Media, e con quid > que actual. Véxase Abuín (1971: 203204), onde o autor dá unha explicación detallada do proceso.\n© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 107130 b) Ut + v. finito. Exercían a función de CD do verbo principal, polo tanto sempre con verbos transitivos. Semanticamente tiñan valor optativo cun matiz de finalidade; asociábanse aos chamados verbos de vontade: velle ‘querer’, nolle ‘non querer’, malle ‘preferir’ (na negativa, cos de receo e perigo; timere ‘temer’, metuere ‘ter medo, temer’). c) Oración de infinitivo. Nela, podía actuar o infinitivo de maneira concertada (cando o seu suxeito interno era igual que o do verbo principal) ou non concertada (cando non había concorrencia de suxeitos) 6. Podían exercer a función de suxeito coa cópula –acompañada ou non de adxectivos– e con verbos intransitivos: videri ‘parecer’, decere ‘convir’, oportere ‘ser preciso, ser necesario’, licere ‘ser lícito’, interesse ‘importar’, placere ‘agradar’. Con verbos transitivos actuaba como CD, sexa concertado (posse ‘poder’, solere ‘adoitar’, debere ‘deber’ …), sexa non concertado, e neste caso, o seu suxeito viña expresado no caso acusativo e o verbo da principal asociábase a verbos de vontade (velle ‘querer’, cupere ‘desexar’, nolle ‘non querer’, malle ‘preferir’, petere ‘pretender’, decidere ‘decidir’, impedire ‘impedir’, recusare ‘recusar’, obstare ‘obstar’, timere ‘temer’, rogare ‘pedir’, monere ‘aconsellar’), de entendemento, xuízo, lingua (credere ‘crer’, putare ‘pensar’, intellegere, capire ‘entender’, cogitare ‘coidar’, scire ‘saber’, opinari ‘opinar, xulgar’, animadvertere ‘advertir, darse de conta’; dicere ‘dicir’, promittere ‘prometer’, nuntiare ‘anunciar’, negare ‘negar’, monstrare ‘mostrar’, scribere ‘escribir’, iurare ‘xurar’) e percepción, influencia e causa (videre ‘ver’, sentire ‘sentir’, audire ‘oír’; tueri ‘mirar’, advertere ‘observar, notar’, auscultare ‘escoitar’; monere ‘aconsellar’, iubere ‘ordenar’, imperare ‘mandar’, vetare ‘prohibir’, permittere ‘permitir’, rogare ‘pedir’; lamentare ‘lamentar’, timere ‘temer’, excusare ‘desculpar’, permittere ‘deixar’, causare, efficere ‘facer que’). Tiña un valor informativo. A oración de infinitivo era a fórmula máis produtiva para subordinar unha frase completiva. Xa no latín vulgar, porén, comezou a documentarse unha profunda mudanza na estrutura subordinada. Di Väänänen (2003: 251): La prosa latina clásica ha desarrollado en medida considerable un sistema de subordinación, mientras que el habla familiar y popular, aun sin ignorar la sintaxis de la subordinación, ha hecho de ella un uso relativamente reducido y poco variado, sobre todo por cuanto se refiere a las oraciones completivas y circunstanciales. No eido das completivas en que nos estamos movendo, a redución dos tres parámetros a quod/quia/quid (> que) fixo que este asumise todas as funcións e modos. Non obstante, a oración de infinitivo concertado mantense (quero beber = *eu quero que eu beba). O non concertado pasou a ser substituído maioritariamente pola fórmula que + verbo finito. Con todo, durante o período medieval atopamos nas tres linguas consideradas a oración de infinitivo non concertado con verbos de (a) entendemento, xuízo e lingua por un lado, e con verbos de (b) percepción, influencia e causa por outro. Na actualidade, (b) é usado nas tres linguas, mais (a), só no galego escasamente e no portugués común (aínda que algúns verbos xa se sente que forman parte dunha linguaxe máis coidada). Retomemos as palabras de Huber (1986): se o infinitivo conxugado actúa reducindo unha oración completiva, entón a fórmula [ que + v. ind/subx ] equivale a [ (prep) + inf. conx ]. A seguir, pódese ver o percorrido das completivas agrupadas segundo as restricións marcadas pola semántica do verbo principal na escolla do nexo. As frechas indican a solución esperable no español do infinitivo conxugado galego e portugués. Trataremos as construcións que utilizan o infinitivo. 6 Usaremos no resto do texto esta terminoloxía (suxeito concertado : mesmo suxeito; suxeito non concertado : diferente suxeito) para continuar coa terminoloxía clásica asociada ao infinitivo latino.\nA) En función de suxeito : a) Verbos de acontecemento. Latín [ quod + ind ]. “ Accidit quod eum nusquam vidisti” (Ad Atticum, Cicerón). Acontece que nunca o chegaches a ver/Acontece nunca o chegares a ver. Estas oracións poden aparecer co infinitivo de xeito impersoal, como o exemplo español (5) que se verá a seguir, ou acompañadas dun dativo que indica semanticamente o suxeito do tal infinitivo (en letra itálica no texto, os exemplos 1 e 3). Cando se quere especificar formalmente o suxeito do infinitivo, as tres linguas utilizan que + v. finito. Con todo, galego e portugués poden utilizar o infinitivo conxugado (► 2 e 4) ofrecendo o mesmo resultado. Os exemplos 6 e 7 corresponden ás traducións españolas do infinitivo conxugado (fórmula que se repetirá ao longo do texto).\nPortugués(3) “Quando em tal lhe acontece pensar, não consegue repelir de si uma dúvida” (História\n(6)>(2) G– [...] suele suceder [ que las cosas son vistas = se ven ] de noche (7)>(4) P– Muchas veces acontecía [ que venían ] a buscarlo b) Verbos e expresións de existencia. Latín [ oración de infinitivo ]. “Docto homini vivere est cogitare ” (Tusculanae Quaestiones, Cicerón). Para o home sabio, vivir é pensar. Neste caso, o infinitivo non flexionado é usado de modo impersoal (8, 9, 11 e 12). Cando se precisa especificar formalmente o suxeito da estrutura copulativa, pódese usar que + v. finito. O infinitivo flexionado permite que galego e portugués (► 10 e 13) mesturen as dúas estruturas nunha: uso do infinitivo cos morfemas que identifican os suxeitos dados pola completiva que + v. finito.\nporáneo, G.-Sabell, 1976)\nAs de suxeito concertado poden aparecer impersonalizadas, como é o seguinte exemplo do español (22, aplicable ao galego e ao portugués, 18 e 20), ou cun complemento indirecto expreso (no texto, en itálico, 18 e 20) que indica semanticamente o suxeito do\nGalego(25) “Ter animais dá moito traballo” (Arredor da muller en 18 mundos, Ú. Heinze, 1985)\nPortugués(26) “Em que medida o saber falar pode ser tomado pela totalidade do saber?” (Sofistas\n(séc. V - IV a.C), Enciclopêdia Brasileira)\nEspañol(27) “El verla me da la vida y el no verla me da muerte” (La mesonera del cielo, Mira de Amescua, 1609) B) En función de complemento directo : a) Verbos declarativos. Latín [ quod + ind ]. “ Mitto quod invidiam subieris” (Epistulae ad Familiares, Cicerón). [Omito/Paso por alto] que teñas envexa. Neste caso, nas de suxeito concertado pode alternar a estrutura que + v. finito (primitiva na lingua < quod explicativo), co infinitivo (28, 29, 33, 34, 38 e 39). Os exemplos galego e portugués 29 e 34 corresponden á construción infinitiva na cal se podería encontrar un infinitivo conxugado pleonástico, aínda que é infrecuente (“Trátase de persoas que desde hai tempo declaran estaren a prol da política do muiñeiro de Lalín”, “Vários reféns afirmaram terem ouvido os sequestradores discutindo o plano”) e que se observa nos exemplos 30 e 35, mais, como afirman Álvarez e Xove (2002: 138):\nAlgúns verbos –coma os declarativos e similares, algúns deles usados tamén no discurso indirecto: dicir, negar, declarar, xurar, crer, supoñer, coidar, admitir...– constrúense habitualmente da deben seren controlados e coutados de raíz polos medios que a propia soberanía popular ten á súa man” (Tempos Novos, Rodríguez Pardo, Xosé Luís, 1998) En ambos os dous casos, o equivalente español sería o infinitivo (saber e ser). c) Verbos de vontade. O latín usaba [ ut + subx ] para a apelación e a [ oración de infinitivo ] (concertado/non concertado) para a afirmación. “ Optavit ut currus patris tolleretur” (De Amicitia, Cicerón). Pediu que lle permitisen subir ao carro do pai. / “ Cupio, patres conscripti, me esse clementem” (Oratio in Catilinam, Cicerón). Desexo, senadores, ser [*que eu sexa] clemente. Aínda que este tipo de oracións podía introducir a subordinada coa conxunción ut e coa oración de infinitivo, sábese que xa no latín clásico eran máis frecuentes as conxuncionais na fala familiar. Afirma Väänänen (2003: 251) que: “Hasta en la lengua literaria misma subsisten ciertos giros asindéticos primitivos, como las frases de expresión de voluntad asindéticas del tipo volo facias ‘quiero que hagas”. Polo tanto, se ut era máis usado (e na fala mesmo podía desaparecer, como no exemplo dado polo filólogo finlandés) e quod> quid> que gañou todos os espazos para introducir as subordinadas cuxo verbo principal indicaba vontade, acabou por desaparecer a posibilidade de usar na fala actual un infinitivo conxugado. Non é posible * quero vires senón quero que veñas. Só se aplica o infinitivo cando os suxeitos son concorrentes: quero vir. Latín vulgar Galego e portugués\n(cfr. Álvarez e Xove, 2002: 138) como se observa nos exemplos 61, 66, 70 e 71. Cando non hai concorrencia de suxeitos, ao pé da estrutura románica [ que + v. finito ], galego e portugués poden utilizar o infinitivo conxugado (► 62, 63, 64, 67, 68 e 69). Tamén o español co seu único infinitivo, daquela, nas terceiras persoas e con verbos copulativos. A Nueva gramática de la lengua española (2009: 2013) di que: “Los grupos verbales de infinitivo en función predicativa, sobre todo los construidos con ser y estar, eran muy frecuentes en la lengua antigua subordinados a verbos de entendimiento, de juicio y, a veces, de lengua ” (72, 73 e 74). Na lingua portuguesa, estes grupos verbais son máis comúns na actualidade (case exclusivamente con ser, ter e estar 7) nun rexistro culto, que no galego 8. Pola súa parte, en español o seu uso decaeu no século xviii 9, aínda se documenta no xix e no xx é infrecuente. 7 Unha busca exhaustiva no http://www.corpusdoportugues.org/ deu como resultado unha ampla maioría para as formas conxuncionais (Creio que são / Creio serem ; Penso que estão / Penso estarem ; Entendi que eram / Entendi serem ; Julgo que tensés-estás / Julgo teresseres-estares ; Diz que sãoestão-têm / Diz seremestarem-terem ; Prometi que eram / Prometi serem ; Anunciei que sãoestão-têm / Anunciei seremestarem-terem ; Nego que sãoestão-têm / Nego seremestarem-terem ; Juro que sãoestão-têm / Juro seremestarem-terem). 8 Xa se viu a opinión de Álvarez e Xove (2002); con todo, Abuín (1971: 202) proporciona datos interesantes que parecen demostrar a continuidade románica da construción infinitiva latina baixo a forma do infinitivo conxugado: “El Habla de Castilla se ve obligada a no poder utilizar Infinitivo más que cuando principal y subordinada completiva tienen el mismo sujeto: “Desea estar conmigo”; pero no cuando el sujeto es distinto: “Desea que estemos juntos”, caso en que utiliza una completiva integrante. En cambio, el habla arosana [reférese ao español falado en Arousa cheo de galeguismos] en ambos casos puede utilizar completiva de infinitivo: “Desea estar conmigo” y “desea estarmos juntos”. Y así: “Opino marcharmos a casa”, “Pienso seres discreto”, etc. de una extraordinaria fuerza expresiva y brevedad. En resumen: el habla arosana mantiene, gracias al Infinitivo Personal, la forma sintética latina en la oración subordinada completiva con sujeto implícito en el verbo, unida directamente a su oración principal, en casos en que el castellano se ve obligado a la forma analítica con “que” más modo finito. Con lo que, como en latín también, abundan más que en castellano los tipos de oración completiva de Infinitivo”. 9 É de supoñer que a construción española é un calco da oración de infinitivo latina recuperada na linguaxe culta na Idade Media, tentativa de recrear o estilo clásico. O feito de ser estilo culto e non patrimonial provocou a desaparición progresiva.\ne) Verbos de percepción (ind), influencia (subx) e causa (subx). Latín [ oración de infinitivo ] (non concertado). “ Video esse hic in senatu quosdam, qui tecum una fuerunt” (Oratio in Catilinam, Cicerón). Vexo [estaren/ que están ] no senado algúns que estiveron unha vez contigo. / “ Exire ex urbe iubet consul hostem ” (Oratio in Catilinam, Cicerón). O cónsul ordena [saír o inimigo/ que saia ] da cidade.\nNeste punto, o uso fixou o emprego das estruturas con infinitivo ou coa conxunción. Nas tres linguas poden encontrarse indistintamente, aínda que na fala familiar predomina a construción do infinitivo (tratadas pola gramática tradicional como oracións con suxeito en acusativo; 77, 83 e 89). Convén facer, non obstante, algunha observación naquelas con suxeito non concertado (78, 79, 80, 84, 85, 86, 90, 91 e 92). De entre os verbos de percepción que admiten a construción do infinitivo con función predicativa, ver é o máis usado (mirar, observar, notar, sentir, oír, escoitar). Aínda así, a Nueva gramática de la lengua española (2009: 2013) di que se encontra na actualidade en construcións limitadas sintáctica e semanticamente: aceptan accións ou movementos (La vi acercarse), cando se constrúen con subordinada substantiva admiten estados e propiedades (Vi que tenía razón) pero non con infinitivo (*La vi tener razón). Non se aplicaba esta restrición na lingua antiga (93 e 94). Estas consideracións para o español poden ser aplicadas grosso modo ao galego e ao portugués. Os exemplos españois antigos aparecen cos verbos ser e estar, os mesmos que provocaban a utilización do infinitivo conxugado en portugués (► 87 e 88), tamén en épocas pasadas e de pouco rendemento. O mesmo acontece cos verbos de influencia 10. No galego actual, esta estrutura non se encontra documentada e no antigo non atopamos ningunha ocorrencia; os exemplos dados (81 e 82), un do séc. xiii e outro do xiv, poderían aparecer co infinitivo persoal (viu -os come porcos contra si vĩir > viuos... contra si viren ; mandei ao dito abade e convento dar esta mia carta > mandei [a eles] daren esta mia carta). Con todo, son así documentados, dando a idea da súa posible inexistencia 11. En portugués, os dous exemplos (► 87 e 88) responden a escritos do séc. xvii, non atopamos ocorrencias posteriores nos corpus consultados 12. Cunha e Cintra (1984: 470), despois de afirmaren que con estes verbos o uso do infinitivo conxugado é restrinxido, din referíndose aos verbos de mandato: Por vezes, a construção com o conjuntivo é pesada ou malsoante. Convém, nesses casos, substituíla por uma forma expressional equivalente. O infinitivo: O professor mandou que o aluno lesse um romance; O professor mandou o aluno ler um romance. / Exortava os companheiros a que continuassem a resistência; Exortava os companheiros a continuarem a resistência 13. Como se observa, e en xeral, din Álvarez e Xove (2002: 138) ao falar das diferenzas entre as oracións conxuncionais e as de infinitivo sen nexo: “Sendo os suxeitos distintos, pódese hipoteticamente recorrer ó infinitivo flexionado, pero a penas se usa porque se opta por que con verbo modotemporal”. Latín vulgar Galego e portugués Español [infinitivo non concertado] [quod/quia + v + ind/subx] [infinitivo non concertado] [ infinitivo conxugado ] (menos usado) [que + v + ind/subx] [infinitivo non concertado] [que + v + ind/subx] 10 Véxase Regueira Fdez. (2001). 11 Véxase López Martínez (1991). 12 Cabe dicir que, na lingua portuguesa, o uso no Brasil é máis conservador que en Portugal. 13 En Portugal, non son de recibo as partes en itálico: Sentido > Vejo que elas sãosaem-correm / Vejoas ser(em)-sair(em)- -correr(em); Ouvi que eramtinham-iam / Ouvios [ser(em)-ter(em)-ir(em)]. Mandato> Ordenou que fizessem / Ordenou fazer(em); Mandou que construíssem / Mandou construir(em). Causa: Deixou que saíssem / Deixouos sair(em).\n(95)>(87 e 88) P– [...] se ve [ que son ] eclesiásticos / que ordenava [ que estuviesen ] armados... Cómpre dicir que existen, ás veces, diverxencias na concepción sintáctica dalgúns verbos. Por exemplo, lamentar e desculpar, construídos de maneira diferente en portugués, fronte ao galego e ao español.\nasociada aos verbos de sentimento (que actúan como os volitivos).\n2.2. En oracións circunstanciais\nO uso universal de que provocou, como xa se afirmou, a desaparición de case todos os nexos latinos (ut : final, consecutivo, temporal, modal e concesivo; cum : temporal, causal; tametsi : concesivo; etsi : concesivo…). Ora ben, a conxunción que empezou a reforzarse con preposicións 14 e adverbios para marcar os diferentes matices: para + que : finalidade, por + que > porque : causa, aínda + que : concesión, desde + que : temporalidade, etc.\nA condición nominal do infinitivo permítelle aparecer tras preposición. Daquela, se na lingua existe unha locución prepositiva co mesmo valor que a conxunción ou locución conxuntiva usada como nexo, pódense substituír esta e o verbo finito por un infinitivo conxugado: aínda que = a pesar de, porque = por, etc. 14 Léase o que di ao respecto Mattos e Silva (1997: 115): “É o que, entretanto, o elemento mórfico que estará na base das numerosas locuções conjuntivas que se constituíram no português, como nas outras línguas românicas: des que (arc), desde que, sem que, ante que (arc), antes que, assim que, ainda que, já que, por tal que, tanto que; de modo que, de sorte que; visto que, etc.”\n© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 107130 (127) Aínda que viñestes tarde, sobrou comida = A pesar de virdes tarde, sobrou comida. (128) Non traballamos porque estamos doentes = Non traballamos por estarmos doentes. Temporais e modais actúan como complemento circunstancial do verbo principal. Os casos restantes 15 (condicionais, finais, concesivas e causais) establecen relacións lóxicas que afectan toda a oración. En español, existe a mesma posibilidade mais só cando o suxeito do verbo principal e mais o do infinitivo son coincidentes (infinitivo concertado), nos outros casos usa a estrutura [ (prep) + que + v ], coexistente en galego e portugués (por exemplo, a pesar de = a pesar de que ou aínda que). Por outro lado, cómpre dicir que en español é normalmente usada a construción da preposición máis o infinitivo non concertado para todas as persoas (o contexto clarifica o suxeito; cando se quere que fique patente, úsase que + v). En galego e portugués, as dúas posibilidades do español danse xuntas co infinitivo conxugado. Examinaranse a seguir as construcións que empregan o infinitivo. Véxase un exemplo de cada grupo 16 :\na) Temporal: GalegoSuxeito concertado: (129) infinitivo invariable: “ Ao vir de regreso cuns cartiños algúns deciden abrir un bar” (Xentes do mar, Calo Lourido, 1996) ► (130) infinitivo conxugado: “ Ao saírmos do Triángulo seguiremos cara a Madrid” (Ar-\n(139)>(134) P– [ al saber / cuando supimos ] 15 Locativas (A rúa onde/na cal vive é estreita), comparativas (Gaña máis cartos ca min, O teu can corre máis que o meu) e consecutivas (Fedía tanto que non se podía respirar) non participan deste proceso porque os seus nexos non son substituíbles por ningunha preposición ou locución prepositiva. 16 Ofrécense os exemplos coa partícula máis usual.\n(142)>(136) P– [ cuando atravesaban ] b) Modal: exclusivamente a preposición sen.\nc) Condicional:\n3. c onsIderacIóns fInaIs\nResumindo o visto, reparamos en que en todas as estruturas circunstanciais se repite o comportamento do infinitivo conxugado que aparece nas completivas. Quer nas oracións de suxeito concertado, quer nas de suxeito non concertado, atopamos o infinitivo invariable e flexionado. Salientamos, non obstante, o feito de que é máis común encontrar o invariable cando podería ser flexionado na lingua galega que na portuguesa. Poderíase explicar ou ben pola presión do castelán sobre o galego ou ben porque o portugués consolidou o infinitivo conxugado como forma única na maioría de casos xa que permite desambiguar totalmente. Ao respecto, Jansegers e Vanderschueren (2010: 438) din: [...] esta investigación pone de manifiesto el papel primordial que desempeña la influencia castellana en la menor vitalidad del infinitivo flexionado en el gallego actual. Así, hemos demostrado que, mientras que el infinitivo conjugado portugués a lo largo de varios siglos ha ampliado su radio de acción, el infinitivo flexionado gallego ha reducido drásticamente sus empleos en los contextos en los que con mayor frecuencia solía aparecer.\nUnha visión xeral do exposto indica que a construción infinitiva en función de CD nas completivas preserva a oración de infinitivo latina, que en galego e portugués pode mesmo aparecer conxugada; nas circunstanciais, a natureza nominal do infinitivo permítelle aparecer despois da preposición.\nO uso do infinitivo concertado (conxugado ou non) en galego e portugués non presenta problemas de tradución en español xa que se trata da mesma estrutura nas oracións de suxeito\nconcertado. Cando as linguas atlánticas seleccionan o infinitivo conxugado apréciase unha escolla estilística pleonástica 17 : Infinitivo invariable: “ Ao vir de regreso cuns cartiños algúns deciden abrir un bar” Infinitivo conxugado: “ Ao viren de regreso cuns cartiños algúns deciden abrir un bar” Esp: “ Al venir de regreso con algún dinero, algunos deciden abrir un bar” 17 Véxase Vanderschueren e Diependaele (2012, en prensa): “The Portuguese Inflected Infinitive. An Empirical Approach”. Corpus Linguistics and Linguistic Theory, onde demostran unha escolla inducida por diversos factores lingüísticos.\nXeralmente, as gramáticas galegas e portuguesas especifican os usos do infinitivo conxugado nos mesmos contextos, non obstante, a máis actual de Álvarez e Xove (2002) xa clarifica algunhas restricións no galego moderno, que prefire a construción conxuncional, fronte ao portugués, que ampliou o seu campo de acción. Con todo, calquera estudo dos presentados na bibliografía trata o asunto dentro do propio sistema (o galego, o portugués), trátanse cuestións de interferencias do castelán no galego, fanse aproximacións históricas e mesmo valoracións sobre o seu emprego, porén, cumpren unha función parcial para o noso obxectivo. Tentamos confrontar todos eses usos cos equivalentes esperables na lingua española para establecer unha base didáctica coherente que axude os estudantes de fala materna non galega nin portuguesa a comprender o infinitivo presoal. Unha segunda parte desa didáctica –que xa se adianta nalgúns casos– sería entrar pormenorizadamente nas frecuencias reais de cada contexto especificado para evitar, por exemplo, un abuso da construción infinitiva cando é máis habitual a conxuncional e viceversa.E xa para acabar, e retomando ese obxectivo didáctico que nos levou a escribir estas liñas, preséntanse de modo esquemático os usos galegos e portugueses do infinitivo priorizando o conxugado, e as correspondencias esperables e máis habituais na lingua española:\na) Completivas\nFunción de suxeito:\nVerbos de entendemento (ind), existencia (subx) e intransitivos (subx)\n–Oración de infinitivo na cal aparece o infinitivo flexionado (uso arcaico): “ Vinos seren felices” Esp (estrutura conxuncional; uso xeral): “ Veo que ellos son felices” Esp (oración de infinitivo; uso arcaico): “ Vi ser ellos los que eran felices” b) Circunstanciais Suxeito concertado –Preposición + infinitivo invariable que podería aparecer baixo a forma do conxugado: “ Ao marchar[en], saudaron ”, “Por ter[des] bebido estades peneques” Esp (preposición + infinitivo ou estrutura conxuncional, menos común): “ Al irse, saludaron”, “ Por haber bebido estáis borrachos” –Preposición + infinitivo conxugado: “ Ao marcharen, saudaron ”, “ Por terdes bebido estades peneques” Esp (preposición + infinitivo ou estrutura conxuncional): “ Al irse/cuando se fueron, saludaron ”, “ Por haber/porque habéis bebido estáis borrachos ” Suxeito non concertado –Preposición + infinitivo invariable (común no galego e infrecuente no portugués): “ A pesar de as medidas ser prioritarias, non podemos descartar o asunto” Esp (estrutura conxuncional ou preposición + infinitivo con suxeito expreso, menos común e recomendable): “ A pesar de que las medidas son prioritarias (a pesar de ser las medidas), no podemos descartar el asunto” –Preposición + infinitivo conxugado: “ A pesar de chegarmos tarde, esperou por nós”, “ Fareino no caso de teres necesidade” Esp (estrutura conxuncional): “ A pesar de que llegamos tarde, nos esperó ”, “Lo haré en el caso de que tengas necesidad”\nHenrique Monteagudo (eds.), Norma lingüística e variación: Unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 313334. Corpora utilizados: Galego: http://www.ti.usc.es/tilg/ (Tesouro Informatizado da Lingua Galega). Universidade de Santiago / Instituto da Lingua Galega. http://corpus.cirp.es/corga/ (Corpus de referencia do galego actual). Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades. http://ilg.usc.es/tmilg/index.php (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega). Universidade de Santiago / Instituto da Lingua Galega. Portugués : http://www.corpusdoportugues.org/ (Corpus do"} {"summary": "Alúdese á importancia dos valores na formación dos máis novos e expóñense as bases teóricas das que se parte neste traballo, entre as que sobresaen as achegas de Shalom Schwartz, ademais de referirse á idoneidade da literatura para a transmisión de valores. Sinálase que Agustín Fernández Paz sempre apreciou as potencialidades da literatura neste sentido e anúnciase que se vai abordar como este docente de profesión introduciu e enfocou os valores nas súas obras infantís máis representativas. A selección de obras proposta responde á calidade literaria e é analizada ao redor de dous valores moi latentes na súa produción: a protección do medio ambiente e a xustiza social. Detense en como estes valores son tratados ao fío das historias e en como se plasman a partir de unidades perceptivas presentes no texto e de unidades semánticas abstraíbles a partir dos feitos narrados e a intervención dos personaxes. Finalízase cunha serie de conclusións que sintetizan as ideas principais desta aproximación á narrativa infantil de Fernández Paz desde a perspectiva dos valores.", "text": "VALORES NA OBRA INFANTIL DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ\nDATA DE RECEPCIÓN:05/06/2017 DATA DE ACEPTACIÓN:19/07/2017 109\nVALORES EN LA OBRA INFANTIL DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ\nVALUES IN THE CHILDREN'S WORK OF AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ\n : Agustín Fernández Paz, narrativa infantil, valores, ecoloxía, xustiza social.\nResumen: Se alude a la importancia de los valores en la formación de los más pequeños y se exponen las bases teóricas de las que se parte en este trabajo, entre las que destacan las aportaciones de\nAgrelo Costas, María Eulalia (2017). “Valores na obra infantil de Agustín Fernández Paz”.\nElos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 4, \"Artigos\", 109127. ISSN 2386 -7620. DOI http://dx.doi.org/10.15304/elos.4.4094\nIntrodución: referentes teóricos, textos de análise e obxectivos propostos\nOs valores supoñen unha peza clave da formación da infancia e da mocidade como se revela no tratamento que se lles dispensa na documentación reguladora do sistema educativo, na existencia de numerosas referencias bibliográficas ao respecto e na atención que se lles presta nos catálogos e nas guías de lectura. A súa definición segue a entrañar unha gran complexidade, debido a que os valores mudan en función das coordenadas espazotemporais que nos situemos. Cada sociedade, en estreita comuñón coa súa cultura e contexto político, establece a súa escala de valores para orientar e xulgar as accións do seus membros, que, á súa vez, experimenta unha serie de modificacións impulsadas polo transcorrer do tempo e as mudanzas que se suceden. Non obstante, no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil son varios os estudosos que aceptan a definición proposta por Santiago Yubero, Elisa Larrañaga e Pedro Cerrillo que, na introdución do monográfico Valores y lectura, explican que os valores han de entenderse “como creencias básicas a través de las cuales interpretamos el mundo y damos significado a los acontecimientos e, incluso, a nuestra propia existencia” (Yubero, Larrañaga e Cerrillo, 2004: 10). Os valores recollen, polo tanto, o noso xeito de entender a realidade e de actuar ante ela, aínda que, cando son asumidos dun modo xeralizado, pasan do ámbito subxectivo ao colectivo e convértense en valores sociais, a partir dos cales organizar e garantir a estabilidade nun determinado contexto cultural. Os enfoques desde os que se clasificaron os valores son tamén múltiples, aínda que o acometido principal deste traballo centrado na análise dos valores latentes na produción infantil de Agustín Fernández Paz (VilalbaLugo, 1947Vigo, 2016) aproxímanos a unha perspectiva psicosocial. Neste sentido parécenos rendible a xerarquía de valores establecida por Shalom Schwartz (1992, 2001), quen os considera crenzas transituacionais e acolle aqueles que pautan o comportamento dos individuos, así como aborda os de carácter transcultural. A súa categorización recoñece dez tipos motivacionais (poder, logro, hedonismo, estimulación, autodirección, universalismo, benevolencia, tradición, conformidade e seguridade), aos que se asocian unha restra de valores 1 que, atendendo ao seu carácter, provocan relacións de conflito ou de\nValores na obra infantil de Agustín Fernández Paz compatibilidade entre as dez categorías. Así mesmo, estas forzas de atracción e de repulsa permitíronlle a Schwartz dividir estas tipoloxías en catro grandes áreas xerais: a autotranscendencia 2, a conservación 3, a autorealización 4 e a apertura ao cambio 5. A necesidade de socializar que teñen os individuos para garantir a súa supervivencia e preservar a harmonía do grupo xustifica a posta en práctica dunha serie de estratexias para a educación en valores, entre as que destacamos a lectura e a análise de textos, debido a que son unha fonte de aproximación á información, ao entretemento e á estética, ao mesmo tempo que son unha fonte xeradora de valores (Ramírez, 2000: 152). Na opinión de Juan Senís (2006: 80), a Literatura Infantil e Xuvenil cumpre á perfección “estas condiciones –atractivo, riqueza en temas y potencialidad en debates y actividades posteriores a la lectura, familiaridad con el lector, literariedad–”, porque como xa anunciaba Marisa Bortolussi (1985: 88):\nLa obra literaria infantil manifestará, si no explícitamente, por lo menos implícitamente, las prohibiciones, las prescripciones, en fin, el conjunto de símbolos que definen una sociedad o cultura determinada. El aprendizaje de los valores opera mediante la asociación repetida entre signo (palabra, concepto abstracto, objeto), y su significado.\nEste mesmo parecer é recollido no artigo “Os valores na literatura infantil e xuvenil” por Agustín Fernández Paz (1997: 427436), que se fundamenta nun traballo de Rafael Grasa (1988), para quen na infancia e na adolescencia a descuberta dos valores se produce a miúdo mediante experiencias significativas encarnadas en persoas, ademais de destacar que para a súa aprendizaxe a técnica educativa básica é a de analizar e discutir dilemas morais recollidos nas historias. Desde estes parámetros, Fernández Paz insiste en que a literatura, especialmente a dirixida ás primeiras idades, abre unha vía privilexiada para poñernos en contacto con outras vidas, conflitos e situacións cos que identificarnos e mesmo sentir como propios, alén de proporcionar unha selección de obras de calidade que ofrecen a posibilidade de abordar a súa historia desde a perspectiva da aprendizaxe de valores.\nPlenamente convencido da función socializante da Literatura Infantil e Xuvenil, Fernández Paz afrontou a escrita dun abano de obras asentadas na calidade literaria e no atractivo das súas ficcións, amais de plasmar nelas a súa ollada persoal do mundo e as particularidades do seu\ncontexto vital, sen deixar de introducir valores que estimaba esenciais, tal e como se enuncia na acta que certificaba a concesión do VII Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil\nUna vez debatido ampliamente se decidió otorgar el Premio por mayoría a Agustín Fernández Paz por su extensa obra narrativa que aborda una gran diversidad de géneros y temas. El autor construye personajes entrañables explorando aquello que los hace irrepetibles y ambientes donde se destaca la presencia del misterio en la vida cotidiana. En su obra se enlaza el uso de las convenciones de género con la innovación literaria para niños y jóvenes. Se distingue su compromiso con los valores humanos universales y su papel determinante en la construcción de una literatura infantil y juvenil en lengua gallega.\nEse compromiso cos valores humanos universais é notorio nas súas narracións destinadas a un lectorado infantil para o que, segundo ten sinalado o mesmo Fernández Paz (Primeras lecturas, 2005: 83), é moito máis difícil escribir se se quere facer ben. Nas seguintes páxinas trataremos os valores observables nestas narracións guiados polo modelo proposto por Schwartz e fixarémonos nas súas unidades de significación, atendendo ás de carácter perceptivo (a palabra e a oración) e\nsemántico (o tema, os personaxes e os sucesos).\nDeterémonos, en concreto, nas obras infantís de Fernández Paz máis relevantes pola súa excelencia, por seren premiadas ou por recibiren unha atención máis notoria da crítica e do lectorado, así como por situaren deteminados valores como eixes centrais do seu argumento. Textos literarios que poden ser considerados obras de calidade por cumpriren, tal e como sinala Teresa Colomer (1998: 137), un duplo obxectivo: o educativo e o literario. Referirémonos aos valores que aparecen de xeito explícito na microestrutura e a aqueloutros implícitos que se han de extraer tanto da microestruta coma da macroestura mediante a observación da intervención dos personaxes e o desenvolvemento dos feitos. Con esta aproximación aos valores expostos na produción literaria infantil de Fernández Paz queremos tamén facilitarlle ao mediador unha selección de obras que favoreza “un conocimiento a la vez crítico, relacional y, por qué no, placentero” (Mula, 2007: 155) da sociedade actual, da que o vilalbés foi un perspicaz observador e denunciou as inxustizas e agresións que percibía a través das súas historias. De aí que fora cualificado de “escritor ideolóxico”: Todas as obras de creación teñen unha forte carga ideolóxica, as miñas e as doutros escritores, porque reflicten unha visión do mundo e da sociedade. A min aplícaseme ese cualificativo porque, en bastantes dos meus libros, abordo cuestións sociais dende unha perspectiva transformadora (Roig e Soto, 2008: 176). Este encadre tan actual fai que as obras de Fernández Paz adquiran un maior carácter\nA protección do medio ambiente\nNa área da autotranscendencia, o valor central do universalismo defínese pola comprensión, respecto, tolerancia, aprecio e preocupación polo benestar das persoas e da natureza, trazos que tamén comparte o valor da benevolencia, que se caracteriza pola preservación e mellora do benestar das persoas próximas. Este binomio de valores é fundamental na escrita infantil de Fernández Paz e asóciase a outros valores concomitantes nas súas ficcións.\nDentro do universalismo sobresae a súa proclama constante a favor da protección do medio ambiente, que se percibe desde a súa primeira entrega narrativa e que xa anunciara nalgún dos textos publicados nos manuais escolares da serie “O noso galego”. A cidade dos desexos (1989) parte dun dos recursos máis identificativos da escrita de Fernández Paz, que se asenta na entrada da fantasía nun contexto real para poder ensanchar os seus límites e expresarse dun modo máis verdadeiro (Roig Rechou e Soto, 2008: 166167). Esta técnica liberadora e transformadora, que bebe de Gianni Rodari, vinculouna con outros elementos dos contos populares, aos que lles deu un uso ideolóxico (Roig e Ferreira, 2010), para referirse á degradación do medio natural.\nUn narrador en terceira persoa sitúa no escenario dunha cidade moi deteriorada unha moderna fada e un grupo de rapaces, só preocupados por cuestións banais. A intervención de Ana fainos reflexionar sobre as verdadeiras necesidades, o que determina que lle soliciten a recuperación das árbores tronzadas pola especulación urbanística, pois “a cidade está fea [...]. De\nseguro que con moitas árbores había ser unha cidade ben bonita” (Fernández Paz, 1989: 35). A\neste desexo engádenlle a petición de que regrese o rechouchío dos paxaros expulsados e de que as palabras dos habitantes malhumorados deixen de ser grises e negras. As conversas con Ana e a súa intervención activa na rexeneración da cidade favorecen a adquisición por parte dos integrantes da panda de valores asociados coa benevolencia, como son a servicialidade e a responsabilidade, para acadar outro valor universal como é a harmonía coa natureza, ao que se chega no remate da historia e se sintetiza no seguinte treito: “Porque resulta difícil estar triste cando dende o balcón podes tocalas pólas dunha cerdeira ou cando polas mañás espertas e tes unha bubela a te mirar dende o peitoril da fiestra” (Fernández Paz, 1989: 47).\nEses mesmos valores vinculados coa autotranscendencia reaparecen na obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil, As flores radioactivas (1990), na que seguiu reflexionando sobre a convivencia do home e da natureza, aínda que agora desde o polémico asunto dos vertidos tóxicos na Fosa Atlántica e desde o activismo dos colectivos que alertaron sobre os ataques indiscriminados á natureza tras a catástrofe nuclear de Chernobil. A partir do recurso ao binomio fantástico de Rodari, Fernández Paz uniu as palabras “flor” e “mar” nun relato de aventuras, que se sostén na alternancia das anotacións confesionais da intrépida protagonista e as intervencións dun narrador omnisciente. A través das súas respectivas voces, contrapóñense dúas perspectivas ideolóxicas antitéticas –a dos militares e a dos ecoloxistas– ao redor das misteriosas flores que aboiaban nas augas da costa galega. Esta oposición suscita a reflexión sobre o modus operandi de certas institucións políticas e militares, así como a crítica contra os valores do poder e do logro que as definen e se integran na categoría da autorealización. Nesta liña Marc Candela (2005: 30) expón que\nAquest llibre és, doncs, un bon instrument per a despertar l´esperit crític i aventurer dels nostres infants, no solament davant les agressions constants dels humans sobre el medi ambient, sinó també sobre els foscos interessos dels governs i dels poders fàctics mundials per mantenir l' statu quo actual i fugir de les oportunitats de transformar el món den un lloc més habitable.\nUnha crítica que se fai a partir do humor e que, xunto á imaxinación, son as armas das que se serviu Fernández Paz para encarar moitos dos conflitos presentes nas súas historias, xa que, como el mesmo sinalou, “A literatura infantil, se quere chegar realmente ós rapaces, debe empregar aquel humor que se atope entre o amable e o acedo corrosivo” (Fernández Paz, 1990: III). Así, tras sufrir os efectos das misteriosas flores, os militares\nMaría Eulalia Agrelo Costas de deter (Álvarez Núñez, 1990).\nPara que prospere ese mundo ideal, a obra, como artefacto ideolóxico, potencia os significados que emite e que son susceptibles de seren exemplares coa inclusión duns anexos con documentación científica para informar e sensibilizar aínda máis sobre o estado da Fosa Atlántica, a enerxía nuclear, os residuos radioactivos e o papel exercido ao respecto por Adega e Greenpeace. Todas estas alusións son tan relevantes para os fins educativos coma o mesmo discurso literario tal e como ten explicado Juan Senís (2006: 87) nun estudo sobre manuais escolares:\nlos paratextos condicionan la lectura del texto y orientan la recepción hacia determinados territorios, que pueden estar formados por contenidos puramente lingüísticos, literarios o relacionados simplemente con la comprensión del texto, pero también con su interpretación y con la puesta en relieve de los valores del texto.\nO seu compromiso coa causa ecolóxica e a denuncia de certos comportamentos sociais reaparecen en O laboratorio do doutor Nogueira (1998), coa que Fernández Paz pagaba as débedas contraídas cos artistas do cómic, que lle deixaron unha profunda pegada na súa escrita e que lle\nHitler ou o darwinismo social: eliminar as causas para atallar os efectos.\nValores na obra infantil de Agustín Fernández Paz Outro dos valores máis salientables na escrita infantil de Fernández Paz é a xustiza social que, máis alá de ser definida por F. Javier Murillo e Reyes Hernández (2011: 20) como un proxecto dinámico, nunca completo, acabado ou alcanzado “una vez y para todos”, pode relacionarse con diferentes reivindicacións. No mundo actual Nancy Fraser (2008: 83) sinala dous tipos: o primeiro, que é o máis coñecido, está integrado polas reivindicacións redistributivas, que pretenden unha distribución máis xusta dos recursos e da riqueza; un segundo, cada vez máis palpable, plásmase na política de recoñecemento, cuxo obxectivo se centra en acadar un mundo que acepte a diferenza, no que a integración na maioría ou a asimilación das normas culturais dominantes non sexa o prezo dun respecto igual. Nesta segunda liña céntrase un feixe de obras do escritor vilalbés, nas que promoveu a equidade das persoas, malia pertenceren a grupos sociais e a etnias diferentes, co propósito de seguir dándolles azos aos valores asociados co universalismo, nomeadamente, a xustiza social e a igualdade. Fernández Paz dispúxose a aguilloar conciencias por medio do relato da memoria dun presente sobre o que deitou unha ollada perspicaz e, en certo modo, un tanto mesiánica, debido a que captou con anticipación problemáticas futuras, como as que derivarían da brutal crise económica dos primeiros anos do século XXI. Un tren cargado de misterios (2001), que supón unha reescritura ampliada do relato Ana e o tren máxico (2001), retrata as diferenzas existentes na realidade mediante o paso de Ana polos vagóns dun tren moi especial. Un narrador omnisciente en terceira persoa conta esa viaxesoño de Ana repleto de intriga, fantasía e xogo de palabras por un mundo diverso, no que nos vagóns se atopa con xente de diferente escala social ou proveniente de puntos xeográficos distantes como reflicten as súas roupas e os seus trazos físicos, ademais das paisaxes que se poden contemplar desde as xanelas. Nesta viaxe transcultural e onírica non se observa ningunha intención condenatoria explícita, senón que se trata de advertir o lector da existencia dun mundo integrado pola diversidade e a desigualdade. En obras posteriores criticou o desprezo experimentado polos marxinados socialmente, como acontece en O meu nome é Skywalker (2003), Premio O Barco de Vapor, na que a nena protagonista é a máxima expoñente de valores fundamentais como son o universalismo e a benevolencia. Desde a psicoloxía infantil de Raquel, Fernández Paz artellou unha metáfora da traumática experiencia dos que padecen os desfavorecidos nunha sociedade deshumanizada. A súa orixe está nunha escena presenciada ás portas dun supermercado da súa cidade de residencia (Vigo), no que un home pedía esmola ante a impasibilidade dos viandantes. A partir de aí, un\nMaría Eulalia Agrelo Costas narrador omnisciente recrea a fermosa amizade entre Raquel e un home de estraña aparencia, que permite achegarse ao abandono ao que están condenados os sen teito. Un argumento que se asenta nun punto único e que prescinde de tramas secundarias, porque a forza da narración céntrase no difícil equilibrio entre a fascinante aventura, que a nena imaxina, e a crúa realidade, que se lle desvela ao lector aos poucos. Todo un acerto para aproximarse a un tema tan duro como é o da marxinación e que fai de O meu nome é Skywalker un relato redondo e convincente, porque desde esta formulación\nConsigue así tres cosas: intrigar al lector con un denselace no previsible; evitar el dramatismo fácil –la niña recordará siempre a su amigo de otro planeta–, y algo más importante: dar una inusual visión respetuosa y compasiva de los marginales, esas personas molestas para la sociedad, a quienes se suele prejuzgar y a quienes entre todos convertimos en “invisibles” (CLIJ, 2003: 65).\nPara non ferir a sensibilidade de Raquel, o home de chaqueta rechamante farase pasar por un visitante das estrelas de nome Skywalker que está na Terra para estudar os humanos, aínda que esta historia alternativa está a piques de descubrirse cando á nena lle parece que está a durmir no chan entre cartóns ao pé doutros sen teito. Unha estampa da mendicidade que lles resulta ben incómoda aos pais que, como parte dunha sociedade indolente, se eximen de responsabilidades e esgrimen outras razóns para xustificala. Mentres a nai mostra certa condescendencia e polo baixo comenta: “Por Deus, ¿é que non poden acollelos nun albergue, ou algo así?” (Fernández Paz, 2003b: 64), o pai evidencia un maior cinismo: “Moitos veñen aquí a durmir a borracheira, fíxate cánto cartón de viño hai. ¡Dá vergonza ver isto en pleno centro da cidade!” (Fernández Paz, 2003b: 64).\nAnte o temor da descuberta, Skywalker comunícalle á nena que a súa misión na Terra rematou e, como última mostra da súa amizade, intercámbianse uns agasallos e un intenso abrazo. Lonxe de Raquel, a voz narrativa desenmascara a dramática realidade dese home estranxeiro que, nun novo xesto de altruísmo, se afasta de quen si o respectou para non magoala, acompañado doutros “homes invisibles coma el, a maioría de pel intensamente escura [...]. Todos viaxeiros anónimos daquel tren de carga que atravesaba as inmensas chairas e que os acabaría deixando\nnalgunha estación ignorada, outra cidade descoñecida” (Fernández Paz, 2003b: 88). En tan poucas liñas, tres adxectivos – “anónimos”, “ignorada” e “descoñecida” – condensan a esgazadora realidade dos sen teito, que resultan invisibles ante unha sociedade que desoe a chamada de auxilio que, desde o silencio, lanzan sumidos nunha total desesperación, pero a quen Fernández Paz lles quixo restituír a dignidade. O autor vilalbés volve afastarse conscientemente dos temas máis ao\nValores na obra infantil de Agustín Fernández Paz uso na produción infantil e faino pasando unha realidade tráxica e cruel polo filtro da tenrura e do lirismo e mesturándoa coa fantasía, unha fórmula que desemboca en varios niveis de lectura: desde a perspectiva adulta, o retrato dun comportamento habitual que chega a estremecer; e desde a infantil, a ventura que entraña o coñecemento dun ser invisible, só descuberto pola intelixencia dunha nena (Soto, 2013). As nefastas consecuencias de moitos dos valores que abraza a autorealización, así como a insistencia na conveniencia daqueloutros que implican a tolerancia e a solidariedade co próximo, xustifican que Fernández Paz se preocupase por denunciar as duras experiencias dos inmigrantes en Lúa do Senegal (2009), cuxa xénese está nesa imaxe retida dun emigrante de cor negra e nacionalidade descoñecida subido á estadea dunha obra, que conservou nun dos seus diarios ata transformala nunha narración. A imaxinación agora esvaécese e a realidade máis núa exponse mediante o relato introspectivo de Khoedi, que reflicte o conflito emocional daqueles que abandonan o seu lugar de nacenza e son rexeitados no país de adopción. Tanto as dedicatorias como as citas anuncian os parámetros ideolóxicos desta obra, na que a voz de Khoedi e a dun narrador externo sosteñen a experiencia migratoria desta nena senegalesa que viaxa coa nai e a irmá a España para reunirse co pai.\nPor medio deste relato confesional dirixido á lúa, Fernández Paz pon ao descuberto o sentimento de perda que senten os emigrantes, amais da azarosa travesía de moitos africanos polo\ndeserto ata que embarcan nunha pateira e ven os seus soños afundirse ante a bravura do mar e o ríxido control policial. Xa na “Terra das Ausencias”, exemplifica en Khoedi as privacións que afrontan e os temores que os asedian por non comprender a lingua e sentirse desprezados. Unha muller branca aparta o fillo de Khoedi cando tenta tocala e súa nai é increpada coa expresión “negra de merda” (Fernández Paz, 2009b: 43). Ante estas agresións, os emigrantes auxilian os seus compatriotas, polo que na casa da nena hai un “cuarto de acoller” para os senegaleses que chegan a Vigo e seus pais colaboran coa Asociación Senegalicia. Esta dramática experiencia, xunto aos acenos relativos á historia e riqueza cultural do Senegal, ansía sensibilizar sobre a situación dos emigrantes e expoñer as causas que motivan a fuxida, por veces mortal, dun país espoliado polos occidentais. Incluso para potenciar a empatía con eles, alúdese á condición emigrante dos galegos e á poesía de compromiso de Rosalía de Castro, que se relaciona coa de Léopold Sédar Senghor, un dos grandes poetas negros, que foi un dos artífices do movemento da negritude e impulsou o renacemento da cultura negroafricana e a emancipación política dos seus pobos. Máis alá do pesimismo que percorre as páxinas de Lúa do\nSenegal, no final late a ilusión, pois Khoedi non quere esquecer a súa terra de nacemento, pero tamén sabe que ha de integrarse:\nEu seguirei correndo nos meus soños polos camiños de Oussuye e polas rúas de Ziguinchor, o Senegal irá sempre comigo no corazón. Mais tamén quero facelo polas rúas de aquí, sentilas tan miñas coma as de aló, acabar incorporándoas aos meus soños. Aínda que aquí me chamen estranxeira, aínda que haxa persoas que todos os días se encarguen de lembrarmo (Fernández Paz, 2009b: 180).\nA preocupación de Fernández Paz polo rexeitamento cara aos máis desfavorecidos reaparece no álbum Valados (2009), no que a amizade de Helena e Xoel se ve interrompida ao\nValores na obra infantil de Agustín Fernández Paz\nMoitos dos aspectos suxeridos nesta historia son amplificados con acerto polas logradas ilustracións de Xan López Domínguez. Texto e ilustración convidan á reflexión e buscan concienciar sobre o absurdo da exclusión de calquera índole, a partir da promoción dos valores da xustiza social, da igualdade, da paz e da amizade verdadeira, mentres son reprobados aqueles vinculados co grupo da autorealización como son o poder social e a autoridade, que pretenden dominar as persoas e os recursos materiais. A vitoria do universalismo e da benevolencia aséntase, de novo, na intervención duns personaxes que cren neses valores, pero que tamén rexeitan aqueles máis conservadores e se deixan orientar polos valores da estimulación e da autodirección.\nSó o atrevemento e a creatividade de Helena e Xoel lles permitirá defender os valores que favorecen o benestar entre as persoas.\nConclusións\nO éxito da transmisión deste valores radica sobre todo na capacidade de sedución das historias e de identificación do lector co personaxe, pretensións acadadas por un Fernández Paz que traballou a trama e o discurso das súas narracións con sumo esmero, porque para el era fundamental facer lectores, pero tamén cidadáns comprometidos co seu tempo. As súas narracións infantís non perden a conexión coa realidade máis próxima e suscitan a reflexión e a\nMaría Eulalia Agrelo Costas discusión, coa finalidade de espertar conciencias e promover o pensamento crítico. De aí que formen parte dese repertorio de obras para os máis novos que serven tanto para a educación literaria coma para a educación social, porque, seguindo as palabras que inician o artigo “Literatura con valores”, de Ana Garralón (1990: 26), intégranse nesa literatura infantil y juvenil que intenta educar en el ejercicio tolerante de la libertad; que desecha los viejos roles machistas; que postula un ideal de paz como única arma posible para ganar el futuro; que intenta establecer una relación no depredadora con el medio ambiente; que rechaza la marginación social, el racismo, el abuso indiscriminado de las minorías. Existe, en definitiva, una literatura infantil y juvenil que huye de visiones idílicas y proporciona a niños y jóvenes una lectura más certera. Son libros para interpretar la realidad.\nReferencias bibliográficas\nAGRELO COSTAS, E. (2015). Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz.\nSantiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Tese de doutoramento. Consultado reconocimiento y participación”. Revista de Trabajo, 6, 8399. Consultado o 14 de abril de 2017, http://www.academia.edu/29529757/La_justicia_social_en_la_era_de_la_pol %C3%ADtica_de_identidad_redistribuci%C3%B3n_reconocimiento_y_participaci\ngalega”. En Roig Rechou, B.-A., I. Soto López e M. Neira Rodríguez (Coords.). Reescrituras do conto popular 20002009 (pp. 83105). Vigo: Edicións Xerais de Galicia/Fundación Caixa Galicia. Consultado o 16 de abril de 2017, http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/proxectos/lijmi/descargas/ BVC_reescriturasdo-contopopular-20002009.pdf ROIG RECHOU, B. A. e SOTO, I. (2008). “En Santiago de Compostela con Agustín Fernández Paz”. Boletín Galego de Literatura, 38 (2º semestre 2007), 161178. Consultado o 14 de abril de 2017, https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/7584/pg_154171_bgl38.pdf?sequence=1&isAllowed=y\nValores na obra infantil de Agustín Fernández Paz advances and empirical test in 20 countries”. En Zanna, M. P. (Comp.). Advances in Experimental Social Psychology (pp. 165). Nueva York: Academic Press. SCHWARTZ, S. H. (2001). “¿Existen aspectos universales en la estructura y contenido de los valores humanos?”. En Ros, M. e V. L. Gouveia (Coords.). Psicologia social de los valores humanos (pp. 5377). Madrid: Biblioteca nueva. SENÍS FERNÁNDEZ, J. (2006). “Valores y lectura(s)”. Ocnos, 2, 7990. SOTO, I. (2003). “De seres invisíbeis e olladas tristes”. LG3. Literatura. Consultado o 17 de abril de 2017, http://culturagalega.org/lg3/extra_recension_xenero.php? Cod_extrs=156&Cod_prdccn=118 SOUSA, S. (2008). “Valores y formación en la literatura infantil y juvenil actual”. Espéculo. Revista de estudios literarios. Consultado o 20 de abril de 2017, http://www.ucm.es/info/especulo/numero39liteinfa.html TARRÍO VARELA, A. (1994). Literatura galega: Aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. YUBERO, S., E. LARRAÑAGA e P. CERRILLO (2004). Valores y lectura. Estudios multidisciplinares. Cuenca: Ediciones de la Universidad de CastillaLa Mancha."} {"summary": "O artigo trata do uso dos grafemas e para o fonema prepalatal fricativo xordo /∫/ en topónimos e apelidos galegos. Sostén que ese uso nos séculos xix e xx non é, como ás veces se cre, continuación da tradición medieval, por más que nalgúns casos coincida con ela, senón o resultado da acomodación ás normas establecidas pola reforma ortográfica do castelán en 1815. Para demostralo compara as formas escritas dos nomes de parroquias nunha fonte previa a esas reformas, o Catastro del Marqués de la Ensenada (17521754), e unha posterior, o Diccionario de Pascual Madoz (18451850).", "text": "A grafía do fonema prepalatal fricativo xordo en topónimos e apelidos galegos\nGonzalo Navaza\nUniversidade de Vigo\n\nOrtografía, grafemática, toponimia, apelidos\nSumario\n1. As grafías chamadas históricas ou etimolóxicas. 2. A desonorización de / Ʒ / no galego medieval. 3. Grafías do fonema prepalatal fricativo en voces galegas na documentación en castelán dos séculos xVi e xVii. 4. A norma do castelán e os topónimos galegos no Catastro de Ensenada e en Madoz. 5. Os apelidos Feixó~Feixoo e Raxoi.\nThe spelling of the voiceless prepalatal fricative phoneme in Galician place names and surnames\nNos escritos acerca das grafías dos topónimos e os apelidos no galego moderno está moi difundida a idea de que a representación do fonema prepalatal fricativo xordo /∫/ mediante os grafemas , en topónimos ou apelidos como Gestoso, Ginzo, Lage e Laje, Rianjo, Sangenjo ou Tojeiro obedece a unha práctica tradicional secular, continuadora da escrita medieval, e non, como podería pensar un profano, unha deturpación castelanizadora. Segundo esta opinión, a castelanización consistiría en ler a la castellana eses ou , cando en realidade serían xenuínas grafías galegas, herdadas dun estado de lingua que posuía un par opositivo /∫/ vs / Ʒ /, onde o fonema xordo se representaba comunmente por e o sonoro por (ante e, i) e (ante calquera vogal), como acontece aínda no portugués actual. Partindo dese suposto, a grafía de topónimos ou apelidos coma os mencionados, que corresponden a formas medievais onde o fonema en cuestión era sonoro, recibe a consideración de “grafía histórica”, libre de sospeita de interferencia castelanizante.\nComo moitas das palabras que na lingua medieval tiñan / Ʒ / remontan a étimos latinos con (ante calquera vogal) ou (ante e ou i), esas chamadas grafías históricas xa non serían unicamente sobrevivencia da máis antiga tradición escrita romance, senón que en última instancia procederían das grafías latinas. Nun artigo clásico sobre a grafía dos topónimos galegos, Moralejo Lasso (1976: 299), ao referirse aos e de formas onímicas coma as dos exemplos do parágrafo anterior, di que nesas letras «sobreviven aún las más sencillas y frecuentes en sus orígenes, a saber g o j conforme a la etimología latina». Deste xeito, as chamadas “grafías históricas” son consideradas así mesmo “grafías etimolóxicas”, sempre coa necesaria matización, pois o / Ʒ / medieval podía ter outras orixes. Son estas premisas as que levan a falar, no relativo ás grafías e , da «supuesta tendencia oficial castellanizante» (1976: 273): simplemente suposta pois só cabería atribuír á presión do castelán os e de topónimos ou apelidos en que o fonema medieval era xordo, como Seijas por Seixas ou Teijeiro por Teixeiro (que remontan a étimos derivados de saxu e taxu, respectivamente). No resto dos casos, cando o ou \ncorresponden ao fonema medieval sonoro, estariamos ante grafías “históricas” e “etimolóxicas”.\nEstas consideracións foron profusamente empregadas como argumento, no contexto das polémicas a cerca da estandarización do galego nas últimas décadas do século xx, polos partidarios dunha grafía reintegracionista, defensora da representación do fonema / ∫ / mediante , ou , segundo os casos e atendendo ao criterio etimolóxico. O propio Moralejo Lasso admitía a lexitimidade desas grafías e mesmo lles recoñecía certas vantaxes, por máis que se pronunciase a favor da solución monografemática en , sobre todo por razóns prácticas, non sen lamentar que con ela se perdesen de vista as orixes e as tradicións ortográficas (1976: 300):\nLa grafía llamada ortografía etimológica, aunque no lo es más que parcialmente, no deja de ofrecer ciertas ventajas de carácter lingüístico, histórico, etc. [...]. En portugués perdura la pronunciación sonora de g y j, frente a la sorda de la x con la cual se confunde a su vez la de la ch desde el siglo xViii; en castellano se ensordeció lo mismo que en gallego y el fonema palatal fricativo sordo pasó desde el siglo xVii a gutural fricativo sordo representado por j / g [...] no sin algún recuerdo de la antigua x como en la grafía México por Méjico [...]. Mas así como con toda su tradición gramatical y literaria no faltan en castellano casos ambiguos o dudosos entre las grafías g o j [...], así en gallego va generalizándose la x como conviene a un sonido único o uniforme, aunque en bastantes casos se pierden de vista orígenes y tradiciones ortográficas.\nNunha publicación máis recente, Moralejo Álvarez (2008: 205) retoma as ideas expresadas polo seu pai décadas atrás:\nHay otros supuestos de la castellanización que tienen su particularidad: por ejemplo, casos tópicos como Sangenjo –es decir, todas las grafías con g y j frente a la x hoy normativa: Ginzo, Deijebre, Fojo...– no representan otra cosa que formas patrimoniales gallegas –puras y autenticas, digamos, pero ‘corrupciones’de Ginesius, Dessiobris, Foveum –, son formas con grafías tradicionales o históricas (y en muchos casos, no siempre, etimológicas) g, j que la lengua gallega compartió con todas las demás peninsulares (cf. en portugués Aljubarrota, Gerês...), pero que la escolarización exclusiva en lengua castellana arrastró a valores fonológicos castellanos modernos, es decir, a una fricativa gutural sorda de la que se quiso escapar con la grafia x que tenemos en Sanxenxo, Xinzo, Deixebre, Foxo... y en léxico común queixo, buxo, coxa...; una grafía que ahora los lusistas rechazan por antietimológica y aislacionista.\nPorto Dapena (2007: 110), ao tratar da grafía Jubia, reitera a opinión de que non hai deturpación nela, e que o realmente deturpador é lela co valor que ten o grafema en castelán:\nPor certo, a propósito desta forma gráfica con J-, convén ter en conta que non responde propiamente –contra o que se tendería a pensar– a ningunha castelanización de Xubia ou Xuvia. Polo contrario, habería que pensar máis ben que ésta fose en todo caso unha galeguización daquela, que é máis antiga, se ben circunscrita a textos en castelán, onde agora representa unha fricativa velar xorda, pero, antes do século xVii, correspondería a unha prepalatal idéntica á actual do galego. Nótese, ademáis, que o Jé etimolóxico e, pola contra, o xnon o é. En definitiva, a castelanización de Jubia non está, en principio, na pura grafía, senón na pronunciación como velar dese Jinicial (...)\nEsta opinión, tan estendida, asoma de cando en vez en medios de ampla difusión, o que contribúe a consolidala. Sirvan de exemplo dous textos do escritor xavier Alcalá no xornal galego de maior difusión. No primeiro (Alcalá 2003), o autor respondía publicamente unha pregunta, non sabemos se real ou ficticia, do actual presidente da xunta de Galicia, que daquela desempeñaba un alto cargo en Madrid:\n[...] Sabe que ten un segundo apelido estigmaticamen te galego e pregunta pola ortografía do mesmo: ¿Feijoo, Feijóo, Feijó ou Feixó? Feijó, respóndelle un afeccionado aos resumos de cultura que son os nomes de familia. Feijó está escrito como sempre se escribiu, desde a idade Media en que xurdiron eses nomes, tan peculiares coma o que fai referencia a un prezado froito da horta, que se cría tamén arredor das canas de millo. Feijó, con o aberto final, é o mesmo que feijón (ou feijão en versión portuguesa) e débese pronunciar como «feixó». Feijó, de Phaseolus en latín, non ten dereito a x escrito; non é un caso coma os de Seixo ou Teixo, que xa o levan no étimo. Non está castelanizado.\nE en datas máis recentes, o mesmo autor (Alcalá 2011) insistía sobre a mesma cuestión da representación do /∫/, agora a propósito doutro político con apelido inequivocamente galego:\n[...] os tertulianos da Radio Voz discutiron o absurdo de falar do pazo de Raxoi e de Mariano Rajoy. Uns pronunciaban o apelido á galega, convertendo o iota histórico nun xis, e outros mantíñanse en Rakhoy, á castelá. Os partidarios de Rakhoy argumentaban que «así o pronuncia el». Os outros mantiñan que o faría por ignorancia ou desprezo á galeguidade do topónimo tomado como apelido.\nMoitos anos atrás, cando se discutira a primeira lei de normalización lingüística, os filólogos advertiron da importancia de que o galego non se grafase de xeito «demótico» senón etimolóxico e histórico, que o achega á norma dunha lingua mundial como é o portugués irmán. Triunfou a liña rexionalista, dialectalista (ou como se lle queira chamar), fronte á científica. De aí que a xente vexa un apelido escrito con iota ou con xe (Rajoy, Feijoo, Gens, Gesteira...) e o pronuncie á castelá. iso independentemente dos apelidos que tiñan xis de orixe (Seixo, Teixido, Ameixeiras...) e foron deturpados.\nNas páxinas seguintes veremos exemplos que amosan que non existe tal continuidade das grafías medievais na representación da prepalatal fricativa xorda /∫/.\n2. A desonorizAción de /Ʒ/ no gAlego medievAl\nNo fonema prepalatal fricativo xordo /∫/ do galego moderno confluíron os dous elementos dun par fonolóxico definido pola oposición sonoridade ~ non sonoridade /∫ / vs / Ʒ /. Na escrita medieval empregábase o grafema para representar o fonema xordo (baixo, caixa, coxa, peixe...) e o sonoro representábase comunmente con ante calquera vogal ou con ou ante vogal palatal (ajudar, hoje, jantar, jeito, gente, vigiar...). No galego produciuse unha desfonoloxización dese par, confluíndo no fonema xordo /∫/, mentres que no portugués se conservaron ata hoxe os seus dous fonemas, un xordo e otro sonoro.\nCada vez dispoñemos de máis indicios para supoñer que no galego a perda da oposición /∫ / vs / Ʒ / xa se producira, como vén afirmando Ramón Lorenzo desde hai décadas (Lorenzo 1985: 94; 1993, 1995a, 1995b), na propia época medieval, por máis que a escrita, sometida ás convencións dunha tradición culta, se esforzase en manter a diferenza. En textos elaborados en Galicia atópanse exemplos, escasos pero significativos, de grafías con onde se esperarían o ou o correspondentes á sonora. Aos casos achegados polo propio Lorenzo e por Clarinda Maia (1986: 471472), tamén recollidos en Ferreiro (1995: 182) e Monteagudo (2005: 408): sexa por seja en 1270, axude por ajude en 1302, Thereixa por Tereija en 1303, oxe por hoje en 1342, toxal en 1423... poderiamos engadir novos exemplos tomados do TMiLG, algúns do século xiV (Martin Dominguez de Laxina 1309, oxe 1363, Juan Rixidor 1399...) e sobre todo xa do xV (avanxeos, granxa, prebilexio, toxos...), sen contarmos as formas toponímicas de etimoloxía escura cuxos rexistros romances ou ben presentan vacilación gráfica ou ben aparecen con grafías que entran en contradición coas atestacións latinas.\nA partir do século xVi, en textos en castelán, a representación con en topónimos galegos que orixinariamente tiñan sonora é fenómeno moi frecuente, como veremos.\n3. g rAfíAs do fonemA prepAlAtAl fricAtivo en voces gAlegAs nA docu -\nmentAción en cAstelán dos séculos xvi e xvii\nRamón Mariño (1998 e 2003) e Henrique Monteagudo (2005), no exame que fan da representación gráfica do /∫/ nos textos literarios do galego medio, o primeiro que advirten é a variabilidade e a ausencia de norma; só algúns autores (ou copistas) parecen aterse a criterios firmes, e mesmo así incorrendo en notables incoherencias. A mesma ausencia de norma podemos advertir na tradición gráfica dos topónimos e apelidos galegos en documentos xerados en Galicia desde o século xVi en castelán, lingua habitual da escrita. A pesar de que nalgúns casos certas opcións gráficas se impoñen sobre outras nun determinado topónimo, nun escribán, nunha fonte emisora..., en xeral as tradicións non chegan a consolidarse, de xeito que calquera topónimo ou apelido pode aparecer con variantes gráficas nun mesmo documento. Os grafemas , ou son usados indiscriminadamente para representar o mesmo fonema sen axustarse a regra, fóra da que limita o uso de ao caso de ir seguido de vogal palatal –e, –i.\nA desfonoloxización da oposición /∫/ - / Ʒ / que se produciu no galego tamén operou no castelán, se ben nesta lingua o fonema resultante (o xordo /∫/, coma o galego) só subreviviu ata o\n© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 169185\nséculo xvi. Nese século comezou a estenderse en castelán a realización velar /x/, que se consumou no xVii (Penny 2008: 123). Deste xeito, nun texto do xVi as grafías gestoso, jestoso e xestoso lense igual (/∫estoso/) tanto en galego coma en castelán. A partir do xVii, as mesmas grafías impoñen unha lectura diversa nunha e noutra lingua: en castelán /x/ e en galego /∫/.\nAínda que algúns topónimos galegos presentan forma deturpada por adaptación ao castelán (especialmente reducindo os ditongos decrecentes galegos: Junquera, Requexo, Otero), son moi comúns os casos en que a toponimia se rexistra cunha grafía que admite dúas lecturas, galega e castelá. En ocasións o propio texto nos orienta; se lemos “donde dicen Pena do Fojo do Lobo”, parece que debemos ler /fo∫o/, á galega, mentres que se vemos “parroquia de Sabaxanes” lemos con /x/ a forma castelanizada de Sabaxáns. Como con frecuencia os textos de foros, apeos, rendas e semellantes transcriben directamente o topónimo a partir da declaración oral dun informante, ás veces a lingua do topónimo esténdese ao contexto: “...un tallo de heredad q está na entrada da bouça...”\nVelaquí algunhas mostras da confusión de , e nos séculos xVi e xVii, tomadas de documentación galega do Arquivo Histórico Nacional de Madrid que pode consultarse en internet no Portal Pares 1 :\nClero L. 9998, fol. 170v).\nmyno que ba de Germaña para Panjon” (1578, Tui AHN L.20219, fol. 182r) / “el monte de Jermaña que llebará de sembradura tres buzios de pan” (15421647, Oia AHN L.10204, fol. 35v). —“Campo de Foxoo en Parada” (16411691, Oia AHN L.19974, fol 216v) / “Parada, Campo de Fojoo ” (16411691, Oia AHN L.19974, fol 19v, fol 252v). — “heredad do Reguengo ques de Marcos de Araujo ” (...) “Miguel de Arauxo ” (16311632, Franqueira AHN Clero L.10036, fol. 20v) / “con heredad que fincó de juan de Arauxo (16311632, Franqueira AHN Clero L.10036, fol. 22r). — “ Sabaxans ” / “Ynformacion de los diezmos de Savajanes...” / “en la felegª de savaxans ” (16311632, Franqueira AHN Clero 10036, fol. 167r, 427r). 1 Danse as datas do volume, non o ano concreto de cada documento.\n—“item una heredad en la Vega do Aral de bayjo ” / “en la veyga do aral de baixo ” (16311694, OiA AHN Clero, L.19970, fol 12r).\nAsí poderiamos seguir engadindo exemplos de confusión de grafías, do emprego de en casos que orixinariamente correspondían ao fonema sonoro ou de nos correspondentes ao xordo (Seijas, Teijeiro...). Ademais dos nomes propios, coma os mencionados no parágrafo precedente ou coma os Texosa (derivado de toxo) e Xerónimo que vemos a continuación, o fenómeno tamén afecta ao léxico común galego que ocasionalmente aparece nesta documentación en castelán, como a medida de superficie chamada xeira (< lat. diaria), e por veces tamén ao léxico castelán:\n— “...dende alli al porto de la Texosa ” (1557, Baiona AHN Clero L. 9998, fol. 466v). — “ Xeronimo de Montãos y Sotomayor vecino de la villa de Redondela” (16121709, Baiona AHN Clero L.19931 fol. tresr, 23r); “don Xeronimo de Montaos” (id. fol. 24v); “los vienes que el dicho don xeronimo traia” (id. fol. 26r). — “con heredad que al presente traye fernan de Morgade quessera una xeira de heredad” (16311632, Franqueira AHN Clero L.10036, fol. 20v); “heredad del dho Juan da Ucha quessera media xeira poco mas o menos” (id. fol. 20v). — “en cada un ano perpetuamente para sienpre xamas ” (16121709, Baiona AHN Clero L.19931 fol. dosr, fol. 7r); “para siempre xamas ” (id., fol. 9v).\n4. A normA do cAstelán e os topónimos gAlegos no c AtAstro de e n -\nsenAdA e en m Adoz\nO emprego dos tres grafemas , , en castelán comeza a someterse a regras no século xViii, a partir da creación da Real Academia Española. O primeiro esbozo dáse no “Discurso proemial de la orthographia de la Lengua Castellana” do Diccionario de Autoridades (1726) e desenvólvese na Ortographia española de 1741, corrixida e aumentada na Ortografía de la lengua castellana de 1754. En xeral tende a reducirse o uso de , pois presenta o problema de ter dous valores (/ ks/ e /x/), e regúlase este uso segundo principios etimolóxicos. Cando o valor de é /ks/ e precede vogal, recoméndase marcar con circunflexo esta vogal, para indicar que o valor de non é o velar xordo (como tamén se fai nalgúns textos galegos de inicios do xix para representar o /∫/). Velaquí os criterios sobre o emprego do na Ortographia española de 1741 (216218):\n...por lo que la verdadera regla, para saber quando la hemos de escribir, debe ser el origen. Y assi: Se ha de poner la x, quando se halle en la lengua latina; pero para facilidad de los que leen: Quando se pronuncia fuerte, la misma pronunciación explica que se debe escribir la x, que se halla en el origen, pero quando equivale á la cs y se ha de pronunciar suave, se señalará la vocal á quien hiere con el acento que los Latinos llaman circunflexo, y en las imprentas capucha, escribiendo assi exâmen, exôrbitante : y se debe advertir que esta señal en Castellano no es nota de acento, sino signo de la pronunciación suave. En aquellas voces, que en su origen Latino tienen S, que hiere á alguna vocal, la convertimos en x para la pronunciacion gutural, que las damos, v. g. xabon de sapo ; inxerir de inserere. También se escribe x en aquellas voces, que terminamos con pronunciación gutural, como en carcax, relox, la qual se conserva en los plurales, como carcaxes y reloxes.\nAdvírtase que o criterio de usar para voces que tiñan orixinario non é sempre estritamente etimolóxico ou polo menos non é sempre continuador das grafías medievais, pois tamén afecta a voces que tiveran o fonema sonoro, por exemplo procedente dun intervocálico ante iode. Así, é ese criterio da Real Academia Española o que leva a Sarmiento a dicir que é erro escribir con o apelido Feixó, dado o étimo phaseolu : “es error escribir Feijô” (Sarmiento 1970, 302).\nEstas normas para a escrita do castelán tenden a xeneralizarse ao longo da segunda metade do xViii, mais só afectan moi parcialmente á escrita de topónimos e apelidos galegos, pois a maioría destes son voces opacas cuxa orixe non se coñece e poden aparecer indistintamente con ou con ou , sen que a preferencia por un deles responda a razóns etimolóxicas ou de calquera outra clase. Esa é a situación en que chegou a tradición gráfica da toponimia galega a comezos do século xix. En 1815, a Ortografía da Real Academia Española, na súa oitava edición, modifica as normas e abandona definitivamente o emprego do grafema para representar a fricativa velar xorda /x/ (aínda que se manteña en arcaísmos gráficos como México, Xerez, Ximénez etc.), establecendo que\n“el sonido gutural que la x ha tenido hasta ahora en algunas voces, y nos vino del árabe, debe remitirse en adelante á la j y á la g en sus casos respectivos” (RAG, Ortografía 1815, 54).\nVemos a continuación as grafías con que aparecen no Catastro de Ensenada (175254) e no Diccionario geográficoestadístico-histórico de Madoz (184550) os nomes de parroquias galegas que conteñen o fonema prepalatal fricativo. Do Catastro rexistramos unicamente as formas que constan no caderno das Respuestas Generales ou respostas ao Interrogatorio, que poden consultarse en internet no Portal Pares 2. Pode observarse como a confusión dos grafemas e o arbitrario emprego de , e , característico das grafías do século xViii, deixa paso en Madoz (18451850) ás consecuencias da reforma ortográfica de 1815, que en boa medida xa fóra aplicada por Miñano no seu dicionario xeográfico (18261828). As grafías que rexistra Madoz, con poucas excepcións (casos como Lage / Laje ou conservación dalgún como en Loxo, que en fontes posteriores sería substituído por Lojo), acabaron por constituír as formas escritas oficiais da toponimia galega durante a segunda metade do xix e todo o século xx, ata os cambios realizados coa nova legalidade lingüística derivada do Estatuto de Autonomía, recollidos no Nomenclátor de Galicia de 2003. As entradas do dicionario de Madoz polo regular non marcan os tiles, defecto que sobreviviu en case todos os nomenclátores posteriores.\nDun xeito paralelo ao que aconteceu cos topónimos, os apelidos galegos que contiñan /∫/ tamén foron abandonando as grafías con , tal como prescribía a norma do castelán de 1815, ao longo do século xix. Polo que temos observado nos libros parroquiais, o cambio nas grafías dos apelidos foi moi lento e gradual, pero pódese afirmar que os apelidos galegos con /∫/ xa chegaron escritos sistematicamente con ou a 1875, data de creación do Rexistro Civil.\nAlbixoi (Mesía): “Santa Marina de Albixoi ” (T); “se llama Santa Mariña de Albixoy ” (1ª) [Madoz: Albijoy ]. Aldixe (Abadín): “Feligresia de Santiago de Aldige ” (T) [Madoz: Aldije ]. Alixo (O Barco): “Ynterrogatorio de las feligrs. de Cereyxido, Forcadela y Repurizelo, Énthoma, Alixo y\nBexán (Cospeito): “Fra. de San Pelayo de Vexan ” (T); “se intitula de San Pelaio de Vexan ” (1ª). [Madoz: Beján ]. Bonxe (Outeiro de Rei): “Fra. de San Mamed de Bonje ” (T, 1963v); “San Mamed de Bonxe ” (T, 1965v). [Madoz: Bonje ].\nCouxela (Ribadeo): “Felegresia de Santiago de Coxela ” (T); “Santiago de Cojela ” (P); “se llama Santiago de Cojela segun queda expresado” (1ª). [Madoz: Cogela ]. Couxil (Cartelle): “Ynterrogatorio del Coto de Couxil y Couxilino” (T); “se llama el Coto de Coujil y Couxiliño” (1ª). [Madoz: Cougil, Coujiliño ].\nMuxueira, A (Riotorto): “Fra. y coto de San Lorenzo de la Mojueira ” (T); “que esta población se llama feligresia se llama de San Lorenzo de la Moujueira ” (1ª). [Madoz: Mojueira ]. PadriñánSanxenxo (Sanxenxo): “Juan Feliz Pallares abad de la villa de San Genjo y fra. de San Ginés de Padriñán (...) Thomas Leal y Jacobo de Gondar, peritos de dha villa de San Genxo y fra. de San Ginés de Padriñán (...) peritos del puerto y villa de San Genjo ” [Madoz: Jenjo, San ]\nSaldanxe (A Pastoriza): “San Miguel de Sandanje ” (T); “fra. de San Miguel de Saldanje, ynclusa en el coto de Crezente” (P). [Madoz: Saldanje ].\n© 2012 Estudos de Lingüística Galega 4, 169185\nxava (O Bolo): “ Jaba ” (3ª), no interrogatorio do Bolo. [MADOZ: Jaba ].\nJustanes ].\nxustás (Cospeito): “felegresia de Santiago de Justás ” (T). [Madoz: Justas ]. xuvencos (O Saviñao): “Fra. de Santiago de Jubencos ” (T). [Madoz: Jubencos ]. xuvencos (Boborás): “ Jubencos ” (P), no couto de Orcellón. [Madoz: Jubencos ].\nPara os topónimos que Ensenada só recolle con ou tamén poderiamos atopar algunha atestación anterior ao século xix escrita con , dada a intercambiabilidade dos grafemas que vimos atrás. Estes testemuños permiten afirmar que a escrita dos topónimos galegos con ou con ante vogal palatal (Gestoso, Rianjo, Sanjenjo...), que constituíu a grafía oficial durante o século xx, non é continuación dunha escrita histórica ou etimolóxica, por máis que en ocasións coincida coa escrita medieval, senón o resultado dunha acomodación ás normas do castelán de 1815.\nRematamos cuns comentarios acerca dos apelidos mencionados por xavier Alcalá nos textos citados no apartado inicial deste artigo. O primeiro destes apelidos contén o substantivo común feixó (‘feixón, faba’) e remite ao étimo latino phaseolu, como xa expuxo no seu día o Padre Sarmiento. Parece que a motivación que suscitou na época medieval o seu emprego como alcuña procede do uso humorístico do nome deste legume co significado do substantivo calva. Sería, xa que logo, semanticamente equivalente do apelido Calvo, formado co correspondente adxectivo común. Este significado pode deducirse dunha cantiga de Afonso x relativa ao pertigueiro de Deza (Brea 1996: i, 150151) na cal aparece feijoo como sinónimo de calvareça ; no texto, o segundo verso da segunda estrofa (“que semelha Pedro Gil no feijoo ”) é paralelístico do segundo verso da primeira (“semelha Pedro Gil na calvareça ”).\nEntre os séculos xVi e xViii podemos atopar este apelido escrito indistintamente con ou con , coa mesma variabilidade e discrecionalidade que observamos nos topónimos. O ilustrado de Casdemiro escribía o seu apelido con , Feijoo, e así aparece nas súas obras; é grafía coincidente coa medieval, correspondente ao antigo fonema sonoro, pois procede de s+iode intervocálicos. Mais como as normas da Academia Española entre 1741 e 1815 establecían, cun criterio pretendidamente etimolóxico, a grafía con nos casos procedentes dun s orixinario, unha vez que foi coñecido o seu étimo prescribiuse a grafía Feixoo. Así, na edición de 1770 da Ortografía, posiblemente facéndose eco da información etimolóxica proporcianada por Sarmiento, figura Feixoo, con , na “Lista de varios apellidos y de algunos pueblos y rios de\nEspaña, que por ser tambien de dudosa ortografía, se determina como se deben escribir” (RAE 1770: 252). A grafía actual con obedece á reforma da ortografía española de 1815.\nPolo que se refire á dupla vogal final, debemos considerala unha grafía arcaizante, que se ben desapareceu do galego común, sobrevive, alternando coa solución simplificada, noutros topónimos e apelidos galegos (Saa ~ Sá, Boo ~ Bo, Rioboo ~ Riobó, Moo ~ Mó, etc.). É anómalo o acento con que en ocasións se marca a penúltima vogal (Feixóo, igual ca en Riobóo, Sáa etc.), que non se avén coas regras de acentuación do galego nin coas do castelán.\nRaxoi é apelido toponímico. O Nomenclátor recolle tres entidades chamadas así nos concellos da Caniza, Valga e Vedra. Hai ademais unha localidade Portarraxoi en Pontecesures, en composición co resultado de portum ad, topónimo viario que ha da facer referencia ao lugar de Raxoi do concello de Valga, no Camiño Real de Santiago a Pontevedra. Cremos que é nesta localidade onde ten orixe o apelido de Mariano Rajoy. No Catastro de Ensenada da parroquia de San Miguel de Valga atopamos varios individuos con ese apelido, en cuxa escrita alternan as formas con e con (máis frecuentemente as primeiras) e con e na vogal da marxe do ditongo decrecente. Entre os propietarios de muíños: “ ôtro de Francisco Raxoi ” (117v, respostas á pregunta 17); entre os propietarios de pombais “ ôtro de Don Domingo Raxoi presvitero con cinquenta pares ”\n(119r, pregunta 19); entre os eclesiásticos: “ Don Domingo Rajoi ” (121r, pregunta 38)... No mesmo interrogatorio de Valga, no apéndice de oficios e profesións, constan así mesmo dous carreteiros\nchamados Blas Raxoy e Francisco de Raxoy (126v); e no da veciña parroquia de San Salvador de Setecoros, un cirurxán chamado Juan Antonio Rajoi (453 v). O topónimo Raxoi contén moi probablemente un xenitivo de posesor altomedieval, creado a partir do nome persoal Ragiolus, que rexistramos na documentación medieval galega coa grafía Ragiolo (Celanova, ano 1005, nº 187, nº 573...), o mesmo ca a correspondente forma feminina Ragiola como nome de muller (“Tello et uxor sua Ragiola”, Celanova ano 1010, nº 333). r eferenciAs bibliográficAs Alcalá, xavier (2003): “Feijoo, Feijóo, Feijó e Feixó”, La Voz de Galicia (811-2003). Alcalá, xavier (2011): “«Rakhoy» si, «Pukhol» non”, La Voz de Galicia (2611-2011)."} {"summary": "Realízase unha breve aproximación ao termo oratura e á súa presenza na literatura de expresión portuguesa dos Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa (PALOP). Analízanse os contos ilustrados Ynari a menina das cinco tranças e O Leão e o Coelho Saltitão, co propósito de estabelecer unha conexión entre a oratura e a Literatura Infantil de Ondjaki.", "text": "A ORATURA EN DOUS CONTOS ILUSTRADOS INFANTÍS DE ONDJAKI\nDATA DE RECEPCIÓN: 15/06/2017\nDATA DE ACEPTACIÓN: 20/07/2017\nLA ORATURA EN DOS CUENTOS ILUSTRADOS INFANTILES DE ONDJAKI\nORATURE IN TWO ONDJAKI’S ILLUSTRATED CHILDREN’S BOOKS\nBelén Bouzas Gorgal Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades belenbouzas@gmail.com\n : Oratura, Literatura dos PALOP, Literatura Angolana, Literatura Infantil, Ondjaki.\nResumen : Se realiza una breve aproximación al término oratura y a su presencia en la literatura de expresión portuguesa en los Países Africanos de Lengua Oficial Portuguesa (PALOP). Se analizan los cuentos ilustrados Ynari, a menina das cinco tranças e O Leão e o Coelho Saltitão, con el propósito de establecer una conexión entre la oratura y la Literatura Infantil de Ondjaki.\nBouzas Gorgal, Belén (2018). A oratura en dous contos ilustrados infantís de Ondjaki.\nIntrodución\nA oratura en dous contos ilustrados infantís de Ondjaki utilizada polos rongas 2 no momento en que comezan a narrar unha historia tradicional, frase que pode traducirse por “era unha vez”:\nEscutai os lamentos que me saem da alma. Vinde, sentaivos no sangue das ervas que escorre pelos montes, vinde, escutai [...]. Quero contarvos histórias antigas, do presente e do futuro [...] escutai os lamentos que me saem da alma, KARINGANA WA KARINGANA (Chiziane, 1999: 15).\nAsí mesmo, o escritor mozambicano José Craveirinha recolle tamén esta fórmula tradicional para darlle título a un dos seus poemarios, Karinganaua Karingana (1974). No tocante á Literatura Infantil, esta tampouco escapa á oratura. A riqueza da tradición oral “serve de base para o aproveitamento das histórias africanas na literatura infantil e para a fixação de muitos contos como obra dirigida ao pequeno leitor” (Sisto, 2013: 7). Podemos adquirir unha perspectiva desta situación tendo en conta as diversas antoloxías que se foron publicando nos últimos anos destinadas ao público miúdo e que teñen como obxectivo principal reunir narrativas que toman como base da oratura. Sirvan de exemplo os seguintes títulos: Breve Antologia do conto Angolano: Balada dos homens que sonham (2012), concibida coa finalidade de promover a literatura angolana a nivel internacional; Dima, o passarinho que criou o mundo: Mitos, contos e lendas dos países de língua portuguesa (2013), obra que rescata mitos, lendas e contos de tradición oral, coa finalidade de retratar a riqueza e a diversidade cultural deses oito países 3 ; o áudiolibro Contos tradicionais da CPLP (2014), editado pola propia Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) no décimo oitavo aniversario da súa fundación coa vontade de divulgar e preservar o patrimonio inmaterial da tradición oral dos países que conforman dita Comunidade 4 e para conservar a súa identidade singular e colectiva “o imaginário das nossas sociedades e os saberes da vivência do quotidiano, manifestando, ensinamentos, princípios e valores, bem como formas de olhar e estar no mundo” (Murargy: 2014, 1); e xa mais recentemente Pássaros de Asas Abertas – Antologia de Contos Angolanos (2016), unha obra que ten como finalidade conmemorar os 40 anos de independencia de Angola, así como dar contada diversidade temática da literatura angolana. Deste modo, as antoloxías citadas poñen de manifesto o incremento no interese pola oratura dedicada ao público miúdo, entendida como patrimonio cultural inmaterial que necesita ser protexido e difundido polo que representa a nivel tradicional, mais tamén pola súa diversidade temática e riqueza estética. As diversas autoras e autores que traballan coa oratura na súa literatura\nsérvense dun proceso de mestizaxe no cal a escrita “constituem suporte que garante a conservação da performance passada de uma criação colectiva anónima” (Machado Nunes, 2009: 35). É dicir, aprópianse da oralidade verténdoa para a escrita, e é a través do texto escrito que se tenta recuperar trazos da oratura con quen se estabelece un diálogo directo. Unha característica que\ntamén encontramos na obra de Ondjaki, autor obxecto de interese neste estudo. Por tanto, a través deste traballo pretendemos analizar a presenza da oratura na Literatura Infantil de Ondjaki. Para atinxir ese obxectivo seleccionamos un corpus conformado polos contos ilustrados Ynari, a menina das cinco tranças e O Leão e o Coelho Saltitão, por tratarse de dúas das obras máis representativas do autor. Entendemos que ambos os dous contos son importantes para focarmos este asunto dado que contribúen de forma efectiva para coñecer as ferramentas que se empregan ao vehicular a oratura coa Literatura Infantil. Así, este traballo pretende unha revisión exhaustiva destes dous contos ilustrados, visando coñecer a presenza e o peso daqueles usos lingüísticos e/ou estilísticos que respondan a características propias e definitorias da oratura. De modo que, a partir das observacións feitas e dos datos obtidos consigamos presentar un esbozo da presenza da oratura na Literatura Infantil ondjakiana. Ondjaki: os casos de Ynari, a menina das cinco tranças e de O Leão e o Coelho Saltitão Ondjaki, que significa ‘guerreiro’ en umbundo, pseudónimo de Ndalu de Almeida (Luanda, 1977), fai parte da primeira xeración de escritores e escritoras que naceron na Angola independente. A súa voz érguese como un referente da literatura nos PALOP por se ter tornado un dos nomes angolanos máis traducidos na actualidade, con obras vertidas para o francés, español, italiano, alemán, inglés, serbio, swahili e sueco. Membro da União dos Escritores Angolanos (UEA), Ondjaki estreouse na literatura no ano 2000 co poemario actu sanguíneu e na actualidade conta xa con máis de vinte títulos publicados. Recoñecido e galardoado internacionalmente, foi o único autor africano entre os dez finalistas do Prémio Portugal Telecom 5 de Literatura 2008; gañou o Grinzane for Africa Prize: Young Writer 2008, polo conxunto da súa obra; e en 2010 venceu o Prêmio Jabuti 6 na categoría xuvenil coa novela Avó\nA oratura en dous contos ilustrados infantís de Ondjaki\nDezanove e o Segredo do Soviético. Ademais, foi galardoado, entre outros, co Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco (2007), por Os da minha rua ; o Prémio Bissaya Barreto de Literatura para a Infancia, pola obra A bicicleta que tinha bigodes (2012); o Prémio José Saramago, pola novela Os transparentes (2013); e o Prémio LittératureMonde (2016), na categoría de literatura non francesa, co mesmo título. Se se ten en conta só a súa produción para o público infantil, Ondjaki posúe até o momento cinco títulos, de entre os que se destacan o conto ilustrado infantil, Ynari, a menina das cinco tranças (2004), obra incluída no Plano Nacional de Leitura, LER+, de Portugal; e O Leão e o Coelho Saltitão (2008), entre outros. Ynari, a menina das cinco tranças foi o primeiro libro que o autor escribiu destinado directamente para o público infantil. Trátase dunha historia que xira en torno á maxia das palabras protagonizada por Ynari, unha nena curiosa e esperta que descubre o poder de inventar e destruír palabras ao tempo que ritualiza os cinco sentidos (audición, visión, tacto, olfacto e gusto). Por outra banda, O Leão e o Coelho Saltitão foi o segundo libro publicado por Ondjaki para o público miúdo, unha fábula que cuestiona a primacía do forte sobre o fraco, o poder da mente sobre o corpo, a astucia do coello que vence a prepotencia do león, o rei da selva. Ademais, este libro ten de particular que fai parte da colección “Mamá África”, do selo editorial Língua Geral, a cal ten como obxectivo principal a (re)creación de contos tradicionais africanos. Na contracapa d’ O Leão e o Coelho Saltitão achégase unha nota na que se indica que a xénese do conto está “no relato de David YavaMwau, Ciximo Ca Ndumba Na Mbwanda (estória do Coelho e do Leão), publicado no libro Viximo, contos da oratura Luvale, de José Samuila Cacueji, União dos Escritores Angolanos, 1987” (Ondjaki, 2008). Polo tanto, trátase dunha historia creada a partir dun conto tradicional angolano, máis concretamente extraído da oratura Luvale e adaptado (recontado) por Ondjaki para o público miúdo actual. En termos xerais, a escrita de Ondjaki caracterízase por presentar unha linguaxe enriquecida coa oralidade do portugués de Angola. O propio autor ten afirmado, nunha entrevista que concedeu á revista brasileira Saraiva Conteudo, que foi precisamente a partir da tradición oral como se iniciou na escrita: “sempre gostei de ouvir histórias [comenta Ondjaki] e contar também. Acho que a partir dessa oralidade da história que cheguei à escrita, comecei a escrever contos”\n(Mello, 2009: 1). Así pois, no decorrer das súas narrativas, Ondjaki vai deixando pegadas da oratura angolana, tamén na súa Literatura Infantil e, polo tanto, tamén en O Leão e o Coelho Saltitão (2008) e Ynari, a menina das cinco tranças (2004).\nCentramos o noso foco de estudo na análise ligüística dos dous contos, prestando especial atención na utilización de vocábulos propios do portugués angolano ou doutras linguas como o quimbundo. Neste sentido, detectamos o uso destes vocábulos en contextos relacionados coa cultura tradicional, así como a flora e a fauna angolanas. Por exemplo, en Ynari empréganse os seguintes termos: “cubata”, en quimbundo, “kubata”, significa casa, fai referencia a unha casa rústica tipicamente africana, habitualmente de tellado cónico cuberto de follas ou palla; “palanca”, un tipo de antípole africano; “olongo”, que é o nome popular para referirse aos antípoles en Angola; “soba”, termo procedente tamén do quimbundo, é un xefe ou régulo de tribo africana; “humbihumbi”, un paxaro moi común na fauna angolana; e o “imbondeiro” (ou baobá), unha árbore tradicionalmente utilizada como fonte de alimento. Todas elas son palabras que designan realidades moi concretas e elementos moi característicos e definitorios da natureza e da cultura angolanas e, en consecuencia, da súa memoria colectiva cultural. En concreto, destacamos as referencias que se fan ao humbihumbi e ao imbondeiro no conto de Ynari, situándoas nunha parte relevante da narrativa, xustamente no momento en que os “maisvelhos” levan a cabo o ritual de crear e destruír palabras:\nCada rio suas águas; cada céu suas nuvens. Peixe dentro da água brinca, fora da água sofre. O humbihumbi não conhece gaiola, só respeita nuvem. Coisa de metal que sai fumo, vira barro. Coisa de metal como semente, vira imbondeiro. De noite, as estrelas olhar e uma só escolher. De dias, os animais caçar, seja, o alimento. Primeiro somos crianças e coração bate. Depois somos caçados por nosso coração. Depois descobrimos criança no coração. Depois a criança nos ensina outros caminhos do coração. O cágado também sabe perder. A palanca negra gigante também sabe fugir. Falei. (Ondjaki, 2004: 24).\nNo tocante ao humbihumbi, este ten unha forte presenza en cancións populares e represéntase como unha metáfora da liberdade, pois na oratura este paxaro, co seu voo alto, anuncia o nacer do sol, as boas sementeiras e convida outros paxaros para voar alto canda el e así obter unha visión máis ampla do universo. Pola súa parte, o imbondeiro é un símbolo de África e, en especial, de Angola. Trátase dunha árbore que está estreitamente ligada a rituais tradicionais, ritos e crenzas relixiosas por ser considerada sagrada. Así pois, tamén conta cunha grande presenza na literatura como, por exemplo, À Sombra do Imbondeiro, de António Marcelo; Na Cidade dos Imbondeiros, de Maria Baptista, ou no poema O imbondeiro de Baobá, de Namibiano Ferreira. No conto ilustrado do Leão encontramos tamén verbas, xogos de palabras e cancións que nos fan entrar en diálogo coa oratura, o que provoca unha interlocución entre o escrito e o oral diferente á que atopamos en Ynari. No conto do Leão a literatura entrelázase coa música, facendo a esta merecedora dunha especial atención. Ondjaki constrúe esta narrativa mesturando a tradición\nda oralidade coa inclusión de xogos de palabras ou cancións populares doutras tradicións, concretamente as cancións A casa e Garota de Ipanema, as dúas de Vinícius de Moraes, poeta e cantautor de música popular brasileira. Por un lado, Ondjaki emula a xa clásica Garota de Ipanema, mudando e adaptando a letra, mais mantendo a estrutura, os versos e sílabas: “Olha que festa mais linda/ mais cheia de graça/ cuidado com o cão, veja a trapaça/ com uma doce dentada/ você vai dançar…” (Ondjaki, 2008: 26); e, por outro, tamén realiza o mesmo xogo coa canción A casa : “Era uma festa bem pequenina/ não tinha fruta, não tinha nada/ tinha um defunto meio acordado/ eu vou fugir para não ser caçado…” (Ondjaki, 2008: 25). Tal e como podemos comprobar, neste caso o autor pon en diálogo dúas culturas diferentes ao inserir a letra trocada dun par de cancións da música popular brasileira. Outra das características que colocan en diálogo a oratura e a literatura infantil de Ondjaki é a propia estrutura interna das dúas narrativas, con fórmulas repetitivas, cíclicas, propias da tradición oral como técnica para que os alocutarios manteñan a coherencia da narrativa e non perdan o argumento principal. Esta técnica dáse, sobre todo, no conto de Ynari, pois repítese o\nmesmo ritual cinco veces, unha por cada trenza e sentido (vista, tacto, olfacto, …):\n- Mas dizme uma coisa… - O que é? – perguntou o maisvelho. - Se eu vos ensinar a “ver”, vocês deixam de estar em guerra? - Sim. Nós só queremos saber “ver”. (Ondjaki, 2004: 34)\nPor outra banda, a utilización dun estilo oralizante tamén se deixa ver na construción dos diálogos, concisos e directos nos dous contos:\n- Mas o que fazes, seu louco! – gritava o Leão. - Está calado porque os mortos não falam, está calado porque os mortos não falam! – disse o Coelho, rindo, rindo, enquanto amachucava a cara do Leão. - Os convidados estão a chegar, silêncio…! (Ondjaki, 2008: 20)\nAlén diso, garda unha especial relevancia a función dos rituais durante as dúas narrativas, unha relación coa dramatización propia da tradición oral e coa interacción entre o narrador e o público (lectoras e lectores), ao modo dun “griot” (persoa que memoriza, interpreta e difunde as\nhistorias, fatos históricos, coñecementos ou as cancións do seu pobo) na oratura. Ademais, os dous contos poñen o punto final coa frase “foi assim que aconteceu”, unha fórmula hipercodificada e\ntradicional que nos volve a mostrar como o texto escrito recupera marcas da oratura con quen estabelece un diálogo directo. No tocante ás ilustracións destes dous contos, autoría de Danuta Wojciechowska (Québec, Canadá, 1960) 7 e de Rachel Caiano (Fortaleza, Brasil, 1977) 8, ambas as dúas ilustradoras optan por usar tons quentes, tipicamente africanos. Predominan os tons terra, os marróns, os amarelos, os laranxas e os vermellos, en contraste coa cor azul que representa o ceo e a auga. É a través deste medio icónico que son aprehendidas as personaxes, os espazos e as propias accións que xorden durante as narrativas, pois estas ilustracións achegan elementos que potencian e valorizan cada historia. Así pois, en conxunto coas palabras, “as ilustrações funcionam como elemento enriquecedor das obras, sendo um aspecto visual que tanto atrai as crianças pela sua beleza quanto ajuda a contar a história” (Santos Feres, 2016: 9). Ademais, nos dous casos, as ilustradoras Rachel Caiano e Danuta Wojciechowska optaron por fixar os deseños a dúas páxinas, un método que matiza “a coerência e a coesão textuais, contribui também o recurso a uma estratégia de ligação entre as páginas que consiste em completar uma imagem apenas num segmento visual seguinte” (Ramos: 2011, 139), ao tempo que achega dinamismo, adiantando e complementando o sentido do texto.\nConclusión\nA memoria da tradición cultural oral conseguiu manter as peculiaridades e motivacións inherentes que singulariza nun determinado lugar, un modo de ser e estar no mundo. A oratura\nadoita tratar temas de índole moral e social, unha tendencia que se basea na dicotomía entre ben e mal, unha función didáctica e moral coa que se procura transmitir a sabedoría a través de ditos, narrativas, lendas e demais manifestacións. Trátase, polo tanto, dunha tradición que resulta especialmente interesante á hora de tratar cos miúdos e miúdas. Unha fórmula de aprendizaxe efectiva que se dá a través desta mestizaxe entre a literatura e a oratura, entendida como transmisora do saber, da cultura, ao tempo que lúdica polas súas características intrínsecas que amenizan ditas\nlecturas. Tal e como podemos comprobar, a oratura é empregada nos contos ilustrados infantís de\nOndjaki como unha marca de identidade e calidade estética, mais tamén inherentemente cultural e\nA oratura en dous contos ilustrados infantís de Ondjaki Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil / ISSN 23867620 / n.º 5 / 2018 / pp. 91100 99\nrepresentativa. E é que este autor é consciente da riqueza da súa tradición cultural e aprovéitaa na súa Literatura Infantil, de modo que se crea unha representación da oratura transferida para o texto escrito. O autor faino, por exemplo, mediante a utilización dun estilo oralizante que bebe do portugués de Angola e doutras linguas como o quimbundo, mais tamén na construción dos diálogos áxiles que se dan entre os personaxes. Tanto en Ynari, a menina das cinco tranças como n’ O Leão e o Coelho Saltitão, Ondjaki trae para o universo infantil a tradición oral presente na cultura angolana, elemento que provoca un fluxo de contador de “estórias”. É, polo tanto, a través da oratura como Ondjaki usa e actualiza o seu gran legado tradicional. O autor consigue resaltar os valores identitarios ao tempo que trata temas universais (amizade, amor, medo, guerra, a procura da propia identidade…), mediante historias que se nos mostran enriquecidas por estaren repletas de alusións simbólicas ao universo africano e ao imaxinario angolano.\nReferencias bibliográficas\nCECCANTINI, J. L. e VALENTE, T. A. (2013). “Atestado de maioridade: prêmios para a Literatura Infantil e Juvenil brasileira”. En Roig Rechou, B. A., Soto López, I. e Neira Rodríguez, M. (Coords.). Premios literarios e de ilustración na LIX (pp. 259276). Vigo/ Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/ Red Temática LIJMI. Consultado o 3\nde maio de 2017, http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/proxectos/lijmi/descargas/BVC\n_premiosliterarios-ede-ilustracionna-lix.pdf CHIZIANE, P. (1999). Ventos do apocalipse. Lisboa: Editorial Caminho.\nMACHADO NUNES, S. D. (2009). A milenar arte da oratura angolana e moçambicana. Aspectos estruturais e receptividade. Porto: Centro de Estudos Africanos da Universidade do Porto. MELLO, R. (2009). “Ondjaki e a oralidade africana”. Saraiva Conteúdo. Consultado o 3 de maio de 2017, http://www.saraivaconteudo.com.br/materias/post/10079 MURARGY, M. (2014). “Divulgar e preservar o património imaterial da CPLP”. En Pereira, C., Afonso, J. e Cerqueira, S. (Coords.). Contos tradicionais da CPLP (p. 1). Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP): Sersilito – empresa gráfica, lda. ONDJAKI (2008). O Leão e o Coelho Saltitão. Ilust. Rachel Caiano. Lisboa: Editorial Caminho.\nONDJAKI (2011). Ynari, a menina das cinco tranças. Ilust. Danuta Wojciechowska. Lisboa: Editorial\nCaminho.\nrepresentações na literatura infantil”. Nau Literária: crítica e teoria de literaturas, 02, maio 2013, 113. Consultado o 3 de maio de 2017, http://www.seer.ufrgs.br/NauLiteraria/article/viewFile/43352/27859"} {"summary": "Comézase facendo unha achega á tendencia na narrativa xuvenil galega na que se recrean elementos de carácter identitario. A seguir descríbense algunhas das características da serie Dragal, de Elena Gallego Abad, considerada unha novela de aprendizaxe na que corren parellas a construción da identidade individual e a descuberta da colectiva. Destácanse como elementos recorrentes a relevancia dos monumentos e lugares emblemáticos, as lendas e tradicións galegas e os símbolos empregados pola autora.", "text": "DRAGAL E A REAFIRMACIÓN DA IDENTIDADE DRAGAL Y LA REAFIRMACIÓN DE LA IDENTIDAD DRAGAL AND REAFFIRMATION OF IDENTITY\nDATA DE RECEPCIÓN: 26/06/2017\nDATA DE ACEPTACIÓN: 06/09/2017\n : identidade, narrativa xuvenil, serie, Dragal.\nResumen : Se comienza con una aproximación a la tendencia en la narrativa juvenil gallega en la que se recrean elementos de carácter identitario. A continuación se describen algunas de las características de la serie Dragal, de Elena Gallego Abad, considerada una novela de aprendizaje en la que discurren paralelas la construcción de la identidad individual y el descubrimiento de la colectiva. Se destacan como elementos recurrentes la relevancia de los monumentos y lugares emblemáticos, las leyendas y tradiciones gallegas y los símbolos empleados por la autora. Palabras llave : identidad, narrativa juvenil, serie, Dragal.\nMociñoGonzález, Isabel (2018). Dragal e a reafirmación da identidade. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 5, \"Notas\", 5571. ISSN 23867620.\nEntre o último lustro do século XX e a primeira década do século XXI a narrativa xuvenil galega experimentou un importante avance, tanto dende o punto de vista cuantitativo coma cualitativo, e diversificou as propostas temáticas e formais. O sistema editorial apostou con forza por novos creadores e puxo en marcha coleccións dirixidas a un lectorado mozo e adulto que requiría novos puntos de vista e enfoques que respondesen aos intereses do momento. Avanzouse así por un camiño que se iniciara mediada a década dos anos oitenta coa publicación de modo continuado de novelas e relatos dirixidos a este lectorado en coleccións nas que conviviron obras galegas e traducidas (Roig Rechou, 2015).\nEste pulo da narrativa xuvenil galega é froito, en boa medida, das reformas no ensino, primeiro debido á aprobación da Lei de Normalización Lingüística 1, que colocou a lingua propia na institución escolar e puxou por unha literatura de noso, e despois á Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) 2, que ampliou a idade de escolarización ata os dezaseis anos e creou a necesidade de ofrecer lecturas literarias adecuadas a estas bandas de idade que seguían dentro do sistema escolar obrigatorio (Roig Rechou, 2005, 2008, 2015). Estas obras narrativas contribuíron a manter e desenvolver hábitos lectores a través de creacións adaptadas aos intereses e coñecementos da realidade propios da idade xuvenil (García Padrino, 1998: 101110).\n1. A identidade como tema\nCabe destacar entre as tendencias que marcaron o avance da narrativa xuvenil galega dende o seu inicio a recorrencia a elementos de carácter identitario, tanto dende a perspectiva individual coma de pertenza a unha colectividade. Unha reivindicación que se viña dando na literatura infantil dende as décadas dos anos sesenta e setenta (Roig e outros, 2009; Mociño, 2011;\nAgrelo, Mociño e Roig, 2012) e que, mediada a década dos oitenta, ten a súa mellor expresión nalgunhas das novelas que iniciaron vías logo transitadas con éxito por creadores que se incorporaron á literatura xuvenil xa comezado o século XXI. Entre as novelas pioneiras cabe citar Arnoia, Arnoia (Xerais, 1985), de Xosé Luís Méndez\nFerrín, e O segredo da pedra figueira (Tintimán, 1985), de María Xosé Queizán, así como os relatos de Irmán rei Artur (Xerais, 1987), de Carlos G. Reigosa. Tres exemplos da aposta clara de autores\nda literatura institucionalizada por achegar propostas creativas novidosas (e tamén o seu prestixio) a un sistema emerxente e a un lectorado mozo que, por primeira vez, se podería sentir identificado cuns heroes/heroínas netamente galegos/as 3. Nestas obras sitúanse, ao igual que na literatura de adultos da que proveñen, en paradigmas que buscan fixar novos modelos identitarios nacionais a través da recreación de mundos míticos, aínda que presentan grandes diferenzas entre elas nos tipos de protagonismo e de aproximación á temática (Roig Rechou, 2015). Estas obras pioneiras, así como as que as imitaron en décadas posteriores, salientan polo marcado carácter épico, a recreación dunha Galicia mítica e dun universo lendario, que ten como punto de partida un material ancestral reivindicado como válido para un proceso de transformación social e colectiva no que mozas e mozos están chamados a participar. Tamén son novelas de iniciación nas que a construción da identidade individual, elemento chave da narrativa xuvenil, evoluciona asociada á descuberta da colectiva, de modo que a ficción literaria incide na toma de consciencia a través de elementos afectivos que impulsan cara a un compromiso activo coa terra e a historia galegas 4. Este fenómeno deuse na narrativa xuvenil do mesmo modo que xa ocorrera algún tempo atrás na literatura institucionalizada pois, tal como sinala Antón Figueroa (2001), recorreuse a paradigmas identitarios cos que consolidar novas estruturas de poder e valores colectivos e fíxose desprazando as tramas das ficcións cara a ámbitos representativos separados do presente e mitificadores de espazos e tempos distantes. De aí que se reconstrúa un pasado mitificado no que en moitas ocasións se potencian elementos identitarios propios, que á vez queren ser pezas universais.\nTodo isto pódese rastrexar nun interesante conxunto de obras xuvenís que inciden na toma de consciencia da identidade colectiva (Mociño, 2015b: 118133) porque, como sinala Itamar EvenZohar (1993: 444), por medio da literatura o sistema cultural conta cun repertorio de modelos semióticos a través dos que “o mundo” se explica cun conxunto de narracións que transmiten sentimentos de solidariedade, pertenza e, sobre todo, de submisión a leis e decretos que non poden ser impostos só coa forza física. Salientamos de entre os elementos ficcionais máis recorrentes para a reafirmación dunha cultura diferenciada a conservación e/ou recuperación da lingua propia, as referencias e orgullo de monumentos históricoculturais, o folclore, os mitos e lendas, a forma de vida en xeral con características específicas, así como lugares e paisaxes características, símbolos representativos etc. (Thiesse, 1999: 133158; Figueroa, 2001: 83). Con eles tense reivindicado o feito diferencial da cultura galega fronte, fundamentalmente, á castelá, que durante séculos ostentou unha posición dominante. Conscientes disto, os autores recrearon nas súas ficcións un conxunto de elementos sociosemióticos coa finalidade de xustificar, sancionar ou fundamentar a existencia, o interese e a pertinencia desa cultura de noso (EvenZohar, 1994: 369). Tendo en conta todo o anterior, consideramos de interese achegarnos á serie Dragal, de Elena Gallego Abad (Teruel, 1969), na que resultan reveladores algúns dos mecanismos aos que recorre a autora ao redor da construción da identidade do protagonista, Hadrián, así como da descuberta do legado familiar, cultural e social no que se desenvolve. Dragal é un exemplo da chamada novela de aprendizaxe ou de formación (bildungsroman), na que salienta o recurso a unha boa dose de suspense, aventuras, misterio, fantasía e mesmo trazos propios da novela policial ou de detectives, polo que o ritmo trepidante das vivencias dos protagonistas son moi do gusto do lectorado mozo. Amais en cada unha das entregas recréanse problemáticas moi de actualidade, coas que os potenciais destinatarios se poden sentir identificados, como os conflitos interxeracionais, as novas tecnoloxías, o acoso escolar, os embarazos non desexados... Elementos que contribúen tamén a unha reflexión sobre a necesidade de adoptar posturas activas e de recoñecemento das características diferenciais da cultura propia e dos valores que se instauraron na sociedade galega democrática, cuestionados nalgúns casos pola globalización.\n2. A saga do dragón galego\nDragal é unha serie composta, ata o momento, por catro entregas. A primeira, A herdanza do dragón, foi finalista do Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2010, recoñecementos que animaron a autora a continuar escribindo e editando A metamorfose do dragón (2011), A fraternidade do dragón (2012) e A estirpe do dragón (2015). Todas foron publicadas por Edicións Xerais de Galicia na colección “Fóra de xogo”. Con estas obras Elena Gallego sitúase na liña daqueles autores novos, os chamados por Roig e outras (2015) “Xeración dos 90” e “Xeración Google” que, dende inicios do século XXI, apostaron polas series literarias na narrativa xuvenil galega 5, seguindo a liña marcada por fenómenos editoriais mediáticos e de tradución (Cid, 2006; Mociño, 2015a), nos que a narrativa seriada ten unha especial incidencia. Esta estratexia editorial non é nova nin se pode atribuír á cultura actual, tal como sinala Victoria Sotomayor (2001: 42), senón que ten moito que ver coa natureza mesma da literatura e se atopa en todas as épocas dunha ou doutra forma, aínda que na narrativa xuvenil galega non se tiña producido con anterioridade, nin co impacto que conseguiu Gallego coa súa serie. É de salientar neste sentido a ampla aceptación por parte do público e da crítica, o que contribuíu a que se teña traducido a diferentes linguas 6, a que se reedite con asiduidade 7 e mesmo sexa a base dun ambicioso proxecto crossmedia da compañía Ficción Producciones no que se inclúe un cómic interactivo, videoxogos e cinema 8. Tamén é de sinalar que deu lugar a un programa multidisciplinar de dinamización multimedia, o “Proxecto Dragal”, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística 9. A trama xira ao redor dunha profecía sobre a reencarnación do último dragón galego. O elixido é Hadrián, un mozo de dezaseis anos, marcado polo seu propio nome (“cazador de serpes”), polos vestixios que tiveron lugar o día do seu nacemento e, sobre todo, pola morte de seu pai, a única persoa que o iniciou no coñecemento das lendas sobre dragóns e do que herda un\nenigmático medallón.\nHadrián comeza a padecer unha serie de mutacións logo do contacto cos restos do dragón sepultado na cripta da igrexa de San Pedro, o templo románico que está a carón do seu instituto.\nAínda que todos os feitos teñen lugar no presente e na sociedade actual, as descubertas que realiza\nHadrián, coa axuda da súa compañeira Mónica, poñen de relevo a orixe desta transformación na herdanza ancestral que enlaza cun mundo antigo cargado de mitos, lendas e tradicións que configura un suxestivo e rico mosaico de referencias culturais, artísticas, históricas e fantásticas, enlazando a tradición culta e popular, reescribíndoa e actualizándoa (Gentili, 2010 e Mociño, 2012, recompilados en Roig e Mociño, 2015). De feito, está moi presente a maxia da época medieval que vai desvelando a profecía e o papel de cada un dos personaxes, en especial o protagonista, ao que terán de axudar os outros seis membros da Fraternidade do Dragón para reunir as claves da Ciencia Secreta e pechar así o círculo da vida para que se produza a reencarnación. Porén, fronte a eles están os inimigos da memoria, os que pensan que o dragón é unha estirpe maldita capaz de destruír o mundo e, polo tanto, que ten de ser aniquilado. A eterna loita do ben contra o mal é o marco no que se desenvolven outras confrontacións que teñen que superar os protagonistas, sobre todo Hadrián e Mónica, dous estudantes adolescentes que teñen problemas de integración no instituto e viven momentos de grandes cambios nas súas vidas. Mónica é rexeitada por ser aplicada e unha rapaza con bos resultados académicos, aínda que de carácter retraído; Hadrián, é o novo, o que vén de chegar\nao centro despois de perder o pai nun suposto accidente e regresar á vella casa familiar coa nai, o que o obriga a mudar de cidade e de vida, fuxir cara ao descoñecido sabendo que non hai marcha atrás. Nunca é doado, pero quizais a peor das veces sexa a primeira. Queima a alma cortar as raíces e despedir os amigos coa promesa de manteres esa amizade, sabendo que probablemente non será fácil de cumprir. Ou non queiras (Gallego, 2010: 13).\nEsta situación provoca en ambos os dous mozos unha falta de apoios e integración no grupo aula que os rexeita e mesmo somete a unha violencia verbal, física e psicolóxica da que lles resulta moi difícil defenderse. Unha problemática, a do acoso escolar, que tardou en ser tratada tanto na sociedade coma na ficción e, aínda hoxe, son poucas as obras que a recrean, dándolle voz a protagonistas que sufriron dende o silencio a presión do maltrato por parte de iguais no contexto escolar. O seu tratamento ficcional vén contribuír a un distanciamento que permite unha abordaxe emocional que pode incidir na actitude tanto da(s) vítima(s) (neste caso Hadrián e Mónica), coma do(s) acosador(es) (aquí representados por Brais e Andrea) e do(s) observador(es) (o grupo clase e o persoal do instituto), nun momento tan delicado da configuración das identidades, como é a adolescencia.\nHadrián e Mónica, malia a presión á que son sometidos, viven con intensidade novas experiencias, entre elas o espertar ao amor, á vez que atopan no coñecemento e nos libros a mellor forma de aprender e de superarse, de buscar respostas e abrir novos interrogantes. Esta actitude curiosa levaraos a descubrir o legado cultural e familiar que marcará as súas vidas, de modo que, a través das súas experiencias se lle transmite ao lectorado que é fundamental acceder ás fontes de coñecemento, á cultura letrada e tamén ás novas tecnoloxías para comprender o presente e o pasado, de onde vimos e cal é o sentido da herdanza que recibimos, aínda que non sempre cheguemos a alcanzar a comprender o sentido pleno das circunstancias que nos rodean. Elena Gallego pon de relevo ao longo de toda a serie o valor dos libros na etapa xuvenil como medios que permiten, como tan ben comprendeu o bisavó mariño mercante de Hadrián, “visitar aqueloutros mundos. Porque naqueles mapas, trazados por vellos navegantes, atopou estrañas terras entre mares poboados por monstros mariños, baleas xigantes e sereas” (Gallego, 2010: 50). E de todas as descubertas que lles revelan é, sen lugar a dúbidas, o vello códice dos Segredos da alquimia o que provocará un cambio transcendental nas vidas destes mozos e nas súas identidades: coñecer a existencia de Dragal e de todo o seu universo, a pegada que deixou nos seus devanceiros e sentir os cambios que opera neles mesmos como persoas.\n3. A configuración da identidade individual vs. a reafirmación da colectiva\nEntre os elementos ficcionais empregados por Elena Gallego na serie de Dragal deterémonos nalgúns dos máis recorrentes para a reafirmación identitaria, como son: os lugares e monumentos emblemáticos, as tradicións e materiais lendarios e, por último, os símbolos asociados á herdanza recibida. Entre os monumentos e lugares emblemáticos que aparecen ao longo das diferentes entregas da novela cabe citar pola súa posición central e a forte carga simbólica a igrexa de San Pedro, ao redor da que teñen lugar os feitos máis importantes. Este templo é “unha xoia do románico medieval” (Gallego, 2010, 11), estilo artístico que chegou a Galicia a través do Camiño de Santiago e que predominou en Europa entre os séculos XI e XIII. Preséntase como símbolo da cristianización á que foron sometidos lugares sagrados de crenzas pagás. Un pasado remoto onde non había máis ca “un altar sobre un penedo, nun poboado que adoraba deuses pagáns representados por unha xigantesca serpe alada. Paseniño a fe cristiá foi substituíndo en todo o territorio os primitivos ritos celtas, mais aínda así as vellas tradicións conseguiron subsistir” (Gallego, 2010: 127128). Incídese no valor histórico desta igrexa, pero sobre todo simbólico, ao albergar múltiples elementos fundamentais na trama, dende as diferentes representacións do dragón, a cripta na que repousan os seus restos, algúns dos libros que revelan os segredos da súa orixe, a efixie da fachada de San Pedro, “unha estatua que é como o cordón umbilical do dragón co mundo” (Gallego, 2011: 32)... pegadas todas elas que se irán desvelando a medida que avanza a trama e adquiren sentido para comprender os avatares polos que pasou a construción. Asenta a súa antigüidade nos tempos en que era un monte considerado sagrado por estar aliñado coa dirección do solpor nos equinoccios, no que os antigos moradores crían que dende alí existía un camiño directo cara ao alén. Este lugar privilexiado foi elixido como o refuxio do último dragón galego, agochado nas súas catacumbas. A través da historia da igrexa de San Pedro elabórase unha síntese das mudanzas que condicionaron a evolución da sociedade occidental e faise a través dun vestixio que se foi adaptando aos tempos e ás crenzas, de modo que os máis novos sexan conscientes do legado cultural que representan construcións coma esta. Amais, é no propio templo onde se produce a pegada máis fonda do conflito que está a comprometer o feble equilibro da loita do ben contra o mal e que se plasma de modo paralelo nas propias vidas dos personaxes: un incendio, que pon ao descuberto os segredos agochados e anuncia un cambio radical, unha transición cara a outra era. O lume, símbolo de purificación, é o anuncio de que chegou o momento de dar paso a un novo ciclo porque\nos tempos do dragón son chegados... Á media noite da primeira lúa chea do equinoccio de primavera, a luz da lúa penetrará na cripta do dragón para coller a súa barca funeraria e descender ao reino dos mortos, brindando unha promesa de resurrección co abrente. Nese preciso instante o dragón deberá mergullarse no mundo de ultratumba, no que moran os espíritos, para dar continuidade ao ciclo do ouroboros e propiciar a súa completa rexeneración a través do corpo do elixido (Gallego, 2012: 101).\nUnha misión na que será preciso desvelar moitas claves do lugar, das identidades dos membros da Fraternidade, das implicacións que ten asumir o compromiso co dragón nas súas vidas e das ameazas que xorden ao seu redor, por iso é tan importante o consello que lle dá a Hadrián o\npárroco de San Pedro, don Xurxo, no que o anima a que ten que “volver á orixe de San Pedro e buscar nas túas orixes, porque os teus devanceiros deixáronche parte do camiño marcado”\n(Gallego, 2010: 110).\nEn estreita relación con este templo aparece tamén un lugar de especial significado e simbolismo: a Poza da Moura 10, espazo natural sobre o que existen lendas que falan da súa orixe e razón do nome. Moi abundantes en Galicia, xeralmente as lendas de mouras e mouros están asociadas a xacementos arqueolóxicos, monumentos relixiosos ou a reminiscencias de divindades acuáticas. Neste caso concreto, o lugar aparece descrito como un conxunto natural de tres pozas que se considera cargado de maxia, pois dúas delas son de auga fría e a outra de quente, de aí que sexa considerada popularmente como a porta ao inframundo (Gallego, 2012: 52). A relevancia do lugar vén dada por diferentes razóns: alí perdeu a vida o pai de Hadrián, acudira con el de visita uns anos antes do falecemento e, por primeira vez, faláralle da existencia do dragón; é a porta de saída da cripta de San Pedro despois do incendio que deixa atrapados a Hadrián e Mónica; nas súas augas o mozo consegue controlar a mutación que padece (a natureza humana vence a do dragón polo “lume líquido” que humaniza cada célula do seu ser, Gallego, 2012: 57) e esta Poza da Moura é o escenario da encarnizada loita da natureza de dragón coa humana, que a piques está de custarlle a vida ao rapaz.\nA relación entre ambos os lugares quedou na memoria colectiva a través das lendas que falan dos dragóns, dos sacrificios humanos, da inmolación de nenos e rapazas para manter o dragón\nfóra da aldea ou da chegada dun alquimista, un home sabio que, acompañado da súa filla moza, quixo encontrarse con este ser para conseguir o último ingrediente que lle cumpría para elaborar a fórmula maxistral que lle daría a vida eterna. Do encontro nada se soubo, só que o home apareceu semanas despois tolo e espido. Porén, a memoria colectiva artellou unha resposta e dende aquela dise que o dragón se namorou da rapaza e a ten secuestrada e cativa nunha cova baixo as augas, que mantén quentes agardando a que ela corresponda ao seu amor (Gallego, 2010: 86). Pero a Poza da Moura non é o único lugar asociado ás forzas telúricas e á maxia, tamén o Pico Sacro xorde na obra a través das referencias que se recollen del en fontes como o Códice Calixtino, no que segundo o relato do bispo Teodomiro, que data do século IX, entre os prodixios que tiveron lugar durante a viaxe dos discípulos de Santiago o Maior co seu corpo a Compostela se produciu o encontro destes co dragón que custodiaba o lugar chamado Pico Sacro, parte dos territorios da raíña Lupa, e ao que supostamente os discípulos deron morte antes de xunguir os touros que Luparia lles ofreceu para trasladar o corpo. Deste modo, establécese un estreito vínculo do dragón coa tradición xacobea e alúdese a outras fontes que fan referencia a que a Orde de Dragal en realidade é unha escisión da Orde de Santiago, producida no século XIV, ao\nabandonar a disciplina xacobea que velaba pola seguridade dos peregrinos sete cabaleiros que formaron unha sociedade secreta e que serían os devanceiros dos protagonistas da novela (Gallego, 2011: 140).\nTodos estes elementos configuran un rico mosaico de referencias culturais nas que asenta a identidade colectiva e demostra a habelencia da autora para establecer relacións entre feitos, lugares e personaxes de modo verosímil, converténdose en potenciais itinerarios de coñecemento para o lectorado mozo, como a relación da tradición xacobea e o Camiño de Santiago coa explotación das minas de mercurio en Galicia (Gallego, 2015: 177), mineral que empregaban os alquimistas para a transmutación de metais preciosos a partir do azougue (purificación do ouro e da prata); o control dos minerais, da súa explotación e circulación por parte do poder ao seren un recurso fundamental para dominar a industria armamentística (Gallego, 2015: 180) en diferentes momentos da historia; ou a relación de personaxes históricos, como Leonardo da Vinci ou Napoleón, coa alquimia e o afán por atopar a pedra filosofal.\nHistoria, lendas, mitos e crenzas contribúen a crear un suxestivo universo no que Dragal é o epicentro que o percorre de inicio a final e ante o que o potencial lectorado debería asumir que todas estas referencias lendarias son “máis antigas que os cimentos desta vella igrexa, que tiveron a súa orixe no principio dos tempos. Atoparás a Dragal na cultura anterior á dos celtas que poboaron estas terras. Seica o seu poder segue aí, agardando... ou quizais non existiu nunca” (Gallego, 2010: 108). Teña sido real ou non, o certo é que un dos elementos definidores da serie é o dragón e os seus múltiples significados, que se van recreando a medida que evoluciona a personalidade do protagonista asociada á súa dupla natureza: a humana e a de dragón, nun xogo intertextual con obras da literatura universal que teñen recreado das máis diversas formas a dualidade da natureza humana. Este ser mitolóxico universal forma parte das tradicións de todas as culturas, tamén da galega, na que existen numerosos vestixios en monumentos históricos e noutras representacións\nculturais 11. A súa desaparición explícase como o resultado da loita contra o home, que “non foi quen de dominar os seus poderes. Os dragóns foron vistos coma un perigo e, daquela, eliminados da face da terra” (Gallego, 2011: 36). Só Dragal é unha excepción, por ser resultado dun experimento alquímico, o que o converte nunha realidade coñecida só por uns poucos iniciados na Ciencia Secreta: os sete descendentes primoxénitos dos membros da Fraternidade, encargados de custodiar a esencia do dragón ao longo dos séculos. Porén para o resto de mortais os dragóns “non existen máis aló dunha pantalla de cine ou das páxinas dun cómic” (Gallego, 2010: 129). O símbolo do dragón experimenta ao longo da serie unha constante evolución, pois pasa de ser unha presenza intuída nos primeiros signos que coñece Hadrián: a efixie da fachada de San Pedro e o medallón que herda de seu pai morto, a estar presente e dominar todos os planos da realidade e da vida dos protagonistas, tal como lembra o mozo no final da segunda entrega: “O dragón comezou a facerse dono da miña vida dende o preciso momento en que regresei á vila, despois da morte de meu pai” (Gallego, 2011: 329). As primeiras manifestacións da presenza de Dragal danse a través da capacidade do mozo para escoitar as palabras do dragón, “un ser que é moito máis ca unha voz, moito máis ca unha presenza... é a suma de moitas sabedorías xuntas que buscan un xeito de canalizar as súas enerxías, de fluír emerxendo a través da materia para existir, xerando a súa propia vida” (Gallego, 2010: 127). Un proceso que se pon de relevo na mutación do rapaz en dragón, o que o leva a recoñecer que “o dragón que descubrimos na cripta non era máis ca unha enerxía poderosa vinculada aos restos momificados dun corpo destruído, que agardaba a chegada do seu tempo para reencarnarse e culminar a súa evolución” (Gallego, 2011: 265). Proceso de simbiose que produce un fondo\ncambio no mozo, quen deixa de ser el para poñerse ao servizo dunha profecía: O Hadrián que coñeciches esvaeceuse na Poza da Moura, pero entenderás que o sacrificio pagou a pena. O dragón conseguiu rexenerar as estruturas vitais deste corpo, conservando intactos a miña memoria, os meus sentimentos, a miña alma. Deste xeito demos comezo a un novo tempo para a evolución, para rectificar e acadar a perfección. Agora os dous somos un, xa non hai volta atrás (Gallego, 2011: 265).\nEsta confirmación leva parella a consciencia de que a súa vida está comprometida, de que coñecer é asumir riscos, facerse adulto é vivir a complexidade da existencia, da dificultade de manexar o control da nosa vida, tal como se lle transmite a Hadrián: “os dragóns son moi\nperigosos, porque a súa sabedoría é vella coma o mundo e están por riba de moitas das leis da natureza” (Gallego, 2010: 129). De feito, a multiplicidade de representacións responde tamén á dos significados: “Un dragón pode ser unha serpe aterradora que defende tesouros. Por este\n66 motivo os nosos devanceiros utilizárona como insignia militar, adornaron os seus escudos e as proas dos barcos. O dragón, non o esquezades, escorrenta os inimigos e representa o poder” (Gallego, 2010: 18).\nUn poder como o do medallón que Hadrián herda do seu pai, no que se representa o dragón nun baixorrelevo:\nnunha faciana, un animal con boca de crocodilo enormemente aberta, grosas patas palmeadas rematadas en poutas, un corpo cuberto de escamas, ás de morcego cubertas de plumas e tres colas de serpe [...]. No reverso, o que parecía o mesmo animal, pero máis maxestoso, amosaba unha pose serena. Neste caso o monstro estaba deitado ao coidado do que semellaba un ovo, coa boca pechada sobre as patas dianteiras. Chamoulle moito a súa ollada, de verde esmeralda que brillaba, tranquilizadora, á luz do sol (Gallego, 2010: 15).\nEste obxecto en realidade é a chave que permitirá o contacto cos restos do dragón na cripta da igrexa de San Pedro e que o identifica como o Gran Mestre da Orde de Dragal. Polo tanto, trátase dun símbolo da descuberta dunha parte da súa identidade, da natureza que se\nmetamorfosea para facer posible a profecía: “Chegará o día en que o fillo do dragón recupere o poder arrebatado ao seu pai e libere as forzas telúricas. A profecía cumprirase na entrada do terceiro milenio, cando a terra premie ao enviado outorgándolle as claves da Ciencia Secreta” (Gallego, 2010: 193), un proceso previo a conseguir a pedra filosofal, obxecto máxico de inmenso poder.\nO símbolo do dragón está tamén na marca que levan todos os primoxénitos dos membros da Fraternidade, o ouroboros, unha tatuaxe que representa un ser con cabeza de réptil, grosas patas palmeadas rematadas en poutas, un corpo cuberto de escamas, ás de morcego emplumadas e\ntres colas de serpe, símbolo dos instruídos no coñecemento hermético e que simboliza a sinatura do contrato vital polo que os cabaleiros consagran a vida do seu primoxénito a Dragal, unha marca indeleble que só se visualiza ao rematar o proceso de iniciación, cando os novos cabaleiros pasan a proba de\nfogo que acredita a súa lealdade ao dragón (Gallego, 2011: 185).\nO ouroboros é tamén símbolo do ciclo eterno das cousas, é o dragón que morde a súa cola e representa a continuidade do tempo e da vida, cuxa natureza se renova a si mesma dun xeito cíclico e constante, no que o principio e a fin están enlazados dun modo perfectamente\nConclusións\nDragal é unha relectura en clave actual da eterna loita do ben contra o mal, unha achega aos medos e inseguridades propios da adolescencia na sociedade actual, unha reflexión sobre a natureza humana, a súa dualidade e, sobre todo, a descuberta progresiva da identidade persoal, integrada nunha historia marcada polo legado cultural que configura a tradición galega, caracterizándonos como pobo e situándonos por dereito na rica tradición universal. É tamén unha suxestiva cosmogonía da tradición occidental na que se inscriben as nosas raíces, cuxas recreacións míticas desenvolven un diálogo co material lendario e mítico que é\n68 interpretado e reformulado en función dos intereses do mundo dragaliano, nalgúns aspectos moi próximo ao mundo artúrico, no que o potencial lectorado atopa unha oportunidade para a\nreflexión sobre o autocoñecemento, o proceso de maduración, a busca do noso lugar no mundo e a importancia da educación, o coñecemento e a lectura como descuberta, ademais de comprender aos que nos rodean como modo de integración e aceptación persoal.\nReferencias bibliográficas\nAGRELO, E., MOCIÑO, I. e ROIG RECHOU, B.-A. (2012). “Manuel María y la construcción de la identidad a partir de su obra infantil y juvenil”. En Rodríguez, B.e Reis da Silva, S. (Eds.). Literatura Infantil y Juvenil e Identidades / Literatura para a Infância e Juventude e Identidades (pp. 1328). Vigo / Braga: ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil / ELOS. Asociación GalegoPortuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil / Centro de Investigação em Estudos da Criança (Instituto de EducaçãoUniversidade do Minho). Consultado o 23 de xuño de 2017, http://anilij.es/#service e http://anilij.es/web2017/ CID, X. (2006). “De Harry Potter á carteira de Baíña. É Harry Potter unha obra clave de literatura infantil e xuvenil galega?”. En Luna Alonso, A. e Montero Küpper, S. (Eds.). Tradución e Política editorial de Literatura infantil e xuvenil (pp. 215222). Vigo: Universidade de Vigo.\nReflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal. Porto: Tropelias & Companhia / inED (Centro de Investigação e Inovação em Educação)- ESEIP Porto. FERREIRA DA SILVA, V. R. (2011). “ Dragal. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad”."} {"summary": "Após unhas consideracións previas sobre a noción tradicional de gramática e o valor simbólico da gramática normativa, no presente traballo relátase a historia interna do fracasado proxecto de a Academia Galega elaborar unha gramática oficial da entidade nos inicios do mandato de Sebastián MartínezRisco como presidente na década de 60 do século pasado á luz da nova documentación coñecida, tanto édita como inédita; préstase especial atención ás dificultades con que se encontrou a Comisión de gramática encargada de levar a cabo o traballo e ao informe presentado por Ramón Piñeiro, que supuxo a paralización do proxecto. A seguir, faise tamén o relato interno dos procesos de elaboración das dúas gramáticas galegas publicadas nesa década, a de Ricardo Carvalho Calero e a de Leandro Carré Alvarellos, a primeira con toda a axuda solidaria do grupo de Galaxia que dominaba a Academia e a segunda co labor solitario dun autor que non contaba con apoios relevantes para as súas propostas lingüísticas na entidade. Por último, dáse conta dunha síntese gramatical que en finais da década fora encargada pola Xunta de Goberno da Academia e que ficou inédita, determínase a súa autoría e datación, descríbese o seu contido e finalmente realízase unha análise valorativa dela.", "text": "na década de 60 da anterior centuria\n Historiografía gramatical; gramática galega; Real Academia Galega; Editorial Galaxia\nNew insights into the grammatical debates of the Real Academia Galega, 19601970\n1. I ntroducIón\nO proxecto, fracasado, de a Real Academia Galega (RAG) elaborar unha gramática do galego na década de 60 do século XX, baixo a presidencia de Sebastián MartínezRisco, foi abordado nalgún traballo anterior (Freixeiro 1994: 166179). Mais, transcorridos xa bastantes anos, semella conveniente retomar este tema á luz de nova información existente ao respecto, entre ela a correspondencia publicada nas últimas décadas con personalidades da cultura galega directamente involucradas nese proceso, como Ramón Piñeiro, Carvalho Calero 1, Fernández del Riego etc., alén da que permanece aínda inédita tanto no arquivo particular de MartínezRisco (no sucesivo AMR) como no arquivo da Academia Galega (no sucesivo ARAG), que custodian igualmente outra documentación de interese para o tema. Entre toda esa documentación incorpórase a relativa a Leandro Carré Alvarellos, que apenas fora tomado en consideración anteriormente. Na análise do proceso gramatical desa década insírese tamén a historia relativa á elaboración das dúas gramáticas que se publicaron no período, a do propio Carré e a de Carvalho, pois ambas están directamente ligadas ao proxecto gramatical da RAG, como tamén o está o inédito Epítome de gramática galega de que se dará noticia. Mais antes de iniciar o relato interno das peripecias seguidas por esas propostas gramaticais, convén, a modo de introdución, facer algunhas breves consideracións a respecto do que representa a gramática prescritiva ou normativa, pois desta natureza eran tanto o proxecto fracasado como os levados a cabo na década, e do seu valor simbólico para a comunidade lingüística.\nCómpre indicar, de entrada, que a lingua galega iniciou serodiamente a súa ‘gramatización’, ou grammatisation na expresión literal de Auroux, quen sinala o Renacemento europeo como o punto de inflexión dun proceso de produción de dicionarios e gramáticas (Auroux 1994: 9) que no caso galego só chegou a se substanciar na segunda metade do século XIX. Tal proceso tivo lugar a partir da tradición grecolatina en exclusiva e constitúe para este autor, após a invención da escritura, a segunda revolución tecnolingüística, cuxas consecuencias prácticas para a organización das sociedades humanas “sont considérables” (Auroux 1994: 71). Non torna estraño, pois, que as primeiras persoas e entidades que dalgún modo tentaron unha planificación da lingua galega con vistas á súa revitalización social fixasen a cuestión gramatical como un obxectivo a alcanzar.\nGramática significa literalmente en grego ‘ensino das letras’, cuxa tradución latina é ‘litteratura’. Como a primeira das ‘artes liberais’, a gramática clásica constaba de dúas partes, a recte loquendi scientia e a poetarum enarratio, bipartición fundada no papel do escritor como mestre do idioma e na necesidade dunha explicación da linguaxe dos poetas naquilo que se afasta do uso vivo da lingua. Estas dúas partes fóronse desenvolvendo independentemente e chegaron ao ensino moderno do idioma nas escolas como ‘teoría gramatical’ ou gramática en sentido estrito e ‘lectura’, a subsistiren igualmente no estudo e pesquisa actuais da filoloxía como ‘lingüística’ e ‘ciencia da literatura’, respectivamente (Lausberg 1990: 7273). Canto á recte loquendi scientia, o alumnado debía ser instruído no uso oral e escrito correctos do idioma, facendo parte as categorías de ‘correcto’ (recte) e ‘incorrecto’ (vitiose) da teoría das virtutes, de modo que a gramática se pon en relación coa ética. A poetarum enarratio xorde da necesidade de seleccionar a materia da lectura con criterios gramaticais, expresivos, literarios e éticos, sendo fundamental que esa selección ofreza exemplos para a imitación estilística, literaria e activa (ética); os bos autores fornecen nas súas obras exemplos que serven como modelos para a imitación tanto no relativo á corrección gramatical como ao estilo e ao exercicio de composición literaria, de modo que a obra deles así seleccionada se converte na única materia que se debe recomendar como lectura (Lausberg 1990: 76).\nPódese dicir que esta é a concepción clásica e máis tradicional de gramática, que en boa parte está presente no proxecto de dicionario da RAG desde a súa fundación e inclusive nas súas primeiras normas ortográficas e morfolóxicas de inicios da década de 70 (Real Academia Gallega 1971), alén de na gramática de Galaxia dos anos 60, pois todos toman como modelo ou finalidade a lingua literaria (Alonso Pintos 2002: 107117). Porén, existen outras conceptualizacións da gramática do punto de vista social e político; na opinión de Agustini (2004: 16) a gramática é parte da constitución dun saber lingüístico que fai historia e que afecta as formas da sociedade, de modo que non só é un manual de aplicación de regras lingüísticas, mais igualmente lugar de interpretación do proceso de constitución da identidade nacional e da produción de sentidos das institucións sociais. No caso concreto do Brasil, considera esta autora que a construción dunha gramática como instrumento tecnolóxico de gramatización do portuguésbrasileiro fai parte do modo como a sociedade brasileira se constitúe historicamente. Ao trasladarmos estas consideracións ao caso galego, achamos que a serodia e escasa tradición gramatical (Sánchez Rei 2005) comeza a se desenvolver na segunda metade do século XIX, xusto cando, so as denominacións de ‘provincialismo’ primeiro e ‘rexionalismo’ despois, emerxe lentamente o proceso de construción da identidade política galega. E, dalgún modo, non deixa de ser certo que cada paso que se foi dando no afianzamento da tradición gramatical do galego supuxo máis un chanzo nesa construción identitaria. Por iso torna significativo o interese que tivo o emerxente nacionalismo galego das Irmandades da Fala por elaborar gramáticas, como tamén o tivo a RAG desde os inicios e nomeadamente na década de 60 de que se vai tratar nestas páxinas.\nContinuando coa visión doutra autora brasileira, Agustini (2004), a gramática —entendida como a gramática tradicional— traballa na institución da unidade imaxinaria dunha lingua, dunha nación ou dun estado, de maneira que a lingua nacional non se define institucionalmente en relación coas persoas que a falan, mais en relación cos obxectos simbólicos sociohistóricos que a representan, a gramática un deles. É, por tanto, esta un obxecto simbólico que se referencia na escrita, o que permite estabelecer unha relación entre gramática e literatura: “a literatura aparece na gramática como prática linguageira legítima e correta de que se vale o gramático para 2 Neste caso e en todos os sucesivos os subliñados con tipografía diferente son da responsabilidade do autor concreto de cada texto reproducido, incluída a correspondencia que se citará nos diferentes capítulos do traballo.\nX. R. Freixeiro Mato 58 © 2018 Estudos de lingüística galega 10, 5572\ninstituir/legitimar as regras gramaticais via os exemplos” (Agustini 2004: 11). Ao mesmo tempo, a relación entre gramática e literatura funciona segundo ela nunha dupla dirección: a segunda produce unha realidade lingüística para a primeira, que por súa vez produce para os autores que aparecen nela a imaxe modélica que institúe ou lexitima unha regra. Así, a gramática adquire importancia na consagración dun autor ou dunha autora, xa que a converte en modelo de comportamento lingüístico correcto; e, por súa vez, esa consagración da autoría “dá credibilidade à gramática, o que produz uma circularidade” (Agustini 2004: 12).\nEn conclusión, a gramática tradicionalmente estivo asociada á literatura, e tal asociación produciuse igualmente nos ámbitos galeguistas que aspiraban a unha gramática galega de carácter oficial; mais tamén a gramática adquiriu un valor identitario, como máis un elemento simbólico constitutivo e demostrativo dunha realidade política e/ou cultural propia, e así o entendeu o galeguismo, cando menos dun modo difuso; do mesmo xeito, unha gramática normativa baseada na fala culta das persoas ilustradas fixo parte igualmente das aspiracións galeguistas, aínda tendo en conta que a verdadeira lingua de cultura no territorio galego foi o castelán durante séculos. Se noutras realidades lingüísticas, sobre todo socialmente moi desiguais e desequilibradas, a defensa da gramática normativa pode xulgarse excesiva, excluínte e ameazante para a enriquecedora variedade do idioma, no caso do galego a elaboración dunha gramática normativa con recoñecemento oficial foi vista polo movemento galeguista como ferramenta imprescindíbel para a propia supervivencia do galego e tamén como instrumento necesario para a súa dignificación social e para a construción dun modelo de lingua culta unificado e con prestixio. Ese foi o motivo que guiou as actuacións da RAG na década de 60 da anterior centuria para conseguir a elaboración dunha gramática oficial da entidade, que non chegou a se materializar polas causas que a seguir se tentarán explicitar; e foi tamén o obxectivo presente nas dúas gramáticas editadas no período e mesmo dese epítome gramatical que ficou inédito.\n2. A preocupAcIón polA grAmátIcA dA A cAdemIA nA presIdencIA de m Artínez -r Isco\nSebastián MartínezRisco presidiu a RAG desde 1960 até a súa morte en 1977. O recoñecemento que posuía como xurista, escritor e orador convertérano en firme candidato para substituír o desaparecido presidente Manuel Casás Fernández; e, con efecto, foi elixido para ese cargo o 910-60. Coa súa presidencia a RAG entra nunha nova etapa caracterizada por unha maior proxección pública e un intenso dinamismo interior, que se manifesta na continuada renovación dos seus membros para ir dando entrada a personalidades do ámbito galeguista, nomeadamente vinculadas ao grupo de Galaxia, a que o propio Sebastián pertencía, e da oposición ao réxime franquista. O acceso a este cargo vaino converter no símbolo representativo da cultura galega, tanto no interior do país como na emigración peninsular, europea e, nomeadamente, americana. No desempeño do cargo foi un presidente conciliador e dialogante, que soubo exercer o seu posto mantendo un difícil equilibrio entre as persoas nuns momentos complicados, non faltos de tensións e intereses persoais ou de grupo contrapostos. Arbitrou e mediou para resolver problemas, a procurar sempre unha relación amigábel con todas as persoas, polo que obtivo o respecto e a simpatía xeral. Conseguiu tamén grandes metas para a entidade que presidía e para a cultura galega en xeral, mais algún dos obxectivos propostos nunca chegou a se materializar. Este é o caso da elaboración dunha gramática galega da institución, que aínda hoxe non existe.\n2.1. A gramática como grande obxectivo do seu mandato\nDesde a súa fundación a RAG tiña como meta a elaboración dun dicionario e dunha gramática do galego. Así o explicitaba con clareza a circular que a Comisión Organizadora da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega” da Habana dirixira ás persoas simpatizantes do proxecto o 246-1905 (cf. López Varela 2001: 121). Na primeira páxina do número 1, de 2051906, do Boletín de la Academia Gallega informábase de que en xullo do ano anterior Manuel\nMurguía recibira un escrito procedente da Habana en que se comunicaba o acordo da Comisión de regulamento desa asociación iniciadora onde se lle encargaba a constitución da “Academia Gallega que ha de formar el Diccionario y Gramática de nuestra lengua”. No número 2 do mesmo boletín, de 206-1906, insírese tamén na primeira páxina o “Reglamento de la Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega”, en cuxo artigo 2, punto 1º, consta:\nConstituir en el punto que mejor convenga de Galicia una Academia Gallega ajena a toda idea política y religiosa sin más carácter que el de dar unidad al idioma gallego por medio de la publicación de una Gramática y un Diccionario; estudiar nuestras ciencias; cultivar la literatura y las artes, inclusas las industriales; recoger nuestros cantos populares y nuestros monumentos arqueológicos, y realizando cuanto tienda a enaltecer y glorificar el buen nombre de Galicia.\nFica, pois, ben claro que na intención dos fundadores da RAG estaba a unificación escrita do idioma mediante a elaboración dunha gramática e tamén dun dicionario, obxectivo que constantemente se verá ratificado nos primeiros pasos da nova entidade. Se a respecto do dicionario a RAG recolleu moito material e mesmo conseguiu publicar 27 cadernos do seu inconcluso Diccionario gallegocastellano entre 1913 e 1928, no relativo á gramática case nada fixo no período anterior a 1936. Non conseguiu tampouco levar a cabo o obxectivo de elaborar unha gramática durante as dúas primeiras décadas de posguerra. Mais cando en 1960 MartínezRisco accedeu á presidencia, fixo propósito firme de promover a elaboración desa gramática institucional, como ben afirma Franco Grande, na altura colaborador do presidente no seu gabinete de avogado da Coruña, quen xulga que “a idea máis cara a don Sebastián era a publicación da Gramática galega da Academia” e que “esa ía ser a grande aportación da súa presidencia”, aínda que logo Piñeiro fixo que deixase “a unha beira o que sen dúbida era unha ilusión da súa vida” (Franco Grande 2004: 253254).\nCertamente, MartínezRisco falecería sen ver publicada a gramática académica e durante todo o seu mandato na institución tivo de soportar a presión de non dar conseguido ese obxectivo, pois a ausencia dunha gramática, ou dunhas normas gramaticais mínimas que servisen de criterio unificador na escrita, tornábase clamorosa cando a recuperación literaria do galego atinxía xa un grao de desenvolvemento importante. Así o pon en evidencia, por exemplo, o membro de honra da corporación Rodrigues Lapa nas cartas que dirixiu a Fernández del Riego a propósito das sucesivas edicións da Estilística da Língua Portuguesa, que incluía exemplificación tirada de autores galegos; nunha carta de outubro de 1963, entre outras, manifesta algunhas cautelas para o incremento da presenza do galego perante a ausencia dun modelo lingüísticogramatical claro e coherente: “Receio porém chamar a atenção para um idioma que não dispõe ainda de uma gramática aceitável. Insisto com vocês: isso é de uma urgência suprema” (Lapa 2001: 195).\nMartínezRisco non puido controlar o proceso de elaboración da gramática porque este estivo baixo o control de Piñeiro e do grupo de académicos de Galaxia que dominou a entidade. Aínda que aquel tamén facía parte dese grupo, que o levara á presidencia, porén nin era filólogo nin pertencía ao seu núcleo dirixente, de modo que a súa capacidade de influencia no ámbito gramatical era reducida e, alén diso, tiña de compaxinar a fidelidade ao grupo que o apoiara e a que en certo modo se debía coa posición arbitral que como presidente debía exercer, sen esquecer os vínculos co grupo de académicos coruñeses con que diariamente convivía, mesmo nas tarefas de goberno da institución. De todos os modos, durante o seu mandato a RAG conseguirá a aprobación e publicación das súas primeiras normas ortográficas e morfolóxicas (Real Academia Gallega 1971), o que en parte compensará unha certa sensación de fracaso que supuxo a imposibilidade de levar adiante unha gramática da corporación que, por outro lado, ningún outro presidente deu conseguido.\n2.2. A Comisión de gramática da Academia e as súas dificultades\nA preocupación pola falta dunha gramática da entidade non era exclusiva do presidente e existía tamén na nova corporación presidida por el. No AMR consérvase o guión da súa propia man da “Junta ordinaria del dia 11dibre-1960”, cun punto tres sobre asuntos de carácter interno para dar conta da proposta de nomeamento de “vocales de las Comisiones para la redacción de una\nAntología y una Gramática gallegas”. Con data de “20 de San Martiño de 1960” figura no ARAG, nunha carpeta rotulada “Comisións para a creación dunha gramática e dunha antoloxía galegas. Correspondencia e informes”, un escrito ao presidente, asinado por M. Banet Fontenla, en que comeza por afirmar que “[n]a derradeira xuntanza ordinaria da Academia foi tomado o acordo de facer un epítome ou síntesis da Gramática Galega e mais unha Antoloxía de traballos escolleitos”. Para tal fin nomeouse unha “comisión encargada de redactar un compendio, o epítome, o librillo escolar de Gramática galaica”, como diría máis tarde Manuel Rabanal nun dos seus artigos xornalísticos 3. Tamén a pouco de entrar en funcións MartínezRisco, a dirección da RAG visitara Compostela e contactara con Manuel Rabanal e Abelardo Moralejo, os catedráticos máis cualificados en materia lingüística, segundo comenta Piñeiro a Carvalho en carta de febreiro de 1961\n(Alonso / Cuquejo / Fariña 2004: 37), na perspectiva de os implicar nas tarefas desa Comisión.\nNo mesmo arquivo e carpeta hai copia dun escrito do secretario da RAG, Vales Villamarín, datado a 261-61, en que convoca os membros da Comisión de gramática para unha sesión de constitución o día 18 de febreiro e unha nota manual, escrita con diferentes tipos de letra e de tintas, cos nomes dos membros da Comisión, formada pola Xunta de Goberno e os señores V. Risco, F. BouzaBrey, Filgueira Valverde, V. Taibo, Iglesia Alvariño (marcado cunha cruz e entre parénteses o nome de Ramón Piñeiro), Chao Espina, Carvalho Calero, Abelardo Moralejo e Rabanal, estes dous últimos tipograficamente separados dos demais ao final da nota. Por tanto, o 182-61 constituíuse na RAG a Comisión de gramática e, falecido o 297-61 Iglesia Alvariño, Piñeiro ocuparía esa vacante, segundo tamén consta noutro documento existente no AMR. Carvalho, que máis adiante desempeñará un papel importante, nesa altura estaba totalmente agoniado pola dirección do Colexio Fingoi e pola elaboración da historia da literatura para Galaxia, de modo que posibelmente non asistise a esa reunión constitutiva, como el mesmo comenta en carta a Fernández del Riego de 132-61 (Carballo 2006: 193194). V. Taibo, por súa parte, resístese a facer parte da Comisión de gramática coa desculpa dunha saúde precaria aos seus 76 anos, mais tamén por non ser gramático nin filólogo; a súa proposta é que os académicos con esa condición sinteticen e actualicen a gramática de Saco, segundo carta a MartínezRisco de 33-61 (AMR) 4. Cara a finais do ano 1961 pouco ou nada se avanzara nos traballos da Comisión, como pon en relevo un escrito do secretario da RAG, de 1310-61, en que se dirixe aos seus membros para lles solicitar que informen por escrito do traballo realizado. Case todos responden ao requirimento, como consta no ARAG, mais é de resaltar o escrito de Carvalho, de 2010-61, en que afirma que o acordo fora crear unha subcomisión formada por Iglesia Alvariño, Filgueira Valverde, Abelardo Moralejo e Rabanal, e que era ela a encargada de realizar o traballo previo antes de interviren os demais membros da Comisión; algo similar se di no escrito de resposta de Chao Espina e doutros máis; o mesmo Chao, en cartapostal de 2811-61 (AMR) ao presidente, fala de que é “unha vergoña” que a Galiza non teña unha gramática e de que é urxente dispor dun guión dela. A carta de Abelardo Moralejo leva data de 2011-61 (ARAG) e nela di escribir tamén en nome de Rabanal, para a seguir indicar que a Comisión de gramática non se chegou a reunir\ne que eles non son os indicados para ese labor, que deberán facer persoas galegas.\nNun escrito de BouzaBrey ao presidente, de 3012-61 (ARAG) dá conta de que ese día se reuniron no Instituto P. Sarmiento, convocados por el propio, os “componentes de la Comisión nombrada para confeccionar un epítome de Gramática de la Lengua Gallega” P. Pedret, M. Rabanal, A. Moralejo, R. Piñeiro e F. BouzaBrey, aos que se uniu A. Fraguas por se achar nese momento no mesmo lugar; e continúa a informar de que se acordou facer un esquema sobre o cal “se irían colocando las conclusiones que fuesen aceptadas” polos demais membros da Comisión ou polo resto de académicos e de que se barallaron outros nomes para esa, como J. L. Pensado, X. Alonso Montero ou R. Lorenzo, mais que se decidiu desbotalos pois nela “existen personas capaces de realizarlo dada su sencillez”, aínda que o problema era a falta de tempo; informa igualmente de que Cesáreo Saco tiña feito un epítome gramatical e de que fixeron a Piñeiro a encomenda de llo pedir para así o poderen estudar.\nOs criterios e problemas de método a seguir para a elaboración desa gramática orixinaron outras dificultades e conflitos entre os membros da Comisión. Rabanal, na xa citada “Primera carta a la Academia...”, afirmaba que unha gramática académica “tiene que aspirar a ser una especie de canon del mejor decir y no un inventario de peculiaridades coloquiales”; e ese artigo vai provocar algunhas reaccións de membros da Comisión, como a de BouzaBrey, quen escribe a MartínezRisco con data de 231-62 (AMR), e após comezar por se referir a unha intervención súa sobre o “epítome gramatical gallego” que provocou outra de Rabanal en que manifestaba que “mientras no hubiese trabajos monográficos respecto del gallego, esto es, estudios gramaticales sobre las distintas partes de la oración, no podría hacerse una Gramática en forma”, opina que iso non era impedimento para a elaboración dun “compendio gramatical” como o que se perseguía, pois só había que procurar unha norma xeral e logo indicar en letra pequena as excepcións e variantes, a corresponder á RAG a capacidade de escoller entre varios criterios cando for preciso. Sobre iso falaran tamén en privado BouzaBrey e Rabanal, mais este tratou o tema no artigo do xornal compostelán, o que orixinou as críticas dalgúns académicos e a petición de mediación a MartínezRisco para preservar a confidencialidade das deliberacións; tamén alude BouzaBrey na carta á esperada chegada de Piñeiro con noticias para poder realizar unha nova reunión.\nNa resposta, de 291-62 (AMR), MartínezRisco expresa a BouzaBrey a opinión da Xunta de Goberno da RAG de a discusión pública a través de artigos nos xornais ser inconveniente e inoperante, alén de insistir en que se trataba de elaborar un “epítome” para uso de escolares que enchese o baleiro existente e non de realizar un labor exhaustivo que abranxese todas as variantes fonéticas, morfolóxicas e sintácticas; tamén mostra concordancia con BouzaBrey na orientación que este lle quere dar á redacción da gramática, anímao a continuar a colaborar no encargo coa mesma dedicación e lémbralle que os membros “de esa subcomisión”, cando terminaren o traballo, deberán sometelo á Comisión en pleno para ser estudado particularmente por todos, de modo que a responsabilidade científica deles e a da RAG ficará sempre garantida.\nCon tal situación dentro dunha Comisión que achaba grandes dificultades para levar adiante o proxecto gramatical, vai aparecer un informe de Piñeiro que mudará o discorrer dos acontecementos e que na práctica deixará aquela sen funcións.\n2.3. O informe de Piñeiro e a paralización do proxecto gramatical\nComo mostra a correspondencia, o certo é que Piñeiro foi falando cos diferentes membros da Comisión para os convencer da conveniencia de adoptaren unha posición prudente no tema gramatical; véxase, por exemplo, o que di a Carvalho en carta de 151-62: “Logo teño que me ocupar do choio da Gramática, do que penso falar longamente contigo na primeira ocasión que vaia por Lugo” (en Alonso / Cuquejo / Fariña 2004: 50). O mesmo Carvalho por estas datas estaba dando os últimos retoques á súa historia da literatura e achaba dificultades para unificar graficamente a obra, a se formular a posibilidade de el propio elaborar unha gramática galega, segundo afirma en carta de 53-62 a Fernández del Riego (Carballo 2006: 418419). En contraste coa chamada á prudencia de Piñeiro, o académico Chao Espina, polo contrario, continuaba a pedir urxencia a MartínezRisco, e á RAG, en carta de 72-62 (AMR): “Cuido que isto non pode ser; a Gramática non pode estar sin fazer por mais tempo”. Catro días despois escríbelle outra carta (AMR) no mesmo sentido, aínda que reforzando os argumentos en prol da urxencia da gramática, en que el mesmo parece estar traballando xa: “Da vergoña que Galiza esteña no século XX sin Gramática”.\nNestas dúas posturas defrontadas que representan Piñeiro e Chao Espina, o presidente da RAG móstrase en principio de acordo co segundo, como lle transmite en carta de 142-62 (AMR): “Eu abundo nas túas inquedanzas ó respeito; entendo, coma tí, que é pra nós un deber de comprimento urxente dar ciume (sic) a ise proiecto, e agardo que ista acertada intervención túa sirva pra estimular a actuación dos colegas de Santiago”. Nesta mesma misiva MartínezRisco acusa recibo do envío por parte de Chao “do esquema gramatical” e agradécelle o interese que pon “na execución do proiecto do noso compendio de Gramática galega, como membro que eres da Comisión redactora”. Chao elaborara un esquema de compendio gramatical, ou “Índice” segundo el propio dicía na carta anterior, seguindo “o mesmo método pedagóxico dos meus libros de Portugués”, pois impartía aulas de lingua lusa na Coruña e era autor de obras como Curso de Lengua Portuguesa. Con efecto, na subcarpeta correspondente ao ano 1962 que figura no ARAG está o “Índice” de Chao, que ocupa cinco páxinas manuscritas e que é bastante parecido ao da súa gramática portuguesa antes citada (Chao 1958: 147151).\nNo entanto, as ideas que van prevalecer finalmente son as de Piñeiro, que con data 17262 envía ao presidente da RAG o informe, non solicitado, que lle prometera en carta anterior: “Velahí o informe encol da nosa situación lingüística, das suas necesidás máis inmediatas e das posibilidás da Academia pra lles facer frente axeitadamente” 6. MartínezRisco fala dese informe a Antonio Fraguas en carta de 53-62 (AMR) e nela afirma que o vai someter á opinión de cada un dos membros da Comisión e que logo convocará unha Xunta extraordinaria para acordar o que for máis conveniente. Tamén lle resume o contido do informe dicindo que Piñeiro propón “a ouservancia de tres etapas: estudo dos feitos lingüísticos, é decir, da multiplicidade polifórmica do galego; unificación selectiva, e redacción da Gramática”; xulga igualmente Piñeiro que a primeira debe ser sometida aos lingüistas da RAG e que as outras dúas son competencia desta. O informe de Piñeiro, que está custodiado na mesma subcarpeta do ARAG que o índice de Chao, ocupa catro páxinas mecanografadas con letra apertada. Hai tamén nese arquivo copias dos escritos de envío del aos membros da Comisión de gramática e respostas dalgúns destes, como o propio Chao, que dá a máis longa, en cinco páxinas manuscritas, para manifestar no fondo a súa discrepancia con Piñeiro e urxir a elaboración da síntese gramatical sen máis dilacións. Ou Carvalho, que mostra a súa conformidade coa primeira fase proposta por Piñeiro, aínda que deixa as outras nas mans das persoas que utilizaren o galego por seren elas as que deberán determinar a súa forma escrita. Nunha carta de 16-62 Piñeiro comenta a difusión do seu informe con Carvalho, anúncialle que lle enviou copia a Pensado porque o considera “a meirande autoridade romanística con que contamos hoxe os galegos” e que este lle mostrou a súa conformidade, o que lle deu “bastante tranquilidade”; tamén se alegra de Carvalho coincidir con el na primeira fase e de que por medio do seu informe “a Academia tome plena concencia do\nproblema e das suas dificultás” (en Alonso / Cuquejo / Fariña 2004: 5758). BouzaBrey, por súa parte, escribe a MartínezRisco (ARAG) con data de 303-62 para lle dicir que Fraguas lle devolvera o informe de Piñeiro alegando que el non era lingüista e para lle comunicar, cun certo ton sarcástico, a súa decisión de causar baixa na Comisión de gramática que presidira. 6 Pode lerse a carta completa de remisión en Freixeiro (1994): o informe anexo de Piñeiro non se acha no AMR, mais si no ARAG, de onde foi reproducido e extensamente anotado por Santamarina (2009).\nÉ evidente que Piñeiro non confiaba na capacitación lingüística das persoas galegas cun certo grao de compromiso co galego e que estaban dispostas a traballaren na elaboración da gramática, incluído o seu amigo Cesáreo Saco, que xa tiña elaborada unha síntese gramatical. En troca, parece confiar en exceso no traballo que puideren facer persoas galegas afastadas do país ou non galegas con preparación técnica sobre a materia, mais con carencia de interese ou compromiso coa tarefa a realizar. É ilustrativa ao respecto unha carta a Carvalho, de 111-62, onde se mostra confiado en que a chegada a Compostela dos profesores Diego Catalán e Clavería supoña que “os nosos estudos lingüísticos comenzarán a marchar por bó camiño”, de maneira que se inicie unha “verdadeira escola de Lingüística galega, que tanto se bota de menos na nosa cultura”; e onde tamén o postula para a cátedra de Lingua e Literatura Galegas que deberá de ser convocada no futuro próximo (en Alonso / Cuquejo / Fariña 2004: 63). Con todo, Piñeiro pensa en Carvalho para ser a referencia da literatura galega, mais non así da lingua, aínda que faga parte da Comisión de gramática e asista ás súas reunións en ocasións. As teses de Piñeiro, que exerce unha función tutelar sobre a RAG a pesar de aínda non ser en 1962 membro numerario, acabarán por se impor e a gramática non se vai levar a cabo.\nNo fondo, non é que Piñeiro estivese en contra da elaboración desa gramática; o que acontecía é que non confiaba na preparación técnica dos académicos. Así, en carta de 21-62 a Pensado, propuxéralle que fose el quen a fixese por ser o romanista galego con máis preparación científica, e por Abelardo Moralejo e Rabanal, a pesar da súa competencia, non seren galegos nin dominaren a lingua (en Alonso / Abal / Cillero 2009: 4142). No entanto, Pensado rexeitará a oferta de Piñeiro aludindo ás súas responsabilidades universitarias afastadas da realidade lingüística galega, como se deduce doutra carta que lle dirixe Piñeiro con data de 42-62, onde lle fala da “elaboración da Gramática Normativa Galega” e lamenta que Pensado non estea destinado en Compostela; tamén recoñece a necesidade da gramática e comprende a urxencia da RAG, mais opina que esta “debería dar un paso previo: promover o estudo de algúns problemas fundamentás da nosa realidade idiomática viva”, que son a “determinación das zonas e caraiterísticas dialectás do galego” e o “estudo e ordenación do noso verbo” —ofrece varios exemplos de polimorfismo na conxugación verbal—, mostrándose inclusive partidario de convocar un concurso ao respecto (en Alonso / Abal / Cillero 2009: 4345). En carta de 262-62 Piñeiro transmite a Pensado máis información sobre o proceso en que está a RAG, a ratificar así a súa dirección e control deste, e deixando constancia do peso da súa opinión na entidade: “Semella que están dispostos a modificar o programa de traballo” (en Alonso / Abal / Cillero 2009: 46).\nO informe de Piñeiro puxo fin na práctica ao proxecto gramatical e a Comisión de gramática non resultou, pois, operativa, aínda que para o 1612-62 se convoca unha Xunta Extraordinaria da RAG coa seguinte orde do día: “Lectura y estudio de los dictámenes presentados por los señores Académicos encargados de informar acerca de la proyectada edición de un manual de Gramática gallega”; como os ditames eran en xeral favorábeis ao informe de Piñeiro, é posíbel que o acordo a que se puido chegar fose deixar en suspenso as urxencias gramaticais. Algúns membros da Comisión, con todo, non daban enviado o seu ditame sobre o informe de Piñeiro, pois no ARAG hai copia dun escrito do secretario, de 2010-62, a Filgueira Valverde en que o insta a enviar ese ditame que xa lle solicitaran en dúas ocasións anteriores e outra copia dun escrito similar coa mesma data a V. Risco; e aínda figura copia doutro escrito de MartínezRisco a Filgueira en que lle roga que envíe o ditame por ser importante a súa opinión e que asista á reunión que para ese efecto se iría celebrar o día 16. Como xa se suxeriu, talvez nesta reunión se acordase dar por válido e definitivo o informe de Piñeiro. O caso é que, aínda seis anos despois, en 1968, escribe o presidente que a RAG está orientada cara á “necesaria redaición dunha Gramática do galego ” (S. Risco 1968: 25), tarefa que el non verá realizada. Tivo de se contentar coa aprobación dunhas breves e incompletas normas ortográficas e morfolóxicas xa pasado o ecuador do seu mandato presidencial. Isto foi o que lle permitiu o núcleo de Galaxia dominante na RAG, capitaneado por Piñeiro, quen mesmo antes de formalmente ingresar como académico numerario o 2511-67, xa tiña en mente unha rápida solución nese sentido, pois así o deixa translucir no discurso pronunciado ese día (Piñeiro 2007: 7986). Certamente, pouco máis de dous anos despois, a inicios de 1970, aprobáronse as normas ortográficas e en 1971 as morfolóxicas.\n3. A producIón grAmAtIcAl nA décAdA de 60\nApós a interrupción do proceso de elaboración de gramáticas que supuxo a guerra de 1936, con dúas décadas ermas en traballos dese teor, na década de 60 vaise reemprender esa tradición coa publicación de dúas novas gramáticas, unha que contou co apoio solidario do grupo de Galaxia, a de Carvalho Calero, e outra que Leandro Carré levou a cabo co seu traballo solitario. Ambos eran membros da RAG, mais en canto o primeiro tiña o recoñecemento xeral pola súa condición de filólogo e a axuda explícita do núcleo dominante da corporación, o segundo non gozou da mesma consideración nin colaboración, a pesar de facer parte da Xunta de Goberno da entidade. Con todo, as dúas obras xorden como gramáticas de autoría individual e ningunha delas, por tanto, foi asumida como propia da institución académica, a pesar de ese ser talvez o propósito de Carré, que inclusive chegou a preparar unha síntese gramatical con algunha expectativa nese sentido en finais da década. Esta síntese ficou inédita até a actualidade.\n3.1. O traballo solidario de Carvalho Calero\nPiñeiro, que asume certamente un compromiso persoal coa defensa do galego (González 2006), após ver fracasada a opción de Pensado como autor da gramática académica, dirixe a súa atención cara a Carvalho, que xa publicara a súa historia da literatura, mais para o animar a que leve adiante o proxecto de elaborar unha gramática da súa exclusiva autoría dentro do proxecto editorial de Galaxia, non para facer a gramática da RAG. Na realidade, como informa Villanueva Gesteira (2015: 223228), a editora viguesa e o seu director xa andaran previamente “á procura dun lingüista”, para o que contactaran sucesivamente con Aníbal Otero, Aquilino Iglesia Alvariño, Isidoro Millán GonzálezPardo e Ramón Lorenzo; foi só perante a negativa destes cando se dirixiron a Carvalho Calero.\nO profesor ferrolán vai asumir esa nova empresa con esforzo e disciplina, como máis unha angueira no seu compromiso persoal de traballar polo galego, de modo que en finais de 1963 Galaxia xa publicitaba unha gramática de Carvalho que este aínda non comezara, como se desprende dunha carta súa a Del Riego de 2212-63: “Xa que anunciades a miña Gramática teréi que pensar en facela. Conviría que me mandaras todo o que teñas de antecedentes; pois eu carezo de libros de filoloxía galega” (Carballo 2006: 379); con todo, noutra carta ao mesmo destinatario de inicios de 1964 aínda afirma que “[d]a Gramática polo de agora non hai máis que darlle voltas na cabeza. É horrible” (Carballo 2006: 383); mais a primeiros de marzo, após terminar o encargo dunha breve antoloxía de literatura galega, xa só pensa en se concentrar na elaboración da gramática (Carballo 2006: 384387). E na correspondencia dese ano e do seguinte con Del Riego tanto lle pide libros e artigos de consulta como se lamenta das súas moitas ocupacións e do escaso tempo que lle deixan para se ocupar da gramática. Por iso Piñeiro, en carta de 42-64, xa lle dicía: “Alégrome ben de que vaia madurecendo na tua mente o plan da futura Gramática” (en Alonso / Cuquejo / Fariña 2004: 76); e noutra de 45-65 móstralle a súa coincidencia coa “absoluta prioridade da Gramática a calquer outro traballo” (en Alonso / Cuquejo / Fariña 2004: 90).\nPor esas datas Carvalho estaba totalmente centrado nesta obra e agoniado coa súa próxima finalización, como mostra nunha carta a Del Riego de 315-65 en que fala de que ten materiais para un segundo libro sobre Pondal, mais engade: “Pero ¿quén pensa niso coas triganzas da Gramática ?”; nela mostra tamén a preocupación polo resultado “porque a Gramática non pode sair tan ben que xustifique o tempo empregado en compoñela” e porque non se poderá igualar coa gramática catalá de Badia, aínda que esa tampouco era a intención con que afrontou un proxecto que outros non quixeron facer por consideraren preferíbel “non facer nada” (Carballo 2006: 394396). Non se atrevía nesa mesma carta a pór data para o final dunha tarefa para a cal continuará a se documentar, recibindo a obra de Badia e a gramática portuguesa de Tavani (carta a Del Riego de 27-65); e tamén fai propósito en cartas sucesivas de avanzar decisivamente nela, de modo que nos primeiros meses de 1966 xa comeza a enxergar o final do túnel, sen por iso reducir a súa dedicación ao proxecto, a renunciar mesmo ao descanso estival, como manifesta en carta de 167-66 (Carballo 2006: 411413). Nesta mesma carta comenta a Del Riego que\n“todo o meu traballo, mesmo as miñas lecturas, están orientadas á Gramática de cuia posesión demoníaca desexo me liberar”, obxectivo que cumprirá axiña, pois nas misivas sucesivas xa vai dando conta do proceso de corrección de probas.\nFinalmente, a Gramática elemental del gallego común de Carvalho Calero sairá do prelo en Galaxia no ano 1966, coa seguinte nota final: “Este libro terminó de imprimirse en los Talleres Gráficos de “ F aro de V igo ”, Colón, 2830, el día 5 de noviembre de 1966”. En carta do autor a Del Riego, de 2211-66, comunícalle que recibiu a gramática e que “resulta un fremoso volume”. Con todo, non se liberará por moito tempo do traballo gramatical, pois en xuño do ano seguinte xa manifesta estar a traballar para unha nova edición da obra (Carballo 2006: 433). E non deixa de saudar a concorrencia doutras gramáticas galegas nese ano 1967: “Vin a Gramática de Carré, e merquéina. Agora agardo que chegue por eiquí a de Saco, que tamén adquiriréi. ¡De súpeto, puxémonos moi ben de Gramáticas!” (Carballo 2006: 440).\nNaquela altura os antigos membros da Comisión de gramática da RAG, entre os que tamén se contaba Carvalho, estaban ocupados en ditaminaren os informes de Carré, presentados en 1965, sobre as terminacións -ción/-zón e sobre as grafías ao/ó/ô, ambos depositados no ARAG. Precisamente cando Rabanal emite o seu ditame a través das páxinas dun xornal compostelán sobre este último aspecto, a mostrar a súa preferencia por ao, tamén aproveita para saudar a saída do prelo da gramática de “Ricardo Carballo, gramático cabal y bien informado”, que “ha venido a llenar un hueco que urgía llenar” 7.\nO proxecto gramatical de Galaxia e de Carvalho non só non se detén en 1966 como continúa até 1979, con sucesivas reedicións revisadas e ampliadas que supoñen a constante actualización dunha obra que comezou sendo a gramática de Galaxia feita por Carvalho para terminar por ser a gramática deste publicada por Galaxia. El deu ao prelo esta obra após ter finalizado a historia da literatura, ambas as obras a faceren parte do proxecto editorial e políticocultural de Galaxia seguindo o deseño ideolóxico de Piñeiro e coa inestimábel colaboración operativa de Fernández del Riego. Mais a gramática de Carvalho tamén obedece en parte ás novas necesidades da lingua galega, incorporada ao ensino universitario, e ao labor docente e investigador do seu autor, que se encarga das aulas de galego no ensino superior e que ao mesmo tempo se está a preparar para optar á primeira cátedra de Lingua e Literatura Galegas da USC. El mesmo o explicita: “É unha gramática concebida como instrumento de traballo nas clases, nas aulas de Língua Galega que estavan ao meu cargo” (en FernánVello / Pillado 1986: 175). Fala a seguir das modificacións que foi introducindo nas distintas edicións da súa gramática, cuxa evolución “segue unha liña absolutamente recta”, segundo el, de acordo co avanzo dos tempos, co debilitamento do “réxime imperante” e co incremento da “liberdade con que un profesor pode expresar a sua doutrina a propósito da língua galega”. Recoñece que as diversas edicións da obra se fan de acordo con esas circunstancias, mais rexeita categoricamente que a sétima edición de 1979 “supoña unha rectificazón da primeira edizón publicada en 1966”, a insistir na prudencia e precaución que exixía a evolución da situación política (en FernánVello / Pillado 1986: 177).\nMais se as anteriores edicións da obra podían ser asumidas polo proxecto cultural e lingüístico de Galaxia, a última viña a supor de facto a ruptura do autor co que representaba Piñeiro, para avanzar nunha vía reintegracionista en que este definitivamente non acreditaba. Carvalho terminaba o prólogo á sétima edición anunciando aínda novos pasos nesa vía en vindeiras edicións: “La necesidad de una reintegración del gallego en su mundo originario se nos aparece más clara, y ello nos impondrá en el futuro inevitables retoques” (Carballo 1979: 12). Mais xa non habería novas edicións da gramática; e a intensa e prolongada relación de Carvalho con Galaxia irá minguando até a extinción, a minguar tamén a solidariedade do grupo editorial con esa derradeira versión da Gramática elemental del gallego común que tanto apoiara anteriormente. De todas as formas, non cabe dúbida de que esta obra foi produto do esforzo solidario do seu autor co proxecto galeguista de Galaxia, que, por súa vez, lle prestou toda a súa solidariedade no plano material e humano. 7 Véxase “Nebulosa. Consulta y buena noticia”, artigo asinado co pseudónimo “R. del Camino” en La Noche e cuxo recorte figura no ARAG sen datación.\n3.2. O labor solitario de Carré Alvarellos\nPouco tempo despois da aparición da primeira edición da gramática de Carvalho, tamén vai publicar Carré Alvarellos a súa Gramática gallega, sen contar cos apoios que tivo a de Carvalho, no mesmo ano 1967 en que Gráficas Tanco tira do prelo en Ourense a segunda edición da gramática de Saco Arce que leva o mesmo título. Así o comenta Piñeiro a Basilio Losada en carta de 3110-67, a valorizar pexorativamente o contributo do autor coruñés: “Agora reeditouse a Gramática gallega de Saco y Arce, e o Carré editou a súa —ben maliña por certo—” (Piñeiro / Losada 2009: 620). Carré posuía unha escasa preparación filolóxica, de modo que o seu contributo á lingüística e á gramática galega debe medirse basicamente pola capacidade de crear ferramentas de utilidade para a fixación do galego escrito. En tal sentido, Carré tivo a ousadía de enfrontar a elaboración de materiais filolóxicos —gramáticas e dicionarios— que outras persoas non tiveron, sendo “o elemento motivador ou o revulsivo” para a emerxencia doutros estudos gramaticais e propostas estandarizadoras (Maceira 2014: 517). As súas iniciativas gramaticais pretenderon encher baleiros que as entidades máis directamente involucradas —nomeadamente a RAG— non daban cuberto e que era urxente facer, seguindo as directrices marcadas nos textos programáticos do nacionalismo irmandiño, primeiro, e logo na posguerra de acordo coas demandas de persoas implicadas na recuperación do galego.\nAs inquietudes filolóxicas de Carré foron constantes durante a súa vida, a pesar de non posuír unha formación académica ao respecto, feito que compensaba con moita dedicación e entusiasmo xa desde novo. Percorreu todo o país na procura de información lingüística, mais tamén sobre costumes e tradicións, alén de se interesar polas fontes bibliográficas existentes; e posuía igualmente coñecementos teóricos e prácticos do portugués que probabelmente superaban o promedio dos seus compañeiros de corporación académica e que se alimentaban coa relación directa con personalidades da cultura portuguesa, como explica el propio nun escrito enviado á RAG, após deixar constancia de ter estudado o idioma galego desde a súa infancia e de levar percorrido todo o país na procura das súas tradicións e costumes 8.\nconxuntamente (Carré 1933).\nNa posguerra Leandro Carré continuou a cultivar a súa afección filolóxica e o estudo de temas relacionados coa lingua galega, a se manter constante o seu interese por ela tanto no relativo á súa situación presente, canto desde a perspectiva histórica 9. Pasados os anos máis duros da represión franquista Carré, xa membro de número da RAG, empéñase en que esta institución poida dispor das ferramentas imprescindíbeis para a recuperación literaria do galego e, nese sentido, ofrece o seu traballo e o seu labor precedente na procura de apoio institucional e aval de prestixio para a súa propia obra filolóxica. Arredor de 1950 o Centro Galego de Bos Aires pide un informe a Otero Pedrayo sobre a posibilidade de elaboración dun dicionario galego e na resposta 10 este menciona os máis relevantes e non cita o de Carré, feito bastante significativo da soidade en que este tivo de levar adiante os seus proxectos filolóxicos. Maceira afirma que\nas propostas de Carré dentro dunha entidade totalmente controlada polo grupo de Galaxia a partir dos anos 50 tiñan sempre como resposta “un clamoroso silencio” e, a pesar diso, el nunca se rendeu e mesmo “propuxo a súa gramática co fin de desencadear a reflexión que resolvese crear unha oficial e protestou contra as manobras dilatorias na confección dun dicionario e mais dunha gramática da Academia”; e aínda pouco antes de morrer “esixía que a xunta xeral da RAG afrontase a necesidade de editar unha gramática, segundo os estatutos da institución, que partise duns criterios tradicionais e que combatese a castelanización do galego” (Maceira 2014: 545546).\nNunha carta de Piñeiro a Carvalho, de 126-61, alúdese á falta de apoios de Carré na altura, “coa única esceición de Banet” (en Alonso / Cuquejo / Fariña 2004: 43). Xa pouco tempo antes, en carta de 33-61 a MartínezRisco (AMR), V. Taibo rexeitaba facer parte da Comisión de gramática da Academia co argumento de non ser experto na materia como outros académicos que si o eran e que coñecían ben o idioma; mais entre eles non cita, curiosamente, Leandro Carré, a pesar de este ser autor na altura dun compendio gramatical, dun dicionario e dunha gramática aínda non publicada, mais que sometera a xuízo valorativo da Academia con resultado positivo, como mostra un informe de MartínezRisco ao presidente da RAG de 73-56 (AMR). Anos máis tarde, nunha carta a Basilio Losada, de 223-70, Piñeiro explica que, para evitar a participación de Carré na elaboración das normas ortográficas da Academia, ideou a artimaña de crear “unha Comisión espontánea de académicos” (Piñeiro / Losada 2009: 796). Mais, como se acaba de ver, a desconfianza no valor científico dos traballos filolóxicos de Carré estaba bastante estendida entre os académicos e, por tanto, non era exclusiva de Piñeiro. Dela participaba tamén o portugués Manuel Rodrigues Lapa, quen por finais de 1952 dicía por carta a Fernández del Riego que “[n]ão se pode fazer cultura pactuando com o que é medíocre e francamente ruim” (Lapa 2001: 70), a se referir ao dicionario de Carré que ía camiño da terceira edición. Certamente, o escaso rigor académico das propostas lingüísticas deste autor non era un bo aval para seren tomadas en consideración.\nA pesar desa marxinación, Carré estivo a traballar nas décadas de 50 e 60 na elaboración dunha gramática completa do galego e, ao mesmo tempo, fixo propostas sobre a codificación do idioma, tanto enviando informes á RAG en prol de -zón e de ao como ao “Seminario didáctico da língoa galega” que no verán de 1966 se reuniu en Vigo. Nas súas propostas lingüísticas sempre está presente a idea de construír un galego máis auténtico e menos castelanizado que, sendo moderno e actualizado, manteña a fidelidade ás súas raíces históricas e evite na súa forma culta as deturpacións da fala popular descoidada, como ben explicita nas “Objeciones a las respuestas relativas a mi proposición...” (ARAG).\nDeixando de lado a síntese gramatical publicada en 1919, Carré estivera a traballar nos inicios da década de 50 nunha gramática que presentou ao Premio Otero Pedrayo convocado polo Lar Gallego de Caracas, escrita en galego co título de Gramática galega e que obtivo o terceiro premio (Maceira 2014: 518). Segundo este mesmo investigador, a obra foi presentada polo autor á RAG en 1955 para que esta emitise o correspondente informe a respecto do seu valor científico, presumibelmente coa intención de que esta entidade a recomendase ou inclusive a asumise como obra de referencia. Aínda que Maceira afirma que os académicos “nunca trataron o tema oficialmente”, porén cómpre indicar que se nomeou unha comisión ao respecto e que esta emitiu informes particulares dos seus membros e un informe final, segundo documentación existente no AMR. No mesmo arquivo figura copia dun escrito da RAG, asinado por Manuel Casás como presidente e con data de 224-55, en que se comunica a MartínezRisco o acordo da Xunta de Goberno do día 16 do mesmo mes “de que por la Junta de Goberno se designasen los Numerarios que habrían de dictaminar respecto de la Gramática Gallega que el señor Carré Alvarellos presentó a informe de la Academia”. De todos os modos, o asunto non foi tratado precisamente con moita dilixencia, pois non será até o 2011-58 cando o secretario da RAG comunique por escrito a MartínezRisco que xa recibiu todos os ditames dos membros da comisión. Após a reunión desta, debeu aprobarse un “Informe” que figura sen datación no AMR e que foi\nCon este informe parece finalizar o percurso académico desa Gramática gallega —tal como figura na correspondencia citada— de Leandro Carré, que posibelmente fose a tradución para o castelán do orixinal premiado no concurso caraqueño, segundo Maceira (2014: 518) “ampliado, mellorado con reflexións propias e doutros filólogos como Joseph M. Piel ou Ernst Zellmer”. Non achamos moita máis información dela até que sae do prelo co mesmo título en 1967, editada pola Imprenta Moret da Coruña e en cuxo “Prólogo” o autor comeza por afirmar que escribira a obra orixinariamente en galego, mais que algúns amigos, filólogos estranxeiros e outras distinguidas personalidades lle pediran e aconsellaran que a publicase en español para así conseguir unha maior difusión e facilitar o coñecemento “de nuestra lengua” ás persoas interesadas nela (Carré 1967: 7). A obra segundo Maceira (2014: 518) “tivo un grande éxito e unha divulgación internacional moi importante”, a se basear en declaracións do propio autor de agosto de 1968 afirmando que a edición estaba case vendida nun ano e na correspondencia que se conserva no seu arquivo particular; mais non chegou a ser reeditada.\n4. u nhA grAmátIcA InédItA de fInAIs dA décAdA : E pítomE dE gramática galEga\nPróxima a finalizar a década de 60, aínda MartínezRisco continuaba coa idea de elaborar unha gramática da RAG. Maceira (2014: 519) informa de que na reunión da Xunta de Goberno de 15269 se tomou o acordo de encargar a Carré “un epítome de Gramática gallega, con un vocabulario anexo, para someter á consideración da comisión académica correspondente”, expresión literal que procedería dunha carta da RAG a Carré asinada polo presidente e o secretario, e que se acharía no arquivo particular daquel. Consultada a acta da Xunta de Goberno dese día, nela constan como asistentes MartínezRisco, Carré Alvarellos e Vales Villamarín, e entre os acordos tomados figura o seguinte: “Asimismo se acordó encomendar a don Leandro Carré Alvarellos la presentación de un epítome gramatical gallego, con su vocabulario, para que la Academia pueda hacer uso de él en su oportunidad”. Con efecto, Leandro Carré realizaría nese período unha versión sintetizada da súa gramática a que puxo por título o mesmo que a RAG estivera barallando para o seu proxecto durante os anos iniciais da década, Epítome de gramática galega. O exemplar mecanografado que coñecemos está depositado no AMR, mais nas carpetas do ARAG\nque xa se citaron non aparece copia deste texto nin documentación ao respecto.\n4.1. Autoría e datación\nO exemplar é un texto mecanografado, sen indicación de autoría e sen datar, que con certeza debe ser de Leandro Carré Alvarellos por se tratar dunha síntese da Gramática gallega deste, tanto polo modelo xeral de lingua que propón canto pola coincidencia de definicións e exemplos, ben como por certas similitudes co compendio de 1919 do mesmo autor. Porén, nin no AMR nin no ARAG demos con ningún documento en que expresamente conste que é Carré o autor do texto. A referencia máis explícita provén dunha carta do propio Carré a MartínezRisco, datada a\n2910-69 e custodiada no AMR, onde consta a posibilidade de dar a obra ao prelo:\nComo nas conversas que seguiron na xuntanza do domingo aludíuse ao proxecto da imprentazón do Epítome de Gramática Galega, vou enviarlle as copias das tres ou catro respostas que temos encol dela, e por se se tratar na próisima xunta xeral dese asunto, rógolle me envíe un escrito decindo por qué me foi encarregada por vostede a redaizón, e ouxetos que se pretenden con ela.\nTamén non localizamos este escrito do presidente, se é que existiu, nin esas copias das respostas que lle tería enviado Carré, pois nese momento aquel estaba destinado en Xirona por un curto período de tempo e as posibilidades de a documentación se perder eran certamente maiores. Mais da carta de Carré pode desprenderse con clareza que recibira realmente o encargo de elaborar ese epítome e que nesa altura xa estaba terminado e mesmo fora obxecto dalgún informe particular; e talvez igualmente do informe conxunto dunha comisión nomeada para tal propósito, segundo se deduce dun escrito de Filgueira Valverde ao presidente, de 4270, en que lle comunica o acordo dos membros da “Ponencia” de “[r]edactar o informe conxunto encol do libro da ‘Gramática’” (ARAG), que con certeza se refire ao Epítome de Carré. Mais o que non se substanciou foi esa posibilidade de “imprentazón” por razóns que non se achan explicitadas en ningún documento que coñezamos.\nCanto á autoría, non existen, pois, dúbidas a respecto de o texto ser escrito por Carré, que o elaboraría a partir da súa gramática de 1967 ao recibir en febreiro de 1969 ese encargo por parte da Xunta de Goberno da RAG, a que o propio Carré pertencía como tesoureiro. O epítome ficaría esquecido por o núcleo dominante da entidade, liderado por Piñeiro e Galaxia, non partillar os seus criterios normativos. Segundo a interpretación de Maceira (2014: 519), aquel encargo tiña por obxectivo “dispor dun material que contrapoñer a outras gramáticas como a de Carballo Calero” e as “liñas de actuación do grupo de numerarios afíns ao proxecto da Editorial Galaxia, dentro da Academia, ían destinadas á marxinación de Carré e a prescindir das súas propostas normativas”. MartínezRisco parecía apoiar o labor gramatical deste, mais ao mesmo tempo era un home de Galaxia e seguía as directrices de Piñeiro. Como presidente, tentaría manter un difícil equilibrio: contentar o seu colaborador Carré sen contradicir estas.\nNon era Carré, certamente, filólogo nin tiña unha especial preparación científica na materia, mais tomou iniciativas e levou adiante proxectos gramaticais que outras persoas, talvez máis preparadas, non puideron ou quixeron emprender. O Epítome de gramática galega, posibelmente de 1969, foi o derradeiro deles.\n4.2. Descrición e valorización\nA síntese gramatical consta de 45 folios de 27 cm. de longo por 22 cm. de largo mecanografados por unha cara a duplo espazo e numerados manualmente na marxe superior dereita de cada páxina; a última está invertida e vai numerada con “65”, posibelmente por erro, en lugar do “45” que lle correspondería. Non contén máis indicacións que o título e unha nota de rodapé na segunda páxina relativa á grafía histórica .\nA respecto da estrutura, organiza os contidos en catro partes, como xa se indica ao inicio, que denomina “Analoxía”, “Sintase”, “Prosodia” e “Ortografía”, moi descompensadas canto á extensión, pois a primeira ocupa 33 páxinas, en canto a “Prosodia” apenas chega á media páxina, por unhas sete de “Sintase” e cinco de “Ortografía”. Na “Analoxía” inclúe nocións de fonética e toda a morfoloxía: “artigo”, “nome”, “adxetivo”, “pronome”, “verbo”, “adverbo”, “preposizón”, “conxunzón” e “interxeizón”; a maior parte do espazo está dedicado á conxugación verbal, en que se inclúe, alén dos verbos regulares, irregulares, auxiliares e reflexivos, a “conxugazón dos verbos con pronomes enclíticos”; esta estruturación da obra é bastante similar á que ten o Compendio de 1919, que por súa vez bebe directamente da gramática de Saco Arce. As outras tres partes do Epítome coinciden coas de Saco, en canto no Compendio se inclúen algunhas nocións de sintaxe e prosodia na epígrafe “Algunhas regras de escritura” e se mantén unha parte final intitulada “Regras ortográficas”. Por súa vez, a Gramática gallega de 1967 presenta diverxencias organizativas na sección inicial para coincidir nas demais. Hai bastantes coincidencias en xeral entre as catro obras e, por tanto, tamén entre as dúas sínteses gramaticais de Carré, a de 1919 e a de 1969.\nCanto ao modelo normativo que propón este derradeiro traballo gramatical de Carré, cómpre subliñar a existencia dunha substancial liña de continuidade cos anteriores, con algunhas modificacións tendentes á harmonización das solucións gráficas e morfolóxicas. No Compendio de 1919 fai un uso maioritario da terminación -ción, ao lado da solución minoritaria -zón, ambas a alternaren inclusivemente nunha mesma palabra (oración e orazón, terminación e terminazón etc.) e que definitivamente unificará en -zón após ter presentado en 1965 aquel informe á RAG en que propuña que esta a adoptase como propia; así, o Epítome iguala todos os casos en -zón, salvo uns poucos que se poden xulgar como descoidos ou erros. No outro informe propuña ao(s) para a unión da preposición e o artigo masculino, solución xa presente en 1919 e que mantén en todas as (re)elaboracións posteriores, incluída a última do Epítome ; non acontece así co pra de 1919, que se regulariza en para nos 60, nin co plural tipo varós do primeiro traballo, que torna\nvaróns ou cans no último, do mesmo modo que vocás ou ordinás viran en vocaes ou ordinaes. Mantéñense, iso si, en todos os casos certos usos gráficos como o do acento circunflexo (â, irmâ, lêr), do apóstrofo (co’ela, co’este, c’unha) ou do trazo (polo ben), o que leva a Alonso Pintos situar o autor nas “concepcións ortográficas de certo autonomismo que, na posguerra, continuaba escribindo segundo as coordenadas gráficas e grafotácticas do período 19161936”; tamén é certo que as propostas de Carré “careceron basicamente de uso e influencia no galego literario do período gobernado de maneira emblemática polo padrón que marcaba Ramón Piñeiro e o seu grupo” (Alonso Pintos 2006: 2324). Nas “Verbas limiares” do seu Diccionario galegocastelán explicita Carré (1933: 6) a súa vontade de consagrar os usos gráficos dominantes na tradición literaria contemporánea que xa utilizara no seu primeiro traballo gramatical. Estes usos serán os que primen tamén na súa obra de posguerra e de modo particular no Epítome, onde tanto ratifica o uso da terminación -zón, que porén non facía parte da tradición literaria maioritaria, canto do grafema para o son fricativo prepalatal xordo en substitución dos etimolóxicos , . Isto é, Carré defendeu por razóns de uso histórico a terminación -zón e non as grafías etimolóxicas do son fricativo prepalatal, o que non deixa de constituír un caso de incoherencia. A modo de síntese, pódese dicir que o modelo xeral de lingua proposto por Carré Alvarellos no seu Epítome de gramática galega, a pesar de manter unha esencial continuidade co utilizado por el nos seus traballos anteriores de teor filolóxico, tanto gramáticas como dicionarios, resulta máis coherente e uniformado. Se no plano gráfico mantén o uso de apóstrofos, trazos e acentos propios da época das Irmandades da Fala en contra do criterio utilizado por Galaxia nas súas publicacións, será no plano morfolóxico onde o Epítome se mostre máis innovador: por un lado, universaliza a terminación -zón que era rexeitada por aquela e polos académicos e, por outro, consolida os plurais de tipo corazóns, xornaes, ouriñoes, picheles e perniles, coas súas excepcións, a mostrar neste caso vacilacións en parte semellantes ás da gramática de Galaxia ou ás das futuras normas académicas.\n5. c onclusIón\nNa década de 60 da anterior centuria a RAG, baixo a presidencia e o decidido impulso de MartínezRisco, tentou elaborar unha gramática de carácter institucional que servise de guía e orientación para acabar cunha práctica caótica que viña caracterizando a escrita en galego desde o período oitocentista. Visto que as dificultades eran tan grandes como as urxencias, xa desde o inicio se foi estendendo entre os académicos a opinión de se conformaren coa realización dunha gramática elemental ou sintética, isto é, dun epítome de gramática galega en expresión frecuentemente utilizada por algúns deles. Desde que MartínezRisco accedeu á presidencia activouse unha Comisión de gramática que posibelmente podería ter levado a cabo o proxecto, non sen dificultades, se non irrompese en escena a figura de Piñeiro, membro dirixente do grupo de Galaxia que na altura pasou a controlar a RAG, sen el propio ser membro numerario dela. Piñeiro impuxo a paralización do proceso de elaboración do epítome gramatical e propiciou a realización dunha gramática da Editorial Galaxia, para cuxo obxectivo escolleu a figura de Carvalho Calero. Apareceu así a Gramática elemental del gallego común en 1966, que se foi reeditando en anos sucesivos e que foi a gramática de referencia desa década e da seguinte, antes de ‘Carballo’ se converter en ‘Carvalho’.\nO profesor da USC contou desde o inicio con todo o apoio solidario do grupo de Galaxia a que tamén pertencía, mais ese non foi o caso doutro académico, Carré Alvarellos, que ao ano seguinte, 1967, publicou a segunda gramática da década desde a soidade institucional, pois Piñeiro non só non confiaba na súa condición de lingüista como mesmo manobrou para o marxinar en todo o proceso de codificación idiomática levado a cabo na década. Mais, curiosamente, o modelo estandarizador de Carré, que en 1965 propuxera á RAG a adopción das solucións -zón e ao e que sempre criticara as cesións ao modelo do español, acabará por se parecer máis ao modelo de Carvalho das etapas finais da súa vida que ao do que colaborou directamente na redacción das primeiras normas da entidade. Ese modelo de galego autónomo, non dependente do español, fica reflectido con maior precisión no Epítome de gramática galega que no ano\n1969 presentou á RAG como máis unha tentativa de incidir no proceso normativizador desta e de evitar a que el xulgaba como deriva castelanizadora. Porén, máis unha vez, as súas propostas non foron tidas en conta e ese derradeiro contributo gramatical de Carré durmiu un longo sono de case 50 anos nunha gabeta.\nr eferencIAs bIblIográfIcAs"} {"summary": "Achegarnos aos antecedentes con respecto ao estudo da infancia e da adolescencia desde a perspectiva históricoeducativa sitúanos ante o estado actual das investigacións neste eido e, igualmente, permítenos trazar novos horizontes a partir de retos e interrogantes que fican por resolver. Mediante esta aproximación historiográfica pretendemos ofrecer un percorrido que, tendo presentes as principais mudas acontecidas desde os incipientes traballos desenvolvidos a partir dos anos sesenta do século pasado, suscite novas posibilidades para a investigación en torno á infancia e á adolescencia na actualidade.", "text": "O ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA DESDE A PERSPECTIVA HISTÓRICOEDUCATIVA. PERFÍS POSÍBEIS PARA A INVESTIGACIÓN ACTUAL THE STUDY OF CHILDHOOD AND ADOLESCENCE FROM THE HISTORICALEDUCATIONAL PERSPECTIVE. POSSIBLE PROFILES FOR CURRENT RESEARCH\n: Infancia; adolescencia; historiografía; Historia da Ed ucación; investigación histórica.\nANTECEDENTES NO ESTUDO DA INFANCIA DESDE OS EIDOS HISTÓRICO E\nHISTÓRICOEDUCATIVO\nO estudo da infancia e da adolescencia constitúe un ámbito de recente atención no contexto da investigación histórica e históricoeducativa, en particular. Pese a que os historiadores se “dedicaron tradicionalmente a explicar a continuidade e o cambio no transcurso do tempo, coa conciencia de que desde Platón a infancia é unha das chaves para iso” (DeMause, 1994:16) pode detectarse unha tradicional ausencia de estudos sobre os suxeitos infantís e adolescentes. Esta ausencia foi en ocasións atribuída á escaseza de fontes; nesta liña cita DeMause (1994) as preguntas que Peter Laslett formula no seu texto do 1965 The world we have Lost sobre os “silencios” das testemuñas da infancia e da adolescencia, así como a pesimista afirmación de Bossard (1948) sobre as dificultades para escribir a historia da infancia debido á escaseza de datos históricos sobre a mesma.\nAsí, os suxeitos infantís, pese a estar paulatinamente presentes nos estudos e traballos procedentes das máis diversas áreas científicas durante o século XIX, estiveron practicamente ausentes na historiografía aínda durante as primeiras décadas do século XX, tanto na historiografía positivista como mesmo na historiografía dos Annales 1, sendo só a partir dos pasados anos 60 cando o seu estudo comezou a abordarse dun modo sistemático (Bajo Álvarez e Betrán Moya, 1998), en coincidencia coa renovación dos obxectos de estudo histórico. Ademais, pode detectarse no decurso historiográfico, segundo sinala Sanchidrián (2010) 2, que ata os últimos anos estes estudos centraron a súa atención máis na infancia que na adolescencia.\nA infancia fora, en todo caso, un obxecto de atención propio de horizontes considerados “non especificamente históricos” (Caspard, 2001). Etnólogos e folcloristas tíñanse dedicado a describir os ritos e costumes das sociedades denominadas “tradicionais”, entre os cales tamén chegaron a destacar os relativos á infancia e á adolescencia 3. Por isto mesmo, o enfoque etnográfico será adoptado por parte dos historiadores a partir dos anos 70, “suscitando a grande moda dos arquivos e investigacións orais, ou a redacción de memorias e de relatos de infancia” (Caspard, 2001:80). Tamén desde a historia do dereito, que inclúe o dereito canónico, proporcionáronse pautas que permitiron comprender non só o dereito relativo á infancia, senón tamén as concepcións ou representacións da infancia sobre as que se fundamentaba; por iso “nesta tradición, non sorprenderá que unha das primeiras obras colectivas consagradas á infancia fora, en 1976, un libro da Sociedade Jean Bodin, que reunía a xuristas e historiadores de dereito 4 ” (Caspard, 2001:81).\nDesde a historia da literatura tamén se estudaron as ideas e as representacións da infancia presentes en obras de grandes escritores como Rabelais, Montaigne, Rousseau ou Víctor Hugo, mentres que outros xéneros de menor recoñecemento foron relegados a un plano secundario ‒tales como a literatura infantil‒; non sendo ata a década dos pasados 70 cando “debutará a grande moda, que aínda non se esgotou, dos estudos referentes á historia da imprenta e da literatura infantís, incluíndo os debuxos animados. As representacións da infancia, da adolescencia e da xuventude transmitidas por esta literatura constitúen un dos temas recorrentes das investigacións neste campo” (Caspard, 2001:81). Incluso se realizaron estudos desde a denominada “historia da ensinanza”, cun carácter pouco relevante ata os anos sesenta, elaborados entón por parte de profesorado e funcionariado da Ensinanza Pública, que daba preferencia a temáticas relacionadas coas políticas escolares e coas ideas pedagóxicas. O suxeito infantil aparecía daquela “como representación dos pedagogos, como unidade contábel para os administradores, ou ben como futuro cidadán por educar; nin el nin a súa familia eran considerados en si mesmos como suxeitos, e logo como obxectos da historia” (Caspard, 2001:81).\nA riqueza e abundancia dos datos obtidos permitiu entón determinar a precisa evolución cronolóxica dos fenómenos observados (polo menos desde o século XVII) e, deste xeito, esta disciplina ao principio esencialmente cuantitativa, levou a un mellor coñecemento das actitudes, dos comportamentos, das representacións e das mentalidades cara ao neno, xa que os índices de 4 A obra en tres volumes L’enfant. Recueuils de La Societé JeanBodin, editada en Bruxelas por parte da Librairie Encyclopédique. 5 Aínda que con respecto á propia historia da infancia este autor expón que non poderíamos falar da existencia de tal campo de investigación específico, xa que foi o resultante de investigacións levadas a cabo desde moi diversas perspectivas que só poden converxer parcialmente; de aí a “dificultade, aínda na actualidade, de escribir unha historia da infancia ou da xuventude que sexa algo máis que unha suma de puntos de vista relativamente heteroxéneos” (Caspard, 2001:82) 6 Desde 1973, os Annales de démographie historique consagraron un número especial ao tema Enfant et sociétés.\nfecundidade, a importancia das prácticas contraceptivas e o abandono de nenas e nenos, entre outros fenómenos, demostraron ser moi reveladores do lugar socialmente atribuído á infancia (Caspard, 2001). Ao cruzar os datos propiamente demográficos con indicadores sociais puido escribirse unha historia social da infancia, diferenciada segundo os medios, as profesións, as rexións xeográficas ou diversos criterios culturais. Podería dicirse pois que a demografía histórica bateu e entrelazouse con algúns dos interrogantes da historia social, que se atopaba sumida nun tempo de renovación desde finais dos 60, ampliando os seus horizontes limitados polas barreiras da investigación históricopolítica e históricoinstitucional, introducíndose na esfera privada da familia, das mulleres e da infancia (Ulivieri, 1986). Estes traballos tratan fundamentalmente de recuperar o lugar que tradicionalmente lle foi negado ou ben ocultado ao mundo infantil na historia, con todas as dificultades que comporta recobrar estas pegadas e voces.\nFoi neste momento cando as ciencias sociais se afastaron da análise das clases sociais hexemónicas para interesarse polas minorías sociais, entre as que figuran as nenas e os nenos, e os interrogantes de investigación pasaron do plano “económico” ao “mental” e cultural, outorgando interese á análise de todos os procesos de formación, de educación, de socialización e de inculcación da sociedade. Desta maneira, a historia cultural, a historia social, a historia das mentalidades, así como os relevantes estudos e formulacións elaboradas por Foucault 7 en relación coa xenealoxía, a biopolítica e as historias dos individuos, contribuíron tamén á constitución da infancia como campo de investigación, tendo como un dos seus obxectos principais poñer de manifesto as representacións sociais do neno e a súa evolución ao longo dos séculos.\nHai autores, como é do caso sinalar a Bajo Álvarez e Betrán Moya (1998), que afirman que o debate aberto por Ariès estaba xa perfilado na obra de Norbert Elias (1939), El proceso de civilización, aínda que esta non acadou notoriedade ata os anos 70. Para Elias o proceso de civilización implicaba o control dos instintos, “fenómeno que apenas tiña sido bosquexado durante a Idade Media con respecto aos séculos posteriores. Nos primeiros tempos da Idade Moderna, un conxunto de manuais prácticos ensinaban aos adultos como debían comportarse, distanciándose así do mundo dos nenos. Este foi o punto de partida de Ariès” (Bajo Álvarez e Betrán Moya, 1998:12). Con estes principios, abríronse novos paradigmas en torno á temática da infancia e da familia 11, fundamentalmente a partir das críticas realizadas por parte de medievalistas a esta visión trazada por Ariès.\nOutra temática de grande importancia estivo constituída, seguindo a Compére (1995) e a Caspard (2001), polo que á aculturación e á socialización das xeracións máis novas atinxe, dando como froito moi variadas investigacións, entre as que destacou a obra de Michel Foucault (sobre todo Surveiller et punir, 1975). Seguindo o seu exemplo estudáronse os “axentes de control social” (entre os que a escola e a familia ocupaban un lugar privilexiado), a organización e os regulamentos escolares, a institucionalización da familia, o contido dos medios de comunicación de masas destinados á infancia e á xuventude (para coñecer e afondar nas ideoloxías que transmiten e nos seus posíbeis “efectos”), os manuais escolares de todas as disciplinas, a literatura infantil, a prensa infantil e os debuxos animados. Nesta liña tamén a xuventude foi obxecto de estudos particulares:\nos grupos de bachareis, as sociedades de varóns ou as abadías de xuventude nos tempos antigos, os padroados católicos ou laicos, os movementos de xuventude, entre outros.\nCon estes preceptos podemos aludir a unha notábel evolución no que á historia da infancia e da adolescencia se refire, e tamén de moi diversas formas de ver e de comprender a infancia, das que destacamos, pola pegada que deixaron na historiografía da infancia, a visión do historiador francés Ariès, quen no marco da historia da vida privada das sociedades concibiu a infancia como un “sentimento moderno”; posteriormente, a do estadounidense Lloyd deMause, quen ubicou a historia do neno no curso dun proceso “psicoxénico” de evolución das pautas ou modelos de crianza; ou a perspectiva de Foucault, quen sitúa a construción dun modelo de infancia acorde cos poderes dominantes na Modernidade, entre outras. Toda a diversidade de perspectivas ou enfoques históricos foi tamén interpretada á luz das críticas realizadas por parte de Egle Becchi, Dominique Julia e Jacques Gélis (Alzate Piedrahita, 2003). Entre estas visións poden apreciarse dúas grandes tendencias sobre as que xiran todas as demais que, segundo Caspard (2001), serían as predominantes ata a actualidade na historiografía da infancia:\nanos), e unha adolescencia e unha xuventude que ofrecen menos referencias naturais e que obedecen en maior medida ás convencións sociais e xurídicas. A actitude do historiador neste caso radicaría na maior sensibilidade cara as continuidades, “podendo chegar, ao extremo, ata a historia inmóbil dos etnólogos” (Caspard, 2001:88).\nAfirma, igualmente, Caspard que:\nos historiadores que poñen en evidencia o papel das institucións, e sobre todo da escola, na constitución dos grupos de idade, son, significativamente, máis ben historiadores da época contemporánea, ou de finais do Antigo Réxime. Os interesados na Antigüidade ou no Medievo teñen máis tendencia a recalcar certas invariantes antropolóxicas que rexen aos grupos de idade (Caspard, 2001:88). Agora ben, como sinalan Bajo Álvarez e Betrán Moya (1998:13), “as cuestións que preocupan hoxe máis aos historiadores xa non se encamiñan pola vía da discusión sobre a existencia ou ausencia dun sentimento ‘moderno’ da infancia, senón pola de coñecer a natureza dese sentimento en cada etapa histórica e contexto social particular”. A infancia como obxecto do estudo histórico actual comprende a nenos e a nenas, todos suxeitos concretos observados nun marco social, entendendo que “o neno é, polo tanto, un ser á vez real e imaxinado, portador de significados e de ideoloxías” (Bajo Álvarez e Betrán Moya, 1998:13), e tendo tamén presente que non existe só unha infancia, senón moitas e todas elas diferentes; tal e como indica Becchi na presentación a Dávila e Naya:\nen plural e con distintas voces (...). A infancia, como unha categoría conceptual, ao igual que o seu referente ‒os nenos e as nenas, de todas as partes e de todos os tempos‒ require esa maneira poliforme de achegarse. Non só en canto aos espazos que ocupa, senón en canto ás súas representacións, imaxes e visións (Becchi; cit. en Dávila e Naya, 2005:17).\nEn todo caso, debemos recalcar que, en xeral, a meirande parte dos estudos de tipo histórico sobre a infancia que se desenvolveron amosan unha visión nesgada ou parcial da realidade 14 ; como formula DeMause “é innegábel que os historiadores veñen escribindo desde algún tempo sobre os nenos en épocas pasadas, pero (...) a maior parte destas obras dan unha visión deformada dos feitos da infancia nos períodos que abarcan” (DeMause, 1994:18), afirmando el mesmo que a idealización dos primeiros anos de vida adoita estar moi presente nos relatos elaborados por parte de biógrafos oficiais, de sociólogos da historia e de historiadores da literatura. A isto podemos engadir as complicacións xurdidas ao querer estudar as “diversas infancias”, cando a información da que dispoñemos a través das distintas fontes se restrinxe habitualmente (sobre todo en determinados períodos históricos) a unha infancia ideal ou idealizada, ou a aquela infancia relacionada coas clases sociais dominantes de cada período e lugar. Por este motivo, as cuestións ás que temos acceso relativas á infancia non poden ser sempre xeneralizábeis, senón expoñentes concretos dunha infancia pertencente, ou á sociedade marxinada (da que poucas referencias quedan e as que quedan están a ser un dos obxectos de estudo dominantes), ou á minoría privilexiada que foi tradicionalmente obxecto de estudo (Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón, 2004). 14 Non querendo referirnos con esta visión nesgada ou parcial a aquela requirida ou inherente á propia práctica interpretativa necesaria do historiador.\nAdemais, practicamente só podemos aproximarnos aos sentimentos, pensamentos, alegrías e pesadumes de nenas, nenos e adolescentes, a través das testemuñas que sobre isto deixou o mundo adulto (Bajo Álvarez e Betrán Moya, 1998) 15, o que pode supoñer xa de por si unha considerábel “desfiguración”. Un mundo adulto tamén en certa medida “desfigurado” se reparamos en que este se expresou, durante boa parte da historia occidental, parcial ou unilateralmente a través do pensamento dos máis destacados teóricos ou pensadores (homes) de cada época. Pero é verdade tamén que non poderemos comprender os conceptos que prevalecen nunha determinada cultura (entre eles os propios conceptos do mundo, do ser humano e da infancia) se non coñecemos o que nos din os adultos (ou uns poucos adultos concretos) sobre como desenvolven as súas interaccións cos nenos e adolescentes nesa sociedade concreta. A complexidade que todo isto encerra, mesturada coas lagoas existentes no propio coñecemento das vidas das nenas, dos nenos e das adolescentes (derivadas en parte da tradicional falta de consideración da infancia nas coordenadas das historia), poderá en múltiples ocasións impedirnos coñecer as súas realidades, sobre todo no que a certos períodos históricos refire.\nPodería dicirse que no contexto peninsular hispano, as “historias das infancias” abordadas como obxecto de investigación desde o ámbito históricoeducativo están aínda en iniciación pois, tras ter superado un enfoque “excesivamente institucionalista propio da historiografía tradicional da educación” (Borrás Llop, 1996:13), é certo que se ampliaron os seus horizontes, mais probabelmente aínda permanecen excesivamente dependentes doutros temas ou ámbitos de estudo, como poden ser a historia da escola, a historia da familia ou a historia das mulleres, entre outros.\nA pesar de que esta historiografía non ocupou ata agora un lugar destacado orixinou, porén, unha revisión da historia da educación en xeral, ao atender aos nenas e nenos que se están educando; isto implicou “pensar a educación en sentido amplo, para poder incluír todos os ambientes e situacións nas que o neno poida aprender” (Sanchidrián, 2010:73). Así, de forma relativamente recente apareceron en España varias obras centradas xenericamente na historia da infancia, e entre elas podemos destacar: Pancera (1993), Borrás Llop (1996), Santolaria Sierra (1997), Delgado Criado (1998), Bajo Álvarez e Betrán Moya (1998), e Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón (2004). A todo este repertorio, habería que engadir aínda outras obras ofrecidas desde diversos lugares de Europa, entre elas citamos un monográfico sobre a infancia en Europa (AA. VV, 1992), a Levi e Schmitt (1996) e a Becchi e Julia (1998a, 1998b), polas influencias que puideron suscitar nas sinaladas anteriormente 16.\nFalamos dun conxunto de textos redactados desde o mundo actual, onde gañan presenza os dereitos da infancia; nos que medra o interese pola súa educación e pola concienciación da sociedade e das familias a este respecto; onde se pretende que a interacción entre os diversos axentes educativos sexa cada vez maior, desenvolvéndose unha atención específica aos nenos e adolescentes 15 Para destacar este feito de que somos as adultas e adultos quen escribimos a historia de nenas e nenos, xa se interrogaban Becchi e Julia no ano 1996: “Historia da infancia. Historia sen palabras?”. 16 Ás que habería que sumar algunhas publicacións que nos chegan desde o territorio anglosaxón, entre as que destacamos as citadas en Sanchidrián (2010), quen contempla que “tamén neste terreo, a historiografía anglosaxona lévanos certa vantaxe” (Sanchidrián, 2010:77).\nconsiderados “en risco”, e no que de cada vez son máis os colectivos, asociacións e organizacións públicas e privadas que irrompen o silencio e os tabús tradicionais. Hoxe tamén son efectivamente máis o número de educadores e de familias convencidos de que o maltrato psíquico e físico anulan a chegada á idade adulta con equilibrio e madurez, así como a integración social (Delgado Criado, 1998). Ademais, valoramos que a estimábel presenza da historia da infancia e da súa educación nos planos de estudo universitarios, está permitindo a maior apertura e divulgación de novos campos de investigación.\nO ESTUDO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA HOXE\nNas últimas décadas do século XX a visión da infancia como un “período especial da vida” sufriu fortes ataques e, á vez, resistiu, quizais porque unha das peculiaridades do século XX e “a raíz de grande parte da confusión actual e do ‘medo’ cara a infancia, é que uns defenden que os nenos son persoas con dereito a un certo grao de autonomía e outros, desde a perspectiva romántica, argumentan que o neno ten dereito a ser neno” (Cunningham, 1995:190). Consideramos, con Sanchidrián (2010), que podemos situarnos nunha ou noutra postura, pero sempre sabendo que a clarificación das forzas presentes en cada momento histórico axudarán a explicar as relacións entre nenas, nenos, adultas e adultos, que variarán, ademais, en cada contexto en función doutras variábeis como as clases sociais, os niveis culturais ou as relacións de xénero, entre outras dimensións. Neste camiño indica Pinilla (2011) que non é doado sintetizar o que prevalece nunha longa realidade froito da creación cultural en relación a un concepto evolutivo como é o de infancia, no que interveñen con notoriedade as diversas relacións entre persoas adultas, marcadas por factores de carácter económico, demográfico, político, psicolóxico ou moral, e no que existiron e existen elementos diferenciais segundo o xénero, a orixe e a clase social.\nA este respecto Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón realizan unha interesante achega ás Luces e sombras no proceso histórico da infancia. O neno hoxe (Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón, 2004:306336), trasladando novas dilucidacións sobre o perfil da infancia presente como “consecuencia”, “produto” ou “final” do proceso histórico, aludindo ás cuestións que reflectimos deseguido, reformuladas cos nosos criterios, polo interese que consideramos nelas recae. Pensamos que poden ser aspectos a ter en conta ao facer referencia á infancia, da adolescencia e das súas representacións no mundo actual e, polo tanto, de cara á proxección de investigacións vinculadas de algún modo con este campo 17 :\n— As ambigüidades no trato dos nenos, das nenas e dos adolescentes. Partindo da investigación de Richardson (1996) na que se examina esta temática asumindo que a infancia é unha categoría histórica e social forxada con ambivalencias 18, as autoras comprenden que o historiador debe ser, por necesidade, “estudante das ironías do cambio”, xa que o estudo da infancia e da adolescencia implica:\nun dos máis sucintos problemas da historiografía posmoderna, unha materia ilusoria con documentos inestábeis cargados de interpretacións mesturadas dos outros. Incluso as fontes de evidencia están contaminadas inevitabelmente pola memoria e a inmaturidade substituída polas autoridades adultas e os cambios nas actitudes sociais. O historiador debe dar un paso de confianza nos paradoxos das fases do recoñecemento e distorsión da materia que caracteriza a fugaz e ilusoria realidade da experiencia dos que están en vías de ser adultos (Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón, 2004:309). — A infancia explotada, marxinada, abandonada, ignorada, maltratada, acosada, secuestrada, perdida e asasinada. — Os nenos, nenas e adolescentes “acelerados” e os seus posíbeis “riscos” dentro das sociedades occidentais actuais. Os rápidos cambios sociais nas comunidades, nas familias, nas escolas, nos traballos; as influenzas e saturacións dos medios de comunicación; as tecnoloxías; as altas expectativas e presións das persoas adultas sobre as nenas e nenos; o illamento do contacto familiar e comunitario; a sobrecarga horaria e de responsabilidades, entre outros posíbeis factores vencellados ao capitalismo e xeradores de malestar, de estrés ou da desesperación, entre outras moitas consecuencias, fan que chegue a haber autores que nos falan hoxe en día do “neno apresurado”, como aquel que vive en constante desequilibrio apresurándose a ir cara o mundo dos adultos, e incluso da “desaparición da infancia” (cuestión abordada por autores como Elkind, Suransky, Postman, Meyrowitz, entre outros). Segundo Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón (2004), os autores destas teorías argumentan que os nenos de hoxe son dramaticamente diferentes dos de épocas históricas precedentes, presupoñendo unha “Idade de Ouro” da infancia na que nenas e nenos eran inocentes, despreocupados e protexidos, sendo estes esforzos inadecuados, como pode comprobarse a partir das grandes obras e investigacións en torno á historia da infancia 19. Ao noso parecer, cremos que se pode facer mención á desaparición dalgúns dos conceptos de infancia, da aparición doutros novos e incluso da persistencia doutros entre determinados grupos sociais no decurso da historia, pero non podería aludirse á desaparición da “infancia” e das súas representacións como constructo social do que se trata, e polo tanto, variábel segundo o contexto ao que esteamos a referir. Concordamos con Sanchidrián (2010) en afirmar que non hai dúbida de que as tecnoloxías, e en xeral as sociedades capitalistas nas que habitamos 20, mudaron as nosas vidas e, igualmente, están\ncooperando na construción dun novo concepto de infancia que bate, en certa medida, coas concepcións tradicionais. Así, poderíamos reiterar que as mudanzas sociais están 19 Entre as que Gutiérrez Gutiérrez e Pernil Alarcón (2004) sinalan os traballos de Ariès (1960); DeMause (1994); Pollock (1983); ou Shorter (1975). 20 Valoramos que a “mercadorización” e o control das necesidades dos nenos, nenas e adolescentes (e incluso a creación doutras necesidades ilusorias mercé aos intereses do propio mercado) perverte a súa racionalidade natural en beneficio dos intereses económicos. Así acontece actualmente nos eidos: da saúde, a través da patoloxización e farmacoloxización dos patróns condutuais non normativos; do ocio, vencellado a un consumo individualista e exacerbado de produtos “prefabricados” marcados por nesgos de xénero, clase social, etnia, condición sexual, etc.; da alimentación industrial en prexuízo da local; da comunicación dixital en detrimento da comunitaria; e incluso dos tempos, controlados ao servizo dunha suposta conciliación que camiña cara a procura de rendementos e méritos intercambiábeis no mercado do coñecemento; entre outros.\nconstruíndo novos roles dos nenos como obxecto de consumo e como consumidores, e destruíndo outros tantos ligados a valores probabelmente máis desexábeis. Neste sentido, cremos que poderíamos falar non tanto de menores ou de mocidade en risco, senón que deberíamos, ao noso parecer, poñer máis énfase nos riscos que leva de seu vivir nas sociedades nas que vivimos, podendo aludir entón a “sociedades de risco” (para todas e todos nós, para as nosas vidas e, polo tanto, tamén para as vidas das crianzas) e “en risco” (poñendo o acento tamén nas teorías do decrecemento e nos máis recentes estudos medioambientais). — O neno ¿ameaza? ou ¿vítima? : a partir dos estudos da socióloga Barrie Thorne, investigadora da estrutura familiar desde os diversos condicionamentos de xénero, lingua e sexo, pregúntanse as autoras polo lugar que nenas e nenos ocupan a finais do século XX. Seguindo esta liña de investigación (marcada pola revisión da imaxe do neno desde a perspectiva do adulto e das incidencias que o cambio social exerce nisto) defínense tres imaxes do neno no mundo contemporáneo: como ameaza para a sociedade adulta, como vítima, ou como aprendiz da cultura. Estas imaxes parten das nocións que comezan a xerarse no século XIX en Inglaterra e Estados Unidos, do problema que representa a delincuencia xuvenil como ameaza da orde social. Fronte a isto, a figura do neno como vítima cobra especial énfase nos tempos recentes, poñendo de relevo o problema do abuso ao neno por parte do adulto. A presenza do neno como figura inocente suxire que hai vítimas sen culpabilidade, pero ao mesmo tempo preséntase como ameaza cando representa un problema social. Desde o ano 1982 xorden múltiples traballos que xiran sobre este núcleo temático, nos que os contidos dominantes son: “a desaparición da infancia”, “os nenos sen infancia”, “a infancia acelerada”, “a infancia en perigo”, “a erosión da infancia”, entre outros 21. — O pai e a crianza do neno : este é un tema moi debatido hoxe pola escasa importancia que tradicionalmente se lle veu asignando á figura paterna con respecto ao papel asumido pola nai na crianza e acompañamento das nenas e nenos. Así, son moitas as investigacións que desde o punto de vista histórico se realizaron sobre a infancia e a familia, pero poucas sobre o papel do pai e as súas actuacións coas crianzas. Abondan os traballos sobre a diferenza de enfoques entre a Europa occidental e a América colonial, así como aqueles centrados na natureza e a severidade da paternidade patriarcal (como os estudos de Hunt, Ozment ou Pollock) e, desde 1800 os traballos históricos centráronse maioritariamente no rol da nai 22. Neste sentido, os relativos cambios nos últimos anos do papel dos pais e das nais no eido familiar farían necesaria unha aproximación á integración da paternidade no desenvolvemento infantil. A partir de 1840 a abondosa literatura sobre o comportamento dos pais coas súas fillas e fillos estaba dirixida ás nais, asumíndose que eran estas as\núnicas que tiñan a responsabilidade da crianza (ademais de incorporar todos os nesgos e 21 Todos estes rótulos son descritores dos nenos actuais que se presentan como vítimas, desprovistos da protección adulta, sometidos á competitividade, a abusos sexuais, a manipulacións, vítimas da droga e doutras múltiples adicións relacionadas co mundo no que se sitúan. 22 Algúns investigadores trataron de explicar esta ausencia do pai en relación co xurdir do fenómeno do feminismo a finais do XIX e comezos do século XX; pronúncianse a este respecto Elder, Modell e Parke (1993).\nas nacións que o ratificaron. Máis alá do mencionado, cabe indicar que toda reconstrución da historia da infancia que se pode procurar non é doada e, a pesar de que nos últimos cincuenta anos a bibliografía sobre este tema foi abondosa, poden aínda detectarse certas problemáticas e controversias teóricas e metodolóxicas que:\nparecen dificultar a consolidación dunha disciplina que toma á infancia como un obxecto de estudo en todos os seus espazos e representacións. O estudo da infancia, tamén desde a perspectiva histórica, antóllasenos como auga que esvara entre as mans. Trátase dunha historia caleidoscópica que varía a cada momento e que se ofrece a múltiples lecturas.\nEsta é a súa fortaleza e, tamén, a súa debilidade (Dávila e Naya, 2012:1112) 23. 23 Cuestión esta tratada por múltiples autores, entre os que salientamos a Becchi e Julia (1998a, 1998b), que engadiron interrogantes para construír unha disciplina como a historia da infancia; e a Catarsi (1991), que formulou certos problemas e perspectivas para a historia da infancia no caso italiano.\nNeste sentido, xa se pronunciaba Sanchidrián (2010), facendo notar que un dos problemas máis preocupantes que se nos presenta ao querer construír unha historia da infancia é precisamente que incluír baixo tal denominación; isto débese fundamentalmente ao seu carácter interdisciplinar e á ausencia de pautas explícitas ou delimitacións que respondan á cuestión “¿que é a historia da infancia?” 24. Dar resposta a esta cuestión foi en ocasións unha tarefa obrigada debido a motivacións docentes suscitadas a raíz da aparición nalgúns plans de estudo de materias sobre a historia da infancia ou relacionadas con ela, e tamén na meirande parte dos Coloquios españois de Historia da Educación houbo alusións á necesidade de incidir máis nesta cuestión.\nNa mesma liña, Dávila e Naya (2012) insisten en que escribimos sobre a historia da infancia sen coñecer ben os límites entre os que podemos movernos, non estando claros con respecto a\n“outras” historias (da familia, das mulleres, da escola, do xoguete, da literatura infantil, etc.) 25 ; e que a maior dificultade para poder facer referencia a unha Historia da Infancia con certa autonomía reside posibelmente no:\nrecoñecemento de que os nenos, nenas e adolescentes son suxeitos, como o resto dos seres humanos, e non meros obxectos dependentes e necesitados de axuda. Da aceptación desta premisa poderían derivarse beneficios importantes para enfocar dunha maneira diferente o estudo da infancia desde a perspectiva histórica. De aí que falar de dereitos da infancia e de educación non é un tema insignificante, senón que entronca nun novo paradigma que nos posibilita ver aos nenas e nenos desde outra perspectiva, sendo protagonistas da historia (Dávila e Naya, 2012:1213).\nNOVOS RETOS E INTERROGANTES\nA meirande parte dos estudos realizados co ánimo de estabelecer un campo de coñecemento arredor da historia da infancia atopáronse con abondosas dificultades, cousa que o campo sociolóxico parece que conseguiu superar (Dávila e Naya, 2012). A pesar deste panorama, Tiana Ferrer (2005) pode ofrecernos un intento de ubicar a historia da infancia como disciplina dentro da historia da educación 26, e cada vez son máis as obras, congresos e eventos científicos sobre a historia da infancia, o que beneficia ao apreciábel aumento de coñecemento arredor deste campo. Indicaba Sanchidrián que se “van facendo achegas sobre a historia da infancia, pero sen entrar a fondo no tema da infancia como concepto construído, de forma que se veñen repetindo sobre todo as afirmacións de Ariès e DeMause a pesar, incluso, de non coincidir en moitos puntos” (Sanchidrián, 2010:74). Sendo así, habería que engadir a estes autores as perspectivas complementarias de Shorter (1975) e Stone\n(1977), posto que:\nos catro manteñen a tese de que houbo cambios importantes nas actitudes e no trato cara os nenos, mentres que outros, como Anderson e Pollock defenden unha maior continuidade nos últimos cinco séculos, que a que estes autores dan a entender: son máis os elementos que se manteñen que os que cambian, cando menos desde 1500 e os debates sobre a infancia, o seu lugar na familia e na sociedade, a conveniencia ou non de segregala durante uns anos do mundo dos adultos, etc. foron máis circulares que lineais (Sanchidrián, 2010:74), E, poderíamos engadir, tan circulares foron que este debate aínda hoxe en día non esgotou as súas posibilidades. Recentemente Kuhlmann e Fernandes (2004) exploraron a tensión entre “infancia” como categoría psicobiolóxica e/ou como categoría sociohistórica, facéndonos reflexionar sobre as diferenzas entre unha historia da infancia e unha historia do neno/a (ou ben unha historia dos discursos ontolóxicos sobre o que é ser neno). Podemos facer mención ás obras relativamente recentes de Fass (2004a, 2004b) e de Bardet, Luc, RobinRomero e Rollet (2003); tamén foron apreciábeis contornas para a divulgación e o debate científico neste ámbito o 29º Congreso da ISCHE celebrado en Hamburgo no ano 2007: Children and Youth at Risk Aproaches in the History of Education, e o XIII Coloquio da SEDHE (Sociedad Española de Historia de la Educación) celebrado no 2005.\nTamén son salientábeis os cada vez máis frecuentes estudo aparecidos en recoñecidas e prestixiosas revistas como Paedagogica Historica, Historia de la Educación 27, Revista de\nEducación 28, Bordón, History of Education, Histoire de l’Education, Educació i Història, Revista 26 Existen múltiples obras xerais de Historia da Educación que inclúen entradas ou capítulos sobre a historia da infancia ou sobre a historia da educación infantil, por exemplo: Escolano (1985); Ruiz Berrio (1996); Costa Rico (2004). E tamén hai obras que sendo de Historia da Educación destinan algún capítulo á Historia da Infancia, abarcando cuestións como “os nenos e o traballo”, “a explotación infantil” e “as concepcións da infancia”, entre outras: Lozano (1980, 1994); ou Trilla (2001). 27 Revista que dedicou o número 6 á historia da infancia onde, en conxunto, a infancia escolarizada recibe moito peso. Tamén o número 2223 dedicou a súa parte monográfica aos “espazos de socialización e formación da mocidade no século XX”. 28 Podemos destacar que a Revista de Educación dedicou a sección monográfica do número 347 a tratar a temática que xira en torno a “os dereitos da primeira infancia (06)”.\nd’Història de l’Educació, Sarmiento, entre outras 29 ; así como o continuo aumento de publicacións sobre a infancia en América Latina. Pero a pesar deste tan bulicioso horizonte co que podemos atoparnos, non volveu haber verdadeiramente máis debate sobre os fundamentos historiográficos da infancia desde aquel suscitado por Ariès arredor da década dos sesenta do pasado século (Dávila e\nNaya, 2012) e aínda son moitas as controversias por esclarecer.\nO tema dominante nos estudos sobre a historia da infancia adoita estar relacionado coa infancia necesitada de axuda e de protección, coa infancia marxinada e/ou marxinal e coa protección da sociedade fronte a estes menores. Son pois, temas recorrentes: a infancia abandonada; a delincuencia xuvenil; a reeducación; as institucións para protección social, recollida, coidado, educación, reeducación, entre outras. Quizais foron os nenos pertencentes a estes denominados “grupos de (ou en) risco” os que máis atraeron aos historiadores, probabelmente porque:\ndentro da invisibilidade histórica dos nenos, estes grupos (orfos, abandonados, enfermos, delincuentes, vagabundos, etc.) eran os máis visíbeis e resultaban molestos para as xentes ‘benpensantes’. Eran os nenos que estaban nas rúas, xunto aos das clases populares, vivindo case nelas, xogando ou traballando, mentres que os ‘outros nenos’ estaban nas casas e nas institucións docentes (Sanchidrián, 2010:7071).\nConvén destacar tamén que foi só nos últimos anos cando comezou a agromar un maior número de traballos centrados no estudo da adolescencia e da xuventude, atendendo maioritariamente aos procesos de socialización da mocidade do século XXI, á historia do asociacionismo xuvenil e ás relacións entre ideoloxía e xuventude (Sanchidrián, 2010). A isto engaden Dávila e Naya (2012, 2015), que a época sobre a que adoitan xirar os traballos de historia da infancia oscila entre os séculos XIX e XX e os ámbitos territoriais máis estudados desde a nosa contorna occidental son Europa, América Latina e Estados Unidos. Ante esta situación pregúntanse os autores se estamos asistindo a unha hexemonía do estudo da infancia desde unha visión “traumática” e “vitimista”, centrada exclusivamente no estudo das situacións marxinais que viviron tantos nenas e nenos ao longo da historia. Ademais, na maioría destas obras a autoría adoita ser compartida e a elección dos temas, fontes e metodoloxías, moi variábel, o que aporta unha pluralidade que, ao tempo que enriquece, tamén dificulta a visión de conxunto. Fuxir dunha “historia traumática da infancia” (ou ben, ter claro que é esta a que se quere facer, destacando que esa visión non é a da historia da infancia en todo o seu conxunto) implica analizar a historia dos nenas e nenos como suxeitos históricos en toda a súa complexidade. Hoxe en día algunhas das tendencias aparecidas nos anos 80 foron consolidadas pero, malia a presenza de novos temas e novas fontes en uso, os enfoques continúan a ser maioritariamente\ndescritivos; por iso: 29 Cremos oportuno citar tamén os Boletíns de Historia da Educación publicados pola SEDHE; a revista anual (desde 1998) centrada infancia e xuventude marxinada ou marxinais que intenta vincular a investigación histórica co ámbito profesional da educación especializada Revue d’histoire de l’enfance “irregulière” ; e a revista History of Education & Children’s Literature (HECL), que publica dous números ao ano desde 2006, promovida desde Italia con vocación internacional e que adoita abordar temáticas ligadas á historia da educación e da literatura e das publicacións para nenos e adolescentes, tamén no pensamento pedagóxico e nos manuais escolares.\nbótanse en falta traballos de fondo que presenten cuestións conceptuais, que revisen os enfoques e que abran debates que permitan, realmente, avanzar a nosa disciplina. Hai entre nós certo desinterese cara a teoría, unha forte tendencia a facer cousas sen preguntarse primeiro o marco teórico no que nos situamos. Así, na historia da infancia estanse incluíndo novas formulacións historiográficas, quizais porque os ámbitos novidosos, tematicamente, están tamén máis abertos ás innovacións metodolóxicas, pero estes cambios deberían ir acompañados dunha reflexión polo que respecta ao que, para que, como, etc. (Sanchidrián, 2010:7172).\nTamén, no que se refire ao estudo da infancia podemos destacar hoxe en día o relevante labor desenvolvido polos museos da infancia. Interesante e relativamente nova categoría museográfica que, a diferenza dos museos da escola, dos museos da educación e dos museos pedagóxicos 30 ‒ particularmente concentrados en Alemaña e Europa Central, en Francia e na Península Ibérica‒ conta cun peculiar desenvolvemento en Gran Bretaña, onde existe unha rede de institucións museísticas (Museums of Childhood) dedicada ao estudo e conservación relativo á “cultura material da infancia”.\nEn atención, igualmente, ao estudo da infancia e das súas representacións teñen destacado no panorama lusobrasileiro as achegas brindadas por Moysés Kuhlmann a partir da publicación do seu libro, no ano 1998, Infância e educação infantil: uma abordagem histórica, centrado na análise do período comprendido entre o século XIX e o XX; así como as reflexións propiciadas por Sonia Kramer na obra colectiva Infância e Educação Infantil (1999), entre outras mencionadas por Arriada (2012). Non podemos deixar de sinalar os estudos de carácter historiográfico que, desde Portugal, nos chegan da man de Fernandes (2000), Fernandes e Filgueiras (2002), Ferreira (1998, 2000), entre outros; e, desde o Brasil, os máis recentes de Faria Filho e Veiga (1999), Monarcha (2001) e Gondra (2002), entre outros.\nEntre dépendance et autonomie. Paris: Presses de l’Université de ParisSorbonne. 30 Sobre os museos pedagóxicos en España queremos destacar a recente obra de conxunto coordinada por Pablo Álvarez Domínguez (2016), Los museos pedagógicos en España. Entre la memoria y la creatividad."} {"summary": "A crise financeira recente provocou unha importante transformación dos sistemas financeiros nacionais, en especial, no que se refire ao protagonismo dalgúns grupos institucionais tradicionalmente importantes. É o caso do sector das caixas de aforros en España, o cal viuse afectado de forma moi significativa, e por enriba do acontecido noutros grupos institucionais, polas tempestades financeiras dos últimos anos. Coñecer os cambios que se produciron neste importante sector do noso país, tanto a nivel estrutural como de operativa e de presenza no territorio nacional, e tratar de buscar o seu paralelismo cos doutros países nos que estas entidades teñen unha maior relevancia son os obxectivos perseguidos por este traballo.", "text": "5 CRISE FINANCEIRA E REESTRUTURACIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO EN ESPAÑA, 20032013\nIrene MARTÍN DE VIDALES CARRASCO\n: crise económica e financeira; reestruturación bancaria; caixas de aforro;\nEspaña. The Financial Crisis And The Restructuring Of The Saving Banks In Spain, 20032013.\nJEl codes:\n1. Introdución: as orixes da crise financeira\nA grave crise financeira que fixo estragos nos últimos anos sobre a economía real global e provocou unha gran desconfianza nos mercados financeiros, xerou a maior intervención coordinada por parte dos policy makers na historia económica recente. Malia que a súa orixe se establece na crise das hipotecas subprime nos Estados Unidos en agosto de 2007, elas non foron a súa única causa, senón que o primeiro síntoma evidente foi o estoupido da burbulla crediticia que, durante máis dunha década, foi afoutada pola Reserva Federal dos Estados Unidos (Servizo de Estudos de La Caixa, 2008). O crédito fácil, o financiamento barato, o comportamento das dúas grandes axencias hipotecarias estadounidenses (Fannie Mae e Freddy Mac) antes da crise, unido á reacción posterior da Reserva Federal perante o aumento da inflación, con elevacións dos tipos de interese, provocaron unha espectacular caída do prezo da vivenda, un incremento dos impagos hipotecarios, dos embargamentos e a creba dos fondos do banco de investimento Bear Stearns no verán de 2007.\nA partir de entón, o peche do financiamento interbancario e o agravamento das tensións nos mercados financeiros internacionais, obrigaron ás autoridades económicas aos dous\nNeste contexto de crise, o impacto exterior da situación americana, unido ao propio comportamento do sistema bancario dalgúns outros países, en liña co realizado polo de Estados Unidos, provocou que, desatada a crise, as entidades bancarias e, en especial, as caixas de aforro no caso de España, se atopasen en graves problemas de estabilidade e solvencia, que contribuíron a agravar a delicada situación dos seus datos macroeconómicos.\n2. Actuacións en España antes do rescate bancario\nO sistema bancario español, suxeito a unha regulación e supervisión baseadas nunha aplicación prudente e rigorosa dos estándares internacionais, sobrelevou razoablemente ben a primeira fase da crise financeira global que estoupou no sector da vivenda nos Estados Unidos no verán de 2007, xa que non participou na comercialización e investimento de produtos crediticios complexos ou “tóxicos”, o que o situou nunha posición moi favorable, con respecto ás grandes economías avanzadas, en termos de rendibilidade, eficiencia, volume de provisións e niveis de capital.\nPorén, durante a alongada etapa de expansión económica dos anos anteriores (19962006), o noso sistema bancario e, en especial, o sector das caixas de aforro, acumulou importantes desequilibrios en diferentes ámbitos da súa actividade, que se puxeron claramente de manifesto cando a conxuntura macroeconómica cambiou e a crise financeira trasladouse á economía real. En efecto, os problemas máis relevantes que afectaron ás caixas españolas 2 foron a elevada exposición ao sector de promoción e construción inmobiliaria; a gran dependencia dos mercados de financiamento maiorista, xa que os depósitos captados ás familias e empresas non eran suficientes para soster un ritmo de crecemento do crédito tan intenso; o exceso de capacidade instalada, que se fixo patente ante a menor demanda de servizos financeiros pola economía real a partir de 2008; a excesiva fragmentación do mesmo sector, integrado por un significativo número de caixas de aforro; e, por último, a perda de rendibilidade do negocio bancario, provocada polas estruturas sobredimensionadas, o aumento dos activos non rendibles e a persistencia de restricións de liquidez e de dificultades de acceso aos mercados de financiamento alleo e de capitais.\nAsí pois, todos estes desequilibrios indicados afrouxaron as dúbidas sobre a viabilidade futura dalgunhas caixas de aforro, o que esixiu, finalmente, a posta en marcha de diversas medidas para reforzar os seus niveis de eficiencia, liquidez e solvencia, que se reduciron, nun primeiro momento, ao ámbito interno, co peche de oficinas, redimensionamento de cadros de persoal, captación de depósitos e xeración de plusvalías a través da venda de participacións empresariais e de activos, que non foron, en máis casos dos desexables, suficientes, e que fixeron necesario o inicio dun proceso de transformación no sector que incluíu as actuacións detalladas no cadro 1, no Anexo. Unha das principais medidas adoptadas para emprender a reconversión do sistema bancario español e, en concreto, do sector das caixas de aforro, foi a creación do Fondo de\nReestruturación Ordenada Bancaria (FROB) mediante a aprobación do Real DecretoLei 9/2009, do 26 de xuño, no que se deseñaron os mecanismos necesarios para promover unha reestruturación ordenada do sistema bancario e evitar, deste xeito, a posibilidade de que os problemas de viabilidade dalgunhas entidades puideron xerar un potencial risco sistémico no sistema financeiro nacional.\nO FROB desenvolve basicamente dúas funcións 3 : en primeiro lugar, apoiar os procesos de integración entre entidades viables que voluntariamente acorden participar en fusións ou outros procesos análogos que comporten unha mellora da eficiencia, unha racionalización da súa administración e un redimensionamento da súa capacidade produciva; e, en segundo, facilitar a resolución da crise de entidades non viables, no caso de que non se poida acadar unha solución no marco tradicional de actuación dos Fondos de Garantía de Depósitos (FGD) 4 (véxase o cadro 2 no Anexo).\nCoa súa intervención facilitouse a resolución, ou alomenos a moderación, de varios dos desequilibrios acumulados polas caixas de aforro antes sinalados, pois se reduxo considerablemente a súa dimensión global e a súa excesiva fragmentación, mellorouse a capacidade de acceso aos mercados de financiamento, avanzouse cara unha maior eficiencia e rendibilidade e acelerouse o saneamento dos riscos problemáticos do investimento crediticio, asociados, fundamentalmente, á carteira de promoción e construción inmobiliaria.\nOtro fito importante neste proceso de reestruturación foi a aprobación do Real DecretoLei 11/2010, do 9 de xullo, que contempla a reforma máis fonda do rexime xurídico das caixas dende 1977 5, tratando de afrontar as principais debilidades de carácter estrutural que definían, así mesmo, unha conxuntura moi desfavorable para o sector 6 : estrutura de gobernanza complexa e ríxida, que non favorecía a aplicación das mellores prácticas internacionais de goberno corporativo; e restricións para obter recursos propios de primeira calidade (core capital) por unha vía que non fora a retención de beneficios.\nDe certo, esta nova Lei de caixas contiña dúas líñas básicas de actuación: en primeiro lugar, a reforma do rexime xurídico destas entidades, procurando un menor peso dos cargos de representación pública no seu goberno corporativo e, polo tanto, unha maior profesionalización dos membros dos seus órganos de goberno; e, en segundo, o reforzo da súa capacidade para atraer capital exterior en igualdade de condicións coas outras entidades de crédito, pois o único instrumento dispoñible, as cotas participativas, pola súa escaseza de liquidez e ao non contar con dereitos de voto, xeraron importantes dúbidas sobre o atractivo que puideron ter para os investidores, o que impediu o seu desenvolvemento.\nAta ese momento, os procesos de integración no sector materializáronse exclusivamente en fusións tradicionais, nas que as alianzas deron lugar a unha única caixa con personalidade xurídica independente das que se uniron, e en acordos de constitución de\nSistemas Institucionais de Protección (SIP), fórmula de cooperación que permite compartir a liquidez e o risco de crédito entre entidades, para o que é necesario un sistema común de información, contabilidade e auditoría que facilite a avaliación común do risco que asume cada entidade e que, compartido, reduce os custos de cada unha delas. 7 Ademais, no verán de 2010, o Banco de España, despois de esixir dende novembro de 2009 ás entidades de crédito a publicación do detalle da súa exposición ao crédito ao sector da construción e promoción, así como información ampla sobre as súas estratexias de financiamento, deu un claro impulso á consecución de maior transparencia sobre a situación das nosas entidades, como un elemento chave para manter ou recuperar a confianza dos investidores, a través de dúas importantes medidas: en primeiro lugar, mediante a publicación dos resultados das probas de resistencia realizadas 8, baixo a coordinación do Comité de Supervisores Bancarios Europeos (CEBS), á totalidade das caixas de aforro e bancos españois cotizados, que confirmaron a firmeza do noso sistema bancario, pois das 27 entidades e grupos analizados, só 4 agrupacións de caixas 9 debían aumentar os seus recursos propios para acadar o 6% de capital Tier 1 esixido por CEBS; e, en segundo, mediante a modificación da normativa contable de saneamento de activos (provisións), co obxectivo prioritario de establecer marxes de prudencia maiores á hora de conceder créditos e máis cautelas para valorar de forma realista e actualizada as garantías achegadas.\nPosteriormente, perante a maior incerteza xerada por unha nova fase da crise, agora pola débeda soberana da Eurozona, que provocou unha gran desconfianza sobre os países da chamada “periferia” nos mercados financeiros, que volveron resultar de difícil acceso para numerosas caixas de aforro, o Goberno aprobou unha nova reforma normativa, o Real DecretoLei 2/2011, do 18 de febreiro, que garantiu unha elevación do nivel de solvencia de todo o sector bancario 10, co obxectivo último de recuperar a necesaria confianza e certeza sobre a súa capacidade para seguir contribuíndo eficazmente á canalización do crédito cara á economía real. Porén, o Goberno español, perante a persistencia das restricións crediticias e dos problemas de credibilidade no noso sistema financeiro, que demostraron a escasa profundidade dos cambios anteriores, tivo que afrontar unha nova fase no proceso de reforma do sector, que levou á aprobación do Real DecretoLei 2/2012, do 3 de febreiro, e da Lei 8/2012, do 30 de outubro, que, ademais dun novo cambio no rexime xurídico das caixas de aforro e limitacións ás retribucións dos directivos e administradores das entidades que precisaron ou necesiten no futuro apoio financeiro público, contempla un plan integral de saneamento do sector bancario e, especialmente, das caixas, establecendo requerimentos de provisións e capital engadidos para cubrir o forte deterioración nos balances ocasionado polos activos en situación de risco\nA pesar de que todas estas reformas tiveron consecuencias moi significativas para o sector das caixas de aforro en termos de saneamento, consolidación, redución da capacidade instalada, novo modelo societario, mellora da gobernanza, incremento dos requerimentos de solvencia e capitalización, o Banco de España viuse obrigado a intervir catro entidades que experimentaron un deterioración da súa solvencia tan relevante que fixo necesaria a aplicación de medidas cautelares especiais previstas no noso ordenamento (Lei 26/1988) 11 : - Caja CastillaLa Mancha (CCM). Tras un intento de fusión con Unicaja, a nosa autoridade supervisora acordou a substituición dos seus administradores o 29 de marzo de 2009, antes, polo tanto, da creación do FROB, polo que o tratamento da crise realizouse coa participación do Fondo de Garantía de Depósitos en caixas de aforro, que concedeu axudas por importe de 3.775 millóns de euros, que se desagregaron en 1.300 millóns de participacións preferentes e 2.475 millóns de garantías adicionais sobre o valor dos activos. 11 Véxase: Banco de España (2011a) e Calvo, A. e outros (2014).\n10 - Cajasur. O 21 de maio de 2010 o Consello de Administración da entidade comunicou ao Banco de España a non aprobación do proxecto de fusión con Unicaja, polo que a Comisión Executiva determinou ese mesmo día que procedía á súa reestruturación ordenada coa intervención do FROB, que foi nomeado o seu administrador provisional, concedendo axudas por valor de 392 millóns de euros, instrumentadas mediante un esquema de protección de activos. - Caja de ahorros del Mediterráneo (CAM). O 22 de xuño de 2011, o Banco de España, a petición do Consello de Administración da CAM, substituiu aos administradores da entidade polo FROB para capitalízala e abrir un proceso competitivo para a súa adxudicación, inxectando 2.800 millóns de euros mediante a subscrición de accións e outorgando unha liña de crédito de 3.000 millóns de dispoñibilidade inmediata. - SIP Bankia. Prodúxose porque o Consello de Administración do Banco Financeiro e de Aforros, que realiza a actuación directa do grupo, comunicou, o 9 de maio de 2012, ao Banco de España a súa decisión de non recomprar, nas condicións establecidas, os títulos emitidos por valor de case 4.500 millóns de euros que subscribiu o FROB. A partir de entón, o Estado converteuse no maior accionista da entidade, levándose a cabo a conversión dos devanditos títulos en accións ordinarias. Ademais destas intervencións, nesta primeira fase, a reestruturación global das caixas de aforro españolas plasmouse, como podemos comprobar detalladamente no cadro 3, en 12\nprocesos de integración (7 fusións ou adquisicións e 5 SIP), que baixaron notablemente o número total de entidades, de 45 a 17, permitindo corrixir, como xa sinalamos, a excesiva fragmentación do sector e reforzando, desta maneira, a súa posición competitiva e a eficiencia do seu modelo de negocio.\n3. O rescate bancario español: a transformación das caixas de aforro en fundacións bancarias\nTodas estas medidas implementadas no sistema bancario e, especialmente, no sector das caixas de aforro, amosáronse claramente insuficientes, pois durante o primeiro trimestre de 2012, a forte deterioración da actividade económica no noso país, así como o aumento das tensións nos mercados de débeda soberana europea, que ocasionaron un considerable aumento da rendibilidade esixida á débeda pública española e da prima de risco, dificultaron notablemente a capacidade de axuste orzamentario e as posibilidades de recuperación.\nAnte esta situación, o 25 de xuño de 2012, o Goberno español viuse obrigado a solicitar asistencia financeira externa no contexto do proceso en curso de reestruturación e recapitalización do seu sector bancario. Esta asistencia foi aprobada polo Eurogrupo no Cúmio celebrado en Bruxelas o 29 de xuño e recollida no Memorando de Entendimento sobre condicións de política sectorial financeira 12, ratificado polo Consello Europeo o 20 de xullo, que, conforme unha folla de ruta ou calendario establecido, contiña as medidas a adoptar para reforzar aínda máis a estabilidade do sistema financeiro mediante unha maior transparencia dos balances bancarios para facilitar unha menor exposición ao sector inmobiliario, o restablecemento do financiamento baseado no mercado, a redución da dependencia do Banco Central para asegurar a liquidez e o perfeccionamento dos mecanismos para controlar riscos e evitar futuras crises financeiras. De certo, o compoñente chave do programa de asistencia financeira consistiu nunha revisión dos segmentos vulnerables do sector financeiro español e constou de tres elementos fundamentais 13 : 12 Véxase: Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación (2012). 13 Para máis información, pódese consultar: Banco de España (2012).\n1. Determinación das necesidades de capital de cada entidade mediante unha análise xeral da calidade dos seus activos e unha proba de resistencia banco por banco (análise bottomup) ante unha severa deterioración adicional da economía. Este exame, realizado por Oliver Wyman, incluiu unha valoración exhaustiva e pormenorizada das carteiras crediticias e dos activos adxudicados, así como da capacidade para absorber perdas nos seguintes tres anos, de 14 grupos financeiros que representan en torno ao 90% do noso sistema bancario. Os seus resultados, publicados o 28 de setembro de 2012 14, confirmaron que o sistema bancario español era maioritariamente solvente e viable, incluso nun escenario macroeconómico extremadamente adverso e altamente improbable, pois, como podemos comprobar detalladamente no cadro 4, os maiores problemas concentrábanse, de novo, no sector das caixas de aforro. En función destes resultados e despois de valorar os plans de recapitalización, clasificáronse as entidades bancarias españolas en catro grandes grupos, conforme ao establecido no Memorando de Entendimento: -O grupo 0, formado polos bancos que non necesitaron axuda externa nin que requiriron outras actuacións engadidas. Como estaba previsto, os dous principais grupos financeiros do noso país, Santander e BBVA, así como Caixabank e Banca Cívica, Kutxabank, Sabadell e CAM e Bankinter, non precisaron aumentar o seu capital, nin sequera para enfrontarse ao escenario macroeconómico adverso formulado pola consultora. A este grupo 0 sumouse tamén o Banco Popular. - O grupo 1, xa predefinido e integrado polas entidades que foron nacionalizadas polo FROB con anterioridade á solicitude do rescate bancario, é dicir, BankiaBFA, Catalunya Banc, NCG Banco e Banco de Valencia. - O grupo 2, do que formaron parte os bancos con déficit de capital, segundo o test de estrés, e que non puideron afrontar o devandito déficit de forma privada e sen axuda estatal: Caja 3, Banco Mare Nostrum, Banco Ceiss e Liberbank. - O grupo 3, que finalmente quedou baleiro, xa que ningunha entidade con necesidades de capital puido presentar un plan fiable de recapitalización sen recorrer á axuda do Estado. 2. Recapitalización, reestruturación e/ou resolución das entidades máis vulnerables, en función de plans que aborden os déficits de capital detectados na proba de resistencia, co fin primordial de garantir a estabilidade do sistema financeiro e a disciplina do mercado, asegurar unha utilización eficiente dos recursos públicos e protexer aos clientes das entidades de crédito.\nPara dar cumprimiento a este segundo precepto incluído no Memorando, o Goberno español aprobou a Lei 9/2012, do 14 de novembro, de reestruturación e resolución de entidades de crédito, que tivo como principal obxecto regular os procesos de actuación temprá, aplicable ás entidades en caso de incumprimiento real ou potencial de requerimentos de solvencia, liquidez, estrutura organizativa ou control interno, sempre que se atopen en disposición de retornar ao cumprimento polos seus propios medios; reestruturación, no caso de que a entidade requira apoio financeiro público para garantir a súa viabilidade e existan elementos obxectivos que fagan razoablemente previsible que o devandito apoio será reembolsado ou recuperado; e resolución, cando a entidade sexa inviable e, por razóns de interese público e estabilidade financeira, resulte necesario evitar a súa liquidación concursal.\n3. Segregación dos activos problemáticos ou que poidan danar o balance das entidades bancarias que precisen apoio público para a súa recapitalización e transferencia dos mesmos a unha sociedade externa de xestión de activos (“banco\n13 mao”), facilitando, deste modo, a súa xestión e conseguindo que, dende a súa transmisión, se produza unha translación efectiva dos riscos vencellados a estes activos.\nAsí, para abordar este último requisito previsto no Memorando, o Goberno aprobou o Real Decreto 1559/2012, do 15 de novembro, no que se regulou o rexime de organización e funcionamento da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), constituída como sociedade anónima (ao 45% con fondos públicos e ao 55% con capital privado) o 28 de novembro de 2012 para liquidar, nun prazo máximo de 15 anos, os activos financeiros e inmobiliarios procedentes dos bancos españois que recibiran axudas públicas, tratando de obter o máximo valor por eles, e permitindo, desta forma, a devolución da súa débeda, avalada polo Estado español.\nFinalmente, tralo compromiso do Goberno español de corrixir a situación de déficit público excesivo e implementar as reformas estruturais necesarias, e despois da aplicación dunha serie de condicións horizontais esixidas para reforzar o marco regulador o de supervisión do noso sector bancario, entre as que destacaron novos requerimentos de información periódica e transparencia, un reforzo engadido da gobernanza das caixas de aforro e dos bancos controlados por elas, unha revisión da normativa de provisións por insolvencias, un incremento do Common Equity Tier 1 ao 9%, e unha modificación do marco de concentración de riscos e operacións con partes vencelladas, foron transferidos, dende o Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE) ao FROB, os dous tramos do rescate bancario: - O primeiro tramo, 0 12 de decembro de 2012, que ascendeu a 39.468 millóns de euros. Desta cifra, como podemos comprobar no cadro 4, os catro bancos nacionalizados (grupo 1) recibiron 36.968 millóns, dos que case a metade, 17.960 millóns, destináronse a Bankia, namentres que 9.080 millóns foron para Catalunya Banc ; 5.425 millóns para NCG Banco e outros 4.500 millóns para Banco de Valencia. Así mesmo, realizouse tamén unha inxección de liquidez de ata 2.500 millóns para a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb). - O segundo tramo, en forma de bonos, o 5 de febreiro de 2013, que se destinou a recapitalizar as entidades do grupo 2 (véxase o cadro 4): Banco Mare Nostrum (que recibiu 730 millóns), Banco Ceiss (604 millóns), Caja 3 (407 millóns) e Liberbank (124 millóns).\nPorén, unha última condición a cumprir por parte das nosas autoridades, establecida no Memorando de Entendemento e seguindo a tendencia doutros países europeos, foi a aprobación da Lei 26/2013, do 27 de decembro, de caixas de aforros e fundacións bancarias, que contempla unha fonda reforma do seu rexime xurídico, pois pretende conxugar os valores tradicionais destas entidades, é dicir, o seu carácter social e forte arraigo territorial, coa necesidade de garantir a súa estabilidade financeira e, polo tanto, do conxunto do noso sistema bancario. Para acadar este obxectivo, inclúense tres\nimportantes disposicións 15 :\n- A delimitación da actividade das caixas de aforros, que se orientará exclusivamente á captación de depósitos e á concesión de impréstitos nun ámbito de actuación restrinxido a unha Comunidade Autónoma ou a provincias limítrofes (un\nmáximo de 10). Desta forma, preténdese evitar que as caixas teñan un tamaño excesivo que puidera xerar un posible risco sistémico no conxunto do sistema financeiro, e, ademais, vencellar a súa función social a unha área xeográfica cunhas características, peculiaridades e necesidades comúns. 15 Véxase: Ceca (2015) e Servicio de Estudos de La Caixa (2014) para unha análise máis detallada.\n- O endurecemento do rexime de incompatibilidades, xa que non poderán ser membros dos órganos de goberno das caixas os cargos executivos de partidos políticos, sindicatos e asociacións profesionais, así como os cargos electos e altos cargos de Administracións Públicas, ou que o foran nos dous anos anteriores. - A posible transformación de caixas de aforros en fundacións bancarias 16, dirixidas á atención e desenvolvemento da súa obra social e á xestión da súa participación na entidade, en cuxo caso, a caixa terá que traspasar a súa actividade financeira a unha entidade de crédito se o valor do seu activo excede de 10.000 millóns de euros ou a súa cota de mercado en depósitos na súa Comunidade Autónoma supera o 35%. Unha vez rematado o Programa de Asistencia Financeira a España o 23 de xaneiro de 2014, produciuse un fondo cambio na estrutura do sector das caixas de aforro españolas, que foi obxecto, como analizamos ao longo deste traballo, dun intenso proceso de consolidación e redimensionamiento. Así, dun total de 45 caixas de aforro con licenza para operar a comezos de 2010, 43 participaron ata o momento nalgún proceso de integración, o que en volume de activos medios representa o 99, 9% do sector, que pasou de contar con 45 entidades, cun tamaño medio de 29.440 millóns de euros en decembro de 2009, a estar formado por 11 entidades ou grupos de entidades, cun volume medio de activos de 89.550 millóns en marzo de 2015 (CECA, 2015).\nComo consecuencia de todas estas actuacións no ámbito da recapitalización e reestruturación, o sistema bancario español e especialmente, o sector das caixas de aforro, atópase folgadamente capitalizado, como resultado das actuacións públicas e privadas; profundamente saneado, debido ás maiores esixencias no nivel de provisións por insolvencias e á transferencia dos activos problemáticos á Sareb; e significativamente máis eficiente, polo proceso de reestruturación e consolidación emprendido.\nAsí amosouno a derradeira avaliación global realizada ao sector bancario europeo, cuxos resultados, publicados pola CECA o 26 de outubro de 2014 17 (véxase o cadro 5 no Anexo), puxeron de manifesto que ningunha entidade bancaria española se atopaba en situación de déficit de capital e, en xeral, existía unha marxe confortable sobre os limiares establecidos no exercicio, que constou de dúas fases: unha revisión da calidade dos activos (AQR, polas súas siglas en inglés “Asset Quality Review”) e as probas de resistencia ou stresstests. Ademais, nesta proba España foi o país do Mecanismo Único de Supervisión (MUS) que rexistrou un menor impacto derivado do AQR (0, 1%), o que reflectiu a axeitada clasificación, valoración e dotación de provisións nos balances das nosas entidades.\nPorén, podemos comprobar que unicamente Liberbank quedou por debaixo do limiar establecido nuhna das fases do exercicio, se ben o seu déficit de capital é reducido (32 millóns de euros), e grazas ás medidas de reforzamento de capital realizadas pola entidade en 2014, por un montante de 637 millóns de euros, este déficit quedaría sobradamente cuberto. Esta maior solidez e rendibilidade do noso sector bancario contribuiu, sen dúbida, á recuperación da economía real española. O impacto comparado con outros países analízase en Calvo e Martín de Vidales (2017).\n5. Conclusións\nO sector das caixas de aforros españolas coñeceu nos últimos anos cambios substanciais, tanto na súa propia natureza e rexime xurídico como na súa importancia cuantitativa, o cal produciu unha alteración, que se deixará sentir con maior intensidade no futuro, da súa esencia e do papel que foi cubrindo no noso sistema financeiro dende o seu nacemento, ata máis de douscentos anos. En efecto, con independencia das cifras ofrecidas, a realidade do sector das caixas de aforros españolas é que a crise só deixou a dúas entidades con actuación financeira directa, é dicir mantendo a esencia do que foron estas entidades, e varias de actuación indirecta, integradas en dezasete grupos, constituídos a través da fórmula establecida pola regulación recente de fundacións bancarias, nas que as caixas de aforros aínda existentes realizan a súa operativa financeira a través dun banco, do que elas son accionistas, limitándose a súa actuación á realización da tradicional obra benéficosocial a partir dos dividendos que reciben das súas participacións.\nPolo tanto, a actividade destes grupos de caixas de aforros é a tipicamente bancaria, sen se diferenciar claramente con respecto ao realizado polos bancos tradicionais. Esta nova natureza do sector, que practicamente o confunde, pois co sector da banca é a resposta das nosas autoridades para corrixir os erros que se viñeron cometendo durante xa varias décadas na súa regulación. Como vimos ademais, non se trata dunha innovación no panorama internacional, pois xa en varios países se acometeran, ata antes da crise financeira actual, procesos de reforma das caixas de aforros, que as foron facendo perder a súa esencia, ben por unha transformación sen máis en sociedades anónimas (Inglaterra, Irlanda, Francia, etc.), ben pola incorporación de cambios lexislativos semellantes aos emprendidos posteriormente no noso país, como foi, por exemplo, o caso de Italia.\nSexa cal sexa a situación de partida, o sector das caixas de aforros nos países analizados viuse afectado de cambios profundos, que supuxeron, en liñas xerais, unha progresiva redución no número de entidades rexistradas, de oficinas e de empregados, que se traduciu, ademais, nun aumento do grao de concentración e en axustes dos indicadores de servizo e de operativa bancaria, especialmente significativos, a partir do ano 2009, en España, Alemaña e Estados Unidos, e de menor magnitude nos resto dos países estudados pola súa menor exposición ao risco do negocio inmobiliario e da construción.\nPolo tanto, se se mantén a tendencia observada, nun futuro vindeiro é de esperar que continúen os procesos de integración no sector das caixas de aforros, especialmente nas españolas, e nos grupos bancarios actualmente constituídos por elas; cunha maior concentración da súa actividade; coa redución das súas oficinas e empregados, tratándose de potenciar a súa capacidade para competir de forma máis eficiente, dando lugar a unha elevación da dimensión das súas sucursais, con maior número medio de empregados en cada unha delas (aínda posiblemente lonxe nesta ratio con respecto a outros países, como os do norte de Europa ou Estados Unidos) e cun número medio de oficinas menor por entidade; cun índice de bancarización cada vez máis reducido, co obxectivo de eliminar o importante exceso de capacidade instalada nos anos anteriores á crise; e cunha tentativa de recuperar, ou alomenos manter, a súa cota de mercado, tanto en créditos como en depósitos, tralas perdas sofridas nos últimos anos.\nTodos estes cambios non son máis que unha resposta á situación de crise do sector das caixas de aforros, e non constitúen máis que uns datos que converxen cara á procura dunha maior eficiencia económica na súa actividade, pero que non deben ocultar a preocupación pola práctica desaparición da esencia dun sector, que, na súa orixe, non se limitaba á realización de obras benéficas, ou sociais, ou benéficosociais como se consideraban nos últimos anos, senón que, como se deriva do seu nacemento, debían atender a colectivos que non estiveran tratados de forma axeitada por un mercado estritamente competitivo. Ante este novo contexto, non extraña pois que se levanten voces, dende diferentes sectores, para a recuperación dunha banca pública, desaparecida xa na meirande parte dos países fai algunhas décadas, e cuxo papel, cun maior acerto na súa regulación, debería ter sido cuberto polas entidades financeiras de carácter social.\nNotas de prensa do Banco de Espña e Anexo on line: https://ideas.repec.org/s/sdo/regaec.html"} {"summary": "Neste traballo analízase a importancia do proceso de terciarización do sector agrario galego e as súas características en relación co modelo agrario rexional. É un fenómeno que recibiu pouca atención na literatura e, porén, é unha realidade dunha importancia crecente para entender o desenvolvemento agrario e o desenvolvemento rexional. A distribución das actividades de servizos dentro do territorio rexional e o contido desas actividades é moi relevante para frear o abandono do espazo rural e garantir a cohesión dentro do territorio.\nO estudo baséase na análise dos datos estatísticos dispoñibles. En concreto, a visión agregada apórtana os datos do Marco Input Output de Galicia e as Contas Económicas da Agricultura. Namentres, os datos do Censo Agrario e a Enquisa de Estrutura das Explotacións Agrarias permiten unha análise dende o punto de vista microeconómico. Obsérvase unha crecente utilización de servizos por parte do sector agrario galego alomenos durante a década de 1990 e unha ralentización nos anos máis recentes. A análise do contido dos servizos permite identificar unha notable importancia da externalización de actividades e funcións propias do proceso produtivo agrario, así como o dinamismo de certos servizos intensivos en coñecemento, chave en certas actividades agrarias e no seu proceso de innovación.", "text": "Pautas de terciarización do sector agrario galego: unha aproximación empírica Ángeles PEREIRA SÁNCHEZ *\nXavier VENCE DEZA\n: terciarización, cambio estrutural, sector agrario, innovación, desenvolvemento rexional\nTertiarization patterns in the Galician agricultural sector: an empirical approach\nO cambio estrutural do sector agrario conta cunha longa traxectoria de investigación nos estudos de economía rexional (Compés López, López Iglesias e Martínez Gómez, 2011; Fernández Leiceaga e López Iglesias, 2000; LópezIglesias, SineiroGarcía, e LorenzanaFernández, 2013). Perante o enfoque máis tradicional que se centraba nas dinámicas internas do sector, principalmente no tamaño das unidades produtivas, a tecnoloxía e características de produción, a caracterización da forza de traballo, a propiedade dos recursos e modelos de financiamento, así como nas relacións intrae intersectoriais, dende a perspectiva evolucionista, a estrutura agraria e o cambio estrutural agrario deben definirse de forma máis ampla. Estes “deben incluír a imbricación das explotacións agrarias e a súa interacción coas cadeas de valor agroalimentarias, a sociedade (rural), a economía e o contexto (rurais), así como coas institucións e políticas” (Balmann, Dautzenberg, Happe e Kellermann, 2006, p. 115). Dende esa perspectiva, toma unha fundamental relevancia o estudo dos servizos e a súa relación coas actividades agrarias, polo papel que se lles atribúe aos primeiros na innovación de sectores máis tradicionais e como ferramenta de diversificación das fontes de emprego no ámbito rural, contribuíndo así á competitividade e cohesión dentro do territorio rexional.\nSegundo as estimacións do Instituto Galego de Estatística (IGE), en 2013 a rama agraria galega era responsable do 3, 3 por cento do valor engadido bruto xerado na Comunidade Autónoma, e de case un 5 por cento dos postos de traballo equivalentes a tempo completo. Ao longo das últimas tres décadas é notable a transformación experimentada polo sector, cun aumento da produción en termos reais do 40 por cento dende 1990 (Afundación, 2016) e unha caída da poboación ocupada, representando na actualidade pouco máis do 11% da poboación ocupada no sector no ano 1985 (Pereira Sánchez, 2016).\nEste artigo estuda a terciarización da agricultura como unha innovación de sistema, que vén dada pola conxunción de diversos factores, endóxenos ao sector agrario e externos ao mesmo. O cambio estrutural agrario ocorre no contexto máis amplo do cambio rural, caracterizado pola perda de importancia das actividades económicas tradicionais, o éxodo masivo, a perda de cultura e valores propios do rural xunto coa chegada de novos valores urbanos. Estes cambios determinan conxuntamente a terciarización do espazo rural, tanto pola localización de actividades de servizo como polas novas necesidades da poboación asentada no rural (Melero e Calatrava, 2007). Porén, a terciarización do sector agrario ten unhas características propias e responde a factores específicos. A hipótese que se formula é que a terciarización do sector agrario constitúe unha resposta adaptativa do sector aos complexos cambios de mercado, sociais e institucionais.\nA orixinalidade do presente estudo radica no enfoque de sistema adoptado no estudo da relación entre os servizos e a agricultura. Os estudos de economía agraria no ámbito español centráronse en aspectos parciais da terciarización, fundamentalmente na externalización de traballos por parte das explotacións agrarias e na relación do fenómeno coa agricultura a tempo parcial (Arnalte, 1989, 2002; Gallego Bono, 2010; MoraguesFaus, 2014). O mesmo enfoque aplicouse en estudos relativos a outras agriculturas (Aparicio, Berenguer e Rau, 2004; Errington, 1998; Harff e Lamarche, 1998; Pugliese e CerianiSebregondi, 1981). Por outra banda, estudos máis recentes centráronse nas consecuencias da privatización dos servizos de extensión agraria (Labarthe, 2009; Prager, Labarthe, Caggiano e LorenzoArribas, 2016).\nO estudo da terciarización como unha dimensión relevante do cambio estrutural que caracteriza ás economías desenvolvidas deu lugar a unha crecente investigación nos últimos anos. En concreto, a imbricación entre as actividades de servizo e industriais é un dos aspectos que máis interese suscitou (Boden e Miles, 2000; Cuadrado Roura e Del Río\nGómez, 1987, 1993; Miles, 1993). Por outra banda, está amplamente aceptada a hipótese da industrialización da agricultura (Goodman, Sorj e Wilkinson, 1987). En cambio, a pesar da importancia da relación dos servizos coa agricultura, hai un vacío teórico e analítico sobre a terciarización do sector agrario e sobre como esta afecta á localización de actividades e á xeración de emprego no territorio rexional.\nEste artigo procura cubrir ese oco coa análise das pautas de terciarización do sector agrario galego ao longo das últimas tres décadas. Para levar a cabo a análise, utilízase a información estatística dispoñible. O artigo está estruturado en catro partes: logo desta introdución, na segunda sección revísase a literatura sobre a terciarización e o cambio estrutural, con énfase na terciarización da agricultura e o cambio estrutural agrario galego. A continuación, preséntanse as fontes de datos empregadas neste artigo. Na sección cuarta descríbense os principais resultados; na quinta, discútense en relación á literatura e, finalmente, expóñense as conclusións.\n2. A terciarización e o cambio estrutural no sector agrario\nA terciarización das economías ou o importante peso das actividades de servizo, en termos de produción e de emprego, é un dos feitos máis singulares do cambio estrutural que afecta aos países desenvolvidos. Nos estudos de carácter económico, a terciarización explicouse por diversos factores, sendo dominantes as visións nos últimos anos dun cambio na composición da estrutura produtiva dos países debido á crise da agricultura e á desindustrialización, así como á crecente imbricación entre actividades industriais y de servizos, que se manifesta especialmente no crecementos dos chamados servizos a empresas (Cuadrado Roura e Del Río Gómez, 1987, 1993; Rubalcaba Bermejo e Kox, 2009).\nA relación entre as actividades agrarias e de servizos recibiu unha menor atención, se ben como indica Bourgeois (1987) o terciario agrícola formouse de certo antes que os demais, en forma de organizacións profesionais agrarias (sindicatos), cooperativas e mutuas, así como técnicos da administración encargados de ofrecer consello técnico ao sector. En estudos referidos ao ámbito español, o estudo da terciarización do sector agrario centrouse case exclusivamente no fenómeno da externalización de tarefas e na identificación destas actividades de servizos ao sector. Arnalte (1989; 2002) califica a externalización das actividades agrarias como unha nova forma de organización da produción agraria, alternativa ao axuste estrutural clásico que conduciría ao peche e desaparición das explotacións máis pequenas.\nA contratación externa de servizos, principalmente de maquinaria pero nalgúns casos tamén de tarefas manuais, e incluso da xestión global da explotación, relacionouse con distintos factores:\n• Factores económicos Nun contexto de forte competitividade, as explotacións procuran reducir os seus custos de produción, substituíndo custos fixos por outros de carácter máis variable (servizos de maquinaria, contratación eventual) (Harff e Lamarche, 1998). A crecente especialización da produción agrícola e a intensificación leva a un maior número de tarefas reiterativas e tamén a picos de actividade que facilitan a contratación externa (Errington, 1998). No senso contrario, unha estrutura diversificada da produción tamén necesita contratistas agrarios que aporten flexibilidade (Igata, Hendriksen e Heijman, 1997). • Factores tecnolóxicos\nA incorporación de innovacións que requiren economías de escala en moitos casos só é posible para as pequenas explotacións mediante a contratación de servizos externos (Arnalte, 1989; Langreo, 2002). Adicionalmente, a continua innovación e evolución tecnolóxica do sector baséase en novas competencias (coñecementos e habilidades), polo que a especialización funcional e a expertise adicional a miúdo depende de axentes externos (Errington, 1998; Harff e Lamarche, 1998). • Factores laborais A notable caída da axuda familiar nas explotacións, a extensión da agricultura a tempo parcial, que teñen que ver coa oportunidade de traballo fóra da explotación, levan a unha maior demanda de servizos externos (Errington, 1998; Gallego Bono, 2010; Harff e Lamarche, 1998; Langreo, 2002; MoraguesFaus, 2014). • Factores sociais Os traballadores ocupados no sector agrario desexan estilos de vida contemporáneos, con horarios regulares e períodos de descanso. Por iso, contrátanse a axentes externos para a realización de traballos non esenciais da explotación, para a substitución en períodos determinados ou emerxencias, etc. Noutros casos, a idade avanzada de moitos titulares de explotacións impídelles ocuparse das tarefas agrarias. Por último, o atractivo da granxaresidencia leva a persoas sen experiencia agraria ou con limitacións de tempo para asumir certas tarefas, a contratar empresas de servizos (Errington, 1998; Harff e Lamarche, 1998).\n2.2. Cambio estrutural e crise no sector agrario galego\nAo longo da década de 1960 o sector agrario galego viviu un relativamente tardío pero acelerado proceso de transformación, que tivo como trazos máis destacados a orientación cara o mercado da produción agraria e, xunto con ela, o inicio da capitalización das explotacións, mediante a adquisición externa de inputs e de maquinaria. Neste contexto comeza a definirse a especialización gandeira fronte ao policultivo intensivo de subsistencia que caracterizara anteriormente a agricultura tradicional galega (Díaz Díaz, 1979).\nCando o sector agrario galego estaba aínda iniciando o seu proceso de cambio estrutural, viuse afectado por un contexto de crecente liberalización comercial debido á integración do Estado Español na Comunidade Económica Europea (CEE) en 1986 e, como consecuencia, á aplicación da Política Agraria Común e dos acordos da Rolda Uruguai do GATT (Fernández Leiceaga e López Iglesias, 2000). O sector agrario galego sofre un intenso declive durante as últimas décadas do século XX, que é consecuencia deste contexto e que é afectado pola intensa mecanización das explotacións e a crecente integración coa industria. Así, prodúcese unha forte caída da poboación ocupada nas actividades agrarias e unha notable redución do número de explotacións agrarias (Fernández Leiceaga e López Iglesias, 2000; LópezIglesias, 1996).\nNas décadas máis recentes, segundo os datos do Censo Agrario (1999 e 2009) e da Enquisa de Estruturas da Explotacións Agrícolas (2013) a transformación do sector agrario galego pódese resumir nos seguintes trazos: 1) importante redución no número de explotacións, especialmente entre as de menor dimensión (menos de 10 hectáreas), namentres que se mantén a Superficie Agrícola Utilizada (SAU), o que determina un aumento da superficie media xestionada por cada explotación (de 5, 55 hectáreas en 1999 a 8, 36 en 2013); 2) crecente concentración da SAU, son as explotacións máis grandes (un 23% do total) as que xestionan practicamente o 75% da terra produtiva; 3) o sector é intensivo abondo, a ratio que mide a Produción Estándar Total polo número de hectáreas de SAU multiplica en 2, 26 veces a correspondente á agricultura española; 4) intensa caída da poboación ocupada no sector; segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) en 2015 hai 45.600 persoas ocupadas no sector, o que supón tan só o 11% da poboación ocupada no mesmo en 1985; 5) consolidación da especialización produtiva gandeira, sendo o bovino de leite e a gandaría sen terras as principais producións do sector (42 por cento e 27 por cento, respectivamente).\nConforme a unha definición ampla do cambio estrutural, debemos entender a caracterización actual do sector agrario galego como o resultado da coevolución dinámica dos cambios tecnolóxicos, institucionais e de mercado. Neste senso, a hipótese que formulamos é que a terciarización do sector agrario responde á resposta adaptativa do sector á crecente complexidade tecnolóxica, institucional e de mercado.\n3. Metodoloxía\nPara a realización deste estudo baseámonos na análise da información estatística dispoñible en varias fontes relativas ao sector agrario galego. En primeiro lugar, analizamos os datos contidos nas táboas de destino a prezos de adquisición do Marco Input Output de Galicia (Miogal) dos anos 1998, 2005, 2008 e 2011, elaboradas conforme á metodoloxía SEC95. A submatriz que representa os consumos intermedios de servizos (filas) por parte das ramas agraria e gandeira (columnas), permite coñecer os servizos que son demandados como consumos intermedios e as necesidades directas de inputs de servizos na produción agraria.\nEn segundo lugar, revisamos as Contas Económicas da Agricultura, que teñen por obxectivo medir, describir e analizar a formación de renda procedente da actividade económica agraria orientada ao mercado. A contabilización dos consumos intermedios nestas contas reflicte a conexión da agricultura con outras ramas da economía a través dos inputs. Os consumos intermedios representan o valor de todos os bens e servizos consumidos no proceso produtivo agrario e inclúen: sementes e plantas de viveiro, enerxía, fertilizantes, fitosanitarios, alimentos para o gando, gastos veterinarios, mantemento e reparacións de edificios e maquinaria, servizos agrícolas e outros servizos. Na Táboa A.1. (Anexo) presentamos unha síntese dos diferentes servizos que se contabilizan como consumos intermedios.\nEn terceiro lugar, os datos do Censo Agrario de 2009 e da Enquisa de Estruturas das Explotacións Agrarias de 2013 permiten analizar con datos de carácter microeconómico a evolución da cuestión relativa ao “traballo realizado por persoas non empregadas directamente polo titular”. Esta defínese como o “número de xornadas traballadas na explotación por persoas que non foron empregadas directamente polo titular durante os doce meses da campaña agrícola, por exemplo autónomos ou asalariados de empresas contratadas. Exclúense os traballos efectuados por empresas de contabilidade e os traballos de axuda mutua nos que non medie remuneración” (INE, 2013, p. 48). Polo tanto, esta fonte permite coñecer un aspecto chave da terciarización da agricultura como é a externalización de tarefas. 4. Tendencias na terciarización do sector agrario galego A terciarización do sector agrario, entendida como a intensificación no uso de inputs de servizo pola rama de agricultura, é un fenómeno observable a través do Miogal (Táboa 1). Os datos desta fonte estatística presentan notables oscilacións relativas ao cómputo dos servizos, polo que deben ser tomados con cautela. O MIOGAL 2011 presenta o dato de produtos e servizos agrícolas de maneira agregada. Nesta táboa incluímos unha estimación, que é a cifra correspondente a servizos agrícolas recollida nas Contas Rexionais da Agricultura do Magrama e que ascende a 7, 7 millóns de euros para ese ano.\n- Os servizos máis directamente relacionados co proceso produtivo das explotacións agrarias son os máis importantes con relación aos consumos intermedios e polo tanto, definitorios da terciarización da agricultura. En concreto, os servizos veterinarios de mercado constitúen unha das partidas máis importantes dos consumos intermedios. Igualmente, destacan os servizos agrícolas e gandeiros, que supoñen a externalización de tarefas de apoio. - Determinadas actividades que se poden definir como servizos intensivos en coñecemento son importantes consumos intermedios e determinantes na terciarización da agricultura: servizos administrativos, de oficina e outros servizos de axuda ás empresas; servizos de consultoría, ensaio e análise técnica. - Os servizos de intermediación financeira; de seguros e plans de pensións tamén teñen importancia para o sector agrario galego.\nA notable variabilidade dos datos impide realizar unha análise máis fonda do Miogal que permita reflectir fidedignamente á terciarización do sector agrario.\nA Táboa 3 presenta a evolución a prezos correntes das magnitudes agrarias da produción, os consumos intermedios e cada unha das partidas referidas a servizos das Contas Económicas da Agricultura. Destacan os seguintes aspectos, distinguindo entre subetapas pola existencia de rompementos nas series de datos:\nNa década de 1990 obsérvase un incremento do gasto global en “Servizos” do 45, 5% pero convén distinguir por partidas: o maior gasto corresponde a “Mantemento de materiais”, “Mantemento de edificios” e “Gastos veterinarios”. Entre eles, destaca sobre todo o incremento que se produce ao longo do período en “Gastos veterinarios”, pois practicamente duplícase. Se ben o importe dos “Servizos agrícolas” é de importancia menor no conxunto, é moi destacable o notable incremento deste gasto ao longo da década (practicamente un 125%).\n* “Servizos de intermediación financeira” 20112013 Magrama. En anos anteriores inclúense en “Outros bens e servizos” Fonte: Elaboración propia a partir de: MAGRAMA: Evolución das macromagnitudes agrarias rexionais, 19902000, Consellería do Medio Rural e do Mar (estimacións): Contas Económicas da Agricultura 2000 i -2008, Eurostat: Economic Accounts of Agriculture 2010. MAGRAMA: Contas rexionais da agricultura. Resultados 20112013\nAo poñer en relación o peso dos “Servizos” sobre as magnitudes obsérvase que a importancia relativa dos servizos sobre CI oscila entre o 23% e o 32% ao longo da década, e que a cantidade de servizos necesarios para producir unha unidade de PA é máis estable e varía entre o 8% e o 12%.\nA serie de datos correspondente á década de 2000 non é tan precisa como a anterior con respecto ás partidas de servizos e ofrece dúbidas sobre a súa fiabilidade. Entre 2001 e 2008 a PA e os CI aumentaron notablemente (36, 6 e 51, 6%, respectivamente). Con respecto aos servizos, os importes relativos a “Mantemento de materiais”, “Gastos veterinarios” e “Mantemento de edificios” son coherentes cos niveis na década anterior, as dúas primeiras partidas rexistran aumentos nestes anos. En cambio, presentan grandes oscilacións os gastos en “Servizos agrícolas” e “Outros bens e servizos”; nestes casos, detéctase unha falta de datos ou estimacións á baixa nos primeiros anos e ademais a segunda partida é moi variable, e resulta pouco transparente especialmente polos elevados importes rexistrados en 2007 e 2008.\nPor último, entre 2010 e 2013 o incremento do gasto en Servizos é máis leve nos anos máis recentes, e mesmo hai una caída na partida de “Servizos Agrícolas”. Para ter unha visión máis realista da terciarización convén analizar as series de datos reais. A falta de índices axeitados para cada unha das partidas de “Servizos” desaconsella a súa deflactación. Porén, realízase unha aproximación (ver Táboa 4), que permite facer certas observacións: en xeral, obsérvase un aumento da terciarización entre 1990 e 2000, namentres que esta tende a frearse na década máis recente. A evolución parece coherente coa importancia global dos consumos intermedios en relación á PA. Porén, é necesario tomar con cautela este resultado, debido ás deficiencias dos datos relativos a “Servizos” a partir do ano 2000.\nUn dos factores explicativos da terciarización das economías ten que ver coa externalización de actividades, é dicir, coa realización por axentes externos de tarefas propias do proceso producivo doutras empresas. A través dos datos recollidos na Táboa 3 (“Servizos agrícolas”) constatamos como este fenómeno é evidente tamén no sector agrario galego. Galicia presenta uns trazos propios de externalización de tarefas agrarias, que se poden apreciar mellor a través dos datos do Censo Agrario e da Enquisa de Estruturas. O Gráfico 1 sintetiza a evolución da contratación externa nas explotacións galegas para os anos 2009 e 2013 segundo o tamaño da superficie agrícola útil das explotacións.\nEn primeiro lugar, obsérvase que a externalización de tarefas é un fenómeno aparentemente relacionado co tamaño das explotacións; percébese como unha tendencia especialmente importante nos estratos de 20 a 100 hectáreas de SAU. En segundo lugar, entre 2009 e 2013 prodúcese un aumento da externalización en xeral, e malia que é de maior magnitude nos estratos superiores, tamén destaca a maior importancia desta fórmula entre as explotacións de 210 hectáreas, nas que chega a máis do dobre neses anos.\nA evidencia da terciarización do sector agrario galego a través dos datos estatísticos é bastante limitada e non permite entender axeitadamente o fenómeno. No seguinte apartado discutimos as tendencias observadas coa literatura existente e apuntamos dende un punto de vista máis cualitativo os principais cambios que afectaron ao sector ao longo das últimas tres décadas e que poden explicar a crecente importancia dos servizos á agricultura.\n5. Discusión\nA análise dos datos estatísticos dispoñibles permitiron evidenciar a existencia dunha tendencia á terciarización do sector agrario galego. En concreto, constatouse a importancia dos servizos máis directamente relacionados co proceso produtivo agrario, como os servizos veterinarios e os servizos agrícolas e gandeiros. Outros servizos, como as actividades de asesoramento empresarial e os servizos de análise técnica, quedan parcialmente reflectidos na partida de “Outros bens e servizos” das Contas Económicas da Agricultura.\nAs tendencias de terciarización do sector agrario galego observadas resultan coherentes coa hipótese mantida na literatura sobre a explicación da terciarización das economías en xeral co aumento dos servizos a empresas e sobre a crecente imbricación entre actividades de servizos e actividades doutra natureza.\nEn liña coa literatura sobre a terciarización da agricultura, a terciarización do sector agrario galego reflicte a importancia da externalización de tarefas. Neste senso, constatouse como a contratación de traballos a personal externo ás explotacións está relacionada coa dimensión das explotacións medida a través da superficie agraria útil. Se ben os datos dispoñibles non permiten aproximar de forma pormenorizada o fenómeno, a mesma estrutura do sector agrario galego apunta a que principalmente a orientación produtiva das explotacións (que condiciona as características, as tarefas e a complexidade tecnolóxica do proceso produtivo), é un factor chave na explicación das pautas de externalización e, como consecuencia, da terciarización.\nA estrutura laboral das explotacións, os resultados económicos e outros factores non rexistrados a través das fontes estatísticas (por exemplo a tradición da zona, a existencia de empresas de servizos na zona) poderían axudar a explicar mellor as pautas de externalización, tal e como se puxo de relevo en certos estudos (Gallego Bono, 2010; Langreo, 2002; MoraguesFaus, 2014).\nA falta datos de maior fiabilidade e en maior detalle non permite dar unha explicación máis pormenorizada das pautas de terciarización no sector agrario galego. Porén, partindo do marco teórico da economía evolucionista e en particular da perspectiva e os conceptos das teorías de Sistemas Sectoriais de Innovación (Malerba, 2002) e de Sistemas SocioTécnicos (Geels, 2004) podemos propoñer certos factores que na súa coevolución determinaron a transformación do sector ao longo dos últimos anos e, en definitiva, a súa terciarización 1.\nO cambio tecnolóxico sectorial é un deses factores. Como indicamos anteriormente, o sector agrario galego levou a cabo dende a década de 1960 un intenso proceso capitalizador do seu proceso produtivo, con investimentos notables en mecanización e automatización, novas técnicas de estabulación e sistemas para muxir, de tratamento e almacenaxe do leite, sistemas de rego automático, cambios nas especies e procesos vitivinícolas, novos inputs, tratamentos zoosanitarios e fitosanitarios (Vence, 2000). Cambios tecnolóxicos que se viron acompañados de innovacións organizativas, relativas a formas de manexo, pautas de control da calidade e hixiene dos produtos, cambios na organización e xestión máis complexa das explotacións.\nDadas as características dos agricultores, que traballaban as terras e xestionaban as súas explotacións case exclusivamente en base á súa experiencia, e a falta dunha especialización funcional interna da explotación pola práctica ausencia dun cadro de persnal, moitos deses cambios tiveron que se apoiar na contratación externa de servizos ou no acceso aos mesmos a través das cooperativas e outras fórmulas asociativas (Pereira Sánchez, 2016).\nAs estatísticas dispoñibles que analizamos non reflicten axeitadamente a importancia dos servizos de extensión e transferencia tecnolóxica. Porén, non debemos pasar por alto a importancia destes servizos na terciarización do sector. Dende mediados dos anos 50 ata mediados dos 80, o Servizo de Extensión Agraria (SEA) cumpriu un papel fundamental na modernización e difusión de innovacións no sector agrario galego. Unha parte do SEA transformouse daquela nas Oficinas Agrarias Comarcais (OACs) con funcións de xestión administrativa, namentres que o servizo orientado á extensión e dinamización do rural foi substituído en Galicia (en cumprimiento do R 1782/2003/CE sobre a obriga de establecer un sistema para aconsellar sobre a xestión de terras e explotacións) por un modelo privado de 1 A análise dos factores explicativos da terciarización do sector agrario galego está fondamente detallado na tese doctoral de Pereira Sánchez (2016).\nasesoramento, sobre a base da asociación voluntaria e a demanda dos agricultores (Pereira Sánchez, 2016).\nOs cambios inducidos polas medidas políticas, ben a través de instrumentos coercitivos ou ben a través de incentivos económicos deron lugar así a asociacións de agricultores para a prestación colectiva dalgúns dos servizos. Noutros casos, foron outras estructuras xa existentes, enfocadas en prestar servizos ao sector, as que foron asumindo máis funcións e ampliando a súa carteira de servizos aos agricultores, como as cooperativas agrarias e as organizacións profesionais agrarias (Pereira Sánchez, 2016).\n6. Conclusións\nNeste artigo estudamos a terciarización do sector agrario galego como unha innovación de sistema, que vén dada por cambios de carácter incremental acontecidos na coevolución dinámica das estruturas agrarias, os cambios tecnolóxicos, institucionais e de mercado. En concreto, a terciarización do sector agrario caracterízase pola importancia dos servizos máis directamente relacionados co proceso produtivo (servizos veterinarios e servizos agrícolas), así como por servizos intensivos en coñecemento, como os de tipo administrativo e de asesoramento empresarial. A demanda destes servizos por parte das explotacións agrarias constitúe un proceso de adaptación suave do sector á crecente complexidade da actividade\nagraria, dados os numerosos requisitos á produción de alimentos.\nA significación do presente estudo ten que ver co recoñecemento da contribución dos servizos e da existencia de vencellos entre estes e as actividades tradicionais, á competitividade da economía. Neste senso, é importante analizar a natureza e contido dos servizos á agricultura, e tratar de discernir en que medida estes poden contribuír á verdadeira dinamización do sector ou soamente apoiar o cumprimiento de obxectivos de carácter políticoinstrumental. O estudo é ademais relevante por canto apunta cara a diversificación de actividades no medio rural, como unha ferramenta chave para manter o emprego, a competitividade e a cohesión dentro do territorio rexional. O traballo realizado pon de manifesto as notables deficiencias da información estatística relativa ao sector en Galicia. Neste senso, convén mellorar a recollida de información na elaboración de Miogal para dar conta da importancia dos servizos á agricultura. A contribución deste artigo é sen dúbida un primeiro paso que revela a terciarización como unha dimensión da innovación do sector agrario. Porén, as limitacións encontradas nos datos estatísticos apuntan á necesidade de investigacións máis detalladas, baseadas en estudos de caso e información cualitativa. Neste senso, o tema traballouse máis amplamente na tese doutoral da coautora e tería continuidade no futuro, a través da ampliación das liñas de investigación, como o estudo sobre o impacto dos servizos na competitividade e sustentabilidade do sector agrario galego.\nFonte: Elaboración propia a partir de Eurostat (2000)"} {"summary": "No período 20072013 a economía de Galicia e de España experimentou unha diminución de produción e emprego seguida dunha lixeira recuperación no período 20142017. Esta recuperación é bienvida pero non é suficiente para impulsar o desenvolvemento económico, porque a produción industrial por habitante non está experimentando a necesaria converxencia cara niveis de rexións e países máis avanzados. Para impulsar o crecemento simultáneo da renda real por habitante e do nivel de emprego, Galicia e España precisan dun incremento importante da renda real producida nos sectores industriais. Neste informe destacamos o papel da industria, o turismo e o capital humano no desenvolvemento rexional. Galicia experimentou no período 19962008 un incremento importante da renda per cápita industrial, ata acadar a converxencia coa media española, pero experimentou un estancamento, como o conxunto de España, no período 20082015, lonxe dos niveis de rexións españolas e europeas de maior nivel de desenvolvemento industrial.", "text": "A ECONOMÍA DE GALICIA E ESPAÑA EN 20072017: DEZ ANOS DE CRISE E RECUPERACIÓN\n: Desenvolvemento económico rexional, Industria en Europa, Galicia, España, Crise económica, 20072017\nJEL code: F14, R1, R15, O52\n1. Introdución\nA crise financeira e económica iniciada no ano 2007 xestouse nos anos anteriores debido a diversos desequilibrios sectoriais e a problemas derivados de excesos da globalización, como consecuencia do incremento de déficits da balanza comercial en moitos países, e a outros problemas derivados da primacía do beneficio rápido como motor da actividade económica, fronte a políticas máis prudentes de desenvolvemento sostible. O desenvolvemento sostible require no caso de España impulsar o valor engadido (VEB) xerado na industria, pois ten uns niveis de VEB por habitante moi baixos neste sector e iso reduce as súas posibilidades de expansión noutros sectores. Neste informe destacamos os resultados obtidos en diversos estudos económicos realizados en Galicia e en España sobre o importante tema do desenvolvemento industrial como importante motor do desenvolvemento.\nNa sección 2 analizamos a evolución da industria e o turismo, en España e en Galicia, no período 20072016 e comparamos a situación de España e Galicia, polo que respecta ao grao de industrialización, con Alemaña, Estados Unidos e Suiza, co obxecto de poñer de manifesto a importancia da industria no desenvolvemento. Tamén incluímos unha escolma bibliográfica de artigos publicados no período 20012017 con relación á industria de Galicia, e a referencia a un modelo econométrico interrexional de 151 rexións europeas que amosan o efecto, positivo e significativo, da industria, o turismo e o nivel educativo da poboación sobre o desenvolvemento rexional. Na sección 3 analizamos a evolución da produción e da renda real sectorial, e incluímos a estimación dunha relación entre a renda real dos sectores de servizos e a renda dos outros sectores.\nPor último, a sección 4 presenta as principais conclusións.\n2. Industria, turismo e desenvolvemento económico\nO gráfico 1 amosa a evolución da produción industrial por habitante en Galicia, España, Alemaña, Suiza e Estados Unidos. Podemos observar que Galicia experimentou un impulso importante no período 19942008 ata acadar a converxencia coa media de España. Tamén observamos o escaso impulso á produción industrial de España en todo o período, con valores moi inferiores aos dos outros países que figuran no gráfico. É imprescindible que se impulsen políticas de desenvolvemento industrial para que España poida acadar niveis\nFonte: Elaborado pola autora a partir de datos do INE e OCDE. Datos de VEB real, conforme ao enfoque produción en miles de dólares a prezos e tipos de cambio do ano 2000.\nEvolución do turismo nacional e estranxeiro en Galicia e España\nOs modelos econométricos intersectoriais, como os estimados en Guisán et al (2011) amosan un grande impacto positivo da renda real procedente da industria e o turismo sobre o desenvolvemento dos sectores da construción e dos servizos. Malia o estancamento da produción industrial, España experimentou un impulso ao desenvolvemento e ao emprego grazas ao incremento do turismo de procedencia estranxeira.\nA táboa 1 e os gráficos 2 a 4 amosan a evolución das noites feitas en hotel en España e en Galicia no período 20062016.\nNo período 20062016 prodúxose un incremento importante no número de noites feitas en hotel de orixe estranxeira en España, pasando de 151, 94 millóns anuais a 216, 46 millóns. Tamén Galicia experimentou un incremento das noites feitas en hotel de procedencia estranxeira, e a súa porcentaxe no conxunto nacional aumentou lixeiramente. Galicia pasou de 1, 233 millóns de noites feitas en hotel de orixe estranxeiro no ano 2006 a\nNota: Miles de Euros a prezos de 2000. Fonte: elaborado pola autora a partir de datos do INE.\nImpacto da industria e o turismo sobre o desenvolvemento económico\nVarios modelos econométricos amosaron o impacto positivo da industria e o turismo sobre o desenvolvemento económico. A táboa 2 presenta os resultados da estimación por Guisán (2004) da ecuación do QNMH nun modelo econométrico interrexional con 151 rexións da Unión Europea no ano 2000. As variables desta ecuación son as seguintes:\nQMH e QNMH son, respectivamente, o VEB manufactureiro (M) e non manufactureiro\n(NM) por habitante de cada rexión.\nA educación está medida mediante a porcentaxe da poboación adulta con nivel de escolaridade igual ou superior ao Segundo ciclo de ensino secundario.\nnalgunhas rexións.\na significatividade dos coeficientes. Os seus valores son superiores ao nivel crítico e polo tanto permiten rexeitar a hipótese de nulidade dos coeficientes.\nA ecuación foi estimada por Mínimos Cadrados ordinarios (LS ou MCO) e por Mínimos Cadrados en dúas Etapas (TSLS ou MC2E) no contexto dun modelo biecuacional con relación bilateral (non contemporánea no caso de LS e contemporánea no caso de TSLS). Ámbalas dúas estimacións amosan o efecto positivo e significativo de todas as variables. O nivel educativo ten varios efectos positivos, directos e indirectos, tanto sobre o QNMH como sobre o QMH.\nCon respecto ao efecto de variables omitidas, hai que ter en conta que, en parte, se transmite ao modelo a través das variables incluídas relacionadas linearmente coas incluídas, como se indica no capítulo 5 de Guisán (1997), e, en parte, a través da perturbación aleatoria. Se a variable omitida ten alta correlación coas incluídas, a bondade do axuste non se verá apenas afectada pola devandita exclusión, pero afectará aos valores dos coeficientes estimados das variables incluídas, os cales recollen os efectos tamén das excluídas.\nEntre as variables omitidas podemos citar o efecto do turismo non hoteleiro, o cal pode chegar a ter tanta importancia como a do turismo hoteleiro nalgunhas zonas xeográficas, como se analiza en Guisán e Aguayo (2010).\nA Revista Galega de Economía (RGE), e outras revistas científicas, publicaron varios artigos de interese sobre o sector industrial de Galicia. Na seguinte táboa destacamos algúns dos publicados na RGE no período 20012017.\nEmprego, poboación, industria e desenvolvemento económico en Europa Guisán, M.C., Aguayo, E.(2009) Emprego e produción de Galicia: efectos da industria e o turismo Otero, L. et al (2007) Problemas financeiros da PEME industrial galega Rodil, O. (2008) Inserción de Galicia no novo patrón de comercio intraindustrial SánchezCarreira, M.C. (2009) O papel da empresa pública industrial no desenvolvemento rexional Vence, X. (2010) Políticas de innovación en Galicia: Balance dunha década\nTamén podemos destacar diversos estudos interrexionais da industria en España e en Europa, que achegan perspectivas moi interesantes para o desenvolvemento económico de Galicia e de España, algúns dos cales citamos neste informe e incluímos na bibliografía. Capital humano e política económica\nEstudos como o mencionado na Táboa 2 e outros que se inclúen na bibliografía amosan un impacto positivo importante do capital humano, tanto polo que respecta ao nivel educativo como o gasto en Investigación e Desenvolvemento (I+D) sobre o desenvolvemento económico rexional. Para que o capital humano poida desenvolver os seus efectos positivos sobre a economía e a calidade de vida, precísase non só potenciar os factores que contribúen ao seu desenvolvemento, senón tamén potenciar a industria e a produción dos outros sectores produtivos.\nEducación: O número de graduados universitarios, e doutras titulacións, aumentou nas últimas décadas en Galicia e en España, cunha calidade media xeralmente de bo nivel, equiparable á doutros países máis desenvolvidos, pero non se desenvolveron as políticas económicas capaces de xerar emprego de calidade suficiente, o que xerou un incremento da emigración da mocidade cualificada a diversos países onde se presentan mellores oportunidades laborais. Investigación e Desenvolvemento: Tamén ocorre no caso do gasto en I+D. Como se pon de manifesto en Guisán (2017) e noutros estudos, España presenta un nivel de gasto en I+D pequeno en comparación con outros países máis avanzados e con fortes disparidades rexionais na distribución dos fondos nacionais. No caso de Galicia, o gasto en I+D por habitante é, en xeral, menor que no conxunto de España. Malia este baixo nivel de gasto, hai que constatar que a política económica non foi capaz de deseñar unha capacidade suficiente de empresas e institucións para absorber ao persoal capacitado en materia de I+D, o que provoca tamén emigración ao estranxeiro deste persoal altamente cualificado. Nos interesantes estudos de Vence (2010), Fernández e Vaquero (2017) e Guisán (2017), destaca a importancia que ten unha boa política ao apoio do gasto en I+D nas universidades e ás políticas económicas que tenden a potenciar os resultados de investigación universitaria que contribúan a mellorar o desenvolvemento sostible e a calidade de vida.\nPrecísanse melloras nas políticas económicas, tanto a nivel europeo, como español e rexional, para acadar os obxectivos de impulso á industria necesarios para chegar aos niveis de emprego e desenvolvemento sostible que demanda a sociedade.\nAs políticas de financiamento industrial precisan apoios das entidades financeiras e das institucións. A crise financeira e económica do período 20072017 pode afectar ao financiamento empresarial a nivel rexional e é importante o traballo que poidan desenvolver os organismos responsables de garantir o acceso ao financiamento necesario.\nDentro das políticas económicas dirixidas a impulsar a industria, un factor moi importante é o asesoramento económico das debilidades e fortalezas dos distintos sectores industriais, de forma que as políticas económicas poidan contribuír a resolver os obstáculos á súa evolución.\n3. Renda e emprego sectorial\nA crise iniciada en 2007 provocou caídas da renda real por habitante de diversos sectores produtivos ata o ano 2013, e aprecíase unha lixeira recuperación en varios sectores a partir de 2014 ou de 2015.\nOs gráficos 7 e 8 amosan a evolución da renda real producida (expresada en miles de millóns de Euros a prezos constantes do ano 2000, mediante o cociente entre o VEB real e o deflactor do Consumo) dos sectores de Servizos e Non Servizos en España e en Galicia, no período 20072016. Os gráficos 9 e 10 amosan a evolución do emprego nos devanditos sectores no período 20072017.\nGráfico 7. Renda real (miles mill. €2000) España Gráfico 8. Renda real (miles mill. €2000) Galicia\nNos gráficos 7 e 8 observamos que o sector servizos trata de se manter, e mesmo incrementar a súa actividade con dificultade, malia a caída da renda real do conxunto dos\nO emprego no conxunto dos sectores da Agricultura, Industria e Construci ó n, baixou tanto en Galicia como en Espa ñ a, ante a diminuci ó n dos prezos relativos da Agricultura (coa s ú a conseguinte diminuci ó n de renda real por habitante), o estancamento da renda industrial por habitante. Para impulsar o emprego nos sectores de servizos, é moi importante que aumente a renda real dos outros sectores produtivos, como amosan as ecuacións estimadas ao final desta sección.\nO gráfico 11 amosa o impacto da crise sobre a renda real por habitante producida no conxunto de todos os sectores produtivos. Observamos unha forte caída no período 20092012, e tentativas de recuperación a partir de 2013 e 2014. No caso de España tanto a caída como a recuperación foron máis pronunciadas que en Galicia.\nSe continúan as políticas económicas actuais, de suave recuperación, nos vindeiros anos volveriamos á posición do ano 2008, pero se queremos acadar un nivel de converxencia real en renda per cápita con países máis avanzados, haberá que adoptar medidas máis dinamizadoras, polo que respecta ao incremento da renda industrial por habitante, pois como vimos no gráfico 1 a situación de España e Galicia dista moita da que corresponde aos países máis avanzados.\nAs táboas 4 e 5 amosan a estimación da relación entre a renda real dos Servizos (RS00) e a renda real dos sectores da Agricultura, Industria e Construción (RA00+RI00+RB00), mediante un modelo dinámico mixto no que a variable dependente depende do seu valor e co incremento da renda dos outros sectores. Os efectos de variables omitidas (como o turismo) recóllense en gran parte nos coeficientes das variables incluídas correlacionadas coas devanditas variables, como se indica no Capítulo 5 de Guisán (1997). A táboa 4 está estimada con datos de España (ES) e a táboa 5 con datos de Galicia (GA). No Anexo incluímos os datos das variables.\nOs coeficientes das variables explicativas resultan positivos e significativos. Observamos unha elevada bondade do axuste nos dous casos, con valores de Rcadrado maiores ca 0.98 e valores da porcentaxe de S.E. sobre a media da variable dependente moi baixos: 2.67% en España e 3.41% no caso de Galicia.\n4. Conclusións\nUn dos principais retos da economía galega é aumentar asemade a renda real por habitante e o nivel de emprego, e así evitar a emigración forzosa dos seus recursos de capital humano (titulados de diversas cualificacións e expertos en I+D) mediante a creación dun número suficiente de empregos. O desenvolvemento industrial favorecerá sen dúbida que se poida acadar este obxectivo e, ao mesmo tempo, xerar un incremento do salario real medio e da renda real per cápita de todos os sectores produtivos. A importancia do desenvolvemento industrial para Galicia e España xa foi posta de manifesto en interesantes estudos publicados nas últimas décadas, como en Guisán (1990), Ogando e Calvo (1996), Mayes (1997) e outros.\nA análise da evolución da economía galega no período 20072017, permítenos observar que logo de acadar a converxencia coa media española en produción industrial por habitante, débese procurar acadar niveis maiores, propios das rexións máis industrializadas de España ou de Europa, co obxecto de xerar un desenvolvemento suficiente da renda e do emprego nos sectores de Servizos.\nO impulso ás actividades de educación e I+D débese dirixir tanto ao aumento da calidade de vida (saúde, medioambiente, etc.) como ao incremento da renda e do emprego. Tamén é de interese potenciar a participación de Galicia no conxunto do turismo de España, especialmente en determinados segmentos de turismo que demandan factores dispoñibles en Galicia (paisaxe, clima suave, arte, cultura, etc.).\nBibliografía\nFernández López, S., Vaquero García, A. (2017). Luces y sombras del nuevo plan\nINE (2017) y años anteriores. Datos de Contabilidad Regional, Contabilidad Nacional, Nota: Os datos de renda real de Agricultura (RA), Industria (RI), Construción (RB) e Servizos (RS) están medidos en millóns de Euros a prezos constantes do ano 2000. Os datos de renda sectorial por habitante (RHA, RHI, RHB, RHS) están medidos en Euros, a prezos do ano 2000, por habitante e ano. Fonte: Elaborado pola autora a partir de datos do INE.\nNota: Os datos de renda real de Agricultura (RA), Industria (RI), Construción (RB) e Servizos (RS) están medidos en millóns de Euros a prezos constantes do ano 2000. Os datos de renda sectorial por habitante (RHA, RHI, RHB, RHS) están medidos en Euros, a prezos do ano 2000, por habitante e ano. Fonte: Elaborado pola autora a partir de datos do INE. Revista Galega de Economia: http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm"} {"summary": "O obxecto principal deste traballo é presentar un conxunto de feitos estilizados sobre o patrón de investimento que amosou a economía española nas derradeiras décadas. A realización deste tipo de análise é relevante como punto de partida para posteriores estudos sobre o investimento en España, especialmente pola importancia central que ten o investimento no crecemento económico. Utilízanse os datos da base BBVAIVIE pero cun enfoque metodolóxico distinto, máis achegado ás categorías do BEA estadounidense. Grazas a isto, neste traballo apórtase nova evidencia sobre os trazos característicos do patrón de capitalización, dos que os máis interesantes son: i) Existiu unha “aceleración” no crecemento entre os dous ciclos expansivos; ii) A nivel de composición técnica, o investimento en equipamentos é o que amosou un maior dinamismo; iii) a nivel de axentes investidores, o investimento corporativo tivo unha gran constancia no seu crecemento, véndose complementado polo “relevo” dos outros axentes, é dicir, o investimento das AA.PP: creceu máis no primeiro ciclo expansivo (19811993) e o investimento dos fogares no segundo (19942007), e iv) a nivel sectorial o investimento concentrouse en sectores con maior dinamismo en creación de emprego, sendo paradigmático o caso do sector da construción.", "text": "FEITOS ESTILIZADOS DO PATRÓN DE INVESTIMENTO NA ECONOMÍA ESPAÑOLA\n: Investimento, feitos estilizados, economía española\n1. Introduci ó n\nNeste traballo abórdase a obtención e sistematización dos principais feitos observados no comportamento do patrón de capitalización, pola especial relevancia desta macromagnitude, da economía española durante o período 19812013, tomando como referencia e punto de partida o traballo de Más, Pérez e Uriel (2015) e a base de datos descrita neste estudo (en adiante BBVAIVIE 1).\nA principal diferenza metodolóxica, con respecto á literatura especializada, consiste en trasladar as categorías utilizadas na BBVAIVIE ás categorías seguidas polo Bureau of Economic Analysis (2014). Esta transformación consiste en distinguir a composición técnica entre: i) investimento en instalacións (structures); e ii) investimento en equipamentos (equipment and software). Ademais, distinguiremos a composición institucional, é dicir, en función do axente que realiza o investimento: i) o investimento dos fogares corresponde ao investimento residencial en vivendas (residential structures), ii) o investimento das Administracións Públicas (AA.PP.) en infraestruturas (government structures and equipments) e iii) o investimento corporativo privado (private structures and equipments).\nEsta clasificación presenta varias vantaxes á hora da análise dos feitos estilizados: por unha banda, permite vencellar os trazos observados ás análises do ciclo económico porque son conceptos máis achegados aos que xeralmente se utilizan nestes estudos (as categorías da Contabilidade Nacional Trimestral); e por outra banda, a clasificación por axentes investidores ofrece unha base aos estudos que opten por microfundamentar as flutuacións do investimento agregado.\nO período seleccionado da mostra responde ás datas cíclicas 2 da evolución económica da economía española, pero a diferenza desta clasificación o punto máis baixo da acumulación do stock de capital (tanto en FBCF como na valoración do stock de capital) prodúcese no ano 1981, polo que tomaremos ese dato como ano base, existindo, polo tanto, dous períodos cíclicos de expansión cunha duración semellante: 19811993 e 19942007. A efectos comparativos engádese tamén o período posterior ao ano 2008, pero dada a brevidade do período de auxe a partir dese ano, pola existencia da “dobre recesión”, e a substancial diferenza na duración da actual fase expansiva con respecto ás anteriores, prestaráselle menor atención. A principal contribución é, como consecuencia do enfoque metodolóxico, aportar nova evidencia e con iso contribuír á identificación dos trazos do patrón de acumulación, sendo un paso necesario para posteriores estudos sobre as súas causas e consecuencias, e de interese para os investigadores interesados na materia. A estrutura do documento é a seguinte, primeiro elabórase a base de datos para constatar os feitos a un nivel agregado, e, a continuación, séguenlle tres apartados onde se analiza a evidencia dende unha perspectiva agregada, dende unha perspectiva institucional (por tipos de axentes) e dende unha perspectiva sectorial. Remátase coas conclusións.\n2. Elaboración e reclasificación da base de datos\nComo se sinalou, o criterio metodolóxico, para distinguir a composición técnica do investimento, agrupouse en dúas categorías: i) o investimento en instalacións abrangue tanto o investimento en vivendas non domésticas e, principalmente, o concepto doutras construcións (infraestruturas e outros); ii) O investimento en equipamentos inclúe todos os investimentos en maquinaria e bens de equipo, equipos de transporte, activos cultivados, e activos inmateriais (software e outros activos inmateriais).\nÁ hora de distinguir por axentes optouse por:\n• Investimento dos fogares: definido como o investimento residencial doméstico neste caso, aproximado mediante o investimento en vivendas no sector inmobiliario (clasificado como “7. Actividades inmobiliarias”). • I nvestimento das AA.PP., que cobre o realizado por todas as institucións públicas, pero sen incluír o investimento das empresas públicas, o que supón a suma dos epígrafes seguintes: i) 9.1. Administración pública; ii) 9.2. Educación pública; iii) 9.4. Sanidade pública, e iv) 9.5. Servizos sociais públicos. Tanto en instalacións como equipamentos (sendo o primeiro máis do 80% do conxunto). • I nvestimento realizado polas empresas, que se define en consecuencia como o investimento total descontado o investimento dos outros dous axentes. En consecuencia, o investimento inmobiliario corporativo non conta co investimento en vivendas (pero si o resto de tipos) e o investimento da administración é só o realizado polo sector privado.\nPor último, a desagregación sectorial realízase seguindo un esquema baseado nas características de cada rama produtiva. Para iso, primeiro, considerando como o indicador máis axeitado para facer unha primeira distinción a evolución da produtividade do traballo, obtidas acudindo á base EUKLEMS 3 (O’Mahony e Timmer, 2009), o criterio de demarcación será o 2% de crecemento da produtividade do traballo, medido en horas, para o período 198107. Despois de facer esta primeira distinción, agrupamos as ramas pola semellanza nos procesos produtivos e a evolución do emprego.\nCon iso, cons é guense os seguintes grupos (v é xase o Cadro 1) de sectores: • Sectores Básicos (SB): presentan un incremento positivo da produtividade pero con destrución de emprego. • Sectores Manufactureiros (SM): caracterízanse por un crecemento positivo da produtividade do traballo sen creación nin destrución de emprego. • Sectores máis creadores de Emprego (SE) caracterízanse por un moi lento crecemento da produtividade do traballo pero con forte creación de emprego.\n• Sectores máis produtivos (SP) caracterízanse por un forte crecemento da produtividade do traballo e unha moderada creación de emprego. Esta clasificaci ó n ser á utilizada para analizar o investimento corporativo, que conforme aos criterios metodol ó xicos antes sinalados non incl ú en nin o investimento dos fogares nin o realizado polas AA.PP., polo que é necesario esclarecer que o obxectivo non é explicar estes comportamentos da produtividade (o que supera amplamente os límites deste estudo), sen ó n facilitar a identificaci ó n do patr ó n de acumulaci ó n sectorial ao agregar varias industrias. Cadro 1. Clasificación sectorial do investimento Sectores básicos (SB) 1. Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 2.1.1. Industrias extractivas Sectores manufactureiros (SM) 2.2. Manufacturas Sectores creadores de emprego (SE) 3. Construción 4.1. Comercio e reparación 4.3. Hostalería 7. Actividades inmobiliarias “corporativas” 8. Actividades profesionais 9. “Administración privada” 10. Outros servizos 2.1.2. Enerxía eléctrica, gas e auga Sectores intensivos en produtividade (SP) 4.2. Transporte e almacenamento 5. Información e comunicacións 6. Actividades financeiras e de seguros\nFonte: Elaboración conforme á descrición anterior 3. Evidencia en perspectiva agregada O primeiro dos feitos observados na an á lise descritiva é que a FBCF total amosou unha tendencia crecente, tanto na s ú a relaci ó n co stock de capital neto, medido como taxa de acumulaci ó n (I/K), como na s ú a relaci ó n coa demanda agregada, medido en taxa de esforzo investidor (I/Y), de tal forma que a taxa de acumulaci ó n I/K bruta amosa unha media do 7, 9%, que se incrementa moderadamente durante a primeira fase expansiva (crecemento do 0, 5%) e m á is notablemente na segunda (crecemento do 2, 2%), ata acadar o m á ximo de I/K no ano 2006.\nPor iso, o investimento na economía espa ñ ola no s ó foi moi significativo, con respecto á s ú a evoluci ó n sen ó n tam é n superior á dos países da s ú a contorna (S á nchez, S á nchez & Urtasun, 2008), dado que se materializou nun incremento do stock de capital en taxas elevadas, a economía espa ñ ola presenta unhas taxas de capitalizaci ó n media, en termos de capital per c á pita, con respecto ao resto de economías europeas (Mas, P é rez & Uriel, 2015, pp. 5054).\nPolo tanto, o investimento amosa un bo comportamento tanto en termos das s ú as tendencias previas como en termos de comparativa internacional (P é rez, 2011), polo que non existe atraso relativo da capitalizaci ó n per c á pita total.\nEn consecuencia, outro trazo característico é o forte crecemento da Formaci ó n Neta de Capital Fixo (FNCF), calculada mediante a diferenza dos datos anuais de stock neto, e que amosa unha forte correlaci ó n co ciclo econ ó mico, crecendo substancialmente nas fases de expansi ó n e caíndo substancialmente nas recesi ó ns, de tal forma que o investimento de reposici ó n, destinado a cubrir a depreciaci ó n, creceu en menor medida que a FBCF, e polo tanto que a FNCF, reflectíndose na evoluci ó n da participaci ó n relativa, aínda que malia que o investimento de reposici ó n é dominante, a s ú a cota de participaci ó n relativa decaeu sensiblemente a favor da de ampliaci ó n (que crece do 32% durante o primeiro período ao 45, 5% durante o segundo).\nEn terceiro lugar, desagregando os sectores de destino do investimento agregado, obs é rvase que na FBCF: i) os SP e os SE presentan taxas de crecemento non moi dispares (6, 2 fronte a 7, 1) na segunda fase de expansi ó n, a pesar de que entre os segundos se incl ú e o que amosa o maior crecemento (un 15, 3% na construci ó n); ii) a derruba do investimento en manufacturas (do 3, 9% ao 0, 8%); iii) a escasa importancia cuantitativa dos SB en termos de participaci ó n sobre o total da FBCF e o seu moderado crecemento. iv) Como consecuencia, a participaci ó n dos SE creceu notablemente, pero non o fixo á conta dos SP (que mante ñ en o seu ritmo), sen ó n esencialmente con respecto aos outros sectores (SM e SB).\nComo consecuencia, pódese afirmar que os SE son os predominantes e incrementaron a súa importancia ao longo da etapa expansiva, pero namentres que os SP mantiveron boas taxas de crecemento, tanto en bruta como en neta, as manufacturas e os SB sufriron unha caída importante evidenciando unha forte deterioración do investimento de ampliación.\nEquipamentos 4, 8 -7, 1 18, 2 -24, 5 19, 3 16, 2 21, 9 5, 0 Notas: *Substituído o ano 1993 por 1994, por ter un valor negativo. Fonte: Elaboración a partir da base do BBVAIVIE\n4. Evidencia por tipos de axentes\nAnalizando agora a composici ó n do investimento polos grupos de axentes que o realizan. Obs é rvanse, primeiro, que o investimento dos fogares mantivo taxas de crecemento moi modestas na primeira fase, creceu intensamente durante a segunda fase, chegando a superar a media do período, como consecuencia do espectacular incremento da FNCF, que se en 1994 supo ñí a un cuarto do investimento, en 2007 supo ñí a a metade da FBCF (unha taxa de crecemento da cota do 5, 6%).\n11 Loxicamente este importante incremento do investimento de ampliaci ó n ten como consecuencia un crecemento paralelo do stock de capital. De igual forma, a participaci ó n da FBCF dos fogares amosa un patr ó n semellante, xa que perde importancia durante a primeira fase (do 36% ao 26%) e ga ñ a participaci ó n na segunda (ata o 29% en 2007).\nEstes feitos parecen relacionados coa apreciaci ó n de Á lvarez & Cabrero (2010), que soste ñ en que o investimento residencial tende a adiantarse no ciclo econ ó mico da produci ó n e o investimento agregado, medido tanto en vivendas iniciadas como en visados concedidos, sendo semellante aos patr ó ns observados noutras economías occidentais, como Estados Unidos e Alema ñ a.\nAsímesmo, as AA.PP. (DíazRoldan & Martínez, 2006; Torres, 2009), creceron a un ritmo notable durante a primeira fase, freou sensiblemente o seu crecemento na segunda fase expansiva, a FNCF creceu a taxas superiores que a depreciaci ó n durante a primeira fase, namentres que durante a segunda de feito perdeu participaci ó n en favor do investimento de reposici ó n. A partir de 1993 comeza a reducirse progresivamente o investimento de ampliaci ó n, chegando ao 42% en 2007. A participaci ó n na FBCF total das AA.PP tivo unha maior importancia durante a primeira fase, ga ñ ando un 5% de puntos de cota, que perdería posteriormente durante a segunda fase (quedando no ano 2013 nun 7, 5%). Con respecto ao investimento das empresas é o que amosou unha maior semellanza coa FBCF total, cunha aceleraci ó n do crecemento do 3, 5% ao 6, 8% do mesmo, e unha aceleraci ó n do\ninvestimento de ampliaci ó n aínda m á is importante, do 3, 1% ao 9, 6%. O investimento corporativo amosa tam é n un incremento da participaci ó n da FNCF sobre a bruta durante o período expansivo do 33% ao 39% (chegando ata o 41%). Malia que é significativo que neste caso non supere o 50% da FBCF. Isto d é bese á s s ú as superiores taxas de crecemento da depreciaci ó n con respecto á depreciaci ó n dos fogares (loxicamente a depreciaci ó n dos bens de equipo é maior que a das instalaci ó ns e equipamentos produtivos). O investimento corporativo incrementou sempre a s ú a participaci ó n na FBCF total (do 51% no ano 1981 ao 67% no 2013).\nComo se observa nos dous comportamentos claramente diferenciados entre o investimento dos fogares e as AA.PP., na primeria fase as AA.PP. tiveron un papel de estímulo, namentres que na segunda toma o relevo a FBCF dos fogares. O mesmo comportamento amosa o investimento de ampliaci ó n, que foi superior na segunda fase, como consecuencia de que tanto o investimento corporativo como o dos fogares intensifican o seu crecemento.\nEn segundo lugar, desagregando a composici ó n t é cnica da FBCF, por unha banda, a FBCF das AA.PP. conc é ntrase principalmente en instalaci ó ns (na contorna do 80%) durante todo o período considerado, malia que se observa un incremento dos equipamentos a partir de 1994. Adem á is, a ampliaci ó n produciuse con maior intensidade durante a primeira fase expansiva en á mbalas d ú as variables, namentres que durante a segunda predomina a reposici ó n. Na FBCF corporativa, malia que dominan as instalaci ó ns e ga ñ aron certa participaci ó n durante a primeira fase, os equipamentos melloraron a s ú a cota de forma progresiva e acelerada (xa que creceron a unha taxa do 8, 6%) durante a segunda fase expansiva (acadando o 46% en 2007 superando o 58% en 2013). A FNCF foi bastante estable nas instalaci ó ns corporativas, sendo aproximadamente do 50% da FBCF durante todo o período e cunha escasa incidencia do ciclo\necon ó mico.\nComo consecuencia, o investimento en equipamentos (esencialmente das empresas) tivo unha importancia crecente, gañando participación relativa. Isto descarta a idea de que o investimento en instalacións tivera un efecto crowdingout sobre os equipamentos, xa que ámbolos dous tiveron un importante crecemento e de feito, os equipamentos gañaron importancia, malia que unha parte significativa fora destinado a cubrir a depreciación.\n5. Investimento sectorial corporativo\nFinalmente, para completar o patrón de capitalización é necesario desagregar sectorialmente o investimento corporativo (conforme o esquema e categorías sinaladas previamente).\nPor unha banda, as manufacturas perderon progresivamente participación na FBCF (pasando de taxas da contorna do 25% durante os anos 80 a tan só un 9% no ano 2013) como consecuencia do seu estancamento (un 0, 8%) durante a segunda fase de expansión, o que se reflicte na caída da súa taxa de acumulación ao longo de todo el período 198107 (un -0.2%).\nOs SB presentan tamén unha continuada perda de importancia, pero a súa evolución é a contraria á dos SM, durante o primeiro ciclo expansivo presentan unha notable caída que vai acompañada dunha mellora na segunda fase, a pesar diso, o I/K presenta unha importante caída durante o período 198107.\nEntre tanto os SP teñen un crecemento importante no segundo período, reflectíndose\n14 tamén nas súas taxas de acumulación brutas, namentres que as manufacturas reducen o seu crecemento (9, 2% ao 8, 7%), os SE (do 10% ao 12, 7%) e os SP (do 9, 9% ao 12%) crecen a un ritmo notable.\nLoxicamente, estes comportamentos son consecuencia do importante volume de FNCF que presentan os SE durante todo o período, e unha vez máis, con maior intensidade durante a segunda fase. Pola contra, tanto nas manufacturas como nos sectores máis produtivos o investimento predominante é o de reposición, sendo sintomática a perda de FNCF sobre a FBCF, pasando do 26% ao 20%, namentres que o resto de sectores incrementan a participación da FNCF nestes mesmos anos.\nEn resumo, a composición sectorial do investimento empresarial amosa o feito do forte protagonismo dos SE, e dentro deles o peso da construción. Así como do importante investimento de ampliación que levaron a cabo estes sectores; e que en termos dinámicos se reflicte na acentuación do seu crecemento durante a segunda fase expansiva.\n6. Conclusi ó ns\nNeste traballo abordouse a tarefa de identificar os principais feitos estilizados do patr ó n de capitalizaci ó n da economía espa ñ ola dende principios dos anos 80. Con ese obxectivo desenvolveuse unha metodoloxía inspirada principalmente nas categorías do Bureau of Economic Analysis, pero adaptadas á informaci ó n dispo ñ ible e característica do obxectivo do estudo.\nEste novo enfoque permite identificar os seguintes trazos característicos do investimento na economía espa ñ ola:\n• Pódese afirmar que os SE son os predominantes e incrementaron a súa importancia ao longo da etapa expansiva, pero namentres que os SP mantiveron boas taxas de crecemento, tanto en bruta como en neta, as manufacturas e os SB sufriron unha caída importante evidenciando unha forte deterioración o investimento de ampliación.