ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_5598 | Alternativa elixe o Concello de Santiago como escenario para chamra a "derrotar democraticamente a corrupción" nas eleccións do 25 de maio. En apenas unha semana serán xulgados 7 dos 13 membros do goberno local. Audio no interior | Este luns a Praza do Obradoiro era un fervedoiro de actos políticos que deu lugar a escenas peculiares. Contra as once e media da maña representantes de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) ultimaban os detalles do acto convocado fronte á casa consistorial da capital, o Pazo de Raxoi, para situar o goberno da cidade como emblema do "réxime da corrupción" que, din, queren combater tamén dende o Parlamento Europeo. Mentres, no Hostal dos Reis Católicos permanecia o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que ata unha hora antes asistira no Parador a un almorzo informativo da ministra de Fomento, Ana Pastor. O coche oficial de Feijóo abandonaba a zona xusto cando polos altofalantes de AGE se puñan en marcha. Mentres, a escasos metros do acto, un dos concelleiros que o vindeiro día 19 serán xulgados por presunta corrupción departía distendidamente cun axente da Policía Nacional, a candidata de AGEe, Lidia Senra, acompañada polo coordinador da campaña da coalición e alcalde de Teo, Martiño Noriega, e mais polo deputado Xavier Ron, ilustraban a mudanza que a proxección internacional de Santiago sufriu nos últimos anos. De Capital Europea da Cultura no ano 2000 a ser "unha das capitais europeas da corrupción" en apenas unha década, censuran. O concello que dirixe Ángel Currás, resume Noriega, é unha das mostras de que a corrupción pasou de ser unha cuestión política ou xudicial a constituír un problema "de saúde pública". A corrupción é xa un "problema de saúde pública", di Noriega Flanqueados por dous simpatizantes con senllas camisolas amarelas co lema Santiago de corruptela e a imaxe do popular Pikachu os representantes de AGEe acudiron ao que se está a converter nun lugar de peregrinaxe para organizar actos contra a corrupción -colectivos cidadáns, o BNG local ou a Candidatura do Povo veñen trasladando alí as súas reivindicacións ao respecto- co obxectivo de expresar o seu "empeño en poñer fin" ao "réxime que nos priva dunha auténtica democracia". Hai múltiples mostras que "certifican a fraxilidade" dos avances contra as prácticas corruptas, porque "poderosos e corruptos saben que a retórica non lles fai mal aos seus negocios", din. Senra: "A corrupción é unha arma arreboladiza contra a democracia" A "patrimonialización e privatización de recursos públicos", o "mercado de favores e privilexios" que delas derivan ou a "hexemonía do bipartidismo" son, a xuízo da coalición, mostras dun escenario que xa non pode mudar "nas marxes estreitas dun réxime que despreza a ética e as boas prácticas democráticas e teima en facer da impunidade o seu principal consenso". Para que isto non mude, alertan, o propio "réxime da corrupción" fabrica "indiferencia e desinterese pola política e os bens públicos", por iso "inviste en ocultación e desinformación". "Réinalles que a indeferencia e a apatía progresen entre a cidadanía", tamén nas eleccións europeas, porque "aspiran a que os seus resultados electorais exculpen os delitos e as malas prácticas de goberno". Por todos estes motivos AGEe asegura que o apoio á súa opción o 25-M implica "reivindicar a política democrática na defensa dos nosos deretos e liberdades, ao servizo das persoas agredidas". No caso galego, apunta Noriega, o PP xa non é quen nin de "podar" as súas pólas corruptas porque a corrupción é "troncal". Por iso "Feihoudini" lle dá "cobertura ao impresentable" e casos como o dos concelleiros composteláns. A corrupción, engade Senra, é xa "unha arma arreboladiza contra a democracia"; "malgastan e rouban os cartos que non son deles", conclúe. |
PRAZA_7336 | Agustín Hernández, terceiro rexedor da capital galega no que vai de mandato, protagoniza o acto de traslación dos restos do Apóstolo Santiago, quen asegura que leva "séculos inspirando as nosas vidas" e ao que lle reclama axuda para garantir o dereito ao traballo e á vivenda e mais a unidade de España. | Dende 1642 a Casa Real española acode cada 30 de decembro á Catedral de Santiago para, a través do seu xefe ou dunha persoa que o represente, conmemorar a lenda da traslación dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia, segundo o relato recollido no Códice Calixtino. Aínda que o contexto político galego e español mudou notablemente, dende século XVII a institución que ostenta a Xefatura do Estado segue realizando cada ano este acto, o cal inclúe unha ofrenda e "invocación" a Santiago o Maior que, obviando a aconfesionalidade estipulada na Constitución, pon nas mans divinas asuntos políticos e, en todo caso, terreais. Tras realizar persoalmente a ofrenda ao Apóstolo do pasado 25 de xullo o rei Filipe VI deixou desta volta o ritual nas mans do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, que se encomendou aos ceos para abordar, entre outros, un dos problemas que motivaron o seu acceso ao cargo no mes de xullo: a corrupción. Quen ata o pasado verán exercía como conselleiro de Infraestruturas da Xunta é o terceiro rexedor da capital galega no que vai de mandato. O primeiro, Gerardo Conde Roa, dimitiu por mor da fraude fiscal da súa empresa construtora e o segundo, Ángel Currás, imputado no caso Pokémon, fixo o propio tras a inhabilitación por prevaricación da metade do seu equipo de goberno. Neste contexto, Hernández pasoulle revista á parada militar organizada en plena Praza do Obradoiro e, como alcalde dun gabinete composto na súa maioría por edís non electos, dispúxose a "cumprir coa tradición e co desexo de honrar" a "memoria e veneración" do Apóstolo, que "ao longo de xeracións e de séculos fomos construíndo movidos pola fe que de ti recibimos", díxolle ao santo. "Quixera que nos acompañases na tarefa de loitar sen límites contra a corrupción", di Hernández, terceiro rexedor de Compostela no que vai de mandato No seu discurso como delegado rexio Hernández explicou que, tras "séculos" nos que a "imaxe" apostólica "leva inspirando as nosas vidas e as nosas condutas", "seguimos acudindo a ti" para "ofrecerche a nosa pregaria e o noso ofrecemento pola túa intercesión". Entre os asuntos para os que, no nome do rei, pide axuda o alcalde compostelán están os "factores que superan de forma manifesta a nosa capacidade", como a violencia machista, o terrorismo ou "a propagación de enfermidades mortais", pero tamén "quixera que nos acompañases -pregou- na tarefa de loitar sen límites contra a corrupción, para tratar de erradicala definitivamente da vida política e social" e "nos axudes na recuperación de principios e valores" aos que "xa se referira o admirado Xoán Paulo II". O popular pide intervención apostólica para garantir "dereito ao traballo e á vivenda" e mais a unidade de España Como xa acontecera na mesma cerimonia en 2013 e 2012 a oración das autoridades tamén serviu para pedir auxilio espiritual na xestión da crise económica e dos seus efectos. Neste caso, Agustín Hernández pide que a "luz" de Santiago Apóstolo dea "calor a todos, afastando de quen as padece as penurias da pobreza e achegándonos a unha sociedade cada paso máis fraternal e solidaria". Do mesmo xeito, considera tamén dignos de intervención sobrenatural o exercicio de dúas previsións constitucionais: "o dereito ao traballo e á vivenda", para que "sigan a ser o noso obxectivo prioritario". "Pŕegoche que nos acompañes no noso traballo, dunha forma especial aos que temos obriga e responsabilidade de gobernar" porque "non sempre é doado acertar completamente". Hernández expresa todas estas súplicas dende a "confianza" nun santo do que tamén recupera a que, segundo a mitoloxía, é unha das súas especialidades: a garantía da unidade de España. "Sabemos que nos vas axudar a reforzar, como fixeches no pasado, a nosa unidade e os nosos desexos de convivencia, aqueles que establecemos de común acordo" e que "nos serviron a mellorar como pobo". Todos estes "desexos e pregarias", advirte o popular, son expresados dende o "convencemento" de que, "aínda sendo da miña completa responsabilidade, responden ao superior criterio de quen represento nesta conmemoración", isto é, Felipe de Borbón quen, lembra, xa como príncipe acudiu á Catedral compostelá para pedir que "endexamais carezamos do brillo da vosa ultraterrea e misericordiosa ollada". Discurso íntegro do alcalde de Santiago |
PRAZA_15184 | A Xunta obvia calquera autocrítica nos argumentos que reparte entre os seus para analizar o veto aos principios fundamentais da súa política lingüística por parte do TSXG. | "Respectamos a sentenza, pero o TSXG avala a nosa política lingüística ao anular só o 5% do total do decreto". Con esta frase podería resumirse o argumentario que o PP e a propia Xunta en funcións repartiu entre os seus logo da decisión do Tribunal Superior de estimar parcialmente o recurso presentado pola CIG, a Mesa pola Normalización Lingüística e Queremos Galego contra o Decreto 79/2010 aprobado polo Goberno de Núñez Feijóo. O argumentario da Xunta sobre a sentenza do decreto baséase en facer aparentar que nada supuxo o fallo do TSXG Malia que a sentenza do TSXG elimina a esencia fundamental da política lingüística da Xunta -aquela coa que intentou contentar os sectores máis extremistas da dereita na campaña de 2009-, o argumentario dos populares é claro: nada cambia, todo segue igual. De pouco importa que a Xustiza anulase o artigo 5.2., a realización dunha enquisa entre os pais e nais en Educación Infantil que supuxo o varrido do galego no 96% dos centros de das cidades; e o 12.3. no que se establecía que o alumnado podería usar na aula a lingua da súa preferencia. Tampouco parece importarlle ao PP, como non lle importou antes, que a comunidade escolar, toda a oposición, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura ou o Consello de Europa rexeiten claramente o decreto do plurilingüismo. "Dende a Xunta estamos estudando estes tres fallos do TSXG e agardaremos aos que cheguen nas próximas semanas. Non en van, faltan cinco, entre eles algún que plantexa posturas contrarias ás comunicadas neste fallo e sobre as que non existe de momento pronunciamento do TSXG", así reza unha das frases do argumentario que o Executivo galego remitiu aos seus membros, que logo repetiron en diversas declaracións, desde o conselleiro Jesús Vázquez ata Alberto Núñez Feijóo, pasando por outros dirixentes do Partido Popular. O Goberno de Feijóo insiste en que a sentenza "constata que o decreto promove o galego" malia que o Superior pide "un trato diferenciado" para a lingua propia "É legal o principio de equilibrio entre galego e castelán, a introdución do plurilingüismo, a participación e colaboración das familias nas decisións educativas", insiste o argumentario da Xunta, que obvia as recomendacións do TSXG cando, na súa sentenza, ademais de eliminar dous artigos salienta que o galego debería ter "un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable" para garantir a igualdade entre os dous idiomas oficiais. "Constátase que o decreto potencia a promoción da lingua galega no sistema educativo (cumprindo a LNL-1983)", insiste no entanto o documento repartido polos conservadores entre os seus, malia que a Xustiza asegura todo o contrario. A insistencia de varios cargos do Goberno en funcións en que a sentenza anula "só dous parágrafos de dous artigos, o 5% do total dun decreto formado por 33 regulacións", vén tamén derivado dun argumentario que expresa literalmente esa xustificación. " Trátase dunha situación que non compartimos, pero que analizaremos para actuar do xeito máis oportuno", insiste a última frase que o PP transmitiu como recomendación aos seus, conscientes de que aínda hai sentenzas pendentes, dúas delas derivadas dos recursos interpostos pola Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega. Malia todo, non descarta interpor un recurso de casación e xa anunciou que seguirá adiante coas consultas. Como se nada tivese pasado. |
NOS_6172 | O erro técnico dun deputado do PP á hora de votar de modo telemático propiciou a aprobación da reforma laboral, após a ruptura da disciplina de voto dos dous deputados de UPN, partido que acordara darlle o visto e prace á normativa. | A reforma laboral impulsada polo Partido Socialista e Unidas Podemos saíu adiante no Congreso. A nova lei recibiu 175 votos a favor e 174 en contra, entre eles o do deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego. Durante todo o día, a atención estivera centrada nos dous deputados de UPN, xa que do feito de que respectasen a disciplina de voto dependía que a reforma laboral puidese ser aprobada. Finalmente, ambos os deputados decidiron votar opoñerse á reforma laboral impulsada pola ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Mais un erro técnico dun deputado do Partido Popular que votou de modo telemático fixo que o cambio de postura dos dous deputados de UPN non cambiase o resultado final. O popular Alberto Casero, representante extremeño, votou a favor da reforma laboral, e cando quixo acudir ao Pleno para votar de maneira presencial, non lle foi permitido. Confusión durante o reconto Este erro técnico, que non estaba previsto, levou a que nun primeiro momento a presidenta do Congreso, Meritxel Batet, anunciase que a reforma non saíra adiante. Algo que fixo que os deputados de PP e Vox se levantasen a aplaudir. Momentos despois, foron os propios servizos xurídicos da Cámara Baixa os que lle indicaron a Batet que os votos a favor da reforma laboral sumaban máis que os votos en contra. Nese momento, a socialista cambiou o seu anuncio, o que supuxo a convalidación da reforma, e a reacción contraposta dos bancadas de PSOE e UP, onde se escoitaron cantos de "sí se puede". A reforma foi finalmente aprobada sen ningún dos cambios que propuxeran os socios de investidura, unha das condicións que a CEOE lle puxera ao Goberno de coalición para aceptar a nova lei. |
NOS_46737 | Néstor Rego (O Vicedo, 1962) saíu elixido deputado en Cortes nas eleccións do 10-N con 57.765 votos, 9,5% do total da circunscrición da Coruña. O BNG regresa ao Congreso despois de catro anos e faino nun contexto político no Estado moi diferente ao de 2015. Ademais, agora, Pedro Sánchez reclama o apoio das forzas independentistas para alcanzar a investidura como presidente. «Hai máis deputadas e deputados soberanistas dos que houbo nunca no Congreso», di Rego, que non desvela as demandas que o Bloque levará á mesa de negociación cos socialistas. Eis un estrato da entrevista publicada no número 373 do semanario en papel Sermos Galiza. | A entrevista ten lugar na semana seguinte ao 10‑N despois de que Néstor Rego rematase as súas clases no instituto. Son uns días axitados tamén no persoal para el. O político está a punto de aparcar media vida como docente. Esta semana, xa en Madrid, Rego mantivo a primeira entrevista con Adriana Lastra, a persoa encargada polo PSOE das negociacións para a investidura. Rego explicou que o BNG está aberto ao acordo, mais para concretalo precisa poñer en marcha o que denomina a axenda galega. Cal é a posición de partida do BNG para negociar a investidura? Nós dixemos desde o primeiro día que non temos unha posición definida previamente. Queremos tomar decisións con todos os elementos de xuízo sobre a mesa. E eses elementos son tres. Por un lado, o programa de Goberno. Polo outro, a receptividade ás propostas relacionadas con Galiza que nós imos colocar sobre a mesa. E, finalmente, as dinámicas políticas que sexa quen de xerar ese Goberno en relación á plurinacionalidade do Estado e a respecto das nacións e dos dereitos colectivos. Parece que o apoio do BNG a Pedro Sánchez se dá por feito? Sorpréndeme certa frivolidade á hora de dar por sentado que o voto do BNG vai ser favorábel á investidura de Pedro Sánchez. Non hai nada diso. Dependerá deses elementos dos que falei antes e a decisión tomarémola no seu momento. A estas alturas todas as hipóteses están abertas. Tanto ERC como EH Bildu advertiron que o dereito de autodeterminación será prioritario. En que rango das prioridades do BNG está este dereito de cara ás negociacións? É evidente que nos próximos anos, xunto á defensa dos intereses económicos e sociais do noso país, estará esa liña estratéxica do BNG que é a defensa de Galiza como nación, do dereito de autodeterminación e a reclamación da soberanía para o noso país. E non xa por unha cuestión puramente política, ideolóxica, senón por unha necesidade. Porque a este país vaille mal cando outros deciden por nós. Un exemplo concreto: a crise industrial que estamos a vivir. Hai un instrumento chave que é a política enerxética, que depende do Goberno central, e estamos comprobando como non está facendo nada por solucionar esa crise. Por iso nós reclamamos a capacidade real de Galiza para decidir sobre os seus asuntos. Pero, en que orde de prioridades? A correlación de forzas que se dá na Galiza non é similar á que pode haber en Catalunya e en Euskadi, onde se produce unha hexemonía das forzas nacionalistas e soberanistas. Nós temos que modular a defensa deses dereitos nacionais. Quero dicir, imos defendelos con firmeza pero tendo en conta cal é a posición que temos neste momento. Vai haber coordinación entre as forzas independentistas das nacións á hora de negociar a investidura e no desempeño no Congreso? Esa é a nosa intención. Imos propiciar un encontro das forzas soberanistas para coordinar as políticas e as accións no que ten a ver cos dereitos nacionais, pero tamén cando toque defender os dereitos democráticos fundamentais. Estamos comprobando que o Estado español utiliza o conflito en Catalunya, como xa fixera antes noutros conflitos, para proceder a unha regresión nos dereitos e liberdades públicas. Parece que isto lles serviu para amparar un proceso de involución democrática. Sentenzas como a do procés son decisións cun claro contido político que criminalizan dereitos esenciais como o dereito de manifestación. Cando se criminaliza o dereito de manifestación, cando se nega, estásenos negando a posibilidade de loitar polos nosos dereitos, por un maior benestar social, por mellores salarios ou condicións de traballo ou servizos públicos… É fundamental defender a democracia neste contexto de regresión, e ese vai ser un dos eixos da actuación do BNG no Congreso. E unindo forzas seremos máis eficaces. Que lle parece o acordo de Goberno entre PSOE e Podemos? Polo que temos coñecemento até agora, o acordo é vago, parécenos moi impreciso. Por exemplo, hai cousas nas que ambas as forzas políticas facían fincapé cando estaban na oposición que agora non aparecen. Non se fala da derrogación de medidas antisociais e inxustas como a reforma laboral nin a das pensións nin da Lomce, e tampouco se fala de que facer con leis antidemocráticas como a lei mordaza nin do recente decreto para controlar páxinas web. Mesmo os avances sociais vense claramente limitados no acordo pola referencia expresa aos límites orzamentarios. Nós iremos vendo en que se concreta ese primeiro acordo, pero tanto o que está por escrito como os bandazos que dan esas forzas, especialmente o PSOE, mais tamén Podemos en cuestións como a aplicación en Catalunya do artigo 155, non dan pé a moita confianza. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 373 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_20838 | Alberto Núñez Feixoo despediuse hoxe do Parlamento galego após 16 anos —tres como líder da oposición e 13 á fronte da Xunta da Galiza— e ratificou que esta semana presentará a súa dimisión como presidente. Anunciouno na súa "derradeira" sesión de control, onde o BNG e PSdeG cuestionaron o seu legado. | "Esta non será a miña última sesión de control, será a derradeira", dixo Alberto Núñez Feixoo hoxe no Parlamento, na súa quenda de réplica á portavoz do BNG Ana Pontón, quen lle desexou sorte "no persoal, mais pode entender que non no político". Feixoo, que ratificou que dimitirá como presidente esta semana,anunciaba así a súa despedida do Parlamento. Até entón, a sesión de control —e a pesar de que era un segredo a voces que era a derradeira de Feixoo— decorría no marco na que se desenvolvía nestes anos, co BNG e o PSdeG fiscalizando o labor do Goberno galego e o presidente, en non poucas ocasións, facendo de oposición da oposición. A propia Ana Pontón recriminoulle esta cuarta feira no debate que "até na súa última sesión de control exerce como líder do PP e non como presidente da Galiza". Feixoo confirma no Parlamento que dimitirá esta semana: "Esta foi a derradeira sesión" Mais no tramo final, o discurso de Núñez Feixoo cambiou. Apenas uns segundos despois de cargar contra o BNG por ir a mítins de Bildu e Esquerra", Feixoo vestiu o traxe institucional e quixo agradecer o compromiso dos deputados cos que compartiu Parlamento nestes anos así como expresou o seu "respecto" polos "17 portavoces " do BNG e PSdeG cos que debatíu, citando especialmente a Francisco Jorquera, Fernández Leiceaga e Méndez Romeu. Tamén agradeceu "o apoio dos galegos", proclamou o seu "orgullo da miña condición de galego" e asegurou que "defenderei a Terra Nai" alí onde estea. "Desde estas bancadas", concluíu, "fun feliz". O grupo parlamentar do PP púxose en pé para aplaudir e os portavoces do BNG e PSdeG achegáronse até o escano do aínda presidente para despedirse. "Escaqueo feixoniano" Antes dese momento, o BNG e o PSdeG preguntaron ao "presidente interino", como o cualificou Luís Álvarez, portavoz do PSdeG, sobre as medidas do Goberno ante a crise de prezos e en materia fiscal. Pontón lamentou que "en plena crise" Núñez Feixoo "pase máis tempo en Madrid", situando este comportamento na liña, dixo, do que foi habitual nestes 13 anos, dun Executivo cuxos principais intereses non eran a defensa da Galiza. "Deixa unha Galiza peor da que atopou", recriminoulle a portavoz nacionalista, ao tempo que cualificaba o PP como "partido do pasado" onde "o primeiro en deixar o barco é vostede". Feixoo dimitirá "de inmediato" e Rueda será presidente en maio Ana Pontón aproveitou a despedida de Feixoo para afirmar que na Galiza "hai fame de cambio" e que o BNG aspira a lideralo. Tamén aproveitou para acuñar un novo termo político, o "escaqueo feixoniano", co que definiu a tendencia do presidente a non responder as preguntas da oposición e dedicarse el a "controlar" o BNG e PSdeG, aos que esta cuarta feira volveu acusar de ter responsabilidades na crise actual; aos socialistas por gobernar no Estado e aos nacionalistas, dixo, por "apoialos". "Fan menos con máis" Luis Álvarez centrou a súa intervención en facer un repaso pola situación actual en sanidade, ensino, política social ou economía para comparala coa de 2009, cando Feixoo chegou a presidente. O balance do portavoz do PSdeG foi negativo e acusou Núñez Feixoo de "andar por España dando leccións" cando a súa xestión na Galiza non recomenda ese comportamento. "Ven aquí en tempo de desconto a presentarse como un xestor inmaculado", reprochoulle. As críticas non semellaron facer efecto no aínda presidente. Esta semana dimite, probabelmente anunciaráo esta sexta feira, e activará o proceso da súa substitución no ámbito institucional, que finalizará coa investidura e toma de posesión do seu sucesor, o actual vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda. E el, Núñez Feixoo irá definitivamente para Madrid. |
PRAZA_20947 | As 1.066 persoas ingresadas por mor da COVID-19 son 99 máis que un día antes, o maior incremento nun día dende o 28 de marzo, e supoñen estar a piques de alcanzar o pico de hospitalización da primeira vaga. O Sergas suma outros 1.528 novos casos da COVID e as mortes xa son máis de 1.600. As incidencias acumuladas a 14 e a 7 días seguen empeorando, pero o seu ritmo de incremento é menor que na semana previa por primeira vez dende decembro | O Servizo Galego de Saúde rexistra este domingo, 24 de xaneiro, con datos pechados o sábado ás seis da tarde, un total de 1.066 hospitalizacións de persoas enfermas da COVID-19. Son apenas 41 menos que no pico de ingresos da primeira vaga da pandemia e chégase a este nivel tras un incremento de 99 ingresos en só vinte e catro horas, o máis pronunciado nunha xornada dende o 28 de marzo de 2020.As 1.066 persoas ingresadas por mor da COVID-19 son 99 máis que un día antes, o maior incremento nun día dende o 28 de marzo, e supoñen estar a piques de alcanzar o pico de hospitalización da primeira vagaCon 411 persoas ingresadas máis que hai sete días, un ritmo de incremento igualmente propio daqueles días de marzo, todo semella indicar que nos primeiros días da nova semana se cumprirán os augurios do persoal sanitario e o pico de hospitalización da primeira vaga quedará superado. Todo, nun sistema hospitalario -e sanitario, en xeral-, máis sobrecargado ao existir capacidade diagnóstica para detectar moitos máis casos, o que segue provocando que as cifras de casos activos sigan batendo récords e este domingo queden só 8 de cruzar o limiar dos 19.000.Tamén o elo máis crítico dos hospitais, as unidades de coidados intensivos, experimentan unha presión máis semellante á da primeira vaga que á do pasado outono. Con 150 pacientes ao mesmo tempo, son apenas 26 menos que no pico do pasado abril. Mentres, na área sanitaria con máis casos activos, a da Coruña-Cee (este 24 de xaneiro supera o limiar dos 5.000), o máximo de hospitalización da primeira vaga xa quedou atrás. Fronte ás 266 hospitalizacións que marcaron o pico de abril, agora os ingresos de persoas con test positivo do coronavirus chegan ás 287, 39 delas na UCI.Co sistema sanitario máis sobrecargado que en marzo ou abril polo gran número de positivos activos, o Sergas suma outros 1.528 novos casos da COVID e as mortes xa son máis de 1.600Esta presión sen precedentes para o sistema sanitario galego por mor da pandemia prodúcese nun contexto no que, por duodécima xornada consecutiva, o Sergas rexistra máis de mil casos novos da COVID-19 en vinte e catro horas (das seis da tarde do venres á mesma hora do sábado). Son, concretamente, 1.528 (1.325, diagnósticos mediante PCR), uns 360 menos que no día previo. En termos de días naturais, a situación é moi semellante, con dez dos últimos once días por riba dos mil casos novos e os tres últimos con datos completos (mércores, xoves e venres) superando os 1.800.A media semanal de diagnósticos diarios por PCR continúa, deste xeito, atravesando novas barreiras e xa está por riba dos 1.200. Non en van, o pasado xoves día 21 pasa a ser, con 1.535, o día con máis diagnósticos a través deste tipo de proba dende que comezou a pandemia en Galicia.Estas moi altas cifras de novos diagnósticos seguen traducíndose en mortes. O Sergas incorpora este domingo outras 9 aos rexistros oficiais, tres delas correspondentes ás últimas vinte e catro horas. O total de falecementos oficialmente ligados á pandemia chega, deste xeito, aos 1.608. A media diaria de falecementos da última semana segue roldando as 13 persoas ao día tras rexistrarse ata 19 o mércores, día 20, e outros 16 o venres, día 22 [a serie completa de datos, nesta ligazón].Máis de 150 concellos superan os 500 casos por cen mil habitantes a 14 díasO número de concellos sen novos casos nas últimas dúas semanas continúa reducíndose e xa son apenas unha vintenaO gran afloramento de casos novos, que o propio Sergas admitiu como "transmisión comunitaria" en moitos puntos do país (isto é, cando xa non é posible rastrexar a cadea de cada contaxio) segue elevando as taxas de incidencia acumulada de maneira xeneralizada. Para o conxunto de Galicia, este indicador (referido aos casos novos por cada cen mil habitantes) segue á alza e supera xa os 646 casos a 14 días. Mentres, a incidencia acumulada a 7 días aumenta con menos velocidade, pero tamén continúa incrementándose e supera os 380 casos, por riba do que fora o pico de incidencia a 14 días no pasado outono [consulta aquí a serie completa].Sobre o mapa, estes valores globais para Galicia son produto dun panorama no que máis de 150 concellos están por riba dos 500 casos novos da COVID-19 por cada cen mil habitantes nas últimas dúas semanas e arredor dun cento superan os 800. Seguen sendo rechamantes as altas incidencias no Baixo Miño e no sur de Ourense, na Mariña e no Ortegal ou en practicamente toda a provincia da Coruña e mentres, continúa reducíndose o número de concellos sen casos novos nos últimos 14 días, que agora xa son apenas unha vintena.Por cidades, un día máis, as incidencias acumuladas a 14 días máis preocupante continúan en Ourense na Coruña tanto polas súas cifras -Ourense superou os 800 e A Coruña achégase a eles- como pola súa evolución, aínda en claro incremento. Este é o contexto no que o Sergas está a desenvolver un cribado poboacional na capital ourensá á procura de persoas infectadas e asintomáticas. O sábado acudiran en torno ao 70% das persoas citadas no recinto feiral de Expourense para seren sometidas a test PCR, segundo datos da área sanitaria.Sinais de acougo?O elevado ritmo de novos casos rexistrados provoca que os levísimos sinais de acougo que é posible albiscar entre os datos de cada día sexan aínda tan escasos como para poder afirmar que, mesmo no escenario menos pesimista, queda por diante máis dunha semana de incremento da presión para un sistema sanitario enormemente tensionado. Así e todo, non é menos certo que eses sinais existen.Un deles é a evolución das incidencias acumuladas a 7 e a 14 días entre unha semana e a seguinte. Esta é a denominada 'razón de taxas' e calcúlase dividindo a incidencia acumulada dun período e do seguinte (neste caso, o indicador dun día entre a mesma xornada da semana anterior). Se o resultado é superior a 1 é sinal de que a incidencia aumenta e se baixa de 1, de que diminúe.As incidencias acumuladas a 14 e a 7 días seguen empeorando, pero o seu ritmo de incremento é menor que na semana previa por primeira vez dende decembroComo amosa o gráfico sobre estas liñas, tanto a incidencia acumulada a 7 días como a 14 días seguen trazando en Galicia unha razón de taxas superior a 1, isto é, empeoran a respecto de hai unha semana. No obstante, se comparamos o último día con datos pechados (o venres 22) coa mesma xornada da semana anterior (o día 15) é posible observar que a incidencia acumulada a sete días decelera e o mesmo sucede coa incidencia acumulada a catorce días, pero cun freo menor. Deste xeito, o ritmo de incremento é menor que na semana previa por primeira vez dende decembro. De continuar a tendencia, a semana que agora remata viraría en punto de inflexión cara a unha lenta melloría mentres, non obstante, as cifras de hospitalizacións seguirán empeorando aínda por máis dunha semana.A positividade media semella estabilizada entre o 10% e o 11% mentres o número de probas PCR procesadas segue en máximos da pandemiaEstas aínda febles, pero existentes melloras na evolución das incidencias acumuladas prodúcense nunhas semanas nas que Galicia continúa batendo os seus propios récords no número total de probas PCR procesadas, en boa medida pola realización de cribados. Na última semana realizáronse unha media superior ás 10.700 PCR por xornada, a cifra máis elevada dende comezos da pandemia e por primeira vez foron procesadas máis de 12.000 nun só día (o mércores, día 20).Ao contrario do que sucedera en semanas anteriores, o gran número de probas non contribuíu a disparar as taxas de positividade, isto é, a porcentaxe de PCR que dan positivo. A media a sete días deste indicador para o conxunto de Galicia segue duplicando amplamente o limiar que a Organización Mundial da Saúde sinala para dar por controlada a pandemia nun territorio (5%), pero nos últimos días amosa certos sinais de estabilidade, entre o 10% e o 11%. Ademais, nas áreas coas positividades medias máis altas (A Coruña e Ferrol), a media destas taxa a sete días tamén comeza a frear no que sería o primeiro paso dun longo camiño para a mellora xeral da situación. |
PRAZA_18402 | A ministra de Industria, Reyes Maroto, asegura que xa se reuniu con "empresas interesadas" en facerse coas factorías da Coruña e de Avilés e cre que "haberá boas noticias nos vindeiros días". Unha marcha obreira clama contra o peche da fábrica na Coruña | Unha marcha obreira clama contra o peche da fábrica na Coruña O Estado negocia xa con posibles investidores interesados na compra das plantas de Alcoa da Coruña e Avilés, ameazadas polo peche logo de que a multinacional anunciase esa intención hai tan só uns días. Así o manifestou este martes a ministra de Industria, Reyes Maroto, durante unha entrevista en RNE na que asegurou que "máis pronto que tarde" poderá dar "boas noticias" respecto do futuro das dúas factorías, que teñen en risco o emprego duns 700 traballadores, 369 deles en Galicia. A ministra de Industria, Reyes Maroto, asegura que xa se reuniu con "posibles investidores" interesados nas plantas de Alcoa Á pregunta de se había compañías interesadas na compra, a ministra foi clara: "Si, hai empresas interesadas en facerse coas plantas de Alcoa". "Reuninme xa con algúns posibles investidores e estamos definindo eses escenarios; máis pronto que tarde poderemos dar boas noticias", dixo Maroto, que advertiu de que o seu departamento está "traballando moi intensamente e de forma coordinada cos gobernos autonómicos e cos sindicatos para darlles unha saída industrial a algunhas plantas que lamentablemente nos dixeron que pechan". "Estamos buscando investidores alternativos e creo que haberá boas noticias nos vindeiros días", dixo en referencia ás plantas de Alcoa pero tamén a Vestas. "Estamos falando coas empresas e algunhas maniféstannos o momento complicado que pasan polos efectos da globalización, pero eses son fenómenos que temos que atender e buscar unha saída industrial", engadiu tras lembrar que unha das súas misións na última visita a China foi precisamente buscar investidores para o sector industrial español. "Estamos buscando investidores alternativos e creo que haberá boas noticias nos vindeiros días", dixo Maroto Respecto ás alternativas que se abren, Reyes Maroto advertiu de que "hai peches que non se poden evitar", pero que o Goberno central si está "en condicións de traballar para definir escenarios alternativos e dar continuidade a esas plantas con outras empresas interesadas en manter a produción ou en darlle unha saída industrial distinta". Ademais, preguntada sobre o posible mantemento dos postos de traballo nas factorías ameazadas, a ministra asegurou que o Executivo "quere que se manteña a actividade produtiva e o número de traballadores", pero que é algo que "non se pode asegurar ao 100% porque cada proxecto é diferente" aínda que o obxectivo é "analizar as posibilidades que se ofrecen para que a saída sexa o mantemento do maior número de persoal". De feito, advirte de que "nalgunha planta mesmo pode haber creación de novos postos de traballo polos investimentos que se formulan". Máis tarde, á saída da reunión do Consello Interterritorial de Internacionalización, Maroto confirmou as negociacións e confiou en que se poida manter a actividade produtiva e o emprego das dúas factorías, "aínda que sexa outra empresa a que xestione". Ao tempo, recoñeceu que o Goberno medita recorrer o ERE de extinción presentada por Alcoa porque contén "erros" e porque, ademais, as alegacións permitirían "gañar tempo" para que estes "investidores internacionais" poidan presentar ofertas. O Goberno central negocia con firmas "interesadas en manter a produción ou en darlle uha saída industrial distinta" O anuncio da ministra de Industria chega só días despois de que o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, así como a Xunta manifestasen o interese dalgunhas compañías en facerse coas plantas. Ao tempo, Alcoa negou sempre que tivese algunha oferta enriba da mesa e o comité de empresa da factoría da Coruña advirte de que a intención da multinacional estadounidense é non vender para evitar atraer máis competencia ao seu sector. Alén disto, Reyes Maroto tamén citou os aumentos de prezo da factura eléctrica como un problema "para as industrias electrointensivas, ás que lle supón un custo moi importante". "Temos que traballar por reverter iso e situar as empresas en estándares de competitividade que poidan situar España nuns niveis que nos permitan competir neste mundo global", asegurou. Precisamente, os representantes sindicais entregaron no rexistro da Delegación do Goberno e da sede da Xunta na Coruña un escrito reclamando medidas para evitar o peche e a retirada do ERE. A proposta ten seis puntos para "buscar unha solución de continuidade". Entre as posibilidades inclúese a venda e o comité de empresa reclama ao Estado que "fiscalice" a actividade da compañía. |
NOS_39188 | O vicedirector do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, Uxío Benítez, lamentou que o primeiro ministro portugués visitara o entorno do Miño sen chegar con propostas de apertura da fronteira. Ou polo menos ideas para compensar polas perdas económicas derivadas desta clausura temporal de pasos nunha zona que comparte servizos e mercado de traballo, entre outras cuestións. | Após meses de protestas dos distintos municipios e cámaras da 'raia' polos problemas económicos, laborais e sociais causados polo fechamento das fronteiras pola Covid-19 sen ter en conta as particularidades da contorna, hoxe o primeiro ministro luso, Antonio Costa, estivo de visita pública na zona. No entanto, desde o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho lamentaron que non fose para anunciar solucións para unha situación que se alonga no tempo e que dificulta a vida diaria de centos de persoas. Costa acudiu á comarca para anunciar o tren eléctrico que vai conectar Valença e Lisboa en menor tempo, mais o vicedirector da AECT, Uxío Benítez, recordoulle a realidade que padece a veciñanza a ambos lados do río. "Está moi ben ter un tren electrificado até Lisboa, pero agora nin podemos ir entre Valença e Tui", destacou, deixando ver o malestar que existe entre a representación política de concellos e cámaras, mais tamén entre a cidadanía. Desde o punto de vista de Benítez, o acto de Costa tería que ir aparellado dalgún anuncio sobre a reapertura das fronteiras en termos de normalidade ou sobre unha liá de "compensacións polo fechamento". Sobre o argumento que forneceu o primeiro ministro de Portugal para non abrir 'a raia' -que iso implicaría abrir a fronteira con toda España, incluíndo os lugares onde a incidencia da Covid-19 é moito máis alta- dixo que se tratou das desculpas de sempre". Pola contra, o deputado nacionalista insistiu en que o territorio miñoto ten unha singularidade propia con respecto ao resto da fronteira entre España e Portugal, xa que asume o 50% dos tránsitos de vehículos a pesares de ter apenas o 5% da lonxitude total. Falta de controis para confirmar os argumentos "Non se esixe nin unha PCR, nin se toman temperaturas, nin nada relacionado coa saúde. É un sinsentido sobre todo agora que se está a abrir a economía nos dous países e que se permite unha maior mobilidade. É unha cuestión de sentido común abrir este territorio", remarcou. Ao seu parecer "é absurdo volver impoñer unha fronteira administrativa de novo por un suposto control sanitario que non é tal". Ademais, considera que "con este feche estanse a perder todos os avances acadados para salvar a fronteira grazas á cooperación transfronteiriza", insistiu. |
PRAZA_20814 | O número de camas de UCI ocupadas por pacientes COVID nos hospitais galegos acada o seu máximo dende o pasado 5 de decembro. A pesar de que a sucesión de festivos está a invisibilizar o empeoramento da situación, a incidencia acumulada medrou un 23% nos últimos cinco días | Os datos da pandemia de COVID continúan a empeorar en Galicia, no día en que a Consellaría de Sanidade anunciará novas medidas que, previsiblemente, suporán un endurecemento das restricións en moitas zonas do país. De momento, todos os indicadores seguen a medrar, a maior ou menor ritmo, e aínda condicionados pola sucesión de días festivos nas últimas semanas, que está a invisibilizar boa parte do empeoramento da situación. O ritmo de realización de probas de detección é aínda baixo e moitos dos posibles novos casos están aínda comezando a ser diagnosticados. Este venres a Consellaría de Sanidade informa de 535 novos positivos detectados por proba PCR nas últimas 24 horasAdemais, ata a vindeira semana non se percibirán con claridade as consecuencias das reunións e do incremento da mobilidade das últimas dúas semanas. O período medio de incubación do virus SARS-CoV-2 é de 5 ou 6 días, pero pode ser maior; ademais, o tempo medio entre a aparición dos primeiros síntomas e a súa detección polo sistema sanitario é de 2 ou 3 días. Estamos aínda, polo tanto, recibindo os primeiros efectos dos encontros da Noiteboa e Nadal e polo momento os novos positivos detectados non proceden de contaxios producidos na Noitevella e moito menos no día de Reis.Estamos aínda recibindo os primeiros efectos dos encontros da Noiteboa e Nadal e polo momento os novos positivos detectados non proceden de contaxios producidos na Noitevella e moito menos no día de ReisEste venres a Consellaría de Sanidade informa de 535 novos positivos detectados por proba PCR nas últimas 24 horas. A cifra está por debaixo da rexistrada nos dous últimos días, pero cómpre ter en conta que corresponden a un número moi inferior de probas de detección (6.269 fronte ás case 8.000 dos dous últimos días), probablemente un efecto do Día de Reis. Polo tanto, non hai unha mellora na situación, senón un empeoramento, observable na taxa de positividade (porcentaxe de probas PCR cun resultado positivo), que supera xa claramente o 8% despois de dúas semanas de ascenso ininterrompido.Estes 535 novos positivos, unidos a unha actualización da serie de casos publicada polo SERGAS, elevan a máis de 450 o número medio de infeccións detectadas na última semana, fronte ás 300 do pasado 27 de decembro, hai dez días.A taxa de positividade chega xa ao 8,15% en Galicia, na media dos datos da última semana. O indicador achégase ás cifras máis elevadas acadadas na segunda onda da pandemia, a comezos de novembro, cando roldou o 8,3%. O pasado 24 de novembro a taxa de positividade era do 3,58% e a OMS considera que a partir do 5% córrese o risco de que a infección se propague sen control.A Coruña é a área sanitaria con peores datos, cunha taxa de positividade superior ao 12%A Coruña é a área sanitaria con peores datos dende hai días, cunha porcentaxe de probas PCR cun resultado positivo superior ao 12%. Ferrol supera o 10%, Pontevedra o 9% e Ourense tamén se sitúa por riba da media galega. Santiago e Lugo son as áreas sanitarias con mellores datos (por debaixo do 7%), pero tamén nun claro ascenso.A Incidencia Acumulada a 14 días pasou de 174 a 214 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos cinco díasA Incidencia Acumulada (IA), medida en número de novos casos (diagnosticados por proba PCR) por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, leva en ascenso dende mediados de decembro. O indicador pasou de 174 a 214 casos nos últimos cinco días. Este ascenso é aínda máis claro ao observar os datos da IA dos últimos sete días, que pasou de 97 a 121 dende o pasado sábado 2 de xaneiro. A pesar de que a sucesión de festivos está a invisibilizar o empeoramento da situación, a incidencia acumulada medrou un 23% nos últimos cinco días.Por áreas sanitarias, Santiago e A Coruña son as que presentan unhas maiores incidencias acumuladas, achegándose aos 250 casos por cada 100.000 habitantes, o límite a partir do cal o Ministerio de Sanidade considera que un determinado territorio entra nunha situación de risco 'moi alto'.Nas residencias de maiores, este venres notificouse a incorporación de 24 novos casos, entre usuarios e persoal. Destaca o empeoramento da situación na Residencia da Pastoriza, con 10 novos positivos, e na Domusvi Vimiazo, con 8 novas infeccións, que elevan xa a 92 o número total de casos activos neste centro.No último día o número de probas PCR notificadas pola Consellaría de Sanidade volveu diminuír, cun total de 6.269 tests, por debaixo dos case oito mil dos dous últimos días. A media de probas na última semana (5.575) está aínda moi por debaixo do nivel acadado nos días anteriores á Noiteboa (8.493)Viveiro, Tomiño, Verín e Tui son as vilas de máis de 10.000 habitantes cun maior número de casos por habitanteXove e Lobeira seguen a ser os concellos galegos cunha maior incidencia acumulada, con ao redor de tres mil casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días. Outros sete concellos (Calvos de Randín, San Xoán de Río, A Illa de Arousa, Vimianzo, Muíños, Vilamarín e Laxe) tamén teñen incidencias que superan os 1.000 casos.Viveiro, Tomiño, Verín e Tui son as vilas de máis de 10.000 habitantes cun maior número de casos por habitante, con IA por riba dos 500 casos. Boiro, Rianxo, Bueu e Ribeira presentan tamén datos moi negativos.Santiago, A Coruña, Ferrol e Ourense seguen a incrementar o seu número de casosNas cidades, mantéñense as tendencias dos últimos días, con ascensos continuados en Santiago, A Coruña, Ferrol e Ourense. En cambio, Vigo, Pontevedra e Lugo mantéñense estables. Santiago e A Coruña superan os 250 casos por cada 100.000 habtiantes e a partir deste venres terán novas restricións para tentar reverter esta tendencia.O número de camas de UCI ocupadas por pacientes COVID (63) volve subir e acada xa o seu nivel máis elevado dende o pasado 5 de decembroNos hospitais galegos aínda non se perciben os efectos do incremento na circulación do virus, pero hai dende hai dúas semanas obsérvase unha tendencia de ascenso no número de camas ocupadas por pacientes COVID. Este venres, de feito, o número de camas de UCI ocupadas (63) volve subir e acada xa o seu nivel máis elevado dende o pasado 5 de decembro.No resto de unidades hospitalarias, este xoves houbo máis altas que ingresos, cun descenso no número de camas ocupadas. Porén, con respecto a hai unha semana, o ascenso é claro (de 297 a 350). |
