ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_44390 | Desde Vía Galega, plataforma promotora da iniciativa, salientan que é "un dereito colectivo que debe ter toda nación e que hoxe xa están a exercer 49 territorios que, sen ter estado propio como a Galiza, compiten oficial e internacionalmente". | O BNG trasladou o seu respaldo aos promotores da iniciativa que reclama que a Galiza poida competir en deportes de forma oficial, unha proposta que o PSdeG, pola contra, ve "inviábel". Así o comunicou a plataforma Vía Galega tras a rolda de reunións que mantivo esta terza feira cos grupos da Cámara galega —PP, BNG e PSdeG—. Ao termo dos encontros, os promotores da inicitiva que avoga polo dereito da Galiza a competir internacionalmente coas súas seleccións deportivas trasladaron que o Bloque mostrou o seu "apoio total" á proposta. Vía Galega leva á Cámara a cuestión da oficialidade das seleccións galegas Pola súa parte, o PSdeG posicionouse a favor dos puntos resolutivos da iniciativa agás na demanda da oficilidade, xa que entenden os socialistas que levar a cabo esta proposta é "complexo e complicado", alén de "inviábel nos deportes onde compitan as federacións españolas". A respecto do PP, segundo Vía Galega, os deputados Rubén Lorenzo e Daniel Vega afirmaron que o grupo abordará na súa próxima reunión a postura a adoptar sobre esta iniciativa. Así as cousas, Vía Galega insta socialistas e populares a teren "altura de miras" e asumiren que as seleccións galegas "son realmente as que representan aos galegos e galegas". Comezan a recoller sinaturas para levar ao Parlamento a ILP sobre as seleccións deportivas galegas "Non valen xustificacións de ningún tipo para non apoiar esta iniciativa, que está sustentada nunha reivindicación que vén de atrás, nun dereito colectivo que debe ter toda nación e que hoxe xa están a exercer 49 territorios e nacións que, sen ter estado propio como a Galiza, compiten oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas", resalta a plataforma. |
NOS_4274 | Despois de coñeceren a intención, por parte do Concello de Ferrol, de reducir o espazo da súa sede e cambiarlle o nome, o histórico Ateneo segue a reclamar apoio social. Mañá, quinta 23, organiza un festival no Cantón de Molíns. | O número 202 e o primeiro andar do 204 da rúa Madalena, edificios históricos do século XVIII, son desde hai case 30 anos un espazo referencial para a cultura e o pensamento na cidade departamental. O Ateneo, con máis de 130 anos de andaina, asentou alí un lugar de encontro para proxeccións, exposicións, debates e moitas outras actividades e unha biblioteca de referencia. Perante a noticia de que o concello de Ferrol quere introducir outras dúas entidades na súa sede (a Sociedade Artística Ferrolana e a Asociación Veciñal do Centro Histórico), e cambiarlle o nome polo de "Centro Cultural Concepción Arenal", difundiron un manifesto a través de internet reivindicando a conservación da súa actividade regular neste espazo. Agora organizan un festival para captar apoio social, con música, poesía, plástica e teatro, que terá lugar a partir das oito da tarde desta quinta no Cantón de Molíns: a poeta Eva Veiga, a actriz Helga Méndez, dinamizadora do teatro amador na cidade a través do grupo Bartoleta teatro, e o escritor Guillermo Ferrández, un habitual de eventos como a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol, e autor dun estudo sobre a fala local e varias obras literarias. No apartado musical estarán o grupo de Zanfonas de Trasancos, a Agrupación Raparigos, o gaiteiro Tonecho Varela e @s cantor@s Manolo Bacalhau e María Manuela. |
NOS_24907 | Foi no passado dia 10 de setembro que a cidade do Rio de Janeiro acolheu o evento. Será no próximo 24 que Lisboa o acolha. Trata-se da terceira edição do Encontro de Poetas da Língua Portuguesa. | O encontro nasceu, refere a mentora e coordenadora da iniciativa, Mariza Sorriso, para "integrar o maior número de poetas lusófonos" e "congregar parte do universo das rimas perdidas das tribos poéticas espalhadas pelo planeta, fragmentadas pelos aspetos geográficos, sociais ou cronológicos" Os encontros não se limitam aos autores do livro lançado no dia 10, uma antologia comemorativa do encontro, intitulada Em todos os ritmos da poesia, estando aberto a todos os poetas de língua portuguesa que queiram participar, desde "poetas renomados" a "alguns neófitos que estão publicando os seus poemas pela primeira vez. Somos um só verso A antologia reúne 267 poemas e 91 poetas de seis países: Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique e Portugal e segundo se diz a modo de publicidade, "traz a essência do Encontro de Poetas da Língua Portuguesa. Embora estejamos ligados pelo idioma e pela poesia, somos originários de diversas culturas. Além disso, estão reunidos escritores das mais variadas idades, níveis de vivência poética e classe social. Poemas de poetas contemporâneos renomados e premiados, doutores em Letras ao lado de poetas neófitos. Essa diversidade cultural compõe um rico cardápio poético que temos o prazer de apresentar ao leitor. Todos são muito bem-vindos! SOMOS UM SÓ VERSO". Uma antologia "traz a essência do Encontro de Poetas da Língua Portuguesa. Embora estejamos ligados pelo idioma e pela poesia, somos originários de diversas culturas" No Rio o encontro teve lugar no Museu da República onde, para além do lançamento do livro e de apresentações de poetas ao vivo e pela Internet, houve uma apresentação musical de diversos ritmos de países lusófonos e uma palestra intitulada "A importância da Convergência dos Poetas Lusófonos", com o escritor e docente Wander Lourenço de Oliveira. O evento segue agora para o Palácio da Independência, em Lisboa, com a presença de poetas e autoridades de vários países lusófonos. Na noite de 23 de setembro, véspera do evento, haverá uma visita guiada à Casa de Fernando Pessoa e uma tertúlia na Casa de Angola O primeiro Encontro de Poetas da Língua Portuguesa ocorreu em Portugal e o segundo no Brasil. O próximo terá lugar em Moçambique. |
PRAZA_2813 | A alianza "Cambiemos" encabezada por Macri gañou sen programa de goberno. Ninguén preguntou polos posibles beneficios xa que abonda con quitar de diante a Cristina. | A recente elección presidencial na República Arxentina é motivo dos máis variados comentarios. Unha metade da poboación amosa alegría e a outra metade, tristeza. Aquí en Galicia dóenos moito cando sucede algo malo no país do mundo onde máis galegos atoparon un espazo solidario onde quecer das friaxes seculares. Coido que é un momento moi axeitado para pedir que o andazo macrista sexa pasaxeiro e que axiña a xenerosa dona Arxentina volva a camiñar polo roteiro da solidariedade. Coido que é un momento moi axeitado para pedir que o andazo macrista sexa pasaxeiro e que axiña a xenerosa dona Arxentina volva a camiñar polo roteiro da solidariedade Nesta beira norte levamos anos con información deformada, manipulada ou mesmamente falsa sobre os gobernos de Néstor Kirchner e Cristina Fernández. Non se coñece ningún país democrático no que os grandes medios de comunicación estivesen ocultando as realizacións do goberno ao mesmo tempo que publicando unha mentira detrás de outra. A exportación da mentira ten unha clara finalidade. Trátase de crear un estado de opinión contrario ao mandatario que disque é medio autoritario ou disque ten millóns en Suiza ou disque mercou unhas xoias marabillosas en París. O veleno busca contaxiar toda clase de sentimentos negativos para estragar a imaxe do presidente Kirchner, primeiro, e da presidente Fernández, logo, durante 8 anos de constante ataque persoal. Haberá quen se pregunte polo fundamento desta activa campaña en contra dun presidente electo nas urnas. Habería moito que contar pero é curioso destacar que os dous medios más críticos con Néstor e Cristina --"Clarín" e "La Nación"-- foron antes os que máis louvaron ao xeneral Videla. Hai unha razón económica que xustifica totalmente as diferentes varas de medir da gran prensa arxentina. O dúo de medios é o propietario da empresa "Papel Prensa" que ten o monopolio da importación de papel. A propiedade foi conseguida mediante acto delictivo que foi bendecido polo católico xeneral Videla. Non é fácil de entender que un país coa mellor taxa de emprego dos últimos 50 anos queira volver ao desemprego. Non parece axeitado que voten para a desaparición da industria nacional e tampouco é lóxico votar para volver a endebedarse no exterior Haberá quen pregunte, se Cristina foi tan boa, porqué perdeu as eleccións o seu partido, a"Fronte para a Victoria". Hai dúas respostas posibles, segundo responda un macrista ou un peronista. Eu son da opinión de que o andazo macrista atopou sitio no infantilismo duns cidadáns da clase media que enguliron gostosos as mentiras coas que os ateigaron. Non é fácil de entender que un país coa mellor taxa de emprego dos últimos 50 anos queira volver ao desemprego. Non parece axeitado que voten para a desaparición da industria nacional e tampouco é lóxico votar para volver a endebedarse no exterior. As realizacións do goberno de Cristina Fernández foron recoñecidas por diferentes organizacións internacionais. O país non debe nada ao FMI e ten na caixa 27.000 millóns de dólares; cando asumiu Néstor Kirchner había 11.000 millóns. Hai sete novas universidades e retornaron e foron contratados máis de 1000 científicos. Foi posible a posta en órbita de dous satélites, man de obra nacional, de comunicacións e centos de novos trens volven a transportar viaxeiros. Hai moito máis pero, evidentemente, os logros non serviron para que o partido de Cristina seguise no poder. A alianza "Cambiemos" encabezada por Macri gañou sen programa de goberno. Ninguén preguntou polos posibles beneficios xa que abonda con quitar de diante a Cristina Entón, para falar sobre o triunfo de Macri haberá que estudar o seu programa electoral. Supoño que foi tal o poder seductor das propostas que os electores sentiron desexos tolos de ir votar. Aquí é onde teño que facer un punto e aparte. Os que elixiron a Macri, coido eu, son seres dunha afastada galaxia. É unha pena que non teña coñecementos de astroloxía para determinar cal é o signo zodiacal máis influínte para votar sen saber o que votas. A alianza "Cambiemos" encabezada por Macri gañou sen programa de goberno. Ninguén preguntou polos posibles beneficios xa que abonda con quitar de diante a Cristina. Estou fondamente abraiado. A sociedade arxentina é moi educada e presume de estar moi ben informada sobre o que pasa no mundo. Sendo así, a maioría dos votantes analizará as diferentes propostas e logo decidirá. Non sei ben, ando un pouco atrapallado. Non chego a determinar cal foi razoamento feito polos votantes do presidente Macri. Certamente, penso que non se fixo unha valoración previa do candidato. Don Mauricio está procesado en varias causas xudiciais aínda non pechadas. O seu pasado de empresario trucho que fixo cartos co contrabando de pezas para a ensamblaxe de coches, non parece meritorio. Por non falar do seu machismo activo. É o típico herdeiro do "tano" emigrante que non soubo manter o patrimonio familiar. O seu pasado de empresario trucho que fixo cartos co contrabando de pezas para a ensamblaxe de coches, non parece meritorio. Por non falar do seu machismo activo Quizais, os que votaron a Macri, sexan os máis burros, egoístas e patéticos electores do último século na Arxentina. Son burros porque escollen o máis feo, malo e cheto dos gobernos posibles. Son egoístas porque votan para foder aos negros peronistas. Son patéticos ao creer que o globo amarelo (símbolo do cambio) lles traerá feixes de dólares baratos. Poida que cada voto macrista leve unha pinga de rancor contra dos que menos teñen. Así se explica que millóns de arxentinos enchan a boca falando de "cambio" cando en realidade é un retorno a antigos escenarios de peche de industrias nacionais e alto índice de desemprego. Haberá quen diga que estou fóra de onda ao criticar porque son seareiro da liña patriótica cristinista. Entendo que en democracia haxa alternancia no poder e tamén que o electorado escolla mellorar a calidade democrática das institucións. O que non me cabe na cabeza é ir para atrás. Calquera persoa normal do mundo prefire un choripán [chourizo crioulo na grella] en lugar dun globo amarelo. Agora na Arxentina --terra de excelentes carnes de vacún--- fanse adeptos a unha nova ideoloxía fashion que pregoa a alegría de ter un globo amarelo na man para unir en irmandade a todos os defensores dos que máis rouban e estafan. Volver aos felices tempos infantís? Enfado de nenos mimados? Os historiadores recollerán nas súas futuras publicacións que cando Néstor Kirchner asumiu a desocupación era dun 25% [agora 7%] e a pobreza dun 54% [agora 10%] e o PIB endebedado dun 160% [agora 30%] e que o país medrou máis en 12 anos que nos últimos 50. O meu amigo Xoán Carlos Romero López, xornalista fundador do Facepopular di que "agás que os pobres van estar na miseria e que a clase media vai empobrecer en meses; aquí non pasou nada". O gran Mark Twain dicía que "é máis fácil enganar a xente que convencelos de que foron enganados"e ningún macrista recoñecerá que non sabía o que votaba. Afirmará que acertou ao cumprir co obxectivo desexado de "botar a égoa Cristina". A nosa querida Arxentina volverá ser terra de xenerosidade e o macricidio quedará esquecido coma se dun escuro pesadelo se tratase. Adeus e graciñas, dona Cristina Agardo que Macri non estrague totalmente os logros desta etapa de crecemento xa que será máis doado o cosido das feridas por parte do vindeiro goberno. Non dubido que a "Fronte para a Victoria" volverá ao temón con máis apoio popular e coa urxente tarefa de quitar as castañas do lume da desigualdade. Haberá que ir convencendo aos veciños de que os globos, sexan da cor que sexan, son indixestos aínda que os recomende o creador da dieta macricida. Cómpre volver ao tradicional "asado de tira" dos domingos para que as honradas familias, recuperen, o seu sentimento de irmandade que lles foi extraído cunha troula na contra dos máis desfavorecidos. A nosa querida Arxentina volverá ser terra de xenerosidade e o macricidio quedará esquecido coma se dun escuro pesadelo se tratase. Adeus e graciñas, dona Cristina. |
PRAZA_9070 | O presidente non cre que o acordo concreto en Andalucía vaia ter custo electoral para o PP pero engade que "no futuro, imos ver partido a partido" | O presidente non cre que o acordo concreto en Andalucía vaia ter custo electoral para o PP pero engade que "no futuro, imos ver partido a partido""O que se asinou onte, entendo que non vai ter ningún custo; o futuro, imos ver partido a partido". Así respondeu este xoves o presidente Feijóo cando se lle preguntou, na rolda de prensa tras a reunión semanal do Goberno galego, se teme que o pacto de investidura en Andalucía entre PP e Vox poida ter algún custo electoral para a súa formación. Pola contra, Feijóo asegurou que "o que se asinou onte é un documento claro, transparente e homologable a calquera goberno europeo".Feijóo, que o martes xa se pronunciara en defensa das políticas contra a violencia machista fronte á ambigüidade que vén mantendo a dirección estatal do PP no marco das negociacións con Vox, que pedía derrogar esas medidas, ratificouse este xoves nas súas palabras pero asegurou que non difiren das dos seus compañeiros en Madrid. Segundo dixo, a súa defensa da loita contra a violencia machista diferenciándoa doutro tipo de violencias é "compatible co que defende o presidente nacional do meu partido" e "compatible co asinado en Andalucía". "Aquilo que podemos compartir con Ciudadanos e Vox dixemos que si, e todo aquilo que se lle tivo que dicir que non, se lle dixo que non"O presidente galego centrou as súas valoracións sobre o acordo en Andalucía en salientar que o documento é público, fronte ao suposto pacto de investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno cos independentistas cataláns "que ninguén coñece". Pero tamén tivo reproches para o distanciamento que está a amosar Ciudadanos do acordo entre PP e Vox: "Hai políticos aos que lles encanta a tortilla de patacas pero non que se lles vea romper os ovos en público", dixo.A Feijóo tamén se lle preguntou se o acordo con Vox confirma un xiro á dereita do PP. "Non sei se gobernar con Ciudadanos é xirar á dereita, e non sei se ter un pacto concreto con Vox o é", foi a súa resposta, para engadir que o acordo limítase a constatar os puntos en común do PP con Ciudadanos e Vox. "Aquilo que podemos compartir con Ciudadanos e Vox dixemos que si", explicou, e "todo aquilo que se lle tivo que dicir que non, se lle dixo que non", concluíu. Outra das preguntas que se lle formulou a Feijóo foi sobre a relevancia que se lle está a dar a Vox ao comentar todas as súas declaracións e decisións. "Se vostede me pregunta por unha postura concreta dun partido concreto e eu non lle contesto, é que deixei de ser eu", sentenciou. |
NOS_49316 | Tanto Sajid Javid como Rishi Sunak encabezaban as listas de candidatos a suceder Boris Johnson. | Os ministros de Saúde e Facenda de Reino Unido, Sajid Javid e Rishi Sunak respectivamente, presentaron esta terza feira a súa dimisión após "perder a confianza" no primeiro ministro británico, Boris Johnson. "No nome de Deus, marcha": os escándalos acurralan Boris Johnson Nunha carta enviada a Johnson, Javid afirmou que "foi un privilexio" que lle pediran "volver ao Goberno para servir como ministro de Saúde e Atención Social nun momento tan crítico" para o Reino Unido. I have spoken to the Prime Minister to tender my resignation as Secretary of State for Health & Social Care. It has been an enormous privilege to serve in this role, but I regret that I can no longer continue in good conscience. pic.twitter.com/d5RBFGPqXp— Sajid Javid (@sajidjavid) July 5, 2022 Aliás, o xa ex ministro criticou duramente o dirixente pola moción de confianza á que se tivo que enfrontar o pasado mes debido ao escándalo das festas nas que participou durante os peores meses da pandemia. Boris Johnson enfróntase hoxe a unha moción de censura interna Javid lamentou que, pese a que os conservadores "foron competentes ao actuar no interese nacional" do Reino Unido durante boa parte da lexislatura, a poboación xa non ten esa consideración do partido no goberno. Responsabilidade de Boris Johnson Para os dous ex ministros, este cambio de percepción do Goberno británico é responsabilidade de Boris Johnson. "Lamento dicir que está claro para min que esta situación non cambiará baixo o seu liderado e, polo tanto, tamén perdeu a miña confianza", recoñeceu Javid. The public rightly expect government to be conducted properly, competently and seriously. I recognise this may be my last ministerial job, but I believe these standards are worth fighting for and that is why I am resigning. My letter to the Prime Minister below. pic.twitter.com/vZ1APB1ik1— Rishi Sunak (@RishiSunak) July 5, 2022 Pola súa parte, Rishi Sunak asegurou que o actual primeiro ministro do Reino Unido non cumpre cos estándares de conduta que se lle presupoñen ao cargo que ostenta. Johnson articula un novo consello entre nacións para salvar a Unión de si mesmo Os dous antigos integrantes do Executivo británico estaban entre os principais candidatos a substituír Johnson no caso de que este acabase dimitindo do seu cargo á fronte do país. |
NOS_2160 | Máis de 60 disciplinas invadirán as súas rúas. | O domingo 27 de xuño será un día moi especial para todas as amantes do deporte na Coruña, pois a cidade herculina rescata o tradicional 'Día do Deporte', que durante practicamente a totalidade da xornada anegará as rúas da cidade de actividades deportivas. O evento foi presentado no día de hoxe pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez, quen explicou que a principal novidade será a "descentralización" en nove zonas de actividades distintas que servirán de "escaparate" do deporte para toda a cidadanía e nas que se seguirán "estritas medidas de seguridade", que inclúen un punto de acceso para o control da capacidade e o respecto aos protocolos anti Covid-19. "Seguimos nas habituais localizacións céntricas, pero saímos a maiores a outros puntos para propiciar un maior número de espazos de cara a aliviar a concentración de participantes", explicou. Neste 2021 serán máis de 60 especialidades deportivas diferentes as que integren o programa, no que colaboraron un total de 76 entidades que comparten o común obxectivo "do fomento da práctica da actividade física de forma lúdica e divertida e a filosofía do deporte para todos e todas". Deste modo, a festa terá lugar entre as 11 e as 14 horas, na xornada de mañá, e entre as 16 e as 19, na de tarde, sendo as sedes coruñesas escollidas a Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias, a Pista de Adormideras, a Pista de Petanca de San Amaro, os Xardíns de Méndez Núñez, a Cidade Deportiva de Riazor, a Casa da Auga, a praza de San Pablo, a praza de Tabacos e a praia de Oza. A concelleira apuntou que a cada persoa inscrita se lle entregará un 'Carné da Deportista', que se irá selando en cada un dos nove puntos de actividades, sempre que a participante as supere nun tempo prudencial e con respecto ás normas estabelecidas pola organización en cada punto. Neste sentido, e para promover que a xente non se limite a tomar parte nas disciplinas consideradas "maioritarias", a organización determinou que a práctica dalgunhas modalidades reporten dous selos como recompensa, en lugar dun só. Ao conseguir tres selos, cada persoa recibirá unha camiseta como recompensa, ademais da posibilidade de participar nun sorteo de agasallos. |
NOS_35438 | A policía local de Vigo detivo Alberto José V.G, veciño do Calvario de 62 anos, como sospeitoso de empurrar pola fiestra dun terceiro piso a súa esposa, María Rodrigues Fernández, de 71 anos. A muller asasinada é a sexta vítima mortal da violencia machista no que vai de ano. | Cando non se cumpriu unha semana do asasinato de Conchi Reguera Peón, veciña de Pontesampaio (Pontevedra) de 38 anos, a mans da súa ex parella, confírmase que o caso da muller que "caeu" dun terceiro piso no barrio do Calvario, en Vigo, María Rodrigues Fernández, de 71 anos, foi asasinada. Así, a policía local de Vigo xa detivo o seu marido, Alberto José V.G., veciño do Calvario de 62 anos, como presunto autor do asasinato. Veciñas do piso do Calvario onde tiveron lugar os feitos apuntaron que "ela non se tirou, non caeu, tirouna el". Tamén indican que "el sempre a maltrataba". A Xunta de Galiza advertiu que se trata dun novo caso de violencia de xénero. Deste xeito, María Rodrigues Fernández é a sexta vítima mortal de feminicidio en Galiza no que vai de ano. María Rodrigues Fernández é a sexta vítima mortal de feminicidio en Galiza no que vai de ano Este novo caso de feminicidio levarao o xulgado de violencia sobre a muller número 1 de Vigo, onde non constan denuncias previas contra o detido. Concentracións contra a violencia machista Baixo o lema "Xuntas remataremos co patriarcado criminal", o movemento feminista galego convocou concentracións nas cidades do país. En Vigo, lugar do crime, tivo lugar a quinta feira diante do Marco, e Lugo acollerá a concentración na tarde de hoxe, ás 20h, diante da Casa do Concello. O sábado, tamén ás 20h, terán lugar as mobilizacións da Coruña, diante do Obelisco; de Compostela, na Porta do Camiño; en Ferrol, na Praza do Concello; en Ourense, diante da estatua da Castañeira; e en Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, na rúa Rosalía de Castro. |
PRAZA_13646 | Os socialistas esíxenlle ao banco que se acolla á figura xurídica do achantamento, que xeraría unha sentenza firme que desbloquearía o veto de Bruxelas e permitiría o pago aos afectados de xeito máis rápido que por arbitraxe. | O parlamentario socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, considera que, "de haber vontade, o asunto das preferentes podería quedar pechado en dous ou tres meses". O deputado socialistas basea o seu argumento na porta que se abre coa demanda colectiva presentada pola Fiscalía Superior de Galicia no xulgado da Coruña, e que esixe que se determine a nulidade de determinadas cláusulas, que se consideran abusivas para os contratantes. "Dado que hai unha vontade de pago e recoñecemento do dano por parte de NGB, esta entidade debera achantarse, figura pola que se recoñecen os feitos da demanda" Segundo Rivera, os directivos de NGB xa teñen manifestado en diferentes ocasións que a entidade non se negaba á devolución dos cartos, senon que o problema reside no veto de Bruxelas, polo impedimento da Comisión Europea a que se efectúe un troco do 100% das preferentes por outros produtos financeiros. Por ese motvo, o deputado socialista afirma que "agora teñen unha oportunidade magnífica para dar unha solución definitiva aos miles de afectados". Juan Carlos Francisco afirma que, dado que hai unha vontade de pago e recoñecemento do dano por parte de NGB, esta entidade debera "achantarse", figura pola que se recoñecen os feitos da demanda e permitiría contar cunha sentenza firme nun prazo de dous a tres meses, incluíndo o parón estival dos xulgados. Remataría así o proceso cunha sentenza xudicial, "polo que Bruxelas non podería xa impoñer un veto", sentencia Francisco Rivera. Salienta tamén o deputado que esta solución é moito máis rápida e eficiente que a arbitraxe proposta por Núñez Feijóo e que tamén está sometida ao bloqueo de Bruxelas. "Se hai vontade da Xunta e NGB este asunto estaría resolto. Agás que o problema non sexan os vetos de Bruxelas e o verdadeiro impedimento sexa unha falta de liquidez", algo que, ata o de agora, a entidade sempre negou, recorda Francisco Rivera. "Se hai vontade da Xunta e NGB este asunto estaría resolto. Agás que o problema non sexan os vetos de Bruxelas e o verdadeiro impedimento sexa unha falta de liquidez" Así mesmo, o PSdeG empraza á Xunta a que se pronuncie sobre esta cuestión e anuncia a presentación de iniciativas para instar a entidade a "rematar con este drama que afecta a miles de cidadáns recoñecendo no xulgado o que todos recoñecen fóra do xulgado". Francisco Rivera esixiulle a Feijóo que reclame que, das inxección de seis mil ou sete mil millóns de euros que en breve recibirá NGB, se reserve unha parte para este cometido. Rivera pediulles finalmente aos populares o apoio á emenda socialista ao Real Decreto de Saneamento do Sistema Financeiro pola que se estende o cambio das preferentes a depósitos a prazo fixo co 100% garantido, e non só por bonos e obrigas convertibles, como recolle o texto do Goberno. |
PRAZA_3764 | Hai 3.758 casos positivos activos e xa foron dadas de alta 187 persoas. Os falecementos ligados á covid-19 no país son xa 94. Sete de cada dez persoas con positivos detectados e aínda activos están illadas no seus domicilios, un total de 2.789, mentres as hospitalizacións ordinarias aumentan ao 7% e as entradas na UCI, ao 9% | Hai 3.758 casos positivos activos en Galicia e xa foron dadas de alta 187 persoasGalicia superou este martes, 31 de marzo, a barreira dos 4.000 casos de coronavirus acumulados dende que a doenza comezou a ser detectada no país. Os datos actualizados polo Servizo Galego de Saúde indican que 3.758 destes casos están aínda activos, o que supón un incremento diario do 8,11%, o menor en vinte e catro horas dende o pasado 18 de marzo, nunha xornada na que segue descendendo o ritmo das hospitalizacións.Mentres, non obstante, os falecementos certificados continúan a aumentar. Xa se achegan ao centenar, incrementándose a maior ritmo que as altas.Os falecementos ligados á covid-19 en Galicia son xa 94O balance do derradeiro día de marzo sinala que xa foron dadas de alta un total de 187 persoas -un 11% máis que no día previo-, o que supón que as altas aumentan a maior ritmo que as hospitalizacións nesta xornada, pero menos que o número total de falecementos. As persoas cuxa morte está ligada ao coronavirus, segundo o Sergas, son xa 94. [9 gráficos para coñecer a evolución da epidemia e a situación dos hospitais en Galicia]Nun contexto no que o cómputo total de casos está intimamente relacionado co número de probas que se realizan -son xa 17.276 e vinte e catro horas antes contábanse 16.118-, o foco segue estando, moi especialmente, na carga asistencial dos servizos sanitarios. Os datos din que este indicador segue á alza, pero encadea xa varios días de enlentecemento.Sete de cada dez persoas con positivos detectados e aínda activos están illadas no seus domicilios, un total de 2.789, mentres as hospitalizacións ordinarias aumentan ao 7% e as entradas na UCI, ao 9%Así, as persoas que precisan este 31 de marzo asistencia na UCI por mor do coronavirus chegan ás 147, o que supón un incremento diario do 9,70% -na xornada previa aumentaba nun 9,84% e hai unha semana, máis dun 17%-. Mentres, as que están ingresadas en unidades ordinarias de hospitalización son 822, un 7,31% máis que no día previo, o que supón o menor crecemento nun día dende mediados de mes. Sete de cada dez persoas con positivos detectados e aínda activos están illadas no seus domicilios, un total de 2.789.No conxunto do Estado, o balance deste martes indica que xa se superaron os 94.000 casos detectados e o incremento de persoas falecidas é de 849 nas últimas vinte e catro horas. A suba global rolda o 11%, fundamentalmente polo maior número de casos detectados en Madrid e Cataluña. O número de recuperacións constatadas xa supera as 19.000.Vigo segue como área con máis casosPor áreas sanitarias, a de Vigo é un día máis a que máis casos positivos por coronavirus activos rexistra no conxunto de Galicia, pasando de 866 a 928. Séguea a da Coruña, que tamén supera os 800, e a continuación está Santiago, con 547. Entre as áreas con menor número de casos, a de Lugo -que abrangue toda a provincia- supera por primeira vez á de Pontevedra, con 371 e 366 casos, respectivamente. Ferrol volve experimentar un forte incremento pero segue co menor número de positivos, 209. |
NOS_4133 | "Cando xuran ou prometen o cargo comprométense a potenciar o emprego do galego en todos os planos, tal e como di o actual estatuto", afirma Marcos Maceira, presidente da MNL. | A Mesa pola Normalización Lingüística lembroulle aos novos conselleiros, nunha chamada que estendeu a todos os membros do goberno, a obriga de potenciaren a lingua galega en cumprimento da promesa feita en relación ao estatuto de Galiza que no seu artigo 5.3 di que garantirán e "potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa". A entidade en defensa do galego advirte que ademais do Estatuto e da Lei de Normalización Lingüística, existe un Plan con 445 medidas concretas para que o goberno actúe a favor do galego, aprobado por unanimidade parlamentar hai 11 anos e ratificado na Declaración de Unidade a prol da Normalización asinada por todos os partidos de Galiza o pasado 15 de xullo. "O que cómpre agora é activalas e aplicalas, deixar de desprezalas", sinalou o seu presidente, Marcos Maceira. "Unha lingua normalizada é a que se pode utilizar en todo e para todo, e o goberno galego é o primeiro que ten que mostrar que iso é posíbel para o galego facéndoa visíbel e audíbel en todas as súas actuacións", sinalou Maceira. A Mesa remitiralle ás novas e novos conselleiros o PXNLG xunto co informe sobre o seu cumprimento para que comecen a actuar de inmediato. |
NOS_19912 | Cando o ano Díaz Castro chega ao seu fin, unha campaña busca apoio social para recuperar a súa casa natal nos Vilares, en perigo de derrube. | A Asociación Cultural Xermolos bota a andar unha campaña na rede co fin de recadar apoio social e das distintas administracións para recuperar e impedir o derrube da casa natal de Díaz Castro, na aldea dos Vilares. Detrás da iniciativa está, de maneira directa, Afonso Blanco, presidente de Xermolos e protagonista da recuperación da figura do poeta. "Do mesmo xeito que conseguimos que Díaz Castro fora valorado queremos recuperar o leito da súa obra e a súa vida", anota. "A iniciativa busca sensibilizar ás administracións e á cidadanía para "devolver a casa ao pobo que lle pertence como espazo sociocultural" Canda a memoria de Díaz Castro, a campaña busca recuperar o orgullo da aldea, loitar contra o abandono e o despoboamento arredor dunha aldea que Blanco define como "espazo marabilloso de arquitectura rural e paisaxe". A través dunha plataforma na rede de recollida de apoios, a iniciativa busca sensibilizar ás administracións e á cidadanía para "devolver a casa ao pobo que lle pertence como espazo sociocultural". Desde Xermolos teñen como obxectivo convertela tamén en arquivo dos manuscritos e libros que o poeta legou ademais dun centro de interpretación e lectura da paisaxe chairega. "O Vilariño é un espazo enriquecido coa fauna e flora e ideal para descubrir a Terra Chá, o que se chamou Patria Poética", explica Afonso Blanco que conta darlle especial relevancia ao río, metáfora na obra de Díaz Castro e unha constante na literatura chairega. O tempo vai en contra e urxe a intensificar a campaña xa que o estado de deterioro da casa é grande. "Aínda que os devanceiros construíran a casa con solidez comeza a chover polas paredes e vaise destruíndo. Temos un arquitecto que se ofreceu a facer un proxecto e carpinteiros e obreiros que tamén queren contribuír", sinala Blanco que confía, da mesma maneira que conseguiron o recoñecemento de Díaz Castro, recuperar a casa para a veciñanza. "Queremos crear conciencia e loitar polo noso patrimonio, polo que ergueu os nosos devanceiros e temos que transmitir aos rapaces de agora", engade. "Reclama comezar "de xeito urxente" as obras que impidan o derrubamento da casa situada nos Vilares, concello de Guitiriz". A campaña "Salvemos a casa de Díaz Castro!" sumou xa máis de catrocentos apoios na rede. Reclama comezar "de xeito urxente" as obras que impidan o derrubamento da casa situada nos Vilares, concello de Guitiriz. "Constitúe un notable exemplo de arquitectura labrega, polo cal mistura o valor patrimonial co simbolismo de ser o lugar onde se atopa a xenealoxía emocional de Nimbos", dise con respecto á construción tradicional na que naceu o poeta. Entre as persoas asinantes atópase Armando Requeixo, investigador da obra e a vida do poeta, que defende que a casa "é un patrimonio cultural e literario que debería conservarse", David Otero que afirma que "onde pisamos está o pobo... onde nos quentamos ao lume está a identidade" ou a valoración de Miro Vilar que fala do "patrimonio cultural de Noso". |
QUEPASA_242 | A Casa da Cultura acolle un curso de manipulador de fitosanitarios | Esta pasada fin de semana a gastronomía da Mazaricos estivo presenta na Feiriña de Outes. UNha feira singular arredor da Rúa da Capela que permitiu facer unha mañá chea de degustacións e sesión vermú. Alí estaba a familia do Asador Manduca , Trenzarte e Katallana, para amosar a riqueza a carne, o pan e artesanía sombreireira da MZ. Non faltaron os concelleiros Jorge Sanmartín e Sandra Alvite para dar conta da Esencia de Mazaricos. Curso Fitosanitario Paralelamente, onte luns e ata o vindeiro 17, a Casa da Cultura de Mazaricos acolle un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios dirixido a profesionais do sector agrario ou persoas interesadas en incorporarse a el. Está organizado pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), e impartido pola Oficina Agraria Comarcal de Santa Comba. Esta acción formativa, que está integrada no Plan de formación ao agro galego 2020, contará cunha duración total de 27 horas. Nela trataranse temáticas como as pragas e as enfermidades que afectan aos cultivos, a preparación e a aplicación dos distintos tratamentos fitosanitarios, así como a súa clasificación e etiquetado, incluíndo referencias aos pictogramas e indicacións das súas embalaxes. |
NOS_26419 | Seareir@s do equipo celeste denuncian a actuación da policía española no encontro de Copa contra o Athletic de Bilbao, requisando estreleiras e mesmo camisolas de peñas do equipo vasco. Afirman que "non é unha novidade" que as forzas de seguridade queiran estragar "a festa entre célticos e athletictzales". | Máis unha vez, un partido entre Celta e Athletic de Bilbao en Balaídos deriva nunha actuación "desproporcionada" da policía española. Así o denuncian seareir@s da armada celeste, que afirman que nesta fin de semana pasada, e co gallo do enfrontamento entre os equipos galego e basco pola Copa do Rei, as forzas de seguridade procederon o "secuestro" de bandeiras nacionalistas galegas. Afeccionad@s célcic@s recoñeceron a Sermos Galiza que "os prolegómenos do encontro de Copa estiveron marcados polo inxustificado secuestro de bandeiras galegas na porta de acceso a unha das bancadas, alegando motivos tan absurdos como que eran anticonstitucionais, ou que non podían introducirse símbolos políticos que puideran provocar altercados no estadio". Estes afeccionados critican a actitude "chulesca" e "provocadora" dos axentes da Policía española. Estes seareiros, da peña Celtarras, denuncian que "foron moitas as bandeiras do noso país que se requisaron, así como as da Plataforma Que volten a casa. Todo aquel siareiro que portara unha bandeira, era inmediatamente parado por antidisturbios, que decidían cal podía pasar e cal non. No colmo do despropósito, a un rapaz tamén lle impediron entrar con dúas camisetas que levaba na man; unha delas era dunha peña do Athletic coa lenda Antiultra, e a outra, coa lenda Antifa Hooligans xunto aos escudos de Athletic e Celta. Todo aquel que protestaba ou preguntaba a qué se debían eses feitos, era identificado inmediatamente polos axentes, sempre baixo un ton chulesco e provocador". Rachar a festa eusko-galega Este sector da afección lembran que esta non é a primeira ocasión na que a Policía española "tenta rachar" a festa entre as afeccións galegas e bascas. Poñen como exemplo a atitude provocadora,cualifican, dos antidisturbios na contorna de Balaídos cando hai un encontro de fútbol entre estas equipas irmáns. "É a primeira vez que se arrebatan as bandeiras galegas dun modo tan masivo xogan do o Celta en Balaídos" E lmbran: "O pasado ano, sen ir máis lonxe, e nun inmellorable ambiente festivo varios siareiros locais foron sancionados con 3000 euros de multa e varios meses de prohibición para entrar a un recinto deportivo por mor dunha suposta invasión de campo que ninguén víu porque nunca chegou a producirse máis que no imaxinario da Comisión Antiviolencia. Era a súa resposta á presencia dunha pancarta na bancada de Preferencia Lateral pedindo xustiza para Íñigo Cabacas, o hincha bilbaíno asasinado á saída dun encontro en San Mamés tras recibir o violento impacto dunha pelota de goma, e que foi recibida cunha forte ovación por parte da parroquia visitante". Unha constante cando van polos estadios españois Sempre segundo este relato dos afeccionados á equipa celeste, "non é a primeira ocasión en que os siareiros do Celta, así como dalgún outro equipo galego, ven como lles quitan as súas bandeiras galegas á entrada nun campo de fútbol" nos desprazamentos polo Estado español. "Xa non é novidade que a Policía española tente rachar a festa entre célticos e athleticzales cando os hinchas roxibrancos visitan terras galegas" Lembran, así, o episodio na final de copa disputada en Sevilla entre Celta e Zaragoza, onde "tamén se contaran por decenas as bandeiras galegas requisadas e tiradas ao lixo, co argumento de que diante do Rei de España non podían exhibirse eses símbolos, ademais dun cubregradas cedido para a ocasión por unha formación política do país". Mais a novidade, apuntan é que todos eses precedentes sempre tiveran lugar fóra de Galiza, "sendo a primeira vez que se arrebatan bandeiras galegas dun modo tan masivo xogando o Celta en Balaídos". |
NOS_28593 | Jason Collins, xogador da NBA no equipo dos Wizards de Washington, é o primeiro deportista dunha gran liga dos EUA que recoñece publicamente a súa homosexualidade. "Pido respecto". | Con 713 partidos xogados, 93 deles nos play offs, Jason Collins ten gañado o dereito a pedir respecto. Palabra que el, negro, coñece ben. Era o que pedía hai anos Aretha Franklin na histórica Respect. "Son un veterano e gañei o dereito a ser escoitado" manifestou Collins. E dixo, entón, o que quería dicir: "Son pivot. Son negro. Son gay". E este xogador dos Wizards converteuse así no primeiro deportista dunha gran liga dos EUA en recoñecer publicamente a súa homosexualidade. Antes fixérao John Amaechi na súa autobiografía, mais cando xa estaba retirado da competición. "Persoalmente, non gosto de meterme na vida privada doutras persoas e espero que os xogadores e treinadores me respecten", sinalou Collins, que engadíu: "agardo o mellor e estou preparado para o peor". Collins xa recibiu desde a súa confesión o apoio público e a solidariedade de xogadores da NBA, entre eles estrelas como Kobe Bryant, líder de Los Angeles Lakers. Black & Proud...& gay Nos anos 60, en plena explosión do 'Black Power' en EUA, James Brown incendiaba barrios, guetos, cidades, e barriadas onde moraban os afroamericanos co seu funk cun retrouso como cóctel molotov: 'Say it Loud: I´m black and I´m proud' (Bérrao forte: Son negro e estou orgulloso). Agora Collins engade unha terceira pata: Son negro, son gay e estou orgulloso. E ergue así a bandeira do respecto á súa opción sexual en dous eidos 'complicados': O mundo dos deportes de masas e a comunidade afroamericana. |