\nEstes feitos apuntan a complementariedades no patr ó n de capitalizaci ó n nos seus distintos niveis, a aceleraci ó n entre os intervalos v é n acompa ñ ada do relevo entre o investimento dos fogares e das AA.PP., un incremento da capacidade produtiva (polo maior investimento de ampliaci ó n e o maior investimento en equipamentos) e unha localizaci ó n en sectores m á is baseados en creaci ó n de emprego (especialmente, o da construci ó n).\nLoxicamente cunha an á lise descritiva deste tipo non se poden inferir relaci ó ns causais, polo que quedan para futuras investigaci ó ns, pero p ó dense apuntar posibles interconexi ó ns:"} {"summary": "Este artigo presenta o novo estilo de relacións (NER), modelo desenvolvido e insittuído no País Vasco co fin de xestionar axeitadamente ás persoas e o seu coñecemento e enfrontar os retos empresariais do século XXI, e estuda a xestión de conflitos nas organizacións do NER Group. Os principais resultados do traballo empírico desenvolvido para analizar as características culturais do NER, a percepción das mesmas por parte das persoas que traballan con el, amosan que a responsabilidade, o compromiso e a confianza son percibidos como elementos fundamentais para a xestión de conflitos nas organizacións, e constitúen un dos sinais de identidade do NER.", "text": "31 NOVO ESTILO DE RELACIÓNS NA SOCIEDADE DO COÑECEMENTO. A XESTIÓN DE CONFLITOS NAS ORGANIZACIÓNS DO NER GROUP NO PAÍS VASCO María ALVAREZ SAINZ *\nKepa Xabier APELLANIZ VALLE\n: xestión de conflitos, confianza, compromiso, novo estilo de relacións (NER)\n1. Introdución\nDende finais do século XX, xenaralizouse un importante debate en torno á validez, necesidade de adaptación, ou radical transformación, do modelo de Administración de Empresa co fin de facer fronte á nova realidade económica, social, tecnolóxica, cultural... xerada polos cambios constantes e trepidantes que se producen no seo da Sociedade da Información e da Comunicación.\nOs vertixinosos desenvolvementos tecnolóxicos da Cuarta Revolución Industrial durante estas primeiras décadas do século XXI permitirán avances significativos no campo da Intelixencia Artificial, robótica, a Internet das cousas…, esfumando as fronteiras entre as esferas física, dixital e biolóxica e afectando a diferentes ámbitos industriais e sociais en calquera país.\nNo derradeiro Foro Económico Mundial celebrado en Davos en xaneiro de 2016, Klaus Schwab sinalou que a Cuarta Revolución Industrial terá importantes repercusións na forma de goberno, nas persoas, e no mundo dos negocios, afectando neste último caso\nfundamentalmente a: as expectativas dos clientes, a mellora dos produtos, a innovación colaborativa e as formas de organización. Igualmente amosouse convencido de que no futuro o talento, máis que o capital, representará o factor crítico de produción (http://www.weforum.org/agenda). * María Alvarez Sainz. Email: maria.alvarezsainz@ehu.eus, Departamento de Economía Aplicada V, Facultade de Economía e Empresa. C/ Agirre Lehendakari, 83. 49015. Bilbao. Bizkaia, Universidade do País Vasco. UPV/EHU. Kepa Xabier Apellaniz Valle. Email: kepaxabier.apellaniz@ehu.eus, Departamento de Socioloxía e Traballo Social, Facultade de Economía e Empresa. C/ Agirre Lehendakari, 83. 49015. Bilbao. Bizkaia, Universidade do País Vasco. UPV/EHU\nNeste Foro tamén se presentou un estudo que calcula que a Cuarta Revolución Industrial destruirá máis de 5 millóns de postos de traballo nos 15 países máis industrializados cara o ano 2020, o que nos enfronta á desacougante pregunta xa formulada en Race Against The Machine (Brynjolfsson & McAfee, 2011): onde e como se van a crear os novos postos de traballo? A nova Sociedade da Información e a Comunicación, do Coñecemento, presenta numerosas posibilidades e inquietantes retos, aos que haberá que hacer fronte con novidosas ferramentas sociais e intelectuais.\nConsecuentemente, parece que non hai dúbida de que as organizacións empresariais deben reaccionar e axustarse ás novas necesidades, ser innovadoras, decisión que deben tomar se queren cumprir o primeiro obxectivo de toda organización, sobrevivir (Deming, 1989). Daí que se poida afirmar que se queremos situar a unha empresa como referente polos seus resultados, o elemento básico a considerar é a existencia dunha vantaxe competitiva sostible, que a diferencie dos seus competidores, que proporcione resultados económicos positivos e que non se poida copiar facilmente. É dicir, innovación radical en cultura de empresa para achegar unha determinante vantaxe competitiva á organización.\nO obxectivo deste artigo é presentar a realidade do novo estilo de relacións (NER), e analizar, como o compromiso, a responsabilidade e a confianza son elementos determinantes na xestión dos conflitos nas organizacións do NER Group. En 2016, 21 proxectos empresariais do País Vasco integran a asociación NER Group e están unidos para aplicar unha forma organizativa e de funcionamiento interno baseado no NER co obxectivo de “compartir experiencias, sinerxias e coñecementos; unificar esforzos para mellorar, para avanzar para ser máis eficientes e obter mellores resultados; e para acompañarse unhas organizacións ás outras no camiño de cambio cultural que supón o novo estilo de relacións (NER)” (Gbener elkartea, 2010, p. 13). Os proxectos empresariais do NER Group pertencen a distintos sectores de actividade, teñen diferentes tamaños e formas xurídicas e están presentes en 60 países, pero todos teñen en común guiarse polo NER e “comparten un proxecto baseado nas persoas, centrado no cliente e enfocado á eficiencia, dende os valores da transparencia, a confianza, a liberdade, a responsabilidade, a xenerosidade e a ética” (Gbener elkartea, 2010, p. 13).\nEste artigo comeza revisando a literatura máis relevante sobre xestión organizacional e cambio. Seguidamente presenta a xénesis do novo estilo de relacións (NER), ligada á traxectoria profesional de Koldo Saratxaga, líder e impulsor do proxecto. A continuación, define os fundamentos teóricos do NER relacionados coa xestión dos conflitos nas organizacións e detalla as características fundamentais do NER Group na actualidade. Finalmente, explícase a investigación empírica desenvolvida entre as persoas que traballan nas organizacións do NER Group co fin de coñecer as percepcións que teñen sobre os trazos culturais relacionados co tema de estudo e expóñense os resultados máis importantes, xunto ás implicacións teóricas dos principais resultados obtidos.\n2. Xestión empresarial na sociedade do coñecemento\nÉ evidente a necesidade de adaptar a Administración da Empresa á nova realidade social (Winslow e Bramer, 1995; Drucker, 2000; Ramos P. P., 2008; Covey, 2012; Rao e Chuán 2012; Goñi Zabala, 2012), xa que as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) provocaron cambios radicais na economía, o mercado, a estrutura das empresas, a segmentación do consumo, os valores dos consumidores, e, en última instancia, na sociedade no seu conxunto.\nhumanos, xestionados de forma axeitada e coordinada coa estratexia xeral da compañía, motivados e comprometidos co proxecto, poden ser unha importante fonte de vantaxe competitiva (Kogut e Zander 1992; Cappelli e Singh 1992; Pfeffer 1994, 1996, 1998), xa que o coñecemento dos empregados sobre produtos, procesos e clientes poden xerar capacidades difíciles de imitar. “The role of people has also changed. Leading organizations see that their employees, instead of being a replaceable commodity, is the fundamental capability behind their whole existence and success” (Wiig, K., 1997, 5). Agora ben, tamén sinalaron a necesidade dun alto nivel de compromiso e compensación por parte da empresa. “Workers will only contribute their discretionary effort to problemsolving if they believe that their individual interests are aligned with those of the company, and that the company will make a reciprocal investment in their wellbeing” (Macduffie, 1995, p. 201).\nComo indicaba Walton en 1985, é preciso pasar do modelo de orde e control xerárquico a un novo modelo baseado nun alto nivel de participación e compromiso recíproco. “…we need to open up a third approach to the study of HRM, which might be termed a workercentred or workerfriendly approach, which locates the worker at the heart of the analysis” (Guest, 2002, p. 354). É ineludible, polo tanto, a posta en marcha de innovacións organizativas e culturais (Mansfield, Schawarts e Wagnes, 1981; Pfeffer, 1996; Senge, 1999; Hamel e Breen, 2008; Rao e Chuán 2012) que produzan unha vantaxe competitiva radical, porque a radicalidade da innovación (Schumpeter, 1978; Damanpour, 1991; Rao e Chuán, 2012) provoca un importante cambio con respecto á situación orixinal e permite avanzar cara un novo modelo, un novo paradigma en Administración de Empresa que posibilite a valoración da persoa e o desenvolvemento das súas capacidades e talentos.\nDada a relación entre tecnoloxía e posto de traballo, o cambio nn pode quedar reducido a unha modificación do perfil das persoas, ten que ser un cambio moito máis amplo e transformador que incida directamente na consideración da persoa, portadora do coñecemento, e cuxo fin ha de ser potenciar o desenvolvemento integral da mesma. Hai que cambiar fundamentalmente a forma de entender o “traballo”: non é unha “cousa”, senón que é “persoa”, implica o desenvolvemento da persoa, o seu crecemento fundamental en dúas dimensións:\na) Desenvolvemento de competencias, habilidades, coñecementos, incremento de valor da persoa b) A dimensión social que corresponde fundamentalmente á disposición da persoa a “cooperar” cos outros, a contribuír participando coas súas competencias, “cooperando” para dar resposta ás necesidades tanto da propia persoa, como dos outros (García Echevarría, 2015, p. 1).\nO cambio, que pode ser percibido como oportunidade ou peligro polas persoas, debido á incerteza que entraña abandonar a zona de seguridade coñecida, comporta a aparición do conflito, e a necesidade de xestionalo axeitadamente.\n3.- Novo estilo de relacións (NER)\nA proposta organizativa que representa o NER débese a Koldo Saratxaga quen a deseña e pon en práctica entre 1991 e 2005, sendo Coordinador Xeral do Proxecto Irizar e presidente de Irizar Group. Cuando se incorpora en 1991, atopa unha organización en fonda crise económica, con importantes problemas de rendibilidade dos seus produtos e unha gran falta de implicación dos traballadores. Deseguida, a nivel organizativo interno, pon en marcha “un proxecto baseado nas persoas” (Ugarte, 2004: 129), compartido con ilusión, con visión de futuro, onde se traballa en equipos, asentado en tres piares fundamentais: a comunicación, a liberdade e a responsabilidade; onde os líderes se orientan a motivar, apoiar e recoñecer ás persoas; acuñándose o termo de “pensamentos estratéxicos compartidos”. Todo iso, leva a unha redefinición de Irizar como “Un proxecto baseado nas persoas, e procúrase o equilibrio entre as persoas de Irizar, os clientes, os colaboradores externos, a sociedade e o medio ambiente” (Ugarte, 2004, p. 33).\nA nivel comercial, Irizar experimenta un importante proceso de expansión nacional e internacional coa posta en marcha, en 1995, da primeira planta de produción en China. Posteriormente continúa a súa expansión en Marrocos (1996), Brasil (1998), México (1999), India (2001) e Sudáfrica (2004). Pásase “do abismo da quebra ao recoñecemento nacional e internacional en menos dunha década” (Etxebarria Caño, 2001, p. 77) obtendo múltiples premios e recoñecementos tanto Irizar como Koldo Saratxaga en canto líder deste proceso de transformación. The Economist, en xaneiro de 2000, define a Irizar como, probablemente, a empresa fabricante de autobuses máis eficiente do mundo. O éxito obtido esperta un amplo interese no ámbito internacional, publicando a Harvard Business School o caso “Irizar in 2005” para ser estudado polos seus alumnos (CasedesusMasanell e Mitchell, 2006). En 2005, Koldo Saratxaga abandona Irizar e ese mesmo ano crea K2K emocionando S.L. co obxectivo de acompañar ás organizacións que desexan instituír o “novo estilo de relacións” (NER) entre as persoas das organizacións, entre organizacións e entre as organizacións e a sociedade. O 2 de novembro de 2010, créase a asociación NER Group para “compartir experiencias, sinerxias e coñecementos; unir esforzos para mellorar, para avanzar para ser máis eficientes e obter mellores resultados; e para acompañarse unhas organizacións ás outras no camiño de cambio cultural que supón o novo estilo de relacións (NER)” (Gbener elkartea. Revista Hurbilean, 2010, p. 13). Cinco anos máis tarde, NER Group integra 21 proxectos empresariais cunha importante diversidade en canto aos sectores en que desenvolven a súa actividade, forma xurídica das organizacións, ubicación xeográfica (nas provincias vascas de Bizkaia e Gipuzkoa), tamaño empresarial e data de inicio da institución do novo estilo de relacións (NER) (Cadro 1 no Anexo). Todas as organizacións que forman parte do NER Group asumen a necesidade dun novo estilo de relacións e de administración na organización (Hamel e Breen, 2008; Covey, 2012) malia que son conscientes de que o proceso de cambio non vai a ser fácil (Kotter, 1997; Conger, Speritzer e Lawler, 2000; Ramos, 2008). A pesar diso están amosando, coa súa actividade diaria, que o NER é aplicable a calquera tipo de organización, independentemente da súa forma xurídica de propiedade ou de organización, porque ao estar baseado nas persoas encaixa perfectamente en calquera organización integrada por elas.\n3.1.- Fundamentos teóricos do NER\nO NER é unha innovación na forma de entender a organización a todos os niveis: persoas, relacións, administración… (Hamel e Breen, 2008; Goñi Zabala, 2012; Rao e Chúan, 2012) que posibilita a supervivencia da organización (Deming, 1989) e supón tamén unha vantaxe competitiva (Porter, 1985) ao permitir facer fronte ao modelo xerárquico tradicional, ter carácter sistémico e ser un proceso continuado no tempo (Hamel e Breen, 2008). A súa posta en marcha require un liderato transformacional onde os líderes “… motivate their followers by raising their followers’concerns from secularity and belonging to achievement and selfactualization, and by moving them beyond selfinterest to concerns for their Group, organization, or society” (Burns, 1978). Un liderato cuxos compoñentes son “… charisma or idealized influence, inspirational leadership, intellectual stimulation, and individualized consideration” (Bass, 2008). O obxectivo do NER é crear organizacións intelixentes, cunha visión compartida do futuro e co seu pensamento sistémico que permita a interrelación de todos estes elementos (Senge, 1999); polo tanto, a radicalidade desta innovación vai provocar innovacións radicais (Damanpour, 1991; Hamel e Breen, 2008; Rao e Chúan, 2012) porque xeran cambios substanciais con respecto á situación orixinal baseados na visión de futuro compartida. Innovación que o NER vai aplicar ao ámbito da cultura da organización para crear unha cultura de innovación porque “a cultura é unha consecuencia lóxica do éxito” (Rao e Chúan, 2012, p. 104) e o éxito posibilita a pervivencia e o futuro da organización xa que “o futuro orienta á innovación e a innovación constrúe o futuro” (Goñi Zabala, 2012, p. 32). Esta nova cultura da organización proposta polo NER potencia o rol das persoas (Deal e Kennedy, 1985; Kilman e cols. 1985; Frost e cols. 1985; Peters e Waterman, 1987; Schein, 1988) como elemento determinante do futuro e eficiencia da organización (Baker, 1980; Pascale e Athos, 1981; Ouchi, 1984; Martin e cols. 1983; Kilmann, Saxton e Serpa, 1985; Gordon, 1985; Martin e cols. 1983); persoas que constitúen o piar básico da organización, e en torno ás cales se definen todos os trazos culturais (Cadro 2).\nCadro 2. Características culturais do novo estilo de relacións (NER)\nAs persoas organízanse en equipos autoxestionados para desenvolver a súa actividade orientada a acadar a satisfacción do cliente; comparten un proxecto de futuro e participan conxuntamente no proceso de toma de decisións. Todo iso nunha necesaria contorna de confianza, comunicación, transparencia, compromiso, responsabilidade… características culturais que van favorecer a integración das persoas na organización.\nPara mellorar a operatividade, e en liña co proposto por Denison e Neale (1994, 2000), agrupamos as características culturais do novo estilo de relacións (NER) en catro categorías (Cadro 3), analizando, para os obxectivos deste artigo, soamente a IMPLICACIÓN, a CONSISTENCIA e a ADAPTABILIDADE (interna).\nIMPLICACIÓN: No NER Group, as persoas son a base das organizacións, e estas dotanas de poder recoñecendo a súa valía e creando equipos autoxestionados de traballo. Non se considera polo tanto axeitado utilizar a terminoloxía caduca de “recursos humanos”, “capital humano”, “activo”, “xestión de persoal” (Saratxaga, 2007; Bennis e Nanus, 2008; Covey, 2012), porque se se quere acadar un proxecto compartido é necesario que as persoas “se ilusionen, se comprometan, se consideren donas do éxito”... (Saratxaga, 2007, p. 25). Compartir proxectos e comprometerse con eles esixe un novo instrumento para a realización da actividade “a estrutura xerárquica debe dar paso ao traballo en equipo” (Saratxaga, 2007, p. 35), equipo composto por un número reducido de persoas que fixan os seus propios obxectivos para un tempo delimitado e dos cales se sinten responsables (Saratxaga, 2007; Hamel e Breen, 2008; Goñi Zabala, 2012). Este traballo en equipo posibilita a integración de persoas, clientes e provedores na organización, sendo fundamental que as persoas que traballan en equipos autoxestionados sexan conscientes da súa achega ao mesmo e aos obxectivos da organización, porque “o éxito do novo estilo de relacións require situar ao cliente no centro da organización” (Saratxaga, 2007, p. 71).\npor canto van a delimitar unha forma moi concreta e específica de entendelos, unha oportunidade para amosar na práctica os principios e trazos culturais teóricos do novo estilo de relacións. ADAPTABILIDADE INTERNA: O NER propón unha serie de valores culturais que afectan á estabilidade no traballo e reflicten unha actitude solidaria: compromiso de “non despedimentos” mediante a “recolocación voluntaria”, que supón ir a outra organización do grupo namentres dure a situación crítica na súa de orixe; repartición dos resultados, proporcional ao nivel salarial que varía segundo a forma xurídica de cada organización cun mínimo do 30% nas sociedades anónimas; redución das diferenzas salariais, non se permitindo máis de cinco niveis salariais entre as persoas; e eliminación das horas extras, xa que o compromiso co equipo posibilita a realización dunha cobertura horaria extra cando a situación así o requira. Esta responsabilidade e solidariedade interna tamén se manifesta na creación dun fondo de axuda (20.000 euros) para atender ás necesidades puntuais das persoas que se poidan atopar nunha situación económica crítica.\n4.- Xestión de conflitos\nA psicoloxía social experimentou grandes avances no estudo do conflito nas últimas sete décadas dende os comezos da disciplina, claramente influenciados polos escritos de Darwin, Marx e Freud. A teoría de xogos resultou da máxima utilidade ao poñer “…its core emphasis that the parties in conflict have interdependent interests” (Deutsch, 1990, p. 242) e a investigación sobre xustiza e conflito, a pesar da súa novidade, resulta unha urxente necesidade na actual conxuntura, xa que “Justice and conflict are intimately intertwined; the sense of injustice can give rise to conflict, and conflict can produce injustice” (Deutsch, 1990, p. 249).\nA literatura sobre o tema resaltou a importancia de centrarse na xestión do conflito máis que na súa resolución (Rahim e Bonoma, 1979; Rahim, 2002) e estableceu diferentes taxonomías sobre os estilos de xestión do mesmo, resaltando “on the whole, collaboration is a desirable state of affairs” (Kenneth, 1992, 268) tanto para individuos como organizacións.\nNo ámbito da xestión empresarial, é imprescindible resaltar as achegas de Mary Parker Follett (18681933), quen en Prophet of management: A celebration of writings from the 1920s, publicado por primeira vez en 1995, baseado nas conferencias que imparte entre 19251933, expón por primeira vez o concepto de xestión como un proceso no cal a gobernabilidade democrática é determinante a través da participación e o compromiso individual das persoas. Analiza o conflito e fala do “conflito construtivo” (1925) formulando a necesidade de entender o conflito non en clave de vitoria senón en clave de integración dos diversos intereses. Parte do principio de que o conflito é “un feito da vida” e considera que para facer que o conflito sexa producivo é necesario atopar unha solución integradora. Isto implica deixar de lado a dominación (a vitoria dun bando sobre outro) e require o compromiso (cada bando cede un pouco da súa parte para que a actividade suspendida poida continuar) para apostar de forma decidida pola integración (posibilitar que as persoas involucradas crezan en respecto mutuo e aprendan a traballar xuntas).\nCando analiza o poder e a autoridade, diferencia “poder con” e “poder sobre”, definindo o poder como a capacidade de facer que as cousas ocorran e considera que o\n“poder sobre” (poder sobre outra persoa) é un poder que é necesario reducir mediante a integración e o recoñecemento de todas as persoas. Fronte a isto, dirá que é necesario potenciar o “poder con” (poder con capacidade), un poder non coercitivo nin coactivo. Peter Drucker (2000) defínea como “profeta da xestión” dado que as súas achegas, tan descoñecidas como apaixonantes, pódense sintetizar cunha proposición xeral, no senso de que todo o mundo interesado na empresa debe ser responsable do éxito da mesma. O novo estilo de relacións (NER) integra os anteriores aspectos e considera que o conflito nas organizacións é e debe ser un elemento construtivo e diferenciador, xa que ofrece unha oportunidade para amosar, na práctica, que as formas de actuar, xestionar e resolver os conflitos tamén son diferentes nas organizacións do NER Group.\n5. Investigación empírica. Estratexia e metodoloxía\nDurante o ano 2015, levamos a cabo un estudo empírico co fin de coñecer e analizar a percepción que teñen as persoas que forman parte das organizacións de NER Group dos 14 trazos culturais (Cadro 2) que definen o novo estilo de relacións (NER). A poboación obxectivo está constituída polas 1310 persoas que forman parte das diferentes organizacións situadas en Bizkaia e Gipuzkoa (País Vasco), quedando fóra do estudo aquelas integradas en organizacións localizadas noutras zonas do Estado eu no ámbito internacional (400 persoas).\nPara a recollida de datos elabórase un cuestionario adhoc, estudándose para iso diferentes modelos de análise da cultura da organización, tales como os de García Echevarría (1990, 2007, 2014); Price e Mueller (1986); Shein (1988); Denison e Neale (1994, 2000); Cameron e Quinn (1999); Ashkanasy, Broadfoot e Falkus (2000); Kimberly e Cook (2008); Hofstede e Mikov (2010) e Covey (2012). Tamén se tiveron en consideración as importantes achegas que realizan o modelo XQ de Franklin Covey e o cuestionario denominado Denison Organizational Culture Survey de Denison e Neale (1994, 2000).\nO cuestionario finalmente deseñado para esta investigación presenta unha estrutura con catro bloques claramente diferenciados:\n(cid:0) Un primeiro bloque de preguntas no que se solicita á persoa o seu nivel de acordo 1 con afirmacións varias sobre distintos trazos culturais básicos do NER relacionados coas categorías Implicación e Consistencia. (cid:0) Un segundo grupo de preguntas no que se pide á persoa que valore 2 distintas situacións, condutas e actitudes relacionadas cos trazos culturais das categorías Misión e Adaptabilidade (interna e externa). (cid:0) Un terceiro bloque de preguntas no que se solicita á persoa que indique os 3 trazos culturais que considera máis fortes, máis febles e os que deberían potenciarse do novo estilo de relacións (NER). (cid:0) O cuarto e derradeiro bloque contén preguntas relacionadas cos datos de carácter persoal (idade, sexo, antigüidade na organización, nivel de estudos…).\nNo cuestionario tamén figura unha pregunta na que se lle pide á persoa que manifieste o seu grao de satisfacción co novo estilo de relacións (NER) na organización.\nO cuestionario valídase realizando un estudo piloto (pretest) cun grupo de 40 persoas representativas das organizacións e as súas diferentes estruturas, incorporándose as suxerencias e cambios pertinentes. 1 Escala de Likert de 5 puntos: 1 Totalmente en desacordo 2 En desacordo 3 Indiferente 4 De acordo 5 Totalmente de acordo 2 Escala de 10 puntos en que 1 é a mínima puntuación e 10 é a máxima\nO traballo de campo inicíase a principios de marzo de 2015 e finaliza na primeira semana de maio dese mesmo ano. A cumprimentación do cuestionario realízase adaptándose á realidade de cada organización: quendas de mañán, tarde e noite, conseguíndose 937 cuestionarios correctamente respondidos, o 80, 2% da poboación obxectivo, variando dunhas organizacións a outras entre o 66, 3% e o 100%.\n6.- Resultados 3\nA continuación amósanse os principais resultados do traballo empírico desenvolvido relacionados coas categorías analizadas neste artigo.\n6.1 Percepcións e valoracioóns:\nIMPLICACIÓN (Gráfico 1 no Anexo) (cid:0) Unha importante maioría (73, 7%) maniféstase de acordo ou totalmente de acordo con que as persoas son os piares básicos da organización. (cid:0) Unha maioría significativa (61, 9%) posiciónase de acordo ou totalmente de acordo con que é posible coñecer información sobre toda a organización. (cid:0) A maioría das persoas (53, 8%) consideran que a comunicación é fluída e habitual. (cid:0) Unha gran maioría (74, 3%) amósase de acordo ou totalmente de acordo con que os equipos son os piares nos que se apoia a actividade na organización. CONSISTENCIA (Gráfico 2 no Anexo) (cid:0) A maioría (58, 3%) está de acordo con que as persoas están comprometidas coa organización. (cid:0) Unha gran maioría (71, 2%) está de acordo ou totalmente de acordo con que o compromiso das persoas co equipo posibilita o funcionamento da organización. (cid:0) Unha maioría (50, 4%) considera que a aprendizaxe é un obxectivo prioritario na organización. (cid:0) Unha importante maioría (72%) considera que se persegue facer as cousas mellor cada día. (cid:0) Unha gran maioría (78, 1%) está de acordo ou totalmente de acordo con que a satisfacción do cliente é o obxectivo primordial da actividade diaria. (cid:0) Unha maioría (43, 3%) considera que perante o conflito se actúa de forma inmediata tratando de buscar a mellor solución. (cid:0) Por último, unha maioría (51, 1%) percebe que se intentan solucionar os conflitos coa integración de todos os intereses.\nADAPTABILIDADE INTERNA (Gráfico 3 no Anexo)\n(cid:0) Una maioría (62, 4%) dá a puntuación máxima á predisposición para facer traballo extra cando a situación o require.\ndun conxunto de ítems que se espera que midan a mesma dimensión teórica. Segundo sinalan\nGeorge e Mallery (2003, 231) cando o coeficiente é superior a 0.9 pódese considerar excelente.\n40 (cid:0) Unha maioría (52, 8%) dá a puntuación máxima á redución das diferenzas salariais. (cid:0) Unha significativa maioría (64, 7%) outorga a puntuación máxima á repartición proporcional da porcentaxe de beneficio acordada. (cid:0) Unha importante maioría (73, 9%) dá unha puntuación máxima á seguridade que ofrece a organización fronte a posibles situacións de crise.\nCalculados os principais parámetros das puntuacións outorgadas obsérvase (Táboa 1 no\nAnexo) que: (cid:0) Todas as medias son superiores a 6. (cid:0) A media máis alta (7, 4) desta categoría, e de todo o estudo realizado, corresponde á seguridade que ofrece a organización fronte a posibles situacións de crise e presenta o menor coeficiente de variación, o que indica unha importante grande homoxeneidade de respostas entre as diferentes organizacións.\n6.2 Análise relacional\nRealizadas as correspondentes probas de independencia entre as percepcións dos trazos culturais relacionados coas categorías Implicación, Consistencia e Adaptabilidade e as variables sociodemográficas consideradas, sexo, idade, posto de traballo, estudos realizados e antigüidade, pódese afirmar que non existe relación entre elas. Só se detectou relación de dependencia, con confianza do 99, 9%, entre a percepción, e consecuente valoración, das características da Adaptabilidade e o sexo e os estudos realizados, pero estas asociacións non son moi fortes (coeficientes de continxencia entre 0, 171 e 0, 331). Porén, obsérvase que as mulleres, as persoas máis novas, as que teñen estudos de licenciatura/grao, as que traballan na oficina e as que teñen unha menor antigüidade son as que teñen mellores percepcións dos trazos culturais das categorías Implicación e Consistencia e outorgan unha valoración máis elevada aos trazos culturais analizados da categoría Adaptabilidade.\n6.3 Análise de Compoñentes Principais Categóricos (CATPCA)\nObservada a existencia de relación de dependencia, cunha confianza del 99, 9%, entre a percepción/valoración das características da Adaptabilidade e o sexo e os estudos realizados, desenvolveuse unha Análise de Compoñentes Principais Categóricos (CATPCA) 4, o cal permite representar conxuntamente as valoracións outorgadas ás preguntas do cuestionario correspondentes ás diferentes categorías estudadas, e as variables sociodemográficas consideradas (Gráfico 4 en Anexo). A primeira dimensión explica o 64, 68% da varianza total e distingue aqueles con maior nivel de estudos e unha mellor percepción e valoración dos trazos culturais do NER relacionados coa categoría Adaptabilidade, e os que teñen peores percepcións e outorgan valoracións inferiores, que son as persoas con menor formación académica.\n7. Conclusións\nOs resultados do estudo empírico permiten concluír que o grao de IMPLICACIÓN das persoas das organizacións de NER Group é moi importante e que valoran favorablemente as características culturais do NER relacionadas con esta categoría. A gran maioría considera que as persoas son os piares básicos da organización, e están comprometidas con ela; se senten valoradas e consideradas na organización, o cal reforza o principio básico do NER (Saratxaga, 2007). Igualmente, consideran que os equipos 4 Método de graduación óptima, técnica non linear de Análise Multivariante, que permite reducir a dimensionalidade dun conxunto de variables que non estean en escala métrica.\nautoxestionados son os piares da actividade e que mediante o compromiso co equipo posibilítase o funcionamento da organización, puidendo concluírse que os equipos son percibidos como os instrumentos básicos para o desenvolvemento da actividade diaria e, asemade, como depositarios do compromiso das persoas para garantir o funcionamento da organización. As persoas alíñanse nos equipos para dar o mellor de sí e orientarse cara a consecución dos obectivos tanto destes equipos como da organización (Senge, 1999). Tamén manifiestan que a información e a comunicación son fluídas e habituais, sendo posible coñecer datos sobre toda a organización. Con respecto á CONSISTENCIA, as persoas de NER Group perceben que as cousas se tratan de facer mellor cada día; que a aprendizaxe é un obxectivo prioritario e que a capacidade e o nivel de compromiso das persoas son a base da participación na organización. Isto pon de manifesto a responsabilidade e compromiso das persoas coas organizacións, comportamento sumamente importante xa que as organizacións que aprenden o fan porque comparten coñecementos e experiencias, e cando este proceso de aprendizaxe se realiza en equipo a aprendizaxe da organización é maior e máis rápida (Senge, 1999). É de destacar que o trazo cultural sobre o que non hai apenas discrepancias senón consenso total da gran maioría das persoas nas distintas organizacións do NER Group é a percepción de que a satisfacción do cliente é o obxectivo primordial da actividade diaria, con case oito persoas de cada dez apoiando esta afirmación. É dicir, as persoas alíñanse nos equipos para satisfacer aos clientes como obxectivo prioritario, conscientes de que mediante o mesmo acádase a eficiencia e garantízase a pervivencia da organización.\nEn relación coa confianza e a xestión dos conflitos, as persoas do NER Group consideran que se xestionan tratando de integrar todos os intereses existentes na organización e que cando xorde o conflito, actúase de forma inmediata para tratar de buscar a mellor solución para todas as persoas. Nas organizacións do NER Group, o conflito non se contempla como unha ameaza senón como unha oportunidade de aprender e crecer e a xestión do conflito non se entende en clave de vitoria senón en clave de integración de intereses (Mary Parker Follett, 1995). O conflito ten así carácter construtivo xa que a través do mesmo e a súa resolución créase algo novo, procúrase a mellor solución posible. Esta característica cultural do novo estilo de relacións (NER) enlaza co exposto a principios do século XX pola gran profeta da xestión Mary Parker Follett (1925) quen amosou moita máis sensibilidade cara a realidade das relacións na industria que, por exemplo, o seu contemporáneo Elton Mayo.\nA valoración que outorgan as persoas do NER Group ás características culturais da categoría ADAPTABILIDADE é moi positiva e favorece a percepción e xestión do conflito, xa que unha maior igualdade en salarios, na repartición dos beneficios, a seguridade de non despedimentos… fomentan e fortalecen a identificación e integración das persoas na organización, puidéndose afirmar que potencian e garanten a IMPLICACIÓN das persoas e dan CONSISTENCIA ao sistema de valores e trazos culturais característicos destas organizacións. Dado que o novo estilo de relacións (NER) baséase nas persoas, a posible aparición de conflitos nas relacións interpersoais é moito máis elevada que noutros modelos de xestión. Potenciais conflitos que non son entre as persoas e as organizacións senón entre as propias persoas que traballan en equipo nas organizacións. É por isto que a forma de recoñecer e xestionar os conflitos é un aspecto que forma parte do ADN destas organizacións, que máis aló de supoñer un problema, representa unha oportunidade de amosar na práctica unha forma diferente de desenvolver as relacións entre as persoas e de facer fronte aos diferentes conflitos que poidan xurdir. As persoas do NER Group manifestan estar comprometidas, ser responsables, sentirse confiadas e consideradas polas organizacións, todo o cal garantiza con alta probabilidade que o uso desta cooperación e compromiso sexan instrumentos útiles para a resolución de todo tipo de problemas nas organizacións."} {"summary": "Nos últimos anos multiplicáronse os esforzos a nivel mundial por favorecer o acceso aos servizos financeiros especialmente en determinados países e para determinados colectivos, incrementándose o interese pola construción de sistemas financeiros incluíntes.\nNeste trabajo analízase a inclusión financeira, estudando as súas diferentes dimensións, os beneficios que comporta, o seu carácter prioritario nos últimos tempos para multitude de organismos e os obstáculos ao seu desenvolvemento. Concretamente, centrouse a atención na súa evolución na rexión de América Latina e o Caribe, comprobándose que, en xeral, trátase dunha rexión cun acceso ao sistema financeiro en desenvolvemento e no que persisten aínda desigualdades no ámbito social. Porén, albíscase un potencial significativo de mellora froito especialmente da evolución tecnolóxica e do esforzo dos organismos implicados.", "text": "INCLUSIÓN FINANCEIRA: DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN EN AMÉRICA LATINA E O CARIBE\nSonia ORTIZ MONTES * Julia M. NÚÑEZ TABALES\n : Inclusión financeira/ América Latina e o Caribe/ Bancarización / Servizos financeiros.\nFINANCIAL INCLUSION: DIAGNOSIS OF THE SITUATION IN LATIN AMERICA AND THE\n1. Introdución\nA falta de acceso a servizos financeiros por parte de certos colectivos non é ningunha novidade e, malia que houbo certas entidades interesadas en prover de servizos financeiros a aquelas persoas que non tiñan facilidade de acceso, o certo é que, ata a entrada do novo século, a inclusión financeira (en adiante IF) non se considerou un obxectivo prioritario para os principais países e institucións, daí tamén a novidade da súa conceptualización (Roa, 2013). A partir de entón, o G20, gobernos e outros organismos relacionados comezaron a se interesar por que toda a poboación tivera acceso a estes servizos, ata o punto de que o Banco Mundial declarou como obxectivo conseguir que o acceso financeiro sexa universal en 2020 (Cámara e Tuesta, 2014).\n* Sonia Ortiz Montes, Universidade de Córdoba, Es2nutaj@Uco.Es, Julia M. Núñez Tabales, Universidade De Córdoba, Jnt@Uco.Es\nO certo é que a importancia adquirida pola materia débese á constatación das numerosas vantaxes que supón posuír un sistema financeiro incluínte, que non deixe segmentos de poboación illada. Outra das razóns da súa crecente relevancia foi o posible nicho de mercado atopado polas diferentes compañías financeiras nos segmentos de poboación excluídos do sistema.\nAdemais, a falta de suficiente literatura publicada relativa a este tema é outra das razóns pola que tamén se considerou de interese profundar nel. Namentres que para os países en desenvolvemento este tema non constitúe un motivo de preocupación, por ter acadado xa uns avances considerables neste ámbito, zonas como América Latina e o Caribe (en adiante LAC 1) seguen estando moi castigadas pola exclusión\nfinanceira á que se enfrontan grandes grupos de poboación, a pesar incluso de contar con economías fortes. Deste xeito, o obxectivo principal deste traballo é coñecer a inclusión financeira da área LAC e efectuar comparativas coas zonas desenvolvidas e datos medios mundiais. Así mesmo, efectuarase unha revisión do concepto, con referencia ás súas principais vantaxes, barreiras ao seu desenvolvemento, así como un recompilatorio dos principais organismos implicados na mesma.\n2. Inclusión financeira (IF): Visión xeral 1.1. Conceptualización\nConforme ao portal de microfinanzas do Grupo Consultivo para Asistir á Pobreza (Consultative Group to Assist the Poor –CGAP– en inglés), a IF dun país supón o acceso aos distintos produtos financeiros por parte da poboación de forma segura, axeitada e eficaz. O obxectivo principal da IF é posuír un mercado financeiro responsable que abranga toda a poboación cos menores custos posibles.\nPara a Comisión Nacional Bancaria e de Valores (CNBV) de México, a IF está definida polo acceso e uso de servizos financeiros formais, cunha regulación axeitada que protexa ao consumidor e motive a educación financeira para que toda a poboación poida ou teña a posibilidade de dispoñer deles.\nAsí mesmo, dende o Banco da Reserva da India defínese a IF como o proceso de garantir un acceso axeitado aos produtos e servizos financeiros que necesiten os grupos vulnerables como os sectores máis febles e grupos de baixos ingresos, a un custo razoable e xusto, unido á transparencia dos principais axentes institucionais participantes (Joshi, 2011). Os servizos financeiros completos abranguerían: a conta bancaria para realizar pagamentos e recibir cobros, produtos de aforro axeitados ás capacidades do cliente, 47 produtos de crédito, facilidades para realizar transferencias ou remesas de diñeiro, microseguros e micropensións. Pola súa banda, a Alianza para a Inclusión Financeira define a IF a partir de catro dimensións: o acceso, o uso, a calidade e o benestar (Roa, 2013). Considera o acceso como as capacidades para poder usar os servizos financeiros formais dispoñibles; o uso (ou profundidade) é o grao de utilización deses servizos e produtos financeiros (a cobertura ofrecida); a calidade fai referencia a se os atributos dos produtos e servizos se axustan ás necesidades dos clientes e se tiveron en conta as mesmas; e por último, o benestar é “o impacto positivo que un dispositivo ou servizo financeiro tivo na vida dos consumidores”. Así mesmo, o desenvolvemento das catro dimensións ten unha evolución ascendente que comezaría por dar acceso á poboación a unha serie de servizos pasando por distintas etapas evolutivas ata chegar ao benestar final que debe levar consigo o desfrute dos mesmos.\nEstes servizos ofrecidos e que contribúen á IF son xestionados por distintas entidades financeiras, as cales poden ser clasificadas do seguinte modo (Villacorta e Reyes, 2012):\n• Aquelas que están reguladas polo goberno: bancos, financeiras, cooperativas ou mutuas que ofrecen multitude de produtos aos seus clientes. • Aquelas que non están reguladas polo goberno: Organizacións Non Gobernamentais (ONG) que só ofrecen créditos e servizos secundarios dando apoio a eses grupos que aínda non puideran por calquera razón acceder ao sistema formal.\n1.2. Vantaxes da inclusión financeira\nPara constatar o beneficio que supón a IF para un país, vaise usar un informe publicado polo CGAP no que se detalla o impacto da inclusión financeira dende o punto de vista micro e macroeconómico (Cull et al., 2014).\na) Nivel microeconómico\nPara medir o impacto da IF neste nivel, usáronse ensaios controlados aleatorios. Os diversos estudos levados a cabo inducen a pensar que o impacto que produce o acceso a produtos financeiros cambia en función do produto financeiro en cuestión. Así pois, os resultados obtidos son:\n- Créditos : as pequenas empresas beneficíanse de ter acceso ao crédito e malia que a súa incidencia no benestar xeral da poboación non se observa nos estudos tan claramente, a longo prazo parece existir unha mellora do mesmo. - Aforro : aprecíanse resultados máis positivos ca nos créditos. Os fogares pobres sen mecanismos de aforro teñen máis complicado non gastar inmediatamente o seu efectivo. - Seguros : este produto axuda a reducir riscos e afrontar posibles crises. Se a poboación fai uso dos mesmos, o investimento tende a aumentar. - Pagamentos e diñeiro móbil : reduce os custos de transacción e axuda a diminuír os riscos dentro dos fogares, malia que non existe polo de agora base sólida para amosar como afecta ao benestar das poboacións máis pobres. b) Nivel macroeconómico Á vista dos resultados obtidos nas distintas investigacións, a IF (Villacorta e Reyes, 2012): - Facilita e reduce custos nas transaccións. Calquera cobro ou pagamento pode ver reducido o seu custo, facilitando deste xeitos o seu día a día. - Mellora a administración dos recursos pola poboación en xeral (grazas aos créditos e ao aforro). - Mellora a calidade de vida e o benestar dos seus usuarios. Esta mellora reverte en aspectos tales como a educación ou a saúde, xa que numerosos estudos confirman unha relación proporcional positiva entre unha alta inclusión financeira e unha mellora de niveis educativos e de saúde, entre outros beneficios.\n- Reduce a vulnerabilidade dos máis febles e, con iso, a desigualdade. Aquela parte da poboación residente en zonas rurais ou con niveis máis baixos de ingresos poden considerar mellorar a súa calidade de vida con axuda de produtos financeiros como o aforro ou como o crédito e ter acceso a aquilo que co seu soldo mensual non terían posibilidade de se permitir. - Aumenta os investimentos e a produtividade dos pequenos empresarios. As empresas poden facer fronte a novos desafíos, poden xurdir novos empresarios (incrementa o emprendemento) e ademais aumenta a demanda de man de obra por parte destas pequenas empresas. - Aumenta o desenvolvemento e estabilidade económica. Porén, poden existir excepcións de países que polas súas regulacións políticas e fiscais non vexan reflectida esta vantaxe na súa economía.\n1.3. Barreiras á inclusión financeira\nEntre as posibles barreiras que se poden atopar á inclusión financeira poderían citarse as seguintes (Tuesta, 2014):\n(cid:0) Socioeconómicas: como os ingresos, a confianza, barreiras relixiosas, culturais ou relacionadas cos custos. (cid:0) Microeconómicas: relacionadas coa eficiencia do sistema. (cid:0) Macroeconómicas: riqueza da economía ou estabilidade do sistema financeiro. (cid:0) Institucionais: informalidade ou fallos do control social.\nAsí mesmo, outra posible clasificación pódese realizar en función da orixe da barreira atopada, que pode ter como causa a oferta (institucións financeiras) ou a demanda (poboación).\nNo ano 2014 a base de datos Global Findex do Banco Mundial realizou unha enquisa ás persoas maiores de quince anos que non tiñan conta bancaria. Na Táboa 1 reflíctense as principais razóns esgrimidas para non ter unha conta bancaria, ao tempo que se realiza unha comparativa entre os resultados obtidos a nivel mundial e en LAC. A porcentaxe referida á falta de diñeiro como única barreira á hora de conseguir unha conta bancaria, crece no caso latinoamericano ata o 30% (fronte ao 16% da enquisa mundial).\nPrincipais organismos implicados\nNa actualidade existen numerosas institucións interesadas no aumento da inclusión financeira, tanto en América Latina como noutras áreas. Como organizacións que abordan este tema a nivel mundial ou, alomenos, rexional pódense citar entre outras as seguintes: A. Grupo Banco Mundial (GBM) e algunhas das institucións que o integran O GBM (The World Bank) é unha organización cuxa misión principal é a de acabar coa pobreza extrema e promover a prosperidade compartida. Á súa vez está composto por cinco institucións (Banco Mundial, 2016): o Banco Internacional de Reconstrución e\nFomento (BIRF), a Asociación Internacional de Fomento (AIF), a Corporación Financeira Internacional (IFC), o Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos (MIGA) e o Centro Internacional de Avío de Diferenzas Relativas a Investimentos (CIADI). É interesante destacar que para poder formar parte do Banco, os países deben primeiro adherirse ao Fondo Monetario Internacional (FMI), pero ademais, para poder ser membro doutras organizacións como o IFC ou o MIGA, primeiro hai que ser membro do BIRF. O GBM ademais, puxo en marcha o Marco de Apoio á Inclusión Financeira (FISF) en 2013 para acelerar e aumentar a eficacia das reformas e outras accións impulsadas polos países que axudan a acadar os obxectivos de inclusión financeira.\nB. Alianza para a Inclusión Financeira (AFI)\nEsta alianza, fundada en 2008, consiste nunha rede de bancos centrais, supervisores e outras autoridades reguladoras financeiras de máis de 90 países en desenvolvemento onde reside a maioría da poboación sen contas bancarias (AFI, 2016). Na zona LAC os países que participan dun xeito ou outro nesta Alianza son: Colombia, O Salvador, Ecuador, Paraguai, Brasil, Haití, Suriname, Trinidade e Tobago, México, Bolivia, Honduras, República Dominicana, Perú, Chile, Uruguai, Xamaica, Guatemala, Panamá, Nicaragua, Venezuela e Costa Rica.\n50 Este organismo procura formular políticas financeiras para interactuar e intercambiar coñecementos. Isto tradúcese nun maior intercambio de información co consecuente aumento de coñecementos e a posterior formulación e aplicación de políticas efectivas dos membros nos seus países. Como compromiso coa inclusión financeira asinouse a Declaración Maia no ano 2011 nunha reunión dos membros da AFI na Ribeira Maia (México) con motivo do Terceiro Foro Mundial sobre Políticas de Inclusión Financeira da AFI (AFI, 2011).\nC. Grupo Consultivo de Axuda á Pobreza (CGAP)\nComo describe a súa web, trátase dunha alianza global de 34 organizacións líderes que buscan mellorar a inclusión financeira nos países que máis o necesitan. Constituíuse oficialmente no ano 1995 coa participación de 10 membros doadores bilaterais e multilaterais (Mukherjee, 1998), pero actualmente está formada por organizacións como: a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), a Axencia Francesa de Desenvolvemento (AFD), o Banco de Desenvolvemento Africano (AfDB), o Banco de Desenvolvemento de Asia (ADB), o Banco Europeo de Investimento (EIB), a Comisión Europea, a Fundación Mastercard ou o Banco Mundial (The World Bank), entre outras.\nO CGAP desenvolve solucións innovadoras a través de investigacións e o compromiso activo cos provedores de servizos financeiros, políticos e financiadores. Ademais, creou o Portal de Microfinanzas no ano 2009 e constitúe unha fonte de información en español sobre a inclusión financeira facendo especial fincapé en temas de América Latina e o Caribe.\nD. Consello Nacional de Inclusión Financeira\nNo caso de LAC, os primeiros países que amosaron o seu interese na inclusión financeira foron México, Brasil e Colombia (Roa, 2013). En concreto, México foi o primeiro país en redactar informes sobre a inclusión financeira a través do Consello Nacional de Inclusión Financeira (CONAIF) creado no ano 2011 (CNBV, 2016).\nTrátase dun organismo pertencente á Comisión Nacional Bancaria e de Valores (CNBV) de México que se encarga dos traballos de consulta, asesoría e coordinación entre as distintas autoridades financeiras mexicanas cuxo obxectivo principal é xestionar e levar a cabo a chamada Política de Inclusión Financeira, que actualmente se está desenvolvendo e cuxa aprobación se espera que motive un sector financeiro inclusivo. Na Táboa 2 pódense comparar as distintas características de cada un dos organismos analizados.\n4. Análise cuantitativa de inclusión financeira\nA continuación procédese a caracterizar a inclusión financeira atendendo a catro criterios diferentes: a penetración -medida polo acceso á conta-, o modo de acceso e a disposición ao aforro e ao crédito 2. Pódense apreciar na Táboa 3 as cifras máis relevantes a nivel mundial, dos países con altos ingresos pertencentes á OCDE 3 e de América Latina e o Caribe (economías en desenvolvemento) 4.\n1.1. O acceso á conta\nA primeira característica que estuda a penetración dos servizos financeiros é a porcentaxe de adultos cunha conta. Pódese observar na Táboa 3 que a meirande parte dos adultos que posúen conta a teñen nunha institución financeira namentres que, as contas móbiles teñen unha presenza residual, malia que resulta previsible que nos vindeiros anos aumenten significativamente.\n52 Na zona LAC cabe destacar o progreso de 12 puntos porcentuais neste indicador durante o período analizado (51% en 2014 fronte a 39% en 2011), malia que existen aínda 210 millóns de persoas sen conta bancaria vivindo na rexión. Porén, a zona aínda está lonxe de acadar a penetración que existe a nivel mundial (62% en 2014) e máis aínda de chegar aos países con altos ingresos da OCDE que ofrecen un acceso case pleno (94%).\nEn canto ás desigualdades atopadas neste indicador por segmentos de poboación, pódese comprobar claramente que o grupo poboacional que queda máis desfavorecido é o de adultos que pertencen ao 40% de poboación máis pobre (acceso de só un 41% en 2014). Isto enlaza co exposto anteriormente cando se destacaba “a falta de suficiente diñeiro” como unha das principais barreiras que atopa a poboación á hora de abrir unha conta nunha institución financeira. Por outra banda, a fenda existente entre as mulleres ou a poboación das zonas rurais e o total de adultos con conta bancaria é cada vez máis estreita.\n1.2. Modo de acceso\nA forma de acceso da poboación á súa conta bancaria pódese analizar a través de moitas variables. En relación ao uso de cartas de crédito e de débito, pódese concluír á vista da Táboa 3 que a poboación maioritariamente elixe utilizar a carta de débito en lugar da de crédito.\nAsí mesmo, o uso das de crédito está algo máis extendido en Latinoamérica que no agregado mundial (4 puntos porcentuais de diferenza en 2014). Resulta chamativo o crecemento experimentado no uso de cartas de débito para as tres áreas analizadas. En canto ao uso de caixeiros para retirar diñeiro, os datos reflicten unha utilización dos mesmos moito máis elevada en LAC que a nivel mundial (71% fronte ao 51% en 2014), de feito as distancias se incrementan notablemente no período analizado –se en 2011 a fenda era de 9 puntos porcentuais entre ámbalas dúas rexións, en 2014 chega aos 20 puntos–. Considerando o dato anterior, cabería esperar o número de caixeiros por cada 100.000 adultos en LAC fora maior que a nivel mundial, pero sorprendentemente as cifras amosan que o número de caixeiros se mantén igual para ámbolos dous (3130), sendo o número de sucursais maior en LAC (14 sucursais por cada 100.000 adultos fronte a 11 no mundo). Por conseguinte, a proporción de caixeiros por cada sucursal é de 2, 1 en LAC e de 2, 8 no mundo.\n1.3. Disposición ao aforro\nO aforro ao que poida acceder a poboación tamén constitúe unha medida de penetración xa que, sendo importante que se lle ofreza cobertura a toda a poboación a través de contas bancarias, tamén resulta necesario cubrir as necesidades de aforro ou crédito que, en ocasións, poden non ser cubertas a pesar de contar con conta bancaria. Deste xeito, a porcentaxe de persoas que aforraron dun xeito ou outro creceu significativamente no intervalo de tempo estudado nas tres áreas analizadas, pero presentando unha diferenza moi importante coa porcentaxe que aforrou nalgunha\ninstitución financeira.\nA fenda resulta significativa ata no caso dos países de altos ingresos (71% en aforro total fronte a 52% en institución financeira). Por outra banda, a zona LAC posúe uns datos moi por debaixo da media mundial (cun 41% fronte ao 56% mundial de aforro xeral en 2014). Así mesmo, a porcentaxe de aforro en institucións financeiras é moi reducida (só do 13% en 2014 fronte a un 27% mundial).\n1.4. Disposición ao crédito\nO crédito tamén experimentou unha expansión, aínda que polo xeral menor ca do aforro. Esta variable, representativa tamén do grao de cobertura dos servizos financeiros xunto co aforro, presenta de igual maneira un baixo acceso a través de institucións financeiras en comparación co total.\nOs datos da Táboa 3 evidencian neste caso cifras moi próximas na porcentaxe de adultos con crédito a nivel mundial e a nivel da OCDE (en torno ao 40% en 2014). Porén, a devandita cifra diminúe na zona LAC, onde só 1 de cada 3 adultos posúe un crédito. A presenza do crédito en institución financeira reduce o dato considerado a un 18% a nivel da OCDE e a un 11% tanto en LAC como a nivel mundial.\n5. Conclusións\nAvances sociais como a redución das desigualdades ou o desenvolvemento económico sostible volvéronse prioritarios a nivel global nos últimos tempos. A inclusión financeira – IF– (definida brevemente como o acceso aos servizos financeiros de toda a poboación a un custo razoable e puidendo ter feito uso duns servizos financeiros de calidade que repercutan no benestar xeral), contribúe sen dúbida a acadar estos obxectivos.\nPara iso, é necesario que exista unha concienciación dos distintos organismos e axentes que interveñen no proceso para seguir unhas liñas de actuación xerais co obxectivo de acadar un sistema inclusivo -moi necesario para poder seguir avanzando en materia social e económica-.\nDe feito, constatouse que as barreiras sociais e microeconómicas son as principais causas de falta de inclusión financeira xeral, ademais a zona LAC presenta uns servizos máis ineficientes e caros que deixan excluída a poboación que desexaría formar parte do sistema.\nDende que o Banco Mundial creara a base de datos Global Findex, os datos mundiais en xeral e na zona LAC en particular sobre inclusión financeira foron mellorando con perspectivas de o seguir facendo nos vinderiros anos. Deste xeito, máis adultos teñen unha conta nalgunha institución financeira, estanse reducindo as diferenzas entre homes e mulleres (en LAC a diferenza é menor co dato mundial), entre zonas urbanas e rurais e entre os diferentes grupos de renda (neste caso as diferenzas en LAC superan a media mundial), pero, a pesar diso, seguen existindo notables diferenzas sobre as que hai que seguir traballando. Así mesmo, obsérvase un aumento xeneralizado do aforro, que pode gardar relación coas expectativas do consumidor perante a crise global experimentada pola sociedade que motivou unha tendencia ao mesmo que previamente non se estaba producindo e, evidentemente, tamén é atribuíble á entrada no sistema de poboación que estaba excluída.\nFinalmente cabe destacar que as novas tecnoloxías e concretamente a banca móbil, poden ser motor da inclusión financeira na zona nos vindeiros anos. Convén destacar a importante fenda que existe entre os usuarios de teléfonos móbiles (similares aos do mundo ou de economías de altos ingresos) e o acceso que hai ás contas bancarias. Por iso, existe unha oportunidade crucial de acadar a inclusión financeira da poboación ou, de alomenos, a que posúe este dispositivo, a través do que se coñece como banca móbil.\npanish.pdf ALIANZA PARA LA INCLUSIÓN FINANCIERA. (2016): http://www.afiglobal.org/whoweare [20/9/2016] BANCO MUNDIAL (2016): Base de datos: Global Findex. Obtenido de http://databank.bancomundial.org/data/reports.aspx?source=globalfindex-(basede54 datossobre-lainclusi%C3%B3nfinanciera-enel-mundo)&Type=TABLE\nBANCO MUNDIAL (2016): http://www.bancomundial.org [11/10/2016]\nRevista Galega de Economía: http://www.usc.es/econo/RGE/banvidag.htm"} {"summary": "“EmocionadXs” (Permuy, 2013), nomea un proxecto de educacióncoeducación das emocións para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), desenvolto durante tres cursos académicos no Instituto “Xulián Magariños” de Negreira, unha pequena localidade semi rural da provincia de A Coruña.\nNeste artigo expóñense algúns dos resultados de dito proxecto, co fin de evidenciar os efectos da educación das emocións nas relacións de convivencia no centro. Así, apoiándose nas testemuñas de persoal docente chave, o estudo manifesta a necesidade e pertinencia de deseñar e implementar accións de carácter socioeducativo, enfocadas á promoción dun desenvolvemento emocional saudable no alumnado.\nA investigación confirma que a educación das emocións contribúe a crear oportunidades de aprendizaxe compartida entre a rapazada, a través de experiencias e vivencias motivadoras, emocionantes e significativas; implicando ás persoas, dun xeito explícito, no seu propio proceso de desenvolvemento, tanto persoal como grupal. Neste senso, para a creación de contextos de convivencia positiva, parece imprescindible ter presentes a dimensión emocional e social do individuo, pero tamén dos grupos. Como afirmaba Paulo Freire “a Educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo”. Por iso, a transformación social, cara unha cultura de paz, depende en gran medida de aprenderse como suxeito emocional e social, en interacción coas outras persoas e as súas emocionalidades; e\npor tanto, aprenderse como individuo pensante e sentinte, responsable da propia vida e da vida en comunidade. “EmocionadXs” (Permuy, 2013) é unha experiencia deseñada e implementada desde o Seminario de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU), do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.", "text": "A COEDUCACIÓN DAS EMOCIÓNS COMO ESTRATEXIA CHAVE PARA A PROMOCIÓN DA CONVIVENCIA POSITIVA: A EXPERIENCIA “EMOCIONADXS” DO IES “XULIÁN MAGARIÑOS” (NEGREIRA) THE EDUCATION OF EMOTIONS AS A KEY STRATEGY FOR THE PROMOTION OF POSITIVE COEXISTENCE: THE EXPERIENCE “EMOCIONADXS”, DEVELOPED AT “XULIÁN MAGARIÑOS” INSTITUTE (NEGREIRA)\n: educación das emocións, emocións, coeducación, convivencia positiva.\nSeminar of Emotionality, Gender and Human Development (EXDEHU, in its acronym in Galician), of the Institute of Sciences of the Education of the University of Santiago de Compostela. Key words: education of emotions, emotions, coeducation, positive coexistence.\n1. INTRODUCIÓN\nEste artigo recolle parte dos resultados dunha investigación máis ampla, enmarcada nun proxecto de tese de doutoramento, sobre a educacióncoeducación das emocións como estratexia para a promoción do desenvolvemento integral non sexista do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), nun centro educativo da Comunidade Autónoma Galega, o IES “Xulián Magariños” de Negreira.\nTrátase dun estudo de caso que, desde a súa validez ecolóxica, pretende poñer de manifesto as bondades de levar ás aulas de Secundaria, accións enfocadas ao desenvolvemento e adestramento das competencias emocionais, tanto para as persoas, individualmente, como para os grupos e, por tanto, para a convivencia.\nNeste senso, “EmocionadXs” (Permuy, 2013) aspira a fomentar o desenvolvemento desas competencias emocionais e sociais no alumnado da ESO, potenciando o empoderamento da rapazada\nparticipante. Para a construción de identidades auténticas, equilibradas e responsables, favorece cuestionarse o propio ser, desbotando os estereotipos e os encargos asociados aos distintos xéneros, e que se derivan do sistema sociocultural patriarcal.\nAsí, a particularidade de “EmocionadXs” (Permuy, 2013), dentro das accións existentes dirixidas ao desenvolvemento emocional, é o seu enfoque coeducativo no traballo coas emocións. Un enfoque que revirte non só na forma de abordar os contidos, senón tamén á hora de definir os obxectivos da intervención, deseñar as ferramentas, aplicar as actividades, analizar os resultados, etc.\nDelimitar e xustificar o concepto de educación das emocións será esencial para entender así as finalidades do proxecto e os seus resultados, pero ademais, a relación entre a propia educación das emocións e a convivencia positiva.\nPorén, antes de abordar esta conceptualización, é pertinente sinalar que “EmocionadXs” (Permuy, 2013) fundaméntase, entre outras, na necesidade contemporánea de aprender a convivir en benestar, xa que, como indican Valdemoros e Goicoechea (2012, p. 11), “a educación para a convivencia constitúe unha aprendizaxe necesaria na sociedade actual do século XXI.”\nDeste xeito, sabendo que as competencias emocionais serven para favorecer e mellorar as nosas relacións intra e interpersoais, pódese afirmar que o traballo para o seu desenvolvemento resulta imprescindible, xa non so para a convivencia escolar, senón para a vida en sociedade. E xa que estas competencias teñen unha incidencia directa sobre os procesos de convivencia entre as persoas, estaríase afirmando así que a educación das emocións pode entenderse como unha educación para a vida.\n2. CONTEXTUALIZACIÓN: EDUCACIÓN DAS EMOCIÓNS E CONVIVENCIA POSITIVA NO IES “XULIÁN MAGARIÑOS” DE NEGREIRA\nNegreira forma parte dunha bisbarra eminentemente rural. A agricultura, a gandería e o comercio son as súas principais fontes de riqueza. As remesas da emigración, a man de obra na construción, pequenos obradoiros e unha factoría de agroindustria -a Cooperativa Feiraco-, completan os fíos do seu tecido económico.\nNeste contexto sitúase o Instituto de Ensinanza Secundaria “Xulián Magariños”, no Concello de Negreira, na provincia de A Coruña. Como centro educativo nace no ano 1981, en forma de Colexio Municipal Homologado de Bacharelato, pasando despois a ser IESP e finalmente IES.\nActualmente impártense ensinanzas dos catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e os ciclos formativos de Grao Medio de Comercio, Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, e ademais, a Formación Profesional Básica, na especialidade de Comercio, para un total de máis ou menos 400 alumnos e alumnas, e contando para isto con 50 docentes.\nNo relativo ao traballo pola convivencia, o “Xulián Magariños” é un centro exemplar no territorio autonómico; precursor na inclusión de poboación estranxeira, concretamente a e orixe norteafricano, ten acadado importantes éxitos na posta en marcha de diferentes accións e actividades\nde promoción da convivencia positiva e saudable na súas aulas.\nNeste senso, conta cunha longa e significativa experiencia en mediación entre iguais, unha estratexia chave para o fomento desta convivencia positiva, tendo no seu centro un dos servizos de mediación escolar máis consolidados do panorama actual, non so polo seu percorrido histórico, senón tamén pola súa eficacia. Tamén forma parte doutras experiencias educativas innovadoras, a favor do benestar e a convivencia, como a Titoría entre Iguais (TEI), sendo parte imprescindible do Grupo de Traballo “TEI Galicia” do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais conta cun dos primeiros proxectos de educación emocional e social para a Educación Secundaria Obrigatoria da nosa Comunidade, recoñecido na IV convocatoria de Proxectos Escolares Educabarrié, da Fundación Barrié de la Maza.\nNo seu percorrido ten acumulados moi variados e importantes premios, especialmente no tocante á produción audiovisual de materiais educativos, creados e realizados polo seu alumnado, e relacionados tamén con temas vencellados á convivencia positiva. Este é o caso do segundo premio do Parlamento de Galicia 2015 pola curta “Amar é sinónimo de respectar”, pola que tamén acadou un accésit no Festival de Cine Escolar Olloboi, no curso 2014/2015, e no Festival de Cine Internacional de Ourense 2015.\nDeste xeito, como se pode ver, o “Xulián Magariños” conta con diversas iniciativas, de variadas temáticas, pero sempre na liña da mellora da convivencia e da innovación educativa; tamén son exemplo destas accións o seu Proxecto de Aprendizaxe e Servizo e a organización, xunto con outros centros educativos galegos, dos Encontros Anuais para unha Convivencia Positiva, que xa van pola súa quinta edición.\nEstas actividades son os produtos dunha comunidade educativa tremendamente activa e dinámica que, eficazmente guiada, tanto pola dirección do Centro como polo Departamento de Orientación, procura estar sempre á vangarda educativa.\nAsí, coa clara intención de traballar arreo pola promoción da convivencia positiva, desde unha perspectiva de innovación e transformación social, iniciou a súa colaboración co Seminario Permanente EXDEHU, para levar ás súas aulas a experiencia de educación das emocións “EmocionadXs” (Permuy, 2013).\n3. MARCO TEÓRICO DA EDUCACIÓN DAS EMOCIÓNS\nA educación das emocións emerxe como resposta ante as esixencias da sociedade contemporánea, pero ademais, ante a necesidade eminentemente humana de perseguir o benestar subxectivo. Enténdese como un proceso permanente, -presente ao longo de toda a vida-, e continuo, -en constante construción-, que pretende potenciar o desenvolvemento integral das persoas, poñendo o foco da súa acción nos ámbitos emocionais e sociais da identidade.\n3.1. Delimitación conceptual da educación das emocións\nA educación das emocións, dentro das ciencias da afectividade, pode definirse como un corpo teóricopráctico nacido da combinación entre a educación emocional, a perspectiva de xéneros e a coeducación (Berastegui e Permuy, 2017). Refírese a un proceso, continuado e permanente, que serve para acadar un desenvolvemento humano integral, equilibrado e libre; ou o que é o mesmo, un desenvolvemento humano equilibre (termo que se agradece a Rosa Sanchís, xurdido no contexto dunha conversa sobre as emocións no ano 2016).\nA educación das emocións cobra todo o seu sentido no marco sociocultural contemporáneo porque se presenta como unha práctica coeducativa andróxina que permite ás persoas desenvolverse, nos seus ámbitos emocional e social, liberadas dos encargos (cognitivos, emocionais e comportamentais) herdados do sistema patriarcal e impostos a través dos estereotipos e roles de xéneros; encargos que, claramente, condicionan tanto a vida como as relacións e a convivencia.\nPorén, á marxe destes condicionantes socioculturais, todas e todos somos seres emocionais;\nde feito, en palabras de Mora (2014, p. 14): A emoción é ese motor que todos levamos dentro. Unha enerxía codificada en certos circuítos neuronais localizados en zonas profundas do noso cerebro (no sistema límbico)\nque nos move e nos empurra «a vivir», a querer estar vivos e en interacción constante co mundo e con nos mesmos.\nDeste xeito, as emocións, afectan aos pensamentos, pero tamén ás condutas, mediatizadas pola carga cultural á que están asociadas. E adoitan provocar unha forma concreta de comportamento, tal e como afirma Bisquerra (2009): móvennos á fuxida, ou ben á confronta. Así, ante unha emoción so se poderán dar dous tipos de resposta: o bloqueo (ou negación), ou ben o afrontamento (ou aceptación).\nTeña a natureza que teña a emoción (positiva, negativa, ambigua ou estética), sempre terá algunha función, e por iso debería poder experimentarse con total liberdade, sexa un socializado varón, ou unha socializada muller; buscando o xeito de aproveitar o seu impulso, esa enerxía motora que proporciona, ao noso favor. De feito, segundo Bisquerra (2009), algunhas das funcións que teñen as emocións para a vida están relacionadas con esa forza motivadora das condutas, con que funcionan como elementos de adaptación á contorna, informan, alterando o equilibrio orgánico (por exemplo, ante un perigo), e serven ademais para comunicar ao mundo exterior o que nos está a pasar por dentro, e incluso para influír nas demais persoas.\nNeste senso, as emocións, desde a súa diversidade práctica, adoitan xogar un importante papel no desenvolvemento persoal e no benestar, individual e colectivo.\nAs emocións aféctannos globalmente, actuando de formas distintas en cada persoa (provocando comportamentos e pensamentos máis ou menos adaptativos, segundo o caso); e por iso é tan importante o desenvolvemento das competencias emocionais, porque fan posible a xestión eficaz destas emocións. “As emocións son como os piares básicos sobre os que repousan case todas as funcións do cerebro” (Mora, 2012, p.18), de aí o imprescindible de aprender a empregalas a favor do benestar, coa conciencia de que sempre se experimentan baixo as influenzas da sociocultura, tanto no tocante á atribución de sentido, como no que respecta á autopercepción sobre as posibilidades de expresión.\nA educación das emocións materialízase por tanto nun proceso de reflexión dialóxica, toma de conciencia, asunción da responsabilidade, aprendizaxe e ensino; que se sucede seguindo estas fases, sucesivamente, nun tránsito constante adianteatrás.\nDitas fases vanse sucedendo a medida que se adquiren e desenvolven as competencias emocionais; concretamente, as que se recollen no modelo pentagonal de competencias emocionais de Bisquerra e Pérez Escoda (Pérez Escoda, 2016): a conciencia emocional, a regulación, a autonomía emocional, a competencia social e as competencias para a vida e o benestar.\nPara lograr a adquisición e o adestramento destas competencias, a educación das emocións, como se comentaba anteriormente, estrutúrase a partir dunha serie de fases: reflexión dialóxica, toma de conciencia, asunción da responsabilidade, aprendizaxe e ensino.\nO inicio do proceso comeza na reflexión dialóxica entre a persoa (alumno/alumna), o grupo, os contidos e a persoa formadora. Nesta fase prodúcese a toma de contacto coa temática, a partir dunha mirada introspectiva sobre o significado de sentir e sentirse na propia vida. Esta reflexión será a que dea paso ao seguinte momento do proceso, a toma de conciencia. A persoa recoñécese, no aquí e no agora, como suxeito de emoción, construída a partir de valores, crenzas e estereotipos, nesgada polo marco sociocultural no que se atopa inserida. Neste punto xoga un papel fundamental a perspectiva de xéneros, facendo posible unha conciencia moito máis auténtica e realista sobre a emocionalidade e a identidade. Seguindo a Permuy e Méndez (2016), o sistema patriarcal inflúe nos modelos de pensamento e comportamento de todas as persoas, “establecendo” diferentes arquetipos (intelectuais, profesionais, afectivos, emocionais e comportamentais), socialmente aceptables, aínda que non todos ni para todo o mundo. Porén, no imaxinario social existen pensamentos, pero tamén condutas e “formas de ser”, eminentemente masculinas ou femininas que limitan a nosa forma de performar tanto a identidade como a emocionalidade.\nEsta fase do proceso da educación das emocións permite desenvolver unha conciencia emocional que cuestiona explicitamente estes estándares do patriarcado, facilitando a entrada á seguinte fase, -de asunción da responsabilidade-, dun xeito máis contundente.\nEsa responsabilidade ven dada a partir da comprensión que provocan o autocoñecemento e a reflexión sobre un/unha en relación co mundo. O que se pretende é motivar un posicionamento o máis libre posible fronte a propia vida, a adopción dunha actitude de presenza e poder conscientes. Aquí serán a autonomía e a regulación emocional as competencias que se desenvolvan, pois permiten chegar a ese estado de responsabilidade e vontade sobre o que se sinte, e sobre como ese sentir se traduce en acción.\nEste estado será o que permita adquirir as aprendizaxes relativas ao que un/unha é, ao que sinte e ao que desexa, para si e para as outras persoas; pero ademais, fará posible chegar a un punto no que se teñan adquirido esas competencias (conciencia, regulación e autonomía emocional) que contribúan a unha mellor relación cun/cunha mesmo/a, pero tamén co mundo.\nEstas aprendizaxes darán paso á entrada na fase de ensino, que chega cando se poñen en interacción as propias aprendizaxes coas das demais persoas. Un ensino que so será posible a partir de comportamentos coherentes, positivos e saudables, nos que se apliquen unhas habilidades sociais axeitadas para a construción do benestar persoal e comunitario. Nesta fase, por tanto, desenvólvense tanto a competencia social como as competencias para a vida e o benestar.\nÉ importante indicar que o procedemento da educación das emocións non é lineal, nin unidireccional, senón que se integra na persoa e no grupo, adaptándose á súa vivencia durante todos os momentos nos que se aplica.\nComo se pode deducir, a educación das emocións está relacionada de forma interdependente coas estruturas morais do pensamento e do comportamento, cos valores e coas crenzas individuais e culturais. Consiste nunha experiencia educativa que estimula a autoobservación fronte a todo ese sistema construído en interacción coa sociocultura e que, como se ten indicado, é claramente patriarcal.\nAsí, a educación das emocións é unha práctica que se aplica sobre todas as dimensións do “ser”: sobre o pensar, sobre o facer e sobre o sentir; dimensións que se transforman en funcións humanas integradas e holísticas. “Cando sentimos, pensamos e actuamos; cando actuamos, sentimos e pensamos; e cando pensamos, sentimos e actuamos. Por que? Porque os humanos raramente so sentimos, so pensamos ou so actuamos” (Ellis e MacLaren, 2004, p. 11). Neste sentido, a educación das emocións diríxese ao desenvolvemento das competencias emocionais e sociais, tendo presente a perspectiva de xéneros e facendo posible que as persoas se constrúan desde identidades (cognitivas, comportamentais e emocionais) alternativas e ambiguas, respecto da norma, se así o desexan. Significa desenvolverse ao marxe da caracterización cultural que afecta ao ser (en canto a súa esencia feminina ou masculina).\nA vida, tal e como se comprende nesta época contemporánea, evidencia o imprescindible de educar as emocións desde esta perspectiva de fomento da igualdade de oportunidades (emocionais e sociais) para todas as persoas. E máis especificamente, a necesidade deste tipo de educación que empodera aos individuos, facendo posible o desenvolvemento do seu máximo potencial (persoal, académico, familiar...) alá onde a súa vontade lles leve, lonxe das expectativas socioculturais patriarcais que se viven como obrigas implícitas.\n3.2. Xustificación da educación das emocións na etapa da ESO para a promoción da convivencia positiva\nA educación das emocións xorde como complemento imprescindible ás ensinanzas desenvoltas nos sistemas de educación formal. A súa aparición xustifícase a partir das necesidades sociais que non se atopan atendidas dun xeito máis explícito desde a escola.\nNeste senso, tomando como referencia os principais problemas que preocupan á sociedade española, segundo os datos do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) (2016), por orde de prioridade, poden atoparse: o desemprego, a corrupción, o fraude e, en xeral, os problemas de índole económica.\nPero ademais, entre estas problemáticas máis destacadas, tamén aparecen como focos de preocupación: a sanidade, os problemas sociais, a educación, a inseguridade cidadá, a violencia contra as mulleres, o consumo e venta de drogas...\nSen dúbida, algúns destes fenómenos teñen un claro compoñente emocional, estando vencellados, en moitos dos casos, a procesos de vulnerabilidade, dificultades para a regulación emocional, carencia de autonomía ou baixa autoestima, como ocorre por exemplo nos casos de consumo de drogas ou nos comportamentos violentos.\nDesde os contextos educativos formais non se consegue atender a estes asuntos e por iso, a educación das emocións, entendida como unha educación para a vida, emerxe co obxectivo de atender estas necesidades relacionadas cun desenvolvemento persoal integral, saudable e equilibrado.\nNa actualidade, como reflexiona Lladó Moreno (2012), vivimos tempos nos que se están a producir fortes diferenzas culturais, distintos tipos de familias e modelos de comportamento social moi variados. A influenza da publicidade e dos medios de comunicación de masas é esaxerada; igual que a tendencia a un individualismo radical que, acompañado de habituais cambios de residencia, favorecen o illamento das persoas, deixándoas á marxe de posibles redes sociais de apoio, ou tecidos afectivos significativos.\nE por riba, son tempos hiperinformados. Os discursos sobre a infancia e a xuventude, e todo o que lles afecta, proliferan, así como a literatura sobre as estratexias para o afrontamento das dificultades que comportan estas etapas evolutivas; o que non implica que exista unha información máis rigorosa ou de utilidade. Poderíase dicir que hai moitos e diferentes discursos, pero pouco coñecemento.\nNesta situación de globalización e capitalismo, parece inevitable que suframos a desigualdade, cada vez máis intensamente; o paradigma dunha equidade na educación está lonxe de ser unha realidade. Así, a educación das emocións, entendida como ese corpo teóricopráctico, enfocado cara á liberación e o desenvolvemento do máximo potencial emocional e social das persoas, emerxe como unha alternativa metodolóxica e de contidos tremendamente interesante para dar resposta, de forma eficaz, a estas esixencias da vida contemporánea.\nA educación das emocións nace, por tanto, como unha medida educativa innovadora enfocada, seguindo a Berastegui (2016), a:\n- Promover a saúde emocional e mellorar as relacións sociais. - Resolver conflitos e contradicións intrapersoais, potenciando o autocoñecemento e o recoñecemento. - Promover o desenvolvemento de competencias emocionais, atendendo ao desenvolvemento da personalidade integral das persoas (sobre todo na infancia e na xuventude). - Mellorar o clima convivencial da aula e do centro, diminuíndo a conflitividade. - Orientar á infancia e á xuventude no tránsito á vida profesional e adulta, reducindo as situacións de fracaso escolar e ou risco de exclusión.\n- Afianzar o apoio emocional no profesorado, promovendo emocións positivas nos procesos de aprendizaxe.\nPor tanto, a educación das emocións actúa como unha ferramenta de prevención primaria, aplicándose a toda a infancia e xuventude, sen ter en conta os diferentes niveis de risco. Consiste nunha intervención dirixida á promoción da saúde e o benestar; unha forma de prevención que pretende minimizar, dentro do posible, a aparición de factores ameazantes (entendidos como circunstancias ou situacións que aumentan as probabilidades de que se produza unha dificultade ou problemática na vida dunha persoa). Pero ademais, ao falar de educación das emocións como prevención primaria, faise referencia a unha acción que ten por obxectivo preparar aos individuos e aos grupos para reaccionar de forma eficaz e saudable ante situacións de perigo para o seu equilibrio e benestar.\nEste enfoque para a fundamentación da educación das emocións, entendida como resposta ante as necesidades sociais desatendidas desde a escola, é o habitual. Porén, deixando a unha marxe todos eses factores ameazantes, para o individuo e para o grupo, que se deben previr empregando a educación das emocións, parece interesante abrir a perspectiva, especialmente cando se pensa nesta intervención na Educación Secundaria Obrigatoria.\nAsí, recorrendo á filosofía atópanse interesantes reflexións, relacionadas co sentido da vida, a construción da identidade responsable e libre, e a busca da felicidade, que parece pertinente incorporar, aínda que sexa dun xeito superficial, como outro dos elementos fundamentais que xustifican a incorporación da educación das emocións ás aulas de Secundaria.\nA filosofía destaca á persoa, ao ser humano, como creadora do significado da súa propia vida. Como recolle Astrada (1949, p. 350) “a filosofía debe ter por obxecto a existencia do home, tomado integralmente”. Dentro desta ciencia, a corrente existencialista, desenvolta entre os séculos XIX e XX, defende que cada persoa compón unha integridade libre por si mesma; o pensamento fai que a persoa sexa libre e sen liberdade non hai existencia. Así, preséntase unha clara busca do sentido da vida e da existencia a partir da individualidade feita emoción, acción, decisión e responsabilidade.\nA conciencia sobre unha existencia concreta no mundo, nun momento e nun espazo específicos e determinados, é un dos elementos constitutivos do ser. E aínda sabendo que esta existencia é arbitraria, un capricho, como diría Sartre (2009), estamos na obriga de padecer e xestionar emocións, positivas e negativas, ao igual que sentimentos, positivos e negativos. Isto é parte esencial da condición humana, vivir condenados/as a existir, decidindo como, aínda sen saber que facer, que pensar ou cara a onde ir en moitas ocasións. De aí que a vida teña sentido na medida en que cada persoa decida atribuírllo.\nCada individuo é quen debe atopar o para que da súa propia existencia, reflexionaba Kierkegaard (18131855) pai do existencialismo, pois a maior responsabilidade do ser humano radica en vivir a súa propia vida, con paixón e honestidade, porén das adversidades que poidan presentarse.\nEn consonancia con estes presupostos, e dentro das ideas defendidas polo feminismo filosófico de Emilie du Châtelet, xa no século XVIII, no seu Discurso sobre a felicidade, atópanse\nargumentos que permiten xustificar a educación das emocións, como unha ferramenta para moito máis que responder ás necesidades sociais da adolescencia.\nA educación das emocións serve, ademais de para previr, para contribuír á toma de conciencia sobre o poder que ten cada persoa para definir o sentido da súa vida, e enfocalo, ou non, cara a construción do benestar subxectivo individual e comunitario. Nas propias palabras de Emilie du\nChâtelet (1996, pp. 9596):\nAnticipemos unhas reflexións que se fan cando xa é demasiado tarde; aqueles que as lean atoparán nelas o que a idade e as circunstancias da súa vida lles ofrecerían con demasiada lentitude. Impidamos que perdan unha parte do tempo precioso e escaso do que dispoñen para sentir e pensar, e que deban empregar en calafatear o barco momentos que lles servirían para procurarse os praceres que lles pode deparar a navegación. Para ser felices, debemos desfacernos dos nosos prexuízos, ser virtuosos, gozar de boa saúde, ter inclinacións e paixóns, ser propensos á ilusión, e ai dos que a perdan! En lugar de tratar de facela desaparecer mercé ao facho da razón, tratemos de engrosar o verniz que deposita sobre a maior parte dos obxectos; é aínda máis necesario do que o son para os nosos corpos os coidados e o ornato. “Preservémonos da ambición e, sobre todo, saibamos ben o que queremos ser; decidamos o camiño que queremos tomar para pasar a nosa vida e tratemos de sementalo de flores flores”\n(Châtelet (1996., p. 118).\nDurante a Secundaria, en plena adolescencia, a xuventude atópase nun momento vital crucial para a construción da súa identidade persoal. A educación das emocións nesta etapa, ademais de pola necesidade de previr posibles desordes ou comportamentos de risco e problemas de convivencia, como se ten insistido, será fundamental polo funcional da súa acción para a cimentación da personalidade e a promoción de escollas libres e atentas na configuración do proxecto vital.\nNeste senso, a educación das emocións trabállase como unha ferramenta ao servizo do coñecerse, recoñecerse e relacionarse; contribúe á toma de conciencia do que un/unha é, do que desexa ser e como quere vivir e convivir. Así, e dun xeito innegable, axuda a maximizar as oportunidades de adaptación social, facendo posible que cada persoa asuma a responsabilidade sobre a súa propia vida, consigo mesma pero tamén coa súa comunidade.\n4. DESEÑO DA INVESTIGACIÓN\nEsta investigación, no marco do proxecto de tese de doutoramento, contempla a complementariedade metodolóxica, combinando o enfoque cuantitativo e o cualitativo. Deste xeito, procúranse sumar as potencialidades destas dúas perspectivas, compensando as limitacións que presentan aplicadas por separado (Cea, 1997). Porén, no caso que nos ocupa, farase referencia a unha das partes cualitativas do estudo.\nCo obxectivo de afondar nos discursos e narrativas, entre outros, sobre dos efectos da educación das emocións na convivencia escolar, realizouse un cuestionario de pregunta aberta, destinado ás dúas persoas do persoal docente máis involucradas no desenvolvemento do proxecto, durante os seus tres anos de duración.\nA avaliación que se presenta é tan só unha parte da totalidade da avaliación do proxecto “EmocionadXs” (Permuy, 2013).\n4.1. Obxectivos\n- Presentar as opinións e reflexións do persoal docente máis involucrado no desenvolvemento do proxecto “EmocionadXs” (Permuy, 2013). - Recoller datos sobre os efectos do proxecto, percibidos por este persoal docente. - Poñer de manifesto a relación entre a educación das emocións e a convivencia positiva. - Facer explícita a necesidade de incorporar accións de educación das emocións para o desenvolvemento integral non sexista do alumnado e a promoción da convivencia positiva nos centros educativos.\n4.2. Procedemento\nDeseñouse un cuestionario ad hoc, composto por cinco preguntas abertas, para recoller as percepcións do persoal docente.\nConcretamente, propuxéronselles as seguintes cuestións:\n1. Como describirías o proxecto “EmocionadXs”, despois destes tres anos? 2. Que aporta este Proxecto ao alumnado participante, individual e colectivamente? 3. Cal é a túa percepción do que significou a experiencia “EmocionadXs” para os grupos participantes? E para o Centro? 4. Para ti, que significou participar neste Proxecto, persoal e profesionalmente? 5. Outros comentarios. O instrumento aplicouse a unha titora e á orientadora, ao remate da intervención, durante a avaliación final. Aínda sendo un cuestionario anónimo, recolle datos respecto da idade, o cargo e a antigüidade no Centro das profesionais.\nA análise do contido, baseado nas respostas destas docentes, así como a súa codificación, levouse a cabo mediante unha priorización da metodoloxía indutiva na construción de categorías (Boyatzis, 1998).\n5. RESULTADOS\nPara analizar os efectos da educación das emocións, entre outros aspectos, sobre a convivencia no centro, púxose o acento nesta parte cualitativa da avaliación final.\nEsta análise sobre as reflexións do persoal docente aportou argumentos que sustentan a necesidade de incorporar este tipo de actividades aos programas de promoción da convivencia positiva e de educación para a paz.\nNa cuestión “que aporta este Proxecto ao alumnado participante, individual e colectivamente?”, as docentes fan referencia a un efectivo desenvolvemento de competencias emocionais como a conciencia, a regulación e a autonomía emocional, ademais de ás competencias sociais:\n- Conciencia emocional: “Son capaces de poñerlles nome, empatizar cando son as doutras persoas”. - Regulación e autonomía emocional: “Xestionar ou colaborar de forma positiva na súa xestión”. - Autonomía emocional: “Proporciona ao alumnado a posibilidade de ser e estar dun xeito diferente, xestionando de xeito saudable as súas emocións e as alleas, nomeándoas e resolvendo os seus problemas dende o respecto a si mesmos/as e as demais persoas”, “Dentro do centro educativo convertéronse nunha promoción admirada e respectada polo seu comportamento, o seu optimismo e o seu compromiso e o seu nivel de esixencia\nConciencia emocional QUE APORTA ESTE PROXECTO AO ALUMNADO PARTICIPANTE?\ntamén é maior ca o doutras promocións, probablemente porque saben mellor identificar quen son, que senten e que desexan. Aínda así, con facilidade comprenden e respectan outros puntos de vista, iso si, sen deixarse manipular ou convencer con facilidade”, “Son persoas moi activas nas actividades educativas e culturais”. - Competencias sociais: “Do punto de vista individual é máis complicado falar de cada unha delas e de cada un deles, as súas circunstancias son ben diferentes, como tamén o son os seus intereses. Porén, a individualidade, en xeral, deixa paso con certa facilidade ao grupo. Son, senten, funcionan e móvense como gran grupo definindo obxectivos comúns e negociando internamente a súa consecución. Iso convérteos en moi fortes dentro do centro educativo ou aló a onde vaian”.\nNa pregunta sobre “cal é a túa percepción do que significou a experiencia “EmocionadXs” para os grupos participantes? E para o Centro?”, as docentes insisten na consecución do desenvolvemento das competencias emocionais no alumnado, pero tamén a incorporación da educación das emocións á labor docente, como un aspecto imprescindible, e a mellora da convivencia no centro.\nenerxía diferente e contaxiosa que, entre outras moitísimas cousas, favorece o clima da aprendizaxe.” - Inclusión da educación das emocións na labor docente: “Supuxo un soporte perfecto para xestionar as emocións do alumnado, un ámbito para o que o claustro non estamos formados. Sen dúbida, foi a descuberta da educación emocional e do imprescindible que é no noso labor docente”. - Mellora da convivencia no centro: “Para o centro, unha mellora da convivencia”.\n6. CONCLUSIÓNS\nAo gallo dos resultados obtidos, a través desta parte da avaliación do proxecto, analizando as informacións recollidas sobre a perspectiva docente, pódese concluír que a educación das emocións\nCAL É A TÚA PERCEPCIÓN DO QUE SIGNIFICOU A EXPERIENCIA “EMOCIONADXS”? Desenvolvemento das competencias emocionais do alumnado Inclusión da educación das emocións no labor docente Mellora da convivencia no Centro contribúe ao desenvolvemento de competencias emocionais e sociais favorables á creación de contextos de convivencia positiva, como son a conciencia e a regulación emocional, a autonomía e as competencias sociais. Por tanto, considérase pertinente poñer en valor este tipo de actuacións como estratexias chave para a promoción tanto da convivencia positiva como da educación para a paz.\nCando unha persoa se sinte en benestar consigo mesma, porque sabe identificar e regular as súas emocións, se coñece, se acepta, vive con responsabilidade as súas decisións, trata con respecto e afecto ás demais persoas, comunícase e negocia con empatía e asertividade, etc., o contexto no que se atope inserida, sen dúbida, será moito máis pacífico, positivo e saudable que se a situación fose a contraria. Así, que as persoas cheguen a desenvolver e mellorar as súas competencias emocionais, sen dúbida, afectará ao clima dos grupos nos que se relacionen.\nNeste sentido, nas repostas das docentes poden apreciarse reflexións que reflicten unha mellora do alumnado no tocante ás súas relacións tanto intra como interpersoais, grazas ao desenvolvemento das súas competencias emocionais; ademais, quedou manifesto que esta mellora no alumnado afectou, construtivamente, a outros grupos, e tamén á dinámica do centro.\nIsto permite valorar moi positivamente a pertinencia e necesidade de continuar coa implementación de iniciativas deste tipo nos contextos escolares.\nA educacióncoeducación das emocións ten inmensas posibilidades para o desenvolvemento integral real da xuventude, presentando efectos e impactos moi significativos, para as persoas individualmente e para os grupos.\nAsí, a conclusión fundamental pasa por afirmar que ten todo o sentido do mundo incluír esta nova corrente metodolóxica (a coeducación) e de contidos (o emocional, o social e a convivencia) de maneira explícita nas aulas, aínda que a lexislación educativa siga priorizando os contidos científicotécnicos sobre o socioemocional.\nSobre todo, no momento que estamos a vivir, baixo unha sensación socialmente predominante de ruptura na convivencia, crise, inxustiza e desigualdade, parece que ten chegado a hora de deixar de ter que elixir, nos escenarios educativos da infancia e a adolescencia, entre o “saber” e o “sentir.\nA coeducación das emocións, segundo Permuy e Méndez (2016), como se ten dito, debe ser unha ferramenta ao servizo do coñecerse, recoñecerse, relacionarse, actuar e decidir libremente no mundo. E como dentro dos encargos e os estereotipos do noso sistema sociocultural patriarcal resulta tremendamente complexo para case todas as persoas, por non dicir imposible, será imprescindible atopar a forma de potenciar esa construción sentida, libre e responsable da identidade, para a promoción dunha convivencia máis pacífica, a través de procesos de ensinoaprendizaxe que conecten con esta necesidade.\nDesde este traballo, desde a experiencia “EmocionadXs” (Permuy, 2013), deféndese unha mirada e unha acción socioeducativa, -dentro da escola-, que cuestiona e deconstrúe estes contidos culturais asociados ao patriarcado. Deféndese unha educacióncoeducación das emocións que permite, posibilita e valora o desenvolvemento integral non sexista de cada rapaz e cada rapaza, sexan cales sexan as súas características, a súa orixe, os seus desexos, as súas crenzas, os seus valores e os seus comportamentos, pero tamén da comunidade educativa. Unha educación para o ser libre e así, ser completo/a e convivir en benestar, tanto no intrapersoal como no interpersoal.\nA educacióncoeducación das emocións fai posible a prevención da violencia entre iguais desde unha perspectiva positiva e optimista, promovendo estratexias relacionais e convivenciais máis pacíficas e saudables; actuando ante os comportamentos desadaptativos, e fronte a unha ampla diversidade de situacións vitais do alumnado, activando todos os mecanismos posibles para axudar a que as persoas afronten a súa vida con poder e responsabilidade.\n“EmocionadXs” (Permuy, 2013), aspira así a ser unha oportunidade de experiencia educativa que debe ser descuberta, interpretada, reconstruída, sentida e vivida desde as particularidades do seu contexto de aplicación e as das persoas que forman parte da mesma. Unha experiencia para coñecer e interiorizar a riqueza da emocionalidade, desde unha mirada coeducativa, pragmática, honesta, optimista e liberadora, que acompañe ao alumnado no seu autocoñecemento, buscando a súa implicación e promovendo o desenvolvemento de estratexias que contribúan ao impulso da súa aprendizaxe, do seu empoderamento e do seu benestar, tanto individual como colectivo.\nPara rematar, aproveitar este espazo para agradecer á comunidade do IES “Xulián Magariños” de Negreira, en especial ao Departamento de Orientación e á Dirección do Centro, a súa confianza no Seminario de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU) do ICE da USC, para a posta en marcha deste traballo.\nREFERENCIAS\nAstrada, C. (1949). El existencialismo, filosofía de nuestra época. Actas del Primer Congreso Nacional de Filosofía, Argentina, tomo I. 349358. Recuperado de http://www.filosofia.org/\naut/003/m49a0349.pdf Berastegui, Y. (2016). Evaluación del desarrollo de la educación emocional en un centro educativo. (Tese doutoral). Euskal Herriko Unibersitatea/Universidad del País Vasco. Recuperado de https://addi.ehu.es/handle/10810/17917 Berastegui, Y. e Permuy, A. (2017). La relajación y la atención plena en el fútbol de alto rendimiento: educación de las emociones en las categorías base de la Real Sociedad de Fútbol S.A.D. (non publicado). Jornadas XIII de Educación Emocional: educación emocional en la actividad física y el deporte. (31 de marzo e 1 de abril). Barcelona.\nChâtelet, E. du (1996). Discurso sobre la felicidad. Madrid: Cátedra.\nDe la Caba, M.A. (2000). Educación sociopersonal. Bilbao: editorial de la Euskal Herriko Unibersitatea/Universidad de País Vasco."} {"summary": "A investigación é a ferramenta coa que se dota á sociedade para acadar o seu futuro. No campo da educación a investigación segue a ser unha práctica non extendida, realizada polos teóricos, pero contemplada como unha dificultade para gran parte dos docentes que poñen en práctica os labores propios da acción educativa nas aulas. Este estudio desenvólvese coa vocación de recoller a experiencia relativa á investigación dos estudantes do Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas durante o seu período como alumnos/as. Mediante unha enquisa preténdese obter un perfil da formación recibida polo alumno tipo e da súa influencia cara a unha posible actividade investigadora e as perspectivas de participar na mesma como futuros docentes.", "text": "INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN: PERFIL E ACTITUDES DOS ALUMNOS/AS DE MESTRADO\nBeatriz Mira Miñones\n : Formación del profesorado, investigación, Mestrado de educación secundaria, docentes investigadores.\nKeywords : Teacher training, research, masters of Secondary Education, research proffesors.\n1. INTRODUCIÓN\nA formación investigadora é un prerrequisito para un correcto desenvolvemento da práctica docente, conformándose como elemento de comunicación e interacción.\nO interese en fomentar a investigación educativa radica en posibilitar transformacións cualitativas profundas na dinámica da educación e as estruturas que a sustentan, para aumentar a calidade da educación.\nDiferentes estudios evidencian unha falta de formación notable no campo investigador nos novos docentes. Tal e como anota Carro (2000) un 82% dos/as alumnos/as que terminaban o curso de capacitación pedagóxica non tiñan uns coñecementos investigadores.\nCon este traballo pretendemos sacar á luz unha realidade que se observa nas aulas e facer conscientes aos futuros docentes da necesidade de mellorar a formación na área de investigación.\nPara elo realizouse un estudo descritivo entre os futuros docentes, alumnos/as do Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas impartido no curso 20092010 na Universidade da Coruña (UDC).\n2. MATERIAL E MÉTODOS\nA investigación dentro da formación do profesorado ten que ser un obxectivo xa que é na facultade onde se logra a creación de actitudes cara a investigación así como aptitudes para iniciarse na mesma e incorporarala na práctica futura.\nComo indica Pérez Juste (1988) “ existe un notable acordo sobre os fins da universidade, centrados na formación humana, cultural, científica e profesional, á transmisión do saber mediante a ensinanza, e ao seu avance por medio da investigación ” aínda que continúa salientando que “ non é menos certo en que non todos móstranse de acordo en que o profesor universitario exerza ambas funcións, isto é, a de ensinanza e a da investigación. ”\nComo resposta aos cambios no sistema educativo e á necesidade de unificar plans de estudo, nos últimos anos comezouse a impartir o Mestrado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanza de idiomas. Este programa formativo ven a substituír ao Curso de Adaptación Pedagóxica (CAP), tentando resolver ao tempo as limitacións que comportaba.\nConsiderando que os alumnos/as do Mestrado son os futuros docentes que desenvolverán accións educativas, propuxémonos elaborar un pequeno perfil da súa formación previa en cuestións investigadoras e das súas actitudes cara a investigación educativa O deseño elixido foi o descritivo observacional, combinándose no desenvolvemento do traballo a investigación cuantitativa e a cualitativa, coa finalidade de obter máis matices da cuestión analizada.\nPara a recollida dos datos elaborouse unha enquisa ad hoc de 14 ítems que foi administrada no primeiro trimestre de 2010 ao colectivo de alumnos/as do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas da Universidade da Coruña (UDC).\nOs alumnos/as do Mestrado foron convidados a participar na cumprimentación da enquisa, non existindo aleatorización na selección (sesgo de voluntario). Os formularios foron cubertos de forma anónima e tras recibir unha explicación da fin que se proporcionaría aos resultados obtidos dos mesmos.\n– Datos sociodemográficos: idade, sexo, titulación de acceso ao Mestrado. – Perfil investigador: materias sobre investigación cursadas en educación superior, asistencia a cursos sobre investigación, participación en actividades investigadoras… (preguntas pechadas) – Actitudes/percepción subxectiva da investigación educativa (escalas de Likert e preguntas abertas).\n3. RESULTADOS\nLevouse a cabo un estudo do perfil dos alumnos/as matriculados no Mestrado de Formación do Profesorado na Universidade da Coruña no ano académico 20092010, recolléndose 66 enquisas dun total de 168 alumnos/as. Atendendo aos factores demográficos, a nosa mostra estaba composta nun 71, 2% por mulleres, sendo a mediana de idade dos enquisados de 25 anos.\nSI NON NS/NC\nActualmente son numerosas as institucións educativas que potencian e incentivan a investigación científica entre os estudantes de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. Sen embargo, os exemplos prácticos de investigación nesta etapa seguen a ser tímidos.\nSe cadra, pode ser herdanza das limitacións da formación do profesorado como veremos, ou como propón Sánchez Valle (1996) da propia concepción do profesorado de secundaria: “ Moitos profesores de niveis educativos diferentes á educación preescolar e primaria non se autoperciben como profesionais da educación. (…) Moitas enquisas e estudos de opinión salientan que, salvadas honrosas excepcións, o licenciado en, por exemplo química, que da clases nun instituto de ensinanza secundaria se autopercibe como químico que por razóns do tipo que sexan achegouse á ensinanza ou á educación. Dificilmente poderíamos pedir a un educador e profesor que non se autoperciba como profesor ou educador que faga do exercicio da súa profesión un motivo para a investigación educativa.”\nCentrándonos nos anos de educación universitaria, un 37, 9% dos enquisados tivo durante os seus estudos superiores algunha asignatura relacionada coa investigación.\nCando estas persoas son convidadas a puntuar do un ao dez a utilidade destas materias de cara á aplicación práctica dos seus contidos, a nota media recibida é dun 5, 88.\nEstes datos concordan cos doutros estudios, coma o informe do INCE (1997) no que se salienta que un 82% dos docentes enquisados sinalaron que nunca recibiran formación en metodoloxía da investigación.\nCarro (2000) resalta a escasa representación das materias sobre investigación, aportando o dato de que representan un 2, 8% da oferta de créditos dos centros de formación do profesorado. Na actualidade, a implantación dos plans de estudio do acordo de Bolonia semella un pequeno avance neste aspecto.\nO Mestrado de Educación Secundaria xurde como resposta ao mercado europeo e como unha demanda da comunidade educativa. No mestrado contemplase a formación investigadora do alumnado tendo os alumnos/as que cursar un módulo de investigación que ten como obxectivos:\n– Familiarizarse ca investigación no ámbito educativo. – Coñecer, comprender e valorar as características da metodoloxía científica. – Comprender os procedementos para a realización de investigacións en educación.\nAbordamos neste punto, non xa as materias específicas sobre a investigación, senón a extensión das actividades innovadoras ao día a día de tódalas materias e aulas.\nA actual Lei Orgánica de Educación (2006) establece entre os seus principios o fomento e promoción da investigación, a experimentación e a innovación educativa.\nUnha das condicións que apunta Cosgrove (1981), citada por Walker (1989), para o desenvolvemento da práctica investigadora é a “ disposición a facer participar aos alumnos no proceso de investigación na acción a base de negociar con eles cuestións de procedementos (…), compartindo información. Os alumnos participan na comunidade crítica.”\nNa actualidade, consideramos fundamental a vinculación entre a formación continuada e as actividades de investigación e innovación educativa. Atendendo á nosa mostra, podemos ver que aínda que un 89, 4% ten asistido a xornadas ou congresos relacionados coa súa titulación, só un 7, 6% se ten formado en investigación durante ou ao remate da carreira.\nCompartimos con Martínez (1999) que “ ser conscientes da necesidade de formación permanente, de lectura activa dos traballos que se están a realizar, do razoamento sobre a propia tarefa e compartir cos compañeiros experiencias; todos eles son aspectos que contribuirán á formación dos futuros docentes interesados na investigación ”.\nA enquisa incluía tamén unha parte valorativa de actitudes e opinións por medio dunha escala Likert onde se ofrecían enunciados que os/as enquisados tiñan que puntuar entre 0 (totalmente en desacordo) e 10 (totalmente de acordo), da que salientamos os seguintes resultados:\n– No enunciado “A investigación é labor fundamental de todo docente” hai unha asociación estatisticamente significativa entre a resposta e o sexo. A puntuación media en mulleres é de 7, 74 (DE 1, 88) e en homes de 6, 07 (DE 2, 84) con p=0, 012. – O enunciado “A carga de traballo día a día na aula impide investigar” recibe unha puntuación media total de 5, 62 sen diferenzas estatisticamente significativas. Aínda que os nosos enquisados non comezaron a impartir clases, xa teñen asumida unha “carga de traballo imaxinaria” que de saída dificulta a súa percepción das labores investigadoras. – No enunciado “Non é necesario investigar para ser un bo docente” existe unha correlación positiva coa idade (r=0, 251, r2=0, 063, p=0, 047): a máis anos, maior puntuación, máis acordo. Neste enunciado existe tamén unha asociación significativa entre a resposta e o sexo. A puntuación media en mulleres é de 2, 77 (DE 2, 65) e en homes de 5, 07 (DE 3, 32) con p=0, 009. – O cuarto enunciado a puntuar era “Tódolos aspectos da práctica docente poden investigarse” no que se obtivo unha alta puntuación media (7, 66) sen diferenzas estatisticamente significativas. Semella que os enquisados si ven a posibilidade de abarcar o proceso educativo na súa totalidade dende a investigación.\nNa enquisa pasada aos alumnos/as do mestrado incluíase un ítem aberto no que pediamos que identificaran os problemas que consideraban afectaban á investigación. As porcentaxes das respostas recóllense na seguinte táboa:\nAs dificultades achegadas polos enquisados coinciden cas recollidas por Rojas (2009), que resaltaba entre os problemas que expresaban os mozos/as sobre a investigación:\n– “Falta de infraestrutura, desvío de recursos, ausencia de incentivos académicos e económicos, – Baixa capacidade institucional para incentivar e facer visible a investigación nas propias universidades. – Desconfianza nas institucións e descoñecemento dos sistemas universitarios de investigación”.\n4. DISCUSIÓN E CONCLUSIÓN\nO punto de partida deste estudo era favorecer a reflexión sobre a participación activa dos docentes no seu decorrer profesional e non tanto o de avaliar de xeito exhaustivo os coñecementos e dificultades dos docentes cára a investigación.\nCon respecto á parte metodolóxica, destacar a limitación da mostra tanto no ámbito xeográfico como académico e profesional; aínda que os alumnos/as proceden de diferentes ramas de coñecemento non posúen experiencia en docencia senón que se están a preparar para exercer esta tarefa.\nA enquisa desenvolveuse no ámbito da percepción individual do público obxecto desta e, como tal, os datos que ofrece son un compendio do subxectivo. A pesar diso, podemos realizar unha análise máis que acertada, non dos coñecementos sobre investigación dos enquisados, se non das barreiras mentais que se autoimpoñen á hora de proporse un futuro investigador.\nA percepción dos problemas da actividade investigadora por parte dos alumnos do Mestrado é estereotipada. Os argumentos esgrimidos coinciden plenamente cos que se recollen noutros traballos similares. Isto reforza a conclusión e debería facilitar a toma de medidas efectivas.\nExisten trabas reais para a investigación, pero estas non poden supoñer un argumento no que escudarse. Segundo os enquisados, o futuro da investigación precisa de cambios nas institucións e na administración, entre outros. Tamén e preciso un cambio actitudinal de quen se propón investigar; dispoñen de formación e recursos limitados para afrontar esta actividade, pero que estes condicionantes non deben impedir o seu desenvolvemento, se estes se encontran o suficientemente motivados e se a súa actitude de cara a investigación é a dun investigador.\n5. BIBLIOGRAFÍA"} {"summary": "O Diario de Anne Frank é un dos libros máis coñecidos sobre o Holocausto. Foi traducido a máis de 70 idiomas nas últimas décadas, ademais de inspirar outras manifestacións artísticas como obras de teatro, películas, musicais e cómics. Neste traballo farase unha revisión da súa recente adaptación ao cómic desde a súa condición de hipertexto, feita por Ari Folman e David Polonsky. Resaltarase a súa calidade discursiva para evidenciar as conexións que o cómic pode establecer entre o lector e o texto artístico literario pois, como noutras lecturas, esixen do lector actitude crítica, unha determinada agudeza visual para o escrutinio da páxina, coñecemento, bagaxe cultural para identificar o hipotexto e interese polas novas reescrituras creativas que transforman o acto de ler/ver.", "text": "Da narración literaria ao cómic: O Diario de Anne Frank\nKenya Pineda\n[Recibido, 22 marzo 2018; aceptado, 15 maio 2018]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.52.5020\n : Children and Young Adults Literature; Anne Frank; comic adaptation; intermediality.\nIntrodución\nA figura de Anne Frank traspasou o seu tempo e a súa propia historia. A súa obra ademais de tratar un conflito bélico, é un relato humano que toca a sensibilidade do lector sen importar a súa idade. No texto, a protagonista relata a súa vida desde a nenez, e ao mesmo tempo permite ao lector ser testemuña da concepción do mundo interior e exterior dunha persoa. Por todo iso, o diario de Anne, ademais de ser un testemuño dos horrores da guerra, é un texto crítico e reflexivo, enxeñoso, sensible e de calidade literaria.\nA tarefa de adaptar este texto a un medio como o cómic encerra certo grao de complexidade para os autores, guionista e ilustrador, pois a adaptación é o resultado dun proceso de lectura e de reescritura, que reflicte a visión do creador (subxectividade, concepción do mundo, bagaxe cultural..).\nNesta adaptación, a intención manifesta dos autores é ser fieis ao texto, á memoria e ao legado de Anne Frank. Con todo, reproducir un texto descritivo por completo pode resultar redundante e afectar ao ritmo da narración. Non se debe perder de vista que o cómic é un medio narrativo no que a imaxe pode complementar, expandir ou subliñar información, ademais de marcar o ritmo narrativo.\nSobre a adaptación\nAdaptar un texto a outro medio non é unha práctica nova. Autores clásicos como Shakespeare transferiron as súas novelas do papel á obra teatral alcanzando así unha maior audiencia. A pesar de ser unha práctica antiga e recorrente pois reporta grandes beneficios económicos (véxase a factoría Disney), aínda existe a tendencia de ver a adaptación como un proceso vago e carente de orixinalidade que perverte as obras mestras.\nPor outra banda, están os creadores e os lectores que gustan dunha historia pero que están abertos ao what if … (e se…), os que gustan da relectura, percibir ou revivir a experiencia de ler/ver a ‘mesma’ historia unha e outra vez desde/en diferentes superficies de contacto (interface). “We seem to desire the repetition as much as the change”, é dicir, parece que desexemos tanto a repetición como o cambio (L. Hutcheon, 2012: 9).\nNa nenez non importa cantas veces leas unha historia, queres oíla unha vez máis. Ese mesmo desexo faise fidedigno no fenómeno fan culture e o fandom 1, que nos obriga a querer máis e máis, nunha especie de vórtice insaciable de pracer por ver ou recoñecer unha historia nun contexto diferente. Experimentar o hipertexto na busca continua do hipotexto.\nO termo adaptación resulta confuso pois refírese a un produto final, a un suxeito/obxecto e ao proceso de construción. De maneira xeral, enténdese como: modificar unha obra científica, literaria, musical etc., para que poida difundirse entre públicos distintos daquel ao cal ía destinada, para darlle outro formato, para actualizala e/ou para facer algo diferente do relato de orixe. Actualmente, existen traballos de investigación nos que se analizan e definen cada unha destas operacións de transvase. O presente traballo alíñase coa terminoloxía proposta por J. A. Peréz Bowie (2010) e A. J. Gil (2012) para identificar e definir os tipos de adaptación, que a entenden como o transvase entre dúas obras, é dicir, unha obra B (posterior), con respecto á obra A, da que toma a súa inspiración (trama, personaxe, universo). Así mesmo, dentro do repertorio de adaptacións atopamos diferentes formas de levar a cabo unha adaptación, polo que se estableceron tres categorías para identificar as formas de abordar o texto: imitación, reescritura e transficción/expansión (J. A. Peréz Bowie, 2010; Gil, A., 2012). Tendo en conta isto, é importante sinalar que estas categorías poden combinarse, pois no proceso de adaptación existe, intrinsecamente, un exercicio de apropiación, subordinado á linguaxe propia do medio ao que se fai o transvase. A obra que nos ocupa está situada na categoría de imitación; non obstante, tamén tende á expansión, posto que os autores introducen información nova á obra, como se verá máis adiante nos exemplos.\nNunha entrevista para o diario El País, o guionista Ari Folman (Israel, 1962) e o ilustrador David Polonsky (Israel, 1973) subliñaron as súas intencións de render homenaxe á memoria da familia Frank e á súa historia, ademais de reivindicar o cómic como un medio de comunicación capaz de transmitir información seria e relevante (cultura e historia). Por último, tamén se fala de aproximar o público xuvenil ás literaturas de guerra a través dunha linguaxe narrativagráfica máis próxima á cultura actual. Trataríase de “desmitificar el icono, acercarlo a lectores jóvenes que pueden sentirse intimidados por una obra que es canónica y de lectura obligatoria en muchas escuelas, o a lectores que desconocen la historia de Frank y la Historia del Holocausto” (Bassets, 14 setembro 2017).\nO cómic: Diario de Anne Frank\nÉ posible que, na actualidade, o cómic logre unha maior identificación do lector actual cos feitos históricos debido á súa condición de hipertexto. Esta representación gráfica do mundo achégao a unha realidade histórica que doutra forma semella afastada e allea a súa vida.\nNeste traballo partimos de que o cómic é un medio de comunicación de grandes alcances. A súa linguaxe textual e de representación gráfica (imaxe pictórica, gráfica, estética e secuencial, elementos plásticos, icónicos e verbais), convérteno nun medio capaz de crear varios niveis narrativos servíndose doutras modalidades literarias sen alterar a diéxese. Supón unha maneira diferente de interactuar co lector: primeiro, é sorprendido polo hipotexto. O lector/espectador descobre a relación implícita cun texto non sempre coñecido a través da información verbal (cando se reescribe o guión alterando a trama) e da imaxe (que introduce novos referentes). Por tanto, un texto “se concibe como una red de alusión semántica o como un palimpsesto cuyo entramando se forma con la presencia e interconexión de textos inscritos en la cultura” (de Amo SánchezFortún, 2012: 100; Barthes, 1973: 1015). Doutra banda atópase a interacción factual entre o lector e o cómic. Os autores dispuxeron unha estrutura narrativa construída en viñetas pero é o receptor quen completa as accións, quen debe ordenar o discurso saltando dunha viñeta a outra. Do mesmo xeito, cada viñeta é unha unidade discursiva onde se condensa a información en elementos gráficos (icónicos) que o lector deberá descifrar durante a súa lectura. O lúdico da adaptación ao cómic é que a construción de armazóns hipertextuais é ilimitada, podendo establecerse relacións hipotextuais con calquera aspecto que se poida emular graficamente. Isto evidencia a habilidade do cómic para incorporar información e establecer relacións novas. É unha especie de xogo semellante ao O nde está Wally?, pero sen saber quen ou que é Wally 2 ata descubrilo.\nNa liña doutros estudosos, entendemos que este tipo de produtos culturais poden ser considerados como propostas discursivas nas que subxace unha teoría da propia ficción, unha reflexión sobre a poética do que se chamou afterpop ou narrativa transpoética, un movemento que reivindica unha escritura fronteiriza creada a partir da fusión entre literatura e textos científicos, artísticos e sociais –as artes plásticas, as ciencias, a linguaxe publicitaria etc.– (Fernández Mallo, 2009: 97 e Barker, 2011: 51, citado por De Amo, 2012: 106). Este tipo de cómics adaptados, situados entre o lúdico e o informativo, poden lograr unha comunicación eficiente, sen mencionar as súas múltiples posibilidades didácticas.\nComo xa foi indicado, esta obra sitúase na categoría de imitación. As obras deste tipo caracterízanse por evidenciar a súa condición de adaptación. Nos cómics é común que aparezan referencias na cuberta ou na contracuberta e adoitan incluír gran cantidade de información paratextual como prólogos, epílogos, biografías do autor da obra da que toman inspiración etc. Ademais, tenden a manter a estrutura narrativa da obra literaria.\nNo caso do cómic do diario de Anne Frank, a cuberta (Figura 1) mostra a protagonista no centro da imaxe fitando ao lector. Desde aquí, o ilustrador comeza a achegar pistas importantes sobre Anne, como a súa afección por escribir e coleccionar estampas de estrelas do cinema. Así mesmo podemos inferir que é ela quen nos guiará nesta historia pois o resto dos personaxes están colocados arredor dela mirándoa con expectación.\nEn canto á presentación dos personaxes, na obra orixinal atopamos unha nota ao final da introdución onde se especifican os nomes reais e o seu equivalente no escrito, mentres no cómic non hai introdución e preséntanse os personaxes nunha páxina previa ao relato (Figura 2).\nOs autores decidiron colocar a personaxe de Anne no relato obviando a súa condición de narradora. Desta maneira, o cómic xoga coa realidade e o seu transvase á ficción. Anne, a súa familia ou Hitler son persoas reais que pertencen ao pasado histórico, afastado do lector actual. Non obstante, a representación gráfica de Anne e as súas vivencias entran no imaxinario do lector actual como unha personaxe realpersonaxe da ficción, achegándolle a súa historia.\nUnha adaptación é un hipertexto explícito ou implícito doutro texto (hipotexto), pero esta relación non exclúe as posibles conexións que a adaptación pode establecer con outras obras literarias e/ou outros textos e obxectos estéticos provenientes de distintas disciplinas. Con todo, calquera lector/ espectador non é capaz de decodificar os hipertextos, pois está supeditado á súa historia persoal, ao seu nivel de coñecemento, á súa bagaxe cultural, á súa capacidade crítica, ás súas competencias lingúisticas e ao seu intertexto lector. Por exemplo, é moi probable que o lectorado medio non holandés sexa incapaz de saber que a amiga imaxinaria de Anne, Kitty, á que dirixe as cartas do seu diario, está inspirada en Kitty Francken, un personaxe das novelas para adolescentes Joop ter Heul, a quen Joop, a protagonista, tamén lle escribía cartas (Figura 3). Anne era unha gran admiradora de Cissy van Marxveldt, pseudónimo da escritora holandesa Setske de Haan, autora da serie.\nO lector/espectador/receptor deberá ter curiosidade e vontade para cuestionar o texto e, a través del, chegar aos recunchos da intertextualidade cun texto literario ou de calquera outra índole, entendendo texto como “un artificio sintácticosemántico-pragmático cuxa interpretación está prevista no seu proxecto formativo” (Muro Munilla, 2004: 29; Eco, 1987: 96).\nNa páxina 19 atopamos outro exemplo de como se establecen relacións con outros medios mentres se introduce información nova sobre o contexto histórico. A folla completa funciona como unha viñeta. No cartucho 3, o texto reproduce literalmente a entrada do diario onde a autora fala sobre as penurias de camiñar a todos lados, pois os xudeus non teñen dereito a usar tranvías nin bicicletas. Anne e Margot son axudadas por un barqueiro mentres nun primeiro plano aparece a cara dunha muller que di: “¡Yo no actúo para puercos judíos!”. Observando con atención pódese dilucidar que se trata dun póster publicitario, probablemente dun espectáculo. A imaxe representa a Marika Rükk, estrela de cinema do réxime nazi, protagonista da primeira película en cor alemá: Frauen sind doch bessere Diplomaten (As mulleres son mellores Diplomáticos). Dise que Rükk era unha Mata Hari ao servizo da Unión Soviética, aínda que isto nunca se probou (Figura 4). Desta forma os autores introdúcennos ao contexto social da época, con imaxes críticas (Figura 5) e, en contraposición, outras que reflicten os soños e as ilusións do espírito optimista de Anne (texto da Figura 6). Por outra banda, atopamos viñetas onde os feitos e personaxes históricos son parodiados, como a escena do atentado contra Hitler na páxina 148 do diario gráfico (Figura 7).\nAdemais, na esquina inferior dereita da figura 5 obsérvase a bandeira de Suíza. Esta referencia atópase en varias viñetas nun ton paródico e crítico sobre a postura política e económica deste país durante a guerra.\nTanto na obra como no cómic mantéñense as datas das entradas do diario, pero este último alterna as referencias a datas específicas con períodos que duran varios días, durante os cales se condensa a narración de varias entradas. Por exemplo, as primeiras catro entradas do diario convértense en dez páxinas na adaptación gráfica. A intención disto é achegar a maior cantidade de información no menor número de páxinas. Este proceso de síntese adoita utilizarse con textos moi extensos ou moi descritivos para modificar o ritmo narrativo, pois no cómic o paso do tempo está dado pola cantidade de viñetas e a disposición das mesmas na páxina.\nO diario de Anne está cheo de reflexións profundas sobre a vida, a identidade e as accións, escritas cunha claridade e delicadeza que asombra á maioría dos adultos. Trasladar estes pensamentos e emocións á linguaxe do cómic implica un gran nivel de abstracción. Co fin de manter na obra o espírito de Anne, o ilustrador integra o texto na imaxe, creando unha viñeta a dobre páxina. Este é un recurso máis propio do álbum ilustrado que funciona moi ben neste cómic co obxectivo de destacar o valor literario do discurso de Anne, a pesar da gran cantidade de texto (Figura 8).\nNa entrada do 9 de outubro de 1942, o diario fala dos campos de concentración. As imaxes que nos veñen á mente poden ser desoladoras. Emporiso, Polonsky propón unha escena con árbores frondosos sobre un campo verde. É unha imaxe de liña definida, sutil, incluso naïve, unha imaxe inocua que contrasta co horror expresado por Anne no texto. É un exemplo de contrapunto da imaxe con respecto ao texto (Figura 9).\nO soño de Anne é converterse en xornalista ou escritora e ao longo do seu diario escribe varios relatos. Para diferenciar este nivel narrativo, o debuxante utiliza un estilo distinto de liña, en branco e negro e cun matiz caricaturesco (Figura 10). É un recurso estilístico para tratar a narración dentro da narración (subtramas).\nNo cómic, as metáforas visuais adoitan representar conceptos abstractos, sentimentos, emocións e situacións inverosímiles ou vergoñosas para suxerir ao lector as sensacións dos personaxes en determinados momentos. Ademais, son unha ferramenta moi útil para crear relacións hipertextuais e achegar información nova. Esta adaptación está chea de metáforas visuais que se utilizan para ilustrar algúns momentos sensibles ou catárticos do relato de Anne.\nPor exemplo, o autor debuxa unha secuencia onde queda de manifesto o carácter de Anne e a súa irmá para mostrar a relación de ambas desde a perspectiva da protagonista (Figura 11), e tamén se utilizan para mostrar as inquietudes da protagonista sobre a sexualidade de maneira sutil e iconográfica (Figura 12).\nOutras dúas relevantes metáforas visuais do cómic son as que acenan ás obras artísticas O berro de Munch e O Retrato de Adele BlochBauer I de Klimt. Polonsky utiliza a primeira delas para reflectir os horrores da depresión e fai unha representación do cadro utilizando a Anne como personaxe central, coa intención de transmitir a desesperación que sente a moza ante a gran esixencia da súa nai (Figura 13). Por outra banda, O retrato da Dama Adele BlochBauer I de Gustav Klimt mostra con humor as expectativas que Anne debía satisfacer. Tamen encerra unha crítica ao pobo austríaco, posto que este cadro protagonizou un dos maiores escándalos arredor da restitución da arte roubada polos nazis (Figura 14).\nA metáfora e a ironía nas imaxes tamén actúan como unha potente ferramenta para salientar as críticas de Anne sobre as condicións das mulleres na sociedade e o seu desacordo coa conceptualización do feminino, que malia a súa xuventude eran moi acertadas e reflectían perfectamente a crueza da situación (Figura 15).\nFinalmente, na representación dos inquilinos da casa de atrás durante a celebración dunha cea pódense atopar claras referencias a A revolta dos animais de George Orwell ou ao Maus de Art Spiegelman, onde os personaxes antropomórficos son definidos polas súas accións e formas de pensar (Figura 16).\nConclusión\nO Diario de Anne Frank está incluído no catálogo de lecturas suxeridas nos programas académicos en diversos países desde hai moitos anos. Quizais esta é a razón pola que se estigmatiza como lectura obrigada, afastándoa do eido das lecturas lúdicas ou por lecer. No obstante, estase ante un texto conmovedor que aborda temas íntimos como a familia, as relacións interpersoais, a visión dos adultos sobre os mozos, o amor e a sexualidade. Por outra banda, é un documento con amplo valor histórico pola súa condición de testemuño, achegando información sobre o contexto histórico e social de Holanda durante a ocupación alemá, a situación da muller na época, sobre cuestións políticas e os seus efectos na poboación, entre outros. Todo isto cunha riqueza textual que non deixa de sorprender tendo en conta que a súa autora tiña apenas 13 anos.\nPensando na propia experiencia persoal, chama a atención a dificultade que teñen os mozos para simpatizar e/ou comprender esta lectura. Unha posible razón podería ser a diferenza temporal que afasta esta historia do momento actual, a cal impón unha distancia imposible de salvar entre as formas de entender a vida en cada contexto.\nOs autores desta adaptación tamén afirman ter lido O Diario de Anne Frank con catorce anos, pero recoñecen que nese momento non entenderon o transcendental da súa historia e moito menos o valor artístico do texto literario. Posteriormente, coa relectura previa ao proxecto e lendo a obra desde unha perspectiva adulta, foron capaces de comprender que se trata dunha obra mestra de gran calidade. Parecíalles inconcibible e asombroso que unha nena de trece anos tivese unha mirada tan profunda do mundo e a capacidade de plasmalo en frases tan honestas e poéticas.\nComo se foi vendo ao longo do estudo, o resultado da proposta de proxecto foi un cómic de debuxo sinxelo, directo, que bebe da realidade creando unha metaficción que nos achega a un personaxe real, á súa historia e ao seu tempo, a través da iconografía e as metáforas visuais, da parodia, do contrapunto, da gráfica, do propio texto como recurso gráfico e doutros recursos narrativos que emiten unha mensaxe clara e directa. Proponse que os exemplos explicados se utilicen como unha ferramenta de aproximación á lectura dos textos que inspiran estas adaptacións e cuxo mensaxe é importante transmitir e manter vixente.\nA lectura concíbese como algo positivo e necesario para a sociedade en xeral. A experiencia e a lectura son importantes na formación de cada individuo, pero tamén é necesario (re)coñecer que hoxe en día existen outras formas de ler alén da tradicional. Ler/ver un cómic, do mesmo xeito que a lectura convencional, implica uns procesos mentais que requiren das habilidades do lector para entender o transfondo literario narrado e a información textualvisual da historia. Por iso é preciso entender o cómic como un medio que pode satisfacer as necesidades do lector actual e achegalo ao texto artístico literario de orixe. Se se trazan itinerarios de lectura que partan da adaptación, quizais se podería captar a atención e favorecer a comprensión de novos lectores.\nDoutra banda, consideramos que o cómic pode funcionar como unha ferramenta atractiva na formación lectora e na educación visual, utilizándoo como unha especie de hipervínculo (tanxible) entre o texto literario/artístico/ científico, a cultura visual postmoderna e o lector.\nKenya Pineda Universidade de Santiago de Compostela\nReferencias bibliográficas na: Penguin Random House/Debolsillo. Frank, Anne. 2008. Diario. Madrid: Debolsillo. De Amo SánchezFortún, José Manuel. 2012. “La novela gráfica como hipertexto: facetas formativas de textos multimodales”. En Leer hipertextos. Del marco hipertextual a la formación del lector literario (coord. Antonio Mendoza Fillola), Barcelona: Editorial Octaedro, pp 100120."} {"summary": "Nunha sociedade bilingüe cada individuo adulto ten as súas propias prácticas lingüísticas e crenzas sobre a elección do idioma dentro da familia; polo tanto, as prácticas lingüísticas no ámbito familiar son sumamente importantes para entender o proceso de transmisión interxeracional dunha lingua desfavorecida. O principal obxectivo deste traballo é investigar as estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar dos hábitats urbano e periurbano. Cun enfoque etnográfico, analizarase a axencia dos proxenitores progalego que, a través das súas crenzas e prácticas lingüísticas individuais, desempeñan un papel relevante na revitalización e mantemento da lingua fóra da escola, concretamente na familia. Para este estudo entrevistáronse proxenitores que pasaron polo sistema educativo de Galicia a partir de 1975 e viviron as primeiras políticas lingüísticas da Autonomía. A través de datos etnográficos, analízanse notas de campo e observacións, entrevistas semiestruturadas cos proxenitores de Santiago de Compostela e Bertamiráns e dous grupos de discusión en Vigo e Santiago. Neste estudo tamén se propón unha aproximación de conceptos sociolingüísticos como política lingüística familiar e os seus efectos inmediatos na práctica lingüística a nivel micro, a planificación das linguas na familia e as estratexias que os proxenitores utilizan para transmitir a lingua galega.", "text": "Política lingüística familiar. O papel dos proxenitores progalego na transmisión interxeracional\nFamily language policy: the role of proGalician parents in intergenerational transmission\n\n2.1. Ideoloxía lingüística. 2.2. Xestión lingüística.\nContent\n1. Introduction. 2. What is family language policy? 2.1. Language ideology. 2.2. Language management. 2.3. Language practice. 3. Three decades of language policy in Galicia (1983present). 4. Methodology. 5. Principal research topics. 5.1. Social milieu. 5.2. Parental expectations from educational language policy. 5.3. Strategies of maintenance and transmission. 6. Conclusion.\nAnik Nandi\n1. Introdución\nP olítica lingüística, no seu sentido máis achegado, refírese a calquera decisión ou elección feita sobre a lingua segundo as necesidades persoais, familiares, grupais, locais, empresariais, estatais e nacionais (Spolsky 2012). A política lingüística nacional que funciona desde arribaabaixo céntrase nas necesidades lingüísticas do país e tamén nos requisitos lingüísticos de cada comunidade, así como dos distintos grupos sociais. Esta clase de política lingüística examina os recursos dispoñibles e/ou necesarios, o papel das linguas na vida diaria e desenvolve, en caso de ser necesario, estratexias para o mantemento e/ou revitalización.\nSegundo Spolsky (2004), a política lingüística (a calquera nivel, tanto macro coma micro), contén tres elementos: ideoloxías lingüísticas (baseadas nas crenzas da comunidade), xestións lingüísticas (planificación en todos os niveis) e prácticas lingüísticas. Neste sentido, a política lingüística gobernamental tenta controlar as competencias e as prácticas lingüísticas da poboación (ou de certos sectores), pero tamén aspectos como as actitudes, ideoloxías ou mitos –“cultura lingüística” (Schiffman 1996)– a través da “xestión lingüística” (Spolsky 2009). Os encargados das políticas lingüísticas do goberno (macro), que funcionan coma depositarios da “xestión lingüística” desde arriba, utilizan moitas ferramentas (como, por exemplo, as normas, a lingua na educación, mitos populares, propagandas, cultura lingüística da comunidade etc.) para perpetuar o control hexemónico sobre as ideoloxías dos diferentes actores que existen nos niveis meso (institucións e/ou comunidades) e micro (individuo).\nOs actores que xestionan a política lingüística son funcionariado, empresas, proxenitores, membros adultos da familia, profesorado, alumnado e outros representantes da sociedade civil. A interpretación e a execución da política lingüística do goberno realízanse a través destes actores nos últimos dous niveis, meso e micro, mentres que os axentes no contexto familiar (proxenitores e outros membros adultos da familia) na maior parte dos casos seguen a política lingüística nacional por inercia (CurdtChristiansen 2009; Nandi 2016a); o éxito dunha política lingüística depende moito da correlación que existe entre os tres niveis. Porén, os actores poden desenvolver as súas propias micropolíticas lingüísticas desde abaixo para resistir ao control hexemónico do goberno (Nandi & Devasundaram 2017). Neste sentido, tanto a escola como as familias xogan un papel moi relevante para desenvolver a política lingüística desde abaixo.\nEste artigo pon o foco no contexto familiar e explora, por unha banda, os factores máis relevantes para entender as micropolíticas lingüísticas que teñen lugar nun perfil moi específico de familias galegas e, por outra banda, as claves da súa configuración e evolución en relación cos proxenitores progalego de hábitat urbano e periurbano que, a través das súas crenzas e prácticas lingüísticas individuais, desempeñan un papel predominante na revitalización e mantemento do galego fóra da escola.\nPolítica lingüística familiar DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101 79\nOutro dos obxectivos deste estudo é facer unha reavaliación de conceptos sociolingüísticos como a política lingüística familiar (family language policy) e a xestión lingüística (language management), así como dos seus efectos inmediatos na práctica lingüística a nivel micro, a planificación das linguas na casa e as estratexias que os proxenitores utilizan para manter a transmisión interxeracional do galego. É por isto que o artigo comeza cunha explicación do que se entende por política lingüística familiar e a súa relación coas políticas lingüísticas gobernamentais, na seguinte sección ofrécese un breve resumo das macro políticas lingüísticas que se levaron acabo en Galicia durante as últimas tres décadas; a seguir coméntase a metodoloxía empregada para esta pescuda e, finalmente, ofrécese unha análise dos datos recollidos durante esta investigación.\n2. Que é a política lingüística familiar?\nDadas as múltiples dimensións e significados da unidade familiar, a definición de familia é unha tarefa complexa. Musitu e Allat (1994) e Musitu (1995) consideran a familia como un grupo de persoas ligadas de forma directa por relacións de parentesco na que os membros adultos asumen responsabilidades de coidado e educación dos nenos. Pola contra, hai estudos (Alberdi 2004; Romo Morales 2016) que contemplan a familia como unha “institución social” porque enlaza os individuos e a sociedade desde o inicio da vida. Segundo estas definicións, a familia é o lugar onde se constrúe a identidade individual e social das persoas. As diferentes formas de conceptualización da familia indican que baixo un mesmo termo se agochan construtos con significados diferentes, en moitos dos casos repletos de valores e crenzas que obedecen a intereses diversos. Desde unha perspectiva sociolingüística, a familia é unha unidade social vital para a adquisición e a aprendizaxe das linguas (Lanza 2007: 46). O uso da lingua no ámbito familiar non é só importante para a súa transmisión interxeracional, senón que tamén está asociado coa reprodución e transformación dos valores culturais. Por este motivo, a ruptura da transmisión interxeracional dentro do contexto familiar é un indicador importante da perda dunha lingua (véxase tamén Fishman 1991). Aínda que nenos e proxenitores son os principais axentes na unidade familiar, os avós, outros membros próximos da familia, veciños, coidadores e compañeiros dos cativos tamén poden ter un papel importante no mantemento do idioma.\nNo destacado libro de LouisJean Calvet La Guerre des Langues et les Politiques Linguistiques, o autor describe a familia como un “campo de batalla” (Calvet 1987: 6571), facendo referencia a certo tipo de planificación e xestión acerca da elección do idioma entre os membros da familia nos fogares bilingües e plurilingües, onde dúas ou máis linguas están continuamente en proceso de negociación. Os estudos de política lingüística familiar (PLF) teñen unha longa traxectoria que comezou no inicio do século xx cos traballos clásicos de adquisición lingüística das persoas bilingües (Ronjat 1913; Leopold 1949), que centraron as súas pescudas nos seus propios fillos, observando o proceso de aprendizaxe lingüística (véxase CurdtChristiansen 2018 para unha descrición máis elaborada sobre o desenvolvemento desta disciplina). Esta liña de investigación, enfocada nos aspectos psicolingüísticos dos cativos, tivo un xiro sociolingüístico cando Lanza (2004), usando as ferramentas da análise de discurso, demostrou que as estratexias e decisións dos proxenitores xogan un papel importante para o desenvolvemento bilingüe dos fillos. As posteriores investigacións sociolingüísticas (SmithChristmas 2016; Nandi 2016b, 2018) definen a PLF como o conxunto de decisións explícitas ou implícitas que os membros adultos da familia toman sobre o uso lingüístico e a aprendizaxe das linguas dos nenos no ámbito familiar. Unha PLF ben estruturada e executada axuda os proxenitores non só a manter a conexión co seu pasado e o vínculo afectivo cos seus fillos, senón tamén a protexer a integridade da familia diante das forzas externas (Schwartz 2010). É dicir, a PLF baséase, principalmente, nas decisións que as familias toman considerando que fortalecerá a súa posición social e apoiará ao mesmo tempo as metas dos seus membros na vida.\nNa maioría dos casos, os proxenitores como principais actores dunha PLF, son os que deciden que práctica lingüística e con que lingua poden apoiar a posición social da familia e así mellorar o futuro dos seus fillos. Estas decisións da política lingüística, así como as prácticas, non son estáticas ou unidireccionais, dado que implican un proceso de continua negociación entre varios membros da familia (CurdtChristiansen 2009). Neste sentido, a investigación en PLF ofrece una descrición válida sobre a intricada relación entre os ámbitos persoais e os espazos públicos; mostra tamén os conflitos que os proxenitores e outros membros da familia precisan resolver tendo en conta presións sociais, imposicións políticas e demandas da educación pública, por un lado, e a transmisión interxeracional da lingua e cultura, polo outro. Estas variables da política lingüística do nivel macro moitas veces determinan o consenso ideolóxico dunha comunidade, decidindo sobre o valor que se debe aplicar a cada unha das linguas que compoñen o seu repertorio lingüístico (Spolsky 2004: 14). Polo tanto, as políticas lingüísticas do nivel micro, ben sexa individual ou familiar, non se poden investigar atinadamente sen facer referencia aos macro factores da sociedade. A Figura 1 é unha elaboración propia coa que se tenta capturar a complexidade das micropolíticas lingüísticas dentro da casa e os macro factores sociais e estruturais que determinan o desenvolvemento das políticas lingüísticas familiares. A dobre dirección das frechas representan a conexión entre os diferentes compoñentes da PLF:\nPolítica lingüística familiar DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101\nVemos entón como as políticas lingüísticas, ben no nivel macro ou no contexto familiar, incorporan tres variables independentes: ideoloxía lingüística, xestión lingüística e práctica lingüística.\n2.1. Ideoloxía lingüística\nOs macro factores sociais e estruturais que inflúen na PLF son os contextos sociolingüísticos, socioculturais, socioeconómicos e sociopolíticos que, segundo Shohamy (2006), permiten desenvolver o repertorio lingüístico de cada individuo e, ao mesmo tempo, son as fontes máis relevantes das ideoloxías lingüísticas. En primeiro lugar, os factores socioculturais fan referencia aos capitais social e simbólico, atribuídos á lingua na sociedade, dado que o idioma se entende como unha ferramenta para a manifestación cultural que tamén representa identidades a través de experiencias sociais, históricas e étnicas (Bourdieu 1991). No contexto galego, o idioma dominante, o castelán, é o que posúe un maior valor simbólico na sociedade. O factor socioeconómico é outra variable importante, xa que o poder económico é fundamental para a maioría das políticas lingüísticas (Tollefson 2013). Nunha PLF a aprendizaxe das linguas dos descendentes moitas veces depende do grao de investimento económico por parte dos proxenitores (Palviainen & Boyd 2013). Por exemplo, a situación económica dos proxenitores determina que os fillos poidan realizar cursos de idiomas estranxeiros, asistir a clases de reforzo ou poder elixir estudar nunha escola privada ou pública. Os factores sociopolíticos tamén desempeñan un papel sumamente importante no desenvolvemento da política lingüística porque determinan que idioma debe obter un status oficial, que variedade debe ser considerada como estándar e que lingua debe ser utilizada como medio de instrución nos contextos escolares (Ruiz 1984). Finalmente, os factores sociolingüísticos reflicten a mobilidade social dunha lingua particular, é dicir, cando unha lingua está asociada cunha clase particular da sociedade (McCarty 2011). Todos estes factores ofrecen valores simbólicos, culturais e prácticos para un idioma e determinan, na maioría dos casos, a xestión e as prácticas lingüísticas dentro do contexto familiar.\n2.2. Xestión lingüística\nA xestión lingüística refírese aos actos específicos que rexentan e manipulan diferentes tipos de comportamentos relativos á lingua. Como demostra a Figura 1, a proposta de Spolsky (2009) sobre a xestión lingüística, centrada maioritariamente na política lingüística de nivel macro, aínda que sexa interesante, segue a ser insatisfactoria, xa que non incorpora varios micromecanismos subxacentes relacionados coa xestión e as prácticas lingüísticas no fogar. Para unha mellor comprensión deste tema, os estudos recentes comezaron a incorporar características como a lingua dos proxenitores, coñecementos sobre bilingüismo social, experiencias persoais coa lingua minoritaria, ambiente de alfabetización dentro da casa, expectativas dos proxenitores e capitais da familia (Bourdieu 1986), entre outros, que determinan a planificación lingüística\nPolítica lingüística familiar dentro do contexto familiar, como dimensións adicionais da xestión lingüística. O ambiente de alfabetización, por exemplo, refírese a varios recursos que inclúen libros, música, cancións e outras ferramentas electrónicas relacionadas coa aprendizaxe da lingua. Varios estudos en PLF (Weigel et al. 2006; CurdtChristiansen 2013) confirmaron que un ambiente de alfabetización dentro da casa repleto de recursos e o apoio dos membros da familia ao mantemento do idioma favorecen o desenvolvemento da alfabetización infantil. Outro elemento importante da xestión lingüística é a intervención dos proxenitores, que incorporan unha serie de actividades formais e informais de alfabetización tal como a lectura conxunta dos libros, o apoio durante a realización das tarefas da escola ou buscar unha axuda profesional externa a través de clases particulares, ademais de interesarse sobre as actividades escolares dos nenos e nenas e compartir experiencias con eles. En todo caso, debe salientarse que a política lingüística real dunha familia, como interpreta Spolsky (2004), é máis probable que se plasme nas súas prácticas efectivas ca na xestión lingüística. Por exemplo, independentemente das políticas gobernamentais, algúns idiomas poden ser utilizados no contexto familiar para certos fins específicos. Non obstante, como CurdtChristiansen (2014a: 38) argumenta, a distinción entre a xestión e a práctica lingüística dentro da familia é dabondo borrosa porque os proxenitores poden chegar a controlar e intervir nos usos lingüísticos dos seus fillos a través das correccións dos erros. Esta actividade correctora fundaméntase na crenza social de que os proxenitores son os responsables\nda competencia lingüística dos seus descendentes (Spolsky 2009: 30).\n2.3. Práctica lingüística\nAs prácticas lingüísticas relaciónanse coa ecoloxía da lingua, é dicir, co estudo das interaccións dun idioma determinado no seu contexto. As prácticas lingüísticas, xa que logo, destacan os comportamentos lingüísticos sistemáticos e esperados que constitúen o uso da lingua en diferentes contextos e para diversos propósitos (CurdtChristiansen 2014a: 38). Na proposta analítica de Spolsky (2004) faise unha distinción entre prácticas e ideoloxías; as primeiras refírense ao que os membros da familia realmente fan e as segundas ao que estes cren que fan ou deben facer para manter un idioma.\nAs políticas lingüísticas no nivel micro ou contexto familiar están a retroalimentarse continuamente dende os factores macros. Polo tanto, os micro factores dentro de contexto familiar non se poden analizar de maneira illada sen facer referencia á política lingüística do nivel macro. Na Figura 1 tentamos representar as interrelacións e interaccións entre os tres elementos que consideramos ata agora, tendo en conta os niveis micro e macro. Para un mellor entendemento das PLFs dos proxenitores progalego é necesario saber tamén como foron as políticas lingüísticas do goberno durante as últimas tres décadas. A seguir, ofrecemos un resumo da política lingüística en Galicia desde 1983 ata a actualidade.\n3. As últimas tres décadas da política lingüística en Galicia\nAs enquisas demosociolingüísticas máis importantes das tres últimas décadas amosan as dificultades que atravesa o idioma galego, centradas en dous aspectos fundamentais interrelacionados: a ruptura da transmisión interxeracional e a diminución do uso entre a xente máis nova (véxase Seminario de Sociolingüística 1994, 1995, 2017). A substitución do galego polo castelán foi continua durante a segunda metade do século xx e estivo maioritariamente asociada a factores como a emigración masiva da poboación rural galegofalante cara ao exterior e cara ás cidades, o proceso de industrialización, o acceso maioritario á educación e a expansión dos medios de comunicación audiovisuais, onde o castelán xa existía como lingua predominante (Monteagudo 2012b). Ademais, a represión lingüística durante a etapa franquista tamén xogou un papel importante, especialmente no contexto urbano e periurbano, porque falar en galego moitas veces se asociaba á incultura, á rusticidade ou ao separatismo (Freitas Juvino 2008). Por tanto, moitas familias procedentes do medio rural, pregándose ás esixencias para a integración e o ascenso social no medio urbano, foron incorporando o castelán no seu repertorio lingüístico, moitos sen nin sequera saber falalo (Loredo & Monteagudo 2017).\nA aprobación do Estatuto de Autonomía no ano 1981 marca o comezo dunha nova etapa para a lingua galega debido ao seu recoñecemento como lingua propia de\nGalicia, así como lingua oficial xunto co castelán. En 1983, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei da Normalización Lingüística (LNL), aínda en vigor, que marcou un salto cualitativo ao recoñecer o proceso de discriminación histórico e asegurar a súa normalización, o que se concretaría na introdución do galego no sistema educativo, na administración Autonómica e nos medios de comunicación.\nDe certo, a incorporación do galego no sistema educativo axudou a algúns segmentos castelanizados da poboación, que recuperaron ata certo punto o uso do galego na vida cotiá como unha forma de reivindicación da súa identidade étnica, cultural, lingüística e política (Ramallo 2010). Coa chegada dun goberno de coalición en 2005, conformado polo Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista de Galicia- -PSOE, a política lingüística que caracterizou as dúas décadas anteriores comezou a mudar. Tomando como base o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado na última lexislatura de Manuel Fraga, á altura do 2004, o goberno de coalición aprobaba en 2007 o Decreto do Galego no Ensino que prevía que como mínimo un 50% das materias se impartise en galego e, a diferenza de normativas anteriores, establecía unha serie de medidas que garantisen o cumprimento da normativa nos centros así como a avaliación do seu impacto. Este novo decreto rachaba coa dinámica de incumprimento dos centros educativos e alteraba o statu quo que permitira a transgresión sistemática da normativa durante dúas décadas (Monteagudo 2012a).\nDurante o período 20072009 iniciouse unha etapa marcada polas tensións políticas sobre o idioma, con enfrontamentos entre grupos a favor da normalización e grupos contrarios que defendían a liberdade de elección da lingua vehicular por parte das familias; foron os anos convulsos da política lingüística en Galicia (Monteagudo 2009). Despois, o 20 de maio do 2010, o novo Goberno do PP introduciu cambios na política lingüística do anterior goberno de coalición a través dun novo Decreto de\nPlurilingüismo (Decreto 79/2010) no ensino non universitario.\nEste decreto establece que o medio de instrución no sistema preescolar sexa a lingua da casa da maioría dos estudantes da aula; ademais, limita a un máximo o número de materias que se impartirán en lingua galega e prohibe expresamente o emprego do galego en Matemáticas e Tecnoloxía. Dado que o castelán é o idioma predominante nas cidades, o Decreto tentaba invisibilizar o galego nos centros infantís urbanos e periurbanos. O resultado foi un forte enfrontamento cos grupos da oposición e varios colectivos dedicados á defensa da lingua, incluíndo a propia Real Academia Galega (RAG) que acabou impugnando o decreto, primeiro no TSXG, logo no Tribunal Supremo e, finalmente, recorreu ao Tribunal Europeo de Estrasburgo. Cabe mencionar aquí que o TSXG, na súa sentenza de 2012, só anulou o artigo 5.2., no que se estipulaba a realización dunha enquisa entre os proxenitores en Educación Infantil, e o 12.3., no que se establecía que o alumnado podería usar na aula a lingua da súa preferencia. Como o vixente decreto perpetúa a situación de inferioridade da lingua galega ao excluír taxativamente o seu uso nas materias científicas, a RAG, para a defensa dos dereitos das persoas galegofalantes, decidiu chegar ao Tribunal Supremo. Non obstante, o alto tribunal non admitiu o recurso da RAG de amparo por entender que non era un asunto que afectase aos dereitos fundamentais e que xa que logo non era materia da súa competencia. Foi entón cando a RAG decidiu acudir a Estrasburgo ante a “indefensión” nos tribunais españois. O Decreto 79/2010 que está actualmente en vigor no sistema educativo de Galicia marca o comezo doutra etapa dunha nova política lingüística de baixa intensidade.\nCompre sinalar aquí que os datos do IGE (2013) mostran un posible impacto deste cambio na política lingüística: a porcentaxe dos nenos entre cinco e quince anos que non falan galego nunca incrementouse rapidamente ata chegar ao punto máis alto do 47% entre 2008 e 2013, fronte ao 13% que fala só en galego (Instituto Galego de Estatística 2013). Un dato que contrasta co 52% de galegos de máis de 65 anos que o teñen como único idioma, fronte ao 13, 8% desta franxa de idade que utiliza só o castelán. Ademais, o pouco ou ningún coñecemento do idioma varía de forma significativa entre o primeiro e último tramo de idade, de maneira que entre os maiores de 65 era de pouco máis do 9 e entre os cinco e quince anos chega ao 23% (véxase tamén Seminario de Sociolingüística 2017: 200214 para máis explicación sobre o fenómeno da desgaleguización nas idades máis novas). Estes datos do IGE (2013) confirman, de novo, o proceso da substitución lingüística que está tendo lugar na sociedade galega. Tras a súa publicación, os portavoces do goberno defenderon a política lingüística gobernamental e insistiron no “equilibrio” entre o galego e o castelán nos centros escolares, achacando o problema ás familias e á liberdade individual, posición apoiada polo presidente da Real Academia Española, Darío Villanueva (Salgado 2014; La Opinión 2014). Ao longo deste traballo imos investigar, desde a perspectiva da política lingüística, se realmente a transmisión interxeracional do galego é unha cuestión da familia e liberdade individual ou se existen factores sociais e estruturais que a determinan.\n4. Metodoloxía\nPara este estudo, seleccionáronse proxenitores que pasaron polo sistema educativo de Galicia a partir do ano 1975 e viviron as primeiras políticas lingüísticas da Autonomía. A partir de datos etnográficos, desenvolveuse unha análise sobre as observacións e notas de campo, dezaoito entrevistas en profundidade semiestruturadas e dous grupos de discusión. Cabe resaltar que tamén se realizou un sorte de autoetnografía dirixida con sete familias previamente entrevistadas, para as que os proxenitores non só encheron un formulario sobre as súas prácticas lingüísticas diarias, sen ó n que tamén gravaron as súas comunicacións durante varias actividades cos seus fillos e fillas. Os datos da autoetnografía usáronse para apoiar as declaracións sobre as prácticas lingüísticas dos proxenitores.\nEste artigo susténtase en catro entrevistas semiestruturadas realizadas no contexto periurbano de Bertamiráns (Ames) e dous grupos de discusión que tiveron lugar en Vigo e Santiago. As entrevistas semiestruturadas organizáronse individualmente con cada pai ou nai por separado; respecto dos grupos de discusión, os proxenitores foron entrevistados conxuntamente. Os participantes deste estudo son proxenitores galegos de entre 3555 anos con diversas situacións profesionais. Para o traballo de campo seleccionáronse escolas primarias e infantís situadas en diferentes zonas de Galicia: Vigo, Santiago de Compostela e Bertamiráns. As escolas de Vigo e Bertamiráns son públicas e de educación primaria, mentres que as de Santiago son escolas infantís privadas financiadas por cooperativas e asociacións como Raiola e Escola Semente, que ofrecen programas de inmersión lingüística. Nestes colectivos, a maioría dos membros son proxenitores que queren que os seus fillos reciban unha educación en galego. Mentres Escola Semente está administrada por unha asociación progalego coñecida como Asociación Semente, Raiola está financiada pola cooperativa homónima. Aínda que Escola Semente comezou a funcionar a partir do curso escolar 201112, Raiola ofrece o galego como medio de instrución dende hai corenta anos. Tamén é importante anotar que, aínda que Escola Semente comezou con moi poucos alumnos, na actualidade contan cunha elevada demanda. Como os colexios públicos nas zonas urbanas e periurbanas están sumamente castelanizados, unha das principais intencións de elixir estas escolas infantís privadas foi investigar se os proxenitores progalego conseguen que os seus fillos e fillas continúen falando galego.\nCómpre dicir que durante a realización do traballo de campo nas escolas infantís, coincidín cun grupo de proxenitores de Santiago e arredores que formaron un grupo de quedada a través de WhatsApp chamado Tribo para que os seus fillos e fillas poidan socializarse en galego. Esta idea botou a andar entre xullo e agosto de 2013 e actualmente conta con máis de cincuenta familias. Os membros de Tribo, non só se dedican a compartir e organizar diversas actividades en galego, senón que tamén moitos dos proxenitores utilizan esa plataforma para quedar varias veces ao longo da semana para que as nenas e nenos poidan xogar en galego (Galicia Confidencial 2014). Ao longo do meu traballo de campo, acompañei varias veces aos proxenitores durante as quedadas para observar as súas prácticas lingüísticas. As actividades deste colectivo pódense considerar unha forma de xestión lingüística colectiva que está tentando resistir desde abaixo á hexemonía do castelán. Das catro familias que participan no grupo de discusión de Santiago, tres son membros activos de Tribo.\nDurante o traballo de campo contactouse cos responsables da normalización lingüística nas respectivas escolas; a selección de proxenitores realizouse polo método snowball sampling. A Táboa 1 ofrece unha descrición xeral sobre os proxenitores entrevistados; usáronse os nomes ficticios para manter o anonimato dos participantes.\nPolítica lingüística familiar\nPara analizar os datos empregouse a análise temática (Saldaña 2013), que permite obter unha perspectiva máis ampla sobre as múltiples experiencias persoais, segundo as narracións en que se plasma o discurso sobre política lingüística abaixoarriba no nivel micro. Ese tipo de análise tamén pode ofrecer unha descrición detallada (thick description) dun individuo sobre os procesos de aprendizaxe de idiomas, ideoloxías latentes, o mantemento e a substitución das linguas minoritarias en diferentes etapas da súa vida (McCarty 2011). Polo tanto, as observacións e ideas iniciais fóronse anotando desde a primeira fase da entrevista. Unha vez rematada a transcrición, o material foi lido varias veces para xerar os códigos preliminares que dirixían cara ás preguntas principais desta investigación. Despois, as primeiras categorías foron preparándose a base destes códigos que se referían ao desenvolvemento da política lingüística familiar. Finalmente, varias categorías interrelacionadas deron forma aos temas que respondían aos eixes desta pescuda. É importante anotar tamén que os temas que non contaban con suficientes datos para apoialos ou eran demasiado variados foron excluídos da análise para manter a claridade e enfoque da investigación.\n5. Principais tópicos de investigación\nNesta sección analízase como se atopan os proxenitores progalego no contorno social urbano e periurbano de Galicia e despois, continúase coas súas expectativas sobre a política lingüística educativa actual de Galicia. Finalmente, explícanse as estratexias de mantemento da transmisión lingüística que poñen en práctica estes proxenitores.\n5.1. Contorno social\nNo contexto sociolingüístico de Galicia, o castelán posúe un capital social e un poder simbólico (Bourdieu 1991) superiores aos do galego. Como lingua predominante na sociedade, a través do seu control hexemónico, está creando incongruencias e contradicións na práctica lingüística dentro e fóra da casa. As seguintes experiencias contadas polos proxenitores de distintas zonas de Galicia ilustran este fenómeno.\nO caso de Claudia e Martín (Familia 2), falantes tradicionais de galego (variedade da Mariña luguesa) que actualmente utilizan o idioma en todos os ámbitos; ambos traballan como funcionarios na Xunta de Galicia, viven en Bertamiráns e teñen catro fillas, de idades diferentes, tres das cales estudan na escola primaria de Bertamiráns. As entrevistas individuais cos proxenitores mais as gravacións da autoetnografía demostran que esta familia ten unha política lingüística familiar progalego. Non obstante, aínda que os pais e a irmá máis vella, Cecilia, falan en galego na casa, as outras fillas só usan castelán. Ademais, a filla mediana de once anos, Alicia, segundo a súa\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101 90\nnai, tiña un certo nivel de rexeitamento cara ao idioma familiar. A seguinte incidencia contada pola nai demostra como o contexto familiar se converte nun complexo contexto de continuo conflito entre galego e castelán, especialmente para os proxenitores que levan unha política lingüística individual e familiar progalega:\nClaudia: Alicia tiña un certo rexeitamento cara ao galego. Que non sei onde o percibiu, pero na casa no… outro día xa me dixo (pausa) “este ano quero facer as invitacións para o meu cumple eu. Porque quéroas facer en castelán, porque sempre, asta ahora as fixen en galego, porque tu quixeche, as invitacións que lle dou aos amigos falan en castelán, non falan en galego”. E este ano quéroas facer eu no idioma que eu quero e quero que sexa o castelán. [Destacado do autor]\nO poder hexemónico do castelán faise evidente de novo na próxima experiencia de Salvador, do grupo de discusión de Santiago de Compostela. Salvador e Mercedes (Familia 3) teñen dous fillos, un deles unha filla de catro anos que estuda na Escola Semente de Santiago de Compostela. A lingua da casa e da parella sempre foi o galego. A experiencia narrada refírese a hai dous anos, cando eles vivían en Cambados e levaban a súa filla á gardería. Un día chegou de volta e empezou a dicir cuchara en lugar de culler, o que os sorprendeu porque na casa ninguén usaba ese termo:\nSalvador: [...] pois chegou un día corrixíndonos a nós, logo claro, axiña deducimos que alguén lle tiña... alguén lla tiña corrixido a ela, non? O sea, nós sempre lle dicíamos, Mira que iso cómese coa culler, non? Mira, colle a culler, Noelia tal. “Cucha-ra!”... Culler! Que dis? Culler. E ela, “Cucha-ra!”. [Destacado do autor]\nUnha situación semellante pódese tamén atopar na seguinte experiencia de Darío e Sabela (Familia 10), unha familia de Vigo con dous fillos. Este incidente, que demostra como o contorno social funciona como un factor desgaleguizador ten como protagonista á súa filla maior de tres anos:\nSabela: … houbo un momento no que estaba xogando nun parque de bólas cunhas nenas maiores, non? Que tiñan así como sete anos, oito anos e tal. Entón, vin que: e: houbo un momento que lle dicían “ay, y tú hablas galeguiño...” Como xa: vacilando, non? A miña filla así “si, eu falo galego, si” por qué?... Darío: Pero é unha inconsciencia, porque a nosa nena aínda non é consciente con tres anos... das circunstancias… César: Claro. Maite: Das circunstancias. Xoan: E que hai cambio, <énfase> eh, [cando chegan ós oito ou nove...\nPolítica lingüística familiar DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101 91 Sabela: Efectivamente. No, no, claro. Evidentemente aí vai falar castelán… Paloma: Claro, eso... [Destacado do autor]\nOs anteriores sucesos non só demostran o poder simbólico de castelán coma lingua predominante na sociedade galega, senón tamén como os parques, as garderías e os colexios se converten nun contexto sumamente complexo de continua negociación entre galego e castelán para os nenos galegofalantes. O resultado, na maioría dos casos é unha mudanza lingüística completa cara ao castelán.\n5.2. Expectativas da política lingüística educativa\nNesta sección podemos ver as expectativas dos proxenitores sobre a política lingüística educativa. A maior parte dos entrevistados nos contextos urbanos e periurbanos quererían que o sistema educativo fose maioritariamente en galego ou só en galego. Por exemplo, Javier, un pai de Bertamiráns (Familia 1), declara:\nIgualmente, dos proxenitores participantes no grupo de discusión de Santiago (Familias 3 a 6) preferiron unanimemente que o sistema educativo fose maioritariamente en galego ou só en galego. Elena, por exemplo, unha nai que ten o seu fillo maior estudando nunha escola primaria pública, subliña a falta das horas suficientes en galego no sistema escolar:\nBea: A min gustaríame que lle falaran en galego, sobre todo nas idades primeiras... Adán: Eu para min debería ser absolutamente en galego a escola. E o castelán, pois as mesmas horas que lle dedican ó inglés, o sea, dúas ou tres horas para reforzalos, para que non cometan erros nas diferenzas que hai co galego... e con eso terían de sobra para saber falar moi ben o castelán… Lara: Eu estou de acordo… o principal digamos o: a lingua primeira ten que ser o galego na escola. E: e despois, pois evidentemente estudar tamén castelán, como outras linguas... Virgilio: Eu tamén, tamén coincido. Galego e: inglés, castelán, así por: esa orde e en canto a distribución de horas eu faríao así porque como coincidimos todos o castelán e algo: que, que están aprendendo de maneira natural…\nAnik Nandi\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101 92\nporque: e: a escolarización non lles dá ó mellor… suficiente ferramenta pra poder facelo… Entón, bueno, e: do que se trata é de buscar o número de horas necesarias pra que esa competencia sexa real… [Destacado do autor]\nNesta mesma liña, Martín (Familia 2), outro pai de Bertamiráns que tamén traballa como profesor nunha escola primaria, critica o Decreto do Plurilingüismo por permitir impartir as materias nunha lingua estranxeira que antes se impartían en galego e por non facer o mesmo con castelán:\nMartín: […] as materias que se está permitindo impartir pois en inglés, en francés, son materias que se impartían en galego. Por qué non se imparten en inglés ou en francés materias que se impartían en castelán? É dicir, o trilingüismo aparte do absurdo de intentar dividir en tres partes as materias en dúas linguas que son as nosas, con unha lingua estranxeira. [Destacado do autor]\nOs proxenitores que participaron no grupo de discusión de Vigo (Familias 7 a 10) consideran o sistema escolar como un factor desgaleguizador onde os cativos chegan e pasan a relacionarse en castelán:\nSabela: …hai unha temporada aínda me enterei con dor do meu corazón que chegan á escola: a, ó instituto, e xa se relacionan en castelán. Inma: Hum… Paloma: Hum… Sabela: Aquí donde se desgaleguizan absolutamente, [é na escola.]\nXoan: É na escola. [Destacado do autor]\nComo o castelán é o idioma predominante nas cidades, a meirande parte dos nenos téñeno como lingua habitual. Por tanto, o patio da escola conv é rtese nun complexo contexto de continua negociación entre galego e castelán para os nenos que veñen das familias galegofalantes, que moitas veces mudan por completo cara ao castelán.\n5.3. Estratexias de mantemento da transmisión\nOs proxenitores progalego dos contextos urbanos e periurbanos desenvolven múltiples estratexias para que os seus fillos e fillas sigan usando galego en todos os ámbitos. A próxima sección presenta algunhas destas estratexias.\nPolítica lingüística familiar DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101 93\n5.3.1. A planificación do prestixio da lingua minoritaria\nBen sexa ao nivel macro, meso ou micro, a planificación do prestixio é un elemento imprescindible para o mantemento e recuperación da transmisión interxeracional dunha lingua minoritaria ou minorizada (Baldauf 2005). Porén, como dixemos, desde o comezo da Autonomía non houbo unha implementación adecuada por parte do goberno. Por tanto, aínda que o coñecemento da lingua recibiu un impulso nos últimos anos, o seu capital económico, simbólico e cultural segue sendo reducido. Neste estudo atopamos casos en que os proxenitores que son conscientes da situación tentan desenvolver o prestixio do galego na familia. Por exemplo, Elena (Familia 6), nai que participou no grupo de discusión de Santiago, cóntanos como ela mais a súa parella tentaron desenvolver o prestixio do galego dentro da casa explicándolles aos seus fillos a convivencia lingüística entre galego e castelán:\nElena: Noel xa é maior, ten nove anos e desde que empezou na escola, moitas veces pois nos traslada que está incómodo, non? El ten claro, nós sempre falamos, a lingua da nosa casa é o galego, e sempre lle explicamos pois un pouco que situacións de convivencia lingüística se dan e por que? Nós iso explicámosllo a el desde pequeno, precisamente pra que se enfronte a esas cousas entendéndoas. Porque a el ás veces pásalle na escola pois que ó mellor un compañeiro -non por mal, senón por xogoó mellor faille burla de algo que el dixo en galego e el está incómodo porque a maioría dos seus amigos falan castelán …o outro día, pois por exemplo comentábanos “ás veces estou incómodo e prefiro pasarme ó castelán, e non sei que facer”, non? Entón nós tamén lle dicimos: “pois mira, nós tamén pasamos por esas. Pero igual que ti non renuncias da túa personalidade ti eres galegofalante e non tes por que renunciar a selo no patio. Os teus amigos vante querer igual, e os que non te queren, non é por iso” quero dicir, si que llo racionalizamos dalgunha maneira, non? [Destacado do autor]\nNeste caso, os proxenitores tentan asesorar ao seu fillo ante a incomodidade que lle xera estar inmerso nun contorno con maioría castelanfalante. Dado que os pais experimentaron o mesmo, inténtase racionalizar a situación de convivencia lingüística ao explicar que non debe renunciar á súa lingua familiar nos contextos de socialización.\nDarío (Familia 10), outro pai de Vigo, aporta unha opinión similar. Segundo el, o papel da familia é moi importante para desenvolver o status e prestixio do galego dentro da casa para que as nenas e nenos poidan defender o idioma no exterior:\nDarío: Entón eu creo que o papel das familias, ou polo menos o que eu sinto que teño que realizar co neno e ca nena, é de dar orgullo ós nenos de ser quen son... non só lingüisticamente, senón que se sintan e: dignos, que se sintan e: valentes, que se sintan... teñen que ser independentes... e teño a esperanza que si están reforzados desta maneira poderán defender o galego que se fala na casa... [Destacado do autor]\nAnik Nandi\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101 94\nOs comentarios anteriores de Elena e Darío mostran intentos de dotar de máis status e capital simbólico ao galego no contexto familiar.\n5.3.2. Esforzos para que os cativos falen un galego correcto\nMoitas veces o espazo entre as xestións e prácticas lingüísticas dentro da familia non é claramente distinguible porque os adultos da familia (os proxenitores, os avós, os irmáns maiores entre outros) interveñen continuamente para corrixir o uso lingüístico dos cativos, o que se demostra no seguinte apartado desde o grupo de discusión de Santiago, onde os proxenitores activistas progalego contan os seus intentos para que os seus fillos falen un galego correcto:\nElena: … si que é unha pelexa diaria que temos na casa e por intentar que a lingua deles tamén sexa o mellor posible non no sentido do vocabulario senón no sentido tamén das estruturas e, por exemplo, na colocación dos pronomes. Bea: Dos pronomes. Elena: Que iso é Adam: Si. Elena: Unha batalla terrible! Bea: É unha loita... Elena: Sabes? Ó principio eu por exemplo, co primeiro neno pois cando os colocaba mal, saltábame, pero agora ás veces con Lola escóitoa e: e xa non reparo, non? Aí Virgilio sempre lles insiste bastante, non? Virgilio: Si, bueno eu como típico neofalante atrévome a corrixir os demais, ós meus fillos, sabes? (risas).\nAquelas persoas con castelán como lingua primeira cometen frecuentemente o erro de antepoñer o pronome persoal ao verbo (Sanmartín Rei 2009), colocación típica do castelán e non do galego. Aínda que Elena afirma que ela cambiou a súa actitude e non corrixe tanto a súa filla, a súa parella, segundo ela, mantén unha actitude máis persistente. A autoridade lingüística de Virgilio, como declara el, é algo moi típico dos neofalantes que toman o cargo de falar un galego correcto e ao mesmo tempo corrixen o resto da xente galegofalante no seu contorno. O estudo de O’Rourke e Ramallo (2013) suxire conclusións semellantes sobre como os neofalantes, na maioría dos casos, requiren unha maior calidade lingüística cando falan en galego. Isto, segundo os investigadores, sinala unha nova etapa no proceso da revitalización lingüística que ten como característica a necesidade de control da calidade do galego urbano como particularidade dos neofalantes (véxase tamén Freixeiro Mato 2010 e Ramallo 2013).\nPolítica lingüística familiar\n5.3.3. Controlar as prácticas lingüísticas dos cativos\nComo os nenos de contexto urbano e periurbano teñen un contorno social castelanfalante, algúns proxenitores progalego de Santiago de Compostela, como xa se explicou antes na sección anterior, formaron un grupo de quedada a través de WhatsApp para que os seus fillos e fillas poidan socializarse en galego. Bea (Familia 4), nai de Santiago, comparte a súa experiencia:\nBea: Entón se ti tes o grupo de fóra habitualmente si cho: fala:ra castelán, o máis habitual supoño que será que muden de lingua. Pero nós a verdá é que fixemos así un grupo o grupo de amizades de Susi é galego. I como na escola tamén lle falan galego e tamén hai moitos nenos que falan galego na escola... [Destacado do autor]\nO principal obxectivo deste colectivo é tentar controlar a influencia do contorno social castelanfalante sobre as rapazas e os rapaces galegofalantes para que non se sintan discriminados nin ridiculizados polos seus compañeiros castelanfalantes no patio, o que, segundo moitos proxenitores, pode frear a substitución lingüística cara ao castelán durante os primeiros anos. A decisión de manter e revitalizar o galego tamén se pode considerar como un aspecto de xestión lingüística por parte dos proxenitores progalego.\nDebido o Decreto do Plurilingüismo que invisibiliza o galego nos centros infantís urbanos e periurbanos, este colectivo progalego comezou a formar cooperativas e asociacións para apoiar escolas de inmersión do galego en diferentes contextos urbanos de Galicia. Entre este colectivo, como xa se comentou en § 4., moitos dos seus membros son proxenitores que queren que os seus fillos reciban unha educación en galego. Trátase dunha estratexia máis por parte dos proxenitores progalego que queren levar a política lingüística familiar ata o contexto escolar. Garderías privadas coma Avoaescola, en Narón, ou Raiola e Escola Semente, en Santiago, poderíanse considerar como exemplos dese tipo de estratexias. A observación nonparticipante realizouse en dous centros que están ofrecendo programas de inmersión en galego: Avoaescola (Narón) e Escola Semente (Santiago de Compostela). Durante o traballo de campo, realizáronse varias visitas á Escola Semente. As notas de campo do 25.11.2014 revelan o seguinte:\nAo entrar na escola, vin que conta con dúas aulas cheas de materiais de aprendizaxe en galego para os nenos, que incluían carteis, deuvedés con cancións galegas tradicionais, xogos de mesa, libros de contos e outros recursos audiovisuais. Un dos membros da ANPA da Escola Semente explicoume que os proxenitores poden quedarse con algúns recursos durante un determinado período de tempo e utilizalos para desenvolver un ambiente de alfabetización a favor do galego dentro da casa […]\nAnik Nandi\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101 96\nPosteriormente, as notas tomadas no día 10.12.2014 subliñan que:\n[…] despois do horario escolar, o espazo da escola frecuentemente convértese nun contexto galeguizador porque moitos do colectivo progalego organizan varios eventos extracurriculares relacionados coa lingua e a cultura galega para os nenos. Iso inclúe xogos populares, actividades con música galega e clases de baile tradicional. Tamén se aproveita ese espazo escolar para organizar festivais populares (por exemplo, o Magosto ou a visita do Apalpador antes do nadal) cos cativos. É importante sinalar de que os nenos doutros colexios teñen a posibilidade de participar nestes eventos pagando unha pequena contribución. Polo tanto, varios membros de Tribo traen aos seus fillos para participar nestes eventos. As iniciativas descritas demostran como dende este colectivo promoven o uso do galego nun contexto sumamente castelanizado.\n6. Conclusión\nA análise dos datos presentados neste estudo demostra que cada individuo adulto dentro da familia ten as súas propias prácticas lingüísticas, fundadas en crenzas sobre as consecuencias e resultados da elección do idioma nunha sociedade bilingüe. Os datos tamén mostran que o fogar constitúe un complexo contexto de continua negociación entre galego e castelán. Así, aínda que moitos proxenitores progalego desenvolven políticas lingüísticas de resistencia dentro da familia a través das súas prácticas lingüísticas individuais e grupais (no caso das asociacións de proxenitores creadas expresamente para isto), na maioría dos casos non conseguen que os seus fillos e fillas continúen falando galego. De feito, aínda que algunhas familias con proxenitores activistas progalego o conseguen durante os primeiros anos, a situación muda en canto as nenas e os nenos desexan integrarse en grupos de compañeiros de aula ou amigos e se decatan de que falan unha lingua diferente. Por tanto, a análise dos datos pon de manifesto que no contexto urbano e periurbano de Galicia, o castelán posúe un maior capital social e poder simbólico có galego e, como lingua predominante no exterior (fóra da casa e da aula), a través do seu control hexemónico, crea discrepancias e desconformidades na práctica lingüística dentro do fogar (véxase tamén Spolsky 2018 para o impacto dos macrofactores sobre as políticas lingüísticas de arribaabaixo).Esta investigación sobre a política lingüística de abaixoarriba no contexto galego tamén conclúe que existe unha clara incongruencia entre a tentativa do goberno actual de invisibilizar as dimensións ideolóxicas da esfera pública e o papel dos proxenitores no ámbito familiar. Sen dúbida, a familia está mergullada na ideoloxía\nPolítica lingüística familiar DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.11.5064 © 2019 Estudos de lingüística galega 10: 77101 97\nsocial dominante, e neste sentido funciona coma unha ponte entre a sociedade e o individuo. O goberno, que é responsable de crear, difundir e implementar a política lingüística, tenta tamén perpetuar as súas ideoloxías lingüísticas procastelán, materializadas en prácticas sociais (neste caso, prácticas lingüísticocomunicativas e identitarias), a través do que Althusser (1971; véxase tamén Hall 1985: 98 e Apple 2017: 16) denominou “aparatos ideolóxicos”, adoito empregados para difundir e perpetuar as ideoloxías de arribaabaixo na sociedade civil como “falsa conciencia” e prácticas sociais (Eagleton 1991). Deste xeito, xa que se dá unha continua transferencia de influencias da ideoloxía dominante a través da política lingüística de arriba abaixo e desde a esfera pública (especialmente a través dos medios de comunicación) ao ámbito familiar, os espazos da escola e da casa aparecen como mediadores. A familia, continuamente en contacto con estes aparatos ideolóxicos, nunca pode situarse completamente fóra de control do goberno. Por tanto, podemos dicir que as declaracións dos responsables gobernamentais que achacan o problema ás familias e á liberdade individual son incongruentes e enganosas porque pretenden transferir ás familias unha responsabilidade que lles compete a eles, dotándoas dun falso poder de decisión, cando en realidade están sempre controladas ideoloxicamente. Noutras palabras, a disociación que establecen entre a sociedade no seu conxunto e o ámbito familiar como un espazo para a decisión lingüística libre e individual, illado do exterior e/ou das dimensións sociais máis amplas, é certamente rexeitable.\nNo contexto sociolingüístico galego, o castelán continúa a ser a lingua predominante e posúe un capital social e cultural maior e máis poder simbólico có galego. Segundo os resultados deste estudo, pódese argumentar que a familia e a “liberdade individual” están condicionadas e controladas polas ideoloxías dominantes do exterior. Unha das ferramentas máis importantes na normalización lingüística é a planificación do status da lingua minoritaria que se podería conseguir a través da implementación real dunha política lingüística en prol da lingua minoritaria e minorizada. Non obstante, desde o comezo da Autonomía, aínda que existía unha política lingüística nos documentos oficiais, non houbo unha implementación eficiente por parte do goberno senón que se promoveu unha política lingüística de baixa intensidade cara ao galego. Por tanto, aínda que o coñecemento da lingua recibiu un impulso nos últimos anos, o seu capital simbólico e cultural segue a ser reducido. Ademais, o Decreto do Plurilingüismo que está a restrinxir o ámbito do galego no ensino e que favorece ao castelán, de xeito especial nas cidades, pódese considerar coma unha política lingüística de erosión do status galego. Esta condición pódese mellorar creando pontes entre a escola e a familia, lugares nos que a implementación da política lingüística ten lugar na práctica do día a día."} {"summary": "Neste traballo preténdese estudar algunhas das evidencias estruturais e gran parte da cultura material documentadas durante a escavación do asentamento prehistórico de Monte dos Remedios (Moaña, Pontevedra) por medio do uso de Sistemas de Información Xeográfica (GRASSGIS, Quantum GIS, etc.) e de programas de análise estatístico de código aberto (R). De esta forma, abórdanse as problemáticas do asentamento e prantéxanse as relacións entre os propios materiais arqueolóxicos recuperados (cerámica, artefactos líticos…) e as principais estruturas identificadas (buratos de poste, pavimentos…) co fin de intentar achegar datos sobre a natureza e finalidade de ditos restos estruturais.", "text": "Análise microespacial do asentamento prehistórico de Monte dos Remedios (Moaña, Pontevedra): unha achega preliminar Microspatial analysis of the prehistoric settlement of Monte dos Remedios (Moaña, Pontevedra): a preliminary approach http://dx.doi.org/10.15304/gall.36.5083\nramon.fabregas@usc.es\n : Neolítico, Calcolítico, asentamento, I ntroducIón\nAs publicacións científicas e as memorias das escavacións realizadas nos últimos anos veñen de propiciar un aumento dos datos dispoñibles con respecto aos asentamentos das primeiras comunidades produtoras do noroeste peninsular. A información espacial proporcionada polas intervencións en xacementos domésticos é fundamental para tentar reconstruír as dinámicas que tiveron lugar no interior dos mesmos.\nEn Galicia existe unha longa tradición de estudos espaciais, os cales teñen analizado distintos tipos de xacementos (petróglifos, túmulos, castros,..). Neste tipo de traballos aplicáronse os denominados Sistemas de Información Xeográfica (SIX), cos cales se realizaron análises a unha escala na súa maioría macroespacial. Tamén se ten chegado a aplicar estatística espacial en conxunción cos SIX en algúns traballos concretos. Un exemplo disto último é o traballo referido aos petróglifos de Porto do Son (A Coruña) (RODRÍGUEZ RELLÁN, FÁBREGAS VALCARCE 2015), no cal se profundizou nas variables que terían afectado á distribución destes elementos arqueolóxicos. Con este fin, realizáronse numerosas análises a través dos SIX (intensidade de tránsito, visibilidade absoluta,..) e da estatística (test do veciño máis próximo, test L de Ripley, …).\nOutros traballos anteriores con perspectivas similares son, por exemplo, o estudo sobre os castros da comarca de Ortegal (A Coruña) (FÁBREGA ÁLVAREZ 2005), que pretende aproximarse á organización do espazo inmediato destes poboados e á interacción entre eles. As análises realizadas mediante SIX abarcan o cálculo de isocronas, visibilidade, intervisibilidade, etc. Para o caso do fenómeno tumular tamén se pode mencionar a aproximación realizada para a península do Barbanza (RODRIGUEZ RELLÁN, FÁBREGAS VALCARCE IP). Neste último, procurouse afondar na relación dos megálitos e os lugares de tránsito natural. Sen embargo, o conxunto de tests e técnicas aplicadas nestes estudos están orientadas á análise macroespacial, mentres que a aplicación ás escalas meso e microespacial segue sendo practicamente inédita na nosa comunidade.\nDesafortunadamente, existen unha serie de circunstancias que dificultan a aplicación destas ferramentas na nosa comunidade. Así, os asentamentos da Prehistoria Recente en Galicia tenden a presentar unha importante problemática respecto da súa “estratigrafía horizontal” (CANO PAN et al. 2016): a escasa diferencia en termos de profundidade entre os solos de ocupación correspondentes a distintas fases dificulta a interpretación dos episodios de habitación no xacemento. Así mesmo, a similitude compositiva dos distintos niveis fai que –en ocasións– resulte complicado identificar a separación neta entre estratos.\nPor outra banda, a metodoloxía seguida habitualmente nas intervencións destes sitios arqueolóxicos incluíu o uso de medios mecánicos para a retirada da camada vexetal e a posterior escavación manual dos seguintes estratos, o caso tamén de Monte dos Remedios (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). Este modelo de actuación de campo, aunado ás devanditas circunstancias de tipo formativo, sen dúbida condicionou a calidade e detalle do rexistro destes xacementos, limitando as posibilidades de interpretación dos sucesos acontecidos neles.\nAnte o carácter diacrónico da maior parte deses sitios, as datacións radiocarbónicas e o estudo da cultura material (CANO PAN et al. 2016) axudan a identificar os espazos de uso e a diferencialos dende un punto de vista cronolóxico. Malia diso, moitas veces, os parámetros ou regularidades existentes a nivel espacial dentro destes xacementos non resultan evidentes tras unha inspección superficial, sendo preciso botar man de outras metodoloxías que facilitan unha análise máis profunda. Este é o caso dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e de determinados programas que permiten levar a cabo cálculos de estatística espacial.\nNeste artigo, botamos man destas tecnoloxías para levar a cabo unha nova aproximación á análise microespacial dun asentamento da Prehistoria Recente do noroeste da Península Ibérica, o xacemento de Monte dos Remedios (Moaña, Pontevedra) (Figura 1), que constitúe un bo exemplo de ocupacións reiteradas dunha mesma zona ao longo dun prolongado período de tempo. Tal diacronía deu lugar a acumulacións, modificacións e reestruturacións do espazo doméstico: así, a gran cantidade de buratos de poste documentados en Monte dos Remedios responde, probablemente, aos diferentes momentos de ocupación detectados tanto a través do C14 como grazas aos restos de cultura material recuperados (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007).\nNo Noroeste peninsular non se teñen realizado estudos –coa metodoloxía proposta no presente estudo– sobre asentamentos pertencentes á etapa entre o V e o II milenio a.C. É así que analizamos un xacemento cun rexistro xerado mediante unha escavación arqueolóxica na cal se documentaron materiais e estruturas. A nosa achega resulta novidosa e convértese nunha aproximación, ata certo punto inédita, ás pautas de análise de contextos domésticos da Prehistoria Recente.\nA ntecedentes\nDurante os últimos anos, incrementouse de xeito importante o número de artigos relacionados coa análise microespacial de xacementos arqueolóxicos, tanto de carácter doméstico coma de outro tipo. Algúns destes traballos incorporan Sistemas de Información Xeográfica e estatística espacial para a realización das súas análises, xa que son ferramentas que facilitan o manexo dos datos e amosan unha gran versatilidade. Ate o momento, estas tecnoloxías aplicáronse en diversos contextos e áreas xeográficas.\nUn destes estudos microespaciais lévanos ata a illa de Baffin (Canadá), onde se realizou unha análise do espazo doméstico de cazadoresrecolectores árticos. Para este fin, os investigadores aplicaron a función K de Ripley, a análise de densidades Kernel e o test de independencia de Chicadrado (THACHER et al. 2017). Con esta metodoloxía, achegáronse á distribución da cultura material no interior das cabanas e no conxunto do sitio arqueolóxico para esclarecer o seu patrón de dispersión.\nNo contexto europeo, tamén nun asentamento de cazadoresrecolectores (Motala, Suecia), investigouse a relación entre as estruturas atopadas e distintos tipos de actividades domésticas (MOLIN et al. 2017). O foco centrouse nas tarefas realizadas tanto no interior coma no exterior de dúas das cabanas constituídas por postes. A cultura material –industria lítica, ictiofauna e carbóns– conxuntamente coas diversas estruturas –cabanas e fogares– serviron de base para a análise da distribución espacial dos restos. Neste caso, non se aplicou SIX ou estatística espacial, mais o fin perseguido foi moi similar ao caso anterior.\nEn outros dous exemplos europeos si atopamos a aplicación destas novas tecnoloxías. No xacemento de Zeewijk (Países Baixos) (THEUNISSEN et al. 2014) a análise de densidade Kernel foi amplamente utilizada en diferentes rangos de distancias co fin de determinar o grao de concentración de buratos de poste, ictiofauna, industria lítica, etc. Mentres, nos Alpes occidentais italianos, levouse a cabo un estudo dos patróns espaciais da cultura material de dúas cabanas (CARRER 2017). Os investigadores aplicaron estatística espacial, en concreto o algoritmo da I de Moran e variogramas, co obxecto de xerar un modelo preditivo do desprazamento dos materiais. Tamén tiveron en conta factores coma o trampling para detectar áreas de paso.\nPara a Península Ibérica tamén podemos mencionar algunhas aproximacións microespaciais. Na maioría dos casos, non se aplican Sistemas de Información Xeográfica ou estatística espacial para a resolución das problemáticas intrasite, mais o estudo en profundidade da cultura material e da estratigrafía do lugar axudan a entender as dinámicas internas alí acontecidas. Este é o caso das fosas aparecidas en contexto doméstico do xacemento da OrdenSeminario de Huelva (Andalucía) ou na área da Plana del Penedès (Barcelona, Cataluña) (MESTRES et al. 1998; VERA RODRÍGUEZ et al. 2010).\nNoutros estudos, coma o do xacemento de Los Millares (Almería, Andalucía), aplicouse estatística para determinar a distribución espacial dos restos faunísticos e diferenciar áreas de actividade (NAVAS, et al. 2005). Pola súa parte, na Cueva de El Mirón (Cantabria) aplicáronse técnicas xeoespaciais, como á análise de densidade Kernel e de agrupación Clúster, perseguindo os mesmos obxectivos que no caso anterior (GEILING et al. 2016).\nEn Galicia, chegouse a realizar unha análise microespacial con ferramentas SIX para o castro de Achadizo (Boiro, A Coruña) (RODRÍGUEZ NÓVOA et al. 2016). Neste caso, os seus autores desagregaron as fases de ocupación do xacemento e as cerámicas correspondentes a cada nivel co fin de aplicar a análise Kernel á cultura material e detectar as concentracións de actividade de cada lugar e época.\no bxectIvos e metodoloxíA\nNo xacemento de Monte dos Remedios escollemos coma obxecto primario de estudo os buratos de poste, os fragmentos de cerámica e a industria lítica, ademais de outras entidades secundarias (gabias perimetrais, estruturas de combustión, fosas e pavimentos). Para levar a cabo a análise, creáronse varias bases de datos que incluían diversos atributos de cada elemento a tratar, coma os grupos cerámicos, o tipo de artefacto lítico ou o diámetro e profundidade de cada burato de poste.\nEstas bases de datos cumprimentáronse coa información recollida da escavación de Monte dos Remedios. A metodoloxía seguida en campo incluíu o uso de medios mecánicos para a retirada da camada vexetal e a posterior escavación manual dos seguintes estratos. Utilizáronse as Unidades de Referencia (UR) e as Unidades Estratigráficas (UE) para rexistrar espacial e estratigraficamente a cultura material e as estruturas arqueolóxicas. Este rexistro está reforzado pola toma de puntos mediante estación total, co cal se precisou a situación dos materiais e estruturas. Tamén se realizou unha toma de mostras de tódalas UEs e unha columna de mostras da estratigrafía máis expresiva da constitución do solo –conformado principalmente polas UE001 (Horizonte A), UE002 (Horizonte B) e UE003 (Horizonte C) (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nUn dos obxectivos que se pretende alcanzar neste traballo é a identificación e análise da distribución de posibles áreas de actividade no asentamento, tendo en conta criterios espaciais e estatísticos. Para ilo realizáronse os test de Estimación de Densidade Kernel (KDE, nas súas siglas en inglés) e os de Clúster co fin de observar correlacións entre as maiores concentracións das entidades analizadas e as agrupacións obtidas co algoritmo DBSCAN. Con estas técnicas, procurarase determinar se existen diferencias a nivel cronolóxico ao contrastar os resultados das probas cos tipos de materiais (cerámico ou lítico) das distintas ocupacións.\nO segundo obxectivo é o de comprobar se os procesos posdeposicionais están detrás da ausencia de restos de cultura material en determinados sectores do xacemento. O traslado de material dentro do asentamento non está vinculado exclusivamente aos devanditos procesos posdeposicionais -como semellan apuntar as remontaxes de industria líticao cal mostramos mais adiante no estudo. Malia diso, realizamos tests de Aleatoriedade Espacial Completa para comprobar se a cultura material e as estruturas están ou non distribuídas de maneira aleatoria. Desta forma, nos aproximamos -de xeito xeralao patrón de distribución das actividades e construcións intrasite.\nPor último, examinaranse as características dos buratos de poste para así detectar posibles pautas na construción das cabanas. Aplicarase estatística espacial para comparar os diferentes atributos dos negativos co resto de análises xeradas e coñecer así se existen diferencias espaciais entre as diferentes estruturas. Tendo en conta as datacións radiocarbónicas e a cultura material de cada fase de ocupación, poderemos aproximar a posible cronoloxía dalgúns conxuntos de buratos.\nAnálise espacial mediante SIX\nNeste estudo se empregou GRASS GIS, nas súas versións 7.0.4 e 7.3, e Quantum GIS (v. 2.18), ambas ferramentas son Sistemas de Información Xeográfica de código aberto e gratuítas, cuxo desenvolvemento é posible grazas fundamentalmente ao traballo dunha ampla comunidade de usuarios.\nMalia das vantaxes que nos ofrecen estas tecnoloxías para a análise espacial, neste traballo non puidemos centrarnos na terceira dimensión (profundidade) –pola súa escasa fiabilidade (BONILLA RODRÍGUEZ 2004)– e por esta razón o presente traballo céntrase na análise bidimensional (x e y) dos materiais e estruturas, tendo en consideración a terceira dimensión (z) para o caso concreto dos buratos de poste. Isto redunda tamén na citada problemática dos asentamentos da Prehistoria Recente, os cales non gardan apenas diferencias, en termos de potencia do terreo, entre as diferentes ocupacións. Ademais, os escavadores de Monte dos Remedios argumentan que boa parte da cultura material se atopa in loco e non in situ polo cal non manexamos unha localización moi precisa (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nComo base para as análises, se empregou a cartografía obtida a través da web do Instituto Geográfico Nacional, coma o Modelo Dixital de Terreo cunha reixa de 5 metros elaborado a partir do LiDAR do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) (http://centrodedescargas.cnig.es/CentroDescargas/index.jsp)[10/11/2016]. Estes mapas se empregaron para a contextualización da contorna de Monte dos Remedios, mentres que para as análises realizadas no propio xacemento, utilizouse un mapa ráster da área intervida creado a partir da interpolación dos puntos tomados durante o levantamento topográfico feito con estación total no curso da escavación. Dita cartografía tiña 10 centímetros de resolución, o que permitiu realizar observacións de gran precisión.\nOs mapas vectoriais empregados son bases de datos en formato CSV coas localizacións da cultura material e os contornos das estruturas do xacemento en formato DWG. Levouse a cabo unha labor de edición en AutoCAD previa á exportación de ditos elementos a un SIX. Como todos os datos foron tomados mediante estación total durante a escavación de Monte dos Remedios, contamos cunha situación precisa dos elementos estudados. Aínda así, transformamos as coordenadas relativas dunha parte da cultura material en absolutas. Isto foi posible ao dispor da xeorreferenciación dos bordes das UR (Unidades de Referencia) (Figura 2) onde se atopaban ditos materiais.\nOs traballos realizados abranguen dende o estudo da distribución do material polo asentamento ate a relación espacial coas distintas estruturas detectadas. A través de GRASS GIS, se efectuaron análises como as densidades Kernel, un método que xera un ráster de densidades a partir dun mapa de puntos vectoriais. Este test permitiu coñecer as concentracións de entidades –sexan buratos de poste, industria lítica ou fragmentos cerámicos– ao longo do xacemento. O resultado consiste nun mapa no que cada píxel expresa un valor específico por m 2, cm 2, etc (NETELER, MITASOVA 2008; RODRÍGUEZ RELLÁN, FÁBREGAS VALCARCE 2015). Para que o seu entendemento sexa doado, dita densidade expresouse en forma dunha paleta de cores na que os tons máis vivos indican unha maior concentración.\nA ferramenta v.cluster de GRASS GIS axudounos a desenvolver a análise de agrupacións (NETELER, MITASOVA 2008), a través da cal puidemos clasificar en grupos as distintas poboacións de puntos (sexan estes buratos de poste, artefactos líticos ou fragmentos de cerámica). Ademais, tamén se identificaron aqueles puntos que presentan diferencias salientables co resto (valores extremos ou outliers). Para realizar ditos cálculos, aplicamos o algoritmo DBSCAN (DensityBased Spatial Clustering of Applications with Noise), que xera agrupacións en base á distancia máxima dun elemento con respecto ao seu veciño (NETELER, MITASOVA 2008). Posteriormente, aplicouse a regresión lineal aos mapas kernel xerados co fin de coñecer o grao de dependencia entre os mesmos (ex.\na densidade de cerámica fronte á da industria lítica).\nAs análises kernel e clúster compleméntanse mutuamente para facilitar a visualización das posibles áreas de actividade das comunidades prehistóricas que habitaron Monte dos Remedios. Desta forma, podemos asociar determinadas tarefas domésticas –coma por exemplo a talla lítica– a espazos concretos dentro do asentamento. Tamén nos permite aproximarnos ás ocupacións máis intensas de determinados sectores en distintas cronoloxías –tendo en conta, para iso, as datacións radiocarbónicas e os materiais recuperados.\nA última proba realizada con GRASS tivo como obxectivo determinar a distancia euclidiana entre os restos líticos e cerámicos con respecto ás diversas estruturas do xacemento detectadas en Os Remedios (buratos de poste, gabia perimetral, pavimentos, fosas e estruturas de combustión) co fin de observar a existencia de posibles asociacións espaciais. Para ilo, se empregou o módulo r.grow.distance, que proporciona un mapa ráster cuxas celas representan a distancia máis próxima con respecto ao obxecto ou estrutura analizada. No que respecta aos remontaxes de pezas líticas e fragmentos cerámicos, se utilizou a ferramenta v.distance. Esta permite calcular a distancia entre dous puntos dados (vectores). O resultado é tanto numérico coma gráfico, ao ofrecer a distancia (en metros, neste caso) e un mapa vectorial cunha liña que une ambos puntos (NETELER, MITASOVA 2008) (Figura 11).\nO cálculo das distancias axúdanos a comprender a organización interna do xacemento e o traslado de pezas. Con esta análise podemos constatar se as estruturas (gabias, fosas,..) se asocian ou non á cultura material e ós buratos de poste. Deste xeito, observamos se as construcións se vinculan a distintos momentos cronolóxicos –segundo a proximidade ás datacións radiocarbónicas e á cultura material asociada. Tamén nos mostra como foi o traslado de materiais co fin de coñecer se os procesos posdeposicionais afectaron á distribución destes ou se se debeu a outras causas.\nEstatística espacial\nPara a análise estatística, utilizouse a linguaxe de programación estatística R (https:// www.rproject.org/) [16/01/2018], na súa versión 3.4. (R CORE TEAM 2017). A integración entre GRASS GIS e R, realizouse grazas a paquetes como rgrass7 (BIVAND 2017), o que fixo posible a utilización de utilidades tanto xerais como específicas de estatística espacial, como spatstat (BADDELEY, TURNER 2005), sp (PEBESMA, BIVAND 2005), maptools (BIVAND, LEWINKOH 2017) ou raster (HIJMANS 2017), entre outros. Dita conexión entre GRASS e R empregouse para aplicar as probas de Quadrat Test e a K Ripley, mentres que para o resto de analíticas se recorreu a bases de datos externas importadas a R. Os datos están recollidos en follas de cálculo de Microsoft Excel coa entidade relevante (cerámicas, líticos ou buratos de poste), que posteriormente foron importados ao programa de estatística.\nTodos os datos foron sometidos a unha serie de probas para determinar o método estatístico máis idóneo a empregar na súa análise. Así, se comprobou a normalidade e homocedasticidade da mostra para o que se aplicaron, respectivamente, os tests de ShapiroWilk e Fligner (CRAWLEY 2013). A resultas das características amosadas pola poboación estudada (ausencia de normalidade, diferencias na varianza), se aplicaron tests non paramétricos coma o de MannWithney-Wilcoxon ou o de KruskalWallis (KRUSKAL, WALLIS 1952; POHLERT 2014). Neste último test, realizouse –ademais– un exame posthoc –Multiple Comparison Test after KruskalWallis– que permite identificar que colectivo ou colectivos son significativamente diferentes do total do conxunto analizado.\nCon eses métodos, puidemos realizar comparacións entre os diversos atributos da base de datos (por exemplo, entre as familias cerámicas e a súa distancia ás gabias). Realizando múltiples operacións deste tipo, chegamos a saber se existen diferencias a nivel estatístico na distribución das poboacións analizadas (buratos de poste, fragmentos cerámicos e industria lítica).\nNo que respecta aos métodos de estatística espacial, a comprobación da aleatoriedade espacial foi un dos obxectivos principais deste traballo. Con esta análise pretendíamos coñecer o grao de dispersión das estruturas e da cultura material ao longo do xacemento e, a súa vez, detectar se os procesos posdeposicionais puideron ter algún impacto sobre a dispersión dos materiais documentada durante a escavación. Unha das probas realizadas foi o Quadrat Test (ou test de cuadrantes) (CRAWLEY 2013; RODRÍGUEZ RELLÁN, FÁBREGAS VALCARCE 2015), un método que xera unha partición interna da área de estudo nun número variable de cuadrículas (Figura 12). O montante teórico de puntos esperado dentro de cada unha das cuadrículas se a súa distribución fose aleatoria é comparado con aquel observado na distribución da poboación real analizada (por exemplo, os buratos de poste).\nO resultado do Test de cuadrantes amosa unha cuadrícula que divide o xacemento. En cada cadro aparecen tres cifras que amosan: o número de entidades aleatorias esperadas (á dereita), os elementos existentes (á esquerda) e o coeficiente positivo ou negativo resultante do cálculo de aleatoriedade (xusto embaixo das anteriores). En función desta última cifra pódese deducir se as entidades estudadas semellan distribuírse ao chou ou non (Figura 12).\nCon esta análise conseguimos aproximarnos ao patrón de distribución da cultura material e dos buratos de poste do xacemento. Sabemos que o material cerámico e lítico non se atopa in situ e este test axúdanos a coñecer onde se concentra e tamén se existen baleiros de material dentro do espazo analizado. Por esta razón, aplicamos dita análise ao xacemento de Os Remedios, para saber se existen sectores con menos material do esperado e –por tanto– testar se os procesos posdeposicionais teñen sido a causa de moitos destes baleiros.\nOutro dos métodos realizados conxuntamente con GRASS foi a función K de Ripley (CASTILLEJO 2013; CRAWLEY 2013). Este método detecta a aleatoriedade espacial completa a medida que aumenta a desviación estándar da distribución. Captura a distribución real dos puntos que pretendemos estudar e compáraos cun número dado de poboacións simuladas (no noso caso 999) co mesmo tamaño que a real pero cunha distribución totalmente aleatoria. Desta forma, permite detectar se os elementos analizados se distribúen de maneira aleatoria ou non.\nO resultado derivado da K de Ripley (Figura 13) é un gráfico onde aparece o clustering das nosas observacións, é dicir, dos elementos que analizamos (K obs) e a media da concentración das simulacións realizadas (K r). Ademais, se destaca o límite inferior (K lo) e superior (K hi) do intervalo de confianza derivado desas 999 simulacións. Para interpretar o gráfico resultante, hai que fixarse se os valores K dos elementos analizados (K obs) son superiores ou inferiores aos valores K esperados (K r) así como se se atopan dentro da área demarcada polo intervalo establecido por K lo e K hi. No caso de que as nosas observacións sexan superiores, se pode afirmar que a distribución é máis concentrada que aquela na que os puntos se sitúan de xeito aleatorio. No caso contrario, as entidades atópanse dispersas (CRAWLEY 2013).\nCo test K de Ripley coñecemos se os materiais e estruturas do asentamento están repartidas de xeito aleatorio ou non. Esta información complementa os resultados do Quadrat Test e nos amosa cal é a tendencia da distribución. Desta forma, podemos consolidar a argumentación sobre o posible efecto dos procesos posdeposicionais sobre o rexistro arqueolóxico en determinados sectores do xacemento.\nConxuntamente cos Quadrat Test e a K de Ripley, tamén se realizou a análise de Kmeans (CRAWLEY 2013), un método que permite calcular o promedio de distancias de cada punto (ex. un burato de poste) con respecto aos seus veciños máis próximos. O resultado é un gráfico no que se amosa unha liña ascendente que contén as distancias. O obxectivo é identificar o punto de inflexión de dita liña para así coñecer a distancia óptima que pode empregarse para calcular os clústeres na análise de agrupacións Clúster realizado con DBSCAN (NETELER, MITASOVA 2008).\nAmbas análises –Kmeans e clúster – compleméntanse e axúdannos a visualizar áreas de actividade dentro do asentamento. É preciso ter en conta os tipos de materiais que analizamos e as datacións radiocarbónicas para así poder asociar os clústeres xerados cos distintos episodios de ocupación detectados durante a escavación de Os Remedios. Nalgúns casos, observamos como determinados sectores do asentamento puideron relacionarse con actividades realizadas en máis dunha fase (Neolítico, Calcolítico...).\nPara o caso da industria lítica e dos fragmentos cerámicos recuperados durante a escavación, aplicouse o test de ChiCadrado (CRAWLEY 2013), o cal permitiu analizar o grado de dependencia entre determinadas variables categóricas, como o tipo de útil lítico, as familias cerámicas, etc... Desta maneira, puidemos comparar diferentes características da cultura material que non son posibles de analizar cos tests citados anteriormente (KruskalWallis e MannWithney-Wilcoxon). Así, ampliamos a información sobre a industria lítica e os fragmentos de cerámica, ademais de coñecer se as diferencias que poidan existir entre estes elementos marcan algún tipo de cambio a nivel cronocultural.\nPor último, importáronse a R os datos relativos ás distancias previamente calculados por medio de GRASS GIS. Desta maneira, a información someteuse aos métodos que determinan a normalidade e a homocedasticidade (test de ShapiroWilk e de Fligner) (CRAWLEY 2013). Unha vez determinada a súa desviación da normalidade, os datos foron analizados mediante tests nonparamétricos (KruskalWallis) co fin de determinar as diferencias espaciais entre as estruturas e a cultura material. (KRUSKAL, WALLIS 1952; POHLERT 2014). Con este último proceso –e como apuntamos xa máis arribapretendemos incrementar o coñecemento sobre a relación espacial da cultura material co resto de estruturas. Desta forma, explóranse as diferencias cronoculturais na distribución das entidades arqueolóxicas que analizamos (buratos de poste, fragmentos de cerámica e industria lítica).\nc ontexto ArqueolóxIco\nO xacemento de Os Remedios\nO asentamento de Monte dos Remedios atópase nun espazo xeográfico e xeolóxico ben definido: a península de O Morrazo (Pontevedra). Situado no extremo surleste da mesma, ocupa un pequeno promontorio na parte media da ladeira noroccidental do Monte dos Remedios (Moaña), estendéndose por unha área de aproximadamente 1, 6 hectáreas. A unha altura de 78 m.s.n.m., se localiza moi preto da actual liña de costa, apenas a uns 800 metros de distancia, preto das praias de Vilela e Canabal (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010). (Figura 1).\nA nivel topográfico, domina sobre un amplo val costeiro, protexido dos ventos e drenado por varios cursos de auga. Dito val ten unhas características que favorecerían a súa explotación agrícola, como podería testemuñar o seu uso para este fin ata fai moi poucos anos. Ao mesmo tempo, a súa situación permítelle exercer o control visual do tránsito a través da plataforma costeira, e dándolle un acceso doado ao alto das serras que ocupan a zona central da península do Morrazo. A intensa ocupación dos arredores queda demostrada pola existencia de varios petróglifos na contorna así coma un castro da Idade do Ferro (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nO xacemento descubriuse durante as obras do trazado previsto do enlace de Cangas co Tramo II da Vía de Alta Capacidade do Morrazo (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). Ao verse afectado por ditas obras, realizáronse traballos de sondaxe e unha posterior escavación en área. Esta última consistiu na apertura de cadros de 10x10 metros (Unidades de Referencia ou UR), distribuídos en forma de malla (Figura 2). En total, xerouse un rectángulo de 90x48 metros co seu eixo maior orientado en sentido NESW (BONILLA RODRÍGUEZ 2004) e unha superficie total de 3995 m 2.\nA estratigrafía do lugar resultou ser relativamente uniforme en toda a área escavada, identificándose tres horizontes edáficos (A, B e C) correspondentes respectivamente coas tres principais UEs (001, 002 e 003). Nos dous últimos é onde se documentou a maioría dos restos de cultura material así como de estruturas prehistóricas. Ademais, no nivel máis profundo (C) se atoparon alteracións intensas do substrato derivadas de actividades antrópicas de cronoloxía prehistórica, correspondentes –sobre todo– a regularizacións do terreo mediante rebaixes e nivelacións, as cales evidencian o carácter intensamente transformador dalgún dos episodios de ocupación do xacemento (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nDas modificacións executadas sobre o propio nivel C salientamos un pavimento sito na parte central do xacemento. Esta nivelación do terreo prodúcese por riba de buratos de poste preexistentes e está en relación coa aparición no xacemento das cerámicas tipo Penha e campaniforme, xa no III milenio a.C. No mesmo milenio, realízase un rebaixe do firme central que coincide coa construción dunha cabana de tendencia circular (UR 39 e 40) neste sector (BONILLA RODRÍGUEZ 2004) (Figura 4). Ditos cambios –tanto o pavimento coma o rebaixe– teñen relevancia no actual estudo e axudan a definir as áreas de actividade nesta parte do asentamento, como se comentará máis adiante (Figura 3).\nBuratos de poste\nEn Monte dos Remedios se definiron un total de 330 buratos de poste, dos cales 319 foron analizados neste estudo ao ter sido rexistrados tridimensionalmente durante a escavación (Figura 3). A terceira dimensión rexistrada –profundidade (z)– a atopamos na análise destas estruturas ademais da x e y representadas pola anchura/diámetro. Gran parte destes negativos localízanse no sector oriental do xacemento, mentres que –pola contra– están practicamente ausentes da metade occidental. O diámetro medio dos buratos sitúase en torno aos 2025 cm, sendo minoritarios aqueles con diámetros superiores aos 40 e inferiores aos 10 cm. En algúns casos, apareceron pedras no seu interior que foron interpretadas como calzos. Este tipo de elementos non é moi abundante, xa que só se rexistraron nunha decena de casos (Figura 4).\nA distribución dos buratos de poste parece ser o resultado acumulado de diferentes fases construtivas (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007). Só nunhas poucas ocasións atopamos unha delineación clara que mostre a morfoloxía das cabanas (Figura 4): o caso máis claro se localiza na UR 52, onde aparecen buratos de poste no interior dunha gabia circular que tería servido como cimentación dunha estrutura (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). O resto son aliñacións ovais, circulares ou rectangulares que se sitúan ao Norte (UR 24), Este (UR 10 y 17), centro (UR 39 y 40) e Sur (UR 60 e 67) do asentamento (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nCerámica\nDurante a escavación de Os Remedios se recuperaron un total de 2063 fragmentos cerámicos, dos cales 1821 son lisos e 242 presentan decoración. Deste conxunto, analizáronse un total de 1234 fragmentos para os que dispomos de coordenadas tomadas con precisión subcentimétrica (Figura 3). Na súa análise recorreuse á clasificación por familias cerámicas realizada durante o estudo de materiais do xacemento (BONILLA RODRÍGUEZ 2004; FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007).\nDita clasificación apóiase en traballos específicos de corte tecnotipolóxico ou cronotipolóxico vinculados –en moitos casos– a contextos tumulares do Noroeste –como no caso da cerámica tipo Penha (ABAD 199293, REY 1995). Para o campaniforme móstranse diversos exemplos en asentamentos e túmulos da península do Morrazo –como Chan de Arquiña (túmulo) ou A Fontenla e O Regueiriño (domésticos) (BONILLA RODRÍGUEZ 2004: 94). Tamén se apunta a ampla cronoloxía da cerámica boquique a cal aparece en xacementos de diversas rexións –Norte de Portugal, Andalucía ou na Meseta española– e cronoloxías –dende o Neolítico Final e ate o Bronce Medio/Final (BONILLA RODRÍGUEZ 2004: 92).\nPara o noso artigo prescindimos de dúas das sete clases (incisoimpresa e impresa non campaniforme) (Táboa 1). Isto se fixo polo escaso tamaño da mostra, pois os efectivos de algunha eran tan reducidos que resultaba difícil comparalas co resto, e por tanto, sería contraproducente para o estudo. Desta forma, se analizaron un total de 5 grupos diferentes que, ate certo punto, reflicten as distintas fases de ocupación do asentamento.\nNo que respecta á cerámica campaniforme e tipo Penha, estas son dúas familias que nos aportan cronoloxías relativas de ocupación do asentamento. Aínda que o número de fragmentos non é moi abundante (45 restos de cerámica campaniforme e 66 de tipo Penha), o seu número é o suficientemente amplo como para acadar resultados relativamente representativos.\nEntre ambos grupos cerámicos existe unha relación estratigráfica moi clara. A cerámica campaniforme aparece nos niveis superficiais (UE 2) e, sobre todo, nas zonas Norte e central do xacemento, por encima dos elementos datables no primeiro cuarto do III\nTáboa 1. Clasificación das cerámicas de Monte dos Remedios.\nmilenio a.C. Por outra banda, parte dos fragmentos do tipo Penha atopáronse por debaixo do nivel de pavimento no sector central do asentamento. Desta forma se lle pode outorgar –a priori– unha cronoloxía bastante antiga, da primeira metade do III milenio a.C. Noutros xacementos –como por exemplo o de Requeán (CRIADO BOADO et al. 1991) e o de Lavapés (GÓMEZ FERNÁNDEZ, FÁBREGAS VALCARCE, DE LA PEÑA SANTOS 2001)– atopamos este tipo de cerámica en cronoloxías similares.\nPor último, contamos co conxunto de cerámicas indeterminadas, no cal se inclúen aqueles restos que non se integraron nos anteriores grupos e que carecen dunha adscrición cronolóxica definida. No estudo de materiais contemplouse este grupo separadamente do resto. Na súa maioría, son fragmentos sen decoración algunha, ainda que varios –uns dez– presentan incisións, impresións, elementos plásticos e un está pintado. Tamén se documentaron fragmentos que remontan –sen decoración fundamentalmente– pero estes non amosan dinámicas de traslado de material durante a ocupación do asentamento –ao contrario do que acontece coa industria lítica.\nIndustria lítica\nA industria lítica do xacemento está constituída por uns 755 efectivos, ademais de 150 manuports (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007; RODRÍGUEZ RELLÁN 2010). Deste conxunto, analizáronse un total de 488 elementos rexistrados tridimensionalmente (63% do total) (Figura 3). O resto do material procede de unidades fortemente alteradas por procesos posdeposicionais. Na súa maioría, os restos líticos asócianse á UE002, disposta baixo o nivel superficial revolto e sobre a rocha base desmantelada (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007). Nese nivel tamén é onde aparece a maior parte do material cerámico, situándose por riba das estruturas. Non obstante, unha elevada proporción de pezas líticas (17, 13%) foron rexistradas no nivel superficial de revolto (UE001). Isto fai difícil a identificación ou delimitación de areas de actividade xa que o número de pezas in situ é reducido e non aparecen tecnotipos asociados a UE concretas. Aínda así, existen tipos de artefactos vinculados a certas unidades, sendo o máis significativo a concentración do groso das pezas líticas en torno ás estruturas de combustión (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nToda a industria lítica foi clasificada segundo o Sistema LóxicoAnalítico (BP, BN, BN1G..) (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010), reducido neste estudo a cinco grupos básicos co fin de mellorar o tratamento estatístico dos datos: Bases positivas (ou lascas), Bases negativas (núcleos), Configurados (retocados), Bases naturais (soportes líticos –seixos, bloques– sen sinais evidentes de modificación) e Outros.\nA nálIse e resultAdos\nAnálise de evidencias estruturais\nao III milenio a.C., a teor do material cerámico asociado (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nNa análise de agrupación Clúster (Figura 6, Táboa 2), detectáronse algúns conxuntos que coinciden coas grandes densidades de buratos de poste mencionadas anteriormente. Un dos grupos, o 8, engloba aos buratos baixo o pavimento (BONILLA RODRÍGUEZ 2004), mentres que o 6 e 1 reflicten –respectivamente– as outras grandes concentracións ao Norte e ao Sur do xacemento. Ademais, pódese mencionar a posible correlación cronolóxica e espacial do citado conxunto 8, adscrito a un momento anterior á construción do pavimento central, coma doutras agrupacións –a 7, 10 e 11– estas vencelladas a materiais cerámicos do III milenio a.C. En concreto, o conxunto 11 –sito sobre a gabia perimetral e na zona “extramuros”– podería estar a marcarnos un episodio máis tardío e de posible ampliación do asentamento cara o Este.\nDos clústeres xerados co algoritmo DBSCAN (Figura 6), pódense destacar dous dos grupos –o 7 e o 11– que se distinguen por conter buratos de poste a diferentes profundidades. O primeiro conxunto, o 7, atópase na zona central, contendo a estrutura circular vinculada ao rebaixe documentado nesta área. O grupo 11 sitúase ao Sureste do asentamento, e estendese alén da gabia perimetral. Ambos están asociados a espazos que, a priori, foron creados ou modificados durante o III milenio a.C. (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nNa agrupación 7 os buratos de poste rexistran unha profundidade media duns 20 cm mentres que na 11 ronda os 10 cm. Esta diferencia podería, quizais, marcar unha distinción en canto á forma de construír en dúas áreas que –a priori– son coetáneas. No clúster 7, localizado na área central, profundiza moito máis no terreo, chegándose incluso a soster algúns dos postes con calzos. O clúster 11 se sitúa nas aforas do asentamento e xusto no límite Sureste da área escavada. É posible que a presenza do pavimento central condicionase a localización das cabanas, que quizais se terían situado en torno desta estrutura. É certo que neste grupo as estruturas non se asentan tan profundamente coma no conxunto 7. Quizais a potencia do solo inflúe neste cambio construtivo ou ben sexa outra variable a que está a actuar.\nPor outro lado, leváronse a cabo varias análises das distancias entre os buratos de poste e outros elementos do asentamento (gabias, calzos, pavimentos...). Observamos que a profundidade e a anchura dos buratos de poste e a existencia de calzos presentan certa dependencia entre si (Figura 7). En primeiro lugar, puidemos observar que a profundidade dos negativos aumenta coa aparición dos calzos, acadando os 20 ou 30 cm. Aínda que esta é a norma xeral, existen algúns ocos afundidos a máis de 40 cm que semellan non ter requirido esa clase de soporte.\nEn canto ao diámetro, ocorre algo semellante ao que acabamos de ver. Os buratos se moven entre os 30 e 35 cm de ancho cando van acompañados de calzos, mentres que a anchura se reduce a entre 20 e 30 cm cando carecen deles. Novamente, e como pasaba coa profundidade, existen algúns negativos con máis de 40 cm de largo que non requiriron de ningún dispositivo para estabilizarse.\nOs calzos documentados no xacemento están concentrados no Sur, nunha área onde non temos cultura material asociada aos buratos de poste, e –en menor medida– no centro, onde se rebaixou o nivel do pavimento. O resto dos calzos atópanse dispersos polo asentamento. A resultas da súa distribución ao longo do xacemento, poderíase argumentar que a ocupación calcolítica foi a responsable de consolidar o uso de calzos, xa que os lugares citados están en estreita relación coas zonas ocupadas durante o III milenio a.C.\nOs buratos de poste do xacemento teñen morfoloxías diversas (circular, oval e irregular). Para o estudo realizamos unha análise comparando estas formas coa profundidade dos negativos de poste e os resultados mostran que os negativos con planta irregular afondan ata os 25 cm de media fronte o resto (circular e oval) que só chegan aos 15 cm (Figura 7). Este tipo de planta informe é minoritario no asentamento e, na súa maioría, adscríbese a contextos de hábitat Calcolítico.\nOs buratos de poste de planta circular e oval, ademais de ser maioritarios, se reparten de xeito homoxéneo polo xacemento. En termos xerais, vincúlanse ás cabanas calcolíticas, aínda que tamén foron utilizados en momentos previos. Como exemplo de estruturas do III milenio a.C. temos as dúas do Norte –a rectangular e a ovalada–, a central e a do Sur (Figura 4), estas últimas circulares. En todas estas construcións atopamos, de xeito indistinto, negativos de poste circulares e ovais. Pola súa parte, os postes de deseño irregular non forman parte desas estruturas calcolíticas, aínda que se espallan polas súas inmediacións.\nAnálise da cultura material\nUn dos primeiros datos relevantes aportados pola análise espacial da cultura material é que industria lítica e fragmentos cerámicos presentan unha correlación positiva a nivel espacial.\nSegundo a análise Kernel, a cerámica concéntrase no Norte, Nordeste e en toda a área central do xacemento (Figura 8). Na parte setentrional destacaría a cerámica Penha e campaniforme vinculada a ocupacións do III milenio a.C., mentres que na parte central do asentamento semella existir un maior solapamento de ocupacións (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nPola contra, as agrupacións Clúster (Figura 9, Táboa 2) mostran un patrón diferente ás densidades Kernel. Un dos conxuntos encadra nun gran grupo ás cerámicas do pavimento central e as do Norte do xacemento. O resto de cerámicas intégranse en pequenos conxuntos, dos que destacan o 7 –con presencia de cerámica Penha e campaniforme– e o 2 –vinculado á estrutura circular con poste central do Sur. Tamén resulta de interese o grupo 5, ao atoparse en torno á estrutura de combustión datada no Neolítico Medio (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007).\nA cerámica Penha atópase máis próxima do pavimento (menos de 1 m.) que os grupos campaniforme, lisa fina e indeterminada (a uns 4 e 12 m, respectivamente) (Figura 10). A relativa maior distancia do campaniforme pódenos indicar unha disociación temporal entre a devandita preparación do terreo e a ocupación do lugar na segunda metade do III milenio a.C. Tamén nos mostra a posible expansión, neses momentos, do asentamento cara á contorna inmediata.\nAdemais, vemos como a cerámica tipo Penha se atopa lixeiramente a maior distancia das gabias que a familia de lisas finas. Isto nos pode falar do uso estendido deste último tipo de cerámicas que, por outra parte, non podemos vincular a ningunha cronoloxía en particular. Pola contra, a cerámica campaniforme está moi preto dos sucos que se atopan nas marxes do xacemento. Este resultado garda relación coa posible expansión do asentamento na segunda metade do III milenio a.C., aludida anteriormente.\nNo que respecta aos tests realizados á industria lítica, a análise de densidade Kernel revelou a concentración de líticos sobre todo na parte central do asentamento –na área de talla ao Sur do pavimento (Figura 8). O resto de pezas líticas dispérsase ao Norte do pavimento central e sobre a zona rebaixada. Tamén é interesante apuntar unha pequena concentración destes artefactos ao Nordeste, vinculada probablemente á ocupación calcolítica.\nOs clústeres realizados sobre o material lítico amosan correlacións coas concentracións xa mencionadas no anterior parágrafo (Figura 9, Táboa 2). O grupo 5 aglutina as maiores densidades de líticos da parte central do asentamento e, ao Noroeste, o clúster 9 coincide con outra das concentracións marcadas na análise Kernel. Ao Norte, observamos un grupo –o 7– vinculado a un espazo ocupado no III milenio a.C., como proba a presenza no lugar de cerámica campaniforme e tipo Penha.\nAo igual que para a cerámica, levamos a cabo unha análise sobre os tipos de industria lítica e a súa relación coas estruturas do asentamento. O resultado amosa que as bases negativas se sitúan a maior distancia dos buratos de poste que os materiais clasificados coma Outros. Isto quizais indique que as actividades de talla se realizaron non moi lonxe das estruturas (a uns 2 metros) pero si a unha distancia prudencial delas. Tal circunstancia é extensible ás bases positivas ou ós configurados e refrenda as observacións feitas por aproximacións etnográficas, que amosan a tendencia a segregar as actividades de\ntalla das inmediacións das vivendas (HARDY 2006).\nPor último, podemos observar o traslado de pezas dentro do asentamento a través dos remontaxes de industria lítica (Figura 11). Aínda que a escasa cantidade das evidencias fai que debamos tomar estes datos con moita prudencia, a gran distancia e as distintas direccións nas que parece que se desprazou o material, semellan suxerir que dito desprazamento non se podería explicar unicamente por mor de procesos posdeposicionais.\nAsí, apareceron dous núcleos explotados, un sobre a gabia de drenaxe do norte e outro no nivel de uso da área central. Preto desta última, atópase outra base negativa similar e vinculada cunha peza –unha base positiva– ao Sur da zona rebaixada. Ademais, atopamos outra remontaxe entre unha base negativa preto da estrutura oval ao Norte e un configurado no pavimento central.\nNa área de talla identificada ao Sur do pavimento central, aparece un fragmento de base positiva relacionado con outra base positiva localizada no Suroeste, ao lado da cabana circular cun burato de poste central. No mesmo sector central, atópanse varios restos –unha base positiva e un fragmento doutra– asociados a un proceso de talla que puido ter ocorrido noutro lugar. É exemplo disto a base negativa aparecida por riba da gabia de drenaxe central e que xerou dúas lascas: unha atopada ao lado da área de talla, e outra ao Norte. Esta situación márcanos distintas zonas de talla lítica e o posible uso do espazo ao Sur do pavimento central como área de traballo ademais de como lugar de produción de ferramentas líticas.\nIdentificación de posibles patróns de actividade\nCos resultados obtidos sobre as estruturas, os fragmentos de cerámica e a industria lítica podemos sinalar posibles patróns de actividade dentro do asentamento de Monte dos Remedios. As análises Kernel e Clúster axudan a localizar estes espazos e a cultura material, xunto coas datacións radiocarbónicas, é a que permite definir as diferentes ocupacións do sitio. A mellor constatada de ditas ocupacións é a pertencente ao III milenio a.C., dada a cantidade e calidade dos indicios que obtivemos.\nAs principais áreas de actividade sitúanse no Norte e no centro do xacemento. As plantas das cabanas identificadas emprázanse precisamente nestas zonas, a excepción da circular ao Sur e aquela formada por unha gabia circular (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). Ao Nordeste temos outra área de intensa ocupación e con materiais que axudan a adscribila cronoloxicamente ao III milenio a.C.\nNa parte central do asentamento, existe un solapamento de ocupacións que dificulta a identificación das diferentes fases. Aínda así, podemos afirmar que os buratos de poste por debaixo do pavimento central foron utilizados durante o Neolítico mentres que os que circundan dito firme serían posteriores. A estrutura circular na zona rebaixada é un exemplo disto e a súa creación vincúlase ás ocupacións calcolíticas.\nNo pavimento central temos diferentes fragmentos de cerámica de tipo Penha e campaniforme que mostran o uso deste espazo durante o III milenio a.C. Tamén a área de talla ao Sur do firme se vincula a esta fase. As remontaxes mostran a relación entre as actividades realizadas nesta zona e aquelas levadas a cabo no Norte, Nordeste e Sur. Isto demostraría o uso destes lugares durante o Calcolítico mais non desbota a súa ocupación anterior.\nNo Norte –onde a cabana ovalada– existe un dos puntos de maior concentración de buratos de poste e de fragmentos de cerámica. Esta estrutura se relaciona con cerámicas tipo Penha e campaniforme que a poden vincular coa ocupación do III milenio a.C. O clúster 4 de cerámica (Figura 9) relaciona a parte central do asentamento coa setentrional, a cal puido ser ocupada simultaneamente na primeira metade de dito milenio. Coa creación da gabia de drenaxe (BONILLA RODRÍGUEZ 2004), a estrutura detectada na zona quedou inutilizada, dando lugar a outro momento de ocupación, xa na segunda metade do III milenio.\nNo Nordeste existe unha pequena zona onde coinciden varios clústeres de todos os elementos estudados. Isto é significativo xa que todo indica que existiu unha intensa ocupación calcolítica deste lugar. A presencia de cerámica tipo Penha e campaniforme ademais dos remontaxes de industria lítica sinalan esta relación espacial.\nÉ destacable a expansión do asentamento cara o Leste, probablemente na segunda metade do III milenio a.C. A presenza de cerámica campaniforme máis lonxe das gabias e dos pavimentos en contraposición ás tipo Penha é significativa do posible uso destas zonas periféricas. O colapso da estrutura do Norte e a creación da gabia de drenaxe orienta o hábitat cara outras áreas. A diferencia entre os clústeres de buratos de poste 11 e 7 é significativa, xa que marca un posible cambio na forma de construír nun espazo curto de tempo, entre a primeira e a segunda metade do III milenio.\nPor último, debemos destacar que semella que os calzos se utilizaron en casos concretos e en función dunhas características determinadas. Os buratos de poste calzados mostran as mesmas profundidades e anchuras. Ademais, algúns destes calzos os localizamos na periferia dos espazos de ocupación calcolítica –ao igual que as plantas irregulares de negativos de poste– mais, en ambos casos, non temos suficientes datos para afirmar a súa relación con dita fase cronolóxica.\nProblemática derivada das actividades posdeposicionais\nParte do sector Sur do xacemento está caracterizado pola falta de industria lítica e cerámica. Isto contrasta coa grande densidade de buratos de poste da zona, os cales semellan estar vinculados ás ocupacións do Calcolítico (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010). Esta circunstancia débese, probablemente, a un forte proceso de erosión que arrastrou o material dos horizontes A e B. Este podería ser o motivo polo cal o único que se conserva sexan os buratos de poste atopados na capa C (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nSe prestamos atención ás probas de aleatoriedade, vemos como o Quadrat Test (Figura 12) mostra que para a cerámica e a industria lítica existen menos exemplares no sector Sur dos esperados na análise. Ademais, no sector Occidental son inexistentes ditos materiais e estruturas, a excepción da gabia perimetral da cabana circular (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010).\nPola súa parte, os resultados da K de Ripley (Figura 13) indícannos que tódalas entidades analizadas tenden a concentrarse. Con isto, elimínase a posibilidade de que a localización espacial dos buratos de poste, a industria lítica e a cerámica sexa aleatoria. A localización deliberada dos restos demostraría que teñen un orixe antrópico. Desta forma, a ausencia de material no Sur é pouco probable que se enmarque nun fenómeno intencionado. É certo que, ao longo do asentamento, non toda a cultura material se atopa vinculada aos buratos de poste, pero non nestas proporcións.\nAdemais, preto dese sector, ao Noroeste do mesmo aparece a área de talla localizada ao Sur do pavimento onde se acumula unha gran cantidade de útiles líticos (RODRÍGUEZ RELLÁN 2010). Tamén, existe unha concentración importante de cerámica nesta parte do firme, como se pode observar no Kernel correspondente. En ámbolos dous casos, a dispersión se detén xusto nesta zona, o pavimento vese interrompido e reaparece máis cara o Suroeste, polo que podería ter sido desmantelado polos procesos posdeposicionais (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nc onclusIóns\nA modo de conclusión, pódese apuntar que a utilización de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e de métodos estatísticos permitiunos coñecer máis en detalle as características do asentamento de Monte dos Remedios. A suma de ambas metodoloxías aumentou a nosa capacidade analítica e potenciou a calidade dos resultados, proporcionando así unha visión máis completa sobre os patróns de actividade do xacemento.\nO traballo aquí presentado supón unha primeira aproximación ao estudo microespacial dun asentamento da Prehistoria Recente da nosa comunidade. Aínda así, resulta obvio que será necesario ampliar a mostra para así comprobar se o patrón de actividade detectado en Monte dos Remedios se repíte noutros xacementos. Ademais, a análise en outros contextos nos permitirá -nun futuroconfirmar a utilidade das metodoloxías empregadas neste primeiro estudo.\nA análise das evidencias arqueolóxicas –tanto de estruturas como de fragmentos de cerámica ou industria lítica– aportou información sobre as áreas de actividade e as dinámicas de construción no xacemento. En menor medida, aproximounos ás dinámicas posdeposicionais da cultura material. Todo isto serviu de axuda á hora de diferenciar as fases de ocupación do lugar e comprender os cambios acontecidos ao longo de dous mil anos.\nA tenor dos resultados, semella que o período de ocupación calcolítico foi o que deixou unha pegada máis intensa no xacemento e, por esta razón, tamén foi o mellor retratado na análise microespacial. A presencia de cultura material característica -cerámica tipo Penha e campaniformeserviu de fósil director para delimitar mellor esta fase e, desta forma, diferenciar os espazos vinculados ao III milenio a.C. de aqueles correspondentes a momentos precedentes. A remodelación da parte central do asentamento e a expansión máis aló da gabia perimetral modificaron de forma contundente a organización que tiña o poboado en boa parte das súas ocupacións anteriores.\nAs analíticas realizadas neste artigo corroboran as interpretacións expresadas previamente na memoria técnica da intervención e nas publicacións posteriores. Deste modo, identificáronse as áreas de maior intensidade construtiva e de concentración de material cerámico e lítico. Destacan -sobre todoa zona central, cun maior solapamento de ocupacións, e a setentrional, cunha importante actividade vinculada ao III milenio a.C. Como xa se mencionou, a cerámica tipo Penha e campaniforme foron esenciais para contextualizar as áreas de actividade correspondentes ao Calcolítico. Cos novos resultados, pódese afirmar que a tipo Penha mostra unha certa continuidade coa ocupación previa do asentamento, no interior, Norte e Nordeste, mentres que o campaniforme se afasta das estruturas anteriores –como a gabia lineal– e tende a distribuírse por un espazo periférico. Todas estas informacións apuntan a que as comunidades da segunda metade do III milenio semellan terse expandido cara o Leste, aínda que mantendo algunhas actividades como a práctica da talla lítica ao Sur do pavimento central, coma se afirma na memoria técnica (BONILLA RODRÍGUEZ 2004).\nTras as análises realizadas neste estudo, vemos como as remontaxes da industria lítica sinalan a relevancia desta área de talla que mencionamos e que se vincula directamente cos materiais localizados no Norte, Nordeste e na parte central do xacemento. Desta forma, temos unha conexión entre este foco de actividade e outros posibles na periferia. O uso destes espazos coincide coa utilización do pavimento central, é dicir, en torno á segunda metade do III milenio a.C. Segundo se contempla noutros estudos, neste espazo é onde quizais se concentrou o desenvolvemento de actividades cotiáns (RODRÍGUEZ\nOutros resultados novidosos deste artigo son os referidos aos clústeres, cos cales puidemos marcar diferencias substanciais a nivel estatístico e espacial. Un exemplo disto é o posible cambio a nivel construtivo marcado por dous grupos de buratos de poste que poderían pertencer á ocupación calcolítica. Tamén se observou unha distinción cronolóxica e espacial nos dous conxuntos de negativos da parte central do xacemento. Neste caso, –e baseándonos nas interpretacións realizadas na memoria técnica– podemos falar da ocupación neolítica sita baixo o pavimento central e preto da gabia perimetral (BONILLA RODRÍGUEZ 2004). No Norte –onde o grupo de cerámicas relacionadas coa estrutura de combustión– atópase outro posible espazo vinculado a finais do V milenio a.C. (FÁBREGAS VALCARCE et al. 2007).\nSeguindo cos resultados do presente estudo, a nivel estrutural obsérvase unha certa diferenciación no que respecta ao emprego de calzos, xa que existe unha significativa distinción en canto ás características dos buratos de poste dos que forman parte. Con todo, non podemos aseverar que se vinculen especificamente ao Calcolítico, aínda que están próximos a espazos ocupados nesta fase. O mesmo acontece cos buratos con plantas irregulares, que se atopan lonxe de estruturas de combustión datadas no Neolítico, o que non necesariamente implica que se vinculen en exclusiva coas áreas de actividade máis tardías.\nFinalmente, coa aplicación dos test de aleatoriedade espacial se determinou o grao de concentración da cultura material, obtendo información que nos permite argumentar que a carencia de cultura material na área Sur do asentamento se derivou, moi posiblemente, de algún proceso posdeposicional. Neste senso, a ausencia repentina de fragmentos de cerámica e industria lítica non parece darse por razóns antrópicas, a tenor das dinámicas observadas no resto do xacemento.\nA grAdecementos\nOs autores queren agradecer a Andrés Bonilla Rodríguez e Mario César Vila a cesión dos datos sobre o asentamento de Monte dos Remedios, sen os cales sería imposible abordar este estudo microespacial.\nr eferencIAs bIblIográfIcAs\nABAD GALLEGO, J.C. 19921993. ”Balance de las actuaciones arqueológicas llevadas a cabo en la necópolos megalítica de Cotogrande (Cabral). (Campañas de 1989 a 1992)”. Castrelos, 56, pp. 728."} {"summary": "Procédese á revisión dos traballos previos de prospección na serra do Barbanza, agora ampliados aos montes de Macenda e Bealo na procura de asentamentos gandeiros/pastorís. No curso deses traballos localizáronse, ademais, un interesante xacemento de cronoloxía calNo marco do proxecto Ocupación de las zonas altas del Noroeste Peninsular a lo largo de la historia: la Sierra del Barbanza (A Coruña) financiado polo Ministerio de Economía y Competividad (HAR201567435-P), veñen desenvolvéndose unha serie de actuacións arqueolóxicas que pretenden, entre outras, contribuír ao avance do coñecemento científico sobre os modos de ocupación e explotación da Serra da Barbanza, ao longo de un período de tempo comprendido dende o Neolítico ata a Idade Media.\nDende unha perspectiva arqueolóxica, nos interesa realizar unha análise diacrónica da ocupación humana da Serra do Barbanza, centrada fundamentalmente na esfera doméstica, ámbito sistematicamente ignorado en anteriores investigacións, provocando un descoñecemento practicamente absoluto sobre as características do poboamento na área de estudo; e, trasladando unha visión que tende a considerar as terras altas coma zonas practicamente ermas durante boa parte da Historia.\nNeste traballo preséntamos os resultados finais da prospección arqueolóxica e de dúas intervencións arqueolóxicas, executadas nos xacementos de Río Barbanza e Outeiro da Torre; complementando os datos obtidos con aqueles procedentes do estudo da documentación histórica sobre a explotación gandeira na serra do Barbanza.", "text": "Do planalto ás terras baixas: novas achegas á ocupación da península do Barbanza dende a Prehistoria ata o Medievo From the sierra to the lowlands: new data on the settlement of the Barbanza Peninsula from Prehistoric to Medieval times http://dx.doi.org/10.15304/gall.37.5131\nP rosPeción arqueolóxica\nDende o ano 2013 1 ata o 2017, fóronse realizando diversas prospeccións na Serra do Barbanza, orientadas fundamentalmente á identificación dun conxunto de estruturas caracterizados por estar construídas coa técnica da pedra seca; e, aparentemente cunha clara orientación gandeira e/ou pastoril que denominamos como grupos ou agregados (BARBEITO et al., 2015), sen desatender aqueles outros ítems patrimoniais inéditos, que se localizasen no transcurso dos traballos de prospección.\nAs prospecións foron temáticas e graduadas 2 ; temáticas por estar claramente orientadas á localización dun tipo moi concreto de evidencias e, graduadas, polas características da zona, do formulación e dos propios recursos dispoñibles.\nEn xeral, as prospecións presentan unha serie de limitacións que xa foron tratadas de forma ampla e recorrente por distintos autores, e nós mesmos temos incidido nalgunhas delas en traballos anteriores (BARBEITO et al., 2015: 131); non obstante, é preciso mencionar aquelas máis transcendentes como son: a pericia do propio equipo de prospectores; a existencia de vexetación que cobre grandes áreas e fai imposible acceder a determinados espazos; a propia natureza das evidencias, en ocasións tan alteradas que fan dubidar da súa orixe antrópica; o carácter inédito deste tipo de rexistro arqueolóxico; ou mesmo, o propio paradigma teórico do que participan os autores. A estas limitacións que podemos considerar propias do rexistro arqueolóxico, hai que engadirlle a imposibilidade de atribuírlle microtopónimos ás zonas en estudo, fundamentalmente na zona alta da Serra.\nA prospeción arqueolóxica centrouse en dúas grandes áreas; unha delas, correspóndese coa plataforma por riba dos 400 m da Serra da Barbanza, que xa fora obxecto de prospeccións máis limitadas en fases de traballo anteriores; pero agora, se estendeu a toda a superficie (4784, 8 hectáreas). A outra área seleccionada, correspóndese con parte dos montes das parroquias de San Pedro de Bealo e Santo Xoán de Macenda, que se atopan en cotas inferiores aos 400 m de altitude, e cunha superficie de 570, 9 hectáreas. A prospección en zonas máis baixas tiña coma obxectivo testar a existencia dos novidosos xacementos arqueolóxicos localizados no planalto serrán.\nParalelamente, revisáronse aqueles elementos xa censados en fases precedentes, non tanto no aspecto descritivo dos xacementos, senón na súa propia configuración: estes se caracterizan pola agregación de distintas construcións (cercados, currais, cabanas, chozos, muros,....) feitas en pedra seca, cunha coherencia de estilos, formas, tipoloxías, aparencias e deseños construtivos singulares; emprazándose, fundamentalmente, ao carón de cursos de auga. En ocasións, se atopan unhas relativamente preto das outras; e, se ben inicialmente procuramos individualizalas, resulta francamente difícil establecer os límites nalgúns casos de dúas agregacións dadas, polo que finalmente, aquelas que estaban relativamente próximas (p.e. no Río San Xoán ou Folgoso Vello) definíronse como unha soa. Estes xacementos teñen un marcado carácter espacial e diacrónico, xa que semella que son zonas de ocupación e reocupación continua ou secuencial ao longo do tempo; integrados por múltiples estruturas que seguramente experimentaron modificacións continuas, non necesariamente usadas todas ao mesmo tempo, ou coa mesma intensidade. Deste xeito rachan cunha visión tradicional dos xacementos como unidades discretas espacialmente e concretas cronoloxicamente; discretas porque resulta relativamente sinxelo poder distinguilos (un túmulo, un castro,....) e concretas porque, a pesar das distintas fases de ocupación que poidan presentar, a tipoloxía permite encadralas nunha determinada adscrición cultural e cronolóxica (idade do Ferro, período romano, medieval,...).\n1.1. Serra do Barbanza\nNa Serra do Barbanza identificáronse un total de 42 agregados que se distribúen entre os 350 e os 617 m de altitude; 17 deles no termo municipal de Pobra do Caramiñal, 16 en Boiro, 6 en Porto do Son, 2 en Ribeira e 1 en Lousame.\nAdemais dos agregados foron identificados outros 23 xacementos e 3 achados de distinta adscrición tipolóxica e cultural 3 ; alén de 6 zonas con indicios arqueolóxicos.\nDestes novos xacementos destacan 12 abrigos, aos que lles atribuímos unha adscrición cultural indeterminada. Durante os últimos anos intervimos en dous deles: o Abrigo de Canle da Porteliña 4, no que a pesar de contar cunhas lousas chantadas que pechan o abrigo, non se recuperou ningún resto de cultura material que aporte luz sobre a súa cronoloxía; e o outro, o Abrigo de Pedra da Xesta 5, que tamén amosaba evidencias de acondicionamento, pero durante a intervención confirmouse que a secuencia estratigráfica estaba moi alterada; se ben, foron recuperados restos materiais como unha chatola, de características semellantes ás recuperadas en Río Barbanza; algúns anacos de cerámicas medievais, semellantes ás recollidas en Porto Traveso ou Río Barbanza e máis unha pseudoforma dun machado puído. A isto, hai que engadirlle un núcleo discoidal con varias extraccións, atopado a escasos metros do Abrigo de Chan de Leis, un artefacto que sería indicativo de momentos posiblemente preneolíticos. Todos os abrigos presentan labores claros de acondicionamento; algúns, incluso malia da súa escasa habitabilidade, como é o Abrigo do Camiño de Pérdigo Pérez, contan con paramentos e derrubes, que son indicios suficientes para consideralos como espazos usados nun momento impreciso agás o abrigo de Outeiro do Raio, que posiblemente afunda as súas raíces no primeiro terzo do século XX.\nO conxunto de gravados está formado por 8 novas estacións; tres delas, concretamente os petróglifos de Casamea, Estación Decca e Outeiro Follado, forman parte da denominada arte rupestre galaica (elementos xeométricos e zoomorfos); outro, o Petróglifo das Cortes de Chacín, amosa unicamente coviñas; e, os catro restantes, están compostos por cruces, alfabetiformes e algunha que outra coviña illada. Algúns deles atópanse moi próximos ao actual límite entre termos municipais (Eiteiro da Avea e Penedos dos Curros ou da Cruz); e, tanto polas súas características como polos motivos gravados, consideramos que se corresponden con antigos deslindes.\nIlustracións 5 e 6. Abrigo de Pedra da Xesta onde se aprecia á esquerda un muro de acondicionamento (fotografía de Xulio Gutiérrez Roger, década de 1990) e abrigo de Canle da Porteliña onde se distinguen lousas a modo de peche da viseira granítica.\nChan da Carballosa ou Rego Batán III, xunto coa galería mineira de Rego da Portela son dous lugares onde se realizaron intensas actividades mineiras; un deles, a ceo aberto, e no que aínda se aprecian restos de construcións (almacéns, presas,....); e o outro, subterráneo. Foron explotados na primeira metade do século XX aínda que, no caso de Chan da Carballosa, poida existir un aproveitamento máis antigo.\nAs zonas con indicios arqueolóxicos son aquelas onde as evidencias non teñen a suficiente entidade como para defender con seguridade a existencia dun xacemento; entre elas, figuran tres posibles agregados (Barazal III, Pérdigo Pérez e Rego das Lobeiras IV).\nIlustración 7. Localización dos gravados de Penedo da Cruz e Eiteiro da Avea respecto dos límites municipais e parroquiais actuais. Ilustración 8. Desmontes mineiros de Chan da Carballosa.\n1.2. Montes de Macenda e Bealo\nA prospección nos montes de Macenda e Bealo foi especialmente frutífera ao rexistrarse un total de 31 novos xacementos 6 : 12 túmulos, 9 agregados, 6 gravados, 1 dispersión cerámica, 1 castro, 1 asentamento ao ar libre e 1 indeterminado.\nCabe facer unha serie de consideracións sobre algúns destes xacementos, a parte de Chan do Cerqueiro, ao que lle reservamos un apartado específico máis adiante. É salientable, por exemplo, o Penedo do Demo, un conxunto de gravuras das que se tiña coñecemento dende mediados da década de 1920, tralos traballos publicados por Bouza Brey e Cuevillas sobre o Barbanza, pero ilocalizable dende aquela. Outro xacemento de interese é Outeiro das Porras, onde se localizou unha concentración cerámica preto de dous pequenos túmulos, un dos cales aínda conserva parte da cámara á vista. Outro xacemento rechamante é Casas de Pa, emprazado a media ladeira a unha altitude de 409 m, no ascenso cara á Serra. Deste lugar existen referencias na memoria colectiva dos veciños de Moimenta, polo que chegamos a considerar que a súa orixe podería ser relativamente recente, pero tras consultar o Catastro do Marqués de Ensenada non se atopou referencia algunha, polo que seguramente xa estaba abandonado a mediados do século XVIII.\nCentrándonos nos agregados, igual que na Serra, son construcións feitas coa técnica da pedra seca aínda que, neste caso, destaca o emprego do cachote sobre a lousa, seguramente, como consecuencia da maior facilidade de facerse co primeiro ao ser aquí a penedía de peor calidade que na zona alta. Outra pequena diferenza é que os agregados localizados en Macenda e Bealo son de menor superficie que a maioría dos serráns. Tamén é distinto o estado de conservación, peor que os da Serra, quizais debido á unha peor calidade na construción ou a un abandono máis prematuro. Esta mesma casuística tivemos ocasión de observala en Santa María de Estacas 7 (termo municipal de Fornelos de Montes) onde, en dúas zonas moi próximas da Costa do Alén, se atopan conxuntos de restos similares aos barbanzáns; mentres nunha o estado de conservación\nRELACIÓN DE NOVOS XACEMENTOS NOS MONTE DE BEALO E MACENDA Nome do Xacemento Adscrición cultural Adscrición tipolóxica XEOLOXALIZACIÓN Concello Parroquia X Y Altitude Penedo Redondo Idade do Bronce Gravado ao ar libre 509577 4728512 227 Boiro San Xoán de Macenda Achados cerámicos en Outero das Porras Idade do Bronce Achado 509339 4728446 274 Boiro Santo André de Cures Penedo do Demo Medieval / Moderno Gravado ao ar libre 509805 4728358 184 Boiro San Xoán de Macenda Mámoa do Confurco 2 Neolítico Túmulo 512446 4728414 64 Boiro San Pedro de Bealo Mámoa do Confurco 3 Neolítico Túmulo 512256 4728577 75 Boiro San Pedro de Bealo Mámoa do Confurco 4 Neolítico Túmulo 512275 4728554 75 Boiro San Pedro de Bealo Macenda 1 / Costa das Cabras Indeterminado Agregado 510049 4729971 185 Boiro San Xoán de Macenda Macenda 2 / Costa das Cabras 2 Indeterminado Agregado 510177 4729914 172 Boiro San Xoán de Macenda Macenda 3 / Costa das Cabras 3 Indeterminado Indeterminado 510256 4729748 152 Boiro San Xoán de Macenda Macenda 4 / Costa das Cabras 4 Indeterminado Agregado 510221 4729679 152 Boiro Santo Xoán de Macenda Macenda 5 / Derriba da Igrexa Indeterminado Agregado 510241 4729459 145 Boiro Santo Xoán de Macenda Coto do Espiño Idade do Ferro Castro 509744 4730083 230 Lousame / Boiro San Pedro de Tállara / San Xoán de Macenda Chan do Cerqueiro Calcolítico Asentamento ao ar libre 509802 4729912 215 Boiro San Xoán de Macenda Casas de Pa Indeterminado Agregado 508466 4730056 409 Boiro San Xoán de Macenda Rego Orrial Indeterminado Agregado 512274 4729384 88 Boiro San Pedro de Bealo Bouza Indeterminado Agregado 510811 4729305 88 Boiro San Pedro de Bealo Mámoas Monte das Porras 3 Neolítico Túmulo 509313 4728655 271 Boiro San Xoán de Macenda Mámoas Monte das Porras 2 Neolítico Túmulo 509337 4728464 278 Boiro San Xoán de Macenda Mámoa Monte Peón Neolítico Túmulo 509468 4727963 288 Boiro Santo André de Cures Canle do Raposiño Indeterminado Gravado ao ar libre 512878 4728657 93 Boiro San Pedro de Bealo Mámoas Monte das é excepcional, observándose restos de chozos de falsa cúpula e de reducidas dimensións, na outra, a pesar de que se adiviña a mesma tipoloxía construtiva, tan só sobreviven os alicerces, con gran concentración de cachotes, consecuencia dos derrubes. Nesta segunda zona, presentan un estado de conservación similar ás localizadas na zonas altas do Barbanza.\nVolvendo aos resultados da prospeción dos montes de Macenda e Beluso, podemos concluír que os xacementos denominados Agregados ou Grupos non son exclusivos de altitudes superiores aos 400 m, senón que se atopan tamén máis abaixo, concretamente a cotas de 88 m, como é o caso do xacemento da Bouza 8. Xa tíñamos comentado noutros traballos (BARBEITO ET AL., 2015), que estes complexos arquitectónicos non se cinguían á Serra do Barbanza, pois tiñamos constancia da súa existencia noutros lugares como o Monte Pindo ou en Oia 9, aínda que, sempre en altitudes superiores aos 350 -400 m. A presenza dos agregados a cotas inferiores en Barbanza, apoia a idea de que estes non teñen por que estar exclusivamente vinculados a fenómenos de pastoreo estacional ou de transterminancia.\nIlustracións 14 e 15. Cortello do Porco e Alto da Carboeira.\n1.3. Chan do Cerqueiro\nOs traballos de prospeción nos montes de Bealo e Macenda realizáronse maioritariamente na primavera de 2015, coincidindo cunha corta de madeira queimada. O lume afectou a unha superficie considerable dos montes en estudo, despexándoos de vexetaIlustracións 16 e 17. Monte das Cabanas en Rianxo.\nción, o que propiciou as labores arqueolóxicas de supervisión e facilitou o recoñecemento de grandes superficies.\nO tránsito de maquinaria forestal ocasionou que nalgunhas zonas xurdisen novos camiños e gabias que, unido a un período de choivas sobre un chan nu, sen vexetación que suxeitase os solos superficiais fixeron aflorar nunha pequena chaira (Chan do Cerqueiro) numerosos restos de cultura material. Esta chaira ocupa unha superficie de aproximadamente 2, 2 hectáreas. Os restos de cultura material recuperados teñen un encadre cronolóxico en torno ao III milenio ANE, que culturalmente podería corresponderse cun Calcolítico preCampaniforme.\nEste xacemento pertence administrativamente á parroquia de San Xoán de Macenda (concello de Boiro, A Coruña), preto do núcleo de Moimenta. Situado nunha pequena chaira ao sueste do xacemento castrexo de Coto do Espiño, ocupa unha plataforma sobreelevada, encaixada entre dous pasos naturais que atravesan a península da Barbanza en dirección NNL. que permiten o tránsito entre o sur e o norte desa comarca. Ámbolos dous pasos seguen a ser empregados actualmente como vías de comunicación por estradas provinciais (DP1105, Ponte GoiánsNoia) e DP1104 (BealoNoia). Conta cun amplo dominio visual, concretamente cara as zonas de paso naturais e, dende este emprazamento divísase a parte máis setentrional da ría de Arousa. Nun dos extremos da plataforma, concretamente no sector sueste, apréciase unha posible estrutura de contención, que coincide co punto de ruptura desa superficie que podería ter unha función delimitadora, como se ten descrito para outros xacementos de cronoloxía parella (p.e. Sola ou San Lourenço, en FABREGAS et al., 2012: 40).\nAs características deste tipo de asentamentos fan que non sexan moitos os localizados e, menos aínda, fóra dos seguimentos de grandes obras públicas (vías de alta capacidade, polígonos industriais, etc.). A falta de monumentalidade dos seus restos, ao tratarse orixinalmente de construcións edilicias en materiais lígneos, combinada cos procesos postdeposicionais (erosivos, de colmatación, …) e da propia natureza edáfica dos solos da Galicia atlántica, explican a súa excepcionalidade. Na comarca da Barbanza son coñecidos de vello os xacementos de Cabeiro ou Punta Sendón, en Porto do Son e Ribeira (respectivamente) e, na vertente meridional da península, Ladeira do Chazo (Boiro) (CONCHEIRO et al., 1994).\nPara o caso do Barbanza, é preciso ter en consideración os traballos preliminares que trataron especificamente este tipo de xacementos, concretamente as investigacións levadas a cabo nos anos 90 do pasado século, exemplos dos cales son CONCHEIRO COELLO e GIL AGRA (1994), ou os realizados por CRIADO BOADO e VILLOCH VÁZQUEZ (1998) en relación ao fenómeno tumular que, colateralmente, tratan aspectos relacionados. Máis recentemente, unha publicación monográfica abordou esta cuestión, nunha obra dedicada á arte rupestre no norte do Barbanza (FÁBREGAS et al. 2012). A situación do xacemento de Chan do Cerqueiro parece indicar que encaixaría dentro dunha pauta de subsistencia diversificada, no marco dun proceso de intensificación que comeza posiblemente durante o IV Milenio, senón antes, que desembocará nun notable incremento da estabilidade e complexidade do fenómeno doméstico ao longo do III Milenio a.C. (FÁBREGAS et al. 2012: 39).\nO xacemento atópase nun punto estratéxico, non só polo control sobre dous pasos naturais entre norte e sur da península da Barbanza senón, porque o emprazamento elixido atópase a menos de 5 km da zona costeira actual e á mesma distancia do alto da Serra, o que abre a posibilidade de explotación de ambos ecosistemas sen necesidade de trasladar o asentamento, tendo en conta que non estamos a falar de sociedades plenamente sedentarias. É rechamante a gran cantidade de materiais recollidos durante a prospeción arqueolóxica (máis de 1800 pezas), que talvez pertenzan a conxuntos ergolóxicos distintos, non só calcolíticos senón tamén máis tardíos, encaixables na Idade do Bronce ou, mesmamente, en épocas históricas como testemuña algunha cerámica feita a torno. Ademais do sinalado, hai que destacar que nas inmediacións se atopan filóns de casiterita, aproveitados intensamente durante a primeira metade do século XX; neste senso, talvez sexa significativo o achado de 3 fragmentos de crisois en Chan do Cerqueiro. A isto úneselle a existencia de espazos con aptitude agrolóxica diversa no contorno máis inmediato, que permiten unha explotación e aproveitamento de recursos variada, polo que, conflúen neste ámbito unha serie de factores que o fan idóneo para a ocupación humana. Ilustración 18. Situación dalgúns dos xacementos de adscrición calcolítica en Galicia.\nDurante a prospeción foron recuperados un conxunto de 1.832 ítems, dos cales 750 son cerámicas, 1.131 líticos e 1 metálico (ferro). A maior concentración de restos localízase na parte norte, central e oriental do xacemento. Os líticos recuperados foron clasificados como bases naturais e elementos manufacturados. A primeira das categorías –bases naturais (B/N)– se corresponde con soportes alleos ao contexto litolóxico no que se asenta o xacemento (soportes rolados ou dunha materia prima alóctona) pero que non amosan mostras evidentes de uso. No que respecta á materia prima da industria lítica, esta presenta unha gran variabilidade, coa presenza de xisto, cuarzo, cristais de rocha, ocre, lousa, cuarcita, materiais criptocristalinos do grupo sílex, conglomerados, granitos, feldespatos, pedras de gran e outros non identificados. Entre todos estes materiais, predomina o seixo, que representa máis do 60 % dos elementos, seguido do granito (9, 22%), do cristal de rocha (7 %) e dos materiais criptocristalinos (6, 21%), mentres que o resto das rochas non superan –en ningún dos casos– o 5%.\nIlustracións 24 e 25. Algunhas das puntas de frecha recuperadas nos traballos de prospeción de Chan do Cerqueiro.\nAtendendo á súa categorización, foron recollidos un total de 115 elementos que clasificamos como bases naturais, cuxa presenza no xacemento podería ter atendido ao seu uso como alisadores e/ou pulidores; tamén, semella que algunha das pezas puido servir como man de muíño ou percutor. É posible, que algún deles se trate de bloques de materia prima, destinados a ser sometidos a unha explotación que nunca chegou a producirse. Tamén foi recuperado un total formado por 53 seixos rolados, que presentan evidencias de lascado aínda que este conxunto está bastante fragmentado por procesos postdeposicionais, polo que esta cifra podería reducirse nun estudo máis detallado dos mesmos.\nTamén foron recuperados un total de 441 ítems considerados restos de talla, 382 núcleos con algunha extracción e varios cantiños (5), que polas dimensións semella puidesen funcionar como pedras de funda.\nEn canto ás cerámicas, sinalar que do conxunto recuperado, 169 están decoradas, principalmente con motivos impresos e incisións. En canto a formas, foron identificados 62 bordes, dos cales 58 presentan decoración, no que se correspondería co colo da peza. Ademais, foron identificados 97 fragmentos de galbos ou corpos con algunha decoración. En total, un 22, 53% das pezas cerámicas recuperadas son diagnósticas, ben por constituír formas, ou por presentar decoración.\nNun primeiro nivel de análise, os fragmentos recuperados pertencen principalmente a galbos de cacharros lisos, nunha proporción moi elevada. Moito menos frecuente, dáse a aparición de fragmentos pertencentes a cacharros que posúen decoración. En termos xerais, existen distintos tipos de producións, pero como o material aínda está en fase de estudio, imos centrarnos na caracterización tecnolóxica e formal de xeito preferente, fronte a outro tipo de consideracións cronolóxicas ou morfotipolóxicas, aspectos que precisan de avances no procesamento dos datos que nos ofrecen estes restos. Así, distinguimos por unha banda a cerámica lisa, que á súa vez podemos separar en 2 grandes grupos:\n2. Cerámica lisa (B) de paredes mais finas e cocción mais coidada, maioritariamente oxidante e en menor medida redutora: a elaboración destes cacharros é máis coidada ca do grupo 1, con pastas máis compactas e desgrasantes de tamaño medio, con presenza de seixos e tamén moita mica. En canto ó acabado, o alisado é o tratamento preferente tanto no exterior como no interior. A nivel morfolóxico, a maior parte parece corresponderse con vasos de morfoloxías compostas e perfiles abertos (troncocónicos, cuncos, etc….). Neste grupo aparecen fragmentos pertencentes a colos ou bordes, así como, algunha carena. Ademais desa cerámica lisa, aparece un elevado número de cerámicas decoradas, que supoñen un 22, 53% dos rexistros. A cerámica decorada tamén presenta variados e ricos patróns, nos que a técnica predominante será a incisión, seguida da impresión ou a combinación de ambas. Os motivos localízanse no terzo superior da peza. Os fragmentos aparecidos pertencen a cacharros de distintos tamaños, formas, grosores e facturas, conformando un conxunto de material moi variado. A nivel xeral, a cerámica decorada pertence a contedores dun tamaño proporcionalmente menor cas vasillas lisas. A nivel tecnolóxico e por norma xeral tamén se trata de exemplares de mellor factura, e acabados máis coidados.\nOs motivos que atopamos son a base de acanaladuras horizontais e verticais, ou a combinación de ambas; incisións verticais ou horizontais en forma de espiña de peixe; os motivos en forma de retícula; triángulos incisos recheos de impresións, e mesmo, ungulacións paralelas ou conformando espiñas de peixe. Na maior parte das cerámicas decoradas, o instrumento utilizado pode ser un punzón, posiblemente vexetal, escollido e posiblemente traballado para elaborar estas decoracións. A execución destas é moi variada: en xeral é bastante coidada e apenas se observan rebarbas nin superposición de liñas incisas. Temos que destacar tamén que, exceptuando casos moi puntuais, os motivos non se organizan en metopas. Tamén é necesario salientar a localización de 3 fragmentos de crisois cerámicos, e que algunha cerámica amosa evidencias de uso de torno.\nAínda que maioritariamente os restos, tanto cerámicos, como líticos, poñen de relevo que nos atopamos cun xacemento do III/II mil. a.C., con, posiblemente, varias reocupacións, tamén semella haber evidencias (mínimas) de cultura material pertencente á Idade do Ferro ou épocas históricas. Obviamente, todo o material recuperado é froito dunha prospección intensiva sobre os carreiros abertos pola maquinaria forestal, polo que os resultados están limitados espacialmente aos devanditos lugares, sen posibilidade de adscrición estratigráfica do material recuperado, pois este se atopa mesturado a causa deses traballos.\n2. i ntervención en río B arBanza\nO xacemento arqueolóxico de Río Barbanza (Agregado 6) foi intervido por primeira vez no ano 2013, cando se executou unha sondaxe de 7 x 7 m. Posteriormente, no ano 2014, realizáronse outras tres que afectaron a unha superficie de 37 metros cadrados, grazas ás cales se detectou un palimpsesto estrutural e cronolóxico. Como resultado das análises radiométricas efectuadas, obtivéronse catro datacións. Dúas delas, datan eventos arqueolóxicos (BETA – 395978 e BETA -395979), e outras dúas (BETA419212 e BETA419213) proveñen de mostras extraídas do estudo dunha columna estratigráfica. Coa ampliación da escavación, a mostra BETA419212 quedou contextualizada respecto da secuencia estratigráfica da intervención. A derradeira intervención executouse no ano 2016, e tiña como obxectivos definir en planta o conxunto de estruturas arquitectónicas relacionadas coa última fase de ocupación (Altomedieval), á vez que intentar detectar os niveis máis antigos. Tamén se realizou unha pequena sondaxe 10, para realizar un novo estudo dunha columna estratigráfica. O conxunto de intervencións executadas abrangueu un total de 170 m 2, conformando un rectángulo de 25 m de longo por 7 m de ancho.\n2.1. Os restos arquitectónicos\nOs restos arquitectónicos exhumados amosan unha edificación de forma rectangular, orientada nortesur, composta por 5 estancias acaroadas unhas ás outras, compartindo muros medianeiros e coas esquinas moi irregulares, que presentan certa tendencia ao redondeo. Só a Estancia 2 conservaba restos dun lousado de pedra. Foi posible identificar os accesos ás estancias 2, 3 e 5. Na Estancia 2 o acceso realízase polo lado leste da construción, coincidindo cunha gran lousa de granito colocada verticalmente 11, que funcionaría a modo de xamba; na Estancia 3 detectouse unha entrada ao norte, cun ancho de 90 cm, que se resolve mediante un reforzo no lado W cun pequeno muro de 1 x 1, 4 m. Non é descartable que no flanco leste presentase outro acceso, pero o dato non é concluínte ao atoparse o paramento nun estado de conservación malo, que impediu confirmar este extremo durante os traballos de escavación arqueolóxica. E, na Estancia 5, cuxo acceso consideramos inicialmente que se realizaba polo extremo norte, finalmente resultou estar situado na interrupción do paramento leste, cunha abertura duns 95 cm. Todo apunta a que a Estancia 4 tamén tivese acceso polo leste, pero neste caso non están tan claras as súas características ao atoparse este paramento practicamente desaparecido.\n2.2. As ocupacións\nOs restos arquitectónicos descritos correspóndense coa última fase de ocupación que podemos fixar, grazas a unha datación radiométrica (Beta419212), entre a segunda metade do século VIII d.C. e finais da centuria seguinte. Formando parte destes restos, concretamente incorporada a un dos paramentos da estancia 3, atopouse un ara que se conserva case enteira, da que logo trataremos máis en detalle. Estas construcións asentan sobre os restos doutras que se atopan nun estado de conservación moi fragmentario (UE´s 3008, 3009 e 3010) que poñen de relevo o palimpsesto estrutural que xa tíñamos constatado en intervencións anteriores. Consideramos que esta fase previa podería corresponderse cunha ocupación romana, tanto pola presenza dalgunha peza cerámica, como pola reutilización da ara formando parte do paramento da Estancia 3; pero ademais, as propias características das UE´s 3008, 3009 e 3010 compostas unicamente por cachotes, lévannos a pensar que as pedras de maior tamaño foron reempregadas para erguer os paramentos da última fase de ocupación mentres que as pedras de módulo máis cativo foron desprezadas para a nova construción. Ademais diso, unha das datacións obtidas, BETA395979, amosa un rango cronolóxico de entre o s. II AC e mediados do s. I AC; polo que, encaixaría perfectamente co uso e amortización neste período romano.\nA fase máis antiga remóntase á Idade do Bronce, concretamente ao século IX a.C. (BETA395978), grazas a unha mostra obtida debaixo dunha estrutura de combustión. Desta ocupación prehistórica non foi posible identificar estruturas arquitectónicas se ben cabe sinalar a existencia de dous depósitos (UE’s 4006 e 4008) localizados no sector sur da intervención: se trata de manchas que se diferencian do seu entorno inmediato polo grao de compactación e a tonalidade, que interpretamos como relitos de solos de frecuentación. Eses restos atópanse inmediatos á UE 022, datada no século IX a.C., e son equiparables topográfica e estratigraficamente. Ilustración 28. Río Barbanza: delimitación das UE´s 3008 (azul), 3009 (amarelo) e 3010 (verde).\nIlustracións 29 e 30. Vista e delimitación da UE4006.\n2.3. A cultura material\nNo que atinxe á cultura material, segue a tónica en xeral de campañas anteriores: foron recuperados un total de 263 anacos de cerámica, 12 elementos metálicos, 3 fragmentos de vidro e 727 elementos líticos.\nA cerámica recuperada segue a tónica habitual (escasa, moi esnaquizada e nun estado de conservación paupérrimo) pero distínguense dous conxuntos: un, que semella corresponder a unha tradición oleira romana cunhas pastas relativamente coidadas; e outra, de clara tradición medieval, como a que xa se describiu en ocasións anteriores para Río Barbanza ou Porto Traveso (BARBEITO et al., 2015).\nA maioría da cerámica (81, 61 %) non se pode atribuír a unha forma concreta; só 48 das pezas son identificables (18, 39%), das cales 25 son fragmentos de bordes, 10 fondos, 11 colos, 1 fusaiola ou pondus e os restos dunha ola bastante completa, pero non o suficiente para poder reconstruír a súa forma con seguridade.\nOs 12 elementos metálicos son todos feitos en ferro, agás un, que parece bronce; das pezas recuperadas, destacan 2 chatolas, análogas ás recuperadas en campañas precedentes, 5 láminas de ferro e unha posible fibela de cinto.\nIlustración 31. Táboas de cultura material. Ilustración 32. fotos de pezas significativas: D17/2588 (fusaiola ou pondus) e D17/2732 (lámina).\nEntre as bases naturais destacan algunhas pezas que puideron empregarse como pulidores (7), percutores (3), mans de muíño (8) e 1 posible bigornia. O 71, 43% destas bases naturais son de granito, o 14, 28 % en cuarcita, o 9, 52 % en seixo e o 4, 76 % en xisto. Os restos de talla representan unha fracción importante (81, 33 %), favorecida pola minuciosa escavación e polo labor de flotación á que foi sometido un volume importante dos sedimentos escavados. O 75, 65% dos materiais recuperados son de seixo, o 14, 92 % de lousa, o 3, 47 % de material criptocristalino ou cristal de rocha, o 3, 33 % de cuarcita, o 2, 46 % de granito, e un 0, 14 % doutros materiais.\nFormando parte da estrutura 3002 (Estancia 3) atopouse unha ara ou altar labrada en granito, ao que lle falta a parte inferior. Na parte superior presenta unha moldura saínte polas catro caras coa que se separa do fuste do coroamento. Na cara superior, ostenta un foculus abarquillado, flanqueado por dous pulvinos sen decoración. A superficie frontal está moi desgastada, pero en orixe as catro caras estiveron alisadas. Este feito e a forma da moldura superior permiten adiantar que o altar foi exposto na antigüidade en posición exenta, visible mesmo por detrás e non arrimado a ningunha parede. As dimensións actuais son de (35) x 28 x 20 cm; o fuste, hoxe cortado, mide (26) x 26 x 20 cm. A altura das letras é de circa 4, 5 cm. e non se aprecian restos de interpuncións.\nO texto conserva tres liñas, das cales só é visible a forma completa da primeira, xa que das dúas seguintes só se poden ver as letras finais. Na primeira fila di claramente NONIV, mentres que a S final aparece ao comezo da segunda; nesta outra liña distínguense as tres letras finais que parecen ser VLL. Ao final da terceira parece haber unha O, precedida dunha E e con unha posible R diante dela. O texto hoxe visible di:\nNONIUS [---] VLL [---]REO\nA estrutura do texto parece estar formada polo nome do dedicante seguido da divindade. Aínda que a identidade desta non se pode determinar debido ás lagoas do texto, o tipo de coroamento exclúe unha dedicación aos Lares Viales, pois neste caso debería contar con tres foculi aliñados na parte superior da peza, como é habitual na gran parte do conventus Lucensis. É evidente que a ara de Río Barbanza non pertence a esa categoría. Na terceira liña podería estar tanto o cognomen do dedicante como o teónimo. A terceira liña puido dedicarse incluso para o epíteto da divindade, é dicir [---]reus, que faría o dativo en -o, si o nome figuraba na liña anterior. O nome do dedicante merece un breve comentario, Nonius é un coñecido nomen gentile latino (SCHULZE, 1933: 229, 424) que encontramos en diversas inscricións de Hispania (ABASCAL, 1994: 189), normalmente como parte da tria nomina. Non obstante, hai que recordar que tamén aparece como nome único nunha placa marmórea do teatro de Mérida (HAE 1846) e, sobre todo, que se coñece en posición de cognomen nunha inscrición perdida de Cáceres con epitafio de M. Iunius Nonius (CIL II 707). Dado que no altar de Río Barbanza non aparece o praenomen, é moi probable que o dedicante teña como nome único Nonius, en cuxo caso se podería deducir –aínda que coas lóxicas reservas– que se trata dun personaxe de condición peregrina e que, a divindade citada no texto pertenceu ao panteón indíxena. Nin a paleografía nin a forma do altar permiten unha datación precisa aínda que, o hábito epigráfico sobre este tipo de monumentos no noroeste peninsular suxire que foi tallado entre os séculos I e III.\nA aparición da ara de Río Barbanza é análoga, polo seu emprazamento serrán, á localizada no Monte Dordo en Porto do Son en 1987 (PEREIRA, 1991).\nEn xeral, o estado de conservación da ara non é bo; e concretamente, o campo epigráfico está moi erosionado resultando moi difícil a súa lectura; porén, levouse a cabo un traballo de documentación mediante o emprego da fotogrametría por Structure From Motion (SFM) (Plets et al., 2012). Para elo, cunha cámara fotográfica tomáronse un total de 35 fotografías da inscrición, as cales foron procesadas co programa Agisoft Photosca n para obter o modelo 3D. Este modelo foi tratado mediante o software Xshade (Rusinkiewicz et aliI, 2006; CARREROPAZOS et al., 2018), co fin de acentuar as concavidades e convexidades da superficie, conseguindo mellorar a lectura da superficie deteriorada.\n3. i ntervención en o uteiro da t orre\nNo ano 2015 12, simultánea coa intervención de Porto Traveso, realizouse unha intervención no xacemento denominado Alto do Canle da Porteliña ou Outeiro da Torre. Este xacemento presenta unha serie de particularidades que se afastan das características típicas dos xacementos que definimos como AGREGADOS; máis concretamente, do seu patrón de emprazamento, xa que, todos eles están situados ao carón de cursos de auga.\nIlustración 35. imaxe da Alto do Canle da Porteliña / Outeiro da Torre coa ría de Arousa ao fondo.\nNa contorna inmediata de Outeiro da Torre non existe manancial ou rego de ningún tipo; sen embargo, a súa situación non pasa desapercibida; xa que, está colocado no borde da penechaira serrá, no punto de inflexión a partir do cal comezan as ladeiras da serra cara o val, cun amplísimo dominio visual sobre a ría de Arousa. Estruturalmente tamén semellaba distinto, xa que, unicamente afloraba unha construción; aínda que, esta presentaba certa similitude coas rexistradas no caso dos AGREGADOS, ao estar feita a base de cachote e lousa, coa técnica da pedra seca.\nO emprazamento, en certa medida é antagónico, pero á vez complementario doutro xacemento, Penas de Calo I (Agregado 24) 13 ; antagónico, porque se empraza no lado oposto da serra do Barbanza, concretamente na vertente oeste e complementario, posto que se ten un dominio visual de toda a entrada da ría de MurosNoia, existindo á vez intervisibilidade entre ambos xacementos. Con todo, o gran dominio visual de ambos xacementos non se repite cara o interior da serra, no que quedan grandes baleiros sen control visual, o que nos induce a pensar que podería formar parte dunha estrutura de vixilancia da costa, o que tampouco impide que servisen ao tempo como lugares de aviso cara o interior da serra mediante o lanzamento de sinais de lume, luz ou son.\nA intervención arqueolóxica puxo ao descuberto unha construción de forma redondeada, cun diámetro aproximado de 11, 5 m; ocupa unha superficie de 84, 61 m 2, feita a base de acumulación de cachote e lousas depositadas de maneira anárquica, aproveitando o espazo existente entre distintos penedos para construír unha pequena plataforma. Algunhas destas lousas, na parte superior, estaban dispostas de maneira vertical ou con certa inclinación, o que nos levou a pensar inicialmente na posibilidade de atoparnos ante paramentos construídos de xeito semellante aos dos Agregados.\nA escavación centrouse en retirar a vexetación que cubría a estrutura sen apenas remoción do sedimento, ao ser este practicamente inexistente. Logo de definir a estrutura en planta, e ante a imposibilidade de diferenciar o que era estrutura do que puidera ser derrube, procedeuse a facer unha sección no cuarteirón noroeste, para chegar á base da mesma, confirmando que estaba feita mediante acumulación de pedras para conseguir unha pequena plataforma. Os restos materiais recuperados foron unicamente 3 líticos, aos que non podemos atribuírlle unha orixe antrópica clara.\nDurante a intervención, decatámonos da existencia dos restos dun paramento no flanco oeste, apenas apartado uns 10 metros da estrutura, que presenta unha disposición lineal (dirección SLNW), e cunha fábrica ciclópea (bloques de granito), de 1 m de ancho e unha altura de 1, 20 m no treito mellor conservado. A súa funcionalidade podería estar relacionada coa protección da construción de Outeiro da Torre, non dende unha perspectiva poliorcética, senón como cortalumes, evitando a propagación destes, empregados a modo de comunicación para a emisión de sinais por medio de lume ou fume.\nIlustración 38. Vista cenital de Outeiro da Torre escavado. Ilustración 39. Imaxe da muralla / peche de Outeiro da Torre.\n4. e studo documental\nParalelamente ao desenvolvemento dos traballos arqueolóxicos, realizouse un estudo sobre a documentación histórica, que puidese aportar información de interese sobre aspectos relacionados coa explotación gandeira da Serra do Barbanza, para o cal se procedeu a revisar catro tipos de fontes documentais:\n1. Expedientes xudiciais, procedentes do fondo da Real Audiencia de Galicia e Audiencia Territorial, custodiada no Arquivo do Reino de Galicia (ARG) en A Coruña e, tamén, os expedientes xudiciais nos fondos de “clero” do Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS). Esta información é portadora en ocasión de información sobre aspectos como as reivindicacións de lugares (por parte de particulares, institucións eclesiásticas o familias nobres), de rendas impagadas, apeos, conflitos de lindes entre veciños, problemas co gando (para aproveitamento de pastos, esquilmos, leñas, etc.), asuntos relacionados con vínculos e morgados, aproveitamento de augas, composición de camiños, etc. 2. Protocolos notariais de Noia e Padrón: é unha documentación na que se pode atopar gran cantidade de contratos ou documentos realizados ante notario, como escrituras de compravenda de todo tipo de xénero, escrituras de arrendamento, aforamentos, cartas de pago, cartas de obriga, testamentos, escrituras de dote para casamentos, recontos de bens de defuntos, espontáneas, contratos de sacadas (relacionados co mar), contratos de fretes, avinzas en torno a todo tipo de problemas, cartas de poder e procuración, etc. 3. Documentación producida por diversas institucións eclesiásticas e depositada nos arquivos en función do proceso desamortizador do século XIX (mosteiros, cabido de Santiago e Mitra compostelá). No caso que nos ocupa, eran fundamentais de partida os documentos dos mosteiros de Toxos Outos, Sobrado dos Monxes (do cal dependía o primeiro), San Martiño Pinario, Santo Antón da Pobra do Deán e San Francisco de Noia. As tipoloxías documentais consultadas son moi amplas: cartas de aforamento, arrendamentos, apeos (numerosos), copias de preitos, relacións de bens, compravendas, etc. 4. O Catastro do Marqués de la Ensenada, realizado entre 1752 e 1753 na zona que nos ocupa. Revisáronse os Interrogatorios das freguesías do Barbanza que máis interesan, ademais dos Libros Reais de Legos das parroquias nas que se conservan (moi poucas en relación ao total).\nComo resultado destas consultas obtívose algunha información de interese, como por exemplo, un preito de 1777 14 custodiado no Arquivo do Reino de Galicia, no que se constata o emprego dos montes altos para o apacentamento e acorralamento do gando cabrío, recolléndose textualmente: <<<... el ganado cabruno al monte alto aprisionado y con pastor, sin permitirles lo traygan al vecindario entre viñedos y sembrados.>>. No preito, baseándose nos códigos de xustiza vixentes, ordénase que o gando cabrío sexa levado aos montes altos e “acorralado” alí, con presencia de pastor, para evitar os danos que estes animais poidan facer nas terras dedicadas á viña, labradío ou mesmo sobre árbores froiteiras.\nDe xeito similar, pero para mediados do século XVIII, o Catastro do Marqués de Ensenada volve sinalar a existencia de cabana gandeira no monte, constatando que algunhas parroquias como Obre, Argalo, San Pedro de Boa, Miñortos, Goián teñen eguas que pastan no monte de Barbanza; outras, como Queiruga, Baroña, Nebra, Ribasieira, Noal ou Cures, ademais de eguas, tamén teñen vacas.\nNos protocolos notariais dos séculos XVI e ata mediados do XVII relacionados con testamentos, partillas de bens e recontos de bens de defuntos, atopáronse numerosas referencias á existencia dunha ampla e diversa cabana gandeira nos montes, como son: vacas de monte, vacas “pequenas” de monte, becerros, eguas, “poldros” e “poldras”, bestas “mulares”, cabras, cabritos, ovellas e roxelos, entre outros.\nO gando equino e vacún acada maior protagonismo nas fontes escritas, seguramente debido a que posuían máis valor, en detrimento do ganado menor, que non o sendo en termos pecuniarios, aparece infrarrepresentado na documentación histórica (PÉREZ, 2004: 5259).\nA documentación citada encádrase cronoloxicamente na Idade Moderna, pero existe documentación máis antiga, de finais do século XII e principios do XIII, na que xa hai constancia da existencia de gando no monte do Barbanza e outros (PÉREZ, 2004).\n5. c onclusións\nA gran cantidade de xacementos localizados indica que unha das principais actividades rexistradas na serra do Barbanza é a gandería e que, esta actividade tivo unha dilatada pervivencia, que podemos rastrexar cando menos dende o Bronce Final, rexistrando novos episodios en momentos da Idade do Ferro, mundo romano e Altomedieval, que as fontes documentais consultadas estenden ata finais do século XVIII.\nEste aproveitamento serrán seguramente é consonte coa explotación estival das brañas de altura, como sucede noutras latitudes do norte peninsular (LÓPEZ GÓMEZ et al., 2016; GASSIOT et al., 2014; MÚJIKAALUSTIZA et al., 2013) que, lamentablemente, non teñen recibido ata agora unha atención suficiente por parte da arqueoloxía galega. Este novo rexistro arqueolóxico presenta un enorme potencial informativo, tanto para a comprensión duns modos de vida particulares, como son aqueles vinculados coas explotacións gandeiras e pastorís, como para achegar novos datos para aqueles períodos históricos nos que existe un déficit importante de informacións históricoarqueolóxicas para o noroeste, nomeadamente para un novo tipo de xacementos que se afastan dos estándares clásicos coñecidos e investigados e que semellan estar presentes non só en localizacións serráns senón tamén por cotas inferiores, nalgúns casos a escasos metros do nivel do mar (p.e. Monte das Cabanas en Rianxo).\nDende un punto de vista arquitectónico, demos os primeiros pasos para a caracterización destes espazos, ao ter identificado estancias completas, coas súas dimensións, accesos, morfoloxías e posibles usos, ou cando menos, identificar aqueles sectores que consideramos máis aptos para o asentamento humano pola presenza de lousados, situación que se repite tanto no xacemento de Río Barbanza coma en Porto Traveso, xa publicado (BARBEITO et al.. 2015).\nDoutra banda, puidemos identificar outra ocupación (Outeiro da Torre) que diverxe do patrón de emprazamento típico dos asentamentos gandeiros, pois presenta unha localización singular que o relaciona directamente con outro, que semella responder a unha dobre finalidade (gandeira e de vixilancia) como é o de Penas de Calo I. Entre ambos, manteñen unha perfecta relación de intervisibilidade, aínda que o campo visual dende Penas de Calo é moi limitado; esta limitación física minimizouse coa construción artificial dunha pequena plataforma feita por acumulación de pedra e cachote, que garantise esa interconexión visual entre ambos xacementos. O seu contexto hai que polo en relación, non só coa importancia económica dos espazos gandeiros da Serra, senón tamén coa necesidade de control territorial principalmente orientado á vixilancia da costa pola inseguridade que se viviu en certos momentos.\nE, fóra xa das áreas serráns, a identificación dun asentamento coma o de Chan do Cerqueiro, cuxos materiais encádranno con claridade no Calcolítico rexional bota luz sobre unha etapa na que a ocupación do Barbanza e, particularmente, das terras baixas adquire unha maior intensidade e importancia económica, circunstancia que se ben algúns achados previos semellaban apuntar, agora ven de confirmarse de cheo, a xulgar pola variedade e cantidade da cultura material recollida nese lugar.\nB iBliografía\nABASCAL PALAZÓN, J.M. 1994. Los nombres personales en las inscripciones latinas de Hispania, Murcia – Madrid."} {"summary": "O obxectivo desta publicación é dar a coñecer unha proposta metodolóxica multidisciplinar para a xestión e planificación dos usos e aproveitamentos do monte Xalo (Culleredo, A Coruña) no que se integren os valores dos servizos ecosistémicos producidos, amosando ademais un dos procedementos de actuación dunha das disciplinas integradas: a arqueoloxía e o patrimonio cultural. Esta iniciativa xeral foi definida por un Grupo Operativo de Innovación formado por entidades de distintos perfís que gardan relación co desenvolvemento rural do ámbito das da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (CMVMC Xalo, Asociación de Desenvolvemento Rural MariñasBetanzos, USC, Ingacal, IET) na provincia da Coruña, e que optan por aplicar novas directrices que promovan un modelo de xestión sostible. Desta forma, esta publicación exporá en primeiro lugar o marco do proxecto e os seus postulados principais, pasando a centrarse posteriormente no procedemento de actuación plantexado pola arqueoloxía e o patrimonio cultural, unha das disciplinas integradas que non adoita ser unha parte relevante dentro da xestión habitual dos recursos forestais.", "text": "Methodology for integration and management of ecosystem services of commonly held mountain in natural spaces: an approach from archaeology and cultural heritage\n: Monte Xalo, monte veciñal en man común, multifuncionaidade do monte, xestión sostible, arqueoloxía e patrimonio cultural.\n1. IntroducIón\nGalicia é a principal rexión produtora madereira de España: máis do 50% do volume de cortas de madeira con destino industrial realizados a nivel estatal proveñen do territorio galego (atendendo ao Anuario de Estatística Forestal (Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, 2017)). De forma paralela, durante os últimos anos foron aprobadas unha inxente cantidade de medidas lexislativas no sector forestal a nivel autonómico, creando unha base xurídica que simplifica e clarifica moitos dos procesos e xestións habituais que gardan relación cos terreos forestais (entre outras, destacamos: Lei 7/2012, de 28 de xuño de montes de Galicia (2012); Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais; Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia; Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal).\nAínda que os principios teóricos nos que se inspira esta normativa son os de potenciar a multifuncionalidade dos montes, a conservación e mellora dos recursos forestais, a calidade paisaxística ou o mantemento da biodiversidade; o certo é que a súa principal orientación céntrase na maximización da produción de madeira.\nEn pleno século XXI, nun escenario de sobreprodución e estancamento de prezos, cunha paisaxe cada vez máis erosionada e afectada por factores coma o cambio climático ou os incendios forestais, precísase que os montes integrados en áreas naturais teñan unhas directrices complementarias que propoñan e promovan un modelo de xestión forestal con criterios baseados nun aproveitamento madeireiro no que se coñezan os servizos ambientais producidos polo monte (biodiversidade, paisaxe, patrimonio cultural, uso social do monte, posibilidades de creación de emprego rural, fixación de emisións de CO2, recarga de acuíferos, etc.) ao mesmo tempo que permitan a súa compatibilidade. Como apoio, existe un amplo elenco de acordos internacionais (Convenio da Diversidade Biolóxica, Convenio do Cambio Climático, Convenio Europeo da Paisaxe, etc.) así como unha ampla lexislación a nivel europeo, estatal e autonómico que promoven a protección e conservación dos compoñentes do patrimonio natural e cultural, ao mesmo tempo que fomentan o desenvolvemento sustentable e promoven a súa integración na ordenación das áreas forestais.\nNos últimos anos os estudos que analizan os servizos prestados polos ecosistemas comezan a cobrar importancia, entendendo estes como a multitude de beneficios que estes aportan á sociedade e ao benestar humano (FAO, 2013; TEEB, 2009). A crecente poboación humana está sometendo á biodiversidade a unha enorme presión (destrución de hábitats, especies invasoras, sobreexplotación, contaminación, cambio climático, etc.) (Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza, 2018). Este declive nos hábitats naturais e na saúde dos ecosistemas tradúcese na redución dos mesmos a producir bens e servizos esenciais non só para a conservación da flora e fauna, senón para a propia especie humana. Resulta evidente a necesidade de valorar as externalidades prestadas polos ecosistemas para que a conservación do medio ambiente ocupe un espazo de importancia nas políticas públicas e nos proxectos e toma de decisións transcendentais para o medio natural (Álvarez Vergel et al, 2010).\nExiste ademais unha gran cantidade de traballos e publicacións realizados sobre os aproveitamentos e usos do monte que se atopan totalmente dispersos e non accesibles para os propietarios e xestores de terreos forestais (Rigueiro Rodríguez et al, 1997; Carcelén Fernández et al, 1998; Fernández López, 2014; Miranda Fontaíña, 2018; Centro de Investigación Forestal de Lourizán, 2018a; 2018b), que en moitos casos descoñecen posibles alternativas ás usuais plantacións de especies de crecemento rápido con destino de produción de madeira de baixa calidade. A recollida, homoxeneización e divulgación destas posibilidades facilitaría ás comunidades de montes e a outros propietarios forestais o coñecemento para avaliar diferentes posibilidades de uso, para non ter en conta exclusivamente o beneficio económico e incluír dentro das aportacións que pode ofrecer o monte o compoñente social e ambiental.\nPolo tanto, considérase necesario a definición dunha metodoloxía que complemente á lexislación autonómica (Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, que describe a estrutura e contido mínimo dos proxectos de ordenación forestal), que axude á ordenación dos montes veciñais en áreas naturais e que propoña aproveitamentos alternativos, simulando diversos escenarios que estimen as produtividades e servizos que poderían xerarse no monte atendendo ás superficies que se dediquen a cada uso (madeira, froitos, gando, protección, recreativos, etc.). Esta proposta, que como dixemos tería a súa aplicación no monte veciñal, aportaría unha serie de criterios con maior peso no que se refire ao uso ambiental dos terreos forestais, permitindo integrar máis información no proceso de toma de decisións e asignación de usos potenciais. Aínda que este proxecto se enfoca cara os Montes Veciñais en Man Común, algúns dos seus procedementos e metodoloxías poderían ser válidos noutro tipo de espazos forestais, sempre atendendo ás súas circunstancias particulares.\nNo seguinte artigo, definiremos algunhas das características fundamentais deste proxecto, analizando os principais postulados do mesmo, as súas vías de traballo ou os seus obxectivos principais. Aínda que se trata dun traballo multidisciplinar con diversos enfoques, excedería os seus límites a explicación sistemática das estratexias de traballo de todas as materias integradas. Polo tanto, vémonos na obriga de focalizarnos nas propostas dun caso concreto: a arqueoloxía e o patrimonio cultural. Optamos por centrarnos nesta disciplina debido ao habitual abandono deste tipo de materias dentro da xestión forestal. Neste sentido, consideramos que ao outorgarlle un peso preponderante dentro deste artigo, estamos a fomentar a visibilización o valor do patrimonio cultural como un ben activo dentro dos recursos potenciais que ofrece o monte. Se ben se trata dun recurso que non adoita proporcionar beneficios materiais “económicos”, si que ten un valor único como elemento de cohesión e vertebración entre paisaxe natural e social.\n2. o Marco de actuacIón: unha proposta de actuacIón para a ordenacIón e xestIón dos Montes coMunaIs\nDentro das liñas de fomento da innovación e cooperación no ámbito agrario que se está a promover desde a Asociación Europea para a Innovación, creouse a figura dos Grupos Operativos para a Innovación. Estas entidades buscan abordar de forma conxunta un problema concreto ou unha oportunidade nos sectores agroalimentario e forestal, empregando para elo unha idea innovadora; podendo estar constituídos por agricultores, gandeiros, investigadores, centros tecnolóxicos, universidades, organización non gobernamentais, grupos de desenvolvemento rural, asociacións ou outras organismos de interese. Neste marco, considerouse a creación durante o ano 2017 por parte da C.M.V.M.C. Xalo e da Asociación de Desenvolvemento Rural MariñasBetanzos do Grupo Operativo “Deseño dunha metodoloxía para a ordenación e xestión de montes veciñais, considerando os servizos ecosistémicos producidos”. Para a súa constitución, contouse coa participación dos centros de investigación con experiencia e estudios no que respecta á valorización e coñecemento do medio ambiente e patrimonio cultural (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago de Compostela), aproveitamentos agrarios das áreas rurais (Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo, Ingacal) e da cartografía e análise territorial galega (Instituto de Estudos do Territorio), en especial no ámbito da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Ademais contouse co asesoramento e colaboración do gupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela Síncrisis. Investigación en Formas Culturais á hora de coñecer as accións precisas para a análise e estudio do patrimonio histórico e cultural.\nEn primeiro lugar, esta iniciativa pretende promover unha ordenación dos usos do monte que fomente un aproveitamento multifuncional, considerando os criterios ambientais como unha parte dos recursos a xestionar, integrando a mitigación do cambio climático e a fixación do CO 2 como obxectivos fundamentais a ter en conta.\nAsí mesmo, buscarase a creación dunha ferramenta informática baseada en diversas aplicacións, que axuden a definir e propoñer novos modelos de aproveitamentos forestais e usos alternativos, en detrimento daqueles centrados na produción madeireira, ao mesmo tempo que fomente a cuantificación e valoración dos servizos ecosistémicos que ofrecen. Estas ferramentas informáticas terán como principal obxectivo dar a coñecer os resultados do proxecto e farán accesible toda a información para aquelas persoas ou entidades que estean interesadas.\nPor outra parte, resulta esencial plantear unha vía de comunicación entre as comunidades de montes e as liñas de financiamento asociadas á xestión sostible dos terreos forestais (compensación de emisións, custodia cultural, etc.). Un maior coñecemento deste tipo de incentivos axudará a que estes modelos propostos sexan máis atractivos para as Comunidades de Montes.\nNesta liña, a aplicación positiva deste tipo de medidas fomentará que o patrimonio biolóxico e cultural dos montes galegos melloren o seu estado de conservación e valoración.\n2.1. procedementos e vías de actuación\nCoa intención de crear un marco de traballo que permita coñecer con detalle todas as posibilidades, realizaranse unha serie de entrevistas, tanto a comuneiros como a veciños da zona piloto. Isto permitirá coñecer as variables de maior importancia á hora de valorar e decidir os usos e aproveitamentos a realizar no monte, ao mesmo tempo que permitirá valorar cales son as principais materias de interese para os actores involucrados.\nOs integrantes do proxecto conformarán a creación dun comité de expretos, que ademais contará con investigadores e profesionais doutras entidades e da administración de referencia, gardando relación coa xestión foresta e ambiental do territorio (Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Augas de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, CSICIncipit, Universidade da Coruña, Distrito Forestal, colectivos de comunidades de montes veciñais, etc.). Este comité de expertos permitirá unha correcta coordinación e avaliación dos traballos realizados, avaliaría a viabilidade e aplicación da metodoloxía aplicada e realizará unha supervisión directa da iniciativa, garantindo que se cumpran os obxectivos da mesma. Así mesmo, este comité avaliará o caso real da proba piloto realizada, comprobando a aplicación e funcionalidade as propostas realizadas e analizando e identificando os benefcios que se poderían obter cas diferentes alternativas propostas.\nTodos os pasos deste proceso estarán acompañado do uso e xestión de diferentes aplicacións informáticas (follas de cálculo, software SIX), que axudarán tanto á xestión dos datos como á identificación e análise das problemáticas acontecidas, sendo unha parte activa de todo o proceso de recopilación, investigación e difusión da información. Para a aplicación das medidas propostas e a avaliación da valía das mesmas, utilizaranse estas ferramentas para a creación de “simulacións”, escenarios alternativos que, atendendo a criterios predefinidos, permitirán analizar, avaliar, interpretar e propoñer diferentes medidas que serán aplicadas ao longo de todo o proxecto. O softtware utilizado será de libre acceso, o que permitirá tanto unha maior versatilidade como unhas maiores facilidades á hora de axilizar e facilitar o acceso libre á información obtida.\nPor outra parte, resulta necesario sinalar o eminente carácter multidisciplinar da proposta. Dado que se pretenden analizar e valorar unha gran cantidade de recursos ecosistémicos de índole diversa, resulta imprescindible acudir a múltiples disciplinas e áreas de coñecemento. O carácter interdisciplinar deste proxecto implica atender e integrar a todas estas áreas, orientándoas cara un mesmo fin e aproveitando o potencial que esta tranversalidade investigadora ofrece para obter unha análise moito máis prolífica e detallada.\nTras a creación dun marco institucional e da preparación dos puntos de partida, os primeiros traballos centraranse na caracterización e análise da situación dos montes veciñais das zonas piloto, valorando os seus recursos a nivel ambiental, como se utilizan e cal é o seu plan de ordenación. Identificaranse os usos e aproveitamentos potenciais para cada caso, seleccionando aqueles que semellen máis oportunos, sempre atendendo ás necesidades e intereses dos membros da comunidade, os cales serán involucrados dentro deste proceso a través de múltiples estratexias de participación colectiva.\nTras unha correcta avaliación das posibilidades do monte e das posibles melloras de aproveitamento dos recursos ecosistémicos (sempre seguindo as directrices xerais anteriormente plantexadas), estas proporanse para ser integradas tanto dentro dos plans de ordenación e conservación ambiental, como dentro dos servizos de ecosistemas nas Instrucións Xerais de Ordenación de Montes de Galicia.\nFinalmente realizarase unha estratexia de divulgación dos resultados, tanto entre os actores do sector como entre a comunidade científica. Dentro dos plans de divulgación no medio rural, celebraránse varias xornadas de presentación e difusión (tanto para os membros das entidades colaboradoras e participantes, como de acceso libre), así como a divulgación a través de múltiples notas de prensa e artigos de divulgación a través de medios e redes informativas enfocados ao ámbito rural e á xestión de recursos agrícolas e forestais (Rede de Asesoramento e Innovación Rural, Asociación Europea da Innovación, etc.). A nivel científico, procederase a difusión a través de diferentes congresos e publicacións de índole científica, buscando contrastar a información recollida con outro tipo de aproximacións metodolóxicas.\nComo dixemos anteriormente, estes procedementos son de carácter xeral e deben entenderse como unhas directrices básicas a seguir por todas as disciplinas que forman parte deste proxecto, sempre atendendo ás conxunturas particulares de cada materia. Tal e como veremos no caso da arqueoloxía, estas directrices deben de ser comprendidas como un marco que englobe todas as actuacións e lles outorgue uns obxectivos e unha finalidade conxunta.\n2.2. Zona de traballo\nA zona piloto escollida para a aplicación desta metodoloxía trátase do Monte Veciñal en Man Común Xalo (Culleredo, A Coruña). A nivel ecosistémico, estamos ante unha zona cun gran valor ecolóxico e ambiental, formando parte dunha Reserva da Biosfera e constando dun valor natural moi destacado, coa existencia de especies vexetais e animais endémicas da zona dentro do seu marco xeográfico. Entre os valores naturais máis destacados podemos contemplar a existencia dun hábitat de especial importancia comunitaria, Brezais húmidos atlánticos de zonas templadas de Erica ciliaris e Erica tetralix. Tamén cabe sinalar a identificación de especies destacadas como os anfibios Rana iberica, Rana temporaria e Hyla molleri, ou as aves Tartaraña cincenta (Circus pygargus) e a Rula brava (Streptopelia turtur).\nResulta relevante sinalar que nos atopamos ante unha zona case “virxe” a nivel poboacional, o cal resulta significativo tendo en conta a súa situación en pleno centro da comarca da Coruña, e a escasos quilómetros da propia capital provincial.\nA nivel xeográfico, destacamos a situación do Xalo dentro dun macizo granítico montañoso, conformado por granodioritas tardía e precoz. Dentro do seu conxunto, destaca como punto de interese xeolóxico o “Petón do Xalo”, un afloramento rochoso conformado por rochas erosionadas de grandes dimensións. O Monte Xalo elévase a 521 metros sobre o nivel do mar, unha altitude moderada, pero única na súa contorna, o que lle outorga unhas características paisaxísticas e microclimáticas únicas, sendo o miradoiro do Golfo Ártabro máis importante pola súa amplitude de visión panorámica, abarcando unha superficie de 64.641 hectáreas (IET, 2017). Estamos, polo tanto, ante un dos puntos máis altos da área da Coruña, expoñéndose como un anfiteatro que contempla toda a área metropolitana da cidade da Coruña.\nA nivel hidrográfico, resulta especialmente relevante o nacemento do río Anllóns, que abastece de auga a toda comarca de Bergantiños e á zona norte da Costa da Morte. A relevancia dos recursos hídricos que contén o Xalo quedan definidos non só por ser o nacemento do rego das Xesteiras, e outros regatos afluentes do río Valiñas, senón que no seu ámbito tamén aparece a cabeceira do río Anllóns, que recorre toda a comarca de Bergantiños. A súa riqueza hidrolóxica tamén se contempla nas traídas de augas veciñais existentes e que abastecen de auga aos núcleos rurais das parroquias do sur do concello de Culleredo.\nA nivel arqueolóxico e patrimonial, destacamos a presenza de ocupación neolítica, documentando restos de dúas mámoas situadas na súa parte Leste. Por outra parte, tamén se atopan catalogados dous xacementos fortificados de carácter indeterminado, un situado no Petón do Xalo e outro no lugar coñecido como “Castelo da Veiga” (Ferrer Sierra, 2012).\nA nivel etnográfico e cultural, o Monte Xalo consta cunha inxente cantidade de lendas e mitoloxías, centradas principalmente na gran cantidade de bolos graníticos existentes nas súas partes máis elevadas, así como fontes, como a “Fonte das Meigas”, situada na parte Oeste, ou a “Fonte do Cáliz”, situada na parte Leste do Monte Veciñal, na base da Pedra do Castelo. Existía tamén un uso de augas termais ferruxinosas no lugar coñecido como Ternande, na falda orientada ao Oeste do Monte Xalo, que se perdeu pola urbanización da zona.\nA responsabilidade da xestión do monte é da CMVMC Xalo, unha comunidade de montes con 310 comuneiros/as que xestiona e posúe 315 ha dentro do ámbito do monte, dentro da parroquia de Celas de Peiro. A xunta reitora desta comunidade leva anos co obxectivo primordial de realizar un aproveitamento multifuncional do monte, onde poidan ter collida usos complementarios e alternativos aos madeireiros tradicionalmente realizados na zona. Coñecedores do importante valor paisaxístico, cultural e natural do monte, buscan realizar unha ordenación que contemple os servizos ecosistémicos e os promova e potencie no futuro.\n3. a arqueoloxía e o patrIMonIo cultural coMo exeMplo de dIscIplIna Integrada\nCoa intención de exemplificar algunha das propostas de traballo das disciplinas integradas no proxecto, no seguinte punto exporemos brevemente os postulados iniciais dende a arqueoloxía e o patrimonio cultural. Malia que non se trata dunha especialidade que habitualmente teña demasiado peso dentro deste tipo de proxectos, consideramos que as súas propostas amosan con fidelidade os postulados xerais e a “esencia” deste proxecto. Ademais, consideramos que a súa elección é especialmente pertinente para visibilizar os estudos de índole social e das ciencias históricas dentro deste tipo de metodoloxías. Nesta liña, a arqueoloxía e o patrimonio cultural permiten crear vínculos entre a comunidade e o monte, amosando os procesos históricos que os involucraron a ambos de forma conxunta e que permitiu a creación da paisaxe social que actualmente constitúen.\nHabitualmente, os bens arqueolóxicos son ignorados, esquecidos ou incluso alterados dentro da xestión forestal, sendo considerados como unha parte irrelevante e carente de interese. Malia este habitual esquecemento, o patrimonio arqueolóxico debe de comprenderse como un recurso máis dos que ofrece o monte, e debe formar parte de calquera marco de actuación que implique a administración destes recursos. Este tipo de proxectos multidisciplinares non só axudan a permitir a súa visibilización, senón que poñen de manifesto a súa relevancia para unha xestión forestal sostible e de calidade.\nSeguindo as liñas aportadas polo marco teórico xeral do proxecto, desenvolveranse varios procedementos de actuación que permita unha correcta integración do patrimonio arqueolóxico dentro da xestión do monte, tendo en conta tanto as conxunturas propias de cada espazo como as necesidades da comunidade. Con todo, debemos ter claro que a proposta que aquí expoñemos partirá tanto das directrices marcadas polo plan de actuación xeral como polas circunstancias concretas de estudo e conservación que presenta a zona piloto, e os puntos de partida da mesma deben atender ao estado da investigación da zona en cuestión. Neste sentido, aínda que os postulados xerais desta proposta metodolóxica poidan ofrecer ideas ou metodoloxías con potencial para ser de aplicación xeral, algunhas aproximacións parten das casuísticas particulares da situación do monte a estudar, o que obriga a proceder con cautela e a non extrapolar de xeito sistemático determinados aspectos. No hipotético caso de aplicación deste tipo de metodoloxías noutros exemplos de estudo, débese ter en conta o estado da investigación e as circunstancias particulares de cada área de traballo, e modificala nos casos oportunos.\nCon todo, considérase oportuno ter claros dous puntos de partida que deberían resultar comúns a calquera iniciativa que se integre dentro dunha proposta de semellantes características. En primeiro lugar, considérase necesaria a implicación da propia comunidade de montes dentro de todo o proceso de realización dos traballos. O seu compromiso e colaboración resulta esencial para que estes consideren a investigación e os seus resultados como unha parte esencial do monte que poidan recoñecer e coa que sentirse identificados. Ao mesmo tempo, o seu coñecemento da zona en cuestión pode aportar un interesante background contextual que pode facilitar tanto a elaboración de hipóteses coma o traballo de campo.\n3.1. contexto arqueolóxico\nAtendendo ao estado da investigación e ao coñecemento arqueolóxico dispoñible respecto á zona do Monte Xalo, podemos falar dun bagaxe bastante escaso, mitigado por algunhas obras concretas (Monteagudo Fariña, 1991; Villar Hermida, 1998, así como pola recente realización do PXOM do concello de Culleredo (Ferrer Cruz, 2012), publicacións que aportan algunha información relevante do patrimonio cultural existente na zona. Atendendo a estos traballos, documéntase a existencia de 4 xacementos arqueolóxicos dentro da zona de traballo: dúas mámoas e dúas fortificacións sen adscrición cronolóxica clara. Dado o limitado alcance da información dispoñible, as metodoloxías propostas encamiñaranse cara a realización dun primeiro achegamento ao patrimonio arqueolóxico do Monte Xalo de forma conxunta. Os obxectivos propostos son os seguintes:\n• Caracterización e interpretación preliminar do patrimonio arqueolóxico da zona, revisando os bens arqueolóxicos inventariados e recoñecendo posibles emprazamentos susceptibles de acoller novos xacementos arqueolóxicos. Para tal fin, aplicaránse diversas técnicas arqueolóxicas non invasivas. • Estudo e interpretación da paisaxe arqueolóxica da zona de xeito diacrónico, seguindo algunhas metodoloxías de investigación propias da arqueoloxía da paisaxe (Criado Boado, 1999; Parcero Oubiña et al., 1999; García Sanjuan, 2005) e realizando unha interpretación que permita comprender de xeito diacrónico a ocupación humana desenvolvida na zona.\nEn función dos resultados obtidos, proporanse futuras liñas de investigación e divulgación, atendendo a aqueles puntos que ofrezan un maior interese investigador e divulgativo, e considerando en todo momento os intereses da propia comunidade.\nAcadar estes obxectivos permitirá un maior coñecemento arqueolóxico da zona, posibilitando a apertura de novas liñas de investigación e divulgación que, dentro dunha xestión do monte sostible, poden ser de interese mutuo tanto para a comunidade como para o mundo da arqueoloxía.\n3.2. Metodoloxía\nA continuación, analizarase cal será o proceso de traballo a realizar, expoñendo finalmente un exemplo práctico de aplicación das metodoloxías propostas.\n3.2.1. Revisión inicial e puntos de partida\nO método habitual das prospeccións e catalogacións arqueolóxicas adoita partir dunha revisión inicial dos bens arqueolóxicos inventariados na zona en cuestión, revisando as fichas de inventario depositadas na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, toda a bibliografía relevante e aquelos datos toponímicos e etnográficos que poidan considerarse de interese. Este primeiro proceso permitirá realizar unha caracterízación preliminar da zona a estudar, ao mesmo tempo que permitirá definir algúns posibles puntos de interese. Dentro deste procedemento máis “canónico”, consideramos relevante incidir na necesidade de fomentar unha relación estreita cos propietarios do monte e coa súa comunidade, atendendo ao xa proposto no punto anterior. A comunidade, ademais de aportar información valiosa sobre a zona, será a que deba ter interese en avaliar e valorar os recursos patrimoniais das súas terras, co que a súa implicación e interese nos traballos resulta clave para que o resultados obtidos sexan incorporados á xestión do monte, así como para que ocupen unha posición relevante dentro da mesma.\nAsí mesmo, a recollida de datos non debe tratarse do paso previo aos traballos de campo, senón como un mero punto de partida inicial que debe de ser completado con outros procedementos, que permitirán adquirir un coñecemento da zona o suficientemente profundo como para realizar un traballo arqueolóxico moito máis certero e eficaz.\n3.2.2. “Prospección arqueolóxica dende o sofá”: aplicación de métodos de visualización arqueolóxica baseados en Modelos Dixitais do Terreo\nAínda que nos últimos anos os traballos con SIX están a experimentar un tremendo auxe dentro da arqueoloxía galega, aínda queda moito camiño por percorrer na súa aplicación práctica. A prospección a través da creación de MDT con datos LiDAR é un paso ineludible se pretendemos realizar unha revisión e catalogación do patrimonio arqueolóxico exitosa.\nA metodoloxía a empregar, xa aplicada con éxito noutros casos de estudo (Nión Álvarez, 2018a; 2018b), consiste na creación, visualización e interpretación de MDT e MDE creados a partires de nubes de puntos LiDAR a través de software SIX. Se ben é certo que este tipo de técnicas comezan a difundirse dentro do eido da arqueoloxía de investigación, non son especialmente habituais dentro da arqueoloxía profesional. A aplicación deste tipo de técnicas permite un gran avance para a súa interpretación, ao mesmo tempo que crea múltiples posibilidades para a súa integración dentro da xestión forestal. Os métodos de visualización baséanse principalmente na creación de múltiples shaded relief models de carácter diverso, dentro dos que destacan os seguintes:\nestudo e xeorreferenciación de toponimia.\nO traballo con este tipo de técnicas de visualización posibilitará un mellor coñecemento dos bens arqueolóxicos xa catalogados, ao mesmo tempo que permitirá presentar diversos emprazamentos con potencial para acoller xacementos arqueolóxicos. Así mesmo, a precisión xeográfica do software SIX facilitará o estudo en campo das hipóteses de traballo seleccionadas.\n3.2.3. Traballo en campo\nOs dous anteriores puntos son esenciais para crear unha visión de paisaxe conxunta, así como para propoñer novos puntos de partida e recoñecer posibles xacementos descoñecidos sobre o terreo. Sen embargo, estas hipóteses requiren un intenso traballo de campo que permita avaliar a súa validez, así como afinar con máis detalle as súas características. Dende o noso punto de vista, consideramos que este tipo de traballos deben aproveitar a transversalidade da arqueoloxía e das súas disciplinas para aproveitar todo o seu potencial, sexa tanto en campo coma no laboratorio, pois todas teñen unha mesma finalidade: coñecer o noso pasado.\nNesta liña, a nosa proposta metodolóxica baseada na aplicación de técnicas de teledetección con base SIX posibilitará establecer hipóteses de traballo de alta fiabilidade, ao mesmo tempo que permite interactuar de forma case simultánea cun amplo número de variables. Sen embargo, a información que nos aporta debe de ser comprobada e avaliada en campo, amosándonos esta relación simbiótica entre PC e campo que aquí estamos a defender.\nPola súa parte, as metodoloxías arqueolóxicas a aplicar en campo dependerán en boa medida das características e condicións dos bens cos que se traballará. En todo caso, e de forma xeral, ao tratarse dunha prospección arqueolóxica, os traballos estarán encamiñados aos seguintes aspectos: localización de novos xacementos arqueolóxicos e caracterización dos xa coñecidos, definición das características dos sitios documentados, delimitación e xeorreferenciación e propostas de investigación, conservación e divulgación.\n3.2.4. Síntese, elaboración de propostas e divulgación\nO último paso a seguir será a elaboración dunha síntese xeral, centrada en catro aspectos principais:\n• Delimitación, definición e interpretación das zonas arqueolóxicas revisadas. • Interpretación e caracterización da paisaxe social e da dimensión da ocupación humana no Monte Xalo, creando unha narrativa inicial que permita comprender, grosso modo, as principais características da ocupación humana da zona de xeito diacrónico. • Elaboración de propostas para a súa correcta integración e conservación dentro da explotación dos recursos ambientais que ofrece o monte. • Elaboración dun conxunto de medidas de divulgación e visibilización do patrimonio arqueolóxico, coa intención de que forme parte integral do conxunto de medidas propostas para poñer en valor e maximizar os recursos ecosistémicos.\nComo plantexamos con anterioridade, o papel da comunidade resulta esencial. Eles deben ser os principais valedores do patrimonio das súas terras, e como tales, deben de formar parte da toma de decisións para conservalo, integralo e visibilizalo dentro da xestión do monte. Deste xeito, as medidas de divulgación propostas para caso serán expostas en común coa comunidade, atendendo ás distintas conxunturas que poden influír en cada cuestión.\n3.2.5. Caso de estudo: A capela de San Bartolomeu e os camiños tradicionais\nPara concluír, amosarase un caso práctico de aplicación desta proposta metodolóxica: a (desaparecida) capela de San Bartolomeu e as rutas de tránsito tradicionais do Monte Xalo. Estamos ante dous exemplos perfectos de como esta conxunción de técnicas e métodos de estudo resulta moi eficaz para a recuperación do patrimonio arqueolóxico. Así mesmo, este tipo de bens arqueolóxicos non adoitan ser receptores en Galicia de plans de posta en valor e de recuperación patrimonial 1 (con algunha excepción, como pode ser Otero Vilariño, 2003), co que resulta interesante analizar o seu caso para poder explorar outras posibles vías de recuperación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico. Nunha primeira fase preliminar de recollida de documentación, recuperouse certa información relativa a unha fase de ocupación medievalmoderna materializada a través de dous rutas tradicionais, o camiño dos Montañeses e o camiño da Costa. O camiño dos Montañeses transitaría dende Celas de Peiro ata a Pedra do Coto, atravesando boa parte do Monte Xalo (Villar Hermida, 1998: 26). O Camiño da Costa, pola súa parte, percorrería dende Altamira ata o val das Encrobas a través do Monte Xalo, pasando pola capela de San Bartolomeu do Vao, a súa fonte e o seu cruceiro (Villar Hermida, 1998: 26). Esta capela estaría citada en diferentes fontes que acreditan a súa existencia entre 1727 e 1822 (Villar Hermida, 1998: 27), ano no que, debido á súa ruína, sería substituída por outra nova edificación situada en Folgueira (Culleredo). Teoricamente, a súa situación estaría na encrucillada de camiños entre o Camiño da Costa e a estrada que parte dela ata a coñecida como Pedra do Castelo (Villar Hermida, 1998: 27). Resulta bastante plausible que boa parte dos seus paramentos fosen transportados e reutilizados para a construción da nova capela, o cal explicaría a ausencia de datos dispoñibles sobre a mesma.\nA revisión e análise desta información posibilitará unha modelización e xestión da mesma a través de diferentes técnicas e métodos de estudo, coa intención de documentar e recuperar o posible emprazamento destes bens arqueolóxicos non documentados. Atendendo á diversidade das técnicas de visualización, serán utilizadas diferentes metodoloxías de traballo que, en función das súas características, permiten unha mellor aproximación a cada caso de estudo concreto. En primeiro lugar, para o recoñecemento dos camiños tradicionais optarase por aplicar aquelas técnicas de visualización de MDTs que do Vao.\nnos permiten recoñecer en superficie a pegada deixada por vagoadas e rutas tradicionais, das que podemos destacar algunhas coma o SLRM ou o positive openness, de validez probada para analizar este tipo de elementos (Vletter, 2014; Small 2016/2017; Herzog, 2017). Como xa explicamos anteriormente, estas técnicas reducen, de xeitos distintos, a morfoloxía xeográfica a gran escala, permitindo poñer o foco de atención en anomalías a pequena escala e facilitando a visibilización de elementos como posibles rutas creadas polo home, que non serían visibles con outras técnicas de visualización. Así mesmo, estes procedementos serán complementados con outros non baseados en MDTs, como pode ser a ortofotografía histórica, o cal permitirá avaliar a pervivencia, características e entidade destes posibles camiños ao longo dos últimos 70 anos.\nPola súa parte, e atendendo ás localizacións para a capela de San Bartolomeu e ás hipóteses plantexadas para o percorrido dos camiños, procederase a analizar as anomalías do terreo a través da aplicación de técnicas de visualización como hillshading, slope gradients ou SkyView Factor, de indubidable valor para recoñecer estruturas soterradas en superficie (Zaksek et al, 2011; Carrero Pazos et al, 2015). Deste xeito, proporanse diferentes hipóteses para o seu asentamento orixinal, que serán avaliadas na fase de traballo de campo.\nEn función dos resultados ofrecidos por esta fase, proporanse diferentes medidas de conservación, investigación, valorización e divulgación dos mesmos. A modo de exemplo, podemos esbozar algunhas posibles propostas (asumindo, de xeito eventual, un resultado positivo das anteriores hipóteses).\nO primeiro paso sería a súa integración dentro das habituais rutas de sendeirismo existentes dentro do Monte Xalo. Proporíase unha limpeza da ruta, ao mesmo tempo que se procedería á súa integración dentro do resto de sendeiros e á súa sinalización e identificación a través de diferentes cartaces informativos que ofrezan información sobre os mesmos. Estes poderán completarse tamén con información sobre o patrimonio da zona (tanto arqueolóxico e cultural como biolóxico), en función da localización de cada sitio. Deste xeito, e aproveitando a privilexiada localización da capela dentro da ruta (no caso de ser documentda), esta debería formar parte do propio conxunto, ao mesmo tempo que se poderían aplicar outras metidas alternativas de divulgación e visualización patrimonial, como poden ser a fotogrametría ou a reconstrución virtual en 3D.\nEste tipo de medidas permitirían a integración do patrimonio arqueolóxico dentro da xestión do monte, ao mesmo tempo que se aproveitaría unha actividade moi popular na zona, o sendeirismo, para dar a coñecer o patrimonio cultural a outros sectores da poboación.\n4. conclusIóns\nEn definitiva, consideramos necesaria a creación de novos marcos administrativos e metodolóxicos que permitan comprender a xestión do monte dende a perspectiva dos servizos ecosistémicos, superando as políticas de explotación do monte encamiñadas unicamente á explotación de madeira. A través deste proxecto, preténdese deseñar unha metodoloxía que permita xerar modelos alternativos de xestión dos terreos forestais en áreas de alto interese ambiental e cultural, que teñan en conta os servizos ecosistémicos producidos e que incorpore criterios ambientais e de loita contra o cambio climático nos plans de ordenación dos montes veciñais.\nA súa función non será unicamente a elaboración de escenarios de planificacións para casos concretos ou a simplificación de toma de decisións, senón que se pretende crear unha metodoloxía común que sexa aplicable para os montes veciñais (dos cales existen uns 2800 en Galicia), pero tamén que sente as bases para unha aplicación potencial para os 600 000 propietarios de parcelas forestais que existen no noso territorio. Desta forma, iniciaríase a creación dun marco de actución que permita coñecer e definir cada caso concreto, analizando os recursos do monte e as alternativas posibles para a súa xestión.\nNesta liña, consideramos que a arqueoloxía e o patrimonio cultural xogan un papel clave. Na actualidade, podemos albiscar un crecente interese da comunidade no seu patrimonio arqueolóxico e a súa historia, e estes xa non son tan vistos como un estorbo, senón que comezan a ser considerados como unha oportunidade, un nexo de unión con esa paisaxe social da que forman parte e que define a súa identidade persoal. Este tipo de propostas, que comezan a integrar de forma sostible tanto a explotación do monte como a integración do patrimonio, son esenciais para interpretar e valorar os restos arqueolóxicos dentro dun contexto que permita a coexistencia de ambos.\nBIBlIograFía"} {"summary": "Realízase unha revisión da tipoloxía fitosociolóxica das formacións arboradas dominadas por especies do xénero Quercus existentes no extremo setentrional de Galicia e o NW de Asturias a partir da revisión da información existente e da aportada nunha mostraxe de 183 novas localidades. Aínda que se mantén a inclusión dos bosques maioritarios deste territorio na asociación Blechno spicantQuercetum roboris, reinterprétase o número e xerarquía das unidades de rango inferior (subasociacións, variantes, facies, fases) neles identificadas. Ademáis, dase a coñecer a existencia de carballais termófilos galaicoportugueses (as. Rusco aculeatiQuercetum roboris) en diversas localidades da área de estudo situadas entre a desembocadura do Río Eume (A Coruña) e O Valadouro (Lugo), así como a de reboleiras con carballo (as. Lonicero periclymeniQuercetum pyrenaicae) nas cunca media e alta do río Eo, diversos tributarios pola esquerda do Río Navia e no tramo medio do Río Narcea. Por último, considérase necesario aportar máis datos para clarificar a entidade sintaxonómica dos carballais existentes ao longo das cuncas altas dos ríos Miño, Mandeo e Tambre. A reinterpretación proposta eleva de un a tres (catro?) a variedade de asociacións de bosques de quercíneas mesófilas existentes na área de estudio, o que supón un considerable incremento da diversidade fitocenótica proposed for the most widespread oakforests in the study\narea belonging to the association Blechno spicantQuercetum roboris. In addition, galaicoportuguese thermophillous oakforests of the association Rusco aculeatiQuercetum roboris were identified in the strech from Eume stuary (A Coruña province) to O Valadouro valley (Lugo province), mainly on sunny slopes, and pyrenean oak - dominated forests of the association Lonicero periclymeniQuercetum pyrenaicae were recognised along middle and high watersheds of the rivers Eo, Navia and Narcea. The phytosociological status of the oak forests present in the headwaters of Miño, Mandeo and Tambre rivers still remains uncertain since they lack at all of the characteristic hygrophylous and thermophilous plants of above mentioned associations. These results raise from one to three (four?) the number of mesophillous oakforests associations recognised in the study area which constitutes a remarkable increasing of its arboreal vegetation diversity.\narbórea recoñecida nesta unidade bioxeográfica.", "text": "Cantábrica (cf. BraunBlanquet 1967, Navarro 1974, Álvarez Artigo Manuel Antonio Rodríguez Guitián\nAportacións sobre a tipoloxía e composición florística dos bosques mesófilos de quercíneas do occidente da Cornixa Cantábrica (NW Ibérico)\n carballais · reboleiras · fitosocioloxía · reinterpretación · Galicia · Asturias · NW España\nIntroducción e obxectivos\nOs bosques dominados por especies caducifolias e marcescentes do xénero Quercus L. teñen unha ampla distribución ao longo dos territorios temperados noribéricos e son un elemento fundamental da paisaxe nas áreas con unha influencia antrópica menos severa. A pesar de elo, o coñecemento detallado da variabilidade florística e do ambiente ecolóxico no que crecen estes bosques dista moito de ser homoxéneo dentro da área xeográfica comentada. Así, mentras se dispón de abundante información para a parte centrooriental da Cornixa\nManuel Antonio Rodríguez Guitián Departamento de Produción Vexetal. Escola Politécnica Superior de Lugo. USC. Campus Universitario s/n, 27002Lugo. Email: manuelantonio.rodriguez@usc.es.\nRodríguez 1976, Loidi Arregui 1983, Lastra Menéndez 1989, Herrera Gallástegui 1995, Loidi Arregui et al. 1997), ésta limítase a pouco máis de 80 inventarios florísticos publicados en pouco máis de media ducia de traballos na parte occidental. Ademáis, a información florística aportada é difícil de valorar, xa que foi obtida seguindo metodoloxías diversas e facendo uso de superficies de inventario altamente heteroxéneas, que oscilan entre os 60 e os 500 m 2 (cf. Tüxen & Oberdorfer 1958, BraunBlanquet 1967, Bellot 1968, Losa Quintana 1973, Díaz González 1975, Castroviejo Bolivar 1988, Izco et al. 1990, Mayor & Fernández 2007).\nDa análise das referencias máis recentes sobre esta temática desprendese unha gran uniformidade nos carballais acidófilos presentes no extremo occidental cantábrico, pois segundo Izco et al. (1990) todos eles se incluirían na asociación Blechno spicantQuercetum roboris, dentro da que se contemplan catro subasociacións (táboa 1). Non obstante, Losa Quintana (1973) interpretou, a partir das súas observacións na cunca baixa do Río Eume, que cara ao seu límite occidental, estes bosques tenden a posicionarse nas ladeiras avesías mentras que nos tesos e vertentes soalleiras se verían reemplazados por carballais de carácter máis heliófilo, pertencentes á asociación termomesotemperada galaicoportuguesa Rusco aculeatiQuercetum roboris, de caracter máis helioxérófilo. Sen embargo, Izco et al. (1990) non aportan conclusións clarificadoras a este respecto.\nMáis aló dos límites establecidos para a área bioxeográfica comentada, os bosques de quercíneas mesófilas existentes pertenecerían a outras comunidades arboradas. Nos territorios costeiros e interiores a baixa altitude situados ao S da desembocadura do Río Eume e ate o pedemonte da Dorsal Galega, os bosques de Quercus presentarían un carácter netamente termófilo e se incluirían na asociación Rusco aculeatiQuercetum roboris (Izco 1987, RivasMartínez 1987), dentro da que se teñen diferenciado dúas subasociacións: violetosum rivinianae (típica) e quercetosum suberis (Amigo et al. 1998). Pola súa parte, ao longo da cabeceira do Río Miño, os carballais da BlechnoQuercetum roboris contactarían cos galaicoportugueses supratemperados da MyrtilloQuercetum roboris (Izco 1987, RivasMartínez 1987), mentras que na cunca media e baixa do Río Navia o farían coas reboleiras con carballo da asociación Lonicero periclymeniQuercetum pyrenaicae (RivasMartínez et al. 2002). Estes últimos bosques serían sustituídos nas áreas montañosas das cuncas asturianas dos ríos Aviouga, Íbias e Narcea polos carballais albares e reboleiras das asociacións Luzulo henriquesiiQuercetum petraeae, Linario trornithophoraeQuercetum petraeae e Linario triornithophoraeQuercetum pyrenaicae (cf. RivasMartínez 1987, RivasMartínez et al. 2002)(táboa 1). Por último, na mitade centrooccidental da área de estudio, os faiais acidófilos da asociación Saxifrago spathularidisFagetum sylvaticae a miudo establecen contacto inferior na secuencia catenal altitudinal cos carballais aquí estudiados podendo, en condicións favorables para a faia, formar rodais inmersos dentro deles (Rodríguez Guitián et al.\n2003). Os conxuntos de especies características e diferenciais propostos para discriminar todos estes tipos de bosques detállanse na táboa 1.