NOS_578 | Manuel Monge González (Laguna del Duero, Valladolid, 1947) leva moitos traballando no ámbito da memoria. Ás veces como activista outras como investigador, nesta ocasión achéganos no coleccionábel 'Os nomes do terror' a traxectoria represiva do alcalde coruñés, Sergio Peñamaría | Sergio Peñamaría, antes de ser nomeado alcalde da Coruña destacou como un dos mandos da Bandeira da Lexión destinada a combater a guerrilla antifascista na comarca de Valdeorras, que papel desenvolve na represión nesta zona? Tivo unha actuación criminal, dirixindo as operacións de castigo contra a poboación, segundo numerosas testemuñas de persoas que viviron esa represión. O caso do asasinato de Domingo Rodríguez e Amalia López en Soulecín, concello do Barco de Valdeorras, é relatado pola súa propia filla, Consuelo "Chelo", que se incorporou despois á guerrilla, e recollido en varios libros. Non foi o único caso. Tamén asasinaron a Adoración Fernández e a súa filla Remedios, pendurándoas dunha cerdeira na aldea do Val no concello de Rubía. Nesa mesma aldea asasinaron a tres irmáns, "Os Perdigueiros". A represión pretendía ser exemplar e os asasinatos realizábanse diante de todo o pobo, para causar terror. Parece ser que Peñamaría remataba ás vítimas coa súa pistola, que se exhibe, como arma dun cazador, nunha vitrina do Museo Histórico Militar da Coruña. A CRMH xa denunciou esta obscena exhibición do terror Peñamaría, como membro do corpo xurídico militar participou como fiscal en diversos consellos de guerra ao longo da década dos 40, que balance se pode facer da súa actuación nos mesmos? O seu era a represión, como tenente da lexión en Valdeorras e despois formando parte do Ministerio Fiscal. Participou como militar en numerosos xuízos e subliñaría dous pola súa transcendencia: a petición de pena de morte en 1946 para o guerrilleiro Manuel Luis Bello Parga "Manolito Bello" e tres penas de morte para membros do Comité Provincial de A Coruña do Partido Comunista en 1947. Peñamaría é hoxe lembrado, maioritariamente, como alcalde da Coruña, como chega a alcaldía da cidade e que destacaría da súa xestión á fronte da mesma? Non había eleccións democráticas e os alcaldes chegaban ao cargo por designación directa por parte do propio réxime. No caso de Peñamaría, substitúe a Alfonos Molina en 1959 e consegue a alcaldía polos servizos prestados á ditadura, tanto na represión como militar en activo (nese momento era tenente coronel), como na súa participación nos tribunais militares como fiscal. Na biografía oficial branqueada difúndese que era "boa persoa", "todo un señor", "honrado" . Tamén subliñan a súa contribución na posta en marcha da Refinería e do Aeroporto de Alvedro; no seu mandato acuñábase a frase de "La Coruña, ciudad en la que nadie es forastero"; e o concello declaraba o día da Virxe do Rosario como festivo. Peñamaría consegue a alcaldía polos servizos prestados á ditadura Agora coñecemos algo máis da súa capacidade de xestión, pero non ao servizo da Coruña, senón da familia Franco. Seguindo as ordes dos dirixentes da ditadura, Peñamaría xestionou con rapidez e eficacia o paso dunha propiedade municipal como a Casa Cornide a mans de Carmen Polo, esposa do ditador Franco. Tamén fixo frutíferas xestións para incorporar unha parcela e vivenda ao pazo de Meirás e ampliar así o roubo da familia Franco. Peñamaría xubílase en 1980 como conselleiro togado do Consello Supremo de Xustiza Militar, após ser elixido dous anos para o cargo polo Goberno da UCD, até que punto este feito non é un todo o símbolo da realidade da Transición? Que unha persoa como Peñamaría, cun amplo currículo vinculado á ditadura e á represión, continúe a súa carreira nun destacado organismo de xustiza militar, após a morte do ditador Franco, das primeiras eleccións democráticas de 15 de xuño de 1977, e de aprobarse a Constitución en 1978, é un bo exemplo de que os restos do franquismo continuaron instalados no Congreso e noutras institucións, o mesmo que torturadores ascenderon na Policía, militares franquistas continuaron a súa carreira e moitos dos xuíces do Tribunal de Orde Pública (TOP) na ditadura ocuparon despois na democracia postos no Tribunal Supremo e na Audiencia Nacional. E isto non ocorreu só na chamada Transición, senón que continúa até hoxe. Por iso aparecen manifestos de militares que fan homenaxes ao ditador Franco e que envían cartas ao rei, claramente golpistas e con desprezo absoluto á democracia. E non pasa nada. O título do libro Jueces pero parciales. La pervivencia del franquismo en el poder judicial, de Carlos Jiménez Villarejo e Antonio Doñate Martín, recolle perfectamente a situación e explica moitas das sorprendentes sentenzas que emiten hoxe algúns tribunais de xustiza. Malia a súa traxectoria represiva, Peñamaría segue dando nome a unha rúa na cidade da Coruña, trátase dunha excepción ou hai máis nomes de vitimarios no rueiro? A Coruña mantén rúas e distincións a persoas que destacaron na represión. Enrique Salgado Torres, falanxista e participante na depuración, xuntamente cos seus irmáns, após a sublevación de 1926, dá nome a unha avenida e a un colexio. En Ferrol, con alcaldía do PSOE, xa cambiaron en 1981 a súa rúa por Alcalde Quintanilla Martínez, socialista fusilado en 1936. Peñamaría foi chave para a cesión da Casa de Cornide á familia Franco O crego José Toubes, que dá nome a unha praza, aparece sinalado en numerosas publicacións como asesor de falanxistas que pasearon a moita xente. É sinalado por Antón Patiño Regueira no seu libro Memoria de Ferro: "Quen protexeu as pistolas que usaron máis de tres anos o covarde Martín Viéitez e o Mosquera de Arteixo? Quen forneceu de balas os irmáns Mariño e o panadeiro da Falperra Porfirio Díez Hernández? Eles eran os axudantes privilexiados do cura paseador Toubes". Un grupo de coruñeses evadidos por barco desde A Coruña á zona republicana, entre os que se atopaba Severino Chacón, líder sindical e fundador da Unión Tabacalera, integrada despois na UGT, sinalaba no xornal Nova Galiza de xullo de 1937: "Entre os que denominan os criminais son xa famosos os Castelerios e o crego Toubes". Por outra parte, significados golpistas e militares que cometeron asasinatos e crimes de lesa humanidade coa súa que participaron na sublevación do 18 de xullo de 1936, foron alcaldes da Coruña como José Fuciños Gayoso, Hernán Martín-Barbadillo, Sisenando Martínez Yunta, Juan González Regueral, José Pérez-Ardá Valdivieso, Eduardo Ozores Arraiz. O mesmo alcalde Alfonso Molina serviu no "Exército Nacional", o de Franco, como tenente honorario de enxeñeiros. O salón anexo á Alcaldía, que se utiliza para recibir visitas e a realización de actos institucionais, está hoxe presidido por grandes retratos de catro golpistas: Miguel Primos de Rivera, Mario Muslera y Planes, José Calvo Sotelo e Severiano Martínez Anido Os catro organizadores da sublevación militar contra a II República na Coruña son fillos adoptivos da provincia da Coruña por acordo da Comisión Xestora da Deputación de 5 de xaneiro de 1937.Enrique Cánovas Lacruz, que era o xefe da guarnición da Coruña, Florentino González Vallés, tenente coronel da Guarda Civil e despois Gobernador, Luis Tovar Alonso, tenente coronel e xefe de Estado Maior e Pablo Martín Alonso, coronel do Rexemento Zamora e despois ministro do Exército. Estes significados golpistas recibían a distinción porque "son merecedores de pública admiración e gratitude pola súa actuación á fronte do movemento patriótico na Coruña", segundo recolle a acta da sesión. E aí seguen na Deputación, case 84 anos despois, como fillos adoptivos e predilectos. Como se pode explicar que aínda queden máis de 100 símbolos franquista na Coruña? O atraso actual ten unha raíz moi clara: Durante 23 anos o alcalde Francisco Vázquez difundía a mensaxe, apoiado polo grupo municipal socialista, de que na Coruña non había simboloxía franquista, senón simboloxía histórica que hai que preservar. A conclusión é evidente, non se pode retirar algo que non existe. Ademais, o PSOE engadía que a existencia desa simboloxía franquista era unha proba de tolerancia. Durante o tempo que estiven de concelleiro na Coruña polo BNG presentamos 25 iniciativas, entre elas 10 mocións, que foron sempre rexeitadas polo PSOE e PP. Así, no Pleno de 2 de outubro de 2006 presentamos unha moción para a "revogación do recoñecemento a Franco como fillo Adoptivo e Predilectísimo da Coruña e a constitución dunha comisión para a recuperación da memoria histórica"; PP e PSOE votaron en contra. No goberno PSOE-BNG retiráronse 52 símbolos, pero aínda queda moito por facer. A situación no conxunto de Galiza non é moito mellor. No meu libro Os restos do franquismo en Galiza recollo máis de 600 símbolos franquistas en 90 concellos de Galiza. O PP é o principal responsábel da situación actual, negándose a Xunta a elaborar unha Lei Galega de Memoria Democrática, pero as organizacións de esquerda e nacionalistas deberían facer unha valoración autocrítica porque gobernan durante moitos anos nas cidades onde hai máis restos do franquismo como A Coruña, Santiago Ferrol, Lugo, Pontevedra,Vilagarcía de Arousa, Betanzos, Vigo. Son optimista e creo que en 2021 poderemos acabar con moitos deses restos do franquismo, que son unha mostra de que aínda temos unha democracia moi limitada e que non houbo nin xustiza, nin reparación coas vítimas do franquismo. |
NOS_49671 | Tes un proxecto que queres presentar no Culturgal? O día 3 de outubro remata o prazo para pechar a programación da Feira das Industrias Culturais que se celebrará do 5 ao 7 de decembro en Pontevedra. | Do 5 ao 7 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra converterase no maior escaparate das industrias culturais no que poderán presentarse proxectos de empresas, asociacións, entidades ou creadores e creadoras. A organización de Culturgal anima a presentar propostas nestes últimos días de recepción de proxectos que participarán na programación da nova edición. Música, Libros, Tecnoloxía, Audiovisual, Infantil, Artes Escénicas ou Gastrocultura son algúns dos ámbitos das 150 actividades que cada ano constrúen o programa do Culturgal, aberto ás propostas máis imaxinativas e anovadoras. O prazo para enviar propostas remata o día 3 de outubro. 15.000 visitantes Desde a organización de Culturgal lembran que arredor de 15.000 visitantes pasaron na anterior edición polo Pazo da Cultura para se atoparen co máis novo da produción cultural galega, cun elevado nivel de vendas nesas datas próximas ás festas de Nadal. Convidan a propoñer actividades en todos os seus apartados, desde o Espazo Carpa, destinado en especial á música ao vivo, ate o Espazo Cine ou o Espazo Foro, no que se mostran as máis sorprendentes propostas de anovar na cultura. A noite do sábado 6 de decembro, para adult@s, e a mañá do domingo 7, para público infantil, abrirase tamén o Auditorio do Pazo da Cultura, para o que se poden facer tamén propostas. Presentacións e showcases de media hora son as formas privilexiadas do programa do Culturgal mais todo é posíbel nunha feira na que a actividade non se detén durante tres días. Os proxectos e iniciativas recíbense no correo [email protected] e as bases de participación poden consultarse no web www.culturgal.com. |
NOS_40867 | CIG-administración cualifica de "cínica" á Consellería de Traballo por amosar "man dura cos desempregados, flexibilidade cos empresarios" | CIG-administración denuncia que a Consellería de Traballo anunciou a contratación de 20 persoas coa finalidadede controlar posíbeis fraudes nas prestacións do Plan Prepara. Ou sexa, controlar as axudas que reciben @s parad@s que xa esgotaron tanto as prestacións como o subsidio e que percibirán 400 euros ao longo de seis meses. A Xunta, logo, "contrata eses 20 postos ao tempo que leva destruido 223 nas oficinas de emprego de persoal "encargado das tarefas de orientación laboral ou os encargados da supervisión e control das subvencións que reciben as empresas procedentes dos fondos europeos, ata o punto de que a día de hoxe non sabemos quen se vai encargar destas funcións" Para a CIG, esta actuación aposta por "establecerun maior control sobre os parados e paradas tratando de criminalizalos por recibir axudas e retíranlles os servizos de orientación, ao tempo que fixan barra libre ás empresas para que fagan o uso que consideren dos fondos que reciben para o fomento do emprego". |
NOS_5444 | O ex presidente cubano Fidel Castro reapareceu en público na madrugada do domingo nunha gala que tivo lugar no teatro Karl Marx da Habana polo seu 90 aniversario. O líder da revolución cubana fixo a súa aparición xunto o seu irmán e presidente cubano, Raúl Castro, e o presidente venezolano, Nicolás Maduro. | Un acto ateigado de referencias históricas arredor da Revolución marcou a festa polo 90 aniversario de Fidel Castro, que contou coa interpretación da cantante Omara Portuondo, os relatos do historiador Eusebio Leal Spengler, coa actuación do grupo de teatro infantil La colmenita e coa proxección de fragmentos do documentario Mi hermano Fidel. Acompañaron o líder cubano o seu irmán, presidente do país, Raúl Castro, e o homólogo deste en Venezuela, Nicolás Maduro. Aliás, o acto de conmemoración do nacemento de Fidel contou coa presenza de numerosos revolucionarios que participaron no asalto ao cuartel Moncada, así como un amplo abano de representantes da sociedade civil e militar cubana. Ao berro de Viva Fidel, Viva Cuba sumáronse as mostras de afecto ao ex mandatario, que agradeceu as felicitacións. "Desexo expresar a miña máis fonda gratitude polas mostras de respecto, os saúdos e os obsequios que recibín estes días". |
NOS_103 | Nas unidades de coidados intensivos hai ingresadas 12 persoas. | Os dados ofrecidos pola Consellería de Sanidade sobre a situación do coronavirus na Galiza indican que a dñia de hoxe hai no noso país 920 casos activos, o que supón unha redución de 70 casos a respecto de onte. A Dirección Xeral de Saúde Pública indica que dese 920, casos activos deles 225 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 141 da de Ourense, 40 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 28 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI (1 menos ca onte), 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, na Galizahai un total de 9.607 persoas curadas, rexistrándose 610 falecementos. O último falecemento rexistrado por coronavirus até agoracorrespóndese cunha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS e presentaba patoloxía previas. O número de PCR realizadas é de 131.948. Residencias de anciás No que atinxe ás residencias de anciás, hai 190 casos activos (20 menos), dos que 100 son de persoas usuarias mentres que 90 son de traballadoras e traballadores. No que atinxe a falecementos, mantense en 271: 132 en residencias e 139 en hospitais e residencias integradas. |
NOS_33127 | O BNG chama a abrir "un novo tempo" para a lingua galega. | "O futuro do galego é tamén o futuro dunha Galiza máis forte", aseverou no Día das Letras Galegas a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ao tempo que chamou a "seguir traballando para que o idioma gañe espazos e gañe normalidade porque iso é sinónimo de vitalidade para o país". Mais para que esa normalidade sexa unha realidade, apostilou, "urxe un cambio de rumbo que poña fin a 12 anos de políticas lingüicidas" do Goberno de Alberto Núñez Feixoo. Nese sentido, en declaracións aos medios, antes de participar da manifestación de Queremos Galego en Santiago polo 17 de maio, a líder nacionalista cualificou a acción da Xunta da Galiza de "política de acoso ao idioma propio que, no ámbito da educación, mesmo está a provocar unha perda de competencias lingüísticas entre a xente moza". Así, denunciou que "o PP está cerceando o dereito de usar o galego a miles de persoas", motivo polo que reclamou "un cambio de rumbo neses decretos e nesas políticas linguicidas para abrir unha nova etapa para o galego na que desconfinemos o noso idioma como a mellor forma de demostrar o orgullo de ser desta terra e deste país e traballar por un futuro mellor para todos e todas". En concreto, a portavoz nacional do Bloque responsabilizou desta decadencia o polémico decreto lingüístico da Xunta en materia educativa de hai unha década -ao que tachou de "decreto da vergoña"-, porque "impide que miles de mozas e mozos teñan competencia en galego". Noutra orde, e a preguntas dos medios en relación ao ritmo de vacinación anunciado pola Xunta, a líder do Bloque salientou que oxalá se cumpra, pero lembrou que aínda é maioría a cidadanía que está a agardar mesmo por unha primeira dose. "Espero que haxa vacinas suficientes e que funcione todo con normalidade, mais hoxe son milleiros de persoas quen agardan polo antídoto", recordou. |
PRAZA_8831 | A premiada entende o galardón como "un recoñecemento xeral á cobertura da crise de Siria", onde só traballan xornalistas que "non atoparon cabida en medios convencionais" | Mónica García Prieto recolle este xoves en Ferrol o IX Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. A xornalista reivindicou o importante labor dos freelance para informar do que acontece. De feito, declarou que entende o galardón como "un recoñecemento xeral á cobertura da crise de Siria", onde só traballan xornalistas freelance que "non atoparon cabida en medios convencionais". A xornalista lembrou que ela mesma tomou en 2005 a decisión persoal de deixar un medio convencional e pasar a un dixital "porque quería contar cousas que no medio no que estaba non podía contar". García Prieto defendeu o labor dos profesionais da comunicación para "informar do que acontece nos países en conflito, para que non se repita noutras partes do mundo, e denunciar situacións potencialmente similares" García Prieto afirmou que "o xornalista non ten que ser o protagonista, senon contar o que pasa", e defendeu o labor dos profesionais da comunicación para "informar do que acontece nos países en conflito, para que non se repita noutras partes do mundo, e denunciar situacións potencialmente similares". En relación ás condicións do xornalismo no noso entorno, García Prieto expresou a súa "perplexidade" por certos aspectos do exercicio do xornalismo, e declarou neste sentido que "son inadmisibles as roldas de prensa sen preguntas e comparecencias por monitor". A presidenta do Club de Prensa de Ferrol, María Ares Sanmartín, recordou que se veñen de facer 10 anos da morte de José Couso, e que seguen se se esclarecer os culpables O decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, salientou que o mérito da premiada está en que "ademais de realizar o seu traballo nunha zona en conflito, ten que enfrentarse ás críticas da xente que está ao seu redor, que a xulgan por posicionarse cun bando ou outro, cando ela o que fai é simplemente contar unha realidade". Pola súa banda, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, María Ares Sanmartín, recordou que se veñen de facer 10 anos da morte de José Couso, e que seguen se se esclarecer os culpables. Mónica García Prieto Mónica García Prieto naceu en Badaxoz en 1974 e é licenciada en Xornalismo. Con só 19 anos, cubriu a revolta zapatista de Chiapas (México), e desde 1995 traballou para o diario El Mundo conflitos como os de Chechenia, Irak, Afganistán, Macedonia, Gaza ou Líbano. En 2005 Prieto pediu un período sabático para centrarse en temas de Oriente Medio, converténdose en xornalista independente con sé en Xerusalén. En 2007 trasladouse a Beirut, onde vive desde entón, e desde donde cubriu amplamente os conflitos da zona, e de forma moi activa a "primavera árabe". |
NOS_5766 | Así figura na proposta remitida pola CRTVG ás sete formacións que participarían no debate: PPdeG, PSdeG, BNG, Galicia en Común, Marea Galeguista, Ciudadanos (Cs) e Vox. | A primeira segunda feira da campaña electoral, 29 de xuño, e con sete candidatos. Son as dúas premisas fundamentais que están sobre a mesa para o debate electoral na TVG no marco dun plan global de cobertura dos medios públicos para as eleccións do 12 de xullo que aínda debe ser remitido aos partidos e sobre o que poderán negociar. Aínda que debe ser ratificado e remitido aos partidos, fontes coñecedoras do borrador avanzaron a Europa Press que o plan que, en principio, se fará chegar ás formacións, seguirá as pautas legais avaladas pola xunta electoral no previsto para os comicios do 5 de abril, despois aprazados pola pandemia. A CRTVG rexeitou confirmar o contido á espera de que a proposta sexa definitiva e se envíe ás forzas galegas. Agás mudanzas de última hora, a proposta de data de debate que recibirán en breve as forzas galegas será a primeira segunda feira de campaña para o 12-X e o resto de características do formato serán similares ás previstas para o 5-A. A principal diferenza é que se convidará a unha forza máis que na anterior cita: Marea Galeguista. É dicir, estarán convidados a debater nos medios públicos galegos candidatos de PPdeG, PSdeG, BNG, Galicia en Común, Marea Galeguista, Ciudadanos (Cs) e Vox. Na anterior cita convidouse PPdeG, PSdeG e BNG pola súa condición de partidos 'representativos', é dicir como formacións con representación parlamentaria no Pazo do Hórreo. En consideración de 'significativa' foi citada entón Galicia en Común, que como tal non tivo na lexislatura que remata representación parlamentaria. Iso si, desta coalición forman parte socios iniciais do partido político de En Marea, que en 2016 logrou situarse como segunda forza na Cámara galega, condición que posteriormente perdeu ao rachar o grupo parlamentar que lideraba Luís Villares. Após a saída de Podemos, Anova e EU, Villares quedou como referente temporal, antes de abandonar a política, de En Marea, formación que participa unida ao Partido Galeguista e a Compromiso por Galicia, nunha coalición baixo a marca Marea Galeguista, cuxo candidato é o exdeputado Pancho Casal. Ciudadanos e Vox foron convidados, segundo explicou entón a CRTVG, seguindo estes mesmos parámetros da LOREX e instrucións da xunta electoral, coa diferenza de que estas dúas formacións non teñen representación nin no Parlamento da Galiza nin contan con deputados por ningunha das circunscricións galegas no Congreso. O último debate electoral celebrado na TVG, nas eleccións de 2016, citara a cinco candidatos: os representantes do PPdeG, Alberto Núñez Feixoo; En Marea, Luís Villares; PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga; BNG, Ana Pontón; e Cidadáns, Cristina Losada. Unha vez que o plan dos medios públicos sexa ratificado e remitido aos partidos, o previsíbel é que haxa unha reunión para negociar os detalles do debate e da cobertura durante a campaña. |
PRAZA_200 | ADEGA únese ao Día Internacional da Reciclaxe de Móbiles, impulsado polo Instituto Jane Goodall, e que alerta sobre a presión crecente da minaría, en África pero tamén en Galicia, na procura de minerais necesarios na fabricación de compoñentes tecnolóxicos | Este martes 27 de xaneiro celebrouse o Día Internacional da Reciclaxe de Móbiles, unha iniciativa impulsada polo Instituto Jane Goodall e apoiada por entidades coa ADEGA, que busca concienciar "da necesidade de aproveitar o noso lixo tecnolóxico" e, de paso, "evitar a deterioración de valiosos ecosistemas (principalmente africanos) nos que se ubican as reservas dos chamados minerais estratéxicos: coltán, casiterita, etc.". En efecto, a loita polo control destas terras raras, necesarias na fabricación de compoñentes de última tecnoloxía, está detrás de numerosos conflitos armados, por exemplo os que se rexistran na República Democrática do Congo, onde se concentra o 80 por cento das reservas mundiais de coltán. O coltán acada prezos superiores aos 400 dólares o quilo. ADEGA lembra que en Galicia "temos tamén experiencia do que significa a minaría salvaxe, mesmo dos chamados minerais tecnolóxicos dos que hai xa proxectos de exploración e explotación en marcha" Pero non é necesario ir a África para atopar as negativas consecuencias da carreira por dispor de máis e máis barato acceso aos materiais empregados na produción de compoñenentes tecnolóxicos. ADEGA lembra que en Galicia "temos tamén experiencia do que significa a minaría salvaxe, mesmo dos chamados minerais tecnolóxicos dos que hai xa proxectos de exploración e explotación en marcha". "Litio, estaño, wolframio e mesmo coltán ameazan con trasladar a Galiza o modelo de explotación salvaxe dos minerais de sangue que está a acabar coas selvas tropicais e os grandes primates en África", destaca. É por iso que a esta campaña busca promover a reciclaxe dos móbiles e tablets usadas, así como fomentar o seu uso en en periodos máis prolongados. Lembran que en España hai 50 millóns de liñas de teléfonos móbiles, e que a maior parte dos aparellos son substituídos con moita frecuencia, cunha taxa de reciclaxe inferior ao 5%. Outras entidades, coma Enxeñeiros sen Fronteiras ou Equo xa denunciaron esta situación no pasado, promovendo unha maior concienciación sobre as condicións laborais nas que estes aparellos se producen, os efectos que ten esta produción para o medio ambiente e, ademais, os efectos negativos que provocan unha vez que os gadgets son simplemente residuos. En España só se trata axeitadamente, levándoo a puntos limpos, o 30% de todo o lixo tecnolóxico. En España só se trata axeitadamente, levándoo a puntos limpos, o 30% de todo o lixo tecnolóxico Neste senso, xa hai dous anos Ecoloxistas en Acción e Amigos da Terra presentaron un informe que subliñaba que nos vertedoiros -legais ou ilegais- de toda España había máis de 275 millóns de toneladas de materias primas valiosas. Ou, como sinalara nunha presentación pública Manuel Soto, "hai máis ouro nos residuos que botamos ao lixo que no interior destas minas que pretenden explotar". A campaña impulsada polo Instituto Jane Goodall anima a reciclar de balde os móbiles, descargando unha etiqueta pre-franqueada, pegándoa nun sobre para llo enviar por correo sen custe ningún. Tamén se pode deixar nun punto de recollida ou solicitar unha recollida a domicilio. Dende o inicio da campaña recolléronse xa máis de 45 mil móbiles. |
NOS_44268 | A Coordinadora Galega de plataformas de afectad@s polas preferentes entregará esta cuarta feira no Ministerio de Economía milleiros de sinaturas pedindo que se arranxe o problema das preferentes. A principios de mes entregáranllas a Feijóo: "Nin caso nos fixo, como quen oe chover. Unha vergoña de presidente para @s galeg@s". | Esta cuarta feira, 20 de novembro, representantes da Coordinadora Galega de plataformas de afectad@s polas preferentes farán entrega no rexistro do Ministerio de Economía de 23.000 sinaturas. Firmas dirixidas ao ministro De Guindos "para que non se esqueza de nós", afirma desde Arousa Julio García, "e, tamén, para que solucione esta estafa". Non vai ser a única parada d@s representantes da Coordinadora na súa visita a Madrid. Tamén irán até o Defensor del Pueblo para lle facer entrega destas 23.000 sinaturas. Tamén entregarán as sinaturas ao Defensor del Pueblo "Non imos parar nas nosas protestas. Iso que o teñan claro. Son os nosos cartos e roubáronnolos. Os nosos cartos? Que digo? A nosa vida! Aforros xuntados tras 'pasalas putas', moitas veces no estranxeiro e lonxe da familia". A indignación é máis que patente a pouco que se deixe falar ás persoas afectadas polo calote, como García. Que acaben as mentiras e comecen as solucións A principios deste mes, esas 23.000 sinaturas foron entregadas no Parlamento de Galiza con destino a Feijóo e pedindo o mesmo que agora lle demandan a De Guindos: "Que resolver o problema é competencia tanto da Xunta como de Madrid, que non lle boten a culpa a Bruxelas para se desfacer do problema", manifestou o voceiro da plataforma do Baixo Miño, Xulio Vicente. Vicente apuntou a que esa excusa "non calla" entre os preferentistas. Xesús Domínguez, da plataforma de Compostela, lamentou que as autoridades só deixen @s afectad@s "a vía da denuncia, civil ou penal". Ademais, advertiu que as mobilizacións e protestas non van finalizar pois o pouco que se ten atinxido neste problema "foi grazas á presión social". E NGB, á poxa Iria Aguede, integrante da Adica, cifra no 60% o volume de diñeiro que fica sen devolver por parte de Novagalicia Banco (NGB). Xesús Domínguez, voceiro da plataforma de afectad@s de Compostela, detallou que son máis de 500 millóns. E esta é a entidade que se vai vender. Esta terza feira o Frob inicia o proceso de poxa de Novagalicia Banco. Catro bancos (tres españois e un venezolano) e varios fondos de investimento aspiran a se facer coa entidade e o 40% do mercado de aforro galego que posúe. Após saneala con 9.000 millóns de euros públicos, a ferramenta financeira galega véndese ao mellor postor. |
PRAZA_10582 | O colectivo antiabortista, abeirado por lei en Galicia dende 2009, foi a segunda con máis puntuación no baremo fixado pola Xunta para optar aos locais na súa remodelada sede pontevedresa, na rúa Benito Corbal, por diante de organizacións como Meniños, a Asociación contra o Cancro ou Cruz Vermella | Na primavera do ano 2009 o PP estreou a súa recuperada maioría absoluta no Parlamento de Galicia activando a tramitación da iniciativa lexislativa popular (ILP) impulsada polo Foro Español de la Familia a través da súa plataforma antiabortista Red Madre. A norma, nominalmente encamiñada a "establecer e regular unha rede de apoio á muller embarazada", deu cobertura legal á Red Madre, abriulle a porta do financiamento público, outorgoulle funcións como o asesoramento a mulleres embarazadas sen recursos económicos e abeirou outras controvertidas mediadas coma un "protocolo de renuncia de bebés no hospital".O colectivo, abeirado por lei en Galicia dende 2009, foi o segundo con máis puntuación no baremo fixado pola Xunta para optar aos locais na súa remodelada sede pontevedresa, por diante de organizacións como Meniños, a Asociación contra o Cancro ou Cruz VermellaCase unha década despois do impulso da lei da Red Madre este colectivo segue operando a través de catro asociacións, unha por provincia galega, e continúa optando e logrando diversas axudas públicas. A máis recente é a consecución dun local na remodelada sede da Xunta en Pontevedra, na rúa Benito Corbal. O Goberno galego reservou nos andares terceiro e cuarto deste edificio locais para o tecido asociativo de Pontevedra e comarca. E un deles será para a Red Madre, o cal vén de causar un profundo malestar no Concello pontevedrés, así como en colectivos feministas da contorna.Para asignar estes locais de uso "social, cultural ou sanitario", que finalmente ocuparán un total de 28 colectivos, a Xunta lanzou o pasado xaneiro unha orde na que fixaba os criterios baixo os cales as diferentes entidades poderían optar a eles. Entre os criterios de avaliación, na que as asociacións podían obter ata un máximo de 100 puntos, a Xunta valorou aspectos como a "relevancia social" do proxecto, o uso do galego, o número de persoas beneficiarias da súa actividade ou a antigüidade do colectivo, entre outras.A Red Madre presentou a súa solicitude e obtivo os 14 puntos que recibiron automaticamente todos os colectivos que pediron un local 'tipo A' -de entre 20 e 27 metros cadrados-. Tamén logrou 14 puntos -o máximo- pola adecuación "definida e concreta" do uso previsto do local, 24 puntos dos 24 posibles pola "relevancia social do proxecto", 9 de 9 por prever beneficiar a máis de 100 persoas ao ano e outros 3 puntos -o máximo- por ter máis de 3 anos de "antigüidade na implantación" en Pontevedra. A estas puntuacións engadíronse 6 puntos por prever entre 4 e 8 horas de atención ás persoas beneficiarias, 5 puntos pola presentación da documentación en galego. Os cinco finais foron por ser unha entidade declarada de utilidade pública. En total, 80 dos 100 posibles.Malia lograren cero puntos en tres dos apartados valorados -actuacións que "incentiven a igualdade de mulleres e homes", "consecución de premios dentro do eido local" e presentación de solicitude conxunta con outras asociacións-, as altas puntuacións nos devanditos apartados permitíronlle á Red Madre ser a segunda entidade con maior puntuación. Só quedou por riba a Asociación para a loita contra enfermidades do ril (ALCER), segundo o resultado da avaliación publicado no Diario Oficial de Galicia. Por tras da organización antiabortista quedaron outras entidades como a Fundación Meniños, Asociación Española contra o Cancro ou Cruz Vermella.Paloma Castro, concelleira de Igualdade de Pontevedra, ve "vergoñento" que "organizacións integristas que atentan contra os dereitos e a liberdade das mulleres" logren un espazo nun edificio públicoO resultado deste reparto non foi ben acollido no goberno local de Pontevedra. A nova concelleira de Igualdade e Benestar da cidade, a socialista Paloma Castro, anunciou a súa intención de "poñer en marcha unha ofensiva municipal" para tentar "impedir" esta cesión, que se pode prolongar ata catro anos. A xuízo de Castro resulta "vergoñento" que "organizacións integristas e partidarias que atentan contra os dereitos e a liberdade das mulleres" logren un espazo público. Menos áinda cando ficaron fóra do reparto outras "con moita máis pegada na cidade", como Greenpeace, a Asociación Astronómica Sirio ou o Club Baloncesto Estudiantes, exemplifica.Estas críticas da concelleira chegaban na véspera de que este luns o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregase as chaves dos locais ás 28 asociacións que os lograron. "Todas as entidades que resultaron beneficiarias resultaron elixidas a través dun proceso convocado en réxime de concorrencia competitiva e segundo os criterios establecidos de xeito público nas bases da convocatoria", destacou a Vicepresidencia do Goberno galego. A concesión do local a Red Madre foi rexeitado no propio acto de entrega de chaves por parte de activistas feministas, como recolle Pontevedra Viva, mentres que Rueda reiterou a existencia dun baremo público para a asignación dos locais e agregou que "o feminismo parece que é dun só partido". En días pasados o BNG defendeu no Parlamento que este edificio levase o nome de Virxinia Pereira, pero o PP rexeitouno. |
NOS_25895 | A relación entre a cultura escrita e a gastronomía continúa vixente | Non hai achega en chave cultural ao mundo da cociña galega que non tope coa sombra de Cunqueiro. Que un dos grandes autores dunha literatura nacional sexa tamén un recoñecido gastrónomo e afeccionado aos praceres da mesa é un azar como outros. O mindoniense deixou multitude de referencias escritas sobre o tema, aínda que probabelmente a que máis ecoa na memoria popular sexa A cociña galega (Galaxia, 1973), traducida ao castelán xa na década dos oitenta nunha versión ampliada cun receitario de Araceli Filgueira Iglesias. Para o estudoso Armando Requeixo, Cunqueiro contribuíu a popularizar e divulgar unha parte do que hoxe entendemos como cociña tradicional galega, especialmente fóra da Galiza, aínda que o vincula a unha tradición gastronómica que xa existía no país: "como o famoso Picadillo e o seu La cocina práctica, que Cunqueiro cita abondosamente". Difire parcialmente Matilde Felpeto, autora gastronómica e Premio Álvaro Cunqueiro 2018 con Cociña galega tradicional, un libro cheo de referencias a escritores: "Cunqueiro é fundamental para o rexurdir da nosa cociña tradicional de raíz popular, tiñamos outros nomes, como o propio Picadillo, pero estaban máis vinculados á alta cociña de inspiración francesa. É un mestre por como expresa os sentimentos relacionados coa cociña e tamén pola recuperación das referencias cultas de autores máis antigos". Unha dimensión literaria que tamén hai que tomar con coidado, segundo apunta Requeixo: "Cómpre non perder de vista que cando o de Mondoñedo escribía sobre fogóns seguía facendo literatura, o que explica que moito do que conta sexa de lectura deliciosa, mais non sempre de resultado igual de óptimo cando tenta concretarse no prato". A persistencia do autor continúa presente na vida editorial do país, Galaxia sacaba hai un par de anos A cociña dos Cunqueiro, o receitario de Elvira González-Seco Seoane, a que fora a súa esposa. Non parece, porén, que esa liña do escritor gastrónomo continúe vizosa. Henrique Alvarellos, que iniciaba a andaina da súa editora coa recompilación de artigos do mindoniense Viajes y yantares por Galicia (2005) considera que xa non quedan herdeiros desa forma de concibir o país: "Cunqueiro, Castroviejo ou Camba tiñan unha visión do que era o noso mundo que está quedando como unha especie de lectura clásica". Unha perspectiva global que evoluíu en moitos aspectos deixando algo orfa e desvinculada a liña gastronómica, aínda que Francisco Castro, director de Galaxia, adianta que unhas das próximas novidades da casa será o volume Os doces de Trasalba, outra recuperación desa parte da cultura que se daba nos fogóns dos galeguistas. Non parece haber sucesores claros deste vínculo na literatura galega: hai quen sinala a Xavier R. Baixeras, autor dun Dicionario da comida galega (Engaiolarte e Aira, 2019), ou Fina Casalderrey, aínda que nunha dimensión diferente. "Penso que na literatura actual hai unha relación de fondo como a que hai co erotismo ou co cinema, que nunca deixou de estar aí", di Fran Alonso, director de Xerais. Trátase dunha presenza en segundo plano que tamén identifica Matilde Felpeto: "tamén é importante que apareza así, hoxe sabemos como se facían determinados pratos porque aparecen nalgunhas obras literarias". Un novo momento para os libros de receitas Editorialmente, o modelo de libro de cociña tamén parece estar nunha fase de transición a outras realidades. "As obras da nosa primeira colección culinaria levaron varios premios, tanto a nivel galego, como estatal e mesmo internacional", di Alvarellos referíndose, entre outros, aos dous premios Gourmand que recibiu Martín Álvarez González por 44 recetas con ortigas no ano 2007. Porén, Alvarellos acabou por abandonar esa liña gastronómica: "Foi unha mestura de varias cousas, por unha banda veu a crise de 2008, por outra, tamén eran libros caros de producir e que non sempre eran rendíbeis mesmo tendo en conta que esa colección foi comercializada en castelán a nivel de Estado". Aínda que Alvarellos non descarta volver ao tema, o editor ten claro que xa non hai lugar para os receitarios clásicos: "é un libro que non é barato e ofrece unha información que podes atopar sen moito problema na rede". É notábel que nas últimas décadas a gastronomía viviu novos enfoques inéditos até o momento. Dunha parte a proliferación de blogues e webs gastronómicas. Doutra, a conversión dos tradicionais programas culinarios en espectáculos televisivos que tenden moitas liñas ao reality show. Aínda que no noso contexto non apareceron as formas máis extremas desta nova tendencia, si que resulta imposíbel pasar por alto o protagonismo que tivo un espazo televisivo como Larpeiros, que desde Galaxia non dubidan en cualificar como "fenómeno": "En Galaxia levamos publicados seis libros de Benigno Campos, algo impresionante e moi difícil de concibir noutros autores. Ademais do tirón asociado ao programa, penso que a chave do seu éxito radica no feito de seren receitas moi galegas, moi asociadas aos nosos produtos e con pouca complicación", salienta Castro. A dimensión dos blogues de receitas comezou a ser recollida especialmente por Edicións Xerais. En 2018 aparecía Cociñando con Bolboretas no Bandullo, un libro baseado no blogue de Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz. Orientadas sobre todo ás crianzas, a relación coa rede desta proposta é fluída e aposta pola complementariedade, cun código QR acompañando cada prato que enlaza coa canle de Youtube da parella. "Queríamos darlle un enfoque diferente, hoxe en día que todo o mundo consulta na rede pareceunos moi acaído proporlle á editora que isto se levase ao libro", apunta Diana Fernández. O mundo dos blogues, nesta ocasión o de Elisa "Kukinhas" vai protagonizar tamén unha das futuras novidades de Xerais nos próximos meses, outro proxecto de receitas sinxelas que ten a súa orixe na rede, nun espazo bilingüe en galego e inglés. Porén, para Castro, desde Galaxia, o futuro desta relación é difícil de imaxinar "como todo no mundo editorial agora mesmo", pero non dubida de que hai moitas vías por explotar en internet: "O diálogo entre os espazos é algo natural e necesario, hai que concibir a rede como un aliado de primeira categoría, como forma de sacar ideas, pero tamén como unha poderosa ferramenta de promoción". A cociña e o confinamento O confinamento deste 2020 tivo como unha consecuencia inesperada o interese pola cociña, como un entretemento máis co que sobrevivir ao aborrecemento, de moitos fogares. O mundo editorial, aínda nun proceso de reactivación paulatina, non sabe dar conta de se iso afectou ás vendas dos libros de tema gastronómico, pero os editores si que o experimentaron nas súas propias carnes. "A miña nena de doce anos é unha pequena artista da cociña e moito me temo que sairei desta experiencia con dez quilos máis", di Francisco Castro entre risos, quen recoñece ter pasado tamén máis tempo persoal preparando pratos. As persoas máis novas doutros fogares tamén tomaron conta dos fogóns, como o caso dos fillos adolescentes de Henrique Alvarellos: "eu son bastante limitado nisto da cociña, e sorprendeume que decidisen abordar cousas como a repostería, algo que nunca fixeran e que nos axudou a encher as horas sen fin metidos na casa". Fran Alonso tamén coincide no mesmo a nivel persoal: "O confinamento potenciou a cociña, penso que é algo que ten até raíces psicolóxicas, se cadra relacionadas coa ansiedade da situación e o aborrecemento que trouxo. Na miña casa fixemos pan por primeira vez". Dalgunha forma, esta pequena cata entre os nosos editores demostra algo que xa se deixaba notar no ambiente: o crecente interese de crianzas e adolescentes no mundo da cociña, algo que Diana Fernández, de Bolboretas no Bandullo, non dubida en relacionar cos fenómenos televisivos: "hai un interese de parte do público novo que antes non existía". Se cadra, de entre eles, aparezan os Cunqueiros do futuro. Novos formatos Impensábel até hai pouco, pero con amplas tradicións noutras culturas, os novos formatos do libro de cociña galego explotan a relación con programas de televisión, unha faceta que, debido ao precario estado do noso audiovisual, non augura que experiencias como a de Larpeiros poidan repetirse facilmente. Doutro lado, blogues como Bolboretas no Bandullo ou Kukinhas dan o salto á edición, inaugurando unha nova tendencia e novos modelos de receitario, pensado para xente nova ou con pouca experiencia culinaria. |
NOS_5557 | A Consellaría de Sanidade asegura que é un procedemento "habitual" noutros documentos sanitarios. | A promoción institucional do Xacobeo é omnipresente nas comunicacións do Goberno galego, até o punto de que mesmo utiliza o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para incluír publicidade institucional do Xacobeo 2021-2022 até na documentación requirida para solicitar o acceso ao procedemento da eutanasia. Reclaman maior formación social e sanitaria sobre a eutanasia na Galiza Segundo trasladan a Xerencia do Sergas e a subdirección xeral de Asistencia Hospitalaria, é "habitual" que a Administración cumprimente coa publicidade do Xacobeo "documentos deste tipo". Algo que corroboran facultativos do Sergas a Nós Diario. "Tamén o fan co programa de cribado de neoplasia de mama e mesmo de cancro colorectal", indican fontes sanitarias. "Isto é unha auténtica aberración, meter publicidade turística en documentos sanitarios", lamenta a mesma fonte, para quen promover o Xacobeo na tramitación da eutanasia "xa é demasiado". "Meter publicidade xacobea no documento no que solicitas axuda para morrer é unha frivolidade innecesaria", denuncia un médico en declaracións a Nós Diario. Pontón exixe a Feixoo que non poña atrancos á Lei de eutanasia "A piques de rematar o Xacobeo, desaparecerá o logotipo e fin do asunto, pero mentres tanto, houbo que darlle o documento [ás persoas solicitantes de eutanasia] con esa invitación ao turismo que non sei se pretende convencer os familiares", sentencia esta fonte. Sen resposta da Xunta Segundo puido saber Nós Diario, foron varias as persoas profesionais do Sergas que se puxeron en contacto coas súas respectivas Xerencias e cos órganos institucionais correspondentes para pedir unha explicación sobre o uso de publicidade turística en documentos de carácter sanitario. Entra en vigor a Lei de eutanasia sen os deberes feitos na Galiza "A subdirectora de Asistencia Hospitalaria chegou a dicirnos que se trataba dunha prestación sanitaria máis, sen recoñecer a transcendencia da prestación, nin a complexidade dunha lei que a sostén e que mesmo muda o código penal", algo que para as persoas profesionais evidencia que "non é unha prestación máis". Após recibir a resposta do Sergas, os sanitarios puxéronse en contacto coa Comisión de garantías e avaliación da eutanasia, dependente do Goberno galego, sen que de momento recibisen resposta algunha ás súas queixas. |