QUEPASA_637 | Galicia queda definida en 3 niveis: Nivel máximo de restricións (cunha incidencia maior de 500 novos casos nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes): Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso. Nivel medio (entre de 250 e 500 casos nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes), incluídos todos os concellos da área sanitaria da Coruña-Cee, é dicir: Cabana, Camariñas, Cee, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Muxía, Vimianzo e Zas. Nivel baixo (menos de 250 novos casos nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes): Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba A mobilidade permítese entre concellos da mesma área sanitaria e mesmo nivel de restrición. | Hoxe, mentres nos centros de saúde do país comezaba a vacinación da poboación xeral maior de 80 anos, o Comité Clínico da Xunta mantiña unha nova reunión, trala cal o presidente da Xunta ofrecía unha esperada rolda de prensa. Feijoo comezou repasando a situación sanitaria, dando conta da boa, pero non suficiente, evolución, que Galicia está por debaixo dos 250 casos por cada 50.000 habitantes. Nese contexto, e recoñecendo que as restricións e medidas impostas si que foron efectivas, sinalou que "estamos a avanzar ca desescalada coa intención de non volver atrás, pero se temos que volver atrás, farémolo". "Será unha reapertura gradual e progresiva, en función da situación sanitaria de cada concello, en 3 eidos: apertura da hostalería, mobilidade intermunicipal e reunións de non convivintes". Volve a formación presencial nas universidades. No eido comercial en toda Galicia poderán abrir os centros comerciais as fins de semana. 3 niveis Feijoo pon Galicia en 3 niveis segundo a incidencia acumulada municipal, quedando a área sanitaria da Coruña-Cee encadrada no nivel medio e a de Santiago no nivel baixo, sempre en función das cifras da taxa de incidencia acumulada: Nivel máximo de restricións (Concellos con máis de 500 casos por 100.000 habitantes): Carballo, Corcubión, Malpica, Ponteceso. Mantéñense as actuais restricións, coa hostalería pechada, sen reunións de non convivintes; e non se permitirá a mobilidade fóra do concello. Nivel medio (Concellos entre 500 e 250 casos por cada 100.000 habitantes): Cabana, Camariñas, Cee, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Muxía, Vimianzo e Zas. A hostalería abrirá a partir do venres, pero só terrazas ao 50% ata as 18:00h; permítense reunions de ata 4 persoas non convivites; e permítese a mobilidade intermunicipal só entre concellos coa mesma incidencia. Nivel baixo (Concellos cunha incidencia inferior a 250 por cada 100.000 habitantes, que non sexan da área sanitaria da Coruña, Ferrol ou Pontevedra): Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba: abre a hostalería con limitación interior de 30% e terrazas ao 50% ata as 18:00h; permítese a mobilidade co mesmo nivel e mesa área sanitaria. E poderán abrir as instalacións deportivas, como piscinas ou ximnasios. Mobilidade dentro da área sanitaria A mobilidade permítese entre concellos da mesma área sanitaria e mesmo nivel de restricións, quedando os 4 concellos de nivel máximo con peche perimetral municipal.É dicir, un veciño de Mazaricos pode ir a Santiago, ou Santa Comba, Carnota e Muros, pero non a Cee, Coruña ou Dumbría.Un veciño de Cabana, ou Vimianzo, poderá achegarse aos concellos do nivel medio, e mesmo á Coruña, pero non pode ir nin a Carballo, Malpica, Ponteceso, nin tampouco a Santa Comba, Carnota, Muros ou Mazaricos. Baixada drástica A tendencia das cifras segue sendo de baixada, cada vez máis patente. Hoxe, nos 19 #ConcellosQPC, son un total de 415 novos casos rexistrados nos últimos 14 días, 116 casos menos que o pasado venres, e 343 casos menos que hai dúas semanas (e lonxe do pico de 1081 rexistrado o 28 de xaneiro). Todos os Concellos, agás Muxía e Corcubión, ver descender a taxa de incidencia acumulada, facendo que ronde xa os 300 novos casos por cada 100.000 habitantes (90 puntos menos que o pasado venres moi lonxe dos 824 do pico). Levamos ademais unha semana sen falecementos, e só hai 2 ingresados no HVdX. Centros de ensino Nos centros de ensino a incidencia tamén baixa. Son 96 casos e 5 aulas pechadas os rexistrados en 25 centros de ensino, o que supón a metade de centros afectados de hai un mes. Se ben o CEIP Eduardo Pondal é o que máis sofre dende a semana pasada (con 12 casos e 3 aulas confinadas), segue sendo Carballo o concello con máis centros afectados, 10 segundo a Plataforma EDUCOVID do Sergas. Libéranse os centros de Cabana, Fisterra, Corcubión, Camariñas, Dumbría, Mazaricos e Santa Comba. Concello Centro TotalPositivos AulasPechadas CARNOTA IES Lamas do Castelo 1 0 CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 4 0 CARBALLO IES Alfredo Brañas 3 0 CARBALLO CPR Artai 1 0 CARBALLO CEIP Bergantiños 6 1 CARBALLO CEIP Fogar 5 0 CARBALLO IES Monte Neme 6 0 CARBALLO CEIP Netoma-Razo 1 0 CARBALLO IES Parga Pondal 9 0 CARBALLO CRA Ponte da Pedra 2 0 CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 3 1 CEE CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo 7 0 CEE IES Fernando Blanco 3 0 CEE IES Agra Raices 1 0 CORISTANCO EFAG Fonteboa 5 0 LAXE CEIP de Torrexallóns 1 0 LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 11 0 LARACHA ES Agra de Leborís 4 0 MALPICA CEIP Milladoiro 1 0 MUROS IES Plurilingüe Fontexería 1 0 MUXÍA CEIP Os Muíños 3 0 PONTECESO IES Eduardo Pondal 2 0 PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 12 3 VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0 VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0 ZAS CPI de Zas 2 0 TOTAL 25 96 5 Máis novas sobre o covid 19-01-2021: Comeza, pola "h", a vacinación d@s maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca. 16-02-2021: COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo. 14-02-2021: COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada. 13-02-2021: COVID: Os datos do cribado de Malpica, "os máis altos" dos feitos pola Área Sanitaria. 11-02-2021: COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% d@s citad@s . 11-02-2021: Hostaleiros de Muros: "Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar". 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha. 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo . 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada. 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado. 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha. 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo. 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís. 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas. 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca. 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino. 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións. 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi. 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo. 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs. 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX. 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h. 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana . 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza. 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións. |
NOS_52881 | A dirixente alemá amosa publicamente o seu desacordo coas propostas de Syriza, que desde o Goberno xa anunciou que non colaborará coa Troika e pide un cambio de políticas que tire o seu país da crise social que sofre. | A presidenta alemá Ángela Merkel rexeitou a condonación de parte dos 320.000 millóns de euros de débeda contraída por Grecia, segundo anunciou nunha entrevista co diario alemán 'Die Welt', publicada este sábado. "Os acredores privados xa renunciaron voluntariamente e os bancos eximiron a Grecia de devolver miles de millóns. Non está previsto outro recorte", dixo. "Europa seguirá amosando solidariedade especialmente cara Grecia e outros países afectados pola crise que emprenderon as súas propias medidas de reforma e de austeridade", engadiu a dirixente, que non pensa nunha posíbel saída de Grecia da moeda única. "Forma parte da comunidade do euro", dixo sobre o país agora gobernado por Syriza, coalición de esquerdas que pide renegociar a débeda e rachar cos medidas impostas polas elites europeas. O goberno grego xa anunciou que non colaborará coa Troika e os desencontros entre ambas partes xa son unha evidencia cando aínda non se cumpriu unha semana da vitoria da candidatura liderada por Alexis Tsipras. |
PRAZA_6810 | Tan só un de cada tres desempregados galegos percibe algunha prestación, unha desprotección que aínda é moito peor entre os mozos, dos que apenas un de cada dez que non teñen traballo cobra algo. | Tan só un de cada tres parados galegos percibe algunha prestación, concretamente un 31,5% do total de desempregados (258.300) que hai no país segundo os últimos datos da EPA. Supón 3,2 puntos menos que no terceiro trimestre de 2013 e máis de sete puntos menos (7,1) que en 2011, cando chegaba ao 38,6%. Unha tendencia negativa e á baixa que non se detén e que coloca 176.790 persoas sen traballo e sen cobrar ningunha prestación. A taxa de protección por paro descendeu máis de sete puntos en tres anos Así se pode comprobar logo de debullar un novo estudo da Fundación 1º de Maio, elaborado por Enrique Negueruela, membro do Consello de Emprego, Economía Social e Relacións Laborais deste organismo, e que debulla as cifras para determinar a protección real da cidadanía sen traballo e que contrapón á denominada taxa de cobertura -que basea a súa porcentaxe só nos parados rexistrados nas oficinas de emprego pero non na devandita EPA nin en todas as persoas sen emprego- e que se situaría nuns vinte puntos máis. Tan só un de cada dez mozos sen traballo percibe algunha prestación en Galicia Xa que logo, en Galicia hai máis de 175.000 persoas paradas que non reciben prestación ningunha, unha cobertura que é moito menor no caso das mulleres, cuxa taxa sitúase tan só no 25,1% fronte ao 37,3% dos homes., doce puntos menos. Por franxas de idade, a situación dos máis novos segue a ser a máis alarmante, xa que entre os menores de 30 anos, tan só un de cada dez percibe prestación (10,3%), polo que hai case 65.000 mozos que nin traballan nin cobran nada e tan só uns 7.500 con algún tipo de prestación. Unha cifra alarmante que se une á elevada emigración que tamén afecta a mocidade galega. En canto ás persoas entre 30 e 44 anos, a taxa de protección sitúase no 30,3%, polo que tan só unha de cada tres percibe unha prestación. Son unhas 70.000 persoas desta idade as que se atopan nesta complicada situación, máis aínda tendo en conta a súa idade. Neste caso, as mulleres tamén saen peor paradas, ao ser a súa taxa de protección oito puntos inferior á dos homes (26,2% fronte ao 33,2%) e logo de caer esta en máis de 11 puntos (11,4) en tres anos e case cinco no último exercicio. Os maiores de 45 anos, pola contra, son os que contan cunha taxa de protección maior e, aínda así, só un de cada dous está protexido. Neste caso tamén o xénero feminino é claramente prexudicada, ao estar protexidas nunha porcentaxe 23 puntos inferior aos homes (37,3% fronte ao 60%). Xa que logo, mentres seis de cada dez homes nesta franxa de idade cobran algunha prestación, menos do 40% das mulleres o fan no mesmo tramo. A taxa de protección das mulleres galegas é peor xa que a media estatal: só o 25% das paradas cobra algunha prestación A taxa de protección por paro en Galicia achégase deste xeito á medida estatal a cada trimestre que pasa, situándose apenas un punto por riba da do conxunto do Estado (31,5%), pero sendo xa peor no caso das mulleres galegas, das que só o 25% están protexidas ante o desemprego, fronte ao 26% da media de España. A diferenza deste estudo cos que ofrece a EPA revela a crúa realidade da situación de moitos parados. A taxa de cobertura, aínda que ten en conta a todos os que cobran algunha prestación, só inclúe os demandantes parados rexistrados e os eventuais do subsidio agrario, que non figuran no cómputo de paro rexistrado. A taxa de protección baséase na EPA e en todos os cidadáns sen emprego, estean contabilizados nas oficinas ou non. |
NOS_44730 | A primeira tradución directa do sánscrito ao galego é obra do profesor da Universidade de Santiago José Virgilio García Trabazo. O Pañcatantra (Rinoceronte Editora, colección Vétera), escrito entre os séculos III e VI a.C., "é un dos textos máis importantes da literatura india", explica García Trabazo vía correo electrónico. | Amais de nos "méritos literarios" dunha obra con fins didácticos que recolle unha "longa tradición de contos e fábulas de animais", a súa importancia reside na "enorme difusión que tivo fóra da India". Mesmo o infante Afonso, que máis tarde sería o rei Afonso X O Sabio e autor da Cantigas de Santa María, encargou unha tradución "a partir dunha antiga versión árabe, á súa vez tirada dunha versión persa, das primeiras feitas directamente a partir do orixinal sánscrito". Esta historia de voltas e reviravoltas, habitual nas literaturas clásicas -o Pañcatantra é un dos textos chave do clasicismo literario indio-, favoreceu a súa influencia. "Ensina a arte do goberno ou da política, mais tamén a sabedoría práctica e o coñecemento da diversidade dos caracteres humanos", esténdese o tradutor, "a poesía artística ao servizo dun propósito didáctico foi unha innovación, que tivo éxito e continuidade en toda a literatura mundial". O primeiro depósito de literatura sánscrita en galego enfrontouse a dous planos de dificultades, relata García Trabazo, "o do contido e o do estilo". O Pañcatantra contén prosa e verso. "A prosa, típica do sánscrito clásico, presenta as dificultades técnicas inherentes a unha lingua de estrutura sintética, con abundancia de composición nominal e preferencia polos períodos longos", explica, "e para facer unha versión galega lexible, o tradutor vese, por exemplo, na obriga de introducir formas verbais, interrupcións ou subordinacións onde o orixinal sánscrito utiliza períodos continuos e con predominio da construción nominal". Este problema repítese para o tradutor nas partes versificades. Ao que se engade "a enorme polisemia dos termos sánscritos esixe moita atención en determinados contextos á hora de elixir o equivalente axeitado en galego". Pero a ausencia de pontes entre o sánscrito e o galego non ten nada a ver con problemas técnicos. "Ao contrario doutros países europeos, non dispoñemos da especialidade académica da indoloxía e, así, resulta moi difícil procurarse unha boa formación nas linguas e culturas da India e do sur de Asia", considera. No "conxunto ibérico" a situación "non é moito mellor". García Trabazo salienta, con todo, a existencia dalgunhas "boas traducións" ao castelán e "algunhas menos" ao portugués. O tradutor confía en que o Pañcatantra en galego chegue a unha audiencia "moito máis ampla do que pode parecer a primeira vista". Basea a súa intuición no carácter pioneiro da versión e na súa decisiva influencia "decisiva" no desenvolvemento dos contos en toda Europa. "Mesmo o pensamento de Maquiavelo ten as súas raíces nesta tradición", sinala, antes de concluír: "Pode contar cunha boa acollida en sectores interesados na cultura da India, entre os historiadores do pensamento e da ciencia política". Imaxe de José Virgilio García Trabazo. Foto cedida. |
NOS_12075 | O deporte galego gasta outra clara posibilidade de medalla. Nikoloz Sherazadishvili, quen se proclamara campión do mundo de judo hai apenas un mes, estivo moi preto na gran cita olímpica, pero caeu derrotado na loita pola medalla de bronce ante o usbeco Davlat Bovonov, o seu rival na final do Mundial. | Despois da de Javier Gómez Noya, a de Nikoloz Sherazadishvili era unha das principais opcións de medalla para o deporte galego nestas primeiras datas dos Xogos Olímpicos de Toquio, mais, como no caso do lendario triatleta ferrolá, non puido ser. Shera chegaba como un dos máximos favoritos a facerse coa medalla de ouro, avalado polo título de campión do mundo conseguido hai pouco máis dun mes, e acreditou esa condición superando o mongol Altanbagana Gantulga e o sueco Marcus Nyman, pero caeu ante o ruso Mikhail Igolniko, que conseguiu deixalo literalmente desmaiado sobre o tatami cunha espectacular manobra. Na repesca, volvía perder, nesta ocasión ante o usbeco Bobonov, vítima dun Waza-Ari no tempo da técnica de ouro, correndo así a mesma sorte de María Bernabéu, que tamén quedou fóra de Toquio a mans dunha competidora rusa, no seu caso Madina Taimazova. Mellor xornada tiveron as deportistas galegas que se desenvolven no medio acuático. Iago López Marra, na clase 49er de vela, está situado na segunda posición logo de tres regatas, a un só punto da embarcación británica. Tamén en virtuais postos de podio están Támara Echegoyen e Nico Rodríguez. A galega protagonizou unha remontada para a memoria e sitúase a sete puntos do ouro e dous da prata, mentres que o vigués non renuncia ao máis alto do caixón e agarda poder superar Australia e Nova Zelandia no que resta de competición. Non tivo tanta sorte Caetano Horta, que quedou fóra da pelexa polas medallas, aínda que ten por diante a posibilidade de volver a casa co diploma olímpico debaixo do brazo se realiza un bo papel na final 'B' do día de hoxe, que promete ser un día interesantísimo para as amantes do baloncesto. A razón? Ás 10.20 horas Raquel Carrera volve á acción ante Serbia, nun encontro que podería supor o debut de Tamara Abalde, logo de non xogar no primeiro partido da competición, a diferenza do seu irmán Alberto, que foi titular no encontro inaugural e volverá contar con minutos hoxe ás 12.30 ante Arxentina. |
NOS_33690 | Os voceir@s nacionalistas nos concellos da Coruña e Arteixo, Xosé Manuel Carril e Silvia Seixas, e a secretaria nacional da CIG-Téxtil, Dores Martínez Castelo, reuníronse esta mañá coa presidenta de Mafecco, Luísa Sánchez, e outras membros do Comité de Empresa, para falaren da situación das empregadas. | Sobre as traballadoras desta fábrica téxtil do polígono de Sabón pende a ameaza dun expediente de extinción de emprego, que afectaría a máis da metade do cadro de persoal: este xoves, tres días antes de comezaren as vacacións, a dirección da empresa notificoulles a súa intención de despedir 42 traballadoras das 78 da fábrica. Trátase de empregadas cualificadas e por veces cunha experiencia de máis de 35 anos. "Queremos que nos rescaten, como fan coa banca", dicían ao termo da reunión. Procesos de deslocalización incentivados dende a Xunta Carril denunciou que sexan despedidas malia haber carga de traballo: non existen problemas de stock na empresa, ao traballar baixo pedido, en función da demanda. Sinalou que tampouco existe unha situación de perda económica que poña en perigo a viabilidade de Mafecco. "Porén, a empresa pode despedilas porque a reforma laboral do PP así llo permite", salientou. Mafecco alude á falta de liquidez, pero para Carril, baixa esta decisión agóchase deslocalización, a busca de man de obra máis barata. A este respecto, criticou que a Xunta incentive estes procesos, con axudas á internacionalización. "Trátase dunha combinación perfecta que ataca a muller: transnacionalización da produción, reforma laboral e axudas á internacionalización". Outro exemplo: a empresa téxtil Caramelo, aos seis meses de se facer efectivo o ERE, recibía unha axuda por parte da Xunta por valor de 5 millóns de euros para externalizar a produción. O BNG presentará sendas mocións para o vindeiro Pleno ordinario de xullo para defender as traballadoras de Mafecco e anunciou o seu apoio á concentración que o cadro de persoal da empresa convoca este xoves ás 11 fronte á delegación da Xunta, en Monelos. A Xunta aínda non respondeu á solicitude de reunión urxente do Comité de Empresa de Mafecco. Atraso nos pagamentos Pola súa banda, a presidenta do Comité expuxo que non existen razóns reais nin obxectivas para despedir traballadoras en Mafecco, tal e como aconteceu no ano 2006, cando a empresa, daquela con 151 traballadoras, quixo presentar un ERE que os tribunais rexeitaron. Lembrou que as traballadoras só cobraron 300 euros do salario de maio e advertiu de que dentro de quince días vence a nómina de xuño, os atrasos do convenio colectivo e o período de pagamento da extra. A este respecto, Dores Martínez Castelo, responsábel de CIG Téxtil, denunciou a ambigüidade da empresa cando se lle preguntou se contactara con entidades bancarias para solicitar unha liña de crédito que permitise satisfacer estes atrasos. Advertiu "dunha nova desfeita laboral nun sector, o do téxtil, xa de por si deprimente", e denunciou que a Xunta aínda non respondeu á solicitude de reunión urxente que o Comité de Empresa requiriu á conselleira coruñesa responsábel da Consellaría de Traballo e ao conselleiro de Industria. |
NOS_52900 | Chacho Coudet aspira a facer bo o vello dito de "a adestrador novo, vitoria segura" e conseguir no seu debut como técnico celeste tres puntos que afasten a pantasma dos postos de descenso. Ademais, na Segunda División B o prato estrela da xornada será o derbi entre Rácing de Ferrol e Compostela. | O Celta de Vigo volve mañá ás 18.30 horas á competición logo dunha parada obrigada de dúas semanas a causa dos compromisos das distintas seleccións nacionais. Durante este tempo os celestes viviron unha revolución no sentido máis literal do termo, pois ademais de substituír un Óscar García Junyent que xa estaba sentenciado antes do choque contra o Elxe polo arxentino Eduardo 'Chacho' Coudet, tivo lugar un movemento contra a directiva a causa da nova campaña de abonamentos, moi criticada por boa parte da afección a pesar de que desde o club se destaca o bo ritmo ao que se están producindo esas renovacións. No eido estritamente deportivo, Coudet buscará estrearse cunha vitoria ante o Sevilla de Lopetegui, mais -polo menos no momento de fechamento desta edición- non poderá sentar no banco para dirixir os seus novos xogadores por non dispor da preceptiva licenza UEFA debido a un problema coa acreditación dos seus anos de experiencia adestrando. Con ou sen Coudet, o Celta está obrigado a gañar para afastarse da fantasma dos postos de descenso, que leva xa dous anos e medio atormentando os celestes. O seu rival será o Sevilla, na teoría un aspirante ao título de Liga, mais na competición da regularidade non está alcanzando as prestacións que se agardan dun equipo con xogadores do nivel de Jesús Navas, Rakitic ou Ocampos. Precisamente por ser o seu primeiro partido, sumado ao desgaste dos futbolistas que foron convocados polas súas respectivas seleccións estes últimos días, resulta complicado prever quen será da partida na escuadra celeste, mais a experiencia nos seus anteriores equipos e o seu gusto polo fútbol ofensivo fai prever un once aproximado que podería ser o conformado por Rubén na portería; Hugo Mallo, Aidoo, Murillo e Olaza na defensa; unha liña de catro con Tapia de pivote, con Fran Beltrán e Denis como volantes e Iago Aspas de enganche con total liberdade; e Nolito e Santi Mina nas posicións de ataque. Novo derbi na Segunda B Tamén volve logo de dúas semanas a Segunda División B, que aproveitou estes días para recuperar partidos adiados no seu momento a causa de casos de Covid-19 en distintos equipos. O prato estrela da fin de semana será o derbi galego entre Rácing de Ferrol e Compostela, que precisamente abre a xornada quinta na categoría de bronce hoxe ás 18 horas. Os Diaños Verdes parten como favoritos tanto por xogaren na casa como pola súa posición na táboa clasificatoria -son cuartos con sete puntos, mentres que os da capital da Galiza son sextos con cinco-, mais o Compostela aspira a dar a sorpresa e prorrogar o nivel de xogo exhibido ante o Guixuelo, ao que gañou por 3-0, conseguindo así a súa primeira vitoria da tempada. O segundo partido da xornada con presenza galega será o Celta B-Zamora, xa mañá domingo (12 horas), no que o filial celeste pretende estrear o seu contador de vitorias ante a revelación da categoría, para o que contará con 150 persoas nas bancadas do Barreiro, que sairán de entre aquelas que renovasen o seu carné ou se desen de alta durante a polémica campaña de abonamentos. Dúas horas máis tarde, ás 16, o Coruxo, fechacancelas da categoría, visita o Unionistas co mesmo obxectivo que os seus veciños: gañar por fin. E ás 17 horas será a quenda de Pontevedra e Dépor, que se enfrontarán a Salamanca e Guixuelo, respectivamente. O Lugo desínchase A escuadra albivermella caeu onte no campo do Alcorcón, último clasificado da Segunda División, por 1-0 nun partido cheo de fallos e imprecisións por parte dos albivermellos e rebaixa a euforia creada desde a chegada de Mehdi Nafti |
PRAZA_16605 | Suspendida a vista contra o mozo galego acusado de atentado á autoridade nunha mobilización das Marchas da Dignidade. O activista do Carballiño foi apoiado por ducias de persoas que pediron a súa absolución ante os xulgados en Madrid. | Emilio Cao, un mozo do Carballiño de 21 anos de idade, ía ser xulgado este luns en Madrid, acusado de agresión e atentado á autoridade durante unha mobilización das Marchas de Dignidade en 2014, cargos ambos que nega con rotundidade. A Fiscalía pide para el unha pena de 5 anos e 8 meses de cárcere e o pagamento de 600 euros de multa. Pero a vista suspendeuse pola incomparecencia dunha axente de policía que tiña que declarar ante o maxistrado. O xuízo foi suspendido pola incomparecencia dunha axente cuxo testemuño é clave porque é a presuntamente agredida por Cao A axente, testemuña clave porque sería a presuntamente agredida por Emilio Cao, alegou que estaba de baixa por maternidade, Mentres, fóra dos xulgados do penal de Madrid, varias ducias de persoas --entre eles os deputados de En Marea Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez, Alexandra Fernández e Miguel Anxo Fernán Vello-- apoiaron o mozo galego e pediron a súa absolución. Tamén en Compostela, na praza de Mazarelos, varios estudantes solidarizáronse tamén con el nunha mobilización que se unía á da capital do Estado, a onde se desprazaron varias persoas desde Galicia. "Vinme envolto nos disturbios e detivéronme sen xustificación", insistiu Emilio Cao antes de entrar nos xulgados, onde foi apoiado por ducias de persoas O avogado de Emilio Cao, Enrique Santiago, asegurou que está previsto que outro dos axentes declare por vídeoconferencia no momento no que se fixe unha nova data, unha posibilidade á que se opón porque conta con amosarlle en persoa un momento da detención do mozo galego, onde se comprobaría "que non fixo nada". Do mesmo xeito, o letrado asegura que a axente presuntamente agredida "tropezou e caeu". "Vinme envolto nos disturbios e detivéronme sen xustificación", insistiu Emilio Cao antes de entrar nos xulgados. Solidariedade desde Galicia A desproporción entre o sucedido e a pena solicitada espertou en toda Galicia unha onda de solidariedade, demostrada xa a finais de 2016 nunha manifestación que percorreu as rúas do Carballiño, que se reproduciu nas últimas semanas nas redes sociais coa etiqueta #AbsoluciónEmilioCao, que chegou a ser trending topic en todo o Estado, ou coa difusión dun manifesto que pide a súa liberdade e cuxas sinaturas están lideradas polas dos alcaldes de catro das sete cidades galegas: os da Coruña, Compostela, Pontevedra e Ferrol. Conta con máis de 700 sinaturas de persoeiros do ámbito político, cultural e artístico do país, entre eles os líderes de En Marea e o BNG, Luís Villares e Ana Pontón. Hai xa case catro anos, o 22 de marzo de 2014 Emilio foi detido en Madrid. Daquela tiña 17 anos, estaba integrado no colectivo Estudantes sen Futuro e viaxara á capital do Estado coa Columna Galega das Marchas da Dignidade para participar na masiva manifestación que reclamaba "pan, traballo e teito" no momento máis duro da crise económica. A policía cargou durante o acto final da marcha, mentres aínda falaba Diego Cañamero, e 24 persoas foron detidas, tres delas galegas, entre elas Emilio. "Cóllenme, tíranme ao chan, esmáganme a cabeza co escudo contra o chan. Iso foi complemente innecesario, non había ningunha posibilidade de que eu puidese escapar", lembra. Foi trasladado despois á comisaría, onde non soubo ata o día seguinte de que fora acusado, e sometidos a un trato degradante: "Estivemos moitas horas de pé contra unha parede branca, sen poder falar cos compañeiros que tiñamos ao lado, que estaban tamén detidos". Hai precedentes recentes que convidan ao optimismo, persoas con acusacións semellantes como a zaragozana Raquel Tenías, detida tamén aquel día en Madrid e para quen a Fiscalía solicitaba catro anos de prisión, foi absolta. Porén, outras situacións incrementan a preocupación, como a condena de tres anos e medio ao rapeiro Valtonyc ou as penas de prisión para os rapaces de La Insurgencia. O auto inicial do seu caso facía prever unha petición de pena de 5 ou 6 meses, que despois foi elevada pola Fiscalía. "Eses temas asustan bastante. O nivel de represión é tremendo. Vémolo todos os días en Catalunya ou nas condenas a rapeiros, ou nas detencións e condenas por facer murais. A xustiza neste país é cada vez máis un significante baleiro", dicía Emilio Cao días antes do xuízo. "Co nivel de conflitividade social que estamos vivindo, é máis que posible que isto aumente", engadía. |
NOS_43749 | O BNG salienta que estabelecer unha tarifa eléctrica galega "será a única maneira estábel e duradeira de favorecer a viabilidade da industria galega". | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de presentar unha proposición non de lei (PNL) para que se interveña a planta de Alcoa en San Cibrao para retornala ao ámbito público, nacionalizándoa para así manter os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña. "Nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa; polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das Administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira", salientou Rego. Segundo traslada o BNG, alén das circunstancias conxunturais do mercado do aluminio, o principal problema que ameaza a viabilidade da empresa son os altos custos da enerxía eléctrica, que resulta imprescindíbel para a produción nesta planta de aluminio. Por isto, as nacionalistas ven urxente "pór en marcha unha tarifa eléctrica galega que abarate a enerxía para as empresas -facéndoas máis competitivas- e permita ás familias beneficiarse da riqueza enerxética do seu país". "Esa será a única maneira estábel e duradeira de favorecer a viabilidade da industria galega", inciden. Rego explicou que "Galiza é un país exportador de enerxía eléctrica, que soportou os custos sociais e soporta aínda os ambientais desa produción, polo que sería de xustiza que en compensación o territorio galego puidese regular o seu propio marco enerxético e que o custo fose menor para os consumidores e para a nosa industria". Así mesmo, nesta PNL presentada no Congreso tamén se inclúe a necesidade de "activar un Estatuto do consumidor electrointensivo realmente eficaz", un compromiso do Goberno español que aínda non cumpriu, que segundo argumenta Rego "permitiría que factorías como Alcoa San Cibrao puidesen manter a súa actividade produtiva sen perdas económicas". |
NOS_27615 | A empresa reúnese esta terza feira cos sindicatos para valorar o acordo da Xunta Electoral Central que deixa no seu persoal a responsabilidade de identificar ás electoras e electores que decidan votar desde os seus domicilios nos comicios do 12 de xullo. | Correos aínda non activou na súa páxina web a opción para pedir o voto a distancia, tal e como autorizou a Xunta Electoral Central a semana pasada. "Resulta admisíbel que os electores poidan realizar dita petición de forma telemática na web de Correos, mediante firma electrónica", recolle o ditame da organismo que regula os procesos electorais no Estado. Por primeira vez nunhas eleccións na Galiza vaise poder exercer o dereito a votar sen saír da casa. Porén, o sistema a aplicar aínda está a ser avaliado por Correos, que mañá se reúne cos sindicatos para "valorar" o acordo da Xunta Electoral Central que interpela á empresa directamente. Nunha interpretación excepcional da lexislación, este organismo traslada que "o persoal de Correos deberá comprobar a identidade do devandito elector mediante a exhibición polo mesmo do D.N.I. ou de calquera outro documento oficial acreditativo da súa identidade, debendo anotar o número do devandito documento, dando fe desa recepción persoal, sen que en consecuencia sexa imprescindíbel que o elector firme persoalmente a entrega". Polo tanto, queda nese acto de "fe" do persoal de Correos a identificación da persoa á hora de votar. Pois a Xunta Electoral contempla que no mesmo momento no que a traballadora ou traballador de Correos leva os documentos electorais ao domicilio dunha persoa que os solicitou previamente, a electora ou elector poden entregar xa o seu voto. "No que se refire á entrega da documentación electoral, non hai inconveniente en que, ao amparo do artigo 73.3 da LOREG, o persoal de Correos, ao facer a entrega da documentación electoral persoalmente ao elector, póidalle expor a opción de que nese momento -sen menoscabo do requisito do segredo do voto- o elector lle entregue os sobres electorais, unha vez cumprimentados polo mesmo, a cambio dun xustificante acreditativo do depósito do seu voto, evitándolle o ter que acudir posteriormente a unha oficina de Correos", manifesta o acordo da Xunta Electoral Central. A día de hoxe, o persoal de Correos, segundo puido comprobar Nós Diario, carece de explicacións sobre como van ter que proceder con este novo sistema e non recibiu ningunha instrución a través da intranet da empresa, como é habitual nestes casos. Os prazos para solicitar o voto a distancia son os mesmos que para exercer o voto presencialmente nunha oficina de Correos e, se non se amplían como xa reclamaron desde a Xunta da Galiza, rematan o día 2 de xullo. |
NOS_19123 | Coa metade do escrutinio feito, Nova Democracia tería gañado as eleccións gregas e non lle costaría formar goberno xunto co Pasok. Syriza triunfa na mocidade grega. A Europa dos mercados e dos rescates felicítase polos resultados. | Se os datos se confirman no fin do escrutinio, Nova Democracia obtería 75 escanos, o que o convertería co 43% no partido máis votado e contaría cunha prima segundo a lexislación grega que o situarían en 125 escanos. Conforme queda o mapa electoral, Samaras podería contar co apoio do PSOK co seu 12% e de Esquerda Democrática con apenas un 7%, cálculo que daría para gobernar un país que en breve terá que tomar duras decisións. A extrema dereita de Amanecer Dourado confirma o seu 7% de votos, fronte ás enquisas que falaban de descenso con respecto a maio e sitúase como cuarta forza no parlamento grego. O desplome do Pasok desde o 2009 non impede así que sexa chave para un novo goberno, mesmo coa imaxe de fraude que o partido acadou nos últimos tempos, desde que abandonou o goberno e o seu electorado foi disminuindo de forma acelerada. Unha durísima campaña decantou o voto cara á dereita e á opción defensora do rescate e a permanencia no euro. A Syriza quedaralle un duro labor de oposición parlamentar que, de seguro, se verá incrementado con movilizacións sociais que en Grecia son xa tónica xeral. A coalición de esquerdas Syriza tería pasado nestas elección o 16,7% de maio a máis do 25% cun Alexis Tsipras á cabeza que se presenta como un líder de futuro con expectativas de medre xa que conta co apoio maioritario da mocidade.Mesmo sen chegar ao goberno, os resultados son para Syriza de grande medre e quédalle a batalla da movilización social que ten da súa parte nun momento crítico para a economía e a sociedade gregas. |
NOS_56012 | Tamén o PSdeG cre que o ex presidente da Xunta só busca "confrontar Sánchez", mentres o PP defende que é "perfectamente compatíbel" exercer de portavoz da oposición e, ao mesmo tempo, defender a Galiza como senador. | A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, afirmou esta terza feira que é "tal o despropósito" do nomeamento dos senadores por designación do Parlamento galego, que un deles, o ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, "xa se está empadroando en Madrid e nin sequera vai vivir na Galiza". En declaracións previas ao pleno extraordinario desta terza, que arrinca ás 16 horas, Rodil quixo deixar "moi claro" que a formación nacionalista "non vai apoiar a designación de Feixoo e o seu fontaneiro político [Miguel Tellado]" como senadores por designación parlamentaria. "É bochornoso e vergoñento o uso partidista que o PP fai das institucións, como pretenden usar o Senado para recolocar Feixoo e Tellado para aforrar dous salarios ao PP, para dar un altofalante a un partido á conta dos galegos", manifestou. O voto contrario ao nomeamento como senadores de Feixoo e Tellado xa o adiantara esta segunda feira a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que acusou o ex presidente da Xunta de "coller ese camiño polo seu interese" malia tratarse dunha "falta de respecto á institución". O PP busca colocar no Senado a Alberto Núñez Feixoo para blindalo legalmente O PSdeG cre que Feixoo só busca "desgastar Sánchez" Tamén o portavoz do PSdeG na Cámara galega, Luís Álvarez, cargou esta segunda feira contra o movemento dos populares: "A Feixoo non lle interesa a Galiza nin os intereses desta comunidade, o que lle interesa é ter un posto para desgastar Sánchez e, de paso, cortexar á ultradereita de Vox". Aliás, asegurou ter "curiosidade política" por saber "como afrontará" Feixoo os debates no Senado nos que os intereses da Galiza "baten" cos doutros territorios. "Se non fose preocupante, sería divertido ver a Rueda dicindo o que hai poucas semanas dicía Núñez Feixoo e ao señor Feixoo como senador pola Galiza dicindo outra cousa distinta", dixo. "Houbo presidentes galegos como Manuel Fraga ou Fernando González Laxe que foron senadores por designación do Parlamento despois de ser presidentes, pero non adulteraron o cargo nin se desviaron das súas funcións", engadiu Álvarez. Feixoo e Tellado chegarán ao Senado após renunciar os populares Juan Carlos Serrano e Elena Muñoz O PP di que é "perfectamente compatíbel" Pola súa parte, a nova secretaria xeral do PP na Galiza, Paula Prado, defendeu que é "perfectamente compatíbel" ser sernador por designación parlamentaria e, de forma paralela, portavoz da oposición, un papel que desenvolverá Feixoo en Madrid. Aliás, cualificou de "tremendamente demagóxico" dicir que se elixen Feixoo e Tellado para "aforrar" dous soldos, posto que iso é tanto, ao seu xuízo, como "recoñecer tamén" que os cargos de representación do BNG "son para encher os petos da súa formación". |
NOS_55822 | Após a publicación do Real Decreto nesta mesma madrugada, o Goberno do Estado asume o control e competencias autonómicas. Entre as medidas atópase limitar a circulación das persoas en todo o territorio estatal a partir da publicación no BOE e contempla, así mesmo, garantir as subministracións básicas. | Após a publicación do Real Decreto durante esta mesma madrugada, o Goberno do Estado asume o control e competencias autonómicas e limita a circulación da cidadanía. Así pois, Ministros de Defensa, Sanidade, Transportes e Interior serán a máxima autoridade competente e Marlaska controlará Mossos e Ertzaintza. O Real Decreto aprobado hoxe polo Consello de Ministras e Ministros polo que se declara o estado de alarma, outorga ao Goberno o control absoluto da situación na loita contra o coronavirus, asumindo incluso as competencias autonómicas. Entre as medidas, atópase limitar a circulación das persoas en todo o territorio estatal a partir da publicación no BOE e contempla, así mesmo, garantir as subministracións básicas, tales como alimentos ou medicinas, empregando ao Exército e ás FCSE se así fose necesario. A falta de algunha mudanza puntual, suxeita ao desenvolvemento da propia situación de emerxencia, o resumo dos catro primeiros artigos que artellan as medidas é o seguinte: Artigo 1. Declaración do Estado de Alarma para facer fronte á situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19. Artigo 2. Afecta a todo o territorio estatal. Artigo 3. A duración do estado de alarma que se decreta é de 15 días naturais. Artigo 4. A Autoridade Competente será o Goberno do estado e para o exercicio das funcións e baixo a dirección do presidente Pedro Sánchez, desígnase os ministros de Defensa, Interior, Transportes e Sanidade. A seguir achegamos información das medidas dispostas no Real Decreto, punto por punto, dos artigos tratados: Colaboración coas autoridades competentes - As policías autonómicas e locais quedan baixo o mando do Ministro do Interior, que pode impoñer servizos extraordinarios para a protección das persoas, bens e lugares. - Os axentes da autoridade poderán comprobar se persoas, bens, vehículos, locais e estabelecementos realizan actividades suspendidas e impedilo. - As CCAA con corpos policiais propios estabelecerán os mecanismos para asegurar o anterior. - Os servizos de intervención e asistencia en emerxencias de protección civil actuarán baixo a dependencia funcional do titular do Ministerio do Interior. - Para o cumprimento destas medidas, as autoridades poderán requirir a actuación das Forzas Armadas. Xestión ordinaria de servizos - Cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación na xestión ordinaria dos seus servizos, mais no marco das ordes directas da Autoridade Competente. Limitación da liberdade de circulación - A cidadanía unicamente poderá circular polas vías de uso público para: comprar alimentos ou medicinas, asistir a centros sanitarios, ir traballar, voltar á casa, coidar a maiores, menores ou dependentes, ir ao banco ou por causa de forza maior. - A circulación de vehículos está permitida para realizar as anteriores actividades ou para encher en gasolineira. Requisas temporais e prestacións persoais obrigatorias - As autoridades competentes poderán acordar, de oficio ou a solicitude das CCAA ou concellos, requisas temporais de todo tipo de bens, en particular para a prestación dos servizos de seguridade ou dos operadores críticos e esenciais. - Tamén se poderán impoñer a realización de prestacións persoais obrigatorias para a consecución dos fins do real decreto. Medidas de contención no ámbito laboral - Os empregadors, públicos e privados, estarán obrigados a facilitar medidas que permitan a prestación laboral por medios non presenciais sempre que sexa posíbel. Medidas de contención na actividade comercial e recreativa - Suspensión da apertura ao público dos locais e estabelecementos dedicados ao esparexemento como cafés, circos, restaurantes, bares, discotecales, salas de xogos e apostas, recintos deportivos, museos, salas de conferencias, exposicións,... - As cafetarías e restaurantes só poderán prestar servizos de entrega a domicilio. - Estarán abertas as tendas de alimentos, bebidas, produtos de primeira necesidade, famarcias, médicos, ópticas, produtos ortopédicos, hixiénicos, prensa, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, tintorerías, salóns de peiteado, comercio por internet, telefónico ou por correspondencia. - A permanencia nos estabelecementos cuxa apertura estea permitida será a estritamente necesaria para adquirir alimentos ou produtos de primeira necesidade e non se poderá consumir nos mesmos. - Evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de polo menos un metro. - Suspéndense verbenas, desfiles e festas populares. Medidas de contención en lugares de culto - A asistencia a lugares de culto e cerimonias civís e relixiosas, incluídas as fúnebres, deberán evitar aglomeracións de persoas e os asistentes deberán respectar un metro de distancia entre eles. Medidas para reforzar o sistema nacional de saúde - O Ministro de Sanidade asume o mando de todas as Autoridades civís e en particular as sanitarias, así como os funcionarios e traballadores. - CCAA e Concellos manterán a xestión dos servizos sanitarios. Pero o ministro de Sanidade se reserva a facultade de garantir a cohesión e equidade do servizo. - Asegurarase a plena disposición dos responsábeis de saúde pública, e dos funcionarios. - Determinar a mellor a mellor distribución no territorio de todos os medios técnicos e persoais, de acordo coas necesidades. - O persoal e os centros sanitarios de carácter militar contribuirán a reforzar o sistema nacional de saúde. Medidas para fornecer bens e servizos de saúde pública - O Ministro de Sanidade poderá impartir as ordes necesarias para asegurar o abastecemento e o funcionamento dos centros de produción afectados polo desabastecemento de produtos necesarios para a protección da saúde pública. - Poderá intervir e ocupar transitoriamente industrias, fábricas, talleres, explotacións ou locais de calquera natureza, incluídos os centros, servizos e estabelecementos sanitarios de titularidade privada, así como a industria farmacéutica. - Practicar requisas temporais de todo tipo de bens e impoñer prestacións persoais obrigatorias. Medidas en materia de transportes - O Ministro de Transportes ditará as ordes necesarias para garantir os servizos de mobilidade ordinarios ou extraordinarios. - Mantense o 100 por cen do transporte ferroviario de proximidade e de transporte público de viaxeiros por estrada, ferroviario e marítimo - Redúcense á metade os servizos ferroviarios de media distancia, os servizos regulares de transporte de viaxeiros por estrada e marítimo. - Garantirase que os cidadáns poidan acceder aos seus postos de traballo e os servizos básicos en caso necesario. - O ministro de Transportes estabelecerá as condicións para facilitar o transporte de mercadorías en todo o territorio nacional, con obxecto de garantir o abastecemento. - Os operadores de transporte de viaxeiros deberán realizar unha limpeza diaria dos vehículos, de acordo con Sanidade. Medidas para garantir o abastecemento alimentario - As autoridades competentes adoptarán as medidas necesarias para garantir o abastecemento alimentario nos lugares de consumo e o funcionamento dos servizos dos centros de produción. - Cando resulte necesario por razóns de seguridade, poderase acordar o acompañamento dos vehículos que realicen o transporte dos bens mencionados. - Estabeleceranse corredores sanitarios para permitir a entrada e saída de persoas, materias primas e produtos elaborados nos estabelecementos onde se produzan alimentos, incluídas as granxas, fábricas de pensos para alimentación animal e os matadoiros. - Poderán acordar a intervención de empresas ou servizos, así como a mobilización das forzas e corpos de seguridade do Estado e das Forzas Armadas co fin de asegurar o bo funcionamento do disposto no presente artigo. Importación - Garantirase o tránsito aduaneiro nos puntos de entrada ou puntos de inspección fronteiriza situados en portos ou aeroportos. - Atenderase de maneira prioritaria os produtos que sexan de primeira necesidade. Garantía de subministración eléctrica, derivados do petroleo e gas - A autoridade competente poderá adoptar as medidas necesarias para garantir a subministración de enerxía eléctrica, derivados do petróleo e gas natural. Operadores críticos de servizos esenciais - Os operadores críticos de servizos esenciais previstos na Lei pola que se estabelecen medidas para a protección de infraestruturas críticas, adoptarán as medidas necesarias para asegurar a prestación dos servizos esenciais que lles son propios. - Dita esixencia será igualmente adoptada por aquelas empresas e provedores que, non tendo a consideración de críticos, son esenciais para asegurar o abastecemento da poboación e os propios servizos esenciais. Medios de comunicación de titularidade pública e privada Os medios de comunicación social de titularidade pública e privada quedan obrigados á inserción de mensaxes, anuncios e comunicacións que as autoridades competentes delegadas, así como as administracións autonómicas e locais, consideren necesario emitir. Réxime sancionador O incumprimento ou a resistencia ás ordes das autoridades competentes no estado de alarma será sancionado conforme as leis, nos termos estabelecidos no artigo dez da Lei Orgánica 4/1981, do 1 de xuño. Persoal de misións diplomáticas - Quedan exceptuadas das limitacións á liberdade de circulación o persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas, oficinas consulares e organismos internacionais sitos no Estado español, tanto para desprazamentos dentro do territorio nacional, como ao seu país de orixe ou a terceiros Estados, nos que se atope igualmente acreditado, sempre que se trate de desprazamentos vinculados co desenvolvemento de funcións oficiais. Suspensión de prazos procesuais - Suspéndense os termos e interrómpense os prazos previstos nas leis procesuais para todas as ordes xurisdicionais. - O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o decreto de estado de alarma. - Na orde xurisdicional penal a interrupción non se aplicará ás actuacións encomendadas aos servizos de garda, ás actuacións con detido, ás ordes de protección, ás actuacións urxentes en materia de vixilancia penal e a calquera medida cautelar en materia de violencia sobre a muller ou menores. - En fase de instrución, o xuíz ou tribunal competente poderá acordar a práctica daquelas actuacións que, polo seu carácter urxente, sexan inaprazábeis. - En relación co resto de ordes xurisdicionais a interrupción non será de aplicación ao procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa; aos procedementos de conflito colectivo e para a tutela dos dereitos fundamentais; á autorización xudicial para o internamento non voluntario por razón de trastorno psíquico nin á adopción de medidas de protección do menor. - O xuíz ou tribunal poderá acordar a práctica de calquera actuacións xudiciais que sexa necesarias para evitar prexuízos irreparábeis nos dereitos e intereses lexítimos das partes no proceso. Suspensión de prazos administrativos - Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público. - O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, prorrógalas do mesmo. - A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicarase a todo o Sector Publico. - O órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo. Ratificación das medidas adoptadas polas autoridades competentes - Quedan ratificadas todas as disposicións e medidas adoptadas polas autoridades competentes das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais con ocasión do coronavirus COVID-19 amparadas pola declaración do estado de alarma, que continuarán vixentes sempre que resulten compatíbeis co Real Decreto. - A ratificación contemplada nesta disposición enténdese sen prexuízo da ratificación xudicial. Habilitación - Durante a vixencia do estado de alarma declarado por este Real Decreto o Goberno poderá ditar sucesivos decretos que modifiquen ou amplíen as medidas estabelecidas en leste. - Haberá de dar conta ao Congreso dos Deputados. Entrada en vigor - O Real Decreto entrou en vigor no momento da súa publicación no Boletín Oficial do Estado. |