\nAínda que nun traballo anterior (Rodríguez Guitián 2005) xa se realizou unha descrición somera das principais características dos bosques existentes no Subsector Cantábrico occidental, a evidencia de que a variedade de formacións arboradas dominadas por especies mesófilas do xénero Quercus dentro deste territorio bioxeográfico é maior do que ate o momento se viña admitindo levounos a plantexar unha revisión da súa tipoloxía co obxectivo de afondar no coñecemento da variabilidade territorial que este conxunto de bosques presenta no ámbito xeográfico comentado. Área de estudio\nÁ área de traballo comprende básicamente os territorios cántabroatlánticos que se extenden entre as desembocaduras dos ríos Nalón (Asturias) e Eume (A Coruña) que, desde o punto de vista bioxeográfico se inclúen íntegramente dentro do Subsector Cantábrico occidental na denominación de unidades bioxeográficas proposta por Rodríguez Guitián & RamilRego (2008) coincidente, a grandes rasgos, co Subsector GalaicoAsturiano definido por RivasMartínez (1987) e os distritos Galaico Septentrional, Asturiano Septentrional e Lucense na terminoloxía de Vázquez & Díaz González (2005)(figura 1).\nAs principais características climáticas deste territorio (elevada nubosidade e baixa estacionalidade da precipitación, cun aporte estival relativamente elevado e baixos índices de continentalidade) debense á súa proximidade ás aguas mariñas cantábricas e atlánticas e ao efecto barreira que realizan as abondosas cadeas montañosas distribuidas ao largo da área sinalada, aínda que estas tendencias atenúanse lixeiramente, polo seu maior alonxamento do litoral, cara á parte alta da cunca do Río Eo (LugoAsturias) e os tramos medios dos ríos Navia e Narcea (Felicísimo Pérez 1990, IGN 1991). A aplicación da clasificación bioclimática de RivasMartínez (2007) á área de estudio amosa que se trata de territorios con ausencia de seca estival (macrobioclima temperado típico) e cun bioclima maioritario de tipo hiperoceánico (Rodríguez Guitián & RamilRego 2007). Os termotipos representados son o termotemperado (0150 m), mesotemperado inferior (150450 m), mesotemperado superior (450700 m) e o supratemperado inferior (>700 m), mentres que os ombrotipos identificados oscilan entre os tipos subhúmedo superior e o ultrahiperhúmedo. Os tipos litolóxicos dominantes son de carácter silíceo (rochas metamórficas ácidas, granitos, sedimentos detríticos cenozoicos) entre os que, puntualmente, afloran delgados estratos de rochas calías (IGME 1982, 1984; ITGE 1991). O marcado predominio de sustratos pobres en nutrientes condiciona o carácter fortemente ácido dos solos, que soamente se ve rebaixado nos escasos enclaves con afloramentos de rochas carbonatadas (calías, dolomías) e ultrabásicas (serpentinitas) ou en posicións favorables para a acumulación das bases e restos vexetais (partes baixas de 36\nladeira, valgadas, recháns) procedentes das partes elevadas das vertentes no resto dos casos (Álvarez & DíazFierros 1995, Macías Vázquez & Calvo de Anta 1992, 2001).\nMetodoloxía\nTomando como referencia a información dispoñible, realizouse unha selección de inventarios publicados de bosques obxecto deste estudo considerando exclusivamente aqueles nos que a suma da cobertura\nacadada polas especies do xénero Quercus presentes fose igual ou superior ao 50% da superficie inventariada, descartando, ademáis, aqueles outros que se tiveran recollido en áreas de inventariación de reducida superficie (<100 m 2) ou presentaran un número de especies excesivamente baixo (<10). Tamén foron descartadas as mostras de bosques nos que os Quercus e Fagus sylvatica, sendo as especies arbóreas dominantes, acadan valores de cobertura semellantes. A distribución xeográfica das localidades seleccionadas serviu de base para a realización de novas tomas de datos nas áreas carentes de información seguindo a metodoloxía fitosociolóxica sigmatista (Braun37\nFagus sylvatica, Quercus robur, Blechnum spicant, Saxifraga spathularis, Avenella flexuosa, Sorbus aucuparia * Táboa 1.- Taxóns discriminantes (característicos e diferenciais *) propostos por distintos autores para diversos tipos de bosques presentes no extremo NW ibérico (adaptado de Pinto da Silva et al. 1950; Tüxen & Oberdorfer 1958; Izco et al. 1990, Díaz González & Fernández Prieto 1994a; Amigo et al. 1998, Pulgar 1999, Rodríguez Guitián et al. 2003 e Rodríguez Guitián 2006). Na discusión dos resultados utilízanse os acrónimos de comunidades que figuran entre paréntesis\nBlanquet 1979). A procedencia e localización precisa dos inventarios utilizados amósase no Anexo I que figura ao final deste traballo.\nComo criterio xeral, na nomenclatura botánica seguíronse as propostas de Flora ibérica (Castroviejo 19862007) para os grupos publicados nesta obra e os de Flora Europea (Tutin et al. 19641980) no resto. Non obstante, debido aos avances experimentados na taxonomía vexetal ao longo das últimas décadas e a disparidade de criterios empregados polos autores das diversas referencias bibliográficas empregadas, realizáronse diversas adaptacións nomenclaturais que atinxiron aos xéneros Hedera (en todos os casos as citas de H. helix foron consideradas como H. hibernica seguindo a Sahuquillo et al. 2001), Polypodium (todas as presenzas foron asimiladas con Polypodium vulgare), Asphodelus e Rubus (nestes últimos casos a determinación realizóuse a nivel de xénero, Asphodelus sp. e Rubus sp., respectivamente).\nCoa información florística recopilada elaborouse unha base de datos á que se lle engadíu información relativa á situación xeográfica das localidades inventariadas (coordenadas UTM), aspectos topográficos (altitude, pendente, orientación, posición topográfica), atributos estruturais (altura dominante e cobertura por estratos), litoloxía e caracterización bioclimática. Este último conxunto de datos calculóuse para cada unha das localidades inventariadas utilizando os gradientes establecidos por Rodríguez Guitián (2004) mediante regresión lineal entre a altitude e os valores dos índices Ic (índice de continentalidade), Itc (índice de termicidade compensado) e Io (índices ombrotérmicos) propostos por RivasMartínez (2007) determinados a partir dos datos proporcionados por unha rede de 113 estacións meteorolóxicas distribuídas ao longo da área de estudio e territorios limítrofes.\nNo plano fitosociolóxico, as discusións realízanse tendo en conta as referencias bibliográficas previas sobre estes e outros tipos de bosques cos que poden gardar algunha relación, xa sexa de tipo catenal a unha escala local ou ben dentro do contexto bioxeográfico no que se enmarcan. Para axilizar a lectura e comprensión do apartado de resultados e discusión, faise alusión ás comunidades vexetais mencionadas por medio dos acrónimos que se presentan na táboa 1.\nResultados e discusión\nAntes de abordar a discusión sobre a interpretación fitosociolóxica dos bosques estudiados parécenos importante facer algunhas consideracións acerca da presenza neles de varios taxóns arbóreos que teñen sido utilizados por diversos autores para diferenciar determinadas comunidades fundamentados na súa distribución corolóxica. É o caso dos carballais cántabroatlánticos que se diferenciarían dos orocantábricos pola presenza exclusiva nos primeiros de Quercus robur, mentras que Quercus petraea e o seu híbrido co anterior (Quercus x rosacea) serían privativos dos segundos (RivasMartínez et al. 1984a, Díaz González & Fernandez Prieto 1994a, 1994b; Fernández Prieto & Díaz González 1998). Sen embargo, este criterio é claramente discordante co coñecemento desde antigo de poboacións de Quercus petraea dentro do territorio aquí tratado (Losa Quintana 1973, Rigueiro Rodríguez & SilvaPando 1984, Amaral Franco 1990, Vila & DíazMaroto 2002). A distribución confirmada por nós de Quercus petraea e Q. x rosacea (figura 2) é bastante máis extensa da admitida ate o momento e abrangue unha área que se estende de xeito prácticamente ininterrompido polos macizos montañosos que van desde a Serra da Capelada (A Coruña) ata os límites orientais do Subsector Cantábrico occidental coas unidades Ovetense e LacianoNarceense (Asturias), existindo citas desta especie en localidades máis meridionais situadas na cunca baixa do Río Eume (Losa Quintana 1973, Rigueiro Rodríguez 1991).\nA coexistencia de Q. robur, Q. petraea e Quercus x rosacea na área cantábrica occidental (figuras 2 e 3) é concordante co observado no resto da Cornixa Cantábrica (subsectores SantanderinoVizcaíno e Euskaldún Oriental), donde os tres taxóns poden formar parte de bosques da asociación\nHyperico pulchriQuercetum roboris, na que se inclúen carballais hiperoceánicos de carácter acidófilo e distribución termo e mesotemperada (cf. RivasMartínez et al. 1984a; RivasMartínez et al. 1991, Loidi Arregui et al. 1997). Á vista desta información e da aportada na figura 4, na que se amosa o reparto altitudinal de diversas especies arbóreas presentes nas carballeiras estudiadas, a suposta fidelidade de Quercus petraea e Q. x rosacea polos territorios montañosos da Cordillera Cantábrica no seu extremo occidental de distribución, parécenos máis que dubidosa, ademáis de incoherente co que acontece nos territorios cantábricos orientais. Por outro lado, aínda que nalgúns dos carballais estudiados poda darse un claro dominio de Quercus petraea ou Q. x rosacea, estas situacións non deben de confundirse cos carballais albares orocantábricos (táboa 2, columnas 4 e 5), pois nestes están ausentes, entre outras, especies como Q. robur, Castanea sativa, Dryopteris aemula, Athyrium filixfemina, Ruscus aculeatus, etc.\nAdemáis da presenza dos taxóns do xénero Quercus comentados, nalgúns dos bosques inventariados está presente o rebolo, Q. pyrenaica (figura 2). A cobertura acadada por esta especie varía desde menos do 1% ata o claro dominio no estrato superior (>50% de cobertura). Como no caso dos Quercus anteriormente comentados, diversasreferencias constatan a presenza no oriente cantábrico de Q. pyrenaica dentro das carballeiras da asociación Hyperico pulchriQuercetum roboris, principalmente alí donde este tipo de bosques entra en contacto coas reboleiras meridionais da asociación Melampyro pratensisQuercetum pyrenaicae (táboa 2, columnas 3b e 3d). Tanto neses territorios como nos veciños ovetenses, a aparición do rebolo dentro da área teórica de óptimo para Q. robur interprétase como indicadora dunha menor oceaneidade ou unha maior insolación ou xericidade con respecto ós territorios circundantes (Guinea 1949, 1953; Dupont 1974, Díaz González & Fernández Prieto 1994a, 1994b; Fernández\nPrieto & Díaz González 1998; Loidi Arregui et al. 1997).\nPor último, queremos sinalar algunhas cuestións acerca da aparición de Fagus sylvatica nalgúns dos bosques estudiados. Esta árbore ten na actualidade unha distribución relativamente contínua desde a raia cos subsectores Ovetense e AltonarceenseAncarés ata o val do Río Navia, facéndose escasa entre a cunca deste río e a do Eo (cf. Rodríguez Guitián et al. 2001), estando totalmente ausente na metade oeste da área de estudio (figura 5). Sen embargo, fontes documentais (García de Longoria 1798, Guitián Rivera 1995, 1996) e traballos paleobotánicos baseados en análises polínicas (cf. TaboadaCastro et al. 1996, RamilRego & Aira 1992, 1998; RamilRego et al. 2000) establecen a súa existencia ata épocas recentes en áreas máis occidentais e cercanas ao mar. Esto permite afirmar que esta árbore debeu formar parte, ata períodos históricos ou protohistóricos (<2.500 anos), de distintos tipos de bosques en amplas áreas do interior galego e, máis puntualmente, do norte de Portugal, así como nos diversos tipos de bosques presentes no territorio aquí tratado. Como pode observarse na figura 4, esta especie está presente en case todos os intervalos altitudinais considerados, desde prácticamente o nivel do mar até máis de 800 m, cubrindo unha ampla gama de\nombroclimas.\nA faia é unha árbore presente igualmente nas áreas costeiras centroorientais cantábricas, dentro dos bosques da asociación cántabroeuskalduna Hyperico pulchriQuercetum roboris (cf. RivasMartínez et al. 1984a, 1984b; Aseginolaza Iparaguirre et al. 1996, Loidi Arregui et al. 1997), descrita orixinalmente coma un carballal acidófilo dominado por Q. robur (táboa 2). Nestes casos Fagus sylvatica aparecería en situacións de ecotono cos faiais acidófilos cántabroeuskaldúns (Saxifrago hirsutaeFagetum sylvatica) ou en áreas baixas cando localmente se acada unha pluviometría suficientemente elevada. Por outro lado, coñécese a existencia de faiais a altitudes considerablemente baixas (100500 m) ao longo da mitade\noriental da área de estudio (Rodríguez Guitián et al. 2003) que teñen continuidade nos territorios litorais e sublitorais ovetenses e cántabroeuskaldúns (Loidi Arregui 1983, Loidi Arregui et al. 1997, Rodríguez Guitián 2006). Estas razóns nos parecen suficientes para plantexar que a faia debe ser considerada como una especie máis integrante do cortexo florístico dos carballais aquí estudiados, cando menos alí onde existan condicións climáticas axeitadas para o seu desenvolvemento, debéndose a súa ausencia actual na mitade occidental do subsector cantábrico occidental á actividade deforestadora antrópica e non a factores ambientais.\nInterpretación fitosociolóxica segundo os antecedentes existentes\nEn primeira instancia, realizóuse a interpretación fitocenótica das mostras de bosques estudados tendo en conta os criterios florísticos propostos por Izco et al. (1990) e RivasMartínez et al. (2002), obténdose o adscrición dos inventarios en función das combinación de especies diferenciais presentes que se amosa na táboa 3. Como se pode apreciar, o conxunto de inventarios con maior representación (94 mostras, 42, 9%) responden á combinación florística descrita para a asociación BQ, comunidade vexetal na que, até este momento, se veñen incluindo á totalidade de carballais presentes no territorio estudiado. A pesares delo, case a mitade dos inventarios (102 mostras, 46, 5% do total) non cumplen estritamente os criterios florísticos de diferenciación empregados por presentar combinacións florísticas nas que se mesturan especies diferenciais de dúas ou tres asociacións, mentras que ningunha das mostras presenta as especies que no seu día foron propostas para discriminar os carballais da asociación MyrtilloQuercetum roboris (MQ). Por último, un conxunto de 23 mostras (10, 5% do total) carece de todas as especies diferenciais propostas polos diferentes autores.\nA coexistencia de taxóns diferenciais de unidades sintaxonómicas diferentes no mesmo inventario tamén se observa cando se fai unha análise semellante para as subasociacións descritas dentro da asociación BQ (táboa 4), pois case o 50% dos inventarios que se poderían incluir nesta comunidade amosan a coexistencia de plantas diferenciais de dúas ou tres subasociacións. Estes resultados reflexan unha certa situación de desorde dentro do esquema fitosociolóxico actualmente vixente no que atinxe aos bosques estudiados, podéndose resumir as causas dos desaxustes observados nas seguintes:\n- a descrición de comunidades e a elección de grupos de taxóns diferenciais baseadas nun número baixo de inventarios. - a existencia de deficiencias no coñecemento da coroloxía de numerosos taxóns, o que acarrea discrepancias entre as diagnoses orixinais das comunidades e o coñecemento derivado de novas observacións. - a descrición de comunidades baseada na presenza de especies de baixo valor diagnóstico en ambientes nemorais, como taxóns heliófilos cuxo óptimo se atopa en matogueiras frecuentes no entorno dos bosques estudiados. - a ausencia de datos sobre comunidades próximas coas que se necesita establecer diferencias florísticas e, como consecuencia, o recurso á comparación con sintaxóns descritos en áreas xeográficas lonxanas, que responden a características bioclimáticas e bioxeográficas ben distintas. - o emprego de criterios non homoxéneos na escolla do rango sintaxonómico a aplicar para as comunidades definidas. Quizás as eivas que conlevan unha maior problemática na aplicación da metodoloxía fitosociolóxica de entre as sinaladas sexan as duas primeiras, en especial cando aparecen de xeito combinado. A descrición de unidades básicas (asociacións) a partir dun número reducido de mostras (inventarios florísticos) é unha práctica que adoita inducir á definición de comunidades vexetais pouco consistentes, tanto no relativo ás súas especies características e diferenciais, como no relativo á súa ecoloxía ou distribución xeográfica, na liña do comentado por Izco (1994). Desgrazadamente, esta situación non se restrinxe ao ámbito de estudo, senón que afecta, en maior ou menor medida, á totalidade de áreas xeográficas nas que se ten aplicado este método de análise da vexetación a escala mundial. Para tratar de paliar esta situación, o Código Internacional de Nomenclatura Fitosociolóxica (Weber et al. 2000) recomenda que a descrición e tipificación das unidades básicas se realice en base a un número mínimo de 10 localidades de inventario, repartidas ao longo dun área xeográfica suficientemente extensa como para que se recolla a variabilidade existente na comunidade e se poda recoñecer unha combinación mínimamente constante de especies características ligadas a unhas certas condicións ambientais ou territorio bioxeográfico. No caso que nos ocupa, o número mínimo recomendado parece claramente insuficiente se se ten en conta a amplitude xeográfica do territorio, que ronda os 7.000 km 2.\nA ausencia de criterios coherentes e fundamentados á hora de propoñer o estatus sintaxonómico das diversas combinacións florísticas descritas provoca, no caso aquí tratado, dificultades de asignación de inventarios a comunidades debido á coexistencia en moitas das mostras de especies diferenciais que foron propostas con carácter excluinte. Este problema obsérvase tanto a nivel de asociación como de subasociacións, pero é especialmente frecuente con relación aos subsintaxóns tipificados dentro da asociación Blechno spicantQuercetum roboris. En gran medida, esta situación teríase evitado se, en lugar de otorgar un mesmo estatus a algunhas das combinacións florísticas descritas (subasociacións dryopteridetosum aemulae, lauretosum nobilis, pulmonarietosum longifoliae), éstas foran xerarquizadas tendo en cota a amplitude xeográfica e ecolóxica dos factores ambientais causantes das indicadas combinacións florísticas diferenciadas. Así, parece obvio que o grao de termicidade dun territorio debería ter unha consideración de rango xerárquico superior como causa de modificación da composición\nflorística dunha comunidade (diferenciación entre a subas. dryopteridetosum e a lauretosum no caso que nos ocupa) que as modificacións locais debidas á un incremento no contido en bases do solo dentro dun ambiente xeral de pobreza en nutrientes (subas. pulmonarietosum longifoliae). Ademáis, é necesario ter en conta que as causas ecolóxicas que xustifican as variacións florísticas representadas polas subasociacións comentadas non son excluíntes, pois se deben a factores independentes. Esto explica que na práctica, e aténdonos exclusivamente a os factores termométricos e nutricionais, constátase a existencia de bosques cuxa composición florística pode corresponder a catro situacións resultado da combinación dos devanditos factores: bosques termófilos e oligotrofos, bosques termófilos e mesotrofos, bosques non termófilos e oligotrofos e bosques non termófilos e mesotrofos.\nSen sairmos da mentada asociación BQ, o caso da subasociación hieracietosum umbellatae destas carballeiras, de distribución exclusivamente ovetense (cf. Tüxen & Oberdorfer 1958, RivasMartínez 1987, Díaz González & Fernández Prieto 1994a), ofrece igualmente unha gran inconsistencia en canto ao seu fundamento florístico. Os seus autores sinalan como especies diferenciais fronte á subasociación típica (dryopteridetosum aemulae) taxóns como Viola riviniana, Potentilla erecta, Hieracium umbellatum e Betula pubescens. Sen embargo, esta suposta segregación florísticoxeográfica choca coa presenza, en maior ou menor medida, de ditas especies nas\ncarballeiras galaicoasturianas analizadas, ademáis de que se trata de taxóns que poden estar ausentes dentro dos carballais ovetenses, como se acredita observando as táboas florísticas publicadas, entre outros autores, por Martínez García et al. (1974) e Navarro (1974)(táboa 2). Por elo estimamos que esta subasociación carece de sustento en base á información actualmente dispoñible.\nOutro problema diferente o plantexa a escasa representatividade que, ao noso xuizo, ten a escueta táboa de tres mostras que inclúe o inventario tipo da subasociación pulmonarietosum longifoliae destes carballais, definida como unha comunidade situada en “ posiciones de vaguada o de fondo de valle de mayor trofía y frescura de suelo ” (Izco et al. 1990). Aquí atopámonos coa paradoxa de que o seu inventario tipo corresponde fisionómicamente a un abeledo, pois Corylus avellana domina claramente o estrato superior (índice 5.4), mentras que o carballo (Quercus robur) ten unha presencia anecdótica (índice r). Esta estructura distante da dun carballal tamén se aprecia noutro dos inventarios da táboa na que se fundamenta a diagnose desta comunidade, mentras que o terceiro parece axustarse máis ao aspecto que podería esperarse para un bosque da área de estudo que medre nas condicións anteriormente mencionadas.\nDificultades de interpretación doutra índole son as derivadas da utilización de plantas cuxo óptimo ecolóxico non se atopa en formacións arboradas como especies discriminantes de tipos diferentes de bosques. Neste caso, o seu valor fitosociolóxico é cuestionable, sobre todo cando se trata de especies de ampla distribución territorial. Esto ocurre cos bosques descritos por RivasMartínez et al. (2002) baixo a denominación de Lonicero periclymeniQuercetum pyrenaicae, que se diferenciarían doutros tipos de reboleiras e carballais pola presencia neles dun conxunto florístico constituído, entre outras especies, por plantas típicas de matogueiras (Cytisus striatus, Daboecia cantabrica, Luzula lactea, Ulex gallii) e microbosques esclerófilos (Arbutus unedo). Moitos destes taxóns teñen, desde a nosa perspectiva, un escaso valor diagnóstico no extremo noroccidental ibérico aos efectos que se lles atribúe, pois se trata de especies que atopan o seu óptimo ecolóxico en formacións arbustivas máis ou menos influenciadas por actividades humanas (lumes periódicos, pastoreo, etc.) e unha distribución xeográfica que sobrarda amplamente a establecida para as comunidades arboradas ás que se pretenden ligar. Problemas semellantes poderían achacarse aos conxuntos de especies diferenciais propostos polos autores mencionados para separar estes bosques dos carballais galaicoasturianos (Galium scabrum, Luzula lactea, Quercus pyrenaica) e galaicoportugueses (Asplenium adiantumnigrum, Avenella flexuosa, Melampyrum pratense, Saxifraga spathularis, Vaccinium myrtillus)(cf. Izco et al. 1990, Amigo et al. 1998).\nEn último lugar, a escaseza de datos sobre as representacións boscosas que establecen contacto coas carballeiras estudiadas cara o limite meridional da parte occidental da área de estudio (Subsector OurensanoLugués), ata o de agora asignadas á asociación MyrtilloQuercetum roboris (cf. RivasMartínez 1987, Izco 1987, Izco et al. 1994, Amigo et al. 1998), dificulta a valoración axeitada das posibles diferencias que poidan existir entre elas. A maioría dos inventarios dispoñibles en territorio galego desta comunidade proceden das montañas limítrofes entre Ourense e o norte de Portugual (serras de Peneda e XurésGerês), moi alonxadas xeográficamente e con condicións climáticas bastante diferentes das da área de estudio, polo que, a priori, poderían presentar diferencias florísticas máis ou menos patentes cos carballais existentes na Terra Chá luguesa. Segundo os autores orixinais deste sintaxón (Pinto da Silva et al. 1950), Vaccinium myrtillus, Rubus lusitanicus, Galium rotundifolium, Laserpitium thalictrifolium, Eryngium juressianum e Picris longifolia permitirían diferenciar este tipo de carballeiras de distribución supratemperada das termomesotemperadas dos pertencentes á asociación RuscoQuercetum roboris, criterio que manteñen a grandes rasgos diversos autores posteriores (Dantas Barreto 1958, Izco et al. 1990, SilvaPando 1991a, 1991b, 1991c; Pulgar Sañudo 1999). A estas especies poderíase engadir, seguido a Izco et al. (1990), Anemone trifolia subsp. albida, herba nemoral cuxo límite setentrional coñecido sitúase na metade sur da Dorsal Galega. Aínda admitindo este conxunto de especies diferenciais, a composición florística dos escasos inventarios que se posúen de áreas lucenses próximas ao territorio aquí estudiado (cf. Izco et al. 1994) non permite a súa identificación clara coas carballeiras supratemperadas galaicoportuguesas da asociación MyrtilloQuercetum roboris, manténdose, polo de agora, a incógnita sobre a súa identidade fitosociolóxica.\nNecesidade dunha nova interpretación\nTodo o comentado ata o momento pon en evidencia a necesidade de revisar os criterios sobre os que se ven fundamentando a interpretación fitosociolóxica dos bosques dominados por quercíneas dentro da área de estudio. Esta\nreinterpretación debe ter en consideración que os principais factores ambientais que condicionan a composición florística dos carballais estudiados, e que establecen a principal diferencia co resto de bosques de quercíneas do seu entorno, son o forte carácter oceánico do clima e a existencia nos territorios litorais galaicoasturianos dunha humidade ambiental elevada durante a época estival causada pola condensación recurrente de masas nubosas orixinadas no Mar Cantábrico. Estas especiais condicións bioclimáticas reducen considerablemente as taxas de ETP e a demanda hídrica dos vexetais (Carballeira et al. 1983, Martínez Cortizas & Castillo Rodríguez 1996) á vez que permiten que os solos se manteñan frescos e cun contido elevado de agua durante o verán, favorecendo a presenza de certas especies nemorais de carácter higroesciófilo, entre as que destaca un extenso grupo de pteridofitas (cf. Allorge & Allorge 1941, Viane et al., 1987, Amigo & Norman 1993, 1995; Boudrie 1998, Quintanilla & Amigo 1999a, 1999b; Quintanilla et al. 2002). Así, ademáis das especies de fentos propostas por Izco et al. (1990) como diferenciais da asociación BlechnoQuercetum roboris (Athyrium filixfemina, Dryopteris aemula, D. dilatata, Osmunda regalis) poderíanse utilizar para distinguir estes bosques doutros tipos de carballais de carácter máis xérico ou menos oceánico, especies como Dryopteris filixmas, Lastrea limbosperma, Davallia canariensis, Cystopteris fragilis, Hymenophyllum tunbrigense ou Woodwardia radicans. Asemade, poden empregarse cun carácter discriminante semellante algúns taxóns leñosos frecuentes nos claros forestais e matogueiras que se intercalan entre os bosques dos territorios cantábricos occidentais, como Erica mackaiana e Cytisus commutatus, ausentes por completo dos sectores GalaicoPortugués, Galaico interior e\nAltonarceenseAncarés.\nPor outro lado, a proximidade ao mar de gran parte do territorio bioxeográfico considerado exerce un efecto modulador das temperaturas ao longo do ano favorecendo a presenza dun importante número de especies termófilas nos bosques estudiados (Rubia peregrina, Smilax aspera, Ruscus aculeatus, Laurus nobilis, Arbutus unedo, Asplenium onopteris, Tamus communis). Sen embargo, estes taxóns xa non aparecen, salvo en enclaves especialmente protexidos, nos carballais de territorios bioxeográficos máis meridionais (subsectores Chairego, Ancarés e Narceense), sometidos a un clima de menor termicidade e maior continentalidade. Por elo, esta vinculación bioclimáticoflorística pode ser utilizada ventaxosamente para discriminar tipos de bosques fisionómicamente parecidos dunhas e outras áreas. Non obstante, este valor diferencial pérdese cando se enfrontan os carballais termófilos galaicoasturianos e os galaicoportugueses da asociación Rusco aculeatiQuercetum roboris. Neste caso, como se pode comprobar analizando a composición florística global da RuscoQuercetum aportada por Amigo et al. (1998)(táboa 2), a diferenciación entre estes dous tipos de bosques ven dada pola presenza/ausencia do grupo de especies higroesciófilas anteriormente comentadas, cuxos biotopos axeitados desaparecen progresivamente en sentido NS ao longo do\n48 Golfo Ártabro, cando o ambiente atmosférico estival perde a influencia das néboas e os dias de orballo característicos do N das provincias de A Coruña e Lugo.\nTendo en conta o anteriormente exposto, os bosques dominados por quercíneas máis amplamente difundidos nos territorios cantábricos occidentais aquí tratados (Blechno spicantQuercetum roboris) terían como características florísticas diferenciais respecto dos carballais acidófilos galaicoportugueses (RuscoQuercetum e MyrtilloQuercetum) e as reboleiras navianoancarenses mesotermófilas (Lonicero periclymeniQuercetum pyrenaicae) as seguintes: - dominio fisionómico, e a miudo coexistencia en proporcións variables, de diversos taxóns caducifolios do xénero Quercus (Quercus robur, Quercus petraea, Quercus x rosacea); en xeral, Q. pyrenaica está ausente nestes bosques aínda que, en situacións especialmente favorables, pode chegar a ser abundante. - presenza de especies higroesciófilas, entre as que destacan especialmente diversos pteridófitos (Athyrium filixfemina, Blechnum spicant, Cystopteris fragilis, Dryopteris aemula, D. dilatata, Hymenophyllum tunbrigense, Lastrea limbosperma, Osmunda regalis) e taxóns nemorais como Saxifraga spathularis, Luzula henriquesii ou Polygonatum verticillatum. - presenza ocasional de certos arbustos (Erica mackaiana, Cytisus commutatus), frecuentes nas comunidades de sustitución destes bosques, exclusivos dos territorios galaicoasturianos.\nA partir deste punto, a interpretación fitosociolóxica das combinacións florísticas existentes realizóuse tendo en conta a dimensión ecolóxica dos factores causales das combinaciónos florísticas, na liña do plantexado por Gehu (1998) resultando a correlación entre categorías sintaxonómicas de rango inferior ao de asociación (subasociación, variante, facies, fase) e factores ambientais/aspectos dinámicos que se amosan na táboa 5. Esta proposta difire da planteada por Izco (2004), para quen unha subasociación vexetal pode estar sustentada, a xuizo do investigador, en causas edáficas, topográficas ou ombroclimáticas, con independencia de que o factor causal da diferenciación florística da comunidade en cuestión se manifeste nun ámbito micro, meso ou macroxeográfico. Niste senso, e como xa comentamos, cremos que o criterio que se empregue no establecemento da secuencia xerárquica a utilizar non debe ser arbitrario, senón que debe gardar relación coa importancia que os factores ambientais teñen na modificación florística local das comunidades.\nAdemáis, dado que os factores que explican a variabilidade florística das comunidades vexetais acadan unhas intensidades e posibilidades de combinación que se poden delimitar con bastante precisión dentro dun ámbito bioxeográfico concreto, a aplicación do esquema de subunidades xerárquicas que se estableza para unha asociación vexetal determinada debería de ser extrapolable ao resto de comunidades homólogas coas cales comparte similar rango dentro do esquema de unidades sintaxonómicas manexado.\nEn consecuencia, para o grupo de bosques aquí tratado estableceuse un primeiro nivel de discriminación entre carballais con forte influencia oceánica (“carballais hiperoceánicos”), ricos en especies higroesciófilas, e outros sometidas a condicións bioclimáticas non favorables para a presenza de ditas especies, xa fose debido a un incremento da continentalidade ou a un descenso apreciable da humidade ambiental durante a época estival. Dentro de cada un destes tipos de bosques poderíanse diferenciar categorías en función da presencia ou ausencia de especies termófilas nos que, á súa vez, cabería distinguir, en función do contido en nutrintes do solo sobre o que se asentan, bosques oligotrofos doutros de tendencia mesotrofa, distinguibles dos primeiros pola presencia de especies neutrobasófilas.\nComo resultado da aplicación destes criterios, quedarían segregados en primeiro lugar os carballais incluíbles na asociación BQ do resto. Dentro destes bosques de carácter máis marcadamente oceánico propoñemos o mantemento de dúas das catro subasociacións que ata o de agora se viñan admitindo dentro desta asociación: a típica (dryopteridetosum aemulae), carente de especies termófilas, e a de distribución principalmente termomesotemperada inferior (lauretosum nobilis), recoñecible pola presenza de taxóns termófilos, como Asplenium onopteris, Arbutus unedo, Laurus nobilis, Rubia peregrina, Ruscus aculeatus ou Smilax aspera. Dentro destes subsintaxóns considérase oportuno diferenciar dúas variantes, típica (oligotrofa) e con tendencia á mesotrofía. Á súa vez, dentro de cada unha destas variantes, cabería diferenciar sendas facies: típica e heliófila, esta última caracterizada pola presencia de Quercus pyrenaica. Admitido este esquema, non terían cabida as subasociacións pulmonarietosum longifoliae, pois as situacións de maior trofia edáfica interprétanse como variantes, e fagetosum sylvaticae, xa que como se discutíu nun apartado anterior, a presenza da faia nos bosques estudiados non parece estar ligada aspectos bioclimáticos, polo que propoñemos á revocación de ámbaCanto aos bosques que carecen de especies higróesciófilas (29 inventarios), podería plantexarse a posibilidade de que se tratara de mostras que por alguha causa particular (pastoreo ou lumes pretéritos, localización en estacións edafotopográficas especialmente desfavorables para as especies higroesciófilas, representación de estadíos forestais xuvenís ou deficientemente estruturados) presentaran unha composición florística alonxada do que se pode considerar máis frecuente dentro dos carballais máis amplamente extendidos no territorio considerado (asociación BlechnoQuercetum). A interpretación proposta para estes casos tivo en conta, ademáis da súa composición florística, as tipoloxías e combinacións de comunidades relacionadas dinámicamente cos distintos tipos de carballais descritos na área de estudio e territorios limítrofes que se amosan na táboa 6. Segundo esto, o estudo detallado das comunidades non arboradas que se atopan nas inmediacións dos bosques carentes de especies higroesciófilas analizados revela que en todolos casos están ausentes comunidades ligadas exclusivamente aos carballais da BlechnoQuercetum, como as xesteiras da Ulici europaeiCytisetum commutati, as matogueiras baixas da Gentiano pneumonantheEricetum mackaianae e as uceiras da Avenello flexuosaeEricetum arboreae.\nDaphne gnidium, Rubia peregrina, Smilax aspera ou Laurus nobilis (táboa 2). Non obstante, estimamos necesario profundizar na colleita de información florística neste último tipo de bosques para ratificar esta hipótese.\nA ubicación sintaxonómica definitiva dos carballais existentes ao longo de parte das cabeceiras da área meridional aquí tratada, entre a comarca de Betanzos e o estremo oriental da Terra Chá, que carecen simultáneamente de especies higroesciófilas e termófilas así como das comunidades leñosas de sutitución ligadas aos carballais da BlechnoQuercetum anteriormente mencionadas, e das que se estudiaron cinco mostras situadas en diversos lugares da cabeceira do Río Miño, queda pendente ate a realización de novos traballos. A súa composición florística fai que, polo momento, sexan difíciles de diferenciar dalgúns existentes no tramo medio do Río Eo que interpretamos como pertencentes á asociación LoniceroQuercetum pyrenaicae ; en cambio, creemos que térmicos da asociación Rusco aculeatiQuercetum roboris, tampouco nos parece axeitado incluilos na asociación MyrtilloQuercetum roboris, tal e como se veu facendo ata o reinterpretación que aquí se propón debe aplicarse á totalidade dos territorios GalaicoAsturianos, área dentro da\ncomunidades arbóreas identificadas neste traballo dentro diferentes combinacións florísticas que se poden encontrar no campo\nTáboa 6.- Relación entre os tipos de bosques estudiados e os principais tipos de comunidades vexetais leñosas integrantes das súas respectivas series de vexetación. Elaborado a partir de Izco et al. (1990), Díaz Gonzaléz & Fernández Prieto (1994, 1996), Izco (1996) y Amigo et al. (1998).\nCaracterización ambiental e florística das comunidades de bosque recoñecidas\nA continuación se describe a distribución xeográfica, o ambiente ecolóxico, a composición florística e estrutura dos tipos de bosques mesófilos dominados por especies caducifolias e marcescentes do\nQuercus recoñecidos na área de estudio. a) Carballais acidófilos galaicoasturianos hiperoceánicos típicos (Blechno spicantQuercetum roboris subas. dryopteridetosum aemulae, BQd). As características ambientais e florísticas deste grupo de carballais amósanse nas figuras 6a e 6b e nas táboas 8 e 9.\nTrátase de bosques distribuídos maioritariamente por territorios de bioclima oceánico e hiperoceánico retirados da beira do mar e por altitudes superiores aos 400 m (figura 6a). En coincidencia con este reparto, desenvolvense principalmente dentro dos termotipos mesotemperado superior e supratemperado e baixo ombrotipos húmedo superior e hiperhúmido inferior. No plano fisiográfico, adoitan situarse en ladeiras de inclinanción elevada (terreos escarpados ou moi escarpados na clasificación da FAO) e con exposición variable, aínda que concentrada nas orientacións de compoñente N (figura 6a). A escaseza de bosques en situacións topográficas achairadas e situadas en vertentes soalleiras non debe interpretarse como sinónima de ambientes pouco aptos para este tipo de bosques, senón como consecuencia da deforestación preferente destas posicións para o seu aproveitamento agrogandeiro.\nOs materiais de partida máis representados neste grupo de bosques son a “alternancia de rochas metamórficas silíceas”, “cuarcitas” e “lousas”, estando tamén presentes sobre rochas graníticas, neises “ollo de sapo”, rochas básicas e sedimentos cenozoicos (figura 6b). Sobre estes materiais litolóxicos desenvólvense principalmente solos cun marcado carácter coluvial e escaso grao de diferenciación (regosoles), se ben en partes baixas de ladeira e pequenos recháns nas vertentes poden atoparse cambisoles e, principalmente nas proximidades de cumes montañosos, solos incipientes (leptosoles).\nDesde o punto de vista fisionómico, a talla deste conxunto de bosques oscila entre os 8 e os 27 m, situándose a media nos 16, 3 m. A cobertura do estrato superior tende a ser elevada (media do 94, 8 %), aínda que en ocasións descende ata o 60% (táboa 7). As especies arbóreas máis constantes nestes bosques son Quercus robur e Ilex aquifolium, sendo algo menos frecuentes Corylus avellana, Betula pubescens e Sorbus aucuparia. De aparición máis esporádica son Castanea sativa, Quercus x rosacea, Fagus sylvatica, Quercus petraea, Quercus pyrenaica, Taxus baccata, Prunus avium, Ulmus glabra e Fraxinus excelsior. Por baixo das especies anteriores adoitan aparecer Erica arborea, Pyrus cordata e Frangula alnus, sendo moi escaso o espiñeiro (Crataegus monogyna). No nivel inferior, moito máis variable en cobertura que o anterior (20100 %), acádase un promedio elevado de recubrimento do chan (81, 4 %) debido á presencia de numerosas especies de carácter nemoral como Vaccinium myrtillus, Anemone\nnemorosa, Dryopteris dilatata, D. affinis, D. aemula, Avenella flexuosa, Stellaria holostea, Oxalis acetosella, Saxifraga spathularis, Teucrium scorodonia, Physospermum cornubiense, Polypodium vulgare, Polygonatum\nverticillatum, Holcus mollis, Hedera hibernica e Lonicera periclymenum, así como algunhas outras incluibles no apartado de compañeiras (Rubus sp., Pteridium aquilinum e, en menor medida, Asphodelus sp., Daboecia cantabrica ou Omphalodes nitida). O número de taxóns presentes neste tipo de carballeiras oscila entre 11 e 41, sendo o valor medio de 23 (táboa 7). Con respecto ao grupo de especies compañeiras, acada por termo medio algo menos do 30% do total de taxóns presentes, se ben este valor pode variar grandemente, entre o 14 e o 53 %. Polo xeral, as especies introducidas non acadan unha significación salientable nestes carballais (máximo de unha especie por inventario), téndose censado nas mostras estudiadas soamente tres especies (Helichrysum foetidum, Pinus pinaster e Prunus laurocerasus).\nNo plano fitosociolóxico, distinguimos neste tipo de carballais dúas variantes: típica e mesotrofa. Esta última diferenciase pola presenza de especies con preferencias por solos máis ricos en nutrientes, características de bosques da orde Fagetalia sylvaticae, como Acer pseudoplatanus, Carex sylvatica, Conopodium majus, Fraxinus excelsior, Helleborus occidentalis, Hypericum androsaemum, Mercurialis perennis, Polystichum setiferum, Primula acaulis, Prunus avium, Pulmonaria longifolia, Ranunculus tuberosus, Sanicula europaea, Scrophularia alpestris ou Ulmus glabra. Nas áreas de topografía máis abrupta, esta variante marca a transición cara aos bosques mixtos de encostas escarpadas e barrancos que dun xeito moi fraccionado se distribúen nos enclaves máis fragosos das masas arboradas autóctonas ao longo da área de estudo (Rodríguez Guitián 2005). En situacións de maior insolación e, polo xeral sobre solos máis areosos ou menos profundos, tanto nunha como noutra variante, pódese recoñecer unha facies heliófila na que o rebolo (Quercus pyrenaica), e as veces o su híbrido con Quercus robur (Quercus x andegavensis), adoitan incorporarse ao dosel destes bosques. b) Carballais acidófilos galaicoasturianos hiperoceánicos termófilos (Blechno spicantQuercetum roboris subas. lauretosum nobilis, BQl). As características ambientais e florísticas deste grupo de carballais amósanse nas figuras 6a e 6b e nas táboas 8 e\n10. Os carballais galaicoasturianos termófilos presentan, en gran medida, unha distribución complementaria dos da subasociación típica, e dicir, con preferencia pola banda litoral e áreas interiores situadas a baixa altitude (figura 1).\nNon obstante, dado que as condicións de termicidade gañan cotas progresivamente superiores coa distancia ao mar, este tipo de carballais ten unha distribución altitudinal máis ampla que os primeiros, oscilando entre os 0350/400\nm no sector litoral ata os 700750 m en certas áreas interiores das cuncas do ríos Eo, Navia e Narcea.\nEste grupo de carballais distribúese maioritariamente por territorios de bioclima hiperoceánico dentro dos termotipos termotemperado superior a mesotemperado superior e baixo ombrotipos predominantemente húmidos (figura 6a). A diferenza dos carballais da subasociación típica, case o 40 % dos termófilos atópase en situacións fisiográficas de ladeira baixa e valgada (figura 6b). Tamén se observa unha maior representación sobre terreos de moi forte inclinación (arredor do 70% dos inventarios sitúanse en pendentes superiores a 25º). De tódolos xeitos, é necesario lembrar que este reparto está moi condicionado coa distribución actual dos bosques na área de estudio e non se debe interpretar como indicativo do seu “óptimo” ecolóxico. As orientacións, aínda que moi variables, tamén amosan un certo incremento nas de compoñente N.\nOs solos sobre os que se asentan estes bosques manteñen o forte carácter coluvial comentado para os da subasociación típica, predominando os regosoles sobre os cambisoles e leptosoles. Están desenvolvidos nunha maior proporción sobre “alternancia de rochas silíceas metamórfizadas”, observándose unha menor representación das rochas de tipo granítico e lousas (figura 6b).\nEstructuralmente falando, aquí se reúnen bosques dunha talla igualmente variable (1028 m) pero, polo xeral, lixeiramente superior á dos típicos (17, 1 m de promedio). Tamén os valores de cobertura mínima (70%) e media (96, 4%) no estrato superior son maiores que os rexistrados no caso daqueles. A maior termicidade que se observa nas áreas nas que aparecen este tipo de bosques propicia un importante incremento no número de especies arbóreas presentes. Aínda que as especies máis constantes nestes bosques seguen a ser Quercus robur e Ilex aquifolium, neles gañan en importancia Castanea sativa, Corylus avellana, Crataegus monogyna, Quercus petraea e Quercus x rosacea, mentras que non son raros Laurus nobilis e Arbutus unedo, que están ausentes dos carballais típicos; por contra, Betula pubescens, Sorbus aucuparia e Fagus sylvatica tenden a ser máis raros, mentras que seguen a presentar aparicións moi puntuais Taxus baccata, Prunus avium, Ulmus glabra e Fraxinus excerlsior. Como aspecto curioso neste apartado, merece mención a presenza de Fraxinus angustifolia e Fraxinus oxycarpa nalgúns destes carballais situados en partes baixadas de ladeiras da cunca media do Río Mandeo. Posiblemente, a incorporación local destas especies aos carballais se deba ao seu contacto cos bosques riparios desta zona (asociación Senecioni bayonnensisAlnetum glutinosae), formacións nas que\nestes freixos son frecuentes (Amigo et al. 1987).\nPyrus cordata e Frangula alnus, coa frecuente incorporación de Crataegus monogyna, seguen a ser as principais especies que conforman o nivel arbóreo inferior ao do dosel, mentras que Erica arborea presenta unha apreciable reducción na súa frecuencia de aparición. O nivel inferior presenta un valor mínimo de recubrimento superior ao caso dos carballais típicos (10%), se ben a media é algo inferior á destes (77, 4%). Neste estrato apréciase unha reducción\nEsta subasociación diferenciase da típica pola presenza dun longo conxunto de especies de carácter termófilo (Arbutus unedo, Asplenium onopteris, Clematis vitalba, Daphne gnidium, Davallia canariensis, Laurus nobilis, Rubia peregrina, Ruscus aculeatus, Smilax aspera e Tamus communis), moitas das cales se comparten coa asociación Rusco aculeatiQuercetum roboris, de distribución maioritaria polas áreas termotemperadas e mesotemperadas inferiores dos territorios galaicoportugueses.\nAs riquezas específicas media e máxima destes bosques (29 e 44 taxóns respectivamente) son superiores ás da subasociación típica e tamén o é o número de compañeiras que adoitan aparecer en cada inventario; non obstante, a proporción destas fronte ao total tende a ser inferior (táboa 7). No relativo a especies introducidas, nas mostras estudiadas desta subasociación somentes aparecen Pinus pinaster e Prunus laurocerasus, este último en maior número de inventarios.\nDentro desta unidade fitosociolóxica distínguense, como no caso da subasociación típica, una variante típica e outra mesotrofa, diferenciable da primeira pola presenza de taxóns máis esixentes en nutrientes, como Acer pseudoplatanus, Carex sylvatica, Fraxinus excelsior, Hypericum androsaemum, Lysimachia nemorum, Mercurialis perennis, Milium effusum, Polystichum setiferum, Potentilla sterilis, Primula acaulis, Prunus avium, Pulmonaria longifolia, Ranunculus tuberosus, Sanicula europaea ou Ulmus glabra. Como no caso anterior, esta variante medra nos enclaves de solos ácidos máis ricos en nutrientes dentro do ámbito dos carballais estudiados, sendo o tipo de bosque que se conforma nos lugares de contacto entre os carballais galaicoasturianos e os bosques mixtos de ladeiras abruptas e barrancos existentes nas áreas máis térmicas do territorio estudiado. A presenza de Quercus pyrenaica en situacións soalleiras permite recoñecer, como no caso dos carballais galaico asturianos típicos, unha facies heliófila. c) Carballais galaicoportugueses termófilos (Rusco aculeatiQuercetum roboris, RQv, RQq) As características ambientais e florísticas deste grupo de carballais amósanse nas figuras 6a e 6b e nas táboas 8 e 11. Un total de 14 inventarios, distribuidos por áreas próximas ao litoral entre as cuncas baixas dos ríos Mandeo e Ouro, considéranse incluídos na asociación Rusco aculeatiQuercetum roboris, pois carecen das especies higroesciófilas que caracterizan á asociación BlechnoQuercetum roboris. Tres deles conteñen especies (Arbutus unedo, Daphne gnidium, Rubia peregrina) que se consideran diferenciais da subasociación de máis marcado carácter termófilo desta asociación (subas. quercetosum suberis) mentras que o resto pertencería á subasociación típica (subas. violetosum rivinianae). En conxunto, son bosques de menor talla que os pertenecentes á asociación BlechnoQuercetum roboris (1018 m, media de 12, 4 m), con cobertura no estrato superior que oscila entre o 70 e o 100% e entre o 50 e o 100% no inferior. Sitúanse maioritariamente en partes\naltas de vertentes fortemente insoladas (orientacións SE a SW) e de elevada inclinación (1040º, promedio de 27º), sobre solos relativamente evolucionados (cambisoles) derivados principalmente de “alternancia de rochas silíceas metamorfizadas”.\nA diferenza dos bosques dominantes no territorio, Quercus robur adoita compartir o dosel con Quercus pyrenaica, Laurus nobilis e Castanea sativa, perdendo peso neste estrato superior Ilex aquifolium, Corylus avellana e Betula pubescens. Faltan por completo nestes bosques Acer pseudoplatanus, Fagus sylvatica, Fraxinus excelsior, Prunus avium, Quercus petraea, Quercus x rosacea, Sorbus aucuparia, Taxus baccata e Ulmus glabra, sendo escasos Castanea sativa, Betula pubescens e Corylus avellana. Por baixo das árbores dominantes mantéñense Pyrus cordata, Frangula alnus\nUlex europaeus, observándose unha notable reducción de Arbutus unedo e da uz blanca (Erica arborea). No estrato inferior predominan as herbas heliófilas (Pseudarrhenatherum longifolium, Pteridium aquilinum, Asphodelus sp., Digitalis purpurea) xunto a matas baixas (Daboecia cantabrica, Erica cinerea) e algunhas especies nemorais relativamente tolerantes á luz (Teucrium scorodonia, Physospermum cornubiense, Viola riviniana). Pinus pinaster é a única especie introducida que aparece nas mostras estudiadas deste tipo de bosque.\n11. Trátase de bosques pauciespecíficos no estrato superior, polo xeral dominados por Quercus pyrenaica e Castanea sativa, con presenza puntual doutras árbores, como Betula pubescens, Quercus robur ou Taxus baccata. Medran en áreas alonxadas da costa, relativamente continentalizadas e con menor influencia da nubosidade no verán. As mostras que se posúen desta asociación dentro da área de estudo amosan unha escasa presenza de acibo (Ilex aquifolium), abelaira (Corylus avellana), sanguiño (Frangula alnus) e espiñeiro (Crataegus monogyna) e carecen de especies higroesciófilas e da práctica totalidade de termófitos que caracterizan aos anteriores tipos de bosques comentados, dos que se exceptúa Ruscus aculeatus. No nivel intermedio únicamente Pyrus cordata se\nmantén cunha constancia elevada.\nSon bosques de talla variable (1020 m), asentados sobre vertentes empinadas (2036º) e solos pouco desenvolvidos (leptosoles) procedentes, principalmente, da alteración de lousas ou sedimentos cenozoicos. Aínda que a cobertura acadada polo nivel de copas é elevada (90100%), a foliación tardía do rebolo posibilita a pervivencia no seu sotobosque dun elevado número de especies típicas das matogueiras e formacións herbáceas do entorno, como Asphodelus sp., Brachypodium rupestre, Cirsium filipendulum, Cytisus scoparius, Daboecia cantabrica, Erica arborea, Lithodora prostrata, Omphalodes nitida, Potentilla erecta, Pseudarrhenatherum longifolium, Pteridum aquilinum, Rubus sp., Simethis planifolia ou Ulex europaeus. Xeralmente, estas especies acompañantes chegan a superar ao conxunto de especies de carácter nemoral, entre as que se poden sinalar Anemone nemorosa, Arenaria montana, Dryopteris affinis, Euphorbia dulcis, Hedera hibernica, Holcus mollis, Hypericum pulchrum, Melampyrum pratense, Physospermum cornubiense, Stellaria holostea, Teucrium scorodonia e Viola riviniana. A única especie de plantas vasculares alóctona que se ten observado neste tipo de bosque é\nPrunus lurocerasus.\ne) Carballais pendentes de adscripción fitosociolóxica (SA).\nCarballais situados no pedemonte meridional das serras que delimitan a cunca alta do Río Miño. As súas características ambientais e florísticas amósanse nas figuras 6a e 6b e nas táboas 8 e 11. Trátase de bosques de altura dominante comprendida entre os 16 e 25 m, dominados polo carballo (Quercus robur), nos que adoitan estar presentes o castiñeiro, abidueiro e o acibo e, puntualmente, Corylus avellana ou Quercus pyrenaica. Carecen de especies termófilas e higroesciófitos e son raros ou están ausentes moitos dos arbustos que caracterizan o sotobosque das comunidades comentadas nos apartados precedentes (táboa 11). Tamén se observa neles unha riqueza florística máis reducida (media de 16 taxóns) que contrasta cos elevados valores medios de cobertura que neles acadan os estratos medio e inferior (táboa 8). Entre as especies arbustivas presentes destacan Erica arborea, Daboecia cantabrica, Ulex europaeus e Genista florida. No nivel inferior predominan as silvas, o fulgueiro (Pteridium aquilinum) e diversas herbas de ampla distribución, algunhas das cales teñen un caracter máis ou menos edafohigrófilo (Angelica major, Avenula sulcata, Deschampsia cespitosa subsp. subtriflora). Prunus laurocerasus é o único neófito rexistrado neste tipo de carballais.\nAs características xerais destes bosques os achegan aos descritos por Dalda (1972) na cercana cunca do Río Deo e poderían deberse as especiais condicións bioclimáticas e topoedáficas que caracterizan á Terra Chá luguesa e as terras altas coruñesas que se extenden entre Curtis, Sobrado dos Monxes e Ordes, áreas cunha continentalidade máis acusada e unha menor termicidade que nos seus respectivos contornos (Rodríguez Guitián & Ramil Rego 2007) e nas que os solos tenden a presentar rasgos de gleyzación. A súa caracterización fitosociolóxica definitiva necesita da realización de estudos específicos máis pormenorizados. f) Consideracións acerca doutras formacións arboradas relacionadas cos bosques estudados. Antes de rematar este traballo, queremos facer algúns comentarios sobre os inventarios florísticos existentes en referencias biliográficas que non foron tidos en conta neste traballo polas causas comentadas no apartado metodolóxico, así como sobre algunhas mostras propias de bosques con características intermedias entre os carballais e os faiais. Con respecto aos primeiros, estimamos que dous dos inventarios tomados por Bellot (1968) dentro da área de estudio aquí considerada e publicados baixo o nome de Alianza Quercion roboripetraeae (cuadro 17: invs. 11 e 14), presentan unha composición florística que permitiría a súa inclusión na asociación Blechno spicantQuercetum roboris. En situación semellante se encontran a maior parte dos inventarios de Díaz González (1975), Izco et al. (1990) e Mayor & Fernández (2007) non incluídos neste estudo, pois neles obsérvase a presenza, máis ou menos abundante, das especies utilizadas como diferenciais dos bosques da BlechnoQuercetum, se ben en moitos casos o dominio\nfisionómico corresponde ao bidueiro (Betula pubescens) ou o castiñeiro (Castanea sativa), en lugar dos carballos.\nAmigo & Romero (1998) e RivasMartínez et al. (2002)\ninterpretan que os bidueirais existentes nas áreas mesotemperadas da parte centrooccidental do territorio\nestudiado son bosques de carácter secundario, formados tras procesos deforestadores antrópicos (talas severas, recuperación da vexetación arborada tras incendio ou abandono de áreas de cultivo), que pertencen á asociación\nHolco mollisBetuletum celtibericae. Esta opinión non é compartida por autores como Díaz González (1996) e Díaz González & Fernández Prieto (1994a, 1994b), para quenes serían unha facies de bidueiro dos bosques dominantes no territorio (BlechnoQuercetum roboris). Sexa como fose, a conexión dinámica entre os bidueirais e os carballais evidénciase pola progresiva aparición nos primeiros de carballos e outras especies típicas dos bosques estudados, como o acibo ou a abelaira, que reemplazan progresivamente a Betula pubescens conforme estas formacións se van facendo senescentes. Con frecuencia, a adscripción fitosociolóxica destes estadíos intermedios non é doada e pode variar en función dos criterios aplicados.\nEn situación parecida atopanse os casos dominados polo castiñeiro. Na súa maior parte, estas formacións arboradas proceden de antigos soutos (“castañares” ou “castañedos” en Asturias) situados en terreos con condicións favorables para o crecemento potencial dos carballais, nos que se ven realizando desde hai décadas un aproveitamento en monte baixo da especie dominante, Castanea sativa (Díaz González & Fernández Prieto 1994a, Rodríguez Guitián 2004, 2005). Rodríguez Guitián et al. (2005) sosteñen que, a pesar da sustitución das árbores preexistentes, as condicións ecolóxicas nas que se desenvolven este tipo de masas arboradas e o seu aproveitamento en turnos relativamente longos (3040 anos), permiten que o seu cortexo florístico siga mantendo un gran parecido co que\ncaracteriza aos carballais. Desde o punto de vista fitosociolóxico, Izco et al. (1990) consideran que estas situacións nas que o castiñeiro se convirte, favorecido pola actividade humana, na especie dominante deben ser interpretados de xeito xenérico como “facies de Castanea sativa ”, sen ubicala en ningunha das subasociacións por eles consideradas. Polo momento, fundamentados no carácter marcadamente antrópico destas formacións, preferimos consideralos como “fases de Castanea sativa ” que, eventualmente e en función da composición florística particular que presenten, poden subordinarse a algunha das facies aquí descritas dentro da asociación Blechno spicantQuercetum roboris. En esta situación incluiríanse a maior parte dos inventarios aportados por Díaz González (1975) así como os inventarios 2, 3 e 13 de Losa Quintana (1973)\nCon relación aos inventarios tomados por Losa Quintana (1973) na cunca baixa do Río Eume que non foron incluídos neste traballo, dous deles (inv. 2 e 6, op. cit.) presentan unha composición florística que posibilita a súa inclusión na asociación galaicoportuguesa termófila Rusco aculeatiQuercetum roboris, ao carecer por completo de especies\nEn último lugar, queremos comentar que nas áreas nas que se poñen en contacto os carballais estudiados cos faiais da asociación Saxifrago spathularidisFagetum sylvaticae ambos, nos que se produce un desplazamento progresivo\n64 Esquema sintaxonómico\nPara rematar, amosamos o esquema sintaxonómico das comunidades arboradas citadas neste traballo (táboa 13), encadrándoo dentro do proposto por RivasMartínez et al. (2001, 2002).\nConclusións\nA revisión da información dispoñible sobre a composición florística e condicións ecolóxicas nas que crecen os bosques dominados por especies caducifolias e marcescentes do xénero Quercus no extremo occidental da Cornixa Cantábrica confirma que maioritarimente se corresponden coa asociación Blechno spicantQuercetum roboris. Ditos bosques caracterízanse por albergar un número elevado de especies higroesciófilas que non están presentes nos carballais de distribución máis meridional ou occidental cos que establecen contacto. Non obstante, contrariamente ao considerado ata o de agora, a información manexada neste traballo resta protagonismo ao carballo común (Quercus robur) nos aspectos fisionómicoestruturais desta comunidade en favor doutras quercíneas\n(Quercus petraea, Q. x rosacea, Q. pyrenaica) que, localmente, poden chegar a desplazar ao primeiro no estrato superior destes bosques. Ademáis, recoñécese a existencia doutros tipos de bosques en situacións ecolóxicas particulares nas que se produce unha sustitución dos carballais maioritarios.\nComo acontece con outros tipos de vexetación, factores bioclimáticos e topoedáficos axudan a comprender a variabilidade florística que se pode atopar nos bosques estudiados. Desde un punto de vista fitosociolóxico, esto se plasma na diferenciación de dúas subasociacións con base\nAínda que o esquema de reparto topográfico de comunidades de carballal establecido por Losa Quintana (1973) no treito inferior das Fragas do Eume (RuscoQuercetum en posicións de forte insolación versus BlechnoQuercetum en ladeiras avesías) non tivo maior trascendencia nos traballos posteriores que abordaron a caracterización da cuberta vexetal dentro da área de estudio, serve para explicar a presenza de retazos da asociación Rusco aculeatiQuercetum roboris en diversas localidades próximas ao litoral do extremo N das provincias de A Coruña e Lugo (comarcas de Ortegal e O Valadouro), principalmente sobre solos pedregosos de ladeiras soalleiras. Este feito suxire que o contacto entre estas dúas asociacións de bosques ten lugar a traveso dunha área xeográfica bastante máis ampla do que ata o de agora se viña admitindo, podéndose identificar retazos de carballais termófilos galaicoportugueses ata o N da provincia de Lugo. En senso inverso, o límite occidental dos bosques da BlechnoQuercetum roboris seguindo a faixa litoral semella situarse máis ao S da desembocadura do Río Eume, sendo recoñecible a súa presenza, principalmente en ladeiras avesías, ata, alo menos, o tramo medio do Río Mandeo.\nPor outro lado, os bosques dominados polo rebolo (Quercus pyrenaica) existentes nas cuncas medias e cabeceiras dos ríos Eo, Navia e Narcea, áreas nas que se rexistra un descenso apreciable da nubosidade durante a época estival con respecto ás situadas máis ao N dentro do territorio estudiado, carecen de especies termófilas pouco tolerantes aos contrastes térmicos (Smilax aspera, Rubia peregrina, Laurus nobilis) e amosan un parecido florístico coas existentes ao longo da cunca media do Río Navia. Por elo, considerámolos incluibles na asociación Lonicero periclymeniQuercetum pyrenaicae.\nEn último lugar, é necesario abordar o estudo dos carballais existentes na cabeceira dos ríos Mandeo, Mendo e Miño, nos que están ausentes tanto especies higroesciófilas como termófilas, para clarificar a súa situación sintaxonómica. Mentres esto non ocurre, a confirmación da presencia dentro do territorio estudiado de tres asociacións vexetais de bosques dominados por quercíneas supón un considerable incremento da súa diversidade fitocenótica e realza aínda máis, se cabe, a importancia que para a conservación do patrimonio natural ibérico teñen as masas arboradas autóctonas do estremo setentrional galego e o noroeste asturiano.\nAgradecementos O autor agradece a axuda prestada durante a realización dos traballos de campo a Ramiro Alvite Díaz, Miguel Balboa Murias, Adolfo Blanco de la Parte, José Manuel Blanco López, Ramón Alberto Díaz Varela, Montserrat Fernández\nMartínez, Javier Ferreiro da Costa, Jorge Filgueiras Silva, Manuel Fontao Alvarado, Pilar González Hernández, José Manuel López Dacal, Natalia López López, Blanca López Varela, Miguel Ángel Negral Fernández, José Luís Penín Franco, Pablo Ramil Rego, Manuel Rodríguez Romero, Mónica Rodríguez Freire, Mercedes Rois Díaz e Rosa Romero Franco, así como as suxestións realizadas por dous revisores anónimos que contribuíron apreciablemente á mellora do manuscrito orixinal.\nBibliografía\nAnexo II. Outras especies presentes nas táboas de inventarios. Táboa 9a. Características de Quercetalia roboris : en Iz120: Ceratocapnos claviculata : +; Lathyrus linifolius : +; Características de QuercoFagetea : en BQd : Euphorbia hyberna : +; en C090 : Euphorbia amygdaloides : 1; en C111 : Euphorbia hyberna : 1; Stachys officinalis : 1; en Iz119: Conopodium pyrenaeum : +; en P009: Ajuga reptans : r; Euphorbia amygdaloides : +; en P011: Ajuga reptans : r; en P012: Viola riviniana : 1; Compañeiras: en C080: Festuca rubra : 3; en C100: Euphorbia helioscopia : 1; en C101: Erica cinerea : 1; en C110: Festuca rubra : 1; Helychrysum foetidum : 1; en Iz103: Prunus laurocerasus : +; en Iz104: Dactylorhiza incarnata : r; Ulex europaeus : +; en Iz114: Salix atrocinerea : +; en Iz117: Simethis planifolia : 1; en Iz120: Brachypodium rupestre : +; Cruciata laevipes : +; en P001: Ulex minor : +; en P004: Danthonia decumbens : +; en P009: Crataegus monogyna : +; Narcissus triandrus : +; en P010: Calluna vulgaris : 1; Molinia caerulea : +; Serratula tinctoria var. seoanei : +; en P011: Cruciata glabra : r; Brachypodium sylvaticum : 2; en P012: Brachypodium sylvaticum : 1; en\nPotentilla sterilis : +; en P088: Lysimachia nemorum : +; en P114: Prunus avium : +; en P117: Potentilla sterilis : r; en P130: Iris foetidissima : +; Prunus avium : +; Características de Quercetalia roboris : en LOSA14: Veronica officinalis : 1; Características de QuercoFagetea : en P111: Stachys officinalis : 1; en P114: Helleborus foetidus : 1; en P143: Solidago virgaurea : 1; Compañeiras: en LOSA04: Ulex gallii : 2; en LOSA12: Cardamine flexuosa : +; Ulex gallii : 2; en LOSA14: Cardamine flexuosa : +; Lithodora prostrata : 1; en P075: Fraxinus angustifolia : +; Lamium maculatum : +; en P077: Lithodora prostrata : +; en P078: Fraxinus angustifolia : r; Fraxinus oxycarpa : +; Polypodium cambricum : +; en P080: Nepeta cataria : +; en P087: Centaurea nigra : r; Cirsium filipendulum : +; Clinopodium vulgare : r; Erica vagans : +; Picris hieracioides : +; en P091: Anthoxanthum amarum : 1; Prunus spinosa : +; en P100: Linaria triornithophora : +; en P108: Anthoxanthum amarum : 1; Cirsium filipendulum : r; en P111: Angelica major : +; Cruciata glabra : +; Dactylis glomerata : 1; Prunella vulgaris : +; Serratula tinctoria var. seoanei : +; en P112: Prunus laurocerasus : r; en P114: Fragaria vesca : 1; Vicia sepium : 1; en P118: Carex cf. caryophyllea : r; en P125: Narcissus asturiensis : 1; en P129: Silene dioica : +; en P130: Prunus spinosa : 1; en P143: Angelica sylvestris : +; en P147:\nPolygonatum odoratum : r. Compañeiras: en 1: Digitalis purpurea : r; Lithodora prostrata : +; en 2: Lithodora prostrata : 1; en 3: Chrysosplenium oppositifolium : 1; Prunus laurocerasus : 1; Silene dioica : 1; Umbilicus rupestris : +; en 4: Angelica sylvestris : +; Prunus laurocerasus : 1; Pseudarrhenatherum longifolium : +; Senecio nemorensis : 1; Ulex europaeus : r; en 6: Agrostis capillaris : +; en 7: Silene vulgaris : r; en 8: Carex pilulifera : +; Pseudarrhenatherum longifolium : 1; en 10: Allium victorialis : 1; Digitalis purpurea : +; Senecio nemorensis : r; Valeriana montana : +; en 12: Doronicum plantagineum : 1.\nMarronda, vertente N (641/4774); 11: Lu: Pol, Cubeiro, Mte. A Faia (638/4774); 12: As: Piloña, entre La Presanca y la Mallada Degoes, monte El Muñizón (fuso 30T 311/4793)."} {"summary": "Nesta revisión exponse, de xeito resumido cales son os efectos das infraestruturas desenvolvidas polo home en Galiza (terra, mar e aire) sobre o benestar animal de diversas especies de interese veterinario. Estre traballo explora ademáis a eficacia de certas medidas para controlar os efectos negativos e as repercusións no medio ambiente de ditas infraestruturas.", "text": "Artigo\n Infraestruturas · Benestar animal · Galiza Summary This review explains, in a summarised way the effects of human infrastructures in Galicia (land, marine and air) on animal welfare of such species with veterinarian interest. A critical analysis is presented about the convenience of certain tools (or means) to control the negative impacts of the mentioned infrastructures including their impacts on the environment cambiantes.\nIntrodución\nNo seguinte traballo, tratamos de expoñer algúns dos efectos que provocan as instalacións humanas na fauna da\nAs infraestruturas humanas teñen efectos sobre a fauna do noso planeta: as cidades son un entorno artificial no que apenas queda vida salvaxe, pero a pesar disto, algunhas terra, do mar e do aire.\nespecies son capaces de desenvolverse sufrindo diferentes\nInfraestruturas terrestres\nOs efectos das mesmas teñen lugar tanto a nivel urbano como rural.\nAdrian Novo Piñeirúa · Rebeca Moralejo Silva · Ana Pascual SoaresAlumnos da Facultade de Veterinaria de Lugo (2º ciclo) Universidade de Santiago de Compostela Email: cristina.castillo@usc.es Este traballo realizouse baixo a supervisión e tutorización de Cristina Castillo, Profesora da Facultade de Veterinaria de Lugo (Departamento de Patoloxía Animal, Campus Universitario s/n, 27002 Lugo) e membro da Real Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (RACVG).\nMedio Urbano\nO desenvolvemento de este medio supón a creación dun asentamento artificial cómodo para o progreso social e comercial dos humanos. Esta concentración aumenta a demanda de recursos e favorece que o medio non poda asimilar o noso consumo, producíndose contaminación que afecta os animais que viven neste entorno e na periferia de varios xeitos:\nPerda ou alteración do hábitat con superpoboación\nVarias son as razóns que levan á superpoblación de certas especies de aves: a atracción dos residuos humanos como fonte rápida e facil de alimento (nos vertedoiros), o abrigo, anidamiento e protección contra o frío ou as correntes de aire. Isto termina tendo efectos negativos, non só para o home (transmisión de enfermidades, acumulación de excrementos) senón tamén para o equilibrio poboacional doutras especies.\nComo exemplo, sirva a superpoboación de gaivotas; aparte de favorecer a transmisión de enfermidades, ten efectos negativos sobre outras especies de aves mariñas; a de pombas xera situacións de competencia; no caso dos estorniños, éstes precisan lugares tranquilos para a cría e nas cidades prodúcese un nivel de estrés incompatible con ela.\nCidades coma A Coruña, Vigo e Ferrol contan con plans de xestión (a través da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia), cuxo obxectivo e reducir o número de gaivotas ou estorniños. Algúns métodos consisten en esterilizar os ovos (sen retiralos); sacrifícar individuos con inxeccións intraperitoneais de pentobarbital; diminuír o acceso aos vertedoiros diminuíndo así a supervivencia dos polos nos primeiros anos; empregar dispositivos para evitar que se pousen (arames, púas ou pinchos) producindo dor e frustración ó non poder descansar; repelentes químicos e electrónicos que reproducen gritos agónicos e de ataque de aves para espantalas, ou mesmo luces en movemento que os asustan e desorientan, facéndoos fuxir sen rumbo.\nContaminación lumínica\nOs seres vivos adaptaron os seus procesos biolóxicos dacordo coa sucesión das estacións e a alternancia díanoite. A contaminación lumínica asociada aos núcleos urbanos ocasiona a necesidade de que as especies se adapten a estes cambios para non perecer. A orixe desta atópase en alumeados (ornamental, de seguridade, publicitarios, estradas, rúas peonís...). En xeral, a falta de escuridade altera o ritmo circadiano, os ciclos sonovixilia, o mantemento da temperatura corporal, o estado de alerta, a visión nocturna, o cansazo, o nerviosismo...(Dolsa &\nAlbarrán, 2003).\nNas aves, a excesiva iluminación fai que píen durante a noite impedindo o descanso, alertando da súa presenza ós depredadores, diminuíndo a súa alimentación, e afectando os seus ciclos reprodutivos. O deslumbramento aumenta as colisións con edificios, causando a morte directa ou lesións que favorecen á depredación. A luminosidade provoca a concentración de insectos, favorecendo que as aves insectívoras adapten a súa alimentación, aínda que tamén, fainas mais visibles para os depredadores. Por outra parte, as aves migratorias nocturnas empregan o luar e as estrelas para a súa orientación, pero a continua iluminación provoca que as aves voen en círculos desorientadas ata quedar exhaustas ou que colisionen contra estruturas.\nNos mamíferos nocturnos o exceso de iluminación provócalles desnutrición progresiva, debido a que só utilizan os períodos escuros para alimentarse. A concentración de morcegos en torno aos farois en busca de comida, provoca gran transmisión de enfermidades entre depredadores e o esgotamento do alimento. Contaminación acústica\nSegundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) o límite de decibelios considerado como adecuado na especie humana é de 50 dB (nunha conversa normal), en horarios diúrnos, e 30 dB pola noite. Unha rúa con moito tráfico alcanzaría os 70 dB e no interior dunha discoteca ata os 110 dB. A maioría das especies domésticas presentan unha maior sensibilidade que os humanos as frecuencias altas. Os centros emisores de ruídos abundan nas cidades e son o tráfico, as actividades industriais, as obras públicas e da construción, os servizos de limpeza e recollida de lixo, as sereas e as alarmas.\nO ruído produce alteracións na conducta momentáneas, as cales consisten en agresividade, desinterese ou irritabilidade. Estas alteracións, que xeralmente son pasaxeiras provocan inquietude, inseguridade ou medo nalgúns casos. A longo prazo producen efectos negativos como a xordeira e a nivel psicolóxico, neurose, depresións, ansiedade, hostilidade, etc (Tolosa, 2003).\nInvestigacións como as de Hans Slabbekoorn e Ardie den BoerVisser, da Universidad de Leiden (Holanda) no ano 2006 sobre os cantos dos pardais nas cidades, determinaron que os cantos vitais, como son os destinados á atracción de compañeiros e a defender o territorio, eran de maior frecuencia e mais curtos e rápidos que nos lugares forestais. Temperatura e humidade\nNo medio urbano, o equilibrio natural da calor vese afectado, producindose o efecto illa de calor elevando as temperaturas na cidade entre 5° e 10° C. Este aumento, atrae a certas especies como estorniños, mouchos, pegas, ratas e cascudas provocando pragas e desprazando a outros animais.\nO arrequecemento global, produce numerosos efectos sobre as especies. Se continúa, moitas aves desaparecerán en Galiza buscando veráns calorosos, invernos fríos e dispoñibilidade de auga no norte de Europa, predicen os autores do Atlas Climático de las Aves Reproductoras de Europa e publicado pola Sociedad Española de Ornitología\n(SEO/Birdlife) Contaminación química\nSegundo unha noticia aparecida no diario Faro de Vigo no ano 2008, Greenpeace considera que a planta incineradora de Sogama, as centrais térmicas de As Pontes, Meirama e Sabón, os materiais contaminantes dos edificios, e diferentes infraestruturas así coma a presenza de velenos\nraticidas nas rúas son só algúns dos exemplos dos contaminantes químicos ós que esta exposta a fauna galega.\nDiversas organizacións ecoloxistas coma é Verdegaia veñen denunciando que a planta incineradora de Sogama, xera cinzas e escouras tóxicas e emite dioxinas e furanos, unhas substancias persistentes e bioacumulativas. Comprobouse que doses non letais destes residuos nos animais poden producir cancro, defectos de nacemento, redución da fertilidade e cambios no sistema inmune.\nO informe Impacto sobre a saúde das emisións dos grandes focos de contaminación realizado pola consultora inglesa EMRC (e publicado pola axencia EFE no ano 2006) xa sinalaba a central términa de As Pontes (A Coruña) coma o maior foco emisor de Europa de dióxido de xofre e de óxido de nitróxeno, con efectos perxudiciais sobre o aparello respiratorio (bronquite e exacerbación dos procesos asmáticos). Pero ademais destos compostos, as partículas en suspensión liberadas ao aire tamén eran capacer de provocar enfermidades (cancro de pulmón, mortes prematuras, arteriosclerose...)\nO uso de materiais contaminantes en edificios, como formaldehido, amianto, chumbo, CFCs, disolventes tóxicos ou PVC (policloruro de vinilo), ocasiona un deterioro da saúde dos animais. A construcción, rehabilitación e demolición de edificios libera enormes cantidades destes residuos. Algúns, como o formaldehido, ou o amianto son coñecidos canceríxenos, outros, como o chumbo producen anemia, letarxia e síndromes neurolóxicos.\nNon esquezamos a existencia de cebos envelenados, empregados para o control de certas especies como ratas ou cascudas que poden intoxicar a outros individuos, como ourizos…\nVías de Comunicación\nAs vías de comunicación supoñen a deforestación de amplas zonas e, en moitos casos, o seu trazado atravesa antigas rutas empregadas polos animais para conectar diferentes territorios, provocando a fragmentación dos seus hábitats e facendo que os animais teñan que modificar a ruta, ou arriscarse aos perigos das vías de comunicación, con atropelos, especialmente en xabarís, corzos e cabalos salvaxes.\nO aumento da iluminación nas estradas non é efectivo, xa que os animais de vida nocturna son deslumbrados, deixándoos cegos e desorientados e aínda que perciban a proximidade dun perigo son incapaces de reaccionar. Por outra banda, son moitas as especies que teñen fototropismo positivo, e polo tanto son atraidas cara estas zonas onde se emite luz (Dolsa & Albarrán, 2010)\nOs corredores de vida silvestre habilitados para evitar que os animais salvaxes crucen as vías poden verse comprometidos por unha soa luz, evitando que os animais se despracen a determinadas áreas cruciais para a súa supervivencia.\nNas autoestradas pódense chegar a alcanzar niveis sonoros de ata 62 dB cos efectos antes descritos que afectarían ó desprazamento de moitas especies animais das súas rutas, así como á creación de impedimentos nas súas costumes de reproducción e alimentación. Iso sen contar coa presenza de gases contaminantes tales como monóxido e dióxido de carbono, dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno, aldehidos, metais pesados e compostos orgánicos volátiles, tóxicos para o sistema respiratorio Medio rural É difícil establecer unha separación clara entre medio urbano e rural. As concentracións de chalets, as actividades industriais, a minería e as instalacións de ocio poderían considerarse rurais, pero sobre todo a baixa densidade de poboación e a presenza de actividades agropecuarias son o máis característico da paisaxe rural. A perda de hábitat no medio rural galego é debida en gran medida as actividades agropecuarias tradicionais. Os cultivos supoñen alimento para as especies salvaxes e os depredadores acoden as áreas rurais na procura de gando. Isto perxudica ós labregos que tratan de impedir a súa presenza con diferentes métodos: cercas, valados, espantallos, espellos, artefactos sonoros, caza, velenos, etc. Manter aleixados ós animais é imposible se a presión no seu hábitat é maior, xa que a deforestación e a plantación de monocultivos desprazan á fauna autóctona (Ferrás et al. 2007). O lobo ó competir co home como predador foi duramente perseguido, pero na actualidade, debido ó abandono do mundo rural e a desaparición dos gandeiros que exercían unha forte presión sobre él, está a recuperar os seus antigos territorios. A pesar diso, é unha especie cinexética combatida tamén con velenos e trampas. Tanto a produtividade como a supervivencia xuvenil de lebres e coellos, dependen da calidade do hábitat, resultando moito mellores os hábitats pouco diversificados e monótonos, a diferencia dos galegos. O corzo pode habitar case todas as formacións boscosas ibéricas, pero as variacións de refuxio, comida ou competencia, modifican aspectos da súa ecoloxía, afectando á súa densidade poboacional. Os xabaríns asentados preto de campos de cultivo e mesmo no seu interior obteñen alimento de orixe humana. O abandono do medio rural esta facendo que esta poboación aumente. A superpoboación, a competencia, a hibridación con porcos domésticos e a caza son algúns dos problemas ocasionados polo home. A construción de urbanizacións e centros de ocio como campos de golf en medio rural, supón unha das perdas mais agresivas do hábitat natural debido as grandes extensións de terreo e recursos que se necesitan para estas infraestruturas. Proxectos mineiros como o da mina de andalucita a ceo aberto de Pontedeume ameaza o espazo natural das Fragas do Eume, poñendo en perigo a supervivencia de tódalas especies animais que alí habitan\npola diminución do seu hábitat, o aumento da presenza humana, os niveis de ruído elevados e unha contaminación ambiental superior á actual.\nOs efectos da contaminación lumínica son os mesmos que os citados no medio urbano, cá diferencia de que o número de animais no rural é maior e as áreas iluminadas están máis dispersas, polo que os efectos son menos intensos pero mais amplos e con maior número de vítimas (Dolsa &\nAlbarrán, 2003).\nO emprego de maquinaria agrícola e vehículos, producen ruídos que afectan á fauna local. Se temos en conta as industrias, as urbanizacións e todas as infraestruturas que colonizan este medio, o problema cada vez é máis parecido o da cidade.\nA produción de residuos polas vivendas soe ser menor, pero son moitos os espazos rurais onde se poden atopar puntos negros que favorecen o acúmulo de diferentes tipos de residuos. Estes poden ser altamente contaminantes e alterar gravemente a saúde dos animais.\nInfraestruturas mariñas\nSegundo denuncian diversas organizacións ecoloxistas como é ADEGA ou Galicia Ambiental, a día de hoxe as actividades humanas preséntanse como o maior problema para todo o litoral galego. Son numerosas as infraestruturas (urbanizacións, depuradoras, industrias, portos deportivos, recheos...) que provocan unha ameaza para a fauna que habita no medio mariño.\nDepuradoras e Industrias\nLiberan gran cantidade de vertidos químicos, augas residuais, residuos orgánicos e inorgánicos, metais pesados e provocan contaminación acústica no ecosistema mariño.\nSegundo informes elaborados por ADEGA, Galiza conta cun sistema de xestión de vertidos e de depuración de augas moi deficiente, que está a provocar grandes impactos sobre as rías e os organismos que habitan nelas. Cabe destacar a depuradora do Lagares en Vigo: ésta verte ó río 900 litros de auga sen depurar. Tan só Vigo, conta con máis de 2000\nactividades industriais na costas e co porto con máis tráfico marítimo de Galiza.\nVertidos químicos\nDacordo cun informe elaborado no ano 2002 por ADEGA, destacan os hidrocarburos poliarómaticos (PAH) vertidos ó mar por industrias petroleiras e durante o transporte marítimo principalmente. Os PAH acumúlanse nos seres vivos ó longo da cadea trófica e provocan unha serie de cambios físicoquímicos das augas que se traducen en axentes estresantes para a fauna (diminución da osixenación do medio; modificacións do pH e da temperatura; acumulación nos sedimentos mariños; cambio de cor, olor e sabor...). Varias son as especies afectadas polos seus efectos: no caso dos crustáceos, a maior parte dos cirrípedos\n(percebes) morren por asfixia, e os que sobreviven con petróleo adherido, demostran gran dificultade na respiración ou nutrición. Os decápodos (centolas e cangrexos) adultos resisten bastante a este tipo de contaminación, sen embargo, as larvas teñen que migrar a outro lugar. No que respecta aos moluscos, a maior parte dos que viven cerca do litoral son máis resistentes que os que viven mar adentro. Os bivalvos tales como os mexillóns captan os hidrocarburos (saturados e aromáticos) e os acumulan cunha pequena desintegración metabólica. En canto aos peixes, o petróleo e os seus derivados son altamente tóxicos para os ovos, polo que os peixes nados deses ovos son anormais. Os adultos, adquiren olor a hidrocarburo que se transmite a través das branquias. Os efectos a longo prazo sobre os peixes, outros animais mariños e mamíferos xeneran cambios no metabolismo dos lípidos, con acumulación de graxas no fígado e outros tecidos. Pero as especies afectadas non son só as mariñas senon tamén as aves: o empetrolamento modifica a súa flotabilidade e o illamento térmico da plumaxe, provocándolles a morte por hipotermia e imposibilidade de voar Metais pesados Son contaminantes xenobióticos que se acumulan na cadea trófica e nos sedimentos mariños. Os que máis afectan á fauna mariña son cinc (Zn), arsenico (As), cadmio (Cd), cobre (Cu), chumbo (Pb), cromo (Cr) e mercurio (Hg), que teñen a propiedade de acumularse nos organismos e nalgúns casos de transferirse pola cadea trófica. A contaminación con este tipo de metais na costa galega está á orde do día segundo ADEGA, destacando A Coruña (con contaminación moi alta para o Cu, moderada para o Zn e Pb); Pontevedra (contaminación considerable para o Cu); San Simón (contaminación moi alta para o Pb); Redondela (contaminación considerable para o Cu) ou mesmo a praia de Samil, en Vigo (contaminación moi alta para o Pb, Zn e Cu; considerable para o Cr). Entre as especies maís afectadas están os moluscos\n(mexillóns), que presentan unha gran capacidade de bioacumulación de Zn, Cd, Pb y Cu especialmente. En canto aos mamíferos mariños, o golfiño común, marsopa e golfiño listado mostran un aumento na concentración de Zn según afirma A. López, da Coordinadora para Estudios de los Mamíferos Marinos (CEMMA, Pontevedra). En canto aos peixes, o metilmercurio únese moi fortemente os tecidos e tarda moito en desaparecer (biomagnificación), finalmente nas aves afectadas se observan problemas para o voo, comportamentos anormais o mesmo alteracións na reprodución (por exemplo, o Hg se transfire á placenta e pode causar lesións nerviosas).\nO ruido submariño producido por actividades humanas inclúe o tráfico marítimo e as extraccións de petróleo e gas (sons de altas e baixas frecuencias). Ademáis dos buques mercantes hai que resaltar a proliferación de embarcacións dedicadas ó turismo e outras como motos acuáticas ou embarcacións lixeiras, que causan graves molestias nestos animais. Na actualidade existe únicamente nas illas Canarias unha lexislación que evita o achegamento inadecuado destas embarcacións aos cetáceos (López et\nDentro do conxunto dos factores de risco que pesan sobre o hábitat mariño, esta contaminación constitúe unha das maiores ameazas a curto plazo, e a escala mundial, para o equilibrio dos océanos.\nDado que os cetáceos dependen do son en todos os aspectos das súas vidas, non cabe dúbida de que son especialmente vulnerables ás fontes de ruido artificial (López et al. 2003). Os mecanismos de resposta deles a este tipo de contaminación son numerosos destacando cambios de comportamento, lesións graves e alteracións reprodutivas. Pero a contaminación acústica tamén afecta ó resto da fauna mariña: no caso dos peixes (arenques) causa alteracións do crecemento, da acumulación de graxa e reducción dos índices reprodutivos. A exposicións de sons entre 40 e 50 dB provocan unha significativa diminución da viabilidade dos ovos e a redución da tasa de crecemento.\nVertidos de materia orgánica\nAvalíase a través de diversos ensaios, sendo os máis comúns a determinación da Demanda Bioquímica de Osíxeno (DBO5 ou BOD5) e a Demanda Química de Osíxeno (DQO ou COD). Canto maior é a descarga de DBO5 e COD, en termos de Kg/día ou Kg/ano, maior é o risco para todos os habitantes vivos do río.\nA metade destes vertidos nas rías galegas son xerados polas industrias, destacando as conserveiras e a industria de celulosa ENCE (Pontevedra) que chega ata os 8 millóns de kg de COD/ano, sindo considerada polos organismos ecoloxistas coma a responsable do maior vertido puntual de materia orgánica do litoral galego. Estes vertidos contribúen ao consumo de osíxeno da auga, xerando hipoxia e anoxia nos animais e á proliferación de microorganismos patóxenos. As especies máis sensibles a esta contaminación son os peixes e os crustáceos; nestas ten lugar unha diminución nas súas tasas de crecemento e reprodución, estrés, migración forzada, redución do seu hábitat, aumento da vulnerabilidade á depredación, a interrupción dos seus ciclos vitais e finalmente a morte. Residuos inorgánicos Ás rías chegan cada día miles de residuos inorgánicos sobrantes da produción das industrias costeiras que posúen unha mala xestión dos mesmos. Coma consecuencia disto as especies mariñas vénse moi afectadas: confunden os residuos con alimento e sofren modificación do seu hábitat.\nAves e mamíferos mariños así coma peixes son os máis afectados xa que a inxesta deste tipo de residuos provócalles normalmente a morte por asfixia.\nPeiraos, Recheos e Portos Deportivos\nSi botamos unha ollada á costa galega veremos unha morea de peiraos, recheos e portos deportivos que nos últimos anos están sendo ampliados e que son unha gran ameaza para os animais. Sinalamos como exemplos, o peirao da ría de Foz (Lugo) (que xera cambios na hidrodinámica da ría); o macrorecheo de Bouzas en Vigo (con contaminación lumínica e soterramento de bivalvos) e o porto deportivo de Vigo (con contaminación acústica, lumínica, vertidos de hidrocarburos e doutras sustancias químicas). Cambios na hidrodinámica das rías Segun estudos desenvolvidos por Castellanos et al. (2003), os cambios na hidrodinámica das rías levan consigo unha perda de productividade enorme, derivada da alteración na sedimentación das mesmas. Esto implica un cambio de hábitat para os seres acuáticos que se ven afectados. Un exemplo é a diminución de certas especies de bivalvos como o berberecho (Cerastoderma edule), consecuencia do incremento doutras especies (Zoostera spp.). Contaminación lumínica Os efectos sinalados para a contaminación lumínica das cidades (Dolsa & Albarrán, 2003) poden ser aplicables a estas infraestruturas. Só sinalar que no caso das aves mariñas, cáusalles deslumbramento, desorientación durante as migracións (xa que algunhas guianse grazas as estrelas), alteracións na conducta de búsqueda de alimento, alteracións na reprodución e a morte por colisión ou quemaduras. Vertidos de substancias químicas Os portos son as principais áreas onde o tributilo de estaño (TBT) alcanza os seus niveis máis altos. Este composto estannico se emprega como principio activo nas pinturas antiincrustantes aplicadas ós barcos para retrasar o desenvolvemento de organismos adheridos a súa superficie. Os efectos que provocan nas especies\nacuáticas, considerado como un dos máis perigosos, son moitos: así, os moluscos bivalvos (ostras, ameixas...) posúen unha baixa actividade dos sistemas enzimáticos encargados de debutilar a substancia, sendo capaces de concentrar grandes cantidades (bioacumulación), sen embargo non existen estudos claros que aseguren a posibilidade de biomagnificación.\nNo caso dos moluscos gasterópodos prodúcese non só bioacumulación, senón que a concentracións moi baixas, en Nucella lapillus (unha especie de caracol mariño) provoca a aparición dunha anomalía chamada imposex e que é unha alteración do sistema endócrino: ten lugar nas femias e consiste no desenvolvemento de gónadas masculinas o que lles provoca esterilidade (Barreiro et ál. 2004). Finalmente, nas aves mariñas afectadas é frecuente o adelgazamento de cáscaras de ovos.\nInfraestruturas aéreas\nPese ós beneficios e comodidades que aportan algunhas estructuras creadas pola man do home, posúen numerosos efectos adversos en canto á fauna se refire.\nInstalacións Eléctricas de Alta Tensión\nOs accidentes en tendidos eléctricos, xa sexa por electrocución ou colisión aumentaron paralelamente ó desenvolvemento das liñas de tendido eléctrico, especialmente no medio rural (Carbonell, 2010). Prodúcese cando as aves en voo non son capaces de evitar os cables e chocan contra eles. A susceptibilidade varía entre especies dependiendo de características corporais (envergadura e peso); dos hábitos gregarios (medios abertos ou estepas) crepusculares ou nocturnos e da meteoroloxía. Unha gran porcentaxe das colisións prodúcense cando, en condicións de escasa visibilidade, remontan o voo para evitar os conductores e atopan o cable de terra, de grosor menor.\nAtopamos dous factores que determinan o grao de risco: os técnicos (presenza de cable de terra, sección do conductor, disposición de fios en planos e amplitude dos vanos) e as áreas sensibles da trazada (zonas húmidas e cauces de río, esteparias, de paso migratorio e cortados rocosos).\nComo posibles solucións, hai documentos como o publicado pola empresa IBERDROLAREDEL no ano 2000, nos que contémplase evitar o trazado por áreas sensibles e situacións de risco; modificar o tipo de liña, como por exemplo no abastecemento de repetidores, (Tv, telefonía, pequenas instalacións agrícolas…); aínda que a opción máis óptima é emplazar unha caseta transformadora nun punto de menor altitude, e instalar un tendido en baixa tensión e cable seco trenzado ou soterrado, sinalado con balizas salvapaxaros e deseños de crucetas que disminúen o risco de electrocución para as aves.\nReforestación\nA configuración física do territorio galego fai que os recursos (auga, terras de cultivo…) atópense espallados por toda a xeografía, o que condiciona unha elevada ocupación do espazo por parte do home, incompatible en ocasións co benestar de moitas especies.\nMentres a superficie arborada medra, as especies forestais pouco esixentes desaparecen; non é o mesmo ter un cultivo forestal de eucalipto ou piñeiro que un bosque. Pero aínda hai máis, a calidade ambiental dos bosques existentes diminúe progresivamente; cada día están máis fragmentados e illados e a súa diversidade estrutural é menor; as árbores máis grandes desaparecen, apenas hai troncos mortos no sotobosque fundamentais para o refuxio da fauna invertebrada da que se alimentan moitas especies (Teixido et ál. 2009).\nDe acordo ao Catálogo Nacional de Especies Amenazadas, publicado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y\nMarino con data 12 de xullo de 2005, a poboación de pita do monte (Tetrao urogallus) restrínxese ós Ancares debido a deteriorización do límite entre bosque e matorral; a apertura de pistas forestais; as molestias por parte de cazadores e excursionistas e, posiblemente, ó cambio climático. Da mesma forma, especies como a arcea (Scolapax rusticola), o papamoscas cincento (Muscicapa striata) e o rabirudo de testa blanca (Phoenicusrus phoenicurus) poden desaparecer en pouco tempo, entre outras causas, por falta de bosques e de ocos nas árbores nos que aniñar. Algunhas, precisan dun bosque e áreas abertas para sobrevivir, como a águia calzada (Hieraetus pennatus). O pardal montés (Passer montanus) é difícil de atopar por causa da tala de árbores frutais, en cuxos ocos facían os niños. Finalmente, destacar a sensibilidade dos falcóns pelegríns (Falco peregrinus) a determinados pesticidas.\nEn xeral, as especies de aves con fortes requerimentos xeolóxicos están nunha situación moi desfavorable en Galiza. As únicas non ameazadas serían aquelas que non teñen esixencias específicas estritas, xeralistas capaces de sobreviviren ainda que estraguemos o entorno.\nParques Eólicos (Terrestres e Mariños) e Aeroportos\nA enerxía eólica emprégase como ferramenta contra o cambio climático ó reducir a dependencia de combustibles fósiles e por tanto, diminuir as emisións nocivas de gases de efecto invernadoiro, sen embargo a súa producción non está exenta de consecuencias negativas, especialmente nas aves (Vispo, 1999).\nA ausencia en España dunha Avaliación Ambiental Estratéxica de plans e programas de enerxía eólica propiciou que a rápida proliferación de parques eólicos producírase, en moitas ocasións, sen unha adecuada planificación e seguemento destos, xerándose así un incremento dos efectos negativos que provocan na fauna local\nSegún sinala Atienza et al. (2008), os principais impactos sobre eles pódense resumir en:\nImpacto directo: Por colisións contra diversos elementos (rotores, aspas, torre, estruturas asociadas) dando lugar a lesións. A maiores, a súa presenza provócalles un desprazamento de hábitat que pode dar lugar a un desequilibrio da reprodución e, polo tanto, a unha perda de poboación. Cabe destacar o efecto barreira, xa que supón un impedimento para a mobilidade das aves (alimentación, invernada, cría e muda), ademáis, os rodeos que ten que facer provócanlles un maior gasto enerxético que pode chegar a mermar o seu estado físico.\nImpactos indirectos: A construción e a explotación dun parque eólico conlevan a instalación doutros elementos auxiliares como accesos á Rede Eléctrica Nacional. Estos elementos, a súa vez, poden xerar unha serie de impactos negativos propios sobre o medio ambiente: alteración e destrución do hábitat, destrución de postas e camadas, molestias, electrocucións, electromagnetismo, erosión, alteración do fluxo hídrico, etc. 86\nImpactos inducidos: Debido ao aumento da presión humana sobre os ecosistemas naturais e que pode conlevar ao aumento da presión cinexética e recoletora, ou do risco de incendios non naturais. Tamén pode incluírse o efecto derivado da utilización dos viais de acceso por parte de motoristas, todoterreos ou paseantes.\nImpactos acumulativos: Tamén pódense dar efectos acumulados con outras infraestruturas na zona (por exemplo, moitos paseriformes son susceptibles de colisionar coas aspas dos molinos, pero tamén contra os vehículos das estradas próximas).\nHoxe en día, en Galiza existe un Mapa Eólico Mariño aprobado no ano 2009 polos Ministerios de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, así como o de Industria, Turismo y Comercio, e que representa as zonas favorables, favorables condicionadas e desfavorables para levar a cabo a súa instalación no noso litoral. Todos os efectos da instalación dos aeroxeradores que imos relatar están baseados en parques eólicos de Dinamarca, por ser a rexión de Europa con máis parques mariños. Así, os estudos existentes ata a data demostran que os grupos faunísticos máis afectados no caso dos parques terrestres son as aves e os morcegos. No caso dos morcegos, vense máis afectados a comezo do verán e en outono, xa que son especies migradoras, aínda que as especies sedentarias tamén vénse alteradas.\nNo caso dos parques mariños son os cetáceos e as aves mariñas: aos cetáceos, provócalles desorientación debido ós campos electromagnéticos provocados polas conexións dos cables destas instalacións; cambios de conducta (migracións, búsqueda de alimento, apareamento…) e alteracións anatómicas (rotura de tímpano, vibracións de cavidades orgánicas…) causadas polo ruido xerado na construcción, mantemento e funcionamento deles. Para as aves mariñas, os efectos son os mesmos que no caso dos eólicos terrestres.\nActualmente, non existen en España directrices para a avaliación dos impactos ecolóxicos provocados pola implantación de parques, xa sexan terrestres, costeiros ou mariños. Segundo sinala a propia Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a Avaliación de Impacto Ambiental (AIA) é a ferramenta que debe proporcionar medios para integrar factores ambientais no planeamento e toma de decisións, de forma que se reduzan as consecuencias negativas para o medio.\nConclusións\nToda a sociedade entende que as enerxías renovables son a mellor opción para a ecoloxía do planeta, pero… ¿é isto verdade, ou é, como todo, subxectivo? A falta dunha lexislación maís precisa sobre este tipo de construcións provoca que en ocasións se constrúan instalacións en zonas non aptas para elas ou tamén que non se teña en conta os seus efectos a mediolongo prazo sobre a entorno animal.\nTodos somos conscientes de que o progreso e o benestar ten un prezo, pero sempre considerando os riscos que entraña a creación de novas infraestruturas, co fin de minimizar ou polo menos controlar, devanditos riscos. Aquí, o termo sostible alcanza o seu máximo sentido. Facemos unha chamada de atención cara á observación e control de todas aquelas especies animais vinculadas estreitamente ao home a través de diversos aspectos, e que poden ver arriscada a súa supervivencia, ou o seu benestar.\nBibliografía\nFerrás, C., Macía, J.C., García, Y., Armas, F.J. (2007). La agricultura familiar sostenible en sistemas minifundistas. Estudio de casso comparados en Galicia e Irlanda. Ager: Revista de estudios sobre despoblación y desarrollo rural (6): 101128.\nTolosa, F. (2003). Efectos del ruido sobre la salud. Discurso inaugural del Curso Académico 2003 en la Real Academia de Medicina de las Islas Baleares. Dispoñibel en: http://www.ruidos.org/Documentos/Efectos_ruido_salud.html\nAsociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA). Dispoñibel en: http://adega.info\nBarreiro, R., Quintela, M. & Ruiz, J.M. (2004). TBT e imposex en Galicia: los efectos de un disruptor endocrino en poblaciones de gasterópodos marinos. Ecosistemas 13 (3):\n1329. Carbonell, R. (2010). Los tendidos eléctricos y los peligros sobre las aves. Dispoñibel en: http://www.ucm.es/info/biologia/actualiz/temp/tendidos.htm.\nCastellanos, C., HernándezVega, S. & Junio, J. (2003). Cambios bentónicos en la ría de Foz (Lugo) (noroeste de España) tras la construcción de un espigón. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, Vol. 19 (14): 205218.\nConsellería de Medio Rura, Xunta de Galicia (2010). Dispoñibel en: http://mediorural.xunta.es/areas/infraestruturas/presentacion/\nCoordinadora para el Estudio de los Mamíferos MarinosGalicia (CEMMA). Dispoñibel en: http://www.arrakis.es/~cemma Dolsa, A.G. & Albarrán, M.T. (2003). La problemática de la contaminación lumínica en la conservación de la biodiversidad. I Sesión de trabajo sobre la Contaminación Lumínica Departament de Medi Ambient Generalitat de Catalunya. Dispoñibel en: http://www.um.es/eubacteria/Biodiversidad.pdf. EFE (2008). Ence, Sogama y Elnosa, príncipales focos contaminantes de Galicia según Greenpeace El Faro de Vigo, 11 de febreiro de 2008. Galicia Ambiental (2009). La contaminación acústica aumenta en Galicia Galicia ambiental (en liña) Dispoñibel en: http://www.galiciaambiental.net/ GREENPEACE. Dispoñibel en: http://www.greenpeace.org/espana/reports."} {"summary": "O abandono da terra agrícola é un tema de plena actualidade en Galicia: existen traballos científicos que confirman a súa existencia, textos legais que falan da “continua perda de superficie agraria útil”, e evidencias visuais para calquera observador atento. Non obstante, o problema atópase pendente de ser cuantificado e ubicado territorialmente, en grande medida porque a insuficiente desagregación espacial dos datos estatísticos dispoñibles sobre coberturas ou usos do solo non permite capturar a súa grande complexidade. Neste traballo achégase unha aproximación cartográfica ó problema tomando como base a escala municipal, dentro dunha das comarcas máis dinámicas do sector agrario galego, e cunha perspectiva temporal a medio prazo. Os resultados confirman a diminución da superficie agrícola da comarca, pero destaca o feito de que esa diminución se concentrou exclusivamente nunha parte dos concellos que a integran, mentres que o resto se mantiveron nos niveis de 1956 ou incluso os incrementaron. Deste resultado conclúese a necesidade de territorializar as políticas concebidas para combatir o abandono e as súas consecuencias negativas, de modo que se actúe principalmente nas áreas máis afectadas.", "text": "Artigo ISSN 18855547\nEduardo Corbelle Rico · Rafael Crecente Maseda\nEstudio da evolución da superficie agrícola na comarca da Terra Chá a partir de fotografía aérea histórica e mapas de usos, 19562004\nbeing quantified and spatially located, largely because the spatial detail of the available statistical sources about land use and/or land cover is insufficient to capture its great spatial complexity. This paper approaches the problem from a cartographic perspective at municipal level, taking a group of municipalities usually considered as having a dynamic agriculture, and using a 50 year timeframe. The results confirm the decrease of agricultural area at the group level, but also point out that the decrease was concentrated on only a part of municipalities while the rest of them maintained levels that were equivalent to those of 1956 or even higher. Conclusions point towards the need for the spatial planning of measures intended to fight land abandonment and its consequences, so that they are tailored to the actual distribution of the problem.\n\nA recente aprobación da Lei do Banco de Terras de Galicia (Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia, DOG de 31 de maio) sitúa o problema do descenso da Superficie Agrícola Utilizada (SAU) na comunidade nun lugar importante e de dominio público, na medida en que este está directamente relacionado con algúns dos problemas de fondo do medio rural galego como, por exemplo, os incendios forestais, a diminución e envellecemento da poboación rural, ou a perda de agroecosistemas tradicionais de alto valor ecolóxico e paisaxístico. A literatura científica europea establece con claridade esta relación entre os procesos de marxinalización e abandono da agricultura e as consecuencias negativas de tipo social, ambiental e paisaxístico que conlevan (Baldock et al., 1996; MacDonald et al., 2000; EEA, 2004; Strijker, 2005; DLG, 2005). No caso galego foron os traballos realizados desde a economía agraria, apoiados fundamentalmente sobre os datos de sucesivos Censos Agrarios, os que resaltaron a existencia dunha continua diminución do número de explotacións que, combinada coa escasa transferencia da terra ás explotacións que se mantiveron en activo, daría como resultado o descenso\nPalabras clave SAU · uso do solo · abandono de terras · sistemas de información xeográfica · fotografía aérea Abstract Land abandonment has become a topical issue in Galicia: there are scientific works that confirm its existence, legal texts that mention the “continuous reduction of agricultural area”, and enough visual evidence for any attentive observer. Nevertheless, the problem is far from\nEduardo Corbelle Rico · Rafael Crecente Maseda Departamento de Enxeñería Agroforestal. Escola Politécnica Superior. Universidade de Santiago de Compostela Campus Universitario s/n, 27002. Lugo. http://laborate.usc.es Tel. 982285900, ext. 23292. email: eduardo.corbelle@usc.es progresivo da SAU e o relativo estancamento da superficie media das explotacións (López Iglesias, 1996, 2000). Non obstante, a información sobre usos/cubertas do solo procedente das diferentes fontes estatísticas (por exemplo os Anuarios de Estadística Agroalimentaria do Ministerio de Agricultura, os Anuarios de Estatística Agraria da Consellería de Medio Rural, ou os propios Censos Agrarios) non permite apoiar de maneira contundente afirmacións como as contidas no texto da Lei 7/07 acerca da “continua redución da superficie agraria útil”, e en todo caso obriga a grandes matizacións. Por exemplo, o Censo Agrario de 1989 cifra a SAU galega en 675.038 ha, mentres que o correspondente a 1999 fala de 696.690 ha (INE, 2008a). De modo similar, os Anuarios do Ministerio tampouco indican unha tendencia clara ó descenso: 870.500 ha en 1980, 973.000 ha en 1989, e preto das 874.000 ha en 2003, por citar só algunhas (MAPA, 19812004). A fiabilidade das fontes, a maiores, é discutible: por exemplo os datos de superficie presente nos Censos son os declarados polos entrevistados, e entre os Anuarios só os da Consellería informan da metodoloxía empregada (que precisamente cambiou desde 2002 en adiante; Xunta de Galicia, 2003).\nNon obstante, a existencia de procesos de abandono da actividade agrícola no noso territorio é evidente para calquera observador atento. A súa existencia si se reflicte nas fontes estatísticas cando se descende, por exemplo, ó nivel provincial: tanto os Anuarios do Ministerio como os Censos Agrarios permiten identificar a Ourense como a provincia con perda neta de SAU dentro da Comunidade Autónoma nas últimas décadas (INE, 2008a; MAPA, 19812004). Resulta evidente que os valores medios contidos nas estatísticas enmascaran un fenómeno complexo que ten lugar a diferentes escalas que van desde a explotación individual ata a parroquia, municipio, comarca e provincia, e que se distribúe de maneira irregular polo territorio. Isto leva a pensar que para un axeitado tratamento do problema -por exemplo, para dirixir as accións ás áreas máis afectadasé necesario ter esta complexidade en conta e realizar un tratamento particular da cuestión, máis centrado na súa compoñente espacial. É dicir, trataríase de identificar a unha escala operativa (por exemplo municipal) as entidades que máis sufriron a perda de SAU.\nObxectivos\nO traballo que se presenta toma unha área de estudo relativamente extensa e diversa como é a comarca da Terra Chá e analiza cunha perspectiva a medio prazo (aproximadamente 50 anos) a evolución seguida pola superficie ocupada pola agricultura. Interesa en particular someter a proba o hipotético descenso da SAU que tería sucedido, así como coñecer a súa distribución a escala municipal e as direccións de cambio operadas.\nConflúen neste traballo o concepto de SAU, entendido como a suma de terra arable, prados e pasteiros, e por outro lado o concepto, máis amplo, de superficie agrícola. A distinción é pertinente por canto a superficie utilizada pola agricultura na Galicia de mediados do século XX incluía unha parte da superficie de mato, na súa función de aporte de pasto e estrume, e polo tanto era máis ampla que a SAU. Estrictamente, este traballo utiliza a variacion de SAU como un estimador das variacións da superficie agrícola.\nÁrea de estudio\nA comarca da Terra Chá está situada na provincia de Lugo (figura 1) e inclúe, segundo a definición establecida polo decreto que regula o mapa comarcal de Galicia (Decreto 65/1997, de 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia), nove concellos: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba, e Xermade. A extensión dos diferentes municipios oscila entre os 127 km² de Begonte e os 379 km² de Vilalba, ata un total conxunto de 1822 km².\nDesde o punto de vista xeográfico, a comarca está formada por unha extensa chaira central, da que toma o nome, rodeada por un conxunto de formacións montañosas que a separan das comarcas veciñas: as serras de Cova da Serpe e da Loba polo oeste forman a fronteira coa provincia de A Coruña, as serras da Carba e do Xistral establecen o límite coa Mariña luguesa, e o Cordal de Neda e a serra de Meira forman o límite oriental. O conxunto da comarca constitúe unha área de drenaxe natural en dirección sur a través do\nFigura 1.- Situación e concellos da comarca de Terra Chá río Miño e os seus afluentes. O interese da comarca para este traballo reside en varios factores: (a) está situada nunha provincia (Lugo) que de acordo coa información estatística existente non se viu seriamente afectada por un descenso de SAU nos últimos vinte anos (De acordo cos\nMateriais\nO voo fotográfico de 195657\nO voo de 195657 é resultado dos acordos comerciais e militares, iniciados arredor do ano 1943, firmados entre os gobernos de EEUU e España. Os militares norteamericanos realizaron dous voos fotográficos con cobertura completa do territorio español: o voo da serie A, realizado en 19451946 a escala 1:45.000, e o voo da serie B, feito en 19561957 a escala 1:30.000 (Fernández García & Quirós Linares, 1997).\nEste traballo baséase na hipótese de que o voo de 195657 proporciona unha boa imaxe do sistema agrario tradicional, entendido como previo á “revolución verde” da segunda metade do século XX. Ata que punto o sistema agrario xa sufrira transformacións na altura é difícil de afirmar, pero todas as fontes indican que o período de guerra civil e posguerra supuxo un freo á dinámica transformadora que comezara no primeiro tercio do século XX e incluso unha pequena volta atrás, e que as novas transformacións non comezaron ata finais dos 50 ou primeiros dos 60. No caso galego e en particular na Terra Chá está ben documentado como o sistema de rozas, a gandería extensiva e o sistema de “ano e vez” nas agras se mantiveron ata ben entrada a década de 1950 (Cardesín Díaz, 1992; Bouhier, 2001).\nO mapa de usos e as ortofotografías do SIGPAC\nOs datos de cobertura actual foron derivados do mapa de recintos do SIGPAC, correspondente ós anos 20032004. Tamén se utilizaron as ortofotografías do proxecto SIGPAC, para a fotointerpretación e como material de apoio na ortorrectificación das fotografías de 1956.\nDixitalización e ortorrectificación da fotografía de 1956\nO material fotográfico de 1956 estaba dispoñible na forma de copias de contacto dos negativos orixinais, en papel fotográfico convencional e cun grao de conservación aceptable. O voo sobre a provincia de Lugo foi realizado en pasadas na dirección lesteoeste e numeradas de norte a sur, de modo que a zona de traballo quedou recollida nas pasadas 6 a 18, tomadas en diferentes momentos comprendidos entre abril de 1956 e agosto de 1957 (figura 2).\nAs copias en papel dixitalizáronse empregando un escáner convencional tamaño A3, a unha resolución de 21 mm/píxel. Dada a escala de voo, a resolución espacial sitúase aproximadamente nos 60 cm/píxel. Posteriormente sometéronse a un proceso de ortorrectificación e mosaico co paquete informático Erdas Imagine 9.1, empregando como material de apoio un modelo dixital do terreo con malla de 5 metros derivado da cartografía 1:5000 e as ortofotografías dixitais do SIGPAC (anos 20032004 e erro medio cuadrático menor de 1, 25 m; MAPA, 2002). A calidade da ortorrectificación foi estimada mediante puntos de comprobación independentes, cun resultado en torno ós 5 metros de erro medio cuadrático, de modo que constitúe un produto cartográfico válido segundo os criterios máis habituais para unha escala de publicación de 1:20.000 (Corbelle Rico et al., 2006).\nDeseño da mostraxe\nDada a grande extensión da área de estudo optouse por utilizar técnicas de mostraxe estatística, e non un inventario completo. Escollemos un esquema sistemático coa finalidade de asegurar un bo reparto sobre a superficie de estudio, unha aproximación similar á empregada noutros estudos de uso/cobertura do solo como o caso do proxecto da Unión Europea Land Use/Cover Area frame statistical Survey (LUCAS) (Martino & Fritz, 2008). O deseño da mostra tomou a forma de malla cadrada de 500 m de lado, na que cada vértice define un punto de mostraxe (7.274 en total). En cada un destes puntos identificouse un círculo de 100 m² (12 m de diámetro), e a cuberta existente obtívose por fotointerpretación para 1956 e directamente do mapa de recintos do SIGPAC para o ano 2003. As clases de cuberta identificadas reducíronse a catro, de maneira similar a outros traballos (Calvo Iglesias, 2005; Mottet et al., 2006; Millington et al., 2007; van Doorn & Bakker, 2007): (1) terra arable, prados e pasteiros, (2) mato, (3) arborado, e (4) outras superficies.\nFotointerpretación\nPara facilitar unha mellor comprensión dos tipos de cuberta existentes en 1956 e a súa distribución recorremos á descrición das formas de organización agraria realizada por Bouhier (2001), que no caso da área de traballo se corresponde a grandes rasgos coa área de “eidos de cerrados das montañas septentrionais” no caso do concello de Muras, e coa área dos “eidos de agras” no resto dos concellos. Desde o punto de vista do fotointérprete, a primeira delas representa a maior dificultade, debido á mistura confusa entre as áreas de labradío, pasteiros e mato que pode chegar a “despistar ó observador e ás veces ata ó propio utilizador” (Bouhier, 2001). A fotointerpretación das zonas de agras é máis simple, polo contrario, debido á presencia dos grandes bloques de cultivo (agras) facilmente indentificables. En ambos casos, unha dificultade adicional débese á coexistencia de diferentes graos de intensidade no aproveitamento do mato, que van desde as áreas de mato sementado, a miúdo na proximidade da explotación e en ocasións inserido na zona de agras, ata o mato que cubría áreas intermedias entre dúas parroquias, constituíndo en principio un terreo inculto pero “de vez en cando, furado por vastos bloques de cultivo, non cerrados, e traballados senón de xeito absolutamente definitivo, alomenos durante períodos longos ou bastante longos” (Bouhier, 2001). Esta diferenciación non afecta á identificación de cubertas, pero ten implicacións importantes á hora de estimar a superficie explotada pola agricultura en apartados posteriores. A figura 3 mostra un exemplo de identificación de diferentes cubertas nunha zona de agras.\nFigura 2.- Pasadas do voo de 19561957 sobre a área de estudio\nFigura 3.- Exemplo de interpretación de cubertas (Cerdeiras, Begonte, xullo de 1957)\nAdaptación do mapa de recintos do SIGPAC\nDado que a lenda de usos de SIGPAC é máis detallada que a que utilizamos neste traballo, era necesario simplificala. O criterio seguido para adaptala aparece na táboa 1. Destaca ó final da táboa a categoría ZC (“Zona Concentrada non reflectida na ortofoto”) sobre a que o SIGPAC non aporta datos de cuberta: para os puntos de mostraxe que caeron nestas zonas realizouse unha interpretación manual sobre a fotografía de 20032004.\nResultados\nDistribución das cubertas do solo\nOs resultados (figura 4) mostran unha paisaxe que en 1956 estaba dominada case a partes iguais pola superficie cultivada e a superficie de mato (arredor do 45% da superficie comarcal) cunha presenza moi reducida das áreas cubertas por arborado (en torno ó 7% da superficie). Os datos de 200304 mostran un lixeiro descenso da superficie cultivada (40% da superficie comarcal), un descenso considerable da superficie de mato que a reduce case á metade (28%), e un incremento notable da superficie cuberta por arborado ata igualar á de mato (28%).\nA nivel municipal a distribución da superficie ocupada polas diferentes cubertas segue un patrón similar (SAU e mato son as cubertas maioritarias en 195657) pero con certas diferencias entre concellos (táboa 2).\nPara valorar a evolución seguida pola SAU de cada concello, e dado que os datos proceden de mostraxe, o criterio para decidir se a variación entre as proporcións observadas era significativa ou non foi o intervalo de confianza ó 95% calculado para cada ano segundo o método proposto por Goodman (1965) para distribucións multinomiais (figura 5). Como se pode observar na figura, existen diferencias significativas nos concellos de Begonte, Guitiriz, Muras, Vilalba e A Pastoriza, coa particularidade de que as variacións nos catro primeiros foron á baixa mentres que no último a SAU municipal se incrementou. Nos catro concellos restantes (Abadín, Castro de Rei, Cospeito e Xermade) existe solape entre os intervalos de confianza calculados para cada período, polo que non é posible afirmar que tivera lugar un cambio da superficie ocupada por SAU.\nDireccións de cambio\nA comparación das cubertas identificadas en cada punto da mostra nos dous anos de referencia permite detectar os cambios entre as diferentes superficies. A táboa 3 compara as superficies segundo o tipo de cuberta que tiveron en 19561957 (en filas) e a que presentaban en 20032004 (columnas). A suma de cada fila representa a superficie cuberta por unha determinada categoría en 195657 e a\nTáboa 1.- Adaptación da lenda do SIGPAC\nsuma dunha columna corresponde ó total de 2004. As cifras na diagonal da táboa representan as áreas que non mudaron de cuberta, e o resto das cifras representan a área que mudou dunha cuberta anterior (fila) a outra actual (columna), de modo que ó ler unha fila podemos ir descifrando o destino da superficie orixinal.\nDa análise da táboa 3 destaca o feito de que a perda de SAU entre 1956 e 2004 se debe de modo maioritario á ocupación por arborado (181 km²), e en segundo lugar á colonización por mato (119 km²). Tamén se pode apreciar que amplas superficies de mato foron roturadas para soster un uso agrícola máis intensivo (182 km²), de modo que o balance de cambios entre mato e SAU é favorable a esta última. Non obstante, neste punto é necesario ter en conta que o uso de grande parte da superficie de mato en 195657 tiña un carácter ben diferente do actual: hoxe é posible afirmar que as superficies cubertas por mato non soportan practicamente ningún tipo de aproveitamento, o cal non era certo cincuenta anos antes. É razonable pensar que grande parte dos 182 km² de terras roturadas simplemente impliquen o paso dunha forma de aproveitamento agrogandeiro extensivo a outra máis intensiva e non sexan, en definitiva, terras gañadas pola agricultura.\nO crecemento do arborado, pola súa parte, sería en parte o resultado da rexeneración natural pero sobre todo consecuencia da repoboación con fines de produción madeireira. Por exemplo como consecuencia das actuacións do antigo Patrimonio Forestal do Estado (PFE), activo entre os anos 1941 e 1971 e co período de máxima actividade entre 1952 e 1962. Aínda que os concellos da\nTerra Chá non foron dos máis afectados, a superficie repoboada nesta comarca entre 1941 e 1971 sitúase en torno ós 160 km² (Rico Boquete, 1995). Tendo en conta que as actuacións se concentraron sobre montes veciñais non incluídos no Catálogo de Utilidade Pública, as repoboacións tiveron lugar principalmente sobre áreas que ata entón eran aproveitadas como mato para leña e pastoreo extensivo, como acreditan as protestas veciñais que suscitaron en numerosos casos. Polo tanto, esta actividade repoboadora está incluída fundamentalmente no cambio de mato a arborado e non de SAU a arborado, de xeito que este último debe responder sobre todo á repoboación por parte dos propietarios a título individual, e podemos supoñer que se deu maioritariamente nun momento moito máis cercano - probablemente na década de 1990-, en grande parte ó abrigo das subvencións outorgadas precisamente para ese fin (García Arias & Pérez Fra, 2001).\nCambios por grupos de concellos\nAs táboas 4, 5 e 6 mostran as diferentes direccións de cambio detectadas nos concellos. Para simplificar a comprensión, agrupamos os concellos en tres conxuntos baseándonos na evolución seguida pola SAU:\nGrupo 1: concellos nos que diminuíu a porcentaxe de SAU (Begonte, Guitiriz, Muras e Vilalba). Grupo 2: concellos nos que se mantivo a porcentaxe de SAU (Abadín, Castro de Rei, Cospeito e Xermade). Grupo 3: concellos nos que se incrementou a porcentaxe de SAU (A Pastoriza). Da comparación das táboas pódense destacar tres ideas principais. En primeiro lugar, o paso de SAU a mato é similar entre os tres grupos pero lixeiramente maior nos concellos nos que a SAU descendeu (grupo1). Sen embargo, o paso de SAU a arborado presenta diferencias máis importantes entre os tres grupos, aínda que reproduce a mesma tendencia (maior no grupo 1 que nos outros dous). Finalmente, e o que é máis importante, o cambio que presenta maiores diferencias entre os tres grupos é a roturación de terras de monte (paso de mato a SAU), practicamente se duplica do grupo 1 ó 2 (6, 5% e 12, 6% respectivamente) e ten moita importancia no grupo 3 (18%). É dicir, semella que o factor determinante na diferente evolución da SAU nos concellos estudados non é tanto o abandono da terra (a expansión do mato por superficie anteriormente cultivada), senón á repoboación con fins madeireiros sobre áreas cultivadas (responsable da maior parte da expansión do arborado) e, sobre todo, a escasa actividade de roturación realizada nos concellos do grupo 1.\nA SAU e a evolución das explotacións\nCo fin de valorar ata que punto a evolución detectada se corresponde con outros datos dispoñibles, podemos comparala coa evolución do número de explotacións en cada un dos grupos de concellos xa definidos (táboa 7). Da\nTáboa 4.- Transicións observadas entre 1956 e 2004 (km²), grupo 1\nTáboa 5.- Transicións observadas entre 1956 e 2004 (km²), grupo 2\nTáboa 6.- Transicións observadas entre 1956 e 2004 (km²), grupo 3\ncomparación pódese apreciar que foi nos concellos do grupo 1 onde o peche de explotacións foi máis acusado, o que é coherente coa bibliografía (López Iglesias, 1996). Por outra parte, para avaliar que tipo de aproveitamento realizan as explotacións sobre a súa superficie, e tendo en conta que non se dispón de datos de SAU por explotación para o censo de 1962, utilizamos a relación entre SAU e superficie total (SAU/ST) correspondente a 1999 (táboa 6). Como se pode observar, os valores son maiores para os grupos 2 e 3, o que está relacionado coa relativa importancia -en termos de superficieda transición de mato a SAU detectada nas matrices de cambio nestes grupos (táboas 4, 5 e 6). Este feito indica que moitas das explotacións destes concellos incrementaron a súa SAU mediante a roturación, para usos máis intensivos, de superficies de mato da súa propiedade, e corrobora o maior peso da transición de mato a sau detectada no traballo.\nUn dos factores que puido facilitar ese mellor aproveitamento da superficie das explotacións (especialmente no grupo 3 formado por A Pastoriza) é a concentración parcelaria: destaca o feito de que A Pastoriza sexa o concello da comarca con máis superficie concentrada en 1999 (22 zonas de actuación e máis de 13.000 ha afectadas), seguida de Castro de Rei (5 zonas de actuación) e con bastante menor importancia no resto (Crecente Maseda et al., 2001).\nConclusións\nOs resultados mostran que a SAU comarcal descendeu levemente entre 1956 e 2004: do 44, 5% ó 39, 8% da superficie comarcal. Non obstante, débese ter en conta que dentro do marco do sistema agrario imperante en 1956 o concepto de superficie utilizada pola agricultura incluía non só a terra arable e os prados e pasteiros senón tamén unha boa parte da superficie de mato (que en 1956 ocupaba arredor do 45% da superficie comarcal). Nese sentido podemos afirmar que o descenso de superficie agrícola en sentido amplo tivo que ser moito máis marcado. En todo caso o descenso de SAU é o resultado de tres cambios de uso en sentidos diferentes: aqueles que actúan diminuíndo a súa superficie (de SAU a mato, de SAU a arborado) e o que actúa incrementándoa (de mato a SAU). O balance das transferencias entre a SAU e o mato foi favorable á primeira, revelando que foi maior a superficie de mato roturada para usos agrícolas que a SAU que evolucionou a mato como consecuencia do abandono. O caso das transferencias entre SAU e arborado é diferente, xa que é case anecdótico o caso da superficie arborada que pasa a ser utilizada pola agricultura pero moi importante a superficie agrícola que se cubre de arborado (10% da superficie comarcal).\nO traballo confirma a complexidade espacial do proceso ó detectar diferencias importantes na evolución seguida pola SAU nos distintos concellos que forman a comarca: os resultados permiten detectar a presencia de concellos nos que a SAU descendeu durante o período estudado, xunto a outros nos que se mantivo estable ou incluso se incrementou (o caso particular do concello da Pastoriza). A diferente evolución entre concellos parece ser gobernada fundamentalmente por dous tipos de cambio: o paso de SAU a arborado, e o paso de mato a SAU, que a grandes rasgos se corresponden coa repoboación forestal e coa roturación de terras de monte para uso agrícola (reflectida na relación SAU/ST). Interesa resaltar que foi o cambio de uso voluntario por parte do propietario e non o simple abandono da terra, o factor que máis afectou ó descenso de SAU. Por outra parte, tamén se demostra que o descenso local de SAU se pode producir incluso nunha comarca considerada moi productiva, e cunha clara especialización gandeira, como é o caso da Terra Chá.\nEn resumo, o traballo confirmou que máis alá das variacións que a superficie agrícola experimente a nivel rexional, é necesario ter en conta a gran variabilidade espacial do fenómeno. Demóstrase que o descenso local de SAU se produciu incluso nunha comarca considerada moi produtiva. En consecuencia, as medidas encamiñadas a contrarrestar o proceso de perda de SAU e as súas consecuencias negativas beneficiaríanse en grande medida dunha planificación espacial que dirixa a súa atención cara as áreas nas que esta é máis necesaria. É evidente a necesidade doutros estudios que, tamén desde o punto de vista territorial, completen esta análise e, en particular, fagan máis fina a escala temporal de traballo.\nAgradecementos Os autores queren expresar o seu agradecemento á Dirección General de Medio Natural y Política Forestal, e en particular ó Dr. Enxeñeiro de Montes D. Roberto Vallejo, polas facilidades para acceder ós seus fondos.\nReferencias\nBaldock, D., Beaufoy, G., Brouwer, F. Godeschalk (1996)."} {"summary": "Neste traballo preséntanse os resultados dun estudo sobre a Escola Agrícola Pedro Murias no relativo ao seu papel como institución adicada á experimentación agropecuaria e á divulgación. Un labor que se desenvolveu entre 1916 e 1936 na parroquia A Devesa, concello de Ribadeo, e que parte do interese particular dun indiano por fundar un centro que permitira aos labregos da comarca innovar as súas explotacións. Coincide no tempo con outras institucións creadas polo Estado co obxectivo de facer competitivos os produtos agrogandeiros españois no marco dunha agricultura mundializada e inmersa nun novidoso marco capitalista. A institución devesá, a través dos seus directores, vaise postular nos grandes debates agronómicos do momento (mellora da raza vacúa galega, opción produtiva da gandería, etc.) e levar a cabo un destacado labor de experimentación e divulgación que se ben non consegue converterse nun referente a nivel galego, malia súa potencialidade, resulta decisivo no avance do agro da comarca de Ribadeo.", "text": "Ana Cabana Iglesia\nO labor de experimentación e divulgación agronómica da Granxa da Devesa (19161936)\n Experimentación agropecuaria, divulgación, agro galego, Ribadeo, primeiro terzo do século XX Abstract We report the results of a study of the agricultural research and community education activities of the Pedro Murias Agricultural School. This school, which operated between 1916 and 1936 in the parish of A Devesa in the municipality of Ribadeo (Lugo, Spain), was promoted by a returned émigré to encourage and help local peasant farmers to modernize their farms. During the same period, Spanish governments were also setting up institutions aimed at making Spanish farming produce competitive in a market that was becoming increasingly international and capitalist. The directors of the Pedro Murias School were active in contemporary debate on issues such as the improvement of autochthonous Galician breeds cattle and carried out significant research as well as educational programmes. Although the School failed to achieve general renown throughout Galicia as it might have done, it was a decisive factor in the modernization of agriculture in the Ribadeo area.\n20th century.\nIntrodución\nNas primeiras tres décadas do século XX desenvolvéronse en España unha serie de iniciativas institucionais co obxectivo de mellorar a situación agrícola e gandeira nacional. Unha delas foi a constitución e o fomento de centros destinados á investigación agronómica. En Galicia os máis senlleiros foron a Granxa Agrícola da Coruña, a Estación de Fitopatoloxía e a Misión Biolóxica, con Cruz Gallástegui á cabeza (Fernández Prieto, 1988, 1992; Cabo Villaverde, 1997, 1999). De maneira paralela a estas institucións xurdiu outro centro con obxectivos similares. Foi posto en marcha no concello de Ribadeo, concretamente na parroquia da Devesa. En puridade, estamos ante unha escola agrícola, é dicir, unha institución onde se primaba o ensino sobre calquera outra actividade, pero tamén ante unha “granxa”, nome co que é coñecida na zona, dado que a experimentación agronómica e a divulgación era outro dos eixes do seu labor. A Granxa da Devesa, fundada polo desexo e co capital do indiano Pedro Murias, empezou a erguerse en 1916 e tivo nos anos vinte o seu momento de máximo esplendor institucional. A diferenza do resto do\nAna Cabana Iglesia Dpto. Historia Contemporánea e de América Escola Politécnica Superior. r./ Bernardino Pardo Ouro, s/n Campus de Lugo. Univ. de Santiago de Compostela 27002 LUGO Tfno: 34982252231ext. 24728 email: acabana@usc.es\n“entramado institucional”, a Granxa da Devesa non parte do anceio estatal por innovar o sector agrícola galego e facelo competitivo no mercado internacional, senón do interese persoal dun emigrante que, a título póstumo, decidiu investir a súa fortuna, acumulada en Cuba na industria do tabaco, na fundación dunha institución educativa que puxera a disposición das novas xeracións de devesáns os avances científicos referidos ao agro. O feito fundacional confírelle, polo tanto, unha dobre peculiaridade á institución, por unha banda está na base da explicación da súa curta andaina, xa que o financiamento dependía exclusivamente dos rendementos dun capital individual e éstes, debido á situación económica de Cuba (alén da mala xestión), non fixeron máis que mermar co pasar do tempo. E pola outra, está, como xa se apuntou, no carácter secundario da experimentación fronte ao ensino, entendida aquela como subsidiaria deste.\nA nosa pretensión está en dar conta do papel que tivo a Granxa da Devesa como centro experimentador e divulgador no tempo en que estivo en funcionamento e insistir na súa condición de elemento xerador das innovacións acontecidas na agricultura e gandería da zona ribadense dos anos vinte. Repararemos nas súas liñas de investigación prioritarias, nos modos e vías establecidos para a difusión das novidades agronómicas e, no posible, aprehenderemos o calado social e o grao de receptividade dos labregos cara dita institución. Pretendemos, igualmente, situar a Granxa e o seu labor dentro dos grandes debates que sobre agricultura e gandería se deron no primeiro terzo do século XX, sobre todo, no relativo á especialización da cabana gandeira galega cara á produción cárnica ou a leiteira. Coa finalidade de presentar unha panorámica completa sobre as actuacións acometidas na Granxa devesá, aprofundaremos nos proxectos que foron realizados no propio centro na procura da mellora pecuaria e na súa condición de ente divulgador dos progresos e novidades dese mesmo ámbito.\nO núcleo fundamental das fontes documentais empregadas para a realización deste estudo procede da propia institución. Trátase do Fondo Documental co que conta o actual Centro de Experimentación e Formación Agroforestal Pedro Murias. O volume de documentación conservada é relativamente pequeno debido ao abandono que sufriu o edificio sé da Granxa dende a década dos setenta ata 1993, pero o grao de conservación dos fondos, que se atopan sin catalogar, é máis que aceptable. Podemos agrupar os materiais empregados como fonte en dous grupos. Por unha banda, a documentación administrativa, é dicir, aquela que se xerou a partir da xestión do centro. Destacan dentro deste corpus as memorias anuais, que proporcionan información sobre orzamentos, propostas de actuación e realizacións, e os oficios, que dan conta das diferentes compras pecuarias e de aparellos que se levan a cabo. Pola outra banda, está o material xerado a raíz da relación epistolar entre a dirección da Granxa e o padroado que a rexía dende La Habana, a Xunta de Patróns. Nesta correspondencia constan as peticións de fondos económicos que realizan os diferentes directores para acometer novas actuacións na institución ribadense, así como as directrices dadas polo órgano reitor cubano sobre como debía funcionar ésta.\nAlén da análise histórica desta documentación tívose en conta para a realización deste traballo a información que achegan os diferentes órganos de prensa da zona, xa de tipo xeralista, como LA COMARCA ou LAS RIBERAS DEL EO, xornais da comarca de Ribadeo, ou EL PROGRESO, xa prensa sindical, como EL AGRICULTOR, xornal voceiro da Sociedade Agraria de Riotorto.\nA actividade experimental da Granxa da Devesa: o seu papel nos debates agronómicos do primeiro terzo do século XX\nOs dous labores, o experimental e o divulgador, dependían na Granxa dos intereses que primaran na dirección da institución, polo tanto, cómpre facer un seguimento dos diferentes persoeiros que estiveron á súa fronte.\nO primeiro director da Granxa foi o enxeñeiro agrícola ribadense Enrique Suárez Couto. Membro dunha importante familia do concello, realizara os seus estudos en Bélxica e no Instituto Agrícola catalán de S. Isidoro. Á altura de 1918, cando asume o posto na Devesa, xa tiña participado en experiencias de renovación agraria en Meira, estando ao cargo dunha explotación modelo que funcionaba como granxa experimental da Sociedade de Agricultores de dito concello arredor de 1910 (Fraga Vázquez e Domínguez, 1993:309). Persoa de ideoloxía liberal, o que o levou a manter unha estreita relación coa Institución Libre de Enseñanza, estivo na dirección ata 1923, ano do seu pasamento. A súa elección como responsable da institución devesá era totalmente lóxica tanto se se ten en conta o seu perfecto coñecemento da comarca, como a tenor da súa sólida formación e experiencia previa.\nO seu prematuro falecemento deu paso a un período de interinidade na dirección da Granxa. Como director actuou, dende principios de 1924 ata finais de 1925, Ramón Blanco. Antes de acceder a este cargo exercera como enxeñeiro da Deputación Provincial de Lugo e, despois da Devesa, converteuse no xefe do Servizo Agronómico Provincial, do que marchou en 1928 para ampliar os seus estudos na Estación Xenética de Svalöf, en Suecia, incorporándose máis tarde, en 1939, á Misión Biolóxica, onde colaborará activamente con Gallástegui (Fernández Prieto, 1989; Fraga Vázquez e Domínguez, 1993:3536)\nUn enxeñeiro agrónomo valenciano, Francisco Roig Ballesteros, será quen suceda a Blanco dende os últimos meses de 1925. Permanece no cargo ata 1933, ano no que dimite e se traslada a Madrid para traballar na Dirección Xeral de Propiedade e Contribucións Territoriais no Departamento de Catastro Rústico. Converteuse así no director que máis tempo estivo á fronte da Granxa e, igualmente, no último enxeñeiro en levar as rendas da institución xa que, dende esa data, e xa coincidindo coa Guerra Civil, a institución abandona os presupostos de experimentación e divulgación agronómica cinguíndose ao seu papel de escola. A súa chegada á Devesa está en relación coa petición que dende alí se lle fai ao Ministerio de Agricultura para que envíe un dos enxeñeiros agrónomos do seu cadro de persoal, e coincide no tempo coa xefatura doutro enxeñeiro valenciano na Granxa da Coruña, Leopoldo Hernández Robredo.\nAo primeiro director correspondeulle marcar os obxectivos científicos da Granxa. Estes, malia as mudanzas na dirección, van permanecer inalterables, sobre todo no referido á preferencia pola orientación gandeira fronte a agrícola. Suárez Couto entendía que a Granxa debía acometer un labor que estimulara aos labregos para a realización das modificacións pertinentes no sistema de cultivo e nos procedementos de cría co fin de mellorar o gando orientándoo cara ao que el prevía era o futuro da gandería galega, a produción leiteira. Estaba convencido de que os gandeiros locais erraban ao preocuparse unicamente do engorde dos xatos para carne, unha opción que non se amosaba rendible dado o alto prezo que tiña a terra e o baixo importe que acadaba a carne (estimado neses anos en 0, 75 pta. q./vivo).\nSegundo o seu criterio, a orientación leiteira, e non a cárnica, era a que debía priorizarse na Granxa en tanto que foco dunha mudanza que debía acometerse no rural galego. Esta intención é argumentada en tanto que, deste xeito, o agro podería responder ás necesidades de abastecemento que se estaban empezando a definir por aquel entón, os primeiros anos vinte, cando comeza a notarse o incremento da demanda de produtos lácteos por parte dos núcleos urbáns e, asemade, en relación coas grandes oscilacións á baixa nos prezos das reses destinadas ao matadoiro. A opción de fomentar a especialización láctea supón acometer unha actuación pioneira que ía a contracorrente neses momentos, moito antes de que o propio Rof Codina se amosara favorable a esta vía e tanto técnicos, como Hernández Robredo, como medios societarios viran a conveniencia desta alternativa, o que non acontece ata finais dos anos vinte e, sobre todo, ata a década dos trinta. Suárez Couto, no seu plan precoz de cambio de orientación produtiva, considera que a misión da Granxa da Devesa era fornecer aos labregos da comarca de coñecementos elementais sobre a industria láctea, de aí que programe a instalación dunha industria de manteiga fermentada e outra de queixos, amén de fomentar naqueles o espírito de asociación.\nNa procura deste cambio produtivo elaborou un ambicioso proxecto que tiña como obxectivo fundamental a mellora do gando vacún galego, que, na súa opinión, amosaba unha total “ausencia de carácteres específicos da raza motivado polos continuos mestizaxes mal dirixidos”, segundo recolle no Anteproxecto de Mellora do centro, en 1916. Estaba convencido de que a rexeneración da raza non viría dada polo método da selección, xa que non existía gando de raza pura, senón a través do método de cruzamento. Este debía ser “continuo”, é dicir, realizaríase a partir da importación dun número abondoso de sementais para cruzalos coas femias da raza local primeiro e cos mestizos posteriormente. Suárez Couto desbota a posibilidade de levar a cabo unha importación masiva de femias de raza mellorada tanto polo alto desembolso que ocasionaría como porque implicaría unha intensificación e desenvolvemento dos cultivos repentinos que o agro galego non podería asumir de súpeto.\nCo seu proxecto o director da Granxa toma partido no debate que dende mediados do século XIX se viña mantendo en relación coa elección do procedemento máis pertinente para a mellora do gando vacún galego. Unha polémica que xurdira en relación coa exportación de gando vacún a Inglaterra e que abrollara ata converterse no centro das preocupacións agronómicas con motivo da crise agraria finisecular que conlevou a fin desa orientación comercializadora (Carmona e de la Puente, 1988). En dito debate queda de manifesto a vontade de crear unha raza vacúa do país uniformadora das existentes e que servise ao aproveitamento mixto do gando que se viña realizando nas explotacións galegas.\nPrecisamente nesta controversia entre as opcións de selección e cruce, que non se esgotou no primeiro terzo do século XX, senón que continuou durante a ditadura franquista (Alenda, 1992; Bernárdez Sobreira, 1997, 1998), tivera un papel decisivo o pai do director, Juan Suárez Casas. Éste contribuíra a fixar as posicións de partida da mellora xenética da raza indíxena do país coa súa obra Soluciones para el mejoramiento de la raza bovina en la región Noroeste de España (1897), na que enuncia os principios que anos despois serían aplicados, declarándose partidario do cruzamento combinado coa selección. As súas formulacións púxoas en práctica Suárez Couto na Granxa da Devesa, amosándose seguidor en todo menos no relativo á raza escollida para realizar os cruces. Mentres o pai avogaba pola raza Normanda, que xa tiña probada a súa boa aclimatación por vir dun clima parello ao galego, o fillo opta por elixir a raza S chwyz ou parda alpina, e planifica unha cabana gandeira para a Granxa composta por dous touros desta raza e catorce vacas indíxenas que se irían substituíndo polas crías. Neste elección amósase continuador dos postulados de Bartolomé Calderón quen, aínda que a nivel xeral recomendara o cruce coa raza S immenthal, pola que aposta tamén Hernández Robredo na Granxa da Coruña, tendo en conta a diversidade de Galicia, propón para a zona costeira a Shcwytz (Fernández Prieto, 1988:5557; 1992:259271). Suárez Couto realiza esta escolla sendo coñecedor da polivalencia desta raza na produción de leite, carne e traballo e, tamén, da súa fácil adaptación, xa que sabía do labor das Deputacións Provinciais do País Vasco, que se decantaran por esa mesma raza para cruzar o seu gando xa nos primeiros anos do século XX (Mendizábal Aizpuru et ali, 2005).\nA preocupación que Suárez Couto tiña polo cultivo era dependente e subsidiaria do seu proxecto para a gandería, de aí que non amose un especial interese por ir alén do que marcaba a mellora da cabana gandeira a través da súa alimentación. Nesta liña sitúase a súa adicación á experimentación con forraxes na procura do desenvolvemento das súas capacidades para manter un maior número de cabezas e obter adubos a prezos máis baixos. Con esa finalidade estableceu un réxime de cultivos co que pretendía dividir a finca da Granxa (algo máis de 14 ha.) en dúas partes, unha para cultivos pratenses e outra para labradío. Nesta última instaura un sistema de rotación que alternaba pataca/trevoremolacha-trigo/navo/millo.\nRamón Blanco aposta tamén pola orientación leiteira dándolle así continuismo ao proxecto pecuario de Suárez Couto. Dado o pouco tempo que estivo na dirección da Granxa, a súa contribución resultou máis teórica e formal que real. Neste senso, elucubrou co establecemento dun campo de experimentación e dunha estación de ensaio de sementes. No que si se involucrou directamente foi nos cultivos, concebidos igual que Suárez Couto, en relación coa súa condición de elemento indispensable para a rexeneración do gando. Preocupouse especialmente pola remolacha, porque entendía que era o cultivo que mellor se adaptaba ás características do terreo (terra vexetal silíceoarxilosa húmida) e á pluviosidade da zona costeira, e polos cultivos pratenses, ata o punto de converterse nun activo propagandista das súas vantaxes (Blanco, 1925, 1942).\nRoig Ballesteros tiña moi clara tamén a preferencia que debía darse ao ámbito gandeiro sobre o agrícola, e proba disto é a súa preocupación pola experimentación con cultivos forraxeiros, pero partía de presupostos totalmente opostos aos dos dous primeiros directores. O enxeñeiro valenciano amosouse proclive a vencellar os traballos de experimentación pecuaria do centro á orientación cárnica, en consonancia coa tendencia comercializadora existente no momento e en contra da opción asumida dende as súas orixes pola institución devesá. Isto levouno a recompoñer a cabana gandeira existente, para o que realizou numerosas viaxes por Galicia mercando reses premiadas en diferentes concursos que pretendía adicar á recría para a mellora das súas capacidades no relativo á produción de carne.\nOs anos trinta na Granxa son anos de numerosas formulacións no plano teórico que fan presaxiar avances prácticos, pero é tamén un período de moi poucos resultados. Neste senso, cabe sinalar que xa en 1930 se aprobara e orzamentara a posta en marcha de paradas de sementais, pero nunca se chegaron a realizar. Acordárase, igualmente, a instalación de laboratorios para acometer análises edáficas e de adubos, a realización de estudos sobre sementes e de enfermidades das plantas e, incluso, a posibilidade de montar unha pequena instalación de industrias leiteiras, pero nada disto se levou a cabo. Francisco Roig resultou un pésimo administrador e un preguizoso enxeñeiro que desatendeu as súas obrigas e, con iso, incidiu no esmorecemento da Granxa da Devesa como institución eixe da innovación agropecuaria.\nComo queda reflectido, no plano experimental manterase unha orientación única no que a cultivos se refire dende o principio da andaina da institución ata 1936, perseguindo a mellora das forraxes e dos cultivos pratenses. Esta experimentación, como se sinalou, sempre tivo por obxecto a mellora da alimentación do gando, aínda que tamén se emprenderon modestas iniciativas tendentes á obtención de produtos hortícolas mediante o emprego de sementeiros. Sendo o labor preferente do centro adecuar os cultivos ao marco local, o que se perseguiu foi constatar cales eran as especies vexetais que mellor se adaptaban ao medio para proceder á realización de ensaios con elas. Axiña se comprobou que estas eran a remolacha, a pataca, o millo, as especies pratenses, as coles, os nabos e a avea. Estes serán os cultivos obxecto de experimentación nos campos de demostración da Granxa coa pretensión de que os labregos da comarca puideran observar os resultados e adoptar as variedades de maior rendemento. Resulta, xa que logo, este espazo de experimentación tamén un eido para a divulgación.\nA categoría que se lle daba a cada un dos cultivos dependía, como practicamente todo no funcionamento da institución, da vontade amosada polo director do momento. Así, por exemplo, mentres que Suárez Couto concede unha gran trascendencia ao ensaio coa remolacha, Roig Ballesteros incide nas probas coa avea. Debido ao pouco tempo que permaneceu na dirección Ramón Blanco, a experimentación nos campos circunscríbese aos períodos nos que Suárez Couto e Francisco Roig dirixiron a Granxa, é dicir, de 1918 a 1923 e entre 1925 e 1933. Trataremos de facer un percorrido polos traballos realizados nos campos da Granxa atendendo aos cultivos que maior interese espertaron e, polo tanto, cos que se experimentou e con máis insistencia. O primeiro ao que se lle prestou atención foi o millo.\nEn Galicia no primeiro terzo do século XX verificouse un descenso no cultivo de cereais panificables en beneficio dos cultivos forraxeiros, mudanza que repercutiu tamén na redución de espazo cultivado a millocereal, un dos soportes básicos do policultivo galego, a favor do milloforraxeiro, especie coa que se ensaiará na Devesa. As experiencias con este cultivo comezaron inmediatamente despois de preparar os terreos onde se instala a Granxa e baixo a dirección de Suárez Couto. Os ensaios estaban orientados a aclimatar as diferentes variedades ás condicións edafoclimáticas locais, a atopar as máis axeitadas e a acadar sistematizar o método de laboura máis conveniente, combinando o uso de diferentes tipos de adubos. Con esta fin habilitouse un campo de experimentación de 1.200 m 2 disposto para a realización de ensaios co millo. Tratábase de, por unha banda, determinar o rendemento por hectárea das diferentes variedades e, pola outra, constatar a influencia que sobre a produción exercían o maior ou menor espallamento das plantas e os diferentes adubos empregados (orgánico e mineral fosfatado). As variedades coas que se experimentou foron millo americano Wisconsin nº 2, millo indíxena de Ove, indíxena de Vilaframil e indíxena de Meira. Chegouse á conclusión de que a variedade americana superaba en rendementos ás indíxenas concluíndo que o rendemento por hectárea fora moi alto, sempre superior a 50, 5 hl./ha. (o normal neses anos era non pasar dos 40 hl/ha.) e que iso se debera á substitución do superfosfato de cal por escorias de defosforación, ademais de ao menor espallamento das plantas. Á experimentación acompañouna a divulgación na prensa dos resultados, unha actuación de grande importancia pola maior repercusión que podía ter o ensaio, sen dúbida de interese para os labregos ribadenses, pois tratábase dun cultivo estendido e de variedades coñecidas e de fácil adquisición. Este foi o único traballo de experimentación con millo que se desenvolveu, aínda que o seu cultivo nos terreos da Granxa foi continuado. Francisco Roig, que recalca a importancia deste cereal no agro galego pero que non realiza ensaios con el -moi na súa liña-, limitouse a mantelo como un cultivo máis da rotación que establece coa finalidade de fabricar penso para o gando do centro.\nUnha das teimas dos directores da Granxa, sobre todo dos dous primeiros, foi a extensión da remolacha forraxeira. É un cultivo constantemente gabado por estes enxeñeiros entendendo que debera ter un papel preeminente na agricultura galega. Aparece xa no primeiro campo de demostración e estará presente na maioría das tentativas experimentadoras. Os ensaios tiñan sempre un carácter comparativo das diferentes variedades, poñéndose en relación coas diferentes variables de fertilización e coa cantidade de semente. En 1920 nun campo de 400 m 2 vaise experimentar especificamente o seu rendemento en función do adubo empregado. A terra adubouse con oucas mariñas (88.000 q./ha.) en inverno e con adubo fosfatado, escorias de desfosforación (600 q./ha.), en primavera. Ademais, ao da primeira laboura engadíuselle ao chou adubo nitroxenado (300 q./ha.). Os rendementos por hectárea foron moi altos en todos os casos (102 tm./ha.) e Suárez Couto, ante o éxito, declarou a súa intención de xeralizar o cultivo na comarca. Francisco Roig segue o labor do primeiro director e realiza sementeiros con dúas variedades, a Jaune Geante de Vauriac e a Gigante Branca, estirpe semiazucreira, para comprobar o seu rendemento como forraxe verde para o inverno. Nos terreos da Granxa, e mesmo sen ánimo experimentador, nunca faltou este cultivo que foi adquirido nas súas diferentes variedades, foran ensaiadas previamente ou non (Jaune Geante de Vauriac seleccionada, etc).\nAs experiencias coa pataca resultan de grande relevancia, non tanto porque se mellorara o seu labrado determinando a cantidade de adubo que se debe empregar ou a fondura á que se deben plantar os tubérculos, senón porque se logrou acabar cunha das súas pragas. Foi en 1922 cando se empezou na Granxa coa experimentación deste cultivo, ensaiando con tres variedades a Etoile du Nord, a Rouge du Soissonnais e a Imperator. Os rendementos sempre resultaron moi pobres debido a que as plantas sufrían de xeito continuado o ataque dos fungos, en concreto de Phytophtora. Os resultados non melloraron ata 1930, ano no que se atalla o problema do fungo empregando caldo bordelés. Esta é unha actuación que non debe pasar inadvertida, pois supón unha actuación de Suárez Couto tendente a popularizar unha medida de loita contra esa doenza que se viña empregando nos campos de demostración dependentes da Granxa da Coruña e que esta mesma institución, e a Estación Fitopatolóxica, trataran de divulgar con escaso éxito (Cabo Villaverde, 1999). Esta non era a primeira experiencia que contra as pragas se realiza na Granxa devesá pois, un ano antes loitárase con éxito contra os popularmente coñecidos como “vermes de alambre” (Agriotis linneatus “oscurus”, Agrotis segetum, Agrotis exclamationis) que atacaran ao conxunto dos cultivos, incluídas as patacas, empregando cianogás en po que, en contacto coa auga, soltaba o reparador ácido cianhídrico.\nNo período de Suárez Couto tamén se experimenta con cultivos pratenses, adicando unha parte do campo de demostración ao ensaio con trevo violeta e a outra asociando esa planta a unha pequena cantidade de raigrás inglés, probando o centeo como planta de abrigo na rotación. Francisco Roig concede moita importancia a veza, que se empeza a recolleitar na Granxa a partir de 1929. Gaba as condicións desta planta por poder empregarse tanto para forraxe como para facer penso coa súa semente. Malia a que, de feito, foi un cultivo que non estivo presente nos campos de demostración, pensamos que o seu cultivo continuado como parte da rotación nos terreos da Granxa e os continuos comentarios favorables por parte do enxeñeiro valenciano puideron ter cumprido o labor divulgativo que se perseguía cos campos. Puntuais foron a realización de sementeiros de cenorias, fabas e chícharos para experimentar a forma de promover o seu uso na comarca non como cultivos de hortícolas senón como plantas forraxeiras. Igual que a realización dun pequeno ensaio con verzas e do que é pomposamente denominado “punto de partida para os estudos de paraticultura” na memoria do centro do ano 1930, e que non é máis que a decisión de adicar un prado á produción de herba seca. Trátase nestes últimos casos, de experiencias que non tiveron continuidade no tempo e que, polo tanto, pódese asegurar que careceron de relevancia aos ollos dos labregos da zona.\nO labor de divulgación da Granxa da Devesa. En prol da adopción de innovacións no agro\nAmén do ensino, vía na que non repararemos por ser un labor da Granxa da Devesa merecente dun estudo por si mesmo, e alén dos xa mencionados campos experimentais, outras canles fundamentais de difusión das novidades técnicas no eido agrícola entre os labregos da comarca foron as paradas de sementais, os concursos de gando e as conferencias. A segunda vía, como xa mencionamos, foi concibida na teoría pero nunca se chegou a converter nunha realidade, polo que o aporte da institución no que respecta á mellora directa da cabana da comarca ribandese amósase insubstancial, sobre todo se se ten en conta que nunca se realizaron nin préstamos nin vendas de gando. Na mesma liña de actuación que co gando está a da maquinaria agrícola, pois en ningún momento se enfocou o seu préstamo con fins divulgativos entre os agricultores devesáns, ao contrario que co adubo. Tratábase dunha concepción diferente á que se tiña nos campos de demostración dependentes da Granxa da Coruña, na que o préstamo era entendido como unha vía excelente de que os labregos fosen adaptando a maquinaria novidosa ás súas explotacións e ás súas necesidades. Na Granxa devesá decidiuse empregar a maquinaria in situ, nos terreos da institución, propiciando que os labregos da zona puideran observar o seu funcionamento e apreciar as súas potencialidades.\nXa que logo, os concursos de gando, os campos de experimentación e as conferencias, polo tanto vías indirectas, son os mecanismos escollidos dende A Devesa para influír nos labregos locais e darlles a coñecer os traballos que en prol do progreso pecuario se estaban a realizar.\nO grande éxito de Ramón Blanco como xestor da Granxa, e, ao cabo, da andaina da institución, foi a celebración dun concurso de vacas leiteiras na Devesa. Os concursos de gando comarcais resultaron unha das canles principais para difundir as melloras gandeiras pero, ata daquela, víñanse centrando unicamente en impulsar a produción de carne. O\nGalicia que ten como finalidade popularizar a orientación láctea da cabana gandeira. Trátase dunha competición organizada pola Asociación General de Ganaderos del Reino que, aproveitando o ofrecemento do director da Granxa de usar o novo establo, celebrouse na Devesa. Alí permaneceron as vacas en competición oito días sometidas a análises diarias de produción e calidade leiteira. Con ese motivo Ramón Blanco adquiriu unha báscula para pesar o gando, método imprescindible para unificar criterios de avaliación e garantir o procedemento, e que a esas alturas era toda unha novidade, pois a norma era dar credibilidade ao “ollo” dos veterinarios que actuaban de xurado. O director da Granxa contou co apoio, amén dos membros da Comisión Delegada da Fundación Pedro Murias (órgano reitor do capital da Granxa) e do concello de Ribadeo, que cofinanciaron o evento, doutro técnico, o veterinario local Gonzalo Pozo, defensor tamén das posibilidades de Galicia como rexión produtora de leite.\nNesta iniciativa pódese albiscar non só un logro illado de Ramón Blanco senón o amplo arraigo que os postulados en prol da orientación leiteira do anterior director, Suárez Couto, tiveran entre os labregos da comarca, pois a maioría das reses premiadas eran propiedade de familias labregas da zona. Un aspecto a resaltar é que en todas elas había un emigrante habaneiro retornado, proba evidente do grao de receptividade ás novidades que amosou historicamente este colectivo. O concurso supuxo un fito para a institución, pois supoñía unha consecución senlleira na súa tarefa de ser un dos motores do avance da gandería da Devesa e unha mostra do que un establecemento desas características podía supoñer en canto á divulgación de iniciativas innovadoras e progresos pecuarios. Disto decatouse a prensa local que se fixo eco amplamente desta actividade. De feito, este concurso está na base do notorio avance que na zona tivo a orientación leiteira ao longo dos anos vinte e durante o posterior período republicano.\nA divulgación tamén está presente no esquema de difusión das innovacións da Granxa, aínda que soamente de forma oral a través das conferencias. Nunca foi barallada a posibilidade, tan empregada noutros centros ou por parte de sociedades agrarias, de editar unha publicación. A divulgación oral tivo un lugar secundario, estando a súa contribución circunscrita á colaboración con outras entidades e á cesión das súas instalacións. A cooperación foi especialmente estreita coa Cátedra Ambulante de Divulgación Pecuaria de Galicia e coas sociedades agrícolas da parroquia da Devesa. Da relación con ambas as dúas xurdiu o que sería un dos logros máis significativos da Granxa, a constitución da Federación das Sociedades Agrarias do Partido Xudicial de Ribadeo.\nEn xuño de 1928 as sociedades agrarias de Obe, A Devesa e Vilaframil acordaran levar a cabo un ciclo de conferencias en colaboración coa Cátedra Ambulante e Francisco Roig ofreceu as instalacións da Granxa para que serviran de marco. A primeira desas conferencias correu a cargo de Rof Codina, que falou das vantaxes da asociación dos gandeiros e da venda directa de gando, explicando o seu funcionamento a través do exemplo da Federación xa existente en Ortigueira. A audiencia que concorreu resultou moi numerosa, contándose entre os asistentes as comisións das sociedades agrarias ribadenses e dos concellos limítrofes (Trabada, VilaodridA Pontenova, Vilameá, Riotorto, A Pastoriza, Mondoñedo, Barreiros, Castropol, Vegadeo e Tapia), que ademais de escoitar aos poñentes puideron facerse co Boletín de Cotizacións e Informacións do Consello Provincial de Fomento e con varias monografías sobre a venda de gando de maneira directa nas prazas. A repercusión deste relatorio, no que tamén colaboraron os veterinarios Gonzalo Pozo naquela altura, inspector de Hixiene e Sanidade, e Valentín Jiménez Moro, resultou fundamental xa que foi o primeiro chanzo para a constitución da Federación, que se concretará en xullo de 1928 e terá como presidente ao avogado republicano e despois deputado, José María Díaz y Díaz Villamil. Foi na Granxa onde se acordou comezar os envíos conxuntos de carne a Madrid, Barcelona, Bilbao e outros destinos máis secundarios como Santander (Lombardero, 1999:105106). Pero o papel da institución devesá foi máis substancial que o de ser a sé das reunións. A súa importancia confírella o labor dun antigo membro do seu cadro de persoal, o mestre da escola primaria Gregorio Sanz. O seu esforzo como propagandista da Federación resultou decisivo na súa constitución, ata o punto de que se lle concedeu o cargo de secretario desta organización e, máis tarde, e como signo de agradecemento, foi nomeado Presidente de Honra da Federación. Esta, como se dixo, resultou das maiores consecucións da Granxa, xa que demostrou a súa capacidade para ser un punto de referencia naqueles proxectos que repercutiran no progreso do sector agrario comarcal.\nA Granxa tamén colaborou coa Cátedra Ambulante de Fitopatoloxía, así, ésta última, no ano 1928, enviou dous enxeñeiros agrónomos para impartir cadansúa conferencia na Devesa, ás que se sumaron dous relatorios dos enxeñeiros da Granxa. Os temas tratados foron a formación dos prados, a mancha da pataca, a gandería galega e a alimentación do gando. Na mesma liña, cabe sinalar a cooperación da Granxa coa Cátedra Ambulante do Servizo Agronómico Nacional, tan intensa que o seu Enxeñeiro Xefe non dubidou en agradecer a Francisco Roig a súa boa disposición para ofrecer o centro como emprazamento para as conferencias e para actuar el mesmo ou outros membros do cadro de persoal como poñentes.\nConclusións\nÁ hora de valorar o labor de experimentación e divulgación da Granxa devesá, é preciso diferenciar dous períodos, antes de 1925 e despois desta data. A primeira etapa merece loubanzas en ambos os aspectos. Debemos ter en conta que en pouco máis de cinco anos puxéronse en marcha proxectos de gran alcance como o concurso de vacas leiteiras ou as experimentacións cun cultivo como a remolacha, planta de grande predicamento nesta zona, ben seguro que pola repercusión destas actuacións, ou ben a loita contra as pragas da pataca. Son exemplos precisos que permiten albiscar unha tendencia xeral de traballo en prol da introdución de melloras científicotécnicas na agricultura da zona que converten a Granxa nun foco de innovación agronómica senlleira, amén da participación\n73 activa nos grandes debates do momento, como era o procedemento de mellora da raza vacúa galega.\nPero esta actitude mudou despois de 1925. É moito o que se bota en falta no que respecta ao traballo de experimentación, destacando sobremaneira a inexistencia de tentativas por respaldar a mellora gandeira a través de paradas ou concursos e o descoido dos ensaios sobre cultivos, nos que non existe a continuidade no tempo precisa para poder tirar conclusións válidas. O único éxito logrado pola Granxa durante o período de dirección de Francisco Roig é o que respecta ao seu papel na formación da Federación de Sociedades Agrarias do Partido Xudicial de Ribadeo, se ben este logro débese concretamente ao labor de Gregorio Sanz, que chegara á Granxa da man de Suárez Couto. É dicir, incluso esta consecución debe adscribirse ao que foi o período inicial da andaina da Granxa. Igualmente o labor de divulgación debido á acción de Francisco Roig resultou escasísimo, pois non se celebrou ningunha outra conferencia ou reunión tendente a divulgar algúns aspectos relacionados co agro alén das celebradas en 1928.\nA explicación deste parón, que afectou a todos os ámbitos, pode estar en que a partir do 1929 os fondos diminuíron e, malia a ser suficientes para poder actuar case como se da Cátedra Ambulante se tratase, os xestores da Granxa pensaron que os investimentos neste tipo de actuacións ían en contra do seu propio beneficio ao reducir a contía dos bens dos que se estaban lucrando. Un caso oposto a esta actuación atopámolo no traballo de divulgación que sobre asuntos pecuarios realizou neste mesmo período a Sociedade de Instrución “Círculo Habanero”, tamén na Devesa, de fácil seguimento na prensa local, abondosa e de calidade tanto polo interese dos temas tratados como pola calidade dos poñentes.\nAsí pois, é indubidable que se impón unha diferenciación de dúas etapas, a de Suárez Couto e Ramón Blanco, por unha banda, e a de Francisco Roig, pola outra. Na primeira cumpríronse os desexos do fundador, Pedro Murias, e de certo que a Granxa contribuíu ao desenvolvemento agrario da zona e, con iso, ao de Galicia en xeral. Ben diferente foi a segunda que, por ser moito máis dilatada no tempo e comprender os anos centrais do funcionamento da Granxa, acaba por pesar de xeito decisorio nun balance final sobre o devir do centro.\nA repercusión real no agro e nos labregos, aínda que está en relación co anteriormente dito, merece unha certa puntualización a nivel espacial entre o agro galego no seu conxunto e o rural ribadense especificamente.\nEn conxunto, aínda que subliñando máis que honrosas excepcións, non se pode máis que recoñecer que o seu labor como centro de experimentación e divulgación das innovacións agropecuarias acontecidas no primeiro terzo do século XX foi puntual se nos referimos ao ámbito galego. Os méritos non son suficientes para un centro que contaba coas posibilidades que tiña o da Devesa. As súas capacidades eran moi superiores ao que amosou o seu rendemento. A súa disposición económica e de capital humano facía posible que a Granxa devesá fora un centro punteiro en investigación agrícola, podendo estar á altura da Granxa da Coruña, da Estación de Fitopatoloxía Agrícola ou da Misión Biolóxica. Pero o regueiro de cartos que viña de Cuba desaproveitouse. O diñeiro íase en gastos pouco ou nada relacionados co labor agrícola sendo a malversación de fondos evidente. A morte prematura de Suárez Couto, a fugacidade da estancia de Ramón Blanco e as actuacións de Francisco Roig impediron que o centro da Devesa fora de maneira continuada no tempo o que si conseguiu ser de maneira puntual en determinados ámbitos, un centro de innovación agraria de referencia para o agro galego. Pero o que si é evidente é que resultou a todas luces decisivo na innovación e mellora da realidade do agro na comarca ribadense, cuxos avances non poden entenderse sen o influxo que a Granxa tivo, tanto no seu papel como centro de experimentación como no de espazo de debate, encontro e divulgación cumprindo, así, cos anceios do seu fundador.\nBibliografía\nAlenda, R., (1992), “La preocupación por la mejora del ganado vacuno gallego: su historia y metodología desde 1887 a 1952”, 100 anos de investigación agraria, 18881988, Betanzos, Xunta de Galicia, vol. I, pp. 351381\nBernárdez Sobreira, A., (1997), “A evolución do sector pecuario na Galicia contemporánea: especialización productiva e mercantilización na sociedade rural (18651996), Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, 9, pp. 371388\nBernárdez Sobreira, A., (1998), “Desenvolvemento pecuario e autarquía: as propostas de mellora bovina na Galicia de posguerra (19401950)”, Ingenium, 6, pp. 6580"} {"summary": "O pensamento contemporáneo referido á ciencia deu un xiro moi importante nos anos 1960 e 1970, sobre todo en Francia. Varios autores cuestionaron a preeminencia e inmutabilidade do discurso histórico. Nas súas obras comezaba a colocarse en primeiro termo a análise espacial e territorial crítica. Este proceso coñécese como o “xiro espacial” no coñecemento contemporáneo. A presente proposta epistemolóxica espacial e territorial é recollida na USC polo Grupo de Investigación ANTE (GI1871) tratando de crear un potente polo de reflexión territorial no contexto universitario galego, ibérico e internacional. Trátase de estudar os grandes temas do mundo actual desde a perspectiva enmarcada na teoría social crítica. Os efectos da globalización e da urbanización, do cambio rural, do abandono e avellentamento, dos impactos ambientais, do turismo ou do desenvolvemento endóxeno e sustentable son temas centrais nunha abordaxe que sempre recorre á análise a diferente escalas.", "text": "Análise territorial no xiro espacial do coñecemento\n: Análise espacial e territorial, pensamento contemporáneo, teoría social crítica, Grupo ANTE (GI1871).\nAbstract Contemporary thought referring to science gave a very important turn in the 1960s and 1970s, especially in France. Several authors questioned the preeminence and immutability of historical\nO pensamento contemporáneo referido á ciencia deu un xiro moi importante nos anos 1960 e 1970, sobre todo en Francia. Autores como M. Foucault, G. Deleuze, H. Lefebvre ou G. Debord cuestionaron a preeminencia e inmutabilidade do discurso histórico (Debord, 1967; Deleuze e Guatari, 1980; Foucault, 1969, 1978; Lefebvre, 1974). Ao mesmo tempo, nas súas obras comezaban a aparecer os conceptos de cidadanía, espazos acoutados, desterritorialización e reterritorialización, deconstrucción, etc., que colocaban en primeiro termo a análise espacial e territorial crítica (Bauman, 1989; Deleuze e Guatari, 1980). Todo este proceso coñécese como o “xiro espacial” no coñecemento contemporáneo que acompañou á postmodernidade no seu combate contra os grandes relatos. Así, xeógrafos e sociólogos ilustres como D. Harvey. E. Soja, S. Sassen, YiFu Tuan ou M. Castells animaron unha Xeografía distinta moi actual (Castells, 1974, 1995; Harvey, 1990, 2001; Sassen, 1991: Soja 1989, 1996; Tuan, 1977).\nPor outra banda, tres novidades recentes reforzaron aínda máis o papel central do espazo no pensamento social e científico desenvolvido nos últimos decenios. A primeira, a aparición do concepto antropoceno, que procura caracterizar a dinámica seguida polo planeta Terra nos últimos milenios, onde a actuación dos seres humanos se conceptúa como fundamental para entender as mudanzas acontecidas no medio físico e nos sistemas naturais: cambio climático, artificialización dos solos, destrución acelerada do patrimonio natural, alteracións rexionais acrecentadas dos ecosistemas, etc. (Latour, 1993; Revkin, 1992; Ruddiman, 2003). No antropoceno a acción humana e social ao longo da historia é quen condiciona a dinámica natural, o que volve situar o debate humano/físico fundamental na Xeografía desde a súa orixe como ciencia no centro do coñecemento actual. Isto é recoñecido xa por pensadores centrais do panorama filosóficocientífico mundial como B. Latour, unha evidencia que consolida esta apreciación (Latour, 2015). O antropoceno substitúe ao holoceno, no que aínda as variables climáticas (sucesión de períodos fríos e cálidos), condicionaban a evolución humana (por exemplo, o proceso de neolitización).\nA segunda novidade ven dada polo papel central da cartografía para o coñecemento e a conceptualización do mundo. O xeógrafo italiano F. Farinelli foi o primeiro en escribir sobre “a crítica da razón cartográfica”, xogando co titulo do ilustre xeógrafo e filósofo pai da modernidade I. Kant (Farinelli, 2009). De feito, este autor chega a defender que desde a antigüidade grega a Xeografía axuda a construír o pensamento filosófico a partir de esquemas e mapas moi básicos que pretenden ordenar sobre un papel ou un pergamiño todo o que se sabe de distintos lugares e rexións, tanto no referido ás características da súa poboación, accidentes do relevo, riquezas ou cidades, entre outros datos. Xorde así unha forma de interpretar o mundo mediada pola cartografía, que intentará poñer orde no coñecemento das rotas comerciais na Baixa Idade Media ou na época dos descubrimentos, inventará América e os outros continentes (Farinelli, 2009). Cando a reprodución masiva de mapas e a súa popularización nas escolas se consolide nos séculos XIX e XX, a cidadanía aprenderá a ollar e a razoar sobre o conxunto do territorio, sobre a súas nacións ou localidades doutro xeito. Nós pensamos na actualidade nos problemas cotiáns e decidimos ao longo do día en función do que nos din mapas e planos, que constitúen unha forma de mediación precisa (e sempre manipulada) entre as persoas e o espazo que nos rodea ou os territorios aos que nos adscribimos.\nA terceira cuestión a considerar refírese á redución efectiva das liñas de separación entre as diferentes Ciencias Sociais, Humanas e da Terra nos últimos decenios. Autores tan reputados da socioloxía como S. Sassen ou M. Castells son tomados polos xeógrafos como propios, convidados aos seus eventos como pertencentes a un mesmo ámbito de coñecemento. Xeógrafos tan populares como D. Harvey, E. Soja, D. Massey ou YiFu Tuan son confundidos con economistas, antropólogos ou humanistas. Os debates sobre o antropoceno son lugar de encontro de ambientólogos, xeólogos, e economistas, e por suposto xeógrafos. E o que se debe valorar como moi importante, a Xeografía en numerosas ocasións sitúase no centro destes debates, entre aquelas disciplinas máis sociais e humanas, e as ciencias experimentais ou da natureza. Nun período de transferencias e intercambios multidiscipinares, a Xeografía reforza o seu papel atendendo ao carácter tradicional de coñecemento fronteirizo, con enormes puntos de contacto, con outros ámbitos do saber. Como complemento, no interior da propia ciencia xeográfica a unidade entre o social (dominante) e o natural, espacial ou territorial, refórzase fronte ás vellas interpretacións que definían una tendencia á escisión entre a Xeografía física e a humana, hoxe unidas por conceptos como o antropoceno e pola enorme renovación da teoría social crítica (Ortega, 2000).\n1. O XirO espAciAl\nBaixo esta expresión tenta resumirse o apuntado nos parágrafos introdutorios, como a postmodernidade e o novo pensamento crítico colocan á Xeografía e aos seus temas de interese no centro das Ciencias Sociais e do coñecemento actual. Un patrimonio tan relevante para a nosa disciplina como a análise territorial a diferentes escalas adquire un protagonismo central nos últimos anos. Se nos centramos nos tres xeógrafos máis influentes desde mediados do século, D. Harvey, E. Soja e YiFu Tuan (Benach e Albet, 2010; Harvey, 2001; Nogué, 2018), poderemos observar en concreto as contribucións que a Xeografía está facendo ao debate científico actual.\nAsí, D. Harvey nunha prolífica obra de múltiples significados e enfoques propúxose interpretar a dinámica do capitalismo contemporáneo, reducindo as súas lecturas evolutivohistóricas ou economicistas e reforzando a compoñente espacial do mesmo. Deste xeito, o desenvolvemento desigual e combinado do modo de produción caracterizado, a íntima conexión entre a desposesión das sociedades do sur e a acumulación concentrada nas do norte, convértese nun eixo dos seus razoamentos. Non só isto, a análise dos procesos de acumulación desigual, o xogo da subordinación das riquezas naturais ao fluxos financeiros. A propia financiarización (capacidade das entidades bancarias privadas de producir diñeiro sen parar, de forma directa ou indirecta), como motor do funcionamento do sistema (Nova Iorque exportaba produtos manufactureiros e agrarios a Europa hai un século e agora exporta papel diñeiro ou bits, chegou a escribir). A necesidade que o capital xera de posuír e dominar espazos, a xeopolítica implícita neste proceso, e o continuo xogo escalas global, local e intermedias na dialéctica xerada. Nova Iorque e París, como construcións urbanas que reflicten o éxito do capitalismo triunfante, as xeografías do desperdicio e da crise como expoñentes doutros moitos estudos e conceptos que este profesor angloamericano manexa sobre espazo e territorio como elementos decisivos do mundo actual.\nPola súa banda, E. Soja radicalizou aínda máis o “xiro espacial” na súa argumentación cando se referiu a que o lugar tivera máis importancia nalgunhas fases da evolución da humanidade que os propios avances tecnolóxicos ou os modos de produción definidos no materialismo histórico clásico. Exemplifica isto en relación cos achados arqueolóxicos no xacemento turco de Catalhoyuk, unha cidade de 7.000 anos de antigüidade que aparece como resultado do comercio, da súa situación inmellorable como lugar central dun amplo espazo. A partir da propia existencia dunha aglomeración humana prodúcese a innovación, os progresos socio económicos e non á inversa como tradicionalmente se opinaba (Benach e Albet, 2010). Xunto a esta contribución, enmarcada na trialéctica espacial reivindicada polo xeógrafo norteamericano, outros conceptos como postmetrópoli ou terceiro espazo compréndense nun reforzamento espacial da teoría materialista. Neste senso, mesmo E. Soja chegou a afirmar que O Capital de K. Marx era tan só un primeiro volume economicista dunha tentativa máis complexa de tres tomos, un dos cales se centraría no desenvolvemento rexional desigual; dito doutro xeito, nunha análise espacial do gran pensador alemán do século XIX. Aquí, Soja coincide con D. Harvey cando formulou unha lectura xeográfica completa do materialismo histórico xa nos finais dos 1970 (Harvey, 1976; Soja, 1989).\nPor último, YiFu Tuan recuperou o valor do lugar, un lugar con significado, con atributos vinculados a súa propia existencia e carácter (Tuan, 1974). A Xeografía é a forma que as sociedades humanas teñen de apropiarse do espazo, poñerlle nomes e outorgarlle cualificativos. Uns lugares que xeran todo tipo de sentimentos, agradables ou repulsivos, de medo ou acollemento, de inmediatez ou inmensidade. Uns lugares que foron cambiando ao longo da historia e das civilizacións, polo que o entrelazado xeohistórico, espacial e temporal, resulta plenamente coherente. En épocas máis recentes, Tuan volveu recuperar algúns dos seus intereses máis ambientalistas, xeomorfolóxicos, dos seus primeiros anos como investigador a través doutra obra emblemática denominada Escapismo (Tuan, 1998). Na mesma, formula unha teoría orixinal consistente en que a humanidade ao longo da historia sempre procurou progresar tecnicamente e, para este fin, desorganizar a natureza. Neste proceso, a natureza tenta recuperar o seu estado orixinario e debido a esta razón prodúcense catástrofes, acontecementos estruturais preocupantes (como o cambio climático) ou o xurdimento de epidemias e novas enfermidades. Por iso acuña o concepto de escapismo, como a tendencia dos humanos a escapar da lóxica ambiental fronte á natureza que sempre loita por recomporse.\nAparte destes tres autores centrais, o xiro espacial tamén se topa no novo protagonismo adquirido polas diversas escalas nas que se estrutura a realidade. As primeiras, as fundamentais para estruturar o coñecemento da realidade, a global e a local. A estas alturas do século XXI, ninguén pode negar que estamos inmersos nun proceso de globalización, que explica moitas dinámicas do mundo actual. A globalización faise evidente no funcionamento dun sistema económico entrelazado, capitalista e dominado polos fluxos financeiros, que se caracteriza pola concentración da riqueza e das decisións mundiais nun conxunto de bolsas de valores continuas ao longo do día (desde Toquio e Shanghai a Wall Street pasando polos mercados europeos), un amplo grupo de grandes bancos privados e de fondos de inversións, e os gobernos da grandes potencias que procuran con desigual éxito regular o funcionamento da economía. A globalización tamén é cultural e maniféstase de moi distintas formas: campionatos e competicións deportivas retransmitidas a todos os continentes; cantantes que producen videoclips descargados por decenas de millóns de persoas; semanas da moda e reprodución de formas estandarizadas de vestir; xeneralización do modo de vida urbano, etc. Sen dúbida, existe unha dimensión globalizada das nosas vidas á que non nos podemos subtraer e que os xeógrafos, xunto con outros científicos sociais, tratan de caracterizar (Zoido et al., 2013).\nNo plano oposto reforzouse a escala localafectiva, a dos lugares onde actuamos de xeito cotián, na que están os nosos familiares e amigos. A dos lugares con dirección, significado e atributos concretos. A do barrio, o centro urbano, a aldea e a poboación de orixe, o centro comercial, os bares de confianza, o parque no que corremos, etc. Esta escala resulta fundamental para comprender moitos procesos elementais de socialización, para achegarse a temas xeográficos relevantes como o comportamento demográfico, a vivenda ou desprazamentos por motivo de compras, entre outros. Tamén se revalorizou na interpretación dos procesos electorais e da Xeografía política en xeral (Taylor, 1994), e serve de base para a construción de programas educativos baseados na aprendizaxe a partir do entorno máis próximo, o denominado coñecemento do medio, que permite o achegamento á Xeografía situando ao neno ou á nena e ao rapaz/a fronte a súa realidade espacial cotián, para logo manexarse ben nas escalas máis remotas, supralocais ou rexionais.\nDe feito, o terceiro nivel de análise xeográfica é o conformado polas escalas intermedias, normalmente rexionais. Estas escalas son unha construción humana, determinada polo período histórico onde nos encontremos e a sociedade de referencia. Permiten entender a estruturación da realidade actual en nacións, con todas as implicacións que isto implica a nivel político ou económico. Por suposto, xustifican a organización do noso espazo de actividade en áreas urbanas ou metropolitanas, en comarcas provedoras de determinados servizos públicos, ou en rexións máis ou menos amplas onde nos desprazamos e vivimos ao longo dunha semana ou dun mes. As rexións, as escalas supralocais, definen o terceiro nivel para interpretar a realidade territorial, aquel que varía segundo o período e as construcións espaciais fronte á que nos atopemos, pero non por iso constitúe un nivel menos relevante para encadrar o conxunto de actividades humanas. En boa medida, todas as escalas e delimitacións que se sitúan entre o global e o local reflicten o sistema socio político e a formación espacial onde nos movemos para comprender a organización territorial dunha etapa histórica determinada.\n2. O XirO epistemOlóXicO\nNeste proceso de revalorización do discurso xeográfico, cumpre destacar dúas influencias teóricas moi importantes que condicionan a súa construción de coñecemento no presente. A primeira é a teoría social crítica, ligada directamente ao pensamento marxista occidental que se consolidou desde os anos 1980. A Xeografía interesase polas desigualdades espaciais, polos contrastes de riqueza e de apropiación dos territorios entre os seres humanos, pola perspectiva feminista e de xénero. Neste senso, autores como D. Harvey, D. Massey, E. Soja, N. Smith ou os brasileiros M. Santos e R. Haersbaert (Santos, 1996; Haersbaert, 2010), reivindican abertamente o legado do pensador alemán nado en Tréveris nos comezos do século XIX. Pero, tamén en todos os casos, toman as súas contribucións como un referente inicial, a partir do cal desenvolver novas ideas, matizar moitas opinións e elaborar argumentos flexibles, coherentes coa superación que o marxismo occidental fixo das estreitas lecturas materialistas dos anos 1960 e 1970 (Willians, 1980; Hobsbawn, 1997).\nDo mesmo xeito que o pensamento xeográfico actual é hexemónicamente marxiano e crítico, o xiro cultural, postmoderno, nas Ciencias Sociais tamén se incorporou con forza na nosa disciplina. Unha Xeografía que, a pesar desta afirmación recorre nas súas ramas á cuantificación, medición e tipificación dos seus resultados, como acontece co manexo das TICs, e máis en concreto do SIX, en moitos estudos xeomorfolóxicos ou de Xeografía social, urbana e económica. O emprego de paradigmas analíticos e sistémicos continúa (Ortega, 2000), pero baixo unha corrente relativista e interpretativa dominante. Isto apreciouse claramente nas obras de D. Harvey ou E. Soja no tránsito dos 1980 a 1990 (Harvey, 1990; Soja, 1989), e dun xeito continuo no conxunto da obra de YiFu Tuan. Tamén se corrobora no retorno ao interese pola paisaxe, como un dos eixos máis revalorizados na investigación e na práctica xeográficas. Por suposto, na aproximación constatable entre a Xeografía e a Antropoloxía, e no desenvolvemento e afondamento no emprego de métodos cualitativos na análise espacial e territorial.\nUn terceiro elemento a considerar refírese á marcada actualidade dos temas de investigación xeográfica no presente, non só a nivel xeral senón tamén na súa aplicación ao caso galego. Semella que a Xeografía se topase no centro das reflexións e debates da nosa sociedade. Por unha banda, o conxunto dos problemas ambientais globais, resumidos na alarma provocada polo cambio climático e o quecemento xeral do planeta. No noso país, isto ten consecuencias na modificación acelerada do nivel do mar, na maior irregularidade dos fenómenos meteorolóxicos e no control das emisións do CO2 á atmosfera (onde as centrais térmicas de As Pontes e Meirama encabezan as clasificacións de impacto de toda España). Por outra, o debate poboacional, centrado en temas tan relevantes como o avellentamento demográfico e as migracións, tanto da mozidade galega que debe partir para topar un emprego digno no exterior como de inmigrantes pobres que tratan de construírse un porvir entre nós. En terceiro lugar, a desarticulación do medio rural, expresada no carácter crónico e incontrolable dos lumes forestais, no sobreconsumo produtivista de auga ou no abandono de decenas de aldeas de todo o país. En cuarto termo, o descontrol do crecemento urbano e da artificialización masiva do litoral; a dificultade na súa regulamentación, os impactos paisaxísticos e a conxestión que xeran. Por último, e sen ánimo de ser exhaustivos, o debate sobre as infraestruturas de transporte ou a mobilidade, a necesidade de modelos sustentables da mesma, da fixación de obxectivos concretos para unha mellor accesibilidade ou conectividade, sen que estes supoñan enormes gastos en obras de enxeñería civil, como o paradigma dominante até agora tratou de afirmar.\nDe forma reiterada, a cuestión que se formula no quefacer investigador dos xeógrafos e dos analistas territoriais é como proceder para realizar os estudos. Qué recursos, fontes, procedementos, obxectivos, hipóteses e preguntas formular. En particular tendo en conta que os temas a abordar son moi amplos e que as metodoloxías a desenvolver adoitan ser variadas, a diferenza no que ocorre noutras ciencias. O xeógrafo e a xeógrafa móvense entre a cuantificación e o emprego de técnicas cualitativas, o recurso a escalas concretas, rexionais ou a un marco xeral de reflexión. Recorren tamén a figuras, imaxes, mapas e táboas, como expresión dos resultados. Polo tanto, resulta bastante difícil sintetizar as bases epistemolóxicas da ciencia xeográfica, os camiños seguidos para xerar coñecemento científico.\nEn primeiro lugar, e como adoita ser frecuente conforme nos achegamos ao presente, a análise territorial debe fundamentarse dun xeito sólido e completo en bases teóricobibliográficas solventes. Desde o punto de vista estritamente teórico xa nos referimos a autores moi significativos e a enfoques que, sen dúbida, se están empregando hoxe en día para facer Xeografía. Cumpre dicir que os fundamentos bibliográficos mudaron nos últimos tempos en tres direccións. Primeira, e de forma paralela a outras ciencias sociais, os libros e os tratados perden forza relativa fronte ao empuxe de artigos e textos breves publicados en importantes revistas de impacto global. Segunda, como consecuencia da anterior, recórrese a moita máis literatura científica publicada en inglés, e retrocede o uso dalgunhas linguas que foron moi influentes no pasado, como o francés. Terceira, as citas amplíanse, xeneralízanse, dado que se considera que calquera documento debe estar respaldado por moita literatura previa. Como xa se insistiu en parágrafos previos, o recurso ao mapa e aos planos son fundamentais no coñecemento xeográfico. A razón da nosa disciplina é cartográfica e, ademais, esa cartografía é fundamentalmente temática, elaborada directamente para soster unha argumentación, para favorecer a análise en marcha. A este respecto, os xeógrafos e as xeógrafas diferenciámonos doutros especialistas (como, por exemplo, os arquitectos e enxeñeiros) polas escalas preferidas á hora de desenvolver os nosos estudos. Deste xeito, movémonos por escalas máis amplas, do 1:500 (fuxindo do proxecto arquitectónico) e chegamos sen dificultade á 1:50.000 característica dos primeiros mapas topográficos). No medio as 1:2.000 a 1:10.000 para as cidades e espazos urbanos, e as 1:20.000 ou 1:25.000 para ámbitos supralocais. Os mapas de representación rexionais, nacionais ou continentais tamén se empregan moito, pero cuns fins máis didácticos ou divulgativos, e menos analíticos.\nXunto á cartografía, a análise xeográfica non pode esquecer que se encadra no coñecemento científico de tipo social e territorial. Por iso, debe recorrer á produción regular de estatísticas oficiais e de series de datos contrastables e medibles. O acto de cuantificar, de crear indicadores e taxas sintéticas, de empregar as análises factoriais e as representacións gráficas de modelos analíticos complexos, forma parte dos quefaceres xeográficos. De xeito especial, nos estudos de Xeografía física, cando se utilizan os Sistemas de Información Xeográfica (SIXs) ou se procuran realizar caracterizacións rexionais e locais ben argumentadas. O xeógrafo e a xeógrafa organiza parte dos seus saberes sustentándoos na estatística. Volvendo a un argumento anterior, faino mediante a estruturación da súa pescuda a diferentes escalas, desde a micro de barrios ou seccións censuais nas cidades e das parroquias no rural até a macrorexional ou estatal pasado pola municipal, supralocal (áreas metropolitanas e comarcas) e rexional, nos seus múltiples significados.\nA cuantificación é unha parte da base investigadora, pois a Xeografía tamén utiliza moito a aproximación cualitativa. Podería dicirse que cada vez máis, resultado do apuntado xiro cultural no coñecemento e na aproximación que se deu en épocas recentes á antropoloxía. A análise territorial gusta das entrevistas, do contacto directo cos actores e do emprego das categorías lingüísticas e representativas nos seus estudos. Isto compróbase nunhas renacidas Xeografía cultural e social, nos estudos urbanos e migratorios e mesmo nas novas liñas emprendidas pola análise climática ou das augas. A paisaxe, a súa revalorización recente e consideración como obxecto a protexer, tamén contribuíu moito á valorizar o perceptivo, o intanxible e o cualitativo.\nPor último, o esforzo científico, de xeración de coñecemento xeográfico, nunca pode circunscribirse ao gabinete, ao despacho ou ás consultas nos arquivos. Necesita da observación participante no exterior, das visitas e saídas organizadas; en definitiva, do traballo de campo. Saíndo fora dos espazos cotiáns de traballo é posible comprobar dinámicas xeomorfolóxicas, rexistrar a variabilidade dos tipos de tempo, medir ríos e regatos, elaborar informacións dirixida aos catálogos da paisaxe e precisar as cuncas visuais, observar a organización do espazo agrario, as características dominantes da morfoloxía urbana e, como antes comentabamos, falar coas xentes, cos habitantes do lugar. A investigación sobre o terreo ven sendo fundamental na Xeografía contemporánea e completa uns métodos de investigación, unha formulación epistemolóxica do coñecemento xeográfico, diversa, xa que a análise territorial aborda un conxunto complexo de cuestións referidas a unha realidade, a organización do espazo, tamén polisémica.\n3. A cOnteXuAlizAción en GAliciA A trAvés dO GrupO ANTE\nEsta proposta epistemolóxica espacial e territorial é recollida na Universidade de Santiago de Compostela polo Grupo de Investigación ANTE (GI1871), que se interesa por estudar os grandes temas do mundo actual e que afectan a Galicia, as súas cidades e concellos, desde a perspectiva enmarcada na teoría social crítica. Deste xeito, os efectos da globalización e da urbanización, do cambio rural, do abandono e avellentamento, dos impactos ambientais, do turismo ou do desenvolvemento endóxeno e sustentable, son temas centrais nunha abordaxe que sempre recorre á análise a diferente escalas. Os enfoques marxiano e dos estudos culturais contribúen a formular esta liña investigadora que se traduce, seguindo a B. Latour (1993) sobre as formas de acumulación capitalista na produción de coñecemento, na publicación en editoras e revistas de impacto, na obtención de proxectos e contratos de investigación competitivos ou na dirección de Teses. Todo iso, co obxectivo de crear un potente polo de reflexión territorial no contexto universitario galego, ibérico e internacional.\nA metodoloxía empregada para afrontar o caso de estudo concretado no Grupo ANTE consistiu en analizar elementos chave como a súa composición, as liñas de investigación prioritarias e os enfoques de achegamento aos temas. Esta primeira aproximación máis cualitativa completouse co estudo dunha serie de indicadores cuantitativos, relacionados coa produción científica do grupo, e coa súa participación en proxectos, e contratos de investigación. Por último, o estudo completouse co afondamento en dúas liñas de traballo de gran importancia e tradición grupo, concretamente no Camiño de Santiago e na Xeografía da Pesca.\n3.1. O Grupo Ante (Gi1871): Grupo de investigación en Análise territorial\n3.2. A acumulación capitalista do coñecemento: proxectos, publicacións, teses e contratos de investigación do grupo Ante\nA globalización faise evidente tamén no funcionamento dos sistemas universitarios de investigación e innovación, e como resultado prodúcese un crecemento do tamaño dos grupos co obxectivo de reforzar a súa capacidade de afrontar os retos de sociedades cada vez máis complexas. As políticas europeas, estatais e rexionais de fomento da investigación favorecen o desenvolvemento de unidades de investigación fortes, multidisciplinares, que dedican parte dos seus esforzos á transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para adaptarse a esta tendencia o grupo ANTE ten experimentado unha evolución desde a súa creación centrada en 3 aspectos fundamentais:\nI. Aumento do número de membros e reforzo do peso dos investigadores novos desde un punto de vista cuantitativo. Precisamente esta nova xeración de investigadores ten sido recoñecida a nivel nacional e internacional con premios á investigación en diferentes temáticas. Exemplos destacados son o galardón Jesús García Calvo para investigacións en desenvolvemento rural e cooperación, o Premio Roser Majoral Moliné da AGE, o Best Paper Award no Encontro anual IGU Urban Geography Commission 2017, ou o premio Valeria Morabito ICT and Heritage con ocasión do Congreso Internacional 3 rd New Metropolitan Perpective 2018. II. Internacionalización do grupo tanto pola incorporación de colaboradores estranxeiros como pola participación en consorcios internacionais de investigación, ou como polo aumento da produción científica e da actividade investigadora a escala internacional e nacional. III. Incorporación de enfoques e liñas de investigación novidosas e de carácter fortemente pluridisciplinar, froito da propia incorporación de novos investigadores, e pola dirección de teses no marco do grupo. Esta profunda evolución resultou moi favorecida, e condicionada, pola chegada de fondos públicos ao grupo, procedentes de programas e convocatorias autonómicos, estatais e internacionais. Estes recursos financeiros destináronse a consolidar a figura do tecnólogo no grupo, e a transferir os resultados da investigación, asistindo a congresos e reunións nacionais e internacionais. O efecto deixouse sentir na capacidade do grupo para a creación e xestión de consorcios de grupos de investigación para concurrir a convocatorias de proxectos europeas, no aumento do seu número de publicacións en revistas de impacto, na posibilidade de participar en redes de investigación e docencia a nivel internacional, e na presenza en comités editoriais de numerosas revistas científicas. Por outra banda, o grupo ANTE puido iniciar unha traxectoria como organizador e financiador de bolsas de colaboración, seminarios, xornadas e visitas de expertos de referencia mundial que reforzaron a posición do grupo non só na USC, senón tamén a escala galega e estatal. Podemos citar como exemplos o II Congreso Internacional SETEDANTE “Seminario Estado, Territorio e Desenvolvemento”, celebrado en 2015, ou o 26th Annual Colloquium of the Commission on the Sustainability of Rural Sysmtes da IGU, celebrado\nEntre os fondos chegados ao grupo, resultaron de especial relevancia os de carácter autonómico, nunha tripla vertente:\nI. Desde o inicio do programa en 2009, o grupo recibe as axudas para a consolidación e estruturación das Unidades de Investigación do Sistema Galego de I+D, o que favorece o desenvolvemento da súa vocación internacional. II. Desde a súa primeira edición en 2011, sete doutores formados no ámbito do grupo, obtiveron unha axuda de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades doSUG. En virtude destas mesmas axudas, na convocatoria de 2014 sumouse ao grupo unha nova doutora, procedente do Departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Illes Balears, o que permitiu reforzar a liña de investigación centrada na análise dos procesos de segregación socioespaciais en áreas urbanas. III. O grupo ANTE lidera a rede de investigación “Novos enfoques da Análise Territorial: implicacións sociais, económicas e formativas”(NEDAT), que se ten beneficiado das axudas para Redes das Convocatorias de Consolidación da Xunta de Galicia desde 2014. A rede NEDAT agrupa a profesionais das Ciencias Sociais interesados en estudar as implicacións territoriais da sociedade, e economía e a educación. Inicialmente estaba formada por 4 grupos de investigación da USC e da UdC, e centrada en temas como o crecemento intelixente, sustentable, e inclusivo, as smart cities, a relación entre turismo, patrimonio, e paisaxe ou a educación como motor de crecemento intelixente. Desde 2016 incorporáronse 2 grupos máis da USC, especializados en métodos cuantitativos e empresas agroalimentarias, e en valoración financeira aplicada.\nXa no ano 2011, pero sobre todo desde 2012, o Grupo ANTE iniciou unha estratexia de intensa concorrencia a convocatorias europeas, tanto en liñas de investigación xa coñecidas polo grupo, como en outras de carácter moi innovador. Así, nos últimos anos presentáronse propostas no marco de varios Programas europeos. Como resultado, o grupo ten liderado o proxecto ESPON European Regions: potencial contribution to the EU 2020 Strategy. Spatial Indicators for a Europe 2020 Strategy (111_PR1_18_0387), e participado no ESPON Action 2.1.5: Territorial Impacts of European Fisheries Policy (20042005), membros do grupo participan no Programa European Cooperation in Science and Technology (COST) a través da Acción COST A European network to improve understanding and use of the ground beneath our cities (SUBURBAN); no Programa Erasmus +, a través dos proxectos Urban Dynamics: Global Perspectives for a SocioCultural Urban Management (URBDYN), coa Universidade de Kiel como xefe de filas, e Patrimoine Européen pour un Avenir Culturel Ensemble (PROPEACE), liderado pola Universidade Jean Monnet - SaintEtienne; e no INTERREG V (20142020), Programa de Cooperación Transfronteiriza EspañaPortugal, a través do proxecto Patrimonio Colectivo Cultural: Plataforma para la valorización e Innovación (GEOARPAD).\nA escala estatal, o grupo Ante leva participando desde a súa creación en convocatorias do ministerio de Economía e Competitividade, e resulta significativo que desde o ano 2010 se teñan desenvolvido tres proxectos consecutivos, os últimos na Convocatoria de Retos para a Sociedade, que tratan de afondar no estudo do sistema metropolitano español, na súa evolución e retos, con especial incidencia nas cidades galegas: (1) Sistema de indicadores para el análisis de las dinámicas urbanas y metropolitanas en España a comienzos del siglo XXI (CSO201016298); (2) Los retos del sistema metropolitano español ante la Estrategia Europea 2020 en un contexto de crisis. La consolidación de un observatorio urbano y metropolitano (CSO201347833-C41-R) e (3) Nuevos modelos de gobierno de las ciudades, e intervención en los espacios urbanos en el período postcrisis (CSO201675236C2-1R). Estes proxectos permitiron integrar no equipo de traballo a investigadores de universidades galegas, españolas e a expertos internacionais de México, Canadá e Francia, o que sen dúbida permitiu ao grupo reforzar a súa capacidade de traballo en equipo e de liderado.\nTamén resultan de gran interese para o grupo os proxectos financiados pola Agencia Española de Cooperación Internacional (AECID), pola novidade que supuxo iniciarse en proxectos de cooperación interuniversitaria e investigación científica en África Occidental, e polo desafío de traballar en países como Senegal, Cabo Verde, Níxer ou Mali. Trátase das dúas edicións do proxecto Diseño de instrumentos económicoterritoriales para la gestión administrativa del desarrollo local en Senegal, Cabo Verde y Mali (A/23313/09 e A/030061/10), e do Proxecto Máster Internacional en Planificación, Desarrollo Local y Ordenación del Territorio en África Occidental (A1/037585/11).\nPor último, a nivel autonómico, o grupo de investigación ten estado moi activo e participe nas políticas de planificación turística da Comunidade galega. A través do Centro Universitario de Estudos Turísticos (CETUR), dirixido nos últimos anos por membros do Grupo ANTE, participouse en, varios observatorios turísticos, como o Observatorio do Camiño de Santiago por encargo da S. A. Xacobeo, e desenvolvido entre 2006 e 2010, ou os estudos de viabilidade para a posta en marcha do Observatorio Turísticos de Galicia en 2004, encargado pola administración autonómica. Así mesmo, deseñáronse e puxéronse en marcha outros observatorios turísticos, de variable entidade e recorrido, como os das cidades de Lugo (desde 2004), Santiago de Compostela (desde 2005) e Ferrol (desde 2008), por encargo dos respectivos concellos.\nO aumento considerable da produción científica do grupo nos últimos anos queda reflectida na seguinte táboa de indicadores (Táboa 1), tanto a partir de publicacións en revistas indexadas, como a través de libros e traballos en congresos internacionais. Por outra banda, desde o ano 2011 téñense defendido 20 teses doutorais dirixidas por membros do grupo, 7 de elas elaboradas por investigadores estranxeiros. No ano 2017 estaban a dirixirse 33 teses, e 15 dos doutorandos eran estranxeiros.\n3.3. enfoques e liñas de investigación novedosas e pluridisciplinares\nAs investigacións desenvolvidas no marco do grupo teñen en común o seu carácter multidisciplinar desde dunha análise espacial e territorial crítica. As liñas de especialización abórdanse desde a Xeografía social, urbana e económica, tamén desde a Xeografía cultural e desde as perspectivas feminista e de xénero. O desenvolvemento socioeconómico e as desigualdades espaciais xeradas polo turismo, industria, transportes, pesca, así como os problemas ambientais derivados destas actividades son obxecto de estudo. Como tamén o son o desenvolvemento local, o urbanismo e á ordenación do territorio, e os problemas asociados á mobilidade e á cooperación internacional ao desenvolvemento.\nAs teses de doutoramento desempeñan un papel importante no marco do grupo, pois a través das mesmas explóranse novas linas de investigación e fortalécense as relacións interdepartamentais e internacionais, como no caso da tese en cotutela de José Ignacio Vila, defendida na Universidade Paris 1PanthéonSorbonne. Ademais, o factor internacional queda reflexado nos mesmos títulos de doutores, pois grazas as estadías realizadas durante as etapas doutorais, o grupo conta coa presenza de Doutores Europeos e Doutores Internacionais.\nNeste artigo tentamos exemplificar este enfoque pluridisciplinar e transversal a través da consideración de dúas liñas de presentes no grupo desde o seu inicio, pero que teñen sido obxecto de abordaxes novidosas.\n3.3.1. O Camiño de Santiago de Compostela\nDende sempre o Camiño de Santiago representa una liña de investigación do grupo, que ten sido abordada desde enfoques distintos: Xeografía do turismo, Xeografía cultural, Xeografía urbana e na actualidade estase a explorar as súas relacións coas Xeohumanidades. Os resultados foron, e son, estudos nos que se tenta por en relación a Xeografía coa Economía, a Socioloxía, a Historia, a Historia da Arte, a Antropoloxía e a Relixión. Tamén as teses de doutoramento defendidas no marco do grupo amosan este interese científico polo fenómeno xacobeo. Como exemplos, a tese de David Santomil Mosquera A imaxe exterior de Galiza no século XXI (2012), onde se analiza en profundidade a promoción de Galicia a nivel internacional, e se pon de manifesto a función atractiva do Camiño como produto estrela do turismo galego. Ou a tese de Lucrezia Lopez La imagen de Santiago de Compostela y del Camino en Italia. Una aproximación desde la geografía cultural (2012), onde se adoptan a perspectiva da Xeografía das peregrinacións e dos espazos sagrados para abordar a difusión do culto xacobeo no país italiano. Nese traballo explóranse fontes e metodoloxías habituais noutras disciplinas como a Historia, analízanse legados e testamentos de peregrinos ou ben textos da literatura odepórica. Esas fontes son empregadas para estudar os impactos territoriais do culto e os resultados plásmanse nos seguintes mapas.\nOutros exemplos de teses de doutoramento que teñen investigado o Camiño de Santiago son a de Miguel Nuno Marques Pereira: Sistemas de Información Xeográfica e realidade aumentada en Turismo: Guía interactiva do Camiño Portugués de Santiago en Barcelos (2014), e de maneira tanxencial a tese de Pilar Taboada de Zúñiga: O Turismo Idiomático en Santiago de Compostela (2014).\nAs publicacións dos últimos anos en revistas internacionais apoian o interese cara o feito xacobeo, como o proban varios artigos en Mobilities, Culture and Religion: An Interdisciplinary Journal, Journal of Tourism and Cultural Change, GenderPlace and Culture, AlmaTourism. Journal of Tourism, Culture and Territorial Development ou Tourism Management Perspectives.\nNa actualidade, o Camiño segue sendo uno dos focos da investigación do grupo, de feito, no marco do proxecto INTERREG GEOARPAD, estanse levando a cabo o suproxecto Piloto 2: Camiño de Santiago na área transfronteiriza GaliciaNorte de Portugal. O mesmo estruturase en tres accións: Acción 1. Investigación e catalogación dos elementos intanxibles do Camiño Portugués vinculados ao turismo cultural; Acción 2. Xestión de datos e transferencia na plataforma; Acción 3. Avaliación e planificación interpretativa do patrimonio intanxible do Camiño Portugués na rexión transfronteiriza GaliciaNorte de Portugal.\n3.3.2. A pesca\nA limitada abordaxe da temática marítimopesqueira por parte da Xeografía, tanto a escala rexional, como estatal, ten sido unha liña de estudo en si mesma dentro do grupo (Duran et al, 1998; Lois, 1999; Piñeiro e Lois, 2018; Santos, 2001). Neste marco, o auxe dos estudos relacionados coa actividade pesqueira tivo lugar entre os anos 2005 e 2007, cando se celebraron unha serie de reunións científicas que actuaron como catalizadores desta temática. Son de destacar as tres edicións sucesivas do congreso internacional “Globalización, Arraigo Xeográfico e Comunidades Costeiras en tempos de cambio”, que permitiu ademais reforzar os lazos de colaboración entre os departamentos de Xeografía das Universidades de Bergen (Noruega) e Santiago (Piñeiro e Lois, 2018). Nos últimos anos, a defensa de teses no marco do grupo e a incorporación de investigadores posdoutorais ao departamento, reforza as investigacións nesta temática en colaboración con departamentos de Xeografía do resto de España, Portugal e Irlanda. As abordaxes desta temática realízanse desde Xeografía rural, os estudos de Desenvolvemento Rural, desde os estudos de Gobernanza, pero tamén desde o enfoque novidoso da Investigación e Innovación Responsables (RRI).\nProxectos de investigación como o ESPON Action 2.1.5: Territorial Impacts of European Fisheries Policy (20042005) ou o Proxecto financiado polo Fondo Social Europeo SEREA, Actividades complementarias da Pesca e do Marisqueo (20062008) mantiveron ao grupo ANTE entre os consorcios punteiros que estudaban as implicacións das políticas sectoriais de pesca no territorio a escala europea. Pero tamén o grupo mantíñase atento á realidade española e galega, como proba o contrato coa Dirección Xeral de Turismo da\nXunta de Galicia para a realización do Estudo sobre o turismo pesqueiro. Exemplos de boas prácticas desenvolvidas en España (2006).\nPor outra banda, teses como a de María de los Ángeles Piñeiro, centrada na Política Pesqueira Común e as comunidades costeiras de Galicia (2015), e publicacións relacionadas coa pesca e as comunidades costeiras seguen a manter viva esta liña de investigación dentro do grupo (Felicidades e Piñeiro, 2017; Piñeiro e Lois, 2018; Piñeiro, Durán e Santos, 2018; Piñeiro, Felicidades e O´Keefe, 2018).\nNa actualidade o grupo colabora na redacción do Pacto Local polo Territorio Costeiro Sostible, coordinado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) Costa Sostible, unha estratexia de desenvolvemento para esta zona de pesca no litoral da provincia da Coruña.\n3.4. estratexia de futuro: cara a un polo de reflexión territorial no contexto universitario galego, ibérico e internacional\nO grupo Análise Territorial, ten como obxectivo avanzar nas súas liñas de investigación clásicas, onde se incorporaron as prioridades establecidas nos documentos de planificación da I+D+i para os próximos anos, tanto a nivel europeo (Horizonte 2020, Investigación e Innovación Responsables), como español e galego (RIS3 Galicia, Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible (EGDS), Plan Director do Camiño de Santiago). Son as relacionadas co desenvolvemento sostible, a ordenación do territorio, os estudos urbanos, o turismo como factor de desenvolvemento territorial, as actividades relacionadas coa pesca, ou a xestión integral de zonas costeiras. Asemade, traballase para mellorar o proceso de formación doutoral e posdoutoral de cada membro do grupo, reforzando as ligazóns entre os métodos de ensino e as novas tecnoloxías, obxectivo definido na estratexia da Unión Europea para o Ensino Superior. Estes obxectivos xerais poden concretarse en obxectivos específicos que marcan o traballo do grupo de cara ao futuro:\nI. Avanzar na estratexia de internacionalización destinada a reforzar o peso específico do grupo no ámbito da Xeografía e das Ciencias Sociais.\nAs relacións internacionais do grupo tratarán de formalizarse a través da sinatura de convenios e protocolos de colaboración con universidades e institucións estranxeiras. Neste camiño, o grupo ANTE -polo de referencia en España da Ano Internacional do Coñecemento Global (20172018)- apoia agora a declaración do «Decenio da Ciencia do Entendemento Global (SDGU) de 2020» e a declaración da nova Cátedra da UNESCO “Entendemento Global para a Sostibilidade”.\nPara o grupo tamén é fundamental reforzar as redes de colaboración con outras universidades. En primeiro lugar coas universidades brasileiras, coas que se teñen asinado acordos de mobilidade de docentes e alumnos, e coas que se concorre a convocatorias públicas de axuda á investigación. En segundo lugar, con universidades de África Occidental, coas que desde 2009 se ten creado unha rede de cooperación e colaboración para favorecer o fortalecemento, nesta área xeográfica, dos programas educativos do ensino superior con vocación de servizo á sociedade. En terceiro lugar, as relacións científicas con China, en concreto coa Universidade de Zhejiang, para a creación dun ChinaEU Center for Innovation & Technology Transference. A este proceso de internacionalización tamén contribúe de maneira importante o traballo en redes científicas como DARIAH (Digital Research Infraestructure for Arts and Humanities), COST (European network to improve understanding and use of the ground beneath our cities), REGGSILA (Rede de Estudos de Geografia, Género e Sexualidade Ibero LatinoAmericana), EAVF (European Association of Vie Francigene), ou RECOT (European Network on Territorial Cooperation), das que os membros do Grupo ANTE forman parte. II. Intensificar a participación nas convocatorias de proxectos de I+D+I, financiadas pola Unión Europea, o Estado e pola Comunidade Autónoma Galega. Asemade, procurar contratos de investigación con empresas e organismos cos que nunca se tivera traballado anteriormente e concorrer a convocatorias e programas de financiación da investigación que sexan novos para o Grupo.\nIII. Mellorar a transferencia dos resultados das investigacións en curso fundamentalmente a través da publicación en revistas de referencia a nivel internacional na nosa área de coñecemento. Por unha banda, buscarase o aumento da produción científica do grupo publicada en revistas recollidas no Journal Citation Reports (JCR) ou WoS. Por outra, tamén resulta importante incrementar os traballos publicados noutros índices de referencia para as revistas españolas de Ciencias Sociais como o INRECS, ou para as publicacións de América Latina, Caribe, Portugal e España, como o Latindex. E, por último, continuarase colaborando con editoriais de prestixio no ámbito das Ciencias Sociais como Springer, Cambridge ou Routledge. Asemade, interesa manter a liña editorial propia iniciada desde o grupo, que persegue publicar resultados da investigación de especial relevancia ou interese a través do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago. IV. Manter a integración e a colaboración coas actividades científicas e formativas do Departamento de Xeografía, do IDEGA, e do CETUR. Ao mesmo tempo, aumentar a actividade de colaboración co Colexio de Xeógrafos de Galicia, e no marco do agrupamento estratéxico BETA +. V. Continuar favorecendo a incorporación de xoves á actividade investigadora do grupo, e ao mesmo tempo aumentar o número de doutores do mesmo.\n4. cOnclusións\nO “xiro espacial” no coñecemento contemporáneo atopa a súa máxima expresión nas investigacións xeográficas, pois as mesmas abordan temas moi actuais que van desde os problemas ambientais globais ao debate poboacional, dende a desarticulación do medio rural e o descontrol do crecemento urbano ao da artificialización masiva do litoral e a dificultade na súa regulamentación, sen esquecer os impactos paisaxísticos e a conxestión que xera. Tamén o estudo das infraestruturas de transporte ou dos patróns de mobilidade resaltan a centralidade da Xeografía como ciencia social postmoderna.\nAs fontes e as metodoloxías empregadas para lograr estes obxectivos son moi variadas, e adecúanse ás temáticas de referencias. En xeral, o Grupo ANTE ten traballado desde sempre compaxinando metodoloxías cuantitativas e cualitativas. No primeiro caso, os proxectos de investigación e os observatorios turísticos teñen xerado e xeran actualmente datos estatísticos primarios e inéditos que constitúen fontes primarias relevantes para as publicacións, sobre todo nas revistas internacionais cada vez mas esixentes coas orixinalidade das investigacións. No caso das metodoloxías cualitativas, as investigacións diferéncianse entre aquelas que se poderían definir mais tradicionais (revisións bibliográficas, análise da planificación turística e dos estudos de viabilidade, análise de documentos de planificación, entrevistas a actores locais), e outras metodoloxías mais novidosas como por exemplo a Critical Discourse Analysi s, as análises visuais, a netnografía, o Sentiment Analysis e o Opinion Mining. Neste sentido faise explícita a necesidade dunha continua formación dos investigadores para estar ao paso coas novas fontes e metodoloxías que as transformacións tecnolóxicas tamén requiren.\nA interpretación xeográfica do mundo non pode esquecerse da cartografía, xa que planos e mapas fan parte e determinan en moitos casos as decisións da nosa vida cotián. Por iso, a cartografía e os SIX son ferramentas de traballo moi importantes no grupo ANTE. Aínda que se recoñece na produción dos mapas a mediación humana, no se pode prescindir dos mesmos para entender os acontecementos e os xeitos xeográficos. Esta necesidade fai que a representación cartográfica sexa un punto de forza nos mesmos resultados dos proxectos de investigación e nas publicacións. De feito, pódese afirmar que a produción cartográfica dunha investigación é unha ferramenta estratéxica para facer mais doado entender o tema do estudo, e máis visibles os seus resultados. A tal propósito, o grupo ANTE inviste na formación en SIX, remarcando así a importancia das relacións cos outros colectivos profesionais para a mellora da formación dun perfil investigador, que poda ao mesmo tempo operar no mundo de traballo, no só académico.\nSendo a Xeografía unha ciencia multifacética, polo seu carácter tradicional de coñecemento fronteirizo facilita puntos de contacto con outros ámbitos do saber. Esta necesidade queda reflectida nos consorcios interuniversitarios que desde o grupo ANTE se levan empuxando e, en moitos casos, liderando. Como xa comentado, trátanse de consorcios nacionais e internacionais, que ao mesmo tempo contribúen a mellorar o rendemento de indicadores relativos ao número de proxectos en colaboración con outros grupos estatais ou estranxeiros, e de aí o número de publicacións en colaboración con outros grupos estatais ou estranxeiros. Nese contexto, destaca a coordinación da rede NEDAT, unha rede de investigación interdisciplinar, a través da cal tamén se traballa para mellorar os indicadores de rendemento, no só do grupo, senón da mesma rede.\nCaptar fondos é unha tarefa complexa, resultado dunha combinación case matemática de indicadores de produtividade que, pola súa natureza cuantitativa, a veces parece priorizar a cantidade máis que a calidade. Polo tanto de cara o futuro existe o compromiso de manter viva a lóxica dun modelo académico cada vez mais competitivo, pero sen comprometer a calidade da investigación."} {"summary": "Tras a crise financeira, a reordenación do mapa bancario e consecuente perda de entidades financeiras propias, cuestionámonos se a problemática de acceso a crédito bancario pode ser máis acusada para as PEMEs galegas en entornas rurais. O obxectivo da investigación é o estudo do crédito comercial como alternativa ao crédito bancario, o diagnóstico das dificultades de acceso a financiamento e a súa relación cos desequilibrios territoriais ruralurbano.\nOs resultados son aínda preliminares, pola necesidade de refinar os datos de acceso a financiamento das empresas e as escollas de tipo econométrico. Con todo, tomando unha mostra de empresas industriais da provincia da Coruña, compróbase que os volumes de crédito comercial son relativamente baixos no contexto europeo, e as empresas que operan no rural conceden menos crédito comercial que as urbanas. Ademais, fináncianse máis vía provedores – coherente coa hipótese de contar con peor acceso a crédito bancario – mais o efecto non é significativo para as empresas independentes.", "text": ": financiamento empresarial, crédito comercial, desenvolvemento rural, PEMEs\n1. IntrOduCIón\nAs desigualdades territoriais dificultan o desenvolvemento e cohesión rexionais, agravadas polo envellecemento e as peores perspectivas demográficas que a miúdo caracterizan ás zonas rurais. As políticas públicas procuran por iso incidir nos factores que explican o mellor comportamento dalgunhas rexións. No ámbito empresarial, as PEMEs son un obxectivo chave na estratexia Europa 2020, orientada a promover condicións de competencia equitativas nas que as empresas, con independencia do tamaño, teñan as mesmas posibilidades de éxito. As políticas de desenvolvemento rural avogan por fomentar o emprendemento con enfoques multisectoriais, as integracións horizontais e verticais, a innovación, a creación de redes e a cooperación entre os empresarios (Cork, 2016). Porén, as PEMEs rurais deben facer fronte a problemáticas de seu, como ter que desenvolver as súas actividades en ecosistemas menos favorables, a capacidade de xestión da innovación, ou os problemas de acceso a financiamento.\nÉ neste último aspecto no que se centra este artigo. A dificultade de acceso ao crédito é un factor determinante na competitividade empresarial das PEMEs rurais. O marco conceptual de referencia identifica o crédito comercial –operación na que un provedor ofrece condicións que permiten ao seu cliente retrasar o pagamento do ben ou servizo adquirido– como substituto do financiamento bancario. En particular, nun contexto de restrición de crédito, unha empresa que non pode conseguir dos bancos todo o financiamento preciso, é probable que recorra a fontes alternativas, coma o crédito comercial (Danielson e Scott, 2004). O efecto substitución sería máis patente de cumprirse a “hipótese da fuxida á calidade”, segundo a cal, en tempos de crise, o crédito fuxe das pequenas empresas máis necesitadas de financiamento, cara ás máis grandes ou con posicións máis solventes (Psillaki e Eleftheriou, 2015; McGuinness e Hogan, 2016).\nContribuímos á literatura co caso de Galicia, centrado no contexto posterior á crise financeira, e con especial énfase na interpretación territorial dos resultados. O caso galego é de especial relevancia por dúas cuestións. Primeira, Galicia é un exemplo paradigmático a nivel europeo de rexión envellecida en recesión demográfica, resultado das fortes migracións nos anos 19501975. O estudo do impacto territorial ruralurbano na literatura sobre crédito comercial non é novidoso (e.g., Niskanen e Niskanen, 2006), pero tampouco extensa nin concluínte. Máis aínda, a liña de investigación principal céntrase na análise de economías rurais en países en desenvolvemento, pero poucas interpretan a dualidade ruralurbana en rexións de Europa, e ningún artigo de referencia fai fincapé en contextos de estancamento demográfico.\nNo presente traballo cuestionámonos se a problemática de acceso a financiamento pode ser máis acusada para as PEMEs galegas en entornas rurais: o obxecto de estudo é o crédito comercial concedido e recibido por pequenas empresas (PEs) de sectores industriais, o diagnóstico das dificultades de acceso a financiamento e a súa relación cos desequilibrios territoriais ruralurbano. O artigo contribúe en dúas direccións. Primeira, a partir dunha mostra coas preto de 1.000 empresas da provincia da Coruña con entre 5 e 50 empregados e información financeira completa na base de datos SABI, operando en calquera dos sectores industriais e construción da CNAE, realizamos unha análise descritiva comparativa do acceso a financiamento bancario, o seu custe, e o recurso ao crédito comercial, das PEs en concellos rurais fronte ao resto. Segunda, aplicando a metodoloxía de datos de panel, analízanse os principais determinantes do crédito comercial concedido e recibido nos anos 20122016, ao obxecto de identificar diferenzas significativas para empresas operando en entornas rurais. Para a clasificación de empresa operando en contornas rurais, intermedias ou urbanas, relaciónase cada empresa co concello de domicilio social, e este coa clasificación IGE conforme a metodoloxía DEGURBA.\nA estrutura do artigo é a seguinte. Tras unha breve introdución de Galicia e o sector empresarial industrial da provincia da Coruña como caso de estudo, revísase a literatura de factores determinantes do crédito comercial. Na Sección 4 descríbese a mostra e variables, e realízase unha análise descritiva dos datos. Na Sección 5 preséntase a metodoloxía e resultados da análise con datos de panel. Por último, conclúese con algunhas reflexións sobre o alcance e limitación dos resultados na Sección 6.\n2. CasO de estudO: GalICIa\nGalicia, afronta un escenario demográfico nas vindeiras décadas cando menos preocupante. É un caso paradigmático en Europa, de maior gravidade que calquera dos países do entorno, manifestado nunha baixa natalidade e elevado envellecemento, altos niveis de dependencia, a perspectiva dunha forte perda poboacional nas vindeiras décadas, e grandes desigualdades territoriais no acceso a emprego e servizos, en particular nos concellos rurais. A polaridade ruralurbana e a dinámica recesiva das zonas rurais é aínda máis acusada. O devalo demográfico e socioeconómico do rural, a súa supervivencia tal e como a entendíamos ata agora, é un reto que debe afrontar a sociedade galega. Hoxendía, case o 70% da poboación vive no 15% do territorio, o Eixo Atlántico (ver Figura 1).\nA orixe deste comportamento ten raíz económica: Galicia leva décadas por detrás de España en termos de crecemento demográfico e PIB, perdendo peso relativo de xeito persistente. No rural en particular, desde mediados do século XX prodúcese un descenso abrupto do emprego no sector agrícola, non compensado por creación de emprego noutros sectores, o que levou a fortes migracións do rural ao urbano nos anos 60 e 70 do século pasado. O Plan para a dinamización demográfica de Galicia 2013 – 2016 apunta ao fomento da natalidade como eixo principal, pero esa é xa unha solución tardía para corrixir a estrutura de poboación das comarcas do rural e interior de Galicia (López Iglesias, 2013). A inercia demográfica dunha poboación envellecida leva a que a perda poboacional persista no tempo ata hoxe en moitos concellos do rural galego.\nEntre as posibles solucións que algúns autores formulan, serían necesarias políticas adicionais de tipo socioeconómico (emprego, servizos) e de ordenación do territorio (Fernández e Peón, 2017). O apoio ao emprendemento e desenvolvemento empresarial das PEMEs é un obxectivo central da estratexia Europa 2020 e, en particular, nas zonas rurais. En España representan o 99.8% das empresas, sendo as micro empresas con menos de 10 traballadores o 95.8% (o 92.4% na UE), e ocupando ao 66.0% dos traballadores, dato similar á media europea. 1 Porén, a capacidade destas empresas para contribuír a reverter o devalo 1 Fonte: CEPYME (http://www.cepyme.es/1344las-pymesprotagonistas-delcrecimiento-ydel-empleo/). Acceso Abril 2018.\ndo rural é limitada –en particular, a de aquelas que operan baixo un enfoque de ‘economía residencial’ (Barbut, 2009), dependente da capacidade de consumo de residentes e turistas. Con altos niveis de despoboamento e envellecemento, as expectativas de crecemento demográfico negativas amenizan con marxinar boa parte dos concellos rurais no futuro.\nO presente artigo céntrase, pois, no estudo de empresas de varios sectores industriais conforme a clasificación CNAE, máis orientadas a un enfoque de ‘economía produtiva’, menos dependente da capacidade de consumo local. A razón desta escolla débese á importancia que o crédito comercial xoga na relación provedor – cliente en empresas deste tipo. Conforme aos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o total de empresas rexistradas con actividade en sectores industriais na provincia da Coruña no ano 2012. Dun total de case 20, 000 empresas, o 81.0% teñen 0 a 2 traballadores e máis do 90% son pequenas empresas con menos de 10 empregados. Dous terzos delas concéntranse nos sectores de construción especializada e construción, e entre as empresas industriais destacan por número de empresas as industrias de alimentación, confección de roupa, madeira, fabricación de produtos metálicos, fabricación de mobles e reparación de maquinaria.\n3. FaCtOres determInantes dO CrédItO COmerCIal: estadO da arte\nO crédito comercial é a posibilidade que os provedores ofrecen para recibir hoxe a mercadoría ou provisión do servizo, e adiar un tempo o pagamento efectivo do importe debido. Para o provedor representa un investimento en clientes, no epígrafe de ‘debedores comerciais e outras contas a cobrar’, mentres que para o cliente é unha vía de financiamento que figurará en balance no epígrafe de ‘acredores comerciais e outras contas a pagar’ (GarcíaTeruel e MartínezSolano, 2010). Para moitas empresas representa unha vía de financiamento habitual: pode actuar como substituto ou como complemento ao financiamento bancario, mais nun contexto de forte restrición crediticia como a experimentada tras a crise e reestruturación bancaria en España na última década, o seu papel substitutivo cobra relevancia.\nVarios estudos empíricos recentes mostran como, nun contexto de restrición de financiamento bancario, as empresas con posicións de liquidez suficiente actúan como financiadores doutras máis necesitadas (GarciaAppendini e MontoriolGarriga, 2013; Psillaki e Eleftheriou, 2015; McGuinness e Hogan, 2016). Non está tan estudada, en cambio, a relación entre o crédito comercial e o ámbito rural ou urbano onde operan as empresas – e os resultados non son concluíntes. A literatura temperá apunta un maior uso das contas a cobrar e pagar en ámbitos urbanos, porque as empresas rurais terían menores restricións de crédito ao haber máis información dispoñible sobre os pequenos negocios e os seus xestores, e a presión para pagar as débedas ser maior (Petersen e Rajan, 1995). Porén, Harhoff e Körting (1998) identifican que as empresas de Alemaña Oriental soportan un custo do financiamento bancario un 0.9% superior ao de empresas comparables de Alemaña Occidental.\nNa literatura máis recente, a liña de análise máis extensa en relación ao rural é a que analiza as condicións de financiamento das pequenas empresas en países en desenvolvemento. En China, Yano e Shiraishi (2011) comproban que o financiamento vía crédito comercial é máis eficiente que o bancario, e Sun e Hu (2013) mostran que o crédito comercial ten un efecto positivo sobre a produtividade empresarial. Na India hai unha vasta literatura sobre micro créditos e emprendemento, pero pouco sobre a alternativa que o crédito comercial supón para as PEMEs (e.g., Milder, 2008). Algúns destes artigos analizan diferenzas étnicas ou entre provincias, pero non tanto as diferenzas rural – urbano nun contexto onde ademais o sistema bancario apenas está desenvolvido. Referido a economías desenvolvidas, Gustafson (2005) observa que as PEMEs do rural norteamericano con maior uso de sistemas informáticos de xestión de tesouraría e crédito actúan de prestamistas nas relacións de crédito comercial. Niskanen e Niskanen (2006) observan que as empresas nas zonas urbanas de Finlandia ofrecen e utilizan máis crédito comercial que as de entornas rurais. Por último, en Italia, Cassia e Vismara (2009) comproban que as empresas tenden a financiarse vía provedores cando as condicións de crédito bancario non son boas – o cal relacionan cun menor nivel de desenvolvemento da banca local – mais Deloof e La Rocca (2014) obteñen resultados contrarios: a maior desenvolvemento da banca local, aumenta a redistribución de préstamos vía maior oferta de crédito comercial.\n3.1. Factores determinantes da concesión de crédito comercial\nPor que empresas non financeiras ofrecen financiamento aos seus clientes de xeito frecuente? Os primeiros modelos teóricos xa apuntaban á existencia de restricións de crédito bancario para as empresas financiadas (Schwartz, 1974), fundamentadas na existencia de asimetrías de información (Biais e Gollier, 1997). Na actualidade, a literatura académica ofrece diversas razóns polas que os provedores ofrecen crédito comercial aos seus clientes, que podemos sintetizar en motivos de catro tipos: comerciais, operativos, financeiros, e de acceso a crédito.\nOs motivos comerciais teñen dúas orixes. Primeira, se existen asimetrías de información entre compradores e vendedores, o crédito comercial permite aos provedores garantir a calidade dos seus produtos (Smith, 1987). De xeito recíproco, os provedores conseguen información sobre a capacidade crediticia dos seus clientes (Pike et al., 2005). Segunda, a teoría de discriminación de prezos (Petersen e Rajan, 1997) sinala que o crédito comercial permite aos provedores cobrar un prezo superior aos clientes de peor solvencia. A evidencia empírica mostra que as empresas con maior marxe comercial (diferenza entre o custo do ben ou servizo que ofrecen e o prezo que repercuten ao cliente) son as que máis teñen que gañar de incrementar as súas vendas e, polo tanto, as que máis crédito comercial ofrecerían por discriminación de prezos.\nOs motivos operativos fundaméntanse na consecución de maiores niveis de eficiencia de negocio e redución de custos. O uso de crédito comercial reduce a incerteza de cobramentos e pagamentos (Ferris, 1981) e proporciona ás empresas maior flexibilidade para responder a variacións na demanda (Emery, 1987). Este enfoque tradúcese en varias predicións. Primeira, as posibilidades de crecemento do negocio poden influír nun sentido ou noutro á hora de conceder crédito a clientes: de xeito positivo, cando a empresa pretende medrar máis rápido, e ofrece mellores condicións de crédito comercial aos seus clientes que a competencia; ou de xeito negativo, cando o crecemento da demanda é baixo ou negativo poden ofrecer crédito comercial para mellorar o seu ritmo de vendas (Niskanen e Niskanen, 2006). Segunda, a existencia de economías de escala pode influír na concesión de crédito: neste sentido, a predición sería que as empresas de maior tamaño ofrecerían máis crédito (Ng et al., 1999). Por último, o distinto poder de negociación entre clientes e provedores (Porter, 1979) influiría nos prazos e condicións do crédito comercial concedido.\nA motivación financeira é a primeira apuntada na literatura académica. A teoría da liquidez e o crédito (Schwartz, 1974) suxire sinxelamente que o crédito comercial é o mecanismo polo cal as empresas que poden acceder a financiamento sen restricións e a baixo custo ofrecerán crédito máis gravoso a aquelas con limitacións financeiras. A motivación financeira está ligada, en primeiro lugar, coa existencia de asimetrías de información antes mencionadas, pero neste caso desde o punto de vista das entidades financeiras: os provedores contarían cunha vantaxe comparativa respecto dos bancos á hora de conseguir e monitorizar información sobre os seus clientes. E, en segundo lugar, a motivación financeira estaría ligada, tamén, coa solvencia e acceso a fontes de financiamento por parte de provedores e clientes.\nRespecto á accesibilidade ao crédito, en resumo, as empresas con mellor acceso a fontes de financiamento, tanto propias como alleas, estarían dispostas a ofrecer crédito aos seus clientes en condicións que lle beneficien. No caso das PEMEs, as fontes habituais de financiamento poden ser o autofinanciamento (vía beneficios retidos), e o financiamento bancario. Neste caso, no caso de non contar cunha observación directa – a concesión ou denegación dos préstamos e créditos bancarios solicitados – soen empregarse proxies como a idade e tamaño da empresa, na idea de que empresas máis grandes e maduras teñen acceso máis factible ao crédito bancario (GarcíaTeruel e MartínezSolano, 2010), o custo da débeda inferida a partir da información contable – gastos financeiros sobre pasivos excluído crédito comercial – ou información sobre a estrutura competitiva do mercado bancario (Niskanen e Niskanen, 2006).\n3.2. Factores adicionais determinantes da solicitude de crédito comercial\nAs motivacións polas que unha empresa cliente solicita financiamento do seu provedor son en boa medida similares ás identificadas no epígrafe anterior, pero gañan relevancia as referidas ao motivos financeiro e de acceso a crédito (e.g., GarcíaTeruel e MartínezSolano, 2010b). No referido a motivo financeiro, á teoría da liquidez e o crédito se engaden dúas razóns adicionais. Por unha banda, as empresas deben xestionar as necesidades de capital corrente, equilibrando o vencemento dos seus pasivos e a liquidez dos seus activos, de xeito que o fluxo de caixa xerado polos activos permita atender os vencementos de acredores (Morris, 1976). Por outra, existe un efecto substitución entre a débeda a longo prazo e o financiamento vía crédito comercial.\nCanto ao acceso a fontes de financiamento, dependerá da capacidade da empresa para xerar financiamento interno, e do acceso a financiamento bancario. Porén, a observación empírica da ‘dispoñibilidade de préstamos bancarios’ requiren o uso de enquisas. En ausencia desta información, ou complementándoa, son habituais o uso de proxies, como a idade e tamaño da empresa, o custo do crédito bancario ao que teñen acceso (cando o teñen) ou a estrutura competitiva do mercado bancario – medida polo número de bancos presentes no concello da empresa.\nAos motivos anteriores engádense condicionantes xeográficos (e.g., o contexto rural ou urbano xa mencionado) ou macroeconómicos – medido habitualmente có crecemento do PIB. A relación entre ciclo económico e crédito comercial non está clara: en recesión os saldos de contas a cobrar poden aumentar polo efecto substitutivo do menor crédito bancario concedido e pola demora nos pagamentos por parte dalgúns clientes, pero en expansión económica o volume de negocio das empresas – e por tanto o crédito comercial recibido e concedido – é previsible que aumente (Niskanen e Niskanen, 2006). Por último, unha limitación adicional deste tipo de estudos é non poder inferir, a partir unicamente de información contable, cal é o custo do crédito concedido polo provedor, ou a frecuencia con que as empresas cliente fan uso do desconto por pronto pagamento (DPP). Exemplos de estudos que conseguen esta información vía enquisas sobre o uso de DPPs inclúen Harhoff e Körting (1998) ou Niskanen e Niskanen (2006).\n4. mOstra e datOs\nCo obxecto de realizar un estudo do crédito comercial concedido e recibido, o diagnóstico das dificultades de acceso a financiamento, e a relación cos desequilibrios territoriais ruralurbano, aplicando a metodoloxía de datos de panel, faise uso da información financeira empresarial facilitada en SABI – Bureau van Dijk database, para tomar unha mostra de PEs galegas sectores industriais. Céntrase a análise nestes sectores, como é habitual en moitos estudos, pola importancia do crédito comercial entre provedores e clientes a través da cadea de valor.\n4.1. mostra\nSeleccionamos unha mostra coas empresas da provincia da Coruña con entre 5 e 50 empregados e información financeira completa na base de datos SABI para os anos 2012 a 2016, que operan nos sectores de Industria da alimentación e fabricación de bebidas (SECT1), Industrias téxtil, madeira e papel (SECT2), Industrias do metal, metalurxia, fabricación e reparación de maquinaria (SECT3), Construción de edificios (SECT4), e\nEnxeñaría civil e construción especializada (SECT5). 2 A seguir, fíltrase a base de datos eliminando en primeira instancia as empresas que non conten con activos e ingresos positivos en todos os anos. Neste paso caen tamén dúas empresas atípicas cun volume de activos o triplo superior que a maior das empresas da mostra. Elimínanse ademais observacións correspondentes a valores extremos nas variables dependentes e en doce dos regresores definidos na seguinte sección, se ben a robustez dos resultados será contrastada finalmente facendo uso tamén dos datos sen eliminar outliers. Por último, dado que algúns dos regresores requiren estimar o crecemento entre anos consecutivos, na aplicación das regresións pérdese o ano 2012, co que o panel data consiste en observacións para os anos 2013 a 2016.\nEn total, resultan 1.069 empresas (o 5.8% das empresas no IGE para estes sectores, pero o 65.5% das que contan con entre 5 e 50 empregados). Para a clasificación do entorno rural ou urbano no que opera cada empresa, relaciónase a empresa co concello do seu domicilio social, e este coa clasificación de concellos rurais, intermedios ou urbanos IGE (2016), a cal segue a metodoloxía DEGURBA de Eurostat. A Táboa 1 amosa que a mostra está equilibrada tanto a nivel sectorial (porcentaxes do 12.0% ao 34.6%) como rexional (26.5% das PEs operan nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, 28.9% en concellos rurais, e 44.9% en intermedios). Os datos amosan que os concellos urbanos contan cun menor peso no sector de industrias do téxtil, madeira e papel (SECT2) e maior peso no de construción especializada (SECT5), mentres os concellos rurais amosan a situación contraria en ambos sectores, e un infrapeso no sector de industrias do metal e maquinaria (SECT3).\ntáboa 1. Distribución sectorial e rexional das empresas da mostra Fonte: Elaboración propia 2 Os códigos CNAE incluídos en cada categoría son os seguintes: SECT1: 10. industria da alimentación, 11. fabricación de bebidas. SECT2: 13. industria textil, 14. confección de prendas de vestir, 15. industria do coiro e calzado, 16. industria da madeira e corcho, 17. industria do papel. SECT3: 24. metalurxia, 25. fabricación de produtos metálicos, 26. fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos, 27. fabricación de material e equipo eléctrico, 28. fabricación de maquinaria e equipo, 29. fabricación de vehículos de motor, 30. fabricación de outro material de transporte, 31. fabricación de mobles, 32. outras industrias manufactureiras, 33. reparación e instalación de maquinaria e equipo. SECT4: 41. construción de edificios. SECT5: 42. enxeñería civil, 43. actividades de construción especializada.\n4.2. Variables\nRealizamos unha selección das variables de estudo conforme á revisión de literatura realizada na Sección 3. A lista de variables, a súa definición, e estatísticos descritivos facilítanse na Táboa 2. A seguir describimos cada unha delas, agrupadas por categorías.\nVariables dependentes. Ao obxecto de analizar tanto o crédito comercial concedido como o recibido, tómanse variables dependentes de dous tipos:\n• Contas a cobrar (RECS). Definida como a ratio de contas a cobrar sobre os ingresos por vendas, mide a porcentaxe das vendas que unha empresa financia aos seus clientes. Canto maior RECS, maior financiamento concedido. • Contas a pagar (PAYAS). A ratio de contas a pagar sobre o total de activos mide a porcentaxe dos activos que se financian vía provedores. A maior PAYAS, máis relevante é o crédito comercial na política de financiamento da empresa.\nCapacidade crediticia. Incluímos nesta categoría regresores de tres tipos. Primeiro, como medidas de autofinanciamento tomamos a ratio de beneficio neto máis amortizacións sobre os ingresos por vendas (INTFINS), e a mesma ratio sobre activos (INTFINA). Empregaremos INTFINS para explicar as contas a pagar, pero INTFINA coas contas a cobrar, evitando a multicolinealidade de INTFINS con outros regresores medidos en relación ás vendas que empregaremos. Espérase unha relación positiva entre INTFINA e RECS e negativa entre INTFINS e PAYAS: a maior capacidade para xerar financiamento interno, máis crédito ofrecerán aos seus clientes, e menos necesidade terán de solicitar financiamento dos provedores.\nSegundo, como proxy da capacidade crediticia empréganse habitualmente na literatura a idade (AGE), medida polo número de anos desde que a compañía foi fundada, e o tamaño medido polo logaritmo dos activos da empresa (logASSETS) –a efectos descritivos incluímos tamén os estatísticos para os ingresos, logREVEN). A priori, tamaño e idade terían relación positiva con RECS (as empresas con acceso a crédito bancario ofrecerían máis crédito comercial se poden beneficiarse del), e negativa con PAYAS –as empresas máis maduras usan menos crédito de provedores polas súas oportunidades de investimento relativamente menores, e por contar con fontes alternativas de financiamento.\nA maiores, ante a ausencia de medidas directas de dispoñibilidade de crédito bancario, tomamos dous proxies. Por unha banda, a variable dummy crecemento da débeda (DGRD) toma valor 1 nos anos nos que a débeda a longo prazo da empresa aumenta. A interpretación é similar á de tamaño e idade, positiva con RECS e negativa con PAYAS. Porén, é unha medida limitada no seu obxectivo de medir o acceso a financiamento, xa que só funciona nunha dirección: se medrou a débeda sabemos que a empresa tivo acceso a novo financiamento, pero se DGRD = 0 ignoramos se non precisaba crédito, ou si o precisaba, pero non o puido conseguir. Por outra banda, un segundo proxy empregado é o custo da débeda (KD), medida pola ratio de gastos financeiros sobre pasivo total menos acredores comerciais. Xa que crédito comercial e bancario son substitutivos, KD tería a priori relación positiva con PAYAS e negativa con RECS.\nMotivos comercial e operativo. Incluímos regresores de catro tipos. Primeira, as oportunidades de crecemento do negocio medidas co crecemento anual das vendas se é positivo (PGROWTH) ou negativo (NGROWTH). Na literatura, o impacto sobre as contas a pagar é claro: a máis oportunidades de negocio máis necesidades de investir que necesitan ser financiadas, polo que PGROWTH (e NGROWTH, definida en termos negativos) terían relación positiva con PAYAS. A relación coas contas a cobrar dependerá da estratexia da empresa. Se unha empresa quere medrar máis rápido pode concederlle aos seus clientes prazos de pagamento maiores que os competidores, co que PGROWTH estaría positivamente ligado a RECS (a causalidade sería inversa). Porén, pode tamén ofrecer crédito como mecanismo comercial para mellorar datos pobres de vendas. Nese caso, PGROWTH e NGROWTH terían relación negativa con RECS.\nSegundo, conforme a teoría de discriminación de prezos, as empresas con mais marxe comercial benefícianse ao cobrar prezos maiores a algúns clientes vía crédito comercial. Polo tanto, usamos a marxe operativa (MARG), definida como a ratio resultado de explotación sobre os ingresos por vendas. MARG estaría por tanto positivamente relacionada con RECS, e incluímos MARG 2 para moderar o efecto das empresas con marxes elevadas (GarcíaTeruel e MartínezSolano, 2010). Comprobamos ademais se a rendibilidade para o accionista (ROE, medida có beneficio antes de impostos sobre fondos propios), puidera ter igual efecto sobre RECS. Terceiro, o crédito comercial permite reducir asimetrías de información garantindo a calidade do produto. Entón, a rotación do activo (TURN), definida como vendas sobre activos, estaría negativamente relacionada con RECS (a máis controis de calidade máis tempo require o ciclo de produción e venda). Porén, TURN introduce unha correlación ficticia con RECS por formar as contas a cobrar parte tamén do activo. Polo tanto, empregamos a medida modificada TURN2, ratio das vendas sobre activos, excluídas as contas a cobrar.\nPor último, dado que coa información financeira dispoñible descoñecemos en que porcentaxes o crédito comercial ten custe ou non, o poder de negociación de clientes e provedores (Porter, 1979) afectaría aos casos nos que unha parte ou outra imporía condicións gratuítas ou gravosas. Para explicar RECS poderíamos incluír os prazo estimado de pago a provedores (PAYD), pero o seu carácter explicativo xa está recollido en MARG e STFINS. Para explicar PAYAS usamos o prazo estimado de cobro a clientes (RECD), medido polas contas a cobrar multiplicado por 360/vendas, así como o ROE (xa descrito). En ambos casos, a relación prevista é negativa.\nMotivo financeiro. Incluímos regresores de tres tipos. Primeiro, definimos o financiamento a curto prazo (STFINS) como a ratio dos pasivos correntes sobre as vendas. Consonte a teoría da liquidez e o crédito pola que as empresas que conseguen financiamento bancario a baixo custo ofrecerán crédito comercial ás empresas con restricións, esperamos unha relación positiva entre STFINS e RECS. Para as contas a cobrar empregamos a débeda a curto prazo (STDA), ratio dos pasivos correntes menos acredores comerciais sobre activos totais. O efecto substitución entre crédito bancario a curto prazo e crédito comercial, normalmente con tipos de xuro efectivo superiores, fai que a relación agardada entre STDA e PAYAS sexa negativa.\nComprobamos tamén un efecto substitución entre débeda a longo prazo e crédito comercial coa variable apancamento (LEVER), definida como a ratio de pasivos de longo prazo sobre capitais (pasivos L/P e fondos propios). Espérase unha relación negativa con PAYAS. Ademais, para explicar RECS incluímos LEVER coa seguinte hipótese: é posible que as empresas menos endebedadas teñan máis capacidade e interese en endebedarse para medrar. A relación con RECS sería positiva, pero non por motivo financeiro, senón comercial. Por último, as empresas precisan xestionar as súas necesidades de capital corrente, cadrando a liquidez dos seus activos coa esixibilidade das súas contas a pagar. Por tanto, para explicar PAYAS incluímos como medida de liquidez a ratio de activos correntes sobre activos totais (CURRAS), cunha relación esperada positiva con PAYAS.\n4.3. estatística descritiva\nEn primeiro lugar, canto ás variables explicadas crédito comercial concedido e recibido (Táboa 3), aprécianse diferenzas sectoriais relevantes no crédito concedido no sector alimentación vs. construción e enxeñería. As diferenzas no crédito recibido non son tan claras, só a menor concesión no sector téxtil. Canto ás diferenzas rural urbano, concédese menos crédito no rural, mentres que o recibido é similar.\nAs cifras son relativamente baixas en comparación có uso habitual de crédito comercial en países europeos (véxase GarcíaTeruel e MartínezSolano, 2010). Así, canto ás contas a cobrar, as medias para os sectores industriais galegos móvense máis na liña táboa 3. Crédito comercial concedido e recibido. Promedio 20132016, por sector e DEGURBA Fonte: Elaboración propia\ndo habitual en países escandinavos, entre o 20% e o 25%, do que en Francia ou España, habitualmente no 35%. Si se aprecia unha maior concesión de crédito no sector da construción, como tamén se desprende dos resultados na literatura. Canto ao financiamento vía provedores, os datos entre o 15% e 20% para o caso galego tamén son inferiores aos habituais nos países do sur de Europa.\nCanto as variables para diagnosticar as posibles dificultades de acceso a financiamento (Táboa 4), apréciase que o crecemento da débeda é similar entre sectores e concellos de distinto tipo, polo que non semella será unha variable que axude a determinar a\nPromedio 20132016, por sector e DEGURBA\ndistinta política comercial dunhas empresas e outras. Sorprende máis a análise descritiva respecto ao custo da débeda: as empresas do rural fináncianse a un custo lixeiramente inferior aos dos outros concellos. Non é unha diferenza elevada, aínda que si recorrente (todos os sectores agás alimentación) e contrario ao esperado. A explicación pode vir da tipoloxía de empresas coas que contamos na mostra, xa que hai diferenzas notables por tamaño e marxe operativa (rendibilidade). Por unha banda, as empresas industriais no rural son notablemente máis pequenas, principalmente no sector téxtil, e as urbanas moito maiores no sector da construción. A priori isto suporía un maior custo da débeda para as empresas pequenas, polo que a diferenza o atopamos na rendibilidade: as empresas sitas en concellos urbanos, e máis en particular as dos sectores alimentación e téxtil, amosaron nos anos da mostra unha rendibilidade negativa, moi inferior á de empresas noutros concellos e sectores.\nCon todo, a explicación última é que estamos a empregar unha definición ampla de gastos financeiros. Conforme á normativa contable, os gastos financeiros poden incluír máis conceptos que xuros por débedas con entidades financeiras, como xuros por desconto de efectos comerciais a cobrar, así como as perdas por deterioro do valor da débeda, de instrumentos financeiros, diferenzas negativas de cambio, e outras. É posible, por tanto, que haxa empresas ás que lles afecten diferenzas de cambio ou perdas en débeda cotizada, menos habituais en empresas pequenas.\nNa Figura 2 podemos comprobar a relación do custo da débeda coas variables crédito comercial concedido e recibido, crecemento da cifra de negocio e marxe operativa. A tipoloxía urbana (1), intermedia (2) ou rural (3) do concello onde opera a empresa indícase en distinta cor. Por unha banda, a relación do custo da débeda – crédito comercial semella coherente (en particular, para RECS): canto máis caro é o custo de financiarse, menos crédito conceden aos seus clientes. Por outra, entre os posibles determinantes de KD, o crecemento das vendas ten unha relación coherente: as empresas que máis medran son as que conseguen financiamento máis accesible. Porén, non hai un patrón recoñecible para a marxe de beneficios do negocio, pola elevada presencia de casos anómalos (rendibilidades por baixo do -50%, por exemplo).\nEsta será, por tanto, unha limitación dos resultados econométricos na Sección 5. Con todo, a especificación do modelo incluíndo regresores que recollan as diferenzas de marxe, tamaño, crecemento das vendas, etc., debe axudar a discriminar en que medida o carácter rural ou urbano do medio onde operan as empresas implicou realmente un maior uso ou concesión de crédito comercial. Na Táboa 5 recóllense as principais diferenzas ruralurbano para as variables de estudo mediante tests ANOVA de un factor, así como os para comparar especificamente as variables das empresas de concellos rurais contra as das empresas nas tres cidades da provincia (test de Levene de igualdade de varianzas e tTest para igualdade de medias).\nComo se indica, as diferenzas de medias entre os DEGURBA urbano, intermedio e rural son estatisticamente significativas para as contas a cobrar pero non para o crédito comercial recibido, e en canto aos regresores, para a idade, tamaño e ingresos, autofinanciamento, custo da débeda, crecemento das vendas cando son negativas, marxe, rendibilidade, e proporción de activos correntes sobre activos. Ademais, a comparativa entre concellos urbanos vs. rurais apunta que as diferenzas son significativas en todas as devanditas variables agás ROE.\n5. espeCIFICaCIón dOs mOdelOs. resultadOs\nA continuación estímanse dous modelos, un para as contas a cobrar (RECS) e outro para as contas a pagar (PAYAS). A especificación dos modelos realízase conforme a revisión de literatura sobre os determinantes do crédito comercial e variables seleccionadas en consecuencia levada a cabo na Sección 4.2.\n5.1. especificación dos modelos\nRealízase unha análise estática con datos de panel. As variables RECS e PAYAS estímanse con sendas regresións lineais do tipo onde Z it é o vector de regresores conforme a literatura de determinantes de crédito comercial, e D i é un vector que inclúe as dummies rural / urbana (DEGURBAd) – definidas 1 =\nurbano, 2 = intermedio, 3 = rural – e sectorial (SECTd) – unha para cada sector SECT1 a SECT5 antes identificados. Ademais, μ i controla os efectos individuais de carácter inobservables, λ t son variables dummy anuais, variables no tempo pero iguais para todos os individuos, e ε it é a perturbación aleatoria.\nAs variables explicativas e impacto previsto sobre a variable explicada en cada regresión son as sinaladas na Sección 4.2., e que se detallan a continuación. Como é habitual tamén na literatura, incluímos entre elas AGE 2 e MARG 2 para moderar o efecto de valores máis elevados. Deste xeito, no modelo para RECS consideramos as variables (co signo previsto entre paréntese) logASSETS(+), AGE(+), AGE 2 (+), INTFINA(+), DGRD(+), KD(-), PGROWTH(-/+), NGROWTH(+/-), MARG(+), MARG 2, TURN2(-), STFINS(+), e ademais comprobamos o posible impacto de ROE(+) e LEVER(+). Canto a PAYAS, as variables son logASSETS(-), AGE(-), AGE 2 (-), INTFINS(-), DGRD(-), KD(+), PGROWTH(+), NGROWTH(+), STDA(-), LEVER(-), CURRAS(+), e comprobamos ademais o posible impacto de ROE(-) e RECD(-).\nAs hipóteses principais a testar identificarán as diferenzas para empresas operando en concellos rurais a respecto da concesión e recepción de crédito comercial. En termos da dicotomía rural/urbana, unha evidencia do peor acceso ao crédito en zonas rurais sería que as empresas destes entornas se financiaran, ceteris paribus, en maior medida vía acredores comerciais (o que implica un coeficiente positivo para as dummies DEGURBA_intermedio e DEGURBA_rural no modelo explicativo para PAYAS). En consecuencia, comprobaríamos se quen actúa de financiadores dese crédito comercial son tamén as empresas dos propios concellos rurais (có que identificaríamos sendos coeficientes positivos no modelo para RECS), ou non.\n5.2. resultados\nNos modelos de datos de panel nos que regresores invariantes no tempo, como as dummies rural (DEGURBAd) e sectorial (SECTd), son de particular interese, o estimador de efectos fixos non resulta de utilidade – xa que emprega en efecto a variabilidade dos datos no tempo. Por tanto, a alternativa básica que empregaremos é a estimación de efectos aleatorios. Deste xeito, no que se refire ás contas a cobrar, o modelo por efectos aleatorios que inclúe só as dummies rural/urbana apunta un impacto significativo negativo –isto é, as empresas de concellos rurais conceden 2.6% menos crédito comercial sobre vendas, ceteris paribus, que as empresas urbanas. Porén, ao introducir as dummies sectoriais e temporais (Táboa 6) a diferenza d é bese substancialmente á composición sectorial das empresas no rural: o coeficiente das dummies DEGURBA intermedio e rural seguen sendo negativas, pero deixan de ser estatisticamente significativas. En particular, apréciase claramente a maior concesión de crédito comercial nos sectores de maquinaria, construción e enxeñería –un 12% a 14% das vendas con respecto ao de alimentación.\nResultan estatisticamente significativas e coherentes co previsto na literatura que conceden máis crédito comercial as empresas máis grandes, con menor crecemento (o cal sería indicativo dun enfoque marketing do crédito a clientes, para mellorar as vendas) e canto máis financiamento a curto prazo conseguen (coherente coa teoría da liquidez e o crédito). Tamén resulta coherente coa teoría de discriminación de prezos a relación positiva coa marxe comercial (pero non é un resultado estatisticamente robusto). Canto á capacidade crediticia, os dous proxies empregados resultan significativos: as empresas que incrementan débeda e as que se financian a un custo da débeda inferior, conceden máis crédito comercial aos seus clientes. Os resultados son cualitativamente robustos a empregar a mostra completa con valores extremos.\nCanto ao financiamento vía provedores, a Táboa 7 recolle os resultados do modelo de contas a pagar. Neste caso, o sector alimentación é o que recibe máis financiamento dos seus provedores, mentres que sectores como o téxtil financian ata un 6% menos das súas vendas.\nCase todas as variables resultan estatisticamente significativas e coherentes co previsto na literatura: procuran máis financiamento dos seus provedores as empresas máis novas, con menor capacidade de xerar financiamento interno, canto máis necesitan financiar o crecemento das súas vendas, canto menos débeda bancaria a curto prazo e longo prazo empregan (por efecto substitución), e canto maior a liquidez dos seus activos (conforme a xestión das necesidades de capital corrente). Canto á capacidade crediticia, o indicador DGRD de crecemento da débeda non explica o crédito comercial, pero si o custo da débeda, de xeito coherente e significativo: canto maior é o custo de financiarse, máis recorren ao crédito dos provedores. Os resultados son cualitativamente robustos tamén a empregar a mostra con valores extremos.\nNo que respecta á interpretación rural / urbana, o modelo amosa que as empresas de concellos intermedios e rurais fináncianse máis vía provedores (en torno ao 1.5% do seu balance) que as empresas urbanas – coherente coa hipótese de que as empresas situadas no rural contan con peor acceso ao crédito. Porén, o efecto non é estatisticamente significativo. Para profundar na interpretación deste resultado, replicamos o modelo discriminando aquelas empresas que pertencen a un grupo empresarial (DB0F = 0) das PEMEs independentes, sen máis empresas no grupo que a empresa en estudo (DB0F = 1). O resultado amosa o distinto comportamento das empresas dun tipo e doutro. Para as que pertencen a un grupo empresarial, o resultado en termos rural / urbano é claramente significativo: as empresas de concellos intermedios e rurais financian vía provedores un 3% dos seus activos máis que as urbanas. Para as empresas independentes, o resultado é oposto: o significativo é o custo da débeda ao que conseguen financiarse, mais non se aprecian diferenzas entre as empresas rurais ou urbanas.\n6. COnClusIóns\nAo obxecto de identificar diferenzas significativas entre empresas rurais e urbanas no acceso a crédito bancario e comercial, analizáronse os principais determinantes do crédito comercial concedido e recibido por unha mostra de empresas industriais no período 20122016, mediante a metodoloxía de datos de panel. A análise preliminar amosa que as cifras de concesión e uso de crédito comercial son relativamente baixas para as empresas galegas no contexto europeo, agás no sector da construción. Non se observa un efecto restrición de crédito diferencial para as empresas do rural, mais concédese significativamente menos crédito no rural e non hai diferenzas significativas no crédito recibido. A demografía empresarial rural – urbana é tamén significativamente distinta a nivel idade, tamaño, ingresos, e xeración de recursos propios, entre outros.\nCanto ao modelo econométrico, contrastáronse boa parte das predicións teóricas sobre determinantes de crédito comercial. Por unha banda, conceden máis financiamento aos seus clientes as empresas máis grandes, con menor crecemento (indicativo dun enfoque marketing), canto máis crédito bancario a curto e longo prazo conseguen (coherente coa teoría da liquidez e o crédito), e menor sexa o custo da débeda ao que se financian. Por outra, procuran máis financiamento dos seus provedores as empresas máis novas, con menor capacidade de xerar financiamento interno, canto máis necesitan financiar o crecemento das súas vendas, canto menos débeda bancaria a curto e longo prazo empregan (por efecto substitución), e canto maior é o custo de financiarse.\nCanto aos efectos diferenciais rural – urbano, as evidencias empíricas son limitadas. Por unha banda, o crédito comercial concedido polas empresas do rural é significativamente menor – un 2.6% menos crédito comercial sobre vendas – que as urbanas, mais a diferenza débese substancialmente á distinta composición sectorial das empresas no rural. Por outra, as empresas de concellos intermedios e rurais fináncianse máis vía provedores (en torno ao 1.5% do seu balance) que as urbanas – coherente coa hipótese de que as empresas situadas no rural contan con peor acceso ao crédito – mais o efecto só é estatisticamente significativo para as empresas que pertencen a un grupo empresarial e non para as PEs independentes.\nEstes resultados deben ser tomados con especial cautela, por preliminares. Así, o estudo presenta varias limitacións de tipo econométrico e de acceso aos datos financeiros das empresas analizadas. Canto ás limitacións econométricas, a inclusión de sectores e compoñente rural – urbana, invariantes no tempo para os individuos, esixiu a aplicación de estimación por efectos aleatorios como primeira aproximación. Tamén fica pendente de mellora a identificación de posibles problemas de endoxeneidade entre algúns dos regresores e a perturbación aleatoria. Canto ao acceso a datos de tipo financeiro, a principal limitación é non contar con medidas directas de accesibilidade a crédito bancario, como por exemplo o resultado da súa última solicitude de crédito. No noso caso debemos recorrer ao uso de proxies contables para o crecemento da débeda a longo prazo e para o custo da débeda. Máis aínda, cos datos dispoñibles descoñecemos canto do crédito comercial recibido polas empresas ten custo ou non, nin en que casos fan uso das facilidades de desconto por pronto pagamento. Isto limita a interpretación dos resultados que se poidan derivar do estudo.\nPor último, estas limitacións poderían ter influído tamén na obtención de poucas evidencias do efecto rural – urbano no acceso a crédito bancario tras a crise financeira, e no uso do crédito comercial como substituto. Máis aló desas limitacións, dúas hipóteses poderían xustificar os resultados. Unha interpretación máis favorable á eficiencia do sistema bancario sería considerar que as distancias entre o contexto rural e urbano, nun pequeno país coma Galicia, e en particular coa crecente utilización nos últimos anos das tecnoloxías na relación banca – cliente, poidan non ser pouco relevantes. Unha interpretación oposta sería que o problema foi precisamente bancario, non empresarial: o proceso de reestruturación do mapa bancario e das extintas caixas de aforro foi de tal escala, que o peche da billa do crédito tería sido similar para todo tipo de empresas, con independencia da súa dimensión territorial.\naGradeCementOs\nOs autores agradecen a Xulia Guntín (USC) polas súas proveitosas recomendacións na elaboración deste artigo."} {"summary": "Este artigo fai un percorrido teórico ao redor da variabilidade da narrativa de transmisión oral que afecta aos diferentes elementos narratolóxicos, en maior ou menor medida, desde o método históricoxeográfico da escola finlandesa, encabezada por Antti Aarne e Stith Thompson, repasando a achega no ámbito español de Antonio Rodríguez Almodóvar ata os estudos máis recentes que reparan nas diferentes estratexias intertextuais que empregan os autores para reescribir, manipular e recrear os contos de sempre actualizándoos con distintas finalidades e para diferente lectorado, usando a imitación, adaptación, ironía etc.", "text": "oral e reescritura: apuntamentos teóricos *\nMª del Carmen Ferreira Boo http://dx.doi.org/10.15304/bgl.53.5455\n : conto oral; reescritura; subversión; Literatura Infantil e Xuvenil; variabilidade.\nNo estudo da literatura de transmisión oral coma un elemento máis do folclore 1, resulta esencial o traballo, a nivel internacional, da Folklore Society, constituída en Londres no 1878, e da organización de estudos do folclore\n* Este traballo deslígase da tese de doutoramento titulada As reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil galega, lida e aprobada no ano 2016 e accesible no seguinte enlace: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13866. 1 Defínese como “conxunto de tradicións, mitos, lendas, costumes, crenzas, festas, xogos, cancións, proverbios e contos de carácter popular. Tamén se emprega este nome, aínda que máis raramente no noso ámbito lingüístico, para designar a disciplina que se ocupa do estudio deste tipo de manifestacións culturais” (GLIFO, 1998: 432).\ne Kaarle Krohn no século XIX, a través do método históricoxeográfico de carácter difusionista, foi fundamental para a busca da forma primixenia do relato, ao reunir o máximo número posible de versións (clasificadas seguindo criterios xeográficos [lugar de recolección] e cronolóxicos [data de publicación]) descompostas en motivos ou unidades mínimas, para así buscar o tipo específico dunha determinada zona ou época.\nUsando este método, Antti Aarne, baixo a supervisión de Krohn, identificou os contostipo que ordenou e clasificou no índice Verzeichnis der Märchentypen (1910), que posteriormente Stith Thompson revisou e ampliou en The types of the FolkTale (1928; 2ª edición revisada e ampliada, 1961). Thompson tamén elaborou o catálogo MotifIndex of the FolkLiterature (1ª ed. 19321936, 2ª edición revisada e ampliada, 19551958), no que se recollen os motivos dos contos folclóricos a nivel mundial co obxectivo de establecer o arquetipo 2 ou Urform de cada un dos contos; é dicir, atopar comparativamente unha reconstrución hipotética da forma orixinal completa, mediante unha abstracción teórica do que sería a historia do conto.\nEstes estudosos establecen unha diferenciación básica para o estudo da narrativa oral, ao distinguir o tipo 3 do motivo 4, da versión (cada conto testemuñado dun modo concreto e independente) e da variante dun conto determinado (elemento ou elementos comúns dunha versión que a diferencia doutras).\nA escola finlandesa tamén permitiu concretar unhas características xerais comúns, chamadas “leis folkóricas” que, segundo Lada Ferreras (2003: 100), trataríase de la adaptación de rasgos o elementos extraños, actualización de lo arcaico, generalización de aspectos particulares y particularización de aspectos generales, alteración del orden de los episodios, fusión de cuentos, contaminación de 2 Para a crítica textual é a “redacción non conservada, e moitas veces ideal, dun texto” (GLIFO, 1998: 144). 3 Trátase dun “cuento tradicional que tiene una existencia independiente. Puede contarse como una narración completa y no depende, para su significado, de ningún otro cuento. Puede suceder que se cuente junto con otro cuento, pero el hecho de que puede aparecer solo confirma su independencia” (Thompson, 1972: 528). 4 Sería “el elemento más pequeño en un cuento y tiene el poder de persistir en la tradición” (Thompson, 1972: 528).\ncaracteres o temas de un cuento a otro, cambio de la persona gramatical del relato, modificaciones obligadas en el relato una vez que se ha introducido un cambio, polizoísmo, zoomorfismo, egomorfismo, autocorrección, etc. En canto á recollida das variantes na busca das distintas versións e os cambios máis frecuentes nos contos, Aarne (1913: 13) resume en quince puntos as variacións máis habituais que se dan no arquetipo:\n1. Esquecer un detalle que non se considera importante. 2. Inserir un detalle, ben sexa inventado ou doutro conto, ao inicio ou final da historia. 3. Coincidir dous ou máis contos. 4. Multiplicar detalles, xeralmente con base no tres. 5. Repetir un incidente que só aparecía unha vez no orixinal. 6. Especializar un concepto xenérico ou xeral, en lugar dun específico. 7. Substituír parte dun conto por un fragmento doutro. 8. Cambiar os papeis dos protagonistas. 9. Substituír protagonistas animais por humanos. 10. Cambiar protagonistas humanos por animais. 11. Substituír animais, ogros ou espíritos malignos. 12. Narrar a historia en primeira persoa. 13. Facer cambios que teñen que ver coa coherencia do relato. 14. Adaptar ambiente, costumes e obxectos coñecidos. 15. Actualizar feitos ou episodios do pasado.\nThompson (1972: 552553) tamén repara nas causas máis frecuentes para que se produzan variacións á hora de transmitir os contos, que teñen que ver con:\n1. Esquecer, introducir ou multiplicar un detalle. 2. Encadear contos ou substituír parte dun conto por outro. 3. Repetir un incidente. 4. Especializar un trazo xeral ou xeralizar un especial. 5. Substituír materiais. 6. Intercambiar o papel entre os personaxes. 7. Substituír personaxes. 8. Cambiar a voz da narración pola primeira persoa. 9. Introducir modificacións para manter a consistencia narrativa. 10. Reemplazar o que non resulta familiar polo familiar, cando o relato muda dunha cultura a outra. 11. Adaptarse a novos ambientes, lugares ou tempos.\nOs folcloristas Aarne e Thompson (1928, 1961, 1995) defendían que o contotipo tiña nacido nunha contorna única, a partir da que se difundía sen transformacións importantes na mesma área xeográfica ou, ao emigrar a outras culturas, adaptábase á nova contorna. Non obstante, como recolle Olalla (1989: 59), o etnólogo Carl Wilhelm Von Sydow (18781952), quen consideraba que os contos non se transmitían entre zonas limítrofes, interesouse en analizar os desenvolvementos locais especiais do conto, que chamou oikotypes ou ecotipos 5.\nRoger Pinon (1965: 26) volve sinalar, como xa fixeran anteriormente Aarne e Thompson, que as modificacións nos motivos do conto afectan a:\n1. Esquecer un detalle. 2. Adaptar un trazo estranxeiro ou novo. 3. Modernizar un trazo que está en desuso. 4. Xeralizar unha palabra especial. 5. Especializar unha palabra xeral. 6. Cambiar a orde dos acontecementos ou os papeis dos personaxes. 7. Multiplicar incidentes, personaxes e obxectos de acordo cos números tradicionais 3, 5 e 7. 8. Reemprazar un animal por varios ou por un ser humano (polizoísmo e antropomorfismo). 9. Reemprazar un home por un animal (zoomorfismo). 10. Reemprazar o heroe polo narrador (egomorfismo). 11. Contaminar un conto a outro. 12. Encadear dúas ou varias historias.\nPara elaborar o arquetipo pódese construír un modelo abstracto, comparando todas as versións dispoñibles, tomando como base unha versión extensa e fiable 7, engadindo o necesario e eliminando o sobrante, seguindo a estrutura dos contos marabillosos ou por analoxía, como sucede no caso dos contos de animais e de costumes. Para a escolla das versións coas que elaborar o arquetipo séguense criterios distribucionais, que teñen que ver coa súa frecuencia e desenvolvemento. Polo tanto, Rodríguez Almodóvar (1989: 188189) selecciona, en primeiro lugar, o elemento de maior frecuencia e, despois, o máis desenvolto. Por último, atende a explicacións antropolóxicas, históricas ou psicanalíticas, cualificando os contos como “tentativa de un texto infinito”, posto que el cuento popular viene a significar el eslabón perdido de una cadena que, por un lado nos conduce a los conflictos fundamentales de la sociedad, a lo largo de toda su historia, y, por otro, a los conflictos internos de la personalidad, existiendo razones suficientes para entender que la relación entre ambos aspectos no es metafórica sino real […] Se constituye así el modelo más perfecto inventado por la humanidad como tentativa de un texto infinito, que lo diga y que lo explique todo, en cada tiempo y en cada circunstancia (Rodríguez Almodóvar, 1989: 1718).\nPara as transformacións que acontecen na transmisión dos contos, Eloy Martos Núñez (1988: 40) acuña o termo de contextualización, que se refire ao mecanismo que empregan os contos para adaptarse a diversas contornas culturais nas que se van reelaborando, de xeito que o narrador emprega na estrutura profunda ambientes, tipos, actantes e funcións coñecidas, mediante un proceso no que “se conservan los esquemas que fijan cada tipo (por ejemplo, las listas de accionesfunciones y de papeles actanciales que lo componen) y se deja libertad para adaptar estos patrones a los focos de interés de cada comunidad”. Salienta o papel da memoria, que ten dúas funcións básicas: reter só o valioso e proporcionar unha identidade, cumprindo unha dobre función artística e social xa que “transmiten lo considerado imperecedero, importante, y a la vez sirven para reforzar la identificación social de la comunidad” (1988: 88).\nMartos Núñez (1988: 2940) afonda nos procedementos de contextualización, como son:\n1. Suma de motivos libres do ambiente do conto. 2. Principio de lateralidade que consiste en inserir os motivos libres ao principio ou final do conto. 3. Investimento temático no que actantes e funcións se adaptan na transmisión ao marco social. 4. Asimilación, cando unha función adquire un valor que non tiña orixinariamente. 5. Desprazamento do leitmotiv fundamental en beneficio de motivos secundarios. 6. Permutación de papeis actanciais entre heroe e heroína. 7. Adición dun sentido explícito ou implícito ao conto (metatextos). 8. Inversión do desenlace. 9. Comarcalización ao inserir na trama lugares e costumes do pobo.\nOutros estudosos repararon na modificación do conto popular dirixido ao lectorado infantil. Ana Pelegrín (1982) identifica tres fenómenos de adaptación: redución a nivel verbal e de supresión de secuencias; substitución do texto polas ilustracións; e amplificación con elementos didácticos que se introducen na narración e/ou na sentenza final.\nPisanty (1995: 82), seguindo a Antonio Faeti (1977), distingue dous tipos de reescritura na análise da reinterpretación moderna do repertorio tradicional dos contos: “suavizar pedagoxicamente as narracións e actualizar os contidos co uso de símbolos e obxectos actuais, cunha función ideolóxica de integrar á nenez na propia cultura; e reescribilos, partindo dos máis coñecidos, facendo que conserven toda a súa alteridade e contradición interna” (Ferreira, 2016: 112).\nColomer (1999: 75) sinala que Mac Donald (1982) resumiu en tres opcións a manipulación dos elementos tradicionais: presentar contos inalterados; reescribir os contos alterando os aspectos prexudiciais; e escribir outros contos usando motivos folclóricos para lograr lecturas menos convencionais. Tamén repara nas operacións máis usuais para transformar os contos folclóricos (1999: 80), que sintetiza en:\n1. Individualizar personaxes. 2. Concretar e modernizar a contorna. 3. Desmitificar heroe e adversario. 4. Utilizar estruturas narrativas complexas.\n5. Diminuír a perspectiva omnisciente. 6. Autorreferencia literaria explícita.\nSegundo a profesora Ana DíazPlaja (2002: 166169) as reescrituras continúan a tendencia eterna do conto tradicional ao mesturar motivos e reinterpretar outros xa preexistentes. Non obstante, faise necesario nesta reelaboración que o lector coñeza o hipotexto (texto base) para así poder establecer a relación hipertextual co hipertexto. DíazPlaja (2002: 166) diferencia catro procedementos construtivos utilizados polos escritores á hora de modificar ou reescribir o conto de transmisión oral:\n1. Reescrituras simples: versións que respectan a trama orixinal, mais con algunha modificación que non pretende alterar o sentido xenuíno do conto, senón adaptalo ao lector actual con resultados desiguais, como pode ser o travestimento dos personaxes, a localización noutros escenarios e as actualizacións da contorna. A versión é a creación dun hipertexto máis libre a partir do hipotexto. Os cambios máis frecuentes nesta transtextualización teñen que ver coa redución ou ampliación da extensión e/ou contido da obra inicial (feitos, personaxes, escenas…), co modo de presentación, cos cambios na historia (diéxese) e con modificacións de tipo lingüísticotextual. 2. Expansións: parten dun relato e expanden as súas posibilidades temáticas, narrando partes que no orixinal non se explican; é dicir, o que acontece antes, durante e despois da acción coñecida, cunha intención non sempre paródica que busca enriquecer unha figura ou tema determinados. Entre eses procedementos estaría n a ampliación inicial, alongamento ou a ampliación final. 3. Modificacións: cando os contos sufriron un proceso de reinterpretación coa finalidade de alterar o seu sentido. A trama, personaxes, estrutura e linguaxe sitúan o lector diante dunha nova historia que el identificará co referente coñecido por contraste. As modificacións poden afectar “ao carácter dos personaxes, en canto a cambio de sexo, de personalidade, de necesidades e desexos; ás variacións na estrutura, como o inicio ‘in media res’, á desorde estrutural; ás variacións do argumento, mediante as alteracións do tema, á reinterpretación noutro tema e aos cambios do final; ás interpelacións aos personaxes ou ao lector con referencias metaliterarias; e á actualización ou cambio de rexistro da linguaxe” (Ferreira, 4. Colaxe: mestura dun ou máis contos, con intencións variadas, na que se empregan técnicas de empalme ou de amalgama de contos con resultados non forzosamente paródicos.\nA investigadora Caterina Valriu (2002, 2010) é quen delimita nas súas investigacións catro tipos de reescrituras:\n1. Uso referencial 8, cando o autor emprega os elementos de orixe folclórica dunha maneira moi semellante a como se atopan na tradición, sen sometelos a ningún tipo de distorsión nin dotalos de novos contidos, coa mesma perspectiva e caracterización dos personaxes, que se axustan aos tópicos establecidos. Mediante o procedemento de “transestilización” 9 cambia o estilo popular do hipotexto ao literario do hipertexto, ofrecendo unha reelaboración literaria a partir de diferentes versións recollidas de informantes. 2. Uso lúdico, cando os elementos son invertidos, xirados, descontextualizados ou reinventados de forma desinhibida cunha intención esencialmente festiva ou iconoclasta, en ocasións desde premisas ideolóxicas concretas e noutras polo simple gozo do xogo ou por vía do humor. 3. Uso humanizador, naquelas obras que parten de personaxes arquetípicos, pero que se humanizan, dotándoos de sentimentos e actitudes plenamente humanas nun intento de estimular a reflexión e capacidade crítica mediante a ruptura, pola vía do sentimento e a sensibilidade, cos arquetipos planos propios dos contos marabillosos.\n4. Uso ideolóxico, propio das obras que se apoderan de elementos e motivos e os reutilizan, dotándoos de contido ideolóxico cunha intención esencialmente formativa ou adoutrinadora, recorrendo a técnicas de inversión e descontextualización.\nNa Literatura en xeral, salienta a utilización cada vez maior de recursos como a ironía, a ambigüidade e o equívoco na reescritura de hipotextos, ao concibir a obra literaria como un enxeñoso xogo compartido entre emisor e receptor que provoca a ruptura dos esquemas narrativos tradicionais. Téndese así á transgresión, ao humor, á ironía, á fantasía moderna ou á manipulación de personaxes clásicos do imaxinario colectivo, por medio da conversión humorística de moitos deles. Para iso, empréganse diferentes estratexias creativas, como a imitación, a adaptación, a transformación satírica, a parodia etc, procedementos da “intertextualidade” 10 e “hipertextualidade” 11 (Genette, 1989). A imitación é un procedemento que “exige la constitución previa de un modelo de competencia genérica […] capaz de engendrar un número indefinido de performances miméticas” (Genette, 1989: 15). No caso da adaptación, trátase dunha forma de intertextualidade na que un texto se transforma coa finalidade de facilitar a súa lectura a un receptor específico. Segundo Haase (2008: 2) este termo refírese a the process that occurs when folktales and fairy tales are changed into new versions, or variants, in the course of their transmission. Adaptations can occur when a text or tal type is retold orally or rewritten and when it is transferred into a different generic form (for example, into a novel) or into a differente medium (such as, orality to print, print to orality, print to film, and so on).\nJack Zipes (extraído de Haase, 2008) distingue dúas formas de adaptación: a revisión e a duplicación. Mentres que a revisión é “a process of critical adaptation in which the new version implicity questions, challenges, or subverts the story on which it is based by incorporating new values and perspectives” (p. 2) a duplicación é the process of making copies of originals, which tens to perpetuate canonical tales in spite of changes brought about by adaptation. Easily recognizable, they merely mimic a primordial matrix, the ‘hipotext’, to use Gérard Genette’s taxonomy. While adaptations based on duplication may take the major colors of their new cultural environment and reflect specific customs, they still reinforce wellknown models and repeat predictable moral lessons (Haase, 2008: 2).\nHutcheon (2006: 78) entende a adaptación como un produto e un proceso de creación e recepción e, polo tanto, define o concepto desde tres perspectivas interrelacionadas:\nFirst, sees as a formal entity or product, a adaptation is an announced and extensive transposition of a particular work or works. This ‘transcoding’ can involve a shift of medium (a poem to a film) or genre (an epic to a novel), or a change of frame and therefore context [...] Second, as a process of creation, the act of adaptation always involves both (re-)interpretation and then (re-)creation; this has been called both appropriation and salvaging, depending on your perspective [...] Third, seen from the perspective of its process of reception, adaptation is a form of intertextaulity: we experience adaptations (as adaptations) as palimpsests throug our memory of other works that resonate through repetition with variation.\nPara Lluch (2003: 76), a transformación satírica é travestismo burlesco, é dicir, un tipo de relación na que se mantén o contido fundamental do texto orixinal, mais que impón unha serie de cambios como o espazo (trasladar a acción dun bosque a unha cidade), o tempo (dunha época antiga a unha moderna) ou a ideoloxía, que é o máis habitual\nCoa parodia, un proceso de imitación textual, preténdese producir un efecto cómico, como explica Hutche o n (1985: 32) no seguinte extracto:\nin its ironic ‘transcontextualization’ and inversion, is repetition with difference. A critical distance is implied between the backgrounded text being parodied ant the new incorporating work, a distance usually signaled by irony. But this irony can be playful as well as belittling; it can be critically constructive as well as destructive. The pleasure of parody’s irony comes not from humor in particular but from the degree of engagement of the reader in the intertextual ‘bouncing’ (to use E. M. Foster’s famous term) between complicity and distance.\nResulta evidente que o emprego destas conexións intertextuais como recurso e estratexia dos escritores na elaboración de novas adaptacións, versións e recreacións, a partir de textos literarios anteriores, provoca “la manipulación (reelaboración, si se prefiere) colectiva, inconsciente y tácita de relatos y cuentos tradicionales con el fin de ajustarlos a nuevos criterios y escalas de valores, acordes con el sentir y con la evolución de los momentos históricos y sociales” (Mendoza Fillola, 2001: 163).\nMª del Carmen Ferreira Boo\nInstituto de Ciencias da EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela\nReferencias bibliográficas"} {"summary": "En 1876 creábase en Madrid a Institución Libre de Enseñanza 2 (ILE). Pero a ILE non foi soamente unha experiencia educativa creada en Madrid, que mantivo viva a súa actividade renovadora e innovadora durante 60 anos (18761936). Foron tamén Institución outros centros que puxeron en práctica as ideas pedagóxicas de Francisco Giner de los Ríos e dos seus máis inmediatos colaboradores. O obxectivo do presente traballo é diferenciar e analizar sucintamente algunhas das realizacións educativas creadas por influencia da ILE, entre elas e en especial o InstitutoEscola, do que este ano se celebra o centenario da súa creación (1918). Hai igualmente no presente traballo un esforzo de análise da vinculación de Galicia con eses proxectos renovadores.", "text": "NO CENTENARIO DE CREACIÓN DO INSTITUTOESCOLA: REALIZACIÓNS EDUCATIVAS DOS INSTITUCIONISTAS\nIN THE CENTENARY OF THE INSTITUTE - SCHOOL:\nEra el Abuelo, el pobre Abuelo, el que soñaba lo que se debía hacer, y casi en forma de quejas y suspiros, hacía llegar su influjo a los amigos que eran de la Junta o a los amigos de los amigos de los amigos (…) 1.\n 23/IX/2018. Aceptado: X/2018 1 Pijoán, J. (1928). Mi don Francisco Giner. BILE, LII, pp. 7374. 2 Mantemos para a ILE o seu nome completo en castelán.\na nivel documental, a fonte primaria principal foi o Fondo Giner de los Ríos, depositado na Real academia da Historia, o Boletín de la Institución Libre de Enseñanza (BILE), as Memorias da Junta para ampliación de Estudios e Investigaciones científicas (JaE) e documentación dos arquivos da Residencia de Estudiantes e da Residencia de señoritas, entre outras fontes primarias (aHus, Fundación Penzol, Misión Biolóxica, etc.) e secundarias produto das nosas esculcas de investigación sobre esta temática.\nPalabraschave : Institución Libre de Enseñanza, Francisco Giner de los Ríos, renovación pedagóxica, innovación educativa, InstitutoEscola.\nINTRODUCIÓN\nnos sesenta anos de existencia da ILE, entendida non só como centro docente, senón como realidade máis ampla, poden considerarse tres períodos (tuñón de Lara, 1984:4445): o primeiro, de apertura liberal, remata en 1881. coincide coa chegada de José Luis albareda ao Ministerio de Fomento e a volta ás súas cátedras dos profesores deportados con motivo da política retrógrada de Orovio nos comezos da Restauración, que dera orixe á ILE (1876). a Institución deixa de ser entón un centro de ensinanza universitaria, permanecendo a continuidade entre a primeira e a segunda ensinanza, incluídos os párvulos a partir de 1884. O segundo período ocupa o último terzo do século xIx, ata a fundación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (en adiante, JaE), en 1907. Durante este período teñen lugar toda unha serie de incursións políticosociais dos institucionistas. a través deles, Giner aconsella e intervén indirectamente en proxectos parlamentarios. xorde nesa época o Rexeneracionismo, que denuncia o problema dos males de España e propón solucións. son os anos de afianzamento do socialismo español con Pablo Iglesias. ao crearse o Instituto de Reformas sociais (1903), o institucionismo incide na política social. aparece tamén a chamada «Extensión universitaria» na universidade de Oviedo, a partir da creación da Escola práctica de Estudos xurídicos e sociais (1896), con aniceto sela, adolfo álvarez Buylla, Leopoldo alas «clarín», adolfo González Posada e Rafael altamira. Estes homes, xunto a outros institucionistas, como Manuel Bartolomé cossío ou Rafael María de Labra, participan na ensinanza e imparten conferencias nos diferentes centros extrauniversitarios. coa creación da JaE, que vai exercer a súa influencia dentro do aparato do Estado, inaugúrase para a ILE unha terceira época que abarca ata 1936 (capitán Díaz, 1994: 451477) e o corte da guerra civil. a Orde de disolución da ILE publícase no Boletín Oficial del Estado de 28 de maio de 1940.\na Institución Libre de Enseñanza non foi, pois, soamente un centro creado en Madrid. Foron tamén Institución outros centros que puxeron en práctica as ideas pedagóxicas de Giner de los Ríos, tanto dende a iniciativa privada como dende a estatal (Jiménez García, 2002: 162164): O Museo Pedagóxico nacional, a corporación de antigos alumnos da ILE, as colonias Escolares, as conferencias dominicais, as asembleas de mestres, a Extensión universitaria, o Instituto de Reformas sociais, a JaE e as institucións nacidas ao seu redor (o centro de Estudos Históricos, diversos Institutos de investigación, as Residencias de Estudantes e de señoritas, os «laboratorios en provincias» –entre eles a Misión Biolóxica de Galicia–, a Escola de Párvulos de simancas, varias cátedras no estranxeiro, etc.), a Escola superior do Maxisterio, a Dirección xeral de Primeira Ensinanza, a Fundación Giner de los Ríos, a Fundación «sierraPambley», as Misións Pedagóxicas, etc.\nde Juan José Gárate clavero. colección de Patrimonio Histórico artístico da universidade complutense de Madrid.\n1. AS PRIMEIRAS REALIZACIÓNS EDUCATIVAS DOS INSTITUCIONISTAS (S. XIX) 1.1. O Museo Pedagóxico Nacional\nO Museo foi creado por R.D. de 6 de maio de 1882, co nome de Museo de Instrución Primaria, para contribuír ao estudo dos problemas modernos da pedagoxía, dar a coñecer en España o movemento pedagóxico do estranxeiro e axudar á formación dos mestres e mestras. O primeiro director do Museo foi Manuel B. cossío, discípulo predilecto e seguidor da obra de Giner. con carácter interino ata o nomeamento de cossío en propiedade (1883), foi director Pedro de alcántara García. En 1894 pasou a denominarse Museo Pedagóxico nacional. O Museo centrou o seu obxectivo na renovación metodolóxica dos procedementos tradicionais da ensinanza, á luz das novas tendencias psicolóxicas. Organizaba conferencias, cursos breves para o maxisterio, principalmente sobre aspectos dos que eran deficitarias as Escolas normais; editaba monografías; contaba con proxectos, planos de edificios e mobiliario escolar (entre outros, os «pupitres» que moitos coñecemos); proporcionaba informes ao redor da organización e construción de escolas e dispoñía dunha importante biblioteca circulante de instrución primaria. aínda que foi unha creación oficial, pode considerarse produto da Institución Libre de Enseñanza. Lonxe de ser un arquivo morto ou un simple museo escolar con afáns coleccionistas (García del Dujo, 1985), converteuse en centro de información e difusión técnicopedagóxica en todos os sentidos. Manuel B. cossío dirixiu o Museo ata 1929, sendo logo director honorario ata a súa morte (1935); o sucedeu Domingo Barnés, secretario con anterioridade, que será ministro de Instrución Pública na segunda República (1933).\nnaquel contexto, non é estraño, pois, que no R.D. de 23 de setembro de 1898, polo que o ministro de Fomento Germán Gamazo emprendía a reforma das Escolas normais, ao referirse no art. 6º aos cambios metodolóxicos, dispuxese:\nEn cada escuela normal habrá un museo pedagógico, que se formará, siempre que sea posible, con modelos reducidos de los objetos útiles para la enseñanza. Dirigirá esta Museo el Director/a de la Escuela normal. El Director de la Escuela normal central determinará la clase y número de conferencias que han de darse en el Museo Pedagógico nacional, el cual conservará su actual organización. La mayor parte de estas conferencias deberán versar sobre el examen y crítica del material de enseñanza y del mobiliario escolar de moderna construcción.\na título de exemplo e cumprindo este precepto, casto Blanco cabeza, director a principios de século da Escola normal superior de santiago de compostela, impulsou a creación dun Museo Pedagóxico no propio centro, logrando xuntar máis de 400 exemplares interesantes, entre libros e outros obxectos; labor iniciada sendo mestre de escola pública en tui na última década do xIx, onde organizou un museo e un xardín botánico escolar (Porto ucha, 2014: 99104). a nivel galego destacou tamén a figura do betanceiro Francisco vales villamarín, de influencias institucionistas, que cursara os seus estudos na Escola normal superior de santiago de compostela, e que fundou en 1926 o Museo Pedagóxico Rexional na coruña.\na chegada da guerra civil deu ao traste con aquela loable experiencia do Museo Pedagóxico nacional. O 29 de marzo de 1941 extinguiuse a organización científica e administrativa do Museo, pasando a súa biblioteca, traballos e material ao Instituto «san José de calasanz», integrado no consello superior de Investigacións científicas (csIc).\n1.2. As Colonias Escolares as colonias Escolares veñen considerándose como unha institución iniciada en 1876 polo pastor evanxelista suízo Walter Bion. En España, cossío decidiu realizar a primeira colonia Escolar do Museo Pedagóxico nacional en 1887, en san vicente de la Barquera (santander). a esta colonia seguíronlle pouco despois as da corporación de antigos alumnos da ILE. Dende 1910, as colonias do Museo Pedagóxico trasladáronse ao Mosteiro de san antolín de Bedón (asturias), dirixidas por ángel do Rego, fillo de galegos de viveiro, e a súa dona, Elvira alonso Moreno, moi vinculados á ILE (Porto ucha, 1986: 195245).\nO exemplo rendeu. a nivel oficial, a R.O. de 26 de xullo de 1892 sobre colonias Escolares levou á sociedade Económica de amigos do País de santiago a organizar a Primeira colonia Escolar compostelá en 1893 (costa Rico, 1994), no colexio santiago apóstol dos PP. da compañía de xesús, en camposancos (a Guarda, Pontevedra), despois duns días en vilagarcía. nunha circular do ano seguinte, o Director xeral de Instrución Pública, o galego Eduardo vincenti, facía unha chamada de atención sobre os exercicios militares observados e mostrábase partidario das colonias mixtas, recomendando buscar sitios de clima doce ao lado do mar, como Pontevedra, Marín, vilagarcía, vilaxoán e vigo.\nRelacionadas cos institucionistas galegos, hai que destacar as colonias iniciadas na Lagoa en 1902, na estrada de sada a Betanzos, grazas aos promotores, José López cortón, José Gutiérrez del arroyo e Ramón tenreiro, con nenos procedentes das escolas municipais da coruña. contaron coa orientación directa de Francisco Giner de los Ríos e de cossío, aproveitando a estadía destes na quinta san vitorio que a familia da muller de cossío, carmen López cortón, tiña en san Fiz de vixoi (Bergondo). Máis tarde, crearíase un Padroado Local de colonias, dirixido por Juan García niebla e Marcelino Pedreira (costa Rico e Benítez García, 1999).\nson de destacar, igualmente, as colonias Escolares da universidade de santiago de compostela, en Rianxo, entre 1923 e 1925, supervisadas polo Inspector xefe de Ensinanza Primaria da provincia de Lugo, Manuel Lorenzo Gil (Porto ucha, 1991). En vigo, a partir de 1904, o institucionista Fernando García arenal, xunto con Fernando conde e Ramón Gil, impulsou as primeiras colonias, primeiro no carballiño e na Estrada, e logo no Rebullón, en tameiga (Mos), coa axuda da caixa de aforros de vigo (Pereira Domínguez, 1991).\nDende o Ministerio de Instrución Pública, un Real Decreto de 1911 encargaba a organización das colonias Escolares á Dirección xeral de Primeira Ensinanza. En Ferrol, grazas ao Inspector Luciano seoane seoane e ao Padroado de cantinas e colonias Escolares de Ferrol, a primeira colonia de vacacións trasladouse a valdoviño en 1927, e a cedeira, Piñeiro e a cabana, nos anos seguintes. En Lugo, o Inspector Manuel Lorenzo Gil emprendía as primeiras actividades en 1912, con saídas a Foz e Barreiros. a Revista Vida Escolar informaba en 1927 sobre o labor do Padroado de Protección Escolar Lucense e do Inspector Luis soto Menor. En 1928 saían para a praia de Benquerencia un total de 52 nenos e nenas. En 1932, a colonia veraneaba en santiago de Reinante.\nEn Pontevedra, a pesar dos esforzos de vincenti dende a asociación Pedagóxica de Mestres, non se celebrou a primeira colonia Escolar ata 1925, no edificio que os Fillos de Lalín en américa construíran para Hospitalasilo. En 1927 e 1928 trasladáronse a Ponte caldelas. Entre outros lugares, funcionaron tamén colonias para nenos enfermos e tuberculosos no sanatorio Marítimo da Lanzada.\nOurense, debido a ser zona do interior e ás preferencias polos baños de mar, contou con menos iniciativas, aínda que se beneficiou do sanatorio Marítimo nacional de Oza (a coruña). Houbo propostas de enviar aos nenos ao Mosteiro de san Pedro de Rocas, que non prosperaron. Destacou, sen embargo, o labor da Inspectora antonia Ortiz currais na creación de mutualidades escolares en trives e Ribadavia.\nDurante a segunda República incrementáronse as accións deste tipo. Hai que destacar, incluso, a incautación dos bens da compañía de xesús en Oia, camposancos e teis, para utilización dos edificios para colonias, ou ben como lugar de repouso dos mestres e mestras. Esta proposta de Fernando de los Ríos, Ministro de Instrución Pública no bienio azañista, se ben foi acollida favorablemente por distintos concellos e consellos locais de primeira ensinanza, finalmente non seguiu adiante.\nEstas iniciativas tiveron a súa continuación despois da guerra civil, aínda que dende perspectivas distintas.\n1.3. A Extensión Universitaria\nEste movemento foi esencialmente obra dos medios liberais a finais do século xIx. ao mesmo tempo que se preocupou pola educación das clases obreiras, supuxo un cambio na mentalidade tradicional sobre o funcionamento da universidade, estendéndoa más alá das aulas (Jiménez Eguizábal, 1985: 133135).\na Extensión universitaria encontrou na ILE un medio socioinstitucional de recepción, difusión e impulso. O institucionista Rafael altamira presentou ao congreso hispanoportugués-americano de Madrid de 1892 un informe, no que estimaba que era misión da universidade reivindicar a extensión da cultura xeral ao pobo, a comunicación directa «con las clases sociales que no concurren a sus cátedras». O congreso emitiu un voto para que se desenvolvese en España esta iniciativa, que foi rapidamente recollida pola corporación de antigos alumnos da ILE. En 1896, creouse na universidade de Oviedo unha Escola práctica de Estudos xurídicos e sociais. Puxéronse en marcha unha serie de conferencias e excursións. Era o precedente do nacemento da Extensión universitaria. xorde, así, a Extensión universitaria en Oviedo, que se aprobou en sesión do claustro de 11 de outubro de 1898.\nO éxito da Extensión universitaria en Oviedo, xunto ao esforzo de distintos grupos, axudan a explicar a implantación das Extensións universitarias de Barcelona, Madrid, salamanca, santander, sevilla, valencia e zaragoza. xunto aos anteriormente citados, outros institucionistas como cossío o Rafael Mª de Labra participaron na ensinanza e impartiron conferencias. a Extensión universitaria contou en moitos casos coa colaboración de escritores, artistas e outros intelectuais; ateneos, círculos culturais e outras fundacións próximas ao pobo foron lugar de encontro destas actividades.\n1.4. O Instituto de Reformas Sociais\nEntre os centros de inspiración institucionista, en 1903 créase o Instituto de Reformas sociais, baixo a dirección de Gumersindo de azcárate, nun goberno conservador de Francisco silvela. tiña como antecedente a comisión de Reformas sociales, creada en 1890 e impulsada por segismundo Moret. O Instituto foi fundado para preparar a lexislación do traballo así como para favorecer a acción social dirixida á mellora e benestar social das clases traballadoras.\nO nomeamento de Gumersindo de azcárate, membro da Institución Libre de Enseñanza non foi casual, pois a ILE destacárase na defensa da intervención do Estado para resolver a cuestión social, tema tamén tratado dende a doutrina da Igrexa, do catolicismo social e a Rerum Novarum en España (de la cueva e Montero, 2007). O Instituto tiña tres seccións: a de lexislación e información bibliográfica a cargo de adolfo Posada; a de estatísticas, dirixida por adolfo Buylla; e a de inspección xeral, encargada ao xeneral Marvá.\ntrala morte de Gumersindo de azcárate (1917), o Instituto de Reformas sociais viviu un proceso de crise, paralelo ao do réxime político que o creara. En 1924 foi suprimido pola Ditadura de Primo de Rivera.\n1.5. As Universidades Populares aínda que cun carácter distinto á Extensión universitaria, as universidades Populares xurdiron vinculadas a aquela iniciativa. con carácter privado, foron institucións obreiras de marcado signo políticosocial e sindical. adolfo González Posada, catedrático de Dereito político na universidade ovetense, un dos principais artífices da creación da Escola práctica de Estudos xurídicos e sociais e da Extensión universitaria, co seu traslado a Madrid (1904) quedou tamén adscrito ao Instituto de Reformas sociais. Participou con álvarez Buylla na universidade popular madrileña.\nnon é casualidade, pois, que a primeira universidade Popular en España apareza en Oviedo en 1901, arredor do grupo de profesores da universidade (Buylla, canella, altamira, Posada…) Por obra de Blasco Ibáñez, valencia crea a súa universidade Popular en 1903. séguenlle Madrid (1904) e a coruña (1906) (capelán Rey, 1999).\na universidade Popular de a coruña foi creada en setembro de 1906 por Manuel Durán García e un grupo de mozos e intelectuais republicanos, entre os que destacan Enrique Hervada, Gerardo abad conde, santiago casares quiroga, ángel del castillo ou Fernando Martínez Morás; na universidade Popular de a coruña, que tivo moi en conta as creadas nesa época en Madrid e valencia, ofrecíanse clases para obreiros de aritmética, xeometría, Debuxo xeométrico, caligrafía, Ortografía e Redacción, Francés ou Inglés, complementadas con cursos de extensión cultural no centro de Estudos sociais «Germinal» e na sociedade de canteiros e con excursións de índole moi variada. a primeira etapa da universidade Popular de a coruña concluíu en 1926, rexurdindo posteriormente durante a segunda República.\nsendo o seu principal promotor antonio Machado, segovia pon en funcionamento a súa universidade Popular en 1919. coa chegada da segunda República, aparece a de cartagena. O obxectivo era «difundir la instrucción de modo preferente entre los obreros por medio de clases y conferencias de divulgación» (Boletín da Universidade Popular de Segovia). Estes centros contaron, primeiro, con profesores universitarios; logo, con profesores de grao medio e a colaboración dalgúns intelectuais de talante liberal (Fernández soria, 1985: 36667).\n1.6. A Fundación «SierraPambley»\naínda que a maior parte das súas accións teñen lugar xa entrado o século xx, imos dedicarlle un último apartado á creación da Fundación «sierraPambley», con don Francisco FernándezBlanco y sierraPambley (18271915) (coñecido por don Paco sierra, que permaneceu solteiro). a familia contaba con amplas posesións en Madrid, onde don Paco sierra habitaba durante case todo o ano, e en León, á beira da catedral, en Hospital de Órbigo, en Moreruela ou en villablino, onde estaba a que el consideraba a súa casa solariega (López contrera, 1986: 134221).\nO 21 de abril de 1887 don Paco sierra funda unha escola en villablino, en memoria do seu tío don segundo de sierraPambley, co obxecto de difundir a cultura na súa terra natal, a comarca de Laciana. crea tamén unha escola de ensinanza mercantil e agrícola en villablino.\nPara dirixir as súas obras benéficas, don Paco sierra impulsa unha Fundación, da que formaban parte, ademais del mesmo, Gumersindo de azcárate e Manuel B. cossío, aínda mozo. Giner de los Ríos tivo moito que ver nesta decisión, «hasta el punto de que se desplaza en un coche de caballos y en pleno invierno de 1886, en unión de azcárate y cossío, hasta villablino, donde, en los escaños de la cocina de leña, se dieron los primeros pasos para llevar a buen fin la idea de D. Paco» (López contrera, 1986: 138).\nO 11 de maio de 1907, don Paco sierra outorga unha ampliación da Fundación, creando escolas en Hospital de Órbigo, villameca, León e Moreruela de tábara. Engádense como novos patróns da Fundación, a Germán Flórez e ao sobriño de D. Paco, Juan Flórez Posada. D. Paco sierra outorgou varios testamentos. O derradeiro, en villablino, o 1 de outubro de 1914, pouco antes da súa morte.\nIsabel cantón Mayo no seu estudo dedicado a La Fundación SierraPambley inclúe un apartado sobre «La fuente de villablino» (1995: 8284). Lémbranos como a ILE acostumaba homenaxear aos seus homes ilustres cunha fonte. sabemos que a auga e a natureza son constantes na consideración do krausismo, co que se identifican moitos institucionistas. segundo a autora, a idea de dedicar unha fonte a D. Paco sierra retomouse en villablino en 1932, coa aprobación de cossío. a fonte ubicouse na praza. aínda que a fonte xa non existe, serviu de inspiración ao lacianego Luis Mateo Díez para a novela La fuente de la edad (1986), onde os mestres de cantería galegos, os chamados «canteiros» que traballaban por alí, caían con frecuencia, nas veladas nocturnas, ao pilón da fonte creada en homenaxe a D. Paco sierra en 1935.\nnas nosas investigacións sobre as relacións da Institución Libre con Galicia, na correspondencia do Fondo Giner de los Ríos (Porto ucha, 1986: 548550) topámonos coa familia alvarado de viveiro (Lugo), xa dende os tempos da fundación da ILE, en que don Francisco alvarado, avogado figura como un dos primeiros subscritores ao Boletín da Institución. Os alvarado aparecen relacionados coa Fundación sierraPambley, principalmente con villablino. na lista de accionistas da ILE, na 1ª e 2ª emisión, figura salustio víctor alvarado, segundo recolle o BILE (1883). salustio víctor alvarado morreu en valladolid en 1886, sendo fiscal da audiencia. Deputado nas cortes constituíntes de 1869, fora tamén Gobernador civil de Lugo durante o sexenio Democrático. O 27 de marzo de 1872 consta que asinou o manifesto Electores del distrito de Vivero. no citado texto de cantón Mayo (1995: 179221) figuran datos sobre os irmáns Juan e ventura alvarado –fillos de salustio Víctor−, na Escola Mercantil e Agrícola de Villablino. O primeiro casaría en 1907 con Luisa de la vega Wetter, viúva de augusto González de Linares e grande amiga de carmen López cortón, a muller de cossío.\nO conxunto da relacións de Galicia coa Fundación sierraPambley, un traballo pendente, é fundamental para analizar a derivación cara o agro galego (industria leiteira dende villablino, posta en marcha doutras industrias cárnicas e demais).\n2. REALIZACIÓNS EDUCATIVAS INSTITUCIONISTAS DO SÉCULO XX (19071936) 2.1. As accións da Xunta para Ampliación de Estudos\nEn 1907, coa fundación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JaE), iníciase a terceira época da ILE. a Institución Libre non vai quedar reducida tan só a unha experiencia pedagóxica, senón que a súa influencia abarcará campos como o da investigación científica, a cultura artística, a preparación para a política, etc.\na JaE, como organismo que xa era do Estado, respondía ao sentido de intercambios con Europa propugnado pola ILE. Foi creada por R.D. de 11 de xaneiro de 1907 (Gaceta do 18 de xaneiro), sendo ministro amalio Gimeno, e aproveitando unha conxuntura de política liberal no goberno de vega de armijo.\na composición orixinaria da JaE revela o influxo que nela posuía a ILE. Estaba composta dun presidente, dous vicepresidentes, 18 vogais e un secretario. nas Actas de constitución figuran: santiago Ramón y cajal (presidente), adolfo álvarez Buylla, Gumersindo de azcárate, Ignacio Bolívar, Julián calleja, José casares Gil, Joaquín costa, José Echegaray, victoriano Fernández ascarza, José Fernández Jiménez, José Marvá, Marcelino Menéndez Pelayo, Ramón Menéndez Pidal, Julián Rivera tarragó, José Rodríguez carracido, alejandro sanmartín satrústegui, vicente santamaría de Paredes, Luis simarro, Joaquín sorolla, Leonardo torres quevedo, Eduardo vincenti Reguera e José castillejo Duarte (secretario). En 1910 constan amalio Gimeno e Eduardo Hinojosa, en lugar de Joaquín costa e alejandro sanmartín. á morte de José Rodríguez carracido (1925), o posto vacante é ocupado por María de Maeztu, a única muller que desempeñou un posto de vogal na JaE (vázquez Ramil, 2012).\nO Regulamento da JaE data do 16 de xuño de 1907. a actividade máis destacada da xunta foi o envío dos pensionados ao estranxeiro, do que tamén se beneficiou en boa medida Galicia (Porto ucha e Iglesias salvado, 2010: 731757). ao rematar o ano 1907, a JaE atravesou un período crítico, quedando case sen actividade, ao poñerse en cuestión a súa autonomía nos asuntos técnicos e pedagóxicos e a capacidade de elección de membros en caso de vacantes 3. O ataque partiu tamén da mesma universidade, que creu invadidas facultades que consideraba propias, como as referidas a pensións. Baixo a influencia da JaE, e a partir de 1910, grazasao goberno liberal de canalejas no que era ministro Instrución Pública Julio Burell, fóronse creando unha serie de institucións de radical importancia para a modernización cultural do país, tales como:\na) centro de Estudos Históricos (R.D. do 18 de marzo de 1910), coas seccións de Filoloxía, arqueoloxía, arte, Dereito, Historia, Filosofía árabe, Institucións árabes, Filosofía contemporánea, Estudos semíticos, e cursos para estranxeiros. a dirección estivo a cargo de Ramón Menéndez Pidal, e cada sección tiña, á súa vez, o seu director ou responsable. b) Instituto nacional de ciencias Físiconaturais (R.D. do 27 de maio de 1910). Director: santiago Ramón y cajal. no seu seo foron xurdindo dende os primeiros momentos outros establecementos: Laboratorio de Investigacións Biolóxicas e Físicas, traballos de ciencias naturais, Estación alpina de Bioloxía do Guadarrama, Laboratorio de Histoloxía e Histopatoloxía, Instituto cajal, comisión de Investigacións Paleontolóxicas e Prehistóricas, Laboratorio e seminario Matemático, Laboratorio de Fisioloxía xeral e Laboratorio de Bacterioloxía e Inmunidade. c) Residencia de Estudantes (1910) d) Residencia de señoritas (1915) e) InstitutoEscola (1918) f) Misión Biolóxica de Galicia (1920) g) Escola de Párvulos de simancas (1933) h) varias cátedras no estranxeiro neste apartado imos prestar atención aos «laboratorios de provincias» da JaE, coa creación da Misión Biolóxica de Galicia, Residencia de Estudantes, Residencia de señoritas eInstitutoEscola.\n2.2. A JAE e os «laboratorios en provincias»\nEn 1920 a JaE tomou a decisión de establecer «laboratorios en provincias» nos lugares da xeografía española que aportaran axuda económica e facilidades para esta experiencia (JaE, 1922: 221222). De aí a súa cooperación coas iniciativas locais, das que «la respuesta más entusiasta y eficaz fue la de Galicia» (JaE, 1929: 173).\nse a Misión Biolóxica se creou en Galicia cando a xunta manifestou a súa vontade descentralizadora foi grazas ao gran mecenas galego Juan López suárez (O saviñao, Lugo, 1884 – Madrid, 1970), casado con Mariana castillejo, irmá do secretario da xunta, José castillejo. Ligada así mesmo ás orixes da Misión Biolóxica está a figura de cruz Gallástegui unamuno (vergara, Guipúzcoa 1891 – Pazo de Gandarón, Pontevedra 1960). Gallástegui estudara en alemania, na Real Escola superior de agricultura de Hohenhein, preto de stuttgart, de 1910 a 1914. alí coñeceu a Julio López suárez e máis tarde, en Lamaquebrada, cerca de Escairón (Lugo), a finca que tiña o seu irmán Juan. O Museo de Pontevedra conserva o importante Legado López Suárez – Castillejo.\nnon imos estendernos na descrición dos distintos lugares polos que pasou a Misión Biolóxica dende 1921 ata a guerra civil, tema xa tratado con anterioridade (Porto ucha, 2005: 237268): locais da Escola de veterinaria e instalación provisional no edificio de san clemente (santiago de compostela); terreos de «La tablada», de campolongo e Pazo de Gandarón, en salcedo (Pontevedra). creáronse tamén sucursais, como a herdade «Miraflores», situada na parroquia de san Pedro de sárdoma (vigo), cunha extensión de sete hectáreas e diversas parcelas de terreo nos arredores de salcedo, a «Balada», dunha hectárea de extensión, e a «Boreira», de 40 áreas. ademais destes predios, utilizáronse en diversos lugares de Galicia parcelas pertencentes a labradores, nas que se realizaron distintos ensaios. a Misión poñía a semente e o abono mineral e un capataz para dirixir a sementeira e a recolección. Fixéronse tamén ensaios en localidades de terreo e clima diferente dentro de Galicia: cerceda e Ordes (a coruña); Palas de Rei, Parga e viveiro (Lugo), xinzo de Limia (Ourense) e Lalín (Pontevedra), Debemos sinalar que a Misión ampliou o seu campo de investigación a outras zonas da xeografía española (como o coto de castilleja, na provincia de valladolid, propiedade dos varela Radío).\nOs dous problemas que a Misión investigou foron a mellora xenética do millo híbrido, con vistas a acadar maiores producións unitarias de dito cereal en Galicia, e a enfermidade do castiñeiro (a chamada «tinta»). E así, realizáronse estudos sobre o virus na pataca, colaborando na rexeneración deste tubérculo. Prestóuselles tamén atención á remolacha e ás árbores froiteiras. Outro dos campos de estudo foi o porco dentro da economía galega, do que se encargou o enxeñeiro agrónomo Miguel Odriozola Pietas, pai da xenética animal en España. traballouse ademais nas especies do xénero brassica (nabizas, grelos, coles forraxeiras, repolos), e nas leguminosas, as xudías verdes, entre outras (Porto ucha, 2007).\nDe 1935 consérvase no centro de salcedo e tamén no arquivo Histórico da universidade de santiago a Memoria referente ao funcionamento da Misión Biolóxica, tanto no que afectaba á parte económica como á eficacia dos traballos que levaba a efecto, formulada por Marcelino de arana y Franco, representante da Dirección xeral de agricultura na comisión de vixilancia de dito centro, que serviu de base para as actuacións posteriores. a guerra civil supuxo unha rotura co período anterior, aínda que a Misión Biolóxica, tras os momentos de incerteza producidos pola inestabilidade de contenda de 1936, iniciou unha nova andadura histórica, que continúa ata hoxe.\n2.3. A Residencia de Estudantes a Residencia de Estudantes de Madrid abriu as súas portas en 1910, sendo ministro de Instrución Pública álvaro de Figueroa, conde de Romanones. O R. D. de 6 de maio de 1910 (Gaceta do 8 de maio) sinalaba a súa creación. alberto Jiménez Fraud foi director da Residencia de Estudantes ata 1936 (sáenz de la calzada, 1986).\nEn principio, a Residencia quedou instalada nuns edificios arrendados na rúa Fortuny, esquina con Rafael calvo. Grazas as xestións de sorolla, aos poucos meses da apertura, alfonso xIII visitou os locais da Residencia, acompañado do Ministro de Instrución Pública, amós salvador, e da plana maior da JaE, con cajal á cabeza e o Padroado da Residencia, presidido por Menéndez Pidal, que fixo os honores ao monarca. Giner de los Ríos non estaba presente, inda que, rematada a visita real, estreitaba na castellana a man de Jiménez Fraud e lle expresaba: «criatura, qué responsabilidad» (Gómez Molleda, 1966: 489).\nEn 1915 a Residencia de Estudantes trasladouse aos altos do Hipódromo («cerro del viento» ou «colina de los chopos», en poética denominación de Juan Ramón Jiménez), mentres os hoteis iniciais eran destinados á Residencia de señoritas, que, cun espírito análogo á de homes, dependendo tamén da JaE, se puxo en marcha, con María de Maeztu Withney á fronte. alberto Jiménez Fraud (casado con natalia cossío López, de ascendencia galega) foi proposto por Francisco Giner, que o chamou persoalmente para exercer o cargo de Director da Residencia de Estudantes (Monterrubio Pérez, 2004: 412416).\na Residencia de Estudantes aspiraba a educar mediante a vida comunitaria de profesores e discípulos, en liberdade e coa presenza dun ideal colectivo a realizar. Posuía instalacións cómodas con biblioteca, laboratorios e campos de deportes. O ambiente era sinxelo e de bo gusto. admitíanse estudantes dende os 16 años, de universidade e de escolas especiais, e tamén profesores e investigadores.\nademais dos estudantes, aloxábanse na Residencia, nos seus desprazamentos a Madrid, figuras como Machado, azorín, Maeztu e outros escritores mozos. a lista sería ampla: García Lorca, alberti, salinas, Guillén, zulueta, Morente, américo castro, sánchez albornoz, Madariaga, Pérez de ayala, etc. un dos persoeiros que entrou en contacto coa Residencia dende o primeiro momento foi Ortega e Gasset, que colaborou con disertacións e conferencias. Dos estranxeiros, foron hóspedes da Residencia, entre outros, Einstein, Bergson, Freud, valery e Mme. curie, se ben, dado que a Residencia de Estudantes viña integrando como «grupo femenino» á Residencia de señoritas, as mulleres aloxáronse frecuentemente no segundo centro (caso de victoria Ocampo ou Gabriela Mistral, entre as mais coñecidas).\nBaixo a inspiración do modelo da Residencia de Estudantes de Madrid, foron xurdindo outras iniciativas polo territorio español, entre elas a Residencia de Estudantes de santiago (Porto ucha, 1986: 309314).\ncoa traxedia do verán de 1936, a Residencia quedou convertida en hospital de guerra. Logo veu un tempo en que a Residencia de Estudantes se converte no colexio Maior «ximénez de cisneros» e parte das súas dependencias son ocupadas polo Instituto «Ramiro de Maeztu». Pero iso xa corresponde á época do franquismo, a partir de finais da guerra civil.\n2.4. A Residencia de Señoritas\nPor R.O. do 11 de agosto de 1913 autorizouse a construción de edificios residenciais nos citados terreos dos altos do Hipódromo propiedade do Ministerio de Instrución Pública. Os novos edificios da Residencia de Estudantes inauguráronse en outubro de 1915, acollendo entón a cen estudantes. Desta maneira, os hoteliños de Fortuny quedaron baleiros ea JaE decidiu aproveitalos para albergar un grupo de nenos do InstitutoEscola e outro de señoritas. E así, no mesmo mes de outubro de 1915 as casas números 28 e 30 da rúa Fortuny foron ocupadas por un grupo de mozas con trinta prazas, que se convertería no Grupo Feminino da Residencia de Estudantes, tamén coñecido por Residencia de Señoritas. Ese nome−como apunta agudamente Cacho Viu−, «que hoy nos hace sonreír, denota por sí solo la barrera que aún separaba a la mujer de su integración plena en la vida profesional» (cacho viu, 1986: 16). como directora, foi elixida pola JaE María de Maeztu y\nWhitney, previa recomendación de José Ortega y Gasset (vázquez Ramil, 2012).\nao pouco tempo, a Residencia de señoritas veu superada a súa capacidade pola crecente demanda de prazas. Impúñase unha ampliación. a Residencia contará entón coa colaboración dunha institución estadounidense situada nas súas proximidades e centrada tamén na educación da muller, o International Institute for Girls in spain, máis coñecido como Instituto Internacional (zulueta, 1984). O Instituto Internacional cedeu parte dos seus edificios á Residencia de señoritas e, sobre todo, ofreceu o labor asesor e docente de profesoras americanas que se encargaron de materias novas en España como inglés, biblioteconomía, deportes, ximnasia rítmica e clases prácticas de ciencias e química.\nnos seus inicios, a JaE presenta a Residencia de señoritas como centro destinado ás rapazas que seguían os seus estudos ou preparaban o ingreso nas Facultades universitarias, Escola superior do Maxisterio, conservatorio nacional de Música, Escola normal, Escola do Fogar e Profesional da Muller ou outros centros de ensinanza, e ás que privadamente se dedicaran ao estudo en bibliotecas, laboratorios, arquivos, clínicas, etc. (JaE, 1916: 300).\nno sé si le he dicho a usted que hemos tenido un éxito completo en la Escuela superior del Magisterio: han ingresado nada menos que once muchachas; de la academia teresiana, a pesar de los artículos panegíricos que nos hacen, han ingresado dos. Por primera vez en la vida me convenzo de que la Filosofía tiene un valor cotizable.\nPara acoller ás estudantes de carreira superior, no curso 192021 a Residencia estrutúrase en dous grupos o secciones: a sección xeral dirixida por María de Maeztu e domiciliada en Fortuny 30 e a sección especial universitaria conectada co International Institute for Girls in spain e dirixida pola profesora de smith college Mary Louise Foster. Este acordo entre o Instituto Internacional e a Residencia de señoritas permitiu organizar un modelo de centro residencialeducativo que seguía de cerca as pautas dos colleges femininos estadounidenses, os cales mantiveron estreitos contactos coa Residencia de señoritas dende 1919 (vázquez Ramil, 2012: 259 e ss.).\nMaría de Maeztu expresou en 1922 a súa intención de ampliar a Residencia, contando coas achegas materiais e humanas do Instituto Internacional, moi interesado en manter un centro educativo para mulleres, similar aos colleges estadounidenses. a JaE interveu nas negociacións de forma un tanto ambigua, pois aspiraba a conseguir o apoio material da institución americana para o InstitutoEscola, en detrimento da Residencia de señoritas. tras arduas negociacións e esgotadoras viaxes a Estados unidos, María de Maeztu logrou que o Instituto Internacional vendese ao Estado español un dos seus edificios, o hoteliño rodeado de xardín da rúa de Fortuny 53, en condicións económicas moi vantaxosas, pero coa condición inescusable de que se dedicase á educación superior da muller española. así o di nunha cláusula da escritura de venta, outorgada ante notario en 1924 (aRsM. caja 6, carpeta 9).\nEntre as estudantes universitarias, foron maioría as residentes matriculadas en Farmacia, carreira que non existía en todos os distritos universitarios e que se consideraba especialmente apta para a muller. a continuación, seguíanlle as estudantes de Filosofía e Letras, Medicina, Odontoloxía, ciencias e Dereito. xa nos anos trinta encontramos as primeiras estudantes de arquitectura ou das moi minoritarias carreiras técnicas.\nPara as universitarias a Residencia ofrece, a partir de 1928, clases gratuítas de Inglés, Francés, alemán, Física e química, química inorgánica e análise químico, Mineraloxía, Botánica, Bioloxía e zooloxía, Farmacia práctica, anatomía, Histoloxía, Dereito político e administrativo, e Hebreo. En 1929 destaca un pequeno grupo de alumnas de bacharelato. Entre as estudantes de Música, sempre presentes aínda que non de forma destacada, foron maioría as de Piano, seguidas polas de canto.\na finais dos anos 20 a idea de María de Maeztu era converter a Residencia nun centro de carácter universitario para mulleres; así o expresaba María de Maeztu nunha carta dirixida a Ramón y cajal (aRsM, 1928, caixa 9). O ambicioso proxecto non prosperou.\nDurante a segunda República a Residencia continuou crecendo, pero os sucesivos ministros de Instrución Pública centraron os seus esforzos en abrir novas escolas e en contratar mestres. María de Maeztu, coa súa habitual perspicacia, así o ve e en 1934 reorienta a obra, abríndoa a todas aquelas mulleres que desexasen ampliar a súa cultura xeral ou adquirir uns coñecementos útiles para gañarse a vida.\na Residencia de señoritas non foi allea a outras actividades culturais como a súa homónima masculina: veladas musicais, conferencias, sesións teatrais e actos sociais con importantes persoeiros aos que as residentes tiñan ocasión de coñecer de certa.\nPola Residencia de señoritas pasaron moitas galegas. Entre elas, Rita Fernández queimadelos, natural da cañiza (Pontevedra), a primeira muller arquitecta que exerceu en España; Olimpia valencia López, médica, natural de Ourense, que exerceu como xinecóloga en vigo; sofía novoa Ortiz, pianista, que colaborou con María de Maeztu na xestión da Residencia; ángeles alvariño González, de Ferrol, bióloga e oceanógrafa en Estados unidos; María antonina sanjurjo aranaz, de vigo, pioneira do hockey feminino en Galicia; ángeles Pardo celada, de Becerreá (Lugo), que se especializou en xinecoloxía e puericultura; Raquel Lesteiro López, de Pontevedra, que traballou con américo castro no centro de Estudos Históricos; carmen Pardo Losada, de Ourense, que chegou a ser directora da Escola normal de Mestras de Lugo, entre moitísimas outras.\n2.5. O InstitutoEscola\nO InstitutoEscola de Madrid foi creado, con carácter provisional, como ensaio pedagóxico para a reforma da segunda ensinanza, por R.D. do 10 de maio de 1918, sendo Ministro de Instrución Pública o liberal santiago alba (Palacios Bañuelos, 1988). tratábase de buscar solución aos problemas que arrastraba a segunda ensinanza. O centro, na súa organización, orientación xeral e inspección quedaba baixo a dirección da JaE, co fin de experimentar novos métodos de educación e sistemas prácticos para a formación do persoal docente (JaE, 1925).\nseguindo as ideas defendidas pola Institución Libre de Enseñanza, o InstitutoEscola uniu a ensinanza primaria e a secundaria, tratando de facer de ambas un solo proceso de formación do alumnado, con iguais ideais, pero coa gradual diferenciación de métodos e contido. Pouco despois da creación do InstitutoEscola, a petición das familias, ampliouse cunha nova sección de párvulos. Había estudos comúns e obrigatorios ata os quince anos, e unha posibilidade de especialización nos dous últimos cursos (1516 e 1617 años). O avance nos estudos ía acompañado da promoción duns graos a outros.\nO InstitutoEscola non dispuxo de director, senón dun profesor delegado diante da JaE. sinala Martínez alfaro (2009: 44):\nHasta 1925, José castillejo, el secretario de la JaE, fue presumiblemente el encargado de supervisar el funcionamiento del InstitutoEscuela (…) a partir de 1925, el InstitutoEscuela contó con un patronato específico, integrado por los siguientes miembros de la JaE: Ignacio Bolívar, Ramón Menéndez Pidal, José Ortega y Gasset, Blas cabrera, José G. álvarez ude y María de Maeztu.\na partir de 1933 ampliouse o número de membros do Padroado, coa incorporación dos representantes da xunta de profesores, dos pais e de antigos alumnos. na secretaría do InstitutoEscola estivo victoria Kent, á que se lle concedeu a excedencia en 1932, ao ser nomeada Directora xeral de Prisións. victoria Kent estivo vinculada ao centro dende a súa creación, sendo estudante de Dereito e residente na Residencia de señoritas, onde colaboraba con María de Maeztu. O InstitutoEscola contou tamén cun servizo de comedor e cunha biblioteca.\nas ensinanzas, segundo o art. 7º do referido decreto de creación, (…) estarán a cargo de catedráticos numerarios o auxiliares de Institutos generales y técnicos y de aspirantes al Magisterio secundario. a la sección preparatoria podrán ser llamados maestros superiores. Las enseñanzas de idiomas vivos podrán encomendarse a súbditos extranjeros. Para dirigir la formación del Profesorado secundario podrá la Junta proponer el nombramiento de profesores especiales.\nOs catedráticos do InstitutoEscola, procedentes do corpo de catedráticos de instituto en comisión de servizos e cunha remuneración complementaria, «eran designados por el Ministerio de Instrucción Pública, a propuesta unipersonal de la Junta para ampliación de estudios e investigaciones científicas, a medida que los vaya necesitando por el sucesivo establecimiento de los grados» (art. 8º). O profesorado beneficiouse das pensións a Europa para coñecer innovacións pedagóxicas que despois aplicaba nas clases. ademais de intercambios a través das colonias escolares (a JaE creou unha colonia de intercambio na Granxa de san Ildefonso, segovia), houbo tamén intercambios educativos co alumnado doutros países, de Francia, alemaña e Inglaterra.\nPor R.O. de 10 de xullo de 1918, foi aprobado o Regulamento do InstitutoEscola, que contemplaba o plano de estudos (Porto ucha, 2004). as ensinanzas quedaban distribuídas en nove graos (tres da sección Preparatoria e seis da sección secundaria). a sección Preparatoria estaba destinada a alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os oito e os dez anos cumpridos (89, 910, 1011 anos), podendo ser admitidos ou permanecer nela alumnado doutras idades en consideración á súa precocidade ou ao seu retraso. nos graos da sección secundaria, as idades de admisión eran de once anos a dezaseis cumpridos (1112, 1213, 1314, 1415, 1516, 1617 anos); excepcionalmente podían figurar nela alumnos adiantados con dez anos cumpridos.\nO Regulamento concreta as materias a cursar en cada grao. segundo o apartado c) do art. 2º do R.D., Las enseñanzas abarcarán, por lo menos, las materias que constituyen actualmente el plan de estudios de los Institutos de segunda enseñanza; pero la Junta, previa propuesta al Ministerio, podrá establecer la división de bachillerato clásico y de ciencias, en cuyo caso, para los alumnos de este último, el Latín, el Griego y las enseñanzas literarias podrán sustituirse, total o parcialmente, por Lenguas vivas y ciencias. Para la enseñanza de Religión se observarán las disposiciones vigentes.\nademais das materias, inclúense xogos, excursións e visitas a Museos e lugares de interese. Había tamén traballos de laboratorio e de taller en madeira e metal (substituíbles para as rapazas por labores e economía doméstica), debuxo, fotografía e modelado.\na elección de materias para formar o plano de estudos de cada alumno/a nos últimos dous graos facíase por acordo entre a xunta de profesores e as familias, tendo en conta o propósito destas respecto ao porvir dos seus fillos, a vocación e aptitude de cada alumno e o nivel de preparación que conseguira nos seus anos anteriores de estudos. O número de alumnos nas clases non pasaría de 30. nas prácticas de taller e laboratorio e traballos manuais, procuraríase que non excedesen de 15.\nnos artigos 7º, 8º e 9º do Regulamento sinálanse os fins, medios e principios que inspiran os métodos de ensinanza. como finalidades, as ensinanzas deberían desenvolver, mediante un adecuado exercicio, as facultades mentais, o poder de observación e comprensión, a firmeza de xuízo, a orixinalidade, a pluralidade de intereses e as aptitudes para a acción, entre outras; tamén a adquisición, de acordo coa idade, dos coñecementos de cultura xeral e a preparación para os estudos superiores. como principais medios de ensinanza, sinálase a acción, o estudo directo da natureza ou das cousas, o diálogo entre profesor/a e alumno/a e a exposición maxistral; na sección elemental acentuaríase moi especialmente a correlación entre a actividade de pensar e a actividade creadora e executora. Os métodos inspirábanse en principios como o de espertar a curiosidade cara as cousas e centrar nela o proceso didáctico; evitar o interese artificial e estimular o esforzo a partir da motivación interna (curiosidade, instinto de actividade creadora, conciencia moral e satisfacción por acadar un fin).\nEn definitiva, tratábase dun centro cun programa de estudos de carácter integral, que apostaba polo desenvolvemento cíclico, segundo a propia evolución persoal do alumnado, e no que non había un sistema ríxido de exames. Hai novas materias como as linguas modernas, as ensinanzas artísticas e traballos manuais como medios eficaces auxiliares para o desenvolvemento mental. sendo fin primordial a formación do carácter, a vida normal da escola debería desenvolverse nun ambiente de liberdade e de mutua confianza, de claro selo institucionista. as faltas eran corrixidas mediante a amoestación privada. O profesorado levaba un caderno de clase, participando en tarefas diversas.\nno InstitutoEscola figuraba tamén a formación de aspirantes ao profesorado secundario.\nsegundo o art. 10 do referido R.D.\nPara ser admitido a la Escuela como aspirante al Magisterio secundario se requerirá ser español, mayor de diez y siete años y haber hecho o estar siguiendo estudios universitarios en las Facultades de ciencias o Filosofía y Letras. La Junta determinará cualesquiera otras condiciones que considere exigibles, y hará las admisiones comunicándolo al Ministerio.\na formación de ditos aspirantes (art. 11) ensaiaríase combinando, simultánea ou sucesivamente: Los estudios universitarios. Las prácticas docentes en la Escuela. La crítica, lectura, trabajos personales y experimentales de seminario pedagógico. Los estudios y prácticas complementarios en centros extranjeros.\nEstes aspirantes ao Maxisterio secundario poderían ser encargados de clases e correccións de exercicios e cooperaban na vixilancia, xogos e excursións, etc. Foi esta, a formación dos denominados «aspirantes», unha importante novidade, pola que se lle encomendaba ao InstitutoEscola a contribución á formación profesional do profesorado de secundaria.\ncomo xa apuntamos anteriormente, o InstitutoEscola comezou as súas actividades en 1918, no número 8 da rúa Miguel ángel de Madrid, nuns locais alugados ao Instituto Internacional. no curso 191819 foron un total de 87 alumnos (mixto) repartidos en 3 grupos na secundaria; no curso seguinte, 191920, acadaron 130, repartidos en 5 grupos, correspondentes, co ano anterior, aos dous primeiros cursos de bacharelato. Mentres na ensinanza oficial o número de alumnos por aula podía ser superior a 100 (Romanones en 1901 limitárao a 150), no InstitutoEscola, segundo o art. 6º do Regulamento, tal como xa sinalamos, tiñan 30 alumnos por aula y 15 en prácticas de taller e laboratorios.