NOS_6683 | A contestación social á instalación dun club de tiro nunha fraga centenaria chega tarde, as instalacións e as cortas de árbores xa causaron danos. Colectivos ambientalistas organizan unha manifestación este domingo para concienciar unha veciñanza desinteresada. | O 5 de xaneiro deste ano, Antonio Roma, fiscal da Fiscalía provincial de Medio Ambiente e urbanismo, recolleu en Santiago a denuncia de dúas persoas que representaban ao Comité de Defensa das Rías Altas. Denunciaban a construción dun campo de tiro nunha fraga en Vilar da Fraga na parroquia de Soandres, no concello da Laracha (Coruña). Achegaron fotografías e autorizacións administrativas das obras. O fiscal resumiu o relato nunha folla: hai unha nave de tres metros e medio de alto que, segundo as denunciantes, se levantou en solo de protección natural nunha fraga "especialmente valiosa con árbores autóctonas e especies protexidas"; pola fraga pasa o río Anllóns e advirten do risco de que o chumbo da munición contamine as augas; hai dous camiños, un público que foi desafectado e despois vendido aos propietarios do campo e o outro está documentado como camiño real. Dolores Louro ten 56 anos e a finais do ano 2000 decidiu crear o Comité de Defensa das Rías Altas, "sen convertelo nunha asociación porque non buscabamos subvencións". Daquela vivía en Ares. Participaron dunha loita con veciños e outras asociacións que conseguiu parar unha urbanización en Serantes e despois outra xunto a praia de Doniños, "porque querían impoñer aquí o modelo urbanístico do Mediterráneo". Tamén estiveron pelexando por impedir que se montase a planta regasificadora en Mugardos. O Comité de Defensa das Rías Altas conta con dez voluntarios, entre elas, Irene, "namorada da paisaxe desta zona" que sentiu dor polas árbores arrasadas na construción do campo de tiro e, despois de participar nunha andaina reivindicativa hai uns meses, decidiu apoiar as demandas do comité. Os activistas piden derrubar o edificio do campo de tiro xunto á estrada AC-523 e rexenerar a vexetación nos 85.000 metros cadrados que ocupará a instalación, hoxe en obras. O domingo haberá unha manifestación na Laracha convocada polo comité e apoiada por algunhas organizacións ecoloxistas e colectivos veciñais. Tamén partidos políticos. Esta terza feira, En Marea rexistou unha pregunta parlamentaria na que se advirte que "o que pasou e continúa a pasar en Vilar da Fraga é a representación dunha administración da Xunta de Galicia e dunhas consellarías que traballan e actúan de costas á realidade". Ao día seguinte, Edu Nieto, secretario de coordenación de Podemos Galicia, e Begoña, arqueóloga, tamén en Podemos, pisan por vez primeira o camiño cortado que foi o camiño real. "Isto é un estrago ao patrimonio", sostén a arqueóloga. Hai un mes que o deputado de Podemos Juan Merlo se reuniu con membros do comité para escoitar o mesmo relato que transcribira o fiscal. "A Xunta, varios departamentos, entre eles os responsábeis de patrimonio, urbanismo e medio ambiente terán que dar contas de como se fixeron as cousas aquí", advirte pola súa banda Nieto. O edificio do clube de tiro son varios módulos de cemento branco ao pé da estrada, xunto a eles hai foxos de terra que comeron carballos e bidueiros e unha explanada ao cabo dos regatos que se achegan ao Anllóns. Os veciños Só hai dúas casas habitadas xunto ao campo de tiro. "Queren facer un bar e outros servizos, ademais das instalacións cubertas de tiro e as exteriores de tiro ao prato", explica Xosé ás portas francas do patio onde a xente das obras garda os seus turismos, material de construción e maquinaria, "porque alá onde o club xa lles roubaron". Está tarde hai unha pa e un par de homes medindo os prados que inda non foron aplanados. Xosé está agradecido polo campo entre outras cousas porque a el lle compraron os 116 ferrados que non hai moitos anos recibira dunha herdanza. "Viñeron o alcalde e uns concelleiros e dixeron que había isto e vendín, a min paréceme ben que se faga o campo, que se faga algo aquí porque nestas outras fincas non podo nin construír". Non irá á manifestación do domingo, e tampouco irá a súa muller que recorda que cando nena se fixera unha canteira en Mantiñan e cos estoupidos rachaban as paredes das casas "e ninguén dicía nada", e logo foron para Vista Alegre e non houbo queixas, nin as houbo con esa outra, nese outeiro que separa os regatos do monte Xalo e que non deixa ver desde aquí os fumes de Meirama. Xosé di que cada quen é libre de pensar o que queira, pero que meten máis ruído os coches da estrada que calquera detonación das armas e que o camiño era vello e non se usaba e que el xa cortara árbores (piñeiros, eucaliptos e algún carballo) e foran denuncialo, pero pedira permiso e tiña todo en regra. Hai outra casa xunto ao campo de tiro. O dono tamén se chama Xosé, pero é máis vello e leva toda a vida ("salvo o tempo da mili") aquí. "Claro que coñezo a fraga, e os regatos, e o Anllóns empeza máis abaixo. Aí levaron por diante moitas árbores, certo. Eu prefería que tiveran feito outras cousas. Industrias. Dar traballo. Pero isto xa non hai quen o pare, verdade? Se houbese algunha irregularidade non estarían traballando. Ao mellor cando empezou a cousa, cando se pediron os permisos e se fixera a exposición pública, ao mellor naquel momento, si que se puido facer algo. Pero ninguén dixo nada". Tampouco sabe se irá á manifestación do domingo, "depende se teño que facer outra cousa ese día". As obras e o comité O 26 de setembro de 2015 o pleno do Concello da Laracha acordou cambiar a cualificación dun tramo duns trescentos vinte metros dun camiño público a ben patrimonial. O 5 de agosto do 2016, o Club de Tiro Olímpico Laracha, promotor das obras, recibiu a licenza para construír as instalacións de tiro olímpico e de tiro ao prato en "solo rústico de especial protección de espazos naturais e de espazos naturais e das augas". As obras debían levar tres anos. Na web do club xa hai fotos dunha galería de tiro e dos foxos para o tiro ao prato. A estrutura edificábel vai moi avanzada. Hai máis ou menos un ano, Dolores Louro empezou a interesarse polo que pasaba co campo de tiro "despois de ler nas redes sociais que había queixas". O Comité de Defensa das Rías Altas iniciou a súa primeira acción "no interior", "porque nos decatamos de que a contaminación do Anllóns polo chumbo da munición podería chegar a afectar a ría de Corme". Estudaron o problema, fixeron folletos, repartíronos en bares e feiras, e déronse a coñecer ás veciñas que estaban molestas, e cunha delas chegarían a presentar a denuncia diante da Fiscalía a comezos do 2017. "Pero o fiscal Roma foi trasladado e non sabemos se fixo actuacións. A nós dixéranos que si, pero o certo e que non temos constancia e cando xa non o puidemos localizar presentamos outra denuncia nun xulgado de Santiago que agora se terá que tramitar en Carballo". Desde hai unhas semanas, o comité vai recibindo adhesións: da asociación Petón do Lobo, coa bagaxe do conflito en Corcoesto; do Comité de Defensa do Común da Coruña, do que Dolores e Juan, outro dos activistas, fan parte activamente; e de outras plataformas como a que se opón á liña de alta tensión nas Mariñas que Red Eléctrica pretende tirar desde Abegondo e pasará por esta zona, polo Xalo. Os ambientalistas Ana Varela, secretaria de Petón do Lobo, explica que a experiencia de Corcoesto ampliou a súa base social e levounos a abordar outros casos "para corrixir inxustizas". Esta semana entrevistouse en Compostela co asistente da Valedora do Pobo para explicarlle a situación en Vilar da Fraga. Desde a asociación pensan que se deberían paralizar as obras e que varios departamentos da Administración deberían intervir. Desde a Subdelegación do Goberno, a respecto da seguridade na estrada que pasa a uns metros do campo, até a Consellaría de Sanidade, para valorar os posíbeis impactos na saúde do chumbo; e Medio Ambiente, polas cortas na fraga e as detonacións que afectarán a fauna; e tamén Cultura, porque o camiño real está documentado desde o ano 1752. Os activistas de Petón do Lobo visitaron a fraga e empezaron a intercambiar información co comité. Están afeitos a tratar coas administracións e advirten que tanto o Concello da Laracha como a Xunta puideron incorrer en irregularidades. "Como pode ser desafectado un camiño público e acabar formando parte dun campo de tiro?", cuestiónase Varela, "pódese dar amparo legal á construción en solo rústico de protección transformándoo en solo urbanizábel?" O chumbo da munición é contaminante e pode acabar nos terreos onde nace o Anllóns, insiste a activista. "Medio Ambiente, a consellaría, no di nada nin hai medidas correctoras ou de limpeza; como tampouco dixeron nada cando se cortaron máis das árbores autorizadas". Desde Petón do Lobo recordan que o Anllóns é un río moi castigado e que en setembro do ano pasado xa estivo por baixo do caudal ecolóxico. Onde Petón do Lobo ve posibilidades de levar adiante unha loita veciñal que deteña a agresión ao medio natural, Adega só advirte outro caso de posíbel abuso aproveitando as lagoas na lexislación. Fins Eirexas, secretario da organización, explica: "Cada mes hai ducias de iniciativas que queren frear unha agresión ao medio, no rural todo ten interese natural". Desde a súa experiencia de 25 anos en Adega, Eirexas concede que nos últimos anos apréciase unha maior conciencia medioambiental na veciñanza e que as organizacións ambientalistas están a recibir máis demandas, "tamén en parte porque os recortes desartellaron as vías que a Administración tiña para atender estes problemas e a xente acode a nós que as veces temos que facer de oficina de información pública". Eirexas conta que avaliou persoalmente o caso de Vilar da Fraga e sinala que, na súa opinión, "o que se fixo atense á lexislación actual". "Aparentemente cúmprese a lei, e por ese lado hai pouco que facer. No fondo, a contestación social parece ter un carácter localista, un movemento típico do que chamamos Non na miña leira [a tradución do acrónimo inglés NIMBY, Not In My Back Yard]. Hai unha preocupación ambiental, pero no fondo trátase de intereses particulares. Non o fagas aquí, pero si o fas aí o lado xa non me importa… Neste caso a mobilización tería que definir un obxectivo máis concreto. A fraga e o río son dous aspectos secundarios. Para os ecoloxistas o debate a dar sería respecto do uso do chumbo e os metais tóxicos". En calquera caso, Adega ve respectábeis as reivindicacións dos colectivos e implicados. "E compartímolas", subliña Eirexas. O lugar e o modelo "Desde o número pódense mover as vontades políticas", sostén Ana Varela, "por iso é tan importante coordenarse e partillar loitas". En Petón do Lobo consideran que a maior conciencia social a respecto das agresións ao medio ambiente ten que ver coa comprensión "dos efectos do cambio climático, da seca, para a saúde das persoas". A experiencia de espazos que comparten con outras organizacións, como ContaMINAcción, vai creando tamén conciencia. O éxito de Corcoesto, "que se parou, está xudicializado, un triunfo da cidadanía", animounos a espallar táctica e estratexia. Desde Adega, Eirexas advirte: "Non podemos pillarnos os dedos noutros casos de Non na miña leira". Segundo el, a reflexión non ten que ver co lugar, senón co modelo, e pon exemplo de reclamacións locais que remataron niso: "Corcoesto, onde coincidiron varias plataformas e se produciu esa reflexión sobre a minería que temos no país; e O Irixo, coa incineradora, que serviu para poñer en evidencia un modelo de xestión que é unha fuxida cara diante, e rematou cunha ILP con 30.000 sinaturas e veciños de Lalín e Cerceda implicados na loita". "Estamos abertos a compartir información e a que se sumen todas as organización e partidos que queiran salvar a fraga de Vilar da Fraga, o río e os camiños", di Dolores Louro mentres discute con Juan os últimos detalles da mobilización do domingo. Teñen que recoller a faixa para a cabeceira da manifestación, e seguir repartindo os carteis. "Temos apoio, mesmo quixemos poñer a lista completa dos colectivos que fan parte da Comisión Aberta para a Defensa do Común da Coruña, pero quedabamos sen sitio para a foto no cartel. O domingo, co manifesto, nomearémolas todas". Nota: Fotografías feitas esta semana en Vilar da Fraga, da autoría de E.D.. Salvo a do interior da galería, que está na web do Club de Tiro. As imaxes insertas no medio do texto son, de arriba a abaixo, (1). Edu e Begoña, de Podemos, con Irene, no que foi camiño público; (2). Xosé, o veciño que vendeu os terreos ao Club de Tiro; (3). Juan, Irene e Dolores, xunto á estrada e ás instalacións do campo de tiro; (4). Galería de tiro; (5). As obras do campo de tiro obrigaron a cortar árbores Nota de corrección: na versión inicial deste texto facíase referencia a que a contaminación no Anllóns podería afectar a ría de Cedeira, en realidade é a de Corme |
NOS_54034 | Cun corte de tráfico no centro de Vigo, delegados da CIG demandaron carga de traballo e solucións para o sector. | A reclamación de carga de traballo e unha solución para o sector levou a que delegados sindicais da CIG cortaran o tráfico no centro de Vigo, despois de teren celebrado unha asemblea na que se analizou o inicio da negociación dun novo convenio do sector do sector . Arredor de 150 delegad@s do sector demandaron na rúa carga de traballo e unha solución para a retroactividade das axudas e da falta de financiamento. Despois do corte na Travesía de Vigo cruce con Jenaro de la Fuente, a mobilización continuou en manifestación até Urzaiz, para regresar logo ao punto de partida que foi a sede da central nacionalista na cidade. En canto á negociación do convenio do sector despois da constitución da mesa, a central nacionalista anuncia que centrará a súa atención en "botar abaixo a distribución irregular da xornada acordada entre os sindicatos españois e a patronal no anterior convenio porque entendemos que non axuda a crear emprego e si a empeorar as condicións laborais dos traballadores/as". Durante a asemblea tamén visionaron un traballo audiovisual no que se analizan en detalle os efectos da crise económica e a súa incidencia na perda de dereitos sociais e laborais. Como cada xoves, o sector continuará hoxe protestando en defensa do seu futuro diante da delegación da Xunta. |
PRAZA_4435 | O comité de empresa alerta da ausencia de "vontade" da multinacional para continuar coa produción na planta de San Cibrao e pide "unidade" ás administracións. Unha "marcha fúnebre" e unha manifestación percorrerán as rúas da comarca esta fin de semana. | "Non se poden parar as cubas, iso sería inviable". O presidente do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao, José Antonio Zan, advertiu da necesidade de evitar a parálise da planta de aluminio da que a multinacional pretende despedir a maioría dos seus traballadores --534-- logo dunha xuntanza coa dirección da compañía na que os representantes do persoal non viron "vontade" para continuar coa produción. O comité de empresa advirte de que non apreciou "vontade" de Alcoa para manter a produción e pide "unidade" aos gobernos central e autonómicoO comité de empresa reclama "unidade" entre o Goberno central e a Xunta e alerta de que, de confirmarse as intencións confirmadas de Alcoa de marchar de vez, as administracións deberían buscar unha alternativa para continuar coa produción na planta galega. O Executivo de Sánchez asegurou que a súa "perspectiva de futuro" é a "busca de investidores", ao igual que antes fixo coas factorías da Coruña e Avilés, que agora sofren a incerteza de novas vendas e ausencia de plans claros. Alcoa, pola súa banda, insiste en non se dan as condicións para manter a actividade e alude á sobrecapacidade mundial do aluminio e ao elevado prezo da enerxía eléctrica, aínda que nin tan sequera unha rebaixa considerable dos custos parecería abondarlle. As perdas previstas de máis de 54 millóns de euros e o déficit acumulado nos últimos anos son o seu argumento para marchar, logo de recibir elevadas cantidades de cartos públicos nos últimos anos, case 40 en dous anos. A multinacional convocou os sindicatos para outra reunión o vindeiro día 10 de xuño, no proceso de conversas antes de iniciar o proceso formal dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE). A cidadanía da Mariña organízase polo emprego en Alcoa cunha "marcha fúnebre" este sábado en Xove e unha gran manifestación o domingo en ViveiroAnte unha ameaza que afecta máis de 500 traballadores, pero a case outros tantos empregos indirectos e á economía de toda unha comarca, a poboación da Mariña comeza a unirse ao persoal na loita polo futuro da planta. Este sábado, empresas e comerciantes locais de Xove impulsan unha "marcha fúnebre" polo emprego que sairá ás 13 horas da entrada de Xove e camiñará cara á Burela, ata a rotonda de Beltrán, e que estará acompañada dunha caravana de vehículos e co loito como vestimenta. O domingo, en Viveiro e desde a Cruz Vermella ás 11.30, outra marcha que se prevé masiva percorrerá a localidade para "loitar pola industria e salvar A Mariña". Un día antes, o sábado na Coruña, o comité de empresa de Alu Ibérica, antiga Alcoa, levará a cabo unha concentración ás 12 horas na praza de María Pita "para que o Goberno investigue as vendas da factoría e intervenña para asegurar a súa viabilidade". |
NOS_45833 | Unha semana despois do comezo dos disturbios en Suráfrica, provocados pola entrada en prisión do ex presidente Zuma, o actual mandatario, Cyril Ramaphosa, advirte de que a situación é "algo que poucas veces vimos na nosa historia democrática", dificultando o acceso de alimentos nas zonas afectadas. | 72 mortos e 1.232 persoas detidas é o saldo dos últimos sete días de disturbios en Suráfrica, despois de que a pasada cuarta feira o ex presidente Jacob Zuma se entregara ás autoridades ao ser condenado o 29 de xuño a 15 meses de prisión acusado de desacato xudicial, por negarse a declarar nun caso de corrupción no que estaba imputado. As mortes producíronse nas dúas provincias que concentran as protestas, segundo informa o medio surafricano IOL News. 45 en Gauteng, onde se sitúa Johanesburgo e Pretoria, e 27 en KwaZulu-Natal, que acolle a cidade de Durban. Esta situación, considerada a máis grave desde o final do apartheid hai 27 anos, está provocando prexuízos sobre todo na provincia de KwaZulu-Natal, onde o Sowetan Live advirte de que "a seguridade alimentaria para as comunidades é crítica", apuntando que non van poder manter a distribución de materias primas se continúan as interrupcións no servizo. O primeiro ministro da provincia natal de Zuma, Sihle Zikalala, revelou que a meirande parte das mortes se produciron por avalanchas de persoas que estaban a saquear tendas pequenas de alimentación, de electrodomésticos, licor e roupa. Bheki Cele, ministro de Policía, confirmou que os falecementos en Gauteng seguen o mesmo patrón, e indicou que a maioría das detencións se localizaron en Johanesburgo, sinalando que "a insatisfacción e as circunstancias persoais non dan a ninguén o dereito de roubar, ser protagonista de accións vandálicas e romper a lei". Porén, aínda que as protestas dos seguidores do ex presidente Zuma deron comezo aos disturbios, combinouse coa situación económica do Estado e unha fenda de desigualdade que mantén a parte da poboación na pobreza, indica Al Jazeera. No estudo multidimensional da pobreza feito pola Organización das Nacións Unidas en 2019, Suráfrica ocupa un dos últimos lugares do continente, co 0,9% da poboación en situación de pobreza extrema, e un 18,9% por debaixo do nivel de pobreza, cunha redución de máis de 30 puntos porcentuais na última década. A pesar diso, salientan os medios surafricanos que nestes disturbios está moi presente o lento avance na mellora das condicións de vida deste sector de poboación e os problemas xerados a raíz das restricións motivadas pola pandemia de Covid-19, que xa deixou no país 64.000 mortes e máis de dous millóns de contaxios. Envío do Exército Esta segunda feira, o presidente, Cyril Ramaphosa, fixo unha declaración recoñecendo a gravidade dos acontecementos, "é unha violencia que poucas veces vimos na historia da nosa democracia", destacou. "A nosa constitución garante o dereito de manifestarse, é moi clara nestes asuntos, pero nada xustifica a violencia", explicou Ramaphosa. Amais das mortes, agregou, "vimos estes días cortes de estradas, roubos, saqueos e danos á propiedade". Baseándose no número de persoas falecidas e nas imaxes de violencia que ilustran os medios do Estado africano nos últimos días, o mandatario anunciou que as Forzas Armadas surafricanas darán cobertura e apoio aos corpos policiais. Ademais de facer un chamamento á calma, Ramaphosa pediu evitar que os disturbios deriven nun conflito étnico, e acusou "grupos de persoas que buscan instigar o caos", provocando a interrupción do programa de vacinación e impedindo que alimentos e medicamentos entren nas zonas afectadas, así como a normal asistencia ao traballo da poboación. Na declaración, o presidente expresou que "a desigualdade é inaceptábel", igual que a corrupción, un mal do que "estamos a sandar", resolveu, antes de reclamar confianza nos cambios democráticos que o goberno do Congreso Nacional Africano está a impulsar. Mangosuthu Buthelezi, primeiro ministro da nación Zulú, criticou as "confusas palabras do presidente" sobre o conflito étnico, defendendo que esta é unha loita dos seguidores de Zuma e que o pobo que encabeza non ten ningunha responsabilidade. Zuma, 15 meses de prisión, mais con case 800 causas xudiciais pendentes de xuízo Jacob Zuma foi elixido cuarto presidente da República de Sudáfrica nas eleccións xerais de 2009 polo Congreso Nacional Africano (CNA), dous anos antes xa se fixera coa Presidencia do Partido, e entre 1999 e 2005 ocupara a Vicepresidencia no primeiro mandato de Thabo Mbeki. Poucos días despois de ser escollido candidato presidencial do CNA, chegaron as primeiras acusacións de corrupción contra el, acumulando na actualidade case 800 causas xudiciais pendentes. Foi perdendo a confianza do partido até que en febreiro de 2018 tiveron que darlle un ultimato: ou renunciaba de forma inmediata ou sería expulsado polo lexislativo. Horas despois presentaba a súa renuncia expresando que "non quero romper o CNA". |
PRAZA_1057 | Nunca me fiei das cousas que medran moi rapidamente a golpe de artificio e sempre fun máis partidario das cousas ben feitas, son de cociña feita a lume lento máis que de fast food | Entre as cousas que máis me chamaron a atención a respecto das enquisas publicadas estes días sobre a intención de voto das próximas eleccións municipais galegas está o feito de que se lle dea tanto peso a unha forza como Ciudadanos. Digo que me chama a atención, pois nuns comicios que acostuman centrarse tanto en proxectos concretos e na proximidade das persoas que se presentan, resulta estraño que se lle dea posibilidade de representación a unha forza sen implantación no noso país e cuxas listas foron presentadas no último minuto sen que houbese tempo para coñecer quen son os seus membros. Entre as cousas que máis me chamaron a atención a respecto das enquisas publicadas estes días sobre a intención de voto das próximas eleccións municipais galegas está o feito de que se lle dea tanto peso a unha forza como Ciudadanos Con todo, isto non é o que máis me preocupa, pois independentemente do que digan as sondaxes, o que realmente ten valor é o voto da cidadanía. O alarmante é que poida chegar a ter relevancia unha forza que defende medidas tan antisociais como a eliminación da prestación por desemprego, a suba do IVE (mesmo do superreducido) en detrimento do IRPF ou o tratamento d@s inmigrantes pouco menos que como se fosen escrav@s. Por se non abondase, leva tamén propostas tan graves como relegar a lingua galega a un ámbito residual, unha brutal contracción do Estado autonómico e reducir os investimentos en infraestruturas galegas ata unha cantidade puramente simbólica. Nunca me fiei das cousas que medran moi rapidamente a golpe de artificio e sempre fun máis partidario das cousas ben feitas, son de cociña feita a lume lento máis que de fast food Loxicamente esta fenomenal campaña propagandística, que fixo en poucos meses que un pequeno partido catalán se expandise de xeito tan desmesurado, ten que ter un sustento económico de grupos ben poderosos que fican oculto, o cal non deixa de ser outro motivo de preocupación. Semella claro que o electorado vai castigar fortemente o PP e o PSOE pola súa responsabilidade no deterioro das nosas institucións, pero a alternativa non pode pasar por forzas que presentan un programa con demasiados puntos en común con partidos de extrema dereita que, por desgraza, están asentados en países como Francia, Italia ou Holanda. Nunca me fiei das cousas que medran moi rapidamente a golpe de artificio e sempre fun máis partidario das cousas ben feitas, son de cociña feita a lume lento máis que de fast food. |
NOS_19044 | O grupo ao que pertence Liberty House segue adiante cos seus plans para gañar peso no mercado internacional do aluminio. Alvance, a súa división especializada nesta materia prima, vén de fechar a compra dunha planta en Bélxica mentres a división enerxética non desiste dos seus plans na Galiza. | O feito de que a negociación con Alcoa non chegara a bo fin non foi escusa para que o grupo GFG Alliance, ao que pertence Liberty House, deixase de lado os seus plans de crecemento no sector do aluminio. Esta semana, Alvance, a filial do grupo que negociou con Alcoa a compra da planta de Cervo, anunciou a compra da factoría de laminación de aluminio de Duffel, en Bélxica, cuxa produción está moi orientada ao sector da automoción. Como destaca a propia compañía nun comunicado, a suma das 250.000 toneladas anuais de capacidade desta planta ás 332.000 que ofrecen conxuntamente as de Dunkerque (Francia) e Fort William (Escocia), "achega Alvance ao seu obxectivo de alcanzar un millón de toneladas anuais de capacidade". A adquisición da planta de San Cibrao, cunha capacidade de 228.000 toneladas ao ano, levaría a firma controlada polo magnate de orixe india Sanjeev Gupta á consecución de tan ambicioso obxectivo. GFG Alliance ten tres alicerces industriais ou marcas: Liberty Steel Group (a que aspiraba a facerse coa planta de Alcoa en Cervo), Alvance Aluminium Group e Simec Energy Group. Esta última división vén de asinar a pasada quinta feira un acordo con Ignis Energy para desenvolver proxectos de enerxías renovábeis no Estado español para fornecer de enerxía a potenciais plantas de metais do grupo, tal e como anunciaron ambas as firmas, en clara alusión á planta de Alcoa, en Cervo. Pensando na Galiza En virtude deste acordo, a española Ignis e a rama enerxética de GFG Alliance, Simec, pretenden levantar instalacións eólicas e solares cunha capacidade total de 1,2 xigavatios (GW), segundo explicaron nun comunicado conxunto. Os parques eólicos estarían radicados na Galiza, mentres que as instalacións de xeración fotovoltaica quedarían repartidas por todo o Estado español. A súa idea é que estean xa operativos en 2023. Con este anuncio, GFG Alliance desmonta o argumento da falla de concreción dos investimentos que denunciara Alcoa para botar por terra as negociacións. De feito, as instalacións de xeración eólica estaban contempladas no plan deseñado por Ignis para a planta galega, que incluía a coxeración como fonte de alimentación para a factoría, o que permitiría rebaixar a factura eléctrica, que se vería complementada máis adiante cunha planta de hidróxeno verde e fontes renovábeis. O grupo británico parece que non desiste da compra da planta de Cervo. "Pasamos moito tempo en España buscando acordos", dixo Jay Hambro, director de investimentos de GFG Alliance, após dar a coñecer o acordo con Ignis, mais declinou comentar se continuaban as conversas con Alcoa ou sobre os detalles dos activos de aceiro que pretendía comprar no Estado español. Futuro sen Alcoa Con negociacións en curso ou sen elas, o que parece claro é que ninguén está disposto a perder a planta de aluminio primario en Cervo. Goberno español e Xunta meten presión a Alcoa para que acceda á venda, alegando que os seus argumentos non se sustentan e que o único que pretende coa súa negativa é facilitar a entrada dun competidor no mercado. Nesta liña, Moncloa e San Caetano poñen xa sobre a mesa a vía da intervención, unha postura defendida desde hai meses tanto polo comité como desde formacións políticas como o BNG, a quen socialistas e populares chegaron a tumbar unha iniciativa no Congreso das Deputadas na que chamaban á nacionalización das instalacións de Alcoa en San Cibrao. Como aseguran varias persoas expertas na materia, a intervención é unha vía perfectamente posíbel que poderían executar de modo inmediato tanto o Goberno español como a propia Xunta. Esta vía deixaría a Liberty House sen a propiedade da factoría a curto prazo, cando menos até que se resolvesen as posíbeis reclamacións de Alcoa, mais si que podería comprometer investimentos como os agora anunciados, e mesmo actuar desde o primeiro día como socio industrial das administracións. |
NOS_14787 | Os galardóns dos Premios Martín Códax ábrense á votación popular, ademais da profesional, segundo anunciaron desde a organización a cargo de Músicas ao Vivo. | Este ano os Premios Martín Códax de Música, na súa novena edición, incorporan dúas novas categorías extraordinarias, 'Artista do Ano' e 'Artista Emerxente', coa intención de valorar a relevancia actual de intérpretes da Galiza nomeados. As novidades presentáronse onte no Salón Teatro de Compostela e déronas as coordinadoras do evento, Marga Ramos e Nastasia Zürcher, da directiva de Músicas ao Vivo, a asociación promotora dos premios. Martín Códax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023 No acto tamén participaron a deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, María Alonso; o director das adegas Martín Códax, Jorge Pallares; a concelleira de Seguridade Cidadá de Pontevedra Eva Vilaverde; e o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil. Pallarés sinalou a súa satisfacción despois de "dous anos duros para o gremio da música" de volver "á normalidade" e demandou non "esquecer os artistas que fan posíbel a música galega". Para o responsábel das adegas cómpre "apoiar a cultura como forma relevante de construír a identidade galega". Premio aberto ao público Para participar as creadoras e os creadores interesados poderán inscribir os seus proxectos a partir do 11 de xullo até o día 31 do mesmo mes, a través da web dos premios e a entrega realizarase o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. En relación á categoría de 'Artista do Ano', a novena edición dos premios co nome do trobador galego pretende abrir o certame á participación do público para que achegue a súa valoración sobre o que consideran o artista do país máis relevante do último ano. 'Diluvio': así é o novo disco das Tanxugueiras, que sairá á venda o 29 de xullo Pola súa parte, 'Artista Emerxente' procura valorar a proxección e potencial dun proxecto de nova creación, e o procedemento de votación deixarase en mans dun xurado profesional integrado por cinco persoas traballadoras dentro do mundo musical. Estas dúas novas categorías súmanse ás dezaseis xa existentes, aos tres Premios Organistrum e ao galardón honorífico "a toda unha traxectoria". As categorías completaríanse coa de Pop e Indie, Rock Blues, Funk e Soul, Metal, Canción de Autor ou Autora, Músicas Urbanas, Músicas do Mundo e Mestizaxe Electrónica, Música Clásica e Contemporánea, Jazz e Músicas Improvisadas, Música Tradicional, Música Folk, Música Infantil, Orquestras, Grupos e Música de Verbena, Coros e Grupos Vocais, e Bandas de Música Popular. |
PRAZA_20758 | Rueda augura que o de 2018 será o último mitin de inicio do "curso político" lonxe de Soutomaior porque o PPdeG vai "recuperar" a Deputación de Pontevedra. O presidente da Xunta presenta o seu Goberno como referente "fronte o non ao turismo" HEMEROTECA | O Goberno de Rajoy veta por segunda vez a lei do traspaso da AP-9 a Galicia no Congreso | Este martes o Parlamento reúne a súa Deputación Permanente a instancias dos tres grupos da oposición para, como o pasado xullo, pedir -previsiblemente sen éxito- contas ao Executivo galego polo novo veto do Goberno de España ao traspaso da AP-9 a Galicia malia ser reclamado pola unanimidade da propia Cámara. Este domingo, a apenas corenta e oito horas desa cita, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy volveron compartir escenario para, por segunda ocasión lonxe do Castelo de Soutomaior, abrir simbolicamente o "curso político" do PP. Nese mitin non estiveron presentes asuntos pendentes para Galicia como o traspaso da autoestrada. Ben ao contrario, o titular da Xunta empregouno para erixir o gabinete de Rajoy en modelo de "política á galega". Entre ecos da manifestación de Barcelona en repulsa polos atentados do 17 de agosto e ás portas da Diada Nacional catalá e mais da data prevista para o referendo de autodeterminación auspiciado pola Generalitat, o presidente da Xunta volveuse gabar de presidir un territorio politicamente antónimo a Catalunya. "Tanto galegos como españois escolleron ao Partido Popular maioritariamente", afirmou o presidente -nas últimas eleccións galegas tivo o 47% e nas últimas xerais, o 33%- por aspectos como a súa xestión económica e, dixo, por facer a devandita "política á galega", que na actualidade xa se "coñece" xunto ao "patrimonio cultural á galega", a "natureza á galega" ou a "gastronomía á galega". Feijóo sinala que a "política á galega" xa se "coñece" xunto á "gastronomía á galega" ou a "natureza á galega" Esa modalidade política enunciada por Feijóo consiste, asegura, en "traballar máis do que se fala" e en "pensar menos nos votos que en crear emprego a longo prazo e ser leal ao resto dos españois". Esa é a fórmula aplicada por Rajoy, mantén, pero tamén polos altos cargos do seu Goberno nados en Galicia e mesmo tamén por algúns que non son galegos pero teñen ligazóns co país. É o caso, afirmou, do ministro de xustiza, Rafael Catalá, de Madrid pero que "veranea dende hai moitos anos en Sanxenxo". Laio pola Deputación Rueda augura que o de 2018 será o último mitin de inicio do "curso político" lonxe de Soutomaior porque o PPdeG vai "recuperar" a Deputación de Pontevedra Como na súa edición de 2016 este mitin dos conservadores celebrouse cun aquel de exilio. Tras a chegada á Deputación de Pontevedra do Goberno de PSdeG e BNG o Goberno que encabeza Carmela Silva decidiu impedir a celebración de actos partidarios no Castelo de Soutomaior, vetando así pola vía dos feitos o escenario das primeiras edicións deste acto do PP. Así, dende Cotobade o presidente do partido na provincia pontevedresa e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, non aforrou críticas a Silva, "delegada de Caballero na provincia", entre augurios segundo os cales o de 2018 será o último "inicio do curso político" lonxe de Soutomaior. En 2019, asegura, o PP "recuperará" a Deputación e dende o goberno provincial autorizarase a si mesmo a facer mitins en Soutomaior. O presidente da Xunta presenta o seu Goberno como referente "fronte o non ao turismo" Os laios polo mal resultado municipal de 2015 -só obviados polo ourensán José Manuel Baltar- contrastaron coa enésima celebración pola vitoria nas eleccións galegas de hai un ano. A nova maioría absoluta do PPdeG, di Feijóo, tornou Galicia en "referente de estabilidade e responsabilidade" fronte aos "multipartitos inestables". Isto aconteceu, mantén, porque a Xunta logrou o "crecemento" económico e potenciar sectores como o turístico. É, proclamou, o partido que "fronte ao non ao diálogo, o non ao crecemento, o non ao turismo, o non a facer e o non a todo; contrapón un rotundo si". |
NOS_35948 | Hoxe 8 de xullo finaliza o prazo para que aqueles convenios cuxa vixencia acabou hai un ano ou máis se renoven. No conxunto do Estado, por volta de 1.900.000 asalariad@s verían unha merma nos seus dereitos e nas súas condicións laborais. Na Galiza, son 36.342 @s afectad@s, segundo Consello Relacións Laborais | Un total de 1.902.929 asalariados no conxunto do Estado, cubertos por máis de 1.340 convenios colectivos, fican hoxe 'á intemperie'. Esta segunda feira, 8 de xullo, caducan eses 1,340 convenios. Finaliza o prazo para que aqueles convenios cuxa vixencia acabou hai un ano ou máis se renoven. E acabo o prazo por un apartado da última reforma laboral que dá por derogados automaticamente todos os convenios que non fosen renovados, ou prorrogados, após un ano sen acordo entre as empresas e traballadores. Segundo datos que vén de ofrecer o Consello de Relacións Laborais, na Galiza isto afecta a 25 convenios e 36.342 asalariad@s Até esta ultima reforma laboral, un convenio mantiñaa vixencia, aínda que vencese e estivese denunciado por unha das partes, mentres non fose substituído por un convenio novo, froito do acordo. Era o que se coñecía como 'ultraactividade'. Ataque a dereitos conquistados Mais agora esa 'ultraactividade' desaparece. Se caduca o convenio e non houbo acordo nese prazo dun ano, as e os traballadores pasan a se rexir por un convenio superior. E de non haber convenio superior (algo que acontece en non poucos sectores), pasarían a ser rexidos polo Estatuto dos Traballadores. Ou sexa, polo mínimo lega en canto a dereitos. Estes traballadores poderían se atopar a partir de agora traballando máis horas e por 645 euros ao mes, o SMI. |
NOS_27478 | Este domingo realízase Implícate, un evento solidario xa consolidado na axenda que cada ano nos trae o mellor da cultura galega. Desta vez, música con Caxade, Os da Ría e María Manuela; teatro da man de A Panadaría e Pedro Brandariz, danza con Ánxela Blanco e poesía da man de Elías Portela, Susana Sánchez Aríns, Román Raña e Olga Novo. | Este ano a temática do Implícate centrarase na campaña Suma, que Implicadas lanza en 2016 mediante unha aplicación de móbil para que as persoas poidan entender en termos máis tanxibles o que a súa colaboración coa organización significa para a transformación das estruturas de explotación Norte-Sur. Yolanda Castaño, copresentadora e coordinadora do evento, explícanos a ferramenta: "É unha app móbil que ten tres apartados: Coñecemento, Suma e Fondos, que vehicula máis maneiras de coñecer o traballo de máis de 18 anos de Implicadas, de asociarse, coñecer as experiencias, como participar e explica polo miúdo os fondos que se van recadando e ver como van directos aos proxectos que están en marcha". Segundo nos conta Castaño, agora mesmo esta mantén activos dous proxectos: "un de erradicación do infanticidio feminino en Salem e outro de empoderamento de mulleres en Tiruchy". A nivel cultural, o Implícate é tamén un referente en Galiza, segundo a poeta: "O elenco sempre é diferente, non repetimos nunca -máis que no décimo aniversario que foi un evento especial-, porque tratamos de que haxa a maior variedade e diversidade posible nos distintos eidos de creación que se despregan: música, escena, literatura e danza". "Está funcionando como unha cita moi establecida, moi consolidada, sempre é no primeiro domingo despois de Reis, e xa temos un público que se foi creando e que está pendente do cartel de cada ano e acude con moito interese e moito agarimo, cousa que para nós é todo un orgullo. Para nós é un día de celebración e un día de balance, pero tamén un día de recoñecemento", remata Yolanda Castaño, que comparte con María Reimóndez e Celso Parada, de Teatro do Morcego, o peso da organización desta gala solidaria. |
PRAZA_12065 | "Entre a débeda de Agadic, os recortes e a falta de perspectivas de traballo, o que nos queda é marchar para a casa. É totalmente imposible manter o circuíto de consumo teatral actual". Así de contundente se amosa, na súa análise da situación actual das artes escénicas en Galicia, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, (AAAG), Antonio Durán 'Morris'. | "Entre a débeda de Agadic, os recortes e a falta de perspectivas de traballo, o que nos queda é marchar para a casa. É totalmente imposible manter o circuíto de consumo teatral actual. Estamos chegando ao final dunha etapa de 30 anos de teatro". Así de contundente se amosa, na súa análise da situación actual das artes escénicas en Galicia, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, (AAAG), Antonio Durán 'Morris'. O retraso nos pagamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), unido ao dos concellos, desequilibrou as contas das compañías desde o inicio da lexislatura. En xuño do 2009 a AAAG reclamoulle ao daquela recén estreado conselleiro de Cultura Roberto Varela que fixese fronte a unha débeda xa daquela cifrada nun millón de euros. As facturas comezaron a ser aboadas tras aquelas primeiras mobilizacións do sector. Pero a débeda seguiuse acumulando máis adiante, e na actualidade atópase no mesmo punto: un millón de euros, segundo os cálculos de Agadic -600.000 euros de funcións realizadas na Rede Galega de Teatros e Auditorios no segundo semestre de 2011, e 400.000 euros de anticipos de subvencións-. Mais a cifra pode ser máis elevada, dependendo de que conceptos se inclúan. "Non só non cobramos o anticipo das axudas á produción que nos tiñan que pagar no 2011. Eses 400.000 euros supoñen o 40 por cento da factura, pero tamén se nos debe o outro 60 por cento. Ademais duns 180.000 euros de distribución. Desde a protesta que fixemos en novembro na Cidade da Cultura non cambiou nada. Só nos din que pagarán para marzo", asegura o presidente de Escena Galega, Salvador del Río. O discurso do director de Agadic, Juan Carlos Fasero, apuntou sempre á mellora da distribución. Aumentando o número de funcións e rebaixando o custo de cada unha. A media de espectadores foise incrementando nos últimos anos, segundo os datos do Observatorio da Cultura Galega, até acadar uns 200 por representación -lonxe dos 370 do País Vasco no 2009, por exemplo-. O gasto medio por espectador por función situouse nese mesmo ano nos 5'8 euros. En canto aos orzamentos para as industrias culturais, a rebaixa xeral do 2010 ao 2011 foi do 35 por cento, -de 2.190.000 euros a 1.370.000- "É certo que hai que incidir na distribución. Pero a cuestión fundamental é que a administración non ten un plan para o teatro", asegura Salvador del Río. "Todo o que fan é froito das presións. A Rede Galega de Teatros ten moitas deficiencias, e nós propoñemos medidas para ter máis funcións por obra, pero non nos fan caso. O orzamento que se dedica ao teatro é unha cantidade ridícula, unha miseria. E téntase confundir á xente con datos sesgados. Non hai cartos para o teatro pero si para inventar o Festival das Rías Baixas, ou para traer a Björk", denuncia. Para o investigador teatral e director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, (ESAD), Manuel Vieites, o problema é que "non hai unha política teatral. Non se está a aplicar ningún dos modelos recoñecidos. Falta un plan estratéxico para as artes escénicas: definir que cultura queremos e cal debe ser o rol da cultura no país. E nin en Galicia, nin en España, houbo unha política teatral que mereza tal nome. Non hai nisto unha converxencia con Europa. Mesmo en Estados Unidos están mellor". Vieites propón imitar "non o modelo catalán das industrias culturais" -filosofía que arrancou co bipartito e se mantén na actualidade-, senón o implementado noutros países, como Alemaña. Trátase dun sistema de residencias no que as compañías xestionan espazos públicos, ofrecendo un servizo concibido para a comunidade local no seu conxunto. En Portugal existe un modelo semellante: teatros públicos serven de espazo de produción e exhibición ás compañías residentes, que ademais organizan unha programación cultural coas súas obras e as doutros grupos. |
NOS_16041 | O vicesecretario xeral de Organización do PP, Miguel Tellado, sinalou este sábado que o Consello de Ministras e Ministros extraordinario convocado polo Goberno estatal para aprobar un novo plan de medidas anti crises ten que ver coa actual "situación electoral" do Partido Socialista. | "O PSOE leva perdendo eleccións autonómicas dous anos. É evidente que hai un movemento de cambio na política nacional", apuntou o vicesecretario popular en declaracións aos medios este sábado en Santiago. As seis medidas máis destacadas do Goberno español para facer fronte á crise Así mesmo, Tellado precisou que se o Partido Socialista non perdese nas eleccións andaluzas, "hoxe (este sábado) non habería un consello extraordinario". Porén, o representante popular considerou esta reunión "necesaria" para adoptar medidas que "alivien a carga" das familias e pemes españolas pola actual situación de inflación económica. "As pemes son un 10% menos competitivas e máis pobres que hai uns meses, a inflación está a comerse os salarios", denunciou o vicesecretario xeral do PP. Final del formulario O PP reclama o tren Avril As declaracións de Tellado producíronse durante a comparecencia coa secretaria xeral do PP da Galiza, Paula Prado, sobre os trens Avril. "Foron prometidos para xullo, e quedan cinco días para que comece ese mes", advertiu a tamén deputada. Denunciou ademais que a parte ferroviaria que tiña que estar adaptada para a chegada destes trens está "absolutamente paralizada". A comitiva popular realizou este sábado unha viaxe a Ourense mediante a cal "puideron comprobar" o "atraso" do proxecto. "O AVE chegou a Ourense, pero non a Galiza", protestou Prado. |