PRAZA_7458 | A central ofrece unha indemnización de 22 días por ano traballado cun tope de 12 meses, dous días por riba do mínimo establecido pola reforma laboral. | A crise e os recortes afectan a todos e tamén -ou moi especialmente- aos sindicatos, que ven reducidas as achegas dos seus propios afiliados e sobre todo os fondos públicos para realizar actividades formativas. Nos últimos meses practicamente todas as centrais víronse obrigadas a realizar despedimentos, en maior ou menor número, de forma temporal ou permanente e con unhas ou outras condicións. Nestes casos sempre se observa con especial detemento as condicións ofrecidas aos traballadores que perden o seu emprego e até que punto as centrais aproveitan as facilidades e flexibilidades ofrecidas pola novas lexislación aprobada polo Goberno de Rajoy. Unha reforma laboral contra a que os sindicatos se mobilizaron durante meses e que mesmo se converteu no principal argumento para a convocatoria da primeira folga xeral do 2012. Agora UGT-Galicia prepara un ERE para despedir 36 dos seus 111 traballadores nunhas condicións que a priori non melloran moito as marcadas polo Executivo de Rajoy: ofrécese unha indemnización de 22 días por ano traballado cun tope de 12 meses, dous días máis do mínimo fixado. As delegacións con máis despedimentos serían Santiago con seis, Pontevedra con catro e A Coruña con tres. O resto dos traballadores verán recortado o seu soldo nun 30%. O ERE está neste momento en fase de negociacións. UGT-Galicia, a través do seu secretario xeral José Antonio Gómez, defénde salientando que as condicións son mellores que as marcadas pola lei UGT-Galicia, a través do seu secretario xeral José Antonio Gómez, defénde salientando que as condicións son mellores que as marcadas pola lei e que ao redor dun terzo das persoas afectadas están vinculadas a un programa de orientación laboral suprimido pola Xunta. Ademais engade que os despedidos que se insiran nunha das chamadas bolsas de emprego terán dereito a un pagamento de 27 días por ano traballado. Gómez argumenta finalmente que o Estatuto dos Traballadores xa recolle a posibilidade de ofrecer unha indemnización de 20 días cando "concorre unha causa". Neste caso a causa é a forte caída de ingresos provocada polo recorte na chega de fondos públicos para as centrais sindicais. Porén, un grupo de traballadores do sindicato denuncia que "non toda a organización esta a apertarse o cinto do mesmo xeito". Unha circular interna asinada por Antonio Juste Iglesias, secretario comarcal de UGT en Vigo, critica os complementos salariais que cobra "a gran maioría do equipo de UGT-Galicia en Santiago de Compostela". Juste Iglesias denuncia o pago de 150 mil euros en complementos salariais para nove membros da Comisión Executiva. A dirección do sidicato argumenta que eses fondos están destinados á preparación de reunións e mobilizacións en toda Galicia. Despidos en CC.OO. e CIG Nos últimos meses tamén CC.OO. e CIG víronse obrigados a prescindir de traballadores, principalmente nas Fundacións que crearon para desenvolver actividades formativas Nos últimos meses tamén CC.OO. e CIG víronse obrigados a prescindir de traballadores, principalmente nas Fundacións que crearon para desenvolver actividades formativas. En xuño o sindicato nacionalista despediu 15 traballadores de Forga, catro deles de forma temporal, argumentando que dispón dun 80% menos de fondos para cursos. Porén, a CIG ofreceu unha indemnización de 40 días por ano traballado ás persoas que perderon o seu emprego e o proceso finalizou cun acordo coas persoas despedidas. Máis problemático foi o ERE presentado por CC.OO. en Forem por mor da redución "brutal" das achegas públicas para a organización de cursos, que afectou a 24 persoas que recibiron un pago de 20 días por ano. |
NOS_40466 | A primeira xuntanza do lehendakari Iñigo Urkullu co presidente do Goberno central rematou cun acordo: a creación dunha comisión bilateral entre os dous Executivos para negociar o trasapaso a Euskadi de 37 competencias. | Na Moncloa, e coas bandeiras vasca e española de escolta, Urkullu e Pedro Sánchez mantiveron un encontro "cordial e positivo", segundo expuxo o propio lehendakari. O principal acordo foi o da formalización dun "grupo bilateral de análise e negociación" que se encargará de tratar sobre 37 competencias pendentes no Estatuto de Gernika. Para o presidente vasco, hai tres materias "máis avanzadas" e que considera prioritarias: as autoestradas A-68 e A-1, o porto de Pasaia e os cárceres. Urkullu tamén transmitiu a Sánchez a intención do Parlamento vasco de "actualizar e profundizar" no autogoberno. Para iso a Cámara vasca puxo en marcha unha ponencia. O presidente vasco expresou "a necesidade de reflexionar sobre o actual modelo de Estado desde a asunción da súa propia realidade plurinacional e a existencia de feitos diferencias que demandan un tratamento propio e singular". Os dous presidentes tamén falaron sobre o futuro dos presos vascos. "Cómpre un novo enfoque para a política penintenciaria neste novo tempo despois da disolución definitiva de ETA", afirmou Urkullu, "unha reorientación legal da política penintenciaria e o achegamento de persoas presas". O lehendakari engadiu que entende "as razóns da cautela de Sánchez" ao respecto. |
PRAZA_7473 | Os colectivos veciñais opostos á explotación aurífera de Bergantiños achéganlles a Barclays e Credit Suisse un informe da Universidade de Vigo que sinala que a extracción de mineral podería non ser tan rendible como din a empresa e a Xunta | As entidades financeiras Barclays Bank e Credit Suisse, con sedes sociais en Inglaterra e Suíza, veñen de recibir senllos escritos da Plataforma pola Defensa de Corcoesto. O colectivo veciñal de Bergantiños diríxese a estes bancos para solicitarlles que "non lle concedan financiamento" á empresa canadense Edgewater para a mina de ouro que proxecta na comarca. Ademais de ter un importante impacto ambiental, a veciñanza advirte de que a "viabilidade económica" da explotación "non está debidamente acreditada". Estes escritos non inclúen só opinións da plataforma, senón tamén "un informe da Universidade de Vigo que certifica que o proxecto de explotación unicamente pode asegurar un 22% dos recursos auríferos de Corcoesto", explican. Nomeadamente, este documento, din, "sinala que as campañas de investigación certificaron a fiabilidade desa porcentaxe (15% medido, 7% indicado). O restante 78% de recursos son "de baixo nivel de confianza", abonda o informe. Un informe da Universidade de Vigo conclúe que "o proxecto de explotación unicamente pode asegurar un 22% dos recursos auríferos de Corcoesto" Do mesmo xeito, o estudo "cuestiona a lei de corte establecida para o proxecto mineiro de Corcoesto", un parámetro que é "fundamental" para "determinar se os xacementos son explotables ou non" e, polo tanto, a súa viabilidade económica". Segundo o informe "a xustificación dos recursos queda en dúbida, xa que, en opinión da empresa mineira, dúas terceiras partes deles non están convenientemente xustificados e iso contravén o disposto no regulamento da Lei de Minas". Isto tamén o vén denunciando a plataforma ante a Dirección Xeral de Minas, lembran. Nas oficinas de Barclays e Credit Suisse recibiuse tamén "un completo dossier coas alegacións presentadas por distintos colectivos sociais", un resumo de prensa no que fica "acreditada a oposición social ao proxecto" e "outros informes que poñen de manifesto os elevados riscos ecolóxicos e sanitarios" e "os negativos efectos socioeconómicos do proxecto para a comarca". Isto, di a plataforma, debería levar as entidades bancarias a "respectar as súas respectivas estratexias de responsabilidade social corporativa" e a non "convertérense en cómplices dun proxecto que destrúe a riqueza paisaxística do noso territorio, contamina o medio natural, destrúe as actividades económicas tradicionais e xera pobreza a medio e longo prazo" Mentres agardan por Barclays, Credit Suisse xa lle remitiu unha primeira resposta á plataforma. Nela, apuntan, o banco "comprométese a analizar coidadosamente a información recibida e a mantela informada de calquera decisión da entidade financeira sobre este asunto". |
NOS_46993 | É xa un clásico que Pyongyang se vexa obrigado a desmentir, máis ou menos directamente, informacións sobre supostas purgas de elementos críticos. | Kim Yong Chol non é unha figura máis na estrutura de poder en Corea do Norte. Vicesecretario xeral do Partido dos Traballadores, foi unha peza central nas negociacións, falidas, da última cimeira entre Kim Jong-un e Donald Trump, realizada en febreiro pasado. Informacións publicadas nos últimos días pola imprensa sul-coreana apuntaban a que un suposto ataque de cólera de Kim Jong un polo fracaso das conversas co presidente dos EUA tería resultado nunha purga no interior do goberno, saldada con execucións e co envío a un campo de reeducación de Kim Yong Chol. O desmentido chegou este domingo en forma dunha fotografía divulgada pola axencia coreana de noticias en que aparece Kim Yong Chol como unha das personalidades asistentes a un evento musical presidido polo líder norcoreano. A falsa noticia da imprensa sul-coreana non apareceu do nada. Semanas atrás, o secretario de estado norteamericano, Mike Pompeo, alimentou a especie de que Kim Yong Chol caera en desgraza ao afirmar nunha entrevista na canle televisiva ABC que todo parecía indicar que o seu interlocutor en futuras cimeiras sería outro dirixente norcoreano. En todo caso, outras fontes sinalan que, aínda que se manteñan as formas en público, Kim Yong Chol foi expulso do círculo de colaboradores máis directos de Kim Jong un e como indicio desa tese alegan a súa ausencia na recente cimeira con Vladimir Putin. |
PRAZA_11162 | Texto íntegro da sentenza do Tribunal Supremo aos líderes independentistas cataláns | Consulta aquí as sentenza íntegra ditada polo Tribunal Supremo coas condenas aos líderes independentistas cataláns. Tamén podes descargala nesta ligazón. |
PRAZA_12733 | Amores Prohibidos 2.0, a última obra de Chévere, leva o teatro ás redes sociais do 23 ao 27 de abril. A historia, unha versión de Romeo e Xulieta co conflito lingüístico como contexto, é narrada e desenvolvida por alumnos do IES A Cachada de Boiro a través de videos en youtube e valéndose de Facebook, Tuenti e Twitter. É a primeira experiencia deste tipo no Estado. | Amores Prohibidos 2.0, a última obra de Chévere, leva o teatro ás redes sociais do 23 ao 27 de abril. A historia, unha versión de Romeo e Xulieta co conflito lingüístico como contexto, é narrada e desenvolvida por un grupo de 24 alumnos do IES A Cachada de Boiro a través de videos en youtube e valéndose de Facebook, Tuenti e Twitter, baixo a supervisión do equipo de Redenasa.tv e dos actores e actrices de Chévere. É unha iniciativa pioneira que busca contar unha historia dende un escenario virtual valéndose de redes como Facebook, Tuenti e Twitter e, sobre todo, do espazo creado especificamente para esta historia dentro de Redenasa.tv. Trátase da primeira experiencia deste tipo no Estado. O equipo responsable da obra levou a cabo obradoiros en Boiro durante os últimos tres meses para adestrar os alumnos participantes nunha serie de tarefas que terán que realizar para contar a historia: interpretación, guión, xestión das redes sociais, márketing on line, manexo da plataforma redenasa.tv, gravación e edición audiovisual e produción. A obra é, en realidade, unha adaptación de Romeo e Xulieta, no presente e cun instituto galego como escenario. Desta vez, dous adolescentes tentarán superar o obstáculo que para a súa relación amorosa constitúe o feito de pertencer a grupos enfrontados e con sensibilidades dispares no tocante á defensa do uso do galego. Romeo e Xulieta son Romero e Xiana, desta volta. E as súas familias enfrontadas son os seus grupos de amigos, castelanfalantes uns e galegofalantes os outros, cun certo parecido a West Side Story. Como participar? O máis innovador des obra é que non está pensada para que o espectador a contemple, a vexa e a escoite, senón que o obxectivo é que aproveitando as redes sociais participe nela, interactúe e constrúa a historia cos personaxes. Pode facelo a través da web da obra, onde se publicarán ordenadas cronoloxicamente as conversas entre os seis personaxes principais (Romero, Xiana, Baldo, Mejuto, Rossi e Ana) e as interaccións co público. Pero tamén pode participar a través do Facebook, de Twitter (@redenasa con hashtag #amoresprohibidos20), do blog amoresprohibidos.redenasa.tv, onde Xespir irá publicando os seus comentarios e resumos diarios, e do Tuenti, onde todos os personaxes teñen conta. Nas primeiras horas do proxecto houbo unha grande actividade. O grupo dos galegofalantes (Xiana, Baldo e Ana) está a organizar unha festa, para a que o propio Baldo pediu a través de youtube que lle enviasen suxestións musicais. O público tamén enviou varios vídeos, como os personaxes lles pediron, explicando, por exemplo, como se liga en galego. Mentres, o grupo dos castelanfalantes (Romero, Mejuto e Rossi) lanzaba, tamén a través dalgúns vídeos, algúns piques ao grupo rival e, de paso, ao galego. Esta noite é a festa, na que Xiana e Romero se coñecerán. Como dixo Xespir na web de redenasa: "Cal será a lingua que os una? Galego? Castelán? En que idioma fala o amor?". Teatro en tempo real. |
PRAZA_16997 | Unha delegación do Grupo de Memoria Histórica visita as Torres e esixe que o Parlamento Europeo reciba e apoie o informe que avala a devolución do inmoble ao público. Todos insisten na necesidade de "dar a coñecer internacionalmente a impunidade do franquismo en España". Os Franco boicotean a construción de beirarrúas en Sada como vinganza por seren declarados "non gratos" | Unha situación "anacrónica", impropia dun Estado "que se di democrático" e "símbolo da impunidade do franquismo". Así definiron cinco eurodeputados o feito de que o Pazo de Meirás siga en mans da familia Franco malia serlle "espoliado" ao pobo durante a visitia que na mañá deste venres realizaron ao histórico inmoble desta parroquia de Sada. A delegación do Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo demandou a "devolución" das Torres á cidadanía galega a través da dúa incorporación ao patrimonio público e anunciou a súa intención de "dar a coñecer a realidade na Unión Europea" e "internacionalizar" a súa denuncia a través de diferentes iniciativas en varios organismos comunitarios. O Grupo de Memoria Histórica pretende que a Eurocámara reciba e apoie o informe xurídico que avala a devolución do Pazo ao pobo Na visita, impulsada polo BNG, participou a eurodeputada da formación nacionalista, Ana Miranda, así como Izaskun Bilbao (PNV), Jordi Solé (Esquerra), Miguel Urban (Podemos) e Jill Evans (Plaid Cymru, Gales). O obxectivo da delegación é que o Parlamento Europeo reciba e apoie o informe histórico-xurídico encargado pola Deputación da Coruña no que se reclama a devolución do Pazo de Meirás ao pobo. "Queremos facer noso este informe e trasladalo ao Parlamento Europeo, co obxecto de transversalizalo", destacou Ana Miranda durante a súa intervención na recepción que tivo lugar na Deputación da Coruña, a onde acudiron logo de visitar o Pazo e tras outra visita a primeira hora ao Concello de Sada. A eurodeputada do Bloque advertiu da posibilidade de levar á Eurocámara o documento que certifica que a venda do inmoble ao ditador foi nula e que avala o paso deste ao público a través de Patrimonio do Estado. Todos os eurodeputados insistiron durante a "visita histórica" a Meirás na necesidade de "dar a coñecer internacionalmente a impunidade da que goza o franquismo en España" e dunha situación "antidemocrática" nunha "democracia de baixa intensidade". "O Pazo é un símbolo dun espolio do réxime franquista que perdura hoxe en día" dixo Miguel Urban, de Podemos. Pola súa banda, Izaskun Bilbao, do PNV, destacou o "salto atrás e moi retrógrado no tempo" que se produce ao entrar nun inmoble que identifica "cunha imaxe pasada, a duha ditadura da que xa nos gustaría saír". "O Pazo é un símbolo dun espolio do réxime franquista que perdura hoxe en día", di o eurodeputado Miguel Urban As "100.000 vítimas do franquismo desaparecidas" ou casos como o das Torres de Meirás é algo "totalmente descoñecido en Europa", insistiu Bilbao, ao tempo que Jordi Solé, de ERC, destacaba a "anormalidade democrática" e o "poder do franquismo" aínda no Estado. "Non é xa unha cuestión de memoria nin de pasado, senón de xustiza" engadiu. Desde Gales, Jill Evans recoñeceuse "sorprendida" de que nun lugar que se di democrático poida existir aínda un lugar como o Pazo de Meirás e propiedade da familia do ditador e que, tal e como comprobaron na visita, difunde numerosas pinturas e bustos de Franco, a súa figura e as súas teóricas fazañas; e non só sen crítica ningunha, senón con apelacións constantes ao seu carácter de "generalísimo" ou de "xefe do Estado". Todos eles posaron tras a visita ás portas do inmoble cunha pancarta que rezaba Non á impunidade do franquismo, devolución do Pazo de Meirás nunha xornada na que numerosos medios deron conta da realidade deste inmoble histórico que fora propiedade da escritora Emilia Pardo Bazán. "O Pazo é o epicentro do franquismo e debe ser o epicentro da recuperación da Memoria Histórica", asegura o alcalde de Sada Antes da visita a Meirás, na que participaron os eurodeputados acompañados de varios xornalistas, a delegación visitou tamén o Concello de Sada, onde foi recibida polo alcalde, Benito Portela, que considera a súa visita a Meirás "fundamental para difundir o anacronismo" que supón que a familia Franco posúa a propiedade. "O Pazo é o epicentro do franquismo e debe ser o epicentro da recuperación da Memoria Histórica", dixo. Os eurodeputados na súa visita ao Concello de Sada / © Concello de Sada Esta visita inclúese no conxunto de propostas que desenvolve o Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo e mediante o cal presentaron diversas iniciativas e visitas relacionadas coa impunidade do franquismo e impulsaron xornadas como as desenvolvidas en novembro en Bruxelas. O seu obxectivo radica en "dar a coñecer e denunciar internacionalmente a situación de impunidade da que goza o franquismo en España". Neste contexto produciuse a visita internacional que eurodiputados de diferentes grupos políticos realizaron ao val de Cuelgamuros (valle de los Caídos) e ao cemiterio de San Lorenzo de El Escorial o pasado mes de marzo. Ademais, desde En Marea tamén volveron a pedir este venres a "devolución" do Pazo. En nota de prensa, a formación política mostrou o seu "rexeitamento" ao "boicot" da familia Franco ao Concello de Sada ao frear a construción de beirarrúas, tal e como publicou este diario. A formación considera que este feito se dá como "vinganza" da familia Franco "por ser declarados non gratos" no pleno do Concello do pasado mes de agosto. "Esta provocación súmase a outras como a de vender o Pazo de Meirás por oito millóns de euros", sinalou En Marea. |
NOS_10517 | Reducir o consumo de enerxía, a dependencia da enerxía fósil e as emisións de gases causantes de cambio climático é un dos piares da transición enerxética que urxe unha neutralidade climática imposíbel sen un maior desenvolvemento das enerxías renovábeis. | A emisión de gases causantes de cambio climático superaron na Galiza os 18,6 millóns de toneladas en 2020, un 36% menos que en 1990, ano de referencia en materia de políticas climáticas. Son só dúas das cifras que figuran no informe As emisións de gases de invernadoiro en Galicia (1990-2020) que vén de presentar o Observatorio Galego da Acción Climática (Ogacli) a partir dos datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica. O documento evidencia unha redución considerábel destas emisións aínda insuficiente, sinala a Nós Diario o ecoloxista e biólogo Xosé Veiras, promotor do observatorio. Na Galiza aínda somos moi dependentes da enerxía fósil, que supón 70% de todas as emisións de gases causantes de cambio climático Segundo explica, esta mingua na emisión de gases contaminantes atende a dous factores principais. Un estrutural e outro conxuntural. Dunha parte é consecuencia "da desfosilización parcial do sector enerxético debido á substitución da electricidade do carbón por enerxías renovábeis, fundamentalmente, sobre todo eólica", un proceso que se viu acelerado a partir de 2019. O colapso do carbón introduciu unha gran mudanza no sector eléctrico, di, "que pasou de xerar entre 30 e 40% da electricidade total a menos de 5% dun ano para outro, por causa da suba do prezo do CO2 no mercado europeo de emisións". Doutra, é resultado do decrecemento económico provocado pola pandemia da Covid, que supuxo unha redución moi importante das emisións en termos interanuais. A Galiza supera a maioría dos límites de contaminación atmosférica da OMS Esta conxuntura non vai provocar unha baixada permanente das emisións. "Polo que estamos vendo, volverán aumentar". O que é seguro, defende Veiras, é que non vai haber unha volta atrás ao carbón. Adeus ao carbón "A crise enerxética desatada a raíz da guerra en Ucraína motivou algunhas decisións que apuntan un regreso ao carbón, pero é moi limitado. Un número reducido de países (Francia, Alemaña, Países Baixos) anunciaron un regreso restrinxido e de forma temporal á función eléctrica con carbón. Mais no Estado español e en Portugal non hai decisións neste sentido". A electricidade representa só un 25% da enerxía final que consumimos Sobre a continuidade da térmica das Pontes, aclara, o mantemento en standby de un dos catro grupos da central para atender picos de demanda en caso de prezos moi elevados ou problemas de subministración co gas fósil, "non representaría unha volta ao carbón nin moito menos". E ilustra con cifras esta continuidade. "Até 2019 a Galiza tiña 2.000 megawatt de potencia eléctrica con carbón que cada ano producían uns 10.000 xigawatt/hora, responsábeis dun terzo das emisións de gases de efecto invernadoiro do país. Con Meirama fechada e tres ou catro grupos das Pontes desactivados, dous deles xa desmantelados, o máis que se podería xerar serían uns centos de xigawatt/hora cada ano". Xosé Veiras sinala a necesidade de avaliar a realidade enerxética da Galiza no seu conxunto. "A tendencia é a repararmos só na electricidade, un 25% da enerxía final que consumimos". Así, se consideramos tanto a enerxía primaria como a enerxía final, en forma de combustíbel, electricidade ou calor, "na Galiza aínda somos moi dependentes da enerxía fósil, que supón 70% de todas as emisións de gases causantes de cambio climático". En que consiste o real decreto sobre o aforro enerxético? No caso da enerxía primaria Veiras sinala unha dependencia de 80%, en boa medida debido á actividade da industria enerxética fósil asentada en territorio galego, que ten como destino tanto o mercado interno como a exportación de produtos petrolíferos, electricidade e agrocombustíbeis. Desde unha posición ecoloxista, o experto en sustentabilidade urxe reducir as emisións. "Habería que chegar a 2040 con cifras moi inferiores ás actuais, nun 90% nese horizonte e nun 65% en dez anos". E iso, di, pasa pola desfosilización do sector enerxético, por reducir o consumo de enerxía e por basealo só en fontes renovábeis. Pulo ás renovábeis pero protexendo o territorio A porcentaxe de renovábeis sobre o consumo de enerxía final é de 45%. "De aquí a 2040 habería que chegar ao 100%. E o mesmo no caso da electricidade procedente de fontes renovábeis: representa 74% do total xerado e habería que alcanzar 100%, un obxectivo que comparten Austria e Portugal para 2030, ao que a Galiza tamén podería aspirar". Unha transición enerxética rápida só será sustentábel se se avanza ao mesmo tempo na redución drástica do consumo de enerxía e no desenvolvemento das renovábeis En termos de ambición climática as cifras actuais non son para se conformar, insiste Veiras. "Este 74% non é suficiente. É moi probábel que este ano nin sequera se acade esta cota xa que está a baixar a produción hidroeléctrica por mor da seca". Neste sentido, avoga por unha transición enerxética rápida, "que só será sustentábel se se avanza ao mesmo tempo na redución drástica do consumo de enerxía, cunha caída de 50% nas próximas décadas, e no desenvolvemento das renovábeis". Non será doado, advirte, nin rebaixar o consumo nin facer fronte aos aspectos máis negativos das enerxías renovábeis. "Hai razóns para problematizalas tendo en conta as políticas que se están a despregar, pero pódese facer mellor", asegura. Habería que ampliar as zonas de exclusión por razóns ambientais, ampliar o protagonismo do sector público mais das comunidades enerxéticas "e habería que apostar polo autoconsumo a sabendas de que non abondaría", enumera. A Xunta vén de asumir o obxectivo europeo de reducir as emisións 55% tras superar xa en 2019 a marca prevista nesa altura, inferior a 25%. Mais de momento, "non se sabe cal será a folla de ruta". |
NOS_16048 | A Casa Real española envía unha carta a Izquierda Unida explicando que Juan Carlos I "dase por inteirado" das cuestións trasladadas sobre o seu safari de luxo no país africano, e máis nada. Tamén o Goberno español rexeitou esclarecer esa viaxe no Congreso, censurando preguntas de varias forzas políticas, o BNG entre elas | Nun comunicado remitido este domingo á prensa, Izquierda Unida fixo pública a resposta que El-Rei fixo chegar a esta formación política en relación ás preguntas sobre a súa cacería de elefantes en Botsuana. E se IU se limitase a dar conta desa información o comunicado viría en branco. A través dunha carta que enviou o xefe da Casa Real española, Juan Carlos I di que "ficou inteirado" das cuestións que os deputados Gaspar Llamazares e Ricardo Sixto formularon, mais que non dará explicacións sobre "actividades privadas". Igual que lle pasou ao BNG, tamén Izquierda Unida e outras forzas políticas viron vetadas na Mesa do Congreso varias preguntas ao Goberno central relativas ao safari de luxo de El-Rei no país africano. Llamazares e Sixto decidiron enviar as súas inquedanzas directamente á Zarzuela, e a resposta foi que están "referidas a actividades privadas" e que "non foron admitidas a trámite pola Mesa do Congreso ao entender que non están suxeitas ao control parlamentario", amparando a Casa Real española o veto exercido nun órgano que controla o PP coa maioría absoluta. Sobre Botsuana e sobre Corinna zu-Sayn WittgensteinDesde IU critican a "pretendida transparencia" da Coroa española cando fixo pública unha parte das súas contas, e compárana coa falta de respostas respecto dunha viaxe, a de Botsuana, da que a cidadanía do Estado non sabería nada se El-Rei non tivese que ser ingresado de urxencia para unha operación. Ademais de preguntar polo custo do periplo, a "necesaria prudencia" que debe observar o xefe do Estado, o "impacto na sensibilidade da opinión pública" --foi cazar elefantes-- e o desembolso de cartos públicos para facer fronte aos gastos da excursión cinexética de Juan Carlos I. Tamén preguntaban os deputados se se tratou, por contra, dunha viaxe patrocinada, pois hai unha denuncia cidadá presentada xa por un delito de cohecho pasivo impropio en referencia ao pagamento da cacería polo empresario saudí Mohamed Eyad Kayadi. E finalmente querían saber da relación el El-Rei con Corinna zu-Sayn Wittgenstein: quen a nomeou "representante" do monarca español e "conselleira estratéxica" da delegación española que foi recibida no 2006 na capital saudí, polo príncipe Al-Waleed; "que xestións realizou" e "que papel xogou en relación coas inversións españolas en Arabia Saudí". Nin o Goberno nin a Casa Real español@s darán unha resposta. |
NOS_5740 | Esta quinta feira presentouse en Lugo a Declaración Lugo-Lisboa, unha conclusión da XX Conferencia Internacional do Movemento Internacional sobre Museoloxía Social (Minom). Trátase dun documento que reivindica o labor social dos museos e a súa inserción no territorio e na comunidade, un texto que aglutina moitas sensibilidades e servirá de referencia para as profesionais no futuro. Destaca ademais a creación, con motivo do evento, dun grupo estatal inserido no Minom, co impulso fundamental da Rede Museística de Lugo. | Aínda que moitas persoas o descoñecen, a Rede Museística de Lugo é referente a nivel internacional no campo da museoloxía social. Os pasados 22 e 23 de xullo tivo lugar desde as súas instalacións, así como desde Lisboa, a XX Conferencia Internacional do Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía (Minom), formado por institucións de 11 países que traballan para fomentar a participación cidadá dentro das organizacións museísticas, a recuperación da memoria e a posta en valor do patrimonio cultural, natural e a diversidade. Trátase dun momento histórico porque é a primeira vez que o evento é binacional, coa organización repartida entre a Galiza, coa Rede Museística de Lugo, e Portugal, coa Univerisade Lusófona de Lisboa. Por outra banda, esta vixésima conferencia tamén se fixo de maneira insólita en formato virtual, retransmitida a través das redes sociais, con 674 persoas matriculadas, unha cifra que para a xerente da rede, Encarna Lago, demostra o interese que esperta a disciplina. Con todo, o 31 de xullo e o 1 de agosto tiveron lugar dúas xornadas presenciais no Pazo de Tor (Monforte), un espazo moi significativo ao que o Minom Internacional agasallou o seu arquivo en 2017, como recoñecemento ao seu labor. A xuntanza do comité organizador tiña como obxectivo avaliar os resultados do encontro, concibido case máis coa lóxica do obradoiro que coa da teorización. Do diálogo e o intercambio viu a luz a Declaración Lugo-Lisboa, que presentaron onte na Deputación de Lugo, alén de Lago, Maite Ferreiro (responsábel de cultura) e Ana Goy (Universidade de Santiago). Este texto ten unha gran relevancia no sector, pois trátase dun documento de referencia que estudan e do que beben as profesionais da museoloxía". Sostibilidade 4D A conferencia do Minom ten lugar cada dous anos e aproveita a ocasión para debater e lanzar unha chamada de atención sobre un tema concreto. A última edición fixo fincapé no lema "Cara a unha museoloxía 4D", aludindo as dimensións social, política, ambiental e económica como catro faces indisolúbeis para que a disciplina sexa verdadeiramente sostíbel. "Temos un problema de comunicación bestial e confundimos sostibilidade con paxariños e bolboretas", comenta Lago, "cando realmente do que estamos a falar é de pór as persoas no centro". A memoria, a resistencia, a igualdade de xénero, a diversidade, a accesibilidade ou a necesidade de revisión dos relatos son prioridades desta outra forma de entender os museos. Desde a Rede Museística de Lugo levan máis de 20 anos reivindicando novas formas de facer, unha longa traxectoria de traballo que os sitúa como berce da museoloxía social. "Cando aos outros lles interesan os museos polas súas coleccións, nós queremos pór o foco no territorio e, fundamentalmente, na comunidade, que non é un feito abstracto", explica a xerente. Difícil elaboración Elaborado baixo un formato moi participativo, o texto da declaración "foi moi difícil de facer, porque tiña que unir moitos códigos lingüísticos distintos e a forma de entender e de sentir a museoloxía en países nos que realmente é vida", engade. Neste senso, apúntase a diverxencia de modelo, por exemplo, con países de Latinoamérica, nos que as institucións constitúen auténticos refuxios aos que en ocasións se chegou mesmo a prender lume. "Cada palabra está moi medida. Eu só falo como unha persoa máis que formou parte disto", di a xerente. A Declaración comeza facendo unha reflexión sobre a enorme repercusión a nivel global da pandemia, que poucos fenómenos na historia da humanidade tiveron. "A Covid-19 non só destruíu en poucos meses a aparente seguridade económica e social do primeiro mundo, senón que tamén amosou as fraquezas de todos os sistemas de saúde, especialmente nos países máis desfavorecidos", afirman as asinantes. Neste contexto, despois de anos de reivindicación por parte do Minom, moitas veces ignorados pola museoloxía convencional, reivindícase a dimensión do museo desde a participación e a afirmación dos dereitos humanos. Destaca deste traballo a alusión a cartas anteriores do colectivo, como a de Santiago de Chile (1972), que estabelecía uns principios ideolóxicos da Nova Museoloxía que seguen aínda totalmente vixentes. Esta disciplina considera como o obxectivo dos museos ter en conta o coidado e a hospitalidade, e promover o seu papel socioafectivo. Hai tamén unha chamada a "xestionar co terceiro sector", explica Lago, "perder o medo a perder o poder e aprender a escoitar de maneira activa". Así, a declaración continúa na defensa dunha museoloxía activa, rebelde e militante. Altermuseoloxía No social, comenta Lago, téndese ao uso de palabras que axiña o sistema baleira de contido, como pode ser a empatía, un concepto que para ela non se pode entender sen a alteridade: "Os museos temos que traballar a altermuseoloxía: pórse na pel do outro para saber o que quere". Así, deberían promover o achegamento e coñecemento entre os pobos, na "creación fraterna dun mundo respectuoso coa riqueza intrínseca", recolle o texto, no que se estabelece igualmente unha chamada á colaboración entre os distintos axentes, entendidos mesmo máis alá das distintas institucións convencionais. A museoloxía social tamén se entende desde a implicación "na resolución dos graves problemas de exclusión, incomprensión, indiferenza e violencia", sinala o punto cinco do texto. "O museo non debe calar", sintetiza Lago, en referencia especial á situación en Latinoamérica e ao silencio dalgunhas entidades ante situacións de violencia extrema, como é o caso dos feminicidios. Outras das necesidades que destaca a declaración é a de formarse en novas ferramentas de participación e apoiar a aprendizaxe e investigación sobre unha disciplina que aínda permanece en descoñecemento para moitas persoas. "Para min é a museoloxía da acción, pero vinculada ás persoas", resume Lago. Nela, o compromiso político implica non separar a museoloxía "de e para a vida", conclúe a declaración. Porque construír outro museo significa facer un lugar de convivencia para todas as persoas. |
NOS_47625 | As conversas teñen un certo ar de escenificación de partida de póker de final incerto, mais a clave está en se Iglesias fará parte ou non do "goberno de cooperación", a fórmula eufemismo acuñada pola fábrica Iván Redondo, o spin doctor de Sánchez, para se referir ao que en todo o orbe político se denomina goberno de coalición. | Na primeira das reunións non públicas entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, o secretario xeral do PSOE e aspirante a unha nova investidura como presidente do goberno tería oferecido ao líder de Podemos a presenza de dirixentes da formación morada na estrutura de goberno, mais non no consello de ministros. Isto é, si podería haber secretarios de Estado (dependentes de ministros do PSOE) mais non figuras de Podemos no gabinete presidido por Pedro Sänchez. Esa sería a posición de partida do PSOE no comezo dunhas negociacións que se prevén relativamente longas (relativamente porque algunhas fontes apuntan que a primeira sesión de investidura podería producirse na primeria metade do mes de xullo). O PSOE tería movido ficha sobre a súa formulación inicial, aquela da composición dun goberno socialista con presenza de independentes progresistas. Ferraz agora si estaría disposto a que Podemos fixese parte do poder executivo, embora de níveis inferiores ao do Consello de Ministros. A posición de partida de Podemos é que o goberno de cooperación é un goberno de coalición e que, por tanto, debe estar constituído por membros de ambos partidos en todas as esferas, tamén no Consello de Ministros. E sen vetos, o que supón que Iglesias debería estar tamén no gabinete. E sen se pór teito, o que supón que a formación morada non renunciaría de entrada a unha vicepresidencia para o seu líder. Ferraz agora si estaría disposto a que Podemos fixese parte do poder executivo, embora de níveis inferiores ao do Consello de Ministros. "As posicións están moi afastadas", dixeron aos medios fontes de Ferraz. Aparentemente si, mais o PSOE continúa a enarborar o discurso de que Podemos é o seu "socio preferente" e, dada a oposición de Cs e PP a facilitar a investidura de Sánchez, o partido socialista non ten alternativa distinta á de viabilizar o "goberno de cooperación", que se podería salvar na cámara coa abstención de ERC ou Bildu. Cal podería ser a síntese? O punto de encontro pode ser a entrada de ministros de Podemos no gabinete —hipótese non desbotada no seu día por José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE— sen que entre eles figure Pablo Iglesias. Serían en todo caso dirixentes moi da órbita do líder morado. En sectores da autodenominada esquerda transformadora non se ve mal este escenario. "Se o goberno vai ben, no futuro podería incorporarse Pablo. E se vai mal, Pablo preservaríase do hipotético desgaste", afirman. |
NOS_28377 | A xustiza arxentina emitiu orde de detención e extradición contra Rodolfo Martín Villa pola súa presunta responsabilidade en violacións dos dereitos humanos e o asasinato de 5 obreiros en Vitoria. | Un ex-alto cargo do franquismo e da etapa da 'Transición' contra o que a xustiza arxentina emitiu hai seis meses orde de detención e extradición pola súa presunta responsabilidade co asasinato de 5 obreiros estará nas Pontes de García Rodríguez o 18 de abril para dar unha conferencia. Rodolfo Martín Villa, coñecido popularmente nos finais dos 70 como 'La porra de la Transición' pola violencia e contundencia coas que ordenaba actuar como Ministro da Gobernación contra as manifestación, estará no cine Alvoi para tomar parte no coloquio 'Transición democrática en España'. A xuiza cursou a orde por considerar que era responsábel de "crimes de lesa humanidade", que non prescriben. O 31 de outubro do ano pasado a xuíza María Servini-instrutora dunha causa penal contra o franquismo- ordenaba en baseo ao principio de xustiza universal deter Martín Villa e outra vintena de cargos imputados por crimes da ditadura. A Rodolfo Martín Villa considerábao responsábel da 'Matanza de Vitoria', na que a policía matou a tiros a 5 obreiros e feriu a 150. A mediados de novembro a Interpol iniciaba as dilixencias previas para solicitar a detención de Martín Villa. Mais todo ficou en nada. Desde un principio o goberno español afirmou que non ía proceder a detención nin entrega ningunha do ex-ministro, amparándose na Lei da Amnistía de 1977. O propio Martín Villa, en entrevistas á prensa española, afirmaba que estaba disposto a declarar perante a xustiza arxentina e negaba calquera implicación nos feitos dos que era acusado. En febreiro deste ano o xuíz Velasco arquivou a petición de asociacións de vítimas para que se detivese o ex-ministro. Da guerra suxa ás portas xiratorias Martín Villa ostentou no franquismo varios altos cargos no sindicato vertical e foi procurador en Cortes en 5 lexislaturas. De 1976 a 1979 foi ministro de Gobernación (Interior) do Estado español. Durante o seu mandato, e só en Euskadi, unha trintena de persoas morreron por accións dos membros das forzas de seguridade do Estado -dados dun Informe do Goberno Vasco-. O seu nome estivo relacionado, en reportaxes e investigacións, cos primeiros anos de 'guerra suxa' contra ETA, que decorreron na súa etapa como ministro. Tamén se ten indagado sobre a súa responsabilidade en casos como o atentado do Scala ('montaxe' contra a CNT) ou nos atentados contra o independentista canario Cubillo. Foi deputado no Congreso e ministro nos gobernos de UCD, así como vicepresidente do goberno español despois do golpe de estado do 23-F. De 1997 a 2002 foi presidente de Endesa, no que se describiu xa daquela como un caso de 'portas xiratoria'. Foi tamén comisionado do goberno español na catástrofe do 'Prestige'. Rexeitamento A presenza de Rodolfo Martín Villa en Galiza xa xerou as primeiras críticas e rexeitamentos das redes sociais. Organizacións como Causa Galiza fan un chamamento a acudir ás Pontes o 18 de abril para evidenciar protestar contra a asistencia dun ex-alto cargo do franquismo sobre o que pende unha orde de detención internacional. |
NOS_25751 | A deputada, de 35, é secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia; e, desde 2016, coordinadora nacional de Esquerda Unida. | A carreira pola candidatura á Presidencia da Xunta no espazo dos comúns comeza esta segunda feira. Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e secretaria xeral do PCE na Galiza, formalizará nunha rolda de prensa a súa candidatura nas primarias de Esquerda Unida. Solla, que entrou no Parlamento en 2012 facendo parte de AGE, é a primeira aspirante a liderar o espazo dos comúns (Podemos, Esquerda Unida e Anova) nas galegas de 2020. O proceso de primarias rematará a mediados del mes de outubro, polo que Yolanda Díaz, a quen Solla relevou hai tres anos na dirección de Esquerda Unida, deberá tomar unha decisión nos próximos días sobre si presenta a súa candidatura cando xa está lanzado o proceso das xerais nas que loitará por manter o seu escano en Madrid. Díaz levantou certa polémica este verán cando nunha entrevista radiofónica asegurou que unha muller debía encabezar a candidatura á Presidencia da Xunta no espazo dos comúns, sen descartarse ela mesma. Solla tardou pouco en responder. "A organización fixo un esforzo importante para que estivera durante esta lexislatura no Congreso e esperemos que cumpra con ese traballo", dixo un par de días despois. Mentres, nos outros dous partidos que participan dese espazo, Anova comezou o seu debate sobre a fórmula para concorrer ás eleccións do 10N, e Antón Gómez-Reino, líder galego de Podemos, tamén se dispón a afrontar a campaña para revalidar o seu escano no Congreso. |
NOS_27650 | As votacións das bases de Podemos sobre a posibilidade do peche de alianzas electorais para os comicios xerais caracterizouse por unha escasa participación, xa que tan só votaron 44.792 de 380.000 persoas. | Podemos acordou, cun 85% das papeletas, a posibilidade de pechar alianzas de cara ás eleccións xerais no marco das distintas autonomías, nunha votación caracterizada pola escasa participación das bases. E é que tan só votaron 44.792 de 380.000 persoas, é dicir, o 11,8%. En declaracións a Europa Press, o secretario de Organización de Podemos, Sergio Pascual, sinalou que, en caso de alianzas, as papeletas seguirían o formato coa denominación "Podemos e algún outro nome". Afirmou que en Cataluña as conversas están "avanzadas". Amais de Cataluña, Pascual puxo de manifesto que hai máis organizacións coas que están traballando "desde hai tempo" e que pertencen a unha "unidade popular", ou ben por ter "relacións históricas ou confluencia histórica" en común para "cambiar o noso país", como é o caso de Galiza ou Valencia. "Están todas os cauces abertos", engadiu. |