\nno curso 192021, debido a que o Instituto Internacional non podía admitir nos seus locais aos alumnos varóns de secundaria do InstitutoEscola, a JaE decidiu trasladar aos alumnos ao pavillón número 5 da Residencia de Estudiantes (Martínez alfaro, 2009: 67 e ss.) nos altos del Hipódromo (104 alumnos no curso 192021), mentres as alumnas do InstitutoEscola e da Residencia feminina continuaron no InstitutoInternacional (80 alumnas no curso 192021). a autora citada, Encarnación Martínez alfaro (2009: 237), preséntanos a evolución cuantitativa do alumnado no tempo (191819 a 193435). Oscila entre preto dos 200 e máis de 300 alumnos/as por sección, repartidos por grupos. Do conxunto do alumnado, «5 de Galicia, de todas las provincias (2 de La coruña»).\na JaE mercou en 1921 ao Padroado nuestra señora de atocha un terreo no lado sur do Parque do Retiro coa finalidade de dispor dun edificio propio para o InstitutoEscola. En 1922 encargóuselle a redacción do proxecto ao arquitecto Francisco Javier Luque (Guerrero, 2007). sen embargo, por limitacións orzamentarias, construíuse un solo pavillón, o terceiro dos catro previstos, que o InstitutoEscola destinou a partir de 1928 á ensinanza secundaria. ao final, nun proceso que a autora citada analiza detidamente, son os alumnos os que ocupan esa sección Retiro, mentres as alumnas instálanse na sección Hipódromo. É dicir, alumnos e alumnas estudaban no InstitutoEscola en edificios separados, primeiro repartidos entre as seccións de Hipódromo (alumnos) e Miguel ángel (alumnas), e logo nas seccións do Retiro (alumnos) e Hipódromo (alumnas), agás nos cursos\n191819 e 191920 (no edificio de Miguel ángel) nos que a ensinanza foi mixta (Ontañón e vázquez de castro, 2006). a coeducación implantaríase máis tarde, concretamente coa chegada da segunda República, no curso 193132.\nDe acordo co preceptuado, a JaE emitía en 1925 un Informe sobre o funcionamento do InstitutoEscola, xunto co R.D. de creación, o Regulamento, as Instrucións e consellos para os aspirantes ao Maxisterio secundario, as ensinanzas e métodos, cunha nota preliminar da sección Preparatoria, a cargo de María de Maeztu, publicados baixo o citado título de El InstitutoEscuela de Segunda Enseñanza de Madrid. Organización, métodos y resultados (JaE, 1925). como consecuencia, no curso 19261927 introducíronse modificacións no primeiro curso de secundaria para garantir a continuidade entre a ensinanza primaria e a secundaria.\nPor R.D. do 1 de marzo de 1930, o InstitutoEscola adquiriu carácter permanente e o profesorado en comisión de servizos pasou a definitivo. no curso 19331934 experimentou unha importante reorganización, coa unificación docente, económica e administrativa das seccións de primaria (preparatoria) e secundaria. ata entón, a sección primaria dispoñía dunha organización autónoma, condicionada polas contribucións das familias, mentres que a secundaria dependía da JaE, aínda que recibía tamén remuneracións das familias. a partir de aquí, o InstitutoEscola quedou dividido en catro seccións: 1ª, párvulos, cuxo edificio no Hipódromo corresponde ao período 193335 (Guerrero, 2009: 378405); 2ª, primaria, 3ª, bacharelato da sección Pinar (Hipódromo) e 4ª, bacharelato da sección Retiro (Martínez alfaro, 2009: 222). a reorganización afectou tamén á composición do Padroado e á xunta de profesores de cada sección, que constituían o claustro xeral do InstitutoEscola. a JaE nomeou a Jimena Menéndez Pidal directora da sección Párvulos, mentres que a sección Primaria continuaba baixo a dirección de María de Maeztu.\nEntre o profesorado que pasou polo InstitutoEscola, cabe destacar a nivel galego ao catedrático de ciencias naturais e botánico Luis crespí Jaume (18891963). Luis crespí era fillo do farmacéutico e botánico mallorquino antonio crespí Mas, que foi catedrático de agricultura no Instituto xeral e técnico de Pontevedra. nacido en Madrid en 1889, Luis crespí estudou ciencias naturais na universidade de santiago de compostela, ampliando estudos no Museo nacional de ciencias naturais. En 1916 gañou a cátedra de agricultura do Instituto de Lugo, pasando tamén polo de Pontevedra, inda que continuou o seu proceso de formación como bolseiro da JaE. Foi catedrático de agricultura no InstitutoEscola entre 1918 e 1936. En 1922 foi nomeado catedrático numerario do Instituto xeral e técnico de Guadalajara, se ben continuou no InstitutoEscola, no que obtivo o nomeamento definitivo como catedrático en abril de 1930, posto que compatibilizou co de director do Laboratorio de Ecoloxía do Museo nacional de ciencias naturais ata 1936. Entre 1936 e 1939 continuou dando clases nos Institutos «Pérez Galdós» e «san Isidro» de Madrid ata 1939.\ntrala guerra, Luis crespí foi inhabilitado para a docencia durante nada menos que 14 anos. Pertencía a Izquierda Republicana. tivo que traballar como administrativo nos Laboratorios «Promesa» de Madrid, que elaboraban produtos medicinais. En 1954 foi reintegrado na súa cátedra, cando Joaquín Ruiz Giménez era Director xeral de Ensinanzas Medias, exercendo a docencia no Instituto «san Isidro». xubilou en 1959. sen embargo, o labor investigador de crespí veuse definitivamente interrompido en 1938 (Masip Hidalgo, 2011: 501511).\nna Memoria da JaE de 1918 e 1919, crespí figura como profesor da 2ª sección secundaria de ciencias naturais do InstitutoEscuela (JaE, 1920: 280). como catedrático de agricultura, gozou dunha pensión para visitar Francia, segundo R.O. de 3/9/1917 (JaE, 1918: 59) e R.O. de 12/1/1918 (JaE, 1920: 4243), para estudar fisioloxía vexetal con Leclerc du sablon e patoloxía agrícola. Posteriormente, por RR.OO. de 10/9 e 4/11/1924 foi a Portugal, por cuestiones técnicas, afondando no estudo dos liques e da ensinanza agrícola (JaE, 1927: 3233).\nno verán de 1927 a JaE organizou, a través da comisión de Estudos en Galicia, unha misión de estudos, unha exploración naturalista e folclórica nos ancares e montes do Invernadoiro e queixa. a excursión foi realizada baixo a dirección de Luis crespí Jaume. Iniciouse en Ponferrada, tomando parte, ademais, Luis Iglesias, auxiliar da Facultade de ciencias da universidade de santiago, Gustavo nieto vallas, do Instituto de Ourense, e o profesor doutor nicolás I. vavilov, Director do Instituto de agronomía Experimental e do Instituto de Botánica aplicada á Mellora das Plantas da universidade de Leningrado, que viña percorrendo en viaxe de estudos asia, Etiopía, abisinia e o sur de Europa. De Ponferrada dirixíronse a vilafranca do Bierzo, continuando ata Piedrafita do cebreiro e logo, seguiron pola estrada de Lugo a Becerreá, estudando a flora, a fauna e costumes destes apartados lugares de Galicia (Porto ucha, 1986: 303304).\nEntre os denominados «profesores aspirantes» do InstitutoEscola, localizamos no curso 192728 a Raquel Lesteiro López, da especialidade de Lingua, bibliotecaria do centro de Estudos Históricos, e a Pilar Lago couceiro (curso 192930), así mesmo da especialidade de Lingua, profesora adxunta/funcionaria da administración. Raquel Lesteiro estivo na Residencia de señoritas no curso 192122. Fixo oposicións a arquivos e tivo destino en Pontevedra, como Facultativa de arquivos e Bibliotecas, no arquivo Provincial (vázquez Ramil, 2012: 415). tamén colaborou no InstitutoEscola Manuel Pedreira Deibe, que era profesor auxiliar de xeografía e Historia no Instituto xeral e técnico de a coruña, e solicitou directamente a castillejo traballar no novo centro mentres preparaba oposicións a cátedras, no curso 192122, sendo atendida a súa minuciosa e ben xustificada petición.\nEntre o alumnado masculino, cabe citar a Enrique vidal abascal (curso 193031), da especialidade de Matemáticas. vidal abascal, sendo catedrático do Instituto de Pontevedra, foi presidente da comisión Provincial de Depuración (D), sucedendo a secundino vilanova Rivas, tamén catedrático, nese cometido en 1940 (Porto ucha, 2008: 59). Posteriormente foi catedrático da universidade de santiago de compostela. Entre as alumnas galegas do InstitutoEscola debemos facer referencia a María victoria casares Pérez, filla de santiago casares quiroga, que logo acadará fama como actriz no exilio francés co nome de María casares.\na partir de comezos dos anos 30, foron aparecendo outros centros similares ao InstitutoEscola de Madrid. un decreto de 9 de outubro de 1931, autorizaba á Generalitat de cataluña a creación dun InstitutoEscola. Foi o seu primeiro director Josep Estalella i Graells, catedrático do Instituto de Girona e «uno de los profesores de primera hora en el InstitutoEscuela madrileño» (Delgado, 2000: 148), aínda que a súa estancia en Madrid foi breve (19191922). Outro Decreto de 2 de febreiro de 1932 creaba os InstitutosEscola de valencia e sevilla e, un ano despois, segundo Orde Ministerial do 17 de febreiro de 1933, o de Málaga.\nno modelo do InstitutoEscola apreciamos a fusión do ensino primario e secundario, sen rupturas «traumáticas», nun intento de converter a educación en un continuo dende os primeiros anos ata o punto onde permitiran as capacidades do alumnado. como é sabido, o modelo foi tan abraiante como minoritario e prosperou onde había fondos suficientes e unha mentalidade aberta; o ensino oficial continuou facendo esforzos meritorios por estender as nocións elementais, poñendo énfase na creación de escolas e na contratación de mestres; o ensino privado tivo outras preocupacións, entre elas a defensa de posturas ideolóxicas enfrontadas, como durante a segunda República; e logo impúxose durante moito tempo a ruptura, verdadeiramente «traumática» entre o ensino primario para todos, o secundario para menos, e o superior para uns poucos ata case a Lei xeral de Educación de 1970.\nJiménez Fraud, a. (1971). Historia de la Universidad Española. Madrid: alianza Editorial.\narquivo da Residencia de señoritas de Madrid (aRsM).\nMinuta de carta de María de Maeztu a alberto Jiménez Fraud, Madrid, 5 de xullo de 1922. caixa: correspondencia de la Dirección, nº orden 56, signatura 54. Escritura de compromiso de venta outorgada por don Juan de Isasa y del valle, a señorita May Gardner e don Ramón Menéndez Pidal o 4 de agosto de 1924 ante don José Menéndez y de Parra, abogado e notario do Ilustre colegio desta corte. caixa 6, carpeta 9. Minuta de carta de María de Maeztu al Ilmo. sr. Presidente de la Junta para ampliación de Estudios, Biblioteca do Museo de Pontevedra (B.M.P.) Legado López Suárez – Castillejo. Biblioteca da Real academia da Historia (B.R.a.H.) Fondo Giner de los Ríos, caja 10, sobre 1900 (ac). sobre 1901 (ac). Fundación Penzol (vigo) Fondos Orgánicos de X. V. Viqueira Instituto «Pai sarmiento» de Estudos Galegos (santiago de compostela) Boletín de la Institución Libre de Enseñanza (BILE) Junta para ampliación de Estudios (JaE)\nAnais e Memorias (19071936).\nMisión Biolóxica de Galicia (salcedo, Pontevedra) e aHus (sección Histórica, Legaxo 340). Memoria referente al funcionamiento de la Misión Biológica de Galicia tanto en lo que afecta a la parte económica de la misma como a la eficacia de los trabajos que lleva a efecto, formulada por don Marcelino de Arana y Franco, ConsejeroInspector del Cuerpo de Ingenieros Agrónomos y representante de la Dirección General de Agricultura en la Comisión de Vigilancia de dicho Centro, año 1935."} {"summary": "O obxectivo deste estudo é analizar a ideoloxía do Dicionario da Real Academia Galega (DRAG), tendo en conta o seu carácter lexitimador na sociedade, así coma a relevancia da súa presenza nos eidos da educación e da aquisición da lingua. En concreto, os resultados clasifícanse nos ámbitos da relixión, a política e os temas de xénero. Para acadar o fin exposto realizouse unha lectura exhaustiva do repertorio aloxado na páxina web da RAG, incluíndo as actualizacións máis recentes acometidas ao longo de 2018. Como resultado obtívose un corpus composto por 808 artigos lexicográficos, cuxa forma lematizada recóllese como apéndice para poder servir de guía en traballos complementarios posteriores. Os 808 artigos foron sometidos a análise lingüística desenvolvida con perspectiva crítica seguindo a metodoloxía da análise crítica do discurso lexicográfico (Autor 2012 e 2016b). Entre as conclusións fundamentais destaca a continua actualización da obra analizada, na que se constata unha preocupación pola busca de neutralidade nas definicións e un interese por ofrecer unha cosmovisión ampla, non reducida ás ideoloxías dominantes. Con todo, tamén é preciso sinalar que a análise revela un traballo intenso no futuro no relativo á adaptación deste dicionario a algunhas das medidas da linguaxe inclusiva que permitan maior visibilidade da muller, así como unha revisión da representación do catolicismo como relixión por defecto.", "text": "A ideoloxía no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG)\n dicionario, ideoloxía, lexicografía crítica, análise crítica do discurso lexicográfico, RAG, lingua, sociedade\nSumario\n1. Introdución 1. 1.1. Contexto. 1.2. Obxectivos. 2. Corpus e metodoloxía. 3. Resultados. 3.1. Ideoloxía relixiosa. 3.2. Ideoloxía política. 3.3. Cuestións de xénero. 4. Conclusións. Apéndice. Referencias bibliográficas.\nIdeology in DRAG\nContents\n1. Introduction 1. 1.1. Context. 1.2. Objectives. 2. Corpus and methodology. 3. Results. 3.1. Religious ideology. 3.2. Political ideology 3.3. Gender Issues. 4. Conclusions. Appendix. References.\n1. I NTRODUCIÓN\n1.1. Contexto\nNas sociedades nas que a globalización é un feito a reflexión sobre as linguas aborda temáticas relativamente novas das que outrora non se ocupaban disciplinas como a metalexicografía. Trátase de cuestións de carácter etnolingüístico, nun sentido amplo do termo, que atinxen á relación entre lingua e cultura en producións coma o dicionario, a gramática ou a ortografía. En concreto, este estudo centrarase no dicionario en canto que obra de referencia na conformación normativa da lingua e eixo da lexitimización social das palabras e do seu significado. Xorde así a etnolexicografía como eido fundamental da investigación lingüística no que se insiren, entre outros, os estudos de lexicografía crítica (Autor 2016b), esenciais para comprender a impronta que deixa a sociedade no dicionario e o diccionario na sociedade, nunha simbiose que é certamente diferente en función das persoas ou institucións que están tras a redacción dos repertorios lexicográficos. Pérez Hernández (2000) e Calero Vaquera (2010) xa falan da etnolexicografía para referirse ao estudo do dicionario en termos de análise ideolóxica na que se cruzan os aspectos culturais cos lexicográficos; en realidade só se trata dunha etiqueta que acolle investigacións que xa levan despertando o interese da lingüística dende hai décadas. Ademais, a este contexto académico descrito hai que engadir o contexto social actual, moi sensibilizado co tratamento discursivo das minorías e con temas de xénero, entre os que destaca a representación da muller nos dicionarios, como demostra a continua presenza mediática de novas referidas aos cambios producidos nos repertorios ou relativas ás diversas reivindicacións lexicográficas levadas a cabo a través das redes sociais ou das plataformas de peticións. Por exemplo, no caso do galego, o 3 de abril de 2017 1 o Faro de Vigo facíase eco da nova posibilidade de busca no DRAG a partir da forma en feminino, no caso dos lemas que presentaban moción de xénero. Pero a relevancia do DRAG non se limita á súa presenza mediática, senón que se demostra coa inxente cantidade de consultas que recibe na súa versión en liña. En concreto, os datos para 2017 indican que este dicionario rexistrou máis de 20, 5 millóns de consultas, unha media de 56.000 consultas diarias, o que supuxo un incremento do 42% con respecto ao ano 2016. É dicir, que o número de consultas progresa de xeito ascendente, e marca así unha tendencia que permite consolidar este repertorio como unha ferramenta fundamental para o coñecemento da lingua galega 2. O feito é que o diccionario penetra máis que nunca no tecido social, polo que a imbricación das preocupacións da 1 O titular era: “El diccionario de la RAG incorpora la búsqueda de palabras en femenino”, disponible a través do enlace https://www.farodevigo.es/cultura/2017/04/03/diccionariorag-incorporabusqueda-palabras/1653806.html. 2 Fonte dos datos: Faro de Vigo, nova publicada o 9/01/2018. Dispoñible a través do enlace: https://www.farodevigo.es/sociedad/2018/01/09/odicionario-darag-bate/1816526.html\nsociedade no quefacer de especialistas en lexicografía teórica e práctica creceu dende o último tercio do século XX. Isto motivou en linguas coma o español unha nova onda de investigación nas que se busca un claro retorno social ao denunciar a presenza de ideoloxías dominantes nos dicionarios, fundamentalmente nos dicionarios xerais de referencia, que coinciden no caso do español e do galego cos dicionarios institucionais ou académicos.\nNas linguas francesa, inglesa e española, a análise da ideoloxía presente nos diccionarios posúe unha tradición moito maior ca no caso do galego, onde aínda podería considerarse un campo inexplorado. Destacan xa referencias importantes no último cuarto do século XX, como poden ser os traballos de D’Oria (1988), Lehmann (1978), Feldman (1980), Beaujot (1980), Seco (1983), Desmet et al. (1990), Pascual e Olaguíbel (1992), Jammes (1992), Fishman (1995), Bueno Morales (1993), Forgas Berdet (1996), ou Calero Fernández (1999), por citar algúns destacados. A estes traballos súmanse as diferentes abordaxes realizadas ao estudo da ideoloxía nos diccionarios que se veñen realizando nas primeiras décadas do século XXI, nunha tendencia que no caso do español estase a incrementar de xeito exponencial na medida en que o dicionario da RAE xa pasou a adquirir un claro valor simbólico na sociedade hispanofalante que reclama continuamente a súa revisión de acordo co cambio social. Neste sentido, é preciso referirse a diversos traballos como o de Pérez Hernández (2000), Ariza Viguera (2001), Cazorla Vivas (2002), Díaz Rosales (2005), Pastor Millán (2006), Forgas Berdet (2007), Autor (2008), Sánchez García (2009), Calero Vaquera (2010), López Facal (2010), Marta Rodríguez (2013), Calero Fernández (2014), Lauria (2014), Quilis Merín (2014), García Ramón (2018), Villa (2018) e unha interminable listaxe de referencias, entre as que hai que singularizar o traballo colectivo Ideolex. Este volume, coordinado por San Vicente, Garriga e Lombardini (2011), ofrece un panorama completo do fenómeno ideolóxico no dicionario e da súa análise, polo que debe ser un referente para as persoas que inician a súa investigación nesta liña. Todos estes traballos mencionados céntranse, dende diferentes técnicas de obtención de datos, no estudo dos diccionarios en relación coa presenza de ideoloxía nas súas páxinas.\nFronte a este rico panorama de referencias relativas á análise da ideoloxía nos dicionarios en liguas coma o francés, inglés ou o español, no caso do galego non existe tradición algunha nesta materia. Unha busca na Bibliograía Informatizada da Lingua Galega (BILEGA) revela a ausencia de antecedentes na investigación que se ofrece no presente artigo, coa excepción en materia de xénero da investigación de Hermida Gulías (2010) sobre o sexismo nos dicionarios de galego. Si existen notables traballos sobre ideoloxías, actitudes e identidades lingüísticas en Galicia, que non cómpre citar agora, pero en ningún caso exploran a influencia do dicionario como elemento lexitimador de ideoloxías nin como instrumento fundamental na consolidación destas. Esta é, pois, a primeira abordaxe científica ao Dicionario da Real Academia Galega dende o punto de vista da ideoloxía que reflicte como discurso lexicográfico, polo que o traballo tamén se presenta como resposta a un baleiro notable nos estudos lexicográficos do galego.\n1.2. Obxectivos\nO obxectivo principal deste estudo é de carácter descritivo, xa que se trata de analizar a presenza de ideoloxía no Dicionario da Real Academia Galega (2012, actualizado ata 2018) e describir o estado actual deste discurso lexicográfico en relación co fenómeno da subxectividade. Os obxectivos específicos son:\n(OE1): Proporcionar información acerca da ideoloxía presente neste dicionario nos ámbitos da relixión, a política e os temas de xénero. (OE2): Establecer unha comparación xeral entre este dicionario e a última edición do Diccionario de la Lengua Española (DLE) da RAE, a versión electrónica 23.1. (OE3): Avaliar o estado actual do diccionario dende un punto de vista crítico. (OE4): Ofrecer unha proposta de liñas de actuación xerais para adaptar, en termos ideolóxicos, o repertorio á sociedade actual.\n2. C ORPUS E METODOLOXÍA\nPara acadar os obxectivos propostos compilouse un corpus textual formado por 808 artigos lexicográficos do Dicionario da Real Academia Galega (actualizado ata 2018), cuxa forma lematizada aparece recollida no apéndice deste estudo. Sobre cada artigo lexicográfico realizouse unha ficha na que consta a súa definición (incluíndo a fraseoloxía), referencia sobre a súa actualización (de ser o caso), a comparación co DLE, unha análise da marcación recollida no primeiro enunciado da definición e unha análise dos mecanismos de modalización discursiva observados no segundo enunciado da definición. Isto permitiu que se traballase coa información de xeito global, co fin de poder extraer conclusións a partir dun número representativo de casos analizados. Cómpre sinalar que a lectura non se limitou aos 808 artigos indicados, senón que abrangue o conxunto do repertorio. O grupo final de voces obtívose a partir do refinamento de corpus anteriores manexados na investigación de materiais en español (Autor 2008, 2016a), aos que se engadiron outros artigos a partir da lectura completa da listaxe de últimas actualizacións dispoñible no recurso web da RAG. A metodoloxía de análise é esencialmente cualitativa, posto que parte da análise pormenorizada de cada artigo do corpus escollido. Con todo, tamén ten unha parte cuantitativa en canto que se recorre en ocasións ao reconto de diversos fenómenos e se establecen porcentaxes de frecuencia cando este dato pode ser revelador. A análise cualitativa parte dunha perspectiva crítica dos estudos lingüísticos (recentemente reformulada por un dos seus iniciadores, van Dijk 2016) e axústase á pauta fixada na Análise Crítica do Discurso Lexicográfico (Autor 2012 e 2016b), aínda que neste artigo non é posible desenvolver a análise en función da estrutura de xeito completo, senón que queda reducida á análise da microestrutura do dicionario (con mínima referencia a algún aspecto da lematización). Os resultados organízanse en función das tres áreas temáticas descritas nos obxectivos, é dicir, relixión, política e cuestións de xénero.\n3. R ESULTADOS\nNa presentación de resultados tense en conta o critério temático para realizar unha clasificación do fenómeno ideolóxico no dicionario da RAG. Aínda que é posible facer múltiples escollas temáticas, neste estudo seleccionáronse as dimensións relixiosa, política e de xénero. Por suposto, queda como desafío para o futuro realizar unha análise máis completa na que tamén se inclúan outras temáticas máis específicas, como o tratamento racial, a representación das profesións socialmente estigmatizadas, etc. En cada subapartado contemplaranse os principais aspectos da macroestrutura e da microestrutura. Nesta ocasión non se realizará análise da megaestrutura nin da infraestrutura do dicionario. No que atinxe á infraestrutura ideolóxica, espérase que coas conclusións obtidas neste artigo sexa posible iniciar un estudo mais profundo que permita determinar as claves do ideario institucional académico.\nPola dimensión do corpus non resulta posible nestas páxinas comentar a totalidade de artigos analizados, polo que no apartado de resultados só se destacarán algúns que poden ser máis ilustrativos.\n3.1. Ideoloxía relixiosa\nO tema do tratamento da relixión nos repertorios lexicográficos é un dos que ten acaparado maior atención no eido da lexicografia crítica. Como sinala Díaz Rosales (2005: 316) o catolicismo foi o “pilar fundamental en la construcción ideológica y cultural de España”, polo que resulta natural que na conformación da ideolxía e idiosincrasia españolas estivera moi presente esta orientación e que se trasladara de forma natural aos primeiros dicionarios do español. Sen dúbida, no caso da lexicografía española resulta moi útil o traballo de Sánchez García (2003) sobre a presenza do elemento relixioso nos dicionarios da RAE, un estudo no que se conclúe que non é ata a edición de 1992, e especialmente na de 2001, que a RAE realiza un esforzo por “desacralizar” o seu dicionario de referencia. De feito, o autor non dubida en afirmar que a edición de 1992 aínda se conforma coma un dicionario “confesional, que todavía no había alcanzado la lejanía y la objetividad exigidas por la moderna ciencia lexicográfica”\n(Sánchez García 2003: 196).\nEn definitiva, no caso do español semella clara a impronta católica. Logo a pregunta que corresponde neste estudo e: que sucede no caso do galego? Fronte á RAE, fundada en 1713, a Real Academia Galega (RAG) fúndase en 1906 cuns principios substancialmente diferentes, xa que a primeira buscaba a unidade e pureza do idioma xunto coa súa consolidación como lingua imperial e a segunda perseguía a dignificación dunha lingua minoriza dentro do territorio español. Na liña imperialista española da RAE encadrábase a máxima da unidade non só referida á lingua, senón tamén unidade baixo a relixión católica, algo que non estaba tan explícito na institución galega. No que si coincidían ambas institucións era nos obxectivos iniciais de elaborar unha gramática e, sobre todo, un dicionario. No caso da RAG, este proxecto, aínda coa perspectiva bilingüe que se arrastraba dende o século XIX, desenvolveuse por entregas dende 1912 ata 1928, polo que as bases do dicionario foron elaboradas baixo a presidencia de Manuel Murguía. Antes desta obra só se publicaran no último cuarto do século XIX dicionarios bilingües castelán/galego que non constituían unha referencia, polo que este foi un primeiro paso no achegamento á técnica lexicográfica. Con todo, dende o punto de vista metodolóxico e formal da lexicografia moderna, o primeiro fito da RAG en lexicografia monolingüe foi o Dicionario da lingua galega (ILGA/RAG 1990). Como sinala González González (2008: 257), “aínda que contaba só con 12000 entradas, supuxo un avance decisivo en aspectos metodolóxicos”. Pero non é ata uns anos despois, co DRAG (1997), cando por fin se publica o traballo monolingüe máis completo da institución (González González 2008: 258), que contaba xa con 25000 entradas e cun tratamento actualizado e estandarizado da microestructura. Posto que neste dicionario fíxose un esforzo por ofrecer cada lema textualizado de xeito que ningunha acepción quedara sen o seu correspondente exemplo, resultou moi interesante que a liña de actuación na elección de exemplos pasara por un coidado especial do aspecto ideolóxico. Neste sentido, González González (2008: 258) indica que “na selección de exemplos tívose especial coidado por evitar o clasismo, o sexismo e, en xeral, a transmisión de ideas non acordes cos principios de igualdade de todos os seres humanos, de convivência democrática e de respecto pola natureza”. Non se menciona de xeito explícito o tema da relixión, ainda que se infire deste principio xeral de igualdade que o tratamento debería ser equitativo en relación con todas as formas de culto relixioso. Este mesmo principio sobre a ideoloxía sustenta a última edición do Dicionario da Real Academia Galega (2012, actualizado ata 2018), que é o que se someterá análise neste estudo.\nA realidade da análise amosa que a equidade no tratamento relixioso non termina de acadarse no Dicionario da Real Academia Galega, e que, malia os evidentes esforzos feitos na redacción deste repertorio, o catolicismo constrúese como a relixión por defecto, é dicir, a forma de culto por antonomasia. Non existe un tratamento pexorativo doutras formas de culto, pero si que asume ritos e coñecementos sobre o catolicismo como un saber compartido que, en moitos artigos lexicográficos, non precisa de aclaración.\nDentro da microestrutura do dicionario, os elementos que permiten realizar estas afirmacións son os relativos á ausencia de marcación, ben marca temática xeral de relixión ou ben a específica do catolicismo (exemplos 1, 3, 4); ordenación de acepcións (15); pervivencia de acepcións específicas con ou sen especificación (2, 8); pervivencia do hiperónimo herexía ou seita (9); a manifestación de incerteza no fenómeno esotérico alleo á relixiosidade ortodoxa ou nos dogmas de relixións non católicas (7, 16); o énfase ou destaque do ideario, tradición ou historia católica (8 na acepción 1, 14); e a selección do exemplo (5, 6, 9, 10, 11, 12, 13, 17). (1) coro 5 Relixión Cada unha das xerarquías nas que se clasifican os diferentes tipos de anxos. Os querubíns forman o segundo coro. (2) doutrina 1 Conxunto de ideas ou principios que pretenden dar unha explicación a un fenómeno en relixión, filosofía ou política. Seguir unha doutrina política. Doutrinas relixiosas. 2 Conxunto de principios da relixión cristiá expostos no catecismo. Os cregos explican a doutrina.\n(3) epifania Festividade en que se conmemora a adoración do neno Xesús polos Reis Magos. A Epifanía celébrase o día seis de xaneiro. (4) fillo, filla 6 Relixión A segunda persoa da Santísima Trindade. En Deus hai tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo. (5) humanidade 1 Natureza humana. Humanidade e divinidade de Cristo. (6) martirio 1 Morte ou tortura que sofre unha persoa por non renegar da súa relixión ou dos seus ideais. Padecer martirio. O martirio de Xesucristo. (7) médium Persoa hipoteticamente dotada de facultades paranormais que lle permiten provocar fenómenos parapsicolóxicos ou actuar como enlace entre o mundo dos vivos e o dos espíritos. (8) natividade 1 Nacemento, especialmente de Xesús, da Virxe ou de san Xoán Bautista. No Nadal celébrase a natividade de Xesús. 2 Festa que se celebra o vinte e cinco de decembro, na que se conmemora o nacemento de Xesús. Asistiron á eucaristía para celebrar a Natividade. (9) nestorianismo Relixión Herexía de Nestorio, patriarca da igrexa no século V, segundo a cal en Cristo coexisten dúas persoas, a divina e a humana. O nestorianismo negaba a maternidade divina de María. (10) omnipotencia Calidade de omnipotente. A omnipotencia de Deus. (11) omnipotente Que ten un poder absoluto ou ilimitado. Deus é omnipotente. (12) omnipresente 1 Que está presente en todas as partes ao mesmo tempo porque ten o don da ubicuidade. Deus é omnipresente. (13) rezar 1 Dicir [unha oración] de palabra ou mentalmente. Rezou un rosario á Virxe. (14) sábado Día de semana que segue ao venres, último na consideración relixiosa. O sábado e o domingo son días de lecer. (15) salvación 1 Acción e efecto de salvar ou salvarse, especialmente, de conseguir a gloria eterna. Para a salvación da alma. A salvación dos fieis. 2 Aquilo que salva ou que serve para salvarse.\nAquel transplante foi a súa salvación\n(16) ubicuitario, ubicuitaria Relixión Dunha rama luterana que sostén que Xesucristo está presente na eucaristía, como en todas as partes, polo don da omnipresenza e non pola transubstanciación. Doutrinas ubicuitarias. (17) ubicuo, ubicua 1 Que está presente en todas as partes ao mesmo tempo. Deus é ubicuo.\nPese a todo, apréciase unha vontade por evitar a proxección de definicións sesgadas ideoloxicamente, sobre todo visible cando se establece a comparación entre este repertorio e o Diccionario de la Lengua Española (DLE) na súa última edición, actualizada en liña ata 2018. Non se trata de medidas implementadas sistemáticamente, senón rasgos de obxectividade que se deslizan de xeito ocasional. Por exemplo, poderiamos mencionar neste grupo de decisión máis avanzadas o feito de lematizar elementos de gran relevancia en diversas relixións (talmud); non incluír na macroestrutura voces obsoletas privativas da moral conservadora (incasto, incasta); ou non manter nalgúns casos acepcións específicas para a relixión católica, como por exemplo himno; ou sentidos especialmente interpretados en clave católica (morte). Asimesmo, é importante destacar a, en xeral, adecuada marcación temática do DRAG fronte a algunhas eivas visibles no DLE (23). Tamén pódese entender neste intento de obxectividade o uso de hiperónimos neutros coma condición ou cualidade en lugar doutros aferrados ás raíces do catolicismo coma virtude, que si utiliza o DLE por exemplo en humildade. Neste mesmo sentido, fronte o uso de hiperónimos como secta ou herexía que mantén o DLE, o DRAG trata de buscar hiperónimos máis neutros e descritivos coma movemento teolóxico (18). Destaca tamén a modalización epistémica de incerteza nalgúns fenómenos que no catolicismo tómanse coma dogmas ou que tradicionalmente foron aceptados sen discusión, como por exemplo a identificación entre o catolicismo e a verdadeira forma de culto. Nalgún dor artigos que conforman o corpus analizado observáse que se introduce un matiz cunha estratexia de modalidade epistémica de incerteza, como por exemplo o uso de participios epistémicos de incerteza que alonxan ao suxeito enunciador da veracidade do enunciado (19), este rasgo tamén se observa nas últimas edicións do dicionario da RAE. No caso de infiel ademáis resulta relevante o exercicio de equidade que se leva a cabo en canto que nos exemplos tamén se abre á percepción doutras formas de culto. Outro rasgo que xorde na comparación co DLE é a busca de obxectividade a través da voz enunciadora e da persoa verbal empregada. En relación con isto, chama a atención o uso que o DLE fai da terceira persoa do plural cando quere alonxarse de determinada ideoloxía ou práctica, adquirindo ao mesmo tempo un tono despectivo do que carece o DRAG (20). No que se refire á modalización discursiva, pódese mencionar tamén a ausencia de modalidade valorativa que si persiste no DLE, como é o caso de islamismo. Na obra da RAE e a ASALE indícase que é unha ideoloxía que subxace ao fundamentalismo islámico. Cando se busca o termo fundamentalismo queda explícito na definición o adxectivo “intransigente”, que non aparece no caso do DRAG. Finalmente, corresponde tamén destacar\nnos avances na microestrutura no relativo á presentación das relixións o feito de incluír varios exemplos nos que se visibilicen diferentes formas de culto (21). Este último exemplo é útil precisamente para amosar que estas medidas non están implementadas dun xeito sistemático senón casual, en función da persoa que se encargue da redacción de determinado artigo, pois no caso de rito, por poner un exemplo, o DRAG só proporciona tanto na primeira como na segunda acepcións un contexto de uso relativo ao catolicismo (Casou polo rito católico, Os ritos da Pascua). (18) arianismo Relixión Movemento teolóxico, fundado por Ario no século IV e condenado no Concilio de Nicea, segundo o cal Cristo fixo de mediador na creación, pero está subordinado ao Pai e non é eterno coma el nin da súa mesma natureza. O arianismo tivo unha gran difusión na cristiandade. (19) infiel 2 Que non segue a relixión considerada como verdadeira. Os pobos infieis. Tamén substantivo Os musulmáns predican a guerra contra os infieis. (20) integrismo (DRAG): Tendencia política ou ideolóxica que defende a orde social, as ideas, valores e institucións tradicionais. Despois daquel discurso, quedou claro o seu integrismo. integrismo (DLE) 1 m. Actitud de ciertos sectores religiosos, ideológicos o políticos, que defienden la intangibilidad de un sistema, especialmente religioso. (21) liturxia Relixión Conxunto de cerimonias establecidas por unha igrexa e destinadas ao culto. A liturxia católica. A liturxia anglicana. (22) morte (DRAG): 1 Fin da vida. Chorar pola morte dun ser querido. A morte chegoulle de moi vello. Onte fixo un ano da súa morte. A morte das células, dos tecidos etc. muerte (DLE): 2. En el pensamiento tradicional, separación del cuerpo y el alma. (23) virxe (DRAG): 2 Catolicismo. María, a nai de Xesucristo. virgen (DLE): 3. f. por antonom. María Santísima, madre de Dios.\nPara rematar este apartado é preciso referirse en termos cuantitativos á marcación do léxico relixioso que forma parte do corpus textual empregado nesta investigación. Do total de 808 artigos lexicográficos, 270 corresponde nunha ou varias acepcións a temáticas relixiosas ou teolóxicas. Deste total de 270 non todas se marcan correctamente. Seguindo a Haensch et al. (1982: 482) diferenciaremos materia e especialidade dentro da materia. Neste caso, materia (a marca temática xeral) poderá ser relixión (teoloxía aparece de forma moi illada e non se contempla nas opción de busca avanzada do DRAG en liña); a marca específica de especialidade só poderá ser catolicismo, pois recordemos que no DRAG só se recollen as seguintes marcas referidas ao ámbito relixioso: antigüidade clásica (que non analizamos, pois a relixión é un tema tanxencial nunha temática máis ampla), catolicismo (a listaxe completa de artigos lexicográficos marcados deste xeito pode recuperarse a partir da busca avanzada no DRAG, que indica que só 149 artigos son marcados deste xeito en todo o dicionario), mitoloxía (que tampouco se contempla nesta investigación polo mesmo motivo que antigüidade clásica), e relixión (marca baixo a que se recollen un total de 255 artigos en todo o dicionario). A continuación resúmense os datos principais acadados nesta investigación sobre a marcación na temática relixiosa: -De aproximadamente 60000 artigos totais do DRAG, só 255 aparecen recollidos baixo a marca relixión e 149 baixo a marca catolicismo, o que supón un 0, 2% do total de artigos do dicionario. -Non se contemplan marcas específicas para outras relixións non católicas, só ás marcas que fan referencia a historia antiga e mitoloxía, pero non relativas a relixións actualmente activas. -Dos 808 artigos lexicográficos que compoñen o corpus desta investigación, 270 corresponden nunha ou varias acepcións á temática relixiosa, polo que está claro que a marcación desta temática é\ndeficiente, tendo en conta que só aparece en 255 casos do total da obra (60000) e en 70 dos 270 recollidos. É dicir, o DRAG só presenta a marca relixión nun 0, 4% dos seus artigos. No corpus desta investigación, sobre os 270 identificados como temática relixiosa só o 26% están así marcados no dicionario.\n-En relación coa marca catolicismo no corpus propio, só 43 aparecen con esta marca específica sobre os 270 artigos identificados dentro da temática relixiosa, é dicir, o 16%.\nEn conclusión, en canto á marcación temática e específica da relixión católica no DRAG, resulta evidente que é preciso realizar unha revisión completa e sistemática. Carece de sentido que artigos como evanxeo non aparezan marcados nin coma relixiosos nin coma católicos, e si outros como evanxeliario, por poner un exemplo. Por outra banda, resulta revelador que do total de case 60000 entradas do DRAG só 255 estean marcadas como propias da relixión, pois xa no corpus propio de 808 identificáronse máis casos de léxico directamente relacionado con esta temática relixiosa. A marcación deficiente participa na construción do catolicismo como relixión por defecto. Por outra banda, a análise de marcas tamén indica que non se contemplan marcas específicas para outras relixións, aínda que algunhas como a musulmá teñen moita presenza no repertorio. Isto reflicte a permanencia do tratamento singularizado para o catolicismo, que se erixe así como a forma de culto singularizada. Certamente, a análise cualitativa revela que non existe un tratamento pexorativo do resto de relixións posto que non se manifesta a modalidade apreciativa ou valorativa, pero é preciso mellorar a sistematicidade na marcación e nas restriccións do significado para romper coa idea de relixión católica como relixión por antonomasia.\n3.2. Ideoloxía política\nCentrando xa a análise no DRAG, é preciso retomar a idea da fundación tardía desta institución, a comezos do século e XX, e, sobre todo, recordar que nos seus principios fundacionais confluían os principios básicos do galeguismo. Manuel Murguía defendía o programa xa iniciado do Rexurdimento e o\nRexionalismo, e outra das liñas iniciadoras partía das sensibilidades das persoas migrantes de Galicia en América, en concreto en Cuba. O obxectivo fundamental era outorgar visibilidade e recoñecemento á lingua e a cultura galegas, polo que a súa orientación ideolóxica na infraestrutura do dicionario difícilmente pode coincidir con outras institucións como a RAE, que perseguían a pureza, unidade e glorificación lingüística do español como lingua nacional. Por suposto, este feito e ben determinante nos resultados obtidos nesta investigación xa que, fronte á ideoloxía conservadora e reaccionaria xeral das obras da RAE, o DRAG reflicte na dimensión política unha ideoloxía máis aberta e progresista.\nNo que atinxe á macroestrutura, pode ser interesante por de manifesto que o equipo de redacción do DRAG está atento ás novidades que acontecen no ámbito político social, como demostran as continuas actualizacións do repertorio. Estas modificacións están recollidas por orde alfabética (e con data de inclusión ou modificación) no recurso disponible en liña a través da web oficial da RAG. No que respecta á temática política, entre esas actualizacións recentes están: moción de censura (frase engadida o 21/febrero/2018), coalición (modificada o 15/xuño/2018), clasismo (nova entrada engadida o 13/xuño/2018), cidade estado (frase engadida o 16/abril/2018), migrante (nova entrada engadida o 26/xaneiro/2018), rexedor municipal (frase engadida o 19/xuño/2018) ou xenocida (15/febreiro/2018), entre outras que directa ou indirectamente poden enmarcarse nesta temática. Con esta reflexión quérese destacar o feito de que, pese á pequena dimensión do DRAG en comparación con outros dicionarios institucionais como o elaborado pola RAE e a ASALE, o proceso de incorporación de novas voces e de modificación das definicións é áxil e está en consonancia coa realidade social coetánea, o que resulta sen lugar a dúbidas unha vantaxe en termos de actualización do dicionario. Con todo, tamén se percibe a ausencia como lema dalgunha voz amplamente utilizada en galego no eido político como pode ser facha como uso despectivo para referirse a fascista, aínda que é preciso realizar un estudo máis polo miúdo do lemario para detectar eivas relevantes.\nNo que respecta á microestrutura é preciso referirse en primeiro lugar ao tema da marcación. O DRAG incorpora unha marca específica para os significados que se encadran no ámbito político, pero a busca avanzada por marcación revela que só inclúen esa marca política 47 artigos lexicográficos dos preto de 60000 que actualmente conforman o lemario deste repertorio lexicográfico. Se ben nalgúns casos proporcionan contornos da definición nos que si se especifican informacións que adscriben tematicamente (por exemplo, en abertzale indícase entre corchetes que é un “movemento político e social”), a incorporación de marca temática resulta moi deficiente. Do total dos 808 artigos do corpus compilado nesta investigación, 138 se encadran directamente na temática política. Polo tanto, como mínimo e tendo só en conta este corpus propio, o número de marcas específicas de temática política debería ser superior a 138, o cal choca cos 47 que recolle a totalidade do dicionario. Se no caso da relixión a presenza ou ausencia de marca resultaba determinante dende o punto de vista ideolóxico, sobre todo no relativo ás marcas específicas, no tema político esta marcación temática non é interpretable en termos de ocultación ou priorización de determinadas orientacións políticas.\nAntes de abordar o segundo enunciado da definición convén comentar un exemplo de organización de acepcións no DRAG que, enfrontado ao mesmo artigo do DLE, pon de manifesto non só a maior claridade na definición, senón tamén o esforzo por evitar a inclusión superflua de informacións que poden resultar confusas, descontextualizadas ou imprecisas. En concreto, trátase do caso de comunismo (24). Este exemplo tamén é ilustrativo en canto que resume en certo modo o xeito en que DRAG e DLE interpretan e proxectan segmentos da realidade política; o primeiro de xeito claramente progresista e igualitario e o segundo dunha forma máis conservadora no que se refire a estrutura social e económica.\n(24) comunismo (DRAG) Doutrina económica, política e social que aspira á eliminación do sistema capitalista e a superación da loita de clases, propugnando a propiedade colectiva dos medios de produción e a xustiza social. Avanzar na construción do comunismo.\ncomunismo (DLE) 1. M. Doctrina que establece una organización social en que los bienes son propiedad colectiva. 2. M. Movimiento y sistemas políticos, desarrollados desde el siglo XIX, basados en la lucha de clases y en la supresión de la propiedad privada de los medios de producción.\nO artigo lexicográfico para comunismo ten un tratamento no DRAG de acepción única, o cal xa delimita unha única realidade política, económica e social; fronte a esta definición, o DLE divide en dúas creando dese xeito unha certa confusión conceptual. Por outra banda, ademáis da referencia á “eliminación do sistema capitalista” (ausente no DLE), o dicionario da RAG explicita que se trata da “superación” da loita de clases, ao contrario que o DLE que só indica que se basea nesta loita (como se a perpetura) e que se limita a insistir na supresión da propiedade privada, amosando así a súa principal preocupación. Poderiamos resumir que o RAG ten unha perspectiva aberta (“propiedade colectiva”) fronte á proxección da ideoloxía comunista en termos negativos e de privación social (“supresión de la propiedad privada”).\nXa en canto ao segundo enunciado da definición, a análise do corpus pon de manifesto o carácter progresista e crítico do equipo de redacción deste dicionario no ámbito político, sobre todo se o comparamos co DLE. Sen desvirtuar a realidade, a ausencia de modalidade valorativa e a presentación obxectiva e plural achegan este repertorio lexicográfico ás máximas de neutralidade que require a moderna técnica lexicográfica. Se ben é certo que moitos dos elementos da redacción que contribúen a esta proxección non sesgada da realidade non son visibles facilmente polo conxunto das persoas que habitualmente consultan o diccionario, a análise do discurso do DRAG si permite defender esta postura. Por exemplo, no caso da segunda acepción de indio india (25) pódese ver como en lugar de referirse a “descubrimento” de América a definición recolle o termo conquista, que xa non implica o achado dalgo oculto, senón a posesión e imposición por medio da violencia e das armas. Tamén resulta especialmente curiosa a definición de intervencionismo (26) na acepción de política económica, pois no DRAG non se establece a separación entre os poderes públicos e a sociedade civil (que se define en canto ao carácter privado fronte ao ámbito estatal do público), como si se recolle no DLE, polo que no repertorio da RAG a visión resulta máis próxima ao ben común que no dicionario da RAE e a ASALE. Esta visión máis crítica do privado reflíctese con claridade na segunda acepción de monopolio (27), especialmente no contraste coa definición do DLE. O primeiro expón con de forma sinxela o concepto namentres que o segundo lexitima a realidade codificada especificando informacións innecesarias coma o feito de que a “concesión” sexa outorgada pola “autoridad competente”. Ademais, neste mesmo artigo lexicográfico pódese observar como o DRAG non emprega eufemismos ao tratar da imposición dos monopolios, fronte ao tratamento non só lexitimista senón intencionadamente arcaico da mesma definición no DLE. Esta maior claridade das definicións no DRAG en materia política tamén queda patente no exemplo (28) e no (29), posto que neste último resulta clave a introdución do matiz independencia política. A análise do segundo enunciado da definición tamén detectou que no caso do DRAG resulta habitual o emprego de expresións como “soberanía” en referencia ao pobo, sen dúbida nunha liña máis progresista, non clasista e sensibilizada coa realidade das clases populares. Son frecuentes nas definicións os termos que remiten á perda de liberdades (como ditadura) ou ao exercicio desta liberdade, coma por exemplo o caso de democracia (30). Tamén se aprecia este tratamento máis aberto en artigos como nacionalismo, que no DLE reciben un tratamento de escepticismo (“ideología de un pueblo que, afirmando su naturaleza de nación, aspira a constituirse como Estado”) fronte á modalidade epistémica de certeza que pode presentar no DRAG esta mesma definición: “doutrina política que, no caso das nacións estado, defende a liberdade da comunidade nacional na decisión de forma política que quere adoptar para si”. Finalmente, tamén se percibe en xeral unha baixa incidencia nas definicións de comentarios valorativos que, coma no caso da temática relixiosa, tradúcese na ausencia xeral da modalidade apreciativa. Os exemplos máis notables, que serven tamén para pechar a nómina de exemplos comentados do corpus, son os de conservador, conservadora (31) e o de revolución (32). En (31) pode observarse a que a definición do DLE contrapón en conservador a orde social aos cambios radicais, o cal implica certa violencia ou extremismo. Sen embargo, o DRAG fala de “reformas” e non de cambios radicais, co que non aporta o matiz violento ou de descontrol social. O mesmo matiz de violencia engádese no DLE na definición de revolución (32), fronte a definición do DRAG que non remite a “violencia” senón a cambio “brusco”, que non refire máis que ao carácter inesperado. Ademais, os exemplos, as textualzacións dos lemas, contribúen no DRAG a reforzar esta ideoloxía progresista descrita (32).\n(25) indio, india Relativo ou pertencente aos pobos indíxenas que habitaban América antes da conquista europea. Costumes indios. Traxe indio. (26) intervencionismo (DRAG) Política Doutrina que defende a intervención do Estado en todos os sectores da economía nacional. O presidente declarouse partidario do intervencionismo. O intervencionismo do Goberno está provocando un gran descontento nun sector da empresa. intervencionismo (DLE) m. Tendencia de los poderes públicos a intervenir en asuntos que competen a la sociedad civil, especialmente en el ámbito económico. (27) monopolio (DRAG) Situación comercial na que unha empresa controla de maneira exclusiva o comercio dun determinado produto fixando os prezos. O Estado xa non ten o monopolio da venda do tabaco. Unha cooperativa que ten o monopolio da compra da produción vinícola. 2 por extensión Grande empresa que impón esta situación. O poder político tende a favorecer o establecemento de monopolios. monopolio (DLE) 1. m. Concesión otorgada por la autoridad competente a una empresa para que esta aproveche con carácter exclusivo alguna industria o comercio. 2. Convenio hecho entre los mercaderes de vender los géneros a un determinado precio. (28) referendo (DRAG) Votación directa dos cidadáns dun país para dar a súa opinión sobre unha cuestión importante. Celebrouse un referendo sobre a integración do estado nunha alianza militar. referéndum m. Procedimiento por el que se someten al voto popular leyes o decisiones políticas con carácter decisorio o consultivo. (29) independentismo (DRAG) Movemento que propugna a independencia política dun territorio. Pasquale Paoli, líder do independentismo corso no século XVIII, loitou contra os xenoveses e os franceses. independentismo (DLE) m. Movimiento que propugna o reclama la independencia de un país o de una región. (30) democracia (DRAG) 1 Forma de goberno na que a soberanía pertence ao pobo, que elixe os seus representantes mediante eleccións libres. A democracia esixe participación cidadá. democracia (DLE) f. Forma de gobierno en la que el poder político es ejercido por los ciudadanos. (31) conservador, conservadora (DRAG) 1 [Persoa, organización] que defende os valores tradicionais, fronte aos que propugnan reformas. Un líder conservador. Partido conservador. Teoría conservadora. conservador, ra (DLE) adj. En política, especialmente favorable a mantener el orden social y los valores tradicionales frente a las innovaciones y los cambios radicales. (32) revolución (DRAG) 1 Cambio profundo e brusco das estruturas políticas, sociais e económicas dunha sociedade. Había quen pensaba que só unha revolución permitiría o desenvolvemento do país. 2 Levantamento que procura un cambio deste tipo. A Revolución dos Caraveis. revolución (DLE) 2. Cambio profundo, generalmente violento, en las estructuras políticas y socioeconómicas de una comunidad nacional. 3. Levantamiento o sublevación popular.\n3.3. Cuestións de xénero\nOs recentes traballos de Russell (2012, 2018a, 2018b) para a lexicografía anglosaxona permiten defender o crecente interese da metalexicografía na abordaxe analítica e historiográfica do dicionario dende o feminismo, non só no caso do español, senón como preocupación en estudos doutras linguas. O novo pulo feminista vén fortalecido pola popularización social da crítica androcéntrica e pola vontade de emancipación dos grupos minorizados, pola intención de obter verdadeiro recoñecemento para todos os xéneros, unha vez superado o debate sexo/xénero e aceptada a multiplicidade de identidades. No ámbito hispanofalante, a representación da muller e das diferentes identidades sexuais e de xénero no dicionario académico foi, e continúa a ser, un tema constante na investigación lexicográfica con perspectiva feminista (Mediavilla Calleja 1998; Vargas Martínez 1998; Aliaga Jiménez 2000; Calero Fernández 2002 e 2014; Lledó Cunill, Calero Fernández e Forgas Berdet 2004; Cabeza Pereiro e Autor 2013; Lledó Cunill 2013; Díaz Llorca e Díaz Llorca 2017). Pero, na liña do que acontece cos estudos xerais de lexicografía crítica relativos ao galego, para os diccionarios monolingües en lingua galega non existen estudos específicos que afonden en cuestións de xénero coa excepción da análise puntual de Hermida Gulías (2010) sobre os dicionarios Xerais de 2006 e 2009 e o da editorial Ir Indo na súa versión dixital de 2008. Iso non quere dicir que por parte da Real Academia Galega non exista unha preocupación polo tratamento do léxico relativo a cuestións de xénero, pero si condiciona que no dicionario da RAG non se problematizaran aspectos directamente ligados co sexismo como a revisión global da obra a partir das indicacións da linguaxe inclusiva. Isto é, aínda que o DRAG permanece alerta na introducción de lemas como transfobia e outras cuestión relativas ás identidades de xénero, continúa a empregar home nas súas definicións para referirse a homes e mulleres, e insiste no uso do masculino xenérico, como se verá máis adiante.\nPor outra banda, e antes de abordar a análise das cuestión de xénero en función da estrutura do dicionario, tamén hai que sinalar que o DRAG, ao igual que o DLE, adoita ser obxecto de críticas de carácter mediático e, en xeral, non especializadas e pobremente fundamentadas na análise lexicográfica. Non é infrecuente ver nas redes sociais críticas ao mantemento no RAG de usos despectivos para palabras como cadela ou paxara que nas súas versións masculinas teñen usos ben distintos. O feito é que nestes casos o dicionario non pode eliminar eses usos pois están vivos e teñen dependencia da cultura machista que os xestou, pero si marcalos correctamente como pexorativos e ofrecer información pragmática adicional (como de feito fai nos casos sinalados). É dicir, a crítica especializada debe atender a todos os aspectos que a técnica lexicográfica permite matizar e non deixarse levar por movementos discutibles á luz do argumentario científico. Si poderían ser obxecto dunha crítica máis refinada outras palabras deste grupo, marcadas como pexorativas, como pécora (43), que na actualidade ten un uso moito máis amplo que o da “muller que accede facilmente a manter relación sexuais”, como forma de referirse a mulleres maliciosas ou con malas intencións. Neste caso, o diccionario debe replantexarse o mantemento de determinadas acepcións cuxo uso real adquiriu outra deriva.\nPasando xa propiamente á análise, e do mesmo xeito que as dúas áreas temáticas anteriormente abordadas (relixión e política), os aspectos de xénero posúen tamén un carácter temático transversal. Se no caso da relixión existen temas sumamente ligados, como as cuestións sociais vecelladas á moral ou aos aspectos éticos; e no caso da política existen outras áreas vinculadas como a economía ou incluso a filosofía; as cuestións de xénero constitúen un tema tan amplo que toca absolutamente todos os artigos lexicográficos de calquera dicionario. Isto é, dende o momento en que o proceso de lematización estandarizouse no caso de substantivos e adxectivos a partir do masculino xenérico, otorgouse prioridade ao masculino fronte ao feminino, incluso en contra da lóxica alfabética. Por outra banda, o proceso de lematización tamén implica escolla e toma de decisións sobre os neoloxismos que se incorporan, e neste sentido hai que deterse no estudo non só de voces que incorporan moción de xénero e, polo tanto, forma normativa para o feminino, senón voces que refiren novas realidades sociais en relación co xénero e a diversidade de identidades. Polo tanto, baixo a etiqueta xeral de cuestións de xénero trataranse neste apartado os temas relativos á visibilidade e representación da muller así coma o tratamento da diversidade sexual e a identidade de xénero.\nDentro do artigo lexicográfico, xa no que se refire á microestrutura, no primeiro enunciado da definición é preciso observar a marcación como estratexia lexicográfica para manter no lemario voces claramente pexorativas pero vivas no uso. A cuestión aquí será analizar se presentan ou non a marca pragmática, é dicir, se o dicionario proporciona claves para coñecer verdadeiramente o que o seu uso conleva. Asimesmo, a propia redacción das definicións resulta afectada polo tema de xénero, pois existen dous puntos fundamentais nos que é preciso fixarse para realizar unha análise do discurso lexicográfico dende esta perspectiva: (1) o primeiro é o uso do masculino xenérico como principal voz enunciadora nas definicións e o (2) o segundo remite ao uso de formas como home para facer referencia a todos os sexos e identidades de xénero. Finalmente, na selección de exemplos tamén funcionará como elemento que traslada inevitablemente unha visión do mundo no que a caracterización e rol máis ou menos activo dos homes fronte as mulleres será determinante para a proxección ideolóxica da obra.\nPolo tanto, a análise do discurso lexicográfico en función das cuestión de xénero ten que ter en conta, como mínimo, a análise da lematización na macroestructura, e a análise da marcación no primeiro enunciado da definición, a análise da propia definición e os exemplos na microestrutura. Este repaso aos mínimos que ha de coidar un dicionario para non caer no sexismo tamén foi exposto, grosso modo, por Hermida Gulías (2010: 8999) que agrupou os fenómenos en tres bloques: a entrada, a definición e os exemplos. No relativo á macroestrutura do DRAG, coma o resto de dicionarios, lematízanse adxectivos e substantivos dende o masculino, coa recente novidade de que no recurso electrónico é posible realizar a busca a partir da forma feminina, que remitirá ao lema con moción de xénero. Tamén en canto á macroestrutura, pero esta vez en canto ás voces que pasan a formar parte do lemario e, en especial, dos neoloxismos que o repertorio vai incorporando, é preciso destacar a introdución de léxico moi presente no discurso feminista actual como apoderamento. Estas voces incluso foron obxecto do interese mediático, que recolleu con aplauso a nova. A información foi recollida no Diario de Pontevedra o 5 de novembro de 2018, un mes despois de que o termo fora introducido no dicionario, e ese mesmo día tamén aparecía no Faro de Vigo baixo o titular “A revolución feminista ‘apodérase’ do dicionario da RAG”. Pero máis aló do efecto mediático, un repaso á listaxe de actualizacións recentes do DRAG amosa a importancia que están a adquirir os termos propios da temática transversal de xénero, con subtemas como as identidades sexuais ou o léxico feminista, xa que o Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega tamén decidiu incorporar en 2018 termos como transexualidade, transxénero ou transfobia e expresións como violencia de xénero.\nNo que atinxe ao proceso de lematización, xa se comentou o avance que supón que o recurso web da RAG permita a busca a partir do feminino nos lemas con moción de xénero. Con todo, hai que insistir no feito de que a estandarización técnica do proceso de lematización perpetúa o tratamento subsidiario do feminino fronte ao masculino e que, en realidade, nos dicionarios dixitais este escollo sexista podería saltarse coa duplicación de entradas, que non implicarían o incremento en páxinas que si pode ser argumentado no caso de obras físicas. Por outra banda, tamén en canto ao lemario, cómpre sinalar que o Seminario de Lexicografía da RAG, encargado da redacción e actualización do repertorio, está atento ás novidades que dimanan dunha sociedade en progreso no que se refire ao recoñecemento da muller, da diversidade sexual e da diversidade na identidade de xénero. Dentro do corpus analizado é importante mencionar a incorporación recente (2018) de voces como: apoderamento, apoderar, cisxénero, gai, gay, transexualidade, transxénero e transfobia. En todos os casos as definicións destes novos termos acóllense aos principios dunha técnica lexicográfica con intención de neutralidade na que prima a ausencia de modalización discursiva, como se observa nos exemplos que van do (33) ao (37), nos que incluso se emprega a textualización do lema a modo de reivindicación en termos de igualdade. En canto á inclusión dos termos cisxénero, transxénero e transfobia, chama a atención que este aínda non estean recollidos no DLE da Real Academia Española, o que pon de manifesto un xeito menos proactivo de xestionar os neoloxismos na institución española. Tamén resulta relevante a comparación entre a definición de transexual que proporciona o DRAG e a que recolle o DLE en canto a como se comportan os verbos “ter (a convicción)” fronte “sentir” en termos da seguridade que proxectan sobre a decisión e estado das persoas transexuais, sendo o DRAG o que maior nivel de confianza lles confire.\n(33) cisxénero Que se recoñece na identidade de xénero que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo. Asumir como modelo social de referencia o dos homes e mulleres heterosexuais e cisxénero é unha postura reducionista. (34) gai Persoa que sente atracción sexual por outras do seu mesmo sexo. Denuncian que aínda existen terapias de tratamento para gais. (35) transexual (DRAG) [Persoa] que ten a convicción de pertencer ao sexo oposto, cuns caracteres fisiolóxicos que aspira a ter ou que xa adquiriu por medio da cirurxía e dun tratamento hormonal. Apoia as reivindicacións das persoas transexuais. transexual (DLE) 2. Dicho de una persona: Que se siente del sexo contrario, y adopta sus atuendos y comportamientos. (36) transxénero Que ten unha identidade de xénero distinta á que lle foi atribuída ao nacer en función do seu sexo. Foi presentado polo conselleiro de educación o protocolo para o alumnado transxénero. O dereito á non discriminación das persoas transxénero. (37) transfobia Animadversión cara ás persoas transxénero e transexuais. A transfobia provoca condutas intolerantes, discriminatorias e mesmo violentas.\nNo relativo á análise da microestrutura, en primeiro lugar é preciso fixarse na marcación. En xeral, o léxico despectivo está correctamente marcado no DRAG dende o punto de vista pragmático. Por exemplo, na selección do grupo de voces afíns que se definen como “muller que fácilmente accede a manter relación sexuais” atópanse principalmente 10 artigos: candonga, coira, coiruda, galdrapa, paxara, pécora, pelella, pendanga, puta, zolada. Salvo no caso de puta, no que se engade a moralidade, no resto a definición é idéntica ao igual que a marcación pragmática (pexorativo) como recollen os exemplos do (38) ao (47). O que si varía en todos os casos é a textualización do lema onde se insiste no significado referido, en ningún caso utilizando o exemplo como forma de denuncia social metalingüística.\n(38) cadonga 4 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Non te quero envolto con esas candongas. (39) coira 2 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Vas onda a coira esa? (40) coiruda 2 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Supoño que non se presentará alí con esa coiruda. (41) galdrapa 3 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Vírono pasar cunha galdrapa. (42) paxara 3 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. A paxara esa chúchalle todos os cartos. (43) pécora 2 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Todas as fillas lle saíron unhas pécoras. (44) pelella 5 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. É unha pelella, cada día vai cun home. (45) pendanga pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Pendanga, que pareces unha pendanga!\n(46) puto, puta 3 pexorativo Muller sen moralidade que accede facilmente a manter relacións sexuais. Esa é unha puta que se envolve con calquera.\n(47) zolada 5 pexorativo Muller que accede facilmente a manter relacións sexuais. Que lle queres a esa zolada!\nSe neste grupo de voces recóllense distintas formas de denominar ás mulleres en función da súa vida sexual máis ou menos libre ou máis ou menos activa, nas culturas androcéntricas tamén se crearon multitude de formas para referirse ás mulleres maliciosas con connotación sexuais, e o galego presenta este mesmo patrón con voces como lagarta ou lurpia. Pese a que nestes exemplos sería sempre necesaria unha marca pragmática que indicase o seu uso despectivo, só no caso de lagarta o DRAG inclúe a marca “pexorativo”.\nDende logo, estas listaxes permite afirmar o carácter non só androcéntrico, senón sumamente inicuo no tratamento da sexualidade da muller na cultura galega, pois non se atopa na lingua a mesma variedade de formas para referirse despectivamente ao home que mantén relacións facilmente nin ao home malicioso con connotación tamén de apertura sexual. Pero, dende o punto de vista da técnica lexicográfica, as definicións aparecen correctamente marcadas como usos pexorativos e, aínda que podería abrirse un debate sobre a pertinencia de mantelas no lemario, a realidade de uso é a que prima. A marcación pragmática está ausente noutras voces deste grupo como fulana ou rameira, como se observa nos exemplos (48) e (49), aínda que si son despectivas no uso real, ao contrario que formas máis cultas como meretriz ou prostituta que son relativamente alleas ao uso popular como insulto. Estes casos si poderían entenderse coma exemplos de marcación deficiente, aínda que como se observou, resultan minoritarios.\n(48) fulano, fulana 2 prostituta. Acompañábao unha fulana.\n(49) rameira Muller que mantén relacións sexuais con alguén a cambio de diñeiro. Acusábana de rameira e queríana lapidar.\nEn canto ao segundo enunciado da definición, ademáis da presenza reseñable dalgún hiperónimo valorativo como “perversión” na definición de determinadas prácticas sexuais (necrofilia), interesa deterse nos aspectos propios da visibilización da muller. En canto a este aspecto, na redacción do 100% das definicións do DRAG empregase o masculino xenérico salvo nos casos en que a realidade á que se cinga o sentido sexa especificamente feminina. Poñamos un exemplo para que se comprenda mellor: na busca da palabra capitá (forma feminina de capitán) remítese ao lema con moción de xénero, e neste inclúense as diferentes acepcións redactadas en masculino (“oficial”, “xefe”). De feito, na acepción 3 defínese como “xefe dun equipo deportivo” e disponse inmediatamente un exemplo en feminino: “A capitá xogaba co número once”. A recomendación para evitar neste sentido a ocultación da muller na voz enunciadora sería abandonar o uso do masculino xenérico nas definicións e optar por palabras abarcadoras coma “persoa”. Neste caso, por exemplo, podería optarse por “persoa que lidera un equipo deportivo”. O mesmo acontece en infinidade de exemplos que poderían ter solucións sinxelas, como en festeiro, festeira (51), no que podería substituírse “que é amigo de divertirse” por “que lle gusta divertirse”. O feito de visibilizar á muller na textualización do lema si pode ser positivo, pero sempre acompañado dunha modificación da voz enunciadora no que concirne ao uso do masculino xenérico referencial. Certamente, a situación empeora cando tanto a definición coma o exemplo só visibilizan aos homes (50, 52, 53, 56, 57). Finalmente, tamén hai que sinalar que, nalgunhas ocasións, utilízase o hiperónimo “persoa” nas definicións, especialmente nos contornos, o cal favorece a visibilidade da muller. Para continuar co campo léxico escollido, é interesante ver neste sentido os exemplos (54) e (55).\nsexismo do DRAG, obsérvase no corpus unha presenza asistemática que podería someterse a revisión nas actualizacións futuras.\n(58) carne Relixión 4 Parte material do home, por oposición co espírito, inclinada ao sensual e á luxuria. Os pecados da carne. (59) ciencia Ciencias humanas As que teñen por obxecto de estudo o home e a sociedade nos seus distintos aspectos e manifestacións. A antropoloxía pertence ás ciencias humanas. (60) gnosticismo Doutrina filosófica e relixiosa que profesaban algunhas comunidades dos primeiros séculos do cristianismo, que crían na salvación do home pola vía do coñecemento. O principal centro do gnosticismo cristián do século II foi Alexandría.\n(61) humano, humana 1 Relativo ou pertencente ao home. O corpo humano. 2 Que ten as características propias do home. Ser humano. Raza humana. (62) microcosmos O home, considerado como un pequeno Universo. (63) natureza 1 Conxunto de todas as cousas e forzas que compoñen o mundo físico, especialmente todo o que existe sen intervención do home e que forma o medio onde este e o resto dos seres viven. A natureza fornécenos do necesario para vivir. Vivir en contacto coa natureza. O home intenta dominar a natureza.\nFinalmente, resulta obrigado referirse a multitude de artigos lexicográficos que nas súas definicións manifestan a natureza inicua da relación que a cultura e a lingua galegas estableceu entre homes e mulleres. A intervención lexicográfica con carácter inclusivo non pode afectar á veracidade do uso, pero si explicar mediante a correcta marcación o condicionamento pragmático dos significados ou visibilizar a todas as identidades de xénero por igual mediante a eliminación de palabras con pretensións xenéricas como home. Debe porse especial coidado na eliminación de aclaracións do significado que, lonxe de precisar o sentido contribúan a perpetuar imaxinarios obsoletos, como por exemplo a sengunda acepción de sedutor, sedutora onde aínda pódese ler “persoa que seduce a outra, en particular, o home que seduce unha muller”. Asimesmo, tamén debe coidarse o mantemento de entradas duplas en canto ao xénero nas que unha das acepcións monoxénero especialízase para un sexo en función da intuición ou prexuízos da persoa que redacta a definición. É o caso de modisto, modista (64) na que a entrada con moción remite a persoas creativas fronte á acepción monoxénero en feminino que fai referencia ás mulleres que confeccionan ou amañan roupa. O masculino adquire así prestixio, pois un modisto parece non poder ser a persoa que fai amaños na roupa, pese a que existe esa realidade. Este tipo de entradas tamén debe revisarse. Con todo, o DLE non mellora este panorama ao manter unha entrada exclusiva en masculino para modisto coa aclaración non pertinente nin veraz de que a roupa que elabora destínase “principalmente a mulleres”. Neste exemplo, tanto o DRAG como o DLE empregan estratexias semánticas que degradan ás mulleres: o primeiro a través de minimizar a labor da muller e o segundo a partir de representalas como persoas máis frívolas e consumistas, polo feito de capitalizar o destino da produción de moda. (64) modisto, modista (DRAG) 1 Persoa que crea modelos ou vestidos orixinais de alta costura. Un modisto galego de fama internacional. 2 substantivo feminino Muller que fai pezas de roupa ou as amaña. Leveille unha tea á modista para facer unha saia. Lévalle o pantalón á modista para que lle suba a basta. modista (DLE) 1. m. y f. Persona que se dedica a hacer prendas de vestir o a crear modelos de ropa, principalmente para mujer modisto (DLE) m. Hombre que se dedica a hacer prendas de vestir o a crear modelos de ropa, principalmente para mujer.\nFinalmente, e aínda que quedan moitos aspectos da análise que necesariamente quedan fóra nesta ocasión por mor da dimensión do artigo, é preciso deterse nas textualizacións dos lemas como elementos a través dos que tamén se traslada ideoloxía sexista. En 2010, Hermida Gulías observaba tras a súa análise dalgúns dicionarios galegos publicados entre 2006 e 2009, que os exemplos visibilizaban nunha evidente maioría aos homes. Tras a nosa análise, pódese concluír igualmente que o DRAG recolle tamén unha ampla maioría de exemplos protagonizados por homes ou nos que se emplea o masculino xenérico, o que potencia dende este elemento do artigo lexicográfico a invisibilidade da muller e do seu rol activo. Os exemplos son múltiples, tanto dentro do noso corpus como no conxunto do diccionario. A busca avanzada parametrizada no recurso web da RAG permite, por exemplo, cuantificar os casos en que no texto do exemplo aparecen (sen ter en conta o rol) algunhas formas como rapaz/rapaza, home/muller, neno/nena, mozo/moza, señor/señora, meniño/meniña no conxunto do DRAG. Algúns dos resultados recóllense a seguir:\n- Neno en 476 exemplos fronte a nena que aparece en 50 exemplos. - Home en 446 exemplos fronte a muller que aparece en 174 exemplos. -Rapaz en 378 exemplos fronte a rapaza que aparece en 77 exemplos. - Mozo en 113 exemplos fronte a moza que aparece en 66 exemplos. - Señor en 49 exemplos fronte a señora que aparece en 13 exemplos. - Meniño en 11 exemplos fronte a meniña que aparece en 3 exemplos.\n(65) patriota Persoa que ama e serve a súa patria. Un bo patriota. (66) quebrantar 4 Abrir [algo] actuando con violencia sobre aquilo que o mantiña cerrado. Os ladróns quebrantaron a porta para entraren. (67) ruborizar 1 Facer que [a unha persoa] se lle poña a cara colorada avergonzándoa. Se miramos todos para ela, ruborizámola. (68) sensual 2 [Persoa] que busca todo aquilo que agrada ou causa pracer aos sentidos, en especial no aspecto sexual. Ela é moi sensual. (69) superdotado Que posúe calidades superiores ao normal, en particular no sentido intelectual. Un neno superdotado. Non obstante, a pesar de que en materia de xénero o DRAG precisa revisar os seus exemplos en canto a presenza maioritaria de varóns ou en canto aos roles asignados, si se percibe una intención progresista nas novas incorporacións. Como xa se mencionou ao tratar os neoloxismos referidos á\ndiversidade sexual e de xénero (3337), son ilustrativos desta intención en xeral progresista da RAG os novos exemplos que ilustran algunhas das novas entradas, como o caso do que contextualiza a terceira acepción de apoderar (introducida o 18 de xullo de 2018) : “ Educar apoderando as mulleres e as nenas é fundamental para construír unha sociedade igualitaria e xusta” (71). Tamén se observa esta mesma intención de visibilizar os moventos feministas noutras voces da familia léxica como apoderamento (70). En ningún destes dous casos o DLE presenta exemplo, polo que non é un instrumento que use para posicionarse, como parece ser no dicionario da RAG. (70) apoderamento Socioloxía Proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais. Apoderamento feminino. (71) apoderar 3 Socioloxía Facer poderoso ou forte [un individuo ou grupo social desfavorecido]. Educar apoderando as mulleres e as nenas é fundamental para construír unha sociedade igualitaria e xusta.\n4. C ONCLUSIÓNS\nUnha vez admitida a realidade do dicionario como instrumento ideolóxico e aceptada a súa importancia na sociedade polo seu valor simbólico como aval normativo e case notarial, resulta necesario coñecer cal é a ideoloxía que os repertorios proxectan e como esta contribúe a perpetuar, combater ou impugnar determinadas construcións culturais da realidade. Neste artigo someteuse a análise o Dicionario da Real Academia Galega con fin de coñecer a repercusión da subxectividade na redacción dos seus artigos lexicográficos e así realizar unha diagnose do seu estado actual e propor algunhas recomendacións para a súa mellora en termos de neutralidade, de ser o caso. Tras a análise cualitativa e cuantitativa do corpus recollido e tras establecer a comparación co DLE da RAE e a ASALE, pódese concluír que o DRAG confórmase dende o punto de vista ideolóxico como un dicionario debedor da tradición e cultura nas que foi xestado, pero progresista e atento ao cambio social contemporáneo. Isto é, na temática relixiosa persiste a representación do catolicismo como forma de culto por defecto, con notable supremacía sobre as demais relixións en canto á súa visibilidade. Con todo, esta representación non vai acompañada dun tratamento desprezativo das restantes formas de culto, que están recollidas de forma aséptica e clara. Neste punto, recomendase un tratamento máis sistemático dos procesos de marcación temática xeral e específica co fin de paliar esta situación.\nEn materia política é onde se puido observar en maior medida o carácter progresista deste repertorio, cunha presentación allea ás ideoloxías conservadoras predominantes nas sociedades occidentais. O tratamento dos diferentes movementos e doutrinas políticas está feito con nautralidade, con baixa presenza de modalidades valorativa e epistémica de incerteza.\nFinalmente, en canto ás cuestión de xénero, é preciso dividir as conclusións en tres grupos. (I) En primeiro lugar hai que referirse á visibilidade da muller que, tal e como amosa a análise, presenta avances en canto á busca por lema feminino no recurso web e ao feito de que o lemario recolla un número importante de lemas con moción de xénero; pero a presenza da muller continúa a ser subsidiaria con respecto ao home en canto que a lematización faise dende o masculino e a voz enunciadora adoita a ser tamén masculina polo uso do xenérico. Hermida Gulías (p. 111) concluía que observara “unha clara tendencia dos equipos redactores dos dicionarios por darlle visibilidade ás mulleres coa expresión da dualidade xenérica nos nomes que o permiten”. Neste sentido, en 2018 pódese afirmar que a intención da RAG neste punto continúa a tendencia, e incluso vai máis aló ao permitir esa busca directa pola forma feminina no seu recurso en liña. O problema, pois, non é tanto a visibilidade no que atinxe á lematización e ao tratamento da moción de xénero, senón en canto á definición e aos exemplos. No mesmo traballo, a autora concluía tamén que o uso de home para abranguer a todos os sexos estaba en decadencia, e nese punto si que hai que lamentar unha involución no DRAG, que persiste en manter este uso en contra das reivindicacións feitas dende diversos manuais de linguaxe inclusiva (Bringas López et al. 2012). Nos exemplos, a visibilidade da muller segue a ser moi inferior á dos homes, independentemente dos roles asociados. Recoméndase neste punto que o dicionario recolla máis exemplos onde as mulleres desempeñen roles activos e que se implementen as medidas da linguaxe inclusiva no proceso de redacción. (II) En segundo lugar está o tema xa non da visibilidade da muller, senón da súa representación. E, neste caso, o DRAG si coida, en xeral, a marcación pragmática das acepcións para identificar aqueles usos vivos, pero claramente desprezativos ou pexorativos. Por outra banda, é certo que este dicionario mantén no seu lemario usos xa algo obsoletos que ben podería eliminar polo seu contido ofensivo en canto ás mulleres, pero son casos residuais, moito máis limitados que nosotros diccionarios institucionais como o DLE (RAE e ASALE). A representación, pois, sexualizada, bioloxizada e cousificada da muller aínda é visible nalgunhas defincións, pero non de forma xeralizada nin maioritaria. É máis, as novas incorporacións amosan a intención por renovar esta representación da muller cara a unha imaxe máis acorde cos principios do feminismo. (3) En derradeiro lugar cómpre concluír que ocorre coa\nrepresentación da diversidade sexual e as identidades de xénero. Novamente obsérvase unha intención progresista na presentación equitativa e neutral de todas as identidades e opcións sexuais, a través de definicións con moi baixa presenza de modalidade valorativa e deóntica. O dicionario, salvo algunhas excepcións, non xulga nin discrimina, senón que se limita a proporcionar unha definición dos signos que codifican ás diferentes realidades da sociedade actual.\nEn definitiva, aínda que resulta innegable que o DRAG é froito dunha cultura concreta e do momento no que naceu, trátase dun repertorio vivo que soubo adaptarse aos diferentes momentos históricos e aos requirimentos que impuxo unha sociedade plural onde as minorías e grupos minorizados precisan ter visibilidade e unha representación non discriminatoria. Así, en certo sentido, o DRAG quere participar do proceso de emancipación destes grupos minorizados pola cultura dominante, e recorre á introdución de actualizacións e á creación orientada de textualizacións dos lemas que funcionen como coadxuvantes nese intento emancipador. Aínda que, como se recolle no apartado de resultados, son moitas as melloras que este repertorio lexicográfico debe implementar, especialmente en canto á visibilidade da muller e á presentación do catolicismo, esta obra reflicte un tratamento bastante ecuánime da realidade sen pasar pola utopía da desideoloxización.\nbenéfico, 110 bigamia 312\n111 bígamo, bígama 313\n112 blasfemia 314\n113 blasfemo, blasfema 315\n316 evanxeo mundo\nfacedora\n147 carne 349 flaxelante omnipresente\nvalentía 148 cartomancia 350 flora\nDLE= Real Academia Española e Asociación de Academias de la Lengua Española (2014): Diccionario de la Lengua Española, Madrid: Espasa.\nDRAG (1990) = Instituto da Lingua Galega e Real Academia Galega (1990): Dicionario da lingua galega, ILGA/RAG. DRAG (1997) = Real Academia Galega (1997): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña / Vigo: Real Academia Galega / Xerais / Galaxia. Esparza Torres, Miguel Ángel (1999): \"Notas sobre el Diccionario Nacional de Ramón Joaquín Domínguez\", en Estudios de historiografía lingüística hispánica ofrecidos a HansJosef Niederehe. Vigo: Servicio de Publicaciones Universidade de Vigo, 3963."} {"summary": "Dende a entrada en vigor da Lei de normalización lingüística, a meirande parte dos esforzos a prol da recuperación e da dignificación social do galego foron dirixidos ao ensino non universitario, ao considerarse como un dos eidos de actuación principais. Porén, o tratamento que se lle deu á lingua galega nas aulas foi cualificado a miúdo como de mínimos ou de baixa intensidade, polo menos ata a chegada da coalición de goberno entre o Partido dos Socialistas de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego: durante o seu período ao mando da Xunta, a devandita coalición aplicou o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Este texto representa o maior avance rexistrado cara á normalización do idioma nas aulas, priorizándose o seu emprego para contrarrestar os usos sociais privilexiados (e dominantes) do castelán no resto da sociedade. Non obstante, coa vitoria do Partido Popular de Galicia nas eleccións do 2009, o Decreto 124 foi de rrogado e substituído polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, co que en esencia se suprimiu o tratamento favorable á lingua nas aulas e se fixo unha distribución igualitaria, baixo unha perspectiva estritamente cuantitativa, entre o galego e o castelán. Partindo disto, neste estudo elaboramos unha análise contrastiva de ambos os dous textos para amosar que modelos de educación bilingüe se aplicaron con cada decreto, intentando demostrar que a miúdo as políticas lingüísticas desenvoltas pola Xunta no ensino pretenderon manter a desigualdade entre as dúas linguas oficiais, máis que responder a un verdadeiro compromiso pola normalización do galego.", "text": "Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego Analysis of last two decrees of language distribution in Galician education\n\nNormalización lingüística; lingua galega; ensino; bilingüismo; modelos de educación bilingüe; decretos\nSumario 1. Introdución. 2. Principios metodolóxicos. 3. Precisión conceptual. 3.1. Definición asumida para o termo bilingüismo. 3.2. O alumnado galego, bilingüe?. 3.3.\nNoción tradicional do ensino bilingüe, monolingües por privilexio e bilingües por necesidade. 3.4. Hipótese da interdependencia lingüística e posibles modelos de educación bilingüe: inmersión, mantemento e submersión. 3.5. Cataluña e os programas de inmersión e mantemento do catalán. 4. Análise dos decretos 124/2007 e 79/2010. 4.1. Decreto 124/2007: o ensino como un axente compensatorio do galego. 4.1.1. Educación Infantil: introdución á lectoescritura en galego nas contornas urbanas e lingua predominante da contorna. 4.1.2. Primaria, ESO e Bacharelato: o galego como lingua vehicular e lingua de interacción nun mínimo do 50% das clases. 4.1.3. Un modelo de inmersión parcial para castelanfalantes e un modelo de mantemento para galegofalantes. 4.2. Decreto 79/2010: unha diferenciación entre o igualitario e o equitativo. 4.2.1. Educación Infantil: consulta aos pais e lingua predominante na contorna. 4.2.2. Primaria, ESO e Bacharelato: reparto igualitario de linguas por materias e liberdade idiomática do alumnado. 4.2.3. Un modelo de submersión para castelanfalantes. 5.\nConclusións e reflexión final.\n1. Introdución\nU nha vez finalizado o período de represión franquista, a aprobación da Constitución Española do 1978 supuxo a consideración da diversidade lingüística de España por primeira vez en décadas. No seu terceiro artigo, establécese o castelán como a lingua oficial de todo o Estado, recaendo en todos os españois “o deber de coñecelo e o dereito de usalo”, ademais de recoñecerse a oficialidade das linguas autóctonas empregadas nalgunhas comunidades autónomas, de acordo cos seus estatutos, e a necesidade do seu respecto e protección (Constitución Española 1978: 29332).\nSexa como for, e á marxe desta diferenza legal de base entre os dous idiomas, despois de máis de corenta anos Galicia dispón dun amparo lexislativo para desenvolver medidas de normalización lingüística que persigan deter (e reverter) o proceso de substitución lingüística que sufriu a lingua galega dende finais da Idade Media, e que se viu especialmente acentuado dende principios do século xx.\nUnha das características fundamentais das políticas lingüísticas da Xunta dos últimos trinta e cinco anos é a seguinte: a meirande parte dos esforzos a prol do galego foron dirixidos ao contexto educativo, ao considerarse como un dos ámbitos máis relevantes para garantir unha mellora dos usos, as actitudes e as competencias lingüísticas na lingua por parte das novas xeracións (Seminario de Sociolingüística 2016: 201). Esta decisión, cómpre engadir, parece sustentarse no aumento do grao de influencia da escola para garantir a aprendizaxe do galego: de acordo cos datos achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE de agora en adiante), en tan só dez anos manifestouse un aumento de 13 puntos entre a porcentaxe do 2003 (30, 1%) e a do 2013 (43, 17%) (Seminario de Sociolingüistica 2016: 50). Esta situación resulta comprensible se consideramos que, nas últimas décadas, o aumento do número de familias monolingües en castelán e o descenso da transmisión xeracional do galego foi moi notable, especialmente nas contornas urbanas, polo que o ensino se constitúe nestes casos como o principal contexto de aprendizaxe desta lingua (Seminario de Sociolingüística 2016: 50; 190).\nA grandes trazos, as políticas lingüísticas desenvoltas pola Xunta de Galicia durante máis de tres décadas no ensino poderían denominarse como non conflitivas, baseadas en tímidos avances cara á lingua autóctona, pero que contribuían a manter unha situación desigual de seu. Esta afirmación é apoiada por investigadores como Lorenzo e Subiela, que cualificaron a lexislación lingüística que foi aplicada no ensino ata a chegada do Decreto 124/2007 como “de baixa intensidade” e “de mínimos”, respectivamente (2005: 46; 2002: 131171). Os contidos que se manexan a continuación poden servir para demostrar que o emprego destes termos está xustificado e lexitimado.\nDende a entrada en vigor do Real Decreto 1981/1979, co que se establece a materia de Lingua galega e literatura como obrigatoria nas antigas etapas de Educación Preescolar, Educación Xeral Básica e Formación Profesional de Primeiro Grao (Ministerio de Educación, 21 de agosto do 1979: 19550), os decretos de distribución de linguas posteriores (xa amparados na Lei de normalización lingüística) que se sucederon ata o decreto actual, o 79/2010, caracterizáronse por introducir un aumento progresivo da presenza do galego nos centros; de feito, este último é o único elaborado ata o momento que supón unha regresión respecto á introdución da lingua no ensino, como veremos máis adiante. Con todo, ata a entrada en vigor do decreto da coalición de goberno entre o Partido dos Socialistas de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego, o 124/2007, nas aulas seguía a estar presente un tratamento lingüístico que, na práctica, favorecía ao castelán. Neste senso, cómpre desenvolver esta idea máis polo miúdo. Durante os anos en que o Decreto 247/1995, precedente ao 124/2007, estivo en vigor, o galego debía ser a lingua impartida nun mínimo de dúas áreas de coñecemento (o equivalente a aproximadamente un terzo do horario semanal), deixando á elección dos centros o idioma no que debían impartirse o resto de materiais. Non obstante, non había para o alumnado unha obriga explícita de empregar o galego nas materias destinadas ao seu uso: en todo caso, o profesorado debía procurar que o seu uso se convertese nunha realidade, pero sen indicarse no decreto pautas concretas para acadar este obxectivo, ou desenvolvendo unha inspección de rigor que comprobase o seu cumprimento (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 14 de setembro do 1995: 23). Se a isto lle sumamos a precaria situación do idioma propio na Educación Infantil, onde os nenos de familia galegofalante carecían “do dereito a seren escolarizados na súa lingua, ante a pasividade xeral” (Monteagudo & Bouzada 2002: 61), e lembramos ademais que todos os decretos aplicados ata a chegada do bipartito 1 supoñían un escaso avance respecto do establecido no texto anterior, poderemos comprender por que as políticas lingüísticas (máis que de normalización lingüística) que desenvolveu a Xunta no ensino durante case vintecinco anos foron denominadas coa etiqueta, antes mencionada, de “baixa intensidade” (Lorenzo 2005: 46).\nNon obstante, esta situación mudou debido á aprobación no Parlamento de Galicia, por unanimidade de todas as forzas políticas do momento (Partido Popular de Galicia, Partido dos Socialistas de Galicia e Bloque Nacionalista Galego 2), do Plan xeral de normalización da lingua galega no 2004. En esencia, neste texto recollíanse unha serie de principios orientadores para intentar acadar como obxectivo último a normalización lingüística plena, isto é, a igualdade efectiva entre o castelán e o galego en todos os ámbitos da sociedade. Entre as medidas destinadas ao ensino, destacan as seguintes: na Educación Primaria, na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, a implantación dun mínimo do 50% de horas totais de cada curso impartidas en galego e a obrigatoriedade de que o alumnado empregue esta lingua como a vehicular nas materias destinadas ao seu uso e, en Educación Infantil, a realización de actividades de iniciación á lectoescritura neste idioma en tódolos centros, incluídos os situados en contornas castelanfalantes, de maneira que o galego sexa o idioma vehicular nun mínimo do 50% do horario total de todos os centros do primeiro ensino (Xunta de Galicia 2006: 102104).\nEstes compromisos recollidos no plan foron asumidos pola coalición entre o BNG e o PSdG: durante a sétima lexislatura de Galicia, este goberno bipartito elaborou o texto legal no que se establecería o maior grao de presenza do galego no ensino que se rexistrou ata o de agora: falamos do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 1124711251). Baseado no establecido no Plan xeral para o ámbito educativo, no decreto recóllese este mínimo do 50% do horario impartido en galego para todas as etapas educativas, coa obriga adicional, por parte do alumnado, de empregar esta lingua nas materias respectivas na Educación Primaria, na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato. En esencia, con este texto fíxose unha discriminación positiva do galego na escola, co obxectivo de contrarrestar as diferenzas de privilexios entre esta lingua e o castelán no resto da sociedade. Como afirma Iglesias (2017: 55), “este decreto resérvalle ao ensino un papel compensatorio: se o galego se encontra minorizado fóra da escola, cómpre priorizalo nela”.\nNon obstante, todos os avances acadados polo texto do bipartito víronse truncados co retorno ao goberno da Xunta do PPdG, liderado por Alberto Núñez Feijóo. No 2009, os conservadores derrogaron o devandito decreto e substituírono polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo non universitario de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 25 de maio do 2010: 92429247), que por primeira vez en case trinta anos de políticas lingüísticas supuxo un retroceso no proceso de inclusión da lingua galega nas aulas. Cun reparto lingüístico distribuído a partes iguais, o total de materias impartidas en galego nos niveis de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria non poden superar o 50%, porcentaxe que se reduce a un 33% no caso dos centros que incorporan unha lingua estranxeira (xeralmente inglés) como o terceiro idioma vehicular: pásase, pois, dunha lexislación lingüística de mínimos a unha de máximos. Por outra banda, o factor da obrigatoriedade idiomática elimínase (isto é, o alumnado xa non ten por que empregar o galego nas materias destinadas ao seu uso), e na Educación Infantil xa non ten cabida a lectoescritura nesta lingua nos xa mencionados centros que teñen unha maioría de alumnado co castelán como lingua inicial, polo que se retorna á situación anterior, na que simplemente se usa na clase a lingua predominante na contorna. Con este procedemento, vólvese perpetuar a xa tradicional distinción entre a Galicia urbana e a rural.\nConsiderando as notables diferenzas entre o Decreto 124/2007 e o 79/2010, que serán analizadas máis polo miúdo nas seccións 4.1. e 4.2., podemos inferir que o pouso ideolóxico que subxace a ambos os dous textos é ben distinto. No que a este estudo respecta, intentaremos extraer estas ideoloxías mediante unha análise dos modelos de educación bilingüe (inmersión, mantemento e submersión) aplicados en cada caso, o que, de maneira paralela, nos permitirá obter unha comprensión xeral sobre o tratamento de linguas nas aulas que realizou cada goberno (a coalición entre o BNG e o PSdG, por un lado, e o PPdG, por outro) cos dous últimos decretos.\n2. Principios metodolóxicos\nComo sinalamos na Introdución, neste traballo realizamos unha análise dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino que elaborou a Xunta de Galicia, isto é, o 124/2007 e o 79/2010. Para isto, combinamos os resultados da análise destes textos con algunhas das referencias básicas sobre o papel das linguas no ensino e os modelos de educación bilingüe de autores como Baker (1997), Cummins (1983), ou Lambert (1981). Con este procedemento, pretendemos comprobar cales destes modelos son aplicados con cada decreto, apoiándonos nas achegas dos investigadores que os empregaron para describir a lexislación lingüística de Galicia enfocada ao ensino, isto é, Iglesias (2017: 5356) e Fernández, Lorenzo e Ramallo (2008: 6365). Isto permitiranos, en última instancia, inferir que ideoloxías lingüísticas se obteñen de cada decreto, e por extensión de cada goberno.\nAo complementar a análise dos decretos coas achegas sobre os modelos de educación bilingüe, cómpre empregarmos unha terminoloxía de rigor para ter un coñecemento máis sistematizado e exacto do tratamento do galego e do castelán que se fai en cada decreto. Por este motivo, para este estudo optamos por recorrer aos conceptos de inmersión, mantemento e submersión, que se ben constitúen de seu unha clasificación simplificada das múltiples etiquetas utilizadas, permiten asociar as políticas lingüísticas que se desenvolveron nos dous textos con modelos concretos e delimitados.\nFinalmente, tamén cómpre mencionar que neste traballo unicamente nos centramos nas partes dos decretos en que se especifica o reparto de linguas por materias e as obrigas idiomáticas de profesorado e alumnado, ao considerarmos que son os factores que máis inflúen nos posteriores usos, actitudes e competencias lingüísticas da mocidade. Porén, non debemos esquecer que neste texto se especifica o grao de presenza do galego no ensino dende outras perspectivas: o seu uso por parte da administración educativa, o funcionamento dos equipos de normalización, os casos de exención da propia materia de lingua, etc.\n3. Precisión conceptual\nTendo en conta que na análise dos decretos intentaremos establecer cales son os modelos de educación bilingüe que con eles se aplican, debemos adicar unha parte do estudo a aclarar, na medida do posible, toda a confusión denotativa que con frecuencia rodea a conceptos como bilingüismo e educación bilingüe. Polo tanto, non debe sorprendernos que precisamente estas palabras, empregadas a miúdo no discurso leigo, presenten unha confusión denotativa que mesmo custa delimitar na propia linguaxe especializada.\n3.1. Definición asumida para o termo bilingüismo\nDebido á xa mencionada falta de consenso sobre a definición deste concepto, así como á variedade de contextos en que pode ser empregado o termo, debemos partir dunha distinción inicial que permita saber se nos referimos a un bilingüismo centrado no falante, na medida na que este dispón dunha certa competencia de dúas ou máis linguas, ou na sociedade á que pertence, entendida como un conxunto de cidadáns dos que a maioría son bilingües. É o que investigadores como Siguán e Mackey denominan “bilingüismo individual” e “bilingüismo social”, respectivamente (1986: 17).\nConsiderando os contidos que se manexan neste artigo, a nós interésanos a perspectiva individual do concepto, ao intentar esclarecer que tipos de bilingüismo se obteñen coa aplicación de cada decreto. De acordo cos mesmos autores, que fan unha definición do termo baseada no grao de competencia, estes entenden ao falante bilingüe como a persoa “que, ademais da súa primeira lingua, ten unha dominio parecido noutra e é capaz de usar unha e outra en calquera circunstancia con parecida eficacia” (Siguán & Mackey 1986: 17). Como cabe esperar, isto non se corresponde co dominio real que os falantes bilingües adoitan ter das súas linguas 3 : en calquera caso, case sempre está presente un desequilibro acentuado entre o idioma ou idiomas iniciais e os que son adquiridos posteriormente. Porén, Siguán e Mackey utilizan esta definición como un modelo perfecto de referencia, a partir do que se poden valorar os diferentes graos de bilingüismo de cada falante (1986: 1718).\nNon obstante, e a pesar do carácter ideal desta definición, o certo é que na bibliografía especializada utilizouse a miúdo esta concepción do bilingüismo non como modelo, senón como unha representación errónea da realidade lingüística. Seguindo a Baker (1997: 3435), o termo non sempre se empregou con rigor, e utilizouse para abranguer graos de competencia nunha segunda lingua que non se corresponderían co verdadeiro bilingüismo. Neste senso, fala de dous casos extremos de bilingüismo: o máximo ou equilibrado, equivalente á noción “perfecta” de Siguán e Mackey, e o incipiente, empregado para calquera falante cunha competencia mínima nun segundo idioma. Por isto, o propio Baker (1997: 3435) rexeita considerar a este perfil de falantes como bilingües, pois por unha banda é moi pouco habitual atopar un falante “real” que presente un dominio equiparable en varias linguas, tal e como viñemos sinalando nas liñas anteriores, mentres que por outra un coñecemento mínimo dun idioma non sobrepasa a simple capacidade memorística dos trazos básicos do código, e que está moi afastada do complexo sistema cognitivo que subxace ao dominio de\ncalquera fala.\nDeste xeito, neste artigo seguimos unha definición do bilingüismo baseada nas competencias, pois o grao de dominio das linguas é un dos principais temas de análise deste traballo, en función dos modelos de ensino bilingüe que se desenvolveron cos dous decretos en que aquí nos centramos. De feito, a concepción do bilingüismo dende a perspectiva do dominio tamén se recolle no artigo 14.3 da Lei de normalización lingüística, ao establecerse a necesidade de que “ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán” (Xunta de Galicia, 14 de xullo do 1983: 4).\n3.2. O alumnado galego, bilingüe ?\nNo que a Galicia respecta, cuestionarios como os elaborados polo IGE parecen indicar que a práctica totalidade da cidadanía galega podería considerarse minimamente bilingüe, pois os resultados amosan competencias considerablemente altas tanto na produción como na comprensión oral e escrita. De acordo cos datos fornecidos polo IGE na súa última enquisa sobre o coñecemento e o uso do galego, realizada no 2013, un 96% dos galegos e galegas afirman entender a lingua na dimensión oral, e un 85% considera que a pode ler sen dificultades. Se nos centramos agora na vertente expresiva, un 86% cre posuír unha capacidade efectiva para falar en galego (a porcentaxe máis alta de todas as comunidades cunha lingua distinta ao castelán, cómpre engadir)\ne un 60% para escribir neste idioma (Seminario de Sociolingüística 2016: 3740).\nTodo isto, cómpre engadir, sen que destaquen diferenzas moi considerables entre os que teñen un maior dominio dunha lingua ou doutra: da porcentaxe total de persoas que manifestaron ter mellores competencias en castelán que en galego 4, un 68%\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 39\ncre posuír unha competencia efectiva na expresión oral da lingua galega, un 77% na comprensión lectora e un 43% na expresión escrita (Seminario de Sociolingüística 2016: 48); o dominio da comprensión oral, considerando que a inmensa maioría de Galicia entende o idioma do país, non se tivo en conta. Deste xeito, a excepción da expresión escrita, que a pesar da súa progresiva mellora (debido á implantación do galego como materia obrigatoria) sempre amosa porcentaxes de adquisición efectiva inferiores ás competencias orais, unha parte moi considerable dos galegos que afirman ter un maior dominio do castelán manifesta posuír unha competencia aceptable na lingua galega.\nAs enquisas elaboradas polo IGE, que mencionamos máis arriba, están baseadas en estudos de autopercepción de competencias; noutras palabras, son os propios falantes os que manifestan a súa impresión sobre o seu dominio da lingua galega nas vertentes oral e escrita. Por este motivo, pode ocorrer que as respostas achegadas polos participantes non reflictan a realidade sociolingüística de Galicia, de maneira que as competencias en galego por parte dos castelanfalantes, especialmente os asentados nas contornas urbanas, non sexan tan positivas como suxiren este tipo de estudos.\nNo 2010, o Instituto de Ciencias da Educación da USC publicou os resultados dun proxecto de investigación, dirixido por Bieito Silva, co que se pretendía avaliar as competencias en galego e castelán do alumnado de 4º da ESO. A grandes trazos, a media da competencia xeral en galego foi, sobre un total de 5, dun 3, 66 para a expresión oral e dun 2, 77 para a expresión escrita (o dominio da comprensión non se considerou no estudo) (2010: 109; 62). En ambos os dous casos, os resultados son inferiores á competencia amosada en castelán, que se corresponde cun 3, 77 para a expresión oral e cun 3, 04 para a expresión escrita (Silva 2010: 121; 82). Dito doutro xeito, e como afirma Pérez (2011: 294), “sen ser a competencia lingüística plenamente satisfactoria en ningún dos dous idiomas, o alumnado remata o ensino obrigatorio cunha competencia superior en castelán ca en galego”.\nPor outra banda, outros dous aspectos destacables dos resultados deste traballo tamén residen nas puntuacións obtidas nas subcompetencias avaliadas, así como na importancia das variables que inflúen nestas mesmas puntuacións. Na dimensión oral, o alumnado obtivo os mellores resultados na adecuación sociolingüística con 3, 81 puntos, e na coherencia e na cohesión con 3, 7, mentres que as subompetencias con puntuacións máis baixas foron as de coñecemento do léxico, con 3, 54 puntos, e a do saber gramatical, con 3, 63 (Silva 2010: 110). Contrastando estes resultados cos obtidos en castelán, atopámonos con que neste caso ocorre exactamente o contrario: as subcompetencias con mellores puntuacións son as dúas que acabamos de mencionar (3, 89 puntos na gramática e 3, 8 no léxico), mentres que a subcompetencia da adecuación se reduce a 3, 71 puntos (Silva 2010: 82).\nConsiderando os preocupantes datos sobre a perda da transmisión xeracional da lingua galega nos últimos anos (o que provocou que, no 2013, só un 25% da mocidade de entre 5 e 14 anos tivese o galego como lingua única ou habitual, de acordo cos datos do IGE), resulta comprensible que a escola aumentase o seu grao de importancia como axente determinante para garantir xa non só un aumento dos usos lingüísticos en galego, senón a adquisición dunha competencia mínima nesta lingua por parte dos discentes castelanfalantes, tal e como vimos na Introdución. Porén, os resultados deste estudo, o de maior amplitude desenvolto ata o de agora en Galicia, lévannos a interpretar que o goberno autonómico está a incumprir o artigo da Lei de normalización xa mencionado ao fin da epígrafe 3.1, isto é, o 14.3, no que se establece a necesidade de que o alumnado dispoña dunha competencia equiparable nas dúas linguas oficiais ao remate de cada ciclo educativo obrigatorio (Xunta de Galicia, 14 de xullo do 1983: 4).\nNon obstante, parece que este desequilibro de competencias non se produce, polo menos de maneira tan acentuada, no alumnado que ten o galego como lingua habitual. No 2014, Loredo e Silva publicaron un traballo no que, partindo da análise dos resultados do estudo ao que nos viñemos referindo nos parágrafos anteriores, establecen cales son as variables que inflúen en maior ou menor medida na adquisición das competencias lingüísticas por parte do alumnado de 4.º da ESO. Segundo os propios autores, “os resultados indican que ter unha boa competencia gramatical e léxica en galego inflúe de maneira positiva nas mesmas competencias en castelán, circunstancia que non se produce á inversa ” (a cursiva é nosa) (Loredo & Silva 2014:\nPara intentar atopar unha explicación a esta diferenza de competencias entre castelanfalantes e galegofalantes, pode resultar esclarecedor o seguinte texto de Costas. Neste, destácase que o predominio do castelán na práctica totalidade dos contextos da sociedade galega garante que toda Galicia teña unha competencia axeitada neste idioma, mentres que en moitas ocasións certos sectores, como a mocidade castelanófona das contornas urbanas, apenas ten contacto co galego, o que dificulta a súa aprendizaxe:\nVerbo da competencia bilingüe dos galegos, quen acada hoxe en día con máis facilidade o bilingüismo galegocastelán? Só os galegofalantes, xa que o castelán (que é obrigatorio, segundo a Constitución) o pode aprender calquera en ámbitos e medios moi diversos: escola, televisión, xornais, cómics, cinema, radio, música, igrexa, administración, empresa, sanidade, grandes superficies comerciais etc. En troques, os castelanfalantes urbanos novos, agás parcialmente nos centros de ensino, en que outros lugares teñen oportunidade de se facer competentes en galego? En moi poucos, así que dificilmente poderán ser bilingües; o máis previsible é que acaden un bo dominio dunha lingua (castelán) e un dominio insuficiente ou simplemente dominio pasivo da outra (galego).\nEn suma: nas condicións actuais, as persoas que realmente se fan bilingües son as galegofalantes, algo que non ocorre coas castelanfalantes. De feito, na xeración dos menores de 30 anos, na Galicia urbana, hai xa unha porcentaxe elevada de monolingües en castelán que teñen graves dificultades para se expresar nun galego oral minimamente aceptable (Costas 2009: 2728).\nTendo en conta esta diferenza de usos lingüísticos, baseados nunha maior cantidade de espazos reservados para o emprego do castelán que do galego, os defensores do Decreto 124/2007 concibiron o ensino como un axente compensador da desigualdade lingüística presente no resto da sociedade galega para conseguir o equilibro. Esta igualdade intentaríase acadar mediante unha priorización do galego na escola, ao considerar esta medida como a única posible para obter unha mocidade plenamente bilingüe, de acordo co estipulado no artigo 14.3. da Lei de normalización, antes mencionado.\n3.3. Noción tradicional do ensino bilingüe, monolingües por privilexio e bilingües por necesidade\nTradicionalmente, supoñíase que unha exposición temperá a unha lingua distinta da inicial podía representar un desenvolvemento cognitivo e lingüístico negativos para o falante. Noutras palabras, considerábase que o procesamento de calquera tipo de información nun segundo idioma supoñía non só o deterioro de todas as linguas involucradas no proceso, senón tamén o retraso na aprendizaxe do coñecemento. Neste senso, existen traballos sobre educación bilingüe en que se expoñen como, nunha mesma aula, o alumnado bilingüe era precisamente o que presentaba os resultados máis deficitarios na adquisición dos coñecementos e na competencia lingüística. Como afirma Cummins (1983: 38), hipóteses como “o efecto balanceo”, coa que o dominio dunha segunda lingua se traduce nunha perda equivalente de competencia na primeira, ou a que defende que a escolarización nun idioma distinto do inicial equivale a un retraso académico do neno, foron as máis empregadas para soster que a educación bilingüe implicaba “confusión mental” e “hándicap” no individuo.\nAtopámonos, pois, ante unha concepción absolutamente negativa da educación bilingüe que se ve sostida por ideas como as que acabamos de mencionar. Non obstante, cómpre sinalarmos un aspecto clave: ao longo de toda esta liña de investigación tradicional sobre educación bilingüe, ningún dos especialistas deu en sinalar que estes resultados deficitarios se podían deber a outros factores de índole social, e non necesariamente aos estritamente lingüísticos. En calquera territorio con linguas en contacto, adoita estar presente un reparto de contextos de uso prexudicial para unha delas: nestes casos, pode acontecer que a lingua dominante e de maior prestixio social estea vencellada aos usos lingüísticos de prestixio, ademais de contar coas actitudes máis favorables por parte da cidadanía, independentemente do idioma que esta utilice; por outra banda, tamén é probable que a lingua dominada, xeralmente a autóctona, sexa empregada nos ámbitos informais de menor consideración e conte coas actitudes máis negativas.A situación que acabamos de describir correspóndese co contexto sociolingüístico de Galicia anterior ás políticas de normalización iniciadas nos oitenta: nesta época, os galegofalantes víanse obrigados a adquirir competencias en castelán, ao mesmo tempo os castelanfalantes podían permanecer na súa posición de monolingües, sen que en ningún momento se lles esixise aprender o galego (Vila 2012: 5). Para comprender esta diferenza de xerarquías lingüísticas entre o galego e o castelán e, ademais, dispoñer de etiquetas específicas para cada grupo, nós propoñemos os conceptos de monolingües por privilexio para os castelanfalantes e os de bilingües por necesidade 5 para os galegofalantes, pois poden resultar útiles para describir o contexto sociolingüístico galego que é anterior ao inicio das políticas de normalización lingüística dos oitenta. Noutras palabras, ao non existir naquel momento medidas concretas que buscasen potenciar os usos e as competencias en galego no ensino, a mocidade galegofalante non dispoñía de contextos en que adquirir unha competencia escrita baseada na lectura e na escritura da súa lingua, aínda que si acadaba un dominio (tanto oral como escrito do castelán), mentres que os castelanfalantes tiña un acceso moito menor á\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 43\naprendizaxe da lingua galega en calquera das catro modalidades (falar, entender, ler e escribir).Porén, a partir dos decretos de distribución de linguas do ensino que se derivaron da Lei de normalización esta situación cambiou: se ben é certo que, tal e como sinalamos ao inicio deste traballo, nestes textos se seguía priorizando o uso do castelán nas aulas (ata a chegada do Decreto 124/2007), resulta evidente que a introdución do ensino do (e en) galego nunha parte do currículo permitiu superar a situación de “bilingüismo asimétrico” (isto é, na que os galegofalantes eran bilingües e os castelanfalantes permanecían illados no seu monolingüismo) das décadas anteriores. Como proba disto, convén acudir aos resultados amosados no primeiro volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia do 1992, xa que neste ano xa se comezan a apreciar os resultados da escolarización parcial en galego: concretamente, un 80, 3% dos enquisados de entre 16 e 25 anos afirma ter un bo dominio do galego falado, un 72, 9% da lectura e un 64, 1% da escritura, mentres que a práctica totalidade de informantes afirma entender o galego sen dificultades (Seminario de Sociolingüística 1994: 82). Tendo en conta que, neste mesmo ano, xa un 53, 4 dos enquisados situados neste tramo de idade afirma ser total ou maioritariamente castelanfalante (Seminario de Sociolingüística 1995: 50), podemos concluír que nos últimos anos do século xx os castelanfalantes xa tiñan acceso a unha aprendizaxe parcial en galego, á marxe do tipo de competencias nesta lingua que posuísen ao rematar o ensino obrigatorio e do seu grao de presenza nas aulas, que foi variando con cada novo decreto. En función destes dous últimos factores, podemos falar de diferentes modelos de ensino bilingüe, que neste traballo denominamos como modelos de inmersión, mantemento e submersión de linguas.\n3.4. Hipótese da interdependencia lingüística e posibles modelos de educación bilingüe: inmersión, mantemento e submersión\nNo 1965, na provincia canadense de Quebec, Wallace Lambert e Wilder Penfield realizaron varios traballos de investigación sobre educación bilingüe con grupos experimentais de inmersión en francés para alumnado de familias anglófonas, co obxectivo de acadar a dignificación deste idioma nun país no que había unha desigualdade moi acusada entre o inglés, o idioma de prestixio, e o francés, vencellado aos grupos de poboación co status socioeconómico máis baixo. Así pois, despois do consentimento das familias anglófonas participantes no programa, xa que desexaban o bilingüismo para os seus fillos, ao longo de toda a súa escolarización obrigatoria este perfil de alumnado, que tiña o inglés como lingua inicial, recibiu unha educación monolingüe en francés nos primeiros anos de educación, a medida que se ía introducindo o inglés de maneira progresiva nos cursos posteriores.\nA diferenza dos resultados obtidos nas investigacións precedentes, os resultados destes grupos amosaron que o desenvolvemento académico, lingüístico e cognitivo dos nenos sometidos á inmersión podía supoñer a adquisición, a longo prazo, dunha maior “flexibilidade cognitiva” por parte dos discentes (Lambert 1981: 172). No seguinte texto, o propio Lambert compendia os principais beneficios que se obtiveron da aplicación dos programas, que parecen indicar que o alumnado anglófono do programa de inmersión en francés conseguiu unha competencia lingüística neste idioma moito máis próxima á dos nenos francófonos cá dos nenos anglófonos que estudaban o francés como unha lingua estranxeira:\nlante ten suficientemente asentado o seu coñecemento da lingua inicial. Dáse, deste xeito, unha relación de reciprocidade entre as linguas empregadas por un mesmo falante, relación que adquire especial relevancia á hora de acadar unha segunda lingua, xa que o falante usará de maneira combinada os seus idiomas cando se dea calquera tipo de aprendizaxe. Algunhas das vantaxes da devandita hipótese son compendiadas por Baker no fragmento que representamos a continuación:\nSeguindo de novo a Baker (1997: 229220), son catro os factores que determinan os modelos de educación bilingüe: a) o perfil dos falantes aos que vaian dirixidos (monolingües ou bilingües); b) o tratamento de linguas que se faga nas aulas; c) os obxectivos lingüísticos do sistema; e d) o tipo de bilingüismo que se queira obter coa aplicación do programa. Partindo destes criterios, atoparémonos con que nun territorio con contacto de linguas poderanse empregar diferentes modelos educativos, distribuídos ao longo dun continuo con diversas posibilidades, e cos seguintes extremos: a) un modelo pensado para que os falantes da lingua minorizada abandonen este idioma e empreguen o dominante, derivando na obtención de falantes nun inicio monolingües no uso, e a longo prazo tamén en competencias ao abandonar a lingua propia; e b) a súa contraparte, coa que se realiza unha escolarización integramente na lingua autóctona, permitindo aos seus falantes que a manteñan e asegurando que os falantes da lingua hexemónica se convertan en bilingües. Atopámonos, polo tanto, ante unha postura utilitarista e prexudicial para a diversidade lingüística, por unha banda, e con outra comprometida pola variedade idiomática e cos dereitos lingüísticos de todas as persoas, tanto individuais como colectivos, pola outra.\nAínda que o propio Baker fala de ata dez modelos de educación bilingüe, para este traballo optamos por establecérmonos unha clasificación máis simplificada, na que cada categoría poida ser susceptible de diferentes graos de aplicación e permita atopar unha equivalencia directa entre os modelos teóricos e os decretos de distribución de linguas no ensino que analizaremos nos Resultados. En consecuencia, para a seguinte clasificación aproveitamos as achegas feitas ao respecto por Iglesias (2017: 5356) e Fernández, Lorenzo e Ramallo (2008: 6365), que como mencionamos no capítulo 2 constitúen as únicas referencias do ámbito da bibliografía especializada galega nas que se aplica a terminoloxía dos modelos de ensino bilingüe aos Decretos 124/2007 e 79/2010:\n• Modelo de inmersión: con este tipo de educación bilingüe faise unha priorización da lingua minorizada nas aulas. Tamén recibe a denominación de modelo de enriquecemento (Fernández, Lorenzo & Ramallo 2008: 65), pois está pensado para que os falantes da lingua hexemónica (monolingües) engadan un novo idioma ao seu sistema cognitivo e lingüístico, desenvolvendo un bilingüismo aditivo. • Modelo de mantemento: este modelo está orientado a que os falantes bilingües (isto é, os falantes da lingua autóctona) conserven o idioma dominado, evitando na medida do posible que a acción asimiladora da lingua dominante derive nunha perda da que lles é propia. Na práctica, o que se pretende é que os falantes bilingües acaden un resultado positivo en usos (evitando a perda da lingua) e actitudes cara á variedade autóctona. • Modelo de submersión: dirixido aos falantes da lingua minorizada, constitúe un xeito de que o alumnado bilingüe adquira os trazos lingüísticos e culturais do grupo dominante, coa conseguinte perda do idioma propio; por este motivo é tamén denominado modelo de asimilación (Fernández, Lorenzo & Ramallo 2008: 66), acadándose ademais un bilingüismo substractivo. Nun territorio con linguas en contacto, resulta obvio que, partindo da clasificación anterior, só poderemos garantir a normalización da lingua autóctona mediante a aplicación dos dous primeiros modelos; o ensino, deste xeito, desempeñaría o papel compensatorio ou equilibrador ao que nos viñemos referindo durante as páxinas anteriores. O modelo asimilatorio, pola contra, será desenvolto por unhas autoridades que desexan manter esta desigualdade lingüística, para o que se adoitan empregar estratexias como a “naturalización” ou a “lexitimación” do seu discurso (Sánchez 2018: 1617) que permiten que esta discriminación sexa aceptada polos propios falantes da lingua autóctona, ou mesmo percibida como o lóxico.\n3.5. Cataluña e os programas de inmersión e mantemento do catalán\nCo obxectivo de refutar os argumentos que se esgrimiron en contra dos modelos de inmersión e mantemento de linguas aplicados en Cataluña, no 2011 a Universitat Oberta publicou os Resultats del model lingüístic escolar de Catalunya: l’evidència empírica (Strubell et al. 2011), un estudo no que un grupo de expertos analizou os resultados dos informes PISA (tanto desta Comunidade Autónoma coma doutras do resto do Estado) nos anos anteriores, co obxectivo de avaliar as habilidades cognitivas, os coñecementos académicos e as competencias lingüísticas en castelán e en catalán do alumnado de Cataluña. A grandes trazos, os especialistas que participaron na elaboración da investigación, a máis ampla realizada ata o de agora nesta comunidade, pretendían dar resposta a cuestións como a que se o alumnado castelanfalante ten dificultades para aprender nunha lingua que non é a súa, se se está a acadar unha competencia en castelán inferior ao catalán, ao só estar presente a primeira lingua na propia materia de Lingua castelá e literatura, e se existen problemas para que este perfil de estudantes acade unha competencia axeitada en catalán se non se fai un uso prioritario deste no ensino, entre outras interrogantes (Strubell et al. 2011: 7). No que a este artigo respecta, só nos ocuparemos brevemente das tres que foron mencionadas.\nComezando pola primeira das cuestións, no informe afírmase que as dúbidas sobre a correcta adquisición dos coñecementos académicos do alumnado castelanfalante de Cataluña que está escolarizado nos programas de inmersión non están xustificadas (Vila 2011a: 1113). Mediante unha comparación dos resultados obtidos en diversas competencias (comprensión lectora, coñecementos matemáticos, expresión lectora, etc), entre os estudantes castelanfalantes de Cataluña e os castelanfalantes doutras Comunidades Autónomas, chégase á conclusión de que a variable da lingua empregada no ensino non parece ser significativa para a adquisición dos coñecementos escolares: na maioría dos casos, os discentes cataláns amosaban resultados similares, ou incluso superiores, ao do alumnado doutros territorios en que o alumnado si estaba escolarizado na súa lingua propia (o castelán). Nas excepcións nas que se se presentan resultados significativamente inferiores aos doutras comunidades, extraeuse que influían outras variables alleas ao idioma vehicular das aulas, “implicadas na práctica educativa e na organización escolar” (Vila 2011a: 13).\nFinalmente, para tratar a cuestión do perigo da adquisición de competencias en catalán se non se prioriza este idioma na escola, Vila (2011b: 2931) baséase en tres estudos diferentes para demostrar que o único xeito de que o alumnado de Cataluña adquira unha competencia axeitada nesta lingua é mediante os programas de inmersión para castelanfalantes e os de mantemento para catalanfalantes. No primeiro destes traballos, a comparativa entre un modelo de ensino en catalán e outro en castelán demostra que o dominio do catalán é moito maior no primeiro modelo ca no segundo; no segundo estudo, contrástanse dous grupos de 2º da ESO, dos anos 2002 e 2004, escolarizados nos modelos de inmersión e mantemento do catalán, demostrándose que, a pesar do maior dominio desta lingua na dimensión oral, a competencia escrita está máis desenvolta en castelán; por último, a terceira investigación está dirixida á análise das variables que inflúen en maior medida, entre as que destaca a contorna sociolingüística (isto é, un ámbito catalanfalante facilitará a adquisición de competencias axeitadas en catalán). Se a estes resultados lles sumamos os argumentos esgrimidos nos dous parágrafos anteriores, cos que os coñecementos académicos e as competencias en castelán vense garantidas, interpretaremos que a priorización do catalán no ensino, traducida nos programas de inmersión e mantemento, resulta fundamental en Cataluña para obter unha mocidade bilingüe.\nRecuperando os contidos manexados na epígrafe 3.2., hai dous aspectos que poderían xustificar a necesidade da aplicación en Galicia dos programas de inmersión e mantemento da lingua galega: a) o alumnado remata o ensino obrigatorio cunha competencia en galego inferior ao castelán; e b) os discentes galegofalantes posúen unha competencia máis equilibrada en ambos os dous idiomas (e polo tanto máis bilingüe), o que parece estar xustificado pola predominio do castelán nos contextos alleos á escola. Por outra banda, os resultados positivos obtidos noutros territorios onde se aplicaron estes modelos de ensino parecen reforzar a idea dunha priorización do galego nas aulas.\nNeste senso, non existe en Galicia un estudo que analice en profundidade os efectos do Decreto 124/2007, o que introduciu en maior grao o uso do galego no ensino ata o de agora, nas competencias lingüísticas do alumnado. En todo caso, aínda que contamos co estudo do Instituto de Ciencias da Educación da USC, sobre o que nos centramos na mencionada epígrafe 3.2., o escaso período no que estivo en vigor o decreto do bipartito (tres cursos académicos), non foi suficiente para que se notasen os efectos da súa aplicación. Con todo, estudos de caso realizados en centros de Educación Infantil en que se realizaron proxectos experimentais de inmersión en galego, así como varios traballos críticos cos principios recollidos no Decreto 79/2010, axudan a interpretar que o ensino galego requería dos dous modelos de ensino bilingüe que viñemos mencionando nestas páxinas, co obxectivo último de que o alumnado acade unhas competencias plenamente bilingües. No seguinte capítulo, tras analizar os textos de ambos os dous decretos e algúns dos estudos publicados ao respecto, intentaremos inferir que modelos de ensino bilingüe aplicou cada goberno e que tipo de ideoloxías lingüísticas se lles poden adscribir.\n4. Análise dos decretos 124/2007 e 79/2010\n4.1. Decreto 124/2007: o ensino como un axente compensatorio do galego\nEn setembro do 2004, as tres forzas políticas que tiñan representación parlamentaria en Galicia nese momento (PPdG, PSdG e BNG) aprobaron na cámara autonómica o Plan xeral de normalización da lingua galega, no que se integran un conxunto de propósitos cos que se pretende acadar a dignificación e a recuperación social do idioma en todos os ámbitos de Galicia. No segundo sector do Plan, adicado ao ensino, á familia e á mocidade, destácase a necesidade de garantir unha competencia axeitada na lingua por parte do profesorado e do alumnado, promover o seu uso maioritario nas aulas nas interaccións co docente e co resto de compañeiros e aumentar a súa presenza na Educación Infantil, ao considerarse un dos niveis educativos máis castelanizados (Xunta de Galicia 2006: 94).\nPartindo dos datos recollidos no Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 6, no Plan destácanse varios problemas que afectan de maneira directa á normalización da lingua, como son a perda da transmisión xeracional do galego, a competencia desigual entre os dous idiomas oficiais, máis desenvolta en castelán, e o mantemento dunhas actitudes aínda reticentes cara ao galego e máis favorables cara á lingua estatal (Xunta de Galicia 2006: 7980).\nCo obxectivo de cumprir os preceptos recollidos no Plan xeral, no 2007 a coalición de goberno entre nacionalistas e socialistas derrogou o Decreto 247/1995, xa descrito brevemente na Introdución deste artigo, e substituíuno polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 1124711251). Así, xa no seu preámbulo se destaca a validez do devandito Plan, a necesidade de normalizar a lingua nos ámbitos de uso máis relevantes e a falta de adecuación do decreto anterior aos principios asumidos dende o 2004 (a cursiva é nosa):\nO Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004, establece como un dos seus obxectivos xerais conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, e dálle prioridade á súa presenza en sectores estratéxicos. O Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983 de normalización lingüística para a súa aplicación ao ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, recoñece que a adquisición dunha competencia comunicativa en galego por parte do alumnado só se pode conseguir a través da utilización vehicular desta lingua nunha parte significativa do currículo (Xunta de Galicia, 29 de xuño do 2007: 11247).\nTal e como se destaca no fragmento anterior, o bipartito apoia os principios recollidos no Plan xeral, especialmente nos referentes ao ensino. Isto é así ata o punto de que o Decreto 124/2007 contén puntos en que se reproducen literalmente fragmentos do texto do Plan, especialmente aqueles dedicados ao tratamento da lingua nos principais niveis de educación, e que se poden resumir en tres aspectos clave que xa mencionamos: a introdución do galego mediante a lectoescritura en Educación Infantil e, tanto neste nivel como na Educación Primaria e na Educación Secundaria Obrigatoria, a impartición dun mínimo do 50% das clases de cada curso en galego, coa obriga de que profesores e discentes utilicen en todo momento esta lingua nas materias destinadas ao seu uso (Xunta de Galicia, 29 de xuño do 2007: 1124811249). Non obstante, debemos tratar cada un destes puntos algo máis polo miúdo.\n4.1.1. Educación Infantil: introdución á lectoescritura en galego nas contornas urbanas e lingua predominante da contorna\nAta a entrada en vigor do Decreto 124/2007, tódolos decretos de distribución de linguas que se foran sucedendo dende a aplicación da Lei de normalización recollían o principio, establecido no seu artigo 13.2, de garantir que “todos os alumnos teñen o dereito a recibilo seu primeiro ensino na súa lingua materna” (Xunta de Galicia, 14 de xullo do 1983: 1896). Ademais, no caso do Decreto 247/1995, o inmediatamente posterior ao 124/2007, tamén se recollía que os profesores debían “ter en conta a lingua ambiental e coidar que [o alumnado] adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo” (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 15 de setembro do 1995: 2). Non obstante, para poder cumprir estes dous artigos da Lei de normalización e do Decreto 247, estaban presentes tres factores problemáticos sinalados por Martínez, Sobriño e Varela (2002: 572): a) a ausencia dunha metodoloxía de rigor que permitise acudir a fontes científicas e especialistas para determinar a lingua predominante na contorna; b) a imposibilidade, debido ao contexto interactivo e dinámico das clases, de atender de maneira individualizada ao alumnado cunha lingua inicial diferente dun xeito eficaz; e c) o mantemento de actitudes indiferentes, se non directamente reprobatorias, cara á lingua galega.\nPara intentar suplir estas carencias, no Decreto 124/2007 respectouse o devandito artigo 13.2 da lei, como dixemos, pero garantindo que tivese unha aplicación real tanto para o alumnado castelanfalante como galegofalante. Para iso, a lingua empregada en cada centro sería determinada mediante a consulta dos datos achegados polo Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004, co obxectivo de coñecer a lingua predominante da contorna e combinando estes coñecementos coa información dos pais e dos datos estatísticos oficiais. Ademais, co obxectivo de garantir o desenvolvemento das competencias en galego por parte do alumnado castelanfalante, por unha banda, e de garantir que o galegofalante tivese acceso ao primeiro ensino na súa lingua propia (tal e como se recolle na Lei de normalización), por outra, no decreto tamén se introduce o uso do galego nun mínimo do 50% do horario total de cada ano (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 11248).\nPor outra banda, e considerando a preocupante situación da lingua galega neste chanzo educativo, o amparo xurídico do Decreto 124/2007 permitiu aos centros situados en contornas castelanfalantes que así o desexasen desenvolver programas en que o galego era a lingua predominante nas aulas, tal e como se recollera previamente no Plan xeral (Xunta de Galicia 2006: 102). Estes programas, cómpre engadir, eran de carácter totalmente voluntario, e desenvolvéronse co obxectivo de proporcionarlle ao alumnado castelanfalante o contacto suficiente co galego como para que puidesen acadar unha competencia axeitada neste idioma.\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 52\ncastelán pola simple interacción co resto de compañeiros galegofalantes (2011: 7071). Despois de implantar un grupo escolarizado integramente en galego en cada curso, observouse que unha maioría de alumnado castelanfalante ía mudando os seus hábitos lingüísticos cara ao galego, acadando deste xeito unha competencia moi desenvolta nesta lingua, sen que por iso se vise prexudicada a súa competencia en castelán (Varela & Oubiña 2011: 7074). Estes resultados, que deixan constancia da efectividade de utilizar o galego como a lingua prioritaria nas aulas, deberán ser tidos en conta máis adiante para valorar os modelos de ensino bilingüe que se aplicaron con cada decreto.\n4.1.2. Primaria, ESO e Bacharelato: o galego como lingua vehicular e lingua de interacción nun mínimo do 50% das clases\nComo xa sinalamos máis arriba, coa aplicación do Decreto 124/2007, o galego foi por vez primeira a lingua prioritaria no ensino non universitario, pois debía empregarse nun mínimo do 50% das horas totais de cada curso, de acordo co previamente establecido no Plan xeral de normalización da lingua galega (Xunta de Galicia 2006: 103104), sen chegar a especificarse unha porcentaxe máxima para a súa presenza (exceptuando as restantes materias de lingua, nas que debía utilizarse o idioma correspondente), e deixando aos centros o libre criterio de decidir se a partir da dita porcentaxe optaban por empregar a lingua en máis materias. En calquera caso, as materias que tiñan que ser impartidas obrigatoriamente no idioma propio foron, de acordo co propio texto do decreto (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 1124711248), as seguintes: a) na Educación Primaria, as áreas de matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía e dereitos humanos; b) na Educación Secundaria Obrigatoria, ciencias da natureza, ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas e educación para a cidadanía. No que ao Bacharelato respecta, se ben no texto non se chegan a establecer as materias específicas que estaban reservadas para o uso do galego, si que se establece o mínimo do 50% que tamén queda reservado para o resto de niveis educativos.\nPorén, o uso da lingua galega nun mínimo da metade das clases non foi a única medida favorable ao galego que se recollía no texto, pois tamén se establecía a obriga de que “nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega” o alumnado empregase “con carácter xeral o galego nas manifestacións oral e escrita” (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 29 de xuño do 2007: 11249). Noutras palabras, o galego convertiríase non só na lingua vehicular das clases (isto é, a propia dos materiais didácticos, as actividades e a empregada polo docente), senón tamén na lingua de interacción (a utilizada polos alumnos nas aulas, nas súas intervencións orais cotiás).\nAtopámonos, en definitiva, ante unha disciminación positiva da lingua galega na que, mediante a obriga de empregala en todos os contextos das materias destinadas ao seu uso, pretendíase contrarrestar ou compensar a hexemonía do castelán do resto da sociedade, garantir os dereitos lingüísticos dos estudantes galegofalantes (evitando que a escola funcione como un axente castelanizador) e posibilitar que o castelanfalante entrase en contacto co galego para posuír unha competencia bilingüe, tal e como se recolle no artigo 14.3 da Lei de normalización lingüística, sobre o que xa nos detivemos na epígrafe 3.2.\n4.1.3. Un modelo de inmersión parcial para castelanfalantes e un modelo de mantemento para galegofalantes 7\nTal e como acabamos de ver, debido á escasa efectividade da lexislación lingüística precedente ao Decreto 124/2007, na maioría dos casos o alumnado castelanfalante de Galicia non posuía unha competencia en galego axeitada, nin tampouco tiña un contacto suficiente co idioma para que aumentasen os usos; ademais, no caso do alumnado galegofalante, o ensino chegaba a funcionar como un axente castelanizador, especialmente nos centros de Educación Infantil das contornas urbanas, debido ao escaso contacto que os discentes tiñan, e aínda teñen, coa lingua propia fóra do ámbito familiar. Tendo en conta as súas características xerais, e tomando como base as achegas de Iglesias (2017: 5356) e Fernández, Lorenzo e Ramallo (2008: 6365) na epígrafe 3.4, agora cómpre establecer os tipos de ensino bilingüe que se aplicaron co devandito decreto.\nDeste xeito, e recordando os trazos básicos deste: a) uso do galego en Educación Infantil nun mínimo do 50% do horario total dos centros de Educación Infantil que están situados en contornas castelanfalantes; b) uso desta mesma lingua nun mínimo do 50% das horas totais en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria; e c) nestes dous últimos niveis educativos, a obriga de que o galego fose tanto a lingua vehicular (utilizada polo docente e a propia dos materiais curriculares) como a lingua de interacción (a empregada polo alumnado en tódalas intervencións orais e escritas) das materias destinadas ao seu uso, obtemos que o modelo de educación bilingüe para castelanfalantes consiste nun modelo de inmersión parcial.\nCon todo, cómpre lembrar que no decreto non se establecía un número de horas máximo para empregar o galego en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, coa excepción das materias restantes de lingua, polo que os centros que así o desexasen podían empregalo en máis do mínimo do 50% estipulado. Ademais, varios centros de Educación Infantil tamén desenvolveron programas experimentais onde se utilizaba exclusivamente o galego, polo que tamén posibilitaba o desenvolvemento de modelos de inmersión total para castelanfalantes.\nNo caso do alumnado galegofalante, o decreto intentaba contrarrestar a presión social derivada do predominio do castelán en contextos alleos á casa e á familia, onde aprenderon o galego. Mediante a proxección dunha imaxe positiva do galego e a súa presenza prioritaria no ensino, aplícabase un modelo de mantemento para evitar que se realizase un cambio de idioma, modificando o efecto castelanizador do ensino que caracterizara á lexislación anterior.\n4.2. Decreto 79/2010: unha diferenciación entre o igualitario e o equitativo\nA grandes trazos, xa no preámbulo do texto pódese inferir a oposición dos PPdG a calquera tipo de discriminación positiva da lingua galega, aducindo que resulta fundamental continuar co modelo de “conxunción lingüística” 8 que se desenvolvera cos decretos anteriores ao 124, e xustificando esta decisión pola necesidade de acadar\nAnálise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165\nun dominio pleno dos dous idiomas oficiais e, a maiores, de polo menos unha lingua estranxeira (a cursiva é nosa):\nO motivo polo que destacamos algúns fragmentos do texto anterior débese a que estes conteñen, precisamente, o argumentario que empregou o PPdG para defender a distribución de linguas a partes iguais que impera no Decreto 79/2010: para os conservadores, o modelo de “conxunción lingüística” permitía que o alumnado acadase unha competencia plena en galego e castelán, rexeitando para iso calquera tipo de discriminación positiva cara ao galego que predominaba no Decreto 124/2007. Ignoraron, pois, varios aspectos clave aos que xa nos viñemos referindo anteriormente: a) os resultados positivos doutros territorios en que se desenvolveron programas de inmersión, tales como a provincia canadiense de Quebec ou Cataluña, tal e como expuxemos nas epígrafes 3.4. e 3.5.; b) dentro da propia Galicia, traballos de avaliación de competencias como o do Instituto de Ciencias da Educación (ICE de agora en adiante) (Silva 2010), xa desenvolto na sección 3.2., que amosaban que o modelo de linguas desenvolto ata o momento no ensino non garantía a adquisición de competencias bilingües 9 ; c) o predominio do castelán no resto de ámbitos da sociedade, o que permitía que o coñecemento do castelán estivese máis que garantido.\nTamén merece especial mención que, no que respecta á distribución de linguas por materias, con este novo decreto permítese que os centros que dispoñen de proxectos plurilingües incorporen unha lingua estranxeira como o terceiro idioma vehicular do currículo, de maneira que nestes casos a porcentaxe de uso do galego queda reducida a un terzo do horario total. Esta decisión xustífícase no texto polos efectos da globalización, pero parece responder máis a unha mercantilización das linguas que a un verdadeiro compromiso por acadar unha competencia semellante en varios idiomas:\nCon este tipo de discurso, o PPdG pretendeu xustificar un modelo de ensino de linguas que lle concede ao castelán e ao inglés o mesmo grao de presenza co galego nas aulas, ignorando a desigualdade lingüística de base que impera non só en Galicia (entre o galego e o castelán), senón tamén no mundo moderno, debido ao valor que se lle concede ás frecuentemente chamadas “linguas globais”, consideradas unicamente polo seu potencial sociopolítico e económico. Noutras palabras, dende esta perspectiva os idiomas son concibidos como simples ferramentas que permiten a inclusión nun mercado laboral cada vez máis competitivo, pero sen ter en conta o respecto pola diversidade lingüística e polas linguas autóctonas e propias dun determinado territorio. Tal e como expón Ramallo (2017: 60), falamos dunha “mercantilización da lingua, sen outra finalidade que obedecer as ‘ordes’ dunha razón neoliberal deseñada para promover o fortalecemento do capital humano como única saída ao suxeito emprendedor”.\nPartindo deste argumentario, as características fundamentais do decreto correspóndense, precisamente, con todo o que se anulou do texto do bipartito. Tal e como fixemos na sección de análise do Decreto 124/2007, nesta nova epígrafe analizaremos máis en detalle cada un destes trazos que definen o Decreto 79/2010 e as súas diferenzas co texto anterior, clasificando os contidos en función do nivel educativo no que se aplican.\n4.2.1. Educación Infantil: consulta aos pais e lingua predominante na contorna\nNo tocante ao primeiro nivel de ensino, en todos os decretos de distribución de linguas que se foron sucedendo dende os anos oitenta ata a actualidade respectouse o principio, recollido na Lei de normalización, de que “todos os alumnos teñen o dereito a recibilo seu primeiro ensino na súa lingua lingua materna” (Xunta de Galicia, 14 de xullo do 1983: 1896). En todo caso, se ben no Decreto 124/2007 tamén se respectaba este criterio, tal e como vimos na sección 4.1., tamén se tiñan en conta os datos obtidos a través de fontes de consulta como o Mapa Sociolingüístico de Galicia, para así saber cal era a lingua predominante no alumnado.\nPorén, mentres que no texto do bipartito se consideraban o criterio das familias, os datos estatísticos e as fontes especializadas por igual, nun inicio no Decreto 79/2010 o PPdG unicamente tiña en conta “unha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais” (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 25 de maio do 2010: 9244) para decidir con obxectividade cal era a lingua máis empregada na contorna. Neste sentido, deixar a responsabilidade total desta decisión no criterio dos pais suporía un factor de risco que podería derivar nun predominio absoluto do castelán en Educación Infantil, tendo en conta que moitas xeracións de falantes aínda manifestan unhas actitudes que, se ben non son directamente negativas cara ao galego, tenden a amosar unha preferencia social polo castelán. Como afirman Janeiro e Álvarez (2013a: 19), “é ben coñecida a histórica negación da identidade galegofalante nunha ampla masa social onde aínda aniña unha diglosia inculcada a ferro. Polo tanto, un risco engadido é que a información familiar responda máis ao desexo ca á realidade”.\nPor outra banda, a eliminación, nas contornas urbanas, da introdución compensatoria do galego trouxo consigo dúas consecuencias principais: a) a eliminación dun dos escasos contextos de contacto, se non o único, coa lingua por parte das novas xeracións de castelanfalantes das grandes cidades galegas; e b) o incumprimento, por parte do PPdG, dun Plan xeral de normalización no que se recollía a necesidade de “fixar, como mínimo, un terzo do horario semanal en galego nestas etapas educativas para os contextos e contornos nos que a lingua predominante sexa o castelán” (Xunta de Galicia 2006: 102), e que no Decreto 124/2007 se aumentara ata un mínimo do\n50%.Non obstante, e a pesar de que o Decreto 79/2010 xa non permite un uso do mínimo do 50% nas contornas castelanfalantes, séguese recollendo a obriga do profesorado de procurar “que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo” (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 25 de maio do 2010: 9244). O problema que xorde aquí é que en ningún momento se especifica que grao de presenza debe ter o galego nestes contornos, o que provoca, segundo Iglesias (2018: 151) que “estes apartados da lexislación apenas se aplican na práctica, pois na maior parte dos casos os centros decántanse pola lingua predominante entre o alumnado, introducindo a outra de forma anecdótica ou incluso obviándoa totalmente”.\nDe feito, neste mesmo traballo a autora comproba que tipo de competencias lingüísticas se obteñen, coa aplicación do decreto, en alumnado de diferentes perfís sociolingüísticos; para iso, aplicouse unha entrevista ao alumnado de Educación Infantil cunha parte de conversa espontánea, e con outra parte baseada nun exercicio de identificación de imaxes. Ante a ausencia do suficiente input en galego da escola, considerada como o principal axente que podería reverter a falta de contacto con esta lingua nas contornas castelanfalantes, o estudo extrae dúas conclusións básicas sobre as competencias do alumnado situado nestes contextos: a) a maioría do alumnado, castelanfalante, non parece posuír un dominio equilibrado das dúas linguas, pois na parte de identificación de imaxes nomeaban case todas en castelán, sen ser quen de dicilo en galego; b) dos seis nenos galegofalantes de contornas castelanfalantes que participaron neste mesmo exercicio, cinco nomearon as imaxes maioritariamente en castelán, o que tamén parece deberse a un descenso nos usos do galego destes mesmos falantes, debido (entre outros factores) ao efecto castelanizador da escola (Iglesias 2018: 152157).\n4.2.2. Primaria, ESO e Bacharelato: reparto igualitario de linguas por materias e liberdade idiomática do alumnado\nO decreto do plurilingüismo baséase nun reparto equitativo de linguas, de maneira que un 50% das materias pasan a ser impartidas en galego e outro 50% en castelán. Esta porcentaxe, cómpre engadir, queda reducida a un 33% para cada lingua nos centros que incorporan unha lingua estranxeira como a vehicular dunha parte do currículo (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 25 de maio do 2010: 9244).\nDOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 59\ndebían posuír un coñecemento similar dos dous idiomas ao remataren cada ciclo educativo (Lei 3/1983: 1896). Polo tanto, debido a esta decisión do tribunal, o factor da obriga explícita de empregar o galego que predominaba no decreto do bipartito segue a estar presente no novo texto.\nEn esencia, coa aplicación do Decreto 79/2010 os populares anularon todos os usos prioritarios do galego que se fixeran co decreto anterior, rexeitando calquera medida compensatoria do idioma e obviando a situación de desigualdade entre os dous idiomas en calquera ámbito das esferas pública e privada de Galicia. Neste senso, non só se incumpría o establecido no Plan xeral de normalización no 2004, senón que tamén se ignoraban algúns dos puntos básicos da Lei de normalización, tales como priorizar o uso da lingua no ensino ou garantir unha competencia equiparable nos dous idiomas. De feito, traballos como os de Silva (2010: 62; 82) e Iglesias (2018: 152157), xa mencionados anteriormente, parecen indicar que este domino equiparable non chega a producirse, e o alumnado remata o ensino básico cunha competencia inferior en galego ca en castelán.\nDito doutro xeito, fíxose un tratamento supostamente igualitario entre o galego e o castelán nas aulas, pero sen ter en conta que, de acordo co marco legal vixente, estas deberían funcionar como un axente compensatorio da devandita desigualdade. Desta maneira, e coincidindo con Villares (2010: 46), o tratamento igualitario (división a partes iguais do grao de presenza de cada lingua) debería ser considerado non como un medio, senón como un fin que se debe acadar unha vez se acade a normalización ou igualdade plena entre o galego e o castelán; mentres tanto, o medio para obter ese obxectivo sería un predominio do uso do galego neste ámbito (o realmente equitativo).\n4.2.3. Un modelo de submersión para galegofalantes\nComo puidemos ver na análise deste decreto, unha distribución de linguas por materias do 50% para cada lingua, que queda reducida a un terzo para os centros que incorporan un idioma estranxeiro como vehicular, non permite que o alumnado galegofalante situado en contornas urbanas poida empregar a súa lingua propia sexa con normalidade. Por este motivo, o Decreto 79/2010 desenvolveu, acudindo de novo aos traballos de Iglesias (2017: 5455) e Fernández, Lorenzo e Ramallo (2008: 66), un modelo de submersión para os estudantes galegofalantes destes contextos, recuperando a escola a función castelanizadora que viñera desempeñando en tódolos decretos de distribución de linguas anteriores ao 124/2007.\n5. Conclusións e reflexión final\nCoa aprobación unánime do Plan xeral de normalización da lingua galega no 2003, sentáronse as bases para que a coalición de goberno entre o PSdG e o BNG elaborase un decreto co que, por primeira vez na historia, se priorizaría o uso do galego nas aulas. Tal e como puidemos ver nas páxinas anteriores, coas medidas do Decreto 124/2007 desenvolvéronse dous modelos de ensino bilingüe: un de mantemento da lingua propia para o alumnado galegofalante e outro de inmersión parcial para o castelanfalante, deixando á elección dos centros que o grao de uso da lingua galega se aumentase para obter un programa de inmersión total. Un exemplo disto constitúeno os programas experimentais que desenvolveron numerosos centros de Educación Infantil situados en contornas castelanfalantes.\nNon obstante, non se puido realizar unha comprobación dos efectos da aplicación do Decreto 124/2007 sobre as competencias lingüísticas do alumnado galego: despois de estar só tres cursos académicos en vigor, o retorno do PPdG ao goberno da Xunta derrogou o texto e substituíuno polo Decreto 79/2010, actualmente en vigor. Como xa puidemos comprobar, eliminouse calquera tipo de priorización da lingua galega nas aulas, facéndose un reparto lingüístico distribuído a partes iguais entre o castelán e o galego, que podía quedar reducido a un terzo no caso dos centros que incorporaban o inglés como o terceiro idioma do currículo. Ante a negación dun contacto suficiente coa súa lingua propia no ámbito educativo, este decreto funciona como un modelo de submersión para o estudantado galegofalante de contornas castelanófonas, converténdose a escola nun axente castelanizador, tal e como ocorría antes de que se aplicase o texto do bipartito. Atopámonos, pois, ante o primeiro decreto de distribución de linguas que retrocede no proceso de inclusión do galego no ensino dende que se aprobou a Lei de normalización lingüística.\nDespois da análise dos dous decretos, podemos inferir que, ademais dos modelos de ensino bilingüe que aplicou cada goberno, as ideoloxías lingüísticas que o separan son moi diferentes. No caso da coalición entre socialistas e nacionalistas, estes parecían ser plenamente conscientes da desigualdade social entre o galego e o castelán. A súa proposta, en definitiva, foi a de facer un uso compensatorio do galego para que todo o alumnado, independentemente de cal fose a súa lingua, acadase unhas competencias bilingües axeitadas. No que respecta á metodoloxía máis axeitada para conseguilas, os estudos sobre o ensino bilingüe extraen que o camiño máis axeitado para conseguilo é mediante a inmersión na lingua máis débil. Tal e como afirma Iglesias (2018: 157), “o máis recomendable é o ensino na lingua menos prestixiada socialmente, é dicir, un programa de inmersión (total ou parcial), xa que a lingua dominante xa conta con suficientes vías de entrada fóra da escola e, polo tanto, a súa competencia está garantida”. Noutras palabras, co Decreto 124/2007 realizouse, como xa mencionamos en varias ocasións ao longo deste traballo, unha priorización do galego nas aulas para intentar contrarrestar a desigualdade que impera no resto na sociedade. Neste senso, esta devandita priorización da lingua nas aulas constitúese como un medio para acadar a igualdade plena entre ambos os dous idiomas no conxunto da sociedade.\nPolos motivos que acabamos de expoñer, resulta evidente que o modelo de linguas aplicado no Decreto 79/2010 obvia a desigualdade lingüística de base que impera en Galicia. Aínda que resultan necesarios máis traballos que examinen o impacto da aplicación deste decreto sobre as competencias lingüísticas en galego dos alumnos, os escasos estudos realizados ao respecto (Iglesias 2018; Silva 2010), indican a menor competencia en galego do alumnado e a castelanización á que se ven sometidos o estudantes galegofalantes das contornas urbanas e semiurbanas, especialmente na Educación Infantil.\nCon todo, cómpre mencionar que, aínda que neste artigo fixemos unha análise dos decretos baseándonos na adquisición de competencias, a súa aplicación tamén terá un influxo sobre as actitudes e, especialmente, sobre os usos lingüísticos dunha lingua ou doutra. Como exemplo, basta con considerar que, nos programas de inmersión, a adquisición de competencias bilingües facilitará a liberdade de escolla entre un idioma ou outro, de xeito que a mocidade castelanfalante podería ter unha maior predisposición a usar esta lingua, mentres que a galegofalante disporía dun aliciente para conservar o seu idioma propio.\nEn síntese, a análise que realizamos ao longo das páxinas anteriores evidencia que, mentres que o goberno bipartito asumiu un compromiso pola normalización do galego e a adquisición dunha competencia plena por parte de toda a mocidade, o PPdG aplicou un decreto que rexeita o camiño que parece máis propicio para acadar a igualdade plena entre as linguas galega e castelá. Neste senso, cómpre desenvolver unha actividade investigadora que permita comprender cal foi o contexto discursivo que rodeou a estes dous decretos, cunha dobre finalidade: a) coñecer cales foron os erros cometidos polo bipartito, máis alá da simple derrota electoral, ao non ser quen de facer chegar á sociedade os obxectivos que se perseguían co Decreto 124/2007; b) inferir que tipo de estratexias empregou o PPdG para ocultar a súa verdadeira ideoloxía lingüística, traducida nun texto que parece prexudicar enormemente á lingua galega no ensino como o Decreto 79/2010.\nAnálise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego DOI http://dx.doi.org/10.15304/elg.12.5747 © 2020 Estudos de Lingüística Galega 12: 3165 63\nReferencias bibliográficas\nBaker, Colin. 1997. Fundamentos de educación bilingüe y bilingüismo. Madrid: Cátedra. (Tradución de Ángel Alonso; primeira edición en inglés 1993). Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidos nos diferentes niveis non universitarios. Diario Oficial de Galicia, 15 de setembro de 1995, 178, 6991. https://www. xunta.gal/dog/Publicados/1995/19950915/Anuncio4366_gl.html Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Diario Oficial de Galicia, 29 de xuño do 2007, 125, 1124711251. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2007/20070629/Anuncio22B3A_gl.html Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo non universitario de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 25 de maio do 2010, 97, 92429247. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20100525/Anuncio196D2_gl.html\nGutiérrez. 143161. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Janeiro, Xosé Luis & Andrés Alonso. 2013a. A lingua galega no ensino: reflexións sobre o decreto 124/2007. A letra miúda. Revista de sociolingüística para o ensino 3. http://coordinadoraendl.org/ aletramiuda/index.php?art=art5_n3.html (12/11/2018). Janeiro, Xosé Luis & Andrés Alonso. 2013b. O decreto 79/2010: Penélope e a lexislación lingüística. A letra miúda. Revista de sociolingüística para o ensino 4. http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/ index.php?art=art4_n4.html (12/11/2018).\nSeminario de Sociolingüística. 2016. Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 19922013. Santiago de Compostela: Real Academia Galega. http://publicacions.academia.gal/index.\nSerra, Josep. 2006. El plan de lengua y cohesión social en Cataluña: primeros datos de una investigación. Cultura y Educación 18 (2), 159172. https://doi.org/10.1174/113564006777973897"} {"summary": "Neste traballo coméntase o achádego de dúas novas especies de orquídeas na Serra do Courel. Estes datos complementan a información existente da Familia Orchidaceae nesta serra e no contexto global de Galicia e a Península Ibérica.", "text": "Artigo\nElvira Sahuquillo Balbuena\nNovas aportacións á orquideoflora da Serra do Courel (Galicia, NW Península Ibérica)\n Orquídeas · Biodiversidade · Ophrys e Listera. New contributions to the orchidological flora of the Serra do Courel (Galicia, NW Iberian Peninsula) Abstract In this study, the find of two new orchids at Serra do Courel is commented. These data improve knowledge about the F. Orchidaceae in this area and, therefore, in Galicia and the Iberian Peninsula.\nResultados\nOphrys sphegodes Mill. aparece dispersa nos areais costeiros sobre todo da provincia da Coruña e nalgunhas zonas montañosas do E das provincias de Lugo e Ourense. A presenza de Listera ovata (L.) R.Brown en Galicia é menos coñecida, con poucas citas nas provincias de A Coruña e Lugo.\nOphrys sphegodes inclúese no xénero Ophrys, constituído por orquídeas rechamantes pola curiosa transformación do seu labelo que lembra a diferentes tipos de insectos. Nesta especie o resto das pezas florais son de cor verdosa, o que a diferenza dos outros dous representantes do xénero presentes na Serra do Courel (O. apifera Hudson e O. scolopax Cavanilles, con pezas florais rosadas). O labelo en O. sphegodes é pardo escuro, con dúas protuberancias laterais e pubescencia na súa marxe, ademais de presentar unha mácula central satinada en forma de H, de cor violáceo (Fig. 1). Esta especie utiliza o engano sexual para ser polinizada axudándose, ademais de pola forma do seu labelo, polo efecto de substancias que emite semellantes ás feromonas dos insectos. Atrae polo xeral a himenópteros, normalmente da especie Andrena nigroaenea (Claessens & Kleynen, 2016). A forma do labelo desta especie é moi variable, polo que se describiron numerosas subespecies ao longo do seu rango de distribución, non existindo un acordo xeral sobre o seu status taxonómico (Pedersen &\nIntrodución\nComo resultado das recentes prospeccións florísticas pola Serra do Courel, no ano 2018 atopáronse dúas novas especies de orquídeas que completan o catálogo orquideolóxico courelao. Ata o momento citáronse 22 especies, o que representaba algo máis do 50% dos taxons presentes en Galicia (Sahuquillo 2018). As novas achegas elevan esta porcentaxe ao 60%, o que converte a Serra do Courel na mellor zona de Galicia para a observación das orquídeas silvestres. A continuación indícanse as novas\nElvira Sahuquillo Balbuena Dpto. Bioloxía. Facultade de Ciencias. Universidade da Coruña Email: elvira.sahuquillob@udc.es\nFaurholdt, 2007; Aedo & Herrero, 2005; Hermosilla Fernández, 2018). Florece na Serra do Courel de maio a xuño e trátase dun xeoelemento Mediterráneo, sendo a súa presenza testemuñal.\nAparece nos pasteiros desenvolvidos sobre os afloramentos calcarios, e polo tanto as súas poboacións forman parte da flora destes hábitats de interese comunitario (tipo de hábitat 6210*, Directiva Europea 92/43/CEE). Ademais, como a maioría das orquídeas, inclúese no anexo II do Convenio CITES, sobre o comercio de especies silvestres (Convention on International Trade in Endangered Species of Wild Fauna and Flora, 1986).\nListera ovata (L.) R.Brown é unha orquídea pouco rechamante, que pasa facilmente desapercibida pola súa coloración verdosa, que non destaca da contorna. Caracterízase e distínguese doutras orquídeas, ademais de pola súa cor, polas dúas únicas follas opostas que ten na base do tallo. Estas follas son moi características, amplas, ovais e con nervios paralelos ben marcados. As flores verdosas sitúanse nun acio terminal pouco aparente. Nelas é fácil observar o ovario, ben definido baixo o resto das pezas florais, e o labelo dividido en dous lóbulos terminais (Fig. 2). A súa estrutura floral favorece a entomofilia mediante recompensa, xa que ofrece abundante néctar na base do seu labelo, sendo visitada principalmente por avespas ichneumonidas aínda que tamén se observaron outros polinizadores coma os coleópteros (Claessens & Kleynen, 2016). Florece na Serra do Courel nos meses de xuño e xullo. Pola súa distribución xeral é considerada como un xeoelemento Euroasiático. É unha orquídea escasa na Serra do Caurel pero tamén en Galicia. A comunidade vexetal onde foi atopada na Serra do Courel é no sotobosque dun piñeiral con capudre aínda que pode aparecer en matogueiras abertas e pasteiros.\nTratase dunha especie moi escasa en Galicia, con poucas poboacións dispersas e de pequeno tamaño que debería ser tida en conta para a súa protección a nivel autonómico. Ao igual que no caso anterior, está incluída no convenio CITES que regula o comercio de especies silvestres (Convention on International Trade in Endangered Species of Wild Fauna and Flora, 1986).\nBibliografía\nAedo, C. & Herrero, A. (Eds.) (2005). Smilacaceae-"} {"summary": "A influencia recíproca dos sistemas literarios infantil e xuvenil e da literatura para adultos é unha constante dende as primeiras obras ‘gañadas’ que iniciaron o proceso de constitución da Literatura Infantil e Xuvenil. O presente artigo dá conta da evolución desa relación a través da análise da construción fantástica da novela para público adulto Every Heart A Doorway [traducida ao español como Cada corazón, un umbral ], escrita por Seanan McGuire e publicada orixinalmente no 2016, gañadora dos Premios Hugo, Locus e Nébula 2017, algúns dos galardóns máis importantes da literatura fantástica. O foco de atención situarase en como se crea unha narrativa fantástica complicada de tipificar que se constrúe a través da intertextualidade coa fórmula fantástica máis utilizada no sistema literario Infantil e Xuvenil, na cal a crianza protagonista viaxa dende o mundo primario (realista) ao mundo secundario (fantástico), do cal regresa tras dunha experiencia enriquecedora e complicada que lle fai ollar o mundo con outros ollos.", "text": "intertextual de Cada corazón, un umbral\nRocío GPedreira\n[Recibido, 31 marzo 2019; aceptado, 10 xuño 2019]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.54.5942\n intertextualidade; literatura fantástica; Literatura Infantil e Xuvenil; Seanan McGuire; Wayward Children.\nAs dúas novelas protagonizadas pola pequena Alicia viaxando até o mundo das Marabillas asentan a creación do mundo fantástico nos soños e na capacidade imaxinativa da nena que, paralelamente, fan referencia ao talento do seu autor, Lewis Carroll. Teresa Colomer (2010: 123) destaca a relevancia crucial desta obra dentro do sistema infantil e xuvenil por supoñer “el origen real de la entronización del modelo literario fantástico para niños y la constitución decisiva de una literatura infantil y juvenil con voz propia”. En efecto, os investigadores Michael Levy e Farah Mendlesohn, no monográfico dedicado á literatura infantil fantástica titulado Children’s Fantasy Literature. An Introduction (2016), explican que a fantasía literaria como modalidade dentro da Literatura Infantil e Xuvenil (a partir de agora LIX) destácase por ter una dimensión propia e autónoma en relación á literatura de adultos, que se fixo máis clara a finais do século XX debido ao inesperado éxito de sagas como Harry Potter de J. K. Rowling, ou His Dark Materials de Philip Pullman. Porén, non estamos a falar de modalidades que se diferencian, especificamente, pola construción da trama, as técnicas de inclusión do fantástico ou a forma e presenza do elemento imposíbel, podendo tratarse de construcións análogas. A diferenza coa LIX fantástica reside na intencionalidade do autor de crear uns personaxes con intereses e motivacións próximas ao lectorado implícito e situacións que lles resulten atractivas e suxestivas, permitindo a conexión efectiva (e afectiva) entre ambos suxeitos. Gates, Steffel e Molson (2003: 9) afirman que se trata dun requisito fundamental nas obras fantásticas para este público, because the fantasy is first of all a children’s book, it must already have a child protagonist, and adult character, or a humanlike protagonist -a talking animal, a toy come alive, some imaginary creaturewith which a child can readily identify.\nUnha das fórmulas máis repetidas na construción de narrativas fantásticas na LIX é a que asenta no desprazamento da crianza protagonista dende o mundo primario (real) até o secundario (fantástico), que tende a realizarse a través de portais. Así o fixeron tamén os irmáns Pevensey cara a Narnia na heptaloxía escrita por C. S. Lewis ou Wendy e os seus irmáns voando ao País de Nunca Xamais na obra de James M. Barrie. Son moitos outros os títulos que se poderían mencionar, pero a escolla destes concretos non é froito do azar. En todas estas novelas a viaxe ao mundo secundario repítese en máis dunha ocasión, até transformar o mundo fantástico nun mundo posíbel, que lexitima a súa existencia nunha dimensión paralela. Pero o seu acceso ten unha limitación moi concreta: só apto para non adultos.\nNeste momento do desenvolvemento do estudo, a hipótese de partida sería: como afectaría esa imposibilidade dos protagonistas de volver aos mundos secundarios se foran persoas reais e non personaxes de ficción? Máis aínda se se ten en conta que é precisamente neses mundos onde atopan o seu lugar e desenvolven o sentimento de pertenza. Arredor desta premisa constrúe a súa ficción fantástica a escritora estadounidense Seanan McGuire (California, 1978), autora de Every Heart A Doorway 1, primeira parte da serie de novelas coñecida como Wayward Children, gañadora dos Premios Hugo, Locus e Nébula 2017. A novela foi publicada orixinalmente no 2016, a segunda da serie un ano máis tarde, a terceira no 2018 e a cuarta a comezos deste ano. Trátanse todas elas de historias independentes centradas en momentos da vida de varios personaxes que son introducidos na primeira entrega e relacionados, todos eles, coa “Residencia para niños descarriados de Eleanor West”.\nA obra sobre a que xira este artigo está protagonizada por Nancy, unha moza de dezasete anos que desaparecera varios meses do seu fogar, cuxo carácter e forma de ser cambia radicalmente cando regresa, tratándose agora dunha rapaza apagada, reservada e moi estática, cuxo gusto estético e estilo de vestir está protagonizado pola cor negra e as prendas pouco chamativas. Cando volve ao seu fogar, Nancy explícalle aos pais que cruzou un portal que a levou ao Inframundo, aos Salóns dos Mortos, onde habitou durante anos co Señor dos Mortos, onde de verdade se sentira ela mesma por primeira vez na súa vida. Os pais de Nancy asumen que esta historia vén derivada do trauma causado polo secuestro e o que alí puido ver ou sufrir. Ante o fracaso ao intentar volver recuperar á nena que unha vez fora, deciden enviala á escola de Eleanor West e, na primeira reunión coa directora, explícaselles que alí intentan axudar a curar a adolescentes na mesma situación que a súa filla. O certo é que se trata dun discurso perfectamente pensado e teatralizado que Eleanor utiliza para convencer aos pais de que deixen con ela aos seus fillos, sen saber que a propia directora foi unha deses nenas que viaxou a un mundo fantástico e espera a posibilidade de volver mentres intenta axudar a outros coma ela e aprender máis sobre os portais e os mundos que están detrás.\nDurante a estancia no centro comezan unha serie de asasinatos similares, nos cales os alumnos que aparecen mortos teñen extraída a parte do seu corpo que os caracteriza e fai especiais, que parece ser a motivación da aparición dos portais que lles dan entrada aos distintos mundos. A trama vai explorando a natureza de distintos personaxes, a súa vida antes e despois dos portais e o día a día na escola, que cambia radicalmente debido aos crimes que rematan por ser resoltos a nivel interno, posto que facelos públicos sería o fin da institución. Comézase por unha fantasía subliminal na cal a existencia do fantástico podería explicarse debido á capacidade de fabulación ou a unha resposta e concepción fantasiosa da realidade dos personaxes derivada dun evento traumático, que remata por cambiar as regras naturais da realidade para dar cabida á existencia efectiva do fantástico e de todos os mundos aos que se fai referencia.\nO obxectivo da presente nota é analizar de que xeito se constrúe a trama da obra a través do diálogo intertextual cunha das máis recorrentes tipoloxías da LIX fantástica, facendo referencia tanto á deconstrución do modelo como punto de partida da trama como á referencia explícita no libro a obras reais e coñecidas da literatura fantástica que, a través dun xogo metaliterario, buscan darlle veracidade ao elemento fantástico. Por último, e aínda que dun xeito moito menos profundo, tamén se fai referencia á exploración de realidades e problemáticas contemporáneas, cuxa crítica social é posíbel grazas á presenza de mundos fantásticos, desbotando de xeito notorio os argumentos que seguen vendo esta modalidade como literatura “escapista”.\nCada corazón, un umbral : unha fantasía difícil de catalogar\nA novela escrita por McGuire comeza no mundo primariorealista, que nunca se abandona en ningún momento da historia. A información e as referencias aos mundos fantásticos fanas os propios personaxes cando recordan e falan das súas viaxes e de como eran eses lugares. No inicio, acompañamos a Nancy na súa chegada á escola, despois de que seus pais se reuniran coa directora e aceptaran internala, desesperados por non ser capaces de recuperar a filla que tiñan antes de desaparecer. Dende ese primeiro momento, o lectorado atópase perdido ante dúas posturas opostas entre as que se debe debater: aceptar que os mundos realmente existen e tomar partido polos residentes da escola, ou decantarse pola opción dos familiares, que cren que toda a fabulación das viaxes a mundos é consecuencia dalgún evento traumático vivido durante o período que estiveron desaparecidos.\nEsta liña argumental continúa até ben avanzada a obra, mantendo a ficción dentro do campo das liminal fantasies 2. Non obstante, esta percepción é só do lector, que pouco a pouco parece chamado a aproximarse á posición de Eleanor e dos demais alumnos debido a que a historia se focaliza neles, e os familiares pasan completamente a un segundo plano. Cando Nancy se converte en residente da escola empeza a entender que o seu caso non é único e que hai moitos máis coma ela, aínda que tamén diferentes, dependendo das personalidades de cada un e dos mundos a onde viaxaran. A dinámica de mundos, que será tratada no seguinte apartado do artigo, vaise explicando pouco a pouco a través da voz dos alumnos, de Eleanor e de Lundy, a terapeuta especializada en psicoloxía infantil, cuxo aspecto era dunha nena de oito anos. Ela tamén viaxara a un mundo cando era pequena, de onde sería expulsada ao cumprir dezaoito anos. Lundy pedíralle axuda ao boticario para impedilo e rematara por deixar o mundo despois de ir contra as normas e condenada a rexuvenecer unha semana cada mes de vida. Por esta razón, a muller adulta estaba atrapada nun corpo infantil que continuaba a minguar.\nO feito de que Sumi non tivera familiares vivos facía máis fácil ocultar o asasinato para que os demais puideran seguir asistindo á escola normalmente, pero cando aparece morta Loriel cos ollos arrancados, Eleanor debe tomar unha decisión. Despois de advertirlles do perigo, ábrelles a porta da escola aos que queiran ir coas súas familias e poñerse a salvo, aínda que esa non é unha solución válida para a maioría deles, que non son comprendidos nin apoiados nos seus fogares. Tamén ofrece o seu portal aos que viaxaran a mundos similares ao seu para que se mantiveran a salvo, aínda que iso supoñía poñer en perigo a posibilidade de regresar. Por último, pídelle axuda a Jack para que borre todo rastro do corpo de Loriel. A rapaza, asistida por Kade, Nancy e Christopher, disponse a disolver o cadáver en ácido. Durante este labor, Jack analiza o corpo e confirma que a causa da morte son as implicacións da extirpación das partes extraídas, que fora realizada coa alumna aínda viva. Isto é o que lles permite empezar a construír a teoría de que os asasinatos buscaban coleccionar as partes que fan aos alumnos proclives a ter acceso a un portal.\nChristopher protagoniza o momento no que o evento que rompe as leis da natureza se presenta de maneira explícita e a historia deixa de seguir a retórica das liminal fantasies para pasar a confirmar a existencia dos portais e, por tanto, desvelarse como unha portalquest fantasy. Cando xa só quedan os ósos do corpo de Loriel, Christopher toca a súa frauta e o cadáver comeza a danzar seguindo as indicacións do mozo. Antes de levalo a un lugar do exterior onde darlle sepultura, Jack aproveita para preguntarlle quen fora o asasino, mais o esqueleto responde sinalando ao baleiro ao lado da rapaza. Esta pista, unido ao asasinato da profesora Lundy, que aparece co cerebro extirpado, e da desaparición de Seraphina, unha alumna de beleza inigualábel, parecen ir confirmando a teoría na mente de Jack de que alguén intenta crear un corpo a partir das partes dos demais para forzar a apertura dun portal. A última agresión é á propia Jack, que remata malferida pero viva, e confirma a súa sospeita: a culpábel era Jill. Jack aproveita este momento para descubrir a verdade, que ela decidira abandonar o mundo ao que viaxaran para salvar a vida de súa irmá, que era perseguida polos aldeáns logo de matar a varios mozos do pobo para intentar conseguir o beneplácito do Amo e que a transformara en vampiro. Para evitar que rematara por asasinar tamén a Seraphina, Jack apuñala a súa irmá, para inmediatamente despois abrir o portal e cruzalo co corpo de Jill, onde a podería resucitar e, deste xeito, evitar que se convertera nun mostro. Só os vivos poden transformarse en vampiros.\nO capítulo final da obra volve sorprender ao lector e dar un xiro inesperado. Despois de que as cousas se tranquilizan e Nancy parece atopar un lugar no mundo real que non lle é totalmente remiso, onde se proxecta de cara ao futuro concibindo a posibilidade de aprender a ser nalgunha medida feliz, o achado dunha carta deixada por Sumi antes de morrer co obxectivo de chegar á rapaza se rematara por renderse e volver con seus pais, provoca a aparición do portal. A carta en cuestión lanzaba unha mensaxe de empoderamento e autodeterminación que lle recordaba a Nancy que a única que pode decidir sobre o seu futuro é ela mesma:\nNo eres el arcoíris de nadie. No eres la princesa de nadie. No eres la puerta de nadie, salvo la tuya, y la única persona que puede decirte cómo termina tu historia eres tú (McGuire, 2018: 180).\nEn síntese, a obra de McGuire remataría por agruparse dentro do último grupo do que fala Mendlesohn, as fantasías irregulares, cuxas particularidades non fan posíbel a súa inclusión dentro de ningún dos demais tipos. A súa principal característica é a volubilidade dos aspectos que a converterían nunha tipoloxía fixa e a viaxe que fai por todas elas. Sería o que Mendlesohn denomina “metatextual fantasies”, onde os personaxes existen nun mundo imaxinario dentro do mundo real, pero levado ao extremo: Eleanor, Nancy e os demais residentes na escola pertencen ao mundo real, pero o sentimento de pertenza, entendido como a sensación de benestar creada por un contexto que complementa ao individuo e o fai sentir propio desa realidade e libre nas súas accións e pensamentos, só o conseguen nos mundos imaxinarios.\nPor outra parte, tamén nos atopamos coas xemelgas Jack e Jill 3. No seu caso, ambas foron traídas ao mundo por seus pais na busca da aceptación social dos seus respectivos grupos de iguais. A nai quería unha nena bonita, educada e correcta da que presumir, e o pai un neno forte, decidido e emprendedor que remataría por seguir os seus pasos cun traballo lonxe do ambiente doméstico. Ningún dos dous vían o feito de ter descendencia como algo máis alá dun medio para conseguir un fin puramente egoísta e narcisista, e cando descobren que esperan dous bebés e non un comezan a soñar coa consecución das aspiracións de ambos dunha sentada. Por iso, cando nacen dúas nenas iguais, proxectan sobre elas a realidade que queren ver e non a verdadeira, e constrúen dúas personalidades opostas que non coinciden coa\nesencia e a natureza das pequenas. Cando finalmente ambas viaxan a través do portal, séntense libres de deixar saír as súas personalidades e rematan por descubrir que seus pais as encerraran con expectativas e imposicións contrarias a elas mesmas. Unha crítica directa á sociedade patriarcal e ao machismo que desencadea a creación de arquetipos de xénero que coartan as liberdades das persoas, mulleres e homes.\nMais as mensaxes feministas que condenan as situacións sociais opresoras que non permiten ás nenas elixir e actuar con liberdade son tamén tratadas noutros momentos da obra. Nalgunha das ocasións son reflexións que xorden a partir da visión ou interpretación que fan da realidade os personaxes, como neste fragmento onde Nancy compara a dieta rica en ferro que segue Jill para ser máis apetecíbel para o seu Amo vampiro coa das rapazas da súa idade que coñecera:\nToda su vida había conocido chicas que estaban a dieta. Aunque en muy pocas ocasiones, si acaso en alguno, con el objetivo de tener la sangre rica en hierro. La mayoría andaba tras una cintura más fina, un cutis más radiante o un novio más rico, estimuladas por un aborrecimiento hacia sí mismas profundamente arraigado, fabricado para ellas antes de que tuviesen edad suficiente para darse cuenta de en qué tipo de arenas movedizas se estaban hundiendo (McGuire, 2018: 51).\nAdemais, McGuire decide que as nenas sexan as máis proclives a desaparecer e cruzar a través dun portal e xustifica esta elección no papel secundario que tradicionalmente viñeron interpretando, derivado da exclusión das mulleres do ámbito público, forzándoas a desempeñar roles secundarios e menos visíbeis. Na novela, a terapeuta Lundy responde á pregunta de Nancy sobre por que son máis rapazas na escola facendo referencia ao machismo como unha actitude aprendida e non innata no ser humano:\n– Porque eso que se dice de que “los niños son más revoltosos que las niñas” es una de esas profecías que acarrean su cumplimiento –respondió Lundy–. En general, los niños son demasiado bulliciosos para que se los pase por alto o se pierdan con facilidad; cuando desaparecen de casa, los padres organizan batidas de rescate para que los busquen en los pantanos y los alejen de los estanques. No es algo innato, sino aprendido, pero que los protege de las puertas, los mantiene en la seguridad del hogar. Llámelo ironía si quiere, pero pasamos tanto tiempo esperando que nuestros niños se desvíen del buen camino que nunca tienen oportunidad de hacerlo. En el silencio de los hombres se repara. Con el silencio de las mujeres se cuenta (McGuire, 2018: 6162).\nO dobre xogo intertextual\nA partir dos estudos de Mikhaïl Bakhtine, Julia Kristeva acuñou no 1969 o termo intertextualidade para facer referencia á necesaria relación dun texto novo cos demais xa existentes, afastándose da concepción dominante nos estudos literarios e culturais das correntes formalestruturalista, filolóxica e historiográfica. Segundo a autora, “any text is constructed as a mosaic of quotations; any text is the absorption and transformation of another. The notion of intertextuality replaces that of intersubjectivity, and poetic language is read as at least double” (Kristeva, 1986: 37). Isto supón que todo autor, durante a creación da súa obra, mantén un diálogo explícito e/ou implícito cos textos anteriores. Aínda que houbo outros importantes autores que continuaron a falar do tema 4, a madurez filosófica do termo chega nos anos oitenta de man de Gérard Genette. Na súa obra Palimpsestes. La Littérature au second degré (1982), o autor agrupa dunha maneira global a interrelación de diversos textos baixo o termo “transtextualidade”, e define cinco tipos de relacións transtextuais: a intertextualidade, cando existe presenza textual efectiva dun texto noutro, ben como alusión, plaxio ou cita; a paratextualidade, que sería a relación dun texto cos paratextos que o rodean; a metatextualidade, a relación crítica que establece un texto con outro do que fala sen ter por que citalo ou nomealo; hipertextualidade, que sería a inclusión dun texto A –hipotexto– nun texto posterior B –hipertexto–, como acontece no caso da parodia, da reescritura ou da tradución; e, por último, arquitextualidade, unha relación completamente muda que, ao máximo, articula unha mención paratextual de simple pertenza taxonómica.\nNa entrada correspondente ao termo intertextualidade do Dicionario de termos literarios dirixido polo Equipo Glifo (sen data), explícase que existe un concepto máis operativo de intertextualidade que busca identificar, clasificar e interpretar a vinculación máis ou menos directa dun texto con outros aos que alude de xeito explícito ou implícito. Deste xeito, fálase de dous puntos de vista diferentes:\no primeiro punto de vista é transcendental (intertextualidade como condición de posibilidade de textos) e considera a obra literaria desde unha perspectiva esencialmente teórica, o segundo é empírico (intertextualidade como vinculación empírica entre uns textos e outros) e se relaciona coa crítica literaria, no sentido de que supón a análise concreta dunha obra determinada.\nA análise proposta neste artigo atópase na segunda liña mencionada. McGuire pon en práctica diversos mecanismos intertextuais para elaborar unha reconstrución da fórmula narrativa do fantástico máis utilizada na LIX que corresponde ao grupo das portalquest fantasies, é dicir, aqueles relatos nos que a crianza protagonista viaxa a través dun portal dende o mundo primariorealista ao mundo secundariofantástico. Nesta ocasión non se trata dun hipotexto concreto posto que non se fai referencia a unha única obra, senón á forma de construír unha tipoloxía de narrativa fantástica. Este xogo intertextual constrúese en base a dous núcleos: a intertextualidade co modelo das portalquest fantasy que permite lexitimar a realidade dos portais e dos mundos fantásticos dentro da realidade da ficción, e a construción dun complicado sistema de mundos cunha complexa estrutura teórica estudada e traballada dentro da escola.\nNo primeiro caso, podemos atoparnos referencias explícitas a obras concretas do modelo, que axudan a lexitimar a veracidade do fantástico atribuíndolles unha existencia no campo do real dentro da ficción, ou reforzando a súa natureza literaria. En primeiro lugar, cando Nancy comeza a coñecer máis datos “reais” sobre a viaxe a través de portais da man dos seus compañeiros e profesoras fai referencia a Alice in Wonderland (1865) de Lewis Carroll, sen deixar claro se a realidade da ficción lle dá veracidade á historia de Alicia alén do literario:\n– Bueno, de pequeña leí Alicia en el País de las Maravillas, pero jamás pensé demasiado en cómo habría sido para Alicia regresar a su mundo de partida. Me imaginé que se habría limitado a encogerse de hombros y seguir adelante. Pero yo no puedo hacer eso. Cada vez que cierro los ojos, me encuentro de vuelta en mi verdadera cama, en mi verdadera habitación, y el sueño es todo esto (McGuire, 2018: 5253).\nOutra das referencias explícitas que se realiza é a heptaloxía sobre The Chronicles of Narnia (19501956) de C. S. Lewis. Nunha conversación que manteñen os alumnos con Eleanor e Lundy, dous deles enfrontan as súas perspectivas con respecto á veracidade das viaxes dos irmáns Pevensey, posto que un deles as utiliza como referencia para aferrarse á esperanza de que o portal que o leva ao seu mundo remate por aparecer, e o outro retorna as obras á súa existencia puramente literaria, a “real” dentro e fóra da novela:\n– ¿Y qué pasa con mundos como Narnia? –preguntó Christopher—. Esos niños atravesaron todo tipo de puertas distintas, y siempre acababan volviendo con el gran león parlante.\n– Eso es porque Narnia era una alegoría cristiana que se hacía pasar por una serie de fantasía, gilipollas –le espetó uno de los otros chicos–. C. S. Lewis nunca atravesó puerta alguna. No sabía cómo funcionaban. Quería contar una historia y, como probablemente había oído hablar de niños como nosotros, se inventó todas esas paridas. Lo mismo que todos esos otros autores. Se inventaron paridas y se hicieron famosos. Nosotros contamos la verdad y nuestros padres nos meten en esta loquería con pretensiones (McGuire, 2018: 106).\nDe maneira menos explícita, o Peter and Wendy (1911) de James M. Barrie aparece de maneira reiterada na imposibilidade dos adultos de volver aos mundos fantásticos nas vivencias de Eleanor e Lundy. No primeiro caso, a historia da directora é distinta á meirande parte do alumnado, posto que ela sabe onde está o seu portal, pero non cumpre o requisito máis importante para volver, ser unha nena:\nNo hacía falta que dijese qué era lo que más deseaba, porque ellos compartían su anhelo, su deseo implacable y brutal: lo que más deseaba era una puerta, y lo que esperaba al otro lado. Sin embargo, a diferencia del resto, Eleanor sabía dónde estaba su puerta, pero por el momento estaba cerrada para ella, hasta que consiguiera encontrar el camino de vuelta a la infancia (McGuire, 2018: 106).\nEsta é a mesma condición coa que se atoparon Wendy e seus irmáns, quen desbotaron a idea de volver por darlle prioridade ao valor de ter unha nai.\nEleanor cre que ten unha oportunidade e así llo explica a Kade, quen despois llo relata a Nancy: – Me dijo que estaba esperando a padecer demencia senil, igual que les había pasado a sus padres, porque cuando pierda la cabeza lo suficiente, volverá a ser capaz de tolerar el Sinsentido. Va a estar al frente de esta escuela hasta que olvide por qué no regresa a su mundo y, entonces, cuando sí regrese, podrá quedarse (McGuire, 2018: 74).\nNo caso de Lundy, ela ten aspecto de nena despois de intentar evitar medrar para poder quedarse no seu mundo. Igual que sucedeu no caso dos demais alumnos, o mundo fantástico é o que ve realmente a persoa que é cada un deles tras o seu físico, e a terapeuta perde toda oportunidade de volver porque, na realidade, ela xa é adulta.\nPor último, tamén se fai referencia a personaxes propias da literatura oral e do folclore, como vampiros, mortos viventes, trasgos ou fadas, que van aparecendo nos relatos sobre os distintos tipos de mundos aos que viaxan os alumnos.\nLogo de lexitimar a veracidade da existencia de mundos fantásticos accesíbeis a través de portais que para o lector só existen a nivel literario, a novela desenvolve unha complicada estrutura teórica para o entendemento do fenómeno que é transmitida por Eleanor e Lundy ao alumnado. Na novela utilízase o “mundo real” e os catro puntos cardinais, norte, sur, este e oeste, para crear unha rosa dos ventos aplicábel aos mundos portal cuxas direccións principais son Sensentido, Lóxica, Maldade e Virtude. Ademais, tamén existen subdireccións secundarias que poden ou non coincidir con un lugar. Jack explícalle a Nancy a relación das direccións principais neste fragmento bastante clarificador:\nLa mayoría de mundos o bien son altos en Sinsentido o bien lo son en Lógica, y sobre esa base se añade un cierto grado de Maldad o Virtud. Un sorprendente número de mundos Sinsentido son Virtuosos. Es como si fuesen capaces de mantener la atención el tiempo suficiente para maldades que vayan más allá de travesurillas sin importancia (McGuire, 2018: 52).\nDe maneira gráfica, os mundos portais responderían á seguinte figura:\nA complexa multitude de conexións que establece a novela de McGuire con obras fantásticas anteriores demándalle ao lector unha bagaxe literaria 5 previa na cal predominen as obras literarias infantoxuvenís. Non obstante, Cada corazón, un umbral non está pensada para o público máis novo, non\n(2004: 144) que o define como “el mecanismo que activa selectivamente saberes y estrategias para establecer asociaciones de carácter metaliterario e intertextual”.\né a infancia o seu lectorado implícito nin está dentro dunha colección desas características. A obra busca lectores que boten a vista atrás e recorden como recibían e procesaban esas narrativas en estadios evolutivos anteriores e preséntase como un reto ao alcance dos que non esquecen nin cuestionan a capacidade do fantástico de remover e de transcender.\nConclusión\nA realización do presente artigo permitiu certificar varias hipóteses inicias arredor da relación contemporánea entre os sistemas literarios infantil e xuvenil e o da literatura de adultos a través da análise dunha obra fantástica tan diferente, creativa e suxestiva como a de McGuire.\nEn primeiro lugar, esta obra dá conta da existencia de relacións intertextuais de obras de adultos que beben directamente da LIX, aínda que sexa máis recorrente ao contrario, e que o fan explícito na construción do hipertexto. Ademais, tamén deixa patente que a diferenza entre a fantasía para os máis novos e a dirixida a adultos non reside na trama que se conte. Unha historia sobre uns nenos que buscan a maneira de volver cruzar os portais que os levan a mundos fantásticos que algunha vez tiveron visitado parece máis proclive a formar parte dunha colección dirixida aos máis novos. McGuire demostra que o que importa é o “como se conta”, por enriba do “que se conta”, e constrúe unha obra afastada dos intereses máis próximos á infancia posto que a intención da autora non é chegar a ese lectorado. O hipertexto final, dentro do sistema literario, mira de fronte ao sistema infantoxuvenil sen sentirse superior e establece un diálogo entre iguais.\nPor outra parte, a existencia desta novela tamén segue a contrariar a afirmación de que a fantasía non pode comprometerse coa sociedade e as súas problemáticas e desenvolver historias con mensaxes e críticas que non deixen indiferente a ninguén. A suposta banalidade da fantasía non se pode sustentar nunha aproximación superficial a estas obras, que precisan de dous niveis de lectura: o propio da decodificación da mensaxe e o correspondente á decodificación da intencionalidade do elemento fantástico, sen que a xustificación da súa existencia sexa un aspecto ou criterio avaliábel no xuízo estético dunha obra.\nA escolla de Cada corazón, un umbral para a realización do estudo vén motivada pola calidade da novela, que supuxo o seu recoñecemento tamén a nivel de premios, polo eloxio que fai da infancia sen ser o seu lectorado implícito e buscando a complicidade dos adultos, pola escolla dun modelo fantástico que segue falto de estudos e visibilidade, especialmente en España e, ademais, porque é unha obra escrita por unha muller. Isto pode parecer algo sen importancia, e co tempo así debe ser; pero, a día de hoxe, segue sendo necesario reivindicar a figura das mulleres que escriben obras de modalidades xenéricas como a fantasía, que durante moito tempo foi etiquetada como\n“territorio de homes”. Rocío GPedreira CIECIE-Universidade do Minho/ ICEUniversidade de Santiago de Compostela Bibliografía Barthes, Roland. 1973. Le plaisir du texte. París: Editions Du Seuil. Camacho Guizado, Eduardo. 2003. “Acerca de los géneros de lo fantástico, lo maravilloso y la mitoficción”, en Literatura: teoría, historia, crítica, nº 5, pp. 6178. DOI http://dx.doi.org/10.15446/lthc. Colomer, Teresa. 2010. Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis. Equipo Glifo. 1998. Dicionario de termos literarios. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.\nhttp://www.cirp.gal/pls/bal2/f?p=106:2:4533450474228408427::NO:2:P2_TERMO:intertextualidade [Consulta 25/02/2019]."} {"summary": "Esta investigación, motivada pola literatura previa, ten como obxectivo estudar o efecto do xénero do CEO na supervivencia das pequenas e medianas empresas (pemes) do sector agroalimentario español ao longo do tempo. A elección de España débese a que é un dos países con maior taxa de supervivencia das pemes. Con este fin, levouse a cabo unha análise empírica dos patróns das pemes do sector agroalimentario durante o período 20002015. Para iso, seguiuse o método de KaplanMeier para unha análise univariante da supervivencia, e unha regresión lineal para a análise multivariada. Os resultados mostran que as pemes do sector agroalimentario teñen máis probabilidades de sobrevivir se son dirixidas por mulleres. Neste sentido, esta investigación pon de manifesto a necesidade de promover e desenvolver políticas e programas que faciliten a presenza de mulleres neste tipo de postos de responsabilidade.", "text": "ARTIGO\nO xénero do CEO como determinante da supervivencia da empresa: o caso das pemes agroalimentarias españolas\n\nXénero / CEO / Supervivencia / Pemes / Sector agroalimentario.\nThe gender of the CEO as a determinant of the survival of the company: The case of Spanish agrifood SMEs\n1. Introdución\nAs pequenas e medianas empresas configúranse desde o punto de vista da súa taxonomía (por exemplo, tamaño ou estrutura de propiedade) en unidade produtiva clave dinamizadora da economía (Gieure e BuendíaMartínez, 2016). Malia as limitacións coas que este tipo de empresas contan fronte a competidores de maiores dimensións, as pemes contribúen de forma neta á creación de postos de traballo, ao incremento da innovación e da produtividade (Van Praag e Versloot, 2007) e, en definitiva, a\n* Correspondencia autora: mercedes.luque@uco.es\nLuqueVílchez, M., RodríguezGutiérrez, P., e GuerreroBaena, M. D. Revista Galega de Economía 2019, 28 (1), 112 2 impulsar o crecemento económicosocial dos territorios onde desenvolven a súa actividade (Acs, Braunerhjelm, Audretsch e Carlsson, 2009). Entre os problemas máis frecuentes que presentan estas organizacións atópase a relativamente alta taxa de fracaso, como sinalan diferentes fontes (e.g. Eurostat, 2015). En concreto, en España a taxa de supervivencia das pemes, despois de cinco anos desde a súa posta en marcha, é do 53, 3%. Esa taxa é a máis alta da Unión Europea (Carnazza, 2011).\nAnte a elevada taxa de fracaso entre as pemes, a literatura previa sinala a necesidade de levar a cabo unha maior cantidade de investigacións sobre os factores que inflúen na supervivencia daquelas (Gieure e BuendíaMartínez, 2016). Ata a data, os estudos sobre esta cuestión enfocáronse en dúas tipoloxías de variables que poderían explicar a supervivencia da peme ao longo do tempo: factores internos (da empresa) e factores externos (do contexto no que a empresa desenvolve a súa actividade) (ManjónAntolín e ArauzoCarod, 2008). En relación coas variables internas, a literatura existente sobre esta cuestión ofrece explicacións sobre as tendencias de supervivencia das empresas, e baséase principalmente para iso en factores como a idade e o tamaño destas. A xeneralidade dos estudos amosou esta relación desde que Stinchcombe (2000) acuñase o termo liability of newness (desvantaxe da novidade) para describir a\npredisposición das organizacións máis novas a ter unha taxa de fracaso máis elevada que as daquelas máis establecidas. Pártese do suposto de que as empresas de máis recente creación non teñen relacións moi definidas cos seus clientes, ademais de presentaren baixos niveis de lexitimidade e de capacidade de competición contra organizacións máis establecidas. En relación co tamaño, o termo liability of smallness (desvantaxe do tamaño) (Aldrich e Auster, 1986) explica que as empresas pequenas tenden máis a saír do mercado do que as de maior tamaño. En relación cos factores externos, variables como o sector ou o ciclo económico son os que recibiron unha maior atención (SimónMoya, Revuelto-\n-Taboada e RibeiroSoriano, 2016).\nNeste sentido, este traballo pretende proporcionar unha análise do papel do xénero da dirección. Con este fin, utilízase o método KaplanMeier para realizar unha análise univariante de supervivencia, e unha regresión lineal para unha análise multivariante. Lévase a cabo unha análise lonxitudinal de 15 anos de duración (20002015) sobre unha mostra representativa de pemes agroalimentarias creadas no período 20002004, coa intención de mellorar a nosa comprensión sobre a supervivencia da peme e os efectos nela dos factores anteriormente sinalados. A escolla desta temática faise xa que, a pesar da existencia de estudos que analizan o desempeño empresarial, as pemes, na maior parte dos casos, son excluídas para a súa análise, centrándose exclusivamente nas empresas cotizadas.\nO resto do artigo está estruturado da seguinte maneira. A segunda sección pon en conxunto as relacións existentes entre o xénero do CEO e a supervivencia empresarial. A terceira sección describe o enfoque metodolóxico adoptado na investigación. A cuarta sección presenta os principais resultados da investigación empírica. Na quinta sección discútense os resultados obtidos e, finalmente, na sexta sección preséntase as principais conclusións do estudo, así como as súas limitacións e as posibles liñas de investigación futuras.\n2. Marco conceptual\nA industria agroalimentaria en España é un dos sectores industriais máis destacados: representa un 7, 2% do PIB e case un 21% de emprego total (Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas [IVIE], 2015). Ademais, o 99% das empresas que pertencen a este sector son pemes. Con todo, malia a importancia do sector, hai unha carencia sobre a análise dos factores que inflúen nos patróns de supervivencia das empresas agroalimentarias.\nA variable principal que se vai considerar neste estudo como factor determinante é o xénero do CEO da empresa. O debate sobre o papel das mulleres nas empresas recibiu unha grande atención nos últimos anos (Bardasi, Sabarwal e Terrell, 2011; Estrin e Mickiewicz, 2011; Minniti e Nardone, 2007).\nMáis concretamente, publicáronse un número considerable de traballos nos que se analizou o desempeño económicofinanceiro nas pemes desde unha perspectiva de xénero (Bilimoria e Piderit, 2007; Brush, Carter, Gatewood, Greene e Hart, 2006; Klapper e Parker, 2011).\nNeste sentido, non existe consenso sobre a relación entre o xénero do CEO e a supervivencia da empresa. Ata o momento, moitos dos estudos descubriron que as empresas xestionadas por mulleres tenden a obter peores resultados financeiros en relación cos seus homólogos masculinos. Klapper e Parker (2011) revisaron a bibliografía sobre xénero, supervivencia empresarial e modelos de crecemento e atoparon que os negocios dirixidos por mulleres obteñen peores resultados que os seus homólogos masculinos. Por exemplo, Bosma, Van Praag, Thurik e De Witt (2004), utilizando un conxunto de directivos de empresas holandesas, detectaron que os directivos masculinos rendían mellor no que respecta ao tempo de supervivencia e á xeración de beneficios. Fairlie e Robb (2009), na súa análise, descubriron que as empresas femininas teñen un 12, 9% máis de probabilidade de pechar que as masculinas. Este rendemento medio máis baixo deberíase a unha maior aversión ao risco por parte das mulleres na toma de decisións económicas (que, consecuentemente, lles reportan un menor desempeño) do que as decisións adoptadas polos seus homólogos masculinos (Watson e Robinson, 2003). Porén, non se pode establecer se as perspectivas en termos de supervivencia das pemes xestionadas por mulleres son peores que as daquelas xestionadas por homes.\nArtz (2017) descubriu que, unha vez controladas as preferencias de risco, o capital inicial, a experiencia previa e as horas traballadas na empresa, os negocios femininos e masculinos son estatisticamente igual de exitosos. Robb e Watson (2012) confirman que non existen diferenzas de rendemento entre empresas lideradas por mulleres ou por homes, sempre que o dito rendemento sexa medido de maneira axeitada. Máis aínda, no contexto norteamericano, Kalnins e Williams (2014) descubriron que a taxa de supervivencia é máis alta en empresas xestionadas por mulleres na maior parte dos sectores industriais.\nPolo tanto, e ante a falta de evidencias empíricas concluíntes, faise imprescindible cubrir ese baleiro na literatura estendendo o coñecemento actualmente dispoñible sobre este asunto mediante a seguinte pregunta de investigación: como afecta o xénero do CEO ao rendemento das pemes medido este en termos de tempo de supervivencia?\n3. Metodoloxía\n3.1. Mostra e recompilación de datos\nOs datos foron recompilados a partir da información económica e financeira divulgada pola base de datos do Sistema de Análise de Balances Ibéricos (SABI). A selección do sector realizouse elixindo as empresas do grupo 10 (industria alimentaria) da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE). As empresas resultantes filtráronse para seleccionar só as pemes, de acordo cos criterios do Regulamento (UE) Nº 651/2014 da Comisión Europea 1.\nAs pemes representan unha parte fundamental da industria agroalimentaria española (Táboa 1), chegando a representar o 99, 1% por volume de empresas. Destas empresas, seleccionáronse aquelas que se crearon no período 20002004. O motivo polo que se elixiu este período foi centrarse na análise dunha mostra de empresas establecidas nun contexto socioeconómico estable (a crise financeira internacional que comezou a mediados do ano 2007 afectou ao proceso de creación de empresas).\nO período de estudo para a análise de supervivencia estendeuse a dez anos. A mostra final comprende 2.825 empresas observadas durante o período 20002015. A fiabilidade desta mostra confírmase a través dunha análise estatística (erro=2, 47%; nivel de confianza estatística=95%).\n3.2. Variables\n Variable dependente\nA variable dependente é a supervivencia das empresas, e vén representada polo número de anos que unha empresa está activa. Cada período de supervivencia considérase como un intervalo entre o punto de partida (momento en que unha empresa comeza un negocio en calquera momento do período 20002004) e o punto final (momento que pode estar asociado a un fracaso corporativo ou á continuidade da empresa ata finais de 2015, derradeiro ano que se ten en conta no noso estudo).\n Variable independente\nA variable independente que pode afectar á supervivencia da peme agroalimentaria é o xénero da dirección. Tendo en conta a información dispoñible no SABI, esta variable modelizouse como unha variable dicotómica: o xénero da dirección toma o valor 1 se unha peme está xestionada (cargo de chief executive officer ou directora xeral) por unha muller, ou 0 para o caso contrario.\n Variables de control\nPara darlle maior solidez á análise, inclúense catro variables de control: idade da empresa, tamaño da empresa, marxe de beneficio e ratio de débeda. A continuación, detállase a relación de cada unha destas variables coa supervivencia da empresa, e a forma en que esas variables se incorporan á análise estatística. A Táboa 2 reflicte como se calcularon as variables e como foron incorporadas ao modelo. − Idade da empresa. Investigacións previas revelan que as empresas novas afrontan maiores riscos de mortalidade que as máis antigas, unha situación que ten que ver coa liability of newness. As empresas novas son vulnerables ao fracaso porque aínda teñen que desenvolver relacións comerciais para a súa supervivencia (Stinchcombe, 2000). − Tamaño da empresa. A literatura sinala que canto maior é o tamaño da empresa, maior é a súa probabilidade de éxito. Isto está relacionado coa fundamentación da liability of smallness, termo que afirma que as empresas máis pequenas teñen máis probabilidade de saír do mercado que as máis grandes. − Marxe de beneficio. A marxe de beneficio está relacionada positivamente coa taxa de supervivencia. Unha alta marxe de beneficio implicaría que o nivel de competencia no mercado en que opera a compañía é baixo, o que explicaría a alta taxa de supervivencia desas compañías. − Ratio de débeda. Polo que respecta á ratio de débeda, a literatura sinala a existencia dunha relación negativa entre altas ratios de débeda e a supervivencia das empresas.\n3.3. Métodos\nPara analizar se o xénero do CEO era relevante para a probabilidade de supervivencia das pemes agroalimentarias, o foco de estudo foi a variable de duración T. Especificamente, T indica o tempo (medido en anos) en que as pemes da mostra sobreviviron ata 2015. Neste sentido, a función de distribución acumulativa F da duración do tempo T formúlase da seguinte forma:\nEsta función indica a probabilidade de que a duración do tempo T sexa menor ou igual a t. Segundo isto, a función de supervivencia defínese como segue:\nrepresentando S (t) a probabilidade de que unha empresa sobreviva t anos despois do ano 2000.\nNeste estudo, a pregunta de investigación foi explorada da seguinte forma. A primeira fase da análise enfocouse en medir as semellanzas/diferenzas nas taxas de supervivencia das empresas baixo estudo polo xénero dos seus CEO. Isto foi posible mediante a estimación da función de supervivencia utilizando o método da táboa de vida (Kalbfleisch e Prentice, 2011). A continuación, estimáronse as funcións de supervivencia para as distintas categorías de empresas con base nas variables independentes. Na segunda fase da análise realizáronse probas para examinar a igualdade de distribución de supervivencia a través das diferentes categorías de empresas. Utilizouse o modelo LogRank para as variables discretas e o modelo de regresión de Cox para as variables continuas. O modelo de tempo acelerado para o efecto das variables explicativas estimouse cun tempo de supervivencia distribuído como un logaritmo, determinado por:\nonde T é o tempo de supervivencia, X é a matriz das variables explicativas (véxase a Táboa 1), β é o coeficiente vectorial por estimar e ε é o coeficiente dos residuos (asumiuse que se axustan a unha distribución normal).\nEn terceiro lugar, estimouse un modelo de duración onde o tempo de supervivencia é o resultado dunha función das variables de control previamente comentadas.\n4. Resultados\nA continuación, detállanse os resultados da análise empírica en tres categorías: 1) análise descritiva das variables, 2) análise univariante, e 3) análise multivariante.\n4.1. Análise descritiva das variables\nNa Táboa 3 preséntanse os estatísticos descritivos das variables continuas e dicotómicas. A porcentaxe de empresas xestionadas por mulleres é de case un 16%. Porén, unha análise máis polo miúdo permítenos descubrir que a esperanza de vida das empresas dirixidas por mulleres é significativamente maior, cun nivel de confianza do 99% (Táboa 4). Deste modo, mentres que as empresas con CEO home teñen unha esperanza de vida de 7, 5 anos, as empresas cunha muller á fronte alongan este período xusto un ano máis, ata os 9, 01 anos.\n4.2. Análise univariante\nPara probar as diferenzas na supervivencia das empresas agroalimentarias baixo unha perspectiva do xénero do CEO, comparáronse primeiro as taxas de supervivencia dos grupos de empresas xestionadas por homes con respecto ás xestionadas por mulleres.\nA Táboa 6 mostra as estimacións da táboa de vida para as taxas de supervivencia dos diferentes\nEn canto á variable xénero da dirección, a taxa de supervivencia foi considerablemente máis alta para as empresas xestionadas por mulleres que para aquelas xestionadas por homes. A taxa de supervivencia das pemes agroalimentarias con mulleres como CEO foi un 69, 5%, fronte a un 41% de empresas xestionadas por homes.\nonde 𝑆̂(𝑡) calcula a probabilidade de supervivencia dun elemento tras un tempo t, entendendo t como a duración do estudo nun punto i ; d i é o número de baixas ata o punto i (empresas da mostra que non sobreviviron e que se viron obrigadas a interromper ou abandonar a actividade); e n i é o número de individuos en risco antes de t i (total de empresas da mostra - empresas da mostra que non sobreviviron).\nA Figura 1 mostra a traxectoria da supervivencia para o caso das empresas con CEO muller e con CEO home.\nAdicionalmente, realizáronse dúas análises univariantes distintas para determinar se as diferenzas observadas entre as gráficas eran suficientemente relevantes estatisticamente: LogRank e o test de regresión de Cox (véxase a Táboa 6). O LogRank utilízase no caso da covariante dicotómica (xéne.ro da persoa CEO), mentres que se aplica o test de regresión de Cox semiparamétrico para medir o efecto das variables continuas (idade, tamaño, marxe de beneficio e ratio de débeda) na taxa de supervivencia. A Táboa 6 tamén revela a conveniencia de incluír o tamaño da empresa e a marxe de beneficio no modelo final, mentres que os tests para a idade da empresa e a ratio de débeda non son relevantes. Unha análise previa establece o nivel de relevancia en variables covariantes e de control; neste sentido, a idade e a ratio de débeda mostran unha conexión feble coas taxas de supervivencia.\n4.3. Análise multivariante\nNesta sección realízase unha análise multivariante para investigar os condicionantes de supervivencia da empresa. Para iso, aplícase o modelo de regresión Cox de riscos proporcionais, que é un modelo de supervivencia semiparamétrico. Logo de incluír as variables seleccionadas comentadas previamente, o modelo podería expresarse da seguinte forma:\nPosteriormente, estimáronse algunhas especificacións do modelo. A Táboa 7 presenta os resultados da estimación para os modelos econométricos. A columna 1 mostra que os efectos de ser muller CEO covarían por separado en diferentes modelos de regresión.\nOs coeficientes para as variables de covariación e control foron bastante sólidos nas diferentes especificacións, agás para a idade e a ratio de débeda. De acordo coas covariantes clave examinadas neste estudo, os resultados sinalan que a variable muller CEO se relaciona positivamente coa supervivencia ao longo dos anos. Segundo as variables de control, o tamaño da empresa e a ratio de débeda non son significativos, mentres que no caso da idade da empresa e da marxe de beneficio os coeficientes son negativos.\n5. Discusión dos resultados\nOs resultados da análise non apoian as investigacións previas que mostraban unha probabilidade máis baixa de supervivencia das empresas xestionadas por mulleres e, polo tanto, os resultados dos modelos non nos permiten confirmar que “ as pemes xestionadas por mulleres obteñen menor rendemento que as pemes xestionadas por homes en termos de supervivencia na industria agroalimentaria ”. Unha explicación posible podería ser que as mulleres, ao ser máis adversas ao risco que os homes, están máis preocupadas polo risco tan elevado que implicaría crecer rápido. As empresas xestionadas por mulleres tenden a adoptar estratexias de negocio centradas no crecemento lento e en conseguir unha supervivencia duradeira, en lugar de estratexias de alta rendibilidade no curto e no medio prazo que implican un alto risco.\nOutra explicación posible para o resultado de que as pemes agroalimentarias xestionadas por mulleres sobreviven máis tempo que as súas homólogas masculinas relaciónase co estilo de liderado das mulleres. Polo xeral, as mulleres líderes demostran un estilo de liderado máis valorado e efectivo que o dos seus homólogos masculinos. As calidades femininas de cooperación, asesoramento e colaboración son características inherentes nun tipo de liderado denominado transformacional. Os líderes transformacionais tentan ‘transformar’ os seus seguidores facéndolles ver a súa importancia no negocio, animándoos a desenvolver o seu potencial, orientándoos cara á misión e aos obxectivos da organización, e inspirándoos a lograr necesidades de alto nivel.\nAs investigacións anteriores estableceron que a iniciativa empresarial feminina se caracteriza significativamente pola creación de redes, prestándolles especial atención aos aspectos relacionais. En efecto, moitos estudos mostran que as mulleres directivas de pemes non se centran tanto no beneficio en primeiro lugar, senón no éxito no longo prazo da organización, para o que consideran absolutamente necesario crear relacións positivas de longa duración con todos os stakeholders da empresa.\n6. Conclusións, limitacións e futura investigación\nEste estudo demostrou que existe unha maior probabilidade de supervivencia das pemes agroalimentarias dirixidas por mulleres, que se explica pola maior aversión ao risco das xerentes mulleres e pola súa tendencia a adoptar estratexias comerciais enfocadas en crecer lentamente e en sobrevivir por máis tempo, en lugar de implementar unha estratexia no curto prazo enfocada á maximización da rendibilidade e de maior exposición ao risco. Desta forma, os achados actuais súmanse a un crecente corpo de literatura sobre a supervivencia empresarial, á vez que se inclúen na análise certas variables, como o xénero, que non constituíron o foco de estudo ata a data.\nEste estudo fai un chamamento para o desenvolvemento de novas investigacións nesta área co fin de superar algunhas limitacións potenciais do presente traballo. Unha destas limitacións é que o tamaño da mostra das empresas que foron xestionadas por mulleres non é moi elevado. Neste sentido, as investigacións futuras poden explorar a cuestión tratada neste traballo baseadas nun tamaño de mostra maior, tratando de extrapolar os nosos resultados a outros países.\nUnha segunda limitación deste traballo é que se trata dunha investigación de tipo transversal, e talvez ampliar o presente estudo por medio dunha investigación de tipo lonxitudinal podería axudar a mellorar a solidez dos resultados. Especificamente, en termos de futuras propostas de investigación, suxerimos a agrupación por razóns de cesamento de operacións; a non supervivencia pódese deber a un fracaso empresarial, o que pode ser indicio de deterioración na contorna empresarial, pero tamén se poderían tomar en consideración as escisións ou as fusións. As novas perspectivas de investigación poderían adoptar un enfoque máis relativista das taxas de supervivencia, o que podería proporcionar unha comprensión máis fonda das circunstancias das empresas en termos cualitativos, despois de demostrar a súa supervivencia no tempo (por exemplo, factores intanxibles relacionados coas variables de capital intelectual).\nBibliografía\nAcs, Z. J., Braunerhjelm, P., Audretsch, D. B., e Carlsson, B. (2009). The knowledge spillover theory of entrepre-"} {"summary": "Os últimos 10 anos supuxeron un absoluto cambio de paradigma no sector de aloxamentos turísticos a nivel mundial. Fronte aos aloxamentos convencionais xorden desde a economía colaborativa novas formas de aloxamento coñecidas como alugueiros turísticos. O obxectivo deste artigo é analizar este novo fenómeno, a súa orixe, as causas do seu crecemento e as consecuencias derivadas del, tales como a xentrificación e a masificación turística, achegando finalmente algunhas posibles solucións a estas.", "text": "Revista Galega de Economía 2019, 28 (1), 5772 ISSNe 22555951 http://dx.doi.org/10.15304/rge.28.1.6163 57\nARTIGO\nOPEN ACCESS\nAloxamentos turísticos convencionais fronte á expansión dos alugueiros turísticos. Orixe, causas e consecuencias\n Aloxamentos turísticos / Alugueiros turísticos / Economía colaborativa / Xentrificación / Masificación turística.\nConventional tourist accommodations versus the expansion of vacational rentals.\nOrigins, causes and consequences\nAbstract In the past 10 years, there has been an absolute paradigm shift in the tourist accommodation sector worldwide. Apart from conventional accommodation, new forms of accommodation known as vacation rentals have appeared in the context of col1. Introdución\nOs últimos 10 anos supuxeron un absoluto cambio de paradigma no sector de aloxamentos turísticos a nivel mundial. Fronte aos aloxamentos convencionais, tales como hoteis, Bed & Breakfast (B&B, en adiante), moteis, cámpings, aloxamentos rurais, albergues (hostels), aparthoteis e apartamentos turísticos (AT, en adiante), xorden desde a economía colaborativa 1 novas formas de aloxamento como as vivendas con fins turísticos (VFT, en adiante) e, aínda que pola súa forma de explotación comercial os AT son máis similares aos aloxamentos convencionais, a miúdo son considerados dentro dos alugueiros turísticos polo seu gran parecido coas VFT e porque moitas lexislacións a nivel mundial nin sequera fan distincións entre eles.\n* Correspondencia autor: d42sosam@uco.es 1 Modelos de negocio nos que mediante plataformas se crea un mercado aberto para o uso temporal de bens e servizos, ofrecidos na súa maioría por particulares (Comisión Europea, 2016).\nEstas novas formas de aloxamento caracterízanse principalmente por ser un reaproveitamento de vivendas inutilizadas, non en forma de alugamento convencional para uso residencial, senón esporádico e con fins turísticos. O xurdimento da internet na era das comunicacións propiciou unha posta en común masiva entre oferta de aloxamento turístico e demanda a nivel mundial sen precedentes na historia, supoñendo consecuentemente unha expansión do sector nunca vista ata entón. O obxectivo deste artigo é, polo tanto, realizar unha visión xeral dos distintos tipos de aloxamentos turísticos, desde os máis tradicionais ata os máis modernos para, posteriormente, centrarse no estudo deste novo fenómeno, os motivos da súa orixe, as causas da súa expansión e as consecuencias tanto positivas como negativas que deste se derivan.\nPara isto, en primeiro lugar, ofrecerase unha breve revisión histórica e unha recensión do estado actual dos aloxamentos turísticos convencionais, para logo contrastalos cos alugueiros turísticos, remarcando as súas diferenzas. A seguir, analizarase este novo fenómeno, a súa orixe, un estudo estatístico da súa expansión, as causas do seu éxito e, finalmente, as consecuencias derivadas del, así como algunhas reflexións e conclusións sobre o investigado, ofrecendo posibles solucións aos problemas detectados.\nA Táboa 1 enumera os diferentes tipos de aloxamentos turísticos que se analizarán a continuación, clasificándoos conforme a diferentes criterios. En liñas xerais, as diferenzas máis palpables existen entre as VFT fronte aos aloxamentos turísticos convencionais, especialmente as referidas a unha explotación comercial exclusiva (xa que as VFT poden volver transformarse en vivendas en tempada baixa), o seu xurdimento por mor da economía colaborativa e os problemas para a súa delimitación legal (que serán posteriormente analizados).\n2. Oferta convencional de aloxamentos turísticos\n2.1. Hoteis\nO sector hostaleiro, segundo Mestres (1999), pode ser definido como o que comprende aqueles establecementos dedicados profesional e habitualmente a prestar un servizo de aloxamento, mediante prezo, con ou sen servizos de carácter complementario.\nO hotel é o máis antigo e xenérico de todos os establecementos, e aínda que existen evidencias de servizos de aloxamento desde tempos bíblicos (LevyBonvin, 2003), pasando polas pousadas e cantinas medievais (Hollifield, 2009), que dan orixe ao termo francés hôtel (usando a raíz de palabras como hospital ou hospitalidade), non é ata a chegada da revolución industrial cando se comezan a construír hoteis tal e como son coñecidos hoxe en día, proliferando na Europa Continental, Inglaterra e América, segundo LevyBonvin (2003).\nNa actualidade, autores como Zervas, Proserpio e Byers (2017) destacan nos seus estudos a ameaza que supón para o sector hostaleiro o fenómeno da economía colaborativa e de portais como Airbnb 2, estimando reducións de entre o 8% e o 10% dos beneficios hostaleiros de gama media e alta nos últimos 10 anos para a cidade de Austin (Texas). É destacable tamén o traballo de Alabdullatif e Akram (2018) acerca da influencia que o “boca a boca electrónico” (electronic word of mouth, eWoM polas súas siglas en inglés), en forma de comentarios positivos e negativos plasmados online, ten nos potenciais consumidores á hora de reservar cuartos de hotel.\n2.2. Bed & Breakfast (B&B)\nA orixe da idea dos B&B pódese situar no Reino Unido a mediados do século XX, con motivo de lles dar unha solución económica ás antigas casas señoriais de varios cuartos, ofrecendo cama e, posteriormente, o almorzo na mesma cociña da casa (de aí a expresión B&B: “cama e almorzo” en inglés). A miúdo o baño era compartido e, na maioría das ocasións, os donos do inmoble vivían nel.\nSegundo a Professional Association of Innkeepers International [PAII] (2018), o clásico B&B inglés adoita constar de entre 4 e 11 cuartos (uns 6 de media) e actualmente contan nun 94% dos casos con baño propio e con outros recursos como internet e televisión. Segundo estudos desta Asociación, o 72% dos propietarios son parella e o 79% viven no local, converténdose nun auténtico estilo de vida no que é difícil discernir o tempo libre do de traballo. Shen, Miao, Lehto e Zhao (2018) poñen de relevo este paradoxo nun recente traballo que estuda os hábitos de traballo de 327 propietarios de B&B nos Estados Unidos, incidindo en que teñen períodos sen respiro durante curtos intervalos de tempo e períodos longos de inactividade nos que resulta beneficioso estar dedicados a un hobby para evadirse do traballo.\nO fenómeno deste tipo de aloxamento tamén se foi estendendo ao redor do mundo. Así, en China, expatriados occidentais remodelaron casas tradicionais en zonas rurais e, aínda que a maioría dos seus clientes son turistas internacionais, están a popularizarse tamén entre a sociedade chinesa, segundo os estudos de Ives (2013), posteriormente complementados cos de Huang e Perng (2018) que revelan adicionalmente a importancia que ten no usuario de B&B de tipo rural o coidado do medio ambiente na costa leste taiwanesa.\nEn Sudáfrica, tal e como pon de manifesto Hikido (2017), o fenómeno B&B adquire un carácter interracial, xa que multitude de mulleres de raza negra que administran o aloxamento estreitan lazos con europeos ou con sudafricanos brancos que adoitan achegar o capital para poñer en marcha o establecemento. En México, o estudo de Serrano, Mendoza, PalmasCastrejón e ZarzaDelgado (2017) pon de relevo o empoderamento e a saída da pobreza que para moitas mulleres supón traballar en B&B de tipo familiar ou noutras clases de aloxamentos. Ultimamente, este fenómeno tamén se foi diversificando e especializando, ofrecendo B&B especiais para turistas con mascotas ou turismo gayfriendly (Pérez, 2014), entre outros. Os últimos estudos realizados por Prayag, Hall e Wood (2018) poñen de relevancia os sentimentos que lles producen aos propietarios de B&B os comentarios que deixan os seus clientes a través de internet. Unha enquisa realizada a estes en Nova Zelandia proba a existencia de catro perfís distintos acerca das súas reaccións: neutral, desgustado, partidario e aprehensivo.\n2.3. Moteis\nA súa orixe sitúase na California de 1925, cando o arquitecto Arthur Heineman deseñou un espazo residencial coa idea de que os hóspedes puidesen entrar co seu vehículo ata a mesma porta do aloxamento. Así, etimoloxicamente, Heineman sumou as palabras motor e hotel, creando o termo motel. Foi ideado, pois, desde os seus inicios, como un extenso conxunto de apartamentos ou estancias separadas con amplos espazos para albergar vehículos, xa que se situaban á beira das grandes estradas para ofrecerlles noites en hotel aos viaxeiros que se atopaban realizando longas travesías (Jackson, 1993). Cómpre mencionar aquí o artigo de Caton e Almeida (2007) no que poñen de relevo o turismo nostálxico de patrimonio sobre a cantidade de moteis e restaurantes ao longo da Ruta 66 nos EE.UU.\nAínda que teña a súa orixe nese país, o concepto axiña se estendeu ao longo do mundo, especialmente en países de tradición anglosaxona e de longas estradas como Australia. BerginSeers e Jago (2007) revelan a grande expansión que tiveron neste país os moteis desde a súa aparición en 1949, pasando de 80 establecementos deste tipo a finais dos anos cincuenta aos 700 que había a mediados dos anos sesenta.\nEn Europa, é destacable a referencia que realiza Čavlović (2018) da cadea de moteis Slijeme (Croacia), deseñada polo arquitecto Ivan Vitic en 1965, podendo ser vista como unha extensión mesma da autoestrada do Adriático, hoxe foco sen dúbida do turismo arquitectónico, bastante afastado do seu propósito orixinal como aloxamento de turismo masivo próximo á costa.\nNo Extremo Oriente, en cambio, o concepto de motel difire algo máis do orixinal. Especialmente en Corea do Sur, Hong Kong ou Xapón, os coñecidos como love motel ou love hotel adquiren un carácter máis urbano, situados usualmente dentro das grandes cidades (ou nos arredores), e tendo o propósito principal de garantirlles intimidade ás parellas. Non deben confundirse con lugares dedicados á prostitución, xa que usualmente os clientes destes establecementos son persoas que xa manteñen unha relación previa. En Taiwan, o concepto de love motel é un híbrido entre o clásico motel americano e o love hotel xaponés (Alexander, Che, MacLaren e O’Gorman, 2010).\n2.4. Cámpings\nSegundo Feo (2003), os cámpings pódense definir como terreos acoutados e preparados para recibir aloxamentos móbiles, ben tendas de campaña ou caravanas. Aínda que hai vestixios de clubs de acampada desde os inicios do século XX, non é ata mediados dos anos corenta cando xorde a súa popularización en Europa, estendéndose posteriormente a outras zonas (Feo, 2003). Autores como Østby (2014) defenden nos seus estudos o boom que tivo o cámping na Noruega dos anos sesenta, moi unido ao uso do coche nese país, que tivo serias restricións á importación de vehículos nos anos anteriores. O levantamento destas restricións trouxo consigo un forte interese polas viaxes en automóbil e polas acampadas.\nNa actualidade, aínda que a presenza de cámpings existe a nivel mundial, segue sendo un fenómeno maioritariamente europeo. En Europa, Francia encabeza a lista con 7.800 na área metropolitana, segundo o Institut National de la Statistique et des Études Économiques [INSEE] (2016), fronte aos 1.188 que tivo abertos España en agosto de 2016, segundo o Instituto Nacional de Estadística [INE] (2016).\n2.5. Aloxamentos rurais\nBlanco (1996) acouta o termo “turismo rural” describíndoo como unha nova forma de turismo que se desenvolve fóra dos núcleos urbanos, producida de forma reducida, usando os distintos recursos naturais, culturais, patrimoniais e de aloxamento no medio rural e contribuíndo ao seu desenvolvemento. Posteriormente, Björk (2000) definiría o turismo rural en termos moi semellantes, engadindo o concepto de desenvolvemento sustentable, de maneira que eses recursos non se estraguen co tempo e poidan conservarse inalterados.\nResaltando este último concepto, é interesante mencionar as recentes investigacións de Moral, Fernández e Sánchez (2018) acerca das intencións e actitudes de xerentes e propietarios de aloxamentos rurais de cara a implementar nos seus negocios accións socialmente responsables que impliquen un desenvolvemento sustentable en Andalucía (España). O estudo concluíu que, aínda que a maioría dos\nRevista Galega de Economía 2019, 28 (1), 5772 61 propietarios entenden a importancia de desenvolver accións conducentes a un turismo sustentable, o pequeno tamaño dos seus aloxamentos e, polo tanto, a súa escasa capacidade de reacción neste aspecto impiden a realización destas accións de motu proprio, e así na súa maioría os cambios conducentes a un turismo máis sustentable veñen tanto da presión social da súa contorna como das esixencias que a lei impón. Este mesmo estudo, grazas á enquisa que realiza, pon de relevancia os tipos de aloxamentos rurais que existen. A grandes trazos, pode concluírse que non existe un tipo de aloxamento rural per se, senón máis ben que o termo rural se converte nun adxectivo transversal que impregna os demais tipos de aloxamentos existentes tales como hoteis, apartamentos, vivendas e albergues, rurais todos eles.\n2.6. Albergues (hostels)\nO hostel (ou albergue, como se coñece en España) xorde na Alemaña de 1909 da man de Richard Schirrmann (Hostelling International, 2018), un mestre de escola que adaptou as aulas dos colexios para aloxamentos engadíndolles camas cando quedaban baleiras durante o verán. En 1912 funda o primeiro albergue de tipo xuvenil da historia no Castelo de Altena (Westfalia, Alemaña).\nPosteriormente, o concepto foise transformando, absorbendo un público non só xuvenil senón de todas as idades que busca aloxamento barato, e foi adquirindo un carácter máis rural, aventureiro e backpacking (mochileiro), como solución idónea para estancias curtas durante longas travesías a pé, como o Camiño de Santiago (Santos, 2003).\nO albergue ou hostel caracterízase principalmente por ser un aloxamento barato, onde usualmente existen grandes cuartos compartidos de entre 6 e 12 persoas, con aseos e outras zonas comúns como cociña ou sala de estar (Krasnoperova, Shchetkina, Martyn, Gizbrekht e Mlynar, 2016).\nO inicio do século XXI trouxo consigo o nacemento dun novo concepto de albergue de tipo urbano e xuvenil, centrado especialmente en estudantes con escasos recursos. O fenómeno colonizou o centro das principais capitais europeas. Así, o público usuario foi cambiando de viaxeiros “ nómades ” a mozos interesados polo turismo cultural, ampliado posteriormente a vacacións de tipo familiar co alugamento de cuartos enteiros con varias camas. Foi unha auténtica revolución no mundo do aloxamento turístico, que veu non só a facer caer os prezos dos aloxamentos no centro das principais capitais europeas senón a ofrecer unha experiencia de calidade a un prezo razoable (Richards, 2016).\n2.7. Aparthoteis e AT\nEn Europa, o termo aparthotel fai referencia a un tipo de hotel composto por apartamentos que inclúen varias estancias, incluídas a cociña, o baño e un ou varios dormitorios. En América, en cambio, o termo aparthotel fai referencia a un pequeno hotel ou B&B, mentres que para describir o aparthotel europeo anteriormente referido se emprega o termo apartment hotel (Beaver, 2005).\nOs AT son un concepto algo distinto do aparthotel. A diferenza deste, non é necesario pasar por recepción no momento da entrada ou da saída. Usualmente, atópanse construídos a modo de complexo, ben como bloque de apartamentos, ben como casas acaroadas, e malia que na súa forma de xestión son máis similares aos aloxamentos convencionais, a miúdo tamén se engloban dentro dos alugamentos turísticos, dependendo da lexislación de cada país.\n3. Alugueiros turísticos xurdidos da economía colaborativa. As VFT\n3.1. Definición e precedentes das VFT\nSegundo De la Encarnación (2016), as VFT son inmobles (ou parte deles, é dicir, cuartos) privados que se ofrecen para uso turístico durante un período concreto de tempo mediante o seu alugueiro.\nPola forma en que exercen a súa actividade, as VFT encádranse e xorden como un fenómeno totalmente novo dentro da economía colaborativa, ao tratarse dun uso compartido de bens e servizos mediante unha rede entre iguais ou entre pares (coñecido en inglés como sistema peerto-peer, P2P, en adiante) (Guillén, 2015). Etimoloxicamente falando, non é ata o ano 2007, grazas ao estudo de Algar (2007) titulado Collaborative consumption e ao posterior libro What’s mine is yours: The rise of collaborative consumption, de Botsman e Rogers (2010), cando o termo economía colaborativa comeza a se facer realmente popular. Nesta obra defínena como a economía construída mediante redes repartidas entre individuos, fronte a institucións centralizadas, transformando a maneira que se ten de producir e consumir. Posteriormente, a Comisión Europea (2016) definiu a economía colaborativa como “modelos de negocio nos que se facilitan actividades mediante plataformas colaborativas que crean un mercado aberto para o uso temporal de mercadorías ou servizos ofrecidos a miúdo por particulares”. O inicio da economía colaborativa no uso de bens inmobles ten o seu xerme no intercambio de casas, que empeza a estenderse a principios dos anos noventa mediante a empresa HomeExchange, fundada en 1992 por Ed Kushins e orixinalmente cun modelo de negocio baseado nun catálogo por correo, que posteriormente deu o salto á rede de redes (HomeExchange, 2018).\nO paso xusto anterior ao fenómeno das VFT dáo Couchsurfing, fundada en 2004 (Couchsurfing, 2017) na cidade de San Francisco. Foi un auténtico pioneiro no sector analizado, xa que foi a primeira entidade sen ánimo de lucro (transformándose máis tarde en empresa) en ofrecer aloxamento en casas de terceiros, “ surfeando” entre sofás alleos (couch significa “sofá” en inglés, e de aí Couchsurfing).\n3.2. Diferenzas das VFT cos B&B e cos AT\nMoitas das características destes novos tipos de aloxamentos son compartidas cos B&B, onde nalgunhas ocasións os límites entre un tipo de aloxamento e outro non están claros (Jordan e Moore, 2018), polo que os B&B marcan un claro precedente nas VFT.\nTanto é así que, en lugares como Hawai, a existencia dun pequeno apartamento anexo (chamado ohana unit, xa que ohana significa “familia” en hawaiano) a moitas das vivendas construídas nas illas, e utilizado na súa orixe para aloxar familiares e amigos nunhas zonas onde os prezos inmobiliarios non deixaban de crecer, foise transformando de algo parecido a un B&B a directamente unha VFT (Jordan e Moore, 2018).\nPara comprendermos mellor as diferenzas e as semellanzas entre un B&B e unha VFT preséntase a Táboa 2.\nAínda que xeralmente os AT e as VFT se encadran dentro dos denominados alugueiros turísticos, ao comparalos pódense resaltar as seguintes diferenzas. En primeiro lugar, os AT englóbanse dentro dun conxunto dedicado exclusivamente a unha explotación turística comercial, mentres que as VFT son propiedades individuais que poden estar rexistradas legalmente para tal fin ou non, exercendo así a súa actividade fóra da lei (Táboa 2) e dentro da economía somerxida, producíndose unha intrusión no sector de aloxamentos turísticos que se atopan dentro dunha actividade regrada (Guillén, 2015). Existe, polo tanto, un verdadeiro problema a nivel mundial por tentar acoutar lexislativamente esta actividade (De la Encarnación, 2016). En segundo lugar, ao contrario que os AT e tal e como se comentou anteriormente, as VFT xorden como un fenómeno diferente ao resto de aloxamentos e dentro da economía colaborativa.\n4. A expansión das plataformas P2P e do sector de alugueiros turísticos\nEn febreiro de 2005, Brian Sharples e Carl Shepherd encontrábanse reunidos en Austin (Texas) e decidiron cambiar a industria dos alugueiros turísticos para sempre. En xuño de 2006, nacía a web Homeaway.com, que poñía en contacto a propietarios e hóspedes nos EE.UU. Hoxe ofrecen unha oferta de máis de 2 millóns de aloxamentos distribuídos en 190 países (Homeaway, 2018).\nEn outubro de 2007, Brian Chesky e Joe Gebbia necesitaban un diñeiro extra para poder seguir pagando o seu alugueiro en San Francisco. Ocorréuselles comprar tres colchóns inchables para alugalos por noite. Bautizaron aquela idea como “ airbed and breakfast ”. En febreiro de 2008, Nathan Blecharczyk, arquitecto técnico graduado en Harvard, uniuse a Brian e Joe para fundar Airbnb (Salter, 2012) e cambiar o mundo dos alugueiros turísticos para sempre. Na actualidade, aloxan na súa web case 5 millóns de anuncios de propiedades de arredor de máis de 191 países do mundo (Airbnb, 2018).\nA partir da Táboa 3, pódese analizar a presenza que ambas as dúas compañías teñen a nivel mundial e estadounidense. Así, pódese observar a través desta Táboa 3 que Airbnb ten unha proxección a nivel mundial, copando as grandes capitais europeas, maior que a que ten Homeaway, que obtén a súa presenza internacional a través das filiais do seu grupo (véxase Táboa 4); polo tanto, o grao de coñecemento xeneralizado de Airbnb como marca a nivel mundial é superior. É destacable tamén que Homeaway ten unha presenza moito máis decisiva dentro das zonas eminentemente vacacionais dentro dos EE.UU., e só é superada por Airbnb nas grandes cidades como Nova York, Os Ánxeles ou Florida.\nDesde a aparición de Homeaway e Airbnb, fóronse xerando multitude de empresas online de intermediación entre particulares, tipo plataforma P2P, parecidas en funcionamento a estas. Para observar a súa relevancia actual, analizarase o Ranking Alexa 3 a nivel mundial en xuño de 2018 a través da Táboa 4, onde se expoñen as webs máis visitadas do sector e a súa posición global. Na Táboa 4 pódense observar os países nos que este fenómeno esperta máis interese e no que está, polo tanto, máis desenvolvido. Liderando a clasificación está EE.UU., lugar de orixe desta nova forma\nSe se analiza o crecemento do número de hóspedes (Figura 2), obsérvanse tendencias de crecemento moi parecidas ás da Figura 1, cun crecemento do 10, 4% entre os anos 2016 e 2017, e un crecemento total agardado do 32, 95% entre os anos 2018 e 2022. Por último, e tomando como base a Booking (que lidera a lista da Táboa 4), realízase unha aproximación do peso relativo que ocupan os distintos tipos de aloxamentos turísticos dispostos nos apartados 2 e 3 a nivel mundial (Figura 3). Para iso, tómase como base o total global de anuncios por tipos de aloxamento para xuño de 2018.\nÉ evidente unha preponderancia maioritaria do sector hostaleiro como a forma de aloxamento turístico máis común aínda existente (Figura 3). En termos de prazas, a súa porcentaxe sobre as demais sería maior, xa que aquí son contabilizados os aloxamentos por unidades; porén, o normal é que os hoteis dispoñan dun número bastante alto de prazas, fronte a outros establecementos como os B&B ou as\nVFT. Obsérvase tamén como as demais formas de aloxamentos convencionais ocupan, mesmo xuntas, un sector minoritario dentro da oferta de aloxamento que propón Booking a nivel mundial. B&B, moteis, cámpings, aloxamentos rurais e albergues non chegan a supoñer en conxunto nin o 12, 5% da oferta.\nÉ evidente unha preponderancia maioritaria do sector hostaleiro como a forma de aloxamento turístico máis común aínda existente (Figura 3). En termos de prazas, a súa porcentaxe sobre as demais sería maior, xa que aquí son contabilizados os aloxamentos por unidades; porén, o normal é que os hoteis dispoñan dun número bastante alto de prazas, fronte a outros establecementos como os B&B ou as VFT.\nObsérvase tamén como as demais formas de aloxamentos convencionais ocupan, mesmo xuntas, un sector minoritario dentro da oferta de aloxamento que propón Booking a nivel mundial. B&B, moteis, cámpings, aloxamentos rurais e albergues non chegan a supoñer en conxunto nin o 12, 5% da oferta.\n5. As causas do crecemento dos alugueiros turísticos\nDemostrado, polo tanto, o esmagador éxito dos alugueiros turísticos, o seguinte paso é a formulación das razóns do triunfo do sector a día de hoxe, que se resume en parte en adaptar o produto ofertado aos requirimentos do cliente. Seguidamente, pormenorizaranse os factores explicativos deste notable crecemento.\nEn primeiro lugar, nunca ata agora a humanidade estivera tan conectada. Nunca antes tantos millóns de persoas de calquera parte do mundo puideron comunicarse dunha maneira tan inmediata e directa, sen se coñeceren absolutamente de nada, e tendo tan só un posible interese común. Como consecuencia, existe unha expansión sen precedentes tanto da oferta como da demanda desde que esta posibilidade é factible. Sen dúbida, a internet permitiulles a estas plataformas P2P facer de intermediarios entre millóns de compradores e vendedores no mundo (Gwin, 2004).\nSeguidamente, analízanse algunhas das razóns polas que os clientes prefiren hospedarse nun alugueiro turístico fronte a un aloxamento convencional. Segundo Statista (2016), nunha enquisa realizada a 1.620 usuarios de alugueiro turístico en EE.UU. en xuño de 2016 (Figura 4) sobre as razóns polas que se aloxaron neste tipo de establecemento, as enquisas permitían respostas múltiples.\nAnalizando a Figura 4, pódense extraer catro grandes razóns que explican o éxito desta nova forma de hospedaxe: dispoñibilidade de cociña, intimidade, experiencia caseira e/ou local pero, sobre todo, prezo inferior.\nO nivel de intimidade e confort que outorga un alugueiro turístico non é o que se pode ofrecer nun cuarto de hotel. Sen dúbida, a sensación de “estar como na túa propia casa” é moito maior nun apar - tamento ou vivenda do que nun hotel. Isto, especialmente nos casos de parellas con nenos, é un punto clave. A isto engádeselle, na maioría das ocasións, a vantaxe engadida de contar cunha cociña propia, co consecuente aforro que supón o non ter que estar a comer fóra da estancia durante toda a viaxe.\nPor outra banda, a experiencia “local”, é dicir, a sensación de ato parse máis integrado na contorna é outro plus engadido para os hóspedes. A miúdo os hoteis son máis fríos e impersoais e, en ocasións, están situados tamén en lugares afastados das zonas históricas e/ou turísticas máis auténticas da cidade. Estar integrado nun inmoble dentro da zona que se visita proporciona, sen dúbida, unha sensación maior de vivencia no ambiente “real” da cidade.\nFinalmente, se se fala de prezo, pódese comprobar (Táboa 5) como o prezo de aloxarse nun alugueiro turístico é sensiblemente inferior ao do seu máis inmediato competidor, como son os hoteis. Obsérvanse, polo tanto, diferenzas acusadas (Táboa 5) entre o prezo medio diario dun alugueiro turístico fronte a unha media de todo tipo de cuartos hostaleiros, que adoitan estar en torno a un 40% máis caras. É notable o caso de Barcelona, no que sucede xusto o contrario. Posiblemente, a presión turística da cidade e a demanda de alugueiros turísticos disparasen os prezos, así como a loita que o\nConcello de Barcelona mantén coas VFT ilegais e os permisos especiais que estas requiren sexan os factores decisivos deste sorprendente resultado (Busbud, 2015).\nEn termos xerais, os motivos que propiciaron un prezo menor con respecto a outras formas de aloxamento convencionais foron o exceso de oferta que supuxo esta expansión das plataformas P2P, poñendo en valor recursos infrautilizados aos que non se lles estaba obtendo un rendemento económico. A isto cómpre engadir que na maioría das ocasións este tipo de vivendas se atopan nun baleiro legal, sen estar rexistradas nin tributar pola súa actividade, fenómeno que explica tamén estas diferenzas no\n6. Problemas orixinados polas VFT e outros alugueiros turísticos. Delimitación legal, xentrificación e masificación turística\nXa se foron citando ao longo do apartado 3.2. os problemas para delimitar legalmente as VFT. Conforme a De la Encarnación (2016), a economía colaborativa supón un cambio de paradigma no sector do aloxamento, e esta nova forma de hospedaxe choca coa normativa de moitos países, que só contemplaban aloxamentos rexistrados unicamente con fins turísticos, e non cesións temporais de inmobles ou de partes deles (cuartos).\nO problema da delimitación legal desta nova actividade non é exclusivo, xa que logo, dun país en concreto, e afecta especialmente a EE.UU., Países Baixos, Francia, Alemaña, Reino Unido e España, estados nos que o fenómeno, tal e como se analizou (Táboa 4), tivo unha maior repercusión e onde se realizaron os maiores esforzos por acoutar lexislativamente estas actividades, ben no ámbito local, rexional ou estatal.\nOutro inconveniente derivado deste novo fenómeno é a chamada “xentrificación” das cidades nas súas zonas máis turísticas. Esta xorde cando os residentes das áreas céntricas e/ou turísticas da cidade vense obrigados a se desprazaren cara a barrios máis periféricos (Cócola, 2015). O termo, atribuído orixinalmente a Glass (1964), xorde etimoloxicamente do inglés gentry, unha clase social inglesa de baixa e media nobreza que, aproveitando os seus recursos, mercaba inmobles vellos e/ou deteriorados no centro das cidades a baixo prezo para reformalos e mudarse a eles, desprazando así os seus residentes orixinais (de clase media ou baixa) cara a zonas máis periféricas da cidade.\nNa actualidade, o fenómeno transformouse no que hoxe se coñece como xentrificación turística, e consiste en que as zonas turísticas e/ou céntricas da cidade se encheron de alugueiros turísticos, transformándose en auténticos espazos destinados ao consumo turístico. Así, o visitante usuario destes alugueiros turísticos é considerado como o novo gentry, que grazas aos seus recursos se aloxa nestas zonas da cidade (Cócola, 2015) fomentando que máis vivendas na zona se destinen ao turismo (xa que é máis rendible que alugalas a un residente permanente) e, en consecuencia, subindo o prezo dos alugueiros. Isto forza a moitos dos habitantes destas zonas a se desprazaren a barrios máis afastados do centro, que teñen alugueiros máis baratos.\nAdemais, a proliferación de aloxamentos máis baratos que os aloxamentos convencionais (Táboa 5) implica un aumento na demanda turística ata o punto da masificación, o que provoca problemas de convivencia cos residentes. Segundo o recente informe Coping with success. Managing overcrowding in tourism destination (World Travel and Tourism Council [WTTC], 2017), cidades como Roma, Venecia, Ámsterdam, París, Praga ou Barcelona atópanse entre as máis masificadas turisticamente do mundo.\nObsérvase así como estes son tamén fenómenos producidos a nivel mundial. Xa existen numerosos estudos sobre a xentrificación en cidades masificadas polo turismo como Ámsterdam, onde Pinkster e Boterman (2017) describen como o histórico Distrito da Canle se transformou dunha zona residencial nunha área de lecer e aloxamento turístico.\nNotable é tamén o estudo de Minoia (2017) sobre a xentrificación en Venecia, cidade na que tamén se orixinaron recentemente soadas protestas (EFE, 2018) en contra da polémica decisión do Concello de colocar tornos de control para turistas debido á masificación durante o 1 de maio (Día do Traballo) no único punto de entrada á cidade. Por último, Cócola (2016) tamén reflicte no seu estudo a xentrificación á que está sometida a cidade de Barcelona.\n7. Conclusións\nDentro dos aloxamentos turísticos convencionais, obsérvase unha crecente preocupación no uso da internet por parte dos seus clientes á hora da influencia que os comentarios destes poidan ter sobre os seus futuros clientes potenciais. Este fenómeno é especialmente evidente nos establecementos hostaleiros e nos B&B.\nÉ perc eptible tamén como a “guerra comercial” entre tipos de aloxamentos turísticos a nivel internacional se dá, de forma maioritaria, entre hoteis (aloxamento convencional) e alugueiros turísticos (AT e VFT). O resto de establecementos convencionais supoñen no seu conxunto un 12, 5% da oferta de aloxamento mundial total e son, polo tanto, escasamente relevantes na actualidade.\nPor outra banda, un acceso á internet xeneralizado a nivel mundial propiciou o xurdimento de diversas plataformas P2P, que poñen en común a axentes no mercado con intereses complementarios dentro da economía colaborativa e a compartición de recursos. No eido do aloxamento turístico, isto traduciuse na reconversión de moitas vivendas existentes (na súa maioría desaproveitadas) mediante o seu alugamento con fins turísticos.\nO exceso de oferta xurdido deste fenómeno, unido na maioría de ocasións á existencia de situacións sen carga legal ou mesmo de ilegalidade (polo tanto, sen suxeición a tributación), propiciou uns prezos de aloxamentos turísticos por baixo dos que ata agora eran usuais, situación frecuentemente denunciada por parte dos propietarios de aloxamentos convencionais como competencia desleal.\nOs prezos baixos, polo tanto, así como unha maior intimidade, a dispoñibilidade de cociña e a sensación dunha maior inmersión cultural coa contorna son as principais razóns que explican o éxito deste novo tipo de aloxamentos.\nCon todo, este novo cambio de paradigma tamén implica situacións non desexadas non só para os propietarios de aloxamentos convencionais senón para os veciños dos barrios afectados por ese novo tipo de alugueiros. A súa maior rendibilidade fronte ao alugamento residencial tradicional provoca un ascenso nos prezos deste último, desprazando da zona a moitos dos seus residentes habituais, que agora non se poden permitir o prezo dun alugueiro na súa contorna. Esta nova realidade é coñecida co nome de xentrificación.\nAdemais diso, estes prezos baixos traen como consecuencia un aumento do número de visitantes, que ás veces chegan a colapsar as cidades. Especialmente graves son os casos das cidades de Venecia (Italia), Ámsterdam (Países Baixos) e Barcelona (España), entre outras. Este fenómeno é coñecido co nome de masificación turística e supón un auténtico problema para moitos concellos.\nFinalmente, conclúese que o fenómeno do alugueiro turístico facilitou un turismo máis alcanzable, creou unha fonte de recursos e emprego alí onde non a había e supuxo unha revitalización dos distritos centrais de moitas cidades; porén, non se poden esquecer os seus efectos negativos tales como a xentrificación e a masificación turística, aos que se recomenda mitigar mediante unha loita contra a fraude máis decidida, unha delimitación legal clara, ou a aplicación dun tratamento fiscal máis favorable para o alugueiro residencial convencional.\nBibliografía"} {"summary": "A morte converteuse para a literatura infantil e xuvenil na gran ausente, a omitida ou a enmascarada. Atopar referencias bibliográficas que aborden o tema con total naturalidade ou que simplemente a mencionen é francamente difícil. Este silencio literario non sempre se mostrou de forma tan acusada; de feito, existen referentes na nosa historia como El Plutarco extremeño, Nombres claros de Extremadura ou El Plutarco de los niños que apostaron por temas tan reais como controvertidos e nos cales a descrición do falecemento dos seus personaxes supoñía un elemento frecuente da narración. Neste artigo darase conta das características comúns destas tres obras, a repercusión no lector infantil e o procedemento habitual na manifestación que fan da morte.", "text": "A morte nas biografías escolares de finais e principios de século de Vicente Barrantes Moreno, Nicolás Díaz y Pérez e Ángeles Morán Márquez\nRamón Tena Fernández\n[Recibido, 2 setembro 2019; aceptado, 12 novembro 2019]\nhttp://dx.doi.org/10.15304/bgl.55.6227\n : Literatura; infancia; morte; historia; biografías. abstract In children’s literature, death has become the major omission, the missing topic or the masked one, so it is utterly hard to find references simply mentioning this topic or addressing it in a natural way. This literary silence has not always been so pronounced; in fact, there are references in our history such as El Plutarco extremeño, Nombres claros de Extremadura or El Plutarco de los niños that include topics not only real but also controversial, and where depicting the death of their characters in a natural was a recurring element in the stories. In this article, we will be talking about the common characteristics of these three novels and their impact on children, as well as the standard procedure in the manifestation of death in works of nineteenth and twentieth centuries. K eywords : Literature; childhood; death; history; biographies.\nIntrodución\nEn cuestión de poucos anos, a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) pasou de ser unha gran descoñecida en investigacións propias das ciencias sociais a ser unha gran demandada en todo tipo de estudos sobre didáctica, historia, socioloxía, pedagoxía e mesmo artes plásticas. Con todo, a pesar de ser conscientes da súa importancia nos ámbitos educativo, cultural e familiar, o certo é que mesmo a día de hoxe se presenta como un tema sobre o que aínda quedan áreas nas que é preciso traballar cunha maior profundidade. Esta situación agrávase aínda máis cando a temática que nos preocupa se afasta das variables asociadas frecuentemente a este tipo de literatura e nos centramos, exclusivamente, en factores catalogados como controvertidos ou delicados.\nO paradoxo prodúcese cando estes temas vetados da LIX (mortes de familiares, asasinatos, secuestros, tiroteos, atentados e raptos) son os mesmos aos que acode de maneira recorrente a literatura destinada ao público adulto a modo de arranque escabroso co que dar comezo á intriga ou á acción. Esta diferenciación temática obedece á imperiosa e innata necesidade de protexer a inocencia dos máis novos e pretender que todo libro infantil, á vez que entretén, incremente a aprendizaxe conceptual do lector. Se temos en conta que o fin deste tipo de literatura non debe estar baseado meramente nun punto didáctico, senón que debe ser un engadido que incremente notablemente o seu atractivo, a actitude mencionada talvez non sexa do todo correcta. Un dos obxectivos da LIX é potenciar a imaxinación, mergullar o lector en aventuras e dotar de ás á fantasía inherente aos gustos e personalidade de cada neno (Perera, 2007).\nDe todos os xeitos, non podemos obviar que, aínda que os mozos lectores gozan e se divirten con obras nas que se incentiva a lectura recreativa, en ningún momento o seu éxito se atopa garantido xa que serán os adultos os que finalmente exerzan de “censores” e valoren segundo o seu propio código ético a conveniencia e idoneidade da obra en cuestión. Os factores que rematan por converterse en ditames para os editores son os gustos e suxestións dos adultos, entendidos como figuras que, amparadas en obxectivos e intereses comerciais, se encargan de impoñer con fervor estes criterios a escritores e ilustradores.\nQuizais esta situación derivase nun labor de autocensura inconsciente por parte dos autores. Condicionados polo medo a que a súa obra sexa rexeitada por afastarse dos canons que na sociedade imperan, non se atreven a desenvolver con total liberdade o seu potencial creativo e apostar por novos temas máis irreverentes. Neste sentido, Michi Strausfeld (1989) advirte que corremos o risco de facer prisioneira á nosa literatura infantil e xuvenil a mans\ndun didactismo que non dubida en antepoñer o valor pedagóxico ao lúdico e pracenteiro. A pesar diso e aínda que a selección de argumentos nos contos se deixase seducir facilmente pola procura do ensino, prodúcese un feito curioso: atópanse ausencias temáticas tan reais e cotiás na vida como invisibles neste tipo de obras (Herrán e Cortina, 2006).\nNa actualidade, a literatura infantil converteuse en páxinas e páxinas onde todos os personaxes irradian felicidade, impera o sentido da xustiza e o éxito aflora tras o esforzo de quen o persegue. Indubidablemente, isto non axuda a capacitar para o futuro aos nosos lectores, porque sinxelamente os argumentos non se corresponden coa realidade. Son poucos os autores que se desvían dunha narrativa edulcorada e destinan algunhas connotacións a elementos de tristeza, pero o certo é que o concepto de vida tamén leva parello o da morte. Un termo que non deixa de ser un feito natural e que tarde ou cedo vivirán de preto eses nenos que tanto nos esforzamos en protexer.\nAutores como Txabi Arnal Gil reflicten con total clarividencia esta idea, advertindo que “se hace necesaria una literatura infantil que alejada de las interferencias del didactismo, ayude en el afrontamiento del fracaso, la pérdida, el sufrimiento y la finitud tanto propia como de los seres queridos” (Oliz, 2013: 73). Neste sentido, destácase a existencia dun numeroso grupo de profesores e escritores que defenden que a morte é un tema que define a nosa vida e, por tanto, debe ser abordado sen necesidade de enmascaralo con eufemismos que despisten a realidade, aínda que con respecto, psicoloxía e sensibilidade.\nO certo é que se desempeñamos un exercicio de retrospección documental e nos situamos no tramo temporal de finais do século XIX e principios do XX, etapa considerada por Román López Tamés (1990), Juan Cervera (1991) e Isabel Pascua Febles (2011) como o inicio da LIJ en España, atopámonos cun trato recorrente cara ao falecemento dos personaxes en todo tipo de situacións e contextos. Aínda que o arraigamento dos contos con valor educativo e didáctico era indubidablemente maior que na actualidade, tamén o era a aposta pola inclusión de temas máis escuros dos que a día de hoxe estamos afeitos (Cendán, 1986).\nNeste sentido, son tópicos os argumentos que aluden aos avatares que a vida proporciona aos personaxes, como descricións de naufraxios, abandonos\nfamiliares, mortes ou inxustizas sociais. A valentía de incorporar estes temas era incluso maior que a que pode supoñer incluílos na contemporaneidade. A aqueles lectores do pasado presentábaselles a morte como un feito cotián, ao que tiñan que facer fronte por vivir no medio dunha sociedade convulsa marcada pola pobreza, as fames negras, as guerras e as altas taxas de mortalidade infantil. É dicir, apostábase por obras máis realistas que contribuísen a normalizar e comprender as situacións que cada un destes nenos presenciaba en primeira persoa dentro dos seus ámbitos familiares.\nReferencias centenarias que protagoniza a morte\nUn bo exemplo do tratamento desta selección de temas controvertidos atópase en obras literarias tanto de índole rexional como nacional; ademais, froito da súa aplaudida aceptación, non só se reeditaron (en tempos de escaseza), senón que tamén foron premiadas en organismos culturais pola súa calidade e enxeño. Entre elas cabe citar El Plutarco de los niños (1859), de Modesto Infante –pseudónimo de Vicente Barrantes Moreno–, El Plutarco extremeño (1890), de Nicolás Díaz y Pérez ou Nombres claros de Extremadura (1914), con Ángeles Morán Márquez como autora (1914). O nexo de unión que comparten estes títulos é que os tres se definen a si mesmos como referencias literarias 1 destinadas a escolares cunha finalidade moralizante e exemplificativa, froito da cal se pretende capacitalos para unha vida adulta en sociedade.\nEsta bagaxe cultural que pretenden transmitirlles aos lectores vaise debullando sutilmente por medio dunha serie de biografías literarias, contextualizadas en episodios históricos que se describen minuciosamente con multitude de cifras e datos que se coidan ao detalle. Cada unha destas entradas ou capítulos destínase á narración de recoñecidos protagonistas do noso pasado, personaxes que polos seus feitos, polas súas obras, ou polo lugar que ocuparon na nosa historia, eran exemplo de imitación nas artes plásticas, as ciencias, as letras ou mesmo nas carreiras militares. Deste xeito, os autores defendían un dobre propósito: á parte de promover a lectura e a educación, propoñíanse enaltecer o valor dos antepasados, todo iso baixo unha inherente loita por homenaxear o seu legado cultural, ese que se mostra como afastado e descoñecido para os lectores máis novos.\nPrecisamente, como son temas usualmente envoltos en contextos fríos e pouco atractivos para a infancia, cada unha destas biografías partía de contornas próximas e sobradamente coñecidas polos seus receptores. Desta forma, buscábase crear un clima cálido que puidese captar a súa capacidade de atención dende a primeira palabra, favorecendo que comprendesen o que en liñas sucesivas ía acontecer e que lle podería afectar a eles mesmos nun futuro próximo. A aventura relatada protagonizáraa anos atrás un personaxe que talvez nacese até na súa mesma rúa, con características moi similares ás súas, pero, en especial, cunha contorna cultural practicamente idéntica, co cal a imitación do recollido era un feito factible.\nCon todo, aínda que entre as finalidades de cada biografía atopamos obxectivos diferentes, existe un que se erixe como eixo vertebral de todos os demais: o propósito de que os nenos atopen nalgunha destas descricións a súa propia vocación profesional e teñan modelos de conduta acordes á profesión que lles puidese deparar o futuro. Por esta razón, atopámonos cun abanico profesional de antagónicas sensibilidades coas que se espera que o lector, ao finalizar a obra, teña capacidade para decidir como quere labrar a súa vida.\nCoas alusións directas a estes duros momentos existenciais, preténdese achaiar o terreo para tratar con naturalidade o carácter vulnerábel da vida e o presente que está a morte no noso día a día. Marcados por esta intención, os tres autores procuran destinar as últimas páxinas de cada biografía a describir con exactitude o trato que o destino ofrece a cada personaxe en función das súas accións, pero demostrando tamén que este pago non ten por que ser sempre xusto. Concepció Poch Avellán (2009: 5253), consecuente con este tipo de obras, sinala que “educar para la muerte significa educar para la vida. Nuestro reto consiste en poder extraer de las situaciones límite –en especial, de la muerte– aquellos valores éticos que su presencia genera: serenidad, amistad, solidaridad, compasión, respeto y paciencia”.\nAs tres obras que nos ocupan, partidarias de que a educación non debe desentenderse da dor, ven no desenvolvemento dos seus argumentos unha oportunidade de ouro para abordar con suficiente sentido crítico temas pouco convencionais. Por isto, o denominador común entre os personaxes implicados atópase nos tipos de morte e as reaccións da súa contorna. É dicir, en función dos oficios que cada un desempeña, os seus actos irán encamiñados nun sentido diferente e, por tanto, a súa morte será o máis acorde posíbel coa súa profesión.\nNo transcurso das súas páxinas atopámonos con gremios de todas as clases: escritores, relixiosos, políticos, militares, humanistas, filósofos e un longo etcétera que aglutina todos os oficios posibles que se desempeñaban nos séculos XIX e XX. Deste xeito, naturalízase a morte dende diferentes perspectivas, o consecuente período de loito e o posterior sentimento de dor. Unha situación que, tras reiteradas lecturas, remata por converter un tema tabú nun feito cotián ao que se lle resta misterio e fantasía. Con esta filosofía respéctase o consello de Bertrand Russell (2000: 145), quen insiste en “no crear el sentimiento de que la muerte es un tema del que no queremos hablar o en el que no queremos que piensen los niños”.\nPartindo desta premisa na que o invisíbel non ten defensa posible, ofrécense desenlaces nos que resulta curioso e inquietante comprender a morte típica en cada profesión, coñecer como afectaba a cada personaxe a perda dun ser querido e en que condicionaba o seu día a día. Mentres que para os conquistadores simbolizaba un feito cotián (e incluso unha honra xa que morrían loitando por defender os intereses do país), para os escritores era máis ben todo o contrario, un serio condicionante con capacidade para cambiar drasticamente a súa sensibilidade artística e capacidade creativa.\nPresenza e significado da morte segundo as profesións dos personaxes\nAnciana ya, y bajo el peso de sus sesenta y ocho años, siente la Coronado y\nRomero palpitar las fantasías soñadoras del poeta; pero, mujer al fin, el dolor por la pérdida de seres que le fueron muy queridos, la retiene muda, allá en un rincón de la Península, en Poco de Bispo, próximo á Lisboa, en su quinta de Paso d´ Arco, vulgarmente llamada A Mitra, secuestrada del mundo y de su patria. ¡Como si ella se perteneciera!\nNesta mesma liña preséntase o grupo dos relixiosos, onde podemos enmarcar a aqueles catalogados como santos, misioneiros ou monxes que asumen a vida terreal como un proceso de entrega desinteresada ao próximo e na que han de procurar o ben común, mesmo en detrimento do seu. Case todos practican o xaxún, renuncian ao calzado ou dormen no chan, feitos que derivan nunhas pésimas calidades de vida que, normalmente, os conducirá a mortes temperás con agonías duradeiras. No sacrificio está a garantía da felicidade eterna.\nPor regra xeral, adoitan afrontar os seus últimos días en soidade, sen luxos de ningunha clase e acompañados polo discípulo que continuará a súa encomiábel e desinteresada misión. Os autores insisten en remarcar as pésimas condicións de vida e chegan a mencionar que algúns deles son enterrados medio espidos e de maneira case totalmente secreta dentro dos conventos nos que desenvolveron o seu labor. Tamén queda de manifesto que os integrantes destes oficios son sepultos conforme as circunstancias humildes que definiron as súas vidas.\nNo polo oposto atópanse os retratos literarios dos militares, conquistadores e xenerais, personalidades que, por cuestións bélicas inherentes á súa profesión, conviven coa morte de forma asidua. Nestes casos, perder a vida móstrase coa máxima naturalidade posible, pero tamén dende un punto de vista diferente que proporciona unha imaxe deshumanizada do protagonista. Ao longo dos textos queda patente que o personaxe en cuestión é o causante da súa propia dor e, ao mesmo tempo, o xerador do dano moral de tantos outros.\nNestes casos, o papel que se lle atribúe á morte cambia de perspectiva e focaliza a súa atención nos compoñentes do “bando inimigo”. Talvez por iso xa non asistimos a unha recreación minuciosa: agora as defuncións despersonalízanse, afástanse e pasan a ser só un mero número cuxa importancia radica na cantidade que represente. Así, mentres maior sexa a cifra, maior será o recoñecemento da vitoria, pois, con ela, engrandécese a figura e o arroxo do militar que salvagarda ao seu pobo.\nEstas figuras, polo xeral catalogadas como heroes, mostrábanse tamén como persoas envexadas e aplaudidas polos seus veciños debido á súa gran mestría no exercicio militar ou aos achados logrados no seu labor de conquistadores. Con todo, a pesar de representar unhas vidas intensas infestadas de emocións, as súas despedidas do mundo terreal rompen co itinerario seguido até o momento. A luz esplendorosa que guiou sempre as súas vidas remata por apagarse ante o ocaso que define os seus últimos anos de vida.\nA morte exerce como xusticeira facéndolles pagar os seus actos máis desprezables, atacando onde máis pode doer a quen arrisca a súa propia vida por defender os intereses do seu país; é dicir, danando a memoria colectiva da sociedade á que entregou os seus mellores anos e achegándolles significativas remesas económicas de cada unha das súas colonizacións. Con todo, na soidade da súa agonía previa á morte, parece non importarlle a ninguén os fitos que cultivou, tornándose así a admiración social nun esquecemento ingrato e desleal. Exemplo desta situación atopámolo fielmente reflectido tanto por parte de Díaz y Pérez (1890), así como por Morán Márquez (1914), na biografía que ambos destinan ao conquistador Hernán Cortés:\nPor último, fijando su residencia en su patria, el héroe de la Nueva España vivió perseguido y maltratado, ora en Medellín, ora en Valladolid, ora en Sevilla, hasta que el 2 de Diciembre de 1547 exhaló el último suspiro, ya pobre y viejo, en un pueblecito titulado Castilleja de la Cuesta, que así mueren siempre los que, como él llenos de laureles y trofeos pudieron ceñir á su sien coronas imperiales, que cedieron generosamente á los que más le ultrajaron (Díaz y Pérez, 1890: 40). Y para que la figura extraordinaria de este héroe no le falte rasgo alguno que le haga interesante, vino tras de la apoteosis de tales triunfos la sombra opaca de las ingratitudes y de las envidias, que obscurecieron los años últimos de una vida tan gloriosa. Los envidiosos, al cabo, lograron enfriar la entusiasta gratitud que, en los primeros momentos de tales conquistas, sintió el emperador Carlos V, colmando de honores al héroe; y llegó a ser tanto el desvío, que la tradición lo ha llegado a concretar en una anécdota, que tiene la amargura desgarradora de una queja y de una protesta (Morán, 1914: 167).\nPor outra banda, o grupo dos políticos, coñecedor da efémera capacidade humana para lembrar o seu pasado e lonxe de buscar exclusivamente a mellora social da comunidade para a que desempeñaron as súas funcións, tamén se afanou en que as súas vidas foran recoñecidas e inmortalizadas. Mentres que co resto de personaxes os datos achegados proviñan da iniciativa de recolección dalgúns autores que consideraron relevantes os seus logros, neste grupo a información adoita emanar das fontes que proporcionaron os propios protagonistas. Son eles os que encargaron as súas biografías para dar eco social ás súas “boas accións”. En ocasións, o éxito nesta profesión medíase polo número de doentes que acudían ao enterro do político e a iso axudaba a fama que se labrase coa popularidade dos seus actos.\nCon todo, o aspecto que descoñecen todos eles é que, mentres que avogan pola súa notoriedade social, están a cultivar todo tipo de envexas, rancores e celos. A natureza destes sentimentos é a que acabará condenándoos a unha morte prematura, cruenta e nada contemplativa, servindo a súa execución como espectáculo público para unha sociedade pasiva e mesmo covarde que verá unha ocasión irrepetíbel no oco profesional que deixa baleiro este dilixente para ascender á súa mesma categoría laboral e gozar da súa calidade de vida e privilexios.\nUnhas liñas finais\nAs tres obras descritas presentan como denominador común a intencionalidade de facer comprender aos lectores que non todos concibimos a morte do mesmo xeito: cada persoa vincúlalle un respecto e significado diferente e en virtude deste criterio afrontan os últimos anos de vida. Ademais, os tres autores esfórzanse en deixar patente que até o personaxe que se erixe como o máis temíbel, vilán e carente de remorsos, chegada a súa hora final, humanízase por completo sen importar a súa profesión, rango social ou bravura persoal. Deste xeito, o lector comprende que, xusta ou non, dunha forma ou outra, o único que non xera dúbida é que a morte é un feito evidente que iguala a todos.\nPor tanto, a ignorancia ante a súa existencia é un comportamento covarde que nos fai aínda máis débiles cando se nos presenta de forma próxima. Medrar sendo conscientes do carácter finito da vida non implica unha existencia marcada polo medo ou a incerteza do devir, todo o contrario. Isto ensínanos a necesidade de conquistar e amarrar os instantes de felicidade que a vida nos brinda, potenciar o compromiso social cos que nos rodean e manifestar os sentimentos que nos invaden sen ningún tipo de vergoña. O problema non é a morte, o problema é vivir alleos a unha realidade que nos persegue dende o primeiro segundo de vida e que pretendemos ocultar cun silencio absurdo que nos fai vítimas de nosa propia ignorancia."} {"summary": "Repaso á traxectoria do Premio Jules Verne, convocado por Edicións Xerais de Galicia, na Literatura Infantil e Xuvenil galega. Nel darase conta dos autores e autoras que foron galardoados, das temáticas abordadas e doutros trazos que o definen. Farase especial fincapé na presenza das voces femininas nese galardón.", "text": "A necesidade da inclusión das obras premiadas nas aulas galegas\nMarta Neira Rodríguez : aulas galegas; Literatura Infantil e Xuvenil galega; Premio Jules Verne; premios; Xerais; voces femininas.\nIntrodución\nNo ano 2005 Edicións Xerais de Galicia e a Fundación Caixa Galicia convocaban o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil coa pretensión de que fose unha plataforma coa que os escritores e as escritoras puidesen achegar ao sistema literario galego obras coas que “conquistar un lectorado con temas e linguaxe acordes coa súa cultura” (Roig, 2015: 290).\nDotado inicialmente con 7.500 €, este premio, que galardoaba orixinais inéditos escritos en lingua galega e que se fallaba, xunto cos Premios Merlín e Xerais de Novela, no transcurso da Cea Xerais, pasou a convocarse no\nSan Martín de Literatura Xuvenil e cun cambio de periodicidade (pasaba a ser bianual). Con todo, nos anos 2012 e 2013 o premio non se convocou e non foi até 2014 cando reapareceu co nome co que actualmente se coñece: Premio Jules Verne de literatura xuvenil, denominación que tamén levou parella unha muda na dotación económica (a partir dese momento a contía é de 10.000 euros).\nOs xurados, compostos en todas as edicións por diferentes profesionais da cultura galega e representantes do lectorado mozo (tal como se recolle paratextualmente na primeira edición da obra gañadora e pode seguirse Roig, 20062017), concedéronlle os galardóns ás seguintes obras: A cova das vacas mortas (2006), de Santiago Jaureguizar; Illa Soidade (2007), de An Alfaya; A cabeza de Medusa (2008), de Marilar Aleixandre; Ás de bolboreta (2009), de Rosa Aneiros; Febre (2011), de Héctor Carré; O Gran Reino (2014), de Eduardo Santiago; Europa Express (2015), de Andrea Maceiras; Xa non estou aquí (2016), de Iria Misa; Ceiba de Luz (2017), de Manuel Lourenzo González; Aplicación instantánea (2018), de Carlos Negro, e Os corpos invisibles (2019), de Emma Pedreira.\nAutoría e temáticas das obras gañadoras\nO primeiro gañador deste premio foi Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965), autor pertencente á Xeración dos 90 que xa tiña achegado diferentes títulos á Literatura Infantil e Xuvenil galega, tal como pode seguirse en Roig (2015) e Roig (19952009).\nNa obra gañadora, A cova das vacas mortas, partindo de elementos da historia recente (Segunda Guerra Mundial), recrea o proceso de maduración do protagonista, Xoel, un adolescente que reside en Negueira de Muñiz, nunha comuna hippy creada por naturalistas alemáns, nos anos setenta. O mozo é o encargado do coidado da nai e do avó, este último enfermo de alzhéimer e responsábel de que Xoel, a partir da relación avóneto, descubra un pasado familiar vinculado co nazismo e se enfronte a unha loita entre os sentimentos polas persoas e as ideoloxías que representan, circunstancia marcada aínda máis pola personaxe da moza Iria, contrapunto do protagonista.\nO relato, cuxa cuberta, ilustrada por Miguel A. Vigo, presenta en primeiro plano unha antiga cámara de vídeo e uns negativos que anticipan a vinculación do relato co cinema, presenta unha axeitada combinación de ritmo e intriga, cunha prosa áxil e gran naturalidade dos diálogos cos que se pretende conectar cos intereses do lectorado adolescente.\nUnha muller, An Alfaya, nome literario de Mª de los Ángeles Alfaya Bernárdez (Vigo, 1964), foi a galardoada na edición de 2007 pola novela realista Illa Soidade. A autora, igual que Jaureguizar pertencente á Xeración dos 90, achégalle ao lectorado o tema da intolerancia (Pena, 2007) e a realidade de moitos indixentes. A protagonista é Lucía, unha moza que inicia os seus estudos universitarios e, na viaxe en tren á Cidade Universitaria á que se dirixe, lembra a relación que estabeleceu cando tiña dezaseis anos cun grupo de vagabundos que frecuentaban unha praza próxima á casa e ao negocio familiar, máis concretamente a súa relación con Soidade (Soa), a primeira indixente en instalarse na praza dos Mistos.\nPor medio dunha voz narradora en primeira persoa, Lucía, e os fragmentos do “Diario de outono” de Soa, cuxos fragmentos se intercalan cos recordos da moza (a Mirona, como a bautizaron os mendigos), vaise coñecendo a vida de Soa e as razóns polas que chegou á mendicidade, entre as que se pode atopar un fracaso matrimonial e a busca dun amor perdido co que entrou en contacto en París.\nA ilustración da cuberta, de Antonio Seijas, amosa, como se sinalou en Roig (2008), a realidade de moitas cidades dun xeito moi poético, pois presenta un banco, como calquera outro que se pode atopar nunha rúa, no medio da auga, un mar que, xogando coas diferentes acepcións deste termo, podería identificarse cun océano de soidade urbana.\nMarilar Aleixandre (Madrid, 1947), escritora pertencente á Xeración do 68 (Roig, 2015), foi a terceira en recibir o premio no que se detén este traballo por unha obra que, como sinalou Soto (2008), se pode incluír no metaxénero das “novelas de instituto”: A Cabeza de Medusa. Incluída na listaxe The White Ravens 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2010, este relato achégase a un tema pouco ou nada tratado na Literatura Infantil e Xuvenil galega como é o das consecuencias dunha violación sexual e, por desgraza, moi vixente na sociedade actual (pénsese no coñecido caso da Manada ou noutros que seguen o horrendo ronsel deste).\nA cabeza de medusa está estruturada en tres partes, encabezadas por senllas referencias a producións artísticas do mito que lle dá nome, e presenta múltiples referencias literarias, musicais e fílmicas da cultura adolescente, que teñen a dobre funcionalidade de crear verosimilitude e provocar no lectorado unha conexión empática e de identificación coa novela, tal e como sinalou Ferreira Boo (2012). Baseada en feitos reais, segundo ten sinalado a autora nalgún acto público, achégase ao sufrimento de dúas mozas, Sofía e Lupe, despois de seren violadas (presión social, silencio sobre o acontecido etc.) e ofrece diferentes perspectivas deste feito que evitan tomar partido das posturas existentes.\nA novela, que actualiza a lenda de Medusa, que se instala no discurso e que, como sinalou Soto (2008), serve como metáfora das interpretacións negativas da feminidade, salienta pola temática tratada, pola prosa, directa e obxectiva, e polo desenvolvemento da trama. É, seguindo a Puñal (2009: 9), unha narración que atrapa e sintetiza unha tripla violación: a física, a cultural e a social, e, como sinalou Senín (2009: 81), “a opinión valente dunha persoa que coa súa escrita toma partido pola vida, polo respecto sagrado da persoa, pola liberdade individual”.\nNovamente unha muller, neste caso Rosa Aneiros (MeirásValdoviño, Ferrol, 1976), foi a gañadora da seguinte edición do certame. Con Ás de bolboretas, incluída na listaxe The White Ravens en 2010, a autora pertencente á denominada Xeración Google, e con varios títulos publicados con anterioridade (véxase Roig, 19992010), aborda un amplo abano de problemas sociais, tales como a soidade dos maiores, os malos tratos, a ideoloxía machista e dominadora, a inmigración etc. Faino por medio de breves capítulos nos que un narrador omnisciente presenta a historia dunha ampla galería de personaxes 1 que teñen en común o feito de frecuentaren un espazo concreto e cotián, a cafetaría Luzada, rexentada por Patricia, a persoa que distribúe afectos e cunha posición activa nas relacións que se presentan.\nDende esa localización espacial, eixe central da historia, pois dese bar parten as redes de relacións entre personaxes de diversas procedencias e culturas, artéllase unha escolma de vidas coa intención de plasmar a misteriosa interrelación dos diferentes feitos e historias que conflúen nese pequeno bar cun contexto complexo e global, consonte ao significado do efecto bolboreta que evoca o título e que a partir dun proverbio chinés expresa a interconexión e a fraxilidade. Unha escolma á que se accede por medio dun narrador omnisciente que tamén combina estratexias narrativas e cinematográficas, nas que se alternan os ángulos e planos panorámicos con primeiros planos, cargados de subxectivismo (Soto, 2010: 8081). A narración ofrece a estrutura dun crebacabezas, sen fixación de historias nin de personaxes, senón de situacións problemáticas da sociedade actual, dende a multipluralidade e abertura temática.\nA ilustración da cuberta, que se corresponde cunha composición fotográfica de Miguel A. Vigo, adianta a multiculturalidade presente no relato grazas a unha fachada dun edificio con ventás en cuxo baixo se pode ler Luzada, á parte de moitos outros nomes de lugares afastados da realidade galega\nNa nova andaina que o premio iniciou no ano 2011 a obra premiada foi Febre, do guionista e director de cine Héctor Carré (A Coruña, 1960), un autor descoñecido na Literatura Infantil e Xuvenil galega até ese momento e que, por idade, máis tamén por características, se encadra na Xeración dos 90.\nA novela, que mereceu o Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil no ano da súa publicación, é de marcado estilo cinematográfico (influencia da formación do autor) e remite á época da Segunda Guerra Mundial e á explotación das minas de volframio en Galicia (concretamente na vila de Noia), así como á loita dunha muller por facerse coas rendas do seu destino.\nEstruturada en capítulos organizados en secuencias, que semellan escenas cinematográficas, e situada a inicios dos anos corenta do século XX, o lectorado coñece a grandes trazos a evolución da Segunda Guerra Mundial, na que España se mantivo neutral e non belixerante, mais tamén a realidade dunha moza idealista, Carmucha, que loita pola ruptura de barreiras e trabas igual que “unha afouta heroína para acadar a súa independencia e loitar pola xustiza e os dereitos dos marxinados sociais, chea de xenerosidade e que por veces raia na irresponsabilidade” (Ferreira Boo, 2017). Unha protagonista que non dubida en facerse contrabandista e organizar unha banda coa que acadará sona de xusticeira, e que mesmo será temida e respectada, mais que terá que marchar do país por mor do asasinato dun home, quen a viola non só física senón tamén simbolicamente.\nTal como sinalou Soto (2011: 50; 2015: 64), unha “novela de aventuras, de acción, de amor, de espías, de ronsel histórico galego e retrato social, de realidade cotiá” que se pode adscribir, como recolleu Ferreira Boo (2017), ao xénero negro, pero tamén á novela da memoria, ao recrear e recuperar os tempos da posguerra e da Segunda Guerra Mundial en Galicia. Unha obra ben documentada e novidosa polo “tratamento da era do volframio por vez primeira na Literatura Infantil e Xuvenil galega; a perspectiva dun narrador omnisciente que deixa fluír a conciencia das protagonistas femininas e dos personaxes da súa contorna; e o multiperspectivismo enfiado coa distancia espazotemporal” (Fernández Vázquez, 2015: 206).\nEn 2014, o gañador do Premio Jules Verne foi Eduardo Santiago (Pontevedra, 1964), un autor tamén descoñecido na Literatura Infantil e Xuvenil até ese momento, por O Gran Reino (2014). Pertencente igual que o anterior premiado, á Xeración dos 90, Santiago achégase nesta novela ao trastorno alimentario da protagonista, Gala, unha rapaza que está cursando segundo da ESO, cun forte espírito competitivo e cunha grande intelixencia.\nA protagonista inicia un proceso de illamento, que a leva a refuxiarse na lectura compulsiva e a convencerse de que só pode acceder ao mundo de Margonia, un complexo universo imaxinario, “unha metáfora da percepción distorsionada da realidade baseada no concepto dos universos refractarios” (Mociño, 2014), se non inxire ningún tipo de alimento. Esta situación provoca que a familia busque a axuda de profesionais, mais a intelixencia da moza fai que os engane até o punto de que o seu deterioro físico a leve á inclusión nunha unidade psiquiátrica. Parella á realidade desenvólvese o mundo imaxinario da moza no que terá que lograr unir o Gran Reino a partir de catro amuletos.\nA novela, que segue a liña temática do relato de fronteira “Coma o pato Donald”, de Fran Alonso, inserido en Males de cabeza (Xerais, 2001), achégase a un asunto novidoso no que salienta o diálogo entre realidade e fantasía, a habelencia para achegarse aos trastornos psicolóxicos, cuestionar a percepción social da loucura e propiciar a reflexión sobre as moitas vías que poden seguir os conflitos internos para manifestarse nos comportamentos individuais.\nO Gran Reino presenta na cuberta unha imaxe de Antonio Seijas, realizada con ferramentas de pintura dixitais, na que se amosa a protagonista do relato coa cara iluminada polo debuxo duns seres indescifrábeis: formas amarelas que a rodean e que parecen emanar do mundo interior no cal está sumida. As ilustracións interiores de Raquel Santiago son debuxos esquemáticos realizados en grafito, esquemas rápidos de criaturas descoñecidas.\nAs mulleres tomaron novamente as rendas do premio nos anos 2015 e 2016. Foron dúas escritoras novas, Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) e Iria Misa (Gondomar, 1983), ambas as dúas pertencentes á denominada Xeración Google (Roig, 2015), as gañadoras do Jules Verne, respectivamente, por Europa Express e Xa non estou aquí.\nA primeira delas, Andrea Maceiras, fíxose co galardón cunha novela coral, de viaxes e aventura psicolóxica que se achega ao proceso de maduración de sete personaxes (Nico, Mía, Óscar, Piero, Beatriz, Aroa e Xacobe). A historia aséntase nas lembranzas de Nico, quen, a partir dun feito fortuíto, recorda a viaxe feita por Europa cos seus compañeiros ao rematar o Bacharelato.\nDividida en tres partes, a primeira, “Sen notificación de recibo”, serve para a presentación dos personaxes e sitúase no mes de agosto de dez anos atrás, cando eran adolescentes, e a vida actual de todos eles, marcada polo falecemento dun dos compañeiros de viaxe, a maduración que ese transo supuxo e o distanciamento del derivado e que fixo minguar a amizade que os unía. A segunda, “Xiro postal”, céntrase na tentativa de Nico de reconstruír, grazas ás opinións de Mía, Beatriz, Óscar e Piero, a verdadeira relación que existía entre Aroa e Xacobe e que foi capturada por casualidade nunha fotografía. A terceira, “Franqueo en destino”, coma a primeira, oscila entre os saltos ao pasado (aos últimos días da viaxe por Europa) e o momento presente (a reunión que prepara Nico na súa casa e de Aroa)\npara tentar comprender o comportamento do amigo falecido durante os derradeiros días da viaxe e a causa real da súa morte. A montaxe fotográfica da cuberta, de Antonio Seijas, amosa unha parella bicándose, ao tempo que anticipa a viaxe por Europa no Interrail dos protagonistas que descubrirán a liberdade (simbolizada tamén polos paxaros na montaxe fotográfica) e a complexidade das relacións persoais. A segunda das autoras, Iria Misa, debutou na Literatura Infantil e Xuvenil galega cun tema de plena actualidade na sociedade galega, pois, de maneira fortuíta, a publicación da obra de Misa saíu a lume pouco tempo despois da desaparición de Diana Queer. Ao longo de vinte e seis capítulos titulados, enmarcados nun “Preámbulo” (ao que lle antecede un breve texto no que os termos “morte”, “dor” e “vida” anticipan algúns trazos da intriga da novela) e un “Epílogo”, o lectorado coñece os feitos que rodean a misteriosa desaparición de Ánxela, unha moza que repite primeiro de bacharelato e que no novo curso escolar abandona as amizades de sempre e entra en contacto cos Murnios, un grupo, formado por María, Carlos, Gabriel e os irmáns Leirós, cuxos hábitos, distintos aos doutros compañeiros, finalmente non darán en nada bo.\nDende diferentes puntos de vista (o de Ánxela, pero tamén os dos seus pais ou, sobre todo, os dos Murnios) o lectorado é quen de configurar o crebacabezas que supón a estraña desaparición dunha rapaza, principal asunto da novela. Con todo, Xa non estou aquí é unha novela que fala da incomprensión familiar, da necesidade de pertencer a un grupo, da soidade, das drogas, da falta de personalidade, da autoestima, da aparente desgana dos máis novos, da necesidade de experiencias vitais de risco para saír do cotián, do amor, da fidelidade, da homosexualidade e de como esta é vista polos outros ou mesmo por un mesmo.\nA cuberta do libro de Miguel A. Vigo funde imaxes nunha colaxe dixital: unha ruleta en primeiro plano, siluetas humanas no plano medio e un bosque de fondo polo que entra a luz na parte superior en tons ocres e laranxas.\nNos últimos tempos o galardón recaeu en Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955), un escritor pertencente á Xeración do 68, xa coñecido dende inicios dos anos noventa na literatura de adultos e dende mediados desa década na infantil e xuvenil, e no poeta Carlos Negro (Lalín, 1970), autor da Xeración dos 90 que publicara no ano 2009 o poemario Makinaria, ao que lle seguirían, tamén para o lectorado adolescente, que ben coñece pola súa profesión como profesor de instituto, os denominados Penúltimas tendencias (2014) e Masculino singular (2016), ambos os dous cunha clara liña reivindicativa do papel da muller e na contra dos estereotipos de xénero.\nO primeiro deles, Lourenzo González, obtivo o premio por Ceiba de Luz, unha novela de aventuras, cunha trama marcada pola intriga policial e cun achegamento ao fantástico lovecraftiano. O desencadeante da acción é o achado nunha tenda de antigüidades dunha pequena estatua humana, de ouro macizo e de fasquía precolombina, que motiva a organización da expedición Ceiba de Luz por parte da Universidade de Salamanca no mes de maio de 2007.\nComandado pola profesora de Historia Sandra Olivares, un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas, especialistas en moi variadas disciplinas (historia, xeografía, topografía, botánica, medicina, culturas e linguas indíxenas, xornalismo, informática, cociña…) embarcarase na aventura de chegar ao mítico El Dorado a través da selva amazónica no Perú. Aí, no curso alto do río Marañón, tentarán descubrir as culturas taimahuara e arapanac, ás que se lles atribúe a peza escultórica atopada. A prolongada convivencia na antiga cidade de Haripari, poboada por uns seres humanos pasivos e melancólicos que os membros da expedición alcuman como «pasmóns», acabará provocando liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade, amoríos e morte.\nAo longo de trinta capítulos, un narrador omnisciente conduce o lectorado, de xeito lineal e con extrema axilidade, até un final sorprendente neste relato que conta cunha boa dosificación da intriga, a viveza dos diálogos, unha atinada evolución psicolóxica dos personaxes e tamén pola vizosidade das descricións.\nA concesión do galardón a Carlos Negro, por Aplicación instantánea (2018), foi unha grata sorpresa, pois foi a primeira vez, e única até o momento, que o Jules Verne recaeu nun poemario. Nel, a través do xogo de máscaras de diferentes avatares, faise unha análise crítica e plural das relacións humanas no mundo contemporáneo, mais tamén crítica social a diferentes cuestións sociais (por exemplo, critícase a excesiva presenza do cultivo do eucalipto en Galicia), así como a posta en valor da figura feminina, e o seu empoderamento, e da cultura e lingua galegas. Aplicación instantánea introduce con orixinalidade a importancia na sociedade actual das pantallas e as novas tecnoloxías con versos de alta calidade literaria, unha linguaxe vigorosa e rica e un discurso potente, apelativo e de intervención que non deixa a ninguén indiferente, tal como sinalaron os membros do xurado no momento do fallo do premio.\nFinalmente a gañadora máis recente do Jules Verne foi Enma Pedreira (A Coruña, 1978), narradora, aínda que fundamentalmente poeta, que se estrea na Literatura Infantil e Xuvenil con Os corpos invisibles, texto presentado baixo o lema “Prometea”. A narración, a medio camiño entre a novela histórica e a metaliteratura, ten como protagonista as mulleres. Dende a ollada dunha moza de quince anos que traballa dende os oito anos nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución industrial, o relato achégase á realidade das nenas escravas que forman parte da produción en cadea, mais tamén á realidade dunha muller de clase alta, unida a aquela outra escritora da primeira novela de terror da modernidade, Frankestein, e a elas, na busca pola liberdade e polo recoñecemento que a todas se lles nega. Un relato con humor e crítica social que dá conta da desigualdade de clases, das discriminacións e de violencias por mor do xénero.\nA modo de conclusión: a pertinencia do emprego nas aulas galegas das obras premiadas co Jules Verne\nTen sinalado Gomes (2012: 12) que\nNão é possível promover a leitura sem um conhecimento da História literária, dos rumos passados e actuais, das diferentes modalidades genológicas patentes na escrita para crianças e jovens, bem como dos caminhos percorridos pela ilustração. Não é possível, enfim, promover a leitura sem ler - obviedade que qualquer leitor julgaria dispensável, mas que, paradoxalmente ou talvez não, importa continuar a enfatizar nos tempos que correm. Tão pouco é possível mediar a leitura sem recurso prévio ou concomitante a um discurso crítico produzido por estudiosos e investigadores - e não apenas promovido da espuma mediática e blogosférica -, e sem um saber mínimo sobre o panorama diacrónico desta criação literária e artística, o qual permita relativizar juízos apressados sobre o presente e suas pretensas inovações, e avaliar os retrocessos que nele também, por vezes, se verificam.\nNeste senso botar man de obras galardoadas co Premio Jules Verne, todas elas publicadas na emblemática colección “Fóra de xogo” de Edicións Xerais de Galicia, pode axudar o mediador na selección de obras de calidade, avalada esta pola concesión dun recoñecemento no que participan profesionais da crítica, e afastadas da “espuma mediática e blogosférica” á que moitas veces o mediador ou mediadora pouco informado está tentado a acudir.\nNo que á autoría se refire, o premio Jules Verne permítelle ao lectorado o achegamento a escritoras e escritores de diferentes xeracións da historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega, seguindo as marcadas en Roig (2015). Así, a xeración que maior presenza tivo neste premio até o momento é a Xeración dos 90, representada, como se viu, por Jaureguizar, Alfaya, Carré, Eduardo Santiago e Carlos Negro. Con todo esta é seguida de preto polas integrantes da Xeración Google, representada por Rosa Aneiros, Andrea Maceiras, Iria Misa e Emma Pedreira, e sendo anecdótica a presenza da Xeración do 68, con Marilar Aleixandre e Manuel Lourenzo González como expoñentes. O comentado deixa intuír a forza coa que as novas voces tratan de facerse un oco no panorama literario infantil e xuvenil galego. Voces novas ou xa asentadas no sistema literario que aquelas persoas que dan aulas ou se preparan para dalas deberían coñecer e mesmo recomendar aos compañeiros e discentes.\nAsí mesmo, a selección de escritores e escritoras resultante de estabelecer o criterio de obtención do Jules Verne permite observar como o achegamento da autoría masculina ou feminina a este galardón é practicamente parello, aínda que a balanza poida inclinarse minimamente cara a produción de autoría feminina. Desta maneira, dun total de once obras, seis delas débense a mulleres (Alfaya, Aleixandre, Aneiros, Maceiras, Misa e Pedreira) e cinco, a homes (Jaureguizar, Carré, Eduardo Santiago, Manuel Lourenzo González e Carlos Negro).\nEn canto ás temáticas, todas as obras gañadoras ofrecen novas maneiras de aproximarse a asuntos xa presentes con anterioridade na Literatura\nInfantil e Xuvenil galega ou, sobre todo, temas con pouca ou ningunha traxectoria nesta. Pénsese na recuperación da memoria histórica por parte de protagonistas, normalmente, situados na adolescencia; a indixencia; a violencia de xénero; a violencia sexual; a violencia económica; trastornos alimenticios; novas tecnoloxías; a loita por ver recoñecidos os logros científicos e intelectuais das mulleres fronte á apropiación que deles fixo o patriarcado ao longo da historia etc. Asuntos moitas veces abordados dende a ollada feminina ou mesmo feminista e na liña das esixencias estabelecidas no DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.\nAs cuestións abordadas neste corpus, moitas veces en plena actualidade, favorecen, coa axuda das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, a realización de booktrailers e bitácoras que permiten responder dunha maneira máis amena a varios dos bloques de contido nos que se estrutura a materia Lingua Galega e Literatura na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato, a saber: “Comunicación oral. Escoitar e falar”, “Comunicación escrita. Ler e escribir”, “Funcionamento da lingua” ou “Lingua e sociedade”.\nEn definitiva, o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, e as obras nel galardoadas e publicadas na colección “Fóra de xogo”, confírmase como un espazo lector para as persoas adolescentes, non só do xénero narrativo, senón tamén de poesía, en lingua galega; unha aposta que todo mediador ou interesado na Literatura Infantil e Xuvenil debe coñecer e que se pon en relación co bloque de contido “Educación literaria”; un lugar no que a arte, por medio das imaxes das cubertas dos libros, tamén está presente e pode axudar a educar artisticamente. Marta Neira Rodríguez ICEUniversidade de Santiago de Compostela/ Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Bibliografía Aleixandre, Marilar. 2008. A cabeza de Medusa. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Alfaya, An. 2007. Illa Soidade. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.\nSoto, Isabel. 2015. “A novela ‘Febre’, como si fora unha película do oeste”, en Libros galegos de onte e hoxe para a nenez e a mocidade (20102015) (coords. BlancaAna Roig Rechou e Isabel Mociño González). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela/Instituto de Ciencias da Educación, pp. 6465."} {"summary": "O mito do amor romántico entre a monstruosidade e o ser humano foi unha constante nas creacións literarias de todos os tempos dende a antigüidade clásica. Nesta nota farase unha breve análise comparativa da consumación sexual deste sentimento na película The Shape of Water (2017), de Guillermo del Toro (México, 1964), con respecto a outras narrativas anteriores, profundando tamén noutros aspectos como os rostros do monstro no filme ou a súa proximidade coa fórmula dos contos de fadas.", "text": "A consumación sexual do amor co monstro no conto de fadas moderno The Shape of Water do cineasta Guillermo del Toro\nRocío GPedreira \nA representación da monstruosidade na literatura foi constante n a antigüidade clásica e segue moi presente na actualidade, pero os rostros do monstro non se mantiveron invariábeis nin tampouco a maneira na cal o resto de personaxes reacciona ba n ante eles. A profesora e investigadora Ana Margarida Ramos, na tese de doutoramento titulada Os monstros na literatura da monstruosidade onde sostén que “não é uma temática literária do século XVIII (nem sequer dos nossos dias), ainda que uma pesquisa rápida por publicações contemporâneas pareça indiciar a sua extrema actualidade, até em textos que não se inserem, à partida, no fantástico, como é o caso, curiosamente, da literatura infantil”. A acepción do termo monstro recollida en The Encyclopedia of Fantasy (1997: 654) editada por John Clute e John Grant indica que “in modern genre fantasy, monsters are a writer’s convenience for placing yet another obstacle in the way of the hero’s quest”, e engade que “most monsters instil dread and are killed to our hero’s greater glory, though they may not be inherently evil”.\nO cineasta Guillermo del Toro (México, 1964) realiza a súa propia versión do tópico que se estrea en 2017 baixo o título The Shape of Water, un conto de fadas moderno cuxa construción argumental permite a creación de múltiples conexións con textos precedentes que, en todo caso, falan do amor entre o ser humano e o monstro. Ao longo desta nota farase unha análise comparativa da construción narrativa de Del Toro a partir da revisión do conto escrito por Hans Christian Andersen (Dinamarca, 18051875), protagonizado por unha serea que sacrifica a súa voz e a súa propia vida por alcanzar o seu amado. Ademais, profundarase nos rostros que adopta a monstruosidade no filme a partir da súa caracterización mediante trazos estéticos e morais, de xeito que se poida entender mellor a forma na que xorde o amor romántico coa protagonista e as diferenzas entre as circunstancias da consumación sexual deste sentimento na narrativa de Del Toro e noutras anteriores creadas en\ncontextos de produción moi afastados da contemporaneidade.\nThe Shape of Water, un conto de fadas moderno no celuloide\nNo ano 2017 Guillermo del Toro estreaba unha nova versión cinematográfica do mito de amor coa monstruosidade a modo de conto de fadas moderno para adultos titulada The Shape of Water. O filme, protagonizado por Sally Hawkins, Michael Shannon, Richard Jenkins, Octavia Spencer, Michael Stuhlbarg e Doug Jones dándolle vida ao monstro, resultou ser un éxito comercial e foi enxalzado pola crítica, rematando por levarse distintos premios entre os que destacan os Óscar á mellor película, ao mellor director, á mellor banda sonora e ao mellor deseño de produción, os Globos de Ouro á mellor dirección e banda sonora, os BAFTA ao mellor director, á mellor banda sonora e ao mellor deseño de produción, ademais dos nomeamentos de diversos actores polos papeis interpretados.\nA historia está protagonizada por Elisa Espósito, unha muller muda debido a unha ferida nas cordas vocais que lle foi infrinxida de moi pequena antes de ser abandonada xunto ao río, quen leva unha vida rutineira traballando como persoal de limpeza nun laboratorio secreto de investigación estadounidense en Baltimore que intenta levarlle a dianteira aos soviéticos en plena Guerra Fría. Un día calquera chegan ás instalacións un coronel autoritario, déspota, racista e misóxino como xefe de seguridade de nome Richard Strickland e o científico Robert Hoffstetler, que traen consigo un depósito cunha criatura anfibia humanoide extraída dun lodeiro preto ao gran Amazonas onde era venerada polos nativos como un deus. Foi traída ao laboratorio para experimentar con ela e descubrir como funcionaba a súa capacidade de alternar entre dous mecanismos de respiración distintos. Elisa comeza a achegarse á criatura e descobre que presenta intelixencia comunicativa e emocional. Ademais, a rapaza tamén empeza a experimentar sentimentos de cariño que rematan por denotar atracción física. Por esta razón, cando no laboratorio deciden matar a criatura e abrila para explorar o seu interior, Elisa, coa axuda da súa compañeira Zelda, o seu amigo e veciño Giles e o científico que resulta ser un espía dos soviéticos chamado Dimitri, leva a cabo un plan para salvar a criatura e liberala no océano, coa correspondente oposición do coronel Strickland.\nA obra de Del Toro preséntase como unha reescritura libre do clásico conto de fadas de Hans Christian Andersen Den lille Havfrue [A Sereíña 1 ], publicado orixinalmente no 1837. Por esta razón, a pesar dos distanciamentos da creación dunha obra para adultos e da contextualización histórica concreta da película que lle permite a Del Toro a realización dunha senda crítica social e política a certas prácticas da época –como a experimentación con seres vivos–, ou a ideoloxías fortemente combatidas até a actualidade –como o machismo, o racismo, a homofobia, o abuso de poder ou a violencia–, tanto o conto de Andersen como o filme presentan algúns elementos comúns:\n• Ao comezo da película, a voz en off do narrador testemuña personificado no personaxe de Giles explica que se vai presenciar unha historia que sucedeu fai moito tempo nunha pequena cidade xunto á costa e protagonizada por unha princesa sen voz. No conto de Andersen, a protagonista é a filla menor do rei dos mares, unha nena moi especial, calada, soñadora e reflexiva, pero tamén moi curiosa, que ansiaba con descubrir que había máis alá das profundidades mariñas, en terra firme. Ademais, ela perde a voz cando a bruxa do mar lle corta a lingua a cambio dun remedio que elimine a súa “deformidade” e lle cambie a cola de peixe por dúas pernas humanas, mentres Elisa é muda xa dende o comezo da historia, o que a fixo sentirse diferente e apartada ao longo de toda a súa vida. Precisamente esta sensación de exclusión ou a incapacidade de inserirse nunha construción social coactiva é a que sinte a Sereíña que soña con pertencer a un mundo alleo a ela, Elisa nunha sociedade ruidosa onde as persoas se fan un sitio alzando a voz que ela non posúe, ou Zelda e Giles repudiados pola cor da súa pel e a súa orientación sexual respectivamente. • A idea de sacrificio tamén é recorrente en ambas narrativas. No caso do conto de Andersen, a bruxa do mar avisa á serea da dor que padecerá ao deixar atrás a súa cola coa esperanza de ter acceso ao seu namorado: Pero has de saber que eso te producirá tanto dolor como si una afilada espada te rajase. [...] Conservarás la gracia de tus movimientos, ningunha bailarina será tan ágil como tú, pero cada paso que des será como si anduvieras sobre cuchillos afilados y de tus pies manará la sangre. Si estás dispuesta a sufrir todo esto, te ayudaré (Noel Daniel [ed.]: 85). 1 Para a realización deste traballo utilizarase a compilación de contos do autor editada por Noel Daniel e publicada en 2013 por Taschen.\nNa película, Elisa pon en perigo a súa propia vida por salvar a criatura da que se namora, independentemente de que iso pase por deixala ir e afastarse dela para sempre despois de xa ter consumado o seu amor. • No desenlace de ambas historias acudimos á intervención de elementos alleos á realidade cotiá que actúan como xuíces e xusticeiros. No caso do conto, a divindade cristiá intercede a través da figura das fillas do aire, que recompensan o sacrificio persoal da serea para non danar o seu namorado sabendo que significa o final eterno, e ofrécenlle a posibilidade de construírse unha alma inmortal e ascender aos ceos, o cal lle estaba prohibido como ser híbrido. Ademais, cómpre dicir que a primeira opción de salvación que tiña a serea tamén pasaba polos mesmos termos a través do sacramento do matrimonio, explicado pola súa avoa cando a rapaza lle pregunta se debe resignarse a morrer e desaparecer para sempre: A no ser que un hombre te ame más que a su padre y a su madre, que te consagre todos sus pensamientos y todo su amor, y que haga que el sacerdote una tu mano derecha con la suya prometiendo serte fiel aquí y en la eternidad. Entonces su alma se derramará en tu cuerpo y participarás en la felicidad de los hombres. Él te dará un alma y, al mismo tiempo, conservará la suya (Noel Daniel [ed.]: 82).\nNo filme de Del Toro, a propia criatura fantástica resolve o final da historia: despois de recibir os disparos de Strickland, levántase de novo e cura as súas propias feridas, colle a súa namorada, morta pola mesma arma, e lévaa aos fondos mariños onde lle devolve a vida cun bico, transformando as súas cicatrices en branquias que lle permiten vivir baixo a auga.\nA película de Del Toro profunda no concepto da monstruosidade e nas formas de representala mediante personaxes en evolución e outros que se descobren realmente segundo avanza a historia. No seguinte apartado enfrontaranse as dúas posibilidades concretas de recreación do monstro na ficción e exemplificarase a dicotomía entre ambas facendo referencia ao filme introducido.\nA dicotomía do monstro estético e moral no filme de Del Toro\nAo longo da historia, os monstros foron utilizados como gardiáns da orde establecida, a vía de escape dos medos dunha comunidade. Estes seres constrúense como a materialidade dos temores de cada sociedade, a encarnación do mal que fai tremer aos cidadáns. Deste xeito tamén se transforman nun elemento catártico do subconsciente colectivo: o monstro enfróntase coas leis da normalidade e a súa eliminación permite volver a unha situación estable. Precisamente esa inestabilidade creada pola súa aparición conecta intimamente os conceptos de monstruosidade e do medo irracional: medo ao caos, ao descontrol, á escuridade, ao descoñecido, ao que non se entende, a estar desorientado etc. Ana C. Conde (2004) explica que os medos existen e existirán sempre, pero non se manteñen iguais e vai cambiando a maneira na se manifestan no seno dunha sociedade e, en consecuencia, os rostros do monstro tamén varían: na antigüidade clásica eran seres irracionais, incontrolábeis e aberrantes á vista cuxa derrota pasaba necesariamente pola existencia do seu correspondente heroe; os monstros cristiáns eran os que o fanatismo relixioso vía en calquera ser ou persoa desfigurada e/ou transformada polo pecado e afastada do home creado a imaxe e semellanza de Deus; e as máis recentes representacións da monstruosidade xorden como produto dun mundo dominado pola ciencia e a razón no cal todo pode ser explicado, polo que se agochan dentro da propia persoa: o monstro que levamos dentro.\nPese a que a criatura de Del Toro é venerada polos nativos do Amazonas, a sociedade teoricamente “máis avanzada” que representan os personaxes de contextos máis desenvolvidos, como o estadounidense, repúdiano pola súa aparencia física e aparente salvaxismo. Tan só ven nel un suxeito prescindíbel pero interesante para a ciencia, ao cal infrinxen castigos físicos que poñen fronte a fronte as dúas vertentes da monstruosidade: o monstro en aparencia e o monstro en esencia. En efecto, a análise que se fará en liñas posteriores das representacións do monstro na película precisa dun achegamento ao concepto de monstro que Conde (2004) define dende dúas perspectivas:\n• A valoración estética do monstro asociada á idea de beleza: o monstro asóciase á fealdade, como combinación de seres e/ou formas: humano/ animal. • A valoración moral asociada á idea de liberdade e á escolla entre facer o ben ou o mal: o monstro atenta contra as leis morais e tende a presentarse como un personaxe de dúas caras. A súa aparente normalidade esconde ao monstro que axexa esperando para causar danos sobre as súas vítimas. A dualidade de representación do monstro no filme xa é adiantada no comezo da obra cando a voz en off advirte sobre a veracidade dos feitos e do monstro que intentou destruílo todo. Nun primeiro momento podería parecer que esta referencia é a criatura, dende unha valoración estética da monstruosidade, pero o devir dos acontecementos lévanos a identificar no personaxe de Richard Strickland ao verdadeiro ser horrendo moralmente, ao verdadeiro monstro da ficción. Este personaxe resulta realmente interesante aínda que, ao contrario da protagonista, non sofre ningún tipo de evolución interior. Ao longo do filme imos descubrindo a verdadeira natureza do home, que xa se deixa entrever dende un primeiro momento a través das actitudes que ten cara a Zelda por ser de cor e cara a todas as mulleres pola construción arquetípica e misóxina asentada na mente do coronel. Algunhas das escenas máis rechamantes son o coito de Strickland coa súa esposa, no cal asenta a súa posición dominante sobre o corpo dela e chega a taparlle a boca para facela calar e aumentar o seu propio desfrute. O silencio das mulleres é algo atractivo para el, o cal se reafirma cando acosa a Elisa e lle fai saber que a súa mudez é o trazo que máis lle atrae dela.\nA profundidade da que dota Del Toro ao personaxe do coronel pon en primeiro plano a pregunta que levou á aplicación da psicoloxía na investigación criminal: os monstros nacen ou fanse? Non sabemos o suficiente da infancia e o pasado do home como para poder crear un perfil psicolóxico das motivacións e os eventos que o levaron até a situación contida na novela, pero si se evidencia o momento crítico que desencadea a liberación do monstro interior de Strickland: despois de que a criatura fora sacada do laboratorio por Elisa, Strickland é chamado polo superior ao mando para advertirlle de que, se non atopa o ser nun prazo curto de tempo, a súa vida está condenada, pasará ao esquecemento e todo o que fixo até ese momento será insignificante. O coronel móstrase atafegado e encerrado nunha problemática que non sabe ben como solucionar, tratado inxustamente a través da falta de consideración por todo o que el ten feito e sacrificado polo seu país. Pregúntalle ao seu superior cando un home deixa de ser bo e decente, ao que el lle responde que o home bo non é máis que aquel que ten a decencia de non fallar, porque a decencia como sinónimo de bondade non ten importancia real, aínda que sexa a que eles intentan vender á sociedade para poder seguir levando a cabo as barbaridades e os crimes que agochan na súa suposta “integridade moral”.\nTamén é posíbel atoparse na ficción outros personaxes que nun primeiro momento parecen pertencer a un lado da balanza e que transitan ou se descobren como antíteses desa caracterización. É o caso do aposto mozo camareiro\ndun bar polo que se sinte atraído Giles quen, cando recibe o coqueteo directo do home, sente asco ante a súa orientación sexual e expúlsao do local, ao mesmo tempo que tamén bota de malas formas a unha parella de cor. Por outra parte, o personaxe do científico, que remata sendo un espía infiltrado, parece claramente un personaxe antagónico, ben como estadounidense ou como soviético, pero a humanidade contida dentro del (entendida como a compaixón e benevolencia cara aos demais) faino evolucionar e remata participando no plan de liberación da criatura aínda correndo o risco de perder a vida. No caso de Giles, Zelda e a propia Elisa, o máis destacábel deles é a evolución que sofren e a valentía que demostran nas súas accións ilegais a favor da xustiza e os enfrontamentos con representantes de estamentos poderosos como o goberno estadounidense.\nA consumación sexual do amor romántico co monstro en diversas narrativas\nPara enxalzar o característico desta maneira de desenvolver o mito, nas seguintes liñas botarase a vista atrás cara a outras narrativas moi coñecidas e de distintos momentos históricos, analizando en profundidade como se resolveu a consumación sexual do amor entre os suxeitos e a influencia do contexto de creación das obras. Para isto, farase especial referencia a tres narrativas: o nacemento do minotauro de Creta, cuxa versión máis concreta se atopa na\nBiblioteca Mitológica de Apolodoro (s. III d.C.) 2 ; o mito de amor entre Psiche e Cupido, recollida por Apuleyo na obra El Asno de Oro (s. II d.C.) 3, e a reescritura do mito que fai Madame Leprince de Beaumont na novela La Belle et la Bête, publicada orixinalmente no 1756 4, a versión máis coñecida do conto até a actualidade e que serviu de base para as distintas reescrituras.\nSegundo Apolodoro, Minos, rei de Creta, prometéralle ao deus Posidón un sacrificio no seu nome polo que lle enviou un magnífico touro saído do mar. No obstante, o rei quedou asombrado co animal e decidiu incorporalo como semental ao seu rabaño, cometendo o peor pecado da sociedade clásica: hýbris ; é dicir, un intento de ir en contra dos designios dos deuses. Posidón decidiu vingarse facendo que Pasífae, muller de Minos, se namorara do animal. O feitizo de amor foi tan forte que a muller acudiu ao inventor da cidade, Dédalo, quen lle construíu unha vaca de madeira dentro da cal se colocaría a raíña. Así puido consumar sexualmente os seus sentimentos pola criatura e, como consecuencia, dou a luz ao famoso minotauro de Creta. Aínda que para a sociedade contemporánea este evento poida resultar unha aberración, o certo é que a zoofilia era algo aceptado na antigüidade clásica e recorrente en moitos mitos, aínda que esta perspectiva social cambiou completamente coa chegada do cristianismo. En efecto, algúns exemplos serían as metamorfoses de Zeus en animais para poder raptar e xacer con distintas mortais ou a gran apetencia sexual dos sátiros que acompañaban ao deus Dioniso.\nO pai de Psiche deixouna no alto dunha montaña onde foi collida por un manso vento que a deixou nun prado verde e fermoso. Cando a rapaza espertou deuse conta de que se atopaba nun palacio que parecía demasiado divino para ter sido construído por mortais e dirixiuse a descansar guiada por unhas voces que dicían ser as súas servidoras e ela a dona de todo. Durante a noite, o marido da rapaza, oculto entre as sombras, chegou ao leito e xaceu con Psiche, marchando antes do amencer. Así o fixo outras noites até que a estrañeza se tornou pracer e naceu o amor. Non obstante, a voz do marido faloulle do malestar da súa familia despois de que ela marchara e sumiu a moza nunha profunda tristeza, a cal fixo que el lle permitira traer as súas irmás ao seu palacio para informalas de que estaba a salvo e feliz. Cando chegaron, as irmás sentiron envexa de todo o que tiña Psique e insistiron en saber quen era o seu esposo, ao que ela respondeu cunha invención. A noite que Psiche volveu atoparse co marido na escuridade, el advertiulle sobre as malas intencións das súas irmás e o interese malvado que tiñan en que ela lle vise a cara, comunicándolle que no seu ventre había un neno que, se inflixía as normas, deixaría a divindade para ser un simple mortal. Mais as irmás non cesaron no seu intento de malograr o futuro da rapaza e remataron por sacarlle a verdade e convencela de que, seguindo a profecía de Apolo, o seu marido era unha serpe grande e velenosa. Ofrecéronlle un candil que debía acender na escuridade da noite para descubrir o aspecto do esposo e matalo cun coitelo. A pesar das dúbidas da muller polo amor que sentía cara ao ser que compartía cada noite o leito con ela, seguiu o plan e, ao acender o candil, comprobou que o seu marido era o propio deus Cupido, quen fora en contra dos designios da súa nai e rematara por namorarse da moza. Deste xeito, o deus fuxiu do lugar e comezaron unha serie de probas e penitencias que a moza foi cumprindo até volver atoparse co seu marido e desfrutar do seu amor felizmente.\nO máis interesante desta obra, tendo en conta os obxectivos desta nota, é a controversia que sinte Psique ante a posibilidade de que o marido que ama e do cal espera un fillo sexa un monstro: “En fin, lo que más la fatigaba era que en un mismo cuerpo aborrecía a la serpiente y amaba a su marido” (Apuleyo, 2013: 210). En efecto, a consumación sexual do amor sucede sen ter constancia da forma física do suxeito e, cando ela cre saber que se trata dunha figura aberrante, decide ir en contra dos seus sentimentos e acabar coa criatura. O plan é detido cando se confirma a extrema beleza do namorado, o propio deus Cupido, porque o amor e a atracción cara a un ser que non é fermoso é incompresible. En efecto, cómpre destacar que, no caso do touro de Posidón, trátase dun ser de gran beleza aínda que dentro da súa condición animal.\nCando Madame Leprince de Beaumont recolle a tradición do mito de amor co monstro e publica a súa coñecida versión, o seu obxectivo era crear un relato que alentara ás mozas da corte francesa a aceptar de mellor grao os matrimonios de conveniencia con homes moito máis maiores que elas. María Tatar (2012 5 : 62), na súa recompilación dos contos de fadas anotados, explica que a autora transmite que a receita para o matrimonio triunfante non reside na “beleza” nin o “enxeño”, desaprobando a paixón do amor romántico e sostendo que os sentimentos de “respecto, amizade e gratitude” son prioritarios: “recomienda a las mujeres la obediencia, la abnegación y una forma de amor basada más en la gratitud que en la pasión”. De maneira contraditoria, a novela parece criticar estas unións ao mesmo tempo que reivindica a busca interior dun ser menos repulsivo do que se mostra en aparencia, repercutindo tamén no benestar da doncela.\nA novela de Beaumont preséntanos a unha rapaza coñecida como A Nena Bela pola súa fermosura, a filla menor de seis (tres homes e tres mulleres) dun mercador moi rico. As outras irmás envexábana porque era máis guapa. Ademais, tamén era mellor persoa, máis humilde e mellor filla. Cando o pai cae en desgraza toda a familia trasládase ao campo e Bela desfruta do duro traballo alí. O mercador parte nunha viaxe que pode devolverlle a súa prosperidade e as fillas avarentas pídenlle que volva con riquezas e bonitos vestidos, mentres Bela só lle pide unha humilde rosa. O mercador volve igual de pobre e, polo camiño, atopa un castelo onde se guarece da neve. Alí aparecen todos os víveres que necesitaba e recibe un bo trato, mais, cando xa marchaba, arrinca unha rosa e aparece unha horríbel besta que o acusa de roubarlle o máis prezado para el. Finalmente déixao ir a cambio de que mande a unha das fillas no seu lugar. Aínda que o pai non quería sacrificala, Bela viaxa ao palacio e comeza a vivir chea de comodidades desfrutando da compañía da Besta, pola cal sente un profundo cariño e comparte moitas conversacións amigábeis. Cando Bela sabe que o seu pai está enfermo acude a visitalo coa promesa de volver coa Besta. As irmás, que envexan a felicidade da súa irmá e se senten desgraciadas cos seus respectivos matrimonios, aprovéitanse da bondade de Bela e convéncena para quedarse máis do pactado. Cando a rapaza soña coa Besta moribunda utiliza o anel máxico que lle ofrecera para volver e ir no seu auxilio. De regreso, atópao case morto e arrepíntese de non ter casado con el polo seu aspecto exterior. O pesar que sinte ao velo nesa situación faille saber que, na realidade, está namorada del. Esta confesión rompe o maleficio que unha fada lle lanzara ao príncipe e ao seu reino e recobra a súa fermosa forma humana, dando así lugar ao final feliz dos namorados e ao castigo das malvadas irmás transformadas en estatuas.\n—[...] Decidme, ¿no es verdad que me encontráis feo? —Cierto es –dijo Bella–, ya que soy incapaz de mentir, pero creo que sois muy bueno. —Tenéis razón -dijo el monstruo-. Pero es que, además de ser feo, carezco de ingenio: sé muy bien que no soy más feo que una bestia. —No se es una bestia –repuso la Bella– cuando uno dice que cree no ser ingenioso. Un tonto nunca diría eso (De Beaumont, 2013: 37).\nEn efecto, a monstruosidade da Besta sostense a partir da súa fealdade, pero Bela oponse a atribuírlle a condición de besta no sentido de salvaxe, malvado ou incontrolable. Ademais, Bela remata por facer unha referencia explícita á diferenciación entre o monstro estético e o moral:\n—¡Ah, señora! –respondió Bestia–. Sí, tengo buen corazón, pero soy un monstruo. —Hay muchos hombres que son más monstruosos que vos –dijo Bella–, y yo os quiero más con vuestra apariencia que a aquellos que, debajo de una apariencia humana, ocultan un corazón falso, corrompido, ingrato (De Beaumont, 2013: 40).\nA fealdade da besta é a que produce o rexeitamento continuo de Bela á proposición de matrimonio, aínda que con pesar polo profundo afecto que lle profesa. É necesario que a rapaza vexa a posibilidade de perdelo para sempre para descubrir os seus verdadeiros sentimentos e aceptar o amor romántico cara a un ser cuxa fealdade lle impide sentir atracción sexual. De feito, a reflexión final de Bela non fai ningún tipo de referencia ao aspecto carnal:\n—No, mi querido Bestia, no moriréis –le dijo Bella–. Viviréis para convertiros en mi esposo. Desde este momento os doy la mano y juro que seré solamente vuestra. ¡Ay! Creía no sentir más que amistad por vos, pero el dolor que experimento me hace ver que no podría ya vivir sin veros (De Beaumont, 2013: 48).\nA decisión de Bela non só ten consecuencias positivas para a besta, que volve ser un fermoso príncipe, senón tamén para a propia rapaza, as cales lle son indicadas pola fada: “habéis preferido la virtud a la belleza y al ingenio, y merecéis encontrar todas esas cualidades reunidas en una misma persona” (De Beaumont, 2013: 5152). A historia, creada nun contexto dominado polo catolicismo, non podía permitir que a consumación sexual se dera cun ser que non presentaba unha imaxe semellante á dos humanos e a súa metamorfose final é un requisito explícito para o avance do sacramento matrimonial e a constitución dun núcleo familiar aceptábel para a época.\nResulta evidente que a coacción social e as limitacións que o propio contexto presentaba na construción das narrativas non é a mesma que ten Del Toro en pleno século XXI. A contemporaneidade e a liberación relixiosa permítenlle mostrar unha protagonista que inclúe na súa rutina diaria a masturbación, que desfruta do sexo coa criatura de maneira libre e que despois o comenta coa súa amiga Zelda. Estes eventos serían unha aberración para a mentalidade da época na que se contextualiza a historia, pero, grazas a esta rotura e oposición valente que fan Elisa e os seus aliados ao “politicamente correcto”, o público actual identificouse moito co filme até convertelo no maior éxito do cineasta.\nConclusión\nO medo irracional producido pola monstruosidade fai que as persoas sexan máis susceptibles de ser controladas e guiadas nunha dirección deseñada por uns poucos. Deste xeito, o monstro adquire o rostro do outro, do diferente, a partir dunha interpretación manipulada da realidade. A formación integral da persoa a través de axentes de socialización como a literatura ou o cine é unha das maneiras máis eficaces de deixar de ver o diferente como inimigo e de asignarlle novas funcións narrativas á monstruosidade que profunden e exploren os límites da súa existencia como paradigma da alteridade. Así poderase descubrir se se trata realmente do elemento que debe ser transformado e eliminado ou unha simple distracción do verdadeiro perigo.\nA obra de Del Toro ilustra perfectamente esta idea final ao mesmo tempo que nos permite constatar varias hipóteses con respecto ao mito do amor co monstro baseadas na maneira de resolver este sentimento a través da consumación sexual:\n• Existe unha diferenciación clara entre as dúas vertentes ou posibilidades de concreción da monstruosidade, dende o valor estético e o valor moral, que cambian por completo o desenvolvemento dos acontecementos e a natureza dos personaxes, até o punto de transformar o monstro estético no obxecto de desexo da protagonista. • O contexto de produción de calquera obra, literaria ou fílmica, determi - na a maneira na que se constrúe unha narrativa, que se erixe como unha representación cultural dun determinado momento histórico a partir da especificidade do receptor implícito, dándolle cabida ao cineasta á consumación sexual do amor romántico representado no celuloide con sutileza e normalidade. • A intertextualidade con obras anteriores é un dos recursos fundamentais que usan os creadores actuais para a elaboración de novas obras que, aínda que sexan realizadas para adultos, poden partir de hipotextos literarios do sistema infantil e xuvenil como a fórmula dos contos de fadas ou a historia da Bela e da Besta.\nRocío GPedreira\nCIECIE-Universidade do Minho/ ICEUniversidade de Santiago de Compostela Referencias bibliográficas Antonio Mora, Maynor. 2007. Los monstruos y la alteridad: hacia una interpretación crítica del mito moderno del monstruo. Costa Rica: Universidad Nacional de Costa Rica."} {"summary": "Analízase a situación da pradaría de Zostera nolteii do banco de marisqueo de bivalvos de Testal (Noia), mediante a investigación desenvolvida por escolares, coa dirección de científicos. A finalidade do programa de Ciencia Escolar de Climántica é contribuír ao coñecemento científico mediante a obtención de series de datos útiles para a realización de investigacións de interese a escala local.\nNeste caso, analizouse a relación existente entre as abundancias de bivalvos de interese comercial e a presenza da fanerógama Zostera nolteii co obxectivo de capacitar ao alumnado para facer ciencia sobre os impactos humanos sobre os servizos ecosistémicos máis relevantes da súa contorna. Con esta colaboración entre Ciencia e Escola, conseguiuse aumentar a competencia científica do alumnado, ao tempo que se realizaron transferencias bidireccionais ciencia – escola no eido da investigación e educación sobre o cambio global. A actividade que se describe neste traballo ten como obxectivo xeral coñecer a relación existente entre a diversidade de organismos animais do banco do Testal e a presenza e distribución espacial da fanerógama Zostera nolteii, para así entender o seu papel como xeradora de estrutura no ecosistema intermareal de substrato brando.", "text": "http://dx.doi.org/10.15304/ie.29.6342\n : Ecoloxía escolar, pradarías mariñas, impactos humanos, cambio global, marisqueo.\nIntroducIón\nEsta actividade, que se levou a cabo o 22 de marzo de 2019, resultou dunha colaboración do iEs Virxe do mar con investigadores da área de Ecoloxía da universidade de Vigo. desenvolveuse en paralelo coa mostraxe de bivalvos seguindo a metodoloxía da investigación escolar iniciada no ano 2017 no marco da Ciencia Escolar de Climántica (sóñora e Alonsoméndez, 2018).\nos antecedentes desta actividade centráronse na análise da abundancia e distribución dos bivalvos de interese comercial presentes no banco (Cerastoderma edule, Ruditapes decussatus e Ruditapes philippinarum) por clases de tamaño, atendendo a súa localización no mesolitoral medio ou no mesolitoral inferior. A partir do ano 2019, esta investigación escolar incorporou o estudo de Zostera nolteii e a súa relación cos bivalvos comerciais alí presentes. A iniciativa aspira a mellorar a competencia científica do alumnado, en especial no relativo a saber facer Ecoloxía e, ao mesmo tempo, a contribuír ao coñecemento científico sobre as posibles incidencias do cambio global na xestión do recurso.\nA actividade persegue tres obxectivos compartidos pola Ciencia Escolar e a Ecoloxía:\n1) Coñecer a diversidade de organismos da macrofauna que habitan enterrados no sistema intermareal de substrato brando, aplicando destrezas no procesado de mostras fangosas no laboratorio\n2) determinar se existe unha relación entre a diversidade de organismos da macrofauna no substrato brando e a presenza de Zostera nolteii 3) Comprobar se existe unha relación entre o tamaño das manchas da pradaría de Zostera nolteii e a diversidade de organismos animais\nMarco cIentífIco\nAs pradarías de fanerógamas mariñas están constituídas por plantas con flores que, procedentes do sistema terrestre, colonizaron os hábitats intermareais ou submareais de substrato brando das zonas costeiras hai uns 70 millóns de anos. daquela, estas especies atoparon un hábitat practicamente baleiro doutros vexetais, polo que carecían de competidores, e no que a abundancia de insectos, e por tanto a probabilidade de infeccións, eran moi reducidas.\nA transición dunha especie vexetal dende o medio terrestre cara ao mariño leva aparellada unha serie de modificacións estruturais e funcionais derivadas do proceso adaptativo a un novo ambiente con características físicas e químicas ben diferentes das presentes no medio orixinal. recentemente, olsen et al. (2016) publicaron a secuencia completa do xenoma da especie de fanerógama mariña máis amplamente distribuída xeograficamente, Zostera marina, e comparárona coa correspondente a outra especie próxima, pero neste caso propia de augas continentais, Spirodela polyrhiza, co obxectivo de identificar que xenes perderon e cales adquiriron ao longo desde proceso adaptativo. As fanerógamas mariñas actuais carecen de estomas, as estruturas que facilitan o intercambio de gases, especialmente dióxido de carbono, coa atmosfera, proceso esencial para o crecemento das plantas terrestres. Perderon tamén os xenes envoltos na xeración de produtos volátiles ou aqueles relacionados con funcións sensoriais, como o terpeno ou o etileno, que se relacionan con procesos de comunicación a través do medio aéreo. os xenes relacionados cos mecanismos de defensa da planta atópanse moi reducidos, como é de esperar nun ambiente con baixa taxa de infeccións, e desapareceron aqueles implicados na defensa fronte á radiación ultravioleta de tipo B, a máis enerxética e daniña, pero con menor incidencia no océano debido a que é absorbida de xeito eficiente nos primeiros metros dos océanos. Pola contra, estas especies adquiriron xenes relacionados coa supervivencia nun medio de elevada salinidade e transformaron a súa parede celular, que é parecida á das algas, de xeito que o intercambio de gases como o osíxeno ou o dióxido de carbono, así como a absorción de nutrientes, se viron favorecidos.\nEstas plantas colonizaron con éxito o medio mariño, como demostra a súa distribución xeográfica, estendida ao longo de todos os océanos do planeta, coa excepción do océano Antártico (Green e short, 2003). Constitúen un grupo reducido de especies, aproximadamente 60 no conxunto do planeta, entre as que cabe salientar dúas especies do xénero Zoster a, Zostera marina e Zostera nolteii, ambas presentes nas rías e esteiros de Galicia (ruiz et al., 2015; Garcíaredondo, Bárbara e díazTapia, 2019). son plantas perennes, con forma de herba, que presentan follas que se colocan de xeito alterno ao longo do eixo principal da planta. A reprodución pode ser sexual ou asexual. Presentan flores femininas e masculinas que se alternan nunha espiga rodeada por unha vaina, chamada espata. A fecundación é hidrófila subacuática, é dicir, acontece mediada pola auga, sendo o pole arrastrado polas correntes, polo que o éxito da reprodución sexual depende da proximidade entre as plantas. Producen froitos con sementes de tamaño facilmente observable (22.5 mm). A reprodución asexual realízase por estolóns, que permiten a expansión da planta a través de rizomas. Estes rizomas xeran un sistema de raíces moi desenvolvido que lles permite captar nutrientes e co que se fixa ao substrato, permitíndolles soportar o efecto das ondadas, mesmo das máis intensas.\nAs pradarías de fanerógamas mariñas exercen funcións ecolóxicas moi relevantes nos ecosistemas que ocupan. Configuran un dos ecosistemas máis produtivos do planeta, apenas superados polos cultivos terrestres (duarte e Chiscano, 1999). sitúanse entre os ecosistemas con maior capacidade para secuestrar carbono, representando o 20% da totalidade de carbono orgánico almacenado nos sedimentos mariños (Fourqurean et al, 2012), participando así de xeito significativo na mitigación do incremento de gases de efecto invernadoiro na atmosfera. Estas plantas teñen a capacidade de modificar a velocidade das correntes de auga ao seu paso polas pradarías (Follett, Hays e Nepf, 2019), previndo da erosión costeira, e desempeñan unha función de depuración ao actuar como filtro de nutrientes e outros compostos ben a través da absorción pola planta ou asociado a súa capacidade de reter partículas en suspensión (ex. Fernandes, Bryars, mount e miller, 2008).