NOS_34731 | A atleta de Gondomar quedou sexta en Toquio. Ademais Adi Iglesias, medalla de ouro nos 100 metros, estará na final de 400 metros. Adrián Mosquera en piragüismo loitará en semifibais por un pasaporte cara a final. | A galega Desirée Vila quedou sexta na proba de lonxitude T63 dos Xogos Paralímpicos de Tokio que se celebrou na quinta feira na capital nipoa. A gondomaresa logrou un mellor salto de 4,02 metros que lle leva a sumar un diploma paralímpico. Ao inicio do concurso de saltos realizou na xornada unha distncia de 3.99 para proseguir con 3.83, 4.00, 3.81, 4.02 e 3.59. O podio quedou conformado pola australiana Vanessa Low no máis alto (5.28), a prata foi para a italiana Martina Caironi (5.14), mentres que a suíza Elena Kratter quedou co terceiro caixón (5.01). Tras a obtención deste diploma en lonxitude, Vila afrontará os 100 metros lisos, outra das probas na que posúe o título español. Esta tres veces campioa de España en salto de lonxitude, 60 e 100 metros lisos chegou ao atletismo após probar outros deportes despois dunha grave lesión. Unha mala caída cando tiña 16 anos mentres practicaba o seu deportes favorito, a ximnasia acrobática, derivou nunha amputación por neglixencia médica. Aínda así continuou no deporte e percorreu varias disciplinas, desde o tenis en cadeira até a natación pasando polo baloncesto, até decidirse polo atletismo. Adi Iglesias a por medalla nos 400 metros Após conseguir o ouro nos 100 metros, Adiaratou Iglesias conseguiu conseguir clasificarse para a final dos 400 metros lisos na categoría T13 que terá o vindeiro sábado en Toquio. Na proba obtivo obtendo o mellor tempo da súa serie (55.70), polo que chegará á final, que está prevista para a madrugada da sexta feira ao sábado desde as 3.08 horas, nas mellores condicións para repetir a fazaña conseguida na primeira das probas nas que participou. Adrián Mosquera pelexará en semifinais En piragüismo Galiza aínda conta con opcións. O rianxeiro Adrián Mosquera (Club Rías Baixas de Boiro) buscará o acceso á súa final despois do adestramento realizado esta mesma quinta feira onde non gañou ningunha das súas series e a única forma de acceder de forma directa á pelexa polas medallas será pasar polas semifinais. Mosquera quedou en sétimaposición na súa serie cun crono de 56.773, debido a que repetiu na modalidade de KL3 (kaiak) cun rexistro de 49.740. |
NOS_55796 | Concellos de Hego Euskal Herria (CAV e Nafarroa) desenvolven xa este modelo de xestión de residuos. A súa implantación xerou a confrontación política entre os gobernos abertzales e as forzas da oposición. En Sermos Galiza conversamos con Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzkoa, pioneira na implantación deste modelo de tratamento do lixo | Guipuzkoa foi a primeira provincia vasca en botar a andar este modelo de xestión de residuos. A proposta viña a se presentar como unha alternativa á construción dunha planta de incineración. A chegada de Bildu ao goberno da Deputación paralizou o polémico proxecto --semellante á proxectada pola Xunta no Irixo (Ourense). No seu lugar, o executivo abertzale decidiu sacar adiante a recollida de lixo 'porta a porta'. Unha proposta que, no entanto, deu lugar a unha guerra aberta entre @s defensor@s e opositor@s. Embora sexa un plan de xestión de residuos implantado desde hai anos en máis dun cento de concellos cataláns e cidades como Bruxelas ou Milán, unha parte da cidadanía de concellos como Usurbil, Hernani, Oiartzun e Antzuola rexeita as exixencias deste sistema que pula pola responsabilidade individual á hora de seleccionar os residuos. Aumentar a separación selectiva a través da aplicación dos 3RIñaki Errazkin é conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzkoa. En conversa con Sermos Galiza asegurou que o obxectivo do 'porta a porta`(PaP) é desenvolver unha recollida de lixo "individualizada". Ao contrario do que acontece cos tradicionais contedores, veciñas e veciños deben depositar os seus residuos nun cubo marcado co enderezo da súa morada. Aliás, fíxanse datas de recollida diferentes en función dos materiais (vidro, orgánico, plásticos e envases, rechazos ou papel) "polo que consegues que case todas as vivendas e familias reciclen", apunta Errazkin. Bildu aposta pola aplicación dos principios de redución, reutilización e reciclaxe como solución a "un problema", di, "xerado por un modelo baseado no consumo" Eis a polémica. A identificación individual obriga á veciñanza a reciclar e facelo ben --para o que foron distribuídas guías sobre o funcionamento da PaP. Para moit@s isto supón un quebradeiro de cabeza e mesmo hai quen optou por levar o lixo a outros concellos para non facer fronte á separación de residuos. Para Iñaki Errazkin, a polémica xurdida --que mesmo foi organizada arredor de Plataformas cidadás-- "é moi doada de explicar". Segundo o conselleiro de Medioambiente, "hai tres razóns para entender por que se está xerando esta batalla política". E é que "cando plantexas un cambio como o do porta a porta" no que, recoñece, "estás mudando os costumes da xente" é "normal que ao principio xere medo, dúbidas" e mesmo que sexa rexeitado. Asemade, continúa Iñaki, a resposta das forzas da oposición (PNV, PP, UPN e PSOE) débese a que o novo sistema "invirte o que até o de agora eles estaban plantexando". Fronte á incineración defendida pola maior parte das organizacións, Bildu aposta pola aplicación dos principios de redución, reutilización e reciclaxe como solución a "un problema", di, "xerado por un modelo baseado no consumo". Porén, para alén disto, en Guipuzkoa "estase a disputar a hexemonía política e social" e o 'porta a porta' converteuse "na bandeira" da oposición para bater contra a organización abertzale. A implantación do sistema de recollida selectiva 'porta a porta' deita uns índices de reciclado que alcanzan entre o 70% e o 80% Reciclar, reutilizar e compostar xera empregoA implantación do sistema de recollida selectiva 'porta a porta' deita uns índices de reciclado que alcanzan entre o 70% e o 80%. No entanto, e de acordo coa filosofía que motiva a súa posta en marcha, as guías distribuídas desde os concellos promoven a compostaxe e a reutilización como alternativas na procura de reducir a xeración de residuos. "En todo o territorio", indica Iñaki Errazkin, "xéranse 700 novos postos de traballo", froito da recollida e das plantas de compostaxe. Fronte a estes, unha incineradora crearía tan só entre 30 e 40 empregos. |
NOS_6787 | A nova normativa comunitaria prevé diferentes escenarios a respecto da crise enerxética. | Cal é o obxectivo de aforro? A quen vai dirixido o plan de aforro? Limitarase a actividade da industria? Afectará os fogares? Que pasa se un Estado precisa máis gas? Os ministros e ministras de Enerxía dos 27 Estados membro da Unión Europea pactaron esta terza feira reducir o consumo de gas até a próxima primavera, coa única oposición de Hungría. Cal é o obxectivo de aforro? A iniciativa comunitaria 'Aforrar gas para un inverno seguro' decreta unha diminución de 15% do consumo. Porén, prevé algunhas excepcións baseadas en cuestións como as interconexións, a capacidade de exportación ou a dependencia do gas ruso que ten cada país. Así, no Estado español e Portugal o obxectivo limitarase á metade do previsto no conxunto da UE: 7%. A quen vai dirixido o plan de aforro? O documento da Comisión Europea recolle que todas as persoas consumidoras, as administracións públicas, os propietarios de edificios públicos, os provedores de electricidade, a industria e mesmo os fogares deberán "tomar medidas para aforrar gas". Limitarase a actividade da industria? O sector industrial será un dos principais afectados por esta medida. Antes do remate do próximo mes de setembro, os Estados membro deberán actualizar cadanseu plan nacional de emerxencia, "estabelecendo as medidas de redución da demanda que estean a valorar". Entre esas directrices figura un cambio de combustíbel na industria e o sector eléctrico cara ás enerxías renovábeis. Aliás, a UE abre a porta a unha posíbel diminución obrigada da actividade industrial, un escenario que "non pode excluírse". Non se prevén restricións ou racionamento até quedaren esgotadas "todas as posibilidades de substitución" por alternativas enerxéticas 'limpas'. Preocupación en Alemaña pola redución de gas Afectará os fogares? O plan, se ben insta todos os axentes sociais a reduciren o consumo, estabelece que os fogares entran dentro da definición de "clientes protexidos", polo que "serían os últimos en verse afectados pola escaseza". Dentro das previsións que manexa a UE a respecto dun hipotético corte do subministro por parte de Rusia, as vivendas particulares non sufrirían as consecuencias. Porén, o documento subliña que os fogares xogan "un papel moi importante" nos vindeiros meses de cara a reducir o consumo de gas. Así, propón baixar un grao o termostato da calefacción e subilo no ar acondicionado, alén doutras meddias como secar a ropa ao ar libre. Os Estados membro, sostén, deberán realizar campañas de información para "concienciar a cidadanía" da necesidade de limitar o consumo. Que pasa se un Estado precisa máis gas? A Comisión Europea monitorizará o cumprimento deste plan. No caso de que un Estado membro precisase unha maior cantidade de gas para garantir o subministro eléctrico, e unha vez demostrado que aplicou todas as medidas dispoñíbeis das dispostas nesta iniciativa de aforro, a UE cursará solicitudes de "subministros solidarios" entre países. |
NOS_25881 | A gripe e a Covid marcan o inicio do outono con síntomas que son difíciles de diferenciar: febre, malestar, dor de gorxa, tose e dor de cabeza, máis frecuente na infección por coronavirus. Vacinarse segue a ser fundamental, advirte persoal médico, pero deben acompañarse de medidas preventivas como a máscara ante a maior intensidade doutros virus. | "A Covid existe e está aí". Adolfo Baloira, xefe de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra alude á "sensatez" no momento de resumir a incidencia do virus SARS-CoV-2 nos primeiros días do outono. Este coronavirus segue a contaxiarse, mais cun impacto controlado polo efecto das vacinas. Con todo, chama a atención sobre "a cepa que probabelmente máis vai predominar" nas próximas semanas, a BA.4.6. "Unha variante da BA.4 que, aínda que non é máis grave, é bastante máis resistente ás vacinas que estabamos poñendo". As novas que se están a administrar, adaptadas a Ómicron, "supoñemos que serán máis eficaces, pero hai que velo co paso dos meses". Baloira fala dunha situación "moi ben controlada" na que o número de novos casos rexistrados depende moito de que a xente faga ou non a proba Covid. No verán, apunta, había poucos casos porque case ninguén contrastaba os seus síntomas con un test, pero agora que chega o inverno e comeza a haber máis infeccións respiratorias, a xente axiña toma unha mostra. "É por iso que podemos ter algúns casos máis, pero para min non é unha cifra preocupante". O risco dun incremento combinado de Covid e gripe chama a unha "protección dobre" dos grupos de risco Ingresos con Covid Segundo o último informe do Sergas, correspondente á fin de semana, a Galiza rexistrou 226 novos positivos. Os casos activos sitúanse en 2.338, dos cales 198 hospitalizados, oito deles en UCI. "No hospital hai máis ingresos con Covid, é certo, pero non por Covid. Estes días temos o hospital cheo con pacientes de todo tipo. E como á maioría se lle fai un test de antíxenos, saen máis casos, pero de momento non temos un problema serio por Covid". O pneumólogo Adolfo Baloira. (Foto: Nós Diario) O perfil dos doentes hospitalizados con Covid é o dunha persoa maior ou con moitas patoloxías, sobre todo, doenzas cardíacas e pulmonares. "A maioría son persoas fráxiles, e aínda así, se están vacinadas, adoitan ter unha enfermidade leve que apenas ofrece problemas". Por outra parte o especialista en Pneumoloxía apunta o caso daqueles doentes con "tratamentos inmunosupresores potentes" como os que afrontan quimioterapias moi agresivas. Para eles, unha infección por coronavirus é máis perigosa, por iso dispoñen de tratamentos específicos. "En breve imos comezar un novo protocolo con plitidepsina, un fármaco de PharmaMar que probaremos en pacientes hematolóxicos". Sonia Villapol, neurocientífica: "Cada reinfección aumenta o risco de padecer unha Covid persistente" Positivos en pediatría Nas consultas de Atención Primaria a Covid ofrece outro tipo de rexistros. No centro de saúde de Montealto, na Coruña, é o persoal de pediatría quen está a comunicar máis casos de coronavirus. "Estanse a ver máis positivos en crianzas que entre a poboación adulta e os doentes crónicos, onde non vemos un grande incremento". A demanda asistencial aumentou entre a poboación menor de idade por procesos de infección das vías respiratoria altas. "Moitos son Covid positivo". Nas consultas xerais "o agravamento de patoloxías previas que observamos é consecuencia, sobre todo, de procesos catarrais". Gripe A Tamén están a ver bastantes casos de gripe A. Chegou cedo, confirma Adolfo Baloira. "Vimos xa uns poucos casos ao longo de todo o ano, e agora máis. Aínda non podemos falar de epidemia, pero empeza a ser frecuente, o que nos fai pensar nunha incidencia de gripe elevada durante o inverno". Así é o novo calendario de vacinación das crianzas galegas Baloira chama a poboación máis fráxil e as crianzas -grandes transmisoras do virus- a vacinarse. "A picada é menos eficaz que a da Covid pero reduce á metade o risco de ter a doenza", no primeiro inverno sen máscara após a pandemia. Neste sentido, o experto convida os colectivos vulnerábeis a recuperala en espazos interiores, e ao resto da poboación a facelo sempre en caso de síntomas compatíbeis. "Trátase de romper a cadea de contaxios. Hai que pensar que un individuo con gripe pode pasarlla facilmente a outros catro, e isto é exponencial. E a gripe é unha doenza que mata xente todos os anos". |
NOS_23807 | Representantes das tres formacións debullarán as disposicións que compoñen a Proposición non de lei presentada nas Cortes españolas. A iniciativa foi vetada en dúas ocasións polo Partido Popular e pula polo recoñecemento do "dereito a decidir" das nacións sen Estado | Rosana Pérez (BNG), Alfred Bosch (ERC) e Jon Iñarritu (Amaiur) presentarán esta cuarta feira en Compostela a Iniciativa pola autodeterminación dos pobos que as tres formacións soberanistas presentaron no Congreso español. A iniciativa, en cuxo acto de presentación tamén estará o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, ter por obxecto elevar a Madrid "o debate sobre o dereito de autodeterminación" das nacións sen Estado --aseguraron na presentación da proposta @s portavoces das tres formacións. O soberanismo avanza por Europa e o Estado español non escapa a esa onda. Neste senso, BNG, ERC e Amaiur queren que o pleno do Congreso español debata sobre un dereito recoñecido internacionalmente e mesmo subscrito polo Estado español na Carta das Nacións Unidas. Así, a Proposición non de lei propón "traspor ao ordenamento xurídico español" o dereito á libre determinación dos pobos recoñecido polo Dereito internacional garantindo o recoñecemento da Galiza, Catalunya e Euskal Herria como nacións soberanas xunto con aqueles territorios "que así o definan no seu Estatuto" ou acorden no seu Parlamento. Neste senso, a iniciativa --presentada inicialmente como Proposición de lei-- recolle a fixación dun "proceso de transición" no que se garanta a convocatoria dun "referendo de autodeterminación nacional" cuxo albo xera a "constitución dun Estado independente". Os vetos do Partido PopularA prosta presentada pol@s formacións soberanistas foi vetada o pasado mes de febreiro pola Mesa parlamentar. O rexeitamento d@s representantes do Partido Popular --grupo maioritario na Cámara-- impediu a súa toma en consideración na Cámara baixa e o posterior debate en sesión plenaria. A posición da forza no Goberno foi duramente criticada desde as portavocías do Bloque, ERC e Amaiur que denunciaron o "talante antidemocrático" do Goberno. Porén, naquela altura xa advertían que "o debate sobre a autodeterminación chegará ao Congreso queiran ou non". Após dous vetos, as forzas soberanistas decidiron finalmente presentar baixo a fórmula dunha Proposición non de lei a mesma iniciativa, regateando o veto do Partido Popular. A vindeira cuarta feira, no Hotel Compostela @s representates de ERC, Amaiur e BNG darán a coñecer boa parte do contido da iniciativa. |
NOS_18240 | O BNG lembra que 19 meses despois daquela promesa do presidente "non hai ni un contrato asinado, nin un ladrillo posto" | Após un consello da Xunta en febreiro de 2017 Feixoo anunciou a construción de sete residencias nas grandes cidades. Camiño dos dous anos daquel compromiso público, "non hai nin un contrato asinado, nin un ladrillo posto", enuncia o BNG. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xa avanzou que vai levar ao debate de política xeral de outubro o déficit de residencias públicas de maiores cunha proposta de resolución para que o presidente galego cumpra cos seus propios investimentos nesta materia. Para denunciar a "distancia sideral" que separa "a propaganda, a publicidade e autobombo de Feixóo da realidade e dos feitos", a dirixente do Bloque xunto coa portavoz municipal en Santiago, Goretti Sanmartín, desprazáronse até a parcela que debería albergar en Compostela unha desas sete residencias anunciadas polo propio xefe do Executivo. "Máis de ano e medio despois, 475 días despois do anuncio, aquí estamos no medio dunha parcela completamente baleira, salvo polos coches que están aparcados", denunciou a líder do BNG. Pontón criticou a "incompetencia" de Feixoo ante un problema de tanta transcendencia social "que non se soluciona con propaganda en forma de anuncios tras o consello da Xunta que se quedan nun titular pero sen que haxa nada detrás". Salientou que estas infraestruturas deben ser consideradas un servizo social básico, tendo en conta ademais que Galiza está por debaixo da media. De feito, a OMS recomenda 5 prazas por cada cen maiores e o este país só conta con 3,1 por cada 100 maiores, un déficit de prazas que rolda 40%. Igualmente, un recente informe do Consello de Contas denunciaba que para acceder a unha residencia as persoas maiores deben esperar dous anos, cando a lei marca nove meses. |
PRAZA_5565 | Este plan vai dirixido a garantir o acceso das grandes empresas transnacionais aos orzamentos adicados a sanidade (que representan arredor do 40% do presuposto total das CCAA), co obxectivo de conseguir a privatización dos servizos sanitarios, "que son vistos polos inversores privados e pola industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria como unha enorme lista de compras". | O sistema sanitario público está en perigo. O risco non está na pretendida insustentabilidade que pregoan os profetas ultraliberais (na acción pública sempre é sustentable aquelo que se quere sustentar). A auténtica ameaza son as políticas neocom que pretenden apoderarse dos orzamentos adicados aos servizos públicos. Existe un plan internacional, financiado e liderado pola poderosa industria farmacéutica e as grandes empresas da tecnoloxía sanitaria Os voitres da especulación financeira planean arredor. Hai unha planificación estretéxica, que ven de anos atrás, e ten por obxectivo desmontar os servizos públicos e apoderarse do seu financiamento. Non se trata dunha nova teoría da conspiración senón de feitos e datos contrastados. Podemos afirmar, con toda certeza, que existe un plan internacional, financiado e liderado pola poderosa industria farmacéutica e as grandes empresas da tecnoloxía sanitaria. Esta estratexia, deseñada a grande escala, é aplicada de forma estrita, polos políticos cómplices e os grupos de presión, a nivel local. No ámbito sanitario este acordo, de aplicarse, representaría que os sistemas sanitarios públicos europeos serían un mercado aberto á participación das empresas de EEUU Un excelente informe publicado pola FADSP (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública) revela o plan que se está a negociar entre a Comisión Europea –órgano non electo- e o Departamento de Comercio dos EEUU para constituír unha Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión (ATCI ou TTIP, de acordo coas siglas en inglés). Comezaron esta negociación en xullo de 2013 -dirixida por dous personaxes de dubidosa reputación-, con grande secretismo. Suscita numerosas discrepancias, pois os observadores entenden que é moito máis que un tratado de libre comercio xa que suprime todas as barreiras económicas e lexislativas aos intercambios comerciais. No ámbito sanitario este acordo, de aplicarse, representaría que os sistemas sanitarios públicos europeos serían un mercado aberto á participación das empresas de EEUU. As empresas transnacionais pretenden con esta iniciativa "acceder aos presupostos sanitarios públicos dos países europeos para ter a oportunidade de obter grandes beneficios". Ante a polémica xerada por esta negociación o Parlamento Europeo aprobou unha resolución que exclúe da negociación os servizos públicos da penetración do sector privado nos mesmos. Mais cómpre saber que as resolucións do Parlamento non son vinculantes para a Comisión Europea que é quen realmente negocia. Non está claro, por tanto, que a sanidade pública quede protexida. Pola contra, este plan vai dirixido a garantir o acceso das grandes empresas transnacionais aos orzamentos adicados a sanidade (que representan arredor do 40% do presuposto total das CCAA), co obxectivo de conseguir a privatización dos servizos sanitarios, "que son vistos polos inversores privados e pola industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria como unha enorme lista de compras". Se fose asinado este Tratado, nos termos que pretenden as partes negociadoras, poderían tornar irreversibles as privatizacións dos servizos públicos, pois a lexislación estatal quedaría condicionada pola normativa de superior rango da UE Se fose asinado este Tratado, nos termos que pretenden as partes negociadoras, poderían tornar irreversibles as privatizacións dos servizos públicos, pois a lexislación estatal quedaría condicionada pola normativa de superior rango da UE. As multinacionais e os poderosos lobbys presionan para desenvolver o chamado "Mecanismo de Solución de Diferencias entre inversor e Estado" (ISDS), ideado para protexer aos inversores e que inclúe "disposicións contra a expropiación de servizos de interese público". Isto quere dicir que sería imposible dar marcha atrás nas privatizacións: as concesionarias poderían recorrer a entidades arbitrais para conseguir elevadas indemnizacións por lucro cesante. Esta estratexia global reflíctese, a nivel local, no selecto Club Gertech, unha asociación formada por "xerentes e altos directivos sanitarios e tecnólogos de empresas" Esta estratexia global reflíctese, a nivel local, no selecto Club Gertech, unha asociación formada por "xerentes e altos directivos sanitarios e tecnólogos de empresas". Este foro, que afirma estar orientado á formación e a crear cultura de innovación, na realidade é un poderoso grupo de presión que ten un obxectivo claro: apoderarse dos recursos económicos destinados á saúde (57.000 millóns de euros segundo os orzamentos de 2014). Está integrado por xerentes sanitarios e altos cargos, a Universidade de Navarra e o Instituto Carlos III. Recibe apoios da Asociación de Directivos Sanitarios (SEDISA) e do chamado Foro da Profesión Médica (alianza corporativa integrada por organizacións afíns ao actual goberno), e ten o patrocinio de varias empresas do sector (Medtronic, Philips, Roche, Nec Corporation, Citec-B), todas elas con fortes intereses na privatización sanitaria. O actual goberno galego ten unha particular sintonía con este grupo. O director xeral de Recursos Económicos do Sergas e os xerentes de Vigo e A Coruña actuaron como ponentes principais nos seus debates O actual goberno galego ten unha particular sintonía con este grupo. O director xeral de Recursos Económicos do Sergas e os xerentes de Vigo e A Coruña actuaron como ponentes principais nos seus debates. A propia conselleira de Sanidade defendeu nun foro en Barcelona a necesidade de laboralizar o persoal sanitario. O Sergas está a desenvolver as súas propostas nos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde. O executivo aplica con dilixencia as receitas do club: concertos público-privado, externalizacións, control da tecnoloxía e da información por empresas privadas, e a implantación das Unidades de Xestión Clínica (UXC). Estas UXC veñen ser a fórmula para fragmentar os centros sanitarios en múltiples empresas con autonomía de xestión, coa perspectiva de crear un mercado sanitario interno propicio para os intereses das grandes empresas do sector. Este lobby redacta documentos e celebra foros de debate, que serven de plataforma para difundir o seu ideario. A FADSP, noutro informe clarificador, denuncia que esta asociación ten como finalidade xerar "unha alianza público-privada financiada con diñeiro público para negocio das empresas privadas". SEDISA (que ten vínculos con empresas farmacéuticas: Roche Sanofi, Grünental, Jonhnson&Johnson), argumenta na mesma dirección. No seu proxecto Amphos aconsella: cambiar a xestión dos centros por medio das UXC, transformar os hospitais en empresas autónomas, laboralizar aos traballadores sanitarios e promover os autocoidados do enfermo mediante tecnoloxías instaladas no domicilio. Podemos observar que non son nada orixinais e que ambos foros repiten as mesmas letanías. Cómpre mobilizarse con dilixencia para frear este plan de aniquilación dos servizos públicos. Do contrario, os voitres financeiros faranse con todo e xa non nos quedará nada A FADSP entende que o sistema sanitario público está en perigo real, por "unha estratexia deseñada e articulada por grupos poderosos que pretenden facerse con fondos económicos que o estado destina á sanidade". Esta actuación depredatoria está sendo realizada coa total complicidade dos dirixentes do Partido Popular, asiduos visitantes da "porta xiratoria". Cómpre mobilizarse con dilixencia para frear este plan de aniquilación dos servizos públicos. Do contrario, os voitres financeiros faranse con todo e xa non nos quedará nada. |
PRAZA_3473 | Ti, como consumidor podes procurar iniciativas como a nosa que vendan o seu produto sen intermediación. Porque podes buscar produtos que desempeñen unha función social, sostible e respectuosa coa biodiversidade. Porque habelas, hainas, está na túa man buscalas e consumir doutro xeito. | Nos últimos días chegou á axenda política o tema dos prezos xustos para os produtores agrarios e gandeiros. Desde a cooperativa A Carqueixa sumámonos a esta reivindicación. Un dos motivos é que o prezo que recibimos pola nosa carne é o mesmo que hai trinta anos pero os nosos custos si que se actualizaron e subiron. Outro é porque o que pedimos é, simplemente, o xusto: recibir unha cantidade que nos permita vivir con dignidade, cubra as nosas necesidade e sexa acorde á rigorosidade e calidade do noso traballo.A nosa actividade agrogandeira familiar retén CO2 e mellora a biodiversidade; as nosas vacas manteñen os montes e pastizais limpos e impiden o contaxio dos incendiosFalando do noso traballo, cómpre subliñar que non é só beneficioso para nós mesmos: a nosa actividade agrogandeira familiar retén CO2 e mellora a biodiversidade; as nosas vacas manteñen os montes e pastizais limpos e impiden o contaxio dos incendios; mantemos vivos uns coñecementos etnográfico-culturais que, doutro xeito, morrerían; e eses prezos xustos son a única posibilidade para que a xente moza poida quedar na montaña e desenvolver aquí o seu proxecto vital. O círculo é sinxelo: o medioambiente precisa dun medio rural vivo e este só é posible se as persoas que o traballamos conseguimos unhas condicións económicas que nos permitan dedicarnos a isto e freen iso que agora chaman "España baleira" pero que, na provincia de Lugo, levamos demasiado tempo coñecendo. Por outra banda, as grandes corporacións e a industria aproveitan a fenda e a falta de recoñecemento entre o urbano e o rural para enganar ás persoas que mercan os seus produtos co prezo e o valor dos alimentos. Ese é un dos motivos polos que, desde A Carqueixa, puxemos en marcha o proxecto O Sabor dos Ancares, para venderche a ti, directamente, a nosa terneira galega suprema e posibilitar un prezo xusto para os e as nosas cooperativistas. No caso galego, unha gran parte dos produtos de alimentación son producidos por explotacións de tamaño mediano ou pequeno de carácter familiar, un modelo altamente sostible e, como explicamos con frecuencia, con grandes beneficios para a sociedade. Podes buscar produtos que desempeñen unha función social, sostible e respectuosa coa biodiversidade. Porque habelas, hainas, está na túa man buscalas e consumir doutro xeitoO que se veu a demostrar é que o mercado non funciona á hora de remunerar con dignidade ao primeiro eslabón da cadea: nós. Por iso é preciso que as administracións de todos os niveis e tamén Europa establezan normas que equilibren dita cadea. Iso si: tamén é indispensable a túa responsabilidade. Porque ti, como consumidor podes procurar iniciativas como a nosa que vendan o seu produto sen intermediación. Porque podes buscar produtos que desempeñen unha función social, sostible e respectuosa coa biodiversidade. Porque habelas, hainas, está na túa man buscalas e consumir doutro xeito. |
QUEPASA_493 | 1.000 inscritos participan na proba deportiva máis multitudinaria e segura deste 2021 | Este domingo 11 de xullo chega a meirande proba deportiva do ano na Costa da Morte. O Gran Fondo Ézaro 2021 volve con máis forza que nunca. Se ben este ano non pode servir de evento internacional puntuable para a UCI World Series, (cualificación que se retomará o próximo ano), a atención mediática será máxima arredor dunha das probas máis esixentes do calendario estatal. Serán finalmente 1.000 os inscritos na proba, que contará con todas as medidas de seguridade oportunas, como o test de antíxenos que farán todos os participantes o día anterior no parque empresarial de Cee, ou a saída neutralizada ou o avituallamento individualizado. A subida do Muro (que lamentablemente volverá estar pechada para o público), eses 1,8 km con rampas de case que o 30% de desnivel, convirten o Alto do Mirador do Ézaro (1ª Categoría) nun auténtico desafío para ciciistas chegados de todas partes da península. Unha demostración de que a proba tamén é un bo acicate para o sector turístico dos concellos por onde pasa (Dumbría, Cee, Muros, Muxía, Carnota e Vimianzo) pero tamén de toda a Costa da Morte. O percorrido Ruta corta e ruta longa Este ano a gran novidade é o paso polo Faro Touriñán. Como sempre haberá dúas rutas, e ambas sairán da cascada ás 9:00h. Repasamos aquí o rutómetro: - Ruta Corta: Collerán a AC-550 dirección Cee, pasando por Ameixenda (entre as 9:07 na previsión máis rápida e as 9:10 se a carreira vai máis lenta) para entrar no casco urbano de Cee (9:15-9:20), pasando pola Avenida Fernando Blanco ata coller a AC-552 dirección Carballo. En Lobelos (9:23-9:30h) collerán cara Muxía por Pereiriña, pasando por Frixe (9:34-9:44), Viseo (9:42-9:55) ata entrar en Muxía (10:00-10:19). Na vila da Barca pasarán pola Rúa Real, a Rúa Ramón Caamaño e Rúa Atalaia ata o Santuario da Virxe da Barca (10:03-10:23).Volverán polos Muíños ata Berdoias (10:35-11:04), seguindo de fronte cara Boudañeira, Berdeogas ou o Cemiterio de Cores. Pasarán polo Conco (10:53-11:27) para subir ata o alto de 3ª categoría da fábrica de Dumbría (10:58-11:34), para baixar por Buxantes, Raso, ata a praia do Ézaro. Comezarán a subida entre as 11:28 e ás 12:13, para chegar os máis rápidos arredor das 11:30h e os máis lentos ás 12:17. - Ruta Longa: A ruta é a mesma ata a praia do Ézaro, a partir de aí, seguirán cara Muros, pasando polo Pindo (11:30-12:16), Caldebarcos, Carnota (11:53-12:47), Louro e Muros (12:22-13:24) ata Abelleira, onde comeza a subida ao porto das Paxareiras. No alto farán avituallamento (12:49-14:00) e baixarán pola estrada do Viso enganchando coa AC-500 (13:02-14:17). Chegarán ao Ézaro (13:22-14:43) para comezar o Alto do Ézaro, para chegar os máis rápidos arredor das 13:27 e os máis lentos sobre as 14:47. Cortes de tráfico - Acceso á cascada do Ézaro: Corte da circulación, desde as 09:00 horas do día 09 de xullo, ata as 21:00 horas do día 11 de xullo, na DP-2308, desde o cruzamento coa AC-550 (á altura do km. 09,600) ata o mirador de Ézaro, queda supeditado pola duración do corte, excepto para os traballadores da central hidroeléctrica, veciños e usuarios do porto deportivo, situados todos eles, entre os puntos de corte. - Estrada ao Faro Touriñán: Día 11 de xullo de 2021. Corte da circulación na pista que leva cara ao Faro de Touriñán, vía que une o km 12,5 da DP-2301 co km 12,3 da DP-5201, así como a vía DP-5201 (Muxía- Touriñán) desde o km 0 ao 12,300, entre as 09:10 e as 10:10 horas. - Acceso de Berdeogas a Dumbría: Día 11 de xullo de 2021. Corte da circulación da vía AC-442 (Berdeogas-Boudañeira) entre o quilómetro 1 e o quilómetro 3,800, entre as 10:25 e as 11:25 horas.Corte da circulación na vía de acceso ao cemiterio de Cores, que trascurre de AC-442 (á altura do km.0,950) á DP-3404 (á altura do km. 31,950), en horario de 10:30 a 11:30 horas. - Acceso ao Alto do Hospital dende BrensDía 11 de xullo de 2021. Corte da circulación na totalidade da calzada DP2302 (Hospital-Brens) entre as 10:45 e as 12:00 horas. - Subida ás Paxareiras por Abelleira: Día 11 de xullo de 2021. Corte da circulación en sentido descendente, desde Paxareiras ata Abelleira, na DP-5304, en horario de 12:20 a 14:00. Poderase circular con precaución en sentido Ascendente desde Abelleira ata Paxareiras. - Baixada a Carnota dende Paxareiras: Día 11 de xullo de 2021. Corte da circulación na vía municipal interurbana sen denominación que vai de Paxareiras a Ou Viso, desde a AC-400 km 85,200 ata o quilómetro 21 da estrada AC-550, pasando pola zona da Rateira e San Mamed, en horario de 12:40 a 14:30 horas. Aviso de retencións -Estrada AC-550 Cee-Muros: Desde o cruzamento da zona da cascada do Ézaro ata Cee, en horario de 9:00 a 9:20.Desde CEE ata Abelleira, en horario de 11:15 a 13:40.Desde o cuce de Ou Viso (Carnota) ata Ézaro, en horario de 13:00 a 15:00. - Estrada AC-552 Cee-Carballo: Desde CEE, ata o cruzamento coa DP-2303 dirección Muxia, de 9:20 a 9:30. - Estrada AC-440 Muxía-Berdoias: Desde Muxía, ata o cruzamento coa AC-441 dirección Muxia, de 10:00 a 10:15. - Estrada DP-3404 Serra de Outes - Dumbría: Desde Dumbria, ata o alto do Hospital no cruzamento que leva a Cee, de 10:50 a 11:35. - Cruce de Berdoias: Na AC-552, á altura de Berdoias, posibles retenciones en ambos sentidos da vía, á altura do cruzamento da estrada de Muxia a Negreira. Horario de 10:30 a 15:15. - Estrada AC-4000 Cerceda - Muros en Paxareiras: Na AC-400, na zona de Paxareiras, á altura do cruzamento coa estrada DP-3404, posibles retenciones en ambos sentidos da vía, no horario de 12:30 a 14:00. |
PRAZA_20263 | O Pleno da Real Academia Galega elixirá o vindeiro sábado entre Ricardo Carvalho Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas, Eusebio Lorenzo Baleirón e María Victoria Moreno | O Pleno da Real Academia Galega reunirase o vndeiro sábado, 17 de xuño, para escoller o autor ou autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018. As candidaturas presentadas foron cinco: Ricardo Carvalho Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas, Eusebio Lorenzo Baleirón e María Victoria Moreno. A normativa interna da RAG establece que a persoa homenaxeada debe ser "autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe". É ademais requisito indispensable que pasaran dez anos desde a súa morte e estar avalado ou avalada por cando menos tres membros da Academia. Dende 2013 modificouse o procedemento, comezando un sistema de presentacións de candidaturas con avais e envío previo de documentación sobre a persoa proposta. Entre os cinco candidatos só hai unha muller, María Victoria Moreno. Nas últimas semanas iniciouse unha campaña para que a figura escollida para o 2018 fose unha autora, lembrando que nos 55 anos de historia das Letras Galegas só tres mulleres foron recoñecidas, fronte a 52 homes. De feito, nos últimos dez anos só en dúas ocasións unha muller -Xela Arias- foi candidata ou chegou ás roldas finais de votacións. Candidaturas presentadas nos últimos anos Autor homenaxeado Outros candidatos e candidatas 2009 Ramón Piñeiro Ricardo Carvalho Calero (finalista) 2010 Uxío Novoneira Ricardo Carvalho Calero (finalista) 2011 Lois Pereiro Xosé Filgueira Valverde (finalista) 2012 Valentín Paz Andrade Xosé Filgueira Valverde (finalista) 2013 Roberto Vidal Bolaño Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares, Ben-Cho-Shey, Antonio Fernández Morales 2014 Xosé María Díaz Castro Xosé Filgueira Valverde, Ricardo Carvalho Calero e Fiz Vergara Vilariño 2015 Xosé Filgueira Valverde Ricardo Carvalho Calero, Xela Arias, Manuel María e Celestino Fernández de la Vega 2016 Manuel María Xela Arias e Ricardo Carvalho Calero 2017 Carlos Casares Plácido Castro, Antonio Fernández Morales e Ricardo Carvalho Calero 2018 ? Ricardo Carvalho Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas, Eusebio Lorenzo Baleirón e María Victoria Moreno |
NOS_2972 | O Servizo Galego de Saúde atópase á cola do Estado en número de psicólogos clínicos. | O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores, e o director xeral de Asistencia Sanitaria da Consellaría de Sanidade, Jorge Aboal, mantiveron na xornada de onte unha reunión con representantes dos servizos de saúde mental das sete áreas sanitarias para avaliar o labor desenvolvido polos sete profesionais da psicoloxía clínica que foron contratados o ano pasado para desenvolver os programas de enlace de Atención Primaria co obxectivo de mellorar a coordinación entre Primaria e saúde mental. Os responsábeis do Sergas destacaron a posta "en marcha seis unidades de atención a persoas en risco de suicidio, cinco das cales se puxeron en marcha a través do desenvolvemento do Plan de Saúde Mental da Galiza 2020-2024", o incremento do "persoal de hospitalización a domicilio de saúde mental en Santiago, Pontevedra e Ourense, o que implica maior cobertura territorial e horaria", o "reforzos en todas as áreas nos programas sociosanitarios de saúde mental que dan servizo ás residencias de maiores" e os progresos "no desenvolvemento do Plan de Saúde Mental da Galiza poscovid 2020-2024, vixente desde o inicio da lexislatura". O Plan galego de saúde mental, lonxe de mellorar o servizo Pola súa parte, a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, discrepa da valoración dos responsábeis do Sergas e considera insuficientes os medios da Administración. Así, manifesta a Nós Diario que "a saúde mental é a grande esquecida do sistema sanitario galego" e denuncia "unhas listas de agarda interminábeis". Abuín considera insuficiente o cadro de persoal deste servizo e lembra que "as ratios de persoal coas últimas incorporacións efectuadas polo Sergas están por baixo das cifras recollidas no primeiro Plan Galego de Saúde Mental elaborado na década dos 90". Críticas de profesionais O psicólogo clínico do Sergas José Berdullas, sinala a Nós Diario que as ratios de psicólogos clínicos na Galiza son as máis baixas do Estado. "A situación previa á pandemia xa era desastrosa", afirma Berdullas, quen lembra que "estamos á cola do Estado en número de psicólogos clínicos, con 3,5 profesionais por cada 100.000 habitantes, fronte a 5,7 por 100.000 da media estatal e moi lonxe de 18 por 100.000 da UE". "O que dura un partido de fútbol", o tempo de psicoterapia dun paciente no Sergas ao longo dun ano Na mesma liña significa, que "as unidades de saúde mental do sistema sanitario galego están cheas con citas a nove meses e mesmo con consultas, nalgún caso, a un ano". "É certo que hai máis profesionais contratados que hai un ano, pero co actual modelo é imposíbel prestar unha atención mellor", remata Berdullas. |
NOS_22628 | O lateral dereito, que non coñece máis club que o Celta, segue facendo historia | O Athletic de Bilbao creou en 2015 uns galardóns coñecidos como 'One Man Club Awards', que premian "futbolistas con traxectorias nun único equipo que representan os valores que o Athletic considera unidos á súa entidade". Até o de agora, os premiados foron auténticas lendas como Matt Le Tissier, Paolo Maldini, Sepp Maier, Carles Puyol, Billy McNeill e Ryan Giggs. Co paso do tempo, e se o conxunto vasco decide continuar con estes recoñecementos, un dos gañadores debería ser Hugo Mallo Novegil. Porque se alguén representa á perfección ese concepto de home que exerce a totalidade da súa carreira nun mesmo club en comuñón coa viva representación da idiosincrasia dun equipo -neste caso o actual Celta que medrou desde a obrigada aposta pola canteira ante o seu afundimento no pozo da segunda e as carestías económicas que padeceu a mediados da primeira década deste século-, ese é o lateral dereito marinense. Con apenas 30 anos acumula 13 campañas no primeiro equipo, as tres primeiras en Segunda División e o resto na máxima categoría. O seu debut tivo lugar na tempada 2009/10 da man de Eusébio Sacristán, técnico que tamén apostou por outros canteiráns que rematarían por ser importantes en Vigo como o porteiro Yoel ou Álex López Por aquel entón era aínda un xuvenil, e nunha escena que dá unha idea da evolución que tivo o fútbol en pouco máis dunha década -e que contrasta sobremaneira cos problemas que padeceu este verán a escuadra olívica cos seus canteiráns e que xeraron un enorme conflito entre directiva e a axencia Intermedia Sport Player a causa da marcha ao Madrid dun rapaz de 12 anos-, cando recibiu a chamada do Celta para asinar o seu primeiro contrato profesional afirmou: "Non teño axente que me represente, así que poñan vostedes as cifras, o único que me interesa é xogar en Segunda División". Esta fin de semana, case 13 anos despois do seu debut ante o Numancia, aquel rapaz que non tiña representante e que pasou directamente de xogar cos xuvenís a facelo cos maiores tornou no futbolista con máis vitorias como celeste na máxima categoría (95), superando Aleksandr Mostovoi. Un 'recordman' superando obstáculos: os altos e baixos dunha carreira de tres décadas Hugo Mallo non só é o home con máis triunfos co Celta en Primeira División, senón que tamén é o que máis partidos disputou coa elástica celeste na máxima categoría. Non obstante, o seu non foi un camiño de rosas, pois na súa estrea na elite, na campaña 2012/13, sufriu unha gravísima lesión de xeonllo no Bernabéu nunha disputa por unha pelota con Cristiano Ronaldo. Con apenas 21 anos, e durante a súa convalecencia, protagonizou un incidente con afeccionados deportivistas nas bancadas de Riazor, onde se atopaba en calidade de seareiro para ver o derbi galego. Despois de tocar fondo, apertou os puños e volveu aínda máis forte até tornar nun indiscutíbel para todos e cada un dos adestradores que tería ao longo da década seguinte, coa única excepción de Óscar García no pasado ano 2020, con quen protagonizou un amargo choque que o apartou non só da titularidade, senón mesmo da capitanía. Unha vez fóra o catalán, e a pesar da competencia dunha nova fornada de canteiráns representada por Kevin, Hugo continúa sendo vital. |