NOS_13137 | O coordinador do proxecto, Joel Cava, remarcou que este tema, xerado por Intelixencia Artificial "reivindica a tradición e innovación da cultura galega". | O equipo PAMP!, cuxo nome rende homenaxe á primeira programadora informática galega, presentou esta cuarta feira no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela a canción AI-lalelo, título que é un xogo de palabras coas siglas de 'intelixencia artificial' en inglés (Artificial Intelligence: AI). O coordinador do proxecto, Joel Cava, remarcou que este tema, xerado por Intelixencia Artificial "reivindica a tradición e innovación da cultura galega". A segunda fase do 'Proxecto Nós' afondará no recoñecemento da idioma Esta canción representará Galiza no IA Song Contest, o festival de música xerada por IA creado en 2020 durante a pandemia. O evento, que decorrerá o próximo 6 de xullo, reunirá 15 finalistas de todas as partes do mundo na cidade belga de Lieja. Xa se pode votar por Ai-Lalelo a través de internet. Ademais de Joel Cava, na rolda de prensa participaron o compositor, Xandre Outeiro, e o produtor musical, David Santos. De maneira telemática tamén interviñeron outro membro da composición da letra, Juan Alonso, e a realizadora do videoclip, Marta Verde. Cava desvelou o propósito do proxecto, nacido o 23 de marzo deste ano. Trátase dunha iniciativa "dedicada ás mulleres galegas". A canción, centrada na figura dunha costureira durante as catro estacións do ano, presentarase en directo este 1 de xullo na TVG. O proceso creativo Durante o proceso para xerar a letra, o grupo encontrouse co problema da non existencia dun modelo que xerase textos en galego. Para solucionalo, PAMP! extraeu 450 coplas para dotar o sistema de letras en galego. A respecto da melodía do tema, o equipo optou por composicións da música tradicional galega. O proceso baseouse na xeración automática por parte dunha computadora das melodías tras engadir unha primeira melodía inicial. Montaxe e videoclip Por outra parte, para a montaxe final, o persoal utilizou unha transferencia tímbrica, é dicir, converteu a voz humana e instrumentos empregados nunha linguaxe lexíbel para o computador. Para finalizar, Marta Verde, que tamén traballou coas Tanxugueiras, explicou o proceso de realización do vídeo. Este baséase en "recompor" o contido de cada verso, un traballo "laborioso" que duraba 30 minutos de computación por cada segundo do vídeo final. |
NOS_9112 | En Lago de Carucedo, pequena localidade da comarca do Bierzo, naceu Abelardo Macías Fernández. Fillo de Juan e Andrea, e irmán de Julia Macías, que sufriría varios anos de cárcere e diversas humillacións só por ser irmá. Abelardo era un labrego, nunha economía case de subsistencia, e desenvolta en gran medida dentro dos hábitos comunitarios espallados nesta comarca, naquela época e no ámbito agrícola. Ás veces traballaba na única empresa que había na localidade, un caleiro. Galegofalante, como todas as persoas habitantes de Lago e contorna. | Os 18 de xullo sempre se celebrou na localidade de Lago a festa da súa patroa, a Santa Mariña. Aquel ano 1936 non era menos. Ese día os lagueses non percibiron anomalías, nin sospeitaban da crueldade que había de vir. Pero o día 19 xa o souberon. Estiveron atentos ás informacións e aos feitos. Grupos de mineiros, procedentes da zona de Fabero, pasaron pola estrada N-120, guiando camións dun empresario mineiro, Diego Pérez. No lugar denominado As Encrucilladas oíronse disparos. A loita, principalmente dos mineiros bercianos, foi breve, antes de que os golpistas se fixesen co control de todo O Bierzo e comarcas veciñas, quedando só as montañas como opción de refuxio. A violencia comezaba a ser veciña. O bando sublevado chamou a filas á mocidade. Pero case todos os mozos das contornas preferiron refuxiarse nun monte local chamado O Páramo. Non querían ir a ningunha guerra. Supuñan que era un conflito parecido ao sucedido dous anos antes, en Asturias, e que duraría uns poucos meses. A república, pensaban e desexaban eles, acabaría cos golpistas e os mozos todos poderían volver ás súas casas para seguir facendo as vidas que facían até o golpe. Pero nada sucedeu tal e como eles desexaban. Pasaron os días até chegar finais de setembro. Os "habitantes" do Páramo facían vida "normal". Polo día axudaban nos labores agrícolas e pola noite agochábanse no monte. Eran máis de 40. E mesmo chegaron a construír algúns "chozos", perceptibles até hai poucos anos. Pero chegou o día en que o alcalde de Carucedo, que tiña algún irmán tamén nese mesmo monte, tivo que subir a parlamentar cos fuxidos, obrigado polas ameazas do sarxento da Garda Civil local, a pedirlles a todos os mozos que se entregasen, que lle dixeran que non lles pasaría nada. A maioría decidiu entregarse, entre eles Abelardo. O camiño que levaba do Páramo até o cuartel da Garda Civil de Carucedo pasaba, daquela, polo centro de Lago de Carucedo, que era a praza do Eiró. Abelardo Macías comezou a simpatizar coa CNT, iniciación na que tivo certa influencia o anarquista e tamén guerrilleiro Marcelino de la Parra Cando todos eses mozos camiñaban cara á guerra, na praza había unha reunión que chaman concello, ao que asiste unha persoa por familia, e na que se toman todas as decisións que afecten á localidade. Pero ese día a reunión, o concello, era só para ver pasar os fillos, os irmáns, os veciños... velos pasar quizais para non volver a velos en moito tempo, ou nunca. Entre as persoas que estaban no Eiró estaba a irmá de Abelardo, Julia. Esta convenceu a Abelardo de que non se entregase, que esperase máis tempo, que os ían matar, que ían "ser carne de cuneta" (expresión literal pronunciada ese día por Julia). Abelardo fíxolle caso a súa irmá, e volveu ao monte. Tiña 20 anos. Nunca lle perdoarían que non se entregase ese día. A estadía no Páramo prolongouse por pouco tempo, xa que a represión se acentuou nos seguintes meses. Os fuxidos desprazáronse á Cabreira, pero distintas delacións e entregas obrigáronos a volver ao Páramo. O asasinato de Ceferino López Estes primeiros meses, Abelardo, tal como o resto dos fuxidos, sobreviviu coa axuda dos veciños e familiares. Aprovisionábanse nas súas casas ou recibían alimentos no monte. E mesmo acudían a onde estivesen os rabaños comunais para coller unha cabra, feito que Abelardo fixo máis dunha vez, e que os veciños de Lago aceptaban con certa normalidade. Porque a solidariedade non tiña principalmente un significado político; as relacións de parentesco ou de veciñanza significaban máis que calquera militancia que tivesen os fuxidos. E porque os coñecían. Sabían que non cometeran ningún delito. Eran estes días de espera, de meditar decisións a tomar, de agarda polo devir dos sucesos internacionais. Pero houbo un día en que sucedeu unha desgraza que o mudou todo. Ceferino López, persoa militante da dereita, industrial e pai dun dos fuxidos, Silvestre López, saíu comprar un paquete de tabaco ao bar. Xa nunca máis volveu á casa. Esa mesma noite algúns veciños viron como Ceferino López agonizaba nas proximidades do bar. Un Garda Civil do posto de Carucedo chamado Ismael impediu que o socorresen. A esposa de Ceferino López, Vicenta Moral, recibiu, posteriormente, un culatazo no peito que lle provocaría a morte co paso do tempo, no cárcere. E a el recollérono os veciños para enterralo, pero sen ningún diñeiro nos petos. Posteriormente, o 14 de abril de 1939, serán asasinados oito veciños, que, quen os matou, considerou como cómplices, colaboradores ou simpatizantes do asasinato de Ceferino. Estas mortes causaron un grande impacto en toda a comarca, e mesmo entre os propios guerrilleiros, pola cantidade de persoas mortas, e por ser a primeira vez que os do monte mataban mulleres. A maioría dos historiadores atribúenlle estas mortes a Abelardo Macías. Pero no propio Lago de Carucedo os seus habitantes tiveron sempre a seguinte información: ao outro día destas mortes, ás 22.00 horas aproximadamente, presentouse Silvestre Lopez Moral na casa do presidente da xunta veciñal, Eduardo Franco, e na que había máis persoas. Silvestre López díxolle ao presidente que convocase un concello para o día seguinte, porque quería dicir que ás persoas mortas o día anterior as matara el, como vinganza do asasinato de seu pai, Ceferino López. O presidente así o fixo, e Silvestre acudiu a dito concello, onde dixo que fora el quen matara os oito veciños. O Garda Civil, o tal Ismael, pedirá perdón por carta á familia pasados máis de 50 anos, porque se declaraba católico e doente de cancro, e necesitaba o perdón para morrer tranquilo. A Garda Civil detería e encarceraría posteriormente moitos veciños do pobo, principalmente mulleres, a algunha das cales lles raparían o pelo na praza do pobo, en acto público, nun acto de resonancias bíblicas Nestes meses posteriores, os fuxidos naturais de Lago, como Abelardo, xa tiñan a súa zona de operacións na comarca da Cabreira. Pero a mobilidade era necesaria, imprescindible, había que ser seminómades. A invisibilidade foi sempre unha das mellores armas contra a represión. Segundo distintos informantes foi nesta época que Abelardo Macías comezou a simpatizar coa CNT, iniciación na que tivo certa influencia o anarquista e tamén guerrilleiro Marcelino de la Parra. A tentativa de fuxida a Portugal Son moitas as accións nas que participou Abelardo, e aínda máis as que se lle atribúen. En 1940 dirixe, 20 de abril, o grupo que asalta o mercado e diversos comercios na Ponte da Seabra. Morreron dous curas, distintos cargos da Falanxe, e unha veciña. O 27 de xullo deste ano, xunto con outras 30 persoas, inician a fuga a través de Portugal. A vontade de todos estes mozos seguía sendo a mesma que cando non se presentaron á chamada a filas, fuxir da guerra. O 1 de agosto chegaron á fronteira. Mais el decidiu retornar aos montes de Casaio, obrigado pola coñecida como "traizón de Bailarín". Este intento de fuxida supuxo un fracaso colectivo dos escapados, e que os obrigou a organizarse. Pero antes, e segundo Mario de Langullo, Abelardo tamén participou, o 24 de setembro de 1940, xunto con outros 14 homes, nun famoso asalto, o realizado á Feira de Chandrexa de Queixa, en Celeiros. Macías participou no congreso de fundación da Federación de Guerrillas León-Galiza celebrado en Ferradelo/Ferradillo o día 24 de abril de 1942 No outono-inverno de 1941 participa, xunto con outros 23 guerrilleiros, na reorganización dos grupos de fuxidos, que terá como consecuencia e resultado a constitución da Federación de Guerrillas León-Galicia, oficializada no I congreso celebrado en Ferradelo/Ferradillo o día 24 de abril de 1942. Este mesmo ano, e xunto con outros oito guerrilleiros asalta, en Pozos (A Cabreira), o coche de liña que unía a Bañeza con Truchas, pois sospeitaban que nel ía o recadador de impostos. Morreron dous garda civís e catro veciños da zona, entre eles unha nena. Os informes da Policía Armada din que Abelardo matou o cura da localidade cabreiresa La Cuesta, que tamén ía no coche de liña. O 29 de outubro de 1943, na casa de Alpidia García Moral "Maruxa", en Sobrado (O Bierzo), e durante un rexistro rutineiro por parte da Garda Civil, foi descuberto, xunto con outros cinco guerrilleiros. Morreron dous gardas, e unha veciña mentres estaba retida polos gardas. Os guerrilleiros conseguiron fuxir todos. "Os de por aquí sempre fomos libres" O 10 de outubro de 1944, no IV Congreso da Federación realízanse algúns cambios no seno da Federación. Reestruturan os grupos guerrilleiros en tres Agrupacións. A primeira, a do Bierzo, dividíase en catro guerrillas, sendo unha delas da responsabilidade de Abelardo Macías xunto con Victorino Nieto. O 9 de xullo de 1945, Abelardo e outros tres guerrilleiros realizan, nas proximidades da localidade seabresa de Porto, unha emboscada á Garda Civil na que resultan mortos catro gardas e un guerrilleiro. O 21 de outubro dese ano, Abelardo, xunto con Silverio Yebra "Atravesado, Guillermo Morán, Odilo Fernández "Blas" e Evaristo González desprázanse a Dragonte (Corullón-O Bierzo), localidade natal deste último, co fin de vingar as denuncias que levaran ao cárcere a Evaristo González, cunha pena de 30 anos, aínda que acabou fugándose. Nesta acción morreron catro veciños de Dragonte, e mais o cura, Recesvinto Ruíz. Os meses posteriores refuxiarase na casa dunha veciña de Lago de Carucedo. O ano 1946 é especialmente movido. A Garda Civil informa o xuíz de que Abelardo participa en dous atracos, un o 17 abril, en Naraiola (O Bierzo), xunto con outros tres, levando 11.135 pesetas. E o outro o 23 de maio, acompañado doutras oito persoas, e como o principal organizador do atraco en Benuza, obtendo 23.815 pesetas. O 25 de xullo é detida Carmen Jerez Rodríguez, natural de Fervenza (Córgomo-Valdeorras). A Garda Civil acúsaa de ser noiva de Abelardo, e mátana. E fano utilizando as mulleres como arma de guerra, mostrando co terror as consecuencias de non estar con eles, e violándoa. O seu cadáver, matárona quedando embarazada das violacións, aparecerá dez meses despois nas proximidades de Ponferrada. O 21 de outubro de 1945 Abelardo, xunto con Silverio Yebra "Atravesado", Guillermo Morán, Odilo Fernández "Blas" e Evaristo González desprázanse a Dragonte (Corullón-O Bierzo), localidade natal deste último, co fin de vingar as denuncias que levaran ao cárcere Evaristo González En 1948 atopamos a Abelardo, en febreiro, convalecente na localidade de Losada, próxima a Bembibre (O Bierzo). Nos seguintes días terá xunto con outro dous, en San Justo de Cabanillas, un enfrontamento coa Garda Civil, do que saíron ilesos os tres. Este mesmo ano disólvese a Federación de Guerrillas de León-Galicia. Hai un éxodo case masivo de guerrilleiros. Pero seguen algúns poucos, entre eles Abelardo. A relación coa nova organización, o Ejército Guerrillero de Galicia, controlado polo Partido Comunista, non será fácil para Abelardo. O 17 de marzo de 1949, estaba en Vilasinde (A Veiga de Valcarce), acompañado de Victorino Nieto, Hilario Álvarez, Oliveros Fernández "Negrín" e Alpidia García Moral "Maruxa". Era a viaxe cara a Francia. Un veciño de Vilasinde, ao que foran pedir que lles devolvese o diñeiro que lle confiaran tempo atrás, decidiu non facelo e delatalos. Un numeroso grupo de garda civís fixéronlles unha emboscada. Abelardo e Hilario Álvarez morreron dos disparos cruzados. Alpidia foi feita prisioneira e fusilada diante de varios veciños. Os outros dous fuxiron. Uns días antes de ser abatido en Vilasinde, nun lugar do vila de Lago, a onde volvía con asiduidade, en diálogo cun dos pastores da veceira preguntoulle este: - E como é que es anarquista? - E que vou ser, tío Manuel! Os de por aquí sempre fomos libres, nunca tivemos amos. |
NOS_56318 | O pleno municipal nomeará fillo predilecto a Avelino Pousa Antelo e o recoñecemento prolongarase coa colocación dunha placa conmemorativa na Casa da Cultura, un xantar de irmandade e unha presentación literaria. | A Baña nomeará este sábado Avelino Pousa Antelo fillo predilecto nun acto que terá lugar ás doce do mediodía na Casa do Concello. O intelectual, escritor e mestre recibirá a homenaxe póstuma da veciñanza do lugar que o viu nacer hai 108 anos, un recoñecemento que se prolongará coa colocación dunha placa conmemorativa na Casa da Cultura, un xantar de irmandade e unha presentación literaria. Placa e libro Despois do pleno, na Casa da Cultura descubrirase unha placa conmemorativa. Intervirán no acto Quico Domínguez (representante da Fundación Penzol); Miguel Anxo Seixas (Fundación Castelao); Xosé R. Fandiño (Fundación Padroado Pedrón de Ouro); Amancio Liñares (historiador e escritor); César Ramos (concelleiro da Baña); un representante do Concello de Teo, no que Pousa Antelo viviu os seus últimos anos; o cantor e deputado Xosé Luís Rivas 'Mini'; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Carme Varela, filóloga e escritora; e un familiar. O músico Emilio Lois musicará o acto e interpretará o Himno Nacional. A homenaxe continuará cun xantar de irmandade e, xa pola tarde, presentarase na escola vella de Barcala o libro As paroladas de Avelino Pousa Antelo na Radio Galega (Ed. Valentín Arias/Amancio Liñares), na que se recollen as súas intervencións nas ondas. Unha vida de activismo Avelino Pousa Antelo (A Baña, 1914-Teo, 2012) foi un dos intelectuais máis activos na Galiza do século XX. Mestre e dinamizador do rural, o golpe de Estado impediulle exercer como docente mais chegou a dirixir a Escola Agrícola de Granxa de Barreiros, sumouse ás iniciativas para revivir o Partido Galeguista e presidiu a Fundación Castelao. |
NOS_33612 | As entidades que convocan a manifestación unitaria de cara ao vindeiro 25 de xullo reivindican en Compostela "a loita antifascista e anticapitalista e polo dereito de autodeterminación". | Dez organizacións republicanas e independentistas presentaron este sábado na capital galega a manifestación "unitaria, antifascista e anticapitalista polo exercicio do dereito de autodeterminación" convocada para o vindeiro domingo 25 de xullo, Día da Patria Galega, na Alameda de Compostela —ás 12.30 horas—. A convocatoria está impulsada por Agora Galiza-Unidade Popular, a Asemblea Republicana Galega, a Plataforma pola Terceira República, Cedeira pola Esquerda, Estudantes Antifascistas, o Colectivo Republicano de Redondela, o Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) e os comités antifascistas de Compostela, Lourinha e Vigo. "Esta xornada vai permitir demostrar que a alternativa contra a monarquía e o capital vai vir da man dunha fronte común que faga posíbel a ruptura democrática", expuxo Álvaro Torres, que interveu en representación do bloque republicano e vermello. Na mesma liña apuntou Xavier Moreda, representante dos colectivos antifascistas galegos convocantes, para quen o obxectivo desta mobilización é "anunciar sen ningún tipo de complexos que é máis necesario que nunca combater a 'inesquerda' que continúa ocupando espazos dunha maneira totalmente aburguesada e convencional". "Precisamos, sen complexos, retomar a esquerda de verdade e resituarnos", incidiu. Pola súa banda, Carlos Morais, de Agora Galiza, engadiu: "Este ano, ante a grave situación da agresión por parte do capital e o avance do fascismo, consideramos precisa unha resposta contundente e unitaria no Día da Patria". Morais fixo un chamou a tomar parte nesta mobilización "ao conxunto da clase obreira, o proletariado e a xuventude rebelde". |
NOS_43261 | Angela Davis, Leila Khaled, José Mújica e Ken Livingston son algúns dos 24 nomes que asinan o manifesto 'Liberdade para Arnaldo Otegi, presos bascos á casa' presentado en Bruxelas. | Esta terza feira (24 de marzo) foi presentada en Bruxelas unha campaña internacional (#FreeOtegi) para reclamar a posta en liberdade de Arnaldo Otegi e d@s pres@s polític@s basc@s. A data coincide co quinto aniversario da declaración que sentou as bases para se iniciar o proceso de paz en Euskal Herria e na que, para alén do cesamento ao fogo definitivo de ETA, se demandaban pasos decididos cara á normalización política no territorio basco. O músico Fermin Muguruza foi o encargado de dar leitura ao manifesto, intitulado 'Liberdade para Arnaldo Otegi, presos bascos á casa' no que se demanda a "inmediata" excarceración do líder independentista ao que definen como "o home que soubo arriscar pola paz e a democracia". Aliás, exixen "o final da política de afastamento, como paso previo" para a posta en liberdade "dos presos bascos". Feitos, apuntan, que son "pasos necesarios para poder alcanzar unha paz xusta e duradeira na rexión". O texto recolle as sinaturas iniciais de 24 personalidades de recoñecido prestixio e sona internacional como a feminista, activista e filósofa estadounidense Angela Davis, a integrante do Consello Nacional Palestino e militante da FPLP, Leila Khaled; os ex-presidentes do Uruguai, José Mújica; de Paraguai, Fernando Lugo e Honduras, José Manuel Zelaya, entre outros. Listaxe completa de asinantes José «Pepe» Mujica. Senador e expresidente do Uruguai. Fernando Lugo. Senador e expresidente de Paraguai, deposto por un golpe de estado. José Manuel Zelaya. Expresidente de Honduras, deposto por un golpe de estado. Lucía Topolansky. Senadora uruguaia e exguerrilleira do MLN. Desmond Tutu. Arzobispo sudafricano, militante antiapartheid e premio Nobel da Paz. Mairead Maguire. Fundadora de Women for Peace. Premio Nobel da Paz. Adolfo Pérez Esquivel. Premio Nobel da Paz. Ahmed Kathrada. Líder do movemento antiapartheid. Angela Davis. Activista e filósofa estadounidense. Cuauhtémoc Cárdenas. Xefe de Gobierno do Distrito Federal de México e fundador do PRD. Gerry Adams. Presidente do Sinn Féin. Leyla Zana. Primeira curda integrar o Parlamento Turco. Leila Khaled. Membro do Consello Nacional Palestino e da FPLP. Ken Livingstone. Ex membro laborista do Parlamento británico e exalcalde de Londres. Nora Morales de Cortiñas. Cofundadora e presidenta das Nais da Praza de Maio. Harold Good. Presidente da Iglexa Metodista de Irlanda, parte vital no proceso de paz do norte de Irlanda. Helmuth Markov. Exeurodeputado e viceprimeiro ministro do Estado de Brandenburgo (Alemaña) Slavoj Zizek. Filósofo e director internacional do Instituto Bikbeck de Humanidades. Tariq Ali. Escritor e director de cine. Pierre Galand. Presidente da Organización Mundial contra a Tortura OMCT-Europe Gershon Baskin. Fundador e copresidente do Israel-Palestine Center for Research and Information (IPCRI) Joao Pedro Stédile. Coordenador do Movemento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST) Carmen Lira. Directora do xornal mexicano 'La Jornada' Fermin Muguruza. Músico. |
NOS_26934 | Para prohibir unha concentración "non abonda coa mera sospeita ou posibilidade" de que se vaian producir alteracións de orde pública, lembra na sentenza o tribunal. | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) notificou hai escasos minutos á Mesa pola Normalización Lingüística a estimación do recurso presentado contra a decisión da Subdelegación do Goberno estatal en Pontevedra de prohibir a concentración na Illa da Toxa prevista, para esta quinta feira, día 29, en sinal de protesta pola deturpación do topónimo. Desde o Executivo argumentaran, con base en informes emitidos pola Garda Civil de Pontevedra e a Policía Local do Grove, que a concentración podería, "con posibilidade razoábel, afectar a orde pública pola súa posíbel incidencia na seguridade das persoas e bens" no marco da celebración do 'Foro La Toja'. Na sentenza, á que tivo acceso Nós Diario, os maxistrados sosteñen que "para prohibir unha concentración non abonda coa mera sospeita ou posibilidade de que se vaian producir alteracións de orde pública". O Goberno español veta a concentración da Mesa contra a deturpación da Toxa no foro económico Así, subliña a falta de "datos obxectivos suficientes, derivados das circunstancias de feito de cada caso", a achegar por parte da Subedelegación para xustificar o seu veto. O escrito da Garda Civil, porén, defendía o seguinte: "Esta concentración afectaría o normal desenvolvemento e seguridade do evento mencionado anteriormente, debido a que a súa localización sitúase no itinerario que deben seguir as distintas autoridades, destacando a presenza de S.M. O Rei; máxime cando o punto de entrada á illa da Toxa é unha única ponte e por esta é por onde discorre a manifestación, e non existen outros itinerarios alternativos polo que se poidan desprazar as diferentes autoridades". A este respecto, o tribunal sinala tamén á "confusión" dos informes emitidos entre os termos "concentración" e "manifestación", entre os que existen "diferenzas conceptuais". Da mesma forma, o texto recolle que A Mesa propuxo "alternativas menos lesivas" para organizar a concentración como un cambio de lugar, algo ao que desde o Goberno estatal "evitaron referirse no acto impugnado" malia ter constancia diso. En consecuencia, o tribunal estima o recurso da Mesa e declara nula a resolución da Subdelegación do Goberno, polo que a concentración decorrerá finalmente, contra as 19 horas, dentro da propia illa. |
NOS_1553 | Catro dos cinco parlamentares de En Marea no Congreso dos Deputados resístense a render contas perante o plenario da confluencia axendado para este sábado. Só Alexandra Fernández estaría disposta a facelo. A rendición de contas das e dos deputados fai parte do roteiro do conclave deste 15X. Está na orde do día. A dirección de En Marea pediu esta quinta feira a Yolanda Díaz, Ángela Rodríguez, Antón Gómez Reino e Miguel Anxo Fernán Vello que rectifiquen e fagan rendición de contas. As e os parlamentares rebeldes alegan que xa o fan perante a sociedade. | Non é un asunto menor o que se ventila arredor da rendición de contas da representación de En Marea no Congreso dos Deputados. A súa actuación no Parlamento estatal non esperta especial entusiasmo na dirección da confluencia galega, a xuízo da cal o grupo de parlamentares en Madrid está a ser excesivamente debedor das estratexias de Podemos. Próximos a Villlares alegan que a diferenza do que si conseguiu Compromís En Marea non está a ser quen de imprimir un perfil propio ao seu labor na cámara. En todo caso, na orde do día do conclave aparece quer a rendición de contas das cinco deputadas e deputados de Madrid quer a do grupo parlamentar do Pazo do Hórreo -os 14 escanos que comanda Luís Villares- . Sería ás 11.15 e ás 11.55 horas, respectivamente. Esta cuarta feira, o propio Villares, en declaracións á imprensa, desestimaba o argumento empregado polas e polos congresistas díscolos -o de que non foron avisados con suficiente antelación de que debían facer rendición de contas- porque dispuxeron exactamente do mesmo tempo do que os seus colegas do Parlamento galego. Esta quinta feira, a dirección de En Marea emprazou Díaz, Rodríguez, Gómez-Reino e Fernán Vello a que reconsideren a súa decisión e a que finalmente comparezan perante o plenario para daren conta da súa xestión no Congreso. "Nós agardamos que reconsideren esa posición porque do contrario estarían incumprindo o regulamento fundacional de En Marea", dixo Gonzalo Rodríguez, membro da coordenadora (Executiva) da confluencia. Rodríguez compareceu en conferencia de imprensa coa viceportavoz de Acción Política de En Marea, Ana Seijas, quen demandou ás e aos parlamentares do Congreso que si algunha ou algún deles non poden estar presentes na cita do sábado cando menos a maioría si que acuda. 2.328 persoas con direito a participar Rodríguez e Seijas informaron de que o número de persoas inscritas para tomaren parte no plenario está no arredor das 2.400 (en concreto, e segundo a web da confluencia, 2.328), ao tempo que salientaron que a maioría das emendas formuladas ao relatorio oficial terían sido aceitadas pola dirección. A emenda das e dos críticos que, aliás, non pasou a peneira da cúpula da confluencia é a que postula, mais unha vez, o estabelecimento dunha portavocía colexiada e rotatoria (dúas mulleres e un home), a renovar cada seis meses, unha voceiría con funcións máis de representación que de dirección política. Seijas restou dramatismo a que a emenda -que na práctica suporía o desprazamento de Luís Villares da lideranza- se vaia submeter finalmente ao debate do plenario e argüíu a ese respeito que quer a nível orgánico quer institucional (Parlamento) xa existen dúas viceportavocías, o que -opinou Rodríguez, xa é máis que en calquera grupo que el "coñeza". |
NOS_45436 | Resgatamos para a secção #3AnosdeSermos esta entrevista inédita ao escritor moçambicano, feita por Elías Torres e publicada no número 61 do semanário. | Mia Couto é moçambicano (Beira, 1955), fil- ho de emigrantes portugueses lá emigra- dos pouco antes. - Quantas vezes tiveste que esclarecer o nome de Mia?- A mim da-me um certo gozo esta questão da identidade fugidia. Quando está alguém à minha espera há sempre uma certa neblina, há quem espera uma mulher, às vezes uma mulher negra. Dérom-se casos muito curiosos: um professor de literatura do Congo que veio a Moçambique para se encontrar comigo, ele conhecia os meus livros em francês, que não têm fotografia, e ele pen- sava que eu era preto: ele tinha construído uma teoria de como os escritores africanos ganham profundidade quando aprofundam na memória dos seus avós e antepassados africanos. E ele via nos meus escritos isso, e ele combinou para dar-me esses textos e eu pensava: como eu vou converterme em preto nem sequer que seja uns minutos...? Mas ele telefonou lá para casa e eu ainda não saíra e disse-me que telefonara para outra pessoa e que então já se apercebera de que eu não pertencia às tribos mais representativas da África. Mas ele insistia que eu tinha que ter um antepassado qualquer na África. - Aí está ficando célebre o teu episódio com o Fidel Castro...- Eu era ainda jornalista e fazia parte dumha delegação presidencial, com o presidente Samora; Fidel deume uma caixa de madeira grande como presente, era uma altura em que nós estávamos em guerra e aquela visita tinha para nós um valor incalculável. Eu olhava para aquela caixa sempre à espera de que chegasse a Maputo e abrisse e tivesse lá uma cousa preciosa. E havia, duma certa maneira, mas eram só vestidos, brincos e colares e cousas para mulheres, Mia Couto era uma mulher para o Fidel Castro. Eu acho que fui o único homem a quem Fidel Castro tentou vestir de mulher. "No 75 eu ja estava ligado à Frelimo, eu era moçambicano, sentia-me moçambicano" - Branco, Moçambique, 1975, isso como é? - 1975 para mim não constitui nenhuma questão. No 75 eu já estava ligado à FRELIMO (Frente de Libertação de Moçambique), eu era moçambicano, sentiame moçambicano. Portanto não supôs nenhum drama existencial, nada que me exigisse algumha opção. - Essa mãe, esse pai emigrantes que têm lá filhos moçambicanos, como se assu- mem?- Eles assumem-se como portugueses. Creio que o fazem com toda a verdade, com toda a honestidade. Mas são portugueses que perdêrom o mundo, eles fórom para lá mui jovens, não voltárom mais para Portugal a não ser para férias ocasionais. De maneira que este mundo que era o seu, Portugal, morreu. Por outro lado aquilo que era o seu Moçambique também se extinguiu. Eles já tentárom vir para Portugal depois da independência e fizérom-no como opção definitiva. Ficavam um ano e voltavam. Quatro vezes foram definitivamente para Portugal, nunca conseguírom ficar. Agora estão a morar em Moçambique [o pai de Mia, o jornalista e escritor Fernando Couto, faleceu em janeiro de 2013], no mesmo bairro onde vivemos os outros três irmaos. - Tu és escritor publicando desde a década de oitenta (desde 1983). Tal como eu percebo há uma tendência nos escritores moçambicanos de construir umha imagem de Moçambique, mui possivelmente combatendo os tópicos que possam existir sobre o País. A minha impressão é que a tua obra é uma tentativa sistemática de dar uma ideia de Moçambique que com- bate os tópicos e que os reconverte em elementos identitários e que não faz dos elementos identitários um elemento es- sencial mas um elemento de progresso, de evolução, de vida. Não sei se concor- das com isto... - Provavelmente... Quando eu penso em escrever eu escrevo sem pensar, no sentido de que não há um programa. Mas, obviamente, no conjunto da obra sobressai que há uma visão do mundo que é minha e essa visão realmente pretende, mesmo que eu não sai- ba exatamente o que eu estou construindo (eu sei o que estou desconstruindo, ou o que estou tentando desconstruir) e algumas dessas cousas são os estereótipos em cima dos quais em setenta erguêrom a identidade essencialista, uma identidade que está sendo inventada a partir do mito de conveniência, do mito de natureza política. Mas isso surge como uma leitura a posteriori, porque quando começo a escrever eu quero contar uma história. - Em situações como a de Moçambique (e da Galiza e outras), a questão da língua é uma questão sempre mui importante. A língua tem um caráter identitário e de coesão comunitária e, por outro lado, tem também um caráter de progressão de qua- lidade de vida, de aumentar a qualidade de vida às pessoas. Pode haver um drama na eleição do português para Moçambique por parte d@s escritor@s? Houve algum tipo de hesitação, de drama? Há algum tipo de má consciência? - Não é uma cousa que esteja completamente resolvida, mas também não assume aquele foro de drama lingüístico que é um dos assuntos mais discutidos nos congressos de escritor@s african@s. Qualquer congresso de escritor@s african@s passam um tempo enorme a discutir esta cousa que me parece que a vida toda não dá para resolver. A maior parte d@s escritor@s de Moçambique têm o português como língua materna (são escritor@s negr@s mas são filh@s de estratos sociais que fôrom sendo assimilados pola cultura portuguesa, ou de língua portuguesa polo menos) e não vejo que em Moçambique isto seja um grande problema, até porque em Moçambique se estabelece uma relação com a língua mais solta; a língua portuguesa era uma língua com que se podia namorar, com que se podia ter uma relaçom mais livre, e não era aquela grande dama que, nas colónias inglesas e francesas, tinha que ser respeitada. "Na Europa há um lado de oralidade, de infáncia tambem, que está muito desvalorizado" - O teu primeiro livro publicado foi Vozes Anoitecidas, não foi?- Esse é o primeiro em prosa, antes foi publicado Raiz de Orvalho, que é um livro de poesia. - Mas orientaste a tua vida fundamentalmente para a prosa...- Acho que isto é poesia. Para mim esta fronteira entre o que é poesia e a prosa é mui evanescente. Nesta poesia em prosa man tenho uma liberdade de ligação com o mundo, com os temas, com a própria escrita que me parece que se localiza ainda no mundo da poesia. Portanto, eu uso a poesia contra parte da poesia... - Sou europeu e falo com algum complexo: tenho a impressão que estamos cá perante uma crise de valores e identidades na esquerda, e observo outra perspetiva de ver a vida que me parece francamente enriquecedora. Ouço aquela música do Cosa Neto com motivo das cheias em Moçambique em 2000, os teus livros, romances, contos, poemas, etc.; neles há uma visão vitalista e diferente, na perspetiva de que as cousas não são nem dramáticas nem terríveis (sendo dramáticas e terríveis) e sempre há alguma outra hipótese de ver as cousas. - Eu tenho um pesimismo esperançoso. Há aí uma visão contraditória que penso que está alimentada por uma postura que é muito comum em Moçambique, uma atitude comum a@s subsaarian@s. Hoje [no jantar familiar prévio a esta conversa] falávamos da maneira como no norte de Portugal e na Galiza se atua em relação à comida. Por exemplo, a minha mãe, que é do Norte de Portugal, para demonstrar o carinho que tem por nós atafulha de comida: nós nunca podemos es- tar cheios; não podemos declarar: 'já chega'. Só tem esta relação com a comida quem passou fome. E eu acho que a relação que o Ocidente mantém com o 'optimismo' pode ser comparada com esta atitude perante a comida. @s african@s não podem dar-se o luxo de ser pesimistas, só @s ric@s podem ser pesimistas, @s pobres têm que se ali- mentar recriando uma esperança. "Os africanos nao podem dar-se o luxo de ser pesimistas, os pobres tém que se alimentar recriamdo uma esperançá" - No teu caso, a tua obra foi para o teatro, foi para o cinema... a tua obra está traduzida para muitas línguas e, ao mesmo tempo, tu es escritor moçambicano, biólogo, trabalhando no desenvolvimento florestal do teu país... Poderia pensarse que tem que haver umha tentação de fugir de tudo aquilo, dizer: bom, vou ser escritor e acabou; vou para aí fora, não tenho nada a ver com Moçambique, ou uso Moçambique como elemento exótico... - Nem sequer se me passa isso pola cabeça, sabes? Eu gosto dessas outras cousas que eu faço, das outras cousas que eu sou; quero manter com a escrita umha relação saudável: noutros colegas e escritores há algo de que eu não gosto: todo aquele investimento naquela cousa da escrita como afirmação pessoal, que toda a satisfação pessoal pas- sa por aquela vida. Eu não quero; quero es- crever quando me apetece e eu acho que a minha estratégia de ser feliz é esta: a de me manter múltiplo, a de manter o lugar que me enche de estórias. Sabes? Em 74 eu era um jovem revolucionário endeusando aque- les que eram os líderes da nossa revolução, Samora Machel em particular, o nosso pe- queno deus, e grande herói. Um grupo de jornalistas fomos visitá-lo fora (ele ainda não tinha entrada em Moçambique naquele período de transição para a independência). Todos nós queríamos que ele gostasse de nós e entom todos tínhamos umha estraté- gia e levávamos sempre na carteira cousas que passavam sempre pola política: uns tin- ham decorado citaçons dele, outros sabiam poemas dele, outros sabiam a linha políti- ca da FRELIMO. Quando nos encontrámos era a hora de jantar lá numha base militar e de repente, antes de que nós digéssemos qualquer cousa ele perguntou, voces sabem algumha cançom, da vossa terra? Mas como ninguém soubesse cantar, ele pergun- tou: bom, entom voces sabem umha estória? E ninguém sabia. Aquilo para mim foi um shock, sabes? Porque alguém que nom sabe cantar, alguém que nom sabe contar umha estória, é alguém pobre. Para mim significava aquilo, foi um click, evidentemente nom foi isto só, que me fijo pensar que a minha maneira de ser feliz passa por saber ouvir e contar estórias e assim congelar um bo- cado da infáncia que eu conservo até neste nome que inventei para mim. - Se eu for a Moçambique, com que olhos devo estar ali?- Com os teus mesmo, porque eu acho que tudo o que tu encontras lá está dentro de ti. Agora estivem na Suíça num encontro com escritores e alguns diziam: "Ah, mas vocês em África tenhem estórias, nós na Suíça já nom temos estórias", o que, obviamente, é umha cousa que nom tem sentido. Muitas vezes aquilo que se projecta como umha cousa típica da África está presente na Europa, está adormecida em algumhas pessoas, em algumhas culturas mas nom há nada tam típico moçambicano, tam típico africano. O único é que se deve estar disponível para ver. - Tu vês, por exemplo, esta Europa adormecida?- Como escritor vejo que há um lado da oralidade, e da infáncia também, que está muito desvalorizado. O universo da escrita e a lógica da escrita se tornou tam hegemónica, ou, por exemplo, agora, a lógica audiovisual tam omnipresente, que as pessoas já nom se tocam tanto. Esta entrevista foi publicana no número 61 do semanario Sermos Galiza, que podes adquirir na nosa loxa. |
PRAZA_11029 | Agalure traza un retrato robot das persoas ludómanas en Galicia baseado nos casos atendidos e advirte dun "grave problema social" acentuado pola "propaganda abusiva" e a expansión das casas de xogo e as apostas deportivas 'online' | Desde o ano 2015, Agalure (Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados) rexistra todos os casos que chegaron á súa sede na procura de solución a un problema cada vez máis grave na sociedade. O gasto da poboación galega nos xogos e apostas medrou un 27% nos últimos tres anos e a expansión destes negocios obrigou a Xunta a poñer couto á apertura de máis establecementos logo de que, como denuncian diversas entidades, concedese 3.600 máquinas para apostar nos bares. Será cunha nova lei do xogo que substituirá a regulamentación que rexe este sector dende 1985 e que vetará a publicidade en todos os medios agás nos xornais impresos.A situación non muda polo momento e a entidade, tras a análise de todas as casuísticas tratadas, advirte dun "aumento moi significativo de xogadores moi novos que teñen problemas co xogo" e fai un retrato robot do ludómano en Galicia: mozo, con estudos e traballo fixo e que se inicia nas máquinas comecartos, aínda que as apostas deportivas online son xa a maior ameaza. Agalure fai un retrato robot da ludomanía en Galicia a partir da análise dos casos tratados nos últimos cinco anos: "É un problema social de vixente actualidade"A partir da análise dos datos recollidos no programa de rehabilitación Podo, pero só non podo, en colaboración coa Deputación da Coruña, Agalure traza o perfil do ludómano e dun problema "que lonxe de ter desaparecido, segue a ser un problema social de vixente actualidade". Así, o ludómano galego é un home de 36 anos, con estudos, maioritariamente cun emprego fixo e coas máquinas comecartos como causante inicial da súa entrada no xogo, antes dos 19 anos. A súa débeda media, tendo en conta a área da Coruña, onde máis actúa a entidade, é de máis de 24.000 euros. Aínda que a maioría das persoas que acoden a rehabilitarse inícianse nas máquinas comecartos e, en menor medida, na ruleta electrónica, a importancia das apostas "aumenta con rapidez e importancia". Tan só unha ollada a moitos barrios das cidades galegas dá conta da expansión destas casas de apostas deportivas. Desde 2017, advirte Agalure, o cambio é "moi significativo" e o xogo online de apostas deportivas xa son "o principal atractivo dos ludómanos, seguíndolle moi de preto o póker". En Galicia hai 160 salóns de apostas en funcionamento ou en trámite e case 4.000 terminais: "As apostas 'online' son o principal atractivo dos ludómanos"Hai 160 salóns de apostas en funcionamento ou en trámite en Galicia e case 4.000 terminais, entre as destes espazos e as dos bares. Con todo, o problema é común e global no Estado, por moito que a difusión masiva en redes sociais dun mapa de España sobre a presenza destes locais fixese crer que a súa expansión era moito maior en territorio galego. Non é así. O plano amosa só os establecementos da marca Codere que, ao aliarse hai anos coa empresa galega Comar, tiña unha lóxica maior implantación. Agalure lémbralles ás administracións públicas que "de forma habitual e constante" incúmprense normas por parte dos negocios, como non identificar as persoas que solicitan autoprohibición nas casas de xogo ou máquinas recreativas, ou non facelo tampouco con "menores de idade que entran nos establecementos ou locais de hotelería". Así, solicita "medidas de control de accesos, sinxelas de poñer en marca e pouco custosas". A estes "incumprimentos", a entidade engade "a propaganda abusiva en medios de comunicación, malia que é un feito que o xogo é unha actividade que xera graves problemas na sociedade, igual que o alcohol e o tabaco, publicidade agora moito máis regualda logo de anos de constantes denuncias". Esta expansión de locais de apostas supón un problema engadido a unha situación que vai máis aló. A persoa máis nova atendida por Agalure tiña 11 anos e unha débeda de case 2.000 euros tras "engancharse compulsivamente aos videoxogos" e realizar a través deles numerosas compras. Desde o ano 2016, a débeda total acumulada dos xogadores diagnosticados por Agalure achégase aos dez millóns de euros e os problemas son con entidades de préstamos rápidos, pero tamén coas empresas onde traballan ou coa súa propia familia, na que "se producen apropiacións de cartos", o que provoca tamén denuncias e problemas de tipo legal. No último lustro, o maior débido dun afectado alcanzou o medio millón de euros; a segunda maior, 250.000. Agalure atendeu un rapaz de 11 anos con 2.000 euros de débeda e outra persoa chegou a deber medio millón de eurosO problema, ademais, é maioritariamente masculino. O 89% dos casos rexistrados en Agalure – un total de 434 pediron diagnóstico e foron recoñecidas con algún grao de ludomanía en cinco anos – foron de homes. "A cifra non pode facernos concluír que as mulleres non teñen problemas co xogo xa que, por vergonza, acoden menos cós homes a solicitar diagnóstico e solicitar un tratamento", explica a entidade. Por outra banda, a maioría das persoas atendidas por problemas co xogo teñen emprego fixo, o 29%, sendo eventuais o 24%; parados, o 21% e mesmo pensionistas e xubilados, que alcanza o 9% dos afectados. Tampouco o nivel de estudos fai diferenzas: un de cada catro rematou, como mínimo, a ESO e o 19% son universitarios. Tan só o 17% teñen estudos primarios; o 17%, formación en Bacharelato; o 14%, FP, o 13%; e o 11%, estudos medios. Agalure lembra, tamén, que o 85% dos casos tratados logran saír da ludomanía e ter unha vida "sen que o xogo volva interferir no seu desenvolvemento persoal". Con todo, advirte de que unha persoa ludómana convive co problema "toda a vida", polo que "unha vez rehabilitada ten que seguir unhas pautas de comportamento para evitar as recaídas" e precisa da colaboración da súa contorna. No plan individualizado que traza a entidade traballa un equipo multidisciplinar composto por un psicólogo clínico, educadores sociais, equipo xurídico e grupo de apoio terapéutico. "A adicción ao xogo é un problema de primeiro nivel social e en fase crecente debido ás agresivas estratexias comerciais e publicitarias"É unha cobertura asistencial que "actualmente a sanidade pública non pode ofrecer coas mesmas garantías", advirte Agalure, que cualifica a situación como "un problema de primeiro nivel social e en fase crecente debido ás agresivas estratexias comerciais e publicitarias dedicadas ao negocio do xogo". A Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados (Fejar), onde se inclúe Agalure, advirte tamén ás administracións públicas, ás que pide que cuantifiquen "o custo socieconómico dun ludómano" e que debería ter en conta o que supón o absentismo laboral, as baixas por enfermidade, os despedimentos ou os gastos na sanidade pública das doenzas derivadas deste problema. Do mesmo xeito, critica a "falta de sensibilidade" por parte das administracións autonómicas de todo o Estado, "que son as que teñen competencias específicas en materia de saúde". Precisamente, este e outros temas serán tratados na vindeira fin de semana (do 27 ao 29 de setembro), A Coruña acolle o XX Congreso Nacional de Ludopatía, onde Agalure é anfitrión ao celebrar o seu 25º aniversario. Será na Fundación Barrié e está prevista a asistencia de máis de 300 persoas vinculadas a diferents asociacións para a rehabilitación de ludómanos en todo o Estado. |