\nA fragmentación e perda de cobertura destas especies vexetais está asociada non só a unha perda da biodiversidade, senón tamén á alteración das funcións propias do ecosistema. Este proceso conduce a un descenso de produtividade, á alteración da dinámica costeira, á desestabilización do substrato e á resuspensión dos sedimentos, diminuíndo deste xeito a súa capacidade como sumidoiro de carbono e reducindo os recursos pesqueiros asociados, afectando directa e indirectamente aos seres humanos (Walker, Kendrick e mcComb, 2006). Ademais, investigacións recentes desenvolvidas en illas de indonesia teñen demostrado que a presenza de pradarías mariñas reduce ata nun 50% a concentración de bacterias patóxenas que potencialmente poden infectar humanos, peixes e invertebrados mariños (lamb et al., 2017). A estrutura aérea e subterránea característica das comunidades dominadas por fanerógamas mariñas organiza o espazo tridimensionalmente, xerando unha elevada heteroxeneidade de hábitats que ocasiona una elevada biodiversidade en comparación coas áreas adxacentes (Hemminga e duarte, 2000). Estas pradarías recoñécense como zonas de cría dunha variada representación de especies de moluscos e peixes (Heck, Hays e orth, 2003), algunhas delas de interese económico, como é o caso da Sepia officinalis (choco) en Galicia.\no masivo incremento da poboación humana nas áreas costeiras, unido aos cambios ambientais que acontecen a escala planetaria, orixinan que a magnitude e a velocidade do cambio nas presións ambientais ás que están sometidos estes ecosistemas sexan moi superiores ás rexistradas durante as decenas de millóns de anos nas que se estende a súa historia evolutiva. As pradarías mariñas atópanse entre os ecosistemas máis severamente afectados polos cambios ambientais antropoxénicos (orth et al., 2006). Estímase que dende 1980 a superficie ocupada por estas especies se reduciu en 110 km 2 cada ano, o que representa unha diminución global, dende dita data, do 30% (Waycott et al., 2009). son múltiples os procesos que causan esta regresión global. A perda de hábitats costeiros como consecuencia da expansión das áreas urbanas e industriais, da construción de novas áreas portuarias comerciais ou da extensión das existentes, e da proliferación de mariñas e áreas recreativas, atópanse entre as máis relevantes (Fonseca, Kenworthy e Whitfield, 2000). sábese que están tamén afectadas polos procesos asociados ao cambio climático, como o incremento de temperatura dos océanos ou as modificacións na intensidade e frecuencia de fenómenos extremos, así como polo deterioro da calidade do hábitat asociado á entrada de sedimentos, nutrientes ou contaminantes aos ecosistemas costeiros (ver revisión en orth et al, 2006). A introdución de especies non nativas tamén exercen un efecto negativo sobre algunhas destas pradarías (ruiz et al., 2000).\nAs perturbacións físicas asociadas tanto á acción mecánica das áncoras dos barcos sobre o fondo mariño coma as que se derivan da extracción de recursos, principalmente moluscos, exercen un impacto negativo significativo sobre as poboacións de fanerógamas mariñas (ej. Boese, 2002; unsworth, Williams, Jones e Cullenunsworth, 2017). son numerosas as áreas xeográficas do planeta nas que as pradarías mariñas coexisten con actividades de explotación de recursos mariños, tanto pesca como marisqueo (Norlund, unsworth, Gullstrom e Cullenunsworth, 2017). No caso de Galicia, un traballo recente publicado por Garcíaredondo et al. (2019) indica que o 80% da superficie cuberta por Zostera marina está afectada polas presións ambientais asociadas á actividade marisqueira. o marisqueo causa perturbacións físicas sobre as pradarías desta especie, podendo chegar a reducir a súa biomasa de xeito moi significativo, aínda que a capacidade de recuperación durante o período de veda da extracción de moluscos pode ser moi elevada (Barañano, Fernández, méndez e Troncoso, 2017). Tense demostrado tamén que a actividade marisqueira reduce nun 50%, aproximadamente, a capacidade de capturar carbono por parte das pradarías mariñas (Barañano, Fernández e méndez, 2018). En consecuencia, a implantación de medidas que favorezan a coexistencia da actividade marisqueira coa integridade das funcións destes ecosistemas e dos servizos que fornecen, debe ser un dos retos da xestión integrada das zonas costeiras de cara ao futuro.\nAs características ecolóxicas destas comunidades convértenas en candidatas moi axeitadas para a introdución do seu estudo na escola. Trátanse de ecosistemas de acceso doado para os estudantes, constituídos por organismos macroscópicos, de mostraxe sinxelo, facilmente observables e manipulables, o que facilita a experimentación en laboratorios escolares. Pero resulta aínda máis relevante o feito de que a grande variedade de funcións ecolóxicas nas que interveñen estas comunidades de fanerógamas, a ampla gama de presións ás que están sometidas e a intensidade dos impactos que experimentan, converten a estas especies en sentinelas biolóxicas axeitadas para realizar o seguimento das condicións ambientais dos ecosistemas costeiros. Non sorprende, polo tanto, que sexan definidas como “canarios costeiros” pola súa similitude cos paxaros que se introducían no interior das minas a principios do século pasado para alertar de xeito temperán sobre a existencia de gases, antes de que estes acadaran concentracións que resultaran en explosións. Polo tanto, o seu estudo na escola a medio e longo prazo, de xeito continuado en sucesivos cursos académicos, permitirá analizar a variabilidade temporal das características ambientais e, consecuentemente, dos impactos asociados aos procesos de cambio global que estean a acontecer na zona de estudo. Ao mesmo tempo, permitirá investigar, en particular, a resposta destes ecosistemas fronte a perturbacións relacionadas coas actividades humanas, coma por exemplo o marisqueo.\nMarco dIdáctIco o marco didáctico encádrase na Pedagoxía social Escolar dende un enfoque Ciencia Tecnoloxía sociedade, tomando como referencia de teoría de aprendizaxe básica o socioconstrutivismo. Para iso recórrese aos principios de deseño do proxecto Climántica (sóñora, 2011), que xa foron aplicados no estudo deste ecosistema (sóñora e Alonsoméndez, 2018). Entre os seus postulados destaca o papel que a escola de secundaria pode representar como ponte eficaz entre a ciencia, a tecnoloxía e a sociedade para facer chegar á cidadanía o reto do cambio global e, en particular, do cambio climático.\nEste estudo adquire relevancia na xestión deste ecosistema que xera recursos económicos de importancia para 15000 habitantes, desde un sector primario básico tradicional. Neste sentido, a investigación de Ciencia Escolar implicada neste estudo vai máis aló do seu potencial para o desenvolvemento da competencia científica na poboación escolar, xa que tamén é relevante desde o punto de vista socio —ecolóxico— económico. isto é así porque o alumnado colabora cos científicos e coa organización de produtores para comunicar aos mariscadores e mariscadoras mensaxes sobre posibles medidas de xestión deste ecosistema co obxectivo de acadar a sustentabilidade do recurso, diante dos impactos do cambio global.\nBuscouse unha interacción entre o alumnado, os docentes, os investigadores da área de Ecoloxía e a bióloga da Confraría en consonancia co concepto extraído da Teoría sociocultural (Vygotski, 1978a) de zona de desenvolvemento Próximo (zdP) como recurso para xerar os contextos de interacción implicados nesta investigación da Ciencia Escolar. Profesores de secundaria, investigadores universitarios e persoal técnico da Confraría facilitaron que o alumnado alcanzara un nivel de formación máis elevado do que podería alcanzar nun currículo escolar convencional, sobre todo no relativo á competencia científica. Esta triangulación, favorecedora da potenciación da competencia científica do alumnado, ampliou o concepto zdP ao engadirlle a compoñente de “andamiaxe” (Bruner, 1986). Para conseguilo, achegouse un suplemento importante de axudas, relativamente ás ordinarias na mediación curricular necesaria para achegar o coñecemento aos estudantes, que de forma convencional recae nos docentes. Neste caso en concreto, tamén participaron na mediación, ademais dos docentes habituais, científicos da área de Ecoloxía da universidade de Vigo e a bióloga da Confraría de mariscadores.\nEsa “andamiaxe” resultante da triangulación das axudas de mediación, iniciouse xa no comezo do proceso da aprendizaxe vinculado a esta experiencia, coa chegada dos investigadores universitarios ao banco marisqueiro. Nese momento produciuse o máximo nivel de axuda (provisión de impulso motivador, visións que delimitaron e simplificaron o problema ecolóxico, guía nos aspectos clave da actividade, presentación de modelos científicos compatibles cos modelos mentais e ideas previas dos alumnos …) e continuou ao longo do proceso ata o último chanzo da súa estadía, momento no que a directividade do ensinante foise minimizando e os estudantes foron tomando o control, recollendo datos, procesándoos no laboratorio e integrándoos na aula de informática.\nseguiuse así o enfoque proposto polo Construtivismo que postula que o coñecemento non é un proceso de recepción pasiva de información, senón que en realidade é o resultado da actividade propositiva que o suxeito realiza cos obxectos do mundo (Pardo Pérez, 2015). Neste proceso activo, que arrinca da curiosidade natural do alumnado, situado no propio contexto obxecto de estudo, os estudantes motiváronse e esforzáronse en dar sentido aos problemas que se lle presentaron no propio banco marisqueiro. Para elo aplicaron o seu marco de referencia, xa sexan esquemas ou modelos mentais ou outro tipo de construtos persoais acordes co seu nivel de competencia curricular en Ecoloxía, que non era moi elevado, posto que a maioría dos estudantes implicados eran estudantes de 1º e 2º de Eso (1314 anos).\nAs orixes da inspiración desta investigación de Ecoloxía Escolar atópase tamén no pensamento pedagóxico de William Kilpatrick (1921) e do seu mestre John dewey (1896), materializado no método de Proxectos. Nesa liña enténdese o protagonismo, confianza, autonomía e liberdade que se lle deu aos alumnos que participaron nesta investigación, na que actuaron de forma moi similar a como o fan os investigadores que participan en proxectos de investigación de xeito profesional. Nese sentido actuouse en coherencia coa definición que lle deu o propio Kilpatrick ao seu método como un modelo metodolóxico que ofrece oportunidades aos estudantes de enfrontar con éxito os problemas da vida.\nAo longo da investigación de Ecoloxía Escolar axudouse ao estudante a recoller datos de forma rigorosa, sistemática, relevante e significativa, para desenvolver, a partir da súa análise e\nprocesado, consideracións máis elaboradas válidas para tomar decisións e desenvolver as actitudes sociais sobre as decisións adoptadas. Nesa liña xerouse no alumnado un interese por responder a interrogantes que se lle presentan in situ, para impulsar un proceso de capacitación na competencia científica que lle leve a buscar resposta coa intención de satisfacer o desexo natural de aprender. En concreto seguiuse a categoría de Proxectos de investigación definida polo propio Kilpatrick, neste caso sobre a relevancia que ten Zostera nolteii para o funcionamento do ecosistema intermareal e para a mellora da súa xestión nun contexto de cambio ambiental de escala global.\nA versión do método de Proxectos que se seguiu é a actualización desenvolta no proxecto Climántica (sóñora, 2007). Esta actualización transfire a Ciencia á sociedade a través de proxectos escolares que impliquen a colaboración de investigadores en Ciencia cos docentes dos centros escolares, ampliando así o principio establecido por Kilpatrick de que o proxecto debe permitir a inclusión das familias e a comunidade educativa. iso situou ao profesorado como un nexo de unión e mediación entre o alumnado, a asociación de produtores e a investigación ecolóxica.\nEstamos, pois, diante unha aprendizaxe baseada no compartir, descubrir, construír e reconstruír o coñecemento de maneira colaborativa tutelada polos científicos. deste xeito foméntase a autonomía e desenvolvemento íntegro do alumnado, a relación e respecto entre iguais xunto coa inclusión e colaboración entre a ciencia en particular e a sociedade en xeral. Por tanto o método de Proxectos utilizado neste estudo vai máis aló que o orixinal no que se inspira establecido por Kilpatrick seguindo a liña do “aprender facendo” do seu mestre dewey, porque o alumnado non só aprende facendo, senón que tamén xera coñecemento avanzando na construción de series inéditas e de elevado potencial para a análise e xestión do ecosistema.\nEste enfoque de actualización do método de Proxectos está orientado tamén pola aprendizaxe por descubrimento, incorporando as variantes xurdidas das críticas de Ausubel (2000), para non quedar no simple activismo e conseguir que o alumnado aprenda conceptos e principios ecolóxicos que garantan un coñecemento tan rigoroso como o que permita o seu nivel de competencia curricular. Ao mesmo tempo se procurou que os alumnos aprendesen a falar de Ecoloxía no encadre da zdP de Vygotski. Por iso fomentouse a argumentación oral, buscando que o alumnado, a medida que se ía avanzando no proceso, se fora abstraendo das observacións concretas reflectidas nos datos que rexistraban, para pensar sobre conceptos ecolóxicos, estimulando o pensamento hipotéticodedutivo. Nese sentido percorreuse ao principio metodolóxico expresado por Ausubel (2000) de que desde a transmisión tamén é posible propiciar a actividade de aprendizaxe creadora de comprensión significativa do mundo.\nCoa intención de lograr unha transmisión eficaz dos conceptos de Ecoloxía, partiuse do que xa sabían os estudantes, para organizar de forma lóxica e psicolóxica a secuencia de contidos demandando do alumnado a súa participación mediante a interacción verbal no campo, no laboratorio e na aula de informática. Ao longo dese proceso buscouse que ao falar de e sobre Ecoloxía, os estudantes construíran pontes entre o que sabían e o que estaban a analizar (álvarez e del río, 1990) para conseguir que foran capaces de xerar modelos mentais que faciliten a comprensión básica das relacións ecolóxicas analizadas. Neste sentido tívose en conta a visión pedagóxica de Bruner (1985), quen sostén que a aprendizaxe por descubrimento debe estar conducida por procesos de ensino e aprendizaxe que sexan facilitadores da apropiación do coñecemento polo estudante nunha comunidade formada por persoas que comparten un mesmo sentido das cousas, neste caso o interese pola formación ecolóxica para comprender, xerar e expresar coñecementos que dean respostas acertadas á xestión do banco de marisqueo de Testal ao cambio global. Por iso nesta investigación púxose en valor a transacción lingüística que se deriva das perspectivas construtivistas socioculturais, e que comporta para a educación escolar unha gramática didáctica da que forman parte conceptos e enfoques prácticos derivados como, “zdP”, “andamiaxe”, “axuda axustada”, “participación guiada”, “ensino e aprendizaxe dialóxica”, “grupos interactivos”, “aprendizaxe colaborativa e cooperativa”, “comunidades de aprendizaxe”, “comunidades de práctica”, etc. (Pardo Pérez, 2015).\nNo encadre didáctico desta actividade concreta de Ecoloxía tomou especial relevancia o concepto constructuvista de “contexto” desde o enfoque da “complexidade dos problemas” como estímulo para a aprendizaxe significativa. Para iso recorreuse a estimular “o pensamento complexo” (morin, 1990), para afrontar o coñecemento dun xeito multidimensional. seguiuse así ao devandito autor no seu postulado de que este concepto de “complexidade” aspira a que o alumnado adquira comprensións multidimensionais do mundo fronte ao pensamento simplificador e reducionista (Pardo Pérez, 2015). Procurouse por tanto afastar a abordaxe conceptual do saber ecolóxico requirido pola experiencia, do pensamento reducionista moitas veces usado no noso sistema educativo no que predominan os procesos de ensino e aprendizaxe mediados por libros de texto. o uso do pensamento complexo acoplado a procesos de aprender facendo e falando de Ecoloxía, permite interiorizar a transferencia da Ecoloxía ao ámbito escolar ao que aspira esta experiencia curricular. isto resulta tamén coherente coa teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel que postula que unha aprendizaxe é tanto máis significativa cantas máis relacións establece o novo contido con conceptos e conectores relevantes da estrutura cognitiva do suxeito.\nMetodoloxía o presente traballo susténtase no desenvolvemento dunha actividade de campo e laboratorio na pradaría intermareal de Zostera nolteii situada no banco marisqueiro de Testal (Noia, A Coruña) e que estivo orientada por catro obxectivos propios da Ecoloxía Escolar:\n1. Aprender a metodoloxía de mostraxe de flora e fauna en ecosistemas intermareais dominados por fanerógamas mariñas. 2. Cuantificar a abundancia e biomasa de Zostera nolteii en manchas poboacionais de diferente tamaño. 3. Avaliar o efecto da presenza da especie Zostera nolteii sobre a diversidade fáunica e comprobar a relación existente entre esta diversidade e o tamaño das manchas de poboación da fanerógama. 4. Estudar a relación entre a presenza de Zostera nolteii e a de moluscos bivalvos.\nNo desenvolvemento da actividade participaron o alumnado da materia de Climántica e Club de Ciencias deste proxecto no iEs Virxe do mar. os estudantes foron tutelados cientificamente por parte de investigadores e investigadoras da área de Ecoloxía da universidade de Vigo.\nA metodoloxía baseada na transferencia da ciencia á escola adoptou estas catro fases:\n1. Explicación no campo da actividade. 2. mostraxe de flora e fauna no sistema intermareal. 3. Procesado das mostras no laboratorio e cuantificación da abundancia de Zostera e organismos animais. 4. Tratamento dos datos.\no interese didáctico de incorporar a complexidade inherente ao estudo das conexións entre os diferentes niveis tróficos xustifica a decisión de introducir a investigación escolar sobre Zostera á investigación sobre a abundancia de bivalvos e a súa variabilidade natural iniciada no ano 2017 na liña de Ciencia Escolar de Climántica (sóñora e Alonsoméndez, 2018).\no encadre metodolóxico tivo presente a necesidade de comprender as repercusións do cambio global mediante a resolución de problemas complexos abertos. Tratouse de que o alumnado entendera que a comprensión dos impactos potenciais do cambio global sobre os recursos marisqueiros do banco de Testal, require a integración do coñecemento relativo aos diferentes impactos que se exercen sobre as distintas poboacións do sistema intermareal e, en particular, sobre as interaccións que se establecen entre niveis tróficos.\nA metodoloxía deseñada pode realizarse en calquera centro, mesmo naqueles sen equipamentos sequera básicos para realizar observación de mostras biolóxicas (é dicir, en ausencia de microscopios, estufas, balanzas, etc.). A observación non require de exhaustivos coñecementos taxonómicos e só se centra en organismos macroscópicos ben coñecidos. Este protocolo permite procesar as mostras nun espazo de tempo curto e axustado aos horarios de clase do centro.\nAo inicio da actividade o profesorado explicou ao alumnado, de xeito breve (non debe superar os 10 minutos), que é unha pradaría de fanerógamas mariñas, que especies a constitúen, que hábitat ocupan e cales son as adaptacións principais que desenvolveron estes organismos, inicialmente terrestres, para conseguir colonizar con éxito o medio mariño. A continuación, describíronse as características principais destes ecosistemas e os bens e servizos que fornecen á especie humana. Finalmente, presentouse ao alumnado o escenario de regresión ecolóxica que están a experimentar estes ecosistemas en todo o planeta e describíronse as presións ambientais máis relevantes ás que están sometidos, así como os impactos que estas presións ocasionan nestas comunidades. Tratáronse de xeito particular os impactos asociados á actividade marisqueira coa que estas especies de fanerógamas coexisten dende hai moitas décadas, coexistencia que, aínda que amosa dificultades no presente, debemos intentar manter no futuro.\nA primeira aproximación dos estudantes á pradaría consistiu na observación por parte destes da morfoloxía da planta, tanto na súa parte aérea (estrutura foliar), coma do seu rizoma. É de interese que o alumnado comprobe a dificultade que a presenza de rizomas ocasiona na acción de escavar o sedimento, relacionando esta experiencia co conflito que se establece entre a presenza da especie e a actividade extractiva de moluscos, o marisqueo.\nTras esta primeira fase explicativa e de definición do deseño de mostraxe, o alumnado, organizado en grupos de catro persoas, comezou a realizar a toma de mostras desprazándose ás áreas de mostraxe cuxas características foran previamente definidas: zonas colonizadas pola pradaría e zonas adxacentes de area sen colonizar. dentro das zonas de pradaría, definíronse as 3 áreas de acordo ao seu tamaño, tal como foi descrito. A posición xeográfica de cada área foi rexistrada utilizando un GPs instalado nun teléfono móbil. Posteriormente, estimaron a dimensión da mancha de Zostera nolteii cunha cinta métrica. A continuación tomaron aleatoriamente unha mostra de sedimento e Zostera nolteii utilizando unha testemuña (tubo de PVC), de 15 cm de diámetro e 15 cm de profundidade, que introduciron 10 cm no sedimento. o sedimento, xunto coas plantas e a fauna asociada, introduciuse en bolsas de plástico marcadas previamente co código do punto de mostraxe. rematada a toma de mostras, regresouse ao Centro, neste caso o iEs Virxe do mar de Noia.\nunha vez no laboratorio da escola, cada un dos grupos procedeu ao procesado das mostras recollidas. En primeiro lugar, os estudantes transferiron cada mostra a unha bandexa de plástico, procedendo a retirar a fanerógama Zostera nolteii, separando follas e rizomas, que colocaban sobre una folla de papel de laboratorio. Na bandexa ficou o sedimento xunto coa fauna macroscópica. A continuación revisaron coidadosamente a totalidade da mostra recollendo todos os organismos animais que encontraran. Estes foron tamén colocados sobre unha folla de papel de laboratorio agrupados por grupos taxonómicos. A fase final do procesado de mostras consistiu no reconto do número de individuos dos grupos fáunicos, mentres que o material vexetal se deixou exposto ao aire durante unha semana para o seu secado, período tras o cal se cuantificou a biomasa de Zostera nolteii mediante pesada cunha balanza.\nresultados o resultado do procesado das mostras ilústrase na táboa 2, onde se amosan os grupos taxonómicos animais identificados en cada mostra e se visualiza a súa presenza en cada unha das tres zonas de mostraxe, o que permite, de xeito cualitativo, extraer conclusións preliminares referentes á confirmación, ou non, dalgunhas das hipóteses formuladas o día da realización da mostraxe.\nos datos obtidos na actividade permitiron que os estudantes foran quen de extraer as seguintes conclusións:\n1) A presenza de Zostera nolteii estaba asociada a unha maior diversidade animal no sistema intermareal de substrato brando.\n2) As manchas da fanerógama de tamaño pequeno están caracterizadas por amosar unha menor diversidade fáunica que as de tamaño grande. de aquí conclúese que a fragmentación das pradarías de Zostera nolteii conduce a un descenso da diversidade do ecosistema, o que estaría potencialmente relacionado cunha redución dos servizos ecosistémicos que esta fornece.\no alumnado traballou con eficacia e axilidade, logrando nunha mañá facer a mostraxe das catro especies de bivalvos nos 500 metros no infralitoral medio e dos 500 metros no infralitoral inferior relativa á investigación sobre a abundancia dos bivalvos neste banco marisqueiro (sóñora e Alonsoméndez, 2018), pasando a continuación a facer a mostraxe de Zostera nolteii que se describe neste artigo, que ocupa unha superficie importante no infralitoral superior do mesmo areal. unha vez rematada a mostraxe, a metade do grupo realizou o traballo de laboratorio, e a outra metade concentrouse no tratamento de datos utilizando un documento Excel colaborativo, do cal se derivaron representacións gráficas das abundancias observadas, restando tempo para argumentar a nivel metacognitivo cos científicos que dirixiron a investigación sobre a importancia deste tipo de procesado de datos e sobre a relación dos dous tipos de mostraxe realizados pola mañá.\nNo inicio do curso 20192020 todos os participantes na actividade de 2019 que se describe neste artigo inscribíronse no Club de Ciencias de Climántica co obxectivo de continuar co desenvolvemento da serie de datos e outras investigacións colaborativas coa rede de Climántica próxima a Noia, quedando xa fixado unha mostraxe en marzo de 2020 a desenvolver entre os alumnos da materia Climántica de libre configuración e os alumnos do instituto Español Giner de los ríos. Está previsto que os resultados obtidos se presenten nunha exposición conxunta en galego e portugués o día das letras Galegas, en lisboa.\nconclusIóns\nAs principais conclusións deste artigo quedan organizadas en tres bloques. o primeiro deles recolle aquelas relacionadas coas hipóteses científicas formuladas, o segundo recolle aquelas relativas ás implicacións didácticas e o terceiro refírese ao interese da colaboración Ecoloxía – Escola:\na) Conclusións relacionadas coas hipóteses científicas formuladas:\n— Púxose en marcha a toma de mostras dunha serie complexa que integra as catro especies de bivalvos de interese comercial de Testal e a súa relación coa fanerógama Zostera nolteii que habita no mesmo infralitoral, establecendo así as bases de estudo que permitirán determinar as relacións existentes entre a diversidade de organismos animais no substrato brando e a presenza de Zostera nolteii neste banco marisqueiro, así como apoiar os estudos relativos á xestión racional do recurso nas respostas que vaian demandando os impactos do cambio global no recurso. — Atopouse que existía relación entre o tamaño das manchas de Zostera nolteii e a diversidade de organismos animais. b) Conclusións relativas ás implicacións didácticas — A formación de estudantes en conexión directa con familias de mariscadores mellora a sensibilización social sobre a relevancia de realizar unha xestión dos ecosistemas utilizados polo ser humano, que estea baseada no coñecemento, a través do seu estudo e investigación. — A actividade promove a sensibilización do alumnado sobre a importancia de facilitar a coexistencia da fanerógama mariña Zostera nolteii e os bivalvos de interese comercial do banco marisqueiro de Testal, para así preservar a integridade ecolóxica e, consecuentemente, os servizos que estes ecosistemas fornecen. — Esta investigación científico – escolar facilita que o alumnado coñeza a diversidade de organismos que habitan enterrados no sistema intermareal de substrato brando, aplicando destrezas no procesado de mostras fangosas no laboratorio, facéndoos conscientes da existencia deste tipo plantas somerxidas e da súa relevancia ecolóxica e susceptibilidade diante dos impactos do cambio global. c) Conclusións relativas ao interese da colaboración da Ecoloxía e da Escola: — A Ecoloxía e a Escola poden colaborar de forma eficaz obtendo un beneficio mutuo: a ciencia da Ecoloxía amplía as posibilidades de obter datos relevantes en ecosistemas de alto interese na mitigación e na adaptación ao cambio global en xeral, e climático en particular, e a Escola recibe formación de elevada calidade e valor en competencias científicas tecnolóxicas. — As respostas locais ao cambio global requiren cada vez máis series temporais cun número mínimo de entre 10 e 30 anos para establecer correlacións significativas entre variables ecolóxicas e datos ambientais ou presións antropoxénicas, como é o caso, por exemplo, da relación entre a evolución temporal do tamaño das manchas de Zostera nolteii e a diversidade de animais mariños, con especial énfase nas especies de bivalvos de interese comercial. — resulta de imperiosa necesidade a formación da cidadanía en xeral para responder ao cambio global, e neste sentido, este tipo de modelo didáctico establece unha triangulación eficaz escola – ciencia - cidadanía que forme, informe, sensibilice e comprometa a todas as xeracións no reto dende o interese que esperta a formación escolar infantoxuvenil entre as diferentes xeracións familiares. — A investigación das respostas dos ecosistemas ao cambio global require estudos científicos de tal intensidade e continuidade no tempo que fai necesario o establecemento de culturas de ciencia cidadá. Neste tipo de alianzas escolaciencia-asociación de produtores xéranse nos máis novos sinerxías, culturas, hábitos e técnicas que facilitarán a súa incorporación a iniciativas de ciencia cidadá similares ao longo da súa formación permanente e, posteriormente, ao longo da súa vida adulta.\nreferencIas álvarez, A. e del río, P. (1990). Educación y desarrollo: la teoría de Vygotsky y la zona de desarrollo próximo. En C. Coll, J. Palacios e A. marchesi (Comps.), Desarrollo psicológico y educación, II (pp. 93119). Psicología de la Educación. madrid: Alianza. Ausubel, d. P. (2000). Adquisición y retención del conocimiento. Una perspectiva cognitiva. Barrecuperado de http://www.edu.aiovai.org/construtivismoconstrutivismos-eo-lugarqueocupan-osuxeito-eo-contextosocial-naconstrucion-doconecemento-unhamirada-desdea-posmodernidade"} {"summary": "O presente artigo pretende dar conta da presenza de reescrituras fílmicas de obras literarias realizadas mediante técnicas de animación cuxa calidade as fixo merecedoras de ser nomeadas e/ou premiadas con algúns dos galardóns cinematográficos a nivel mundial máis importantes que contan cunha categoría específica para estas producións, en concreto os Óscar, Annie, Globos de Ouro e BAFTA. Ademais, tamén se analizará brevemente a influencia que ten a creación do hipertexto fílmico para a difusión do correspondente hipotexto.", "text": "A incidencia de reescrituras fílmicas na relación de nomeados e premiados dos principais galardóns internacionais a longametraxes animadas\nRocío GPedreira\nCIECIE-Universidade do Minho/ ICEUniversidade de Santiago de Compostela https://orcid.org/00000002-51025078\n[Recibido, 23 abril 2020; aceptado, 4 xuño 2020]\n[GPedreira, R. (2020). A incidencia de reescrituras fílmicas na relación de nomeados e premiados dos principais galardóns internacionais a longametraxes animadas. Boletín Galego de Literatura, 56, “Estudos”, 2340] DOI http://dx.doi.org/10.15304/bgl.56.6 776\n Premios cinematográficos; cine de animación; reescrituras fílmicas; adaptación.\nIntrodución\nUn dos aspectos máis distintivos do cinema é a súa existencia como arte, oficio, industria e cultura. Pese ás dificultades que se atoparon no camiño, as películas son consideradas en maior ou menor medida producións artísticas de signo estético inmersas nun sistema cultural concreto no que arraigan e co cal dialogan, influíndose mutuamente; non obstante, tamén se trata dunha industria que move a miles de traballadores e cantidades considerables de diñeiro, cuxos perfiles profesionais son altamente especializados e diversos, dende directores a guionistas, produtores, deseñadores, operadores etc. Neste senso, o financiamento vólvese un aspecto determinante para a posibilidade de creación destas obras que, ademais, está directamente influído polo que acaden durante a súa proxección nos cines ou a súa difusión en medios como a televisión ou os servizos de streaming, entre outros.\nNa busca dunha posición privilexiada dentro do sistema correspondente, os premios cinematográficos actúan como unha estratexia de mercadotecnia que revitaliza a incidencia dunha película. Un claro exemplo sería a reaparición na carteleira de películas xa estreadas logo da consecución dun galardón salientable ou a inclusión deste distintivo a xeito de paratexto verbal 1 no cartel publicitario ou outros elementos de difusión.\nO presente artigo comeza cunha pequena reflexión sobre a importancia dos premios cinematográficos no asentamento dunha obra dentro dos subcampos da gran produción e da produción restrinxida 2 e, no caso concreto de hipertextos fílmicos, farase referencia ás consecuencias que teñen tamén para a permanencia e supervivencia do hipotexto literario no imaxinario colectivo. A continuación, investigarase sobre a incidencia de reescrituras cinematográficas dentro das listas de nomeados de varios certames relevantes a nivel internacional con categorías específicas para as longametraxes animadas, facendo fincapé nas premiadas, das cales se identificarán as súas principais sinais de identidade, como a tipoloxía da técnica de animación utilizada ou o tipo de reescritura do que se trata. A importancia dos premios cinematográficos\nNo artigo inicial do monográfico Premios literarios e de ilustración na LIX (2013), escrito por Anxo Tarrío, o autor fai unha achega teórica ao fenómeno dos premios literarios onde afirma que se constitúen como unha das estratexias máis gorentosas e rápidas de conseguir unha posición privilexiada no campo literario e, á súa vez, no campo de poder. Ademais, tamén especifica que a instalación no subcampo da gran produción (o que se rexe pola demanda externa e no que a primacía se mide polo número de exemplares vendidos) ou no da produción restrinxida (a procura do beneficio económico queda excluída ou minorizada e, en consecuencia, os produtores manteñen unha forte independencia respecto da demanda maioritaria) depende das características intrínsecas do premio en cuestión.\nCalquera que sexa o caso, unha das conclusións máis salientables do artigo de Tarrío (2013, p. 30) é “a consideración dos premios literarios como elementos fundamentais do mercado en que se converteu a literatura durante o século XX”. Así, a canonización e lexitimación dun autor, xénero, título ou tendencia é especialmente sensíbel da consecución dun galardón de calquera tipo que leve implícito un valor económico ou calquera outro con peso específico de seu. No caso das obras cinematográficas, os premios outorgados en cadanseu evento ou cerimonia correspondente funcionan máis como un elemento para o aumento do recoñecemento e difusión das producións, que na súa creación previa xa necesitou dunha cantidade de diñeiro substancial en comparación co caso doutras obras artísticas como as literarias, pero que tamén posibilitan un aumento considerábel dos beneficios. A produción dunha película ten un gasto económico elevado polos recursos técnicos, materiais e humanos necesarios. Se nos fixamos no caso concreto da industria cinematográfica norteamericana, a máis potente do mundo, a súa maior fortaleza é a madureza financeira. A súa capacidade é moito máis grande que a doutros territorios e o cine funciona como un produto financeiro de risco máis. Así, un inversor pode perdelo todo se unha produción non funciona. No caso español e, en certa medida, no de toda a industria audiovisual europea, o financiamento para a realización de películas estivo directamente relacionado coas subvencións. No artigo de Miguel Ángel Poveda Criado (2015) sobre as fontes de financiamento da industria audiovisual española, perfila tres razóns fundamentais que explican esta realidade: trátase dun sector de risco, pois as posibilidades de que unha produción teña éxito ou que polo menos recupera a inversión son moi incertas; considérase máis unha manifestación cultural que unha industria en sentido estrito; e o feito de que a consecución dunha subvención é, a miúdo, a única maneira de producir ou comercializar unha película debido ao seu escaso interese comercial ou ás dificultades na distribución.\nEn efecto, as fontes de financiamento poden ser públicas, como axudas, subvencións e incentivos fiscais, ou privadas, como as preventas especiais (bandas sonoras, mercadotecnia, patrocinios...), as ventas de emisión ou os préstamos bancarios. O tipo de produción determina en certa medida o tipo de financiamento e, no caso concreto das películas de animación infantís e/ ou familiares, cobra especial importancia a mercadotecnia dos produtos derivados delas. Un claro exemplo deste fenómeno a gran escala sería todo o artificio que DisneyPixar leva a cabo con cada nova estrea, sacando á venta figuras, novelas gráficas, contos, cadernos de pintar ou de adhesivos, roupa, bonecos etc. Ademais, no caso de reescrituras fílmicas, en moitos casos aprovéitase a ocasión para reeditar os libros no que se basean. Este último aspecto trátase dun dos moitos beneficios que pode traer a realización dunha película para as ventas dun libro cando se trata dunha reescritura cinematográfica e, por suposto, se se autoidentifica a si mesma como tal.\nNo caso das obras cinematográficas realizadas mediante técnicas de animación, a inclusión de categorías específicas para elas foi un paso decisivo na consolidación do que se considerou, durante moito tempo, unha modalidade xenérica en si mesma relacionada co público infantil e coas producións edulcoradas, artificiosas e banais, no lugar de darlle a consideración de técnica ou forma de facer cine que lle corresponde. Non obstante, como resalta Jayne Pilling nun artigo titulado “La animación se hace mayor” (2013), o mercado mainstream (tendencia ou corrente maioritaria) da animación segue sendo o público infantil/familiar. Por esta razón, os hipotextos literarios de moitas das reescrituras cinematográficas que se irán mencionando ao longo do estudo pertencen ao sistema literario infantil e xuvenil.\nA incidencia de reescrituras cinematográficas nos galardóns a longametraxes animadas\nResulta evidente que un dos valores máis importantes dos premios é a capacidade comunicativa e relevancia que lle ofrecen a unha película. O artigo de Eva Deuchert, Kossi Adjamah e Florian Pauly (2005) sobre o impacto do nomeamento e a consecución dos premios Óscar afirman que estes galardóns afectan directamente na toma de decisións por parte dos espectadores de ver ou non unha película. Ademais, conclúen que este aumento do recoñecemento e difusión dos filmes afecta a todos os nomeados, non só aos gañadores.\nPrecisamente os Óscar son un dos catro galardóns seleccionados para a análise que compoñen estas liñas, ademais dos BAFTA, Annie e os Globos de Ouro. As razóns da escolla foron a súa notoriedade e importancia, así como a existencia dunha categoría específica para o caso das longametraxes animadas. A continuación introdúcese brevemente cada premio e unha relación dos distintos nomeados e gañadores de cada ano, seguindo a seguinte lenda de cores para destacar as producións de especial interese para o estudo:\nn Reescritura de narrativas infantís, xuvenís ou de adultos (contos, álbums ilustrados, novelas) n Reescritura de banda deseñada (novela gráficas, tiras cómicas ou manga) – Premios Óscar: considerados os máis importantes e recoñecidos do\nmundo, trátase duns premios anuais concedidos pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas con sede nos Ánxeles, California. A\ncategoría de Óscar á mellor película de animación foi creada no 2002, e a primeira película gañadora foi Shrek (2002). Non obstante, no 1938 e no 1995 concedéronse premios especiais a dúas películas de animación, Snow White and the Seven Dwarfs (1937) e Toy Story (1995) respectivamente. No seguinte cadro é posible rastrear os distintos filmes nomeados 3, indicando tamén os países de procedencia e a dirección das obras gañadoras:\n– Premios Annie: galardóns entregados pola Asociación Internacional de Películas Animadas afincada nos Ánxeles, California, dende 1972. Aínda que se crearon para premiar filmes animados, agora tamén se outorgan a produtos televisivos e videoxogos. No 1992 creouse o premio Annie á mellor película animada e a primeira película gañadora foi Beauty and the Beast (1991). O seguinte cadro recolle os datos dos nomeados e gañadores das distintas edicións:\nAño Película Director País Nomeadas 20º 1992 Beauty and the Beast Gary Trousdale, Kirk Wise Estados Unidos Bébé’s Kids (Estados Unidos) FernGully: The Last Rainforest (Australia, Estados Unidos)\n– Globos de Ouro: galardóns concedidos polos membros da Asociación da Prensa Estranxeira de Hollywood en recoñecemento ao labor dos profesionais do cine e da televisión a nivel mundial. A primeira cerimonia celebrouse no 1944 e, a partir da 64ª edición, conta cunha categoría dedicada á mellor película animada, cuxa primeira gañadora foi Cars (2006). A continuación inclúese o cadro cos distintos nomeados e gañadores:\n– Premios BAFTA: galardóns outorgados pola Academia Británica das Artes Cinematográficas e da Televisión cuxa primeira entrega tivo lugar no 1947. Na 60ª edición creouse a categoría de longametraxes animadas e a primeira película gañadora foi Happy Feet (2006). Os distintos nomeados e premiados foron os seguintes:\nNo destaque de reescrituras decidiuse deixar fóra aquelas películas que parten de personaxes literarios coñecidos, pero cuxa versión fílmica se afasta tanto deles por distintos motivos, especialmente humorísticos ou a súa adecuación aos intereses da infancia, que se fai difícil pensar nelas como hipertextos fílmicos. Este sería o caso da película Frankenweenie ou de Hotel Tr ansylvania, que collen a idea das personaxes do monstro de Frankenstein e do Conde Drácula respectivamente. Outra característica recorrente do fenómeno é a diminución progresiva do grao de dependencia constitutiva 4 a propósito da sucesión de secuelas fílmicas. Este sería o caso da adaptación libre do conto protagonizado pola Raíña das Neves de Hans Christian Andersen que corresponde á película Frozen (2013) que, en Frozen 2 (2019), continúa con un guión totalmente orixinal; ou no caso das aventuras do ogro Shrek, que a partir dun conto infantil escrito e ilustrado por William Steig dá lugar a un universo cinematográfico novo, independente e con moito éxito que se compón de catro películas, Shrek (2001), Shrek 2 (2004), Shrek the Third (2007), e Shrek Forever\nAfter (2010). Ademais, a inclusión de personaxes como o Gato con Botas, protagonista dun conto popular recollido por Charles Perrault, dou lugar a unha obra derivada que bebe tanto do hipotexto literario como destas películas, Puss in Boots (2011), que tamén foi nomeada aos Óscar na edición 84ª.\nDo mesmo xeito que sucedeu coa historia do ogro Shrek, as reescrituras de álbums ilustrados tenden a levar a cabo un exercicio de ampliación do material de partida co obxectivo de adaptar unha obra relativamente curta na súa trama á duración das longametraxes. Sería o caso de Cloudy with a Chance of Meatballs (2009), escrita por Judi Barrett e ilustrado por Ron Barrett; Ernest et Célestine (2012), baseada na serie de libros infantís homónima da autoría de Gabrielle Vincent, cuxa estética é mantida na versión fílmica; The Boss Baby (2017), a partir do álbum de Marla Frazee; ou Ferdinand (2017), a partir do álbum de Munro Leaf e Robert Lawson.\nNo caso das reescrituras de novelas ou sagas, estamos ante un grupo bastante amplo no cal podemos diferenciar as reescrituras de series literarias como a protagonizada por Hipo o vikingo, escrita por Cressida Cowell para público infantil, cuxos hipertextos fílmicos son a triloxía composta por How to Train your Dragon (2010), How to Train Your Dragon 2 (2014) e How to Train your Dragon: The Hidden World (2019); a película The Pirates! In an adventure with Scientists (2012), que reescribe a primeira entrega da serie de novelas protagonizadas por piratas de Gideon Defoe; Rise of Guardians (2012), que se basea na serie dos Gardiáns da Infancia de William Joyce, composta por novelas e álbums; ou Captain Underpants: The First Epic Movie (2017), cuxo protagonista foi concibido por Dav Pilkey para unha serie de libros de aventuras moi vendidos até o día de hoxe.\nSe falamos de libros autoconclusivos, podemos atoparnos reescrituras de novelas infantís como The Iron Giant (1999), cuxo hipotexto foi realizado por Ted Hughes; Fantastic Mr. Fox (2009), a partir dunha novela da autoría de Roald Dahl ou The Boxtrolls (2004), a partir dunha obra de Alan Snow; e outras obras máis xuvenís, como El castillo ambulante de Howl (2004), adaptación dunha novela de Diana Wynne Jones; Coraline (2009), que reescribe unha novela de Neil Gaiman; El recuerdo de Marnie (2014), adaptación dunha novela de Joan G. Robinson; Ma vie de Courgette (2016), a partir dunha novela de Gilles Paris; ou The Breadwinner (2017), que reescribe a novela de Deborah Ellis. Tamén están presentes as reescrituras de novelas de adultos máis próximas ao hipotexto literario, como J’ai perdu mon corps (2019), baseada nunha novela de Guillaume Laurant, e outras que cambian totalmente pensando nos máis novos, como Treasure Island (2002), que bebe da novela de Robert Louis Stevenson, pero sitúa a trama no espacio exterior, ou Tarzan (1999), baseada na serie de novelas de Edgar Rice Burroughs.\nPor último, outra fenómeno recorrente é a reescritura de novelas gráficas, como Persepolis (2007) ou Arrugas (2011), que manteñen o estilo visual na translación á gran pantalla, series de cómics xuvenís de fama mundial como The Adventures of Tintin: The Secret of The Unicorn (2011), e personaxes recoñecidos de tiras cómicas como The Peanuts Movie (2015). Ademais, tamén tiveron moi boa acollida a reescritura de historias de superheroes, especialmente do universo Marvel, con personaxes xuvenís como Big Hero 6 (2014), ou a versión do home araña que protagoniza Miles Morales, un adolescente de pai afroamericano e nai portorriqueña, na película SpiderMan: Into the Spiderverse (2018).\nFacendo balance de todos os nomeados e premiados relacionados ao longo dos anos, no caso dos Óscar foron propostas oitenta películas, das cales vinte e dúas parten de narrativas, e catro de bandas deseñadas (en total vinte e seis, o cal supón o 32, 5% do total); no caso dos Annie, do total de centro trinta e nove películas, vinte e oito son narrativas e doce bandas deseñadas (sumando corenta, o 28, 8%); nos Globos de Ouro, das sesenta e dúas películas nomeadas, dezasete foron baseadas en narrativas e catro en cómics (en total vinte e unha, o 33, 9% do total); e, por último, no caso dos BAFTA, das corenta e catro películas, oito parten de narrativas e catro de bandas deseñadas (en total doce, o 27, 3% dos filmes).\nSe nos centramos agora no que son as premiados, as reescrituras fílmicas que conseguiron os catro galardóns foron Frozen e SpiderMan: Into the Spiderverse, seguidas de Shrek e How to Train your Dragon 2 con dous. Non obstante, cómpre destacar que os Globos de Ouro e os BAFTA comezaron a convocarse despois de ter saído a película baseada na novela de Steig, polo que conseguiu os premios nos que tivo a posibilidade de estar nomeada. As catro películas mencionadas foron realizades con animación dixital 3D. A produtora de Frozen foi Walt Disney Pictures, a do superheroe arácnido Sony Pictures Animation en asociación con Marvel Entertainment, e as dúas restantes pertencen a Dreamworks Animation.\nEntre as demais non gañadoras podemos atopar outras técnicas de animación como o claymotion ou stopmotion con plastilina de The Pirates! In an adventure with scientists, de Aardman Studios, especialistas neste tipo de producións. Outro estudio de animación especializado no stopmotion, pero desta volta con marionetas, é Laika, responsable de varias películas nomeadas como The Boxtrolls ou Coraline, ademais doutras que contan con guión orixinal, entre as que destaca a recente Missing Link, gañadora dun Globo de Ouro.\nPor último, compre recordar unha das vantaxes xa adiantada que tende a traer a realización dunha reescritura fílmica para a obra literaria, a reedición dos hipotextos no ano de estrea das películas, cuxas cubertas solen cambiar por unha escena ou fotograma da película e, a miúdo, inclúen un paratexto verbal que chama a atención sobre a existencia do filme. Algúns exemplos serían os das obras ás que lles corresponden as seguintes cubertas:\nImaxes 1, 2, 3, 4, 5, 6 [de esquerda a dereita e de arriba a abaixo]: cubertas da edición inglesa reeditadas de Coraline, Here Be Monsters!, The Pirates in an Adventure with Scientists, How to Train your Dragon, When Marnie Was There, e a cuberta da edición francesa de Autobiographie d’une courgette.\nConclusión\nAo longo da realización do presente estudo foi posible chegar a unha serie de conclusións finais que permiten un entendemento máis axeitado do fenómeno da reescritura fílmica mediante técnicas de animación, así como a relevancia dos premios internacionais tanto para a obra premiada así como para os hipotextos literarios dos cales partiron.\nPor unha parte, as porcentaxes obtidas demostran que arredor dun terzo das longametraxes animadas cuxa calidade estética e trama foron merecedoras do nomeamento a premios de relevancia internacional parten de obras literarias ou da banda deseñada. Polo tanto, literatura e cine seguen próximas neste eido e nútrense mutuamente, dándose tamén agora un proceso inverso de reescritura, de xeito que as películas dan lugar a novos produtos, algúns deles literarios. Por outra parte, a obtención dos dereitos de emisión destas películas polas actuais plataformas de streaming como Netflix ou HBO, e a recente creación de Disney+, revitaliza moitas destas historias literarias que foron levadas á gran pantalla dende mediados do século pasado.\nAdemais, tamén é posible identificar unha clara tendencia á eliminación da dependencia constitutiva das reescrituras, de xeito que se constitúen como obras autónomas e totalmente afastadas da trama do hipotexto literario. Neste senso, refórzase a idea das películas como obras novas cuxo autor está composto polo equipo de produción, no cal destaca a figura do director e do guionista. Por esta razón, no caso dalgunha das reescrituras de obras contemporáneas, contan coa participación, nalgunha medida, do escritor.\nEn todo caso, pode observarse como a animación é unha técnica máis para a realización de películas que non é propia nin exclusiva das obras infantís, mais o público infantil e/ou familiar segue sendo o receptor obxectivo preferente. Así, algunhas delas contan con un dobre nivel de discurso que atrae e busca a complicidade con espectadores de distintas idades e, en todo caso, manteñen un nivel estético elevado e coidado, independentemente da utilización de técnicas dixitais ou outras como o stopmotion.\nReferencias bibliográficas\nDeuchert, E., Adjamah, K. e Pauly K. (2005). For Oscar glory or Oscar money? Journal of Cultural Economics, 29, 159176. https://doi.org/10.1007/s108240053338-6 Equipo GLIFO (s.f.). Dicionario de Termos Literarios (DiTerLi). Xunta de Galicia e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. http://bernal.cirp. gal/ords/f?p=106:50::::::."} {"summary": "Na presente nota realízase unha análise do papel de Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910Santiago de Compostela, 1990) na fixación do criterio filolóxico que rexería para a literatura galega de posguerra a través da súa obra de creación literaria.", "text": "Fixando os marcos: Carvalho Calero e o criterio filolóxico\n[Recibido, 27 abril 2020; aceptado, 4 xuño 2020] [Regueira, M. (2020). Fixando os marcos: Carvalho Calero e o criterio filolóxico. Boletín Galego de Literatura, 56, “Notas”, 2334] DOI http://dx.doi.org/10.15304/bgl.56.6783\n Carvalho Calero; criterio filolóxico; literatura galega; posguerra; creación literaria.\nabstract In the present note will be carried out an analysis of Ricardo Carvalho Calero’s role in the process of establishing the philological criterion which regulated Galician literature in the postCivil War through his literary works. K eywords Carvalho Calero; philological criterion, Galician Literature; postCivil War; literary work.\nA delimitación do obxecto a ser premiado é, porén, complexa: “[...] con libertad de tema y volumen. La cualidad de ‘gallega’ podrá provenir, indistintamente, de la lengua empleada, del carácter del asunto o de la naturaleza del autor” din as súas bases, unha definición que máis que negar a expresión literaria en lingua galega, decídese a reservarlle un sector de lexitimidade que concorre en igualdade con outros como a procedencia xeográfica ou mesmo o contido.\nO panorama, a finais dos anos 40 e comezos dos 50, non pode ser máis diferente a aquel que entrevemos na efervescencia previa á Guerra Civil. Con todo o tecido editorial galeguista destruído na contenda, o papel que o franquismo reserva á literatura escrita en galego non ten unha soa interpretación, aínda que podemos dicir que a súa posibilidade pasa máis pola domesticación que por unha simple prohibición con tons de exterminio cultural. A literatura escrita en galego pasa a ser delimitada dende o poder como un produto lírico, de filiación sentimental ou asociado a conceptos de antigüidade. Non é unha lingua para todos os ámbitos, nin sequera dentro do literario: para escribir literatura vangardista ou ensaio filosófico xa está a lingua castelá, e o galego queda reducido a esas vinculacións cun tempo arcaico, xunto co consabido sentimentalismo que vai asociado á suposta “alma lírica” do noso pobo e que converte a poesía galega de posguerra nun elemento relativamente inocuo 3 para o réxime.\nNon se trata, por parte de Bibliófilos Gallegos, da única tentativa neste sentido nese período. Tan só uns anos despois, coincidindo coa publicación da novela gañadora do premio, a editora acolle o primeiro volume do Diccionario BioBibliográfico de Escritores de Antonio Couceiro Freijomil. Publicado en tres volumes entre 1951 e 1954, o Diccionario constrúese cun criterio que lembra poderosamente o que marca este primeiro premio de “novela gallega”: unha noción de “literatura galega” que se refire principalmente ao xeográfico, sen por iso desbotar, naturalmente, as figuras que escribiron en galego, pero acollendo tamén algunhas que só serían galegas por herdanza ou por preocupación polos temas da terra. Os problemas metodolóxicos da obra de Couceiro\nFreijomil son abondosos, e producen situacións delirantes como a inclusión de Francisco e Ramón Franco Bahamonde nesa nómina de “escritores” galegos (Couceiro Freijomil: 1952, pp. 102103). Porén, resulta relevante a análise da obra realizada por Helena MiguélezCarballeira, que a cualifica de “masculine revenge fantasy against the men of prewar Galician nationalism” (MiguélezCarballeira, 2013, p. 130). Unha sorte de axuste de contas do autor contra o ambiente do galeguismo de preguerra, co que xa tivera discrepancias, e que aproveita a situación de redefinición do papel da cultura galega que se dá na posguerra para facer unha clasificación que, apoiada en estruturas ben vistas polo réxime, ten moitas posibilidades de acabar sendo normativa. A proposta de Couceiro Freijomil non vai só contra o criterio filolóxico, tamén apoiaría profundamente a redución da identidade galega aos termos líricos e sentimentais que lle reserva o programa da ditadura franquista.\nAtopamos nestas perspectivas un debate latente que se dá no seo da cultura galega: por unha banda a necesidade de reivindicar un campo literario propio que evite o risco patente de ser absorbido ou folclorizado polo campo cultural castelán, nese momento dominado pola ditadura. Por outra, o grande valor estratéxico que manteñen figuras universais que son recoñecidas no ámbito ibérico pola súa obra noutra lingua. Tal sería o caso de Ramón del Valle Inclán ou Emilia Pardo Bazán, un capital simbólico ao que pode engadirse a produción en castelán de figuras centrais do canon galeguista como Rosalía de Castro. Da mesma forma, non é banal a construción, durante os primeiros anos de Galaxia e moi particularmente na obra do seu director Ramón Piñeiro (1956, pp. 1126; 1959, p. 13) dun “programa étnico” que define a literatura galega como adecuación a unha serie de características esenciais e que ten a posibilidade potencial de competir co criterio filolóxico (Regueira, 2020, pp. 148162). Con todo, ningunha destas vacilacións nega o compromiso principal de Galaxia e do seu círculo coa produción literaria en lingua galega e a súa consideración de produto prioritario na súa definición do campo, cousas claramente ausentes das tentativas de proxectos como o de Bibliófilos Gallegos, máis dispostos a un pacto acomodado cos parámetros da ditadura e a súa consideración folclórica e subalterna da lingua galega.\nElena Quiroga e Ricardo Carvalho Calero, dous modelos autoriais\nEsa situación, entendida tamén nas coordenadas posibilistas de finais dos anos corenta, cando a editorial Galaxia non pasa de ser un simple proxecto, fai que o Premio de Bibliófilos represente unha oportunidade importante para o círculo galeguista que despois rexerá os destinos da editora. O xurado estará formado por Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Serrano Castilla, José Guerra Campos, Francisco Fernández del Riego e Raimundo García Domínguez “Borobó”, unha mestura de afinidades galeguistas, algunhas delas cun histórico de represalias por parte do réxime, con outras completamente afíns a este 6. Unha composición que denota tamén a necesidade de validación que un proxecto como o de Bibliófilos Gallegos precisaba, tanto de parte das novas estruturas políticas como do vello galeguismo e os representantes culturais que sobrevivían no interior. O tema lingüístico é algo que aparece frecuentemente na correspondencia dos que, moi pouco tempo despois, estarán na órbita da Editorial Galaxia. En decembro de 1949, Ramón Piñeiro escríbelle a Fernández del Riego, sobre o premio: “A única obra que está en galego coido que é a de Ricardo, que é galega pola lingua, polo tema e polo autor. Se o concurso foi creado para estimular a creación de novelas galegas [...], supoño que o feito de estar escrita en galego será un tanto a favor en relación coas demais” (Dasilva, 2010, p. 115). Trátase dunha interpretación dunhas bases problemáticas cuxa polémica non tardará en prolongarse.\nA xente da Barreira de Carvalho Calero consegue gañar o certame con catro votos a favor, un en contra e unha abstención. As dúbidas sobre a súa calidade non deixan de manifestarse durante o tempo previo a este fallo na correspondencia privada de Fernández del Riego: “desde o meu punto de vista, hai, polo menos, unha rival da de Carballo, que novelisticamente aventaxa a ista” (Alonso Montero, 2015, p. 236237), escríbelle a Otero Pedrayo en febreiro de 1950. Unha semana antes do 22 de abril, data que figura na acta do premio, Piñeiro segue a barallar con Fernández del Riego a competencia narrativa de Carvalho Calero: “Nunca me pareceu que tivese madeira de novelista. [...]. Mellor sería que esta oportunidade servise para dar un importante paso na política de prestixiamento literario da nosa lingua, mais nin é culpa túa nin dos demais xurados que non se presentase unha obra merescente de lle prestar ese alto servizo á nosa cultura [...]” (Dasilva, 2010, p. 115). A vitoria de Carvalho Calero, en calquera caso, é lida como un triunfo por parte dos galeguistas, exultantes, especialmente no seu discurso privado, de poder demostrar que o galego segue a ser unha lingua válida para a creación literaria distinta dos usos folclóricos e líricos impostos, tanto polo contexto xeral, como por ataques puntuais 7 do mundo cultural. Trátase dunha perspectiva que tamén aparece destacada pola prensa, El Correo Gallego do 23 de abril de 1950 dá conta minuciosa das deliberacións do premio e dos seus finalistas, destacando que a gañadora resultou finalmente a única novela presentada en galego: “La prosa gallega alcanza en la obra premiada un punto de madurez y sobriedad que señalará una etapa en la evolución de nuestra lengua materna” (El Correo Gallego, 1950, p. 2). Non cabe dúbida de que a posibilidade de continuidade dunha literatura escrita en lingua galega supuña un tema aberto nos círculos culturais da época, con distintos posicionamentos ao respecto. Neste sentido, a revista Alba, acolle no seu número 5 dous relatos relacionados co premio:\nRecientemente la Editorial Compostelana Bibliófilos Gallegos, convocó un concurso de novela en el que resultó premiado Ricardo Carballo Calero por su novela “XENTE DA BARREIRA”. El jurado consideró, entre otras, como recomendable la novela de Elena Quiroga de Abarca de la Válgoma, titulada “TUMBA LOUREIRO” Ambos novelistas han escrito, expresamente para ALBA estas dos narraciones\n(Alonso Girgado, Castro Rodríguez, Domínguez Alberte e Eguizábal Gándara, 1995).\nAmbos contos, tanto Os tumbos de Carvalho Calero, escrito en galego, como Vela al Viento de Elena Quiroga, que aparece en castelán, están escritos nunha primeira persoa que favorece un ton confesional e manteñen algunhas ligazóns co mundo do mar. A pesar de que a publicación non evidencia ningunha clase de enfrontamento, non resulta complexo imaxinar que ambos narradores comparecen convocados a unha especie de “duelo” literario, unha sorte de cata que permita comprobar en que medida a literatura galega pode desenvolverse de forma competente polos dous camiños potenciais que mantén abertos naquela altura. Poucos anos despois, o director de Alba, o berciano Ramón GonzálezAlegre, acabará desvelando o seu propio posicionamento contrario ao criterio da lingua no debate sobre a cuestión filolóxica (Alonso Girgado, Castro Rodríguez, Domínguez Alberte e Eguizábal Gándara, 1995), así como as súas propias definicións favorábeis a unha consideración da lírica como algo “espiritualmente gallego” (GonzálezAlegre, 1954, p. 8).\nA polémica sobre o premio, non tarda, porén, en estenderse. A comezos de 1951 faise público que Elena Quiroga, unha das finalistas do Premio Bibliófilos Gallegos coa obra Tumba Loureiro resultou gañadora do prestixioso Premio Nadal cunha novela titulada Viento del norte. El Correo Gallego (9 de xaneiro de 1951, p.1) non tarda en destacar o feito, proclamando a identidade entre ambas as obras de Quiroga. Aléntase así unha polémica que debería ser resolta polo público: A xente da Barreira acababa de ser posta en circulación e tardaría pouco máis dun mes en coincidir con Viento del norte nas librarías. “¿Quien ganará [...] este gran «derby intelectual»?”, preguntan dende o xornal, nunha nova na que tamén é relevante a cuestión da galeguidade de Elena Quiroga, natural de Santander: “si no nació en Galicia, en ella nacieron sus padres, y en ella vive dende hace muchos años”. Ao día seguinte, o mesmo medio entrevista a Otero Pedrayo como membro do xurado de Bibliófilos: “el hecho de estar escrita en gallego -es mi opinión personalera evidentemente un mérito. Pero no puede decidir sobre la bondad relativa de las obras” (El Correo Gallego, 10 de xaneiro de 1951, p. 5). A cuestión filolóxica considerase, por tanto, e seguindo as consideracións de Piñeiro, un mérito relativo, un factor que engade “galeguidade” e que dá unha perspectiva redonda á complexa cuestión do premio e das súas bases, xa que sería a única obra que cumpriría os tres criterios propostos.\nCon argumentos literarios, e sen mencionar a cuestión da lingua, responde tamén Francisco Fernández del Riego (19 de xaneiro de 1951, p. 6), nun artigo que porén, relaciona a superioridade da novela de Carvalho Calero co manexo da tradición oteriana. Vincúlase así de novo a primeira novela en galego da posguerra co curso interrompido nos anos 30, cuxa última peza narrativa editada foi O mesón dos ermos de Otero Pedrayo. Da mesma forma, Fernández del Riego reforza a decisión do xurado: tratándose ambas de dúas novelas “de pazo” cunha tentativa de protagonista colectivo, só A xente da Barreira cumpriría con solvencia o seu proxecto narrativo. Esta resposta xa inclúe, nun postscriptum o feito de que Tumba Loureiro e Viento del Norte non son, a dicir da súa autora, a mesma novela.\nIsto é o que estabelece a entrevista a Elena Quiroga que aparece en El Pueblo Gallego (Fraga de Lis e Quiroga, 1951, p. 5) o mesmo 19 de xaneiro, nunha resposta que parece airada, especialmente contra Otero Pedrayo e o “sensacionalismo” da prensa. Tumba Loureiro sería unha versión primeiriza e inacabada da que gañou o Nadal, e por tanto non debería ser xulgada unha pola outra. Porén, se algo chama a atención desta entrevista é a intensidade coa que a autora pretende vincularse e reivindicar a identidade galega, dunha forma que apela ao sentimentalismo: “llevo a Galicia en las entrañas” e que está trufada dos máis variados tópicos: o sobrenatural, o son do roncón, o contestar con preguntas... De forma propositada ou non, a visión folclorizante da identidade galega convive coa culpabilización desta dos seus propios males: “no, de Astorga para acá se desconoce Galicia y, ciertamente, por culpa de los gallegos. Se empeñan, en cuanto dejan atrás el paisaje nativo, de hacer de Galicia una exportación”. Perspectivas que, se poden ter en común cousas co programa do que serán os primeiros anos de Galaxia, encaixan tamén á perfección con esa posibilidade aberta de subalternidade pintoresca que o programa cultural do franquismo reserva á Galiza.\nCarvalho Calero, pola súa parte, tamén é entrevistado nesas datas en La Noche a causa da cuestión: unha aparición na prensa na que podemos rastrear os ecos do pensamento galeguista de preguerra. Carvalho Calero defende a súa propia autonomía como escritor, parella á loita pola autonomía dun campo literario galego. A perspectiva de Carvalho Calero sobre o “duelo literario” con Quiroga tamén é relevante: “[...] está fuera de la realidad, porque no existe ni puede existir, ya que carece de base para ello”. Ante un xornalista que insiste en que o Nadal podería ser gañado por A xente na Barreira, se a tivese traducido ao castelán, o de Ferrol manifesta o seu desinterese por ampliar o seu público coa tradución da obra: “no tengo afán de notoriedad y mucho menos de industrializar mi obra que es puramente una satisfacción espiritual. Solamente aspiro a enriquecer, dentro de lo posible, la literatura gallega.” (Olano e Carvalho Calero, 1951, p. 5).\nA polémica, sen dúbida esporeada pola prensa galega nun contexto onde este tipo de novas non eran moi habituais, deixa as cuestión dos límites da “literatura galega” abertos e dá unha repercusión inesperada á decisión do xurado, provocando que varios dos seus membros xustifiquen a decisión sen apelar directamente á centralidade do criterio filolóxico. Felipe Cordero Carrete, membro de Bibliófilos Gallegos, aínda escribirá o 9 de xaneiro a\nFilgueira Valverde: “¿Conveniente este jaleo? Yo creo que sí. Le da publicidad a la novela de Carballo Calero. ¿En que lugar deja al jurado? Entre nosotros, creo que no muy bien, a menos que se opine que había de premiarse a una novela en gallego fuese como fuese” (Dasilva, 2010, p. 116).\nA cuestión sobre o criterio filolóxico abríase nas formas posíbeis baixo a férrea presión da ditadura. A mesma configuración do premio de Bibliófilos non deixa de representar a incapacidade de xestionar un debate latente na sociedade literaria galega que acaba por resolverse dunha forma de aparencia espontánea pero baixo a que podemos percibir as fortes correntes de pensamento que pulan, e pularán durante os próximos anos, entre dous modelos de definición da literatura galega: o criterio filolóxico como garantía preliminar dunha autonomía de campo por construír, ou o criterio aberto que encaixa principalmente nunha visión folclorizante e non conflitiva co programa cultural do franquismo 8. Non deixa de resultar irónico que, nos anos por vir, sexa precisamente Carvalho Calero, un dos protagonistas deste affaire, a persoa que máis pulará co seu traballo de investigación 9 pola delimitación filolóxica da literatura galega, rexeitando tanto solucións intermedias, como as propostas, con ambición autonomizadora, polo círculo de Galaxia (Fernández del Riego, 1951b), como aquelas outras que remarcaban a subalternidade da produción en galego, como as do ámbito de Bibliófilos Gallegos (Couceiro Freijomil, 1951) e outras feitas de forma independente (Varela Jácome, 1951).\nElena Quiroga, pola súa parte, continúa unha prolífica carreira como novelista en castelán. No momento no que ingresa na Real Academia Española, en 1983, cun discurso sobre Álvaro Cunqueiro e sendo unha das primeiras mulleres en formar parte da institución, o debate sobre a pertenza da súa obra á “literatura galega” ten unha entidade notabelmente menos relevante. A autora, falece en 1995 na Coruña, só cinco anos despois de que o seu rival literario de antano o fixese en Santiago de Compostela. A biblioteca persoal de cada un deles está hoxe baixo custodia do Parlamento de Galicia.\nBibliografía"} {"summary": "Neste artigo analizamos o impacto que ten a identidade cultural e a autonomía política na capacidade das rexións europeas para desenvolver o sector das industrias creativas e culturais. En primeiro lugar, facemos unha recompilación da literatura existente sobre os factores clave para explicar a aglomeración das ditas industrias. En segundo lugar, presentamos as nosas hipóteses sobre o efecto da identidade propia nas industrias culturais e creativas. A continuación, mostramos catro modelos econométricos que relacionan estes conceptos no caso das rexións europeas. Finalmente, expoñemos as principais conclusións do traballo, que poden resumirse na existencia dun impacto positivo da identidade propia no desenvolvemento das industrias creativas e culturais nas rexións europeas.", "text": "http://dx.doi.org/10.15304/rge.29.3.6831 1\nARTIGO\nIdentidade propia e industrias creativas e culturais. O caso das rexións europeas\n Industrias creativas / Industrias culturais / Autonomía política / Identidade propia / Rexional.\nOwn identity and cultural and creative industries. The case of European regions\n1. Introdución\nA creatividade é un concepto clave no contexto socioeconómico actual. Co paso do tempo, a evolución da economía e da sociedade foi outorgándolle unha maior importancia e peso ás actividades creativas, ao igual que ás persoas que as levan a cabo. Así o mostran múltiples traballos nas áreas da economía e da socioloxía publicados nos últimos 25 anos. Segundo sinala Richard Florida, que posiblemente sexa o autor máis destacado deste campo, “ a economía creativa está remodelando case todos os aspectos do desenvolvemento económico tal e como o coñecemos ” (Florida, 2005, p. 49).\nA economía creativa é, na súa definición máis xeral, unha economía que se basea na creatividade das persoas, a cal constitúe, á súa vez, a principal fonte de innovación e riqueza. A creatividade po-\n* Correspondencia autor: josemanuel.amoedo.meijide@rai.usc.es deriámola definir como a calidade dun individuo para ser creativo, é dicir, para innovar, inventar e crear.\nTal e como explicaremos máis adiante, a nosa conceptualización da identidade rexional propia refírese a dous aspectos: a autonomía política e a identidade cultural. A identidade cultural ten que ver cos trazos culturais propios dunha sociedade, neste caso centrarémonos na presenza dunha lingua propia. A autonomía política fai referencia á presenza de institucións políticas propias nunha rexión e á capacidade destas para tomar decisións e levar a cabo políticas.\nDeste xeito, o obxectivo deste artigo é contrastar que a identidade rexional propia ten un impacto positivo no desenvolvemento das industrias creativas e culturais da rexión. Para facelo, o noso artigo consta de dúas partes principais. Na primeira, a parte teórica, facemos unha revisión da bibliografía existente sobre os diferentes conceptos, definíndoos e analizando as relacións que outros autores destacaron entre eles. Na segunda parte, a parte empírica, presentamos as variables dos modelos, xustificamos a súa elección expoñendo cal é o impacto esperado, analizamos brevemente os datos e mostramos os modelos que relacionan as ditas variables coas industrias creativas e culturais. Finalmente, recollemos as conclusións extraídas sobre as relacións entre os distintos conceptos, analizando se o defendido na parte teórica é certo na realidade.\n2. Industrias creativas e culturais e identidade rexional\nComezamos, deste xeito, revisando que entendemos por creatividade, economía creativa, actividades creativas, clase creativa e, finalmente, recollemos cales son os factores que levan á concentración xeográfica das industrias creativas. Tamén introducimos o concepto de industrias culturais, un subgrupo con características particulares dentro das creativas.\n2.1. A creatividade dentro da economía\nA creatividade, tal e como a define a Real Academia Galega (s.f.a) – definición 1 –, é a calidade de ser creativo, para despois definir creativo/a como algo que fomenta a inventiva e a creación (Real Academia Galega (s.f.b) – definición 2 –. O termo creatividade asóciase estreitamente co termo innovación. Aínda que ambos os termos comparten piares comúns, existen certas diferenzas entre eles. A innovación destínase a xerar novos dominios, técnicas ou métodos de produción baixo o marco do mercado e da esfera produtiva. Por isto, podemos dicir que a innovación cumpre unha función dentro do proceso produtivo englobado no marco do mercado, algo que de forma similar expresou Schumpeter na súa obra. Porén, a creatividade, tal e como a describe Florida (2010), supón unha certa ruptura co anterior, a creación con éxito de novas ideas que sexan apropiadas. Deste xeito, a creatividade pode ser entendida como o concepto e a innovación como o proceso. Aínda así, na súa obra, Florida dálle á creatividade unha utilidade económica e dependente das organizacións. Para outros autores, a creatividade asóciase á aparición do imprevisto e coa posta en dúbida da orde instituída. Tamén este autor asocia a creatividade co risco, debido ao carácter continxente de ambos.\n2.2. A economía creativa e as actividades ou industrias creativas\nEn Florida (2010) fálase do cambio vivido pola economía a partir dos anos 80, froito da aparición e do peso cada vez maior que van cobrando as industrias de alta tecnoloxía. Concretamente, con anterioridade aos anos 50 e 60, a economía era maioritariamente industrial. Esta economía asociábase ás manufacturas e aos grandes centros de produción, grandes factorías e complexos produtivos, de xeito que existía unha separación clara entre o traballo e a vida cotiá. Esta situación comezou a cambiar, segundo Florida (2010), cara aos anos 50 e 60 co xurdimento das industrias de alta tecnoloxía. Xa nos anos 80 apareceu en escena a economía creativa, e desde eses anos ata a actualidade sucedeu unha clara eclosión que cambiou a economía de forma dramática. Desde aquela, cada vez máis persoas traballan en actividades creativas. Segundo datos do propio Florida, en Estados Unidos, por exemplo, en torno a 40 millóns de persoas traballan neste tipo de actividades;\nen Canadá, o 25% da poboación xa o fai.\nEste cambio trouxo consigo un punto de inflexión claramente positivo, como é o feito de que agora unha maior porcentaxe da poboación pode desenvolverse e levar a cabo actividades que lle gustan, algo que non sucedía, en xeral, na economía industrial. Isto aconteceu polo cambio da fonte de riqueza que se deu. Coa irrupción da economía creativa, a riqueza e o coñecemento comezaron a provir da mente das persoas e da súa creatividade. Deste xeito, a concepción que a xente tiña sobre o seu traballo comezou a cambiar, ata o punto de que hoxe en día é cada vez máis difícil diferenciar cando unha persoa está traballando e cando non o está. Polo tanto, esa clara e férrea liña que dividía na economía industrial o traballo dun individuo do que non o era vólvese cada vez máis feble e incluso chega a desaparecer nalgúns casos.\nXa que logo, podemos definir a economía creativa como un tipo de economía baseada na creatividade das persoas, sendo este recurso a principal fonte de riqueza e de coñecemento. Dentro da economía creativa inclúense aquelas actividades que xeran valor engadido a partir da creatividade das persoas que traballan nelas. As actividades que se encadran neste grupo teñen puntos en común, pero tamén son moi heteroxéneas. Atópanse dentro deste tipo de actividades as culturais (teatrais, musicais, cinematográficas…), as de desenvolvemento de novas tecnoloxías (software informático…), as relacionadas co márketing e coas actividades audiovisuais (fotografía, deseño de produtos, publicidade…), a investigación (I+D) ou mesmo algunhas ligadas á enxeñería e á arquitectura.\nOutros autores tamén estudaron este tema. Por exemplo, segundo Higgs e Cunningham (2008), as industrias creativas (ICC) son aquelas que teñen a súa orixe na creatividade, nas habilidades e no talento individuais, e que teñen un potencial para a creación de riqueza e postos de traballo mediante a xeración e a explotación da propiedade intelectual. Pola súa banda, as Nacións Unidas considera que tamén son ciclos de creación, produción e distribución de bens e servizos que utilizan creatividade e capital intelectual como inputs primarios; constitúen un conxunto de actividades baseadas no coñecemento, centrado pero non limitado ás artes, que xera potencialmente ingresos do comercio e dos dereitos de propiedade intelectual; inclúen produtos tanxibles e servizos intanxibles intelectuais ou artísticos con contido creativo, valor económico e obxectivos de mercado; son un cruzamento entre os sectores artesáns, culturais, de servizos e industriais, e constitúen un novo ámbito de crecemento económico (nalgúns países foi denominada como a economía laranxa) (United Nations, 2010).\nEn canto aos sectores que se consideran de xeito xeneralizado dentro da economía creativa, poderiamos apuntar os seguintes: moda; xoguetes; artes gráficas; software para videoxogos; publicidade e deseño; fotografía; cine, vídeo, música, radio, televisión, artes escénicas, artes visuais, literatura, artesanía e actividades relacionadas co patrimonio, a arquitectura, a enxeñería e o comercio de bens creativos (TurViñes, GarcíaMedina e HidalgoMarí, 2018, p. 11).\nNa Táboa 1 recollemos a achega feita en TurViñes et al. (2018) con respecto a que actividades poden catalogarse como creativas 1.\nDentro das actividades creativas, podemos destacar un subgrupo: as actividades ou industrias culturais. As industrias culturais son aquelas ligadas estreitamente coa arte e coa cultura. Estarían incluídas nelas, deste xeito, categorías como as artes visuais, a literatura ou a música. Nese sentido, poderiamos definir a economía da cultura como “ unha expresión que se refire a un conxunto amplo de actividades involucradas na produción e comercialización de bens e servizos culturais ” (Lins, 2011, p. 232).\nEntre os traballos que analizan cuestións ligadas ás industrias creativas e culturais podemos destacar os de Rey (2009), que analiza a relación destas co desenvolvemento; Bernal, Blanco, Camacho e D í az (2018), quen estudan as industrias creativas e culturais desde o enfoque da xestión do coñecemento; ou In Grant (2014), que indaga no seu papel nas cidades creativas.\n2.3. A clase creativa\nAínda que se trata dun debate aberto, Florida (2002) describe as persoas que traballan en actividades creativas como unha clase social cunhas características e comportamentos diferenciados do resto da sociedade. Dentro dela, existe unha grande heteroxeneidade de individuos que teñen en común a xeración de valor engadido a partir da súa creatividade. Inclúense dentro da clase creativa unha gran cantidade de traballadores do coñecemento, analistas simbólicos, traballadores profesionais e técnicos que desempeñan o seu papel na economía. Ademais, Florida sinala que o feito de pertencer a esta clase social tamén leva a un comportamento diferenciado dos seus membros fronte ao resto da sociedade, o que supón comportamentos distintos na súa toma de decisións á hora de escoller traballo, residencia..., debido a que amosan uns intereses particulares. Concretamente, Florida destaca que, á hora de buscar traballo, os membros da clase creativa teñen en conta tres factores:\n1) Que lles atraia. Para os membros da clase creativa é vital que o traballo sexa atractivo e que lles supoña un reto continuo. Á súa vez, ten que estar libre de restricións de carácter burocrático. Necesitan ter a responsabilidade e a liberdade para crear. 2) Un lugar atractivo para vivir. Para este tipo de persoas o lugar para vivir cobra un papel primordial, tanto desde o punto de vista físico (atractivo natural, histórico...) coma desde outros enfoques (que conte cunha baixa taxa de criminalidade, con bos servizos de educación, sanidade...). 3) Por último, tamén buscan un lugar no que poidan ser eles mesmos, é dicir, un lugar no que exista un alto nivel de tolerancia. Isto vese reflectido na aceptación de colectivos coma o LGTBIQ+ ou de persoas estranxeiras. Xa que logo, procuran un lugar no que non existan problemas de discriminación tanto racial coma doutros tipos. Outros traballos que inciden e analizan a existencia desta clase creativa son os de Mahon e Riambau\n2.4. A concentración xeográfica das industrias creativas\nAs diferentes teorías e traballos sobre a concentración das actividades económicas no espazo teñen os seus inicios a finais do século XIX co economista Alfred Marshall. Basicamente, ao que se refiren estes termos é aos beneficios que obteñen – e dos que gozan – as empresas por situarse nun determinado territorio onde xa existan outras, beneficios ligados á redución das distancias (menores custos de transporte, de subministración…) ; á existencia de “reservas” de man de obra (gran número de traballadores formados dispoñibles), de tecnoloxía e de innovación. Son o que se coñece como economías externas, que posteriormente foron divididas en economías de localización (de tipo marshalliano), vinculadas a un sector ou sectores relacionados entre si, e economías de urbanización, froito dun ambiente urbano multidisciplinar.\nNeste sentido, unha das características máis salientables e relevantes das actividades creativas é a forte concentración que estas teñen no espazo. Á hora de explicar cales son os factores que levan á concentración deste tipo de actividades, podemos diferenciar dúas grandes liñas de investigación. Por unha banda, atopámonos coas achegas de Florida, e por outra coas teorías relacionadas coas economías de aglomeración.\nNos seus traballos Florida destaca tres factores clave para explicar isto. Son os denominados como os tres T que, en certo modo, están relacionados co recollido nos apartados anteriores. Estes son os seguintes:\n1) A tecnoloxía. Historicamente, os economistas sempre lle deron un papel moi relevante á tecnoloxía nos procesos de crecemento e desenvolvemento económico, pero sempre centraron a súa análise – ou cando menos maioritariamente – nos sectores industrial e agrario. Deste xeito, xa os clásicos, como Smith ou Ricardo, falaban destes temas nas súas obras. Pero na actualidade, e máis no contexto das actividades creativas, aparecen o que poderiamos chamar novos factores produtivos. Así, afastámonos daquela idea de que os factores produtivos eran basicamente o capital, a terra e o traballo. Na actualidade, algúns autores, coma o propio Florida, poñen de relevo a importancia do coñecemento e das novas tecnoloxías da información e a comunicación coñecidas como TIC. Deste modo, unha rexión cun alto nivel tecnolóxico terá unha vantaxe clara sobre outra cun nivel baixo e, polo tanto, terá máis potencialidade á hora de ser un centro creativo, aínda que existen outros factores clave. 2) A tolerancia. É, sen discusión, o factor máis orixinal ou propio para explicar a aglomeración nunha rexión de actividades creativas. Aínda que o termo tolerancia pode ser moi amplo, e mesmo subxectivo, poderiamos definilo como o ambiente de respecto e permisividade co modo de vida das persoas. Desta forma, podemos englobar aquí conceptos como a boa integración das persoas estranxeiras, de grupos tradicionalmente marxinados como o colectivo LGTBIQ+, de persoas de etnias discriminadas, etcétera. Á fin e ao cabo, o que nos di isto é que para o desenvolvemento destas actividades se precisa unha atmosfera de tolerancia e de liberdades individuais que atraia e deixe vivir nas mellores condicións a clase creativa. Para poñer un exemplo de como lles afecta a tolerancia ás cidades, en Florida (2002) analízase como, no marco dos Estados Unidos, cidades cun nivel de tolerancia alto (San Francisco, Austin, Seattle ou Boston) teñen unha maior presenza de actividades creativas do que outras cidades que, polo resto de condicións, deberían situarse por diante (Memphis, Ocklahoma, Norfolk…). Como sinala Florida (2005): “ Nós estamos convencidos polas nosas investigacións de que a tolerancia e unhas barreiras ao capital humano baixas axudan a atraer talento, e que o talento se asocia á industria intensiva en tecnoloxía e ao crecemento rexional. As cidades deberían combinar os seus obxectivos de mellorar o desenvolvemento empresarial con estratexias para fomentar a súa diversidade e tolerancia” (p. 139).\nEstudos máis actuais afondan na importancia da apertura intercultural como un factor que incide positivamente na capacidade innovadora dos territorios (González e Fernández, 2018). 3) O talento. É o último factor que se recolle na literatura de Florida. Consiste, fundamentalmente, na formación e nas aptitudes dos individuos. Fai referencia, en certo modo, ao nivel educativo dos individuos desa rexión e tamén a outros factores relacionados co que algúns economistas denominan coma capital humano. Como di Florida (2005): “ Nesta nova era, o capital humano – ou talento – converteuse no factor produtivo clave ” (p. 49). Algúns autores critican esta idea de Florida. Concretamente, en Friedman (2009), o autor defende que o proceso de globalización e a aparición das novas tecnoloxías (como as TIC) levan ao mundo a ser máis pequeno e quítanlles importancia aos factores sociais, xeográficos e culturais. Isto iría en contra da teoría de Florida, xa que o resultado sería unha igual distribución das actividades ou, polo menos, unha tendencia cara á dispersión.\n2.5. A identidade rexional propia\nUnha vez definidos os conceptos relacionados coa economía creativa, e explicados cales son os factores que levan á súa concentración, imos definir os conceptos comprendidos baixo o termo identidade rexional propia, e as súas relacións coas industrias creativas.\nÉ difícil facer unha definición que abarque completamente o termo identidade propia, pero poderiamos empezar dicindo que son aquelas características culturais, lingüísticas, estruturais, económicas, sociais e incluso políticas que caracterizan e distinguen un territorio dos demais. Alternativamente, poderiamos describir o termo como o conxunto de características dunha nación, rexión ou sociedade que lle son propias.\nPara poñermos un exemplo próximo, podemos falar do caso de Galicia na que, sendo unha comunidade autónoma dentro dun país plurinacional, plurilingüe e con sociedades claramente diferenciadas, existen claros sinais de identidade propia. O máis claro e evidente é o idioma. Galicia ten o seu propio idioma, recoñecido institucionalmente como unha lingua cooficial co castelán, que comparte espazo e falantes co idioma a nivel nacional e que ten unha presenza clara nas institucións públicas, sociais, educativas, etcétera. É razoable considerar que o feito de ter este idioma propio xera unha riqueza cultural maior que podería producir efectos positivos no desenvolvemento das industrias creativas e, máis concretamente, no que podemos denominar como industrias culturais.\nAínda que, aparentemente, estes son os signos e os casos máis obvios que cómpre incluír dentro da identidade propia, podemos engadir máis aspectos. Isto é o que imos facer deseguido.\n2.6. A identidade cultural e a autonomía política\nComo xa adiantamos na introdución do traballo, dentro do concepto de identidade rexional propia incluímos dous conceptos, que pasamos a explicar de forma máis detallada a continuación. O primeiro é o da identidade cultural propia, que é o máis ligado ao explicado anteriormente. A presenza dunha cultura propia, lingua propia, historia propia, etcétera, conduce á existencia de actividades relacionadas con eses puntos diferenciadores que impulsan o peso de actividades de carácter cultural e tamén creativo. Por exemplo, unha lingua propia impulsará actividades relacionadas coas publicacións literarias (industria da edición, editorial, etc.). A presenza dunha historia e dun patrimonio cultural propios impulsará aquelas actividades vinculadas ao turismo cultural (industria do espectáculo ou turismo histórico), por exemplo mediante exposicións ou representacións de obras artísticas populares típicas da rexión ou festas tradicionais relacionadas coa cultura popular.\nEn Lorenzo (2017) faise referencia, para o caso galego, á existencia dun capital simbólico que supón un activo relevante no sector cultural, cunha capacidade para representar os valores dunha identidade común. Tamén sinala a importancia do compromiso con esta por parte das Administracións públicas. Deste xeito, parece lóxico extrapolar este caso a outras rexións.\nO segundo concepto é o da autonomía política. Neste caso atopámonos nun contexto que fai referencia máis ben ao ámbito político ou institucional. O poder na toma de decisións políticas e a presenza de institucións propias deberían ter un efecto positivo sobre as actividades creativas. De novo, para ilustrar esta feito podemos recorrer ao caso galego. A existencia da Xunta de Galicia, ou doutras institucións similares (deputacións e concellos), xera unha demanda de servizos e de bens culturais e creativos que produce un efecto positivo na presenza destas actividades e industrias. Concretando nun caso moi específico, a presenza dunha televisión pública rexional, como é a Televisión de Galicia (TVG), orixinará unha demanda de certos recursos e un incremento do peso das actividades creativas.\nNesta liña, González (2009) e Vence e González (2014) apuntan que, aínda que na maioría das teorías tenden a limitarse á incorporación de factores derivados do mercado privado, existe evidencia de que as institucións públicas, e en particular a Administración e os organismos públicos dela dependentes, son clientes cun perfil alto de KIBS (das siglas en inglés de servizos a empresas intensivos en coñecementos). Segundo estes autores, isto explicaría en certo grado a concentración destes servizos nas grandes capitais, debido á presenza nestas das ditas institucións. Algúns dos sectores habitualmente incluídos na economía creativa poden definirse tamén como KIBS, polo que a súa localización responde ás mesmas pautas que estas actividades. Outros traballos previos, como Vence e González (2005), amosan como a extensión do estado do benestar, e polo tanto o papel do sector público, desempeña unha función relevante na conformación e no establecemento de certos servizos intensivos en coñecemento que se atopan profundamente ligados á economía creativa.\nEn Aguiar (2014) lévase a cabo un estudo, para o caso español, das actividades creativas. Nel fálase da importancia das institucións públicas na demanda de bens e servizos culturais. En concreto, faise unha análise empírica de como se distribúe o gasto entre os diferentes niveis da Administración. Nese apartado recóllese o seguinte (Aguiar, 2014):\n“ As Administracións locais son as que realizan un maior gasto en cultura, seguidas de lonxe polas autonómicas e pola do Estado, a pesar de que a maior parte das competencias en materia de cultura as teñen as comunidades autónomas... ” (p. 10). Aguiar (2014) sinala tamén que: “ Existe unha relación forte entre o que gastan as Administracións públicas en cultura e o output do sector cultural, é dicir, que o aumento sostido do gasto público no ámbito cultural foi acompañado dun crecemento sostido do valor da actividade deste sector ” (p. 11).\nEn liña con isto, tamén podemos destacar o recollido en Lorenzo (2017), onde se analiza a forte influencia, debido á súa demanda, das Administracións públicas (locais e rexionais) na industria cultural, o que conduce a que as decisións destas sexan clave na deriva da cultura. Tamén destaca o papel do Goberno autonómico, neste caso galego, no mantemento do emprego cultural nas épocas de crise.\nXa que logo, parece clara a idoneidade de incluír a autonomía rexional como unha variable da identidade propia que cómpre considerar. Por unha banda, Vence e González (2005, 2014) achegan datos de ámbito europeo sobre a importancia da Administración pública como demandante de servizos intensivos en coñecemento. Por outra parte, Aguiar (2014) e Lorenzo (2017) móstrannos, para os casos español e galego, a importancia das comunidades autónomas e, sobre todo, das entidades locais como demandantes do sector cultural e creativo.\n3. O caso das rexións europeas\nPara analizarmos se na realidade se cumpre o exposto na parte teórica, imos empregar datos das rexións europeas. Todos eles proceden da base estatística de Eurostat, máis en concreto das bases de datos rexionais. Para adaptármonos mellor aos casos de cada Estado, decidimos empregar distintas categorías de rexións, correspondéndose sempre con NUTS 1 ou 2. Mesmo dentro dun mesmo país, incluímos rexións distintas 2. Cabe sinalar que, debido á complexidade da base de datos necesaria para a evolución do traballo, non existen datos para algúns anos. Por esta razón usamos modelos rexionais atemporais. Especificamente, utilizamos datos do ano 2016, e para o caso de que non existan datos deste ano, remontámonos ao anterior máis próximo.\nDeste xeito, como xa sinalamos na introdución, en primeiro lugar presentamos as variables empregadas, explicando a súa relación coa teoría exposta anteriormente. En segundo lugar, facemos unha breve análise dos datos e dos problemas que poden aparecer á hora de trasladalos a un modelo econométrico. Finalmente, presentamos os modelos econométricos e analizámolos brevemente.\n3.1. As variables explicativas do modelo\nComo variable explicada ou regresando, temos un índice de especialización (IE) elaborado do seguinte xeito: á hora de seleccionar os sectores que incluír no traballo, tomamos como guía a clasificación feita pola Comisión Europea que se mostra na Táboa 1, seleccionando entre os sectores recollidos por Eurostat aqueles que coinciden con esta (Eurostat, s.f.a). Tras obter os datos sobre o emprego dos sectores ligados ás industrias creativas de cada rexión, elaboramos o índice mediante a seguinte fórmula:\nonde IE é o índice de especialización; j refírese á rexión j =1, 2, 3,..., J ; J é o número de rexións; TC j é o número de empregados creativos na rexión j ; e TT j é o número de empregados totais na reComo se pode deducir da fórmula anterior, os datos que obtemos de Eurostat son os do número total de empregados en cada sector. Así, utilizamos sempre o dato do último ano dispoñible, estando todos eles comprendidos entre os anos 2012 e 2016. Os sectores son considerados como pertencentes á economía creativa. Tamén, dentro das creativas, podemos distinguir as actividades culturais 3.\nDeste xeito, no numerador da anterior fórmula temos o peso do emprego das actividades creativas e no denominador, o peso do emprego das actividades creativas no conxunto de todas as rexións. Para interpretarmos o valor dado polo devandito indicador, debemos ter en conta os seguintes aspectos:\n1) Se o valor é inferior a 1, a rexión en cuestión mostra menor numerador que denominador, o que quere dicir que o seu peso no emprego é menor do que no conxunto das rexións. Este valor mostra que nesta rexión hai unha baixa presenza de industrias creativas.\n2) Se o valor é igual a 1, a rexión ten o mesmo peso no emprego que a media. Este dato revélanos que esta rexión non está especializada no sector pero que tampouco queda por baixo da media. 3) Se o valor é superior a 1, a rexión si estará especializada nese sector en cuestión.\nPolo tanto, atopámonos con que valores superiores pero preto de 1 mostran un nivel de especialización moderado, pero niveis claramente superiores mostrarán que a rexión está claramente por riba da media.\n3.2. As variables explicativas do modelo\nDentro deste apartado debemos facer unha clara distinción. Por un lado, temos que recoller as variables centrais da análise, como son as relacionadas coa identidade propia da rexión. Por outra banda, atopámonos coas variables de control, que nos axudarán a engadirlle significatividade e robustez ao modelo. Polo tanto, no primeiro grupo encadramos dúas variables que denominamos autonomía rexional e lingua propia, que explicaremos na correspondente epígrafe. No segundo, temos as variables ligadas á teoría de Florida e ás economías de aglomeración, sendo estas as seguintes: un índice composto de tolerancia (tolerancia), a porcentaxe de gasto en I+D sobre o PIB (tecnoloxía), o nivel educativo (talento), e xa por último a densidade de poboación (economías de aglomeración).\n3.2.1. As variables de identidade rexional propia\nNo noso traballo incorporamos dúas variables de identidade propia que, como xa adiantamos nos primeiros apartados da parte teórica, están relacionadas coa lingua propia e co nivel de autonomía rexional. 1) A lingua propia. Para medir a influencia da lingua propia, empregamos unha variable ficticia que pode tomar dous valores. As rexións que non teñen lingua propia reciben o valor cero. Pola contra, as rexións que si teñen unha lingua propia reciben un valor igual á unidade. Deste xeito, rexións como a Comunidade de Madrid reciben un cero, mentres que o País Vasco recibe o valor un. Para establecer que falares consideramos lingua propia e cales non, fixamos os seguintes criterios. O primeiro deles é a oficialidade na rexión; así, por exemplo, o bable non se incluiría como lingua propia, e Asturias recibiría un 0 como valor. No caso de linguas como o catalán, que é falado en máis dunha rexión e que é tamén oficial nas Illas Baleares e na Comunidade Valenciana, o valor é de 1. Xa que logo, as tres comunidades reciben un 1. Isto tamén sucede con algunhas rexións de Bélxica, por exemplo. 2) A variable de autonomía rexional. Para a elaboración desta variable, seguimos criterios similares aos do anterior apartado e utilizamos como referencia o traballo de Baier, Kroll e Zenker (2013). Neste traballo faise un estudo do impacto da autonomía rexional sobre a innovación. Para iso, os autores elaboran unha clasificación en que lles outorgan diferentes valores (sempre entre 0 e 5) ás diferentes rexións respecto a múltiples criterios. Debido a que nalgúns casos se empregaban os\nmunicipios como rexións para ter en conta, o que xeraba un gran número de rexións e a indispoñibilidade de datos para facer o noso traballo, adaptamos a selección de rexións ás que mostramos no primeiro subapartado, utilizando só NUTS 2 e nalgúns casos particulares, NUTS 1. Os criterios que se utilizan en Baier et al. (2013) son os seguintes:\na) O valor 1 asígnase ás rexións nun país totalmente centralizado en sen parlamento rexional. b) O valor 2 aplícase ás rexións nun contexto marcadamente centralizado (por exemplo, con representantes rexionais pero asignados de xeito central).\nc) O valor 3 establécese para ás rexións cunha estrutura compartida centro/rexional (representantes designados dunha forma centralizada e representantes elixidos a nivel rexional). d) O valor 4 adxudícase ás rexións con contextos maioritariamente descentralizados e con representantes elixidos a nivel rexional. e) O valor 5 outórgase ás rexións con gobernos rexionais electos que teñen amplas competencias, representación noutros países e/ou nas estruturas das institucións europeas.\nAdemais, cabe sinalar que non todas as rexións dentro dun mesmo país teñen por que ter o mesmo valor. No Reino Unido e en España, por exemplo, non é así. Tamén cómpre indicar que nos casos de países dunha única rexión o valor dado é o máximo, xa que, á fin e ao cabo, son “ plenamente ” autónomos. Nos casos en que tivemos que facer cambios nas rexións orixinais, a estas se lles asignou o mesmo valor que tiñan orixinalmente.\n3.2.2. As variables de control\nNeste apartado incluímos as variables que teñen o cometido de achegar significatividade e robustez ao modelo. Temos catro variables que podemos empregar como proxys de catro factores que, como xa vimos na parte teórica, son relevantes á hora de explicar a presenza de actividades creativas. Deste modo, atopamos tres relacionadas coa visión de Florida e unha coas teorías de aglomeración.\nNo tocante ás primeiras, temos a seguinte relación:\n1) Variable proxy do talento. Como variable proxy do talento utilizamos os datos dunha variable educativa rescatada da fonte estatística de Eurostat. Concretamente, esta variable agrupa a porcentaxe de persoas entre 25 e 64 anos que teñen un nivel educativo cualificado como terciario. En Eurostat recóllese como os niveis 5, 6, 7 e 8. Os datos foron obtidos de Eurostat (s.f.b). 2) Variable proxy da innovación (tecnoloxía). Aínda que na parte teórica estivemos a falar de tecnoloxía, como fai Florida na súa obra, cremos que este termo está demasiado acoutado e que o termo innovación, máis amplo, é mellor á hora de empregalo nesta parte empírica. Para incluírmos o efecto da innovación na nosa análise, usamos como variable proxy desta a porcentaxe de gasto en I+D sobre o PIB das diferentes rexións. Os datos foron extraídos de Eurostat (s.f.c). 3) Variable proxy da tolerancia. Para incluír a tolerancia no traballo, incorporamos como variable proxy un indicador composto rescatado de Eurostat. En concreto, o indicador denominado tolerance and inclusion, que inclúe diversos conceptos 4. Cómpre sinalar que no caso dos Estados nos que empregamos NUTS 1 o valor utilizado se corresponde coa media aritmética das NUTS 2 que a compoñen, xa que os datos só están dispoñibles para estas últimas. Os datos proveñen da European Commission (2016). 4) Variable proxy das economías de aglomeración. Para medirmos o efecto da aglomeración nas industrias creativas e culturais incorporamos no noso traballo un índice calculado a partir da densidade de poboación das diferentes rexións. Os datos foron recollidos de Eurostat e son o resultado de dividir a densidade de cada rexión pola media de todas (365, 35 habitantes por quilómetro cadrado). Isto faise coa intención de obter uns estimadores dos parámetros cunha facilidade maior na súa interpretación.\nonde IDP j fai referencia ao índice de densidade de poboación da rexión j ; j refírese á rexión j =1, 2, 3,..., J ; J é o número total de rexións; e DP j fai referencia á densidade de poboación da rexión j. Os datos foron obtidos de Eurostat (s.f.d).\n3.3. Análise dos datos\nPara comezarmos coa análise dos datos, recollemos nas Táboas 2 e 3 os principais estatísticos descritivos e a matriz de correlacións de todas as variables.\nDesta primeira análise descritiva podemos observar o seguinte: − Existe unha correlación positiva forte entre as variables das industrias creativas e culturais; algo lóxico, dado que as culturais están incluídas dentro das creativas. − As dúas variables de identidade rexional propia teñen un impacto positivo sobre as variables explicadas. − Hay que destacar o maior impacto da autonomía rexional sobre as industrias culturais fronte ás creativas. − Tamén é salientable o maior impacto da lingua propia sobre as industrias creativas, algo que contradí, en certo modo, as nosas hipóteses de partida e que pode vir relacionado coa pouca desagregación nos sectores. − Existe unha relación considerable entre as dúas variables de identidade rexional propia. Isto parece lóxico, xa que as comunidades cun maior nivel de autonomía rexional se corresponden, comunmente, con antigos Estados independentes ou con rexións que no pasado contaron cunha maior independencia. Esta senda histórica explica que, en moitos casos, tamén tiveran unha lingua propia e unha cultura máis diferenciada. Un exemplo claro é o caso das comunidades autónomas galega, vasca e catalá en España, que gozan dunha maior autonomía política e contan con linguas propias.\n− No que respecta ás variables de control, estas tamén presentan un impacto positivo sobre ambas as variables, coincidindo co recollido previamente. − Existe unha correlación considerable entre as variables de control de Florida.\n3.4. Os modelos econométricos\nAntes de presentar os modelos econométricos, é necesario explicar o proceso polo que chegamos a eles. O primeiro que cabe facer é explicar as implicacións das conclusións extraídas no apartado anterior que, como amosaremos posteriormente, influirán na formulación dos modelos finais. Desta maneira, podemos recoller as tres seguintes:\n1) A correlación existente entre as variables de identidade rexional propia pode levar a que estas non poidan ser incluídas no mesmo modelo por problemas de multicolinealidade. 2) A correlación que se produce entre as variables de control pode dar lugar a que non sexa posible incluílas xuntas nos modelos por problemas, novamente, de multicolinealidade. 3) O feito de estar a falar dun modelo rexional atemporal pode provocar a existencia de heterocedasticidade, o que implicaría non poder empregar mínimos cadrados ordinarios (MCO) como método de estimación.\nUnha vez recollidas estas implicacións, pasamos a analizar se, de feito, ocorre isto ou non. O primeiro que cómpre destacar é que existe heterocedasticidade en todos os modelos que estimamos por MCO. Isto é algo que comprobamos co test de White, empregando un nivel de significación do 5%. Para paliarmos a heterocedasticidade, utilizamos un método de estimación proporcionado por Eviews chamado mínimos cadrados robustos (MCR) (robusts least squares, RLS), que se usa para eliminar a existencia de puntos fóra de escala, tamén coñecidos como valores atípicos ou out liers, que frecuentemente causan heterocedasticidade.\nAdemais, como xa sinalamos con anterioridade, non é posible incluír ambas as variables de identidade propia nun mesmo modelo. Por isto, finalmente presentamos catro modelos. Cada un combina unha variable explicada cunha variable explicativa de identidade rexional propia. Presentámolos todos xuntos e, posteriormente, recollemos as principais conclusións que podemos extraer deles. Na Táboa 4 mostramos as ecuacións dos catro modelos, destacando a variable de identidade propia incluída en cada un deles, onde CREATIVAS é o índice de especialización nas actividades creativas;\nCULTURAIS é o índice de especialización nas actividades culturais; AUREX é a autonomía rexional; LP é a lingua propia; DP é o índice de densidade de poboación; INN é o peso do gasto en I+D no PIB; TOL é o indicador de tolerancia e inclusión (tolerance and inclusion); e TAL é a porcentaxe de poboación, entre\nNa Táboa 5 ofrecemos os resultados máis relevantes que nos achegan as estimacións dos catro modelos. Nela presentamos os estimadores dos parámetros, o nivel de significación proporcionado pola probabilidade asociada ao estatístico z 5, o coeficiente de determinación axustado común, a modalidade robusta do anterior denominada como coeficiente de determinación W, e o estatístico empregado con MCR correspondente ao test de Wald de significatividade conxunta. Algúns destes estatísticos non son empregados ao usar mínimos cadrados ordinarios ou axustados, polo que explicaremos tamén en que consisten e compararemos cales son as melloras que amosan respecto aos seus estatísticos de partida.\nO primeiro que se debe sinalar dos modelos é que, como indicamos xa nos anteriores apartados, debido á existencia de relacións considerables entre as variables empregadas como regresores, non é posible formar un modelo que inclúa todas elas. No caso das variables de identidade propia, isto prodúcese tanto no caso das industria culturais como no das creativas, o que provoca que sexa necesario estimar os catro modelos que amosamos. Para o caso do resto dos regresores, podemos incluílos se van acompañados da variable de autonomía rexional, pero non coa de lingua propia. Ademais, como podemos observar, todos os estimadores son significativos cunha probabilidade asociada do 1%. Esta probabilidade é asociada ao estatístico z, que é o resultado de dividir o valor do estimador entre a súa desviación típica. Neste caso, aínda que se calcula ese estatístico do mesmo xeito que con MCO para o estatístico t, denomínase z debido a que tanto o estimador como a súa desviación típica son distintos ao empregar o método robusto. O que estes datos están amosando é que o modelo é significativo, e que todas as variables teñen un efecto que ter en conta na variable explicada.\nVerbo dos valores dos estatísticos, en primeiro lugar observamos o coeficiente de determinación axustado común (Ax. R 2). Este estatístico non proporciona información directa sobre os resultados do modelo, pero si serve para amosar a mellora – e a necesidade – no emprego dun modelo de estimación alternativo a MCO. Isto faise a partir da comparación co seguinte estatístico, o coeficiente de determinación axustado w (Ax. R 2 w), que, como se recolle en Renaud e VictoriaFeser (2010), é o estatístico axeitado para empregar ao estimar co método robusto. En relación con este estatístico, hai que ter en conta dúas cuestións. Por unha banda, a mellora con respecto á súa modalidade común, que se cifra en máis de tres décimas en todos os casos e ata en catro e media no cuarto. Por outra banda, temos que os valores do indicador se sitúan entre 0, 46 e 0, 63, o que, sen ser valores extraordinariamente bos, son valores suficientes e incluso bastante bos. Igualmente, é preciso indicar que o modelo 1, o que ten un valor máis baixo, só emprega tres variables debido á multicolinealidade, o que xustifica en certo modo o valor acadado no indicador.\nFinalmente, temos o estatístico R 2 n, que é a modificación do estatístico F para a estimación robusta. Este estatístico serve para contrastar a existencia de significatividade conxunta do modelo. Como podemos observar na táboa, tamén ten unha probabilidade asociada, que é proporcionada directamente por Eviews. Neste caso, vemos como todos os modelos teñen significatividade conxunta ao ser a probabilidade asociada, en todos os casos, inferior ao 1%. Tras analizarmos todas estas cuestións, podemos chegar á conclusión de que as estimacións amosan boas propiedades e uns resultados que sosteñen e concordan coas hipóteses expostas ao longo do traballo. Tanto as variables de identidade propia coma as de control presentan un efecto positivo na presenza de industrias creativas e culturais nunha rexión.\nCentrándonos nas variables de identidade propia, non é posible facer comparacións precisas entre elas, no sentido de que cada modelo inclúe distintas variables de control debido á presenza de multicolinealidade, xa que o valor do estimador e o seu estatístico z varían segundo o contexto do modelo.\nRevisando por separado os datos correspondentes a cada unha das variables, atopamos os seguintes resultados:\n1) No caso da variable de autonomía rexional, o valor positivo indícanos que a maior nivel de autonomía maior é a presenza de industrias culturais e creativas, xa que o índice de especialización aumentaría ao facelo a variable. Dada a natureza da variable, de corte cualitativo e con valores do 1 ao 5, o estimador amósanos que as rexións cun maior nivel de autonomía presentan maior presenza destas industrias. O impacto é moi semellante tanto para as industrias creativas no seu conxunto como para as de tipo exclusivamente cultural. 2) O caso da lingua propia é similar. Trátase dunha variable bimodal que pode tomar os valores 0 e 1. Esta variable indícanos que as rexións cun valor de 1, as que teñen lingua propia, presentan unha maior presenza de industrias creativas e culturais. Neste caso, non podemos comparar o efecto da lingua propia sobre a especialización en industrias culturais e en creativas, pois o número de variables explicativas que podemos incluír en cada modelo é diferente.\n4. Conclusións\nNeste artigo quixemos afondar nos factores que inciden nunha maior presenza de actividades creativas a nivel rexional, centrándonos nas rexións europeas. A nosa achega baséase na consideración da identidade rexional, nas súas variantes cultural (lingual propia) e institucional (autonomía política), como factor explicativo dunha maior especialización en industrias creativas e, adicionalmente, daquelas máis ligadas ao eido da cultura.\nÁ vista dos resultados da nosa análise empírica, podemos afirmar que existe un impacto positivo da identidade rexional propia sobre a presenza das actividades creativas en xeral, e das actividades culturais en particular, nas rexións europeas. En concreto, a existencia dunha maior autonomía política ten un efecto positivo sobre a especialización das rexións nas industrias creativas, efecto que tamén é visible, aínda que un chisco menor, no caso específico das industrias culturais. Isto reforza a importancia de contar con institucións propias xa que, tal e como indica a literatura existente, estas poden actuar como catalizadores e demandantes de actividades creativas e culturais dentro da propia rexión. Por outra banda, en canto á existencia dunha lingua propia, variable coa que tratamos de medir a identidade cultural das rexións, o efecto é tamén significativo e positivo. Contar cunha identidade cultural propia, nas súas manifestacións musicais, literarias ou de calquera outro tipo, pode actuar como acicate para desenvolver industrias neses eidos dentro das propias rexións, facéndoas non exclusivamente dependentes do consumo de produtos culturais mainstream, as máis das veces desenvolvidos nas rexións metropolitanas de ámbito estatal ou global.\nNa Táboa A.1 presentamos a clasificación das industrias creativas realizada pola Comisión Europea, na Táboa A.2 recollemos a listaxe de rexións europeas elaborada pola Eurostat, e por último na Táboa A.3 ofrecemos as ramas de actividade que utilizamos a partir da información da Eurostat.\n17 Táboa A.3. Ramas empregadas no traballo\nFonte: elaboración propia a partir de datos da Eurostat.\nBibliografía\nAguiar, E. (2014). Las industrias culturales y creativas en España. UAMAccenture Working Paper #2014/13. Madrid: Universidad Autónoma de Madrid. Recuperado de: https://www.academia.edu/29627520/LAS_INDUSTRIAS_CULTURALES_Y_CREATIVAS_EN_ESPA%C3%91A\nhttps://ec.europa.eu/regional_policy/en/information/maps/social_progress Eurostat. (s.f.a). Employment by age, economic activity and NUTS 2 regions. Luxembourg, Luxembourg: Eurostat. Recuperado de: https://appsso.eurostat.ec.europa.eu/nui/show.do?dataset=lfst_r_lfe2en2&lang=en\nCultural\nProdución de programas de cine, vídeo e televisión, gravación de son e publicación de música.\nActividades de programación e radiodifusión. Non\nProgramación informática, consultaría e actividades relacionadas. Non\nActividades de arquitectura e enxeñería; probas técnicas e análises. Non\nInvestigación científica e desenvolvemento. Si\nPublicidade e estudos de mercado. Non M74 Outras actividades científicas, profesionais e técnicas. Non\nImpresión e reprodución de soportes de gravación.\nReal Academia Galega. (s.f.b). Creativo/a. En Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. RecupeRecuperado de http://www.revistasice.com/index.php/ICE/article/view/810/810"} {"summary": "A evidencia sobre a irreversibilidade de certos cambios sociais foise consolidando, mais os procesos de formación das percepcións de irreversibilidade e as relacións entre os elementos que as alimentan permanecen inexplorados. Este traballo aborda a contribución dos usos do solo á creación de condicións de habitabilidade no rural, un dos principais retos socioeconómicos destas áreas, empregando 10 entrevistas con persoas expertas no monte realizadas no ano 2016 na Mariña luguesa. Mediante un Diagrama de Bucles Causais, elabórase un modelo de benestar percibido que captura as dinámicas entre subsistemas sociais e naturais no presente, ademais das súas posibilidades de cambio. Os resultados confirman que a autoeficacia, o sentimento de lugar ou a sensación de control asentan unha percepción de irreversibilidade sobre a calidade de vida no rural e reducen a probabilidade de acción colectiva. A necesidade de considerar as percepcións da poboación no deseño de políticas de dinamización rural eficaces queda subliñada.", "text": "ARTIGO\nDegradación das institucións sociais e usos do solo: mecanismos de retroalimentación entre forestación e condicións de habitabilidade no rural\n\nEucalipto / Percepcións / Irreversibilidade / Benestar / Acción colectiva.\nDegradation of social institutions and land use: unfolding feedback mechanisms between afforestation with fastgrowing species and living conditions in rural areas\nJEL Codes: Q56, I31, Z13. *Correspondencia autora: helena.martinez@usc.es 1 Hugo M. Ballesteros agradece o financiamento da Xunta de Galicia do proxecto de investigación posdoutoral Nº ED481B 2018/088.\n1. Introdución\nA datación da crise climática a nivel global e a importancia do contacto coa natureza para o benestar humano (Hartig, Mitchell, de Vries e Frumkin, 2014) caracterizan un contexto no que parece socialmente desexable apostar pola multifuncionalidade do monte, ou o equilibrio entre as funcións produtivas, recreativas e de conservación. As tendencias recentes na evolución dos usos deste a nivel global van precisamente no sentido contrario, cara á homoxeneización, malia ir en aumento o corpo de literatura sobre os beneficios da xestión multifuncional do monte (Franklin, Johnson e Johnson, 2018). Factores históricos e factores relacionados coa globalización económica facilitarían que a produción de fibra de madeira se impuxera como uso maioritario das áreas forestais a nivel global (Food and Agriculture Organization of the United Nations [FAO], 2020) e que a principal función do monte sexa a de producir madeira e derivados, ignorando outros bens, servizos e mesmo a estabilidade das comunidades locais dependentes da actividade. Estes cambios son referidos na literatura como vectores de homoxeneización biocultural (Rozzi et al., 2019).\nAs culturas da natureza modulan o tipo de interaccións entre persoas, organismos vivos e materia inanimada, e para o caso do monte en Galicia ten sido caracterizada como “un modelo de extra ctivismoprodutivismo orquestrado polo Estado”(Ares -López, 2017, p. 59). Esta cultura definiría como norma unha relación co monte que busca a obtención de grandes cantidades de recursos naturais non procesados, na actualidade orientados ao mercado exterior, e que se caracteriza por ter un fondo impacto socioambiental. A orientación exportadora do conxunto da cadea forestalmadeira galega, así como a especialización do sector en produtos intermedios dos primeiros elos da cadea, confírmase en informes recentes (Picos Martín, 2015).\nA cultura define as condicións para a reproducibilidade de modos de vida, a compatibilidade das plantacións forestais con outros usos e as posibilidades de satisfacción material e emocional das comunidades (Jasper, 2017), incluídos os modelos de xestión forestal e o tipo de conflitos e respostas diante destes (MareyPérez, DíazVarela e Calvo González, 2014). A integración da cultura nos estudos da acción colectiva serve de ponte coas análises de cambio social, ao recoller significados compartidos baseados na identidade que atravesan as dinámicas da acción colectiva (van Zomeren e Louis, 2017).\nO monte, ademais de prover recursos, contribúe á propia definición das comunidades, no senso en que acolle e sostén os seus xeitos de vivir, as súas tradicións (Stedman, 1999). Traballos previos sobre a percepción da forestación intensiva con especies de medra rápida para o monte galego constataron a súa aceptación xeneralizada e empregaron como variable explicativa para facelo unha variante da identidade: o sentimento de lugar (MartínezCabrera e Rodríguez Rodríguez, 2016). Trátase dun vencello emocional, de pertenza aos lugares, e que se compón de dúas dimensións: apego e satisfacción, ambas preditoras da acción colectiva, especialmente cando o apego é alto e a satisfacción baixa, ou á inversa (Stedman, 2002). O estudo para o caso galego constatou a importancia do apego ao monte na identidade das persoas, e unha satisfacción alta polas rendas xeradas e pola facilidade do cultivo das plantacións con eucalipto, apoiando achegas que demostraban empiricamente o vínculo emocional, ou “vocación forestal”, no tipo de xestión forestal practicado polas persoas propietarias (Marey Pérez, Rodríguez Vicente e Crecente Maseda, 2007).\nAínda que as persoas normalmente se senten máis ligadas a lugares non degradados, en ocasións intereses como poden ser os económicos impóñense (Stedman, 2003). A percepción dunha vulnerabilidade persistente, un sentimento de autoeficacia escasa, modelos de gobernanza concretos ou a irreversibilidade de certos cambios son exemplos de mecanismos que desincentivan a acción colectiva (Benford e Snow, 2000; Masterson, Enquvist, Stedman e Tengö, 2019; van der Toorn et al., 2015).\nEste artigo enmárcase dentro do proxecto da tese de doutoramento Calidade de vida e monocultivos forestais: un enfoque interdisciplinar sobre o benestar da poboación no medio rural, e busca definir os mecanismos que conectan extractivismo, abandono e benestar. Supón un avance respecto de esforzos anteriores 2, cuxa información primaria serve de base para a análise presentada a continuación. O obxectivo é probar se estes mecanismos sosteñen a percepción de irreversibilidade sobre o abandono forestal, e como prefiguran unha probabilidade de acción colectiva baixa. Ademais, pretende contribuír a cubrir o baleiro detectado na literatura da Economía e Ecoloxía á hora de medir os danos estruturais que acontecen en institucións sociais que “dependen fundamentalmente das capacidades, valores e recursos das comunidades afectadas” (Pols e Romijin, 2017, p. 498). Ao facelo, preténdese contribuír ao cambio d unhas análises sobre a gobernanza centradas no “lado da oferta” – ou perda da centralidade das institucións públicas tradicionais – por outras focalizadas na “demanda”, ou a capacidade percibida para provocar cambios, defenderse diante de ameazas ou crear rutas alternativas de desenvolvemento (Garud, Kumaraswamy e KarnØe, 2010; Nussbaum, 2011).\nEste traballo aborda un dos problemas demográficos do rural – o abandono – desde unha perspectiva integral, dos significados que se derivan das interaccións entre persoas e medio ambiente. Aplica este marco para avaliar a contribución dos usos do solo á creación de condicións de habitabilidade, un dos principais retos socioeconómicos destas áreas. Parte de que a reproducibilidade da vida precisa da existencia de apropiación, sentimento de autoeficacia ou desexo de permanecer nun lugar entre as comunidades implicadas.\nO artigo presenta un modelo de benestar percibido para a comunidade de persoas dependentes do monte, e captura as dinámicas complexas entre subsistemas sociais e naturais no presente, ademais das súas posibilidades de cambio no futuro. Para artellar as percepcións elabórase un Diagrama de Bucles Causais (Sterman, 2000) e represéntanse procesos de retroalimentación que dificultan a aparición de cambios na relación entre usos do monte e benestar da poboación. O contraste empírico dos procesos explorados neste artigo forma parte da axenda futura de investigación, e permitirá ponderalos e operativizalos axeitadamente.\n2. Métodos\nA investigación presentada foi elaborada por medio de técnicas cualitativas de investigación: 10 entrevistas en profundidade realizáronse a residentes na Mariña lucense entre xullo e agosto de 2016. A escolla deste tipo de técnicas responde ao obxectivo de obter, sobre todo, información exhaustiva e en primeira persoa da cosmovisión (conxunto de explicacións causais aproximadas) sobre a relación co medio ambiente nas zonas arboradas da Mariña lucense, e sobre como as mudanzas na paisaxe forestal afectan a estas comunidades. Seguindo a Teoría Fundamentada, a análise dos datos levouse a cabo por fases, combinando estratexias indutivas e dedutivas. O obxectivo desta aproximación epistemolóxica é a xeración de teorías e relacións causais axustadas ao terreo, ao caso de estudo, que emerxen directamente dos datos dispoñibles e que aseguran que se respecta a diversidade nos resultados (Charmaz, 2005).\nNa elaboración do guión para as entrevistas en profundidade, tivéronse en conta 6 grupos de factores que afectan directamente ás probabilidades de acción colectiva, e que a literatura ten apuntado adoito como significativos. Así, realizouse unha transcrición o máis literal posible das 10 entrevistas, que foron a continuación codificadas e analizadas seguindo 6 ítems ou bloques temáticos: crenzas avaliativas sobre a natureza e o monte na Mariña lucense; historia de vida; apego ao lugar e identidade; satisfacción co lugar; actitudes e probabilidade de comportamento proambiental; e finalmente, expectativas de cambio futuras empregando preguntas para a xeración de escenarios retrospectivos (Vergragt e Quist, 2011).\nDesenvolveuse un modelo conceptual empregando Diagramas de Causalidade Circular (Sterman, 2000), propio da Teoría de Sistemas, para estruturar as percepcións das persoas entrevistadas. As freRevista Galega de Economía 2020, 29 (2), 6909 4 chas nas Figuras 2 e 3 indican que un cambio nunha variable provoca cambios noutra. A dirección da relación, que se indica cun símbolo + ou –, refírese a que, ao aumentar a variable de saída da frecha, a outra aumenta ou mingua máis do que acontecería de non existir o cambio na variable de saída. Unha liña atravesando a frecha suxire que existe un atraso no efecto.\n2.1. Estudo de caso\nA escolla da Mariña luguesa como área para a realización do traballo de campo debeuse ao especialmente intenso proceso de forestación da área (Corbelle e Crecente Maseda, 2014) e ao peso da cadea forestalmadeira dentro da economía local (Instituto Galego de Estatística [IGE], 2013); ao relativo dinamismo económico e demográfico que presenta a Mariña dentro do rural galego; á facilidade de acceso a informantes chave polo previo coñecemento da área; e a que, identitariamente falando, pode considerarse unha unidade á que a poboación segue intensamente vencellada (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural [AGADER], 2011).\n2.2. Participantes\nDez homes e mulleres da Mariña lucense participaron neste estudo. O perfil buscado foi o de persoas recoñecidas nas súas contornas locais como boas coñecedoras do monte, que fixesen distintos tipos de usos deste e que presenciasen as transformacións máis importantes en canto a usos do solo. Así, as persoas entrevistadas socializáronse entre o final da posguerra (anos 50 e 60) e a etapa de desarrollismo franquista (19601972). Contactouse con persoas que foran recomendadas en máis dunha ocasión nas tres bisbarras da Mariña. A cota de xénero nas persoas entrevistadas foi tamén tida en conta. Malia isto, a nosa mostra non é paritaria. Só tres das dez entrevistas realizadas foron con mulleFonte: elaboración propia.\nDurante o recrutamento non se buscaron especificamente persoas que tiveran en propiedade un predio forestal, mais os criterios de busca e as características sociodemográficas da área levaron a conformar unha mostra na que só unha das dez persoas participantes non era propietaria forestal. A distribución xeográfica da mostra pode observarse na Figura 1, cun maior número de entrevistas realizadas na Mariña Oriental froito da técnica de bóla de neve empregada para a preselección de informantes, pero con presenza de casos nas tres bisbarras que compoñen a área de estudo.\n3. Mecanismos\n3.1. Mecanismo 1: utilitarismo na relación entre persoas e monte e extractivismo como progreso\nO eucalipto e as plantacións forestais están amplamente asimiladas á riqueza forestal de Galicia. As persoas participantes amosan unha satisfacción xeral con respecto ao estado do monte, que caracterizan como un eucaliptal na zona de estudo. O monte é entendido, maioritariamente, como un espazo produtivo que tanto na actualidade coma no pasado serve para complementar a economía familiar das persoas propietarias. O mantemento da actividade produtiva é a vía principal de relación co monte.\nO monte e a súa evolución compréndese como un feito significativo da vida das persoas entrevistadas. Na maior parte dos casos, a conexión co monte mantense ao longo de toda a vida, malia ir cambiando. O monte da infancia das persoas entrevistadas (isto é, o dos anos 4060) é descrito como un espazo produtivo, de autoabastecemento para as familias e no que tamén se realizaban traballos por conta allea. Dos traballos tradicionais no monte ocupábanse as clases menos acomodadas. Isto descríbese no bucle R1, ampliado na Figura 2. Así, dado o reducido das súas quendas de corta, os cultivos forestais – primeiro con piñeiro e posteriormente con eucalipto – axudan á produción de rendas no monte, e aprovéitanse de acordo a un sistema sinxelo no que se emprega maquinaria, rachando cuns usos do monte connotados negativamente, propios do pasado (R2):\nAi! os cambios do monte non afectan á xente de aquí, porque era moi escravo. Mira que antes a madeira había que facela con tronzador, e serrar entre dous. Eu teño ido irlle axudar ao home, xa varias veces, e cargala igual á man, que non había p lumas nos tractores nin había…; n in había tractores. Non había nada. Había uns coches cativos que a carretaban, e listo. Así, que de estraño o monte non se bota para nada, porque era moi escravo, moi escravo. Non daba para vivir, non sendo aos que tiñan moito capital.\nA extensión dos monocultivos forestais, favorecidos polo efecto demostración das repoboacións practicadas polo Estado e por outros incentivos máis tarde, aparece relacionada cunha estratexia de maximización da rendibilidade do monte por parte das persoas propietarias forestais. As plantacións multiplícanse nun contexto onde non habería demanda doutro tipo de recursos producidos no monte, onde chegan á zona novas oportunidades de traballo ligadas ao mar, á construción ou a Alcoa, e en que as rendas dispoñibles da poboación son referidas como baixas. A produtividade do eucalipto e a facilidade do seu cultivo axudan, tamén, a explicar a multiplicación destas masas no monte da Mariña lucense. O aproveitamento tradicional do monte é asociado cunhas condicións duras e de pobreza, o que redunda en beneficio da difusión dos monocultivos, tal e como amosa en detalle a Figura 3, impedindo que o monte cumpra outras funcións.\nCon todo, a necesidade destacada que a eucaliptización axuda a satisfacer é a de subsistencia. Isto relaciónase cunha comprensión maioritaria do monte como recurso produtivo, e distribuidor da riqueza, do que amplas capas sociais da Mariña se benefician. As modalidades nas que a plantación de monocultivos satisfán a necesidade de subsistencia foi mudando. Se ben a xestión directa por parte das persoas propietarias era o común, a mecanización da actividade, coa consecuente menor esixencia do factor traballo, novas oportunidades laborais e o cambio nas aspiracións profesionais farían que a xestión forestal se fose externalizando progresivamente.\nA homoxeneización dos usos do solo restrinxe o contacto co monte ao manexo das masas forestais. As plantacións forestais non están, polo xeral, asociadas cos usos recreativos ou ambientais do monte, contribuíndo á perda de contacto con el para a poboación en xeral e reducindo a demanda de funcións non produtivas.\nFronte a esta visión utilitaria, dúas persoas afirman entender o monte como o marco para o contacto coa natureza, para o deleite e como oportunidade para unha conexión orgánica co medio, que algunhas entrevistas apuntan como inalienables da condición humana.\n3.2. Mecanismo 2: o mantemento do uso produtivo do monte como fonte de apego comunitario, hoxe ameazado\nO cultivo do monte con plantacións forestais enténdese como expresión dun modo de vida propio do rural (R8). Malia recoñeceren que o estado do monte cambiou, as persoas entrevistadas subliñan a importancia do monte na súa propia definición. O monte é comprendido como patrimonio, no senso en que atesoura o pasado da Mariña, o modo de vida da poboación. O monte é un medio a través do cal se establecen ligazóns coas xeracións anteriores, continuando a súa obra. O estado do monte e os atributos da paisaxe intégranse na autodefinición e na identificación das persoas entrevistadas, e aparecen nos seus discursos asociados ás interaccións coa comunidade local.\nTodas as funcións do apego ao lugar como trazos identitarios (continuidade, autoestima, autoeficacia e distinción) son sinaladas nas entrevistas, malia que as máis destacadas son a continuidade e a distinción. O coñecemento do monte e o feito de se realizaren traballos directamente nel implican ser da zona, ser da casa ou ser do rural, e achegan continuidade respecto das xeracións pasadas que tamén traballaban o monte e distinción con respecto ás residentes no eido urbano, como reflicte esta cita: “Teño un neto que é moi de aquí, de ir ao monte, de coller o fouciño e darlle...”.\nO manexo de plantacións forestais une as persoas, individualmente, coas comunidades locais onde residen. O coñecemento e a implicación persoal na xestión dos cultivos forestais durante todo o ciclo de crecemento enténdense como sinal de autoeficacia. Relacionado con isto, a produtividade do monte, ligada ás plantacións forestais con especies de medra rápida, enténdese como unha característica distintiva da Mariña. Porén, o modelo de xestión do monte (R3) que se describe no apartado 3.4 facilita que as persoas propietarias compitan entre si, o que vai en detrimento, segundo as entrevistas, da confianza e da cooperación.\nOs rendementos decrecentes das plantacións segundo se suceden as repoboacións fan que as persoas expertas vaticinen un aumento da presión para o acceso a novos terreos. Isto aparece nos discursos asociado ao conflito entre demandas produtivas e non produtivas que se lle fan ao monte, e a mencións a unha identidade negativa do rural fronte ao urbano. Así, o conflito pola definición dos usos do monte entre ecoloxistas e paisanos, tamén referido como un conflito entre residentes no medio rural e no urbano, serve de mecanismo de distinción entre un grupo e outro. Se por unha banda as demandas non produtivas (de lecer, de estima...) se atribúen a necesidades propias das persoas urbanitas, as produtivas relaciónanse coas rurais, cando menos para unha parte das persoas entrevistadas:\nOs ecoloxistas, ecoloxistas de salón, os que discuten e din: “N on, temos que ter todo con carballos, e todo con bosque natural ”. C laro, están dispoñendo do que non é seu, que todos teñan para que el pasee, pero, claro, dirán: “O e, que pasee tu padre, que eu o teño para o que o teño ”. Aí hai... Eu ás veces digo unha frase (que recoñezo que é un pouco cabrona), que é que eu ando todos os días polo monte, pero cando digo todos os días é todos os días. Poño as botas e ando por aí, non? Cando non é co can, é co coche, co Land Rover, con iso, e tal... Pero eu nunca encontro un ecoloxista no monte.\n3.3. Mecanismo 3: unha espiral fatal entre abandono e forestación\nO abandono do rural (R6) baleira estas áreas de persoas en idade activa. Segundo as persoas expertas entrevistadas, o cambio climático, a maior exposición á contaminación, a redución da produtividade das plantacións a medida que se suceden as repoboacións, a progresiva mecanización da actividade silvícola e o proceso de degradación ambiental (R4) asociado aos monocultivos e ás súas quendas provoca que as necesidades de terreo para os cultivos forestais no futuro medren : “Ocupáronse [os terreos con plantacións] polo sistema que fora, porque moita xente marchouse de aquí e... É preferible ter unhas terras a eucaliptos que telas a toxos, porque non van dar absolutamente nada ”.\nE eu dediqueime á madeira, pero comprábanma… D espois, a partir de grande, na Forestal [Patrimonio Forestal do Estado]; que é unha marabilla, unha marabilla. Contrataban por cortar, pagáballes por tonelada e chegaba a fin de mes. Non tiña que estar pendente da nómina da xente, porque iso é moi duro, eh! Hai moitas familias esperando e tes que ter a pasta alí para pagarlles.\nAsí e todo, isto non evitaría que a poboación moza marchase a núcleos de poboación maiores e que os servizos gañasen peso como motor económico na zona. Ao facelo, o aproveitamento que permite un uso produtivo do monte co mínimo esforzo é o eucalipto (R7). Así, de acordo coas entrevistas, o abandono explica a forestación con especies de uso industrial, pero a forestación e a estrutura do sector 3 non evita o abandono dos terreos forestais:\nHai moi pouca xente nova involucrada. É certo que a propiedade está na xente maior. [...] Porque a xestión propia estase perdendo totalmente. A xente marchouse para vilas mai ores e…, o contacto directo co monte o perdeu, creo, inclusive o coñecemento da súa propiedade, unha gran parte. Por tanto, se non vai traballar ao monte está perdendo o contacto total co monte. Entonces, a situación é que si lle pode inter esar o monte como un ben que lle… D esde un punto de vista ecolóxico é importante, se quere vivir na zona. É importante desde o punto de vista económico; pero non de xestión propia, non ten nin que vivir aquí...\nA propagación dunha economía rendeira e cunha xestión externalizada no monte fai que o coñecemento sobre o patrimonio e os recursos naturais deixen de ser precisos para o mantemento da actividade produtiva, de acordo coas persoas expertas. Os baixos coidados requiridos polas plantacións posibilitan que persoas que residen lonxe das súas propiedades poidan ter cultivos con especies de medra rápida. O movemento das xeracións novas cara ás áreas máis dinámicas, urbanas, conduce – segundo as entrevistas – á perda dos vencellos co monte e á desaparición de certos vínculos comunitarios, o que favorece a expansión de posturas fatalistas entre as persoas de maior idade respecto das posibilidades de dinamización do rural no futuro (R5).\nNeste contexto, as persoas participantes consideran que a forestación está ligada a que a perda de poboación aumenta máis do que o faría de seguir igual todo o resto de variables que inflúen na perda de poboación. A nivel micro, o abandono e a non obtención de toda a variedade de beneficios que o monte podería ofrecer, dada a asunción do cultivo de eucaliptos como fórmula maioritaria do seu aproveitamento, relaciónase con razóns de tipo cultural e históricas: non aprecio polo propio, autoestima baixa, ou ben co individualismo atribuído aos galegos e ás galegas.\nDo eucalipto sabemos, efectivamente, que é foráneo. Que indica unha falta de identidade? Si, efectivamente, iso e moitas cousas máis. Eu penso que o pobo galego é un pobo que, digamos, se deixa conquistar facilmente. Dá lle igual quen veña de fóra a poñer aquí…, a plantar.\nA desconfianza entre as persoas propietarias do monte, que as volvería remisas á colaboración e crearía receos respecto da Administración pública (R3), explícase – de acordo coas entrevistas – por unha longa lista de abusos por parte das institucións públicas e dos madeireiros, que aproveitaban, en moitos casos, o baixo nivel cultural ou a necesidade económica da parte propietaria para obteren beneficios ou conseguiren destas persoas cambios de conduta.\nMalia darse na Mariña luguesa cunha menor intensidade que noutras zonas rurais galegas, a falta de oportunidades laborais para as xeracións novas explica tamén o éxodo da poboación en idade activa. Así mesmo, moitos informantes mencionan a existencia dun cambio de valores entre a poboación, que lle daría menos importancia ao coidado e ás tarefas produtivas do día a día. A velocidade dos cambios socioeconómicos acompaña a mudanza de valores, dificulta a adaptación das xeracións máis vellas e o intercambio interxeracional. Percíbese unha desconfianza cara ás xeracións novas por parte das persoas de maior idade, que vai acompañada dunha postura fatalista respecto das posibilidades dun relevo xeracional e polo tanto do benestar do rural, que se prognostica como moi deficiente (R5).\n3.4. Mecanismo 4: un modelo de xestión forestal caduco sobre o cal as persoas perden capacidade de control\nMalia o anterior, os informantes consideran que nin a variedade nos usos do monte nin o incremento da produtividade contribuirán de xeito significativo a frear a perda de poboación do rural, que se agravará:\nO que eu vexo con pesimismo é que, cando se produce un movemento migratorio que colle unha dirección, é dicir, que vai desde o campo, a zona rural, e apunta cara á costa e á zona urbanizada, é moi difícil facer un movemento de retroceso para iso. Como é o movemento? Fins de semana, turismo rural, turismo en certas épocas; pero xa vas experimentar [...] Ti tes a túa vida, o teu traballo, a túa zona de vida, o teu hábitat. Queres ter autovías, queres ter cemento, queres ter espectáculos, queres convivir nunha zona tal... Entonces, é difícil o regreso, non sabes? En Galiza estamos perdendo un pouco o que podíamos chamar o tren rural.\nA xestión do monte, diante da retirada da Administración, recae sobre a vontade particular das persoas propietarias forestais (R3). A estrutura da propiedade da terra, definida como anacrónica, e o desleixamento tanto da Administración como de propietarios/as particulares respecto do ordenamento do territorio supoñen unha barreira á maximización desa necesidade principal de subsistencia que a actividade dos montes satisfai.\nTodo o anterior, sumado a unha estrutura da cadea forestalmadeira, denotada en xeral como pouco xusta e con posicións monopolistas, provoca que as rendas dos cultivos forestais supoñan unha fonte secundaria de ingresos para a maior parte da poboación, ademais de depender de factores que non controlan as persoas pequenas propietarias. Aínda que as visións ideais de futuro son diferentes, as entrevistas apuntan maioritariamente cara á caducidade do modelo actual de aproveitamento do monte:\nEstes galegos de aquí, por que puxeron todo de eucalipto? Porque ti, mires onde mires, todo, todo, todo, sempre é eucalipto. A non ser que sexa unha zona... Non sei, no val, que haxa unhas maciñeiras; todo o demais é eucalipto. E por que? Teñen unha propensión ao eucalipto, ou como é? Non, porque sacan diñeiro; é o máis produtivo, por iso o plantan. Plantan durante dúas ou tres xeracións, eh!, porque despois non vai dar máis. El chupa, toma os seus nutrientes, e despois hai que cambiar de especie, pensar noutra cousa.\nVarios dos significados asociados ao monte son percibidos como ameazados ou mellorables, especialmente aqueles que vencellan o monte coa función social, de lecer e patrimonial. Para aqueles casos nos que o monte era considerado maiormente un recurso produtivo, este non era xulgado como en perigo na actualidade, e as persoas enfocaban as súas suxestións de futuro cara á mellora da produtividade dos cultivos. A concentración parcelaria, a mellora das infraestruturas forestais, a xestión conxunta das explotacións forestais, unha maior transparencia do mercado ou o fomento do asociacionismo entre propietarios e propietarias forestais figuraban entre os cambios que farían posibles as visións de futuro.\nDiante das ameazas percibidas, as persoas entrevistadas amosaban unha boa disposición ao uso múltiple do monte, aínda que con excepcións e sinalando certas condicións para que isto puidera darse. Incluso varias entrevistas sinalan o interese económico que se podería derivar dunha maior multifuncionalidade do monte. A planificación no longo prazo dos usos do monte, a xestión conxunta e un maior ordenamento dos terreos forestais son considerados elementos beneficiosos, independentemente dos significados principais atribuídos ao monte. Estas medidas enténdense como positivas para o monte e para as relacións das persoas con el, reducindo o risco de abandono.\nA respecto da capacidade percibida para provocar un cambio, as entrevistas denotan que o estado do monte está estreitamente ligado ás posibilidades de participación, de involucración na súa xestión. Sobre todo, a estrutura da propiedade da terra favorece – de acordo coas entrevistas – a perda de contacto co monte para amplas capas da poboación, dificultando tamén a interacción nel con outras persoas e creando vías distintas ás tradicionais para a xeración de diversas fórmulas de capital social, como a confianza ou o apego comunitario, condicións necesarias para provocar un cambio.\nPorén, e malia rexistrar o beneficioso dunha diversificación dos usos do monte no 2040 na Mariña, as persoas expertas participantes coincidían no mantemento da importancia relativa das plantacións forestais sobre o conxunto de usos do solo. O cambio de usos do monte e a capacidade de arrastre deste para a dinamización do rural, de poder darse, dependería sobre todo da intervención da Administración pública.\n4. Discusión\n4.1. Bloqueo e reforzo do equilibrio: a percepción de irreversibilidade\nA combinación entre o utilitarismo como vía de vencello principal co monte, a estrutura do sector e a deficiente xestión forestal, ademais do abandono e a combinación entre satisfacción pola obtención de rendas e identidade relacionada co mantemento da actividade produtiva, resulta nunha situación de equilibrio que favorece a intensificación do uso extractivo do monte. Como se observa na Figura 2, existe a percepción xeneralizada de que factores como a demografía, a historia, as condicións socioeconómicas, a identidade ou a gobernanza na área de estudo, e específica para o grupo de persoas propietarias forestais, funcionan como bucles de retroalimentación positivos, con múltiples relacións circulares directas ou mediadas.\nOs resultados confirman a percepción de irreversibilidade sobre as posibilidades de reproducir os modos de vida que satisfán, material e emocionalmente, ás persoas expertas na actualidade, especificamente na súa relación co aproveitamento do monte. Os resultados apuntan cara á existencia dun sistema con dependencia da senda, que resultaría nunha situación de bloqueo (Garud et al., 2010), dificultando a medida que pasa o tempo a aparición de usos alternativos no monte e a capacidade de fixar poboación da actividade.\nVarias relacións circulares concretas son subliñadas directamente nas entrevistas. En primeiro termo, os cultivos forestais enténdense como causa e consecuencia da perda da participación nos usos e ordenamento do monte, propia do pasado. Por unha banda, os cambios na estrutura socioeconómica facilitarían – de acordo coas nosas informantes – a proliferación das plantacións menos esixentes en traballo. Por outra, os eucaliptos, como uso maioritario no monte, afastarían a poboación del, que deixaría de interesarse polo seu estado ao non ter tanto contacto con este. En segundo termo, a perda gradual de vencellos coa comunidade ten unha orixe consensuada: o abandono do rural. O eucalipto é entendido, sobre todo, como unha consecuencia do movemento da poboación cara ás cidades, malia indicarse tamén que pode ser unha causa.\nO recoñecemento da irreversibilidade de certos procesos, como a perda de poboación en idade activa ou o cambio de usos do solo logo de ter acollida unha plantación forestal, está asociado á percepción da perda de capacidade das persoas residentes e propietarias forestais para provocar un cambio na dinámica do rural e á perda de coñecemento directo sobre o territorio, preciso para un aproveitamento multifuncional e para a distribución da riqueza dentro do sector. A contaminación crecente na zona, por influencia de Alcoa ou por outras causas relacionadas coa urbanización das zonas costeiras, é sinalada tamén como unha barreira ao pleno desenvolvemento do potencial produtivo do monte. A conxunción dun sentimento de autoeficacia baixo e a sensación de perda de control sobre os usos do solo, coa capacidade de xerar oportunidades para os estratos poboacionais máis novos leva a que a Administración pública, como garante do benestar da poboación no rural, gañe terreo.\nRespecto da estrutura socioeconómica, a especialización da cadea forestalmadeira e, nas primeiras fases de transformación, a presión polo acceso a novos terreos son referidas como condicionantes tanto dos usos do solo como das posibilidades para a creación de postos de traballo na zona que sexan quen de fixar poboación, especialmente nas áreas do interior.\nO cambio de valores e preferencias entre as capas máis novas da poboación, xunto coa progresiva perda do saber facer e do coñecemento do territorio, ao deixar a actividade aquela parte da poboación con experiencia directa, limita as posibilidades de que os usos maioritarios do solo muden. Con todo, a perda de poboación nas áreas rurais estudadas e mais a baixa demanda do factor traballo, asociada á economía forestal actual baseada no cultivo de especies de medra rápida, levarán á institucionalización da forestación con especies de medra rápida como o uso maioritario do monte, producindo dous fenómenos que se reforzan mutuamente e que darán lugar a un bloqueo. A ampla aceptación deste uso (MartínezCabrera e Rodríguez Rodríguez, 2016) pode considerarse como un indicador da existencia dunha “licenza social para operar” (Prno e Scott Slocombe, 2012), malia ser recoñecida como non óptima en canto á rendibilidade por arredor dun 60% das persoas propietarias forestais, de acordo coas investigacións aplicadas nun dos concellos da nosa área de estudo (Marey Pérez, Rodríguez Vicente e Crecente Maseda, 2007).\nEstes resultados redundan no papel chave do abandono do rural identificado en traballos sobre a relación entre distintos factores socioeconómicos co tipo de manexo forestal practicado nas comunidades de montes veciñais en man común galegas (Marey Pérez et al., 2014). Estes autores apuntan, en liña coas nosas achegas, que o abandono dos terreos e a inexistencia de procesos decisorios sobre o manexo do monte, que sexan quen de integrar a diversidade crecente de demandas realizadas, teñen o risco asociado, de cara ao futuro, de desprazar aquelas motivacións de tipo emocional ou intrínsecas que axudan a explicar o mantemento da actividade forestal entre moitas persoas pequenas propietarias, e nas que o sentimento de lugar se sostén. Nestes casos, as Teorías de Sistemas sitúan, como principal vía para a saída do bloqueo, a obsolescencia do sistema (Sterman, 2000), que definen como aquelas situacións nas que estes deixan de axustarse e de evolucionar á par das tecnoloxías e das estruturas sociais.\n4.2. Capacidades para a acción colectiva presente e futura como indicador de benestar\nAs proxeccións de futuro sobre o benestar das persoas dependentes da actividade forestal ancóranse na percepción actual sobre a baixa capacidade de cambio no estado do monte e sobre as condicións de habitabilidade do rural no futuro, indicadores que recoñecen como fenómenos que se reforzan mutuamente e que crean un equilibrio fráxil. Noutras palabras, a percepción de irreversibilidade actuaría como profecía autocumprida e alicerce do bloqueo. Cimentando esta percepción, tres temas emerxen da análise realizada: o acceso á toma de decisións, as relacións de poder e a xustiza. As tres son variables mediadoras nas accións colectivas (Mannarini, Talò e Gelli, 2014).\nO control percibido, dimensión constitutiva do empoderamento, xunto con variables de tipo contextual como o sentido de pertencer a unha comunidade, o tipo de aspiracións ou o tipo de construción da identidade teñen sido demostrados, tamén, como antecedentes da acción colectiva (van Stekelenburg, Klandermans e van Dijk, 2009). Os nosos resultados van nesta liña e reflicten un sentimento de empoderamento sociopolítico baixo, especialmente de cara ao futuro. As persoas entrevistadas predín a dificultade crecente dunha potencial acción colectiva entre a comunidade de persoas dependentes da industria forestal madeireira. Isto enténdese como causa e consecuencia da perda do sentimento de comunidade, da competencia das xeracións máis novas para seguir mantendo a actividade produtiva do monte e da falta de esperanza en que no futuro as persoas propietarias forestais teñan capacidade para influír nos usos maioritarios do monte (Louis et al., 2016).\nEn concreto, o sentido de control, ou axencia, está estreitamente asociado, no discurso das persoas entrevistadas, á equidade. A equidade, ou a percepción sobre a xustiza distributiva e contextual ligada aos usos do monte, pode comprenderse como unha dimensión fundamental do valor, en sentido amplo, da actividade forestal e dos modos de vida locais que a rodean (McDermott, Mahanty e Schreckenberg, 2013). Se ben na avaliación actual non hai referencias a este respecto, ao referirse aos cambios futuros na estrutura do sector e á dinámica demográfica regresiva estes fenómenos si están asociados á iniquidade, tanto nun plano material (p. ex. rendas derivadas) como no relativo aos significados culturais e comunitarios que os usos do monte ofrecen. Os escenarios do futuro coinciden en apuntar cara a unha substitución do valor local do monte polo seu valor global, definido pola industria, e que crearía inseguridade sobre a provisión de medios de vida da poboación (Ghazoul, Butler, MateoVega e Koh, 2010). A inseguridade percibida no benestar comunitario é indicativa da vulnerabilidade presente, e acompáñase dun discurso sobre a perda de capacidade futura para emprender accións colectivas de defensa dos propios intereses como propietarios e propietarias forestais. O benestar é comprendido como proceso e como característica dun sistema. A Teoría da Identidade Social (Drury e Reicher, 1999) e as da Acción Colectiva (Ostrom, 2010; van Stekelenburg et al., 2011) defenden que a participación en accións colectivas ten consecuencias positivas sobre compoñentes do benestar como o estado de ánimo, a sensación de competencia, a autoeficacia percibida e o empoderamento. A Psicoloxía Comunitaria apoia estas achegas, e demostrou que a relación entre participación e sentido de comunidade, ou entre participación e empoderamento, é circular (Louis et al., 2016), como tamén se constata en traballos que analizan os efectos da organización de procesos participativos entre persoas propietarias forestais para a certificación da súa madeira en Galicia (González Tato et al., 2013). Como direccións futuras para a investigación, cómpre salientar que un dos compoñentes clásicos do control sociopolítico, a concienciación ou a vontade de reunir información sobre a actualidade, non se menciona no discurso das persoas entrevistadas ao avaliar a situación actual. Isto podería ser explicado pola Teoría de Xustificación do Sistema (Jost e van der Toorn, 2012). De acordo con esta teoría, o sentimento de falta de poder e de iniquidade pode favorecer a defensa do statu quo entre os grupos sociais máis negativamente afectados por el. Para o noso caso de estudo, e complementado co prisma do sentimento de lugar e do interese propio, esta teoría da Psicoloxía Política axudaría tamén a explicar por que as persoas entrevistadas non perciben que os significados que asocian ao monte, como o de ser referencia para a construción dunha identidade rural fundada no traballo activo da terra, estean ameazados pola actividade forestal industrial na actualidade, cuxa xestión está maioritariamente externalizada. Interesante, tamén, sería explorar como a percepción de discriminación histórica das persoas propietarias forestais, recollida nas entrevistas, pode asociarse a unha intención de comportamento colectivo menor e predicir descensos nos niveis de benestar subxectivo como resultado da acción colectiva (Foster, 2014). Por último, sería de interese investigar a influencia do conflito crecente entre demandas que se\nlle fan ao monte sobre os procesos e significados que apuntalan o apego comunitario das persoas propietarias forestais, indagando sobre a existencia dun apego de tipo negativo que dificultaría as posibilidades de cooperar con grupos que demandan usos non produtivos. Esta polarización xa foi verificada como freo á consecución dos obxectivos da acción colectiva en distintos ámbitos (Thomas e Louis, 2013), e sería enormemente interesante abordala con deseños de investigación lonxitudinais. 4.3. Implicacións para o deseño de políticas: desenvolvemento e benestar funcional\nA percepción política sobre o que debera pasar no futuro (un uso máis multifuncional do monte pero onde os cultivos forestais xeren maiores rendas) está desacoplada das referencias ao modelo de gobernanza actual do monte. As visións normativas non son viables se as relacións de poder e a toma de decisións seguen funcionando coma no presente. Así, os nosos resultados apoian as aproximacións aos problemas de sostibilidade como problemas de gobernanza (O’Riordan, 2009). A nosa análise sistémica viría a indicar que a sensación de perda de control sobre os recursos locais de cara ao futuro non é anulada por un alto sentimento de lugar, e suxire, pola contra, a súa potencial relación co modelo de gobernanza do monte. Isto é coherente cos estudos recentes sobre coxestión dos recursos naturais ou silvicultura comunitaria a nivel global (Bixler, 2014), e van tamén en liña cos resultados de varios traballos que inclúen casos de estudo galegos. Estes últimos demostran a relación entre valores, ou as percepcións do risco (Cidrás, LoisGonzález e Paül, 2018), modelos de gobernanza\ndo monte e conservación dos recursos naturais.\nFronte ao modelo de gobernanza de laissez faire, que caracteriza a xestión forestal en Galicia, outros como o policéntrico teñen vantaxes tanto no tocante ao proceso coma no relativo aos resultados (Adger e Jordan, 2009). En relación ao proceso, os sistemas policéntricos crean condicións favorables para a emerxencia de institucións locais e a súa evolución, porque favorecen que coñecemento, acción e contextos socioecolóxicos se axusten (Berkes, 2010). Verbo dos resultados, estes arranxos facilitan o mantemento dos medios de vida e os beneficios para a economía local (Wyborn e Bixler, 2013), e adecúanse a un modelo de desenvolvemento humano funcional polo cal as opcións da xente para ser e facer o que valora na vida aumenten. Os nosos resultados amosan que a gobernanza actual do monte facilita a concentración de poder e que esta é percibida como a única alternativa. Tanto na literatura sobre sistemas socioecolóxicos como nos estudos sobre desenvolvemento, a axencia – referida antes como a capacidade de control ou de provocar cambios – é un atributo principal da resiliencia, e funciona tanto de xeito reactivo diante dos cambios como proactivo, ao entenderse como ferramenta para a construción da capacidade para afrontar e modelar as mudanzas (Bousquet et al., 2016; Fischer et al., 2015). A axencia implica capacidade para a mobilización colectiva, que se acciona ben cando existe unha percepción de agravio ou inxustiza, ben cando se quere salvar a distancia entre unha situación actual e unha ideal.\nOs nosos resultados non reflicten unha percepción actual de inxustiza ou agravio, que si son habituais nas proxeccións de futuro. Esta cuestión debera ser analizada en traballos futuros para determinar os motivos desa diferenza. En todo caso, o utilitarismo, entendido como cultura da natureza ou sistema de valores, determina a medida en que o funcionamento do sistema – representado na Figura 2 neste traballo – é percibido como inxusto, salientando a importancia de considerar os valores dos distintos grupos sociais no deseño de políticas que aspiren a ser aceptadas socialmente e a contribuír ao desenvolvemento humano, respectando e promovendo aspiracións diversas e en conflito. Ademais, conteñen evidencia dun tipo de resiliencia reactiva, mais non ocorre o mesmo para o tipo de resiliencia proactiva.\nDiante da progresiva complexidade do medio rural na Galicia actual, na cal o monte terá un papel protagonista, non caben solucións homoxéneas. Cada territorio ten de buscar fórmulas propias conforme aos seus recursos e posibilidades, e deberá, de acordo con López Iglesias (2012, p. 137), ter en conta actividades, axentes locais fronte a foráneos, consecuencias sobre a poboación local e o papel do sector público. O desenvolvemento do sentimento de comunidade, a construción inclusiva de identidades ou a consideración dos valores que filtran a percepción da realidade e inflúen na nosa definición de benestar funcional son fundamentais para que a posibilidade da imposición de dinámicas que comprometan os modos de vida locais e a sostibilidade presente e futura dos distintos territorios sexa evitada con políticas eficaces.\nA gobernanza policéntrica e multinivel ofrece un marco integrador para entender problemas complexos, para a interacción entre sistemas sociais e naturais, e para eliminar ineficacias. Como ferramenta de deseño de políticas, pode facilitar a superación de retos relacionados coa acción colectiva, ao axudar á escolla do nivel correcto de implementación (Wyborn e Bixler, 2013). Este traballo pretende ser un paso na representación do papel das percepcións nun modelo de gobernanza multinivel para as comunidades dependentes do monte, que debera desenvolverse en profundidade en investigacións futuras.\n5. Conclusións\nEste traballo demostra que abandono, extractivismo (forestación) e utilitarismo son fenómenos complementarios cuxas interaccións sosteñen unha percepción de irreversibilidade sobre o benestar do rural e das comunidades dependentes da actividade forestal. O reforzo mutuo entre os tres crea unha inseguridade sobre a provisión de medios de vida da poboación local no futuro, tanto materiais como emocionais, ademais dunha probabilidade de acción colectiva baixa. Entre os mecanismos que os conectan, identificados por este artigo, atopamos o sentimento de lugar, a sensación de perda de capacidade de control ou axencia, o apego comunitario, a construción negativa de identidades, a avaliación sobre a xustiza, ou a gobernanza. Estas variables sociais contribúen á creación dunha dependencia da senda e ao bloqueo, teñen unha natureza independente e son dimensións constitutivas dunha situación de dano estrutural sobre as institucións sociais.\nVarias implicacións para a diagnose actual e o deseño de políticas para a creación de condicións de vida aceptables no rural poden derivarse deste traballo:\n4º. Do estudo derívase o paradoxo de que, sendo a capacidade de axencia reducida, e en ausencia dun colapso do sistema produtivo, este só cambiará diante dun shock ou intervención externa, como pode ser a do sector público, responsable directo da creación do sistema de incentivos para que as plantacións industriais se espallaran como uso do solo en Galicia.\n5º. A contribución metodolóxica consiste en que o recurso a ferramentas propias da Teoría de Sistemas permite identificar, desconstruír e avaliar o impacto de procesos caracterizados como irreversibles. Estas ferramentas facilitaron o achegamento ao benestar presente e futuro a través dunha cosmovisión conxunta.\n6º. A incorporación das visións retrospectivas de futuro e o prisma do benestar funcional no deseño de investigación conectan a diagnose actual co prognóstico futuro e coa axencia, salvando distancias entre as dúas, o que nos permite achegarnos a un tempo a dimensións estáticas e dinámicas da interacción entre persoas e monte.\nRelacionado con todo o anterior, e nun plano teórico, os resultados obtidos confirman unha comprensión do benestar entre as persoas entrevistadas como característica dun sistema (na actualidade en termos de satisfacción, identidade ou empoderamento) e como proceso dinámico (cara ao futuro e relacionado coa capacidade de provocar cambios a través da acción colectiva). Este operativo encaixa cos marcos de análise dos estudos da resiliencia, da gobernanza policéntrica ou dos sistemas socioecolóxicos, e considerámolo prometedor como vía para o diálogo interdisciplinar e para a acumulación de evidencias sobre o papel das variables sociais na sostibilidade.\nCon todo, se ben neste traballo buscamos patróns que permitiron a elaboración dunha única cosmovisión, sería interesante complementala cunha análise sobre como esta varía, incluíndo unha maior diversidade de persoas entrevistadas. A ampliación do tamaño da mostra en traballos futuros permitirá identificar empiricamente os mecanismos explorados neste artigo, operar coas variables e coas súas relacións, e ponderalas mediante procedementos estatísticos. Finalmente, o estudo pormenorizado da axencia podería estender a comprensión sobre a relación entre benestar, percepcións e acción colectiva."} {"summary": "A capacitación ou competencia financeira dos individuos, resultado da combinación da súa cultura financeira e da oportunidade de acceder aos produtos financeiros, supón un reto nas sociedades actuais e, particularmente, para certos colectivos de poboación como a xeración millennial. Por esta razón, é importante coñecer a competencia financeira dos millennials e constatar se existen diferenzas con respecto ás xeracións predecesoras. Tras a revisión da literatura, a análise empírica baséase nunha mostra de datos extraída da Enquisa de Competencias Financeiras (ECF). A mostra está conformada por unhas 6.852 persoas non xubiladas menores de 65 anos, das cales aproximadamente un 34% son millennials, e sobre elas aplicaranse senllas análises estatísticodescritivas e econométricas.\nA evidencia empírica suxire que a capacidade financeira dos individuos está máis condicionada pola súa cultura financeira que polas súas oportunidades de acceso a produtos financeiros. Con todo, a inclusión financeira relaciónase en maior medida cos comportamentos financeiros dos enquisados. Esta relación é clara, con independencia da cohorte xeracional analizada, no atraso en pagos, no mantemento de fondos de emerxencia e no horizonte de planificación financeira. Tamén se detecta que a relación que manteñen algúns comportamentos coa capacitación financeira é máis similar entre os millennials adultos e os non millennials, que cando se compara aos primeiros cos seus conxéneres. Esta investigación contribúe á literatura financeira existente a través da análise da competencia financeira da xeración millennial en España e de como esta inflúe no seu comportamento financeiro. Neste sentido, o traballo achega evidencias empíricas a un campo de estudo no que apenas existen investigacións que vaian máis aló das análises centradas en contextos anglosaxóns.", "text": "Revista Galega de Economía 2020, 29 (3), 7045 ISSNe 22555951 http://dx.doi.org/10.15304/rge.29.3.7045 1 © 2020 Universidade de Santiago de Compostela. This is an open access article distributed under the terms of the Creative Commons AttributionNonComercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BYNC-ND 4.0) License.\nARTIGO\nOPEN ACCESS\nCapacitación e comportamento financeiro da xeración millennial en España\n Cultura financeira / Inclusión financeira / Competencia financeira / Millennials / España.\nFinancial capability and financial behaviour of the millennial generation in Spain\nJEL Codes: G31, G32, G40. * Correspondencia autora: sandra.castro@usc.es\n1. Introdución\nNun contorno no que a complexidade das finanzas en xeral (RodríguezCastellanos, 2019), e dos produtos financeiros en particular, non deixou de crecer nas últimas décadas (Klapper, Lusardi e van Oudheusden, 2015), dispor dunha boa cultura financeira é cada vez máis necesario. Non obstante, segundo a última enquisa de S&P Global FinLit Survey, elaborada polo Global Financial Literacy Excellence Center (2020), en España soamente o 49% da súa poboación adulta ten unha cultura financeira aceptable. Así mesmo, os nosos mozos de 15 anos obteñen unha menor puntuación en competencia financeira que a media dos países OCDE, segundo se recolle no informe PISA nas súas edicións tanto de 2012 como de 2015 (Organisation for Economic Cooperation and Development [OECD], 2013, 2016). Agora ben, como sinala Sherraden (2013), o feito de ter unha boa cultura financeira, por si mesmo, non garante un comportamento financeiro óptimo por parte dos individuos, senón que este depende tamén das oportunidades que os individuos teñan ao seu alcance. Así, é a combinación de ambos os aspectos – isto é, coñecemento e oportunidade – o que se denomina capacitación ou competencia financeira (Friedline e West, 2016; Sherraden, 2013).\nNo contexto actual, condicionado polas secuelas que traerá a incerteza económica desencadeada pola pandemia COVID19, a falta de competencia financeira resulta máis preocupante entre os millennials. Esta xeración, conformada por aqueles nados entre os anos 1980 e 2000, incorporouse ao mercado laboral nun contexto económico marcado pola Gran Recesión e as súas consecuencias, entre as que se atopan unha diminución de oportunidades e unha maior precariedade laboral (Cutler, 2015; Kim, Anderson e Seay, 2019; McLendon, 2016). Neste sentido, este cúmulo de dificultosas circunstancias propicia un panorama complexo que aboca á xeración millennial a tomar decisións nun contexto de enorme incerteza (Cramer, 2014). Aínda que abundan os traballos que teñen como obxecto de estudo o nivel de competencia financeira en si mesma, en particular referidos aos novos estudantes de 15 anos por mor da información contida nos informes PISA, apenas existen estudos que exploren como a dita competencia se relaciona cos comportamentos financeiros das persoas. A escaseza de traballos que estuden este tema non reside tanto no desinterese por analizar este grupo de individuos como na falta de datos sólidos para contrastar as hipóteses, dado que as bases de datos que permiten obter unha mostra representativa da xeración millennial non estiveron dispoñibles ata hai relativamente pouco tempo.\nNeste sentido, os obxectivos da presente investigación resúmense en tres: (1) coñecer a competencia financeira dos millennials españois, distinguindo entre millennials novos (nacidos entre os anos 1990 e 1998) e millennials adultos (nacidos entre 1980 e 1989), pois, aínda que pertencen á mesma xeración, poden atoparse en etapas da súa vida moi diferentes que condicionan totalmente o seu ciclo de vida financeiro; (2) explorar como esa competencia interactúa coas súas actitudes e comportamentos financeiros; e (3) comprobar se a dita relación difire no caso das xeracións predecesoras. Para iso, esta investigación analiza unha mostra de 6.852 persoas non xubiladas menores de 65 anos que foi extraída da Enquisa de Competencias Financeiras (ECF).\nTras esta introdución, o segundo epígrafe continúa coa revisión da literatura máis recente, e o terceiro e cuarto epígrafes resérvanse para a presentación da metodoloxía e dos resultados empíricos, respectivamente. Finalmente, o quinto epígrafe remata coa síntese das principais conclusións do traballo.\n2. Revisión da literatura: millennials e competencia financeira\nOs millennials son individuos que viviron a súa infancia e adolescencia nun ambiente de expansión económica truncado pola Gran Recesión iniciada no ano 2008 (Cutler, 2015). A partir de entón, o contexto económico no que se incorporaron ao mercado laboral provocou que esta xeración teña unha menor renda dispoñible que as xeracións precedentes á súa mesma idade (Campos, 2019). Así mesmo, as súas expectativas vitais e a súa forma de entender a vida provocan que esta xeración aforre menos\n3 que as xeracións anteriores (FernándezLópez, VivelBúa, ReyAres e SixtoPuente, 2020). Os millennials aforran pouco con vistas á súa xubilación (Mottola, 2014; Yao e Cheng, 2017), pois consideran que aínda lles queda moito tempo antes de abandonar o mercado laboral (Foster, Ng e Wee, 2015). Igualmente, a desconfianza que lles inspiran as institucións financeiras polo seu papel na crise económica iniciada no ano 2008 (Lövgren e Magnusson, 2016) tampouco non favorece o seu aforro.\nAdemais, aínda que a xeración millennial adoita ter menos produtos financeiros que as xeracións predecesoras, asume maiores custos no seu uso. É o caso da posesión de cartóns de crédito. Aínda que os millennials posúen unha porcentaxe inferior, tenden a exceder os límites de dispoñibilidade, a atrasar pagos ou a sacar diñeiro por adiantado (Mottola, 2014). Igualmente, están altamente endebedados en termos de préstamos a longo prazo. Pola súa curta idade, manteñen menos préstamos hipotecarios que as xeracións previas (de Bassa, Lusardi e Yakoboski, 2014), pero máis préstamos estudiantís (CornejoSaavedra, UmañaHermosilla, Guíñez Cabrera, MuñozSilva e MardonesLagos, 2017). Como resultado do anterior, esta xeración vese abocada a un menor aforro do que podían realizar outras (Cramer, 2014).\nIsto tamén pode responder a unha serie de actitudes que definen a esta xeración do milenio, que tende a exhibir comportamentos financeiros máis preocupantes que os que, á seu mesma idade, mostraban as xeracións precedentes (Kim et al., 2019; Mottola, 2014). A modo de exemplo, aínda que están preocupados pola complexidade da situación financeira á que se enfrontan, son reticentes a buscar asesoramento financeiro profesional (de Bassa et al., 2014).\nNeste contexto económico e financeiro tan complexo, a formación dos mozos en cuestións financeiras foi unha das intervencións básicas que desde as Administracións se levaron a cabo para axudarlles a evitar comportamentos financeiros perigosos (Lusardi e Mitchel, 2014). Klapper et al. (2015) definen a cultura financeira como a habilidade para entender os conceptos financeiros esenciais que permitan tomar decisións adecuadas no relativo ao aforro, ao investimento ou ao financiamento. Por tanto, tal e como apuntan Hastings, Madrian e Skimmyhorn (2013), a cultura financeira esixe certo tipo de coñecementos (por exemplo, conceptos ou produtos financeiros), combinados con determinadas habilidades (como o cálculo numérico) e actitudes (por exemplo, a capacidade de planificación a longo prazo). Nesta mesma liña, articúlase a definición de alfabetización financeira utilizada nos informes PISA (Ministerio de Educación, Cultura y Deporte [MECD], 2014).\nNo entanto, a educación financeira por si soa pode resultar insuficiente para impulsar comportamentos financeiros positivos nos individuos, especialmente nos millennials que, ata a recente crise provocada pola pandemia COVID19, e desde a Gran Recesión, se enfrontaron a unhas condicións macroeconómicas desfavorables (Friedline e West, 2016) en que se viron obrigados a tomar decisións financeiras que marcarán boa parte da súa vida. En particular, Cole, Paulson e Shastry (2016) demostran que cursar educación financeira non inflúe significativamente en comportamentos como a acumulación de activos ou a xestión do crédito. Por iso, recentemente algúns investigadores suxeriron a necesidade de combinar os coñecementos financeiros coa inclusión financeira, co fin de mellorar a toma de decisións dos individuos (Friedline e West, 2016; Sherraden, 2013) ou a propia alfabetización financeira (MorenoHerrero, SalasVelasco e SánchezCampillo, 2018a, 2018b). A inclusión financeira condiciona a oportunidade das persoas de acceder a aqueles produtos ou servizos financeiros acordes coas súas necesidades. Segundo Anderloni, Bayot, Bledowski, IwaniczDrozdowska e Kempson (2008), esa oportunidade é un aspecto determinante na vida social e económica do individuo, que inflúe de forma notoria na súa inclusión ou exclusión social.\nA combinación de ambos os factores – cultura financeira e inclusión financeira – dá lugar á competencia ou capacitación financeira dos individuos (Friedline e West, 2016; Sherraden, 2013), que os levará a tomar mellores decisións na medida en que posúan os coñecementos necesarios para iso (cultura financeira) e a oportunidade de aplicalos (inclusión financeira) (Friedline e West, 2016; Sherraden, 2013).\nNa literatura existente non son poucos os traballos que evidencian unha menor cultura financeira dos mozos (Lusardi e Mitchell, 2007; Shim, Barber, Card, Xiao e Serido, 2010). No caso particular da xeración millennial, este resultado repítese. Os millennials adoitan presentar menores coñecementos financeiros que as xeracións anteriores (CornejoSaavedra et al., 2017; Kim et al., 2019; Mottola, 2014) e, en cambio, tenden a autoavaliar os devanditos coñecementos de forma máis elevada (de Bassa et al., 2014; Kim et al., 2019).\nTamén abundan os estudos que analizan a competencia financeira dos adolescentes por mor da súa avaliación a través dos informes PISA a partir do ano 2012. En xeral, estes traballos céntranse nos factores que poden incidir nesa competencia financeira; é dicir, a competencia financeira é a variable dependente. Así, MorenoHerrero et al. (2018b) atopan que os estudantes dos países cuxos sistemas educativos presentan unha maior calidade na formación matemática e científica teñen un maior nivel de alfabetización financeira. Do mesmo xeito, cando os pais falan con eles sobre temas relacionados co diñeiro, a súa alfabetización financeira mellora (MorenoHerrero et al., 2018b). Igualmente, o uso ou a exposición a produtos financeiros, como unha conta bancaria ou un cartón de débito de prepagamento, aumenta o coñecemento financeiro dos estudantes (MorenoHerrero et al., 2018a, 2018b). Tamén o desenvolvemento das habilidades matemáticas ou o nivel educativo da familia, en particular o da nai, exercen un papel mediador na evolución das competencias financeiras dos novos españois (Mancebón, Ximénez ‐ de ‐ Embún, Mediavilla e Gómez ‐ Sancho, 2019). Pola súa banda, Cordero e Pedraja (2019) recomendan a inclusión da educación financeira non como materia en si mesma, senón transversalmente, incorporándoa noutras materias para, deste xeito, mellorar a adquisición de coñecementos financeiros por parte dos adolescentes. Pola contra, Molina, Marcenaro e Martín (2015) detectan que aqueles sistemas educativos que articularon unha materia separada para a impartición da educación financeira obteñen un impacto relevante sobre o grao de desenvolvemento desta competencia entre os seus adolescentes.\nEn contraste coa literatura mencionada, apenas existen traballos que exploren os comportamentos financeiros dos millennials e a súa relación coa competencia financeira ou, de forma separada, coa cultura e inclusión financeiras. De feito, ata onde sabemos, o traballo de Friedline e West (2016) é o único que abordou o tema. En concreto, as autoras analizan como a competencia financeira dos millennials se relaciona con diferentes aspectos financeiros, tales como a fraxilidade financeira; a retención de aforros de emerxencia; o uso de instrumentos financeiros alternativos, como os payday loans 1 ; a posesión de débeda; ou a satisfacción financeira xeral. Os resultados constatan que os millennials “financ eiramente competentes”, comparados co resto das categorías (a saber: “financ ei ramente incluídos”, “fi‐ nancei ramente formados” e “financ ei ramente excluídos”), teñen maiores probabilidades de posuír fondos de emerxencia e experimentan unha maior satisfacción tocante a aspectos financeiros. Ao mesmo tempo, t eñen menores probabilidades de recorrer a “débedas malas”, de percibir que teñen demasiada carga financeira ou de experimentar fraxilidade financeira. Ademais, mentres a inclusión financeira desempeña un papel significativo en todos os comportamentos, non ocorre así coa cultura financeira, posto que as diferenzas entre os financeiramente formados e os financeiramente excluídos non son significativas á hora de explicar o uso de fontes alternativas de financiamento ou a percepción dunha importante carga financeira.\nPor outro lado, Kim et al. (2019) tamén realizan un estudo centrado nos comportamentos financeiros dos millennials, pero considerando unicamente a influencia da cultura financeira e non a da inclusión financeira. En xeral, os autores conclúen que a cultura financeira obxectiva está positivamente relacionada con bos hábitos financeiros tanto no curto coma no longo prazo, mentres que a cultura financeira subxectiva se mostra unicamente relacionada con estes últimos.\nEn definitiva, como se mencionou anteriormente, neste traballo preténdese: (1) analizar a competencia financeira, tal e como a definen Friedline e West (2016), dos millennials españois, en concreto dos millenials novos e dos millennials adultos; (2) explorar como esa competencia financeira se relaciona coas súas actitudes e comportamentos financeiros; e (3) comprobar se esa relación difire do caso das xeracións predecesoras. Ata onde sabemos, ningún estudo abordou a análise destas posibles relacións para a poboación española.\n3. Metodoloxía\n3.1. Mostra\nA análise empírica deste traballo baséase na Enquisa de Competencias Financeiras (ECF) que, elaborada de maneira conxunta polo Banco de España e pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), ten como propósito analizar os coñecementos financeiros da poboación española con idades comprendidas entre os 18 e os 80 anos. Os datos desta enquisa están referidos aos anos 2016 e 2017, período no que se realizou o traballo de campo a través de enquisas persoais.\nA partir da mostra orixinal, integrada por 8.554 persoas entrevistadas, a mostra de estudo restrinxiuse a aquelas persoas entre 18 e 64 anos que non estivesen xubiladas no momento da entrevista. Iso deu como resultado unha mostra final de 6.852 individuos 2. Para a súa clasificación en grupos de idade utilizouse como referencia o seu ano de nacemento, considerando como millennials a quen nacesen en 1980 ou en anos posteriores, mentres que ao resto se lles cualifico u como “non millennials”. É máis, dentro dos primeiros distinguíronse dous grupos: millennials novos (nacidos entre 1990 e 1998) e millennials adultos (nacidos entre 1980 e 1989), dado que o momento do ciclo de vida no que se atopan pode provocar máis diferenzas dentro desta xeración que con respecto a outras, isto é, ao comparar os millennials adultos (na trintena no momento de realizar a enquisa) con persoas da xeración non millennial. A mostra quedou integrada por un 15, 29% de millennials novos, un 18, 39% de millennials adultos e un 66, 32% de non millennials.\nPara todos os cálculos que se presentan a continuación, usáronse os pesos mostrais proporcionados pola ECF que, unha vez consideradas as “non respostas”, foran axustados para reflectir a estru - tura demográfica – basicamente, sexo, idade e nacionalidade por comunidade autónoma – da poboación española segundo o Censo de 2011 (Banco de España, 2019; Bover, Hospido e Villanueva, 2019).\n3.2. Variables 3.2.1. Variables dependentes\nEste estudo considera como variables dependentes diferentes variables proxy do comportamento financeiro dos individuos. En particular, buscáronse na ECF variables similares ás estudadas por Friedline e West (2016) e Kim et al. (2019), co obxectivo de que os resultados poidan ser, na medida do posible, comparables. Así, utilizáronse as variables recollidas na Táboa 1, algunhas das cales xa eran orixinalmente de natureza dicotómica mentres que outras foron transformadas a partir de variables en formato tipo escala Likert.\nPresupostación 1 Fai no seu fogar unha planificación dos gastos? É dicir, decide periodicamente, por exemplo, que parte da renda do fogar se usa para gastar, aforrar ou pagar recibos.\nFixeime obxectivos financeiros a longo prazo e esfórzome por alcanzalos.\n3.2.2. Variables independentes\nA variable de interese é a competencia ou capacitación financeira que, seguindo a Friedline e West (2016), se crea a partir da combinación de diferentes variables que miden, por un lado, a cultura financeira e, por outro, a inclusión financeira. Así, no que se refire á cultura financeira tivéronse en conta tres cuestións, de forma análoga a Lusardi e Mitchell (2011), relativas aos tipos de xuro, á inflación e á diversificación de riscos (véxase a Táboa 2). A partir das tres cuestións anteriores construíuse unha variable categórica que mide o número de respostas correctas (cultura financeira: 0 ningunha, 1 baixa, 2 media e 3 alta).\nPola súa banda, a inclusión financeira pode considerarse, ata certo punto, un proceso gradual. Por iso, procedeuse a buscar na ECF que cuestións poderían reflectir mellor o devandito proceso e que resultasen similares ás medidas de inclusión expostas por Friedline e West (2016). En concreto, atopáronse as cuestións recollidas na Táboa 2, que permitiron crear tamén unha variable categórica que mide o número de produtos financeiros que a persoa posúe de forma individual ou conxunta (inclusión financeira: 0 baixa, 1 media e 2 alta 3).\nA partir das variables anteriormente descritas, e seguindo o patrón establecido por Friedline e West (2016), creáronse dúas variables distintas de competencia financeira en función do produto financeiro adquirido (contas de aforro e cartóns de crédito) que, á súa vez, teñen dúas variantes en función do nivel de cultura financeira do individuo (ver a Táboa 3). Deste xeito, combináronse as variables de inclusión e cultura financeira para construír un índice que oscila entre 0 e 3, onde o valor 0 fai referencia a aqueles individuos que nin posúen un nivel alto de cultura financeira nin o produto financeiro elixido (conta de aforro/cartón de crédito). Son individuos, na terminoloxía de Friedline e West (2016), “financeiramente excluídos”. Asignaríaselles un valor 1 a aqueles individuos “financeiramente formados” (que acertaron tres preguntas sobre coñecementos f inanceiros); un valor 2 a aqueles individuos que dispoñen do produto financeiro en cuestión, pero fallaron polo menos una das preguntas de cultura financeira –“financeiramente incluídos”– ; e un valor 3 para os que presentan tanto o produto financeiro como coñecementos financeiros altos –individuos “financeiramente capacitados”–. A segunda variante considera financeiramente formados aos individuos que contestaron correctamente dúas das tres cuestións expostas; é dicir, suaviza o filtro referido á cultura financeira.\nTáboa 2. Definición das variables independentes: cultura financeira e inclusión financeira\nDefinición a. Supoña que deposita 100€ nunha conta de aforro cun xuro fixo do 2% anual. Nesa conta non hai comisións nin impostos. Se vostede non fai ningún movemento adicional, unha vez que o xuro lle fose aboado, de canto diñeiro disporá na súa conta despois de 5 anos? [Máis de 110€/Exactamente 110€/Menos de 110€/É imposi ble calculalo cos datos facilitados/Outras respostas]. b. É habitualmente posible reducir o risco de investir no mercado de títulos ao comprar unha ampla variedade destes [Verdadeiro/Falso]. c. Imaxine que 5 irmáns teñen que esperar un ano para obter un importe de 1000€, e\nFonte: elaboración propia.\n3.2.3. Variables de control\nNa Táboa 4 inclúense as variables de control utilizadas na análise. Para iso, seleccionáronse aquelas características sociodemográficas e económicas que a literatura tradicionalmente asociou cos comportamentos financeiros estudados.\nTáboa 4. Definición das variables de control Variable Definición\nVariable dicotómica: (1) se a persoa enquisada convive habitualmente coa súa parella/cónxuxe; (0) en caso contrario.\nVariable dicotómica: (1) se a persoa enquisada convive no seu domicilio cos seus fillos/as menores de 18 anos, ou cos da súa parella/cónxuxe; (0) en caso contrario.\nSituación\n4. Resultados\n4.1. Análise univariante\nA Figura 1 mostra os pesos porcentuais da poboación que presenta as actitudes e os comportamentos financeiros obxecto de estudo, distinguindo tres submostras: millennials novos, millennials adultos e non millennials.\nAsí, os millennials teñen, en xeral, un maior coidado á hora de administrar os seus recursos, pois aproximadamente un 70% recoñece decidir periodicamente que parte da renda do fogar destina a aforrar e a gastar, fronte a un 64% das xeracións precedentes. Dun modo similar compórtase a variable relativa á formulación de obxectivos a longo prazo, sendo este comportamento moito máis habitual nos millennials, especialmente no subgrupo dos máis novos. A diferenza con respecto ao non millennials supera os 15 puntos porcentuais.\nAproximadamente un 30% das tres submostras declara que no último ano os seus gastos correntes superaron os seus ingresos. No entanto, o efecto sobre a percepción do nivel de carga financeira asumida é diferente, ao afirmar unha maior porcentaxe dos non millennials ter un alto nivel de endebedamento. Tamén estes afirman dispor de fondos de emerxencia en maior medida que os millennials. En xeral, a satisfacción financeira é bastante alta (nótese que máis dun 40% de todos os colectivos contestan nas dúas categorías de resposta máis altas da escala).\nAo centrarse especificamente nos millennials, apréciase que os comportamentos dos adultos se parecen máis aos comportamentos dos non millennials que aos dos seus conxéneres máis novos. Dito doutro xeito, a porcentaxe de persoas que dentro da submostra millennials adultos presenta o comportamento analizado está máis próximo á porcentaxe correspondente da submostra non millenials que da de millennials novos. As únicas excepcións danse no exceso de gasto durante o último ano e na satisfacción financeira, onde unha menor proporción de millennials adultos manifestaron sentirse financeiramente satisfeitos en relación ao nivel de satisfacción que refiren tanto os millennials novos coma os non millennials (neste caso, a porcentaxe coincide).\nEn xeral, os datos presentan un comportamento financeiro dos enquisados bastante solvente, cunha posesión de aforros de emerxencia e cunha baixa incidencia de atrasos no pago de débedas. Non obstante, a “xeración do milenio” tende a planificar e administrar máis os seus recursos, posiblemente como resultado da súa maior escaseza relativa, e mostra unha menor dispoñibilidade de fondos de emerxencia. As tendencias apuntadas agrávanse se comparamos aos non millennials cos millennials novos.\nNa Figura 2 móstrase a porcentaxe de individuos en función do número de respostas correctas ás tres preguntas de cultura financeira. Os datos indican un relativamente maior nivel de cultura financeira entre as xeracións precedentes á millennial. Así, a porcentaxe de individuos que non contestan ben ningunha das tres preguntas é máis alta dentro do colectivo millennial (un 16% dos millennials adultos e un 18% dos millennials novos), mentres que a proporción de non millennials respecto da de millennials de ambos os grupos que contestan correctamente as tres cuestións é sensiblemente maior\n(21, 39%). Estes indicadores de cultura financeira da poboación española mostran unha situación máis optimista que a que se deduce doutras enquisas. Así, na súa cuarta edición referida a 2011, a enquisa SHARE 4 mostraba que dos 3.570 participantes españois, só 258 responderan a unha cuestión relativa ao cálculo do nominal e aos xuros dunha conta corrente, e destes, só o 19% o fixera correctamente (PumaresIglesias, FernándezLópez, VivelBúa e ReyAres, 2015). En definitiva, a cultura financeira obxectiva do colectivo millennial tende a ser máis baixa, especialmente se nos centramos nos millennials máis novos. Este resultado coincide parcialmente cos apuntados por CornejoSaavedra et al. (2017), para o caso chileno, e por Kim et al. (2019) e Mottola (2014), para o caso estadounidense.\nA Figura 3 presenta a porcentaxe de individuos que, dentro de cada submostra, conta con algún dos produtos financeiros recollidos na Táboa 3, tratando así de reflectir o seu nivel de inclusión financeira. Pódese concluír que case a metade dos millennials novos non teñen acceso a ningún dos dous produtos financeiros analizados (conta de aforro e cartón de crédito). En cambio, unha porcentaxe bastante similar tanto de millennials adultos como de non millennials, levemente inferior ao 50%, afirma dispor dun dos dous produtos financeiros. Ao contrario, a proporción de non millennials con ambos os produtos (29%) é máis alta que a de millennials adultos, e case o dobre que a de millennials novos. En definitiva, a exclusión financeira, tal e como se definiu, é un problema máis habitual nos millennials, sobre todo nos de menor idade.\nDe maneira similar, procédese a analizar a competencia financeira dos individuos enquisados (Figura 4). É necesario lembrar que as variables de capacitación ou competencia financeira se distinguen polo produto financeiro asociado e polo número de respostas correctas para a variable cultura financeira. A variante “ cultura financeir a alta” esixe que o individuo responda as tres preguntas correcta‐ mente para poder ser clasificado como financei ramente formado ou capacitado. A variante “ cultura financeira media” é menos restritiva e só esixe dúas respostas correctas.\nCon carácter xeral, a menor esixencia de acertos na versión “cultura financeira media” provoca que as porcentaxes de individuos excluídos diminúan, ao esixirse un menor número de respostas correctas, a cambio de notables incrementos nas porcentaxes de individuos financeiramente incluídos.\nA comparación entre os produtos financeiros lévanos a concluír que o cartón de crédito é un produto máis habitual na poboación que as contas de aforro. Nótese que a proporción de individuos financeiramente incluídos ou capacitados é notablemente superior nas figuras inferiores respecto das figuras superiores.\nEn todo caso, a tendencia xeral é que os millennials, e especialmente os máis novos, teñen un menor acceso aos produtos analizados e un menor nivel de cultura financeira verbo dos non millennials. Os millennials adultos, como vén sendo habitual, adoitan estar nun punto intermedio, cun nivel de competencia financeira superior ao dos millennials de menor idade, pero inferior ao dos non millennials.\nPor tanto, e en relación co primeiro dos obxectivos formulados neste traballo, podemos concluír que a competencia financeira das persoas enquisadas, tal e como foi definida, non é moi elevada, con independencia da submostra analizada. Unicamente a maior presenza do cartón de crédito provoca que máis da metade dos millennials adultos e dos non millennials se agrupen nos valores superiores da variable. Con todo, nos demais casos, e sobre todo para os millennials novos, esas porcentaxes son sensiblemente inferiores. Pódese concluír, tamén, que a cultura financeira condiciona a capacitación financeira dos individuos en maior medida que a exclusión financeira. Isto pode ser debido a que no traballo se seleccionaron uns produtos financeiros relativamente estendidos entre a poboación española.\nFinalmente, a Táboa 5 mostra a porcentaxe de poboación que presenta a característica analizada dentro de cada submostra. Aproximadamente a metade das persoas enquisadas son mulleres, con independencia da submostra.\nArredor dun 70% dos millennials adultos e mais dos non millennials estarían nunha situación de emprego, sendo a proporción algo máis alta nos primeiros. O nivel de emprego cae de maneira radical (uns 40 puntos porcentuais) no caso dos millennials novos. Esta diferenza podería explicarse por se atoparen aínda en período de formación (a porcentaxe de millennials novos con estudos superiores, a máis baixa das tres mostras, resulta demasiado baixa, se temos en conta o elevado número de membros do colectivo coa educación secundaria superada). Nesta liña de razoamento, a porcentaxe de millennials adultos con educación superior é notablemente maior que a de non millennials.\nO nivel de ingresos brutos anuais do fogar parece ter unha relación positiva coa maior idade do enquisado. A pesar diso, a ampla maioría dos entrevistados, de calquera colectivo, declaran ter uns ingresos brutos circunscritos ao tramo medio dos tres propostos.\n4.2. Análise multivariante\nNeste apartado preséntanse os resultados das estimacións realizadas para alcanzar o segundo e mais o terceiro obxectivo deste estudo. Dun modo máis específico, os modelos expostos buscan determinar se existe algunha asociación entre as variables referidas á competencia financeira e as actitudes e os comportamentos financeiros dos millennials (novos e adultos), e se esa relación varía no caso do non millennials. As variables dependentes fan referencia a sete comportamentos e actitudes financeiras, e teñen natureza dicotómica. Por iso, é necesario realizar unha estimación alternativa ao Mínimo\nCadrado Ordinario (MCO), optando, neste caso, por regresións probit binomiais.\nEn concreto, tras formular un modelo básico que incluía as variables de control, incorporáronse nun primeiro modelo as variables categóricas cultura financeira e inclusión financeira a fin de comprobar se ambas as variables (por separado) gardaban algunha relación cos comportamentos estudados. A partir dese primeiro modelo definíronse outros catro, substituíndo as variables cultura financeira e inclusión financeira por cada un dos catro proxies de competencia financeira (onde cultura e inclusión financeira se combinan). Estes cinco modelos estimáronse para cada variable dependente (un total de sete) e para as tres submostras (millennials novos, millennials adultos e non millennials), resultando un total de 105 modelos estimados. Pola súa banda, a Táboa 6 resume os resultados obtidos dos modelos estimados con respecto ás variables independentes obxecto de estudo 5.\nTáboa 6. Resumo dos resultados para as variables de competencia financeira por grupo de poboación e comporTáboa 6 (continuación). Resumo dos resultados para as variables de competencia financeira por grupo de poboNotas: A Táboa 6 recolle os resultados, para as variables independentes de interese, que resultaron significativos por < 0, 10. En todos os modelos estimados se inclúen todas as variables de control definidas na Táboa 4. Os pesos mostrais foron utilizados. MN/MA/NM refírense a millennials novos, millennials adultos e non millennials, respectivamente. (+)/(-) indican unha relación positiva ou negativa. Na variable cultura financeira as categorías son: Alta (tres respostas correctas), Media (dúas respostas correctas) e Baixa (unha resposta correcta), sendo a categoría de referencia Ningunha (0 respostas correctas). Na variable inclusión financeira as categorías son: Alta (dous produtos) e Media (un produto), sendo a categoría de referencia Baixa (0 produtos). No resto das variables de competencia financeira as categorías son: Capacitado, Incluído e Formado, sendo a categoría de referencia Excluído. Fonte: elaboración propia.\nAdicionalmente, analizouse a potencial existencia de multicolinearidade nos modelos propostos, utilizando para isto o factor de inflación da varianza (VIF, polas súas siglas en inglés). Estes problemas foron descartados, xa que os valores do factor de inflación da varianza non se afastaban en exceso do valor unitario.\nAs estimacións indican que a variable cultura financeira apenas mostra relacións significativas cos comportamentos estudados (nun 33% dos modelos). Pola súa banda, a variable inclusión financeira garda unha maior relación coas variables dependentes (nun 48% dos modelos). Xa que logo, ambas as variables por separado apenas contribúen a explicar os comportamentos e/ou actitudes financeiras dos enquisados, con independencia do seu rango de idade. Con todo, a combinación de ambas a través das variables de competencia financeira, e en particular da que conxuga contas de aforro e cultura financeira alta, que resultou significativa nun 67% dos modelos estimados, presenta un maior grao de asociación coas actitudes financeiras analizadas. Pola súa vez, as variables de competencia financeira referidas á posesión de cartóns de crédito, un produto máis estendido que as contas de aforro, teñen un menor poder explicativo. A diferenza entrambas radica na inclusión financeira, en lugar de na cultura financeira. Polo tanto, os resultados suxiren, de novo, que a inclusión financeira garda unha maior relación cos comportamentos que o nivel de coñecementos financeiros do individuo. Neste aspecto, os nosos resultados coinciden, en certa medida, cos atopados por Friedline e West (2016).\nOs resultados tamén ofrecen conclusións interesantes cando a comparativa se realiza atendendo ás variables dependentes. Así, hai algúns comportamentos, como a presupostación, e algunhas actitudes, como a satisfacción financeira, que non presentan case relación coas variables independentes obxecto de estudo. Pola contra, estas últimas resultaron significativas nun 80% dos modelos que explicaban o atraso en pagos, nun 73% dos que explicaban a posesión de fondos de emerxencia e nun 67% dos que o facían co horizonte de planificación. En termos xerais, un maior nivel de competencia financeira relaciónase negativamente con incorrer en atrasos en pagos nos últimos doce meses, mentres mantén unha relación positiva co mantemento de fondos de emerxencia para lles facer fronte aos gastos correntes polo menos durante tres meses e con ter un horizonte de planificación financeira a longo prazo.\nFinalmente, a competencia financeira dos individuos tamén resultou significativa en aproximadamente a metade dos modelos que explicaban o exceso de gasto e mais a percepción dunha excesiva carga financeira. Deste xeito, para os millennials novos apréciase unha relación negativa entre a capacitación financeira e incorrer en excesos de gasto; a maior capacitación, menor probabilidade de ter uns ingresos inferiores aos gastos correntes durante o último ano. Esta relación apenas se confirma para as outras dúas submostras. En cambio, no caso dos millennials adultos e dos non millennials constátase unha asociación negativa entre a súa competencia financeira e a percepción de estaren excesivamente endebedados (carga financeira).\nAs conclusións que se poden extraer por cohortes de idade son tamén relevantes. Dos 35 modelos estimados para cada submostra, no 80% dos referidos aos non millennials algunha das variables independentes de interese resultou significativa. Esta porcentaxe redúcese ao 46% e ao 37% dos modelos para o caso dos millennials adultos e novos, respectivamente. Este resultado podería deberse, en parte, a un efecto derivado dos tamaños tan diferentes entre mostras 6. A pesar desta limitación, considérase igualmente que a relación que manteñen algúns comportamentos coa competencia financeira é máis similar entre os millennials adultos e os non millennials (horizonte de planificación, fondos de emerxencia e carga financeira), que cando se comparan aos primeiros cos mozos da súa xeración (millennials novos), por exemplo no exceso de gasto. Isto pode explicarse, dalguna maneira, porque os millennials adultos se atopan nunha etapa do seu ciclo vital onde deben afrontar situacións e decisións financeiras máis semellantes ás do non millennials que ás dos mozos millennials.\nPor último, no tocante aos obxectivos principais deste traballo, os resultados obtidos coinciden parcialmente cos de Friedline e West (2016). Así, nas tres variables dependentes similares estas autoras a topaban que os millennials “financ ei ramente capacitados” é máis probable que teñan unha maior sa‐\ntisfacción financeira e que conten con fondos de emerxencia, e teñan, pola contra, unha menor probabilidade de percibirse excesivamente endebedados. Estes dous últimos resultados replícanse no noso estudo. Con todo, fano só para a mostra de millennials adultos, non atopándose evidencias empíricas suficientes destas relacións para os millennials novos.\nCon respecto ás variables de control, achouse que, excluíndo o subgrupo millennials novos, as mulleres teñen unha maior probabilidade de exporse a obxectivos financeiros a longo prazo (horizonte de planificación) e, dentro dos non millennials, mostran unha maior satisfacción financeira.\nOs modelos tamén constatan que a maior idade dos millennials adultos se relaciona negativamente co establecemento de obxectivos financeiros a longo prazo, e positivamente coa percepción de estar excesivamente endebedados (carga financeira), coincidindo en ambos os aspectos cos non millennials. Curiosamente, entre os millennials novos, a medida que aumenta a súa idade diminúe a súa satisfacción financeira. Con independencia da cohorte xeracional analizada, estar empregado asóciase positivamente coa dispoñibilidade de fondos de emerxencia e coa satisfacción financeira; tamén, no caso dos millennials adultos, cun horizonte de planificación financeira a máis longo prazo. No caso dos millennials novos, reduce a súa probabilidade de mostrar un déficit doméstico (gasto).\nA grandes trazos, os maiores ingresos da unidade familiar exercen os efectos esperables sobre as variables de gasto, atrasos en pagos, carga financeira, fondos de emerxencia e satisfacción financeira, con independencia do grupo de idade analizado.\nAsí mesmo, o maior nivel educativo relaciónase cunha conduta financeira máis solvente, fundamentalmente entre os millennials, cunha maior presenza de fondos de emerxencia especificamente entre os máis novos que, ademais, terán un horizonte de planificación financeira máis longo e unha menor probabilidade de mostrar atrasos en pagos. Por outra banda, e con independencia do grupo de idade, unha maior educación reduce a probabilidade de percibirse excesivamente endebedado.\nA presenza de fillos menores a cargo parece afectar en maior medida aos millennials adultos, que mostrarían un maior déficit doméstico e maiores cargas financeiras. Por outro lado, a convivencia co cónxuxe ou parella apenas se relaciona con ningún comportamento financeiro, con independencia da submostra considerada. No caso dos millennials, relaciónase positivamente cunha maior presupostación (millennials adultos) e con establecer obxectivos financeiros a longo prazo (millennials novos).\nFinalmente, a aversión ao risco parece asociarse negativamente co establecemento de obxectivos financeiros a longo prazo en todos os grupos de idade, relacionándose en maior medida cos comportamentos dos non millennials (positivamente co gasto e negativamente coa posesión de fondos de emerxencia e coa satisfacción financeira).\n5. Conclusións\nNo contexto actual, a capacitación financeira converteuse nun aspecto de gran relevancia para o desenvolvemento económico e social. Esta circunstancia é máis relevante, se cabe, entre a xeración millennial, recentemente incorporada ao mercado laboral e cunhas características moi particulares con respecto ás xeracións anteriores. Por isto, é moi importante explorar como están de preparados e que capacidade teñen os millennials para enfrontarse a un mercado financeiro onde os produtos e as relacións son cada vez máis complexas e no que as decisións han de tomarse nun contexto de volatilidade e complicación financeira nunca antes experimentado. Xa que logo, os principais obxectivos deste traballo foron coñecer a competencia financeira dos millennials españois (obxectivo 1), e explorar como esa capacitación se relaciona coas súas actitudes e comportamentos financeiros (obxectivo 2) en comparación coas xeracións precedentes (obxectivo 3). A fin de alcanzar estes obxectivos, a investigación utilizou unha mostra de 6.852 persoas non xubiladas menores de 65 anos na que o 34% son millennials.\nVerbo do primeiro dos obxectivos, os resultados mostran que os millennials, e en particular os máis novos, teñen un menor acceso aos produtos analizados e un menor nivel de cultura financeira respecto dos non millennials. Como consecuencia, tamén presentan un menor nivel de capacitación financeira, especialmente os millennials novos. Ese nivel de competencia financeira está máis condicionado pola cultura financeira que polos produtos financeiros ao alcance dos individuos. A pesar de que os coñecementos financeiros condicionan en maior medida o nivel de capacitación financeira das persoas, cando esta se relaciona coas actitudes e cos comportamentos financeiros (obxectivo 2), tales comportamentos gardan unha relación maior coa inclusión que coa cultura financeira. Neste sentido, as evidencias obtidas acerca dos potenciais drivers de actitudes e decisións financeiras inclinan a balanza cara aos argumentos baseados no learning by doing suxeridos pola literatura (Moreno-Herrero et al., 2018b). Os nosos resultados non mostraron unha relación significativa entre a competencia financeira e comportamentos e actitudes como a presupostación e a satisfacción financeira. En cambio, aquelas aparecen moi relacionadas cos atrasos en pagos (negativamente) e co mantemento de fondos de emerxencia e horizontes de planificación longos (positivamente). No resto de comportamentos analizados (gasto e carga financeira), a relación coa capacitación financeira vai depender máis do subgrupo de idade considerado.\nAs conclusións que se poden extraer por grupos xeracionais tamén resultan interesantes (obxectivo 3). En xeral, a competencia financeira está máis asociada coas actitudes e comportamentos financeiros dos non millennials. Este resultado podería obedecer, en certo modo, aos tamaños tan diferentes entre mostras. No entanto, tamén se aprecia que a relación que manteñen algúns comportamentos coa capacitación financeira é máis similar entre os millennials adultos e os non millennials (véxase horizonte de planificación, fondos de emerxencia e carga financeira), que cando se comparan os primeiros cos seus conxéneres. Isto é atribuíble a que os millennials adultos se atopan nun período do seu ciclo vital no que han de tomar decisións financeiras máis semellantes ás dos non millennials que ás dos mozos millennials. Neste sentido, percíbese a necesidade de seguir profundando no estudo desta xeración, nas súas características e nos seus comportamentos.\nA principal achega deste traballo, polo tanto, é contribuír con novas evidencias empíricas ao campo de estudo dos comportamentos e competencias financeiras dos millennials, nun contexto sociocultural – o español – non analizado ata este momento. Ademais, dados os distintos ciclos vitais nos que poden atoparse os individuos da xeración millennial, o traballo permite diferenciar comportamentos e competencias entre mozos e adultos millennial. Desta forma, supón unha extensión e/ou contraste dos resultados alcanzados por Friedline e West (2016) na súa investigación realizada no contexto estadounidense, e conforma unha aproximación robusta á análise dos comportamentos financeiros da xeración máis numerosa e que constitúe o núcleo dos mercados actuais. Xa que logo, futuros traballos deberán seguir profundando na devandita análise. Doutra banda, no ámbito da xestión os resultados mostran que as Administracións e os gobernos deben seguir investindo na capacitación financeira da súa poboación, tratando de garantir o acceso aos produtos financeiros óptimos co afán de erradicar e previr “malos hábitos financeiros”.\nPor último, as liñas futuras de traballo parten das principais limitacións atopadas. Estas viran ao redor de dous aspectos: a mostra e a definición das variables. En relación coa mostra, destacariamos a relativamente baixa porcentaxe de millennials que incorpora (ao redor do 34%). Esta proporción é comprensible dentro do obxectivo da ECF, e tendo en conta que o seu proceso de mostraxe se axusta á distribución da poboación española, pero resulta escasa cando se pretende pór o foco de estudo nos millennials. En futuros estudos deberíase contar cunha mostra maior ou, cando menos, con submostras máis equilibradas, aínda que, como se referiu ao comezo deste traballo, as bases de datos con información sobre millennials foron ata o momento limitadas. Ademais, sería interesante dispor de datos para máis anos de cara a establecer tendencias temporais nos resultados. Neste sentido, os datos foron obtidos entre finais do ano 2016 e o 2017, pero sería desexable contar con datos actualizados para ver a influencia da segunda gran crise que afecta aos millennials no que vai de século (a da COVID19).\nEn relación coa definición das variables, traballamos fundamentalmente con variables categóricas que se construíron a partir dos datos dispoñibles e seguindo o patrón de Friedline e West (2016) adaptado á realidade española. Con todo, en futuros traballos sería desexable moverse cara a unha variable continua, tal e como sucede con aquelas puntuacións que miden a competencia financeira dos estudantes de 15 anos nos informes PISA. Outra cuestión que cómpre analizar en profundidade en futuras ampliacións desta investigación é a posible endoxeneidade da variable cultura financeira con outras variables contidas no estudo, e en particular coa propia inclusión financeira, tal e como refiren van Rooij, Lusardi e Alessie (2012) no seu\nestudo dos determinantes da planificación para a xubilación.\nBibliografía"} {"summary": "Neste traballo faise un percorrido polas traducións, versións e adaptacións que, dende a década dos anos oitenta e ata a actualidade, se fixeron á lingua galega da obra de Lewis Carroll, Alice’s Adventures in Wonderland. Despois dun breve repaso aos condicionamentos sociopolítico-culturais que sufriu o sistema literario infantil e xuvenil galego, explícanse algunhas das principais vías seguidas pola tradución á lingua galega, con especial atención ao tratamento dos clásicos universais. Por último, revísase con máis detalle as características das edicións publicadas en lingua galega deste clásico universal.", "text": "LER OS CLÁSICOS: ALICIA EN LINGUA GALEGA\nDATA DE RECEPCIÓN: 15/09/2020\nLEER LOS CLÁSICOS: ALICIA EN LENGUA GALLEGA\nDATA DE ACEPTACIÓN: 15/11/2020\nREAD THE CLASSICS: ALICE IN GALICIAN LANGUAGE\n : tradución, clásico, Carroll, lingua galega. Resumen: En este trabajo se realiza un recorrido por las traducciones, versiones y adaptaciones que, desde la\nMociñoGonzález, Isabel e Roig Rechou, BlancaAna (2020). “ Ler os clásicos: Alicia en lingua galega ”.\n1. Introdución\nAlice’s Adventures in Wonderland, a obra máis universal de Lewis Carroll (Charles Lutwidge Dodgon, Daresbury, Cheshire, 1832Guildford, 1898), foi traducida por primeira vez á lingua galega a inicios dos anos oitenta do século XX, coincidindo co período de consolidación do sistema literario infantil e xuvenil. Dende entón coñeceu diferentes traducións, adaptacións e versións nesta lingua meta, polo que é de interese observar o momento no que se produciu a transferencia, a forma en como se incorporou a este sistema literario e a fortuna da obra dentro del, pois estas estratexias poden explicar algunha das vías seguidas na incorporación de modelos e novas opcións ao repertorio literario, así como a súa contribución ao reforzo, lexitimación e autosuficiencia deste fronte ao sistema central, o castelán. Non esquezamos que a transferencia é un dos recursos dos sistemas emerxentes 1 para acumular unha reserva importante de elementos que contribúan á súa estabilidade, a chamada lei de proliferación (EvenZohar, 1978: 43; 2008), dado que a través das obras estranxeiras se van introducindo características que antes non existían no sistema de chegada e asumindo funcións ausentes nesa cultura, de aí que a literatura traducida veña cubrir a necesidade dunha literatura nova que ten que poñer a súa lingua a funcionar na maior cantidade posíbel de xéneros literarios para facela útil para os seus usuarios (EvenZohar, 1996: 61). É por iso que, tal como apunta Antón Figueroa (2003: 64), o estudo deste intercambio interliterario e a súa incidencia na historia literaria de cada cultura presupón instrumentos metodolóxicos que explican a complexa rede de relacións entre o estado do sistema doméstico e a esencia da actividade da transferencia, ao tempo que desvela as relacións entre o poder e o mercado. Por outra parte, tal como sinala Gideon Toury (1995), a tradución está suxeita a limitacións nas que non só inflúen as características do texto ou das linguas coas que se traballa, senón que os factores socioculturais afectan ás estratexias adoptadas polos tradutores e, como consecuencia, ao resultado final. Abordar a evolución da tradución no sistema literario infantil e xuvenil galego implica referirse a unhas circunstancias históricosocio-políticoeconómicas pouco favorábeis (Roig, 2015; Luna Alonso, Fernández Rodríguez, Galanes Santos e Montero Küpper, 2015) que determinaron a carencia de instrumentos de lexitimación e arrastraron durante tempo uns condicionamentos propios 2. Aínda así, a tradución de Literatura Infantil e Xuvenil (a partir de agora LIX) á lingua galega representa o 70% do volume da importación entre 1981 e 2011, tal como revela a base de datos da\nBiblioteca da Tradución Galega (BITRAGA), o que evidencia a súa relevancia dentro do sistema literario.\n2. Tradución e LIX galega: condicionantes e primeiros pasos\nComo se ten posto de manifesto en numerosos traballos críticos sobre as traducións ao sistema literario infantil e xuvenil galego (Domínguez, 2008a, 2008b, 2008c, 2012a: 121136; 2012b: 113127; Mociño e Agrelo, 2008; Agrelo e Mociño, 2010; Fernández Rodríguez 2010: 93107; Bendoiro, 2012: 3951; Roig Rechou, 2015; Luna Alonso, Fernández Rodríguez, Galanes Santos e Montero Küpper, 2015; Luna, 2017), foi na década dos anos oitenta do século XX cando a tradución adquiriu máis pulo 3 e contribuíu ao asentamento e posterior consolidación deste sistema literario, que comezou a contar cunha produción regular de obras pensadas para os máis novos. Isto concorda co apuntado por BlancaAna Roig Rechou (2005: 141), quen afirma que des pois dunha etapa de “transición” na década dos anos sesenta, o sistema literario infantil e xuvenil pasou por un “afianzamento” na década dos anos setenta e comezou a “consolidación” na dos oitenta, momento no que a lingua galega foi adquirindo unha dimensión social e pública cada vez maior, amparada na Constitución Española e nas leis dela derivadas, fundamentalmente a Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia (BOE 101, de 28 de abril de 1981); e, sobre todo, a promulgación da Lei de Normalización Lingüística (3/1983, de 15 de xuño, Parlamento de Galicia, DOG, 14 de xullo de 1983), que oficializaron a lingua galega nos ámbitos administrativos e educativos, aínda que as condicións sociopolíticas mantiñan un mercado no que os resultados eran froito máis dun compromiso intelectual e político ca puramente empresarial.\nÁ vista da evolución da tradución á lingua galega dende outros sistemas literarios que se pode seguir en Roig (19952018) ou ata 2008 en Roig, Domínguez e Mociño (2008), as principais vías seguidas pola importación ao sistema literario infantil e xuvenil, tal como se recolle con detalle en Roig (2015) e Mociño (2015), son as seguintes:\n- as coedicións, recurso co que se iniciou a importación de LIX en Galicia e que permitiu ás editoras ofrecer produtos cuxos custos non lle eran asumíbeis, aínda que resultaban imprescindíbeis para a formación do lectorado na lingua propia, a defensa da cultura e, sobre todo, para a normalización lingüística. Esta estratexia desembocou nunha complexa rede de relacións que deu como froito multiedicións de consorcios editoriais que publicaron, simultaneamente, obras para a primeira infancia en todas as linguas do estado, froito máis do interese por reducir gastos ca por unha verdadeira planificación (Domínguez, 2012: 132); - as autotraducións, que proliferaron nas etapas iniciais de configuración do sistema literario, cuxos protagonistas foron autoras e autores que, condicionados por unhas circunstancias históricoculturais marcadas pola ditadura, comezaran a escribir na lingua central pero que, posteriormente, arrastrados polos cambios sociais e as demandas de colectivos comprometidos coa cultura, verteron as súas obras á lingua galega para contribuír á normalización lingüística e literaria; - as traducións de clásicos universais, como a obra que nos ocupa, que representan unha estratexia de carácter ideolóxico e políticoliterario, aínda que cuestionada para a autonomía da lingua meta se se prolonga no tempo (Galanes, 2010), a cal fornece o sistema cun corpus de títulos canónicos que teñen unha dobre función: a literaria e a cultural, ao exercer o corpus traducido un papel de reforzo de novos modelos literarios polo prestixio do sistema de orixe; - e as traducións de autores contemporáneos, vía que representa o maior peso cuantitativo da produción traducida, a cal pasou de se centrar no intercambio entre sistemas do marco ibérico nos anos oitenta e noventa, a experimentar importantes cambios nos primeiros anos do o século XXI, entre outras razóns pola incorporación ao mercado de editoriais que adoptaron estratexias diferentes na importación de LIX, como Kalandraka, OQO Editora, Lata de Sal ou El Patito Editorial, entre outras moitas, contribuíndo á renovación do discurso e tamén dos formatos, aínda que o aumento anual de traducións non significa necesariamente o mesmo nivel de calidade literaria, que nalgúns casos é cuestionábel (Mociño, 2015).\n3. Os clásicos universais na LIX galega\nA tradución de autores considerados clásicos da literatura universal á lingua galega para o público infantil e xuvenil comezou na década dos anos setenta con O Principiño (Galaxia, 1972), de Antoine de SaintExupéry, realizada por Carlos Casares, que a trasladou dende a lingua de orixe, o francés. Esta primeira tradución supuxo o comezo dun proceso destinado a suplir o baleiro de obras canónicas no sistema de chegada e a afirmación dunha cultura minorizada (Galanes, 2014). Porén non foi ata a década seguinte cando comezou a ser máis regular a tradución de clásicos da literatura universal, que se incluíron en diferentes coleccións, xa infantís, xa xuvenís.\nA incorporación destes textos traducidos considérase fundamental na fase filolóxica ou de acumulación de capital simbólico do sistema literario e no proceso de normalización lingüística 4 (Lema, 2009: 128129), unha vez que se supera a etapa de resistencia propia do sistema emerxente ao transvase cultural dentro do proceso de descolonización cultural 5. Unha estratexia coa que se pretende consolidar unha corrente literaria formal, emerxente na década dos anos oitenta (Bendoiro, 2012: 44), que coincidiu co inicio dunha política de axudas á edición, creación literaria e tradución da Xunta de Galicia 6, a cal non impulsou por iso unha planificación cultural, como se evidencia pola debilidade dalgúns xéneros (especialmente poesía e teatro) e a improvisación no terreo da tradución, feito que segue vixente na actualidade, ao seguir sen a planificación precisa para guiar o lectorado e o mediador cronoloxicamente polas obras consideradas canónicas.\nEntre os aspectos máis salientábeis da tradución de clásicos universais á lingua galega cabe citar o feito de que conviven nunha mesma colección obras consideradas lecturas xuvenís con outras que na literatura fonte ou de orixe forman parte da literatura de adultos ou institucionalizada, situándose na denominada literatura de fronteira (Roig, 2008: 113) ou crossover fiction (Beckett, 2008), feito que non só se vai dar no sistema literario galego. Esta desviación probabelmente responda, nun primeiro momento, á necesidade de garantir un sector máis amplo de público lector, en parte debido á ampliación do período de escolarización obrigatoria e á necesidade de contar con lecturas acordes a idades con maior formación e intereses, o que propiciou a consolidación e auxe desas coleccións de fronteira, á vez que converteu a literatura xuvenil, como di Gemma Lluch (2009: 94), nun fenómeno editorial e mesmo sociolóxico. A isto cremos preciso engadir a falta de hábito lector na poboación adulta galega, que se inclina por acceder aos clásicos na lingua central, o castelán\n(Alonso, 2006: 91). Por todo isto é de interese observar como evolucionaron as estratexias editoriais que, fundamentalmente a partir da primeira década do século XXI, renovaron moitas destas coleccións enchendo os paratextos de elementos subliminares e incluso facéndoos desaparecer cando acenan cara a un lectorado concreto ou indican as franxas de idade, aínda que sen renunciar a algunhas chiscadelas á cultura xuvenil. Por outra parte, tamén é preciso ter en conta que a inclusión dunha obra traducida nunha colección infantil ou xuvenil condiciona o tradutor/a, pois como confesan\nXoán Manuel Garrido Vilariño e Ana Luna Alonso (1998: 189), o tradutor/a imaxina un destinatario ideal que, consciente ou inconscientemente, inflúe na súa toma de decisións, entre elas as propias obras que son traducidas (Luna, 2017).\n4. A obra de Lewis Carroll en lingua galega\nOs primeiros contactos da infancia galega coa obra de Lewis Carroll en lingua propia foi a través de adaptacións, concretamente a que en 1983 publicou Susaeta co título de Alicia no país das maravillas 7. Trátase dunha adaptación chea de erros (tanto conceptuais coma lingüísticos) que recrea a anécdota central da obra: o encontro de Alicia co coello branco e a entrada no mundo marabilloso. Esta primeira adaptación da obra de Carroll hai que situala no momento en que se aproba a Lei de Normalización Lingüística e editoras de ámbito nacional ven en Galicia un potencial nicho de mercado para os seus produtos traducidos a esta lingua, pois a versión en lingua castelá desta obra saíra publicada un ano antes, en 1982. Ademais, esta primeira adaptación responde a unha das catro fontes que identifica Victoria Sotomayor (2005), a dos clásicos da literatura infantil, das que proceden na súa maior parte os textos adaptados, xunto cos contos populares, os clásicos da literatura xeral e as novelas de aventuras. Neles, o texto adaptado (hipertexto) é o resultado da\ntransformación do hipotexto (texto orixinal) a través dunha simplificación, para facilitar a lectura dun público menos avezado do que orixinalmente prevé a obra. A baixa calidade literaria e estética desta primeira aproximación á obra de Carroll foi seguida, un ano despois, en 1984, pola súa tradución íntegra en As aventuras de Alicia no País das Maravillas 8, que mereceu o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura en 1985 e foi publicada inmediatamente na colección emblemática á que nos referimos, “Xabarín”. Neste caso preséntase unha tradución moi axustada ao orixinal, da man de Teresa Barro e Fernando PérezBarreiro, responsábeis tamén dunha esclarecedora introdución e abondosas notas que acompañan o texto. Na introdución comezan referíndose á consideración de clásico do relato, á súa referencialidade en todos os planos da sociedade inglesa (político, medios de comunicación, escolas, teatros e vida cotiá en xeral), o seu profundo alcance, a súa constante actualidade e novas dimensións, porque malia que\nAlicia deu pé a tantas interpretacións: relixiosas, políticas, lóxicomatemáticas, psicoanalíticas. Todas con ánimo de dicila última palabra. E sempre ficou algo máis, para outros explicadores. Como na Biblia, como en Shakespeare, como no amor, como na vida... (Carroll 1984: 8)\nSeguen referíndose brevemente á personalidade de Carroll e ás hipóteses sobre os seus xogos de desdobramento Dodgson/Carroll, ás particulares circunstancias que marcaron a época vitoriana como un prolífico período, no que salienta a imaxinación creadora do autor e a orixinalidade de Alicia, dado que Non hai nada igual antes nin despois dela. ¿A que xénero corresponde? Imposible situala. Fálase de “nonsense” ou absurdo, pero esa é unha cualificación que “Alicia” certamente posúe, máis que non a define como forma, non a estructura como producto artístico. O Ulises de Joyce é máis como unha novela que “Alicia” como un conto de fadas. E, deixando a cuestión da forma, o material imaxinativo non ten tampouco precedentes, nin a ausencia de moralexas. Tense insistido moito neste último contraste con toda a literatura infantil anterior e grande parte da seguinte (...). “Alicia” é unh a grande “outra cousa” da literatura. (Carroll 1984: 12)\nA seguir detéñense na xénese da obra e relatan a anécdota que lle deu orixe o 4 de xullo de\n1862, para repasar tamén brevemente a produción posterior de Carroll, entre a que salientan a continuación en 1871 das aventuras de Alicia en A través do espello e o que Alicia atopou aló. Destacan\na capacidade do autor para deseñar unha personaxe que transcende o tempo a través dun libro “no que o absurdo e a violencia do mundo – e non só do País das Marabillas – exprímese cunha\nintensidade e unha severidade de liñas que fai parecer artificiosos a tódolos tremendismos” (Carroll\n1984: 14) por iso conclúen que, A suma lección de Alicia é, tal vez, que só ollando con curiosidade e lucidez o horror do mundo, se poden atravesalas tebras co fachizo do humor, cantando o cantar do propio destino, e acabar ciscando polo aire da ilusión ó que pertencen as cartas do barallo que tanto sufrimento causan coa súa soberbia estupidez. (Carroll, 1984: 14)\nA introdución aínda s e completa cunhas “Notas sobre as ilustracións”, onde explican con moito detalle como os deseños que acompañan o orixinal que Carroll lle regala a Alice Liddell foron\nfeitos por el mesmo, mentres que para a publicación recorre a John Tenniel, caricaturista político.\nDetállanse algunhas das diatribas que sufriron os deseños e como a personaxe de Alicia é produto só da imaxinación e da man do ilustrador, non así o resto de protagonistas saídos da imaxinación de Carroll, que seguiu moi de preto o seu deseño.\nEsta toma de posición adianta unha das características xerais desta tradución, como é a fidelidade ao orixinal e o achegamento ao polo da estranxeirización, o que non impide que no conxunto da obra en lingua galega se logre un estilo natural en canto ao léxico e rico en canto ás estruturas e elementos propios da lingua meta, en especial no desvío da estratexia dominante da estranxeirización que adoptan cos nomes dos personaxes (Lorenzo, 2015: 7681). A isto súmase o amplísimo aparato de notas, que aparece colocado no final da obra. Nelas explican as fontes que parodia Carroll, aqueles termos pouco usuais para os galegos pola distancia cultural (significado de Mary Ann, como criada), os elementos descoñecidos na nosa cultura (bathingmachines ou máquinas de bañarse), as referencias reais das personaxes fantásticas (O Parrulo é o Reverendo Robinson Duckworth que acompañou a Carroll ao pícnic que deu orixe a Alicia) ou aqueles nos que están inspirados (a Duquesa, no cadro da Duquesa Fea, de Quintin Matsys); a explicación de fraseoloxía e ditos ingleses que aparecen implícito s no texto (“Arregaña - los dentes coma un gato de Cheshire”, “Tolo como un sombreireiro”)... Nestas notas tampouco falta a referencia ás primeiras traducións ás linguas do ámbito ibérico, iniciadas nos anos vinte (castelán e catalán) e á bibliografía que os tradutores manexaron tanto sobre Alicia coma sobre a biografía de Carroll. A fortuna desta tradución de Teresa Barro e Fernando PérezBarreiro plásmase tanto no recoñecemento do Premio Nacional de Tradución recibido ao ano seguinte da súa publicación, como nas múltiples reedicións 9 que a obra coñeceu durante décadas e nas que foron moi poucos os cambios introducidos até o ano 2002, momento no que a editorial decidiu levar a cabo unha renovación da colección “Xabarín” e integrar esta obra na serie “Xabarín de ouro”, na que manteñen o texto íntegro de Teresa Barro e Fernando PérezBarreiro, aínda que substitúen as ilustracións de Tenniel polas do ilustrador galego Federico Fernández Alonso, Premio Nacional de Ilustración 2002. Este cambio foi valorado positivamente pola crítica, que destacou a súa expresividade (CLIJ, 2003: 73; Nicolás, 2003: IV; Fraga, 2003: 45) 10, aínda que dende o noso punto de vista lle imprimen á obra un carácter algo máis tétrico do agardado, pero concordamos con Ramos (2010, 2019) en que ilustrar obras clásicas é un desafío debido á ingrata posición do artista ao ter que dialogar ou silenciar unha longa tradición iconográfica. Nesta (re)actualización do texto tamén se trasladan as notas ao rodapé de cada páxina, o que facilita a súa lectura e integración co texto ao que achegan aclaracións, aumentando mesmo o número delas, como as referidas ás explicacións da orixe e fontes das que parte Carroll para os seus xogos de reescrita e subversión, as referidas a proverbios ingleses no texto... O éxito desta primeira tradución animou á editorial a publicar un ano despois, en 1985, Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló, incluída na mesma colección e da man dos mesmos tradutores, polo que o proxecto gaña en unidade e mantén as mesmas premisas da anterior. Porén, malia a unidade e coherencia que isto lle imprime ás dúas obras, a fortuna de ambas é ben dispar, pois mentres a primeira foi reeditada en numerosas ocasións, a segunda está actualmente fóra do catálogo editorial e non foi incorporada a ningunha outra colección.\nA década dos noventa\nHoubo que agardar unha década despois destas primeiras achegas, ata 1995, para que se publicase unha nova adaptación de Alicia no País das Marabillas, nesta ocasión na colección “Os meus contos clásicos favoritos”, da editorial Sálvora, na que conta coas ilustracións de Manuel Barco. A\nedición é un conto ilustrado de gran formato e pastas duras, subvencionado pola Xunta de Galicia, no que non consta o nome do tradutor/adaptador e que se inicia cunha Alicia durmida diante dun libro que comeza a soñar e leva o lectorado polas principais escenas e personaxes da obra, nun texto moi simplificado, que cede o protagonismo a unhas ilustracións a toda páxina de carácter figurativo e moi coloristas. Un ano despois, en 1996, publicouse Alicia para nenos [ The Nursey Alice, 1890] da man do Equipo Tris Tram, que manifesta respectar ao máximo a publicación orixinal. Trátase dunha adaptación de Alicia no País das Marabillas, que realizou o propio Carroll destinada á nenez, como sinala no prólogo “dirixido a todas as nais”. O texto recolle en catorce breves episodios as ave nturas máis significativas de Alicia e apóiase nas ilustracións realizadas por Tenniel para a primeira versión de Alicia, de xeito que a narración constitúe unha explicación de cada un dos debuxos. Complétase cunha “Felicitación de Pascua para todos os cativos que queren a Alicia” e cunha “Felicitación de Nadal. Dunha fada a unha nena”, ambas asinadas polo autor. Desta proposta a crítica salientou a fidelidade da edición galega co orixinal de Carroll (Manteiga, 1997: III), que viña ampliar así a presenza deste clásico universal no corpus traducido á lingua galega 11.\nAs primeiras décadas do século XXI\nAdemais da reedición da tradución canónica de Alicia no País das Marabillas, que viu a luz, como sinalamos, nunha remozada colección “Xabarín de ouro” en 2002, tamén se editaron nestes anos dúas novas adaptacións e outras tantas traducións.\nAs adaptacións son versións moi simplificadas que buscan propiciar un contacto precoz da primeira infancia co universo ficcional deste clásico universal. No primeiro caso, trátase dun estoxo no que se reúnen dez contos baixo o título xenérico de Colección Xirasol, editado por Everest Galicia en 2007, con tradución de Irene Penas e ilustracións de Ada García. Entre os títulos recompilados aparece Alicia no País das Marabillas, un texto de marcado carácter didáctico, tal como revela a guía de lectura e as actividades que se atopan no final do volume. No segundo caso, é unha adaptación realizada por María Lado para Edicións do Cumio e publicada en 2010. Trátase dun álbum de gran formato e a toda cor, dirixido a primeiros lectores e lectorado autónomo, con ilustracións de Ana Santiso Villar, nas que se recrea o mundo fantástico no que transcorre a historia, caracterizado por imaxes figurativas con debuxos detallados que complementan os textos. É de sinalar nesta versión o recurso á retranca de raizame galega, no sentido de penetrar nun plano máis intelectual e emocional, como sinala Ánxela Gracián (2010: 16), a sensibilidade que transloce nas eleccións léxicas, determinadas por un criterio memorialista, na selección dos elementos principais da narración orixinal e no coidado da edición e da calidade plástica. Probabelmente esta adaptación sexa froito, como sinala a profesora Ana Margarida Ramos (2015: 9394), de fenómenos como a estrea do filme de Tim Burton, nun agromar de novas reescritas deste clásico universal que non deixa de sorprender e desafiar a quen se achega a el, tanto dende o punto de vista lingüístico, coma literario, porque “as Alicias crean espazo e tempo para que os lectores exploren o xogo en que se transforma a lectura” (Ramos, 2015: 94). Coincidindo coa efeméride da celebración do 150 aniversario da publicación da obra en 2015 viron a luz dúas traducións. A primeira é unha edición de El Patito Editorial, un volume en tapas duras, cun papel de alta gramaxe e coas ilustracións de Fausto Isorna, nas que recorre á colaxe fotográfica. A tradución é de Xavier Queipo a partir da edición de Alice’s Adventures in Wonderland, publicada por D. Appleton and Co. New York en 1866. Sen dúbida trátase da edición máis ambiciosa de todas cantas se teñen publicado en lingua galega, fundamentalmente polo investimento e a alta calidade material e estética, que contou coa axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ao visualismo surrealista das composicións realizadas por Fausto Isorna súmase a limpeza do texto e a desaparición do aparato de notas, que quedan reducidas a unicamente catorce, colocadas no final do volume. Isto fai pensar na decisión editorial de ofrecer unha obra de fronteira que busca captar a atención da xuventude pero, sobre todo, dun público máis avezado e formado, coñecedor deste clásico, que agora pode achegarse á obra na lingua propia, respectuosa coa norma ortográfica vixente. A crítica, tal como se pode seguir nos Informes de literatura (2015), destaca a aparición da obra no marco de múltiples proxectos artísticos ao redor da obra de Carroll con motivo do sesquicentenario da súa publicación e chama a atención sobre a busca do lectorado adulto e incluso de lecturas en clave psicanalítica, filosófica, metafísica e mesmo feminista. Un ano despois, en 2016, pero tamén como efecto da efeméride da publicación da obra, a editorial Lata de Sal publicou As aventuras de Alicia no País das Marabillas na colección “Vintage”, destinada a libros inesquecíbeis, escritos e ilustrados en calquera lugar do mundo hai máis de trinta anos e que nunca foron publicados en lingua galega. Trátase da tradución feita por Rafa Salgueiro da\nadaptación da historia orixinal publicada en 1907, unha edición de coleccionista de moi reducido tamaño (95x122mm), en papel de 128 gramos e pensada para a infancia, tal como se pode ler na nota que aparece na páxina de títulos de cré dito: “E no País das Marabillas todo o mundo pode entrar. Sen pasaporte”.\nO volume, de capa dura e reminiscencias de libro antigo, conta cunha breve introdución na que se explica que o texto representa unha sexta parte da extensión da obra orixinal, aínda que\nconta con todas as personaxes e escenas deste, e que esta edición en cor e prezo popular foi posíbel grazas ás novidosas técnicas de imprenta de inicios do século XX, na que aparecen trinta e dúas ilustracións de Sir JohnTenniel. Saliéntase tamén que é a primeira e única edición na que a protagonista aparece caracterizada cun vestido vermello, dende que en 1903 aparecera a primeira edición coa característica cor azul, que foi a que permaneceu posteriormente. Todas estas edicións, nuns casos adaptacións para o lectorado infantil, noutros traducións fieis a diferentes edicións publicadas da obra orixinal, evidencian o interese dos axentes literarios por se achegar a este clásico universal da LIX. Con elas contribuíuse a que diferentes xeracións se familiarizaran con personaxes e universos literarios referenciais, relevantes polo seu valor intrínseco de memoria colectiva, pola súa capacidade para conectar co potencial lectorado infantil e xuvenil e por representar propostas de modelos literarios con interese cara ao fomento da educación literaria. De feito, cando o mediador emprega clásicos como Alicia no País das Marabillas entre os máis novos está espertando o interese pola obra completa a partir das imaxes e escenas seleccionadas, demostra gran creatividade e recursos, evita que as lecturas realizadas sexan rutineiras e frustrantes, ademais de compartir universos ficcionais que contribúen a ler o mundo.\n5. A modo de conclusión\nPor todo o dito, o rico universo literario creado por Lewis Carroll incorporouse ao sistema literario galego no momento en que este iniciou o camiño cara á súa consolidación, aínda que a súa pegada a través de xogos intertextuais nas obras de autoras e autores galegos está presente dende os\nprimeiros pasos desta literatura na década dos anos sesenta 12. As primeiras traducións aparecen no momento en que se estaba a superar a febleza e resistencia propias dunha cultura en proceso de descolonización, que foi adquirindo cada vez máis importancia dentro do sistema literario, tanto pola incidencia no repertorio coma pola importancia de cara a unha normalización lingüística que durante esta década foi fundamental para reivindicar o uso da lingua galega como vehículo de comunicación válido en calquera aspecto da cultura.\nO resultado destas catro décadas son cinco traducións das obras que teñen a Alicia como protagonista e catro adaptacións, máis ou menos libres, para o lectorado máis novo. Unha incidencia cuantitativa que semella pouco relevante no marco da produción xeral da LIX galega, mais que probabelmente se explique polo feito de que a tradución de excelente calidade que viu a luz en 1984 deste clásico universal coartou a posibilidade de novas traducións, aínda que non de adaptacións, que son ben poucas se se ten en conta os recorrentes diálogos intertextuais que creadores e creadoras galegas manteñen con este clásico universal, así como as múltiples propostas que noutros contextos culturais teñen vido a lume, en especial as máis próximas ao universo do libroobxecto\n(García Pedreira e Cortizas, 2017).\nBibliografía\nBibliografía activa\nCARROLL, L. (1983). Alicia no País das Maravillas. Madrid: Susaeta (ilust. René Cordero).\nCARROLL, L. (1984). As aventuras de Alicia no País das Maravillas. Vigo: Edicións Xerais de Galicia\n(Premio Nacional de Tradución 1985, Ministerio de Cultura, ilust. John Tenniel, introd., trad. e notas Teresa Barro e Fernando PérezBarreiro).\nCARROLL, L. (1985). Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló. Vigo: Edicións Xerais de\nCARROLL, L. (2015). Aventuras de Alicia no País das Marabillas. Santiago de Compostela: El Patito Editorial (trad. Xavier Queipo, ilust. Fausto Isorna).\nCARROLL, L. (2016). As aventuras de Alicia no País das Marabillas. Madrid: Lata de Sal (ilust. Sir John Tenniel, trad. Rafa Salgueiro).\nBibliografía pasiva\nAGRELOCOSTAS, E. e MOCIÑOGONZÁLEZ, I. (2010). “Contactos e intercambios da Literatura Infantil e Xuvenil galega coa catalá e vasca: diálogos dende a periferia”. En LAFARGA, F., PEGENAUTE, L. e GALLÉN, E. (eds.), Interacciones entre las literaturas ibéricas. Relaciones literarias en el ámbito hispánico: traducción, literatura y cultura (pp. 731). Bern: Peter Lang.\nALONSO, F. (2006). “Quince puntos para o debate sobre Literatura Infantil e tradución”. En LUNA ALONSO, A. e MONTERO KÜPPER, S. (eds.), Tradución e Política editorial de Literatura infantil e xuvenil (pp. 9193). Vigo: Universidade de Vigo.\nBENDOIRO MARIÑO, P. (2012). “ Primeras traducciones de la literatura infantil y juvenil al gallego y su recepción”. En RAMOS, R. e FERNÁNDEZ MOSQUERA, A. (eds.), Literatura Infantil y Juvenil y Diversidad Cultural/Literatura para a Infância e Juventude e Diversidade Cultural (pp. 3951). Vigo/Braga: ANILIJ/ELOS/Centro de Investigação em Estudos da Criança"} {"summary": "Neste artigo preséntase un procedemento sinxelo para obter proxeccións demográficas para áreas xeográficas pequenas. O método aquí presentado baséase en asumir que as tendencias das zonas que se van proxectar serán similares ás observadas en períodos anteriores, e en tomar as proxeccións para áreas xeográficas máis extensas como punto de referencia. En termos matemáticos, esta técnica pasa por un problema de minimización restrinxida das diverxencias cuadráticas entre as proxeccións obtidas e as observadas en períodos pasados, onde as proxeccións demográficas agregadas se toman como restrición. Esta proposta encaixa adecuadamente co escenario presente no caso das proxeccións demográficas que o Instituto Nacional de Estatística (INE) elabora para España, onde as previsións se presentan a escala provincial pero non con máis nivel de detalle. Aínda que estas proxeccións provinciais son útiles de cara á planificación de políticas e de cara á dotación de determinados servizos por parte do sector público, sería desexable dispor delas a unha escala xeográfica inferior ao do ámbito provincial. O procedemento presentado neste traballo ilústrase co caso de cinco provincias de España, correspondentes ás comunidades autónomas de Asturias e Galicia, nas que as predicións de poboación correspondentes para o ano 2033 son desagregadas a unha escala xeográfica de parroquia.", "text": "2020, 29 (2), 7121 ISSNe 22555951 http://dx.doi.org/10.15304/rge.29.2.7121\nARTIGO\nProxeccións de poboación para áreas pequenas: estimacións no ámbito da parroquia en cinco provincias do noroeste de España\n Proxeccións demográficas / Información desagregada / Parroquias de Asturias e Galicia.\nPopulation forecast for small areas: estimates for the parishes of five northwestern Spanish provinces\n* Correspondencia autor: evazquez@uniovi.es\n1. Introdución\nEstamos a asistir a un proceso de concentración da poboación global sen precedentes na historia da humanidade. Na actualidade, máis do 55% da poboación mundial vive en cidades, e segundo as estimacións de Nacións Unidas (ONU, 2019), para o ano 2050 a porcentaxe excederá o 65%. En palabras de Glaeser, Kourtit e Nijkamp (2020), o século XXI será o século dos “imperios urbanos: unha nova orde económica mundial dominada polas cidades, onde a poboación se concentrou radicalmente”. Esta dinámica global de concentración poboacional reprodúcese a escala nacional, rexional e mesmo intrarrexional. Segundo Nacións Unidas (ONU, 2019), o 73% da poboación europea vive en áreas urbanas, e esta porcentaxe elévase ao 79% no caso de España, onde observamos como se produce simultaneamente un imparable crecemento das principais cidades do país, e as súas contornas, xunto cun acelerado despoboamento de amplas áreas.\nA investigación sobre a evolución da distribución espacial da poboación centrou a súa atención, preferentemente, na comprensión dos patróns globais que están detrás destes procesos de concentración extrema da poboación. Buscouse identificar os factores que impulsan o crecemento acelerado das áreas urbanas, ou a xeración de procesos centro/periferia, prestándolles, pola contra, moi pouca atención ás dinámicas poboacionais intrarrexionais ou locais. Con todo, como sinalan Glaeser, Ponzetto e Tobio (2014), a verdadeira comprensión dos procesos espaciais de localización da poboación e a articulación de políticas verdadeiramente efectivas requiren entender os comportamentos intrarrexionais onde se esconden marcadas heteroxeneidades.\nEn moitas ocasións, a ausencia destes estudos rexionais/locais está motivada pola falta dunha adecuada información ou ben pola ausencia de proxeccións fiables de poboación a escala local. No caso de España, o INE elabora proxeccións de poboación que desagrega espacialmente por provincias. Non se pode dispor, xa que logo, de proxeccións demográficas por baixo do nivel provincial, co que non se pode analizar a tendencia das cidades medianas ou pequenas, ou anticipar a dinámica previsible das zonas rurais.\nO obxectivo deste traballo é ofrecer un procedemento que nos permita dispor de proxeccións desagregadas no ámbito local que sexan coherentes coas que realiza o INE a escala provincial. Esta información posibilitaría entender e anticipar os cambios no modelo de asentamento da poboación en España, podendo comparar a previsible evolución das grandes cidades coas medianas ou pequenas, ou podendo comprender as dinámicas das zonas rurais dependendo da súa localización no mapa nacional. A modo de ilustración da capacidade deste procedemento, aplicouse para desagregar as proxeccións de poboación do INE nos casos de Asturias e Galicia, dúas rexións do noroeste peninsular especialmente afectadas polo declive demográfico e que parecen estar a experimentar cambios no seu modelo de distribución territorial da poboación. A aplicación realizouse empregando un amplo nivel de desagregación espacial, o ámbito da parroquia, o que nos proporciona unha perspectiva moi detallada e espacialmente precisa do comportamento previsible da poboación nos vindeiros anos.\nO traballo estrutúrase como segue. No apartado seguinte resúmese o procedemento de elaboración de proxeccións do INE, mostrando os seus resultados para as provincias nas que aplicaremos a nosa análise. No apartado terceiro preséntase a proposta metodolóxica deste traballo. No apartado cuarto resúmense as variables que se usaron para aplicarlle esta proposta ao caso de Galicia e Asturias. Os resultados, cun breve comentario, móstranse no apartado quinto. Complétase o traballo cun apartado final de conclusións.\n2. Proxeccións demográficas no ámbito provincial: metodoloxía oficial aplicada polo INE e cifras para as provincias analizadas\nCoa información demográfica máis actualizada dispoñible, analízase retrospectivamente cada un dos compoñentes demográficos básicos e establécense hipóteses sobre a súa incidencia futura en cada nivel territorial considerado para cada ano do período que se vaia proxectar. Concretamente, establécense hipóteses sobre as taxas específicas de fecundidade por xeración, sobre as de mortalidade por sexo e xeración, sobre as de por sexo e xeración de emigración exterior e de migración interior interprovincial, así como en fluxos de inmigración exterior para cada sexo e xeración.\nAs proxeccións de poboación residente en España a 1 de xaneiro de cada ano do período proxectado para cada unha das provincias obtéñense de acordo cun modelo de proxección multirrexional. Así, proporciónanse datos sobre poboación en cada un dos niveis territoriais considerados, e tamén as cifras proxectadas de nacementos, defuncións e movementos migratorios que terán lugar en cada un dos anos do período considerado. Todas as estimacións gardan a necesaria coherencia entre fluxos e stocks demográficos, e mais a debida consistencia interterritorial. Partindo da poboación residente en cada nivel territorial considerado de sexo s e idade x a data 1 de xaneiro do ano (𝑃 𝑠, 𝑥𝑡), obtense a proxección de poboación residente de idade x + 1 e sexo 𝑠 na devandita área xeográfica a 1 de xaneiro do ano t + 1 (𝑃 𝑠, 𝑥+1𝑡+1), a partir da seguinte fórmula:\n(1) onde 𝑚 𝑠, 𝑥 𝑡 é a taxa de mortalidade no ano t da xeración de individuos residentes en España de sexo s e idade x a 1 de xaneiro do ano t ; 𝑒 𝑠, 𝑥𝑡 é a taxa de emigración exterior no ano t da xeración de individuos residentes en España de sexo s e idade x a 1 de xaneiro do ano t ; 𝐼𝑀 𝑠, 𝑥𝑡 é o fluxo de inmigración procedente do estranxeiro no ano t de individuos de sexo s e idade x a 1 de xaneiro do ano t.\nPara implementar este modelo de predición multirrexional, resólvese un sistema de 52 ecuacións, unha por provincia, no que se incorporan os datos de movementos migratorios intrarrexionais e cara ao/desde o estranxeiro. Un aspecto que incrementa a precisión e sofisticación das predicións é a modelización da evolución da fecundidade tendo en conta o comportamento marcadamente diferenciado entre as mulleres españolas, así como a cifra de mulleres en idade fecunda ao longo do tempo. Para incorporar estas consideracións, en primeiro lugar modelízase a serie retrospectiva de taxas específicas de fecundidade por idade e nacionalidade, asumindo unha evolución logarítmica lineal no tempo que diferencia mulleres españolas e estranxeiras. Esta relación estímase mediante mínimos cadrados ordinarios (MCO), e as estimacións obtidas aplícanse por provincias a partir dunha simulación do comportamento diferencial da fecundidade en cada provincia respecto do total nacional, así como a evolución da idade mediana de maternidade e do rango intercuartílico das taxas de fecundidade de cada unha delas. A partir dos devanditos parámetros, derívanse unhas novas proxeccións de taxas de fecundidade provincial seguindo un modelo BrassGompertz relacional, que é un modelo estándar na literatura especializada.\nCinguíndonos ás provincias nas que se centrará este traballo, as proxeccións do INE móstranse na Táboa 1, na que, ademais de mostrar a variación proxectada polo INE para as provincias de Asturias e Galicia no período 20192033, tamén se efectúa unha comparativa co período 20052019.\nEstas cifras de poboación, xunto coas proxeccións obtidas para o ano 2033, permiten calcular den3. Metodoloxía para a realización de desagregacións espaciais das proxeccións demográficas\nA máxima desagregación espacial na que se presentan as proxeccións demográficas do INE é no nivel provincial. Isto limita seriamente o seu posible uso en decisións ou deseño de políticas de ámbito territorial máis detallado (áreas intraprovinciais ou contornas urbanas locais). O noso obxectivo é dispor de proxeccións cun maior detalle de desagregación espacial. Non buscamos realizar novas proxeccións, senón desenvolver un método de desagregación das existentes. Isto simplifica a aproximación metodolóxica, dado que non necesariamente precisamos estimar proxeccións con base na información desagregada dispoñible. Podemos confiar na calidade das proxeccións agregadas e sobre elas aplicar un procedemento de desagregación. Existen múltiples metodoloxías con este enfoque 2.\nA nosa proposta neste traballo baséase no uso de técnicas shiftshare (Dunn, 1960), especificamente no método descrito en Alonso, Fernández Vázquez e Rubiera (2015). Este enfoque destaca pola súa simplicidade, e xa foi empregado con fins preditivos de series de emprego 3. Polo modo no que se constrúe o procedemento, permite dispor de desagregacións locais consistentes coa información agregada, o que resulta especialmente interesante, no noso caso, para que as proxeccións locais sexan coherentes coa información oficial a escalas superiores.\nAsí, propomos aplicar este procedemento ás proxeccións do INE a escala provincial para desagregalas no ámbito parroquial. A aplicación baséase en dous supostos fundamentais:\ni. As variacións de poboación estimadas a escala de cada parroquia i entre os anos 2019 e 2033 (𝑔̃ 𝑖) espérase que sexan similares ás rexistradas a esa mesma escala no período 20052019 (𝑔 𝑖). ii. As proxeccións provinciais para o ano 2033 (𝑝̃) tómanse como certas. Así, a técnica de estimación formúlase como un proceso de optimización restrinxida, onde (i) permite definir a función obxectivo mentres que (ii) fixa as restricións que se deben cumprir polas solucións obtidas en cada provincia. En concreto, exponse un problema de optimización restrinxida como:\nsuxeito a:\nA ecuación (2) establece o criterio de distancia en termos cuadráticos entre as diferenciais previstas e as observadas, ponderadas polo tamaño da poboación na parroquia considerada no período inicial 2019 (𝑝 𝑖0). Esta expresión minimízase suxeita á restrición presente na ecuación (3), que garante que as taxas proxectadas no ámbito da parroquia son consistentes coas previstas polo INE para o total da provincia (𝑝̃). Unha vez resolto este problema de optimización, obtéñense as taxas de variación de poboación 𝑔̃ 𝑖 para cada parroquia i, considerando como horizonte de predición o ano 2033.\n4. Aplicación ás variacións de poboación entre 2019 e 2033 das parroquias en Asturias e Galicia\nA modo de ilustración, propomos aplicar a metodoloxía proposta ás parroquias que o nomenclátor de Asturias e Galicia permite identificar. A parroquia é unha entidade de ámbito territorial inferior ao municipio. Algunhas comunidades, entre as que se atopan Asturias e Galicia, outorgáronlles carácter administrativo co fin de coordinar e organizar a actividade comunitaria na devandita contorna. O nomenclátor de Asturias distingue un total de 856 parroquias, mentres que no caso de Galicia podemos identificar 3.787. Asturias ten 78 municipios e Galicia 313. Estamos a traballar, por tanto, cun nivel de desagregación máis de dez veces superior ao municipal, o que nos permitirá dispor dunha proxección extraordinariamente precisa desde a perspectiva espacial.\nSobre estas unidades espaciais aplicouse o problema de estimación recollido nas ecuacións (2) e (3) e resolveuse para cada unha das cinco provincias estudadas neste traballo. As táboas e figuras presentadas nesta sección e mais nos Apéndices 1 e 2 resumen os resultados obtidos.\nA modo de resumo xeral, a Táboa 3 establece unha comparación da variación da poboación entre os anos 2005 e 2019 coa do período estimado 20192033. Para sintetizar, móstranse só os valores máximo e mínimo por provincia de entre as parroquias de mais de 2.000 habitantes no ano 2019. A través destes valores máximos e mínimos pódese constatar a grande heteroxeneidade existente no ámbito espacial estudado. Hai parroquias que experimentan crecementos superiores ao 100%, mentres que outras decrecen a ritmos superiores ao -20%.\nFigura 1. Densidades de poboación en Asturias e Galicia, comparativa entre 2019 e 2033. Fonte: elaboración propia.\nNa Figura 2 relaciónase a taxa de crecemento das parroquias no período estimado (eixe de ordenadas) e a densidade de poboación no ano 2019 (eixe de abscisas). A nube de puntos que se obtén mostra a heteroxeneidade existente á que antes faciamos referencia. Hai parroquias que, partindo de densidades baixas, experimentan un gran crecemento, xunto con outras que teñen un comportamento totalmente oposto. Esta Figura 2 pódese interpretar como unha análise de converxencia: se a recta de estimación da nube de puntos fose negativa e significativa, indicaría unha tendencia a converxer en densidades de poboación; pola contra, unha nube de puntos positiva e significativa estaría a indicar unha tendencia á diverxencia. O que observamos é que a nube de puntos ten tendencia positiva, do que se deduce que as desigualdades en densidade tenderán a incrementarse no período proxectado.\nPara chegar a unha análise máis detallada que permita aproveitar a información xerada coa proxección desagregada realizada, necesítase observar o comportamento territorial da densidade de poboación de modo más preciso. Isto é o que se realiza nos mapas seguintes, onde se presenta primeiro a densidade de poboación estimada por parroquias para Asturias (Figura 3) e para Galicia (Figura 4), e despois a variación porcentual estimada de poboación por parroquias en Asturias (Figura 6) e en Galicia (Figura 7). Para o caso de Galicia inclúense no Apéndice 1 os mesmos mapas por provincias. Adicionalmente, no Apéndice 2 preséntanse dous mapas en que se recollen tanto para Asturias como para Galicia as variacións porcentuais de poboación no período 20052019 con fins puramente comparativos.\nTodos estes mapas ilustran con maior claridade o que se apuntaba a partir das Figuras 1 e 2. As desigualdades espaciais na distribución da poboación agravaranse significativamente nos próximos anos. No caso de Asturias pode verse como hai unha clara concentración ao redor das parroquias máis dinámicas da área central e dalgunhas parroquias da costa, especialmente a oriental. Case todas as parroquias rurais perden poboación, coa excepción dalgúns dos principais núcleos de poboación da contorna rural. O comportamento de Galicia é moi similar, aínda que con algúns matices. Igual que en Asturias, as parroquias máis dinámicas das áreas urbanas da Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra e Lugo son as máis capaces para incrementar a súa densidade de poboación. Cando nos afastamos destes núcleos urbanos, a tónica xeral é experimentar variacións negativas de densidade de poboación. O efecto da costa non é tan marcado como en Asturias: só na costa atlánticasur, na contorna de Vigo, e na costa cantábricanorte, ao redor da Coruña, se proxectan crecementos de densidade significativos. No interior, a perda de poboación é xeral, coa excepción, igual que ocorría en Asturias, dalgunhas cabeceiras rurais.\nOs patróns proxectados son similares cos que se mostran noutros traballos previos, como Rubiera, Fernández, Gutiérrez e Viñuela (2014), e coherentes con modelos de localización poboacional como o desenvolvido por Gutiérrez, Rubiera e Viñuela (2017), que mostran a existencia dun cambio de modelo de asentamento poboacional no noroeste peninsular. Fronte ao modelo de ocupación xeral do territorio que dominou o século XX, onde a densidade de poboación descendía lentamente segundo nos afastabamos das principais contornas urbanas, no século XXI avanzamos rapidamente cara a un modelo de forte concentración da poboación tanto a escala provincial, ao redor das principais cidades, como a escala local, ao redor das vilas ou núcleos rurais máis poboados. A densidade de poboación, agora, cae drasticamente en canto nos distanciamos destes núcleos principais, cunha tendencia a deixar despoboado a maior parte do territorio. A poboación tende a concentrarse en focos moi concretos, e tende a desaparecer a aldea tradicional, entendida como núcleos de moi pouca poboación pero dispersos ao longo do territorio. Por iso, obsérvase unha recuperación e unha aproximación ás cidades das especies animais autóctonas, que están a ocupar o espazo que deixou o home nas zonas rurais.\n5. Conclusións\nAsistimos a unha era de forte concentración da poboación ao redor das grandes cidades que está deixando despoboadas as zonas rurais. Existe unha ampla literatura que explora, desde distintas perspectivas, as causas destes procesos de concentración. Con todo, fronte a iso, os estudos do que ocorre en áreas que tenden a perder poboación, zonas rurais e pequenos núcleos urbanos, son más limitados debido, en moitas ocasións, á ausencia de información con suficiente nivel de desagregación espacial. Por exemplo, no caso de España, o Instituto Nacional de Estadística ofrece proxeccións de poboación por provincias, sen ser posible anticipar as dinámicas intraprovinciais. Non dispomos, xa que logo, de proxeccións de poboación, envellecemento, taxa de natalidade ou densidade de poboación para as contornas rurais e zonas periféricas protagonistas habituais do declive demográfico.\nNeste traballo propuxemos un sinxelo procedemento para desagregar as proxeccións do Instituto Nacional de Estadística a unha escala moito máis detallada que a provincia, o que nos permite ter información das tendencias previsibles en zonas rurais ou en pequenos núcleos poboacionais totalmente consistentes coas proxeccións oficiais a escala provincial. Grazas a isto, pode converterse nunha ferramenta moi valiosa para axudar á toma de decisións e ao deseño de axendas demográficas que teñan en conta a heteroxeneidade de comportamentos intrarrexionais que se observan na realidade.\nOs nosos resultados contradín a crenza de que no contexto da sociedade da información e da comunicación asistiremos a un proceso de migración desde os principais núcleos urbanos ás contornas rurais e, xa que logo, á reconquista do “campo”. Polo menos ata a data, e nas proxeccións feitas ata o ano 2033, non se aprecia que ese comportamento se produza de modo relevante. O que observamos, pola contra, é unha tendencia á concentración preto das cidades ou das áreas máis poboadas. As políticas de ordenación do territorio e conservación ambiental deberían ter en conta esta tendencia, planificando a reforestación de montes e a creación de espazos naturais máis amplos ante un modelo de asentamento da poboación que tende a ser moito máis concentrado.\nApéndice 1. Mapas das provincias galegas de variacións porcentuais estimadas, 20192033\nComo xa sinalamos con anterioridade, nas Figuras 7 a 10 presentamos a variación porcentual estimada da poboación das parroquias das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra no período 20192033.\nApéndice 2. Variación porcentual da poboación parroquias asturianas e galegas, 20052019\nPor último e tamén como xa sinalamos con anterioridade, nas Figuras 11 e 12 recollemos a variación porcentual estimada da poboación das parroquias asturianas e galegas no intervalo 20052019.\nFernández, E., e Rubiera, F."} {"summary": "O obxectivo principal desta nota é a indagación arredor da maneira na que se artella o diálogo intertextual entre a literatura e o cómic no caso concreto da novela gráfica Los que quedan (2019), da autoría de Josep Busquet (Barcelona, 1975) e Alex Xöul (Barcelona, 1984), a través dunha análise comparativa dos motivos característicos dos open/alternative worlds (Nikolajeva, 1988, 2012) e a retórica das portalquest fantasies (Mendlesohn, 2008; Levy e Mendlesohn, 2016) que son abordados dende unha óptica novidosa e pouco común para a construción da obra estudada. O traballo dá conta dos transvases intermediais que se suceden con recorrencia entre produtos artísticos dirixidos a adultos e/ou ao público infantil e xuvenil que dan como resultado obras con construcións análogas cuxo polisistema de acollida vén determinado polo desprazamento do protagonismo das crianzas a favor dunha construción centrada na visión, intereses e preocupacións dos adultos, que se converten no receptor implícito do produto resultante.", "text": "Análise comparativa do diálogo intertextual entre literatura e cómic: Los que quedan (2019), de Josep Busquet e Alex Xöul\nRocío GPedreira CIECIE-Universidade do Minho/ ICEUniversidade de Santiago de Compostela https://orcid.org/00000002-51025078\n[Recibido, 2 outubro 2020; aceptado, 14 decembro 2020]\n[GPedreira, R. (2020). Análise comparativa do diálogo intertextual entre literatura e cómic: Los que quedan (2019), de Josep Busquet e Alex Xöul. Boletín Galego de Literatura, 57, “Notas”, 4569] DOI http://dx.doi.org/10.15304/bgl.57.7146\n : Literatura fantástica; intertextualidade; intermedialidade; novela gráfica; literatura comparada.\nA dificultade inherente ao desenvolvemento teórico da literatura fantástica vén provocada pola existencia de dous grupos de estudosos diferenciados con visións diferentes acerca de que obras poden pertencer ou non a esta modalidade xenérica: os restritivos, entre os que se atopa Tzvetan Todorov (1970/1994) e outros teóricos do fantástico que seguiron en gran medida a súa proposta (Furtado, 1980; González Salvador, 1984; Jackson, 1986; Camacho, 2003 ou Roas, 2008, 2011, 2013, coordinador de monográficos sobre a temática en 2001 e 2018) e os integradores, entre os cales destaca na actualidade Farah Mendlesohn, cuxa proposta de taxonomía do fantástico recollida en Rethorics of fantasy (2008) se realiza tomando como principal referencia os estudos de Brian Attebery (1980, 1992, 2014).\nSegundo Todorov (1994, p. 24), “lo fantástico es la vacilación experimentada por un ser que no conoce más que las leyes naturales, frente a un acontecimiento aparentemente sobrenatural”. O tempo de dúbida é o único momento de existencia do fantástico que termina por decantarse por un dos subxéneros limítrofes a través da decisión do personaxe e/ou lector: se as leis da realidade quedan intactas estaríase no campo de influencia do estraño; se é necesario admitir novas leis para explicar o fenómeno, a obra pertencería ao subxénero do marabilloso. Un dos maiores inconvenientes da aplicación desta proposta é, segundo Lucas Gagliardi (2020), a súa incapacidade para poder explicar a configuración do fantástico en textos máis recentes que responden á definición recollida en The Encyclopedia of Fantasy (Clute e Grant [eds.], 1997) de texto fantástico como “a selfcoherent narrative” (p. 338), na cal se mostra de maneira evidente ou suxerida a dualidade entre o mundo primariorealista e o secundariofantástico. Nesta mesma liña, Mendlesohn (2008) non se interesa por realizar unha definición do fantástico e artella unha proposta taxonómica da retórica destes relatos a través da cal se poden estudar textos infantís 1 ou para adultos, propios do subcampo de gran produción ou de produción restrinxida 2, polo que relaciona catro modos ou categorías do fantástico: portalquest fantasy, que agrupa as nocións de portal fantasy, un mundo fantástico ao que se accede a través dun portal, e quest fantasy, cando o protagonista parte dunha vida ordinaria e entra en contacto directo co fantástico a partir dunha viaxe exploratoria; inmersive fantasy, cando o fantástico non recibe ningún tipo de explicación xa que está normalizado dentro da realidade da ficción; intrusion fantasy, cando o fantástico irrompe na dinámica do mundo da ficción, entendido como ordinario e predicible; e liminal fantasy, cando o fantástico dá sinais de existencia, pero non se confirma como tal; e os irregulars, onde a autora coloca as obras que non contan con suficientes puntos en común como para crear unha nova categoría.\nNo caso das portal fantasies tende a facerse manifesta a existencia dun mundo secundario con entidade en si mesmo (como Wonderland, Neverland ou Narnia) ao cal se despraza o personaxe protagonista. Por esta razón, Maria Nikolajeva (1988) realiza unha tipoloxía de relatos fantásticos onde inclúe a noción dos openworlds, cando o mundo primario e o secundario están conectados e ambos están recollidos de maneira explícita na ficción, xa que o lector acompaña ao protagonista nas súas viaxes de ida e volta. Nun artigo posterior, a mesma autora fala en termos xerais dos alternative worlds para referirse á multitude de posibilidades de construción de mundos secundarios fantásticos e de formas de interactuar co primario (Nikolajeva, 2012).\nNoutra orde de cousas, o debate arredor da etiqueta de “novela gráfica” está de plena actualidade e os diversos estudos que se foron sucedendo na última década (García, 2010; Trabado, 2012; Baetens e Frey, 2015; Duncan e Smith, 2017; Tabachnick, 2017; Conde Aldana, 2019) coinciden en que a súa vixencia responde ao aumento de consideración e do éxito comercial desta forma particular de lectura e a rotura coas convencións características dos libros de historietas tradicionais chegados do ámbito norteamericano, así como a importancia do recoñecemento do Maus (1980) de Art Spiegelman, primeira novela gráfica gañadora dun Premio Pulitzer en 1992 3. En efecto, Duncan e Smith (2017, p. 8) afirman que “Graphic novels are the longform o campo de poder; e o campo de produción restrinxida, que goza dun alto grao de autonomía promovendo o aumento do prestixio e a lexitimidade artística das obras. 3 Non obstante, cremos necesario destacar a desconfianza de tanto Spiegelman como de Alan Moore, guionista de Wathcmen (19861987), do proveitoso que pode chegar a ser o neoloxismo de “novela gráfica” debido a que o seu nacemento e auxe responde a aspectos principalmente comerciais (Baetens e Frey, 2015).\nof a mode of communication called comics”, idea que Tabachnick (2017, p. 26) desenvolve do seguinte xeito:\nIn contrast to the popular massmarket comics, which have usually been severely restricted in both form and content by commercial constraints, the graphic novel is an extended comic book freed of all restrictions on form and content and capable of tackling all of the issues that writing and art for adults have always dealt with, using all of the literary and artistic resources available to any writer or artist. But it is a form that is clearly based on the technigques of comics, and readers have to read both words and pictures to make sense of it.\nNa liña do estudo teórico e histórico sobre novela gráfica de Santiago García (2010, p. 16) no cal deixa claro que con este termo non nos referimos “a un cómic con características formales o narrativas de novela literaria, ni tampoco a un formato determinado, sino, sencillamente, a un tipo de cómic adulto moderno que reclama lecturas y actitudes distintas del cómic de consumo tradicional”, a proposta de definición flexíbel de Baetens e Frey (2015) foi considerada para este estudo como a máis axeitada. Segundo os autores, a novela gráfica, afastada da exclusión cultural que sufriu o universo dos cómics, é definida como un medio: “we propose that the graphic novel as a medium is part of other, moreencompassing cultural fields and practices (graphic literature, visual storytelling), and that within these fields and practices there are rarely clearcut distinctions between types and categories” (Baetens e Frey, 2015, p. 8). Ademais, propoñen catro niveis de descrición: o nivel formal, no cal explican que a novela gráfica non racha totalmente coas regras estabelecidas pola industria do cómic, mais explora e xoga con elas para dar lugar a unha nova forma innovadora de facer cómic onde destaca a individualización dos estilos artísticos dos creadores; o nivel de contido, debido a que estas obras tenden a inclinarse por historias máis realistas e dirixidas a público adulto; o nivel de formato de publicación, no cal explican que as novelas gráficas apostan polo formato libro propio da novela tradicional (tanto en tamaño, cuberta, papel, número de páxinas etc.), deixando atrás a serialización; e o nivel da produción e distribución, facendo referencia á importancia da creación de editoriais independentes especializadas e ao éxito conseguido como fórmula editorial que supuxo a conquista de novos públicos. En todo caso, o certo é que o interese polo mundo do cómic no ámbito da investigación científica está moi vixente na actualidade e sucédense os estudos que o traballan dende distintas ópticas, como os transvases intertextuais\ne intermediais con outras artes como a literatura ou o cine (Bendit Saltzman, 2017; Booker, 2017; Pineda, 2018; Medina Rodríguez, 2020; Pina Arrabal, 2020; González de la Llana, 2020; GarcíaConde Maestre, 2020) ou as posibilidades pedagóxicas destas obras nas aulas (Chacón, 2015, 2016; Carter, 2017; Paré e SotoPallarés, 2017; Lizarazú Bernal, 2018; Weschenfelder, 2020; Mena Araya, 2020).\nPolo tanto, o obxectivo da nota é indagar a maneira na que se artellan as distintas conexións intertextuais desta obra coas categorías do fantástico citadas a través da análise rigorosa dalgúns dos fragmentos que compoñen o arco argumental da historia. Ademais, o estudo botará luz sobre a identificación da obra de Busquet e Xöul coa tipoloxía das novelas gráficas e as estratexias empregadas polos autores para reescribir fórmulas típicas das narrativas fantásticas infantoxuvenís e crear un produto cuxo público implícito son os adultos.\nLos que quedan : o lado escuro da fantasía\nAs viaxes a mundos fantásticos que emprenden os protagonistas infantoxuvenís de multitude de obras clásicas da literatura como Alicia, Wendy, os irmáns Pevensey ou Dorothy son posíbeis grazas a que son “os elixidos”, os heroes cuxo destino é salvar os habitantes dunha realidade que non é a súa e pola que desenvolven un forte sentimento de pertenza. Ademais, a correspondencia cun estadio evolutivo previo á idade adulta é un factor determinante que os fai idóneos, xa que todo o desenvolvemento da trama precisa do afastamento das restricións impostas pola necesidade de protección da infancia dos adultos ao seu cargo. Non obstante, a impresión que eles teñen das viaxes que emprenden os seus fillos non son tomadas en consideración nin importan realmente para a trama, xa que os protagonistas cumprirán o seu destino e volverán ao mundo primario logo dunha viaxe tamén de madureza que dalgún xeito mellorará a súa capacidade de adaptabilidade social ao mundo ao que pertencen. É dicir, as consecuencias destas viaxes son en esencia positivas e tenden a pasar desapercibidas polos adultos, relacionándoas en moitas ocasións con fabulacións ou cunha resposta natural á visión simbólica do mundo das primeiras idades.\nAsí, a fantasía é considerada un recurso ao alcance do creador para salientar o mundo da infancia, para impartir xustiza, para rachar coas limitacións da realidade e reflexionar sobre ela a través dun afastamento consciente. Nesta liña pronunciábase tamén Jacqueline Held (1985, p. 18) para realizar unha férrea defensa da fantasía e a súa importancia para o desenvolvemento integral dos máis novos: “¿lo irreal de lo fantástico, es en verdad un irreal? Lo fantástico, ¿nos conmovería?; la obra fantástica, ¿encontraría lectores si éstos no reunieran las aspiraciones, las necesidades, las experiencias que también llevamos en nosotros en diverso grado, oscuras y semiignoradas quizá, pero muy reales, sin embargo?”.\nMais que sucedería se a óptica dende a que é narrada a historia se desprazara cara aos intereses e punto de vista dos adultos? Busquet e Xöul parecen artellar unha posíbel resposta a esta pregunta a través da construción argumental de Los que quedan (2019), publicada en español pola editorial especializada en cómic Ponent Mon 4, que xira arredor do lado escuro da fantasía e de como a súa evolución característica nos clásicos mencionados é truncada até o punto de supoñer un final desgraciado para todos os adultos implicados, tanto para os pais de Ben como para o propio rapaz xa feito un home.\nA partir dun deseño metodolóxico mixto baseado na análise de contido (Krippendorff, 1990; Bardin, 1991; Pérez, 1994; Mayring, 2000; Cáceres, 2003; Richard, 2009, PiñeiroNaval, 2020), que utiliza instrumentos e procedementos obxectivos de descrición para o tratamento explícito e implícito do contido das mensaxes non só verbais (López Noguero, 2002; Francescutti, 2019), a análise da novela gráfica será guiada polo desenvolvemento da propia narración. Deste xeito, foron identificadas e analizadas con detrimento un total de oito secuencias que funcionan como unidades narrativas estruturadas que corresponden ás catro viaxes de ida e volta que Ben realiza ao mundo fantástico, así como dúas escenas finais que mostran o desenlace de dous personaxes fundamentais da historia: o periodista Alan Lesstone e o propio Ben. O modelo de análise aplicado segue as propostas de Sulbarán Piñeiro (2000), Sánchez Noriega (2000) e López Fernández (2003) con respecto ao estudo de películas e reescrituras fílmicas a partir da semiótica do relato e a narrativa fílmica, quen inciden na necesidade da construción da scaletta, unha estrutura desagregada en escenas que segmenta as películas en secuencias con títulos ou palabrascobertura que engloban o asunto. Ademais, Sánchez Noriega (2000) destaca que esta segmentación é imprescindíbel para o caso concreto das películas co obxectivo de recrear por escrito a información audiovisual, o cal consideramos extrapolábel á linguaxe do cómic.\nA historia está contextualizada en todo momento no mundo realprimario. O foco de atención está en Ben até que viaxa ao mundo fantásticosecundario, momento no que se traslada aos seus pais. En efecto, a primeira marcha de Ben (pp. 516) inicia na primeira páxina da novela gráfica cando un ser máxico denominado Wumple entra pola noite á súa habitación solicitándolle axuda para salvar o seu reino fantástico, Auxfanthas, xa que só el pode facelo. O narrador –cuxas intervencións están inseridas en cartelas de cor rosa clara menos redondeados que os que recollen as palabras dos personaxes– xa ofrece indicios ao lector sobre o cambio no punto de vista da historia adiantando que o soño feito realidade de Ben leva parello un auténtico pesadelo para os seus pais (figura 1).\nA partir deste momento a historia vai mostrando as reaccións dos personaxes, que están en relación directa coa información da que dispoñen. Estes poden ser clasificados en tres ámbitos: o privado, onde se atopan os pais de Ben, Edward e Susan; o público, que agrupa os veciños e a prensa; e o restrinxido, que corresponde á policía, cuxa información é maior e máis sofisticada ca dos individuos do ámbito público xa que se nutre do que lle contan os pais do rapaz, pero está baixo segredo de sumario. Nesta primeira secuencia que corresponde á primeira marcha de Ben, as reaccións dos personaxes do ámbito público e restrinxido son similares, conmovidos e con plena confianza na inocencia dos pais e na sinceridade do seu pesar.\nCando Edward e Susan xa empezan a dalo todo por perdido, Ben regresa de noite e aparece no seu cuarto. Deste xeito comeza a segunda secuencia identificada, a primeira volta de Ben (pp. 1734). O rapaz retorna pletórico e fálalles aos seus pais da incríbel aventura que viviu nun mundo fantástico cheo de maxia. Edward e Susan móstranse estrañados, especialmente polo feito de que para Ben pasaran só uns días, mentres para eles foran meses de angustia, pero están felices porque o único que lles importa é que o seu fillo está de volta. Os periodistas volven interesarse polo caso con alegría, mais un deles, Alan Lesstone, non cesa de advertir no seu programa radiofónico de que a prensa e a policía non están cuestionándose a rareza da reaparición do neno e de que hai algo turbio detrás que implica os pais de Ben, mais ninguén lle presta moita atención. Neste momento é cando os rumores xurdidos fan que se afasten as opinións dos personaxes do grupo correspondente ao ámbito público: por un lado estaría a maioría da prensa e os veciños e por outro Alan Lesstone.\nEn secuencias sucesivas queda patente o tratamento adulto da desaparición de Ben. Entre outras, destaca na que Edward e Susan, incitados polos inspectores, levan o rapaz á psiquiatra. Logo da sesión, a profesional entrevístase con eles e cóntalles que está segura de que as historias de Ben son un escudo de protección tras o que se agocha un evento traumático que antes ou despois lle acabará producindo secuelas 5. Ademais, opina que a sofisticación do relato pode ser proporcional á gravidade do trauma. A pesar disto, os inspectores deciden arquivar o caso, convencidos da inocencia dos pais. Neste momento da historia é cando aparecen en escena Arthur e Estela, quen visitan os pais de Ben para falarlles da “Asociación de padres de niños aventureros” (APNA) que preside o home. O matrimonio afirma que cren que a historia que conta Ben é certa. Tamén lles relatan que este tipo de desaparicións son moi comúns, que o seu fillo vivira o mesmo e que Ben volvería desaparecer sen que eles puideran evitalo. Non obstante, os pais de Ben non cren na súa verdade e rematan botándoos.\nUnhas semanas despois da visita, Ben emprende a súa segunda marcha, comezando así a terceira secuencia da historia (pp. 3559). O narrador indícalle ao lector que esta vez todo é distinto á anterior: os investigadores móstranse escépticos sobre o acontecido, preguntando sobre unha posíbel agresión ou maltrato por parte dos pais, e a prensa pregunta sen descanso. Distintos periódicos e programas radiofónicos comezan a falar do tema, o cal se tornara máis interesante para eles polo auxe dos rumores sobre a posíbel implicación dos pais. Así, o periodista Alan Lesstone, que anteriormente fora ignorado, gaña notoriedade e un público fiel cativado pola noticia. Deste xeito, as dúas posicións enfrontadas dos personaxes do ámbito público iguálanse e a policía comeza a sospeitar. En efecto, ao longo da secuencia vemos como a división de pareceres tamén afecta aos inspectores que discuten sobre que facer co caso: Phil opta por cerralo, aínda que desconfía dos pais, mentres Laura cre na súa inocencia.\nDesolados, sen apoio e máis sós que nunca, os pais de ben póñense en contacto con Arthur e Estela e van visitalos. A parella explícalles que o seu fillo viaxara repetidas veces a un mundo fantástico mentres eles envellecían e o rapaz se mantiña novo, e que o mesmo lle acontecera a moitas familias, aínda que cada mundo era distinto e tiña as súas propias normas. Tamén lles comentan que a asociación nacera para dar apoio e ofrecer recomendacións e protocolos de como actuar nestas situacións. O contacto continuo dos pais de Ben coa asociación fai que se converta nunha gran familia para eles, e os seus integrantes contan con información privilexiada que os leva a formar parte da categoría estabelecida para o ámbito privado. Por outra parte, nunha das reunions da APNA á que Edward e Susan acoden tempo despois, dúas nais contan as súas historias e mostran así as dúas posturas enfrontadas que dan conta do distanciamento das perspectivas infantil e adulta con respecto ás viaxes a mundos fantásticos: unha delas explica que dende o regreso da súa filla, logo da segunda viaxe a un planeta descoñecido, ela e o seu marido fan garda para que non volva marchar, motivo polo cal o pai non puidera acudir esa noite á reunión; por outra parte, Edna móstrase moito máis conciliadora e afirma estar contenta de que o seu fillo estea facendo algo bo e entende que tomara a decisión de marchar, porque se lle sucedera a ela cando era unha nena faría o mesmo sen pensar nos pais:\nDeste xeito chegamos á segunda volta de Ben (pp. 6076), na cal o proceder dos pais, a tenor dos novos coñecementos cos que contan, é totalmente distinto. Edward e Susan seguen as pautas do protocolo da APNA e non poñen en aviso a ninguén, mais unha veciña alerta a Laura e os inspectores visitan a casa familiar, onde a prensa se amoreara para lanzarlles preguntas inquisitivas. A psiquiatra infantil confirma que Ben está ben, sen sinais de abuso ou traumatismo, pero mantén a mesma historia. Unha vez máis os inspectores están desconcertados, e Phil está decidido a cerrar o caso. A recepción na prensa desta volta é distinta e non mostran moito interese, aínda que Lesstone continúa insistindo sobre as súas teorías nun programa nocturno. Os pais de Ben intentan continuar a súa vida con normalidade, pero todos os problemas dos que os advertira a asociación, derivados da diferencia de temporalidade do mundo, comezan a cumprirse: Ben non acaba de asumir que pasaran meses e non é capaz de reincorporarse á dinámica de clase, mentres soña con volver ao mundo fantástico. A profesora remata citando aos pais a unha reunión para recomendarlles que o matriculen nun centro de educación especial, polo que os pais deciden ter unha conversa con Ben para confirmar os seus medos de que está pensando en regresar. Nese momento vemos como a nai rompe a chorar, incapaz de agochar a súa desesperación:\nFigura 2. Páxinas 5051 de Los que quedan (2019).\nNon obstante, logo deste momento tenso a nai móstrase arrepentida e cariñosa, e suplícalle a Ben que non volva marchar. A partir de aí, os pais intentan facer todo o que poden para que o fillo deixe de pensar nese mundo, e programan plans divertidos en familia; mais cando días máis tarde van buscar a Ben para ir ao zoolóxico, descobren que o rapaz volvera desaparecer.\nAnte a terceira marcha de Ben (pp. 77102), os pais volven poñer en práctica as indicacións da asociación: compórtanse como se nada acontecera e avisan no colexio que decidiran matricular a Ben nun centro de educación especial, o cal xustifican entregando uns papeis falsos proporcionados pola asociación. Todo indica que o mundo enteiro non se dera conta de nada. Mais Edward e Susan viven desolados debido á falta do seu fillo, e acoden á asociación para atopar consolo. Non obstante, Susan non pode evitar vivir unha forte depresión que lle quita as ganas de todo, incluso de comer. Ademais, pese a que os veciños e os amigos cren a historia artellada polos pais, están cada vez máis afastados.\nNo caso da prensa, de novo destaca a figura de Alan Lesstone, quen se convertera nun reporteiro de éxito grazas ao caso de Ben. Nunha das escenas vese como dialoga coa súa secretaria sobre a necesidade que teñen de atopar un novo rumor ou escándalo do que tirar proveito, e por isto deciden retomar o caso de Ben. Así, interroga os veciños e familiares, incluso a profesora, mais o protocolo da asociación parece funcionar. Non obstante, Alan está decidido a crear unha boa historia e remata atopando unha muller que desconfía dos pais de Ben a través da cal reaviva os rumores e mediatiza o caso.\nAnte a preocupación de Arthur e Elena e o desconsolo de Edward e Susan, os inspectores Phil e Laura volven visitar a casa de Ben. Os pais, desolados, contestan as mesmas preguntas outra vez e mostran todos os papeis que os apoian. Aínda que Laura confía na súa inocencia, decide seguir a Edward até o local da APNA e, cando sae da reunión, intercepta o home para preguntarlle sobre que estaba acontecendo. Edward non pode máis e cóntalle toda a verdade, e aínda que a muller queda estupefacta, o seu instinto dille que non está mentindo e decide non contarllo a Phil. Ao día seguinte na comisaría, Phil informa a Laura de que o do colexio era todo mentira e que tiña a orde xudicial para detelos. Cando por fin chega a policía á casa familiar, Lesstone espera ao pé da entrada para cubrir a noticia lanzando acusacións e xuramentos en contra dos pais de Ben. No momento que os inspectores entran para detelos, Susan sofre un infarto que a converte na primeira vítima mortal das viaxes do fillo.\nLogo de que a relación de Edward e Laura se afinca, Ben regresa de novo ao seu fogar dando comezo a secuencia correspondente á terceira volta do rapaz (pp. 103109). O primeiro que fai cando ve o seu pai é preguntar pola nai. Edward tenlle que explicar todo o que pasara, feliz polo seu regreso, pero sen poder perdoarlle por completo o sucedido. Laura avisa á policía convencida de que crerían na súa palabra, mais acúsana de padecer o síndrome de Estocolmo e volven comezar as preguntas e as revisións médicas ao pequeno, cuxas conclusións relacionan o feito de que non medrara nada dende que desaparecera con algunha enfermidade descoñecida ou graves lesións psicolóxicas. Como ben indica o narrador, “FRENTE A LO INEXPLICABLE, ERA NECESARIO GUARDAR LAS APARIENCIAS” (p. 106).\nDesta volta, a Ben resúltalle imposíbel volver á normalidade xa que os seus compañeiros son moito máis maiores, polo que o seu pai e Laura deciden que estude na casa. A pesar de que á prensa non lle interesa xa o tema, Lesstone insiste e especula sobre a implicación do goberno ou de marcianos. Aínda que o tempo fai que todo se tranquilice, Ben segue impactado polos cambios que atopa ao regreso e pensa a cotío en volver con Wumple. O seu pai advírteo e decide poñer en práctica os consellos de certos membros da asociación poñendo reixas nas ventás e apuntalando a porta do cuarto do rapaz, pero Ben séntese atrapado e cando llo recrimina a Edward brota de golpe o rancor contido, de maneira análoga a como o fixera con anterioridade no caso de Susan:\nAs dúas últimas secuencias da novela gráfica que corresponden á cuarta marcha de Ben (pp. 110117) e o seu correspondente regreso (pp. 118125) son moito máis curtas en extensión, mais paradoxicamente recollen o maior tramo temporal que prepara a narración para o desenlace. Nesta ocasión, Ben é perfectamente consciente do dano que supuxeran as súas marchas para os seus pais, pois foran os detonantes da morte de Susan, pero nunha carta que deixa no seu cuarto intenta xustificarse insistindo na importancia que ten a súa empresa: “SIENTO MUCHO EL DAÑO QUE TE VOY A HACER, PAPÁ, PERO DEBO MARCHARME UNA VEZ MÁS./ ME NECESITAN PARA SALVAR EL MUNDO, SÓLO YO PUEDO DETENER A LOS EJÉRCITOS DEL MAL. TIENES QUE ENTENDERLO./ SERÁ UN POCO PELIGROSO, PERO HE SALIDO DE COSAS PEORES. LA PIEDRA DE KAKRETT ME PROTEGE...” (p. 111).\nDespois disto, Laura vese obrigada a avisar a Phil e intenta convencelo de que Edward non oculta nada. A pesar de que non a cre e pensa que está influenciada pola súa relación co pai de Ben, decide cerrar o caso, desesperado por como sucedera todo. A actitude dos compañeiros de Laura é distinta e non confian nela, polo que remata por dimitir e dedicarse por completo á parella. Ambos esperan o regreso de Ben, pero esta vez o tempo pasa e non hai rastro do rapaz, o cal afecta especialmente a Edward. A narración gráfica correspondente a esta secuencia resulta especialmente paradigmática para a consideración da obra, xa que as ilustracións –sen necesidade de diálogos– dan conta da evolución do estado do pai a través dun cambio de planos que van variando ao longo de catro viñetas: a primeira é un plano enteiro conxunto onde se mostra a Laura durmindo xunto a Edward, quen non pode conciliar o sono pensando no seu fillo; a seguinte viñeta recolle un plano enteiro, pero desta vez só se representa o home, tamén de noite, sentado na cama de Ben totalmente rendido; a continuación, unha viñeta a páxina completa mostra un plano xeral da parella contemplando o ceo dende o balcón, no cal Laura apoia a súa man nas costas do home intentando reconfortalo; finalmente, o gran plano xeral do ceo nocturno que ocupa unha dobre páxina adquire un valor dramático que salienta os estados de ánimo dos personaxes. Aquí recóllense as catro páxinas:\nPasados moitos anos, Ben regresa por última vez xa feito un mozo. Antes de marchar, Wumple fala con el para manifestarlle que medrara demasiado, que era case adulto e por conseguinte a súa maxia estaba desaparecendo por completo, polo que non pode volver viaxar con el. Ante a consternación do neno, Wumple explícalle que é demasiado perigoso e que volverá buscalo cando sexa seguro. Logo disto Ben baixa buscar o seu pai pero non atopa a ninguén, só unha carta de Laura onde explica que Edward o esperara até o último momento, que falecera uns anos atrás e que estaba enterrado xunto á súa nai. Tamén lle di que se necesita axuda pode chamar á APNA e preguntar por Arthur, quen pode incluso poñelo en contacto coa propia Laura se así o desexa. Uns días máis tarde, Ben vai á sede da APNA e no lugar de a Arthur atopa a Arnold, o seu fillo, quen presidira a asociación dende a morte do pai, e tamén a dúas nenas aventureiras xa convertidas en adultas, Anne e Helen. Dinlle que non se ten que preocupar xa que a asociación lle pode dar diñeiro para o seu sustento e axudarlle a rematar os estudos e atopar un traballo, aínda que Ben insiste en que só necesita apoio durante un tempo porque confía na palabra de Wumple e en que regresará por el. Arnold explícalle que é posíbel que iso nunca suceda xa que os seres fantásticos usan os nenos co obxectivo de salvar os seus reinos para despois esquecelos, mentres as dúas mulleres intercambian miradas cómplices de preocupación pola decepción que estaban seguras que ía sufrir Ben co tempo:\nFigura 6. Páxina 125 de Los que quedan (2019).\nfinais de Lesstone a través dunha serie de viñetas guiadas polas intervencións en globos de cor turquesa clara e delimitados por pequenos trazos ondulados rematados en pico que recollen as intervencións da reporteira que cobre a morte do periodista nun programa televisado (p. 126):\nPor último, a historia remata focalizada no personaxe de Ben, do mesmo xeito que comezara, pero nunha situación totalmente distinta. Convertido xa nun home, as dúas páxinas finais mostran o tráxico destino do personaxe que vive á espera de que Wumple volva por el, deprimido, desesperado e sen ganas de vivir, igual que os seus pais anos atrás. Como indica o propio narrador, Ben está só e o seu conto non ten un final feliz (pp. 127128) (figura 8).\nUnha vez rematada a descrición exhaustiva das distintas escenas que compoñen o arco argumental da historia, o procesamento dos resultados indícanos que a evolución dos pareceres dos personaxes da historia, quen guían a maneira na que se artella a trama, van oscilando entre o apoio ou rexeitamento dos protagonistas, Ben e os adultos responsables del (en primeiro lugar os pais, Edward e Susan, e logo o pai e Laura, a súa nova parella) e do seu principal antagonista, o periodista Alan Lesstone. Estes cambios actitudinais determinan en gran medida os altos e baixos destes personaxes, mais nada pode evitar o final desgraciado de todos eles, que rematan pasando ao esquecemento. Ademais, o enfrontamento que se desliga en todo momento entre o mundo da adultez, cheo de prexuízos, desconfiado, monótono e coartador, e o da infancia, emocionante, pero tamén en certa medida inconsciente e irresponsábel, vese reforzado pola presenza e evolución do fantástico, territorio vedado para os adultos.\nDiscusión e conclusións\nA discusión levada a cabo despois da análise dos resultados obtidos permítenos relacionar unha serie de conclusións que responden aos obxectivos desligados do interese principal da nota de indagar a maneira na que se artella o diálogo intertextual entre a literatura e o cómic no caso concreto da obra de Busquet e Xöul.\nPor unha parte, Los que quedan cumpre os catro niveis de descrición da novela gráfica mencionados na introdución do traballo: a nivel formal, a obra dá conta do estilo característico do autor da narración gráfica, cuxa progresión vai xogando con distintos planos e alterna os diálogos dos personaxes con escenas onde a voz narradora toma totalmente o control para proporcionar información privilexiada ao lectorado e complementar o dramatismo dalgunha das escenas máis tensas da obra; a nivel de contido, aínda que os eventos relatados xiran ao redor da intrusión do fantástico, a historia parte da naturalización do “imposible” como algo “real” e focalízase en dar conta da evolución das reaccións dos adultos dos distintos ámbitos identificados (privado, público e restrinxido) ao longo das viaxes de ida e volta do protagonista; con respecto ao nivel de formato de publicación, en efecto estamos ante unha novela gráfica que aposta polo formato libro en todos os aspectos, tratándose dun volume único dunha extensión considerable. Finalmente, a obra foi publicada por unha editorial especializada no mundo do cómic que comezou apostando polo manga e agora traballa na recuperación de grandes clásicos do cómic mentres amplía o seu catalogo con propostas máis actuais da banda deseñada.\nEn canto ao diálogo intertextual que estabelece coas estruturas clásicas dos mundos abertos e das fantasías de portais, os resultados evidencian que a novela gráfica parte da deconstrución da maneira habitual de desenvolver o arco argumental destas tipoloxías de obras no sistema literario infantil e xuvenil a partir de tres cambios fundamentais: o traslado da focalización da historia cara aos adultos, os cales se converten nos verdadeiros protagonistas, especialmente no caso dos pais de Ben, mais tamén se presta especial atención a como van evolucionando os demais secundarios e a como se van influenciando mutuamente; por outra parte, no lugar de seguir a viaxe do nenoprotagonista ao mundo secundariofantástico, desta volta a historia está sempre contextualizada no mundo primario e o único acceso que temos a el é a través do ser que irrompe na normalidade de Ben, das historias do propio rapaz e doutros coma el que tamén realizaron as mesmas viaxes. Mentres a veracidade do fantástico non remata por ser un aspecto fundamental para moitas das obras clásicas que narran a viaxe a mundos secundarios, no caso de Los que quedan a trama aséntase sobre a naturalización do fantástico e do tratamento adulto do proceso.\nPara rematar, consideramos interesante destacar que á luz do estudo realizado podemos constatar que as narrativas fantásticas poden ser construídas de maneira análoga independentemente de se se dirixen a adultos ou á infancia, de xeito que a pertenza a un ou outro sistema vén determinada polo tratamento que se fai da temática así como da perspectiva adoptada. O afastamento consciente dos intereses da infancia e o desprazamento da focalización do relato cara aos adultos supón que a historia dun neno que viaxa a un mundo fantástico tras a chegada dun ser que lle roga que sexa o salvador do seu reino sexa catalogada como unha novela gráfica para adultos. Ademais, este cambio consciente na realización da proposta tamén se ve reforzado pola aposta dun estilo gráfico sobrio, cores de baixa saturación cunha gran predominancia dos tons escuros, e ambientes taciturnos. En efecto, esta é unha proba máis dos xogos intertextuais e intermediais da literatura coas distintas artes, como o cine, as artes plásticas, a música ou o cómic, que se poden dar entre distintos sistemas sen importar o público obxectivo, de xeito que o produto resultante será acollido por un ou outro sistema en función da propia idiosincrasia do relato e da toma de decisións conscientes dos seus creadores.\nBibliografía\nBusquet, J. e Xöul, A. (2019). Los que quedan. Ponent Mon. Cáceres, P. (2003). Análisis cualitativo de contenido: una alternativa metodológica alcanzable. Psicoperspectivas: Revista de la Escuela de Psicología, 2 (1), 5382. https:// doi.org/10.5027/psicoperspectivasVol2-Issue1fulltext-3. Camacho Guizado, E. (2003). Acerca de los géneros de lo fantástico, lo maravilloso y la mitoficción. Literatura: teoría, historia, crítica, 5, 6178. https://revistas.unal. edu.co/index.php/lthc/article/view/45022.\nGPedreira, Rocío (2019). A complexidade do modelo fantástico intertextual de Cada corazón, un umbral. Boletín Galego De Literatura, 54, 1328. https://doi."} {"summary": "Mesmo que intermitente, a presenza da memoria trobadoresca na poesía portuguesa dos séculos XXXXI permite identificar un contínuum intertextual que non deixa dúbidas sobre a impresionante posteridade do repertorio poético medieval. A resemantización da tradición lírica peninsular da Idade Media –e, en particular, da cantiga de amigo–, ilustrada polas súas moitas reescrituras contemporáneas, documenta a plurifuncionalidade –retórica, ideolóxica, simbólica– dunha poesía que non deixou de interpelar creativamente, alén daquel que foi o seu tempo de vixencia históricoperiodolóxica. No presente artigo, partindo da análise de poemas seleccionados de autoras portuguesas contemporáneas de diferentes xeracións –Maria Teresa Horta, Natália Correia, Ana\nLuísa Amaral, Adília Lopes e Catarina Nunes de Almeida–, discútese o modo como, a través das réplicas poéticas que todas concibiron para as cantigas de amigo, conseguen deconstruír a “política sexual” do xénero medieval, converténdoo en vehículo dun gender trouble contemporáneo.", "text": "Un ajuste de cantos : a lírica trobadoresca e a renegociación dos roles de xénero na poesía portuguesa contemporánea https://orcid.org/00000003-25394248\n[Recibido, 2 outubro 2020; aceptado, 15 novembro 2020]\n[Pereira, P. A. (2020). Un ajuste de cantos : a lírica trobadoresca e a renegociación dos roles de xénero na poesía portuguesa contemporénea. Boletín Galego de Literatura, 57, “Estudos”, 6791] DOI http://dx.doi.org/10.15304/bgl.57.7147\n : Cantiga de amigo; poesía portuguesa contemporánea; xénero sexual; xénero literario. abstract Although the memory of troubadour poetry only surfaces intermittently in 20 th and 21 st century Portuguese poets, its persistence gives evidence of an intertextual continuum, leaving no doubt as to the impressive posterity of medieval poetic tradition. The retextualization of the Iberian lyrical genres –particularly that pertaining to the cantiga de amigo –, as illustrated by numerous poetic pastiches and parodies, gives evidence of the rhetorical, ideological and symbolic versatility of a poetic legacy that has never ceased to instigate (re)creation, well beyond its time of composition and circulation. In this article, drawing on the analysis of selected poems by female Portuguese contemporary poets belonging to different generations –Maria Teresa Horta, Natália Correia, Ana Luísa Amaral, Adília Lopes, and Catarina Nunes de Almeida–, we discuss the ways in which, by poetically replying to the medieval cantiga de amigo, they have succeeded in disrupting the “sexual politics” underlying this poetic genre, making it voice contemporary gender trouble. K eywords : C antiga de amigo ; contemporary Portuguese poetry; gender; genre.\nUn ajuste de cantos\nNunha das súas moitas artes poeticae, antiretóricas e saturadas de xogos de palabras, Adília Lopes, quen se autodenomina como a “poetisa pop” portuguesa –cuxas variacións neotrobadorescas analizarei neste traballo– describiu a obra de arte como un “ajuste de cantos”:\nA obra de arte não é um ajuste de contas é um ajuste de cantos. (Lopes, 2009, p. 269)\nA propósito da noción de axuste de Lopes e usándoa con liberdade como un tropo aclaratorio, o meu propósito é botar luz sobre a operación estética e ideolóxica de conxunción das dúas tradicións poéticas sobre as que versa o estudo: a lírica medieval galegoportuguesa e a poesía contemporánea portuguesa. Para a meirande parte dos poetas contemporáneos, que foron no seu día engaiolados e retados creativamente pola alquimia verbal minimalista das cantigas peninsulares, o axuste (entendido como a conciliación do ton e estilo da voz poética descarnada e vestixial do trobador e a súa propia dicción) foi certamente unha cuestión fundamental.\nNeste artigo, indagarei a ocasional –mais evidente– pegada da tradición lírica medieval da Península Ibérica en poetas contemporáneos selectos, entendida como o resultado dun acto discursivo e de converxencia afectiva a través do cal as voces medievais e contemporáneas foron mutuamente axustadas. Como se esperaba, o axuste resultante deste encontro estético pode ter sufrido certa resistencia momentánea e fricción, e a sedución temática e formal ou o axuste ideolóxico dun poeta contemporáneo á poética trobadoresca pode ter sido acompañada por unha firme réplica ás premisas ideolóxicas que a subxacen.\nAfastados da constancia arqueolóxica ou da forte tendencia política doutros movementos neotrobadorescos –como o estilo trobadoresco da Restauración Francesa do século XIX ou o neotrobadorismo galego, o cal emerxeu a comezos do século XX, “when avantgarde experimentalism was torn by a constant tension between new and traditional forms” (Gutiérrez García, 2014, p. 29)– os poetas portugueses non estaban interesados en revitalizar programaticamente a memoria formal da poesía medieval e a súa atracción polo repertorio trobadoresco foi intermitente. Polo tanto, dificilmente podería terse considerado esta revivificadora e irregular remembrance –tomando prestada a palabra medieval utilizada por Nathalie Koble e Mireille Séguy na presentación dun monográfico acerca da memoria da Idade Media na poesía contemporánea (Koble e Séguy, 2014, p. 7) 1 – como un movemento literario ou inclusive unha tendencia recoñecible.\nÉ indiscutíbel que, para os autores portugueses e galegos postmedievais, a recepción filolóxica e a creativa da poesía trobadoresca estiveron sempre intimamente relacionadas. Como apunta Gutiérrez García (2014, p. 28), “the first step in this process of recognition –and reappropriation– of the past was the discovery of the GalicianPortuguese cancioneiros in the midnineteenth century, which placed an emerging nationalist literary historiography in Galicia on a par with other national literary traditions across Europe”, suscitando “the artistic assimilation of the poetic resources of the medieval lyric right up until the early decades of the early twentieth century”. De orixes dispares e cunha intencionalidade ideolóxica desigual manifesta, a inspiración neotrobadoresca en Portugal e Galicia beneficiouse, durante as primeiras décadas do século XX, dos intercambios literarios ocasionais promovidos por autores individuais, tales como o poeta portugués Afonso Lopes Vieira (18781946), cuxos pastiches neotrobadorescos foron admirados e imitados con posterioridade polos intelectuais nacionalistas galegos na década de 1920. Aínda que frutíferos, estes contactos que involucraron a autores portugueses e galegos, impulsados por unha axenda nacionalista igualmente compartida polas persoas asociadas ao movemento saudosista e á Xeración Nós, nunca chegou a culminar na constitución dunha tendencia estética consistente na poesía portuguesa.\nNo seu amplo estudo histórico do neotrobadorismo galego, Teresa López (1997, p. 133) sostivo con acerto que nas literaturas portuguesa e brasileira, os contextos literarios nos cales sería máis presumíbel a reciclaxe dos modelos trobadorescos de xeito evidente, a poesía neotrobadoresca nunca foi cuantitativamente relevante, nin con respecto ao número de autores nin á proporción de textos de inspiración medieval na súa obra 2. Nunha reaproximación máis recente ao tema en cuestión, Martínez Pereiro (2014, p. 93) argumentou de xeito similar que a dispersión e a falta de “teimosía escritural” fixo que sexa máis axeitado falar de textos trobadorescos no lugar de autores en Portugal e Brasil. De xeito descontinuo e discreto, perdendo así a posibilidade da cohesión xeracional e doutrinal, a influencia da tradición lírica medieval na poesía portuguesa dos séculos XX e XXI tivo unha salientábel perdurabilidade, conxugando un gran grupo de autores de períodos e xenealoxías dispares. Un nacionalismo literario dominante e unha obsesión fetichista coa portugalidade podería ternos permitido a afiliación á creatividade poética neomedieval de autores como Afonso Lopes Vieira, António Sardinha ou Afonso Duarte. De xeito similar, a oposición política antiditatorial e a protesta pacífica poderían considerarse como os denominadores comúns sobre os que se asentan as variacións da poética neotrobadoresca de Manuel da Fonseca, Fernando Namora, Fiama Hasse Pais Brandão 3 ou Manuel Alegre. Algúns poemas de Maria Teresa Horta, Natália Correia ou Ana Luísa Amaral poderían, como será argumentado posteriormente, ser interpretados como reescrituras feministas disruptivas de xéneros poéticos medievais levadas a cabo polas herdeiras posmodernas da figura da trobairitz.\nCon todo, estes supostos parecidos familiares non son suficientes para suavizar a inefábel variedade de modismos poéticos e o uso idiosincrático que cada autor fai dunha tradición medieval común, unha reserva compartida de imaxes e temas que a miúdo se senten tentados a utilizar, aínda que en grao variábel e por razóns e propósitos extremadamente diversos 4. Noutras palabras, aínda que o estabelecemento dunha tipoloxía dos usos do neotrobadorismo na poesía contemporánea, xa sexa seguindo unha periodización literaria ou criterios formais (é dicir, tratando de avaliar o grao de similitude ou desviación entre o paradigma medieval e a súa imitación contemporánea) pode resultar operativo, a reelaboración idiolectal dos xéneros e motivos trobadorescos fai que sexa imperativo examinar tamén as motivacións ideolóxicas que subxacen aos procesos de renovación neomedieval. Así pois, todos os modos de recepción medieval distinguidos por F. Gentry e U. Müller (1991) no seu estudo xa clásico (produtivo, reprodutivo, académico e políticoideolóxico) están, en todas as versións do renacemento neotrobadoresco, inextricabelmente vinculados e todos eles son, por tanto, dunha relevancia incuestionábel cando se tenta dar conta plenamente destes encontros intertextuais.\nNesta ocasión, con todo, optei por centrarme máis especificamente na dimensión políticoideolóxica do medievalismo, é dicir, naqueles casos en que “medieval works, themes, ‘ideas’ or persons are used and ‘reworked’ for political purposes in the broadest sense, e.g., for legitimization or for debunking” (Gentry e Müller, 1991, p. 401). Abordarei as cuestións relativas á política sexual contemporánea, tratando de exemplificar algunhas das formas nas que os poetas portugueses contemporáneos, ao reivindicar de maneira innovadora a tradición da poesía medieval galegoportuguesa, se propoñen volver concibir os papeis dos xéneros, deconstruír as mitoloxías esencialistas da feminidade e a masculinidade e socavar as identidades de xénero asignadas. De maneira máis sinxela, tratarei de mostrar como, coa axuda insospeitada dos trobadores, os poetas dos séculos XX e XXI lograron expresar gender troubles moi contemporáneos.\nNon é de estrañar que os xéneros poéticos medievais galegoportugueses, e en particular as cantigas de amigo, cultivadas entre finais do século XII e mediados do XIV por máis de 150 poetas afiliados ás cortes de Castela, León, Galicia e Portugal, estean no centro do labor poético arqueolóxico de varios autores portugueses contemporáneos. O fragmentario e anónimo Arte de Trovar, o breve tratado retórico adxunto a unha das coleccións poéticas existentes, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, enumeraba, nunha tripartición un tanto simplista, os xéneros canónicos – cantigas de amor, cantigas de amigo e cantigas de escárnio e maldizer – a través dos cales se distribúen máis de 1500 textos sobreviventes.\nAínda que os límites que separan os dous xéneros de amor (cantigas de amor e cantigas de amigo) se establecen en termos de enunciación (masculino e feminino, respectivamente), a distinción das dúas subclases satíricas incluídas na categoría híbrida de escarnio e maldicir faise sobre a base dun criterio estilístico, dependendo de se os poetas recorren a termos obscenos encubertos ou explícitos nas súas invectivas e sátiras. Os críticos chamaron a miúdo a atención sobre as limitacións operativas e as incoherencias clasificatorias desta disposición triádica, nas que non vou profundar neste traballo.\nCon todo, vale a pena lembrar que a dicotomía vocal home/muller se atopa no corazón dos límites do xénero dos que informa a práctica do trobador coetáneo. Non sería inexacto suxerir que a recepción posmedieval das cantigas galegoportuguesas aceptou até as últimas décadas con credibilidade esta fabricación vocal, dando por certo que a voz do poeta masculino, que se fixo oír na versión peninsular do canso occitano, era totalmente distinta da da inxenua doncela que, con enganosa franqueza, falaba motu proprio na cantiga de amigo. Debido a que “the maleauthored cantigas de amigo create a dynamic notion of femininity whose multiple and even contradictory roles, voices, and emotions contrast with the uniformity and monotony created for the female figure in the malevoice cantigas de amor ” (Corral, 2002, p. 81), os lectores modernos aceptaron facilmente esta enganosa alteridade, e a súa voluntaria suspensión da incredibilidade axudou a borrar da memoria o funcionamento da ventriloquia transexual indirecta que fixo xerar o Ersatz andróxino do poeta escoitado na cantiga de amigo 5.\nAínda así, como sinalou acertadamente Rip Cohen (2003, p. 31), o corpus das cantigas de amigo peninsulares, que comprende máis de 500 textos, é “the largest body of female voiced love poetry that has survived from medieval or ancient Europe”, e un “still mainly unexplored source for the study of the history of woman’s voice, that is, speech, law, sexuality, mentality (however much that voice may be manipulated, archaic social, linguistic and musical features in these poems suggest that it is genuine in its origins)”. Combinado estratexicamente co mito da feminidade xenética (é dicir, a ilusión retórica de que no poema falaba unha muller real e que podería ser, con toda probabilidade, a súa autora empírica 6), o mito da creación (romántica) de orixe autóctona marcou o camiño interpretativo da cantiga de amigo, á que, dende o século XIX, e máis notabelmente baixo a influencia das tendencias nacionalistas vixentes nas primeiras décadas do século XX, se lle deu maior relevancia, tanto en termos de recepción crítica como creativa 7.\nCooptada polas fantasías nacionalistas bárdicas e usualmente lida como Volkspoesie, baixo o irresistíbel feitizo da falacia de sinceridade antes mencionada, non é nada sorprendente que até hai moi pouco a cantiga de amigo galegoportuguesa non fose obxecto de lecturas feministas destinadas a localizar instancias da mesma orde patriarcal homosocial que deu forma tanto ao canso occitano como ao seu subproduto peninsular, a cantiga de amor. Aínda que as perspicaces observacións de Tavani sobre a complementariedade incantiga de amigo: “Convém lembrar, antes de mais, uma coisa simples e que é ser este um género onde o efeito de real é notável, ou seja, nestas cantigas o ouvinte ou o leitor parecem ouvir diretamente uma voz feminina (ou várias), sem mediação ou interferências. Mesmo sabendo que as cantigas são todas da autoria de trovadores e jograis, o facto é que essa autoria masculina parece apagarse sem deixar marcas, a tal ponto a voz feminina se impõe como real ou verosímil” (Videira Lopes, 2018, p. 343). 6 Aquí refírome, obviamente, á clásica distinción de Bec (1979, pp. 235262) entre “féminité génétique” e féminité textuelle”. Para un recente e estimulante reexame dos argumentos de Bec, véxase o estudo de A. R. Roque no que a autora sostén que a oposición de Bec non debería impedir unha lectura comparativa dos textos de autoría e voz femininas incluídos na categoría multiforme da chanson de femme, xa que “é precisamente o facto de o género sexual do trovador não coincidir com o do sujeito lírico a que dá voz que garante grande parte do interesse e do encanto da cantiga de amigo” (Roque, 2018, pp. 371372). 7 Cómpre dicir que, entre as recreacións musicais realizadas por varios compositores portugueses de renome (Tomás Borba, Frederico de Freitas, Cláudio Carneyro, entre outros) para a Exposición Universal de Portugal de 1940, só atopamos cantigas de amigo. Sobre o tema, ver Lopes, 2018, p. 340. A exposición foi organizada polo réxime autoritario portugués de Salazar, como parte das celebracións do 800º aniversario da fundación de Portugal co propósito de conmemorar os feitos históricos e exaltar a mística imperial nacional. Esta elección é, por tanto, moi reveladora, xa que demostra que o presumíbel xénero indíxena da cantiga de amigo considerábase o que mellor recollía a identidade nacional.\ntanto entusiasta de máis, fixo que algúns críticos falaran dunha manifestación de protoheteronimia (Lopes, 2010)– poderían achandar o camiño para unha investigación máis profunda das estratexias retóricas e ideolóxicas que subxacen ao proceso de confiscación vocal que se leva a cabo na cantiga de amigo, o certo é que estas permaneceron até hai moi pouco practicamente inexistentes. Esta ausencia, que ilustra de xeito paradigmático a arraigada desconfianza da academia portuguesa cara aos enfoques orientados ao xénero, parece aínda máis sorprendente cando se confronta co desbordamento da crítica feminista e de xénero angloamericana que, polo menos dende mediados dos anos oitenta, estivo abordando a tradición poética cortesá e, en particular, a canción de muller medieval.\nNo caso da poesía provenzal, os críticos estabeleceron de maneira convincente a matriz androcéntrica e homosocial do grand chant courtois 9, destronando así a antiga tese dunha superioridade feminina autorizada poeticamente, e sostiveron ao mesmo tempo que no canso a muller é celebrada só na medida en que dá probas de ser “morally and psychologically androgynous” (Kay, 1990, p. 92); non obstante, a cantiga de amigo peninsular abordouse moi de cando en cando dende a perspectiva dos estudos de xénero. Unha excepción merece ser mencionada: en 1993, baseándose no traballo pioneiro realizado pola medievalista holandesa Ria Lemaire (1988), Ana Paula Ferreira publicou un artigo extremadamente perspicaz -e pasado por alto sen xustificación algunhatitulado Telling Woman What She Wants: As Cantigas de amigo como estratexias de contención. No seu estudo, despois de estabelecer que no contexto poético galegoportugués, “as in other medieval Romance literatures, the fiction of woman’s voice cannot be isolated from a whole textual corpus obsessively built around the figure of woman as image” (1993, p. 26), Ferreira sostén que, na cantiga de amigo, a muller “speaks insofar as a male other grants her a reason to do so”, e que depende totalmente “upon the male gaze for [her] own sense of identity as unitary subject” (pp. 3334). Baseándose nun exame minucioso dos textos, chega á conclusión de que, [...] the cantigas d’amigo constitute an ideologically invested, male appropriation of female voice that functioned to support the status quo by confirming women’s dependence of the sexual love of men. The image of a desiring female subject could thus have contributed to keep real women from imposing their own alternative voices not only as ‘writing’, but first and foremost as ‘speaking subjects’. (Ferreira, 1993, p. 37)\nEntre as amplas manifestacións da vocalidade feminina, ilustradas pola heteroxénea tradición medieval da chanson de femme, o pequeno pero significativo corpus de trobairitz proporcionou un modelo excepcional de contra- -dicción feminina, mostrando que “women cannot be contained by masculine structures” (Gaunt, 1995, p. 95). A cantiga de amigo, pola contra, daba conta da manipulación vicaria da voz feminina por mor da cal as palabras da muller non eran máis que un simulacro enxeñoso e unha proxección do desexo do autor masculino que só lle permitía unha voz ficticia para suprimir máis eficazmente a súa representación.\nDurante décadas, os estudosos portugueses desaprobaron con desdén a crítica de xénero ao abordar os xéneros medievais galegoportugueses; non é sorprendente que os poetas contemporáneos, en cambio, se desen conta axiña de que os coercitivos guións de xénero postulados polas cantigas ben poderían ser deconstruídos mediante a creatividade, descubrindo así o potencial protofeminista que albergan.\nA amiga responde: a voz das mulleres (medievais) na poesía portuguesa contemporánea\nEse foi certamente o caso da escritora e activista feminista María Teresa Horta, quen, nunha disruptiva colección de poesía titulada Minha Senhora de Mim, que saíu en 1971 para ser pronto confiscada polos censores do réxime do Estado Novo, reciclou a tradición trobadoresca para desacreditar a opresiva política sexual imposta pola ditadura de Salazar. Aínda que se fai eco da vocalización convencional na apelación directa común na cantiga de amor peninsular (mha senhor, o equivalente exacto do epíteto feudal provenzal midons), Horta combínaa coa enunciación feminina convencional da cantiga de amigo, para reescribir a posición subalterna da muller que postula a ética- -estética do trobador. A voz feminina que fala nos seus disruptivos poemas descorteses, a través dos cales resoa a tradición lírica medieval 10, non é por tanto a do severo e estereotipado señor nin a da amiga fantasiada polo home, senón que pertence a unha muller con libre albedrío, plenamente consciente do seu propio poder de decisión:\nMinha senhora de mim Comigo me desavim minha senhora de mim sem ser dor ou ser cansaço nem o corpo que disfarço Comigo me desavim minha senhora de mim nunca dizendo comigo o amigo nos meus braços Comigo me desavim minha senhora de mim recusando o que é desfeito no interior do meu peito. (Horta, 2009, p. 304)\nLogo de confesarse como a súa propia mestra (minha senhora de mim 11), esta muller emancipada e descaradamente erótica é moi consciente do potencial performativo do seu propio discurso e, por tanto, capaz de articular as súas vontades e luxurias até o de agora non expresadas, negándose a ser reducida a unha portavoz poética das fantasías masculinas. Anna Klobucka (2009, p. 234) sinalou con acerto que “a polarização excessiva na figura masculina ausente, característica das cantigas de amigo, chega a ser suprimida aqui pela atenção igualmente obsessiva votada ao eu feminino”. A inversión de roles exposta nos poemas de Horta é efectivamente revolucionaria, máis aínda se se considera o contexto ditatorial moralmente represivo no que xurdiu. Nunha especie de volteface compensatorio, o suxeito feminino fetichiza sen reserva o corpo masculino, utilizándoo como instrumento do seu propio pracer e orquestrando asertivamente os movementos sexuais da súa parella:\nO Meu Desejo Afaga devagar as minhas Pernas\nEntreabre devagar os meus Joelhos\nMorde devagar o que é Negado Bebe devagar o meu desejo. (Horta, 2009, p. 344)\nAo desmantelar o canon literario e alterar os roles sociais e sexuais, a poética feminista franca de Horta converte o suxeito lírico feminino “em encenador, e já não objecto de encenação, de um encontro sexual, no qual desempenha um papel activo e, segundo a sexualidade mais ortodoxa, passível de ser entendido como desviante” (Amaral, 2017, p. 66). Mediante esta insurrección corporal mediada poeticamente, como resume Ana Luísa Amaral, Horta “desdiz, [...] desmonta, [...] desnomeia” mentres constrúe “novas imagens do corpo”.\nUnha enerxía libidinosa similar, asimilada coa diferenza ontolóxica feminina, pódese atopar nos elaborados pastiches das cantigas de amigo medievais de Natália Correia. Aínda que orixinalmente se ideou como a “contraparte feminina” complementaria dos seus Sonetos Românticos (1990), Correia admite, nun breve prefacio explicativo que precede ás dezaoito cantigas, que se deu conta máis tarde de que tanto o masculino como o feminino, como resultado dunha alquimia poética imprevista, se uniron nos proxectados “sonetos masculinos” (Correia, 1999, p. 619). Esta aclaración é certamente reveladora e dá conta do ethos que guía a reelaboración mimética do xénero medieval, seguramente facilitada pola estreita familiaridade de Correia coa obra dos trobadores galegoportugueses 12. Os textos dispuxéronse en dúas secuencias determinadas polo ton poético, con poemas organizados ao longo dunha dobre vertente de queixume e xúbilo, sendo referendados alternativamente polas “novas amigas” que reviven “velhos cantares de amigo” ou polas “velhas amigas” que cantan “novos cantares de amigo”. O quiasmo (novas/velhos; velhas/novos) é indicativo da interacción entre os impulsos anacrónicos e anticuarios en conflito que subxacen nos poemas. Por unha banda, inspíranse en gran medida na fraseoloxía, o simbolismo, as convencións de xénero e mesmo nos patróns dos textos medievais orixinais, abarcando todo o espectro de subtipos tradicionalmente asociados coa cantiga de amigo: as barcarolas, as bailias, a pastoral e a alba. Con todo, este celo mimético vese ás veces socavado pola interferencia de alusións extemporáneas a acontecementos históricos modernos, situando as cuestións expostas polos poemas nun continuo atemporal, e non estritamente medieval. Isto faise explícito dende o primeiro poema, no que, nun escenario aparentemente convencional, un suxeito lírico feminino, de pé xunto ao mar e en dó pola ausencia do seu amado, convida as súas noivas a cantar con ela as vellas cantigas de amigo, coa esperanza de que estas axuden a traer de volta os seus amantes afastados, perpetuamente comprometidos nas guerras:\nNesta praia, amigas, de onde p’rás cruzadas Foram matar mouros nossos lidadores Com cantares de amigo chamemos as barcas Que à lide levaram os nossos amores. Vão e vêm as ondas. Pelas mesmas águas Discorrem idades. Não mudam as dores. (Correia, 1999, p. 620)\nAo contrastar o motivo heraclitano das augas que corren coa inexorabilidade da guerra e a iteración do sufrimento humano a través da historia, o retrouso condensa claramente a suxestión subxacente no poema de que, máis aló do seu corsi e ricorsi, xorde fatalmente un patrón familiar de acontecementos, baseado na inmutábel natureza humana. As seguintes estrofas reiteran este argumento, substituíndo a referencia ás Cruzadas medievais por exempla extraídas da historia portuguesa, con mencións aos mariños da Idade dos Descubrimentos ou aos soldados que loitaron nas guerras coloniais africanas.\nEsta dialéctica entre a transitoriedade e a permanencia, que impregna todos os poemas, vese reforzada por unha dicotomía de xénero. Mentres que a intervención masculina parece sempre equipararse ás viaxes, á explotación e á destrución, todo iso estimulado pola implacábel rapacidade do home e o seu insaciábel empuxe belixerante, as amigas encarnan unha función restauradora ou homeostática: exhortan os seus amados a abandonar a batalla lembrándolles que chegou a primavera, tratan de evitar os males da guerra coas súas vellas cancións, e mesmo tratan de persuadir aos seus combativos amantes ameazando con deixar de concederlles favores eróticos. Se o amor cortesán medieval era a miúdo un asunto entre homes que deixaba fóra ás mulleres, estas novas cantigas subverten ironicamente esta prerrogativa homosocial e, á inversa, suxiren unha irmandade tácita que con gusto renunciaría á intrusión masculina, se os homes non fosen requiridos para a realización erótica.\nAo raiar da manhã estava a bela Guardando seus mansos cordeiros Quando nesses ares livres da serra\nA cercaram medonhos guerreiros.\nE ouvindo os estrondos da guerra, Disse a pastorinha aos guerreiros Que queriam dar cabo de tudo: Deixaime em paz nesta serra Guardar estes mansos cordeiros Que tiram as maldades do mundo. (Correia, 1999, p. 627)\nA utilización das diferenzas de xénero como temáticas poéticas en relación coas actitudes cara á guerra corrobórase coas observacións un tanto esencialistas feitas pola propia Correia nunha entrevista. Despois de afirmar que vivimos nun mundo no que aínda prevalece o poder da palabra do home, ela argumenta que “estruturalmente, a mulher é avessa, alérgica à ideia de guerra e de conflito. A sua própria experiência maternal a predispõe contra a guerra. Dá vida mas não gosta de contribuir para a sua destruição. É por uma actuação pacífica” (Gonçalves, 2004, p. 45). Ao reverter ironicamente o desempoderamento e desprazamento medieval da muller, estes poemas destacan o poder feminino para sublimar sexualmente a violencia masculina. A domesticación da compulsión marcial dos amantes masculinos parece lograrse a través do ascenso erótico que as amigas exercen sobre eles, permitindo que frutifique unha xubilosa sensualidade prelapsariana, como demostra claramente a alba que pecha a secuencia: nela, despois de espertar nos brazos da súa amada, o guerreiro é persuadido para que non teña en conta o amencer e a chamada á batalla, cambiando “a metralha e ou morteiro” polas “maravilhas” (Correia, 1999, p. 634) ofrecidas pola muller.\nA prominencia da cantiga de amigo nas revisións dos xéneros trobadorescos tamén se manifesta no caso de Adília Lopes. Trátase sen dúbida dunha das poetas portuguesas contemporáneas máis controvertidas, xa que Lopes (en relación coa persoa pública e co seu mérito literario) foi idolatrada e ridiculizada en igual medida, até ao fin lograr, especialmente despois da publicación das súas obras poéticas completas en Dobra (2009), a condición de verdadeira poeta de culto. A súa desconcertante e enganosamente sinxela dicción poética 13, cun distintivo rexistro naïve e infantil, en realidade oculta un sofisticado repertorio de alusións literarias e culturais no que a autobiografía e a fabricación poética se entrelazan de forma provocativa. Rosa Maria Martelo chamou a atención de maneira penetrante sobre a luxosa “memoria textual” de Lopes, afirmando que, [...] a memória, em Adília Lopes, é uma memória textual, oral ou escrita, mas textual, o que temos que associar a uma profunda consciência de que não é possível ler o mundo independentemente da sua discursivização. Compreendese, assim, que Adília Lopes esteja sobretudo interessada em confrontar redescrições do mundo. Dessas redescrições, constam tanto referências literárias, poéticas e ficcionais, que se inscrevem na tradição erudita, como todo um vasto campo de mediações discursivas que inclui provérbios, frasesfeitas, aforismos, publicidade, adivinhas, programas de televisão, romances corde-rosa, ditos familiares, conversas de autocarro e tópicos de revistas femininas”. (2010, p. 225)\nEntendida como unha crítica posmoderna a unha presunta “genealogia ginocrítica” (Klobucka, 2009, p. 305) da poesía portuguesa, a arqueoloxía literaria de Lopes dá prioridade aos textos canónicos occidentais que tratan a posición discursiva da muller para parodiar o mutismo atávico que se lle impuxo ou o tratamento misóxino unilateral ao que foi sometida repetidamente. Un exemplo típico disto atópase na reescritura irreverentemente burlona das famosas Cartas Portuguesas, inspirando innumerábeis poemas nos que tanto Mariana Alcoforado como o Marqués de Chamilly reciben voces apócrifas que derruban os mitos eróticos sobre os que se construíron os seus personaxes literarios.\nEn vista diso, non é de estrañar que Adília Lopes se sinta incitada a renovar vellos textos galegoportugueses e, a través deles, a “dedoxify” parodicamente (Hutcheon, 1989) 14 a convención literaria. Aínda que as cantigas de amigo non son, en absoluto, o intertexto máis omnipresente na súa poesía, as escasas referencias a elas son entusiastamente eloxiosas. Nun fragmento, a medio camiño entre un poema en prosa e unha entrada de diario, incluído en Bandolim (2016), o tema lírico -o cal o lector, moi afeito ao descarado uso da autobiografía por parte de Lopes, relaciona facilmente coa autoraevoca con franqueza as lecturas máis memorábeis da súa infancia, mencionando libros de Juan Ramón Jiménez e Vladimiro Korolenko. As súas observacións finais son inequívocas:\nAté aos 12 anos, não tinha encontrado na literatura portuguesa textos de que gostasse tanto e que tivessem tanto a ver comigo como Platero e eu e O músico cego. Ainda não encontrei. Continuo na mesma. Só me lembro das cantigas de amigo. (Lopes, 2016, p. 57)\nXa en Sete Rios Entre Campos (1999), as cantigas de amigo foron utilizadas para apoiar unha ars poetica antirretórica e desvirtuar sarcasticamente o uso dun estilo artificial e unha dicción elevada na poesía:\nEscrever bem ou menos bem não importa importa a porta (a cona o pão para a boca) o resto são cantigas de amigo. (Lopes, 2009, p. 370)\nNo que podería definirse como unha apropiación pop da tradición lírica medieval, Lopes dá preferencia natural aos textos arquetípicos, é dicir, a aqueles que, en virtude da súa duradeira pegada no imaxinario colectivo e o seu status antolóxico, considera que son os que mellor recollen a tradición poética galegoportuguesa. Esta elección dun corpus moi selectivo e minimalista (cos jograis galegos Martim Codax e Meendinho á cabeza) permite ao lector identificar facilmente os sinais hipotextuais e, ao activar a súa enciclopedia (é dicir, a súa rede de referencias literarias e hábitos interpretativos), pode inferir casos de derivación textual ou de sabotaxe paródico. Ademais, é natural que Adília Lopes se sinta atraída polos minidramas líricos concibidos fai oito séculos por Codax e Meendinho. Autor de sete barcarolas moi aclamadas que se desenvolven en Vigo, Martim Codax organizounas, como sostén Stephen Reckert, “como uma espécie de vilancete semanticamente paralelístico às prestações” (Reckert e Macedo, 1996, p. 165). Meendinho, doutra banda, é o enigmático autor dunha única, pero verdadeiramente excepcional cantiga de amigo, considerada por moitos unha obra mestra sen parangón na poesía galegoportuguesa. Aínda máis importante é o feito de que ambos desenvolven un guión emocional similar nas súas\ncancións: a amiga planea ansiosamente o encontro erótico, esperando con impaciencia polo seu amante ausente e preguntando ás ondas por noticias, ou ben, como na obra mestra dramática de Meendinho, desespérase ante a perspectiva de que non apareza. A pesar de que se expoñen diferentes escenarios emocionais, todos estes poemas viran ao redor dos temas da nostalxia e a perda, a esperanza erótica e, en última instancia, a frustración.