NOS_14763 | Paula Vázquez Verao, parlamentar de En Marea, é un dos referentes da candidatura Queremos Participar, unha das listas que esta fin de semana concorre nas primarias da confluencia. Está pola consolidación de En Marea como un partido "soberano e nacional galego". E, como a outra candidatura crítica, defende Luís Villares como único portavoz da organización. | -Que é o que vos anima a apresentar unha candidatura nas primarias de En Marea? -Pois o que nos anima é neste caso, como dicimos no nome da candidatura, que queremos participar. A mostra é precisamente a apresentación desta candidatura. Apresentámonos para aportar o noso caudal tanto militante como de traballo. É simplesmente iso. -E por que non foi posíbel o consenso que invocaba a candidatura oficial? -Ben, nós cremos que o consenso se vai reflectir porque se ten decidido que a escolla será proporcional no órgao colexiado [o Consello das Mareas, máximo órgao entre asembleas], onde se vai ver reflectida a vontade da xente. Iso é o mellor. Ese vai ser o consenso, a vontade e a decisión da militancia. Nós apresentamos a nosa lista porque queremos participar, queríamos aportar máis caudal a ese digamos consenso, a un consenso que será o que decida a militancia. -E que dirías á xente que caricaturiza a vosa candidatura dicendo que é a lista de Cerna? -Ben, eu son de Cerna, hai xente de Cerna, efectivamente, pero tamén hai moita outra xente que non é de Cerna, a maioría persoas que participaron ou foron fundamentais na consolidación de candidaturas municipais nos seus lugares. É dicer, que a caricatura non cabe no sentido de que nós precisamente tamén representamos esa vontade de construír candidaturas nos concellos, candidaturas sen preponderancia de ningún partido nelas, senón que son procesos de confluencia de distintas persoas. Candidaturas nas que se participa a título individual, como se ten acordado en En Marea e como queremos que sexa. -E por que non plantexastes unha candidatura unificada con Somos Quen? -Nós non imos avaliar as distintas candidaturas. Cremos que si é certo que é transversal o sentimento de que se consolide En Marea como unha organización de adscrición individual, pero o feito de que haxa varias candidaturas, e a nosa vai nese sentido, é porque pensamos que as diferenzas están entre aquelas persoas que queremos que se consolide ese partido soberano, galego, de adscrición individual, todo iso que se acordou en xullo de 2016, e aquelas outras persoas, sobre todo algunhas de estruturas partidarias consolidadas, que se senten máis cómodas no modelo de coligazón, que foi o que efectivamente se deu cando foron as eleccións estatais. Nós apostamos claramente en manter os acordos que xa digo que son transversais -a grande maioría quer que se consolide En Marea como partido nacional galego- e, ben, a nosa candidatura vai nese sentido. -Vós estaríades pola disolución das estruturas políticas previas? -Sei que iso é un proceso complicado, pero nós asumimos o que se aprobou en xullo, que é que o partido sexa de adscrición individual. Despois non está definido iso de que haxa ou non estruturas políticas previas, pero nós si estamos por aportar o noso caudal, por modesto que sexa, e a nosa digamos estrutura partidaria a que En Marea se consolide como partido de adscrición individual. -E o voso candidato a portavoz sería tamén Luís Villares [éo tamén da candidatura crítica Somos Quen]? -Si, o feito de que estas listas que nos apresentamos aparte da del apostemos niso demostra que el ten capacidade de ser voceiro de todas e todos. Esa sensatez que amosou -que intentase facer ese consenso, aínda que o consenso será finalmente o que decida a militancia co seu voto- evidencia que ten capacidade de ser voceiro. Que voceiro nós non o entendemos como un secretario xeral nen presidente nen nada diso, falamos de voceiría unipersoal, pero tendo en conta que hai un órgao de participación onde cada quen vai participar de igual a igual, non vai ser Villares máis que ninguén, pero logo cando se acorden as posicións políticas democraticamente pois entendemos que se deben trasladar a través da súa voz, que nos representa a todas e a todos. -Lin nas redes sociais algo así como: vou votar as candidaturas críticas porque quero que Luís Villares sexa portavoz. Non é algo extraño isto? -Pode ser...Si, é estraño, non imos dicer que non. Pero para nós significa que el ten a madeira de ser unha persoa que concita vontades distintas, que é o que é En Marea, un espazo moi plural e por iso nós apostamos inequivocamente por iso, por unha voceiría unipersoal no sentido que digo, que non é unha secretaría xeral. -Que pensades do feito de que en principio Villares non vaia ter dereito de voto na coordenadora? -Nós formulamos a proposta de que a coordenadora se conforme cunhas determinadas condicións que temos aí no noso Documento [reférese ao texto político que debe acompañar as candidaturas neste proceso de primarias] para consolidar En Marea como partido e nese organigrama noso si sería unha persoa máis, con voz e voto igual que o resto. Esa é a nosa proposta. Logo veremos en que resulta. -Que diferenciaría a vosa candidatura das outras nos dous eixos que estruturan a política galega, a dialéctica direita-esquerda e a cuestión nacional? -Nós non imos dicer quen é máis ou menos de esquerda ou nacionalista, nós somos inequivocamente nacionalistas e apostamos por que se consolide En Marea como un partido galego, soberano, de adscrición individual, no que podamos aportar todos e no que podamos traballar tanto xente nacionalista como non nacionalista, xente sempre que entenda que Galiza é unha nación e que entenda e practique que ten direito á autodeterminación, que ten direitos nacionais, e desde unha óptica, pois, cidadá e de esquerda, pódese dicer. Que perfil temos aparte disto? Pois o que comentaba antes, que somos xente que participamos en candidaturas de base municipal, que non están monopolizadas por ningunha forza política, senón que son agrupacións de persoas que na súa maioría non teñen adscrición partidaria. -Até que ponto está condicionado o proceso de En Marea ao desenvolvimento dos debates que está a haber no Estado no seo de Podemos? -A ver, En Marea é soberana. Estaría condicionado, si, na medida en que hai xente de Podemos que participa en En Marea, pero Podemos está nese debate interno, agardemos que se aclare e que iso se faga para ben de que En Marea se consolide como partido soberano. Desde logo a nós non nos condiciona, nen a ningunha das persoas que participa na organización a título individual. -Carmen Santos, parlamentar de En Marea e secretaria xeral de Podemos Galiza, ten feito declaracións das que se pode deducir que a confluencia está lonxe de estar consolidada como unha marca a apresentar en todos os procesos eleitorais... -Ben, nós estamos pola consolidación de En Marea a todos os efeitos. E a respeito do grupo parlamentar, xa que me falas dunha compañeira, o que teño que dicer é que estamos traballando cohesionadamente e en común tanto en denunciar todo o que o PP está a facer contra a maioría social como na formulación de alternativas políticas. Non contemplamos ningún outro escenario que a consolidación de En Marea a todos os efeitos e iso implica todos os procesos eleitorais e implica que teña continuidade como un partido nacional galego. |
PRAZA_16761 | A empresa prevé un impacto "negativo significativo" da nova construción sobre a paisaxe e "negativo non significativo" sobre o ciclo da auga A Xunta celebra que a metade do monte galego será eucalipto ou piñeiro no 2038 | A Xunta celebra que a metade do monte galego será eucalipto ou piñeiro no 2038 "A extensión do eucalipto en territorio galego foi imparable nos últimos trinta anos, ata o punto de que esta especie ocupa agora o dobre de superficie que en 1986". Ese argumento, sen mencionar en ningún momento o seu propio papel como incentivadora da plantación de máis eucaliptos, é un dos que emprega Ence para xustificar a construción dentro do seu recinto industrial de Lourizán, na ría de Pontevedra, dunha nova planta de xeración eléctrica con biomasa. Un novo edificio que a propia empresa admite que terá un impacto "negativo significativo" sobre a paisaxe e "negativo non significativo" sobre o ciclo da auga. A empresa prevé un impacto "negativo significativo" da nova construción sobre a paisaxe e "negativo non significativo" sobre o ciclo da auga A Xunta vén de someter a exposición pública para a súa avaliación ambiental a modificación urbanística que requiren varias actuacións que Ence quere realizar nos próximos anos no seu complexo de Lourizán. Son, segundo a empresa, obras derivadas do denominado "pacto ambiental" asinado coa Xunta en suposta compensación pola prórroga de 60 anos outorgada polo Goberno central á súa permanencia na ría de Pontevedra. Malia que non requirirán de novos terreos fora do recinto xa existente, o Goberno galego entende que é preciso avaliar o posible impacto ambiental de tres desas actuacións destinadas a aumentar a capacidade de Ence de coxeneración de enerxía eléctrica con biomasa, a mellorar a eficiencia dos seus combustibles e a habilitar o uso de gas natural para os seus fornos. Por iso, a empresa entregou á Xunta, que á súa vez somete a exposición pública, a súa propia valoración sobre os posibles impactos que terían esas actuacións. É nesa documentación na que Ence emprega como argumentos para xustificar a súa nova planta de biomasa a "dispoñibilidade de madeira de eucalipto en Galicia", achegando cifras que di obter da propia Xunta como que esa especie xa ocupa hoxe 425.000 hectáreas, das que 288.000 serían exclusivas desa especie e outras 145.000 "misturadas con piñeiro e carballo". Ence admite que esas cifras superan as previsións do Plan Forestal actual -que a Xunta quere aumentar na revisión agora en marcha do documento-, pero nada di da súa propia responsabilidade nese incremento. O impacto da planta de biomasa, salienta Ence, será positivo sobre o consumo de enerxía, xa que permitirá pasar de consumir recursos alleos menos sostibles a ser excedentaria de enerxía máis sostible Na documentación agora a exposición pública Ence argumenta que o novo edificio que terá que levantar para acoller a planta de biomasa non terá impacto sobre a maioría dos elementos a ter en conta na avaliación ambiental, como a biodiversidade ou outras infraestruturas, porque estará emprazado dentro do recinto xa existente, gañado no seu día á ría. O impacto, salienta, será positivo sobre o consumo de enerxía, xa que permitirá que a planta deixe de consumir recursos alleos menos sostibles e pasar a ser excedentaria de enerxía máis sostible. Pero a propia Ence admite que o proxecto terá impactos negativos en materia de paisaxe e augas. "O efecto da actuación prevista sobre a paisaxe, tendo en conta o volume e altura dos elementos que a compoñen valórase como negativa significativa, de carácter compatible", di a documentación da empresa, na que se sinala que as novas construcións terán nalgúns puntos unha altura máxima de 70 metros. Para minimizar ese impacto visual e que sexa considerado aceptable a empresa xustifica que deseñou as novas construcións en chanzos de xeito que as máis baixas se sitúen nas zonas máis próximas ao exterior do recinto e as máis altas no su interior. Ence acompaña a súa argumentación de varios bosquexos que pretenden comparar os volumes actuais do seu complexo cos futuros. Xustificación de Ence da disposición da súa nova planta de biomasa para reducir o seu "significativo" impacto paisaxístico "O funcionamento da planta de coxeneración con biomasa necesita un elevado caudal de auga", di Ence, pero matiza que "a planta traballará en circuíto pechado polo que, unha vez obtida a auga para o proceso, a captación redúcese ás perdas O outro impacto" negativo", neste caso "non significativo" que contempla a propia empresa é sobre o ciclo da auga, nun contexto no que non é público o consumo real actual dese elemento por parte de Ence. "O funcionamento da planta de coxeneración con biomasa necesita un elevado caudal de auga", di, pero matiza que "a planta traballará en circuíto pechado polo que, unha vez obtida a auga para o proceso, a captación redúcese ás perdas que se producen no proceso e ás limpezas do circuíto de refrixeración, podendo ser estas augas vertidas co efluente residual de Ence, xa que a carga deste é moi baixa malia a ter unha elevada condutividade". Exposición pública do proxecto de Ence |
PRAZA_9406 | O fiscal, que se querelou contra cargos autonómicos por acoso inmobiliario a unha anciá, non asumiu o pagamento do seu alugueiro cando o Goberno galego deixou de facelo en 2016 tras máis dunha década | O fiscal, que se querelou contra cargos autonómicos por acoso inmobiliario a unha anciá, non asumiu o pagamento do seu alugueiro cando o Goberno galego deixou de facelo en 2016 tras máis dunha décadaA Xunta segue a pagar os subministros do piso que desde a súa chegada ao cargo a finais de 2004 ocupa o fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, cuxo alugueiro o Goberno galego deixou de aboar ao seu propietario en agosto de 2016. O fiscal non asumiu o pagamento do alugueiro e o propietario denunciou á Xunta, que argumenta que segue a pagar o servizos da vivenda á espera de que se resolva o preito para que o fiscal non a poida acusar de coacción inmobiliaria. Precisamente o mesmo fiscal xefe de Ourense querelouse hai uns meses contra cargos da Xunta por acoso inmobiliario a unha anciá inquilina dunha vivenda de renda antiga propiedade autonómica. A finais de 2004 a Xunta decidiu asumir o alugueiro dunha vivenda para o fiscal xefe de Ourense que viña de tomar posesión do cargo. Tanto en 2007 como en 2010 o Goberno galego avisouno da súa intención de dar por rematado ese contrato e esa "vantaxe", como a denomina, da que desfrutaba, pero o fiscal non deixou o piso. Malia iso, non foi ata agosto de 2016 que a Xunta deixou de pagar o alugueiro. Tampouco así o fiscal deixou o piso e agora o seu propietario reclama xudicialmente os atrasos desde aquela ao Goberno galego. O preito está pendente de resolverse e nel a Xunta considera que xa non está ligada a aquel contrato e que debe ser o propietario o que inste ao fiscal a abandonar o piso, insinuando que "se o que existe é un pacto tácito entre arrendador e ocupante para manter os efectos do contrato, iso non pode afectar á administración autonómica nin obrigarlle a pagar a renda"."A conduta de non aboar os subministros podería entenderse como unha coacción inmobiliaria", di a Xunta, que matiza que poderá reclamar eses gastos ao fiscal se a xustiza lle dá a razón no preito sobre o alugueiroPorén, malia deixar de pagar o alugueiro, a Xunta seguiu a aboar os servizos do piso, segundo avanzou Faro de Vigo. A explicación que dá o Goberno galego a Praza.gal é que o fai para que o fiscal non a poida acusar de coacción. "Dado que a administración autonómica requiriu ao ocupante do inmoble [o fiscal] para que abandone a vivenda e este negouse, cuestionando a resolución do contrato, debe evitarse calquera conduta da administración que poida entenderse como unha forma de coacción ilexítima ao ocupante para forzalo a abandonala". A Xunta di que "a conduta de non aboar os subministros podería entenderse como unha coacción inmobiliaria" e engade que "se a autoridade xudicial determina que a administración resultaba obrigada ao pagamento da renda, cabe entender que tamén viña obrigada ao pagamento dos subministros". Pola contra, di, se a xustiza considera que a Xunta rematou o contrato de alugueiro correctamente, esta poderá "reclamar o importe deses gastos ao ocupante da vivenda".Precisamente por un caso de presunto acoso inmobiliario o fiscal xefe de Ourense querelouse hai uns meses contra dous cargos da Xunta. Considerou que estaban a dificultar a vida dunha anciá residente nunha vivenda de renda antiga nun edificio propiedade da Xunta para forzala a abandonar o inmoble. Segundo o escrito do fiscal naquel caso, no que acusou á Xunta de deixar de realizar tarefas de mantemento no edificio, "deixando de cumprir as obrigas da propiedade tentaban presionar nos inquilinos para o desaloxo". |
PRAZA_2535 | Propón un censo aberto malia que nun principio a participación ía estar destinada á militancia de cada formación, que elixirá cadanseus candidatos a formar parte da lista de consenso da coalición. Anova xa fixo públicas as súas opcións, que serán votadas polas bases entre o xoves e o venres. | En Marea vén de abrir un censo na súa páxina web para participar no "vindeiro proceso de validación das candidaturas" que a plataforma que xunta a Anova, EU, Podemos e as mareas municipalistas levará a cabo de cara a conformar as listas electorais para o 20D. Malia que nun principio a idea era que o censo destas primarias quedase limitado á militancia das diferentes forzas e axentes participantes, finalmente abriuse á cidadanía, que poderá ratificar as listas. En Marea abre un proceso para validar as súas candidaturas de cara ás eleccións xerais Antes, cada formación leva a cabo o seu proceso interno para elixir os candidatos que formarán parte das listas de consenso que pactarán os tres principais partidos de En Marea para cada provincia e que deberán ser tamén validada polas plataformas municipalistas. Malia que parece improbable, o espazo de confluencia abre a porta tamén á presentación de listas alternativas ás oficiais, que deberán ser avaladas por membros de máis da metade dos axentes que se inclúen no espazo de confluencia. Podemos, que xa levou a cabo as primarias hai meses, presentou este martes en Madrid os seus primeiros candidatos por cada provincia, elixidos no proceso que a formación morada celebrou no pasado verán. Como era sabido, José Manuel Pérez será o candidato por Lugo, Carmela Docampo por Ourense, Ángela Rodríguez por Pontevedra e Antón Gómez-Reino pola Coruña. Cada formación elixe nun proceso interno os seus candidatos para formar parte das listas de consenso de En Marea Á falta do que se decida en Lugo e Ourense, tan só no caso da Coruña Podemos ten garantido o número 1, tal e como acordaron as diferentes forzas nas súas negociacións. Gómez-Reino liderará a lista por esta provincia, onde EU se reservará o número 2, que podería corresponder ao economista Manuel Lago. En Pontevedra, pola contra, o número 1 corresponderá a Anova, mentres que o segundo será para Ángela Rodríguez, do partido que dirixe Pablo Iglesias. Precisamente, o número 1 na provincia pontevedresa será para Alexandra Fernández, David Carballal ou José Gómez Bragaña, os tres candidatos de Anova a formar parte da lista de En Marea nas eleccións xerais. Entre eles terá que elixir a militancia da Irmandade Nacionalista, que votarán entre o mediodía do xoves e do venres para decidir, "por orde de votos obtidos", as persoas que a formación propoña para as listas do espazo de confluencia "segundo lle corresponda no proceso colectivo". A militancia de Anova votará entre xoves e venres os seus candidatos para formar parte das listas do espazo de confluencia Cada unha das persoas que se presenta ás primarias de Anova precisa dez avais. Á falta de rematar o proceso, pola Coruña e tamén para o Congreso preséntanse Gladys Afonso, Jorge Caeiro e Xosé Constenla; por Lugo, Xosé Manuel Saa; e por Ourense, Bernardo García Novaoa e Carlos Lorenzo. En canto aos candidatos a formar parte das listas ao Senado, hai dousu candidatos pola provincia ourensá: Carlos Enrique Pereira e Pilar Barros. Por outra banda, Pablo Iglesias respondeu este martes ás críticas que o voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, lanzou contra a estratexia de Podemos á hora de elaborar as súas listas electorais e nas que reclamou procesos máis abertos. O líder da formación morada asegura que o político galego é "un referente" para el e que todas as súas "críticas e opinións" son "unha honra". "Poucos coma el saben o que significa o que é asumir o peso dun liderado forte. Aprendín del como non aprendín de ninguén. Unha honra recibir as súas críticas. Estou convencido de que imos camiñar xuntos", asegurou. |
NOS_6685 | A vicepresidenta segunda do Goberno español asegurou ao socialista que haberá unha transferencia de 234 millóns de euros a Galiza. O destino dos cartos será o das "axudas directas a pemes e autónomos". | Despois do seu paso nos últimos días pola Galiza, Nadia Calviño, vicepresidenta segunda do Goberno do Estado e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, reuniuse esta quinta feira na sé do Ministerio en Madrid con Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG. Na xuntanza trataron a axenda galega e a reactivación económica da Galiza nas cuestións que atinxen á área de traballo de Calviño, ámbalas dúas coincidiron nas declaracións efectuadas ao finalizar o encontro que "a mellor reactivación é a que vai da man da recuperación do emprego". Calviño confirmou a Caballero que o Estado trasferirá a Galiza 234 millóns de euros para axudas directas destinadas a pemes e autónomos, "o maior paquete da historia de axudas directas" a este sector, destacou Caballero. Tamén se abordaron aspectos como a dixitalización da economía, e a importancia de que os fondos Next Generation estean vencellados á xeración de emprego á hora de darlle prioridade a un ou outro proxecto. Outro dos puntos da xuntanza versou sobre a potencialidade de Galiza nos eidos da dixitalización, novas tecnoloxías e intelixencia artificial. "A Cidade das TIC na Coruña, o CiTIUS de Santiago ou a facultade de Telecomunicacións de Vigo exemplifican a capacidade de centros galegos para xerar novo coñecemento", salientou Caballero. Para o deputado no Parlamento, os centros galegos de innovación ostentan unha importante potencialidade para integrarse na Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial e avanzar cara unha industria 4.0 que impulse os polos de innovación dixital na Galiza como "motor de modernización dos sectores produtivos galegos". Decreto 'atrapatodo' O día parlamentar estivo marcado pola presenza de Calviño no Congreso para impulsar nun só decreto lei dez directivas europeas sen relación, co gallo de incorporar estas regulacións a lexislación, que abarcan normas de dereitos das consumidoras e consumidores, competencia, directivas bancarias relacionadas con requisitos de capital, resolución e reestruturación, IVE no comercio electrónico, prevención e loita contra o branqueo e financiamento do terrorismo, dereitos das traballadoras desprazadas e responsabilidade ambiental. |
NOS_25904 | O Consello Nacional da fronte ratificou este sábado as listas electorais elaboradas e aprobadas polas asembleas comarcais. O seu programa político cárgase de soberanía e dunha saída xusta á crise. | O Consello Nacional da fronte nacionalista ratificaba este sábado as listas electorais provinciais aprobadas polas súas asembleas comarcais. Arroupado pol@s integrantes do máximo órgano entre asembleas, Francisco Jorquera felicitou á militancia do BNG por teren aprobado "por abrumadora maioría", as persoas que integrarán as candidaturas nacionalistas. Jorquera, que encabezará a proposta do BNG pola Coruña asegurou que a alternativa que representa o Bloque Nacionalista Galego o 21-0 está composta por "mulleres e homes capaces e comprometid@s con Galiza" e criticou con dureza as verbas pronunciadas polo candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, asegurando que a fronte "non premia a fidelidade" na configuración das candidaturas nin "fai as listas un señor, nunha tarde, nun despacho". O candidato polo BNG acusou, deste xeito, ao Partido Popular de ter encabezado a candidatura da Coruña coa que foi até o de agora, conselleira de Traballo nunha realidade económica e laboral das máis nefastas para Galiza. "Un proxecto de país" Entre os aplausos da militancia, Jorquera Caselas debullaba algunha das ideas centrais da proposta nacionalista, integrada por un programa, dixo, que procura "defender Galiza como nación e dar pasos firmes cara a soberanía nacional do noso país". Asemade, defendeu o apoio ao BNG como unha ferramenta para frear a "ofensiva centralista" que se aveciña desde Madrid. Francisco Jorquera salientou a necesidade de aumentar o poder de decisión d@s galeg@s sobre os seus intereses económicos e envestiu os ataques de Núñez Feijóo –quen afirmaba nestes días que o programa d@s nacionalistas non tiña nada a ver coas demandas da sociedade--, emprazando ao presidente en función, a preguntarse se a sociedade galega "está de acordo con que lle neguen o dereito a vivir do seu propio traballo" ou a que os centros de decisión política estean en Bruxelas. "Queiran ou non, Galiza é unha nación", afirmou con rotundidade o candidato nacionalista. Cun discurso de marcado ton soberanista, Jorquera denunciou as declaración de Alberto Núñez Feijóo esta semana, nas que aseguraba que "Galiza e Catalunya son España desde fai 500 anos". Neste senso, o nacionalista aseverou que tal interpelación afirmaba o período histórico da "doma e castración de Galiza" e lembrou ao presidente do executivo galego que aínda "hai unha Galiza indomábel e insubmisa" que non se dobregou en 500 anos de dominación". Finalmente, o candidato á Xunta polo BNG recuperou as verbas de Castelao e dixo dos membros do Partido Popular "son uns imperialistas fracasados". |
PRAZA_5135 | O Concello comeza a construción dun polémico túnel en pleno centro da cidade e cuxo importe total sitúase nos 50 millóns de euros. O rexeitamento veciñal á obra increméntase aos poucos mentres se van desvelando detalles dunha obra "faraónica". | As obras levantarán o centro da Coruña, a zona da Mariña que, coas súas galerías que serven de espello ao mar, representan un dos símbolos (turísticos e non turísticos) da cidade. Faranse para construír un polémico túnel de catro carrís que tratará de desviar o tráfico baixo terra e soterrar así os milleiros de vehículos que cada día pasan por unha área que pasará a ser peonil. Pretenden culminar un vello proxecto aprazado durante anos pola crise e a falta de cartos e cuxos traballos comezaron xa para finalizar a principios de 2015, pouco antes das vindeiras eleccións municipais e ante as que o PP quere presentar a súa grande obra. O escurantismo que arrodea esta cara iniciativa non impide que unha parte da veciñanza se organice xa na plataforma Non ás Obras da Mariña, que se concentra cada semana e inicia unha campaña informativa entre a cidadanía. O seu propósito: deter unha infraestrutura que consideran "un desbalde", unha idea "faraónica", de gasto excesivo, chea de "sospeitas" e que consideran o paradigma "dun concepto de urbe equivocado". A obra soterra os coches no centro pero habilita un túnel con catro carrís nun proxecto que se achegará aos 50 millóns de euros As sospeitas comezan no custo da obra, que o Concello non dá aclarado. Urbanismo cifra nuns 20 millóns de euros o gasto público, ao que habería que engadir os 30 que achegaría a empresa privada a cambio da explotación dun aparcadoiro e dunha futura área comercial. "Chámalle aluguer do espazo público ou agasallo", di Santiago Lamelo, voceiro da plataforma contraria ás obras. "Pero se indagamos, hai moito máis; o custo total pode chegar aos 50 millóns", engade. Eses son os cálculos que todos fan para todas as actuacións previstas, divididas en varios proxectos. Só a construción desa vía subterránea, que conectará co da praza María Pita e co aparcamento do Parrote, elevarase a uns 11 millóns de euros. A Autoridade Portuaria achegará dous millóns. E o resto? De momento, o Concello apandará con case todo, porque malia que confía en que outras administracións se involucren, Fomento non confirmou nada, tampouco para urbanizar toda a superficie peonil, de máis de 50.000 metros cadrados e que se estenderá desde a Mariña ata a zona do Parrote, aínda en obras pola construción dun polémico aparcadoiro privado que deu cos restos da antiga muralla da cidade. Esta urbanización do espazo enfronte ás coñecidas galerías carece aínda de proxecto e de adxudicación ningunha. A Autoridade Portuaria adxudicou as obras, con rebaixa, a Copasa, empresa "sospeitosa e que sae nos papeis de Bárcenas" O Porto adxudicou estas primeiras obras -previa importante rebaixa do prezo inicial- á construtora Copasa, unha firma que enche de receos tanto á oposición -toda ela en contra do proxecto- como ao movemento social que tamén se opón. "Temos a sospeita da corrupción, porque sempre que hai unha concesión de obra pública a hai, pero neste caso máis porque Copasa sae nos papeis de Bárcenas e nas pesquisas da UDEF; ademais, o seu presidente tivo que declarar ante o xuíz Ruz para explicar as doazóns que fai ao PP e as concesións que obtén a cambio. Á empresa sempre foi coñecida como a construtora do Partido Popular", sinala Santiago Lamelo, voceiro dun colectivo que repara tamén no feito de que a desafectación e posterior venda dos terreos portuarios acabarán por financiar o porto exterior da Coruña, que acumula centos de millóns de euros de gasto. Que este macroproxecto era prioritario para o alcalde Carlos Negreira é máis que obvio. Por iso decidiu adiar outras obras das que seguen pendentes a Cidade Vella ou a zona da Pescadería, que seguen a esperar que se revise o plan especial de protección e reforma interior (Pepri) e que aturan deficiencias en accesos, infraestruturas e urbanismo máis que evidentes con só dar un paseo polos barrios. O goberno local priorizou esta obra por riba doutras e doutros barrios con graves deficiencias "É un desbalde aínda que a obra se realizase en mellor momento económico, pero hoxe en día, aínda é máis escandaloso. Mentres aturamos recortes sociais ou o Concello se queixa de que non ten cartos para certos equipamentos públicos, deciden gastar esta cantidade de cartos neste túnel", insiste a plataforma, que lembra que a degradación de múltiples zonas da Coruña aumenta mentres o principal investimento en anos se dedica á Mariña. "Hai escaseza de zonas deportivas abertas, hai xente desafiuzada á que o Concello non dá solucións porque di ter dificultades económicas... É necesario isto?", pregúntase o colectivo contario ás obras. "Hai moitas necesidades en todos os barrios, algúns deles con graves deficiencias incluso no saneamento e en infraestruturas clave. A situación é un desastre e estamos de acordo en que esta zona turística e importante para a cidade tamén se pode mellorar, pero non deste xeito e mentres se desatenden outras áreas", insiste Santiago Lamelo, que aclara tamén que o proxecto da Mariña "reflicte un modelo de cidade e medioambiental trabucado". Porque a zona será peonil, pero iso non significa que se desvíe ou vete o tráfico nesta porta de entrada á zona antiga da rube. "O que se fai é construír un túnel de catro carrís para que os vehículos poidan pasar por baixo da terra, polo que o tráfico non se reduce". Falamos dunha cidade na que entran máis de 140.000 coches diariamente e da que é a segunda capital de provincial máis pequena do Estado, con menos de 38 quilómetros cadrados. "Mentres aturamos recortes sociais e o Concello quéixase de falta de cartos, decídese gastar todo isto nesta obra", quéixase a plataforma contraria ao proxecto "Unha cidade moderna ten que ter outro concepto de futuro e temos exemplos no Estado, pero tamén en Europa. Desde logo, a tendencia das urbes que se teñen como modelo non van por este camiño", engade Lamelo. O propio PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sustentable) da cidade recomenda a redución do tráfico na cidade, especialmente no centro, pero nada se di neste proxecto de que se vai facer cos taxis e co transporte público ou de se se van facilitar espazos para outros vehículos como as bicicletas. Tampouco se ten claro o que se fará cos restos da fortificación que aparecerán co túnel. O goberno local incluso obviou un proxecto do urbanista González Cebrián que gañou o concurso de ideas do Porto e do Concello hai xa seis anos. Encargoulle a outro arquitecto o túnel e o espazo superior. A Plataforma Non ás Obras da Mariña maniféstase todos os xoves e lcelebra asembleas informativas A Plataforma Non ás Obras da Mariña seguirase manifestando e, sobre todo, informando á cidadanía dun proxecto do que pouco se fala. "A Mariña é moi mellorable e a xente é consciente diso, pero hai que explicar ben as cousas e estamos nesa fase; hai veciños que están claramente en contra e outros que dubidan, pero o noso labor é informar", di Lamelo. Esa será o seu obxectivo nos vindeiros días. Todos os xoves, seguiranse concentrando e celebrando asembleas. |
NOS_37019 | Propón un Pacto de Estado ao Goberno español, a Deputación da Coruña e aos concellos con varios eixos para impulsar a economía da comarca | A comarca de Ferrolterra leva anos sumida nunha profunda crise industrial que afecta a diversos sectores chave para a economía dos concellos que a integran. O sector naval, un dos motores económicos, non consegue remontar o voo, o que se traduce en falla de carga de traballo e recortes de persoal nas empresas auxiliares. No resto da industria a situación non é moito mellor. Hai uns meses fechaba nas Somozas a planta de pas eólicas de Siemens-Gamesa nun caso de deslocalización empresarial. Nas Pontes, a térmica de Endesa está chamada ao fechamento, mais a eléctrica ten un plan para impulsar proxectos industriais nos terreos dos que dispón. Porén, a Xunta, administración competente na planificación industrial, carece dun proxecto claro para esta comarca. De feito, non foi quen de aproveitar o diñeiro da UE recibido nos últimos lustros polo fechamento das minas de carbón para crear un tecido industrial que sustente a economía deste territorio. Agora, co gallo da chegada de máis fondos europeos, a Xunta busca levar a iniciativa. Hoxe, o presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feixoo, e o seu conselleiro de Economía, Francisco Conde, marcaron oito eixos de actuación para un "Pacto de Estado por Ferrol", no que boa parte das solucións quedan en mans do Goberno español. Sen facer autocrítica da situación creada pola inexistencia de políticas en materia industrial, a Xunta refírese a plans de rescate para os sectores máis afectados pola pandemia, despois de ser un dos territorios que máis tardou en artellar este tipo de medidas no conxunto do Estado. No seu documento, propón tamén reforzar actividades industriais estratéxicas como o naval (coa transformación do buque civil de transporte Galicia en Navantia), a industria enerxética, a forestal ou a alimentaria. Polo enerxético Nesta liña, o propio Feixoo sinalou a necesidade de crear un "polo enerxético", mais incidiu na aposta xa desbotada polos biocombustíbeis, o gas que move Reganosa, actor chave no impulso de proxectos na Galiza, o hidróxeno verde (promovido por Endesa) ou a eólica mariña, chamada a ser a gran xeradora de emprego na comarca. Outro dos eixos propostos é dar prioridade á innovación e ao coñecemento coa potenciación do Centro de Innovación e Servizos de Tecnoloxía e Deseño (CIS Ferrol) e do Campus Industrial, un capítulo no que Galiza destaca por ser dos territorios con menor investimento na materia. En materia de infraestruturas, Galiza, que carece dun ente ferroviario propio, exixe mellorar a liña A Coruña-Ferrol, e tamén a seguridade das estradas da zona, "especialmente o corredor Ferrol-Ortigueira", salientou Feixoo. Por último, a proposta que vai remitir a Xunta ás administracións refírese a consolidar, ampliar e modernizar os servizos públicos docentes, sociais e sanitarios da comarca e, deste modo, din, contribuír á resolución dos seus problemas demográficos, económicos e laborais. Como destacou Conde, a idea é que así se poida beneficiar da dobre oportunidade que supón a transformación dixital e ecolóxica. |
PRAZA_20967 | O pasado 15 de decembro, momento en que comezou a incrementarse o número de casos de coronavirus, case un terzo dos concellos levan cando menos 14 días sen rexistrar ningunha infección. Os desprazamentos e as reunións sociais do nadal espallaron o coronavirus por toda Galicia. | O pasado 15 de decembro Galicia gozaba dunha das mellores situacións epidemiolóxicas dende o mes de setembro. A segunda onda fora controlada, o número de novos casos diagnosticados cada día (ao redor de 300) e a incidencia acumulada a 14 días (algo máis de 150) levaban mes e medio en descenso e a taxa de positividade situábase por debaixo do 4%. Ademais, 102 concellos (case un terzo do total) levaban cando menos 14 días sen rexistrar novos contaxios. Os 102 concellos libres de Covid-19 do 15 de decembro eran xa pouco máis de 80 o día de Noiteboa e dende entón non fixeron máis que descender. Na actualidade son unicamente 16Aquel foi o punto de inflexión. Os desprazamentos realizados durante a ponte da Constitución e a relaxación das restricións en Galicia, tanto na hostalaría coma nas xuntanzas con persoas non convivintes, estaban provocando xa unha maior circulación do virus, e despois as celebracións do Nadal (cun maior relaxamento das medidas de prevención por parte das autoridades sanitarias e un menor cumprimento por parte da poboación) contribuíron a multiplicar os contaxios e a espallalos por todo o territorio.Os 102 concellos libres de Covid-19 do 15 de decembro eran xa pouco máis de 80 o día de Noiteboa e dende entón non fixeron máis que descender. Na actualidade son unicamente 16 as localidades que non tiveron algún diagnóstico da enfermidade nos 14 días anteriores, localidades rurais escasamente poboadas (entre todas suman menos de 15 mil habitantes) e situadas na súa maior parte no interior das provincias de Lugo e Ourense: A Teixeira, Alfoz, Baleira, Carballedo, Cervantes, Entrimo, Gomesende, Larouco, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Páramo, Parada de Sil, Quintela de Leirado, Ribeira de Piquín, Triacastela e Vilariño de Conso.A expansión do coronavirus durante esta terceira onda non só incrementou o número total de infeccións (especialmente nas zonas urbanas), senón que tamén as espallou por todo o paísComo curiosidade, catro destes concellos (Gomesende, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Vilariño de Conso) non rexistraron ningún positivo de Covid-19 cando menos dende mediados de novembro, momento no que a Xunta comezou a ofrecer datos individualizados de todas as localidade.A expansión do coronavirus durante esta terceira onda non só incrementou o número total de infeccións (especialmente nas zonas urbanas), senón que tamén as espallou por todo o país, mesmo por zonas nas que ata este Nadal o virus estivera relativamente ausente. É probable que a este esparexemento contribuíse de forma decisisva a mobilidade que se rexistrou en Noiteboa, Nadal, Fin de Ano e Reis.Dende o 31 de decembro o número de casos multiplicouse por 5 en Valga, Culleredo ou Salvaterra do Miño, por 6 en Narón, Oleiros, Moaña, Padrón ou Xinzo de Limia, por 9 en Cambre, Poio ou Sada, por 10 na Cañiza ou Fene e de forma aínda máis importante en Carballo, Ponteareas, Arteixo, Sarria, Monforte ou BetanzosAínda que a incidencia da enfermidade comezou a medrar en Galicia o 11 de decembro, durante varios días fíxoo de vagar e a menor realización de probas de detección durante as dúas semanas de Nadal contribuíu a invisibilizar a maior circulación do virus, que se fixo evidente a partir do 5 de de xaneiro. En menos dun mes a situación mudou completamente en practicamente toda Galicia, comezando polas sete cidades, con incrementos no número de casos que van do +165% de Vigo ao +441% da Coruña ou ao +513% de Ourense.Dende o pasado 31 de decembro o número de casos multiplicouse por 5 en Valga, Culleredo ou Salvaterra do Miño, por 6 en Narón, Oleiros, Moaña, Padrón ou Xinzo de Limia, por 9 en Cambre, Poio ou Sada, por 10 na Cañiza ou Fene e de forma aínda máis importante en Carballo, Ponteareas, Arteixo, Sarria, Monforte ou Betanzos.Nestes 26 días de xaneiro a situación só mellorou en 24 concellos, nos que o número de casos descendeu, localidades que na maior parte dos casos estaban a rexistrar nos días anteriores á Fin do Ano gromos de importancia, como Boiro, Bueu, Vimianzo, Santa Comba, Rianxo ou A Illa de ArousaA seguinte gráfica recolle a evolución no mes de xaneiro da incidencia acumulada a 14 días (número de casos por cada 100.000 habitantes) nos 49 concellos máis poboados de Galicia, localidades que en conxunto suman 1,84 millóns de habitantes, dous terzos da poboación galega. O incremento no número de casos é xeneralizado (Bueu e Boiro son as únicas excepcións) e prodúcese tanto nas cidades e nas súas áreas metropolitanas como en cabeceiras de comarcas non urbanas. |
NOS_40271 | CIG acusa a empresa 'La Veneciana' de querer evitar que o traballador exerza os dereitos de paternidade. | A firma cristaleira "La Veneciana" (antes denominada Portaglas), con centro de traballo no polígono coruñés da Grela, despediu un operario un día despois de comunicarlles el propio que sufría síntomas de Covid19, decisión que se lle notificou o mesmo día no que a súa compañeira deu a luz. Así o denuncian desde a CIG, que sinalan que este traballador se puxo en contacto coa Federación de Construción e Madeira do sindicato para exercer a defensa dos seus dereitos. O traballador, segundo indica a central nacionalista nun comunicado, "comezou a traballar coma peón especialista da cristalería o pasado 1 de setembro cun contrato de relevo, cubrindo a praza doutro compañeiro que se prexubilara. Desde que comezou a relación laboral, asegura que xa lle tiñan advertido que nesa empresa estaba moi mal visto "coller baixas". O secretario da FCM-CIG da Coruña, Mario Maceiras, explica que cando o 16 de setembro foi posto en observación tras sentir síntomas compatíbeis coa Covid 19 (aínda que finalmente as probas deron negativo) contactou de inmediato coa empresa para trasladarlle a súa situación, así como que lle recomendaran permanecer en illamento para evitar poñer en risco os seus compañeiros de traballo e tamén a súa parella, persoa de alto risco por atoparse nun avanzado estado de xestación. "Só un día despois a dirección da empresa comunicoulle o seu despedimento por non pasar o período de proba, decisión que sorprendeu ao traballador no hospital, xa que a súa parella acababa de dar a luz", subliña. Porén, Maceiras aclara que o período de proba xa fora superado, ao estar fixado por convenio en 15 días, "é dicir, cando xa non podían invocar a interrupción do período de proba para saldar a relación laboral". O sindicato informa que xa iniciou as medidas legais oportunas e puxo en coñecemento da Inspección de Traballo "o atropelo dos dereitos fundamentais nesta firma, apreciando ademais a posíbel existencia de dolo e fraude no proceder empresarial". |
NOS_52000 | P.P. Arnold, heroína do rhythm and blues localizado na Inglaterra dos 60, abre esta quinta feira a o festival Outono Códax en Santiago de Compostela. Celebración das músicas negras de toda condición, polo certame, que acollerá a Sala Capitol e que se estende ate o 18 de novembro, desfilarán bandas de soul, ska, ou rock & roll clasicista. | Como aperitivo ao concerto de Arnold, os composteláns Cachas & Cousins ofrecerán unha sesión de ritmos xamaicanos da vella escola, do rocksteady ao ska. O ciclo continuará a sexta feira, 3 de novembro. Será a quenda de Hendrik Röver, histórico líder dos cántabros Los Del Tono, Óscar Avendaño á marxe de Siniestro Total, e o galego Juanjo Zamorano, que afondan nos reberetes norteamericanos do rock. O sábado día 4, os suízos The Hillbilly Explosion encherán a Capitol de rockabilly. Acompañáranos os neoiorquinos Daddy Long Legs, ofrecidos a blues de garaxe, e o rockabilly dos galegos Mad Martin. A derradeira sesión do Outono Códax será o 17 e o 18 de novembro. A sexta feira, o mallorquí Johnny B. Bad despachará en solitario -é un home orquestra- a súa síntese de rock de garaxe, surf e música dos anos 50. Con el estarán Lar&Freire -dúo de guitarra e batería con base en Compostela- amosarán a súa exploración do "fondo do espírito que teñen en común as músicas populares de todos os pobos do mundo". Ao día seguinte, os estadounidenses The Suffers, practicantes do novo soul, e mais o blues dos italianos Sugarddadies & the Cereal Killers pecharán o festival. Nota de actualización: esta información foi corrixida debido a mudanzas na programación do festival. |
PRAZA_10652 | O ente fiscalizador salienta que o Goberno galego reduciu as tramitacións urxentes, que lle permiten restrinxir a competencia entre empresas, pero censura que non cumpre tan ben as súas recomendacións no caso dos modificados de obras | O ente fiscalizador salienta que o Goberno galego reduciu as tramitacións urxentes, que lle permiten restrinxir a competencia entre empresas, pero censura que non cumpre tan ben as súas recomendacións no caso dos modificados de obras"Non poderá fraccionarse un contrato coa finalidade de diminuír a contía do mesmo e eludir así os requisitos de publicidade ou os relativos ao procedemento de adxudicación que corresponda". Iso é o que establece o artigo 99.2 da lei de contratos públicos. Porén, a Xunta, segundo vén de constatar o Consello de Contas, segue a fraccionar contratos que despois adxudica a dedo.O Consello de Contas entregou este venres no Parlamento os seus últimos informes de fiscalización das administracións públicas galegas, novamente pasado o mediodía e nunha ponte ás portas da última fin de semana de xullo, como vén ocorrendo nos últimos anos, o que reduce a visibilidade mediática duns documentos que adoitan poñer en dúbida a boa xestión da que vén gabándose o Goberno de Feijóo. Tras anos reiterando que a Xunta non está a cumprir as recomendacións que se lle formulan para mellorar o control dos cartos públicos en múltiples ámbitos, Contas centrou desta volta un dos seus estudos en analizar o cumprimento por parte do Goberno galego en 2016 das reclamacións en materia de contratación que lle realizara cinco anos antes. Contas leva anos reiterando que a Xunta non está a cumprir as recomendacións que se lle formulan para mellorar o control dos cartos públicos en múltiples ámbitosSegundo Contas, as recomendacións que están a ter un menor nivel de cumprimento por parte do Goberno galego son as que reclamaban "evitar a proliferación de modificados ou o fraccionamento contractual", cun índice de seguimento que nese último caso reduce ao 20%. Pola contra, a Xunta si está a cumprir en mellor grao no incremento dos procedementos de contratación por concurso público aberto ou a limitación das tramitacións urxentes que lle permiten restrinxir prazos e requisitos e con eles a posible competencia. O fraccionamento contractual consiste en que a administración divida un contrato que polo seu elevado importe tería que adxudicar a través dun concurso público aberto á competencia para poder no seu lugar entregar a dedo os contratos fraccionados resultantes con importes por baixo do límite legal que permite a adxudicación discrecional.A Consellería de Medio Ambiente e a Axencia de Infraestruturas fragmentaron contratos malia que previamente llo negaran ao Consello de ContasPara realizar a súa análise o ente fiscalizador analizou unha mostra de contratos realizados en 2016 polas consellerías de Medio Ambiente, Infraestruturas, Mar e Medio Rural, así como pola Axencia Galega de Infraestruturas, ás que previamente preguntara pola súa actuación nesa materia. Segundo Contas, Medio Ambiente, Infraestruturas e a Axencia de Infraestruturas contestáronlle que non fraccionaran ningún contrato, pero a verificación posterior realizada por Contas constatou fraccionamentos en todos os departamentos analizados agás a Consellería de Infraestruturas, da que á súa vez depende a Axencia Galega de Infraestruturas.En concreto, Contas di que "na Axencia Galega de Infraestruturas detectouse a existencia de fraccionamento en expedientes que representan o 5% da contratación menor realizada". Esa porcentaxe de fraccionamento de contratos é segundo Contas dun 2% na Consellería do Mar e dun 1,04% na de Medio Ambiente, na que atribúe o incumprimento en concreto á Dirección Xeral do Territorio e Urbanismo. Contas tamén sinala o fraccionamento de nove contratos en Medio Rural pero non cuantifica a porcentaxe que iso supón. |