NOS_55261 | O líder do PP rexeita os «cordóns sanitarios» á ultradereita, cualifica Vox de «constitucionalistas» e non impedirá que obteñan representación na Mesa do Congreso. | A formación de Santiago Abascal ten máis doado obter representación na Mesa do Congreso grazas ao Partido Popular. Pablo Casado rexeitou esta cuarta feira 20 de novembro a posibilidade de acordar co resto de forzas unha conformación da Mesa que non incluíse a ultradereita, tal e como fan noutros parlamentos da Europa. «O PP nunca participará de cordóns sanitarios fronte a partidos constitucionalistas», asegurou Casado en referencia a Vox «O PP nunca participará de cordóns sanitarios fronte a partidos constitucionalistas», asegurou Casado en referencia a Vox ante os medio de comunicación. O vindeiro 3 de decembro, cadrando coa constitución da nova Cámara Baixa, elixirase a Presidencia do Congreso, que será a persoa que máis votos obteña. A elección das catro vicepresidencias e das catros secretarías faise por voto en urna e é nesas onde Vox ten máis facilidade de alcanzar unha praza ao ser a terceira forza máis numerosa e contar con 52 votos . Unha vez que Casado rexeita realizar o denominado «cordón sanitario», só será posíbel evitar que Vox acceda a eses cargos institucionais mediante un acordo entre PSOE, Unidas Podemos e as forzas nacionalistas. Xa na anterior lexislatura o PP rexeitara sumar os seus votos ao resto de forzas para evitar que Vox acadase representación nas comisións parlamentarias e posibilitou tamén que ocupasen postos nas mesas. |
NOS_32936 | Francia vota mañá na primeira volta das eleccións rexionais, con diversos temas para os diferentes territorios. Porén, nos lugares elixidos por moitos franceses para as vacacións, como a Bretaña, Córsega ou o País Vasco, os seus habitantes comparten unha crecente preocupación: a imposibilidade económica de residir no seu propio país. | "Un estatuto de residencia". Iso é o que propoñen desde Bretagne Avenir, a lista que se presenta ás eleccións que mañá se desenvolven na Bretaña e no resto das rexións en que se divide Francia. O obxectivo, loitar contra a especulación inmobiliaria reservando o dereito de compra de vivendas ás persoas que residisen durante polo menos un ano no país. "Desde o inicio da crise sanitaria, o atractivo de Bretaña aumentou e os prezos das propiedades están a medrar en todas partes", explican na súa web. "Cada vez en máis sitios, estase a volver difícil atopar vivenda para familias con ingresos modestos ou mesmo medios, debido ás diferenzas de ingresos entre a maioría dos residentes permanentes e os compradores de segundas vivendas", sinalan. Segundo o Instituto Nacional de Estadística e de Estudios Económicos (INSEE, nas siglas en francés), algo máis de 13% das vivendas son segundas residencias, por riba da media estatal (9%). Porén, en localidades da costa a porcentaxe dispárase até 70%. A proposta de Bretagne Avenir baséase no Manifesto por un estatuto de residencia na Bretaña. O seu autor, Nil Caouissin, sinala citando estudos recentes que "as segundas residencias están ocupadas tres meses ao ano e só 11% dos residentes secundarios considerarían a posibilidade de se estabeleceren de forma permanente". Isto, argumenta, leva entre outras cousas a "unha poboación cada vez máis envellecida", que "require moitos servizos sociais". "Porén os empregados deste sector están moi mal pagos (ás veces por baixo do salario mínimo interprofesional en salarios reais), e xa que logo non poden vivir preto do lugar de traballo", provocando desprazamentos e gasto en combustíbel innecesarios. Impacto ambiental Neste punto incide Bretagne Avenir, lista composta por Os Verdes (EELV), a súa filial bretoa Bretagne Écologie, e a nacionalista Unión Democrática Bretoa (UDB). "A situación é máis que preocupante, tanto social como ecoloxicamente", din, subliñando que "a crecente fenda entre a oferta e a demanda empuxa os bretóns a se asentaren cada vez máis lonxe do seu lugar de traballo, e a construíren cada vez máis vivendas novas en terreos agrícolas ou espazos naturais". É dicir, ante a imposibilidade de acceder a casas con prezos que van dos 4.000 aos 8.000 euros o metro cadrado, foméntase a construción de vivenda nova que ten un forte impacto ambiental e paisaxístico. Estas últimas, principalmente para as persoas que viven e traballan todo o ano na Bretaña; as primeiras, adquiridas por foráneos e grandes fondos, baleiras durante tres cuartas partes do ano. Unha situación que segundo Bretagne Avenir se agravou coa aparición de Airbnb. Proposta de Corsica Libera O estatuto de residente, que pretende reducir o número de segundas vivendas, frear a especulación inmobiliaria e loitar contra a suba de prezos na Bretaña, tamén se reclama noutros territorios de Francia que mañá van ás urnas (o 27 de xuño será a segunda volta). Foi o partido independentista corso Corsica Libera quen primeiro propuxo esta idea do "estatuto de residencia". De acordo cos datos do INSEE, en 2020 había 72.000 segundas vivendas en Córsega (case 30% do parque de vivendas da rexión), e 34% destas estaban situadas a menos de 500 metros da costa, cunha media de ocupación de menos dun mes ao ano. Ademais, só unha de cada tres é propiedade dun residente corso. Nesta illa do Mediterráneo tamén se produciu unha compra de terreos por parte de grandes fondos e sacrificáronse moitos espazos verdes para a construción de novas vivendas, cun aumento do valor dos terreos de 134% en só dez anos. Porén, a proposta do "estatuto de residencia" foi rexeitada desde París. O presidente francés, Emmanuel Macron, cualificouna de "contraria á nosa Constitución" en 2018, na liña do manifestado previamente polo seu antecesor, o socialista François Hollande. Tamén do PS, o presidente do Consello Rexional da Bretaña, Loïg Chesnais-Girard ─que busca a reelección─, cualificou a proposta de Bretagne Avenir de "perigosa, ineficaz e contraria á nosa tradición de acollida" e que "complica as cousas para quen quixer estabelecerse aquí". Mais desde a coalición aseguran que "non se trata de fechar a porta a quen queira vir ou volver vivir na Bretaña", que foi "unha terra de emigración durante demasiado tempo" e que "aínda o é para os mozos traballadores". "A instalación de novos habitantes é unha oportunidade sempre que sexan futuros residentes permanentes e que logremos organizar a recepción de forma sustentábel tanto ecolóxica como socialmente. Este é o tema central", sosteñen. "Ez da salgai" Tamén no Iparralde, a rexión vasca baixo soberanía francesa, nos últimos meses rexurdiu a campaña "Le Pays basque n'est pas à vendre" ("O País Vasco non está en venda"), con actos de protesta e pintadas e adhesivos nos vidros dos escaparates das inmobiliarias. Oposición que durante os primeiros anos deste século tivo un compoñente violento, coa colocación de artefactos explosivos artesanais contra axencias inmobiliarias, residencias estivais e outros obxectivos turísticos. En maio pasado, os activistas despregaron unha pancarta aos pés do faro de Biarritz coa mensaxe "Ez da salgai" ("Non se vende"), para denunciar a especulación inmobiliaria no País Vasco. E horas despois unha axencia inmobiliaria en Hiriburu apareceu cuberta con pintadas. Tamén a finais de abril, o sindicato ELB e a asociación ambientalista Lurzaindia levaron a cabo unha protesta a propósito da venda dunha finca e dunha casa en Bastida. Do prezo inicial de 300.000 euros en 2019 pasou aos 535.000 euros actuais, un aumento de 78% en só dous anos. Situación simbólica que explica entre outras cousas a emigración da mocidade e o abandono dos labores agrícolas. "O País Vasco non é un patio de recreo para ricos!", foi un dos lemas en Bastida. Anticipo do combate entre Macron e Le Pen A dez meses das presidenciais de 2022, Francia vota mañá para elixir conselleiros rexionais e departamentais. Os comicios estaban previstos inicialmente para o mes de marzo, mais a Covid obrigou a adialos. Será a última convocatoria ás urnas antes da intensa contenda presidencial de abril próximo e servirá para tomar a temperatura, como enquisa real, das posibilidades de reelección e dos seus rivais políticos. As análises políticas apuntan que a ultradereitista Marie Le Pen, líder de Reagrupación Nacional, terá opcións reais o ano que vén. |
NOS_20194 | O novo símbolo presentado en Madrid está formado por unha serie de follas que se reúnen para formar unha estrela, algo que segundo o seu responsábel "remite á hostalería de calidade" e a esa unión entre un territorio "que é tan antigo como os dinosauros, pero que continúa en construción". | A Feira Internacional do Turismo (Fitur) que conclúe hoxe na capital do Estado acolleu a presentación do último proxecto do deseñador galego Pepe Barro. Trátase do novo deseño de identidade da Ribeira Sacra, para o cal, como explica o seu responsábel a Nós Diario, escolleu como leitmotiv "un ingrediente, a natureza, que é fundamental na Ribeira Sacra". "Os ríos son impresionantes, pero tamén o mundo vexetal: as carballeiras, os castiñeiros, as vides... mais existe outro ingrediente a ter en conta, que é o patrimonio cultural, que dá lugar ao nome de Ribeira Sacra e que vai alén dos mosteiros e ese bosque de igrexas construídos na propia Ribeira", engade o deseñador. "Ademais –apostila Pepe Barro- tamén hai referencias á unión de concellos tan sólida que hai na comarca, e que é envexada por outros territorios que desexarían manter a boa veciñanza que alí teñen". O novo símbolo presentado en Madrid está formado por unha serie de follas que se reúnen para formar unha estrela, algo que segundo o seu responsábel "remite á hostalería de calidade" e a esa unión entre un territorio "que é tan antigo como os dinosauros, pero que continúa en construción, xa que oficialmente o nome existe tan só desde a creación da Denominación de Orixe en 1999, e o Consorcio de Turismo aínda ten menos anos". Para Pepe Barro, todo isto significa que "a súa identidade é aínda moi recente, polo que con este novo símbolo dá un paso máis". Con respecto á recepción dun proxecto dado a coñecer en Fitur polo presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luís Fernández Guitián –tamén alcalde de Sober-, Pepe Barro confesa que recibiu "moitos parabéns tanto en público como en privado" por parte de distintos membros do consorcio, da Denominación de Orixe ou de hostaleiros e hostaleiras, que entenderon positivamente "unha solución gráfica" na que, admite, tratou de "meter no pote e pór a ferver" eses distintos ingredientes para que o seu "maxín" argallase un resultado óptimo e aceptado por todos e todas. |
PRAZA_8882 | Deixo por escrito, con fachenda de seareiro, os nomes de Joziane de Oliveira, Haydée Agras Moral, Lidia Mesías Espiñeira, Lara Balseiro Candia, Dolores Sánchez García, Daniela Domingos Lopes, Patricia Otero de Oliveira, Lucía Nespereira Gómez, Silvia Rubal Casas, Maite García de la Montaña, Patricia González Mota e Paula Cortiñas Pardo. Doce futbolistas, doce guerreiras laranxas que veñen de cumprir un soño colectivo: ser campioas absolutas da máxima categoría de fútbol-sala a nivel feminino en todo o Estado | Non han ter máis alá de dez minutos de gloria; non ocuparán tampouco as portadas de ningún xornal deportivo a nivel estatal ou galego, nin atoparán cronistas expertos que glosen as súas peripecias desde que erguen da cama ata que se deitan; e unha mancadura na unlla da deda esquerda de Cristiano Ronaldo ou de Lionel Messi merecerá máis chíos no twitter que calquera éxito colectivo que elas poidan acadar ao longo da súa traxectoria deportiva, por moi exitosa e prolongada que esta resulte. Doce futbolistas, doce guerreiras laranxas que veñen de cumprir un soño colectivo: ser campioas absolutas da máxima categoría de fútbol-sala a nivel feminino en todo o Estado Porén, como deportistas de elite, os seus triunfos deben ser celebrados, en xusta homenaxe á súa afouteza e profesionalidade; e por iso deixo por escrito, con fachenda de seareiro, os nomes de Joziane de Oliveira, Haydée Agras Moral, Lidia Mesías Espiñeira, Lara Balseiro Candia, Dolores Sánchez García, Daniela Domingos Lopes, Patricia Otero de Oliveira, Lucía Nespereira Gómez, Silvia Rubal Casas, Maite García de la Montaña, Patricia González Mota e Paula Cortiñas Pardo. Doce futbolistas, doce guerreiras laranxas que veñen de cumprir un soño colectivo: ser campioas absolutas da máxima categoría de fútbol-sala a nivel feminino en todo o Estado, logo de derrotaren no derradeiro partido da temporada ao Atlético de Madrid, por un resultado global de cinco a un (e parabéns á TVG por transmitiren este encontro en directo). Somos un país que precisamos dunha cultura do éxito; por iso, hoxe, cando tant@s afeccionad@s se laian das coitas clasificatorias de Celta e Deportivo, quero brindar por estas mozas do Fútbol Sala Burela Pescados Rubén Somos un país que precisamos dunha cultura do éxito; por iso, hoxe, cando tant@s afeccionad@s se laian das coitas clasificatorias de Celta e Deportivo, quero brindar por estas mozas do Fútbol Sala Burela Pescados Rubén; e non só pola súa conquista do campionato de liga, senón tamén por un logro aínda maior: racharen estereotipos que seguen a asociar fútbol e masculinidade, épica deportiva e testosterona; e, por suposto, por encheren de ledicia a unha localidade lucense de apenas dez mil habitantes, convertendo o pavillón de Vista Alegre nunha marea laranxa. Por suposto, haberá quen pense que este asunto supón unha lilaina que non merece maior comentario, pois abundan temas moitos máis serios dos que se ocupar; mais non debemos menosprezar os valores simbólicos da actividade deportiva, como configuradores de modelos sociais que tenden a ser imitados. E se desexamos ir fendendo os valos que arredan ás nenas de certas actividades nas que aínda predomina el echarle huevos, temos que lle outorgar visibilidade mediática á traxectoria de grandes deportistas como Verónica Boquete ou Pilar Neira Martínez, por poñer dous exemplos sobranceiros. Para que algún día os seus rostros poidan aparecer nos cromos que se intercambian nos patios escolares en igualdade de condicións ca os de Iago Aspas ou Álex Bergantiños. Para que ningunha rapaza ou moza que se implique no xogo do fútbol reciba, nin sequera unha vez, o apelativo de maroutallo. Haberá quen pense que este asunto supón unha lilaina que non merece maior comentario, pois abundan temas moitos máis serios dos que se ocupar; mais non debemos menosprezar os valores simbólicos da actividade deportiva Por último, outro apuntamento para a esperanza: o pasado domingo de cinco de maio, no vedraño estadio de San Mamés (templo do fútbol por excelencia), os equipos femininos do Atlétic de Bilbao e do Barcelona xogáronse o campionato de Liga no derradeiro partido da temporada. O resultado final, favorable ás xogadoras azulgranas, quizais sexa hoxe o de menos. Mais nas bancadas de San Mamés, para disfrutaren dese encontro decisivo, sentaron vinte e seis mil espectador@s. E iso, máis alá de quen erguese a copa, si que constitúe unha vitoria contra a ditadura masculina do deporte rei. |
NOS_14758 | Alexandra Murguía naceu o 12 de maio de 1859. Morreu o 22 de marzo de 1937. Ao día seguinte, 23 de marzo, o xornal El Compostelano, entre outros, daba conta da súa morte. Non morrera Alexandra Murguía, falecera a filla do "documentado historiador don Manuel Murguía y de la inspirada poetisa Rosalía Castro". | Foi esta unha das poucas ocasións en que a prensa se interesou por Alexandra Murguía, malia os méritos propios que acumulaba para aparecer impreso o seu nome. Se cadra a primeira vez que aparece é en xuño de 1881, cando tiña 22 anos e xa é considerada unha pintora á que lle aparecen imitadoras. Gaceta de Galicia, nunha reportaxe sobre a pintura en Galiza, cita a pintora Teresa Bouchet Blanco como "digna émula de Alejandra Murguía y de Carmen Babiano". Pór ao mesmo nivel Alexandra Murguía e Carmen Babiano, 7 anos máis vella, extraordinariamente culta, coñecedora de varios idiomas, e unha das primeiras artistas en destacar na Galiza do século XIX (a pesar de se retirar, publicamente, da pintura cando casa, en 1882, con apenas 30 anos) supón valorar moi alto a pintura e as cualidades de Alexandra Murguía. Cabe salientar que entre 1879 e 1881 estas dúas mulleres estiveran unidas pola colaboración artística mantida coa revista La Ilustración Gallega y Asturiana, editada en Madrid e cuxa cabeceira, nese ano de 1879, fora deseñada por Alexandra Murguía. Despois desas primeiras aparicións non voltamos topar co nome de Alexandra até o 18 de xullo de 1885, 3 días após morrer Rosalía. El Ciclón, periódico satírico: sopla todos los sábados, faise eco dunha carta que lle envía Alexandra Murguía solicitando que, por vontade expresa da finada, desistan de publicar o retrato de súa nai, cousa que o periódico fai. Pasan os anos e non é até 1913 que de novo o nome de Alexandra sae brevemente á luz. É para confirmar a súa participación na recuperación da música da "Alborada", o poema de Cantares Gallegos escrito por Rosalía para unha melodía preexistente, tal como indica en nota a propia Rosalía: "A mais grande dificultade que achei pra escribir esta alborada foi o meu deseio de que saise nun todo arregrada á música. Conseguín esto, pro foi a custa da poesía; non podía ser de outro modo, cando se da cun aire tan estraño e tan dificile de acomodarlle letra algunha. A par da sona do libro dos Cantares foi medrando a curiosidade, o interese e tamén a necesidade de coñecer a música que inspirara Rosalía, para poder cantar a súa Alborada. Finalmente, nun proceso que avanza parello ao desenvolvemento dos coros galegos, Perfecto Feixoo e Casto Sampedro avanzan na procura da fonte daquela peza, contando, en dúas ocasións, coa axuda de Alexandra Murguía, que canta para eles. Foi en 1912 e 1913, e Isidro Puga transcrebeu o canto, ou polo menos así o transmite a prensa. En 1922, na sétima lista de petitoria de Semana Santa publicada por El Ideal Gallego, aparecen as "señoritas Alejandra Murguía y hermana" cunha doazón de cincopesetas. Xa en 1923, despois do falecemento do pai, a Xunta de Goberno da RAG diríxese ao Centro Galego da Habana para lle solicitar que a pensión vitalicia que viña satisfacendo a Murguía fose transmitida á súa filla Alexandra en atención a ser de idade sexaxenaria e a ser a única filla solteira de "aquel inmortal matrimonio". Finalmente acordouse concederlle a metade da pensión que desfrutaba o pai, isto é, 125 pesetas mes. Mais talvez a presenza máis polémica foi a entrevista que lle fixo V. Fernández Asís en El Orzán, publicada o 8 de novembro de 1930. Alexandra pide ao xornalista que destrúa o mito da tristeza de súa nai; móstrase moi crítica cos propietarios da casa da Matanza por quereren aproveitar o nome de Rosalía para facer negocio cun predio que antes non querían nin alugar e onde, di ela, Rosalía nunca escribiu nada pois Cantares Gallegos escribiuno en Santiago e Follas Novas na Coruña. E logo toca falar da queima dos textos. Finalmente, en 1937 aparece unha nota fúnebre dando conta da súa morte. Dúas ducias de palabras nuns periódicos que na cabeceira portaban o lema: Una patria: ESPAÑA. Un caudillo: FRANCO. Tiveron que pasar máis de 50 anos para que o que dixo Alexandra naquela entrevista do ano 1930, non sempre axustada á verdade histórica, comezase a importar. |
NOS_20084 | O dúo de Fene vén de publicar novo disco, 'Ten', co que celebra o décimo aniversario da súa formación, pechando así un ano no que estiveron en Irlanda, Escocia, Alemaña, Albania e Andorra. | Trátase dun disco a dúo (Daniel Bellón á gaita e Diego Maceiras ao acordeón), o terceiro, con moitas colaboracións de artistas que coñeceron ao longo dos anos nos escenarios, como o galés Oliver Wilson-Dickson, Juan Cabe, María Moiseeva, María López , Miguel Lamas, Juan Tinaquero ou Rafael Carracedo. Dos dez temas tres son composicións propias feitas a catro máns, dúas son tradicionais e outras son de autores como Waldir Azevedo, ao que pertence o single que poden ver máis abaixo, Richard Galliano ou mesmo de Milladoiro. Daniel Bellón considera que este é o disco "da maioría de idade". "Estamos moi tranquilos, facemos o que queremos e estamos moi asentados como formación. A música é un xogo para nós e un xoga ao que quere", explica. Escola BellónMaceiras Ademais o dúo ten unha escola de música en Fene, creada en 2010, "que é o que nos dá o sustento e grazas á cal podemos facer o que nos apetece". Unha das alumnas, María López, unha zanfonista de tan só dez anos, é unha das colaboradoras do disco e ás veces acompáñaos nalgún concerto. "É unha marabilla", di Bellón. 'Ten' presentárono o pasado día 5 de decembro en Fene e proximamente poderemos escoitalos tamén en Ferrol e na Coruña. En marzo estarán varios días en París e agora acaban de chegar de Irlanda do Norte para pechar un ano no que tamén estiveron en Escocia, Alemaña, Albania e Andorra. "A verdade é que xiramos moito por fóra", conta o gaiteiro, porque as condicións son mellores. "Alí trabállase a caché e por aquí vaise a taquilla e nós cremos que iso non pode funcionar así", reivindica. |
PRAZA_3901 | Os sindicatos reclaman que non se impartan novos contidos e apostan por traballar no reforzo do temario que foi traballado nas clases presenciais, denunciando a ausencia de orientacións precisas para o profesorado por parte da Consellería. Alertan de que a fenda dixital non se debe converter "nunha fenda de aprendizaxe". Falamos con Suso Bermello (CIG) e Luz López (CC.OO.) | Este martes 14 de abril retómanse as clases nos centros de ensino tralas vacacións de Semana Santa. Comeza o terceiro trimestre, pero faino nunha situación completamente anormal por por da epidemida do coronavirus. As clases seguen baleiras e as aulas desenvólvense -dun ou doutro xeito- a través da rede, con grandes diferenzas entre uns e outros centros e, sobre todo, entre uns e outros alumnos, con fendas dixitais e sociais que se fan notar. Dende os sindicatos démandase da Consellería de Educación unha "orientación detallada" sobre os contidos que se deben impartir e sobre o obxectivo das aulas virtuais que se deben levar a caboComeza un trimestre marcado, sobre todo, pola incerteza. Ignórase aínda se volverá haber clases presenciais antes do remate do curso ou como serán os exames e o profesorado descoñece mesmo que contidos debe impartir, se se deben respectar os currículos e temarios previstos ou se -como semella lóxico- as aulas virtuais deben buscar outro ritmo e contidos.A ministra de Educación, Isabel Celaá, afirmou hai tres semanas que o regreso ás aulas presenciais se podería producir "en maio ou comezos de xuño". Porén, a decisión final podería adoptarse este mércores, no marco da xuntanza manterán que os responsables de Educación do Ministerio e das comunidades autónomas por videoconferencia.As primeiras tres semanas de confinamento, trala suspensión das clases decretada o pasado 12 de marzo, coincidiron co remate do segundo trimestre, no que a maior parte do temario fora xa impartido, e aínda que a obriga de avaliar o alumnado xerou críticas, a xestión da situación por parte do profesorado semellaba máis doada que a actual. É por iso que dende os sindicatos démandase da Consellería de Educación unha "orientación detallada" sobre os contidos que se deben impartir e sobre o obxectivo das aulas virtuais que se deben levar a cabo.Hai algúns inspectores que deron instrucións nos seus centros, mentres que outros non mandaron instrución ningunha"A situación na segunda quincena de marzo era bastante máis sinxela, porque o segundo trimestre estaba case rematado. Houbo clases presenciais ata o día 12 e o currículo estaba moi avanzado, polo que era máis doado poder facer unha avaliación e un seguimento do alumnado", destaca Luz López (secretaria xeral de CCOO-Ensino). "Pero o que nos parece inaudito é que a día de hoxe, luns 13, a un día de que comece o trimestre, non haxa instrucións detalladas da Consellería para o profesorado. É máis: hai desinformación, porque hai algúns inspectores que deron instrucións nos seus centros, mentres que outros non mandaron instrución ningunha", critica, engadindo: "É un despropósito. A estas alturas, tanto docentes como alumnado deberían ter instrucións do que vai pasar no terceiro trimestre".O mesmo subliña Suso Bermello (secretario nacional da CIG-Ensino): "A situación é moito peor do que era antes da Semana Santa. É certo que a avaliación do segundo trimestre foi conflitiva, pero gran parte do trimestre xa fora superado. Agora mesmo a situación é caótica, non hai apenas instrucións, directrices ou normas que se poidan aplicar".Para a CIG o comunicado da Xunta "parece aconsellar ao profesorado a vella máxima tantas veces empregada no noso país do 'ti vai facendo'"Ás seis da tarde deste luns a Consellería de Educación difundiu un comunicado dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario no que sinalaba que "a actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave". Así mesmo, engadía, "os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto".O breve texto non contentou ás centrais sindicais, e por exemplo a CIG, sindicato maioritario no sector, sinalou que o comunicado "parece aconsellar ao profesorado a vella máxima tantas veces empregada no noso país do 'ti vai facendo'". "Cunha administración educativa minimamente responsábel e competente o profesorado non lería hoxe unhas instrucións que non din nada novo", dicía a central nacionalista. "Ti non podes ter as túas traballadoras e traballadores no limbo, sen saber que van ter que facer""Ti non podes ter as túas traballadoras e traballadores no limbo, sen saber que van ter que facer", di Luz López, que destaca que "no momento en que se dean unhas instrucións, estas van ter que ser postas en común polo claustro e estudarase como levalas a cabo", lembrando a complexidade do proceso: "non é o mesmo preparar unha clase para dala de xeito presencial que preparala para dala de xeito telemático".En boa medida, a Xunta está a agardar á xuntanza sectorial do día 15, na que se reunirán os representantes do Ministerio e das Consellerías de Educación das distintas comunidades autónomas, un encontro que "chega tarde" para Suso Bermello, que sinala que o Ministerio de Educación podería ter actuado con máis rapidez. Con todo, CIG-Ensino subliña que "hai unha responsabilidade moito maior na administración educativa galega, que non tería que estar agardando polo Ministerio". "É obvio que en certos niveis, sobre todo en 4º da ESO, 2º de Bacharelato, ciclos medios e superiores, é necesario que haxa unha coordinación no conxunto do Estado, porque son niveis que levan á obtención de títulos ou á realización da ABAU. Pero para o resto dos cursos, tanto os intermedios de cada etapa coma no conxunto de Primaria e Infantil, a Consellería non tería que estar agardando por ninguén. E a realidade é que a Consellería está completamente desaparecida", denuncia Bermello.Que contidos impartir? Como avaliar?"Se se avanza na materia e se avalía a materia na que se avanza, o que se vai provocar é unha fenda terrible"Dende CIG-Ensino e CC.OO. apóstase por non impartir nin avaliar contidos que non foran previamente traballando nas aulas presenciais, co obxectivo de asegurar a igualdade de oportunidades para todo o alumnado. "No terceiro trimestre, o que nos gustaría é que non se afondase no currículo. É dicir, dar por rematados os contidos impartidos co que se chegou a facer presencialmente e traballar co alumnado de forma virtual en reforzo destes contidos, con actividades ampliadas", explica Luz López, que engade que "se se avanza na materia e se avalía a materia na que se avanza, o que se vai provocar é unha fenda terrible"."É importante que as administracións educativas -na medida das súas competencias- reorganicen o currículo: os contidos deste terceiro trimestre que quedan sen impartir haberá que repartilos nos cursos seguintes, probablemente en dous ou tres cursos. E isto debe facerse dende as administracións educativas, non se debe deixar á atención dos centros", di a secretaria xeral de CC.OO.-Ensino."Os contidos deste terceiro trimestre que quedan sen impartir haberá que repartilos nos cursos seguintes"Suso Bermello concorda, sinalando que "nós entendemos que non se poden dar novos contidos. Entendemos que o curso está rematado, que rematou cos contidos que se impartiron ata que se interromperon as clases presenciais". Porén, engade que "hai que ter un certo coidado coa mensaxe que se lanza: non sería bo lanzar unha mensaxe que se entendese no sentido de que aquí non hai nada que facer".CIG-Ensino aposta pola promoción xeral do alumnado ao curso seguinte, sen que iso signifique un aprobado xeralNese senso, CIG-Ensino aposta pola promoción xeral do alumnado ao curso seguinte, sen que iso signifique un aprobado xeral. "Máis que un aprobado xeral, que desmotiva e desmobiliza a profesorado e alumnado, nós falamos de garantir a promoción, con carácter xeral. E en todo caso, que se a promoción non se pode producir, que isto teña carácter puntual e que en ningún caso estea vinculada á situación do coronavirus", sinala Suso Bermello. "É dicir, se o equipo docente o 12 de marzo entendía que un alumno da ESO non estaba en condicións de promocionar pola súa traxectoria previa, por como ía o curso, non debe promocionar. O profesorado é quen debe ter a palabra e non tería sentido que un alumno promocionase se o profesorado entende que isto vai ter consecuencias negativas", explica."Estamos nunhas circunstancias excepcionais", subliña Bermello. "Nin se pode avaliar coma se estivésemos nunha situación normal, nin se pode obviar que hai unha fenda dixital clarísima", di, sinalando que "hai un gran número de alumnos e alumnas, mesmo en ámbitos urbanos, sobre todo en barrios obreiros, que non se conecta. A desconexión na ESO en ámbitos urbanos e periurbanos é sdo 40% e no Bacharelato chega ao 20%". "Hai unha fenda dixital moi importante, hai unha parte moi importante do alumnado que tanto por situación económico-social como por situación xeográfica, non pode seguir as clases virtuais en igualdade de condicións"A fenda dixitalUnha das claves neste momento é o diferente contexto socioeconómico e tecnolóxico no que o alumnado está a vivir o confinamento e a recibir (ou non) os contidos das aulas virtuais. Luz López salienta tamén que "hai unha fenda dixital moi importante, hai unha parte moi importante do alumnado que tanto por situación económico-social como por situación xeográfica, non pode seguir as clases virtuais en igualdade de condicións. Hai tamén moitos fogares nos que só hai un ordenador, que nestes momentos está sendo empregado para teletraballar".A secretaria xeral de CC.OO. lembra que "un dos aspectos centrais da escola, sobre todo da escola pública é que é un axente compensador das desigualdades: independentemente do nivel económico ou cultural que o alumnado teña na súa familia, a escolla dálle elementos que lle permitan ter as mesmas oportunidades que os seus compañeiros e compañeiras". "Isto, nesta situación, pérdese por completo", subliña. "Hai un gran número de centros privados ou privado-concertados que si teñen unha elevada porcentaxe de alumnado sen fenda dixital. Eses colectivos terían, polo tanto, unha vantaxe", destaca López, que conclúe que "a fenda dixital non pode provocar unha fenda de aprendizaxe".Precisamente hai uns días o Goberno galego anunciou o envío aos centros de secundaria de un milleiro de "portátiles con conexións a internet gratuítas, destinados a familias con menos recursos e cuxos fillos cursen Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional". A familias recibirán os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos e fillas o seguimento da actividade educativa, mentres dure o estado de alarma."Os ordenadores repartíronse se ningún tipo de criterio. Tres por instituto, independentemente do tamaño dos centros e das características socioeconómicas do alumnado"Os sindicatos subliñan que a medida "non resolve" a fenda dixital e cuestionan o procedemento empregado para o reparto dos mil equipos. "Ningún Goberno podería solucionar nunhas semanas a fenda dixital e social, non queremos criticar por criticar. Pero está claro que este envío de ordenadores non vai solucionar o problema e, ademais, é un exemplo de improvisación, de mala xestión e, no fondo, é un acto de campaña electoral", sinala Suso Bermello.Bermello lembra que "os ordenadores repartíronse se ningún tipo de criterio. Repartíronse tres por instituto, independentemente do tamaño dos centros e das características socioeconómicas do alumnado". Ademais, denuncia, "deixouse nas direccións dos centros a responsabilidade de repartir os ordenadores entre o alumnado, sen achegar ningún tipo de orientación". "As direccións están a consultar co profesorado, que pode ter unha idea dos alumnos e alumnas que non se conectan ás aulas virtuais, pero non teñen por que coñecer os motivos polos que non se conectan; se cadra teñen ordenador e non teñen rede, ou se cadra directamente non queren conectarse", di."É unha medida de campaña electoral, porque a fenda electoral non se arranxa con mil ordenadores. Vendérono como unha medida que vai salvar a situación, e dende logo que non é así"Luz López considérao tamén unha medida "electoral". "As eleccións ao Parlamento galego quedaron canceladas pero o presidente do Goberno galego non deixou a campaña electoral. Esta é unha medida de campaña electoral, porque a fenda electoral non se arranxa con mil ordenadores. Vendérono como unha medida que vai salvar a situación, e dende logo que non é así", critica.Falta de diálogoUn dos aspectos que os sindicatos veñen denunciado dende hai semanas é a "falta de diálogo" existente por parte da Consellería de Educación. "Están facendo alarde da prepotencia que veñen amosando nos últimos tempos", denuncia Luz López. "Comunicación nunca houbo moita, máis aló das mesas sectoriais de negociación que están obrigados a facer. No resto de comunidades autónomas si que os gobernos abriron conversas cos sindicatos, con información de primeira man. En Galicia iso non aconteceu en ningún momento", sinala."Dende o inicio a consellería evidenciou que non quería contar en absoluto coas forzas sindicais, a pesar de que lle amosamos a nosa total disposición de colaboración""Nada me gustaría máis que ver un cambio de rumbo total na Consellería e que respondesen ás moitas solicitudes de diálogo e información que levamos feito. Pero semella difícil que vaian rectificar", di Suso Bermello. "Primeiro, porque a conselleira é unha persoa sen ningún tipo de de peso político no Goberno galego, como tampouco o tiña Román Rodríguez. Son persoas a quen se lles asignou a función de estar pendentes do día a día pero non a de tomar ningún tipo de decisión e polo tanto todo depende da decisión do Presidente da Xunta", afirma. "Dende o inicio a consellería evidenciou que non quería contar en absoluto coas forzas sindicais, a pesar de que lle amosamos a nosa total disposición de colaboración", conclúe o secretario nacional de CIG-Ensino.Ambos os dous lembran que "o día 8 de abril solicitamos a convocatoria da mesa sectorial e estamos a día 13 e aínda non temos resposta". "Somos as representante legais das traballadoras e traballadores e a Xunta está a ignorarnos", denuncian. |
NOS_48756 | A Audiencia Provincial rebaixa, após o recurso das persoas procesadas, a un total de 5 anos e 3 meses as condenas de 11 anos e 5 meses impostas polo tribunal polos incidentes en 2009 nunha manifestación de 'Galicia Bilingue'. | Unha sentencia da Audiencia Provincial vén de rebaixar a menos da metade as penas impostas ás 6 persoas condeadas en setembro de 2014 a un total de 11 anos e 6 meses de prisión no xuízo polos incidentes de 2009 durante unha manifestación de 'Galicia Bilingüe', coñecido como #8f45anos. A decisión da Audiencia prodúcese após o recurso presentado pola defensa destas seis persoas. Os letrados recorreron aquela sentencia en base a tres requisitos principais: a nulidade dos vídeos que serviron para condenar os acusados, que os delitos de atentado son individualizados polo que é mester identificar a persoa ou persoas que supostamente o sofreron ("o que non se fixo"). E, por último, que se aplique o atenuante por dilacións indebidas do proceso, posto que os feitos a xulgar aconteceron en 2009. A Audiencia (nunha decisión que non é recorríbel en vía ordinaria) rebaixa eses máis de 11 anos a 5. Unha decisión que, como comentan fontes da defensa consultadas por Sermos Galiza, "evita a prisión a dúas persoas" que coas penas impostas en setembro de 2014 terían que entrar no cárcere. Penas Así, a Bernardo M.B rebáixaselle a condena de 4 anos e 3 meses a 18 meses. Ademais, impónselle 9 meses de multa a razón de 6 euros ao día (1.620 euros) e outra de 1.255 euros de indemnización. Joam P., Aurelio L e Xiana R. pasan a estar concenados 9 meses de prisión cada un, cando na anterior sentencia a pena era der 1 ano e 9 meses cada cada un deles. Narciso V. e Alexandre B. fican con condenas de 9 meses cada un, rebaixándolles en 3 meses a que se lles impuxo en primeira instancia (un ano de cárcere para cada un). Teñen, ademais, que pagar conxuntamente unha indemnización de 160 euros. No principio pedíanse 45 anos de cárcere para 12 acusados En maio de 2014 comezaba o xuízo contra 12 persoas para as que acusación pedía 45 anos de cárcere e 34.000 euros de multa polo protesto na rúa contra unha manifestación de Galicia Bilingüe en 2009. A defensa demanda a libre absolución nun xuízo que @s propi@s encausad@s cualifican de "político". Na sentencia ditada en setembro dese ano absólvese a 5 das persoas acusadas (Alexandre R., Roberto R., Abraham P., Roberto C. e Antonio F) e fíxase unha condena de 11 anos e 6 meses de prisión para outras seis. Recorrido ese fallo, a Audiencia Provicnial rebaixa agora as penas a menos da metade, evitando o ingreso en prisión que pendía sobre algúns dos acusados. |
PRAZA_11970 | "Día histórico". "Ilusión". "Tristeza". "Forza". Catro palabras, catro testemuñas. As dos protagonistas dunha xornada, a deste domingo, que pasará á historia política de Galicia. Encontro Irmandiño, corrente liderada por Xosé Manuel Beiras, vén de aprobar a escisión do Bloque Nacionalista Galego. | Acabouse o Bloque Nacionalista Galego tal e como o coñecemos até o de agora. A asemblea do Encontro Irmandiño vén de decidir, "por aclamación", a súa escisión do BNG. Domingo de cambios, de decisións, de "emocións" e, desde logo, dun cambio de rumbo. O destino, como recoñece o propio Beiras, depende do traballo que agora se vaia poñer en marcha. O que fica claro é que hoxe é un día "histórico" para a política galega e o nacionalismo. Xosé Manuel Beiras, en declaracións exclusivas a Praza Pública, destacou que o Encontro Irmandiño ten moitos "folgos" para iniciar un novo camiño Xosé Manuel Beiras, en declaracións exclusivas a Praza Pública, destacou que o Encontro Irmandiño ten moitos "folgos" para iniciar un novo camiño. "Moitos máis dos que eu podía pensar", recoñeceu. "As intervencións que escoitamos na asemblea foron espléndidas", nas que agromaron a "necesidade" de "cambio" e de "constituir unha frente ampla". Decisión "tomada por aclamación", destacou o histórico líder do nacionalismo". Beiras incidiu, iso si, en que agora hai moito traballo por diante. "Porque outra cousa é a capacidade de organización, isto non é cousa dun día", apuntou, e "é un risco que debemos tomar". En calquera caso, e como fixo na súa intervención -moi aplaudida-, remarcou que "a clave deste plantexamento é que sexa moi aberto e que integre moita xente". Un "gran" estrato da sociedade galega que "agora está desactivada". Martiño Noriega O alcalde de Teo e cabeza visible, xunto con Beiras, do EI, insistiu en que o deste domingo era un "día triste" para moitos. "Dóenos o corazón", declarou a Praza Pública. "Nós levamos moitos anos nun proxecto colectivo e hoxe decidimos iniciar unha nova andaina", apuntou a este diario. Ao igual que os seus compañeiros, quixo facer fincapé en que agora "cómpre esquecer todo o malo e formar un proxecto no que Galiza sexa o centro". Preguntado por se hai folgos abondo para o novo reto, foi rotundo: "Somos pesimistas da razón pero optimistas da vontade". Antes das palabras de Beiras, que pecharon a primeira quenda de intervencións, o alcalde de Teo e membro do EI foi conciso e claro: "Hai que dicilo alto e claro. Cómpre un novo camiño fóra do BNG" "Hai que dicilo alto e claro. Cómpre un novo camiño fóra do BNG" Teresa Táboas A xa exdeputada do BNG, Teresa Táboas, apareceu na asemblea e foi recibida con "moitos aplausos". A exconselleira, coa voz roída pola "emoción" e o resfriado, declarou en exclusiva a Praza Pública que acababa de producirse "un día histórico para o país". "De man do líder nacionalista moderno do BNG o Encontro Irmandiño decidiu por unanimidade deixar o Bloque", destacou. "Iníciase unha nova andaina, un proxecto con forza propia". Tamén recoñeceu, como os demais, que queda un longo camiño por diante. Para botarse a andar nel "hai moitas forzas", e fixo referencia non só aos membros do Encontro, senón ao "resto de forzas" que "procuran o mesmo para o país". A Asemblea Antes de coñecer a decisión final, o líder da formación, Xosé Manuel Beiras, puxo sobre a mesa unha proposta de resolución. "A 13ª Asemblea do BNG mostrou dous modelos incompatibles" dentro do nacionalista galego. "Hoxe é a derradeira oportunidade de rexeneración do BNG". Para o Encontro Irmandiño, "o BNG non é rexenerable", razón pola cal a formación liderada por Beiras vén de aprobar a súa marcha do proxecto que capitanea hoxendía Guillerme Vázquez. "O Encontro buscará os apoios precisos para a creación dunha fronte que sexa un novo referente politico de centro gravitacional de esquerda", apuntaron desde o EI. "A Coordenadora Nacional queda habilitada para exercer as accións oportunas para acadar estes obxectivos". "De man do líder nacionalista moderno do BNG o Encontro Irmandiño decidiu por unanimidade deixar o Bloque" "Neste momento a unidade do nacionalismo non se pode dar dentro do BNG. A ruptura xa existe", sostivo Xosé Manuel Beiras. Para o exportavoz do BNG e histórico do nacionalismo, esta corrente debe adicar os seus esforzos a loitar contra o capitalismo". Para Beiras, "é inverosímil a rexeneración plantexada do BNG". Desde o Encontro Irmandiño propoñen unha "forza ampla" e rexenerada. Para Xosé Manuel Beiras, dentro desa estratexia de rexeneración, os interlocutores serían "os compañeiros que decidiron abandonar o BNG", en clara alusión tanto a Esquerda Nacionalista como aos que concorren co EI á 13ª Asemblea. Link ao texto do acordo da asemblea do Encontro Irmandiño |