\nDesfigurando o patrón formal das cantigas orixinais e desatendendo toda preocupación mimética, Lopes parece máis interesada en desafiar ironicamente a convención do desexo desemparellado e o amor non correspondido que rexe os códigos amatorios medievais da poesía ibérica. Para iso, crea secuelas apócrifas dos poemas compostos por dous xograres que deben considerarse tanto como emendas poéticas como reparacións eróticas aos textos orixinais.\nDous poemas curtos foron inspirados polas barcarolas de Codax:\n[...] aponta para o facto de que, nas cantigas de Codax, falta a efetiva presença do amado, e vai completar a história. Como se ao fim de oito séculos fosse possível à moça apaixonada tomar banho com o seu amigo, no presente do indicativo, e não mais viver apenas a expectativa da sua chegada no futuro ou a lembrança da sua presença no passado. (Silva, 2017, p. 264)\nO mesmo acto de “ingénuo e sofisticadíssimo terrorismo discursivo” (Klobucka, 2009, p. 314) será cometido no soado unicum poético de Meendinho, “Sediam’eu na ermida de Sam Simion”. Obxecto dun debate filolóxico e un escrutinio literario que se renova continuamente, trátase da única cantiga de amigo de Meendinho que foi reiteradamente eloxiada pola súa impresionante combinación de pathos dramático e logro estilístico. Os críticos chamaron a atención sobre o sutil uso que fai o poeta do simbolismo da onda (Reckert e Macedo, 1996, pp. 146147), o eficaz “animismo projectivo” (Ferreira, 1999, p. 47), que conecta a figura feminina e a turbulencia da natureza co seu impresionante dominio dos recursos poéticos rítmicos e acústicos. Ademais, subliñaron a orixinalidade do poeta na rexeneración do topo cortesán (masculino) de “morrer de amor” nun poema que capta admirabelmente a vertixinosa transformación emocional que encarna a moza cando se enfronta á adversidade natural e á perspectiva da súa morte inminente. Por tanto, o efecto dramático depende, en gran medida, da estrutura do crescendo poético e da creación de suspense, que culmina no retrouso cuxa problemática interpretación paleográfica deu lugar a numerosas hipóteses 16. Con todo, calquera que sexa a alternativa que se adopte, o retrouso, xa sexa facendo eco da longa e infrutuosa espera da amiga a través da duplicación sonora (Eu atendend’o meu amigo/ Eu atendend’o meu amigo) ou rematando interrogativamente a narración (E verrá?) ofrece unha imaxe realista do conmovedor abandono da moza na capela de San Simón, enfrontada a un desexo abafador e á insatisfacción erótica.\nCoa súa habitual sinxeleza deflacionista, Adília Lopes responderá poeticamente a Meendinho reducindo drasticamente o pathos dramático do texto orixinal e transformando o que fora unha mera ficción desiderativa nun encontro real:\n(próMeendinho) Na ermida de São Simeão darte-ei a minha mão meu barqueiro. (Lopes, 2009, p. 362)\nAo presentar a imaxe fantástica do barqueiro rescatando a moza que estaba a piques de ser engulida polas crecentes ondas do mar e que voluntariamente lle dá a man (xogo de palabras), Lopes modifica de maneira conspicua a tradición literaria, tratando de compensar o illamento ancestral feminino 17. Polo tanto, ser proMeendinho (como suxire a paréntese pretextual) significa, máis precisamente, ser promuller: ao restabelecer a vontade e a empresa da moza, Lopes libéraa das restricións das convencións, abrindo o camiño para a transitoriedade entre os xéneros e o erotismo consensual alegre. Nun texto abertamente metapoético, incluído en Le Vitrail la Nuit (2006), Lopes anunciara resoltamente:\nAcabou o tempo das rupturas. Quero\nSer Reparadora de brechas. (Lopes, 2009, pp. 574575) 17 Anna Klobucka sinala con acerto que a cantiga de Meendinho é considerada como “o exemplum máximo da identidade da mulher abandonada e desesperada como uma posição discursiva e existencial paradigmática do sujeito feminino...” (Klobucka, 2009, p. 310).\nDe feito, o acto de reparar as brechas pode funcionar como a perfecta metáfora da obra poética de Adília Lopes na que a sutura textual e a rectificación revisionista dos discursos canónicos están estreitamente entrelazados.\nA colaxe intertextual é tamén un importante procedemento de composición en Bailias, libro publicado pola nova poetisa Catarina Nunes de Almeida en 2010, no que, como se afirma no título, a inspiración trobadoresca ocupa un lugar destacado. É certo que Almeida se sentiu seducida non só polos leitmotifs e a atmosfera sentimental da poesía medieval lusogalega, senón tamén polo cru primitivismo do idioma portugués na elaboración e a calidade melódica das cantigas que, segundo as súas propias palabras, parece anticipar a noción verlainiana da música poética (Boëchat, 2009, p. 233) e que lembra irremediabelmente o concepto poundiano de melopoeia 18.\nCon todo, o lector pronto descobre que a referencia inicial ás bailias galegoportuguesas é, en efecto, unha pista enganosa. En sentido estrito, as bailias de Almeida intercálanse con liñas recorrentes tomadas de outros xéneros poéticos (como a cantiga de amor, a pastoral, a alba, e mesmo a cantiga de escarnio e maldicir), para crear poemas autorreferenciais, altamente cultos e metaforicamente extravagantes. Ao recontextualizar a cantiga de amigo galegoportuguesa, en particular, descarta definitivamente o prexuízo duradeiro que identifica a canción de muller medieval coa Volkspoesie espontánea e sen puír. En Bailias, como resultado dunha excéntrica ars combinatoria postmoderna, as citas familiares das cantigas galegoportuguesas foron desprazadas a unha linguaxe poética na que a densa eludibilidade e os matices moi imaxinativos, ou mesmo surrealistas, se fan omnipresentes.\nA conexión inmediatamente discerníbel entre estes poemas, que parecen resistirse á catalogación fácil, e a tradición das cantigas de amigo é, por suposto, a voz feminina. O suxeito lírico de Almeida é moi consciente da súa feminidade e a miúdo expresa unha corporeidade narcisista e xubilosa que parece lembrar as vivaces cancións de baile galegoportuguesas:\nBailam as raparigas as mãos nas mãos das raparigas 18 A este respecto, ver McDougal, 1973.\nnos cabelos das raparigas dos pinhais até aos seios. [...] Bailam as raparigas o círculo aberto seguindo como uma veia coreografia de saias e de cios. (Almeida, 2010, p. 10)\nAínda que ás veces se alude a iso, a intervención masculina é case insignificante nestes poemas nos que a coreografía nupcial das antigas bailias, que serve a un impulso xinecofílico, parece estar menos centrada nos rituais de apareamento e moito máis interesada en celebrar enfaticamente o feminino. Subliñando a influencia tutelar que poetas como Maria Teresa Horta e Luiza Neto Jorge tiveron na súa propia obra poética, Oliveira concede que “de fato, é o meu ‘diamante’ feminino que me impele para a escrita, por isso, o sujeito feminino continua a ser central. É a partir dele que o erotismo se depura e adquire perspectiva” (Boëchat, 2009, p. 232). Esta “cadência erotica feminina” faise bastante explícita na recreación da cantiga de amor híbrida de Lourenço, o renomeado e polémico jogral portugués, “Tres moças cantavan d’amor”, onde o eloxio convencional, dirixido oblicuamente ao poeta masculino, é substituído pola euforia dun encontro nun enclave exclusivamente feminino:\nTrês moças cantavam d’amor os braços debulhados dispostos no lençol. A casa era um corpo invertebrado. Um bicho sem concha à sombra das coxas das moças que d’amor cantavam e sobrevoavam o linho de pernas para o mar uma de dentro da outra para dentro da outra\ne trocavam de sapatos e teciam véus e vulvas como quem ensaia a perfeição de um delito. (Almeida, 2010, p.14)\nEn consecuencia, a ansiosa espera na que descansaba o dramático núcleo da cantiga de Meendinho foi ironicamente baleirada de todo pathos, xa que agora é a moza quen deliberadamente se afasta do amante ausente. En lugar de fantasiar cun encontro consentido de amantes separados, como imaxina Adília Lopes, a autora de Bailias descarta categoricamente o arquetipo feminino da “Penélope á espera”:\nSediam’eu na ermida de San Simón Eu atendend’o meu amigo morrendo de olhar lá longe atrevendome de longe ao meu amigo espaçoso e branco como cavalo branco. Que o tenha deus lá longe e cá me deixe viver para o dia em que me segura o xaile... (Almeida, 2010, p. 24)\nReferencias bibliográficas versity Press.\nMartelo, Rosa Maria (2010). Adília Lopes. Contra a crueldade, a ironia. En A Forma Informe. Leituras de Poesia (pp. 223234). Assírio & Alvim.\nMartínez Pereiro, C. P. (2014). ‘Mudans’ os tempos e mudas’ o al’. A varia actualización da poesia trobadoresca no Brasil e na Galiza. En G. V. Lopes e M. Masini"} {"summary": "Publicado en 1902, O corazón do negror axiña foi considerado como un testemuño de excepción –ao que logo virían sumarse Pasaxe á India, de E. M. Forster (1924) ou Memorias de África, de Karen Blixen (1937)– sobre as dinámicas colonialistas europeas no apoxeo da súa implantación nos territorios dominados. Joseph Conrad escribe dende a experiencia persoal para retratar dun xeito cru as sombras que se cinguen sobre os mecanismos de explotación da África ignota, a negrura moral de quen os dirixen, só equiparábel á da propia selva. O seu é un relato de ousadía, de ambición e vontade de transcendencia, valores que sociedades como as europeas percibían daquela como inherentes ao xénero masculino. Mariñeiros, comerciantes, peregrinos da metrópole pululan polas terras africanas. Pero que hai das mulleres? Que rol desempeñan na novela e, por extensión, na colonización aos ollos de Conrad? O obxectivo deste artigo é ofrecer unha aproximación á cuestión mediante unha lectura crítica do texto.", "text": "Mulleres na escuridade: estudo das personaxes femininas n’ O corazón do negror, de Joseph Conrad\n[Recibido, 13 outubro 2019; aceptado, 26 novembro 2020]\n[Fernández Santome, C. (2020). Mulleres na escuridade: estudo das personaxes femininas n’ O corazón do negror, de Joseph Conrad. Boletín Galego de Literatura, 57, “Notas”, 3144] DOI http://dx.doi.org/10.15304/bgl.57.7172\n : O corazón do negror ; Joseph Conrad; novela colonial; colonialismo; personaxes femininos. abstract First published in 1902, Heart of Darkness was soon considered (together with E. M. Forster’s A Passage to India, 1924, and Out of Africa, by Karen Blixen, 1937) an exceptional testimony of the European power dynamics in the colonies. Based on his experience, Joseph Conrad depicted some not so bright aspects of the British presence in Africa. Darkness represents not just the unknown side of the continent but also the corrupted souls of most of the colonial agents. This is a story of bravery, ambition, profit and glory –values traditionally perceived as inherent to masculinity. Metropolitan seamen, traders and pilgrims navigate the heart of that mysterious land. But what about women? What part do they play in this novel and, by extension, in the colonization process according to Conrad’s writing? The aim at this article is to study the configuration of female characters in Heart of Darkness and their relevance for the plot. K eyword : Heart of Darkness ; Joseph Conrad; novel written during colonisation; colonialism; female characters.\nSegundo o dicionario en liña da Real Academia Galega, “colonizar” evoca o proceso mediante o cal alguén se establece nun lugar (xeralmente despoboado) co obxectivo de cultivalo, habitalo, exploralo. Unha definición que, levada ao plano da política adquire matices que convén ter en conta. Porque, fronte á épica do Afastado Oeste ou os moito máis próximos plans do Instituto Nacional de Colonización español na década dos 50, o paradigma da ocupación de territorios remotos nos continentes africano e asiático ao longo do século XIX non partiu dun escenario de táboa rasa. As poboacións indíxenas houberon de ser sometidas mediante o exercicio da forza (fose esta militar, relixiosa, cultural ou económica).\nEsa acepción da colonización –na que se inscribe a obra de Joseph Conrad– tiña por base a imposición dos códigos da potencia invasora fronte aos propios da comunidade autóctona en virtude á superioridade estratéxica daquela, sendo os seus obxectivos variados: dende o abastecemento de materias primas valiosas para o desenvolvemento das crecentes actividades industriais metropolitanas até a obtención de minerais preciosos e outros materiais prezados para o comercio de luxo, pasando explotación de man de obra local e a creación dun mercado para os excedentes europeos. Fins que a miúdo foron disimulados ante a opinión pública baixo unha retórica discursiva que apelaba ao deber moral e case que humanitario de facerlles participar das bondades da civilización aos indíxenas, ofrecéndolles a posibilidade de redimirse mediante o coñecemento da fe verdadeira. Unha xustificación filantrópica que n’ O corazón do negror queda patente na elocuente reacción da tía de Charlie Marlow, que o bendí como “ mensaxeiro da luz ” (Conrad, 2013, p. 22), destinado a extirparlles os seus horrendos costumes a eses millóns de ignorantes.\nEsa especie de apostolado moderno, herdeiro dos argumentos esgrimidos polos promotores das misións evanxelizadoras da Idade Moderna e que o propio Marlow contempla con escepticismo (“aventureime a insinuar que a compañía operaba con ánimo de lucro” [Conrad, 2013, p. 23]), serviu para lexitimar un complexo sistema de explotación material e humana mentres afianzaba unha imaxe certamente idealizada dos acontecementos nas terras sometidas. Así, pódese afirmar que as sociedades metropolitanas vivían na ilusión do prestixio, da gloria e da bonanza, alimentada dende os poderes públicos e as canles de comunicación (véxase, ao respecto, a explicación que ofrece Marlow ao entusiasmo da tía: “naquel momento acababan de correr ríos de tinta e de abrirse moitas bocas para falar daquela trapallada, e a boa muller, que vivía no mesmísimo medio daquela andrómena, deixábase arrastrar” (Conrad, 2013, p. 22).\nÁfrica é unha constante na conversa pública e privada, convertida nun medio ou nun fin para gobernantes, comerciantes, especuladores, aventureiros, mariñeiros, para tantas acepcións e perfís masculinos como podemos atopar, sen ir máis lonxe, n’ O corazón do negror. Mais tamén para as mulleres, aínda que dun xeito notabelmente diferente, como veremos a continuación. Joseph Conrad escribe dende o coñecemento que lle outorga a súa longa experiencia como membro da mariña mercante inglesa durante o apoxeo imperialista do último cuarto do século XIX. Foi testemuña dos cambios da navegación para adaptarse ás necesidades da industria, da adecuación dos barcos aos novos materiais transportados, da modificación dos tempos no mar, da conduta dos seus compatriotas de adopción alén do mar. E eses longos anos embarcado deixaron pegada no seu pensamento e na súa escrita. O escepticismo e unha certa melancolía infíltranse entre as liñas. Hai moito das súas reflexións persoais en personaxes como Marlow, se ben é arriscado, como alerta Zdzisław Najder (2007, p. XII), querer facer del a súa proxección na ficción. Porén, o pouso autobiográfico de textos como Lord Jim (1900), The Mirror of the Sea (1906) e a propia O corazón do negror (1903) pode constituír unha ferramenta de excepción para realizar unha aproximación á visión conradiana da sociedade do seu tempo. E a ela, precisamente, dedicarei o corpo deste artigo, centrando a análise na percepción do papel xogado polas mulleres no marco da carreira imperialista segundo as diversas caracterizacións presentes na súa obra cumio.\nMais antes diso, é obrigado deterse nun dos grandes prexuízos críticos que pesaron sobre Joseph Conrad e condicionaron a recepción desta. A súa asociación profesional co mar foi explotada comercialmente xa no seu tempo, procurándolle unha reputación de autor de aventuras exóticas similar á de Rudyard Kipling ou Herman Melville. Pasou así a engrosar as filas de escritores con voces narrativas auténticas, pois falaban dende a primeira liña, dende o coñecemento directo. Dende dentro da acción. Homes que escribían para outros homes, que constituían o público ideal para historias nas que a experiencia feminina era, como moito, periférica e anecdótica. Unha estratexia editorial que se consolidou coa reedición nos seus traballos completos entre os anos 40 e 50 e que ten certas similitudes coa que había de procurarlle a fama, algo máis tarde, a Ernest Hemingway. Neste sentido, é interesante recuperar a xustificación por parte de Graham Hough (1960, p. 214) do escaso éxito de Conrad entre o lectorado feminino, non exenta de paternalismo:\nIn my experience very few women really enjoy Conrad, and this is not only because the feminine sensibility so often ceases to function at the mere mention of a topsail halyard, but because the characteristic concerns and occupations of the woman’s world play such a very small part in Conrad’s work.\nA inercia publicitaria callou e deu lugar a unha lectura canónica, asumida e reproducida polas seguintes xeracións sen sequera sometela a revisión. Tómense a modo de exemplo diversas lecturas realizadas ao abeiro da crítica postcolonial e feminista, tan en voga entre os anos 60 e 70 do século pasado. Edward Said non dubidou en cualificar as mulleres como un elemento máis na lista do que el denomina “substancias”, materiais que empregaba Conrad para organizar os seus relatos. Reducidas á condición de cebo romántico ou de talismán para a fortuna. Susan Jones (1999, p. 7) cítaos a el e á escritora Joyce Carol Oates como paradigma dese tipo de interpretación falaz, e apunta: “Meanwhile, some feminist critics continue to interpret Conrad’s narratives as unremittingly patriarchal, reading into his presentation of women a blatant and uncomplicated misogyny”.\nE así, sobre O corazón do negror pesa dende hai décadas un dobre estigma: o de ser un texto procolonial e misóxino. Unha dobre marca que, con todo, se sostén con dificultades nunha lectura atenta e non condicionada. Acaso detrás da distancia entre o escepticismo de Marlow e o materialismo dos seus compañeiros de viaxe non se albisca una liña de pensamento crítica co colonialismo inglés? Non é o realismo nas descricións do territorio e da poboación indíxena, abstraéndose da tentación exotizante ou demonizante que predominaba en relatos de natureza similar, unha xenuína mostra de respecto?\nNo tocante ás acusacións de misoxinia, sirva para esclarecelas o estudo das personaxes femininas n’ O corazón do negror que a continuación se introduce. Unha revisión que, por outra banda, non pode partir senón dun breve repaso á propia condición das mulleres na sociedade inglesa –e, en xeral, na Europa occidentalde finais do século XIX e primeiros do XX, pois debe entenderse que é dende esa óptica que Conrad constrúe as personalidades da tía de Marlow ou das empregadas da compañía, por mencionar só dous exemplos.\nDito período enmárcase na denominada “época vitoriana”, tempo de desenvolvemento industrial e financeiro ligado á florecente industria e aos capitais derivados. Mais o ritmo expansivo da economía non tiña correspondencia naquilo que algúns chamaban “a moral pública”. O conservadorismo marcaba o paso, manifestándose nun moralismo exacerbado, un amplo número de prexuízos e un estrito código de conduta en sociedade.\nHomes e mulleres posuían funcións específicas e non debían faltar a elas baixo ningún concepto. Así pois, eles encargaríanse de protexelas de portas para fóra, preservando de calquera perturbación externa esa especie de letargo feminino imposto, mentes elas practicarían a ética do coidado, atendendo as necesidades do cabeza de familia e dos fillos, velando sempre polo bo funcionamento dos asuntos domésticos.\nA consideración da muller como un “anxo do fogar” ao que home debía venerar enmascaraba unha abafante limitación da súa iniciativa, reducíndoa ao status de figura decorativa, ama de casa e de cría. O eido público era do dominio dos homes, o privado éralle reservado a elas. Unha división en dúas esferas netamente independentes que se sustentaba na crenza de que só eles posuían a intelixencia requirida para gobernar, xestionar, dirixir e planificar xa fose unha fábrica ou un gabinete político.\nNese contexto, encaixa á perfección a seguinte reflexión do sociólogo neomarxista Pierre Bourdieu (1998, p. 55): “[...] les femmes, soumises à un travail de socialisation qui tend à les diminuer [...] font l’apprentissage des vertus négatives d’abnégation, de résignation e de silence [...]”. Unha teoría que, reflectindo unha realidade estendida, cómpre matizar, pois concorda sobre todo coas circunstancias das burguesas e das aristócratas. As propias urxencias das clases baixas forzaba outro tipo de dinámicas menos rigorosas no tocante, por exemplo, ao traballo feminino fóra da casa. Con todo, tanto unhas coma outras vivían sometidas ao ditado masculino, o que Virginia Woolf (1984, p. 45) definía así: “ the masculine point of view [...] governs our lives, [...] sets the standard ”.\nTendo en consideración este panorama, cabe poñer en corentena a condena por misóxina da obra de Joseph Conrad. A idea de que apenas introducía mulleres nas súas tramas non pode ser atribuída senón a un prexuízo nacido trala publicación de Tales of Unrest (1898) e Lord Jim (1900), carente de validez se consideramos o conxunto da súa produción. Na novela que nos ocupa, sen ir máis lonxe, o balance entre personaxes masculinos e femininos con entidade (e por entidade enténdase que teñan dimensión) é equilibrado: catro homes (Marlow, o capitán, o axente ruso, Kurtz) fronte a catro mulleres (a tía de Marlow, a empregada da compañía, a indíxena e a prometida de Kurtz).\nCerto é que ningunha delas ocupa un lugar preeminente na trama. Son secundarias, cando non periféricas na acción. Á fin e ao cabo, “the women are ‘out of’ the man’s world [...]” (Hawthorn, 1999, p. 183), que é o que, en último termo está representado n’ O corazón do negror. A distancia que separa o espazo feminino do masculino queda de manifesto na seguinte reflexión de Marlow, que reproduce unha mentalidade dans l’air du temps : “Que curioso é comprobar o lonxe da realidade que viven as mulleres! Habitan un mundo de seu que endexamais existiu e que nunca poderá existir. É demasiado fermoso, sen dúbida; se quixesen construílo, esboroaríase antes do primeiro solpor ” (Conrad, 2013, p. 23).\nCon todo, sería inexacto afirmar que funcionan como simples comparsas. Porque, malia non ocuparen o centro da escena, a súa intervención ben podería considerarse esencial para o desenvolvemento dos acontecementos. Nese sentido, encaixarían coa interpretación de Edward Said citada con anterioridade, en tanto que pezas percusoras dentro da maquinaria narrativa.\nSe n’ O corazón do negror os homes levan a cabo unha viaxe da luz (representada pola súa sociedade de orixe) ás tebras (que encarnan os territorios situados no curso superior do río Congo) para volveren ao refuxio da civilización, diríase que as mulleres, se ben rodeadas de confort e seguridade, viven sumidas nunha particular variante da escuridade. Súa é a escuridade derivada da inexperiencia, do descoñecemento da realidade non doméstica, da exclusión da toma de decisións políticas e económicas. Sobre elas pesa o veo da forzosa feliz ignorancia que ningunha esperanza semella capaz de levantar. Lembremos as palabras de Marlow a este respecto, de novo tinguidas dun paternalismo que Johanna M. Smith (1989, p. 183) cualifica de mistificación das relacións de poder homemuller: “elas, refírome ás mulleres, non teñen\nnada que ver, non deberían ter nada que ver. Temos que axudar para que non saian dese fermoso mundo delas, non vaia ser que o noso vaia peor” (Conrad, 2013, p. 88).\nMais, se a consigna era deixalas a un lado das cuestións coloniais, como é que o propio Charlie Marlow se vale delas para poñer en marcha o seu ambicioso plan de aventureiro? Quizais porque na súa carreira por embarcar rumbo a África calquera axuda era benvida ou porque, simplemente, os seus coñecidos lle deran as costas: “Os homes dicían ‘Home de Deus!’ e non facían nada. E entón, quen o había dicir?, probei coas señoras” (Conrad, 2013, p. 16).\nEl mesmo admite, escandalizado pola súa ousadía, que usou as redes de contactos femininos do seu entorno para conseguir o seu obxectivo. O fin xustifica, xa que logo, os medios, aínda que supoña implicar a mulleres en xestións que poden interferir con asuntos masculinos. E aí onde entra en escena a tía, “unha alma cándida chea de entusiasmo” (Conrad, 2013, p. 16), da que non se menciona o nome.\nComo xa se apuntou con anterioridade, a carreira colonial non reservaba ningún posto para elas. Fóra de seren as consortes dalgún cargo gobernamental en protectorados ou dominios, a súa presenza nos territorios conquistados era anecdótica, por non dicir inexistente. A súa única oportunidade para participar da aventura africana presentábase en situacións excepcionais como a que expón Marlow. A súa tía vive a emoción da viaxe, a promesa de vivencias e méritos, da gloria persoal por procuración (un trazo que se apreciará tamén na prometida de Kurtz), acompañando coa imaxinación ao seu sobriño, patrocinándoo, sendo o seu anxo da garda: “Escribiu: ‘Será todo un pracer. Estou disposta a facer calquera cousa por ti, o que faga falta. É unha idea marabillosa. Coñezo a esposa dun persoeiro moi notábel da Administración e tamén un señor que ten moita influencia con...’, etcétera” (Conrad, 2013, p. 16).\nAbonda con que Marlow verbalice as súas expectativas, con que formule un desexo, e este seralle concedido. Cabería preguntarse se a satisfacción do mesmo responde a una mostra de altruísmo da súa tía ou de egoísmo (para saciar indirectamente a súa propia sede de acción, así como para saberse protectora dun futuro e glorioso servidor á causa). É inevitábel que, ante semellante entusiasmo, o sobriño fantasíe co porvir que lle agarda: “pensaban [na compañía] dirixir un imperio ultramarino e facerse de ouro a poder de comerciar” (Conrad, 2013, p. 18).\nA tía (instalada en Bélxica, segundo se sobreentende) introdúceo nos círculos adecuados, preséntao, ábrelle as portas e ofrécelle a posibilidade. E nese rol de facilitadora, tomaranlle o relevo as traballadoras da compañía comercial continental á que o home se dirixe para formalizar o seu enrolamento. Dúas mulleres que deixan pegada en Marlow pola súa actitude case robótica e que posúen un atributo cunha fonda carga simbólica: nobelos de la negra coa que fan punto. Igual que unha particular versión das Parcas, encárganse de mover os fíos do destino dos expedicionarios que petan á súa porta. Tiran deles, recóllenos, córtanos. Un simbolismo que evoca, ademais, a tradicional asociación da muller co ciclo vital, pois tanto porta o feto no seu ventre como se mantén a carón do moribundo para acompañalo no seu transo final. Son principio e fin da aventura, alfa e omega. Eficaces, asépticas, mullereszombie que apenas reparan na presenza dos que se cruzan no seu camiño.\nMoitas veces, xa moi lonxe daquel lugar, había pensar naquelas dúas gardiás da porta da escuridade, a teceren la negra coma se houbese servir de pano mortuorio, unha a guiar, a introducir arreo no ignoto, a outra a escudriñar as faces xoviais e aparvadas con ollos velos e displicentes. (Conrad, 2013, p. 20)\nConrad semella especialmente interesado en que sexan identificadas coas fiandeiras mitolóxicas, pois fai que Marlow exclame: “Ave, vella tecelá de la negra, morituri te salutant” (Conrad, 2013, p. 20). E esa mirada súa, cargada de sabedoría, convértese nun oráculo para Marlow, que le nela o misterio e a fatalidade que o axexarán en África. A empregada adquire así unha dimensión case mítica dentro do relato, en contraste coa súa aparencia máis ben gris e a súa rutina inflexíbel. Unha caracterización que non debe ser pasada por alto, pois está tamén cargada de significado.\nEsas dúas mulleres que comparten un cuarto e fan punto febrilmente supoñen unha transposición do ambiente doméstico no eido laboral. A actitude corporal, a disposición física e a indumentaria da máis vella delas subliña esa conexión, esa prolongación do fogar alén dos seus límites. Calzada con zapatillas de abrigo (funcionais, sen tacón nin ningunha outra concesión á coquetería), sostendo no colo un gato, toucada cunha especie de cofia: o seu podería ser o retrato dunha criada ou dunha ama de casa. Dado que a presenza da muller no espazo público non está consolidada, non sorprende descubrir que nel segue a reproducir as maneiras do privado.\nUn espazo, o do fogar, que acolle tamén o derradeiro encontro de Marlow e a súa valedora antes de partir para África. Ela recíbeo á hora do té e desprega diante del unha posta en escena idílica, digna pouco menos que do tópico renacentista do locus amoenus. Todo iso “[...] nun cuarto que exercía un profundo efecto sosegante ao mostrarse tal cal se esperaría do salonciño dunha dama”, onde tiveron “una unha conversa longa e tranquila ao pé do lume” (Conrad, 2013, p. 22); moi en consonancia coa función de bálsamo para as inquedanzas dos homes que a sociedade vitoriana lles atribuía ás mulleres.\nPero se hai algo característico da conduta da tía é a súa condición de espello da figura do sobriño. Sobre ela, el proxecta a súa imaxe, que ela lle devolve nunha versión idealizada, agrandada, deformada por exceso. As proezas que el imaxina, ela dáas por xa realizadas. A grandeza á que el aspira, para ela é un mérito incuestionábel. Por iso, bule escribirlle á muller dun alto cargo e a outras moitas persoas coa boa nova de que Marlow, “[...] criatura excepcional e rebordante de talento, un bendición para a compañía, un home que non se atopa todos os días” (Conrad, 2013, p. 22) anda á procura dun destino á súa altura. Tal é o empeño que pon en dita tarefa que, á súa chegada a África, Marlow se verá sorprendido pola fama inmerecida que o precede. O seu nome é xa coñecido, está en boca dos membros destacados da compañía. Mesmo Kurtz, illado na selva profunda, dá mostras de recoñecelo cando se atopan. Velaquí un proceso de mitificación. O sobriño adquire así a condición de heroe nacional sen tela gañado, mais, a súa sorpresa inicial axiña se transforma en compracencia. O seu triunfo non é senón un espellismo creado pola tía no seu papel de facilitadora.\nConvertida nunha superficie reflectinte, esta non posúe máis capacidade que a de absorber e espallar representacións de identidades alleas. E por identidades alleas debe entenderse masculinas. Un rol que entronca coa reflexión que Woolf (1935, pp. 5354) facía arredor do empequenecemento consciente das mulleres como mecanismo de reforzo do poder dos homes:\nWomen have served all these centuries as lookingglasses possessing the magic and delicious power of reflecting the figure of man at twice its natural size. Without that power probably the earth would still be swamp and jungle. The glories of all our wars would be unknown. We should still be scratching the outlines of de on the remains of mutton bones and bartering flints for sheep skins or whatever simple ornament took our unsophisticated taste. Supermen and Fingers of Destiny would never have existed. The Czar and the Kaiser would never have worn crowns or lost them. Whatever may be their use in civilised societies, mirrors are essential to all violent and heroic action.\nPara que unha posición de privilexio exista e sexa operativa, debe forzarse unha situación de desigualdade, un desequilibrio entre distintas entidades, e proporcionar un discurso que os lexitime. Ou, no seu defecto, dispoñer de instrumentos que sosteñan e mesmo contribúan a aumentar as diferenzas. Tal sería a función da ollada feminina, adestrada para multiplicar a talla masculina, vítima e verdugo da moral patriarcal imperante no contexto que nos ocupa (segundo Simone de Beauvoir, o opresor non sería tan forte se non contase coa complicidade dos propios oprimidos.). “That is why Napoleon and Mussolini both insist so emphatically upon the inferiority of women, for if they were not inferior, they would cease to enlarge” (Woolf, 1935, p. 54).\nE nesa función de reforzo da identidade do home conviven en harmonía unha especie de esforzo centrífugo (cooperar co seu éxito social) e outro de signo centrípeto (garantir o seu benestar doméstico). A muller expándese e reprégase en función da axenda masculina. Así, a escena da despedida entre Marlow e a súa tía ten como clímax unha concatenación de xestos típicos desa “ética do coidado” feminina: “despois recibín un abrazo, instrucións de levar roupa de flanela e escribir con frecuencia, etcétera, e partín”. (Conrad, 2013, p. 23)\nCoa partida rumbo ao descoñecido, penetramos nun universo enteiramente masculino: o da aventura. As relacións que se dan nas estacións polas que pasa Marlow son entre homes de distinta procedencia, rango e ambición. Ao contrario que en Pasaxe á India, por exemplo, a relación que se establece aquí entre os territorios colonizados e a metrópole é estritamente comercial, polo que non existe unha estrutura social arredor dos núcleos de explotación. Os asentamentos son instrumentais, orientados ao desempeño de intercambios mercantís. Comunidades de homes que botan man de nativos e de nativas para satisfacer as súas necesidades.\nFaise mención, por exemplo, ao xefe de contabilidade da compañía, do que Marlow destaca o seu aspecto pulcro e coidado nun contexto onde o clima e as precarias condicións de vida dificultan até a hixiene máis básica. Curioso, admite:\nDisolvéndose na masa informe que constitúe a comunidade indíxena aos ollos de Marlow, é esa a única nota de individualidade que se lle concede á muller. É tan insignificante e está tan pouco definida como os homes do seu redor. Cada un ao seu xeito, padecen os efectos prácticos da dominación branca. Até que unha nota discordante vén axitar a calma tensa da selva, xusto no instante en que a aventura acada o seu clímax e Marlow se dispón a repatriar a un Kurtz ás portas da morte.\nCamiñaba con pasos mesurados, envolveita en teas de listas rematadas con flocos, e pisaba a terra con orgullo, cun lixeiro tintinar e relampar de alfaias bárbaras.Andaba coa cabeza moi alta, o cabelo estaba peiteado en forma de caso, levaba polainas de bronce até os xeonllos, luvas de fío de bronce até os cóbados, tiña un círculo escarlata na meixela tostada, innumerables colares de doas de vidro ao pescozo, adornos estrafalarios, amuletos, galanos de feiticeiros pendurados por todo o corpo, a escintilar e a tremer con cada paso. (Conrad, 2013, p. 112)\nUnha descrición que induce a pensar que se trata dunha figura preeminente dentro da comunidade, tan rica é a súa vestimenta e solemne a súa maneira de conducirse. A súa actitude feroz, desafiante, agresiva podería inducirnos a pensar que está despregando xa sexa un ritual defensivo ou de dó pola marcha de Kurtz. É acaso a súa escrava? A suntuosidade da súa roupa desmínteo. A súa amante africana? A dúbida queda suspendida no aire mentres a comitiva europea se afasta río abaixo. Na beira, a muller aglutina a multitude arredor dela, sinal do seu poder.\nDe súpeto abriu os brazos nus e botounos ao aire, ríxidos, por riba da cabeza, coma movida por un desexo incontrolable de tocar o ceo, e ao mesmo tempo as sombras céleres correron pola terra, rodopiaron no río, apertando o vapor nun\nComo un cometa, a súa fulgurante aparición esvaécese na trama para precipitarnos cara ao desenlace da expedición de Marlow. Atrás quedou África e os seus contrastes, atrás, os derradeiros días de Kurtz; os acontecementos devólvennos ao continente europeo, a esa casa reconfortante na que semella pecharse o círculo da aventura. Alí, o heroe que non foi tal entrégase ás atencións da tía, afanada agora en axudarlle a recuperar a saúde. E de novo sae a relucir a súa faceta de coidadora, repregada no asistencial, no puramente doméstico.\nUn entorno case simétrico ao que enmarca o encontro entre Marlow e a derradeira figura feminina que intervén na historia: a prometida de Kurtz, unha denominación baleira de contido, pois, morto este, a promesa de matrimonio é unha posibilidade que se esfarelou no aire. Porén, o narrador segue a definila en relación ao defunto, xa non como “futura muller de”, senón como viúva a ollos da sociedade (posto que a Igrexa non a recoñece). Unha imaxe que ela cultiva e na que persevera: “Estaba de loito. Había máis dun ano que el morrera, máis dun ano dende que chegara a nova; parecía disposta a recordar e gardar loito para sempre” (Conrad, 2013, p. 136).\nAo contrario que no caso das empregadas da compañía colonial ou da propia tía, a prometida é descrita como un ser inerte. Non executa acción ningunha. Semella que o seu único cometido sexa lembrar a Kurtz, converterse na memoria viva do seu paso pola Terra (“eu había gardar coma un tesouro até o último suspiro, até a última palabra, até o último sinal, até a última mirada” [Conrad, 2013, p. 149]). Unha muller ao servizo da gloria masculina, outra variante do espello que agranda o ego do home. Este adquire nas súas palabras unha dimensión extraordinaria, rozando o hiperbólico: “Que gran perda sufro. Sufrimos –corrixiuse con fermosa xenerosidade. Logo engadiu, nun murmurio–: O mundo enteiro” (Conrad, 2013, p. 139). Mais o dramatismo do seu pesar non é incompatíbel cunha inesperada reivindicación da posición que ocupaba como compañeira del. Ela dise coñecedora dos seus plans, o que significa que el a fixera partícipe dos mesmos. Tal afirmación é rebaixada, disimulada por unha sutil fórmula de captatio benevolentiae : “tamén eu os coñecía, e quizais non era capaz de entendelos, pero outros sabían deles” (Conrad, 2013, p. 139). Poida que dende un punto de vista retórico estea a rebaixarse intelectualmente, asumindo a inferioridade intelectual que a sociedade da época lle presupón, pero o simple feito de estar ao tanto parece demostrar o contrario. Kurtz tíñaa en consideración, e ela sublíñao con orgullo.\nPorén, esa pequena fenda na súa imaxe de muller que sofre, ese minúsculo destello de amor propio, esmorece a medida que avanza a súa conversa con Marlow. Precisa con urxencia que este lle confirme que Kurtz morreu pensando nela. Non polo sentido romántico de dito xesto: pola necesidade de reafirmar unha identidade construída en relación á del. Ante a presión, Marlow opta por mentir. Si, o heroe pronunciou o seu nome antes de expirar. De que serviría atormentar a esa muller, a ese anxo de cabelos louros, rostro pálido, fronte pura e ollos escuros, cos berros horrorizados do seu prometido? “Non, ela non podía ter nada que ver. Tiñan vostedes que oír como o corpo resucitado do señor Kurtz dicía ‘a miña futura’. Daquela habían percibir de inmediato até que punto era ela allea a todo aquilo” (Conrad, 2013, p. 126).\nE pecha así o relato, recuperando o discurso en defensa do feliz illamento das mulleres fronte aos aspectos menos felices da existencia, fronte á escuridade desta. Nin África nin a boa sociedade europea eran lugar para elas.\nBibliografía"} {"summary": "A COVID19 alterou as relacións globais e os equilibrios territoriais, e non menos afectada resultou a mobilidade, cuxas dinámicas foron reconfiguradas. O turismo foi o sector económico máis castigado pola pandemia. A presente proposta pon o foco de atención nunha realidade turística de envergadura internacional, tal e como é o Camiño de Santiago, baseado en desprazamento e mobilidade. O obxectivo é contribuír ao debate actual acerca dos impactos da COVID19 no Camiño de Santiago e avanzar reflexións para a súa futura recuperación. Por iso, adóptase unha metodoloxía cualitativa interpretativa que pon en relación estudos anteriores e ferramentas de planificación e xestión turística. Os resultados indican un comportamento diferente a curto, medio e longo prazo, e considérase que o Camiño volverá ser o benchmark dos itinerarios de peregrinación.", "text": "ARTIGO\nA nova normalidade no Camiño de Santiago: reflexións para o futuro\n Camiño de Santiago; COVID19; nova normalidade.\nThe new normal on the Way of Saint James: Reflections for the future\nJEL Codes: O18, R11, Z12, Z3. * L. Lopez: lucrezia.lopez@usc.es (autora para correspondencia), R. C. Lois González: rubencamilo.lois@usc.es\n1. Introdución\nA pandemia causada pola COVID19 alterou as relacións globais e os equilibrios territoriais, e non menos afectada resultou a mobilidade. Non vivimos só unha limitación á mobilidade internacional, senón que coñecemos unha inesperada limitación á mobilidade a escala local, que reduciu ou anulou os nosos desprazamentos diarios. A saída do confinamento da primeira onda, a finais de xuño de 2020, significou unha lenta e desigual recuperación da “liberdade de movemento” e, con ela, un pautado ingreso na, así chamada, “nova normalidade”, unha expresión que se difundiu nos últimos meses para indicar o conxunto de medidas e hábitos que deberiamos aprender para convivir coa pandemia. Estamos a ver como a nova normalidade non supón a saída definitiva da pandemia, cuxa duración segue sendo incerta (a pesar das vacinas e da inmunidade de rabaño), senón que alude á convivencia con ela para poder desempeñar as actividades diarias, resaltando así as capacidades de adaptación propias de toda comunidade.\nComo consecuencia deste feito histórico, reconfigurouse o escenario da mobilidade de negocio, reforzando modalidades de traballo non presencial e o ecommerce. O desexo de recuperar o tempo perdido animou os primeiros desprazamentos turísticos durante o verán de 2020 (primeiro verán da pandemia). O turismo foi o sector económico máis castigado pola pandemia, independentemente do segmento, precisamente por basearse no movemento de persoas (Febrero Paños e Bermejo Patón, 2021). Demostrouse a fraxilidade dos territorios dependentes sobre todo da actividade turística; así mesmo, unha das primeiras ensinanzas desta crise sanitaria, e consecuente caída turística, foi confirmar que a economía dun territorio debe contar con sectores diversificados (The World Tourism Organization [UNWTO], 2020). De feito, o peche causado pola explosión da pandemia desencadeou un balance das prácticas turísticas, en modo especial das de masa, que antepoñían un uso intensivo do espazo turístico ao seu valor cualitativo e experiencial. En tal sentido, segundo Thomas Friedman (2020), a pandemia marcou un fito histórico, que permite falar do mundo A. C. (antes do coronavirus) e do mundo D. C. (despois do coronavirus).\nA partir destas premisas, e cunha mirada máis atenta ao sector turístico, esta proposta pon o foco de atención nunha realidade turística de envergadura internacional: o Camiño de Santiago. Se ata hai pouco máis dun ano a preocupación era o overtourism e os seus impactos na experiencia da peregrinaxe, hoxe debemos de partir da actual crise turística mundial para analizar os impactos da COVID19 no camiño de peregrinación (Lo pez e Lois González, 2020). O Camiño de Santiago é un “mundo”, en canto que se caracteriza pola súa propia humanidade (é dicir, polos diferentes colectivos que o viven). Debido a isto, require unha atención especial, e por tanto para a súa reapertura deseñáronse unha serie de medidas que poderían ter impactos nas súas dinámicas, ritos e prácticas. O 2021 é unha cita importante, e esperada por moitos, debido a que, despois de once anos, o 2021 é Ano Santo Compostelán (ou Ano Xacobeo, xa que o 25 de xullo, día do Apóstolo, cae en domingo). Ao asumir que este Ano Santo 2021 non cumprirá coas expectativas, de forma excepcional declarouse Ano Santo tamén o 2022, durante o cal se espera poder recuperar os beneficios que xa se dan por perdidos neste 2021.\nAsí mesmo, esta proposta quere contribuír ao debate acerca dos impactos da COVID19 no Camiño de Santiago a través dunha perspectiva histórica que analiza pasado, presente e futuro do itinerario xacobeo. Desde o punto de vista metodolóxico, adoptamos un enfoque cualitativointerpretativo, presentamos unha revisión de estudos anteriores sobre o Camiño, así como os instrumentos de planificación deseñados antes e durante a explosión da pandemia. Seguindo unha liña do tempo, introducimos a caracterización do Camiño antes da pandemia, resaltando a súa dimensión experiencial e vivencial. Continuamos presentando a nova normalidade ao longo do Camiño, valorando as posibles repercusións da limitación á mobilidade internacional. Como resultado, avanzamos algunhas reflexións sobre o futuro do Camiño na nova normalidade, tendo en conta os efectos das limitacións de mobilidade e as limitacións sanitarias prescritas para evitar o contaxio (idade, grupos de riscos, etcétera).\n2. Materiais e métodos\nSegundo J. Creswell (2014), para o deseño dunha investigación é necesario establecer un marco xeral que aborde as diferentes facetas do estudo, desde a avaliación das ideas xerais, pasando polos datos para, logo, chegar á análise e á avaliación. Entre o variado mosaico de perspectivas de investigación, cada unha cos seus presupostos teóricoconceptuais e metodolóxicos (Patton, 2002), optamos por unha metodoloxía cualitativa interpretativa, a través da que se lles intenta dar sentido a fenómenos referidos a un caso de estudo (Creswell, 1998; Denzin e Lincoln, 2018; Vasilachis, 2006). Igualmente, a estrutura da investigación pretende responder aos tres elementos estruturais indicados por J. Mason (1996): 1) definir a esencia da investigación; 2) definir os datos; e 3) indicar os métodos de análise e explicación.\nEn primeiro lugar, revisamos e analizamos estudos anteriores relativos ao Camiño de Santiago antes da pandemia a fin de presentar un estado da arte e con iso entender o alcance das peregrinacións xacobeas antes da pandemia. A través desta revisión, puxemos de manifesto os factores de éxito dun camiño de peregrinación que supera fronteiras intercontinentais. A revisión bibliográfica introduce tamén un aspecto cuantitativo, en concreto fai referencia á explotación da serie estatística publicada pola Catedral de Santiago de Compostela (que rexistra o número de peregrinos que recollen a Compostela 1 na Oficina de Recepción de Peregrinos da Diocese de Santiago). Os informes publicados pola Catedral de Santiago na súa páxina web presentan diferentes tipos de información. Neste exercicio interpretativo non menos relevantes foron as fontes referidas ás ferramentas de planificación e xestión do turismo, en xeral, e do Camiño, no específico. A través destas, destacamos o papel vertebrador que desempeña o Camiño para a política turística galega, e como consecuencia a atención recibida xa nas primeiras semanas da explosión da crise. Esta lectura transversal introduce a curto e a medio prazo novos patróns de comportamento, e avanza novos escenarios motivacionais que sumarán complexidade ao mundo do Camiño.\n3. O Camiño de Santiago antes da pandemia da COVID19\nA peregrinación é un ámbito interdisciplinar e un proceso histórico e xeográfico cuxo desenvolvemento está tamén relacionado con factores económicos, políticos, antropolóxicos e, como tivemos ocasión de descubrir recentemente, con cuestións sanitarias que afectan á mobilidade internacional (Mróz, 2021). De feito, os estudos de peregrinación están estreitamente relacionados con cuestións de mobilidade, sendo a peregrinaxe un desprazamento cara aos sitios (Coleman e Eade, 2004). Trátase dunha mobilidade complexa e frutuosa, resultante da interacción de varios fenómenos que xeran relacións espaciais e culturais a diferentes escalas e, por esta razón, é preciso analizar cuestións asociadas a distancia e comportamento (Cohen, 1992; CollinsKreiner, 2010; Digance, 2003; Eade e Sallnow, 1991; Stoddard e Morinis, 1997). As peregrinaxes son tamén consideradas as primeiras formas de desprazamentos turísticos (Apollo, Wengel, Schänzel e Musa, 2020; CollinsKreiner, 2010, 2015; Timothy e Olsen, 2006). Este carácter móbil explica a caída dos movementos de peregrinación cara ás principais metas católicas durante e despois da primeira onda da pandemia (Mróz, 2021).\nUnha das peregrinacións de máis éxito dos últimos anos é o Camiño de Santiago, primeiro Itinerario Cultural Europeo e unha das rutas de peregrinaxe medieval máis importantes do mundo. A expresión “c amiño ” utilízase para referirse a unha rede de itinerarios que numerosos peregrinos percorren para chegar á cidade de Santiago de Compostela, meta final. O centro histórico urbano de Santiago e algúns dos Camiños foron nomeados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Primeiro, en 1993 o Camiño Francés foi declarado Patrimonio Mundial da Humanidade; logo en 2015 os Camiños do Norte recibiron o mesmo galardón internacional. Desde o ano 1993, o Camiño foi fortemente impulsado polo Goberno rexional, polo que nos últimos anos houbo un crecemento continuo no número de peregrinos que chegan a Santiago, pasando de 99.436 en 1993 a 347.578 en 2019 (Oficina do Peregrino). Ata a interrupción da serie histórica causada pola COVID19, os datos publicados pola catedral de Santiago referidos aos últimos dez anos mostran o aumento de peregrinos que recollen a súa Compostela.\nCon esta tendencia evidentemente positiva, e a súa relevancia na planificación turística galega, o Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 20152021 (Xunta de Galicia, 2015) fixa unhas directrices a favor da conservación e da protección do Camiño (cun orzamento total de 56.119.805€ e un orzamento estimado por peregrino de 70, 66€). Esta ferramenta de xestión servía sobre todo en vista do Xacobeo 21, polo cal a estimación total era de 464.000 peregrinos, cun gasto medio diario de 44€/día e 264€/semana (Xunta de Galicia, 2015). Estas previsi óns xa positivas foron melloradas no Plan estratéxico do Xacobeo (Xunta de Galicia, 2019), segundo o cal os peregrinos previstos ían subir a 502.606. Todas esas expectativas motivaron a posta en marcha de proxectos colaterais, animando a moitos empresarios do Camiño a renovar os seus negocios (Lopez e Lois González, 2020).\nSegundo consta no cuestionario previo á entrega da Compostela, os peregrinos poden elixir entre oito opcións de rutas (Camiño Francés, Camiño Portugués, Camiño Inglés, Vía da Prata, Camiño do Norte, Camiño Primitivo e Camiño Portugués da Costa). Ata o comezo da pandemia, o Camiño Francés era a ruta máis transitada, e por iso empezaban a manifestarse problemas relativos á súa capacidade de carga e á saturación dos albergues públicos (Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, 2014; MartínDuque, 2017; Porcal Gonzalo, Díez Angulo e Íñiguez de Heredia, 2012). Sempre ata o comezo da pandemia, a segunda ruta máis percorrida era unha das tres variantes do Camiño Portugués, é dicir, o Camiño Portugués da Costa, opción introducida pola Catedral en 2016. En catro anos, o número de peregrinos ao longo desta variante superou outras rutas como o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo e o Camiño Inglés. Poderiamos, así, asumir que unha consecuencia da masificación da ruta principal é a progresiva diversificación dos itinerarios. O mesmo Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 20152021 (Xunta de Galicia, 2015) contempla como liña estratéxica a potenciación de todas as rutas de peregrinación a Santiago de Compostela mediante a dinamización dos diferentes Camiños e a difusión dos valores de cada un deles, fomentando así a singularidade daquelas rutas pouco exploradas (Martínez Roget, Castro Domínguez e Fraiz Brea, 2018).\nO éxito do Camiño, reflectido en cifras positivas ata o ano 2019, pode ter a súa clave de interpretación no seu carácter inclusivo, resumido en: 1) mercados internacionais; 2) confesións e relixións; 3) mobilidade; 4) motivacións; 5) camiñonización 2 das industrias creativas. Eses aspectos están relacionados entre eles e retroaliméntanse. Factores diferentes contribuíron á internacionalización do Camiño, como confirma a diversificación da nacionalidade dos mercados emisores (Lois González e Santos, 2015) (Figura 1). Nos últimos dez anos, apréciase un crecemento no mercado estadounidense, cuxo número de peregrinos supera as cifras dos países veciños, é dicir, Francia e Portugal (Martínez Roget et al., 2018). Tamén aumentou o número de peregrinos procedentes do Brasil, mentres que no mercado asiático Corea case duplicou a súa presenza en catro anos, pasando de 4.535 peregrinos en 2016 a\n8.224 en 2019 (Táboa 1).\nEsta visibilidade internacional transformou o Camiño nunha ruta multiconfesional e multirrelixiosa ao longo da cal peregrinos e turistas de distintas confesións comparten un único espazo (Lois González, 2013; Santos e Lois González, 2011). O mesmo Plan estratéxico do Xacobeo 2021 (Xunta de Galicia, 2019) recoñece a multiculturalidade do Camiño como valor estratéxico e punto de forza a partir do cal reforzar a imaxe exterior da ruta xacobea. Ao longo desta, os non crentes poden gozar estando preto da natureza; de feito, un dos atributos máis valorados do Camiño é a paisaxe (Xunta de Galicia, 2019), grazas á cal se propicia tamén a paz espiritual (Farias et al., 2018; Moscarelli, Lopez e Lois González 2020).\nTendo en conta a complexidade do Camiño, adoptamos un dobre enfoque: mobilidade física e mobilidade “metafísica” (ou introspectiva). No que se refire á mobilidade física, esta caracterízase por ritmos lentos e finalizados ao longo do tempo (Lois González e Lopez, 2012). Para iso, os peregrinos dispoñen de distintas modalidades de desprazamento (a pé, a cabalo ou en bicicleta). A mobilidade física lenta é, á vez, consecuencia e causa da mobilidade interior e introspectiva. É consecuencia, na medida en que a mobilidade introspectiva alimenta o desexo de poñerse en camiño; é causa, en canto reforza unha dimensión espiritual non só para os camiñantes espirituais senón tamén para os que peregrinan por outras motivacións, e que de forma inesperada descobren unha viaxe máis profunda (Chemin, 2011; Doi, 2011).\nEsa mobilidade introspectiva está relacionada con outro aspecto que contribuíu á transformación poscontemporánea do Camiño: a variedade de motivacións (Nilsson e Tesfahuney, 2019). N. L. Frey (1998) xa afirmara que, debido aos diferentes perfís de peregrinos, era difícil xeneralizar as súas motivacións. Nesta mesma liña, K. Doi (2011) recoñeceu a dificultade en caracterizar os perfís de peregrinos debido á variedade de procedencia e motivacións. Desde logo, a motivación é relevante para os estudos turísticos en canto que explica comportamentos e expectativas (Losada Sánchez, Alén González e Domínguez Vila, 2014). No caso do Camiño de Santiago, estamos ante unha situación complexa. Por un lado, varios estudos sociolóxicos e antropolóxicos adoptan os seus criterios metodolóxicos para investigar os perfís motivacionais dos peregrinos ao longo do Camiño (Chemin, 2011; Kurrant, 2019). Entre eles, C. Kurrant (2019) adopta unha metodoloxía cualitativa social para analizar os perfís a través das biografías dos peregrinos alemáns, e sinala motivacións vinculadas a unha dimensión persoal (balance de vida, crise, transición e novo comezo).\nPor outro lado, existe a serie histórica producida pola Catedral, cuxas estatísticas seguen sendo referencia á hora de aproximarse ao número e ao perfil de peregrinos (aínda que cunhas limitacións). Os primeiros datos recollidos remóntanse ao ano 1989, cando o 83, 5% dos peregrinos que chegou a Santiago declarou ter realizado a viaxe por motivos relixiosos, o 12, 6% por motivos relixiosoculturais e só o 1, 5% por motivos culturais. Vinte anos despois (en 2009), as motivacións relixiosas son indicadas polo 42, 6% dos peregrinos, o 48, 2% declara razóns mixtas relacionadas con motivacións relixiosas, e o 9, 2% afirma ter feito o Camiño sen ningunha motivación relixiosa. En 2019 3, non se rexistran cambios significativos, xa que un 48, 7% indica ter feito o Camiño por motivos relixiosos e outros, un 40, 3% exclusivamente relixiosos, e un 10, 98% non relixiosos (Figura 2).\nSe ben estas estatísticas son de interese xeral, hai unha década o Observatorio do Camiño de Santiago encargouse de definir con precisión o perfil dos peregrinos e planificar, xestionar e mellorar a oferta e a experiencia dos camiñantes. As motivacións mostradas polo Observatorio eran máis variadas en comparación coas propostas polo Arcebispado, e os datos revelaban que a maioría dos peregrinos se desprazaba cara a Compostela por unha motivación espiritual, pero non relixiosa (Centro de Estudios Turísticos [CETUR] e Xacobeo S.A., 20072010). Só nos Anos Santos as razóns relixiosas se aproximaban a ese valor, pero destacaban moitas outras razóns para xustificar o inicio da viaxe, como a riqueza da natureza, a paisaxe, a historia, a arte ou, simplemente, os deportes ou a diversión (Táboa 2).\nNo seu estudo, F. Cazaux (2011) afirma que os peregrinos definen a súa viaxe como espiritual porque deste modo establecen unha distancia coa Igrexa (cuxa historia e autoridade a miúdo se cuestionan), pero ao mesmo tempo afirman “crer en algo”. De feito, explica que se, por un lado, a relixión alude a un conxunto de regras e á submisión entendida como corolario da relixión, a definición de espiritual alude a un peregrino poscontemporáneo capaz de pór en cuestión o mundo que lle rodea. O significado de fe no Camiño diversificouse en épocas recentes; se ben a espiritualidade segue sendo unha das principais motivacións para percorrer o Camiño e visitar Santiago, a peregrinación xacobea é hoxe unha ocasión de redescubrimento dun mesmo, unha experiencia que permite vivir unha relación equilibrada coa natureza, unha forma diferente de vivir a vida social, o tempo e a contorna paisaxística (CETUR e Xacobeo S.A., 20072010; Lois González, Castro Fernández e Lopez, 2016; Moscarelli et al., 2020). O paso da relixiosidade á espiritualidade e a importancia cada vez maior da dimensión espiritual reforzan o carácter inclusivo do Camiño e, desde o punto de vista económico, permiten abrir novos horizontes de mercado.\nRecentemente, publicáronse os resultados do proxecto El impacto del Covid19 en el perfil del peregrino, coordinado por D. Riveiro García (2021). Entre os distintos cambios no perfil do peregrino que os investigadores destacaron, sinalamos aquí o aspecto motivacional, pois parece confirmarse a tendencia á baixa da motivación relixiosa, xunto a unha redución do carácter espiritual e experiencial do Camiño. Os peregrinos entrevistados responden máis a un perfil lúdico, facendo do Camiño unha alternativa vacacional con ampla oferta de recursos e ao aire libre. De feito, a principal motivación para facer o Camiño son a arte e a cultura, seguidos por vacacións e turismo.\nEfectivamente, ao longo do Camiño ofrécese unha lectura renovada das antigas obrigas de visitar igrexas e mosteiros, que se converteron en recursos para o turismo cultural e patrimonial. A oferta do Camiño é variada, sobre todo desde que, nos últimos anos, se lle recoñecesen valores asociados ao gozo de paisaxes e de elementos medioambientais que axudan á saúde física e espiritual (Lois González e Santos, 2015; Milani, 2001; Sobrino e López, 2006; Santos e Lois González, 2011). A tal propósito, as paisaxes do Camiño están asumindo o carácter de paisaxes terapéuticas, nas cales ambiente físico e construído, condicións sociais e percepcións humanas producen unha atmosfera propicia para a curación (Gesler, 1996). Esta reinterpretación pode axudar a comprender a práctica de continuar ata Fisterra como expresión dun “pluralismo espiritual”, xa que estes camiñantes reforzan o carácter individual da espiritualidade poscontemporánea, desvinculada do poder da Igrexa Católica (a ruta non está recoñecida oficialmente pola Igrexa) (Margry, 2015).\nNon menos importante é o feito de que o Camiño se convertera nun tema crecente nas industrias creativas, incluída a literatura, o cine e as artes, en resposta á tendencia á especialización nas artes e nas humanidades (Lopez e Lois González, 2020). Encontros, emocións, medos e sucesos inspiran ao peregrino, sexa escritor, artista ou debuxante, que aproveita eses tipos de espazos para compartir a súa xeografía persoal co seu público (Lopez, 2020). Motivacións e actitudes poscontemporáneas están contribuíndo a facer do Camiño un Leitmotiv das industrias creativas e, ao mesmo tempo, producen novas formas de explorar e de achegarse á dimensión subxectiva dos peregrinos.\nAs resultantes combinacións destes cinco factores responsables da inclusividade do Camiño crean un espazo internacional e multiconfesional, no cal peregrinos e turistas interactúan para cocrear unha identidade e unha personalidade da ruta e reforzar a hipermobilidade que a pandemia global da COVID19 detivo abruptamente.\n4. A nova normalidade do Camiño de Santiago\nA crise sanitaria e económica xerou un frenesí na planificación turística, pois foi necesario actualizar medidas e estratexias de xestión e dar respostas á urxencia de planificar o futuro da economía do turismo, lonxe de prácticas e realidades pasadas que causaron overtourism, xentrificación e, evidentemente, a dependencia do turismo (UNWTO, 2020). Por iso, confiouse moito neste momento de cambio para mirar cara a un posible decrecemento turístico (Fletcher, Murray, BlázquezSalom e Blanco Romero, 2020; Harvey, 2020).\nDespois de máis dun ano desde a explosión desta crise, convivimos con medos e incertezas, tentando facer un balance do pasado para sacar algún ensino útil que nos permita facer previsións a curto, medio e longo prazo (Febrero Paños e Bermejo Patón, 2021). En pleno Ano Xacobeo 20212022, considerado como oportunidade para a dinamización económica galega (sobre todo para o rural), polo cal se prevía un crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) galego dun 0, 9% e a creación de 11.500 empregos a tempo completo (Xunta de Galicia, 2019), hai que convivir cunha realidade económica complicada e incerta.\nO informe Previsións de impacto do COVID19 no sector turístico galego (Clúster Turismo de Galicia, 2020), publicado en abril de 2020, analiza unha primeira caracterización da demanda turística: limitacións legais á libre circulación, dependencia a curto prazo do turismo de proximidade, crise de confianza e medo a viaxar, coa consecuente redución de conexións internacionais, anunciando así novos hábitos de consumo. No caso do Camiño, o primeiro e o principal problema foi a progresiva desaparición de peregrinos, xa que, como consecuencia do peche durante os meses de abril e maio de 2020, non se rexistrou ningún peregrino recollendo a súa Compostela e interrompeuse a serie histórica da Oficina do Peregrino. Segundo o xa mencionado informe (Clúster Turismo de Galicia, 2020), nun escenario postCOVID 2020, é dicir, co levantamento do confinamento desde finais de abril ou comezos de maio, e coa recuperación do mercado doméstico, as chegadas alcanzarían ao redor de 131.062 peregrinos, pero a realidade foi máis dura e os peregrinos que, finalmente, recolleron a súa Compostela no ano 2020 foron 53.905 (Oficina do Peregrino).\nO peche do Camiño e a progresiva desaparición do peregrino tiveron os seus impactos na “microeconomía do Camiño”, é dicir, naquel conxunto de actividad es económicas que floreceron grazas á ruta xacobea, aproveitando un comportamento de consumo baseado en bens e servizos locais e xerando procesos virtuosos para a economía local (Martínez Roget et al., 2018); unha microeconomía camiñeira que redistribúe riqueza ao longo da ruta e que contribúe a crear postos de traballo en actividades tradicionais, como aloxamento e manutención, xunto a outras actividades emerxentes máis ben vinculadas á loxística e ao transporte. De feito, a creación destes empregos estaba a xerar impactos socioeconómicos positivos. No seu estudo, M. Fernández Fernández, D. Fernández Méndez e D. Riveiro García (2021) analizan o efecto multiplicador do Camiño na creación de postos de traballos directos e indirectos.\nEntre as actividades símbolos do Camiño están os albergues (públicos e privados), lugares de encontro e de condivisión. O Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 20152021 (Xunta de Galicia, 2015) defende o impulso á creación de novos albergues en zonas onde a oferta privada sexa escasa ou nula. Os albergues viron perigar a súa supervivencia por mor da COVID19, sobre todo nos casos de albergues rehabilitados e reformados baixo a expectativa do escenario positivo do Xacobeo 20212022. Para aqueles que decidiron reabrir, sexa a finais de xuño de 2020 (para os poucos peregrinos que qued aron “atrapados no Camiño”) ou nos meses sucesivos, foi necesario adaptarse ás indicacións sanitarias, sendo a primeira delas o respecto do distanciamento social e, en segundo lugar, a obriga de reducir a capacidade de aloxamento, facendo máis difícil a súa supervivencia polos custos de adaptación (Figura 3). A esas medidas, hai que sumar outro concepto nos orzamentos de xestión: os custos derivados das medidas de limpeza e hixiene. A tal fin, a Federación Española de Amigos do Camiño (FEAACS, 2020) informou de que o sector dos albergues requiría a colaboración de institucións públicas e un paquete de medidas específicas para manter a súa viabilidade.\nPrecisamente para lle facer fronte á crise do sector, en maio de 2020 a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia fai público un Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID19 (Xunta de Galicia, 2020), dotado dun investimento de 26, 8 millóns de euros repartidos como segue: 10, 2 millóns para o sector cultural, 11 millóns para o sector turístico, reforzados con 5, 6 millóns de euros a través de medidas transversais enmarcadas no Xacobeo 20212022. Tamén pon en marcha o programa Camiño Seguro, co obxectivo de promover unha peregrinación adaptada á situación sanitaria a través dun protocolo integral de actuación nos itinerarios xacobeos en Galicia. Como indica na súa páxina web (https://www.caminodesantiago.gal/es/caminoseguro), o programa inclúe medidas como as seguintes: limitacións de aforamento de entre 50% e 75%, elaboración de guías e manuais de apoio, formación para máis de 300 albergueiros, axudas para a adaptación dos establecementos ás medidas hixiénicosanitarias, servizo de asesoramento para os negocios e un novo sistema online de reservas de albergues. O desenvolvemento de novas plataformas tecnolóxicas é importante para facilitar as reservas nos albergues, informando en todo momento aos peregrinos das prazas dispoñibles. De cara ao futuro, esta práctica podería levar a fomentar dinámicas de colaboración a diferentes escalas para detectar posibles necesidades no trazado. En definitiva, o éxito deste programa depende da capacidade de establecer a máxima coordinación entre os distintos organismos xestores interesados na reactivación da peregrinación xacobea.\n5. O futuro pospandemia do Camiño (reflexións e perspectivas)\nQuizais aprendemos que non existen fórmulas máxicas ou algoritmos que poidan xerar gráficas da evolución dos fluxos de peregrinos, e, por tanto, as previsións estatísticas parecen pouco acertadas. Ademais, tamén aprendemos que existen diferentes escenarios (a curto, medio e longo prazo) que debuxan unha realidade diferente.\n5.1. A hipermobilidade e a humanidade do Camiño, volverán ser as mesmas?\nA mobilidade é consecuencia da distancia que, no caso da peregrinaxe, se distingue en psicolóxica ou absoluta. No ano 1970, o xeógrafo Waldo Tobler afirmou que: “ todas as cousas están relacionadas entre si, pero as cousas máis próximas no espazo teñen unha relación maior que as distantes ” (Tobler, 1970, p. 236). A partir desta lei, a interacción entre os lugares debería perder intensidade ao aumentar a distancia (distance decay). No caso das relacións espaciais das peregrinacións, a distance decay perde o seu valor (Stoddard e Morinis, 1997) e trátase a distancia tamén desde un punto de vista relativo e psicolóxico, que pode mesmo chegar a reforzar o desexo de peregrinar. De feito, a distancia dun lugar sacro determina o comportamento do fiel e as relacións territoriais. Por exemplo, no imaxinario cristián as peregrinacións que comportan un desprazamento máis longo son tamén as peregrinacións que máis “recompensan”; esta imaxe positiva da distancia fúndase nas dificultades e ameazas que se lle adoita atribuír.\nOs datos referidos á procedencia dos peregrinos revelan unha contracción dos mercados intercontinentais. Por exemplo, o total de peregrinos estadounidenses chegados durante o 2020 foi de 438, e 343 no caso do Brasil. As restricións á mobilidade debuxan unha realidade formada por peregrinos españois (36.965), seguidos por peregrinos portugueses (2.949), e o mercado italiano mantén o terceiro lugar (2.694), como pasaba antes da pandemia (Oficina do Peregrino, 2021) (Táboa 3). A escala europea, reduciuse o número de peregrinos ao longo dos itinerarios transfronteirizos (Camiño de Santiago, Via Francíxena, etcétera), posto que os peregrinos optaron por itinerarios máis ben locais e nacionais (Mróz, 2021). Quizais, tamén a medio prazo haberá máis peregrinos europeos que asiáticos ou americanos, pero iso non significa que o Camiño non volva ser o paradigma da mobilidade, física e metafísica. Como no pasado, o peregrino poderá volver ser o auténtico protagonista da recuperación do Camiño.\nAdemais dos peregrinos, outro colectivo que é parte da humanidade do Camiño está representado polos hospitaleiros, cuxos perfís tamén están en risco, primeiro se se ten en conta o seu carácter internacional, e en segundo lugar poque entre eles tamén hai persoas maiores, ás cales se lles desaconsella pórse en camiño por razóns de saúde. Así que a curto e a medio prazo o seu perfil podería verse afectado e sufrir algunhas modificacións. Desde logo, a cuestión da idade concirne a todos os peregrinos, xa que nos meses de verán de 2020 a porcentaxe de camiñantes con máis de 60 anos é inferior con respecto aos anos anteriores (Oficina do Peregrino, 2020). Esta variación débese a unha maior sensibilidade e a un aumento de riscos e complicacións no caso de contraer a infección por COVID19.\n5.2. Que impactos poderá ter o distanciamento social nas relacións sociais ao longo do Camiño?\nTendo en conta as medidas de prevención ao contaxio impostas polas institucións (reflectidas en normativas e protocolos de actuación) e os trazos do Camiño, na Figura 4 avanzamos uns posibles efectos do distanciamento social en dúas dimensións do Camiño: as relacións sociais, e a reflexión e introspección. O distanciamento afecta ás relacións sociais na medida en que se impuxeron limitacións aos espazos comúns nos albergues e se reduciron os contactos sociais ao longo do Camiño. O resultado destas restricións é “menos communitas ”, é dicir, menos cohesión social. O concepto de communitas foi elaborado por V. Turner e E. Turner (1978) para referirse ao sentido de cohesión dunha sociedade relixiosa, tamén garantida pola lexitimización das institucións e polos produtos culturais. Ao longo destes anos, este concepto sufriu una certa secularización, como moitos outros aspectos relixiosos, ata ser concibido como unha interacción social que o ser humano necesita para tentar construír a súa subxectividade e encher os seus baleiros interiores. Evidentemente, non existe communitas se non hai interacción; por tanto, a curto prazo quizais este aspecto resulte prexudicado, pero sendo a dimensión social un dos elementos mellor apreciados do Camiño, non tardará en recuperarse. Doutra banda, este distanciamento forzoso pode significar máis tempo para estar só e, xa que logo, para pensar e atoparse, favorecendo así outro tipo de experiencia característica do Camiño: a introspección. De feito, un dos atractivos do Camiño é o “tempo”, que os peregrinos aprenden a recuperar e a valorar por estar lonxe dos ritmos acelerados da vida cotiá.\n5.3. O Camiño, volverá ser o mesmo ou sufrirá unh a “metamorfos e ”?\nA mobilidade é unha peculiaridade da dimensión interior do peregrino poscontemporáneo (Coleman e Eade, 2004), convertendo a peregrinaxe en modelo de mobilidade transnacional (cos diferentes impactos que isto poida ter). O 21 de xuño de 2020 declárase o cesamento do estado de alarma en España e o 1 de xullo de 2020 reábrese oficialmente o Camiño de Santiago. A partir deste momento, empeza unha lenta e progresiva reaparición dos peregrinos. Ademais das limitacións hixiénicosanitarias que introduciron cambios no mundo da peregrinación, e da procedencia dos peregrinos, atendendo ás fontes estatísticas da Oficina do Peregrino, outros cambios asómanse no Camiño. En primeiro lugar, como xa se indicou, desde o punto de vista sociodemográfico no verán de 2020 diminúe o número de peregrinos con máis de 60 anos, e en segundo lugar, entre os peregrinos que terminan o seu Camiño nos meses de xullo, agosto e setembro de 2020 diminúe a motivación relixiosa. Este cambio pode xustificarse por cousa dos valores poscontemporáneos asociados ao peregrino nestes inicios do século XXI; é dicir, ansia por camiñar e por reafirmarse (Lorimer, 2011). Ademais, contextualizando eses aspectos a un momento histórico pospandemia, o Camiño volverá ser unha ocasión para saír, camiñar e estar en contacto coa natureza e recuperar aquela liberdade de movemento que a pandemia limitou. Esta recuperación poderá ser pautada e dependerá da distancia e da procedencia dos camiñantes. O Camiño ofrece a posibilidade de escapar da masificación e de gozar dos diferentes recursos da contorna natural (Galvani, Lew e Sotelo Pérez, 2020). Quizais será precisamente a motivación holística a que dominará nos próximos anos.\nOutro aspecto que habería que ter en consideración para entender o futuro do Camiño reside nunha das primeiras definicións de peregrinaxe, orixinariamente considerada unha quest, é dicir, unha viaxe espiritual que comporta a procura de si mesmo (Morinis, 1992; Osterrieth, 1997; Turner e Turner, 1978). Ao final da quest, prodúcese unha nova identidade ou un novo status; por iso, a experiencia peregrinatoria non termina coa chegada ao destino ou coa volta a casa, porque é unha experiencia espiritual que afecta á percepción do mundo, leva a profundas experiencias interiores e estimula a repen sar o pasado e a ter unha visión renovada do futuro (Frey, 1998). O “peregrino de mañá” necesitará esta quest e este momento catártico, por iso poderá atopar no Camiño unha resposta ás súas inquietudes. Polo tanto, a ruta xacobea ten os requisitos de “ruta de terapia possecular”, e quizais “posCOVID”. Segundo L. Mikaelsson (2012), a ruta terapéutica está constituída por dous elementos: o primeiro é a comprensión de feridas persoais (como divorcio, morte, perda do traballo, etc.), o segundo elemento consiste en experiencias de renovación ou transformación. Ambos os elementos converxen neste momento histórico, que pode facer do Camiño un exemplo de terapia gradual que traia beneficios para a curación física, mental e espiritual. Para tal propósito, non hai que esquecer o xa mencionado auxe do Camiño cara a Fisterra, e que podería renovarse xa que conta coa experiencia doutra paisaxe: a paisaxe marítima (e a auga como elemento catártico). A paisaxe encantadora de Fisterra e o propio nome da Costa da Morte están acompañados dun gran simbolismo que xorde dunha localización nunha das rexións máis occidentais de Europa, e enlazan cunha rica tradición de mitos e lendas (Alonso, 2002; Blom et al., 2016; SánchezCarretero, 2015). Ata o 2019, os peregrinos continuaban ata a fin do mundo porque querían regresar á natureza (lonxe da aglomeración urbana de Santiago). Na actualidade, chegar cara ao océano recuperaría o seu significado catártico e ancestral. A rexeneración espiritual é unha expectativa dos peregrinos que, cumprindo antigos rituais asociados ao lume e á auga, darían un paso máis cara á conceptualización da espiritualidade poscontemporánea (Margry, 2015).\n6. Conclusións\nA crise causada pola COVID19 ofrece a oportunidade de establecer prioridades e direccións necesarias para apostar por un desenvolvemento futuro equilibrado, restablecer a visión do futuro a curto e a medio prazo, e revisar activamente estudos e informes anteriores sobre prácticas turísticas insustentables para evitar a súa repetición; en definitiva, debería ensinar a facer as cousas en virtude de novos valores, como a equidade, a ética, a inclusión, a sustentabilidade, a responsabilidade, a xustiza social e ambiental e, especialmente, a resiliencia (Benjamin et al., 2020; Edelheim, 2020; Fletcher et al., 2020; Gössling et al., 2021; HigginsDesbiolles, 2020; UNWTO, 2020). As ondas de pandemia mostran a continuidade dos efectos en diferentes sectores da vida económica, social e cultural, e con iso nos comportamentos da poboación (Mróz, 2021; Oxholm et al., 2020). Tendo en conta que o Camiño ofrece unha forma alternativa de viaxe sustentable, lonxe dos centros concorridos e en pleno contacto co rural, este volverá estar de moda, reconfirmando esquemas de consumo plurais e transversais.\nAs motivacións do peregrino parecen adecuarse (e actualizarse) segundo o momento histórico e cultural, interpretando así os paradigmas de novas correntes relixiosas, espirituais e seculares (Farias et al., 2018; Moscarelli et al., 2020; Possamai, 2003). Por mor do vivido neses meses, as motivacións poderán ser cada vez máis diversas, e quizais aparecerá algunha motivación especificamente relacionada cunha “terapia pospandemia”, baseada no contacto coa natureza e co aire libre. O Camiño volverá ser unha modalidade de redescubrimento da natureza da man do gozo de diferentes recursos ao longo da ruta, ampliando así a súa xa variada oferta e aumentando as dificultades en recoñecer os límites entre peregrinos ou turistas, e con iso a caracterización dun perfil cada vez máis complexo. Todo isto requirirá unha xestión e planificación da ruta que estableza prioridades para garantir un desenvolvemento sustentable. Será necesaria a máxima coordinación entre os distintos organismos xestores, sen esquecer que a recuperación da mobilidade ao longo do Camiño pode contribuír á recuperación das economías locais.\nOs plans de xestión mencionados ao longo do texto confirman o interese na planificación do Camiño. Os seus xestores teñen unha responsabilidade non só local, senón tamén internacional. En canto ao seu modelo de xestión de bioseguridade, podería servir de exemplo para outros itinerarios. Así como no pasado o Camiño foi un benchmark na planificación e xestión territorial dun itinerario cultural, poderá volver selo no futuro, pois o Camiño acolle numerosos peregrinos e por iso todo o mundo o mira para aprender.\nDesde hai uns meses empezaron diferentes campañas de vacinación, pero o clima de incerteza segue imperando no escenario internacional. Empezou unha loita xeopolítica precisamente asociada ás vacinas que, xunto á evolución económica, será a principal responsable de determinar o rumbo dos desprazamentos internacionais. Por tanto, tendo en conta a data de finalización deste traballo (7 de xuño de 2021), apostamos por continuar a monitorear o desenvolvemento da pandemia COVID19 ao longo do Camiño, atendendo aos perfís sociodemográficos e motivacionais dos peregrinos, para valorar que papel vai desempeñar este tanto en termos socioeconómicos como en termos terapéuticos.\nAutoría do traballo\nConceptualización, L.L. e R.C.L.G.; metodoloxía, L.L.; adquisición de datos, L.L. e R.C.L.G; análise e interpretación, L.L.; redacción e preparación do borrador, L.L.; redacción, revisión e edición, L.L. e R.C.L.G. Todos os autores leron e están de acordo coa versión publicada do manuscrito.\nBibliografía\nAlonso, F. (2002). Historias, leyendas y creencias de Finisterre. Betanzos: Briga.\nVasilachis, I. (2006). Estrategias de investigación cualitativa. Barcelona: Gedisa. Xunta de Galicia. (2015). Plan director y estratégico del Camino de Santiago en Galicia 20152021. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Recuperado de:\nhttps://www.turismo.gal/canleprofesional/planse-proxectos/plandirector-caminode-santiago?langId=es_ES#:~:text=El%20Plan%20Director%20del%20Camino, privados%2C%20implicados%20en%20el%20mismo Xunta de Galicia. (2019). Plan estratégico del Xacobeo 2021. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Recuperado de: https://www.turismo.gal/osdam/filestore/1/8/0/5/3_66c1f535732692d/18053_e66ed12a82097c3.pdf Xunta de Galicia. (2020). Plan de reactivación de los sectores cultural y turístico frente a los efectos derivados de la COVID19. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Recuperado de: https://xacobeo2021.caminodesantiago.gal/es/institucional/plande-reactivacionde-lossectores-culturaly-turistico"} {"summary": "Abórdase o estudo do material de briozoos conservado no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. O Museo alberga catro coleccións diferentes que conteñen mostras de briozoos: A colección da “Estación de Bioloxía Mariña de Santander”, a da “Fauna Mariña de Galicia”, a de Tipos, e a Colección Xeral de briozoos, que é con diferenza a máis extensa. En total, estas coleccións conteñen 1065 mostras de briozoos, conservadas en seco, en alcohol ou incluso en formol, correspondentes a 241 especies. Unha pequena parte está exposta ao público, mentres que a meirande parte está depositada na sala de coleccións do Museo. O 98% das mostras proceden de augas ibéricas, e máis en concreto o 92% proceden de Galicia ou de Portugal. O 84% do material foi citado en diversas publicacións científicas e un 13% das mostras foron ademais figuradas, polo que as coleccións constitúen un importante material de referencia. Unha cuarta parte das mostras teñen ademais especial relevancia por distintos motivos: As coleccións albergan catro holotipos e dez paratipos de seis especies; ademais, outras 59 especies son en xeral pouco frecuentes, ou ben o seu material é o único material ibérico ou español que se conserva.", "text": "As coleccións de briozoos do Museo de Historia Natural da USC The Bryozoan collections of the Museum of Natural History of the USC\n: Colecciones históricas; Biogeografía; Biodiversidad; Península Ibérica; Galicia; Portugal.\nINTRODUCIÓN\nO Museo de Historia Natural \"Luis Iglesias\" da Universidade de Santiago de Compostela (MHNUSC) é probablemente o conxunto de patrimonio históricocientífico máis importante de Galicia. Dende 2014 está situado no seu propio edificio, de nova construción, situado no parque Vista Alegre, nunha contorna onde xa hai outros centros culturais e científicos dependentes da Xunta de Galicia ou da Universidade de Santiago de Compostela (USC) (Fig. 1).\nO filo briozoos ou ectoproctos (véxase R EVERTER -G IL et al., 2016) inclúe invertebrados triblásticos celomados, non segmentados e coloniais, que viven fundamentalmente no mar, aínda que tamén habitan en augas salobres e doces. As súas colonias están integradas por un número moi variable de pequenos individuos, chamados zooides, de entre 0, 30 e 1, 00 mm de lonxitude, que poden ser iguais ou diferentes. Cada zooide pode considerarse integrado por dúas subunidades: un polípido, constituído por unha coroa tentacular ciliada, o tubo dixestivo e o centro nervioso; e un cístido, que rodea ao polípido e contén a cavidade xeral. A coroa tentacular pode retraerse completamente no interior do cístido ou proxectarse ao exterior para capturar o alimento mediante a filtración da auga que o rodea. Os briozoos carecen de aparato excretor, e os produtos de refugallo vanse acumulando nas células do mesodermo e do tracto dixestivo, polo que o polípido acaba por dexenerar, e é substituído por un novo, formado a expensas do cístido, o que constitúe unha característica peculiar deste filo. Os briozoos mariños están presentes en todos os mares do mundo, dende a zona intermareal ata as profundidades abisais. A práctica totalidade das especies son sésiles, é dicir, viven fixas a un substrato que pode ser de natureza moi variada, como algas, pedras, conchas de Moluscos ou incluso substratos artificiais.\nOs briozoos son moito máis abundantes do que poda supoñer un observador non experimentado, debido a que as súas colonias son, en xeral, pequenas e pouco chamativas; por iso, e a pesar da súa abundancia, só unhas poucas especies poden identificarse a simple vista. Na actualidade coñécense entre 6.000 e 8.000 especies viventes segundo estimacións de distintos autores (véxase por exemplo G ORDON et al., 2009), mentres que se estima que o número total de especies existente situaríase entre 8.700 e 11.100 (A PPELTANS et al., 2012). En augas europeas coñécense 945 especies indíxenas (G ORDON et al., 2019), mentres que o catálogo de especies ibéricas é dunhas 540 (aproximadamente 420 na fachada atlántica e 340 na mediterránea) (R EVERTER -G IL et al., 2014; BOE, 2020 e datos propios inéditos). En Galicia atopáronse ata agora 280 especies (R EVERTER -G IL & S OUTO, 2017 e datos propios inéditos).\nO MHNUSC conta actualmente cunha pequena pero importante colección (dentro do ámbito ibérico) de exemplares de briozoos. O propósito do presente traballo é revisar todo este material, elaborar un catálogo actualizado e dalo a coñecer á comunidade científica.\nMATERIAL E MÉTODOS\nPara a realización do presente traballo revisáronse todas as mostras de briozoos depositadas no MHNUSC, localizáronse cales foron citadas ou figuradas en publicacións e renováronse as etiquetas.\nPero, en primeiro lugar, por qué falamos de “coleccións” de briozoos, en plural, e non de “colección”? O material de briozoos depositado no MHNUSC, como o resto de mostras do museo, foise adquirindo ao longo dos anos dende diferentes orixes e en diversas condicións. As mostras de briozoos non constitúen en realidade un conxunto unitario senón que podemos dividilas en catro coleccións ben diferenciadas, tanto pola súa orixe como polo seu contido e importancia:\nA Colección da “Estación de Bioloxía Mariña de Santander”\nSegundo relata B UGALLO R ODRÍGUEZ (2003), os primeiros briozoos do MHNUSC chegaron a Santiago xunto coa colección de invertebrados mariños que se encargou, en 1911, á Estación de Bioloxía Mariña de Santander, o primeiro centro de estudos mariños fundado en España, en 1886. Entre os obxectivos desta institución figuraba o de preparar coleccións con destino aos museos e establecementos de ensino (S ÁNCHEZ R ON, 2020). Remitíronse a Santiago máis de 250 especies, das cales 20 correspondían a briozoos, cada unha nun frasco de vidro e conservada en alcohol. Delas sobreviven na actualidade só 12 mostras de briozoos. Todas elas parecen ter sido recollidas na zona de Santander e case con certeza foron identificados orixinalmente polo briozoólogo español Manuel Gerónimo Barroso (18871962), que foi o primeiro investigador español en estudar os briozoos. Este profesor realizou varias estadías na Estación de Bioloxía Marítima de Santander entre 1906 e 1912, recibindo bolsas da “Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas” (JAE) e do “Museo Nacional de Ciencias Naturales”. Foi durante estas estadías cando iniciou os seus estudos sobre briozoos. O seu primeiro artigo, “Briozoos de la estación de biología marítima de Santander”, publicado en 1912 na revista “Trabajos del Museo de Ciencias Naturales”, foi o primeiro estudo sobre briozoos publicado por un investigador español. Esta monografía presenta información sobre tres especies de entoproctos e case cen ectoproctos, recollidos na súa maior parte na costa de Santander, aínda que tamén inclúe algunhas mostras do sur da península. Todas as especies de briozoos que se remitiron orixinalmente dende Santander ao MHNUSC están citadas na monografía de B ARROSO (1912). Polo tanto, é moi probable que todo o material fose identificado orixinalmente por Barroso e citado na súa monografía de Santander.\nA colección de briozoos de Santander, xunto coas demais mostras desta orixe, conta con números de rexistro correlativos no catálogo xeral do MHNUSC e encóntrase en parte exposta ao público na área de invertebrados mariños (Fig. 2), mentres que varias mostras están depositadas na sala de coleccións.\nA Colección da “Fauna Mariña de Galicia”\nSegundo B UGALLO R ODRÍGUEZ (2003), durante os anos 80 do pasado século se recolleron, baixo a dirección de Victoriano Urgorri, mostras de fauna mariña en diferentes puntos de Galicia para depositalas no Museo. En conxunto esta colección contén 224 especies de invertebrados mariños, conservadas en alcohol. Nesta colección se inclúen só 10 mostras de briozoos procedentes de distintas localidades galegas.\nComo no caso anterior, a colección completa conta con números de rexistro correlativos no catálogo xeral do MHNUSC e encóntrase en parte exposta ao público na área de invertebrados mariños (Fig. 3), mentres que outras mostras están depositadas na sala de coleccións.\nA Colección Xeral de briozoos\nA maior parte, con diferencia, das mostras de briozoos de MHNUSC constitúena a Colección Xeral que os autores doamos ao Museo o 26 de xuño de 2018. Esta colección está composta por 696 lotes que conteñen máis de 1000 mostras, que están identificadas cunha numeración propia, independente do catálogo xeral do museo. Toda a colección está depositada na sala de coleccións, parte conservada en seco, en alcohol ou incluso en formaldehído (Fig. 4). Esta colección foi iniciada a finais dos anos 70 do pasado século por Eugenio Fernández Pulpeiro, o primeiro investigador adicado ao estudo sistemático dos briozoos de Galicia. Durante anos estivo conservando os mellores exemplares recollidos nas nosas augas, especialmente aqueles que constituían novas citas para as nosas costas ou que aparecían figurados nas súas publicacións. Esta pequena colección sufriu un accidente a principios dos anos 90 do século pasado, cando o armario que a albergaba cedeu debido ao peso acumulado (e á súa mala calidade). A pesar de que se puido recuperar unha gran parte das mostras intactas, algúns exemplares, incluso algúns figurados en publicacións, perdéronse irremediablemente. Durante os anos seguintes e ata o presente, grazas a recollidas feitas tanto por Fernández Pulpeiro coma por nós mesmos, sumando incluso o material doado para o seu estudio por outros investigadores e algúns particulares, a colección foi aumentando con exemplares procedentes principalmente de Galicia e Portugal, pero tamén doutras orixes diversas. Boa parte deste material citouse en varias publicacións e parte del foi figurado, polo que constitúe un material de referencia de importancia no ámbito ibérico.\nA Colección de material Tipo\nComo comentamos anteriormente, todas as novas especies descritas deben ter exemplares que sirvan como modelo, os chamados “exemplares tipo”. Todos os que existen nas coleccións do MHNUSC consérvanse nunha tipoteca única, que se atopa dentro da sala de coleccións (Fig. 5). Polo momento contén poucos exemplares de briozoos, con catro holotipos e dez paratipos correspondentes a seis especies. Isto non se debe a que se describiran poucas especies en augas galegas, onde levamos a cabo gran parte do noso traballo de investigación, senón porque durante anos os tipos das novas especies de briozoos de Galicia foron depositados nos museos de historia natural de Londres (NHMUK) e de París (MNHN). O de Londres alberga seguramente a mellor colección de briozoos do mundo. O de París conserva a mellor colección de briozoos de augas ibéricas profundas. En épocas posteriores os exemplares tipo foron depositados no “Museo Nacional de Ciencias Naturales” de Madrid (MNCN), porque os proxectos de investigación cos que se obtivo o material foron financiados polo Ministerio e parecía máis apropiado depositar alí tanto o material tipo como outro material recollido. Outros tipos de especies galegas foron depositados no “Oberösterreichisches Landesmuseum” (OLL) de Linz (Austria) e no “Senckenberg Forschungsinstitut und Naturmuseum” (SFM) de Frankfurt (Alemaña) debido a que o material galego fora recolectado por campañas organizadas dende distintas institucions internacionais. Recentemente comezamos a depositar o noso material tipo no MHNUSC como resultado da transferencia da nosa colección xeral.\nPor último, na sala de coleccións do Museo se encontran almacenadas tamén varias caixas que conteñen material de briozoos procedente de campañas de mostraxe realizadas no canal de Menorca (Baleares), nas illas Berlengas (Portugal) e na Arrábida (Portugal), así como restos dun oso de balea. Este material está aínda pendente de estudar e identificar.\nRESULTADOS\nA Colección da “Estación de Bioloxía Mariña de Santander”\nComo xa se mencionou anteriormente, das 20 mostras de briozoos enviadas desde Santander a principios do século pasado ao MHNUSC, só se conservan actualmente 12 mostras, que conteñen 14 especies en total.\nAínda que estas especies son relativamente frecuentes na costa ibérica, o feito de formar parte do material de referencia da obra de B ARROSO (1912) confire a esta pequena colección unha certa relevancia. O resto do material que este autor publicou na súa monografía atópase actualmente depositado no Museo Marítimo Cantábrico (MMC) e no Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN), e foi revisado por Á LVAREZ (1991). Polo tanto, os datos que se aportan aquí completan a revisión feita por este autor.\nMHNUSC 6942: Mimosella gracilis Hincks, 1851: Colonias sobre algas, conservadas en formol, recollidas na Bahía de Santander e citadas por B ARROSO (1912). No MMC consérvase outra mostra orixinal desta especie (véxase Á LVAREZ, 1991). A mostra está na sala de coleccións. MHNUSC 6943: Savignyella lafontii (Audouin, 1826): Corresponde a material citado como Eucratea lafontii por B ARROSO (1912), recollido na Bahía de Santander ou en Las Machinas. No MMC\ne no MNCN consérvanse outras dúas mostras desta especie citadas por este autor (véxase Á LVAREZ, 1991). A mostra contén ademais outras especies de briozoos como Scruparia chelata (Linnaeus, 1758), Bugula neritina (Linnaeus, 1758) e Chartella papyracea (Ellis & Solander, 1786). Esta mostra está exposta ao público, conservada en alcohol.\nA mostra, que está exposta ao público e conservada en alcohol, contén tamén colonias de S. chelata. MHNUSC 6946: Bicellariella ciliata (Linnaeus, 1758): Corresponde a material citado como Bicellaria ciliata por B ARROSO (1912) recollido na costa de Santander. Contén tamén anacos de Chartella papyracea (Ellis & Solander, 1786). Esta mostra está exposta ao público, conservada en alcohol. No MMC consérvase outra mostra orixinal desta especie (véxase Á LVAREZ, 1991). MHNUSC 6947: Bugula neritina (Linnaeus, 1758): Colonias soltas, recollidas en Las Machinas (Santander) e citadas por B ARROSO (1912). Contén tamén colonias de S. lafontii. Esta mostra está exposta ao público, conservada en alcohol. No MMC consérvanse outras dúas mostras orixinais de B. neritina (véxase Á LVAREZ, 1991), así como outra máis no MNCN. MHNUSC 6948: Membranipora membranacea (Linnaeus, 1767): Probablemente corresponda ao material citado por B ARROSO (1912) da Bahía de Santander ou da Magdalena. Esta mostra está exposta ao público, conservada en alcohol. No MMC consérvase outra mostra desta especie citada por este autor (véxase Á LVAREZ, 1991). MHNUSC 6949: Electra pilosa (Linnaeus, 1767): Probablemente corresponda ao material citado por B ARROSO (1912) da área de Santander. No MMC consérvanse outras mostras desta especie citadas por este autor (véxase Á LVAREZ, 1991). Esta mostra está exposta ao público, conservada en alcohol. MHNUSC 6950: Pentapora foliacea (Ellis & Solander, 1786): B ARROSO (1912, como Lepralia foliacea) indica que se recolleron colonias desta especie mediante palangre en diferentes localidades de Santander. Esta mostra está exposta ao público, conservada en alcohol. No MMC consérvase outra mostra orixinal desta especie (véxase Á LVAREZ, 1991).\nMHNUSC 6951: Porella compressa (J. Sowerby, 1805): A mostra inclúe unha etiqueta manuscrita que indica “ Porella compressa Sowerby, Barroso 1911”, polo que é evidente que este material foi identificado orixinalmente por Barroso nese ano e é parte do citado en B ARROSO (1912) recollido mediante palangre en diferentes localidades. Esta mostra está exposta ao público, conservada en alcohol. No MMC consérvanse outras dúas mostras orixinais (véxase Á LVAREZ, 1991). MHNUSC 6952: Turbicellepora magnicostata (Barroso, 1919): A mostra inclúe unha etiqueta manuscrita que di “ Cellepora avicularis Hincks, B 1911”, o que indica que este material foi identificado orixinalmente por Barroso nese ano. Probablemente corresponda a material citado como Cellepora avicularis Hincks por B ARROSO (1912) procedente da área da Bahía de Santander, aínda que no mesmo traballo se cita a especie tamén de Alxeciras. Esta mostra encóntrase exposta ao público, conservada en alcohol. No MMC consérvanse dúas mostras de B ARROSO (1912 como Cellepora avicularis), que tamén corresponden a T. magnicostata (véxase Á LVAREZ, 1991). Outras especies que foron remitidas orixinalmente dende a Estación de Bioloxía Mariña de Santander, pero que se perderon son: Flustrella hispida (Fabricius, 1780): B ARROSO (1912) cita colonias sobre Fucus na Magdalena. No MMC consérvase unha mostra co mesmo nome, que segundo Á LVAREZ (1991) corresponde efectivamente a Flustrellidra hispida (Fabricius, 1780). Bowerbankia pustulosa (Ellis & Solander, 1786): B ARROSO (1912) citou exemplares recollidos en San Vicente de la Barquera. Á LVAREZ (1991) non encontrou este material nin no MMC nin no MNCN, polo que é posible que a única mostra existente fora a remitida a Santiago e agora lamentablemente perdida. Non é posible saber a qué especie correspondería realmente, xa que esta especie é frecuentemente confundida con outras similares. Bugula plumosa (Pallas, 1766): B ARROSO (1912) cita numerosas colonias procedentes da Bahía de Santander. Dúas mostras desta especie consérvanse no MMC e unha no MNCN (Á LVAREZ, 1991). Aínda que a mostra remitida a Santiago perdeuse, na mostra MHNUSC 6944 (Scruparia chelata) atopamos material de Crisularia plumosa (denominación actual da especie). Flustra papyracea Ellis & Solander, 1786: B ARROSO (1912) citou esta especie en numerosas localidades, e dúas mostras consérvanse aínda no MMC (Á LVAREZ, 1991). En dúas mostras da colección (MHNUSC 6943: Savignyella lafontii e MHNUSC 6946: Bicellariella ciliata) atopamos anacos e colonias de Chartella papyracea (denominación actual da especie). Electra pilosa var. verticillata (Ellis & Solander, 1786): B ARROSO (1912) citou esta especie en Peña Vieja, e aínda consérvanse dúas mostras no MMC que segundo Á LVAREZ (1991) corresponden efectivamente a E. verticillata. Cellaria fistulosa (Linnaeus, 1758): B ARROSO (1912) citou numerosas colonias na Bahía, e unha mostra aínda consérvase no MMC (Á LVAREZ, 1991). Smittia cervicornis (Pallas, 1766): B ARROSO (1912) citou a especie de diversas localidades. A única mostra que se conserva no MMC corresponde efectivamente a Smittina cervicornis segundo Á LVAREZ (1991).\nRetepora beaniana King, 1846: B ARROSO (1912) cita anacos desta especie de El Charco. As dúas mostras que se conservan no MMC corresponden efectivamente a Reteporella beaniana segundo Á LVAREZ (1991 como Sertella beaniana).\nA Colección da Fauna Mariña de Galicia\nEsta colección, recollida en augas galegas, só inclúe 10 mostras de briozoos que conteñen 11 especies en total. Ningunha delas parece ter sido citada nunha publicación. MHNUSC 6640: Electra pilosa (Linnaeus, 1767): varias colonias sobre algas recollidas en Segaño, ría de Ferrol, en 1985. Mostra conservada en alcohol na sala de coleccións.\nrecollidas en Segaño, ría de Ferrol, en 1985. Mostra conservada en alcohol na sala de coleccións.\nrecollidas a 3 m de profundidade no peirao de A Cabana, ría de Ferrol, en 1985. Mostra conservada en alcohol na sala de coleccións. MHNUSC 6645: Turbicellepora magnicostata (Barroso, 1919): Unha gran colonia sobre pedra, recollida en Cariño, ría de Ferrol, en 1986. Contén tamén colonias de Haplopoma graniferum (Johnston, 1847). Mostra conservada en alcohol na sala de coleccións. MHNUSC 6646: Pentapora foliacea (Ellis & Solander, 1786): Un anaco de colonia conservado en alcohol, recollido en Leuseda, ría de Ferrol, en 1985. Mostra conservada en alcohol na sala de coleccións. MHNUSC 6647: Flustrellidra hispida (Fabricius, 1780): colonias recollidas sobre Fucus serratus Linnaeus, 1753 en Mera, ría de A Coruña, en 1975. Mostra conservada en alcohol na sala de coleccións. MHNUSC 6648: Amathia imbricata (Adams, 1798): Numerosas colonias sobre Fucus sp. recollidas en A Cabana, ría de Ferrol, en 1984. Mostra conservada en alcohol na sala de coleccións. MHNUSC 6671: Pentapora foliacea (Ellis & Solander, 1786): Gran exemplar en seco, exposto ao público xunto con outros invertebrados mariños (Fig. 3); probablemente procedente da enseada de Leuseda, ría de Ferrol.\nA Colección Xeral de briozoos\nComo se comentou anteriormente, esta colección alberga, de lonxe, a maior parte das mostras de briozoos do MHNUSC, incluíndo 696 lotes, pero cun total de 1029 mostras. Isto débese a que cada lote á súa vez pode conter máis dunha mostra. Os lotes están numerados co seu propio código, independente do código xeral do museo (MHNUSCBry). Cando hai varias mostras nun lote, levan o mesmo número e máis unha letra identificativa (por exemplo, MHNUSCBry 150a, MHNUSCBry 150b, MHNUSCBry 150c...). Cada mostra pode conter varias especies que comparten o mesmo substrato, como unha cuncha ou unha pedra, así como varias colonias da mesma especie. Preferiuse numerar cada mostra e non cada especie ou colonia, xa que sería demasiado confuso á hora de levar a cabo buscas de especies na base de datos. Esta colección contén 235 especies.\nCase todas as mostras (98%) proceden de augas ibéricas, a maioría de Galicia (78%) e Portugal (14%). A lista completa de mostras desta colección, con todos os seus datos, é demasiado extensa para incluíla aquí, pero pódese consultar accedendo ao ficheiro correspondente na propia páxina do MHNUSC: http://www2.usc.es/museohn/coleccions/fauna_marina.html.\nMHNUSC 10087: Holotipo de Beania serrata Souto, Nascimento, ReverterGil & Vieira, 2018, recollido na Ría de Ferrol. MHNUSC 10088, 10089, 10090 y 10106: Paratipos de Beania serrata Souto, Nascimento, ReverterGil & Vieira, 2018, recollidos na Ría de Ferrol e en Punta Etxandarri (País Vasco). MHNUSC 10091: Holotipo de Schizotheca galaica ReverterGil, Souto & Trigo, 2019: Esta mostra, que consiste en dous pequenos anacos de Porella compressa (J. Sowerby, 1805) recollidos perto de Laxe (Galicia), contén ademais colonias de Chorizopora brongniartii (Audouin, 1826), Copidozoum planum (Hincks, 1880a), Cribrilaria venusta (Canu & Bassler, 1925), Figularia figularis (Johnston, 1847), Micropora coriacea (Johnston, 1847), Microporella ciliata (Pallas, 1766), así como colonias de Ciclostomados non identificados. MHNUSC 10104: Holotipo de Beania mediterranea Souto, Nascimento, ReverterGil & Vieira, 2018, recollido en Croacia. MHNUSC 10105: Paratipo de Beania mediterranea Souto, Nascimento, ReverterGil & Vieira, 2018, recollido en Croacia. MHNUSC 10107: Paratipo de Metroperiella gay ReverterGil, Souto & FernándezPulpeiro, 2009, recollido na ría de Vigo. MHNUSC 10108: Paratipo de Schizoporella artabra ReverterGil, Souto & FernándezPulpeiro, MHNUSC 10120: Holotipo de Setosella margaritae ReverterGil & Souto, 2021, recollido na ría de Ferrol.\nrecollidos na ría de Ferrol.\nDISCUSIÓN\nA modo de resumo de todo o comentado anteriormente, podemos indicar que as Coleccións de briozoos do MHNUSC conteñen un total de 1065 mostras, das que 1029 se encontran na Colección Xeral, 14 na Colección de Tipos, 12 na de “Santander” e 10 na da “Fauna de Galicia”.\nEn canto ao número de especies, o total é de 241, correspondendo 235 á Colección Xeral, a máis extensa, 14 na de “Santander”, 13 especies na Colección de Tipos e 11 na da “Fauna de Galicia”. A especie máis común nas coleccións é Microporella ciliata (Pallas, 1766) presente en 72 mostras. Non obstante, hai que ter en conta que esta especie foi redescrita non hai moito por K UKLIŃSKI & T AYLOR (2008), que designan un neotipo e describen novas especies, e que tamén se describiron novas especies do xénero en diferentes traballos recentes (véxase por exemplo H ARMELIN et al., 2011 e R AMALHO & L ÓPEZ -F É, 2020). O material de M. ciliata no MHNUSC debe ser revisado xa que é probable que corresponda en realidade a máis dunha especie, pero ese estudo está fóra dos obxectivos do presente traballo. Outras especies abundantes nas coleccións son: Chorizopora brongniartii (Audouin, 1826) (65 mostras), Terwasipora complanata (Norman, 1864) (43 mostras), Schizomavella (Schizomavella) teresae ReverterGil & FernándezPulpeiro, 1996 (41 mostras), Schizoporella dunkeri (Reuss, 1848) (40 mostras), Celleporella hyalina (Linnaeus, 1767) (37 mostras), Scruparia chelata (Linnaeus, 1758) (35 mostras), Schizomavella (Schizomavella) linearis (Hassall, 1841) (34 mostras), Electra pilosa (Linnaeus, 1767) (28 mostras), Fenestrulina malusii (Audouin, 1826) (27 mostras), Watersipora subatra (Ortmann, 1890) (27 mostras), Cribrilaria innominata (Couch, 1844) (26 mostras), Cribrilaria venusta (Canu & Bassler, 1925) (23 mostras), Schizomavella (Schizomavella) auriculata (Hassall, 1842) (23 mostras), Celleporina hassallii (Johnston, 1847) (22 mostras), Cradoscrupocellaria ellisi (Vieira & Spencer Jones, 2012) (22 mostras), Rhynchozoon bispinosum (Johnston, 1847) (21 mostras), Schizotheca fissa (Busk, 1856) (21 mostras) e Flustrellidra hispida (Fabricius, 1780) (20 mostras).\nNingunha das mostras da Colección de “Fauna de Galicia” foi citada en publicacións, mentres que todas as pertencentes ás Coleccións de Tipos e de “Santander” foron citadas, así como moitas da Colección Xeral. En total, 869 mostras foron citadas en diversas publicacións científicas, mentres outras 28 apareceron en Teses de Doutoramento e noutros traballos académicos. En resumo, o 84% do material de briozoos do MHNUSC foi citado en distintos traballos. Por outra banda, ningunha das especies das coleccións de “Santander” e de “Fauna de Galicia” foi figurada, mentres que dez mostras da Colección de tipos e 134 da Colección Xeral foron figuradas en diversos artigos (o 13% do total de mostras).\nprocede de Vigo (incluíndo as illas Cíes), 190 da ría Ferrol, 121 da Costa da Morte e 95 da ría de Ribadeo. O resto de mostras proceden de numerosas localidades ao longo de toda a costa galega.\nA maioría das mostras (82%), foron recollidas orixinalmente por só catro persoas: E. FernándezPulpeiro (316 mostras, 34%), J. Souto (248 mostras, 24%), O. ReverterGil (144 mostras, 13%) e J.E. Trigo (114 mostras, 11%). Outros autores ou particulares que contribuíron significativamente ás colecciones son J.L. Redondo, H. De Blauwe, M. Zabala, M.C. Lorenzo Villar, M.G. Barroso e F. Ramil.\nEn canto á identificación do material, a maior parte foi identificada por O. ReverterGil (56% das identificacións), por J. Souto (16%), e por M.C. BarciaLeal e E. FernándezPulpeiro, cun 11% cada\nun. En conxunto, representan o 94% do total de identificacións. Outros autores con contribucións significativas foron H. De Blauwe, M. Zabala e M.G. Barroso. Por outra banda, 65 das especies conservadas nas coleccións de briozoos (unha cuarta parte do total), teñen especial relevancia por distintos motivos. En primeiro lugar, aquelas especies cuxo material tipo está depositado no MHNUSC: Beania mediterranea Souto, Nascimento, ReverterGil & Vieira, 2018. No MHNUSC están depositados o Holotipo e Paratipos. Beania serrata Souto, Nascimento, ReverterGil & Vieira, 2018. No MHNUSC están depositados o Holotipo, Paratipos e outro material recollido trala descrición da especie. Único material no mundo. Metroperiella gay ReverterGil, Souto & FernándezPulpeiro, 2009. No MHNUSC está depositado un Paratipo. O Holotipo e Paratipos están depositados no MNCN. Hai dúas mostras máis na Colección Xeral que non son da serie tipo. Só hai outra cita da especie, en Cataluña. Schizoporella artabra ReverterGil, Souto & FernándezPulpeiro, 2009. No MHNUSC está depositado un Paratipo. O Holotipo e Paratipos están depositados no MNCN. Non se coñecen máis citas da especie. Schizotheca galaica ReverterGil, Souto & Trigo, 2019. No MHNUSC está depositado o Holotipo e único exemplar existente da especie. Setosella margaritae ReverterGil & Souto, 2021. No MHNUSC están depositados o Holotipo e Paratipos, que constitúen o único material ibérico da especie. Outras 59 especies son interesantes por ser exemplares únicos en Galicia, España ou na península ibérica, ou por estar pouco citadas en xeral: Aetea longicollis Jullien in Jullien & Calvet, 1903. Moi poucas citas da especie a nivel mundial. No MHNUSC consérvase material procedente de Galicia. Alcyonidium variegatum Prouho, 1892. Moi poucas citas da especie a nivel mundial. No MHNUSC consérvase material de Ferrol; outra colonia da mesma orixe está depositada no MNHN. Amathia citrina (Hincks, 1877). Na península ibérica esta especie só se coñece do norte de\nPortugal e máis de Galicia, que é de onde procede o material do MHNUSC.\nAmathia pustulosa (Ellis & Solander, 1786). Na península ibérica esta especie só se coñece de Bilbao, Santoña así como de Galicia, que é de onde procede o material do MHNUSC.\nAnguinella palmata van Beneden, 1845. Na península ibérica esta especie só foi citada de Portugal, cuxo material se conserva no MHNUSC. É polo tanto o único material ibérico que existe.\nAntarctothoa galaica (CésarAldariz, FernándezPulpeiro & ReverterGil, 1999). Especie só coñecida en Galicia. O material tipo está no NHMUK e no MNHN. No MHNUSC consérvase outro material non tipo.\nArbopercula angulata (Levinsen, 1909). É unha especie que adoita atoparse sobre substratos flotantes arredor do mundo, especialmente en áreas tropicais. En augas ibéricas só parece haberse recollido na área do Estreito de Xibraltar e en Menorca (de onde procede o material conservado no MHNUSC), pero a súa presenza aínda non fora sinalada formalmente ata a data. Barrosia balearica Souto, ReverterGil & FernándezPulpeiro, 2010a. Descrita por nós de Baleares. Non foi citada de novo. O material tipo está no MNCN. Hai unha mostra no MHNUSC, remitida por M. Zabala. Buffonellaria muriella Berning & Kukliński, 2008. Na península ibérica esta especie só foi citada de Galicia. Este material consérvase no MHNUSC, e é o único material ibérico que existe.\nBuskia socialis Hincks, 1887. Na península ibérica esta especie só é coñecida de Aveiro e máis da ría de Vigo, que é de onde procede o material conservado no MHNUSC; é o único material español.\nCallopora discreta (Hincks, 1862). Na península ibérica esta especie só foi citada en Galicia.\nMaterial desta especie consérvase no MHNUSC. É polo tanto o único material ibérico que existe. Caulorhamphus spiniferum (Johnston, 1832). Na península ibérica esta especie só foi citada en Galicia. Material desta especie consérvase no MHNUSC. É o único material ibérico que existe. Celleporina derungsi Souto, ReverterGil & FernándezPulpeiro, 2010b. Especie descrita de Portugal. O material tipo está no MNCN. No MHNUSC hai máis material de Portugal e material de Galicia, o único español. Chaperiopsis annulus (Manzoni, 1870). Na península ibérica esta especie foi citada en Galicia e en cabo de Gata. Material galego desta especie consérvase no MHNUSC. É o único material ibérico conservado. Cheiloporina circumcincta (Neviani, 1896). Moi poucas citas da especie a nivel mundial. No MHNUSC consérvase material de Galicia. Collarina macaronensis Harmelin in Harmelin et al., 2019. Na península ibérica esta especie só se coñece no País Vasco e máis en Galicia, de onde procede o material conservado no MHNUSC, o único material ibérico conservado. Cradoscrupocellaria ellisi (Vieira & Spencer Jones, 2012). Esta especie foi confundida con Scrupocellaria reptans, moi citada nas costas ibéricas. Sen revisar o material orixinal non é posible saber a que especie corresponde realmente cada cita. O único material ibérico revisado na actualidade é o conservado no MHNUSC. Cradoscrupocellaria reptans (Linnaeus, 1758). Parte do material citado en Galicia como Scrupocellaria reptans pertence realmente a esta especie. Polo tanto, este material é o único revisado da especie que existe nas costas ibéricas, aínda que é posible que outras citas feitas como S. reptans sexan tamén correctas.\nSessibugula barrosoi López de la Cuadra & GarcíaGómez, 1994. Especie descrita da área do Estreito de Xibraltar (o material tipo consérvase no MNCN). No MHNUSC consérvase unha colonia do Algarve. Son as dúas únicas citas da especie ata agora. Setosella sp.: Unha colonia recollida na ría de Vigo, que seguramente corresponde a unha nova especie (véxase R EVERTER -G IL et al., 2012 e R OSSO et al., 2020, ambolosdous como Setosella aff. cavernicola Harmelin, 1977; e Rev ERTER -G IL & S OUTO, 2021). Smittina jordii ReverterGil & FernándezPulpeiro, 1999. Especie descrita de Galicia e reencontrada máis tarde en Portugal. O material tipo está no MNHN. No MHNUSC hai dúas pequenas colonias da localidade tipo. Smittoidea amplissima Hayward, 1979. Na península ibérica esta especie só foi recollida en Galicia, cuxo material consérvase no MHNUSC. É o único material ibérico que existe. Spathipora comma (Soule, 1950). Na península ibérica esta especie só se coñece de Columbretes e máis de Galicia, de onde procede o material conservado no MHNUSC. Hai pouco material ibérico conservado. Stomatoporina incurvata (Hincks, 1859). Especie moi pouco citada a nivel global. O material do MHNUSC, recollido en Ferrol, é o único ibérico. Tegella unicornis (Fleming, 1828). Na península ibérica esta especie só foi citada en Galicia, cuxo material consérvase no MHNUSC. É o único material ibérico que existe.\nTricellaria inopinata d’Hondt & Occhipinti Ambrogi, 1985. Esta especie, propia do Pacífico noroccidental, foi introducida en augas ibéricas a principios dos anos 90, e estendeuse a outras localidades atlánticas europeas. No MHNUSC consérvase material de diversas localidades ibéricas atlánticas, dende Santander ata Boca do Inferno (Portugal).\nTrypostega venusta (Norman, 1864). Na península ibérica esta especie só é coñecida de Galicia e do Algarve. O material conservado no MHNUSC procede das dúas áreas e é o único material ibérico conservado.\nTubulipora lobifera Hastings, 1963. Na península ibérica esta especie só foi citada en Galicia.\nMaterial desta especie consérvase no MHNUSC, e é o único material ibérico que existe.\nWatersipora arcuata Banta, 1969. É unha especie introducida recentemente en Europa (véxase R EVERTER -G IL & S OUTO, 2019). A primeira colonia desta especie que se encontrou en augas europeas é a conservada agora no MHNUSC, recollida en Cádiz por C.M. LópezFé. En augas ibéricas só hai dúas citas máis na costa mediterránea.\nWatersipora souleorum Vieira, Spencer Jones & Taylor, 2014. Na península ibérica esta especie só se atopou en Faro e Huelva (material conservado no MHNUSC) e en Xibraltar (material conservado no MNHN).\nWatersipora subatra (Ortmann, 1890). É unha especie introducida recentemente en Europa (véxase R EVERTER -G IL & S OUTO, 2019). No MHNUSC consérvanse mostras de todas as localidades ibéricas onde se citou a especie: Santander, Xixón, varios puntos de Galicia, Lisboa e o Algarve, así como material inédito recolectado no porto de Muros.\nCONCLUSIÓNS\nO MHN da USC alberga catro coleccións con material de briozoos: A colección da “Estación de Bioloxía Mariña de Santander”, que contén 12 mostras identificadas e citadas por B ARROSO (1912); a da “Fauna Mariña de Galicia”, con 10 mostras; a de Tipos con 14 mostras; e a Colección Xeral, con 1029 mostras. En total as coleccións conteñen 1065 mostras de briozoos, conservadas en seco, en alcohol ou incluso en formaldehído, correspondentes a 241 especies. Unha pequena parte está exposta ao público, mentres que a meirande parte está depositada na sala de coleccións do Museo. O 98% das mostras proceden de augas ibéricas, e máis en concreto o 92% proceden de Galicia ou de Portugal. O 84% do material foi citado en diversas publicacións científicas e un 13% foi ademais figurado, polo que constitúen un importante material de referencia. Unha cuarta parte das mostras teñen ademais especial relevancia por distintos motivos: As coleccións albergan catro Holotipos e dez Paratipos de seis especies; outras 59 especies son en xeral pouco frecuentes, ou ben o seu material é o único material ibérico, ou español, que se conserva.\nAGRADECEMENTOS\nEste traballo está dedicado a Eugenio Fernández Pulpeiro, pioneiro no estudo dos briozoos en Galicia e na península Ibérica, iniciador desta colección, e que ocupou ademais cargos de responsabilidade no MHNUSC.\nOs autores queren expresar ademais o seu agradecemento a todo o persoal do MHNUSC, especialmente a Marcos González, Juanma Cutrín e Xan Guerra, pola súa amable colaboración. Tamén a todas as persoas que doaron material ás coleccións de briozoos, en especial a J.E. Trigo, H. De Blauwe, M. Zabala, J.L. Redondo e C.M. LópezFé, así como aos dous revisores anónimos.\nReferencias"} {"summary": "O obxectivo deste traballo é examinar a influencia dos factores contextuais e da comunidade nos resultados de políticas lingüísticas familiares (PLF) orientadas ao mantemento interxeracional do galego. Con este fin analizamos tres entrevistas semi-dirixidas con nais galegofalantes que foron seleccionadas en función do tipo de hábitat, buscando o contraste no contínuum rural-urbano. A análise céntrase nas ideoloxías e formas de xestión lingüística no ámbito familiar, así como nas observacións e expectativas sobre o desenvolvemento lingüístico dos fillos e fillas. Como esperabamos, o tipo de hábitat destácase como un factor contextual de gran relevancia nos resultados da PLF declarada polas informantes. No contexto semirrural, a socialización dos nenos e as nenas no ámbito escolar e nas relacións cos iguais desenvólvese principalmente en galego, o que contribúe ao éxito da PLF. En cambio, nos contextos semiurbanos e urbanos, onde a presenza do galego é minoritaria, esta socialización fóra do fogar e das relación familiares prodúcese en castelán e actúa así como unha forza externa contraria á PLF, ata o punto de ser considerada como a causa principal do seu posible fracaso. Porén, a análise tamén detecta nos tres casos abordados unha infravaloración da xestión lingüística, que semella especialmente problemática para o éxito da PLF nos contextos urbanos e semiurbanos, xa que o mantemento do galego depende unicamente nestes casos da súa escolla como lingua de interacción cos fillos/as.", "text": "“Fálalle castelán que é o idioma da cidade”: a importancia dos contextos no éxito ou fracaso da transmisión familiar do galego\nINTRODUCIÓN\nEste artigo aborda o estudo dos procesos de mantemento interxeracional do galego, na actualidade, en Galicia. Desde a aprobación do Estatuto de Autonomía no ano 1981, o galego goza de status legal de lingua propia e cooficial nesta comunidade xunto co castelán, que é a única lingua oficial en todo o estado español, o que provoca unha situación de xerarquía lingüística en detrimento das demais linguas de España (Ramallo 2018). O galego e o castelán conviven en Galicia desde finais da Idade Media, nunha relación desigual que foi evolucionando de diferente forma co paso do tempo, aínda que sempre co castelán como lingua teito, na terminoloxía de Kloss (1969), a pesar de ser o galego a lingua da gran maioría da poboación (Monteagudo 2017; Ramallo 2018). Porén, o proceso de substitución do galego polo castelán continuou avanzando lenta pero progresivamente ata a actualidade, de xeito que a lingua dominante se foi introducindo cada vez máis nos ámbitos tradicionalmente reservados ao galego e, en concreto, no ámbito familiar (Ramallo & Vázquez 2020). Como consecuencia, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (2018), actualmente a proporción de uso do galego (de xeito exclusivo ou maioritario) supera tan só en 2,29 puntos porcentuais a metade da poboación. Encontrámonos así nunha situación paradoxal, na que o aumento das competencias escritas e a extensión de usos, máis alá dos orais e coloquiais, a raíz do proceso de normalización, é acompañada dunha continua diminución de falantes, sobre todo entre a xente nova, así como dunha ruptura na transmisión interxeracional (Monteagudo 2017).\nPor este motivo, consideramos fundamental analizar os procesos que subxacen ao mantemento ou abandono da lingua propia, que se dan de forma simultánea en Galicia e nos que a familia xoga un papel fundamental (Loredo & Monteagudo 2017). Con este fin, situámonos no marco dos estudos sobre política lingüística familiar (PLF), campo que ata o momento atraeu escasa atención na nosa comunidade (Nandi 2018 e 2019; O’Rourke & Nandi 2019) e no que, en xeral, os estudos se teñen centrado principalmente nos procesos de substitución e, en todo caso, en contextos de migración (Kasares 2017: 135; King & Lanza 2017). Máis concretamente, atendemos a cuestións como as seguintes: Que tipo de estratexias de xestión lingüística empregan os proxenitores galegofalantes para conseguir o obxectivo de manter a lingua minorizada na seguinte xeración? É suficiente unha PLF “pro-galego” na familia, de tipo individual, sen ter en conta o contexto inmediato e o seu grao de galeguización? Como inflúe o contexto e a comunidade na PLF? Desenvolven estas familias pro-galego (nivel micro) ideoloxías de resistencia fronte ás políticas lingüísticas das institucións, de nivel meso (por exemplo, a escola) e macro (goberno)? A investigación demolingüística destaca que a variable sociolóxica que máis inflúe na lingua habitual en Galicia é o hábitat (Rodríguez Neira 2008: 41-42; Monteagudo, Loredo & Vázquez 2016), no sentido de que a presenza do galego diminúe de maneira inversamente proporcional ao tamaño do municipio: canto maior é o número de habitantes, menor é o uso do galego. Sobre esta base, partimos da hipótese de que o hábitat de residencia e/ou de escolarización dos nenos e nenas vai xogar un papel fundamental no resultado das PLF orientadas á reprodución do galego que se levan a cabo na nosa comunidade, na medida en que está estreitamente ligado ó grao de galeguización do contexto, máis alá do ámbito familiar. Así, no caso dos hábitat urbano e semiurbano, onde a presenza do galego é cada vez menor e nalgúns casos incluso residual ou anecdótica, cabe esperar que estes tipos de PLF poidan fracasar. Os datos máis actuais dos que dispoñemos (Instituto Galego de Estatística 2018) ratifican estas diferenzas segundo o contínuum rural/urbano, indicando, por exemplo, que o monolingüismo en galego representa o 56,52% nos concellos de menos de 10.000 habitantes e un escaso 8,91% nos de máis de 50.000. Se temos en conta as dúas opcións máis favorables ao galego (“en galego sempre” e “máis galego que castelán”), obtemos aínda maior diferenza: 81,15% fronte a 24,91%.\nDesde a perspectiva teórica da PLF, partimos das tres compoñentes que se diferencian dentro do modelo tradicional proposto por Spolsky (2004), isto é, prácticas, ideoloxía e xestión lingüísticas, aínda que concordamos coas modificacións críticas realizadas, tanto por el mesmo (Spolsky 2019), como por outras autoras (Curdt-Christiansen 2018; Schwartz & Verschik 2013). En primeiro lugar, consideramos que cómpre ir máis alá do estudo da transmisión da lingua dos proxenitores aos descendentes como un proceso unidireccional e centrado no papel dos adultos. Fronte a esta visión, e de acordo con Curdt-Christiansen (2018: 421), o noso enfoque combina a teoría sobre PLF coa teoría da socialización lingüística (Ochs 1986; Ochs & Schieffelin 2012), que fai fincapé na lingua como parte integral dos procesos nos que os nenos e as nenas medran e se desenvolven como seres sociais. Esta teoría asume o papel activo que estes tamén realizan en dito proceso, en canto que a súa participación nas prácticas comunicativas “is promoted but not determined by a legacy of socially and culturally informed persons, artifacts, and features of the built environment” (Ochs e Schieffelin 2012: 4). Deste xeito, contemplamos o papel dos fillos e fillas non só como receptores pasivos da transmisión lingüística, senón tamén como “axentes socializadores” (Kasares 2017: 141), é dicir, como parte das múltiples entidades que interveñen na crianza lingüística, con capacidade para influír nas súas propias dinámicas lingüísticas, así como nas das súas familias e outras persoas. Como demostra Harris (1995) na súa teoría da socialización grupal, a aprendizaxe e evolución do individuo non só dependen do efecto dos proxenitores, senón tamén do contexto. Ter en conta esta capacidade para actuar dos nenos e nenas vai resultar fundamental para valorar o éxito ou fracaso do mantemento das linguas minorizadas (King & Lanza 2017: 719), así como para ampliar o estudo máis alá da socialización na primeira infancia e do ámbito estritamente familiar. En efecto, entendemos que se trata dun proceso dinámico e ás veces conflitivo que abrangue toda a vida dos individuos e no que inflúen outros axentes socializadores como a escola, o grupo de iguais, as actividades extraescolares, o deporte, a música ou os medios de comunicación, en definitiva, a comunidade no seu conxunto (Schwartz & Verschik 2013: 8).\nDe acordo con King, Fogle & Logan-Terry (2008: 909), o estudo da PLF sitúase nun espazo interdisciplinar entre a adquisición lingüística e a política lingüística, co fin de estudar como se interrelacionan as crenzas e comportamentos lingüísticos familiares no día a día co contexto máis amplo da comunidade. Como calquera tipo de política lingüística, a PLF pode entenderse, de acordo con Spolsky (2004), como unha construción social que inclúe tres compoñentes: ideoloxías, prácticas e xestión lingüística. En xeral, as ideoloxías lingüísticas defínense como as crenzas sobre as linguas e usos lingüísticos (Spolsky 2004: 5) e considéranse a base das outras dúas compoñentes. As prácticas lingüísticas son os comportamentos lingüísticos que se dan nun ámbito determinado, como a interacción familiar. Son observables e poden xestionarse de maneira implícita ou explícita a través de diversos tipos de accións, polo que se solapan a miúdo coa xestión lingüística, dificultando por veces unha delimitación clara de ambas (Kheirkhah 2016: 11, Curdt-Christiansen 2018: 126). Con respecto a esta última, nós consideramos que fai referencia a todas as estratexias e medidas levadas a cabo polos distintos membros da familia co fin de obter determinados resultados en favor da adquisición e aprendizaxe dunha lingua ou linguas. Así, incluímos nesta compoñente tanto a creación dun determinado ambiente de alfabetización no fogar para os fillos e fillas (Curdt-Christiansen 2018; Nandi 2018), como a escolarización destes en programas de inmersión (Caldas & Caron-Caldas 2000; Nandi 2018), por exemplo, pero tamén accións de apoio lingüístico para os proxenitores (Smith-Christmas & NicLeòid 2020) ou a propia elección dunhas linguas ou outras por cada un dos membros da familia, non só por parte dos proxenitores, senón tamén de irmáns e outros familiares cos que se manteña relación (Smith-Christmas 2016). Seguimos nisto a Curdt-Christiansen (2018: 124), quen sinala as distintas estratexias de elección de lingua no fogar como o elemento fundamental da xestión lingüística.\nSobre estes fundamentos teóricos, e como contribución ao estudo dos procesos de transmisión familiar do galego, neste artigo analizaremos as entrevistas a tres mulleres galegofalantes, que foron socializadas en galego polos seus proxenitores, e que tratan de mantelo nos seus propios fillos e fillas. Ademais, estas informantes foron seleccionadas en tipos de hábitat diferentes, semirrural, semiurbano e urbano, o que nos permitirá abordar a nosa hipótese sobre a influencia dos contextos sociolingüísticos nos resultados das súas PLF desde unha perspectiva comparativa, como explicaremos con máis detalle na seguinte epígrafe.\n2. METODOLOXÍA\nDesde o punto de vista metodolóxico, as investigacións sobre PLF poden clasificarse en tres principais grupos (Curdt-Christiansen 2018): os estudos cuantitativos, baseados en cuestionarios lingüísticos, os estudos cualitativos e interpretativos, baseados en entrevistas, e os estudos sociolingüísticos de tipo etnográfico-conversacional, baseados en gravacións en audio ou vídeo das interaccións no ámbito familiar. O presente estudo sitúase na liña das aproximacións cualitativas que empregan o método da entrevista, o máis frecuente no campo (Schwartz 2010: 10). Fronte ás aproximacións interaccionais, que permiten analizar con detalle as prácticas lingüísticas reais dos membros da familia, os nosos obxectivos céntranse na análise da PLF declarada polos informantes (King, Fogle & Logan-Terry 2008: 9), co fin de identificar as súas metas, ideoloxías e formas de xestión lingüística como proxenitores, así como as súas observacións e expectativas sobre o desenvolvemento lingüístico dos seus fillos e fillas. No nivel das prácticas e xestión lingüística, indagamos sobre a traxectoria e perfil sociolingüístico dos informantes, así como sobre a súa escolla de lingua nos distintos contextos e, sobre todo, no fogar e na relación cos fillos e fillas. En xeral, este tipo de aproximación pon o foco nas experiencias dos proxenitores nos procesos de transmisión lingüística interxeracional, atendendo aos contextos socioculturais máis amplos e á posible influencia de forzas externas (Curdt-Christiansen 2018: 434). Para este artigo seleccionamos tres entrevistas das 15 que realizamos en total, na medida en que representan as experiencias de tres nais no proceso de transmisión lingüística que denominamos “mantemento do galego”, como explicaremos máis adiante, e porque ademais permiten abordar comparativamente o impacto do tipo de hábitat neste respecto, xa que as informantes foron seleccionadas en función do seu lugar de residencia e/ou de escolarización dos fillos/as, segundo diferentes niveis de urbanización. A continuación, explicamos os criterios de selección de informantes para a realización das 15 entrevistas que comprende a nosa investigación en conxunto, na que se insire o presente estudo1.\nO tipo de hábitat, xunto coa idade e a lingua habitual, foron os criterios para a selección de informantes. Dado que nos interesaba, en xeral, a socialización lingüística das xeracións máis recentes, buscamos informantes de 30 a 45 anos, franxa etaria na que sería máis probable que cumprisen o requisito de ter fillos e/ou fillas en idade escolar (3-16 anos). Ademais, os informantes foron seleccionados en tres municipios con diferente grao de urbanización, seguindo a clasificación do Instituto Galego de Estatística (2016), baseada na densidade de poboación; así, escolleuse o municipio de Cuntis como zona pouco poboada (ZPP), o de Tui como zona intermedia (ZIP) e o de Ourense como zona densamente poboada (ZDP)2. Quintá & Macía (2017) teñen en conta máis variables para establecer un índice de ruralidade que aplican a todos os municipios galegos: a evolución da poboación nos últimos dez anos, a taxa de envellecemento, o número de vivendas por cada cen habitantes, a poboación ocupada que traballa no sector agrario e o tempo de desprazamento ata a cidade máis próxima que conte polo menos con 50.000 habitantes (Quintá & Macía 2017: 94). Segundo este estudo, Cuntis constitúe un hábitat semirrural, mentres que Tui é semiurbano e Ourense urbano. Tamén se tivo en conta a lingua habitual dos informantes, para obter datos tanto de galegofalantes como de castelanfalantes en cada un dos tres municipios indicados. Obsérvese que o xénero non foi un criterio de selección, dado que ata o momento os estudos cuantitativos non destacan esta variable como unha das máis significativas na explicación da lingua habitual, aínda que si recollen un uso algo menor da lingua minorizada nas mulleres (Rodríguez Neira 2008: 42, 76)3. Polo tanto, o feito de que as informantes nas tres entrevistas que analizamos neste artigo sexan mulleres foi algo totalmente aleatorio.\nEn todos os casos, as entrevistas realizáronse de maneira individual e non se entrevistou ao outro proxenitor, aínda que o guión incluíu numerosas preguntas sobre a historia lingüística da parella e sobre o papel desta con respecto do uso das linguas na casa e cos fillos e fillas. En todo caso, debe subliñarse que o foco da investigación se sitúa nas persoas entrevistadas, nas súas propias experiencias e perspectivas, que non teñen por que coincidir coas do outro proxenitor. O guión da entrevista estaba orientado a obter “historias de vida”, seguindo un modelo semellante ó de Bastardas (2016), con preguntas organizadas en catro bloques: 1) socialización da persoa entrevistada, 2) socialización coa parella, 3) socialización dos fillos e fillas e 4) ideoloxía e identidade política. Deste xeito, acadamos información sobre tres xeracións: a dos proxenitores dos entrevistados (primeira xeración), a dos propios entrevistados (segunda xeración) e a dos descendentes destes (terceira xeración). Cómpre subliñar que esta información é transmitida en primeira persoa no caso da segunda xeración, pois correspóndese cos informantes, mentres que os datos obtidos sobre a primeira e a terceira xeración constitúen información reportada en terceira persoa e mesmo proxectada no caso da última, xa que algunhas preguntas tiñan que ver coas expectativas con respecto do desenvolvemento lingüístico dos descendentes no futuro. As entrevistas tiveron unha duración media de corenta e cinco minutos.\nA selección das tres informantes para este artigo responde a que son as únicas, das 15 entrevistas realizadas, que podemos incluír dentro da transmisión lingüística que denominamos mantemento do galego: foron socializadas en galego polos seus proxenitores e, á súa vez, educan tamén en galego os seus descendentes. O obxectivo da súa PLF é polo tanto o mantemento interxeracional da lingua minorizada en Galicia. A nosa hipótese é que o resultado vai máis alá do ámbito doméstico / familiar, de xeito que outros factores externos acadan gran relevancia no seu éxito ou fracaso. Na Táboa 1 recollemos o seu perfil sociolingüístico e o dos seus fillos e/ou fillas. Para identificalas, creamos os códigos M12-CUN, M5-TUI e M11-OU, onde o M inicial se refire ao xénero (muller) e o número que segue indica a orde que ocupa a entrevista no conxunto; por último, indicamos as primeiras letras do municipio no que foron seleccionadas e se realizaron as entrevistas.\nCómpre aclarar algunhas cuestións máis sobre estas informantes e facer mención tamén ó perfil das súas parellas e a súa escolla de lingua cos fillos. Como pode apreciarse na Táboa 1, o lugar de residencia de M5TUI é a cidade de Vigo e non Tui, o municipio semiurbano onde se realizou a entrevista. Esta falta de correspondencia débese a que, para a selección de informantes en Tui, solicitouse a colaboración de escolas de Educación Infantil e Primaria, nas que pedimos voluntarios/as para ser entrevistados, contando con que vivisen neste mesmo municipio. M5TUI traballaba nunha destas escolas como profesora, pero durante a entrevista descubrimos que vivía en Vigo. Porén, o seu neno está escolarizado no mesmo centro, polo que consideramos que a súa entrevista representa as súas experiencias e percepcións tanto en relación cun contexto urbano como semiurbano, aínda que a vinculamos con este último polo proceso de selección. Como se mostrará na análise, ela sinala que a socialización do neno nesta escola, a través das relacións cos iguais en castelán, é precisamente o principal factor que inflúe negativamente nas súas metas e planificación lingüística no fogar e coa familia, orientada ao mantemento do galego. En xeral, esta informante transmite unha visión semellante das poboacións urbanas e semiurbanas con respecto da situación do galego, na medida en que o castelán ten claro predominio, fronte ao que acontece na contorna rural onde se criou, unha aldea de Lalín, onde actualmente a familia pasa moitas fins de semana.\nCon respecto á M11OU, os seus pais naceron e criáronse en aldeas de Ourense, logo emigraron a Suíza e finalmente instaláronse na cidade de Ourense. Esta informante declara que o galego é a súa lingua inicial, aínda que empregou o castelán como lingua habitual ata os 17 anos, momento no que decidiu instalarse no galego. Con anterioridade, falaba castelán fóra da casa, o que ela explica precisamente polo predominio desta lingua en Ourense, o hábitat urbano no que se criou e vive actualmente. A súa parella, en cambio, ten o castelán como lingua inicial e habitual e emprégaa tamén co seu fillo. Ambos forman polo tanto unha parella lingüisticamente mixta (Bastardas 2016), que aplica a chamada estratexia OPOL (One-Parent-One-Language, Palvaiainen & Boyd 2013: 236; Curdt-Christiansen 2018: 423), xa que a nai usa o galego co neno, mentres que o pai lle fala en castelán. Nos casos das outras informantes, M5TUI e M12CUN, as súas parellas presentan un perfil sociolingüístico semellante ao delas, xa que teñen o galego como lingua inicial e habitual, e ademais tamén o empregan cos fillos/as.\n3. MANTEMENTO DO GALEGO FAMILIAR NUN HÁBITAT SEMIRRURAL: M12-CUN\nM12-CUN e a súa parella sempre educaron en galego os seus fillos, un mozo de 18 anos e unha nena de 12, sen necesidade de ningunha conversa explícita ó respecto:\n(1)\nI: Os rapaces empezaron a falar e nós falamos con eles en galego. Non se falou doutra forma.\nI: Nin siquiera se chegou a plantear, vámoslle a falar castelán, no, para nada…\nPolo tanto, esta familia sitúase nunha PLF de uso exclusivo da lingua minorizada na socialización dos fillos, estratexia detectada noutros estudos, como por exemplo Curdt-Christiansen & Lanza (2018: 124, “hot-house approach”), Nandi (2019) ou Smith-Christmas & NicLeòid (2020: 580), que se refiren a ela como “stand your ground approach to language choice”. Coincidindo con estes autores, consideramos que se trata dunha estratexia claramente pro-activa, que aínda o é máis cando os nenos/as se instalan na lingua dominante, a pesar do cal os proxenitores non cesan na súa práctica monolingüe. M12-CUN sustenta esta decisión nunha ideoloxía de resistencia en contraposición ao desprazamento á lingua dominante para dirixirse aos descendentes, práctica moi habitual en Galicia desde a ditadura (Rojo 1981) e que aínda se mantén na actualidade (Iglesias & Acuña, no prelo). Así, elabora un discurso cunha alta compoñente afectiva e emocional, no que valora a lingua minorizada por si mesma, vinculada á súa función identitaria, e non como un medio para conseguir o bilingüismo (Smith-Christmas & NicLeòid 2020: 585-586): “sempre me pareceu algo patético o de falarlle ós fillos en castelán cando ti falas en galego, que hai moitas familias que o fan (…) Non o entendo, é a túa lengua, por que renuncias a ela? Porque ademais paréceme un algo, non sei, paréceme algo moi feo. Sempre me pareceu. Entón, pa nós non cambiou nada”. Repárese, de todos os xeitos, en que a comunidade na que vive esta informante, unha aldea do concello de Cuntis, reforza a súa práctica e ideoloxía lingüísticas, xa que nela a norma social é o mantemento do galego, polo que no seu contexto inmediato se trata dunha práctica que podemos cualificar como “natural” (Armstrong 2013):\n(2)\nE: Hai familias que o fan [cambiar ao castelán cos fillos], ti sabes de familias que o fan?\nI: Si, si, si. Si, si, si, efectivamente...\nE: Na túa propia aldea?, que dis que todo era galego, todo é galego...\nI: Non. Na miña aldea, non.\nAdemais, ante o cambio da súa filla ao castelán a raíz da escolarización, no segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos), como vía de integración nun grupo de compañeiras castelanfalantes (minoritario na clase), M12CUN reacciona exercendo a súa autoridade materna e reprobando á súa filla o seu comportamento, xestión que, en cambio, as nosas outras dúas informantes non se ‘atreven’ a realizar, de acordo coa ideoloxía que considera “unnatural” e “authoritarian” (Armstrong 2013) calquera medida para favorecer a lingua minorizada, en detrimento da dominante. Porén, neste caso, ante a influencia externa (a través do grupo de iguais da escola), a nai rebélase e actúa, co fin de conseguir o resultado lingüístico desexado na súa filla, obxectivo que acada a curto prazo, pois a nena xa se instala plenamente no galego en primaria, tanto ela como as súas compañeiras. En consecuencia, a este logro tamén debeu contribuír o propio grupo de iguais e a comunidade no seu conxunto, pois non esquezamos que se sitúan nun contorno predominantemente galegofalante, onde o \"antinatural\" para esta nai é falar castelán:\n(3)\nI: No. Inés sen embargo, si. Quería falar castellano como María e unhas cuantas máis, Paula, que hablaba en [RISA] castellano, por aquel momento, si.\nE: Como compañeiras dela?\nI: Entonces falaba castellano e tiñamos unhas peloteras gordísimas porque eu negábame a que o falara. Parecíame antinatural, sabes? Pero ela quería, dicíame que a tiña que deixar elegir, o sea, ben pequeniña, con tres anos.\nEn efecto, este é un claro exemplo do papel activo dos nenos e nenas (“children’s agency”) no proceso de socialización e da rapidez coa que aprenden as normas de adecuación no proceso de adquisición da lingua, desenvolvendo polo tanto a súa competencia sociolingüística (Canale & Swain 1980; Andersen 1986; Kasares 2017). No extracto (4), a informante relata como a súa filla tamén recorría ao castelán cando estaba a soas nos seus xogos de simulación, o que demostra como xestionaba xa o repertorio lingüístico bilingüe galego-castelán, cambiando de lingua en función das situacións:\n(4)\nI: E de feito, ela cando xogaba, xogaba en castelán. Non xogaba en galego, non. Ela sola, por exemplo. Si, ela sola. Estaba na casa e faláballe: ‘Que guapa estás hoy. Ay Qué bien te veo’. Si, si, faláballe en castelán. [RISAS] E debía ser que aínda falaba máis cando estaba a solas, porque como sabía que nos molestaba moito….\nNon obstante, esta xestión lingüística, que Kopeliovich (2010) denomina “política lingüística coercitiva”, non está exenta de conflito e, de feito, algúns autores recollen o seu escaso éxito (Pease-Álvarez 2003: 14-17), posto que adoita provocar reaccións en contra entre os descendentes. No noso caso, como acabamos de ver, non ocorre isto, aínda que a filla si pon en evidencia e lle recrimina á súa nai o comportamento aparentemente incoherente coa súa propia xestión lingüística na familia, cando descobre que ela cambia de lingua no traballo: “Ahora á que lle molesta é a ela, por exemplo, ten vido comigo a traballar a Pontevedra: ‘Por que lles falas castellano a estes nenos?’ (…) Como unha pequena venganza, de dicir: Cando a min non me deixabas…”.\nNo que se refire á creación dun ambiente de alfabetización en galego, M12-CUN afirma que lle lía aos seus fillos os contos en castelán, pero intenta xustificarse por iso: “Era no que había, sobre todo hai dezaoito anos… O que eu coñecía, directamente ou que lle regalan…”. Os seus fillos tamén vían a televisión en castelán (series coma Bob Esponja)4, aínda que ela prefire a canle autonómica, en galego: “Si podo ver a tele, prefiero ver a galega. A min gústame moito. Porque me parece que é moi cercana a nós, sabes?”. En calquera caso, a informante non parece darlle importancia a esta cuestión, é dicir, non intervén nas formas de lecer no fogar para contribuír ao mantemento do galego, posiblemente porque este parece asegurado por numerosos factores de socialización, como son a propia familia, compañeiros de colexio, amizades, veciños, etc. Polo tanto, despreocúpase de buscar unha xestión lingüística do galego para os seus fillos, facendo recaer todo o peso da transmisión nas prácticas en galego dos membros da familia (proxenitores e irmán maior), así como na expresión dunha ideoloxía lingüística que defende o uso exclusivo desta lingua no fogar, como vimos, por exemplo, na súa reprobación dos cambios ao castelán da súa filla ou das familias galegofalantes que empregan o castelán cos fillos.\nEn efecto, M12-CUN atribúese un papel fundamental na transmisión do galego aos seus fillos e, por conseguinte, de forma implícita, está asumindo a máxima responsabilidade no mantemento da lingua (Pease-Álvarez 2003: 17), o que pode levar a unha infravaloración do papel do resto de axentes da socialización e doutras formas de xestión lingüística. No caso do seu fillo maior, conta que ten unha gran competencia en inglés, debido a que xoga a videoxogos on line nesta lingua. Polo tanto, valora positivamente a influencia desta forma de entretemento como input lingüístico para a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, pero non a estende á aprendizaxe das linguas ambientais (galego, castelán), que parece considerar cuberta por outras vías. A pesar disto, si reivindica a presenza maioritaria do galego como lingua vehicular na escola, comparando incluso a situación entre os seus dous fillos e decantándose pola época na que predominaba o galego5:\n(5)\nE: Da escola dos teus fillos, non che preguntei se, estás de acordo en como utilizan as linguas?\nI: Si.\nE: Os profesores...\nI: Si. No, de feito gustaríame que houbera máis materias en galego, pero bueno... Porque xa quitaron algunhas.\nE: Si, pero bueno...\nI: E Anxo xa chegou case a estudalas, case todas en galego.\nE: Si? Ah...\nI: Si, si, houbo unha época en que case todo era en galego, o sea, ó mellor dúas eran en castelán...\nE: Si…\nI: E ponte outra máis. E agora xa están, ou mitad e mitad ou case... Supoño que ao mellor hasta máis en...\nE: En castelán.\nI: En castelán. Si, si.\nDe todos os xeitos, esta preferencia polo galego como lingua vehicular parece responder máis a unha ideoloxía que valora a lingua minorizada sobre a dominante, ca á asignación dun papel importante ao profesorado no mantemento da lingua. Isto concorda coa súa propia experiencia persoal, dado que o seu paso por unha escola totalmente castelanizada (“tódalas materias eran en castelán, nada:: de de feito facíanche, dirixirte ós profesores en castelán”) non lle influíu no seu uso lingüístico. Porén, a súa experiencia neste modelo de escola si que provocou que amose menor competencia en galego nas destrezas escritas, ao non ser alfabetizada nesta lingua, fronte ao que acontece cos seus fillos, aspecto que si valora positivamente: “eles si que teñen unha parte importante en galego e a min paréceme moi importante... Paréceme moi ben”.\nComo diciamos ao principio, esta informante presenta unha conciencia lingüística importante pro-galego, aínda que mantén nalgún grao certos comportamentos propios de épocas pasadas, como o de converxer cara ao castelán en determinadas situacións, comportamento que non relaciona coa tradicional valoración superior da lingua dominante e que non acaba de superar, como tamén demostra cando o proxecta na súa filla: “por exemplo, eu si ela vai a Pontevedra e fala con unha persoa en castellano, a min non me parece mal, non? Porque si están dirixindo a ti en castelán a ti que máis che dá”.\nComo conclusión, non observamos unha preocupación nesta informante pola competencia en castelán do seu fillo e filla, senón que confía en que van ser bilingües, aínda que ela non lles transmita esta lingua, crenza que se ve reforzada pola experiencia, tanto no seu caso, coma no dos seus descendentes. Polo tanto, a súa PLF diríxese ao galego, aínda que centrada no uso exclusivo da lingua minorizada na casa, a chamada “hot-house aproach” (Curdt-Christiansen 2018: 124), xa que tampouco coida outras posibilidades de xestión lingüística, por exemplo, intentando crear un ambiente de alfabetización en galego, como xa remarcamos. Podemos afirmar que M12-CUN ten éxito nesta PLF, pois os seus fillos son ambos galegofalantes e teñen competencia tamén en castelán, pero, tras analizar a súa experiencia e percepcións, parece claro que este éxito non se debe só á influencia da familia, senón ao ambiente lingüístico do seu lugar de residencia, como veciños, compañeiras de escola, etc, é dicir, o que se coñece como influencia da comunidade, na liña do estudo de Caldas & Caron-Caldas (2000), no que profundaremos máis adiante.\n4. MANTEMENTO DO GALEGO FAMILIAR NO HÁBITAT SEMIURBANO: M5-TUI\nM5-TUI sinala que toda a familia fala en galego co seu fillo: “E: O pai tamén lle fala:: galego. I: Galego. Si si, nós na casa todos. Abuelo…”. Como tamén ocorría no caso de M12-CUN, no núcleo familiar non contemplaron educar o neno noutra lingua que non fose esta: “Nin sequera o: falamos, porque::: falámoslle galego, é a nosa lingua (…) E punto”. Polo tanto, de novo encontramos que o feito de non tratar de forma explícita o tema da transmisión lingüística non parece implicar unha ausencia de PLF. Ó contrario, o mantemento da lingua familiar nun contexto onde predomina a lingua dominante, o castelán, transloce unha potente ideoloxía en favor da lingua minorizada, máis aínda se temos en conta que supón un comportamento marcado, que chama a atención, dada a estreita vinculación existente entre a lingua dominante e o ambiente lingüístico no que se sitúan (neste caso, entre o castelán e a vila onde traballa a nai e está escolarizado o neno, así como a cidade onde residen). Polo tanto, os proxenitores están actuando contracorrente e son conscientes disto, a pesar do cal se manteñen na súa escolla do galego:\n(6)\nE: Ninguén vos dixo nunca nada:: así en pla:n, pois?\nI: Bueno, algunha: tía que teño eu en Coruña, dixo: ‘e por que non lle falades castelán ó neno?’\nE: Mm…\nI: E dígolle: ‘non, porque: a nosa lingua é o galego’. Si preguntou, si. Agora estou dándome conta, si (…) Non, non me dixo unha razón. Pero bueno (…) Suponse, non? que:: que razón é. Por que lle vas falar galego? Fálalle castelán que é:: o idioma da cidade, non?\nAsí, está clara a decisión destes proxenitores de falarlle ao seu fillo en galego, postura excepcional no lugar onde viven, pero que se ve reforzada pola familia extensa e o seu círculo de amizades, galegofalantes que continúan vivindo no rural, lugar co que seguen a manter un contacto frecuente, pois pasan alí todas as fins de semana. Polo tanto, trátase de migrantes interiores, do rural á cidade, que non acaban de crear redes sociais sólidas na súa nova residencia, como se recolle en (7), senón que manteñen as do seu lugar de orixe, situado a uns 130 km aproximadamente (unha hora e media en coche). Nótese que a propia informante se diferencia da “xente de cidade”:\n(7)\nI: nós todos os fines de semana nos imos para Lalín\nE: Mm e:: gústache vivir, onde vives agora, en Vigo?\nI: Si, prefería vivir donde na- donde me crié, pero por motivos de traballo (…) son moi distinta á xente de cidade. Considérome moi distinta\nE: Xa\nI: Pero bueno. A ver, a lingua en, por exemplo en Vigo é todo castelán, inda por encima vas a algún sitio e fálaslle galego e parece que::\nA pesar de que as prácticas lingüísticas familiares se basean no monolingüismo en galego e de que o neno está escolarizado no mesmo centro onde traballa a súa nai, onde tamén se fomenta o uso do galego, observamos unha actitude de resignación na informante ante o feito de que ela prognostica que vai fracasar na súa política lingüística familiar, pois prevé que o seu fillo vai abandonar o galego e, de feito, relata como, con só catro anos de idade, xa o está substituíndo polo castelán:\n(8)\nE: Mm Vale. E:m, que lingua cres que fala con máis comodidá, comodidade hoxe por hoxe o teu neno?\nI: O castelán\nE: O castelán?\nI: Si. Si, porque: dígoche que a influencia do… É que é unha realidade, é dicir, a influencia dos nenos, el nunca di: ‘Eu’. Ahora xa nunca o dice, antes dicíao\nE: Mm\nI: E ahora dice: ‘Yo. Dámelo a mí’. Quédanlle xa moi poucas pala- e mira que está tempo con nós. Pero el contéstache en castelán\nPolo tanto conclúe: “inda que o galego llo fagamos ver na casa, a súa lingua vai ser o castelán”. Atribúe o cambio lingüístico do seu fillo á escolarización, pero non debido á influencia do profesorado, que utiliza principalmente o galego neste centro, senón polo grupo de iguais, que é na gran maioría castelanfalante: “I: Si, porque é que eles lle falan caste-, os nenos lle falan castelán”. A súa predición de que o seu fillo se vai acabar instalando no castelán baséase ademais noutros casos que ela coñece polo seu propio alumnado, pois, segundo afirma, a influencia dos compañeiros “é forte”, tanto que ao acabar infantil xa están totalmente castelanizados, a pesar de que ela mesma utiliza o galego tamén como docente:\n(9)I: E sei que se vai a convertir en castelanfalante (…) Si. Por casos que vimos aquí, a maioría dos nenos chegan castelanfalantes. I eu no meu grupo (…) e:h os nenos que chegan galegofalantes que ó mellor son un ou dous, acábanse convirtindo en castelanfalantes pola influencia dos demais nenos.\nI: É que no meu grupo pásalle. Chegaron dous nenos, falan-, e:h falando galegofalantes e agora márchase, eu acabei ciclo. Vanse para primeiro. Pasan castelanfalantes.\nEn consecuencia, esta informante insiste en que a escola nin sequera garante unha competencia plena en galego, recorrendo ás palabras do director do colexio (“non salen competentes en galego”) para reforzar o seu testemuño, pero sen atribuír en ningún momento este ‘problema’ ao propio sistema escolar a nivel macro, pois non fai ningunha referencia á lexislación lingüística vixente nin á política lingüística educativa gobernamental. Ademais, afirma que “desde o cole faise todo o que se pode” e que “está ben plantexado”, insistindo en exculpar o sistema educativo da castelanización, quizais tamén porque isto implicaría que ela mesma, como profesora, debería asumir parte desa responsabilidade6. En cambio, atribúe a castelanización do seu fillo (e do escaso alumnado galegofalante do seu centro) á influencia dos compañeiros/as castelanfalantes e por extensión ás familias destes e ao contexto en xeral (“aquí tira moito o castelán”), co que ademais ela non se identifica. O contexto semiurbano castelanfalante acaba presentándose así como responsable en última instancia do fracaso da súa propia PLF, pero tamén do fracaso da xestión lingüística escolar: “Intentámolo, pero é difícil, porque: se ti o falas aquí [no colexio], pero despois, aquí pasan cinco horas, o resto están na ca:sa, con ami:gos, e se lle falan castelán, que vai predominar máis?”.\nEn definitiva, sitúase a causa da castelanización no ambiente lingüístico da comunidade, tal como se ten recollido noutros estudos. Por exemplo, Caldas & Caron-Caldas (2000: 377) conclúen na súa investigación: “the strongest factor influencing the fluctuation in the children’s bilingual preference is the predominant language of the community”, comparando como cambia o uso do inglés e o francés en tres nenos dunha familia francófona, segundo estean en Louisiana (en Estados Unidos, durante o período escolar) ou no Québec (cidade francófona de Canadá, durante o período vacacional), de xeito que, neste último ámbito, aumenta considerablemente o uso do francés por parte das fillas e o fillo. E insisten: “when both parties are able to speak two languages, it is not so much the person which determines language choice as it is the environmental context” (ibíd. 377, subliñado noso), o que pode explicar tamén o uso do castelán incluso cos proxenitores por parte destes nenos e nenas pertencentes a familias galegofalantes que residen en lugares onde a lingua ambiental é o castelán. No marco da teoría da socialización de Harris (1995), Schwartz (2010: 179) tamén insiste na importancia do grupo de iguais: “children favor the behavioral system of the peer group outside the home over the one they acquire at home”. Non obstante, cómpre subliñar que na nosa investigación detectamos isto desde idades moi temperás, o que resulta en certa medida sorprendente, pois de feito os estudos destacan que esta influencia aumenta coa idade e, sobre todo, na adolescencia (Schwartz 2010: 187; Caldas & Caron-Caldas 2000 e 2002). Porén, segundo as observacións de M5TUI, ocorre xa desde a primeira infancia (con tres ou catro anos), coincidindo en todo caso co momento do inicio da escolarización. Casos semellantes téñense detectado noutros estudos (Díaz Guedella 2017; Iglesias 2018; Rodríguez Carnota 2020, aínda que neste último tamén se sinala a adolescencia como idade proclive ao cambio de lingua). No caso da filla da informante anterior, M12CUN, recórdese que o seu desenvolvemento foi favorable ao galego coa idade, pois tamén empezou cambiando ao castelán cando era máis pequena, en infantil, pero xa en primaria se instalou plenamente no galego, da mesma maneira ca os seus compañeiros/as na súa escola nun hábitat semirrural. Así, neste desenvolvemento pareceu xogar de novo un papel moi importante o grupo de iguais e, en xeral, a lingua da comunidade. No caso do fillo de M5TUI, en cambio, a lingua da comunidade é o castelán, polo que cabe esperar un desenvolvemento que reforzará cada vez máis esta lingua co paso dos anos.\nEn canto á competencia, M5-TUI afirma sentirse máis cómoda falando galego e insiste en que en Galicia “eu creo que todo o mundo, tanto en cidade, como: nos pobos, sabemos falar galego”, polo que podemos deducir que o tema da falta de competencia nunha das dúas linguas non lle preocupa, igual que viamos na informante anterior. De feito, non fai ningunha referencia aos beneficios do bilingüismo para o seu fillo, nin presenta o bilingüismo como un dos seus obxectivos ao falarlle galego, coma si se detecta noutros estudos (Palviainen & Boyd 2013: 236-237). No seu discurso, o que predomina é o seu desgusto polo feito de que o neno estea a abandonar o galego con tan só catro anos, o que provoca que non perciba nel este uso bilingüe, senón unha substitución precoz polo castelán, a lingua dominante. Tampouco recorre ao ‘consolo’ de que polo menos terá o galego en potencia e que, grazas á súa presenza no ámbito familiar, vaino dominar máis e mellor que a maioría dos seus compañeiros. Polo tanto, non utiliza a dobre competencia como argumento para reafirmarse na súa política lingüística familiar, senón que se presenta como unha illa nun contexto no que parece sentirse incómoda, precisamente polo predominio do castelán, e fala da súa “loita” polo mantemento do galego como perdida de antemán, a pesar do cal non renuncia á súa postura e continúa resistíndose á castelanización, tanto no seu uso habitual (monolingüe en galego), como na súa relación co seu fillo (uso exclusivo do galego na súa relación con el).\nAdemais, resulta curioso que a pesar desta consciencia do gran predominio do castelán fóra dos límites familiares, a informante non parece preocuparse por levar a cabo unha xestión lingüística pro-galego, máis alá das prácticas e ideoloxías lingüísticas da familia e amizades na súa aldea de orixe, onde pasan as fins de semana. Non intervén na busca de recursos en galego para o tempo de lecer do seu fillo, nin no que se refire ás novas tecnoloxías, nin tampouco por exemplo á lectura de contos, xa que llos le en ambas linguas:\n(10)\nI: Si.. E lémoslle contos\nE: E le:: le:, en que linguas?\nI: Galego e castelán\nE: Nas dúas\nI: Nas dúas, si (…)\nI: E despois tamén ve moitos vídeos de coches, porque a el fascínanlle os coches\nE: E nese tipo de actividades que fai ca: coa tablet, escoita tamén o galego, está en contacto co galego o: ou mai- máis xa co castelán?\nI: Máis o castelán\nE: Mm\nI: Esa é unha realidá\nTampouco procura unha socialización en galego do seu fillo a través doutros nenos e nenas galegofalantes, que ela precisamente coñece, grazas á súa profesión como mestra de infantil, como vimos en (9), polo que a súa reacción ante o seu propio fracaso na PLF é máis ben dunha resignación pasiva e frustrante. Noutras investigacións rexístranse comportamentos opostos, de xestión activa cara á lingua minorizada, que implica incluso crear ambientes de socialización nesta fóra do fogar cando non os hai, como é o caso dalgúns dos proxenitores estudados por Nandi (2019: 95-96), neofalantes residentes nun contexto urbano que, fóra do ámbito doméstico, non só procuran un contexto educativo en galego, senón tamén eventos extraescolares, creando así o que se denominan “safe-spaces” (O’Rourke & Nandi 2019: 507) ou “breathing spaces” (Fishman 1991: 59). O caso da nosa informante, en cambio, amosa o desenvolvemento dunhas expectativas moi negativas sobre a súa PLF pola influencia insuperable que atribúe ó ambiente diario en xeral e ao grupo de iguais en particular. De acordo con algúns estudos (Pérez Báez 2013; Curdt-Christiansen 2016), estas expectativas poden funcionar como “crenzas de impacto” que contribúen ao fracaso da PLF, xa que levan a unha falta de intensificación desta a través de máis formas de intervención ou xestión lingüística.\n5. MANTEMENTO DO GALEGO FAMILIAR NO HÁBITAT URBANO: M11-OU\nA diferenza das informantes anteriores, M11-OU criouse nun hábitat urbano, a cidade de Ourense, aínda que os seus pais tamén son de procedencia rural. Concretamente, criouse nun barrio formado por inmigrantes do rural, como ela mesma explica, que é bastante galegófono, pero no que está instaurada, segundo as súas propias palabras, a conduta de falarlles aos nenos en castelán, hábito xa comentado (véxase epígrafe 3). Os proxenitores da entrevistada, con todo, non aplicaron esta norma, situación da que ela parece sentirse orgullosa, expresando así unha crítica a este comportamento semellante á que vimos no caso de M12-CUN (epígrafe 3). Non obstante, por influencia da escola, tanto do profesorado como dos seus compañeiros/as, restrinxiu o seu uso do galego ao ámbito familiar ata os 17 anos, idade en que, a raíz da motivación dunha profesora de galego que a marcou, decidiu instalarse plenamente na lingua galega. Á parte do seu pai, a súa nai, a súa irmá e cuñado, o resto das persoas coas que se relaciona habitualmente é totalmente castelanfalante: “Si, no ámbito no que me movo, menos eu que [RISA] vou á miña... á miña bola, o resto todos en en castelán”. Polo tanto, estamos ante unha persoa que se resiste, de forma explícita, a converxer cara ao castelán, aínda que é totalmente bilingüe desde o punto de vista da competencia, tanto a nivel oral como escrito. Tendo en conta o ambiente castelanfalante que a rodea, a aceptación da converxencia implicaría a restrición do seu uso do galego ao ámbito familiar, como de feito lle ocorrera na súa infancia e adolescencia. Actualmente, ademais, o galego tamén quedaría excluído da comunicación co seu marido, castelanfalante, co que forma unha parella mixta, tanto pola súa orixe lingüística, xa que os pais del tamén son castelanfalantes, como pola relación entre eles, pois cada un se mantén na súa lingua sen que isto supoña, segundo ela, ningún problema. Na comunicación co fillo lévase a cabo a estratexia OPOL, pero non de forma explícita nin consciente, senón que simplemente cadaquén continúa a empregar con el a súa lingua inicial e habitual.\nM11-OU manifesta de forma explícita o seu obxectivo de que os seus fillos (un de catro anos e outro en camiño) sexan galegofalantes, e mantén que en Galicia o castelán se adquire de forma espontánea, dada a súa presenza ambiental: “sería imposible ter dificultade en castelán, cando todo o que nos rodea está en castelán”. Polo tanto, a súa “preocupación” radica na adquisición da lingua galega por parte dos seus descendentes, cuestión sobre a que xa desde o principio se mostra máis ben pesimista (“pero o meu fillo pois solo colle as [palabras] que están en castelán”), dado o contexto pouco favorable a este idioma no que se sitúa: “Si que me preocupaba siempre con respecto aos meus fillos pues, que non chegasen a... a falar en... en galego, i eu tiña clarísimo que quería que os meu fillos falaran en galego solo…”. En efecto, a realidade está a demostrarlle a dificultade de transmitirlle ao seu fillo a súa propia lingua e a da súa familia, pero, ante esta constatación, reacciona priorizando outras preocupacións con respecto ao desenvolvemento do neno:\n(11)\nI: Si que despois a realidade ca que te encontras, pois é outra, e ao final, o que me importou dos meus fillos é que aprendesen a falar, e que non tuvesen ningunha dificultade... Si que... eu fálolle... en galego, a miña familia fálalle en galego, el [o pai] fálalle en castelán e a súa familia en castelán, o neno fala maioritariamente en castelán eu creo que... un porque, os estímulos que recibe a través de... televisión e demais son en castelán... e despois á parte porque no colexio, realizas unha enquisa para cuando van... a comezar, para definir eses anos de infantil en que idioma... queren que... que se faga, e a maior parte dos pais pois... escolleron o castelán, entón... as clases son todas en... en castelán.\nComo podemos observar neste extracto, a informante atribúe a castelanización do seu fillo principalmente a dous factores: a televisión e a escola (en ningún caso sinala o uso do castelán por parte da súa parella). Ao profundar máis nesta cuestión, aduce outro posible factor, que é a influencia do único familiar non adulto do neno, a súa prima, de 10 anos (seis máis ca el), a quen lle ocorre o mesmo que ao seu fillo: fala castelán, a pesar de que, neste caso, os dous proxenitores lle falan en galego. Os avós maternos, encargados do coidado de ambos nenos mentres os proxenitores traballan, tamén lles falan en galego, a pesar do cal os dous nenos falan castelán. Polo tanto, para a percepción do fillo da nosa informante, o galego está vinculado ás persoas adultas (a súa nai, avós e tíos), imaxe reforzada polo feito de que a única persoa non adulta da familia, a súa prima, fala en cambio castelán. Encontramos así a influencia do grupo de iguais (outra nena) xa no interior do fogar, influencia moi poderosa, pois implica que os referentes familiares máis novos e as correspondentes connotacións positivas a eles asociadas remiten á lingua dominante e viceversa (lingua minorizada asociada a connotacións máis negativas). Como observa tamén Smith-Christmas (2016: 98) no contexto gaélico-inglés, o feito de que eses referentes familiares novos decidan non falar galego pode xerar unha visión negativa da lingua minorizada nos ollos dos máis pequenos. A influencia dos outros nenos e nenas maiores da familia tense revelado en diversos estudos (Schwartz 2010: 173), funcionando principalmente como canle de introdución nas casas da lingua maioritaria para os membros de menor idade, e, en todo caso, demostra o papel axentivo dos máis pequenos na realización da PLF a través da interacción (Fogle 2013: 84). Coincidimos neste sentido con Goodwin & Kyratzis (2012: 366) cando afirman que as relacións co grupo de iguais e de irmáns e familiares constitúen importantes escenarios de socialización lingüística.\nPrecisamente, o comportamento lingüístico da nena (sobriña da nosa informante) si foi obxecto de debate e análise na familia, dada a perplexidade ou sorpresa que provocou e, de novo, sinálase a televisión como principal axente castelanizador, en concreto unha das series de debuxos animados de moda na primeira infancia da nena. Tamén se cita a influencia do grupo de iguais, pero fronte ao que ocorría no caso de M5-TUI, non parece que se lle dea tanta importancia. O maior peso da televisión arguméntase pola variedade de castelán que utilizan os nenos, con acento “de Madrid” e con presenza de “tempos compostos”, variedade que ten que proceder dun axente externo, xa que o español de Galicia é diferente e facilmente recoñecible (Rojo 2004; Recalde 2012):\n(12)\nI: Si, si, si. por ejemplo no... do caso da... da miña sobriña, si, que o temos falado moitas veces, porque siempre nos pareceu curioso, ademais a min... Eu creo que... Sempre lle boto a culpa a Dora la Exploradora7 [RISA] Porque... porque a miña sobriña empezou a falarlle... Decía, é que ten acento madrileño [RISA] é que non é normal. [RISA] Porque xa non é que fale en castelán, é que non... non ten acento...\nE: Galego.\nI: Galego, o sea, eu non llo noto, sabes? É que falaba un castelán tan perfecto, que dis tú de donde sale se todo o mundo lle fala en... En galego. E a veces, si que lle insisto... En plan, jobá, pero fálame... “A ver, veña, dime unha frase en galego\", pero no [RISA].\nEn definitiva, para o fillo de M11-OU, o castelán é a lingua da súa curmá maior, das súas series de televisión preferidas e da escola, ámbitos todos eles sen dúbida de prestixio, mentres que o galego se reduce aos seus familiares adultos (nai, avós e tíos maternos). Polo tanto, parece inevitable que medre asociando o castelán ao ámbito dos xogos, a diversión, a complicidade, etc., así como aos seus desexos de integración no grupo de iguais (Rodríguez Carnota 2020). Ademais, non podemos esquecer que o pai é castelanfalante e polo tanto reforza tamén esta lingua no fogar.\nA pesar das intencións explícitas de M11-OU de socializar o seu fillo en galego, non leva a cabo unha xestión dirixida a aumentar o input da lingua minorizada que este recibe. Nin sequera parece ter en conta a posibilidade de proporlle ao seu marido que tamén el se dirixa en galego ao neno, para incrementar así a presenza desta lingua no propio núcleo familiar (en canto á competencia, isto sería posible, pois de feito o marido si usa o galego cos compañeiros de traballo galegofalantes). Palviainen & Boyd (2013: 237) tamén destacan a sorpresa de que os seus informantes, a pesar da súa preocupación polo mantemento da lingua minoritaria (sueco) por parte dos seus fillos e fillas, non aumenten o uso desta na familia en detrimento do finlandés, renunciando así á estratexia OPOL, aínda que neste caso si procuraron por exemplo escolas infantís en sueco.\nM11-OU tampouco intervén na xestión lingüística dos programas de televisión que ve o seu fillo, a pesar de que os sinala de forma explícita como culpables en primeira instancia da castelanización. Critica que as opcións en galego son menos cómodas, xa que a televisión autonómica, única en galego, non emite programación infantil durante todo o día, a diferenza das canles temáticas en español. E ademais, a súa oferta é máis limitada e non a considera en xeral adecuada á idade do seu fillo8:\n(13)\nI: Claro, a ver, por ejemplo, a televisión si que maioritariamente é en castelán a pesar de que a veces intento poñerlle:… os debuxos na galega para que faga oído polo menos, pero si que maioritariamente en castelán.\nE: Porque cal é a canle que máis ve?\nI: Clan [canle temática en español].\nE: Claro.\nI: Porque por edad... os debuxos que hai son os máis, quizás os máis adecuados para... Para el, adecuados de... con respecto aos seus gustos (…) si houbera unha canle en galego solo con debuxos seguramente tería moita máis variedade, pero non hai. Entón, claro, os debuxos que hai eu creo que son tamén para máis maiores…\nNo entanto, si comenta que algunha vez recorreu ao seu dispositivo móbil para ensinarlle ao seu fillo unha serie infantil en galego (‘Os Bolechas’), que a este lle encantou: “En momentos puntuais pois no móbil, se lle pon- cando lle poño no móbil si que intento poñerlle os Bolechas en galego, porque llos puxen unha vez e lle (…) e encantáronlle”. Polo tanto, podía optar por esta opción: visionado de contidos previamente seleccionados en función da lingua e descargados de internet. Porén, esta posibilidade implica un esforzo extra por parte da proxenitora e ademais probablemente non podería recoller as series de moda, que o neno acabará demandando por influencia dos iguais. A importancia da televisión, como input favorecedor da lingua dominante, que tamén destacan Caldas & Caron-Caldas (2000: 373), merece ser estudada con máis detemento en futuros estudos.\nO mesmo ocorre coas lecturas infantís realizadas nesta familia, nas que tamén predomina o castelán, aínda que neste caso a xustificación baseada na falta de oferta ten menos fundamento. En efecto, a pesar de que a publicación de literatura infantil en galego é abundante e dunha alta calidade (Roig Rechou 2015; Mociño 2019), a informante parece descoñecela e opta por empregar títulos en castelán, que traduce espontaneamente ó galego para o neno “a veces”, xa que este aínda se encontra pola súa idade na época de lectura acompañada: “E: Lédeslles contos…? / I: Pues mira, a maior parte dos que ten son en... en castelán, ten algún en galego, eu o que si fago a veces é léolle os contos en castelán en galego [RISA]”.\nEn resumo, volvemos atopar falta de axentividade na xestión lingüística, que se estende ademais neste caso á escola, ámbito no que M11-OU tampouco leva a cabo ningún tipo de intervención, a pesar de que ela mesma lle atribúe gran peso na castelanización. En efecto, non ten en conta a cuestión da lingua á hora de escoller onde escolarizar o seu fillo, senón que nesta decisión priman outros factores, como son a proximidade e familiaridade co colexio. Non contempla preguntarlle ao profesorado pola cuestión lingüística, nin solicitar ou reclamar por parte deste un maior uso da lingua, senón que o exime de toda responsabilidade ao presentalo como un mero representante do sistema: “Si a maior parte dos pais deciden falar en castelán, o sea, o profesor aí tampouco ten moito que facer”. Ante as preguntas da entrevistadora, nin sequera parece ter moi claro como é o tratamento das linguas por parte dos centros escolares nos que estivo o seu fillo, xa sexa a escola infantil ou, actualmente, o colexio ao que asiste:\n(14)\nI: Eu entendo que si, o sea tampouco sei seguro, pero dos profesores que coñezo falan en castelán... E creo que as clases e todas as actividades que fan son todas en castelán.\nI: Quero pensar que as clases que son en galego que as dan en galego.\nE: E na gardería?\nI: Pues, seguro que tamén en Castelán.\nE: En Castelán. Vale... Vale.\nI: Si. (…) Si porque foi cuando empezou cos verbos compostos [RISA] Entonces eu creo que sería tamén de alí.\nIsto contrasta fortemente coa xestión doutras familias pro-galego, como algunhas das estudadas por Nandi (2018: 218-219), que chegan a fundar escolas de inmersión (cooperativas privadas), como unha alternativa ás escolas públicas e concertadas, cuxa lexislación non permite estes programas. Desta maneira son quen de estender a súa PLF máis alá do ámbito doméstico, nun exercicio de “biopower”. En cambio, no caso das nosas informantes, xustifican a súa non intervención recorrendo ao argumento de que se trata de cuestións que escapan ao seu control, pois dependen de decisións políticas e lexislativas, do nivel macro. M11-OU si critica esta política no que se refire á educación infantil, que é o nivel no que está o seu fillo no momento da realización da entrevista: “non ten sentido ningún que en infantil no falen NADA en galego e cheguen a primeiro en primaria e empecen a ter clases de galego”; pero, como xa vimos, no caso da informante anterior (M5-TUI), non se dá nin sequera este nivel de crítica dirixida ao nivel macro, senón que centra o seu discurso na escola e nas familias.\nPolo tanto, observamos que M11-OU sente que todo o peso da transmisión do galego recae case exclusivamente nela (e avós e tíos maternos), tal como viamos nas outras informantes e como recolle tamén, por exemplo, Pease-Álvarez (2003: 17), no contexto dos migrantes mexicanos en Estados Unidos: “Ms Garrido shared her belief that she should be the primary language-socialization agent available to her children. While she felt teachers could offer some support, she considered herself to be the one adult utlimately responsible for making sure her five children continued to develop and maintain their Spanish.”\nA informante adopta unha postura de resignación ante o fracaso obtido ata o momento en canto á súa propia PLF e manifesta a esperanza de que o seu fillo acabe volvendo ao galego, expresándoo en forma de desiderátum do que realmente non parece estar moi convencida, preocupándose asemade por aclarar que é algo que non se pode impor, recorrendo ao discurso da imposición e obrigación do galego, moi estendido en Galicia (Iglesias 2002: 301; Formoso 2013: 102), que presenta as medidas de normalización como contrarias á liberdade individual: “Si, home, eu a esperanza que teño é que o día de mañá se decante [RISA] por utilizar sólo galego ou maioritariamente galego anque bueno ao final, son cousas que non podemos impoñer porque ao final é peor”. Distínguese nisto da primeira informante analizada (M12-CUN), quen si aplicaba na educación dos seus fillos medidas coercitivas de control interno, recorrendo á súa autoridade materna para conseguir que estes cumprisen as prácticas lingüísticas que estaban a promover na familia (uso exclusivo do galego, polo menos no ámbito doméstico). O extracto (15) ofrece un resumo da postura diferente que mantén M11-OU neste sentido e respecto dos usos lingüísticos dos seus fillos no futuro:\n(15)\nE: que lingua cres que falará con máis comodidade... bueno... o teu fillo, e o teu futuro fillo?\nI: Pues, creo que por desgracia, [RISA], o que máis van a falar vai ser en castelán, porque eu creo que non se está favorecendo para nada o uso do... do galego. Entón creo que a tendencia final vai a a ser esa, por moito que... nós intentemos insistir en que falen en galego… (…) Ao final, o seu grupo de iguais, maioritariamente fala en castelán... Todos os estímulos que teñen, televisión, cine, lecturas e demais, todo aquelo que é interesante ou chama a atención é todo en castelán, entonces, eu creo que a lingua na que van a falar é castelán. Teño a esperanza de que... de que non, que lle pase como a min, que se dé conta que é importante o uso do galego, que non se pode perder, e que intente falalo e usalo nos ámbitos da súa vida, polo menos nos máis que poida, pero bueno (…) Evidentemente non o vou obligar, pero si que lle direi que me gustaría que comigo que falase en galego, que utilizase o mismo idioma que, no que eu lle falo (…) Pero claro, son cousas que... están máis alá das miñas decisións...\nEn definitiva, ante as súas previsións de fracaso, M11-OU presenta a lingua dos seus descendentes como unha cuestión que escapa á súa decisión e control, como algo que vén dado desde arriba e sobre o que ela non ten oportunidade de intervir. As súas prácticas lingüísticas declaradas son en galego e a súa ideoloxía lingüística tamén é favorable en principio a esta lingua, aínda que reproducindo (inconscientemente) algúns aspectos do discurso dos detractores da normalización. Con todo, a súa política lingüística familiar non vai máis alá disto, xa que non demostra estratexias complementarias para reforzar a reprodución do galego, senón que xustifica o seu “fracaso” pola presión de todos os demais axentes, fóra da familia (nunca cita entre as posibles causas a súa propia parella, castelanfalante). A pesar disto, tampouco desenvolve un argumentario discursivo contra esta situación, a non ser na súa crítica puntual á lexislación lingüística educativa en infantil, senón que, como puidemos ver, a única vez que utiliza o termo “imposición” é para referirse ao galego e non ao castelán.\n6. CONCLUSIÓNS\nOs tres casos analizados dan conta de políticas lingüísticas familiares que se apoian fundamentalmente na “hot-house approach” (Curdt-Christiansen 2018: 124), é dicir, na escolla do galego como lingua de interacción exclusiva na casa e cos fillos/as. Porén, esta estratexia non vai acompañada doutras que poderían enriquecer o input e a socialización nesta lingua, como si fan outros proxenitores pro-galego, como por exemplo algúns dos estudados por Nandi (2018: 5.2. e 5.4.), que crean ambientes de alfabetización en galego e seleccionan compañeiros de xogo de familias galegófonas. Deste xeito, as tres informantes amosan unha actitude pasiva, non axentiva, con respecto a outros posibles esforzos pro-galego que podían realizar. Ningunha delas parece ser consciente disto (ou ben o consideran pouco viable), o cal é máis comprensible no caso do contexto rural, xa que neste o galego xa parece estar suficientemente reforzado pola comunidade, ao contrario do que ocorre nos outros dous contextos estudados: urbano e semiurbano. Como consecuencia, e a pesar da curta idade dos fillos, as informantes nestes dous contextos anuncian xa o fracaso da súa PLF, atribuíndoo precisamente aos outros axentes de socialización, especialmente os iguais (familiares e non familiares), e, no caso de M11-OU, tamén en gran medida á televisión.\nDeste xeito, a nosa análise pon de relevo a importancia de aproximarnos aos nenos e nenas como suxeitos que interveñen de forma axentiva no seu propio proceso de socialización e de ter en conta o gran peso do grupo de iguais, así como do resto de axentes sociais. As prácticas lingüísticas familiares non son suficientes para o mantemento da lingua se non existe un apoio do seu uso na comunidade, como destacan as propias informantes que se atopan nos hábitat semiurbano e urbano e como tamén conclúe Kasares (2017) no caso do éuscaro. Retomando as palabras de Harris (1995: 482), na súa teoría da socialización grupal, o que os nenos e nenas aprenden na familia pode resultarlles de escasa utilidade fóra do fogar, pois tamén deben aprender como comportarse para chegar a ser membros dun grupo social, proceso no que a lingua xoga un papel fundamental. Non se trata de que escollan libremente outra lingua diferente á familiar, senón dun proceso de adaptación ao contexto ou ao ambiente, no cal os nenos e nenas favorecen o sistema comportamental do grupo de iguais (Schwartz & Verschik 2013: 3). En calquera caso, a pouca confianza das informantes dos hábitat semiurbano e urbano no éxito da súa PLF como proxenitoras tamén pode estar incidindo na súa escasa axentividade, na liña do que apunta Curdt-Christiansen (2016: 3-4).\nPolo tanto, os casos aquí analizados contradín a decisiva influencia que se ten concedido á familia, como un ámbito inexpugnable na transmisión da lingua (Fishman 1991: 94). Ben ao contrario, como fomos vendo ao longo do artigo, concedemos gran relevancia ao contexto lingüístico que rodea os nenos e nenas na súa socialización en xeral, máis alá do fogar. Así, o éxito da PLF pro-galego no rural temos que atribuílo tamén en gran medida ao ambiente galegófono deste tipo de hábitat, mentres que no caso das familias que se atopan en contextos urbanos asistimos a un fracaso da PLF debido precisamente á influencia cara ao castelán do resto de axentes. Ante tal situación, estas proxenitoras adoptan unha actitude de resignación, acompañada dun maior ou menor grao de frustración segundo o caso, que en cambio non as leva a intentar aumentar o seu control e buscar outras estratexias de xestión lingüística, nin dentro nin fóra do fogar. Tampouco desenvolven un discurso claramente crítico coa política lingüística a nivel meso e macro, recorrendo por exemplo a argumentos que apoien e reforcen a súa PLF, como poderían ser as vantaxes de educar os seus fillos no bilingüismo, a pesar de que son conscientes dos seus beneficios, xa que si expresan de forma explícita a idea de que ao transmitirlles o galego no fogar, os nenos van adquirir as dúas linguas, pois o castelán xa lles chega por outros axentes.\nPor conseguinte, cómpre dotar estas familias que transmiten a lingua minorizada dun argumentario que reforce as súas decisións de PLF. Ademais, é fundamental aumentar a presenza do galego con políticas lingüísticas desde arriba, nos niveis macro e meso, por exemplo, con maiores recursos de lecer (canle de televisión infantil en galego) e actividades educativas e lúdicas máis alá do ensino regrado (campamentos, actividades extraescolares, etc.), nas que se usen tamén rexistros lingüísticos máis coloquiais, necesarios para interiorizar a lingua máis alá de vela como lingua da escola, como tamén reivindican outros estudos (Seminario de Sociolingüística 2018). Todo isto sen esquecer o sistema escolar, que tampouco potencia o uso do galego na nosa comunidade, segundo a lei vixente de distribución das linguas no ensino (Decreto 79/2010). En definitiva, cómpre afondar no estudo das políticas lingüísticas familiares en Galicia atendendo tamén ó contexto máis amplo e incidir na importancia dunha concienciación xeral da sociedade sobre as grandes dificultades que poden atopar moitas familias para manter o galego nas novas xeracións, debido precisamente á forte presenza do castelán como lingua dominante. Para contrarrestala, é necesaria ademais a aplicación de políticas gobernamentais que impulsen a creación de ámbitos potenciadores do uso do galego e contribúan deste xeito á súa normalización social, o que resulta indispensable para frear o proceso de substitución lingüística polo castelán, que ata o momento nunca foi detido."} {"summary": "Hoxe en día falar de proxectos de innovación educativa non é algo novidoso nas diferentes etapas educativas. Sen embargo, aínda segue a ser unha cuestión pouco visibilizada na Formación Profesional (FP) que, en moitas ocasións, queda reducida a propostas relacionadas co uso de recursos TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe. Ante isto, podemos preguntarnos cal é a situación dos proxectos e potencial de innovación naqueles estudios de vocación eminentemente práctica en Galicia. Este traballo pretende achegarnos ao que se está a facer no ámbito da innovación nos centros de FP galegos, unha realidade pouco visibilizada e estudada que, sen embargo, recolle unha gran diversidade de accións, iniciativas e proxectos en materia de innovación educativa. Para iso, levouse a cabo unha investigación descritiva, de carácter exploratorio e eminentemente cualitativa na que, a partir da análise de fontes documentais primarias, como son as distintas resolucións das convocatorias anuais de premios á innovación en FP, se pretendeu responder ás seguintes preguntas de investigación: estase innovando nos centros de FP? Que tipo de proxectos son os considerados innovadores polas administracións e premiados? Que familias profesionais son as involucradas? Que tipo de centros participan máis da innovación? Analízanse así, as convocatorias de premios á innovación en FP dos anos 2019 e 2020 na comunidade autónoma de Galicia, na cal se presentaron en total 144 propostas innovadoras, das cales foron finalmente premiadas, 86. A modo de conclusión, realízase unha análise crítica da situación actual da innovación na FP en Galicia, aportando referentes a ter en conta e valorándoa á luz do papel que debe xogar a FP no marco da construción dunha cidadanía so século XXI.", "text": "A INNOVACIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA: PROXECTOS RELEVANTES E INICIATIVAS CON POTENCIAL DIDÁCTICO E DE TRANSFERENCIA\n\nCando se alude á innovación en contornas educativas, téndese a relacionar ditas accións con proxectos ou programas levados a cabo en etapas educativas temperás ou que conteñen unha maior carga disciplinar, pero en menor medida con aqueles estudos de carácter eminentemente práctico como por exemplo a Formación Profesional (de aquí en diante, FP).\nA propia configuración destes estudos, cos que se pretende desenvolver competencias profesionais fai que se tenda a considerar que os seus procesos formativos ou ben, non se presten para xestar proxectos de innovación educativa ou ben dende unha perspectiva oposta, se asuma erradamente que o seu enfoque no deseño curricular e desenvolvemento docente xa son en si xa unha innovación educativa ao introducir a dimensión aplicada ou práctica. Estas concepcións non só invisibilizan as múltiples iniciativas de carácter innovador que se están a desenvolver nas contornas de FP, senón que ofrece unha visón nesgada que ensombrece o potencial didáctico e transformador destas realidades educativas.\nNos últimos anos véñense observando cambios nos centros de FP galegos, algúns deles impulsados pola propia Consellería de Educación, Universidade e FP que, na liña doutras Administracións educativas, pretende darlle unha maior visibilidade a esta etapa, afianzando os vínculos entre sector público e privado en materia de formación (OCDE, 2015, cit. en Tardivo et al., 2019). Exemplo disto é a convocatoria de premios para proxectos innovadores ou a promoción de Olimpíadas Skills a nivel internacional. Ademais, nestes dous últimos anos moitos centros de FP fan uso das redes sociais para recoller e poñer en valor o que se fai no día a día das súas aulas. Sen embargo, outro tipo de innovacións didácticas como poden ser as que veñen da man da introdución de cambios metodolóxicos relevantes no marco da FP, na liña da aprendizaxe baseada en proxectos, pasan aínda desapercibidos e semellan tratarse dunha aposta persoal dun profesor/a concreto máis que propiciado polo propio centro ou pola Administración. De aí que proxectos de estas características poidan non ter continuidade debido a diversas cuestións administrativas como a maior mobilidade xeográfica docente e a súa inestabilidade nos centros (Sánchez Moreno e Murillo Estepa, 2010).\nNeste marco, o obxectivo principal deste traballo ten que ver coa necesidade de recompilar información sobre as distintas experiencias de innovación educativa levadas a cabo nos centros galegos de FP. A partir da análise das resolucións das convocatorias anuais de premios á innovación en FP, ofrécese una visión actualizada da diversidade de proxectos de innovación existente, destacando aqueles que foron premiados pola Administración autonómica, polo que tomando ditas resolucións como fontes primarias, realizarase unha análise da situación da innovación no marco da FP en Galicia.\n1. COMO SE PROMOVE A INNOVACIÓN NA FP GALEGA DENDE AS ADMINISTRACIÓNS?\nO modelo de promoción da innovación no ámbito da FP en Galicia está composto, esencialmente, por tres iniciativas (Barreira Cerqueiras et al., 2021): os premios a proxectos innovadores difundidos mediante o Congreso FP Innova, diversos programas dentro do Plan Eduemprende e a liña de axudas a proxectos de innovación do Ministerio de Educación e Formación Profesional (de aquí en diante, MEFP).\nDende o ano 2013, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven realizando unha convocatoria anual de premios a proxectos de innovación en FP. A posta en marcha destes premios non soamente comeza a trazar o camiño para dar visibilidade ás innovacións e creacións (Guerra, 2008; Torres, 2008) que se están a desenvolver nos centros de FP da nosa comunidade, senón tamén a promover a cooperación entre as empresas e entidades diversas, o cal contribúe indubidablemente á unha retroalimentación necesaria do proceso de ensino – aprendizaxe do alumnado de FP.\nTal como se sinala nunha das derradeiras convocatorias do ano 20192, a Consellería establece que os proxectos innovadores presentados polos centros educativos deban acollerse a unha das seguintes modalidades: A) Innovación tecnolóxica ou científica e B) Didáctica. Mentres a primeira tería como obxectivo desenvolver proxectos orientados á transferencia tecnolóxica entre centros e contorna produtiva —en principio, prestando especial atención á inserción laboral do alumnado—, a segunda das modalidades promove a creación de materiais ou recursos didácticos que faciliten e estimulen as aprendizaxes vencelladas a cada unha das familias profesionais.\nEn ámbalas dúas modalidades actúan como criterios para ser premiado pola comisión de selección, a participación activa do alumnado, así como o feito de involucrar no proxecto a outros centros educativos, entidades ou empresas que, xunto co centro coordinador, actuarán como colaboradoras e, en conxunto, desenvolverán o proxecto de innovación.\nPrecisamente coa intención de dar visibilidade a estes premios á innovación no marco da FP, a propia Consellería organiza o denominado Congreso FP Innova Galicia de xeito anual, tendo en conta que os centros seleccionados se comprometen, vía Resolución da propia convocatoria (Art.14º), a participar destas accións de difusión e publicación, cedendo á propia Consellería os dereitos de explotación, edición e difusión dos proxectos. O profesorado que se decida a coordinar un proxecto destas características e reciba un dos premios, obterá en compensación, unha certificación do propio premio cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente, que se converterán en 20 horas no caso de ser só profesorado participante (Art. 13º).\nAdemais destes premios destinados a proxectos de innovación en FP, a Xunta de Galicia, en colaboración con outros organismos, ten establecido o Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia Eduemprende, ligado á Rede Galega de Viveiros de Empresas. A finalidade deste plan é fomentar o espírito emprendedor e establecer unha estratexia neste senso dirixida ao alumnado galego (Xunta de Galicia, s. d.)3. Dentro do marco do plan, existen actualmente unha serie de programas e actuacións en colaboración con diversas empresas e asociacións como poden ser por exemplo Eduemprende Idea, Emprende- rede de viveiros de empresas, Simula, Eduemprende Actúa, Programa Depoemprende, Programa EduTecEmprende ou o Programa Lanzadeiras de Miniempresas en Coruña ou Lugo. En todos eles podería participar alumnado e profesorado do sistema de FP galego, existindo un número considerable de programas orientados a este fin. Sen embargo, a cifra de centros de FP participantes nestas iniciativas é difícil de localizar.\nPor outra banda, o MEFP, seguindo un formato semellante ao da Consellería de Educación, Universidade e FP, establece unha liña de axudas destinadas aos centros educativos para a realización de proxectos de innovación aplicada e transferencia de coñecemento na FP do sistema educativo. Para esta convocatoria, considéranse proxectos de innovación aplicada e transferencia en FP, aqueles que teñan capacidade para xerar, compartir e mobilizar coñecementos entre os centros docentes, as empresas e entidades de utilidade social4. Tamén o propio MEFP, conta cunha liña de premios de calidade e innovación en Formación Profesional cuxa derradeira edición, segundo a propia páxina web do Ministerio foi no ano 20155.\n2. METODOLOXÍA DO ESTUDO\nEste traballo é o resultado dun estudo documental e, polo tanto, de tipo esencialmente cualitativo, que pretende recompilar e analizar os proxectos considerados innovadores pola Administración educativa autonómica e, polo tanto, premiados a través das convocatorias anuais de innovación en FP. Trátase dunha investigación de carácter exploratorio na que, a partir da análise de fontes documentais primarias, como son as distintas resolucións das convocatorias anuais de premios á innovación en FP, pretende atallar as seguintes preguntas de investigación: estase innovando nos centros de FP? Que tipo de proxectos son os considerados innovadores polas administracións e premiados? Que familias profesionais son as involucradas? Que tipo de centros?\nDeste xeito, tomáronse en consideración dúas das derradeiras resolucións das convocatorias de premios por parte da Consellería de Educación, Universidade e FP — concretamente as relativas aos anos 2019 e 20206— e fíxose unha análise descritiva dos mesmos atendendo á información dispoñible, particularmente no marco das seguintes dimensións: número de proxectos presentados e premiados en cada convocatoria; número de premiados por modalidade; tipo de centros involucrados como coordinadores; familias profesionais participantes; títulos dos proxectos e temática central dos mesmos. No que ten que ver precisamente con estas últimas dimensións —familias profesionais implicadas, títulos e temática dos proxectos innovadores— centrarémonos exclusivamente naqueles que obtiveron os tres primeiros premios cada ano, co obxectivo de proporcionar unha visión global acerca daqueles que son mellor valorados pola comisión encargada da adxudicación dos devanditos premios.\nNa táboa 1 é posible localizar as cifras relativas ao número de proxectos presentados e premiados nos anos 2019 e 2020 en ámbalas dúas modalidades A e B, así como o tipo de centros dos que procedían as iniciativas presentadas e premiadas. Atendendo á suma dos dous anos analizados, presentáronse un total de 144 propostas innovadoras, das cales foron premiadas, 86.\n3. RESULTADOS INICIAIS: VISIBILIZANDO AS REALIDADES DA INNOVACIÓN NA FP GALEGA\nUnha análise pormenorizada e conxunta de ambas convocatorias, por Modalidades, apórtanos una serie de sinxelos resultados, pero reveladores, que convén comentar (ver táboa 1). No ano 2019, os centros colaboradores que máis destacan pola súa concorrencia á Modalidade A son os IES (13) fronte aos CIFP (8) o cal contrasta coa Modalidade B —innovación didáctica— na cal observamos como se inverten as tornas mesmo en cantidades case similares, sendo os CIFP os centros colaboradores máis numerosos (15) fronte aos IES (8). Porén, os Centros Integrados destacan en canto a número de proxectos que presentan. Deste xeito, do total de 33 proxectos achegados á Modalidade A (I+D+I), 19 son presentados por CIFP e 13 por parte de IES. No que respecta á Modalidade B, dun total de 32 proxectos, 22 teñen como centros coordinadores a algún CIFP mentres que os IES concorren con 11 proxectos.\nEn relación coa convocatoria de 2020, percíbese algunha diferenza nos datos en canto número de centros e ao número de proxectos. En liñas xerais, aumentan os proxectos (79 en total), sobre todo na Modalidade A, e os centros, independentemente da súa tipoloxía —30 IES e 24 CIFP como totais de ambas modalidades— que concorren á convocatoria deste ano. Así, un total de 18 IES e de 13 Centros Integrados presentan os seus proxectos á Modalidade A (44) mentres que 12 IES e 11 CIFP o fan na Modalidade B (35). Tal e como podemos observar na táboa de datos, prodúcese un descenso do número de CIFP que se presentan á Modalidade B (11) respecto do ano anterior (15), sen que poida considerarse un descenso demasiado significativo.\nAsí mesmo, as propostas innovadoras presentadas no ano 2020 dentro da Modalidade A repártense tal como segue: 22 propostas realizadas por parte de IES e 22 por parte de CIFP. Na Modalidade B, de novo, volven destacar os CIFP —aínda que non moi significativamente— por enriba dos IES, con 19 e 16 propostas realizadas, respectivamente.\nAtendendo aos datos analizados, constátase que son os CIFP, exercendo de centros coordinadores, os que soen concorrer a estas convocatorias con máis dun proxecto, así como en colaboración con outros proxectos presentados.\nRealizando un primeiro achegamento aos proxectos premiados na Modalidade A, identificamos dúas tipoloxías básicas: aqueles centrados en produtos/servizos e aqueles vinculados a procesos produtivos. Deste xeito, a innovación en produtos/servizos enténdese como a introdución dun ben, produto ou servizo novo ou mellorado, en canto ás súas características —técnicas, compoñentes, materiais, tecnoloxía integrada, etc.— ou aos seus usos —características funcionais, facilidade na utilización, etc.—, mentres que as innovacións de proceso refírense á introdución dun proceso produtivo ou de distribución novo ou mellorado, téndose aplicado modificacións nos materiais, nas técnicas e/ou nos programas informáticos en ditos procesos (OCDE, 2005).\nTendo en conta isto, na Resolución do 30 de abril de 2019 publícase o conxunto de premiados dese ano —todos con entidades colaboradoras incluídas nas iniciativas galardoadas—, podendo diferenciarse 11 proxectos vinculados a proceso produtivos e os 10 restantes relacionados con innovacións en produtos e servizos. Ao mesmo tempo, na meirande parte das iniciativas, hai dúas ou máis familias profesionais implicadas, cunha ampla participación de alumnado e profesorado. Destacan as familias profesionais de Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga e Transporte e Mantemento de Vehículos como aquelas nas que se presentan máis proxectos nestes dous anos, pero sen deixar de mencionar as de Hostalaría e Turismo, Madeira, Moble e Cortiza e Industrias Alimentarias.\nCabería destacar o proxecto coa máxima contía recibida denominado Economía circular baseada nos residuos do CIFP Manuel Antonio (Vigo), un proxecto no que están implicados todas as familias profesionais que se imparten no centro —Hostalaría e Turismo; Industrias Alimentarias; Química; Sanidade, Téxtil, Confección e Pel e Seguridade e Medio Ambiente— e que trata de transformar os residuos xerados nos distintos ciclos impartidos en novas materias primas de utilidade para a oferta formativa do centro:\nAsí, o plástico será convertido en fíos que alimenten as impresoras 3D que empregan para próteses dentais ou auditivas, ou ben en pezas destinadas a área de automoción. [...] A gran cantidade de refugallos orgánicos que producen os ciclos de Hostalaría e Turismo serán convertidos en compost co que abonarán máis de 50.000 metros de xardín [...], o cultivo de flores comestibles e de litoral […], a plantación de millo de variedades autóctonas […] (Sogama, 2019).\nEn canto á contía dos premios, 500.000 € foron repartidos entre os 21 proxectos premiados nesta categoría. Deles, o primeiro premio, tal e como mencionamos anteriormente, foi destinado ao CIFP Manuel Antonio (Vigo) co seu proxecto de economía circular, cunha contía de 38.560 €. Séguelle de preto o IES Monte Neme (Carballo), coa iniciativa denominada Simulador Industria 4.0 e Internet of Things (IoT), premiado con 38.246 €. O terceiro premio correspóndelle ao CIFP Manuel Antonio, de novo, co proxecto Control de calidade en algas para a elaboración de cosmética natural biosaludable, ao cal lle foron outorgados 73.943 €.\nIgualmente, se tomamos como referencia a provincia de pertenza da totalidade dos centros premiados na Modalidade A de 2019, cabería sinalar a ausencia de centros coordinadores pertencentes á provincia de Ourense e a de A Coruña como aquela que máis centros colaboradores premiados posúe.\nPor outra banda, lembremos que na Modalidade B están incluídos aqueles proxectos orientados á creación de recursos didácticos dirixidos ao ensino-aprendizaxe nunha familia profesional determinada, podendo distinguir, á súa vez, propostas centradas en espazos didácticos, maquetas, simuladores ou aplicacións dixitais, entre outros.\nNesta modalidade é a provincia de A Coruña a que máis centros galardoados acolle, entre eles, o centro coa maior contía económica recibida, o CIFP Ferrolterra —con outros dous proxectos premiados ademais—, co proxecto Gasodomésticos: creación dunha aula móbil para a posta en macha, o mantemento, a reparación e adecuación de aparellos de gas (21.966 €) Trátase dunha aula móbil na que o alumnado aprende a realizar o tratamento de produtos e instalacións de gas no ámbito doméstico.\nO segundo proxecto coa maior contía é o de Procesos de dixitalización, impresión 3D e fabricación mecánica (21.645 €) do CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo). Este proxecto relaciónase, fundamentalmente, coa xeración de pezas a través de impresoras 3D previamente dixitalizadas no ámbito profesional da fabricación mecánica. O terceiro proxecto con maior contía recibida é o do CIFP Compostela, coa súa Aula multisensorial (20.919 €),proxecto no cal colaboran entidades como a Federación de Xordos de Galicia, a ONCE ou a Asociación Sarela —centrada no apoio a persoas con dano cerebral—. Trátase, pois, dun proxecto enmarcado na familia de Servizos socioculturais e á comunidade, de creación dunha aula destinada á estimulación dos sentidos e interacción co medio de persoas con algún tipo de discapacidade.\nPola súa banda, a Resolución de 9 de xuño de 2020 publica a listaxe de centros premiados para ese ano, destacando na Modalidade A, 12 proxectos que se centran na innovación en produtos e servizos e 11 vinculados con procesos de produción e/ou elaboración. Volven destacar as familias profesionais como Enerxía e Auga, Transporte e Mantemento de Vehículos ou Madeira Moble e Cortiza. Un dato a ter en conta na análise das iniciativas premiadas é a forte presenza da compoñente ecolóxica e relativa á sustentabilidade en varios dos proxectos como por exemplo, os dous proxectos coordinados polo IES Universidade Laboral (Culleredo): o proxecto SMARTspringwater: fonte de auga intelixente, que, mediante o deseño, fabricación e montaxe de fontes de auga intelixentes no centro educativo, trata de aproveitar ao máximo este recurso, evitando desperdicios e o proxecto Climatización eficiente con enerxías renovábeis de axuda persoal, que trata de crear espazos habitables, sostibles e climatizados que poidan ser empregados de xeito autónomo por persoas con algunha diversidade funcional. Igualmente, destacan a iniciativa Eco Urban furtniture for schools do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada) ou o Proxecto Fénix: mellora enerxética da valorización dos produtos agroecolóxicos da horta familiar, entre outros. É este último o que se sitúa no primeiro posto, coa contía máis elevada recibida nesta convocatoria, concretamente 35.164 €. En segundo lugar, non moi afastado, situaríase o proxecto Café 5.0 do IES Fraga do Eume (Pontedeume) con 35.161 €, e, en terceiro lugar, a iniciativa Comparativa de equipos de CO2 para cámaras comerciais de conxelación, coordinado polo CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo).\nNesta convocatoria existe presenza das catro provincias galegas, porén, a provincia de Ourense segue sendo a que conta cunha menor representación —soamente dous proxectos premiados—, seguida de Lugo. De novo, Pontevedra e A Coruña sitúanse co maior número de centros que presentan proxectos e son galardoados con premios á innovación.\nNa Modalidade B, son 20 os proxectos premiados no 2020, dos cales, dous quedan en primeira posición coa mesma contía (21.274 €). Por un lado, o CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), co proxecto formativo A mesa do Oroza, integrado na familia profesional de Hostalaría e Turismo e destinado á difusión dunha cultura alimentaria e gastronómica máis saudable entre a comunidade dos centros e entidades participantes. Por outra banda, o CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña) é premiado polo seu proxecto Oír para vivir 4.0, dentro da familia profesional de Sanidade —Ciclo Superior de Audioloxía Protésica—, na que se elaboran e propoñen solucións auditivas e protésicas adaptadas ao entorno, técnicas e tecnoloxías actuais.\nO segundo posto acádao o IES Universidade Laboral (Culleredo) (21.267 €) coa proposta dunha aula didáctica de simulación de turbinas de gas, Aula SITMUGA vinculada á familia profesional de Instalación e mantemento, e como terceiro galardoado, aparece o IES de Fene (21.240 €) presentando A realidade aumentada aplicada na tecnoloxía hidráulica. Trátase dunha iniciativa na que, mediante un dispositivo de realidade aumentada, a aprendizaxe se produce a través da interacción do alumnado con elementos, pezas e procesos hidráulicos presentes na industria.\n4. ANÁLISE CRÍTICA DA SITUACIÓN E CONCLUSIÓNSSen dúbida as iniciativas e propostas innovadoras aquí mencionadas recollen algúns dos proxectos máis senlleiros a ollos da Administración e dos centros en relación á FP galega nos derradeiros anos. Nesta liña, é de destacar a elevada presenza dos CIFP en canto ao número de proxectos nos que concorren, o que pode dar conta da longa tradición e traxectoria organizativa e de innovación desta tipoloxía de centros. Igualmente, tamén cabe destacar que o número de proxectos presentados nas convocatorias analizadas sitúase entre 32 e 44 iniciativas por ano, sendo tan só premiadas aproximadamente entre 20 e 23, o que significa que existen proxectos que a ollos do profesorado poderían ser caracterizados como innovadores, pero que non chegan a recibir financiamento ou recoñecemento por parte da Administración educativa. Tal e como está configurado o proceso de premios e financiamento —mediante concorrencia competitiva entre os centros participantes—, existen proxectos que, a pesar de seren interesantes, non son dotados con fondos para saír adiante.\nPor outra banda, nestes dous anos analizados destacan as familias profesionais de Electricidade e Electrónica, Enerxía e Auga e Transporte e Mantemento de Vehículos como aquelas nas que se presenta un maior número de proxectos de innovación, sendo tamén relevantes, aínda que nunha proporción menor en canto ao número de iniciativas, Hostalaría e Turismo, Madeira, Moble e Cortiza e Industrias Alimentarias. Cabe destacar así mesmo, a implicación de entidades externas aos centros como empresas ou entidades da economía social como actores clave das propostas presentadas, o cal non deixa de reflectir a capacidade de xerar espazos e vínculos comúns que teñen estas iniciativas na FP entre os distintos axentes sociais implicados. Especial mención merecen as propostas que vinculan a varias familias profesionais nun mesmo proxecto, pois dan conta do máis que interesante papel que xoga a interdisciplinariedade na innovación educativa (Fernández Navas e Alcaraz Salariche, 2016).\nA pesar disto, tal como xa se sinalou noutra ocasión (Barreira Cerqueiras et al., 2021), o modelo de promoción da innovación no ámbito da FP en Galicia por parte da Administración, composto esencialmente polas tres iniciativas xa mencionadas, mantén unha visión pouco planificada, coordinada e un tanto reducionista dos procesos de innovación no marco da FP. Non semella existir unha entidade ou rede de recursos humanos e materiais encargados especificamente de impulsar a innovación no ámbito da FP e de proporcionar asesoramento técnico, orientación e soporte burocrático aos centros e ás empresas involucradas. Faise polo tanto recaer toda a responsabilidade á hora da innovación no profesorado dos centros educativos, colectivo que ao mesmo tempo, veu ampliadas dende o 2012 o número de horas lectivas ás que debe facer fronte7, o cal, segundo diversos estudos (Oliva, 2010; Sánchez Moreno e Murillo Estepa, 2010) acaba por influír, xunto con outras variables, na súa participación en iniciativas innovadoras que son consideradas a priori, como un elemento extra á súa labor. De feito, segundo Bakker et al. (2007) e OCDE (2013) a excesiva carga de traballo é considerada polo profesorado como unha fonte de estrés, o que pode limitar a súa implicación en accións máis vinculadas coa mellora continua da docencia de aula ou a innovación. Pola contra, existen estudos (Donmoyer et al., 2012; Sebastian e Allensworth, 2012; Vescio et al., 2008, citados en OCDE, 2019) que sinalan que a colaboración docente axuda a impulsar a innovación e a mellora continua, o que, unido á creación de comunidades profesionais de aprendizaxe (Kools e Stoll, 2016) pode favorecer que xurdan proxectos e iniciativas compartidas entre o profesorado de FP. Moi vencellado a esta cuestión, outras investigacións sinalan que para acelerar a innovación na FP se deben empregar enfoques integrais dende o punto de vista didáctico, así como metodoloxías flexibles e abertas (Juárez, 2019), o cal só pode verse favorecido pola xeración de espazos de traballo colaborativo entre o profesorado. Neste senso e actuando como un apoio ao profesorado e aos centros, pode resultar un referente a ter en conta, o Centro para a investigación e a innovación da Formación Profesional Tknika existente no País Vasco, focalizado en dar soporte no ámbito da innovación aos centros de FP dende a óptica tanto tecnolóxica como didáctica (Astigarraga Echeverría et al., 2017, p. 55).\nNon semella existir tampouco en Galicia un plan estruturado e específico da FP no que se determine o papel que esta debe xogar nos procesos de innovación nas empresas, especialmente nas pemes, compoñentes esenciais do mercado laboral galego. Así pois, non se vincula a FP galega co Plan Galicia Innova máis alá dos programas de fomento do emprendemento anteriormente mencionados nin tampouco cos obxectivos da Axencia Galega de Innovación. En diversos estudos que analizan a perspectiva dos sistemas rexionais de innovación (Olazaran e Otero, 2009; Brunet Icart e Rodríguez Soler, 2012), ponse de manifesto que cada país e cada rexión debe construír o seu propio camiño á innovación, existindo barreiras aos procesos innovadores como as dificultades á hora de establecer vínculos entre os axentes de I+D+I, cuestión na que un espazo compartido como un centro coordinador da innovación que actúe como soporte, pode xogar un papel relevante. De igual modo, o sistema de FP ten que participar na transformación do modelo produtivo predominante en Galicia e España (Barreira Cerqueiras et al., 2021), no cal os sectores de menor intensidade tecnolóxica son maioritarios e o seu nivel de innovación, un dos máis baixos de Europa (Robertson e Patel, 2007, cit. en Otero Gutiérrez et al., 2016, p. 404). Semella preciso, polo tanto, vincular os procesos de innovación nos centros coa estratexia xeral da comunidade autónoma en materia de I+D+I, así como relacionar os centros educativos cos institutos e entidades tecnolóxicas e de investigación —universidades e centros tecnolóxicos específicos— mediante proxectos nos que, xunto coas empresas, poidan atender a necesidades de desenvolvemento do territorio. Todo isto, sendo imprescindible contar cos medios e recursos suficientes que faciliten a posta en marcha de cada unha das iniciativas.\nPor outra banda, cabería organizar os materiais e recursos didácticos innovadores creados polo profesorado no marco do sistema de FP nun único repositorio aberto e accesible, de xeito que sexa máis factible a idea de transferibilidade que se supón a este tipo de experiencias. Actualmente, ademais dos materiais e recursos incluídos na modalidade B dos premios de innovación xa mencionados, é posible localizar materiais e recursos considerados destacables no Repositorio institucional Abalar —con recursos orientados a certas familias profesionais pero nunha porcentaxe sensiblemente inferior aos destinados a outras etapas educativas (Rego-Agraso et al., 2017)—, e tamén na intranet da propia Consellería destinada ás programacións. Nela o profesorado pode acceder aos recursos xerados polos seus colegas a través das licencias por formación concedidas en anos anteriores, ben de creación individual, ben en equipo docente, pero non existe acceso público a este material.\nAsí mesmo, as experiencias innovadoras dos centros de FP inciden directamente no ensino-aprendizaxe de contidos, procesos, servizos e elementos do sector produtivo no que se insiren. É por iso que a FP non pode esquecer cuestións relevantes para a xeración da sociedade e da cidadanía do século XXI. Deste xeito, tendo en conta a distribución do alumnado galego nas familias profesionais en función do sexo —a cal segue respondendo claramente a unha segregación horizontal determinada por estereotipos de xénero (Mariño Fernández, 2008; Rial Sánchez et al., 2011; Rego-Agraso et al., 2021)—, é preciso centrar os procesos de innovación tamén na transformación desta realidade, sendo necesario favorecer a inclusión e a eliminación de estereotipos nas propias titulacións de FP. De igual modo, outro elemento clave que non por transversal semella menos relevante é a transformación industrial cara ás tecnoloxías verdes e a loita contra a contaminación e o cambio climático. Un plan de innovación autonómico en materia de FP debería axudar aos centros e ás empresas a camiñar cara un futuro sostible en termos medioambientais, sendo cada vez máis conscientes da necesidade de investir en tecnoloxías cero emisións, respectuosas coa contorna e cos dereitos humanos. Nesta mesma liña, cabe incidir na necesidade de promover unha maior equidade entre os traballadores/as, atendendo ao respecto polos dereitos laborais e á redución da precarización xuvenil, realidade con especial incidencia en España (INJUVE e Fundación Novia Salcedo, 2013, González García, 2013) e Galicia (Sánchez Sellero et al., 2013).\nPor último, outro dos elementos clave que ten que ver coa innovación no marco da FP, é a necesidade de abrir os centros, especialmente os integrados, en maior medida á formación continua e á formación para o emprego, así como facilitar —sempre con medios e recursos suficientes— a provisión de certos servizos ás empresas dende os propios centros. Estudos previos mostran que son as pemes cunha certa capacidade de innovación e con capacidade para identificar os seus problemas e necesidades tecnolóxicas (Lavía et al., 2011; Albizu et al., 2011, cits. en Navarro Arancegui, 2017, p. 27) a tipoloxía de empresas que máis e mellor uso farían dos recursos e servizos técnicos ofertados dende os centros. Ao mesmo tempo, tamén se constata que a cooperación con axentes externos en proxectos de innovación e sobre todo, a relación cos centros de FP en servizos de formación continua, exercen un efecto multiplicador sobre a probabilidade de participación dos traballadores/as nos procesos de innovación (Otero Gutiérrez et al., 2016, p. 404).\nSen embargo, para poñer en marcha estas actuacións, sen dúbida favorecedoras da innovación na FP, é preciso reverter as carencias orzamentarias actuais tanto en recursos humanos como materiais dos centros, organizar a distribución dos ciclos formativos no territorio tendo en conta as necesidades socioeconómicas locais, comarcais e rexionais, as demandas dos centros e do alumnado, así como as posibilidades de revitalización económica que nesas mesmas contornas poida ter a oferta formativa implantada. Non se trata só de incrementar substancialmente o número de prazas ofertadas na modalidade de FP dual, dado que o obxectivo non debería ser a substitución da modalidade ordinaria pola particular adaptación (Rego-Agraso et al., 2015) que en España se fixo desta proposta formativa orixinaria de Alemania, senón compatibilizar a presenza de ambas modalidades, dando prioridade —cando menos polo de agora— á ordinaria a razón dos resultados obtidos pola mesma ata o de agora e en ausencia de estudos sobre a incidencia real da FP dual na formación e no emprego.\nEn definitiva, segue sendo preciso continuar a revalorizar a FP neste ámbito, pois non podemos esquecer que o Índice Europeo de Innovación é elevado nos países que tradicionalmente deron un valor importante á Formación Profesional (Astigarraga Echeverría et al., 2017, p. 58). Polo tanto, a aposta decidida pola innovación na FP dende o eido institucional debe ir máis alá da promoción do emprendemento ou da xestión de premios, os cales —podendo constituírse como un elemento máis— semellan actualmente unha aposta reducionista e limitada en relación a tódalas posibilidades que unha estratexia de innovación planificada, enraizada co tecido socioeconómico local, dotada de recursos e coordinada por un centro específico, podería artellar."} {"summary": "O alumnado con Altas Capacidades forma parte da diversidade que debe atender a escola.\nTal como establece a lexislación educativa actual (LOE, LOMCE, LEI 3/2020), a resposta ás súas necesidades específicas de apoio educativo ha de darse nun contexto inclusivo, afastada de propostas segregacionistas que pretendan educar a estes estudantes illados do resto da poboación escolar.\nA escola é capaz de tomar decisións e poñer en práctica medidas de resposta inclusivas para atender as diferenzas. Estas medidas han de partir de propostas colectivas, preventivas, que favorezan a todo o alumnado, establecendo plans e programas de actuación que abranguerán dende o centro como sistema ata o plano individual, superando a causalidade lineal e individualista da práctica docente, onde o éxito ou o fracaso débense a un único elemento, cara a unha causalidade circular que busca corresponsables e implica a un equipo de persoas: profesorado, alumnado e familias, que analizan, planifican, interveñen e avalían, poñendo en práctica medidas innovadoras de atención á diversidade. As aulas avanzadas recollen estas e outras premisas e pretenden proporcionar, dende a escola ordinaria, unha resposta inclusiva de calidade a todo o alumnado, tamén ao alumnado de Altas Capacidades.", "text": "ALTAS CAPACIDADES: XESTIÓN DE AULAS AVANZADAS\n\nGalicia foi a primeira Comunidade Autónoma do Estado que institucionalizou a atención ao alumnado de Altas Capacidades (AA CC), creando, coa reforma da orientación do 1998, a especialidade de Sobredotación Intelectual nos Equipos de Orientación Específicos.\nAo longo de todos estes anos, foron moitas as experiencias acumuladas e moitas as cuestións e casuísticas que foron xurdindo que esixían unha profunda reflexión a fin de mellorar as prácticas e as actuacións que se realizaban.\nEste artigo é froito da experiencia e do coñecemento acumulado ao longo de máis de vinte anos de traballo con alumnos/as de AA CC, cos centros, co profesorado e coas familias. Pretende aportar un fío de luz sobre como se debería artellar a resposta educativa dende a escola ordinaria.\nEste alumnado forma parte da diversidade, das diferenzas existentes nos centros aos que acode a diario. É obvio que é aquí onde prioritariamente se ten que dar resposta ás súas necesidades educativas e así debe quedar contemplado no Plan de Atención á Diversidade de cada centro.\nRespectando o principio de igualdade de oportunidades, a escola pode e debe atender estas necesidades, sexan específicas ou ordinarias, como algo común e normal na súa tarefa diaria.\nCabe aclarar que os termos normal, común ou ordinario, refírense á normalización da resposta educativa, non á normalización e adaptación deste alumnado ao currículo estandarizado e ordinario que ofrece o mesmo menú para todos/as. Incluso, se debería entender, dende esta perspectiva, como algo habitual a implementación nas dinámicas escolares de programas específicos individualizados, con todo o que isto leva consigo, tanto a nivel organizativo como curricular.\nNon se lle pode dar un carácter extraordinario a estas necesidades e só poñer en práctica un plan de intervención cando se ten escolarizado un alumno/a con necesidades educativas asociadas a AA CC.\nTrátase, pois, de que a escola acepte e atenda este tipo de necesidades como algo implícito nas súas prácticas, non de converter en normal a un alumno excepcional. Isto significaría a anulación desa excepcionalidade, desa personalidade e, xa que logo, a súa inadaptación ao sistema.\nConstitúe este alumnado unha das grandes fortalezas da escola e, polo tanto, esta non pode poñerse de costas a esta realidade, despreocupándose das súas necesidades educativas e mantendo vivos tópicos como estes nenos non me preocupan porque xa van sós, non necesitan axuda; preocúpanme máis os nenos con dificultades ou xa están indo a unha asociación. Afirmacións que, afortunadamente cada vez menos, inda se escoitan nalgunhas reunións do profesorado.\nEn realidade, estaríase descoidando a atención a esta potencial fonte de talento pero tamén desperdiciando a inmensa riqueza que este alumnado pode aportar ás dinámicas de aula e viceversa. A aula constitúe un contexto idóneo para desenvolver as catro aprendizaxes básicas na formación de toda persoa: aprender a coñecer; aprender a facer; aprender a convivir e aprender a ser (Delors, 1996). Por outra banda, estaríase descapitalizando á escola dun dos seus bens máis prezados que lle dan prestixio, calidade, ilusión e liderado.\nPara atender este tipo de necesidades, igual que ocorre con outras, a escola necesita colaboración pero tamén silencio para realizar a súa función. A atención á excepcionalidade nos centros educativos ordinarios debería estar á marxe de calquera foco de espectáculo mediático ou mercantilista.\n1. A RESPOSTA EDUCATIVA DENDE UN MODELO DE ESCOLA INCLUSIVA\nO sistema educativo español sitúanos nun modelo de escola inclusiva. Isto vai moito máis alá dun simple cambio terminolóxico. Significa abordar a educación de todo o alumnado dende a escola ordinaria, tendo en conta as súas características e necesidades.\nA atención ás AA CC, xa que logo, esixe aulas e medidas de resposta inclusivas.\nEnsinar nun modelo inclusivo, supón que tódolos alumnos/as teñan a oportunidade de acceder, participar e implicarse no proceso de aprender, tamén o alumnado de AA CC. Será necesario que a ensinanza se aborde dende unha perspectiva complexa que permita o acceso aos procesos de aprendizaxe a todos os estudantes, cun enfoque que poida ser flexible, que posibilite facer adaptacións para responder ás necesidades e capacidades de cada un deles (Alba Pastor, 2018).\nSeguir un modelo inclusivo implica que a escola ha de estar sometida a un constante proceso de reflexión e revisión das súas prácticas e, por conseguinte, a unha continua innovación para poder dar resposta ás necesidades de todo o alumnado. Os centros de calidade serán aqueles que conseguen que todos os seus alumnos/as aprendan e se desenvolvan o máximo posible, dándolle a cada un o que necesita. A calidade implica simultaneamente excelencia e equidade (Martín e Mauri, 2011).\nUn dos sinais que define a inclusión é a participación e o traballo en equipo, dende un enfoque sistémico de intervención, onde cada unha das partes está en equilibrio e corresponsabilidade coas demais, en prol de acadar o mellor rendemento dun suxeito. Será imprescindible a colaboración, a consulta, o intercambio de información e o apoio entre moitas persoas encargadas de educar a un grupo de nenos/as.\nO centro escolar deberá deixar de ser un centro receptivo e reprodutivo do que outros experimentan e propoñen, para pasar a ser un centro singular e creativo que poida chegar a tomar decisións e iniciativas dentro da súa comunidade educativa e poder, deste xeito, enfrontarse con éxito ás distintas problemáticas que poidan xurdir.\nUnha organización que aprende é aquela que adquire unha competencia nova, que lle capacita para -aprendendo colexiadamente da experiencia pasada e presente-, procesar a información, corrixir erros e resolver os seus problemas dun modo creativo ou transformador, non simplemente dun xeito acumulativo ou reprodutivo. (Bolívar, 2000, p. 26).\nFarán falta espazos e tempos para a reflexión pero tamén vontade de facela. A escola é unha organización que pode aprender como tal (Santos Guerra, 2000), pero esa aprendizaxe só será posible se a escola é capaz de transformar a aprendizaxe individual dos seus membros en aprendizaxe colectiva a disposición do centro.\nA organización que aprende é aquela que aprende continuamente e se transforma a si mesma, a organización que é capaz de integrar os saberes dos seus membros a fin de construír un coñecemento común máis rico e amplo que a suma dos coñecementos individuais que lle permite implementar innovacións para afianzarse e medrar en contextos cambiantes. (Watkins e Marsick, 1993, p. 8).\nHaberá que chegar a respostas individuais a partir de plans e programas colectivos de centro e de aula que abranguen a toda a súa poboación escolar. Non servirá que se poña en práctica un modelo de resposta ás AA CC nunha aula e noutra non, cun alumno/a si e con outro/a non.\nSerá así como se atoparán solucións diferentes para problemáticas diferentes. A aprendizaxe organizacional ha de estar presente no funcionamento das institucións educativas.\nExisten varios tipos de resposta para as AA CC. Todos eles recollidos na lexislación en vigor dende o ano 1995. Pártese, en realidade, de dous tipos de resposta: os Programas de Enriquecemento Curricular, entendendo por enriquecemento todas aquelas modificacións que se poden facer nos elementos non preceptivos da programación de aula que apunten a organizar, dificultar, complicar e, en definitiva, a facer pensar. Esas modificacións, pois, irían enfocadas ás actividades, fundamentalmente, pero tamén aos recursos e á metodoloxía. Sería o que se coñece como Reforzo Educativo (RE) ou Programas de Enriquecemento Horizontal (PEH). Por outra banda, están os Programas de Ampliación Curricular, entendendo por ampliación curricular as modificacións que afectarían aos elementos preceptivos da programación, é dicir, aos obxectivos, contidos e criterios de avaliación. Necesitarían autorización da administración educativa para ser implementadas. Serían as Adaptacións Curriculares Significativas (ACS), de ampliación curricular.\nAmbos bloques, con finas fronteiras entre eles, admiten diferentes ramificacións, tanto a nivel curricular como organizativo. Estas medidas figuran no Decreto 229/2011 da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, como medidas ordinarias e extraordinarias. Van dende o ámbito máis xeral ata o plano individual. As primeiras serían moito máis inclusivas, as segundas moito máis individuais e excluíntes.\nA dia de hoxe, inda en moitos centros só se realizan modificacións nos elementos do currículo cando se establecen Adaptacións Curriculares Significativas ou flexibilizacións do período de escolarización. Como afirma Tourón (2010): “La escuela moderna […] se organiza en función de la edad, asumiendo que todos los alumnos de las mismas edades tienen, básicamente, las mismas necesidades y demandas educativas” (p. 134).\nDiferentes expertos coinciden en que a aprendizaxe é un proceso intrinsecamente social, baseado na interacción e cooperación entre as persoas (Onrubia, 2003); que a base de aprender é enormemente social e emocional (Vigotsky, 1979). A clave estará, pois, no grupo. De como se xestione ese grupo vai depender o equilibrio emocional do alumnado e, por conseguinte, a motivación para aprender e participar, a socialización e, en definitiva, o desenvolvemento harmónico dun individuo.\nO alumnado con AA CC necesita desenvolver o sentido de pertenza á súa comunidade, onde se sinta aceptado e recoñecido e poida aportar riqueza a eses grupos de aprendizaxe nos que, desenvolvéndose persoal, escolar e socialmente dun xeito excelente, poida contribuír ao desenvolvemento dos seus compañeiros/as, e ter un proxecto de vida na sociedade na que vai vivir.\nSituándose nunha escola inclusiva, o alumnado de AA CC, é certo que ten outros ritmos de aprender, outras motivacións, intereses, nivel de profundidade…, pero ha de entenderse como unha fonte de oportunidades para ese grupo, non como un problema. Será o que nos permitirá abrir o currículo nesa aula, darlle máis profundidade ás aprendizaxes, aumentar a estimulación dese grupo e, en definitiva, mellorar a calidade da ensinanza acadando un maior grao de desenvolvemento curricular e persoal de todos os compañeiros/as. Neste sentido, Van Tassel-Baska (2015) no seu modelo de currículo integrado fala de como os programas de atención ás AA CC dentro de aula, favorecen o desenvolvemento daquel outro alumnado que ela denomina alumnos prometedores. O mesmo Renzulli foi reconvertendo o seu Modelo de Enriquecemento Curricular (Renzulli, 1994; Renzulli e Reis, 1997; Renzulli e Reis, 2016), para que sexa posible aplicalo tamén en aulas ordinarias coa finalidade de desenvolver a aprendizaxe de todos os seus membros. A profesora Freeman (2015), propón a xestión de aula como un contexto intelixente de aprendizaxe que ofreza a oportunidade de medrar a todo o alumnado.\nNa mesma liña sitúase o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), propoñendo que os currículos escolares han de ser o suficientemente flexibles para permitir que todos os suxeitos dunha aula poidan progresar desde o seu nivel actual de competencias e acadar coñecementos, habilidades e implicación no proceso de aprender (CAST, 2011).\nÉ aquí, pois, onde encaixa directamente o concepto de aulas avanzadas.\n2. AS AULAS AVANZADAS\nUnha escola inclusiva na diversidade ha de centrarse no seu alumnado e, daquela, terá que conxugar as diferenzas individuais que atende cos estilos de ensinanza; coa organización da aula, dos espazos e dos tempos; cos recursos persoais e materiais; coas metodoloxías a empregar; coas modificacións curriculares que sexan necesarias...\nSen estas premisas a igualdade de oportunidades para todos/as sería difícil ou imposible, sen o respecto a esa diversidade como feito contundente tanto na vida escolar como na vida real (Guirado e Valera, 2012)\nAs aulas avanzadas pretenden ser un modelo de resposta educativa que, contemplando todos estes elementos, abrindo, enriquecendo e flexibilizando a rixidez dos currículos e programas escolares, sexa capaz de atender as necesidades educativas de todos e cada un dos seus alumno/as.\nComo se sinalou no apartado anterior, a implementación de programas de enriquecemento para o alumnado de AA CC en aulas ordinarias favorece o seu desenvolvemento pero tamén o dos seus iguais. Os procesos de aprendizaxe mediado entre alumnos/as, os procesos de modelaxe, a capacidade de saber xestionar os pequenos éxitos e fracasos, a capacidade de resiliencia, o desexo de avanzar nas aprendizaxes como os demais..., están presentes nestas dinámicas de aula.\nO profesorado que traballa con medidas de enriquecemento e ampliación curricular en aulas necesita ter unha visión ampla sobre este tipo de programas. Serán eficaces aqueles programas que sexan adaptados ou elaborados polo propio profesorado, aqueles nos que o profesorado crea. Centrarse nun único modelo non sería o máis recomendable.\nDesde este punto de vista, a intención será proporcionar información sobre as distintas opcións posibles e cada profesional irá moldeando e perfeccionando aquela que mellor se adapte ás súas preferencias e ás características do alumnado, do seu contexto de aula, centro e comunidade.\nExisten experiencias de enriquecemento curricular que poden ser interesantes para conformar un modelo propio de resposta educativa. Unhas desenvólvense en paralelo ao currículo escolar, dentro do centro, outras integradas no propio currículo do nivel, dentro da aula, outras fóra de aula, outras fóra do centro.\nAsí, pois, han de terse en conta as aportacións que nos ofrecen modelos de enriquecemento como o devandito Modelo de Currículo Integrado de Van Tassel-Basca (2015); o Modelo de Enriquecemento Escolar de Renzulli e Reis (1997, 2008, 2016); o Modelo das Intelixencias Múltiples de Gardner (1995), ou a combinación deste modelo coa Taxonomía de Bloom que conforma as paisaxes de aprendizaxe (Hernando, 2016), como unha estupenda ferramenta para dar resposta á diversidade da aula; o modelo de desenvolvemento da pericia de Sternberg (1997, 1999); o Freeman’s Sports Approach, (Freeman, 2015), baseado no modelo de como se traballa o deporte nas escolas, dando á alta capacidade a posibilidade de medrar ao seu propio modo e tempo; o Modelo de detección de Talentos Matemáticos de Stanley (Brody, 2015). Existen outros modelos de enriquecemento curricular como o modelo das tres etapas de Fedlhusen e Kolloff ou o modelo de aprendizaxe autónomo de Betts e Kercher, citados por López Garzón no seu libro Didáctica para Alumnos con AA CC (López Garzón, 2012). Tamén son interesantes as experiencias que a profesora Güenter (Guenther e Freeman, 2000), leva a cabo no CEDET, na cidade de Lavras en Brasil; o modelo Oasis que se desenvolve en Arabia Saudí (Aljughaiman, 2010), entre outros.\nNo eido nacional destacan os Programas de Enriquecemento Extracurricular que propicia Casanova na Comunidade de Madrid (Casanova, 2007); os programas que fomenta Artiles en Canarias (Artiles et al., 2013); o modelo CAIT (Pérez Sánchez e Beltrán, 2012); as experiencias de autores como Artola, Arocas e Regadera na Comunidade de Valencia (Regadera e Sánchez Carrillo, 2002; Arocas et al., 2009); os traballos que se levan a cabo na comunidade de Murcia dirixidos pola profesora Prieto (Prieto et al., 2005); os traballos sobre enriquecemento extracurricular da profesora Sastre en La Rioja (Sastre, 2014), ou os traballos de Del Caño e colaboradores en Valladolid (Elices et al., 2013), entre outros.\nAs aulas avanzadas están inspiradas nas achegas destes expertos, nos principios da escola inclusiva e do DUA, nos catro piares básicos que propón a UNESCO para a educación do século XXI e nos principios da aula intelixente (Segovia e Beltrán, 1998; Segovia et al., 1999). Tamén presentan elementos comúns coas Aulas do Futuro, proxecto promovido polos Ministerios de Educación da Unión Europea (INTEF, 2021).\nRefírese a aquelas aulas que, dotadas dos recursos necesarios, establecen dinámicas participativas e colaborativas, capaces de introducir modificacións curriculares e organizativas, capaces de transformar a información en coñecemento epistemoloxicamente válido e socialmente útil e relevante para o seu alumnado, propiciando un cambio e unha mellora nas prácticas pedagóxicas actuais.\nUnha aula avanzada é unha cuestión de grao. Un concepto ao que cadaquén vai ir chegando en función das súas crenzas, conceptos, valores educativos e fundamentos epistemolóxicos. Será sempre unha tendencia cara a que haberá que camiñar e, xa que logo, sempre será incompleta, o cal ten un sentido positivo, pois garante o proceso innovador da escola ao introducir, despois dunha exhaustiva reflexión colectiva, melloras nos plans e programas implementados ao longo de cada curso escolar. Sen dúbida, contribuirá a acadar unha educación de calidade para todos os nenos e nenas e a un enriquecemento profesional do profesorado.\nAs aulas avanzadas serán, pois, toda aula ordinaria que, utilizando os recursos necesarios que pode aportar un centro, organiza o seu espazo e metodoloxía para aprender xuntos, perseguindo o máximo nivel de desenvolvemento curricular e persoal de cada un dos seus alumnos/as, que aprenderán a regular a súa aprendizaxe coa axuda do profesorado e deles mesmos.\nSerá unha aula ordinaria, inclusiva, que ha de responder á diversidade do alumnado que acolle. As aulas avanzadas (Fig. 1), están apoiadas en catro apartados que se corresponden con: o que ensinar/aprender, serían os aspectos curriculares, o como, serían os aspectos metodolóxicos, o con que, serían os recursos que imos utilizar e o a quen ensinamos, facendo referencia ao alumnado a quen vai dirixido todo este proceso.\n2.1. O Que Ensinar/Aprender (Aspectos Curriculares)\nO currículo de referencia seguirá sendo o propio do nivel ou etapa educativa. Polo tanto, as programacións de aula seguen sendo válidas, o único que se modificará, neste apartado, serán as actividades. A modo orientativo (Fig. 2), esas actividades han de ser abertas, con distintos graos de dificultade e profundidade; que impliquen pequenos proxectos de investigación; que permitan diferentes tipos de presentación e execución; que impliquen unha utilización máis intensa das TIC; que supoñan o desenvolvemento dalgún programa específico, se fose o caso; que fomenten a creatividade, etc.\n2.1.1. Propostas Abertas e Xerarquizadas\nEste apartado está moi relacionado coas aportacións de Renzulli. Planificaranse actividades con diferentes graos de dificultade (Fig. 3). A oferta dirixirase a todo o grupo pero procurando que cada alumno/a traballe os contidos cun nivel de complexidade e ritmo axeitados ás súas capacidades. Deberanse incluír actividades que impliquen habilidades superiores de pensamento: resolución e formulación de problemas simples e complexos, análise crítico de textos, composición creativa, interpretacións de gráficos, busca e filtrado de información relevante, elaboración de conclusións, revisión crítica de preconceptos e crenzas..., serían algúns exemplos. A clave estará en facelos pensar, cadaquén ata o nivel de complexidade que pode chegar, dende o simple ao complexo.\n2.1.2. Actividades de Enriquecemento ou Afondamento\nUnha vez que as actividades están graduadas en dificultade en función do grupo-aula, tódolos alumnos/as terán a posibilidade de realizar actividades que lle permitan afondar nos contidos que se están tratando nesa unidade e será moi doado determinar en que intervalos vai traballar cada alumno/a (Fig. 4). Moi relacionado co apartado anterior, podemos falar da aplicación do método de condensación curricular, por exemplo (Reis et al., 1992), que consiste en reducir ou substituír aquelas actividades que sexan demasiado fáciles para un alumno/a ou que xa domina, por outras cun grao de dificultade acorde coas súas características.\nPropoñer actividades de enriquecemento ou afondamento non significa que se teñan que aumentar os obxectivos e contidos. Estes, en principio, serán os que figuran na propia programación de aula. Tampouco significa que o alumnado máis implicado ou mais capaz, teña que facer máis traballo cós seus compañeiros/as. Non sería xusto que, como ocorre moi a miúdo, aqueles nenos/as que despois de rematar a tarefa común que o profesor/a propuxo para o grupo, teñan que facer, a máis, actividades de afondamento.\nTeranse que programar en cada unidade didáctica un abano de actividades que vaian dende o nivel máis baixo da aula ata aquelas que estean lixeiramente por enriba do nivel máis alto, dende aquelas que fomenten as Habilidades de Pensamento Simple ata aquelas que impliquen Habilidades de Pensamento Superior.\nCombinando a Teoría das Intelixencias Múltiples de Gardner coas propostas da Taxonomía de Bloom (Hernando, 2016; Fernández Aguirre et al., 2018), poderase conformar un panel de actividades harmónico e equilibrado para toda a aula, organizadas dende o simple ao complexo, que poden dar resposta ás necesidades de todo o alumnado. É o que coñecemos como paisaxes de aprendizaxe e cada alumno/a moverase en intervalos de realización acorde co seu nivel de competencias, orientado polo profesor/a da materia que se trate.\n2.1.3. Actividades de Investigación\nAquí integraríanse as aportacións de Renzulli, o que el denomina clusters de enriquecemento, coas metodoloxías activas e o uso das TIC (Aptdo. 2.1.5), pero facendo referencia sempre a e dende o centro educativo.\nÉ conveniente que os alumnos/as poidan elixir entre varias actividades que respondan aos seus particulares intereses, a poder ser, sobre temas de actualidade. Serán pequenas investigacións a levar a cabo en pequenos equipos de investigadores para satisfacer curiosidades propias ou que xurdan na aula. Serán propostas que permitan introducir prácticas cooperativas e colaborativas, como poden ser: a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), a aprendizaxe baseada en retos (ABR), a aprendizaxe baseada en tarefas (TDL), as propostas de aprendizaxe-servizo..., que ademais de favorecer o desenvolvemento de habilidades interpersoais, contribúen a unha mellor atención á diversidade.\nUnha vez escollido un tema, trátase de poñer ao alumnado en contacto con fontes de información variadas (dixitais, escritas, orais e de observación) para que, en función do que se queira saber, recollan a información, a organicen, depuren, analicen, interpreten, reflexionen e sexan capaces de integrala nos seus esquemas cognitivos, transformando esa información obtida en novos coñecementos que han de expoñer ante os seus compañeiros/as (Gallego e De la Cruz, 2016).\nEstas actividades serán sempre dirixidas polo profesorado e poderán ser realizadas integramente dende o centro, aula ou parte no centro e parte fóra do centro en colaboración coa familia.\n2.1.4. Actividades que posibiliten diferentes maneiras de Execución e Expresión\nNa escola predominan as actividades de lapis e papel, descoidando outras maneiras de realización, presentación e exposición. Calquera alumna/o, por moi capaz que sexa, necesita aprender a expoñer o adquirido. Aspectos como o control do escenario, o falar en público, o control da ansiedade, o descoñecemento das estratexias de exposición..., poden chafar a calidade dun excelente traballo. A día de hoxe, existen variadas maneiras de adquirir e de expoñer os coñecementos adquiridos e creados. Por exemplo, elaborar un dossier ou informe, composicións e representacións de obras teatrais, simulacións: crear unha axencia de viaxes, un xulgado, axencias inmobiliarias, axencias de noticias, informativos, programas de radio escolar..., levar a cabo un proxecto de investigación con cadernos de campo, apoiada en TIC, sobre calquera tema. Contalo por escrito, oralmente, dramatizado, con música, con apoio informático, propiciar foros, debates, coloquios sobre o tema estudado, publicitalo coa axuda das TIC... Actividades de gran grupo, pequeno grupo e traballo individual. En fin, son formas de traballar que axudarán a romper esas inercias sobre a forma de ensinar/aprender onde, inda hoxe, predomina a exposición polo profesor e a recepción polo alumno/a pero non á inversa.\n2.1.5. Utilización das novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)\nA lexislación española propón que os ordenadores han de ser utilizados como unha ferramenta que axude ao alumnado a aprender e ao profesorado a ensinar. Serán entendidos como centros de documentación a disposición permanente de estudantes e profesores.\nA utilización das TIC debe favorecer o pensamento reflexivo, permitindo unha mellora na planificación de tarefas, controlando os procesos e os resultados da aprendizaxe, dándolle a posibilidade de mostrar o que xa saben, creando coñecementos ou modificando crenzas, comunicando e revisando os seus logros… En definitiva, deben permitir tomar decisións respecto a construción do coñecemento de cadaquén para mellorar o seu propio proceso de adquisición (Badía e Monereo, 2008).\nPor outra banda, as TIC deben contribuír ao desenvolvemento do pensamento crítico, así deberanse fomentar no alumno/a habilidades de analizar, debater, comparar, relacionar, distinguir, sintetizar, interpretar, deducir, concluír... A utilización das novas tecnoloxías implica capacidades cognitivas que favorecen a adquisición de coñecemento pero tamén implica capacidades analíticas e avaliativas que permiten ao alumnado ser capaz de valorar e xulgar medios de información e os seus contidos segundo criterios como: ideoloxía, tendencia, mesura, veracidade, neutralidade, exactitude... (Vázquez-Cano e Sevillano, 2015).\nA modo de exemplo, diremos que se han de fomentar actividades que impliquen:\n- Buscar e seleccionar información, a través de internet, buscadores, ecuacións de busca…\n- Organizar a información, por medio de bases de datos, redes persoais de aprendizaxe, ferramentas de aprendizaxe, repositorios, entorno persoal de aprendizaxe (PLE)...\n- Elaborar a información, con redes conceptuais, diagramas, esquemas...\n- Representar o coñecemento, pósters dixitais interactivos, infografías, liñas de tempo, mapas mentais, hipermedia…\n- Aplicar e comunicar o coñecemento, a través de chats, e-mail, blogs, wikis, redes escolares…\nA utilización de metodoloxías activas con tecnoloxía favorece enormemente o anterior.\nOs estudantes de hoxe son nativos dixitais, saben manexar a tecnoloxía, consumen contidos dixitais pero non saben construír coñecemento. A habilidade máis importante que se lles vai pedir, será saber descartar moita da información que lles chega (Coll e Monereo, 2008). Polo tanto, a procura da información relevante vai ser unha competencia nuclear que van necesitar.\nAlgúns recursos a utilizar para traballar as metodoloxías activas por medio das TIC (Fig. 6), serían as Webquest, Miniquest, EarthQuest, GeoQuest, Aventura Didáctica, Cazas do Tesouro, Mapas Conceptuais e o Software Social creado polos propios alumnos/as (Páramo et al., 2016).\n2.1.6. Actividades e Técnicas que fomenten o Pensamento Diverxente e Creativo\nA creatividade ven definida pola fluidez e flexibilidade de pensamento pero tamén pola rareza e a orixinalidade das respostas e polos matices e detalles que aporta unha persoa na súa visión das cousas (Torrance e Myers, 1986).\nA isto temos que engadir a capacidade de insight, o que coloquialmente se coñece como a inspiración ou a experiencia do “ahá”. A capacidade que ten unha persoa de resolver dun xeito novidoso cuestións que lle son novidosas (Sternberg, 1990).\nToda aula que cree dinámicas onde se favoreza o desenvolvemento destas características estará traballando o potencial creativo dos seus alumnos/as. As clases nas que se poida participar, buscar diferentes solucións a cuestións formuladas, onde nos poidamos equivocar, experimentar, probar maneiras de facer e resolver, flexibilizar, arriscar, criticar, respectar as opinións dos demais, analizar, reflexionar, innovar, adaptar, buscar alternativas para mellorar o convencional..., sen dúbida, conseguirán unha maior implicación, ilusión e desenvolvemento da capacidade creativa do alumnado.\nKen Robinson (Robinson, 2015), sinalaba que a escola penaliza continuamente o erro, polo que indirectamente está matando a creatividade. Sostiña que un neno para poder ser creativo non debería ter medo a equivocarse. A chave estará, non en propiciar os erros dos estudantes, senón en como actuamos ante o erro. Se se entende como unha posibilidade de volver a intentalo para mellorar o anterior, estaremos fomentando a creatividade.\nA escola soe ser reticente aos cambios, segue a estar presa de moitas inercias. Os programas están marcados polas editoriais, plasmados en libros de texto, organizados para grupos pero non para as necesidades dun alumno/a; o desenvolvemento de programas prescritos, pechados e estandarizados, pensemos nos currículos dos primeiros cursos das etapas de EP e ESO, por exemplo, nos que se fomentan os procesos simples de pensamento; os modos de ensinar/aprender perpetuados no tempo e no espazo; o uso inadecuado das novas tecnoloxías, utilizadas basicamente para transmitir pero non para axudar a adquirir ou xerar coñecementos; a metodoloxía da repetición; a excesiva monitorización...; anulan o pensamento superior do alumnado, sen dar lugar á profundidade dos contidos, ao pensamento crítico e reflexivo, á imaxinación, á capacidade de iniciativa e emprendemento, de modo que o pensamento diverxente non ten cabida e converte ós nosos alumnos/as en reprodutores e consumidores de coñecementos. En navegantes, observadores ou lectores do que outros producen (Vázquez-Cano e Sevillano, 2015), dito doutro xeito, en consumidores de tecnoloxía e contidos dixitais, pero non en actores e construtores de novos coñecementos (Gallego e De la Cruz, 2016).\nTraballar a creatividade implica promover actitudes creativas. As compoñentes serán os contidos escolares de tódalas materias do currículo. O que interesa é promover actitudes creativas ante eses contidos (De la Torre, 1995).\nDeberanse potenciar as estratexias inventivas e creativas: Como razoar dedutiva e indutivamente; como xerar ideas; como aproveitar sucesos interesantes e estraños; buscando múltiples solucións aos problemas; definir problemas, non solo resolvelos; potenciando diferentes formas de resolver conflitos; dar posibilidades de inventar, de crear, de compoñer , de producir en vez de reproducir… É importante habituar aos nenos e nenas a facer aquelas preguntas que se lle poidan ocorrer sen sentirse inhibidos ou ridiculizados, axudándolles a atopar unha resposta axeitada. Debemos ensinarlles a cuestionar os feitos, pensar sobre eles e explorar ideas máis complexas.\nClaro que se poden desenvolver programas específicos ou obradoiros onde se traballe a creatividade, como poden ser a análise de instrumentos, o taller de inventos ou a elaboración de campañas publicitarias, por exemplo. De calquera xeito, a creatividade debe estar implícita nas prácticas escolares.\n2.2. O Como Ensinar/Aprender (Aspectos Metodolóxicos)\nHoxe, na sociedade da información e do coñecemento, semella estar emerxendo un novo paradigma educativo que cambia substancialmente o centro de gravidade. En lugar de centralo no profesor e na ensinanza, vaise ir desprazando cara á aprendizaxe e a persoa que aprende. Isto vai cambiar o rol do profesorado. Xa non vai ser tan importante o transmitir coñecementos, canto axudar aos alumnos/as a adquirir eses coñecementos (Segovia e Beltrán, 1998).\nEvidentemente, a xestión dos espazos, dos tempos, dos recursos e da metodoloxía que se empregue vai condicionar os procesos de ensinar/aprender. Se se entende a aula avanzada como unha comunidade de aprendizaxe onde os alumnos e alumnas aprenden xuntos, haberá que artellar as modificacións necesarias para que isto sexa posible.\nNon se trata de utilizar un método de ensinanza máis ou menos eficaz, máis ben trátase de conformar un enfoque de traballo no que se respecten as formas de aprender do alumnado. Nunha aula avanzada non se pode defender que se utilicen sistematicamente modelos de ensinar/aprender ríxidos, expositivos/receptivos, onde o alumnado escoita de forma pasiva as explicacións que dun xeito repetitivo realiza un docente. Haberá que ir cara a unha aprendizaxe activa onde o alumnado aprenda facendo, onde se poida mover para experimentar, consultar, descubrir, compartir, discutir, observar, facer, reflexionar…, será fundamental o tipo de actividades que se propoñan, pero tamén como realizalas, procurando a implicación do alumno/a nas súas tarefas escolares en colaboración cos demais e acadando un rol activo no seu proceso de aprender.\nPara isto, é importante utilizar o grupo e o espazo como recursos educativos. A aula ha de ser un espazo de liberdade organizada. Debe contar con estruturas estables, normalmente pequenos grupos heteroxéneos que non deberían exceder de catro membros, pero ha de ser un espazo aberto que posibilite organizacións flexibles, onde sexa posible o traballo individual, en parellas, en pequenos grupos, en equipos ou en gran grupo, que facilite a comunicación e a interacción entre o alumnado, respecte os ritmos de cada alumno/a e facilite o acceso aos recursos e a intervención eficaz doutro profesorado nas dinámicas de aula.\nEstas dinámicas poden facilitar enormemente o labor do profesor/a, propiciando situacións de aprendizaxe mediado, onde o alumno/a pode proporcionar e desfrutar da axuda doutros compañeiros/as ou do profesorado, intervindo sobre todo no proceso de aprender e non tanto no resultado da súa aprendizaxe.\nArtellando ben as grellas de actividades diarias, levarase frecuentemente a cada alumno/a ata o seu nivel natural de incompetencia verbo do tema que se trate. Aprendemos cando non entendemos. Será aí cando un alumno/a necesite axuda para comprender e enlazar os novos coñecementos cos que xa posúe, para ir construíndo o seu propio coñecemento; será cando se producen os procesos de reflexión interna e compartida con outros para aprender a pensar.\nAs explicacións dun profesor/a non deberán ser demasiado aclaratorias e repetidas, deberase deixar marxe a que os alumnos/as pensen por si mesmos/as. Máis ben deberíanse tocar puntos clave que lle permitan recuperar información, comparar, relacionar, aplicar, establecer hipóteses, contrastar, deducir, concluír e resolver de xeito adecuado e creativo; descubrir e aprender en colaboración cos compañeiros/as e co profesor/a.\nNas estruturas cooperativas e colaborativas a unidade básica de intervención dun profesor/a debería ser o pequeno grupo e as súas explicacións, escaladas, dende o xeral ao concreto, dende o gran grupo ata o individual, intercalando procesos de análise, reflexión, discusión e aclaración de dúbidas que realizan os alumnos/as nese pequeno grupo. Evitarase que aquel alumnado que xa comprendeu non teña que soportar repetidas aclaracións sobre o tema. Esta construción social e colectiva do coñecemento é o que fomenta a aprendizaxe dialóxica (Freire, 1997; Álvarez Álvarez et al., 2013) e apuntala o carácter social da aprendizaxe (Vigotsky, 1979).\nAnalizando a realidade das aulas, convén reflexionar sobre algúns aspectos que poden contribuír á súa xestión. Se se entenden as metodoloxías cooperativas e colaborativas como unha medida de atención á diversidade, non se debería esquecer que a diversidade confórmana todos os alumnos e alumnas do grupo aula. Un dos roles invisibles que con máis frecuencia se lle asigna ao alumnado máis capaz soe ser a función de axuda aos compañeiros/as. Sen desprezar o lado positivo desta función, como se sinalaba anteriormente, os alumnos/as aprenden cando necesitan axuda para “andamiar” o seu coñecemento. O alumnado con AA CC non é unha excepción e ten que pasar por momentos nos que tamén debe necesitar axuda para aprender. De non ser así, deberíase reflexionar se o que se lle está ensinando élle demasiado fácil ou se lle está ensinando o que xa sabe. As consecuencias disto obvian calquera comentario.\nEsa axuda pódella prestar o profesor/a, os seus iguais ou os recursos que se utilizan na aula. Deste xeito, nas dinámicas de aula, inda que, en xeral, a base da organización dos grupos ha de ser heteroxénea, deberanse posibilitar, de ser necesario, tamén estruturas homoxéneas, tanto para os máis capaces como para o alumnado con dificultades. No primeiro caso, facilita a mediación do alumnado e do profesorado naquelas actividades máis complexas e, no segundo, o agrupamento daqueles alumnos/as que teñen dificultades semellantes para comprender determinados conceptos ou procedementos e necesitan a intervención dun profesor/a, facilitará a función deste ao explicalo para un grupo homoxéneo reducido e non ter que repetilo para cada un no seu grupo de referencia. Evidentemente, estes grupos terán carácter puntual, podéndose facer en calquera materia e en calquera momento da xornada escolar.\nOutro aspecto é que, se se utilizan estruturas cooperativas, haberase de ter en conta que o abuso na aplicación dalgunhas técnicas pode crear incomodidade aos máis capaces ao ter que acompasar os seus ritmos aos dos seus compañeiros/as. O uso reiterativo destas técnicas pode ocasionar que estes alumnos/as non queiran traballar en grupo ou en equipo. Neste sentido é importante que se alternen estruturas cooperativas e colaborativas.\n2.3. Con Que Ensinar/Aprender (Recursos)\nOutro elemento importante a ter en conta son os recursos e materiais didácticos que se utilizan nunha aula avanzada. Os materiais que necesitan os nenos/as con AA CC case que sempre resultan interesantes para o resto dos compañeiros/as do grupo.\nA dia de hoxe, os libros de texto tamén teñen cabida; pero non se debería reducir todo o saber dun alumno/a ao que figura nun libro de texto máis ou menos acertado, no que figura un paquete de contidos a ensinar e un paquete de leccións a aprender (Freire, 1997), como bagaxe de coñecementos que debe acadar un suxeito ao finalizar un curso escolar.\nA posibilidade de poder dispoñer de tecnoloxía e conectividade no centro, na aula e tamén na familia, facilitará enormemente o acceso á información da comunidade e do mundo que nos rodea. Isto favorecerá o desenvolvemento dos contornos persoais de aprendizaxe e o seu enriquecemento continuo.\nOs libros da biblioteca de aula han de ser axeitados ós seus intereses. Neste sentido, é interesante non só dispor de libros de literatura infantil, contos, aventuras..., tamén se deberán incluír libros temáticos en función dos intereses dos alumnos/as, libros informativos para nenos/as e con linguaxe de nenos/as. Canto máis amplo e diverso sexa este material máis posibilidades teremos. Esta mesma idea pódese aplicar a outros recursos: xogos, material de experimentos, materiais didácticos, etc.\nÉ conveniente ir construíndo bancos de recursos, tanto a nivel de centro como a nivel de aula, que poden incluír:\n-Temas elaborados polo profesorado e polo propio alumnado. Libros de texto de diferentes editoriais. Cadernos de actividades. Libros de literatura infantil. Libros temáticos, informativos. Libros de actividades específicas. Material individual. Revistas especializadas. Programas de actividades. Repositorios de documentos. Páxinas web de actividades. Redes de coñecemento. Bibliografía temática.\n- Outros recursos como: aulas informatizadas con ordenadores, pizarras dixitais, conexións a internet, conectividade adecuada, mobiliario que permita distintos agrupamentos...\n- Recursos para a experimentación: obradoiros, horta escolar, laboratorios de física, de química, de matemáticas...\n- Sitios e lugares a coñecer que inclúan un plan de visitas: monumentos, ecosistemas, escolas de teatro, planetarios, centros e eventos culturais, xacementos arqueolóxicos, museos, casa das ciencias, centros de computación...\n2.4. O Alumno/a que Aprende (Con Quen)\nSinalábase noutro apartado, que o rol do profesor está cambiando paseniñamente, a forma de aprender dos alumnos e alumnas, tamén.\nA aprendizaxe entendida como aquel proceso onde o discente absorbe o coñecemento dunha fonte autorizada, o profesor/a, xa non é suficiente. Diferentes autores apuntan a que se está producindo unha verdadeira revolución no referente aos contidos, os axentes, os recursos, os tempos e os espazos tradicionais dos procesos de ensinanza-aprendizaxe (Vázquez-Cano e Sevillano, 2015).\nXa se fala dunha nova teoría da aprendizaxe: o conectivismo, coma unha teoría que intenta explicar como se comunican e aprenden os rapaces e rapazas do século XXI. Siemens fálanos do coñecemento conectivo (Siemens, 2009), e explícao como o resultado da conexión entre as distintas redes de coñecemento. O conectivismo sería a base sobre a que se sustenta a aprendizaxe ubicua (u-learning), ao posibilitar acceder á información en calquera lugar e en calquera momento por medio dos dispositivos móbiles.\nA sociedade que nos tocou vivir, esa sociedade do coñecemento, como se coñece, é unha sociedade enormemente complexa, con moitas oportunidades de formación pero tamén con moitos riscos para que un estudante se desenvolva persoal e academicamente dun xeito óptimo, como un cidadán libre, reflexivo, crítico e construtivo que poida aportar solucións aos problemas de hoxe.\nTodo apunta a un tipo de aprendizaxe por descubrimento, activo, colaborativo, compartido, onde primará a capacidade de iniciativa, o acceso á información, a discusión, a argumentación e a reflexión. Un tipo de aprendizaxe autónomo e autorregulado. Aprender neste contexto e acadar excelentes niveis de logro, esixe un alto nivel de manexo das estratexias metacognitivas (Hartman e Sternberg, 1993), tamén das estratexias cognitivas.\nHaberá, pois, que intervir sobre os procesos internos da persoa que aprende. Haberá que descubrir como aprende e como se lle pode axudar a aprender, deseñando e implementando pautas autointerrogativas que leve ao alumnado a unha discusión metacognitiva e favoreza unha progresiva autorregulación do seu proceso de aprendizaxe (Badía e Monereo, 2008). Haberá que ensinarlle a pensar, a controlar os seus propios procesos de aprender. En definitiva, a ser mediadores de si mesmos.\nNeste sentido cobra especial importancia o concepto de metacognición. Sería algo así como unha plataforma da que partir antes de iniciar calquera realización de tarefas, traballos ou actividades, tanto escritos como orais.\nÉ o coñecemento que un suxeito ten sobre o seu propio coñecemento, sobre os propios procesos e produtos cognitivos e todo o relacionado con eles (Flavell, 1987). Un coñecemento de segundo grao, cuxo obxecto de coñecemento non é a información senón o propio coñecemento: se sabe, se sabe o que hai que saber, se sabe o que non sabe... Pero que vai máis alá, posto que a metacognición implícase no control e na regulación dos procesos de facer (Brown, 1987).\nConsiste nunha reflexión dun individuo sobre si mesmo, sobre o seu propio proceso de aprendizaxe. Sobre como aprende, que estratexias utiliza e poderá utilizar para poder mellorar, cales son as limitacións, cales son as fortalezas, …\nEsa reflexión interna é o que permite a autorregulación ao tomar conciencia do proceso de aprendizaxe, sendo conscientes das propias habilidades, actitudes, intereses, ilusións para aprender, pero tamén das limitacións. Por outra banda, tamén vai permitir tomar conciencia da actividade a realizar, analizando as súas características e dificultades. E, por último, permite tomar conciencia da estratexia a utilizar para resolvela, analizando as avantaxes e os inconvenientes dos procedementos que se utilizan á hora de resolver unha determinada actividade ou tarefa (Flavell, 1987; De la Fuente e Martínez, 2000; De la Fuente e Justicia, 2007).\nPero, como sinalaban Zimmerman e Bandura (1994), a autorregulación implica algo máis cá metacognición, xa que abrangue tamén procesos volitivos e contextuais. Todo alumno/a necesita unha continua orientación externa pero, sobre todo, interna, na que sexa el/ela mesmo/a quen se autorregula. Trátase de conseguir que os alumnos/as adquiran maior responsabilidade na xestión da súa propia aprendizaxe. É necesario, pois, desenvolver nas aulas programas de intervención, tanto en estratexias cognitivas coma metacognitivas. Estas deben ensinarse de xeito temperá, idealmente na escola primaria (Sternberg, 1999; Stoeger et al., 2015).\nAs estratexias cognitivas son os procesos que serven de base para a realización de temas intelectuais. Son as que nos permiten actuar directamente sobre a información. Son manifestacións observables da intelixencia. Será máis intelixente e obterá mellores resultados aquel que faga un uso máis axeitado e eficaz destas estratexias (Román e Diez, 1990). Sternberg, defíneas coma as obreiras do coñecemento (Hartman e Sternberg, 1993).\nSon estratexias cognitivas (Beltrán, 1989; Herrera et al., 2019):\n- As estratexias de atención: enfoque exploratorio inicial, fragmentación, selección, control de distractores e contradistractores...\n- As estratexias de razoamento: observación, clasificación, relación, argumentación...\n- As estratexias de comprensión: captación de ideas principais, tradución a linguaxe propio, subliñado, resumes, anotacións complementarias, mapas conceptuais, relación e combinación de conceptos, relación entre palabras, as estruturas de texto, detección de significados ocultos…\n- As estratexias de lectura: repetición, subliñado, parafraseo, resume, ideas principais...\n- As estratexias de busca de información: pregunta de busca; elección da fonte de información; ecuación de busca; palabras clave, descritores, interseccións…\n- As estratexias de asimilación de coñecementos: escoita activa, como estudar, como ler comprensivamente.\n- As estratexias de memorización: exploración inicial, asociacións, repeticións, formulación de autopreguntas e respostas. Por ex. o método L3: ler, recitar e revisar.\n- As estratexias de elaboración: apuntes, organizadores, formulación de preguntas, analoxías, categorización, clasificación…\nAs estratexias metacognitivas son un tipo de coñecemento estratéxico que permite á persoa decidir o que mellor pode facer para levar a cabo con éxito unha determinada actividade (De la Fuente e Martinez, 2000).\nRefírense ás accións que realiza un suxeito antes, durante e despois de que teñan lugar os procesos de aprendizaxe coa finalidade de optimizar a súa execución. Son eses procesos conscientes que poñemos en funcionamento para supervisar a realización dunha actividade, tarefa ou proxecto de traballo en canto á planificación, en canto ao seu desenvolvemento e en canto a avaliación do seu proceso e dos seus resultados (Brown, 1987).\nUnha gran parte dos alumnos/as non reflexionan sobre as súas habilidades metacognitivas. Non avalían a súa comprensión das cousas, non revisan a calidade das súas producións e están satisfeitos con terminalas superficialmente, o cal impídelles recoñecer a súa incompetencia (Kruger e Dunning, 1999)\nSon estratexias metacognitivas (Beltrán, 1989):\n- Como seleccionar unha estratexia axeitada para resolver un tema ou problema determinado.\n- Como enfocar a atención a un problema.\n- Como decidir cando detemos unha actividade.\n- Como determinar si estamos comprendendo o que estamos facendo.\n- Como aumentar a motivación para facer e aprender.\n- Como emocionarnos para aprender.\n- Como darnos conta da dificultade das tarefas.\n- Como saber cando necesitamos axuda.\n- Como darnos conta das nosas limitacións.\n- Como utilizar as nosas fortalezas.\n- Como coñecer cando as notas son acordes coas nosas capacidades e esforzo.\n- Como coñecer o que, cando, como facer e o porqué.\nAs escolas teñen que actualizarse e innovar arreo para adaptarse aos cambios que, dun xeito tan rápido, suceden nesta sociedade que entre todos e todas construímos. Se este proceso non se da, perderá sentido a súa finalidade que non é outra que educar e formar aos futuros profesionais desa sociedade. Unha das necesidades fundamentais dos estudantes de hoxe é precisamente aprender por si mesmos, aprender a regular os seus procesos de aprendizaxe.\nA autorregulación, en definitiva, ven sendo unha forma de control da acción de aprender dun suxeito polo propio suxeito onde interveñen as habilidades metacognitivas, as habilidades cognitivas e a motivación para aprender (Herrera et al., 2003). Aprendemos a autorregularnos interrogándonos a nós mesmos sobre estes aspectos. A escola terá que ensinar aos alumnos/as a reflexionar sobre o seu propio proceso de aprendizaxe, a aprender a pensar para aprender mellor.\nNisto consiste a autorregulación da aprendizaxe (De la Fuente e Martinez, 2000):\nSaber pensar antes de empezar (planificación).\nSaber pensar e saber facer durante a realización da actividade (regulación).\nSaber pensar ao finalizar a actividade (avaliación).\na. Saber Pensar Antes de Empezar a Actividade\nImplica unha reflexión previa para saber que facer, como facer, cando e onde facer antes da realización dunha determinada actividade, tarefa ou traballo. A modo de exemplo:\n- Autointerrogarse ao principio do proxecto.\n- Analizar o tipo de aprendizaxe que nos propoñemos.\n- Que sei sobre o tema a traballar.\n- Que se necesita saber para realizalo.\n- Que cousas necesito para poder facelo.\n- Buscar información previa sobre o que imos facer.\n- Establecer as fases do traballo.\n- Pensar como debo facer en cada fase, que procedementos poden resultar mellor.\n- Anticipar posibles dificultades coas que nos imos atopar.\n- Establecer metas, de aprendizaxe e a nivel persoal.\n- Planificar respostas ás posibles dificultades.\n- Buscar técnicas que nos melloren a motivación e a ilusión.\n- Propoñerse facelo ben e dedicarlle o tempo necesario.\n- Fixar un tempo de aprender para cada fase.\nb. Saber Pensar Durante a Realización da Actividade\nImplica unha reflexión sobre que fago, como fago, cando e onde fago, durante o proceso de realización dunha determinada actividade, tarefa ou proxecto. A modo de exemplo:\n- Saber dirixir o pensamento cara a tarefa: se nos estamos trabucando, se debemos volver atrás, se nos estamos saltando algún apartado, se debemos buscar información complementaria, se necesitamos pedir axuda.\n- Modificar as técnicas se non son efectivas.\n- Revisar a grao de fidelización coa proposta inicial.\n- Tomar decisións sobre a marcha do traballo.\n- Redefinir metas cando sexa necesario.\n- Redefinir o nivel de dificultade elixido.\n- Saber autoobservarse.\n- Saber manter a motivación e a ilusión para facer, dándose autoinstrucciones.\n- Captar o grao de satisfacción persoal co esforzo realizado.\n- Realizar autorrexistros sobre a experiencia.\n- Realizar autopreguntas durante o desenrolo.\n- Autoaplicar consecuencias.\nc. Saber Pensar Despois da Realización da Actividade\nImplica unha reflexión final para saber que fixen, como fixen, cando e onde o fixen despois de realizar unha determinada actividade, tarefa ou proxecto. A modo de exemplo:\n- Unha avaliación completa de todo o proceso: erros e acertos na planificación e na regulación da actividade.\n- Como imos autoavaliarnos: con autopreguntas sobre o proceso, sobre os obxectivos, os contidos, as actividades,…\n- Seguíronse os pasos planificados, cales saíron mal, que erros se cometeron, as metas fixadas foron adecuadas, os contidos proporcionaron a información necesaria, as actividades foron planificadas en consonancia coas metas a alcanzar...\n- Unha avaliación formativa, que permita delimitar o que se aprendeu, as lagoas conceptuais, os coñecementos inexistentes pero necesarios, os aspectos con máis dificultade, o grao de consecución das metas fixadas, que aspectos se deberán modificar,…\n- Saber pensar sobre o que se pode facer para mellorar en próximas ocasións: erros que non se poden cometer, se debemos comezar por outra parte, como mellorar a presentación, se o nivel de ilusión, emoción e motivación foi suficiente, se o nivel de profundidade pode mellorarse, se a planificación previa dou resultado, o remate das partes e da actividade en si foi óptimo, as axudas foron eficaces...\n- Reflexionar se as atribucións que facemos sobre os éxitos ou fracasos son as verdadeiras e adecuadas, se as situamos nun mesmo, no tipo de tarefa, no profesorado, non contexto, na sorte..., e aplicar modificacións de mellora.\n- Elaborar conclusións de todo o proceso con novas propostas.\n- Autoaplicarse consecuencias.\n3. CONCLUSIÓN\nA resposta educativa ás necesidades do alumnado de AA CC é unha cuestión que ha de partir dos centros educativos e será planificada dende os propios centros seguindo a normativa actual que, entre outros aspectos, sinala explicitamente que as medidas de resposta educativa para a atención á diversidade do alumnado han de ir dende as máis ordinarias ás máis específicas.\nAs aulas avanzadas constitúen unha proposta de medida ordinaria de atención á diversidade, pois están baseadas nun programa de enriquecemento curricular para todo o grupo-aula e, asemade, son a antesala doutras medidas máis específicas, en caso de non seren suficientes para atender as necesidades dese alumnado.\nNesta liña, as aulas avanzadas supoñen un primeiro nivel de resposta educativa seguindo os principios de inclusión e normalización. Non exclúen ningunha outra medida pero existen evidencias de que este tipo de prácticas a nivel de aula favorecen o desenvolvemento escolar, social e persoal de todo o grupo e sendo sistemáticos e persistentes na súa aplicación, na maioría dos casos, non son necesarias outras medidas curriculares ou organizativas máis específicas.\nPor outra banda, este tipo de aulas supoñen unha excelente oportunidade para mellorar as prácticas como docentes, rompen barreiras que obstaculizan a educación inclusiva, constitúen unha fonte constante de estímulo para estudantes e profesores e melloran a calidade educativa garantindo a suficiente diferenciación curricular para cada alumno/a dese grupo-aula que lle permitirá progresar ao seu ritmo e cun nivel de profundidade axeitado ás súas capacidades e motivacións."} {"summary": "O obxectivo deste artigo é presentar unha visión xeral do sistema evidencial galego, nomeadamente das fontes indirectas inferencial e reportativa. Tras levar a cabo unha revisión dos estudos previos dos adverbios disque e seica, analizamos os dous significados evidenciais mediante exemplos do conxunto de marcadores que propoñemos e amosamos casos nos que a fonte é indistinta entre os dous valores canónicos previos, o que se vén en chamar “significado indirecto-indiferente”. Comprobamos que as expresións evidenciais actúan como unidades pragmáticas polifuncionais transmisoras de diversos matices sociais relacionados coas estratexias de cortesía negativa (atenuación), autoridade epistémica e establecemento dun territorio de información común compartido entre falante e oínte.", "text": "Unhas notas sobre o sistema evidencial galego\nINTRODUCIÓN\nTentar describir o funcionamento das expresións evidenciais é un proceso que, probablemente en calquera lingua, nos leva ante contidos multifacéticos que relacionan a lingua, a cognición e a sociedade. A decisión, moitas veces intuitiva, de plasmar na nosa fala a fonte de información na que nos amparamos é reveladora non só do posicionamento epistémico do falante ante o contido do comunicado, senón tamén doutros aspectos de carácter social. Referímonos, con isto último, tanto ás implicacións que revela a evidencialidade no que atinxe ás relacións epistémicas implícitas que manteñen os interlocutores entre si na conversa ou no discurso, en sentido amplo, coma a outras particularidades culturais subxacentes á lingua. Deixando á marxe os efectos socioculturais do uso da evidencialidade, neste traballo limitarémonos a presentar unha aproximación á evidencialidade en galego, concibida esta como o dominio semántico-pragmático que indica as fontes de información nas que se basea o falante cando enuncia algo (Aikhenvald 2004: 3).1\nNos últimos anos, na bibliografía acadouse consenso para cualificar a evidencialidade como unha categoría cognitivo-funcional (Boye & Harder 2009: 14), liberándoa, deste xeito, da restrición da manifestación exclusivamente gramatical que se propuña en moitos traballos (Chafe 1986; Aikhenvald 2004). Grazas a esta concepción nocional ampla admítese, en paridade ós medios morfolóxicos, a súa transmisión mediante o léxico e por medio dun “rico repertorio de dispositivos evidenciais” (Chafe 1986: 261) e “diversas estratexias evidenciais” (Aikhenvald 2004; 2014).2 Acadouse tamén unanimidade, a nivel interlingüístico, en que as fontes están divididas en directas (o falante tivo acceso a información de primeira man, xa sexa acceso visual, auditivo ou sensorial) e indirectas (o falante non tivo acceso directo á información que transmite, mais inferiuna ou escoitouna de terceiros, o que se denomina fonte inferencial e fonte reportativa, respectivamente). Agora ben, nestes dous aspectos que acabamos de mencionar remata o consenso na bibliografía e comezan as diverxencias de opinións nas que nos deteremos uns instantes.\nA principal polémica concirne á aparente interdependencia entre a evidencialidade e a modalidade epistémica. Como ben sinalou Aikhenvald (2004: 6), para poder contemplar a evidencialidade como “unha categoría por dereito propio, e non unha subcategoría de calquera modalidade [...]”, a evidencialidade debe cumprir o requirimento de que o sinalamento do tipo de acceso á información constitúa o seu significado primario (Anderson 1986; Boye 2012). A inclusión desta condición débese a que á evidencialidade foille imputado –por mor da visión etnocentrista nos estudos de linguas europeas, ó parecer de Aikhenvald (2004)– un compoñente modal de incerteza ou enfeblecemento do compromiso do locutor coa veracidade do que enuncia, co resultado de que este engadido modal foi usurpando terreo ó contido evidencial nos estudos de linguas europeas (Mushin 2001, 2013; Marín-Arrese 2013). Polo tanto, dende a perspectiva que engloba a evidencialidade como subcategoría da modalidade, deféndese que mediante o uso dun evidencial indirecto o locutor non asume a responsabilidade do contido proposicional. Quere isto dicir que a simple indicación de inferir ou escoitar de terceiros a información transmitida rebaixa o grao de certeza na verdade do comunicado –o falante distánciase da información–, fronte ó que acontece coas fontes directas ou coa ausencia de fonte, dado que ambas supoñen a asunción da certeza do transmitido (Mushin 2013; Cornillie, Marín-Arrese & Wiemer 2015).\nAnte este debate sobre a integración ou non da evidencialidade baixo a categoría modal, neste traballo consideramos que as fontes nada indican por si mesmas do valor modal epistémico da información transmitida. Coincidimos con De Haan (2005) cando defende que a modalidade epistémica ten por cometido indicar explicitamente os graos de compromiso do falante cara ó contido proposicional (posible, probable, necesario), mentres que a evidencialidade unicamente sinala as fontes de información nas que o falante se apoia para fundamentar a súa proposición. Neste sentido, Wiemer (2006) ó asumir que a interpretación do evidencial descansa na pragmática e non se deriva dunha descodificación directa da semántica evidencial, propón o agnosticismo: por medio dun evidencial o falante non se pronuncia sobre a veracidade ou a falsidade nin sobre o grao de factitividade da proposición, senón que se limita a deixar en mans do oínte a formación de calquera xuízo ó respecto. Contrariamente, pois, á concepción que insire a evidencialidade no seo da categoría modal, a partir de exemplos do corpus ratificaremos a independencia destas dúas categorías (Aikhenvald 2004; Squartini 2004, 2008).3\nUnha situación que se mantén á marxe desta independencia é a que acontece co significado inferencial cando este vén transmitido polos verbos auxiliares deber e haber de4. Se ben expresións como semella que, parece que, aparentemente, polo que se ve, ó parecer, seica marcan o proceso inferencial sen indicar o grao de probabilidade, os auxiliares inferenciais deber e haber de expresan o mesmo grao de probabilidade cás formas modais é probable, probablemente, o que se proba coa intercambiabilidade ou conmutación entre eles. No caso dos auxiliares deber e haber de conflúen, por unha banda, a inferencia como fonte de información e, pola outra, a indicación do grao de probabilidade epistémica, sendo a inferencia o proceso mental que dá acceso á información e que conduce ó valor modal (van der Auwera & Plungian 1998; González-Vázquez 1998; 2006; Plungian 2001; Nuyts 2017; Olbertz & Hattnher 2018). A modalidade epistémica codifica explicitamente o resultado dun proceso cognitivo previo, sexa inferencial ou non (indutivo, dedutivo, abdutivo, convicción subxectiva; véxase Dendale & Tasmowski 2001). Tras ese proceso realizado polo locutor asígnaselle un grao determinado de probabilidade. Con Nuyts (2017) asumimos que, se ben a modalidade e a evidencialidade forman parte dun mesmo proceso de razoamento cognitivo, a evidencialidade inferencial “refírese ó proceso de razoamento como tal” (como queda manifesto nas formas polo que se ve, ó parecer, aparentemente sen indicación de grao modal) mentres que a modalidade epistémica “non denota nada en absoluto en canto ó proceso de razoamento que conduce á [...] valoración [epistémica]” (Nuyts 2017: 72-73).\nSe deixamos á parte o debate da interdependencia entre ambas as categorías e entramos na definición dos significados evidenciais, o sistema indirecto máis habitual nas linguas é o que divide os significados en inferencial e reportativo. Dentro do territorio inferencial discírnense tres tipos de inferencia: a inferencia fundada na percepción (isto é, baseada en resultados perceptuais externos visuais, auditivos, etc.); a inferencia conceptual baseada no razoamento a partir do coñecemento do mundo e das propias intuicións (Aikhenvald 2004: 65; Squartini 20085; Wiemer & Stathi 2010). E, por último, a inferencia baseada en rumores e informes proposta por Marín-Arrese 2013. En galego acódese, de xeito sempre opcional, a unidades léxicas para transmitir inferencias, nomeadamente, expresións verbais como os auxiliares deber (de), haber de; o verbo perceptivo ver en primeira persoa (vexo que) e terceira persoa do singular (vese que); os verbos evidenciais semella / parece + infinitivo, parece / semella que + cláusula, xunto ás expresións adverbiais ó parecer, supostamente, aparentemente, polo visto, polo que parece, polo que se bota de ver e seica6. Neste conxunto de expresións o galego afástase dalgunhas linguas románicas e das xermánicas por posuír dúas formas non equivalentes entre si semellar e parecer para os cognados do verbo parecer nas outras linguas (agás en catalán, italiano e francés que presentan as homólogas semblar, sembra, sembler, respectivamente). Tamén se diferencia doutras linguas pola existencia da unidade idiosincrática de seu, seica.\nVerbo do significado reportativo, as linguas codifican dous tipos: o propiamente reportativo e o significado citativo (Aikhenvald 2004: 177). O primeiro concirne á información de terceira man, tanto á que o oínte escoitou sen poder ditaminar a súa fonte específica (non provén dunha testemuña directa) como á información procedente do folclore, tradición oral, coñecemento común compartido, mitoloxía, etc. (subtipos i e iii en Willett 1988: 96).7 Respecto do evidencial citativo, este insire no contexto, e mesmo no enunciado, ó autor específico da información (Aikhenvald 2004: 177), do que se deriva que garda semellanza co estilo indirecto de autoría coñecida porque inclúe o confidente como un participante activo do contido proposicional. Se seguimos os principios postulados por Anderson (1986) e Boye & Harder (2009), o feito de que o modo de acceso á información non constitúa o seu significado primario e a peculiaridade de agochar un estilo indirecto encuberto son dous factores que, ó noso parecer, permiten desterrar o contido citativo da evidencialidade (véxanse exemplos en §2 deste contido).8 Centrarémonos, por conseguinte, só no significado reportativo que en galego se manifesta nas formas seica, disque,9 dise que, polo que din, polo que teño escoitado, contan que, parece ser que, parece que, aparentemente e ó parecer.\nPor último, unha vez perfilados os dous significados indirectos que trataremos, aínda cabe mencionar outro aspecto que roubará a nosa atención neste traballo como é o grupo de contidos pragmáticos desenvolvidos no contexto: o valor mirativo (Lazard 1999; DeLancey 2001; Olbertz 2007) e os diversos matices de posicionamento epistémico que se derivan dos evidenciais. En efecto, dende hai dúas décadas a evidencialidade viuse inmersa na corrente da análise do discurso e, en consecuencia, foi ampliando os seus contidos con valores interaccionais e de posicionamento (“stance” e “epistemic stance”, Du Bois 2007; Heritage 2012).10 Este feito propiciou que se prestara atención a connotacións como a atenuación cortés (Brown & Levinson 1987; Fox 2011; Clift 2006) e á intersubxectividade ou invocación ás fontes compartidas (Nuyts 2017; Grzech 2021).11 Na nosa análise verificaremos que na decisión de usar un marcador evidencial inflúe a postura epistémica, entendida en termos de dereitos e responsabilidades entre falante e oínte (Kamio 1997; Sperber et al. 2010; Stivers, Mondada & Steensig 2011; Heritage 2012). Os falantes son sensibles ós límites do seu territorio de información e ós do oínte e, asemade, son conscientes dos seus dereitos conversacionais. Por estas dúas razóns, tanto a autoridade epistémica (“epistemic authority”, isto é, quen ten dereito a afirmar ou aseverar algo independentemente da fonte de información na que se basee) como a vixilancia epistémica (“epistemic vigilance”, isto é, a atención ás crenzas, presuposicións e estados de coñecemento dos demais que provocan axustes no discurso) cobran importancia na decisión do emprego da evidencialidade (Hintz & Hintz 2017; Grzech 2021). Alén do anterior, dende esta perspectiva afírmase tamén que os evidenciais promoven un estilo cooperativo non categórico, xa que alentan a participación do oínte. Subscribimos as palabras de Cornillie & Gras (2015: 155):\nEvidential markers enable assertions for which the speaker has no direct evidence and for which he or she seeks more information from the speech participants. Thus, evidential markers add to the development of the sequence.\nPara tratar todas estas cuestións que acabamos de bosquexar, basearémonos na análise cualitativa de exemplos tomados do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), que recompila textos do galego contemporáneo comprendidos entre 1975 e 2016 pertencentes ós xéneros xornalístico, literario, científico, ensaístico, así como textos procedentes de guións de series de televisión. As áreas temáticas abranguen cultura, ficción, economía, política, artes, ciencias sociais, ciencias e tecnoloxía. Non podemos acometer unha análise diferenciando o tipo de categoría textual nin a temática, nin tampouco deternos nas diferenzas de xénero, variantes todas elas que, sen dúbida, poden influír na escolla dos evidenciais. A metodoloxía empregada segue os preceptos da análise onomasiolóxica: a partir dos significados semánticos chegaremos ás formas ou marcadores perante as que se manifestan.\nO artigo organízase consonte a seguinte estrutura: a sección 2 conságrase a presentar os traballos feitos ata o momento en galego. A sección 3, de corte eminentemente descritivo, está dedicada a explorar os significados evidenciais, ó tempo que se ocupa dos valores pragmáticos contextualmente adquiridos e das implicacións verbo do posicionamento epistémico. Para finalizar, formulamos as nosas conclusións.\n2. EVIDENCIALIDADE INDIRECTA EN GALEGO: ESTADO DA CUESTIÓN\nNo campo da evidencialidade en galego analizáronse, tanto dende un punto de vista sincrónico como diacrónico, dous adverbios: seica e disque. A seguir presentamos os traballos que abordaron o estudo destes marcadores, incidindo nas achegas que, ó noso xuízo, máis interesan para a descrición semántica e pragmática destas partículas, e eludindo, pois, a caracterización formal que atinxe á gramaticalización, restricións sintácticas e propiedades formais destas unidades. O noso ánimo non é o de ser exhaustivos, antes ben, só cobizamos comentar algunhas cuestións vencelladas co obxectivo do noso traballo.\n2.1. Estudos conxuntos sobre seica e disque\nO primeiro traballo que aborda o estudo de expresións evidenciais é o de Rosales (2000; 2005: 74–79), quen realiza un estudo semántico destes dous adverbios conducente a indagar un aspecto que as gramáticas (Álvarez et al. 1986) e dicionarios ata o momento non definían con precisión.12 Rexeita, este autor, a equivalencia entre seica e disque e os adverbios de dúbida quizais e tal vez proposta nas gramáticas, e descarta, por conseguinte, o significado de dúbida como valor inherente a estas dúas unidades.\nNa súa argumentación recoñece que o valor de dúbida pode emerxer contextualmente, como ocorre en (1) e (2) (Rosales 2000: 376):\n(1)\nDisque lle roubaron o coche ó Venancio.\n(2)\nO fillo do Carlos seica quere marchar para A Coruña a traballar.\nAínda que Rosales non explica a presenza da dúbida, dedúcese que o feito de non ser testemuña dos feitos narrados en (1) e de non falar con Carlos directamente en (2) permítenlle ó oínte interpretar que se está a transmitir un valor de dúbida agochado, non explícito, que o oínte capta.\nRosales confronta os exemplos anteriores cos tres seguintes, nos que non se presenta a dúbida (Rosales 2000: 379-380):\n(3)\n(B está presenciando la intervención de los servicios médicos en un accidente, y en este momento llega A, que le dice a B):\nA: Seica houbo un accidente.\n(Parece ser que hubo un accidente.)\n(4)\nO mariñeiro disque viu unha serea, mais eu coido que mente. (O Correo Galego 6/8/97).\n(5)\n[...] un relatorio presentado no Congreso Internacional de Socioloxía da Cidade de México que seica non foi publicado.\nComo ben apunta, en ningún dos exemplos é posible a substitución por quizais quizais/talvez houbo un accidente/ O mariñeiro talvez/quizais/acaso viu unha serea. De (3) afirma: “Es obvio para ambos (A y B) que se produjo un accidente. En otras palabras, no hay duda de que la situación descrita ha ocurrido”.13 Concordamos na ausencia de dúbida en (3), porén, en (4) transloce antes un estilo indirecto coloquial (‘o mariñeiro di que…, mais eu coido que mente’) ca un contido reportativo. De feito, Rosales (2000: 379) subliña:\nAquí el hablante le atribuye un enunciado al marinero (esto es, que vio una sirena), pero como claramente muestra el contraste con el ejemplo (12) la función semántica de disque no es la de comunicar duda.\nNo exemplo (4), para estarmos claramente ante un disque evidencial (isto é, reportativo) e non ante un disque de estilo indirecto (‘o mariñeiro di que ‘p´, mais eu coido que o mariñeiro mente’),14 ó noso xuízo sería necesaria a anteposición de disque ó comezo do enunciado, para así convertelo nunha fonte reportativa impersoal (‘din’, ‘dise que’, ‘a xente di’). Co marcador evidencial ó comezo da oración, elimínase a posibilidade de atribuírlle a autoría do dito ó mariñeiro (‘O mariñeiro di que viu unha serea’ vs. ‘Din que o mariñeiro viu unha serea’):\n(6)\nDisque o mariñeiro viu unha serea, mais eu coido que mente (=‘a xente di’).\nDeste xeito, alén de dotalo de valor inequivocamente evidencial, ó antepor disque a dúbida esváese pois se interpreta que o falante presenta o seu acceso á información con neutralidade e obxectividade para despois engadir e clarificar a súa opinión: ‘din iso del, mais eu coido que mente’. Se non o antepomos e fica como (4), disque pode perder o seu valor evidencial como resultado de focalizar a atención sobre o mariñeiro e o que dixo, isto é, sobre as súas palabras, o que queda ratificado a continuación co contraste co verbo de lingua mente, tamén referido ó mariñeiro: ‘di iso, mais mente’.15\nDo exemplo (5) Rosales (2000:380) menciona brevemente un aspecto ineludible, ó noso xuízo, para a delimitación da evidencialidade e a modalidade:\nLo que se quiere comunicar con (13) [=5] no es duda. Más bien, el enunciado en cuestión es atribuido a alguna persona (no mencionada), lo cual en sí puede suscitar dudas, pero esto ya es parte de la interpretación pragmática del enunciado, no de la semántica. (Rosales 2000: 380)\nA cita incide no problema que contorna a evidencialidade, xa que, en último termo, trata da distinción entre a semántica de contidos invariantes e a pragmática contextual e interpretativa; é dicir, se o significado codificado coincide ou non coa interpretación que realiza o oínte do que profire o falante (Wiemer 2006; Sperber et al. 2010). En §3.1 e §3.2. proporemos exemplos de marcadores evidenciais nos que a interpretación de dúbida queda descartada, o que apoia o significado invariante evidencial destes adverbios.\nFinalmente, para rematar esta exploración do traballo de Rosales, outra proba que alega este autor estriba na incompatibilidade de disque e seica co modo subxuntivo (característico da expresión da dúbida), fronte ós adverbios quizais, tal vez, axeitados e compatibles con este modo (Rosales 2000: 379).\n2.2. Estudos sobre disque\nNesta sección atenderemos a tres traballos que se ocupan da semántica de disque. Como mencionamos arriba, circunscribímonos ás achegas semánticas e pragmáticas e omitimos, pois, a análise morfolóxica e sintáctica que acometen.\nDende unha perspectiva contrastiva, Cruschina & Remberger (2008) examinan os marcadores reportativos equivalentes a disque en romanés, siciliano, sardo e galego. Tras prestarlles atención ás propiedades e restricións sintácticas e ó grao de gramaticalización e construcionalización, estes autores discuten as diferentes posicións ocupadas por estas partículas no enunciado e o seu alcance semántico. Verbo da semántica, malia que parten da tipoloxía de Willett (1988), guíanse máis de preto polos catro contidos establecidos por Travis (2006: 1278) para o dizque do español colombiano. En primeiro lugar, analizan o reportative use (second-hand de Willett ou citativo neste traballo) que identifica a autoría específica da información no contexto. En segundo lugar, botan luz sobre o significado hearsay (valor reportativo neste traballo), significado que non permite identificar ó informante. O terceiro significado é o dubitativo desagregado en significado mirativo e falsidade, que implican a sorpresa ante información inesperada e a negación do contido que se presenta, respectivamente. Finalmente, o cuarto significado labelling function ou uso de etiquetaxe (Travis 2006: 1291) opera como un modificador de frase nominal. Un exemplo deste último significado é o seguinte de dizque colombiano (apud Cruschina & Remberger 2008: 106):\n(7)\nSe presentó como, dizque narcotraficante. (Travis 2006: 1279).\nCruschina & Remberger (2008: 106-109) non constatan a presenza de ocorrencias de disquegalego co valor de etiquetaxe nin co valor dubitativo e citativo; identifican, xa que logo, só o significado hearsay (reportativo) como o único presente en disque.\nCon todo, no noso corpus rexistramos casos de mirativo e do valor citativo (aínda que constitúe unha variante encuberta do estilo indirecto). Ilustraremos máis adiante, en §3, exemplos de mirativo e deste valor citativo visible frecuentemente na combinación: segundo… disque, segundo... ó parecer, segundo…aparentemente.\nOutro traballo que atende ó estudo de disque é o de Sousa (2012), quen analiza as diferentes posicións de aparición deste adverbio no enunciado e presta atención ó seu ámbito de aplicación. Verbo da semántica, confirma, ó igual que Cruschina & Remberger (2008), que o valor fundamental de disque é reportativo e amosa datos que ratifican que este significado se ve incrementado frecuentemente co valor de dúbida, se ben, isto non é obstáculo para que recoñeza que a incerteza non é inherente a disque, tal e como reflicte nos exemplos que propón. Recollemos un exemplo representativo da carencia de incerteza (Sousa 2012: 91):\n(8)\nOs de alá estaban cheíños de pagar diermos. Disque enriba, aquel ano, non tiveran moitas fabas. (Santiaso, Contos do tío Antón, 1984).\nA ausencia de dúbida en disque, coa que concordamos, érguese frontalmente en contra da tese postulada por Olbertz (2007) e Travis (2006) que ven en dizque do español colombiano e mexicano un adverbio modal epistémico non evidencial. Coincidimos con Cruschina & Remberger (2008) e Sousa (2012: 91) na inexistencia de disque no corpus con valor exclusivamente epistémico de dúbida e falsidade, pois, como sinala Sousa disque, como verbo de lingua que é, non perde nunca o valor reportativo. Concorda Sousa con Cruschina & Remberger (2008) en que o significado de etiquetaxe de Travis (2006) tamén está ausente nos datos recollidos.\nVerbo do valor citativo, identifica casos nos que aparece a autoría da información manifestada explicitamente no contexto. Tal e como sinala, “en el contexto es posible identificar a la persona o grupo de personas a las que se atribuye el origen de la información marcada por el disque (en 10a [=9] “os máis ousados”, en 10b [=10] el mismo sujeto de “aceptaron”, en 10c [=11] “Eles”)” (Sousa 2012: 91):\n(9)\nOs máis ousados afirman –e non é pouco afirmar tal cousa– que dos amores vaticanos entre o pai e a filla hai un froito incestuoso e maligno, un rapazolo secreto que a pouco de nacer disque foi ripado do colo da nai e... (Freixanes, O enxoval da noiva, 1988).\n(10)\nAceptáronme ben, pero disque eu era da periferia, ¿qué carallo sería iso? Pois eu sabía que era da terra de miña nai... (Vázquez, Aconteceres, 1988).\n(11)\nEles xa traballar, traballan... co trator, e... e coa grade de ferro, que coa de pau xa non queren, que disque non rasca nada. (Regueira, Textos dialectais. 1989).\nNestes tres exemplos, disque é evidencial en (9), mais, dende a perspectiva aquí asumida, non o é en (10) e presenta certa ambigüidade en (11). En (9) o suxeito “ousados” non é a fonte de disque, senón o impersoal “a xente di”, sendo a seguinte unha posible paráfrase: ‘os mais ousados afirman que hai un froito, un rapazolo que a pouco de nacer dise que/ disque (a xente, a rumoroloxía) foi ripado do colo da nai’. Non son os ousados quen din que foi ripado, senón unha fonte ou autoría aínda máis descoñecida e impersoal, o que o converte en evidencial reportativo. En (10), concordamos en que a autoría da información é o suxeito “eles”: ‘Aceptáronme, pero din (eles) que eu era da periferia’, polo que estariamos ante un citativo. Disque, en (10), pode representar unha variante lixeiramente coloquial do verbo dicir en estilo indirecto: ‘(eles) dicían que’. Por último, no exemplo (11) a autoría permanece indeterminada ou ambigua entre, por unha banda, ‘eles’ (os que traballan coa grade de ferro), e, pola outra, ‘a xente’. A ambigüidade vese reflectida na seguinte paráfrase: ‘que din (eles mesmos) que non rasca’ versus ‘dise en xeral, a xente di que non rasca’.\nPara finalizar, o desigual emprego de disque e seica dende un punto de vista cuantitativo e diatópico é testemuñado por este autor. Como observa Sousa (2012: 86):\nUn análisis cuantitativo de las ocurrencias de disque y seica en el corpus utilizado permite comprobar la mayor frecuencia de uso del segundo elemento y también su empleo más generalizado, ya que se registra en la mayoría de las obras y en todas las variedades dialectales representadas en la colección de textos.\nRematamos a revisión de estudos sobre disque cun terceiro traballo que contrasta dizque do español de América, diz que portugués e disque galego (Sanromán 2020). Tras unha pescuda sobre a súa posición no enunciado e tras atender, seguindo a Olbertz (2007), ó grao de subxectivización verbo do ámbito de aplicación de disque / dizque, esta autora distribúe os valores semánticos en tres grupos (1) evidencial, (2) epistémico e (3) non-evidencial/non-epistémico. Recoñece cinco criterios entre os que salientamos dous (Sanromán 2020: 9):16\na.\nThe nature of the distance between the speaker and the communicated content.\nb.\nThe focus of the speech act.\nO criterio a) permite opor o significado do grupo 1) ó grupo 2), xa que concirne á distancia obxectiva e subxectiva que separa o valor evidencial (grupo 1) do valor epistémico (grupo 2). Seguindo a Olbertz (2007), se a distancia entre o falante e o contido do que di é obxectiva, estamos ante o valor reportativo sen matiz epistémico de dúbida. No caso de que o falante se distancie subxectivamente do contido comunicado (distancia subxectiva), trataríase do valor epistémico. O criterio a) responde, polo tanto, ó habitual binomio entre evidencial sen matiz epistémico e o evidencial con matiz epistémico, aínda que para esta autora parece primar, no segundo grupo, o valor epistémico sobre o evidencial, de aí que o catalogue só como epistémico. O grupo 1, estritamente evidencial, divídeo en tres subtipos: i) o reportativo de fonte descoñecida impersoal; ii) o reportativo relativo ó folclore e verdades xerais dunha comunidade (Willett 1988); iii) o narrative device (seguindo a denominación de Gasseb-Galvão 2011: 327) equivalente á frase feita Érase unha vez de emprego nas narracións literarias. Este terceiro subtipo revélasenos de moi difícil distinción fronte ó segundo subtipo. A respecto do significado citativo, esta autora afirma non atopar ocorrencias del no seu corpus (Sanromán 2020: 10).\nO segundo criterio “b) The focus of the speech act” refírese a factores máis complexos que atinxen diferentes niveis de abstracción (na liña da proposta evidencial da gramática funcional de Hengeveld & Hattnher 2015). Disque pode orientarse ó contido da mensaxe, ó acto de fala en si mesmo ou ós participantes da situación comunicada. Nas súas palabras:\nWhen the focus is on the content of the message, the saying-verb particle indicates that the speaker is not committed to the reliability of the information. The speaker transmits additional information by taking a position regarding the content itself, for instance, indicating that s/he considers it doubtful. When the focus is on the act of saying, the particle signals that the speaker is not asserting the content of the message, but only presenting it (as s/he is not the source of the information) (cf. Faller, 2002; Déchaine et al., 2017). When the participants of the situation are the focus, it means that the speaker's and the addressee's reactions come to the fore. (Sanromán 2020: 9)\nEste criterio b), ó noso parecer, presenta a dificultade de discernir, semanticamente e pragmaticamente, onde recae o foco de disque nos dous primeiros ámbitos que contempla (contido comunicado e acto de fala). O terceiro ámbito, a orientación deica os participantes, é doado de asumir por estar o verbo en primeira persoa de singular (contido mirativo) e en segunda persoa de singular (o que cualifica de “cortesía positiva”, da que nos ocuparemos a seguir).\nUnha vez tratados os criterios delimitadores dos significados, internámonos agora no terceiro grupo de contidos: o grupo dos non-evidenciais/non-epistémicos. Distingue tres subtipos, os dous primeiros coincidentes co uso dubitativo de Travis (2006), isto é: a) o valor mirativo de expresión da sorpresa ou información inesperada (Lazard 1999); b) o valor de falsidade do contido comunicado que atinxe a contidos falsos nos que o falante recoñece o finximento ou a mentira. O exemplo (12) que propón para o valor mirativo, se ben concordamos en que manifesta claramente a sorpresa, cremos que asemade pode representar primariamente un valor ecoico, non evidencial (que se me namorei, dis (ti)):\n(12)\n—E claro, eu coladiña polos seus ósos. —¿Namorácheste del? !Qué [sic] se me namorei, disque! O meu xa non era namoramento, era chaladura. (Caride Ogando, R, O sangue dos camiños, 2003, TILG).\nRespecto do valor de falsidade, que nós non incluímos neste estudo, atopa un posible exemplo no corpus, aínda que o presenta con moitas reservas e prudencia (Sanromán 2020: 21).17\nO terceiro tipo, que denomina valor de cortesía positiva e que é o que máis nos interesa; concirne ós casos en que disque está inmerso en enunciados en segunda persoa de singular –orientado ó oínte, seguindo o criterio b)–, e normalmente en enunciados interrogativos (Sanromán 2020: 20). Emerxe en situacións nas que a fonte de información é coñecida no contexto e o grao de compromiso do falante é alto. Aduce os seguintes exemplos do español de América e do galego (Sanromán 2020: 22):\n(13)\n—Siéntate aquí al lado, hombre—. Palpó donde yo debería sentarme y en tono marrullero, preguntó:\n—¿No dizque querías un besito?\nEl besito se convirtió en un beso de los que no se olvidan. (Paraíso Travel, Franco, J., 2001; CORPES XXI, Colombia; véxase tamén Travis 2006: 1281).\n(14)\nBebe o leite quente, non disque tiñas frío?18\n(15)\nTomaso: —Nótanse, claro que se notan. A min xa mo parecía, pero disque ti non as pillas.\nMarisiña: —Eu? Eu onde vai que me dei conta! (Pazo de familia. Tempada 1, episodio 2: “A capital” (audiovisual), Sierra, V., Ferreiro, M.S., 2014, CORGA).\nDeste significado de cortesía positiva afirma:\nParticles can also occur with the second person (2P) referring to information received by the speaker from his/her interlocutor. Here the source of the information is direct and the commitment to the communicated content of a high degree. I argue that in these situations, when the speaker refers to the addressee's own words in his/her presence, the particle is used as an index of positive politeness. (Sanromán 2020: 18)\nSegundo esta autora, os exemplos denotan cortesía positiva porque son unha pregunta retórica que non agarda unha resposta, senón unha reacción ou acción por parte do oínte, e engade “It could be interpreted as a soft or attenuated command.” (Sanromán 2020: 22).19 Para nós, nos tres exemplos que propón, entrevese a presenza, de novo, do valor ecoico, equivalente ó imperfecto ecoico postulado por Reyes (1993), de aparición moi frecuente en contornos negativos e adversativos (“non dicías que”, “pero dicías que”). A repetición da idea ou palabras do interlocutor non redunda en cortesía positiva, e mesmo pode resultar retante, descortés. Trataríase, ó noso xuízo, por conseguinte, mais ben dun subtipo de citativo ou estilo indirecto ecoico.\nEn definitiva, no traballo de Sanromán discírnese en disque, por unha banda, o valor evidencial reportativo subcategorizado en tres tipos. Por outra banda, un valor epistémico dubitativo asociado ó reportativo; e finalmente, tres valores externos á evidencialidade e á modalidade: o mirativo, a falsidade e a cortesía positiva. Ó noso parecer a cortesía positiva identifícase cun subtipo do citativo. No tocante ó valor de falsidade, se ben na proposta de Cruschina & Remberger (2008) foi descartado para o galego, esta autora déixao en suspenso. En cambio, en conformidade con Cruschina & Remberger (2008), non inclúe o valor citativo entre os significados de disque, postura contraria a Sousa (2012), quen si o integra.\n2.3. Estudos sobre seica\nAta agora consignamos estudos sobre a forma disque, porén, o adverbio seica tamén recibiu atención, como ben é proba o traballo de Cidrás (2016), o estudo máis amplo e multifacético de seica ata o momento.20 A súa análise céntrase na gramaticalización e na evolución histórica da semántica desta partícula, para o cal efectúa unha proposta diacrónica do camiño acontecido na adquisición dos sucesivos valores pragmáticos que foron enriquecendo o seu significado invariante, que non é outro có de modal de dúbida, na visión deste autor. Para Cidrás, dende o significado orixinario asertivo sei que, chégase, hoxe en día, ó valor pragmático reportativo, pasando previamente polo significado modal epistémico, co que coexiste na actualidade. Como acabamos de mencionar, seica expresaría inherentemente en todos os contextos un significado invariante modal epistémico, tal como afirman as gramáticas, e non un valor evidencial reportativo, secundario para este autor. Nas súas palabras:\nOs modalizadores do grupo B (tipo KNOWC, Gal. seica) son de seu marcadores epistémicos que poñen de manifesto un distanciamento ou falta de compromiso do emisor cara ó contido da súa mensaxe. Eventualmente, en determinados contextos pragmáticos, estas formas poden expresar de maneira secundaria valores evidenciais, como ocorre acotío nas linguas cun sistema evidencial pouco gramaticalizado (Hassler 2004); pero iso non as converte en marcadores evidenciais propiamente ditos, senón que se trata dunha evidencialidade parasita. (Cidrás 2016: 4)\nSegundo este autor, a forma sei que (separada) con valor asertivo foi a habitual ata 1671, data na que aparece no Entremés famoso de Feixoo a primeira mostra de seica modal. Seica con significado modal rexístrase nunha interacción dialogal en enunciado interrogativo, xa que como sinala Cidrás, é no diálogo onde emerxe este valor: “de feito, o primeiro exemplo non dialogal de seica non se rexistra ata 1845 e aínda hoxe o seu uso segue a estar moi asociado á oralidade e á conversa” (Cidrás 2016: 9). Entre 1750 e 1900 documenta un uso minoritario como reportativo, mais a partir da segunda década do século xx comproba a medranza do emprego como reportativo (converxendo con disque), ata se converter na actualidade no valor máis frecuente (Cidrás 2016: 9-10). Neste proceso de cambio semántico (lembremos que comeza co valor asertivo, pasa polo inferido, que é o invariante, e refórzase contextualmente co valor reportativo), hai que engadir o valor mirativo, o valor de petición de permiso e o matiz encarecedor ou atenuador (equivalente a ‘xuraría que’) cando seica aparece repetido (Cidrás 2016: 12-14).\nEstá fóra de toda dúbida que o matiz mirativo e o efecto atenuador adoitan ser frecuentes neste marcador, como veremos en §3. Respecto do significado de petición de permiso, en todos os exemplos propostos aparece a perífrase vir + infinitivo, indicador da intención dunha acción futura. Ese posible valor de petición de permiso, ó noso xuízo, podería provir do significado de intencionalidade da antedita perífrase. Isto é, o falante comunica máis ben a súa intención e non tanto a petición de permiso:\n(16)\nA Torre> Así é, así é... seique vou botar outro soniño. (Arquivos, Dieste, 1962 [TILG, DIEARQ962])\n(17)\nCo seu permiso, seica vou pechar de novo a xanela. É curioso, pero teño comprobado que unha atmosfera densa é máis propicia á concentración mental. (Can, Iglesias, 1996, [TILG, ILECAN996])\nEstes exemplos en primeira persoa de singular, e outros atopados no corpus, agochan ó noso parecer, un uso de reflexión ou meditación –murmurio para un mesmo– sobre a acción que se proxecta realizar no futuro, á maneira dun autoconvencemento preparatorio (“seica teño que limpar”) ou de decisión recentemente tomada que aínda está a abrirse paso (“seica vou ir á tenda”).\nÓ se referir ás primeiras aparicións de seica modal en interrogativas exclamativas, Cidrás sinala moi brevemente a existencia do valor de cortesía positiva e negativa. Reproducimos dous dos exemplos que esgrime (Cidrás 2016: 9-10):\n(18)\n[Un paisano galego atópase cun portugués á beira do Miño; inicia conversa]\nE ¿qué hai? ¿Cómo lle vai? ¿Tan cedo á beira do río? ¿Seica vén tomá-lo frío alor da calor que vai? (Entremés famoso, Feixoo, 1671 [TILG, FEIENT671, 12])\n(19)\nAntón. —¡Ai ti, Peruchiño!, conta por extenso que viche en Madrid na morte e no enterro do rei, noso dono (...).\nPerucho. —¿Eu? ¿Seica vós tendes, Antón, o desejo de ouvirme entre tantos falar como neno? (Coloquio, Sarmiento, 1746 [TILG, SARCOP746, 142])\nA interpretación que fai dos exemplos é a seguinte, na liña dos estudos das partículas discursivas atenuadoras (Brinton 1996):\n[…] a pregunta/exclamación en que consisten os enunciados de seica non se usa para demandar información ó oínte, senón como unha estratexia de manexo da interacción comunicativa. O falante reflicte cortesía cara ó oínte, tanto positiva, ó amosar interese por el, como negativa, ó amosar que non pretende impoñerlle nada. Ben ó contrario, proponlle ó oínte unha inferencia que ten a súa base no que este dixo ou fixo antes e para a cal fai recaer nel a súa validación. Isto é: ‘deduzo que [dubidas de min ~ viñeches refrescarte da calor ~ queres que fale eu ~ aínda segues co preito do ano pasado]’ + ‘é iso certo?’. En suma, o enunciado ten a forma dun I KNOW pero a interpretación pragmática dun YOU KNOW, e supón un cortés recoñecemento de superioridade cognitiva do oínte. (Cidrás 2016: 10)\nComo moi atinadamente salienta Cidrás, o evidencial ostenta un innegable valor interactivo e de cortesía, mais cremos que nun sentido diferente. Nos exemplos que aduce, seica amosa o “cortés recoñecemento de superioridade cognitiva do oínte”. Para nós, a superioridade cognitiva non está motivada polo marcador evidencial, senón polo enunciado interrogativo dirixido ó interlocutor, que, como toda pregunta, implica o superior coñecemento da parte do interrogado (–Coñecemento / +Coñecemento; isto é, asimetría epistémica característica das preguntas, Du Bois 2007). Concordamos con Cidrás en que o falante vai á procura da confirmación da inferencia reflectida en seica, o que ó noso xuízo, reforza o seu valor primariamente inferencial, que se glosaría ‘estou inferindo ben/ é correcta a miña inferencia de que vostede vén tomar o frío?’. Coa mención á cortesía negativa en termos de “non pretende impoñerlle”, entendemos, pola nosa parte, que este evidencial, e outros, comunican respecto ó oínte, pois con eles o falante evita introducirse no territorio do oínte de xeito directo. Ó indicar que o seu enunciado está ó nivel de inferencia inicial e non de aserción definitiva, rebaixa a forza ilocutiva e marca os límites do seu territorio, sen traspasar o punto ó que pode chegar na intromisión, como veremos en §3.1.1 e §3.2.1. Con independencia do tipo de enunciado no que estea inserido seica, interrogativo ou non, veremos que este adverbio revela ser unha estratexia cortés negativa cando, por unha banda, se combina con actos de fala ameazantes, e por outra, cando aparece en actos de fala non ameazantes que o falante non se considera lexitimado para asertar (véxase §3).\n3. ANÁLISE DOS SIGNIFICADOS EVIDENCIAIS\nAlén dos dous marcadores analizados ata o momento, existe todo un sistema evidencial composto polas expresións xa mencionadas en §1. A seguir levaremos a cabo a análise dos significados inferencial e reportativo, para o cal acudiremos a exemplos do corpus e recompilaremos algúns dos valores pragmáticos que adoitan aparecer en función do contexto. Trátase non dunha análise dos marcadores un por un, senón ó contrario, de partir do significado e comprobar as formas que adopta, mencionando algúns dos matices pragmáticos –non todos– que emerxen.\n3.1. O significado inferencial\nComo xa comentamos antes, o valor inferencial detéctase nun variado conxunto de expresións verbais e adverbiais: nos auxiliares modo-evidenciais deber (de) e haber de; no verbo perceptivo ver en primeira persoa (vexo que) e terceira persoa de singular (vese que); nos verbos evidenciais semella / parece + infinitivo, parece / semella que + cláusula; e finalmente, nas expresións adverbiais ó parecer, supostamente, aparentemente e seica. Ó respecto de seica, son varias as gramáticas que eluden ou omiten o valor inferencial e fanse eco só do valor reportativo vencellado á dúbida. Cando tratan do conxunto de adverbios modalizadores, Álvarez & Xove (2002: 607) afirman: “Estes úsanse ben para indicar que as aseveracións están fundadas nas palabras doutros, non na propia opinión ou experiencia persoal (seica, disque...)”. Máis adiante abundan nesta declaración (Álvarez & Xove 2002: 628): “En cambio, con disque, seica, ó parecer e polo visto o locutor manifesta o que di sen se responsabilizar da súa veracidade, coma transmitindo información atribuídas a outros”. Ó longo deste apartado presentaremos, pola contra, exemplos de seica e disque con valor puramente inferencial.\nTomando como punto de partida a clasificación tripartita exposta en §1 (inferencia perceptual, conceptual e baseada en rumores), comprobamos que en (20) se descobre unha inferencia fundada na observación perceptual, dado que o feito de ter atopado o chisqueiro tirado no monte faille deducir ó señor Pedro que lle caera ó compañeiro. Pódese substituír seica pola paráfrase: “que Pedro inferiu que che caeron / deberon de caer”. En (21) o emprego de aparentemente ten o seu fundamento na observación visual dos comensais concentrados; en (22) a percepción visual de que Italo non cede está na orixe do uso de semella que. Finalmente, en (23) revélasenos tamén este subtipo de inferencia, cuxa base perceptual está explicitada en “deu dous pasos”, mentres que en (24) o proceso inferencial codificado por debeu preocupala está fundamentado na conxunción do ton de voz empregado (indicio observable auditivo) e o resultado de expor a teoría:\n(20)\nMais pola mañá cáseque estoupara coa raiba cando se erguera e atopara sobor da mesa da cociña o pano das maus e o chisqueiro que con tanto xeito dispuñera no monte. Tróuxochos o señor Pedro, que seica che caíron onte aló onde fostes, dixéralle a muller.\nGonzález Reigosa, Carlos, A gran novela, 1983. Narrativo.\n(21)\nOs convidados, aparentemente entretidos en pelar as castañas, non estiveron desatentos a estes movementos.\nRodríguez Baixeras, Antonio, O rei dos ameneiros, 1989. Novela.\n(22)\nDe súpeto, na penúltima viraxe antes da meta, Italo non cede, semella que se vai esnaquizar arrolando a todos contra a espiña.\nVidal, Francisco, A derradeira decisión. 2001. Novela.\n(23)\n—Que, imos?\nLaíño negou coa cabeza:\n—“É moito\", e deu dous pasos seica para marchar. Volveuse de súpeto e dixo.\nRiveiro Loureiro, Manoel, O Patrón, 1990. Novela.\n(24)\nO meu ton de voz debeu preocupala aínda máis porque expuxo a teoría da fuxida.\nQueipo, Xavier, O ladrón de esperma, 2001. Novela.\nBen diferentes son os exemplos (25), (26) e (27), cuxo acceso á información é a inferencia conceptual. O contexto non proporciona unha base perceptiva sensorial (ausencia de resultados observables) para formar o xuízo, que nestes casos se fundamenta só no coñecemento do mundo e a intuición do locutor. Por exemplo, en (25) o cálculo inferencial probabilístico que se pide realizar por medio de ha de (cálculo da situación do tren) baséase no coñecemento do mundo (horarios, velocidade do tren, experiencia previa, etc.) e non en evidencias visuais ou auditivas:\n(25)\nEntón déase presa se quer agarrar en Campañá o tren.\n—¿Sabe por onde ha de ir?\n—Non teño nin idea.\nSantiago, Silvio, O silencio redimido. Historia dun home que pode ser outro, 1976. Novela.\nEn (26) e (27) a inferencia emana do coñecemento previo e da intuición subxectiva do emisor:\n(26)\nPero eu non sei, vexo que a situación se pon moi difícil cando hai case tantas alternativas como persoas que traballan nesta profesión, non?\nTeatro do Noroeste, 1996. Xornal.\n(27)\nO que realmente parece suceder é que estes ascensos simbólicos representan unha reminiscencia da tradición capitalista.\nVázquez Vicente, Xosé Henrique, Revista Galega de Economía / “A democracia industrial galega á luz da teoría neo-institucional: unha perspectiva crítica”, 2001. Ensaio.\nFinalmente, o terceiro tipo de inferencia, a que toma como alicerces os rumores e informes, obsérvase en (28) e (29). En (28) a base inferencial de parece que é “din que se oporán” (un rumor ou unha información reportada), mentres que en (29), o emisor se apoia na táboa 1 (informe escrito) para inferir non parece diferir:\n(28)\nOs de Requeixo parece que non están conformes. Din que se oporán todos.\nFernández Ferreiro, Xosé, A ceo aberto, 1981. Narrativo.\n(29)\nComo se pode apreciar na táboa 1, nas organizacións analizadas o número de categorías laborais non parece diferir moito do que cabería agardar para empresas capitalistas de tamaño similar.\nVázquez Vicente, Xosé Henrique, Revista Galega de Economía / “A democracia industrial galega á luz da teoría neo-institucional: unha perspectiva crítica”, 2001. Ensaio.\nEn (28), dado que a posible implicación da dúbida se cancela no enunciado “din que se oporán todos”, podemos afirmar que non evoca ningún matiz epistémico. A función do marcador parece que circunscríbese á función evidencial, e engade como implicatura pragmática a cortesía negativa mitigante, xa que tenta atenuar a forza ilocutiva dunha declaración directa e asertiva: “non están conformes”.\nPara rematar o estudo da inferencia, non debemos desdeñar que os tres tipos tratados ata o momento poden verse incrementados nun subtipo máis, se aceptamos a chamada “inferencia introspectiva” ou “endofórica” (Plungian 2001). Mediante ela, o emisor infire, en primeira persoa, sobre o seu propio comportamento ou fai referencia a un evento/estado do que é o suxeito, como se comproba no seguinte exemplo:\n(30)\nEntrevistado: Cando me dei de conta estaban a tocar a Alborada de Veiga, arrepióuseme todo o corpo, saíronme as bágoas, seica chorei, aínda que disimulando como puiden. Tan lonxe do meu país, aquela música!\nSamuelle, Cristina, Conversas con Manuel Meilán, 1991. Memoria.\nEn (30), malia que o falante afonda nos seus propios sentimentos, insinúa que a información queda fóra do seu territorio, polo que marca distancia cun forte compoñente de dúbida epistémica, de oposición ou negación a crer algo que sabe, no fondo, que foi certo. O compoñente mirativo (Lazard 1999) de información inesperada vencéllase só ó proceso inferencial. O protagonista fica abraiado polo feito de chorar, algo que non lle é doado asumir; distánciase, por conseguinte, do evento, revelando sorpresa e informando coma se dun espectador externo se tratara.\n3.1.1. O significado inferencial enriquecido con matices pragmáticos contextuais\nOs evidenciais, en conxunción co contexto, engaden matices pragmáticos: ironía, sorpresa, descontento, desaprobación, indignación, desafío, respecto, etc. O exemplo (31) ilustra tanto a ironía como a procura da complicidade e a ratificación do dito por parte do receptor. Estes dous efectos proveñen de invocar, mediante seica, un terreo intersubxectivo de coñecemento compartido común a partir do cal ámbolos dous interlocutores estarían de acordo:\n(31)\nE estaba nestas, cando apareceu diante o Norberto, o procurador.\n—Que, Roxelio, seica non hai moito que facer. Imos tomar un vaso?\nMartínez Oca, Xosé Manuel, Náufragos en terra. Os amores imposibles, 1995. Narrativo.\nCon frecuencia, a aparición dos evidenciais no corpus comporta un compoñente intersubxectivo de información compartida entre os participantes que invita a que o oínte valide esa información presuposta. En (32) unha muller deduce que o seu home, por chegar a casa bébedo, recibiu o soldo:\n(32)\n—Xosé, seica cobraches, si ou non?\nIl ceibóu unha terribel blasfemia, batíu a porta e largóu escaleiras abaixo.\nMoreiras, Eduardo, Fogo solto / O premio, 1976. Narrativo.\nMediante o uso de seica, a muller aventura unha hipótese baseándose nun fundamento perceptivo (o seu home está bébedo) e require a confirmación explícita (un “si” ou un “non”) do que ela cre que é verdade. Seica anteposto inclina a balanza á verdade do contido proposicional; implica que o falante agarda que o oínte estea de acordo coa información que presenta: “ó parecer / polo que se ve / polo que deduzo cobraches”. A muller crea, grazas a seica, un terreo de información común que o home debe ratificar porque así llo demanda coa pregunta (cfr. Cidrás 2016). Ó noso modo de ver, este terreo compartido funcionaría como as conxuncións consecutivas así que, conque, cuxo valor evidencial foi salientado por Bermúdez (2005) e Rodríguez Ramalle (2015).\nNon cabe dúbida de que os enunciados interrogativos, por mor da interacción directa entre os participantes e a orientación do contido cara ó oínte, son enunciados axeitados dabondo para o xurdimento de múltiples matices contextuais. Como sinalou Cidrás (2016) para seica, ó carón da inferencia pode emerxer o valor de miratividade –\"información inesperada\" (“mirativity”, Lazard 1999; DeLancey 2001)– característico dun falante sorprendido polo seu descubrimento recente e inesperado. No corpus, seica interrogativo emerxe con moita frecuencia sinalando unha nova situación que aínda non se asimilou e vencellado a matices negativos como desaprobación, incredulidade descontento (p. ex. en 33) e desafío (en 34). En (33) a base da inferencia é a actitude visible do participante involucrado no evento, Can de Caza:\n(33)\nAi, Can de Caza! Seica non levas fame?\nLevo, mais non podo comer todas as carnes. Cal carne é esa logo que cociñades tan ben.\nDe Toro, Suso, O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta, 2000. Ensaio.\n(34)\n—Ponme máis copas!\n—Non che farán mal, Nilo?— preguntoulle o Louzao.\n—A min non me fai mal nada, seica non o sabes?\nE seguiu bebendo.\nReigosa, Carlos, Tras da corda, 2012. Narrativo.\nEn (34), seica orienta ó oínte a unha determinada resposta que o falante xa coñece de antemán (que é a contraria da pregunta: “si, teño fame; si, sei que nada che fai mal”) polo que mantén concomitancias coas interrogacións retóricas. Reta desafiante ó destinatario e o impele cara a unha determinada resposta que o locutor xa preconcibiu (como ocorre co adverbio acaso).\nA miúdo as oracións interrogativas, como (33 e 34 enriba) e (35 abaixo), agochan unha posible ameaza á imaxe do oínte (desafío, ironía, descontento, sorpresa, etc.). Grazas á inserción de seica, que actúa como operador de cortesía negativa, o oínte minimiza o risco de confrontación e as posibles ameazas á imaxe de ámbolos dous participantes. Concordamos con Cidrás (2016) en que este adverbio, en enunciados interrogativos, propónlle a pregunta ó oínte acerca de se a súa inferencia (a do falante) é correcta ou non, xa que o falante non quere correr o risco de inferir algo errado:\n(35)\n—E vostede, seica non come, non lle gusta a galiña?\n—Non estou bo eu.\nVázquez Pintor, Xosé, Quen faga voar, 2000. Narrativo.\nEn (35) coméntase un feito que todo o mundo pode ver, sendo o acceso á información intersubxectivo: o participante, visiblemente para todos, non come. Aínda que o falante ten acceso a unha fonte visual (non marcada, en galego), inclúe seica para subliñar a sorpresa e a dificultade para entender a inapetencia do participante. O que está en xogo non é a verdade do contido proposicional “non comes” (estado de cousas factitivo real e visible), senón a posible intromisión, se cadra descortés, de comentar algo que pertence ó terreo do oínte, ás súas motivacións internas para non comer. Como estratexia preventiva, o emisor solicita, dunha maneira indirecta e sutil, información adicional sobre o motivo da falta de apetito, ó tempo que atenúa a intromisión no territorio do oínte rebaixando a asertividade (Kamio 1997).21 Esta estratexia de situar información real e coñecida fóra do seu territorio (“outbond strategy”, Kamio 1997: 187) pode ser a explicación a que se leve a cabo unha inversión na posición do evidencial que está modificando a declaración factitiva, no canto de modificar a seguinte proposición non factitiva, que sería o agardable: “seica non che gusta a galiña”. A estratexia de cortesía, asemade, promove o proceso de cambio de quenda.\n3.2. O significado reportativo\nDous conxuntos de expresións diferenciadas manifestan o valor reportativo. Por unha banda, as formas verbais derivadas do verbo dicire afíns: din que, dise que, disque, contan que, etc., cuxa función é denotar exclusivamente e univocamente o significado reportativo. Fronte a este grupo, recoñecemos un segundo conxunto, máis diverso, que admite o valor reportativo e inferencial, e mesmo un terceiro, o indirecto-indiferente, como veremos máis adiante. Este segundo conxunto está constituído polo adverbio seica mailas formas derivadas do verbo parecer: ó parecer, aparentemente, parece que + cláusula e parece ser que. Cómpre subliñar que, contrariamente ó que acontece co verbo parecer, o significado reportativo non pertence á semántica de semellar.\nDetectamos este contido reportativo, sen connotacións epistémicas, nos exemplos (36) e (37), nos que o narrador actúa como mero transmisor neutral de información de segunda man, sen dar indicios de dispor de ningunha razón para cuestionar a veracidade:\n(36)\nFoise para a Catalunya, seica ten unha tenda desas grandes que hai na cidade.\nDiéguez, Lois, A canción do vagamundo, 1986. Narrativa.\n(37)\nNo pouco tempo que levaba nesta cidade de acollida, o corsario fora acadando sona polo seu carácter violento; disque era tanta a súa valentía e ousadía como arbitraria a súa crueldade.\nLema, Xosé Mª, Costa do Solpor, 2013. Narrativa.\nO contrario sería o caso, por exemplo, de (38), que denota a falta de compromiso do falante coa verdade do comunicado:\n(38)\nUnha prestixiosa compañía española fíxonos apear, despois de subir ó avión con dúas horas de atraso, porque seica –foi a versión que nos deron– non funcionaban os retretes.\nCaeiro, Lois, O Correo Galego, 1999. Xornalístico.\nA cláusula “foi a versión que nos deron” permite interpretar que o locutor, aínda que o escoitou por si mesmo, cuestiona a credibilidade da versión da compañía.\nPorén, como amosamos en (36) e (37), os marcadores evidenciais poden centrarse exclusivamente na orixe da información sen evocar ningún xuízo sobre a veracidade. De acordo con Rosales (2000, 2005) e Sousa (2012), postulamos a ausencia de dúbida en disque e, así mesmo, de acordo con Rosales (2005), corroboramos que seica é quen de transmitir contidos sen matiz modal. Indo máis lonxe, a presenza de disque pode actuar como reforzo xustificativo das palabras do falante e conferir máis certeza no canto de atenuala. Presentamos, a seguir, exemplos de ámbalas dúas situacións: ausencia de dúbida e reforzo xustificativo da veracidade do transmitido.\nO exemplo (39) constitúe un exemplo de reforzo confirmativo:\n(39)\nPerdoe que me extenda, pero é que a situación que me trae aquí require que faga todas estas aclaracións, alomenos eso é o que penso eu, porque non sei se os seus servidores o terán ó tanto do que ocurre: Resulta que quérenme botar fóra porque disque non estudio, non son sociable, non teño espíritu de oración e outras cousas que lles dan seguranza en afirmar que non vaio para a delicada misión de espallar a Palabra de Noso Señor, e eu teño para min, señor, que é unha grave equivocación.\nSuárez Abel, Miguel, A gran novela, 1982. Narrativa.\nNo exemplo anterior obsérvase a presenza polifónica de dúas voces: existe un desdobramento entre a primeira persoa de singular do protagonista e o que din outros (disque) sobre el. Disque presenta de xeito obxectivo o contido relatado (“din iso de min”) e, ó final da intervención, sabemos que o falante non está de acordo por consideralo falso e o contradí: “e eu teño para min que é unha grave equivocación”. Ben podería ser que tamén admitise a verdade de todo o que din del: “e todo iso que din é verdade”, co que se ratifica que a dúbida non forma parte inherente deste adverbio.\nBaseándonos en ocorrencias tiradas do corpus, podemos testemuñar que os evidenciais reportativos non só non denotan dúbida, senón que poden servir de apoio ou confirmar a veracidade do comunicado. En (40) verificamos un novo caso deste reforzo veritativo:\n(40)\nEu non sei o que fan, pero o certo é que os tres viven pechados na casa sin outra compaña. Disque é un médico de moita sona, pero non hai quen se achegue á súa beira. Dígovos que os veciños case foxen del. Que home, carai, que raro.\nHeinze, Ursula, O soño perdido de Elvira, 1982. Narrativa.\nPara reforzar a aserción de que é un médico de sona inclúe disque (dío a xente, non o digo eu”’). Malia a imposibilidade da presenza do falante no lugar dos feitos relatados, o desexo de fidelidade e transparencia na narración, impele ó falante a marcar o enunciado como proveniente doutras fontes fidedignas alí presentes que testemuñan a verdade. Proporciona, ademais de carácter fidedigno, maior vivacidade ó relato ó inscribir deicticamente as testemuñas directas no relato, a xeito de perspectivización deíctica. Ocorre o mesmo en (41):\n(41)\nO ciclón enchéu a madrugada de vento e auga e traxedia, e quixo a sorte que o mariñeiro aquel ficase vivo. Disque choraba logo coma un neno cando soupo que os seus compañeiros afogaran.\nNeira Vilas, Xosé, Galegos no Golfo de México, 1980. Ensaio.\nDeixando á parte seica e disque, existen outras expresións reportativas, nomeadamente as derivadas do verbo parecer. Por exemplo, comprobamos no corpus unha alta frecuencia de emprego de parece ser que con valor reportativo, como en (42). Pola contra, parece que adoita expresar o valor inferencial, sendo poucos os casos nos que o atopamos co significado reportativo, como en (43), no que o falante se basea nunha información que escoitou (ou leu) en algures:\n(42)\nOs seus descendentes –parece ser que tivo dous ou tres fillos varóns– pasaron un ós Estados Unidos e o(-s) outro(-s) tal vez fose(-n) a Australia.\nPena, Xosé Ramón, O reverso do espello, 1984. Narrativa.\n(43)\nCon todo, parece que as que levaran o maior disgusto foran precisamente as dúas aboas (as dúas curmás), que aínda vivían, rexas, se ben a maior xenreira, fora pra Amadora, según dicían.\nFernández Ferreiro, Xosé, A saga dun afiador, 1980. Narrativa.\nComo sinalou Sousa (2012: 91) para disque, na maioría dos casos a fonte específica da información non se identifica, mais ás veces é posible recuperar do contexto a fonte orixinaria. Este é o caso da expresión adverbial parentética ó parecer que, en xéneros xornalísticos, tende a concorrer acompañada da fonte específica de onde parte ou se orixina a información (44) e (45). Non consideramos citativos estes dous casos porque o valor reportativo (fonte ou autoría non especificada) de ó parecer se mantén:\n(44)\nÓ parecer, segundo me dicía o Conde na súa mensaxe, habería unha xuntanza de nobres galegos para tratar do proxecto.\nCosta Clavell, Xavier, O conde de Viloíde, 1985. Narrativa.\n(45)\nÓ parecer, segundo indicaron as mesmas fontes, o menor achegouse á máquina para levarlle auga ó seu avó e, ó non velo, nunha manobra a fresadora alcanzou ó neno.\nAxencia, Galicia Hoxe, 2009. Xornalístico.\nO ámbito de aplicación do reportativo recae sobre “habería xuntanza” e “o menor achegouse” (ó parecer, habería xuntanza/ ó parecer, o menor achegouse), respectivamente. Isto é, dado o inciso parentético, a lectura ha de ser: “O Conde dicía que ó parecer habería xuntanza”, ou “ó parecer habería xuntanza, segundo dicía o Conde”.\nRematamos este apartado subliñando que os exemplos aquí expostos son proba de que discernir os dominios da modalidade epistémica e a evidencialidade é posible por tratarse a dúbida epistémica dunha implicatura contextual ausente en moitos exemplos analizados.