PRAZA_4211 | Un dos informes difundidos este mércores polo Goberno galego indica que en 264 concellos non se detectou ningún novo positivo entre o 4 e o 11 de maio. Tamén confirma que o 60% das novas infeccións corresponden a persoal sanitario e a persoas internas nas residencias e amosa que Ourense e A Coruña presentan as maiores taxas de incidencia da enfermidade | Este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a súa intención de convocar as eleccións ao Parlamento galego no mes de xullo. Fíxoo aludindo a unha serie de informes sanitarios que manexa o Goberno galego que analizan o estado actual da pandemia e as posibilidades de evolución futura e argumentando que fronte á actual mellora da situación, cabe a posibilidade de que nos meses seguintes se produzan rebrotes da enfermidade.Algúns dos datos incluídos nos informes ata agora non viñan sendo difundidos pola Xunta e permiten coñecer mellor o estado da epidemia no paísNos informes sanitarios difundidos pola Xunta para apoiar a súa intención de convocar os comicios este verán, inclúense un gran número indicadores epidemiolóxicos manexados polo Goberno galego. Nalgúns casos, trátase de datos que ata agora non viñan sendo difundidos pola Xunta e que permiten coñecer mellor o estado da epidemia no país. Galicia é unha das comunidades autónomas que está a ofrecer a información relacionada co coronavirus con máis opacidade.Un deles é o da taxa de incidencia da enfermidade en cada área sanitaria, é dicir, o número de casos novos por cada 100.000 habitantes detectados cada día. Ata agora coñecíamos unicamente a incidencia acumulada total en Galicia, un indicador que a diario difunde o Ministerio de Sanidade a través da información que lle vai proporcionando a Xunta.No informe sanitario asinado por Xurxo Hervada (subdirector xeral de Información sobre a Saúde e Epidemioloxía) e Andrés Paz-Ares Rodríguez (director xeral de Saúde Pública) atopamos a incidencia en cada área sanitaria nos últimos 3 días, 7 días e 14 días. Iso si, referida unicamente a "transmisión comunitaria", é dicir, excluíndo os contaxios que se produciron entre o persoal sanitario do Sergas e as persoas internas nas residencias socio-sanitarias. Ademais, recóllense unicamente os positivos detectados por PCR e non por tests de anticorpos e outras "probas rápidas". [Un doutor que asesora á Xunta prevé "un pequeno rebrote" do coronavirus en xuño e outro "máis duro" contra a fin de xullo]Os datos revelados pola Xunta amosan que Ourense e a área sanitaria que se atopa nunha peor situación, seguida das áreas sanitarias da Coruña-Cee e de Vigo. E, pola contra, amosan que nas áreas sanitarias de Lugo-A Mariña-Monforte e Pontevedra-Salnés practicamente non están detectando casos novos nas últimas dúas semanas. Ourense e a área sanitaria que se atopa nunha peor situación, seguida das áreas sanitarias da Coruña-Cee e de VigoMentres que a incidencia total en Galicia (de transmisións comunitarias) é de 12 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días, en Ourense a taxa é máis do dobre (24,70). A Coruña (18,97) tamén está por riba da media, na que se sitúa Vigo (12,53). As restantes áreas están moi por debaixo: Santiago (9,85), Ferrol (7,41), Pontevedra (2,61) e Lugo (2,43). De feito, en toda a provincia de Lugo non se detectara un só caso de coronavirus nos tres días anteriores e apenas houbera un positivo na semana precedente. Pontevedra, con só dous casos en tres días presenta igualmente unha situación moi favorable. Pola contra, neses mesmos tres días houbo ao redor de 21 casos na Coruña, 11 en Vigo e 4 en Ourense.Nas últimas dúas semanas practicamente dous de cada tres casos novos de coronavirus corresponderon a persoal sanitario do Sergas ou a persoas internas en residencias socio-sanitariasOs datos do informe tamén revelan que nas últimas dúas semanas practicamente dous de cada tres casos novos de coronavirus corresponderon a persoal sanitario do Sergas ou a persoas internas en residencias socio-sanitarias. En concreto, entre o 30 de abril e o 11 de maio detectáronse un total de 605 positivos por proba PCR e deles 365 corresponderon a estes dous colectivos (o 60%) e só 240 foron "transmisións comunitarias". Esa proporción, que coincide cos datos que o Sergas confirmara a pasada semana, repítese nos datos da incidencia acumulada, que o 11 de maio se situaba ao redor de 30 casos por cada 100.000 habitantes (en 14 días) para o coxunto de Galicia, e que excluíndo persoal sanitario e persoas internas en residencias fica en 12 casos, o 40%.264 concellos sen positivos na última semanaOutro dos datos presentes neste informe refírese ao número de concellos nos que non se detectaron novos casos de coronavirus nos días precedentes. En concreto, nos tres días anteriores ao 11 de maio, nun total de 291 concellos (nos que viven 1,7 millóns de galegos) non houbera positivos nas probas PCR. Entre eles están os 67 concellos da provincia de Lugo e 88 dos 92 da provincia de Ourense. Nos 22 termos municipais restantes (cunha poboación próxima ao millón de habitantes) si houbo algún caso. Nos tres días anteriores ao 11 de maio, nun total de 291 concellos (nos que viven 1,7 millóns de galegos) non houbera positivos nas probas PCR. Entre eles están os 67 concellos da provincia de Lugo e 88 dos 92 da provincia de OurenseSe ampliamos a análise aos 7 días precedentes o número de localidades sen casos segue a ser moi importante, un total de 264 (1,37 millóns de habitantes). E tamén o é se abranguemos os 14 días anteriores (229 concellos). O informe revela que existen 145 localidades nas que en 28 días non se rexistrou ningún caso de coronavirus.Nas últimas dúas semanas foron varias as ocasións en que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo empregou estes datos para defender o paso de Galicia á Fase 1 do desconfinamento, para reclamar a liberdade de movementos en toda a comunidade autónoma ou para apuntar a conveniencia de celebrar as eleccións "axiña". Porén, ata agora o Goberno galego non os fixera públicos. |
NOS_9985 | A plataforma 'Lugo... Non perdas ou tren' convocará unha manifestación en decembro reivindicando un "tren digno". Desde Renfe, pola súa parte, aseguran que emitiron até agora case 59.000 abonos de balde. En relación á folga convocada pola CXT, chegou até un 35% de seguemento segundo este sindicato. | A plataforma 'Lugo... Non perdas ou tren', integrante da Federación de Asociacións de Veciñas e Veciños da provincia, convocará unha manifestación para mediados de decembro reivindicando un "tren digno". Consulta os trens suspendidos esta segunda feira pola folga de Renfe convocada pola CXT O presidente do movemento veciñal, Jesús Vázquez, lembra que a plataforma agrupa á Confederación de Empresarios de Lugo, organizacións sociais e colexios profesionais, entre outros. A concentración terá lugar na praza da estación e dará continuidade "ao primeiro Día da Maleta" de 2016, onde as reclamacións ían incrustadas en bolsos de viaxe. "Trátase de acudir á manifestación, se é posíbel con bolsas de equipaxe, e nelas irán mensaxes co tema ferroviario", subliñou. Jesús Vázquez debullou que o que reivindican é a "conexión con Euskadi, o tren hotel con Barcelona que quitaron, a conexións a Madrid que reduciron, as variantes que piden que se executen, ou a mellora da liña Lugo-A Coruña". "As maletas levarán mensaxes reivindicativas, nunha xornada na que imos emprazar aos partidos políticos para que se comprometan co tren en Lugo", precisou. A falta de concretar cos partidos políticos, desde o movemento veciñal de Lugo xa se dá como data probábel "un sábado pola mañá", na segunda quincena do mes de decembro. O xuízo do Alvia continúa esta terza feira cunha xornada centrada no sistema de seguranza "Se non hai viaxeiros en Lugo, é porque non hai servizos", insistiu, á vez que denunciou que a estación da cidade é "un páramo porque non hai trens". 59.000 abonos gratuítos Renfe emitiu 58.745 abonos gratuítos de Media Distancia, Avant e Proximidades na Galiza nos dous primeiros meses de funcionamento da medida destinada a persoas que o empreguen até o 31 de decembro. Así, case o 5% da poboación activa galega xa os adquiriu. Folga en Renfe A Confederación Xeral do Traballo (CXT) mantivo a convocatoria de folga en Renfe os días 7 e 11 de novembro, despois de que se asinase un convenio entre SEMAF, UXT, CCOO e a empresa, no que non se alcanzaron as previsións da CXT que recollesen o convenio. Lugo volve saír á rúa para exixir un "tren digno" que a conecte co resto da Galiza Na convocatoria, á que están chamados 14.000 traballadores, a CXT reclama unha suba salarial lineal que garanta o IPC real e un aumento do persoal. A folga tivo un seguimento do 3% segundo o operadora, e do 35% segundo o sindicato. |
PRAZA_1713 | O BNG di querer compartir a marcha "cos nacionalistas, organizados en forzas políticas ou non" para reivindicar os "dereitos nacionais" do país, segundo aclara Vence. Bascuas anima a participar na manifestación e anuncia que a súa formación renunciará a levar distintivos. | BNG e Compromiso por Galicia confirmaron este luns que se suman á convocatoria cidadá para a celebración unitaria do Día Nacional de Galicia o vindeiro sábado 25 de xullo. O voceiro do Bloque, Xavier Vence, e o secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas, animaron á militancia das súas formacións a xuntarse á marcha que estará encabezada por representantes do colectivo convocante (Manifesto pola Unidade) e cidadáns "sen ningunha simboloxía partidaria". "Imos estar detrás desa pancarta encabezada por persoas que non representan a partidos políticos concretos senón ao conxunto do país", di Vence "Imos estar detrás desa pancarta que vai encabezada por persoas que non representan a partidos políticos concretos senón ao conxunto do país", asegurou Vence, que cre que o lema elixido -A nación galega- expresará precisamente "iso": "que moita nación galega vai estar detrás desa pancarta reivindicando os nosos dereitos nacionais como pobo". O voceiro do BNG insiste en que a fronte quere "compartir c@s nacionalistas, organizados en forzas políticas e non organizados, que pensen que Galiza merece un apoio de todos e de todas para facer oír a súa voz, que queren ver recoñecidos os seus dereitos nacionais, que aspiran a que Galiza poda gobernarse de forma plena, ter soberanía para decidir sobre as cuestións que afectan á vida da xente deste país". "Manter o status de Galiza como nación en pé de igualdade co resto das nacións do mundo, respecto e normalización plena da lingua e cultura propias, dotarnos das ferramentas que permitan darnos un futuro esperanzador" son, segundo dixo Vence, "desexos compartidos" por moitos galegos e galegas e organizacións políticas. "Con todos, o BNG quere compartir ese día singular para reivindicar os nosos dereitos nacionais", engadiu. Bascuas chama á militancia de CxG e á cidadanía a acudir a unha marcha na que a súa formación non levará distintivo ningún Pola súa banda, o líder de CxG, Xoán Bascuas, fixo un chamamento á "afiliación, simpatizantes e cidadanía" a participar nesta mobilización cidadá e unitaria e avanzou que a súa formación "renunciará a levar ningún tipo de distintivo". "A nosa achega será a título individual, como galegos e como galegas", insistiu o secretario xeral da formación galeguista, que tamén acudirá á marcha e que lembrou que posteriormente a esta mobilización desenvolveranse os actos partidarios de Compromiso no parque de Belvís, cun xantar con intervencións políticas. Tamén, o BNG realizará o seu tradicional xantar na contorna da carballeira de San Lourenzo, nas inmediacións do recinto do Festigal. Xavier Vence asegurou en rolda de prensa que a formación continúa coa súa campaña de actos de celebración do Día da Patria por todo o país co obxectivo de "quentar motores" e conseguir "encher as rúas de Santiago nun día de festa reivindicativa dos nosos dereitos como nación". Así, o Bloque participará na habitual ofrenda floral de Galiza Nova no panteón de galegos ilustres a Castelao e Rosalía, e en todos aqueles actos de "sensibilización" para conseguir que o 25 de Xullo "sexa unha festa reivindicativa de todos e todas e unha mobilización masiva que encha as rúas de Santiago". Anova, pola súa banda, organiza un xantar no parque de Bonaval que incluirá intervencións políticas de seu e, se ben non apoiará como organización esta marcha, si prevé adaptar o seu horario ao da mobilización para permitir que os membros que queiran acudir poidan facelo, segundo confirman fontes consultadas. Cerna, grupo escindido de Anova, apoia a marcha para lograr "un auténtico Día da Patria non patrimonializado por ninguén" e convida a súa militancia e a cidadanía a participar na manifestación. Os impulsores da marcha procura na rede cidadáns para levar a pancarta principal da marcha do vindeiro sábado Por outra banda, o grupo promotor da manifestación unitaria promove, a través da súa web, unha convocatoria aberta para que se anoten as persoas que queiran portar a faixa da cabeceira ou ir inmediatamente detrás. A única condición que sinalan para ocupar eses lugares é que non se poderán levar simboloxías partidarias ou que non responda "ao espírito inclusivo da convocatoria". Na faixa inicial poderase ler o lema A nación galega, sen logotipo nin marca ningunha. Os impulsores da iniciativa animan a organizacións, entidades, asociacións e a toda a cidadanía a participar nunha convocatoria "de unidade e multitudinaria". Ademais, desde a páxina web tamén se poden descargar cartaces e logotipos. |
NOS_39688 | A Plataforma Nunca Máis anuncia a presentación dun contencioso polo Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galiza (CAMGAL) despois de valorar que o seu contido responde a "criterios de carácter propagandístico e electoral" e non aos "necesarios criterios técnicos que deben rexer a redacción de plans de tanta transcendencia para o noso país como un Plan de Continxencias". | O Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galiza (CAMGAL) aprobado o pasado 27 de setembro polo Consello da Xunta esta a resultar polémico. A Plataforma Nunca Máis vén de denunciar que é un "burdo alarde electoralista e propagandístico, ao servizo do Partido Popular" realizado pola propia Consellaría de Medio Rural e do Mar e que "resulta ambiguo na definición de funcións e na estrutura organizativa, burocratizado, enganoso e afastado da realidade galega". A valoración pública do CAMGAL deixa en evidencia un Plan que tenta dar resposta ás demandas de protección das nosas costas e que, segundo Nunca Máis, "non contempla ningunha previsión de incremento de recursos, medios técnicos e persoal ademais de desprezar as recomendacións europeas de que unha "autoridade independente" de profesionalidade contrastada estea a fronte do operativo". Outro erro segundo Nunca Máis é que a Autoridade competente para tomar decisións no caso dunha emerxencia será a Consellaría e non persoal cualificado. Riscos de sinistro marítimo Segundo denuncia Nunca Máis, o gran tráfico marítimo que soportan as nosas costas reúne cada ano a uns 40.000 buques, deles uns 14.000 transportan mercadorías perigosas. A estas cifras habería que sumar os 6.000 buques mercantes que visitan anualmente os portos galegos. Se sumamos este tráfico mercantil ao da frota pesqueira e de recreo temos que unhas 25.000 embarcacións circulan polo litoral costeiro. Para a Plataforma estes datos din moito "dos riscos de sinistro marítimo pola interacción entre estas embarcacións e os mercantes que visitan os portos que se atopan no interior das nosas rías". Eivas do CAMGAL O Plan CAMGAL, estudado pola Plataforma estes días, non especifica como se van coordinar as distintas administracións nin dá a coñecer un tempo de resposta disnte dunha catástrofe. Outro erro segundo Nunca Máis é que a Autoridade competente para tomar decisións no caso dunha emerxencia será a Consellaría e non persoal cualificado. En caso de accidente o CAMGAL conta con ter bases nas Rías Baixas e non na zona marítima de máis accidentes: Fisterra e a Coruña. Tampouco teñen en conta estudos oceanográficos como recomenda a Axencia Europea de Seguridade Marítima nin a identificación de posíbeis verquidos procedentes de terra. O CAMGAL non atende, segundo a Plataforma, "ás recomendacións da Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA), que entende que os coñecidos popularmente como sentinazos deben ser investigados" "Os medios de protección para a loita contra a contaminación mariña son escasos no CAMGAL", aseguran desde Nunca Máis despois de analizar o Plan, "só permiten a intervención limitada en augas recollidas ou semi-protexidas: 4 unidades de barreiras para instalacións portuarias e 2 unidades de arrastre; e 2 unidades de skimmers (succionadores) para portos, 1 unidade para mar aberto e augas protexidas e 4 unidades a utilizar con pluma en mar aberto". Neste apartado consideran grave que tampouco haxa unha previsión de revisión periódica deste material para repoñer as unidades que sufrisen deterioro co tempo.Nunca Máis valora de xeito negativo que no CAMGAL non se explique canto persoal vai ser necesario nin como vai a estar formado así como a ausencia de listas de refuxio públicas en caso de accidente marítimo. "O único que existe ao respecto é unha ferramenta informática do Ministerio de Fomento que serve para identificar 1.100 lugares de refuxio en todo o Estado, do cales 70 estarían en Galiza, mais nin existe coñecemento de cales son eses lugares nin estes contarían cos medios operativos necesarios". Por último o CAMGAL non atende, segundo a Plataforma, "ás recomendacións da Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA), que entende que os coñecidos popularmente como sentinazos deben ser investigados" e considera lamentábel que "o único que existe ao respecto desta cuestión é o contido no Plan Nacional de Salvamento marítimo, no que se consignan protocolos de actuación aéreos, mais o certo é que non existen datos públicos da súa eficiencia". Contencioso A Plataforma Nunca Máis anunciou que presentará un contencioso polas "importantes carencias" na redacción deste Plan e insiste en reclamar a transferencia das competencias a Galiza do salvamento marítimo e a loita contra a contaminación mariña. "Non ten sentido que continúen centralizadas en Madrid pola perda de tempo de resposta en caso de emerxencia marítima". |
NOS_43521 | A Asociación de industrias Metalúrxicas da Galiza (Asime) mantivo a súa última reunión de xunta directiva no concello das Pontes. Na visita solidarizouse coa situación da central térmica. | A Asociación de industrias Metalúrxicas da Galiza (Asime) trasladou esta quinta feira 30 de xaneiro a súa última reunión da xunta directiva ás Pontes, para amosar o seu apoio diante a difícil situación que vive o municipio polo peche da central térmica. Na mesma xornada mantiveron unha xuntanza co concello das Pontes e a Asociación Empresarial SEARA, para tratar o momento que vive o sector industrial na localidade. Justo Sierra, presidente de Asime, salientou na visita a "necesidade de regular dunha maneira axeitada a transición enerxética da industria e evitar situacións dramáticas como as que se viven nas centrais das Pontes e San Cibrao". Denuncia que "para a industria electrointensiva o custo enerxético chega nalgúns casos até 50% dos seus custos produtivos". A xunta de Asime insistiu na necesidade de impulsar un estatuto electrointensivo. "Os pagos por interrompibilidade e outras medidas puxeron parches á situación agónica que vive a industria electrointensiva no Estado, mais xa non poden agardar máis". Desde Asime tamén lembraron a situación dos estaleiros de Barreras e Vulcano. A asociación ratifica "o compromiso da industria auxiliar coa viabilidade do estaleiro e agardan un maior entendemento a partir de agora para negociar o cobro da débeda total contraída polo estaleiro". |
PRAZA_18808 | Unicamente desenvolvendo –activando– o coñecemento da lingua galega como recurso de todos os galegos –e non apelando a unha identidade fantasmal– seguiremos unidos a unha cultura e a un idioma peculiares e despregaremos realmente o común cultural de Galiza. | Hai exemplos a esgalla. Campañas institucionais, como "Entre nós, en galego", que promoveu a Dirección Xeral de Política Lingüística a partir de 2001; campañas políticas, como a célebre "Galegos coma ti", lanzada por Alianza Popular en 1981, disque cunha idea de Xosé Luís Barreiro; ou campañas comerciais, como as feitas por Gadis desde 2007 convidándonos a que "Vivamos como galegos". A que aluden estes slogans? Un libriño de François Jullien pode darnos algunha pista. Il n'y a pas d'identité culturelle (2016) invítanos, en efecto, a formularmos unha pregunta básica. Os galegos –os demais integrantes da nación galega– realmente son e viven "coma nós"?Unha cultura que xa non evoluciona é unha cultura morta. Polo tanto, é imposíbel falarmos propiamente de identidade cultural.Certamente, unha cultura sempre é un fenómeno circunstancial, local, ligado a unha tradición, a unha lingua. Aínda así, puntualiza Jullien, non podemos atribuírlle características, porque a súa natureza é cambiante. A cultura é un fenómeno en transformación continua, marcado pola separación ou a distancia (écart), é dicir: pola tensión dinámica entre a cultura dominante unitaria, que tende á homoxeneización, á reidentificación, á conformación e ao dogmatismo, e a disidencia plural, que tende á heteroxeneización, á desidentificación, á resistencia e á aventura. De feito, unha cultura que xa non evoluciona é unha cultura morta. Polo tanto, é imposíbel falarmos propiamente de identidade cultural.A cultura galega, desde logo, non está morta. Pero como poderiamos caracterizala, fixar a súa esencia, se está a mudar permanentemente? Intentando atopar nela un núcleo que nos permita subsumila nunha tipoloxía que nos faga sentir cómodos? Apropiándonos dela para afirmarmos que nos pertence? Para Jullien, este exercicio narcisista e etnocéntrico acaba ignorando precisamente o que a cultura ten de interesante, e ademais logra construír un muro feito de especificidades e diferenzas que repregan a cultura sobre si mesma. As pretendidas singularidades producen illamento, asimilación, alienación. Acabamos presos dunha verdade particular. Caemos no comunitarismo banal, exclusivo, sectario e integrista, afastándonos do común diverso, inclusivo e activo. Por exemplo: debemos definir a identidade galega (e, por extensión, a europea) como cristiá ou como laica? Pois como cristiá e laica, precisamente porque se desenvolveu no medio da tensión entre a fe e a razón!Unicamente desenvolvendo –activando– o coñecemento da lingua galega como recurso de todos os galegos –e non apelando a unha identidade fantasmal– despregaremos realmente o común cultural de GalizaNon existen, daquela –conque non poden fixarse–, as identidades culturais galega ou europea. Hai, pola contra, recursos culturais galegos e europeos que se poden activar ou explotar (máis que defender ou protexer). Está nun erro o individuo que afirma posuír a súa cultura, unha cultura "súa" porque non é compartida. Podería soster, como moito, que a cultura é súa no sentido de que se apodera dela para aprehendela. En cambio, o individuo si é responsábel dos recursos culturais de que dispón, que, en consecuencia, tamén poden ser ignorados e perdidos, porque só existen se son activados. Unicamente desenvolvendo –activando– o coñecemento da lingua galega como recurso de todos os galegos –e non apelando a unha identidade fantasmal– seguiremos unidos a unha cultura e a un idioma peculiares e despregaremos realmente o común cultural de Galiza. Sería este –segundo a desconcertante, provocadora e estimulante tese de Jullien– o xeito de demostrarmos que queremos vivir coma galegos? |
NOS_29472 | Javed, un mozo británico de ascendencia paquistaní, aspira ser escritor. Non remata de atopar a súa propia voz pero un día descobre Bruce Springsteen. As letras e a música do "Xefe" provocarán en Javed un profundo cambio na súa forma de afrontar a vida. | Bruce Springsteen, e a súa lexión de fans, están de parabéns. "O Xefe" acaba de facer 70 anos; vén de debutar como director en Western Stars (codirixido xunto Thom Zimmy), un documental arredor do concerto presentación do seu último disco estreado no pasado Festival Internacional de Toronto onde recibiu unha sonora ovación; prepara a pertinente xira para o 2020; e, como para poñer a guinda, Gurinder Chadha (Quero ser como Beckham) dirixe un musical que leva o título da primeira canción do seu primeiro álbum de estudo Greetings from Asbury Park, N.J., publicado en 1973. Os musicais están de moda, pero non se trata de ningún biopic musical ao estilo Bohemian Rhapsody ou Rocketman, máis ben estamos ante unha mestura de Amence en Edimburgo (musical con cancións de The Proclaimers) e da recente Yesterday (cos Beatles como epicentro da acción). En Cegado pola luz todo xira arredor do furacán Springsteen. A historia segue os pasos de Javed, un mozo inglés con ínfulas de escritor. A súa orixe paquistaní, unida ao férreo tradicionalismo da familia e, sobre todo, do seu autoritario pai, supoñen un verdadeiro hándicap para sequera achegarse ao seu soño. Xusto cando está a piques de tirar a toalla chega as súas mans un casete de Bruce Springsteen. As letras das cancións conectan inmediatamente co seu estado de ánimo. Da noite á mañá toda a súa existencia queda envorcada no "Xefe", un novo guía espiritual e inesgotábel fonte de inspiración para atopar a súa propia voz literaria. Mais na familia de Javed só hai sitio para un "xefe"... e ese é seu pai. A historia está baseada na novela autobiográfica de Sarfraz Mazoor titulada Greetings From Bury Park: Race. Religion. Rock'n'Roll, que tamén colabora no guión xunto coa propia Gurinder Chadha e o seu marido, e habitual colaborador, Paul Mayeda Berges. Como reza o título, a historia trata das orixes, da relixión e, claro, do rock and roll. O conflito familiar (nesta caso paterno-filial) e a integración dos inmigrantes da Asia Meridional son dúas das especialidades, e temas recorrentes, da directora británica de orixe indio. Ademais, a súa particular visión consegue dar o filme un punto de orixinalidade ao, ultimamente manido, xénero musical transmitindo, con bastante credibilidade, esa obsesión adolescente de cando se atopa un novo ídolo que dea sentido á fútil existencia. Un musical atípico no que tamén se pode escoitar música de Pet Shop Boys ou A-ha, porén é algo meramente anecdótico e, probablemente, con sentido burlón. A oda é a Springsteen e iso é o que importa. Soan as súas cancións máis coñecidas (ata 1987, que é cando se desenrola a acción): Born to Run, Badlands, Hungry Heart, The River e, claro, Blinded by the Light, que dá título ao filme malia que, curiosamente, foi popularizada por Manfred Mann cunha versión que número un das listas de éxitos en 1977. Véndese como a "feel good movie" do ano, pero nada máis lonxe de ser unha peli que dea bo rollo. Trátase máis ben dun drama social inspirador, de superación, afouteza e con emotiva mensaxe final. De feito, se quitamos as cancións de Springsteen teríamos perfectamente un filme de Ken Loach; o cal, por suposto, para nada vai con sentido pexorativo. |
NOS_987 | A presentación da Revista Ligeia decorría na terraza dun local da zona vella. A persoa abandonou o acto após ameazar con paralizalo. | "En España se habla castellano" ou "Non se pode falar de política na rúa". Estas foron as frases esgrimidas pola persoa que esta fin de semana interrompeu en Compostela a presentación pública da Revista Ligeia, segundo informan responsábeis da publicación. A revista presentábase na terraza da Casa das Crechas, en plena zona vella da capital de Galiza, cando unha persoa interrompeu o coloquio, proferindo insultos e ameazando con paralizar o acto, todo iso cunha actitude agresiva. Foi conminado polo público presente a abandonar o lugar, o que acabou facendo. No acto de presentación participaron Tamara Andrés, Marcus Daniel Cabada e o colaborador da sección de Opinión de Sermos Lois Alcayde Dans. Isto foi o que pasou hoxe. Un exaltado, cecais cunha copa de máis, fixo gala dun fascismo de libro ao tentar impedir e interromper a presentación da @revistaligeia xunto con @chandapolvora na @CasadasCrechas de Compostela. A súa xustificación? Defendimos a palabra 'urna'. pic.twitter.com/poaNVQbEAP— Lois Alcayde Dans (@LoisAlcaydeDans) August 18, 2018 Nun comunicado, a Revista Ligeia "condena esta agresión", así coma "calquera acto de carácter intolerante e fascista" e considera a literatura e o xornalismo coma "elementos enriquecedores e fomentadores do entendemento entre culturas e pobos ademais de vías cimentadoras da convivencia e o espírito democrático". |
NOS_46691 | Recúa da intención de que permanecesen fechados até setembro e anuncia que autoriza a súa apertura a partir do 15 deste mes. | O Goberno galego anunciou esta quinta feira que vai autorizar que os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os centros ocupacionais reabran a partir do 15 de xullo. Unha decisión que contradí o posicionamento mantido ao longo de todas estas semanas polo Executivo de Feixoo e que, contrariamente ao resto de territorios do Estado, teimaba en que esa apertura non acontecese até setembro, pasado o verán. Mais o malestar xerado por esa decisión preocupaba en Monte Pío e en san Caetano, tendo en conta a proximidade das eleccións do 12 de xullo. Co feche dos centros de día 14.400 usuarios e usuarias ficaron sen o seu espazo de coidados e socialización até o mes de setembro. A paralización deste servizo derivou no deterioramento de moitas das persoas que acoden aos centros e que se viron privadas da atención especializada que recibían. Familiares, esgotadas e abafadas polo esforzo, e entidades que atenden as usuarias demandaron con insistencia o seu regreso aos centros. Colectivos como a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), os Colexios de Traballo Social e Educación Social ou a Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Aspace) reclamaronn á Xunta que rectificase. "O feche está afectando moi negativamente as persoas usuarias, as secuelas agrávanse cada vez máis, con importantes retrocesos a nivel cognitivo, físico e emocional no caso das persoas con dano cerebral", expresaba a principios de xuño a directaa de Fegadace, Begoña Hermida, en conversa con Nós Diario. |
NOS_32532 | Declarará como testemuño no caso do asasinato machista de Becerreá. | A xuíza que está a instruír o proceso xudicial polo asasinato de Ana Gómez Nieto, o primeiro crime machista na Galiza en 2016, chamou declarar a traballadora social da Casa da Muller de Lugo. Farao en calidade de testemuño como tamén fixo a asistente social do Concello de Becerreá. A traballadora social foi chamada como testemuña Ana Gómez acudiu á Casa da Muller o día no que foi asasinada polo que era o seu compañeiro para solicitar información sobre as axudas das que disporía para se emancipar de José Manuel Carballo Neira, segundo recolle a imprensa local. Aliás, tería acudido aos servizos sociais municipais, semella quen en varias ocasións, para recoller igualmente información. Neste senso, quer o Concello de Becerreá, quer a Casa da Muller poderían ter constancia da situación de violencia machista que atinxía Ana Gómez antes de que fora asasinada. Sí hai saída pide que a Fiscalía investigue se houbo "neglixencia" por parte da Casa da Muller Como avanzou Sermos Galiza, a asociación de axuda a mulleres en situación de violencia machista, Sí hai saída, reclamará que a Fiscalía investigue se se cometeu algunha "neglixencia" por parte da Casa da Muller na súa actuación. A súa voceira, Marta Rodríguez Engroba, asegura que é preciso coñecer se as traballadoras sociais lle mandaron a Ana Gómez volver a solcitar as axudas no concello cando acudiu á entidade. "Non imos contra ninguén", subliña Rodríguez Engroba, "só queremos que se investigue para que isto non volva acontecer porque falamos de vidas humanas" e "quizais podería terse evitado" o asasinato. |
PRAZA_8150 | O conselleiro de Educación insta a oposición a asumir a política lingüística do PP e advirte de que "ás 15 horas do día 15" remata o prazo para recorrer as sentenzas do TSXG. A Plataforma das Artes Escénicas protesta durante a comparecencia, volve ser expulsada do Parlamento e dedícalle unha carta ao presidente da Xunta [documento no interior] | "Abandonar a confrontación" asumindo a política lingüística da Xunta. A proposta que xa lle lanzara o presidente da Xunta ao BNG esténdea agora o conselleiro de Educación ao conxunto da oposición parlamentaria. Jesús Vázquez acudiu este martes ao Parlamento para explicar as liñas de actuación da súa consellería nesta lexislatura e, de paso, proclamar a recuperación do "clima de normalidade lingüística" sobre o piar do denominado decreto do plurilingüismo, ilegalizado parcialmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en oito sentenzas que, segundo o conselleiro, "reforzan" o seu texto. Por ese motivo, insiste, PSdeG, AGE e Bloque débense sumar á normativa do Goberno, argumenta. Nunha comparencia na que, como en intervencións anteriores, non figurou a verba "normalización" -xa desbotada polo anterior secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo-, Vázquez "reitera a defensa" do decreto porque "lle devolveu á sociedade a cordialidade e o consenso" a respecto do idioma. "Non o dicimos nós, dixérono a maioría dos galegos cando nas eleccións escolleron ao PP", sentenza. Ademais, abonda, as sentenzas do TSXG "ratifican o 95%" do texto. Polo tanto, nada que mudar, vén dicir. "É a RAG a que recorre a un tribunal que vostedes tildan de españolista", replicoulle o conselleiro ao BNG Non obstante, e malia dar por avalado o decreto, Vázquez advirte de que "o prazo" para presentar un recurso de casación no Tribunal Supremo contra as sentenzas do TSXG "remata ás 15 horas do día 15". "Non foi a Xunta a que levou o decreto aos tribunais" e "foron vostedes os que rexeitaron os intentos de chegar a acordos", reprochoulle ao conxunto da oposición. Neste contexto, o conselleiro deixa caer a proposta que xa explicitara o presidente; non haberá recurso se PSdeG, AGE e BNG asumen os plans lingüísticos do PP. "Son o primeiro goberno que recorre aos tribunais en contra da súa propia lingua", reprochoulle dende o BNG Cosme Pombo, quen lembra ademais o recorte orzamentario reiterado que veñen sufrindo os programas de fomento do galego. O Goberno de Fraga, lembra, "dedicáballes o triplo do que se lles dedica hoxe en día". "Nós non impugnamos o decreto, é a Real Academia Galega a que recorre a un tribunal que vostedes tildan de españolista", retrucoulle Vázquez, quen insiste en que "a maioría dos galegos" está a prol do decreto. Sobre esta base, di, a Xunta realizará unha "política lingüística sobre a lingua como elemento identitario", cunha "dinamización" no "marco do máis absoluto respecto á convivencia" e mesmo, afirma, seguindo o Plan Xeral de Normalización. Pero, haberá recurso? A resposta, semella, ás 15 horas do día 15. |
NOS_35913 | Gobernos como o do Canadá poderían vacinar cinco veces a súa cidadanía, mais non pretende renunciar á súa porcentaxe da iniciativa Covax. | "O Canadá encargou doses suficientes para subministrar a súa poboación [37,5 millóns] até cinco veces e agora pretende aceptar a súa parte de doses de Covax, que de non ser así serían entregadas ás nacións pobres", denuncia Anna Marriott, responsábel de políticas sanitarias de Oxfam. Nova Celandia ou Corea do Sur son outros dos países que se aproveitarán das regras de Covax, podendo adquirir vacinas deste programa ao tempo que asinan acordos coas farmacéuticas. Covax (acrónimo en inglés de Sistema de Acceso Global ás Vacinas da Covid-19) é unha iniciativa da OMS para asegurar o acceso universal. Foi lanzada en abril do ano pasado pola Alianza para a Vacinación (GAVI), asociación mundial integrada por organismos públicos e privados como Unicef, o Banco Mundial ou a Fundación Bill e Melinda Gates, alén de Gobernos ou farmacéuticas. Segundo os últimos datos do Instituto de Saúde Global da Universidade de Duke (EUA), os países con maiores ingresos do mundo acumulaban máis de 4.600 millóns de doses, por 670 millóns dos países con menos recursos. Este centro, que leva meses advertindo das desigualdades no reparto, recolle tamén a capacidade de inoculación de cada Estado con base na súa poboación. O Canadá está no máis alto (500%). Ségueno o Reino Unido (364%), Australia (246%), Nova Celandia (242%), Chile (244%), a UE (233%) e os EUA (200%). Se ben os países menos desenvolvidos serán os que reciban a maior porcentaxe das vacinas, algúns países doadores non queren renunciar á súa porcentaxe. O obxectivo de Covax é a distribución de 2.000 millóns de vacinas en 2021 (330 millóns no primeiro semestre), das que 1.800 millóns serán para os 92 países máis necesitados. Isto permitiralles cubrir apenas 20% da súa poboación. A OMS estima que para frear a Covid cómpre inmunizar 70% dos habitantes do Planeta. A directora científica da OMS, Soumya Swaminathan, afirmou a comezos de febreiro que as peticións dos países ricos de acceder á súa parte das vacinas de Covax non poden ser rexeitadas. Unha circunstancia que, tendo en conta o compromiso manifestado inicialmente por estes países en contra da desigualdade, desde Oxfam cualifican de "hipócrita". AstraZeneca recupera a confianza Moitas esperanzas foron postas na vacina de AstraZeneca e Oxford, especialmente nos países menos desenvolvidos. Máis barata e máis fácil de transportar e conservar que a de Pfizer/BioNTech, que necesita equipos de refrixeración non habituais nestes territorios, estivo porén rodeada de dúbidas. Na UE, por exemplo, a maioría dos Estados non a recomendan en maiores de 65 anos pola suposta perda de eficacia. Tamén o Centro para o Control de Enfermidades de África pediu priorizar o uso doutras vacinas nos países onde se detectou a chamada cepa surafricana. O propio Goberno de Suráfrica deu marcha atrás no plan inicial e está a optar pola de Johnson&Johnson para os seus profesionais sanitarios. Con todo, a semana pasada os expertos da OMS déronlle o visto bo para todas as idades e para todas as variantes, e cada vez máis países ─onte, Australia─ danlle a súa aprobación. Neste sentido, a vacina de AstraZeneca é só a segunda tras a de Pfizer que recibe aprobación da OMS ─na segunda feira─ e pasará a integrar desde xa o groso de doses de Covax para os países con menos recursos. |
NOS_12028 | Levarán ao Parlamento da Galiza unha batería de iniciativas para que se cumpra coa lei de Benestar animal aprobada no país | O Grupo Común da Esquerda anunciou esta segunda feira que levará ao Parlamento da Galiza unha batería de iniciativas para que a lei de Benestar Animal non fique "noutro exercicio de publicidade e propaganda do Partido Popular". Así o trasladaron a súa portavoz Luca Chao e o deputado Marcos Cal nunha comparecencia conxunta co presidente da asociación animalista Libera, Rubén Pérez Sueiras. Chao reclamou á Xunta un "compromiso claro" co benestar animal e lamentou que a lei galega para garantir estes dereitos animais "ten moitísimas carencias" e "colleitou no seu día a reprobación da totalidade dos colectivos animalistas". A portavoz do Grupo Común da Esquerda destacou que "garantir unha relación respectuosa e de coidado con todos os seres vivos" será unha das liñas de traballo tamén no Estado "coa estupenda oportunidade que supón ter a primeira dirección xeral de benestar animal da historia". Espectáculos sen animais As iniciativas parlamentarias consistirán en "garantir" os espectáculos sen animais silvestres, a "supresión dos mal chamados campionatos de caza" que desde Común da Esquerda consideran unhas verdadeiras "macrobatidas", a creación dun "rexistro galego de maltratadores de animais" e a elaboración dun "protocolo de actuación para a protección dos animais en caso de incendio". "Esta mesma fin de semana asistimos a un capítulo máis da barbarie do masacre de raposos. Un animal que desenvolve un papel crucial no medio natural e que os cazadores exterminan por pracer coa conivencia do Goberno galego, que ignora totalmente a realidade do ecosistema, nin sabe cantos raposos hai, nin lle interesa", criticou Luca Chao. |
NOS_57583 | Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres. | chispa.- (Ademais de significados obvios) Ao lado dalgúns verbos negados significa nada ou pouca cousa. Exemplo.- "Vamos de aquí, que esta música non che me gusta chispa." Lugar de escoita.- Burela. Fonte.- Mario Ferreira. comarea.- Moito/a. Exemplo.- "Había comarea de xente." / "Quéroche comarea." / "Matou peixe comarea." Lugar de escoita.- Muxía. Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía. espeso/a.- (Ademais de obvios significados) Moito/a. Exemplo.- "A min as sardiñas sábenme espeso" / "Na praia había xente espesa." Lugar de escoita.- A Mariña luguesa, especialmente a zona de Viveiro. Fonte.- Isidro Novo. ite.- Igual, idéntico, (cos seus diminutivos itiño e itiña /igualiño, igualiña). Lugar de escoita.- Aguiño. Fonte.- Andrés Torres Queiruga. Outros apuntamentos.- Apunta a fonte a clara derivación da palabra achegada do latín idem. regañado/a.- (Ademais doutros significados coñecidos) Moito, en abundancia. Exemplo.- "Vou comer algo, que teño fame regañada" / "Casou con esa vella, que ten cartos regañados." Lugar de escoita.- Burela. Fonte.- Mario Ferreira. sacramento.- (Ademais de significados obvios) A carón dalgúns verbos, pouco ou nada. Lugar de escoita.- Burela. Fonte.- Mario Ferreira. |
PRAZA_15435 | O estudo Repartindo a riqueza, que se presenta este venres en Compostela, aborda "con realismo" a viabilidade económica e política da implementación da Renda Básica das iguais (RBis) no país. | É viable a implantación dunha renda básica cidadá en Galicia? Esta é a pregunta que se fai, e que responde, o estudo que este venres se presenta en Compostela. Repartindo a nosa riqueza aborda a viabilidade económica e política da implementación da proposta da Renda Básica das iguais (RBis) no país. Froito de tres anos de traballo, análise, documentación e investigación, a obra analiza as posibilidades de implantación do "dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permitan cubrir as súas necesidades". Xa que logo, unha contía que ha de percibirse de xeito individual, universal e incondicional e cuxa cantidade equivale ao límite que marca o limiar de pobreza en cada territorio. O estudo detalla as posibilidades de facer viable a implantación do "dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permitan cubrir as súas necesidades" A Oficina de Dereitos Sociais de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social) son os promotores dun estudo que pretende "presentar de forma realista, con datos e detallada" as posibilidades reais de instaurar nun país esta renda básica, esta contía que sería distribuída polo poder público de forma igualitaria entre os cidadáns galegos. Así o explica Diego Lores, un dos autores do informe, que aclara que a iniciativa xurdiu logo de comprobar que esta proposta "nin estaba madura nin era moi coñecida no país". Logo de meses e meses de grupos de traballo, de coloquios e de información, ve a luz este traballo no que se defende a viabilidade da instauración dunha RBis que en Galicia suporía algo máis de 870 euros por habitante, segundo os datos de 2011, e que xorden de dividir a renda per cápita do país entre dous. A iniciativa, máis coñecida en territorios como Cataluña, Canarias ou Andalucía -e incluso con experiencias avanzadas nalgunha vila de Valencia- desfaise do seu disfrace de utopía cando se analizan os argumentos e os datos que non só a xustifican, senón que a fan viable. "A Renda Básica parte da idea de que a riqueza está mal repartida e que temos que repartila mellor; Galiza tamén ten riqueza, pero aquí tamén está moi mal repartida", insiste Lores, que cre que é hora de "afrontar o tema con realismo". Segundo o último informe da Rede Europea contra a Pobreza (EAPN), o 23,7% da poboación galega, un total de 662.515 persoas, atopábanse en situación de pobreza o exclusión social en 2011, 65.386 delas en condicións de "privación material severa". A gravidade da crise económica vén provocando nos últimos tempos "un cambio de mentalidade na xente", que ve como o que antes semellaba unha utopía convértese agora en necesario e posible. A renda básica ten dous obxectivos: redistribuír as rendas dos que máis teñen para os que máis as necesitan e converter o sistema en máis xusto e igualitario O estudo pretende fundamentar a proposta con datos e propostas viables. "A viabilidade económica da Renda Básica amósase con datos", repite Diego Lores, que lembra que este mecanismo "é un instrumento que ten dous obxectivos: a curto prazo, redistribuír as rendas dos que máis teñen nesta sociedade para aquelas persoas que máis as necesitan; e un segundo, de longo prazo, é o de transformar o sistema desde parámetros de equidade e xustiza social". As vías para acadar os ingresos son varias: reforma fiscal, eliminación de gastos superfluos ou unificación das axudas sociais Para conseguilo, as vías que se detallan no informe para acadar os ingresos necesarios son varias: "a reasignación do gasto público, unha reforma fiscal que aumente os impostos daquelas persoas e entidades que tributan moi pouco, a unificación de diversas axudas sociais nesta única renda ou a eliminación de gastos superfluos como o militar". "Amancio Ortega é un dos exemplos dunha persoa que tributa demasiado pouco en comparacióno co que gaña", di Lores. O proceso incluso ten uns prazos, que consistirían en quince anos divididos en varias etapas que culminarían coa implantación definitiva desta renda básica en 2028. "Comezaríase instaurando esta renda para os colectivos en risco de exclusión e os máis precarios ata implantala definitivamente nesa data", aclara. Para Diego Lores, "que poida existir ou non a renda básica depende moito da presión social que se faga desde a cidadanía" e está convencido de que é un instrumento que "pode funcionar se o pobo acredita que pode ser un instrumento útil para todos". Para iso, tampouco o dubidan, precisan do apoio político. No comezo do estudo, presentouse a iniciativa a varios sindicatos, aínda que "non houbo moita receptividade". No entanto, a crise e o traballo feito desde as entidades sociais fixo que o seu discurso "fose callando entre a xente". "Alternativa Galega de Esquerda, no programa das últimas eleccións autonómicas, fai unha proposta semellante á que chaman renda social básica e parece que a coalición está interesada en abrir o camiño", insiste Lores, que aclara que a publicación do estudo será o punto de partida para comezar xuntanzas con formacións políticas e diversas organizacións para "dara a coñecer a proposta e desenvolvela entre todos". Noutros lugares, a iniciativa da Renda Básica vai collendo forma e mesmo en Estremadura se vai debater unha ILP no Parlamento. "Se o pobo se anima e está convencido, todo se pode cambiar". Esa e a mensaxe. |