NOS_7004 | Esta quinta feira púxose en marcha, dese o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) de Vigo o obradoiro "Reinventar a tradición", impartido pola contadora Paula Carballeira. Trátase, como marca a actual situación sanitaria e as restricións promovidas para frear a expansión da Covid-19, dun curso que se imparte en liña, a través da aplicación de videoconferencia Jitsi, e que se desenvolve os días 4, 5, 11 e 12 de febreiro, de 17 a 20 horas. | "A estrutura e a simboloxía dos contos tradicionais poden converterse en boas aliadas das persoas que se dedican á narración oral no século XXI, unha época onde se mira máis cara ao futuro que cara ao pasado". Así se anunciaba o programa do obradoiro de narración oral que Paula Carballeira imparte de modo telematico para o Servizo de Normalización Lingúística de Vigo e que hai semanas que completou as prazas, que eran 15 as previstas inicialmente e que "se duplicaron", explica a Nós Diario Paula Carballeira. Así, de Reinventar a tradición forman parte unha trintena de persoas "de moi diversos gremios", desde as artes escénicas, a docencia... Para afondar no significado da e na mecánica da narración oral en pleno século XXI, para dar as chaves desta disciplina no terreo da arte escénica, o traballo coa memoria e a súa recuperación e "cuestións máis técnicas" da execución á hora de contar, matiza Paula Carballeira. A narradora tamén destaca a necesidade de realizar este tipo de obradoiros en liña, que "sempre o fixera de modo presencial, porque a expresión da xente, a expresividade corporal, trabállase ao vivo", mais o feito de que tivese que virtualizarse a materia, "tamén deu lugar a que se anotase moitísima xente, porque non precisas vivir en Vigo ou nas proximidades para poder asistir", conclúe. A interrupción cultural Coa suspensión da actividade escénica na Galiza, Paula Carballeira tivo que adiar ou suspender as súas actuacións ao vivo, pois a virtualidade "penso que os programadores xa se decataron que é unha solución momentánea". E mentres se supera o "momento", a súa faceta de narradora, na escrita, colleita éxitos como a inclusión da tradución ao castelán de Un fermoso ovo branco, nas 100 recomendacións da Fundación Cuatro Gatos ou lograr a final, promovida por Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), do premio Alma da Fundación Asrid Lindgren. |
NOS_37169 | O tribunal adopta esta decisión á espera de que se resolvan os incidentes sobre os bens e elementos que os familiares do ditador poderían sacar do inmóbel, ademais dos recursos de reposición presentados tanto polo Estado, a Xunta, a Deputación provincial e os concellos da Coruña e Sada. | O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña suspendeu o prazo dun mes concedido á familia Franco para retirar bens do Pazo de Meirás. O órgano emitiu unha resolución na que deixa en suspenso esta decisión, adoptada o pasado 28 de abril. O tribunal adopta esta decisión á espera de que se resolvan os incidentes sobre os bens e elementos que os familiares do ditador poderían sacar do inmóbel, ademais dos recursos de reposición presentados tanto polo Estado, a Xunta, a Deputación provincial e os concellos da Coruña e Sada. Este mesmo xulgado emitiu outra resolución na que se require o Estado a depositar, no prazo máximo dun mes, toda a documentación e información que xustifique a necesidade de realizar obras no Pazo, tal e como solicitaba a familia Franco. Neste sentido, o Goberno estatal deberá xustificar a declaración de emerxencia das contratacións das obras e especificar os traballos concretos realizados, aqueles que está a executar e os que "proxecta executar". Novidades Hoxe mesmo, a Xunta requiriu á familia Franco que presente documentación adicional para tramitar a súa solicitude de traslado referida ás estatuas do Mestre Mateo, situadas actualmente nas Torres de Meirás, dada a súa consideración como Ben de Interese Cultural (BIC). Esta información é tamén un requisito obrigatorio no caso da Biblioteca de Emilia Pardo Bazán, lembra a Consellería de Cultura, Educación e Universidades. Os Franco solicitaran formalmente a principios de mes retirar de Meirás as estatuas do Mestre Mateo e a biblioteca de Pardo Bazán. |
PRAZA_4181 | Na última xornada abrollaron 27 novos positivos e por segunda xornada o número de falecementos aumenta en só unha persoa ata chegar ás 593. O enlentecemento da pandemia contrasta coas cifras de hospitalización, que experimentan o maior incremento porcentual en máis dun mes | O ritmo da pandemia do coronavirus en Galicia volve enlentecer e acalmar. Tras a interrupción da mellora dos principais indicadores rexistrada a finais de abril, a combinación de datos do Ministerio de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde -a fonte de ambos é o Sergas, pero a Xunta non divulga todos os datos que transmite ao Ministerio- indica que a covid-19 volve dar sinais de remitir.Na última xornada abrollaron 27 novos positivos e por segunda xornada o número de falecementos aumenta en só unha persoa ata chegar ás 593O número de casos novos reportados este 11 de maio con datos pechados na noite do domingo indica que nestas vinte e catro horas abrollaron 27 positivos novos mediante probas PCR. É o menor incremento dende o 12 de marzo (aquel día houbo 20) coa única excepción do 30 de abril (22), aínda que aquel día final do mes pasado estivo marcado polo cambio no cómputo do Sergas que distorsionou a serie completa e o número acumulado aumentara en 140 casos sen referencia temporal.Por oitavo día consecutivo, as probas PCR incorporadas son menos de 2.000O indicador que a Xunta segue empregando como referencia, o dos positivos activos, volve descender este luns e queda en 2.631. Mentres, o que o Sergas indica como "curados" pero o Ministerio como infeccións "resoltas" chega ás 7.445 persoas (un 1,33% máis) e o aumento de persoas falecidas a causa da covid-19 segue en niveis mínimos dende o comezo da pandemia. Por segundo día consecutivo o incremento é dunha soa persoa para un total de 593. Delas, 269 viviran en residencias de maiores. O falecemento reportado este domingo é alleo a estes centros.A aparición de casos novos retrocede a niveis dos primeiros días da pandemia e tamén o fai o número de probas PCR realizadas. Chegan este 11 de maio ás 116.144, segundo o Sergas. Isto implica que foron procesadas 1.308 no último día, o quinto día de tendencia descendente e o oitavo con menos de dúas mil. Nesta xornada, ademais, non se inclúen datos novos de test de anticorpos, igual que noutras autonomías -este indicador, o máis irregular, adoita baixar nas fins de semana-.Con esta baixada de novos casos descende tamén en Galicia a incidencia acumulada dos últimos 14 días -número de casos novos por cada 100.000 habitantes-, unha cifra que é especialmente relevante para aplicar as medidas de desconfinamento. Este indicador está agora en 30,86 casos, aínda un chisco por riba da media estatal (30,01), que Galicia superou por primeira vez a pasada semana.Dezaseis novas hospitalizacións e maior aumento no total en máis dun mesAs persoas hospitalizadas pasan a ser 217 tas unha xornada cunha persoa máis na UCI e quince máis ingresadas 'en planta' a causa da covid-19A boa marcha das cifras de novos casos da covid-19 en Galicia contrasta este luns coa evolución da hospitalización, que frea a súa senda descendente. O Ministerio de Sanidade dá conta de que nestas últimas vinte e catro horas se rexistraron 16 hospitalizacións novas en Galicia a causa do coronavirus, unha delas na UCI. Estes novos ingresos non se compensaron con altas e así, o total de persoas hospitalizadas a causa da pandemia experimenta o maior aumento porcentual en vinte e catro horas dende o 3 de abril.As persoas hospitalizadas pasan a ser 217, un 5,85% máis que vinte e catro horas antes. Delas, 26 están na UCI -unha máis, o que implica que non se rexistraron test negativos de pacientes covid en coidados intensivos nesta xornada- e as restantes 191, en unidades hospitalarias ordinarias -en planta-, o que supón once máis que o día anterior.Mentres aumenta a hospitalización, diminúe o número de persoas aínda consideradas como "positivos activos" polo Sergas e que están illadas nos seus domicilios. Son agora 2.414, un 3,36% menos, e entre elas cóntanse 334 persoas residentes de centros de maiores e dependentes -un menos que un día antes-.Maiores descensos nas áreas da Coruña e VigoPor áreas sanitarias, o groso do descenso de "positivos activos" concéntrase nas da Coruña (-29) e Vigo (-28). A área viguesa experimentara durante a pasada semana un forte incremento a causa, segundo o Sergas, da incorporación á estatística de datos de test realizados a persoal sanitario durante varios días, pero incorporados dunha soa vez á base de datos. Tamén caen os positivos activos en Santiago, aínda que en menor medida, tras o incremento experimentados nos últimos días. Mentres, só a área de Lugo non rexistra variacións e en termos de incidencia -casos positivos por cada 100.000 habitantes- a maior cifra segue sendo a de Ourense, pero xa moi próxima a outras áreas sanitarias tras emprender unha liña claramente descendente dende a mudanza no cómputo de datos introducida polo Sergas a finais de abril. |
NOS_43900 | Un roteiro por Coristanco, á beira do río Anllóns, a paisaxe por excelencia da obra de Eduardo Pondal. | A área de lecer dos Verdes, no concello de Coristanco, é un lugar moi coñecido e visitado, un espazo á beira do río Anllóns, o río máis importante da Costa da Morte, tantas veces citado na obra de Eduardo Pondal, xerador e alimentador da ría de Corme e Laxe na que contribúe a formar e manter a coñecida frecha, un río protexido como LIC en case todo o seu percorrido. Paraxe: Bergantiños / Concello: Coristanco / Percorrido: 4 quilómetros (ida e volta) / Dificultade: Baixa Os Verdes é un espazo de relevo irregular, con numerosos rápidos, pequenos saltos, rochas e pequenas illas, no que se asentan varios muíños que foron restaurados hai anos -e que agora atopamos un pouco esquecidos- entre os que se construíron pontes e pasarelas que crean un percorrido laberíntico no que, aquí e alá, atopamos mesas e asentos nos que descansar, botar un anaco gozando do lugar á sombra das árbores, escoitando os sons da auga, ou onde degustar un petisco; tamén pode ser simplemente o punto de partida ou de chegada de algún dos roteiros pola contorna. A ruta sinalada no propio lugar é a que vai dos muíños dos Verdes, construcións de bo porte e tamaños variados, á ponte Dona, unha pontella tradicional con fortes tallamares que se enfrontan, desde hai moitos anos, a canto o río pode arrastrar na súa corrente. O percorrido é unha camiñada curta, non chega aos 2 km (4 km coa volta), mais non doada, case chan, pero con algúns puntos difíciles sobre todo se está húmido porque o terreo, compactado e de material moi fino, e as rochas, chans e lisas, resultan moi esvaradías. No traxecto camiñaremos entre a liña de árbores da ribeira e os plantados (maiormente eucaliptos) acompañando o percorrido do río mentres escoitamos máis que vemos os paxaros, gozamos da cor, do verde de estrea, e da sombra das follas novas dos freixos, os salgueiros, os ameneiros, moitos afectados polo fungo que os devasta, e os carballos, o verde escuro dos loureiros e as ducias de formas e cores das herbas, e as flores que se afanan por facerse ver neste tempo de primavera. Esta ruta tamén ten a opción de facela circular, de 4,5 km, se chegando á ponte Dona a cruzamos e logo no camiño collemos, ao pé da primeira casa, o desvío á dereita polo que subimos ao terreo de monte, toxos e eucaliptos, e máis adiante estrada asfaltada que nos leva ao lugar dos Verdes e baixa ao río. Para chegarmos aos Verdes saíndo de Coristanco cara a Carballo, xusto ao pasar a rotonda de acceso ao centro comercial, temos un desvío á esquerda que nos leva, nuns 7 quilómetros, ao lugar, onde temos, ao pé das casas, á esquerda, o desvío sinalizado, moi estreito, que nos leva ao refuxio. Se imos en coche témolo que deixar un pouco antes de chegar abaixo, no espazo do bar. |
NOS_10 | O PP reúnese con Ciudadanos e Vox en todo o Estado para chegar a pactos na conformación de gobernos municipais o vindeiro 15 de xuño. O secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, busca un acordo marco cos outros dous partidos para alcanzar o máximo poder posíbel após os fracasos electorais da dereita española no 26M. | O vindeiro 15 de xuño conformaranse as cámaras municipais e no PP buscan emendar ao máximo os malos resultados que as urnas lle depararon. Por iso, esta segunda feira o Partido Popular mantén reunións negociadoras en múltiples concellos do Estado con Ciudadanos e Vox de cara a alcanzar un acordo marco que permita o PP manter o máximo poder posíbel. García Egea subliñou que esta segunda feira manterán "varias reunións con C's e con Vox" para alcanzar acordos O secretario xeral popular, Teodoro García Egea, afirmou que PP, C's e Vox "non poden permitirse non poñerse de acordo" e destacou que tanto o secretario xeral da formación laranxa, José Manuel Villegas, como o portavoz parlamentario de Vox, Iván Espinosa de los Monteros, son "persoas de palabra, serias e rigorosas", pois segundo enxalzou, "até o de agora cumpriron con todo o que se comprometeron". García Egea subliñou nunha entrevista en TVE que esta segunda feira manterán "varias reunións con C's e con Vox a distintos niveis" para alcanzar acordos e engadiu que estes "van avanzado, aínda que son negociacións complexas". Afirmou en TVE que "o día de hoxe promete ser un bo día se todos poñemos da nosa parte para que durante as próximas xornadas poidan ir desbloqueándose gobernos da liberdade". Deputación e concello de Ourense Se o acordo marco vai adiante no Estado entre as tres forzas, o PP galego tería máis asegurada a continuidade de Manuel Baltar na presidencia da Deputación de Ourense co apoio de Ciudadanos, a pesar de que a semana pasada o partido laranxa avogara por facilitar a investidura do PP na institución provincial coa condición de que o Partido Popular presentase un candidato diferente a Baltar, quen ficou a unha acta da maioría absoluta. Foi o propio Manuel Baltar como presidente en funcións da Deputación quen esixiu a Ciudadanos retirar os vetos cara a súa persoa e lembroulles que o PP é o "grupo maioritario", con 12 deputadas e deputados provinciais, a tan só 1 acta para alcanzar a maioría absoluta, e que o partido laranxa só conta cun representante na deputación "e nove edís en toda a provincia". Tamén o domingo o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, insistiu nunha entrevista na RNE en ofrecer ao PSdeG a oferta que Núñez Feixoo lles fixo a pasada semana, pola que o partido conservador permitiría que gobernase o PSdeG no concello de Ourense e a cambio as e os deputados provinciais socialistas deixarían que Manuel Baltar continuase á fronte da Deputación de Ourense. |
NOS_46763 | Domingo Neira aseguraba nas aulas que "a homosexualidade é contaxiosa", que "os homosexuais carecen de hombría e non poden educar" ou que "as lesbianas teñen un cromosoma XXX que explica o seu comportamento non normal". | En novembro de 2013 a USC apartaba termporalmente da docencia ao profesor de Maxisterio e Ciencias da Educación, Domingo Neira. Facíao após as denuncias do estudantado de primeiro curso, das organizacións estudantís e doutras como Galiza Nova. No centro do conflito, as declaracións homófobas do docente que chegou a asegurar nas aulas que "a homosexualidade é contaxiosa", que "os homosexuais carecen de hombría e non poden educar" ou que "as lesbianas teñen un cromosoma XXX que explica o seu comportamento non normal". Domingo Neira dixo "a homosexualidade é contaxiosa" e que "a muller-muller polo xeral non gosta das mulleres" A Universidade abriulle un expediente mais finalmente optou pola súa readmisión o que motivou de novo as protestas do estudantado en maio de 2015. Entre elas, un escracho que remataría con catro estudantes encausad@s por un presunto delito de "coacción". Após prestar declaración xudicial no mes de decembro nos Xulgados de Fontiñas (Compostela), a tres desas persoas --Antía, Mario e Atanes-- a Fiscalía pídelles "cinco meses de prisión" por "desordes públicas e non coaccións como se quería inicialmente", sinalan nun comunicado de imprensa. As tres persoas encausadas piden a súa "absolución" e aseguran que "non se pode permitir que a USC manteña no seu cadro de persoal" a unha persoa que mantén un "constante e descarado comportamento machista e homófobo" que, aliás, defendeu "orgulloso" posteriormente en declaracións á imprensa. Na altura, Domingo Neira asegurou en diversos medios de comunicación que se trataba dunha "argumentación cuasecientífica" que facía parte da "primeira fase do meu deber docente" e que a finalidade era que o estudantado "pense por si propio". A Fiscalía pide cinco meses de prisión para tres estudantes por un presunto delito de "desordes públicas" "Tamén lles dixen que á muller-muller normal, a que gosta dos homes-homes, polo xeral non gosta das mulleres. O cal non quere dicir que non se poida dar un exceso, un vicio. Pero igual que o home-home, coma min, non se preocupan en absoluto destas outras desviacións, dos maricóns nin dos pederastas, enténdesme?", afirmaba Neira. No comunicado público as persoas encausadas lembran a agresión homófoba acontecida en Compostela o 5 de febreiro e aseguran que "se queremos transformar a nosa sociedade para que sexa respeitosa cos dereitos sexo-afectivos das persoas temos que pór especial atención na educación". A USC, a denunciante A insitución personouse através da secretaria xeral e dunha docente que fan parte da acusación particular xunto co propio Domingo Neira. Rematada a fase de instrución as tres estudantes acusadas dun presunto delito de desortes públicas por un escracho na USC, agardan que se fixe a data do xuízo. En conversa con Sermos Galiza unha das estudantes, Antía B., sinala que é a propia Universidade de Santiago de Compostela a que se persona como acusación particular através da súa "Secretaría Xeral e a vice-decana", un feito que descoñecían até o momento, igual que a incorporación de Domingo Neira --o profesor denunciado polas súas declaracións homófobas, que tamén se incorpora á causa. Aliás, o auto xudicial que lles foi remitido na quinta feira (11 de febreiro) múdase a acusación inicial, por un presunto delito de "coaccións" para lles atribuír un de "desordes públicas (terrorismo)". "Non entendiamos moi ben a que se referían con isto de terrorismo", sinala Antía B., polo que preguntaron ao funcionariado. "Díxosenos que fora un erro informático" atribuíbel ao "programa" co que se editan estas comunicacións. "Non sabemos se foi intencionado ou non, se querían meternos medo...". Domingo Neira continúa a dar aulas na Facultade de Maxisterio e Ciencias da Educación Para cada unha das tres persoas encausadas a Fiscalía pide cinco meses de prisión. A cuarta estudante que inicialmente fora imputada desaparece da causa pola "imposibilidade de a identificaren", apunta. En troca, dúas das persoas imputadas foron identificadas pola propia universidade e a terceira "através de fotografías", explica. Após case tres anos das denuncias por homofobia ao profesor Domingo Neira e de case un ano do escracho, o daquela profesor de 'Didáctica e profesión docente' continúa a dar aulas na Facultade de Maxisterio e Ciencias da Educación, como puido comprobar Sermos Galiza. Porén, no curso 2015/2016 non imparte a mesma materia senón Deseño, Desenvolvemento e Innovación Curricular; Avaliación de Programas e Dirección, Organización e Xestión de Institucións Educativas. |
NOS_614 | O conxunto coruñés asinou de novo un mal partido ante o Xetafe (1-2) e regresan as críticas ante as evidentes limitacións dun equipo que se mergulla nos postos baixos da táboa. | Lafita, ex-xogador do Dépor, foi o pesadelo que devolveu ao equipo coruñés aos seus peores momentos da tempada e deixou a sensación de que o triunfo ante o Valencia foi un espellismo, que os branquiazuis están condenados a sufrir todo o curso a non ser que dean un cambio de rumbo moi radical, que pasa por non volver á mediocridade amosada ante o Xetafe, que gañou de xeito merecido (1-2) en Riazor. Primeiro Yoda, logo Lafita, foron os goleadores do conxunto madrileño, que se mostrou moi superior a un Dépor no que o experimento de Víctor Fernández de xogar sen un dianteiro puro non funcionou, o conxunto en ningún momento foi capaz de ser superior aos visitantes, nin se amosou fluído no seu xogo en ataque. Só un arrouto de orgullo nos minutos finais provocou que Postiga recortara distancias, pero xa era tarde. E, a espera de que se dispute o resto da xornada, semella claro que o Dépor segue no fondo da táboa, que non sae da crise, que ten mala pinta. |
NOS_20051 | O axente foi indultado en 1998 polo Executivo de Jose María Aznar. | O Ministerio do Interior vén de condecorar varios comisarios da Policía Nacional española coa medalla de prata á orde do mérito policial. En concreto, os comisarios Eloy Quirós, Francisco Javier Migueláñez, Francisco López Canedo, Francisco Rodríguez, José María Moreno Moreno, Manuel Páez e Héctor Moreno recibirán esta distinción, a máxima que poden obter, e pola que se lles incrementa 15% as súas pensións de maneira vitalicia. "A represión en Vigo nas folgas de 1972 foi terríbel" Cando menos un dos nomes espertou polémica. É o caso de Héctor Moreno, condenado por desenvolver deteccións ilegais e torturas durante 1982. Os axentes que participaron con Moreno nestas torturas tamén falsearon os atestados policiais. Condenado en 1994, o Goberno español de José María Aznar indultou o axente de policía en 1998, a pesar de que a xustiza considerara comprobado que Moreno torturou e detivo ilegalmente, cando menos, sete persoas. Soberanistas emendan a Lei de memoria para que se xulgue aos torturadores En 2017, o Executivo de Mariano Raxoi, con Juan Ignacio Zoído como titular de Interior na altura, nomeou este policía xefe da Policía Nacional de Cantabria. Condecoración do actual Goberno O ministro de Interior do actual Goberno español, Fernando Grande-Marlaska, aprobou en setembto 2021 a concesión desta condecoración aos comisarios antes nomeados, entre os que sobresae Héctor Moreno. Illamento forzado nos cárceres, a tortura legalizada e institucionalizada no mundo As demandas presentadas por diferentes sindicatos policiais levaron a que o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo número 11 da Audiencia Nacional anulase esta homenaxe, ao entender que ningún deles cumpría os méritos requiridos para recibir estas medallas de prata. Agora, o Ministerio de Interior, con Grande-Marlaska á cabeza, volveu retomar o procedemento de condecoración destes comisarios xubilados da Policía Nacional española, a pesar dos argumentos esgrimidos pola xustiza contra esta decisión. |
NOS_8919 | O xurado da XVII edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego concedeulle o Premio MICE a Mellor Filme, dotado con 1000 euros e trofeo, A Portrait on the search for happiness, película sobre a minería de diamantes na Africa do Sur que consegue achegar a realidades invisibilizadas na maior parte das veces pero que nos mostran a fraxilidade da condición humana e do Mundo en que vivimos | O filme gañador desta edición está dirixido polo alemán Benjamin Rost,quen agradeceu o recoñecemento ao xurado e ao festival, e asegurou que "o premio é unha honra e unha sorpresa porque a película espertou un interese por un cinema localizado no outro lado do mundo, no sur de África. O Premio MICE a Mellor Filme Galego foi para El último de Arganeo, por ser unha película de personaxe sobre un mozo pastor cun tema moi importante para os tempos actuais, permitindo a visibilización de modelos en período de extinción e creación de referentes identitarios de ligazón a lugares que tenden a ser esquecidos. O deputado de Cultura da Deputación de A Coruña, Xurxo Couto, asistiu ao acto no auditorio do Museo do Pobo e foi o encargado de entregar o premio, dotado con 800 euros e trofeo. A Mención de Honra do Xurado foi para Pedra patria, de Maciá Florit, pola intensidade, porque extrapola un lugar persoal da migración que é un problema universal. Cine diarístico que ademais contén o tema de identidade nacional. O xurado da sección oficial da XVII MICE está fomado pola cinesta Adriana Pérez Villanueva; polo tamén cineasta e artista visual Vicente Vázquez, e por Humberto Martins, doutor en Antropoloxía Social e Antropoloxía Visual en Manchester e profesor na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). Premio AGANTRO O Premio AGANTRO á Excelencia Antropolóxica recaeu no filme francés Pour Votre Confort Et Votre Sécurité, de Frédéric Mainçon. Pola investigación etnográfica acerca da invisibilidade e do estereotipo das persoas racializadas nas sociedades europeas; polo uso da cámara como dispositivo para salientar a inmobilidade e o desgaste de quen vixía as salas dun museo. A Mención de Honra do xurado AGANTRO foi para Room Without a View, da cineasta catalá Roser Corella, polo tema, pola historia arredor de formas de escravismo moderno e de violencia contra as mulleres en nome da 'cultura'. O Premio CREA, que outorga a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización foi para a película Paraíso, por ser un filme que mostra unha relacion sensorial e emotiva das persoas co seu lugar (La Kave), que rexeitan unha visión produtivista do bosque. O Premio do Público foi para Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro. A súa película reconstrúe a vida de Vilagarcía de Arousa e dos seus habitantes a través de vellas películas que gardaba a veciñanza e que doaron á asociación O Faiado da Memoria. |
NOS_55928 | Nun encontro mantido coa Mesa, Rebeca Domínguez empregou o galego, mais dixo non entender os reproches após a súa primeira comparecencia pública. Carlos Callón, que valorou esta reflexión como "un mal sinal", trasladou o desconcento do colectivo cos "retrocesos" que o Concello compostelán está a dar na defensa da lingua | A concelleira de Normalización Lingüística de Compostela, Rebeca Domínguez, manifestou a súa sorpresa polas críticas recibidas despois da súa primeira compatecencia pública neste cargo, feita en español. Nunha xuntanza mantida esta quinta feira co presidente da Mesa, Carlos Callón, Domínguez falou en galego "mais manifestou o seu desconcerto" polos reproches, unha reflexión que "non é moi bo sinal" a xuízo de Callón. "O que lles pasa aos membros da corporación municipal non é que non saben falar galego, é que non queren", explicou, logo de dar conta da aptitude da concelleira de Normalización para desenvolver unha conversa na lingua propia do País. O feito de que non o empreguen nas súas intervencións públicas "é unha actitude de desprezo cara a lingua". Sobre este e outros "retrocesos" na actitude do Consello de Santiago de cara ao idioma falaron Dominguez e Callón no encontro mantido en Raxoi, onde o presidente da Mesa lembrou que a capital da Galiza fora noutrora "un exemplo do bo facer" na promoción do galego para situarse, a día de hoxe, na beira oposta. Así as cousas, desaprobou o emprego do español na publicidade institucional ou nos formularios, para alén de que @s representantes públic@s "se neguen a usar a lingua propia". Rebeca Domínguez "pediu desculpas" por non ter comunicado persoalmente a decisión do Concello de rescindir o apoio "simbólico" de 1.000 euros que A Mesa viña recibindo cada ano "desde 1990", mais non deu unha explicación para tal proceder. Tampouco houbo resposta para o acontecido co Correlingua, cando o rexedor compostelán, Ángel Currás, negou o apoio do consistorio se non se 'retocaba' o manifesto escolar, "un documento do que el non gostaba". Por conseguinte, máis unha vez Callón reclamou unha xuntanza co alcalde, "porque foi el persoalmente quen decidiu retirar o apoio económico" á actividade social que procura o fomento do idioma. |
NOS_13475 | Fixo campaña por Bernie Sanders, mais tamén mantivo conversas con Trump para se incorporar a súa Administración. Congresista por Hawai, rexistou en decembro unha lei para que os EUA deixen de armar grupos terroristas de orientación jihadista. Este xaneiro viaxou a Siria, onde se entrevistou con Assad e representantes da oposición. | Recén re-eleita congresista, Tulsi Gabbard rexistou o 8 de decembro a Stop Arming Terrorists Act, unha iniciativa lexislativa visando que os EUA deixen de apoiar directa ou indirectamente organizacións jihadistas como Al-Qaeda ou o Daesh, "directamente fornecéndolles armas, treino e apoio loxístico, e indirectamente através de Arabia Saudita, os Estados do Golfo Pérsico e Turquía". Para coñecer sobre o terreno a situación, Gabbard realizou este mes de xaneiro unha visita a Siria e ao Líbano. Alí mantivo contactos "con persoas refuxiadas, líderes opositores que lideraron os protestos en 2011, viúvas e membros de familias de sirios que pelexaron acarón de grupos como Al-Qaeda, ben como xente que pelexou acarón do goberno". A axenda incluíu tamén encontros ao máis alto nível, co primeiro ministro libanés e, a iniciativa deste, co presidente de Siria, Bashar al-Assad. A conclusión da viaxe, afirma Gabbard no seu web, é que "a nosa contraproducente guerra" contra o "réxime" de Assad "non serve nen aos intereses de América nen certamente aos intereses do pobo sirio". "Ao tempo que visitaba xente ao longo e ancho do país e escoitaba arrepiantes historias sobre como a guerra devastara as súas vidas, con frecuencia se me facía a pergunta de por que os EUA e os seu aliados estaban a axudar a Al-Qaeda e outros grupos terroristas no seu intento de se apoderar de Siria. Dicíanme: Siria non atacou os EUA, Al-Qaeda si. E eu non tiña respostas para estas perguntas", relata a congresista. "Os EUA deben deixar de apoiar terroristas que están a destruír Siria e a súa xente" Gabbard chama a "pór fin a nosa guerra contra o goberno sirio" e a "focar a nosa atención na derrota de Al-Qaeda e o ISIS". "Os EUA deben deixar de apoiar terroristas que están a destruír Siria e a súa xente", proclama con vehemencia. "Desde Iraq a Libia, e agora en Siria, os EUA promoveron guerras contra os réximes deses países, e todas elas resultaron nun inimaxinábel sofremento, en masivas perdas de vidas humanas e no fortalecimento de grupos como Al-Qaeda e o ISIS", alega a política progresista. E sobre o seu encontro con Assad, afirmou: "En primeira instancia, eu non tiña intención de me encontrar con el, mais cando xurdiu a oportunidade, sentín que era importante aproveitala. Penso que debemos estar prontos a nos entrevistar con calquera persoa se iso significa unha oportunidade para achegarnos ao fin dunha guerra que está a causar ao pobo de Siria tanto sofremento". A Stop Arming Terrorists Act foi rexistada por Gabbard co apoio doutros congresistas demócratas e polo Progressive Democrats of America, organización que nuclea activistas da ala máis esquerda do partido. Embora militar no sector máis progresista dos demócratas, Gabbard non tivo reparos en se entrevistar na Trump Tower co magnate cando o xa presidente procuraba persoas para incorporar á súa administración. En declaracións á imprensa, Gabbard xustificou o encontro co argumento de que Trump a chamara para coñecer as súas impresións sobre a situación en Siria e sobre o combate contra o terrorismo jihadista. Trump ten realizado declaracións no sentido de que os EUA deben achegarse a Rusia (e, portanto, a al-Assad) no seu combate contra o Daesh. Tulsi Gabbard é de orixe samoana (da Samoa baixo xurisdición norteamericana) e profesa o hinduísmo: é a primeira persoa integrante do Congreso dos EUA en toda a súa historia adepta a esa relixión. |
NOS_36006 | A Rede galega contra a pobreza leva tempo advertíndoo: nove de cada dez persoas viven en risco de pobreza. Na Galiza, garantir o acceso á terra é condición fulcral para deixarmos de vivir da caridade da agroindustria | "Na Galiza a pobreza ten máis a ver coa imposibilidade de pagar as subministracións que coa fame, porque estamos a vivir dos excedentes da agroindustria. Canto tempo aguantaremos así? Non o sei". Clara Raposo vive nunha aldea de Lugo e é socia da cooperativa A cova da terra. Voz recoñecíbel na defensa da soberanía alimentar —pulando polo sector primario da agricultura, a gandeiría e a pesca—, subliña que o camiño trazado co PP ao volante da Xunta deriva cara a unha situación en que até este dereito á autosuficiencia alimentar ficará contaminado, potenciando, "como xa se fixo", a plantación de eucaliptais ou abrindo para as madeireiras as cancelas do noso monte. Para falarmos das dificultades no acceso aos alimentos non cómpre pensarmos nunha comunidade indíxena de calquera país empobrecido alén mar. Ter que levar á boca é sinónimo de ter acceso á terra e, na Galiza, tal condición non está garantida. Banco de terras: pór o ermo a producirA pesar das agresións que na consellaría de Quintana se practicaron neste trienio, todos os programas electorais contemplan o compromiso de lle devolver a vida ao rural. Tamén o do PP. Di a formación conservadora que traballará para "diminuír as diferencias entre os prezos en orixe e os prezos en consumo", mais nada din de como o farán. Xustamente ao redor dos prezos xira o conflito leiteiro: Galiza posúe o 50% das explotacións do estado e produce o 40% do leite, mais ten os prezos máis baixos. @s gandeir@s 'agradécenllo' a Feijóo e á filosofía aplicada nada máis pór un pé na Xunta: pechar as pequenas explotacións para que as grandes fosen rendíbeis e botar abaixo o banco de terras, unha ferramenta posta en marcha entre 2005 e 2009 —co BNG á fronte de Medio rural— que garantía que calquera puidese arrendar unha terra e que agora propoñen recuperar tanto o propio BNG como o PSOE. Clara Raposo inclúese a si propia no grupo de persoas que viven no rural e non son labregas porque non teñen acceso a unha leira. "Quen se quere incorporar ao rural, ou quen marchou noutrora e volve agora, só pode acceder á terra por compra. Porén, a especulación fixo subir os prezos a niveis privativos, a prezo de mercado", explica, e arremete contra unhas políticas "que o que facían era inxectar cartos para que a xente marchase do rural". Neste punto, lembra unha anécdota: a construción do corredor de Nadela a Monforte. "A vía rápida tivo moito bombo e volve telo agora, en plena campaña, apurando a inauguración dun novo tramo co obxectivo de captar o voto urbano". Fronte a isto, cortáronse comunicacións en poboacións xa asentadas e que vivían do agro, obrigándoas, para chegaren ás súas casas, a daren a volta por unha estrada "chea de fochancas e tan estreita que case non dá pasado o camión do leite". A infraestrutura, responsabilidade do PP, "tamén supón un ataque á soberanía alimentar, ao pór en risco unha zona produtiva onde a reposición xeracional estaba garantida", recalca Raposo. Asentar a poboación no ruralCal é a relación que existe entre a soberanía alimentar da Galiza e a fame? Gozar deste dereito reduce a dependencia que as familias teñen dos (super)mercados e, por tanto, os índices de pobreza. Aliás, marca a diferenza coa seguridade alimentar: ter que comer fronte a comer alimentos de calidade e saudábeis. "É paradoxal que a obesidade afecte especialmente á poboación con menos recursos", di a socia da Cova da terra. Para alén do empeño en traballar polo rural do BNG, tamén AGE e CxG levaron aos seus programas electorais medidas para pular por esta forma de vida. Entrementres Compromiso falou dun "impulso decidido ás cadeas curtas de produción", Alternativa contemplou outro impulso: "á ordenación do territorio e á fixación de poboación". Clara Raposo quere deixar claro que "a poboación non asenta cun curso. Asenta con políticas de empoderamento, de prezos, medidas que lles fagan entender ás e aos labreg@s que o seu traballo se valora, que realmente importa". E conta outra anécdota: "Coñezo un mozo que deixou o emprego e veu para o rural. En dous mil metros cadrados puxo horta. Valorou o resultado e concluíu que non pagaba a pena, que gañaba máis na cidade e con moito menos esforzo". Cantos de serea que trouxeron débedasHoxe en día unha cousa é clara: no rural galego non se pasa fame. Mais igual de claro é o paradoxo de que a uns quilómetros, nunha mesa de calquera familia da cidade, os alimentos veñan da outra punta do Atlántico. "Tamén na mesa dos labregos hai moito alimento de fóra, e hai quen vende o que produce, o leite, e compra bricks porque para o neto o da vaca é moi forte. Se queres saber como será o país mañá só tes que observar a xente moza". Quéixase Raposo da "destrución do padal, do gusto polo da casa". Os datos da Rede galega contra a pobreza sinalan que nove de cada dez persoas vive en risco de ser pobre. Quen depende dun banco de alimentos non poderá pagar os recibos de luz ou de auga, mais ten tamén o acceso a comida saudábel como un privilexio imposíbel. "Hai conciencia sobre os transxénicos. Para min son máis perigosos outros produtos como ese leite desnatado ao que se lle inxecta o calcio nun laboratorio". Di Clara Raposo que "todo isto do que falamos é a esencia da Galiza", e rexeita o afán por desprestixiar o que é noso. "Pasou o mesmo coa nosa lingua".NOTA: esta información foi publicada no semanario nº20 de Sermos Galiza |
NOS_8235 | O sindicato entende que "existen responsabilidades no sucedido tanto por parte da empresa Tragsatec como por parte da Xunta". | CIG presentou unha denuncia na Inspección de Traballo pola morte en accidente laboral dun veterinario da empresa Tragsatec o pasado día 28 de Maio nas Nogais, concello da comarca dos Ancares. Con esta denuncia, explica o sindicato, "e a traves dos dados aportados na mesma", espera que se axude a esclarecer o accidente laboral, e a comprobar "as deficiencias no referente a materia de seguridade e saúde laboral co que o persoal do saneamento gandeiro traballa, e a depurar as responsabilidades correspondentes". Mais alá do propio accidente, desde a CIG entenden que a perda deste veterinario ten que servir "para que se produza un cambio substancial nas condicións de traballo do persoal veterinario que realiza as campañas do saneamento gandeiro". "Estamos a falar neste caso dun servizo público e dunha empresa pública, que están a priorizar criterios de rendibilidade económica fronte ao criterio de seguridade do persoal veterinario que realiza as funcións". O sindicato entende que "existen responsabilidades no sucedido tanto por parte da empresa Tragsatec como por parte da Xunta", e anuncia unha campaña para exixir melloras de seguridade para o persoal que realiza as campañas do saneamento gandeiro. Así, o vindeiro 25 de xuño convoca unha concentración diante da sede da empresa Tragsatec en Lugo e o 2 de Xullo unha diante do Edificio da Xunta na cidade lucense . |
NOS_31927 | Urkullu considera que son posíbeis "entendementos" coa esquerda abertzale e descartou un goberno en Euskadi co PSOE, así como dixo non sentir ningún "medo" por Podemos. O Goberno vasco proponlle un "desarme rápido" a ETA, que segue inutilizando as súas armas, segundo mediadores internacionais. | O lehendakari, Iñigo Urkullu, sinalou que aspira a que poida darse pola parte do PNV un escenario de "entendementos coa esquerda abertzale para a construción dunha comunidade, unha nación ou un pobo", pero "partindo de que primeiro hai que construír unha sociedade". Así mesmo, o presidente de Euskadi subliñou que non está na hipótese dun goberno de coalición co PSOE. Nunha entrevista concedida ao diario El Correo, o dirixente vasco valora que en Euskadi non hai unha corrupción "institucionalizada nin xeneralizada" e remarca que "a sociedade vasca ten unha cultura modélica e uns valores de rigor, esforzo, sacrificio e de intentar facer as cousas ben". Así mesmo, Urkullu recoñece que prefire na Moncloa a un partido "que non teña maioría absoluta" e manifesta non ter ningún medo a Podemos. Após defender que é máis fácil chegar a acordos con quen entende un modelo de sociedade determinado e "un grado de responsabilidade institucional" que con quen teñen un criterio "absolutamente dispar sobre o modelo político, económico e institucional", así, Urkullu afirmou que aspira a que poida haber "entendementos coa esquerda abertzale [na actualidade representada pola coalición Bildu] para a construción dunha comunidade, unha nación ou un pobo". "Pero partindo de que primeiro hai que construír sociedade, sentar as bases dunha sociedade que é moi plural, moi heteroxénea. Hai que fixar prioridades e nesas prioridades a esquerda abertzale ten aínda moitas tarefas por facer", considera, á vez que dixo ver lonxe a opción dun acordo de goberno co PSE-PSOE. Por outra parte, o Goberno vasco propóñelle a ETA "un desarme rápido" unha vez que verifidadores internacionais afirmasen que a banda armada segue inutilizando o seu arseal. |
NOS_10334 | O TSXG condena o Goberno galego por negar expedientes | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de declarar ilegal unha resolución da Consellaría de Medio Rural que impide acceder a información sobre diversas plantacións ilegais de eucaliptos no concello de Cospeito. O auto obriga a Xunta a facilitar á Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) a documentación recollida en dous expedientes de sanción incoados por corta de árbores autóctonas e posterior plantación ilegal con eucaliptos. A resolución apunta á responsabilidade da xefa territorial da Consellaría de Medio Rural en Lugo e alcaldesa do PP en Triacastela, Olga Iglesias. A resolución do TSXG estabelece a lexitimidade das entidades ecoloxistas para poder participar como parte interesada en todos os expedientes de sanción por plantacións ilegais e "feitos que comprometan directa ou indirectamente o medio". Segundo sinala a resolución xudicial, a denegación de información por parte de Medio Rural furta o dereito de "impugnar ou replicar a decisión da administración nos procedementos de sanción, que podería ser contraria á protección do medio ambiente". Na mesma liña, Adega lembra que o auto "pon de manifesto a concepción sesgada e cativa de información ambiental da Xunta", que limita este dereito a supostos moi concretos. Adega destaca que a sentenza desmonta varios dos argumentos empregados pola Xunta da Galiza e abre a porta a un maior control das plantacións ilegais polos colectivos ecoloxistas. Neste sentido, a entidade sinala que "Medio Rural chega a asegurar que debe prevalecer o interese do infractor fronte ao dereito do colectivo á información ambiental", aspecto "criticado contundentemente polo tribunal", que afirma que "non hai interese que poida primar máis que a protección do referido ben xurídico que é o medio ambiente". A alcaldesa do PP de Triacastela no albo O auto xudicial sinala directamente a xefa territorial da Consellaría de Medio Rural en Lugo e alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias. Segundo Adega, "a opacidade da xefatura territorial da Consellaría de Medio Rural en Lugo con respecto á tramitación das denuncias por cortas de arboredo autóctono e plantacións ilegais con eucalipto fíxose especialmente patente desde o nomeamento de Olga Iglesias Fontal como xefa territorial en 2017". Neste sentido, indican que "desde entón, este departamento aplica a Adega por defecto o silencio administrativo diante de calquera solicitude expresa de información en expedientes administrativos relativos a infraccións por cortas ou plantacións ilegais". |
PRAZA_2206 | Segundo os datos do INE, publicados esta semana, amosan que o 71,9% dos galegos e galegas empregan Internet, case sete puntos por debaixo da media española. Na última década a fenda de uso entre Galicia e os territorios máis conectados no Estado apenas se reduciu. | O uso novas tecnoloxías e as redes esténdense por Galicia, en todos os ámbitos e grupos de idade, pero o crecemento segue a ser insuficiente para situarnos ao mesmo nivel que outras comunidades. Galicia é o territorio do Estado cunha menor porcentaxe de internautas, segundo revelan os datos publicados esta semana polo INE na súa Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares. Segundo este estudo, o 71,9% dos galegos e galegas empregan Internet algunha vez cada tres meses, crecendo 2.6 puntos con respecto aos datos de 2014 (69,3%), unha evolución que sitúa Galicia por detrás de Estremadura (72,6%), Andalucía (74,1%) ou Castela-A Mancha (74,3%). Galicia está lonxe da media española (78,7%), unha fenda de case sete puntos que practicamente non variou na última decada Galicia está, ademais, lonxe da media española (78,7%), unha fenda de case sete puntos que practicamente non variou na última decada. En 2006 a porcentaxe de usuarios e usuarias de Internet situábase en Galicia no 42,1%, fronte áo 47,3% do conxunto do Estado, unha diferenza de cinco puntos. A fenda chegou a ser de 11 puntos en 2010 (52,5% fronte a 63,5%), aínda que no 2012 volvera caer ata os seis puntos (63,5 fronte a 69,5%). Dende entón, permanece estable. Non hai tanta diferenza en canto aos equipamentos. En Galicia o 75,6% das vivendas teñen acceso a Internet, fronte a unha media do 78,7% no conxunto do Estado. O dato galego, de feito, é superior ao de Estremadura, A Rioxa, Comunidade Valenciana ou Castela-A Mancha. O mesmo sucede coa proporción de vivendas con conexión de banda larga: 75,2% en Galicia e 77,8% no conxunto do Estado. A porcentaxe de fogares conectados aumentou seis puntos no último ano en Galicia (dende o 69,6%), nunha tendencia de rápido crecemento (no ano 2010 era do 48,3%). Os datos son coincidentes cos do recente estudo publicado polo Observatorio da Sociedade da Información de AMTEGA. Entre 2010 e 2014 aumentaron un 51% os fogares galegos con Internet de banda larga, ata acadar unha porcentaxe do 70,3%. Non hai tanta diferenza en canto aos equipamentos. En Galicia o 75,6% das vivendas teñen acceso a Internet, fronte a unha media do 78,7% no conxunto do Estado A fenda de usos tamén é máis estreita no referente ao comercio electrónico. O 29,7% dos galegos e galegas afirmaron realizar algunha compra a través da rede, unha porcentaxe lixeiramente inferior á media española (32,1%). Galicia mellora os datos de Murcia, Canarias ou Andalucía. Plan Banda Larga 2020 Precisamente este xoves o Consello da Xunta aprobou o Plan de Banda Larga de Galicia 2020, co que o Goberno galego asume os compromisos de dar cobertura de banda larga de cando menos 30 megas para a práctica totalidade da poboación, así como servizos de banda larga por riba dos 100 megas para os núcleos de poboación de máis de 500 habitantes, para o 60% dos galegos. O plan prevé destinar ao redor de 100 millóns de euros para promover o acceso á banda larga de alta velocidade, garantir un entorno favorable para axilizar a extensión de infraestruturas e favorecer a demanda de servizos de banda larga. En canto a este obxectivo, a Xunta propón estimular a demanda de servizos de banda larga incrementando así o número de usuarios conectados á Rede. Impartiranse cursos formativos específicos para aumentar a capacitación dixital da cidadanía e empresas e, á súa vez, haberá outras actuacións de sensibilización e difusión sobre a utilidade dos servizos de banda larga. |