\n3.2.1. O significado reportativo enriquecido con matices pragmáticos contextuais\nO feito de que a fonte reportativa lles permita ós falantes apoiarse en terceiros incita ó seu emprego frecuente na fala, sexa para desresponsabilizar ó falante, atenuar ou, mesmo como vimos, para reforzar a verdade. Alén diso, outros efectos pragmáticos sobresaen no contexto como son a ironía e a estratexia de cortesía negativa que evita ameazas á imaxe do oínte (Brown & Levinson 1987). Así mesmo, algúns estudos amosan a contribución dos evidenciais ó desenvolvemento da toma de quendas conversacionais (Clift 2006; Cornillie & Gras 2015: 154-158). Ó noso modo de ver, os marcadores reportativos disque, seica e ó parecer funcionarían como estratexias de interacción cortés para compensar a autoridade epistémica asimétrica na conversa, e así, poder o falante aliñarse co destinatario, como se comproba nos exemplos (46) e (47). Vexamos o caso (46):\n(46)\n—Matilde: Vou traballar de secretaria con Pablo Veiga.\n—Indalecio: De verdade que é avogado? Non o parece.\n—Matilde: Pasou unha chea de anos en Santiago, estudiando, disque.\nAs leis de Celavella. Tempada 1, episodio 1: “Unha sombra do pasado”, 2001. Audiovisual dramático.\nEn (46) na intervención de Indalecio, prodúcese unha resposta ameazante –un par adxacente non preferido– xa que discrepa sutilmente de Matilde (reta a Matilde dubidando da profesionalidade do avogado co que vai traballar). Indalecio ten a autoridade epistémica para iniciar esa quenda disruptiva e diverxente (“de verdade… non o parece”). Matilde deféndese alegando os anos de estudo e, grazas ó emprego de disque ó fin da súa intervención, atenúa a posible ulterior discrepancia entre os dous. A cortesía maniféstase, pois, mediante o uso de disque, xa que o falante evita o conflito, reduce a ameaza potencial á imaxe do oínte, salvagarda a imaxe de si mesma, e aínda salvagarda a maltreita imaxe do terceiro participante, o avogado. Asemade, convida ó oínte a manifestar a súa opinión persoal sobre a verdade do contido que acaba de emitir. A posición do adverbio evidencial no fin de enunciado subliña esta función de operador interaccional de distribución de quendas, cesión de quenda neste caso.\nOutro exemplo de interacción cortés é (47):\n(47)\nXa deixaron de traballa-la terra, logo?\nPois disque si. Xa hai moitísimo tempo. Aínda atopei ó home o outro día e pregunteille como lles ía.\nAneiros, Manuel, O Correo Galego, 2000. Xornalístico.\nEn (47), debido á relación epistémica desigual entre os participantes por mor da falta de coñecemento dun deles (–Coñecemento / +Coñecemento entre os interlocutores, isto é, asimetría epistémica característica das preguntas, Du Bois 2007), o interlocutor que pregunta, ó recoñecer a súa falta de coñecemento, podería perder autoridade epistémica, danando a súa imaxe positiva. O oínte alíñase co primeiro falante respondendo cun marcador de fonte reportativa que funciona como mitigador cortés; isto é, alíñase coa falta de coñecemento do primeiro falante, ó finxir non ter información de primeira man, cando si a ten porque aínda falou o outro día co home. Sobra dicir que a inclusión de disque non diminúe o compromiso coa veracidade, non atenúa a forza veritativa da aserción, visto que o falante está seguro da certeza da súa resposta ó engadir explicitamente: “xa hai moitísimo tempo… aínda falei co home o outro día”, todo o cal amosa o seu apego á verdade. Trátase dunha estratexia de saída en termos de Kamio 1997 (“outbond strategy”) porque introduce un evidencial reportativo en aras de fomentar a cortesía positiva –promover o acordo– e aliñamento co interlocutor, no canto de enunciar directamente e asertivamente o que sabe con certeza. Grazas ó emprego de disque acádase o mantemento de ámbolos dous participantes nunha relación de simetría de autoridade epistémica e de igualdade de dereitos a asertar. Así mesmo, comprobamos no corpus que os marcadores reportativos disque, ó parecer, parece que, parece ser que e seica, cando aparecen, como en (47), de forma illada na conversa como resposta a unha pregunta e reforzados por si e non (disque si / disque non), proxectan máis claramente esta función atenuadora cortés e insinúan a cesión de quenda.\nNo corpus atopamos exemplos tanto de actos ameazantes á imaxe (críticas, ordes, peticións, rogos, queixas, etc.) como non ameazantes, que poden ser explicados grazas a esta teoría. No seguinte atopámonos ante un acto asertivo non ameazante mitigado ou atenuado por medio de parece ser que:\n(48)\nO astronauta Armstrong, ó pór o seu pé na lúa parece ser que fixo unha declaración como esta: “Este é un pequeno paso para o home, mais un gran paso para a humanidade”.\nMoure, Teresa, Queer-mos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, 2012. Ensaio.\nA información transmitida por parece ser que atinxe un feito histórico que tería a licenza social para ser aseverado directamente sen o evidencial. Malia iso, o locutor engade o marcador que imprime certa incredulidade ou desconfianza na información relatada. O falante amósase remiso a facer uso do seu “dereito a afirmar” debido a que percibe ou considera que a información non está incluída no seu territorio e opta por ser respectuoso e cauto. Na nosa opinión, trátase doutro caso de “estratexia de saída” (Kamio 1997: 187), pois, aínda gozando da licenza social, considérao fóra do seu territorio. Razóns culturais como o coidado á precisión no acceso á información, prudencia ante a verdade, respecto ó territorio informativo do receptor e deferencia ós participantes dos que se fala poden estar detrás da presenza de varios evidenciais simultaneamente nun mesmo enunciado, como en (49), (50) e (51). Testemúñanse no corpus numerosos exemplos da converxencia de varios evidenciais no mesmo enunciado, o que apoia esta cautela que acabamos de mencionar:\n(49)\nUn dos acordos que disque tomaron os veciños, anque polo visto non chegaron a levalo adiante, seica era o seguinte: […] Tratábase, polo visto, de pega-las follas dos periódicos e mailos retrincos aumentados en grandes pancartas, con letreiros darredor nos que se puxese en evidencia a don Xulio polo incumprimento da súa palabra.\nRiveiro Loureiro, Manoel, Corpo canso, 1993. Novela.\n(50)\nSeica a súa longa estadía na cadea víu relacionada coas armas que disque lle foran achadas a Brañas e máis aos dous etarras detidos en Lugo.\nOs partidos políticos na Galiza, Taibo, Xoán I. / Rivas, Manuel, La Voz de Galicia, 1977. Xornalístico.\nNun exemplo que tomamos de Cruschina & Remberger (2009: 105) verifícase a confluencia e compatibilidade de dobre evidencial, seguido do verbo dicir, no mesmo enunciado: parece que disque di:\n(51)\nUn estado aconfesional como parece que disque di a Constitución non é lóxico.\nEn definitiva, tras explorar estes exemplos, e de acordo con Stivers, Mondada & Steensig (2011), Heritage (2012), Ahn (2016), Grzech (2021), defendemos que os interlocutores son conscientes de que a comunicación comporta valores sociais que hai que respectar e, nesa negociación e intercambio social, non é a verdade da proposición a que se pon en tea de xuízo, senón a imaxe de cada un dos interlocutores. Tanto o falante/escritor como o oínte/lector (sexa nun diálogo ou non) realizan un sutil seguimento de “vixilancia epistémica” do que os outros saben e descoñecen, e do que o falante/escritor pode arriscar a dicir ou insinuar. Os evidencias en galego parecen cumprir, entre outras, esta función discursiva.\n3.3. O significado indirecto-indiferente\nNos casos en que o contexto non permite discriminar entre os significados reportativo e inferencial, adóitase denominar este significado resultante “valor indirecto-indiferente” (Wiemer & Stathi 2010; Marín-Arrese 2013). As expresións ó parecer, parece que, parece ser que e seica denotan, en función do contexto, este valor indeterminado, tal e como se reflicte na interpretación ambigua dos seguintes exemplos:\n(52)\nEn resumidas contas trátase, seica, dunha serie de tentativas encamiñadas a supera-lo manicomio tradicional e, concretamente, chegar á descentralización do Sanatorio de Conxo, a fin de contas, un xigantesco almacén de homes enfermos.\nTeima. Revista Galega de Información Xeral, 1977. Xornalístico.\n(53)\nAdoptou unha pose de ofendida dignidade pola aldraxe que, ó parecer, eu inferira a tan nobilísima caste, que me descompuxo o ánimo astra tal punto que preferín entrevistala na miña casa antes que exporme a entrar nunha cafetería e ofrecer tan pobre espectáculo.\nConde, Alfredo, Memoria de Noa, 1982. Narrativa.\nA lectura inferencial glosaríase como: ‘polo que deduzo a partir da imaxe global da situación (polo meu coñecemento das circunstancias, polo que oín) eu inferira aldraxe na nobilísima caste’. Un nidio matiz mirativo e de incredulidade epistémica advírtese nesta interpretación. Doutra banda, a lectura reportativa podería ser parafraseada como: ‘Dise que / din que eu inferira aldraxe’. As dúas interpretacións concorren indistintamente.\nTiramos este valor indiferente ambiguo na lectura de parece que e parece ser que en (54):\n(54)\nEntrevistador —¿Ten a sensación de que colleron ó delegado do Goberno como cabeza de turco?\nEntrevistado —Si, porque parece ser que eu molesto. Parece que molesto máis que os outros, sempre hai que buscar unha xustificación dunha actuación política ou dunha estratexia política.\nTristán, Pancho R., Tempos Novos, 1998. Xornalístico.\nNa interacción dialóxica, moi frecuentemente o locutor comeza a conversa cunha fonte indeterminada e intersubxectiva que dá pé a múltiples matices de postura epistémica. Ilustrámolo cos seguintes exemplos propios:\n(55a)\nSeica fuches a casa de María. Por que non me avisaches?\n(Dixéronmo ou o infiro por algúns resultados observables. Sei con total seguridade que fuches).\n(55b)\nSeica fuches a casa de María. Que tal está?\n(55c)\nSeica fuches a casa de María. Grazas por ir.\nNos exemplos (55a, b, c) preséntase información nova de acceso recente que estaba situada fóra do seu territorio ata ese momento. Atopamos en común en todos os exemplos o coñecemento superior do receptor sobre a situación descrita e, como consecuencia, a mitigación da forza da afirmación do locutor, pero non a mitigación do compromiso coa súa verdade. A isto engádese que o falante é consciente de que o oínte podería informar da situación antes, pero non hai recriminación agás en a). A pesar de que o oínte sabe máis do que o falante, o obxectivo do locutor é establecer un terreo compartido (intersubxectividade), un punto de partida común. Asemade, deixa constar ante o destinatario que a súa fonte de información non foi o destinatario mesmo, senón que o soubo por outras vías. Finalmente, aínda que o emisor non cuestiona a veracidade do contido (pola contra, está absolutamente seguro), ponse de relevo a falta de dereito do emisor a aseverar directamente, xa que lle concede a autoridade epistémica ó receptor, por tratarse dun contido no seu territorio de información. Nestes casos, seica manifesta semellanzas cos conectores consecutivos así que ou con que (Bermúdez 2005; Rodríguez Ramalle 2015). O significado evidencial primario (significado indirecto indiferente difuso ou fonte indeterminada) diminúe en favor de todos os matices pragmáticos de postura epistémica descritos.\nTamén é posible o escenario inverso: presentarlle nova información ó oínte, que foi adquirida recentemente polo falante, co obxectivo de facer partícipe ó oínte do territorio de información do falante (exemplo propio):\n(56)\nSeica están os sobriños na casa da Xulia. Imos velos?\nÓ parecer / disque os sobriños están na casa da Xulia. Imos velos?\nNos dous escenarios presentados, seica permítelle ó emisor introducir un novo tema dunha maneira menos abrupta, como transición que conecta deicticamente as fontes de información externas, sexan cales sexan, co contido emitido. O marcador adverbial funciona da mesma maneira que un conector de discurso deíctico co fin de salientar a información de fondo que rodea o contido emitido. Non ser abrupto, distanciar un tema controvertido dos participantes na conversa ou mellorar a simetría do coñecemento entre os participantes son formas de indicar respecto, empatía e deferencia cara ó receptor, e en definitiva, fomentar a aliñación e afiliación (Ahn 2016; Ahn & Yap 2015: 65). Ademais, a intersubxectividade promove o cambio de quendas e a construción colaborativa do discurso (Cornilllie & Gras 2015).22\nPolo tratado ata agora, dedúcese que parte da versatilidade de seica con este valor indeterminado reside en que o seu emprego pode emerxer tanto cando o falante supón que o interlocutor posúe menos coñecemento ca el mesmo (como signo de cortesía e deferencia), coma no escenario contrario, cando o receptor ten máis coñecemento (como signo de precaución ou prudencia cara ó oínte).\nPara finalizar este apartado, podemos recapitular afirmando que a aparición dunha fonte indirecta indeterminada de información constitúe unha forma de deixar patente que o emisor arela non interferir no territorio do oínte e, doutra banda, unha forma de integrar e acoller o oínte nun terreo común compartido, coa intención de que o intercambio sexa colaborativo, solidario e empático, e así evitar calquera potencial confrontación co oínte.\n4. CONCLUSIÓNS\nEste artigo pretendeu proporcionar unha visión xeral dos marcadores evidenciais dende unha perspectiva semántica e pragmática. Tras unha breve aproximación ó debate da inclusión da evidencialidade como parte integrante da modalidade epistémica, e despois de comentar as achegas en galego, circunscritas ós adverbios seica e disque, internámonos no elenco de expresións coas que os falantes comunican a fonte de información inferencial e reportativa. A análise revelou que existe unha división nidia entre, dunha banda, os marcadores evidenciais con capacidade para denotar dous significados, o inferencial e o reportativo, en función do contexto (parece que, ó parecer, seica, aparentemente) e, doutra banda, os marcadores unívocos válidos para manifestar un só significado, sexa o inferencial (vexo que, vese que, deber (de), haber de, semella que, supostamente), sexa o reportativo (disque, dise, din que, parece ser que). Verbo da interacción coa modalidade, o feito de ter mostras de marcadores evidenciais no corpus sen matices epistémicos permite discriminar e manter separadas a evidencialidade da modalidade epistémica. As expresións evidenciais vencéllanse a valores epistémicos só en función do contexto e, por conseguinte, non implican esa incerteza codificada como trazo invariante. Neste sentido, cómpre mencionar a excepción de que os auxiliares modo-evidenciais deber (de) e haber de integran inherentemente o valor de dúbida e de inferencia na súa semántica (van der Auwera & Plungian 1998 para must).\nNas linguas nas que a evidencialiade non é obrigatoria, como é o caso do galego, determinar a motivación última que empurra a un falante a indicar o seu acceso á información é algo aínda por esclarecer. Como sinalou Mushin (2001, 2013), nas linguas de evidencialidade opcional, probablemente sexan os significados pragmáticos os que motivan a presenza da xustificación evidencial, e non os significados meramente indicadores de fonte informativa. Para conseguir unha visión panorámica da función que cumpre na lingua a marcación evidencial, pescudamos no efecto que esta produce no oínte e na relación triangular establecida entre oínte, falante e contido transmitido (“stance”). Ó longo do traballo comprobamos que, máis alá dos significados puramente evidenciais, a categoría que nos ocupa amplía a súa repercusión ó posibilitarlle ó falante a adopción dun variado abano de estratexias de toma de postura subxectiva, como son a atenuación, o distanciamento epistémico do comunicado, o reforzo da verdade, a cortesía negativa e a creación dun territorio de coñecemento común entre os interlocutores. Argumentamos que os evidencias prestan servizo non só para fixar os límites do territorio informativo do falante, senón, asemade, para salientar e potenciar os dereitos epistémicos do interlocutor.\nDe entre todos os marcadores analizados cobraron certa prominencia os versátiles adverbios disque e seica, sendo o último o máis idiosincrático do sistema; unha unidade cun profuso espectro de significados en contexto: parte dun significado básico evidencial (inferencial, reportativo e indirecto-indiferente) e adopta múltiples funcións interpersoais verbo da postura epistémica, do territorio da información e da cortesía negativa. Tanto se existe unha percepción de falta de autoridade epistémica –porque o oínte dispón de máis información–, como se se trata de deferencia cortés cara a un interlocutor que dispón de menos información, ambas as circunstancias alentan ó emisor a incluír o oínte no seu propio territorio de información, creando un terreo común compartido que deriva en empatía co interlocutor.\nNeste traballo moitos aspectos quedan por explicar, dirimir e, por suposto, cómpre abrir novos camiños que esclarezan a presenza da xustificación evidencial a nivel interlingüístico. Baste só imaxinar o campo por diante, aínda inexplorado, da relación da evidencialidade coa cultura e a sociedade.\nFinanciamento\nEste traballo realizouse como parte do proxecto “Evidentiality: A Discourse-Pragmatic Study on English and other European Languages” (EVIDISPRAG) financiado polo European Regional Development Fund e o Ministerio de Ciencia e Innovación (FFI2015-65474-P MINECO/FEDER, UE)."} {"summary": "Este traballo ten por obxectivo principal presentar as posíbeis relacións entre a área da lingüística e a área da literatura no que concirne aos álbums ilustrados. Os obxectivos específicos, nese sentido, son detallar aspectos da Teoría Semiolingüística de Análise do Discurso, ben como da Literatura Infantil e Xuvenil e da literatura crossover, amosando os puntos de aproximación relevantes para a análise dalgúns libros clasificados prioritariamente como infantís e xuvenís. Para isto, a fundamentación teórica apoiarase, sobre todo, en estudos de Patrick Charaudeau (2013, 2016, 2018a, 2018b); Sandra Beckett (2009); Ana Margarida Ramos (2014, 2017); Nikolajeva e Scott (2011); Peter Hunt (2010) e Sophie Van der Linden (2011). Como corpus, o estudo conta con títulos de diferentes países, publicados en Brasil nos idiomas orixinais e traducidos: A parte que falta (Silverstein, 2018a); A parte que falta encontra o grande O (Silverstein, 2018b); Fico à espera (Cali, 2007); Flicts (Ziraldo, 2012); e Meninas (Ziraldo, 2016). Espérase comprobar, nos resultados, que as dúas grandes áreas teñen puntos de intersección que se suman, converxendo nunha análise produtiva de fenómenos antigos e actuais na literatura para nenos e mozos ou incluso sen idade.", "text": "Un paralelo entre a Teoría Semiolingüística de Análise do Discurso e a literatura crossover\n\nÉ moi doado que, no ambiente académico, haxa unha separación entre a área de lingüística e a área de literatura. No entanto, é posíbel facer unha análise lingüística en textos literarios, como se propón neste traballo. A diferenciación entre Lingua e literatura é normal e esperada, porén, aquí a intención é unir eses dous polos para enriquecer o estudo de libros considerados prioritariamente dirixidos ao público infantil e xuvenil, pero posibelmente, na práctica, sen idade ou para todas as idades.\nCon respecto á fundamentación teórica que apoia este traballo, convén sinalar que a Teoría Semiolingüística de Análise do Discurso foi creada polo profesor Patrick Charaudeau, da Universidade Paris-XIII. Consolidada en Europa, principalmente en Francia, e recentemente difundida en Brasil, trátase dunha liña de investigación, dentro do campo da Análise do Discurso (AD), que amplía a perspectiva de análise dos enunciados. Considéranse, polo tanto, os contextos do uso, como o social, o histórico, o psicolóxico e outros. Como a teoría permite e suxire interfaces, baséase normalmente a fundamentación nalgúns desenvolvementos máis aló da Lingüística. Isto é estipulado e estimulado polo profesor-creador.\nPreténdese explorar, neste artigo, algunhas teorías iniciais de Charaudeau (2013, 2016, 2018a, 2018b), como o desdobramento dos suxeitos da comunicación, focalizando: no suxeito-destinatario idealizado; no suxeito-intérprete1 real de obras ilustradas; e no imaxinario sociodiscursivo. Ambos contribúen positivamente para a análise da literatura crossover, postulada por Beckett (2009), e complementada por Ramos (2014, 2017). Neste aspecto, hai un punto de converxencia entre a Lingüística e a literatura. Para sumar, dende unha explanación sobre a composición do corpus: o libro deseñado, con autores da Teoría e Crítica da Literatura Infantil e Xuvenil, como Nikolajeva e Scott (2011), Hunt (2010) e Linden (2011).\nSobre o libro ilustrado\nInicialmente, faise necesario reflexionar sobre o libro ilustrado. Clasificar unha obra como tal esixe unha análise ao redor de súa construción. Neste tipo de produción, normalmente considerada infantil ou xuvenil, “a narrativa faise de maneira articulada entre texto e imaxes” (Linden, 2011, p. 24). Esta articulación refírese aos elementos verbais e non verbais que compoñen as historias que, no caso do corpus seleccionado, son, de feito, do tipo textual narrativo, pois contan a traxectoria de personaxes, co clímax e co remate. Así, non se agruparán as linguaxes como unha verbal e outra visual, senón preferentemente como unha única linguaxe sincrética ou mixta, na que existe unha unión entre os tipos de signos que producen o texto.\nDende esta perspectiva, pódese definir que é o libro ilustrado:\nUm texto em que os componentes verbal e visual carregam ambos a narrativa, em lugar de meramente ilustrar ou esclarecer um ao outro. Longe de ser uma simples esfera do leitor principiante, tornou-se tão complexo a ponto de ser preciso uma nova metalinguagem para descrevê-lo. Apesar do problema das convenções visuais, o contato com o livro-ilustrado experimental parece, para a criança, se assemelhar a um contato oral, e é provável que o livro seja lido com muito mais fluidez e flexibilidade que o texto puramente verbal. (Hunt, 2010, p. 193)\nObsérvase, nesta citación, a inserción do termo “criança” (neno en galego). Isto acontece porque ese é o suxeito-destinatario máis usual das obras con debuxos. Non obstante, cómpre destacar a complexidade que poden presentar. Non necesariamente iso será un impedimento para os cativos, pero pode indicar a posibilidade de lectura por parte doutros, como adolescentes e adultos, probando o carácter sen idade. De certo xeito, é o que ocorre cos títulos aquí analizados.\nThe missing piece e The missing piece meets the big O (mantendo o orixinal inglés) son títulos da autoría de Shel Silverstein, recoñecido escritor e debuxante estadounidense. Foron publicados en 1976 e 1981, respectivamente, algúns anos despois de The Giving Tree, clásico que o consagrou no mundo. Nótase que os seus libros presentan un certo teor de profundidade e reflexión, sempre con páxinas en branco e negro, personaxes minimalistas, non humanos e antropomórficos –características que non adoitan espertar o interese da nenez, de acordo con Coelho (2000).\nNa portada á esquerda nótase o personaxe principal da primeira narrativa. Á dereita, vense tanto o novo protagonista como un secundario de extrema importancia. Son narradas as historias desas formas-personaxes en busca do outro, da parella. Unha é un círculo ou unha pelota incompleta, presentando nesa falta algo semellante a unha boca ou a un sorriso. A outra é xustamente a parte/peza que lle faltaba á primeira, en formato triangular. Malia que xeometricamente ou fisicamente a temática ao redor de buscar a parte que falta para estar completo e poder arrolar normalmente sexa verosímil, esas figuras son personificadas e presentan sentidos implícitos. Todo isto configura, entón, unha metáfora visual. A respecto diso, destácase:\nTambém as metáforas revelam importante capacidade de exacerbação de qualidades, ao aproximarem elementos de diferentes domínios em função da característica que lhes é comum. Em outras palavras, por meio da iconicidade, as expressões metafóricas colocam em evidência sentidos normalmente insignificáveis, mas possivelmente apresentáveis e inferíveis, como os relativos às sensações e aos sentimentos. (Feres, 2012, p. 138-139)\nAs producións de Silverstein parecen converxer con esta idea. Retratar sentimentos é unha tarefa difícil, sexa por medio de palabras, sexa por medio de imaxes. Estes sentidos insignificantes, porén, foron expostos no texto verbo-visual analizado, de xeito que os personaxes xeométricos reflicten a realidade das relacións interpersoais. Ademais, no proceso interpretativo, poden ocorrer inferencias. Con respecto a elas, destácase:\nLa signification s’obtient à l’aide d’inférences qui s’opèrent à partir d’éléments extérieurs à l’énoncé, ce qui n’exclut pas que ces éléments se présentent occasionnellement sous forme de marques linguistiques. Mais ils se trouvent détachés de la continuité séquentielle de l’énoncé. Ces éléments, qui constituent l’environnement ou contexte psycho-socio-sémiologique de l’acte de langage, sont eux-mêmes porteurs de sens, et c’est leur convergence qui permettra de faire des hypothèses d’interprétation. (Charaudeau, 2018b, p. 38) [con raias no orixinal]\nNa lectura de A parte que falta (Silverstein, 2018a) e A parte que falta encontra o grande O (Silverstein, 2018b), debido ás metáforas e aos ocos esperados do texto verbo-visual, poden ser feitas inferencias por parte dos diversos lectores, de xeito que diverxan entre si, e non hai nada de malo niso. O lector proxectará, nas táboas, os seus coñecementos e as súas vivencias. Por isto e polo feito dos libros tratar sobre relacións entre seres, crese que estas inferencias poden estar máis presentes nas interpretacións de persoas máis maiores, corroborando o carácter crossover (Beckett, 2009) ou sen idade.\nComo exemplo, hai unha citación do primeiro título na figura 2. O personaxe principal, máis grande, atopa unha parte que cre ser perfecta para completarse e, unha vez completo, poder rodar. Percíbise que sería unha parella, un compañeiro no sentido romántico, amizade, traballo ou familia. É esta falta de información ou superficialidade a que permite o proceso por inferencias. Analizando o debuxo, pódese ver que hai un oco no encaixe das formas, o que amosa que un non sostivo o outro suficientemente forte. Na secuencia desas páxinas, seguindo a pista textual da conxunción adversativa “mas” (pero), o encaixe non progresou e os dous personaxes liberáronse e perdéronse. Despois, a peza grande atopa outra peza pequena e, desta vez, decide agarrarse con máis forza (demasiado), rompéndoa.\nA lectura minuciosa dos elementos visuais é requerida, como unha aparente sensación desconfortábel ou a sensación de que hai algo malo entre os dous, en especial co máis grande. O chan, que se inclina cara arriba gradualmente, apunta para novos desafíos que chegarán en breve. Esta lectura, polo tanto, pode ser feita de xeito máis superficial, sen afondar nos distintos niveis do texto, sendo só a historia dunha pelota e unha peza que lle falta. Ou, o lector (sen idade predefinida) pode proxectarse pouco a pouco nos “baleiros textuais” e completar os sentidos máis intrínsecos que a literatura permite. Dependendo da bagaxe de cada persoa, “non se agarrar suficientemente forte” pode expresar desinterese, desvalorización ou outros; así como “agarrarse demasiado forte” suxire hiperconvivencia, presións, incluso relacións abusivas.\nPódense facer inferencias, neste momento, con base nos acontecementos da vida de cada persoa, precisamente debido ao sentido metafórico atribuído a esta construción verbo-visual que retrata relacións interpersoais – íntimas ou non – e sentimentos. Esta peza máis grande pasa boa parte da historia intentando encaixarse a outras, ben como os seres humanos tamén intentan adaptarse a persoas, lugares, medios sociais etc. A moral é que, en realidade, non se fai necesario ter unha compañía, é posíbel ser feliz e sentirse completo e ao mesmo tempo estar só.\nNa figura 3 hai un exemplo máis que comproba a hipótese de que se trata dun libro ilustrado e xa suxire a problemática do destino da obra, unha vez máis. Na citación verbal “Um era delicado demais” (Un era demasiado sensíbel), apúntase directamente ao novo personaxe inserido visualmente na narrativa: un círculo completo, un balón. A disposición específica da imaxe na parte de arriba da páxina, simulando o ceo, e o nó común aos balóns, amosan a súa delicadeza. Perante un elemento afiado, que é o personaxe principal do segundo volume, a relación non terá éxito. Realizándose inferencias e proxectándose na superficie textual, os lectores máis maduros poden rescatar lembranzas de relacións interpersoais nas que había unha clara diferenza no xeito de experimentar a vida, sendo un máis sensíbel ou delicado, facéndose dano facilmente (incluso, o balón estoupa na páxina seguinte).\nSuxeito-destinatário e suxeito-intérprete\nA partir da Semiolingüística, as situacións de comunicación son analizadas de xeito máis amplo e tidas como escénicas, aínda no nivel discursivo. Para o creador, nesta mise-en-scène, prevalecen apostas, expectativas múltiples e posíbeis asimetrías. Dende esta perspectiva, Charaudeau (2013, p. 24) afirma que “o sujeito falante considera que falar é arriscar-se: à incrompreensão ou à negação. A ameaça é o próprio ato de comunicação” [con raias no orixinal]. Ao aplicar a Semiolingüística na manifestación verbal, hai análises ricas que, en superficies verbo-visuais, fanse aínda máis produtivas.\nAdemais, para Machado (2001), o cadro enunciativo da teoría amosa que os actos de linguaxe, orais ou escritos, son unha representación guiada polos suxeitos externos ao discurso ou ao papel (é dicir, os seres reais). Estes actos de linguaxe ou contratos de comunicación deben asumir, polo menos, catro suxeitos: eu-comunicante (EUc); eu-enunciador (EUe); ti-destinatario (TId); e ti-intérprete (TIi). Hai, polo tanto, un desdobramento entre “EU” e “TI”.\nCómpre sinalar que, segundo Machado (2001), existen seres sociais que, no acto de comunicación, xeran, á súa vez, seres de palabra (cando a comunicación é oral) ou seres de papel (cando é escrita). Esta mesma autora (2001, p. 48-49), á luz da teoría á que se afilia esta sección, elucida a idea:\nO ato de linguagem é comandado pelas circunstâncias sociais do discurso e sua construção leva em conta o explícito e o implícito da linguagem; ele é um dispositivo dentro do qual se encontra o sujeito-falante (escrevendo ou falando), guiado por um sujeito-comunicante. Nele se manifestam, pois, quatro sujeitos comunicacionais, sendo dois situacionais, externos; e dois discursivos, internos. Os sujeitos ditos “externos” são o Euc (eu-comunicante) e o Tui (tu-interpretante): trata-se de seres historicamente determinados, parceiros reais da troca linguageira que têm uma identidade (psicológica e social) e que estão ligados por um “contrato de comunicação”. [con raias no orixinal]\nPara sistematizar, relaciónase o cadro a seguir:\nPara Charaudeau (2016), en resumo, existe un ser real –un emisor, segundo a teoría de Jakobson (1991)– que propaga unha mensaxe. Ese ser idealiza un destinatario –que sería o receptor para Jakobson (1991)– para así construír a súa mensaxe. No entanto, o ser real que recibe esa mensaxe pode non equivaler a aquel idealizado inicialmente polo primeiro ser real –o emisor. Para completar, o ser real que interpreta a mensaxe tamén crea unha imaxe daquel que a propaga, podendo non equivaler, unha vez máis, a do primeiro ser real. Seguindo a teoría francesa, o emisor “de carne e óso” será chamado eu-comunicante, o emisor creado discursivamente eu-enunciador, o receptor idealizado ti-destinatario e o receptor real ti-intérprete. Polo tanto, claramente hai “seres de papel”, aqueles que son apenas da instancia discursiva e internos ao texto.\nPara complementar a discusión, engádese á Teoría Semiolingüística a noción de contrato de lectura, proposta por Emediato (2007, p. 86-87):\nSe nessas situações [monolocutivas] a imagem do destinatário já está inscrita como se correspondesse a uma validação e a uma conformidade, o leitor encontra-se diante de um texto que o interpela identitariamente como “feito para si”. Em outras palavras, essas situações impõem ou sugerem ao destinatário assumir certas posições determinadas de leitura. O texto busca assim a conformação do leitor, como uma receita de cozinha se constrói em conformidade com os parâmetros da boa cozinha. Nesse sentido, valoriza-se o princípio de influência nas situações monolocutivas pela sugestão que elas exercem sobre a pré-validação contratual. [sen raias no orixinal]\nApoiándose no presuposto de que o corpus analizado se compón de libros debuxados, nos que as situacións non presentan interacción real no acto comunicativo, faise necesario comprender que o destinatario é idealizado no acto de produción do texto verbo-visual. Deste xeito, inscríbense no texto procesos a partir de inferencias, sentidos implícitos e posicións determinadas de lectura. Cando estes factores non son recoñecidos polo lector ou ti-intérprete, poden ocorrer problemas na validación do contrato. Para exemplificar, tómase o libro ilustrado de Cali (2007) na figura 5.\nO libro, como se pode observar na figura 5, ten un formato diferenciado. En rectángulo, medindo 28cm por 11cm, remite o lector a un típico sobre de cartas, con selos e remitente. Narrada en primeira persoa, a obra conta a historia dun neno dende a súa nenez até a súa vellez. Cada fase da súa vida comeza coa expresión verbal do título “Fico à espera...” (en Portugal, publicado como “Á espera...”; en galego, traducido informalmente como “Quedo á espera”) e, así, son descritos os momentos máis significativos de cada idade: infancia; xuventude, coa busca do amor; ir á guerra; matrimonio (e ter fillos); parella sen fillos e cunha enfermidade; perda da esposa e anuncio do neto. Outro detalle importante é o fío vermello (nas mans do neno) que une as páxinas e os acontecementos. En cada un, el asume un formato distinto, mais sempre está alí.\nÉ importante destacar, nese caso, que a expresión discursiva “bater à porta” (petar na porta) ten un sentido moito máis forte ca o literal. Non se trata, entón, de esperar que calquera persoa pete na porta, nin que a acción sexa soamente esa. “Petar na porta” xa suxire, discursivamente, que haberá unha visita: alguén petará, despois pasará pola porta e fará unha agardada e ilustre visita, axitando a vida solitaria do home, que perdeu a súa esposa hai pouco.\nNeste libro é narrada a historia de vida do protagonista. Após atopar un amor na mocidade, el casa e ten fillos; despois, na vellez, ve os seus fillos medrando e marchando da casa. Posteriormente, a súa esposa é diagnosticada cunha doenza e, por fin, falece. Logo da secuencia, seguen as páxinas da figura 6. Na construción dese discurso verbo-visual intenso, esperar que alguén pete na porta significa esperar pola visita dos fillos e dos netos, xa que nese momento o protagonista encóntrase extremamente só –o cal é corroborado polo curto segmento de liña vermella nas súas mans, que el admira, pensativo e taciturno (a liña vermella asume diversos formatos de acordo coa situación exposta).\nNese ámbito, aplicando a Teoría Semiolingüística, o eu-enunciador sería composto polo escritor e o debuxante, considerando que se trata dun álbum ilustrado a catro mans. O eu-comunicante, porén, sería soamente o narrador en primeira persoa, un personaxe ficticio creado dentro do libro. O ti-intérprete, como xa se observa, é formado por unha vasta gama de lectores, de idades distintas e non habituais, corroborando o carácter crossover que será desenvolvido máis adiante, porque os adultos moitas veces interésanse máis pola lectura que os mozos ou os nenos. Cómpre subliñar que é difícil precisar o ti-destinatario idealizado no momento de prevalidación do contrato; con todo, este tema non parece ser moi relevante, pois o fenómeno proposto por Beckett (2009) pode partir de libros inicialmente dirixidos a nenos ou a adultos, indiferentemente.\nUn proceso similar, cómpre destacar, ocorre cos títulos de Silverstein (2018a, 2018b), cuxa diferenza é o eu-comunicante composto soamente por unha única persoa de “carne e óso”. Asegúrase, deste xeito, que o cadro da Semiolingüística pode complementar e fundamentar a aplicación do concepto de literatura crossover proposto por Beckett (2009), pois a duplicidade do ti, agora ti-destinatario (idealizado) e ti-intérprete (receptor real nas situacións de comunicación cotiás) amosa subsidios para esa comprobación.\nO imaxinario sociodiscursivo\nA lectura dun libro ilustrado, ou sexa, da obra verbo-visual estática cuxo sentido é construído a partir da integración entre as dúas parcelas textuais, depende non soamente da interpretación desas, senón tamén dun terceiro factor: o sentido discursivo que se atribúe aos signos. Os signos verbais e visuais que compoñen as dúas parcelas presentan significados, polo que cada ser, cando interpreta, trae a súa bagaxe cultural e proxéctaa nos signos de forma distinta, constituíndo, ademais de significados, tamén sentidos. Barthes (1990, p. 32) di, ademais, que “toda imagem é polissêmica e pressupõe, subjacente a seus significantes, uma ‘cadeia flutuante’ de significados, podendo o leitor escolher alguns e ignorar outros”. Así, as lecturas, con destaque para as que envolven visualidade, diverxen, como un proceso natural e esperado.\nAdemais, outro factor fundamental que exerce notoria influencia nese proceso é a linguaxe –ou as linguaxes. No exemplo dos álbums ilustrados, hai a presenza de dúas linguaxes ou parcelas da linguaxe mixta: unha verbal e unha non verbal, sendo a visual creada a partir de ilustracións. Charaudeau (2018a, p. 24) explica:\nA finalidade do ato de linguagem (tanto para o sujeito enunciador quanto para o sujeito interpretante) não deve ser buscada apenas em sua configuração verbal, mas, no jogo que um dado sujeito vai estabelecer entre esta e seu sentido implícito. Tal jogo depende da relação dos protagonistas entre si e da relação dos mesmos com as circunstâncias de discurso que os reúnem.\nEsas relacións, malia que parezan sinxelas, non o son. Nalgúns casos, os textos limitan e condicionan a interpretación soamente a unha lectura. Noutros, hai máis posibilidades de entendemento. Como dixo Charaudeau (2016, p. 51), considerando o EUc como produtor de fala e o TIi como suxeito intérprete, “de uma maneira geral, todo ato de linguagem envolve n estratégias para o EUc e muitas possibilidades interpretativas para o TUi”. Ou sexa, ese proceso amósase moito máis amplo do que se supón no momento da lectura.\nEmporiso, chégase ao imaxinario sociodiscursivo, obxecto de investigación desta sección, que non só é activado (a través de inferencias) no momento da lectura de álbums ilustrados, mais tamén moitas veces é creado e modificado a partir dela. Secasí, ese imaxinario non é inventado, irreal ou ficticio. Segundo Charaudeau (2018a, p. 203),\nO imaginário é efetivamente uma imagem da realidade, mas imagem que interpreta a realidade, que a faz entrar em um universo de significações. Ao descrever o mecanismo das representações sociais, aventamos com outros a hipótese de que a realidade não pode ser aprendida enquanto tal, por ela própria: a realidade nela mesma existe, mas não significa. A significação da realidade procede de uma dupla relação: a relação que o homem mantém com a realidade por meio de sua experiência, e a que estabelece com outros para alcançar o consenso de significação. A realidade tem, portanto, necessidade de ser percebida pelo homem para significar, e é essa atividade de percepção significante que produz os imaginários, os quais em contrapartida dão sentido a essa realidade.\nO imaxinario sociodiscursivo foi proposto co fin de integrar a noción estabelecida arriba no cadro teórico dunha Análise do Discurso. Charaudeau (2018a, p. 207) afirma, entón, como se desdobra a súa parte discursiva: “Os imaginários sociodiscursivos circulam, portanto, em um espaço de interdiscursividade. Eles dão testemunho das identidades coletivas, da percepção que os indivíduos e os grupos têm dos acontecimentos, dos julgamentos que fazem de suas atividades sociais”.\nRosane Monnerat (2013, p. 309), baseándose na teoría de Charaudeau, explicita aínda máis, incluso con exemplos:\nOs imaginários sociodiscusivos veiculam imagens mentais pelo discurso, configurando-se explicitamente (palavras ou expressões) ou implicitamente (alusões). Dessa forma, esses imaginários – imersos no inconsciente coletivo tecido pela história – podem contribuir para o estabelecimento de crenças numa determinada sociedade, orientar as condutas aceitas numa dada época e desempenhar o papel de responsáveis pela constituição do sujeito com fins de adaptação ao meio ambiente e de comunicação com o outro.\nIso significa, pois, que os imaxinarios cobren os baleiros interpretativos previstos ou non. En suma, Nikolajeva e Scott (2011, p. 15), da área da Literatura Infantil e Xuvenil e da Crítica Literaria, afirman:\nO texto verbal tem suas lacunas e o mesmo acontece com o visual. Palavras e imagens podem preencher as lacunas umas das outras, total ou parcialmente. Mas podem também deixá-las para o leitor/espectador completar: tanto palavras como imagens podem ser evocativas a seu modo e independentes entre si.\nEses baleiros, en maior ou menor escala, poden ser completados a partir de inferencias co imaxinario sociodiscursivo.\nEn Flicts (Ziraldo, 2012), obra brasileira que narra a historia dun personaxe-cor sen amigos e sen lugar no mundo, hai unha alusión á representación das bandeiras de catro países: Brasil, Xapón, India e o Congo, pois o protagonista “percorre o mundo” procurando por algunha compañía.\nDebaixo das bandeiras da figura 8, os escritos “pelos países mais bonitos” (polos países máis bonitos), “pelas terras mais distantes” (polas terras máis distantes), “pelas terras mais antigas” (polas terras máis antigas) e “pelos países mais jovens” (polos países máis mozos) accionan o imaxinario sociodiscursivo para que se chegue a unha interpretación integral. Faise necesario relacionar a beleza do Brasil coa natureza do país, coa riqueza da fauna e da flora, coas praias paradisíacas etc. Cómpre, tamén, coñecer a posición na que o Xapón se atopa en relación con Brasil para entender axiña que aquel sería o país máis distante no globo. Finalmente, é importante saber que a India é un país “antigo”, coñecido dende a época da expansión marítima, e que o Congo obtivo a súa descoberta e a súa independencia serodiamente, preto da primeira publicación da obra, en 1969.\nNesa obra de 2012, na que cada cor é un personaxe-cor, a significación das tonalidades (linguaxe visual) está bastante presente tamén. O personaxe-cor Flicts está buscando, en cada país, praza, xardín, rúa e esquina, alguén para ser a súa parella, compañeiro, amigo ou irmán. Desta xeito, na figura 9, hai unha construción verbo-visual que presenta as cores vermella, amarela e verde, como un semáforo de tráfico, acompañado das frases “Não” (Non), “Espera” (Espera) e “Vai embora” (Vaite). Neste momento, ao analizar soamente a parcela da imaxe, pódese relacionar co semáforo e, ao analizar as dúas parcelas, percíbese como son complementarias e como activan o imaxinario sociodiscursivo. Compróbase que a luz vermella é a que di “pare” ou “non continúe” –unha negativa–; a luz amarela é a que di “atención, o semáforo quedará vermello” ou “espere” –un aviso–; e a luz verde di “adiante” ou “avance” –que, neste caso, non sería en dirección ao posíbel amigo, pero si advirte a Flicts de que debe seguir o seu propio camiño.\nDurante a lectura de álbums ilustrados, para que se alcance unha ou máis interpretacións –xa que o texto permite iso–, o imaxinario sociodiscursivo é utilizado. Cada lector proxecta as súas vivencias no texto, como dixo Serafini (2010, p. 89): “images and texts mean things because readers bring experiences and understandings of images, language and the world to them when reading”. Ás veces, esas vivencias proxectadas son máis ou menos estábeis e comúns a unha comunidade; noutros casos, hai diverxencias, pois requírense coñecementos sociais, emocións, sentimentos, memorias etc., provocando unha inestabilidade de sentidos.\nPosteriormente, Serafini (2010, p. 98) propón a seguinte explicación sobre como ocorren as percepcións ao enfrontarse a un texto verbo-visual:\nTo understand the images and design elements presented in multimodal texts requires readers to consider aspects of production and reception, in addition to the aspects of the image and text itself. The capacity of images to affect us as viewers is dependent on the larger cultural meanings they evoke and the social, political and cultural contexts in which they are viewed.\nO imaxinario sociodiscursivo conságrase como unha ferramenta produtiva para a interpretación plena dos textos, xunto á descodificación das palabras e das imaxes. Interpretar álbums ilustrados é, nese ámbito, unha tarefa que demanda tres fases: lectura da parte verbal, lectura da parte visual interrelacionada á verbal e a acción do imaxinario sociodiscursivo, non necesariamente nesa orde.\nMeninas, de Ziraldo (2012), é un libro que presenta distintas perspectivas e posibilidades de nenas (como nas ilustracións da portada), destruíndo estereotipos tradicionais e enraizados nas sociedades. Presenta, na primeira páxina, con gran destacado, o texto sobre todo verbal, mais xa posúe trazos propios da imaxe, como cor, fonte e tamaño distintos en “Era uma vez...” (Era unha vez...). Inicialmente, esa expresión está enraizada no imaxinario sociodiscursivo mundial como algo que remite aos inicios dos contos de fadas e de historias con finais felices. Polo tanto, os clásicos que comezan con esa frase son evocados. Deseguido, hai unha explicación de Ziraldo (2016, p. 12): “É assim que começam / as histórias / com final feliz” (É así como comezan as historias con final feliz). Nese momento, o autor completa, amosando que se trata dunha máis desas historias, seguindo o arquetipo predeterminado.\nNa páxina 13 da figura 11, encóntranse neoloxismos, que son palabras inventadas a partir dos recursos dispoñíbeis na lingua (nese caso, o Portugués Brasileiro). En “matemagicamente”, créase un adverbio para caracterizar como o profesor sabe todo. Únense as palabras “matemática” (matemáticas) e “mágica” (máxica) no nivel morfolóxico e, no nivel semántico, reafírmase a idea xa existente no imaxinario sociodiscursivo brasileiro de que as matemáticas son moi difíciles de comprender e, nese caso, só sería posíbel comprendelas da maneira máxica.\nSeguidamente, na páxina 14, a nena é caracterizada como “flor que se cheira”. De acordo co imaxinario sociodiscursivo brasileiro, sábese que iso sería algo positivo. No entanto, úsase, no cotián, a expresión na forma negativa, cando alguén non é boa persoa ou non é de fiar, como “não é flor que se cheira”. Despois, eloxiando a nena, di que ela é a dona da festa. Esa construción tamén é encontrada no imaxinario sociodiscursivo dos lectores do mesmo país como algo positivo.\nMáis adiante, na figura 12, as ilustracións e o lingüístico introducen unha intertextualidade co afamado Alice in Wonderland, de Lewis Carroll. Nun tom de parodia, Ziraldo constrúe un texto co “país do Lugar Nenhum”, “terra do Gato-que-Ri”, “País dos Cavalinhos”, entre outros, como mencións a coellos, gatos e cabalos. Esas expresións están cargadas de sentidos –algunhas máis, outras menos– que estabelecen esa intertextualidade que só se concretiza por medio do imaxinario sociodiscursivo, posibelmente aliado e asociado á parte visual na que consta o gato. Dende esa perspectiva, é unha das obras máis recentes e ricas do autor brasileiro, que estimula procesos a través de inferencias de coñecementos que circulan socialmente e discursivamente. Aínda que os exemplos analizados nese aspecto non sexan dos libros mencionados nas seccións anteriores, conclúese que todas as obras traen imaxinarios intrinsecamente.\nA literatura crossover\nPosibelmente intentando confrontar as tradicionais clasificacións e segmentacións, Sandra Beckett (2009) discorre sobre unha nova posibilidade, ou soamente unha nova clasificación, a partir dos libros que ela analiza, non necesariamente recentes. A autora puntúa que, aínda que no pasado non había especialistas en literatura (nin en literatura infantil), dende que a literatura é literatura sempre existiron producións que abranguen as diversas idades e que transcenden a distinción “crianza / adulto”, que moito se salientou no século pasado. A súa análise non se basea nas ponderacións da Lingüística, pero neste traballo estímase ratificar que a Semiolingüística auxilia no proceso de clasificación e categorización elucidado pola autora canadense.\nÉ posíbel (re)analizar producións pasadas, como moitas do século XX, e verificar que elas dialogan con distintas idades e diversos receptores/lectores. Esa literatura “has recently acquirid a new status, it is not a new phenomenon” (Beckett, 2009, p. 1-2), que se ten destacado no século actual, incluso no mercado editorial. Faltaba, até o momento presente, ese ollar menos segmentado e un nome, “literatura crossover”, cuxa creación é de Beckett (2009), unhas das pioneiras na temática. Parecer ser beneficioso, a priori, o estilo “sen idade”.\n“Cross over”, en realidade, non significa unicamente cruzar, mais tamén atravesar, como algo tan forte que “racha” ou “rompe” o que vén por diante. Non se trata dunha escrita que penetra clasificacións distintas ou que cambia dun público a outro. Emporiso, presenta unha connotación de que esa literatura é tan potente que, por si soa, atravesa as categorizacións, as idades, todo. No entanto, o intento de dirixila a alguén amósanos que ela é maior que unha única posiblidade.\nEsas literaturas non se limitan a soamente un destinatario, cruzan polos distintos tramos de idade, rompen as barreiras impostas polas sociedades (como a presenza da ilustración considerada un trazo menor ou exclusivamente de libros para a nenez). Elas penetran diversos segmentos, prendéndose máis a un ou sen ter un punto fixo, unha base específica. Ese punto ou esa base, moitas veces, son definidos polas editoriais, librerías etc., como se houbese unha xerarquía entre os potenciais destinatarios, que, nese caso, son atravesados pola forza da calidade literaria. Mesmo que o público editorial sexa máis específico e restrito, un libro crossover atravesará as barreiras e atinxirá os demais públicos; con todo, posibelmente a menor escala e, polo tanto, non será tan coñecido e aproveitado.\nÉ posíbel ver, arredor do mundo, distintos xeitos de achegarse á literatura crossover. Hai producións canónicas xa consolidadas no mercado e nas sociedades, como o clásico Le petit prince; hai autores “para nenos” intentando ampliar o seu público de destino; e hai autores “para adultos” tamén intentando comunicarse cos máis novos. Cómpre considerar, no entanto, que algúns autores intentam comunicarse cos dous públicos ao mesmo tempo ou prefiren non crear un destinatario ideal. Porén, non é ese factor o que importa aquí, mais si o suxeito intérprete real do acto de linguaxe. Todos eses camiños son lexítimos.\nNótase tamén que moitos libros son inicialmente dirixidos a un público e, posteriormente, compróbase o seu éxito con outro público ou a vinculación co fenómeno crossover. Sobre iso, destácase que “some books written for children find a cult following among adults. This may happen immediately after the book's publication or it may develop more slowly over several decades” (Beckett, 2009, p. 103); ou sexa, non existe un patrón de tempo para descubrir o cruzamento de idades. Beckett (2009. p. 85) tamén amosa outro aspecto do fenómeno: “adult fiction has always crossed over to children, but until recently there was significantly less traffic in the other direction”. Complementariamente:\nMany critics have pointed out that children's literature has always had to appeal to adults: parents, reviewers, librarians, and educators, in other words, the many mediators who get the books into children's hands. For the most part, children's books are written, illustrated, publishes, and reviewed by adults. Young adult books aside, they are generally bought by adults as well. Most children's book awards are judged by adults and often go to literary children's book that appeal to adults rather than to the books most popular with children. (Beckett, 2009, p. 85)\nAdemais, Beckett (2009) expón a problemática de que, nos certames, os libros infantís que se destacan son xustamente aqueles que máis se comunican co adulto, cuxas temáticas son relevantes para os tramos de idade máis elevados, posibelmente tamén esixindo máis inferencias e coñecementos pertencentes ao imaxinario sociodiscursivo de Charaudeau (2018). Para a autora este sería un aspecto dos crossover, como ocorre no libro ilustrado aparentemente infantil de Cali (2007), vencedor do premio Baobab no Salón de Montreuil en 2005. Outro punto que completa esa análise é que eses libros escollidos, malia ser altamente sofisticados, non son os que máis agradan aos cativos. Iso é prototípico, así como presenta cautelosamente Coelho (2000), e en cada fase hai determinados puntos que cobran máis atención, como comicidade, rimas, musicalidade, cores, ilustracións, xogos de palabras etc. Os libros máis sofisticados e transgresores non presentan exactamente esas características, nin tampouco de maneira exclusiva, xa que é doado que exista un obxectivo máis grande de afondar nos nives do texto e suxerir reflexións. Polo tanto, é difícil rotulalos e poñelos en determinadas clasificacións illadas.\nA respecto das varias terminoloxías, e incluso as fases expostas na sección anterior, Beckett (2009) insinúa que elas foron creadas, tamén, polo mercado editorial, que se lucraría máis coas novas clasificacións e coa ampliación dos públicos. Isto obsérvase, con todo, en diversos libros altamente sofisticados e profundos, con potencial para atinxir a persoas maiores, que continúan co status de libro infantil, incluso en seccións de librerías e bibliotecas e en fichas de catálogo. Isto é exactamente o que vemos coas publicacións de Silverstein (2018a, 2018b) e Cali (2007).\nFinalmente, outro termo suxerido é “literatura transversal”, utilizado informalmente pola profesora Ana Margarida Ramos en entrevistas. Non debe confundirse, cómpre mencionar, literatura transversal con tema transversal. Atópanse investigacións e artigos coa temática transversal, con todo, aquí, priorízase o estilo literario e non a abordaxe temática, porque a análise se basea no todo. Con respecto ao tema transversal, a autora propón:\nNa contemporaneidade tem se diluído cada vez mais as fronteiras entre livros escritos para adultos e para estes públicos. Os temas estão cada vez mais transversais: os livros falam de morte, sexo e violência. Cada vez mais adultos, jovens e crianças compartilham os mesmos livros. (Ramos, 2014, p. 01)\nEn suma, a investigadora, noutra entrevista, aborda especificamente a expresión “literatura transversal”, que, para ela, pode equipararse ao fenómeno da literatura crossover:\nCada vez mais há esta elisão das fronteiras, com aquilo a que chamamos uma literatura ‘cross over2’. Eu utilizo a expressão em inglês porque realmente não existe uma tradução. Talvez seja uma literatura transversal que, ao mesmo tempo, se dirige a públicos muito heterogéneos. (Ramos, 2017, p. 1)\nDe acordo coa proposición de Ramos (2017), optouse por non traducir a expresión crossover. A profesora portuguesa suxire o adxectivo “transversal”, mais aínda non se encontraron publicacións oficiais co novo nome, posibelmente un novo concepto ou unha tradución oficial do concepto de Beckett (2009). Queda clara, de todos xeito, a relación coas ideas de Beckett (2009), unha vez que os públicos heteroxéneos, intencionais ou non, son as características do cruzamento.\nEntón, Ramos (2017) concorda coa noción de que existe unha literatura crossover ou transversal. Parece que ese concepto é unha nova clasificación, que abarca un fenómeno antigo e natural. Esa categorización, no entanto, non debe ser ríxida e pechada; o obxectivo é ampliar o destinatario e o seu recoñecemento. Emporiso, debe haber cautela ao avaliar e nomear, sen impoñer nin limitar. Ao respecto desa problemática, en xeral, Ramos (2014. p. 1) di que\no próprio mercado impõe e realiza essas limitações [de faixa etária e classificação indicativa], e é uma política que varia muito de país para país. Na Espanha essas delimitações estão muito claras, os livros são categorizados por idades e cor. Já em Portugal as classificações são mais abertas e não impostas pelo mercado, e creio que no Brasil é semelhante. Muitas vezes a idade da criança não corresponde à competência de leitura dela, e uma vez que eu limito através da classificação eu coloco um rótulo, uma etiqueta. Creio que a classificação indicativa é muito mais limitadora e redutora que favorável. Para mim, a classificação deveria existir de maneira diferente, separando os tipos de leitores: iniciais, médios e autônomos.\nNon se pode defender un acceso libre a calquera título do mercado, porque hai, efectivamente, contidos e propostas inadecuados para determinados receptores, e tócalle ao adulto responsábel ponderar as posibilidades. Deste xeito, o mercado editorial debe ser cauteloso. A cuestión é que esas clasificacións tórnanse redutoras e limitadoras, como se ao cumprir anos, a crianza perdese o interese polos animais e pasase a interesarse por libros sen imaxe, por exemplo. Trátase dun proceso vivido individualmente; as separacións son meramente orientativas. En suma, Ramos (2014) puntúa a preferencia por tipos de lectores, como tamén fai Coelho (2000), en vez de idades fixas. Neste aspecto, os autores da área seleccionados para este traballo parecen converxer e complementarse, participando da discusión.\nContribuíndo a esas cuestións, Beckett (2009, p. 86) aínda propón que “many of the great classics of children's literature are read by adults, not only in their role as mediators, but also as consumers of literature, reading for their own pleasure. In other words, these ‘children's books’ are crossover fiction”. A literatura ilustrada, como a exposta neste traballo, pode provocar a sensación de pracer e agradar o público máis maduro, mesmo sen a súa función de mediar a lectura da nenez. Ademais, algúns álbums ilustrados son adquiridos non só pola sofisticación, senón tamén polo carácter de xenuinamente artístico do produto, como unha obra de arte rara e obxecto de colección.\nConclusións\nPolo tanto, Beckett (2009) apunta o impacto desa nova clasificación, que está presente nos medios escolar, artístico, editorial, psicolóxico e social. Ao superarse a barreira da idade, por exemplo, as escolas poderían presentar, en bibliotecas e currículos3 educacionais, os libros “para nenos” con forte comunicación con adolescentes e adultos. Ademais, o mercado editorial podería ampliar o seu público, non soamente na ficha de catálogo, pero tamén nas súas publicidades, para que as librerías puidesen elaborar o mellor método de promoción deses libros4. A sociedade, deste xeito, valorizaría máis a literatura crossover, que recentemente xa presenta un forte potencial de crecemento.\nUntil recent years, adult books and children's books had belonged to very different worlds, largely due to the pragmatics of the publishing world. Everything about the books was different: appearance, price, marketing, reviews. Although crossover books are not a new phenomenon, the crossover market as such was virtually non-existent until the late 1990s. (Beckett, 2009, p. 179)\nIsto significa que o mercado editorial cambiou e que, aínda hai pouco tempo, non se recoñecía esa categoría. A distinción entre o que sería para nenos e o que sería para adultos tamén era notorio en varios aspectos, naturalmente, e algúns mantéñense, como o número de páxinas. Así, é nítido, seguindo a Beckett (2009), que exista unha perspectiva ampla de divulgación do fenómeno crossover, incluso en autores afamados internacionalmente entre as novelas adultas, que intentan migrar para a literatura infantil ou para a crossover.\nFinalmente, resulta que a Teoría Semiolingüística, sobre todo os conceptos de “ti-destinatario”, “ti-intérprete” e “imaxinario sociodiscursivo”, se relaciona co fenómeno crossover ou sen idade, contribuíndo para o recoñecemento de Fico à espera... (Cali, 2007); A parte que falta (Silverstein, 2018a); e A parte que falta encontra o grande O (Silverstein, 2018b), como exemplos da vasta gama de libros que rompen coas clasificacións. Ademais, hai libros que, de xeito non tan potente como eses, tamén agradan outras idades, alén das prioritarias, pertinentes para todas elas, coma a obra brasileira de Ziraldo.\nIncluso cómpre ponderar que, nunha actividade de roda de lectura con estudantes de 10 a 15 anos dunha escola pública do Río de Xaneiro, após leren Flicts (Ziraldo, 2012), os mozos pediron o libro prestado á bibliotecaria. Sorprendida, a muller informounos de que a obra non era para a súa idade e suxeriullles outros exemplares. Moi decididos, os rapaces e as rapazas informárona de que non só era do seu tramo de idade, senón de calquera tramo. Incluso estes adolescentes estaban organizando unha roda de lectura cos anciáns do barrio, pois identificaban que sería unha lectura produtiva para eles e que talvez esas persoas máis maiores se estivesen sentindo marxinalizadas da convivencia social, así como personaxe-cor, sen lugar no mundo ou amizades."} {"summary": "Debido á importante contracción da actividade económica e do emprego en todo o mundo provocada pola Covid-19, resulta especialmente pertinente seguir avanzando no estudo do efecto que ten a implantación de prácticas socialmente responsables sobre a rendibilidade. Así pois, nesta investigación empírica, realizada cunha mostra de 6.186 empresas, preténdese profundar na relación existente entre o esforzo que realiza o tecido empresarial español dentro do sector manufactureiro en políticas de responsabilidade social e os resultados que obteñen nos seus indicadores financeiros. Para iso centrámonos nas relacións que mantén a empresa cos seus stakeholders externos, cos recursos humanos e coas políticas relativas á xestión da calidade, e analizamos como contribúen a mellorar a rendibilidade económica da empresa (ROA), utilizando un panel de datos. Os resultados mostran que a implementación de políticas de colaboración para aumentar e mellorar as relacións con provedores, competidores e institucións ten un efecto positivo significativo no aumento do ROA. Con todo, a colaboración cos clientes tivo un impacto negativo no ROA. Ademais, a aplicación de prácticas de recursos humanos tendentes a mellorar as relacións cos empregados e a implementación de políticas de calidade tamén teñen un impacto positivo e relevante no ROA.", "text": "Efectos do comportamento responsable nas relacións con terceiros sobre o ROA en tempos de crise económica\nIntrodución\nDesde hai varios anos, existe unha preocupación xeneralizada entre a cidadanía sobre a relación das empresas coa sociedade, así como sobre o impacto que as súas actividades comerciais provocan no medio ambiente e mais na comunidade. En liña con tal preocupación, no contexto académico o interese pola responsabilidade social empresarial (RSE) alimentou un crecente corpo de investigación e publicacións sobre o tema, e os diferentes aspectos relacionados coa RSE foron analizados desde diversas perspectivas (Garriga e Melé, 2004; Le, 2008). Efectivamente, algúns autores analizaron a RSE como unha cuestión ética, outros traballos centráronse nas relacións cos stakeholders ou partes interesadas, mentres outros o expuxeron desde a perspectiva social (Esteban e Benito, 2015).\nDesde o punto de vista da propiedade empresarial, moitos autores sosteñen que as políticas de responsabilidade social poden mellorar a competitividade dunha empresa, o que conducirá a un mellor rendemento económico e financeiro e á creación de valor. Con todo, e a pesar da abundancia de traballos arredor da cuestión, na literatura non existe un claro consenso sobre a relación entre a RSE e o resultado empresarial, polo que, ao longo dos anos, numerosos autores puxeron de manifesto que se trata dunha cuestión que aínda non está resolta (Karyawati et al., 2018; Escamilla et al., 2019).\nCon todo, se a relación entre a RSE e os resultados da empresa non está clara, a análise da devandita relación resulta aínda menos concluínte en épocas de crise, debido a que, en períodos de recesión económica, as empresas se volven máis remisas a levar a cabo actividades de responsabilidade social (Chivite et al., 2014; Hernández e Sánchez, 2016). Por este motivo, cando asistimos a unha importante caída da economía en todo o mundo provocada pola Covid-19, parécenos especialmente pertinente profundar no efecto que ten a implantación de políticas de RSE sobre a rendibilidade da empresa. Mentres aínda non nos é posible coñecer como van reaccionar as empresas ante o novo panorama socioeconómico ocasionado pola pandemia, si dispomos de datos da crise financeira vivida en 2008, que nos permiten analizar empiricamente a natureza da devandita relación. Así pois, no presente traballo abórdase esta liña de investigación, e pretende responder a seguinte cuestión: poden as empresas mellorar a súa rendibilidade económica durante un período de crise mediante o desenvolvemento de políticas de responsabilidade social?\nPara responder esta pregunta de investigación, este traballo céntrase, en particular, nas relacións que mantén a empresa con terceiros, xa sexa nas súas interactuacións con axentes que non forman parte da propia organización, como no seu compromiso cos traballadores. Por tanto, expóñense tres obxectivos: (1) analizar se existe unha relación significativa entre a rendibilidade da empresa e as súas relacións cos stakeholders externos; (2) analizar se existe unha relación significativa entre a rendibilidade da empresa e as súas relacións cos recursos humanos; e (3) analizar se existe unha relación significativa entre a rendibilidade da empresa e as políticas responsables relacionadas coa xestión da calidade.\nPara conseguir os obxectivos expostos, o resto do artigo organízase da seguinte maneira: no seguinte epígrafe, realízase unha revisión da literatura e a formulación das hipóteses. Na sección \"Análise de datos e metodoloxía\" descríbese a recolección da mostra, a construción das variables e a metodoloxía de análise do traballo empírico. Utilizouse modelo de regresión econométrico de efectos fixos sobre un panel de datos que abarcan 5 anos, desde 2010 ata 2014, coa participación de 6.186 empresas e abranguendo o período de crise económica. A continuación, preséntase a discusión dos resultados obtidos; e, finalmente, no último apartado ofrécense as principais conclusións, así como as implicacións da evidencia atopada e as limitacións do traballo.\n2. Revisión da literatura e formulación das hipóteses\n2.1 Dimensións da RSE\nA Comisión das Comunidades Europeas, no Libro Verde «Fomentar un marco europeo para a responsabilidade social das empresas» (Comisión Europea, 2001), define a RSE como un concepto mediante o cal as empresas integran as preocupacións sociais e ambientais nas súas operacións comerciais e na súa interacción de forma voluntaria coas partes interesadas. Así mesmo, no citado Libro, proponse distinguir entre unha dimensión interna e outra externa da RSE. A primeira refírese, sobre todo, a cuestións relacionadas co benestar dos traballadores. En particular, destaca aspectos como as políticas de capacitación, saúde e hixiene no traballo, o benestar xeral dos traballadores e a calidade dos produtos e servizos ofrecidos pola empresa. De feito, no propio Libro Verde sinálase que as prácticas responsables da empresa afectan, en primeiro lugar, aos traballadores. En canto á dimensión externa da responsabilidade social, inclúese unha ampla gama de prácticas centradas en terceiros alleos á propia organización. Polo tanto, refírese aos vínculos da empresa coa súa contorna local (xa sexa a nivel rexional, nacional ou internacional), no sentido de que as empresas contribúen ao desenvolvemento das comunidades nas que están situadas, pois interactúan con outras institucións e cos axentes en xeral que conforman a dita comunidade. Neste sentido, o presente traballo pretende estudar tanto a dimensión interna da RSE como a dimensión externa no relativo ás relacións de cooperación con diferentes axentes.\nEn particular, para aproximarnos á cuestión, a nosa investigación baséase no modelo proposto por Vilanova et al. (2009), quen definen cinco dimensións da RSE: 1) Visión, bo goberno corporativo, códigos éticos, valores e reputación. 2) Relacións coa comunidade, incluídas colaboracións con diferentes partes interesadas externas, tales como provedores, clientes, competidores, socios comerciais, institucións, etc. 3) Lugar de traballo, onde se consideran as relacións da empresa cos empregados, incluídas as prácticas laborais e cuestións de dereitos humanos. 4) Comunicación das políticas de RSE, rendición de contas e transparencia. 5) Actividade comercial central, aspecto referido á responsabilidade na xestión da calidade do proceso, a responsabilidade na xestión da calidade do produto, as actividades do mercado, etc. Ademais, estes autores no seu traballo tamén analizan a natureza da relación positiva entre RSE e competitividade. Para iso, definen as seguintes cinco dimensións de competitividade: 1) Desempeño, incluíndo medidas financeiras estándar, tales como beneficio, crecemento ou rendibilidade. 2) Calidade, incluída a calidade dos produtos e servizos, e a capacidade de satisfacer as expectativas do cliente. 3) Produtividade, en referencia a unha maior produción e a un menor uso de recursos. 4) Innovación, incluídos produtos, servizos e procesos de xestión. 5) Imaxe, en termos de xerar confianza e reputación na relación cos grupos de interese.\nPosteriormente, outros autores como Stuebs e Sun (2010), Esteban e Benito (2015), Sun e Yu (2015) e López-Cózar et al. (2017), baseándose ​​no modelo proposto por Vilanova et al. (2009), estudaron a relación entre RSE, competitividade e produtividade. Stuebs e Sun (2010) vincularon a reputación empresarial coa produtividade laboral como unha dimensión da competitividade, e atoparon un vínculo positivo entre a reputación da empresa e a eficiencia e a produtividade laboral. Sun e Yu (2015) centráronse no impacto da RSE no rendemento e no custo dos empregados. Esteban e Benito (2015) definen dez dimensións de RSE: (1) dimensión ética; (2) relación coa comunidade; (3) relación cos empregados; (4) o medio ambiente; (5) comunicación de políticas de RSE; (6) bo goberno corporativo, propiedade e xestión; (7) responsabilidade na calidade do proceso; (8) responsabilidade na calidade do produto; (9) actividades de mercado; e (10) responsabilidade e transparencia; agrupándoas en dúas categorías: orientación interna e externa. Estes autores destacaron como as dimensións internas da RSE, como as relacionadas co control de calidade dos procesos operativos dunha empresa e a súa promoción da innovación e a atención dos empregados, poden mellorar o desempeño laboral. Pola súa banda, López-Cózar et al. (2017) estudan a relación entre diversas dimensións da RSE e o tamaño empresarial, analizando as diferenzas desta relación entre empresas familiares e non familiares.\nEspecificamente, no presente traballo centrámonos nas dimensións 2, 3 e 5 do modelo de Vilanova et al. (2009), que á súa vez coinciden coas dimensións 2, 3 e 7 do modelo de Esteban e Benito (2015), isto é, a análise da relación cos stakeholders externos, a relación cos empregados e a responsabilidade na xestión da calidade de procesos e de produtos. A análise de tales dimensións foi elixida neste documento por tres razóns: primeiro, porque son aquelas que contribúen e participan directamente na actividade principal e diaria da empresa; en segundo lugar, debido a que a empresa leva a cabo estas políticas de maneira voluntaria, pois van máis aló do cumprimento da lexislación vixente e doutras políticas necesarias para a súa propia supervivencia; finalmente, porque consideramos que en tempos de crise é, precisamente, cando as empresas deben ter un comportamento responsable en especial nas súas relacións con terceiros, tanto pertencentes á empresa ‒traballadores‒ como aqueles que non forman parte da súa organización, é dicir, con todos aqueles cos que interactúa como consecuencia da súa actividade comercial.\nO obxectivo do presente traballo é vincular estas tres dimensións da RSE coa primeira das dimensións de competitividade suxeridas por Vilanova et al. (2009), isto é, o desempeño da empresa. No noso caso en concreto, vaise a utilizar como medida de tal desempeño a rendibilidade económica.\n2.2 RSE e rendibilidade económica\nComo se comentou, a pesar da proliferación de estudos, non existe un consenso claro sobre a relación entre a RSE e o resultado da empresa. Tanto as primeiras investigacións realizadas como as máis recentes deron resultados contraditorios: diversos autores atoparon unha relación positiva (Bragdon e Marlin, 1972; Moskowitz, 1972; Cochran e Wood, 1984; McGuire et al., 1988; Waddock e Graves, 1998; Berman et al., 1999; Schnietz e Epstein, 2005; García et al., 2010; Shan e Chen, 2017; Busch e Friede, 2018; Hategan et al., 2018; Kim et al., 2018; Lian et al., 2019; Sang Jun et al. 2019; Vilar Fernández et al., 2019; Zuhura e Fatma, 2019; Albuquerque et al., 2020; Magrizos et al., 2021); outros, negativa (Vance, 1975; Patten, 2002); e outros atoparon que non existe relación, ou é neutral (Alexander e Buchholz, 1978; Aupperle et al., 1985; Patten, 1991; McWilliams e Siegel, 2000; Gil Estallo et al., 2009; Nelling e Webb, 2009; Madorran e García, 2016; Lee et al., 2018; Bae et al., 2021).\nNeste sentido, nos últimos anos do século XX algúns autores centráronse precisamente en estudar os traballos previos sobre a cuestión, como os de Brooks e Oikonomou (2018). Pava e Krausz (1996) revisaron 21 traballos empíricos nos que se estudaba a relación entre RSE e o resultado financeiro da empresa (medido a través de diferentes variables), dos cales 12 atoparon unha relación positiva, 1 negativa e 8 non reportaron unha relación significativa. Pola súa banda, Griffin e Mahon (1997) atoparon 33 artigos que mostraban unha relación positiva, 20 que suxerían unha relación negativa e 9 que atoparon resultados non concluíntes. Igualmente, Roman et al. (1999) revisaron 52 artigos e atoparon que en 33 deles se obtiña unha relación positiva, en 14 non se atopou relación e 5 mostraban unha relación negativa. Alshehhi et al. (2018), centrándose en particular na relación entre o comportamento sustentable e os resultados financeiros, revisaron 132 artigos, atopando unha relación positiva en 103 deles. Nguyen e Nguyen (2020) levan a cabo unha revisión de 86 traballos realizados entre 2015 e 2020, e conclúen que os resultados seguen sendo inconsistentes e poñen de manifesto, así mesmo, que a maioría da investigación empírica realizada se refire a países desenvolvidos. Outro estudo, o de Busch e Friede (2018), analiza unha mostra de datos que combina 25 metaanálises anteriores que producen un tamaño de mostra dun millón de observacións, demostrando unha relación bilateral altamente significativa entre os resultados sociais e financeiros das empresas participantes.\nCentrándonos en particular na rendibilidade económica de empresas (ROA), na Táboa 1 recóllense os principais traballos realizados sobre a relación entre esta e a RSE, mostrando o tamaño da mostra e o período de análise.\n2.3 Relacións responsables cos stakeholders externos\nUnha boa relación coa comunidade e outras partes interesadas externas pode converterse nunha vantaxe competitiva, ao mellorar a reputación e a imaxe da empresa (Porter e Kramer, 2006). Estas relacións cos stakeholders externos axudan a xerar confianza e a incrementar o compromiso e a lealdade dos consumidores, provedores e socios comerciais, así como dos propios directivos e traballadores da empresa. O desenvolvemento de redes de cooperación facilita o intercambio de recursos e capacidades entre os seus membros, permitíndolles superar os obstáculos creados pola falta de coñecemento e experiencia, e animándoos a asumir unha serie de riscos ou a implantar certas prácticas que doutra maneira non considerarían (Benito et al., 2016).\nWaddock e Graves (1998) suxeriron que unha boa relación coa comunidade pode axudar a unha empresa a obter unha vantaxe competitiva a través de vantaxes fiscais, unha diminución da carga reguladora e unha mellora na calidade da man de obra local. Berman et al. (1999) non atoparon efectos directos entre as relacións cos stakeholders e os obxectivos financeiros da empresa; mentres que, pola contra, Hillman e Keim (2001) e Barnett e Salomon (2006) atoparon que aquelas empresas que fomentan relacións positivas si son recompensadas con mellores resultados. Así, Hillman e Keim (2001) afirman que, ao desenvolver relacións a longo prazo cos provedores e cos clientes ‒chamadas relacións verticais‒, as empresas melloran os intercambios de valor con estes grupos. Da mesma forma ocorre coa relación cos competidores, ou tamén chamadas relacións horizontais.\nEn concreto, as relacións verticais entre empresas poden definirse como unha rede de construcións ou procesos comportamentais en interacción que teñen lugar entre os membros dunha mesma cadea de subministración con obxecto de cumprir as súas funcións dentro da canle e alcanzar, así, os seus obxectivos (Sánchez, 1997). Por outra banda, as relacións horizontais son as construcións que se saen da cadea de subministración da empresa para relacionarse con outras empresas que forman outras cadeas, normalmente competidoras. O concepto de relacións verticais/horizontais entre empresas é bastante amplo e abarca tópicos como a xestión da cadea de subministración, relacións nas canles de comercialización, mercadotecnia de relacións, relacións entre vendedor e comprador ou a integración loxística (Vallet et al.,2007).\nCon todo, a empresa debe ser consciente de que estas interaccións implican compromiso, unha actuación leal, tratos xustos e equitativos, e un comportamento honesto por ambas as partes. Isto incrementa o valor das relacións, polo que a empresa pode obter mellores resultados. Así pois, este traballo pretende contrastar a relación entre a rendibilidade económica e as relacións entre a empresa e as partes interesadas externas (provedores, clientes, competidores e institucións). Nesta liña de razoamento, propuxemos as seguintes hipóteses:\nH1: Existe unha relación positiva entre a rendibilidade económica e as relacións cos stakeholders externos.\nH1a: Existe unha relación positiva entre a rendibilidade económica e as relacións verticais.\nH1b: Existe unha relación positiva entre a rendibilidade económica e as relacións horizontais.\nH1c: Existe unha relación positiva entre a rendibilidade económica e as relacións institucionais.\n2.4 Relacións responsables cos traballadores\nAs políticas e prácticas de recursos humanos reflicten a preocupación da empresa para abordar os intereses dos seus empregados e a súa intención de satisfacer as súas necesidades (Mishra e Suar, 2010). Aquelas empresas recoñecidas por ter unha boa relación cos traballadores poden atraer e reter as persoas máis cualificadas (Waddock e Graves, 1998; Albinger e Freeman, 2000; Greening e Turban, 2000). Considérase que as organizacións que deciden promover relacións a longo prazo cos seus empregados e, en consecuencia, logran reducir a rotación do persoal son máis propensas a establecer programas de capacitación. Isto, á súa vez, ten efectos positivos na súa eficiencia operativa (Branco e Rodríguez, 2006) e podería ter un impacto na mellora dos resultados económicos (Youndt et al., 1996; Berman et al., 1999). Así mesmo, os líderes éticos, ademais de preocuparse por esta cuestión, tratan de mellorar o desempeño ambiental e social. Mediante o desenvolvemento e mellora das actuacións asociadas a eses ámbitos, e baixo o conxunto de valores e comportamentos morais, estes líderes son capaces de influír positivamente sobre a percepción das políticas e programas de RSE desde a óptica dos empregados (Vitell et al, 2003; Castro González e Bande, 2019).\nCon todo, a relación destas vantaxes cos custos laborais non sempre está clara. Algúns autores sinalan que as empresas que queiran levar a cabo políticas de RSE e conseguir mellorar a súa reputación corporativa poden decidir pagarlles salarios máis altos aos empregados para manter a súa satisfacción, o que implica un incremento dos custos (Stuebs e Sun, 2010). Outros estudos mostran que, mesmo aínda que implique maiores custos, un comportamento responsable nas relacións cos empregados pode dar como resultado ganancias en produtividade (Moskowitz, 1972; Waddock e Graves, 1998). Doutra banda, tamén hai autores que consideran que certos empregados están dispostos, mesmo, a percibir salarios máis baixos por traballar nunha empresa con boas políticas de RSE e alta reputación, o que significaría menores custos (Podolny, 1993; Roberts e Dowling, 2002). Aínda que Podolny (1993) indica que aquelas empresas con mellor reputación estarán dispostas a ofrecer mellores condicións laborais que as de menor reputación, precisamente porque desexan ter os mellores traballadores. Sun e Yu (2015) atoparon relacións significativas e positivas entre RSE e o desempeño dos empregados, así como entre RSE e o custo dos empregados. Por iso, estes autores concluíron que os empregados das empresas socialmente responsables están máis motivados e son máis produtivos; pero, ao mesmo tempo, estas empresas, de media, ofrecénlles aos seus empregados salarios máis altos. Pola súa banda, Feng et al. (2017) suxeriron que os grandes investimentos en políticas de recursos humanos poden incluso ter un impacto negativo no desempeño financeiro da empresa cando os custos incorridos exceden os beneficios recibidos, e sinalaron que o devandito efecto varía segundo os sectores industriais. Grubor et al. (2020) atoparon unha relación positiva entre as dimensións de RSE ligadas aos traballadores e a rendibilidade económica da empresa. Finalmente, Meier et al. (2021) atopan que a relación entre a xestión responsable dos recursos humanos e o desempeño financeiro da empresa non é lineal, senón en forma de U invertida.\nDada esta discrepancia na literatura previa, e para afondar na análise da relación entre a rendibilidade e as relacións da empresa cos empregados, proponse un segundo conxunto de hipóteses:\nH2: Existe unha relación significativa e positiva entre a rendibilidade económica e as relacións cos empregados.\nH2a: Existe unha relación positiva e significativa entre a rendibilidade económica e os custos de capacitación do persoal.\nH2b: Existe unha relación significativa e positiva entre a rendibilidade económica e a estabilidade laboral.\n2.5 Prácticas responsables de xestión da calidade\nOs defensores da RSE tenden a argumentar que a implantación de políticas socialmente responsables leva a unha diminución dos custos. Pola contra, os críticos argumentan que a RSE é custosa e que os beneficios a miúdo son visibles só no longo prazo (Comisión Europea, 2008). Efectivamente, na literatura pódense atopar exemplos de melloras na estrutura de custos debido ás medidas de RSE (Woodward et al., 2001). Con todo, tamén se atopa evidencia de como a relación custo-beneficio das medidas de RSE pode ser negativa en certas circunstancias. Welford (2003) argumenta que só unhas poucas medidas de RSE poderían reducir os custos, e que esta redución pode estar relacionada cunha maior eficiencia nos procesos operativos e nos controis de calidade. Algúns autores sosteñen que a RSE pode ser unha ruta cara á innovación, grazas ao uso de impulsores como desafíos sociais, de calidade ou ambientais, para crear formas novas e máis eficientes de traballo, procesos ou produtos (Grayson e Hodges, 2004). Investigacións como a levada a cabo por Boring (2019) mostran que a probabilidade prognosticada de adoptar o obxectivo de reducir os impactos ambientais ten un efecto negativo significativo no nivel de produtividade entre as grandes empresas, mentres que este efecto non é significativo entre as pequenas.\nWaddock e Graves (1998), pola súa banda, sinalan a importancia das percepcións positivas dos clientes sobre a calidade do produto, e Berman et al. (1999) descubriron que o compromiso continuo coa xestión da calidade e coa seguridade do produto pode axudar a mellorar o desempeño financeiro da empresa. Na mesma liña, Feng et al. (2017) mostran que as empresas do sector industrial poden beneficiarse de certas actividades de RSE, como o control de calidade, un aspecto importante que lles permite ás empresas diferenciarse da competencia. Seguindo este argumento, propomos a seguinte hipótese:\nH3: Existe unha relación positiva e significativa entre a rendibilidade económica e a existencia de controis de calidade nos procesos.\n3. Metodoloxía\n3.1. Mostra\nAínda que, como se sinalou, hai numerosos estudos sobre a RSE e os resultados empresariais, a maioría deles refírense a compañías de gran tamaño (Cochran e Wood, 1984; Schreck, 2011; Hategan et al., 2018; Kim et al., 2018; Sang Jun et al., 2019; Zuhura e Fatma, 2019). Existen tamén algúns traballos centrados en pequenas e medianas empresas (pemes) (Turyakira et al., 2014) ou exclusivamente en micro ou pequenas empresas (Esteban e Benito, 2015). No noso caso, utilizamos unha mostra ampla, que inclúe empresas de todos os tamaños e formas sociais, para comprender mellor e ampliar o coñecemento sobre este tema, pois, como se sinala no Libro Verde da Comisión das Comunidades Europeas, aínda que se trata dun concepto que se aplica principalmente nas grandes corporacións, existen prácticas socialmente responsables en calquera tipo de empresas tanto públicas como privadas, incluídas as pemes e as cooperativas (Comisión Europea, 2001). Ademais, a presente investigación céntrase no período de tempo que vai desde 2010 a 2014 para poder captar o impacto do ciclo económico depresivo na rendibilidade das empresas. Este estudo realizouse cos datos da Enquisa sobre Estratexias Empresariais (EEE). A EEE recompila datos anuais e é enviada a un panel de empresas manufactureiras españolas sobre diversos aspectos relacionados co seu comportamento estratéxico e coa toma de decisións. Tamén inclúe información sobre os seus resultados e contas contables. A mostra é representativa do sector manufactureiro español. Unha das principais características é que as empresas que participan no cuestionario se seleccionan de acordo cun método de mostraxe selectiva. Aínda que esta fonte de información contén datos desde 1990, este traballo céntrase nos anos 2010-2014. A Táboa 2 mostra os datos técnicos do estudo.\n3.2. Variables e medidas\n3.2.1 Variable dependente\nA variable dependente analizada neste traballo é a rendibilidade dos activos da empresa. Para medir a rendibilidade, eliximos como indicador financeiro o ROA, isto é, a relación entre o EBIT (ganancias antes de xuros e impostos) e os activos netos da empresa medidos polo valor en libros. Esta variable foi utilizada previamente en investigacións similares, tanto como única medida do desempeño (Berman et al., 1999; Miller et al., 2018) como xunto con outras medidas tales como o retorno sobre o capital, ROE (beneficio despois de xuros e impostos dividido polos recursos propios), (Waddock e Graves, 1998; Madorran e García, 2016) e a Q de Tobin (valor de mercado dunha empresa dividido polo valor en libros) (Guest, 2009; García et al., 2010; Feng et al., 2017; Sang Jun et al., 2019).\nO problema nas empresas privadas é a inexistencia de valor de mercado, o que imposibilita o uso da Q de Tobin e limita o uso de ROE para o valor contable unicamente. Neste contexto, o ROA parece ser a medida máis adecuada do desempeño da xestión empresarial porque determina se a empresa é capaz de xerar un rendemento adecuado sobre os activos que apoiaron a actividade, independentemente de como estea financiada, polo que pode estar amplamente correlacionado cos indicadores de RSE, mentres que autores previos non ven unha relación directa entre a RSE e o ROE (Sadeghi et al., 2016; Waddock e Graves, 1998). Iso pode deberse a que de momento a sustentabilidade non se considera un factor para analizar a conveniencia do financiamento concedido polo sector financeiro tradicional (Bocken et al., 2014; Lam e Law, 2016). Ademais do anterior, o ROE tamén pode ser o resultado de estratexias financeiras artificiais non correlacionadas coas estratexias de investimento (Hagel et al., 2010) e tampouco con políticas de sustentabilidade.\n3.2.2 Variables independentes\nO presente traballo pretende examinar as actuacións de RSE levadas a cabo polas empresas en diferentes áreas. Neste sentido, seguindo as dimensións mencionadas nos modelos teóricos utilizados como soporte para esta investigación (Vilanova et al., 2009; Esteban e Benito, 2015), e adaptándoas ao noso propio modelo, defínense as seguintes variables independentes, que aparecen resumidas na Táboa 3. As variables foron directamente adquiridas da EEE, como se comentou con anterioridade. De feito, na propia enquisa facilítanse directamente os datos que responden as preguntas sobre se a empresa coopera ou non con provedores, clientes, competidores e institucións.\n3.2.3 Variables de control\nNo presente traballo considéranse as seguintes variables de control: o número de empregados (NE), os gastos en persoal (GPER), ano (ANO) e industria (INDUS). O número de empregados utilízase habitualmente como variable de control, sobre todo en modelos que inclúen variables dependentes de natureza financeira, tal e como se pode ver en Ali et al. (2019). Os grandes investimentos en políticas de recursos humanos poden mesmo ter un impacto negativo no desempeño financeiro da empresa cando os custos incorridos exceden os beneficios recibidos, o que varía segundo os sectores industriais (Feng et al., 2017), polo que ademais tamén se inclúe como variable de control a tipoloxía de industria (INDUS), para logo poder acoutar o impacto doutras variables como os gastos de formación. Anticípase unha relación positiva e significativa, xa que se espera que a maior NE a rendibilidade sexa maior. ANO é unha variable dummy; considérase desde 2010 ata 2014 para captar o impacto do ciclo económico na rendibilidade das empresas. Finalmente, INDUS é tamén unha variable dummy que inclúe 20 categorías baseadas nos Códigos CNAE.\n3.2.4 O modelo econométrico\nEstimamos o modelo de efectos fixos aplicado ao panel de datos. Este procedemento supera a carga de dous supostos básicos da regresión OLS: a autocorrelación entre as observacións repetidas ao longo dos anos para cada individuo, e o problema de heterocedasticidade, unha consecuencia das variables omitidas (Wooldridge, 2010). Utilizamos unha proba en Stata, o multiplicador lagrangiano de Breuch-Pagan, para garantir a conveniencia dos efectos aleatorios sobre os datos do grupo (Granados, 2011), e tamén a proba de Hausman (Hausman, 1978) para confirmar a necesidade de efectos fixos.\nNa práctica, incluímos efectos fixos aplicando a regresión OLS, controlada por cada empresa (IDE). Esta metodoloxía permítenos verificar o comportamento da variable INDUS, invariante no tempo, que controla as características estruturais. Tamén controlamos o comportamento cíclico mediante a incorporación de variables ficticias anuais. Para resolver outros problemas derivados da heterocedasticidade, a varianza asintótica dos erros estimouse consistentemente cos chamados erros estándar robustos (White, 1980).\n4. Resultados\nOs resultados dos estatísticos descritivos e a matriz de correlación móstranse nas Táboas 4-6, mentres que a Táboa 7 mostra os resultados do modelo proposto.\nCon respecto aos estatísticos descritivos (Táboas 4-6), o valor medio do ROA é de 8,49%; así e todo, inclúe unha ampla gama de valores: desde o extremo negativo, -22,19%, ata 38,37%, como límite positivo. Con respecto ás variables independentes, na Táboa 5 pódese observar que só o 16,96% das empresas da mostra implementaran estratexias de cooperación cos clientes (C_CLI). Esta porcentaxe aumenta a 47,56%, cando a cooperación é con provedores (C_PROV), e diminúe a 2,75% no caso da cooperación cos competidores (C_COMP). Finalmente, só o 25% das empresas iniciaran a cooperación con institucións (C_INST). En liña con outros estudos previos (Rama e Fernández Xastre, 2010), a porcentaxe de empresas que cooperan segundo a súa actividade económica atópase entre o 6 e o 13%. Os sectores nos que as empresas españolas teñen unha maior tendencia a cooperar son as industrias manufactureiras, que son intensivas en capital, así como os servizos intensivos en información. É posible que, naqueles sectores onde a información e a innovación tecnolóxica son máis complexas e incertas, a empresa necesite recorrer a fontes altamente especializadas, como consultores privados, universidades ou provedores, que poidan proporcionarlle o coñecemento científico e técnico que é esencial para ser competitiva e evitar os riscos involucrados no cambio técnico.\nAnalizando as relacións cos empregados, un 15,37% das empresas presentan cambios significativos no seu persoal fixo (ANTG), mentres que o 84,63% non. O gasto en formación (FORM) para os empregados foi de 38.149 € por empresa (Táboa 4). Consideramos que as empresas que non investiron na formación de empregados (límite mínimo = 0) representan 2.637 de 6.186, un total de 42,63%, alcanzando esta variable un valor máximo de 9.547.000 €.\nFinalmente, temos que considerar, segundo se pode ver na Táboa 5, que o 37,76% das empresas realizaron traballos relacionados co control de calidade e estandarización (CAL). Esta porcentaxe é similar ao calculado para o número de empresas con certificacións de calidade na poboación empresarial europea. Houbo un total de 389.485, que representan o 36.8% do total. Isto calculouse utilizando o Panel de datos para a innovación tecnolóxica (PITEC) (Carmona et al., 2016).\nCon respecto ás variables de control (Táboa 4), o número medio de empregados (NE) por empresa é 200,5, o que representa un rango considerable, desde pequenas empresas cun empregado ata grandes compañías que chegan a 13.091 empregados. En consecuencia, o gasto de persoal (GPER) tamén ten unha ampla gama de valores, desde 18.709 € ata 705.000.000 €.\nO uso da rendibilidade, o tamaño e as diferentes características das empresas na mesma ecuación tamén require o control das correlacións entre elas e a proba de colinearidade. Na Táboa 6 verificamos a ausencia deste problema (as variables independentes teñen un R2 <0,60, o que implica un FIV medio individual <2,5 e un índice de tolerancia superior a 0,40). Con todo, tamén podemos apreciar relacións significativas e positivas, baseadas na correlación de Pearson, entre gastos de persoal (GPER) e gastos en formación para empregados (FORM); así como entre o número de empregados (NE) e FORM, e no coeficiente resultante de NE con GPER. Pola súa banda, dado que a cooperación cos competidores (C_COMP) depende do sector económico (INDUS), observamos tamén unha relación significativa entre eles. Con todo, a pesar destas relacións lóxicas, de acordo co marco teórico anterior cada unha destas variables tamén inclúe explicacións individuais e diferenciais sobre o ROA que permiten mellorar e completar o modelo proposto.\nCon respecto á variable de control ANO, podemos observar que os anos 2011, 2012 e 2013 implicaron un impacto negativo na rendibilidade económica (ROA) das empresas españolas, de acordo coa crise financeira que comezou no ano 2008, mentres que 2014 non se viu significativamente afectado. Ademais, cando probamos a importancia conxunta de cada conxunto de dummies INDUS usando unha proba paramétrica, atopamos que son significativos para explicar o ROA. Con todo, o tamaño da empresa, representado polo número de empregados (NE), ademais de polos gastos en persoal (GPER), non presentou ningún efecto no ROA. Con respecto a R2 (0.61) do modelo, está en liña cos resultados obtidos noutros traballos como Barnett e Salomon (2012) e Rodrigo et al. (2016).\nFinalmente, como se comentou con anterioridade, a Táboa 7 mostra os resultados obtidos do modelo proposto. Pódese observar que, en xeral, a implementación de políticas de colaboración ou o aumento das relacións cos stakeholders externos tiveron un efecto positivo e significativo no aumento do ROA, por exemplo, as alianzas con competidores (C_COMP), con institucións (C_INST) e con provedores (C_PROV); mentres que unicamente a cooperación cos clientes (C_CLI) tivo un impacto negativo. Doutra banda, as políticas para mellorar as relacións cos empregados, formación (FORM) e antigüidade (ANTG) tamén presentan melloras no ROA empresarial; e finalmente, tamén o fai, de maneira moi significativa, a implementación de políticas de calidade (CAL). Estes resultados son discutidos e analizados con maior profundidade e detalle no seguinte apartado.\n5. Discusión\nSeguindo os modelos teóricos de Vilanova et al. (2009) e Esteban e Benito (2015), o presente traballo centrouse na análise de tres dimensións da RSE ‒a relación cos stakeholders externos, a relación cos empregados e a responsabilidade na xestión da calidade de procesos e de produtos‒ e o desempeño financeiro da empresa. Os resultados mostran que, en xeral e seguindo a liña de traballos máis recentes como os de ShaneChen, (2017); Busch e Friede, (2018); Hategan et al., (2018); Kim et al., (2018); Lian et al., (2019); Sang Jun et al. (2019); Zuhura e Fatma, (2019); Albuquerque et al., (2020) e Magrizos et al., (2021), a implementación de políticas de colaboración ou o aumento das relacións cos stakeholders externos, como as alianzas con competidores (C_COMP), con institucións (C_INST) e con provedores (C_PROV), tiveron un efecto positivo significativo no aumento do ROA.\nCon todo, xurdiu un efecto contrario ao que esperabamos no caso da cooperación cos clientes (C_CLI), xa que este tivo un impacto negativo no ROA. Isto quizais se deba a que estes acordos se basean en descontos comerciais para evitar unha diminución prolongada das vendas como consecuencia dun ciclo económico deprimido durante ese período. Sospeitamos que esta variable podería ter outros impactos no crecemento, dependendo do período económico. Desta maneira, as hipóteses H1b e H1c poden aceptarse, pero a H1a só parcialmente. Estes resultados apoian as teorías descritas por Hillman e Keim (2001) e Barnett e Salomon (2006), segundo as cales as empresas que fomentan relacións positivas con provedores, competidores ou institucións melloran a rendibilidade e a competitividade.\nPara melloraren as relacións cos empregados, as empresas deben aumentar a cantidade de persoal fixo, así como aumentar o seu compromiso coa formación e coa capacitación dos seus traballadores. Os resultados mostran que a variable gastos en persoal (GPER) tivo un impacto positivo e relevante no ROA durante o período de tempo analizado, validando a hipótese H2a. Igualmente ocorre coa variable que representa a antigüidade dos empregados (ANTG), polo que H2b tamén se pode aceptar. Estes resultados están en liña cos autores que afirman que existe unha relación positiva e significativa entre os custos laborais e as empresas que realizan accións de RSE (Branco e Rodríguez, 2006; Stuebs e Sun, 2010). Así pois, en liña con Youndt et al. (1996) e Berman et al. (1999), pódese aceptar H2.\nPor último, verificando a hipótese H3, os resultados mostran que a implementación de políticas de calidade incrementou significativamente o ROA. Xa que logo, esta hipótese tamén pode ser aceptada. Autores como Branco e Rodríguez (2006) argumentan que as políticas de RSE teñen efectos positivos na eficiencia operativa dunha empresa; especificamente, Welford (2003) argumenta que só unhas poucas medidas de RSE poderían reducir os custos e que estas poden estar relacionadas cunha maior eficiencia nos controis de calidade dos procesos.\nA aceptación das hipóteses propostas (excepto a H1, só parcialmente) corrobora os estudos dos autores citados (McGuire et al., 1988; Waddock e Graves, 1998; Berman et al., 1999; Schnietz e Epstein, 2005), quen sosteñen unha relación positiva entre as políticas de RSE e o resultado financeiro das empresas.\n6. Conclusións\nO principal obxectivo deste traballo é analizar empiricamente se, durante un período de crise económica, as empresas melloran o seu ROA ao desenvolver políticas de RSE, especialmente naqueles aspectos máis vinculados coas relacións cos stakeholders externos e cos recursos humanos.\nCon respecto ás políticas de RSE dirixidas ás relacións externas, os nosos resultados indican que, en xeral, a implementación de políticas de colaboración e a consolidación de relacións duradeiras cos stakeholders externos, tales como alianzas con competidores, institucións e provedores, tiveron un efecto positivo significativo no aumento do ROA. Non obstante, a cooperación cos clientes tivo un impacto negativo no ROA. Este resultado débese, talvez, a que tales acordos se puideron basear durante o período de tempo contemplado sobre todo en descontos e outras vantaxes comerciais para evitar unha diminución prolongada das vendas como consecuencia dun ciclo económico deprimido nestes anos. No entanto, sostemos que é precisamente en tempos de dificultades cando é máis importante establecer relacións baseadas na confianza mutua con todos os axentes cos que interactúa a empresa, incluídos, por suposto, os clientes.\nPolo que se refire ás relacións cos traballadores, os resultados mostran a importancia de que as empresas realicen un esforzo por aumentar a cantidade de persoal fixo, así como dotar recursos para a capacitación dos empregados, xa que, mesmo en tempos de crise económica, ambas as variables tiveron un impacto positivo e relevante no ROA durante este período. Na actualidade, existe un amplo consenso en considerar as persoas como un dos recursos máis valiosos das empresas, polo que os empregados deben ser protagonistas especiais das actuacións da empresa en materia de RSE. Os resultados tamén mostran que a implementación de políticas de calidade tivo un impacto positivo e significativo no ROA, mellorando a eficiencia operativa da empresa.\nO noso artigo fai dúas contribucións importantes á literatura. Primeiro, describimos unha forma de obter información precisa sobre a relación existente entre o desempeño económico da empresa e as políticas de RSE; e segundo, identificamos as variables de RSE para as cales esta relación é consistente e positiva.\nAdemais, os resultados obtidos tamén ofrecen diversas implicacións prácticas para os directivos empresariais. Para que unha empresa adopte os conceptos de RSE de maneira seria e integral, é dicir, para converterse realmente nunha empresa socialmente responsable, é necesario un cambio de mentalidade, pois é imprescindible considerar as distintas dimensións da RSE. En consecuencia, segundo cada caso, pode requirir cambios na estrutura organizativa, na función de aprovisionamento, nos procesos de produción e loxística, nos sistemas de medición, nos métodos de comunicación, etc. Noutras palabras, implica un investimento de tempo, esforzo e recursos económicos, que permita introducir os cambios necesarios para garantir que a organización no seu conxunto teña un comportamento responsable. Malia que, por tanto, poida requirir un desembolso inicial, a partir dos resultados obtidos na presente investigación podemos dicir que mellorará o resultado económico da empresa. Así pois, unha vez realizado o esforzo, posteriormente, este desempeño recuperarase co tempo a través dunha mellor posición competitiva, mellor reputación, menor exposición ao risco e moitos outros resultados positivos. De feito, aínda que a literatura se centrou de xeito predominante na análise dos impactos da RSE no desempeño financeiro, algúns estudos recoñecen que as empresas cun bo desempeño financeiro poderían ter recursos adicionais para a mellora da súa RSE, ou apoian a existencia dunha relación bidireccional ou círculo virtuoso entrambos.\nQue as empresas teñan un comportamento responsable é unha vella demanda da cidadanía, agora salientada pola recente crise sanitaria ‒e polo tanto económica‒ provocada pola Covid-19. Xa que logo, neste tempo especial de sensibilidade e conciencia social, é o momento de que tanto as grandes corporacións como as pemes se comprometan realmente a aplicar políticas activas de RSE, especialmente aquelas máis vinculadas coa súa actividade principal e coas súas relacións con terceiros. De feito, consideramos que, no novo panorama mundial posterior á pandemia, as empresas van necesitar apoiarse no seu capital humano e ser capaces de establecer colaboracións cos seus stakeholders externos baseadas na confianza.\nFinalmente, as dúas limitacións principais deste traballo son o carácter nacional da mostra e a medición dalgunhas das variables do modelo que, cando son dicotómicas, perden información. Sería interesante repetir esta análise utilizando datos doutros países para realizar comparacións entre economías que inclúen diferentes marcos empresariais. Igualmente, sería interesante realizar o estudo noutro período temporal, no cal a economía se atope en fase de expansión. Isto permitiría poder contrastar os resultados cos obtidos no presente traballo, centrado nun ciclo recesivo, caracterizado por unha importante contracción da actividade e por unha drástica caída do emprego."} {"summary": "Nos últimos anos instaurouse no imaxinario colectivo a idea de que a mocidade galega está a emigrar de novo, subliñando un problema de fuga de cerebros. Non obstante, son poucos os estudos sistemáticos sobre esta cuestión. Neste traballo, cruzamos os datos de emigración españois cos datos dos censos dos países de destino, recollidos pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) na súa base de datos sobre inmigrantes en países pertencentes e non pertencentes á OCDE (DIOC-E ou DIOC estendida), para estimar os stocks de emigrantes por nivel educativo e comunidades autónomas (CC.AA.) de orixe. De igual forma, empregamos unha serie única de datos de mobilidade laboral do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE) para estudar as migracións internas. Os nosos resultados amosan que Galicia é unha das comunidades máis afectadas pola fuga de cerebros no contexto español. A emigración externa aumentou de forma significativa coa crise económica e mantense en niveis elevados desde entón, namentres a emigración interna presenta un nivel reducido en comparación con outras CC.AA. pero ofrece un saldo negativo persistente e unha tendencia crecente.", "text": "Emigración e fuga de cerebros en Galicia, 2001-2019\nIntrodución\nA crise económica do 2008 e a lenta recuperación dende entón, especialmente en termos de emprego, xeraron un ambiente propicio para instaurar na opinión pública española a idea dunha xeración perdida. En efecto, a taxa de desemprego dos menores de 25 anos instalouse en niveis asfixiantes, sempre superiores ao 30% durante o período 2009-2020, cun máximo do 55.5% no 2013, moi por riba dos niveis da Unión Europea (UE) e da Eurozona, onde nunca chegou a superarse o limiar do 25%1. Aqueles que teñen a sorte de contar cun emprego enfróntanse a unha gran precariedade, que podemos exemplificar na elevada taxa de temporalidade ou no estancamento salarial2.\nA emigración internacional aparece, daquela, como unha saída lóxica para afrontar esta situación. Se España se convertera claramente nun país de inmigración neta na década previa, o incremento da emigración a partir do 2008 levou a que o país presentase de novo saldos negativos. Este fenómeno atraeu o interese dos medios e do mundo académico e instaurouse no debate político (Selva e Recordà, 2018). O discurso máis estendido destacaba axuventude dos emigrantes e a súa maior cualificación, en contraposición ás vagas migratorias previas, normalmente subliñando o termo “a xeración máis preparada da nosa historia”, que remitía directamente á chamada fuga de cerebros, que se popularizou no noso país nestes anos.\nUnha análise máis pormenorizada dos datos amosa unha maior complexidade. Aínda recoñecendo a debilidade das fontes estatísticas dispoñibles, compróbase que esta emigración estivo claramente dominada polos inmigrantes naturalizados que retornaron aos seus países de orixe ou abandonaron o país para probar fortuna noutros menos afectados pola crise económica. Alén diso, se ben o perfil tipo dos emigrantes españois amosaba un alto nivel formativo, a emigración de baixa cualificación non era en absoluto desprezable (González Ferrer e Moreno Fuentes, 2017). Aínda que a emigración dos nados en España foi menor, indubidablemente aumentou, o que pode ter consecuencias no futuro. Por exemplo, se estes emigrantes se consolidan nos seus países de asentamento e serven de plataforma para facilitar a emigración sucesiva nos vindeiros anos, o que sería consecuente co papel que acostuman desempeñar as redes migratorias (Izquierdo et al., 2015).\nEn calquera caso, a fuga de cerebros non semella (aínda) un problema de calado significativo para España. Os datos sitúan o país como un dos menos afectados a nivel mundial (Artuc et al., 2015; d’Aiglepierre et al., 2020)3. Nos últimos anos, o interese desprazouse a un problema moito máis evidente: as migracións internas e as súas consecuencias en termos de desequilibrio territorial. A idea dun gran centro, Madrid, que aglomera o conxunto de empregos de alta cualificación grazas a ser a localización predilecta das sedes das multinacionais e dos organismos públicos, drenando o talento das areas circundantes, está detrás de boa parte da narrativa sobre a España baleira (González Leonardo et al., 2019). Se ben non deixa de ser certo, especialmente para Castela e León e Castela-a Mancha, o panorama é máis complexo, cunha clara predominancia do eixe Mediterráneo e das zonas costeiras sobre as interiores.\nOnde se sitúa Galicia dentro deste esquema xeral das cousas? Ás notas introdutorias xa presentadas habería que engadir o pasado emigratorio da comunidade, que sen dúbida fai que este debate asente e se intensifique no territorio. Agora ben, podemos contrastar a difusión deste discurso coa ausencia de estudos rigorosos sobre a temática. Dentro do noso coñecemento, só podemos citar tres: un deles analiza a mobilidade interna a partir de datos de contratación derivados do Servizo Publico de Emprego para o período 2003–2010, chegando á conclusión de que o colectivo emigrante é marcadamente novo e altamente formado. O elevado volume desta emigración podería constituír un problema de fuga de cerebros, motivado polas deficiencias do mercado laboral galego e os seus elevados niveis de precariedade (Laxe et al., 2013). Outro máis recente, emprega multitude de fontes entre as que destacan unha macro-enquisa realizada entre os diplomados da Universidade de Vigo desde a súa creación, o que permite estudar a emigración deste colectivo para o período 1990–2015. A súa conclusión básica é que Galicia é unha exportadora de talento a outras CC.AA., ao tempo que presenta un saldo positivo na migración internacional, sen que sexa posible determinar o nivel educativo neste caso (Vaquero García et al., 2020)4. Pola súa banda, o terceiro traballo emprega diversas fontes para estudar a emigración contemporánea, centrándose en boa medida na estrutura por idades da diáspora galega nos distintos destinos e amosando que boa parte do seu crecemento se debe ás segundas xeracións, descendentes dos emigrantes galegos do século XX que, malia ter nacido fóra do país, manteñen a vinculación con Galicia (Domingo e Blanes, 2017).\nO noso estudo vén, pois, a cubrir este significativo baleiro ofrecendo unha panorámica xeral da situación da emigración contemporánea en Galicia que nos permita, ademais, facer un primeiro balance sobre a existencia, ou non, dunha problemática de fuga de cerebros. A nosa achega principal con respecto aos estudos anteriores vén dada pola elaboración dunha metodoloxía propia que permite estimar stocks de emigrantes internacionais por rexión de orixe en lugar de por país, como é tradicional. Complementamos esta achega metodolóxica co estudo de dúas fontes de datos propias, proporcionadas respectivamente polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e polo SEPE. Os nosos resultados amosan que Galicia é, con diferenza, a comunidade máis afectada pola fuga de cerebros, aínda que existen importantes matices. Precisamente, a outra contribución principal do noso traballo consiste en ofrecer unha comparativa da situación galega coa das outras CC.AA., feito que consideramos básico para entender realmente a posición relativa da comunidade.\nNo que segue, a estrutura do artigo é a seguinte: despois desta introdución, realizamos unha breve revisión da literatura da temática. Posteriormente, presentamos os materiais e métodos dispoñibles para o estudo das migracións en Galicia, incluíndo a metodoloxía desenvolvida por nós para estimar os stocks de emigrantes internacionais por nivel educativo e CC.AA. de orixe. No apartado de resultados, presentamos a panorámica xeral da emigración externa e da emigración interna en dous epígrafes diferenciados. Nos epígrafes seguintes analizamos a fuga de cerebros, tamén a nivel externo e interno. Posteriormente, reflexionamos sobre o papel da inmigración como forza compensatoria da emigración. Para finalizar, pechamos o traballo coas nosas conclusións.\n2. Revisión da literatura\nContrariamente a algunhas suposicións, a “fuga de cerebros” é xa un vello debate para os economistas (Godwin et al., 2009). Resumindo, esta fuga de cerebros pode definirse como a preocupación tanto pola elevada emigración de individuos altamente formados como polas potenciais repercusións negativas que esta emigración pode ter para os seus territorios de orixe. Enténdese de forma implícita que as persoas altamente cualificadas teñen unha contribución superior á hora de acadar e soster o desenvolvemento económico. Por unha parte, considérase que o nivel de estudos da poboación é un proxy válido para captar o esquivo concepto de capital humano, que se supón chave do desenvolvemento económico nos modelos de crecemento endóxeno. A nivel teórico, unha maior cualificación media dos traballadores debería reflectirse nunha maior produtividade e mesmo nun avance tecnolóxico máis rápido ou intenso.\nExisten, polo tanto, dúas cuestións cruciais para concluír se podemos falar dun problema de fuga de cerebros: determinar se a emigración de persoas altamente cualificadas é moi elevada (o que debe ser entendido sempre a nivel relativo) e determinar se esta emigración ten efectos negativos en Galicia. Debemos apuntar que a segunda cuestión ten dado lugar a un amplo debate teórico, no que se propuxeron diversos mecanismos que poden mitigar, ou mesmo anular completamente, estes potenciais efectos negativos: o envío de remesas, a migración de retorno, a formación e impulso de vínculos comerciais co país no que se asentan importantes diásporas ou o efecto incentivador no investimento en educación. Así e todo, probar a existencia destes efectos a nivel empírico foi, ata o de agora, moi complexo5.\nSe as consecuencias desta emigración xeraron certa polémica, existe máis consenso ao indicar que a causa (ou determinante) destes movementos é maioritariamente económica. O modelo neoclásico parte do concepto de capital humano como investimento que os individuos realizan en si mesmos (Schultz, 1961). Segundo esta lóxica, as migracións son unha forma racional de maximizar a utilidade (retorno) deste investimento, unha vez descontados os posibles custos6 (Sjaastad, 1962). Esta visión foi mellorada cunha achega básica do campo da socioloxía: o concepto das “redes migratorias”. A existencia dunha comunidade xa asentada de inmigrantes dun determinado territorio, comunidade, país ou etnia reduce os custos de asentamento de posteriores inmigrantes que comparten esa procedencia. Conxuntamente cos xa sinalados, considéranse outros factores de atracción ou expulsión, que actúan respectivamente nos países de destino ou orixe e que se incorporan en modelos econométricos derivados do “modelo de gravidade” (Czaika e Parsons, 2017; Grogger e Hanson, 2011).\nXa que a migración depende, polo xeral, das disparidades nos niveis de vida e das oportunidades laborais, o territorio cobra especial importancia na análise. A concentración das actividades intensivas en coñecemento, especialmente nas grandes cidades, pode ter un impacto directo sobre os fluxos migratorios de persoas altamente cualificadas. Esta tendencia á aglomeración explícase por factores económicos (Krugman, 1991; Porter, 1998; Vence Deza e González López, 2014) que non se tiveron en demasiada consideración dentro da literatura da fuga de cerebros, coas notables excepcións de Miyagiwa (1991), que desenvolveu un modelo teórico onde a existencia de rendementos crecentes xera unha fuga de cerebros auto-sostida, ou Malul (2015), que máis recentemente desenvolveu un modelo similar7.\nNo campo da economía urbana, tivo lugar un debate sobre se o atractivo á hora de captar estes inmigrantes é a causa ou a consecuencia do dinamismo económico (Storper e Scott, 2009)8. En calquera caso, causa ou consecuencia, as persoas altamente cualificadas tenden a aglomerarse nun reducido número de cidades dinámicas, cualificadas ás veces de “cidades globais” (Sassen, 1991). No caso de España, recentes estudos de denuncia sobre a “España baleira” teñen subliñado como as cidades de tamaño medio comezan xa a perder poboación ante a incapacidade de competir cos grandes núcleos urbanos de Madrid e Barcelona, que se configuran como os polos de dinamismo do país (González Leonardo e López Gay, 2019).\n3. Materiais e métodos\nO primeiro paso que temos que dar consiste en establecer unha definición operativa do que entendemos por emigrante cualificado. Na teoría, ese capital humano abstracto que atesouran estes individuos debería vir sinalizado por ter un maior nivel educativo, ser preciso para desempeñar tarefas específicas ou trasladarse, directamente, nunha maior produtividade e por tanto nunha meirande remuneración polo seu traballo (Parsons et al., 2014). Na medida do posible, empregaremos a definición de individuo cualificado con base no nivel educativo, xa que é o máis operativo cos datos dos que dispoñemos habitualmente. En adiante, clasificaremos como cualificados aqueles individuos que teñan polo menos un ano de educación terciaria ou superior completa, equivalente a un nivel 5 no International Standard Classification of Education (ISCED) 20119.\nA nosa seguinte puntualización sinala que, ao falar do estudo das migracións con perspectiva rexional, debemos referirnos tanto a migración externa como a interna. Dentro de ambas,existen dúas formas fundamentais de presentar a información no referente á emigración, ben amosando os stocks de emigrantes ou ben referíndonos aos fluxos migratorios. En canto ás súas diferenzas:\na)\nOs stocks amosan cantas persoas orixinarias dun determinado territorio se atopan residindo fóra del nun determinado momento do tempo. Actúan así, como fotos fixas que permiten contrastar cales son os territorios máis afectados pola emigración (ou máis atractivos para os inmigrantes). Porén, este tipo de información ten varias eivas: os stocks de emigrantes non deixan de ser consecuencia dos fluxos acumulados durante anos. Que un territorio presente unha elevada proporción dos seus nativos residindo no exterior non quere dicir, necesariamente, que ese territorio teña un problema de emigración no momento actual (como veremos máis adiante).\nb)\nOs fluxos, pola súa parte, determinan cantas persoas saen ou entran dun determinado territorio durante unha franxa temporal determinada (xeralmente un ano). Son, pois, os axeitados para medir a intensidade da emigración e da inmigración actual, e ademais capturan as variacións de tendencia provocadas polos cambios de conxuntura (como as crises económicas, os conflitos bélicos, etc.).\n3.1. Materiais e métodos para o estudo da migración internacional\nA práctica máis espallada para a determinación da fuga de cerebros na emigración internacional emprega xeralmente os stocks de emigrantes por nivel educativo. Ante a ausencia de datos de emigración de calidade e con información precisa sobre o nivel educativo nos países de orixe, desenvólvese unha metodoloxía alternativa que consiste en recompilar todos os censos posibles para obter información dos inmigrantes presentes en cada país de destino10. Na medida en que o conxunto de destinos acada niveis considerables, pódese considerar representativo da emigración total. Inicialmente, o traballo realizouse tomando os países da OCDE como destino (Docquier e Marfouk, 2006), e máis tarde foi ampliado ao resto de países (Artuc et al., 2015; d’Aiglepierre et al., 2020). Na actualidade, é a propia OCDE a que publica unha base de datos con esta información, coñecida como DIOC ou DIOC-E.\nO principal problema desta metodoloxía é o relativo “desfasamento” para actualizar os datos. En efecto, os datos máis recentes son do 2015/16 para o conxunto de países da OCDE é do 2010/11 para o conxunto dos países do mundo con información dispoñible. Dado que a seguinte ronda de censos está programada para o 2020/21, e tendo en conta os previsibles problemas derivados pola pandemia mundial da COVID19, é probable que a versión da DIOC-E non se actualice ata ben entrado o 2025. En calquera caso, esta metodoloxía non nos permite estudar a emigración rexional, xa que identifica os inmigrantes unicamente por país de orixe.\nTemos, pois, que atopar fontes primarias de emigración que inclúan unha desagregación por rexión de orixe dos emigrantes e, a poder ser, con información sobre o nivel educativo dos mesmos. Afortunadamente, España é un dos poucos países que dispón desta información e a fai pública. Concretamente, os datos do padrón de españoles residentes no extranxeiro (PERE) ou do censo electoral de residentes ausentes de España (CERA), permítennos calcular stocks de emigrantes por rexión de procedencia e país de destino11. Desafortunadamente, debemos advertir que estes datos están sistematicamente infravalorados debido ao problema do subrexistro consular (Romero Valiente, 2017). Porén, se supoñemos que non existe unha diferenza estatisticamente significativa na propensión a rexistrarse segundo a comunidade autónoma de nacemento, podemos calcular as proporcións rexionais na emigración a cada país de destino e aplicar logo eses coeficientes rexionais ao número de inmigrantes nados en España presentes no censo dese país12, de acordo á formula:\nOndeé o stock de emigrantes con nivel educativo s orixinarios da rexión i presentes no país J no ano t. A rexión i é unha máis do conxunto de rexións que conforman o país I, de acordo coa expresión i ∊ {1, ..., n} ∊ I. No noso caso, cada unha das 19 CC.AA. de España13. Para calcularmos esta cifra, multiplicamos o stock de emigrantes do país I, con nivel educativo s, presentes no país de destino J no ano t, tomado directamente do DIOC-E, pola proporción que cada rexión i representa no total de emigrantes do país I no destino J no ano t. Estas proporcións calcúlanse coas estatísticas de emigración rexional (CERA, no noso caso), dividindo directamente o número de emigrantes de cada rexión polo total do país14. Esta metodoloxía permite dúas cuestións: estimar un número de emigrantes máis aproximado á realidade e, por outra banda, imputar o seu nivel educativo. Pola contra, esta estimación “realista” só nos vai dar unha imaxe arredor do 2000/01 e do 2010/11, e está suxeita a erros derivados das suposicións.\nPara complementarmos esta imaxe da emigración internacional, imos empregar as fontes primarias que permiten o estudo dos fluxos emigratorios cara ao exterior. A única fonte posible vén dada pola Estatística de Variacións Residenciais (EVR). Esta estatística recolle os cambios de domicilio no Padrón Municipal, incluíndo por primeira vez no ano 2002 aqueles cambios de domicilio con destino no estranxeiro15. Estes fluxos teñen o gran problema de estar igualmente infravalorados. Existen algúns estudos que poñen en comparativa a magnitude dos fluxos recollidos nos rexistros de entrada nos países de destino cos fluxos recollidos nas estatísticas de emigración dos países de saída (González Ferrer e Moreno Fuentes, 2017). No noso caso, empregando unha metodoloxía e unha ecuación similar a 1, estimamos noutro traballo unha serie corrixida dos fluxos emigratorios para o caso de Galicia, agregando os 15 principais destinos da emigración galega dos que existen datos dispoñibles (Blanco Álvarez, 2021). Pola contra, non existen moitos precedentes á hora de estimar fluxos migratorios por nivel educativo. Un dos poucos neste senso é o elaborado por Czaika e Parsons (2018), que intentan harmonizar a clasificación internacional uniforme de ocupacións (ISCO) cos distintos tipos de visados de varios países para calcular unha serie coa que estudar o efecto da crise económica nos fluxos migratorios. A complexidade do método non o fai recomendable para o noso caso.\n3.2. Materiais e métodos para o estudo da migración interna\nNo campo da migración interna, temos tres alternativas para calcular os stocks de emigrantes por comunidade. O mellor de todos eles pola cantidade e calidade dos seus datos é, sen dúbida, o censo español do 2011. O principal problema, como é lóxico, é que só nos pode proporcionar unha imaxe estática da situación naquel momento. Pola contra, a estrutura do cuestionario da Enquisa de Poboación Activa (EPA) contén boa parte das variables necesarias para estudar a migración, incluído o nivel de estudos. Outra opción sería empregar directamente os datos do Padrón Municipal, cousa que faremos para mostrar taxas de migración con stocks equivalentes ás derivadas do CERA.\nÁ hora de falarmos dos fluxos de migración interna, tamén podemos empregar a propia EPA, que recolle aqueles individuos que cambiaron de domicilio no último ano. A EVR ofrece eses datos a nivel administrativo, pero non recolle o nivel educativo. Despois de contactar cos responsables de estatística do Servizo Público de Emprego (SEPE), obtivemos unha estatística que contén o número de contratos laborais asinados cada ano, por nivel educativo, nacionalidade e lugar de residencia do traballador. Á súa vez, contén a información sobre o lugar do posto de traballo, o que nos permite elaborar matrices de migración por provincia de orixe e destino16. Outras estatísticas alternativas, que identificamos pero descartamos pola súa menor relevancia ou polas súas maiores eivas para o noso estudo, son a estatística de mobilidade nas fontes tributarias, publicada cada ano pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), e que recolle as migracións coma a discrepancia entre o domicilio fiscal do traballador e o da empresa, e mais a mostra continua de vidas laborais da Seguridade Social, que proporciona información lonxitudinal dunha mostra dos seus afiliados.\n4. Resultados\nPara unha mellor comprensión dos nosos resultados, imos dividilos de forma esquemática en varios apartados que se centran nalgunha temática concreta.\n4.1. A volta da emigración internacional?\nGalicia, ao igual que no pasado, presenta unha singular prevalencia da emigración externa cando se compara co resto das rexións españolas, como podemos observar na Figura 1 (a), que mostra taxas de emigración calculadas cos stocks de emigrantes rexistrados no CERA. Podemos ver unha notable tendencia ascendente que se frea progresivamente nos últimos anos da serie. Pola contra, se nos centramos nas persoas nadas en Galicia, podemos observar unha clara diminución progresiva na Figura 1 (b).\nA sobre-representación dos galegos na emigración española desde a última metade do século XIX ata a década de 1980 é a que explica esta aparente contradición. En ausencia de fluxos migratorios de alta intensidade nos 90 e na primeira metade da década dos 2000, a tendencia natural da comunidade galega no exterior é decrecente: a medida que os emigrantes envellecen e morren, e non son substituídos por novos emigrantes procedentes de Galicia, redúcese automaticamente o seu stock. Para exemplificar este avellentamento, baste dicir que a día 1 de xaneiro de 2020 o 65.6% do total dos 150.127 nativos galegos rexistrados no PERE tiña 65 anos ou máis. Outra historia é o número total de galegos rexistrados como residentes no exterior no CERA. Unha parte moi significativa deles non naceu en Galicia: trátase de descendentes dos emigrantes de primeira xeración ou de estranxeiros nacionalizados españois que residiron en Galicia e abandonaron o país posteriormente. Tomando as persoas de 16 a 64 anos, a día 1 de xaneiro de 2020 había 311.764 españois no estranxeiro rexistrados en Galicia, pero só 49.350 naceran na comunidade (menos do 16%).\nCon todo, esta figura non nos pode levar a concluír que a emigración galega estea a descender nos últimos anos. Simplemente, o seu volume non é suficiente para compensar o avellentamento do stock de emigrantes. Esta é, en parte, unha conclusión lóxica polo menor tamaño das cohortes actuais. Polo tanto, debemos analizar os fluxos migratorios ao estranxeiro para responder a pregunta de se a emigración galega está a aumentar. Un dos grandes dilemas ao analizar esta cuestión é se debemos preocuparnos pola saída de persoas desde a comunidade, ou se temos que empregar un criterio máis restritivo e analizar unicamente a saída dos nacionais españois ou dos nados en Galicia.\nA nivel práctico, sabemos que a meirande parte da emigración posterior á crise económica do 2008 estivo protagonizada polos estranxeiros que abandonaron o país. Neste senso, analizar a saída bruta de persoas de cada CA podería sobreestimar a emigración daquelas comunidades onde estes estranxeiros están máis presentes. Isto é o que podemos observar na Figura 2 (a), onde Galicia aparece, sorprendentemente, como unha das rexións con menores taxas de migración cara ao exterior. Empregar o criterio da nacionalidade podería mitigar este problema só en parte, xa que existe un importante colectivo de inmigrantes que accedeu á nacionalidade nas décadas anteriores. Optamos, pois, por empregar un criterio máis restritivo e analizar a emigración de persoas nadas en cada CA, con independencia do lugar desde onde se produza a saída. É dicir, unha persoa nada en Galicia, emigrando ao estranxeiro desde Madrid, aparecerá recollida nos nosos datos, e viceversa. Este enfoque ten a vantaxe de que as persoas aquí recollidas son as que alimentan o stock de emigrantes mostrado na Figura 1 (b) e, polo tanto, é o que nos permitirá dicir se a emigración contemporánea está a aumentar ou non.\nPodemos ver como o panorama cambia de forma notable. Galicia aparece agora como unha das rexións con maiores taxas de emigración na Figura 2 (b). O máis importante, na nosa opinión, é o notable incremento a partir do 2008 e o feito de que as taxas de emigración se manteñan en niveis superiores aos anteriores á crise de forma constante, en liña coas preocupacións expresadas por Izquierdo et al. (2015). Na medida en que esta situación persista, poderase agravar o problema de emigración externa en Galicia e en España. Ademais, debemos lembrar que esta serie está en boa medida infravalorada e non capta o 100% da emigración, polo que as taxas reais deben ser máis elevadas para todas as CC.AA.\n4.2. O problema da emigración interna?\nÁ hora de estudarmos a emigración interna, imos seguir unha metodoloxía equivalente. Comezamos mostrando os stocks de poboación que viven fóra da súa CA de nacemento cos datos do Padrón Municipal. Podemos ver na Figura 3 (a) como, polo xeral, estes stocks teñen unha tendencia decrecente, polos mesmos motivos comentados no apartado anterior. Na Figura 3 (b) amosamos as taxas de emigración calculadas cos fluxos migratorios da EVR, onde podemos ver que Galicia é a CA coa menor taxa, pero cun crecemento constante. Moi probablemente, o incremento da emigración interna recollido na Figura 3 (b) aínda non acadou niveis similares ás migracións das décadas dos 60, polo que a tendencia natural dos stocks de emigrantes é decrecente. Galicia comparte tendencia coas outras CC.AA., pero aparece como unha das menos afectadas pola emigración interna e moi lonxe das tres CC.AA. máis afectadas por esta emigración, que son Castela–a Mancha, Castela e León e Estremadura.\nNa medida en que a tendencia ascendente continúe, a magnitude da emigración interna podería converterse nun problema de maior gravidade para Galicia. Outra importante puntualización é que, a pesar da reducida emigración de galegos e galegas cara a outras CC.AA., a inmigración cara a Galicia é aínda menor. A comunidade presenta, polo tanto, un saldo negativo de forma crónica, como imos ver máis adiante.\n4.3. Unha fuga de cerebros? Nivel educativo dos emigrantes\nUnha das cuestións básicas do debate sobre a emigración galega dos últimos anos é ata que punto podemos afirmar que se trata dunha fuga de cerebros. Neste apartado, tentaremos abordar esta cuestión tanto a nivel externo coma interno.\n4.3.1. Unha fuga de cerebros externa?\nNo relativo á emigración internacional desenvolvemos unha metodoloxía propia que nos permite inferir o nivel educativo dos emigrantes a partir dos datos da base DIOC-E da OCDE. Os resultados deste exercicio amósanse na Figura 4. Podemos ver como Galicia aparecería, neste caso, como a CA con maiores taxas de emigración, tanto de persoas de baixa como de alta cualificación. Porén, esta diferenza acúrtase de forma acelerada nos dez anos que van desde o 2000 ata o 2010. Estes datos son coherentes coa evolución da Figura 1 (b). A sobre-representación de Galicia no exterior explica estas elevadas taxas de emigración, que se reducen nos últimos anos. A nivel interpretativo, os nosos cálculos estiman que arredor do ano 2010 residían fóra de Galicia o 7.2% de todas as persoas cualificadas e o 5.4% das persoas sen cualificar en idade laboral nadas na comunidade. Esta taxa queda lonxe da media para España, que se sitúa, respectivamente, no 2.52% e no 1.96%.\nAínda que se produciu un descenso do 2001 ao 2011, debemos sinalar que a proporción de emigrantes galegos altamente cualificados aumentou do 20.5% ao 32.8% do total, nunha tendencia xeral que inclúe a todas as CC.AA., como podemos ver na Figura 5 (a). Cos datos do censo do 2011, apenas o 28.6% da poboación desa franxa de idade nada en Galicia e que residía na comunidade tiña estudos terciarios nese momento, polo que o cociente entre os dous valores é superior a 1 (1.15)17. Podemos observar con estas taxas un fenómeno ben coñecido: a selección positiva dos emigrantes. É dicir, as persoas de maior nivel educativo acostuman ter unha maior propensión a emigrar e, polo tanto, están sobre-representadas no colectivo de emigrantes. Existen varias explicacións teóricas para este fenómeno: pode ser unha consecuencia lóxica das políticas de inmigración, que cada vez con maior énfase buscan atraer persoas cualificadas en detrimento dos traballadores sen cualificar18, tamén pode deberse á maior capacidade das persoas cualificadas para asumir os custos da emigración (tanto económicos como de adaptación ao novo ambiente), ou simplemente pode reflectir o maior retorno do seu investimento en educación no estranxeiro.\nSe entramos a valorar os destinos da emigración galega, podemos comprobar como os máis recentes presentan unha maior proporción de emigrantes altamente cualificados (ver Figura 5 (b)). As nosas estimacións mostran como case o 65% dos emigrantes galegos no Reino Unido (un dos destinos paradigmáticos da vaga migratoria máis recente) contaría con estudos terciarios, por apenas un 13% dos que residen na Arxentina e un 24% dos que residen en Suíza (paradigmas da emigración transoceánica de finais do s. XIX e inicios do XX e da emigración europea dos 60, respectivamente). Estas cifras son consecuentes co amosado no traballo de Domingo e Blanes (2018), no que tamén se observa como a diáspora galega no Reino Unido é máis recente que as diásporas presentes en Francia e Alemaña, o que explica o maior nivel educativo medio dos emigrados neste país. No cómputo xeral, a proporción de emigrantes cualificados mantívose ou aumentou nos principais destinos.\nNeste senso, a idea de que os galegos e galegas que emigran teñen maior cualificación que no pasado parece obvia, pero non podemos supoñer que exista una selectividade maior dos emigrantes. Isto é, o feito de que os emigrantes do pasado tivesen menor cualificación explícase polo menor nivel medio de estudos das súas xeracións, pero é posible que a selección positiva xa estivese presente naqueles momentos. Por exemplo, os estudos da emigración transoceánica do século XIX e inicios do XX apuntaron o alto nivel de alfabetización dos emigrantes en comparación á poboación galega (Vázquez González, 2002), o que pode levar a caracterizar o fenómeno como unha primitiva “fuga de cerebros” (Fernadez Sánchez, 2021)19.\nDebemos tamén recoñecer as dificultades e as eivas desta metodoloxía. A nosa suposición fundamental é que non existe unha diferenza significativa na propensión a rexistrarse como residente no exterior segundo a CA de nacemento dos individuos. Pola contra, as diferenzas prodúcense pola distancia do país con respecto a España, pola dispoñibilidade de estruturas consulares accesíbeis ou pola duración da experiencia migratoria. É dicir, son na súa maioría condicionantes específicos do destino e do tempo os que producen estas diferenzas. Na medida en que nós calculamos unha serie corrixida polos pares CA de orixe e país de destino, podemos ter certa confianza en que sexan representativos da situación real. O outro posible problema é que as cifras do DIOC-E 2010 non recollan aínda os efectos do incremento na emigración externa posterior á crise do 2008, que podemos observar na Figura 2 (b).\n4.3.2. Unha fuga de cerebros interna?\nA nivel interno, temos máis opcións dispoñibles. Alén do censo e da EPA, que nos permiten amosar stocks de emigrantes por nivel educativo, preferimos centrarnos nos datos administrativos de contratación do SEPE. Podemos ver como a situación de Galicia é semellante aos datos de migración interna da Figura 3 (b): Galicia atópase no grupo de CC.AA. con reducida emigración pero, ao mesmo tempo, presenta un saldo cronicamente negativo debido á súa escasa capacidade de atracción.\nPola propia natureza dos datos, a Figura 6 reflicte migracións de carácter laboral. Podemos dicir, pois, que subliña o escaso dinamismo do mercado de traballo galego como o principal problema que explica a posición migratoria da comunidade en España. Debemos destacar como a mobilidade dos traballadores sen estudos superiores (aos que nos referimos como de baixa cualificación) inicia o período por enriba da mobilidade dos traballadores cualificados, cunha fonda diminución á consecuencia da crise do 2008. No período inicial teñen especial relevancia os fluxos migratorios asociados ao turismo e á construción, coas Illas Canarias como destino preponderante incluso por riba da Comunidade de Madrid. A fin da fase expansiva e a diminución de oportunidades laborais no resto de España explica o notorio descenso da mobilidade, que só se recupera na seguinte fase expansiva. Pola contra, a diminución na mobilidade dos traballadores altamente cualificados é moito máis reducida e recupérase cedo cun incremento sostido desde entón. Na actualidade, os traballadores cualificados xa teñen unha taxa de mobilidade maior, aínda que cunha diferenza non demasiado significativa, que os traballadores sen cualificar. Nos dous casos, o saldo de Galicia é marcadamente negativo desde o 2003. A CA “perde” arredor dun 5% do total de contratos realizados a traballadores cualificados. Na medida en que estas emigracións sexan temporais e se salden co retorno destes emigrantes á CA, pódese argumentar que non son tan negativas. Na medida en que unha parte deste 5% se converta en emigracións permanentes ou de longo prazo, a nosa CA estará a perder unha parte non desprezable da súa poboación en idade laboral cada ano, o que vai agravar as xa precarias dinámicas demográficas.\nSe entramos a valorar en máis detalle os destinos da emigración altamente cualificada, podemos comprobar como existe unha clara tendencia á concentración en Madrid, moi evidente na Figura 7. Na actualidade, unha cifra próxima ao 35% dos contratos a traballadores cualificados que se desprazan fóra da súa CA ten o seu centro de traballo na capital, por apenas un 15% en Cataluña (datos do SEPE para o ano 2018). Ambas as dúas CC.AA. sitúanse a moita distancia do resto nesta capacidade de atracción, sendo notoria a mellor evolución de Madrid a partir de cifras máis próximas no inicio da serie. Pódese apreciar unha maior concentración dos traballadores cualificados, xa que estes dous territorios acumulaban “só” o 29% e o 12% dos contratos con mobilidade de traballadores de baixa cualificación nese mesmo ano.\nAlén da concentración, Madrid pechou o 2018 como a CA con maior saldo positivo nos contratos a traballadores, tanto altamente cualificados como de baixa cualificación. Estes datos, no seu conxunto, parecen confirmar os apuntados por outros estudos sobre a “España baleira”, e poderían ter importantes consecuencias no desenvolvemento económico rexional e na converxencia a medio prazo.\n4.4. Inmigración externa e balance xeral\nPara acabar de matizar a nosa panorámica xeral, debemos ter en conta unha cuestión fundamental: España converteuse nas últimas décadas nun país de inmigración neta. Neste senso, os posibles problemas derivados da emigración, e particularmente da fuga de cerebros, poden ser cuestionados. Este razoamento é perfectamente defendible, pero aquí imos puntualizalo con dúas cuestións fundamentais que non poden ser obviadas:\nA inmigración distribúese de forma desigual. Os inmigrantes tenden a aglomerarse naquelas CC.AA. que xa son receptoras netas de inmigración interna. Polo tanto, a inmigración externa pode compensar en certa medida a emigración pero, case irremediablemente, vai empeorar os desequilibrios territoriais xa existentes. Usando un exemplo moi gráfico, con datos do Padrón Municipal España pasou de 1.173.767 inmigrantes en 1998 a 6.753.098 no 2019 (+5.579.331). No mesmo período, Galicia só aumentou o seu stock de inmigrantes estranxeiros en 140.338 persoas, apenas o 2.5% do incremento total no Estado, de xeito que o peso de Galicia no total da poboación española se reduciu do 6.84% ao 5.74%.\nOs datos permiten pensar que o nivel educativo medio dos inmigrantes é menor que o dos nativos e os emigrantes no caso español. Podemos velo cos datos do DIOC-E e dos censos españois: no 2001, o 22.36% dos inmigrantes estranxeiros presentes en España tiña estudos superiores, por un 21.79% dos nativos. Pola contra, no ano 2011 só o 23.55% dos estranxeiros tiña estudos superiores, por un 31.15% dos nativos. Ademais, calculamos con datos do DIOC-E que no 2001 o 23.53% dos emigrantes españois tiña estudos superiores, por un 37.89% no 2011. Pode verse como a cualificación media das novas xeracións españolas aumentou, namentres o nivel educativo dos inmigrantes se mantivo.\nEn resumo, varias das rexións máis afectadas pola emigración son tamén (de forma non sorprendente) as que teñen menor capacidade para captar inmigrantes. No longo prazo a inmigración vai desequilibrar aínda máis as disparidades territoriais. De igual forma, os inmigrantes atraídos por España son, en termo medio, de menor cualificación que os emigrantes que abandonan o país, polo que non poden compensar unha eventual fuga de cerebros.\n5. Conclusións\nO presente estudo tiña como obxectivo ofrecer unha visión panorámica da emigración contemporánea galega. Nese sentido, o noso traballo complementa e amplía os estudos previos de Laxe et al. (2013), Vaquero García et al. (2020) e Domingo e Blanes (2018). Como novidade, neste traballo presentamos por primeira vez unha estimación do stock de emigrantes galegos no exterior considerando o seu nivel de estudos, o que nos permite facer unha aproximación ao problema da fuga de cerebros.\nOs nosos resultados indican, en primeiro lugar e referíndonos á emigración exterior, que os galegos e as galegas seguen a estar sobre-representados na diáspora española, o que se debe en gran medida ao crecemento das segundas e sucesivas xeracións nos países de destino. A emigración actual cara ao estranxeiro aumentou de forma significativa tras a crise económica do 2008 e segue a ser das máis elevadas de España, pero perdeu o diferencial característico da historia migratoria galega e non constitúe agora un fenómeno tan extraordinario. Aínda que os datos dispoñibles non permiten facer unha análise profunda do nivel educativo dos emigrantes que abandonan o país, si podemos amosar como varía a cualificación do stock de emigrantes no exterior entre os anos 2000/1 e 2010/11. Así, obsérvase que o nivel educativo dos emigrantes aumentou de forma significativa nese período, sendo ademais os destinos máis recentes da emigración galega (Reino Unido, Estados Unidos, Irlanda, etc.) aqueles onde a cualificación dos emigrantes é maior. Xa que logo, temos un indicio de que os continxentes que actualmente emigran son de cualificación elevada, o que é consistente co fenómeno da fuga de cerebros.\nEn segundo lugar, no relativo á migración interna, Galicia presenta unha nomeada posición periférica. Os seus fluxos de emigración son máis reducidos que os doutras CC.AA. máis próximas aos grandes polos de atracción de inmigrantes, como Castela e León, Castela–a Mancha ou Estremadura, pero ao mesmo tempo presenta un saldo cronicamente negativo, dado o seu escaso poder de atracción de inmigrantes. Os datos de contratación do SEPE amosan que o principal problema é a falta de dinamismo do mercado laboral galego e presentan dous períodos diferenciados: durante a expansión económica previa á crise do 2008 a emigración de baixa cualificación mantíñase en niveis elevados, por enriba da emigración de traballadores cualificados. A situación invértese coa crise do 2008, posiblemente debido ao afundimento de oportunidades laborais en sectores de baixa cualificación (turismo, construción, servizos) no resto de España. A emigración cualificada crece de forma constante na última década, e nos últimos anos comeza a recuperarse a emigración sen cualificar. A tendencia máis destacada no caso da emigración interna, e moi especialmente no caso dos individuos cualificados, é a aglomeración nuns poucos destinos, nomeadamente a Comunidade de Madrid, que superou claramente a Cataluña en capacidade de atracción e se converteu, con diferenza, no grande centro receptor destes fluxos. Na medida en que esta tendencia continúe, o resto de rexións poderá ver drenada unha parte significativa do seu capital humano, o que pode ter repercusións directas sobre o crecemento económico e a converxencia."} {"summary": "Implementando datos de panel de 29 países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) para o período 1991-2015 nun modelo de crecemento económico de dous sectores con produtividades heteroxéneas, móstrase que a economía mergullada exerce un efecto sobre a oficial. Ambas as economías móvense en sentido contrario debido a que cando o PIB oculto crece, dana o crecemento económico mediante unha externalidade ou spillover negativa. Con todo, descóbrese que a produtividade marxinal da economía mergullada é menor que a da oficial, así que é posible que, en certa medida, as normas dispoñibles para controlala sexan efectivas. A aplicación de distintas técnicas econométricas conduce a conclusións similares, demostrando a robustez dos resultados.", "text": "Unha análise econométrica das interrelacións entre a economía mergullada e a oficial sobre o crecemento económico\nIntrodución\nO impacto e as consecuencias das actividades económicas non medidas adoitan ser preocupantes, posto que algunhas delas poden ser negativas. Este fenómeno, coñecido como economía mergullada, consiste nun conxunto de actividades ocultas por múltiples motivos, pero pódense resumir en dous, de acordo co comportamento dos axentes implicados nese sector: son rendas ocultadas deliberadamente, ou son consecuencia dalgunhas actividades que simplemente quedan fóra dos rexistros involuntariamente pola propia natureza da actividade, como pode ser a economía doméstica.\nA economía mergullada xerou debate en moitos aspectos. Ademais da súa medición, tampouco está claro que efecto exerce sobre o crecemento económico ou sobre a economía oficial. Neste aspecto non hai estudos consistentes. Algúns apuntan efectos positivos e outros, negativos, pero ademais estes resultados son demostrados con serios problemas de interpretación. En países desenvolvidos, esta cuestión pode ser investigada para axudar aos policy-makers na toma de decisións con respecto ao sector informal. Se estas actividades ocultas supuxesen un risco para o crecemento económico, está claro que o custo de oportunidade de permitir transaccións nos mercados informais é alto. Con todo, a economía mergullada tamén pode conter actividades que supoñen un impulso para a economía oficial. Este dilema é incentivador para indagar na interrelación entre economía mergullada e crecemento económico.\nUsando un panel balanceado de 29 países da OCDE no período 1991-2015, este estudo busca achar a orixe da relación entrambos os sectores en países desenvolvidos, unha cuestión ata agora inexplorada. O traballo empírico será levado a cabo estimando econometricamente un modelo de crecemento económico neoclásico baseado nos traballos de Feder (1983), Ram (1986) e Saunoris (2018). Este modelo axuda a indagar nas interrelacións a partir dun parámetro que mide as diferenzas nas produtividades de ambos os sectores e outro que é representativo dunha externalidade ou spillover. En canto ao diferencial de produtividades, a economía mergullada é por definición un conxunto de actividades económicas de menor produtividade que as da oficial, así que este parámetro debería ser negativo, polo menos en países desenvolvidos, xa que neles se dispón de suficientes recursos institucionais ou económicos para controlala (Schneider e Enste, 2000). O segundo parámetro, correspondente á externalidade, é o realmente controvertido e presenta un grande interese, xa que alberga moitas das hipóteses atopadas na literatura sobre correlación entre economía mergullada e oficial. Por tanto, o modelo ten a vantaxe de resumir todas esas hipóteses en tan só dous parámetros. Este estudo non pretende profundar en que é o que exactamente hai detrás da externalidade, por exemplo. No seu lugar, primeiro determínase se existe un efecto de crecemento significativo por parte da economía informal e despois obsérvase se se producen diferenzas nas produtividades marxinais e/ou se existen externalidades produtivas que se poidan aproveitar (positivas) ou que sexan daniñas (negativas).\nNo estudo de Saunoris (2018), aplícase o modelo para unha mostra de países relativamente grande, aínda que con resultados posiblemente controvertidos. En particular, conclúe que a economía mergullada impulsa o crecemento económico grazas a unha externalidade positiva e tamén debido a que a produtividade marxinal da economía oculta é superior á da oficial. Podería pensarse que isto último é contrario ao esperado, pero ao tratarse dunha mostra que non só inclúe países desenvolvidos, algunha destas economías pode estar a atender unha maior demanda no sector informal, impulsando así a súa produtividade marxinal por encima da oficial.\nOs resultados do presente traballo apuntan que, en países desenvolvidos, a economía mergullada se move en sentido contrario á oficial. Isto maniféstase mediante unha externalidade negativa, posiblemente derivada da brecha fiscal habitual atopada en países como España ou Italia. Por outra banda, o diferencial de produtividades estimado indica que a produtividade marxinal do sector oculto é menor. Desta forma, a economía informal dana o crecemento económico, pero é potencialmente controlada mediante os instrumentos institucionais adecuados.\nO traballo estrutúrase da seguinte forma. Nopróximo apartado delimítase conceptualmente a economía mergullada e revísanse os estudos sobre correlación entre economía mergullada e oficial. O apartado 3.1 expón a estratexia empírica presentando as hipóteses que se van contrastar, e o apartado 3.2 describe o modelo que servirá de base para a estimación dos parámetros. Finalmente, explícanse os resultados en relación coas hipóteses de correlación expostas.\n2. Marco Teórico\nA economía mergullada, tamén chamada, informal, oculta, ilegal, irregular ou subterránea, é definida pola Organización para o Crecemento e o Desenvolvemento Económicos(OCDE, 2002) como aquelas actividades que levan un menor pago de impostos, contribucións ao Estado ou a incumprir normas laborais. Delimitándoa desta forma, queda claro que non só é causada por cuestións delituosas, senón que a economía legal que queda fóra da contabilización, por exemplo ao non estar suxeita a un imposto, é tamén economía mergullada. Estas actividades, aínda non sendo ocultadas voluntariamente, carrexan algunhas desas consecuencias debido a un custo de oportunidade para o Estado (Ríos, 2020). Polo tanto, trátase dunhas actividades económicas que teñen diversa natureza e así hai autores que as clasifican en tres partes: Delituosas/Ilegais, Non gravables/Evasión fiscal e as Legais anteriormente comentadas (Prado, 2004; Rodríguez, 2007). A pesar destas orixes dispares, todas teñen en común que non se ven; non están rexistradas ou polo menos non se coñece a súa proporción nas estatísticas oficiais.\nA maioría de traballos sobre esta economía perseguen precisamente a estimación do seu volume, sendo a fraude fiscal un dos compoñentes aos que máis se lles presta atención en países desenvolvidos (Arrazola et al., 2011; Barbone et al., 2013; Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda [GESTHA], 2014; Martinez-Lopez, 2013; Pulido, 2014; Rios, 2019; Uquillas-Casalombo, 2018). Con todo, apenas existen estudos centrados na interacción entre economía mergullada e oficial. Estes parten de hipóteses sobre as consecuencias e efectos que a economía oculta exerce sobre o crecemento económico. O feito de que haxa argumentos a favor de efectos positivos para o crecemento económico significa que esas actividades constitúen un beneficio ou activo e cando producen efectos negativos, trátanse dun custo (Saunoris, 2018). As achegas beneficiosas para o crecemento económico poderían darse grazas ás actividades de corte legal anteriormente descritas, mentres que as prexudiciais serían asociadas, sobre todo nos países desenvolvidos, á fraude fiscal, cuxa consecuencia é denominada brecha fiscal. En todo caso, o efecto total que estas actividades exercen sobre o crecemento provén do efecto individual que realiza a produción oculta, pero saber que signo domina é precisamente o controvertido (Schneider, 2005, 2006; Williams e Schneider, 2016).\nA correlación positiva pode orixinarse porque se crean rendas no sector informal que, ao gastarse no oficial, dan lugar a un impulso do crecemento, e mesmo esa economía podería servir para recoller a demanda non atendida na oficial, por exemplo, dando emprego a axentes de baixos ingresos, incentivando o desenvolvemento de mercados e recursos financeiros, ou achegando maior experiencia aos emprendedores (Schneider, 2006; Bajada e Schneider, 2009; Asea, 1996; Kaliberda e Kaufmann, 1996).\nO sentido negativo na relación vén dado por unha alta probabilidade de execución de normas (Loayza, 1999). Nesta liña arguméntase que o comportamento anticíclico debería ser observado en países desenvolvidos, pois existirá unha regulación da informalidade máis efectiva. Con todo, tamén pode suceder que a evasión fiscal provoque unha diminución orzamentaria do Estado para prover bens e servizos básicos (Schneider, 2006).\nTodos estes estudos se preocuparon de testar estas hipóteses, pero con moitos problemas de interpretación debido a un importante número de variables. O presente traballo aplicará o modelo de Feder (1983) e Ram (1986) que, a diferenza dos anteriormente comentados, se trata dun modelo de crecemento económico, permitindo unha identificación máis clara das influencias que a economía mergullada pode exercer sobre a oficial, e sen o problema de interpretación derivado do uso de múltiples variables, ao só estimar dous parámetros. O pioneiro en aplicalo ao campo da economía mergullada probablemente foi Saunoris (2018). Este autor conclúe que a economía mergullada e a oficial tenden a moverse no mesmo sentido, ao exercerse un efecto ou spillover positivo sobre o crecemento económico. A correlación positiva tamén se apoia en que a produtividade marxinal da economía mergullada é superior á da oficial.\nNo presente traballo preténdese descubrir a interrelación entre a economía mergullada e o crecemento económico en países desenvolvidos, polo que a mostra consistirá en economías da OCDE. É esperable atopar que a produtividade marxinal da economía mergullada sexa menor que a da oficial, xa que, en principio, se dispón de suficientes instrumentos institucionais ou económicos para controlala. Con todo, o signo da externalidade nestes países non está claro. Podería suceder que a restrición de recursos imperase, xerando unha externalidade negativa que en países desenvolvidos se traduce na coñecida brecha fiscal, ou ben positiva, se a restrición de recursos non é tan forte e no seu lugar predominan abundantes rendas informais gastadas na economía oficial, por exemplo. No seguinte apartado formúlanse as hipóteses investigadas con este modelo.\n3. Aproximación empírica\n3.1. Estratexia empírica\nO modelo trata dunha economía con dous sectores de produtividades moi opostas. O de baixa produtividade é identificado como a economía mergullada e o de alta produtividade é a economía oficial. Feder (1983) permitiu que a economía característica de alta produtividade sexa a única exportadora e ademais expuxo que ambas puidesen ter un diferencial en produtividades marxinais. Ram (1986) agregou que o sector de baixa produtividade é susceptible de xerar unha externalidade. Con estas dúas ideas, as hipóteses de correlación dos estudos previos resúmense de dúas maneiras: ou afectan pola vía diferencial de produtividade ou ben mediante unha externalidade.\nOs problemas que presenta este modelo en relación co obxectivo do traballo son que o uso de poucas variables só permite indagar nas interrelacións a partir dun parámetro representativo da externalidade e doutro sobre o diferencial de produtividades, restando concreción. Por exemplo, unha correlación positiva por unha maior produtividade na economía mergullada respecto da oficial podería darse ao incentivar o desenvolvemento de mercados financeiros, ou ben porque a economía mergullada incrementa o apoio aos emprendedores, entre outras razóns. Saberiamos que hai ese diferencial de produtividades positivo, pero non que é o que o orixina. Isto pon de relevo o carácter de “caixa negra” habitualmente atopado na literatura revisada, mais indagar neste aspecto escapa do alcance deste estudo. As hipóteses contrastadas en traballos anteriores son recollidas aquí como posible explicación a cada tipo de correlación no modelo. Ademais, debido a que se trata dun modelo de crecemento económico, só se considerarán consecuencias de tipo produtivo1. A continuación, concrétanse as hipóteses.\nH1. A economía mergullada produce efectos sobre a oficial.\nH2. Tenderá a haber correlación positiva se e só se ocorre calquera dos seguintes dous feitos:\na.2)\nA informalidade atende a demanda desaproveitada na formalidade a produtividade marxinal é maior no sector informal.\nb.2)\nGástanse rendas informais no sector oficial existe un efecto ou externalidade (spillover) positiva xerada cara á economía formal.\nH3. Tenderá a haber correlación negativa se e só se ocorre calquera dos seguintes dous feitos:\na.3)\nExistencia de normativas efectivamente aplicadas á economía oculta a produtividade marxinal é menor no sector informal.\nb.3)\nErosión fiscal da Estado/brecha fiscal existe un efecto ou externalidade negativa (spillover) xerada cara á economía formal.\nEsta última hipótese ten dobre interpretación dependendo de cal dos dous feitos se observen. Mediante a.3 conséguese controlar o sector informal, impulsando o crecemento do formal, pero b.3 indica que o crecemento económico se ve danado. Isto último ocorre cando a economía mergullada crece e a oficial decrece. A Figura 1 mostra en azul o sector formal e en laranxa o informal. En todo momento existe correlación negativa, cumpríndose H3. Con todo, o porqué do seu cumprimento cambia co feito considerado.\nEste traballo usa datos de países da OCDE, considerados países desenvolvidos. Nestes indicouse que podiamos presupor que existen normativas efectivas para regular a economía oculta. Isto non é máis que o feito a.3 que implica H3. Así que podemos agregar unha nova hipótese referida a que nos países desenvolvidos a dirección da relación entrambos os sectores sexa negativa.\nH4. Se se cumpre H3 por a.3, entón os países desenvolvidos manteñen unha correlación negativa que permite controlar a informalidade.\nPor último, obsérvase que estas hipóteses non son independentes, senón que están xerarquizadas por H1, así que nunca se cumprirán H2, H3 e H4 se primeiro non se cumpre H1. A Figura 2 resume a estratexia empírica.\n3.2. Descrición e desenvolvemento do modelo\nDenotamos O e U aos sectores oficial e informal, respectivamente, cuxas funcións de produción neoclásicas son:\nCada factor produtivo usa o subíndice de acordo co sector no que está involucrado. K e H o capital físico e humano, mentres que L é o traballo. É importante indicar que a economía mergullada é a única que poderá exercer un efecto directo sobre a produción, pois aparece na función (1). Por suposto non quere dicir que a economía oficial non inflúa sobre a informal, porque en realidade o pode conseguir de forma indirecta, por exemplo cunha mellora no control da fraude fiscal. Por tanto, de darse esta situación, será implicitamente a través dos inputs en (2). Diferenciando respecto ao tempo en cada función:\nO produto agregado é:\nE sabendo que as produtividades marxinais entre sectores difiren nunha proporcióntal que:\nEntón usando esta última ecuación xunto con (5) resulta en2\nOnde . Operando en (7)3:\nObtense o PIB per cápita como función das contribucións ao crecemento por parte do capital físico investido e mais do capital humano. O factoraglomera o efecto que produce a economía mergullada sobre o crecemento económico. En particular, FU representa o efecto marxinal da externalidade producida cara á economía oficial. Esta expresión determina que os axentes traballando no sector menos produtivo se trasladen ao máis produtivo mediante o transvasamento de inputs.\nEsta non é a expresión central para o presente traballo, posto que as hipóteses preestablecidas no apartado 3.1 concretan os feitos económicos que levan un ou outro sentido na correlación de ambas as economías, así queresulta demasiado xenérico para o noso obxectivo. No seu lugar, pódese transformar nunha expresión alternativa (Feder, 1983):\nE para o caso especial :\nDestas tres últimas expresións, a primeira servirá para corroborar H1, o que sucede se e só sese mostra estatisticamente significativo e é distinto de cero. En (9) pódense desagregar os efectos, de modo que constitúe o máximo interese ao poder indagar na vía que usa a economía mergullada para influír no crecemento da oficial. Se o fai a través do diferencial en produtividades marxinais, observarase mediante , e se fose a partir de externalidades, ocorrerían por . A ecuación (10) serve para comprobar o efecto illado da externalidade, sendo interpretado como medida de robustez, de acordo co obtido en (9).\nA Táboa 1 encaixa as hipóteses concretadas na “linguaxe” do modelo4. Na primeira columna obtéñense efectos positivos para o crecemento económico, é dicir, unha correlación intersectorial positiva dada maioritariamente por aquelas actividades cuxa motivación non é delituosa (as que se definiron como Legais no apartado 2). Este signo compróbase nos coeficientes estimados das variables que aparecen nas filas.\nPor exemplo, un efecto positivo producido por unha maior produtividade marxinal no sector informal observaríase cando o coeficiente asociado ás variables de interacciónfose positivo, xa que por (6) se deduce quee na estimación obsérvase. Isto é precisamente o feito a.2 que implica H2. É necesario lembrar que, en cambio, o signo negativo non implica sempre dano ao crecemento económico, posto que H3 por a.3 significa que a produtividade marxinal da economía mergullada é menor. Efectivamente, en (6) tense quee por iso na táboa . Que a economía oculta creza menos ao terse aplicado normas efectivas para controlala, implica na relación inversa un impulso ao crecemento da economía formal.\n3.3. Resultados da estimación\nCon datos de 29 países da OCDE5 para 25 anos (OECD, 2002), concretamente no intervalo anual 1991-2015, constrúese un panel balanceado que permite a estimación das ecuacións (8), (9) e (10). A diferenza de Saunoris (2018)\n6, empregáronse mellores técnicas econométricas de datos de panel. Isto representa unha ocasión para corrixir os importantes problemas metodolóxicos que supuxo o estudo da economía mergullada, e non só no tocante á correlación intersectorial (Mauleón e Sardà, 2018). En particular, usar o estimador de efectos fixos, aleatorios, e de panel dinámico conduce a un valioso intento para paliar o potencial desvío de omisión proveniente de incluír só dúas variables referidas á economía mergullada.\nCase todas as variables foron extraídas da Penn World Table 9.1 (Feenstra et al., 2015). En particular, o investimento calculouse aplicando a proporción de formación bruta de capital fixo en PPP sobre o PIB per cápita, o capital humano representa un índice baseado nos anos medios de escolarización e retornos da educación e o PIB foi calculado en PPP constante con base en 2011. Os datos de economía mergullada en termos de proporción sobre o PIB oficial proveñen de Medina e Schneider (2018). Isto é unha restrición importante, posto que se depende do erro de estimación, o cal adoita ser importante co método indirecto empregado por estes autores (Mauleón e Sardà, 2018). No entanto, as estimacións destes autores adoitan ser as máis usadas, e de feito tamén aparecen no traballo de Saunoris (2018). Con isto obtense , así que para conseguir, ademais, a economía mergullada absoluta para a variable , cómpre multiplicar esa porcentaxe polo PIB per cápita.\nPor último, optouse por escoller como variable dependente o PIB per cápita sen incluír a economía mergullada7. En contraste coa decisión de Saunoris (2018), ao analizar as interrelacións é máis fácil e realista considerar que o sector informal inflúa soamente no formal e non na suma de ambos. A razón de peso detrás deste inciso radica en que os métodos indirectos, que son os máis empregados para calcular o tamaño da economía mergullada (como para o caso dos datos que se empregarán neste traballo), asumen que nos rexistros oficiais xa se atopa unha parte dela. Ao haber un certo grao de solapamento, non se debe sumar o tamaño absoluto estimado desta co PIB de partida, pois o máis normal é que implique un problema de dobre contabilización e de endoxeneidade na ecuación estimada (Prado, 2004). A idea detrás deste traballo é separar o máximo posible ambos os sectores co fin de analizar mellor as influencias dun sobre outro.\nAs estimacións por primeiras diferenzas teñen unha perturbación que fai que os resultados coincidan coas estimacións por efectos fixos, así que a información que achegan as variables en diferenzasresultou redundante. No seu lugar, só se presentan as estimacións por efectos fixos. A Táboa 2 mostra os resultados deste método.\nEn ningunha ecuación estimada o capital humano era satisfactorio, pois o seu coeficiente sempre resultaba negativo, así que se eliminou co obxecto de que non crease problemas de especificación. No seu lugar, o coeficiente asociado ao investimento si que se mostra significativo e co signo apropiado. A ecuación (8) aparece cos dous regresores significativos ao nivel do 1%. É interesante observar que o coeficiente asociado á variable de interacción é positivo . Este é o efecto global que produce a economía mergullada sobre a oficial, indicando que, en xeral, a economía informal contribúe efectivamente ao crecemento económico. É importante lembrar que esta ecuación non é a de maior interese para o presente estudo, xa que non desagrega a influencia da informalidade. Por tanto, só se recorre a ela para demostrar que existe un efecto significativo por parte desta economía. Entón, cúmprese H1. A ecuación (9) proporciona unha aparente boa fiabilidade, ao mostrar os seus regresores significativos mesmo ao nivel do 1%. Agora obsérvanse por separado os efectos. Tense unha correlación negativa segundo ambos os coeficientes. É dicir, de acordo coa Táboa 1 cúmprese H3 tanto por a.3 como b.3, así que a economía mergullada é controlada efectivamente porque a súa produtividade marxinal é menor que a oficial, de forma que se estima que é un % menor, pero á vez dana o crecemento económico porque xera unha externalidade negativa, . Como o panel está composto soamente por países da OCDE e cúmprese H3 por a.3, inmediatamente cúmprese tamén H4. Os países desenvolvidos contan cunha correlación negativa cando menos porque se contén de forma efectiva o crecemento da economía mergullada, incidindo sobre a súa produtividade marxinal, aínda que hai unha parte dela que dana a evolución da oficial mediante unha externalidade negativa, tal como a erosión fiscal. A ecuación (10) xorde para o caso especial . O coeficiente asociado á variable de crecemento do PIB informal resulta negativo e significativo ao mesmo nivel que para os casos anteriores. Ademais, a varianza robusta estimada dediminúe notoriamente, así como o seu coeficiente. Entón, a externalidade produce unha correlación negativa entrambos os sectores, permitindo concluír o mesmo que na estimación de (9).\nPara tentar darlles robustez a estes resultados, repetiuse a estimación usando a regresión de efectos aleatorios. O resultado aparece na Táboa 3. Os resultados son practicamente iguais respecto dos das estimacións por efectos fixos.\nAnte a robustez obtida con estes dous métodos, hai que sinalar que comparten tamén problemas do mesmo tipo. Por exemplo, existe un problema de heterocedasticidade, xa que nou superan as probas de Wald nin de Breusch-Pagan, respectivamente. Ademais, mostran importantes problemas de autocorrelación segundo o test de Woolridge. A regresión por efectos aleatorios merece unha atención especial. O estimador factible de MCG, representado por , é cero. Iso quere dicir que a estimación podería realizarse mediante MCO cun resultado similar. O test de Hausman non rexeita a hipótese nula de MCG eficiente, así que efectos aleatorios é preferido a efectos fixos. En definitiva, estimar mediante efectos aleatorios reportaría un resultado minimamente satisfactorio.\nPara atallar estes problemas introdúcese o primeiro retardo da variable dependente (Sheridan, 2014). Ao facer isto en datos de panel, é necesario escoller con coidado o estimador e por iso emprégase o de Blundell e Bond (1998), reportando resultados similares se se realizaba a estimación nunha ou dúas etapas e se se incluían ou non as variables en niveis. As novas estimacións, esta vez de panel dinámico, aparecen na Táboa 4. En toda as ecuacións estimadas obsérvase significación individual dos coeficientes sempre ao nivel do 1 %, así como significación conxunta segundo o test de Wald. O novo regresor correspondente ao primeiro retardo da variable dependente deduce un coeficiente estimado negativo e significativo de acordo á literatura sobre o crecemento neoclásico (Saunoris, 2018). Respecto ao resto de regresores, variaron máis que cando se comparaban os dous primeiros métodos, pero seguen conservando o sentido da relación en todo momento e igualmente a significatividade. Finalmente, en todas as ecuacións o test de Arellano e Bond (1991) non rexeita a hipótese de ausencia de correlación serial de segunda orde, e o test J de Hansen non acha evidencia en contra de que as restricións de sobreidentificación sexan correctas.\nEsta análise conclúe que a economía mergullada e a oficial exhiben unha correlación negativa. Inicialmente pola ecuación (8), percíbese que o sector oculto produce un efecto sobre o crecemento económico. Coa especificación máis concisa e igual de válida da ecuación (9), afóndase nesta cuestión e resulta que cando a economía mergullada decrece é cando favorece o estímulo económico, de maneira que os axentes informais se cambian ao sector oficial posto que posiblemente as regras institucionais conseguen controlar a presenza desta economía, reducindo a produtividade marxinal correspondente. Por outra banda, debido ao signo da relación, é inevitable que cando a economía mergullada tenda a crecer acabe por danar o crecemento económico mediante unha externalidade negativa, como pode ser a diminución orzamentaria pública, entre outras que se revisaron.\n4. Conclusións\nO feito de que unha produción non estea rexistrada carrexa consecuencias que a priori se poderían supor positivas ou negativas. O presente traballo revisou boa parte delas, en particular as de tipo económico, pero co obxectivo adicional de indagar que implicacións supoñen sobre o crecemento económico.\nEstas consecuencias determinan a correlación entre economía mergullada e economía oficial. Ata agora a escasa literatura tratou de usar unha longa lista de variables, o que supuxo unha ambigua interpretación dos resultados ao non concretar que tipo de efecto predomina. Ademais, aínda non fora explorada esta cuestión en países desenvolvidos.\nPrecisamente para evitar este problema seguiuse a Saunoris (2018), cun modelo baseado no de Feder (1983) e Ram (1986), con datos de 29 países da OCDE durante o período 1991-2015. Do mesmo xeito que este autor, a través de tan só dúas variables relacionadas coa economía mergullada lógrase unha concreción importante das implicacións que esta supón, salvando boa parte dos problemas de interpretación. Unha desvantaxe é que o parámetro da externalidade, asociado coa variable de crecemento da economía mergullada, aglutina moitas das consecuencias descritas na literatura. Para unha maior claridade de cales son os efectos aos que nos referimos cando usamos só esas dúas variables, no subapartado 3.1 indicouse, en forma de hipótese, un resumo dalgúns dos feitos que posiblemente estean detrás da externalidade e do diferencial de produtividades. Tampouco hai que perder de vista que o modelo require datos de economía mergullada como variable independente. Isto é unha clara limitación, xa que as estimacións dependerán en parte do erro incorporado nestes datos. Aínda así, as estimacións de economía mergullada proveñen de Medina e Schneider (2018), que foron utilizadas frecuentemente.\nA estimación levouse a cabo coas técnicas de regresión usuais de datos de panel, para así tentar liquidar, por exemplo, un desvío de omisión moi plausible por empregar só tres variables. Os resultados mostran que a economía mergullada produce un efecto significativo sobre o crecemento económico. En particular, cando o produto oculto descende por culpa dunha produtividade marxinal decrecente, impulsa o crecemento económico se ademais a dita produtividade é menor que a oficial. Isto pode deberse, por exemplo, á aplicación efectiva de normas que incidan sobre ese factor. Por outra banda, se o PIB oculto crece, dana o crecemento da economía oficial posto que xera un efecto ou spillover negativo, como pode ser a acentuación da brecha fiscal. Estes dous efectos confirman as hipóteses que implican unha correlación intersectorial negativa. Os resultados son case invariantes usando efectos fixos e efectos aleatorios, o que confirma a robustez destes. Con todo, demostran problemas de heterocedasticidade e de autocorrelación serial, así que a estimación é repetida co primeiro retardo da variable dependente. O panel dinámico resultante é estimado apropiadamente, ofrecendo resultados máis fiables e similares aos anteriores en termos de interpretación económica.\nA conclusión é oposta respecto do estudo de referencia realizado por Saunoris (2018). Isto probablemente sexa debido a que ese autor usa como variable dependente a suma de PIB rexistrado e PIB oculto. Efectivamente, o PIB oculto aparece tanto á esquerda como á dereita das ecuacións para estimar, polo que recae nun problema de dobre contabilización e de endoxeneidade. O presente traballo conseguiu separar efectivamente ambos os sectores, funcionando o PIB oficial como variable dependente e o PIB mergullado como independente.\nO alcance dos resultados reflíctese na importancia de que exista un aparello lexislativo capaz de controlar os factores que promovan a retardación do crecemento da economía informal, posto que iso implica que se bloqueen algunhas das externalidades negativas sobre o crecemento económico. É necesario lembrar que o devandito efecto negativo era producido polas actividades cuxa natureza é delituosa (narcotráfico, fraude fiscal, etc). Con todo, as posibles achegas ao crecemento económico proveñen das actividades cualificadas como Legais segundo a terminoloxía do segundo apartado (venda ambulante, economías domésticas, etc.). Xa que logo, se se quere controlar a economía mergullada, débense ofrecer garantías a aqueles axentes cuxa intención non se fundamentaba nun acto delituoso, é dicir, que os axentes involucrados en actividades legais nese sector se vexan incentivados a tentar desenvolver na medida do posible as súas actividades económicas no sector oficial. Isto pode lograrse con medidas de eficiencia produtiva para evitar o caso dos elevados custos burocráticos na creación de empresas, entre outras. Tamén se debe incidir nunha maior liquidez e facilidade de financiamento. Entón, no momento en que as actividades económicas non vexan aseguradas a súa continuidade e incluso previamente á súa creación (o caso dos emprendedores), a correlación debería tender a ser positiva, porque os axentes atopan máis incentivos no sector informal. Pero á vez, tamén os axentes delituosos realizan actividades prexudiciais para o crecemento económico, como vimos. Por tanto, os policy-makers enfróntanse ao dilema de permitir asignacións en parte eficientes no sector informal ou de pechalo o máximo posible, porque o custo de oportunidade de mantelo é moi elevado. Este traballo axuda a aclarar mellor esta decisión, xa que o estudo mostra que un predominio de correlación negativa significa que o crecemento económico pode ser danado. Os policy-makers deben preocuparse do tamaño desta economía pero sen esquecer que, se van combatela, han de ofrecerlles os incentivos suficientes aos axentes legais.\nA análise podería ser repetida cunha mostra máis grande ou aplicada a países pobres, onde deberiamos esperar externalidades negativas e unha maior produtividade marxinal informal, pois se supón que as institucións son menos efectivas. A modo de extensión, proponse indagar nos mecanismos que inciden no ánimo dos axentes a trasladar as súas actividades entre os dous sectores. Isto suporía unha mellor comprensión das causas de economía mergullada, á vez dunha separación máis clara entre actividades Legais e Delituosas. Con iso, os policy-makers saberían atallar con maior certeza os efectos separados de cada tipo de economía.\nO traballo mostra como o crecemento económico se ve afectado a través das consecuencias de que convivan dous tipos de economías. Non obstante, non só se deberían de ter en conta as implicacións produtivas. A economía mergullada é tamén un fenómeno social, que incide na vida das persoas desde unha perspectiva psicolóxica. Mesmo no caso de demostrar que existe unha correlación positiva debido a unha externalidade positiva, non é algo totalmente representativo, xa que esa externalidade pode vir acompañada de implicacións sociais prexudiciais provenientes de actividades daniñas para a sociedade, especialmente as relacionadas con actos delituosos. Debe facerse fincapé na necesidade dun estudo co foco ampliado cara a campos como a psicoloxía ou a socioloxía. Así, cunha visión conxunta, teríase unha verdadeira imaxe do que supón a aparición destas actividades económicas."} {"summary": "No ano 2020 a porcentaxe media da poboación mundial que vivía nas cidades foi do 56%, sendo a media de Europa dun 74%. Nunha enquisa feita no ano 2021 á poboación europea infírese que os tres principais retos que encara a humanidade son o cambio climático, a falta de auga e a propagación de enfermidades. De feito, a dispoñibilidade de auga limpa e un correcto saneamento da mesma constitúe un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel marcados na Axenda 2030 (ODS 6), polo que cómpre facer unha correcta xestión do ciclo de auga nas cidades, comezando polos sistemas de potabilización, para reducir a pegada hídrica. Os fogares xogan un papel preponderante nesta meta, xa que adaptar o consumo de auga as necesidades reais pode facerse de xeito sinxelo seguindo unha serie de pequenas accións accesibles económica e tecnoloxicamente. Asemade, a I+D+i actual está a debullar a EDAR do século XXI, encamiñando a súa evolución ata o deseño dunha biofactoría capaz de recuperar os recursos materiais e enerxéticos presentes nas propias augas residuais, aspecto compatíbel co seu obxectivo primoxénito de eliminar as substancias contaminantes antes da súa vertedura.", "text": "A xestión da auga nos fogares é unha condición sine qua non da cidade sustentábel do futuro\nCIDADES E CIDADÁNS\nDende finais do século XX, estase a producir un aumento continuado da poboación mundial que vive nas cidades (Figura 1) e no ano 2020, a media mundial xa atinxiu un valor do 56%, existindo diferencias substanciais para os diversos continentes (Figura 2). Así, os países de América do Norte sitúanse á cabeza cunha porcentaxe do 82%, seguidos de Hispanoamérica (81%) e Europa (74%). Ademais, existe unha tendencia imparábel no aumento do número de megacidades (aquelas que superan os 10 millóns de habitantes e cunha densidade de poboación preto das 2.000 persoas por km2). Os territorios que maioritariamente están a crecer son os países emerxentes como China e India (Hoornweg e Pope, 2016). En 2010, 757 millóns de persoas residían nas 101 cidades máis grandes, o 11% da poboación mundial. Para finais de século, as diferentes estimacións demográficas sinalan que a poboación mundial pode oscilar entre 6.900 e 13.100 millóns de persoas, das cales entre o 15-23% poderían residir nas 101 megacidades.\nEste movemento demográfico fai que as cidades pasen a xogar un papel preponderante na procura dunha sociedade sustentábel. A cidade do futuro definirase inescusabelmente, entre outros factores, por atinxir unha boa xestión das entradas e saídas de materia e enerxía nos fogares. Así, existen tres situacións que provocan tamén gran inquedanza nos fogares pola súa ausencia (enerxía e auga) ou acumulación (residuos).\nEn xullo de 2021, o eurobarómetro publicou os resultados (Eurobarometer, 2021) das enquisas realizadas a uns 26.000 cidadáns dos diferentes países da UE co obxectivo de coñecer cales son os problemas máis graves que ten por diante a humanidade (Figura 3). Os tres primeiros problemas para a poboación europea (UE27) corresponderon a: (i) cambio climático; (ii) pobreza, fame e falta de auga; e (iii) propagación de enfermidades (claro exemplo do impacto da COVID-19). Os cidadáns españois coinciden basicamente na listaxe priorizada dos problemas, pois dous dos problemas relacionados co medio ambiente (cambio climático e falta de auga) atópanse entre os que presentan maior importancia, relegando a propagación de enfermidades ao cuarto lugar, xa que a sempiterna cuestión da situación económica ocupou a primeira posición.\nA ONU pola súa parte tamén puxo o foco na cuestión da auga, pois nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) enmarcados na Axenda 2030 adica o número 6 á “Auga Limpa e Saneamento”. Actualmente existen millóns de persoas que carecen de servizos básicos de acceso á auga potábel, con datos claramente demostrativos desta situación tan problemática: unha de cada tres persoas non ten acceso á auga potábel salubre e dúas de cada cinco persoas non dispoñen dunha instalación básica destinada a lavarse as mans con auga e xabón. A peste da COVID-19 puxo de manifesto a importancia transcendental do saneamento, a hixiene e o acceso axeitado á auga limpa para prever e conter as enfermidades. A Organización Mundial da Saúde (OMS), sinalou dende o primeiro momento que o lavado das mans era unha das accións máis efectivas que se podían facer para reducir a propagación de patóxenos e facer unha profilaxe fronte ás infeccións, incluído o virus da COVID-19. Polo tanto, non cabe dúbida que a dispoñibilidade de auga e o seu correcto saneamento, así como reducir a pegada hídrica son retos que a sociedade ten na actualidade para atinxir un futuro sustentábel.\n2. CONSUMO DE AGUA E PEGADA HÍDRICA\nO acceso á auga no mundo é bastante desigual, existindo unha clara diferenza entre os países do hemisferio norte e sur, pois no continente africano as infraestruturas hidráulicas son escasas ou practicamente nulas. Se analizamos o continente europeo, onde o desenvolvemento de infraestruturas hidráulicas é moi semellante, o consumo medio de auga nos fogares no ano 2018 foi de 50,2 m3 por habitante (aproximadamente uns 138 L diarios). Agora ben, existen variacións notábeis entre os diferentes países; por exemplo, 53 m3/hab de España, 69 m3/hab de Italia ou 107 m3/hab de Grecia (Figura 4).\nA pegada hídrica é un indicador ambiental que cuantifica o volume total de auga doce usada ao longo de toda a cadea de valor dos produtos, procesos ou servizos. Aplícase ao cálculo de bens e servizos consumidos por un individuo, unha comunidade, un produto ou unha empresa. Existen dúas metodoloxías de cálculo para este indicador: a descrita pola rede de pegada hídrica (WFN, polas súas siglas en inglés) ou a definida pola norma ISO 14046:2014.\nSegundo o enfoque da WFN, a pegada hídrica pódese dividir en tres tipos de indicadores en función da súa procedencia:\nAuga verde: relacionada coa auga de choiva incorporada no produto ou a evapotranspirada polas plantas.\nAuga azul: relacionada co consumo de auga doce.\nAuga gris: relacionada coa calidade da auga e a súa contaminación debido á vertedura de substancias contaminantes nun proceso.\nPola contra, a ISO 14046 basease na metodoloxía da Análise de Ciclo de Vida (ACV) descrita pola ISO 14040:2006. A aplicación da filosofía de ciclo de vida implica a avaliación dos impactos ambientais directos e indirectos dende o berce ata a cova, incluíndo a cuantificación das cargas ambientais asociadas ás etapas de extracción de materias primas, transporte, produción, distribución, uso e fin de vida. En consecuencia, a norma ISO 14046 non só contabiliza o volume de auga consumido, senón que tamén avalía os posibles impactos medioambientais relacionados con devandito consumo mediante o uso de indicadores relacionados coa auga.\nNun estudo publicado no ano 2018 por González-García e col. analizouse o impacto ambiental de 26 cidades españolas coa metodoloxía da ACV. A mostra das cidades tivo en conta os datos de poboación, hábitos e a súas características sociais, económicas e xeográficas (Táboa 1).\nO valor medio da pegada hídrica para a mostra de cidades españolas consideradas foi de 64±9 m3 por habitante equivalente e ano. Existe unha flutuación significativa entre as diferentes cidades que está directamente relacionada coas taxas de consumo de auga (Figura 5). Unha das cuestións máis relevantes é que non existe unha relación directa entre aquelas zonas climáticas sometidas a un maior estrés hídrico e unhas pegadas hídricas máis pequenas, xa que son os hábitos das cidades as que determinan en maior proporción os datos finais de consumo de auga.\n3. XESTIÓN DA AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO\nO réxime de precipitacións e a duración das secas están a mudar de xeito acelerado, produto da emerxencia climática que estamos a vivir polo quecemento constante e paulatino do planeta. Por todo isto, un consumo responsábel da auga ten que ser unha prioridade do noso comportamento ético.\nMinimizar o consumo de auga non só ten efecto sobre unha boa xestión dos recursos hídricos, senón que tamén está intimamente relacionado co cambio climático. Así, a potabilización de augas implica un valor medio de 350 g de CO2eq por m3, debido ás emisións indirectas dos compostos químicos e enerxía que se consumen nas diversas operacións de tratamento físico e químico nas estacións potabilizadoras de augas (Figura 6). De feito, “fabricar” unha auga de tan alta calidade para que parte da mesma se empregue finalmente na cisterna dunha latrina supón unha das aberracións máis cotiás que nos podemos atopar nunha casa. Asemade, o consumo de auga tamén deriva nun caudal de auga residual que á súa vez debe tratarse nunha estación depuradora de augas residuais, cunha emisión media de 500 g de CO2eq por m3, para eliminar a contaminación orgánica que contén. A estas dúas etapas cómpre engadir os impactos derivados da rede de distribución de auga potábel e da rede de sumidoiros. Polo tanto, no intre no que se está a discutir a necesidade dunha redución drástica das emisións de dióxido de carbono, cómpre ser consciente dos procesos e accións que contribúen en maior ou menor medida á emisión de gases de efecto invernadoiro.\n4. BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN DA AUGA NOS FOGARES\nNos fogares podemos seguir un conxunto de boas prácticas encamiñadas a unha redución de consumo de auga que vai supor efectos positivos directos sobre a economía familiar pero que tamén vai contribuír a un mellor desempeño ambiental (Figura 7). Entre as principais accións pódense destacar:\n- Evitar as pingueiras das billas, xa que cada unha delas pode chegar a significar unha perda de ata 30 L diarios. Esta cantidade significa, aproximadamente, o volume de auga que bebe comunmente unha familia de 3 membros durante unha semana laborábel.\n- Pechar as billas da ducha cando non se emprega, xa que cada minuto aberta supón un gasto de 20 L. Un par de minutos diarios nunha familia de tres membros supón ao longo do mes un volume de 3,6 m3.\n- Unha lavadora ten un consumo que oscila entre 50 e 100 L e as lavalouzas poden chegar aos 50 L. Optar por modelos que minimicen a pegada hídrica é sempre unha boa opción.\n- Os inodoros gastan uns 10 L cada vez que tiramos da cisterna. Neste caso hai diversas opcións no mercado: (i) empregar auga dos lavadoiros ou pluviais para as cisternas (as denominadas augas verdes) e (ii) minimizar o consumo de auga ao optar por inodoros que operan á baleiro (similares aos dos avións, aínda que neste último caso existen problemas a resolver como o ruído que producen).\n- O rego debe combinarse cunha optimización da auga necesaria (por exemplo, o sistema de gota a gota) co emprego de augas grises ou rexeneradas.\n5. SANEAMENTO NO SÉCULO XXI\nAs estacións de depuración de augas residuais (EDAR) que se operan actualmente xa teñen introducidos os conceptos de innovación desenvolvidos a finais do século XX, nos que non só a eliminación de carbono (procesos de aerobios e anaerobios) senón tamén de nitróxeno (procesos de nitrificación-desnitrificación) e fósforo están contemplados co gallo de minimizar os impactos de eutrofización que a vertedura das augas residuais tratadas poidan ter nos leitos dos ríos e lagoas (Lema e Suárez, 2017).\nEntre as principais liñas de investigación actuais que virarán o deseño e operación das EDAR nos vindeiros anos podemos destacar:\nDescentralización vs centralización dos sistemas de saneamento. Mentres que as plantas de tratamento de augas residuais centralizadas deben evolucionar no seu deseño e funcionamento para adaptarse a un escenario de crecente demanda de auga, enerxía e recursos, o enfoque descentralizado xurde como a opción a considerar en pequenas comunidades ou zonas residenciais onde a produción de bioenerxía pode mellorarse a través da recuperación da materia orgánica ou onde a inversión na rede de sumidoiros para a conexión a unha instalación centralizada pode ser tecnolóxica ou economicamente inviábel (Estévez e col., 2021). Unha visión a longo prazo desta hipótese sería considerar cada casa ou rueiro como a estación espacial orbital e que se puidese integrar nun aproveitamento autosuficiente do ciclo da auga.\nMicro- e nanocontaminantes. As novas directivas europeas fan fincapé na importancia de eliminar das augas residuais os micro- e nanocontaminantes ou contaminantes emerxentes, constituídas por aquelas substancias químicas orgánicas, naturais ou de síntese, que tras o seu uso chegan ás EDARs, onde están presentes en concentracións moi baixas (ppb – parte por billón, µg/L –; ou ppt – partes por trillón, ng/L –). Na Táboa 2 reflíctese unha escolma do tipo de compostos químicos que se poden atopar nas EDAR. A súa eliminación implica o desenvolvemento e optimización de novos sistemas físicos-químicos, como os sistemas de oxidación avanzada (González-Rodríguez e col., 2021), e biolóxicos (Arias e col., 2018; Lloret e col., 2013).\nEDAR vs Biofactoría. Evolucionar o concepto das EDAR como instalacións adicadas ao tratamento das augas residuais e evitar a vertedura de substancias contaminantes, ao deseño de biofactorías orientadas ao aproveitamento da enerxía e recursos materiais que posúe a propia auga residual. Neste senso, a obtención de bioplásticos; por exemplo, os PHA (Polihidroxialcanoatos, polímeros formados basicamente por cadeas de hidroxibutirato e valeratos) é unha das opcións que se barallan. Outra opción que tivo un relanzamento é a obtención directa de fertilizantes, máis aló do uso de lodos estabilizados, como, por exemplo, a estruvita (un fosfato hidratado de amonio e magnesio) (Crutchik e col., 2017)."} {"summary": "A Cooperación Transfronteiriza (CT) alcanza actualmente un protagonismo como non alcanzara noutro momento histórico. Baixo esta perspectiva, a necesidade de identificar factores críticos para lograr o éxito territorial é fundamental mediante estratexias de CT que conduzan a unha mellora da calidade de vida das poboacións residentes. O obxectivo principal deste traballo é analizar as eurocidades luso-españolas. Este estudo salienta a necesidade de articular un proxecto conxunto entre actores de ambos os lados da fronteira, pero no que a participación da poboación local tamén sexa considerado un factor fundamental, entre tantos outros que se deben ter en conta, para que o proxecto alcance o éxito. Ademais, este traballo presenta unha novidade para a literatura temática ao sacar á luz como estes proxectos de CT de eurocidades evolucionaron e como poderían ser a nova tendencia e o catalizador do desenvolvemento territorial sustentable nas súas rexións.", "text": "O fenómeno da Cooperación Transfronteiriza na Península Ibérica: unha mirada retrospectiva ás eurocidades luso-españolas\nINTRODUCIÓN\nA Cooperación Transfronteiriza (CT) alcanza actualmente un protagonismo como non atinxira noutro momento histórico, non só debido ao seu potencial de integración territorial senón polo seu papel en procesos supranacionais, por exemplo na creación de infraestruturas ou en proxectos de plan común en territorio europeo (Vulevic et al., 2020a). A problemática gana maior preponderancia ao considerar que un terzo da poboación europea habita en áreas fronteirizas, as cales son as máis afectadas polas políticas da Unión Europea (UE), así como tamén polas carencias que aínda presentan estas políticas (Baptista et al., 2013; Castanho, 2020).\nAdemais, a sustentabilidade converteuse nun novo paradigma, aínda que non hai consenso sobre a súa definición (Loures et al., 2019a; Jorda-Capdevila et al., 2020). Actualmente, o concepto de sustentabilidade é considerado como unha máxima no que concirne ao plan urbano, situando no epicentro a deterioración económica que moitos países desenvolvidos chegaron a sentir, e que empeora case a diario (Castanho, 2017).\nPor tanto, a investigación explora a percepción do público e de expertos na área do plan urbano, co obxecto de identificar como as políticas e as metodoloxías utilizadas no procedemento de CT poden influír na vida da poboación, así como a súa aplicación para un correcto desenvolvemento sustentable nos proxectos de CT situados na fronteira luso-española, e particularmente nalgunhas das eurocidades ibéricas.\nContextualmente, o obxectivo principal deste traballo é realizar un exame retrospectivo sobre as eurocidades luso-españolas, como creceron e como é a súa relevancia para o desenvolvemento común e sustentable das rexións fronteirizas nas que están inseridas; neste caso, a zona fronteiriza hispano-portuguesa.\nNeste sentido, o estudo comeza coa presente sección introdutoria, seguido dunha breve revisión da literatura sobre o proceso de CT á luz da perspectiva integradora da UE, un enfoque metodolóxico sobre os métodos utilizados na parte experimental do traballo, os resultados e a súa consecuente discusión e conclusións, así como una sección de peche centrada nas limitacións do estudo e nas futuras liñas de investigación.\nDe feito, este traballo presenta unha novidade para a literatura temática ao sacar á luz como evolucionaron estes proxectos de CT (eurocidades) de segunda xeración, e que poderían supoñer a nova tendencia e o catalizador do desenvolvemento territorial sustentable nas rexións fronteirizas.\n2. A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA: UNHA BREVE VISIÓN XERAL\nNas últimas décadas, o tema das áreas de fronteira gañou unha gran presenza na escena internacional con respecto ao seu potencial integrador e ás súas funcións supranacionais, como a que exemplifica a unificación de Europa (Martín, 2013; Domínguez et al., 2015; Luxembourg Institute of Socio-Economic Research [LISER], 2015; Sohn e Giffinger, 2015).\nExisten experiencias de CT, non só en Europa senón en todo o mundo, desenvolvendo unha rede global de relacións entre cidadáns e tratando de crear as win-win situations (Bacova et al., 2015; Fadigas, 2015). Neste sentido, temos o Espazo Schengen, onde as relacións comerciais entre territorios flúen dunha maneira estable. En 1985, cinco Estados europeos (Alemaña, Bélxica, Francia, Luxemburgo e Países Baixos) decidiron suprimir os controis nas súas fronteiras interiores; así se orixinou o Espazo Schengen (Veemaa, 2012; Comisión Europea, 2016). As políticas de cohesión da UE levadas a cabo por Bruxelas foron cruciais para o bo funcionamento do proceso. Os programas de desenvolvemento rexionais e de cooperación territorial aplicáronse nos países veciños da UE mediante a Ferramenta da Asociación e do Bo Veciño, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento (Vulevic et al., 2020b).\nActualmente, as fronteiras son só liñas nos mapas. Pero, deberían selo? Hoxe en día este tema é posto en dúbida, espertando vellos fantasmas da Guerra Fría e da Segunda Guerra Mundial (Dale, 2016; Holmes, 2016). Como exemplo, a recente situación Ucraína-Rusia, a problemática entre Grecia e Alemaña, ou o incremento do terrorismo no continente europeo. Estas situacións conduciron a un debate cada vez máis exasperado sobre a libre circulación en Europa, así como o rexurdimento dun sentido de nacionalismo extremista entre os pobos europeos: crise económica, Brexit. Estes problemas lévannos á procura de estratexias para un novo enfoque a través das cales sexa posible lograr unha maior cohesión territorial. É aquí onde a identificación dos factores críticos para o éxito territorial1 é fundamental no escenario actual.\nProgramas de desenvolvemento e de cooperación territorial foron creados entre os países veciños da UE pola ferramenta de Neighbor Association e financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento. Segundo Castanho e Jurado Almonte (2021), máis dun terzo da poboación europea vive en zonas fronteirizas, resultando os máis afectados polas políticas comunitarias, así como coñecedores das carencias que aínda teñen estas políticas.\nNoutro sentido, a transformación das cidades en todo o mundo xerou unha preocupación cada vez maior pola necesidade de reformular a forma en que se desenvolven e cooperan entre si (de Sousa, 2003; Portney, 2003; Codosero Rodas et al., 2019; Loures et al., 2019a ; Couto et al., 2020; Naranjo Gómez et al., 2021). As políticas de ocupación do solo foron consideradas como unha ferramenta importante para a contención urbana, fomentando o desenvolvemento e a revitalización (Adams & Watkins, 2002; Willem, 2009; Naranjo Gómez et al,., 2018; Codosero Rodas et al., 2020; Couto et al., 2021).\nCon respecto á CT, e no que se refire á planificación territorial entre España e Portugal, hai proxectos e estudos nese mesmo sentido, como: COORDSIG, PLANEXAL, GEOALEX, OTALEX, OTALEX II, OTALEX C. Tamén no ámbito europeo destaca cada vez máis a CT, como é o caso da cooperación entre as cidades de Bratislava (Eslovaquia) e Viena (Austria), onde a primeira, grazas á dita cooperación, é unha das cidades de centro Europa cunha maior e máis rápida taxa de crecemento (Spirkova e Ivanicka, 2009).\nO breve marco inherente á CT lévanos a cumprir con algo similar ao que Emil Gött dixera a finais do século XIX: que a fronteira non debe ser algo limitador, senón algo que signifique o crecemento e a prosperidade entre as xentes.\n2.1. MARCO EUROPEO E PENINSULAR\nSegundo o Estudo para a estruturación dun modelo de desenvolvemento policéntrico e equilibrado para o territorio europeo, realizado pola “Cellule de Prospective des Périphéries Maritimes” (CRPM) en 2002, defínense os sistemas urbanos periféricos en función da estruturación do policentrismo europeo, e son xerarquizados segundo o comportamento dos seguintes indicadores: (i) Competitividade dos sistemas urbanos; (ii) Núcleo de decisión económica; (iii) Capital humano; (iv) Conectividade e dinámica (avaliados segundo o produto interior bruto (PIB) per cápita).\nO Polo Ibérico de Madrid aparece como Tipo I, Lisboa como Tipo II e O Porto como Tipo IV, igual que a área metropolitana de Sevilla. No caso de Lisboa, a súa cualificación defínese polo feito de ser considerado un sistema moi competitivo, que poderá ter un papel, a nivel económico, moi importante se se centra nas conexións exteriores da Unión Europea, debido á súa situación xeográfica privilexiada. Segundo o Centro de Sistemas Urbanos e Rexionais (CESUR, 2007), Madrid mantén un papel fundamental na articulación cos núcleos urbanos nacionais máis fráxiles. As áreas que presentan maior dinamismo económico, como son a área urbana da comunidade de Madrid e a Costa Ibérica, xunto ao fortalecemento da cooperación entre as cidades fronteirizas de ambos os países, representarían a última oportunidade para manter o desenvolvemento socioeconómico (CESUR, 2007). Novas ferramentas poñen en cuestión ese estudo, aínda que non debe ser descartado, pois serve como base para investigacións na mesma liña.\n2.2. AS EUROCIDADES\nAs eurocidades nacen como acordos entre municipios próximos. De feito, son aquelas cidades historicamente unidas, pero pertencentes a diferentes Estados da Unión Europea. Moitos autores afirman que a súa orixe se atopa nunha coalición informal establecida durante a conferencia de Rotterdam (1986), entre os gobernos de seis cidades líderes da UE –Barcelona, Birmingham, Frankfurt, Lión, Milán e Rotterdam–.\nO principio aséntase en compartir recursos e sinerxías para unha promoción conxunta. Con todo, no longo prazo, buscan converterse nunha soa cidade cun só goberno. Segundo Sampaio (1994, p.3): “A visión primordial destas cidades é mellorar colectivamente a súa presenza en Europa corrixindo os desequilibrios na política da UE e aumentando a cooperación diaria entre cidades para compartir experiencias, ideas e mellores prácticas”. De feito, a “necesidade” de compartir esforzos a través dun proxecto de eurociudade faise máis evidente en cidades modernas. Segundo Sampaio (1994, p. 3): “A Cidade Moderna require unha base económica activa que a faga competitiva e atractiva para o investidor, e queproporcione emprego aos seus cidadáns. Necesita unha infraestrutura sólida que estea ben mantida e funcione coa mínima intervención e coa mínima interrupción. Require políticas sociais, de saúde, educación e seguridade que proporcionen o marco para que a poboación viva a súa vida cotiá nun ambiente pacífico e racialmente integrado”.\nNeste sentido, os líderes da cidade (principais actores) danse conta de que, se fomentan o cumprimento dos desafíos sociais, económicos e ambientais que teñen en común, necesitan apartarse dalgúns métodos e enfoques do pasado, e desenvolver unha mentalidade para pensar e actuar en común (internacionalmente) (Griffiths, 1995). Por tanto, as cidades víronse atraídas cara a relacións de colaboración máis sólidas a través das cales poder ser máis eficientes, principalmente no desenvolvemento de políticas para enfrontar problemas comúns, promover empresas conxuntas, fomentar programas de investigación ou compartir técnicas e habilidades de información e boas prácticas, amplificando os impactos positivos do proxecto de CT e mitigando os negativos (Sampaio, 1994; Griffiths, 1995). De feito, os proxectos de eurocidades foron as redes máis influentes establecidas nas últimas décadas na UE. Ademais, segundo Griffiths (Griffiths, 1995, p. 5): “As Eurocidades parecen destinadas a converterse nunha das principais influencias na evolución dunha Política Urbana Europea”.\nNa fronteira luso-española observamos a CT entre centros urbanos con proximidade xeográfica, denominados eixes urbanos transfronteirizos, por exemplo: Chaves – Verín, Tui – Valença, Elvas – Badaxoz, Vila Real de Santo António – Ayamonte, entre outros de menor importancia (Trillo-Santamaría e Valerià, 2014).\n3. BREVE MARCO METODOLÓXICO\nO traballo baséase en métodos e ferramentas exploratorias, como é o caso do Método de Investigación de Estudo de Caso, proposto por Yin (2009), que permite extraer as percepcións dos expertos sobre os proxectos de cidades de CT analizados. A poboación de estudo consiste nos residentes das cidades, que expresaron os seus puntos de vista sobre o proxecto de CT en curso das súas cidades. Destes 20 casos de estudo, salientáronse os referentes aos procesos de CT na fronteira luso-española, particularmente algunhas daseurocidades ibéricas (Figura 1).\n3.1. OS FACTORES CRÍTICOS PARA O ÉXITO TERRITORIAL\nAsentándose na literatura temática, para este traballo consideráronse 14 factores críticos identificados por Castanho et al., (2018). Seguindo esa metodoloxía, a continuación explícanse os 14 factores críticoscon máis detalle, así como a forma de utilizalos en estratexias para os proxectos e para a xestión da CT.\nConectividade – Desprazamentos entre cidades: O factor da conectividade – desprazamentos entre cidades refírese á rede de transportes existentes entre elas, ou á importancia que esta poderá ter no éxito dos territorios. O factor tamén ten en consideración a facilidade, ou non, de mobilidade dos cidadáns entre os núcleos urbanos.\nFortalecemento da estratexia territorial: En casos específicos, por exemplo a existencia dunha localización xeográfica privilexiada, o fortalecemento da estratexia territorial é fundamental para que o procedemento de CT logre o éxito pretendido. Aínda no caso de que este factor non sexa tido en consideración, malia existiren vantaxes a priori, tales como a situación xeográfica ou a proximidade a fluxos comerciais, non se alcanzará un nivel máis elevado de desenvolvemento, e poderase correr o risco dun estancamento.\nEvitar a duplicación de infraestruturas: Este factor refírese á non duplicación de investimentos en áreas próximas, de maneira que os capitais públicos para o desenvolvemento dos territorios, a través de proxectos de CT, sexan utilizados de forma máis eficiente e consigan dar resposta a outras prioridades que poidan ser demandadas. Un exemplo é o caso de Basilea-Saint Louis, onde o euroaeroporto de Saint Louis ofrece cobertura ás poboacións próximas, como Basilea, evitando que o mesmo tipo de infraestruturas sexa duplicado.\nIncrementar o sentido de pertenza: O factor de fomentar o sentido de pertenza é fundamental para o éxito territorial dalgunhas rexións, dado que existen poboacións nas que o seu pasado conxunto se remonta a épocas anteriores ás divisións administrativas das fronteiras nos mapas modernos. Como exemplo, están os dialectos ou as especificidades culturais comúns, entre outros vínculos. Serían os casos de Haparanda-Tornio, Valga-Valka, ou Baiona-Donostia.\nOferta de infraestruturas diversificada - Eurocidadanía: Con base nos principios do factor de “evitar a duplicación de infraestruturas”, este vai máis alá. Tras a non duplicación de equipamentos, as poboacións de ambos os territorios teñen un carné de eurocidadán que lles permite beneficiarse das mesmas vantaxes no “outro lado da fronteira”. Xa ocorre, ou está en proceso de implementación, en casos como Chaves-Verín ou Tui-Valença.\nAcceso a fondos europeos: O acceso a fondos europeos é crucial para o éxito territorial de case todos os casos analizados, dado que mediante eses fondos se pode abordar unha gama máis ampla de temas fundamentais para o desenvolvemento, ao existir máis capital para os proxectos de CT. Con todo, para as rexións menos desenvolvidas e máis apartadas dos estándares do resto de Europa, o acceso a fondos europeos é aínda máis crítico para que se poida lograr o éxito territorial, principalmente mediante proxectos conxuntos de desenvolvemento territorial/rexional. Ruse-Giurgiu, Gorizia-Nova Gorica ou Oradea-Debrecen son só algúns dos exemplos.\nFortalecemento da economía: Sustentado en principios similares ao factor de “fortalecemento da estratexia territorial”, o factor de fortalecemento da economía aplícase a casos onde xa existe unha cohesión territorial, ou ben características que denotan vantaxes para un gran desenvolvemento dos territorios. Así, un fortalecemento económico, ou sexa, unha estratexia conxunta que permita lograr ese fortalecemento, é considerado como unha panca de rápido crecemento/desenvolvemento para os territorios. Aquisgran-Liexa podería ser un dos exemplos neste sentido.\nMellorar o nivel de calidade de vida: Mellorar o nivel de calidade de vida, buscando achegar as poboacións aos estándares europeos, é un dos factores críticos para alcanzar o éxito territorial. É de máxima importancia en territorios nos que o nivel da calidade de vida está demasiado afastado da media europea, por exemplo o caso de Cieszyn-Cesky Tesín.\nAtraer mocidade emprendedora: Atraer mocidade emprendedora á rexión, ou non deixar que esta saia fóra dela, é fundamental para crear unha base sustentable de desenvolvemento e de futuro para as rexións. Frankfurt Oder-Slubice é un bo exemplo de CT baseado neste factor.\nPlans xerais e obxectivos comúns: A elaboración de plans xerais conxuntos entre cidades de territorios distintos é primordial para que se logren obxectivos comúns. Co emprego de tales ferramentas colectivas, as cidades poden dar resposta a unha variada gama de cuestións onde sairán gañando ambos os municipios; e reforzarase o proxecto de CT. Proxectos actuais como o de Viena-Bratislava, en Centro Europa, son un bo exemplo de como este factor, unido a outros, é crucial para o éxito dos territorios.\nForte compromiso político: O compromiso político co procedemento de CT é, obviamente, un factor crucial para o seu éxito ou fracaso. Ter en consideración este factor é primordial para definir e lograr obxectivos conxuntos mediante a CT.\nParticipación cidadá: Dado que a participación da cidadanía é unha forma democrática de manifestación pública, e coñecendo a priori a súa capacidade de influír nas decisións políticas, o procedemento de CT non é unha excepción. Por iso, o factor da participación cidadá, xunto a outros como, por exemplo, un forte compromiso político, é visto como necesario para o éxito territorial.\nTransparencia e compromiso político: Transparencia a nivel fiscal/financeiro, xunto a un forte compromiso político nese mesmo sentido, é un factor crítico para que se logre o éxito. Coa transparencia pódense rastrexar e utilizar de forma consciente e clara os fondos destinados ao procedemento de CT. Este factor foi claramente identificado nos casos de estudo analizados, tales como Niza-Mónaco ou La Línea de la Concepción-Xibraltar.\nMercadotecnia e publicidade da eurocidade: A mercadotecnia e a publicidade, levadas a cabo ao redor dunha eurocidade,son consideradas como un factor crítico para o éxito, principalmente en territorios nos que a súa estratexia se basea na creación de eurocidades. Este factor pódese identificar en casos tales como Chaves-Verín e Tui-Valença.\n4. RESULTADOS\nNesta sección analízanse os proxectos de CT na fronteira luso-española. Neste sentido, utilizouse a metodoloxía de Castanho (2017) para facer o estudo a través da análise do traballo mencionado, e considerando os obxectivos propostos no presente artigo, utilizáronse tres das eurocidades ibéricas presentes nel. Seguidamente, preséntanse os resultados obtidos (resumidos) correspondentes a eses tres casos analizados, enfocando as súas problemáticas, retos e posibles solucións para o éxito do seu proxecto de CT.\nElvas – Badaxoz: Desde a fortificación á cooperación\nEn 2013 asinouse un protocolo entre a Cámara Municipal de Elvas e o Concello de Badaxoz. Deste acordo resultou o maior núcleo de poboación do interior de Portugal, con preto de 211.000 habitantes, a través da unión da cidade de Elvas, Alto Alentejo (Portugal), e da cidade de Badaxoz, Estremadura (España), co propósito de atraer máis emprego, investimentos e desenvolvemento ás cidades, constituíndose nesa data a eurocidade (Figura 2 e 3).\nA degradación/depresión socioeconómica que a rexión viña padecendo sufriu un empeoramento coa crise económica mundial de 2008, efecto que levou a un éxodo cada vez máis amplo de poboación nova, e a unha diminución de investimentos no territorio (Ribeiro et al., 2015). Aínda que estes problemas afectan a ambos os lados da fronteira, na parte portuguesa foron máis intensos, xa que a base da economía nacional e rexional era, e segue a ser, máis fráxil ca a española. Estas cuestións levaron a que as cidades buscasen un achegamento co fin de facerlle fronte a un problema común. Neste sentido, os municipios buscaron a cooperación mediante a creación da Eurocidade Elvas-Badaxoz (HOY, 2013; Municipio de Elvas, 2016).\nComo achega para a mellora do proxecto de CT desenvolveuse, no marco desta investigación, o “I Seminario en Planificación Urbana Sustentable\", onde foi posible reflexionar e debater sobre os retos da planificación urbana no contexto da Eurorrexión EUROACE (que comprende as rexións de Alentejo e Centro en Portugal e a comunidade autónoma de Estremadura en España) e mais no contexto local da Eurocidade Elvas-Badaxoz. Como unha das súas conclusións destacamos que, debido ás súas características ambientais, sociais e económicas, este territorio é particularmente sensible aos cambios que se están producindo nas súas cidades e aos retos que este novo urbanismo presupón para a sustentabilidade (Ambientólogos de Estremadura [ACAEX], 2015). Aumentar os investimentos, evitar a duplicación de infraestruturas, así como incrementar a calidade de vida son algúns dos retos de futuro, de acordo cos representantes dos gobernos locais presentes no debate do seminario citado no parágrafo anterior.\nAdemais, este proxecto de eurocidade pretende expandirse mediante a inclusión dos núcleos urbanos Campo-Maior (Portugal) e Olivenza (España). Así mesmo, recentemente reactivouse o proxecto de alta velocidade ferroviaria que conectará o porto de Sines coa fronteira española, a través das cidades de Elvas (Portugal) e Badaxoz (España).\nA través dunha breve análise da área de estudo, baseada na revisión da literatura existente así como no estudo das percepcións dos residentes (véxase o estudo de Castanho et al. de 2017 onde se avaliou en detalle este proxecto de eurocidade), saliéntase que para lograr o éxito dun proxecto de CT debe haber un seguimento constante, co fin de medir os cambios da realidade circundante e así detectar aquelas actividades realizadas que necesiten unha revisión para lograr os obxectivos previamente fixados. Neste sentido, a recompilación de información sobre as percepcións do cidadán é clave para o éxito. Ferramentas deste tipo foron tomadas en consideración na avaliación e análise da área de estudo, así como na identificación de factores fundamentais para o éxito do proxecto de CT.\nTui – Valença: Dous pequenos núcleos cunha gran visión\nO norte de Portugal e Galicia son bos exemplos de CT, con infraestruturas comúns grazas aos esforzos entre España e Portugal tales como o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía en Braga (Lima, 2012). Neste contexto, temos dúas pequenas cidades: Tui, pertencente á provincia de Pontevedra (España) e Valença, pertencente ao distrito de Viana do Castelo (Portugal) (Figura 4 e 5).\nTui e Valença, a finais do século XX, eran áreas rurais de baixa densidade onde imperaba unha competición comercial e social polas diferenzas de prezos dalgúns produtos, bens e servizos. Fronte a iso, os dous municipios acordaron a administración compartida de equipamento, o que conduciu á redución dos custos de xestión e á non duplicación de investimentos en áreas moi próximas. Nos últimos anos, un esforzo de plan conxunto levouse a cabo, fundamentalmente en saúde, deporte, turismo, lecer e cultura (Lima, 2012; Municipio de Valença, 2016).\nAs diferenzas na estrutura administrativa territorial seguen sendo un obstáculo para o desenvolvemento da CT. Os municipios buscan a creación dun carné de identidade da eurocidade coa finalidade de obter vantaxes sociais e comerciais, así como a creación dun servizo de transporte público entrambas as cidades xunto á xeración do primeiro corpo de policía municipal conxunto.\nDa cooperación entre estas dúas cidades cómpre destacar a xestión compartida de equipamento, o que conduce á redución dos custos de xestión e á non duplicación de investimentos. Aínda que sexan núcleos pequenos, ou mesmo a pesar dese factor, as cidades de Tui e de Valença son verdadeiras win-win-situations.\nDe feito, todos eses proxectos de CT teñen como obxectivo aumentar a accesibilidade entre cidades e fortalecer o seu espazo común, é dicir, a vivenda, o emprego, o lecer, etc. Coa axenda estratéxica establecida en 2008, definíronse tres alicerces fundamentais: (i) eurocidadanía; (ii) territorio sustentable; e (iii) crecemento económico, fomentándoo para conseguir unha cidade intelixente (Concello de Chaves [CM-Chaves], 2018). Fronte ao éxodo que os mozos están a experimentar na rexión, as cidades desenvolveron unha estratexia para atraer mozos e mozas talentosos e emprendedores ao territorio, promovendo a xeración dunha dinámica de emprego ben planificada e capaz de funcionar coma un imán para os investidores, o que as levou, finalmente, ao establecemento da eurocidade. Desde entón, ambas as cidades traballaron xunto coas autoridades nacionais, rexionais e locais de cara a implementar servizos conxuntos, e tamén para dar resposta a problemas comúns. Creouse a eurocidadanía, que lles permite aos residentes de ambos os municipios aproveitar os beneficios de cada un. A posibilidade de crear unha tarxeta sanitaria transfronteiriza, que favorezaque os cidadáns se poidan beneficiar dos servizos de saúde das cidades veciñas, é unha das metas futuras deste proxecto de CT. Con todo, ademais de todos os grandes indicadores que mostra esta sinerxía, na fronteira luso-española aínda existen atrancos que dalgunha maneira rompen a cooperación nalgúns sectores, como por exemplo a cuestión das diferenzas entre as Administracións políticas, que poderían quedar superadas mediante un compromiso político aínda máis forte (Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Algarve [CCDR-Algarve], 2018). Non entanto, e segundo a percepción do público e dos expertos, os destacados resultados positivos atopados nesta estratexia de CT lógranse, en gran medida, grazas aos esforzos realizados polas cidades en materia de mercadotecnia e de publicidade ao redor da eurocidade (CM-Chaves, 2018).\nAo tratarse de zonas rurais con baixa densidade de poboación, os concellos, co propósito de fomentar a promoción da economía, estableceron un convenio para a creación dunha eurocidade. De maneira similar ao que ocorre en Chaves-Verín, este proxecto de CT tamén pretende cubrir os mesmos problemas. Estas dúas Eurocidades, Chaves-Verín e Tui-Valença, son as máis próximas á Península Ibérica, o que suxire que se enfrontan aos mesmos problemas e que deben utilizar tamén estratexias similares de CT (Agência para o Investimento e Comércio Externo de Portugal [Aicep], 2018). Un destes exemplos é a cuestión das diferenzas nas Administracións políticas entre os países. Nos dous casos, as cidades unen esforzos para crear unha eurocidadanía para as súas poboacións. Con todo, este proxecto de CT ten pretensións de ir máis aló, co propósito de crear un grupo de traballo de política común.\nChaves – Verín: A Eurocidade da Auga, un proxecto novo\nA cooperación entre estes dous municipios é moi recente. A súa ambición é mellorar a accesibilidade entre as cidades e consolidar unha área común de vida (vivenda, lecer, emprego...). O territorio transfronteirizo atópase ao redor do río Támega e denomínase Eurocidade da Auga (Water Eurocity). O territorio fronteirizo publicítase xunto co río Támega. Na axenda estratéxica realizada en 2008, definíronse tres alicerces fundamentais (eurociudadanía, territorio sustentable e desenvolvemento económico) co fin de crear unha cidade ecolóxica (Figura 6 e 7).\nAnte o éxodo dos mozos da rexión, os municipios buscan unha estratexia para fixar poboación, crear dinámicas de emprego e garantir a atracción de investimentos. Para logralo crearon a Eurocidade da Auga en 2014. Desde entón, os territorios colaboraron activamente coas autoridades nacionais, cos axentes rexionais e cos locais para a implementar servizos comúns co fin de ofrecer respostas conxuntas a necesidades comúns. Este proxecto compartiu axenda cultural, equipamento e diversas actividades (Lima, 2012; Trillo-Santamaría et al., 2015). En canto a equipamentos, as bibliotecas de ambas as cidades ofrecen carnés de lectores para acceso a Internet e libros. Nas instalacións deportivas de Verín, os eurocidadáns gozan das mesmas tarifas e condicións (Lima, 2012). A posibilidade de crear unha tarxeta sanitaria transfronteiriza, que lles permita aos cidadáns utilizar e compartir os servizos de saúde en Portugal e en España, é un dos retos de futuro da Eurocidade da Auga.\nChaves-Verín busca fixar no territorio a súa poboación nova. A estratexia adoptada e mais as iniciativas que xurdan resultarán fundamentais para o seu éxito. Así e todo, e principalmente na fronteira luso-española, aínda hai obstáculos para que a cooperación se estruture en todas as súas dimensións, atrancos postos de manifesto polas diferenzas na organización político-administrativa entre un Estado centralizado (Portugal continental) e outro descentralizado (A España das autonomías) (Lima, 2012).\n5. DISCUSIÓN\nA cidade é o foco de crecemento dos Estados, que se conformou mediante a súa industrialización, o que favoreceu que crecese concentrando unha gran cantidade de poboación a nivel mundial e provocando un desenvolvemento desorganizado e caótico. O obxectivo do plan de CT é emendar o caos urbano e evitar que se volva repetir como consecuencia dun mal plan, mellorando así a calidade de vida dos habitantes (Terán, 1999; Magalhães, 2001; Portney, 2003; Casares, 2009; Lippolis, 2016).\nA evolución histórica e social tanto de España como de Portugal, xunto á propiedade e ao uso dos territorios e das súas paisaxes, como se demostra ao longo dos tempos, son resultado das políticas e accións administrativas que consolidan os núcleos de ocupación humana e que lles dan a consistencia que presentan hoxe en día como resultado da aplicación das distintas normas rexionais, que se traducen na pluralidade que mostra toda a Península (Fadigas, 2015; Cabezas et al., 2021).\nAo longo da historia, os territorios sempre buscaron unha aproximación ás nacións máis desenvolvidas/vangardistas do seu tempo. Tanto en España como en Portugal seguen póndose como referencia de boas prácticas as economías/países de Europa central e do norte, xunto aos Estados Unidos, tratando de alcanzar un nivel similar (Castanho, 2017).\nPor outra banda, o concepto de sustentabilidade, na actualidade, adquire un nivel de importancia que non tivera nunca (Alves et al., 2021; Durán Sosa e Castanho, 2021; Tayal e Castanho, 2021). Contribuír ao rexurdimento dun concepto que foi obxecto de discusión, posto que no epicentro do debate está a deterioración económica que moitos países desenvolvidos chegaron a padecer (cun agravamento case diario), levou a que a palabra ou concepto de «sustentabilidade» fose considerada como un principio e non só como unha preocupación dos planificadores urbanos, tamén dentro dos círculos políticos (Sassen, 2001; Williams, 2007; Pickett et al., 2013; Childers et al., 2013; Drazkiewicz, Challies e Newig, 2015; Castanho et al., 2018; Naranjo Gómez et al., 2021).\nDebido aos problemas identificados faise necesario atopar novas solucións, polo que resulta indispensable considerar a adopción de medidas e métodos de ordenación territorial e de planificación urbana coherentes coas preocupacións expresadas e cos obxectivos de integración e cooperación bilateral, cos valores de sustentabilidade e coa animación/reanimación socioeconómica dos territorios (Pickett et al.,2013; Fadigas, 2015; Castanho, 2017; Çağrı Yıldırım et al., 2021).\nO tempo en que vivimos e os tempos que están por chegar necesitan métodos e políticas públicas innovadoras e axustadas aos problemas e necesidades que afrontan os países/territorios. Dependerá do progreso social e económico, que só se poderá alcanzar como obxectivo común dos países, conseguir a liberdade, a soberanía, a cooperación e a cohesión social e territorial, sen esquecer a sustentabilidade (Fadigas, 2015; Yigitcanlar et al., 2015; Castanho, 2017; Durán Sosa et al., 2021).\nÉ deber de todos a responsabilidade de preparar, por medio da reflexión, da investigación e da elección democrática, as políticas públicas e os métodos inherentes ao uso do territorio e do urbanismo máis adecuados, recuperando o camiño interrompido nos países afectados pola crise económica actual (Hashem et al., 2016; Pelloso Piurcosky et al., 2020; Durán Sosa e Castanho, 2021; Durán Sosa et al., 2021; Naranjo Gómez, Castanho e Vulevic, 2021).\nAprender das experiencias pasadas é esencial, así como recoller o legado de quen, noutras circunstancias, tentou alcanzar os mesmos obxectivos, dando expresión aos sentimentos e aos valores de reencontro do home coa natureza (Loures et al., 2019a; 2019b).\nA práctica da planificación territorial e urbana, nas súas diferentes escalas físicas e temporais, debe orientarse de cara a lograr os medios de acción máis sustentables e eficaces para que, mediante un mellor uso do territorio, se consiga unha mellora na calidade de vida da poboación (Fadigas, 2010; Lippolis, 2016).\nVivimos nun momento en que o concepto de sustentabilidade, así como o de cooperación entre territorios e cohesión territorial, é inseparable de calquera discurso político, pero é fundamental que estes mesmos valores pasen realmente á acción para ter como fin o de non comprometer o uso dos recursos naturais polas xeracións futuras (Fadigas, 2015).\nCao e Wang (2016) exploran as relacións entre Twin Cities e cidades veciñas. O traballo de Ballas (2013) analiza a calidade de vida nos territorios urbanos. Nesta liña de investigación analízanse, mediante estudos de enquisas/métodos, os sistemas urbanos co obxectivo de definir medidas e modelos expostos por Craglia et al. (2004), Mulligan et al. (2004; 2011), Lambiri et al. (2017) ou Stimson e Marans (2011). Isto vén demostrar que un número crecente de estudos, baseados en temas similares aos expostos no presente traballo, foron aplicados e desenvolvidos en diversos territorios por todo o planeta.\nOs resultados obtidos mostran que as eurocidades son un emblema da xeografía política en construción nas fronteiras da Unión Europea, e emerxen como a reconstrución da fronteira marcada con definicións simbólicas territoriais/espaciais e de usos do solo. En realidade, agora son un instrumento de integración territorial (Lois, 2013; Jurado Almonte et al., 2020).\nNeste sentido, o transporte e as infraestruturas son necesarios para lograr o desenvolvemento. A adecuada accesibilidade territorial, tanto entre as cidades que compoñen a eurocidade como entre esta e o resto das cidades, brinda oportunidades de desenvolvemento (Taylor, 2004; Naranjo et al., 2019; Jurado Almonte et al., 2020). De feito, a conectividade para soster o movemento entre cidades evidenciouse como factor crítico na Eurocidade Elvas-Badaxoz (Castanho et al., 2017). Mesmo noutros casos, como Baiona-Donostia (San Sebastián), desenvolveuse un eurocorredor intermodal, onde o transporte público se reforzou e se controlou o transporte privado.\nEn efecto, as eurocidades constitúen unha ferramenta de discusión e, nalgúns casos, exemplos de éxito en canto á (re)significación das fronteiras. Na práctica, determinar as causas e os motivos que marcaron, precisamente, estas novas tendencias en cada unha das eurocidades analizadas permitiu ver a importancia de cada un deles. Dos resultados obtidos, observáronse os problemas comúns que suscitan a cooperación territorial das cidades a partir das carencias que teñen que afrontar os distintos municipios que compoñen a eurocidade. Un problema común que afrontan estas eurocidades é a perda de poboación nova, que constitúe un problema frecuente en zonas fronteirizas (O'Shea et al., 2011; Vulević e Knežević, 2017)\nAdemais, existen outras cuestións, como o transporte público/desprazamentos entre cidades, o compromiso político/cooperación entre os municipios ou a saúde, que, avaliados de maneira negativa, constitúen sinais de alarma en canto aos resultados do proxecto de CT. Problemáticas similares mencionáronse noutros territorios (Lewis e Maund, 1976) no tocante á importancia das infraestruturas de transporte e á accesibilidade/mobilidade entre lugares (Antrop, 2000; 2004; Vulevic e Djordevic, 2014). O transporte privado é o medio de comunicación máis utilizado para os desprazamentos entre as cidades de Elvas e Badaxoz, o que apoia a importancia do transporte público como prioridade inmediata.\n6. CONCLUSIÓNS\nAs eurocidades constrúense grazas ao desenvolvemento de políticas entre fronteiras estatais que se atopan dentro do marco lexislativo da UE, que ten como obxectivo lograr a europeización das rexións. Na práctica, estas naceron como resultado de acordos entre municipios veciños, historicamente vinculados, pero pertencentes a diferentes territorios da UE (Permann e Sum, 2002). Este marco político non podía ser ignorado nos resultados obtidos. De feito, isto é básico e fundamental, xa que é o marco lexislativo europeo o que apoia e xera a creación das eurocidades.\nNeste sentido, e segundo Castanho et al. (2017) ou Loures et al. (2019b), corroborando unha vez máis o estudo actual, os principais obxectivos destas eurocidades son: promover os recursos humanos locais; fomentar o valor das características naturais e patrimoniais; fortalecer a base económica rexional a través dun maior investimento en empresarios locais; contribuír a unha xestión máis equilibrada dos fondos públicos; fomentar un enfoque cara ás normas da UE e ás políticas de integración; desenvolver estratexias comúns de mercadotecnia, publicidade e turismo; fomentar o intercambio de equipos e recursos; e promover a participación pública nos procesos de CT. Do éxito destes obxectivos dependerá unha das maiores preocupacións presentes nestes territorios: evitar a perda da poboación nova e mellor preparada.\nEn efecto, as eurocidades ibéricas enténdense como proxectos de cooperación que se levan a cabo nun espazo de “cooperación territorial”, constituíndo un territorio de acción común. Neste sentido, os eixes de creación e de funcionamento da eurocidade están compostos por un proxecto base, avaliado e complementado cunha discusión sobre a súa incidencia, á vez que se consideran tamén as múltiples implicacións e impactos transfronteirizos. O que se pretende lograr é unha institucionalidade que tenda á converxencia social, cultural e ambiental. Por iso, para lograr un proxecto tan ambicioso, é necesario considerar a fronteira non como un obstáculo, senón como unha oportunidade para lograr o desenvolvemento territorial e socioeconómico. En consecuencia, existe a necesidade de articular un proxecto conxunto entre actores políticos de ambos os lados da fronteira, pero no que a participación da poboación local (participación cidadá) tamén sexa importante (Jurado Almonte et al., 2020).\n7. LIMITACIÓNS DO ESTUDO E FUTURAS LIÑAS DE INVESTIGACIÓN\nAínda que o estudo realizado permite a identificación de problemas entre os proxectos de CT, como é o caso da duplicación de infraestruturas en zonas próximas, a necesidade de buscar servizos e infraestruturas fóra da área de influencia de CT, a baixa calidade de intercambio de datos relativos ás opcións de planificación comúns entre cidades, a baixa demanda da participación do público para acceder a datos relacionados coa CT e as escasas oportunidades de emprego creadas pola CT, entre outros, son todos eles temas que preocupan no procedemento de CT e que deben ser revisados e repensados, dada a tendencia negativa demostrada. Ademais, mentres que hai unha duplicación evidente de equipos e de infraestruturas nas cidades que cooperan, aínda hai unha gran cantidade de servizos esenciais e de infraestruturas públicas das que as cidades carecen. Esta realidade pon de manifesto un aparente mal uso do diñeiro público cun claro impacto na calidade de vida dos cidadáns, xa que, sen ter en conta todas as consideracións políticas e mais toda a publicidade que estes proxectos de CT reciben dos medios de comunicación, o investimento segue sendo aplicado de acordo con obxectivos non acordados entre todas as formacións políticas (Castanho, 2017; Loures et al., 2019a; Vulevic et al., 2021).\nMalia que xa se verificaron algúns resultados impresionantes, aínda queda un longo camiño por percorrer para estas novas estruturas xeográficas na nova era de gobernanza destes territorios fronteirizos (Castanho, 2017; Jurado Almonte et al., 2020).\nContextualmente, os autores cren que a investigación adicional debería centrarse con máis detalle en todos os factores identificados para o éxito da CT nas eurocidades ibéricas, e tamén en proporcionar resultados dos procesos de seguimento destes factores ao longo do tempo."} {"summary": "A existencia de intensas relacións de cooperación entre as rexións de Galicia e Norte de Portugal desde principios da década de 1980 conduciron á creación dunha eurorrexión para coordinar accións conxuntas en busca do seu mutuo desenvolvemento. A cuestión de se a existencia destas fortes accións de cooperación entre rexións transfronteirizas contribúe á redución de desigualdades entrambos os lados da fronteira e a unha converxencia permanece sen esclarecerse. Por iso, o obxectivo da presente análise é contribuír a esta discusión, explorando o fenómeno de converxencia na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal durante o período de 1980 a 2019. Os resultados mostran unha redución nas devanditas desigualdades económicas ao longo de todo o período e unha converxencia absoluta ao mesmo nivel económico, demostrándose que a cooperación entre as rexións da eurorrexión conduciu a un proceso de cohesión.", "text": "Análise da Converxencia económica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no período 1980-2019\nINTRODUCIÓN\nA creación da Unión Europea (UE), e a consecuente eliminación das barreiras de mobilidade, comercio e investimento entre os Estados membros, contribuíu a un proceso de intensa interacción e cooperación entre territorios transfronteirizos. Nas últimas décadas, as rexións transfronteirizas foron gañando relevancia tanto no mundo académico como no político pola súa contribución ao proceso de integración europea, ao ser consideradas como “laboratorios da integración europea”, é dicir, espazos pioneiros na implantación de novas medidas para a integración entre comunidades (Comisión Europea, 2021).\nA existencia de amplas relacións transfronteirizas e o financiamento económico proporcionado esencialmente pola iniciativa europea INTERREG para reforzar os procesos de cooperación transfronteiriza na UE conduciron á proliferación de diversas asociacións transfronteirizas (Medeiros, 2013), entre elas as chamadas “eurorrexións”. Unha eurorrexión pode ser definida como unha estrutura europea para a coordinación e a cooperación transfronteiriza dos países europeos. Estes espazos establecen intervencións e medidas conxuntas para solucionar problemas comúns nas fronteiras, explotar o seu potencial crecemento e aumentar os procesos de cooperación.\nA eliminación das barreiras transfronteirizas de mobilidade, mercado de traballo, comercio, etc. revela as amplas desigualdades económicas, sociais e territoriais que existen a ambos os dous lados da fronteira. Estes territorios caracterízanse por ter distintos niveis económicos e unha ampla diversidade social e cultural, derivada principalmente pola diferente linguaxe, os distintos sistemas administrativos e legais, os sistemas educativos e de saúde, os mercados de traballo, etcétera. No entanto, espérase que, coa apertura das fronteiras, aumente a mobilidade de traballo e de persoas, así como a creación de fluxos de capital e bens entre elas, provocando unha nivelación das desigualdades que poidan existir, ao producirse unha redistribución máis eficaz do traballo e dos recursos e un incremento na eficiencia da economía (Pires e Nunes, 2018; Comisión Europea, 2010; Bonin et al., 2008). Isto é, agárdase que se produza un proceso de integración espacial nos territorios que comparten unha fronteira e, consecuentemente, unha converxencia entre os mesmos (Pires e Nunes, 2018).\nCon todo, demostrouse que a existencia de fortes interaccións e accións de cooperación entre as rexións transfronteirizas non implica un proceso de converxencia nas súas características territoriais (Alegría, 2009; Topaloglou et al., 2005; de Boeet al., 1999). É dicir, o desenvolvemento de relacións económicas transfronteirizas non necesariamente leva a unha redución nas disparidades ou a un incremento na cohesión territorial (Decoville et al., 2013).\nCon base nestes argumentos, no presente estudo preténdese explorar a converxencia económica e a evolución das disparidades na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, unha eurorrexión especialmente activa na zona suroeste de Europa (Durá et al., 2018). A converxencia é un dos mecanismos fundamentais para conseguir cohesión entre as rexións, que é un dos principais obxectivos da política de cohesión europea.\nO resto do artigo está estruturado da seguinte forma: no apartado 2 preséntase unha revisión dos antecedentes sobre converxencia e cohesión, así como da eurorrexión obxecto de estudo; a metodoloxía usada para realizar a análise descríbese no apartado 3, mentres que os resultados se presentane discuten no apartado 4; o apartado 5 presenta as conclusións do estudo.\n2. A IMPORTANCIA DA COHESIÓN ECONÓMICA EN EUROPA: O NIVEL EURORREXIONAL E A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL\nAs rexións transfronteirizas, primeiras beneficiadas pola apertura das fronteiras, convertéronse en espazos de intercambios socioeconómicos de bens e servizos (de Sousa, 2013), xerando un proceso de integración. Demostrouse que o proceso de integración transfronteiriza varía ao longo das fronteiras dependendo da intensidade da cooperación entre as rexións, do nivel da confianza social entre as poboacións e da participación en proxectos de cooperación (Durand e Decoville, 2020). Algúns autores alegan que a integración espacial pode levar unha redución das diferenzas entre rexións (Pires e Nunes, 2018; Ehlers et al., 2001), ao producirse unha distribución máis eficaz do traballo e dos recursos, e un incremento na eficiencia da economía (Pires e Nunes, 2018; Comisión Europea 2010; Bonin et al., 2008). Neste sentido, a integración espacial pode ser considerada como un sinónimo de converxencia.\nDoutra banda, hai autores que sosteñen que a integración transfronteiriza (especialmente en termos do mercado laboral) se produce debido á existencia de altas diferenzas económicas, o cal contradí a idea de que a integración leve a un proceso de converxencia (Decoville et al., 2013; Topaloglou et al., 2005). Desta forma, aínda que cabería esperar que a cooperación entre as rexións transfronteirizas nivele as desigualdades rexionais, a existencia de interaccións entre territorios transfronteirizos non é indicativo de converxencia.\nAdicionalmente, é máis probable que a converxencia se cumpra para un grupo homoxéneo de rexións con características socioeconómicas e estruturas institucionais e legais similares, como poden ser as rexións dun mesmo país (Viegas e Antunes, 2013). Concretamente, na Península Ibérica estes autores observaron un forte efecto de club de converxencia nacional, constatando a incapacidade das rexións portuguesas transfronteirizas a converxer coas rexións españolas máis prósperas.\nHai outros factores que tamén poden influír na converxencia e na cohesión territorial das rexións transfronteirizas, como, por exemplo, as infraestruturas de conexión, cuxo papel é fundamental para promover a cohesión social e territorial das rexións. No entanto, de acordo con Gutiérrez et al. (2015), a implantación de novas liñas ferroviarias ‒unha das infraestruturas clave para mellorar a cohesión‒ cumpre só parcialmente o seu obxectivo, xa que poden existir municipios atrasados nos que a dita implantación empeoraría a cohesión. Outras infraestruturas que teñen un grande impacto na cohesión son as universidades e os hospitais, cuxa dispersión, de acordo con García (2014), incrementou a cohesión territorial e social en Galicia nas últimas décadas.\nAs políticas económicas europeas tamén desempeñan un papel esencial na converxencia e cohesión das rexións transfronteirizas. En concreto, a partir do período 2007-2013 produciuse unha reorientación do tipo de programas e de actuacións priorizadas (Sande Veiga e Vence Deza, 2021) e unha redución do financiamento que afectou desfavorablemente á integración da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Faíña et al., 2015). Adicionalmente, a xestión centralizada dos fondos europeos dificulta a distribución correcta cara aos territorios e a absorción dos recursos (Sande Veiga e Vence Deza, 2019), constatando que a situación periférica da eurorrexión penaliza o desenvolvemento económico e a súa converxencia, así como a súa integración co resto de núcleos e redes europeas.\nEn vista deste debate, con este estudo preténdese contribuír á discusión establecendo se, para as eurorrexións (espazos con intensas relacións de cooperación facilitadas por un financiamento específico dentro da política de cohesión), danse procesos de converxencia e de redución das disparidades rexionais, cubrindo así a brecha que existe para este tipo de estruturas híbridas, que conteñen rexións transfronteirizas e non transfronteirizas.\nPara iso, imos estudar a converxencia económica e a evolución das disparidades rexionais na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, unha eurorrexión especialmente activa da zona suroeste da Unión Europea (Durá et al., 2018), durante un período de case 40 anos (1980-2019).\nO estudo da converxencia económica foi amplamente abordado nas últimas décadas, debido á súa importancia como método de avaliación da efectividade da política de cohesión europea. Os conceptos de converxencia clásica máis amplamente estudados son a β-converxencia, proposto por Barro e Sala-i-Martin (1991, 1992), que se refire ao proceso polo que países ou rexións máis pobres alcanzan aos máis ricos ao longo do tempo, mentres que a σ-converxencia, proposta tamén por Barro e Sala-i-Martin (2004), se refire á redución das disparidades entre os países ou rexións no tempo.\nEste análise pódese aplicar a outras eurorrexións da UE para explicar a evolución das desigualdades existentes, e entender o proceso de converxencia en estruturas que teñen unha fronteira común, o que pode ser útil á hora de establecer políticas e mecanismos de cooperación entre rexións transfronteirizas.\n2.1. A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL\nEste estudo centrouse na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na zona suroeste da Unión Europea, a cal é especialmente activa (Durá et al., 2018). É considerada unha pioneira en relacións de cooperación pola súa longa traxectoria, desde principios da década de 1980, mesmo antes de que ambos os países entrasen na Unión Europea en 1986. Estas relacións conduciron á constitución dunha comunidade de traballo en 1991 e á creación da eurorrexión en 2008. A súa liña de traballo está dirixida ao apoio de unións público-privadas, reforzando a interacción entrambos os lados da fronteira en diferentes sectores (Durá et al., 2018).\nA Eurorrexión de Galicia-Norte de Portugal foi a primeira en crearse entre a fronteira de España e Portugal. Está composta por territorios extensos con áreas metropolitanas e cidades de tamaño medio, separadas por áreas rurais ou escasamente poboadas, e longas liñas costeiras (Durá et al., 2018). A eurorrexión ten unha poboación de 6,3 millóns de habitantes. A súa dinámica de actividade e emprego concéntrase principalmente no sector servizos (64,6%), na industria e construción (29,6%) e, en menor medida, no sector primario (5,8%). En xeral, as provincias españolas teñen un nivel máis alto de produto interior bruto per cápita (PIBpc) que as portuguesas (a excepción da subrexión portuguesa Área Metropolitana do Porto).\nUtilizando a nomenclatura de unidades territoriais para estatística da UE (NUTS), a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal englobaba doce rexións NUTS 3 no momento da súa creación: as provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra en Galicia (España), e as subrexións de Minho-Lima, Cávado, Ave, Grande Porto, Tâmega, Entre Douro e Vouga, Douro e Trás-os-montes e Alto Douro no Norte de Portugal. Na Táboa 2 e na Figura 1 móstranse as rexións que comprenden o devandito territorio segundo a clasificación actual NUTS 2021.\n3. METODOLOXÍA\n3.1. DESCRICIÓN DOS DATOS\nO indicador utilizado para medir a evolución das desigualdades económicas e avaliar a converxencia é o PIB expresado en unidades de poder de compra (PPS) per cápita, extraído da base de datos “Annual Regional Database of the European Commission’s Directorate General for Regional and Urban Policy” (ARDECO, 2021). A análise levouse a cabo a nivel NUTS 3, un requisito á hora de crear eurorrexións con fronteiras interiores (Regulamento (CE) 1638/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, 2006).\nAs estatísticas descritivas da Táboa 3 mostran as asimetrías entre as rexións pertencentes á eurorrexión en termos do PIB PPS per cápita (PIBpc de agora en diante). A dispersión (CV) nesta variable oscila desde un valor de 0,38 no ano 1980, ata 0,18 en 1999 e 2013. O nivel do PIBpc aumentou ao longo do período, quintuplicándose.\n3.2. Converxencia\nCo propósito de estudar os fenómenos de converxencia entre as rexións NUTS 3 pertencentes á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, centrarémonos no concepto de converxencia real, que se mide polo PIB per cápita e fai referencia á redución das diferenzas económicas entre rexións, a través dun proceso polo cal os niveis de renda das economías de renda máis baixas se aproximan de forma permanente aos das economías de renda máis altas. Esta aproximación vén dada polo aumento dos niveis de rendemento per cápita das rexións menos desenvolvidas ata alcanzar os niveis das máis prósperas. A converxencia real mídese principalmente con dous conceptos frecuentemente usados en literatura: -converxencia e -converxencia absoluta, ambos os dous propostos por Barro e Sala-i-Martin (2004, 1991, 1992).\nPara obter un proceso de -converxencia, tense que observar unha redución da dispersión do PIB per cápita das rexións ao longo do tempo, mentres que para que se dea a existencia de -converxencia absoluta, as rexións máis pobres deben experimentar un crecemento máis rápido que as rexións máis ricas, as cales crecerán con taxas menores ata que ambas alcancen o mesmo nivel económico. Que exista -converxencia é unha condición necesaria, pero non implica que se obteña -converxencia (Chatterji, 1992). Os dous tipos de converxencia explícanse en detalle a continuación.\n3.2.1. -CONVERXENCIA\nA -converxencia, proposta por Barro e Sala-i-Martin (2004), fai referencia á redución das disparidades entre rexións ao longo do tempo, e é avaliada medindo a dispersión do PIB per cápita entre elas. Unha redución da dispersión do PIBpc implica a existencia dun proceso de -converxencia.\nAs medidas máis comunmente usadas para avaliar este tipo de converxencia son a desviación estándar ou o coeficiente de variación. No entanto, existen máis medidas como o coeficiente de Gini, o índice de Theil ou a desviación logarítmica media (MLD). Na literatura, non hai un método único á hora de seleccionar a medida apropiada. De feito, diferentes medidas poden producir resultados distintos na evolución das disparidades, polo que é recomendable aplicar varias delas para comprobar a validez dos resultados obtidos (Ezcurra e Rodríguez-Pose, 2009). No noso estudo, imos estudar a evolución das desigualdades coas seguintes medidas: o coeficiente de variación, o coeficiente de Gini, o índice de Theil e a desviación logarítmica media, a través das seguintes ecuacións:\nondeé o PIB per cápita da rexión i,é a media e N é o número de rexións.\nO coeficiente de variación expresa a relación entre a desviación típica e a media, mentres que o coeficiente de Gini se calcula como a media aritmética do valor absoluto das diferenzas entre todos os pares de valores do PIB, dividido pola media, o cal é máis sensible cando as variacións nas desigualdades aparecen ao redor da mediana. O índice de Theil (Theil, 1967) é independente da escala e da media, e non está afectado excesivamente por valores atípicos. É un caso particular do índice de entropía xeneralizada con coeficiente 1, mentres que a desviación logarítmica media corresponde ao coeficiente 0. Esta última medida é máis sensible ás desigualdades que aparecen no extremo inferior da distribución, comparado co índice de Theil. Todas as medidas de desigualdade son independentes da media, do tamaño da poboación, simétricas e satisfán o principio Pigou-Dalton (Cowell, 1995). Usarémolas sen ponderar, de acordo con Gluschenko (2018), quen alega que a ponderación pode dar lugar a resultados inconsistentes.\n3.2.2. -CONVERXENCIA\nO concepto de -converxencia, proposto por Barro e Sala-i-Martin (1991, 1992), alude ao proceso polo que as rexións máis pobres alcanzan ás máis ricas no tempo, e é avaliado mediante regresións do crecemento do PIBpc sobre o seu nivel inicial.\nSegundo a teoría neoclásica de Solow (Solow, 1956), as rexións cuns niveis iniciais máis baixos do PIBpc crecen máis rápido que o resto das rexións na primeira etapa do proceso de converxencia, para logo converxer a longo prazo a taxas de crecemento similares ás do resto das rexións. A razón subxacente é que unha rexión con valores económicos máis baixos ten máis posibilidades de aumentar a súa produtividade marxinal, polo que a taxa de crecemento dunha rexión é maior canto máis lonxe está de converxer. Desta forma, a diverxencia é un fenómeno transitorio a curto prazo, ata que se alcanza a converxencia nos niveis económicos. Ao final do proceso, as rexións inicialmente máis pobres alcanzan ás máis ricas, converxendo ao mesmo estado estable no nivel do PIBpc. Unha relación inversa, e estatisticamente significativa, entre os niveis iniciais do PIBpc das rexións e as súas taxas de crecemento implica a existencia deste fenómeno.\nCon todo, poida que o proceso de converxencia non se produza debido ás externalidades e ao aumento do rendemento, segundo os modelos de crecemento endóxeno propostos por Romer (1986) e Lucas (1988) e mais pola nova teoría de comercio internacional propulsada por Krugman (1991). As economías de escala e os efectos externos limitados rexionalmente poden desencadear a concentración da actividade económica en rexións onde o capital xa é elevado, aumentando así as desigualdades económicas rexionais.\nA converxencia absoluta implica que todas as rexións posúen os mesmos parámetros estruturais, fóra do seu nivel inicial do PIBpc, polo que o estado estable ao que converxan será o mesmo para todas as rexións. É máis probable que esta condición se cumpra para un grupo de rexións homoxéneas, con parámetros económicos, legais, etcétera similares, tal e como ocorre para as rexións dun mesmo país (Viegas e Antunes, 2013). Aínda que Portugal e España non comparten as mesmas características económicas e administrativas, as intensas relacións de cooperación que houbo entrambos os países ao longo dos anos e a creación da eurorrexión teñen como propósito aumentar a mobilidade e as relacións económicas a ambos os dous lados da fronteira, contando cun financiamento específico común para iso, polo que é probable que os territorios desta eurorrexión converxan ao mesmo nivel económico. Doutra banda, a converxencia condicional considera que as rexións teñen distintas condicións de crecemento e converxen a distintos estados estables determinados polos seus propios parámetros estruturais, como o nivel de tecnoloxía, as taxas de aforro, a depreciación do capital, etc., polo que estas variables adicionais se deben incluír no modelo a fin de controlar este fenómeno.\nA ecuación tradicional da -converxencia absoluta é a seguinte:\nOnde o termo da esquerda é a taxa de crecemento media anual do PIBpc na rexión i durante o período T,é o PIBpc da rexión i ao comezo do período,é o termo constante a determinar,é o termo de erro eé o parámetro a estimar, o cal indica a relación entre o crecemento do PIBpc e o seu valor inicial. Cando este parámetro ten signo negativo, implica a existencia de -converxencia absoluta. Coa estimación deobtemos a velocidade de converxencia b a partir da seguinte expresión:\nE a vida media, que se define como o tempo necesario para alcanzar a metade do estado estable de converxencia, obtense coa seguinte fórmula:\nCo obxectivo de comparar os resultados da converxencia con distintos estudos, estimaremos a ecuación 5 mediante regresión por mínimos cadrados (OLS), asumindo que a converxencia entre rexións que teñen niveis altos no PIB e entre rexións con niveis baixos ten o mesmo efecto na converxencia total.\n4. RESULTADOS E DISCUSIÓN\n4.1. -CONVERXENCIA\nEn primeiro lugar, estudouse o fenómeno da -converxencia durante o período de 1980 a 2019 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, usando varias medidas de desigualdade, entre elas o coeficiente de variación, o coeficiente de Gini, o índice de Theil e a desviación logarítmica media. Tal e como se pode observar na Figura 2, as disparidades económicas para a eurorrexión foron decrecendo desde o ano 1980. Partindo dun valor de 0,36no ano 1980 (medido co coeficiente de variación), diminuíron ata un valor de 0,18, é dicir, móstrase unha converxencia xeral, ao longo do período estudado, en que as disparidades decreceron nun 50%. Aínda que ao longo de todo o proceso se aprecian flutuacións que poden deberse a influencias nas disparidades dos ciclos temporais económicos, nótanse claramente tres tramos con tendencias distintas. Pódese observar unha forte converxencia durante o período 1980-1999, no cal as disparidades diminuíron desde un valor de 0,36 no ano 1980 a un valor de 0,17 no ano 1999. A partir deste ano, coincidindo coa implementación da Unión Monetaria, as disparidades empezaron a crecer ata alcanzar un valor de 0,24 no 2007, dando lugar a un período de diverxencia. Seguidamente, coincidindo co inicio da crise global de 2008, as desigualdades volveron decrecer ata un valor de 0,18 no ano 2019, implicando converxencia.\nAínda que as medidas de desigualdade usadas son sensibles aos cambios en distintas partes da distribución, e iso pode dar lugar a diferentes resultados, as catro mostran as mesmas tendencias de converxencia ou diverxencia para os mesmos anos. Co coeficiente de Gini obtemos un valor de 0,2 no ano 1980, o cal diminúe ata 0,13 no ano 1990, aumenta ata 0,14 no ano 2007, e volve decrecer ata alcanzar un valor de 0,1 no último ano do período, diminuíndose en total as disparidades nun 51%. Segundo o índice de Theil, as disparidades tiñan un valor de 0,0636 en 1980, as cales van decrecendo ata alcanzar un valor 0,0249 en 1990, aumentan ata 0,02957 en 2007 e volven diminuír ata 0,01644 en 2019, reducíndose un 26% en total. Por último, coa desviación logarítmica media pártese dun valor de 0,0639 en 1980, que diminúe ata 0,0253 en 1990, aumenta ata 0,02959 en 2007 e decrece ata alcanzar un valor de 0,1 en 2019, obténdose unha diminución dun 26,5% nas disparidades ao longo de todo o período.\nAs tendencias obtidas na análise da -converxencia contrastan coas reportadas na literatura para a Unión Europea. Butkus et al. (2018) obtiveron un aumento das disparidades económicas das rexións NUTS 3 europeas ata o ano 2001 (desde o ano 1995), seguido dun período de converxencia ata o ano 2008 e dun período de diverxencia ata o ano 2013. Non obstante, os resultados obtidos parecen estar en liña coas evidencias reportadas a nivel nacional para Portugal e España. Villaverde e Maza (2009), analizando diferentes medidas de desigualdades, obtiveron que as disparidades económicas nas provincias españolas se reduciron un 17% segundo o índice de Theildurante o período comprendido entre 1985 e 2005, sinalando un proceso de converxencia. Pola súa banda, Viegas e Antunes (2013), estudando os procesos de converxencia na Península Ibérica no período 1985-2008, obtiveron un proceso de converxencia nacional tanto para España como para Portugal. Con todo, analizando a Península Ibérica en conxunto, constataron un proceso de diverxencia. En concreto, a dispersión rexional decreceu ata o ano 2001, ano a partir do cal aumentou,alcanzando un nivel superior ao do inicio do período.\nEn base a estas evidencias, aínda que existe un fenómeno de diverxencia entre Portugal e España e as disparidades económicas entrambos os países aumentaron ao longo dos anos, púxose de manifesto que as intensas accións de cooperación baixo o amparo do establecemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal conduciron a unha redución das desigualdades económicas existentes a ambos os dous lados da fronteira, a pesar de que se trata de territorios diferentes en termos socioeconómicos, culturais e administrativos.\n4.2. -CONVERXENCIA\nUnha vez analizada a -converxencia, estimouse a ecuación 5 para determinar a presenza de -converxencia. Na Táboa 4 móstranse os parámetros obtidos para o período completo 1980-2019 e para tres subperíodos, coa intención de captar con máis detalle os cambios ocorridos durante o proceso. Estes subperíodos van desde o ano 1980, coincidindo co inicio das relacións de cooperación a ambos os dous lados da fronteira da eurorrexión, a 1990; de 1991, ano en que se constituíu a comunidade de traballo, a 2007; e de 2008, ano no cal se creou a eurorrexión, ata 2019.\nAs estimacións revelan a existencia dun proceso de converxencia absoluta para o período completo, cunha velocidade de converxencia anual do 1,9%, indicando que o tempo necesario para chegar á metade do nivel do estado estable de converxencia é de 36 anos.\nNa Unión Europea, Butkus et al. (2018) obtiveron -converxencia absoluta nas rexións NUTS 3 europeas, cunha velocidade do 0,74% no período 1995-2014. Máis concretamente, na Península Ibérica, Viegas e Antunes (2013) determinaron un proceso de diverxencia entrambos os países para o período 1985-2008 (sen dependencia espacial). Do mesmo xeito que na análise da -converxencia, aínda que exista diverxencia entre os países, na eurorrexión parece que se conseguiu un proceso de converxencia económica, e os resultados están en liña coas tendencias reportadas a nivel nacional para os países individuais. Villaverde e Maza (2009) obtiveron converxencia absoluta no período 1985-2005 cunha velocidade de 1,48% para as rexións españolas. Viegas e Antunes (2013) tamén obtiveron evidencia de -converxencia absoluta tanto en España como en Portugal, cunha velocidade do 1,2% anual, no período 1985-2008.\nSeparando por tramos co obxectivo de observar o proceso de converxencia en máis detalle, no primeiro tramo ‒de 1980 a 1990‒ obtívose converxencia absoluta cunha velocidade anual do 5%. Vemos, por tanto, que neste primeiro tramo houbo unha forte converxencia, cunha velocidade moito máis alta que para o período completo. No segundo tramo ‒de 1991 a 2007‒ obtívose diverxencia, aínda que non significativa. De acordo con Pirese Nunes (2018), o PIB de Galicia en 1995 era un 10% maior que o de Norte de Portugal, mentres que no 2007 era un 20% maior, concluíndo que a integración económica e a mobilidade laboral da eurorrexión non contribuíran a unha converxencia económica. Segundo a teoría, este período de diverxencia pode tratarse dun fenómeno transitorio a curto prazo, ata que se alcanza a converxencia nos niveis económicos. Efectivamente, no último tramo ‒de 2008 a 2019‒ tamén se obtén converxencia cunha velocidade do 2,4%, máis alta que a do período completo pero o dobre de lenta que a do primeiro tramo. Observamos que a crise económica de 2008 non alterou o proceso de converxencia, senón que máis ben contribuíu a ela.\nSegundo a literatura de converxencia, as rexións están estreitamente relacionadas co comportamento económico dos seus respectivos países (López-Rodríguez e Faiña, 2009), polo que cabe esperar que as rexións portuguesas e españolas non converxan ao mesmo ritmo e que se observen clubs de converxencia nacional. Para iso, representouse a converxencia do período completo (Figura 3) e dos diferentes subperíodos (Figuras 4, 5 e 6), diferenciando entre as rexións españolas e portuguesas. A liña negra mostrada nas figuras representa a regresión, indicando a presenza de -converxencia absoluta, se a pendente da liña é negativa, e -diverxencia absoluta se é positiva.\nEn xeral, obsérvanse dous clústeres de converxencia (ver Figura 3), un comprendido polas rexións españolas e outro polas portuguesas (a excepción da subrexión portuguesa Área Metropolitana do Porto (PT11A), cuxo comportamento se asemella máis ao das rexións españolas). Segundo a figura, as rexións portuguesas presentan os niveis máis baixos do PIBpc (a excepción da subrexión portuguesa Área Metropolitana do Porto, que contén un dos principais centros urbanos e complexos empresariais da eurorrexión) e, por tanto, tal e como predí a teoría, son as que tiveron maiores taxas de crecemento anual e unha velocidade de converxencia máis alta. Mentres, as rexións españolas, con niveis máis altos do PIBpc, experimentan unha velocidade de converxencia menor e teñen taxas de crecemento máis pequenas. A subrexión portuguesa Cávado (PT112) é a que máis creceu, mentres que a provincia española A Coruña (ES111), co valor máis alto do PIBpc, é a que menos creceu.\nNo período de 1980 a 1990, as taxas anuais de crecemento son maiores que as existentes no período de 2008 a 2019, e os seus niveis iniciais do PIBpc, menores (segundo se viu na Táboa 3, os valores do PIBpc foron aumentando conforme o paso dos anos). Obsérvase (ver Figura 6) que a subrexión portuguesa Área Metropolitana do Porto se achega aínda máis ás rexións españolas no nivel inicial do PIBpc no último período de 2008 a 2019. Neste último tramo, as provincias españolas Pontevedra (ES114) e A Coruña son as que menor crecemento tiveron, mentres que as outras dúas (Lugo ‒ES112‒ e Ourense ‒ES113‒) aumentaron o seu crecemento ata alcanzar ás rexións portuguesas que menos creceron. No período intermedio ‒de 1991 a 2007‒ dáse un proceso de diverxencia (ver Figura 5), aínda que, igual ao que se obtivo na Táboa 4, non é significativo.\nEn definitiva, ambas as análises de - e -converxencia verificaron que existe un proceso de converxencia durante o período 1980-2019 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Estudar o proceso de converxencia durante un período amplo, de case 40 anos, permitiunos observar a converxencia nesta eurorrexión. O uso de subperíodos pode mostrar procesos parciais de converxencia ou diverxencia debido as súas características específicas, como é o caso do subperíodo de 1991 a 2007, o cal pode tratarse dun fenómeno de diverxencia transitoria a curto prazo ata que se alcanza a converxencia.\nDesta forma, aínda que se demostrou na literatura que a presenza de fortes interaccións entre territorios transfronteirizos non implica a existencia dun proceso de converxencia entre eles (Durand e Decoville, 2020; Decoville et al., 2013; Alegría, 2009; Topaloglou et al., 2005) e aínda que Viegas e Antunes (2013), analizando a converxencia na Península Ibérica, constataran a incapacidade das rexións portuguesas de converxer coas españolas, no caso concreto desta eurorrexión demostrouse que as intensas relacións de cooperación conduciron a un proceso de converxencia económica entrambos os lados da fronteira, a pesar de que se trata de territorios con características socioeconómicas, culturais e administrativas diferentes.\nIsto pon de manifesto que a cooperación transfronteiriza entre territorios con distintas propiedades e, en concreto, a creación de espazos dedicados a fortalecer esa cooperación, como as eurorrexións, pode ser beneficioso para eles, xa que nivela as desigualdades económicas existentes e mellora o desenvolvemento económico das rexións menos desenvolvidas.\n5. CONCLUSIÓNS\nA cuestión de se o proceso de integración derivado da apertura de fronteiras produce unha redución das desigualdades económicas e unha converxencia permanece sen esclarecerse. Por iso, neste artigo examinamos a converxencia na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no período 1980-2019. A este fin, estudáronse dous conceptos clásicos de converxencia, a - e a -converxencia.\nNeste caso en concreto, para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, obtivemos que se produciu unha redución nas desigualdades económicas ao longo de todo o período, e produciuse unha converxencia absoluta ao mesmo nivel económico. Polo tanto, neste caso, demostrouse que a existencia de fortes accións de cooperación entre as rexións NUTS 3, pertencentes á eurorrexión, contribuíu a un proceso de cohesión entre os dous países membros. En concreto, as rexións portuguesas, con menores niveis de PIBpc, experimentaron taxas de crecemento anuais máis altas para converxer ao nivel das rexións españolas.\nOs resultados obtidos nesta análise pódense aplicar a outras eurorrexións da UE para explicar a evolución das desigualdades existentes e entender o proceso de converxencia en estruturas que teñen unha fronteira común, o que pode ser útil á hora de establecer políticas e mecanismos de cooperación entre rexións transfronteirizas.\nA creación de eurorrexións pode ser un instrumento moi eficaz para conseguir a cohesión europea, debido ao papel das rexións transfronteirizas como “laboratorios de integración”. Xa que logo, a política de cohesión europea debería seguir promovendo o establecemento destes espazos de cooperación e facilitando o financiamento para desenvolver os proxectos conxuntos que se leven a cabo neles. Así, pódense reforzar os procesos de colaboración transfronteiriza, aumentando a mobilidade de traballo e de persoas, co obxectivo de seguir reducindo as desigualdades económicas que poidan existir na eurorrexión. Así mesmo, para promover a converxencia e a cohesión, é necesario incentivar as reformas nas rexións que queden atrás, cun menor nivel económico, e aumentar o peso das infraestruturas ou mellorar as xa existentes.\nPor último, no estudo da -converxencia, supuxemos que todas as rexións posúen os mesmos parámetros estruturais, fóra do seu nivel inicial do PIBpc. É máis probable que esta condición se cumpra para un grupo de rexións homoxéneas, polo que, ao tratarse as eurorrexións dunha composición de rexións heteroxéneas, tamén habería que explorar en futuras análises a converxencia condicional, incluíndo variables adicionais na regresión, xa que as rexións poden ter diferentes condicións iniciais de crecemento e converxer a distintos estados estables. Adicionalmente, non consideramos un deflactor para corrixir os prezos no tempo, polo que sería interesante comparar as taxas de converxencia resultantes ao estimar o devandito efecto coas obtidas nesta análise, determinando como afecta a evolución no tempo dos prezos as velocidades de converxencia."} {"summary": "Entre 2017 e 2019 elaborouse a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo. Trátase dun documento realizado a través de mecanismos participativos para o territorio abranguido polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, na raia húmida galegoportuguesa. Debátese aquí esta iniciativa en relación cos presupostos teórico-conceptuais xerais da ordenación territorial e, máis en concreto, da que se tenta implantar en contextos fronteirizos cunha óptica deliberadamente transfronteiriza. A metodoloxía é a da investigación-acción participante. Os resultados estrutúranse mediante tres períodos estabelecidos a efectos analíticos e discursivos, cada un dos cales culminou en cadansúa versión do plan de acción estratéxico. Valóranse os cambios producidos entre as tres versións sucesivas. Agás no relativo ao sector turístico, a dimensión económica foi perdendo peso. En paralelo, acadaron maior relevancia os aspectos de gobernanza. Asemade, detéctase unha tensión constante entre dous ámbitos territoriais presentes no seo do AECT.", "text": "A Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030: unha ordenación territorial para a raia húmida galegoportuguesa?\nIntrodución\nO programa Interreg é unha ferramenta de financiamento da Unión Europea (UE) encamiñada á cooperación territorial que se centra en rexións transfronteirizas (Pujadas e Font, 1998; Ministers Responsible for Spatial Planning [Ministers], 1999; Decoville e Durand, 2016; Paül et al., 2017; Sassano, 2020). No ano 2019 foi aprobada a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030 como celme dun proxecto Interreg denominado de forma semellante (coñecido polo seu acrónimo SMART_MIÑO)1 e participado pola Deputación de Pontevedra (Galiza), a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Minho (Portugal) e, tamén, polo Centro de Estudos Eurorregionais/Eurorrexionais (CEER), fundación integrada polas seis universidades públicas de Galiza e do Norte de Portugal. Naquel momento, en virtude da miña condición de director do CEER, dirixín a elaboración da estratexia da que trata este traballo. Agora ben, o presente artigo arela unha interpretación valorativa dese proceso estratéxico desde unha perspectiva académica, evitando unha mera reprodución do documento resultante (dispoñíbel en Paül et al., 2019). Deste modo, o obxectivo aquí consiste en discutir a iniciativa analizada en relación cos presupostos teórico-conceptuais aplicábeis, para dar avaliado se a experiencia estudada constitúe un caso de ordenación territorial transfronteiriza. Os postulados metodolóxicos subxacentes son os da investigación-acción participante, tal e como se detallará máis adiante. Esta non é a primeira pescuda desta natureza posto que Decoville e Durand (2016) estudan a elaboración do «esquema de desenvolvemento territorial» da Grande Région/Großregion Lorena-Luxemburgo-Valonia-Renania-Palatinado-Sarre, na que os dous autores participaran. Porén, non consta que en Galiza-Norte de Portugal ―o territorio coñecido como a «eurorrexión» (véxanse López Facal, 2000; Gusman et al., 2020; Trillo e Paül, 2020; ou Trillo et al., 2021)―, nin tampouco no conxunto ibérico, se levase a cabo unha investigación sobre ordenación territorial transfronteiriza como a que aquí se presenta.\nA estratexia territorial trata o territorio «Río Miño», isto é, o ámbito abranguido polo agrupamento europeo de cooperación territorial (AECT)2 homónimo, constituído en 2018 (Figura 1). Na banda galega, participan 16 concellos: os das comarcas oficiais3 do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, máis dous máis da comarca de Vigo ―O Porriño e Salceda de Caselas―. Trátase, en esencia, da bacía baixa do Miño situada no territorio galego, coa excepción do concello de Mos e parte do de Pazos de Borbén, que, malia verteren as augas cara a ese río, non pertencen ao AECT (Figura 1). Pola banda portuguesa, o territorio do AECT correspóndese co da CIM Alto Minho, isto é, dez concellos; a diferenza da banda galega, estes dez concellos non só pertencen á bacía do Miño (seis concellos), mais tamén á do Limia (catro), que concentra máis da metade do territorio e da poboación altomiñotos (Figura 1). O precedente do actual AECT Río Miño é a asociación Uniminho (Asociación do Val do Miño Transfronteirizo), constituída en 2006 entre os 16 concellos galegos indicados e os seis portugueses da bacía do Miño (agrupados, daquela, na CIM Vale do Minho), mais a reforma administrativa acontecida en Portugal de 20134 comportou a constitución dunha nova CIM englobando, tamén, os catro concellos da bacía do Limia. En Portugal, esta rexión coñécese, tradicionalmente, como Alto Minho e correspóndese co nivel 3 da Nomenclatura de Unidades Territoriais para Estatísticas(NUTS3) homónimo, así como co distrito decimonónico de Viana de Castelo (Gusman, 2021). Deste xeito, e contraintuitivamente, o Baixo Miño sitúase ao norte do río, en Galiza, e o Alto Minho, ao sur, en Portugal. Agás a bacía limiá, o ámbito do AECT Río Miño é o que se coñece como raia húmida, ou rexión de fronteira entre Galiza e Portugal coincidente coa bacía do Miño (Gusman et al., 2020; Trillo e Paül, 2020; Trillo et al., 2021). A actual poboación englobada no AECT Río Miño é de 365.312 hab. (2021),5 un 63% en Portugal e un 37% en Galiza.\nLogo desta introdución, o artigo achega as chaves teórico-conceptuais da ordenación territorial transfronteiriza. Prosegue cunhas consideracións metodolóxicas sobre o proceso de investigación-acción participante operado, para internarse despois no corpo principal do traballo, dedicado á análise da experiencia ordenadora. O texto culmina cunha discusión que interpreta a iniciativa obxecto de estudo en relación cos referentes teórico-conceptuais.\n2. Cara a unha teorización da ordenación do territorio e cando esta devén transfronteiriza\nAínda se cita arreo (por exemplo, Zoido et al., 2013, pp. 252-253; Farinós, 2014, pp. 30-33) a definición da ordenación do territorio dada en 1983 polos ministros competentes nesta materia do Consello de Europa: o seu «obxectivo é un desenvolvemento equilibrado das rexións e a organización física do espazo segundo un concepto reitor» (Conférence du Conseil de l’Europe des ministres responsables de l’aménagement du territoire [CEMAT], 1983, p. 3).6 Esa conxunción copulativa alerta da xustaposición que opera nela. En efecto, a ordenación xorde da coalescencia de dúas xenealoxías (Hildenbrand, 1996; Pérez Andrés, 1998; Pujadas e Font, 1998). Dunha banda, as políticas que procuran o equilibrio e a cohesión, nomeadamente cunha lóxica redistributiva de recursos, actividades e investimentos. Doutra, as iniciativas de planificación física preocupadas pola disposición de elementos no espazo ―desde un edificio ou unha árbore até un espazo protexido ou unha nova cidade―. A primeira tradición correspóndese co aménagement du territoire da Francia dos Trente Glorieuses, miticamente iniciada, de acordo con autores tales como Pujadas e Font (1998) e Woessner (2010) co libro de título lapidario, París e o deserto francés (Gravier, 1947). A segunda, máis antiga, e cunhas raíces menos evidentes, consiste nunha evolución do urbanismo (planning en inglés); poderiamos situar a súa orixe no oitocentos, coa progresiva expansión da cidade industrial na que resultou imprescindíbel planificar crecementos, infraestruturas, etc. (Hall e Tewdwr-Jones, 2020).\nDe todos os xeitos, a converxencia das tradicións do aménagement e do planning non é evidente por si mesma. Así, o aménagement prefire escalas amplas: o estado-nación ou a propia UE ―como afirmou sagazmente Faludi (2004), a política de cohesión europea non é máis cá súa extensión comunitaria, un «vello viño francés en novas botellas»―. O planning estrito, á súa vez, inscríbese na escala de detalle e cústalle saltar a niveis máis abranguentes alén do local. Parte da querenza do planning polas escalas de proximidade débese ao seu carácter vinculante e normativo. En cambio, resulta difícil estipular a disposición precisa e obrigada no espazo de elementos territorialmente considerábeis, tanto por razóns xurídicas, como por motivos económicos (Jones, 2001). Así, o aménagement adoita ser indicativo ao recomendar, favorecer ou desaconsellar implantacións de empresas, infraestruturas ou equipamentos. Por este motivo, algúns autores (Pujadas e Font, 1998; Galiana e Vinuesa, 2010) asocian a ordenación vinculante coas escalas de detalle e a indicativa con conxuntos amplos. A conciliación de ambas as dúas é sempre complexa; segundo a análise de Hall e Tewdwr-Jones (2020, p. 59), este «foi un tema a miúdo polémico e ségueo a ser no século XXI». Dado que a ordenación ten carácter de política pública, indefectibelmente depende da tradición administrativa e política, así como das linguas de cada país (Woessner, 2010; Jacobs, 2016). Nadin et al. (1997) achegan unha síntese neste senso para Europa, distinguindo catro modelos:\no aménagement clásico correspóndese co modelo francés;\no británico, o planning canónico, preocúpase pola regulación dos usos do solo, en concreto o control dos crecementos urbanísticos, nomeadamente a escala local;\no alemán fundaméntase en plans físicos vinculantes a varios niveis (do local ao nacional), producíndose non só unha coordinación entre esas escalas, senón tamén cos territorios veciños e cos distintos plans sectoriais existentes (agricultura, transportes, etc.); e\no mediterráneo é basicamente arquitectónico ao teimar en regular o espazo construído mediante a zonificación, aínda que se adoite considerar esa actividade como ineficaz.\nHoxe en día estes catro modelos atópanse mesturados (Farinós, 2007). Sexa como for, Nadin et al. (1997, p. 24) achegan a súa propia definición de ordenación territorial (spatial planning en inglés), na que resoa a CEMAT (1983): «os métodos empregados sobre todo polo sector público para influír na distribución futura das actividades no espazo […] [para] crear unha ordenación territorial máis racional dos usos do solo […] e acadar obxectivos sociais e económicos».\nAlén destes intentos de harmonización das diversas prácticas estato-nacionais e das políticas comunitarias de corte aménagiste citadas, a UE propiciou unha ordenación de seu desde os anos 1990. Nese sentido, creou marcos programáticos que, sen seren directamente executivos, presentan unha notábel influencia. Estes comezan, segundo Zoido et al. (2013, p. 253), Decoville e Durand (2016, p. 1830) ou Hall e Tewdwr-Jones (2020, p. 268), coa Estratexia territorial europea (Ministers, 1999). Por agora, rematan na Axenda territorial 2030 (Ministers, 2020), a terceira así chamada desde Ministers (2007). Trátase da chamada «europeización» da ordenación territorial (Paasi e Zimmberbauer, 2016). Sobre a capacidade ordenadora destes documentos paneuropeos, Hall e Tewdwr-Jones (2020, pp. 1-3) semellan estar a pensar neles cando din: «a pesar de que a xente pensa que a ordenación […] [comporta] unha representación física ou un deseño [en forma de mapa] […], varios tipos de ordenación […] poden non implicar a produción dunha representación física exacta […]. [A]sí pois, a ordenación é […] a realización dunha secuencia ordenada de accións que conducirá a acadar o obxectivo ou obxectivos estabelecidos».\nA estas diatribas paneuropeas, súmaselle en España a polémica sobre o alcance da ordenación territorial. Mentres Pujadas e Font (1998, p. 21) estipulan que «calquera escala xeográfica que implique a intervención pública é xa unha escala propia da ordenación», Zoido (1996, p. 25) indica que «a evolución real vai consolidándoa como unha política de planificación física, referida a feitos aos que se confire valor estruturante, en territorios de ámbito rexional e comarcal», parecer reiterado en Zoido et al. (2013, p. 253). Deste modo, a primeira postura segue a estela abranguente do CEMAT (1983) e a segunda coida que a ordenación é sempre física, agás a escala local/municipal (que denominan «urbanismo»). Isto último coincide coa legalidade española que, en teoría, dota as comunidades autónomas da competencia en ordenación do territorio, así chamada, cinguida ao eido autonómico e supramunicipal (comarcal e metropolitano) (Pérez Andrés, 1998; Benabent, 2006, 2012; Farinós, 2014; Farinós et al., 2017).\nDe optarmos pola postura abranguente, Pujadas e Font (1998, p. 22) distinguen entre cinco grandes «apartados» da ordenación territorial, aínda que, novamente, poden presentarse mesturados:\nHerdada da tradición aménagiste, a política rexional consiste na procura da corrección dos desequilibrios territoriais.\nEn relación coa planificación física, diferencian tres:\ndous en función da escala (planeamento urbano versus planificación territorial, é dicir, a escala do urbanismo local/municipal versus niveis supramunicipais); e\nun terceiro, a planificación sectorial, que, como vimos co modelo alemán de Nadin et al. (1997), ten que ver cun tema específico ―un exemplo manido son os espazos naturais protexidos―.\nUn quinto «apartado» é o máis recente: a planificación estratéxica. Segundo Pujadas e Font (1998, p. 369), Pascual (1999, pp. 55-65), Albrechts (2006, p. 1151) e Zoido et al. (2013, p. 280), traslada o sistema de dirección empresarial, baseado en obxectivos, ao eido urbano e territorial. Sempre indicativa, detén un perfil propio ―economicista, selectivo, proactivo, etc.― que Pascual (1999), Albrechts (2006), Farinós (2014), Elinbaum e Galland (2016) ou Paasi e Zimmerbauer (2016) contrapoñen á planificación convencional tradicional.\nEn máis dun século de prácticas ordenadoras, as orientacións teñen cambiado arreo: desde unhas orixes urbanísticas e a teima persistente pola corrección dos desequilibrios territoriais, aos enfoques actuais, por exemplo os estratéxicos soft (Farinós, 2014). Un modelo desenvolvido para un tipo de plans sectoriais, a cargo de Hall e Page (2006), resulta acaído para ofrecer unhas indicacións neste senso. Segundo estes autores, nos primeiros estadios ambicionábase a racionalidade económica ―maximización de beneficios e minimización de custos―, o cal favorecía o crecemento urbano e infraestrutural. Paseniño, emerxeu a vontade de protexer/conservar determinados espazos para subtraelos deses procesos de crecemento, xa na década de 1940 nalgunhas áreas metropolitanas (Londres, Copenhague, etc.) e con antecedentes na Nova York de entreguerras, vontade xeneralizada nos anos 1970 (Paül, 2021). A partir dos anos 1980, xurdiron outros dous enfoques que chegan até hoxe. O primeiro é o comunitario, que defende que a ordenación non debe considerarse un asunto técnico aséptico top-down senón adoptar un sentido participativo bottom-up. Trátase do paradigma colaborativo de Healey (1997), con antecedentes en plans estratéxicos anteriores (Pascual, 1999; Albrechts, 2006). O segundo é o desenvolvemento sustentábel, concepto nacido en 1987 e que devén chave co Cume de Río de 1992, asociándose ao «triángulo» deNijkamp et al. (1990), a partir do cal a ordenación arela conciliar os obxectivos económicos, sociais e ambientais, cun nesgo, máis aparente ca real, polos derradeiros. A pesar das críticas reiteradas ás que foi sometido, ao converterse en hexemónico e a miúdo ser un inane greenwashing empresarial (Parr, 2009), mantén vigor na década actual coa aprobación en 2015 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) para o 2030. En palabras de Ministers (2020, p. 2), a Axenda territorial 2030 «contribúe a acada[los]» na UE.\nO carácter eminentemente estato-nacional das prácticas ordenadoras comporta que a ordenación integrada transfronteiriza resulte problemática (Woessner, 2010; Decoville e Durand, 2016, 2020; Jacobs, 2016). Porén, a UE, a través dos procedementos mencionados, teimou en recomendarlle aos estados-membros ―sobre todo ás autoridades locais―, que a desenvolvesen. Dunha banda, mediante as políticas rexionais e/ou de cohesión. Aos nosos efectos, a súa principal derivada é Interreg, creado en 1989 (Pujadas e Font, 1998; Ministers, 1999; Decoville e Durand, 2016; Paül et al., 2017; Sassano, 2020). En segundo lugar, os documentos-marco xa nomeados concédenlle moita relevancia á ordenación transfronteiriza (Ministers, 1999-2020). Neste sentido, é importante subliñar que na penúltima Axenda territorial foi introducida unha crítica sutil a Interreg: «Apoiamos a integración transnacional e transfronteiriza das rexións alén dos proxectos de cooperación [polo xeral, Interreg] e centrada nos avances e os resultados de relevancia […] real. A cooperación […] debería integrarse mellor nas estratexias de desenvolvemento nacionais, rexionais e locais» (Ministers, 2011, p. 7). Esta última frase resulta significativa, pois sinala o obstáculo principal ao que se enfronta a ordenación transfronteiriza: a persistencia da estato-nacional ―nos niveis político-administrativos instituídos― dificúltaa ou ignóraa. Finalmente, a UE deu un salto adiante nesta materia co Regulamento 1082/2006, que posibilitou os AECT (Woessner, 2010; Decoville e Durand, 2016; Caesar, 2017; Paül et al., 2017);7 estes poden asumir, de o quereren, funcións de ordenación territorial.\nDe acordo con Jacobs (2016, p. 85), o principal «problema de trazar límites alternativos, por exemplo, para chegar a un territorio binacional [trinacional, etc.] de ordenación, é a falla de integración destes límites nun contexto político e legal». E engade que, aínda que existan estruturas de carácter transfronteirizo como os AECT, este problema perdura. De feito, na Eurométropole/Eurometropool Lille-Kortrijk-Tourna, Durand e Perrin (2018, p. 329) evidencian que, malia o AECT, persiste unha diferenza entre os sistemas de planificación de Flandres, Francia e Valonia, producíndose unha «falla de logros concretos» en materia de ordenación, até o punto que, dos nove elementos de integración transfronteiriza estudados, o único percibido como «débil» é a ordenación. En termos similares, maniféstanse Decoville e Durand (2016) para a Grande Région/Großregion, tamén cun AECT, onde se concluíu que a realización dun «esquema de desenvolvemento territorial» estaba inzado de «contradicións entre puntos de vista defendidos polos diferentes responsábeis políticos» dos catro países implicados, inferíndose «a dificultade de atopar algún denominador común entre todas as partes involucradas» (p. 1835). Neste senso, a Grande Région/Großregion é vista como un territorio demasiado extenso, polo que acaería concentrar a ordenación conxunta en Luxemburgo e os territorios inmediatamente veciños, o ámbito das relacións máis intensas. Pola súa banda, Woessner (2010, p. 240) estuda o ámbito do Rin Superior (artellado por Basilea), dotado dunha «agglomération trinationale» denominada eurodistrito, que presenta como «principal dificultade […] a articula[ción] de documentos e de procesos pertencentes a contextos nacionais distintos». En fin, Caesar (2017, p. 248) subliña que, por moito que os AECT (e estruturas concomitantes) desexasen implantar estratexias propias (territoriais incluídas), «teñen que ser realizadas dentro dos marcos nacionais dos espazos administrativos formais, pois as autoridades nacionais seguen a ser os órganos competentes».\nNun balanzo recente, Decoville e Durand (2020) afirman que existen tres categorías de ordenación territorial transfronteiriza na UE, nomeadamente ao abeiro de Interreg:\nA observación e coñecemento das dinámicas territoriais conxuntas, isto é, o que se adoita coñecer como análise e diagnóstico territoriais (Pujadas e Font, 1998; Zoido et al., 2013).\nPartindo das conclusións obtidas na anterior, producir unha estratexia territorial, é dicir, unhas accións indicativas de desenvolvemento (Pujadas e Font, 1998; Pascual, 1999; Albrechts, 2006; Zoido et al., 2013; Farinós, 2014).\nEstabelecer plans e sistemas de xestión específicos para problemas transfronteirizos concretos tales como mobilidade, lixo ou depuración de augas, é dicir, o que máis arriba definimos como planificación sectorial (Pujadas e Font, 1998).\nUnha categoría previa a esta tipoloxía consistiría tan só en que os plans dun lado da fronteira teñan en conta o outro lado. Porén, isto resulta problemático. En efecto, a ordenación implica o estabelecemento de fronteiras: as do seu ámbito de acción (Jacobs, 2016; Paasi e Zimmerbauer, 2016). Así, aínda que aquí cingamos a problemática da ordenación ás fronteiras internacionais, as cuestións indicadas tamén se detectaron entre plans de ordenación producidos por rexións finesas (Paasi e Zimmerbauer, 2016) e estados australianos (Burton e Dedekorkut-Howes, 2021). Sexa como for, constan casos de boas prácticas neste senso, como é Irlanda no seu conxunto, malia a partición en dous estados, desde o proceso de paz post-1998 (Walsh, 2015).\n3. A investigación-acción participante\nDe acordo con Kindon et al. (2009) e Kindon (2010), a investigación-acción participante non é un método máis das ciencias sociais, xa que se trata dunha aposta metodolóxica que implica unha profunda redefinición epistemolóxica. Así, vai alén da participación pública mainstream ―como, por exemplo, propugna Healey (1997) no noso campo específico―, de xeito que asume que as persoas que participan do proceso tamén forman parte da co-xeración de coñecemento e son tan competentes como os/as supostos «expertos/as» que o facilitan. Para levar iso a cabo, deben producirse varios ciclos de acción e reflexión ―Kindon (2010, p. 263) estabelece que tipicamente son tres― nos que se renegocien non só os resultados dos anteriores ciclos senón mesmo o proceso en conxunto de forma reflexiva e crítica: cómpre comezar cun entendemento partillado dos problemas e dos temas a tratar, para, a partir dunha procura de datos e información, en última instancia, concibir proxectos específicos. O obxectivo consiste en facultar a mellora das condicións de vida das persoas implicadas nos procesos, de xeito que o/a investigador/a «non realiza unha investigación nun grupo senón que traballa con eles/elas para procurar o cambio que eles/elas desexan» (Kindon, 2010, p. 263; as cursivas figuran no orixinal).\nIdealmente, o/a investigador/a que conduza un proceso deste tipo debe responder ás seguintes características (Kindon et al., 2009, p. 91): ser ao mesmo tempo académico/a e activista, mesmo heterodoxo/a, o que implica contar coa «capacidade de ser flexíbel e adaptarse ao caos, á incerteza e ao desorde, [así como] tolerar paradoxos e confusións»; practicar a interdisciplinariedade; ser paciente, optimista e sociábel; crer na posibilidade de que se produzan mudanzas; traballar de xeito colaborativo; estar preocupado/a por chegar a transformacións reais; e «comprometerse emocionalmente con prácticas intelectuais». Resulta difícil reunir todas estas propiedades, mais foron as coordenadas que guiaron as prácticas de traballo durante o período estudado. Desde unha perspectiva de estratexias e técnicas específicas a activar, empregamos parte do catálogo de Kindon (2010, pp. 264-267), por exemplo:\nProcurar datos secundarios e revisalos criticamente para estabelecer a dirección da investigación. No noso caso, como se verá, isto fíxose sobre todo con datos estatísticos.\nImplicar persoas expertas en temas concretos, que, no caso do proceso estudado, participaron no equipo redactor (n=6) e no comité científico asesor (n=7), con perfís disciplinares varios: Xeografía, Economía, Ciencias Políticas, etc. (consúltese Paül et al., 2019, p. 3 para coñecer a súa composición precisa).\nObservar directamente as realidades de estudo, por exemplo, con xuntanzas para realizar entrevistas en profundidade, tal e como consta no apartado seguinte.\nTraballar con grupos focais representativos da comunidade. No proceso estudado, estabelecéronse catro (véxase máis abaixo).\nCrear canles de participación por Internet, tamén mencionados no próximo apartado.\nRealizar presentacións frecuentemente, con cartografía, tal e como tamén se verá.\nEn relación con este artigo, Kindon (2010) estabelece a necesidade de negociar, coas persoas que participan no proceso, os termos e modos de difusión da información xerada. Dado o tempo pasado e a cantidade de xente implicada (véxase o apartado seguinte), iso resulta impracticábel. Con todo, séguense dúas convencións indicadas por Kindon (2010, p. 275) a tal efecto: ofrecer mencións específicas a achegas persoais para «ilustrar as múltiples perspectivas en circulación» e citar os desacordos para «subliñar onde hai tensións e diferenzas de perspectiva». Ambas as dúas prácticas deben ser en todo caso «contextualizadas e analizadas axeitadamente» no texto resultante, como aquí se pretende. Sexa como for, e en coherencia co método empregado, o seguinte apartado presenta un neto carácter reflexivo.\n4. O proceso da Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030\nOs seguintes parágrafos analizan o proceso seguido pola Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030 desde os seus inicios até a versión considerada pechada. Cobren un ano e medio e, a diferenza das explicacións descritivas contidas no apartado procesual da súa edición definitiva (Paül et al., 2019, pp. 16-20), aquí as chaves proporcionadas son interpretativas e valorativas, pondo o fincapé nos debates acontecidos e nos cambios producidos. Por esta razón, distinguimos entre tres apartados estabelecidos a efectos analíticos e discursivos: a elaboración dun preborrador a partir dunha primeira participación limitada (de finais de 2017 a xuño de 2018), a conformación propiamente da estratexia participada (de xullo a novembro de 2018) e os cambios finais introducidos (de decembro de 2018 a abril de 2019) (Figura 2).\n4.1. A confección dun preborrador cunha participación inicial\nAlén dos trámites burocrático-administrativos que carrexa a xestión dun proxecto Interreg, o comité de redacción iniciou propiamente as súas tarefas mediante cinco xuntanzas en novembro e decembro de 2017 con alcaldes/alcaldesas/autarcas de doce concellos (Figura 2), co obxectivo de conformar un diagnóstico partillado, así como entender as expectativas que estes/as representantes públicos/as tiñan co proceso que daba comezo. Para estas xuntanzas, confeccionouse un guieiro de entrevista en profundidade. En diferentes ocasións, os/as dirixentes municipais facilitáronlle ao equipo de traballo a documentación xerada nos procesos previos de cooperación transfronteiriza intermunicipal que viñan funcionando desde anos atrás. Seis dos doce concellos abranguidos neste primeiro momento constitúen as denominadas eurocidades da raia húmida ―Tui-Valença (2012), Monção-Salvaterra (2015) e Cerveira-Tomiño (oficialmente constituída en 2018, cunha actividade colaborativa sostida desde 1985, coa sinatura da súa Carta da Amizade)―, que mesmo prestan servizos partillados (Figura 3); As Neves participou canda Monção-Salvaterra. Alén destes sete concellos, desenvolvéronse xuntanzas in situ con outros cinco, que se pode considerar que conforman «eurocidades latentes», pois, sen estaren constituídas, xeraron cadanseus espazos locais de interacción transfronteiriza: Caminha-A Guarda-O Rosal e Melgaço-Arbo (Figura 3). Mediante a análise das entrevistas realizadas nas cinco xuntanzas e da documentación recadada nelas, definíronse uns cadros de síntese de diagnóstico e propostas, ao redor de eivas/problemas detectados e aspectos con potencial, nomeadamente ao redor de aspectos económicos.\nXa entrado en 2018, catro membros do comité científico asesor realizaron cadansúas análises-diagnósticos centrados en aspectos económicos da área de estudo. Asemade, o equipo redactor nese momento desenvolveu unha procura de datos estatísticos, nomeadamente a escala municipal, para fundamentar unha análise que se reflectiu nunha copiosa produción cartográfica, sobre asuntos tales como o solo industrial, as actividades agrarias ou a demografía (Figura 4). Por pór un exemplo desta análise, detectouse unha dinámica contrastada entre, por unha banda, a franxa interior-oriental, caracterizada por baixas densidades demográficas, perda de poboación nos últimos 25 anos e un claro avellentamento; e, pola outra, unha zona costeira-occidental, con altas densidades de poboación, menores idades medias e índices de avellentamento máis moderados, inserida de cheo no eixo urbano atlántico galego-portugués (Gusman et al., 2020; Paül et al., 2020), e con indicadores particularmente positivos naqueles concellos da segunda coroa metropolitana de Vigo onde hai unha chegada recente de poboación nova (sobre todo, Ponteareas, O Porriño e Salceda de Caselas) (Figura 4).\nEn paralelo, o equipo redactor analizou os documentos considerados chave a distintas escalas (UE, España-Portugal, eurorrexión, provincia de Pontevedra, Alto Minho, etc.). Os máis deles estaban vixentes, mais na primavera de 2018 comezaron a coñecerse os borradores comunitarios con vistas ao período financeiro 2021-2027.8 Foi no curso desa análise cando o equipo redactor decidiu que, a diferenza da proposta realizada no momento de candidatarse co proxecto SMART_MIÑO en 2015, a estratexia non se ía proxectar para 2020, senón para 2030, e, aínda máis importante, ía desvencellarse da Estratexia Europa 2020, centrada no crecemento intelixente (smart growth en inglés) (Ministers, 2011; Lois et al., 2013), que guiou o período 2014-2020. De aí que o epíteto «intelixente» desaparecese do proceso estratéxico.\nCon todo este traballo previo, preparouse o comezo do proceso participativo propiamente dito, marcado para o 21 de xuño de 2018, coa celebración do I foro, que se publicitou en varias páxinas web, redes sociais e medios locais (radios e xornais). Nesa data quíxose presentar un preborrador de traballo, que actuase de guía para o debate xeral, reflectindo o traballo realizado até a altura. O traballo no I foro xirou ao redor do preborrador do plan de acción, con cinco eixos:\n1.\nSectores produtivos: potenciar as actividades primarias e secundarias de forma innovadora e orientadas cara a un desenvolvemento sustentábel, nomeadamente a través da implantación unha marca de calidade «Río Miño» para os produtos agroalimentarios e aumentando a superficie industrial sen comprometer o ambiente.\n2.\nRedes de gobernanza: crear instrumentos de goberno común do territorio transfronteirizo. Aquí figura a posta en marcha do AECT (primavera de 2018), así como o aumento dos acordos bilaterais de servizos públicos partillados no marco das eurocidades. Tamén se declara a vontade de acadar un Investimentos Territoriais Integrados (ITI)9 para a área de traballo.\n3.\nMobilidade e servizos partillados: iniciar e favorecer a activación de novos servizos públicos partillados, en relación co eixo anterior. Contémplanse, tamén, diferentes investimentos en infraestruturas, como a autovía Tui-Goián ou completar a conexión entre a A3 e a A28 en Vila Nova de Cerveira, así como desenvolver un servizo de proximidade con frecuencias altas no camiño de ferro Vigo-Viana.\n4.\nTurismo sustentábel: preservar e promocionar o patrimonio natural e cultural como garantía para desenvolver un turismo sustentábel, ao redor do proxecto de elevar o Miño a Patrimonio Mundial da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) e en sintonía co desenvolvemento da marca «Río Miño».\n5.\nCultura e comercio tradicionais: propostas para valorizar a cultura e o comercio como elementos integradores para a sociedade do territorio transfronteirizo.\nOs contidos destes cinco eixos, despregados nunha proposta de liñas de acción (n=10, dúas por cada eixo), obxectivos (n=18) e proxectos (n=24), aliñáronse cos documentos-marco analizados a varias escalas (da UE ao CIM Alto Minho), tentando procurar a coherencia entre estes propósitos e os xa vixentes ou en discusión a outros niveis. Ese esforzo reflectiuse no preborrador como mecanismo para amosar os apoios nos que se enraizaba o proceso.\n4.2. Participación xeral e borrador da estratexia\nA presentación do preborrador no I foro, ao que asistiron 82 persoas, concitou moito debate, deixándose sempre claro que era o que se procuraba e que non se querían prefigurar os resultados, senón abrir o proceso participativo. A unha sesión xeral inicial, na mesma data seguiulle a organización de catro mesas sectoriais de debate en paralelo ao redor dos eixos 1, 3, 4 e 5, nas que participaron os/as asistentes segundo os seus intereses. En cada mesa, voluntariamente anotáronse os/as participantes e, logo do verán, partindo das catro listaxes e facendo de novo publicidade en varias páxinas web, redes sociais e medios locais (radios e xornais), convocáronse novamente as catro mesas en setembro-outubro de 2018. Nas datas sucesivas de traballo participaron 94 persoas. Este mecanismo participativo desenvolvido en outono de 2018 foi o máis frutífero, de xeito que conduciu, como se verá máis adiante, a unha reformulación do preborrador da estratexia.\nUnha cuestión relevante do I foro foi manifestada, particularmente, por alcaldes/alcaldesas/autarcas. Consistiu nunha crítica a unha distinción territorial presente no preborrador: os concellos ribeiráns do Miño (n=13) versus o resto (n=13) (Figura 3). Todo o preborrador referíase ao «Val do Miño» para os primeiros, que xurdían do inicio do proceso estratéxico, tal e como xa se referiu, no que se implicaran 12 concellos (Crecente foi engadido no «Val do Miño» polo equipo redactor). A razón de contemplar o «Val do Miño» estribaba en focalizar nel cuestións como a mobilidade e a prestación de servizos partillados (eixo 3 do preborrador do plan de acción), fronte ao resto do ámbito, no que o equipo redactor asumiu que non aplicaba. Porén, a diferenciación territorial foi rexeitada no I foro e tívose que eliminar.\nEn outono de 2018 despregáronse outros tres procedementos participativos alén das xuntanzas das catro mesas temáticas (Figura 2):\nA participación a través da páxina web, na que estaban pendurados o preborrador de estratexia e resumos dos debates das mesas temáticas ―podíanse enviar opinións por escrito sobre todos eles― e mais unha enquisa web que pretendía calibrar o consenso cidadán en relación coas propostas do preborrador. Cando se pechou esta fase (outubro de 2018), levábanse máis de mil visitas, mais recibíronse moi poucas respostas concretas.\nUnha segunda rolda de xuntanzas con alcaldes/alcaldesas/autarcas coa vontade de robustecer a lexitimidade política na que apoiar o proceso estratéxico. Alén dos doce concellos abranguidos na primeira fase, daquela falouse con outros concellos de fóra do ámbito do «Val do Miño».\nEn novembro de 2018, mantivéronse unha ducia de xuntanzas con actores territoriais e institucionais chave para enriquecer a estratexia en elaboración, tanto a escalas superiores (o AECT Galiza-Norte de Portugal, a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana [DG REGIO] da Comisión Europea, etc.), como grupos de desenvolvemento rural do territorio, representantes empresariais da zona e mais a Capitanía do Porto de Caminha e a Comandancia Naval de Tui.10\nCon todo isto, reformulouse o plan de acción. Para o II foro, marcado para finais do outono de 2018, quíxose contar xa cun borrador resultante do proceso. Deseguido, explícanse os novos eixos estratéxicos, xustificando o porqué das modificacións en relación co preborrador:\n1.\nA insistencia en todos os debates xerados por situar o río Miño no foco comportou convertelo en primeiro eixo estratéxico, vinculándoo á sustentabilidade territorial e á conservación fluvial. A marca territorial «Río Miño», proveniente do preborrador, vencellouse a este eixo.\n2.\nO segundo eixo centrado na gobernanza mantívose, mais agora, respondendo aos debates mantidos, baseándoa na prestación de servizos partillados e, como novidade, na contribución á xestión das barreiras legais e administrativas e dos custos de contexto específicos que eivan a vida cotiá no territorio de fronteira.11 Este último aspecto resultou das queixas constantes ao respecto, expresadas nas sesións participativas, que conduciron a reflectir cinco obxectivos específicos de eliminación de barreiras legais-administrativas no plan de acción: sanidade, educación, mobilidade, emerxencias/riscos e río (pesca). En varios dos debates mantidos a xente confesaba que asumira que o AECT se creara para solucionar estas cuestións, aínda que desde o AECT insistían en non seren competentes nestes eidos. En todo caso, acordouse que o AECT asuma xestionar este asunto «diante dos organismos competentes» (tal e como aparecerá definitivamente redactado: Paül et al., 2019, p. 47). Pola súa banda, a ITI non foi demandada e desapareceu da estratexia.\n3.\nA forza que acadou o turismo nos debates aqueles meses comportou subilo do cuarto nivel xerárquico do preborrador ao terceiro no borrador. Sistematicamente, o turismo emerxeu como aspecto central do desenvolvemento territorial, reclamado sobre todo polos/as políticos/as e técnicos/as municipais participantes e polo sector; por exemplo, empresas de cicloturismo e asociacións promotoras do camiño portugués de Santiago. Como novidade, propúxose unha Reserva da Biosfera transfronteiriza asociada a un lema, á marca «Río Miño», etc. e que fose quen de estruturar seis produtos turísticos «sustentábeis» conxuntos reflectidos en cadanseus obxectivos do plan de acción (Paül et al., 2019, p. 48).\n4.\nUn cuarto eixo que gañou tamén posicións (do último lugar ao cuarto) foi a cultura, aínda que, polos debates mantidos, eliminouse o cualificativo «tradicional» presente no preborrador e decidiuse disociala do comercio. De igual xeito que actores turísticos se mobilizaron arreo, tamén o fixeron os culturais, por exemplo, o Festival Internacional de Teclado e Masterclass (IKFEM, nas súas siglas en inglés), cunha traxectoria asentada, que emprega como escenario nos seus eventos a ponte Tui-Valença ―simbolicamente, a única da raia húmida desde 1886 até os anos 1990―. Incorporouse así a necesidade de implantar unha axenda cultural común transfronteiriza, festivais incluídos. Cómpre subliñar que, a diferenza do preborrador, a iniciativa para un Patrimonio Mundial do esteiro e as fortalezas asociadas resituouse aquí, respondendo á cultura e non ao turismo.\n5.\nO quinto eixo, o de mobilidade, perdeu posicións en relación coa proposta inicial, pois, alén do devandito no segundo eixo, suscitou escasos consensos. O debate sobre as «infraestruturas a reclamar», nomeadamente as viarias, pairou o outono de 2018, por exemplo, coas presións para que constase explicitamente unha conexión infraestrutural (en forma de ponte ou de túnel) entre Caminha e A Guarda-O Rosal. Para non entrar nun detalle que deviña conflitivo, optouse porque as infraestruturas concretas individuais non fosen obxectivos estratéxicos, como constaban no preborrador. Insistiuse, no entanto, na conversión da liña Vigo-Viana nun tren de proximidade con frecuencias de paso axeitadas e na que rehabilitar apeadeiros actualmente en desuso, acción reclamada nos debates e coherente co desenvolvemento dunha mobilidade sustentábel.\n6.\nCómpre destacar que o sexto eixo, o económico, foi o caso máis patente de perda de categoría en relación co preborrador: da primeira posición á derradeira. Infírese, así, a existencia dunha fenda entre pareceres académicos (ao redor, por exemplo, da falla de solo industrial) e a percepción da xente manifestada na participación pública.\nNovamente, o borrador de plan de acción concretou liñas de acción (n=17), obxectivos (n=46) e proxectos (n=39). A multiplicación numérica, case por tres, dos obxectivos e, case por dous, dos proxectos evidencia a cantidade de achegas recibidas e os debates mantidos, que o equipo redactor tentou trasladar ao borrador. Así mesmo, e de acordo co acontecido no I foro, esvaecéronse as distincións territoriais entre o «Val do Miño» e o resto (Figura 3), de xeito que todo o territorio se considera de forma unitaria. Porén, cómpre recoñecer que, aquel outono, o equipo redactor barallou cartografar tres grandes áreas ―costeira/urbana (dinámica, densa…), interior/rural (baleirada, avellentada…) e fluvial miñota (máximas relacións transfronteirizas e dinámica territorial integrada) (Figura 5)―. A tal efecto, ensaiouse aliñar os obxectivos, as liñas e os proxectos para cada unha desas áreas. Finalmente, e polas mesmas razóns que fora desbotada a diferenciación específica do «Val do Miño», considerouse que non debían facerse distincións internas no territorio do AECT Río Miño (Figura 6).\nTamén cómpre indicar que a análise e o diagnóstico se reformularon igualmente en función do proceso seguido. Así, por mencionar un exemplo significativo, no preborrador o Parque Nacional Peneda-Gerês, e mais a Reserva da Biosfera Gerês/Xurés, só se citaban como ámbitos próximos ao Río Miño que implicaban unha «oportunidade» en materia de turismo; no proceso de outono de 2018, desde os tres concellos que forman parte deles (Arcos de Valdevez, Melgaço e Ponte da Barca), reclamouse que se tivesen en conta como activos territoriais, co cal deviñeron unha fortaleza do Río Miño no seu conxunto (Paül et al., 2019, p. 44). Finalmente, a nova versión presentouse no II foro celebrado o 29 de novembro de 2018, ao que asistiron 70 persoas.\n4.3. Do borrador ao documento final da estratexia\nCoas conclusións dos debates desenvolvidos na última oportunidade de discusión colectiva, o equipo redactor pechou ao longo do inverno de 2019 unha versión considerada definitiva e que se reflicte, de forma sintética, en Paül et al. (2019). Producíronse dúas diferenzas chave co borrador, que se explican deseguido. A primeira consistiu na eliminación da listaxe dos proxectos do plan de acción. O motivo principal foi que os marcos de financiamento comunitarios para o período 2021-2027 non estaban daquela asentados, nomeadamente por mor da inestabilidade asociada á incidencia do Brexit12, o que desaconsellaba concretar uns proxectos no horizonte de 2030, que logo poderían estar desaxustados cos marcos definitivos.\nA segunda modificación de calado respondeu, novamente, ás discusións territoriais presentes en todo o proceso. En efecto, que o río Miño conformase o primeiro eixo estratéxico no borrador non era partillado unanimemente, ao ámbito ribeirán miñoto non resultar maioritario no AECT. Un argumento sistemático neste senso, expresado por actores portugueses do val do Limia, e mesmo do do Coura ―afluente do Miño, mais separado da bacía estrita do río―, é formaren parte do Minho como rexión, mais non do val estrito do Miño. Isto conduciu, ao fin, a redistribuír o primeiro eixo entre os outros cinco, tal e como se expresa na cartografía definitiva de Paül et al. (2019, p. 21; Figura 6). En todo caso, introduciuse unha visión xeral da estratexia, ausente nas versións anteriores, que reza significativamente o seguinte: «O río Miño é o vector central do desenvolvemento do territorio» (Paül et al., 2019, p. 46).\nO proceso deuse por concluído coa presentación da versión final no Consello Consultivo do AECT Río Miño o 4 de abril de 2019. Nese acto só se produciu unha voz discrepante, lamentando precisamente a eliminación do primeiro eixo do borrador.\n5. Discusión e conclusións\nO obxectivo deste artigo consiste en situar a experiencia estratéxica analizada no seo do marco teórico-conceptual da ordenación territorial transfronteiriza, partindo dos principais resultados achegados: os cambios no plan de acción (Figura 7). Entre eles, cómpre subliñar de entrada a perda evidente da súa vertente económica, agás o referido ao subsector turístico. En paralelo, gaña peso a dimensión política, nomeadamente a través da énfase que lle concede a participación, até o punto de situárense en primeiro lugar, cando no preborrador estaban ausentes, as accións de contribución á mitigación das barreiras legais e administrativas existentes ligadas á fronteira, así como dos custos de contexto fronteirizo. O turismo e a cultura, que figuraban na penúltima e na última posicións no preborrador, atinxen tamén un rol preeminente, impulsados e demandados explicitamente no proceso estudado. Toda esta reconfiguración contrasta coa planificación estratéxica territorial que, en teoría, focalízase en temas económicos «clásicos» (Pujadas e Font, 1998; Pascual, 1999; Albrechts, 2006; Zoido et al., 2013; Farinós, 2014), os cales, nun exercicio máis académico inicial como era o preborrador, presentaba maior centralidade. Porén, outras características da planificación estratéxica, como son a súa lóxica participada e a súa inherente selectividade temática, poden valer para explicar todos estes cambios.\nA análise realizada no apartado anterior (sintetizada na Figura 7) tamén permite inferir unha cuestión relevante en relación coas distintas modalidades ordenadoras: no preborrador constatábanse determinados atributos adscribíbeis ao planning canónico (Nadin et al., 1997; Pujadas e Font, 1998; Hall e Tewdwr-Jones, 2020), tales como infraestruturas concretas ou propostas de crecementos industriais, mais estes desapareceron ao longo do proceso e non figuran na estratexia final. Este progreso corrobora a transición cara ao soft e a gobernanza territorial na ordenación territorial (Farinós, 2007, 2014; Galiana e Vinuesa, 2010). Asemade, esta transición tamén se pode interpretar como o triunfo dunha certa preferencia política por unha inconcreción que non comprometa. Sexa como for, ante todo, responde á participación operada, que presenta este tipo de consecuencias inesperadas no eido da ordenación territorial, tal e como estabelece Healey (1997) no seu ensaio seminal. Non hai que esquecer que a tensión entre o vinculante e o indicativo é inherente á ordenación (Pujadas e Font, 1998; Galiana e Vinuesa, 2010; Elinbaum e Galland, 2016; Hall e Tewdwr-Jones, 2020) e un non é «mellor» có outro per se. Unha estratexia como a analizada aquí non pode declarar un novo espazo natural protexido, para comezar, pola ausencia das competencias formais ao respecto por parte do AECT (Caesar, 2017). Porén, liderar unha candidatura de Patrimonio Mundial para o esteiro do Miño, como a que se propón, si que está ao seu alcance e implicaría, potencialmente, unha protección máxima. Igualmente, e por citar outro exemplo mencionado anteriormente, xestionar diante dos organismos competentes que se formalice unha xestión transfronteiriza efectiva do ámbito estrito do río, nomeadamente das súas pescarías, tamén resulta unha proposta considerábel. Sen obrigar á creación dun plan vinculante, é susceptíbel de presentar consecuencias significativas sobre o terreo.\nNeste senso, cando Durand e Perrin (2018, p. 329) conclúen que na Eurométropole/Eurometropool Lille-Kortrijk-Tourna non se dan acadado logros concretos en materia de ordenación, argüíndo que os avances nesta materia foron practicamente inexistentes, achamos que asumen a ordenación territorial de forma restritiva. Definicións abranguentes dela, como as de CEMAT (1983), Nadin et al. (1997), Pujadas e Font (1998), Woessner (2010) e Hall e Tewdwr-Jones (2020), permitirían nese AECT franco-belga, como no noso caso, unhas conclusións máis matizadas. As visións reducionistas sobre o que é a ordenación do territorio son abondosas tamén en España (Pérez Andrés, 1998; Benabent, 2006, 2012; Farinós et al., 2017), mais caen na habitual trampa estato-nacional que, precisamente, experiencias como as que aquí revisamos queren combater. É por iso que o modelo de Decoville e Durand (2020) distingue tres niveis de ordenación territorial transfronteiriza; o noso caso corresponderíase, en aparencia, co segundo, ao constituír unha estratexia territorial transfronteiriza formalizada, mais participa tamén dos outros dous (análise/diagnóstico e aspectos sectoriais), polo que cómpre sempre insistir na pluralidade evidente de posibilidades ordenadoras e, polo tanto, alertar ante os reducionismos.\nEn relación coa evolución das políticas de ordenación, o caso estudado sitúase nas actuais coordenadas. Primeiramente, ao reducir a teima economicista, a estratexia analizada supera os estadios iniciais baseados en argumentos estritamente de racionalidade económica que favorecerían determinados crecementos, por exemplo de carácter infraestrutural (Hall e Page, 2006). En cambio, a dimensión ambiental acada un papel notábel, non só porque sexa o signo dos tempos no eido académico (Benabent, 2006; Hall e Page, 2006; Paül, 2021) e no político (Ministers, 1999-2020), mais porque iso é demandado na participación. Asemade, a relevancia do enfoque comunitario na experiencia analizada próbase, alén de pola formulación participativa (Healey, 1997; Pascual, 1999; Hall e Page, 2006), pola forza concedida aos servizos partillados entre dous ou tres concellos, cun marcado carácter social, que se mantén desde o preborrador até a versión definitiva. Neste punto, e na sempre inestábel procura dun equilibrio entre as dimensións económica, ambiental e social da sustentabilidade (Nijkamp et al., 1990; Jones, 2001; Parr, 2009), pódese afirmar que a estratexia propón un determinado modelo de compromiso entre as tres dimensións.\nDesde unha perspectiva territorial, constatamos unha dialéctica potente entre a franxa fluvial con intensas relacións transfronteirizas ―o chamado nalgún momento do proceso «Val do Miño»― e o resto do territorio cuberto pola estratexia e polo AECT. En orixe, no preborrador, asumiuse este contraste tanto política como academicamente, mais o salto á participación aberta fixo patente axiña que a estratexia non se podía cinguir, nin tan só focalizar, nun determinado ámbito. Por iso, o texto final obvia esta diferenciación e recolle elementos territoriais, como, por exemplo, o Parque Nacional Peneda/Gerês, que no preborrador se consideraban de facto fóra do ámbito ordenador. Esta tensión entre dous ámbitos, un máis abranguente e outro máis cativo, mais verdadeiramente transfronteirizo, resoa moito á reportada por Decoville e Durand (2016) para a Grande Région/Großregion, tamén cun AECT no primeiro ámbito que non dá artellado políticas e accións concretas no segundo.\nComo consecuencia destas tensións territoriais, a estratexia estudada non cartografa nin as propostas nin tan só, de forma clara, o diagnóstico, a diferenza doutros casos comparábeis contemplados por Paül et al. (2017). De aí que se pasase dunhas primeiras tentativas onde se diferenciaban ámbitos (Figuras 3 e 5) a un mapa final isotrópico (Figura 6). A pesar de que Hall e Tewdwr-Jones (2020) expliquen que a ordenación pode non cartografar, esta ausencia amosa unha débil concreción territorial. Por outra banda, a decisión final de non considerar o río Miño como un eixo estratéxico de seu ―o primeiro xurdido da participación― e de convertelo na visión pode lerse como unha solución hábil para evitar un nesgo na bacía do Miño mal recibido desde a do Limia. En efecto, elimínase así unha referencia territorial incómoda como eixo estratéxico empregando a fórmula da visión, un aspecto fundamental na planificación estratéxica avanzada (Albrechts, 2006, p. 1160; Farinós, 2014, pp. 34-37). Porén, este cambio tamén pode interpretarse como unha desterritorialización da estratexia. Neste senso, a eliminación, na versión final, da listaxe de proxectos responde ás razóns dadas no apartado precedente, mais, novamente, resulta desterritorializadora, amais de contravir unha das propiedades fundamentais da planificación estratéxica: a súa concreción en proxectos (Pujadas e Font, 1998, p. 384; Pascual, 1999, p. 323). Unha mostra intencionada dunha sexta parte deses proxectos non publicados evidencia até que punto se perdeu o enfoque territorial e de que xeito o foco se puña no «Val do Miño», a saber:\nUtilizar o aeródromo de Cerval para funcións de lecer e de servizos de emerxencias.\nEstudar alternativas de comunicación directa entre Caminha e A Guarda-O Rosal.\nImplantar unha liña de bus Valença-Tui-Vigo, xestionada polas administracións competentes.\nSolicitar ao goberno portugués completar a comunicación entra a A3 e a A28.\nCompletar a comunicación por autovía entre Tui e Goián.\nFacilitar o enlace da A3 cos concellos de Melgaço e Monção e cos seus correspondentes galegos.\nMellorar a PO5003 para conectar Arbo e Melgaço coa A52.\nPor outra banda, no eido territorial tamén salienta a distinción analítica que se fai na estratexia entre o litoral e o interior, que responde a dúas categorías asentadas na xeografía de Galiza e Portugal: o eixo urbano atlántico versus o interior, que mesmo se traslada habitualmente á consideración entre dúas raias, a húmida e mais a seca (Gusman et al., 2020; Paül et al., 2020; Trillo e Paül, 2020; Gusman, 2021; Trillo et al., 2021). E velaí parte do problema: polo xeral asúmese que a raia húmida, a que nos ocupa, participa do eixo urbano atlántico. Teimar na presenza dun interior recesivo no territorio do AECT Río Miño pode ser unha cuestión de escala, pois no conxunto galego-portugués resulta dificilmente discerníbel. Porén, esta diferenciación non xorde da participación, mesmo se esta non a desminta, senón do traballo académico do preborrador (Figura 4) e de instancias políticas atentas a responder á axenda política do momento. En efecto, en España o debate ao redor da chamada «España baleira», ou «baleirada», acadou moita sona desde del Molino (2016), quen fixo pouco máis que darlle o nome, mais valeu de catalizador para que xurdise todo un discurso político ao respecto. Así, en 2020, apareceu un ministerio que se chama «do Reto Demográfico», do cal pende unha dirección xeral denominada «de Políticas contra a Despoboación». En Portugal, á súa vez, existe unha Secretaría de Estado «da Valorização do Interior» desde 2018, na actualidade, por certo, con sede en Bragança.\nUnha última cuestión territorial que merece unha discusión ten que ver coa área metropolitana de Vigo. Como se dixo ao comezo deste texto, a decisión acerca da delimitación do ámbito do AECT e, polo tanto, da estratexia non dependeu do proceso estratéxico, senón que era previa a este. Porén, motivou que o polo urbano principal da rexión, Vigo, fique fóra, e que a súa área metropolitana se vexa partida en función da liña de división das bacías, o cal, para as dinámicas territoriais, resulta irrelevante. Deste xeito, un dos asuntos chave do territorio, como é a relocalización de empresas e industrias ―tanto en Galiza (O Porriño, Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves [PLISAN], etc.) como, con máis controversias desde unha perspectiva galega, en Portugal (Cerveira, Paredes de Coura, etc.)―, resulta de difícil medición sen Vigo. No entanto, o feito de que a área metropolitana de Vigo non estea institucionalizada fai que esa escala sexa etérea e, por outra banda, cómpre insistir no devandito: este tipo de cuestións non xurdiron no proceso participativo.\nRecentemente, resultou evidente que a estratexia está a ser útil para a finalidade que foi concibida: case dous anos despois de rematala, o AECT Río Miño emprégaa de xeito cotián e mesmo está a relanzala como instrumento chave para a súa actuación (Figura 8). Por outra banda, a finais de 2019, no marco do proxecto Promoting EU-CELAC Cooperation on Cross-Border Innovation Support (INNOVACT),13 desenvolvemos un obradoiro en Tulcán (Ecuador)-Ipiales (Colombia) no que presentamos a estratexia aquí analizada e ensaiamos implantala cun método adaptado ás circunstancias locais, aos tempos dispoñíbeis e ás persoas mobilizadas naquel momento. O resultado foi satisfactorio, do cal inferimos que existe un alto potencial de transferibilidade. Tamén nun artigo recente, Sande (2021, p. 86) cualifica o documento como «achega innovadora» no contexto eurorrexional. En definitiva, con eivas e limitacións, achamos que a experiencia de ordenación desenvolvida contribúe a superar o efecto persistente da fronteira, que a propia ordenación adoita tender a reproducir (Jacobs, 2016; Paasi e Zimmerbauer, 2016), e que Caesar (2017) suxire que nin os propios AECT dan abalado. Neste senso, a UE, polo xeral a través de documentos-marco moi xenéricos como a serie asinada polos Ministers (1999-2020), e nesta ocasión grazas a un proxecto Interreg, está a permitir a aparición de ordenacións territoriais que van alén das existentes clasicamente (Nadin et al., 1997; Faludi, 2004; Farinós, 2007, 2014; Woessner, 2010; Walsh, 2015; Paasi e Zimmerbauer, 2016; Paül et al., 2017). A experiencia transfronteirza aquí achegada dá boa proba diso."} {"summary": "Nun momento no que o continente africano parece iniciar un novo ciclo de adaptación das institucións do estado aos novos tempos, o escritor angolano Pepetela publica Sua excelência de corpo presente (2018), obra de ficción sobre as ambaxes do poder en África. Os estudos da “narrativa da violencia” (Tomás Cámara, 2017), no ámbito dos \"African Dictator Novel\" (Veit-Wild, 2006; Walonen, 2011) ou \"Politique-Fiction\" (Coussy, 2000) son o marco teórico que nos permite analizar esta novela, que representa nas letras africanas o xénero “novela de ditador” na súa manifestación arquetípica, revelándose ao mesmo tempo como unha obra sumamente orixinal. Trazos como a dimensión simbólico-mítica —coa elección dun tirano cadáver como protagonista—, a inexistencia de diálogo entre o discurso literario e outros discursos, o final metafórico e esperanzador da novela —estratexia burlesca que pecha a narración a modo de xustiza narrativa—, a estética satírica que domina a narrativa —combinando elementos paródicos con outros prototípicos das prácticas políticas africanas das ditaduras—, sitúan a novela na complexidade presente resultante da múltiple tipoloxía dos conflitos.", "text": "Parodia afropolítica, realismo grotesco e imaxi-Nación en Sua excelência de corpo presente, de Pepetela\nIntrodución\nSua excelência de corpo presente (2018), última novela do escritor angolano Pepetela, ofrece unha crítica mordaz ao abuso do poder e aos sistemas totalitarios disfrazados de democracias, tomando o pulso a derivas totalitarias que caracterizan o inicio do s. XXI.\nA acción transcorre nun país sen identificar do continente africano, no que o seu presidente falecido está a recibir unha última homenaxe das persoas que desfilan ante o seu féretro para presentar as súas condolencias. O sorprendente é que o falecido é capaz de ver, oír e entender todo o que sucede ao seu redor, o que lle permite lembrar a súa vida no seu camiño de ascenso ao poder, motivado polos recordos e as historias que nel xeran as persoas que pasan xunto ao seu cadaleito.\nNun momento no que o continente mostra síntomas de iniciar un novo ciclo de adaptación das institucións do estado aos novos tempos, con maior rigor na loita contra a corrupción e máis transparencia na “cousa pública”, Pepetela preséntanos esta obra de ficción sobre as ambaxes do poder en África.\nPrecisamente ese “novo ciclo” con prácticas dun mellor goberno, que inicia o continente, parece abrirse tamén para Angola, coa chegada do presidente João Lourenço, poñendo fin a 38 anos de mandato de José Eduardo dos Santos —que asumiu o poder en 1979—. Tras décadas á fronte do país, en 2010, as liberdades en Angola víronse sumamente restrinxidas na secuencia de aprobación dunha nova constitución, en virtude da cal quedaba abolida a separación de poderes, desaparecía a figura do primeiro ministro e, en definitiva, outorgábase máis poder á figura do presidente, pois será el quen dirixa as Forzas Armadas e o Tribunal Supremo, quedando tamén abolidas as eleccións presidenciais. Posteriormente, en 2012, os escándalos de corrupción agravaron aínda máis a situación política e fixeron dubidar a Dos Santos á hora de presentar a súa candidatura ás eleccións á fronte do MPLA1. Finalmente decidiu presentarse e resultou gañador, asumindo a presidencia durante un novo mandado. Con todo, non sucedeu así nas seguintes eleccións, en 2017, ás que a crispación social, o crecente aumento de protestas e a presión social exercida dende diversos colectivos levárono a non presentarse como candidato. É entón cando João Lourenço, antigo ministro de defensa, accede á presidencia de Angola, manifestando un talante democrático que fixo albergar esperanza no país.\nÉ moi probable, por tanto, que Pepetela escriba Sua excelência de corpo presente2 ao mesmo tempo que en Angola está a producirse o final do mandato do presidente Dos Santos, posto que a novela é publicada en 2018, pouco despois da súa saída do poder, inaugurando, por unha banda, a novela de ditador en Angola, á vez que adiantándose ao discurso historiográfico sobre o presidente, por outra.\n2. O ditador como materia literaria no contexto africano\nDende o punto de vista literario, a temática da ditadura ten un evidente carácter transnacional e foi reiteradamente abordada por autores de variada procedencia e diferentes linguas e estéticas dende o século XIX até a actualidade (Bellini, 2000). Con todo, é nas letras hispanoamericanas onde, como materia literaria, o ditador conta cunha vasta tradición, sendo neste ámbito no que algúns estudosos (Rama, 1976; Verdevoye, 1978; Calviño, 1985; Bellini, 2000) sitúan a orixe do xénero, así como o seu maior desenvolvemento. Se nas letras hispanoamericanas a temática da ditadura se desenvolveu de maneira especial —o cal se xustifica, como sinala Bellini (2000), pola sucesión incesante de formas unipersoais de goberno nos dous últimos séculos neste espazo—, no contexto africano, o xénero cobra importancia tras as desilusións posindependentistas e os primeiros gobernos coloniais, proliferando en boa parte dos estados africanos autores que se ven abocados a reflectir o virulento fenómeno dun “autoritarismo moderno sin precedentes” (Tomás Cámara, 2017, p. 283), ademais de contar cun elevado número de estudos teóricos que o tratan: “African Dictator Novel” (Veit-Wild, 2006) (Walonen, 2011), a “Roman de la Dictature” (Nganag, 2007), “Politique-Fiction” (Coussy, 2000), “Failed State-Fiction” (Marx, 2008), ou a “Authoritarian Syndrome” (Decalo, 1989).\nTrátase de novelas producidas por autores que loitaron pola independencia e mesmo naceron xa nela, pero viven e medran en ditadura, coñecendo, nalgúns casos, un só presidente no curso da súa vida. Autores que estruturan as súas historias “a partir de un principio disidente que marca la literatura contemporánea africana contra aquellas figuras terroríficas y fagocitarias” (Tomás Cámara, 2017, p. 260). Le pleurer-rice (1982), do congolés Henri Lopes é un bo exemplo, no que a figura do ditador grotesco chega a parecer unha esaxeración ou unha licenza, a pesar de que tristemente “forma parte de una realidad hiperautoritaria y tragicómica que supera con creces la realidad experimentada por varias naciones africanas” (Tomás Cámara, 2017, p. 284).\nSon novelas que operan na esfera do mito, nas que a figura do ditador se sitúa no dominio do mitolóxico “desplegando el dispositivo arquetípico del caníbal que se alimenta de una población de muertos vivientes” Tomás Cámara, 2017, p. 260). Nelas o retrato do ditador nútrese dun modo hiperbólico, grotesco, excesivo e monstruoso, como sucede en La vie et demi (1979) ou en L´Etat honteaux (1981), do tamén congolés Sony Labou Tansi, que recrean a típica figura poscolonial do autócrata africano vitalicio en toda a súa fealdade, obscenidade, imbecilidade e pretensión surrealista. Os sistemas ditatoriais africanos, coma se de pesadelos se tratase, esvaecen os límites da realidade, por iso é polo que a maneira de escribir sobre ela sexa deformándoa, xa que só así será posíbel describila, no que podería considerarse como “realismo grotesco” (Tomás Cámara, 2017, p. 288). En palabras de Veit-Wild, trátase dunha “sobreexplotación hiperbólica que supera cualquier paralelismo con personalidades o acontecimientos reales” (2006, p. 95). Xunto á figura omnipresente do ditador africano, adoita ser frecuente nestas obras a da súa antagonista, paradigma de calidades como o heroísmo, a resistencia, a disidencia e o sometemento total como vítima fronte ao poder absoluto do autócrata.\nFinalmente, boa parte destas novelas utiliza os espazos imaxinarios como estratexia para sortear os obstáculos da censura e da persecución política. Desta maneira, países ficticios como Katalamanasia en La vie et demi, funcionan —do mesmo xeito que sucede na ficción latinoamericana— como tapadeira alegórica na que se perfilan claramente países recoñecibles, á vez que ao resgardo desa indeterminación xeográfica.