NOS_56440 | É unha clasificación de referencia, confeccionada por xornalistas especializados de toda Europa. Díaz leva vendidas xa máis de 3.000 copias de 'The Tambourine Man' en apenas 4 meses. | 'The Tambourine Man', o último disco de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, vén de entrar directo aos postos máis altos da 'World Music Charts Europe' (WMCE), a máis importante clasificación para as músicas do mundo en Europa.A WMCE publica cada mes unha actualización dos 'top ten' dos últimos discos de 'world music' producidos en Europa e o traballo do pandereteiro coruñés entrou directamente no posto número 4. O primeiro lugar ocúpao o finés Kimmo Pohjonen. Estamos a falar dunha listaxe producida por un xurado composto por 48 xornalistas especializados en 'world music' de 44 estados de Europa (un dos cales é galego). Foi creada en 1991 por 11 emisoras de radio de distintos países pertencentes á European Broadcasting Union (EBU), que organiza, por exemplo, o festival de Eurovisión. Máis de 3.000 copias vendidas Xabier Díaz ten xa na rúa a terceira edición do seu 'The Tambourine Man', que leva vendidos máis de 3.000 copias en menos de catro meses desde que saíu (autoeditado) en outubro de 2015. Mentres, o músico coruñés prosegue coa súa xira de presentación coas Adufeiras de Salitre, que xa o levou á Coruña, Vigo, Santiago, Madrid e Barcelona. |
NOS_26452 | O conxunto coruñés asinou de novo un mal partido ante o Xetafe (1-2) e regresan as críticas ante as evidentes limitacións dun equipo que se mergulla nos postos baixos da táboa. | Lafita, ex-xogador do Dépor, foi o pesadelo que devolveu ao equipo coruñés aos seus peores momentos da tempada e deixou a sensación de que o triunfo ante o Valencia foi un espellismo, que os branquiazuis están condenados a sufrir todo o curso a non ser que dean un cambio de rumbo moi radical, que pasa por non volver á mediocridade amosada ante o Xetafe, que gañou de xeito merecido (1-2) en Riazor. Primeiro Yoda, logo Lafita, foron os goleadores do conxunto madrileño, que se mostrou moi superior a un Dépor no que o experimento de Víctor Fernández de xogar sen un dianteiro puro non funcionou, o conxunto en ningún momento foi capaz de ser superior aos visitantes, nin se amosou fluído no seu xogo en ataque. Só un arrouto de orgullo nos minutos finais provocou que Postiga recortara distancias, pero xa era tarde. E, a espera de que se dispute o resto da xornada, semella claro que o Dépor segue no fondo da táboa, que non sae da crise, que ten mala pinta. |
NOS_18281 | O fiscal superior presentou no Parlamento a memoria de 2021. | Os delitos sexuais aumentaron na Galiza en 2021. Ese ano incoáronse 1.614 delitos sexuais, unha media de 4,4 cada día, o que significa 465 máis que no exercicio anterior, 2020, un ano marcado pola pandemia da Covid. Son datos da Memoria da Fiscalía Superior da Galiza correspondente a 2021 e que onte entregou o fiscal superior, Fernando Suanzes, no Parlamento galego. Un trámite que terá continuidade cunha futura comparecencia do fiscal en novembro na Cámara galega. A memoria recolle como o aumento máis importante en porcentaxe dentro da categoría de delitos sexuais corresponde aos delitos incoados por abusos sexuais a menores de 16 anos: 169, o que vén resultando nunha media de dous cada día. En 2020 foron 103, 66 menos que en 2021. O aumento entre ambos os dous exercicios foi de 64%. Este tipo de delitos sobre menores de 16 anos supón xa un de cada 10 delitos sexuais na Galiza. A Fiscalía constata unha repunta da criminalidade após o descenso durante a pandemia Houbo, tamén, un aumento nas agresións sexuais a menores desa idade, que pasaron de 38 (2020) a 40 (2021), unha suba de 5%. O que descendeu, segundo este informe da Fiscalía, son os acosos a menores a través de telecomunicacións (-28%) e o emprego de menores con fins pornográficos: incoados 58 delitos en 2020 fronte a 38 en 2021. Por abusos sexuais en 2021 iniciáronse 575 trámites de delito (30% máis que en 2020) e por agresións sexuais, 472 (o que supón 41% máis). Violencia sobre a muller A Fiscalía Superior debulla na súa memoria de 2o21 a situación xudicial e procesal da violencia de xénero na Galiza. Así, indica que as denuncias presentadas nese ano por esta cuestión foron 6.259, o que supón 162 máis que en 2020 (+2,66%). Porén, son 292 menos que en 2019, exercicio pre-pandemia. Segundo resulta da estatística xudicial, esas denuncias de 2021 concretáronse principalmente a través de atestados policiais, concretamente un total de 5.737 (91,66% dos casos), ben con denuncia da vítima (5.107), denuncia dun familiar (116) ou por intervención policial directa (514). Outras 280 denuncias (4,47% do total) foron partes médicos de lesións recibidos directamente no xulgado; 155 foron denuncias presentadas pola vítima no xulgado; e, finalmente, outras 86 denuncias procederon dos servizos de asistencia ou terceiros en xeral. Fiscalía investigará o Goberno galego pola xestión da vaga de incendios deste verán Diferentes tipoloxías Os delitos máis representativos cuantitativamente no que respecta á violencia de xénero son, segundo o documento da Fiscalía Superior, os de "maltrato ocasional": 3.055 dos casos incoados, 60% do total. A seguir figura o "quebrantamento das medidas cautelares/de condena", con 785 delitos incoados. O "maltrato habitual", con 773 casos, as "ameazas", 125 delitos incoados, ou os delitos de "acoso e intimidación", con 63; completan esta listaxe. Ciberdelincuencia Os delitos informáticos son outro dos apartados da memoria, que recolle que en 2021 aumentaron as Dilixencias de investigación penal (DIP) por estes ilícitos na Galiza en 200%, ao pasar de 10 en 2020 a 30 casos no ano seguinte. A Fiscalía aprecia unha "recuperación" da criminalidade A Fiscalía alerta unha recuperación do índice de criminalidade após a caída rexistrada como consecuencia da pandemia da Covid-19, especialmente nos delitos contra o patrimonio e de orde socioeconómica. Así o destacou o fiscal superior da Galiza, Fernando Suanzes na entrega da memoria de 2021 ao Parlamento, informe que reflicte un aumento da taxa de criminalidade. Isto, segundo Suanzes, débese á recuperación da normalidade após meses de medidas restritivas motivadas pola crise sanitaria. Con todo, o máximo responsábel da Fiscalía emprazou á súa comparecencia en novembro na Cámara para detallar polo miúdo o contido do informe e que servirá, ademais, para analizar as prioridades de actuación, centradas na loita contra os delitos contra a muller, a corrupción, menores e ciberdelincuencia. |
NOS_31196 | A crise do Goberno local de Ourense entra nunha nova fase. | Unhas horas despois de que o concelleiro de Cultura, Miguel González, anunciase a súa decisión de renunciar ao cargo e abandonar a vida política municipal, facíase pública a denuncia presentada na Fiscalía polos cinco concelleiros de Democracia Ourensá (DO) críticos coa xestión do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. Segundo sinalaba en declaracións aos medios de comunicación o concelleiro de Infraestruturas e portavoz de DO na corporación, Miguel Caride, o obxecto da mesma era investigar as presuntas irregularidades na xestión das finanzas da formación por parte de Jácome. "Demos traslado coas informacións publicadas por se houbese algunha irregularidade", afirmou onte Caride en relación coas novas publicadas sobre a contabilidade do partido. Afirmou ao respecto que non teñen coñecemento do "uso dos fondos" e precisou que para o sector crítico que impulsa a denuncia "o fondo da cuestión" está nas contratacións de asesores. A política de persoal, na diana Precisamente, a política de persoal do grupo de goberno mereceu duras críticas desde o comezo da lexislatura polas organizacións sindicais do Concello e polas forzas da oposición, quen apuntaron ao Partido Popular como responsábel da situación. O portavoz municipal dos socialistas, Rafael Villarino, puxo o foco nun PP "causante desta situación que se sitúa á marxe e DO coa práctica totalidade dos concelleiros amotinados contra o seu alcalde" e cualificou José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e presidente do PP ourensán, como "máximo responsábel" do conflito no interior do Goberno. Pola súa banda, o concelleiro de Ciudadanos José Araúxo acusou os populares de colocar "este personaxe" [en alusión a Jácome] como alcalde e, por este motivo, instou o PP a "pór fin a este despropósito", "e se non son capaces teñen que apartarse e permitir que outras alternativas poidan tomar as rendas para devolver a dignidade que Ourense merece". O portavoz dos nacionalistas, Luís Seara, situou a causa do conflito nos "intereses urbanísticos". "Son os distintos intereses dos socios do Goberno e as dificultades para concilialos o elemento que fixo que se precipitasen os acontecementos", recalcou Seara, quen afirmou que "detrás destes acontecementos está Baltar e o PP, que o único que fixo foi traer ao presente unha situación que xa tiñan previsto para máis adiante". |
NOS_45602 | Falamos con persoas que fixeron publicos a súa discriminación lingüística, debullamos os orzamentos da Xunta para 2016, falamos de diversidade funcional e dereito a pracer, entrevistamos Francisco Jorquera e Diego Ameixeiras, de quen publicamos un avanzo da súa nova obra... Xa á venda na loxa. | O semanario Sermos Galiza chega ao seu número 168. Como Tema da Semana, os galego-falantes en defensa dos seus dereitos, unha dupla páxina na que co título 'Dar a cara polo galego' falamos con persoas que, conscientes da exclusión do idioma, tiran de valentía e fan públicos casos de discriminación lingüísticas. Un manifesto de persoas da cultura piden un "esforzo urxente" ás plataformas e aos partidos, mais Marea Galega non se move do marco estabelecido no acordo de Anova coa esquerda estatal. Unha cuestión que tratamos en 'Últimos (e falidos?) intentos de lograr a unidade?'. "O que ameaza o 'statu quo' no Estado español é o nacionalismo" Entrevistamos Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Parlamento galego e membro da Executiva da fronte nacionalista. Proceso de confluencia para as xerais, retos do nacionalismo, debate do estado da nación... son algunhas das cuestións polas que lle preguntamos. "O que ameaza o 'statu quo' no Estado español é o nacionalismo", afirma na entrevista. En 'Contas para facer esquecer recortes por dez mil millóns de euros' debullamos os orzamentos da Xunta para 2016, que inclúen un aumento no gasto de 365 millóns, cifra miúda en comparanza co volume dos recortes en 7 anos de 'Gobernos Feijóo'. A poucos meses de rematar o seu segundo mandato, Alberto Núñez Feijóo vén de anunciar un xiro no seu goberno. O presidente da Xunta aproveitou o último debate sobre o estado da nación para proclamar o fin das políticas de austeridade que, durante seis anos, se traduciron nos maiores recortes orzamentarios da historia galega. Coñecemos que hai detrás diso na reportaxe 'A realidade tras das cifras da Xunta en materia social'. 'Yes we fuck' Deconstruír a sexualidade para a arredar desa "visión parcial" que a reduce á "xenitalidade" mais tamén garantir o dereito de todas as persoas a gozar dela. Eis a loita das persoas con diversidade funcional. Non son "anxos", defenden. Un tema que tratamos a dupla páxina en 'Diversidade funcional e dereito ao pracer'. "A sexualidade non é única, hai moitas formas de expresala", confésanos Anxela López, protagonista do documentario 'Yes, we fuck'. A Conferencia Episcopal recibirá 13,3 millóns de euros mensuais en 2016 só como anticipo polo IRPF. 'A igrexa católica, cada día mellor' é o título da nova na que falamos da da institución que é, a día de hoxe, o primeiro propietario de bens terrenais (inmóbeis e fincas) do Estado. Na sección 'Lugo é letras', de Cultura, redescubrimos Lois Diéguez, un dos máis destacados novelistas da literatura galega actual, un escritor constantemente preocupado por explorar a sociedade no seu conxunto e na súa complexidade, mais tamén todo o que ten a ver coa problemática do ser humano nos seus aspectos máis íntimos En Viaxes na Miña Terra imos máis unha vez da man do colectivo Xea. Desta volta, unha ruta de interese paisaxístico, natural, histórico e etnográfico. 15 km, e algunhas voltas, para percorrer, por onde é posible e preto da costa, a distancia que separa a praia das Furnas, en Xuño, do Porto do Son. Ameixeiras Publicamos un avanzo da nova obra de Diego Ameixeiras, 'A noite enriba', que se publicará en novembro, unha novela que homenaxea o escritor americano David Goodis e a novela negra popular que se publicaba nos anos 40 e 50 nos Estados Unidos. Entrevistamos o escritor nado en Laussanne. "Eu non vivo da literatura, senón que entre as moitas cousas das que vivo unha pequena parte é a literatura. Directamente dos dereitos de autor eu non vivo, como non vive a gran maioría dos escritores deste país". En 'Literatura, a chave de Hirondina Joshua para abrir horizontes' achegámonos a esta escritora (Maputo, 1987). Falamos con ela. E na contra-capa, 'Memoria pétrea do Courel', un percorrido ao que nos convida Adega polos castros nunha das máis fermosas zonas do país. As eivas no transporte de viaxeiros e a pasividade da Xunta é outro dos temas que tratamos neste número 168. Un semanario no que non falta a crítica de cinema ('Que horas ela volta?) e de literatura (Alegría!). |
NOS_408 | O goberno local do PP que encabeza Carlos Negreira insiste nos desmedidos gastos en festas, segundo denuncia o Bloque, que apunta a case 900.000 euros públicos no próximo nadal. | Após un gasto moi criticado nas festas de María Pita, que nas estimacións máis conservadoras supuxeron un investimento de 3,5 millóns de euros, a aposta do goberno municipal do PP da Coruña por un determinado modelo de celebracións que supoñen un enorme gasto ás arcas públicas en detrimento doutras partidas -como as sociais- volve acaparar espazo despois da denuncia do BNG arredor de que andarán polos 850.000 euros os gastos que o alcalde Carlos Negreira manexa para este nadal nunhas actividades que poderían ser máis económicas ou que resultan directamente innecesarias. "Negreira insiste na inhumanidade de pouco pan e moito circo" denuncian @s nacionalistas Nunha nota de prensa, o Bloque asegura que "á vista do prezo de licitación do alugueiro de carrozas para a cabalgata deste nadal, 91.960 euros, o Goberno Local gastará máis de 300.000 mil euros só na cabalgata. Un gasto que se suma a outros que se fan na época do Nadal, como os máis de 135.000 que se gastarán no poboado lapón de María Pita e os 422.441,25 euros que custa só a montaxe de iluminación ornamental do Nadal, e que mostran, máis unha vez, que o Goberno do señor Negreira vive de costas á realidade da maioría do pobo coruñés e das súas necesidades sociais e económicas". Nesta liña, a formación nacionalista asegura que "o prezo de licitación do alugueiro de carrozas, ao igual que o ano pasado, é un 40% máis que hai dous anos e un 160% máis que o anterior mandato". "Estes dispendios mostran o lonxe que o Goberno de Negreira está da realidade da maioría da poboación coa súa insistente e inhumana política de pouco pan e moito circo" |
PRAZA_4070 | O sistema sanitario galego conta con 8.975 camas activas, 130 menos que no ano anterior e case un milleiro menos que hai unha década. | O sistema sanitario galego baixou por primeira vez no que vai de século das 9.000 camas hospitalarias en funcionamento. Segundo os datos feitos públicos este xoves polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o país contaba a finais de 2018 --último dato rexistrado-- cun total de 8.975, 130 menos que no exercicio anterior e case un milleiro menos que unha década antes. Galicia conta con 8.975 camas en funcionamento no seu sistema sanitario, 130 menos que no ano anterior e case un milleiro menos que hai unha décadaEsta último dato é o mínimo na serie histórica, que comeza no ano 1999, hai case vinte anos. O recorte máis importante produciuse nos primeiros anos de Goberno de Alberto Núñez Feijoo, entre 2010 e 2014, cun descenso de máis de 800 camas, case un 10%. Dende aquela a cifra está máis estabilizada, pero mantén unha tendencia á baixa. Dende o 2006 vén reducíndose tamén o número de camas totais (en funcionamento ou pechadas), que tamén experimentou entre 2010 e 2013 o seu recorte máis importante.As novas cifras chegan agora, en plena pandemia de coronavirus e coa recorrente polémica activa sobre a escaseza de camas e a necesidade de máis recursos no caso de emerxencias como a actual ou futuras. O Sergas conta con 6.200 camas, segundo asegura a XuntaPoucos días despois da instauración do estado de alarma, a Consellería de Sanidade calculaba que para o momento de maior carga asistencial, e só para atender persoas que contraian a covid-19, precisaríanse "4.000 camas durante varios días, posiblemente durante máis dunha semana"."O aforamento total do Sergas son 6.200 camas", advertía Feijóo na propia comparecencia. Os datos máis recentes do catálogo hospitalario do Ministerio de Sanidade especifican que a sanidade pública dispón en Galicia, concretamente, dunhas 6.400 camas dependentes do Servizo Galego de Saúde. O total de camas públicas "instaladas", segundo estes datos, son algo máis de 7.000. En 2011, a cifra achegábase máis ás 8.000, con 7.810 segundo o propio Ministerio. Nesta ocasión, os datos que acaba de facilitar o IGE inclúen o total de camas en 2018, 8.975, tamén as da sanidade privada. Son 284 menos que cinco anos antes (en 2013), 944 menos que dez anos atrás e 871 menos que no comezo da serie histórica, en 1999. O número de camas en funcionamento segue a descender malia que as persoas enfermas dadas de alta soben: 22.000 máis en 2018O número de camas en funcionamento segue a descender malia que as persoas enfermas dadas de alta en Galicia non deixan de aumentar nos últimos anos. Nese 2018 foron un total de 334.953, máis de 22.000 por riba que un ano antes, unhas 20.000 máis que cinco anos atrás e sobre 26.000 máis que hai unha década. En canto ao total de establecementos sanitarios, o IGE indica que en 2018 eran un total de 36 en Galicia, un menos que nos nove anos anteriores e tres menos que hai unha década. |
NOS_21661 | A Galiza rexistrou un total de 377 delitos contra a liberdade e indemnidade sexual no primeiro semestre deste ano, o que supón unha repunta do 16,4% en comparación co mesmo período de 2021. | Así se recolle no balance de criminalidade que acaba de publicar o Ministerio do Interior. Do total de delitos sexuais, 44 son agresións con penetración (+2,3%) e o resto son doutro tipo. Pola súa parte, os furtos e estafas xa supoñen máis da metade dos delitos que se cometen na Galiza, que se incrementan entre ambas un 38% en taxa interanual. 2020 deixou na Galiza 554 delitos de agresións sexuais En detalle, entre xaneiro e xuño deste ano cometéronse 9.150 furtos e 16.011 estafas, das que 11.788 foron a través de medios telemáticos. De tal forma, as estafas informáticas supoñen un de cada catro delitos na Galiza. Paralelamente, increméntanse un 30,6% os delitos de seguridade viaria, cun total de 2.306. Gran parte deles tiveron que ver con alcol e drogas, tal e como advertiu a Comisión Autonómica de Seguridade Viaria na súa última reunión decorrida na Delegación do Goberno español. Menor taxa de criminalidade que a media estatal Respecto da totalidade de infraccións penais rexistradas, a estatística do Ministerio do Interior contabiliza entre xaneiro e xuño na Galiza 49.910 delitos, 10.711 máis que o mesmo semestre do ano anterior (cabe destacar que o primeiro semestre de 2021 aínda estivo marcado por diferentes restricións pola pandemia). A Xunta vincula o aumento das denuncias de agresión sexual ao menor medo da muller a "non ser crida" De tal forma, a taxa de criminalidade alcanzada foi de 36,7 delitos por cada 1.000 habitantes en xuño, case dez puntos por baixo da media estatal. |
NOS_36793 | Ao tempo que a alianza militar defende a súa expansión, Rusia lanza unha proposta aos Estados Unidos e á OTAN para asinar a paz na rexión. | Perante as ameazas dos Estados Unidos (EUA), a Unión Europea e a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) por unha suposta preparación para a invasión de Ucraína, o Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia respondeu esta sexta feira facendo públicas dúas propostas de acordo para garantir a estabilidade da rexión, unha dirixida aos EUA e outra á OTAN, a alianza militar que encabezan desde a Guerra Fría. O viceministro Serguei Riabkov subliñou na presentación dos documentos que as garantías que buscan teñen que ser de carácter xurídico, por mor da falta de confianza nas promesas dos outros actores. Ámbalas propostas de acordo son bastante semellantes, e inciden en que "calquera organización internacional, alianza militar ou coalición" na que participen ten que "respectar os principios contidos na Carta da Organización das Nacións Unidas", atribuíndo ao Consello de Seguridade o papel principal para manter a paz no planeta. Nesa liña, o Goberno ruso comprometeríase a non usar o territorio doutros Estados para preparar unha ofensiva contra os EUA ou a OTAN, reclamando garantías de que a alianza militar non se expandirá cara aos países que formaron parte da Unión Soviética, como é o caso de Ucraína ou Xeorxia, poñendo en risco os equilibrios internacionais na zona. Amais, terían que absterse de crear bases militares nestes Estados, usar a súa infraestrutura para accións militares ou desenvolver unha cooperación militar bilateral. Nesta liña, os acordos contemplan unha limitación do armamento na rexión, prohibindo o despregue militar onde a outra parte considere que representa unha ameaza para a súa seguridade, o despregue de mísiles de mediano e curto alcance ou de armas nucleares fóra do territorio nacional dos signatarios. Intento de expansión da OTAN Con todo, apenas un día antes, o secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, reuniuse co mandatario ucraíno, Volodimir Zelensky, destacando a súa promoción da expansión da coalición militar que lideran os EUA e abrindo a porta á integración de Ucraína. Tamén fixo fincapé nos convites que hai pouco se efectuaron a Montenegro e a Macedonia do Norte para unirse. |
NOS_15825 | Néstor Rego avanzou os eixos do traballo do BNG no Congreso: "Seguiremos a defender os intereses das galegas e galegos". | Retomar a comisión de investigación do accidente do Alvia acontecido en Santiago en 2013, o traspaso da titularidade da AP-9 do Estado á Galiza e accións contra a suba do prezo da luz centrarán o traballo do BNG no Congreso na próxima semana. Así o destacou esta sexta feira, 17 de setembro, o deputado do BNG na Cámara Baixa, Néstor Rego, que lembrou que na vindeira quinta feira o pleno debaterá a solicitude impulsada polo BNG para que se reabra a comisión de investigación polo accidente de Angrois. Após lembrar que na xunta de portavoces da pasada semana todos os grupos, excepto o PP, estiveron a favor de reabrir o órgano paralizado coa fin da lexislatura pasada, Rego asegurou que é "imprescindíbel" que o Congreso retome os traballos suspendidos para, contando con toda a información, "aprobar unhas conclusións que permitan aclarar o ocorrido e depurar responsabilidades" polo accidente. Destacou que o Bloque leva traballando desde 2013 en todas as institucións para conseguir este obxectivo e que o seguirán facendo para depurar as responsabilidades políticas, como o papel dos ministros de Fomento José Blanco (PSOE) e Ana Pastor (PP). Traspaso da Ap-9 Rego avanzou que na vindeira terza constituirase a ponencia para a tramitación do Proxecto de lei de Transferencia da AP-9 no Congreso tras o acordo unánime da Cámara galega. Explicou que o Bloque non presentou emendas ao texto ao se tratar dun consenso das forzas políticas no Parlamento galego, polo que criticou que o PP e o PSOE si as presentasen. Así, censurou que o PSOE pretenda mudar de forma substancial o texto referíndose só á transferencia da xestión da AP-9. "Isto cambia totalmente o acordo parlamentario e incumpre o acordo de investidura", sostivo para indicar que a emenda é unha "desautorización" ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, xa que este foi ao Congreso a defender o acordo do Parlamento galego. Sostivo que o PP presentou emendas que van a un grao de concreción "excesivo e improcedente" posto que, despois de aprobarse esta lei, as condicións concretas deben ser estabelecidas a través da Comisión Mixta entre Goberno estatal e galego. Neste sentido, Rego adiantou que o BNG se implicará para que nos Orzamentos Xerais do Estado o Goberno español estabeleza partidas específicas para garantir maiores descontos na autopista do Atlántico e abaratar as portaxes a todas as galegas e galegos. "Algo que se torna máis necesario despois de que Galiza se convertese no territorio con máis quilómetros con portaxes de todo o Estado español despois da liberación de 618 quilómetros noutros territorios do Estado a finais de agosto" reivindicou. Desconecta as eléctricas! Por último, Rego chamou á mobilización social este domingo 19 de setembro nas manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) pola suba continua do prezo da luz. Neste sentido, tamén anunciaou unha campaña conxunta co resto de forzas soberanistas –ERC, EH Bildu, Junts, CUP, Més per Mallorca e Més per Menorca- co obxectivo de plantar cara aos abusos das eléctricas e a súa chantaxe. Chamou a participar do apagón masivo e cazolada convocado para 8 de outubro, das 22 ás 22.30h. As formacións soberanistas reclaman mecanismos que permitan que as nacións "teñamos capacidade para xestionar todo o sistema eléctrico. Regular a xeración, a distribución e a comercialización da enerxía eléctrica". Apuntou a necesidade de ter "soberanía enerxética" algo que "para Galiza é fundamental" na medida en que "somos un país produtor de enerxía mais nunca nos beneficiamos diso". Reivindicou, máis unha vez, a creación dunha Tarifa Eléctrica Galega, unha tarifa propia como acontece noutros países, que compense os custos sociais, ambientais da Galiza como país produtor excedentario de enerxía eléctrica. A produción de enerxía, dixo, "debe estar ao servizo do desenvolvemento económico do país". |
NOS_37448 | O prezo mínimo desta sexta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 2 e as 3 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas. | O prezo medio da electricidade coa tarifa regulada baixa esta sexta feira até os 252,78 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España. Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 341,62 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 202,11 euros/MWh, rexistrouse entre as 2 e as 3 horas. Esta sexta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 168,54 euros/MWh. Deste modo, diminúe 2,74% a respecto dos 173,29 euros/MWh de media desta quinta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). 2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta sexta feira será 95,45% superior aos 86,23 euros/MWh do 27 de maio de 2021. Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh). |
NOS_14048 | Un estudo analiza a percepción de violencia machista no alumnado de centros de ensino de Bueu. | A mocidade xa non se identifica, de forma maioritaria, co ideal de amor romántico, agás no que ten a ver coa fidelidade e, en menos medida, cos celos como "indicador de amor verdadeiro", que é "unha das características típicas de vivir o amor no mito da exclusividade". Esta é unha das conclusións do estudo sobre violencia de xénero e adolescencia desenvolvido polo Concello de Bueu –a través da Consellaría de Igualdade e do Centro de Información ás Mulleres–, coa participación de perto de cincocentas voces adolescentes, e que indica que aínda existe 23,4% de mozas e 18,5% de mozos que afirman que "o amor verdadeiro está predestinado". Segundo o estudo, realizado a partir das resposta de 205 mozas e 254 mozos que cursan educación secundaria, ciclos formativos e primeiro de bacharelato nos centros de ensino IES Johan Carballeira, IES Illa de Ons e CPR Virxe Milagrosa de Bueu, a fidelidade sigue sendo un valor significativo para homes (86,2%) e mulleres (87,6%) e así se plasma na alta porcentaxe que manifesta o seu acordo coa afirmación "o amor significa ser fiel a túa parella". Até 38% das rapazas participantes e 41,6% dos rapaces concorda en que "no amor, sentir algo de celos demostra o importante que é esa persoa". Aínda así, a análise resolve que non hai xa unha identificación maioritaria co mito do amor romántico, "a pesar do tipo de música que escoitan, das películas que ven e das personaxes preferidas", que teñen un peso importante na conformación da personalidade a estas idades, e de que, na práctica, mozos e mozas "seguen reproducindo os roles sexistas, é dicir consumindo o sostido do patriarcado". Neste sentido, destacan entre as conclusións os principais modelos de referencia, que son, de forma maioritaria, influencer, cantantes, futbolistas, deportistas e artistas: para os varóns son, de forma prioritaria, os influencer (15,85% do total) ou os futbolista (12,80%) e para as mulleres, as cantantes (14,63%). Causas da violencia O estudo, que se enmarca no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, realizouse co obxectivo de coñecer as bases estruturais da violencia de xénero na mocidade e a percepción que esta ten das violencias machistas, de cara a deseñar pautas de intervención para fomentar actitudes igualitarias. Neste sentido, a análise salienta a omisión da cultura machista como unha explicación das condutas violentas, que tanto mozas como mozas explican de forma máis a través de trazos psicolóxicos ou como resultado do abuso do alcohol e das drogas. Até 90,1% das participantes e 71,4% dos participantes entenden que os homes maltratan "por crerse mellores que as mulleres". Aspecto a destacar é tamén a maior a porcentaxe de mozos (27,00%) que de mulleres (20,30%) que afirman que a causa da violencia é "pola conduta da muller (infidelidade, celos, estrés...)" ou "porque eles son violentos por natureza"(24,90% de homes e 17,30% de mulleres). Segundo se extrae da análise, existe unha preocupación compartida na xeración actual con respecto á violencia de xénero, debido a que é un tema que forma parte da axenda educativa e política. Pero, así e todo, "esta preocupación non quere dicir que a mocidade teña claro o concepto e segue consumindo o que sostén o patriarcado". |
NOS_55365 | O soño de Xi Jinping, que China pase de se asociar á fabricación de produtos de baixo valor engadido con uso de man de obra barata a estar na vangarda das ciencias e a tecnoloxía, está máis perto de se materializar após a sonda robótica Chang'e 4 se ter tornado na primeira aeronave que a humanidade consegue facer aluar na cara afastada do noso satélite. | A viaxe do Chang'e 4 deu comezo o pasado 8 de decembro. A nave entrou na órbita luar o pasado domingo e esta madrugada conseguiu pousar na superficie do satélite, exactamente ao sul do xigantesco cráter Aitken, o de maior antigüidade e profundidade de todos os que existen na lúa. É un logro tecnolóxico nunca antes conseguido por ningunha axencia aeroespacial do planeta. A conquista até foi parabenizada pola NASA, cuxo administrador, Jim Bridenstine, debruzouse sobre a súa conta twitter para celebrar o suceso chinés: "Parabéns á equipa da Chang'e-4 da China, polo que parece ser un pouso exitoso no lado afastado da Lúa. Esta é unha primeira vez para a humanidade e unha realización impresionante". Congratulations to China's Chang'e-4 team for what appears to be a successful landing on the far side of the Moon. This is a first for humanity and an impressive accomplishment! pic.twitter.com/JfcBVsjRC8— Jim Bridenstine (@JimBridenstine) 3 de xaneiro de 2019 A dificuldade do ponto de vista técnico da aluaxe da nave chinesa radica en que o planetoide que orbita arredor da terra ten un lado que permanentemente está de costas á terra, o que impide que exista unha comunicación directa. A CNSA (Administración Espacial Chinesa) salvou ese problema co envío, en maio, dun satélite de comunicacións que iría orbitar por volta dun "ponto de equilibrio" entre as gravidades terrestre e lunar que ficaría além da lúa. Desde el se puido contactar tanto coa aeronave ao pousar no astro como co control da misión na China. Unha vez pousada no noso satélite, a Chang'e-4 ten previsto realizar un experimento para saber se sementes de plantas, patacas e vermes da seda poden prosperar na lúa. |
PRAZA_11482 | A nosa labor diaria na protección e na promoción da infancia pretende situar aos nenos e nenas no centro da vida social e das decisións políticas cunha mirada estratéxica e de eficacia, convencidos de que as carencias que se padezan nos primeiros anos da vida tenden a se arrastrar ao longo das seguintes etapas e supoñen un freo para a capacidade de toda a sociedade. | A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) cumpre hoxe 30 anosA Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) cumpre hoxe 30 anos. Este aniversario é unha oportunidade para deternos a reflexionar e para renovar os compromisos de toda a sociedade coa infancia. Cómpre facelo desde unha posición consciente e comprometida, na que a mirada sobre o ocorrido dende 20 de novembro de 1989 ata hoxe supoña unha aprendizaxe para acadar os obxectivos que aínda non fomos quen de conseguir e que son dereitos irrenunciables.Unha traxectoria de 30 anos pode parecer relativamente curta para a historia dun país, máis aínda para historia mundial, pero coa mirada dos nenos e nenas é un longo período de tempo, porque sendo unha parte fundamental da vida, a infancia é unha etapa breve. Como di un dos grandes pensadores en infancia, Francesco Tonucci, na infancia "as cousas máis importantes xa ocorreron". Os nenos e nenas son ante todo presente e polo tanto non poden, non deben esperar.Como di Francesco Tonucci, na infancia "as cousas máis importantes xa ocorreron". Os nenos e nenas son ante todo presente e polo tanto non poden, non deben esperarNa infancia colócanse os cimentos de todo o ciclo vital. Que sentido ten reflexionar moito sobre a xuventude, a idade adulta ou a vellez, se pasamos por alto a situación dos nenos e nenas? O xerme, a semente do posible atópase na infancia. Se non o temos en conta pasaremos moito tempo do resto do ciclo vital reparando as quebras producidas polas desatencións na primeira etapa. Inasumible desde un enfoque de dereitos humanos, pero tamén inaceptable desde unha perspectiva de eficiencia política, económica e organizativa dunha sociedade responsable e sostible.A nosa misión, como plataforma que aglutina ás organizacións que traballan directamente coa infancia en situación de maior vulnerabilidade, ten unha prioridade clara de impulsar os dereitos como a ferramenta indispensable para garantir o desenvolvemento pleno dos nenos e nenas. A nosa é pois unha visión de xustiza social, pero tamén un imperativo dunha organización comprometida coa construción dunha sociedade onde todas as persoas teñan cubertas as súas necesidades desde os primeiros momentos da vida, e co acompañamento e coidado compensador posterior cando sexa necesario. A convención supón un consenso claro en torno aos dereitos da infancia, ten rango de lei e obriga aos países que a firmanA convención supón un consenso claro en torno aos dereitos da infancia, ten rango de lei e obriga aos países que a firman. Sen necesidade de viaxar fora da nosa comunidade, do noso país, temos que recoñecer o avance que se ten producido nestes anos, pero tamén temos que reivindicar o traballo que queda por facer. Para moitos nenos e nenas a convención non se cumpre: nenos e nenas que están vivindo na pobreza, nenos e nenas que son vítimas da violencia, nenos e nenas abusados, nenos e nenas que viven en contornas precarias, nenos e nenas que teñen itinerarios de crianza adversos que non promoven a seguridade afectiva que necesitan...Poderíamos sementar este documento de cifras, datos, números, estatísticas e porcentaxes, pero son sobradamente coñecidos e a nosa misión é por rostro, vida e oportunidades a cada dato e restar cada día nenos e nenas desas cifras.A nosa labor diaria na protección e na promoción da infancia pretende situar aos nenos e nenas no centro da vida social e das decisións políticasHoxe é un día idóneo para atraer a mirada de toda a sociedade sobre a infancia e para renovar o compromiso social de todas as entidades que conformamos a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia cos dereitos dos nenos e nenas. A nosa labor diaria na protección e na promoción da infancia pretende situar aos nenos e nenas no centro da vida social e das decisións políticas cunha mirada estratéxica e de eficacia, convencidos de que as carencias que se padezan nos primeiros anos da vida tenden a se arrastrar ao longo das seguintes etapas e supoñen un freo para a capacidade de toda a sociedade. |
NOS_1618 | Este ano, por mor da pandemia, o encontro farase vía instagram. | Usa a Lingua naceu hai 3 anos co obxectivo de "promover, normalizar, estender e fomentar" o uso do galego entre a mocidade. Unha iniciativa de Freshysweet, Axencia Junior de Publicidade, formada por alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. O encontro consiste nunha serie de charlas e concertos con nomes "coñecidos e relevantes na actualidade". Por mor da pandemia, a cita, este ano levarase a cabo a través do Instagram de Usa a Lingua (@usaalingua), e será entre o 30 de Novembro e 4 de Decembro. O actor e humorista David Amor estará esta segunda feira ás 16.00 horas, esta terza feira, 1 de dceembro, á mesma hora estará Aí Falaches!. A cuarta feira srá a quenda de Patricia Hermida, manager de Heredeiros da Crus e Agoraphobia . Tras a conferencia de Patricia Hermida, ese mesmo día ás 19.00 horas contaremos con Dani Irimia, protagonista do último anuncio de Gadis. A quinta feira, 3 de decembro, ás 16.00 horas, estará Orgullo Galego. E, para rematar, a sexta feira concertos de The Rapants ás 18.00 e de Dakidarría ás 19.30 horas. "Todos os participantes de este acto son de gran interese no campo da comunicación, música e cultura galega. Referentes en redes sociais, que teñen algo que dicir en prol da protección da nosa lingua. Algunhas das preguntas que marcarán a liña temática son as seguintes: "Como reformularon comezar o seu proxecto en galego?" ou "Cal é a súa finalidade social dentro da comunidade?", sinalan os impulsores da iniciativa. Ademais, cada día Usa a Lingua sorteará entre as persoas que acudan a este evento online "unha bolsa sorpresa co deseño da campaña e produtos galegos no seu interior. De todas formas, aqueles que non a consigan, poderán ter a bolsa e as chapas do evento pasando pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación". |
NOS_28798 | Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, o Consello da Cultura Galega difundiu en internet todos os números da revista 'Teima'. Ademais, inclúe artigos de Ánxel Vence e Luís Villamor. | O Consello da Cultura Galega (CCG), coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, puxo esta terza feira a disposición pública a través da súa web o arquivo completo da revista Teima. O Barómetro do Consello da Cultura Galega informa do "inicio" da recuperación do sector Os 35 números que se publicaron entre novembro de 1976 e agosto de 1977 representan a primeira experiencia deste tipo realizada no país de maneira íntegra en galego. Nela colaboraron e traballaron Víctor Fernández Freixanes, Manuel Rivas, Xavier Navaza, Pepe Carreiro, Xaquín Marín, Xurxo Lobato e moitos outros nomes hoxe destacados da cultura e da comunicación galega. A dixitalización da publicación forma parte do proxecto de difusión dos fondos hemerográficos da institución. Até o de agora figura en liña a edición completa d'A Nosa Terra e o proxecto Repertorio de prensa da emigración con cabeceiras de sociedades galegas na emigración. Arquivo e artigos de análise da revista Alén do arquivo completo do semanario, o especial inclúe Teima, case medio século despois un artigo contextualizador do que foi o seu director, Ánxel Vence. Nel dá conta da xénese do proxecto ao afirmar que "foron moitos os que teimaron en darlle pulo a aquela Teima. Desaire do Consello da Cultura ao eólico Entre os pais fundadores, e a risco de esquecer algún, figuraban Carlos Casares, Xosé Manuel Beiras, Daniel Pino, Xan López Facal, Luís Álvarez Pousa, Enrique Aller, Víctor F. Freixanes e César Portela, aos que aínda se poderían agregar os nomes de Luís Mariño e Alfonso Sánchez Izquierdo". Coa mesma, alude aos problemas de financiamento, do esmorecemento da publicidade, e á dificultade daquel proxecto. Por último, na mesma publicación difúndese Un lóstrego informativo a cargo do xornalista Luis Villamor, autor dunha tese monográfica sobre esta revista. |
NOS_35523 | Eran unha e dúas e tres mulleres, avoa, neta e filla. Pobres de solemnidade, xornaleiras e caseiras no lugar de Candedo, onde a Serra do Xistral acode a atoparse coas Fragas do Eume, alí onde as últimas curvas da Gañidoira van deixando o Concello de Ourol, co permiso do lugar de Xan Branco, para atoparse coas terras de Muras. | Falo de María Xosé, solteira, nai dunha moza e dun mozo que naquela altura loitaba á forza na fronte do Ebro, Felicitas, filla da anterior que non chegaba aos trinta anos e Encarna Casabella Fernández, segundo o rexistro civil de trece anos de idade. Era un 16 de abril de 1938 e as veciñas e veciños velaban a un dos seis fillos da tia Perfecta, na casa do lado das Casabella, cando un asistente ao velorio veu como Alexandre Temblas Paz, Secretario xeral da Agrupación Socialista de Ourol, entraba na casa destas unha e dúas e tres mulleres. Non tardou en presentarse no lugar, rodeando a mesma, un partida de falanxistas e garda civís dirixidos polo Alcalde de Ourol Antonio Ladra e o xefe Local da Falanxe, Emilio Bouza que comezaron a disparar agardando dar remate a cacería que tiñan aberta contra o maior dos Temblas, cuxa cabeza "vivo ou morto", estaba valorada en cen mil pesetas. Aínda así este logrou fuxir ferido após bater contra unha grade tras saltar pola ventá e mesmamente utilizou un vimbio para frear a hemorraxia na perna, e percorreu uns dez kilometros chegando a Xerdiz, porén a fuxida rematou dous ou tres días despois ao ser localizado e asasinado no lugar do Balteiro. "Unha Felicitas, atopábase morta, aínda así avoa e neta,refuxiadas na corte e abrazadas unha contra a outra, coñecedoras do compromiso que os falanxistas acadaran co tío Vicente do Requeixo de respectar as súas vida, saíron a aira". Era un 16 de abril de 1938 e a noite presentábase longa até que o tío Vicente do Requeixo, parente das Casabella, presente no velorio do fillo de Perfecta, ofreceuse voluntario a entrar na casa para que as súas parentes saíran. Unha, Felicitas, atopábase morta, ben polas balas ben pola metralla das granadas usadas polos fascistas, aínda así avoa e neta, refuxiadas na corte e abrazadas unha contra a outra, coñecedoras do compromiso que os falanxistas acadaran co tío Vicente do Requeixo de respectar as súas vida, saíron a aira. O compromiso rematou cando saíron pola porta daquela vivenda, cunha aira chea de veciños os falanxistas e os garda civís asasinaron a María Xosé e procederon a entrar na casa en busca de Alexandre Temblas, diante da ausencia deste, media hora máis tarde dispararon e mataron a Encarna, unha muller nena de trece anos de idade. Era un 16 de abril de 1938, día de non rematar, a así as forzas da reacción procederon a queimar aquela vivenda e matar o gando das nosas "tres rosas vermellas" e esfolar un año e un cabrito que os falanxistas e gardas civís após o crime foron a cear á taberna de Xan Branco. Os corpos das mulleres atoparon acomodo no carro de vacas Farruco do Couce que botou palla polo chan do carro se ben non puido evitar que quedase un regueiro de sangue polo camiño do Candedo ao cemiterio do Chao de Ourol, sendo enterrados nunha fosa ao pé do mesmo. O tío Farruco do Couce non tardaría en morrer tras os golpes que recibiría de mans dun Garda Civil, unha vez traslados os cadáveres, que pretendían meterlle medo. O fillo de María Xosé, naquela altura na fronte, non volvería máis a Ourol e emigraría a Uruguai após o remate da Guerra. "Afirman a día de hoxe que de cando en vez no terreo onde estivo a vivenda das Casabella aparecen uns mechóns peliroxos que se corresponde co pelo da muller nena das Casabella" Eran até dez casas no Candedo o 16 de abril de 1938, hoxe só fican unhas ruínas nos que unha placa colocada polo BNG lembra os feitos. Algunhas veciñas e os veciños de Ourol afirman a día de hoxe que de cando en vez no terreo onde estivo a vivenda das Casabella aparecen uns mechóns peliroxos que se corresponde co pelo da muller nena das Casabella. No que non hai dúbida, a traxedia xa se tornou en lenda, é que as manchas vermellas sobre as pedras do camiño entre o Candedo e o chan de Ourol eran do sangue das mulleres que foron enterradas xunto a porta do camposanto situado á beira da igrexa. |