PRAZA_20008 | Os traballadores insisten en denunciar graves atrasos na atención das emerxencias por erros no novo sistema informático tras o traslado da súa sede á Estrada, polo que piden compensacións nuns salarios duns 1.000 euros á empresa de telemárketing á que a Xunta paga 3,24 millóns de euros ao ano | Case un mes despois do inicio da folga, o conflito no 112 non remata. O contestado traslado dos traballadores ao novo centro da Estrada sen compensación económica ningunha e o deficiente funcionamento do novo sistema informático para atender as chamadas son as queixas fundamentais dun cadro de persoal que advirte de "graves demoras" na atención das urxencias desde hai semanas. Estas denuncias veñen de ser ratificadas por diferentes colectivos profesionais de técnicos sanitarios, ambulancias ou bombeiros, que alertan das importantes consecuencias dos atrasos á hora de atender casos como o naufraxio do Nuevo Marcos, onde alertan de dez minutos de tardanza. Mentres a Xunta cingue todo a un "conflito laboral" e sinala o paro como única causa posible dos problemas que nega, os operarios insisten na "situación caótica" que sofren e que se traslada á atención das emerxencias en toda Galicia, xestionada a través dunha empresa privada de telemárketing. O 112 alerta de graves atrasos na atención de emerxencias, como o de dez minutos na do naufraxio do 'Nuevo Marcos', que ratifican outros colectivos As diferentes asociacións profesionais vinculadas ás emerxencias puxeron varios casos como exemplos da gravidade das consecuencias dos atrasos: o dun infartado que non deu contactado nin co 112 nin co 061 e foi trasladado por particulares a un hospital, un accidente cun tractor en Entrimo para o que non se puideron mobilizar medios ante o bloqueo do sistema informático, un home atrapado por un incendio en Vigo que acabou por chamar directamente aos bombeiros logo de minutos de espera ou o devandito naufraxio na ría de Pontevedra. No caso deste último accidente, Isabel Moares, presidenta do comité de empresa do 112, insiste en que o problema veu ao non facilitar o sistema o teléfono do helicóptero Pesca 1 que solicitaba Salvamento Marítimo. Perdéronse dez minutos ata que se puido avisar a través dos gardacostas. A Xunta negouno nun comunicado no que incluía un relato cronolóxico dos feitos nos que, segundo lembran os traballadores, omitíronse os momentos dos erros dos que alertaban. Ante esta grave denuncia, o grupo parlamentario de En Marea solicitou xa ao Executivo que se entreguen as gravacións das transmisións de urxencia no naufraxio para comprobar se o proceso seguido por urxencias foi o "correcto". Un sistema informático menos eficiente Pero, como funcionaba ese sistema informático de emerxencias e como funciona o implantado tras o traslado á Estrada? Antes da mudanza, os operadores recollían todos os datos da emerxencia e ían escribíndoos (contacto, lugar, suceso...). O mesmo programa ía facilitando automaticamente os recursos recomendados segundo a emerxencia e o lugar -os medios axeitados e máis próximos e o seu teléfono- e despregábase un número ao que se chamaba cun simple dobre click. "O tempo medio para atender unha emerxencia sanitaria normal era de trinta segundos e agora tardamos minutos", explica Isabel Moares. Os traballadores denuncian un sistema informático pouco eficiente que demora o tempo de atención das emerxencias Segundo denuncian os operarios, hai datos aínda sen envorcar desde o antigo programa, teléfonos que non aparecen e a formación que recibiron os traballadores foi "defectuosa" ao facerse sobre un sistema que non funcionaba e con pouco tempo. Mesmo houbo casos nos que se tivo que tirar de carpetas e axendas físicas para buscar un número. Pero hai máis problemas: a nova plataforma está deseñada para unha futura integración que aínda non chegou "pero non para o 112", ralentízase a resposta ao ser un método moito menos visual e directo na pantalla e o descolgue da chamada "non é automático, senón que tarda varios segundos". "Os tempos de xestión das emerxencias aumentaron", denuncian bombeiros, técnicos de ambulancias ou o 061. Alén disto, o colapso provoca que haxa moitas chamadas agardando á vez, pero tamén ocorre que outras "nin tan sequera chegan a entrar e non se sabe por que". Ante esta situación, profesionais das emerxencias chegaron a recomendar evitar chamar ao 112 polos problemas para contactar. Así o fixeron os Bombeiros do Deza nunha mensaxe en Facebook: "Debido ás dificultades que estamos tendo nos últimos días para contactar coa Central de Atención de Emerxencias 112 Galicia, lembramos a tod@s os nosos veciñ@s que se precisan dos nosos servizos, poden contactar con nós no 986 58 14 00". Malia as advertencias dos traballadores, que pediron que se aprazase o traslado á Estrada ata que se comprobase o correcto funcionamento da nova plataforma, a Xunta seguiu adiante e agora culpa dos posibles problemas á folga e a ausencia do persoal. "Veñen faltando dúas persoas de media por cada quenda, pero se estiveramos todos, o sistema aínda se colapsaría máis porque o programa non dá feito", explica Moares, que sinala o sistema informático como a causa dos atrasos e non un paro que ten uns servizos mínimos de entre o 80% e o 60%. Visita de Alfonso Rueda e Santiago Villanueva ao novo centro da Estrada / Xunta Mileuristas nunha subcontrata Coa folga denuncian tamén o seu desacordo co traslado e, sobre todo, a falta de compensacións por parte da empresa ante unha perda de salario real dun 14% para os traballadores, obrigados a facer uns 60 quilómetros ao día na súa maioría. A firma que xestiona o 112, Telemarkt, vén de emitir un comunicado no que pide que interveña o Consello Galego de Relacións Laborais ante a negativa dos operarios a aceptar a súa última oferta. Quince días despois de comezar o paro, ofreceulles 58.000 euros a repartir entre todos os empregados para compensar o cambio de ubicación e as viaxes, ademais de transporte gratuíto desde Compostela que, segundo o comité, non cobre todas as quendas. "Está moi lonxe do que pedimos e cremos que debe ser a Xunta quen ten que solucionar isto porque estamos falando dunha empresa privada pero que se encarga de xestionar un traballo fundamental nas emerxencias e cun algo grao de responsabilidade", di Moares. A Xunta paga 3,24 millóns de euros á empresa de telemárketing que se encarga de xestionar o 112 A empresa de telemárketing que xestiona o 112 -nunca antes se dedicara ás emerxencias- percibe anualmente por ese servizo 3,24 millóns da Xunta de Galicia, case a metade do orzamento total da Axencia de Emerxencias de Galicia. Hai entre 80 e 90 empregados -contando estrutura e informáticos- e rexe o precario convenio do sector do contact center, aínda que levemente mellorado pola relevanca do seu labor. A firma preocúpase fundamentalmente de asegurar que se cumpra co número esixido de operadores en cada xornada: sete pola mañá, nove pola tarde e seis pola noite. "Do resto encárgase a Xunta", din desde o comité. E paga soldos de aproximadamente 1.000 euros netos ao mes, con conratacións, nalgúns casos, de persoal por días. Son unhas condicións precarias semellantes ás de calquera centro de chamadas pero para quen debe atender as de calquera tipo de emerxencia en Galicia e mobilizar os medios axeitados para ocuparse dela o máis axiña posible, coa evidente situación de "estrés" e "ansiedade" que en moitos casos denuncia o comité. "Con todos os respectos para calquera teleoperador, non é o mesmo atender unha chamada que intentar que alguén non se suicide ou estar pendente de poñer todos os recursos nun accidente", explican. Os operarios do 112 teñen uns salarios de arredor de 1.000 euros netos e melloran en pouco o convenio de 'contact center' "Supoñemos que á Administración lle interesa a calidade do servizo, pero o que lle interesa á empresa é gañar cartos", engade Moares. Ademais, desde os diferentes colectivos de emerxencias que denuncian a situación lembran que o 112 "é o primeiro elo na cadea" dun sistema de emerxencias "caduco e erróneo" e cun mapa territorializado "que non responde a criterios de equidade ou proximidade, senón políticos". E advírteno, recalcan, ao pouco de cumprirse o aniversario do incendio en Fandicosta, tras o que as denuncias de "descontrol" na xestión foron masivas. "Desde a negación da realidade non hai posibilidade de mellora e quen o paga é a cidadanía", rematan. |
PRAZA_4455 | O BOE recolleu este xoves o estudo informativo definitivo do acceso ferroviario ao peirao, confirmando a escolla da vía sur, que inclúe unha ponte por riba da Enseada da Malata que impedirá o acceso e saída de embarcacións, a súa limpeza e rexeneración e o regreso da actividade marisqueira | O BOE recolleu este xoves o estudo informativo definitivo do acceso ferroviario ao peirao, confirmando a escolla da vía sur, como xa se propuxera na Declaración de Impacto Ambiental de hai nove meses. Esta solución inclúe unha ponte por riba da Enseada da Malata que impedirá o acceso e saída de embarcacións, a súa limpeza e rexeneración e o regreso da actividade marisqueira. Fomento comprométese a ter en conta as recomendacións propostas na Declaración de Impacto Ambiental, por exemplo sinalando que as actuacións máis molestas para a fauna se planificarán "fóra dos períodos de reprodución, cría e calquera outro período sensible das especies presentes". E, sobre todo, que se seguirá a premisa de mínima afectaión ao leito da enseada a través da "minimización do número de apoios no cauce e mínima intrusión visual", reducindo a cinco o número de piares. Porén, non parece que estas cautelas vaian evitar as críticas e a oposición dun amplo número de colectivos sociais da comarca (dende grupos ecoloxistas, partidos -AGE, BNG, PSOE, Independentes por Ferrol-, sindicatos ou mariscadores) que dende o inicio do proxecto manifestaron o seu rexeitamento á alternativa sur, apostando polos trazados centro e, sobre todo, norte, lixeiramente máis longos, pero menos invasivos para o medio e para determinadas actividades produtivas. A enseada da Malata Este viaducto de 285 metros impedirá o acceso e saída de embarcacións, condenando a enseada á inactividade, impedindo a súa limpeza e rexeneración e o regreso da actividade marisqueira O trazado sur inclúe unha ponte por riba da Enseada da Malata, un espazo de 1,2 millóns de metros cadrados que nas últimas décadas veu sufrindo sucesivos recheos e unha crecente contaminación. Este viaducto de 285 metros impedirá o acceso e saída de embarcacións, condenando a enseada á inactividade, impedindo a súa limpeza e rexeneración e o regreso da actividade marisqueira. A enseada que forman A Graña, A Malata e A Cabana é das poucas zonas polas que a cidade de Ferrol ten unha saída directa ao mar. A pesar de estar rodeada pola ría, murallas e verxas da autoridade portuaria, da armada ou de Bazán, impiden esa saída directa. Nos anos 50 a enseada perdeu parte da súa superficie, polas obras de construción dun ferrocarril cara á base militar da Graña, que finalmente non se realizou. Máis tarde, o peirao carboeiro pechou en parte a entrada da enseada, aínda que nun comezo o acceso realizábase a través dunha ponte que permitía a entrada e saída de mareas. A enseada funciona actualmente como un viveiro natural de cría de bivalvos dela sae toda a larva de bivalvo que despois se cría no resto da ría. Cunha depuradora, recuperaría a produción de 4000 quilos diarios. Os colectivos contrarios ao trazado destacan a "diversidade biolóxica da enseada", sinalando que unha vez construída a ponte, o proceso de degradación irá en aumento, o que fará case inevitable un recheo definitivo que comerá por completo esta parte da Ría de Ferrol. Xandro García, de ADEGA, destacaba hai meses, nun dos varios actos de protesta convocados, o alto valor ecolóxico e produtivo que ten aínda a ría, malia a falta de funcionamento da depuradora e aos lodos acumulados nela. E concluíu que a construción do trazado sur suporía matar a Enseada da Malata, que vén ser unha "ría dentro da propia ría". Nas últimas eleccións municipais o actual alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, segundo lembran estes grupos, "adquiriu o compromiso de defender a alternativa norte e as alegacións que fixo a estudo informativo o propio Concello de Ferrol" |
NOS_6092 | As obras para sanear o estuario da comarca coruñesa contan cun orzamento de 48,5 millóns de euros. A Xunta xa suspendeu a actividade na zona hai algunhas semanas. | O Goberno do Estado español vén de sacar a concurso o dragado da ría do Burgo, unha obra demandada por anos tanto polos concellos da comarca coruñesa como polo sector do marisqueo e a sociedade civil. Segundo transcendeu, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) as actuacións de saneamento contarán cun orzamento de 48,5 millóns de euros. Os traballos, con bastante recorrido e actuacións técnicas de certa complexidade, servirán para retirar os lodos que veñen reducindo a produtividade marisqueira do estuario e diminuíndo a calidade das augas desde hai anos. Estes afectarán a catro concellos, pois o espazo natural é compartido pola Coruña, Culleredo, Cambre e Oleiros. No total, extraeran 583.000 metros cúbicos da zona interior do Burgo, na que xa non hai actividade desde a suspensión por parte da Xunta hai unhas semanas. O Ministerio informou de que arredor da metade dos lodos serán "trasladados baixo estrito control ambiental ao punto de vertedura". O resto, curiosamente, serán aproveitados para crear espazos verdes e paseos nas dúas marxes da ría. Unha vez se adxudiquen as tarefas, que mesmo foron ordenadas pola Comisión Europea, prepararase todo para que a presenza da maquinaria pesada e as e os operarios non afecten aos hábitats da zona, como as marismas de Culleredo. O Estado comprométese a que haxa un seguimento das obras e os resultados durante dez anos. Mais ao principio xa se retirarán as especies marisqueiras até que rematen os traballos. A flora acuática será transplantada, agás as especies invasoras, que serán eliminadas. |
NOS_40004 | Fruga lembra que nas principais rexións lácteas de Europa hai potentes industrias lácteas de base cooperativa, algo do que Galiza carece. | Galiza ocupa o noveno posto entre as rexións produtoras de leite da Unión Europea. Os gandeiros galegos perceben 5 céntimos menos por litro que a media das principais zonas produtoras. E, ademais, entre 2 e 3 céntimos menos que a media que se paga no estado español, onde ningún territorio ten o peso leiteiro que ten Galiza. "Sendo unha potencia produtora, Galiza non pode quedar á marxe do novo contexto que vai regular a produción e comercialización de leite no futuro", advirten desde a Federación Rural Galega (Fruga). Neste sentido, a organización indica que todas as rexións lácteas da UE teñen unha industria láctea de base cooperativa. O que ten entre os seus efectos "conseguir importantes beneficios para os produtores e produtoras de leite destes lugares". Porén, prosegue a Fruga, en Galiza observamos como a industria láctea de base cooperativa "ten unha escasa capacidade de transformación e comercialización no sector leiteiro galego, concretamente a principal industria galega nestes intres é Lactalís, un grupo francés que recolle a maior parte do leite galego". Hai unha relación directa entre carecer "dunha industria propia, cos pes e o corazón na nosa terra" e os baixos prezos que se paga aos gandeiros, reflexiona. Un dato significativo desta situación é que máis dun 30 por cento do leite producido na Galiza sae sen ningún tipo de transformación. "Nos últimos días, estamos a asistir a varios casos de fusión entre cooperativas, algo que dende Fruga nos parece positivo, pero dende logo, non chega con simples fusións, senón que a maiores o sector lácteo galego, ten que dispor de importantes industrias lácteas de base cooperativa capaces de comercializar a maior parte do leite que se produce no país". |
NOS_33378 | Lembrará 17 rexedores da provincia e o presidente da propia institución provincial paseados e fusilados após o levantamento fascista. | Após 80 anos do golpe militar continúan a retirárselle, aínda hoxe, os títulos honoríficos ao xeneral fascista que liderou o levantamento contra a II República e se proclamou xefe de estado nunha ditadura que se prolongaría durante catro décadas (1939-1975), Francisco Franco. Coincidindo co cabodano do golpe de estado de 1936, a Deputación de Pontevedra e máis a da Coruña iniciaron a retirada dos recoñecementos acumulados polo ditador nestas institucións, un proceso que desde a aprobación en 2008 da Lei para a Recuperación da Memoria Histórica, foi desenvolvéndose, ora ben, aos poucos. Con anterioridade a Deputación Provincial de Lugo en 2012 xa fixera o propio con Franco --nomeado presidente de honra da institución en 1944-- e coa Falange, á que lle fora concedida a Medalla de Ouro para a Sección Femenina, o Frente de Juventudes e Pilar Primo de Rivera. Xuntos aos gobernos provinciais, tamén distintos concellos foron revogando os recoñecementos institucionais acumulados por Franco. Entre eles Ferrol --localidade natal do ditador-- (2008), Pontevedra (2015), San Sadurniño (2015), Lugo (2015) ou Ourense (2016). A Deputación da Coruña lembra que o golpe militar foi na Galiza a "orixe dunha cruenta e brutal represión que se materializou no asasinato de máis de 5 mil persoas" Porén, a Deputación da Coruña decidiu desenvolver con carácter previo un acto de homenaxe aos representantes institucionais asasinados despois da sublevación militar e fascista do 18 de xullo de 1936. Data que desde o goberno provincial sinalan como a orixe en Galiza dunha "cruenta e brutal represión, que se materializou no asasinato de máis de 5.000 persoas e noutras múltiples formas de violencia física". A este respeito, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, a nacionalista Goretti Sanmartín, declarou: "Francisco Franco non é merecente de honores xa que é responsábel directo da brutal represión que se iniciou co golpe militar que el encabezou. A senrazón é que unha institución continúe mantendo as honras a persoa que é responsábel do asasinato de quen foi o seu presidente e vicepresidente, López Bouza e Ánxel Casal. A Deputación vaille retirar as distincións ao tempo que homenaxeará as vítimas das corporacións locais na vontade de recuperarmos a nosa memoria histórica" Neste senso, o 28 de xullo --un dia antes da sesión plenaria na que se aprobará a retirada dos títulos honoríficos a Franco-- desde a corporación coruñesa lembrarán unha parte das vítimas desa violencia, a que atinxiu a alcaldes dos concellos da Coruña, concelleiros e concelleiras e membros da Deputación. No concreto serán 17 persoas que ostentaban a alcaldía das súas respectivas localidades. No libro Os borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo, Manuel Monge repasa as súas biografías que acontinuación detallamos. Juan Manuel Vidal García. Alcalde de Arzúa. (Izquierda Republicana). Tiña 50 anos, industrial de profesión. Foi eleito concelleiro en 1924 durante a ditadura de Primo de Rivera e presidente da agrupación local de IR. Era rexedor en Arzúa desde 1932. Após o levantamento militar fuxiu da localidade. Foi prendido e paseado en Compostela en setembro de 1936. Tomás López da Torre. Alcalde de Betanzos e deputado provincial. (PSOE). Tiña 36 anos e era avogado. Formara parte das corporacións municipais entre 1925 e 1929, durante a ditadura de Primo de Rivera. Foi fusilado, após un Consello de Guerra, o 1 de outubro de 1936. José María Novo Rogríguez, alcumado 'O Ánimas'. Concelleiro de Betanzos por Izquierda Republicana. Foi paseado o 29 de xullo de 1936. Álvaro Puentes Antón, alcumado 'O coxo'. Alcalde de Cabanas por Unión Republicana. Fuxiu após o levantamento fascista ás Fragas do Eume onde morreu nun enfrontamento coa Garda Civil que se infiltrara entre os fuxidos, o 27 de setembro de 1940. Manuel Fernández Freijeiro. Alcalde de Cedeira por Izquierda Republicana. Era militar retirado pola Lei Azaña. Tiña 60 anos cando foi condenado por rebelión militar a pena de morte e executado o 18 de decembro de 1936. Alfredo Suárez Ferrín. Alcalde da Coruña por Unión Republicana. Era industrial e profesor mercantil, propietario da Ferretaría Ferrín Hermanos e dunha fábrica de caldos. Foi fusilado o 31 de xullo de 1936 após un Consello de Guerra. Ramón Souto González, alcumado 'O Meiriño'. Alcalde de Fene polo PSOE. Era carpinteiro e tiña 36 anos. Foi paseado o 16 de agosto de 1936 e fusilado no Castelo de Santo Felipe, en Ferrol. Xaime Quintanilla Martínez. Alcalde de Ferrol (PSOE). Foi fusilado o 17 de agosto de 1936 tamén no castelo de Santo Felipe. Cipriano Fernández Brage. Alcalde de Fisterra por Izquierda Radical. Era radiotelegrafista. Foi paseado e atopado nun pozo da Castellana, en Aranga, o 5 de novembro de 1936. Jesús Castaño Galdo. Alcalde de Mañón por Izquierda Radical. Era labrego e tiña 33 anos. Estivo fuxido e agochado na súa casa. Foi condenado a pena de morte e fusilado o 16 de abril de 1937 no castelo de San Felipe en Ferrol. Pablo Rico Monfero. Alcalde de Monfero por Izquierda Radical. Tiña 63 anos e era tesoureiro da Sociedade de Agricultores. Foi paseado o 19 de agosto de 1936. Juan Prieto Balsa, alcumado 'O Escacho'. Alcalde de Mugardos polo PCE. Era peón de 33 anos, participou en 1931 na creación do Sindicato de Mariñeiros, Pescadores e demais oficios de Mugardos (CNT), secretario de Radio Comunista. Foi paseado en Ombre (Pontedeume) o 24 de xullo de 1936. Antonio Fernández Pita. Alcalde de Sada pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Tiña 48 anos. Foi concelleiro desde 1931. Foi xondenado após un Consello de Guerra por rebelión militar a morte e multa de 100 mil pesetas. Foi executado o 27 de novembro de 1937. Alejandro Porto Leis. Alcalde de Serantes --pertencente a Ferrol desde 1941-- por Izquierda Republicana. Era electicista en Bazán e tiña 49 anos. Foi elixido alcalde en 1931 e en 1933 publicara o libro de poemas Intemperancias poéticas. Agochouse coa axuda de 3 amigos até o 31 de xaneiro de 1938 día no que foi detido cando ía ao médico. Foi paseado xunto cos tres homes que o agochaban o 3 de febreiro de 1938 nos arredores da praia de Valdoviño. A súa historia foi recollida no documental 'O segredo da Frouxeira', dirixido por Xosé Abad. Alfonso de Cal Fernández. Foi alcalde de Valdoviño por Unión Republicana e executado o 9 de novembro de 1937. Presidente e vicepresidente da Deputación Ánxel Casal. Alcalde de Compostela e vicepresidente da Deputación da Coruña polo Partido Galeguista (PG). Estivo fuxido en Arzúa. Foi paseado o 19 de agosto en Cacheiras (Concello de Teo). A súa imprenta, 'Nós' foi obxecto de subasta pública. José López Bouza. Presidente da Deputación da Coruña por Izquierda Republicana. Traballou como funcionario no Concello de Ferrol e foi xefe de Negociado de Augas. Dixiriu varias publicacións obreiras e foi concelleiro de Ferrol. Foi condenado en Consello de Guerra a trinta anos de cadea que non cumpriu pois foi paseado e fusilado o 30 de agosto no cemiterio de Canido. |
NOS_16614 | O TSXG ditou o dereito dos homes a desfrutar do complemento de maternidade nas pensións en 941 sentenzas en xullo. | A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) ditou en xullo 941 sentenzas sobre o dereito de homes xubilados a cobrar o complemento de maternidade, unha "avalancha" de resolucións que supoñen o dobre do habitual. A pensión media de xubilación sitúase na Galiza case 200 euros por baixo da media estatal O Tribunal Supremo determinou que o complemento por maternidade a cobrar polos homes que cumpran os requisitos estabelecidos legalmente producirá efectos desde que se lles recoñeza a pensión de xubilación. En todas as resolucións, o TSXG estimou que os recorrentes teñen dereito a percibir o plus de maternidade desde que se lles recoñeceu a prestación de xubilación ou de incapacidade, sempre que sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2016, tal e como estabeleceu o Tribunal Supremo. Entre xaneiro e xullo do que vai de 2022, o TSXG recibiu 2.368 recursos sobre o complemento de maternidade. Cada un dos 16 membros que a compoñen finalizou 56 procedementos deste tipo, mentres que cada un dos tres maxistrados que está en comisión de servizo concluíu 15. A precariedade laboral, o grande inimigo do sistema de pensións Na Sala do Social iniciáronse o ano pasado un total de 6.758 procedementos, o que supuxo un incremento interanual de 40%, o cal foi debido, principalmente, aos recursos interpostos polo complemento de maternidade. Cuestión prexudicial A finais de xullo a Sala do Social do TSXG resolveu "a maioría" dos casos sobre complemento de maternidade, excepto aqueles sobre os que emitiu autos de suspensión á espera de que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) se pronuncie sobre a cuestión prexudicial que lle expuxo en febreiro. Estes son os concellos coas pensións máis altas e máis baixas da Galiza Os maxistrados do TSXG solicitáronlle que indique se o criterio do Instituto Estatal da Seguridade Social (INSS) de denegar sempre o complemento aos homes e obrigalos a reclamar en vía xudicial supón un incumprimento administrativo, que, en si mesmo, constituiría unha discriminación por razón de sexo, en lugar dun incumprimento normativo, tal e como defende o INSS. En función desta resposta, a Sala tamén solicitou que o TXUE ditamine se procede indemnizar aos afectados polos danos e prexuízos causados. O TSXG expuxo a cuestión prexudicial tras recibir o recurso dun pai de dous fillos, quen ten recoñecida por sentenza, desde outubro de 2019, unha prestación de incapacidade permanente absoluta. |
PRAZA_16991 | A xornalista recolle en Ferrol o Premio José Couso, que cualifica de "responsabilidade polo nome e polo compromiso moral que leva consigo". O manifesto do Colexio de Xornalistas, redactado por Xosé María Palmeiro, o seu primeiro decano, reivindica o oficio de "informar e servir á cidadanía" Lanzan manifesto de apoio ao Festigal tralos ataques recibidos por mor do convite a Valtonyc | Lanzan manifesto de apoio ao Festigal tralos ataques recibidos por mor do convite a Valtonyc Ferrol volve acoller este xoves os actos de entrega do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, que chega á súa 14ª edición. A xornalista monfortina Julia Otero foi a escollida este ano, vendo recoñecida unha longa e sólida traxectoria na televisión e sobre todo na radio. Julia Otero avogou pola "educación, a formación, e as mobilizacións que fan que se removan as cousas" para combater o recorte de dereitos Otero participou esta tarde nunha recepción institucional no Concello de Ferrol, antes de asistir á tradicional ofrenda floral na estatua Ás Ceibes, do escultor Manuel Patinha, onde a xornalista Marta Corral foi a encargada de ler un texto. A premiada destacou que o galardón ten "prestixio nacional e internacional" e que significa unha "responsabilidade, polo nome que ten e polo compromiso moral que leva consigo". Ademais, a xornalista declarou sentirse "emocionada", por unha mensaxe da irmá de José Couso que lle dicía que a súa nai estaba feliz por saber que o premio ía para ela. A preguntas dos xornalistas, Otero recoñeceuse "moderadamente optimista" fronte á "cuarta vaga do feminismo" que estamos a vivir, e confiou en que sirva para ver máis mulleres en postos de responsabilidade nos medios. En canto á liberdade de prensa, mostrou menos confianza, ao afirmar que "non estamos nun bo momento, o mundo avanza nun sentido preocupante, vaise en contra das liberdades". Fronte a isto, avogou pola "educación, a formación, e as mobilizacións que fan que se removan as cousas" para combater o recorte de dereitos. O manifesto do Colexio de Xornalistas, redactado por Xosé María Palmeiro, o seu primeiro decano, reivindica o oficio de "informar e servir á cidadanía" A partir das sete da tarde, o Teatro Jofre acolle o acto de entrega do galardón, conducido pola xornalista Almudena Marcos. No acto vai darse lectura ao manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia con motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa, redactado polo primeiro decano do Colexio, Xosé María García Palmeiro, que reivindica o oficio de "informar e servir á cidadanía, titular e depositaria dos dereitos e das liberdades imprescindibles para o cabal funcionamento dunha sociedade libre e democrática" fronte ás incertezas dunha "profesión case sempre marcada pola urxencia e tamén, xaora, pola precariedade". |
NOS_30165 | A Fundación Barrié inaugura o vindeiro 7 de outubro unha exposición xestada durante o confinamento que indaga na forza da vulnerabilidade como cerna da natureza humana. | Poñer en valor o humano é recoñecer a nosa vulnerabilidade, que é a que nos proporciona a capacidade de sentir e sufrir e, xa que logo, a de pensar e combater. Esa é a tese do libro Humano, máis humano, do filósofo catalán Josep María Esquirol, cuxo título deriva do nietzscheano "humano, demasiado humano" e que tamén é o que lle dá nome á exposición que abrirá o vindeiro 7 de outubro na Fundación Barrié da Coruña e que permanecerá patente até o 23 de xaneiro de 2022. Afondar no humano, na fraxilidade que nos conforma, a través da obra de varios artistas contemporáneos permite volver ver con outros ollos a arte que examinou con ollos críticos a natureza humana. E iso é, precisamente, o que pretende esta mostra. O illamento, a distancia interpersoal e a inseguridade, fixeron que tomásemos conciencia da nosa natureza social e da necesidade de manter lazos cos nosos semellantes A orixe da exposición está, claro, na recente experiencia da pandemia e o confinamento, que provocaron unha incerteza talvez maior do que nunca nas nosas vidas, mais que propiciou tamén unha reflexión sobre o papel da nosa existencia no mundo. O illamento, a distancia interpersoal e a inseguridade, fixeron que tomásemos conciencia da nosa natureza social e da necesidade de manter lazos cos nosos semellantes, do imperativo de manter unhas redes de intercambio que lle aseguren unha certa seguridade á nosa vida. A Covid-19 provocou o anhelo do reencontro co outro, o recoñecemento da necesidade de compartir e de levar unha existencia en común. A exposición da Fundación Barrié, organizada con fondos da colección La Caixa, está dividida en dúas partes. A primeira consta de catro pinturas de gran formato realizadas na década de 1980 e que teñen a figura humana como motivo. Nelas, o (neo)expresionismo da época permite albiscar un primitivismo esencial na presenza do corpo humano, unha volta ás orixes que dialoga e cuestiona a nosa natureza, poñendo de relevo o que de arcaico conserva a nosa condición. Os códigos pictográficos de A. R. Penck tratan de acadar certa simbiose entre o racional e o animal, mentres que as obras de Miquel Barceló e Georg Baselitz apelan directamente ao máis salvaxe que se descobre tras o veo da civilización. Non deixa de ser curioso que o comisario e teórico da arte Achille Bonito Oliva atribuíse aos neoexpresionistas alemáns dos anos oitenta (grupo ao que pertencen Baselitz e Penck) unha volta a Nietzsche que agregaba un "nihilismo activo" que os afastaba do pesimismo e a desesperanza. Unha obra de Jean-Michel Basquiat, que pode ser interpretada como denuncia e protesta ante a bestialidade do racismo, completa esta primeira parte. Os traballos de Txomin Badiola, Gino Rubert ou o galego Jorge Barbi, céntranse no illamento voluntario como fórmula para fuxir da trivialidade dos vínculos creados na sociedade capitalista e como método para atopar a cerna da identidade propia A segunda parte da exposición -máis variada en canto a técnicas- céntrase máis na análise das relacións humanas, das formas de cohabitar na sociedade contemporánea. Así, por exemplo, as obras de Anna Malagrida ou Sam Taylor-Wood falan da incomunicación e a soidade. Ás de Vik Muniz, Stephen Dean ou Jean-Marc Bustamante interrogan as relacións creadas en lugares de reunión multitudinaria -discotecas, praias, eventos deportivos-, cuestionando os alicerces que as constrúen. E Liu Jianhua ironiza sobre a importación de modelos de convivencia das sociedades "desenvolvidas" que desnaturalizan as raíces culturais e propagan un modelo de convivencia no que o diñeiro é o único parámetro. Pola contra, os traballos de Txomin Badiola, Gino Rubert ou o galego Jorge Barbi, céntranse no illamento voluntario como fórmula para fuxir da trivialidade dos vínculos creados na sociedade capitalista e como método para atopar a cerna da identidade propia, no silencio que nos afasta de todo ese balbordo inútil que oculta o baleiro que nos rodea. O punto de partida Calquera que sexa a lectura que se faga sobre o inédito da situación a que deu lugar a pandemia, os cambios estruturais aos que deu lugar na nosa sociedade terán consecuencias perdurábeis. Quedaron ao descuberto a falta de previsión e a exigua capacidade de xestión da maioría dos gobernantes, a falta de liderado das institución supranacionais encargadas de velar pola saúde e o benestar da cidadanía, a inconsistencia das medidas responsábeis de coidar da infancia, das persoas maiores e dos máis desfavorecidos. Talvez a idea máis suxerente que ofrece Humano, máis humano é a de cuestionar o punto do que partiamos antes de que a pandemia comenzase: o dunha sociedade que cambiou os lazos de solidariedade entre os individuos que a forman por unha promesa de progreso que non se materializou máis que para unha minoría ínfima. Explorar que outras posibilidades existen, aínda que só sexa para mostrarnos máis resilientes ante outras pandemias, xa é unha cuestión que nos atinxe a nós máis que á arte. O fragmento de eternidade que nos brinda Jorge Barbi na súa obra A obra de Jorge Barbi presente na exposición (Hibernáculo. Recipiente para ausentarse), semella estar feito ad hoc para a mostra, malia ser unha obra de 1993. Nela, ofrécesenos un espazo no que un hipotético ocupante quen de experimentar o tempo interior das cousas, o fragmento de eternidade que lles é propio. Un refuxio ante o ruído exterior, sen dúbida, propón unha experiencia semellante a dun confinamento: permite repensar o noso lugar no mundo e considerar cales son as relacións co exterior que deberían rexer a nosa existencia. |
NOS_47269 | Xurxo Ayán, arqueólogo implicado na escavacións do castro de San Lourenzo, localizado entre as aldeas de Nogueiras e Alende, na parroquia de Cereixa, concello da Pobra do Brollón, achéganos a este asentamento sobre a marxe dereita do río Saa. Unha nova entrega do coleccionábel 'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'. | Indicas no teu traballo unha especialización do castro en relación á metalurxia mais tamén que o castro foi abandonado coa chegada de Roma. Pode querer dicir isto que Roma "reorganiza" a función do castro e elimina a produción de metais ou podería ter outra explicación? Se é así, a que se pode deber? O castro de San Lourenzo é un magnífico exemplo de como unha investigación arqueolóxica de campo de longo percorrido (cinco anos en arqueoloxía a día de hoxe é moito) permite deconstruír tópicos historiográficos ou reformular ideas preconcebidas. Chegamos para documentar unha coroa mineira romana ligada ao ouro e atopamos unha ocupación clara da 2ª Idade do Ferro. Non se documenta un só material romano e si un labor sistemático vencellado á metalurxia do ferro. Cando chega Roma iníciase un proceso de depredación do territorio, para explotar a escala industrial a bacía do río Saa. É aí, tras a conquista, cando xorden novos asentamentos que si son pequenas coroas mineiras, como A Coroa do Castro na mesma Cereixa ou A Modorra na veciña parroquia de Fornelas. Polo momento non sabemos se o San Lourenzo se abandonou con anterioridade á chegada de Roma ou foi consecuencia desta, neste proceso de reordeamento do territorio. O emprego de tecnoloxía hidráulica para o deseño dos foxos dos castros -que sinalas habitual para o noroeste da península- implica que había unha serie de coñecementos contrutivos que eran compartidos por varios poboados? Que se transmitían? ou pode ser posíbel que houbera grupos de persoas especializadas na construción e deseño dos castros nunha área determinada e que viaxaban dun a outro lugar? A arquitectura dos habitantes dos castros é unha arquitectura orgánica, unha arquitectura sen arquitectos, partillada por toda a comunidade. Homes, mulleres e nenos son os artífices deses monumentos que son os poboados fortificados. Emprégase unha cadea técnico-operativa que se transmite de xeración en xeración, sancionada pola tradición e pola maneira de estar-no-mundo desa xente. O castro de San Lourenzo é un magnífico exemplo de como unha investigación arqueolóxica de campo de longo percorrido (cinco anos en arqueoloxía a día de hoxe é moito) permite deconstruír tópicos historiográficos ou reformular ideas preconcebidas. Doutra volta é unha arquitectura sostíbel, perfectamente adaptada ao medio. No noso castro utilízase o material lítico local (coios de cuarcita da bacía sedimentaria), o barro da zona en paredes e lareiras e mesmo os licíns de area verdosa de onde se tira o material para elaborar os pavimentos do interior das cabanas. Neste contexto, claro que hai un desenvolvemento endóxeno (a cantaría por exemplo na 2ª Idade do Ferro) pero ás veces precisa de innovacións tecnolóxicas alóctonas (o ferro, por exemplo, permite a cantaría especializada). O intercambio de cousas, técnicas e ideas é fundamental para comprender sitios coma este. As poucas cerámicas con decoración elaborada proceden da zona centro da bacía do Miño, mentres que temos fíbulas de clara orixe celtibérica. O río Sil foi a entrada natural a Galiza dende o interior, e hai unha influencia enorme do urbanismo meseteño nestes castros do sur e centro da actual provincia de Lugo. O patrimonio é publico, de todos e todas. Non podemos poñer portas ao monte. A experiencia da participación da parroquia de Cereixa na recuperación e valoración do castro, é algo que os e as arqueólogas deberían estender a outros puntos da xeografía galega? Deberían as distintas administracións colaborar máis fortalecendo esa liña máis "local" ou pode ser un risco a escavación sen ter garantida a musealización e correcta conservación dos achados? O patrimonio é publico, de todos e todas. Non podemos poñer portas ao monte. Os castros vivos son aqueles nos que se fan cousas, onde os rapaces se fan aloumiños, onde se celebran festas, onde se constrúe e actualiza a identidade. Seguen sendo fitos na paisaxe e espazos comunitarios. O noso proxecto xurde dunha asociación de veciños e veciñas, e é a versión mellorada dunha maneira de facer que xa ten uns 20 anos cando recuperamos coa xente da aldea o castro de Castrolandín (Cuntis) ou despois o noso labor no proxecto Arqueoneixon nos castros de Neixón (Boiro), na Lanzada (Sanxenxo), etc... Ese modelo creo que inspirou outras iniciativas nos últimos anos como Costa dos Castros (Oia), o que fai Sputink Labrego en Valdeorras ou Segredos de Pantón en Lemos. Defendemos as iniciativas locais que velan tamén pola súa independencia e nas que a xente do común se nega a ser un suxeito pasivo na xeración de coñecemento sobre o pasado. Cremos na humanidade que constrúe o patrimonio, a única garantía para que os castros non sexan un problema, un fósil, un pastiche ou unha escenografía vacua. Chegamos para documentar unha coroa mineira romana ligada ao ouro e atopamos unha ocupación clara da 2ª Idade do Ferro. Non se documenta un só material romano e si un labor sistemático vencellado á metalurxia do ferro Ese é o verdadeiro risco, e non que se fagan romarías e a xente coma nunha cabana do Trega ou a pequenaxe de Cereixa corra polos muros da ermida do San Lourenzo o 10 de agosto. O castro é seu, dende que os devanceiros decidiron ser soterrados alí hai mil anos. De non entender isto, os os técnicos seguiremos sendo uns auténticos extraterrestres e os políticos seguirán facendo o ridículo perante a UNESCO e perante a xente que habita este país Subscríbete As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos. |
NOS_16200 | A inscrición do "modelo Ponte...nas Ondas! na Unesco permitirá dar a coñecer unha experiencia única creada e deseñada no territorio da Galiza e o norte de Portugal. | A candidatura de Ponte...na Ondas! (PNO!) como rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial xa está presentada ante a Unesco. O propio Ministerio de Cultura español anunciaba en redes este paso. "Segue así o proceso desde que a Comissão Nacional da Unesco de Portugal, o Ministerio de Educación y Cultura de España e a Xunta comunicaran oficialmente hai xa tres anos a súa intención de promover a Ponte...nas ondas! ao rexistro das mellores prácticas de salvagarda co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)", lembra nun comunicado esta iniciativa. Unha iniciativa que gaña impulso desde este mes de marzo de 2021 coa presentación oficial da candidatura na Unesco, asinada conxuntamente polos respectivos embaixadores portugués e español na institución, António Nóvoa e Juan Andrés Perelló Rodríguez. A inscrición do "modelo Ponte...nas Ondas! na Unesco permitirá dar a coñecer unha experiencia única creada e deseñada no territorio da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Para a Asociación trátase dun· fito fundamental nunha traxectoria que vén de facer os 25 anos de historia e que vai contribuír a sensibilizar o traballo desenvolvido pola comunidade educativa e o ámbito cultural galego-portugués co patrimonio compartido". Un selecto grupo Estar na Lista das Mellores Prácticas co PCI supón que a Unesco promoverá o modelo PNO! en todo o mundo. A orixe desta Lista está no artigo 18 da Convención para a Salvagarda do Patrimonio cultural inmaterial da Unesco, que establece a selección periódica daqueles programas, proxectos e actividades que mellor reflictan os obxectivos da Convención. A Unesco quere que este Rexistro sirva de fonte de inspiración en todo o mundo a todas as persoas e institucións interesadas na salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. Na actualidade apenas 25 proxectos de todo o mundo integran este selecto grupo. Un proceso que culminará en novembro de 2022 Desde a confirmación hai tres anos das respectivas administracións da súa intención de promover a candidatura, realizouse un intenso traballo de documentación que pasou as avaliacións de todas as institucións implicadas. Logo da presentación por parte dos embaixadores de Portugal e España do dossier da candidatura, o Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial examinará os materiais presentados para avaliar que a proposta cumpra con todos os requisitos formais. O chanzo seguinte son as fases de estudo e de documentación até o 30 de setembro de 2021, e unha última fase de avaliación entre decembro e xuño do ano 2022. E no mes de novembro de 2022, logo de todos os trámites previos, o Comité faría á fin pública a inscrición no Rexistro das Boas Prácticas co PCI. A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, organizadora do certame, leva 25 anos traballando na divulgación do Patrimonio inmaterial galego-portugués. Coordinados por docentes galegos e portugueses, milleiros de alumnas e alumnos de escolas de Galiza e Portugal teñen participado tamén en anos anteriores nos certames de Recolla do Patrimonio Inmaterial organizados pola Asociación. |