\n3. Parodia afropolítica, realismo grotesco e imaxi-Nación: trazos de orixinalidade de Sua excelência de corpo presente\nEn García Benito (2021) analízase como a novela que nos ocupa estabelece un diálogo directo co xénero novela de ditador3, contendo boa parte dos trazos caracterizadores do mesmo:\n— o ditador como produto literario;\n— o artificio da biografía ficticia —co ditador como protagonista que describe e evoca a súa vida— mediante o cal a complexidade enunciativa alcanza á temporalidade ficcionada, posto que o ditador lembra a súa vida xa prostrado no seu féretro; pero o narrador-autor atópase nun tempo que coincide precisamente co fin dun réxime de 38 anos, o do presidente José Eduardo dos Santos, en 2017, polo cal resulta inevitábel relacionar o ditador morto de Sua excelência de corpo presente, publicada en 2018, co fin da presidencia de Dos Santos en Angola, a pesar da indeterminación cronolóxica deliberada;\n— o propósito de superar as coordenadas concretas para elaborar unha figura arquetípica —realmente nada na novela permite estabelecer conexión ou paralelismo algún co exercicio do poder de Dos Santos—, conseguindo que a ditadura apareza cun rostro único, debuxo dun tirano calquera;\n— a construción dun tirano de orixe humilde, seguindo os modelos previos de García Márquez ou Cardoso Pires;\n— a afirmación negativa da figura do tirano a través das prácticas horrendas que asume no seu mandato, unha interminábel sucesión de abusos de poder —nunha clara estratexia do exceso— onde non falta nin unha soa das prácticas abusivas asociadas aos réximes ditatoriais;\n— a figura do axudante, man executora dos actos viláns do ditador;\n— a relación do gobernante coas mulleres, mantendo a súa condición de opresor nas súas relacións co xénero feminino;\n— a austeridade persoal, trazo presente nalgunhas novelas de ditador portuguesas e brasileiras4;\n— a dicotomía moral entre o Ben e o Mal, habitual en numerosas novelas de ditador, que aparece representada en Sua excelência de corpo presente na figura do ditador protagonista —encarnación do Mal— e como antagonistas —o Ben— as figuras dunha das súas fillas e un dos seus ministros.\nNon é menos certo, con todo, que a novela se revela ao mesmo tempo como unha obra sumamente orixinal, aspecto cuxo desenvolvo nos propoñemos analizar.\nA orixinalidade comeza xa no parágrafo inicial da novela, coa contundente á vez que insólita declaración do narrador: “Estou morto” (Pepetela, 2018, p. 9). A partir de aí, dese protagonista e narrador do que non sabemos o seu nome, tan só coñecemos que foi mandatario dun país africano e que faleceu de forma repentina, afectado por unha enfermidade.\nEn boa parte das novelas de ditador, o ciclo vital do gobernante imponse como referente temporal, manifestándose a través da linearidade que adopta a diéxese, que se inicia coas orixes do tirano e finaliza coa súa morte (Fernández García, 2008). Con todo, en Sua excelência de corpo presente ocorre exactamente o contrario; a novela comeza cando o ditador morre, sendo el mesmo quen, no seu propio velorio, bota a vista atrás para contar a súa vida e o seu ascenso ao poder, rememorando o pasado, nun relato que interrompe con constantes apreciacións sobre o presente. O aspecto sombrío e fúnebre, habitual na caracterización dos tiranos de Valle Inclán en Tirano Banderas5 e Miguel Ángel Asturias en El señor presidente, é desta forma levado ao extremo en Sua excelência de corpo presente, ao presentar o tirano non con aspecto fúnebre, senón como finado propiamente. De feito, en varias pasaxes da novela, alúdese aos evidentes cambios de coloración que vai experimentando o cadáver no transcurso do velorio, na súa exposición ante o pobo. Certamente, poderiamos establecer, neste sentido, algunha similitude con El gran Burundún-Burundá, do arxentino Jorge Zalamea, quen presenta ao “caudillo de los difuntos”, un tirano xa cadáver cuxo poder permanece intacto até o momento do seu enterro oficial. O sorprendente, neste caso, é que o protagonista de Sua excelência de corpo presente está morto, pero conserva a súa capacidade de ver, oír e pensar:\nEstou morto, de olhos cerrados, mas percebo tudo (ou quase) do que acontece à minha volta. Sei, estou deitado dentro de um caixão, num salão cheio de flores, as quais, em vida, me fariam espirrar. As pessoas não sabem que flores de velório cheiram mal? Sabem, mas a tradição é mais forte e velório sem flores é para pobre.\nOra, não somos pobres, dominamos uma nação.\nEstou morto, no entanto posso escutar, entender os dizeres, mesmo os sussurros e, em alguns casos, adivinhar pensamentos. (Pepetela, 2018, p. 9)\nÉ aquí onde, sen dúbida, reside a súa orixinalidade. Como nos lembra Santos (2018), a morte, dende o punto de vista literario, sempre foi un bo lugar dende o cal observar a vida, tanto a propia como a allea, xeralmente con efectos cómicos e críticos devastadores. En lingua portuguesa, o modelo foi inaugurado de forma maxistral por Machado de Assis nas súas Memorias Póstumas de Brás Cubas (1881), abrindo a porta a un filón que, no caso das literaturas africanas en lingua portuguesa, preséntase como especialmente produtivo: Um morto & Os vivos (1993), do angolano Manuel Rui; A varanda do frangipani (1996), do mozambicano Mia Couto, que comeza de maneira extraordinariamente similar a Sua excelência de corpo presente, “Sou o morto. Se eu tivesse cruz ou mármore neles estaria escrito: Ermelindo Mucanga. Mas eu faleci junto com meu nome faz quase duas décadas” (Couto, 1996, p. 11); O regresso do morto (1997), do tamén mozambicano Suleiman Cassamo; Um rio chamado tempo, uma casa chamada terra (2002), de novo de Mia Couto, con un dos personaxes principais tamén prostrado no seu cadaleito nun estado cataléptico a camiño entre a morte e a vida. O escritor caboverdiano Germano Almeida utiliza tamén a estratexia en Memórias de um espírito (2001) e máis recentemente “mata” ao comezo da novela o protagonista e narrador de O fiel defunto (2018) e de O último mugido (2020), como subterfuxio para satirizar con maior liberdade sobre os usos e costumes políticos e literarios no arquipélago.\nPara comprender e interpretar correctamente estas obras debemos considerar, en primeiro lugar, que, se no pensamento europeo o mito é algo residual, ou aparentemente residual, desprazado polo pensamento racionalista de base cartesiana, en África, en cambio, o mito sitúase no centro do pensamento tradicional. Comprender a vixencia de determinados mitos, a textura simbólica en que se expresan e os rituais a eles asociados, é fundamental para salvar a distancia cultural que separa o lector europeo dos textos (Salinas Portugal, 2006, p. 45), porque nas sociedades tradicionais africanas o mito non é un discurso conscientemente enganador, senón que constitúe o discurso fundamental no que se basean todas as xustificacións da orde e do contra orde social. É por iso fundamental para o lector europeo que se aproxima á literatura africana comprender o peso das estruturas míticas e formas simbólicas, pois iso facilita a apropiación do significado dos textos, permitíndolle percorrer o traxecto antropolóxico que o distancia do contexto de produción e recepción primeira deses discursos. Desta forma, tanto o protagonista morto de Sua excelência de corpo presente, como a posterior aparición do espírito do ministro virtuoso6, non poden ser pensados en termos empíricos e racionais, senón en termos de expresión mítica e simbólica (Ndaw, 1983, p. 81).\nEn segundo lugar, debemos considerar o lugar que ocupa a morte no pensamento mítico africano. Para iso, acudiremos ás reflexións de Janheinz Jahn (1971) na súa xa clásica, pero aínda fundamental obra Muntu. Nela, categorías como “muntu”, en plural “bantu”, que expresa un concepto próximo ao de home e que inclúe tanto os vivos, como os mortos e os antepasados, son fundamentais para entender como se sitúa o pensamento africano tradicional ante o transcendente. Xunto a esta categoría, segundo Janh, atopamos outras tres: “kintu”, en plural “bintu”, que designa as forzas que para existir necesitan a intervención de “muntu”, como animais, obxectos, etc.; “hantu”, categoría que corresponde ao tempo e ao espazo; e “kuntu”, que abarca as formas abstractas, como a alegría, a beleza, etc. Na África negra tradicional, o home ve a súa propia vida como un estadio tras o cal, ao sobrevir a morte, existe outra forma de vida. Cando un home morre continúa vivindo, aínda que como unha nova forza diminuída7 —de aí o costume na África negra de colocar comida e bebida sobre as tumbas—conservando o poder do seu ser, que pode verse aumentado ou diminuído en función das relacións estabelecidas cos vivos8.\nEn relación con esta concepción da morte, convén revisar tamén o propio concepto de vida nas culturas africanas negras tradicionais. Segundo Jahn (1971), na lingua kinyarwanda 9 existen tres termos para designar vida: “bugingo”, “buzima” e “magara”. O primeiro, “bugingo”, expresa o sentido da duración. “Buzima” é o principio que significa a unión entre un corpo e unha sombra, da cal resulta a vida biolóxica, que se manterá mentres non haxa separación entre estes dous elementos. No caso dun animal, unha sombra animal únese a un corpo animal e cando este morre, a sombra disólvese e o corpo entra en putrefacción. “Magara” é o principio de vida intelixente que preside calquera nacemento humano. No home “buzima”, vida biolóxica e “magara”, vida espiritual, están unidos. Coa morte desaparece a vida biolóxica, pero o “magara” permanece. A forza vital que formou parte da personalidade mantense máis aló da morte. Entendemos agora que o concepto de “muntu” integre o home vivo e tamén o morto, pois aglutina esa dobre dimensión, por iso é polo que a morte é considerada un cambio de estado, sen o compoñente definitivo que adquire na cultura occidental. Coa morte, en “muntu” desaparece o “buzima”, a vida biolóxica, pero o seu “magara”, vida espiritual, continúa. Esta concepción conduce naturalmente ao culto aos mortos, aos antepasados, como trazo determinante das culturas africanas negras. O “magara” dos antepasados é fundamental na transmisión da vida. Os vivos poden aumentar o “magara” dos antepasados a través da veneración, do recordo, da colocación de alimentos nas súas tumbas, etc. De igual maneira, o “magara” dos antepasados expandirase entre os seus descendentes, facendo aumentar o benestar e a felicidade. Do equilibrio entre este sistema de interferencias depende a vida da comunidade.\nÉ por iso polo que, na nosa opinión, a elección dun tirano cadáver, pero que conserva as súas facultades perceptivas, como protagonista da novela de Pepetela, non debe ser interpretado soamente como estratexia do autor na demolición do personaxe, senón, ao mesmo tempo, como algo naturalmente posíbel dentro do pensamento mítico africano tradicional. Como consecuencia da enfermidade, desaparece o “buzima” do gobernante, permanecendo, con todo, o seu “magara” moi atento a todo o que sucede ao redor del, dende os preparativos do funeral de Estado, ás maquinacións derivadas da súa propia sucesión, pasando polo debullar de recordos que constitúe a súa vida pasada.\nEsta dimensión mítico-simbólica explica igualmente a aparición do espírito do ministro virtuoso no capítulo cinco. Un episodio que, doutra maneira, sería susceptíbel de ser interpretado por un lector occidental como derivado do exotismo esperábel tratándose dunha obra dun autor africano, ou como simplemente rocambolesco. Así, a visita do ministro falecido, cuxo espírito acode tamén a render unha última homenaxe ao presidente, descríbesenos na novela da maneira seguinte:\nUma figura se destaca entretanto por entre as pessoas que estão de pé diante de mim. E se destaca porque não é real. Ninguém o via ou reparou nele, aquele senhor de fato preto e ar tristíssimo que ficou bué de tempo em frente ao esquife, muito além do permitido. Mais cinzento que todos os outros do salão, um cinzento que não é de gente. Os outros se inclinam e prosseguem, ele ficou parado, sem incomodar o rítimo da fila. Nenhum segurança o empurrou, avance que impede a marcha da bicha. Pela cara o reconheci, tinha razão para a cinzentez. Está morto há mais de dez anos, ficou conhecido como o «ministro virtuoso». Alguns lhe passaram a chamar «o governante virtuoso». Perdeu o nome de origem, ficou só com a alcunha, virou lenda nacional. Depois da sua morte, talvez fosse frequentador habitual de velórios ou então só possa ser visível para os finados, porque ninguém reage ao tom etéreo dele, de outro mundo. (Pepetela, 2018, p. 107)\nTrátase certamente do “magara” do ministro, cuxa presencia é inmediatamente admitida:\nEntão sempre é verdade, os cazumbis existem, se misturam com as pessoas, ninguém que lhes reconhece? Ou a minha imaginação a pregar partidas? No entanto, não houve até então uma só cena em que tivesse usado da imaginação, ela me parecia interdita. Ou morta. Aliás, nesta terra abençoada é desnecessário ajudar a imaginação, a realidade está sempre à frente dela. Admitamos então a presença insólita do fantasma do governante virtuoso, com toda a calma do mundo, dele e minha. (Pepetela, 2018, p. 107-108)\nEstabelecéndose entre eles unha animada conversación:\nAli estava o governante virtuoso fitando-me. De pena, de raiva, de alegria, de indiferença, qual a expressão do seu rosto? Já devia saber a resposta. Nenhuma expressão. Como eu, ele não sentia ou não mostrava emoções. A fila de gente vestida para a cerimónia continuava passando através dele. Revi o salão à procura de mais cazumbis. Devia haver muitos, se todos se dignavam a assistir às exéquias do seu protetor ou do seu inimigo. Nada à vista. Só o ministro honesto. [...] Se lhe pedisse perdão por tê-lo metido na alhada de um governo de escorpiões, aceitava perdoar-me?—Não o culpo de nada— respondeu o kazumbi sem mover os lábios, nem se mexer do seu sítio. —Sempre me tratou com consideração.\nJá estava para lá da estupefação, por isso nem me admirei um coxito com a resposta imediata, vinda do outro lada da barreira de veludo vermelho. (Pepetela, 2018, p. 118)\nTras a cal se afasta:\nEsfumou-se, ele que já tinha cor de fumo. Apresentava, no entanto, forma de pessoa. Agora nem forma nem cor, nada, sumiu de repente. Estou morto, porém não entro em delírios. Mantive mesmo conversa com ele, não me venham tentar convencer do contrário, que foi um sonho ou uma ilusão, ou já o apodrecimento das células do cérebro. (Pepetela, 2018, p. 122)\nSe o mito e os rituais a el asociados están no centro do pensamento tradicional africano, os discursos en que ese pensamento se actualiza están elaborados, como acabamos de comprobar, con constelacións de símbolos que constitúen material imprescindíbel do texto literario. A morte é un dos principios fundamentais dese pensamento, por iso é polo que o seu coñecemento resulta esencial para a comprensión das sociedades tradicionais e tradúcese —como demostra Sua excelência de corpo presente e as restantes obras de escritores lusófonos que sinalamos— en material de alto rendemento literario.\nOutro aspecto sen dúbida orixinal en Sua excelência de corpo presente é que se trata dunha novela que inaugura, de maneira implícita e encuberta, o discurso sobre os últimos 38 anos de goberno en Angola, a pesar de que nada na novela nos permita identificar os feitos con este país. Por unha banda, a nacionalidade do autor, unida a determinadas coincidencias temporais que xa explicamos —o final do mandato do presidente José Eduardo dos Santos coincide coa escrita e publicación da novela— fan inevitábel trasladarnos a Angola e interpretar a novela en clave metafórica. Tomás Cámara (2017, p. 287) ao analizar o espazo na ficción africana, chama a atención sobre os países imaxinarios como recurso clásico adoptado para sortear o obstáculo da censura, a persecución política ou simplemente para evitar problemas. Trátase de países ficticios, topografías imaxinadas, aos que esta autora denomina “Imagi-Naciones”, utilizados polos autores para negociar a identidade, para cuestionar os territorios xurídico poscoloniais existentes, inscribindo estas distopías dentro dos límites artificiais ou imaxinados. Países imaxinarios, “Imagi-Naciones” como “Nambula” en Nambula, (2006) de Maximiliano Nkogo Esono, “Marigots du Sud”, en Le cercle des tropiques (1972), de Alioum Fantouré, “Free Republic of Aburĩria”, en Wizard of the Crow (2006), de Ngũgĩ wa Thiong'o, “République des Longs Cauteaux”, en Le discours d'un affamé (1993), de Edgar Okiki Zinsou, “Viétongo”, en Les Petits-Fils nègres de Vercingétorix (2006), de Alain Mabanckou, son habituais na ficción africana e funcionan como tapadeiras alegóricas baixo as cales non é difícil detectar países recoñecibles aínda ao resgardo da indeterminación xeográfica10. Doutra banda, en Sua excelência de corpo presente, o concepto de “estado errado” (Tomás Cámara, 2017, p. 287), de nación imaxinada ou “Imagi-Nación”, evidente pola total ausencia de elementos espaciais que permitan localizar a novela, é algo máis que un recurso do autor para difuminar os límites entre ficción e realidade, xa que permite que poida erixirse como arquetipo de calquera país africano baixo unha ditadura opresiva (García Benito, 2021). E iso constitúe, certamente, un dos aspectos que máis valor outorga á novela: o seu interese transautorial e transtextual, xa que se pode ler como crítica continental “en forma de sátira política a las transgresiones de las personalidades autocráticas, despóticas, nepóticas y verticales” (Tomás Cámara, 2017, p. 287) que estiveron vixentes —e nalgúns casos aínda o están— en África.\nCon todo, Pepetela non inventa un país imaxinario, simplemente non proporciona na súa novela ningunha información de carácter espacial que permita situala, e será esa indeterminación espacial a que inaugure —implicitamente e de forma extremadamente orixinal— o discurso sobre o mandato de Dos Santos en Angola, pois o habitual á hora de construír o pasado é que a literatura estabeleza un diálogo coa historiografía, a partir do cal, narración histórica por unha banda e ficción literaria por outra, traballen para a construción do imaxinario sobre unha época ou sobre determinada figura histórica. É moi probable, por tanto, que tras o prolongado período de goberno do presidente Dos Santos en Angola, a historiografía vaia revisar de maneira profunda o seu mandato. Revisión que, á súa vez, verase complementada coas achegas doutros discursos, como o xornalístico, o artístico, textos e documentos do propio mandatario, etc. Todos estes discursos interactuando co discurso literario contribuirán a modular a recepción dos lectores, suscitando o diálogo coa súa enciclopedia, individual ou colectiva (Arnaut 2002, p. 309), para crear ou cuestionar a chamada “memoria colectiva” (Winter, 2007, p. 173, como se citou en Fernández, 2008, p. 172). No caso de Angola —país implícito ao que talvez remita a novela—, esa interacción é imposible, pois ao non ter lugar aínda o labor de revisión do mandato de Dos Santos, todos os discursos están por aparecer, anticipándose a todos eles o discurso literario. Así pois, con esta obra, Pepetela non só se anticipa ao discurso historiográfico sobre a figura do gobernante, senón a calquera outro tipo de discurso. O extraordinario é que, ao non existir distancia temporal entre o momento da escritura e o da diéxese, a necesidade de construír o pasado desaparece. Para construír a memoria histórica sobre o mandato do presidente Dos Santos, o discurso literario non ten necesidade de estabelecer un diálogo con outras formas de discurso, debido a que dita memoria forma parte do imaxinario dos lectores, coetáneos dese período que coñecen ben. Cos lectores actuais, a función do discurso literario non pode ser outra que a de contribuír a comprender ese pasado recente, utilizándoo como cimento para construír o futuro.\nO final metafórico e esperanzador da novela —co cadaleito do gobernante tendo que ser ocultado precipitadamente no xigantesco vertedoiro “a lixeira”, que hai nas proximidades do palacio presidencial na capital do país— ademais de ser unha excelente estratexia burlesca para acelerar e concluír a narración, responde tamén a un propósito de denuncia dunha problemática endémica nas grandes urbes africanas: o exceso de lixo e a mala xestión dos residuos urbanos11, funcionando ao mesmo tempo como metáfora adecuada á distopía actual do presente en África:\nA lixeira principal da capital era ao ar livre e em breve se veriam as centenas de gaivotas e outras aves a sobrevoar o verdadeiro morro, de altura correspondente a uma casa de dois andares que ia crescendo, apesar dos protestos e irritação de jornalistas, estudiosos e povo em geral. As aves iam competir ferozmente com as pessoas pela porcaria, também às centenas, na esperança de encontrar algo para comer, vender ou trocar. (Pepetela, 2018, p. 190-191)Esa montaña de lixo é o destino final para o cadaleito do presidente na secuencia dun ataque ao palacio presidencial:\nAlguns gritos eram perceptíveis, até eu os ouvia. Abaixo os corruptos, abaixo a ditadura, abaixo a polícia, ladrões para a cadeia, e coisas desse teor, absolutamente inaceitáveis numa democracia avançada. Já não era problema meu, mas em todo o caso compreendia que os distintos fidalgos da sala se indignassem com a falta de educação da populaça. Pareciam masé assustados. [...]De repente, por trás de mim, sem que eu visse, devem ter trazido a tampa do caixão, porque me taparam. Fiquei no escuro mais absoluto. Ouvia vozes dos lados e em breve as marteladas, pregando a tampa. Não brincavam com coisas sérias, quando era para fechar, pregavam com toda a força, talvez com medo de que eu fugisse. Aumentava o ruído vindo do exterior e já ouvia as senhoras a gritarem, gente a correr por cima da alcatifa, berros de comando, vamos bazar pela porta de serviço, este palácio não tem passagens secretas, eles estão a chegar, derrubaram a última barreira de segurança. Eram os gritos que conseguia identificar, sem saber quem eram os invasores que atacavam o palácio, enquanto continuavam as marteladas.\nSó o pensamento de ser possível algum ousar atacar o palácio comigo lá dentro, mesmo sem vida, deveria me enfurecer para a eternidade. Mas estava em paz, como há dias. (Pepetela, 2018, p. 254-255).\nEn consecuencia, os máis próximos ao mandatario vense obrigados a fuxir, transportando o cadaleito a través dun túnel subterráneo que lles permite saír do palacio. Con todo, ante a imposibilidade de continuar a fuxida co pesado féretro, deciden enterralo no vertedoiro próximo, convencidos de que o insólito do agocho impedirá aos atacantes atopar o corpo:\nPara onde iriam? Enterrar o corpo no primeiro sítio ou apenas escondê-lo. Para que os amotinados não fizessem do meu cadáver uma bandeira. [...] Devem ter pousado o caixão no terreno. Se bem me lembro, perto estaria a lixeira. Discutimos bastante a necessidade de tirar a lixeira dali, demasiado perto do centro do poder, uma vergonha e a prova de que pouco nos interessávamos pelo meio ambiente. Mas havia sempre dificuldades de última hora, constrangimentos, e por mais que os ministros discutissem de como e quanto fazer, outros assuntos nos distraíam e a lixeira permanecia no mesmo sítio. Foi crescendo, se tornou na maior montanha da região, atingia já uma altura superior a qualquer prédio e se estendia por uma extensão equivalente a vários bairros. O lixo se misturava com a água dos pântanos, o cheiro devia ser sufocante. Havia derrocadas frequentes, e quando isso acontecia, sobretudo por causa da chuva, havia sempre vidas a lamentar. Lamentavam as famílias e nós, as eternas vítimas dos jornalistas, criticando-nos pela ineficácia. Quem mais se importava com catástrofes de lixo? Nunca me aproximei muito e portanto não reconheço o cheiro. Felizmente, com o caixão pregado, ou foi antes, não recordo, perdi grande parte do olfato. No momento me favorece.\nVão deixar o meu caixão no meio daquela porcaria? (Pepetela, 2018, p. 259-260)\nA pesar do tráxico do momento, o humor domina toda a pasaxe, contribuíndo ao seu carácter burlesco, co propio mandatario facendo bromas sobre o acertado do agocho:\nPensando bem, é um bom sítio para esconder um cadáver, mesmo que só por uns dias, até as coisas acalmarem. Pelo menos não se nota o mau cheiro provocado pela corrupção do corpo, porque o fedor ambiente envolve tudo. Se for um caixão com muito lixo por cima, só se notará quando resolverem acabar com a lixeira, o que não será na próxima geração. (Pepetela, 2018, p. 260)\nAdiantándose, mesmo, ás bromas e mofas das que será obxecto cando se descubra o corpo:\nVão me enterrar numa lixeira. Um presidente soterrado por lixo, deve ser uma metáfora que não entendo, com as faculdades já diminuídas.\nMas adivinho as piadas a surgir se me descobrirem o caixão aqui no meio da merda. O que pode acontecer por causa do desespero. Ninguém sabe quanto cava uma pessoa quase morta de fome e que espera encontrar qualquer coisa para comer, mesmo podre, ou para vender, mesmo estragada. Algum jornal satírico põe logo em título: «Presidente enlixado», o que deve ter mesmo piada, porque não estou propiamente enterrado, mas sim, enlixado mesmo. E bem lixado. Talvez não tenha sido a melhor ideia dos meus familiares e amigos, mas até compreendo, a rapidez da manobra não permitia olhar ao sítio, este era o melhor entre os próximos. Ou o menos mau. Como se tivessem a intenção de me impedirem de pensar com os meus botões de punho em ouro, atiraram mais entulho para cima, o qual foi abafando todo o som do mundo vivo e do inerte, se este tem alguma voz. (Pepetela, 2018, p. 261)\nFinalmente faise o silencio:\nO manto de silêncio me cobria finalmente:Tentei enganar o destino, como tantas vezes fizera numa vida de aventuras e enganos, cantarolando a marcha militar que tinham decidido ser a melodia a acompanhar o funeral, sobretudo quando o corpo descesse à cova. As palavras e a música estavam na minha mente. [...] mas não ouvi nenhum som, nem o produzido por mim. Como saber o que se passava? Duvidava de ter a mesma sorte do governante virtuoso e o meu cazumbi poder sair para a luz e redescobrir o mundo. (Pepetela, 2018, p. 261-162)\nE a novela conclúe practicamente coas mesmas palabras coas que comezara: “Que acontece com o país, as pessoas? Que acontece com o Mundo? Nenhuma resposta. Porra, agora sim, estou mesmo morto” (Pepetela, 2018, p. 162).\nCertamente, a imaxe escollida por Pepetela para o destino final do corpo do presidente é moi potente: o lixo, no que é unha indicación clara de que é aí onde deben terminar os fundamentos sobre os que a ditadura asenta a súa poder. Tomás Cámara (2017) identifica nestes casos o que Jill Scott denomina “imaginación quasi judicial”, é dicir, a historización novelística doutra forma de xustiza. A partir das historias que se contan e de como se contan poden xurdir “nuevas justicias”. Trátase da idea de “justicia narrativa” (Tomás Cámara, 2017, p. 226), unha forma de xustiza alternativa, deconstrutiva, non formal, social, identificadora e comprensiva que emerxe da publicación, circulación e lectura de obras como a que nos ocupa, proporcionando sentido para o proceso de construción dunha xustiza narrativa, que alentará os lectores para atopar novos significados e formas de recuperación. Interesa destacar a este respecto o propósito de servir para construír o futuro que anteriormente identificabamos na novela de Pepetela. Dentro do espazo narrativo da ficción, Sua excelência de corpo presente, a través do seu final metafórico e á vez esperanzador, comprométese coa reparación social en contextos posconflito a partir da estruturación dun diálogo igualmente de denuncia. Paul Gready (2009, como se citou en Tomás Cámara, 2017, p. 228) denomina a estas novelas “Novel truths”, algo así como gramáticas alternativas que abren camiño a verdades que non se poden dicir. Estariamos así, segundo Tomás Cámara, ante iniciativas literarias —como é o caso de Sua excelência de corpo presente— que recoñecen o papel da produción literaria nos procesos de construción dunha “justicia narrativa” presente neste deber cara á memoria, que apunta a transmitir e producir un verdadeiro coñecemento social e político utilizando a literatura como plataforma explicativa e, no mellor dos casos, reparadora (Tomás Cámara, 2017, p. 230).Finalmente, a orixinalidade do discurso de Sua excelência de corpo presente reside tamén na súa retórica, que poderiamos cualificar como “realismo grotesco”, posto que o estilo que domina a narrativa é unha estética satírica unida a un realismo grotesco. Tomás Cámara (2017, p. 288) propón utilizar o termo de “parodia afropolítica”, xa que os elementos paródicos combínanse indisociabelmente cos elementos prototípicos das prácticas políticas africanas da ditadura.\nEntre os primeiros, atopamos, en primeiro lugar, a caracterización paródica da ditadura —polo seu carácter excesivo que a transforma en surrealista—. Rodearse dunha rede de parentes afíns, manipular as eleccións, fomentar prácticas corruptas de todo tipo:\n...como se usássemos de transparência total nos negócios e métodos do governo para exigir exóticos e complicados truques de encobrimento. Estamos onde? Na virtuosa Suécia ou Noruega? Parece querem gozar com a minha memória. Como explicar tal aberração? Passei outras coisas muito mais importantes para várias mãos, inclusive para as do Porco-Espinho, quando ele foi meu ministro das Infraestruturas e se encheu com comissões para estradas mal asfaltadas ou pontes que caíam à primeira passagem de um camião pesado só porque o contrato estava sobrecarregado de despesas e dispensava inspeções. Entregava essas obras e respetivos pagamentos sem precisar de licença ou de fazer um esclarecimento. Ele era o ministro mais avesso a concursos públicos para obras que eu tinha... (Pepetela, 2018, p. 103)\nMover ao seu favor os fíos da política internacional:\nAtrasado como sempre, o ministro das Relações Exteriores vem com ar de quem acabou de acordar com a notícia da minha morte. [...] Acaba de chegar de viagem, mandei-o intoxicar o cérebro de um grande chefe do oriente, mesmo no fundo do oriente, que me deve favores, contra o nosso vizinho do oeste, sempre agitado e a tramar armadilhas. A jogada era plena de oportunidades, podíamos ganhar um território carregado de minerais raros, entre os quais a apetecível matéria usada na indústria espacial. Mas o golpe tinha de aparentar vir de longe para enganar os tribunais internacionais, agora pretendendo mostrar alguma atividade, apenas contra os países menos desenvolvidos, pois claro, ou parece que somos parvos. (Pepetela, 2018, p. 164)\nLimitar a capacidade de acción dos medios de comunicación independentes “O meu discurso recebeu grandes elogios nos órgãos de comunicação do Estado, únicos que podem funcionar regularmente num país de democracia avançada como a nossa, pois os independentes são pasquins, todos nós sabemos” (Pepetela, 2018, p. 115).\nDesprezar as necesidades do país en áreas tan fundamentais como a educación ou a sanidade:\nRaio de doença traiçoeira. Em vida deveria ter ajudado a erradicá-la do país. Quando o ministro da Saúde vinha pedir reforço de verbas porque o orçamento era estreito para tanta praga e epidemia, sempre ultrapassado por outros serviços geridos por mais poderosos, eu lhe dizia para pacientar, um dia chegará a vez da saúde, como também da educação, mas isso é só no futuro, quando tivermos criado uma burguesia nacional bem forte, capaz de administrar as riquezas que vão sonegando ao tesouro público, e quando tivermos um exército poderoso, que faça estremecer de medo os vizinhos e nos dê estabilidade total, e quando os nossos serviços de segurança estiverem equipados com o mais moderno equipamento descoberto lá no estrangeiro e com agentes de primeira classe, saídos das melhores universidades e com muitas especializações nas novas tecnologias de espionagem e contraespionagem. Como vê, há muitas prioridades sérias, o país ainda não está seguro. Aguente, está a fazer milagres com o dinheiro de que dispõe, adulava. (Pepetela, 2018, p. 72-73)\nSocavar os dereitos civís e a independencia do poder xudicial, cuestionando o valor da constitución:\nAgora os civis andavam muito com a mania dos direitos constitucionais e por tudo e por nada tentavam fazer uma manifestação. Abortada à partida, pois claro, para que serve a polícia? Além do mais, o que interessa o que diz uma Constituição feita por uns mabecos escolhidos em momento de aperto para se justificar qualquer coisa ou levar um partido ao poder, pretendendo ser definitivamente? Sempre se arranjam depois uns juízes do Tribunal Constitucional que interpretam os direitos como nos interessa, para isso são nomeados. (Pepetela, 2018, p. 127)\nBurlarse dos dereitos básicos da muller:\nEm alguns países é crime olhar duas vezes para a empregada, até há leis contra o chamado assédio no serviço. Coisa de anormais, felizmente não entre nós. Um grupinho de mulheres intelectuais um dia quis propor uma legislação nesse sentido, mas logo voltaram ao redil, perante as ameaças brandidas pela própria organização que as representava. Novidades vindas da vil Europa, como se já tivéssemos esquecido todo o mal que nos impuseram durante séculos com suas modernices de tráfico de escravos, colonialismo, homossexualidade e igualdade de género. (Pepetela, 2018, p. 110-111)\nMenosprezar o valor da cultura e do pensamento crítico:\nOs intelectuais, esses petulantes, não vinham ao velório. [...] Os intelectuais nunca me perdoaram ter fechado as inúmeras e inúteis academias. Apontavam o facto como o meu erro capital em relação aos únicos cérebros que ousavam imaginar o país, a sua cultura e os desejos da população, como se de facto os conhecessem. Que queriam? Era academias para tudo e para nada, sem trabalho concreto que se visse. Uma corja de velhos saudosistas se reunindo aos sábados de manhã para discutirem coisas tão interessantes como, vinham os pássaros das lagartixas, ou o contrário? Ou se tal tipo que vendia mais livros que o sal do mar podia ser mesmo considerado escritor ou apenas um bom vendedor de ilusões. Assuntos desses que não importavam a ninguém, senão aos próprios. (Pepetela, 2018, p. 167-168)\nEvadir capitais en paraísos fiscais:É claro, não fui ao pote mas mandei a palanca tratar de guardar a recato no estrangeiro, em conta secreta, algumas prendas que me deram por mandar assinar contratos volumosos. Se por acaso houvesse um golpe de Estado ou uma fatalidade qualquer que me afastasse do trono, como recuperá-lo se nem dinheiro para armas tivesse? Poucas vezes mexi nesse fundo de emergência, no entanto. De vez em quando era necessário pagar a um profissional para fazer desaparecer algum inimigo perigoso, nacional ou estrangeiro. [...] Tinha de haver recursos para comprar consciências, almas e mercenários. Compreende-se. Nunca o confessei, não precisei de o fazer. Agora também já é tarde. (Pepetela, 2018, p. 244)Lexitimar como inevitábel a dexeneración e corrupción que leva consigo o poder:\nNo entanto, entre os presentes, quem não mete bens do Estado no bolso? Só as crianças, inocentes. Por enquanto. Basta crescerem um pouco... O que é de todos (o Estado) não tem dono, pode ser cassumbulado, ideia persistente e que ultrapassa este país, atingindo o continente, e outros. Os críticos do meu regime nos chamam a todos de corruptos oportunistas, aproveitadores. Gostaria de os ver embriagados pelo poder que de facto possuímos. Ainda roubavam mais, ao pé deles seríamos considerados arcanjos. Só criticam porque estão longe do favo do mel. (Pepetela, 2018, p. 18)\nUnha interminábel sucesión de prácticas abxectas, nunha clara estratexia do exceso, onde non falta nin un só dos abusos asociados aos réximes ditatoriais, no que sen dúbida constitúe unha das manifestacións máis caústicas e escarnecedoras de Pepetela (Santos, 2018).Como elementos prototípicos das ditaduras africanas, podemos sinalar en Sua excelência de corpo presente a farsa democrática,\nRecordo bem esse dia das eleições [...] No entanto estávamos muito preocupados também porque, a pesar de todas as calúnias lançadas pela oposição e reproduzidas por alguns jornalistas nacionais e estrangeiros, não se sabia sequer fazer uma séria manipulação de dados. Havia uma batotita aqui ou ali, que um qualquer responsável local improvisava com pouca habilidade, logo denunciada pelos mesmos de sempre, um caso de trezentos votos a merecer destaque de milhões nalguns jornais ou rádios. (Pepetela, 2018, p. 19)\nO personalismo,\nEm tempos complicados imaginei criar a figura de primeiro-ministro para aumentar o número de fusíveis entre mim e o povo furibundo, mas desisti da ideia, era inventar um poder fáctico que se podia tornar real e me disputar a primazia, mesmo se tratando de um meu filho. (Pepetela, 2018, p. 204)\nO elitismo e o nepotismo,\nAcedi ao pedido da minha mulher, sempre tão devota a proteger a família, mandei-o com bolsa de estudos para os Estados Unidos aprender economia, eles lá é que ensinam melhor a malta a aldrabar nas contas e usar paraísos fiscais. A guerra, se rebentasse, tinha de ser ganha, como é evidente, mas menos um não altera nada, ainda por cima alguém tão grande que seria difícil de esconder dos olhos inimigos. Não tive problemas de consciência quanto a esse aspeto, nenhum familiar, meu o das minhas mulheres e namoradas, devia arriscar a vida pela pátria. Existiam demasiados jovens sem trabalho nem preparação para um futuro promissor. O sacrifício da guerra não lhes custava nada, se tornavam ao menos úteis. Assim, arriscando um ferimento, ou mesmo a morte, poupavam os verdadeiramente dotados para dirigir o país, contribuindo para um bem maior. Toda a elite pensava desta forma e deixei-os pensar. (Pepetela, 2018, p. 26)\nUnha ética autoritaria,\nNos longos anos de mando, aprendi muita coisa. É muitas vezes prejudicial e até perigoso ter subalternos que pensem pela própria cabeça. Prefiro os seguidores, mesmo estúpidos. Não lhes ocorre ter atitudes contra os meus desejos ou sonharem com poderes a que nunca devem aspirar. Arriscam a cabeça por a usarem demais e eles geralmente sabem. Nós podemos, ensinava aos meus filos, porque somos nós, mas nunca devemos permitir essas pretensões aos nossos subordinados, pois um dia alguém imaginará que pode deixar de o ser. (Pepetela, 2018, p. 166)\nA política como algo privado/étnico,\nComo se eu não tivesse aprendido a plantar provas falsas num cenário de crime. [...] O espião e eu nos divertíamos a fazer partidas dessas a quem queríamos ter bem seguros, presos aos nossos cintos, de preferência embaixadores estrangeiros. Haverá melhor maneira para conseguir sempre relatórios favoráveis às nossas práticas e intenções? Se houvesse alguma reclamação de um governo, o embaixador estava fatalmente implicado, pelo menos as acusações tinham passado por ele. Ou deviam ter passado, obrigação própria do cargo. Era o momento de usar o que tínhamos plantado. Depois, tudo ficava entre nós, os amigos não lixam os amigos. Um exemplo simples: a propósito, aquele relatório sobre o acontecido no domingo me parece exagerado, não acha mesmo? Claro que eles enverdeciam, gaguejavam, como podíamos ter descoberto o relatório? dali saíam a correr para corrigir o escrito ou ditado dias antes. As almas mal pensantes e ignorantes de assuntos de Estado chamam a isso chantagem.\nIgnorantes dos diferentes comércios.\nApenas esquema de sobrevivência para um território fraco perante um rinoceronte enfurecido, incapaz de conter ímpetos assassinos. Barato e eficaz, como arranjar uma jovem linda e aparentemente pura, empurrá-la para a cama do alvo, fotografar ou filmar abundantemente. Serve se houver esposa ciumenta ou o chefe dele for um fundamentalista cristão. No caso de embaixador de um tirano qualquer, é recomendada uma bebedeira e muita conversa de segundo sentido. Gravação completa. Depois retira-se o que não interessa, há sempre umas frases que postas em determinado contexto o condenam a uma morte vexatória. Banalidades, todos conhecem. O curioso é que funcionam sempre. O meu espião era um plantador diplomado, dava para confiar nos seus conhecimentos de agricultura. Com este tipo de pressão, a combina é feita sem sangue e dura para a vida. (Pepetela, 2018, p. 57)A extrapolación da idea de familia extensiva á de goberno oficial,\nPouco a pouco, aproveitando ou estimulando desavenças, fui segurando um, afastando outro, nomeando novos. A primeira-dama, que de política só sabia o pouco que ouvia no bar paterno, foi ajudando a criar a rede, chamando a família a conselhos. (Pepetela, 2018, p. 220)\nElementos omnipresentes en Sua excelência de corpo presente, non faltando tampouco a utilización de mecanismos das relixións africanas en contextos gobernamentais tales como maxia, adiviñación, etc., xa que o gobernante confesa en varias pasaxes da novela solicitar os servizos de adiviños “Isso de os videntes desconfiarem dos seus dotes também pode não ser verdadee. Pelo menos os que utilizei se mostravam sempre muito confiantes. E acertavam a maior parte das vezes” (Pepetela, 2018, p. 104), e mesmo someterse a rituais practicados por feiticeiros, como o caso dun ritual de protección contra a morte, ante a posibilidade dun atentado contra a súa persoa:\nUma vez foi o ritual de me fecharem o corpo a balas ou outros projéteis danosos, porque se suspeitava de um atentado. Sofri com os preparativos, sobretudo os maus cheiros dos produtos com que me untaram o corpo e os fumos que se libertavam das cabaças sobre brasas. Foi útil. De facto, realizaram o atentado, dispararam sobre mim, morreram dois seguranças no tiroteio. Saí ileso, para alegria do povo e das igrejas, que organizaram muitos cultos de ação de graças. [...]—Não disse ao chefe que valia a pena se blindar?— perguntou depois o meu espião, um raro sorriso no rosto. —Esses kimbandas da minha zona são mesmo capazes.\nConcordei no momento e foram bem recompensados pelo sucesso. Já agora, deviam também me ter blindado contra essa maligna que me pegou por traição. (Pepetela, 2018, p. 105)\nTodos estes elementos, os paródicos, por unha banda, e os representativos das prácticas políticas ditatoriais africanas, pola outra, son claves para comprender figuras da tiranía extrema —como o protagonista de Sua excelência de corpo presente— e os seus barrocos comportamentos. Son tamén frecuentes os elementos humorísticos e divertidos, especialmente os motivados pola condición de cadáver prostrado nun cadaleito do protagonista, que chancea constantemente coas vantaxes de estar morto: “Tenho sossego e devo confessar estar a me divertir bastante com o espectáculo se desenrolando à minha frente” (Pepetela, 2018, p. 73). Así como coas incomodidades derivadas da horizontalidade, que non lle permiten apreciar ben o que sucede ao seu redor: “Também não vejo grande coisa, deitado, cabeça na horizontal do corpo, melhor visão do teto que das pessoas à minha frente” (Pepetela, 2018, p. 23).\nTrátase da estratexia utilizada por Pepetela para subverter, aínda que textualmente, as atrocidades da tiranía política extrema a través do relato da vida do ditador e das condicións sociais que xeran unhas actuacións descritas mediante unha forte crítica, que se exacerba coa sátira e a parodia (Tomás Cámara, 2017, p. 289), expoñendo de maneira contundente a calidade surrealista da ditadura. Sinala así mesmo esta autora que a calidade hiperbólica e paródica, presente nalgunhas novelas de ditador, libera ao escritor dos límites que impón a realidade, permitíndolle expoñer a magnitude do horror da violencia despótica “al tiempo que genera un espacio expandible que pueda acomodar una variedad de formas de exageración que resalta así la enormidad ridícula de los crímenes de la tiranía” (Tomás Cámara, 2017, p. 288). Neste sentido, tamén Diop (2002) insiste na utilización social da dor cómica ou da risa satírica nestas traxicomedias, sinalando como a comedia permite construír unha defensa contra a dor.\n4. Conclusións\nPartindo da idea defendida en García Benito (2021) de que Sua excelência de corpo presente representa nas literaturas africanas de expresión portuguesa o xénero da novela de ditador na súa manifestación arquetípica, coa parodia como estratexia empregada polo autor na súa denuncia dunha elite político-militar depredadora, tremendamente corrupta, ademais de prepotente e incompetente (Santos, 2018), constatamos, ao mesmo tempo, trazos de evidente orixinalidade. Así, a novela sitúase máis aló dunha literatura como a africana, que a miúdo se converte nun índice estatístico ou termómetro sociopolítico das diversas problemáticas do continente. Bisschoff e Van der Peer (2013) chaman a atención sobre o arriscado da análise da extrema conflitividade en África nas súas representacións artísticas, xa que facilmente se pode caer nunha “configuración unidimensional” (2013, pp. 5-6) que de novo reducise o continente nunha única narrativa da corrupción, da guerra, etc. Non sucede así en Sua excelência de corpo presente, na que a orixinalidade outorgada por trazos como a dimensión simbólico-mítica —que xustifica tanto a elección dun tirano cadáver como protagonista, como a aparición do espírito/“magara” do ministro virtuoso—, a inexistencia de diálogo entre o discurso literario e outros discursos como o historiográfico —debido á falta de distancia temporal entre o momento da escritura e o da diéxese—, o final metafórico e esperanzador da novela —presentando un vertedoiro como destino final para o corpo do mandatario, no que resulta unha sorte de xustiza narrativa ou xustiza social (Tomás Cámara, 2017)—, a retórica do humor e do realismo grotesco —froito da convivencia na novela de elementos paródicos con outros prototípicos das prácticas políticas africanas de ditadura—, permiten situar a narrativa na complexidade presente resultante da múltiple tipoloxía dos conflitos.\nEn virtude destes trazos de orixinalidade actívase en Sua excelência de corpo presente un debate habitual na literatura africana: o dilema entre unha postura “objetivista”, á maneira de Nadine Godimer, e unha postura “alegorista”, na liña de Coetze, en relación aos réximes do terror. Para Godimer, a palabra non pode ser soamente protesta, senón tamén afirmación. Coetze, en cambio, defende que a verdadeira provocación consiste na “desconstrucción del idioma monomaniaco del poder y la introducción de unas imágenes propias y libres, una narración más ambigua, matizada y compleja y bajo ningún punto de vista sometida a la información metódica y oficial sobre la violencia, transmitida en compartimentos preceptivos” (Tomás Cámara, 2017, pp. 245-246). Ambas as posturas podemos atopalas, na nosa opinión, en Sua excelência de corpo presente, movéndose entre a categoría de denuncia evidente e a de protesta simbólica, a partir da estratexia combinatoria de adoptar elementos dunha e doutra. A primeira é evidente na obra que nos ocupa na súa manifestación como arquetipo da novela de ditador, na que a mensaxe —a denuncia de réximes autoritarios de poder— é primordial. A segunda maniféstase mediante a incorporación de elementos orixinais, que indican de maneira clara o desexo do autor de situar a súa produción textual máis aló da problemática que mostra. Por iso é polo que Pepetela, ao contrario do que adoita ser habitual noutros autores africanos, non ofrece solucións simbólicas para os conflitos sociais e políticos. Expón ao mundo os abusos da tiranía e a problemática diversa que esta xera, sen achegar unha solución, aínda que coa capacidade de guiar os lectores cara ao terreo cognitivo da reflexión. Trátase da función maieútica, que para Tomás Cámara (2017, p. 32) se lle confire aos autores africanos. Así, os lectores de Sua excelência de corpo presente —en calidade de testemuñas secundarias— están preparados para iniciar un proceso de reflexión individual e crítica sobre o funcionamento da ditadura, o seu impacto, as súas consecuencias, etc.\nXerar reflexión sobre a ditadura, sen dúbida, axudará á súa comprensión, posibilitando a construción do presente e, de maneira especial, abrindo o camiño para o futuro, xa que\nsi buena parte de las novelas de dictador coinciden en cuestionar las diversas versiones y hechos de la Historia, mostrando una concepción de la novela de base histórica como reconstrucción o narración del pasado, en el caso de las narrativas africanas, la contemporaneidad de los acontecimientos —que los hace coincidir con el momento de la escritura—, lleva a concebir novelas como la que hemos analizado, no bajo la necesidad de reconstruir el pasado, sino de construir el futuro. (García Benito, 2021, p. 147)\nDesta maneira, o autor toma posición nun pacto co lector, asumíndose como custodio colectivo de algo que, aínda que finalmente se conciba como unha historia, acaba resultando tamén un imperativo ético. Sua excelência de corpo presente preséntasenos, polo tanto, como unha maneira de denunciar o fracaso dunha comunidade, ao mesmo tempo que como unha porta que se abre á reflexión para alumar unha nova forma de comunidade futura."} {"summary": "“España Vaciada” é un termo recente para definir a tendencia a longo prazo de despoboamento das zonas interiores de España, que foi gañando forza a medida que emerxeu da axenda local á nacional. Ao mesmo tempo, a Unión Europea (UE)foi progresivamente dando unha maior prevalencia nas súas prioridades políticas ao descenso demográfico. Este artigo analiza os esforzos fracasados de mobilización territorial desde 2016, de varios actores, para influenciar as definicións e mapas da estratexia demográfica de España, e as prioridades da Política de Cohesión da UE coa finalidade dabusca de rendas. Examina os límites da articulación de intereses territoriais, dentro de España e en toda a UE, cando a formulación dun problema territorial non consegue facer coincidir diferentes prioridades e enfoques.", "text": "\"España Vaciada\" e os límites da mobilización territorial en España e na UE\nINTRODUCIÓN\nA metade da poboación europea de 2040 vivirá en rexións en declive demográfico (European Commission, [EC] 2022a). É un tema que pouco a pouco foi gañando protagonismo na axenda europea, xa que os aspectos territoriais do despoboamento son, cada vez máis, vistos como unha categoría separada do tema máis amplo do envellecemento ou do \"cambio demográfico\", que conta cunha Vicepresidencia da Comisión desde 2019 (European Commission, 2020).Un impulsor clave desta tendencia é a articulación dos intereses territoriais a nivel da UE, que representan, ou afirman representar, áreas “que quedan atrás” (Hepburn, 2016).\nO declive demográfico está xeneralizado en Europa e é difícil de enmarcar, en termos de políticas, especialmente se non se axusta cos urxentes obxectivos políticos e sociais da emerxencia climática e a economía dixital, que son as prioridades da presidenta Von der Leyen (Von der Leyen, 2019; Sabato e Mandelli, 2020) e cunha asignación eficiente de fondos públicos, o que na terminoloxía da Cohesión da UE se coñece como concentración temática e adicionalidade.\nPartindo do modelo de institucionalismo centrado nos actores da UE (Sharpf 1997; Pazos-Vidal 2019a), este artigo trata de analizar como varios actores territoriais españois pretenderon enmarcar, a efectos da busca de rendas, unha definición da UE de áreas demograficamente en declive, no ciclo político e de negociación da Política de Cohesión da UE e as normas de axudas de Estado para 2021-2027.\nExaminaranse as diferentes formas de mobilización territorial en España cara á UE ao redor desta cuestión, e tratarase de comprender a súa,en principio exitosa, pero na práctica limitada, capacidade para articular unha demanda coherente.\nA mobilización territorial cara á UE adoita implicar a formación de redes de temática territorial e redes de defensa (Adshead, 1996; Dowding, 1995) a nivel de Estados membros (EM), e a súa posterior capacidade para artellar coalicións multinivel a nivel da UE con actores territoriais doutros EM ou asociacións paneuropeas, xa sexa a través dunha coalición multinivel estruturada \"Tipo I\" ou unha coalición \"Tipo II\" máis flexible,como se define na tipoloxía de Hooghe e Marks (2003).\nO reto das zonas en despoboamento, que debería atinxir fundamentalmente ás políticas e ó investimento público domésticos, pasou rapidamente desde España ao nivel europeo, en parte pola rixidez do cambio de políticas a nivel interno, pero tamén pola abundancia de recursos económicos e políticos potencialmente dispoñibles no nivel comunitario. O artigo 3.3. do Tratado da Unión Europea encarga á UE que aborde a cohesión territorial. A súa Política de Cohesión, con máis de 300.000 millóns de euros foi, polo menos antes da COVID-19, a maior política de desenvolvemento territorial do mundo (McCann e Varga, 2015). Nembargantes, nunca abordou especificamente o declive demográfico como unha variable independente para a asignación de recursos da UE, separada dos principais criterios de asignación que desde hai décadas son o crecemento do produto interior bruto (PIB) per cápita ou o desemprego (Bachtler et al., 2019).\nEste é un caso moi práctico das dificultades para definir un problema de política pública (“framing”, tal como se concibe en Goffman, 1974), cando tal definición terá consecuencias distributivas directas (“pork barrel”, como o definiron Ellwood e Patashnik, 1993) para os distintos emprendedores de políticas (Kingdon, 1984); xa que a percibida asimetría de intereses á hora de beneficiarse dunha política pública, dificulta que eses actores se fusionen en torno a un tema común ou unha rede de defensa.\nO declive demográfico está implicitamente contido nas diversas formas de mobilización territorial a nivel paneuropeo, é dicir, as organizacións paneuropeas que buscan influír na política rexional ou de cohesión da UE, en concreto nos advocacy networks que representan illas, redes, zonas de montaña, zonas rurais-urbanas, áreas periféricas, desindustrializadoras, etc. (de Martino 2021; Guderjan e Verhelst, 2021). Aínda que os tratados da UE (Artigo 174 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea [TFUE]) recoñecen desde hai tempo as zonas en declive demográfico como territorios que, en principio, requiren apoio da UE, só en Escandinavia as normas e políticas específicas comunitarias reflicten a situación particular deses territorios, con políticas e financiamento específico, que os gobernos finlandés e sueco negociaran cando ingresaron na UE en 1995.\nReflectindo ese precedente, e a raíz dunha crecente onda de preocupación pública e de mobilización territorial arredor do despoboamento pola “España Baleira”, este tema gañou un gran protagonismo en España, en termos de mobilización territorial, influencia sobre políticas, emprendemento político e, en definitiva, busca de rendas (Pinilla e Sáez, 2017), en moito maior grao que outras partes de Europa con áreas de similar ou moito maior declive demográfico.\nEste problema de economía política non só se aborda en termos da súa definición, senón moi particularmente con mapas. Trátase de definir unha nova xeografía que sexa recoñecida a nivel comunitario para o acceso ao financiamento da Cohesión da UE, ou a condicións preferenciais na concesión de subvencións públicas (normas de axudas de Estadoda UE). Noutras palabras, trátase de definir novas eurorrexións: establecer nas políticas, lexislación e fondos comunitarios, cales son as zonas demograficamente en declive e cales son os apoios que deben recibir especificamente, do mesmo xeito que existen mapas oficiais de financiamento comunitario ou de axudas estatais para as rexións fronteirizas subvencionables (Galicia-Norte de Portugal, por exemplo), espazos interrexionais (Área Atlántica, Noroeste de Europa) ou áreas macrorrexionais da UE como as do Danubio, Báltico, Alpino, etc. (Noferini et al; 2020).\nDefinir un mapa amplamente aceptado para describir rexións en declive demográfico ilustra a xeografía dun problema, e axuda a defender o seu recoñecemento no proceso de toma de decisións políticas mediante a ordenación das regras que establecen a subvencionabilidade dos fondos públicos, europeos, nacionais ou locais (Zerbinati, 2012). Parafraseando a Williams (1995) quen defina algo posúeo: a política pública como rent-seeking. De aí que a mobilización territorial poida reducirse a unha competencia entre definicións e mapas alternativos.\nDefinir un problema de política pública, non precisa só de facer campañas de abaixo cara arriba, senón que, en última instancia, depende de que o nivel político e as súas institucións o recoñezan como un problema público, configuren as políticas públicas (Easton, 1965) e identifiquen os beneficiarios, incluíndo a focalización espacial. Non obstante, isto contrasta a miúdo coas dependencias e inercias das políticas anteriores e a súa inflexibilidade para abordar un problema novo (Krasner, 1984) ou, coma neste caso, abordar dun xeito diferente un problema de longa duración. Este artigo comprobarao concretamente na mobilización territorial española cara á UE, e o impacto na configuración dos Fondos de Cohesión da UE e as normas de axudas de Estado 2021-2027.\nEste estudo ten como obxectivo abordar as seguintes preguntas de investigación:\nQ1.\nEn que medida a agregación de intereses fronte á competencia de intereses entre os axentes territoriais pode configurar as políticas públicas de España e da UE para apoiar os territorios en declive demográfico para o período de programación da UE 2021-2027?\nQ2.\nEn que medida os marcos políticos, as estratexias e o financiamento españois e da UE existentes e novos, son capaces de superar a dependencia de camiños para atender ás necesidades específicas dos territorios en declive demográfico no contexto da Política de Cohesión da UE e as axudas estatais 2021-2027?\nPara abordar estas dúas cuestións, farase unha análise diacrónica a partir de 2016 -xa que este ano marca o momento no que a relevancia desta cuestión e as súas repercusións no ámbito comunitario comezaron a ser realmente destacadas en España-, a dous niveis:\n- No ámbito doméstico español, unha avaliación da capacidade do actor territorial para organizar e influír no pensamento político, mentres o Goberno español intenta definir os elementos de financiamento e axudas estatais da UE na primeira “Estratexia Nacional contra o Reto Demográfico” (Gobierno de España, 2019a) e a súa eventual tradución en políticas públicas e solucións de financiamento, en parte a través dos Fondos Estruturais da UE e o Next Generation EU coma resultado do COVID-19.\n- A nivel comunitario, unha avaliación da capacidade dos devanditos actores territoriais españois para agregar intereses a nivel comunitario e influír na conformación da política post-2020 e das prioridades de financiamento do marco da política de cohesión da UE, tanto no que se refire aos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (EIE) 2021-2027 e as Directrices de axudas de Estado con finalidade rexional.\n2. INVESTIGACIÓN E CUESTIÓNS METODOLÓXICAS\nA observación participante desde 2016 será a base deste traballo: o autor foi participante e actor en partes clave das campañas a analizar. Seguindo o modelo proposto por Dupeyron (2008) traballou de preto e asesorou, de xeito simultáneo e pro bono, a todas as coalicións e actores descritos neste artigo, como participante que tamén observa, seguindo a clasificación proposta por Yin (2010). Como afirma Jorgensen (1989, pp. 64-65) este rol de insider ten vantaxes únicas no acceso á información pero require ser capaz de compartimentar ambos os roles e reunir información con rigor. Con todo, dado que esta cuestión é de gran visibilidade pública, con abundantes fontes citadas nesta investigación que poden ser verificables de forma independente, o autor considera que, en conxunto, os beneficios de engadir luz a un tema de investigación académica aínda non explorado, superan as posibles preocupacións sobre a obxectividade. De feito, esta investigación pode ser útil para provocar un interese máis amplo sobre este tema para a futura literatura académica sobre economía política, xeografía económica e ciencia política.\nO foco será abordar a análise de redes e partes interesadas, centrándose e partindo dun pequeno grupo de actores e coalicións territoriais españois que denominaremos 'Soria', 'Zamora', Áreas Escasamente Poboadas do Sur de Europa, en inglés, Southern Sparsely Populated Areas (SSPA) e a autodenominada Serranía Celtibérica, identificando redes e coalicións, e analizando o seu impacto nas decisións de políticas públicas en España e a nivel comunitario.\nNeste sentido, é importante aclarar que o foco nestes catro actores débese a que centraron especificamente a súa defensa na conformación das normas comunitarias, xa sexa co obxectivo de influír na posición negociadora da UE do Goberno español, ou defendela directamente nas institucións comunitarias. Pola contra, organizacións máis grandes e cada vez máis influentes (como a Coordinadora de la España Vaciada) ou os novos partidos provinciais (como Teruel Existe) si foron incorporando progresivamente estas demandas cara ao cambio de políticas da UE, pero dun xeito máis reactivo, ao estar moito máis centradas na conformación de políticas domésticas que nas da UE.\n3. RELEVANCIA DO TEMA\nEspaña é atípica xa que, a pesar de non ser, de lonxe (European Commission, 2020), o EM que está a sufrir o declive demográfico máis severo nunha parte importante do seu territorio (España Vacía) é, con todo, o que esteproblema alcanzou os máis altos niveis de conciencia pública e, pola contra, ocupa un lugar moi destacado na axenda político-partidaria.\nAdemais, o “despoboamento”, como se coñece coloquialmente a esta cuestión, enténdese habitualmente no discurso público español principalmente como un problema de dereitos e cohesión territorial, e non só como un subproduto espacial das decisións económicas e laborais dos actores individuais e económicos.\nCoa rápida urbanización posterior a 1936-1939, en 2018 máis do 80% da poboación vivía nas áreas urbanas que conforman o 20% do territorio (Gobierno de España, 2019, p. 76). Ademais, o 65% dos españois urbanos e rurais viven en pisos, a segunda maior proporción da UE (Oficina Estatística da Unión Europea [Eurostat] 2022), esta vida vertical reflicte non só unha urbanización moito máis rápida e tardía que o resto de Europa Occidental (Gobierno de España, 2019a) senón tamén a ascendencia dos patróns de vida urbana, mesmo nas zonas rurais. A pesar desta tendencia, o despoboamento leva moito tempo na conciencia colectiva coma unha cuestión política (Delibes, 1978). A súa recente preeminencia, porén, comezou coa acuñación do termo “España vacía” dedel Molino (2016) que xerou todo un novo xénero de ensaio (Cerdá, 2017; Andrés Cabello, 2021) e mesmo literatura (Gascón, 2020; Lorenzo, 2020). A chegada da democracia en 1978 e a integración de España na UE supuxeron a expansión do benestar e dos servizos nas zonas rurais e urbanas intermedias (é dicir, capitais de provincia e cidades de arredor de 100.000 habitantes), pero isto reverteuse drasticamente no cambio de milenio (Gobierno de España, 2019b). Isto é consistente coas tendencias mundiais cara á metropolización e a especialización territorial (Aurambout et al., 2021)\nA acuñación por del Molino de “España Vacía” reflectiu un estado de ánimo agochado na conciencia pública española e que, involuntariamente, xerou toda unha dinámica político-social baixo a bandeira dun novo neoloxismo creado en 2019: “España Vaciada”. O cambio de adxectivo suxire que o despoboamento foi unha opción política premeditada que a política pode reverter.\nNiso España tamén é peculiar, porque esta nova divisoria centro-periferia e rural-urbano (coma no modelo de Lipset e Rokkan de 1967) non só alimenta os movementos de dereitas duras en todo Occidente, nos chamados ”lugares que non importan” ou “Xeografía do descontento” (Dijkstra et al; 2018), senón que tamén fixo emerxer partidos localistas, centristas e progresistas centrados no despoboamento: o partido VOX comezou a ter éxito electoral en 2018 e para 2020 era o terceiro partido de España, gobernando en coalición Castela e León desde 2022, unha das rexións máis grandes e de rápido despoboamento de Europa (Modino e Pardo Fanjul, 2020). Nembargantes, xunto co veciño Aragón, tamén se produciu recentemente a aparición de partidos políticos provinciais exitosos electoralmente (Soria Ya e particularmente Teruel Existe).\nA peculiaridade española respecto Europa son estes actores territoriais reformistas que protestan expresamente contra o despoboamento e que xa chegaron ao nivel autonómico e estatal, moitas veces despois de anos, cando non décadas, de activismo predominantemente local (Amézaga e Marti, 2012): Teruel Existe gañou un deputado nas eleccións xerais de 2019 -o primeiro para un partido provincial, sendo clave para apuntalar o goberno de coalición en minoría- e Soria Ya (representando á provincia menos poboada de España) acadou tres parlamentarios nas autonómicas de Castela e León de 2022. Esta é a terceira vaga de \"nova política\" española, tras a chegada desde 2014 de Podemos, Ciudadanos e logo de VOX, sobrepasando 30 anos de imperfecto bipartidismo PSOE/PP máis nacionalistas cataláns/vascos/galegos (Torcal e Christman, 2020; Barbeito e Iglesias,2021; Rotger, 2020). Xunto con Cuenca (rexión de Castela a Mancha), estas provincias forman parte da cordilleira do Sistema Ibérico, e os seus movementos locais son os alicerces máis visibles dunha nova plataforma a nivel español chamada tamén “España Vaciada”.\nPorén, estes movementos convertidos en partidos son só os máis visibles dunha serie de actores territoriais contra o despoboamento. Outros actores territoriais máis modestos centráronse fundamentalmente en influenciar as definicións legais dos bens e políticas públicas comunitarios post-2020. Este traballo centrarase nestes últimos.\nA UE sempre tivo un impactodesproporcionado no marco das políticas españolas de desenvolvemento territorial, urbano e rural, xa que España é un dos principais beneficiarios dos Fondos Estruturais, incluído o Desenvolvemento Rural ( European Commission, 2022a). En España, un problema de política pública tende a definirse como un concepto xurídico en primeiro lugar, e só auxiliar como económico, reflectindo o peso do legalismo de orixe francesa sobre a Nova Xestión Pública, predominante noutros países (Pollit e Bouckaert, 2011). A loita contra o despoboamento non é unha excepción (Fernández Tomás et al., 2012).\nEn España esta problemática abórdase fundamentalmente como dereitos e obrigas que deben ser recoñecidos -mediante definicións e mapas- a nivel nacional e comunitario (aplicación do obxectivo de Cohesión Territorial do Tratado da UE, cf. Margaras, 2016) e que deben ser abordados modificando as regras existentes (Vernis et al; 2022).\nEsta dependencia excesiva española de \"Europa\" fai que as políticas públicas españolas (e os axentes territoriais que fan campaña) sexan reféns das inercias que existen nas institucións europeas. Isto concirne particularmente á relación entre as comunidades políticas arredor da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana( DG REGIO) e da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural(DG AGRI) da Comisión Europea [CE], cunha dinámica interinstitucional que reflicte moito o modelo de maximización da utilidade burócrática de Niskanen (1971).\n4. ANÁLISE DAS PARTES INTERESADAS\nAínda que Soria Ya e Teruel Existe son os signos máis visibles desta crecente mobilización territorial española contra o despoboamento da España interior, este traballo pretende tamén abarcar o ecosistema organizativo dos actores territoriais cuxa incidencia e iniciativas políticas, eventualmente, se traducen no ámbito das políticas públicas, especialmente tendo en conta a frecuente postura reactiva das institucións tanto españolas como comunitarias en torno ao despoboamento.\nAínda que existen outros actores territoriais influentes (por exemplo a Rede Española de Desenvolvemento Rural), a efectos da definición de zonas de despoboamento no Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da UE e das axudas de Estado a finalidade rexional, os principais actores foron a campaña iniciada polo alcalde de Soria (que chamaremos campaña 'Soria'), SSPA (é dicir, as organizacións empresariais de Teruel, Soria e Cuenca), a Deputación de Ourense e a denominada Mesa Nacional de Deputacións contra o Despoboamento que liderou a Deputación de Zamora (vid. Táboa 1).\nA do alcalde de Soria (capital de provincia máis pequena de España, con menos de 40.000 habitantes) foi a campaña máis política. Aproveitou a xanela de oportunidade –usando o termo de Tarrow (1988, p. 77)- e o acceso institucional derivado de ser membro da Xunta Directiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e, a través disto, do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CEMR), onde foi vicepresidente durante o tempo observado. Isto garantiu que a FEMP e, en particular, a CEMR asumisen a propiedade deste tema, dando acceso directo ao Comité das Rexións (CDR) da UE, a asemblea territorial que reúne unha selección de membros electos subnacionais, nomeados polo goberno de cada EM. O CDR benefíciase do estatus institucional e ten un acceso privilexiado á elaboración de políticas da UE e ás negociacións lexislativas interinstitucionais a nivel da UE a determinadas áreas da UE que se achegan ás súas competencias, como a Política de Cohesión (Piattoni e Schönlau, 2015; Pazos-Vidal, 2019a). Á súa vez, isto permitiu influír nas negociacións do Parlamento Europeo nos Fondos Estruturais 2021-2027, fundamentalmente a través dos eurodeputados españois. Estes foron fundamentais para enmarcar a primeira definición do que é un territorio subrexional (provincial ou local) en declive demográfico, para os efectos de priorizar as asignacións de fondos estruturais (ou, máis concretamente, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER) no Regulamento que define o Período de financiamento 2021-2027.\nPor simplicidade, chamarémoslle a esta iniciativa 'Soria'. Sería esaxerado chamala coalición multinivel europea do tipo II de Hooghe e Marks (2003), xa que moitos dos actores non estaban en contacto directo entre eles, nin sequera eran conscientes de formar parte dun grupo, xa que a súa implicación foi secuencial e diacrónica. Tampouco chegarían ao estado de issue network senón que, como moito, poderíaselles definir coma unha comunidade epistémica moi pouco estruturada. A nacionalidade común de moitos membros foi un vencello fundamental, xa que todos eran conscientes da importancia do tema do despoboamento no ámbito público español.Serranía Celtibérica é un pequeno pero activo grupo de defensa territorial arredor do profesor Burillo Mozota (2020) xunto coa investigadora Burillo Cuadradoet al. (2019). Este intento de emprendemento territorial surxe tanto dun interese investigador e de defensa de políticas públicas coma dun interese material en definir unha xeografía determinada no eido das políticas públicas (gerrymandering). É un bo exemplo de como con recursos limitados, pero baixo o manto da autoridade académica e o uso de mapas, os actores territoriais poden ter un efecto desproporcionado no discurso público. Aínda que, como veremos, isto non se traduza necesariamente en decisións de políticas públicas concretas.\nA iniciativa de ´Zamora´, máis explicitamente, da súa Mesa Nacional das Deputacións contra o Despoboamento (Pazos-Vidal, 2021a) é un intento de mobilización territorial de parte do medio cento de entes territoriais intermedios de España a fin de definir o problema do despoboamento, fundamentalmente para tentar influenciar a implementación a nivel español e autonómico da nova Política de Cohesión da UE e de axudas de Estado 2021-2027. Zamora é a provincia de España, e case de Europa, cun máis rápido declive demográfico. Estímase que diminuíu un 10% en 2010-2020 e farao nun 18% máis ata 2050 (Gobierno de España 2021a, p.257). É un exemplo da capacidade das institucións territoriais para o emprendemento político: unha soa Deputación pode liderar unha coalición territorial moito máis ampla. Pola contra, a natureza político-partidaria e o marco institucional dificultan a articulación deste deste tipo de actores territoriais.\nA Deputación de Ourense é clave neste relato. Como Zamora, é un dos territorios en declive máis rápido de Europa Occidental (Copus et al; 2020). Tamén é un bo exemplo de que os actores non son unitarios. O seu liderado político utilizou a súa pertenza á Xunta de Goberno da FEMP e á presidencia ourensá de Partenalia, unha pequena rede territorial paneuropea (aínda que principalmente española) para influír de forma autónoma nas decisións da UE, aínda que non necesariamente de forma positiva -vide infra-. Separadamente, e máis ben de xeito autónomo do plano político, os seus emprendedores políticos cooperaron con ´Soria´ e, máis abertamente, coa campaña de ´Zamora´.Southern Sparsely Populated Areas (SSPA) é un actor significativamente diferente, xa que especificamente naceu co obxectivo de influír na axenda da UE (o seu nome está en inglés no orixinal) e non procede do sector público, senón das federacións provinciais de Soria, Teruel e Cuenca da patronal española Confederación Española de Organizacións Empresariais(CEOE) (actor clave no modelo corporativista español de negociación colectiva). Son as provincias con menor densidade de España (Copus et al., 2020). A SSPA ten como obxectivo buscar o recoñecemento a nivel da UE para aquelas tres provincias, que replique as vantaxes das rexións despoboadas de Suecia e Finlandia (Northern Sparsely Populated Areas, [NSPA]) fondos EIE, axudas estatais e cooperación territorial. Partindo de programas piloto anteriores -por exemplo: o programa de cooperación transfronteiriza“INTERREG Laponias Conectadas”, (Núñez Tortosa, 2018)- SSPA busca aglutinar territorios semellantes no sur de Europa (Grecia, Croacia). Na práctica, é unha campañaespañola para dar forma á axenda da UE e, a través dela, a programas españois financiados pola UE e axudas estatais (SSPA, 2020a).\nNon é casual que moitas destas iniciativas teñan a súa orixe naCordilleira Ibérica do nordeste de España, coincidente coa chamada Serranía Celtibérica, ou ´Laponia española´. Os seus problemas atravesan as fronteiras rexionais. Isto é problemático nun sistema político moi politizado con partidos moi reticentes a solucións interrexionais (de la Peña Varona e Mondragon Ruíz de Lezana, 2021; Vila Lage et al., 2020). Cuenca, Teruel e Soria pertencen a tres rexións diferentes gobernadas por un dos dous grandes partidos. Como reacción ao seu problema común e á conciencia de que as fronteiras rexionais adoitan impedir a cooperación interrexional dentro de España (Vila Lage et al; 2020), estas provincias presentan desde hai tempo un grao de mobilización territorial e de cooperación interterritorial pouco común en España (Pazos-Vidal, 2022), incluíndo Ourense e Zamora; de feito, cando os primeiros lograron incorporar a súa campaña á axenda nacional xurdiron iniciativas imitadoras noutros lugares.\nAínda que este relato xirará en torno ás campañas mencionadas anteriormente, outras organizacións nacionais ou comunitarias que operan de forma autónoma con respecto a elas, teñen un papel de apoio, habilitación ou dificultade.\nA nivel español, destaca El Hueco, tamén soriano: metade organización non gubernamental (ONG) (orixinariamente unha asociación de cooperación para o desenrolo), metade empresa social e coworking, é a organización máis transversal e intersectorial, ata o punto que é capaz de aglutinar (maio 2021) ao presidente do goberno, ao líder da oposición e a todos os partidos nun seminario en Soria sobre o “rural proofing”. Celebra anualmente a maior feira de España sobre iniciativas contra o despoboamento (Vernis, 2021).\nDesde o ámbito académico, a primeira Cátedra Española sobre Despoboamento na Universidade de Zaragoza (os profesores Sáenz e Pinilla) e a Catedrática de Xeografía da Universidade Complutense Mercedes Molina (2019) contribuíron a poñer en valor os temas dos “territorios problema” e, ás veces, implicarse nas campañas de SSPA e ´Soria´, respectivamente.\nOs actores non son unitarios e iso é aínda máis certo no caso da FEMP e da Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR). A primeira tiña a súa propia campaña, cunha Comisión demográfica que funcionaba separadamente dos grupos ´Soria´, ´Zamora´ e ´Ourense´, a pesar de varios intentos de vinculación coa FEMP, en cuxa Xunta de Goberno se sentaban os líderes políticos de Soria e Ourense. Seguindo a lóxica da acción colectiva (Olson, 1971) a FEMP busca exercer e manter o seu propio vínculo privilexiado e rent-seeking verbo do Goberno e do Parlamento español. REDR, traballando en conxunto co Ministerio de Agricultura, intentou influír na axenda, maiormente no relativo á Política Agrícola Común da UE e a súa vertente de desenvolvemento local (LEADER), de cuxa comunidade política forma parte, moito menos cara á Política de Cohesión.\nA nivel da UE, as redes paneuropeas Euromontana e RED forman parte firmemente da comunidade de políticas da PAC. A Conferencia de Rexións Periféficas e Marítimas (CPRM) céntrase nas rexións periféricas -despoboadas ou non- e é comunidade da Política Rexional da UE e busca beneficios para os seus propios afiliados (Euromontana, CPMR, NSPA,2020; Pazos-Vidal, 2019b). Noutras palabras, estas campañas españolas poderían contar con certa simpatía, pero non cun apoio activo.\nPor último, as Institucións da UE (Comisión, Consello da UE e Parlamento), o Goberno español e, en particular, a súa Oficina do Comisionado e posteriormente Secretario Xeral contra o Reto Demográfico (xunto cos 17 gobernos autonómicos, que administran a metade do gasto público de España e teñen amplas competencias en desenvolvemento económico e servizos sociais) non son, contrariamente ao paradigma pluralista de Dahl (1961), unha caixa negra que simplemente medie entre intereses territoriais diversos. Os gobernos central e autonómicos e a Comisión teñen axendas institucionais propias, inercias e silos herdados do pasado. Por brevidade, comentaranse as súas accións e prioridades como parte do relato que agora seguirá.\n5. ORIENTACIÓN ESPACIAL\nA “España Vacía” de del Molino (2016)puxoen marcha,sen querelo, todo un movemento político-social que se transformou en “España Vaciada” en 2019, cando moitos actores territoriais comezaron a unirse para organizar unha gran manifestación, daquela aínda interpartidaria, en Madrid (Pazos-Vidal, 2019b). Pronto, seguindo o modelo de Teruel Existe e Soria Ya xurdiu unha plataforma estatal e núcleo de federación de partidos locais (España Vaciada, 2021).\nEsa transformación terminolóxica non é inocente, como tampouco o foi o intento do grupo Serranía de crear o termo demonastasia para cualificar o que coloquialmente en España se coñece como “despoboamento” (Burillo Cuadrado, 2019). Ambos neoloxismos teñen connotacións políticas, ao pretender presentar o abandono de grandes áreas de España como actos conscientes dos decisores políticos e económicos.\nEn paralelo, xurdiron definicións e mapas en competencia. O uso de mapas é clave para articular unha definición do problema e proporcionar unha ferramenta de campaña visualmente potente. O primeiro destes mapas en competencia foi o de Serranía de 2017 (Burillo Mozota, 2020; Figura 2). O descenso poboacional a nivel municipal revela unha xeografía de España oculta nos mapas baseados en provincias e Comunidades Autónomas. O seu mapa pretende definir unha nova macrorrexión para configurar unha nova identidade compartida desa Serranía Celtibérica para a planificación de políticas e a busca de rendas. Este mapa, como expresión visual da campaña, tivo un gran éxito na mobilización da opinión pública e é utilizado con frecuencia polos medios.\nDe xeito revelador, SSPA, en lugar de apoiarse sobre o mapa de Serranía, decidiu crear un novo, o \"Mapa 174\" en 2020 (SSPA, 2020b), (Figura 3) Isto refírese ao mencionado artigo 174 do TFUE, xesto sintomático da tendencia en España de usar marcos legais, políticos e financeiros da UE para afrontar problemas de políticas públicas domésticas. Ambos mapas son compostos (escollen e combinan un conxunto de variables e ponderacións) tendo motivacións políticas: buscan un recoñecemento máis amplo do despoboamento a escala española e europea, pero sempre priorizando os seus territorios respectivos.\nO mesmo cálculo de orientación espacial e busca de rendas estivo detrás da campaña que chamamos \"Soria\" que conseguiu a primeira definición de áreas demograficamente en declive no FEDER (Figura 4). Redactouse en xuño de 2018 como emenda lexislativa ó proxecto de regulamento FEDER. A súa xénese comentarase a continuación. É unha definición moito máis ampla e xeral ca que se podería deducir dos mapas anteriores. Isto foi un acto consciente dos seus redactores. Dado o carácter multinivel e disperso do proceso decisorio comunitario, unha definición máis xeral inserida do Regulamento FEDER 2021/1058 (Pazos-Vidal, 2021b), que fixa a elixibilidade dos fondos FEDER para o período 2021-2027, obtería un maior número de territorios potencialmente beneficiarios (vide mapa na Figura 6) co fin de, en teoría, poder aglutinar un amplo número de actores territoriais en Europa.\n6. RESPOSTAS GOBERNAMENTAIS E DA UE\nNomear algo non é un acto inocente. Ao contrario das campañas que buscan rendas, as institucións que as outorgan teñen que equilibrar as demandas competitivas de moitos outros grupos de interese, e intereses territoriais moito máis amplos (envellecemento, metropolización, etc.) que o do despoboamento.\nPor iso, en lugar de “despoboamento”, o Goberno español prefire falar de “Reto Demográfico”. A UE prefire “demografía” ou “cambio demográfico”: desde 2019 existe unhaVicepresidencia de Democracia e Demografía na Comisión Europea. Ironicamente, este termo fora posto en valor no 2018 polo informe parlamentario da eurodeputada Iratxe García (Parlamento Europeo, 2017), a pesar de que en certa medida García formaba parte da coalición 'Soria'.\nAsí mesmo, nin o Goberno español nin a Comisión buscaban activamente unha definición máis restrinxida que a que figura no artigo 174 TFUE. Iso non significa, porén, que se limitasen a reaccionar ante as presións dos diversos intereses territoriais. Ambos exerceron un considerable grao de emprendemento político.\nNo caso do Goberno español, o foco no \"reto demográfico\" foi inicialmente reactivo, xa que na Conferencia de Presidentes dos 17 líderes autonómicos, solicitaron que o despoboamento se convertese nunha prioridade de Estado. O presidente do Goberno Mariano Rajoy (dereita) deu curso a esta demanda en xaneiro de 2017 ao crear a figura do Comisionado dentro da Presidencia do goberno (Real Decreto 40/2017, de 27 de xaneiro). Este xesto foi tamén unha resposta á daquela crecente demanda da opinión pública, pero tamén foi un subproduto da discusión, aínda sen resolver, sobre a financiación autonómica. Este é un asunto moi delicado que, feito inusual en España, é capaz de xerar alianzas que superen o pesado partidismo da política territorial española (Fernández Albertos e Lago , 2015). O declive demográfico e a dispersión xeográfica son un dos principais elementos do debate.\nNon obstante, coa constitución da nova coalición de minorías de esquerdas a principios de 2018, a postura do Goberno pasou de reactiva a proactiva. A nova Comisionada elaborou desde cero as que se converteron nas primeiras Directrices Nacionais contra o Reto Demográfico, aprobadas polo Consello de Ministros pouco antes das eleccións anticipadas dese ano, en abril de 2019 (Gobierno de España, 2019a). Estas directrices non foron aprobadas polos líderes territoriais, senón que simplemente se deron por informados na XXIV Conferencia de Presidentes de Salamanca, en xullo de 2021. Implicitamente non aceptaron que as directrices fosen a base dunha Estratexia nacional vencellante para eles. As directrices implementaranse a través do “Plan de 130 Medidas” (Gobierno de España, 2021c), elaborado a raíz do COVID-19, e financiaranse polo paquete de financiamento extraordinario da UE, Next Generation EU (NGEU), comprometendo ata 10.000 millóns de euros a proxectos de despoboamento en España. Resulta revelador que non exista unha definición específica de \"despoboamento\" nestes documentos gobernamentais.\nDito todo isto, estes distintos mapas e definicións existen dun xeito separado pero simbiótico: o mapa de Serranía foi a inspiración para o intento do grupo de ´Soria´ de introducir no Regulamento FEDER unha definición legal de zonas demograficamente en declive. Por outra banda, a campaña ´Soria´ estivo en estreito contacto coa Comisionada do Goberno namentres o seu equipo elaboraba as devanditas directrices. Dous mapas incluídos nesas directrices baséanse na definición ´Soria´, xa que para daquela xa se agardaba que fose incluída no Regulamento FEDER. co fin de orientar espacialmente os fondos de desenvolvemento rexional da UE. Pola contra, e a pesar da alta visibilidade mediática da campaña da Serranía,o seu mapa nunca tivo aceptación polo Goberno español ao xulgar que fora promovido por unha campaña pouco representativa, cun mapa cuxos límites eran demasiado amplos e demasiado alleos aos límites administrativos existentes, para que fose aplicable. O mesmo podemos dicir do Mapa SSPA 174, elaborado en outubro de 2020 (SSPA, 2020a) cando as negociacións do fondo da UE estaban a piques de concluír, polo que máis que influír na política e na formulación lexislativa da UE, seguindo o exemplo de Serranía, a súa elaboración tivo maiormente unha finalidade de buscar ampliar a visibilidade de SSPA na súa busca de rendas a nivel español.\n7. CAMPAÑAS A NIVEL DA UE\nNo seu séptimo Informe sobre a Cohesión de 2017, a Comisión Europea European Commission, 2017) introduciu o descenso demográfico como un tema potencialmente significativo para o período de programación 2021-2020 dos Fondos Estruturais. Co fin de garantir a mobilización dos gobernos rexionais en apoio da Política de Cohesión da UE, en particular a dos EM grandes ou contribuíntes netos, ao comezo do deseño de cada futuro orzamento plurianual da UE, é unha táctica recorrente da DG REGIO presentar un novo tema que poida axudar a defender a continuidade da política rexional: retirada progresiva de fondos ás rexións afectadas pola ampliación de 2004, rexións en transición en 2014, etc. (Pazos-Vidal,2019a; Wobben,2021). O declive demográfico prometía ser un destes temas.\nCon todo, ao final, o proxecto de Regulamento dos Fondos EIE 2021-2027, presentado pola Comisión en maio de 2018, non incluíu nin a demografía como prioridade temática nin moito menos unha definición deses territorios.\nQue o despoboamento non fose abordado nos Fondos Estruturais foi o que fixo que a campaña de Soriapasara dunha argumentación política a un rol de lobby directo na UE. Utilizando o acceso privilexiado de membros desta campaña tanto no CDR (a través do ditame Rijsberman do 2018 (CDR, 2018)) coma de eurodeputados clave (españois) próximos ás negociacións lexislativas dos Fondos EIE, conseguiu introducir formalmente a definición mencionada anteriormente nas negociacións interinstitucionais da UE.\nAínda que este proceso de influencia se describe en detalle en Pazos-Vidal (2021b), o que é relevante para este artigo é destacar as dinámicas e campañas multinivel en competencia que conformaron ese proceso.\nA definición de Soria conseguiu colarse nas negociacións porque era o suficientemente ampla como para lograr un efecto distributivo en toda a UE. Fundamentalmente, porque algúns dos seus promotores gozaban dun nivel de acceso institucional á toma de decisións que simplemente non estaba dispoñible para as outras campañas españolas.\nO movemento clave foi inserir a definición elaborada polo grupo ´Soria´ na posición oficial do CDR sobre o FEDER 2021-2027. A literatura amosa que a Política de Cohesión é un dos poucos dossieres nos que o CDR ten unha clara influencia no proceso de toma de decisións da UE (Wassemberg, 2020). Debido a que o Ditame Rijsberman (CDR, 2018) tiña un forte apoio interpartidario no CDR, facía politicamente aceptable que eses mesmos partidos paneuropeos puidesen integrar as propostas do CDR na posición negociadora da eurocámara. De novo, a conexión española xogou a favor da campaña de ´Soria´: os eurodeputados Iratxe García (socialista, Castela e León) e o conservador Ramon Luis Valcárcel, recente presidente autonómico de Murcia e do CDR antes das eleccións de 2019, e, tralas mesmas, co rol fundamental de Susana Solís (Ciudadanos, Asturias) e ponente na sombra da negociación do FEDER 2021-2027.\nValcárcel e García foron os que inseriron a definición Soria/CDR no proxecto de informe parlamentario (Parlamento Europeo, 2019). Axudou que o relator fose o eurodeputado socialista italiano Andrea Cozzolino, sendo Italia un país que xa ten unha estratexia nacional para o que eles denominan Áreas Internas (Mantino e Lucatelli, 2016), que inspirou a emerxente estratexia demográfica española.\nCon todo, aínda que a conexión española foi un gran activo durante toda a campaña ´Soria´, tamén foi un inconveniente: estes eurodeputados tamén tiveron contacto coas outras campañas. Tanto Serranía como Ourense/Partenalia tentaron en setembro de 2018 -a través do Sr. Valcárcel ampliar a definición Soria/CDR para que reflectise e priorizase os seus respectivos territorios.\nAínda que este lobby territorial múltiple nunca se levou a cabo en aberta hostilidade, case levou a que as distintas campañas se cancelasen mutuamente. Se non foi así, debeuse principalmente á postura de moitos eurodeputados, aceptando moitas propostas ambiciosas antes das inminentes eleccións de 2019, sabedores de que correspondería a un novo grupo de eurodeputados negociar á baixa a posición do Parlamento, para facela aceptable aos 27 gobernos centrais do Consello da UE.\nAsí, os eurodeputados aceptaron a versión Ourense/Serranía que modifica a definición máis restrinxida de Soria baixando do nivel 3 da Nomenclatura de Unidades Territoriais para Estatísticas (NUTS3) de Eurostat (provincias, comarcas) a Unidades de Autoridades Locais (LAU) -concellos ou grupos delaes- engadindo un criterio suplementario e de menor densidade de poboación (Figura. 3). Asemade, e neste estado de ánimo preelectoral, ademais de acordar unha definición composta e moito máis laxa, os eurodeputados tamén adoptaron a súa posición negociadora oficial para destinar o 5 % das dotacións nacionais do FEDER (12.000 millóns de euros en toda a UE) aos territorios amparados por esta nova definición, imitando o precedente que xa existe desde hai décadas coa reserva de 5% do Fondo de Desenvolvemento Rural (FEADER) que obrigatoriamente debe usarse para o desenvolvemento local (LEADER).\nUnha vez que as negociacións do trílogo (Comisión, Parlamento e Consello da UE) comezaron con forza, tralo longo impasse debido ás restricións da pandemia en 2020, quedou claro que os E M non apoiaban nin a definición do Parlamento, e moito menos a reserva obrigatoria do 5% para despoboamento. Por varias razóns. Os representantes dos EM no Consello encargados dos Fondos EIE proceden principalmente dos ministerios de Facenda. A diferenza dos ministerios de desenvolvemento territorial, moitos dos seus funcionarios son auditores de formación e están centrados no juste retour: canto vai recibir o Estado e non tanto para que. Ademais, as negociacións do orzamento da UE fanse separadamente, e teñen precedencia verbo das negociacións dos Regulamentos que dispoñen como gastar os fondos. Aos EM nunca lles gusta que se lles impoña desde a UE unha nova definición de territorio prioritario, e moito menos unha asignación imposta pola UE que limitase a súa discrecionalidade financeira e política.\nMesmo a posición do Goberno español nas negociacións foi ambigua, a pesar do apoio público á definición anteriormente descrita. Aínda que a recentemente creada secretaría xeral (baixo a nova Vicepresidencia para o reto demográfico) mostrouse solidaria en privado, o Ministerio de Facenda, non tivo unha actitude nas negociacións deste asunto que fose moi diferente da dos outros 26 EM. Ademais, a diferenza de España, onde o despoboamento é visto como un problema territorial, noutros EM isto apréciase principalmente a través do prisma da fuga de cerebros ou, como moito, un problema de perda de poboación a nivel nacional (sen preocuparse das súas consecuencias locais e rexionais). Mostra evidente disto foron o ditames do CDR Boc (relator romanés) eKarácsony (húngaro) e o Informe Buda (romanés) do Parlamento Europeo en 2019 e 2021 respectivamente (Pazos-Vidal, 2021b).\nA Comisión, tras non facer ningunha proposta demográfica no seu proxecto de Regulamento FEDER, sentiuse obrigada a defender a proposta orixinal, tal e como fora presentada. Chegou a amosar publicamente o seu escepticismo sobre a posición de Soria/CdR/Parlamento en xullo de 2019, argumentando que era unha definición demasiado aberta e non operativa, posicionándose claramente do lado do EM cuxo apoio necesitaba para outras partes das negociacións, que consideraba moito máis críticas para a supervivencia da Política de Cohesión.1\nNon é de sorprender que a obriga do 5 % fora abandonada rapidamente no trílogo de setembro de 2020. Con todo, a definición si sobreviviu ata o acordo final, alcanzado en decembro de 2020. O prezo diso foi unha modificación adicional, e pasar do articulado ao Considerando 45, para reducir a súa obrigatoriedade sobre os EM.Se chegou a quedar no Regulamento foi porque a campaña ´Soria´, desde 2020 liderada case exclusivamente pola eurodeputada Solís, puido apoiarse ao longo dos trílogos dunha pequena estrutura de asesoría técnica. Usando datos e mapas propios da Comisión ou do Observatorio en rede da ordenación do territorio europeo (ESPON), nos trílogos de novembro a decembro de 2020 foi capaz de contrarrestar os intentos repetidos dos EM, Comisión e mesmo do resto dos eurodeputados presentes nas negociacións de descartar este tema completamente, para poder avanzar nas negociacións. Así, a campaña ´Soria´tivo éxito polo seu acceso privilexiado ás negociacións e un uso bastante robusto da lóxica de acción colectiva de Olson (1971).\nPorén, unha vez máis a conexión española volveu ser un arma de dobre fío. Unha vez alcanzado o acordo en decembro de 2020 e coa definición Soria no Regulamento, as outras dúas campañas españolas (SSPA e Serranía) tentaronevitar o acordo ou, mellor dito, axustalo máis cara ás súas propias posicións. A súa argumentación, feita en público, fora que se trataba dunha definición demasiado ampla. Precisamente a razón pola que, tras unha loita moi desigual, finalmente fora aceptada polos EM e a Comisión. Esta argumentación alternativa, feita nun momento que era xa improbable que se voltase a reabrir o acordo, é en si mesma moi reveladora da natureza insular e non cooperativa da mobilización territorial española cara a UE.\nQue este enfoque español do despoboamento como problema territorial que precisa ser definido a nivel da UE non tivese maiores apoios a nivel paneuropeos pode deberse a unha serie de razóns:\nEn primeiro lugar, a diferente noción de declive demográfico como problema citado anteriormente; o que en España se considera prioritariamente unha cuestión territorial noutros EM é visto como consecuencia de problemas socioeconómicos máis amplos e prioritarios.\nEn segundo lugar, as campañas españolas non foron capaces de mobilizar outros intereses territoriais paneuropeos por mor das dependencias e dos silos da UE. O grupo escandinavo NSPA, aínda que simpatizaba, amosouse reacio a involucrarse abertamente neste asunto por medo a que afectase as disposicións do Tratado e políticas europeas que xa protexe o seu estatus. Non estaban especialmente interesados en que ningún outro grupo eclipsase a súa propia campaña.\nOutros grupos de defensa das zonas rurais como a Rede Europea de Grupos de Acción Local ELARD, Euromontana e Ruralité-Environnement-Développement (RED) estaban vinculados á comunidade de políticas arredor Política Agrícola Común da DG AGRI e doParlamento Europeo a través do intergrupo Zonas Rurais, Montañosas e Periféricas e pobos intelixentes (RUMRA). A súa prioridade para o período posterior a 2020 foi impulsar a Declaración de Cork –impacto rural das leis, aldeas intelixentes- cunha axenda territorial para o medio rural (Visvizi et al; 2019; Pazos-Vidal,2019b) que se impulsara como alternativa á axenda urbana da DG REGIO. Estas redes territoriais están moi influenciadas por actores territoriais franceses, centrados en influír na PAC. A pesar de que Francia se ve afectada polo despoboamento relativo á \" diagonale du vide \" reflectida á súa vez no movemento “gillet jaunes\" (Pannier-Runacher, 2019), a súa comunidade política segue ancorada firmemente arredor da PAC. Así, estas redes non tiñan un incentivo para patrocinar axendas alternativas patrocinadas por organismos (españois) máis ben novos; por exemplo, SSPA chegou tarde á escena comunitaria e só en 2021 se uniu ao intergrupo RUMRA.\nPara as redes territoriais horizontais (Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas de Europa [CRPM], Eurocidades e outras) o despoboamento non era unha prioridade nos termos estreitos que defenden os promotores españois. Incluso o apoio do CEMR da campaña ´Soria´ foi bastante limitando. A defensa da definición foi esforzo exclusivamente español. Tendo en conta o reducido apoio e as diversas coalicións, que se acordase algunha definición, foi un éxito inesperado.\n8. DESDE A ELABORACIÓN DE POLÍTICAS DE FINANCIAMENTO DA UE ATA A IMPLEMENTACIÓN DOMÉSTICA\nAs prioridades políticas da UE cambiaron desde 2018. En 2014-2020, o Fondo de Desenvolvemento Rural (FEADER) da DG AGRI formaba parte do Marco Estratéxico Común que integraba todas as intervencións dos Fondos EIE. Todos, incluído o FEADER, debían aliñarse mediante un acordo de asociación a nivel nacional. Tamén era posible e se animaba a que os fondos FEDER, o Fondo Social Europeo e o FEADER se xestionaran a nivel territorial dun xeito totalmente integrado -ferramentas Interregional Territorial Investments (ITI), Community-led Local Development (CLLD), programas multifondo-.Con todo, en 2018 a DG AGRI decidiu retirar o FEADER da arquitectura dos Fondos EIE e integralo no Piar I da PAC (subvencións agrarias) a través dun único Regulamento da UE (Regulamento 2021/2115) e, a nivel nacional, a través dos novos Plans Estratéxicos nacionais da PAC (Pazos-Vidal 2019b; Bachtler et al; 2019). No seu lugar, AGRI promoveu a chamada Declaración de Cork 2.0 mediante un novo \"Pacto Rural\" lanzado en decembro de 2021 (Comisión Europea, 2021a), complementaria mais separada da Política de Cohesión da DG REGIO.\nO terreo cambiou de forma máis ampla coa nova Comisión Von der Leyen, en funcións desde novembro de 2019. A demografía converteuse inesperadamente non nunha cuestión de defensa de REGIO ou AGRI, senón de preocupar a toda a Comisión (Von der Leyen, 2019). Instalouse un novo vicepresidente da Comisión de Democracia e Demografía. Este cambio de paradigma foi patrocinado anteriormente polo Partido Popular Europeo (PPE) ao que pertence a Presidenta Von der Leyen (o declive demográfico como unha ameaza para o tecido social europeo). Aseméllase bastante á visión da crise demográfica defendida desde Europa do Leste e, en certa medida, á visión de \"xeografías do descontento\" anteriormente mencionada: de aí o vínculo entre demografía e democracia. Co apoio principalmente de AGRI, o vicepresidente Šuica lanzou en xuño de 2020 un Informe Demográfico -é dicir, non unha estratexia- (European Commission, 2020), e en xuño de 2021 unha “Visión a Longo Prazo para as Zonas Rurais” (European Commission, 2021b).\nNeste novo contexto, a nova definición de áreas demograficamente en declive no Regulamento FEDER, só se beneficiou marxinalmente. Aínda que agora era posible ter unha prioridade demográfica clara para orientar espacialmente os fondos da UE nos Acordos de Asociación nacionais (que establecen as grandes prioridades de investimento), e a nivel rexional a través dos Programas Operativos, a DG REGIOtiña dúas posturas respecto diso: a nivel de funcionarios, os seu emprendedores políticos intentaron finalmente aproveitar a definición coa elaboración en outubro dunhas \"Boas prácticas para abordar o declive demográfico\" para toda a UE para o FEDER 2021-2027, apoiándose nun estudo externo (Gloeksen e Böhme,2022) que permanece inédito.Con todo, no nivel político e alto funcionariado da DG REGIO, seguiuse tendo unha actitude tépeda verbo esixir abertamente aos EM que investisen cantidades significativas de FEDER en programas demográficos. O que si fixeron foi incluír o tema demográfico no novo 8º Informe da Cohesión (European Commission, 2022a).\nDe aí que non sexa de estrañar que en España, dado o predominio do Ministerio de Facenda na programación dos EIE, se reproducise a mesma postura da Comisión (priorizar a absorción do Fondos Estruturaiss e de Investimento Europeos(EIE) ante o risco de que ao usar estes fondos para o despoboamento se convertese nun pozo sen fondo). Asemade, dos 17 gobernos autonómicos non se prevé que ningún programa operativo (que se presentarán á Comisión a mediados de 2022) teña unha prioridade demográfica e unha orientación espacial baseada na definición do FEDER. De feito, o Acordo de Asociación do Goberno español coa Comisión sobre a asignación de fondos estruturais 2021-2027 só prevé o descenso demográfico como unha posibilidade transversal e opcional que queda totalmente á discreción de cada rexión (Gobierno de España, 2022, pp. 201-202).\nAdemais, a pesar de que o Goberno español fixo do despoboamento unha prioridade política digna dunha Vicepresidencia (responsábel tamén de Transición Ecolóxica/Cambio Climático) os resultados foron limitados ata o de agora. Esta vicepresidencia ten unha función coordinadora das políticas demográficas do Goberno español, a través dunha subcomisión do Consello de Ministros e dunha Conferencia Sectorial coas 17 Comunidades Autónomas, e a devandita Oficina do Comisionado/Secretario Xeral, que alén do voluntarismo amosado conta cun orzamento de só 55 millóns de euros.\nA nivel político, a pesar de que moitas Comunidades Autónomas apostaron por Leis e estratexias contra o despoboamento, sobre todo Castela a Mancha, pero tamén Aragón, Galicia, Navarra, Castela e León e Estremadura, optaron por non vincular (explicitamente) os seus plans e políticas ás políticas contra despoboamento a nivel estatal. A non aprobación polas Comunidades Autónomas destas Directrices coma base dunha Estratexia (Gobierno de España, 2021b) encádrase no patrón de débil coordinación e predominio da lóxica de afiliación partidaria propias das relacións intergobernamentais españolas, descritas por Colino (2020). As Directrices do goberno, malia feitas a petición dos presidentes autonómicos, segue a ser un documento de orientación só do Goberno español.\nA nivel de investimento, nin os programas operativos EIE (principalmente autonómicos, e algúns a nivel estatal), nin os 10.000 millóns de investimentos NGEU para o despoboamento, xestionados polos diferentes ministerios, utilizan a definición acordada do FEDER ou calquera outras definicións e mapas alternativos que ignoren as fronteiras provinciais ou autonómicas. A asignación dos fondos NGEU para o despoboamento baséase en concorrencia competitiva a nivel estatal. Ademais de desincentivar os enfoques territoriais cooperativos, isto é un sinal claro de que a prioridade é a absorción (xa que NGEU debe comprometerse en 2023, e gastarse ata 2026) fronte a unha asignación dos recursos europeos baseada na eficiencia (Pazos-Vidal, 2021a).\nO mellor exemplo destas debilidades foi a iniciativa da Deputación de Zamora, que dende outubro de 2020 ata xaneiro de 2021 constituíu a denominada Mesa Nacional que aglutinara a xestores de fondos da UE e de desenvolvemento económico de 22 deputacións, a maioría con experiencia de dúas décadas. Analizaron como o FEDER e NGEU poderían financiar investimentos para frear o despoboamento que fosen, como defendera inicialmente o Goberno español,colaborativos, escalables, transferibles e replicables en todas as provincias participantes. Non obstante, isto non se traduciu nos plans do Goberno español, que priorizaron a absorción e a máxima cobertura xeográfica, axustándose ao patrón de anterior insensibilidade territorial e ineficacia das políticas domésticas contra o despoboamento descritas por Pinilla e Sáez (2021). O precedente foron os malogrados 8.000 millóns de euros do Plan Español para o estímulo da Economía e o Emprego (Plan E) do Goberno de Zapatero, para loitar contra a crise económica de 2008. Esta falta de incentivos cooperativos interterritoriais desincentivaron que a lóxica cooperativa e as propostas que se desenrolaran a nivel técnico entre as deputacións se traducisen en demandas conxuntas a nivel político (Pazos-Vidal 2021a; Galán, 2021).\nPor último, estas distintas campañas territoriais españolas non lograron trasladar adecuadamente a súas propostas ao ámbito electoral. Nas eleccións de febreiro de 2022 en Castela e León só Soria Ya patrocinou activamente a definición do grupo Soria -a pesar de non ter participado nesa campaña, ironicamente iniciada polo alcalde socialista da cidade-, namentres que o goberno autonómico saínte do PP non se comprometeu coas novas políticas financiadas pola UE contra o despoboamento. Os socialistas (na oposición a nivel rexional, pero no Goberno español) si propuxeron un paquete máis amplo, pero non se asumiron compromisos específicos sobre os fondos comunitarios nin coa definición do FEDER. É significativo quea mencionada proposta común de España Vaciada (2021, pp. 87-88) cara ás próximas eleccións xerais españolas (2023/2024) tampouco fixo referencia algunha ás posibilidades que ofrecía a definición no FEDER. Unha clara mostra de desconexión entre as distintas campañas e iniciativas territoriais en distintos puntos de España.\n9. AXUDAS DE ESTADO\nOutra evidencia empírica dos límites da mobilización territorial española sobre o despoboamento foi o proceso para a definición de zonas en declive demográfico nas Directrices de axudas de Estado con finalidade rexional 2021-2027. Trátase dun proceso complementario á elaboración dos Programas Operativos de Fondos EIE que a DG REGIO establece cada 7 anos, definindo un nivel máximo de axudas públicas (EIE ou nacionais) en cada comunidade ou provincia. A Comisión propuxo recoñecer, por primeira vez, a Soria, Teruel e Cuenca como zonas pouco poboadas, habilitándoselles automaticamente en teitos de axuda superiores (López,2021). Isto foi percibido simbolicamente nesas provincias como que lles daba un estatus similar ás NSPA escandinavas.\nNa consulta pública anterior, a rede SSPA, que representa ao sector empresarial, liderou unha mobilización bastante ampla dos seus membros (do mesmo xeito que fixo na consulta de 2018 sobre as ideas iniciais da Comisión para os Fondos Estruturais 2021-2027 xa apuntadas no 7º Informe da Cohesión). Dito isto, as directrices de axudas autonómicas e os mapas nacionais de elixibilidade son materia exclusiva da negociación entre os Ministerios de Facenda e a DG REGIO. Así, para conseguir ese resultado, máis cos actores territoriais, foi crucial a proposta conxunta (e interpartidaria) dos Presidentes autonómicos de Aragón, Castela a Mancha e Castela e León ao Goberno español, en resposta, iso si, a unha forte demanda pública.\nAínda que este recoñecemento é politicamente importante, amosa unha vez máis a confusión entre o simbolismo político-emocional e a lóxica económica. Pouco despois de aprobarse as directrices pola Comisión, na primavera de 2021, este recoñecemento foi interpretado por SSPA e Soria Ya (ambas campañas tiñan certos vínculos desde antes de 2016) como que, máis que un teito de axuda lixeiramente superior ao resto de territorios, a UE lles acordara un estatus de \"fiscalidade diferenciada\" comparable co de Navarra, Euskadi ou os territorios ultramarinos de Ceuta, Melilla e Canarias.\nEsta percepción desproporcionada xerou unha moi intensa mobilización pública en Soria e a “fiscalidade diferenciada” converteuse nun estandarte fundamental de Soria Ya nas eleccións de febreiro de 2022 (e de Teruel Existe a nivel do Congreso). Fronte a isto, o Ministerio de Facenda, malia non poder negar publicamente unha percepción tan enraizada, tampouco quería promover unha carreira de agravios e busca de rendas no resto do territorio. O reverso da moeda foi Zamora, que perdeu un 10% de poboación na última década, polo que, sen ser nomeada directamente nas directrices, podería estar plenamente aos niveis de subvención equivalentes a Soria, Cuenca e Teruel. Nembargantes, esta provincia non fora quen de articular unha campaña verbo dos gobernos autonómico e central ao estilo de Soria e Teruel.\nA Comunidade Autónoma de Castela e León, da que forman parte Soria e Zamora, non asumiu ningún compromiso en canto ás súas propias axudas de Estado, subvencións ou investimentos de fondos estruturais, remitíndose exclusivamente aos incentivos que podería acordar o Goberno español. Pola contra, Castela A Mancha aprobou a Lei 2/2021 contra o despoboamento, que inclúe incentivos de axudas autonómicas, a subdelegación (descentralización subrexional) dos Fondos EIE, a avaliación de impacto nas normas no rural (rural proofing) e o primeiro mapa xuridicamente vinculante de España para identificar zonas de despoboamento ás que destinar fondos públicos e garantir un nivel mínimo de servizos. Resulta revelador que ningunha outra rexión planea abertamente copiar integramente o ambicioso modelo de Castela a Mancha.\nFinalmente, non só Soria, Teruel e Cuenca, senón tamén Zamora, e mesmo outras provincias como a veciña Salamanca, foron recoñecidos no mapa español de axudas autonómicas (European Commission, 2022b). Tendo en conta os moi diferentes graos de mobilización territorial neste tema en cada territorio (de activos a inexistentes), tal resultado (que beneficia a tamén outras áreas de España) sinala a importancia da mobilización territorial, pero tamén a politización do declive demográfico en España. Se ben non tódolos territorios se mobilizaron, si se beneficiaron logo, pois a demanda social era tan transversal que simplemente o goberno central non a podía ignorar. De feito, gran parte deste recoñecemento podería estar incluído en anteriores mapas de axudas, pero o despoboamento non estaba na axenda como o está agora.\n10. CONCLUSIÓNS\nÉ bastante difícil acordar definicións comúns e moito menos proporcionar bens públicos cando os diferentes grupos interesados cren percibir unha relación asimétrica na súa procura respectiva de rendas, cando non unha relación de suma cero.Esta percepción dificulta a colaboración e a conformación e supervivencia no tempo de comunidades de políticas, a nivel territorial español e a nivel da UE.\nSeguindo a lóxica de acción colectiva, estas campañas de mobilización territorial, malia seren case exclusivamente españolas,foron quen de acadar un éxito parcial ao ver recoñecidas as súas reivindicacións na UE. Porén, a falta de beneficios distributivos a nivel de varios países así como dentro de España (no caso da definición do FEDER esta era demasiado xeral e non obrigatoria), levou a que fose unha vitoria simbólica e pírrica, xa que non alterou ningunha inercia nas políticas públicas europeas e nacionais.\nMesturar a razón económica con motivos de identidade emocional/cultural e priorizar a definición legal sobre a racionalidade económica, é contraproducente. Resulta bastante revelador que ao longo desta narración os actores puxeran moito máis énfase en conseguir o recoñecemento (e o financiamento) dun territorio determinado, e non ao que se vai facer con el. España posúe unha longa tradición de privilexios territoriais e estatutos especiais (foros, micromunicipalismo, Dereito Civil autonómico) que perviviu na idade contemporanea.Neste estudo de caso sobre o despoboamento, pódese observar esa mentalidade tendente a obter e preservar un estatus especial para un determinado territorio, fronte á asignación máis racional dos recursos públicos baseada en evidencias e necesidades.\nPor último, pero non menos importante, esta narración evidencia o triste estado da gobernanza multinivel e da cooperación horizontal españolas (o que en España se acuñou durante a pandemia co neoloxismo bastante redundante de “cogobernanza”). O feito de que tanto esforzo se teña feito por parte de tantas campañas e iniciativas, públicas e privadas, de arriba-abaixo e abaixo-arriba, para obter tan escasos resultados, é sintomático dun sistema político español que prioriza o curto prazo, fronte a solucións colaborativas a longo prazo. Mesmo para afrontar problemas estruturais profundamente arraigados como é, sen dúbida, o declive demográfico e o abandono de grandes extensións do territorio español."} {"summary": "Neste traballo analízase unha cadea de valor transfronteiriza na área do río Miño. Con este fin, realízase unha estimación do valor engadido bruto da cadea de valor por concellos, para traballar con magnitudes homoxéneas. Deste xeito, pódese comparar a xeración de valor de cada territorio. A seguir, analízase o nivel de integración produtiva das tres principais actividades (pesca, viña, horta e planta ornamental), empregando unha enquisa representativa. Os resultados indican un maior peso estrutural da parte de produción da cadea na parte galega da área de estudo. A análise por subcadeas presenta niveis básicos de integración en provedores e clientes, e niveis medios de integración nos consumidores finais. Nos campos da cooperación e da innovación, a integración é case inexistente, deixando unha ampla marxe para o desenvolvemento conxunto da área transfronteiriza.", "text": "Análise dunha cadea de valor na integración transfronteiriza. A cadea de valor agroalimentaria no Miño compartido\nINTRODUCIÓN\nA cadea de valor agroalimentaria (CVA) baséase nos recursos naturais, aínda que son moitos os factores que condicionan esta cadea produtiva. O proceso de globalización, o auxe das novas tecnoloxías ou as tendencias cara ao desenvolvemento sostible, pola necesidade de conservar a natureza e a biodiversidade, son factores que están a influír no consumo e na produción, e que, directa ou indirectamente, van afectar a esta cadea produtiva. A creación de cadeas de valor asociadas á fragmentación dos procesos industriais tamén está a condicionar o comportamento da cadea de produción de alimentos, como consecuencia da transformación nos procesos produtivos e de comercialización (Pérez et al., 2019).\nEstes factores fan que as actividades produtivas sexan vistas como un sistema completo de xeración de valor, e non só como un proceso centrado na produción (Crespo e Mancero, 2005). A competitividade dos territorios baséase, agora, na parte que incorporan ás cadeas de valor, dentro das actividades que se desenvolven nese territorio. Por iso, cómpre detectar que valor xeran as cadeas produtivas dun territorio como instrumento para analizar a integración dos modelos de negocio, especialmente os que se desenvolven no mundo rural (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura [FAO], 2010). Ambos os aspectos afectan especialmente ás economías das áreas transfronteirizas (Fernández-Jardón et al., 2014), nas que se comparte a dinámica do territorio e as cadeas de valor poden estar integradas ou non.\nOs concellos da beira do Miño son un claro caso de transformación, como consecuencia da eliminación de fronteiras desde a integración dos dous Estados na Unión Europea (UE) (López-Iglesias, 2019), xa que compartían culturas similares (Prokkola e Lois, 2016). As economías locais foron evolucionando dende entón, pasando dun modelo de fronteira a un modelo totalmente aberto de oferta de produtos e servizos sen restricións.\nA área transfronteiriza do río Miño será o ámbito de estudo deste traballo. Ten características xeográficas e socioculturais similares, aínda que en contextos nacionais dispares, o que produciu diferenzas nas súas estruturas produtivas e, sobre todo, no seu marco legal e político. Nos últimos anos desenvolveu unha estrutura institucional propia, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Río Minho Transfronteirizo, cunha planificación estratéxica no horizonte 2030 (Paül et al., 2020).\nO territorio de referencia ten un gran potencial, tendo en conta que o proceso de integración dos sistemas produtivos pode xerar importantes beneficios complementarios. Por iso analizarase o sector alimentario, para atopar os elementos necesarios que fortalezan a cooperación e o intercambio de experiencias, poñer en marcha acordos de cooperación e estratexias comúns, compromisos de xestión da información e do coñecemento, e que faciliten a competitividade dos sistemas de produción local.\nA importancia da integración transfronteiriza xa foi estudada previamente (Ibengwe et al., 2022). Existen diferentes traballos que analizan o potencial competitivo das áreas transfronteirizas (Ruffier, 2005). Outros comparan a situación produtiva entre Galicia e o Norte de Portugal (Fernández Fernández e Fernández Grela, 2003), e un analiza as cadeas alimentarias do territorio (López-Iglesias, 2019). Porén, poucos estudos combinan ambas as perspectivas, como é o obxectivo deste. Para logralo, analízase o valor engadido bruto xerado en cada un dos concellos da área transfronteiriza nas empresas pertencentes á CVA, de tal xeito que se poida ter unha comparación da importancia relativa de cada un dos territorios. O enfoque en cadea permite detectar en que aspectos se diferencia un territorio do outro e, daquela, que políticas de integración son as máis apropiadas na procura da cooperación transfronteiriza (Fernández-Jardón et al., 2014).\nA continuación, introdúcese o concepto de cadeas empresariais, tal e como vai ser utilizado neste traballo. A seguir, preséntase a metodoloxía de estimación do valor engadido bruto, que permitirá a comparación entre as áreas de contacto de Galicia e Portugal. Posteriormente, realízase a estimación do valor engadido bruto da CVA en cada un dos concellos da área transfronteiriza do Miño. Deste xeito, pódese comparar como é a xeración de valor de cada territorio e a importancia relativa que ten en cada un dos concellos. Despois, analízase o nivel de integración das tres principais subcadeas de valor, por medio dunha enquisa ás empresas do territorio. Finalmente, propóñense as conclusións, xunto cunha serie de actuacións políticas co fin de mellorar a integración produtiva da área transfronteiriza.\n2. AS CADEAS EMPRESARIAIS\nPartindo das definicións anteriores de cadeas produtivas (Gomes de Castro et al., 2002; Zylbersztajn, 1994), este traballo define a cadea empresarial como un conxunto de empresas fortemente interrelacionadas nun espazo xeográfico concreto, que desenvolven as súas actividades, ben de xeito principal ou ben complementariamente, a partir dunha materia prima, un proceso, un produto ou un servizo (Jardón et al., 2007).\nO concepto de cadea de valor refírese ao proceso de xeración de valor engadido nos sucesivos intercambios entre empresas dunha cadea, que acaban achegando un ben ou servizo ao mercado, e baseado na participación de todas elas. A achega de cada empresa ao produto final fai que os bens ou servizos que vende teñan un valor superior aos que compra, xerando valor engadido. O valor do produto final é a suma de todos os valores xerados (engadidos) na súa cadea de produción. A análise da cadea de valor é, polo tanto, a análise do valor engadido en cada elo da cadea que conforma o valor do produto final.\nA cadea de valor combina a xeración de valor engadido co territorio. Por iso, dálles especial importancia aos procesos que axuden a xerar valor dentro das actividades que se desenvolven no territorio. Daquela, búscase analizar os compoñentes da actividade que contribúen a aumentar o valor engadido do produto final (Porter, 1980). O concepto tamén inclúe o papel que a distribución e o comercio teñen na xeración de valor para ese produto final. O enfoque da cadea de valor facilita o fluxo de información entre os actores, axudando a buscar solucións conxuntas para a xeración de valor, identificando as restricións que se producen ao longo da cadea e permitindo determinar como aumentar aínda máis o valor do conxunto (Peña et al., 2008).\nEste enfoque baséase na teoría dos custos de transacción, xa que as empresas tratarán de organizarse de forma que se minimicen os custos de transacción entre elas. A procura de acordos ou relacións de cooperación vai dirixida a xerar sinerxías que respondan a unha demanda final de toda a cadea cos custos máis baixos (Peña et al., 2008).\nO modelo de cadea empresarial é útil á hora de analizar a integración eurorrexional, xa que facilitará a cooperación entre as empresas e outros axentes socioeconómicos do territorio, permitindo unha maior difusión do coñecemento, o que facilita a xeración de innovacións (Dahl e Pedersen, 2004). Isto aumentará a competitividade do territorio, o que posiblemente supoña unha mellora da cohesión social e territorial (Jardón e Martínez-Cobas, 2020).\nAs novas tecnoloxías están a afectarlles aos mercados internacionais, producindo cambios que tamén afectan aos mercados locais. En consecuencia, unha cadea produtiva que xere pouco valor nun territorio será difícil de manter no futuro, xa que perdería competitividade a medida que aumenta o nivel de renda circundante (Kreimerman, 2010). Por ese motivo, é importante detectar que cadeas de produción de valor se xeran nun territorio, especialmente as asociadas ao mundo rural (FAO, 2010), como é o caso da CVA.\nA cadea de valor dun produto ou servizo non se limita a un só territorio, xa que hai moitos produtos que se venden ou producen noutros territorios. Noutras palabras, as cadeas comerciais son cadeas de valor globais (Gereffi et al., 2005). Este aspecto é especialmente importante nas áreas transfronteirizas, debido a que moitos dos produtos que se xeran nunha zona son vendidos na outra, e viceversa, permitindo así accións de cooperación entrambas as áreas que contribúen a xerar máis valor nos produtos que as dúas teñen.\nInicialmente, as cadeas empresariais estaban asociadas a produtos específicos, xeralmente produtos agrícolas ou forestais (FAO, 2010). Posteriormente, o concepto evoluciona, incluíndo outros aspectos como servizos ou procesos, co que se identifica co concepto de clúster empresarial (Davis e Goldberg, 1957; de Felipe, 2011).\nEste traballo utiliza o concepto de cadeas empresariais para referirse, concretamente, ao conxunto de empresas que xeran valor nas actividades relacionadas coa alimentación. Este concepto combina a idea de cadea de valor co territorio. Por isto, definiremos a CVA como aquela que está formada polo conxunto de empresas que desenvolven actividades produtivas xeradoras de valor arredor dos produtos relacionados coa alimentación, situadas nun ámbito local, e que no caso que nos ocupa será a área transfronteiriza do río Miño.\nO modelo de cadea empresarial presenta os diferentes elementos que permiten xerar valor no proceso de transformación dun produto ou servizo. Normalmente, utilízanse catro elementos esenciais, aínda que cada un deles pode presentar outros elementos. En primeiro lugar, defínese o conxunto de actividades principais, que se refire ao conxunto de procesos produtivos necesarios para que a materia prima, servizo ou produto definido como constituínte da cadea chegue ao consumidor final. En segundo lugar, considéranse cadeas de subministración complementarias, é dicir, aquelas actividades necesarias para subministrar materiais necesarios para levar a cabo as actividades da cadea principal, pero que pertencen a outras actividades. Polo tanto, contribúen a complementar os procesos de transformación da materia prima, do produto ou do servizo considerado. Un terceiro elemento componse do conxunto de servizos de apoio, que se refire a todas as actividades que prestan os servizos que non están integrados na cadea principal, pero que son precisos para que as actividades da cadea principal poidan obter o produto ou servizo final e que, en consecuencia, axuden a proporcionarlle valor ao cliente. Por último, un aspecto complementario dos anteriores é todo aquilo que se refire ás actividades de equipamento, que son necesarias para realizar as actividades da cadea principal. Refírense, polo tanto, a todas as actividades que fornecen equipamentos, estruturas ou tecnoloxías necesarias para que a actividade principal realice o proceso de xeración de valor.\nEn consecuencia, este modelo presenta unha actividade principal específica da cadea empresarial estudada, e tres actividades paralelas que son necesarias para xerar valor na cadea principal, pero que á súa vez tenden a participar noutras cadeas de valor diferentes.\nA CVA defínese coma o conxunto de actividades asociadas a produtos derivados da agricultura, gandería e pesca, orientadas á alimentación. Xa que logo, a actividade principal desta cadea inclúe as actividades de extracción de produtos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, as industrias alimentarias derivadas destes produtos e a comercialización a través de empresas por xunto e polo miúdo. A cadea de subministración complementaria comprende o conxunto de subministracións necesarias para a produción agrícola, gandeira ou pesqueira (por exemplo fertilizantes, pensos...), produtos necesarios para a transformación nas fábricas, ou aqueles que son necesarios para a súa comercialización.\nEntre os servizos de apoio atópanse actividades de contabilidade, asistencia científica e servizos financeiros, que son comúns a outros sectores. Tamén hai servizos específicos neste sector, como as actividades veterinarias, a saúde alimentaria, de servizos de nutrición, etc.\nO equipamento desta cadea empresarial inclúe a maquinaria e os equipos necesarios, tanto para as actividades de campo como para a pesca. Inclúe tamén a maquinaria necesaria para a fabricación e transformación de produtos alimenticios, así como outros equipamentos para a comercialización destes produtos.\nEsta cadea baséase nos recursos naturais, segundo a clasificación de Giuliani et al. (2005), xa que parte da explotación directa de produtos do campo, como a vide, e tamén da pesca. Neste tipo de cadeas, a mellora tecnolóxica dos pequenos produtores adoita estar impulsada polos provedores, e normalmente é consecuencia dunha mellora baseada en ter un maior coñecemento científico, polo que, para o seu desenvolvemento, precisa de laboratorios e centros de investigación. En consecuencia, a investigación básica e aplicada realizada polos centros de investigación será fundamental para aumentar o valor neste tipo de actividades. A innovación, porén, está impulsada polas propias empresas, especialmente no sector vitivinícola.\nGereffi et al. (2005) propoñen unha tipoloxía para tratar de explicar como se organizan as cadeas empresariais, con idea de reducir os custos de transacción, aplicadas ás cadeas de valor internacional. Para definiren esta tipoloxía parten de dous extremos, segundo o nivel de coordinación da cadea. Por unha banda, unha gobernanza baseada unicamente nas relacións de mercado, é dicir, sen ningunha coordinación externa. Doutra banda, unha gobernanza xerarquicamente establecida, baseada en empresas integradas verticalmente. O resultado son cinco tipoloxías diferentes, segundo o nivel de formalización das relacións: mercados, cadeas modulares de valor, cadeas de valor relacionais, cadeas de valor en cativerio, e xerarquías.\nA organización baseada no mercado non funcionaría como unha cadea empresarial estritamente falando, posto que o comportamento das empresas sería o mesmo que se non houbese unha formalización das súas relacións. As cadeas modulares de valor preséntanse cando os clientes adoitan esixir os produtos de acordo cunhas especificacións máis ou menos detalladas. Isto fai que os clientes condicionen, en parte, as decisións dos provedores, aínda que lles deixan liberdade para organizaren o xeito de conseguir os produtos necesarios. As cadeas de valor relacionais son redes que se forman para facerlles fronte a relacións complexas na xeración de valor entre clientes e provedores, normalmente como consecuencia da proximidade. Este tipo de redes son moi comúns nas áreas transfronteirizas. As cadeas de valor en cativerio son consecuencia de relacións que se establecen entre un cliente poderoso e un conxunto de provedores que dependen en gran parte deste. Iso fai que o cliente determine moitas das características do produto, os momentos de entrega..., condicionando a xeración de valor, tanto a nivel global como na parte correspondente a cada provedor. Finalmente, a xerarquía caracterízase por unha integración vertical de toda a cadea de valor.\nA gobernanza que se presenta na CVA é bastante complexa, posto que ao combinar diferentes produtos vai depender, en parte, dalgúns deles. Por exemplo, o sector vitivinícola, que está máis estruturado, adoita presentar cadeas modulares de valor, e en bastantes casos hai unha integración vertical, chegando a xerarquías. Con todo, outros sectores menos estruturados como a pesca presentan relacións de mercado.\nA integración produtiva apóiase na colaboración entre empresas. As relacións de colaboración entre empresas poden ser horizontais ou verticais. As relacións horizontais danse esencialmente para xerar economías de escala, por exemplo, na compra, na produción ou na venda, de tal maneira que os custos unitarios se reducen, xerando máis valor en todas as empresas da cadea. As relacións verticais buscan xerar máis valor no produto. Adóitanse orientar ao aproveitamento da especialización flexible, de xeito que cada empresa se especializa nunha compoñente ou paquete de compoñentes do produto, realizándoo con máis eficiencia e calidade, ao mesmo custo ou a menor custo, conseguindo un produto final cun maior valor engadido. Ambas as dúas incrementan a súa competitividade e a do territorio.\nA colaboración entre organizacións pode ir desde as relacións dentro de grupos de interese, baixo esquemas moito menos institucionalizados, até alianzas estratéxicas, asociacións e redes de cooperación formalizadas (Felzensztein et al., 2012). A creación de redes de colaboración xeralmente diminúe os custos de transacción, por exemplo, mediante a redución dos custos da asunción de riscos (McCann e Arita, 2006). Ademais, a colaboración axuda a mellorar outros aspectos das empresas participantes, incrementando o valor que estas xeran aos seus produtos ou servizos.\nPara acadar a plena realización dos beneficios da integración, é necesaria unha reorganización a fondo das empresas e das cadeas de subministración e distribución (Agência Brasileira de Desenvolvimento Industrial [ABDI], 2010). Isto esixe un custo adicional, ao establecer os acordos de colaboración entre as empresas e institucións do territorio, o que dificulta, en parte, a consecución dunha integración produtiva eficiente. É aquí onde interveñen as políticas de actuación.\nNo caso europeo, as directivas da Unión Europea procuran tamén acadar unha maior integración entre os territorios transfronteirizos. Daquela, existe unha ampla variedade de políticas e instrumentos de apoio ás empresas e institucións, materializadas en numerosas e ricas experiencias de articulación produtiva en diferentes países. Unha das máis comúns intégrase dentro do concepto asociado aos clústeres empresariais, ou en redes de tipo horizontal ou sectorial (Dini et al., 2007). En calquera caso, todas estas actuacións están orientadas á procura de vantaxes colectivas na xeración de economías externas ou de aglomeración, ou na instrumentación de accións de grupo de mutuo beneficio. Parece, por tanto, que a intención dos gobernos, ao aplicar estas políticas, consiste en levar a cabo iniciativas de participación e colaboración, superando as políticas orientadas a actuacións de tipo individual, coa idea de conseguir unha mellora competitiva de todo o territorio.\nUn segundo aspecto que se observa nas novas directrices políticas é o cambio, desde unha procura de estratexias colectivas de intervención, cara a estratexias orientadas a detectar vantaxes que axuden ás empresas a ser máis competitivas, normalmente en forma de agrupamentos colectivos. Dese xeito, os recursos públicos, e en particular a lexislación, colócanse ao servizo da procura de vantaxes comúns.\nAs políticas públicas, en consecuencia, presentan dous aspectos complementarios. Por unha banda, actúase sobre os sistemas produtivos, posto que estes sistemas facilitanun mellor marco para deseñar e organizar a provisión de servizos e canalizar instrumentos de apoio, dado que se dirixen a necesidades colectivas e non se focalizan sobre requirimentos interdependentes. Por outra banda, búscase operar transversalmente sobre as vantaxes locais e territoriais, debido a que, no funcionamento destas, a atención das necesidades dunha articulación produtiva, indirectamente, implica unha actuación sistémica e interrelacionada.\nCabe, por tanto, neste estudo, analizar se existe espazo para o desenvolvemento de políticas públicas conducentes a impulsar a CVA na área transfronteiriza.\n3. A ÁREA TRANSFRONTEIRIZA\nA área transfronteiriza do río Miño foi unha área periférica durante séculos, tanto para Galicia coma para Portugal. A pesar de pertencer a diferentes países, estas áreas comparten características comúns, que se foron conformando como consecuencia dunha base cultural conxunta, e das transaccións económicas e políticas ocorridas dentro da economía formal e informal, que existiron sempre.\nÁ importante presenza do sector primario e da actividade comercial (característica típica das economías de fronteira), uniuse nas dúas últimas décadas un proceso de industrialización, vinculado á expansión metropolitana de Vigo, á necesidade de parques empresariais e a algunhas outras vantaxes competitivas, en particular do Alto Minho (Fernández-Jardón e Martínez-Cobas, 2021).\nA rexión transfronteiriza na provincia de Pontevedra cobre toda a ribeira do río Miño e chega até o extremo suroeste da provincia. Caracterízase por unha elevada diversidade medioambiental, resultado dunha combinación de litoral, monte e río. Os concellos que están á beira do Miño pertencen a diferentes comarcas e responden a unha diversidade produtiva acorde ás condicións naturais. A diversidade produtiva maniféstase nos cultivos, na diversificación industrial e no turismo, dado o valor paisaxístico e o rico patrimonio arqueolóxico, e en aspectos produtivos. A área de estudo, dentro da área transfronteiriza, inclúe os concellos de Arbo, Crecente, A Guarda, As Neves, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui. Estes son os concellos máis próximos ao río Miño, aínda que se podería considerar que a área transfronteiriza é maior. Cunha poboación de 74.026 habitantes en 2019, a súa situación é bastante similar á media de Galicia, mesturando centros comarcais coma Tui, con concellos agrícolas como Crecente.\nOs concellos fronteirizos do norte de Portugal situados á beira do río Miño atópanse situados dentro da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho). A devandita comunidade está formada por un conxunto de 10 concellos situados entre o río que lle dá o nome, o Miño (con desembocadura en Caminha), e o río Lima (con desembocadura en Viana do Castelo). Esta área correspóndese integramente co Distrito de Viana do Castelo e coa Nomenclatura Unidade Territorial Estatística (NUT) III do Alto Minho, na rexión histórica de Minho. Ten unha poboación (2019) de 230.954 habitantes. A capital é Viana do Castelo. Comprende os concellos de Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira. Mantense esta área de estudo, para a parte portuguesa, porque conforma unha unidade territorial moi definida.\nA comarca do Alto Minho constitúe un espazo atractivo en termos de localización comercial, dada a súa posición xeográfica central na Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia, os seus excelentes servizos de apoio á competitividade empresarial e un notable patrimonio natural e cultural (CIM_Altominho, 2020). Esta área presenta unha gran variedade de recursos naturais e culturais, de modo similar á parte galega do río Miño.\nOs condicionantes xeográficos, como os culturais, históricos ou lingüísticos, manifestan que o conxunto da área miñota, en ambos os países, comparte máis factores entre si que con outros territorios internos do propio país. Todo o substrato común, apoiado na desaparición da fronteira e na integración das economías do Eixo Atlántico, foi o fundamento dun enorme tránsito de cidadáns de ambos os lados da fronteira que se nota en todas as actividades económicas, representando as pontes de setenta quilómetros do río Miño practicamente a metade da mobilidade por estrada entre España e Portugal (Observatorio Transfronteirizo España/Portugal [OTEP], 2019). As dificultades creadas polo peche parcial da fronteira, provocado pola COVID-19 (Martínez-Cobas, e Fernández-Callis, 2021; Paül et al., 2022), son consecuencia do elevado nivel de integración do territorio.\n4. METODOLOXÍA\nPara analizar a cadea de valor na área de estudo, a metodoloxía que se vai empregar consta de dúas partes:\nEn primeiro lugar, aplícase unha metodoloxía de estimación do valor agregado bruto (VAB) en áreas transfronteirizas. Esta permitirá coñecer o alcance e a estrutura da cadea de valor na área de estudo.\nEn segundo lugar, realízase unha enquisa dirixida a coñecer aspectos específicos da integración nas tres subcadeas nas que se vai distribuír a CVA: a pesca, o viño, e a horta e planta.\nMETODOLOXÍA DE ESTIMACIÓN DO VALOR ENGADIDO BRUTO EN REXIÓNS TRANSFRONTEIRIZAS\nUnha forma de avaliar a importancia económica dun territorio consiste en medir o seu VAB, posto que, en xeral, este trata de medir a cantidade de valor económico que se xera nos procesos produtivos realizados no territorio. Para cuantificar esa cantidade, é necesario definir os conceptos que a integran, sempre de forma homoxénea, para que sexa comparable entre territorios e, á súa vez, permita agregarse en territorios máis amplos.\nDesde o punto de vista económico e financeiro, defínese como a diferenza entre o valor da produción e os insumos intermedios. Cando se quere estimar o VAB dunha área xeográfica, é posible que non se teña información de todas as empresas incluídas nesa actividade dentro do territorio, polo que é necesario buscar algunha forma de estimación indirecta.\nEste apartado vai describir o método que se segue para a estimación indirecta do VAB nos concellos da área de estudo. Dado que a información estatística dun e doutro país é diferente, os métodos de estimación tamén van diferenciarse nalgúns aspectos.\nComo base de partida, vanse establecer os diferentes niveis territoriais ou de clasificación sectorial nos que existe información directa do VAB. Pola propia definición deste concepto, o VAB dun territorio vai ser a suma do VAB xerado polas empresas que traballan nas diferentes actividades económicas que se levan a cabo dentro dese territorio. Tanto as actividades como o territorio poden subdividirse. Con todo, suporemos que existe algunha estimación do VAB nun determinado nivel de agregación, tanto referido ao territorio como ás actividades.\nParalelamente, farase uso de información indirecta para estimar o VAB correspondente. Esa estimación indirecta será agregada en forma de indicadores, que nos suxiran cal é o nivel de actividade económica existente no concello.\nPara o caso de Portugal a unidade básica vai ser o concello, e a actividade básica vai ser a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) a nivel 1 de desagregación, posto que o Instituto Nacional de Estatística (INE) de Portugal proporciona unha estimación directa do VAB, a nivel de actividades económicas, para cada concello.\nPara Galicia non existe a información tan desagregada, polo que se van empregar dúas opcións complementarias:\nPor un lado, vaise considerar o concello como unidade básica da que se ten información do produto interior bruto (PIB), en vez do VAB, aínda que neste caso o nivel de agregación de actividades sería o conxunto da economía.\nPor outro, considérase a desagregación da CNAE en dous díxitos, pero neste caso a información dispoñible do VAB é a provincia. Isto fai que se necesiten combinar as dúas fontes para obter unha estimación do VAB dos concellos galegos da área de estudo.\nPara completar a información dispoñible en Galicia, empregouse información procedente do Rexistro Mercantil, que recolle información do conxunto de empresas que depositan as contas anuais. O rexistro dá información sobre o VAB das empresas que verifican determinadas condicións, desagregadas por actividade económica e por concello. Por conseguinte, non se dispón de información do VAB de todas as empresas existentes en cada concello. Con todo, o Instituto Galego de Estatística (IGE) proporciona o número de empresas en cada actividade dentro de cada concello. Combinando ambos os elementos, pódese saber de cantas empresas non se ten información no Rexistro Mercantil.\nFacendo uso das fontes previas, os pasos para estimar o VAB desas empresas son os seguintes:\nPresuponse que son todas pequenas empresas.\nCalcúlase o VAB medio xerado polas empresas con menos de dez empregados que si teñen as contas no Rexistro Mercantil.\nTamén cos datos do Rexistro Mercantil, calcúlase cal é o VAB xerado por empregado para ter unha idea da sobreestimación que tería o VAB medio, calculado previamente para o caso das empresas con menos de dez empregados.\nCombinando ambos os elementos, estimaríase o VAB total xerado polas empresas máis pequenas.\nSumado ao anterior, daríanos o VAB xerado en cada concello.\nEstes valores pódense axustar tendo en conta a información do VAB xerado en Galicia por cada unha das actividades.\nPara estimar o VAB xerado pola CVA, as fontes de información son as xa enunciadas previamente.\nEn primeiro lugar, temos que definir que actividades económicas pertencen á CVA. Para iso, selecciónanse todas as actividades definidas a partir dos códigos CNAE, que directa ou indirectamente afectan á transformación ou venda de produtos de alimentación. A partir do Rexistro Mercantil pódese estimar cal é o VAB xerado polas empresas que pertencen a esa cadea. A esa cantidade súmaselle a estimación do valor xerado para as empresas máis pequenas, considerando unicamente aquelas que pertencen á cadea.\nA información fornecida polo Rexistro Mercantil permite tamén calcular que porcentaxe de VAB se xera na cadea empresarial, cruzado coas actividades empresariais a nivel CNAE2. Desta forma, pódese calcular cal é o VAB xerado por cada actividade a ese nivel de desagregación. Esta cantidade pódese contrastar co agregado provincial, do que se ten información, e que permitirá realizar os axustes oportunos para corrixir a devandita estimación.\nDe modo xeral, o proceso de estimación do VAB pódese establecer en catro pasos, tal e como se recolle na Figura 1. O primeiro paso presenta algunhas diferenzas entre Galicia e o Norte de Portugal, como se indicou previamente. O resto son comúns a todos os territorios.\nENQUISA POR SUBCADEAS DE VALOR\nDado que o conxunto da CVA é moi diverso, a fin de poder analizar as posibilidades dunha maior integración da cadea de valor escolleuse, para tratar por separado, as tres principais liñas de produción da cadea no territorio do Miño: pesca, viño e horta e planta ornamental. Existirían comportamentos comúns e sinerxías, mais emprégase esta segmentación para facilitar a comprensión do punto de partida.\nEn cada unha destas tres liñas, realizouse unha enquisa para contrastar o nivel de integración transfronteiriza coa outra parte do Miño, sexa local (dentro da área de estudo) ou sexa eurorrexional (integración do Alto Minho con Galicia, integración do Miño galego co Norte de Portugal). A enquisa formaba parte dun proxecto de investigación máis amplo, patrocinado pola Deputación de Pontevedra. As entrevistas realizáronse no ano 2019, polo que os datos e as súas conclusións deben ser interpretados con anterioridade ao efecto da pandemia.\nNesta enquisa solicitouse información, entre outros, sobre cinco apartados de integración. A saber:\nA existencia de provedores e clientes empresariais alén do río (ten ou non ten).\nA existencia de consumidores (clientes finais) do outro lado do río (ten ou non ten).\nA realización de investimento empresarial alén do río (realiza / non realiza).\nA realización de investigación e desenvolvemento (I+D) conxunto con empresas ou centros de investigación do outro lado do río (realiza / non realiza).\nA pertenza ou participación en asociacións conxuntas (participa / non participa).\nA formulación da enquisa realizouse, por tanto, a partir de preguntas con respostas binarias (si - non).\nEn cada unha das tres subcadeas de valor realizáronse dez entrevistas, cinco a cada lado do río, o que suma un total de 30 empresas. En cada unha das actividades, escolleuse entre aquelas empresas cunha maior facturación dentro do territorio.\nCando a resposta entre cada subconxunto de 10 empresas foi positiva entre 0 e 3 veces, considerouse un nivel de integración baixo en cada un dos ítems. Cando foi positiva entre 4 e 6 veces, un nivel medio. Máis de 7 respostas positivas, un nivel de integración alto.\n5. O VAB DA CVA NA ÁREA TRANSFRONTEIRIZA DO MIÑO\nA Táboa 1 recolle a estimación do VAB xerado polas empresas da cadea de alimentación, para cada un dos concellos de Galicia e Portugal situados na área obxecto de estudo, no ano 2018.\nO maior valor dáse en Viana do Castelo, que é o único concello capital administrativa (de distrito), e tamén o maior concello en número de habitantes. Este factor, e a presenza de actividade pesqueira, explica o VAB asociado á cadea. Na parte galega, o maior valor móstrase na Guarda, vinculado á importancia da actividade pesqueira de altura e á prestación dalgúns servizos no conxunto do Baixo Miño. En segundo lugar, atópase o concello de Tomiño, que presenta aspectos moi desenvolvidos en todos os elos da CVA, destacando os viveiros, o cultivo de planta ornamental e o sector vitivinícola, entre outros.\nSe os datos se analizan en función do número de habitantes (per cápita), cambia parcialmente a percepción. Os maiores valores de VAB na CVA prodúcense no Baixo Miño (A Guarda, Tomiño, O Rosal) e en Arbo e Crecente, todos na parte galega da área de estudo. A existencia de empresas fortes e da actividade produtiva e transformadora na CVA explican eses resultados. Na parte portuguesa, está a producirse unha forte especialización produtiva noutras cadeas de valor, particularmente no ámbito industrial, que capitalizan a actividade económica neses concellos.\nNa análise do VAB per cápita aflora tamén unha limitación metodolóxica. A base das estimacións son as empresas en cada concello, asignadas á cadea de valor. Con todo, isto produce un efecto sede de carácter negativo. É dicir, as empresas situadas nun concello sen sede social nel, non se recollen. Na produción (extracción) e transformación, verificamos que, en xeral, é irrelevante na área de estudo. Porén, na comercialización si é relevante, por canto as grandes áreas comerciais (supermercados, hipermercados) teñen a sede social fóra da área transfronteiriza de ambos os países. Isto leva a subrepresentar o VAB por comercialización nos concellos que concentran unha actividade comercial relevante de grandes superficies, como Viana do Castelo, Tui ou Monção, especialmente.\nPara completar a comparativa entrambos os territorios, imos analizar como é a xeración de VAB na CVA en cada un dos elos, dependendo da área na que se atope. Desta forma, pódense establecer as liñas de comparación entrambas as beiras do Miño.\nA Figura 2 recolle a importancia que cada elo ten na xeración do VAB na CVA na parte galega. Pódese observar que o maior peso o ten a extracción, despois a comercialización e, por último, a transformación, aínda que estes últimos están bastante equilibrados. Isto apunta a que a parte galega do río Miño é relevante no que toca á produción de recursos naturais, que son fonte da CVA.\nA seguir, na Figura 3 amósase a importancia que ten cada elo na xeración de VAB na CVA nos concellos portugueses do Alto Miño. Obsérvase que, neste caso, o principal elo é a comercialización, un trazo salientable, polo común, nas áreas transfronteirizas. En segundo lugar, está a transformación e, por último, a extracción, presentando unha estrutura de cadea empresarial diferente á da beira galega.\nAs diferenzas en ambas as áreas están definidas. Nas dúas beiras do río a actividade produtiva é similar. Péscanse as mesmas especies nas mesmas augas. Cultívanse as vides (normalmente as mesmas variedades de uva, como albariño, loureiro e treixadura), e desenvólvense, en xeral, similares cultivos e viveiros de horta, flor e planta ornamental. Agora ben, esa actividade produtiva (de extracción) é maior en termos porcentuais na parte galega do río, dado que as áreas urbanas que inclúe son reducidas (A Guarda e Tui son os principais núcleos). En cambio, na parte portuguesa do Alto Minho o concello de Viana do Castelo, que é capital de distrito, ten 85.784 habitantes (2021), superando a suma dos nove concellos galegos analizados. Isto implica que a parte comercial da CVA é moito maior na parte portuguesa do Miño, porque responde ás necesidades de alimentación dunha maior poboación.\nO anterior é complementario co feito de que a actividade comercial é importante en ambas as partes de Miño, derivada da atracción comercial de “fronteira”, é dicir, o hábito de acudir á outra parte do río para comprar produtos, por diferenciación ou por custo inferior.\n6. A INTEGRACIÓN PRODUTIVA DA CVA NA ÁREA TRANSFRONTEIRIZA DO MIÑO\nPara coñecer mellor os niveis de integración dentro da CVA na área de estudo realizouse unha enquisa, xa detallada no apartado de metodoloxía neste traballo. Na enquisa desagregouse a cadea de valor en tres subcadeas, dado que a súa realidade e os seus niveis de integración son diferentes, polo que unha análise separada facilita a comprensión do fenómeno na súa situación actual.\nA continuación, amósanse os resultados da enquisa, que foron os seguintes:\nCadea da pesca\nNa actividade pesqueira (Táboa 2), existe interacción con provedores e clientes, a un nivel baixo, e interacción con consumidores finais, a un nivel medio. Non se documentou investimento cruzado nin tampouco I+D conxunto ou participación en asociacións conxuntas.\nNa pesca, a clave do nivel actual de integración, que é baixo, é a existencia de empresas que comercializan as capturas no eixe Vigo–Viana do Castelo, facilitando a integración do mercado. A lonxa do Berbés (Vigo) facilita un mercado maior para a pesca de baixura do Alto Minho, ao mesmo tempo que ofrece unha maior variedade de produtos para comercializar, co que a actividade cruzada se produce en ambas as direccións.\nA relación entre a pesca capturada e os consumidores de ambos os lados do río é moito máis fluída, con compra directa en mercados ou indirecta en restaurantes.\nCadea da viticultura\nNa viticultura (Táboa 3), prodúcese un nivel de integración baixo con provedores e clientes empresariais, e tamén de investimento empresarial cruzado. Existe unha integración media cos consumidores. Non se produce I+D conxunto nin tampouco participación en asociacións conxuntas.\nNo sector vitivinícola prodúcese unha auténtica segmentación de mercados. A existencia de denominacións de orixe, así como a comercialización diferenciada nas tendas especializadas e nas superficies comerciais, provocan un auténtico efecto fronteira, dado que os supermercados seguen unha regra non escrita de comercializar a produción dos seus países. Neste sentido, nun supermercado en Galicia non se atoparán, por exemplo, máis marcas de albariño que as galegas, e nun de Portugal, máis marcas de albariño que as portuguesas. O mesmo sucede, en xeral, co conxunto dos viños, o aceite, o arroz… Só se producen cruzamentos, en xeral, cando os produtos son moi diferenciados, o que os inclúe nos supermercados do outro Estado.\nO nivel de relación entre a produción de viño dun país e o consumidor final da outra beira do río prodúcese a través da comercialización no país de produción, ao que acode o consumidor do outro lado do río, a compralo nas súas tendas e supermercados, ou a consumilo nos seus restaurantes.\nO investimento empresarial é moi infrecuente. As adegas traballan os seus mercados estatais e, nalgúns casos, a internacionalización desde os seus propios produtos. Detectáronse investidores galegos en adegas no Alto Minho, pero non están situados no mercado galego, agás por unha lixeira comercialización en restaurantes.\nHorta e planta\nXúntanse nesta subcadea dúas actividades, que poderían ser tratadas separadamente cunha maior desagregación. Aínda que estritamente a planta ornamental non se destina a alimentación, por afinidade intégrase o cultivo de plantas, no seu conxunto, dentro deste subsector.\nNeste conxunto (Táboa 4), prodúcese un nivel de integración medio, tanto con outras empresas como cos consumidores finais. Tamén se produce un nivel baixo de integración no investimento empresarial. Como nos casos anteriores, non hai I+D conxunto nin tampouco asociacións conxuntas en representación do sector.\nNa relación provedores/clientes, son, sobre todo, comercializadores da beira galega do río os que realizan compras de horta e planta ornamental en Portugal, e aínda que nalgúns casos a actividade é incipiente, todo indica unha continuidade no tempo. Na relación cos consumidores finais, as compras son cruzadas, sobre todo por traslado dos consumidores aos puntos de venda da outra parte do Miño.\nO investimento cruzado está documentado nuns poucos casos, e son de orixe galega no Alto Minho. Neste caso, si se detecta algún caso de actividade en ambas as marxes do río ao mesmo tempo. Como nos casos anteriores, tampouco hai I+D conxunto ou asociacións empresariais sectoriais conxuntas.\nEn resumo, para o conxunto da CVA existe unha integración media a nivel do consumidor final, facilitada porque moitos dos produtos son idénticos ou similares, e correspóndense con gustos e cultura da alimentación igual ou semellante a ambas as dúas beiras do río. Noutros casos, sobre todo de produto non orixinal do territorio, pero si comercializado nel, cómprase por diferenciación (produtos que non hai no lado de procedencia, ou a un custo moito maior). Por poñer algún exemplo, froita tropical traída do Brasil e comercializada en Portugal, ou turrón de Alacante comercializado en Galicia no Nadal.\nExiste, por outra banda, unha integración baixa na alimentación dentro das CVA (produción – transformación – comercialización) entre os dous territorios. Avanzouse na pesca e na horta e planta ornamental, pero está bloqueada a comercialización no sector vitivinícola. Os investimentos empresariais na parte complementaria do río existen, pero son moi cativos.\nPor último, o asociacionismo empresarial ou a unidade de acción en I+D son irrelevantes. Posiblemente neste último caso, o I+D é moi escaso, tamén compartido con empresas ou centros de investigación do mesmo país, pero documentamos que este si se produce.\n7. DISCUSIÓN\nDa análise realizada, dedúcese que a CVA na área de estudo baséase, exclusivamente, en relacións de mercado, de acordo á tipoloxía de Gereffi et al. (2005). Non se detecta coordinación externa.\nDesde un punto de vista da colaboración, no sentido de Felzensztein et al. (2012), tampouco se producen esquemas formalizados, como alianzas estratéxicas e asociacións, aínda que existe comunicación informal entre os grupos de interese dentro de cada subcadea de valor.\nDe acordo coa clasificación de Giuliani et al. (2005), a CVA é unha cadea baseada en recursos naturais. Nese sentido, o comportamento observado en termos de I+D é convencional. Prodúcese innovación desde as empresas, pero faltan mecanismos de cooperación e instrumentos externos para o desenvolvemento da investigación, tanto básica como aplicada.\nNa análise realizada, aínda que hai unha certa integración de mercados, derivada da mobilidade dos consumidores finais ‒sobre todo‒ e da actividade empresarial cruzada, non existen niveis elevados de cooperación que permitan optimizar a integración transfronteiriza. A marxe de mellora, neste sentido, é moi elevada, posto que persiste na cadea de valor un forte efecto fronteira no proceso produtivo (Gil-Pareja et al., 2005; Llano-Verduras et al., 2011), compensado pola vida a ambas as dúas beiras do río Miño dos consumidores finais e dos visitantes, que integran os mercados coas súas decisións.\nA maior parte das empresas existentes na área son pequenas empresas. É evidente que estas empresas máis pequenas poden chegar a ser moito máis eficientes a través da colaboración, posto que lles axuda a desenvolver e absorber tecnoloxía, a resistir as crises ambientais, e a mellorar os resultados financeiros e as súas perspectivas de crecemento (Welbourne e Pardo-del-Val, 2009). Nese sentido, pódense levar a cabo accións de cooperación, integrando empresas que se dedican á mesma actividade nas dúas partes da área transfronteiriza e que buscan mellorar a súa eficiencia tecnolóxica a través de acordos cos centros de investigación existentes na Eurorrexión e próximos á área de estudo.\nAs redes de empresas, especialmente cando estas son pequenas ou medianas, poden servir como canle de intercambio de información, tanto sobre novos desenvolvementos tecnolóxicos como sobre as diferentes oportunidades de mercado (Owen-Smith e Powell, 2004). Consecuentemente, a organización de eventos conxuntos, por exemplo, feiras ou relacións entre empresarios ou traballadores de empresas de ambos os lados do río, van permitir ese intercambio de información, de tal forma que as empresas poden crear valor e facelas máis competitivas.\nA integración produtiva do territorio vaise acadar cando se constrúan relacións de colaboración entre as empresas e as institucións. O territorio transfronteirizo ten unha longa experiencia de relacións de colaboración, tanto entre institucións coma no ámbito comercial e industrial. Con todo, é necesario un maior empeño en buscar eses acordos entre as empresas do sector da alimentación, que, actualmente, non está moi integrado.\nÉ necesario un esforzo por conseguir unha articulación entre as diferentes empresas que conviven conxuntamente no territorio. Este vai ser un elemento fundamental para lograr a integración produtiva. Aquelas actividades que faciliten establecer acordos de colaboración entre actores económicos e sociais, orientados á xeración dun beneficio común, van ser unha fonte de integración produtiva. Cada un deses acordos pódese entender como unha forma de interacción positiva e voluntaria (non imposta, nin casual) entre actores dunha determinada comunidade produtiva (Dini, 2010).\nA estrutura das cadeas transformadoras de alimentación en ambos os lados do río é bastante similar. Por conseguinte, sería útil buscar acordos de cooperación entre as empresas do territorio para conseguir mellorar a súa tecnoloxía, especializarse en procesos particulares e mesmo realizar avances innovadores. Son múltiples os efectos esperados como consecuencia da interacción positiva produtiva. En particular, conséguese unha maior eficiencia froito da especialización, o cal evidentemente contribúe á competitividade das empresas e, consecuentemente, á competitividade e ao desenvolvemento do territorio.\nXa que logo, todos aqueles acordos que axuden a incrementar as escalas de produción a nivel transfronteirizo van facilitar a mellora competitiva de todo o territorio. En xeral, a maior parte dos estudos previos concordan en considerar que a combinación de cooperación e innovación nun determinado espazo económico rexional, onde existe integración produtiva, tradúcese nunha maior taxa de crecemento (Felzensztein e Deans, 2013; Gorestein e Moltoni, 2011; Lau e Lo, 2015).\nNo que toca ao lugar para as políticas públicas, o tamaño das empresas da área, as limitacións previas de integración e cooperación, así como a condición transfronteiriza do territorio, poderían ser compensadas coa potenciación dun clúster transfronteirizo na CVA, que axudaría en certo modo a incrementar a competitividade das empresas a ambas as dúas beiras do Miño. Deste xeito, actúase sobre os sistemas produtivos, e ao mesmo tempo actúase sobre as vantaxes locais e territoriais. Por tanto, parece necesario que, ao establecer políticas de actuación, se teñan en conta os elementos específicos do territorio e, en particular, as características da área transfronteiriza do río Miño.\n8. CONCLUSIÓNS\nEste traballo analiza a situación da cadea alimenticia no Val do Miño/Vale do Minho, na área transfronteiriza do río existente entre Galicia e o Norte de Portugal. Primeiro, recóllense ideas sobre o modelo teórico de cadeas empresariais en áreas transfronteirizas, que se vai utilizar para analizar a situación da fronteira asociada ao río Miño. Estas ideas aplícanse á CVA, baseada en produtos existentes na área derivados da pesca, viño, horta e planta. Unha vez definida a CVA e indicados os elos que a compoñen, estímase o VAB desa cadea en cada un dos concellos. Os resultados amosan que a actividade é importante na maior parte da área de estudo, aínda que o conxunto presenta algunhas diferenzas entrambas as partes da área e entre concellos.\nA parte galega da área de estudo está máis especializada na produción primaria e na obtención dos recursos naturais asociados á CVA, e na parte portuguesa o peso da comercialización dentro da CVA é maior. Aprécianse diferenzas, aínda que as condicións naturais para a produción son similares.\nEntre as causas das diferenzas estarían tres: a maior poboación na área portuguesa, que favorece a comercialización; a diferenza de rendas entrambas as partes da área, que atrae máis compradores do Norte cara ao Sur do que á inversa, pola diferenza de prezos nos produtos; e a especialización produtiva cada vez maior noutras cadeas de valor, singularmente na actividade industrial, que concentran os recursos na parte portuguesa, sobre todo o seu capital humano, en actividades alleas á CVA.\nA análise dos tres subsectores que compoñen a cadea mostra que as estruturas son diferentes, sinalando niveis de integración produtiva aínda baixos e niveis de integración de mercado máis elevados, derivados da mobilidade e das decisións de compra dos consumidores.\nNa cadea de valor da actividade pesqueira, a integración con provedores e clientes existe, pero é baixa aínda. Está vinculada, sobre todo, á actividade cruzada entre o porto de Vigo e a actividade na área de estudo. En canto á integración cos consumidores finais, é de nivel medio, dado que as preferencias dos consumidores son as mesmas e son estes os que cruzan o río e compran o produto ou o consomen en ambas as direccións.\nNa cadea de valor da actividade vitivinícola, os niveis de integración son similares, con dous matices:\nO primeiro é a forte segmentación no mercado de comercialización, que representa un claro efecto fronteira. O viño está diferenciado por denominación de orixe, ou cando menos por procedencia, e o circuíto comercial vende o produto do seu país. A diferenza do peixe, no que a diferenciación é pouco relevante, en xeral, no caso do viño é alta e ten consecuencias no mercado. Esta segmentación de mercados compénsana os consumidores finais, coas súas decisións de compra e de consumo, cruzando o río.\nO segundo é que xa se producen decisións de investimento cruzadas, aínda que son illadas e pouco relevantes, e cun nivel de integración aínda baixo.\nNo tocante á cadea de valor da horta e da planta, os niveis de integración son algo maiores do que nas outras cadeas. En xeral, a integración produtiva é algo maior, tanto en horta como en planta. A relación con provedores e clientes da outra parte do río é máis relevante do que nas outras cadeas estudadas e, por tanto, o nivel de integración cultivo–transformación–comercialización é algo maior.\nEn toda a CVA, e nas tres subcadeas estudadas, non se produce I+D conxunta nin tampouco accións de cooperación relevantes. Percíbese unha ampla marxe de manobra para mellorar a integración e a competitividade da área de estudo.\nTendo en conta as orientacións políticas de integración produtiva máis comúns actualmente, proponse a creación dun clúster transfronteirizo da CVA, con idea de mellorar a competitividade das empresas existentes ás dúas beiras do río Miño."} {"summary": "O obxectivo da investigación é determinar o nivel de fraxilidade financeira dos fogares galegos, así como analizar se as súas características sociodemográficas, económicas e condutuais se asocian con esta problemática, desde unha perspectiva comparada con respecto ao resto de comunidades autónomas. Partindo dos datos da primeira edición daEnquisa de Competencias Financeiras(ECF), obsérvase que, comparada con España, unha menor porcentaxe da poboación galega presenta situacións de fraxilidade financeira media ou alta. Ademais, os ingresos do fogar e a capacitación financeira do individuo son factores amortecedores da fraxilidade financeira (FF), tanto en Galicia coma no resto de España. Tamén, un maior nivel educativo reduce a probabilidade de experimentar un alto nivel de FF autopercibida individual, mentres que a relación contraria se experimenta cando se habita nun fogar con menores a cargo. Estes resultados, similares en ambas as submostras, non ocultan diferenzas destacables. En comparación con España, o impacto da capacitación financeira resulta menos relevante en Galicia, mentres que a inclusión financeira se relaciona positivamente coa FF.", "text": "Perfil dos fogares financeiramente fráxiles: Análise comparada de Galicia e España\nINTRODUCIÓN\nA fraxilidade financeira (FF) pódese definir como unha constrición derivada dun exceso de débeda en relación aos ingresos (Anderloni et al., 2012;Kim et al., 2016), ou a dificultade para pagar os compromisos pendentes (Kim et al., 2016). Desde unha perspectiva máis psicolóxica, asóciase coas limitacións económicas percibidas polos fogares para, por exemplo, ir de vacacións (Worthington, 2006). Seguindo aLin e Grace (2007), a FF pode orixinarse a partir dun evento adverso con gran capacidade desestabilizadora, como o falecemento da persoa que actúa como principal fonte de ingresos do fogar, así como por diferentes factores que se interrelacionan e se complementan (O'Connor et al., 2019).\nUnha situación de FF convértese nun problema grave se alcanza un carácter estrutural, retratando unha situación de insolvencia a longo prazo incubada por un balance doméstico escasamente saneado (Leika e Marchettini, 2017). Esta perspectiva no longo prazo é a predominante nas familias europeas, en xeral, e nas españolas en particular. SegundoFasianos et al. (2014), un de cada cinco fogares españois atopábase nunha situación de inseguridade financeira ao comezo daGran Recesiónde 2007-08. Unha década máis tarde,Arellano e Cámara (2020)sinalaban que un de cada tres fogares españois podía ser considerado financeiramente vulnerable. A actual situación económica, marcada pola incerteza e pola inestabilidade, deterioraría aínda máis a maltreita situación financeira de moitas familias. Sen esquecernos da crise económica provocada pola COVID-19, a segunda metade de 2021 veu marcada por un vertixinoso ascenso da inflación que alcanzou, durante os primeiros meses de 2022, rexistros non vistos en décadas. En consecuencia, os fogares víronse obrigados a planificar mellor os seus procesos de consumo e a levar a cabo un control máis exhaustivo dos seus gastos.\nA medida que indicadores como os previamente citados saíron á palestra, a preocupación dos responsables políticos tamén foi en aumento, ante un problema que pode xerar importantes distorsións tanto a nivel micro como macroeconómico. Así, un fogar financeiramente fráxil presenta un maior risco de exclusión bancaria (Daud et al., 2019) e de pobreza (Ali et al.,2020); ademais, a súa incapacidade para pagar os compromisos crediticios pode pór en xaque a estabilidade das institucións financeiras e, en último termo, a de todo o sistema económico (Ali et al., 2020).\nNeste contexto, os académicos estudaron a prevalencia da FF en diferentes colectivos, co fin de achegar recomendacións que revertan esta situación. En consonancia, os traballos sobre a FF dos fogares incrementáronse exponencialmente na última década (Fasianos et al., 2014). Con todo, carecer dunha definición homoxénea do fenómeno e mais de estatísticas apropiadas provocou certas deficiencias na súa medición. Así, por exemplo, o uso dunha única variable referida a un só aspecto financeiro do fogar (endebedamento, consumo ou aforro), e desde unha perspectiva maioritariamente obxectiva, levou a concibir a FF como un fenómeno binario: “ése, ou non se é” financeiramente fráxil. Dito doutro xeito, a literatura adoece dunha escaseza de medidas graduais, integradoras de diferentes perspectivas (O'Connor et al., 2019) e que, en último termo, engadan a percepción que os individuos teñen da súa situación financeira. Estes gaps da literatura atópanse tamén nos escasos estudos que en España analizan o tema ‒en concreto, e ata onde sabemos, sóArellano e Cámara (2021)‒ e para os que o tratan de maneira indirecta (Fasianos et al., 2014;Terraneo, 2018;Álvarez et al., 2020).\nNeste sentido, o presente traballo ten dous obxectivos fundamentais. Desde unha perspectiva comparada co resto de España, analízase, en primeiro lugar, o nivel de FF dos fogares galegos, e, en segundo lugar, en que medida a dita situación de FF se relaciona con algunhas das súas características sociodemográficas, económicas e condutuais. Para logralo, construímos unha medida de FF que corrixe osgapsmencionados, ademais de medidas adicionais que permiten capturar distintas dimensións (obxectiva ou autopercibida) do fenómeno. A análise apóiase nunha mostra de 8.554 persoas representativa no ámbito da comunidade autónoma. Este enfoque territorial, apenas considerado na literatura, resulta especialmente relevante en España, ao constar a diversidade cultural e socioeconómica do país. É posible que estas diferenzas impacten nos hábitos financeiros dos residentes en diferentes rexións, así como na composición das súas carteiras de activos; e inflúan na súa situación de FF (Chuliá e Rodríguez, 2007). En canto ao primeiro obxectivo, aproximadamente oito de cada dez galegos atópanse en niveis baixos de FF. A pesar de que estes resultados denotan un menor nivel de vulnerabilidade en comparación á submostra feita para o resto de España, os galegos percíbense máis limitados pola súa situación financeira, isto é, autoperciben un maior nivel de FF. En canto ao segundo obxectivo, os ingresos e a capacitación financeira do individuo son factores amortecedores da FF tanto en Galicia coma no resto de España. Adicionalmente, compróbase que un maior nivel educativo reduce a probabilidade de experimentar un alto nivel de FF autopercibida individual, mentres que a relación contraria se experimenta cando se habita nun fogar con menores a cargo. Estes resultados, similares en ambas as submostras, non ocultan diferenzas destacables. En comparación con España, o impacto da capacitación financeira resulta menos relevante en Galicia, mentres que a inclusión financeira se relaciona positivamente coa FF.\nTras esta introdución, o traballo presenta a seguinte estrutura. A segunda sección resérvase para a análise da literatura máis recente sobre a medición da FF. A terceira sección presenta a metodoloxía empírica, o índice sintético de FF e os resultados das análises univariantes. A continuación, a cuarta sección detalla os resultados máis relevantes da análise multivariante. Por último, a quinta sección sintetiza os principais achados da investigación.\n2. MEDICIÓN DA FRAXILIDADE FINANCEIRA: REVISIÓN DA LITERATURA\nNa última década, a FF dos fogares alcanzou un peso destacable nas axendas políticas e nas investigacións centradas nas finanzas persoais. A pesar diso, non existe unha definición de FF comunmente aceptada (O’Connor et al., 2019). En concreto, a literatura académica seguiu diferentes enfoques ao abordar a súa conceptualización. Mentres algunhas investigacións estudaron o endebedamento doméstico e os comportamentos dos fogares con débedas pendentes (Disney e Gathergood, 2011;Allgood e Walstad, 2016;Ray et al., 2019), outros autores consideraron comportamentos asociados ao consumo/aforro, tales como a capacidade para cubrir gastos correntes durante un período de tempo (Loke, 2015) ou para dispor de aforros (de emerxencia) para afrontar un apuro o próximo mes (Lusardi et al., 2011;Friedline e West, 2016;West e Mottola, 2016;Philippas e Avdoulas, 2020).\nMáis amplas son as conceptualizacións que consideran como financeiramente fráxiles aqueles fogares que non poden permitirse facer o que desexan (Worthington, 2006), ou manter o seu nivel de vida (O'Connor et al., 2019) ante cambios nas condicións macroeconómicas (Ali et al., 2020). Este último grupo de definicións resulta máis apropiado para comprender o fenómeno da FF (O’Connor et al., 2019), xa que esta perspectiva asume que calquera fogar pode ser financeiramente vulnerable nalgún grao, en lugar de concibir a FF como un fenómeno binario, onde os fogares “son ou non son” vulnerables.\nEn todo caso, non existe unha definición homoxénea de FF capaz de profundar nas marxes reais do concepto. Esta carencia apréciase na diversidade de variables que os estudos empíricos utilizaron para medir a FF (Táboa 1). Nun afán de sistematizar tales medidas, un primeiro criterio de clasificación considera parámetros asociados ou ben ao endebedamento, ou ben aos comportamentos de aforro ou consumo. Así, algúns traballos teñen en conta exclusivamente medidas de endebedamento ou de uso de produtos de crédito, como as tarxetas bancarias (Allgood e Walstad, 2016;Disney e Gathergood, 2011). Con todo, a maioría recorre a hábitos financeiros domésticos como a capacidade para satisfacer desembolsos imprevistos (Lusardi et al., 2011;Philippas e Avdoulas, 2020), cubrir os gastos de sustento (Loke, 2015) tales como as facturas por subministracións de luz, auga ou liña telefónica (McCarthy, 2011;Parise e Peijnenburg, 2019), ou o nivel de pobreza material manifestada polos fogares (Yusof et al., 2015). Agora ben, apenas se contemplaron ambas as perspectivas simultaneamente, sendo a excepciónAnderloni et al. (2012),Disney e Gathergood (2011)eYusof et al. (2015).\nUn segundo criterio distinguiría entre medidas obxectivas e subxectivas (Fasianos et al., 2014). Mentres as primeiras proveñen dunha fonte de datos externa ao individuo, as segundas veñen modeladas pola percepción do individuo ante as súas circunstancias financeiras (O'Connor et al., 2019). Aínda que os indicadores obxectivos son maioritarios, a súa consideración exclusiva xera un retrato parcial da FF (O'Connor et al., 2019). Os hábitos financeiros tamén se ven afectados pola autopercepción das circunstancias financeiras do individuo (Brüggen et al., 2017), sendo limitado o número de investigacións que unen ambos os enfoques (Disney e Gathergood, 2011;McCarthy, 2011;Anderloni et al., 2012;Yusof et al., 2015).\nUn terceiro criterio ten en conta a operatividade das variables de FF. Así, o habitual nos traballos é considerar indicadores dicotómicos, que indican se o fogar é “financeiramente fráxil ou non”. Este tipo de variables, incluídas na análise do endebedamento doméstico (Allgood e Walstad, 2016;Ray et al., 2019) ou da dispoñibilidade de fondos de emerxencia (Lusardi et al., 2011;Friedline e West, 2016;West e Mottola, 2016;Philippas e Avdoulas, 2020), chocan coa conceptualización gradual da FF. En cambio, as medidas apoiadas en indicadores numéricos (Yusof et al., 2015) ou en escalas Likert (Giannetti et al., 2014) favorecerían este enfoque.\nPor último, un cuarto criterio distinguiría aqueles traballos que miden a FF baseándose nunha ou en varias variables. Os primeiros, aínda que son maioritarios (Táboa 1), non consideran distintos aspectos da xestión financeira do fogar asociados coa FF (hábitos de consumo, aforro ou endebedamento), nin harmonizan as aproximacións obxectiva e autopercibida do fenómeno. Os segundos son menos (Disney e Gathergood, 2011;McCarthy, 2011;Yusof et al., 2015;Allgood e Walstad, 2016;Chotewattanakul et al., 2019) e, aínda que superan os inconvenientes de utilizar unha soa variable, proporcionan unha fotografía “fragmentada” da FF doméstica. Escapan a esta clasificación os traballos deAnderloni et al. (2012)eDaud et al. (2019), ao construír un índice sintético de FF a partir da consideración de varias variables relativas á situación financeira do fogar; capaz de profundar na comprensión dun fenómeno gradual, multidimensional e, á vez, subxectivo, como o da FF (O'Connor et al., 2019).\nA maioría de traballos estudaron o impacto de factores sociodemográficos (idade, xénero ou estado civil), económicos (nivel de ingresos ou situación laboral) e, en menor medida, condutuais (alfabetización financeira) sobre a FF dos individuos ou fogares. En España, ata onde sabemos, sóArellano e Cámara (2021)analizaron este tema dun modo directo. Para medir a FF utilizan unha soa variable categórica, que considera a capacidade para afrontar os gastos correntes do fogar en caso de perda da fonte principal de ingresos, aplicándoa a dúas submostras referidas ao País Vasco e ao resto de España. Para o País Vasco, os autores conclúen que canto maior é o nivel educativo e de ingresos do fogar, así como o nivel de coñecementos financeiros, menor é o grao de FF experimentado. Estas evidencias repítense para a mostra referida ao resto de España, onde, ademais, a idade e o feito de estar empregado se relacionan negativamente coa FF.\nSen falar explicitamente de FF, outros traballos referidos a España analizaron este aspecto apoiándose tamén nunha soa variable. Así,Álvarez et al. (2020)utilizan unha variable dicotómica referida á dispoñibilidade de aforros de emerxencia. Analogamente, outros autores estudaron a FF en España, pero desde unha óptica internacional; é o caso deTerraneo (2018)e deFasianos et al. (2014). Mentres o primeiro traballo analiza a carga da débeda relativizada en función do ingreso (variable continua), o segundo ten en conta a marxe financeira neta (variable binaria). SegundoÁlvarez et al. (2020), a competencia financeira asóciase positivamente cos aforros de emerxencia, do mesmo xeito que a idade e o nivel de ingresos, chegando a conclusións análogas ás deFasianos et al. (2014). Con todo,Terraneo (2018)afirma que os ingresos están positivamente relacionados co endebedamento.\nEn definitiva, o estudo da FF dos fogares apoiouse case exclusivamente en medidas individuais que, poucas veces, axudan a entender a FF como un fenómeno gradual. No presente traballo propomos un índice sintético, similar ao de Anderloni et al. (2012)eDaud et al. (2019), que permite abordar o fenómeno como multidimensional e gradual. Utilizamos o devandito índice na análise tanto do nivel de FF dos fogares de Galicia (primeiro obxectivo) como das relacións que este nivel pode manter coas características sociodemográficas, económicas e condutuais dos seus membros (segundo obxectivo). Deste xeito, non só se identifica o perfil dos fogares galegos financeiramente fráxiles, senón que tamén se aprecia se é diferente ao dos fogares do resto de España, ou do País Vasco (Arellano e Cámara, 2021). Esta perspectiva comparada resulta especialmente interesante ao ser España un país de marcadas diferenzas sociais, culturais e económicas entre as súas diferentes comunidades autónomas (CC.AA.) Instituto Nacional de Estatística [(INE), 2021].\n3. METODOLOXÍA\n3.1. Mostra\nOs datos proceden da Enquisa de Competencias Financeiras (ECF), unha iniciativa estatística impulsada polo Banco de España e mais pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (Banco de España e CNMV, 2018). A principal aspiración desta sondaxe é o estudo das competencias financeiras da poboación española de 18 a 79 anos. O tamaño mostral alcanza 8.554 persoas, entrevistadas entre 2016 e 2017. Máis en detalle, 576 (6,73%) observacións proveñen da comunidade autónoma galega.\nA mostra resulta representativa das diferentes rexións españolas ao ter en consideración unhas ponderacións mostrais validadas polo INE. Estes indicadores destínanse a corrixir os problemas de aleatoriedade da mostraxe estratificada e das entrevistas invalidadas, adaptando os resultados aos rexistros censuais de 2011 (Bover et al., 2019). Tales ponderacións teranse en conta nos cálculos posteriores.\n3.2. Variables\n3.2.1. O índice de fraxilidade financeira: Análise de Compoñentes Principais Non Lineais\nNeste estudo proponse un indicador de FF que supera algunhas carencias atribuíbles aos traballos previos (Anderloni et al., 2012;Daud et al., 2019). Adoptando unha definición ampla de FF, o indicador sintetiza diferentes medidas (véxase aTáboa 2) que outros traballos consideran de maneira illada, tales como a incapacidade para cubrir gastos extraordinarios (Emmons e Noeth, 2013) ou o pago puntual de facturas e débedas (Loke, 2015), así como a valoración subxectiva da “presión financeira” do fogar (Baldini et al., 2020). Así, xaDomínguez e Núñez (2013)sinalaban como indicadores do incremento da exclusión social dos fogares españois, tras a crise financeira de 2008, o aumento do número de fogares que pagaba con atraso as súas facturas ou que tiña problemas para afrontar pagos imprevistos.\nATáboa 2proporciona, ademais, as análises descritivas de cada cuestión, aspecto que detalla distintas dimensións da situación de FF que viven os fogares en Galicia (primeiro obxectivo). O 57,13% dos galegos manifestaron estar de acordo ou totalmente de acordo con que a súa situación financeira limita o seu día a día, fronte ao 50,59% do resto de españois. No resto de cuestións, aínda non existindo grandes diferenzas, unha maior porcentaxe de galegos achega respostas compatibles cunha maior resiliencia financeira. Así, o 95,1% da poboación galega afirma estar de acordo ou totalmente de acordo con que paga as súas facturas a tempo (2,75 puntos porcentuais por encima da mostra para o resto de España). En idéntico sentido, a poboación galega percíbese menos endebedada; un 9,5% dos galegos estaría de acordo ou totalmente de acordo con que padece sobreendebedamento, fronte ao 13,18% dos seus homólogos do resto de España.\nPor outro lado, pouco máis dun 25% dos galegos residían en fogares con déficit doméstico durante o ano previo á recollida de datos (o valor para a submostra non galega é 1,65 puntos porcentuais superior). Un 38,62% de galegos pertencen a fogares con suficientes aforros para cubrir os seus gastos correntes durante un ano ou máis en caso de perder a súa principal fonte de ingresos, fronte ao 34,26% dos seus homólogos do resto de rexións. Por último, menos do 10% de galegos viven en fogares que incorrerían en mora ao pagar as súas débedas durante os doce meses previos (para o resto de España a porcentaxe elévase ata o 12,26%).\nO rechamante dos datos previamente descritos é que mentres en Galicia se reporta menos endebedamento e unhas prácticas financeiras máis “saudables” que no resto de rexións, os galegos percíbense máis limitados financeiramente para realizar cousas importantes.\nPara reducir a dimensionalidade do conglomerado de variables, optouse pola Análise de Compoñentes Principais Non Lineais (NLPCA, polas súas siglas en inglés) como ferramenta de investigación. Esta técnica de redución factorial, necesaria para traballar con indicadores escalares, componse de dúas fases enlazadas a través dun proceso iterativo. Na primeira obtéñense parámetros representativos dos indicadores categóricos, que maximizan a covarianza conxunta das variables integrantes. Na segunda obtéñense os compoñentesproxydas variables categóricas, utilizando a clásica técnica de compoñentes principais (Ferrari e Salini, 2011). A validez dos datos dispoñibles contrástase mediante o test de esfericidade de Bartlett, que rexeita a hipótese nula de correlación entre indicadores (p < 0,000), e a proba de Kaiser-Meyer-Ohlin (KMO), que obtén un valor de 0,778. En definitiva, o seis indicadores iniciais (Táboa 2) foron reagrupados en tres factores que aglutinan un 71,43% de varianza explicada. ATáboa 3detalla os pesos factoriais que relacionan cada variable orixinal, previamente recodificada en termos binarios1\n, co seu compoñente máis representativo.\nTras este proceso constrúese un índice continuo, que é o resultado da agregación dos diferentes valores para cada variable orixinal recodificada, ponderados pola carga factorial do seu compoñente máis representativo (Anderloni et al., 2012), tal e como detalla a [Ecuación 1].\nonderepresenta a distribución das variables de FF recodificadas efai referencia ás cargas factoriales asociadas. O índice xerado móvese entre 0% (mínima vulnerabilidade) e 100% (máxima vulnerabilidade). As análises univariantes do índice sinalan que os galegos mostran, de media, un nivel de vulnerabilidade (27,42%) máis baixo que o dos residentes no resto de autonomías españolas (32,68%).\nFinalmente, este indicador continuo agrúpase en tres categorías, xerando unha variable escala que será de utilidade nas análises multivariantes. Neste sentido, un 77,16% dos galegos soportan niveis de FF inferiores ao 33,33% (Figura 1).\n3.2.2. Variables independentes\nO segundo obxectivo deste traballo é analizar as relacións entre o nivel de FF e algunhas das características da poboación máis comunmente referenciadas na literatura (Fernández-López et al., 2022). Estas aparecen recollidas naTáboa 4xunto coa media porcentual de persoas que cumpren as características e os seus niveis de FF para cada categoría de resposta. No ámbito das variables sociodemográficas, obsérvase un maior nivel de envellecemento dos galegos; a súa idade media (48,75) supera en case dous anos á media do resto de rexións. Esta evidencia podería gardar algunha relación co menor nivel educativo da mostra galega ‒ mentres a metade dos habitantes doutras rexións non superaría o bacharelato, en Galicia este valor aproxímase ao 60%‒ e co maior peso das mulleres dentro do seu censo ̶‒ ao ter unha maior esperanza de vida (Borge, 2011).\nO envellecemento, xunto coa menor taxa de natalidade da poboación galega en relación á xa de seu baixa taxa de natalidade para España (de Miguel et al., 2011), tamén podería xustificar que só o 26,61% dos adultos en Galicia viven en fogares onde tamén viven menores. Con independencia da submostra analizada, aproximadamente dúas de cada tres persoas enquisadas conviven en parella.\nMáis do 14% dos enquisados en Galicia atópanse desempregados, e máis dun terzo reside en fogares con ingresos anuais inferiores a 14.500 €. As diferenzas máis destacables entre Galicia e o resto de España, en canto ás variables económicas, xorden entre os retirados. Así, un 19% das persoas entrevistadas (3 puntos porcentuais por encima da media do resto de rexións) abandonaría o mercado laboral, fundamentalmente a través da xubilación.\nPara a maioría de variables atópase un menor nivel de FF entre os galegos. Á súa vez, os valores de FF máis acusados parecen relacionarse con valores superiores de desviación típica. Este resultado podería apuntar que a FF é unha problemática que lle afecta á sociedade dunha maneira moi desigual, véndose acentuada naqueles colectivos con maiores limitacións económicas e sociais (Loke, 2015). Neste sentido, destaca o papel das variables económicas. A FF asáñase coas persoas de escasa renda e cos desempregados.\nOs resultados da análise de dispersión poderían relacionarse cos resultados da proba de Bonferroni. Este contraste de comparación múltiple (Miller, 1981) permite testar se existen diferenzas significativas entre os valores medios dunha determinada variable dependente (no noso caso, o índice de fraxilidade financeira derivado do procedemento de redución factorial) para diferentes categorías de resposta dunha variable independente. Para a submostra galega, a evidencia empírica reflicte, para a variable de nivel educativo, que as diferenzas de medias de FF entre os grupos son distintas de 0 ao comparar o primeiro nivel de educación secundaria (categoría 3) coa educación superior (categoría 5), e ao comparar o segundo nivel de educación secundaria (categoría 4) coa educación superior (categoría 5). En todos estes casos, podemos rexeitar a hipótese nula cun nivel de significación máximo do 5%. Para a submostra do resto de España, atópase un maior número de diferenzas de medias que resultan significativas, especialmente nas variables de alfabetización financeira e de inclusión. Por exemplo, as diferenzas de medias entre o nivel educativo superior (categoría 5) e o resto de niveis educativos resultan significativamente diferentes de 0. Idéntico resultado se obtén ao tomar como referencia o segundo nivel da educación secundaria obrigatoria (categoría 4).\nNo que se refire ás variables condutuais, a sociedade galega é, no ámbito financeiro, máis contraria ao risco que a do resto de España. Dentro deste grupo destacan as variables referidas á alfabetización financeira, posto que numerosos autores estudaron a posible relación entre esta e os hábitos financeiros saudables (Fernández-López et al., 2022). Inicialmente, entendíase que a mellora dos coñecementos financeiros axudaría aos individuos na toma de decisións financeiras óptimas (Johnson e Sherraden, 2007). No entanto, as evidencias empíricas non son concluíntes respecto diso (Fernandes et al., 2014), polo que se considera insuficiente contemplar á alfabetización financeira como o coñecemento derivado exclusivamente de accións formativas específicas (Huston, 2010). Por esta razón, incluíronse medidas de alfabetización financeira subxectiva ou autopercibida, capaces de estudar os comportamentos financeiros a través de canles como a autoestima ou a negatividade (Parker et al., 2012). Tamén se avanzou na definición de medidas dotadas dunha perspectiva máis aplicada. Así, da fusión dos indicadores de coñecementos financeiros obxectivos (“habilidade para actuar”) e de inclusión financeira (“oportunidade para actuar”) xorde o concepto da competencia financeira (Friedline e West, 2016).\nNas nosas análises temos en conta estas catro perspectivas da alfabetización financeira. En primeiro lugar, a alfabetización financeira obxectiva mídese a través do número de respostas correctas ás cuestións financeiras, coñecidas comothe Big Threee enunciadas porLusardi e Mitchell (2011), e que xiran ao redor da inflación, do xuro composto e da diversificación de carteiras. En segundo lugar, a alfabetización financeira autopercibida mídese a través dunha escala Likert na que as persoas entrevistadas puntúan os coñecementos financeiros que perciben ter nun rango de 1 (moi baixos) a 5 (moi altos). En terceiro lugar, aproxímase o grao de inclusión financeira como o número de produtos financeiros básicos (as imposicións a prazo ou contas de aforro e os cartóns de crédito) posuídos polos entrevistados. En último lugar, deséñase un índice de competencia financeira, que é o resultado de unificar dúas variables binarias: a tenza de contas de aforro (referida á inclusión financeira) e o responder correctamente un mínimo de dúas das tres cuestións deLusardi e Mitchell (2011)(referidas aos coñecementos financeiros obxectivos). Como resultado, a variable creada componse de catro categorías: persoas “financeiramente excluídas” (nin dispoñen de conta de aforro nin responden correctamente un mínimo de dúas preguntas); “financeiramente educadas” (responden correctamente polo menos dúas cuestións pero non posúen o activo financeiro); “financeiramente incluídas” (dispoñen de conta de aforro pero non alcanzan o mínimo esixido de cuestións correctas); e persoas “financeiramente capacitadas” (responden correctamente dúas ou tres das cuestións financeiras á vez que dispoñen de imposición a prazo).\nA nivel xeral, o nivel de alfabetización financeira obxectiva da poboación española é medio. A maioría de enquisados, tanto en Galicia coma no resto de España, consegue responder correctamente unha única cuestión das tres propostas. Non obstante, mentres aproximadamente a metade de enquisados galegos resolve correctamente un máximo dunha cuestión, esta porcentaxe cae ata o 47,63% na submostra relativa ao resto de España.\nEn relación ao nivel de alfabetización financeira subxectiva, case tres de cada catro españois afirman ter un nivel medio-baixo de aptitudes financeiras. Con todo, a porcentaxe de persoas que se asignan unha nota moi baixa resulta sensiblemente superior ao de persoas que non conseguen resolver correctamente ningunha cuestión sobre coñecementos financeiros. Estes resultados inducen a pensar nun nesgo perceptivo que se acentúa entre os galegos; dito doutro xeito, aínda que a poboación galega presenta menos alfabetización financeira obxectiva, infravalóraa máis que a submostra para o resto do país. Os niveis de inclusión financeira resultan máis baixos tamén entre os galegos; case un terzo non tería acceso nin a imposición a prazo nin a cartón de crédito.\nPor último, o noso indicador de competencia financeira tamén atopa un peor nivel entre os galegos, en relación ao resto de españois. Aínda que en ambas as submostras se descobre un nivel de competencia financeira medio-baixo, a porcentaxe de galegos financeiramente excluídos supera en case 4 puntos porcentuais ao da submostra de comparación. Con todo, os maiores niveis de exclusión e de incultura financeira que padece Galicia pásanlles factura esencialmente aos grupos con niveis intermedios de capacitación. A diferenza entre as porcentaxes de persoas financeiramente capacitadas en ambas as submostras rolda o 0,5%.\n4. ANÁLISE MULTIVARIANTE\nA continuación, analízanse os resultados das estimacións realizadas para alcanzar o segundo obxectivo do traballo. A variable dependente é o índice categórico de FF que se deriva do procedemento de redución factorial. Ademais, para explorar en que medida os resultados son consistentes ante distintas definicións da variable dependente, consideráronse tres medidas de FF adicionais: un índice de FF obxectiva do fogar, un índice de FF autopercibida individual e, replicando o traballo deArellano e Cámara (2021), a capacidade dos fogares para afrontar os gastos correntes en caso de perda da súa fonte principal de ingresos.\nA natureza de escala ordinal dos catro regresandos obriga a utilizar regresiónsprobitordenadas2\n. AEcuación 2mostra a estrutura básica das estimacións:\nondeé a observación asociada a cada individuo, mentresedenotan, respectivamente, as variables de carácter sociodemográfico, económico e condutual. Todos os modelos teñen en conta os regresores sociodemográficos e económicos, mentres as diferentes medidas de alfabetización financeira son incorporadas alternativamente, dando lugar a catro modelos en función de se incluén a alfabetización financeira obxectiva, subxectiva, a inclusión financeira ou a capacitación financeira.\nMentres a variable dependente para cada enquisado pode tomarposibles valores, en función do nivel de FF asociada a cada observación, o parámetrofai referencia ao regresando latente que asocia a propensión de cada individuo a padecer cada un dosniveis de FF en función das características aludidas polo vector de regresores, que inclúe ordenada na orixe. Esta variable explicada distribúese a través de todo o espazo real (os diferentes puntos de corte do modelo encárganse de establecer as zonas dese espazo que se atribúen aos diferentes niveis da mesma), e relaciónase linealmente co vector de regresores, asumindo que a perturbación aleatoria segue unha distribución normal estandarizada. VéxaseLong e Freese (2014)para unha descrición máis detallada.\nAdemais, antes de estimar os modelos, analizouse a posible existencia de multicolinealidade entre os regresores a través dos factores de inflación da varianza (VIF). O valor máis elevado do parámetro (1,57) é significativamente inferior a 6 (Hair et al., 1998), o que suxire a inexistencia de dependencia lineal significativa entre os regresores.\n4.1. O nivel de FF en Galicia e o resto de España: estimaciónsoprobit\nATáboa 5proporciona os coeficientesoprobitestimados para as submostras de Galicia e do resto de España. Pola súa banda, aFigura 2mostra as probabilidades estimadas de pertencer a cada unha dos tres niveis de FF (baixo, medio e alto) en función das variables independentes que resultaron significativas no modelo 43\n. Esta representación permite ler os resultados en termos de efectos marxinais.\nCon respecto ás variables sociodemográficas, os modelos apoian que alcanzar niveis educativos superiores e residir en fogares sen menores a cargo son factores que diminúen o nivel de FF doméstica. Así, para os galegos a probabilidade de ser altamente fráxiles é dúas veces maior cando residen en fogares con menores ao seu cargo (7,10% fronte a 3,39%). Pola súa banda, os galegos sen menores a cargo terían, en termos marxinais, entre un 10% e un 18% máis de probabilidades de alcanzar un nivel baixo de FF. Na submostra para o resto de rexións redúcese a influencia do regresor, situándose os efectos marxinais entre o 5% e o 10% (Figura 2). Igualmente, aínda que só dun modo significativo para o resto de España, as mulleres sofren un menor nivel de FF que os homes. Estes resultados son comúns para ambas as submostras, suxerindo a continuidade no proceso de desfeminización da pobreza (Feal Pérez et al., 2013).\nCentrándonos nas variables económicas, confírmase a relación negativa entre o nivel de ingresos e a FF (Giannetti et al., 2014;West e Mottola, 2016;Loke, 2017) para ambas as submostras. Segundo aFigura 2, para a poboación galega a probabilidade de situarse nun nivel medio de FF é (aproximadamente) dúas e catro veces maior cando percibe ingresos baixos, en comparación coa que percibe ingresos medios e altos, respectivamente. Estas relacións mantéñense para o resto de España. Pola contra, a probabilidade de pertencer ao grupo altamente vulnerable é de 8,27% para aqueles individuos con ingresos baixos, e de 0,54% para aqueles con ingresos altos; isto é, os efectos marxinais mostran que, de media, os fogares con ingresos altos teñen unha probabilidade 7,73 puntos porcentuais menor de pertencer aos altamente vulnerables en comparación cos fogares de ingresos baixos. A grandes liñas, a fiabilidade dos pesos preditos mellora para a submostra do resto de rexións, obténdose un intervalo de erro máis pequeno.\nPola súa banda, o desemprego relaciónase positivamente coa FF (Táboa 5). A diferenza entre Galicia e o resto de España xorde ao redor da situación das persoas xubiladas; mentres no resto de rexións esta situación laboral asóciase claramente cun menor nivel de FF, en Galicia esta relación non é significativa e, ademais, mantén o signo contrario.\nOs resultados das variables condutuais ofrecen tres diferenzas interesantes entre Galicia e o resto de España. En primeiro lugar, mentres a aversión ao risco reduce a FF en Galicia, a relación oposta atópase para o resto de España; é dicir, os individuos contrarios ao risco experimentan máis FF. En segundo lugar, a inclusión financeira asóciase negativamente coa FF en España. Pola contra, o feito de ter polo menos un produto financeiro relaciónase positivamente coa FF en Galicia. Detrás deste resultado podería estar a tentación de facer un uso pouco adecuado dos produtos financeiros, por exemplo a través de hábitos de compra compulsiva entre os titulares de cartóns de crédito (Cavalletti et al., 2020). No entanto, este resultado debería ser investigado en maior profundidade. En terceiro lugar, as relacións entre competencia financeira e FF son máis consistentes no resto de España. Así, aFigura 2mostra que para os españois a probabilidade de ser altamente fráxiles é aproximadamente 3 veces maior cando se atopan financeiramente excluídos, en comparación cos que están financeiramente capacitados (6,69% fronte a 2,42%). Esta probabilidade estimada diminúe como máximo 3,2 puntos porcentuais a medida que mellora a competencia financeira do fogar. Esta tendencia tamén se aprecia nos galegos, pero non resulta tan lineal. É máis, as evidencias suxiren que a tenza de contas de aforro é máis relevante á hora de reducir a probabilidade de experimentar FF en Galicia que no resto de España.\nFinalmente, os modelos afirman claramente que os niveis de FF en oito CC.AA. son máis baixos que os dun individuo equivalente da Comunidade de Madrid. Destacamos a relación negativa e significativa atopada para Estremadura ou para Castela-A Mancha, dúas das rexións con menor renda per cápita de España (INE, 2021). En definitiva, o desenvolvemento económico non parece un factor substancialmente asociado á redución da FF. SegundoFuenzalida e Ruiz-Tagle (2010), os países con maior PIB per cápita tamén serían os máis endebedados en termos relativos.\n4.2. A FF dos individuos e dos fogares en Galicia e no resto de España: estimaciónsoprobit\nPara explorar ata que punto as relacións anteriores son consistentes fronte ás distintas definicións da variable dependente, neste apartado constrúense dous índices adicionais de FF a partir das mesmas variables utilizadas para construír o índice sintético (ver naTáboa 2). O primeiro agrega tres medidas referidas a comportamentos financeiros obxectivos do fogar (aforros de emerxencia, atrasos no pago de débedas e déficit doméstico). O segundo, en cambio, agrega tres medidas de natureza subxectiva; isto é, as que reflicten a percepción que a persoa ten de determinadas circunstancias financeiras (pago a tempo de facturas, endebedamento e situación financeira). Ambos os índices se constrúen sumando as respostas a tres cuestións que previamente foron recodificadas en termos binarios para indicar unha situación de FF (1, 0). Por tanto, os índices así elaborados presentan catro categorías (desde 0, non se produce ningunha das situacións de FF consideradas, a 3, reflíctense todas as situacións de FF consideradas). Para os dous índices, replícanse as estimaciónsoprobitprevias. Así, aTáboa 6e aTáboa 7recollen os coeficientes estimados para os índices de FF obxectiva referida ao fogar e FF subxectiva individual, respectivamente.\nPara o caso de Galicia compróbase que, con independencia do índice considerado, os ingresos seguen mantendo unha relación negativa coa FF, así como o considerar que o nivel de coñecementos financeiros é moi alto (alfabetización financeira subxectiva) e o estar financeiramente incluídos. Por tanto, estas relacións son consistentes, con independencia de que a variable explicada estea a capturar distintas dimensións do fenómeno da FF. Agora ben, mentres o resto de variables explicativas de natureza sociodemográfica e económica practicamente non resultan significativas nos modelos referidos ao índice de FF obxectiva do fogar, o contrario sucede para o índice de FF subxectiva individual. Isto é, un maior nivel educativo e de aversión ao risco asócianse negativamente co nivel de FF autopercibida, mentres que o residir en fogares con fillos menores aumenta a probabilidade de que a persoa se perciba financeiramente vulnerable.\nPara a submostra do resto de rexións, as relacións obtidas para o índice sintético mantéñense, en xeral, para os subíndices; aínda que a idade deixa de ser significativa no índice de FF autopercibida individual, e o mesmo sucede co xénero no índice de FF obxectiva do fogar.\n4.3. Comparativa de resultados con respecto aArellano e Cámara (2021)\nPara dotar de profundidade á análise fronte ás definicións alternativas da variable dependente, construíuse unha variable idéntica á utilizada porArellano e Cámara (2021). Partindo da variable de fondos de emerxencia dispoñible na ECF (Táboa 2), considérase que os individuos cuxos fogares dispoñen de fondos para un período de máis de 12 meses teñen un nivel baixo de FF, mentres que aqueles incapaces de afrontar os seus gastos correntes durante 3 meses teñen un nivel alto de FF. No medio de ambas as categorías estarían os individuos cun nivel medio de FF. ATáboa 8proporciona os coeficientes das estimaciónsoprobittendo en conta este novo índice, e xa só para a submostra de Galicia.\nOs resultados coinciden cos das estimacións anteriores para o caso das variables sociodemográficas e económicas, mentres que nas variables condutuais se fortalece a asociación dun maior nivel de alfabetización financeira subxectiva e de competencia financeira cun menor nivel de FF. Así mesmo, a inclusión financeira relaciónase negativamente coa probabilidade de sufrir un alto nivel de FF, algo que resulta coherente co indicado pola literatura e co obtido para o resto de España. Ademais, en todos os modelos estimados o nivel educativo dos galegos relaciónase negativamente coa FF, algo que só ocorría para a FF autopercibida individual.\nAs dúas últimas columnas daTáboa 8resumen os resultados obtidos porArellano e Cámara (2021), en relación á FF, para as submostras do País Vasco e do resto de España. Da observación conxunta pódese concluír que canto maior é o nivel educativo e o nivel de ingresos dos individuos galegos e vascos, menor é a súa probabilidade de experimentar FF. Tamén, para ambas as CC.AA. parece que as mulleres e as persoas de maior idade corren menos risco de ser financeiramente vulnerables. Con todo, os resultados non resultan estatisticamente significativos. Por último, unha diferenza clara entrambas as rexións radica na relación que a alfabetización financeira obxectiva mantén co nivel de FF; mentres para os vascos un maior nivel de coñecementos financeiros fortalece a súa resiliencia financeira, para os galegos este efecto non se aprecia.\n5. CONCLUSIÓNS\nAs finanzas domésticas actuais, aínda afectadas polas consecuencias económicas da COVID-19, atópanse sometidas a fortes tensións orixinadas por unha realidade socioeconómica complexa, volátil e incerta. Así, unha porción crecente de fogares presenta problemas para pagar as súas débedas en tempo e forma, ou carecen de aforros suficientes para asumir gastos inesperados. Aínda por riba, recentemente deuse un implacable ascenso no nivel de prezos que obriga aos fogares a conter o seu ritmo de gasto e a planificar mellor as súas decisións financeiras. Esta realidade incomoda a unhas autoridades públicas que precisan de maior coñecemento para garantir a efectividade das medidas implementadas e radiografar o estado de FF en substratos poboacionais específicos.\nEsta investigación describe a situación de FF dos fogares galegos en comparación cos do resto de España (obxectivo 1), relacionándoa coas súas circunstancias socioculturais, económicas e condutuais (obxectivo 2). Para iso, traballouse con 8.554 observacións de individuos entre 16 e 79 anos, dos que aproximadamente un 7% corresponden a Galicia.\nEn relación co primeiro obxectivo, un 77,16% dos galegos acumúlase na categoría “baixa FF”, e as porcentaxes nas categorías “media” e “alta” son inferiores ás que se dan no resto de España. Profundando nas variables que integran o índice, a poboación galega percíbese máis limitada pola súa situación financeira que a do resto de rexións españolas. Con todo, menos do 5% de galegos considera que ten demasiados créditos pendentes, pouco máis do 25% viviría en fogares con gastos superiores aos ingresos durante o ano previo á entrevista, e só un 30% residiría en fogares sen fondos de emerxencia para un trimestre. Este resultado parece máis relacionado coas circunstancias económicas que cunha situación de FF. Así, o nivel de desemprego en Galicia é lixeiramente superior á media para o resto de España, a pesar de contar Galicia cunha porcentaxe moito maior de persoas xubiladas (a idade media en Galicia supera en case dous anos á media do resto de España). En definitiva, a poboación galega mostra en maior medida comportamentos financeiros saudables, aínda que se percibe máis limitada na súa vida diaria pola súa situación financeira. Isto pode relacionarse cun maior afastamento do sistema financeiro, tanto a nivel de coñecementos como de activos dispoñibles.\nEn relación ao segundo obxectivo, o maior nivel de ingresos reduce claramente a FF en Galicia, con independencia de que esta se mida globalmente, ou ben considerando as súas dimensións obxectiva ou subxectiva ou, mesmo, centrándonos só na tenza de aforros de emerxencia. Pola súa banda, a capacitación financeira relaciónase negativamente coa FF dos individuos e dos fogares galegos. Estes resultados son consistentes con independencia de como se medise a FF. Pola súa banda, dentro do resto de variables de natureza sociodemográfica e económica, destaca a relación negativa do nivel educativo coa FF autopercibida e coa tenza de aforros de emerxencia, mentres que o residir en fogares con menores a cargo incrementa a probabilidade de experimentar unha maior vulnerabilidade en ambas as variables.\nEn comparación con España, o fenómeno da FF en Galicia presenta tres singularidades importantes que merecen un maior nivel de estudo. En primeiro lugar, a relación da capacitación financeira coa FF resulta menos consistente en Galicia. En segundo lugar, a inclusión financeira relaciónase positivamente coa FF da poboación galega e negativamente coa da poboación española. Finalmente, tamén sorprende que os individuos menos contrarios ao risco son os menos vulnerables na mostra non galega. A xustificación a este resultado podería estar no maior vínculo da poboación non galega co sistema financeiro. O seu maior nivel de integración e de formación en cuestións financeiras axuda a que saian “mellor parados” das súas operacións financeiras.\nAs evidencias atopadas permiten realizar algunhas suxestións destinadas a mellorar a resiliencia financeira doméstica. Especificamente, constatouse que a capacitación financeira en Galicia, ademais de ser máis escasa que a do resto de España, podería estar ligada con esa resiliencia dunha maneira máis débil que o esperado. Os responsables públicos deben esforzarse por integrar á poboación galega, especialmente a máis envellecida, no sistema financeiro, promovendo a adaptación dos seus hábitos ao novo paradigma financeiro, caracterizado pola dixitalización e pola volatilidade.\nO traballo conseguiu dúas importantes innovacións con respecto á literatura precedente. En primeiro lugar, construíuse un índice de FF gradual, adaptado ás conceptualizacións máis recentes da problemática relacionadas coa idea do risco de padecer FF no fogar (Worthington, 2006). Á súa vez, o noso indicador sintético favorece unha medición enriquecida e matizada polas interaccións que se xeran ao asociar medidas con diferentes enfoques e naturezas (O'Connor et al., 2019). En segundo lugar, incluíuse unha análise xeográfica que, ademais de ser bastante anovadora na literatura internacional, é especialmente relevante no caso español.\nFinalmente, o traballo non está exento de limitacións que poden derivar en investigacións futuras. Así, é probable que a significativa estatística dalgúns parámetros nas estimacións galegas se vise limitada por considerar unha mostra relativamente escasa. No tocante ás variables, destacamos a escaseza de datos cuantitativos de tipo continuo. Maior información sobre o nivel de ingresos ou de endebedamento dos fogares permitiría relativizar a carga da débeda, alcanzando unha imaxe máis detallada da situación de FF que padecen. Por último, adoptar unha perspectiva máis ampla e integradora con respecto aos coñecementos financeiros (Arellano e Cámara, 2021) permitiría identificar en que área son máis necesarios os esforzos de formación."} {"summary": "O tratamento das unidades multipalabra é unha tarefa inconclusa no procesamento da linguaxe natural. Neste contexto, illámo-las denominacións de nomenclatura científica binomial, cuxas principais características —expresións multipalabra latinas ou latinizadas e aceptación internacional— as afastan do acervo léxico do galego e converten o seu tratamento en extrapolable a outras linguas. Tras revisa-la súa caracterización no CORGA e noutros corpus peninsulares, propoñemos analizalas como un subtipo específico de substantivos, nomenclatura científica, sen concretar valores de xénero nin número. Describimos logo as actuacións desenvolvidas no kérnel ou núcleo e mais no corpus de adestramento para integra-la nova etiqueta no sistema XIADA e, a continuación, avaliamos dúas estratexias para a detección de candidatos: unha ferramenta específica para a súa extracción e inventarios dispoñibles en Internet. Por último, á luz dos datos que proporciona o CORGA, constatamos unha presenza notable de termos científicos binomiais e demostrámo-la importancia da nova etiqueta para a súa identificación e distribución.", "text": "Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial\nINTRODUCIÓN\nA nomenclatura científica binomial é a resposta, universalmente adoptada, ó reto taxonómico que supón a inxente diversidade de organismos vivos que habitan a Terra. As súas orixes están indisolublemente ligadas a Carlos Linneo, considerado o pai da nomenclatura binomial moderna, sen que isto impida recoñece-lo papel de figuras precursoras como a de Caspar Bauhin e, en xeral, o carácter gradual da evolución da nomenclatura científica (Pavlinov 2021). Neste sentido, hai que entender que os medios de descrición da biodiversidade ofrecidos polos sistemas de nomenclatura mostran unha evolución paralela á das ideas sobre a estrutura da biodiversidade e sobre os métodos para describila. Con todo, non nos deteremos aquí nas diferenzas entre escolas nomenclaturistas, pois non son relevantes para o presente traballo.\nO principal obxectivo da nomenclatura científica é nomear de maneira unívoca cada especie de organismo coñecida e, ó tempo, agrupa-las especies pertencentes a un mesmo xénero. Deste xeito, emprégase un sistema semellante ó da onomástica (nome e apelido) no que cada denominación é o resultado da combinación de dous termos: o nome do xénero (con maiúscula inicial) e o nome da especie (en minúscula). En ocasións podemos atopar un terceiro elemento que actúa como especificador dos dous anteriores e, nestes casos, a denominación taxonómica designa unha subespecie. A nomenclatura científica facilita así a identificación exacta de calquera organismo, vivo ou extinto, e, ademais, resolve os problemas que puidesen resultar da diversidade de denominacións vernáculas. Esta variabilidade maniféstase, desde un punto de vista interlingüístico, en expresións romances como polbo, pulpo, pop ou polvo e, desde unha perspectiva intralingüística, en termos galegos como cabala, correolo, escombro, rincha, verdel ou xarda. A nomenclatura científica dá resposta a estes dous casos de multiplicidade denotativa mediante Octopus vulgaris e Scomber scombrus, respectivamente, ofrecendo así unha denominación estandarizada e universal.\nNo ámbito da lingüística computacional, a nomenclatura científica é estudada en relación co seu recoñecemento e extracción en textos de linguaxe técnica e, particularmente, no ámbito do recoñecemento de entidades mencionadas (NER, Named Entity Recognition, nas súas siglas en inglés), que ten como fin atopar e clasifica-las entidades mencionadas nun texto ou corpus. Os achegamentos NER á nomenclatura científica serven fins diversos. Por exemplo, Pafilis et al. (2013), ante o fluxo masivo de bibliografía biomédica, desenvolven ferramentas encargadas de minar textos científicos á procura de denominacións binomiais que permitan recoñecer entidades biolóxicas mencionadas, asistindo así no labor de selecciona-las contribucións bibliográficas relevantes para un determinado tema. Os nomes científicos tamén poden xogar un papel importante na busca de correspondencias entre nomes comúns de especies biolóxicas en diferentes linguas, como mostran Seideh, Fehri & Haddar (2017), que deseñan un método para establecer emparellamentos entre expresións francesas e árabes empregando os termos científicos. Unha última mostra do interese da nomenclatura no ámbito NER témola no traballo de Nguyen, Gabud & Ananiadou (2019), onde elaboran un corpus de entidades mencionadas na bibliografía sobre biodiversidade co obxectivo de rexistra-la ocorrencia de especies biolóxicas, especialmente aquelas ameazadas ou en perigo de extinción.\nFronte ó interese suscitado no eido NER, o recoñecemento e etiquetaxe da nomenclatura binomial en corpus lingüísticos foi obxecto de escasa atención. É máis, malia que a identificación e o tratamento das unidades multipalabra hai anos que é foco de interese (Calzolari et al. 2002, Villavicencio et al. 2007 ou Caseli et al. 2009), pódese considerar que esta é aínda unha tarefa pendente do procesamento da linguaxe natural, como apuntan Darriba, Doval & Kuriyozov (2021). Estes autores, que tentan demostra-la utilidade de técnicas de aprendizaxe profunda para a detección e identificación de expresións multipalabra empregando o CORGA, que na altura non incluía aínda a mellora na anotación da nomenclatura científica, teñen en conta no seu estudo dous grandes bloques: entidades mencionadas (isto é, Universidade de Vigo, Fondo Monetario Internacional, Xunta de Galicia, Unión Europea) e locucións adverbiais, adxectivas, conxuntivas, prepositivas e substantivas (isto é, sen dúbida, azul celeste, e mais, cara a, visto e prace).\nO CORGA é un corpus documental aberto representativo da lingua galega actual, codificado en XML e enriquecido con anotación morfosintáctica mediante a ferramenta XIADA, un etiquetador de tipo estatístico, cuxo obxectivo é fornecer datos para o estudo do galego dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica, comunicativa etc. Na actualidade pode afirmarse que o CORGA acadou un grao de madurez importante, pero aínda admite melloras en moi distintos aspectos. Estas melloras poden dirixirse, seguindo a idea exposta por Bunge (1972), ó crecemento en superficie e ó crecemento en profundidade. O crecemento en superficie consiste no incremento do volume de textos codificados e anotados e, no caso do rexistro oral, tamén na súa transcrición e aliñamento. O crecemento en profundidade, co que se relaciona o presente traballo, inclúe melloras en tódolos procesos, especialmente nos relativos á etiquetaxe morfosintáctica e ás posibilidades de explotación.\nComa calquera etiquetador, o de XIADA aplica un conxunto de etiquetas, o etiquetario, ó corpus obxecto de anotación, o CORGA. En tanto que etiquetador estatístico, faino fundamentalmente a partir dunha base de datos léxica na que se asocia a cada entrada unha etiqueta e un lema, así como dun corpus de adestramento que proporciona o modelo de desambiguación. Completa estes módulos outro de regras lingüísticas que permite mellorar a taxa de acerto (Domínguez Noya 2016).\nNa primeira capa de análise lingüística aplicada sobre o CORGA (Domínguez Noya 2013) non se tiveron en conta as entidades. A identificación destas como substantivos propios no interior de secuencia obedece, grosso modo, á presenza dunha maiúscula inicial seguida de caracteres en minúscula, de forma que toda palabra que comeza con maiúscula se identifica como substantivo propio. Isto entronca directamente coa convención que, no establecemento da nomenclatura científica para as especies, determina escribi-la inicial do xénero en maiúscula, o cal conduce na etiquetaxe automática das versións do CORGA anteriores á 4.0 a unha análise desagregada errónea da expresión binomial (isto é, Octopus vulgaris), na que a forma correspondente ó xénero se caracteriza como substantivo propio e recibe como lema o propio nome (Octopus/Sp00/Octopus), mentres que a parte relativa ó subtipo adoita clasificarse como substantivo ou adxectivo (para o exemplo, substantivo común masculino/feminino plural, sen lema: vulgaris/Scap/*). Son precisamente estas caracterizacións incorrectas a xeito de unidades independentes as causantes de que nos acheguemos ás expresións binomiais da nomenclatura científica, co fin de favorece-la súa anotación conxunta, integrándoas de modo coherente coas características dun recurso que conta xa con algo máis de 40 millóns de palabras (43 162 364 palabras ortográficas / 51 451 088 elementos gramaticais).\nNesta contribución, tras revisa-lo seu tratamento noutros corpus peninsulares, ilustrámo-lo proceso mediante o cal engadímo-la nomenclatura binomial ó repertorio de expresións multipalabra do CORGA coa esperanza de que poida resultar útil tanto para a súa futura inclusión en estudos de procesamento da linguaxe natural que empreguen este corpus como para a súa aplicación noutros corpus doutras linguas.\n2. A ANOTACIÓN DOS TERMOS CIENTÍFICOS NOUTROS CORPUS\nA consulta doutros corpus anotados, de referencia ou técnicos, do galego (Tesouro Informatizado da Lingua Galega [TILG] e Corpus Técnico Anotado do Galego [CTAG]), español (Corpus del Español del Siglo XXI [CORPES]), portugués (Corpus de Referência do Português Contemporâneo [CRPC]) e catalán (Corpus Tècnic [CT] e Corpus Textual Informatitzat de la Llengua Catalana [CTILC]) presenta resultados heteroxéneos, como amosa a selección recollida na táboa 1.\nDos corpus examinados, entre os que, ademais dos referenciados na táboa 1, cómpre engadirmos o British National Corpus (BNC), o Corpus Brasileiro (CB) e mailo Corpus del español (CdE) e o Corpus do português (CdP) de Mark Davies, ningún reserva unha etiqueta específica para a nomenclatura científica e só o CTAG e mailos dous do catalán, CT e CTILC, consideran esas expresións unha unidade multipalabra. O CTAG e o CT etiquétanas ademais como nomes comúns, aplicando no caso do primeiro xénero e número, mentres que o segundo deixa indeterminados tales atributos. O resto dos corpus analiza os membros por separado e a súa categorización tende á que amosa o CORPES: estranxeirismo ou substantivo propio para o xénero, e estranxeirismo ou descoñecido para o subtipo. Comentario á parte merece, sen dúbida, o CRPC, que amosa as análises máis sorprendentes, inda que xustificables por se-la etiquetaxe automática, ó caracteriza-lo termo para o subtipo sativa, scrofa e alba como forma verbal de 3.ª persoa singular indicativa en copretérito, presente e antepretérito, respectivamente.\n3. PROPOSTA DE ANÁLISE\nA investigación inicial sobre as denominacións científicas binomiais ou trinomiais —en que consisten, cales son as súas características etc.— lévanos a consideralas expresións latinizadas que conforman unha unidade multipalabra cuxo comportamento é similar ó dun substantivo. Propoñemos, polo tanto, a súa integración nesta clase de palabras. Non obstante, rexeitamos tratalos como propios por entender que tanto a denominación vernácula como a científica son comúns, inda que por convención a inicial do xénero se escriba con maiúscula, feito que conduce na anotación automática á interpretación xeneralizada como propio.\nÁ luz do tratamento unitario que o CTAG, o CT e o CTILC aplican sobre as denominacións científicas binomiais, así como da súa caracterización, cremos conveniente tratalas tamén no CORGA como substantivos (S). Con todo, optamos por crear un novo subtipo que denominamos nomenclatura científica (n) e non integralos entre os substantivos comúns. Tal decisión alicérzase en dous motivos. O primeiro deles pode sintetizarse en que estas expresións pertencen a unha lingua distinta do galego: son expresións latinas ou latinizadas que non forman parte, por tanto, do seu acervo léxico; como tales, ademais, fóra algún caso de uso xa común, non se recollen nas obras lexicográficas que inventarían o léxico dunha lingua. Por último, a mesma relación de termos científicos que denominan especies ou subespecies é de uso no galego, no catalán, no español ou no portugués, por só citar algunhas das linguas posibles, sen necesidade de adaptación. En consecuencia, non estamos ante un trazo intrínseco a unha lingua específica, cuxo comportamento gramatical difire en función da lingua de que se trate, como ocorre, por exemplo, coa flexión do número para os substantivos agudos polisílabos rematados en -n. É precisamente esta universalidade a que permite extrapola-la presente proposta aplicada no CORGA para o galego a outros corpus e linguas. O segundo dos motivos fundaméntase na practicidade: a creación dun valor exclusivo para a nomenclatura científica individualiza estes elementos mediante unha etiqueta específica e facilita a súa recuperación e extracción na plataforma de consulta.\nEn relación, finalmente, cos trazos gramaticais de xénero e número pertinentes para a clase de palabra substantivo, as denominacións binomiais aparecen frecuentemente en contextos lingüísticos pobres, onde os atributos gramaticais propios dos substantivos non se manifestan: como primeiro elemento da entrada dun apéndice tipo dicionario (“Quercus suber L. = Sobreira.”); como aclaración dun nome común (“dereita: un delicioso rolo de kelp de AMTI (Saccharina latissima) preparado por Chris Aerni [...]”); en aposición a un substantivo común (“Nas zonas protexidas, a especie Fucus vesiculosus viuse fortemente danada [...]”, “Na páxina anterior, unha colleiteira nas costas galegas da alga Gelidium corneum utilizada pola industria dos ficocoloides.”); en enumeracións (“Proponse a separación da vexetación en tres tramos altitudinais, caracterizado cada un deles por unha especie dominante sobre a paisaxe vexetal: o piñeiro (Pinus pinaster), o castiñeiro (Castanea vulgaris), o carballo (Quercus pedunculata) e o xenebro (Juniperus nana), segundo unha orde de altitudes crecentes.”); etc.\nCon todo, non é raro atopar no CORGA expresións binomiais en contextos lingüisticamente máis ricos nos que se dá algún tipo de determinación e/ou modificación: “Na Galiza tamén podemos atopa-la Dactylorhiza sambucina.”, “É moi semellante ao Boletus edulis, do que se diferenza polo tamaño, é algo máis pequeno.”, “Especial interese, cara á quimioprofilaxe e ó tratamento, teñen os P. Falciparum resistentes á cloroquina e, polo tanto, teno tamén o coñecemento da súa distribución xeográfica.”, “En principio, a localización das Muscari neglectum atopadas, non facía prever un dano próximo a esta pequena poboación.”.\nAínda así, seguindo o CT e o CTILC, decidimos non concreta-los valores de xénero e número para o subtipo nomenclatura científica. O feito de apareceren maioritariamente illados en unidades parentéticas, de seren termos non galegos, de non contarmos con coñecementos suficientes de latín, de non dispormos de glosarios coa información gramatical xenérica oportuna e de requirir un labor de investigación que, en termos de tempo e recursos, iría en detrimento do proxecto conducen ó establecemento de hipervalores en ámbolos dous atributos1. Así, na terceira posición dos caracteres que constitúen a abreviación da etiqueta, ‘Snaa’, o ‘a’ equivale ó valor inespecificado ‘masculino/feminino’, mentres que o ‘a’ da cuarta posición corresponde ó valor ‘singular/plural’. A seguir descríbense os procesos requiridos para aplicar na anotación morfosintáctica a nova etiqueta.\n4. IMPLEMENTACIÓN DA NOVA ETIQUETA NO SISTEMA XIADA\nO etiquetador de XIADA, coma calquera outro, aplica o etiquetario definido ó corpus obxecto de anotación, o CORGA. En tanto que etiquetador estatístico, faino principalmente a partir dunha base de datos léxica na que se asocia a cada entrada unha etiqueta e un lema, así como dun corpus de adestramento a partir do cal infire a información gramatical que lle proporciona o modelo de desambiguación. Estes módulos compleméntanse con outros que melloran a taxa de acerto ou inciden sobre a reconstrución do elemento gramatical cando este está inmerso, como palabra ortográfica, nunha amálgama.\nPara implementa-la etiqueta ‘Snaa’ en XIADA non basta con introduci-lo valor nomenclatura científica no subtipo dos substantivos2 nin abonda con suma-la etiqueta e un exemplo de uso á listaxe de etiquetas que poden aparecer asignadas no CORGA3. Estas son tarefas exclusivamente de documentación que non repercuten na etiquetaxe do corpus: só informan das clases de palabras recoñecidas e mais dos trazos morfosintácticos que as caracterizan, xunto con exemplos de uso.\nEn realidade, para poder empregala, o etiquetador só esixe que a etiqueta estea recollida no que en lingüística de corpus se denomina Training Corpus Zero, ó cal imos referirnos de aquí en diante como kérnel ou núcleo de XIADA. Se se cumpre esta condición, a nova etiqueta ‘Snaa’ formará xa parte do xogo de candidatos que a ferramenta de anotación manexará para caracteriza-las palabras do texto que se pretenda procesar. Agora ben, para que a anotación automática poida realizarse con certas garantías de éxito, un etiquetador de tipo probabilístico, como é o de XIADA, debe contar tamén con información sobre cando esa etiqueta posúe máis probabilidades de se-la que corresponde aplicar e debe, por último, dispoñer dunha relación de unidades susceptibles de recibir tal caracterización morfosintáctica. Ou sexa, hai que intervir tamén sobre o corpus de adestramento e o lexicón. Nos subapartados que seguen, desenvolvemos con máis detalle as actuacións realizadas, respectivamente, sobre estes tres módulos: kérnel, corpus de adestramento e lexicón.\n4.1. Introdución no núcleo de XIADA\nComo xa sinalamos, o único requisito para poder executar o etiquetador de XIADA é dispoñer do kérnel ou núcleo no que debe constar cada etiqueta presente no etiquetario analizada como mínimo unha vez. O núcleo de XIADA está constituído por un arquivo de só texto no que se recolle a análise de 332 enunciados (5513 palabras ortográficas / 6629 elementos gramaticais).\nO método escollido para reflecti-las análises é o seguinte: as secuencias descompóñense nos seus elementos constituíntes, de xeito que as contraccións e conglomerados de formas verbais con segunda forma do artigo ou pronomes enclíticos se desagregan nos distintos elementos gramaticais dos que constan; por exemplo, dos sepárase en de e os, de modo que cada un deles ocupa unha liña; pola contra, as palabras que conforman unha unidade multipalabra, tipo garda civil, Centro Galego de Arte Contemporánea, vintesete mil trescentos ou con respecto a, recóllense na mesma liña. A continuación, en cada unha desas liñas conformadas polo elemento gramatical, introdúcese a información relativa á etiqueta que corresponda segundo o contexto no que se localice e remítese ó seu lema. Ou sexa, cada liña recolle a información relativa a unha forma-etiqueta-lema, separando os valores de cada campo cun tabulador. Á súa vez, unha liña en branco separa as análises das distintas secuencias.\nOs enunciados, sempre que amosaban a análise correspondente a unha ou a varias das etiquetas cuxo uso se pretendía ilustrar, tiráronse do propio CORGA. Cando isto non era posible por non ser usos claros, pola extensión do fragmento no que se localizaba ou pola dificultade de documentala, optouse por exemplos inventados. Este mesmo proceder seguiuse para exemplifica-la nova etiqueta: procuramos no corpus os casos de Octopus vulgaris, seleccionamos de entre os resultados a secuencia que recollemos deseguido, a cal presenta catro casos de nomenclatura científica binomial (Paracentrotus lividus, Pollicipes pollicipes, Necora puber, Octopus vulgaris), e procedemos a analizala dun xeito manual no formato descrito anteriormente: “Neste nivel podemos ver especies de gran interese económico como: ourizos de mar (Paracentrotus lividus), percebes (Pollicipes pollicipes), nécoras (Necora puber) ou os polbos (Octopus vulgaris) etc.” (CORGA: Xaquín Penas Patiño, A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, Baía Edicións, 2006).\n4.2. Revisión do corpus de adestramento\nA seguir revisámo-lo corpus de adestramento empregado polo etiquetador para detecta‑la posible presenza dalgunha destas expresións e reetiquetalas en función dos novos parámetros, de modo que os recursos sexan consistentes.\nComo sinala Graña (2000) e, seguindo a súa senda, Domínguez Noya (2013, 2016), na anotación morfosintáctica cun etiquetador de tipo probabilístico hai que ter en conta o tamaño e calidade do corpus de adestramento (a maior tamaño e mellor calidade, mellor aprendizaxe do modelo), o etiquetario e a base de datos léxica. Este feito corrobórao tamén Manning (2011), quen sinala que se acada a precisión máxima en etiquetadores deste tipo cando hai congruencia na temática, época e estilo entre os datos presentes no corpus de adestramento e aqueles que se pretenden anotar. Cómpre, polo tanto, que haxa consistencia entre o corpus de adestramento e o corpus anotado dende o punto de vista do rexistro e o xénero textual, necesidade recoñecida por todos estes autores, mais tamén é fundamental que estea etiquetado coidadosamente, de xeito que a mesma unidade en contextos similares reciba a mesma caracterización.\nAsí pois, malia que nada garante que no subcorpus seleccionado para servir de adestramento se vaian localizar tódalas etiquetas contidas no etiquetario, cómpre que haxa consistencia entre os recursos, polo que é imprescindible testar, e reanotar se for preciso, a posible presenza dalgún termo científico binomial ou trinomial.\nPara levar a cabo esta tarefa desbotouse a revisión manual do corpus debido, por unha banda, ó seu tamaño (617 494 palabras ortográficas, 742 045 elementos gramaticais), mais tamén, por outra banda, debido á innecesariedade de tal labor: o corpus de adestramento está dispoñible para a súa consulta en liña4 e a aplicación permite recuperar e inventariar, grazas á combinación da información relativa a unha parte da etiqueta (Sc* [substantivo común] e Sp* [substantivo propio]), co metacáracter que substitúe un, ningún ou varios caracteres (* * no campo do elemento gramatical), tódolos substantivos multipalabra formados por, como mínimo, dous elementos gramaticais, tanto comúns coma propios, co que obtivemos tódolos candidatos. Foi preciso, iso si, unha vez obtidos os datos, revisar manualmente ámbolos dous inventarios e acudir ás concordancias cando o resultado non era claro, como ocorre con Pittacum Barrica que, malia te-la aparencia de termo científico binomial, é unha marca de viño do Bierzo.\nDo total de resultados recuperados (5434 e 121 types5 analizados como substantivos propios e comúns, respectivamente) localizamos no subcorpus de adestramento entre os comúns ginkgo biloba (3), piñeiro pinaster (2) e estafilococusaureus (1), mentres que entre os propios detectamos Caenorhabditis elegans e Tursiops Truncatus con só unha ocorrencia cada un. Destes, entendemos que só os dous últimos debían ser etiquetados como nomenclatura científica, mentres que os demais debían conserva-la etiqueta de substantivo común. O primeiro, ginkgo biloba, por se-la denominación común dunha especie foránea e carecer da maiúscula inicial; o segundo, tamén pola ausencia da maiúscula inicial no xénero e a mestura do termo común co científico (piñeiro pinaster en vez de Pinus pinaster), e, por último, o “e” inicial minúsculo en “estafilococus”, e maila ausencia neste do “ph” e “cc” presentes na denominación científica convencional: Staphylococcus aureus.\nComo se constata, a relación anterior non está exenta de controversia e exemplifica as dificultades que supón traballar con textos reais (Táboa 2) que a miúdo conteñen erros tipográficos (a-c), caracteres alleos ó latín (d-e) ou usos incorrectos das maiúsculas (f-g).\nEn todos estes casos establecemos como lema a propia expresión binominal documentada no CORGA, pero, a maiores, vencellamos na base de datos léxica estas variantes non modélicas, como sempre que existen diverxencias ortográficas entre as distintas entradas do dicionario, mediante o hiperlema, constituído aquí polo nome científico oficial (Táboa 3).\n4.3. Introdución de candidatos no lexicón\nEn último termo, para obter un listado inicial de candidatos destinados a incrementa-lo lexicón combinamos dúas estratexias.\nPor un lado, aplicámo-la ferramenta Global Names Recognition and Discovery GNRD6 (Pyle 2016), sobre dezaseis documentos do corpus7 que sabiamos de antemán que contiñan denominacións científicas para detectalas e extraelas. Esta ferramenta soporta só inglés e alemán, polo que debe ser mellorada para podela aplicar con fiabilidade sobre linguas románicas. Porén, a pesar de extraer como candidatos segmentos de lingua común (As cidades con, As medidas para), de non detectar aqueles casos que conteñen unha abreviación (E. ensis, C. edule, Ulva sp., Gracilaria spp. etc.) ou nos que o subtipo comeza con maiúscula (Muellerius Capilaria, Protostrongilus Rufescens), resultou de suma utilidade, xa que entre os termos extraídos e maila consulta no corpus de moitos deses candidatos singulares, formados en xeral só polo xénero, elaboramos unha lista inicial de 1014, os cales se introduciron logo no lexicón. Como veremos na seguinte epígrafe, esta estratexia móstrase eficaz, aínda que en contrapartida require supervisión manual.\nPor outra parte, inventariámo-las denominacións existentes en varias publicacións especializadas (622 aves [Rouco et al. 2019], 454 árbores [Rivers 2019], 1023 peixes [Resolución 2019]) e examinamos varios repositorios, entre eles o do proxecto terminolóxico Ictioterm8 (358 denominacións) e o de Uni-Prot9. Deste último extraemos unha selección revisada constituída por 14 014 entradas (3115 bacterias, 2659 virus, 22 arqueas e 8018 eucariotas). En síntese, reunimos 29 994 termos de nomenclatura científica binomial ou trinomial, a razón de un por liña, que se lle proporcionaron ó etiquetador externamente, sen chegar a introducilos no lexicón. Este método permite obter, con relativa facilidade, un elevado número de candidatos, mais, en contrapartida, nada garante que estes se vaian localizar no corpus, co cal pode aumentar innecesariamente o tamaño do lexicón.\n5. EFICACIA DA NOVA ETIQUETA\nA implementación da etiqueta ‘Snaa’ no sistema XIADA actúa nun dobre sentido: por un lado, facilita a recuperación global e/ou individualizada de casos de nomenclatura científica binomial ou trinomial presentes no CORGA e abre as portas a estudos relacionados coa súa presenza nun xénero textual específico, coa súa frecuencia de uso, posibles causas etc.; por outro lado, supón unha mellora substancial na etiquetaxe do propio corpus por canto reduce os casos mal identificados e mal anotados que proporcionaban as versións previas, como sucedía coa análise de Octopus vulgaris e outros moitos, descrita no apartado introdutorio.\nEntre a información estática que fornece o CORGA é de interese para o tema que nos ocupa a listaxe da frecuencia das etiquetas10, posto que permite obter con suma facilidade o dato da frecuencia no total do etiquetario para ‘Snaa’. Así, das 454 etiquetas diferentes ás que dá lugar o tagset de XIADA, no corpus etiquetado automaticamente concorren 419, e destas, a de ‘Snaa’ ocupa a posición 222, cun total de 2354 ocorrencias, das cales son formas distintas 1234. Recollemos como mostra deseguido os vinte termos científicos binomiais máis frecuentes, xunto co número de ocorrencias global (frecuencia absoluta) e mailo número de documentos diferentes no que se localizan. Son os seguintes: E. coli (60/9), Homo sapiens (34/11), Saccharina latissima (33/8), Romulea columnae (19/2), Homo erectus (18/5), Barlia robertiana (15/2), Eucalyptus glóbulus (13/1), Pinus pinaster (13/7), Boletus edulis (12/5), Escherichia coli (12/6), P. olseni (12/1), Centaurea borjae (11/2), Eucalyptus globulus (11/6), Homo habilis (11/4), Quercus robur (11/8), Castanea sativa (10/5), Digitalis purpurea (10/5), D. magna (10/1), Ensis siliqua (10/4) e Ostrea edulis (10/7).\nA recente actualización do CORGA permitiu examina-la eficacia dos dous métodos empregados para a detección e identificación dos termos científicos binomiais. Primeiramente, en novembro de 2021, realizouse a etiquetaxe do corpus, no que atinxe á nomenclatura científica, coa información proporcionada só polo lexicón (1014 termos de nomenclatura científica), o cal posibilitou o recoñecemento de 5446 ocorrencias, das cales eran formas distintas 2459. Unhas cifras, en principio, inesperadamente altas. Non obstante, a observación dos resultados amosou formas simples ás que o módulo de adiviñación lles asignaba a etiqueta ‘Snaa’, entendemos que pola semellanza na terminación, entre as cales presentaban maior frecuencia absoluta as seguintes: princepessa, manager, bossa, europeus, hutus, confeti, magnum, henna ou valium. É dicir, o guesser, que nunca actúa sobre unidades multipalabra, aplicaba a etiqueta erroneamente, polo que decidimos excluíla de entre as que manexa. Volveuse anotar todo e obtivéronse 1812 ocorrencias, das cales 881 eran formas distintas, mais agora si, todos os resultados correspondían a expresións binomiais científicas. Un mes máis tarde reanótase de novo todo o corpus, mais neste caso tendo en conta non só a información do lexicón, senón tamén a do arquivo externo que contén case 30 000 candidatos colleitados en repositorios de Internet. Os datos, coincidentes xa cos que achega a versión 4.0 dispoñible en liña, ofrecen agora un resultado de 2468 ocorrencias identificadas, das cales 1346 son formas únicas; ou sexa, o recoñecemento do 73% prodúcese grazas ó lexicón computacional.\nEn suma, este parece se-lo camiño a seguir: emprega-la ferramenta GNRD sobre o propio corpus para a detección de candidatos, executa-lo etiquetador sobre o resultado e introducir no lexicón os non recoñecidos, tras verifica-la súa pertinencia.\n6. CONCLUSIÓNS\nNo ámbito do procesamento da linguaxe natural o tratamento das unidades multipalabra é aínda un labor inconcluso. Neste contexto, encaramos un problema sistemático de anotación morfosintáctica no CORGA, o cal se produce tamén noutros corpus, de referencia ou técnicos, etiquetados automaticamente: a etiquetaxe desagregada e errónea da denominación científica para as especies e subespecies. Revisámo-la súa anotación no TILG, no CTAG, no CORPES, no CRPC, no CT e no CTILC. Propuxemos (i) considerar que as denominacións científicas latinizadas, binomiais ou trinomiais, conforman unha unidade multipalabra; (ii) determinámo-la súa integración na clase de palabra substantivo, (iii) dentro do subtipo nomenclatura científica para facilita-la súa recuperación na plataforma de consultas, ó tempo que (iv) establecemos como lema a propia forma e, en último termo, (v) vencellámo-las variantes ortográficas entre os lemas dunha mesma especie mediante a remisión ó mesmo hiperlema. Describimos así mesmo a inclusión da nova etiqueta (‘Snaa’) no sistema XIADA e afrontámo-la identificación dos candidatos dende unha dupla perspectiva: colleitalos en inventarios accesibles na web e extraelos do propio corpus cunha ferramenta específica de detección (GNRD). Os resultados iniciais amosan unha presenza notable deste tipo de termos no corpus e sinalan a última aproximación como a máis axeitada por canto, sen sobrecarga-lo lexicón, conduce ó recoñecemento das expresións binomiais presentes no CORGA. Finalmente, cómpre subliña-la importancia da nova etiqueta na recuperación selectiva dos datos e a adaptabilidade da presente proposta para a súa aplicación noutros corpus."} {"summary": "A narrativa protagonizada pola pequena Alicia, creada por Lewis Carroll a finais do século XIX, segue ocupando un lugar destacado no imaxinario colectivo de pequenos e maiores, tanto pola súa consolidación como un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil como pola multitude de reescrituras literarias e fílmicas que suscitou. O obxectivo desta nota é facer unha análise dende a perspectiva de xénero da reescritura literaria libre, de uso ideolóxico e en formato álbum ilustrado, titulada La esposa del Conejo Blanco, escrita e ilustrada por Gilles Bachelet. Os resultados mostran a intención clara da obra de facer unha denuncia e crítica social á instancia do matrimonio como mecanismo de subxugación da muller, sen por iso perder calidade estética e literaria nin orixinalidade. Na conclusión final evidénciase que a combinación de texto e imaxe mediante diversos tipos de interacción e o uso do sarcasmo, agochado nas palabras da protagonista, que gañan un novo sentido co acompañamento da ilustración, reforza a vinculación da obra co público non infantil, cuxas problemáticas se expoñen e denuncian no álbum.", "text": "A subxugación feminina da esposa do Coello Branco de Alicia en formato álbum ilustrado\n\nO día que Lewis Carroll concibiu a historia de Alicia, durante un tranquilo paseo polo Támesis, non podía saber a repercusión que a súa obra ía ter no sistema literario en xeral, e no infantoxuvenil en particular. Colomer (2010) explica que a publicación de Alice in Wonderland no 1865 supuxo a orixe real da entronización do modelo fantástico para público infantil e a constitución decisiva dunha Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) con voz propia, afastada dos propósitos didácticos típicos da época.\nMais a expansión vivida até o día de hoxe do mundo creado por Carroll, que posibilita a consideración da historia de Alicia como unha narrativa transmedial (Scolari, 2013) que se expande en distintos medios, alén do literario, fixo nacer propostas moi orixinais. Neste sentido, Ramos (2019, p. 50) explica que “a globalização da imagem de Alice e o seu reconhecimento imediato por parte de um público que ultrapassa largamente o universo dos leitores da obra-prima de Carroll resulta de um processo de releituras sucessivas, transformando-a numa espécie de topos literário”.\nDeste proceso continuo nace o álbum ilustrado sobre o que xira esta nota, Madame le lapin blanc (2012), con texto e ilustracións de Gilles Bachelet (Francia, 1952), publicada en español por Adriana Hidalgo Editora en 2016, e reimpresa catro anos máis tarde. A obra vincúlase coa tendencia pola reescritura subversiva de materiais literarios clásicos característica da literatura infantil actual, que en moitos casos aposta polo formato álbum. Segundo Vouillamoz (2022, p. 4), hoxe en día é posible atopar un corpus importante de álbums ilustrados mediante os cales se “ofrecen reescrituras de textos clásicos que se apartan de versiones originales porque las historias son narradas no desde la perspectiva de un narrador omnisciente, sino de uno o varios personajes que intervienen en ellas”. Neste sentido, a reescritura é vista como unha estratexia para a reflexión metaficcional que esixe unha lectura activa, ao mesmo tempo que pretende fomentar o gusto pola transgresión e a transformación (Gómez-López-Quiñones, 2015), que se ve reforzada polo xogo intertextual acometido polas ilustracións. Segundo explica Joosen (2011, p. 28), centrando a atención no caso concreto da reescritura da tradición oral,\nFairy- tale illustrations, like fairy- tale retellings and criticism, can thus off er to the reader a variety of interpretations of a given tale, among other means by drawing special attention to aspects or parallels in the story that may have escaped the reader’s attention, by contradicting messages in the text, or by situating scenes in a broader context\nAs alteracións de focalización e da voz narrativa é algo central na reescritura que se pretende estudar, xa que a través delas constrúese unha narrativa orixinal próxima aos intereses da corrente feminista que, na década dos 70 do século pasado, comezou un importante traballo de análise e denuncia do sexismo presente en gran parte das obras da literatura infantil. En efecto, a consideración da influencia da literatura infantil na reprodución e interiorización de patróns e estereotipos de xénero non só motivou o estudo das obras existentes, senón que reforzou o interese por escribir álbums ilustrados que apostaran polo empoderamento dos personaxes femininos e a súa liberación de roles e tramas estereotipadas (Smith, 2014).\nPor todo o dito, a presente nota ten por propósito facer unha breve análise da obra de Bachelet, tanto das compoñentes narrativas, visuais e textuais coma ideotemáticas, aplicando a perspectiva de xénero, para poder alumar a intencionalidade que subxace na construción dunha historia que lle dá aparente visibilidade a un personaxe descoñecido para o gran público.\nLa esposa del Conejo Blanco como reescritura literaria\nPartindo dos estudos de Gerard Genette (1989), a reescritura literaria pode ser entendida como un proceso de hipertextualidade (forma de intertextualidade ou dialoxismo intertextual) polo cal un texto A (hipotexto) se inclúe dentro dun texto B (hipertexto) dalgunha maneira que non é o comentario. Ferreira Boo (2020) explica que, tras a consolidación do sistema literario infantoxuvenil, empezaron a xurdir reescrituras que subverten e deconstrúen o material de partida nun acto creativo totalmente liberador.\nLa esposa del Conejo Blanco é un claro exemplo da reescritura literaria de Alice in Wonderland (1865), de Lewis Carroll. Trátase da primeira novela protagonizada pola pequena Alicia que relata as súas viaxes e aventuras no País das Marabillas. A súa consideración de reescritura faise patente xa dende os paratextos exteriores. O propio título introduce a un dos personaxes fundamentais da obra, o Coello Branco, cuxo nomeamento serve tanto para vincular a reescritura co seu hipotexto como para reforzar a denuncia social en materia de xénero da obra. No obstante, a ilustración que o acompaña (Fig. 1) pon e primeiro plano á verdadeira protagonista, a súa esposa, cunha expresión que deixa clara a súa incomodidade ante o seu rol de esposa e nai. Ao mesmo tempo, o marido aparece representado ao fondo, a través da ventá, atafegado pola súa incesante necesidade de chegar a tempo ao seu destino, mirando desesperado o reloxo, como foi introducido no hipotexto.\nPor outra parte, na contracuberta refórzase a natureza da obra como reescritura, introducindo incluso o título da obra de Carroll, iniciando cunha serie de preguntas que lle confiren protagonismo ao Coello Branco, para despois introducir á súa esposa e trasladarlle a responsabilidade de guiar a narración\n¿Por qué el conejo Blanco de Alicia en el país de las maravillas siempre está retrasado? ¿Qué hace fuera de sus horas de servicio en el palacio de la Reina de Corazones? ¿Está casado? ¿Tiene hijos?\nA través del diario de la esposa del Conejo Blanco, vamos a entrar en la intimidad de su pequeña familia, conoceremos a su progenie y descubriremos la cara oculta de un país en el que no suceden sólo maravillas...\nEn efecto, a obra constrúese como un desafogo narrado en primeira persoa pola súa protagonista, a esposa do Coello Branco, que vive con infelicidade e resignación o día a día como esposa e nai. Un marido ausente, aínda que de corpo presente, e unha proxenie demandante e afectada por condicionantes sociais aos que resulta moi difícil facerlles fronte. A coella recorda o día no que cumprir o seu soño de ser escritora aínda era posíbel, e retrata a súa situación con sarcasmo, aínda que sen atreverse a esixir aquilo co que soña, que en síntese sería a corresponsabilidade do seu marido para coas tarefas do fogar e o coidado dos menores, así como a mellora da relación de parella. Neste sentido, estaríase ante unha reescritura ideolóxica, propia das obras que reutilizan os elementos ou motivos dos contos, dotándoos dun contido ideolóxico determinado (Valriu, 2010; Roig-Rechou e Ferreira Boo, 2010).\nAo longo da historia é posíbel recoñecer diversos personaxes e elementos do mundo creado por Carroll, incluso un breve cameo da pequena Alicia. Aínda que non se chega a dicir o seu nome, podemos identificala tanto polo texto, que indica que “parecía más bien educada, más allá de una molesta tendencia a cambiar de tamaño por cualquier motivo” [p. 21], así como pola ilustración que acompaña o texto. En todo caso, todos os personaxes son introducidos na nova narrativa de maneira coherente, reforzando a natureza hipertextual do álbum pero dotándoo de independencia creativa.\nTexto e imaxe a mercé da mensaxe\nO feito de querer darlle protagonismo a un personaxe que, de orixe, nin o tiña nin había interese por outorgarllo, non é unha tarefa fácil. Neste grupo estarían moitas mulleres que, tanto na realidade como na ficción, se viron silenciadas e subxugadas mediante unha construción machista e heteropatriarcal que aínda estamos lonxe de deixar atrás. Bachelet, cando concibe a súa obra, é consciente de que a historia da esposa do Coello Branco debía ser similar a de tantas “esposas de” que perdían o seu propio nome e identidade ao contraer matrimonio. Por esta razón, dota de coherencia a súa proposta utilizando o diario como fío condutor, cuxa utilidade expresiva reside na transmisión da realidade como se fora só linguaxe, e non literatura.\nA obra fai que o íntimo se volva público, aproveitando esta transición para denunciar a relegación da muller ao doméstico provocada pola instancia do matrimonio. Lozano Rubio (2012) fala da vinculación entre marxismo e feminismo para argumentar que o sometemento do feminino se fixo efectivo grazas ao confinamento das mulleres no traballo doméstico e á súa exclusión do traballo produtivo que, á longa, as fixo dependentes e submisas aos homes, para o cal se utilizou o matrimonio monógamo.\nA protagonista, privada dun nome propio e condenada a ser coñecida como a esposa do famoso Coello Branco, desafoga a frustración provocada por unha vida monótona e non desexada deixando fluír os seus pensamentos nas follas do seu diario persoal. A narración relata unha vida complexa, tanto no seu rol de esposa coma no de nai, ao mesmo tempo que utiliza a ironía para criticar a consideración elevada dos quefaceres lonxe do ámbito doméstico que realiza o seu marido. Por exemplo, mentres o texto di: “Pero mi marido tiene mucho que hacer con su trabajo en el Palacio... y en ocasiones hasta se ve obligado a volver tarde a casa” [pp. 26-27], a ilustración a dobre páxina mostra a distintos personaxes ebrios no xardín de palacio e, en primeiro plano, á esposa do Coello Branco portando ao seu marido nunha carreta, incapaz de manterse en pé [Fig. 2].\nEsta relación de contrapunto1 entre texto e imaxe intercálase con outro tipo de vinculacións entre ambos compoñentes, aínda que en todo caso se mantén a riqueza de información achegada pola ilustración. Aínda que non con tanta redundancia, é posíbel observar algún caso no que se utiliza a relación contraditoria. Non obstante, vincúlase co proceso de resignación da coella e a realidade que ela quere crer que vive, aínda que sexa moi consciente de que se trata dunha ilusión. Por exemplo, presenta os pequenos xemelgos Gilbert e George como “muchachos aplicados y sensatos” [p. 12], pero en diversos momentos os retratos que se ofrecen nas ilustracións fannos comprender que a imaxe idealizada se afasta moito da verdadeira.\nAs imaxes amplifican o significado das palabras e enchen os ocos baleiros que deixa o pouco texto que as acompaña. Nalgúns casos, trátase dunha interacción complementaria levada ao límite, xa que non só se trata dunha ampliación moi significativa, senón que se utiliza a imaxe para concretar o sentido figurado dunha expresión. Por exemplo, cando a coella fala doutro dos seus fillos, indícase que “A veces mi pequeño Eliot parece muy adelantado para su edad” [p. 16], mentres se observa na imaxe como lle levanta a saia a unha das bonecas da súa irmá, anunciando unha incipiente curiosidade sexual.\nOutro exemplo curioso desta maneira de vincular ambos compoñentes dáse nunha dobre páxina onde a coella fala do fácil que corren os rumores e a xente chega a coñecer datos da vida privada dos demais, mentres o seu home non sabe o que pasa na súa casa porque non mostra ningún interese. Mentres indica isto, de fondo vemos a rúa, onde os veciños falan e, a través da ventá dun piso superior, a filla adolescente da coella nunha sesión de fotos onde adopta poses claramente sexualizadas [Fig. 3]. Aínda que inicialmente parece que non é posíbel coñecer a identidade do fotógrafo, do cal non se ve o rostro, no escaparate inferior vemos que se trata do estudio do fotógrafo C. L. Dodgson, iniciais e apelido real do Carroll, sobre quen aínda hoxe recaen diversas sospeitas de ter sido un pedófilo reprimido por mor de ter fotografado nenas espidas ou con pouca roupa. Carabias Álvaro (2001) fai referencia a isto nun traballo onde explica que pese a que os primeiros propósitos de Carroll ao realizar esta práctica puideron responder ao seu desexo de liberar a temática artística e desacougar a puritana moral victoriana, as fotografías das súas “nenas-amigas” ―como el mesmo as denominou― remítennos ineludibelmente a intencións condenatorias:\nSu fotografía evidencia una osada apuesta reivindicativa por el desnudo integral femenino y una moral sin prejuicios, menos estricta y puritana y, por supuesto, más libre, pero esta misma audacia que le lleva a fotografiar niñas descamisadas, semidesnudas o vestidas está en plena consonancia con una práctica habitual en su criticada sociedad victoriana como fue el coleccionismo de imágenes con niños y niñas desnudas con fines poco lícitos e ilegales. (Carabias Álvaro, 2001, p. 127)\nNa mesma dobre páxina, no escaparate situado no lado dereito, que corresponde a unha tenda de sombreiros, pódese observar outra mostra da vinculación entre a realidade contextual que viu nacer a historia de Alicia e a realidade ficcional creada e orquestrada por Bachelet. A loucura do Sombrereiro co cal se atopa Alicia na obra de Carroll responde ao feito de que, naquela época, un dos compoñentes utilizados no tratamento da tela para a fabricación de sombreiros tiña efectos nocivos para as persoas, cuxos síntomas chegaron a ser confundidos con algunha enfermidade mental. Na ilustración do álbum, tras o escaparate da tenda, sobresae o sombreiro dun personaxe que non se pode identificar, pero que resulta moi similar ao que o ilustrador John Tenniel creou para o personaxe do Sombrereiro Tolo na edición orixinal da novela.\nPor outra parte, as ilustracións tamén asentan o xogo metaliterario sobre o que se erixe a proposta. Mentres o texto escrito no diario pola coella se mostra encadrado de distintas maneiras, podendo ocupar a páxina simple case de maneira completa ou alternando e adaptando a súa posición en función de onde vai situada a ilustración, nas imaxes vemos en diversas ocasións a propia coella realizando a tarefa de escribilo. Ademais, ao remate da historia, a modo de epílogo, o autor deixa unha nota onde di: “Cuando se lleva un diario íntimo, hay que evitar dejarlo a la vista” [p. 30], e a ilustración mostra o esposo da coella lendo o texto sobre o que se constrúe o álbum para pasar directamente a intentar improvisar unha tarta sorpresa para a súa muller, da que nunca chegamos a ver a reacción.\nNesta ocasión, como en moitas outras, a ilustración é capaz de darlle un novo significado ou expandir o contido que se pode ler, reforzando a mensaxe latente da historia, cuxa dureza parece loitar por mostrarse con máis claridade ao lector. Por exemplo, nas expresións da coella e a súa alternancia cando está soñando cunha vida distinta ou soportando aquela na que se ve encerrada, ou as ás que lle saen ao marido co que ela fabula na súa mente, un que si participa nas tarefas do fogar. A isto teriamos que sumarlle tamén a cantidade de información que se agocha nos pequenos detalles, como os elementos e personaxes do hipotexto de Carroll que se van dando cita a través das ilustracións (por exemplo, na escena da escola mostrada na Fig. 4), ou a inclusión de referencias da realidade alén da ficción, algunhas de carácter histórico, como as noticias visíbeis no periódico que le o Coello Branco falando do Titanic, dos asasinatos de Jack o Destripador ou das manifestacións a favor do voto feminino.\nConclusión\nA imaxe final coa que pecha a obra, onde vemos unha estampa familiar a través dos ollos da propia coella, co seu marido esgotado portando unha tarta á que lle costa manterse en pé, puidera ser interpretada como un halo de esperanza. Mais non parece posíbel para a protagonista desta historia. Ela é consciente da situación na que se atopa e a resignación é a única opción que é capaz de imaxinar. Isto queda claro tanto cando escribe “La vida que llevo está muy lejos de aquella con la que había soñado”, como cando a súa única petición real é “¿Mi señor marido se acordará al menos de que hoy es el día de mi cumpleaños?” [p. 29]. Mais de novo Bachelet é capaz de facernos dubidar disto de maneira sutil, pero efectiva, sen achegar un final pechado ou incluíndo detalles como a noticia da manifestación de coellas a favor do voto feminino.\nMais se algo nos ofrece a ficción, neste caso literaria, é a posibilidade de asumir unha postura activa como receptores. Deste xeito podemos imaxinarnos unha secuela onde a coella pode cumprir o seu soño e vivir unha vida digna, a que ela se merece, a que tantas mulleres mereceron e non obtiveron.\nO que se fai evidente é que mediante esta obra Bachelet pretende denunciar unha situación aínda en activo só remediábel polos adultos, principais destinatarios das múltiples mensaxes que de maneira evidente ou latente se transmiten ao lector, mais que no futuro só poderá ser superada pola infancia e xuventude de hoxe.\nTrátase, en síntese, dunha obra de aparencia sinxela capaz de sorprender e retar a aquelas persoas cuxo intertexto lector conteña a obra orixinal de Carroll. Unha obra dura e devastadora, pese á utilización reiterada do sarcasmo, para aquelas outras que se vexan dalgún xeito identificadas coa súa protagonista. E unha obra que demostra como a simbiose perfecta xorde da unión dunha mensaxe que merece a pena ser escoitada e a mestría da súa construción a nivel narrativo, literario, artístico e compositivo. Un álbum ilustrado onde todos os detalles contan e que deixa moitos aspectos abertos á interpretación do lectorado, pois poderiamos algún de nós tan só afirmar que a escolla da especie animal que protagoniza a historia é simplemente unha casualidade?"} {"summary": "A Sociedade Galega de Historía Natural é unha das ONGs medioambientalistas máis antigas do estado español. Ó longo dos seus cáseque cincoenta anos de existencia vén desenvolvendo un labor de divulgación de estudos e comunicación de iniciativas e loitas sociais ó redor da defensa do patrimonio natural galego. Neste ensaio faise un percorrido polas publicacións, actividades e eventos promovidos máis salientables da SGHN, verbo da visión de biodiversidade que a organización propón, asi como ó respecto das metas dos ODS.", "text": "A Sociedade Galega de Historia Natural: comunicación e divulgación do ambientalismo en Galicia\n\nBiodiversidade terrestre e mariña e SGHN\n“ ...DIVULGAR para defender e conservar o patrimonio natural galego”\nImportancia da comunicación nos procesos dos ODS 14 e 15\nApenas 87 días despois de que se celebrase por vez primeira o Día Mundial do Medio Ambiente (DMA) en 1973, o Goberno Civil de A Coruña resolveu a inscrición do Grupo Ornitolóxico Galego (GOG) de acordo coa lei de asociacións de 1964. Aínda que o seu nome podería suxerir un ámbito de actuación restrinxido á ornitoloxía, o Grupo Ornitolóxico Galego naceu cunha amplitude de miras adiantada ó seu tempo e cun ámbito de actuación máis aló das aves, ao incluír explicitamente na súa finalidade o “Estudo da natureza en xeral (mamíferos, insectos, vexetación, etc.)” e “Difundir estes fins o máximo posible e procurar conseguir a protección da natureza”. Con esta base, apenas tardou catro anos en producirse a refundación do Grupo Ornitolóxico Galego na Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), unha das máis veteranas ONGs de defensa ambiental do estado, co lema “estudar e divulgar para defender e conservar o patrimonio natural galego”. Para poñer en contexto o ‘revolucionario’ que resultou a constitución de GOG-SGHN, hai que ter en conta que a Xunta de Galicia e o Goberno Central non crearon unha consellería e un ministerio do Medio Ambiente ata 23 e 24 anos despois, respectivamente.\n1. Biodiversidade terrestre e mariña e SGHN\nCando en 2015 os líderes mundiais adoptaron unha axenda global para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade de todos (Nacións Unidas, 2015), os dous Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 14 e 15) relacionados co medio ambiente levaban nada menos que catro décadas no día a día de SGHN.\nEn relación co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14 (“Conservar e utilizar sostiblemente os océanos, mares e recursos mariños e a biodiversidade mariña”) cabe salientar os traballos de estudo e concienciación desenvolvidos pola Sección de Mamíferos mariños de SGHN. Colaborando con Greenpeace Francia (aínda non existía Greenpeace España), SGHN participou activamente na mobilización internacional contra a caza das baleas dende 1980 (SGHN, 2017b). A campaña desenvolvida por SGHN tivo un peso moi significativo na paralización desta actividade en Galicia, onde se concentraban as tres únicas factorías baleeiras existentes en España (das empresas Massó Hermanos e IBSA): Morás (Xove, Lugo), Caneliñas (Cee, A Coruña) e Balea (Cangas, Pontevedra). Unha vez paralizadas as factorías baleeiras, o voto de España na Comisión Baleeira Internacional mudou e foi decisivo para acadar a moratoria da caza para tódolos cetáceos en 1985. No que atinxe á conservación directa, a Sección de Mamíferos mariños de SGHN mantivo en funcionamento durante quince anos unha UCI para a recuperación de tartarugas e lobos mariños que chegaban feridos, enfermos ou esgotados ás nosas costas (SGHN, 2017f). Na mesma liña do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14 débese encadrar a participación activa na campaña en contra dos vertidos de residuos radioactivos na Fosa Atlántica (viaxe do Xurelo, manifestación en Compostela), que viñan realizando Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Italia, Reino Unido, Suecia e Suíza desde a década dos anos 60; a campaña conseguiu o pronunciamento do Parlamento Europeo contra os vertidos en 1981 e finalmente a prohibición dos mesmos dous anos máis tarde (SGHN, 2017e). Tamén se encadra no ODS 14, si ben máis indirectamente, a participación de SGHN na loita cidadá contra a central nuclear de Xove na Mariña luguesa e nas campañas contra o proxecto de instalar varias fábricas de celulosa en diversos puntos de Galicia. Por suposto, non se pode esquecer a participación con numerosos voluntarios nas tarefas de recollida e coidados de aves petroleadas que apareceron abeiradas despois das sucesivas mareas negras que asolaron a beiramar galega, pero moi especialmente nas do Mar Exeo (1992) e do Prestige (2002) (SGHN, 2002a).\nDeixando aparte as relacionadas co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14, a totalidade das actuacións desenvolvidas por SGHN están directamente vencelladas ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 15: “Xestionar sostiblemente os bosques, loitar contra a desertización, deter e inverter a degradación das terras, deter a perda de biodiversidade”. Os exemplos son innumerables. En relación cos bosques, compre salientar a defensa das formacións autóctonas de bosques e montes nun senso amplo, comezando pola simbólica inclusión da folla de carballo no emblema da asociación e as plantacións de carballos en 1982 en parques de Compostela (carballeira de Santa Susana e Granxa do Sexto). No eido da defensa dos bosques, un fito de maior importancia foi a constitución en 2010 da Fundación Fragas do Mandeo co fin de “preservar a biodiversidade na bisbarra coruñesa de As Mariñas”, nomeadamente das formacións forestais naturais que aínda se conservan no seu ámbito territorial; o simbolismo desta fundación é doble polo feito de ter sido constituída conxuntamente por tres organizacións: a Asociación Rabo de Galo, o Grupo Naturalista Hábitat e a propia SGHN (Fragas do Mandeo, 2010).\nFalando do monte en Galicia, moi especialmente en anos como este 2022, non se pode obviar o drama das vagas recorrentes de lumes forestais contra as que SGHN leva actuando incansablemente dende 1980. Tanto é así que mesmo a Delegación en Ourense de SGHN constituíse a partires dun Comité Cidadán pola Defensa dos Montes xurdido despois da terrible vaga de lumes que asolou Galicia, e moi especialmente Ourense, en 1979. Dende entón, SGHN ven alertando sempre dos gravísimos efectos ambientais dos incendios forestais. Tentando unha e outra vez acadar a imprescindible sensibilización da cidadanía e os gobernantes, máis aló da súa cor política (SGHN, 2020d). Facendo fronte mesmo a absurdos intentos de silenciala con ameazas de demandas xudiciais simplemente por dicir verdades incuestionables; ameazas que, sorprendentemente (ou non), viñeron dun sindicato agrario.\nPor outra banda, o “verde Galicia” leva décadas cambiando rapidamente de tonalidade cara un “verde Australia” polo crecemento imparable das plantacións de eucalipto e a expansión incontrolada das acacias, intencionada en ocasións, favorecida polos lumes en moitos outros casos (SGHN, 2019b). Eucaliptos e acacias están a desprazar, mesmo a aniquilar en amplas zonas, as formacións forestais naturais propias de Galicia. A divulgación e denuncia das repercusións que a eucaliptización galopante está a ter a todos os niveis sobre os ecosistemas galegos e a súa biodiversidade ten sido, así mesmo, un traballo continuo de SGHN.\nSendo uns dos ecosistemas con maior biodiversidade do planeta e con nada menos que un 60-70% da súa superficie desaparecida actualmente a nivel mundial, non é de estrañar que as zonas húmidas sexan o único ecosistema cunha Convención Internacional específica dende hai agora medio século: o Convenio de Ramsar, asinado en 1972 na cidade homónima de Irán. Tampouco é de estrañar que as zonas húmidas teñan sido obxecto de especial atención por SGHN ao longo do último medio século: as lagoas de Doniños e Valdoviño en Ferrolterra, as Brañas de Sada nas Mariñas coruñesas, a lagoa de Sobrado nas Terras de Melide, as lagoas de Abanqueiro, Corrubedo e Louro no Barbanza, as Gándaras de Budiño na comarca de Vigo e o complexo húmido de Antela na chaira de A Limia. Diante da pasividade, cando non os continuos atrancos ou desfeitas, das distintas administracións públicas, a estratexia de actuación de SGHN encamiñouse moi cedo a obter os dereitos para intervir en tan valiosos ecosistemas. Así, en 1992, SGHN asinou coa Comunidade Cisterciense de Sobrado dos Monxes un acordo para xestionar durante 10 anos a lagoa homónima, no que constituíu un dos primeiros acordos de custodia do territorio en Galicia. A mesma estratexia estase a seguir a maior escala dende 2011 na Limia, onde SGHN ten un predio en propiedade, máis de oitenta predios de propiedade pública da AGADER-BANTEGAL alugados a longo prazo con obxectivos de conservación, así como media ducia de acordos vixentes de custodia compartida do territorio en predios particulares e montes veciñais en man común, entre os que se inclúe un pequeno anaco da antiga lagoa de Antela no seu estremo nordeste (SGHN, 2011b). Nada menos que unha ducia de especies raras ou ameazadas, a nivel nacional ou internacional, están a beneficiarse dos traballos de restauración ambiental de SGHN no antano gran complexo húmido Limia-Antela: un fento (Pilularia globulifera), unha planta vascular (o cardiño da lagoa, Eryngium viviparum), un invertebrado (o notostráceo Lepidurus apus), un peixe (Gasterosteus gymnurus), dous anfibios (a estroza Hyla molleri e o sapo de esporóns Pelobates cultripes) e 6 aves (a píllara pequena Charadrius dubius, a conícora ou avefría Vanellus vanellus, o bilurico patirrubio Tringa totanus, a cegoñela Himantopus himantopus, a cabra do aire ou becacina Gallinago gallinago e o mazarico Numenius arquata). Na mesma liña lévase traballando dende 2014 nas Ribeiras do Río Louro dentro da ZEC Gándaras de Budiño (SGHN, 2014b). No caso da Limia e as Gándaras de Budiño as actuacións de SGHN encamíñanse á restauración parcial dos seus ecosistemas acuáticos e forestais, polo que se encadran á perfección na Década para a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030), declarada por Nacións Unidas para previr, deter e reverter a degradación dos ecosistemas de todo o mundo, pois a experiencia coa pandemia da COVID-19 salienta a necesidade dun “plan sólido destinado á protección da natureza, de xeito que a natureza poida protexer á humanidade”.\nNo cadro do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 15, un labor fundamental para poder “deter a perda de biodiversidade” é precisamente coñecer ben a biodiversidade, eido no que a elaboración e actualización dos atlas de distribución das distintas especies presentes nun territorio é, simplemente, insubstituíble. Consciente desta realidade, SGHN lanzouse a obter unha “Aproximación á distribución dos Vertebrados terrestres de Galicia durante o quinquenio 1980-85”, subtítulo do “Atlas de Vertebrados de Galicia” que finalmente conseguiu publicar en 1995 logo dunha odisea de múltiples atrancos, sobre todo económicos pero tamén burocráticos (SGHN, 1999). Malia a longa demora na súa publicación cando xa estaba rematado, o atlas galego foi un dos primeiros a nivel estatal. O esforzo desenvolvido por SGHN e os numerosos voluntarios foi enorme, e o Atlas de Vertebrados de Galicia converteuse en obra de referencia para todos os interesados no tema, dende simples afeccionados ata investigadores, pasando polas empresas de consultoría e a propia administración para elaborar estudos de impacto ambiental e xustificar as declaracións de impacto ambiental. Por si quedaba algunha dúbida, a transcendencia deste fito adiantado ao seu tempo quedou plenamente de manifesto no ”Debate do Estado da Nación” de 1999 cando o Congreso dos Deputados instou a realización dun “Inventario Nacional de Hábitats e Taxóns… instrumento de vital importancia para o desenvolvemento e aplicación da Estratexia Española para a Conservación e Uso sostible da Diversidade Biolóxica”. A realización de ditos atlas nacionais, que contou con financiación pública, iniciouse dúas décadas despois de que SGHN comezase o “Atlas de Vertebrados de Galicia” e comezaron a publicarse a partires do ano 2003. En 2011 a Sección de Herpetoloxía de SGHN publicou o segundo “Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia” (SGHN, 2011a), que dende entón actualiza anualmente con informes de acceso libre na páxina web da asociación (SGHN, 2020a). Na mesma liña, en 1984 a Sección de Entomoloxía de SGHN lanzou o programa ESENGA (EStudo ENtomolóxico GAlego) co obxectivo de coñecer a presenza e distribución de distintos grupos de insectos en Galicia co fin último de protexelos (SGHN, 2017c). O froito máis salientable ata agora do programa ESENGA é o “Atlas e libro vermello de Carabini, Cychrini e Lucanidae (Insecta, Coleoptera) de Galicia” publicado en 2015 (Rey Muñiz, 2015), pero a vista xa está posta nun próximo atlas sobre as bolboretas diúrnas de Galicia, do que se pode considerar un aperitivo a publicación o pasado ano de “Papilionoidea do Parque Natural Enciña da Lastra (Ourense, Galicia)” (Rey Muñiz et al., 2021).\nSi os estudos de distribución da biodiversidade autóctona son imprescindibles para poder protexela, igualmente importante e coñecer a repartición das especies exóticas, nomeadamente das invasoras que son actualmente unha das principais ameazas para a conservación da diversidade biolóxica, tanto en Galicia como no resto do mundo. Ben consciente deste feito, a Sección de Botánica de SGHN lanzouse en 2015 á difícil tarefa de elaborar un Atlas de Flora Exótica Invasora de Galicia, que se atopa aínda na recollida de datos novos e recompilación de datos publicados (SGHN, 2017a). Cando estea rematado será unha ferramenta imprescindible para “adoptar medidas para previr a introdución de especies exóticas invasoras e reducir de forma significativa os seus efectos nos ecosistemas terrestres e acuáticos e controlar ou erradicar as especies prioritarias” como se demanda expresamente no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 15.\nOs datos contidos nos estudos e informes feitos por SGHN, en solitario ou en colaboración con outras entidades, resultaron decisivos para a declaración das cinco zonas húmidas galegas de importancia internacional incluídas na lista Ramsar (ría de Ribadeo, ría de Ortigueira, Lagoa e areal de Valdoviño, Complexo das praias, duna e lagoas de Corrubedo, Complexo intermareal Umia-Grove-Carreirón), así como para a creación do Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra (SGHN, 2002b), a declaración da Zona de Especial Protección para as Aves de A Limia e a inclusión da Illa de Cortegada no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Lamentablemente, polo de agora ditos estudos e informes non conseguiron a declaración da Serras de Ancares e O Courel, nin do Monte Pindo, como Parques Naturais. Os informes elaborados por SGHN foron, así mesmo, determinantes para a protección dos hábitats de oito especies no Plan de Ordenación do Litoral, e a inclusión de diversas especies de insectos y vertebrados no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, así como da prohibición total da caza da perdiz charrela (Perdix perdix), a avefría ou conícora (Vanellus vanellus) e, nalgúns concellos ourensáns, da cabra do aire ou becacina (Gallinago gallinago). Pola contra, hai que lamentar que os chamamentos feitos dende os anos 70 para prohibir a caza da pita do monte (Tetrao urogallus) caeron en saco roto durante demasiado tempo e cando a administración quixo reaccionar xa era demasiado tarde e a pita do monte pasou a engrosar a lista de especies extintas en Galicia. Oxalá non aconteza o mesmo coa camariña (Corema album) que SGHN solicitou en 2018 incluír no Catálogo Galego de Especies Ameazadas co apoio de todos os vogais do Observatorio Galego da Biodiversidade (agás dos nomeados pola Xunta de Galicia) e que durme nalgún caixón da Consellería de Medio Ambiente (SGHN, 2019a).\nSi ben as devanditas actuacións a prol da biodiversidade mariña e terrestre no cadro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 14 e 15 levan sempre asociada unha compoñente clara de bioculturalidade (só se aprecia e defende o que se coñece), un dos proxectos estrela desenvolvidos por SGHN tivo como primeiro obxectivo a compoñente biocultural. Este foi o da “Escola Taller Braña” na Ribeira Sacra (Loureiro, Nogueira de Ramuín, Ourense) dende 1989 ata 1992, que contou con financiación do Instituto Nacional de Emprego e o Fondo Social Europeo. Con módulos de medio ambiente, turismo ambiental, carpintería, albanelaría e cantería, a “Escola Taller Braña” puxo o seu gran de area na formación ambiental e profesional de máis de medio cento de desempregados no medio rural e apoiou logo a súa constitución nunha cooperativa que, trinta anos despois, aínda existe.\n2. “... DIVULGAR para defender e conservar o patrimonio natural galego”\nComo ben reflicte a destacada posición no seu lema, o labor divulgativo é unha peza esencial nos traballos de SGHN a prol da protección do patrimonio ambiental galego. As actividades desenvolvidas e os materiais publicados son múltiples e diversos.\nEntre as actividades de divulgación compre salientar a organización de congresos especializados (ornitoloxía, micoloxía, mamíferos mariños), a realización de charlas, conferencias e cursiños sobre temas moi variados (arborado, biodiversidade, contaminación, entomoloxía, espazos protexidos ou que deberan protexerse, herpetoloxía, incendios forestais, minería, residuos, zonas húmidas,...), a participación en mesas redondas e a organización de xeiras ou roteiros naturalistas divulgativos por toda a xeografía galega.\nUn labor gris e xeralmente pouco agradecido é a participación moi activa nos trámites de consultas previas e/ou de información pública das novas normativas sobre temas ambientais, así como dos plans e proxectos, tanto públicos como privados, con posibles afeccións sobre o medio ambiente. Como mostra da magnitude deste traballo baste sinalar que, en promedio, SGHN personouse en 278 asuntos (leis, plans ou proxectos) cada ano durante o último quinquenio. Arroteamentos, concentracións parcelarias, contaminación, granxas industriais, instalacións enerxéticas (encoros, parques eólicos, centrais térmicas, tendidos eléctricos), leis e plans da administración, minería e residuos constitúen o groso dos proxectos aos que SGHN presenta alegacións. Nalgunhas ocasións este labor, normalmente gris, acada unha enorme relevancia e transcendencia pública cando, máis aló dos efectos ambientais, o proxecto en cuestión ten potencialmente unha forte incidencia social (sanitaria e/ou sobre o medio de vida). Exemplos paradigmáticos son os casos da mina de ouro de Corcoesto (SGHN, 2014a) e a de cobre de Touro, que desencadearon unha intensa contestación social en 2013 e 2015, así como o ‘vendaval de proxectos eólicos’ dos últimos dous anos. Tan só para o caso de Corcoesto, SGHN impartiu 11 conferencias, concedeu 36 entrevistas, difundiu tres publicacións científicas decisivas e lanzou unha campaña en Change.org que recolleu máis de 244.000 sinaturas (SGHN, 2014a). Os temas de maior interese e posibles repercusións ambientais son regularmente enviados a todos os medios de comunicación (axencias, prensa escrita e electrónica, radio e televisión) e aos grupos políticos, ademais de publicarse na páxina web e as redes sociais de SGHN. A acollida dos comunicados ou posicionamentos de SGHN nos medios de comunicación e nos partidos é moi variable, dependendo do tema, do momento e dos intereses particulares de cada quen: non enfadar aos anunciantes ou patrocinadores importantes (sexan privados ou institucionais) no caso dos medios de comunicación, situación do partido político no goberno ou na oposición, coincidencia cunha oportunidade política ou electoral, etc.\nEntre os materias publicados a lista é verdadeiramente longa e variada. Como Grupo Ornitolóxico Galego publicáronse tres números do boletín Bubela entre 1973 e 1975. Xa como SGHN, en 1977 nace “Braña”, a primeira revista científica en galego (SGHN, 2001b). Nun primeiro momento pensouse en chamala “Fisterra”, pero finalmente foi “Braña” o nome elixido, por diante doutras tres alternativas que tiñan así mesmo dúas sílabas e cinco letras: “Campa”, “Furna” e “Lubre”. Como era de agardar, o principal atranco para a publicación de “Braña” foi sempre o económico. Inicialmente o problema foron os elevados custes de impresión, que foron substituídos polo custe desorbitado da distribución cando o primeiro se reduciu enormemente grazas á informática, mentres que os envíos postais comezaron unha imparable escalada de prezos ata o punto de superar os gastos de edición e impresión. A traxectoria de dez números (once volumes) en papel de “Braña” percorre 26 anos de divulgación científica e ambiental, ata que en 2013 foi case completamente reemprazada pola edición electrónica bilingüe galego-inglés e de acceso libre, que leva xa nove números publicados, dispoñibles como os anteriores (hoxe dixitalizados) na páxina web de SGHN (SGHN, 2001b).\nHai agora 40 anos, en 1982 publicouse o primeiro número de “Paspallás” o boletín divulgativo para os socios de SGHN, que vai xa polo seu número 57, todos eles dixitalizados e dispoñibles na páxina web de SGHN (SGHN, 2001c). En aras á redución da pegada ecolóxica e para non trasladar aos socios o enorme incremento dos custes en plena gran crise económica, o “Paspallás” voou cara unha edición e distribución case exclusivamente electrónica en 2006 a partires do seu número 40 (SGHN, 2001c).\nCombinados coa realización de saídas naturalistas de divulgación, no último cuarto do século XX e primeiros anos do XXI, SGHN publicou sete roteiros naturais e de sendeirismo para zonas de sobranceiro interese natural como a Lagoa da Frouxeira (1977, 1985), Ferrolterra (1984, 2001), Corrubedo (1987), Lagoa de Doniños (1990) e a Ribeira Sacra (1991).\nOs “Voceiros” sobre temas ambientais de actualidade ocupan tamén un espazo destacado entre as publicacións divulgativas de SGHN. Cabe salientar “O asunto nuclear” (González Gurriarán, 1978), editado cando máis candente estaba a oposición ao proxecto de central nuclear de Xove en Lugo, e “As baleas cara á extinción” (Piñeiro Seage et al., 1982), no cadro da campaña iniciada en 1980 pola defensa dos mamíferos mariños e contra das tres factorías baleeiras existentes en España, todas na beiramar. Mentres que a ameaza nuclear e a caza das baleas son, afortunadamente, cousas do pasado en Galicia, o dito en “Os incendios dos montes” (Cortizo Amaro, 1983), “Incendios forestais” (SGHN, 1985; 1991. e “O lobo” (Penas Patiño, 1985) segue a ser, por desgracia, de plena actualidade.\nNun formato completamente diferente, pensado para humanos de 9 a 99 anos, a Sección Antela publicou “Un conto de verdade: a historia de Antela contada por unha cegoña” (González e Silvar, 2011) para divulgar os valores ambientais que aínda conserva A Limia e recadar fondos para as iniciativas de conservación e recuperación de zonas húmidas e outros hábitats de interese ambiental que desenvolve ao longo da chaira limiá. Unha vez esgotada a publicación inicial en papel, só en galego, o conto está agora dispoñible en PDF (previa doazón simbólica de dous euros) na páxina web de SGHN en seis idiomas: galego, castelán, catalán, francés, inglés e portugués.\nEntre os informes elaborados e difundidos por SGHN cabe salientar o adicado a “Os macizos montañosos ourensáns” (Rodríguez Gracia, 1985), o “Informe final Programa arao” (Rodríguez Silvar et al., 1991) co resume dos resultados do proxecto LIFE homónimo da Unión Europea, as “Consideracións e propostas para a reestruturación medioambiental do Complexo Intermareal Umia-O Grove e Istmo da Lanzada (Pontevedra)” (1994), a “Proposta de Parque Natural das Serras do Courel, de Cereixidos, dos Cabalos, de Enciña da Lastra o os Montes de Oulego (Lugo, Ourense e León)” (SGHN, 2002b) que formulaba a creación dun gran parque natural inter-comunitario de 88.732 ha, e a “Proposta de inclusión da Camariña (Corema album) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de Vulnerable” (2018) para garantir a protección e conservación dunha especie tan emblemática e vencellada a beiramar galega, e a súa toponimia, como a camariña. Noutro orde de cousas, débese tamén indicar o envío do “Programa pola Terra” de Amigos da Terra, FEG e SGHN ós partidos políticos con 12 propostas pola sustentabilidade na seguinte lexislatura do Parlamento Galego.\nNo que agora se podería incluír nunha categoría de eventos “híbridos” polo recurso a formatos tradicionais de conferencias-mesas redondas combinado coa dispoñibilidade das súas gravacións na web e redes sociais de SGHN, non se poden esquecer as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas anualmente pola Delegación de Pontevedra da SGHN dende 2017 (SGHN, 2021), de xeito presencial as tres primeiras edicións e forzosamente telemáticas as dúas últimas por mor das limitacións sanitarias derivadas da pandemia da COVID-19.\nNos últimos anos SGHN vén realizando un gran esforzo na elaboración de fichas divulgativas sobre a diversidade biolóxica de Galicia. Actualmente, están xa dispoñibles as correspondentes a 27 especies de liques (SGHN, 2020c), 51 especies de flora exótica invasora (SGHN, 2017d), 122 especies de bolboretas en 11 fichas (Rodrigo Dapena, 2015), 14 especies de anfibios en 3 fichas (Asensi Cabirta e Rodrigo Dapena, 2018) e 5 especies de aves nunha ficha (Rodríguez Pomares e Rodrigo Dapena, 2018). As fichas están libremente dispoñibles en PDF na web de SGHN, pero tamén están á venda impresas e plastificadas para seu uso no campo.\nComo non podería ser doutro xeito nos tempos que corren, aínda mantendo a divulgación con materiais clásicos como camisetas, carteis, marcapáxinas ou pegatinas, o recurso ás posibilidades que brinda internet non para de medrar, con presencia na web (www.sghn.org), Facebook (@SociedadeGalegadeHistoriaNatural), Twitter (@SGHN_Galicia), Instagram (@soc.galegahistorianatural) e Youtube (UC3AO0i6NAy_-g9AdDNqxL_Q).\nPor último, tratándose dunha ONG rexional sen ánimo de lucro, seguramente a actividade máis singular de divulgación de SGHN é a de ter nada menos que un Museo de Historia Natural no centro de Ferrol dende 1991 (SGHN, 2001a). Un museo constituído cun ímprobo esforzo de incontables voluntarios e que se mantén aberto ao público, con acceso gratuíto, grazas a un convenio que se renova anualmente co Concello de Ferrol, independentemente da cor política da corporación, dende hai máis dun cuarto de século. Da exposición permanente do Museo de Historia Natural de SGHN son especialmente salientables as pezas relacionadas co medio mariño con esqueletes e dermoplastias de peixe lúa, tartarugas mariñas, baleas (incluído un esquelete de 18 metros), cachalotes, arroaces, caldeiróns e candorcas, ademais dun calamar xigante e unha rara quenlla fuciñuda. Mención aparte merecen tanto a colección conquiliolóxica do Contraalmirante ferrolán Claudio Montero y Gay, con exemplares de Filipinas e Cuba doada pola súa familia, e os holotipos (espécimes en base aos que se describe para a ciencia unha nova especie) de catro especies de zifios fósiles de hai quince millóns de anos, exemplares únicos de incalculable valor científico. Ademais conta con mostras de herbarios, algarios e coleccións de insectos e vertebrados terrestres. A meirande parte das pezas expostas non son de exemplares sacrificados para a súa incorporación ao museo, senón que proceden de capturas accidentais por barcos pesqueiros, espécimes atopados mortos (abeirados, atropelados,...) ou que morren en centros de recuperación. O Museo de Historia Natural recibe máis de oito mil visitantes anuais, tanto de residentes como de turistas, de todas as idades, con visitas guiadas baixo demanda e, dende 2021, con visitas virtuais en liña para centros educativos. O servizo divulgativo do Museo de Historia Natural complétase coa Biblioteca da Natureza Xavier Sóñora.\n3. Importancia da comunicación na procura dos ODS 14 e 15\nAgás a campaña a prol da moratoria da caza das baleas, pódese afirmar que ningunha iniciativa importante de conservación ambiental en Galicia triunfou exclusiva, ou principalmente, por motivos estritamente ambientais. En todos os casos houbo tamén unha forte compoñente socio-económica, de saúde pública e/ou de rexeitamento ao que se considera unha agresión ‘externa’. Vexamos algúns dos exemplos máis salientables.\nUn exemplo paradigmático é o da mobilización contra os vertidos radioactivos na fosa atlántica. Un agresor externo (os gobernos de Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Italia, Reino Unido, Suecia e Suíza) estaba a verter uns residuos perigosos lonxe das súas fronteiras pero preto da nosa beiramar, ameazando os recursos mariños (fonte de alimentos, riqueza e postos de traballo) e potencialmente a saúde dos cidadáns a traveso do consumo de alimentos con contaminación radioactiva. Ademais, os efectos socioeconómicos dun desastre impactarían sobre todo na franxa costeira, de lonxe a máis poboada e na que se asentan os medios de comunicación máis fortes. Obviamente, os vertidos eran e son unha auténtica bomba de reloxería para todo o ecosistema mariño pero, agás para os máis concienciados, este non deixaba de ser un motivo secundario. A guinda da mobilización foi a viaxe épica do Xurelo, un pequeno pesqueiro de baixura con catorce activistas galegos a bordo e que, por mor dunha avaría no buque de Greenpeace ao que ía apoiar, atopouse só en alta mar fronte aos cargueiros, escoltados por buques de guerra holandeses, que vertían os bidóns con residuos radioactivos. O resultado deste “pensa global, actúa local” combinado coa forza internacional de Greenpeace foi espectacular, conseguindo que se prohibise o vertido ou soterramento de residuos radioactivos no leito mariño en aplicación da “Convención sobre a Prevención da contaminación do mar por vertidos de residuos e outros materiais” ou “Convención de Londres”.\nAo longo do último século foi medrando unha longa lista de accidentes de petroleiros que asolaron as costas galegas (SGHN, 2002a): McAndrew (Reino Unido) en 1917, Boris Sheboldaeff (Rusia) en 1934, Nord Atlantic (Alemaña) en 1943, Janina (Francia) en 1957, Bonifaz (España) e Fabiola (Francia) en 1964, Spyrus Lemos (Liberia) en 1968, Polycommander (Noruega) en 1970, Jakobs Maerks (Dinamarca) en 1975, Urquiola (España) en 1976, Andros Patria (Grecia) en 1978, Aegeam Sea (Grecia) en 1992 e Prestige (Liberia-Grecia) en 2002. Este último colmou o vaso e, ao berro de Nunca máis!, houbo unha mobilización cidadá sen precedentes en repulsa pola nefasta xestión oficial da marea negra do Prestige e de loita para tentar mitigar os seus efectos sobre os ecosistemas mariños e litorais. Podemos asegurar que Nunca máis! de seguro non se tería producido neses termos se non fose polas dramáticas consecuencias sobre recursos económicos da maior importancia na franxa litoral (pesca, marisqueo, turismo), ameazando a calidade e cantidade de toda a variedade de alimentos de orixe mariño e a saúde dos consumidores.\nOs éxitos das campañas do Xurelo e de Nunca máis! contrastan coa pouca ou nula preocupación pola contaminación directa do medio mariño litoral debida a accións e inaccións propias – como os vertedoiros de lixo a carón do mar (A Coruña, Laxe, Baiona,...), verteduras de augas residuais sen depurar das principais aglomeracións urbáns e industriais (A Coruña, Pontevedra, Vigo) - que continuaron durante décadas, amosando unha preocupación moito menor pola contaminación galega que pola foránea. O éxito de Nunca máis! contrasta tamén co estrepitoso fracaso dos galegos na loita contra as outras mareas negras, as que de xeito recorrente arrasan a lume e auga (incendios e erosión) os nosos montes de xeito silencioso ... agás que se acheguen demasiado á autoestrada ou autovías e ás zonas máis densamente poboadas da beiramar.\nO terceiro exemplo é o das campañas e mobilizacións cidadás contra o proxecto de explotación da mina de ouro en Corcoesto pola empresa canadiana Edgewater Exploration. A campaña inicial baseada sobre todo en cuestións ambientais discorría cunha feble acollida social e pouca repercusión nos medios de comunicación, especialmente na radio e televisión públicas galegas, así como nalgún grupo editorial próximo ao proxecto. A situación cambiou radicalmente cando se destaparon os enormes riscos de contaminación por arsénico e de que estoupara a balsa de residuos mineiros, con impactos directos sobre a saúde, o medio de vida e a propia vida das persoas. Unha brillante colaboración das principais asociacións ambientais galegas coas plataformas de afectados e a disposición das novas canles de comunicación a traveso das redes sociais, xunto coa magnífica cobertura nalgúns medios de ámbito nacional, conseguiron pasar por enriba do bloqueo informativo do principal grupo editorial galego e dos medios públicos da Xunta de Galicia. Si o Xurelo foi a guinda da campaña contra os vertidos radioactivos na fosa atlántica, a recollida de sinaturas en Change.org contra a mega-minería apoiada nun magnífico vídeo que arrasou nas redes sociais e a multitudinaria manifestación baixo o lema de Galicia non é unha mina! supuxeron un punto de inflexión decisivo que forzou o rexeitamento do proxecto pola Xunta de Galicia por cuestións técnico-económicas cando xa lle outorgara unha declaración de impacto ambiental positiva. Para sorpresa de Edgewater, da Xunta de Galicia e de algún importante grupo mediático, a campaña contra a mina de Corcoesto gañouse en Internet e as redes sociais, poñendo de manifesto que o control dos medios de comunicación clásicos xa non abondaba para controlar a información. Pouco despois, o proxecto de reabrir a mina de cobre de Touro por unha asociación de empresas (chinesa, galega) enfrontouse coa oposición ecoloxista e cidadá, organizada de xeito semellante ao caso de Corcoesto, polos problemas de contaminación das augas (drenaxe ácidos de mina, metais pesados) na bacía do Ulla ata a ría de Arousa e os riscos para a poboación e os medios de vida en caso de que rebentase algunha das xigantescas balsas con residuos mineiros (SGHN, 2020b).\nPero mentres as campañas contras as minas de Corcoesto e Touro foron senllos éxitos na defensa ambiental, as louseiras seguen a devorar O Courel e Valdeorras a Quiroga e Carballeda de Valdeorras en xigantescos buratos negros (SGHN, 2022): o último destes dous concellos leva sacrificado nada menos que o 11% do seu territorio nos altares da minería e o “progreso”. Lonxe dos principais núcleos de poboación, sen efectos moi visibles sobre a saúde humana e inicialmente de propiedade galega (hoxe en boa parte en mans de multinacionais ou fondos de investimento estranxeiros), as iniciativas para que polo menos cumpran estritamente a lexislación ambiental estiveron abocadas ao fracaso malia o terrible impacto sobre a paisaxe e o medio natural.\nOutro exemplo podería ser o dos impactos da proliferación incontrolada e desmedida de granxas industrial sen base territorial e a pésima xestión dos residuos gandeiros (zurros, estercos) na cabeceira da bacía do río Limia (SGHN, 2019c). SGHN levaba anos alertando das súas consecuencias sobre o recurso auga, en calidade e cantidade, e os ecosistemas acuáticos do antano magnífico complexo húmido Limia-Antela, sen resultado algún. Veciños e autoridades quedaron abraiados pola espectacular proliferación de cianobacterias tóxicas no encoro das Conchas en 2011, negándose a aceptar a orixe do problema ata que a insistencia de SGHN con datos oficiais e estudos científicos conseguiu pouco a pouco convencelos. Pero nada se fixo para resolver o problema orixinado augas arriba. Tan só a partires de 2020, cando diversas poboacións da chaira limiá quedaron sen auga potable debido á contaminación por nitratos, comezou unha mobilización cidadá reclamando Auga limpa xa!\nDestes exemplos pódense aprender varias leccións. A primeira, lamentablemente, é que a concienciación ambiental en Galicia é realmente bastante inferior ao desexable e mesmo ao que o común dos cidadáns respostaría nunha enquisa. A segunda é que si non se tocan as fibras máis sensibles da poboación, é dicir, saúde, esperanza de vida e riqueza económica, as campañas de defensa ambiental para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 14 e 15 teñen (moi) poucas posibilidades de éxito. A terceira é que a resposta cidadá é moito maior fronte as desfeitas ambientais causadas por un inimigo ou agresor externo que fronte as ocasionadas polos propios galegos. A cuarta é que para que unha campaña ambiental sexa exitosa son imprescindibles as sinerxias entre as principais organizacións ecoloxistas e naturalistas galegas coas plataformas de veciños afectados, exprimindo ao máximo as posibilidades de difusión da información mediante Internet e as redes sociais. Por último, pero non por iso menos importante, a información que manexen e difundan as organizacións ambientalistas debe ser seria e rigorosa, pero transmitida de xeito claro e didáctico."} {"summary": "Este traballo presenta os resultados preliminares da intervención arqueolóxica desenvolvida en 2022 no Castelo do Faro, o xacemento arqueolóxico situado a maior altitude da provincia de Pontevedra (1148 m s.n.m.). Este recinto fortificado non se caracteriza pola monumentalidade das súas estruturas arqueolóxicas ou pola abundancia de cultura material, factores que dificultan o seu encadre cronolóxico e que en boa medida se relacionan coa escasa potencia estratigráfica que adoitan presentar os cumios das montañas. Tal feito obriga ao desenvolvemento de metodoloxías que combinen diversas técnicas e ferramentas co fin de optimizar a obtención de información arqueolóxica relevante. Así, no marco deste proxecto explorouse o potencial e limitacións de varios métodos de teledetección e prospección xeofísica conxuntamente con aproximacións máis estendidas na disciplina, como as prospeccións artefactuais e por metalodetección, a escavación de sondaxes exploratorias ou a toma de mostras para datación absoluta por métodos físico-químicos (14C e OSL). A correcta adscrición crono-funcional deste sitio resulta relevante para avanzar no coñecemento das paisaxes arqueolóxicas de alta montaña en Galicia.", "text": "FACER FALAR A ESPAZOS MUDOS: METODOLOXÍA ARQUEOLÓXICA PARA O ESTUDO DO CASO DO CASTELO DO FARO (COVELO, PONTEVEDRA)\n\nNo ano 2020, varios integrantes do colectivo de investigación Romanarmy.eu1 documentaron, empregando diversos métodos de teledetección, un recinto nas proximidades do Faro de Avión. O sitio localízase a 1148 m de altitude, dentro dos límites da parroquia de San Salvador de Prado (Covelo, Pontevedra) (coordenadas UTM ETRS89, H29 X560523, Y4684130), a carón do nacemento do río Tea en Fonte Tea e preto do límite de linde entre os concello de Avión, Covelo, Melón e Carballeda de Avia. O solo está catalogado como rústico común.\nO recinto, de planta con tendencia ovalada, cinguía un espazo de en torno ás 5 ha nun dos puntos máis elevados da serra homónima. A revisión da fotografía aérea histórica revelou que a súa forma e orientación non se correspondían en ningún caso co parcelario actual e que se trataba dun elemento de certa antigüidade.\nTrala pertinente comprobación en campo, documentouse que o espazo estaba delimitado por unha posible muralla derruída que rodeaba o lugar do Castelo. Esta estrutura, inferior ao metro de anchura, caracterizábase polo uso de laxes graníticas extraídas na contorna e chantadas verticalmente formando os paramentos exteriores e un recheo de cachotería en seco do mesmo material. No lenzo oeste do recinto eran visibles ademais unha serie de estruturas anexas de planta rectangular. A súa funcionalidade non puido definirse naquel momento, se ben semellaban torres ou reforzos. Non foi posible identificar ningún acceso ao recinto nin a presenza doutras estruturas ou materiais ao interior, dificultando así a súa caracterización morfotipolóxica.\nDurante estes traballos puidemos documentar diversas afeccións que comprometeron a conservación integral do sitio. Así, o recinto atópase seccionado de maneira lonxitudinal no seu sector sur por unha pista que da acceso a tres aeroxeradores construidos nos primeiros anos do s. XXI [Fig. 2]2. Dúas destas instalacións sitúanse ao interior da zona delimitada pola muralla, pero a construción da última implicou a destrución de boa parte das estruturas perimetrais no sector norte. A existencia do sitio no se recolleu nos estudos de impacto ambiental do parque eólico, quizáis por tratarse dun tipo de xacemento escasamente documentado en Galicia ata datas recentes.\nRevisada toda a documentación recompilada logo desta primeira aproximación ao sitio, considerouse que se trataba dun xacemento arqueolóxico, polo que a súa existencia comunicouse á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para a súa catalogación e protección3. Se ben as evidencias documentadas ata a data non permitían unha adscrición funcional e cronolóxica estrita, ofreceuse a hipótese de que se tratase dun recinto fortificado considerando aspectos como a extensión, localización e escasa materialidade do sitio, unidos a experiencias investigadoras previas e paralelos identificados na bibliografía científica actual. Sen excluír outras opcións, apuntouse cara un campamento romano (Costa-García; Fonte; Gago Mariño 2019) ou ben un asentamento de época tardoantiga-altomedieval (Fernández Pereiro 2019b). En 2021 iniciáronse as xestións para o desenvolvemento dunha intervención arqueolóxica que permitise afondar no estudo do sitio e clarificar o que, ata o momento, seguía a ser un misterio arqueolóxico. Grazas á promoción do Concello de Covelo co financiamento da Deputación de Pontevedra e á aportación por parte da Universidade de Salamanca (USAL) e o Incipit (CSIC) de personal e equipamento científico púidose finalmente executar en 2022 unha intervención arqueolóxica integral facendo uso de metodoloxías avanzadas e complementarias para o estudo de espazos arqueolóxicos efémeros cos obxectivos de documentar a cronoloxía e funcionalidade do Castelo do Faro. Os seus resultados preliminares sintetízanse nas seguintes liñas.\nMetodoloxía\nUn dos principais obxectivos científicos do colectivo Romanarmy.eu é o estudo arqueolóxico da expansión romana no noroeste da península ibérica (Costa García et al. 2021). Con este fin, a experiencia acumulada da equipa permitiu a sistematización dunha metodoloxía propia para o estudo e caracterización de asentamentos militares de carácter temporal ou estacional (García Sánchez et al. 2022; González-Álvarez et al. 2019). Estes atópanse con frecuencia en zonas de montaña, de difícil acceso, cunha sedimentación de pouca intensidade e estruturas moi arrasadas polo paso do tempo. Se a estes factores sumamos unha ocupación humana pouco dilatada no tempo destes espazos, a posibilidade de recuperación de materiais arqueolóxicos é reducida, sendo necesario deseñar estratexias metodolóxicas multidisciplinares para maximizar a recollida de información.\nNo sitio de Castelo do Faro, formulouse en primeiro lugar unha prospección combinando distintas tecnoloxías de teledetección (LiDAR, fotografía aérea, imaxes satelitais, uso de drons para a xeración de ortofotografías e modelos dixitais de superficie) seguindo os protocolos máis estendidos ao uso para a identificación e análise de potenciais elementos arqueolóxicos (Parcero-Oubiña 2021, Forte; Campana 2016, Mlekuž 2013, Kokalj; Hesse 2017, Luo et al. 2018, O'Driscoll 2018, Pecci 2020).\nA teledetección complementaríase in situ coa prospección arqueolóxica extensiva intra e off-site (Corsi; Slapšak; Vermeulen 2013) co obxectivo de avaliar o estado de conservación das estruturas arqueolóxicas visíbeis, documentar e recuperar cultura material en superficie e identificar outros elementos relevantes. Así mesmo, permitiunos definir a localización óptima das sondaxes arqueolóxicas.\nDesenvolveuse igualmente unha prospección empregando detectores de metais en zonas previamente seleccionadas ao interior e exterior do perímetro defensivo co obxectivo de calibrar a densidade de materiais sitio e recuperar elementos superficiais que permitisen afinar a súa caracterización crono-funcional. Trátase dunha práctica estendida na arqueoloxía histórica en zonas onde non se recoñecen secuencias estratigráficas complexas (Noguera; Ble; Valdés Matías 2015, Bellón Ruiz et al. 2017, Johnson 2020, Haecker; Scott; Severts 2019). Deste xeito, prospección organízase definindo transects ou rúas duns 2-3 m de anchura en cadros xeoposicionados previamente, facilitando a cobertura total e sistemática dunha área determinada. Loxicamente, a recuperación dos materiais metálicos detectados prodúcese seguindo unha metodoloxía arqueolóxica mediante a apertura de micro-sondaxes (30x30 cm) que son documentados fotográfica e topograficamente cun GPS-RTK centimétrico.\nCo fin de identificar a presenza doutros elementos arqueolóxicos non recoñecibles en superficie, explorouse un sector do sitio con métodos xeofísicos. A prospección magnética con gradiómetro é un dos métodos xeofísicos máis empregados en arqueoloxía (Fassbinder 2014, Martorella 2021, Tol et al. 2021, Ariño et al. 2019). Esta técnica baséase na presenza de magnetita ou maghemita na práctica totalidade dos chans. A actividade humana acrecenta as concentracións destes materiais nos horizontes antrópicos (procesamento de mineral, realización de lumes, construcións) ou ben por outros fenómenos relacionados coa formación xeolóxica dos chans ou pola presenza de bacterias magnetostáticas. Logo de definir dez mallas de prospección de 20 x 20 m, estas varréronse sistematicamente cun Gradiómetro Bartington Grad601.\nO tratamento dos datos levouse a cabo empregando o software libre Snuffler. O postprocesado dos mesmos limitouse ao máximo, co fin de evitar a sobrerrepresentación de anomalías magnéticas producida por unha manipulación excesiva. Inicialmente aplicamos un destripping, para diminuír o efecto de bandeado, moi habitual neste tipo de prospeccións. Posteriormente realizouse unha interpolación vertical e horizontal dos píxeles para facer máis visibles os resultados para o ollo humano. Finalmente realizouse un recorte ou clippeado dos datos (doutra forma as anomalías arqueolóxicas máis tenues son invisibles) que descartou o 1% dos sinais máis extremos de signo negativo e positivo. Os produtos resultantes destacan as anomalías comprendidas entre -0,38 e + 0,37 nT.\nUnha vez recadados todos estes datos, abríronse dúas sondaxes arqueolóxicas co obxectivo caracterizar as estruturas detectadas, recuperar cultura material presente no sitio e tomar mostras para datación por radiocarbono (14C) e luminiscencia opticamente estimulada (OSL) (Taylor; Bar-Yosef 2014,\nSanjurjo-Sánchez et al. 2020). O método de datación radiocarbónica é un dos métodos físico-químicos máis estendidos en arqueoloxía para coñecer a idade absoluta de diferentes elementos orgánicos cun grao de precisión relativamente alto (Bowman 1990). Pola súa banda, a datación por luminiscencia opticamente estimulada é un conxunto de métodos de datación dosimétricos, é dicir, baseados no efecto da radiación ionizante nos átomos de materiais inorgánicos, que comeza a ter unha ampla aplicación en arqueoloxía (Sanjurjo-Sánchez et al. 2020).\nA escavación seguiu o método Harris para a documentación de secuencias estratigráficas (Harris 1979), cun rexistro axustado ás convencións máis estendidas na disciplina (Parcero Oubiña; Méndez; Blanco-Rotea 1999). O proceso de escavación documentouse de xeito detallado fotográfica (Dorrell 2010) e fotogrametricamente mediante a técnica de correlación automática de imaxes ou structure for motion (SfM) (Remondino and Campana 2014) no software Agisoft Metashape4. O rexisto topográfico realizouse cun GPS centimétrico.\nUnha vez rematada a intervención, procesouse e analizouse a información cartográfica e xeoespacial xerada para a elaboración de planimetrías e material gráfico ilustrativo. Tratáronse os materiais arqueolóxicos recuperados, incluíndo a súa limpeza e conservación e restauro, inventario e adscrición tipolóxica e crono-cultural. Finalmente interpretáronse os datos arqueolóxicos recuperados para a contextualización histórica do sitio e a elaboración dos informes e sínteses finais derivadas do traballo de investigación proposto.\nDebe sinalarse, por último, que de xeito paralelo aos traballos de investigación arqueolóxica, aplicouse unha estratexia de comunicación a socialización multiaudiencia (Gago Mariño et al. 2017) a través da elaboración de comunicados de prensa, organización visitas guiadas ao sitio, difusión a través das redes sociais dos traballos realizados sobre o terreo ou a realización de conferencias na área de estudo.\nResultados da intervención\nProspección\nA combinación de datos xerados mediante teledetección e prospección superficial permitíronnos definir con maior precisión o perímetro defensivo do Castelo do Faro, que mostra un desigual grado de conservación. Deste xeito, recoñécese un recinto irregular duns 300 m de longo no seu eixo SE-NO por uns 120 de ancho no eixo NE-SO.\nNa zona máis meridional, as estruturas cínguense a unha elevación e como resultado debuxan un semicírculo. Neste sector, o muro chega a asentarse nalgúns puntos directamente sobre os grandes penedos graníticos. Pola súa banda, o lenzo oeste é o tramo mellor conservado do sitio, de modo que os paramentos acadan unha altura de ata 50 cm nalgunhas zonas.\nPracticamente rectilíneo, axústase á pendente natural na ladeira do monte e salva no remate norte un pequeno desnivel. Presenta igualmente a peculiaridade de ser o único sector onde puidemos documentar a presenza de estruturas cuadrangulares ou rectangulares acaroadas ao exterior da muralla.\nA densa cobertura de vexetación na área este do xacemento impediu documentar con precisión o trazado do recinto neste punto, recoñecéndose ocasionalmente a presenza de laxes fincadas. O deteriodo do lenzo pode gardar relación coa retirada de pedra por parte da veciñanza na última centuria —documentada mediante o enquisado da poboación local—, así como o uso deste espazo como lugar de pasto comunal. Polo que se refire ao remate norte, parece adoptar unha forma angulosa como resultado de cinguir a elevación onde hoxe se sitúa un aeroxenerador e estenderse desde este punto cara o este intentando abranguer un pequeno saínte destacado desde o que se podería controlar visualmente todo o sector oriental do sitio.\nEn liñas xerais, podemos dicir que o sitio configura unha planta en forma de améndoa ou lingua cunha extensión máxima de 4,4 ha. Ao interior, localizouse unha estrutura circular que pasara desapercibida ata o momento. De funcionalidade descoñecida, unicamente restaba unha fiada á vista dos seus lenzos en cachotería. A maiores, identificouse un abrigo natural con indicios de ocupación humana —probablemente en tempos recentes— no esquinal noroeste, unha zona de afloramento de auga cun rebaixe rectangular no terreo na zona norte, e mais unha acumulación de pedras dun posible derrubo no sur.\nDurante a prospección superficial non foi posible documentar artefactos arqueolóxicos tales como cerámicas. Os resultados da prospección por metalodetección non foron tampouco salientables: a cantidade de materiais detectada e recollida foi mínima, limitándose a seis pezas en 0,48 ha prospectadas de modo intensivo.\nA súa cronoloxía é contemporánea ou subactual —cartuchos de escopeta, fragmentos de latas de conservas, parafusos, etc.—. O feito de que non se conserven elementos máis antigos -mesmo relacionados coa ocupación do territorio en tempos máis recentes- garda relación coa escasa potencia estratigráfica do xacemento —os afloramentos graníticos ao interior do recinto son moi frecuentes— e a elevada acidez do terreo, que non propicia a conservación de obxectos metálicos. Así mesmo, os procesos erosivos e deposicionais favorecen o lavado e arrastre da materiais ladeira abaixo. O muro que delimita o recinto actuar como barreira fixando sedimentos, pero non documentamos nas súas inmediación unha maior concentración de evidencias. De ter existido, estes elementos metálicos disgregáronse hai tempo, dinámica que xa comprobamos en contextos con ocupacións efémeras en tempos históricos (Costa-García et al. 2020, Menéndez Granda; Sánchez Hidalgo 2018).\nUn dos resultados derivados da prospección por magnetometría é a confirmación de que a presenza de elementos metálicos no sitio é efectivamente moi limitada e non se debe a unha eiva na metodoloxía, xa que a área de intervención foi practicamente a mesma (10 cadros de 20x20 m ou 4.000 m2).\nA prospección xeofísica mostra evidencias puntuais de contaminación magnética, anomalías xeradas por obxectos ou entidades que alteran sinaladamente o campo magnético —metais, conxuntos cerámicos, estruturas de combustión, etc.—. Nesta intervención a súa presenza é notablemente escasa e a súa intensidade é moi baixa. Tendo en conta a escasa potencia estratigráfica do sitio, o máis probable é que estas anomalías non respondan á presenza de artefactos férricos.\nPolo que respecta ás estruturas xa coñecidas, a anomalía que evidencia a presenza da muralla é bastante leve, pero clara. Non se aprecian interrupcións claras na mesma nos 100 m documentados, identificándose tamén un derrube que a anchea ata os 5 m. A tenuidade da anomalía magnética obedece ao feito de que está construída con material pétreo do substrato local, que aflora na práctica totalidade da superficie do lugar. A nivel magnético non hai unha diferenza importante entre a muralla e a súa contorna.\nIdentificáronse outras anomalías de máis difícil interpretación. Un primeiro conxunto define un patrón lineal de maior intensidade asociado á muralla. Outro grupo, de menor intensidade e que non describe trazados regulares, ten en común o feito de atravesar a muralla. É posible que respondan ao transito repetido de persoas ou animais, pois os camiños adoitan producir unha anomalía magnética positiva deste estilo en relación coa acumulación de materia orgánica e artefactos. Por último, cabe sinalar unha anomalía semicircular identificada na cuadrícula do extremo noroeste que coincide cunha regularización do terreo e sería interesante explorar nun futuro.\nEscavación\nUnha vez considerados os resultados das distintas prospeccións, definíronse dúas sondaxes valorativas seccionando o lenzo oeste do recinto co fin de caracterizar este elemento construtivo. A elección destas localizacións viu determinada pola mellor conservación das estruturas nestes puntos, así como pola apreciación de que aquí se acumulaba unha maior cantidade de terra. Deste xeito, o sector 100, cunhas dimensións de 5,5 x 2,5 m, planeouse co fin de documentar tanto a muralla como unha das estruturas cuadrangulares que se acaroa. O sector 200 estableceuse noutro tramo de muralla onde as laxes de pedra parecían conservarse in situ e tivo unhas dimensións de 3,5 x 1,5 m.\nA secuencia estratigráfica da sondaxe 100 non é particularmente complexa, pero achega resultados positivos. No sector central da sondaxe identificouse o lenzo defensivo oeste do recinto (UE 102), de bastante entidade e erixido directamente sobre o nivel xeolóxico. Os lenzos exteriores da muralla veñen definidos pola presenza de laxes graníticas dispostas verticalmente e calzadas, mentres que ao interior atopamos un núcleo de pedras e terra. Neste sector conservaba uns 90 cm de alto por 60 cm de ancho.\nA estrutura defensiva, cuxo uso puido ser o resultado dunha ocupación moi efémera no tempo, unha vez abandonada e amortizada, colapsa, dando lugar a un derrube de bastante envergadura cara o exterior do recinto —pendente abaixo— (UE 103) e outro de menor entidade cara ao interior (UE 104). Na zona exterior o derrubo foi escavado para comprobar a súa potencia. A súa magnitude constatou a entidade orixinal da estrutura defensiva, que puido ter unha altitude relativa destacada en relación co espazo extramuros.\nDe igual modo, comprobouse que, con anterioridade á construción da estrutura cuadrangular, foi preciso nivelar o terreo para salvar a pendente cara o exterior. Así, construíuse unha plataforma mediante a acumulación de pedras de gran tamaño (UE 109). Ao interior deste elemento documentouse outro derrube baixo o que aflorou un pequeno estrato composto de arxilas (UE 106). Supoñemos poida tratarse do nivel de uso da estrutura e asentábase sobre un depósito de pedras de pequeno tamaño.\nPor debaixo dos derrubes mencionados rexistrouse unha secuencia estratigráfica pouco complexa, propia de zonas de abundante erosión e escasa sedimentación, como son os cumios de montaña.\nNo sector 200, os resultados foron similares. O lenzo defensivo (UE 202) aséntase sobre o substrato xeolóxico, calzado (UUEE 205 e 206), pero neste caso as laxes están lixeiramente vencidas cara o exterior, polo que unicamente acada uns 60-70 cm de altura. A estrutura, unha vez amortizada pola acción de diversos axentes naturais ou antrópicos, colapsa. De igual forma ca na sondaxe anterior, o sistema defensivo vence cara ao exterior (UE 203). Con todo, o núcleo da muralla, composto a base de pedras de menor tamaño, presentaba maior entidade. Neste caso non se documentou un nivel de uso definido.\nA escavación desta zona da muralla permitiunos comprender cun alto grao de detalle o sistema construtivo do sistema defensivo. Con todo, non se documentaron materiais arqueolóxicos que nos permitisen definir o momento de construción e uso do enclave. Deste xeito, a toma de mostras para datación por OSL como por C14 AMS contemplada nos obxectivos do proxecto adquire nova relevancia de cara a adscrición cronofuncional do sitio.\nDada a escasa potencia arqueolóxica das sondaxes e a abundante presenza de raíces nos distintos estratos, foron moi poucas as mostras orgánicas que se puideron recuperar durante a intervención sen risco de contaminación recente.\nNo caso da luminiscencia, a toma de mostras priorizou o rexistro dos recheos interiores da estrutura defensiva ao considerarse que estes depósitos non foron alterados en tempos recentes, así como no posible nivel de uso e abandono de cronoloxía indeterminada5.\nDiscusión\nCaracterización do xacemento\nA intervención arqueolóxica desenvolvida en 2022 permitiunos acumular valiosa información para avanzar no coñecemento e caracterización deste xacemento. Así, os datos sosteñen a idea de que estamos ante un espazo fortificado seguindo un patrón construtivo uniforme e, que nalgúns puntos, implicou un notable esforzo para cimentar as estruturas. Ademais de poder coñecer mellor a técnica construtiva da muralla, o seu estado de conservación e afeccións, esta intervención permitiu determinar que o sistema defensivo observable a primeira ollada non se complementaba con outros elementos ao exterior como poderían ser fosos ou obstáculos doutro tipo.\nConfirmamos, iso si, que a muralla contaba con reforzos cuadrangulares a tramos regulares no seu lenzo oeste. A función destas estruturas segue sendo debatible, aínda que debe destacarse o notable esforzo que supuxo a nivelación do terreo e cimentación destes elementos empregando abondantes materiais pétreos. Isto fainos supoñer que estes elementos funcionaron quizais como torres e permitirían mellorar o control visual do perímetro defensivo, soportando incluso unha superestrutura erixida en materiais perecedoiros. Na sondaxe 1, o achado dun posible nivel de uso ao interior dunha destas estruturas parece reforzar a hipótese. Así mesmo, noutros puntos do perímetro defensivo, o recinto integra e fai uso de penas e saíntes rochosos elevados que posiblemente tiveron unha mesma función.\nDebemos ter en conta que o recinto sitúase no extremo norte da Serra do Faro, con claro dominio visual sobre a área ao norte do promontorio. Localizado nunha zona moi alta, permitiría un relativo rápido movemento dos seus ocupantes, ben cara o val do Tea, cara o Miño ou cara os montes da dorsal galega e por tanto cara o interior de Galicia. A Serra do Faro de Avión é tamén, a través dos Montes da Paradanta, un punto de conexión co sur, dando paso a outra zona montañosa, como a Serra da Peneda e a do Gerês.\nO carácter conspicuo do sistema defensivo contrasta coa ausencia, ao interior, de estruturas de entidade que poidan relacionarse co mesmo, ben sexa porque estas nunca existiron ou porque foron levantadas con materiais perecedoiros. Debe sinalarse, con todo, que non documentamos ata a data gabias ou ocos de poste e que o estado de conservación dos poucos elementos identificados era moi deficiente, a nivel de cimentación sobre a rocha nai.\nA prospección xeofísica non foi quen de identificar outro tipo de evidencias menos evidentes de presencia humana no lugar como son as estruturas de combustión. Dada a ausencia destas anomalías e tendo en conta a escasa potencia de chan, semella pouco probable a ocupación do espazo durante un período de tempo prolongado. Nestes contextos, o mero depósito de entullos ou a existencia de zonas de combustión ou concentracións cerámicas dan lugar a destacadas anomalías magnéticas que mesmo enmascaran a presenza de estruturas.\nA escasa presenza e recente cronoloxía dos materiais mobles recuperados non nos permiten tampouco afinar a cronoloxía do xacemento, que ata a data é practicamente mudo neste sentido. A ausencia de evidencias materiais de todo tipo —cerámicas, metais, líticos, etc.— logo da aplicación dunha metodoloxía que comprende distintas accións prospectivas e a escavación de sondaxes é bastante reveladora de que a ocupación humana asociada ás defensas debeu ser de carácter estacional e/ou localizada.\nEn resumidas contas, pola súa morfoloxía, patrón de asentamento, notable extensión e existencia de torres a tramos regulares, o sitio semella ter sido constuido orixinariamente cunha finalidade defensiva. Non podemos descartar, con todo, o seu uso posterior en relación cos esquemas de explotación agropecuaria desta paisaxe montañosa. O limitado das evidencias e a escasa habitalibidade do lugar non nos permite supoñer unha presenza humana numerosa durante un periodo prolongado de tempo, pero non podemos rexeitar a idea dun uso recurrente de carácter puntual ou estacional. Na construción do recinto intúese quizais a acción dun poder político ou dunha comunidade organizada coa capacidade de mobilizar recursos materiais e man de obra. Por desgraza, ata a obtención dos resultados das datacións absolutas, carecemos de elementos que nos permitan encadrar de forma precisa este excepcional fenómeno no tempo. En combinación con estos métodos, outros outros como a análise química de solos poderían axudarnos a determinar o emprego deste espazo ao longo. Un estudo en profundidade da documentación histórica das épocas medieval, moderna e contemporánea nesta zona rural permitiría reconstruir a secuencia completa desta paisaxe montañosa.\nHipóteses interpretativas\nO patrón de asentamento do recinto, unido ás súas características morfolóxicas, grande tamaño e vocación claramente defensiva permiten formular diferentes hipóteses de encadramento cronolóxico e funcional. Polo momento, non existen argumentos que permitan que nos decantemos por ningunha en concreto, sendo todas froito do debate en clave interna dentro do equipo de investigación, e externa en relación con outros especialistas.\nComo xa sinalamos anteriormente, a localización do sitio non é axeitada para unha ocupación humana dilatada no tempo pola súa escasa habitabilidade e a dificultade a recursos básicos como auga e alimentos. Por todos estes motivos inclinámonos a rexeitar que poida tratarse dun sitio erixido durante a prehistoria recente, carecendo en absoluto de paralelos para estruturas deste tipo.\nUnha das hipóteses de traballo inicial é que puidese tratarse dun asentamento militar de carácter temporal de época romana (Ss. II a.C.-I d.C.). Nestes últimos anos, a arqueoloxía ten contribuído enormemente ao recoñecemento destas realidades practicamente descoñecidas en Galicia e o Norte de Portugal (Costa-García, Fonte, and Gago 2019, Costa-García et al. 2017). A acumulación de evidencias arqueolóxicas permitiu comprobar que estas fortificacións non sempre tiñan forma de naipe, pois son numerosos os campamentos romanos que mostran plantas irregulares, especialmente en áreas de montaña (Costa-García 2018). Igualmente, a escaseza de elementos materiais nestes contextos —en particular cerámica— é algo moi frecuente (Peralta Labrador 2002).\nO punto estratéxico de control do territorio con apertura cara o Miño entraría nas lóxicas de conquista romana documentadas nos últimos anos, do mesmo xeito que o asentamento en altitude respondería ao tránsito preferente seguindo os cordais montañosos (Fonte; Costa-García; Gago Mariño 2021). Debemos ter en conta que o imperio romano é unha das poucas estruturas políticas preindustriais capaz de mobilizar suficientes efectivos como para ocupar na súa totalidade do recinto. A nivel estrutural, a tipoloxía de muros realizados mediante pedras chantadas e recheos ten sido documenta xa en varios campamentos de marcha, como Lomba do Mouro (Verea, Ourense – Melgaço, Portugal), escavado recentemente6. En contra desta interpretación debemos sinalar a ausencia de ningún tipo de acceso fortificado deste horizonte —tipo clavicula ou titulus— (Jones 2009) e a anomalía dos reforzos ou torres proxectadas, que non se documentaron polo momento en Hispania de forma tan explícita.\nOutra das hipóteses de partida establecía que o recinto puidese encadrarse durante as Tardoantigüidade ou a Alta Idade Media (Ss. IV-VIII d.C.). Coñécese en Galicia a existencia de varias fortificacións en altura de notables dimensións, algunhas delas relativamente próximas ao noso caso de estudo, como o Faro de Budiño (Fernández-Pereiro; Sánchez-Pardo; Alonso Toucido 2020) ou o Monte Aloia (Fernández Pereiro 2019a). Este tipo de asentamentos téñense interpretado como redutos defensivos que en momentos de inestabilidade política e social permitirían o refuxio temporal de grandes continxentes poboacionais. Debemos ter en conta que as estruturas defensivas destes recintos fortificados adoitan ser moito máis potentes cas vistas no Castelo do Faro, con muros de cachotaría de pedra ben traballados. Malia terse considerado tradicionalmente grandes recintos baleiros, desprovistos de estruturas no seu interior e cunha materialidade practicamente inexistente, recentes intervencións arqueolóxicas están botando por terra estas presuncións e revelando realidades moito máis complexas (Fernández-Pereiro; Sánchez-Pardo; Alonso Toucido 2020).\nA adscrición do sitio a momentos históricos máis avanzados é complicada pola ausencia de paralelos arqueolóxicos que amosen unhas dimensións tan grandes. No caso da Plena e Baixa Idade Media (Ss. X-XV) o tipo de fortificacións máis recoñecibles son os castelos, de menor tamaño e sistemas defensivos máis complexos, como por exemplo o próximo castelo de Ribadavia (Chao Castro 2016). Así mesmo, sitúanse en lugares elevados que permiten un control do territorio circundante, pero sempre a unha altitude inferior á vista no noso caso. Cabe a posibilidade de que se tratase dun campamento destas cronoloxías, pero este tipo de recintos temporais coñécense mal tanto na península ibérica como fóra dela (Taylor 2019) e resulta complicado recoñecer estruturas políticas capaces de mobilizar efectivos para levantar unhas defensas deste calibre nunha zona tan remota.\nAnalizando posibles acontecementos históricos que implicasen o movemento de continxentes de entidade nesta cronoloxía, pode evocarse en primeiro lugar a campaña de Almanzor contra Santiago de Compostela en 997. Non obstante, as crónicas da expedición detallan como esta penetra no territorio da actual Galicia aproveitando o trazado da antiga vía romana XIX e desde Tui continúa transitando pola mesma (Peinado 1952). Débese ter en conta que o xacemento sitúase a poucos quilómetros da fronteira portuguesa, existindo referencias aos ataques que realizou na raia Afonso Henriques nos anos 1130, 1132, 1133, 1137 e 1166, os cales implicarían tanto o movemento de tropas por parte do rei portugués, como a conseguinte resposta galega (Aguiar Andrade 1996). En 1169 as tropas de Fernando II de Galicia arrebatan do dominio portugués a cidade de Tui, pero descoñecemos se estas avanzaron dende o norte ou o leste (Barros Guimeráns 1994: p. 28). Posteriormente, o rei Sancho I de Portugal conquistará boa parte do sur galego en 1197, tomando prazas tan importantes como as cidades de Tui ou Pontevedra (Violante Branco 2010: p. 199). A hipótese medieval para o conxunto podería verse reforza pola presenza a carón da ermida da virxe da Xestosa, situada a 600 m en liña recta do Castelo e cunha tumba antropomorfa escavada na rocha, coincidente con estas cronoloxías (Almagro-Gorbea; Alonso Romero 2016: 276).\nPosteriormente, o seguinte momento histórico no que se produce un grande movemento de tropas na contorna da Raia é a denominada Guerra de Restauraçao na década de 1640, cando as tropas portuguesas realizan diversas incursións no territorio galego e viceversa (Blanco-Rotea 2015). Un campamento desta cronoloxía e cun muro de laxes fincadas ven de se estudar en Arcos de Valdevez (Portugal) (Blanco-Rotea 2022)7. Non obstante, trátase dun recinto moito máis pequeno e sen torres, que carecen de lóxica neste momento polo desenvolvemento da artillería e a adopción de sistemas defensivos abaluartados. A documentación histórica, máis abondosa neste momento, non recolle tampouco ningún movemento de tropas nos altos da serra do Faro de Avión.\nOs motivos que fan que rexeitemos a hipótese da Idade Moderna son os mesmos que permiten descartar cronoloxías máis recentes. Os movementos de tropas documentados durante a Guerra de Independencia (1808-12), por exemplo, non se corresponden coa lóxica do asentamento do Castelo do Faro, coa súa técnica construtiva ou o seu deseño.\nConclusións\nA intervención no recinto do Castelo do Faro tiña como obxectivo principal avanzar na caracterización do recinto identificado en 2020 para definir a súa funcionalidade e avanzar no seu encadre cronolóxico. No marco desta intervención apostouse por unha metodoloxía arqueolóxica que combina distintas técnicas de teledetección (como a prospección aérea con drons) e métodos non invasivos como a prospección xeofísica con outras accións que poden enmarcarse dentro dos métodos tradicionais da disciplina (prospección artefactual e por metalodetección, escavación de sondaxes, datacións físico-químicas absolutas).\nOs traballos permitiron documentar a —limitada— secuencia estratigráfica do xacemento, estudar con detalle as súas estruturas defensivas e métodos construtivos, permitindo corroborar ou descartar hipóteses interpretativas previas. Así mesmo, tivemos ocasión de comprobar que a ausencia de cultura material no sitio non se debe a ningunha carencia ou eiva metodolóxica, senón que garda relación probablemente tanto co contexto xeolóxico no que nos atopamos como coa propia natureza temporal do recinto fortificado. De igual xeito, a ausencia de estruturas arqueolóxicas relevantes ao interior parece reforzar esta suposición.\nPola combinación das súas características morfolóxicas, patrón de asentamento, extensión e particular mutismo no rexistro arqueolóxico, o sitio do Castelo do Faro constitúe un verdadeiro desafío para a arqueoloxía do século XXI. Desde o punto de vista metodolóxico, a intervención obrigounos a levar ao límite un amplo repertorio de técnicas e ferramentas con resultados diversos; desde o científico, resolver o misterio da súa adscrición arqueolóxica supón un fito para o avance no estudo das fortificacións en altura e das paisaxes arqueolóxicas da alta montaña no seu conxunto. Malia poder definir a funcionalidade do recinto, a adscrición cronolóxica do mesmo depende no momento de escribir estas liñas dos resultados das datacións absolutas por 14C e OSL. A súa integración nas narrativas históricas imperantes ou o desafío ás mesmas depende dos pequenos carbóns e cristais de cuarzo que permiten implementar estas análises.\nDesde o punto de vista patrimonial e da comunicación da ciencia, o estudo de contextos arqueolóxicos efémeros permite non só coñecer e afondar no potencial e limitacións dos distintos métodos, senón tamén naturalizar o debate científico e a discusión de hipóteses entre especialistas. Así mesmo, contribúe ao recoñocemento de realidades arqueolóxicas pouco estudadas ata o momento, incentivando unha maior sensibilización do grande público cara o seu patrimonio cultural e o desenvolvemento de estratexias e protocolos máis efectivos entre os profesionais. Só deste xeito poderán protexerse efectivamente no futuro recintos similares ao seren incluidos nos estudos de impacto ambiental."}