PRAZA_9673 | Nos últimos tempos, e probablemente por causa do período preelectoral, vén escoitando moito ruído sobre a Saída Sur de Vigo, con notables inexactitudes. Así que, se mo permiten, gustaríame aclarar algunhas ideas. | Nos últimos tempos, e probablemente por causa do período preelectoral, vén escoitando moito ruído sobre a Saída Sur de Vigo, con notables inexactitudes. E é que as declaracións dos políticos nas eleccións, son como o berreo dos cervos cando están en celo. Así que, se mo permiten, gustaríame aclarar algunhas ideas.1.- A Saída Sur de Vigo, estaba aprobada, e formaba parte da obra ferroviaria Ferrol-Tui. O ministro socialista de Zapatero, Jose Branco asino a orde para levantar as tuneladoras ao chegar ao barrio de San Lorenzo de Vigo e cancelar as obras da Saída Sur. Esta en o BOE. 2.- O financiamento europeo non depende en absoluto de que se integre ou non no Corredor do Atlántico. Está catalogado como tramo transfronteirizo, polo que o financiamento pódese pedir XA, cando o goberno central queira. Mañá, esta mesma semana ou a próxima. CANDO LLE PETE ao Sr, Ministro de Fomento. Así que deixémonos de manobras de distracción e de falsos choros de plañideiras sociopolíticas.3.- O argumento utilizado por responsables do Ministerio de Fomento de que depende de que Portugal mova ficha, é sinxelamente MENTIRA. E curiosamente é o mesmo argumento que utilizaba outra ex ministra socialista de triste recordo, e imputada no caso dos ERE, Magdalena Álvarez, para parar as obras do tren entre Galicia e Portugal. Dicía publicamente que non avanzaba, porque Portugal non avanzaba, pero en paralelo negáballe a Portugal un acordo sobre o ancho de vía, para que Portugal non avanzase e así ter escusa para non facer nada. Portugal xa ten en obras todo o trazado até a fronteira que estará en servizo no primeiro semestre de 2019, con trens equivalentes ao Alvia español. Entre Lisboa e Coruña, NUNCA HABRA AVE, porque hai unha parada importante cada 30/60 kms. E un AVE ten que acelerar e desacelerar, igual que un avión ten que despegar e aterrar; e en distancias tan curtas, non é posible alcanzar altas velocidades de forma rendible. Así que o argumento do Ministerio español para paralizar a Saída Sur, é un argumento mal intencionado e falso.5.- Vincular o AVE con CERDEDO é, con todo respecto, como vincular un hospital cunha clínica de cirurxía estética. Entre outras cousas porque a variante de CERDEDO nunca se vai a facer, e xa é hora de que alguén diga en público o que todos din en privado, incluíndo moitos dos que aparentemente o promoven, só por conveniencia conxuntural ou pose política. Cando se discuten 400 millóns de euros que custa a Saída Sur, dos que o 50 % achegaríaos a Comisión Europea, ninguén pode crerse que vaian investirse 3.000 millóns por un capricho político, que só busca tapar a vergoña de non ser capaces de poñerse de acordo os que agora o propoñen, cando o AVE ía entrar en "L " por Vigo cara a Coruña, e un ministro do PP, Álvarez Cascos, decidiu unilateralmente a entrada en "E" desde Santiago. ¿Saben onde estaban entón os próceres que agora o defenden? pelexándose entre eles polo control de Caixanova, da CEP, da Cámara de comercio e do Concello. Eu vivino, non mo contaron.5.- O Sr. Presidente da Xunta, debería ser máis prudente nas súas declaracións e aprobar unha petición oficial ao goberno por parte do Consello de Goberno da Xunta, como fan os vascos, vaia. E como o fixo o Parlamento Galego. Porque durante todos os anos do goberno do seu partido NON ABRIU A BOCA para reclamar a Saída Sur, nin o Corredor do Atlántico. E iso que era o único barón do PP con maioría absoluta, que para o que serviu… É o que se chama o milagre de Pedro Sánchez: os mudos, agora falan. ¡¡¡ E até resucitan o tres tenores!!!6.-Por último, os pseudodirixentes económicos que agora descobren o lobbysmo, e fan chamamentos á presión e a unidade, posiblemente para desviar a atención dos problemas das súas empresas, deberían lembrar o caladiños que estiveron durante o goberno do PP, e mesmo como faltaron a reunións de lobby, como o Cume do Barco de Valdeorras, clamorosamente boicoteada por ordes superiores. Así que deixémonos de tanto ruído e pasemos ao realmente importante: a Saída Sur só necesita dúas actuacións, que poden ser tomadas mañá mesmo: 1)Sacar a Exposición Pública o Estudo Informativo Previo da Saída Sur de Vigo, e 2) solicitar a Bruxelas o 50 % de cofinanciamento pola súa condición de Tramo Transfronteirizo. Todo o demais son mentiras, enganos e "postureos". Dito sexa, con todos os respectos, naturalmente. |
PRAZA_1747 | Os seguros estiman en 25 millóns de euros o custo do accidente. As vítimas esperan que as culpas se estendan máis alá do maquinista. | Entre as vítimas do accidente de Angrois, con 79 mortos e 150 feridos, hai de todo. Lesionados leves que só buscan xustiza, familias rotas pola perda de quen era a súa principal fonte de ingresos necesitadas dunha indemnización para saír adiante, ou persoas que simplemente queren esquecer. Cada vida é un mundo e cada prioridade comprensible, insisten tanto os avogados coma as propias vítimas, por iso non hai grandes reproches públicos entre as dúas asociacións de afectados creadas tras o sinistro, que aínda que empreguen para iso estratexias distintas, comparten os mesmos obxectivos: que o caso non se peche culpando só ao despiste que sufriu o maquinista do tren e obter os mellores coidados e a maior indemnización posible, aínda que a dor non teña prezo. A Asociación de Prexudicados polo Accidente Ferroviario do Alvia de Santiago (Apafas) foi a primeira en crearse e é a que máis negociou con Fomento para mellorar a asistencia ás vítimas. Pouco despois naceu a Plataforma Vítimas Alvia 04155, envorcada en aclarar as responsabilidades penais e políticas do sinistro. O xuízo penal co que acabará a actual instrución xudicial en marcha será o que resolva algunhas das aspiracións de ambas as dúas. Por un lado, establecerá quen é o culpable dos homicidios e as lesións, e por outro ese ou eses responsables serán os que deban facer fronte á indemnización final polo sinistro, contías que se establecerán na mesma sentenza. Actualmente o único imputado é o maquinista do Alvia, Francisco José Garzón, que admitiu que circulaba despistado tras recibir unha chamada do interventor do tren e non freou a tempo antes da curva de Angrois. Non había ningún sistema de seguridade, nin na curva nin a bordo, que evitase ou paliase o seu despiste, polo que o primeiro xuíz instrutor da causa imputou a 27 cargos e técnicos de Adif, algún deles por dúas veces, pero a Audiencia Provincial exculpounos por falta de probas. Agora será o segundo xuíz instrutor o que, á vista das peritaxes realizadas, decida o futuro da investigación. Se finalmente o maquinista resulta ser o único culpable dos homicidios e lesións, será el, e no seu defecto o seguro da súa empresa, Renfe, a cargo da multinacional de orixe australiana QBE, quen deba facer fronte ás indemnizacións. Pero se a culpabilidade recae tamén en cargos de Adif, o seguro desta, Allianz Corporate, debería contribuír ao pagamento das indemnizacións, unha corresponsabilidade que, á hora de negociar contías, tamén podería beneficiar ás vítimas, segundo coinciden varios avogados. Se finalmente o maquinista resulta ser o único culpable dos homicidios e lesións, será el, e no seu defecto o seguro da súa empresa, Renfe, a cargo da multinacional de orixe australiana QBE, quen deba facer fronte ás indemnizacións Á espera desas indemnizacións definitivas, as vítimas xa foron cobrando parte ou todo do seguro obrigatorio de accidentes de Renfe, a cargo de Allianz Seguros e cuxas contías foran aumentadas previamente ao sinistro pola propia operadora entre un 25% e un 66% con respecto ao mínimo que establecía a lei, agora tamén mellorada. No caso de Angrois, ese seguro obrigatorio mellorado paga 60.000 euros por unha morte, mentres que as lesións oscilan entre os 70.000 euros das máis graves e os 1.500 euros das máis leves. As indemnizacións definitivas polo sinistro serán moi superiores, aínda que vítimas e aseguradoras discrepan dos baremos a empregar. As compañías adoitan usar como base o existente para os accidentes de automóbil, pero hai avogados de vítimas que xa anunciaron a súa intención de pedir moito máis, porque a un tren se lle presupón máis seguridade que a un automóbil e porque esperan que se recoñezan as circunstancias familiares de cada afectado, incluído o lucro cesante provocado polo sinistro en cada caso concreto. Para saber as contías totais das indemnizacións tamén haberá que esperar a que as vítimas estabilicen as súas lesións, xa que algunhas aínda están a recuperarse. Para saber as contías totais das indemnizacións tamén haberá que esperar a que as vítimas estabilicen as súas lesións, xa que algunhas aínda están a recuperarse. As cifras, de momento, bailan. O xulgado contabiliza 79 mortos, á espera de determinar oficialmente se o falecemento de varios feridos nos meses seguintes se debe ou non ao accidente. Pero en agosto do ano pasado, QBE tiña en conta xa un total de 82 falecidos e 150 feridos e informaba o xulgado de que xa consignara en contas xudiciais ou entregara como anticipo ás vítimas que as aceptaran indemnizacións por un total de oito millóns de euros. A aseguradora indicaba entón que "a cantidade ofrecida se corresponde aproximadamente co 50% da valoración da posible indemnización que lles puidese corresponder, en atención ás circunstancias persoais e individuais dos prexudicados, a natureza e o alcance –no seu caso– das súas lesións, os distintos gastos xerados polo accidente e, como non podía ser doutro xeito, de conformidade cos criterios de valoración do dano de común aplicación pola nosa Xurisprudencia en casos similares". QBE e Allianz calculaban que, coa situación que entón presentaban as vítimas, deberían facer fronte a un desembolso total final duns 25 millóns de euros Pola súa banda, Allianz indicaba en xuño do pasado ano que, a piques de cumprirse un ano do sinistro, prestara máis de mil servizos de asistencia a feridos e máis de 300 a familiares, e estimaba entón que os custos totais aos que tería que facer fronte finalmente polo seguro obrigatorio de viaxeiros se poderían situar en torno a nove millóns de euros". Isto é, entre QBE e Allianz calculaban que, coa situación que entón presentaban as vítimas, deberían facer fronte a un desembolso total final duns 25 millóns de euros, contía que os avogados dos prexudicados intentarán incrementar. Ademais das responsabilidades penais e económicas, hai afectados que tamén esperan que se depuren responsabilidades políticas Pero ademais das responsabilidades penais e económicas, hai afectados que tamén esperan que se depuren responsabilidades políticas. Os membros da Plataforma de vítimas son os que máis activos se veñen mostrando na reclamación de que, ademais da investigación xudicial, que consideran que está a ser entorpecida dende Adif e Renfe, se cree tamén unha comisión de investigación política do accidente. PSOE e PP, durante cuxos gobernos se construíu e puxo en servizo a liña de AVE na que sucedeu o accidente, negáronse en varias ocasións, tanto no Parlamento de Galicia coma no Congreso, co argumento de que está en marcha a instrución xudicial. Para insistir nas súas reclamacións, sanitarias, penais ou políticas, as vítimas convocaron unha concentración para este día 24 na Praza do Obradoiro. Logo camiñarán ata Angrois, onde como o ano pasado, á mesma hora en que descarrilou o tren, a reivindicación deixará paso ao recordo íntimo. |
PRAZA_17683 | ENTREVISTA | Manuel Prieto, avogado de Francisco José Garzón, o maquinista accidentado en Angrois, analiza un caso que cinco anos despois ten imputadas a outras seis persoas ademais do seu defendido VÍDEO | "A maquinaria do Estado traballou para eximir os neglixentes, chegou a hora de que asuman a súa responsabilidade" Ocultacións de Adif e Renfe, lentitude xudicial e intereses políticos dificultan as respostas sobre Angrois cinco anos despois En Marea, PSdeG e BNG apoian a esixencia de respostas das vítimas de Angrois e o PP pide "non facer política da mala" | VÍDEO | "A maquinaria do Estado traballou para eximir os neglixentes, chegou a hora de que asuman a súa responsabilidade"Ocultacións de Adif e Renfe, lentitude xudicial e intereses políticos dificultan as respostas sobre Angrois cinco anos despoisEn Marea, PSdeG e BNG apoian a esixencia de respostas das vítimas de Angrois e o PP pide "non facer política da mala"MAPA INTERACTIVO | Así foi o accidente de AngroisManuel Prieto, avogado de Francisco José Garzón, o maquinista accidentado en Angrois, analiza un caso que cinco anos despois ten imputadas a outras seis persoas ademais do seu defendidoManuel Prieto é o avogado de Francisco José Garzón, o maquinista do tren Alvia que o 24 de xullo de 2013, hai este martes cinco anos, descarrilou na curva de Angrois, na liña de AVE Ourense-Santiago, tras recibir unha chamada do interventor do convoi e despistarse. Non había activo ningún sistema de seguridade que evitase ou paliase o seu previsible erro humano e sobre as vías quedaron 80 persoas mortas e outras 144 feridas. Prieto, avogado do Sindicato de Maquinistas, analiza unha causa que actualmente mantén imputados, ademais de ao seu defendido, aos directores de Seguridade na Circulación de Adif e Renfe, Andrés Cortabitarte (hoxe noutro cargo inferior) e Antonio Lanchares (no mesmo posto), así como a un subordinado do primeiro e tres técnicos da tamén empresa pública Ineco, dos que o xuíz sospeita que non analizaron como debían o risco existente na curva de Angrois.Cinco anos despois do accidente a súa instrución xudicial aínda non finalizou. É normal?Non lle vexo un atraso escandaloso dada a magnitude do caso. Houbo cambio de xuíz e de fiscal, e hai unha administración pública encabezada polo Ministerio de Fomento, Adif e Renfe que non colaboraron en absoluto coa xustiza na achega dilixente e rápida de documentos. Ás veces tardaban e había que pedilos varias veces, pero ás veces pedías un documento e achegaban douscentos cos que te perdías. E todo iso era para atrasar. Sería desexable que terminase antes, pero o importante é que cando finalice a instrución estea ben feita e sexa concluínte.As vítimas lograron a creación da comisión de investigación política no Congreso que reclamaban e na que hai dúas semanas tivo que comparecer o seu defendido, pero tanto as vítimas como a maioría de grupos á marxe de PP e PSOE non cren que valese para nada nun foro de análise política. Para que serviu?Para que el manifeste, aínda que sexa pola voz doutra persoa, o secretario da mesa, pola situación que sufría, algunhas cuestións que era importante que el as manifestase. El nunca querería ir a esa comisión, nunca. Non pola comisión senón polo que hai detrás, a cantidade de prensa que había, da que el foxe porque non se quere ver nunca reflectido. Pero entendo que ao final a súa mensaxe foi positiva.A súa declaración, tras cinco anos afastado dos focos, centrouse en acusar de persecución contra el ao Goberno daquel momento. É unha declaración política nunha comisión política?"Na comisión do Congreso o maquinista defendeuse dos ataques do Goberno e contou o que pasou daquela. Na comisión hai que dicir verdade; podía calar, pero non podía dicir o que non é verdade"Máis que el, quen acusou foi [o día anterior] o señor Domínguez, presidente da plataforma de vítimas. El non acusou, el defendíase e contou a verdade do que daquela pasou. E é verdade que a ministra de Fomento [Ana Pastor] e o secretario de Estado [Rafael Catalá] levaron ao xuíz a cinta dicindo que o maquinista recoñecía a culpabilidade. Foi certo que a el adiantáronlle a alta, el non estaba en boas condicións cando lle dan a alta do hospital para levalo a un calabozo porque ía o ministro do Interior [Jorge Fernández Díaz] a dar unha rolda de prensa e parecía que tiña interese en dicir que tiña o maquinista detido. Querían sacalo do hospital esposado pola porta onde estaba toda a prensa, e menos mal que algúns compañeiros e un policía sensato que parece que despois foi castigado por ese feito o sacaron por outra porta. Tamén é verdade que el dixera ao xefe de seguridade que a curva era perigosa. A el non lle deran formación para mitigar o risco, como non se lle deu a ningún maquinista. Todo iso son feitos reais. Se iso é atacar politicamente, será, pero como desde as empresas públicas do Ministerio de Fomento din o contrario, el tiña que dicir que esas cousas eran así.Ata que punto a intervención do maquinista foi súa ou do seu avogado?É súa e do seu avogado, evidentemente. Está a ser investigado nun proceso penal e non pode ir a unha comisión para dicir o que pode dicir calquera persoa que non está investigada. Temos que pensar e repasar o que dicir. Entre outras cousas porque aínda que estea imputado, na comisión de investigación hai que dicir verdade. O maquinista pode calar, pero non pode dicir o que non é verdade. Traballamos conxuntamente.Tras o accidente o maquinista recoñeceu inmediatamente que se despistou e que non freara a tempo antes da curva de Angrois. Despois sóubose que Adif e Renfe reduciran progresivamente con varias decisións a seguridade da liña e do tren e que non había activo ningún sistema que evitase ou paliase o seu erro. Beneficiouno para a opinión pública esa asunción tan rápida da súa responsabilidade pero púidolle prexudicar na causa xudicial?"O maquinista nunca dixo 'eu son culpable', o tren ía a esa velocidade porque a infraestrutura, a sinalización e os sistemas de seguridade o permitían e no xuízo temos que determinar quen foi o responsable"El nunca dixo "eu son culpable". El dixo un feito claro, que ía a 190, malia que ía a menos, a 170, e que a curva había que tomala a 80. Iso é o que el dixo e iso é un feito innegable. Pero as causas polas que un tren pasa a 170 por un sitio no que debe pasar a 80, son responsabilidade ou culpabilidade de quen leva o tren? Do que non fixo unha análise de riscos? De quen omitiu totalmente as medidas de seguridade? Iso é o que temos que determinar no xuízo. O certo é que o tren ía a esa velocidade porque a infraestrutura, a sinalización e os sistemas de seguridade o permitían. Actualmente están imputados tamén os daquela directores de Seguridade na Circulación de Adif e Renfe, que as vítimas piden que sexan cesados dos seus postos de libre designación. Están a protexelos Adif, Renfe e Fomento? E se é así, por que?O maquinista desde que tivo o accidente non pode exercer de maquinista. E a min paréceme ben e creo que a el tamén lle parece ben. Tiven un accidente polo que estou a ser investigado e do que podo saír absolto ou condenado. O señor Antonio Lanchares está a ser investigado pola súa función como director de Seguridade na Circulación de Renfe e segue nese posto. O superior do que depende foi cambiado ao cambiar tamén o presidente de Renfe como consecuencia do cambio de Goberno. O señor Andrés Cortabitarte [director de Seguridade na Circulación de Adif ata unhas semanas antes do accidente e imputado por decisións previas] ten postos agora que me parece que non teñen ningunha relación coa área, pero mantéñenlle o soldo. Por que é isto? Eu non teño ningunha proba, pero a min faime sospeitar.Os delitos polos que está imputado o maquinista, homicidios por imprudencia, non implican moitos anos de cárcere. Tendo en conta posibles atenuantes como que recoñeceu inmediatamente a súa actuación, colaborou coa xustiza e a instrución sufriu varias demoras, chegará a entrar en prisión?"Era un accidente anunciado que lle podía pasar a calquera maquinista, nesas circunstancias non pode ir á cadea"Entendo que non. Iso sería unha aberración. Veremos cando conclúa o que hai, pero non creo que o maquinista poida ter unha responsabilidade como para ter máis de dous anos de prisión, que é o que o faría entrar. É un accidente que lle podería pasar a calquera maquinista porque é un accidente anunciado. Íase producir. 18 meses [tempo que pasou entre a inauguración do AVE Ourense-Santiago e o sinistro] na vida do ferrocarril é pouquísimo tempo, e segundo algúns peritos tardou demasiado tempo en producirse o accidente. Nesas circunstancias non pode haber ese tipo de condena.Ante esa situación, non sería mellor para el asumir unha condena e pasar páxina no canto de levar xa cinco anos enredado nesta instrución xudicial?Non. O maquinista é unha persoa permanentemente ligada ao ferrocarril. Nesta instrución débense determinar todas as causas reais, todas, polas que ocorreu o accidente. Creo que é de xustiza para todas as vítimas, é necesario para todos os que viaxamos en tren, pero para os maquinistas, que están todos os días montados nun tren, é fundamental. Os profesionais non poden estar a xogar a vida, que vaian nun cadaleito ou que se lles pida cárcere. Teñen que traballar seguros. E iso significa que os elementos necesarios, as análises de riscos, os sistemas de seguridade, se instalen adecuadamente. Cremos que esta instrución xa modificou bastantes cuestións no ferrocarril e vai modificar moitas máis. E sobre todo coa intervención de Europa, grazas á intervención da plataforma de vítimas, que fixo unha labor fenomenal para isto. A partir deste accidente as vías en España teñen que ser máis seguras, que é o que todos os profesionais do ferrocarril desexan, sobre todo os que van na máquina.Vostede é avogado do Sindicato de Maquinistas. O seu interese é defender ao maquinista de Angrois ou poñer en apuros a Renfe e Adif para arrincarlles melloras laborais para os demais?"O meu interese exclusivo é defender ao maquinista, teño liberdade absoluta por parte do sindicato de maquinistas"En ningún caso! O meu interese exclusivo é defender ao maquinista. As melloras laborais sábeas negociar moi ben o sindicato e demostrouno nos seus 32 anos de existencia, non necesita de ningún accidente. Iso está totalmente á marxe e pódoo dicir clarisimamente. A liberdade que eu teño de defensa do maquinista é absoluta por parte do sindicato. Só me dan facilidades, xamais me din nada, só me preguntan como vai a cousa e se necesito algo. Inxerencia nin unha. E coñécenme moi ben, porque eu fago os estatutos fundacionais do Semaf en 1986. Aquí só hai un obxectivo, a defensa de Garzón, que significa que se determinen todas as causas do accidente.En bastantes ocasións as súas formulacións e peticións durante a instrución coincidiron coas das vítimas. Hai algún tipo de pacto entre vostedes para actuar conxuntamente contra Adif e Renfe?Non. As vítimas e nós evidentemente temos diferenzas, e verase. Non hai que esquecer que cando o xuíz quixo pechar a instrución imputando exclusivamente ao maquinista, aínda que logo foi revogado pola Audiencia da Coruña, o avogado da plataforma de vítimas pediu a mesma condena para Garzón que o fiscal, a máxima, catro anos. Niso evidentemente discrepamos absolutamente. Agora ben, a plataforma e nós temos algo en común, queremos a verdade. Por iso evidentemente coincidimos en moitísimas formulacións. Porque o que pasou co maquinista xa está claro, e probablemente teremos diferenzas sobre como se cualifica iso. Pero coincidimos en que non se coñecían outras causas que están a saír á luz. Iso non significa que exista ningún pacto. Significa que os obxectivos son comúns e ademais creo que son necesarios.Serviu o accidente para mellorar a seguridade ferroviaria en toda España?Si, pero cun matiz, que os tempos non axudaron. Non sei se o ferrocarril ten o investimento en mantemento que debera ter. Pero canto á sinalización creo que o accidente supuxo que empezasen a facer análises de riscos e certificar vías e os responsables van pensar agora e no futuro o que fan.Tras o accidente políticos e empresas pediron que non se manchase a imaxe da alta velocidade española. Está vostede contribuíndo a ensuciala ao poñer en dúbida as súas medidas de seguridade?"A alta velocidade española é xenial, o problema é o que non había en Angrois, e por iso non se pode desprestixiar o resto, pero non imos calar o que se fixo mal, que non é culpa do AVE senón do responsable que tiña que facer iso ben"Eu non poño en dúbida as medidas de seguridade da alta velocidade española, que son xeniais. Acabo de ir e volver de Madrid a Cádiz no día a un xuízo. Desde que existe o AVE a Barcelona eu non collo un avión. Iso é estupendo. As liñas de alta velocidade teñen o ERTMS instalado [sistema de control constante da velocidade propio do AVE que en Angrois desactivouse]. O problema non é a alta velocidade, é o que non había en Angrois. A liña Ourense-Santiago, nos seus últimos quilómetros, como consecuencia de non facerse análise de riscos, era unha liña orfa de toda medida de seguridade. Por iso non se pode desprestixiar a todas as liñas de alta velocidade españolas, que teñen unha puntualidade e seguridade estupendas. Pero non imos calar o que se fixo mal, que non é culpa da alta velocidade senón do responsable que tiña que facer iso ben.Cre que un ministro, fose o socialista José Blanco que inaugurou a liña en 2011 ou a popular Ana Pastor que puxo en servizo nela os trens Alvia híbridos en 2012 e estaba no cargo cando ocorreu o accidente, debe saber de sistemas de seguridade ferroviaria?"Non creo que un ministro saiba de seguridade, pero despois do accidente houbo intromisións políticas en como se facían as cousas e se informaba, iso si creo que pasou"Non. O ministro non creo que soubese. Só tería responsabilidade se alguén lle dixo que inaugurar iso así supoñía unha omisión de medidas de seguridade, que non creo que ninguén llo dixese. Pero é que se podía inaugurar iso con plena seguridade, porque despois do accidente puxéronse tres sinais, que están en todos os sitios postas, que non custan nada. Vai negarse o ministro a que poñan iso os técnicos? Van pedir permiso para poñelas? Non. Pois póñense. Non creo que un ministro saiba diso nin sexa capaz de dicir iso non o poñades. Iso está claro. Agora, que despois do accidente houbo intromisións políticas en como se facían as cousas e se informaba, iso si creo que pasou.O maquinista nunca apareceu por vontade propia en ningún medio de comunicación. Tivo algún contacto coas vítimas?Coa plataforma de vítimas creo que non, pero si cunha vítima hai xa uns anos. Víronse e estiveron xuntos falando.A petición de quen?A petición da vítima.Como valora o tratamento mediático que está a recibir o caso?Como en case todos os asuntos deste país, algúns escriben cunha temeridade tremenda. Din que ía como un tolo e cren que os trens circulan á velocidade que quere o maquinista. Hai tamén outros medios que creo que por intereses políticos, por onde están, informan mal porque queren. E logo houbo algúns medios con bastante coñecemento, que seguiron o caso desde o principio, que creo que están a ser bastante obxectivos. De todo hai.Como se atopa o seu defendido na actualidade? Como lle afectou a súa comparecencia obrigada no Congreso tras cinco anos afastado dos focos?"Espero que Garzón supere pronto a comparecencia no Congreso e non volva ter ningún problema psíquico"Afectoulle e creo que puido verse perfectamente. Quizais pola súa timidez, e pola súa nai con máis de 90 anos, porque el marchou a Galicia porque estaba soa e quería estar con ela. Non quere verse nas imaxes nin nos xornais. Levaba xa uns anos sen o acoso que sufriu ao principio, que estivo escondido, en casa de amigos e ía case disfrazado. Lembro que a primeira vez que estiven con el en Santiago ía case descoñecido porque non quería que o recoñecesen pola rúa. Iso tíñao case superado, esquecérase, e teme que agora volva todo iso. Confío en que non, pero esa angustia agora tena. Iamos ben ao Congreso, el estaba preparado para ler o que levaba escrito, pero cando apareceu tantísima prensa alí, derrúbase. Lembra todo aquilo e xa non pode articular palabra. Espero que o supere pronto e que non volva ter ningún problema psíquico. Confío en que o superará. |
NOS_16764 | CIG-Ensino exíxelle o conselleiro de Educación que readmita o profesorado após se producir xa 28 resolucións nos xulgados do social de Galiza e 4 sentenzas no TSXG | O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de confirmar en 2 novas sentenzas o despedimento nulo de profesorado Celga. Son dúas resolucións que desestiman os recursos presentados pola Consellaría de Educación e ratifican a nulidade dos despedimentos de dúas profesoras, defendidas pola CIG-Ensino. Xa son catro as resolucións nas que o TSXG confirma as sentenzas dos xulgados do social. O Tribunal imponlle á Xunta, igual que nos casos anteriores, custas por unha contía de 600 euros. O sindicato nacionalista indica que en todas as sentenzas o TSXG "confirma a existencia de represalias e di textualmente "a Xunta de Galiza decidiu precisamente cambiar o sistema de cursos de Celga no momento en que as reclamacións de laboralidade dos profesores Celga estaban empezando a colleitar éxito. E decidiu cambialo, precisamente, para deixar fóra aquel profesorado que se vían beneficiados pola denuncia sindical". Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, considera "preocupante" que o novo conselleiro "persista na actitude represiva e de desobediencia aos tribunais de xustiza que están confirmando a relación laboral deste colectivo, a actuación ilegal da Consellaría de Educación e o comportamento represivo da mesma". |
NOS_33099 | O pasado 23 de xuño, Esquerda Unida enviou unha circular ás súas organizacións comarcais e locais en que esta formación, integrada en En Marea, desalenta a participación da súa militancia no conclave que a confluencia vai realizar este sábado en Compostela. As e os militantes de EU que si participen no plenario faríano a título persoal. | Por que non avala a organización liderada por Eva Solla -vicepresidenta segunda do Parlamento galego- o plenario deste sábado? Así o explica a súa Executiva Nacional nunha misiva asinada polo secretario de organización, Rubén Pérez, á que tivo acceso Sermos Galiza: "Como organización non podemos avalar este proceso que pretende configurar o espazo como un partido clásico de militantes inscritos, cunha falla evidente de pluralidade interna e con serias incongruencias programáticas e de praxe política. O noso compromiso co proceso de En Marea e coa unidade popular non pode selo coa alteración do seu proxecto orixinario". De acordo coa visión de EU, o proceso de inscrición en En Marea para tomar parte no conclave -o prazo para ter dereito a participar concluía esta terza feira- equivale á afiliación a un partido clásico, o que leva á Executiva Nacional esquerdista a non alentar a "participación da nosa militancia neste plenario deixando liberdade a aqueles inscritos que queiran participar a título persoal". Significa isto que non haberá cadros ou militantes de peso de EU no plenario do sábado? Non necesariamente. Segundo fontes consultadas por Sermos, significa máis ben que Esquerda Unida adoptará un "perfil baixo" no conclave, para marcar a súa distancia crítica a respeito de como o villarismo -apontan neste sentido a responsabilidade da Cerna liderada por Mario López Rico- tería xerido este proceso. Á altura en que se enviou a circular -23 de xuño-, Esquerda Unida queixábase tamén de que non se sabía aínda "a proposta" que iría a debate no plenario. A maioría que neste momento goberna a organización, liderada por Luís Villares, aprobou os textos oficiais na reunión do Consello das Mareas realizada o pasado 1 de xullo. A eses textos os actores opositores á corrente villarista -a Anova de Antón Sánchez, a propia EU, a FPG, os núcleos de Podemos críticos a Carmen Santos- apresentaron un documento alternativo que se deu a coñecer esta terza feira baixo a lenda Recuperar a Marea. As teses dos segmentos opositores son contestadas desde as proximidades de Villares co contra-argumento de que as críticas se explicarían pola saudade que Esquerda Unida, Anova e o Podemos de Gómez-Reino senten por un modelo de vella política en que son os aparatos partidarios -e non as bases- os que pugnan por controlar a organización. |
PRAZA_20517 | Medio Rural non informa por iniciativa propia de ningún incendio inferior ás 20 hectáreas se non está próximo a áreas habitadas HEMEROTECA | A Xunta oculta información dos incendios forestais por noveno ano consecutivo | Ata este sábado o último comunicado oficial da Consellería de Medio Rural sobre un incendio forestal estaba datado no pasado 25 de xuño e refírese ao lume que atinxiu a 16,6 hectáreas de monte arborizado en Quins, no concello ourensán de Melón, a mesma na que apenas catro días antes se dera por extinguido o incendio que arrasara unhas 160 hectáreas. Dende aquel comunicado transcorreron case tres semanas durante as cales a meteoroloxía foi variable e a Xunta realizou diversas comunicacións públicas nesta materia -entre elas, a presentación do Pladiga 2017-, pero ningunha con datos sobre un incendio concreto ata que este 15 de xullo deu conta dun incendio en verín. Este venres, no entanto, Medio Rural revelou que o martes anterior o municipio de Piñor, tamén en Ourense, sufrira "ata cinco lumes simultáneos" nun só día. Foi, nomeadamente, a través da conta de Twitter creada pola Xunta en 2013 para informar sobre a incidencia do lume nos montes do país onde Medio Rural divulgou a imaxe destes cinco focos sen detallar a superficie á que afectaron nin ningunha outra circunstancia alén de evidenciar que na súa extinción actuou, cando menos, un "helicóptero antiincendios". Segundo informou o diario La Región, neses incendios chegaron a actuar oito brigadas, tres motobombas, un avión e cinco helicópteros, datos atribuídos á propia Consellería. A Xunta non informa por iniciativa propia de ningún incendio inferior ás 20 hectáreas se non está próximo a áreas habitadas Alén do episodio da fotografía o acontecido responde á política informativa que o Goberno galego mantén a respecto dos incendios forestais dende o ano 2009, segundo a cal como norma xeral non ofrece información por iniciativa propia de ningún incendio que non supere as 20 hectáreas, agás daqueles que poñan en perigo a poboación pola súa proximidade a zonas habitadas. Dos que non superen esas dimensións e non sexan un risco potencial para a veciñanza da contorna só informa a "demanda", isto é, se un medio de comunicación ou outra entidade se dirixe á Consellería preguntando por un foco en concreto, circunstancia na que Medio Rural aclara se hai ou non un incendio nese lugar. O actual Goberno suspendeu en 2009 a difusión de partes diarios con todos os incendios A razón esgrimida para implantar este sistema foi en 2009 non xerar "alarma social" e tamén evitar que a prensa "non reflicta" os datos dos incendios "tal e como se dan" dende o Goberno. O gabinete de Alberto Núñez Feijóo suspendeu así o modelo de información dos incendios do Goberno de PSdeG e BNG, baseado na publicación de dous partes diarios -xeralmente, ás 13:00 e ás 19:00 de cada xornada- con todos os incendios forestais que afectaban aos montes galegos. Un modelo informativo como o do bipartito é o que aplica, por exemplo, a Junta de Castilla y León, que tamén ofrece dous partes diarios durante a temporada de alto risco. Mentres, outros gobernos como a Comunitat Valenciana optan por ofrecer unha relación completa de todos os incendios forestais unha vez ao mes. Campaña 'Faite cortalumes' Vázquez e Fernández-Couto, presentando a campaña de sensibilización contra os incendios / Xunta Medio Rural vén de lanzar unha campaña para "sensibilizar" sobre a importancia de previr incendios e "sobre todo, denunciar os incendiarios" Con este pano de fondo a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto -á fronte da política de incendios da Xunta dende 1994 coa paréntese dos anos do bipartito- veñen de presentar unha nova campaña de sensibilización para "implicar a todos os galegos" na loita contra o "problema" dos incendios forestais. Baixo os lemas Son cortalumes e Faite cortalumes a Xunta anima a descargar un "diploma de cortalumes" e a espallar "mensaxes nos medios de comunicación e nas redes sociais" sobre a prevención do lume. "O obxectivo é construír un gran cortalumes simbólico contra os incendios" que signifique "actuar coa máxima precaución no monte, adoptar prácticas respectuosas coa natureza, avisar a través do teléfono 085 dos incendios e, sobre todo, denunciar os incendiarios". Vázquez insta a lembrar que "Galicia conta con 10.500 hectáreas de cortalumes físicos", zonas "nas que se controla o crecemento da biomasa, creando discontinuidades do combustible para impedir o paso do lume e facilitar o acceso dos medios de extinción que actúan por terra". "Os lumes -di a conselleira- ameazan os montes, os bens materiais e, o que é máis importatne, a vida e a integridade das persoas, como acabamos de comprobar en Portugal". |
NOS_18151 | María Lado e Lucía Aldao, Laura Branco de Barrera e Xavier Rodríguez Baixeras protagonizan a Festa da Palabra que a Asociación Cultural A Pomba do Arco recupera despois de anos sen se celebrar. Os días 23, 24 e 25 a música e a poesía regresan a Foz coa súa festa. | Tres espectáculos poéticos musicais compoñen o programa dunha noa edición da Festa da Palabra que este ano regresa a Foz da man da Asociación Cultural A Pomba do Arco. A Sala de Exposicións do Cenima acollerá os días 23, 24 e 25, ás 20.30 horas, tres propostas poéticas que mostrarán o moito que está a dar de si a poesía sobre un escenario. A primeira delas levará a Foz o día 23 a que é sen dúbida unha das iniciativas de maior suceso da poesía ao vivo. Trátase do dúo Aldaolado composto polas creadoras María Lado e Lucía Aldao que presentarán na Mariña o seu espectáculo poético que incorpora boas doses de humor. Para a segunda xornada, será a poeta de Foz, Laura Branco de la Barrera, autora de Doenças dum espelho a que achegue a súa renovadora obra á Festa da Palabra. Para pechar o programa, a Pomba do Arco convida unha das máis sólidas voces da poesía galega, Xavier Rodríguez Baixeras, un dos nomes máis destacados da coñecida como Xeración dos 80 que xa participou na primeira edición da Festa da Palabra. Para pechar o programa, a Pomba do Arco convida unha das máis sólidas voces da poesía galega, Xavier Rodríguez Baixeras Canda Baixeras, algúns dos máis destacados nomes da poesía galega como Fernán Vello, Pilar Pallarés, Lino Braxe, Luísa Castro ou Pepe Cáccamo participaron neste encontro poético que o Concello de Foz convocou a comezos dos anos noventa e que esta nova edición busca dar continuidade. Nomes de poetas que xa non están mais que a súa obra continuou medrando nestes anos como Xela Arias, Fiz Vergara ou o propio Manuel María formaron parte tamén do programa da Festa que converteu a Foz nun lugar de referencia no panorama poético galego. Desde A Pomba do Arco, convida a asistir á esta nova Festa da Palabra na "convicción de que as diversas propostas artísticas deben ter un lugar na actividade cultural, pero tamén desde a certeza que son necesarias alternativas que posibiliten o achegamento da sociedade a formas de expresión que resultan excluídas das grandes canles de divulgación cultural". |
NOS_40998 | Constance Markievicz (London, 1868) é coñecida por ser a condesa que loitou pola independencia de Irlanda no Alzamento de Pascua de abril de 1916, cuxo cen aniversario se conmemora estas semanas. Xunto a Elizabeth O'Farrel ou a doutora Kathleen Lynn, formou parte das rebeldes irlandesas feministas. | Alén de Padrick Pearse e James Conolly, participaron no Alzamento de Pascua outros heroes e heroínas que desenvolveron un papel destacado nos fitos do Alzamento de Pascua de 1916 que sentaron as bases da independencia de Irlanda. Markievicz abandonou a aristocracia cando abrazou os ideais socialistas e independentistas. De aí o alcume Red Countess. Membro do Exército Cidadán Irlandés, no que combateu co grao de tenente, esta feminista e nacionalista chegou a tomar o Saint Stephen's Green, un parque público de Dublín, durante o Alzamento de Pascua, tal e como lembra Iñaki Bergaretxe, socio da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), entidade que celebra estes días o cen aniversario do fito. Este activista da memoria explica que "ao achegárense os militares británicos, prohibiulles avanzar máis aló dunha liña marcada polas barricadas, porque o outro lado, avisou, era territorio da República Irlandesa que acababa de ser proclamada. Advertiunos de que abrirían fogo se avanzaban". Constance Markievicz tomou un parque público como metáfora da independencia de Irlanda Na defensa do parque público metáfora desa desexada República de Irlanda, esta muller socialista provocou a fuxida dos militares británicos, "desconcertados e aínda coa sorpresa inicial enriba, retiráronse. Pero volveron. Volveron con reforzos, metralladoras e artillería e aquilo acabou como xa sabemos", afirma Bergaretxe nun artigo ao que tivo acceso Sermos Galiza. Hoxe, un busto de Markievicz honra a súa memoria en Saint Stephen's Green. Xurdimento das ideas nacionalistas Após o seu nacemento, Markievicz foi trasladada a Irlanda cos seus pais, terratenentes. Estudou Belas Artes en London e en París, onde coñeceu o que sería o seu home, Dunin Markievicz, conde polaco, co que casou en 1900 e do que posteriormente se separaría. A súa adhesión ao nacionalismo xurdiu, segundo historiadores, após o verán de 1907, cando nunha casa de campo alugada nas proximidades de Dublín, atopou unhas vellas gacetas que exaltaban a identidade nacional de Irlanda. "Souben entón que Irlanda tiña lingua de seu, enriquecida cos tesouros do seu pasado (...) Espertei á idea de que Irlanda non se rendera e de que existían homes e mulleres que non aceptaran a conquista", escribiu. A raíz da descuberta, Markievicz ingresou na organización Inghinidhe na hEireann –Fillas de Irlanda-, coas que escribiu na publicación Mulleres de Irlanda, o primeiro xornal feminista irlandés, e no Sinn Féin. A continuación, participa de iniciativas sociais e coñece o sindicalista e líder dos laboristas irlandeses Jim Larkin, co que en 1914 reconstituíu o Exército Cidadán Irlandés. A súa participación no Alzamento de Pascua levou a condesa a ser internada na cadea dublinesa de Kilmainham A súa participación no Alzamento de Pascua levou a condesa a ser internada na cadea dublinesa de Kilmainham, onde foi testemuña da execución de James Connolly e doutros quince líderes da revolta. Ela mesma foi condenada a morte, mais a súa condena foi conmutada pola cadea perpetua, mais saíu do cárcere un ano após, en 1917. Até o ano da súa morte, seguiu loitando por unha Irlanda liberada. Así, nas eleccións de 1918 o Sinn Féin obtivo unha vitoria fundamental en territorio irlandés e Markievicz convertíase entón na primeira muller elixida para o Parlamento nunhas eleccións do Reino Unido. Porén, como o resto dos membros do partido, negouse a ocupar o cargo. En 1919 foi designada ministra de Traballo no Goberno de Éamon de Valera e nas eleccións de 1923 foi reelixida parlamentar pero negouse a ocupar o escano pola negativa a recoñecer o Estado Libre Irlandés. En 1927 foi eleita deputada polo Fianna Fáil –escisión do Sinn Féin- mais non puido tomar posesión do cargo ao caer enferma e falecer. |
NOS_41675 | Cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE, o Concello lucense de Riotorto aprobou a segunda feira estudar as medidas necesarias para manteren a paga de Nadal @s traballador@s públicas. Neste senso, Riotorto convértese no primeiro concello en aprobar a medida anunciada polo BNG a pasada semana. | "Nós estamos no Concello para defender aos nosos veciños e veciñas e non para aprobar medidas inxustas que os prexudican", aseverou Federico Gutiérrez, alcalde de Riotorto, para defender o mantemento da paga @s empregad@s públic@s e rebelarse contra o Real Decreto-Lei 20/2011 que fixa unha redución retributiva para as persoas que traballan na administración. Esta segunda, o pleno municipal aprobaba cos votos a favor d@s concelleir@s do BNG procurar as medidas necesarias para compensaren a redución salarial promovida polo goberno español. O PP votou en contra da proposta antepoñendo os intereses partidarios ao benestar d@s veciñ@s e alegando os mesmos criterios que emprega o goberno español para defender as políticas de recorte, pola súa banda, o PsdeG-PSOE abstívose. Federico Gutiérrez retrucou ao goberno español afirmando que o decreto-lei 20/2011 é unha "auténtica imposición" que no caso dos concellos "socava a autonomía local" ao pretender convertelos en cómplices da política de recortes promovida polo Partido Popular, coa que moitos deles discrepan. O alcalde de Riotorto, lembrou que este tipo de medidas xa se tivo ensaiado noutros momentos coma o actual, caracterizados pola crise económica, "e como resultado deu precisamente o contrario do que se perseguía", pois asegurou, reducir o poder adquisitivo da clase traballadora –nomeadamente d@s traballador@s do sector público--, non contribúe a reactivar a economía senón que resente o consumo e pon en risco ao tecido comercial e empresarial da zona. O Concello de Riotorto convértese deste xeito no primeiro en aprobar a medida anunciada a pasada semana polo BNG, na que a fronte nacionalista aseguraba que alí onde tivesen capacidade para facelo, manterían a paga extra @s empregad@s públic@s e a fin de "manter a calidade de vida da veciñanza do concello", polo que non apoiaran as "políticas antisociais do PP", asegurou Gutiérrez. Mocións en todos os concellosAsí mesmo, @s nacionalistas anunciaron que presentarían mocións en todos os concellos nos que conten con representación coas que solicitarán o rexeite da corporación municipal ás medidas reguladas polo RD 20/2011, así como instarán ás alcaldías a adoptaren medidas compensatorias que manteñan o poder adquisitivo d@s empregad@s do sector público. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.