NOS_46055 | O bando, asinado polo rexedor, Montesinos Rodríguez, e con garimbo do concello, foi repartido por persoal municipal en Viana do Bolo para desacreditar os argumentos do BNG sobre a suba de taxas. | A Montesinos Rodríguez, alcalde de Viana do Bolo polo Partido Popular, non se lle ocorreu mellor forma de contrarrestar o posicionamento do BNG deste concello do oriente ourensán sobre a suba de taxas municipais que publicar un bando 'monotemático' para criticar os e as nacionalistas. Mesmo botando man Montesinos Rodríguez do conde de Romanones para, referíndose sempre ao BNG, proclamar como peche do bando a frase de "¡Joder, qué tropa!". O fin do bando non ten perda. Montesinos, referíndose o BNG, sinala: "Como diría o conde de Romamones, ¡joder, qué tropa!" Deste xeito, o que é un edicto oficial dunha administración local para informar á veciñanza sobre cuestións municipais converteuse, en mans de Montesinos, nun pasquín político en que o alcalde aborda "as grandes mentiras" do BNG. De feito, o título do bando xa é clarificador neste sentido: Bando Informativo sobre as mentiras do BNG De aí que a formación nacionalista presentase xa no Parlamento de Galiza unha pregunta para a súa resposta oral "ante a utilización de medios e recursos públicos por parte do alcalde de Viana do Bolo para difamar o grupo municipal do BNG". Berlanga no oriente ourensá Non se sabe se, como se dunha película de Berlanga se tratase, o bando foi lido na praza da Vila por un 'pregoeiro' con corneta incluída. Mais o que si se sabe é que este edicto foi repartido por persoal municipal en diversos puntos do concello. No texto o alcalde afirma que ten o deber de informar os e as veciñas despois de que o BNG "andase predicando por diante e por detrás" que o concello aplicaba importantes subas en taxas como a da auga ou as terrazas. "Afirmacións que son, de entre tantas outras, dúas grandes mentiras", sinala no edicto o rexedor de Viana. O alcalde popular desafógase a gusto no bando para deixar claro aos e ás lector@s do edicto que o BNG mente e que non hai tal suba de taxas. Todo o contrario, apunta, pois o que houbo foi "un baixón do 5.368 por cento". Un alcalde 'sui generis' Desde o Bloque Nacionalista Galego sinálase que Montesinos Rodríguez (alcalde de Viana polo PP desde 2007) vai acumulando no que vai de lexislatura un amplo currículum "de comportamentos antidemocráticos" e de "utilización partidaria da institución municipal". Neste sentido, lembran que é práctica habitual do rexedor "a negativa a achegar aos concelleiros da oposición a documentación" ou ben a celebración dun pleno sen convocatoria previa á oposición. Nas eleccións municipais de 2011 en Viana do Bolo, o PP atinxiu 7 concelleir@s, 3 o BNG e 1 o PSOE. |
NOS_15642 | O antropólogo e analista internacional Alejandro López é coordinador no medio de comunicación Descifrando la guerra, especializado no seguimento e na análise da política internacional. López vén de publicar o libro 'Ucraína. O camiño cara á guerra', Nós Diario fala co autor sobre esta publicación. | —Que podemos atopar neste libro que acaba de publicar? O libro repasa extensamente os antecedentes e o contexto máis importante para poder entender o conflito de Ucraína. Que levou ao estalido da guerra no Donbás en 2014? —Antes da invasión rusa xa había un conflito no leste de Ucraína. O conflito non empeza este ano senón que xa vén desde cando menos fai oito anos, pasando por distintas fases de perfil máis baixo e de maior intensidade. Agora comeza a fase de internacionalización do conflito coa invasión de Rusia, o que lle da unha nova dimensión xeopolítica e mediática. —Vostede afirma que para entender o conflito é preciso retrotraerse ao pasado, tanto que o primeiro capítulo do libro comeza no Século IX co nacemento da Rus de Kíiv. É importante acudir ao contexto histórico da identidade porque esa é unha das diferencias dentro das comunidades que viven na Ucraína moderna. Ese sentimento nacionalista ucraíno ou ese sentimento de pertenza a outra etnia e comunidade política ou relixiosa. Sobre todo a nivel de identidade cultural, é dicir, os grupos máis vencellados á Rusia histórica e os máis próximos á Ucraína moderna, que tende a coincidir máis con países como Polonia, Romanía e Hungría que foron transferidos e nos que se foi conformando un Estado durante a Unión Soviética. Na Rus de Kíiv é onde reside esa suposta identidade común entre os pobos, mentres que durante o Imperio ruso e a Unión Soviética é onde se vai conformando un Estado en base a esas identidades que teñen xurdido previamente. Que aconteceu despois da Revolución Laranxa de 2004 en Ucraína? —Que importancia ten o acontecido após a Guerra fría? Ollando o espazo pos soviético nos anos 90 enténdese o intento de achegamento entre Rusia e Occidente na época de Boris Eltsin, na que hai unha especial sintonía entre as partes. Porén, non se consegue ningún tipo de encaixe para Rusia e outros países no concerto internacional, en parte debido á expansión da OTAN. O feito de que Rusia se vexa desprazada do taboleiro internacional deriva en varios conflitos, como é o caso das guerras de Chechenia e Xeorxia. —Explica vostede que a división comeza moito antes, xa no 2004. Máis alá do Maidan, que é onde se adoita pór o foco, a Revolución Laranxa é unha das orixes deste conflito. En 2004, unha vez Leonid Kuchma deixa o Executivo, prodúcese unha fractura entre eurófilos e rusófilos. Os primeiros desenvolven unha mobilización en denuncia dunha suposta fraude electoral de Viktor Yanukovych, que se salda co período presidencial de Viktor Yushchenko. No 2014, coa nova vitoria de Yanukovych, sen sospeitas de fraude electoral, os eurófilos centran as protestas na solicitude dun cambio de tendencia da política exterior ucraína cara á Unión Europea, o que remata no levantamento do Maidan, no que se toman varias cidades occidentais e se ameaza con facer o mesmo en Kíiv. Esta mobilización ten unha compoñente de revolución liberal apoiada por elementos de extrema dereita, outra de apoio do exterior e unha terceira de golpe de Estado ao non se cumprir os procedementos constitucionais para a destitución de Yanukovych. O chanceler alemán reafirma a negativa ao envío de armamento pesado a Ucraína —Que papel xoga a política de Seguridade da OTAN? Este é o punto que sinala Rusia máis fortemente. Aparentemente falamos dun conflito político en Ucraína, mais detrás hai un contexto maior, como a demanda rusa de garantías de seguridade con respecto á OTAN, que non necesariamente teñen que ver só con Ucraína. Neste contexto, Rusia fai mención á ameaza que supón a expansión da OTAN, ao feito de que se instalen bases próximas ao seu territorio e ao despregue militar cada vez máis numeroso na Europa do leste. A promoción de revolucións liberais que fan gañar terreo á OTAN tamén se sinala como unha ameaza. Diante disto, Rusia reacciona e comeza a tomar posicións directamente ofensivas. A falta de garantías de seguridade, que se negocian sen éxito durante o final de 2021 e o comezo de 2022, fai estalar o conflito. —Cales son chaves das dúas sinaturas dos Acordos de Minsk? A primeira sinatura busca en 2014 un alto o fogo rápido sen moito contido político. Porén, despois continúan as hostilidades até 2015, e o apoio de Rusia aos separatistas consegue reverter a tendencia do conflito. Este apoio fai que Kíiv lle comece a interesar a sinatura dun novo compromiso. A segunda sinatura dos Acordos de Minsk consegue conxelar as hostilidades, estabelecer unha superficie de separación na fronte de batalla para evitar os movementos de armamento, e chegar a acordos de tipo político entre os que destaca o encaixe do Donbás dentro de Ucraína. A Rusia tamén lle interesaba este encaixe, non buscaba necesariamente a independencia do Donbás, que non recoñeceu na altura. O interese ruso era que a poboación rusófila puidera ter influencia política. Ucraína, cunha base política moi nacionalista neses momentos, non cumpre coa reintegración do Donbás, na que insistía Rusia, o que supón o principal punto de quebre que desemboca na internacionalización do conflito. Unha convivencia difícil de restabelecer Para Alejandro López o máis importante para Ucraína é cando e como finaliza a guerra, pois entende que canto máis territorio gañe Rusia máis complicado vai ter o Estado ucraíno conservar a súa integridade territorial. Porén, sinala López, "é moi complicado volver a equilibrar o que se ten roto", que explica que con independencia do territorio que Ucraína conserve "é moi difícil, se non se da unha partición do país, que as comunidades (a que é partidaria do achegamento á Unión Europea e a que ten preferencia pola proximidade con Rusia) poidan convivir de novo tendo en conta a crispación que tivo lugar". Para o autor, o conflito en Ucraína abre a posibilidade dunha nova Guerra fría, ademais, afirma que as perspectivas son dunha "ruptura de pontes entre Occidente e Rusia". "O que aconteza en Ucraína será un marcador do novo taboleiro xeopolítico", opina López. |
PRAZA_4588 | A iniciativa do Partido Popular, que conta co apoio do alcalde da cidade, López Orozco, é criticada polo BNG e pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica. Os concelleiros do PSdeG-PSOE terán liberdade de voto nun debate que podería realizarse en febreiro. | "La calle es mía" é sen dúbida unhas das frases coas que máis frecuentemente se pode identificar a Manuel Fraga Iribarne. Pronunciouna sendo o de Vilalba ministro de Gobernación o 3 de marzo de 1976, no goberno de Carlos Arias Navarro. E case corenta anos máis tarde outra rúa volverá previsiblemente ser súa, cando menos nominalmente, cando o pleno do Concello de Lugo aprobe as propostas de modificación do rueiro, entre as que se inclúe un vial que levará o nome do falecido presidente da Xunta durante 15 anos e ministro da ditadura durante case oito. "Fraga foi membro da ditadura e tivo responsabilidades na toma de decisións que atentaron contra a vida de persoas e tamén está incurso na Lei de Memoria Histórica" O BNG xa anunciou no outono que "non está de acordo en recuperar o nome de Manuel Fraga, cando se está nun proceso para retirar os nombres de persoas relacionadas co franquismo" e a través do que foi até unhas semanas o seu voceiro, Antón Bao, engadiu que "non ten sentido que se eliminen os nomes duns franquistas das rúas e se poñan os doutros". Na cidade de Lugo hai aínda nove rúas e vías que manteñen unha denominación vencellada co franquismo: Hermanos Pedrosa, General Tella, Ramón Montenegro, Cedrón del Valle, Ruíz de Alda, Teniente Coronel Teijeiro, Plaza Comandante Manso, Avenida Carlos Azcárraga e Avenida Ramón Ferreiro. En novembro, Bao, xusto antes de abandonar a comisión do rueiro, subliñou que "Fraga foi membro da ditadura e tivo responsabilidades na toma de decisións que atentaron contra a vida de persoas e tamén está incurso na Lei de Memoria Histórica". O alcalde, José López Orozco, xa deixou claro o seu apoio á proposta formulada polo PP, pero os concelleiros socialistas terán liberdade de voto e o propio López Orozco recoñeceu "diverxencias" no seu grupo. O alcalde da cidade xustificou o seu voto favorable en que o político de Vilalba, ademais de ministro en varios gobernos da ditadura, foi "un dos pais da Constitución" ademáis de ter sido, "presidente de Galicia e moi vencellado a Lugo". Porén, semella que os votos dos edís do Partido Popular, xunto cun número indeterminado de votos do PSdeG-PSOE, serán suficientes para que a moción sexa aprobada. A pesar de que nun comezo a iniciativa ía ser debatida no pleno de decembro, o PP pediu un informe xurídico sobre o cambio de nome de todas as rúas que se trata conxuntamente coa de Manuel Fraga, o que foi adiando este momento. Pode que sexa en febreiro cando se adopte unha decisión definitiva. "Estamos a falar de todo o que pasou até que chega a democracia, non falamos do que pasou despois: uns acabaron sendo deputados, outros foron presidentes da Xunta, outros acabaron sendo presidentes de empresas eléctricas" Precisamente este luns 20 de xaneiro presentouse na Coruña o folleto Caderno Republicano 3, titulado "O Camarada Fraga e as vítimas da represión franquista", obra do anterior presidente da CRMH, Manuel Monge. Esta publicación foi xa presentada en Lugo hai unhas semanas, un texto dedicado a "explicar a participación de Fraga na represión e a súa relación coas vítimas da ditadura". Este caderno, e sobre todo o feito de ser presentado en Lugo, buscaba incrementar a conciencia dos cidadáns e cidadás de Lugo, e tamén presionar sobre os concelleiros socialistas que decidirán cos seus votos o éxito da proposta. Monge salientaba daquela que "estamos a falar de todo o que pasou até que chega a democracia, non falamos do que pasou despois: uns acabaron sendo deputados, outros foron presidentes da Xunta, outros acabaron sendo presidentes de empresas eléctricas, como Martín Villa. Non falamos diso, falamos da súa responsabilidade como membros do Consello de Ministros". Tamén o BNG levou a cabo unha campaña a nivel local nos últimos meses de 2013 e é probable que no momento en que a proposta estea preparada para o seu debate no pleno, o Bloque recomece as súas iniciativas de concienciación. Aquela campaña incluíu tamén as críticas ás polémicas declaracións efectuadas en agosto polo alcalde de Baralla. A Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen sufriron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura, coñecida popularmente como Lei de Memoria Histórica estipula a eliminación de toda simboloxía ou honores que exalten aquel réxime ou a persoeiros relacionados co mesmo. "Camarada Fraga" O Decreto 154/1961, de 2 de febreiro, asinado por Francisco Franco e publicado no BOE de 9 de febreiro, sinalaba que "a propuesta del Ministro Secretario General del Movimiento, cesa el camarada Manuel Fraga Iribarne en el cargo de Delegado Nacional de Asociaciones de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, agradeciéndole los servicios prestados". De aí o título do folleto, que repasa a súa biografía, especialmente os cargos que ocupou durante a ditadura, sendo corresponsable, como membro do Consello de Ministros, da execución do comunista Julián Grimau (1963), dos anarquistas Francisco Granado e Joaquín Delgado (1963), de Enrique Ruano (1969) ou da represión sufrida polos aperturistas participantes no chamado Contubernio de Múnich (1962), deportados ás Canarias, onde segundo Manuel Fraga "se podrán librar de las justas iras del pueblo español". O Caderno tamén lembra a súa xestión como Ministro de Información, durante a que o secuestro e censura previa de xornais era práctica frecuente, unha política de control e anulación da disidencia que tivo o seu mellor reflexo no peche e derrubo do crítico xornal Madrid O Caderno tamén lembra a súa xestión como Ministro de Información, durante a que o secuestro e censura previa de xornais era práctica frecuente, unha política de control e anulación da disidencia que tivo o seu mellor reflexo no peche e derrubo do crítico xornal Madrid. Tamén subliña o seu labor como ministro da Gobernación de decembro de 1975 a xullo de 1976, durante o que a policía asasinou cinco traballadores en Vitoria con motivo dunha folga, e naque dúas persoas foron asasinadas por pistoleiros fascistas no encontro carlista en Montejurra. O texto tamén lembra a multa de 50 mil pesetas que Manuel Fraga lle impuxo ao subdirector de La Voz de Galicia, Francisco Pillado Rivadulla, que exercía de director por ausencia do titular, pola publicación do artigo de Augusto Assía "Sobre el idioma gallego", o 26 de xullo de 1968. O artigo afirmaba que "El idioma gallego es tratado como un estigma que hay que ocultar, y que es inepto para la gente fina. Le ocurre al idioma gallego, no sólo en la Iglesia, sino en la Universidad , en la escuela, en los estrados y en la oficinas públicas, lo que no hace todavía más que 20 años le ocurría a los negros de Estados Unidos, donde no se les dejaba entrar mas que por la escalera de servicio". A resolución asinada polo mesmo Manuel Fraga sinalaba que o citado artigo contiña "conceptos atentadores a la verdad, el respeto debido a las instituciones, a las exigencias del mantenimiento del orden público actual y al acatamiento al punto IV de la Ley Fundamental de 17 de mayo de 1958, en el que se expresa que la unidad entre todos los hombres y las tierras de España es intangible". A CRMH afirma que "con estes antecedentes Manuel Fraga Iribarne debería formar parte da causa que segue a xuíza arxentina polos crimes do franquismo aínda que, lamentabelmente, non poderá comparecer". A Comisión apoia o exhorto que lle enviou esta xuíza ao Goberno para que informe se está investigando en España a existencia de "un plan sistemático, xeralizado, deliberado e planificado para aterrorizar españois partidarios da forma representativa de goberno a través da súa eliminación física e da desaparición legalizada de menores de idade con perda da súa identidade". O texto conclúe que "a mellor homenaxe que podemos facer hoxe ás vítimas do franquismo e ás futuras xeracións é lembrar as actividades e servizos á ditadura franquista do camarada Fraga" O texto conclúe que "a mellor homenaxe que podemos facer hoxe ás vítimas do franquismo e ás futuras xeracións é lembrar as actividades e servizos á ditadura franquista do camarada Fraga. É tamén a mellor contribución para aprender da historia e que este tipo de crimes non se repitan xamais". E engade que "a elección de Fraga como presidente da Xunta foi unha elección do pobo galego,mais tamén unha vergoña para Galiza. Non hai outro caso en todo o Estado español, nin en Europa, donde un ministro dunha ditadura criminal chegue a ocupar cargos de responsabilidade política cando se conquista a democracia. Nunca como até agora dicir a verdade, recuperar a historia ou, simplemente, informar, tivo un carácter tan democrático e revolucionario". Folleto Camarada Fraga e as Vítimas da Represión Franquista, editado pola CRMH da Coruña (.pdf) |
NOS_46094 | Calacús, castañas, pantasmas, espíritos... terroríficos días nos que os mortos están máis presentes que nunca en celebracións que recuperan a tradición polo país enteiro. O Samaín chega de novo con cabazas iluminadas, procesións nocturnas e unha morea de celebracións da man, en especial, das asociacións culturais. | En Cedeira, o Samaín é xa unha das festas grandes do ano. Do venres ao domingo, a festa é continua e convida a participar a persoas de todas as idades. As máis novas poderán comezar o propio día 1 co obradoiro de zonchos ou continuar o sábado co de cabazas e a xa tradicional "merendola" de outono. Festa na noite e pantasmas e contos de Quico Cadaval pecharán o domingo as terroríficas festas de Cedeira. A Noite dos Calacús prendeu en Pontevedra nos últimos anos e nesta tarde da quinta feira a Concellaría de Festas convida a nenos e nenas a decorar calacús na praza da Ferrería co fin de recuperar a tradición da Galiza agraria que pechaba a tempada de colleitas e recibía a a coñecida como estación escura co solsticio de inverno. A Gentalha do Pichel visita ao cemiterio de Bonaval nesta quinta feira ás 19.30, cando a noite xa se impón, da man de André Seoane nunha visita guiada. Ás 20 horas sairán en procesión con vestimentas de defuntas para logo partillar unha "festa e pinchada terrorífica" ás 23.30 a cargo de Radio Kalimera. A Associaçom Cultural Revira celebra por sétimo ano a súa noite de Samaín cun magosto e obradoiro de cabazas, cea popular e queimada e festa final por volta de meia noite. Para a Revira será José Manuel Barbosa quen achegue cunha palestra ás 20.30 ás orixes da celebración. No Parque Carmelo Teixeiro de Caranza arredor das 16 horas comezará o obradoiro de cabazas, castañas e liscos. Roteiro da Pantalla en Pedre En Pedre, no concello de Cerdedo, as asociacións Amig@s da Cultura, Capitán Gosende e a Irmandade Druídica Galaica organizan o roteiro nocturno polas corredoiras. Atravesarase o antigo camiño veredeiro que comunicaba co Norte de Portugal para atravesar o Lérez até a pedra do Coto das Ínsuas. Rematará a camiñada na aldea de Serrapio coa capela do século XVIII. A noite rematará cunha cea de irmandade e contacontos colectiva con relatos de medo na Casa Florinda. Castañas, chourizos e viño na convocatoria do CSA O Fresco de Ponteareas, un convite como moitos máis que as distintas entidades organizan polo país. Cada asociación prepara para estas noites a súa particular conmemoración. Magostos, festas e obradoiros tradicionais repártense polo país enteiro. Só hai que dar co máis acaído. |
NOS_46476 | Un informe do Consello da Cultura Galega presentado esta quinta feira vén de concluír que as mulleres, como categoría documental, atópanse "invisibilizadas". "A presenza das mulleres nos criterios de ordenación, clasificación e difusión é inexistente e incúmprense as leis de igualdade, de arquivos e de transparencia", conclúe o documento. | Dolores Pereira, Olimpia López e Mariám Mariño son as autoras de Informe sobre os arquivos públicos en Galiza. Unha perspectiva de xénero e feminista. "Non só son depósitos que xuntan documentación administrativa, senón centros que atesouran a memoria colectiva dun país", indica a insitutición, "por eles podemos saber datos como o número e características de profesionais dun sector, quen solicita licenzas de obra, quen compra unha vivenda ou quen paga impostos". O estudo "penetrou en todos os arquivos públicos: autonómicos, locais, provinciais, centros de titularidade estatal xestionados pola Xunta, órganos estatutarios e universidades", até un total de 58. E deles extraeron o "ermo total no tratamento con perspectiva de xénero na documentación que gardan". No que respecta aos incumprimentos lexislativos detectados polas investigadoras, a ausencia de descritores de xénero ou o uso de linguaxe discriminatoria vai contra a Lei de Igualdade. A de Transparencia contravéñena "porque non existe acceso libre á información nos sitios web sobre as profesionais deste espazo". Por un Plan de Arquivos de Galiza Ao tempo, o Consello da Cultura tamén detecta falta de dotacións. E é que só 32 dos 313 concellos galegos contan con servizo de arquivo. "Unha das nosas conclusións máis importantes é a demanda da elaboración dun Plan de Arquivos de Galiza que dea cumprimento ao mandato da correspondente lei", di, segundo a que o mencionado plan "é preciso para a configuración, organización, integración, servizo e difusión dos arquivos de Galiza". O informe chama, ademais, a "incorporar perspectivas de xénero" nas ferramentas de difusión do patrimonio documental e nos instrumentos de organización e de descrición dos fondos documentais. "Isto permitiría obter información máis precisa sobre a presenza de homes e mulleres en toda canta actividade nos interese estudar", afirmou Dolores Pereira na presentación do texto canda as outras autoras, a presidenta do Consello da Cultural Rosario Álvarez e a coordinadora de Igualdade da institución María Xosé Porteiro. Nesta ligazón pode consultarse o informe completo: http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4330 |
NOS_44875 | As gañadoras da 16º edición do concurso daránse a coñecer o día 9 de maio na Gala das Letras no Círculo de las Artes de Lugo. | A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de anunciar os candidatos finalistas da 16º edición do seu premio anual. Os asociados seleccionaron 31 obras que competirán polo galardón á mellor obra publicada en 2014. O premio consta de oito categorías: poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. As gañadoras daránse a coñecer o día 9 de maio durante a Gala das Letras, que terá lugar no Círculo de las Artes do concello de Lugo. Alén das modalidades oficiais, a AELG concederá tres galardóns xa anunciados. O Colexio Profesional de Xornalista de Galicia e a Asociación de medios en Galego recibirán o premio adicado a 'Institucións Culturais'. O escritor brasileiro Luiz Ruffato recibirá o premio ao 'Escritor Galego Universal' Tamén haberá unha segunda edición do premio 'Mestres e Mestras da Memoria', que este ano recoñecerá a traxectoria de Josefa Arias e Emilio do Pando "por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional", segundo refire a asociación en nota de prensa. O gañador do premio 'Escritor Galego Universal' recaerá sobre Luiz Ruffato. O escritor brasileiro únese a unha listaxe de autoras destacadas pola súa excelencia literaria e o seu compromiso ético. Un galardón co que xa foron recoñecidas escritoras coma Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda ou Bernardo Atxaga, entre outras. A AELG distinguirá ademais ás xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro co premio 'Bos e Xenerosos'. Listaxe completa de finalistas Blog literario - Caderno da crítica, de Ramón Nicolás [http://cadernodacritica.blogaliza.org/] - Criticalia, de Armando Requeixo [http://armandorequeixo.blogaliza.org/] - Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García Fernández [http://garciateijeiro.blogspot.com.es/] Ensaio - Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, de Aurora López e Andrés Pociña (Alvarellos Editora) - Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora) - Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, de Xosé Manuel Maceira Fernández (Alvarellos Editora) Literatura Infanto-Xuvenil - Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia) - Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia) - Tes ata as 10, de Francisco Castro (Editorial Galaxia) Xornalismo Cultural - Alberto Ramos - Blanca-Ana Roig Rechou - Carme Vidal - Montse Dopico Narrativa - 55, de Xavier Queipo (Edicións Xerais de Galicia) - A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia) - Dende o conflito, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia) - Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos (Editorial Galaxia) - Olympia Ring, 1934, de Xabier López López (Editorial Galaxia) - Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga (Edicións Xerais de Galicia) Poesía - A distancia do tambor, de Eva Veiga (Espiral Maior) - As voces da máscara, de Arcadio López-Casanova (Pen Clube de Galicia) - Celebración, de Gonzalo Hermo (Apiario) - Dun lago escuro, de Marta Dacosta (Edicións Xerais de Galicia) - Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias (A. C. Caldeirón) Teatro - Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, de Isabel Freire (Editorial Galaxia) - Lapsus. A comedia de existir, de Alfonso Pexegueiro (Axóuxere Editora) - Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas) Tradución - A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa) - Jude o escuro, de Thomas Hardy, en tradución de María Fe González (Editorial Hugin e Munin) - Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, en tradución de Isaac Xubín (Faktoría K de Libros) - Un matrimonio provinciano, da Marquesa Colombi, en tradución de Isabel Soto (Editorial Hugin e Munin) |
NOS_19041 | Após a aprobación no Congreso, a norma será tramitada no Senado. A súa publicación prevese para comezos de 2015. | O Congreso español acolleu esta quinta feira o debate e votación da Lei de seguridade cidadá, máis coñecida como 'Lei Mordaza'. O texto lexislativo deseñado por Interior contou co único apoio do Partido Popular e co rexeitamento unánime das forzas da oposición. Desde o goberno español sacan peito dunha norma que para colectivos sociais, ONGs e mesmo a igrexa católica supón unha agresión aos dereitos fundamentais. O decorrer da propia sesión plenaria evidenciou o rexeitamento social e político á lei. Para alén das críticas feitas polas forzas da oposición desde a tribuna e as bancadas coas que denunciaron a agresión que suporá o texto ao dereito á liberdade de expresión; desde o espazo reservado ás visitas tamén houbo quen quixo facer constar que o texto lexislativo atenta contra principios fundamentais recollidos nos Pactos de Dereitos Humanos homenaxeados na xornada de onte (10 de decembro). Só o Partido Popular votou a favor do anteproxecto de lei que foi fortemente criticado nas rúas Multas á resposta popular Neste senso, o grupo Solfónica comezou a cantar a "Canción do pobo" integrada no musical 'Os miserábeis' en defensa dos dereitos e contra a "institucionalización do Estado policial" que suporá a norma, como denunciou o grupo da Izquierda Plural. Solfónica foi expulso da Cámara seguido dun "hay que joderse" pronunciado polo presidente do Congreso, Jesús Posada, dando conta da que vén enriba. Entre 600 e 30 mil euros de sanción por se opor a un despexo, non identificarse perante un axente da policía, desobedecer as ordes policiais Após a introdución de 50 emendas presentadas ao texto orixinal, algúns dos puntos máis críticos do texto lexislativo que agora chega ao Senado son as multas que impón á resistencia cidadá. Entre 600 e 30 mil euros de sanción por se opor a un despexo, non identificarse perante un axente da policía, desobedecer as ordes policiais ou por difundir imaxes dos antidisturbios mesmo cando estes estean a agredir @s manifestantes, son algunhas das "infraccións" incorporadas á lei. Medidas que para as forzas da oposición retrotraen o marco xurídico español á Lei de Orde Pública aprobada polo franquismo en 1959. O PP legaliza as 'devolucións en quente' Aliás, un dos puntos máis controvertidos e denunciados é a incorporación ao anteproxecto de lei --através dunha emenda presentada polo Partido Popular-- das denominadas 'devolucións en quente'. Expulsións de persoas migrantes após poren o primeiro pé en chan español. No concreto, a lei fixa que "os estranxeiros que sexan detectados na liña fronteiriza da demarcación territorial de Ceuta e Melilla mentres intentan superar, en grupo, os elementos de contención fronteirizos para cruzar irregularmente a fronteira poderán ser rexeitados a fin de impedir a súa entrada ilegal en España". A UE lembra a Madrid que estas prácticas son contrarias á doutrina ditada por Estrasburgo Estas prácticas, que o goberno español tería realizado á marxe da lei en diversas ocasións, foron duramente criticadas polas organizacións de dereito humanos e non gobernamentais, mais tamén polas institucións europeas que lembran a Madrid o seu carácter contrario á doutrina fixada por Estrasburgo. Porén, o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, afirma que estas medidas son a "única" saída á inmigración e mesmo se burlou das denuncias emprazando aos colectivos a lle entregar o seu enderezo para mandar a "esa pobre xente" ás súas casas. O PSOE xa avanzou que presentará un recurso de inconstitucionalidade. |
NOS_10672 | Máis un ano, este lugar de Tui acolle unha xornada de actos para recordar os sucesos de 1922, cando tres veciños morreron a mans da Garda Civil no marco da loita contra os foros. | En Sobredo (Gullarei-Tui) mantense viva a memoria dunha etapa da historia de Galiza, a loita agraria contra os foros, que acadou niveis de verdadeira revolución. Neste lugar caían o 28 de novembro de 1922 tres veciños (Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González) baixo as balas da Garda Civil. O instituto armado dirixírase a Sobredo para embargar un veciño que se negara a pagar os foros. Tocaron a rebato as campás das igrexas para alertar da presenza dos gardas civís. A xente deixa o que está a facer e reúnense máis de 2.000 persoas para evitar o embargo. A represión deixa tres persoas mortas, que serán coñecidos como os 'Mártires de Sobredo', e numerosas feridas. Este domingo, 25 de novembro, Sobredo volve homenaxear e honrar os seus mártires, nunha xornada organizada polo Instituto de Estudos Agrarios 'Mártires de Sobredo'. Un acto cívico, popular e emotivo que este lugar acolle ano tras ano e que nesta ocasión ten unha mención especial ás mulleres: O acto coincide co 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero; ecoa conmemoración do centenario do Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918; no que no apartado referido aos problemas políticos de Galicia, a cuestión que recolle en primeiro lugar é a de "Igualdade de dereitos para a muller". Unha procesión cívica percorrerá a distancia entre a carballeira e o monumento erixido para non esquecer o que pasou aquel 28 de novembro de 1922. Ergueuse por suscripción popular en 1932, sendo dinamitado polos fascistas nos primeiros días do golpe franquista. Foi reconstruído en 1986 grazas ao movemento popular. Este ano a intervención convidada ao pé do monumento correrá a cargo de Carme Adán, profesora e ensaísta. Como continuación dos actos de conmemoración aniversario, o Instituto de Estudos Agrarios organiza o ciclo "Sobredo 96 anos despois", no que programa as seguintes actividades: O día 28 de novembro, data dos sucesos de Sobredo, unha Conferencia de Emilio Xosé Ínsua, sobre "1918: As Irmandades da Fala e o Agrarismo.", ás 20:00 horas na Sala Félix Rodríguez, da Área Panorámica. O día 29 de novembro, presentación do libro 1968, de Vítor Vaqueiro. |
NOS_57366 | O presidente responde así á pregunta do BNG no que lle recriminaba a sangría emigratoria que protagoniza a mocidade galega. | "O problema non é os [mozos] que se van, é os que non nacen". Núñez Feijóo respondeu así a Francisco Jorquera, portavoz parlamentar do BNG, cando este lle recriminaba que durante os seus anos de goberno milleiros de mozos e mozas galegas tiveran que emigrar. Unha resposta preocupante polo que deixa ver: se nacesen máis crianzas, non importaría que a mocidade tivese que seguir a marchar do país. "Deixa vostede en herdanza aos mozos a Galiza de perdede toda esperanza", díxolle Jorquera no debate na sesión de control parlamentar. O nacionalista lembrou que estes anos de desemprego xuvenil, precariedade laboral e emigración fan que os mozos e mozas galegas sexan dos máis pesimistas no que atinxe ao seu futuro laboral. Feijóo afirmou que hai 10 comunidades autónomas con máis paro xuvenil que Galiza, e que en canto á emigraciçon, "marchaban máis con vostedes", en referencia ao mandato do 'bipartito', un recurso habitual nas respostas de Feijóo. Defendeu que que a mocidade marche non é "o problema", senón que é que non naza. Mais se nacen para emigrar, sería problema ou non? Habería que lle preguntar ao mandatario de Monte Pío. Salarios A sesión de control comezou coa pregunta do portavoz socialista, Méndez Romeu, sobre as políticas económicas de Feijóo, recriminándolle que "triplicase o endebedamento e dividise por tres o investimento". O presidente galego respondeun atacando o socialista por "querer que nos endebedemos". Chelo Martínez (Cerna), do Grupo mixto, preguntou o presidente sobre se ía adoptar medidas para reverter a realidade salarial dos galegos, cuns soldos medios entre máis baixos do Estado e coa fenda salarial entre mulleres e homes. |
NOS_21539 | O Apalpador percorrerá as ruas de Compostela esta sexta feira e a partir das 18 horas. O do Courel sairá com as suas trasnas desde Santa Clara para caminharem por distintas ruas do casco histórico até chegarem á praça do Pam (Cervantes), lugar onde dará o pregom. | Um ano mais, o Apalpador descende das montanhas do Courel até Compostela para visitar as crianças, carregado de castanhas e com uma mensagem de defensa da Natureza fronte as ameaças da mudança climática. A ruada começa no local da Gentalha do Pichel, na rua Santa Clara, de onde sairá ás 18 horas. Abre a comitiva o Natarego, "um grande madeiro a arder que, segundo a tradiçom, protegerá as nossas cassas durante todo o ano", explicam em nota de prensa desde a escola Semente. Ao caróm do Apalpador, artistas de circo da companhia N+1, a brass band As Sementeiras, o cuarteto tradicional do Pichel e as crianças do grupo de dança da Semente, "que farám uma demostraçom ao chegar á Praça do Pam (Cervantes)", engadem. Será nessa mesma praça onde, o Apalpador e as suas trasnas, saudem a todas as persoas presentes desde o balcom da livraria Couceiro. Como surpresa, "as crianças do grupo de regueifa da Semente entoarám também o seu particular desafio com desejos para o ano novo". Abre a comitiva o Natarego, "um grande madeiro a arder que, segundo a tradiçom, protegerá as nossas cassas durante todo o ano" Esta trata-se de uma ruada que, desde há sete anos, organizam as escolas Semente, com o apoio da concelhalia de festas do Concelho de Santiago, como "uma uma forma de socializar uma figura própria da tradiçom galega e para contrarrestar a influéncia doutras figuras importadas doutras tradiçons, e mais associadas a hábitos de consumo excessivo", tal e como explicam en nota de prensa. Além disso, com esta proposta também se pretende construir comunidade e "convocar á vizinhanza de Compostela numa actividade cultural onde a língua galega e os valores de respeito ao meio e posta em valor das nossas tradiçons som protagonistas". O Apalpador Lembram desde as escolas Semente como "desde que há menos de dez anos" se deu a conhecer -impulsionado em Compostela polo Centro Social do Pichel- o Apalpador em Compostela", umha figura que, de quase inédita, de um objeto da etnografia galega, passou a ser "um dos principais referentes culturais da infáncia, atualmente presente em incontáveis colégios, associaçons e animaçons culturais de todo o país". Este carvoeiro do Courel, ligado á tradiçom do natal, "representa umha figura mítica e mágica que baixa das montanhas lucenses a noite do solstício de inverno -em 24 de dezembro-" para visitar as crianças, apalpar as suas barrigas, comprovar se estám cheias e se comeram bem e, se assim for, deixar-lhes "umha presa de castanhas e eventualmente algum presente, desejando um ano cheio de fartura e felicidade, apalpando-lhes a barriguinha murmurando 'Assim estejas todo o ano'". Este carvoeiro do Courel, ligado á tradiçom do natal, "representa umha figura mítica e mágica que baixa das montanhas lucenses a noite do solstício de inverno -em 24 de dezembro-" Escolas Semente As escolas Semente definem-se como um projeto de imersom linguística que conta com três centros educativos em Compostela, dous centros de 2 a 6 anos e um centro de ensino primário. Um projeto educativo autogerido e sem ánimo de lucro, que toma o seu nome das Escolas de Ensino Galego criadas a começos do século XX polas Irmandades da Fala. Atualmente há Sementes em Vigo, Trasancos, Lugo e A Corunha e há ativistas a organizarem-se para abrir Sementes em Ames, Ourense e Pontevedra. |
PRAZA_8231 | Unha nova axuda do Goberno central de 150.000 euros únese á que xa recibira hai un ano o polémico proxecto de Cabana de Bergantiños. | A polémica mina de Corcoesto acumula 350.000 euros en subvencións públicas. E todo malia que aínda non se comezou a extraer o suposto ouro que alí repousa. O proxecto a ceo aberto en Cabana de Bergantiños continúa adiante co apoio incondicional da Xunta, que o considera un stratéxico, pero tamén dun Goberno central que foi quen lle concedeu a última axuda, de 150.000 euros. Concretamente, á empresa Mineira de Corcoesto SL, filial do grupo Edgewater, para a investigación complementaria co obxectivo de definir novas reservas mineiras e para realizar estudos de hidroxeoloxía e xeotecnica no xacemento de ouro. A última axuda de 150.000 euros súmase á de 200.000 euros que recibiu hai un ano Foi o pasado 14 de marzo cando o BOE publicou esta subvención, que se suma aos 200.000 euros do pasado 22 de marzo de 2012 a Río Narcea Gold Mines SL. Tamén para un proxecto de investigación complementaria co fin de definir novos recursos económicos e para realizar probas metalúrxicas e de previabilidade. "É difícil comprender como o Estado pode conceder semellantes privilexios mentres se pechan centros de saúde ou se afoga o ensino público", di Salvemos Cabana "Neste momento de aguda crise económica, onde se están pechando centros de saúde, afogando a educación pública e centenares de persoas viven a diario o drama dos desafiuzamentos, resulta difícil comprender como o Estado pode conceder semellantes privilexios a unha empresa canadense para un proxecto inviable", denunciou Salvemos Cabana, unha das varias plataformas contrarias a mina á ceo aberto, nun comunicado. Así, o colectivo social amosa o seu "firme rexeitamento" á última subvención pública e destaca que ten como obxectivo definir novas reservas mineiras e estudos adicionais, malia que o proxecto "aínda está pendente de licenza operativa". Tanto ten. O apoio da Xunta e do Goberno central parecen claros para un proxecto cunha forte contestación social e incluso de expertos. De feito, Salvemos Cabana cre que é "urxente e necesario" un cambio a nivel lexislativo,"tanto na Lei de Minas como na de Fomento da Minería", xa que permiten subvencións previas como estas en base a "normas preconstitucionais" que "foron concibidas orixinalmente para unha época onde as circunstancias eran moi distintas". |
NOS_45607 | O sindicato lembra que desde 2010 o cadro de persoal reduciuse en máis de 3.000 docentes, así como que o 20% do profesorado dos centros non tend estino definitivo. | O concurso xeral de traslados (CXT) de profesorado é para a CIG-Ensino unha "fonte inesgotábel de amortización de prazas nos centros escolares". Lembra a central que desde a última CXT, e segúndo dados da Consellería, houbo en Galiza un total de 1.948 xubilacións. Mais no concurso convocado este curso (e no que tomaron parte perto de 9.000 docentes), só se ofertaron 1.372 vacantes. "Observamos que a Consellaría aproveita de novo para continuar amortizando prazas, ao deixar sen adxudicación moitas das resultas (vacantes producidas como consecuencia de que ao seu titular se lle adxudique outro destino)". Na resolución provisional, entre as resultas non adxudicadas e as amortizacións, as vacantes que desaparecen suman un total de 462, das cales 194 son de primaria, 236 do corpo de secundaria e 33 do profesorado técnico de formación profesional. Isto supón continuar a restrinxir os "xa cativos cadros de persoal dos centros", despois da redución de 3.000 docentes desde o ano 2010, "acrecentando a provisionalidade e a inestabilidade do profesorado dos centros, cando hoxe xa o 20% do profesorado dos centros non ten destino definitivo e non se satisfán as necesidades dos centros". A intención da Consellaría con esta política de persoal, denuncia a central nacionalista, é amortizar parte delas no futuro e ter un colectivo importante de profesorado provisional que lle sirva de comodín e que cada curso coloca ao seu antollo, asignándolle moitas veces prazas con máis materias afíns. |
NOS_31953 | O número 1 do BNG-Nós pola Coruña, Carlos Callón, advertiu este domingo que "unha de cada tres persoas aínda non decidiu o seu voto". De aí que animase a "petar nas portas e nos corazóns, achegando as alternativas do BNG". Amosouse convencido de que o BNG-Nós "daremos a sorpresa gorda". | Nun acto contra as políticas antisociais do PP, o cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón, instou á mobilización no que fica de campaña para superar as enquisas. "Unha persoa de cada tres aínda non decidiu o seu voto, temos que aproveitar todos estes días para continuar petando nas portas e no corazón da xente coas nosas propostas e chegar as persoas para ser capaces de superar as enquisas. Daremos a sorpresa o 26X. Daremos unha sorpresa gordo", prognosticou. Ao mesmo tempo, a portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, puxo en valor a papeleta nacionalista galega. "O voto realmente útil é ao BNG porque é garantía e cambio e temos as mans libres para defender Galiza os 365 días do ano". Pontón sitúa o BNG como "garantía de cambio e de defensa do país" Así, como "garantía de cambio e de defensa do país", Ana Pontón apostou en que "teñamos representantes nas Cortes que vaian con liberdade para negociar a favor de Galiza, que non vaian coas man atadas a partir do 26X". "O BNG é a garantía de que os galegos e as galegas decidamos quen vai ser o próximo goberno do Estado, deixando claro que non imos apoiar o señor Rajoy, pero tamén imos esixir solucións para os nosos problemas". "Outros votos poden ser útiles para os aspirantes a presidente, pero inútiles para os galegos e as galegas porque os votos aos deputados das forzas estatais son votos cativos, e non van defender os nosos intereses, non van defender o traspaso da AP-9, nin unha tarifa eléctrica galega ou saneamento das rías. Son votos cativos que non van negociar nada para Galiza", concluíu a portavoz do Bloque. |
NOS_13936 | O PP xoga co plano B no caso de que finalmente o Comité Federal do PSOE non avale a abstención que facilitaría a investidura de Rajoy. | A próxima terza feira, o Congreso submeterá a consideración a proposición de lei de reforma da LOREX (lei orgánica do rexime eleitoral xeral) que permitiría acortar nunha semana a campaña eleitoral e, portanto, convocar unhas hipotéticas terceiras eleccións non o 25 de decembro, senón o día 18. A reforma reduciría de 54 a 47 días o período que debe decorrer desde a convocatoria até o día das eleccións. No caso de chegarmos ao 31 de outubro sen se producir a investidura de Rajoy, as Cortes Xerais do Estado ficarían automaticamente disolvidas e se produciría a convocatoria de novos comicios, os terceiros en apenas un ano. PSOE, Podemos e Cs xa teñen comprometido o seu apoio a esta iniciativa do PP. Unha vez tomada en consideración, o texto submeteríase a un breve prazo de emendas, apenas 48 horas, para voltar ao Pleno do Congreso antes de ser enviado ao Senado. Trátase dunha reforma ad hoc que ficaría sen efeito se, como é probábel, o PSOE decide absterse na investidura de Rajoy, o que abriría as portas ao desbloqueo político e a un novo mandato da formación conservadora. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.